ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_7462
A evolución do feminismo en Galicia non se podería entender sen Andaina, que celebrou este 11 de xaneiro os seus trinta anos de vida coa presentación do seu último número
A evolución do feminismo en Galicia non se podería entender sen o proxecto de Andaina, a revista que desde 1983 participa nos principais debates non só do movemento feminista galego, senón do mundial. Andaina celebrou este 11 de xaneiro os seus trinta anos de vida coa presentación do seu último número, unha cea e unha poxa na que recadará fondos para mellorar a súa difícil situación económica e poder seguir editándose en papel. Entrevistamos, aproveitando unha reunión que tiveron en Compostela, a boa parte das mulleres que, como un xeito de activismo e sen cobrar nada, fan posible esta publicación. A situación económica de Andaina é neste momento moi complicada, tanto que xa nos resulta moi difícil seguir sacando a revista en papel. As máis vellas de nós estamos por rendernos, pero as máis novas non están de acordo e queren que Andaina siga saíndo en papel Celebrades os 30 anos de Andaina. Como vai ser? Este venres 11 de xaneiro presentamos o último número de Andaina na galería Sargadelos de Santiago. E ese mesmo día ceamos na Gentalha do Pichel. A situación económica de Andaina é neste momento moi complicada, tanto que xa nos resulta moi difícil seguir sacando a revista en papel. As máis vellas de nós estamos por rendernos, pero as máis novas non están de acordo e queren que Andaina siga saíndo en papel. No medio deste debate, pensamos que poderiamos celebrar o cumpreanos de Andaina, que precisa de agasallos, do apoio da xente da cultura, dos movementos sociais... Por iso organizamos unha poxa, e a resposta foi moi boa. A idea é, entón, celebrar os 30 anos de Andaina cunha poxa, unha cea e a presentación do dobre número 61-62. Tamén temos á venda unha edición facsímile do nº 0 de Andaina. A nosa é unha publicación en galego que leva facéndose 30 anos con moi escasos apoios institucionais. Unha revista feita por mulleres, para homes e mulleres, que abrangue toda clase de temas. E tentaremos seguir sacando tres números anuais en papel. En 30 anos xa se pode face balance. No nº 1, de 1983, diciades "se non somos nós as que levantamos a voz pra denunciar a situación da muller, ninguén o fará por nós"... Ese é, sen dúbida, un dos logros de Andaina. Dar voz ás mulleres, que somos capaces de tratar todo tipo de temas, desde os máis sesudos ata os menos. E Andaina é unha proba disto. Os tertulianos da televisión ou da radio ou os columnistas da prensa son case sempre homes. Dise que non hai mulleres, pero non é verdade. E en Andaina temos artigos de mulleres que escriben sobre todas as materias: da filosofía á astronomía, reflexións sociais... Tamén podemos salientar o nivel dos artigos: desde os temas máis amenos e divertidos ata as reflexións máis fundamentadas, ben documentadas e máis repousadas que a de moitos tertulianos e editorialistas, ou a de cargos institucionais... Os homes teñen un plus de visibilidade que nós non temos. "Os homes teñen un plus de visibilidade que nós non temos" O número 61-62 recolle un artigo sobre o aborto titulado Unha volta atrás de 30 anos, en referencia á reforma da lei defendida polo ministro de Xustiza, Gallardón. Alén da influencia ideolóxica da Igrexa católica, que se atopa detrás deste tipo de propostas? O que defende Gallardón é unha volta atrás de trinta anos, como se non tivese pasado o tempo. Dixo el mesmo que a muller é máis muller se é nai. Entón, a muller que non é nai, é un cacho de muller? Defender unha ideoloxía tan noxenta nos tempos que corren... Ademais, quen é Gallardón para dicir que é ser muller? Debería retractarse ese señor. En canto á xerarquía católica, parece que está aboada a Andaina porque moito aparece na revista. Outros están, pero de maneira máis recente, como Castelao Bragaña... "O que defende Gallardón é unha volta atrás de trinta anos, como se non tivese pasado o tempo. Dixo el mesmo que a muller é máis muller se é nai" Andaina foi evolucionando nestes trinta anos. Isto é evidente no deseño gráfico, por exemplo. Pero tamén nos contidos, coa incorporación de máis xente... No deseño gráfico nótase moito a boa man de Uqui, que entrou no número 11. E, claro, Andaina é un bo retrato da súa evolución como creadora. En canto ao equipo humano, algunhas estamos desde o principio: Nanina Santos, Ana Arellano, Pilar Pérez... Foise incorporando xente nova, outra xente foi marchando... É un equipo no que todas somos voluntarias. Ninguén cobra por isto, que entendemos como un traballo militante. A vantaxe é que temos total liberdade para escribir: non lle debemos nada a ninguén, non temos que contentar a ninguén. En realidade navegamos, desde o principio, a contracorrente, mesmo no seo do propio feminismo, en asuntos como sexualidade, a violencia, a prostitución, a publicidade... Por sorte ou por desgraza, nunca formamos parte de maiorías. Non estamos na liña de máis castigo, máis penas, un Código Penal máis duro... Non se trata de machacar a xente, senón de gañar en liberdade. Non somos partidarias de catecismos, aínda que veñan do feminismo. Un exemplo é a prostitución: sempre que, por suposto, non se exerza por coacción, nós pensamos que cada unha pode facer co seu corpo o que queira. O mesmo pensamos respecto da publicidade: a solución non é censurar anuncios. É evidente que hai machismo na publicidade, pero tamén as mulleres foron sendo tratadas máis como suxeitos nos anuncios... "Non somos partidarias de catecismos, aínda que veñan do feminismo. Un exemplo é a prostitución: sempre que, por suposto, non se exerza por coacción, nós pensamos que cada unha pode facer co seu corpo o que queira" A través de Andaina tamén poden seguirse os principais debates do feminismo, non só galego. Por exemplo, no relativo aos temas: o paso da segunda á terceira onda do feminismo. De cuestións como a sexualidade, a reprodución ou o traballo ata as mulleres ciganas, inmigrantes... As nosas curiosidades e preocupacións foron ampliándose, si. Hai temas presentes desde o principio, como a sexualidade. Ou a violencia de xénero, o aborto, a prostitución, o traballo... Tamén é moi importante desde os primeiros números a memoria histórica, con especial atención á memoria da vida cotiá, ou o tema das mulleres no poder. Despois fóronse abrindo máis temas, como a muller na ciencia ou no deporte. Ao primeiro tiña moito peso a análise da literatura galega e a muller, e despois foi tendo menos, se cadra porque foron aparecendo especialistas que traballaban con este tema na Universidade. "É verdade que nos saíron inimigos por falar da ideoloxía patriarcal de Vicente Risco, ou por contestar ideas sobre a muller galega como o mito do matriarcado galego" O número 10, do 1986, analiza as concepcións patriarcais de Vicente Risco. Tempo despois, no 1998, María Xosé Queizán publicou Misoxinia e racismo na poesía de Pondal. Fostes pioneiras en temas coma este. Hoxe acéptase sen problemas, por exemplo, a lectura feminista de Rosalía. Pero as revisións sobre a ideoloxía patriarcal dos autores máis representativos do galeguismo seguen atopándose con fortes rexeitamentos... É certo que abrimos camiños, que abrimos portas neste e noutros temas. Ese artigo que citas é da primeira época de Andaina, -que abrangue do 1983 ó 1991-. E é verdade que nos saíron inimigos por falar da ideoloxía patriarcal de Vicente Risco, ou por contestar ideas sobre a muller galega como o mito do matriarcado galego. Mesmo, cando comezamos a celebrar o 8 de marzo, recibimos fortes críticas de parte do propio movemento obreiro. Aínda temos gardado un artigo que dicía que que era iso de celebrar o 8 de marzo, porque xa existía un día da clase obreira galega. Chamáronnos burguesas e españolistas, dixéronnos que dividiamos o pobo galego... Ese era o contexto que había, a sensibilidade feminista da sociedade galega hai vinte anos. Ademais a crítica viña da CIG, que era da parte socialmente máis activa... Nós fomos sempre independentes de partidos, a nosa é unha voz propia e independente, polo que dicimos o que queremos e nada máis. Ademais, así, Andaina non cae cando cae tal ou cal poder afín. Nós caemos e levantámonos soas, porque non dependemos de ninguén. "Mesmo cando comezamos a celebrar o 8 de marzo, recibimos fortes críticas de parte do propio movemento obreiro" Andaina naceu máis ou menos vencellada á Asociación Galega da Muller (AGM), plataforma formada por mulleres de esquerdas militantes de diversos partidos e por independentes. Andaina e a Festa da Palabra Silenciada son as únicas revistas que se manteñen desde aqueles primeiros tempos do feminismo organizado galego. Na AGM houbera unha división da que naceu FIGA, e despois houbo unha evolución de siglas bastante complexa. Mais Andaina sobreviviu a todo iso... Non é só "máis ou menos", é que foi a AGM a que decidiu crear Andaina. A AGM foi a nai da revista, e a filla sobreviviu á nai, si. Houbera unha ruptura na AGM, da que naceu FIGA, e que tivo que ver co debate entre o que, simplificando, se chama feminismo da igualdade e feminismo da diferenza. Pero iso foi no 78, antes de que comezase Andaina, no 83. Nós comezamos un pouco antes que a Festa da Palabra Silenciada, e ademais nós non temos unha subvención, como a Festa. Queriamos dar voz ao feminismo galego, e por iso na primeira etapa a nosa publicación chamábase Andaina. Revista do Movemento Feminista. Na segunda etapa, a partir do 91, rectificamos niso porque é verdade que nós non eramos todo o movemento feminista, porque había máis colectivos, distintos do noso. Por iso cambiamos o título por Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista, e comezamos outra vez coa numeración, desde o número 1. A AGM aínda tivo unha longa vida, pero é certo que Andaina durou moito máis. Andaina é, para nós, un xeito de facer actividade política feminista. Porque non facemos só a revista, senón que organizamos xornadas, proxectos como o Mufest... "A AGM aínda tivo unha longa vida, pero é certo que Andaina durou moito máis. Andaina é, para nós, un xeito de facer actividade política feminista" Mónica Bar distingue no seu libro Feministas Galegas. Claves dunha revolución en marcha o protofeminismo "reformista" do Movemento Democrático de Mulleres, do "feminismo transformador, radical e non reformista" da AGM ou do "feminismo posibilista" da Asociación Democrática da Muller Galega (ADMG). Identificábavosdes as mulleres da primeira etapa da Andaina con ese xeito de entender o feminismo, máis rupturista? Pois se cadra nos críamos máis transformadoras do que eramos nalgunhas cousas, e menos do que eramos noutras. Cando comezamos a reivindicar o dereito a usar anticonceptivos houbo quen nos correu a escobazos no Toural, en Santiago... O que agora se chama performances xa o facíamos nós, e a diario... O tema do divorcio tamén fora moi debatido, e nós defendiamos unha posición moi favorable ás mulleres: canta máis liberdade e empoderamento das mulleres, mellor. E nada de "os fillos para as mulleres" e xa está, porque os homes teñen que facerse cargo da paternidade tamén. Fomos punta de lanza, ademais, nas discusións sobre identidade sexual, (nos debates sobre a transexualidade, interxénero...). Ou no debate sobre a participación dos homes nos grupos feministas. Sempre fomos atrevidas, valentes. Vamos a contracorrente e dicimos o que pensamos. E hoxe hai mulleres novas que están pegando moi forte e facendo as cousas moi ben, como a Rede Feminista Galega. "Cando comezamos a reivindicar o dereito a usar anticonceptivos houbo quen nos correu a escobazos no Toural, en Santiago..." Mais o xeito de activismo mudou, non si? Agora funciónase, precisamente, en rede. Con grupos pequenos, formados por unhas poucas mulleres. E buscando puntos en común, como a Marcha Mundial das Mulleres. Se cadra a novidade é o funcionamento en rede, porque grupos pequenos sempre os houbo. O importante é facer cousas xuntas, como fai a Marcha Mundial das Mulleres. Porque hai moitas máis cousas que nos unen que que nos separan. Como diciamos antes, o que agora chaman performance xa o faciamos nos 80. Pero é certo que aquel movemento multitudinario dos 80 xa non se ve. Só en ocasións, como as Xornadas Feministas de Granada, por exemplo. Tamén é verdade que hoxe é raro escoitar unha muller que diga directamente que non é feminista. E antes si había moitas que o dicían. Outra cuestión é o uso institucional que se fixo do feminismo. "O importante é facer cousas xuntas, como fai a Marcha Mundial das Mulleres. Porque hai moitas máis cousas que nos unen que que nos separan" Mesmo non houbo certa apropiación, por parte da dereita, de elementos do discurso feminista? Como cando din que o aborto é "violencia estrutural", mentres ao mesmo tempo suprimen as axudas da lei de dependencia e recortan nos servizos básicos do Estado de Benestar. É certo. Ao PP a palabra feminismo non lle gusta nada. E hai mulleres do PP que utilizan o tema da igualdade para obter un beneficio particular. Mulleres do PP que queren poder, pero para beneficio propio. Non cambiou tanto a situación, niso, respecto dos anos 80 e 90. Segue a a haber intentos por parte dos partidos de ter unha marca feminista propia. Nós non queremos a tutela de ninguén, defendemos a autonomía do movemento feminista. "Segue a a haber intentos por parte dos partidos de ter unha marca feminista propia. Nós non queremos a tutela de ninguén, defendemos a autonomía do movemento feminista" Ao ler as vellas Andaina, dá a impresión de que nalgúns temas, non só o aborto, non se avanzou tanto. A AGM xa pedía no 77 igualdade no traballo ou a despenalización da homosexualidade. Hai pouco o TC resolveu sobre a lei do matrimonio homosexual ante o recurso presentado polo PP, as diferencias salariais entre homes e mulleres persisten... Que sentides ante isto as feministas que levades tanto tempo na loita? Pois é que os dereitos non son para sempre. Só hai que mirar o movemento obreiro, e todo o que está pasando cunha reforma laboral que supón un retroceso tremendo. A xente que naceu cos dereitos, imos chamarlle así, "postos", non se decataba de que podía perdelos, e de que hai que seguir pelexando. Aínda que agora si hai cada vez máis xente que se decata disto. "Non podemos tratar as mulleres como nenas, estar presionándoas sempre, por exemplo, para que denuncien sen poder garantirlles que van estar seguras" A violencia contra as mulleres, nas súa distintas formas: violación, malos tratos... é un tema que está en Andaina, tamén, desde o principio... Estudamos, afondamos, discutimos e matizamos moito, porque é un tema moi complexo. Por suposto estamos en contra da violencia contra as mulleres. Pero a nosa posición afástase nesta cuestión da doutras compañeiras feministas. A lei contra a violencia de xénero supón moitos avances, pero ten unha impronta tutelista que non nos gusta. Non se poden resolver os problemas sociais a golpe de Código Penal. Non hai que esquecer a importancia, por exemplo, da educación. E non podemos tratar as mulleres como nenas, estar presionándoas sempre, por exemplo, para que denuncien sen poder garantirlles que van estar seguras. É moi complicado. Ademais, nós somos partidarias de distinguir. Porque non son iguais todos os tipos de violencia. Non é o mesmo unha malleira que un insulto. Por suposto estamos en contra de ambos, pero non é igual, aínda que compartan un substrato ideolóxico común, que é o patriarcal. Non teñen que dicirnos o que temos que facer. As mulleres somos listas e non precisamos que nos tutelen. "As mulleres somos listas e non precisamos que nos tutelen" O lesbianismo está presente desde os primeiros números. Di Gracia Trujillo que o feminismo tardou en recoñecer a achega realizada polos lesbianas á loita das mulleres. En Andaina non está só o lesbianismo, están as lesbianas, con nome a apelidos. A Comisión de Lesbianas da Asociación Galega da Muller. E non era nada fácil entón identificarte publicamente como lesbiana, había que ser moi valente, pois traía problemas familiares e outras dificultades. Si é certo que Gracia Trujillo e que outras mulleres -foi un tema moi debatido en distintas Xornadas Feministas-, pensan que o feminismo non recoñeceu o traballo realizado polas lesbianas. Pero é que se cadra tampouco había moitas lesbianas que desen a cara, que desen ese paso. En calquera caso, a loita contra a obrigatoriedade da norma heterosexual é común a todas as mulleres, non só as lesbianas. "A loita contra a obrigatoriedade da norma heterosexual é común a todas as mulleres, non só as lesbianas" A pornografía é, como a prostitución, un dos temas que causou máis controversias no seo do feminismo. No último número de Andaina hai un artigo sobre o feminismo porno postmoderno... Ese é, se cadra, o territorio no que o ollar de Andaina foi, ao principio, bastante ñoño. Tiñamos unha idea moi puritana, que despois foi cambiando. Fixemos cousas como tapar carteleiras, que hoxe non fariamos. É certo que o porno é machista, pero tamén é certo que non todo o porno é igual. En calquera caso, a solución non é a censura.
NOS_21452
O artista Cé Tomé inaugura dúas exposicións na Estrada. Están a moi poucos metros, en dúas salas diferentes e mostran as distintas materias na que se expresa o artista, un creador que dialoga coa arte plástica e a música. No MOME (Museo do Moble e a Madeira) estarán á vista as súas produccións en collage con base na madeira. Na Galería Dispara, as súas imaxes nas que a idea toma corpo a través do seu obxectivo.
Dunha inauguración á outra a través dos poucos metros que separan as dúas salas. No paseo, un espazo para se trasladar a dous mundos do universo creativo de Cé Tomé que hoxe venres día 19 abre as dúas exposicións na Estrada. No Museo do Moble e a Madeira mostra ao público obra de trinta anos, unha proposta prolongada no tempo que nos achegará ao collage sobre madeira na obra matérica que o artista nos ofrece. Rexina Veiga e Xabier Queipo lerán textos na inauguración do MOME antes de pasar á sala Dispara, onde a música de dous DJ -ámbito no que Cé Tomé desenvolve tamén a súa traxectoria artística- abrirán ás portas ás cinco series fotográficas do artista. "Cando teño unha idea intento expresala cos medios que teño ao meu alcance, neste caso tanto na fotografía como no collage" explica Cé Tomé, advertindo que se puidera expresarse a través do cine ou da pintura tamén o faría. Crítico e rigoroso coa súa obra, maniféstase, no entanto, entusiasmado coas dúas exposicións que abre na Estrada. "O conformismo non é a miña linguaxe mais con estas exposicións estou satisfeito, considero que son un paso adiante significativo na miña traxectoria artística", unha carreira creativa na que leva máis de doce anos con exposicións. Singular é en Cé Tome a súa condición de músico e artísta plástico, combinación non en exceso presente na cultura galega. Con Río Lagares, proposta creativa que comparte co escritor Xavier Queipo, experimenta coa conxunción de sons e imaxes e esa relación faise no seu traballo artítico, cada día máis próxima, á maneira dunha "autointerpretación" en clave persoal. A música chegou antes e, canda ela, foron aparecendo outras maneiras de se expresar, ás veces conducidas pola propia admiración diante das capas dos discos de vinilo. "Cheguei á poesía, en boa medida, a través de Dylan e ás artes plásticas a partir de imaxes como as das capas de Pink Floyd", comenta Cé para poñer exemplos que deixen á vista a presenza orixinal da música no seu universo artístico. Confésase matérico. Contemporáneo na linguaxe, gosta de cortar coa tesoira os materiais que compoñen os seus collages. "Debuxo cortando os materiais e, por veces, preciso ese contacto coa materia, pásame tamén coa música. Un disco dáme unha sensación distinta a unha canción en MP3" comenta, a respecto do proceso de elaboración dos seus collages. Coas fotografías, fuxe tamén da súa capacidade de reproducción, da condición que está na propia naturaleza do revelado. As de Cé Tomé son pezas únicas, herdanza da pintura, imaxes singulares que ficarán só na man de quen se achegue a elas. "Son respectuoso até o extremo con quen leve unha das miñas fotografías a súa casa. Non atopará outra igual en parte algunha. Está feita só para esa persoa" comenta. En "Dispara", a sala xestionada polo fotógrafo Tono Arias, mostra imaxes de dúas series creadas para esta mostra, unha antiga e dúas instalacións que sorprenderán ao público. No conxunto mostra a felixibilidade das distintas técnicas fotográficas, visitando desde a analóxica, con positivado manual peza a peza, á dixital. "Son esixente co que fago, considéronme autocrítico mais, neste caso, estou especialmente satisfeito do resultado" conclúe Cé Tomé ao respecto das exposicións que se poden ver nas dúas salas da Estrada.
NOS_31832
@s nacionalistas aseguran que hai máis casos como o do Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP Pena Corneira, de Carballeda de Avia. Mañá presentarán na sede do BNG de Ourense
Carme Adán, deputada do BNG e responsábel de Educación, Deputados e deputadas de Ourense, e alcaldes nacionalistas da provincia presentarán mañá na súa sede local de Ourense ás 11:30 horas un informe sobre os recortes na provincia de Ourense en materia educativa. Un dos últimos casos é o do Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP Pena Corneira, de Carballeda de Avia (Ourense), onde a ANPA denunciou que un inspector de Educación visitou a quinta feira pasada o Centro, comunicando que dos 7 profesores que na actualidade dan clase no CEIP Pena Corneira se recortarán 3, co que o Colexio quedará, o próximo curso, con só 4 mestres para os 50 nenos matriculados en Infantil e Primaria nese Centro. Para a ANPA trátase dun "recorte" en toda regla, "acorde coas políticas anunciadas pola Xunta especialmente para os centros educativos da provincia de Ourense, que repercutirá negativamente na calidade da ensinanza impartida ós alumnos desta zona e podería levar, no futuro, ao peche do centro". MobilizaciónsA ANPA celebrou ao día seguinte da visita do inspector unha asemblea de urxencia na que decidiu organizar unha serie de mobilizacións e actuacións de protesta inmediatas, posto que o curso escolar remata esta mesma semana. Nais e pais dos alumnos afectados colocaron estes días pola vila carteis e pancartas de denuncia da situación de recorte prevista para o Colexio e programaron para mañá, cuarta feira, 20 de xuño, a partir das 10:00 horas da mañá, unha protesta na entrada do Centro. Alumnos, nais e pais acudirán disfrazados de ovellas, lobos e xestores da Consellería de Educación para denunciar que os nenos do CEIP Pena Corneira non son un rabaño á orde das políticas de recorte que está a acometer a Xunta na educación pública. Para esta movilización convocaron a todo o pobo da Carballeda de Avia e agárdase que sexan centos as persoas que participen na movilización. A ANPA oponse a esta política de recorte do profesorado e demanda "menos cartos para os bancos e máis para a educación pública" no contexto económico actual. Teñen sospeitas fundadas de que situacións semellantes de reducción de profesorado se están planeando en máis colexios rurais da comarca do Ribeiro e de todo Ourense para o vindeiro curso escolar e animan aos pais e ás nais doutros centros da provincia a informarse sobre a situación e protestar. "O obxectivo é evitar unha situación que podería levar ó peche dos colexios rurais e á concentración de alumnos de concellos pequenos, neste caso concreto, en Ribadavia, eliminando centros de ensino rurais que son fundamentais a día de hoxe para poder evitar un maior despoboamento do rural", apuntan desde a ANPA.
NOS_38969
Verónica Boquete e Mari Paz Vilas lideran unha selección para a que se convocou 18 xogadoras de 11 equipas.
Xa hai convocatoria para a selección feminina absoluta que esta quinta feira se enfrontará a Catalunya en Vilagarcía, no campo da Lomba, a partir das sete da tarde. Un encontro que significa a volta aos campos de xogo da 'Irmandiña feminina' após oito anos de ausencia. O Deportivo da Coruña é quen máis xogadoras achega á 'Irmandiña', catro; mentres que O Olivo, Friol, Matamá e Valencia nutren o combinado nacional feminino de 2 xogadoras cada un. París Saint-Germain, Oiartzun, Atlético Arousana, Victoria CF e Sárdoma achegan unha cada un. Non figuran na convocatoria as galegas que xogan no Sporting de Braga por non lles dar permiso o club para desputar este encontro. Os seleccionadores galegos (Quin Valbuena, Edu González e Susú Cores) pecharon esta terza feira a convocatoria da Irmandiña. A lista fíxose esperar debido ás numerosas baixas que se foron producindo ó longo das últimas semanas, afirman desde a Federación, debido principalmente a lesións que afectaron a varias xogadoras que inicialmente ían entrar na lista. O prezo da entrada é de 5 euros, sendo de balde para as persoas menores de 14 anos. Listaxe: Verónica Boquete Giadáns París Saint Germain Dianteira Mari Paz Vilas Dono Valencia CF Dianteira Belén Fernández Millán Valencia CF Dianteira Carolina González Portela Oiartzun KE Medio/Banda Patricia Carballo Penas Atlético de Madrid Medio/Banda Miriam Ríos Barreiro RC Deportivo Defensa Teresa Abelleira Dueñas RC Deportivo Centrocampista Eva Luz Villar Chouciño RC Deportivo Centrocampista Ana González Riveira RC Deportivo Porteira Sheila Fernández Suárez P. M. Friol Porteira Laura Souto Rodríguez P.M. Friol Centrocampista Desiree Gardón Álvarez El Olivo Defensa Natalia De Francisco Gómez El Olivo Medio/Banda Sandra González Fernández Sárdoma C.F. Dianteira Carta Otero Ferreiro Atl. Matamá Defensa Lara Martínez Velázquez Atl. Matamá Defensa Nerea Carballo Blanco Victoria C.F. Defensa María Arufe Fernández Atlético Arousana Defensa
NOS_56232
O 21 de agosto de 1936 era asasinada no lugar de Revendeitas, Anuncia Casado "A Pasionaria" de Viana. Militante comunista e dirixente social, o seu martirio polos fascistas continúa vivo na memoria popular. O 20 de agosto será homenaxeada pola asociación cultural Os Torgueiros da Gudiña.
O próximo 20 de agosto as terras de Viana e da Gudiña acollerán un acto de homenaxe a Anuncia Casado. A xornada arrancará as 18:30 no lugar de Reverdeitas, no concello de Viana do Bolo, e continuará no cemiterio do Castro dese mesmo municipio, onde foron depositados os restos de Anuncia Casado, tras recuperalos os veciños dunha fosa onde a enterraran os seus asasinos. O acto fecharase as 19:30 na Casa da Viúva da Gudiña, domicilio natal do último alcalde republicano da localidade, Felicísimo Pérez, cunha palestra onde intervirán os investigadores Dionisio Pereira, David Simón e Lola Varela. Os Torgueiros A secretaria da asociación cultural Os Torgueiros da Gudiña, Cristina Fernández, sinala a Nós Diario que o obxectivo da homenaxe "é dignificar a memoria das vítimas e coñecer a súa historia". Nesta liña, lembra que un dos obxectivos da entidade, fundada a finais dos anos setenta e cunha longa actividade na súa traxectoria, é recuperar a historia da Gudiña e adianta novos actos de lembranza ás vítimas do franquismo . Fernández comenta a intención do colectivo de recuperar a memoria do último alcalde republicano da localidade, Felicísimo Pérez, que tras fuxir da ditadura para salvar a vida e verse confinado nos campos de concentración franceses, tentou volver a Galiza no marco dunha operativo do Partido Galeguista e dos servizos secretos para franceses para activar a loita guerrilleira no país. A loita da "Pasionaria" de Viana Anuncia Casado Atanes (Cualedro 1897, Viana do Bolo), coñecida popularmente entre a súa veciñanza como "A Pasionaria", foi unha militante comunista cuxa morte, especialmente, cruel a elevou a categoría de símbolo. Formada politicamente na emigración en Euskadi, onde ficou viúva, no período republicano residiu en San Mamede (Viana do Bolo) cos seus catro fillos, desenvolvéndose como labrega con terras de seu. A loita política da "Pasionaria" de Viana ficou na memoria das xentes da súa comarca. Neste sentido, actuou como responsábel do Partido Comunista nesas terras e destacou como organizadora e axitadora na loita dos labregos e dos obreiros dos camiños de ferro na Gudiña. Precisamente, os operarios desta zona destacaron pola súa capacidade de loita e pola súa resistencia ao fascismo após 18 de xullo de 1936. O asasinato de Anuncia O franquismo desenvolveu toda unha cacería para rematar coa vida Anuncia. Unha represión a sangue e lume que privou a toda a súa familia dos bens, estivo a piques de rematar coa vida do seu fillo maior de 16 e acabou coa súa execución en 21 de agosto de 1936. Segundo sinalou o historiador Dionisio Pereira "foi vítima dunha autentica cacería por parte dos falanxistas de Verín. No seu poder foi mallada, violada, asasinada e paseada nun carro para que a xente soubera do seu escarmento". O crime cometido contra Anuncia Casado respondeu a todas as características da represión sexuada.O profesor da Universidade de Vigo, Xulio Prada, considera que a "represión sexuada sería o exercicio dunha violencia sobre as mulleres polo mero feito de selo". Neste sentido, "incluiría, por conseguinte, todo ataque material e simbólico que afecta a súa liberdade, dignidade, seguridade, intimidade e integridade moral ou física. Pero non cabe esquecer que se trata dunha violencia que ten lugar nunhas coordenadas sociohistóricas específicas".
NOS_21155
O país perdeu 5% da súa superficie agraria entre 2013 e 2016
O eucalipto coloniza cada vez máis superficie no país. Camiño da omnipresencia, esta especie acumula desde hai anos cada vez máis voces en contra, desde colectivos ambientalistas e defensores doutro modelo de monte para Galiza até organismo do propio goberno, como o Comité Científico de Medio Ambiente que o cualificou como "especie invasora". Porén, o gobernó galego valora que o eualipto pase ocupar 38.000 hectáreas máis até 2038. A superficie do eucalipto aumentou en 65% no noso país entre 2001 e 2017 e xa se achega as 310.000 hectáreas, o que é moi superior á superficie prevista para esta especie que Plan Forestal de Galiza de 1992 se fixaba para o 2023 (245.000 Has). A isto engádese que en Galiza hai por volta de 30.000 hectáreas de eucaliptos en terras agrarias, segundo entidades e organización como Unións Agrarias. Galiza perde cada vez máis superficie agraria, unha perda cunhas consecuencias a curto, medio e longo prazo non só sobre o territorio, mais tamén no desenvolvemento e futuro do país. Dados do Instituto Nacional de Estatística (INE) indican que do 2013 ao 2016, Galiza perdeu 34.000 hectáreas, máis de 5% da súa superficie agraria total e a metade da superficie agrícola útil que se perdeu no conxunto do Estado español. Desde 1985 e até hai uns anos en Galiza perdéronse 265.000 hectáreas de superficie agraria útil ( Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial, do Laboratorio do Territorio, Universidade de Santiago). En Galiza a superficie agraria últil non chega ao 25% do territorio, o que supón unha das porcentaxes máis baixas de Europa.
NOS_53502
O escritor e presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) ofrécenos un amplo ensaio no que reflexiona sobre o papel da educación e a cultura na guerra do Vietnam.
"A arte e a cultura forman outra fronte de loita; escritores e artistas son os seus soldados". Ho Chi Minh Cando os EE.UU. desembarcan masivamente na Praia da China, á beira das Terras Altas de Annam, non só levan a súa maquinaria mortal de guerra para o Xenocidio, consigo levan tamén a súa cultura de Morte do poder político-militar invasor, acompañada da cultura de masas dos EE. UU. que acompañaría aos soldados norteamericanos. Ao tempo que se vai impoñendo a destrución de toda forma de cultura do Vietnam vaise destruíndo a terra cultivábel, que o era cunha determinada agricultura tradicional milenaria, que garantía a transmisión cultural e garantía a súa soberanía alimentar. Fronte ao exército dos EE.UU está a defensa da identidade cultural vietnamita como alicerce do pensamento político que sustenta a defensa da súa independencia nacional. Mais cando os EE.UU chegan a Vietnam, o etnocidio cultural xa está basicamente feito polo arrogante colonialismo francés. Da mao de Bertrand Russel sabemos que a estrutura do sistema mandarín estaba composta por 20.000 escolas, cada unha cun seu mestre nas aldeas, ademais das escolas de distrito e das escolas provinciais, mesmo co sistema de elección dos altos funcionarios da administración imperial na capital Hue, con exames ao xeito chinés. O percorrido que facían os aspirantes ate Hue é chamado a "Rota Mandarín". Ao ser substituída a autoridade da nobreza e mais dos mandaríns por funcionarios franceses, a transmisión regrada da cultura interrompese. Aínda así no 1885 hai unha revolta contra a autoridade colonial francesa, que fracasa, chamada a Revolta dos Académicos ao estar dirixida por mandaríns. Entre eles estaba o pai de Ho Chi Ming, que abandonou a corte do Emperador títere e dedicouse a percorrer o Vietnam traballando coma conta contos e escritor de cartas. Isto deixa a Vietnam desvertebrado culturalmente, sen conexión entre si, sen a idea de seren un mesmo país cunha longa historia de loitas pola súa independencia, diluídos nun todo onde entraban Camboxa e Laos mais a Conchinchina , Annam e Tonkin. É o Viet Min o que, ao ter coma elemento político fulcral a idea de toda Vietnam coma unha única nación, crea a base sobre a que asentar a loita anticolonialista diante dos franceses, onde a educación e a cultura son a cerna do proxecto político do Viet Min e do FNL. Cando Ho Chi Ming toma a decisión de mobilizar a todo o pobo da República Popular de Vietnam do Norte para defender o Norte e reunificarse co Sur, toma tamén a decisión de non mobilizar para a fronte militar aos ensinantes. Ao tempo leva aos rapaces das cidades ás aldeas natais dos pais. O xornalista Wilfred Burchett refire que só se sabia que había Escola na aldea pola cantarela dos rapaces ao aprenderen. Constrúense escolas de teito de folla de palmeira con refuxios antiaéreos. Antes do amencer que traía os bombardeos, todo o país era un ir e vir de vagalumes: nenos e nenas con lampadiñas para ir á Escola. Unha das leis fundamentais do goberno era que a educación debía seguir mesmo baixo das bombas. Coa guerra no punto mais álxido (1965. Hanoi é bombardeado) no Vietnam do Norte había tres millóns de alumnos na Educación Xeral ( sete anos en dous ciclos). As aulas eran de 20-25 alumnos. Os estudantes para mestres eran 4000 e facían tres cursos. "Antes do amencer que traía os bombardeos, todo o país era un ir e vir de vagalumes: nenos e nenas con lampadiñas para ir á Escola." Dende a alba da súa historia Vietnam foi terra de poetas, cunha grande tradición de poesía oral. Son poemas curtos que son transmitidos oralmente sen acompañamento musical por xentes do común.. No século X hai unha importantísima poesía Zen. Os emperadores mandaban gravar poemas nas rochas de lugares simbólicos. Na guerra, nas escolas os nenos e nenas tiñan na poesía o vehículo de creación é de aprendizaxe. Moitos cadernos cheos de poemas aos seus heroes nacionais foron recollidos dos escombros, despois dos bombardeos e nos que foron mortos nenos, contiñan a clave da educación dos rapaces: coñecer a súa historia, a súa literatura. "Debemos estudar para remodelar o noso pensamento". "Ho Chi Ming Aproximarse á documentación dos combatentes vietnamitas ou á situación interna da cultura vietnamita naqueles momentos é certamente máis difícil que á Norteamericana. A información, o consumo da información xerada polos EEUU era unha parte fulcral da súa industria cultural con vontade de hexemonía mundial e as necesidades do de show bussines. Aínda así, houbo reporteiros coma Wilfred Burchett que retrataron a realidade do Norte e do Sur e chegaron a percorrer a selva da mao do Viet Cong e mesmo ser recibido por Ho Chi Ming. A isto temos que engadir que a prensa occidental e a grande maquinaria industrial de entretemento masivo coma é o cinema, decantase maioritariamente polo poderoso agresor e, os ámbitos culturais do occidente que non se decantan claramente, entran en dinámicas que tan ben analizou Bertand Russell cando fai estas reflexións esclarecedoras no año 1966 : " as persoas que en Occidente proclaman a súa simpatía co pobo do Vietnam ocupase primariamente de construír esquemas nos cales os vietnamitas han de tratar aos EE. UU. coma iguais moralmente. Non importa que o grande coloso teña emprendido unha guerra de exterminio." ……" Non fan distinción moral entre o agresor e a súa vítima "Preparados para unha guerra longa mesmo moi longa, o Viet Min ten coma elemento político estratéxico da loita anticolonialista a recuperación da cultura nacional, no seu sentido mais amplo. Isto acollía todo o saber dende a relixiosidade popular que conleva unha determinada concepción do transcorrer do tempo, ate da propia historia ou os xeitos tradicionais de celebrar os ciclos da vida e da morte, os xeitos de humanizar a terra, que eran incompatíbeis coas novas necesidades de materias primas do colonialismo francés, que substitúe o arroz polo caucho, para as novas necesidades da industria automobilística europea. O Vietnam partía dunha situación histórica na que sempre se orgullou non das conquistas sobre outros pobos senón de como resistir e sobreviviu. Mais cales son os alicerces da cultura nacional do Vietnam?. Aquí a mestura do confucianismo no Norte vido da China por terra e o budismo taoísta, que no Sur ven da India por mar , historicamente intégranse totalmente co nacionalismo vietnamita. Isto é determinante fronte a China, coa vietnamita Dinastía Ding ( Seculo X). O povo vietnamita independizouse da china no ano 937 do calendario da era cristián. Ao longo dos séculos e nos diversos levantamentos de nobres contra dos chinos as mulleres nobres son especialmente lembradas: Irmas Trung ( ano 40), que teñen un monumento no mercado de Saigón , e a Sra Trieu ( ano 248). Para o pobo vietnamita esta guerra non era unha guerra illada senón unha continuación das guerras de liberación que iniciaron as Irmás Trung, contra a dominación chinesa, e despois contra os mongoles e despois contra os franceses. Isto danos chaves para entender ao pobo vietnamita e mesmo o pensamento revolucionario de Ho Chi Ming. Para os vietnamitas o que define ao home é o seu papel social segundo o pensamento confucianista , que é útil á hora de conformar o estado nación, e que era a doutrina que debían asimilar no pasado os candidatos a letrados e mandaríns. O confucionismo era ante todo unha filosofia de organización social. O budismo é determinante para a construción da literatura nacional que , aínda que debedora da chinesa, crea a escrita nom (S. X-XIV) que canta a natureza e o efémero da vida, a beleza da terra á que incorpora pegadas patrióticas de independencia nacional. Nunca houbo guerras relixiosas entre as dúas correntes de pensamento. Compleméntanse, distintas, como se complementan o norte e o sur, que é pasar dun pais no Norte coas catro estacións a un Sur totalmente tropical. O que nos leva ao elemento fulcral do pensamento vietnamita é unha relixiosidade que admite e incentiva coñecementos técnicos, musicais, relixiosos, filosóficos, poéticos, de pensamento, que hai que estudar. En palabras de Confucio, é necesario " estimular a mente, adestrar a observación, fomentar as relacións sociais e permitirlle a un expresar as súas queixas". Isto enchoupa culturalmente toda a vida diaria, cos seus códigos morais, coas súas regras non escritas de respecto aos demais e á natureza. Nela estaba contida a espiritualidade da comunidade mesma e dábase concretamente no territorio concreto da aldea onde estaban soterrados os devanceiros. "O que nos leva ao elemento fulcral do pensamento vietnamita é unha relixiosidade que admite e incentiva coñecementos técnicos, musicais, relixiosos, filosóficos, poéticos, de pensamento, que hai que estudar". Esta explicación daba Ho Chi Ming a uns estudantes da necesidade de estudar: " Debemos estudar para remodelar o noso pensamento…. estimular as nosas virtudes revolucionarias…. O estudo debe servir para a acción….ambos os dous deben ir da mao. O primeiro é inútil sen o segunda. A segunda é difícil de cumprir sen a primeira " E para entender coma os labregos, teoricamente conservadores fronte ao pensamento revolucionario, acollen e viven na propia carne os pensamentos do Libro das Transformacións : O I Ching, que di " No ciclo universal tamén as vidas dos pobos e das nacións teñen a súa primavera e o seu outono, e reclaman transformacións sociais" No mais concreto do presente da guerra, os poetas escribían e imprimían os textos,. Tiñan a misión de recuperar e transmitir a tradición oral, na idea de que no Vietnam sempre foron capaces de seguir sendo un pobo independente grazas ao esforzo heroico dos seus fillos e fillas. Feitos que foron inmortalizados en poemas e cancións cantados por bardos ao longo dos séculos en obras populares de teatro e operas. En abril de 1966 Betrand Russel e os que o acompañaron nunha visita a Vietnam escoita como eran transmitidos polas radios poemas de tradición oral aplicados as necesidades do ao dia a dia. Outra das características fundamentais, foi a negativa dos maiores a abandonar as súas terras despois de seren bombardeados e trasladados das aldeas destruídas para iren ás aldeas estratéxicas ( aparheit), onde eran levados cos seus búfalos e os seus patos e galiñas. Non querendo abandonar as tumbas dos seus devanceiros, escapaban á noite para retornar á aldea e con catro paos e un teito de palla de palmeira reconstruían a casa. A aldea ( Xa ) significa : lugar onde a xente se reúne para adorar aos espíritos. Antes morrer que ollar a terra onde moraban os seus antepasados, abandonada e chea de herba. As tumbas familiares non están en ningún cemiterio, creación máis actual, senón nos eidos da familia. Nas súas casas, alí onde estiveran, hai altares con fotos dos seus antepasados , país e avós que, ao estar en implicados nas moitas guerras de defensa da súa Terra, convertíanse en altares ancestrais lembrando o seu pasado heroico. Ao seren arrincados das súas aldeas os vietnamitas so teñen relación coa súa identidade coma pobo a través do Vietcong. No Vietnam do Sur, o nexo cultural co propio país que estaba a ser arrasado era o Vietcong que ten a transmisión cultural nun dos seus dez puntos. Un enfrontamento tan desigual no terreo das armas non o foi tal no terreo da guerra entre dúas culturas. Unha invasora que quería non só asimilar senón simplesmentes borrar da faz da terra outra cultura que era soporte para eles do comunismo. Fronte a ela a cultura de Vietnam foi unha cultura de resistencia na alta Idade Media fronte ao invasor chinés e Mongol a quen derrotou por tres veces. Os combatentes vietnamitas eran os fillos dunha cultura rica en xestas heroicas no seu pasado, que foron transmitidas de xeración en xeración a traveso da súa tradición oral . Para os vietnamitas foi unha guerra que abranguía todos os aspectos da vida diaria: traballo, familia, arte, literatura, fotografía, musica, educación. No Vietnam do Norte e nas zonas controladas polo Vietcong no sur, todos os xornais existían para axudar na guerra total contra do invasor. As principais unidades de combate norvietnamitas levaban cantantes, músicos, pintores, escritores e actores. O escritor Nguyen Quang Sang, conta como serviu nunha sección de literatura e arte, na que escribía contos para programas radiofónicos. No Vietnam do sur, os labregos percorrían a selva horas e horas, perigosamente, para asistir a funcións teatrais que se daban para contar e cantar lendas dun pasado de liberdade. Ás veces celebrábanse sentados nos cráteres máis grandes das bombas estoupadas. O pobo vietnamita combatente, era cultural e politicamente mais forte que o exercito invasor. É para min determinante a maneira circular de medir o tempo na cultura vietnamita. No Templo da Literatura de Hanoi, onde se formaba no tempo dos emperadores a clase dirixente e estudaron aos clásicos, primeiramente nobreza e posteriormente as elites económicas ou sociais, hai unha fermosa figura de bronce, é o ave fénix e unha tartaruga . Fermosa e lizgaira, renací da das cinzas da morte o ave fénix está parada no medio e medio da eternidade sobre a tartaruga de bronce . Quen leva o ritmo do camiñar da historia é a tartaruga. O tempo dos EEUU era, dunha banda, unha liña recta e eles na cúspide guiando á humanidade ao "progreso", doutra o alto mando norteamericano tiña claro que a guerra tiña que seguir aínda que estivese irremediablemente perdida ate que fosen exterminados todos os movementos de esquerda do sureste asiático. A Indonesia tiña un parido comunista de tres millóns de afiliados. É aceptado que unha das razóns para se implicar no Vietnam foi para lle dar tempo ao exercito de Indonesia de exterminar ao Partido comunista de Indonesia. O calculo oficial dos militantes comunistas mortos fala de medio millón. Unha das masacres máis terríbeis do século XX levadas a cabo polo exercito indonesio coas armas entregadas polos EE. UU. A prensa occidental daquel tempo refire sen moita preocupación o bombardeo de hospitais e escolas: " o goberno considera os hospitais coma bos obxectivos para os ataques aéreos . " (New York Times , 25 de xullo de 1962)Cando os helicópteros deitan folletos antes de bombardear as aldeas os argumentos eran moi semellantes aos que actualmente se empregaron en Gaza. Mercería outro artigo este tema. "Un enfrontamento tan desigual no terreo das armas non o foi tal no terreo da guerra entre dúas culturas. Unha invasora que quería non só asimilar senón simplesmentes borrar da faz da terra outra cultura que era soporte para eles do comunismo. Fronte a ela a cultura de Vietnam foi unha cultura de resistencia na alta Idade Media fronte ao invasor chinés e Mongol a quen derrotou por tres veces". Fronte dos combatentes vietnamitas, estaban os soldados norteamericanos que foron treinados e preparados para matar, desposuíndoos de calquera forma de humanidade. A preparación dos soldados faise estarrecedora cando os militares empregaron a científicos sociais e psicólogos militares, debedores de metodoloxía nazi da segunda guerra mundial, preparándoos para que o combate fose o acontecemento de carácter ritual que resolve tensións de odio creadas polas interminábeis frustracións do adestramento. Algo aparece na película de Stanley Kubrick: 'A chaqueta metálica'. Nos documentos orais os soldados norteamericanos dan testemuña de ter sido adestrados para sentir pracer ao matar con baioneta. No adestramento para a guerra, son básicos os relatos de guerra a literatura bélica do cinema para transformar así imaxes previas do combate real, coa creación de códigos míticos e personaxes arquetípicas, verdadeiros superhomes. Isto axudaba a se alistaren aos mozos. Sen esquecermos a inmensa industria de xoguetes militares.Moito teñen buscado os militares no método de descubrir o soldado con mais capacidade para matar sen porque, sen piedade , chegando a concluír da bondade dos sectores sociais que, tendo moitos problemas de integración social e biografía carceraria, eran bos no combate e na obediencia á hora de matar. Procuraban aproveitar destes grupos de soldados a necesidade que tiñan de ser recoñecidos pola comunidade da que non formaban parte de pleno dereito e saír así da marxinalidade. Aínda que normalmente os correspondentes transcribían o que dicían os partes militares, nas famosas reunións informativas das cinco da tarde do alto mando , que todo o mundo sabia eran falsas, o ambiente foi retratado por algúns correspondentes Norteamericanos coma Michael Herr, que foi asesor do guión de Apocalipse Now, ou por xornalistas coma Oriana Falaci. O ambiente chegou a ser de total enaxenación, tanto que tivo que ser adobiado por consumo masivo de estupefacientes dos que os soldados non tiñan ningún problema de se abasteceren. Fosen as pipas de opio ou as inxeccións de heroína, segundo a capacidade económica dos soldados. As iconas culturais norteamericanas actúan de maneira determinante coma referentes, sobre de todo certo cinema sempre supervisado polo Pentágono. Moitos actores e actrices visitaron ás tropas para lle dar animo. Moitos dos soldados ían a Vietnam a vivir unha película tendo coma referente a Jon Wayne. Para isto foron formados. Chegaban a se facer fotografías cos " trofeos" dos combatentes mortos. Aínda así houbo moitísimos casos especialmente honorábeis coma o do boxeador Casius Clay, que merecería mais extensión. "As iconas culturais norteamericanas actúan de maneira determinante coma referentes, sobre de todo certo cinema sempre supervisado polo Pentágono". Cando comezan a ver que a realidade non é unha película : " o inimigos non gritan de dor nin fai ruído coma nas películas, ao morrer caen en silencio e sen control do seu corpo " descobren tamén que a semellanza da guerra de Vietnam coa da loita no Oeste contra dos indios non é tal. Alí morrese e á noitiña os recrutas dormen con chaleco antibalas e choran na escuridade en silencio e despois de matar por vez primeira, comeza un longo, e as veces para sempre, proceso de xestión do peso da propia culpa, aínda que eliminando os efectos psicolóxicos perturbadores: Tiranse medallas diante do Congreso norteamericano. Mesmo aparece a negativa a entrar en combate, o chamado fragging ( dar morte a oficiais por determinados soldados ou grupos de soldados ) Os soldados norteamericanos entran en dinámicas de comprensión de que o inimigo tiña unha razón pola que loita re eles non. Os propios soldados denunciarán nalgúns casos as actitudes criminais de outros compañeiros.7Cando visitei as galerías soterradas de Cu Ci, pensei que era unha táctica do goberno actual diante do turismo, non falar mal dos Norteamericanos. É dicir, dos antigos inimigos. Mais comprobei que no presente e na historia é unha actitude vital do pobo vietnamita.Unha proba da diferencia entre os soldados dos EEUU e os combatentes do Vietnam dánola o poeta Duong Tuong cando, despois da guerra vai visitar os EEUU e escrebe un poema que deposita no monumento aos veteranos de Vietnam: Ao muro de Vietnam/ porque nunca te coñecín/ nin ti a min/ aquí veño.Porque deixaches atrás a túa nai e ao teu pai e prometida / e eu á miña muller e fillos/ aquí veño.Porque o amor é mais forte que a hostilidade/e pódense construír pontes sobre os océanos/ aquí veño. Porque nunca regresaches / e eu si/ aquí veño.
NOS_45354
O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya atravesou de terceiro a meta do Campionato do Mundo de Medio Ironman de tríatlo, logo de pasar dous días na cama por un virus.
Finalmente, o ferrolán Gómez Noya colgou a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Medio Ironman, celebrado en Zell Am See-Kaprun (Austria). O resultado resultou toda unha xesta logo de que o atleta tivera que pasar dous días na cama por un virus que contraeu tras o tríatlon de Estocolmo da pasada fin de semana. Gómez Noya trataba de defender o título conquistado o ano pasado no Canadá. O deportista galego sinalaba nas redes sociais que "non foi o meu mellor día". Afirmou que se atopaba "sen enerxías desde o principio". "Loitei e sufrín moitísimo para conseguir a terceira posición", engadiu, para felicitar os compañeiros de Ironman 70.3. Gañou a proba, que consistiu en 2 km de natación, 90 km de ciclismo e 21 km de carreira a pé, Jan Frodeno (Alemaña), seguido de Sebastian Kienle (Alemaña).
NOS_2124
Convocatoria unitaria dun paro indefinido a partir do día 23 de setembro despois de que a UTE Tecman-Rayma e a empresa Indasa, que xestionan o mantemento dos estaleiros de Ferrol e Fene, decidiran despedir 15 traballadores. A CIG advirte un ataque contra o dereito de subrogación logo de que o persoal de mantemento conseguise gañar recentemente ese dereito.
Cando no 2016 a UTE que formaban Ferrovial e Elinco conseguiron o contrato licitado por Navantia para o mantemento dos estaleiros e conformou un cadro de persoal dunhas 70 persoas a situación dos estaleiros era de sub-actividade. Dous anos máis tarde, despois doutras loitas, esas traballadoras e traballadores gañaron tamén o dereito de subrogación como consecuencia da negociación do convenio sidero-metalúrxico. Agora, as empresas adxudicatarias dos diferentes lotes nos que se dividiu a nova licitación en 2018 -a UTE Tecman-Rayma, por un lado, e Indasa, por outro- veñen de anunciar os despedimentos de 15 traballadores. "Non hai xustificación aos despedimentos", di Ramón Fernández, responsábel da CIG Industria en Ferrol. "Que se vai reducir a carga de traballo, que é o argumento que utilizan as empresas, non ten que levar a reducir o persoal. Este cadro de persoal formouse nun momento non que non había plena ocupación. Segue sendo necesario para o mantemento, e máis cando Navantia prevé futuros incrementos da carga de traballo". As asembleas desta segunda feira decidiron aprobar unha convocatoria de folga indefinida a partir do día 23 de setembro, segunda feira, despois de que os sindicatos acordaran realizar accións o pasado venres, cando os traballadores afectados da UTE Tecman-Rayma (9) recibiran sen previo aviso os ingresos bancarios que rescindían os seus contratos. Indasa, que se dedica ao mantemento das cabinas de chorro e a labores de pintura, xa avisara á representación sindical de que ía haber despedimentos: cinco en total entre Ferrol e Fene. O argumento das empresas é que Navantia avanzou que na revisión anual para prorrogar os contratos, a 30 de setembro, revisaría as condicións á baixas. Inmediatamente as empresas decidiron repercutir esa rebaixa sobre os traballadores con "despedimentos supostamente obxectivos", denuncia o responsábel sindical, "e ademais desfacerse dun persoal organizado sindicalmente e con gran capacidade de mobilización". A folga podería afectar a actividade dos estaleiros e chegar a paralizalos, din desde a CIG, mentres esperan contactos formais con Indasa e a UTE Tecman-Rayma para abrir unha negociación. "Hai alternativas aos despedimentos. Mesmo un ERE temporal rotativo en último caso que permita manter a vinculación laboral duns traballadores que teñen os seus dereitos", explica Fernández, e lembra o paso adiante que deron hai uns anos cando conseguiron elevar o grao de protección do persoal grazas a que o novo convenio inclúe dereito de subrogación para os traballadores de empresas que realizan funcións de mantemento para empresas públicas como Navantia.
NOS_19730
A sessão de abertura do Fórum Socialismo 2016 destacou a atual situação política no Brasil, com a participação de Joana Mortágua e do deputado do PSOL Jean Wyllys.
O jornalista e escritor Jean Wyllys, deputado federal eleito pelo Partido Socialismo e Liberdade (PSOL) do Rio de Janeiro, foi o convidado especial para a abertura do Fórum Socialismo e começou por assinalar a convergência na análise da situação política no Brasil entre o seu partido e o Bloco. Em seguida, referiu-se ao momento político atual, com o julgamento de Dilma a decorrer no Senado brasileiro: "O espetáculo destes dias no Senado repetiu o da Câmara de Deputados, agora com o presidente Renan Calheiros a confessar tráfico de influências em frente de um ministro do Supremo Tribunal Federal, sem que a imprensa diga nada", resumiu Wyllys. Crítico da gestão de Dilma, Jean Wyllys destacou que "a grande mídia dispõe de um exército pronto a difamar o Partido dos Trabalhadores (PT) em todas as coberturas", o que aconteceu no início da investigação policial à corrupção no interior da Petrobrás, com uma narrativa que associava os casos apenas a elementos com ligações ao PT. Para o deputado brasileiro, o que se assistiu nos últimos meses e foi visível em algumas manifestações públicas das forças mais conservadoras – que incluíram mensagens de pendor fascista – foi a mistura da narrativa da corrupção com o ataque a outras bandeiras dos governos de Lula e Dilma que as elites abominam. E deu exemplos: o combate à pobreza e ao racismo ou o empoderamento das mulheres e da comunidade LGBT. Foram lançadas as sementes para uma mistura explosiva que abre campo à intolerância e ameaça a própria democracia, acrescentou. O processo em concreto contra Dilma assenta "numa falácia", no entender de Jean Wyllys O processo em concreto contra Dilma assenta "numa falácia", no entender de Jean Wyllys. A razão é simples: o famoso "crime de responsabilidade" de que é acusada é inexistente, refere o deputado. E as escutas divulgadas pela imprensa a alguns dos arquitetos do impeachment confirmam que o objetivo da substituição de Dilma foi o de travar a todo o custo a operação Lava Jato, que envolve a cúpula dos maiores partidos da direita brasileira. Wyllys destacou ainda que foi com os governos do PT que as investigações judiciais passaram a ter autonomia. Quanto às reformas prometidas pelo governo golpista, o deputado do PSOL diz que "elas implicam passar os custos da crise para os pobres e os trabalhadores". O congelamento do investimento público em Saúde e Educação foi outra das medidas já anunciadas pelo governo atualmente em funções, que Wyllys acusa de estar "ao serviço das elites económicas, de que fazem parte as sete famílias que controlam os principais media do país". Joana Mortágua (Bloco) afirma que a estratégia do PT de pactar com partidos da direita como o PMDB "falhou" Na sua intervenção, Joana Mortágua recordou o debate no parlamento português em reação ao golpe parlamentar que tirou Dilma Roussef da presidência do Brasil, com a direita a acusar quem se opôs ao golpe de estar ao lado dos corruptos. O que se seguiu, lembrou a deputada bloquista, foi a associação de quase todos os golpistas a casos de corrupção no Brasil. O resultado foi a travagem da operação Lava-Jato, mas sobretudo a "descredibilização do sistema político brasileiro", com quase todos os atores políticos a caírem nas malhas das investigações policiais. "Durante 15 anos, a direita brasileira não conseguiu disputar um projeto para a Presidência do Brasil e agora junta-se para o assalto ao poder e a imposição de uma agenda conservadora de destruição de direitos", através do impeachment em curso e com o apoio dos media, prosseguiu a deputada do Bloco. "Um dos grandes desafios da esquerda no Brasil é provar que pode haver políticos de mãos limpas e política limpa", defendeu Joana Mortágua. "O golpe alimentou-se de tudo aquilo o que o PT não fez durante estes anos e contraria as aspirações sociais que o PT ignorou", acrescentou, referindo-se aos movimentos sociais que se manifestaram em 2013. "A estratégia governista do PT – com alianças com partidos como o PMDB – falhou", concluiu a deputada do Bloco.
NOS_26427
O persoal sanitario da UCI-A do Hospital Clínico de Santiago denuncia as condicións nas que teñen que traballar e que tamén sofren os pacientes. Camas separadas por cortinas, falta de material de recambio e de persoal nas unidades de coidados son algunhas de reclamacións que fan á Xerencia da área sanitaria e polo que levan en folga indefinida desde novembro.
"Os pacientes decátanse de todo: de como intuban ao do lado, de como lle poñen un catéter ao da esquina ou mesmo de como falece o enfermo de diante". Este é o testemuño de María José Rodríguez, que é técnica de coidados auxiliares de enfermaría da Unidade de Coidados Intensivos de Adultos (UCI-A) do Hospital Clínico de Santiago, unidade de referencia para as persoas enfermas da Covid. Ela forma parte do persoal sanitario que leva 13 semanas en folga indefinida -con servizos mínimos ao 100%- e con mobilizacións para esixir unhas instalacións e un equipamento que garanta a seguridade e calidade nas prestacións sanitarias, tanto para as profesionais como para as enfermas. As dúas unidades de UCI coas que conta o Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) son salas abertas de 15 camas que só dispoñen de dous cubículos de illamento por unidade, o resto das camas están separadas por cortinas e "isto supón un gran risco para os profesionais que están expostos ao contaxio da Covid". Por iso esixen á Xerencia a creación dunha UCI-A con cubículos, "para que as sanitarias non teñamos que pasar 7 ou 10 horas cos equipos de protección individual e que os pacientes poidan ter maior seguridade e privacidade", sinala Rodríguez. Promesas incumpridasDurante o ano pasado o persoal sanitario chegara a un acordo coa Xerencia para que no mes de setembro puidesen ter unha nova UCI mais non se chegou a acometer "porque dicían que non atoparon unha empresa que realizase esta obra" nun curto espazo de tempo, indica o doutor da UCI-A Alfonso Mariño. "Agora se nos fixo outra proposta que ten aínda menos garantías que a anterior, conta cun orzamento, si, pero aínda terían que sacala a concurso, esperar catro meses de burocracia máis os que pode levar construír a nova unidade, é dicir, que até 2022 non se chegaría a ver o resultado", apunta. Ademais, os sanitarios reclaman que esta nova UCI se realice noutro lugar que permita ter a actual aberta dada a situación actual da pandemia. Alén das melloras nas instalacións da UCI, o persoal sanitario expón que a actuación da Xerencia é "totalmente irresponsábel e contraditoria cos plans de prevención fronte a Covid, pois as profesionais poden pasar da UCI-Covid á UCI-Limpa (unidade que existiu até mediados de xaneiro onde estaban os pacientes non contaxiosos de Covid pero que precisaban coidados intensivos) e mesmo a outros servizos do hospital; creando así un maior risco e unha trazabilidade moito máis complicada de controlar se se dá un positivo entre as profesionais", explica Mariño. As condicións de traballo dignas é outra reclamación do persoal sanitario do hospital santiagués. "Temos que comprar as nosas propias gafas de protección para o EPI porque as que están no hospital é imposíbel ver por elas do reladas que están", indica Rodríguez. As profesionais denuncian: "As condicións son esperpénticas", xa que falta material de reposto de todo tipo e existen aparellos que non funcionan ou que funcionan mal, "case pasamos máis horas ao teléfono na procura do material que nos fai falla que atendendo os pacientes". Máis persoal nas UCIO empeoramento da situación sanitaria complica máis a situación. "Deberían asignarse os profesionais ás 15 camas que hai na UCI e non ao número de pacientes que están na unidade, xa que a evolución de estes cambia a cada momento e precisamos toda a xente aquí, e non noutras áreas a facer outras tarefas cando baixa un pouco a intensidade do traballo", denuncia Rodríguez. "Precísase mínimo un doutor, tres enfermeiras e dúas auxiliares para facer o ingreso dun paciente na UCI e en moitos casos temos que andar a perder tempo valioso chamando por teléfono para ter ese persoal".
PRAZA_5640
Hoxe un vello trobador achéganos a historia da maior das peripecias. A postura belixerante dunha lingua que lonxe de se someter afronta un episodio digno da maior das traxedias endexamais contadas.
Hoxe un vello trobador achéganos a historia da maior das peripecias. A postura belixerante dunha lingua que lonxe de se someter afronta un episodio digno da maior das traxedias endexamais contadas. Conta o meu avó que unha malpocada lingua non permite sen licenza o ataque da súa raiceira sen plantar cara a tan atrevido traidor. Lonxe de aceptar submisión defende a postura certeira e propón bater en duelo a quen atente contra a súa complexión. Abafada de delirios e paixón no ideal da consecución do chamado "mal camiño". Di que non entende nada de conxuras e perdóns. "Si los hombres son como son ¿que ha de hacer uno sino morderlos?" (Manuel Murguía) Planta cara a aquel quen sen vontade de entendela, ataca a súa saudade e oprime o seu feble corazón. Comeza a súa contraofensiva non sen antes dubidar. Din que antes da batalla é sempre conveniente preguntar e desbotar a todo traidor que non participe da contenda. "Dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e ao cantar castillán non me comprendo" (Francisca Herrera) A lingua chama a berros ao espírito nobre da nación, para que responda sen desleixo a tan profundo atentado cometido por aquel mentireiro que non dubidou en sometela sen ningunha compaixón. "Mais o pouco que vos dou, douvos do voso e merezo perdón: dou do que teño" (Francisca Herrera) O exército está preparado. "Hoxe, ¿de quen? Hoxe: dirán uns. Hoxe: dirán outros mentres... mentres reparan no que non hai" (María Mariño) O primeiro en se axuntar foi o espírito do vello barqueiro quen un día preguiceiro decidiu que nun rochedo a chamada ía esperar. "Ai ondas que eu vin mirar, se me saberedes contar por que tarda meu amigo sen mí?" (Martín Codax) Un bo día o pobo enteiro non dubida en se sumar e propaga a súa palabra por terra e mais por mar. "Polas ondas da ría de Vigo este vello e rouco son ei propagar" Achegouse o solitario cabreiro quen tampouco dubidou en empregar ese renovado cantar de andar lixeiro, soidoso e latriqueiro, e dun a outro confín foi quen de propagar ese melódico e lírico verso. O vaqueiro decidiu acompañar e xa sumaron tres, ao ritmo dun só compás. E ao longo do camiño foron xuntando as forzas dos veciños nunha soa lingua para se comunicar. "Por Savane á Pedra nova remontada cruzando o Courel de lado a lado. E por Lóuzara/Padrocelos de Martín trobador/astra Samos. Retomado o Camiño tra-la corta rodeada" (Uxío Novoneyra) Un bo día todos eles sumáronse á reunión na que o sentimento da nación berrou con enerxía: "Que viva o galego" "Nunca máis a súa indefensión" Así naceu unha meniña que, carente de brazos e pernas, nas nosas verbas enraizou. E agora xa maior segue viva mais non sen dor, e celebra na súa terra a vixencia das súa letras defendéndose de quen a ataca provocándolle feridas e dor. Na mesa o viño non ha faltar, xa que como bo orador adoita empregar o seu proveitoso don, e facer unha festa grande ao carón dos seus irmáns, un anaco de chourizo e un boliño de pan. "Hijo del pueblo soy y me envanece digno vástago de su linaje" (Banquete de Conxo. Aurelio Aguirre) E para finalizar esta epopea seguiremos a berrar: "Viva o 17 de maio, viva a lingua e a cultura nacional"
NOS_22823
O auto do xuíz Eloy Velasco acorda suspender as actividades da organización independentista por un ano, prorrogábel, e mantén as imputacións contra as 9 persoas detidas na 'Operación Jaro'.
A Audiencia Nacional mantén a suspensión de actividades de Causa Galiza, xustificando o xuíz Eloy Velasco a decisión en argumentos como, di textualmente no auto, "a protección de futuras vítimas" ou "conxurar a defensa social na evitación da continuidade delictiva". Velasco adopta a medida após a comparecencia nesta segunda feira do Ministerio fiscal e defensa da organización independentista, comparecencia obrigada após a sala do penal anular a suspensión de CG decretada en novembro polo xuíz por vulnerar dereitos no procedemento. Así pois, Causa Galiza volve estar "ilegalizada de facto", como sinalan desde o independentismo. Se a primeira decisión foi suspender a súa actividade por dous anos, un período que no auto do 8 de febreiro se reduce a un ano mais que é "prorrogábel". No auto faise un percorrido pola actividade política e social de cada un dos 9 independentistas encausados. Datos obtidos, incide o xuíz, "da investigación e das vixiancias policiais" Nos razonamentos xurídicos expostos no auto de Velasco (ao que tivo acceso Sermos Galiza) afirma que Causa Galiza "diundiu" mensaxes contra a Coroa e o Estado español. O xuíz afirma que en base "ás investigacións e vixiancias policiais" identificouse os que cualifica de "principais responsábeis de Causa Galiza", que son os 9 independentistas detidos na 'Operación Jaro'. "Mantemos os nosos principios" A través dun comunicado, os independentistas encausados pola Audiencia Nacional reiteran que esta organización "atuou sempre com métodos legais ao serviço do Povo Galego e da causa independentista" e consideran as acusacións da Audiencia Nacional " um disparate judicial e político destinado, exclusivamente, a impedir que trabalhemos politicamente". No comunicado, de tres puntos, tamén afirman que con esta decisión "acaba-se de produzir um salto qualitativo na repressom ao instituir de facto o delito de opinar, organizar-nos e trabalhar politicamente em favor do projeto político independentista". Sinalan que manterán os principios "patrióticos e socialistas" fronte a unha "Espanha" que non ten "nada que oferecer" ao pobo galego. Recorrerán a decisión, tal e como xa anunciaran na segunda feira, após a comparecencia na AN.
PRAZA_13801
Os afectados insisten en rexeitar a arbitraxe ofrecida por Novagalicia Banco e esixen unha "solución política e colectiva" e a devolución íntegra do 100% dos seus cartos. Os convocacados cualifican o "éxito" da manifestación como unha "derrota para Feijóo e para os banqueiros aos que lles dá ordes".
Milleiros de afectados polas participacións preferentes manifestáronse este sábado en Santiago para volver reclamar unha "solución política e colectiva" para o que os afectados polas emisións preferentes de varias entidades bancarias consideran "unha estafa". Os manifestantes, na súa maioría prexudicados por Novagalicia Banco, insistiron en rexeitar a vía de arbitraxe á que o xoves deron o seu visto e prace o Banco de España e máis a Comisión Europea. Os afectados insisten en rexeitar a arbitraxe, que consideran "unha burla" Esa vía desbota completamente a posibilidade dunha solución global para os afectados, tal e como levan reclamando as diversas plataformas constituídas, pero permite a saída desexada pola Xunta e pola propia entidade, que advirte que será "inmediata". No entanto, a letra pequena é clara. O camiño da arbitraxe queda reducido para unha minoría dos enganados, que sería pouco máis do 10% do global dos afectados, uns 43.000 en toda Galicia, tal e como recordan as diversas plataformas galegas de afectados, que este domingo se manifestaron conxuntamente en Compostela. Os manifestantes reclaman a devolución íntegra do 100% dos seus cartos "Hai solución, banqueiros a prisión" foi o lema máis coreado polos afectados na capital galega, nunha protesta que percorreu as rúas da cidade desde a Alameda até a praza da Quintana, pasando polo Parlamento galego. Na marcha puidéronse escoitar múltiples críticas e berros contra Novagalicia e a Xunta de Galicia por uns cidadáns que foron facendo paradas, para amosar o seu rexeitamento, en diferentes sucurssais de NGB. Os "estafados" pola entidade galega consideran "unha burla" a oferta da arbitraxe ofrecida tanto polo Goberno como polo banco e lembran que esta era a solución preferida por ambas as dúas partes. Ademais, reclaman a devolución íntegra "do 100% dos seus cartos". Algúns afectados lanzaron ovos contra os cristais dalgunha sucursal e pegaron carteis reivindicativos Algúns dos participantes lanzaron ovos contra os cristais dalgunha sucursal bancaria e pegaron carteis reivindicativos que denuncian o cobramento de indemnizacións millonarias por parte de exdirectivos de Novacaixagalicia como Javier García de Paredes. Voceiros das plataformas consideraron "un éxito" a manifestación e cren que é "unha derrota para Feijóo e para os banqueiros aos que lles dá ordes en Novagalicia". Jorquera ve na arbitraxe unha "solución falsa" Por outra banda, o candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, acudiu tamén á manifestación para amosar o seu apoio aos afectados e cualificou de "solución falsa" a vía da arbitraxe e avoga por unha "solución global" para as preferentes. O deputado nacionalista tamén se referiu ás cotas máximas alcanzadas pola prima de risco para insistir en que os recortes "non serven para calmar os mercados nin para saír da crise".
NOS_56514
Cristina Domínguez ten unha longa carreira como directora de escena. Ligada a compañías como Factoría Teatro, Abrapalabra ou Emedous, puxo en pé montaxes tan recoñecidas como O tío Vaina (2004), O regreso ao deserto (2006), Kafka e a boneca viaxeira (2012) ou As do peixe (2013). De 2006 a 2009 dirixiu o Centro Dramático Galego e, desde entón, imparte aulas na Escola Superior de Arte Dramática da Galiza, onde agora ocupa o cargo de vicedirectora. Estes días, prepárase para intervir no I Congreso Internacional de Teatro Galego, onde impartirá unha conferencia sobre "os desafíos da poscrise".
Durante o confinamento medrou moito o consumo cultural. Cre que iso pode incidir nunha maior valoración da actividade cultural? En xeral, o que houbo foi máis tempo, e tendo máis tempo podes facer cousas que na vida diaria quizais non fas por cansazo, por compromisos ou polo que sexa. Deuse unha situación na que a xente podía facer cousas co seu tempo que antes non podía e iso redundou, efectivamente, nun maior consumo cultural. Que se manteña ou non vai depender de moitas cuestións, entre outras de se é máis ou menos gratuíto, ou se vai ter uns prezos alcanzábeis. En realidade, penso que aínda estamos no medio de pandemia e que hai cousas que se nos escapan. Parece que todo o mundo se sentiu cómodo cun maior consumo de produtos culturais: penso que a todas nos gustou ter tempo libre e poder dedicarllo a cousas que antes non faciamos por diversos motivos. Creo que iso si puido propiciar que o público se decatase de que a cultura non é só ocio, que é algo que enriquece a túa vida. Mais agora mesmo aínda hai moitos condicionantes para asistir a actividades culturais ao vivo: para ir ao teatro, ao cine, a unha exposición… e quizais non é o momento para saber que vai pasar no futuro próximo. Por moitas ganas que teñamos de volver a unha certa aparencia de normalidade, o certo é que aínda estamos no medio do cataclismo. A percepción no mundo da cultura, efectivamente, é que "hai ganas" de volver gozar das actividades ao vivo, dos espectáculos. Si, claro: hai ganas de saír, de socializar, de comunicarse… Penso que imos cara a unha sociedade moi diferente que se vai mover entre dous polos. Por unha banda, o consumo cultural doméstico, online, ou como queiras chamalo, que demostrou que pode encher moitas das expectativas do público. Unha parte da produción cultural vai ter que ir por aí, e non me parece mal que sexa así sempre que saibamos como achegarnos a ela como algo enriquecedor que transcende o puro entretemento. Por outra banda, precisarase aínda máis o encontro cultural fóra da casa, como unha forma de socialización que proporciona outro tipo de experiencia, unha gratificación extra que ten que ver co encontro cos outros. Iso probabelmente precisará de novas fórmulas por parte dos xestores e dos creadores culturais para tratar que ambas as modalidades se equilibren. Si, supoño que haberá unha maior especialización entre os creadores. E tamén penso que non vai ser só unha cuestión do audiovisual, sen máis. Seguramente a experiencia da cultura desde a casa deberá ter en conta a vontade de participación do público, que seguramente se manifestará dun modo ou doutro. Hoxe xa o podemos percibir nas redes sociais, mais creo que non vai quedar aí, que as posibilidades de participación desde os fogares terán que ampliarse dalgunha forma. O contacto e a participación daranse doutra forma que agora non coñecemos, mais atoparase a maneira de conseguilo. E iso non é incompatíbel con que a xente saia cando toque, igual que saíu este verán e encheu as actividades que se fixeron ao aire libre ou nos auditorios, porque a necesidade de encontro real tampouco vai desaparecer. Sería preciso que as Administracións deseñasen políticas e estratexias que abran paso a esas novas fórmulas de difundir a creación cultural. Cres que existe na Galiza esa posibilidade? Non o creo, porque é algo moi complexo. Para empezar, hai que saber deseñar políticas e non todo o mundo sabe. Mais sobre todo, hai que ir por diante da sociedade e as Administracións están demasiado enleadas nas súas burocracias e protocolos para levar o día a día, non teñen suficiente persoal e, sobre todo, non teñen xente capacitada para deseñar políticas que presenten validez no futuro, políticas para implementar dentro dun ano, dous ou vinte. Hai que pararse e ver o que nos rodea para prever o que vai suceder no futuro, e as sociedades que sexan quen de facelo serán as que marquen as liñas de forza na cultura. Sempre foi así, e quizais hoxe máis que nunca hai que aprender a ir por diante. A pandemia destapou todas as debilidades do sistema cultural galego. En realidade, destapou todas as debilidades do sistema capitalis - ta [risas]. Aquí ninguén aguanta tres meses de inactividade. A entrevista na íntegra podes lela no Nós Diario en papel ou na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes facelo aquí: http://bit.ly/3hCH3Qu
PRAZA_14431
A noticia saltaba hai varios días: un dos sindicatos maioritarios en Galicia presenta un ERE no que pretende despedir a 24 dos 31 traballadores da súa fundación formativa, aplicándolles unha indemnización por despido de 20 días por ano traballado. Hai que lembrar que tensións similares se están producindo estes días en todo ese complexo conglomerado que conforma o chamado terceiro sector, que vai desde as asociacións, fundacións, cooperativas, mutuas, sindicatos, igrexa, congregacións relixiosas, etc., e que na actualidade representa o 10% do PIB español (e tamén no conxunto da UE), con 250.000 entidades e 2,5 M de traballadores.
A noticia saltaba hai varios días: un dos sindicatos maioritarios en Galicia presenta un ERE no que pretende despedir a 24 dos 31 traballadores da súa fundación formativa, aplicándolles unha indemnización por despido de 20 días por ano traballado. Pouco despois o líder máximo dese sindicato a nivel estatal xustificaba o período de 20 días aclarando que xa existía antes desa polémica reforma. A situación non é fácil: a organización sindical informa que os fondos para formación recibidos das administración públicas se reduciron nun 60%. A controversia está clara: un sindicato aplica unha reforma laboral, promulgada polo goberno hai varios meses, contra a que este sindicato loitou decididamente. Descaro? Incoherencia? Pragmatismo? A controversia está clara: un sindicato aplica unha reforma laboral, promulgada polo goberno hai varios meses, contra a que este sindicato loitou decididamente. Descaro? Incoherencia? Pragmatismo? Hai que lembrar que tensións similares se están producindo estes días en todo ese complexo conglomerado que conforma o chamado terceiro sector, que vai desde as asociacións, fundacións, cooperativas, mutuas, sindicatos, igrexa, congregacións relixiosas, etc., e que na actualidade representa o 10% do PIB español (e tamén no conxunto da UE), con 250.000 entidades e 2,5 M de traballadores. O terceiro sector está formado por entidades que articulan á sociedade e son signo de riqueza social, que defenden os intereses xerais -por iso gozan de beneficios fiscais- e cobren ocos que o estado de benestar non atinxe Se ben no mundo das mutuas e das cooperativas hai entidades que por facturación, tamaño e prácticas tal vez habería que excluír deste chamado mundo non lucrativo (así, nos últimos anos varias mutuas de seguros transformáronse en sociedades anónimas, e hai cooperativas que facturan miles de millóns de euros), o certo é que o terceiro sector está formado por entidades que articulan á sociedade e son signo de riqueza social, que defenden os intereses xerais -por iso gozan de beneficios fiscais- e cobren ocos que o estado de benestar non atinxe. Unha situación severa Pero a realidade é dura: o pasado ano, unha das máis importantes ONG de cooperación internacional, a fundación Intermón Oxfam, cuns ingresos anuais de 80 M de euros, anunciaba un ERE para 90 traballadores, o 18% do seu plantel; en maio deste ano, outra importante ONG do mesmo sector, Axuda en Acción, con máis de 45 M de euros de ingresos, anunciaba un ERE para 110 dos seus 450 traballadores, un impacto do 25%, e xustificando o ERE en perdas futuras. Intermón Oxfam e Axuda en Acción presentaron ERES E moitos máis exemplos se poderían poñer nun escenario de redución de ingresos privados e públicos pola crise e de impagos nas administracións públicas das subvencións concedidas, unha importante fonte de recursos de moitas destas administracións. Por centrar o foco nas entidades -asociacións, fundacións, congregacións da igrexa, institutos sen ánimo de lucro- dedicadas á cooperación internacional, a Coordinadora española deste sector denunciaba en días pasados ante a Defensora del Pueblo estatal impagos por valor de 70 millóns de euros, con atrasos de anos, trucos burocráticos (peticións de informes non obrigatorios para dilatar os pagamentos, etc.) e outras medidas que afectan a 80 entidades e máis de 100 proxectos de cooperación internacional do ámbito educativo, sanitario e social que afectan a persoas de 120 países. Que facer? Para os que temos responsabilidades de goberno nalgunha destas entidades, e que loitamos pola defensa dos dereitos das persoas, os conflitos cos traballadores non son prato de gusto: como despedir a un traballador co que hai pouco tempo acudías a unha manifestación en defensa de tal obxectivo social, co que compartías viaxes e estancias low-cost en proxectos no exterior, co que asinabas conxuntamente declaracións e estudos, do que te declarabas igual –craso erro de non saber o que é a función directiva- e co que compartías soños e moitas veces amistade? Por iso, hai que ser consciente dunhas premisas básicas: Dirixir unha organización non lucrativa xera responsabilidades e riscos Dirixir unha organización non lucrativa xera responsabilidades e riscos, en especial canto maior sexa o volume económico manexado. Quen non asuma isto, que non se meta no sector. Por moito aprecio que teñamos aos traballadores e respectemos os seus dereitos laborais, a obriga principal da organización é cumprir cos seus obxectivos fundacionais, para o cal é necesario a pervivencia da entidade; se para iso hai que resolver contratos, debe facerse. Desde outro punto de visto, tamén é verdade que o terceiro sector non é lugar propio para stajanovistas; quen queira progresar nunha organización restrinxindo dereitos laborais equivocou o sector. Evitar que os recursos públicos supoñan a maioría dos ingresos da organización. Se non temos recursos propios privados quere dicir que a nosa base social é limitada; daquela non arrisquemos demais confiándoo todo ás subvencións. Se non temos recursos propios privados quere dicir que a nosa base social é limitada; daquela non arrisquemos demais confiándoo todo ás subvencións Dito iso, podemos dar algunha orientación para esta época de vacas fracas: Contar cun fondo social equivalente ao custo de despido do persoal fixo cuxo contrato non poda asegurarse cos fondos regulares da entidade. Facilidades para a conciliación familiar e promoción do emprego feminino deben ser medidas reais e non frases feitas sen contido. Chegado á hora do despedimento, cando menos cinco suxestións: a) Unhas formas aceptables (non despedir por SMS e outras prácticas infames tan habituais hoxe en día) b) Pode substituírse o despedimento por unha redución de xornada? Pasar dúas persoas a media xornada evitan un despido. c) Especial atención ás persoas máis desprotexidas (mulleres embarazadas, con nenos pequenos, único traballador na familia…) d) Despido xeneroso: ten que haber unha diferencia clara entre as prácticas depredadoras de moitas empresas e unha organización do sector social. Dentro disto despedir con 20 días de indemnización por ano traballado non é aceptable. e) Acompañamento posterior: despedir a unha persoa non significa romper toda relación. Pode contactarse periodicamente con ela, ofrecérselle axuda para reorientar a súa ocupación, etc. Aplicando algunha destas propostas a situación que supón un despedimento seguirá sendo dolorosa, pero cando menos non se verá agravada por tensións maiores.
NOS_57852
"Non teño unha vara máxica para facer que aparezan os profesionais", dixo, no Pleno do Parlamento celebrado nesta cuarta feira.
O deputado do BNG Manuel Lourenzo preguntou nesta cuarta feira no Pleno do Parlamento ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que medidas propón o Goberno galego para paliar o déficit de profesionais no Baixo Miño, unha situación agravada nos últimos meses que desembocou na convocatoria dunha folga de tres días —remata nesta quinta feira— e a celebración dunha multitudinaria manifestación polas rúas da Guarda na terza feira. Neste senso, o nacionalista reivindicou o "exercicio de dignidade histórica" da veciñanza dos concellos afectados, que saíron á rúa ao berro de "máis médicos e menos propaganda". Con todo, García Comesaña precisou que a folga "convocouna a CIG, non os profesionais". Aliás, matizou que "lle chaman o Baixo Miño, mais é da Guarda, O Rosal e Oia". Cómpre salientar, con todo, que todos os alcaldes e alcaldesas populares, socialistas e nacionalistas da comarca —incluídos Tomiño e Tui— apoiaron as mobilizacións e anunciaron novas accións de cara ao ano vindeiro. O conselleiro, se ben recoñeceu que estes tres municipios sofren "un problema moi grave", xustificou que "de 13 prazas hai catro baixas de longa duración". "A Guarda é, en ocasións, o último destino, e non se cobre. Eu non teño unha vara máxica para facer que aparezan os profesionais", sostivo. As urxencias de Moaña seguirán en Cangas Por outra banda, García Comesaña afirmou que o servizo de urxencias sanitarias de Moaña, "de momento e por desgraza", seguirá a derivarse a Cangas. Díxoo en resposta á intervención do deputado nacionalista Paulo Ríos, que vencellou esta situación ao "proceso de desmantelamento do público" e acusou o Goberno galego de "enfrontar veciños con profesionais", o que, salientou, "levou os facultativos a solicitaren un garda xurado debido á tensión". "Deixe as escusas de mal pagador, poña os médicos que fan falta e recuperemos as urxencias na nosa vila", subliñou o parlamentario. Porén, o responsábel de Sanidade retrucou: "O problema é que non os hai, esa é a realidade que vostedes non queren afrontar. Estamos traballando co ministerio buscando máis profesionais". Aliás, instou as forzas políticas municipais de Moaña a "dar o paso" e habilitar o terreo previsto para construír o novo centro de saúde. "A Xunta leva esperando desde febreiro de 2020", lamentou.
NOS_28274
Foron escollidas entre 104 candidatas de todo o Estado. A organización procurou unha selección diversa e de calidade.
A do luns, 31 de marzo, foi unha noite longa para Sonia Díaz, a directora do Carballo Interplay, o primeiro festival de webseries de todo o Estado. Ás doce da noite, a organización deu a coñecer a selección oficial de webseries que entrarán a concurso entre o 24 e o 27 de abril, na celebración do festival en Carballo, e acto seguido, foille comunicado a cada finalista (35 webseries en total) a noticia. A expectación non era pouca. A escolla prometía ser, e de feito foi, difícil. Cumpría seleccionar entre un total de 104 webseries: dez delas en galego, dez de animación e as restantes, de imaxe real e/ou en castelán. Dúas terceiras partes, á forza, ían quedar fóra. Finalmente, cinco webseries competirán polo premio á mellor en galego; un total de sete lidarán polo premio á mellor webserie de animación e, o máis disputado e o máis concorrido, será o premio á mellor webserie en imaxe real. O comité de selección, conformado por seis persoas de ámbitos diferentes (integrantes da organización e persoas con experiencia en selección doutros festival, en dirección audiovisual e na rede) optou, dinos a súa directora, por combinar calidade e diversidade. E diversidade, dende logo, non falta. Predominan aquelas webseries cun toque de humor, pero os xéneros devalan dende o documental até o thriller, o terror ou a ciencia ficción, deixando polo medio un abano amplo, no que podemos atopar curiosas mesturas de xénero, coas que as webseries, que non teñen máis límite nin imposicións que as da imaxinación, non teñen reparos en atreverse. "O Carballo Interplay vai supoñer un miradoiro único (será, de feito, o primeiro en todo o Estado) para poder facernos unha panorámica dese mundo emerxente que son as webseries". As 35 webseries que conforman a sección oficial distribuiranse en sete bloques, que se visionarán as tardes do xoves 24, o venres 25 e o sábado 26. Cada bloque terá unha duración aproximada dunha hora, a non ser o último do venres pola tarde, pois tras el haberá unha proxección sorpresa que a organización aínda non desvelou. De cada webserie, serán visionados dous capítulos ou, no caso de que sexan superiores aos quince minutos, só un. O Carballo Interplay vai supoñer un miradoiro único (será, de feito, o primeiro en todo o Estado) para poder facernos unha panorámica dese mundo emerxente que son as webseries. Unha fórmula que está a facilitar non só novas saídas ápara amosar a súa creatividade e darse a coñecer en tempos especialmente complexos, nos que as portas das televisións moitas veces son inexpugnables, senón que ademais, abren camiños e formatos novidosos para o audiovisual, que aínda están por analizar. As webseries son, de feito, un fervedoiro de creatividade sobre cuxas repercusións aínda non se reflexionou, comezando pola propia pregunta identitaria: Que é unha webserie? Simplemente unha serie trasladada a internet, ou algo máis? Probablemente si haxa algo máis. Os formatos que funcionan en determinadas webseries, que son exitosos en internet (adoitomáis cortos), non teñen porque selo necesariamente nos formatos televisivos convencionais. E, en moitas ocasións, o seu nivel de experimentación e creatividade, as temáticas e as inquedanzas que poñen en pantalla, non teñen cabida nas programacións máis convencionais das grellas televisivas. A resolver este tipo de cuestións, ou cando menos a descubrilas, axudaranos, sen dúbida, o Carballo Interplay.
NOS_26160
O gabinete de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu un comunicado para esclarecer que non se ordenara ningunha detención e para informar de que o xuíz encarregado da investigación do sinistro non vai facer pública a listaxe de persoas falecidas.
O ABC titula con grande grosor tipográfico, na súa edición dixital, que o xuíz ordenara a detención do maquinista en relación co sinistro ferroviário producido onte no acceso á estación de camiños de ferro de Santiago. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, nun comunicado emitido por volta das 21 horas, desmentiu esta información. Así, baixo o epígrafe de "Esclarecimentos", e nunha nota redixida en español, como todas as comunicacións remitidas polo TSXG á imprensa hoxe, o Tribunal afirma: ·"O xuíz de Instrución número 3 de Santiago NON [en maiúscula no orixinal] ordenou detención ningunha". No mesmo comunicado, o TSXG engade que "o xulgado NON vai facer pública a listaxe de falecidos, como se leva dicendo desde primeira hora do día". Nunha información anterior, o TSXG xa indicara que o maquinista fora imputado (o que xuridicamente non significa que vaia ser necesariamente procesado), pero que en ningún caso fora posta a disposición da xustiza.
NOS_19180
Un informe sobre grandes fortunas mundiais cifrou en 1.625 os 'ultra-millonarios' españois (dos cales 1.131 residen en Madrid). Teñen un patrimonio superior aos 25 millóns de euros.
Hai 1.625 persoas no Estado español que integran o selecto clube dos 'mega-ricos', que é como se denomina a aquelas cun patrimonio superior aos 23 millóns de euros. Son un 7% máis das que había en 2012, cando este exclusivo círculo tiña 105 soci@s menos. Un informe da publicación Wealth-X e o banco suízo UBS sobre grandes fortunas mundiais permite comprobar como en plena vaga de recortes e medidas lesivas para dereitos e condicións laborais e sociais da maioría, a cifra de 'ultra-ric@s' ía aumentando. O Estado español é, segundo este estudo, o sexto de Europa con maior número de grandes fortunas, só superado por Alemaña, Reino Unido, Suíza. Francia e Italia. A maioría das persoas mega-millonarias do estado español residen en Madrid (1.131). Só na capital española viven máis persoas 'ultra-ricas' que en toda Suecia (1.070) ou Portugal (870). Cousa de homes O informe tamén desvela que o 88% dos grandes patrimonios multimillonarios a nivel do planeta están en mans de homes. Outro dado: O 65% dos grandes patrimonios pertencen a individuos, e o 35% restante a familias. O informe foi publicado hai uns meses mais as súas conclusións volveron se poñer de relevo pola xuntanza de estudosos da riqueza en Londres.
NOS_24401
O Concello de Santiago mantén fechada a Oficina Municipal de Información ao consumidor dende o mes de marzo porque non cubriu a baixa laboral do técnico que atende este departamento. A Unión de Consumidores de Galiza xa expresou as súas queixas e considera "inadmisíbel" que unha cidade de 100.000 habitantes non informe nin tramite reclamacións e denuncias.
"Nos últimos meses, os habitantes de Santiago tiveron que facer fronte a problemáticas complexas como as cláusulas chan, os gastos hipotecarios, o imposto de plusvalía municipal, a compra do Banco Popular, os cortes de subministración eléctrica especialmente no rural compostelán e o Concello non foi quen de dar resposta axeitada a estas situación nin de informar debidademente os centos de persoas afectadas", explican nesta asociación. Ademais, este colectivo cuestiona que non exista un programa informativo e de asesoramento con actuacións concretas dirixidas a velar pola seguridade e os dereitos das persoas consumidoras do municipio. Malia que o Pleno da Corporación aprobou unha declaración institucional na que manifestaba o seu apoio, para as asociacións de consumidores radicadas en Compostela, a realidade é ben distinta. Para esta entidade, a indiferenza deste Concello cara ás problemáticas que lles afectan ás persoas consumidoras agrava situacións que, de seren tratadas a tempo e por profesionais do eido do consumo, non repercutirían negativamente nos habitantes deste municipio. Entre outras campañas, a OMIC ten promovido campañas informativas sobre os trámites de compra, venda e alugueiro de vivenda; seguros; telefonía e reciclaxe, entre outros. Nas publicacións de estatísticas municipais sinálase que atendía milleiros de reclamacións e de peticións de información cada ano. Na Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Santiago figura esta praza, da que segue sen ser substituída a persoa titular durante a baixa laboral, como "encargado da Oficina Municipal de Información ao Consumidor.- Grupo C1.- Nivel de Titulación: Bacharelato, Formación Profesional de 2º grao ou equivalente".
NOS_2562
Compostela voltará a ser o epicentro da celebración do Día da Patria Galega este ano. Tan só o PSdeG –en Rianxo–, IU –en Mugardos– e Podemos –en Sarria– optan por levar os seus actos fóra da capital. As reivindicacións políticas, as romarías e os actos lúdicos son os tres principais fíos que tecerán o 25 de Xullo de 2018.
Para todos os gustos. Así é o programa de actos políticos que terán lugar entre o 24 e o 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega, a meirande parte deles, en Compostela, como é tradición. Así, BNG, Galiza Nova, En Marea, Anova, Causa Galiza, Compromiso por Galicia, Agora Galiza e a Mocidade Pola Independencia elixen a capital de Galiza para o 25 de Xullo. O PSdeG estará en Rianxo; IU, en Mugardos e Podemos, en Sarria. O BNG: ás 12 horas desde a Alameda O BNG, a través da súa portavoz, Ana Pontón, foi a primeira das forzas políticas que presentou a campaña de celebración do 25 de Xullo coa que, ademais, conmemora o 50 aniversario do acto en que o nacionalismo pendurou a faixa co lema "Viva Galiza Ceibe e Socialista" na Ferradura de Compostela. Un acto co que se recuperaba o día da nación, acordado en 1919 pola II Asemblea Nacionalista. Precisamente, desta presentación participou Lois Diéguez, un dos protagonistas daquel 25 de xullo de 1968 que Sermos Galiza entrevistou no presente número especial. A campaña do Bloque técese coa idea de "Sumar por Galiza". "Cincuenta anos sumando por Galiza desde a diferenza, con diferentes visións do país, pero cun punto en común: o convencemento de que temos dereito e somos capaces de gobernarnos a nós mesmas e non precisamos que nos marquen o camiño desde fóra", explicaba Pontón, quen facía un chamamento a "desbordar" as rúas compostelás o 25 de xullo. A manifestación convocada polo BNG partirá ás 12 horas da Alameda para rematar na praza da Quintana, onde pronunciará o seu discurso a portavoz nacionalista. Ao remate do acto, a forza encabezada por Ana Pontón dirixirase á carballeira de Santa Susana, onde está convocado o tradicional xantar popular, e participará do Festigal, organizado pola Fundación Galiza Sempre e por Galiza Nova. Consolidado como unha cita ineludíbel do verán, o Festigal desenvolverase o 24 e o 25 no Campus Sur de Compostela, onde, na noite do 24, actuarán The Lelli Kelly's; Ses –o prazo forte da presente edición–; Rebeliom do Inframundo e DJ Bambooh –estaba prevista a actuación do rapeiro exiliado Valtonyc– e o 25, Os Viqueiras de Ordes e Cabezudos; Sonia Lebedinsky e A Banda da Balbina. O Festigal complétase cun amplo programa dirixido ás crianzas, no que destaca a actuación de Pablo Nogueiras; cun espazo para a cultura galega e con conferencias e presentacións. Un día de humor para En Marea En Marea celebrará o Día da Patria Galega baixo o lema "A Galicia de Todas", unha xornada que o coordinador do partido, Gonzalo Rodríguez, presentou a pasada terza feira. En Marea encetará o seu particular 25 de Xullo ás 13.30 horas no parque de Vista Alegre, cunha sesión vermú e un concerto de Najla Shami. Luís Villares, portavoz deste partido, saudará brevemente as persoas asistentes ás 14.55 horas, antes do xantar. A partir das 16.30 horas actuará Peter Punk co espectáculo "Peor imposible", pensado para o público infantil. Ás 17.45 horas será a quenda do "mitin cómico sobre a confluencia co que trataremos de rirnos de nós mesmos, que fai moita falta". Ás 18.15 horas chegará a poesía e ás 19.15 horas, Pesdelán e o Himno Nacional. "Queremos fechar o 25 de xullo cantando e bailando todas xuntas", explicou o coordinador. Cerna, integrada en En Marea desde que a forza política pedira a disolución do resto de organizacións, tomará parte desta actividade, segundo afirmou en conversa con este medio Mario López Rico, un dos seus impulsores. Anova: palestra e romaría Anova, partido liderado por Antón Sánchez que forma parte de En Marea mais que un ano máis opta por organizar a súa propia oferta con motivo do Día da Patria Galega, comeza os actos o día 24 cunha palestra internacional titulada "Novo tempo para a unidade popular", no marco do programa "República desde os concellos". Encetará ás 19.30 horas na Facultade de Filosofía da USC e tomarán a palabra, alén de Antón Sánchez, Dolors Sabater (ex alcaldesa de Badalona) e María del Río (de EH Bildu). Moderará a xornalista Eva Lema. Aliás, conmemora o día 25 cunha romaría popular que terá lugar, ao igual que nos últimos anos, en Galeras (Compostela), a partir das 13 horas. IU, en Mugardos IU, que tamén forma parte de En Marea, opta por por convocar un acto "festivo e político" no "día nacional de Galicia", en palabras do partido, en Mugardos. Na xornada denominada "Defender o municipalismo rebelde para construír República", intervirán Pilar Díaz, alcaldesa da localidade e mais Eva Solla, coordinadora nacional de EU. A partir das 12.30 horas na zona do porto. Podemos vaise a Sarria Tampouco estará en Compostela Podemos, outra das patas de En Marea, que convoca un acto "político e lúdico" no parque do Chanto, en Sarria, ás 12 horas polo "Día da Matria". Aínda que fica pendente de fecharse, prevense as intervencións da portavoz de Podemos en Sarria, Paula De Santiago; da secretaria de Organización, Natalia Prieto, e da secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos. O PSdeG deslócase a Rianxo O PSdeG, un ano máis, visitará Rianxo, con motivo do Día da Patria Galega, para facer unha ofrenda floral perante o busto de Castelao coa presenza do secretario xeral, Gonzalo Caballero. O PP, que o ano pasado se deslocara a Vilalba para facerlle unha homenaxe a Manuel Fraga, non celebrará este día. A forza política remítese á axenda institucional de Alberto Núñez Feixóo como presidente da Xunta de Galiza, que participará na ofrenda ao Apóstolo, ás 10 horas na catedral. Causa Galiza maniféstase en Compostela Causa Galiza convocou unha manifestación nacional para o día 25 con saída ás 12.30 horas da Alameda de Compostela. Unha mobilización que finalizará cun xantar de afiliadas e simpatizantes. Prevese que a formación política saliente a súa aposta na "estratexia independentista e rupturista como alternativa". Causa Galiza pon énfase na participación da mocidade, na "geraçom que rompe, progressivamente, o tabu que a direçom histórica do nacionalismo galego instaurou durante décadas a respeito da independência e descubre que, estrategicamente, só a unilateralidade, a auto-organizaçom e a luita diária ofertam horizontes distintos dos do empobrecimento, a espoliaçom, a espanholizaçom plena e a repressom". Agora Galiza, na praza 8 de Marzo Outra forza independentista, Agora Galiza, realizará unha concentración-acto político o propio 25 de xullo ás 13 horas na praza 8 de Marzo, de Compostela. Ás 14.30 horas, organiza un xantar no parque de Bonaval. Mobilización da Mocidade pola Independencia Por outra banda, a terza feira, día 24, con saída ás 20 horas da Alameda, o colectivo Mocidade pola Independencia percorrerá as rúas de Compostela baixo o lema "A mocidade independentista a construír a República. Rachar a precariedade, rematar com a emigraçom". A partir das 23 horas e no marco deste acto, actuarán no Parque de Belvís Ataque Escampe; Maskarpone; Ezetaerre e Cuarta Xusta. Compromiso por Galicia: palestras e actos lúdicos Compromiso por Galicia comezará o 25 de Xullo cunha ofrenda e cun acto cultural no Panteón de Galegos Ilustres ás 11 horas e organizará posteriormente un roteiro desde Bonaval até o Parque Euxenio Granel, onde terá lugar un acto político que contará coas intervencións de, entre outros, Jordi Xuclá, de PDeCat; Andoni Ortuzar, do PNV, e Juan Carlos Piñeiro, secretario xeral da organización galeguista. Após o xantar de irmandade, Compromiso por Galicia organiza xogos populares, contacontos e unha foliada.
PRAZA_18022
En Marea pide ao Goberno galego que desbote como criterio para entregar subvencións a orde cronolóxica de entrada das solicitudes e o PSdeG quere que o Consello de Contas fiscalice esa convocatoria HEMEROTECA | A Xunta repartiu 4 millóns en axudas a concellos en só 12 minutos e a oposición sospeita que foron aos do PP
HEMEROTECA | A Xunta repartiu 4 millóns en axudas a concellos en só 12 minutos e a oposición sospeita que foron aos do PP O sábado 4 maio, entre a medianoite e as 0:12 horas, en só 12 minutos, a Xunta outorgou 4,3 millóns de euros en axudas a concellos para obras de mellora de infraestruturas e equipamentos. A oposición coincidiu daquela en sospeitar que os tempos cos que se xestionaron as subvencións, entregadas por orde de entrada das peticións ata que se esgotaron os cartos, suporía que só concellos do PP avisados previamente poderían acceder a elas. Agora sábese o resultado: dos 19 concellos agraciados, 15 están gobernados polo PP e 4 por outras formacións. O feito de que haxa concellos doutros partidos proba que non era imposible que accedesen a elas. Porén, para a oposición o resultado ratifica as súas sospeitas de favoritismo por parte da Xunta e, en todo caso, que a orde cronolóxica de recepción das solicitudes non debe ser o criterio para outorgar axudas. En Marea pide ao Goberno galego que desbote como criterio para entregar subvencións a orde cronolóxica de entrada das solicitudes e o PSdeG quere que o Consello de Contas fiscalice esa convocatoria O venres 4 de maio a Xunta anunciou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da liña de axudas, cuxo criterio de reparto era que as recibirían os primeiros que as solicitasen: "as solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes, ata o esgotamento do crédito dispoñible". Tamén se indicaba que as solicitudes só podían presentarse a través da sede electrónica da Xunta cun prazo que comezaría a contar "a partir do día seguinte ao da publicación" desa mesma convocatoria, isto é, das cero horas do sábado día 5 de xullo. O 13 de xullo o Goberno galego informou novamente a través do DOG de que daba por esgotada a contía total das axudas e indicaba que "a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito tivo entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia na data do 5 de maio de 2018, ás 00.12.18 horas". Isto é, 12 minutos e 18 segundos despois de abrirse o prazo de solicitude, na madrugada dun sábado e malia que a solicitude debía ir acompañada de diversos certificados e declaracións oficiais. O prazo de presentación de solicitudes abriuse na medianoite dun venres a un sábado e uns minutos despois xa se esgotaran os cartos dispoñibles Para pedir as axudas había que contar co proxecto xa elaborado das obras que se pretendían acometer con eses cartos. Isto é, non todos os concellos de Galicia tiñan por que precisar eses cartos polo que non se pode establecer unha comparación directa do reparto de forzas políticas entre os concellos que recibiron as subvencións co reparto xeral de forzas políticas no conxunto dos 313 concellos de Galicia. Ademais, habería que saber que concellos tentaron solicitar a axuda pero non chegaron a poder facelo por facelo demasiado tarde ou por non funcionar os sistemas informáticos, como tamén denunciou o PSdeG. En todo caso, o resultado final é que obtiveron a subvención 15 concellos do PP: Ordes, Mondoñedo, A Veiga, Sanxenxo, Cortegada, Begonte, Cabana de Bergantiños, Piñor, Leiro, Portomarín, O Vicedo, Cervo, O Rosal, Rubiá e Esgos. Os outros catro concellos foron os dous gobernados polos socialistas de Trabada e Ponte Caldelas, Teo (Anova) e Vilar de Santos (Compromiso por Galicia). En Marea pide que a Xunta volva iniciar o proceso e dispoña máis cartos e o PSdeG insiste na denuncia de favoritismo ao PP Con independencia de que finalmente si houbo concellos non gobernados polo PP que puideron presentar as súas peticións e conseguir as axudas, a oposición pon o foco na necesidade de mudar os criterios para a súa concesión. Desde En Marea o seu vicevoceiro, Antón Sánchez, reclama que a Xunta "mude o réxime de concorrencia non competitiva, segundo o cal os fondos se reparten segundo a orde de entrada das solicitudes, polo de concorrencia competitiva", no que se analicen outros criterios do destino final ao que irán destinados finamente eses cartos. Sobre esta convocatoria concreta de axudas, En Marea pide que a Xunta volva iniciar o proceso e dispoña máis cartos. Pola súa banda, o PSdeG, que insiste na denuncia de favoritismo ao PP, quere que o Consello de Contas fiscalice o xeito en que se outorgaron estas axudas.
PRAZA_201
O pleno monfortino aproba a declaración do 2015 como Ano Lois Pereiro coa abstención do PP, que considera que a homenaxe ao autor "non é unha cuestión pacífica" na localidade. Audio no interior
O Día das Letras de 2011 foi o máis popular dos últimos anos. A homenaxe a Lois Pereiro derivou en que onde só adoitaba haber, agás excepcións, conmemoracións oficiais máis ou menos rituais se celebrasen todo tipo de actos cívicos e artísticos en numerosos puntos do país nos que se transcendeu, con moito, a programación impulsada dende a Xunta ou a Real Academia. O carácter popular da figura e a poesía de Pereiro e o feito de tratarse "dun escritor excepcional" levou o Goberno local de Monforte a propoñer que a Casa da Cultura da cidade leve o seu nome e que, ademais, o 2015 sexa o Ano Lois Pereiro na capital de Lemos. O pleno municipal monfortino ratificou este martes unha decisión que tivo enfronte o PP, cuxa voceira defendeu centrar os recoñecemento en Pedro Fernández de Castro, sétimo Conde de Lemos, político e mecenas dos séculos XVI e XVII. No nome do BNG, que sustenta o equipo de goberno, a súa voceira María Xosé Vega subliñou durante o debate a calidade literaria da poesía de Pereiro e a necesidade, ao seu xuízo, de que Monforte se identique co literario como acontece, por exemplo, en Mondoñedo con Álvaro Cunqueiro ou en Dublín con James Joyce. "É de xustiza" que as autoridades monfortinas recoñezan "un poeta da magnitude de Lois Pereiro" que ademais, lembra Vega, impulsou a que "a xente nova" se implicase na celebración das Letras Galegas mentres "outros anos" esta data "pasa sen pena nin gloria". A iniciativa recabou o apoio do PSdeG, que a través de José Tomé eloxiou o "indiscutible" valor da obra literaria de Pereiro, pero atopouse cos receos do PP. A voceira popular e candidata á Alcaldía, Julia Rodríguez, asegura non dubidar de que Pereiro sexa "merecedor de todos os recoñecementos e de moitos máis, seguramente", pero cumpriría iniciar "un proceso de reflexión" para "ver cantas figuras" teñen "méritos" para que se lles dedique a Casa da Cultura monfortina. "Teñamos altura de miras, pensemos que nalgún momento haberá que iniciar a senda do recoñecemento" do sétimo Conde De Lemos, di Rodríguez, que propuñar comezar con esta dedicatoria en 2015 cadrando co cuarto centenario da publicación da segunda parte do Quijote, do que o conde foi mecenas. A voceira popular defendeu que a homenaxe fose para o sétimo Conde de Lemos Segundo os conservadores "hai outros recoñecementos que se lle poden dedicar a Lois Pereiro" pero, "postos a poñerlle o nome da casa da cultura a alguén", o indicado sería "unha personalidade de gran altura cultural e merecedora deste recoñecemento, como é o caso do conde. "Propóñolles que deixemos este asunto sobre a mesa porque é evidente que non coincidimos", instou Rodríguez, quen considera que ligar a figura de Lois Pereiro a Monforte "non é unha cuestión pacífica aquí nin na rúa". A dedicatoria e a celebración do Ano Lois Pereiro aprobouse co aval de BNG e PSdeG e a abstención do PP, que coida que "non é unha cuestión pacífica" "O Conde de Lemos polo que destacou foi por ser unha figura política, non literaria", lembrou María Xosé Vega, toda vez que "ser virrei" non está ligado á literatura. "Outra cousa é que fose mecenas de moitos artistas, ese é o aspecto máis literario que ten, por moito que escribise algo". "Hai moita xente que escribe cousas en privado, pero aquí non estamos falando diso", retrucoulle á popular, de quen lamenta ademais que teime en "enfrontar dúas figuras que nada teñen que ver". "Que argumentos tería para non poñerlle o nome de Lois Pereiro á Casa da Cultura e á Biblioteca no caso de que non se celebrase o cuarto centenario da obra de Cervantes?", pregúntase. "Vostede -conclúe- deberái unir á cidade, non dividila". Vista a correlación de forzas foi o propio alcalde, Severino Rodríguez, quen confirmou que a proposta ficaría aprobada toda vez que "a familia de Lois Pereiro comentoume que, se tiña maioría, seguise adiante coa proposta" aínda que o propio goberno local preferiría que estivese avalada por unanimidade. "Se o que me queren dicir é que están comparando a Lois Pereiro con James Joyce é a súa apreciación", teimou Julia Rodríguez. Para o PP "esta actitude" é un "fraco favor" para Monforte, nun contexto no que cuestiona, asemade, que a dedicatoria se sustente no "interés persoal da familia" do autor". "Hai outras posibilidades e outras opcións", reiterou antes de optar pola abstención na votación.
NOS_11245
No quinto aniversario de voda Nick Dunne (Ben Affleck) informa da desaparición da súa esposa Amy (Rosamund Pike). Baixo a presión policial e dos medios, a coartada de Nick comeza a esborrallarse. Pronto o seu estraño comportamento fai pensar a todo o mundo se en verdade non foi o responsable da morte da súa propia muller.
David Fincher tennos acostumados a facer filmes con finais inesperados e onde nada é o que parece. En The Game xogaba con Michael Dougas a unha sorte de xogo sádico-burgués, en Seven o asasino non era máis que un mero mcguffin para outro xogo macabro arredor dos pecados capitales e en O clube da loita o protagonista era incapaz de distinguir entre o real e a paranoia nunha sorte de esquizofrenia levada ao extremo. Todas elas cunha estética moi moderna e unha atmosfera moi cargada. "David Fincher opta por prescindir de artificios, filtros, movementos de cámara imposibles e efectos visuais, aos que nos tiña afeitos, acadando unha estética máis próxima a Zodiac que a Seven". En Perdida David Fincher opta por prescindir de artificios, filtros, movementos de cámara imposibles e efectos visuais, aos que nos tiña afeitos, acadando unha estética máis próxima a Zodiac que a Seven. Unha dirección que "non se nota" e porén está aí. O importante é a historia. Centra todo o seu potencial narrativo na trama para levarnos da man, novamente, por sendeiros imprevistos. Unha clase maxistral de dirección contida, pero perfecta, coa que Fincher logra a maioría de idade. Perdida trata da denuncia que pon un marido pola desaparición da súa muller no quinto aniversario. Punto. É dese tipo de historias que máis se gozan canto menos se saiba delas. Unha vez vista non importa repetila, pero a experiencia de mirala por primeira vez sen saber nada e deixarse levar polos meandros mentais que nos propón Fincher é máis que recomendable. O citado marido está interpretado por un Ben Affleck (o próximo Batman) que, para variar, está máis que correcto. A súa muller desaparecida viste a pel de Rosamund Pike (Benvidos á fin do mundo), que cheira a Óscar. Un papel ao que optou tamén Reese Witherspoon, xunto a nomes como Charlize Theron, Natalie Portman ou Emily Blunt, pero a "mestura entre Nicole Kidman e Sharon Stone" que posúe Rosamund Pike, palabras do propio Fincher, foron determinantes para a elección final. Iso si, Witherspoon produce o filme, consciente do enorme potencial que tiña o libro de Gillian Flynn nas mans dun director coma David Fincher. Bo ollo... Destaca tamén a interpretación dunha debutante Carrie Coon, como a irmá xemelga de Affleck, e a presenza do próximo presentador da gala dos Óscar 2015, Neil Patrick Harris, o Barney na serie How I fmeet your mother (que se emite actualmente Neox). "É posible que os seguidores da serie non poidan separar á mítica personaxe da sitcom do papel que interpreta na película". É posible que os seguidores da serie non poidan separar á mítica personaxe da sitcom do papel que interpreta na película. De feito fai un rol un tanto similar ao da serie, aínda que con matices. Algo que probablemente non sexa casual... Fincher volve contar co seu director de fotografía habitual Jeff Cronenweth (A rede social, Millenium). Tamén repite música a cargo da parella Trent Reznor e Atticus Ross. Propoñen desta volta unha minimalista banda sonora relaxante e arrepiante, a partes iguais, que encaixa coma un guante no filme. Sen tratar de desvelar moito máis, a historia utiliza o "método Rashomon" para a narrativa, chamado así pola película homónima de Akira Kurosawa sobre un asasinato contado desde diferentes puntos de vista. Fincher usa este recurso de subxectividade desde diferentes ángulos (o do marido, o da muller e a crúa realidade) para guiar e xogar co espectador a través das particularidades e segredos dun matrimonio onde nada é o que parece. E ata aquí podo ler... Gocen e descubran Perdida sen complexos e coa mente aberta. Título orixinal: Gone GirlAno: 2014Duración: 149 min.Nacionalidade: estadounidenseDirector: David FincherGuión: Gillian FlynnFotografía: Jeff CronenwethMúsica: Trent Reznor e Atticus RossElenco: Ben Affleck, Rosamund Pike, Neil Patrick Harris, Tyler Perry, Carrie Coon, Kim Dickens, Patrick Fugit, Missi Pyle, David Clennon, Casey Wilson, Sela Ward
PRAZA_16686
A responsable de políticas de infancia do Goberno galego defende no Parlamento a privatización do centro de Montealegre tras seis anos de peche e 2 millóns de euros públicos en reformas. En Marea, PSdeG e BNG esixen a permanencia do servizo no ámbito público A Xunta privatiza un centro de menores tras telo pechado seis anos e gastar 2 millóns en reformalo
A Xunta privatiza un centro de menores tras telo pechado seis anos e gastar 2 millóns en reformalo A Xunta ten en marcha dende finais de febreiro o proceso de contratación que culminará co paso á xestión privada do centro de menores de Montealegre, a instalación pública pechada en 2012 para acometer obras durante 8 meses e que finalmente tivo o ferrollo botado durante os últimos seis anos, período no que o orzamento público da reforma roldou os 2 millóns de euros. A reapertura de Montealegre como un centro de xestión privada con 24 prazas para menores con problemas de conduta que estean baixo tutela ou garda da Xunta regresou este martes ao Parlamento, onde a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, defendeu como "imprescindible" o centro que leva seis anos pechado e mantivo que a privatización non é tal. Despois de que En Marea, PSdeG e BNG reclamasen que a responsable gobernamental acudise á Cámara para dar contas sobre esta operación Amparo Gonzalez fíxoo formalmente a petición propia. A privatización non existe porque este "non é un eido susceptible de privatización" legalmente, resolveu, entre críticas á oposición por criticar o paso da xestión a unha entidade allea á Administración. "A apertura vén cumprir unha reiterada reivindicación de todos os traballadores do sector, das familias desbordadas para atender" menores nestas circunstancias e mesmo "dos xuíces e fiscais". "A importancia do centro é dar a cobertura que viña sendo imprescindible no eido da protección á infancia" para nenos e nenas con "transtorno de conduta ou de saúde mental", agregou. A directora xeral di que o centro atenderá "nenas e nenos con transtorno de conduta ou de saúde mental", obviando que as condicións do contrato limitan a atención a infancia con enfermidades mentais A cuestión da saúde mental foi, precisamente, un dos eidos de discrepancia entre o Goberno e a oposición, alén da cuestión xeral da privatización. Neste sentido a voceira do BNG, Noa Presas, salienta que tanto González como a voceira do PP en materia social, Marta Rodríguez Arias, reiteran que en Montealegre "se vai tratar a menores con problemas de saúde mental", cando é un elemento que "vén excluído no prego" de condicións do contrato. Nomeadamente, esa documentación do contrato sinala ás empresas ou entidades interesadas en xestionar o centro que "non poderán ser ingresados" en Montealegre "menores que presenten enfermidades ou transtornos mentais que requiren tratamentos específicos en servizos de saúde mental". Referencia no prego do contrato ás limitación á atención a menores con problemas de saúde mental, que a directora xeral obviou na comparecencia En Marea, PSdeG e BNG reclamaron sen éxito explicacións sobre o prolongado peche, así como unha xustificación para o paso da xestión de Montealegre a mans privadas Outra das críticas que a alto cargo de Política Social opta por esquivar é a expresada nas últimas semanas dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, quen advertiu de que o prego de condicións permite que os 17 postos educativos de Montealegre poidan ser ocupados por persoal que careza desta titulación. Non en van, advirte dende En Marea a deputada Paula Vázquez Verao, o contrato "foi contestado por todos os profesionais no eido de menores". A esta circunstancia, agregou dende o PSdeG Noela Blanco, súmase que o propio prego contempla a posibilidade de que o persoal médico, de psiquiatría e mais de enfermaría que traballe en Montealegre o faga como autónomo. "Considérao máis eficiente que o leven médicos autónomos en lugar de persoal do sistema público de saúde?", cuestionou Blanco sen obter resposta. Esa pregunta, así como as formuladas por Presas e Vázquez Verao a respecto das razóns polas que o centro "non pode seguir sendo xestionado directamente pola Xunta" ou polo motivo que levou o Goberno a ter Montealegre pechado durante seis anos quedaron sen resposta. No seu lugar a directora xeral reiterou que este centro é "prioritario e necesario para poder atender os nenos e nenas que teñen un transtorno de conduta ou unha enfermidade mental -sinalou sen detallar ata onde chega a restrición sinalada no prego-". Ademais, asegurou sobre as protestas do Colexio de Educación Social e tamén do persoal da Consellería de Política Social, en realidade o proxecto conta co "máximo respaldo entre os profesionais".
PRAZA_13644
Seis ministros adiantan os seus plans nos cursos de verán da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales, que clausurará o propio presidente do Goberno central. Vídeo no interior.
Nos tempos nos que a crise económica e financeira e as reiteradas treboadas políticas derivadas destas non se producían con tanta asiduidade, nos meses de verán a axenda dos responsables públicos alixeiraba notablemente. Daquela, os cursos de verán como os organizados pola Universidad Menéndez Pelayo convertíanse nun escaparate das reflexións dalgúns dos principais actores políticos do Estado, que expuñan o seu labor dun xeito máis pausado e mesmo avanzaban plans de futuro. Nos últimos días a localidade madrileña de Navacerrada está a acoller un destes cursos, pero non de universidade ningunha, senón da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES), o organismo dirixido por José María Aznar que actúa a xeito de think tank do PP e tamén, segundo algunhas voces, como grupo de presión do sector máis conservador do partido que sustenta os gobernos galego e central. No programa do seu curso de verán, o Campus FAES, figuran ata seis nomes de ministros e ministras, que ao carón de Aznar bosquexaron e mesmo anunciaron novas medidas e recortes gobernamentais. Á espera de que o vindeiro domingo sexa o propio Mariano Rajoy quen clausure os cursos, o primeiro en ofrecer titulares que, a priori, acaerían mellor nunha sede oficial, foi o ministro de Economía, Luis de Guindos, que a pasada fin de semana bosquexaba un negro panorama dende a FAES. Dende Navacerrada De Guindos confirmou que as expectativas de recesión son aínda "máis intensas do previsto", e se o retroceso da economía foi do 0,3% entre xaneiro en marzo, no segundo trimestre será aínda peor. Neste escenario, o titular de Economía considerou que o Estado "pode pegar un salto importante", sempre e cando pague a peaxe de novos recortes. Neste sentido, non negou que as reclamacións do FMI e da Comisión Europea como a suba do IVE "sempre son tidas en conta", nun contexto no que, na súa opinión, a cidadanía debe comprender os sacrificios porque son "a plataforma para crecer e xerar emprego". García-Margallo anticipou que a tesoira vai volver estar sobre a mesa en forma de medidas "moi severas" Tras De Guindos, a quenda foi para o responsable de Exteriores, José Manuel García-Margallo, que botou man das metáforas para apostar na Fundación de Aznar por que as ligazóns dos Estados membros da Unión Europea sexan "un matrimonio dos de antes e non un apaño de fin de semana". Á marxe de referencias arcaicas, o xefe da diplomacia española anticipou, como o seu compañeiro de Economía, que a tesoira vai volver estar sobre a mesa en forma de medidas "moi severas". Malia confesarse en diversas ocasións como un firme defensor das medidas de estímulo económico, García-Margallo reduciu ao nivel de "broma" os 130.000 millóns para o crecemento acordados entre as principais economías da UE -nunha xuntanza coa participación de Rajoy- e anunciou, ademais, que o Club de Berlín, un grupo integrado por once estados membros da Unión, se reunirá en Palma de Mallorca. De recortes falou tamén na FAES a número dous do Goberno central. Baixo o título España en tiempo de reformas a vicepresidenta e voceira, Soraya Sáenz de Santamaría confirmou, por exemplo, que o gabinete de Rajoy prepara modificacións legais para homoxeneizar o soldo dos alcaldes e reducir o número de concelleiros e que traballa tamén nun novo sistema de central de compras única para a Administración Xeral do Estado. Do mesmo xeito, Sáenz de Santamaría aproveitou o púlpito da fundación para lanzar recados ás comunidades autónomas en forma de esixencias, como a de reducir empresas públicas ou a de "facer exame das súas competencias e xestión do sector público". En caso de non facelo, advertiu, ao Goberno central non lle tremerá a man para que unha "delegación" do Ministerio de Facenda tome a xustiza económica pola man nas autonomías rebeldes. Reforma educativa e da Lei de Dependencia Tras as valoracións en clave macroeconómica chegou a quenda para os recortes máis delicados, explicados polos seus dous principais protagonistas no seo do Goberno, os ministros de Educación e Sanidade, José Ignacio Wert e Ana Mato. Wert, considerado como un dos membros do equipo de Rajoy máis próximos á FAES, debullou a reforma educativa que xa abordara días antes por primeira vez o Consello de Ministros, ao tempo que lanzou declaracións que irritaron á comunidade educativa. Así, cargou contra a, ao seu xuízo, "mala concepción" das probas de acceso á universidade, que "realmente non funcionan porque o 94% a pasan". Nesta liña, ratificou que "todo final de etapa" no ensino virá "marcado por unha proba externa" que rexeita equiparar coas reválidas do "pasado". Iso, di, é "un truco facilón" nun contexto no que o sistema educativo "se deslizou cara á mediocridade". Ademais, di, o lugar común da "xeración mellor preparada da historia" é "unha bobada" malia "ser verdade". Mato bosquexou a reforma da Lei da Dependencia, que aínda non fora comunicada por ningunha canle oficial Pola súa banda, a titular de Sanidade aproveitou a súa presenza no Campus FAES para ratificar que está a ultimar unha profunda reforma do sistema de acceso ás prestacións da Lei de Dependencia, un cambio que, ata ese momento, só transcendera a través dalgúns medios de comunicación, pero nunca de maneira oficial. Baixo o título Mejorando el Estado social Ana Mato describiu unha "situación límite" na que se dispón a rematar coas "diverxencias de criterios en función da comunidade autónoma na que se resida". Así, "revisarase o proceso de valoración" das persoas en situación de dependencia e "introduciranse novos elementos de ponderación". Cando menos na súa referencia da conferencia, a FAES obvia que os plans de Sanidade contemplan a inclusión da vivenda dos dependentes como un punto fundamental á hora de determinar a asistencia que se lle ofrece, podendo mesmo dar lugar a xerar unha débeda para a súa familia. A nómina de ministros no curso de verán da FAES péchaa este venres o titular de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, que abordará tamén as reformas que prepara. Ademais de representantes gobernamentais, por este curso, subvencionado polos ministerios de Educación e Exteriores, pasaron tamén representantes empresariais como o ex ministro Josep Piqué ou o presidente da CEOE, Joan Rosell.
NOS_14410
A OMS pide que se investigue esta subliñaxe antes de que represente una nueva amenaza na loita contra a pandemia.
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que a evidencia científica dispoñíbel até o momento apunta que a nova subvariante de Ómicron, denominada BA.2, ten un proceder "parecido" á liñaxe dominante na Galiza mais no conxunto do Estado, a B.1.1.529. "Veremos como se comporta BA.2. Está en estudo, é incipiente en Dinamarca, algo na India, un pouquiño en Suecia... A información que temos, con toda a prudencia, é que se comporta parecido á BA.1", sinalou esta quinta feira a responsábel de Sanidade. Nas últimas horas, a secretaria de Saúde Pública da Generalitat de Catalunya, Carmen Cabezas, avanzou que están a realizar a secuenciación de "un ou dous casos" de Covid que poderían corresponder a BA.2, descrita en máis de 40 países entre os que se atopan Dinamarca, Reino Unido, a India e Noruega. Cabezas aclarou que teñen que realizar a secuenciación completa para confirmar os casos pero advertiu que, se se detectou en 40 países, esta subvariante tamén chegará a Catalunya. Invisíbel ás PCR As publicacións que hai actualmente sobre esta nova subvariante apuntan que podería ter máis mutacións que Ómicron e que podería ser máis transmisíbel, mais non hai evidencias de que teña unha maior gravidade nin unha maior capacidade de escapar ás vacinas. Ademais, ten unha "complicación engadida" respecto a a variante Ómicron e é que non ten a deleción no xene S, o que segundo Cabezas permitía saber rapidamente se se correspondía ou non a Ómicron ao realizar unha proba PCR. Mais isto non significa que escape aos tests se a persoa está infectada. Unha vaga diferente Sobre a evolución da pandemia e a preponderancia de Ómicron, a ministra apuntou que a situación actual "non é igual á de ondas anteriores", debido a que esta variante é máis transmisíbel pero tamén xera menor gravidade de casos. Así, defendeu a necesidade de "seguir adaptando as estratexias á situación epidemiolóxica en cada momento". Darias celebrou certa "retardación" na velocidade de crecemento de casos na última semana, que podería corresponderse cunha "estabilización e mesmo un descenso na incidencia". "As características son diferentes ás de ondas anteriores. A pesar das altas incidencias, que son até sete veces superiores ás de hai un ano, na terceira onda, os indicadores de gravidade son sensibelmente inferiores", resaltou. A ministra responsabilizou deste extremo ás vacinas, poñendo como exemplo que en maiores de 80 anos o risco de infección é 12 veces superior se non estás vacinado. O de hospitalización 10, o de acabar na UCI 16 e o de falecer até vinte. "Os datos son concluíntes, poñen de manifesto o poder das vacinas. Falan por si sos", apostilou.
PRAZA_3547
Deberían afrontarse modificacións substanciais e de carácter urxente tanto na Lei de Bases como no R.D. Lexislativo 781/1986. A finalidade é clara: buscar unha mellora sustancial na visibilización e autoxestión dos concellos.
Ultimamente vemos como entre as distintas administracións se van pasando a pelota das competencias e as responsabilidades sobre determinados asuntos.Certo é que todo o que teña que ver co eido municipal ven recollido na Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) no ano 1985, e no Real Decreto Lexislativo 781/1986.Pero, ¿son suficientes estas dúas leis para poder funcionar correctamente a dinámica municipal?Dada a irrupción da informática á hora da tramitación de información, expediente e no xeito de relacionarse o público cos concellos, as administracións máis cercanas á veciñanza, ¿deberiamos cando menos reformar esta lexislación?¿Teñen os concellos total independencia en certos aspectos como recolle a Lei de bases, ou simplemente só se cita esta independencia na autorregulación interna, organigrámica sin que por iso os concellos poidan regular máis aló do que diputacións, gobernos autonómicos ou o goberno central lles permitan ben por cesión ou ordenación?Certa é que as competencias e esa suposta independencia dos concellos pode quedar un pouco en entredito á hora de ver as limitacións tanto administrativas como lexislativas que se atopan tanto os propios dirixentes municipais como a veciñanza que acude a estas institucións.Tras a elaboración da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local (LrBRL) no ano 1985, coa conseguinte refundición das normas que supuxeron o Real Decreto Lexislativo 781/1986 e a desaparición do Instituto de Estudios da Administración local, no noso país centráronse forzas e fondos en artellar unha estructura autonómica esquecéndose da administración máis cercana á veciñanza: os concellos.Este esquecemento vese evidente cando as políticas financieiras e decisións de rango competencial as CC.AA. exercen un excesivo control fronte a capacidade de obrar dos concellos.Moitos alcaldes e alcaldesas ao longo das últimas catro décadas teñen invertido moito tempo nos despachos autonómicos e estatais na procura de milloras, investimentos e subvencións, a maioría das veces para dar servizos que se teñen derivado inxustamente nos concellos pero que en ningún momento se derivaron fondos nin medios asociados para cubrir ditos servizos.Tamén vemos como ese abandono do municipal é palpable dende as propias administracións superiores, pois non existe representación específica nas institucións que tramitan as leis e lle dean un enfoque local, salvando a Comisión de Entidades Locais do Senado. Esto fai que as veces as normas xerais non teñan a efectividade e o rigor preciso cando regulan a organización da administración local. Mostra de iso é, por exemplo, a cita que fai o artigo 31.4 c. da Lei 19/2013, de un órgano inexistente nos gobernos municipais:"4. La competencia para la imposición de sanciones corresponderá:a) Al Consejo de Ministros cuando el alto cargo tenga la condición de miembro del Gobierno o Secretario de Estado.b) Al Ministro de Hacienda y Administraciones Públicas cuando el responsable sea un alto cargo de la Administración General del Estado.c) Cuando el procedimiento se dirija contra altos cargos de las Comunidades Autónomas o Entidades Locales, los órganos que tengan atribuidas estas funciones en aplicación del régimen disciplinario propio de Administraciones en las que presten servicios los cargos contra los que se dirige el procedimiento o, en su caso, el Consejo de Gobierno de la Comunidad Autónoma o el Pleno de la Junta de Gobierno de la Entidad Local de que se trate."A esto súmaselle a propia nomenclatura usada e aos termos "Corporacións" ou "Entidades Locais" en vez de usar os máis axeitados "Concellos", "Gobernos Municipais" ou "Institucións Locais".Pretendemos pois coas modificacións que plantexamos mellorar un pouco este distanciamento real que hai da lei con respecto ao funcionamento e necesidades reais dos concellos. E para iso temos que ter moi claro e definidas as competencias estatais e autonómicas no tocante ao Réxime Local.Partimos do artigo 137 da CE, onde " la base de organización territorial del Estado que se establece en Municipios, Provincias y Comunidades Autónomas que gozan de autonomía para la gestión de sus respectivos intereses, garantizándose constitucionalmente a los municipios conforme a lo dispuesto en los artículos 140, así como la suficiencia financiera para la gestión de sus competencias." Esta definición respira da idea schimittiana da garantía institucional elaborada en Alemaña por Weimar. Esta óptica sempre estivo envolta en polémica, pois ainda que o que se buscaba era delimitar claramente o termo provincia deixa totalmente desdibuxado o verdadeiro alcance da autonomía municipal.A dificultade de articular e delimitar as competencias dos concellos é moi difícil ao non existir unha lexislación constitucional clara e específica sobre a autonomía municipal.Tamén se teñen redactado certos intentos de delimitar esas competencias, pois en materia de réximen local, nin o goberno central nin as CCAA poder ter competencias de execución, porque a execución é a propia esencia dos concellos. Pero eso non impide que o goberno central e as CCAA poidan articular vias de cooperación e colaboración.Pero estas fórmulas de actuación non deben nunca confundirse con técnicas xurídicas obrigatorias ou unha subordinación directa dos concellos. Porque si así foise habería que definir entón ata que punto hai sometemento e ata que punto se busca un control administrativo de esa autonomía local. Este control administrativo é o maior defecto que se lle pode achacar á LrBRL pero que lonxe de interpretarse como unha imposición tense que utilizar como unha ferramenta de control sobre a legalidade de certos actos. Dentro de esa lóxica fiscalizadora deberían darse unha serie de modulaciones que lonxe de afectar a súa rixidez tiñan que buscar mellorar o seu alcance. En este senso é significativo a distinción respecto á suspensión administrativa dos actos locais e a súa consideración como ferramentas de defensa das competencias propias das administracións autonómicas, competencias que non deixan de ser outra cousa que interese supramunicipais.A LrBRL ten tido multitude de modificacións puntuais, unhas 25, e varios proxectos de reforma. As máis significativas a do ano 1999 e a de 2003. esta última supuxo melloras sustanciais no eido local, pero tamén algún empeoramento en certos temas de control executivas, como o fortalecemento da figura do alcalde que pasa a ter funcións e competencias que ata o de agora viñan sendo do Pleno.Todo é mellorable.Esta perda de competencias do pleno só respondía a unha presunta eficacia que non deixa de ser celeridade no millor dos casos e inténtase compensar con unha definición dicotomizada das sesións plenarias: unha primeira parte decisoría e unha segunda de control e fiscalización política ao grupo de goberno.E chegados a este punto, é de necesaria mención o informe CORA.Un acordo do Consello de Ministros do 26 de outubro de 2012 crea a denominada Comisión para a Reforma da Administración Pública. Esta desencadena na Lei 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Unha lei que impón un criterio moi restritivo na evolución do gasto público, o denominado teito de gasto, con incrementos de dito gasto moi por baixo tanto das necesidades sociais como dos propios ingresos públicos, co fin último de ir reducindo e precarizando o peso do público na economía.De todos estes cambios e modificacións feitas na LrBRL, o modelo que se adoptou para asegurar a suficiencia financieira dos concellos, mencionada no art. 137 da CE, foi o de reducir competencias ( e subsidiariamente dar esas competencias e capacidades ás diputacións) en lugar de ampliar recursos para a a súa financiación.Cumpre pois, dotar de certo criterio independiente e sobre todo de autoxestión e racionalización interna aos concellos, modificando certos criterios da LrBRL así como derogar distintas leis que van en contra de esa autonomía impositiva que se dá dende outras administracións superiores ( a Lei Orgánica 2/2012 ou a Lei 27/2013 entre outras).Dende a miña perspectiva, e sendo ainda bastante descoñecedor de certas dinámicas internas no eido municipal, creo que se deberían afrontar modificacións sustanciais e de carácter urxente tanto na Lei de Bases como no R.D. Lexislativo 781/1986, sin que por elo teñamos que deixar atrás outras normativas asociadas a estes entes administrativos como puidesen ser a Lei de facendas Locales, a Lei de Función Pública ou a Lei de Contratos do Sector Público no que ao ámbito municipal se refire.A finalidade é clara: buscar unha mellora sustancial na visibilización e autoxestión dos concellos.E nesta lexislatura esta modificación pode darse. Porque eu creo que é precisa.
PRAZA_8454
A Xunta copia literalmente case unha decena de artigos da lei universitaria do Goberno andaluz, frecuentemente criticado polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo
O Goberno andaluz é un convidado habitual no Parlamento de Galicia. Así como na pasada lexislatura era moi frecuente que as peticións de explicacións por parte da oposición rematasen en alusións a José Luis Rodríguez Zapatero, na actualidade é estraño o debate no que os conservadores, xa sexa por boca do presidente ou a través doutro deputado ou deputada, non rematan por censurar a política do Executivo que preside o socialista José Antonio Griñán co apoio de Izquierda Unida. Así, por exemplo, unha crítica en materia de emprego formulada por Pachi Vázquez culmina nunha alusión sobre os datos do paro, unha proposta presentada por AGE adoita ser tamén rebatida dende o PP cunha pregunta: "o seu modelo é Andalucía, onde gobernan vostedes?", adoitan afirmar. Esas referencias a Andalucía non chegaron este martes ao debate de totalidade da Lei de Universidades. Por que? Unha das posibles causas suxeriuna, precisamente, o voceiro de AGE no debate, quen como os seus compañeiros de grupo adoita aclarar que Alternativa non ten asento ningún no Parlamento andaluz. Ramón Vázquez advertiu aos presentes que o texto remitido á Cámara polo Goberno galego é, en boa medida, "un plaxio á baixa" da Lei Andaluza de Universidades. Isto é certo? Cando menos en parte, si. Unha lectura de ambos textos lexislativos permite comprobar que teñen redaccións moi semellantes en moitos treitos e que en case unha decena de artigos existen parágrafos exactamente iguais, nos que o único que cambia é a orde na que están situados ou, simplemente, o idioma. O Goberno galego inclúe na lei de universidades artigos idénticos á norma do Goberno andaluz, malia criticar frecuentemente as súas políticas Así, por exemplo, o artigo 14 da lei galega é idéntico ao 7 da andaluza. En ambos estipúlanse os "requisitos específicos para as universidades privadas" e nos dous explícase, entre outros aspectos, que estes centros teñen que "asegurar que as normas de organización e funcionamento polas que ten que rexirse a actividade e autonomía da Universidade sexan conformes cos principios constitucionais e respecten e garantan, de forma plena e efectiva, o principio de liberdade académica, que se manifesta nas liberdades de cátedra, de investigación e de estudo". Isto mesmo acontece no artigo 20, o que regula a publicidade que poden realizar as institucións académicas. Como a Junta de Andalucía, a Xunta sinala que "non poderán obxecto de publicidade, comunicación comercial ou promoción das universidades, centros, ensinanzas ou titulacións universitarias que non conten cos requisitos necesarios para a súa creación e efectiva posta en funcionamento ou impartición, ou que perdesen a súa eficacia por revogación, falta de renovación ou extinción. Un chisco máis adiante, no artigo 65.2, a lei andaluza sinala que "os institutos universitarios de investigación poderán ser constituídos por unha ou máis universidades, ou conxuntamente con outras entidades públicas ou privadas, mediante convenios ou outras formas de cooperación, de conformidade cos estatutos das Universidades". Ese mesmo precepto é posible atopalo en galego no artigo 24.3 da lei que este martes se debateu no Pazo do Hórreo. O mesmo acontece entre o artigo 65.5 de Andalucía e o 25 de Galicia, o 59.3 e o 67-3, ou entre o 87.2 e o 112.2, entre outros. Lei Andaluza de Universidades Proxecto de Lei do Sistema Universitario de Galicia
PRAZA_11031
A convocatoria formal das eleccións do 10N activa os prazos do proceso electoral, no que desta volta a campaña oficial durará a metade do que é habitual
A convocatoria oficial das novas eleccións xerais do 10 de novembro, referendada este martes ante o Xefe do Estado pola presidenta do Congreso, Meritxell Batet, pon en marcha os prazos legais para a participación nos comicios tanto para as forzas políticas como para o electorado. Un dos primeiros a ter en conta é o da solicitude do voto por correo, que se activa este propio 24 de setembro e estará aberto ata o día 31 de outubro.Así, o derradeiro día de outubro é o prazo límite para que o electorado que desexe exercer o voto por correo o solicite persoalmente en calquera oficina de Correos, onde debe identificarse co DNI, permiso de conducir ou pasaporte. A continuación, a Oficina do Censo Electoral ten ata o 3 de novembro para remitir ao enderezo indicado os sobres e papeletas para participar nas eleccións xunto co certificado de inscrición no propio censo.A convocatoria formal das eleccións do 10N activa os prazos do proceso electoral, no que desta volta a campaña oficial durará a metade do que é habitualO seguinte que debe facer cada persoa que vote por correo é elixir as papeletas da forza política elixida para o Congreso, cubrir a do Senado e acudir outra volta a unha oficina de Correos para remitir á mesa electoral na que lle tocaría votar o sobre de votación xunto co certificado de inscrición censual. A empresa pública postal custodia os votos ata o propio 10N, cando os entrega na mesas. Todo este trámite é de balde e unha vez iniciado elimina a posibilidade de votar en persoa o día das eleccións.O volume de solicitudes de voto por correo é unha das principais incógnitas dos comicios repetidos. Tanto nas xerais do 28A como nas municipais do 26M rexistráronse altos niveis de solicitudes para exercer o sufraxio por vía postal. Non obstante, desta volta resta saber como influirá a potencial desmobilización do electorado.Os prazos do voto por correo non varían, pero si o fan outros vinculados ao proceso electoral. Cara ao 10N será a primeira vez que se aplique a reforma legal aprobada en 2016 para os supostos de convocatoria automática de eleccións xerais por ausencia de maioría para a investidura. A campaña electoral, no canto de prolongarse dúas semanas, durará unicamente oito días. Deste xeito, comezará ás cero horas do 1 de novembro, xornada festiva que cadra en venres e redúcense os límites de gasto electoral para as candidaturas que concorren.
NOS_89
A empresa francesa, que opera principalmente nos sectores de tratamento de aguas e xestión de residuos, organiza un ciclo de debates aproveitando a organización da COP25.
Esta segunda feira, 2 de decembro, comeza en Madrid a 25ª Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP 25). Unha xuntanza clave para o futuro do planeta na que participarán máis de medio centenar de xefes de Estado e de Goberno. Aproveitando esta situación, a multinacional francesa Suez, que opera principalmente nos sectores de tratamento de aguas e a xestión de residuos, organiza un ciclo de debates na capital española. É neste marco que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, viaxará a vindeira terza feira a Madrid para presentar o proxecto de lei autonómico de prevención fronte á seca. Canda a titular da Xunta, tamén viaxarán a este ciclo de debates do Grupo Suez a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente da entidade pública, Gonzalo Mosquera. Entre os temas a tratar, segundo informou o gabinete de prensa da Administración, está o anteproxecto de lei de creación dunha sociedade pública autonómica de xestión do ciclo da auga, que a Xunta demonima «a Sogama da auga».
PRAZA_1561
Do 6 ao 8 de xullo Compostela acolle o evento, organizado por Proxecto Derriba e campUSCulturae, e centrado nas "Estratexias de visibilización das culturas minorizadas"
A Facultade de Filosofía da USC acolle entre o 6 e o 8 de xullo o I Encontro galego de novas e novos pensadores, organizado pola asociación cultural para a promoción da filosofía contemporánea en galego Proxecto Derriba e o proxecto europeo campUSCulturae. As xornadas tratarán as estratexias de visibilización das culturas minorizadas. A inscrición e asistencia son libres e gratuítas. O encontro quere pensar a peculiar situación da filosofía en Galicia, situada nunha dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo e a reivindicación dalgunhas figuras autóctonas que non sempre eran merecedoras do excesivo recoñecemento que recibiron Por unha banda, o encontro quere pensar a peculiar situación da filosofía en Galicia, situada nunha dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo —as grandes figuras do pensamento filosófico europeo que destacaban en cada época— e a reivindicación dalgunhas figuras autóctonas que non sempre eran merecedoras do excesivo recoñecemento que recibiron. Pola outra, nas sesións búscase trasladar esta situación a un campo máis xeral para pensar como operan outras disciplinas e sobre todo outros grupos minoritarios para acadar representatividade nunha situación inicial claramente de inferioridade. O obxectivo final é pensar como funcionan os grupos culturais e lingüísticos minoritarios na súa interacción coas correntes e linguas predominantes e tamén investigar que tácticas de resistencia se poden poñer en marcha para facerlle fronte a unha situación de colonización cultural; en definitiva, traballar por unha interacción máis xusta coas correntes e grupos hexemónicos sen abandonar aquelas características que definen as minorías como formas de vida orixinais e peculiares. O encontro divídese en sete mesas: Comunidade, Periferia, (Post) colonialismo cultural, Empoderamento, Subalternidade, Minoría e Precariedade, nocións que estarán de xeito transversal no centro do debate ao longo dos tres días. O encontro divídese en sete mesas: Comunidade, Periferia, (Post) colonialismo cultural, Empoderamento, Subalternidade, Minoría e Precariedade, nocións que estarán de xeito transversal no centro do debate ao longo dos tres días O tratamento da feminidade nas prácticas discursivas contemporáneas será estudado pola filóloga Lara Rozados e pola filósofa Adela Díaz, o obradoiro sobre a situación da filosofía dentro e fóra da institución contará entre outras coas achegas do profesor de filosofía da USC Óscar Horta e a reflexión sobre as novas prácticas culturais cooperativas con membros da Universidade invisíbel da Coruña (Antón Fernández Rota), da Universidade Cromática das virtudes (Mon Búa Soneira), o Proxecto Deriba (Abraham Rubín) ou os proxectos Montenoso (Fran Quiroga) e o laboratorio de software Algalab (Manu Cebral). A profesora da USC Comba Campoy pensará o teatro de títeres como medio de comunicación e resistencia popular, mentres que o xornalista Óscar Iglesias ofrecerá unha valoración crítica do panorama cultural galego e Isaac Lourido reflexionará sobre o sistema literario galego centrándose na súa peculiar situación de conflito coa literatura en lingua castelá. Reflexionarase sobre o tratamento da feminidade nas prácticas discursivas contemporáneas ou sobre as novas prácticas culturais cooperativas Entre os relatores atópanse membros de diferentes editoriais libres cun longo percorrido de traballo a favor da cultura en galego, como as editoras Axoúxere e Estaleiro, de asociacións culturais como o Cineclube Compostela ou o coordinador do ciclo cultural Escrit(a)s, o poeta e carteiro Claudio Pato, entre outros. Durante o encontro actuarán ademais o actor e director teatral Carlos Santiago cun monólogo título "As cinzas de Pasolini" e proxectarase a película "Equí y n'otru tiempo" do director asturiano Ramón Lluís Bande. A conferencia inaugural será impartida pola antropóloga da universidade nova de Lisboa Paula Godinho, quen reflexionará acerca do celtismo como política de creación de identidade e práctica cultural.
NOS_41712
Amelia Pérez, de CCOO, incide na urxencia de evitar que as eivas crónicas do mercado laboral galego deriven nunha nova crise económica e de emprego. Os fondos europeos, segundo a súa análise, deberían operar como un axente de cambio.
Conmemoramos o día da nosa terra, o Día da Patria Galega, evocando o espírito de Leiras Pulpeiro, isto é, desde o laicismo e o republicanismo, que fan parte dos valores irrenunciábeis das Comisións Obreiras. Hoxe, con case a metade da poboación galega maior de idade xa vacinada, lonxe parecen os rigores do confinamento, as ducias de vítimas mortais diarias e os sectores esenciais demostrando máis que nunca a súa condición de indispensábeis. Malia avanzar a bo ritmo a inmunización, non debemos esquecer que queda camiño para vencer a pandemia e que, tanto a economía como, sobre todo, as persoas aínda padeceremos as súas consecuencias. Desde aquí, queremos verbalizar o recoñecemento explícito das CCOO a todas as persoas que, nun momento tan complicado, estiveron na vangarda salvando vidas; coidando dos nosos maiores; garantindo a produción, distribución e subministración de alimentos e outros produtos necesarios; efectuando servizos de limpeza e mantemento; contribuíndo á seguridade das persoas. Pero, malia avanzar a bo ritmo a inmunización —grazas á nosa sanidade pública—, non debemos esquecer que queda camiño para vencer a pandemia e que, tanto a economía como, sobre todo, as persoas aínda padeceremos as súas consecuencias. En anteriores crises, a receita utilizada foi a redución de custos e a austeridade. Desta vez, ante a dimensión da desfeita, no Estado español e en Europa optouse por combinar as fórmulas de resistencia con fórmulas de recuperación, co obxectivo de non deixar ninguén atrás —isto é unha liña vermella para as CCOO. A falta de emprego, o temor a perdelo e as malas condicións laborais e salariais explican por que o mercado laboral galego é cada vez máis pequeno e menos diverso, o que limita as opcións. No Estado, os sindicatos e o Goberno central respondemos con axilidade co mecanismo dos ERTE, que evitaron a destrución de milleiros de empregos en Galicia. Os ERTE foron e son un verdadeiro escudo social que permitiu manter o emprego e evitar que as empresas despedisen a eito como en crises anteriores. De aí que a prioridade de CCOO fora sempre renovar o acordo en condicións que permitisen a recuperación progresiva da actividade e a reincorporación aos postos de traballo. A crise sanitaria foi a pinga que fixo rebordar o vaso, pero desde CCOO xa advertiamos dos serios problemas do noso mercado de traballo, causa do constante éxodo de poboación activa cara a outros territorios onde desenvolver proxectos de vida e de futuro. A falta de emprego, o temor a perdelo e as malas condicións laborais e salariais explican por que o mercado laboral galego é cada vez máis pequeno e menos diverso, o que limita as opcións. Se o programa de vacinación continúa sen sobresaltos, camiñaremos cara a unha normalización, nomeadamente no tocante á xeración de emprego e a activación da demanda interna. Pero isto, no mellor dos casos, só nos retrotraería á situación inmediatamente anterior á pandemia. Daquela, é prioritario aproveitar a saída da crise para sentar as bases dunha Galicia capaz de aguantar con solvencia calquera eventualidade e non unha árbore que rache coa primeira adversidade conxuntural. Para evitar que as eivas crónicas do mercado laboral galego deriven nunha nova crise económica e de emprego, cómpren investimentos, planificación, diversificación e un ineludíbel cambio de concepto no modelo produtivo. Esta transformación non pode deixar ninguén atrás; as Administracións han reforzar a protección social, pero tamén a reciclaxe para reincorporar as persoas que saian do mercado de traballo. Non podemos vernos sometidos ás chantaxes de determinadas multinacionais que só buscan maximizar o beneficio sen asumir ningunha responsabilidade social ou territorial. Na nosa opinión, os fondos europeos son unha oportunidade histórica para reindustrializar o país —nomeadamente as comarcas máis prexudicadas polos procesos de transición ecolóxica e enerxética—, reter talento e capital humano especializado, atraer investimentos e xerar novos xacementos de emprego. Precisamos que a medra económica do país asente de vez en bases firmes capaces de resistir os vaivéns da conxuntura. De aí que o Goberno galego deba aproveitar axeitadamente os fondos Next Generation. Asemade, o Estado e a Xunta deben gañar presenza en sectores estratéxicos —coma noutros países da nosa contorna—. Non podemos vernos sometidos ás chantaxes de determinadas multinacionais que só buscan maximizar o beneficio sen asumir ningunha responsabilidade social ou territorial. Tampouco nos podemos ver asoballados polos ERE nun sector bancario desaprehensivo, rescatado non hai tanto con miles de millóns de diñeiro público. As políticas de axuste aplicadas polo PP no Estado e intensificadas por Feijóo en Galicia nos últimos once anos materializáronse en intensos recortes en dereitos fundamentais como a saúde, a educación ou a protección social, que carrearon un aumento da desigualdade e a pobreza. Con estas políticas neoliberais deterioráronse os servizos públicos e proliferaron as privatizacións e externalizacións para reducir o gasto das Administracións. A fraxilidade dos servizos públicos, da atención ás persoas, quedou aínda máis en evidencia coa crise sanitaria da Covid-19, que destapou as costuras do noso sistema sanitario e de protección social. É inconcibíbel que este verán fechen centos de camas nos hospitais, cando deberían aproveitar a menor incidencia de patoloxías respiratorias para manter a pleno rendemento os quirófanos e así reducir as listaxes de espera. Polo tanto, cómpre recuperarmos o financiamento anterior aos recortes acometidos polo PP no ano 2012, tanto para reforzar os servizos máis deficitarios en persoal, como para acabar coa abusiva precariedade e temporalidade nas Administracións e nas empresas públicas. A sanidade galega precisa un plan de choque. É inconcibíbel que este verán fechen centos de camas nos hospitais, cando deberían aproveitar a menor incidencia de patoloxías respiratorias para manter a pleno rendemento os quirófanos e así reducir as listaxes de espera. A situación da Atención Primaria —porta de entrada ao sistema público— tamén é insostíbel, con axendas saturadas pola falta de persoal e a mala planificación dos xestores públicos. Así mesmo, é preciso destinar máis recursos a outro servizo público indispensábel, a atención á dependencia, que cobra todo o seu sentido nun país coa poboación moi avellentada e unha gran dispersión xeográfica. Malia a mellora nos últimos tempos, a listaxe de espera en Galicia segue sendo longa e a porcentaxe de persoas que recibe a súa prestación está por baixo da media estatal. Case ás portas dun novo ano académico, non podemos obviar o ensino, por máis que a Xunta de Galicia non lle dea a consideración de servizo esencial. É un dereito social básico, garantía de futuro para a mocidade e instrumento indispensábel para a igualdade de oportunidades. Só a Covid-19 freou a tendencia a reducir profesorado no ensino público —foi necesario acometer novas contratacións para cumprir co desdobramento de aulas—, pero o Goberno galego xa ameaza con aplicar recorte de docentes e masificar as aulas ao tempo que abre as portas de par para a universidade privada. Para financiar os servizos é preciso, antes de nada, máis e mellor emprego, porque iso garantirá tamén mellores cotizacións e maiores ingresos para as arcas públicas. Pero tamén debe acometerse unha ambiciosa reforma fiscal —independentemente de onde radiquen as competencias—, con criterios de progresividade na recadación e de redistribución no gasto, que se marque o obxectivo de alcanzar un maior nivel de ingresos para responder ao xeito ás necesidades dos servizos públicos e á suficiencia das prestacións sociais. Non compartimos os criterios do presidente da Xunta, que fala de baixar impostos para favorecer a recuperación económica. A redución impositiva faría minguar as arcas públicas e poría en perigo a prestación dos servizos e a súa calidade. Queda tarefa dabondo. Os distintos Gobernos, pero principalmente o galego, deben deixar de culpar os demais. A Xunta ha liderar os tempos en que estamos e que suporán un cambio social que marcará unha etapa na historia. Se non o fai, será lembrado como un Executivo incapaz que non soubo darlle ao seu pobo o futuro que merecía e polo que loitou. Remato lembrando uns versos do poema Os pinos, de Pondal, do cal se colleron as primeiras catro estrofas para o noso himno.Tocáronnos tempos difíciles, mais o importante é que imos ser protagonistas dun cambio social de envergadura que marcará o devir do país nos vindeiros anos. Aos galegos e galegas ninguén nos regalou nada; estamos afeitas a berrar para que se nos escoite e teña en conta. Estima non se alcanza / cun vil xemido brando; / calquer requer rogando / con voz que esquecerán; [...] Galegos, sede fortes, / prontos a grandes feitos; / aparellade os peitos / a glorioso afán; [...] luitade plos destinos / dos eidos de Breogán.
NOS_40033
"Hai frotas que non poden soportar o custo do combustible e levan amarradas desde a semana pasada".
O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela (Lugo), Basilio Otero, propuxo esperar á reunión da próxima semana entre o o sector pesqueiro e o ministro español de Pesca, Luis Planas, na que se tomarán medidas inmediatas, na que os mariñeiros reclamarán medidas ante a suba do prezo do gasóleo, para decidir sobre o posíbel amarre da frota. En declaracións a Europa Press, Basilio Otero indicou que "o lóxico sería esperar a que decorra esa reunión" para despois tomar decisións. "Dependendo do que diga o ministro, decidiremos", sinalou, para despois dicir que avisarían "cunha semana de antelación" sobre o inicio dun amarre total. Segundo Otero, o Goberno español referiuse nesta terza feiraá oportunidade que ofrece un artigo do novo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), que sinala que, "por motivos excepcionais", pódese actuar na cadea marítima. Sinala que "son novos fondos" e poderían utilizarse antes de que se poña en marcha o propio fondo, pero "o problema é o tempo", xa que "hai que aprobalo, ten que ir ao Consello de Ministros, polo que estaría en novembro, decembro ou xaneiro do próximo ano". Deste xeito, Otero sinalou que, ademais desa liña do fondo europeo, é necesario "traballar en liñas de exencións que se executen xa, a partir do próximo mes", incluíndo taxas portuarias e pagos á Seguridade Social. Necesidade de medidas "inmediatas" O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores afirmou que, coa exención destes cargos "poderíase tranquilizar á xente e seguir traballando". Non en tanto, por parte do Ministerio de Pesca sinalan que estas medidas afectarían a outros departamentos como Seguridade Social e Portos do Estado, dos cales cinco están na Galiza. O presidente das confrarías españolas subliña que "é importante que as medidas adoptadas sexan inmediatas", posto que a flota leva "tres semanas" perdendo cartos pola suba dos carburantes como consecuencia da ofensiva militar rusa de Ucraína. Así mesmo, as lonxas e os compradores "tamén están moi necesitados de axuda", ao que "se engade o problema da folga do transporte". Paralelamente, para esta cuarta feira está prevista unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para abordar o problema da suba do gasóleo na Galiza. Sobre as paradas que xa se iniciaron nalgúns portos, Otero afirma que "hai frotas que non poden soportar o custo do combustible e levan amarradas desde a semana pasada".
NOS_42429
As mocións de censura non dan tregua en Ourense. Após o cambio de Goberno en Laza e do trunfo da moción de censura en Castrelo de Miño, agora tócalle a quenda a Viana do Bolo. Precisamente, onte mesmo, unha delegación da dirección do BNG e do Executivo local de Viana do Bolo, encabezada polo seu alcalde, Secundino Fernández, mantiveron unha xuntanza para analizaren a situación política neste concello, unha vez confirmada a moción de censura presentada polo Partido Popular e por dous membros do grupo municipal socialista.
Nunha rolda de prensa, os dirixentes nacionalistas responsabilizaron directamente Alberto Núñez Feixoo das mocións de censura de Viana do Bolo, Castrelo de Miño e Laza. A este respecto, a deputada do BNG Noa Presas puxo de manifesto que "o que está acontecendo ao longo deste verán ten un claro responsábel, que non é outro que Núñez Feixoo, xa que co seu beneplácito consinte que o PP de Ourense, con José Manuel Baltar á fronte, leve a cabo prácticas absolutamente caciquís e que corrompen a vontade popular". Nesta liña, fontes do BNG ourensán consultadas por Nós Diario significan que "a operación que actualmente se vive en Viana do Bolo fai parte dun xogo político co que o Partido Popular pretende recuperar as posicións perdidas nas urnas". "A moción de censura de Viana do Bolo non é posíbel sen a figura de Baltar, que aproveita as circunstancias particulares dunha parte dos concelleiros socialistas, que formaron un único grupo municipal co PP desde o comezo da lexislatura", apuntan estas mesmas fontes a Nós Diario, convencidas de que "as mocións de censura en Ourense non rematarán en Viana de Bolo, posto que o PP xa traballa con esta hipótese noutros concellos da circunscrición". Neste sentido, adiantan movementos semellantes aos de Viana do Bolo ou San Xoán de Río noutras localidades. O actual rexedor de Viana do Bolo, Secundino Fernández, tomou a palabra para cualificar a moción de censura como unha "traizón ao pobo de Viana". "Vendeuse a vontade dos veciños, manipulando ese apoio veciñal maioritario que reclamaba un Goberno progresista e poñéndoo en mans do PP". Fernandez denunciou que os seus cinco anos á fronte do Executivo local estiveron marcados "polo acoso e derribo por parte de PP e PSOE", cunha "oposición frontal" e na que nunca houbo vontade de acordo. O rexedor lembrou que leva un "ano sen recibir ningunha retribución" e amosouse especialmente crítico coa actitude dos socialistas. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desautorizou os seus concelleiros en Viana do Bolo e acusou o PP de "abandonar calquera tipo de código moral". Criticou que "non respecta os acordos de rexeneración e contra o transfuguismo" e advertiu de que "todo lle vale, e está optando pola vía do transfuguismo". "Nós estamos contra todo este tipo de manobras. Fóra do PSdeG están e estarán todos aqueles que formulen liñas de transfuguismo, que o PP semella aceptar, asumir e validar", destacou, en resposta ás preguntas dos medios nunha rolda de prensa. Baltar, 'de compras' en San Xoán de Río O presidente da Deputación de Ourense e máximo responsábel do PP na circunscrición, José Manuel Baltar, avalou a incorporación á formación do alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua. Pérez Blecua ostentaba con maioría absoluta o Goberno local desde os pasados comicios municipais, tras encabezar un candidatura independente encadrada no espazo político das mareas. Blecua xustificou a decisión como "un paso a nivel persoal na procura do ben dos veciños de San Xoán de Río", seguindo o camiño do anterior alcalde, Luís Castro Álvarez, que en febreiro de 2019 abandonou o PSOE para incorporarse ao PP sen conseguir saír reelixido.
NOS_44466
Nena con galo (Estreliña no ceo), un retrato en tinta chinesa sobre pergameo debuxado en 1926, e o bodegón Mesa de cociña, óleo sobre lenzo de 1957, servíronlle a Carlos Maside para delimitar a súa vida como pintor. Esas dúas e outras 29 pezas escollidas por el mesmo conforman o seu testamento artístico, que agora procura acomodo institucional na que foi a súa cidade, Santiago de Compostela.
"Trátase do conxunto de obras que elixiu o propio Carlos, o máis representativo da súa obra", explica o seu sobriño neto, Xulio Maside, "quixo que esa pequena colección non se dispersase e estivese a disposición do público". Tres acuarelas, dous pasteis -un sobre papel e outro sobre lenzo-, dúas tintas chinesas sobre pergameo, tres gouaches -técnica asentada na augada-, e 21 lenzos compoñen a autoantoloxía de Carlos Maside (San Xulián, Pontecesures, 1897 – Compostela, 1958). O legado permaneceu depositado no Concello de Vigo durante décadas. O museo municipal Quiñones de León, no parque de Castrelos, expuña apenas unha parte dos traballos. Á morte de Maside, os seus testamenteiros non atoparon lugar en Compostela e chegaron a un acordo con Vigo. Aquel acordo rematou en litixio e na retirada dos cadros. "A idea foi sempre levalos a Compostela", indican fontes da familia. Durante algúns anos, tampouco en Compostela atoparon complicidades nas administracións. Ate a alcaldía de Ángel Currás, un dos tres alcaldes do Partido Popular que pasaron por Raxoi a pasada lexislatura. Daquela, o concello da capital alugou a escolma durante dous anos e amosouna ao público na Casa do Pozo. Nesa mesma época activouse a Plataforma Cidadá Carlos Maside para pular polo retorno do seu testamento pictórico a Santiago. A mudanza política no concello -asumiu a alcaldía Martiño Noriega, de Compostela Aberta- e na Deputación da Coruña -cuxa vicepresidencia e departamento de cultura dirixe Goretti Sanmartín, do BNG- acelerou os trámites. "Estamos á espera da decisión final do convenio entre administracións", sinala Asunción Leiceaga, portavoz da plataforma, "e nós nacemos unicamente para apoialas a que desen o paso". A falta da implicación da Xunta -Leiceaga afirma que non se puxeron en contacto coa familia Maside- parece agora mudar, segundo indican fontes coñecedoras da negociación. O máis importante dos flocos soltos reside no lugar que acollerá as pinturas. "Para nós, o ideal sería a Casa da Parra", engade Leiceaga, "facer alí un Museo Maside, moito máis que este legado". Logo de anos alugado pola Xunta como museo para exposicións temporais, o emblemático edificio da praza da Quintana de Santiago regresou ao seu propietario, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que o mantén pechado. "O único que ten claro a familia", esténdese a representante da plataforma, "é que non quere que os cadros vaian para o Gaiás". Concello e deputación agardan que o destino das 31 pezas se resolva ao longo de 2018. A modernidade fanada polo fascismo Carlos Maside foi un actor central na renovación da pintura galega da etapa republicana. "Intelectual comprometido e artista clave", resume a crítica Mercedes Rozas no limiar ao catálogo Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, que recolle reproducións do legado. Canda Seoane, Arturo Souto ou Colmeiro, propulsaron as raíces nacionais cara ao futuro. O fascismo fanou aquela xeración. Maside non marchou. Despedírono do seu emprego de profesor en Vigo e inhabilitaron para a docencia. O réxime emanado do 18 de xullo prohibiulle participar en catividades culturais públicas. O exilio foi interior. Só na década dos cincuenta comezaría a re emerxer. Así llo contaba en carta a Seoane, citada polo ensaísta Antón Baamonde en Maside en Compostela: "Desde hai algún tempo sinto renacer en min un intenso fervor espiritual que me liberou do longo marasmo que as circunstancias externas e as miñas persoais facían pesar sobre min". Foi nese tempo rouco cando dispuxo o seu testamento artístico. A muller sentada (1930), Tenda (1936) ou Os noivos (1956) son pintura figurativa, inevitabelmente atravesada polo expresionismo e o cubismo -os dous movementos determinantes naquela nova pintura galega. Lavandeiras (de Galeras, en Compostela) (1953), o cadro preferido do seu sobriño Xulio -tamén recoñecido pintor-, funciona como poética: os traballos das humildes, a súa dignidade, a cor é a resistencia contra a opresión existencial. Nota: reprodución do cadro Costureira (1945), pertencente ao legado e fotografía de Carlos Maside antes de 1936. Nota: nunha primeira versión deste artigo afirmábase erroneamente que Xulio Maside é neto de Carlos, cando en realidade é sobriño neto. O seu pai, o pintor Xulio Maside, é sobriño de Carlos, e non fillo..
NOS_4339
Mais um ano, a Fundaçom Artábria fixo umha homenagem "a um dos grandes da história da Galiza"
Umha oferta floral e umha leitura de poemas ao pé da súa casa natal fôrom o cerne da "modesta homenagem" que, máis um ano, a Fundaçom Artábria rendeu a Carvalho Calero para "lembrar a súa importáncia na cultura galega". A poesia lida por Miguel Neira e por Luís Gago, seguida do discurso de Xende Lopes, foi seguida da colocaçom de um cartaz com o rosto do homenageado e a legenda "Na Galiza em Galego", na parede do prédio contíguo aos restos da casa natal de Carvalho Calero, na Rúa Sam Francisco. "Após vinte-e-três anos da sua morte e passados cento-e-três do seu nascimento, Carvalho continua sem receber a homenagem e reconhecimento que merece por parte das instituiçons. Umhas instituiçons que sempre demonstrárom nom ter um interesse real em recuperar a figura deste inteletual íntegro, mais alá do seu habitual oportunismo; maquilhagem para tapar a sua inoperáncia e a sua hipocrisía". Repressom Aliás, indicam desde Artábria, "denunciamos a repressom económica de que dous sócios da Fundaçom Artábria fôrom vítimas no ato de homenagem do passado ano". Joám Lopes e Ernesto Lopes fôrom identificados e multados no ato de homenagem a Carvalho no ano passado com 300 euros de multa "como represália contra a nossa associaçom". Para Artábria, esa multa é "umha grave agressom à liberdade ideológica, de expressom e de reuniom. Fotos: Artábria
NOS_10223
O conselleiro de Sanidade alerta dun "incremento importante" da incidencia acumulada da Covid-19 nas franxas de idade máis novas e adianta que, "probabelmente", o Comité Clínico da próxima semana teña que "revisar" as medidas tomadas para conter a pandemia.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, alertou do "incremento importante" da incidencia acumulada da Covid-19 unicamente entre as franxas de idade máis novas, un "escenario diferente" que lle permite avanzar que "probabelmente" o Comité Clínico da próxima terza feira teña que "revisar" as súas medidas. Así o aseverou nunha rolda de prensa ofrecida este sábado, 3 de xullo, desde a sede da Consellaría en Santiago, na que vinculou a suba dos contaxios e dos casos activos nos últimos días ao 'macrosurto' con orixe nas viaxes de fin de curso a Mallorca, que deixa xa 183 positivos e máis de 400 contactos estreitos corentenados na Galiza. En concreto, as incidencias acumuladas por 100.000 habitantes a 14 días elévanse especialmente nos grupos de idade máis baixos, cun valor de 219,9 entre persoas de 12 a 19 anos; de 188,3 de 20 a 29 anos; e de 106,06 positivos por 100.000 habitantes entre 30 a 39 anos. Mentres, entre os 40 e os 49 anos a taxa xa baixa a 73,1 e de 50 a 59 anos está en 31,78. Neste contexto, García Comesaña dirixiuse á mocidade, tras pedirlles "desculpas por non poder vacinalos" ao non dispor de doses suficientes, para solicitarlles "un esforzo máis" por cumprir as medidas xa estabelecidas para conter o coronavirus, como manter a distancia, usar máscara, lavar frecuentemente as mans e evitar as aglomeracións. Con todo, lembrou que os botellóns están "prohibidos". Seguimento por concellos Pola súa banda, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, aproveitou a comparecencia para debullar aqueles territorios que se atopan "en seguimento epidemiolóxico" porque teñen as incidencias máis altas. Neste sentido, mencionou "toda a comarca de Pontevedra", onde a cidade do Lérez ten unha incidencia acumulada de 86 positivos por cada 100.000 habitantes a 14 días, e a cidade de Ourense, cunha taxa de 84 contaxios por 100.000 habitantes a 14 días. O Sergas tamén ampliou a Vilagarcía de Arousa este seguimento especial, xa que a súa incidencia disparouse a 133 despois de que nos últimos días aparecesen 50 casos. Xunto a isto, a directora xeral de Saúde Pública lembrou a situación de Carnota e Sarria, os únicos municipios en nivel alto de restricións, o que obriga á súa vixilancia. En calquera caso, Durán insistiu en que o Comité Clínico avaliará non soamente este dato, senón un total de 14 variábeis, para estabelecer as medidas que corresponda. Unha situación "diferente" Na mesma liña, o conselleiro apelou a "agardar" á reunión do Comité Clínico da semana que vén, porque aínda que a situación epidemiolóxica "empeora" con respecto a hai semanas, é "diferente" en función da idade debido ao avance da vacinación. Ademais, a presión hospitalaria é "boa", segundo definiu García Comesaña, polo que considera que o que hai que facer é "adaptar" as restricións a esta realidade. "Todas as medidas que fomos tomando no Comité Clínico desde o principio tiñan o fin último de preservar a capacidade asistencial dos nosos hospitais", agregou.
NOS_22036
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que os cambios de criterio da Xunta respecto ás condicións da volta á clase no enino secundario son unha "falta de respecto" e demanda "máis recursos" para cumplir cos protocolos e as necesidades.
"Vacile" e "falta de respecto". Iso é o que cre a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, os "bandazos" que están a daren a Xunta e a Consellaría de Educación coas instrucións para comezar o curso escolar na Galiza. Ante unha situación de inestabilidade e "incerteza", Pontón exixiu "máis recursos" para os centros, porque fai falta "máis profesorado" e "reducir as ratios" de estudantes por clase. Así o comentou nunha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser, recollida por Europa Press, na que defendeu que o relevo de Carmen Pomar por Román Rodríguez á fronte da Consellaría de Educación esconde "o recoñecemento explícito do mal que se están facendo as cousas". "Pero isto non é só responsabilidade da ex conselleira, senón do propio presidente da Xunta, que tivo seis meses para preparar o inicio de curso e agora vemos que hai un novo bandazo. Primeiro, presencial; logo, semipresencial sen saber os centros en que se concreta. Primeiro non se necesitaba máis profesorado, logo si para secundaria... Están a cambiar os criterios constantemente", lamentou. En todo caso, a voceira pensa que en ningún caso se pode falar de "normalidade" por volver ás aulas, porque isto é "unha ousadía". Os recortes na sanidade Preguntada sobre a sanidade do país e a marcha de Jesús Vázquez Almuiña do departamento para deixarlle o posto a Julio García Comesaña, recoñeceu que agarda que esta substitución "non sexa cosmética", senón que sirva para "reverter todos os recortes" que, dixo, perpetrou o PPdeG nos seus máis de 11 anos á fronte da Administración galega. "Estamos nunha segunda onda docoronavirus e os servizos de Atención Primaria chegan escuálidos despois dunha década de recortes e privatizacións", concretou. Tamén engadiu que os "casos de transmisión comunitaria" da Covid-19 das últimas semanas se deben a que o equipo de Feixoo "non fixo os deberes": "Non preparou un equipo de rastrexo e non se están localizando os casos", criticou. Investigar as residencias de maioresA líder da oposición galega ratificou que, no primeiro pleno da Lexislatura que agora empeza, o BNG proporá que se cree unha comisión de investigación no Parlamento sobre o ocorrido durante a pandemia nas residencias de maiores, que concentran algo máis do 40% das vítimas da pandemia na nazón até o momento.Consciente de que só sairía adiante se conta co 'si' dos populares, Pontón expón esta iniciativa para que Feijóo e o PP "se retraten" sobre "se van defender a verdade ou se, pola contra, está a Xunta defendendo outros intereses que non sabemos cales son". Este grupo de traballo permitiría que as familias das vítimas "saiban que pasou", para "que se asuman responsabilidades" e, sobre todo, para "evitar que isto se poida producir no futuro".
PRAZA_17574
Marea Atlántica realizou este sábado unha singradura polo litoral da Coruña reivindicando a recuperación dos terreos portuarios e lembrando a toponimia tradicional
Reivindicación política e cultural marcaron este sábado a singradura que Marea Atlántica organizou polo litoral portuario da Coruña. Música e divulgación da toponimia tradicional acompañaron ás reclamacións políticas de recuperación dos terreos portuarios para a cidade nun percorrido en barco no que ademais do alcalde, Xulio Ferreiro, e outros membros da formación política e do goberno local, participaron tamén diversos profesionais do mundo do mar. Marea Atlántica realizou este sábado unha singradura polo litoral da Coruña reivindicando a recuperación dos terreos portuarios e lembrando a toponimia tradicional "A loita para que gañemos o porto non pode ser a loita dun partido político, nin sequera dun goberno municipal, é a unha loita de cidade", dixo Ferreiro, para quen "o Porto Exterior é importante, pero A Coruña non merece hipotecarse por el". "Mentres sigamos no goberno defenderemos a recuperación dos peiraos e o seu uso produtivo", asegurou. Nesa liña, na singradura tamén interviron profesionais do mundo do mar, da pesca de baixura ou do marisqueo que salientaron a importancia que os espazos mariños e portuarios tiveron sempre e seguen a ter para A Coruña. Por iso, reclamaron que non se lles dea un uso turístico ou residencial senón que sigan a ser útiles para a cidadanía da Coruña. Toponimia do litoral da Coruña Na singradura foise explicando a toponimia tradicional do bordo litoral da cidade, desde a Foz, no extremo meridional, ata o Pozo do Frade, no setentrional, pasando por lugares como Casa Abicada, Cu do Porco, Porto Piollo, Cabo da Tripa ou Baixo Merlón.
PRAZA_19239
O Goberno galego prevé suprimir o corpo de letrados o órgano que informa sobre os proxectos legais do propio Executivo e a asociación que representa estes profesionais advirte a Feijóo de que está a incorrer nunha "patente ilegalidade"
A treboada política en torno ao Consello Consultivo recrúa. No amplo paquete de reformas legais pola vía rápida que a Xunta promove a través da lei de acompañamento dos orzamentos de 2017 -mudanzas en máis dunha vintena de textos legais nunha soa operación, moitas non ligadas ao orzamento e con menor trámite parlamentario que pola vía ordinaria- o gabinete de Alberto Núñez Feijóo introduciu a supresión do corpo de letrados do Consello Consultivo, o órgano que informa sobre os proxectos legais do Executivo e que nos últimos anos emitiu ditames tan relevantes como o que advertiu das ilegalidades no decreto do plurilingüismo, se opuxo a que cada colexio peneire o alumnado antes de admitilo ou subliñou que o Sergas pretendía adoptar decisións "contrarias ao ordenamento xurídico". Agora estes letrados veñen de advertir dunha nova "ilegalidade". A que, aseguran, a Xunta pretende cargar sobre eles mesmos. Segundo a nova redacción do texto, de cuxo encaixe legal dubidaron nos últimos días En Marea e o PSdeG, estes letrados -actualmente son cinco- que elaboran os informes xurídicos nos que o Consultivo basea os seus ditames pasarían a integrarse na escala de letrados da Xunta. Entre este corpo xeral seleccionaríanse os do Consultivo pola vía da libre designación, atendendo a criterios de "especial responsabilidade, confianza e cualificación profesional". Tras as primeiras alertas políticas a Asociación Profesional de Letrados do Consello Consultivo decidiu fixar postura pública nun duro comunicado feito público este domingo. Os letrados aseguran que a Xunta incorrerá nunha "patente ilegalidade" se aproba a reforma A reforma, resaltan, chega apenas tres anos despois de que a vixente lei do Consultivo fose aprobada cun amplo consenso -cos votos de PP e PSdeG-, polo que "cabería" agardar que a Xunta se limitase a introducir "modificacións puntuais ou de detalle". Máis aínda tendo en conta que promove a reforma pola vía da lei de acompañamento, que "se debería limitar a actualizar, de xeito estrito, aquelas disposicións legais que o precisasen dende unha óptica propiamente orzamentaria". E este "non é o caso, nin de lonxe, da substancial reforma" que os conservadores tentan aplicar. Dende o seu nacemento en 1995, lembran, o Consultivo conta cun corpo de letrados de seu e a súa existencia "sempre se considerou como un elemento esencial da independencia orgánica e funcional da institución". No entanto, o PP disponse a "suprimir este corpo funcionarial" sen "achegar o menor razoamento que xustifique tan sorprendente decisión" e dispoñendo "que os letrados e letradas do Consello pasen a integrarse" na Xunta, o que implica "unha vinculación xerárquica" co propio Goberno. "Non parece -reflexionan- que a medida proxectada contribúa a reforzar a independencia do superior órgano consultivo das administracións públicas de Galicia. "Resulta ademais -engaden- moi difícil de explicar que unha modificación deste alcance se promova sen sequera informar previamente ao propio Consello Consultivo" nin á Comisión de Persoal, malia ser "a primiera vez que se leva a cabo na comunidade autónoma a supresión dun corpo de funcionarios". Consecuencias e advertencia a Feijóo O cuestionado presidente do Consultivo terá "omnímodas facultades" para nomear e destituír os letrados, advirten Neste contexto, se a reforma da lei segue o seu curso os letrados serán "inmediatamente removidos" dos seus postos, que pasarán a ser obxecto dunha "provisión por libre designación" por parte do presidente do Consello, o cuestionado José Luis Costa Pillado, que pasará a gozar de "omnímodas facultades para designar e cesar o persoal da súa confianza que no futuro exercerá estas funcións". Se sucede, indica a asociación, o Goberno estará tomando unha decisión contraria á lei de emprego público do ano 2015, pero tamén "vulnerando o dereito constitucional de acceso en condicións de igualdade a cargos e funcións públicas", xa que o Tribunal Constitucional "ten precisado" o "dereito a non ser removido do cargo se non é polas causas e de acordo aos procedementos legalmente establecidos". Os letrados instan a Feijóo a ser coherente coas súas propias declaracións sobre a "independencia" do órgano "A patente ilegalidade do texto neste punto esixe unha redacción alternativa que, cando menos, respecte" a lei de emprego público promovida pola propia Xunta hai apenas dous anos. "De aprobarse este proxecto nos seus actuais termos verémonos obrigados a opoñérmonos, impugnando os seus actos de aplicación con todos os medios que o Estado de Dereito pon ao noso alcance", advirten, nun contexto no que resaltan que a Xunta está a "crebar o consenso" en torno ao Consultivo e a "furtar do control parlamentario o debate sobre tan cuestionables contidos" qu erefomran un órgano situado como "peza clave na loita contra a corrupción". Todo isto sucede nun contexto, resaltan, no que o propio presidente da Xunta "subliñou, en recentísimas declaracións, as notas de independencia e autonomía que presiden o actuar do Consello Consultivo. "Por coherencia con estas manifestacións é necesaria unha explicación inmediata e transparente en sede parlamentaria" das razóns desta "polémica reforma". "De non ser satisfactorias tales explicacións, a reforma debería ser reconsiderada de inmediato" e, ao cabo, retirada. "Noutro caso, o dano á institución será moi dificilmente reparable", conclúen.
PRAZA_14732
Unidades da Armada interceptaron o buque en augas internacionais e traslad´rono ao peirao de Ashdod.
Unidades da Armada israelí asaltaron o barco Estelle que se dirixía cara a Gaza para denunciar a súa situación humanitaria. Seis barcos rodearon o barco na mañá deste sábado en augas internacionais e ordenáronlle que lles acompañase ao porto israelí de Ashdod. Ao negarse o Estelle a cumprir as ordes, un grupo de militares enmascarados abordaron o buque para tomar o seu control. O barco atopábase en augas internacionais a unhas 38 millas náuticas da costa de Gaza. Segundo a primeira versión facilitada pola Armada israelí, non se utilizou a forza contra os activistas propalestinos. O barco navega agora escoltado cara a Ashdod onde se esperaba que chegase á primeira hora da tarde. O barco foi asaltado en augas internacionais, a unhas 38 millas da costa de Gaza Entre os ocupantes do Estelle, con pavillón finés, atópanse tres españois: Laura Arau, Begoña Zabala e o deputado de IU Ricardo Sixto. O Ministerio español de Exteriores anunciou que está preparado para garantir a asistencia consular ao tres. No barco, hai representantes de Grecia, Suecia, EEUU, Canadá, Noruega e Israel. Ademais de Sixto, no Estelle atópanse outros deputados: Sven Britton, de Suecia, Aksel Hagen, de Noruega, e Vangelis Diamandopoulos e Dimitris Kodelas, de Grecia. O barco transporta na súa carga 41 toneladas de cemento, xoguetes, material médico e libros. "Quero dicir que estamos aquí para dar unha mensaxe de solidariedade ao pobo de Gaza", dixo antes do asalto a CNN o israelí Reut Moor, que viaxa a bordo do Estelle. "O bloqueo é inhumano e inmoral, e esa é a razón pola que decidimos asumir un risco para romper o bloqueo". En 2010, unha flotilla de varios barcos con axuda humanitaria foi asaltada por comandos israelís, que mataron a nove cidadáns turcos que viaxaban no Mavi Marmara. Antes de partir, o tres españois a bordo do Estelle gravaron esta mensaxe ante a posibilidade de que o barco fose abordado.
PRAZA_5018
Veciños do barrio de Ferrol Vello afirman que o artefacto militar que provocou o accidente voou por riba das casas e caeu no peirao de Curuxeiras. Tamén denuncian que a Armada freou a acción dos bombeiros e tentou que o suceso non trascendese. AGE e BNG demándanlle explicacións ao Goberno.
Que sucedeu o pasado mércores 26 de febreiro no Arsenal militar de Ferrol? Aquel día un accidente na fragata Almirante Juan de Borbón provocoulles feridas a seis soldados (dúas mulleres e catro homes), ningún deles de gravidade. Segundo relataron as autoridades militares, o sinistro foi provocado polo disparo accidental dun artefacto militar inerte (unha peza non explosiva) empregado para facer comprobacións do sistema de lanzamento de cohetes que teñen como misión facer de reclamo para mísiles inimigos. A Armada prohibiu temporalmente este tipo de probas e abriu unha investigación interna. Porén, nos últimos foron coñecéndose, a través de denuncias de veciños e veciñas da zona, máis datos sobre o sucedido. Algunhas testemuñas aseguran, como recolleron algúns medios, como El Confindencial Autonómico, que o artefacto saíu disparado do recinto militar e caeu na auga a varios metros, no peirao de Curuxeiras, despois de voas por riba de varias vivendas. Os veciños do lugar avisaron a policía portuaria e esta aos bombeiros. Porén, segundo El Confidencial Autonómico, os bombeiros recibiron orde da Armada de non acudir ao porto e, no seu lugar, apareceu unha lancha militar con varios buzos que se mergullaron para recuperar o proxectil. Este xoves AGE, a través da súa viceportavoz Yolanda Díaz, vén de esixir publicamente explicacións pola caída deste artefacto militar nun espazo público. Na proposición presentada no Parlamento, Díaz destaca que o sucedido "amosa os permanentes riscos da actividade militar e a necesidade de extremar controis e medidas de seguridade", e reclámalle á Xunta que lle pida ao Goberno de Madrid "unha explicación veraz e polo miúdo das causas do accidente e as medidas precisas para evitar a repetición de algo semellante". Yolanda Díaz considera "absolutamente inaceptábel" a "ocultación da parte do incidente que atinxe á seguridade cidadá" Yolanda Díaz considera "absolutamente inaceptábel" a "ocultación da parte do incidente que atinxe á seguridade cidadá" e demanda "datos públicos e veraces da Mariña militar e unha investigación exhaustiva". Díaz destaca o "perigo latente" existente na zona: "Caeu en Curuxeiras pero podería caer nos tanques desa arma de destrución masiva en potencia que é a ilegal planta de gas de Reganosa". O BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso dos Deputados na que lle piden explicacións ao Ministerio de Defensa De igual xeito, o BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso dos Deputados na que lle piden explicacións ao Ministerio de Defensa polo accidente e polo feito de que ao caer parte do reclamo disparado fóra do recinto militar supuxo algun risco para a poboación civil. Para o BNG, o accidente ten a suficiente gravidade como para que o Ministerio de Defensa "dea conta e explique se considera normal que este tipo de exercicios do sistema de lanzanmento de mísiles se desenvolvan en buques atracados en porto".
NOS_49407
Dos 'votos electorais' por estados ás tendencias que apuntan as enquisas, pasando polas razóns de que 1 de cada 4 estadounidenses en idade de votar non poida facelo; os outros candidatos á presidencia que non son nin Trump nin Biden ou por que, aínda que perda, Trump seguirá a gobernar 3 meses máis.
1) Só compiten Trump ou Biden? Ademais do actual presidente, Donald Trump, e do ex-vicepresidente e candidato demócrata, Joe Biden, existen máis de 1.200 cidadáns que se rexistraron para competir pola presidencia dos Estados Unidos. Existen outros dous candidatos a ter en conta á presidencia, pois situáronse con boletas abondo para competir en todos os estados de EUA. Son Joanne Jorgensen, candidata do Partido Libertario (non se engane: nada a ver co sentido que en Europa ten libertario) e Howie Hawkins, cofundador do Partido Verde. En 2016 os 'libertarios' obtiveron máis de 4 millóns de votos. O seu programa combina o ultraliberalismo económico (eliminar o imposto sobre a renda, finiquitar o gasto público...), coa despenalización das drogas ou a fin da presenza de tropas de Estados Unidos no estranxeiro. O Partido Verde, pola súa banda, pide a cobertura sanitaria pública e gratuita, así como un sistema de ensino amplo e de calidade e que no seu tramo superior (universitario) non sexa unha barreira para os estudantes de clase traballadora polo seu custo económico. Demanda aumentar o salario mínimo, defende o Green New Deal e promete a aboliciación da pena de morte. O seu candidato, H. Hawkins, veterano activista sindical e medio ambiental, aposta por un ingreso mínimo para todos os cidadáns de EUA. 2) Cando se inviste o novo presidente? Historicamente as eleccións celébranse a primeira terza feira de novembro cada catro anos, é dicir, nesta ocasión, en 3 de novembro. Pero de calquera modo, o mandato de Donald Trump permanecerá con todos os seus poderes intactos até o 20 de xaneiro de 2021, data fixada para a investidura do gañador destes comicios. En caso de gañar Joe Biden, sería nomeado presidente electo até entón, pero mentres tanto non tería capacidade executiva. 3) Como funcionan as eleccións presidenciais? Hai cincuenta estados nos Estados Unidos, cada un cun número de "votos electorais" asignados segundo a poboación. Esta vez, por exemplo, en California haberá 55 votos en xogo, en Texas 38, en Florida 29 e en estados máis pequenos como Alaska ou Arkansas terán 3 e 6 respectivamente. O candidato que obtén máis votos nun estado mete todos os "votos electorais" dese estado no seu peto. Nada fica para o contrincante. Esta norma, que se xustifica formalmente como destinada a evitar que os grandes centros urbanos acumulen un poder desproporcionado, permitiu que Trump xurase como presidente embora Hillary Clinton o superou en máis de tres millóns de votos. Ademais de entón, isto sucedeu tamén en 2000 e tres veces no século XIX. Esta regra (todos os votos electorais para o gañador) aplícase en 48 dos 50 estados, fóra Maine e Nebraska onde a repartición dos votos electorais/delegados faise en proporción ao voto popular de cada candidato. O gañador das eleccións é o primeiro en obter 270 votos electorais. Os delegados electorais son electos cada catro anos polos partidos políticos nos seus estados. Normalmente faise durante as convencións de cada partido e os procesos de selección varían segundo cada estado. Usualmente, estas persoas son lexisladores estatais, líderes dos partidos e doantes. 4) Cal é a orixe deste sistema electoral? O Colexio Electoral existe desde 1787 cando os pais da constitución estadounidense debatíanse entre establecer un sistema que definise o presidente por voto popular ou por elección do Congreso. O Colexio Electoral é unha fusión entre ambos os dous. Voces que defenden este sistema din que se creou para darlle máis representación aos estados pequenos con menos poboación. "Se as persoas elixen directamente o presidente entón grandes estados como California controlarían basicamente a elección presidencial", asegurou Akram Elias, presidente do Grupo Capital Comunications, en conferencia virtual co Departamento de Estado. Porén, o profesor Akhil Reed Amar, sinala que o Colexio Electoral creouse para protexer os estados do sur que apoiaban a escravitude. "Nun sistema de elección directa (unha persoa, un voto), os estados do sur perderían as eleccións todo o tempo porque unha gran porcentaxe da súa poboación eran escravos e os escravos non podían votar". 5) Que pasa se ningún candidato gaña a maioría dos votos electorais? Se ningún candidato recibe a maioría dos votos electorais, a votación presidencial queda a cargo da Cámara de Representantes. Os seus membros elixen o gañador entre os tres candidatos principais. O Senado elixe o vicepresidente entre os dous candidatos principais restantes. Isto só sucedeu unha vez. En 1824, a Cámara de Representantes elixiu John Quincy Adams como presidente. 6) Que son os 'swing states' e en que hai que se fixar neste momento? En case todos os estados, Trump ou Biden xa teñen unha sólida maioría, pero hai algúns, chamados " swing states", onde a vitoria non está clara para ningún dos dous. Este tipo de estados adoitan inclinar a balanza e xa foron decisivos nas eleccións de 2016: Hillary Clinton perdeu seis onde gañara Barack Obama en 2012 e onde tamén ela esperaba gañar. Foron Florida e cinco estados historicamente demócratass situados na rexión dos Grandes Lagos (Iowa, Michigan, Ohio, Pensilvania e Wisconsin). Segundo expertos e enquisas, as eleccións deste ano tamén se decidirán nestes seis estados, ademais de Arizona, Xeorxia e Carolina do Norte, onde Trump gañou hai catro anos mais agora basculan nas enquisas entre el e Biden 7) Por que 1 de cada 4 estadounidenses en idade de votar non pode facelo? En Estados Unidos, o sistema federal outorga competencia a cada estado para determinar os prazos e a maneira en que os cidadáns poden votar. Factores como as datas límites para rexistrarse, a posibilidade de votar por adiantado ou por correo, ou a documentación necesaria para votar, varían segundo cada Estado e poden afectar de maneira importante ao número de votantes nunha elección determinada. En EUA, ao contrario que moitos países, rexistrarse é un proceso obrigatorio e necesario para votar. É así en todos os estados agás Dakota do Norte, onde non é preciso. O proceso é complexo e os requirimentos para rexistrarse cambian segundo o Estado no que se reside. O resultado deste sistema de rexistro, cualificado no seu día de "pouco preciso, caro e ineficiente" por un estudo do centro de análise PEW, é que un 24% da poboación en idade para votar (máis de 51 millóns de persoas) continúa sen estar rexistrado e, por tanto, non pode participar nas eleccións. 8) Que din as enquisas? Este ano as enquisas están no punto de mira. Hai catro anos déronlle unha marxe de catro a cinco puntos a Hillary Clinton, que finalmente perdeu por 232 votos fronte aos 306 de Trump. Esta vez a vantaxe que prevén en Biden é maior. Segundo un dos portais máis consultados, Five Thirty Eight, que promedia as enquisas máis cualificadas, Biden ten agora un 9% de marxe sobre Trump ao votar a nivel federal. A vitoria tamén sería para Biden na maioría dos estados bisagra: Agás en Arizona, Ohio e Xeorxia, a mesma media de enquisas deu a vitoria a Clinton en todos estes estados. Os expertos din que esta vez perfeccionaron os métodos, pero a confianza nas súas previsións caeu en picado tras a sorpresa de hai catro anos. 9) Cando saberemos o resultado das eleccións? Normalmente, os resultados son coñecidos durante a noite electoral: dado o funcionamento do sistema de votación electoral, o perdedor das eleccións normalmente recoñece a derrota bastante antes de que se complete o reconto. Hai catro anos, o camiño de Trump cara á Casa Branca aplanouse considerabelmente ás dúas e media da mañá (hora do Estado español), cando se fixo evidente que gañara en Florida. Ás sete e media, a situación xa parecía definitiva: tiña 264 votos electorais e se gañaba nalgún dos estados bisagra onde aínda duraba o reconto, era presidente. Clinton resistiuse a chamalo para admitir a derrota até as sete e media, mais o resultado xa era claro. Desta volta, as cousas poden ser moi diferentes. A pandemia forzou o despregamento dun dispositivo sen precedentes para facilitar o voto por correo, non sen os obstáculos do presidente Trump, que sinalou en varios momentos que isto implicaría fraude. A elección aínda non se realizou e só mediante voto por correo, xa se contou máis da metade dos votos rexistrados no reconto global das últimas eleccións. Xeralmente pénsase que é un bo sinal para Biden. Espérase que a enorme cantidade de votos por correo retrase considerabelmente o reconto, até o punto de que varios expertos advirten á xente de mentalizarse non só para levantarse sen saber quen gañou, senón para non sabelo durante uns días, até que os estados clave completen o reconto de votos por correo. 10) Tamén hai eleccións de senadores e representantes: que importancia teñen? As eleccións presidenciais atraen todo o protagonismo, pero ao mesmo tempo celébranse eleccións lexislativas que xogarán un papel fundamental nos dous primeiros anos do presidente que se elixa, porque dependerá do apoio parlamentar que poida ter para promover as súas iniciativas. Por unha banda, estanse a votar os 435 escanos da Cámara de Representantes, actualmente controlados polos demócratas. Na cámara, os asentos de cada estado son proporcionais á súa poboación. Por outra banda, sométese a votación un terzo dos 100 senadores (dous por cada estado, independentemente da poboación). Ambas cámaras forman o Congreso dos Estados Unidos, que ten, entre outras cousas, o poder de aprobar leis, regular o comercio, lanzar investigacións e graduarse do orzamento público. Os poderes da Cámara e do Senado son os mesmos agás algunhas excepcións, porque o obxectivo da dualidade congresual é equilibrar exclusivamente o poder de todos os estados, como no caso dos "votos electorais".
NOS_17957
As medidas anunciadas para a hostalaría galega a partir deste domingo, unha vez que decaia o estado de alarma, non gustan a unha maioría do sector, que segue a pedir diálogo. No hoteleiro, pola contra, agardan unha mellora, mais para o vindeiro mes de xullo.
A partir do domingo os bares e cafetarías poderán abrir en toda a Galiza (excepto nos concellos do nivel máximo) até as 23 horas, e os restaurantes até a 1, sempre que conten coa licenza de local de restauración, rexistren as e os comensais e dispoñan dun medidor de CO2 para controlar a calidade do aire. Nos municipios que estean no nivel alto, como viña sendo habitual, tanto bares como restaurantes poderán atender só nas terrazas, cunha capacidade de 50%; no nivel medio, a 50% no exterior e 30% no interior, e no baixo, a 75% e 50% respectivamente. Unha boa parte da hostalaría non recibiu con satisfacción as primeiras decisións do Goberno galego de cara ao seu sector, aínda que agardan a ler o Diario Oficial da Galiza (DOG). A Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, considera que seguen a discriminar parte do sector. "Distinguen o servizo dun restaurante ao dun bar sen contar que hai moitos estabelecementos con licenza de café bar que se dedicaban a dar comidas e ceas", explica a súa voceira Lucía Vázquez. "Que diferenza hai entre un bar e un restaurante para poder estar dúas horas máis traballando?", pregúntase. Vázquez afirma que os restaurantes teñen problemas para realizar a súa función ao contar con clientes "que o que queren é tomar unha caña e, polo tanto, perdes aqueles que o que queren é cear". As dúbidas sobre como serán as medidas a partir deste domingo chegan mesmo á propia organización das obrigas que teñan os negocios. "Aínda non sabemos se os bares teremos que contar con medidores de CO2 ou non", afirma Vázquez. Tampouco están conformes coas medidas de control que impuxo a Xunta polo seu mal funcionamento. "Os códigos QR non funcionan e o rexistro manual de cada cliente dos restaurantes son inoperativos", indica Vázquez a Nós Diario, "ademais de que non obriga a todo o resto de lugares fechados polos que pasa durante o día ese mesmo cliente, nin obedecen aos rastrexos nin a evitar contaxios", engade. Malestar entre o ocio nocturno O ocio nocturno tampouco entende as medidas. "O 30% que temos é unha broma", asegura Serxio Perille, da Hostalaría de Ferrolterra, "e din que sería até as 23 horas, cando fechan tamén os negocios diurnos", engade. A visión da asociación provincial de hostalaría de Lugo é ben diferente. Cheché Real, o seu presidente, afirma que as medidas son "benvidas" e cre que están encamiñadas "a xerar máis fluxo económico e máis emprego". Pensa que son lóxicas ao contar "cunha mellor situación epidemiolóxica". Sen diálogo co sector Lucía Vázquez asegura que sabe das medidas a través dos medios de comunicación. "A Xunta insiste que dialogan co sector mais a Federación da Hostalaría Galega (Hosfega), que é a que conta con máis negocios e representatividade, non está convidada" aínda que asegura que "se solicitaron reunións". Richard Santamarina, vicepresidente de Hosfega, entende que "os que están participando nas conversas agora teñen descoñecemento do funcionamento en xeral das partes da operativa da hostalaría". O turismo nos hoteis a partir de xullo A fin do estado de alarma non tivo repercusión no incremento dos aloxamentos hoteleiros. Fontes do Clúster de Turismo da Galiza sinalan a Nós Diario que hai un cambio de tendencia nas reservas entre o 15 de xullo e o 15 de setembro. O cambio normativo, daquela, non produciu un efecto inmediato e constata que a xente "busca primeiro a seguridade sanitaria". Neste sentido, o sector cre que "as previsións sobre vacinas son determinantes para volver viaxar". A previsión, insisten esta fontes, é "moi positiva sempre e cando se manteñan as pautas de vacinacións" e anima a "non baixar a garda estes días".
PRAZA_9566
O sábado rexistrouse o cuarto colapso no que vai de ano do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo, situado no antigo Hospital Xeral, motivado polo desprazamento dun facultativo para cubrir unha baixa noutro centro da área sanitaria
"Por causas alleas aos traballadores deste centro hoxe falta un médico e non será substituído. Lamentamos e pedimos desculpas polos inconvenientes e esperas que este feito lles poida ocasionar". Un folio pegado na parede con esta mensaxe trataba de desculpar unha situación caótica na sanidade que ten o seu maior exponente na área de Vigo. O sábado rexistrouse o cuarto colapso no que vai de ano do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo, situado no antigo Hospital Xeral, motivado polo desprazamento dun facultativo para cubrir unha baixa noutro centro da área sanitaria. Andrés Carballo, un dos médicos de familia que a pasada fin de semana fixo garda no PAC, explica que nos días laborables sempre estamos catro, pero logo hai un reforzo para o venres, sábado e domingo. "O que está ocorrendo é que cando hai un descuberto nalgún outro PAC da área a solución é desprazar a un dos médicos que estamos en Vigo. "Ti vas traballar ao teu posto de traballo e non sabes onde vas terminar. É unha situación bastante estresante, co que iso supón para a atención aos pacientes", indica. "O sábado quedamos catro profesionais traballando, cando tiñamos que ser cinco e chegou a haber un momento que había catro horas de demora na sala de espera", lamenta Andrés Carballo. "É unha situación moi estresante, estamos sobrecargados. Antes era algo puntual e cada vez é máis frecuente", indica o doutor Andrés Carballo, quen explica que ten garda o próximo domingo e xa está pensando que pasará, "onde me poden mandar"A quenda do sábado comeza ás 15.00 h e é no momento en que chegan os médicos para traballar cando a dirección lles comunica que o único médico do PAC de Moaña ten unha indisposición polo que hai un descuberto total e hai que desprazar a un de Vigo. O problema é que o 061 tamén despraza aos facultativos para atención a domicilios, cando as ambulancias medicalizadas están ocupadas, de xeito que durante varias horas estiveron só dous médicos cunha demanda asistencial moi alta. "É unha sobrecarga do profesional, sobre o que recae a responsabilidade de aumentar o ritmo de traballo para non ter tanta demora de tempo. É unha situación moi estresante, estamos sobrecargados. Antes era algo puntual e cada vez é máis frecuente", indica Carballo, quen explica que ten garda o próximo domingo e xa está pensando que pasará, "onde me poden mandar".Déficit de médicosA situación actual foise fraguando pouco a pouco nos últimos anos ata chegar a un preocupante déficit de médicos. "Na área de Vigo e na comunidade falta persoal. O Sergas escúdase en que non hai xente nas listas, pero non hai xente porque nos últimos anos a Xunta adicouse a botala fóra cunhas condicións de traballo para os eventuais totalmente inaceptables, e a xente que ía terminando a residencia e incorporándose ao mercado laboral como médico de familia que podía estar nunhas listas de contratación marchou a outros sitios", explica Elisa Ausín, médica titular do PAC de Vigo. Moitos profesionais cualificados marcharon entón a outras áreas de Galicia, ao resto de España ou simplemente traballan agora na privada.O Sergas escúdase en que non hai xente nas listas, pero non hai xente porque nos últimos anos a Xunta adicousa a botala fóra cunhas condicións de traballo para os eventuais totalmente inaceptables, lamenta Elisa Ausín, medica titular do PAC de VigoPero a solución no pode ser o novo contrato que aprobou o Sergas. "Galicia copiou o modelo de médico de área do País Vasco, pero en precario, con soldos máis pequenos. Puxo encima da mesa o contrato dos 61.500 euros brutos ao ano, a cambio de traballar 190 horas ao mes sen coñecer o 40% da xornada, o que na práctica quere dicir que hai que estar localizado 365 días ao ano 24 horas ao día", indica Ausín.Coa aplicación deste novo contrato, o que pasou este sábado en Vigo quedaría cuberto porque habería unha morea de traballadores precarios esperando a que o teléfono soase pero con este contrato "vas firmar que non vas estar máis de 15 días no mesmo sitio, polo que un dos piares básicos da medicina de familia, que é a continuidade no trato do paciente non vai ser posible, porque cada 15 días habería un médico distinto", lamenta a doutora.
PRAZA_10905
O presidente da Xunta abre o curso político culpando o xefe do Executivo central da "incerteza" que di que sofren "os traballadores de Alcoa, os das centrais térmicas e milleiros de familias que non saben a quen vender a madeira". "Necesitámoste, cando decidas, con quen decidas", díxolle Pablo Casado.
Aínda que segue sen desvelar se se presentará ou non á reelección nas vindeiras eleccións autonómicas, Alberto Núñez Feijóo foi interpelado este sábado polo presidente do PP a nivel estatal, Pablo Casado, que asegurou que o partido e Galicia "seguen necesitando" ao xefe do Executivo galego. Pablo Casado apelou a Feijóo: "Necesitámoste, cando decidas, con quen decidas"Na apertura do curso político para os conservadores en Cerdedo-Cotobade, Pablo Casado apelou a Feijóo. "Necesitámoste, cando decidas, con quen decidas", dixo, logo de semanas nas que desde Génova se alentou a necesidade de sumar forzas con Ciudadanos e mesmo Vox nas vindeiras citas electorais. Casado asegurou que este curso político será "especial" para o PP e para Feijóo e engadiu que "a bo entendedor, poucas palabras bastan". Fíxoo nun acto na carballeira de San Xusto, no que cargou contra Sánchez, de quen dixo que "por fin recoñece o que quere, a repetición de eleccións". A dureza con Pedro Sánchez non foi menor por parte de Feijóo que acusou o seu goberno de "chantaxe" e de ameazar a Galicia con "recortarlle os servizos públicos" de non haber investidura neste mes. O presidente da Xunta tirou do discurso da aldraxe tras a presentación esta semana dun informe do Goberno galego que avalaría o pagamento dos cartos pendentes ás comunidades por parte dun executivo en funcións. Feijóo acusa a Sánchez de "desprezo" e "chantaxe" a Galicia e cúlpao da "incerteza" do persoal de Alcoa e das térmicas"Non aceptarei que nos reteñan 700 millóns de euros dos impostos dos galegos nin que nos mintan", asegurou o presidente da Xunta, que denunciou o "desprezo" do Executivo central "cos galegos" e a quen acusou da "incerteza" que di que sofren "os traballadores de Alcoa, os das centrais térmicas e milleiros de familias que non saben a quen vender a madeira". Ademais, Feijóo contrapuxo a "estabilidade" e "lealdade" do Goberno galego coa "deslealdade" do Executivo central e animou a Casado a "reconstruír ese gran partido de centro dereito, liberal e reformista". "Se mantemos unido o que está en Galicia, seremos a alternativa á esquerda, ao populismo e ao independentismo", rematou.
NOS_40487
O sector avoga por retomar as mobilizacións tras cualificar de "desastrosa" a xestión política após o estado de alarma de cara a reactivación do lecer nocturno e os espectáculos.
Os locais de lecer nocturno galegos facturaron no mes de agosto deste ano 6,37% dos ingresos que obtiveron no mesmo período de 2019. Así se desprende do informe realizado pola asociación Galicia de Noite que, xunto a España de Noche presentou os resultados do sétimo estudo sobre o impacto da Covid no sector do ocio e os espectáculos. Expectativas frustradas A realización do estudo compara a situación do sector durante o segundo verán da crise pola pandemia con respecto ao verán de 2019. Neste sentido, o estudo revelou que os locais galegos apenas alcanzaron 6,37% do que facturou en 2019, "moi por baixo" da media estatal, que se sitúa en 11,46%. Con respecto á percepción do sector a nivel nacional sobre o funcionamento do verán, "teniendo en conta as expectativas favorábeis que xeraban o final do estado de alarma e a evolución positiva da enfermidade durante a pasada primavera", o sector fai unha "valoración crítica e moi negativa" da xestión política da última fase da crise do coronavirus. Nunha escala de 1 a 10 para valorar o cumprimento das expectativas que tiña o sector sobre como ía funcionar o verán, o colectivo empresarial outórgalle unha puntuación de 1,6. Só 8,2% dos enquisados cubriron as expectativas que tiñan para este verán. Para 91,8% "a xestión política tras o final do estado de alarma resultou desastrosa para a reactivación da actividade do lecer e os espectáculos". Axudas económicas En relación ás axudas económicas que recibiu o sector na Galiza, "nun escenario tan dramático", as Pemes galegas "apenas recibiron axudas por parte das Administracións, e só por 14,21% do valor das perdas acumuladas", neste caso, "un pouco por riba de 12,5% da media estatal" durante estes 17 meses. Mobilizacións O estudo constata que 96,2% das empresas consultadas en todo o Estado ("centenares") considera que "a situación actual do sector é insostíbel" polo que ve necesario "reactivar o calendario de actos de protesta e mobilizacións", para reclamar as axudas económicas necesarias para compensar "a súa crítica situación". Ademais, reclaman un plan para a reactivación do sector con carácter inmediato que "permita recuperar a súa actividade ao 100%, durante o próximo mes de setembro". As causas da "ruína" Con respecto ás causas do "fracaso da tempada de verán", 83,2% dos locais enquisados considera que a principal causa da súa "ruína" durante o mes de agosto "foron as restricións impostas polas comunidades autónomas aos locais de lecer", que "impediron contar cun dique de contención fronte ao ocio irregular, festas e aglomeracións que se están vendo de forma repetida". Ademais, 80,5% das Pemes considera que foi "a incapacidade de afrontar a problemática do botellón por parte das Administracións" a causa da evolución negativa da tempada no verán, seguida da "incapacidade" de implantar o certificado sanitario para un 72,3%.
PRAZA_3747
Feijóo asegura que se están a empregar os recursos da sanidade privada "en función do equipamento e especialización" de cada centro
Feijóo asegura que se están a empregar os recursos da sanidade privada "en función do equipamento e especialización" de cada centroO Goberno galego xa está a avaliar onde serían os mellores emprazamentos para posibles hospitais de campaña nas cidades da Coruña e Santiago, as dúas que o Sergas considera máis necesitadas de novos espazos hospitalarios en caso de que a epidemia os requira. Así o confirmou este domingo o presidente Feijóo, que avanzou que o martes o Goberno galego podería ter claro cales serían os lugares nos que se instalarían. Na rolda de prensa posterior á videoconferencia que mantivo con Pedro Sánchez e o resto de presidentes autonómicos, Feijóo foi preguntado pola posibilidade de ter que instalar hospitais de campaña. Sen dicir se o Sergas considera que vaian ser necesarios e cando, Feijóo admitiu que xa se está a estudar esa posibilidade.Segundo dixo, os novos hospitais de Lugo e Vigo "teñen moita capacidade", e en Ourense "poderíase adecuar o Hospital Piñor", pero xa se están a buscar "alternativas" na Coruña e Santiago. "E estamos analizando Ferrol", engadiu. Feijóo xa foi cuestionado o xoves no Parlamento pola posibilidade de que en Santiago o lugar elixido sexa o pavillón multiusos do Sar despois de que o Concello retirase nos últimos días bancadas supletorias e mudase o chan do amplo espazo principal do recinto.Segundo Feijóo, este luns "probablemente" se tome unha decisión que se podería facer pública o martes sobre os posibles lugares nos que habilitar hospitais fóra dos actuais "públicos e privados". Sobre estes últimos, o presidente asegurou que o Sergas xa está a utilizar os seus recursos, sen indicar cifras concretas, "en función do equipamento, carteira de servizos" especialización ou outras características de cada hospital privado "co obxectivo de que cada paciente estea o mellor atendido posible". Feijóo asegurou que "estamos utilizando camas e UCI no conxunto de Galicia" pero que a utilidade dos hospitais privados varía en función do seu tamaño, especialización ou camas de UCI dispoñibles.O presidente tamén asegurou que a situación nas residencias de maiores "segue sendo o foco de maior preocupación en Galicia", con xa máis de douscentos residentes infectados. Canto á evolución dos contaxios, Feijóo asegurou que esta semana non se producirá aínda o pico. "Virán semanas peores", dixo.
NOS_1929
O entroido estoupa por todo o país e, en Laza, os peliqueiros están a punto de poñer a súa máscara. Algunhas delas están pintadas pola artista Olalla Diéguez, filla de artesán de caretas, que nos achega a todos os ritos e costumes dun dos entroidos galegos máis populares.
Peliqueiros, a morena, a bica branca, os folións ou o xastré son elementos imprescindíbeis do entroido de Laza. A artista Olalla Diéguez coñece cada unha das tradicións, vive con intensidade cada un dos costumes e contaxia entusiasmo polas populares festas. Con dezasete anos pintou a primeira careta de peliqueiro. A súa condición de artista naceu na propia casa, traballando canda o seu pai Paco Diéguez, artesán que leva tamén desde moi novo construíndo caretas. Despois, Olalla estudou Belas Artes e todo o que aprendeu serviulle para a súa maneira intensa de vivir o entroido máis popular. Agora continúa a pintar caretas e leva tamén varios anos gañando o concurso de cartaces das festas en Verín talvez porque sabe coma ninguén transmitir a emoción do entroido tradicional. "Meu pai fai as caretas e eu as pinto. O traballo é laborioso. A madeira de ameneiro vai tallada nunha única peza. Hai que cocela nunha poeta con auga. A parte de arriba, a mitra, é metálica e normalmente vai pintada cun animal que é o tótem e representa a quen a leva", explica Olalla Diéguez do proceso de elaboración da careta do peliqueiro, considerada unha alfaia nas casas de Laza, un concello no que o entroido se vive intensamente. Desde comezos de ano os peliqueiros póñense o traxe para se preparar para a festa e no patio do colexio as crianzas imitan as saídas e as carreiras dos populares personaxes do entroido. "Eu só puxen o traxe dúas veces. Hai que adestrar moito porque é moi pesado. Meu pai é peliqueiro de sempre. Desde comezos do ano comezan a poñer as chocas, as campás que se levan no cinto e a zamarra e saen a correr polas rúas. Sería moi difícil poñelo por vez primeira o día da estrea", comenta, deses traxes que son tesouros en Laza e que, en cartos, teñen un valor por volta dos 2.000 euros, arredor de 400 só a careta. A figura máis respectada Como é a actividade dun peliqueiro? "Pois neste momento está permitido saír coas chocas e a zamarra, mais coa careta só se pode o día da estrea que é o domingo de entroido. Ao remate da misa os peliqueiros van saudar á xente que sae e despois van correndo nas distintas aldeas. A calquera que se lle cruce poden darlle o lategazo xa que eles impoñen a lei do entroido, son a figura máis respectada". A segunda e terza feira de entroido os peliqueiros tamén teñen actividade. Son os días que saen co traxe completo. Como os cigarróns de Verín, as pantallas de Xinzo, os felos de Maceda, os boteiros de Viana ou Vilariño de Conxo, en Laza viven estes días con emoción o momento de se meter na pel do peliqueiro. "Cada un vístese na súa casa, logo xúntanse e van facendo o percorrido. O de Laza conservouse mellor que outros, pode ser que por estar máis afastado e menos exposto ao foráneo. Conserváronse todos os rituais", sinala Olalla antes de pasar a enumerar as distintas tradicións que teñen a ver, en moitos casos, con ancestrais ritos de fertilidade. Xastré e bica branca As comidas son fortes consonte ao frío do tempo. A bica branca e o xastré non poden faltar para apañar enerxía para as duras xornadas. O domingo, día da estrea, é cando os peliqueiros saen xa coa careta, repártese a bica branca. A segunda feira conmemórase o día do boraleiro, a festa da farrapada na que se tiran trapos suxos, cheos de lama. Xa á tarde bótanse as formigas e baixa a morena, unha cabeza de vaca de madeira portada por un home acompañado dunha ampla comitiva. A morena levántalle a saia ás mulleres e as persoas que van canda ela aproveitan para darlles cos toxos, un costume tamén relacionado coa fertilidade. A segunda feira é o día do testamento. Simúlase a morte dun burro e faise o seu reparto á maneira de legado satírico que se aproveita para poñer en público algúns dos principais acontecementos do ano, mentando tamén a viciños e viciñas. Máscaras art decó "Cada día ten o seu significado e son moitos os costumes que se conservan do noso entroido. Co tempo dinme conta dos paralelismos con rituais de tribos americanas e africanas, do seu carácter ancestral que perdura e que vivimos como un tesouro que nos chega da noite dos tempos", di Olalla Diéguez gabanciosa da nova morena que construíu seu pai e que desfilará este ano en Matamá. A súa condición de artista queda á vista no resultado das súas máscaras. Pinta ao óleo, dándolle varias capas de pintura e unha de barniz para protexer. "Ao seren tan laboriosas requiren moitas horas por iso pido que mas encarguen con tempo", anota Olalla que procura seguir a tradición á hora de elaborar as súas pezas, aínda que poña da súa man novos e anovadores elementos decorativos. "No entroido de Laza a xente tende a ser purista e non saír da estética de sempre", continúa malia que agora están tentando recuperar a través de fotos as imaxes das máscaras dos anos trinta. "Daquela había un artesán que facía caretas ao estilo art decó, igual pintaba un animal mais facíalle motivos vexetais arredor. Con outro tipo de decoración. Son verdadeiras obras de arte", explica, dunhas máscaras que quere reproducir no seu estudo para futuros entroidos de Laza.
NOS_4551
O PP fica só a prol da universidade privada.
Tras un longo percorrido, o proxecto de lei de recoñecemento da Universidade Intercontinental da Empresa (a universidade privada impulsada por Abanca) xa é realidade, coa súa aprobación onte no Parlamento cos votos do PP e o 'non' dos grupos da oposición, BNG e PSdeG, que cargaron contra un proxecto que "duplica" as titulacións que xa ofrecen as universidades públicas galegas. Así, a creación da universidade privada superou hoxe o seu último trámite lexislativo coa aprobación do texto normativo que permitirá a implantación dun modelo que se prevé que se poña en marcha no curso 2022-2023. No debate, o deputado do PP Ovidio Rodeiro reivindicou a "aposta firme" da Xunta pola universidade pública cunha conxelación das taxas desde hai 11 anos, cuestión que a deputada do PSdeG Noa Díaz lle reprochou que, estando a favor da medida, non repercute positivamente nas universidades ao non compensar a Xunta a perda de ingresos polas taxas cun incremento do financiamento universitario. O deputado Manuel Lourenzo (BNG) recriminou a creación dunha universidade que "non responde ao interese xeral, senón ao de Abanca" e criticou que non se aceptaran as emendas da súa formación para destinar 35% dos ingresos a bolsas e 25% a investigación universitaria na Galiza. O nacionalista tamén criticou que o PP impedira a comparecencia dos tres reitores das universidade galegas no Parlamento, os cales xa se teñen postulado en reiteradas ocasións contra o proxecto de universidade privada na Galiza. Aliás, cualificou de "fraudulenta" a tramitación da lei e recalcou que duplica titulacións do sistema universitario galego con prezos anuais por título que superan os 11.000 euros de media. A socialista Noa Díaz tamén puxo o foco en que as instalacións que se empregarán "proveñen do patrimonio social das caixas galegas", pagado por todas e todos os galegos cos seus aforros. Díaz instou a Xunta a "aumentar" o financiamento estrutural das institucións educativas públicas e as bolsas, e a promover contratos que permitan rexuvenecer o seu persoal. Tras o debate, o deputado socialista Pablo Arangüena pediu a palabra para denunciar a "manipulación" da votación, xa que, segundo sinalou, o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, "agardou até que estivo presente [a maioría do PP] para aprobar a lei".
NOS_40888
Nunha rolda de imprensa conxunta co movemento de solidariedade con Escocia, Ana Miranda, sumouse á rede de apoio para a independencia.
A poucas semanas do referendo de autodeterminación en Escocia, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) amosou publicamente o seu apoio ao 'Si'. Nunha comparecencia conxunta con Pilar Fernández e James Douglas Naismith, integrantes do movemento de solidariedade con Escocia, a responsábel da área de internacional do Bloque, Ana Miranda, asegurou que "votar é o máis democrático" polo que salientou "estamos a favor do Si ao igual que o movemento civil e organizacións políticas que amosaron o seu compromiso" coa independencia "a través da campaña Yes Scotland". Desde a organización frontista amosáronse optimistas en relación cos resultados da consulta na que, di, están cert@s de que vencerá o 'Si', malia o comportamento "abusivo e hipócrita" que está a amosar o Reino Unido, denunciou Pilar Fernández. Solidarity with Scotland denuncia a campaña de "presión" que está a desenvolver o Reino Unido através das embaixadas e altos comisionados Neste senso, Fernández asegurou que @s británicos están a exercer "presión internacional" através das súas embaixadas e altos comisionados para mobilizar o voto unionista e promover o rexeitamento dunha Escocia independente noutros países. En resposta a isto Solidarity with Scotlanddecidiu enviar diversas cartas ás embaixadas denunciando esta práctica que socava e tenta interferir nun debate pacifico, democrático e legal entre a cidadanía escocesa. Tamén interveu na comparecencia James Douglas Naismith, escocés na diáspora e residente en Galiza asegurou que o exercicio do dereito de autodeterminación en Escocia "axudará" a outros territorios na súa loita pola independencia ao tempo que subliñou os "vínculos" existentes entre Galiza e a illa.
NOS_37916
Ontoloxía poética é o título da obra que reúne dúas décadas de creación lírica do dramaturgo e director de escena compostelán Carlos Santiago. O volume recolle algúns dos textos que o autor foi incluíndo en pezas teatrais, monólogos e performances, e afronta agora as últimas semanas de campaña de micromecenado a través do portal Verkami. Conversa con Nós Diario sobre este proxecto que lanza da man do seu amigo e tamén escritor Carlos Meixide.
-Cal foi o detonante para volver publicar? O único libro de poemas que publiquei foi Metalurxia, en 1996, e despois tomei a decisión de facer poesía en modo escénico e oral ou performático. Parecíame un proxecto máis interesante, aínda que sempre escribín poesía, prefería desenvolvela cun discurso escénico directo. Pasados máis de vinte anos, acumulei unha produción poética que combinei en milleiros de proxectos en teatro, recitais, actos anarquistas... E todo este material comezaba a pesarme na memoria emocional e tomei a decisión de publicalos e deixalos correr a súa vida, mandalos de volta ao inferno do que saíron. -Que textos contén esta obra? Organicei o material en cinco capítulos ou unidades nas que a primeira, "O paxaro mecánico", é unha poesía máis íntima, que non deixa de estar virada contra a realidade. "Caderno de notas", que eu levaba comigo e onde anotaba ideas e poemas, agora transmitido tal cal, do que saíron ducias de pequenos textos que usei en milleiros de cousas, é como unha especie de repertorio... ao modo de poeta language, que é unha das miñas referencias poéticas. "Soviet punk" recolle unha poesía que ten máis a ver co activismo social e cultural no que andei metido. Logo está "As cinzas de Pasolini", un monólogo que considero un poema en prosa. E, finalmente, "Ontoloxía da incógnita", unha reflexión poético-filosófica sobre a nación, que remata na "Elexía F", dedicada a un amado amigo que xa non está. -E como xorden o mecenado e a asociación con Meixide como editor? Á parte da relación de amizade e mutua comprensión, e da proximidade que temos en moitos sentidos, paréceme que o seu modelo baseado na autoedición e no micromecenado é unha das maneiras máis intelixentes de poder publicar hoxe en día. Non estás preso ás imposicións das editoriais convencionais, que teñen todo o dereito a impor o que queiran, mais que tamén era unha das razóns polas que a min non me apetecía publicar. Estes novos medios e con alguén como Meixide, que xa experimentou outros libros, non só os del, tamén o Bestiario do vestiario de Martiño Suárez ou Escándalo no CDG de Corinna Marx, pareceume o método máis xusto que podía atopar. Á parte, ao tratarse de largarlle ao público nada menos que cinco poemarios, desafío bastante importante, a medida de que se non consegues o obxectivo económico non hai publicación paréceme moi sa e moi xusta. -Imaxino que a valoración da campaña é positiva... Si, a falta de 300 euros aínda quedan dúas semanas e agardamos chegar sen problema, e que incluso nos dea algo de rédito, así de entrada, un libro de poesía, incríbel (ri). -Unha das recompensas consiste en facer un recital... Si, e funcionou moi ben mais quedou limitada polo tema das restricións sanitarias pola Covid-19. En realidade había cinco recitais apalabrados, á parte dos dous que agora están xa precontratados, posto que estes non teñen problema de datas e poden agardar a que a pospandemia se estabeleza un pouco máis... Os outros mecenas interesados querían facer os recitais de inmediato, unha vez finalizada a campaña, e non é posíbel. Pero hai máis locais sociais e bares interesados, así que despois haberá actuacións... Ontoloxía poética sae ao público en 14 días, e a partir de aí, cando isto mellore, agardo poder facer unha presentación, un evento con convidados especiais e músicos aquí en Compostela.
NOS_27342
O número de persoas desempregadas baixou en xullo até 260.198, unhas nove mil menos que no mes anterior. Mais o tirón do turismo non pode ocultar que actualmente hai na Galiza un 17% máis de parad@s que hai 12 meses
Xullo e agosto son, tradicionalmente, meses en que o paro descende por mor da contratación no sector servizos (principalmente na hostalaría) para facer fronte á campaña turística. Mais esta baixada estacional de desempregad@s é, neste verán, menor que en anos anteriores. Así, aínda que en xullo descendeu en 9.000 persoas o número de parad@s respecto de xuño, esta baixada é moito menor que en veráns pasados. De feito, na Galiza hai actualmente perto dun 17% máis de persoas en paro que hai un ano. A nivel do estado, o paro reduciuse en máis de 27.000 persoas, dándose os maiores descensos en Andalucía e Galiza. Mais esta baixada no desemprego non ten correlación nun repunte semellante en postos de traballo: o número medio de afiliad@s á Seguridade Social aumentou no estado en menos de 5.000 persoas en xullo Evolución O propio goberno español afirmou que os datos de desemprego son "coherentes" coa situación que atravesa o estado. Hai uns días, o propio ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, recoñecía que as previsións que manexaban contemplaban que se pechase o ano cunha taxa de desemprego superior ao 24 por cento. Porcentaxe, por certo, que organismos como a OCDE ou FMI prevén que aumente en 2013.
NOS_10511
O rexedor, Fernando Suárez, afirma que se atopa en bo estado e ten previsto continuar co traballo desde a súa casa, onde fica en corentena.
Un novo caso de contaxio da Covid-19 nunha persoa que xa completara a pauta de vacinación volve amosar que a pandemia segue activa na Galiza. Se até o de agora transcenderan os casos activos de varias usuarias de residencias de maiores e doutras persoas, agora é un cargo público o que comunica que padece coronavirus. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, xa tiña completada a inoculación da vacina contra o virus cando sufriu o contaxio. Agora permanece no fogar en corentena polo positivo. "A pesar de ter desde hai días as dúas doses da vacina contra a Covid-19, acabo de recibir os resultados dunha PCR á que me sometín esta fin de semana por notarme con algún dos síntomas propios desta enfermidade", explica o propio afectado. Suárez asegura que se "atopa ben" polo que ten previsto traballar "por medios telemáticos" para que o Concello teña un "normal funcionamento" nos próximos días. Malia insistir no seu "perfecto estado de saúde", o rexedor subliñou que a súa situación debe trasladar publicamente que "nin a vacina evita que se poida contaxiar". De feito, deste asunto xa teñen falado diversos profesionais, que remarcaron que os fármacos poden inmunizar por completo ou reducir a afección da enfermidade en caso de contraela. Unha nova vítima Nesta segunda feira tamén transcendeu que a Covid-19 causou unha nova vítima na Galiza. As autoridades sanitarias comunicaron o pasamento dunha muller de 76 anos que eleva o número de mortes relacionadas coa pandemia até as 2.443. O que non transcendeu é se esta persoa, que estaba a ser atendida no hospital compostelán e padecía patoloxías previas, tamén fora vacinada.
PRAZA_16091
DOCUMENTO | As entidades transfronteirizas da Península, coordinadas desde o Eixo Atlántico, entregan a súa proposta aos gobernos de España e Portugal
O Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal vén de entregar esta semana a altos cargos dos gobernos de España e Portugal unha proposta de novo tratado de cooperación transfronteiriza entre os dous países que substitúa o actual, asinado en Valencia en 2002. A proposta, que o Eixo presenta como portavoz de toda a Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), aposta por unha cooperación "orientada ao cidadán e á resolución dos problemas prácticos específicos dos territorios" transfronteirizos. As entidades transfronteirizas da Península, coordinadas desde o Eixo Atlántico, entregan a súa proposta aos gobernos de España e Portugal Os Gobernos de España e Portugal iniciaron o proceso para acordar un novo tratado de cooperación transfronteiriza, marco no cal se producen agora as achegas das entidades que máis directamente deben enfrontarse aos problemas da cidadanía ao longo de toda a fronteira peninsular. "A proposta para o novo tratado recolle a idea de que as relacións entre España e Portugal, países que comparten a fronteira máis longa e estable de Europa, non poden ser só relacións de Estado entre Lisboa e Madrid, senón unha comunicación dual que contemple tamén os intereses dos cidadáns a ambos os dous lados da fronteira", salienta o Eixo Atlántico. A proposta das entidades transfronteirizas tamén avoga por crear un novo marco de xurídico no que o novo tratado se converta "en fonte de dereito transfronteirizo, especialmente na creación de entidades con personalidade xurídica, que deben dispor dun réxime xurídico e fiscal propio que atenda á súa natureza de ámbito supranacional". O documento foi presentado polo presidente da RIET e alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, xunto co secretario xeral do Eixo e da RIET, Xoán Vázquez Mao, esta semana en Lisboa a altos responsables do Ministerio de Negocios Estranxeiros de Portugal como o director xeral de Asuntos Europeos, Rui Vinhas; o secretario xeral do Ministerio, Álvaro Mendonça Moura; a secretaria de Estado para Asuntos Europeos, Ana Paula Zacarias, e a asesora diplomática do presidente da República, Ana Martinho. Este mércores tamén foi presentado en Madrid ao director xeral para Europa do Ministerio de Asuntos Exteriores, Juan López Herrera. Vázquez Mao co director xeral para Europa do Ministerio de Exteriores, Juan López-Herrera, e o ex-embaixador de España en Portugal Eduardo Junco
NOS_14595
As problemáticas da Galiza que BNG e PSdeG formulan na Cámara galega no punto plenario de preguntas ao presidente semella que nunca van con Feixoo.
Reactivación económica e a situación da mocidade galega. Estes son os dous temas que centraron esta cuarta feira a sesión de control ao presidente galego no Parlamento. Mais poderían ser a situación industrial, o saneamento das rías, o estado da dependencia e da sanidade, a política deportiva ou calquera outro tema que a oposición leve a esta cita. Semella que as cuestións do día a día que afectan a Galiza dependen ou son responsabilidade de todos agás do presidente da Xunta. Ou dos concellos, do Estado ou de Bruxelas mais o que pasa en Galiza semella que nunca é cousa do Goberno da Galiza. Ana Pontón (BNG) levou á sesión de control a situación da mocidade galega ("paro, precariedade e emigración") e Feixoo acabou enlamando o debate falando de que en Alemaña os partidos independentistas non son legais. Gonzalo Caballero (PSdeG) criticou a ausencia de ideas claras do Goberno galego en canto á reactivación económica da Galiza e acabou sendo acusado de que a Galiza o Estado lle deba 800 millóns de euros. O presidente ten resposta para todo, outra cousa é que sexa a resposta á pregunta que lle formula a oposición no Parlamento e que el, por responsabilidade co cargo, debería contestar. Mais non hai resposta, hai balóns fóra. Sesión de control no Parlamento: Feixoo e a arte dos balóns fóra. Podes ler a noticia en https://t.co/P8LVd0Cn36 pic.twitter.com/LIzd8Js9et— Nós Diario (@NosDiario) July 14, 2021 A portavoz nacionalista propuxo que o Executivo galego se comprometese con políticas de vivenda e plans de emprego que permitan que "unha nova xeración de galegos non teñan que emigrar". Instou o presidente a asumir "responsabilidades" fronte a uns problemas que non son "problemas da mocidade, son problemas de país". Ana Pontón propón que o Executivo galego se comprometa con políticas de vivenda e plans de emprego que permitan que "unha nova xeración de galegos non teñan que emigrar". Contámoscho en https://t.co/P8LVd0Cn36 pic.twitter.com/Y8WBa8Qgv2— Nós Diario (@NosDiario) July 14, 2021 Mais o presidente non estaba para "problemas de país". Estaba para dicir que a el o que lle prestaba era unha mocidade "que sexa libre, non adoutrinada" e para acusar o BNG de "intoxicar con datos falsos". "Cales son as propostas do seu Goberno para dar futuro á mocidade estaba noutro discurso, dirixido a outros receptores: "Sería bo que vostedes dedicasen o Día da Patria Galega a falar máis de Alemaña...", "a vostedes só lles interesa o país minoritario que representan...", "Temos o sistema educativo máis equitativo de España...". E igual con Gonzalo Caballero. O portavoz socialista criticou os recortes e falta de medios e persoal no ensino, sanidade, no sistema de coidadados... "Vostede, que ten competencias, non sabe que facer e seguimos sen rumbo", reprochou a Feixoo. "Tivo 116 millóns de euros metidos nun caixón durante meses en ves de gastalos no que facía falta en plena pandemia". Gonzalo Caballero critica a ausencia de ideas claras do Goberno galego en canto á reactivación económica da Galiza e acaba sendo acusado de que a Galiza o Estado lle deba 800 millóns de euros. Obtén máis información en https://t.co/P8LVd0Cn36 pic.twitter.com/nFsEIVtbhT— Nós Diario (@NosDiario) July 14, 2021 O presidente nin se inmutou e retrucou con que o PP gañara as eleccións e punto. "Cono Rita Barberá, Como Camps", contestou Caballero... "mais a política é dar resposta aos problemas dos cidadáns e non mirarse no espello do PP a dicir que gañou eleccións".
PRAZA_1500
Mira se é pícaro o señor Montoro, que mesmo aproveitou o primeiro día de traballo dos alcaldes que non comungan coas súas gaitadas, para felicitalos coa dentada de que debían ter moito coidadiño con adoptar resolucións sobre asuntos que non sexan da súa competencia.
"Os classificadores de coisas, que são aqueles homens de ciência cuja ciência é só classificar, ignoram, em geral, que o classificável é infinito e portanto se não pode classificar". (O livro do desassossego, Fernando Pessoa). Mira se é pícaro o señor Montoro, que mesmo aproveitou o primeiro día de traballo dos alcaldes que non comungan coas súas gaitadas, para felicitalos coa dentada de que debían ter moito coidadiño con adoptar resolucións sobre asuntos que non sexan da súa competencia. O ocorrente ministro está disposto a rillarlle as entrañas aos edís que teñan o descaro de rebulir no alzadeiro das viandas prohibidas, e se atrevan a gastar un só euro dos orzamentos, co pretexto de que é da súa incumbencia resolver necesidades e demandas urxentes da veciñanza máis desfavorecida, a pesar de non gozar da competencia legal para facelo. (Despois de ler semellante noticia nos xornais, refollei no dicionario da Real Academia Galega e atopei a definición da palabra trécola, coma unha persoa que fala moito pero con pouco sentido e sen xeito). Se cadra é pola miña insufrible hernia de hiato, mais o caso é que a min revolveseme o estómago cada vez que este paladín da regra de gasto e do equilibrio orzamentario –el chámalle legalidade- se pon tan cacheiro, polas simples sospeitas de que algún representante veciñal pretenda gastar parte dos recursos dispoñibles en socorrer, verbi gratia, aos que carecen dun teito onde pórse a cuberto. E sen embargo non se moleste unha chisca en escribir un twitter, para tirarlle das orellas aos presidentes e deputados que xa manifestaron a súa disposición para duplicar e atender servizos e vicios que superan o elenco das competencias das deputacións provinciais. Se cadra, o ofuscamento por tocarlle o nabo aos novos alcaldes, ansiosos de resolver os graves problemas que levan tempo abafando a unha parte da veciñanza, prodúcelle, a tan insigne representante do estado, tal grao de amnesia que nin sequera pode recordar que a lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada, caprichosamente modificada polo señor Montoro, determina no seu artigo 31.2: "Son fins propios e específicos da provincia garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais", de paso que lle recorda aos xestores dos entes provinciais –e ao autor da pantomima dos alcaldes- que deben encamiñar o gasto cara aqueles concellos que non chegan aos 20.000 habitantes (artigo 36). Ah! Ao meu tío Lisardo seica está a piques de caerlle a alma aos pés, observando como significados políticos, con mando en praza ou responsabilidades de goberno nas principais cidades galegas, andan argallando presidencias e repartindo orzamentos, sen que os alcaldes e deputados provinciais que representan aos concellos máis pequenos teñan a intrepidez de preguntarlle ao preclaro Montoro e aos conspicuos negociadores urbanos, que carallo pinta na lei o artigo trinta e seis!
NOS_16917
"Uns cafés e un billete de tren". Iso foi máis o menos o que lle custou á facenda do Concello da Coruña a realización da cimeira de alcaldes "rebeldes" de todo o Estado, decorrida esta fin de semana na cidade.
A realización dunha cimeira dos alcaldes que se autodenominan como rebeldes na Coruña a poucos días do comezo da campaña saldouse con críticas por parte da oposición, que foron especialmente duras no caso do Partido Popular. Con efeito, o vicepresidente da Xunta avanzou que o grupo municipal conservador "solicitará dados" no concello sobre os gastos no que tivese incorrido a Administración coruñesa. "Xa veremos se iso que parece -que Podemos convida e os cidadáns pagan- realmente é así. Se fose así, o PP exercería as accións correspondentes diante da xunta eleitoral". Estas críticas de Rueda ao hipotético uso partidista e eleitoralista de fondos públicos a poucos días do comezo da campaña eleitoral foron contestadas polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, no programa "O Coruñés Opina" de Radio Coruña-SER. Ferreiro: "Ter aquí 50 persoas traballando durante dous días eu creo que para as arcas municipais puderon ser 300 ou 400 euros" "Ter aquí 50 persoas traballando durante dous días eu creo que para as arcas municipais puderon ser 300 ou 400 euros. Uns cafés e un billete de tren e xa está. Non houbo máis", dixo entre risos. Ferreiro xustificou así o gasto no evento: "Non sei cando se deu unha reunión destas características na Coruña, cando se proxectou así Coruña a todo o Estado, cando as radios e as televisións estiveron pendentes do que estaba aquí pasando. Non sei cantas veces pasou isto na Coruña e por un prezo tan módico". Na cimeira -denominada Encontro de Cidades polo Ben Común- estivo a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, non así a de Madrid, substituída pola porta-voz Rita Maestre. Canda elas, e para alén do anfitrión Ferreiro, participaron Martiño Noriega (Santiago), José María González 'Kichi' (Cádiz), Jorge Suárez (Ferrol), Pedro Santisteve (Zaragoza) e Joan Ribó (Valencia). A Marea Atlántica enfatiza que o acto realizado o sábado en Palexco foi sufragado polos fondos propios desta plataforma cidadanista.
PRAZA_4715
Falamos sobre a situación de Ferrol Vello cos representantes da Comisión Cidadá pola Recuperación do barrio e co arquitecto Miguel Raimúndez, ex concelleiro de Obras e Vivenda da cidade
O vindeiro sábado 8 de febreiro celebrarase unha asemblea aberta, convocada pola Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello, que servirá como punto de encontro e debate entre os veciños sobre a situación do barrio, e tamén para poñer en coñecemento de todos as opcións existentes para a súa recuperación. A Asociación de Veciños leva tempo denunciando a desidia do Concello e da Xunta, tanto pola falta de investimento e atención neste lugar e pola non aplicación das ferramentas normativas coas que contan para evitar a degradación das vivendas e iniciar a súa recuperación. Tamén se denuncia directamente a actitude dunha parte dos propietarios. Sexa como for, o proceso de deterioro non se frea. Hai case un ano a rúa Carmen Curuxeiras foi pechada e hai unhas semanas tres edificios tiveron que ser desaloxados polo perigo de derrube. Este grupo de veciños e veciñas demanda unha serie de accións concretas e urxentes, que deben pasar pola acción directa das administracións e polo cumprimento das obrigas de conservacións e rehabilitación que lles corresponden aos propietarios. Sinalan que "Ferrol Vello non é un problema enorme: dúas actuación integrais públicas, en Carmen Curuxeiras e en Argüelles, ao modo de como se fixo na Tinería en Lugo ou se está a facer no Casco Vello en Vigo, e unha política de rehabilitación contundente cambiaríano por completo". Os veciños están asesorados por expertos, como o arquitecto Miguel Raimúndez, ex concelleiro de Obras e Vivenda da cidade, que denuncia que o Concello e a Xunta non actúan contra estes propietarios, para que cumpran as súas obrigas de conservar os edificios: "Isto non se fai, porque require medios e moito interese. Nestes últimos 15 días o Concello si que comezou a facelo, enviou ordes de execución e executou directamente. Pero faise así, a golpes, cando cae unha fachada, non hai unha política estrutural". Engade que "Xa vemos cal é a actitude dos propietarios privados, pero o Concello ten moitas armas ao seu dispor. E a Xunta tamén, pois ten a potestade lexislativa de actuar no lugar dos propietarios e pasarlles factura". Tamén chama a atención sobre o feito de que "a propiedade dos inmobles está moi concentrada" e que "practicamente tres persoas concentran boa parte dos inmobles abandonados da zona". A propiedade dos inmobles está moi concentrada e practicamente tres persoas concentran boa parte dos inmobles abandonados da zona Entre as medidas "urxentes" que tamén reclama a Comisión, están "garantir a seguridade no espazo público e abrir a rúa que está pechada agora mesmo. E asegurar que os solares que non están pechados, ben porque están baleiros ou porque son casas en ruína, non comuniquen o problema aos inmobles colindantes". A medio prazo, para Raimúndez, cómpre "facer un inventario deses predios e edificios abandonados e esixir a súa rehabilitación forzosa. E se o propietario non o rehabilita, sacalo a poxa pública". Engade que "coa Lei de Vivenda na man, tamén se poden expropiar". Décadas de abandono Os veciños levan reclamando solucións dende os anos oitenta e noventa. A decandencia do barrio comezou antes, xa nos sesenta ou setenta, cando Ferrol Vello deixou de ser definitivamente porta de entrada á cidade, da xente que chegaba en barco, xa que a ponte das Pías facilitaba que a entrada en Ferrol se fixese polo extremo contrario". Ademais, o derrubo do barrio de Esteiro trasladou a Ferrol Vello a consideración de "zona de marxinalidade" coa que contaba, converténdose este en "barrio refuxio" e zona de prostitución. "Son espazos centrais da cidade, con moito potencial por estar ao lado do porto. Pero non poden estar en mans de 'xente normal'. Polo tanto, prodúcese un abandono, deixan de prestarse servizos, non se limpan as rúas, non se rehabilita, deixa de ser cómodo vivir aquí" Isto foi acompañado, lembra Miguel Raimúndez, "por unha serie de políticas dende o Concello que primaron o barrio da Madalena, que é o outro casco histórico da cidade, fronte a este, que é o casco orixinal. Ao ter dous cascos históricos, primouse o que tiña máis potencia comercial, máis centralidade e máis nivel social". Raimúndez engade que "a outra causa é algo xeral que se produce en todos os cascos históricos do sur de Europa, que é unha política de abandono especulativo, como sucedeu por exemplo no Orzán na Coruña. Son espazos centrais da cidade, con moito potencial por estar ao lado do porto. Pero non poden estar en mans de xente normal. Polo tanto, prodúcese un abandono, deixan de prestarse servizos, non se limpan as rúas, non se rehabilita, deixa de ser cómodo vivir aquí, e iso facilita o abandono e a despoboación". Raimúndez conclúe que o investimento público que necesita o barrio para a súa recuperación debe facerse, tamén, "por xustiza social" pois "hai xente que leva catro décadas aquí, aguantando o abandono, o lixo e as ruínas. Non é agradable vivir rodeados de ruínas". E sinala que os plans de futuro que se decidan sobre o barrio, nomeadamente o plan especial que debe ser aprobado, "non deben servir para premiar os propietarios que colaboraron nesta degradación abandonando os seus edifcios, non sería xusto". "A carta branca e a falta de protección non trouxeron máis que abandono e ruína" Raimúndez sinala que os plans de futuro que se decidan sobre o barrio "non deben servir para premiar os propietarios que colaboraron nesta degradación abandonando os seus edifcios, non sería xusto" A Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello celebra este sábado unha asemblea informativa. Falamos cos seus impulsores sobre a situación do barrio e os obxectivos deste encontro. Como valorades a evolución do barrio no último ano? O deterioro aumentou, e a nosa preocupación tamén. A maioría dos membros da Comisión vivimos no barrio, así que sabemos ben que moitas ruínas están en fase terminal. Para nós o punto de inflexión foi o valado da rúa Carmen Curuxeiras o 5 de febreiro de 2013, hai case un ano. Excepto para os poucos habitantes da rúa, converteuse nunha zona anulada, a evitar. Significou: "o 80% dos edificios son ruínas, evitádea... esquecédea". Por suposto que Carmen Curuxeiras e Benitto Vicetto quedaran moi deterioradas logo do incendio de 2006, pero tanto esta zona como Argüelles empeoraron tanto desde aquela que xa son zonas intransitables. O outro punto crítico foi sen dúbida o desaloxo do tres edificios de Carmen Curuxeiras. Unha cousa é vivir rodeados de ruínas e outra moito máis grave que te boten da túa casa por causa desta circunstancia, sen comelo nen bebelo, aínda que teñas cumprido axeitadamente os teus deberes de conservación e mantemento co propietario. "Esta xuntanza é para informar e para informarnos sobre como nos afecta o estado do barrio e que podemos facer para cambialo a curto prazo. A situación xa transcende do debate sobre a conservación do patrimonio: aféctalle á vida das persoas de forma grave" En que vai consistir a asemblea do 8 de febreiro? Esta xuntanza é para informar e para informarnos sobre como nos afecta o estado do barrio e que podemos facer para cambialo a curto prazo. A situación xa transcende do debate "conservación do patrimonio si/ conservación do patrimonio non": aféctalle á vida das persoas de forma grave, así que con independencia do que se proxecte para o barrio e que podería desenvolverse dentro de cinco anos (sendo optimistas) hai que utilizar agora os recursos e ferramentas de que dispoñemos, e lembrar ás administracións o seu papel. Trataremos de unir forzas, aínda que sabemos que non o conseguiremos nunha soa xuntanza. "Non podemos máis que ser críticos coa actuación municipal, mesmo comprendendo que os medios municipais son limitados" O Concello está utilizando todas as ferramentas ao seu alcance? Non, e as consecuencias están á vista. O Concello dispón das ferramentas máis adecuadas: para procurar o mantemento e conservación dos edificios habitados e evitar o empeoramento das condicións dos inmobles en mal estado está a ordenanza de ITEs. Despois está a ordenanza que regula o rexistro de predios, para facer cumprir a obriga urbanística de edificar ou rehabilitar nun prazo de dous anos, chegando, se fose necesario, á expropiación ou a venda forzosa do inmoble. Ademais Ferrol dende hai un ano conta cunha ordenanza de conservación e rehabilitación. O problema é que non as aplica ou é unha aplicación moi parcial; non temos noticia de que se requirira a ITE a edificios habitados en Ferrol Vello, tampouco que se inscribira ningún inmoble no rexistro de solares. Respecto ás ordes de execución, é certo que lograron demolicións parciais, apeos e valados. Somos algo críticos con estes procesos: foron lentos, case nunca lograron garantir a tempo a seguridade e, ao executarse illadamente, nalgúns casos provocaron que o proceso de ruína das edificacións colindantes se acelerase. Asi que non podemos máis que ser críticos coa actuación municipal, mesmo comprendendo que os medios municipais son limitados. Que parte de responsabilidade teñen os propietarios? Teñen toda a responsabilidade, e estamos empeñados en denunciar a súa desidia e as súas prácticas especulativas ao longo de tantos anos. Pero por sorte para nós, para lograr que cumpran co deber de conservación e de rehabilitación, non temos que levalos aos tribunais un por un. Desde vello (desde a primeira Lei do solo do ano 1956, e mesmo antes) as leis urbanísticas amparan a intervención das administracións públicas, que poden presionar aos propietarios para que cumpran, ou substituílos. Ademais, as administracións están involucradas a outros niveis: Na protección do patrimonio cultural, na promoción de vivenda, e por suposto está emprazada a desenvolver políticas sociais e económicas eficaces. E se os gobernos gozan de liberdade para deseñar estas políticas conforme aos seus obxectivos e ideoloxías, tamén teñen obrigas legais. Estas non son discutibles. Que ocorre entón? Que a omisión das obrigas públicas protexe a desidia dos propietarios, e xera un ambiente de impunidade. "O máximo responsable desta resposta administrativa, que é o alcalde da cidade, escusa os propietarios e busca chibos expiatorios: como culpar o BIC, que segundo el non permite rehabilitar" O máximo responsable desta resposta administrativa, que é o alcalde da cidade, escusa os propietarios e busca chibos expiatorios: como culpar o BIC, que segundo el non permite rehabilitar. Esta posición vai en contra tanto dos veciños como daqueles propietarios que si fan esforzos para manter as edificacións en boas condicións. Por onde comezaría unha solución para o barrio? Cales son as tres medidas que vós proporiades de maneira inmediata? Unha: o tratamento adecuado duns corenta predios e ruínas irrecuperables: demolición dos restos, consolidacións, instalación de apeos e reforzos, retirada total de entullos e malezas. Evitará que se deterioren os edificios lindeiros e reducirá os riscos. Conservar estes espazos limpos é necesario. A urxencia é total, cómpre fixar prazos curtos e recorrer a investimentos públicos directos. Dúas: inscribir no rexistro de solares os inmobles en ruínas, e comezar un proceso que dura dous anos como mínimo, e que remataría na rehabilitación. O BIC non impide a rehabilitación, sexa voluntaria ou forzosa. Nun lado da balanza está o rexeitamento a esta ferramenta por parte dos propietarios (e do Concello, polo que se ve); noutro, frear o abandono e impulsar a recuperación. Tres: unirse! A veciñanza, todos os interesados na recuperación do patrimonio cultural, e tamén os propietarios e as administracións, deben procurar o acordo e comprender que son necesarias medidas inmediatas, non só plans para o futuro. Sobre estes (o Plan Especial) xa discutiremos. "Ferrol Vello non é un problema enorme: dúas actuación integrais públicas, en Carmen Curuxeiras e en Argüelles, ao modo de como se fixo na Tinería en Lugo ou se está a facer no Casco Vello en Vigo" Credes que Ferrol Vello é o grande esquecido das políticas do concello, mentres se potencia o crecemento e o investimento noutras zonas? A cidade consolidada sempre foi a esquecida das políticas urbanísticas. Ferrol Vello non ten a exclusiva: miremos para o antigo Esteiro, para Canido... e tamén para os ensanches. Só a Magdalena, e desde non hai moito, parece obxecto de políticas específicas. O máis desconcertante é que Ferrol Vello non é un problema enorme: dúas actuación integrais públicas, en Carmen Curuxeiras e en Argüelles, ao modo de como se fixo na Tinería en Lugo ou se está a facer no Casco Vello en Vigo, e unha política de rehabilitación contundente cambiaríano por completo. Poñer recursos públicos na nova urbanización (e a Xunta puxo moitos) responde a políticas desacertadas. Non deberon empregarse en alimentar esa burbulla, mesmo moitas inversións dinamizadoras da economía (como parques empresariais ou infraestruturas) amósanse inútiles. Imaxinemos eses cartos dándolle pulo á cidade con políticas urbanísticas axeitadas: recuperando a vivenda, o patrimonio cultural, e incidindo na auténtica economía, na que nos importa, na economía local: pequeno comercio, turismo, fixar a poboación... O urbanismo non pode resolver todos os problemas de Ferrol, pero pode resolver algúns. "Estamos convencidos de que un investimento público para arrancar a recuperación, seguida dunha rehabilitación progresiva e tranquila, lograrán a recuperación do barrio. Todos gañaremos, en primeiro lugar os veciños" Como definiriades Ferrol Vello? Como lle explicariades a unha persoa que non o coñeza por que é importante recuperar o barrio? Ferrol Vello é un barrio cun gran valor histórico e cultural, pero que sufre un abandono moi grave. A protección deste patrimonio de ningún modo pode prexudicar a súa recuperación, contrapoñer unha cousa á outra é un disparate. Ás veces é difícil desmontar ideas repetidas unha e outra vez, como que hai que tirar con todo, ou que hai que animar aos propietarios e promotores dándolles carta branca. A maior parte destas ideas están fóra da realidade, son simplemente estériles. Á vista está. Décadas de carta branca e falta de protección non trouxeron máis que abandono e ruína. Estamos convencidos de que un investimento público para arrancar a recuperación, seguida dunha rehabilitación progresiva e tranquila, lograrán a recuperación do barrio. Todos gañaremos, en primeiro lugar os veciños.
QUEPASA_725
O calendario completo da 3ª Galicia en www.futboldacosta.com
Xa temos calendario da a 3ª Galicia da Costa actualizado en www.futboldacosta.com. Unha Liga que comeza o 22 de setembro e remata o 8 de marzo, para ter tempo para o playoff e a Copa. Un calendario que nos deixan apenas 11 equipos, trala baixa das Baleas. Así e todo Camariñas volve ser o concello con máis equipos e Camelle, Porteño e Camariñas protagonizarán fermosos derbis. Como detalle, Laxe, Camelle e Castrelo piden xogar os seus encontros as tardes do sábados.
NOS_49047
O Eurogrupo acordou inxectar unha primeira liña de 30.000 millóns a España nestas semanas e dar un ano máis de prazo para cumprir co déficit. En troques, deberá cumprir rigorosas condicións fiscais, económicas e de supervisión
A Eurozona acordou esta madrugada dar ao Estado español un ano máis de prazo (ata 2014) para cumprir co obxectivo de déficit marcado, así como conceder xa unha primeira inxección de 30.000 millóns de euros para sanearen a banca española (que se farán efectivos nestas semanas). Mais non será, nin moito menos, de balde. En troques, o Estado español será intervido. Con menos 'intensidade', que Grecia ou Portugal, mais intervención ao fin e ao cabo. E esa intervención concetarase en varias cuestións. En primeiro lugar, a troika, os homes de negro dos que o ministro Montoro dicía que nunca virían a España, virá e cada tres meses. E farao para asumir plenos poderes e control sobre o tecido e sistema financeiro e bancario español. Os representantes do FMI, Comisión Europea e Banco Central, van ter agora un papel moito máis destacado que o que se lles asignaba para España nas reunións europeas anteriores Máis dureza Así mesmo, a Comisión europea vai exixir a aplicación de novos recortes e medidas de axuste. Desde Bruxelas apóstase porque o Estado español non se limite a subir o IVE, senón que tamén terá que adoptar novas medidas en eidos como o das pensións ou prestacións por desemprego. E todo iso, ademáis, tendo en conta que cada vez semella máis claro que a axuda que Europa dé á banca española vai ser a través do FROB e que, lóxicamente, iso computará como débeda pública. E até as preferentes Mesmo os e as afectadas polo calote das participacións preferentes sentirán os efectos desta 'intervención', pois Bruxelas é partidaria de que non se reitegren todas as cantidades. Xa que logo, as decisións da Comisión Europea de acelerar a inxección dunha parte dos cartos do rescate á banca, e dar un ano máis de prazo a España para cumprir co obxectivo de déficit, vai ter contrapartidas. As mesmas poden comezar xa a coñecerse claramente esta terza no debate do Congreso dos Deputados, no que comparecerá Mariano Rajoy. Ou se non, a sexta, no Consello de Ministros
NOS_38403
A nova administración norteamericana desmárcase dos consensos defendendo o proteccionismo e rexeitando retornar ao Acordo de París contra o cambio climático.
"Nunca antes o mundo estivo tan dividido" afirmou o presidente francés Emmanuel Macron. A cita resulta exaxerada de facer unha lectura histórica con maior perspectiva. No entanto, describe o grao de división no seo das grandes potencias mundiais. O G20, cuxas cimeiras anuais foron impulsadas polo presidente Barack Obama en 2008 para conducir os esforzos internacionais para resolver a crise capitalista, conclúe após a cimeira decorrida en Hamburgo os pasados días 7 e 8 de xullo, feble e enfraquecido. A irrupción do novo presidente norteamericano, Donald Trump, ameaza con darlle o golpe de gracia a un espazo cada vez máis discutido. A administración Trump desmarcouse dos consensos enfatizando a súa defensa do proteccionismo, face a aposta por profundar na desregulación neoliberal e o libre comercio patrocinada por Alemaña e secundada pola UE. O disenso norteamericano sobre a política ambiental e a súa negativa a se reincorporar no Acordo de París contra o cambio climático, foi outro dos asuntos que deixaron en evidencia as discrepancias que fracturan o até agora monolítico G20. A declaración final admite a posíbel revisión das normas da OMC Se ben a declaración final da cimeira deste ano recolle o compromiso de "loita contra o proteccionismo, faise de maneira máis xenérica e con menos énfase que en anteriores declaracións, suavizando eta premisa e abrindo a posibilidade de acometer unha revisión das normas fixadas polo sistema da Organización Mundial do Comercio. Aliás, recoñécese o dereito do Estados a recorrer a instrumentos de defensa comercial "lexítimos" fronte a prácticas de competencia desleal. Unha referencia coa que se procuro compracer ao presidente Trump e o seu discurso contrario ao libre comercio. Un exercicio de equilibrismo político, que pivota sobre a frecuente inconcreción que paira sobre todas as resolucións do G20 desde a súa creación. A súa principal artífice foi a chanceler alemá, Ángela Merkel, quen aproveitou a cimeira para rebaixar as tensións existentes entre Berlín e Washington. Outros asuntos recollidos nas quince páxinas da resolución final foron a aposta por unha migración "ordenada, regulada e segura", a denuncia da existencia de mafias de tráfico de persoas, a necesidade de reforzar a educación e a formación continúa dos e das traballadoras, a defensa dun sistema financeiro "moderno e xusto", a necesidade duns estándares internacionais de transparencia que permitan combater "a corrupción, o fraude fiscal, o financiamento do terrorismo e o lavado de diñeiro", a asunción dos obxectivos de desenvolvemento para o 2030, a adopción de medidas contra a discriminación contra a muller e o aumento da protección fronte a violencia de xénero, o combate da fame en varios países de África ou a necesidade de reforzar os sistemas sanitarios a nivel mundial. Unha lista de bos propósitos, sen ningunha concreción. "Boa química" entre Trump e Putin O G20 foi tamén cenario do primeiro encontro entre os máximos mandatarios dos EUA e da Federación rusa. Trump e Vladimir Putin departiron por espazo de preto de dúas horas e media, malia estar previsto que a reunión durase apenas trinta minutos, e ambas as partes valoraron positivamente os resultados da xuntanza. "É unha honra", resumiu o líder norteamericano. "Estou encantado de coñecelo persoalmente", apuntou o mandatario ruso. O secretario de estado dos EUA ratificou que o encontro visou a existencia de "boa química". Os dous presidentes acordaron impulsar un novo cesar-o-fogo na Siria, que iniciou ao mediodía deste domingo. Tamén combinaron aproximar posturas en relación á crise ucraína, para o que proximamente un alto funcionario norteamericano se deslocará até Moscova. Fortes protestos Durante os protestos contra o G20 producíronse 143 detencións e 122 arrestos provisionais. Houbo máis dun milleiro de persoas feridas. A cimeira foi contestada nas rúas. Sob a consigna "benvidos ao inferno", movementos sociais contrarios á globalización neoliberal e ás políticas impostas polo grande capital desde o inicio da vixente crise, foron brutalmente reprimidos polo potente operativo policial, o maior na historia da cidade, con máis de 20 mil axentes despregados. Producíronse 143 detencións e 122 arrestos provisionais, segundo datos da propia policía. Os disturbios producidos na primeira xornada da cimeira saldáronse con un milleiro de persoas feridas. O sábado máis de 80 mil persoas fixeron parte dunha marcha pacífica polas principais rúas de Hamburgo no que baixo o lema "Solidariedade sen fronteiras en lugar do G20" rexeitaron as directrices fixadas polo foro. Filla suplente Unha das anécdotas que marcaron esta cimeira do G20 foi o feito de que nas ausencias de Donald Trump durante as sesións de traballo, o presidente dos EUA non fose substituído por un alto cargo do seu goberno, como é habitual, senón pola súa propia filla, Ivanka Trump. O propio presidente xustificou a decisión cualificado de "campioa" a súa filla e amosándose orgulloso do traballo realizado por esta, malia que non fixo uso da palabra entrementres axía de suplente presidencial. Desde a chegada á Casa Branca de Trump, a súa familia fai parte do círculo máis directo e estreito que acompaña a presidencia. Nese sentido, tanto a súa filla Ivanka Trump, o marido desta, Jared Kushner, e o primoxénito Donald Trump Jr. teñen gañado un enorme peso nas entretelas do gabinete. Ivanka e Donald Jr. ocupan a vicepresidencia do holding empresarial The Trump Organization. Rajoy A participación española no G20 limitouse a avalar as posicións defendidas pola UE, ao ditado das orientacións fixadas por Alemaña e Francia. O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, aproveitouse da cimeira para asegurar que na mesma as principais potencias mundiais "avalaron" as políticas de recorte e as reformas estruturais impulsadas polo Partido Popular.
PRAZA_13080
O presidente da Xunta aclara no Parlamento que o Estado vén de enviar un plan alternativo ao 'tax-lease', logo de que Almunia o acusase de non presentalo aínda. O xefe do Executivo galego reúnese hoxe con Pemex tras unha xuntanza coa SEPI, mentres Marrocos advirte que os estaleiros galegos poderían participar na renovación da frota pesqueira do país africano.
A Unión Europea conta xa cunha proposta de bonificacións alternativa ao tax-lease enviada polo Goberno central e tras ser negociada coa Xunta de Galicia. Así o vén de asegurar Núñez Feijóo, durante a sesión de control no Parlamento e ás preguntas da nacionalista Ana Pontón, despois de que onte mesmo o comisario europeo Joaquín Almunia culpara o Executivo español de non ter enviado aínda plan ningún tras manter conversas con delegados do BNG e do PSOE en Bruxelas. "Temos unha proposta notificada á UE, remitida polo palacio da Moncloa e despois de ser negociada coa Xunta", asegurou Feijóo á deputada do BNG, que lle preguntara polas iniciativas que estaba levando a cabo o Goberno para a reactivación do naval galego. "Espero, dado que vostedes teñen moi boa relación en Bruxelas, non a veten", espetou o presidente a Ana Pontón. Feijóo anuncia unha proposta horas despois de que a UE se queixase de non tela enriba da mesa Segundo o presidente da Xunta, esta proposta de Goberno central pode posibilitar a volta á contratación de barcos no sector privado. Ademais, Feijóo, que se reuniu onte co presidente da Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI), anunciou que só hai dúas posibilidades para os estaleiros da ría de Ferrol: "ou carga de traballo para Navantia ou dique flotante". Respecto ás opcións de que empresas mexicanas encarguen embarcacións en Galicia, e logo de que a compañía Pemex anunciase onte en Vigo que os posibles negocios "só están en estudo", o xefe do Executivo galego mantén unha reunión este mércores co presidente da compañía azteca "para proseguir no acordo". "Eu dou a cara, na oposición e no Goberno", asegurou Feijóo, que insistiu en que o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, atópase en Ferrol e que só ten "dúas opcións" para os estaleiros da ría: "ou carga de traballo antes do verán ou dique flotante". "Este Goberno non cambiará de opinión por ser socios do PSOE porque somos socios de Galicia", engadiu. O BNG acusa a Xunta de "non ter unha intensa axenda institucional para desbloquear a situación do naval" As respostas de Feijóo chegaron logo de que Ana Pontón o acusase de "pasividade" ante unha "decisión inxusta e discriminatoria" con Galicia. "É un intenta claro por desmantelar a nosa capacidade produtiva", asegurou a voceira do BNG, que cre "realmente preocupante" que o presidente da Xunta "non teña unha intensa axenda institucional de xuntanzas para desbloquear esta situación". Para a parlamentaria do Bloque, o feito de que xusto hoxe, e tras as críticas de Almunia, a Xunta anuncie unha proposta do Estado significa que o presidente "non ten credibilidade"."Hai pouco viaxou a México e díxonos que había contratos, pero a empresa dixo logo que non había nada pechado", lembroulle en referencia ás declaracións do presidente de Pemex Internacional. "A situación é o suficientemente seria como para que vostede deixe de frivolizar. e decida se quere ser útil a este país ou continuar co lamentábel labor de delegado do Gobernopara vender os intereses de Galicia", criticou a deputada nacionalista. Mentres, en Ferrol, varios traballadores de Navantia e de compañías auxiliares recibiron entre asubíos e berros o presidente da SEPI para demandarlle carga de traballo. Ramón Aguirre reúnese con once alcaldes da zona para abordar a situación de crise de pedidos das plantas públicas e as perspectivas de carga de traballo para o naval da ría. Unha delegación de Marrocos confirma as posibilidades dos estaleiros galegos de participar na renovación da frota pesqueira Pero non todo son malas noticias, xa que unha delegación de asociacións pesqueiras de Marrocos, de visita estes días na feira Navalia en Vigo, confirmou as posibilidades dos estaleiros galegos de participar no programa estatal de renovación do 75% da frota pesqueira do país norteafricano. Así o afirmou o presidente da Cámara de pesca marítima do Atlántico Norte, Kamal Sabri, tras manter un encontro co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves, no que ambos os dous falaron de posibles vías de colaboración en materia de construción naval e pesqueira. HABERÁ AMPLIACIÓN
PRAZA_15416
A Nave das Ideas organiza este sábado en Vigo unha homenaxe a María Casares que busca reivindicar a creatividade galega en todas as disciplinas. Presentarase o manifesto Un Día das Artes Galegas é posíbel, asinado por Abe Rábade, Aíd, Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Patricia de Lorenzo, Ángel de la Cruz, Uqui Permui ou Gonzalo Vázquez
A Nave das Ideas organiza este sábado en Vigo un acto que busca reivindicar a creatividade galega en todas as disciplinas, alén da literatura. Comezará ás oito da tarde e terá lugar no Bar Hipólito e estará centrado na figura de María Casares. Neste senso, incluirá unha palestra sobre a actriz a cargo da ensaísta e investigadora María Lopo e a interpretación da actriz Casilda Alfaro de Hécuba, un dos personaxes interpretados por María Casares. A seguir ofrecerán senllos concertos os pianistas Paula Ríos e Abe Rábade. A homenaxe abrirase coa presentación do manifesto Un Día das Artes Galegas é posíbel A homenaxe abrirase coa presentación do manifesto Un Día das Artes Galegas é posíbel, asinado por Abe Rábade, Aíd, Manuel Rivas, Iolanda Zúñiga, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Luís Iglesia Besteiro, Patricia de Lorenzo, Ángel de la Cruz, Andrea Costas, Uqui Permui, Gonzalo Vázquez, Isabel Aguirre ou Manuel Caamaño. O texto busca poñer en valor as creacións culturais galegas en todos os eidos: "queremos pór en valor o que somos, situar na comunidade a creación que realizamos, identificarnos co gran diálogo público-artista que outorga existencia a toda obra". Pide non limitar "a nosa mirada" ás letras: "recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística" E pide non limitar "a nosa mirada" ás letras: "recollemos a literatura para situala a carón do gravado, da videocreación ou da moda téxtil. Confiamos na universalidade da nosa produción artística. Non desexamos ocultar nada, antes ben, pretendemos iluminar este grande espazo cultural". Reivindica "o sempre dificilmente delimitable territorio da arte" como aquilo "que abrangue desde a artesanía até o deseño industrial, recollendo toda expresión artística, sexa cal for. Abrazámolo na súa totalidade e integridade. Por iso facemos a reclamación global do Día das Artes Galegas". O acto quere ser continuidade do que A Nave das Ideas xa organizou o ano pasado, e que se celebrou tanto en Vigo como na Coruña, arredor da figura de Urbano Lugrís.
NOS_3126
O líder da coalición formada por Galicia en Común, Anova e as mareas lembra que após a disolución do Parlamento da Galiza este é "o único órgano de control ao Goberno galego".
O voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, censurou a pasada segunda feira o "desplante" do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, despois de que este obviase a reunión semanal coas forzas da oposición. "Foi Feixoo quen reclamou a nosa colaboración e o apoio que agora rexeita, foi quen pediu un diálogo permanente e construtivo. Parece máis interesado en facer propaganda", afirmou Gómez-Reino. Feixoo parece máis interesado en facer propaganda, afirmou Gómez-Reino O voceiro da coalición Galicia en Común, Anova e as mareas municipais criticou que fronte as numerosas horas dedicadas a ofrecer declaracións aos medios de comunicación, Núñez Feixoo comparecese unha única vez ante a Deputación Permanente. O dirixente lembrou que a súa formación ten achegado propostas "serias" para paliar os efectos da epidemia da COVID-19. "Negarse a debatelas non é un desplante a Galicia en Común, senón un desprezo á cidadanía galega, que está reclamando colaboración e unidade aos partidos", engadiu. Negarse a debater as nosas propostas é un desprezo á cidadanía galega, engadiu Ao tempo, denunciou que un mes despois da declaración do estado de alarma, e co Parlamento da Galiza disolto após a falida convocatoria electoral, non se estabelecese un funcionamento extraordinario para o "único órgano de control" ao Goberno galego. Gómez-Reino tamén cargou contra a falta de "transparencia" da Xunta á hora de ofrecer datos desagregados sobre os contaxios por coronavirus. "É unha decisión que só serve aos intereses do PP", lamentou, cualificándoa de "estratexia imprudente e desleal".
PRAZA_1848
Numerosos incendios afectaron o país nos últimos días, varios deles na zona de Santiago de Compostela. Un dos lumes en Toques arrasou 200 hectáreas de Rede Natura.
A vaga de lumes volveu afectar con dureza a Galicia nesta fin de semana. A seca que asola o país neste verán, o forte vento dos últimos días e a actividade delictiva da man humana volveron encher de lapas e fume varias localidades. A capital galega foi unha das máis afectadas, ao quedar cercada polo fume polos incendios que se declararon en Compostela, Trazo, Ames e Teo, que xa están controlados ou extinguidos pero que obrigaron a solicitar a intervención do Exército. En toda Galicia, máis de 500 hectáreas queimáronse nestes últimos días en moitos incendios, tan só 74 no domingo. Santiago quedou cercada polo fume tras os incendios en Figueiras, Trazo, Ames e Teo Foron, xa que logo, varios os lumes que rodearon a capital galega. Veciños de varias casas de Cacheiras, en Teo, tiveron que ser desaloxados por precacución e provocaron mesmo que fose cortada a autovía até A Estrada por un incendio que se deu apagado a primeiras horas da madrugada e que queimou máis de catro hectáreas. O de Biduído, en Ames, está controlado, ao igual que o da parroquia de Figueiras, en Santiago, que Medio Rural deu por controlado a primeiras horas da mañá deste luns tras sobrepasar os límites composteláns, adentrarse en Val do Dubra e queimar 33 hectáreas. En Trazo, foron 100 Ha as afectadas. Outro dos focos máis activos durante a fin de semana foi o que tivo lugar en Corrubedo, Ribeira, e que non foi controlado ata a primeira hora do domingo. Fixo que se tiviese que evacuar un cámping e varios inmobles logo de queimar máis de 60 hectáreas ata que foi extinguido tamén na pasada madrugada. O lume de Toques afectou 200 hectáreas nunha zona protexida como Rede Natura Ademais, houbo outros incendios importantes en Tomiño, que queimou unhas cinco hectáreas, ou o de Toques, que afectou 200 hectáreas da parroquia de Vilamor e afectou zona protexida como Rede Natura. Na localidade da Veiga, en Ourense, por outra banda, foron 30 hectáreas as afectadas. Pero a desfeita non para. Segundo informa a Xunta, en Sobrado mantense activo desde a madrugada do domingo ao luns un incendio forestal na parroquia de Codesoso que supera xa as 20 hectáreas de superficie e onde traballan 1 técnico, 4 axentes forestais, 10 brigadas, 9 motobombas e 2 pas. Por outra banda, en Lousame, un lume está estabilizado desde a pasada noite logo de queimar unhas 40 hectáreas e levar case un día activo, pero en Pereiro de Aguiar continúa un foco ardendo logo de arrasar unhas 30 hectáreas.
NOS_984
Fai parte do malfadado da historia rebelde da Galiza e por iso non existe. Perdeuse canda as súas irmáns de Quiroga, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Ribas de Sil ou A Estrada e con ela a memoria da Galiza viva e insubmisa do sexenio. Traemos ao presente os doce mártires de Baíñas.
O 5 de xullo de 1873 diversos medios de prensa dan conta do asasinato de doce veciños de Vimianzo a mans da Garda Civil. Así, La Esperanza, a máis importante cabeceira católica e monárquica española do século XIX, recolle que "alzáronse varias parroquias para resistirse ao pago, reuníndose uns catrocentos ou cincocentos homes armados que atacaron a garda en Baíñas ao berro de Imos por eles! O oficial comandante viuse na necesidade de mandar abrir fogo para resistir o ataque, resultando 12 mortos e algúns feridos dos paisanos". A nova, moi semellante á aparecida noutros xornais como La Regeneración ou El Pensamiento Español, todos eles de orientación reaccionaria e manifestamente opostos ás reivindicacións veciñais, sinalaba que foran desprazados a Vimianzo por orde do gobernador 25 números da Garda Civil ao mando dun oficial para facer efectivo o cobro das contribucións e do imposto persoal que as xentes do concello soneirán negábanse a pagar. A chispa que prendeu o lume en Vimianzo foi o cobro do imposto persoal, porén as razóns do descontento e da revolta son máis de fondo. A reforma fiscal de Figuerola, primeiro ministro de Facenda do sexenio, non fixo máis que avanzar nas liñas trazadas na lei tributaria de 1845, dirixidas a unificar o mercado estatal, asentar unha especialización económica no marco peninsular, onde Galiza xogaba un papel subalterno, fortalecer o poder da clase social emerxente e favorecer a penetración do capital europeo. Así, o imposto persoal, criado para substituír os odiados consumos, non só resolve os problemas que estes viñan xerando senón que aumenta a carga fiscal de Galiza e as arbitrariedades no cobro. A oposición a este tributo acadou un carácter tan masivo, que a totalidade dos representantes galegos nas Cortes chegaron a solicitar en 1872 a supresión do mesmo, responsabilizándoo nas páxinas de El imparcial "das protestas que recorren Galiza enchéndoa de sangue". Os sucesos de Vimianzo non se poden desligar da frustración provocada pola actuación gobernativa dos executivos do sexenio nos sectores populares e da axitación do republicanismo federal nos ámbitos rurais. As expectativas abertas co derrocamento de Isabel II, no marco dunha acción combinada entre unha parte do estamento militar e dos sectores civís agrupados arredor das xuntas revolucionarias, fecháronse en seco cos primeiras medidas do gabinete de Serrano e Prim, coherentes coa axenda liberal, mercado, lei e orde. A presenza de cadros republicanos federais e mesmo internacionalistas na vaga de protestas que vive Galiza no momento é unha constante, sinalándose a importante penetración territorial dos primeiros no conxunto das áreas rurais galegas desde os anos finais do reinado isabelino. Neste sentido non é difícil supoñer a existencia dunha organización republicana federal nas Terras de Soneira, sometidas ao tempo á acción das partidas carlistas que tamén actuaron de xeito intenso na zona. Non foi un feito illado, explícase pola contra no ciclo de protestas sociais, seguidas moitas veces de masacres que se sucederon na Galiza do sexenio. Só no primeiro quinquenio da década dos setenta, reparando exclusivamente naquelas mobilizacións de máis repercusión ou que remataron en matanzas a mans do exército ou da Garda Civil, debemos facer mención, cando menos, ás revoltas de Monforte de Lemos, Quiroga, Maceda, Palas de Rei, A Estrada, Sarria, Trives ou Santo Amaro. Unha visión de conxunto das mesmas dános conta das resistencias e do carácter conflitivo da inserción de Galiza no Estado español, construción nos seus aspectos fulcrais dos liberais do século XIX, da situación de emerxencia da nosa sociedade e das dificultades abertas no proceso de articulación do modelo unitario e tamén da vitalidade e do carácter combativo do pobo galego. Ao tempo, sucesos como os referidos, infórmanos da incidencia das posicións de avance social no rural galego, maiormente desde partes do republicanismo federal pero tamén vinculadas á Internacional, significándose no caso dos primeiros, o rexeitamento ao modelo centralista e uniformizador en marcha.
NOS_21098
Galiza porá o traxe de domingo máis un ano para reivindicarse a sí mesma a través da música, a lingua e as actividades culturais que representan os festivais de verán. As Revenidas, Rescate Ghaiteiro e o Festival da Chaira son tres dos moitos que atoparemos este verán enchendo de troula e cultura as comarcas do País.
Mais un estío Galiza énchese de música, tradición, xantares, xogos populares e artesanía. A pasada fin de semana comezaba en Ortigueira a tempada de festivais que fará a moit@s percorrer o país na procura da mellor música e xeira até ben rematadas as últimas raiolas de sol. A redución orzamentaria da Xunta de Galiza, que fica agora en só 180.000 euros para repartir entre todas as organizacións, non quita as gañas de festa, mais recoñecen desde as asociacións que a situación actual diminúe o consumo d@s asistentes. Se preguntamos pola crise sistémica os catro coinciden en que "os recortes afectan a todos", Rafa, do Festival da Chaira que vai xa pola súa sétima edición, responde cun contundente e lugués "home, claro!", porén dunha ou doutra maneira os proxectos seguen adiante. Xabier Ferro, un dos organizadores de Rescate Ghaiteiro que terá lugar a vindeira fin de semana no concello de Touro, di que incluso lles está a axudar pois "os grupos son máis baratos". Malia todo Galiza segue de xeira e os festivais están a facer evoluír a "festa importada e a reprodución da verbena", di Xoán Quintáns das Revenidas, cara o propio e o tradicional. Inda que a verbena segue moi arraigada e Galiza "segue a ser un país de verbena", di Rafa, cada vez hai máis festivais pois semella que as festas de aldea "sen orquestra boa non son festa", apunta Xabier; "o que nós buscamos é tradición e á xente gústalle". Así, "fai dez anos na provincia de Lugo", conta Rafa, "o único festival que había era o de Pardiñas, pero agora hainos en todos os lados". @s festivaleir@s saben ben, que un festival -para alén da música, conta cunha importante compoñente cultural, ideolóxica e espírito reivindicativo", di das Revenidas Xoán Quintáns, pois a festa serve tamén para reivindicarmos a nosa lingua e identidade como pobo. Asemade, o desenvolvemento de múltiples e variadas actividades, outórganlle a esta romaría moderna, características de seu que a diferencian dunha festa ao uso. "Aquí podes atopar actividades durante toda a xornada, dende as once da mañá até as dez da noite"; algo que salienta Xabier, "non ten a verbena despois de saír da misa". Torneos de billarda, xogos infantís, cantos de taberna, sardiñadas e xantares populares; gaiteir@s e feiras de artesania poñen en valor a tradición galega combinada coa música máis festivaleira e actual, feita no País. Mais as organizacións introdúcen proxectos e iniciativas novas cada edición, o Festival da Chaira amplía o seu horario por demanda popular e conta nesta ocasión cunha sesión vermouth que seguirá co tradicional torneo de billarda. Outr@s son máis cobizos@s e procuran, coma as Revenidas, ultrapasar as fronteiras. Xoán Quintáns quere converter a súa utopía en realidade e levar o festival ao Sáhara, para o que comezaron este ano habilitando unha jaima saharauí no campo da festa. A organización agarda poder cumprir o seu desexo, nun Sáhara libre. Facede oco nas axendas e enchede vosos almanaques coas datas destes e outros festivais que asolagarán o País máis un verán de música, tradición e cultura.
NOS_26191
O Club Athlos de bádminton achega tres deportistas á selección estatal, a metade da mesma, que conseguiu o bronce no recente campionato de Utrecht (Países Baixos).
Ourense converteuse estes días en todo un referente galego e estatal do air bádminton. A nova variedade do bádminton que naceu a nivel mundial en 2013 está a ser promovida polos organismos deportivos internacionais e no Club Athlos de bádminton atopou os elementos necesarios para agromar. Ignacio Fernández, internacional de parabádminton: "Nos momentos duros o deporte facía superarme" Unha proba disto foi a recente participación nas series internacionais de Utrecht (Países Baixos) dunha representación de seis deportistas de todo o Estado español, a metade procedentes do club ourensán: Sara Ezquerro, Laura Valverde e Antonio Iglesias. O resultado desta competición foi voltar coa medalla de bronce por equipos, mentres que Antonio Iglesias, en conxunto con Pelayo Lucas Pinto e Adrián Álvarez, subiron ao podio traendo para casa a medalla de bronce. Primeira competición de air bádminton do Athlos A introdución de xogadoras e xogadores do Athlos no air bádminton ten moito de casual. Laura Valverde, unha das seleccionadas para viaxar a Utrech, explica a Nós Diario que accederon a esta variante do bádminton "a través dunha solicitude federativa" e tendo en conta as condicións que se demandaban. Era a primeira vez que accedían de maneira seria ao air bádminton aínda que tiñan nocións e xogaran nalgunha ocasión. Entre os requisitos para acceder a este campionato figuraba estar entre os 30 mellores do ranking e entre os 10 mellores como parella de dobres. Antonio Iglesias entrou con eses datos. "Foi a nosa primeira experiencia, só probaramos algunha vez", admite este xogador en declaracións a Nós Diario. Desta primeira participación nunha competición internacional recoñece que quedou "impresionado polo tamaño do estadio e do ambiente". Facilitáronlles en todo momento adestrar nas propias instalacións e sentíronse "cómodos", unha das razóns que indica como determinante para conseguir uns resultados tan positivos. Do propio evento lembra que para chegar ás semifinais tiveron que derrotar a Alemaña, e asegura que de saída "íamos cun pouco de medo polo seu nivel". Coa vitoria e a tranquilidade de estar na semifinal todo mudou. Catro deportistas galegas aspiran á medalla no Campionato de Europa Júnior de Bádminton Malia que o bádminton é a base da súa práctica deportiva, unha vez probada a capacidade e rendemento no air bádminton a idea é continuar. "Agora que se competirá cada vez máis con novos torneos e competicións, seguiremos", apunta Iglesias, "temos como obxectivo estar presentes no torneo mundial de Indonesia polo que procuraremos asistir a algunha proba clasificatoria máis", engade. Diferenzas entre bádminton e air bádminton A principal diferenza entre o bádminton e o air bádminton é o volante e o deseño e dimensións da pista. As traxectorias son semellantes mais o deseño do primeiro permite un mínimo impacto lateral e axial do vento, principal hándicap até a data para xogar ao aire libre. En relación á cancha, existe unha zona de 'xogo morto' a ambos os dous lados da rede para favorecer golpes lonxe da rede e facilitar un intercambio máis continuo. Outra novidade é o formato de 'triplos' con equipos de tres deportistas onde os membros de cada equipo non teñen permitido golpear o volante dúas veces de maneira consecutiva tras a devolución do rival, polo que outro membro do equipo debe ser o encargado de continuar o xogo. O obxectivo é fomentar a mobilidade e a interacción entre os membros de cada equipo.
PRAZA_2219
En temas como o antisionismo, a islamofobia ou o feminismo debemos artellar discursos complexos que superen a tendencia xeral a ofrecer unha visión esquemática dos papeis de vítima e verdugo.
Nos últimos tempos a nosa vida pública subiu de temperatura. Case a diario experimento unha sensación de rabia, unha urxente necesidade de tomar partido e, ao tempo, a pertinaz sospeita de entrar nun debate simplificado ata a caricatura. Ha de pasarvos tamén a vós, imaxino. Ao pouco que repares comprobas como entre os chamados apocalípticos e as soflamas redentoras entrefébranse intereses partidarios ou persoais, fobias ou filias que pouco teñen que ver coa esencia do asunto do que se trata Probablemente o espazo da opinión pública sexa así, refractario aos matices, binario en esencia. Ao pouco que repares comprobas como entre os chamados apocalípticos e as soflamas redentoras entrefébranse intereses partidarios ou persoais, fobias ou filias que pouco teñen que ver coa esencia do asunto do que se trata. Pantasmas ben vestidas que agochan con eficiencia o verme da neurose. Pasa ultimamente na vida política, co campo da esquerda convertido nunha lameira fratricida entre xentes que, en puridade, pensan o mesmo ante as tres ou catro cousas que de verdade importan; e pasa tamén noutro ámbito, non menos fecundo: o da liberdade de expresión e o amparo aos colectivos desfavorecidos. Mentres escribo estas liñas acaba de coñecerse a noticia de que a Audiencia Nacional reabre a causa contra Antonio Zapata pola difusión de chistes sobre xudeus en Twitter. Xusto nesta mesma semana os xornais galegos fixéronse eco da denuncia de tres docentes que esixen á Universidade de Vigo que expediente ao funcionario Sergio Pajares polos seus comentarios misóxinos e homófobos. Dúas noticias que na miña mente, xa francamente desacougada, veñen xuntarse co eco da polémica denuncia este verán contra o debuxante Suso Sanmartín, por vexar publicamente a unha rapaza que non aceptou a súa convida a bailar. Ben, dito así, calquera muller ou home de ben tería claro do lado de quen estar, o das vítimas do holocausto, o das vítimas do machismo. Con todo, que pasa se imos polo miúdo, se reparamos nos engumiños? Aí, nesa lectura demorada, é onde todo ese peso do politicamente correcto que aceptamos como un logro comeza a ensinar o seu lado de sombra. Malia a súa aparencia heteroxénea, estes tres casos comparten paran min o mesmo verme neurótico que fura o sentido común do espazo público: a simplificación. Porque o peso da lei que cae sobre o humor negro de Zapata é promovido por aqueles que se burlan cada día dos mortos que permanecen nas cunetas; porque os chistes de mal gusto descontextualizados da situación na que tiveron lugar serven para, convenientemente convertidos en titular de xornal, lapidar publicamente a un funcionario; porque unha acusación anónima dana gravemente a imaxe de alguén que, a todas luces, carece de estilo e de modais para convidar a bailar. Pódese ou non dicir todo? Queremos, de verdade, poñerlle valados ao riso? Quen decide, que sen imbúe do valor absoluto da pureza para indicar con que debemos rir e con que non? Detrás, ese instinto binario, branco e negro, malo e bo, que tanto alentan os medios de comunicación. Podemos observar con maior ou menor agrado determinadas mostras de humor ou de desexo, pero abonda iso para esnaquizar honras, para tirar á praza a quen é sinalado? Vénme tamén agora á mente o caso Charlie Hebdo: pódese ou non dicir todo? Queremos, de verdade, poñerlle valados ao riso? Quen decide, que sen imbúe do valor absoluto da pureza para indicar con que debemos rir e con que non? O caso de Zapata quédame lonxe, pero o do funcionario Sergio Pajares e o do debuxante Suso Sanmartín quédanme, por desgraza, ben preto. No caso do conflito do funcionario da Universidade de Vigo teño claro que uns textos de explícita intencionalidade satírica teñen de ser lidos á luz desas convencións xenéricas. O que desexo eu é que os chistes machistas pouco e pouco deixen de facernos gracia (como os chistes de curas, que deus teña na súa gloria), non que sirvan, convenientemente manipulados, como arma para unha caza de bruxas; a min, como muller, ninguén ten que defenderme da ironía ou do humor groso: sei ler, grazas! No caso de Suso Sanmartín, cargo coa responsabilidade de figurar na lista de asinantes no manifesto que se publicou na súa contra. Un erro que intentei subsanar demasiado tarde como para impedir que se aparecese o meu nome. Había aí tamén, tal e como agora o percibo a mesma desproporción entre as consecuencias e os feitos, ese delicadísimo espazo dos micromachismos no que hai que entrar con moito máis coidado, pedindo visibilidade, desde logo, pero asumindo con integridade e coherencia a parte que nos toca nese baile pantanoso entre os sexos. En temas como o antisionismo, a islamofobia ou o feminismo debemos artellar discursos complexos que superen a tendencia xeral a ofrecer unha visión esquemática dos papeis de vítima e verdugo No fondo todo isto deixa un panorama agridoce, un claroscuro onde hai que celebrar e tamén que temer. Porque o mesmo feito de que casos como estes saian á luz pública son ao tempo o síntoma dunha sensibilidade incontestable que fai a unha sociedade mellor, e tamén o aviso de que en temas como o antisionismo, a islamofobia ou o feminismo debemos artellar discursos complexos que superen a tendencia xeral a ofrecer unha visión esquemática dos papeis de vítima e verdugo. En fin, que, tal e como eu o vexo, ou aceptamos a ambigüidade da ironía ou estaremos, queirámolo ou non, deixando a porta aberta á barbarie.
NOS_38
Nunha década botou o fecho unha de cada tres escolas unitarias que había no noso país, proceso que evidencia o despoboamento de amplas zonas do rural. A ausencia de crianzas, unha das realidades máis dramáticas.
A Xunta vén de recoñecer que de non se correxir a tendencia actual e de se cumprir os peores prognósticos para o ano 2050 Galiza podería ter un millón de habitantes menos, un 36% menos que os que posúe na actualidade. O goberno galego vén de lle solicitar a 60 expertos ideas e propostos para incorporar a un plan estratéxico que serva para reverter esa proxección. Mais os dados actuais amosan como unha parte significativa de Galiza vai ficando deserta,sen apenas poboación e moito menos poboación moza. Algo que ten a súa imaxe máis nidia na ausencia de alumn@s. A Consellaría de Educación anunciou a pasada semana que vai pechar 15 escolas unitarias, decisión que deriva da falla de alumn@s, explica. Non é unha novidade. Na última década suprimíronse no noso país unha de cada tres unitarias, foron máis de 250 escolas as que xa non existen por botar o fecho nestes anos, segundo dados de 'Os colexios rurais agrupados, outro modelo de educación rural en Galicia', do mestre Ángel Segovia. Preocupante Hai unha vintena de concellos galegos, sobre todo na provincia de Ourense, onde non hai ningunha escola. O por que? Porque non hai nen@s. E en 70 concellos hai menos de 15 nen@s que teñan entre 3 e 5 anos. De non se reverter a situación, estes municipios irán aos poucos caendo no foxo daqueles que non posúen colexio. E sen colexio, os concellos decaen. A emigración, a queda da natalidade, o envellecemento, a falla de oportunidades laborais e de servizos básicos... importantes zonas do rural están a sofrer un despoboamento máis que alarmante. Hai que lembrar que no inicio do curso 2014/15 matriculáronse en educación infantil 2.500 alumnos menos que no curso anterior.
NOS_8500
A implantación do título estaba prevista para o curso 2014-2015 mais a Universidade de Vigo di que "non é factíbel" embora prometeren a súa creación xunto coa Xunta.
Cinco anos leva o campus de Ourense agardando polo Grao de Enxeñaría Física. Desde 2009, cando a implantación do Espazo Europeo de Ensino Superior ou Plan Boloña, deu por finiquitada a licenciatura, sendo substituída polo Grao de Ciencias Medioambientais. Desde aquel momento, a Plataforma Pro-campus encetou unha campaña para a creación do Grao de Enxeñaría Física após o Tribunal Superior de Xustina anulara "todos os acordos" en relación ao fechamento da carreira. En cumprimento desa sentenza iniciáronse os traballos para constituír o Grao de Enxeñaría Química. Unha titulación que actualmente só está implantada na Universidade Politécnica de Catalunya. Segundo a Plataforma Pro-Campus, que Galiza puider contar con estes estudos sería "un concepto moi novidoso" e un proxecto "estratéxico" que permitiría xerar un perfil profesional na materia. Así as cousas, e embora estaren inicialmente de acordo coa implantación do Grao tanto a Universidade de Vigo como a propia Xunta de Galiza, o certo é que a día de hoxe non foi creado. Neste senso, o goberno galego asegura que "por problemas técnicos non foi posíbel" a súa constitución no curso 2014-2015, cando previsibelmente ía ser. Falta de autonomía na Universidade Logo de se pronunciar a Xunta, desde a Universidade de Vigo tamén afirman que a titulación non se implantará cando menos, até 2016 pois, din, "non é factíbel" facelo no vindeiro curso "debido ao calendario actual". Desde a Plataforma Pro-Campus tildan a actitude da UdeVigo como "unha decisión política da Consellaría asumida polo reitor" quen está a renunciar, segundo o colectivo, á titulación. Ao tempo, que rexeita a forte demanda social deste Grao universitario. E é que ao longo do último ano a Plataforma recompilou numerosos apoios. Así, o 26 de xuño presentaron á Xunta as 11.200 sinaturas recollidas a favor da titulación no que tildaron como "clamor inmenso", en verbas de Etelvino Blanco, integrante da Plataforma. Entre as persoas e entidades asinantes atópanse 400 científic@s –3 premios Nobel, máis de 180 empresas de toda Galiza, o Concello de Ourense e a Deputación Provincial, a Cámara de Comercio, e a CEO, asociacións veciñais, estudantís e Anpas. Para @s voceir@s de Pro-Campus a decisión adoptada desde a Reitoría da Universidade de Vigo reflicte que o principio de autonomía universitaria "é un mito" pois, afirman, "a Universidade muda de postura porque así o ditou a Xunta", embora, lembran, ter amosado o seu apoio á implantación de Enxeñaría Física con anterioridade.
NOS_43231
Na Galiza rexistráronse 800 altas de pacientes que superaron a enfermidade e realizáronse un total de 34.423 probas PCR para a detección do coronavirus desde que comezou a pandemia. A cifra de falecementos é de 288
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informou esta cuarta feira de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 5.460. Dos 5.460 positivos en COVID-19 confirmados no país 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Compostela, e 318 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, segundo trasladou Sanidade, 158 permanecen en UCI e 835 están en unidades de hospitalización, polo que hai un total de 993 persoas ingresadas nestes momentos. Mentres que 4.467 persoas con COVID-19 están a ser controladas desde os seus domicilios. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 800 altas de pacientes que superaron a enfermidade e realizáronse un total de 34.423 probas PCR para a detección do coronavirus desde que comezou a pandemia. Así mesmo, a Consellaría traslada que a cifra de falecementos ascende a 288 persoas. Residencias A Consellaría de Sanidade centraliza desde hoxe os datos da COVID-19 no relativo aos contaxios e á evolución das persoas que padecen a enfermidade. Nesta cuarta feira informou de que das 5.460 persoas con COVID-19 na Galiza, 781 son usuarias de residencias de maiores e 334 son profesionais vinculados a estes centros. A respecto do número de falecementos, na cifra total de 278 figuran 57 persoas que eran residentes nun centro para a terceira idade que faleceron alí mesmo e outras 51 persoas maiores que faleceron xa nun hospital ou nunha das residencias integradas que habilitou o Goberno galego nesta crise. Así que dos 278 falecementos, 114 corresponden a residencias de maiores. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen o 3,2% do total das persoas residentes, segundo informa a Consellaría, que lembra que estes datos se corresponde cos que achegan diariamente desde os propios centros. Das 8 persoas falecidas a pasada terza feira en centros residenciais, 5 foron na residencia DomusVi San Lázaro (Compostela), 1 na residencia de Bande (Ourense) e 2 na residencia Nosa Señora da Esperanza (Ourense) e 2 na residencia DomusVi Cangas. Teléfono 900 400 116 Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, ás profesionais sanitarias e a outros colectivos.
NOS_43237
Este tramo do viaducto, aínda que non se viu afectado polo derrubamento, pechouse para revisar o seu estado.
O delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, manifestou que se está traballando para abrir "canto antes" o viaduto dirección Madrid da A-6, pechado ao tráfico tras o derrubamento do tramo que estaba en obras e que une a localidade leonesa do Castro e o municipio de Pedrafita do Cebreiro. En rolda de prensa tras a reunión da comisión autonómica de tráfico, na que se abordou esta cuestión, Miñóns trasladou a súa confianza en que este verán poida reabrirse o tráfico no viaduto en dirección Madrid. O BNG propón unha comisión de seguimento para a recuperación da ponte da A-6 Este tramo do viaducto, aínda que non se viu afectado polo derrubamento, pechouse para revisar o seu estado. Sobre as causas que motivaron o colapso do outro viaduto, o delegado do Goberno español insistiu en non facer "hipótese", senón falar de "realidades". "Hai que analizar ben o ocorrido para saber que facer e poder falar de prazos", dixo sobre os traballos que se deberán acometer. Planificación de actuacións necesarias Miñóns explicou que desde o Ministerio de Transportes está a "traballarse" na planificación das actuacións necesarias a realizar e que esperan, engadiu, ter "nuns días". "(Coñecer) as causas é un proceso máis complexo, non hai precedente", insistiu sobre os motivos do colapso. Neste sentido, insistiu en que "a corrosión" nuns cables detectada no viaduto e que motivou o peche para a súa reparación xa estaba arranxado. Miñóns pide "non especular" coa ponte da A-6 e a construtora garda silencio "Aí non se detecta o problema, tampouco se detectan gretas", sinalou. Por outra parte, apuntou que a "prioridade" é a seguridade e que se pediron estudos xeofísicos e tamén informes a "reputados expertos" para analizar as causas.
NOS_14809
As rúas de Compostela acolleron na mañá do domingo unha manifestación contra a suspensión de Causa Galiza decretada polo xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco. Participaron representantes de organizacións políticas, colectivos sociais e sindicatos.
Centos de persoas percorreron esta mañá as rúas de Compostela para protestaren contra a suspensión, durante dous anos, de Causa Galiza, após a "Operación Jaro" aberta polo xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco, ao que lle reclamaron liberdade de reunión, asociación e manifestación. Baixo o lema, "Em defesa dos direitos civis e políticos para todas e todos. Nom à ilegalizaçom de organizaçons políticas", as persoas participantes, que berraron consignas como "Non á represión", expresaron a súa solidariedade coas nove persoas detidas no marco da "Operación Jaro", apreixadas o 30 de outubro e postas en liberdade con cargos o 2 de novembro. Ao finalizar a mobilización, Baldomero Iglesias, "Mero", leu un manifesto no que se pediu a "retirada das graves imputacións penais ás que están sometidas" as persoas detidas no que é "un novo caso de represión política". Amais de denunciar "o carácter abertamente político da operación", esixiuse "o levantamento da suspensión das actividades políticas que desenvolve a organización política independentista Causa Galiza". "Ningunha opinión nin ideoloxía –agás o racismo e o fascismo- poden ser ilegalizadas", recolleu o manifesto "Ningunha opinión nin ideoloxía –agás o racismo e o fascismo- poden ser ilegalizadas", recolleu o manifesto, que tamén alertou do "proceso de fascistización do réxime español, ao que se acusa de "deixar fóra da legalidade o independentismo organizado". A suspensión de Causa Galiza, "coñecida publicamente desde 2007 polo seu traballo a favor do dereito de autodeterminación da Galiza e da independencia nacional," decretouse a raíz da detención de nove independentistas galegos o 30 de outubro, acusados de dous delitos de "integración en banda armada" e "enaltecemento do terrorismo". O entorno próximo aos detidos lamenta que o "importante dispositivo mediático que socializou a versión policial, condenando sen xuízo previo as nove persoas detidas, vulnerando a súa presunción de inocencia e ocultando o impulso político do operativo policial". Participaron numerosas facianas coñecidas do independentismo e do mundo sindical, como o propio secretario xeral da CIG, Suso Seixo No protesto da mañá do domingo participaron numerosas facianas coñecidas do independentismo e do mundo sindical, como o propio secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o secretario de Organización, Paulo Carril, así como representantes das organizacións políticas, sociais e culturais que se adheriron á convocatoria, como Ceivar, Agir, Riazor Blues, Mulheres Nacionalistas Galegas, Xeira, Adega, Verdegaia, Isca ou Anova. Aínda que entre os partidos que apoiaron a mobilización non estaba o Bloque, participaron numerosos militantes da organización nacionalista, como o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, ou o ex portavoz nacional, Guillerme Vázquez. Tamén participaron representantes do mundo literario, como Fran P. Lorenzo, Teresa Moure e Séchu Sende. Portaron a faixa da manifestación cabezas visíbeis das entidades adheridas á mobilización, entre eles, o historiador Uxío Breogán Diéguez ou Fernando Blanco, de Esculca.
NOS_53651
Ambas as dúas formacións políticas acordan introducir cambios na declaración de soberanía en beneficio dun maior consenso. Primarán os conceptos de 'soberanía' e 'dereito a decidir' en detrimento da creación dunha Catalunya como 'suxeito político e xurídico'.
Nunha xuntanza desenvolvida a segunda feira (14 de xaneiro) e en que estiveron presentes @s voceir@s de CiU, ERC, ICV-EUiA e PSC; as formacións políticas achegaron posturas a respecto da declaración de soberanía que presentarán esta terza feira. Segundo informa a prensa catalá, os devanditos partidos políticos presentarán un texto conxunto en que se incorporarán á declaración orixinal --asinada por CiU e ERC-- as propostas das outras dúas formacións. Neste senso, o documento afondará nos conceptos de "soberanía" e "dereito a decidir" mudando así a proposta inicial que describía a "Catalunya como suxeito político e xurídico" así como pulaba pola construción "dun novo estado en Europa". A xuntanza desenvolvida entre os distintos grupos tivo lugar após amosarse ERC en disposición de negociar un outro texto que permitise acadar un consenso máis amplo ao cal se sumar ICV e PSC. A declaración que será rexistrada esta terza feira non muda a data fixada para a súa votación polo cal o texto pasará a se integrar na orde do día fixada para o Pleno parlamentar que terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro. CiU e ERC reforzan o concepto de dereito a decidir e soberanía na procura dun maior consenso Aínda que CiU e ERC aseguraron que os resultados obtidos do encontro reflicten a capacidade dos distintos grupos de construíren acordos, PSC, ICV e a CUP presentarán cadansúa proposta de resolución. Neste senso, @s socialistas queren que o govern estabeleza un período de dous anos para negociaren co executivo español unha "forma legal" para desenvolveren a consulta, á fin de combinar as posturas de ambos os dous países. Aliás, defenderán unha reforma da Constitución española "que garanta o máximo autogoberno para Catalunya". En troca, na CUP aseguran que "os intentos de encaixe do noso pobo dentro do Estado español e francés transformáronse nunha vía sen percorrido" polo cal "teñen dereito a manifestaren as súas lexítimas aspiracións nacionais mediante un referendo, como parte dun proceso constituínte no marco dos Països Catalans". Así pois, a formación independentista que posúe 3 deputad@s no parlament, proporá "ao goberno de Catalunya a abrir un proceso de diálogo cos axentes sociais, económicos e culturais dos Països Catalans para sondar a súa vontade de engadirse a un proceso de soberanía máis amplo". Porén, a CUP asegura que o proceso de debate e votación en referendo da independencia catalá non pode ir "en ningún caso máis aló do 2014". Imaxe: Vilaweb
NOS_7243
Brasil, Uruguai, Ecuador ou Arxentina, entre outros, lembran a lexitimidade do goberno venezuelano e critican a vaga de violencia para "desestabilizar a democracia". Desde Estados Unidos, o senador McCain (ex-candidato republicano) pediu a Obama que mandase "tropas de inmediato" a Venezuela para "garantir o fluxo de petróleo".
Máis de 20 países e 150 organismos, entidades e organizacións internacionais enviaron apoio ao goberno venezuelano nestes días, segundo afirma o Palacio de Miraflores, sé da presidencia venezuelana. De Mercosul e Unasul a Brasil, Arxentina, Ecuador, Uruguai, Paraguai, Bolivia... "fixeron unha demostración de solidariedade", en palabras do executivo bolivariano. Son mensaxes, a dicer do correspondente da BBC, nos que se pide que se respecte a Venezuela, critícanse "as tentativas de desestabilizar a orde democrática" e apélase ao diálogo. A oposición recibiu o apoio de artistas como Alejandro Sanz, Shakira ou Carlos Baute Estes apoios a Venezuela chegan na vaga de "asonada contra-revolucionaria" (en palabras d@s bolivarian@s) ou de "protestos contra a ditadura" (di a oposición) que percorren Caracas. Nesta terza feira, e nun acto non exento de publicidade, o opositor Leopoldo López decidiu entregarse ás autoridades no meio dunha masiva manifestación de opositores. López tería responsabilidade, segundo o goberno, á hora de incitar a usar a violencia e chamar "á sedición". O goberno de EUA dise "preocupado" pola actuación de Maduro O senador republicano por Arizona, o populista John McCain, declarou nunha entrevista na canle NBC que Estados Unidos debía de inmediato enviar tropas a Venezuela para, textualmente, "outorgar a paz e sobre todo garantir e protexer o fluxo de petróleo para EUA". McCain (ex-candidato do partido Republicano nas eleccións de 2008) pide a Obama que "mova" a frota militar norteamericana na rexión e que comece contactos cos aliados (Colombia, Perú) de cara a unha intervención. Mais moderado nas formas, o secretario de Estado John Kerry dixo que EUA "está profundamente preocupado" polo que acontece en Venezuela, se ben descarga no goberno bolivariano toda a responsabilidade. Así, dixo estar "alarmado" polos arrestos e detencións de manifestantes da oposición. "Paremos o fascismo. Non pasarán!" Esta terza feira ducias de milleiros de persoas percorreron Caracas nunha multitudinaria manifestación na que se chamaba a defender a revolución bolivariana e a se opor ao que se denominaba "tentativa de golpe de estado da dereita fascista". Manifestantes denunciaban, segundo recolle a RT, a presenza constante nestes días de "pequenos grupos armados" que espallan a violencia e o caos tentando "desestabilizar" Venezuela e derrocar o goberno. "Non pasarán!" foi unha das palabras de orde, presentes en faixas e cánticos.
NOS_5666
As Administracións non contactaron coa tripulación do arrastreiro 'Venturer', con 64 persoas a bordo, que partiu o 14 de xaneiro do porto vigués e agora atópase en porto polo foco de coronavirus.
A tripulación do arrastreiro 'Venturer', un buque pesqueiro con base no porto de Vigo, leva varios días retida e confinada no Brasil pola detección de un foco de coronavirus no barco. A CIG fixo público hoxe este problema, pois aínda non houbo una actuación do Goberno do Estado español nin da Xunta para "garantir unha atención axeitada aos afectados" e información para as familias. Precisamente a central sindical reclama a actuación das Administracións ante este surto nunha embarcación galega que partiu o 14 de xaneiro e que leva 64 persoas a bordo. O responsábel da CIG Mar, Xavier Aboi, aclarou que o buque marchou faenar no caladoiro das Malvinas porque ninguén dera positivo antes de abandonar Vigo. Houbo unha corentena dunha semana nun hotel e un reducido grupo de mariñeiros tivo que quedar en terra por dar positivo nas probas. No entanto, non foi até 10 días despois de estar no mar cando algunhas das persoas embarcadas comezaron a sentirse mal e ter síntomas que poderían ser do virus. Dada a crise, o capitán contactou co Centro Radio Médico de Madrid. "Como a situación empeoraba trasladáronse a Salvador de Baía, a onde chegaron a madrugada do 28 de xaneiro, e alí permanecen fondeados sen poder desembarcar, agás cinco dos tripulantes, que foron internados en centros hospitalarios con distinta gravidade", explica Aboi. Nese itinerario foron máis os contaxiados e agora transcende que aínda non houbo institucións públicas que "se interesasen" polos enfermos. Tampouco se deu a oportunidade de falar cos familiares até hoxe, cando segundo Aboi o grupo Puerta Prado (armador do arrastreiro) permitiu o contacto. "Foron as propias familias as que tiveron que poñerse en contacto co consulado, aínda que non temos constancia de que subiran a bordo para coñecer de primeira man a situación; o que si sabemos é que contactaron cos hospitais", lamenta a CIG, que pide unha actuación inmediata para asegurar a atención médica e unhas condicións de corentena correctas.
NOS_50647
Do 17 ao 23 de agosto chega a 23ª edición dun festival que este ano pon o foco nas publicacións destinadas a público infantil e xuvenil.
As personaxes enmascaradas transitan con frecuencia polo universo do cómic, con ameazas globais e inimigos invisíbeis na trama. É por iso que, como explicou o director do festival coruñés Viñetas desde o Atlántico, Miguelanxo Prado, non parecía moi lóxico que a pandemia obrigase a renunciar á cita, que chega este ano á 23ª edición. Adaptando a proposta á situación actual, o certame abrirá as súas portas a segunda feira 17 de agosto, até o día 23, aínda que as exposicións permanecerán accesíbeis durante un mes. Nesta ocasión céntrase no intre no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Para iso, catro das principais editoriais dedicadas a ese segmento (Cúpula, Astronave, Astiberri e Mamut) encherán de orixinais a sala de exposicións de Palexco. Pola súa banda. o Kiosco Alfonso cederá as súas paredes a catro debuxantes de peso: o xenovés Alessandro Barbucci, creador das series mundialmente coñecidas Sky Dolls e W.I.T.C.H.; Enrique Vegas, historietista segoviano famoso polas súas parodias de filmes e cómics; o mallorquino Pau, autor de Las vacas chechenas; e a coruñesa Xulia Vicente, que vén de editar Elisa e Marcela en banda deseñada. O Pazo de María Pita acollerá os orixinais da novela gráfica MIES, biopic de Agustín Ferrer Casas sobre o arquitecto o derradeiro director da Bauhaus. A Sala Salvador de Madariaga exporá os orixinais dos últimos premios Castelao: Alberto Vázquez e Martín Romero. A torre de Hércules, nun singular xogo de espellos, ofrecerá unha mostra dos cartaces de edicións anteriores, que teñen no deseño o emblemático monumento. Ademais, como é habitual, o exército de personaxes de cómic tomará a cidade, programaranse charlas cos autores convidados e a rúa da Banda Deseñada ofrecerá as últimas novidades.
PRAZA_1741
Este xoves destaca a Romaría Cativa, que se celebrará das 16 ás 21 horas no parque de Bonaval, e o concerto de Imelda May. O 24 os protagonistas serán os portugueses Linda Martini, que darán paso ao espectáculo dos Fogos do Apóstolo. Ademais, Festigal e Romaría dos Libros
Compostela acelera de cara ao 25. Polas súas rúas pode verse cada día máis xente, máis actividades, máis eventos. Non só na ampla programación deseñada polo Concello, senón tamén grazas a outras iniciativas, coma o Festigal, a Romaría dos Libros ou os Atardeceres no Gaiás. Dentro de Artellando, este xoves destaca a Romaría Cativa, que se celebrará das 16 ás 21 horas no parque de Bonaval. Haberá concertos de Mamá Cabra e María Fumaça, o circo da Compañía Duelirium, a danza da Compañía Transpediante, obradoiros de percusión a cargo de Trópico de Grelos, obradoiros de manualidades coa Compañía Babaluva, xogos populares con Xandobela e tamén un espazo de xogo libre. Pola noite, o rock and roll e o rockabilly serán os protagonistas da xornada. A partir das 21 horas na praza da Quintana abrirán a noite Rockin'Corsarios, e ás 22 horas Imelda May ofrecerá o seu primeiro concerto en Galicia. Irlandesa, comezou a súa carreira musical aos 16 anos tocando con varias bandas locais antes de formar a súa propia no 2002. Un ano despois publicou o seu álbum debut, No Turning back. O pasado ano publicou o seu terceiro traballo, Tribal que é o que presentará en Compostela. O 24 serán os portugueses Linda Martini quen actuarán de balde na praza da Quintana, dando paso a seguir ao espectáculo dos Fogos do Apóstolo. A banda lusa ten tres álbums ás súas costas, o último deles Turbo Lento (2013), que lles permitiron ser habituais nos principais festivais de música do seu país, dende o Optimus Primavera Sound ao Optimus Alive, pasando polo Paredes de Coura, onde actuaron o pasado ano. Media hora antes da medianoite comezará o tradicional espectáculo pirotécnico na praza do Obradoiro, que volverá atraer a atención de decenas de milleiros de persoas. A actuación dos protugueses Kumpania Algazarra pechará a xornada. Festigal No Festigal destacan as actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, entre un cento de actividades O Festigal celebrarase, como é habitual, os días 24 e 25, no Campus Sur. Destacan as actuacións de Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Ibuprofeno Teatro, Superoito, Caxade, Carapaus, o Mago Antón Habelas Hainas e Maianas, entre un cento de actividades. Na noite do 24, tras Maianas e Habelas Hainas, será protagonista Caxade, acompañado da Banda de Música da Bandeira, que "porá o punto polp-pok de banda popular de música com arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa", destaca a organización. Seguirá Ruxe-Ruxe, unha das bandas máis importantes do rock en galego das últimas dúas décadas, que presentarán no Festigal a súa décima achega discográfica: Un Mundo Perfecto, con 14 novos temas. Pechará a noite Sokram, unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Neste 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado Chuvia Ácida. O Café Concerto do 25 de xullo iniciarase coa maxia do Mago Antón; despois Isabel Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo O Furancho, para seguir co folk de Carapaus co último disco Déixao andar; co rock de Familia Caamagno e con Superoito. Romaría dos libros Un grupo de librarías e editoras da cidade organizará o 25 de xullo a Romaría dos Libros Un grupo de librarías e editoras da cidade organizará o 25 de xullo a Romaría dos Libros, un conxunto de actividades que comezarán ás 11 horas na praza de Mazarelos, onde ademais da zona de postos de venda de libros tamén haberá habilitada unha zona de bar con terraza e un espazo para crianzas. A iniciativa, que durará toda a xornada do sábado, parte "da necesidade de unir esforzos para reforzar o tecido cultural picheleiro arredor do libro e da lectura". Os seus organizadores (Edicións Positivas, Libraría Lila de Lilith, Komic Librería, Livraria Ciranda, Urco editora, Libraría Aenea, Apiario, Contos Estraños, Axóuxere Editora, Irmás Cartoné, aCentral Folque, A Gata Tola e Através editora) destacan que "non se trata dunha actividade illada, senón só unha primeira experiencia para ir artellando unha plataforma do libro que integre todas aquelas persoas e entidades que traballan en prol das letras". Haberá unha sesión vermú literario-musical: Sira e o robot, adventures on Titan (Miguel Mosqueira e Mark Wiersma); unha solta de libros (bookcrossing) pola cidade; un express literario (micropresentacións e lecturas de microrrelatos); un combate de debuxantes; e as presentacións musicais do libro-cd Veredevere ao vivo (Guilherme e Bastardo), de A chave mestra (Ariel Ninas) e de Contos do mar de Irlanda (Xurxo Souto).
NOS_16769
O Estado español atópano no antepenúltimo lugar da clasificación en relación á calidade do traballo e condicións de emprego no conxunto da UE, despois de Romanía e Grecia.
Tanto ten que o indicador analizado sexa o salario como que sexan as condicións de traballo, as formas de emprego e seguridade laboral ou o equilibrio entre o traballo e a propia vida. O Estado español suspende en todos eles con rotundidade. De feito, entre os 28 Estados da Unión Europea só outros dous, Romanía e Grecia, presentan peores rexistros que o Español. O boletín de saúde da Confederación Intersindical Galega do mes de decembro dá conta de dous estudos, o 'Bad Jobs" recovery? European Job Quality Index 2005-2015' do European Trade Union Institute e a 'VI Enquisa europea sobre condicións de traballo' impulsada por Eurofound. Ambos os dous toman o pulso á calidade do emprego en Europa. "O resultado pódese considerar como realmente demoledor para o Estado español", conclúen desde o sindicato nacionalista. Nunha escala de puntuación entre o valor 1 (a máis baixa posíbel) e o valor 10 (a máis alta), o Estado español recibe un 3 Na documentada análise de 'Bad Jobs' debullan polo miúdo seis indicadores: salarios, formas de emprego e seguridade laboral, tempo de traballo e equilibrio traballo-vida, condicións de traballo, habilidades e desenvolvemento da carreira laboral e representación sindical. Nunha escala de puntuación que o informe estabelece entre o valor 1 (a máis baixa posíbel) e o valor 10 (a máis alta), o Estado español recibe logo de analizados todos os indicadores un 3. Puntuación moi diferente da que obteñen estados como Suecia (7,5), Finlandia (8) ou Dinamarca (9). "O resultado pódese considerar como realmente demoledor para o Estado español" Formas de emprego e seguridade laboral Se nos detemos no factor "precariedade" no marco do indicador Formas de emprego e seguridade laboral, atopamos que o Estado español ten unha das maiores porcentaxes de poboación traballadora afectada pola inestabilidade laboral, os contratos temporais e os contratos a tempo parcial non desexados, liderando tamén as dificultades que teñen as persoas asalariadas para atopar emprego. Tempo de traballo e equilibrio traballo-vida Embora ter o Estado español un dos máis elevados niveis de desemprego de toda a UE, tamén rexistra unha das maiores porcentaxes de horas extras realizadas, e isto a pesar de que non se computan gran parte desas horas. "As longas e interminábeis xornadas de traballo con multitude de horas extras non pagadas, forma […] parte dunha situación "normalizada" que destrúe a xustiza laboral e imposibilita a máis mínima posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar. Situación esta de especial gravidade no caso das mulleres traballadoras", indícase no mencionado boletín elaborado polo Gabiente Técnico Confederal de Saúde da CIG. Salarios En relación ao factor "pobreza laboral", o Estado español, logo de Romanía e Grecia, tamén ten a maior porcentaxe de traballadores e traballadoras pobres de toda a UE. No que atinxe a Galiza, lembremos que un terzo dos traballadores galegos ingresa como máximo o salario mínimo. O de ingresos inferiores á metade do SMI, supón 18% das persoas asalariadas no noso país. Máis de 302.000 traballadores menores de 36 anos non acadan o salario medio anual galego.
PRAZA_11146
Naturgy nega que levase obras do Museo de Arte Contemporánea, como aseguraran técnicos municipais, e a alcaldesa Inés Rey anuncia que volverá reunirse coa empresa e que intentará que a colección quede na cidade
Hai case un ano, Naturgy anunciaba a súa intención de pechar o Museo de Arte Contemporánea (MAC), que quedou sen actividade aos poucos meses e pechado a final de ano. Malia as queixas de visitantes, cidadanía e do propio Concello, e mesmo mobilizacións, a compañía enerxética mantívose firme nunha decisión que agora volve á actualidade logo de que técnicos municipais asegurasen que parte dos fondos da galería foran xa trasladados a un museo de Valladolid. Négao a empresa, que asegura que nada se moveu do MAC polo momento e que as obras que alí se gardan están a disposición da administración local e da Xunta para que dispoñan delas. Técnicos municipais aseguran que varias obras foron trasladadas xa a Valladolid desde o MAC, algo que nega Naturgy"A idea do Concello é manter a colección e o museo aquí, pero non só depende da vontade municipal", explica a alcaldesa, Inés Rey, que advirte de que xa non anterior mandato se fixeron importantes "esforzos" por evitar o peche que non serviron ante a decisión firme de Naturgy. A rexedora anuncia agora que volverá sentar con responsables da empresa para volter tomar a iniciativa e coñecer a situación da colección co obxectivo de "facer todo o posible" para manter as pezas na Coruña. Á Xunta tampouco lle consta que fosen retiradas obras do MAC e insiste en que sexa o Concello da Coruña quen lidera a iniciativa para manter a colección e reabrir o museo, obxectivo para o que di que sumará esforzos. O gasto que suporía mantelo, uns dous millóns de euros anuais, é o principal atranco para a administración municipal. "A idea do Concello é manter a colección e o museo aquí, pero non só depende da vontade municipal", di a alcaldesa Inés ReyO MAC reúne unha valiosa colección de arte propiedade orixinalmente de Unión Fenosa, unhas 700 obras produto das bienais de arte contemporánea que a compañía eléctrica galega organizaba dende o ano 1989 e doutras adquisicións. Entre as pezas, algunhas de Laxeiro, Patiño ou Luís Seoane e un valor total dos fondos que roldaría os 5 millóns de euros. Ademais, o museo mantiña unha importante actividade, acollendo varias exposicións cada ano, así como concertos, cursos e obradoiros, así como actividades infantís e convocatorias (residencias, bolsas...). En total, dez persoas traballaban no MAC.
NOS_41142
A Policía investiga as causas do incidente e xa detivo o condutor. Moi perto deste mesmo emprazamento perpetrouse en 2016 un mortal atentado que acabou coa vida de trece persoas.
Un automóbil levou por diante unha multitude de persoas nunha concorrida zona comercial do oeste de Berlín (Alemaña) na mañá desta cuarta feira, segundo informan diferentes medios de comunicación como o diario Bild. Segundo o departamento de bombeiros, oito persoas resultaron feridas, cinco en estado crítico e as outras tres feridas de diversa gravidade, e outra faleceu no acto. "Por agora descoñécese se é un accidente ou unha acción intencionada", apuntou a Policía de Berlín, que xa detivo o condutor do vehículo. Moi perto deste mesmo emprazamento producírase en decembro de 2016 un atentado xihadista, cando un camión irrompeu nun mercado de Nadal e matou trece persoas. Os mortos en Berlín aumentan a doce e a Policía xa fala de "posíbel atentado terrorista" Testemuñas citadas por Bild indicaron que, após bater contra unha tenda, o condutor tentou volver á estrada e darse á fuga, malia que a Policía o detivo grazas á acción de varios cidadáns. "Conducía a toda velocidade, non reduciu en ningún momento", afirma unha das testemuñas. As autoridades despregaron ademais un helicóptero de rescate no lugar. Segundo a Policía, o home conduciu o seu Renault Clio contra as 10.26 horas na esquina da rúa Ku'damm con Rankestrasse cara á beirarrúa de Ku'damm e chocou contra un grupo de persoas. Os axentes están a interrogar agora o autor do atropelo, un home de 29 anos residente en Berlín, mais aínda non se aclarou se o choque foi intencionado ou se, pola contra, foi un accidente de extrema gravidade.
NOS_49622
Pide ás autoridades belgas e españolas que opten por abolir as leis que penalizan os insultos á coroa.
Amnistía Internacional instou esta segunda feira a Bélxica a "garantir que cumpre coas súas obrigacións en materia de dereitos humanos" e "non facilitar a entrega do rapeiro Valtònyc a España". Nun comunicado, a ONG recordou que a Constitución belga debe pronunciarse sobre se a lei belga do século XIX que criminaliza os insultos ao rei cumpre co dereito nacional e o dereito internacional, unha decisión que afectará o caso da euro orde do rapeiro Miquel Arenas Beltrán, Valtònyc. Amnistía pide aos parlamentos belga e español que "harmonicen" as súas leis co dereito internacional e eliminen as normas que penalizan os insultos á coroa. Na súa declaración, di que as leis que penalizan os insultos á monarquía "constitúen unha restrición ilegal ao dereito á liberdade de expresión". "Bélxica e España deben harmonizar o seu dereito penal co dereito internacional de dereitos humanos e abolir as disposicións que restrinxen desproporcionadamente a liberdade de expresión ofrecendo unha protección especial contra as críticas ao rei e a outras personaxes públicas", defende Amnistía. A este respecto, a ONG lembra que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) afirmou "reiteradamente" que "dota aos xefes de Estado dun réxime xurídico especial, que os elimina das críticas só pola súa función ou réxime xurídico, independentemente de se a crítica está xustificada "impide a liberdade de expresión sen contemplar ningunha" necesidade social imperativa ".
NOS_5910
Beatriz Pino (Vigo, 1975), xornalista, ex deputada en Cortes e membro da Executiva estatal de Ciudadanos, participa por segunda vez como cabeza de lista da súa formación por Pontevedra. Asegura que o partido, a nivel organizativo e en canto a base social, está máis forte que en abril cando sumou 63.827 votos na súa circunscrición. Por iso non teme as enquisas e arranca a campaña coa "confianza no traballo feito".
Até que punto preocupan en Ciudadanos as enquisas na Galiza? De verdade que ningunha preocupación. Hai confianza no traballo feito. Eses traballo deu como resultado dous escanos en abril, e despois, nun Congreso medio paralizado, presentamos moitas preguntas parlamentarias e levamos á Cámara os temas de Galiza. Votaron en contra da transferencia da AP-9. Cree que se entende ben na Galiza esa postura?A transferencia non é vital. Non é o que importa aos cidadáns porque non é o que realmente vai repercutir no usuario. Pensamos que o fundamental é a baixada de tarifas na AP-9 porque o que pretendemos é unha reforma eficiente e real, con descontos do 50% para as viaxeiras e viaxeiros que facemos traxectos recorrentes. E liberar os tramos interurbanos da autoestrada, como por exemplo o tramo Vigo-Redondela. Iso é o que importa. Quen a xestione, sexa Fomento, sexa a Xunta, é o de menos. Na cuestión de Ence tamén manteñen unha postura moi clara contra o traslado da factoría. Por que?Porque o que nos preocupa enormemente son os postos de traballo dunha empresa que leva moitos anos en Pontevedra. Hai dous factores a ter en conta. Por unha banda, eses postos de traballo asentados e que se poñen en risco se marcha a empresa. E pola outra, o marco medioambiental europeo. Ciudadanos tivo acceso os informes técnicos e sabe que Ence cumpre coas normas medioambientais. Polo tanto, se cumpre, hai que apoiar que a empresa continúe coa súa actividade industrial. Ciudadanos tivo acceso os informes técnicos e sabe que Ence cumpre coas normas medioambientais Na memoria de moita xente á hora de votar tamén estará a vaga de lumes de hai dous anos e a polémica cos eucaliptos. Que xestión do monte propón Ciudadanos?Non temos unha proposta específica. O que si fixemos foi reunirnos con expertos para elaborar as nosas propostas e que nos din que o eucalipto é unha especie invasora. Piden que se controle e limiten as plantacións. Parece que estamos a falar dunha especie invasora. Estamos traballando sobre este punto en concreto. Para Ciudadanos o eucalipto é unha especie invasora?O que digo é que escoitamos a todo o mundo. Hai que ter en conta todo. Tamén, que non podemos acabar cunha industria que dá tanto traballo a Pontevedra. Trasladamos a Madrid o que nos din os expertos e témolos en conta. Pero hai que encontrar un equilibrio porque o eucalipto nutre a industria papeleira. Que outras cuestións lle preocupan e para as que ten resposta como candidata por Pontevedra?Preocúpanos a precarización do emprego, con 144.000 galegas e galegos no paro e a metade de longa duración. Queremos acabar cos contratos temporais apoiando a primeira inserción cunha bonificación do 100% o primeiro ano e ofrecer un cheque-formación e que cada unha poida elixir a que curso anotarse. E preocúpannos as liñas obsoletas da rede ferroviaria, o atraso do Ave e poñer en valor o corredor atlántico cos portos de Marín e Vigo. E a AP-9, da que xa falamos. Cal é a proposta de Ciudadanos sobre a cuestión territorial dado o impacto que está tendo na campaña?No ideario de Ciudadanos avogamos por un único país no que todas as cidadás e cidadáns teñamos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas. O Estado das Autonomías está moi ben, todas temos a nosa identidade e hai que respectala, pero non pode seguir habendo cidadáns de segunda. Partindo de aí, haberá que facer reformas na cuestión territorial. Por exemplo, falar en serio do tema do Senado e das Deputacións. Ou se reforman seriamente, ou teñen que desaparecer. Por suposto que hai que protexer o galego, faltaría máis… pero é verdade que hai que facelo sempre desde o respecto. Non podemos nunca impoñer. Por que é tan belixerante Ciudadanos no ámbito das políticas lingüísticas, tamén na Galiza?Porque a política lingüística ten que servir para o mesmo: asegurar que todas teñamos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas. Non pode ser que o galego, o catalán ou o vasco sexan unha barreira nunhas oposicións públicas. Poden ser un mérito, pero nunca unha barreira. Non estamos para nada en desacordo coas nosas riquezas, temos a gran sorte de dispor de dúas linguas… ten que ser decisión de cada persoa decidir na que fala. Non pensa que a lingua galega, dada a situación, merece maior protección? Se nos remitimos ás enquisas, non detectamos que a poboación considere que isto sexa un problema, que haxa que protexer o galego. Por suposto que hai que protexer o galego, faltaría máis… pero é verdade que hai que facelo sempre desde o respecto. Non podemos nunca impoñer. Protección si, pero nunca imposición. Cada un debe decidir en liberdade en que lingua se quere expresar. Ciudadanos pactará co PSOE o próximo Goberno do Estado? Fai falta Ciudadanos en España e tamén na Galiza. Ciudadanos é o único proxecto serio para sacar adiante España. Como di Albert Rivera, precisamos capacidade de diálogo para afrontar cuestións como as pensións, a educación, a sanidade ou o problema demográfico que esixiran pactos de Estado. Eses temas non poden estar suxeitos a quen estea no Goberno. Teme Ciudadanos a gran coalición PSOE-PP? Non tememos a gran coalición porque saímos a gañar. Estamos seguras de que somos o partido no que a xente vai confiar. Estamos moi seguras do programa político que temos entre mans e que levamos anos traballando nutríndonos de abaixo cara arriba.
PRAZA_15153
O Servizo Galego de Saúde publica o decreto anual coas tarifas ás que teñen que facer fronte ás persoas sen cobertura sanitaria pública e tamén as que fagan un "uso irresponsable" dos recursos sanitarios. Os prezos experimentan unha suba do entorno do 2,5%
Sanidade pública, universal e... gratuita? En plena vaga de recortes sanitarios o Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de publicar o decreto no que anualmente fixa as tarifas que teñen que afrontar as persoas que non teñen cobertura sanitaria -caso por exemplo de boa parte das persoas emigrantes-, xa sexa directamente ou a través de mutuas ou seguros de responsabilidade civil, entre outras vías. Este documento reflicte a práctica totalidade dos servizos que presta a sanidade pública galega e os seus custos. É, polo tanto, unha táboa de prezos altamente ilustrativa tanto para saber o que sufraga a cidadanía a través dos seus impostos como para coñecer o que tería que pagar se estas prestacións non fosen públicas, dado que non son de balde. Cun incremento do entorno do 2,5% a respecto das tarifas publicadas a finais de 2011 este decreto permite coñecer, por exemplo, que unha primeira consulta de atención primaria custa 68,90 euros e as sucesivas, 34,45. Se a asistencia primaria é de urxencias o desembolso será de 255,59 euros e se a consulta é ordinaria pero inclúe algunha proba complementaria, o prezo fica fixado nos 85,56 euros para a primeira consulta e nos 43,34 para as seguintes. No decreto tamén se regulan as consultas que o persoal sanitario presta en centros de orientación familiar en materias como xinecoloxía (145,21 euros) ou psicoloxía (68,90 euros), así como as probas máis básicas, caso das radiografías (35,86 euros). Unha primeira consulta de atención primaria está valorada en 68,90 euros, a aplicación da anestesia epidural no parto fíxase nos 617,38 Pero se as tarifas de consultas xa son pouco accesibles para unha persoa sen recursos económicos que non teña cobertura sanitaria, sono aínda moito menos ao trasladarse ao ámbito hospitalario. Cada xornada de hospitalización supón 526,32 euros "por día e cama" e se esta estadía "orixina a utilización dun quirófano" a ese prezo "engadiráselle" un "incremento" de 1.025 euros "pola primeira utilización do quirófano". "A partir da segunda e cada vez que se utilice o quirófano para o mesmo proceso que orixinou a estadía aplicaráselle un 40% de incremento", isto é, 410 euros, advirte o Sergas. No caso de que o doente entre por urxencias e non fique hospitalizado a tarifa será de 359,79 euros, máis 1.000 euros "polo uso do quirófano, de ser o caso". Os prezos soben aínda máis cando o tratamento inclúe unha intervención cirúrxica máis ou menos complexa. Así, por exemplo, unha extracción de amígdalas custa 1.140,77 euros, unha cirurxía de fimose, 1.141,01 e un legrado uterino, 1.300,73. O tratamento dunha escordadura, dun desgarro ou unha luxación nun brazo, nun antebrazo, na man ou no pé supón un gasto de 1.556,95 euros e se esta mesma lesión se produce na cadeira, na pelve ou no muslo, habería que desembolsar 3.494 euros. Unha proba de esforzo por 309,21 euros, unha resonancia magnética por 687,85, un seminograma por 175,23 ou un TAC por 512,50 euros son outros dos prezos que detalla un decreto que tamén recolle canto custa, por exemplo, a anestesia epidural durante o parto (617,38 euros) ou unha sesión de quimioterapia, fixada en 184,52 euros aos que habería que engadirlle "o importe correspondente á medicación subministrada a prezo de custo". No caso da radioterapia, dependendo da tecnoloxía e do tipo de tratamento os prezos van dende algo menos de 200 euros ata case 2.000. O pagamento para "irresponsables" No articulado desta tarifa a Consellería de Sanidade inclúe unha disposición adicional inédita ata 2011 e que deixa o campo notablemente aberto para a introdución de medidas de copagamento. Apoiándose na Lei de Saúde de Galicia, impulsada no ano 2008 polo bipartito de PSdeG e BNG, o departamento que dirixe en funcións Rocío Mosquera advite de que "poderá establecerse un procedemento para repercutir nos usuarios os gastos ocasionados por eles como consecuencia do uso irresponsable das prestacións asistenciais do sistema público de saúde de Galicia". A combinación do decreto coa Lei de Saúde deixa a porta aberta a cobrarlle pola asistencia a quen non acuda a unha cita programada E isto, que quere dicir? Atendendo aos artigos da lei aos que remite o decreto coñecemos que entre os "deberes sanitarios" dos pacientes do Sergas hai preceptos notablemente difusos que o actual Goberno pode, coa súa propia normativa na man, aferrarse para obrigar un paciente a pasar por caixa. Trátase, por exemplo, da obriga de empregar "axeitadamente" os "recursos e servizos" do Sergas, manter a "observancia" sobre as normas de cada centro sanitario ou "cumprir as normas e os procedementos de uso e acceso" ás prestacións. Se cadra a maior marxe de manobra está na referencia que a táboa de prezos do Sergas fai ao punto 11 do artigo 15 da Lei. Nel sinálase a obriga de "comunicarlle ao sistema sanitario, coa maior brevidade posible, a non utilización por calquera causa dun servizo programado previamente". Así as cousas, e sempre atendendo á literalidade do decreto de tarifas, un paciente que non acuda a unha cita programada e non o comunique "coa maior brevidade" podería ter que pagala cando reciba o servizo. Decreto polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias
NOS_55254
A sesión plenaria que se desenvolveu esta terza feira contou coas cadeiras baleiras d@s deputad@s do BNG, AGE e PSdeG que rexeitaron desta maneira o veto imposto pola presidenta da Cámara á cidadanía. Pilar Rojo acusa ao conxunto da oposición de atentar contra o Parlamento. O PP abre unha crise institucional gravísima -e de consecuencias imprevisíbeis- ao bloquear o acceso ao Parlamento. Esta é unha crónica dunha sesión parlamentar que rexistrou unha tensión sen precedentes na historia desta institución.
(19.25) Dáse por rematada unha das sesións máis convulsas dos últimos anos. Os grupos da oposición --que amosaron o seu rexeitamento frontal ao veto imposto pola presidenta á cidadanía-- viron caer todas as emendas presentas aos Orzamentos para 2013. O PP impuxo a súa maioría absoluta para non tomar en consideración as propostas achegadas por BNG, AGE e PSdeG. Pilar Rojo, que se ausentou en máis dunha ocasión da sesión, asegurou en comparecencia de imprensa pola mañá que se "adoptarán medidas" contra os grupos políticos por teren permitido a entrada de traballadores do naval e da Universidade á Cámara. Para comezar, dixo, "hoxe non cobrarán". Segundo informaron fontes dos partidos da oposición, a ausencia d@s deputad@s podería manterse se o PP non recúa na súa decisión, moi cuestionábel desde unha perspectiva netamente democrática. (19,22) Vótanse as emendas presentadas pola oposición. @s 41 deputad@s do PP rexeitan as propostas de BNG, AGE e PSdeG cuxas portavocías votan en conxunto a favor. (19.10) Os recortes en servizos públicos centran a réplica dos grupos da oposición. (19.00) O presidente da Cámara (perante a ausencia de Pilar Rojo), Miguel Santalices ironiza co nomeamento por parte da deputada de AGE dunha marca de medicamento e di "agora empréganse xenéricos". Yolanda Díaz acusa ao PP de "pisar aos de abaixo" e denuncia os recortes en cooperación e desenvolvemento recollidos nos Orzamentos. "Eses ninguén que valen menos que a bala que os mata", parafrasea Díaz a Galeano. (18.55) Após a intervención da voceira popular, o deputado nacionalista asegura que o PP e a Xunta "manipulan as cifras" en función dos seus intereses. (18.42) A voceira popular, Marta Rodríguez Arias asegura que os Orzamentos presentados son "as contas máis sociais da historia" e que a sociedade galega "o sabe ben" pois o goberno da Xunta "vén de se examinar antes de onte, coma quen di". (18.37) Finaliza a intervención de Elena Muñoz. Toma a palabra Marta Rogríguez Arias en nome do grupo non emendante, grupo popular. Rodríguez Arias bate contra a oposición asegurante que "os deputados están secuestrados na cafetería do Parlamento". (18.31) "Moitas entidades financeiras confían en nós", asevera Muñoz retrucando a intervención de Abel Losada. A conselleira gábase de ter colocado máis de 1000 millóns de euros en "catro días hábiles" o que, aseguran fontes do executivo galego, evitaría "solicitar o rescate" alomenos en 2013. (18.24) Elena Muñoz rexeita as propostas achegadas polos grupos da oposición de igual maneira que o grupo popular rexeitou as emendas á totalidade presentadas por BNG, AGE e PSdeG esta mañá aplicando a súa maioría absoluta. (18.15) Intervén a conselleira de Facenda, Elena Múñoz quen acusa a BNG e PSdeG de ter "incrementado os concertos na sanidade pública" asegurando que a privatización de servizos como o material ortoprotésico procuran "mellorar a sanidade". (18.00) O voceiro do PSdeG denunica que a distribución da renda "completamente desigual" promovida desde o PP, grava máis "a quen menos ten". Losada asegura que en troca da "suba de taxas" defendida polo Partido Popular, a Xunta de Galiza debería "incrementar os impostos ás rendas máis altas". (17.50) O voceiro parlamentar do PSdeG intervén no Pleno após a interpelación da deputada de AGE, Yolanda Díaz. Amb@s @s dúas baten contra a xestión económica da Xunta de Galiza. Abel Losada, asegura que Núñez Feijóo pasou de ser "un tigre de Bengala" a un "gato de Angora" logo das eleccións ao Goberno español e considera que as políticas da Xunta "poñen en risco o Estado do Benestar". (17.20) "A vostedes non lles convén o debate público destas contas porque teiman en políticas fracasadas" espeta o nacionalista quen critica con dureza a subordinación "dos intereses de Galiza aos dictados do Estado e da UE" (17.10) O voceiro do BNG, Carlos Aymerich asegura que o PP "actúa con nocturnidade e alevosía" porque ten "algo que agochar". O nacionalista denunica que o PP queira gobernar "de costas á xente" en referencia á imposibilidade de que a cidadanía acceda ao Parlamento. (17.05) Reanúdase a sesión parlamentar no Hórreo coas ausencias d@s deputad@s da oposición en repulsa ao veto imposto por Pilar Rojo. En nome de AGE, BNG e PSdeG interveñen, respectivamente, Yolanda Díaz, Carlos Aymerich e Abel Losada. (15.05) A socialista Marisol Soneira revela que o Parlamento prohíbe a entrada de dúas persoas ás instalacións do Grupo Parlamentario do PSOE. A sesión reanudarase ás 17h, coa comparecencia d@s president@s das distintas comisións(15.01) Remata a intervención da conselleira. Vótanse as emendas dos grupos. A oposición vota en conxunto en prol da devolución dos Orzamentos, mais as tres saen rexeitadas pola maioría absoluta do PP: 3 votos a favor fronte a 41 en contra(14.56) Muñoz asegura que o PP "non está só" senón que fica "arroupado polos galegos" que lle concederon "a maioría absoluta". Di que os Orzamentos "miran ao futuro" e cumpren coa "normativa á que está obrigado este País". Aliás, acrecenta queson "o primeiro chanzo cara ao crecemento". Retrunca na idea de que "Galiza está mellor que as outras comunidades autónomas" e asegura que os indicadores "así o demostran"(14.46) Remata a comparecencia do voceiro do PSOE. Quenda de peche para a titular de Facenda, Elena Muñoz. Teima no cumprimeito do obxectivo de déficit como liña mestra das contas para 2013: "temos que pagar o que debemos"(14.33) AGE subliña que "se algo queda hoxe claro" é que "a presidenta do Parlamento non reúne as condicións mínimas para exercer o seu cargo". No pleno da Cámara, Vázquez quere saber se o PP transladaría "este mesmo discurso aos gandeiros, traballadores do naval ou nos comedores sociais deste País"(14.29) Arias retrúcalle a Beiras en castelán. Asegura que Amancio Ortega sabe máis que moitos economistas e di sentirse moi orgulloso "dos meus amigos populares". O deputado por Lugo Jaime Castiñeiras dálle unha aperta. Quenda de réplica para o PSOE. Fala Pachi Vázquez (14.28) Beiras manifesta a súa "indignación" ao ter que escoitar "intervencións como a de Puy". Asegura que aínda se lembra da vez que un deputado do PP, "presente na Cámara" (en referencia a Pedro Arias) foi á súa casa pedirlle que lle aprobara a materia da que lle impartía aulas(14.22) O voceiro de AGE dille a Pedro Puy que fale "con rigor". Lémbralle que é "profesor de economía" e retruca a súa intervención. Di que os Orzamentos "obedecen un amo para saquear as condicións de vida da xente do común" (14.19) Jorquera asegura que por cuestións familiares puido comprobar "a blindaxe dos servizos publicos" cando a súa filla agardou "48h por unha cama en urxencias" estando, dixo, "moi enferma". O voceiro do BNG remata a súa quenda de réplica. Comeza a de Beiras (14.17) AGE valora na súa conta do Twitter a intervención que fixo a conselleira de Facenda, Elena Muñoz: "fala como unha contábel e non como unha política cuxas decisións causan sufrimento á xente do común"(14.14) "Vostedes xogan a marear cos datos" mais di, "falan por si propios e demostran que xeraron máis débeda que todos os gobernos anteriores". Francisco Jorquera critica "as políticas que fan da austeridade" o seu mantra "priorizando o pagamento do déficit" aos intereses do pobo(14.12) Jorquera: "A crise foi o froito dun modelo económico de casino". O voceiro do BNG di que todos os indicadores demostran que as políticas desenvolvidas polo PP desde a Xunta e desde Madrid están "a agravar a crise" e son empregadas como "escusa" para crear "unha importante fenda social", enriquecendo a unha minoría en detrimento das maiorías sociais. Sostén o nacionalista que "están empregando a crise de pretexto para recruceder os trazos máis duros deste sistema"(14.09) Tres sindicalistas da CIG presentan un escrito queixándose perante Pilar Rojo por terlles denegado o acceso á Cámara. Non descartan recurrir ao Valedor do Pobo(14.05) Pedro Puy (PP) acusa á oposición de rebentar o pleno do Parlamento. Non di ren do veto imposto por Rojo. "Algúns atopan divertido violentar as institucións", dixo, mencionando que Robespiere acabou na guillotina. "A revolución devora os seus propios fillos", sinalou o conservador. Rematada a súa quenda de palabra, arrincan as réplicas. Ten a palabra Francisco Jorquera(13.54) Deputad@s do PSOE reuníronse con representantes do comité de empresa de Navantia no local do Hórreo namentres @s de AGE e BNG se manifestaron fóra, co resto de traballadores do naval e empregad@s da universidade. Estaban convidad@s ao pleno polos tres grupos da oposición e conseguiron acceder, mais foron expulsados(13.49) O grupo parlamentar do BNG informa nun comunicado de imprensa que se declarará "insubmiso ao secuestro" do Parlamento, e acusa a Pilar Rojo de "criminalizar" os colectivos máis afectados pola crise e polas políticas antisociais do PP. Noutro comunicado, o PSOE rexeita a "blindaxe unilateral" imposta sobre a Cámara, que cualifican de "inédita na historia: nin sequera se adoptou cando o grupo do PP trouxo 200 alcaldes para invadir o Parlamento, enfrontándose ás forzas de seguridade"(13.37) Rematou a comparecencia do PSOE, aplaudida tamén polos voceiros de AGE e BNG. Quenda para a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, quen di na súa intervención que "non permitiremos que desde Madrid nos digan o que temos ou non temos que facer"(13.08) O PSOE pide unha reforma fiscal para aumentar os ingresos da Xunta. Vázquez apela "á cordura" de Pilar Rojo e a que no PP "superen a súa ansiedade" e fagan da Cámara "a casa do debate e da palabra" abrindo as portas á cidadanía. Empraza a Feijóo a pactar "un plan de emprego xuvenil"(13.01) "Son os orzamentos máis antisociais e inxustos", unhas contas que abandonan os sectores produtivos e dan as costas "aos máis febles". Continúa a comparecencia do voceiro do PSOE. A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, reincorpórase á sesión plenaria(12.57) Vázquez ao PP: "Vostedes fan coma Poncio Pilato. Veñen a se lavar as mans e a dicir que o único que toca é prolongar unha agonía que nos leva a un abismo que non rematá pechando as portas do Parlamento"(12.53) Tamén Pachi Vázquez se revolve contra os límites impostos por Pilar Rojo no acceso ao Parlamento. Pide ao PP que non confunda unha vitoria nas eleccións coa aplicación de políticas "de maneira autoritaria"(12.49) Arrinca a intervención do representante do PSOE. Pachi Vázquez empraza á conselleira de Facenda a "saír á rúa" e ver que o País está a piques "do abismo social": "Vaia a Navantia, conselleira", recoméndalle(12.44) Beiras e o presidente da Cámara, Miguel Santalices (Pilar Rojo ausentouse do debate) enzárzanse nun debate. "Como bo demócrata, a maneira de sacar fóra a Feijóo é cos votos e non con tanques ou con tractores" di Santalices; "A represión non resolve os problemas", replica Beiras(12.43) Só Jorquera aplaude as palabras do seu homólogo en AGE. Quenda agora para Pachi Vázquez(12.40) Beiras conclúe a súa intervención sinalando que as decisións da Xunta supoñen a "volitización da autonomía política e financeira" de Galiza. Acrecenta que se rebela "quen ten dignidade" malia que "a dignidade de vostedes" está di "nun caparazón", referíndose a deputad@s do PP. Define os orzamentos como "un onanismo impúdico do seu narcisismo"(12.37) A rúa do Hórreo, onde se ubica o edificio do Parlamento, leva boa parte da mañá cortada ao tráfico. A mesma rúa dá acceso á céntrica praza de Galiza e á estación dos comboios(12.32) Un policía diríxese a unha deputada do BNG namentres lle impide a entrada no Parlamento: "Ni tengo que conocer a los diputados, ni tengo que saber gallego. Punto filipino"(12.25) O portavoz de AGE asegura que moita da cidadanía á que "pretenden intimidar desde as institucións" xa loitou unha vez contra o fascismo. "A historia non se repite" mais "xa llo dixen unha vez, vai saír por patas sr Feijóo, os tractores entratán en San Caetano, non son armas mais a ver quen lles fai frente"(12.22) Beiras apela á Conferencia da UNCTAD (das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento) para acusar ás políticas do PP de "fracasadas"(12.17) O BNG informa nun comunicado enviado á imprensa de que presentará unha queixa perante a Mesa do Parlamento "por abuso da autoridade" da policía española. Axentes requeríronlles a documentación e impediron a entrada d@s deputad@s Ana Pontón, Carme Adán, Tereixa Paz e Cosme Pombo após participaren na manifestación d@s traballador@s de Navantia e da Universidade, que realizaron fóra da Cámara (12.15) Beiras: "Vou tentar non facer nada que poida ser empregado como obxecto de demagoxia". Di que centrará a súa intervención no debate sobre os Orzamentos(12.11) Jorquera denuncia "tempos de secuestro da democracia". Beiras e Vázquez aplauden a súa intervención en que carga contra "a escolla ideolóxica e de clase" que supoñen as políticas do PP e o "pacto coa banca". Di o voceiro do BNG que "estes orzamentos e o conxunto das súas políticas representan un homicidio económico para Galiza". De seguido falará o voceiro de AGE(12.02) Nas bancadas da oposición continúan unicamente Pachi Vázquez, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera(11.58) Reanudada a sesión plenaria, arestora o BNG defende a súa emenda á totalidade dos Orzamentos da Xunta. Di Jorquera que as políticas do PP "reflicten o fanatismo neoliberal"(11.37) Comparece Pilar Rojo. Fala de "grave atentado contra unha institución do Estado" e "reafirma" o veto. Culpa á oposición das protestas. A deputada do BNG Tareixa Paz e outr@s dúas deputad@s conseguen, finalmente, acceder ao Parlamento. Impedíallelo a policía(11.15) O hastag #Parlamento, trending topic (TT) na rede social Twitter(11.09) A emisión en directo do pleno do Parlamento, censurada. Na ligazón só aparece unha pantalla en negro coa imaxe corporativa da Cámara(11.00) Volve suspender o pleno. Por 30' e coa advertencia de que "agora si" avisará as deputad@s para que poidan incorporarse se o desexaren. Namentres, a policía impide a entrada a tres deputad@s do BNG. Di o axente que non os coñece(10.55) A presidenta reanuda o pleno, mais faino sen aviso previo e sen dar conta á oposición. Podería estar a incumprir o regulamento da Cámara. Incorpóranse os voceiros de PSOE e AGE(10.52) Berros en defensa dos postos de traballo e cartaces de Navantia, solución. Empregad@s da universidade tamén se manifestan na Cámara: Esta é a democracia do PP! Rojo suspende o pleno até novo aviso(10.48) Un dos traballadores, vestido cunha camisola en prol da construción desta infraestrutura e co lema Dique si foi obrigado a quitala. Entrou acompañado da deputada de AGE Yolanda Díaz, quen optou por vestir ela a camisola. Fóra, co resto de operarios de Navantia, maniféstanse @s deputad@s do BNG(10.29) Malia os límites impostos, os grupos parlamentarios da oposición tiñan xestionado xa o convite para os traballadores do naval, nomeadamente aqueles que fan parte do comité de empresa de Navantia, xusto o día despois de que se anunciase que non se construirá o dique flotante. Os operarios conseguiron acceder finalmente a ela.(10.00) Arrinca o pleno do Parlamento. A oposición érguese en bloque. Nas bancadas quedan só os voceiros de PSOE, BNG e AGE Á primeira hora da mañá... A decisión da presidencia do Parlamento de impedir a visita de cidadás e cidadáns ao Pleno do Parlamento desatou a reacción unitaria do conxunto da oposición. Non só houbo na segunda feira unha conferencia de imprensa conxunta dos seus tres portavoces, mas tamén acordaron un plantón no pleno extraordinario convocado para esta terza feira se Pilar Rojo non recúa no veto e na teima de xestionar ela propia quen pode presenciar as sesións da Cámara, retirando desta maneira unha potestade que viñan exercendo os grupos parlamentares.A primeira na fronte: esta terza feira o PP leva ao Parlamento a súa proposta de Orzamentos para o 2013, para sometela ao debate. Leva tamén a iniciativa en prol dunha condena institucional "contra o terrorismo en xeral e contra Resistencia Galega en particular". Porén, nas bancadas da oposición sentan unicamente os tres voceiros. O partido do goberno, pola súa banda, está "totalmente de acordo" co veto.A imaxe dos tres voceiros da oposición, Francisco Jorquera (BNG), Xosé Manuel Beiras (AGE) e Abel Losada (PSOE) nunha rolda de imprensa conxunta e defendendo unha postura común contra o "autoritarismo" da presidenta do Parlamento non se vira nunca até o de agora. "Somos como un tripartito en minoría, mais con agallas" ironizou Beiras aproveitando a comparecencia conxunta. O rexeitamento das tres forzas contra a imposición de Rojo foi taxativo, e valorárona como "un estado de sitio", "un secuestro" ou "un castelo kafkiano", recordando a PP que a Cámara galega "non é da súa propiedade".
NOS_15048
Centos de manifestantes amosaron este domingo na aldea de Casalonga, en Teo, o seu rotundo rexeitamento ao vertedoiro. A marcha, dun quilómetro, foi o ramo de 24 horas seguidas de mobilizacións veciñais contra "esta agresión á terra e á saúde".
De "histórica" cualificaba a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos a xornada. "Conseguimos a implicación de todo tipo de colectivos da contorna", di, antes de engadir o mérito de facelo "nun entorno rural". "Convocando a manifestación no punto cero, a veciñanza apostou por poñer en valor o lugar onde eles viven e o que queren protexer", afirma a organización. As persoas que asistiron á protesta tras unha pancarta que rezaba "zona residencial, non residual" camiñaron un quilómetro pola estrada N-550 e, nunha finca cedida pola veciñanza, leron o manifesto. O presidente da plataforma Jaime Ares, o membro da mesma Marcos Ares e a actriz Mabel Rivera tomaron a palabra. Coa Plataforma Casalonga Limpa de Residuos solidarizáronse facendo acto de presencia colectivos como a Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre, a contraria á Mina de Touro-O Pino, as veciñas que se opoñen aos vertedoiros de Miramontes e de Lesta, a agrupación de ordes Aire, Terra e Auga Limpas, Salvemos Catasós de Lalín, ou Recuperación do Río Sar. "O Goberno galego ten na súa man solucionar este problema", explica Casalonga Limpa de Residuos, "cunha modificiación lexislativa acabaríase o pesadelo que viven desde hai un ano os habitantes da zona. O pobo falou, e pide que as leis sirvan para protexer os cidadáns e a terra e non o enriquecemento duns poucos". 24 horas de mobilización A manifestación foi o final dun día completo de protestas. Que se fixo evidente nas numerosas pancartas que penduran das casas e negocios do lugar. "A canteira non é negocio, o negocio é o vertedoiro" ou "explotar a canteira obriga a restaurala", sinalaban os cartaces improvisados. "A veciñanza apoiou con entusiasmo este acto tan ambicioso e respondeu de xeito exemplar", conclúe a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.
NOS_55503
O Supremo pide que se cumpra unha sentenza de hai 13 anos e se tire abaixo o Edificio Fenosa, na Coruña.
O Edificio Fenosa, malia simbolizar a burbulla inmobiliaria, foi defendido durante o vazquismo polo PSOE -que permitiu que se construíse sen licenza- e agora polo PP e cuxa demolición consumirá o 25% do orzamento municipal Despois de até catro sentenzas que obrigaban a derruílo e en contra da última do TSXG que indicaba que esa operación era inviábel tecnicamente, o Tribunal Supremo vén de ditaminar de novo que o Edificio Fenosa, no centro de A Coruña, debe ser demolido, xa que se construíu sen as licenzas oportunas e con irregularidades, decisións estas que tiveron lugar nos anos noventa baixo o mandato municipal de Francisco Vázquez, do PSOE local. O PP, agora no poder, como antes @s socialistas sempre intentaron evitar a aplicación desta sentenza, e en ningún momento se fala desde María Pita de pedirlle responsabilidades ao goberno vazquista malia que lle vai causar un enorme dano económico á cidade, posto que o operativo para tirar abaixo o Edificio Fenosa custará uns 45 millóns de euros, un colosal gasto para o erario público que significa case o 25 por cento do orzamento municipal. Os gobernos municipais nunca valoraron a posibilidade de denunciar a actuación do ex-alcalde en vista do prexuízo causado A sentenza do Supremo é recorríbel e acusa ao concello de Negreira de "actuar de mala fe" para non aplicar o ditado polos xulgados. Segundo o BNG, os informes que presentou o goberno local para evitar a demolición, sen éxito, custaron case 40.000 euros. O Edificio Fadesa, reservado para persoas de alta capacidade económica, simboliza a aposta polo ladrillo que sempre caracterizou aos poderes políticos e económicos coruñeses, como a quebrada inmobiliaria Fadesa que o levantou e que contou para iso coa colaboración do ex-alcalde Vázquez, que a modo de favor deixou construír por riba da lei e creando agora un grande problema para o concello.
NOS_47900
A operación de retorno de Telmo Martín á alcaldía de Sanxenxo é vista pola líder do BNG como unha "moción de censura encuberta" para recolocar o que foi, din desde a formación soberanista, máximo exponente dun "urbanismo salvaxe".
O pacto da candidatura veciñal SAL co PP -posterior á ruptura da formación local con BNG e PSdeG- vai levar de volta Telmo Martín á alcaldía de Sanxenxo. O paradoxo dese acordo radica en que o actual rexedor, Gonzalo Pita (SAL), pasará a ser tenente de alcalde de Martín. Unha operación sen precentes que mereceu esta sexta feira unha dura reprobación por parte de Ana Pontón. Para a líder do BNG -que se achegou a Sanxenxo para estar acarón do grupo municipal nacionalista-, o retorno de Martín responde a unha estratexia tracexada directamente por Feijóo como presidente do PPdeG e por Alfonso Rueda, máximo dirixente da formación conservadora na circunscrición de Pontevedra. Nun encontro cos meios, denunciou Pontón o "cambio de cadeiras" orquestrado polo PP e SAL, unha manobra para recolocar Telmo Martín na alcaldía "pola porta de atrás". A líder do BNG, que estivo acompañada pola deputada Montse Prado, recorreu á ironía para censurar esta operación de Feijóo en Sanxenxo e, elevando o tiro, evocou unha das frases emblemáticas -polo entrambilicadas- de Rajoy. "Quero recordarlle a Rueda e a Feijóo as palabras dun ilustre visitante desta vila, o señor Rajoy, quen dicía literalmente: es el vecino quien elige al alcalde y es el alcalde quien quiere el vecino que sea el alcalde". A frase marianista, con independencia da súa revirada sintaxe, non sería de aplicación neste momento a Sanxenxo, argumentou a portavoz frentista porque "a Telmo Martín non o elixiron os veciños e as veciñas, senón que quere acceder á Alcaldía pola porta de atrás". En Sanxenxo confróntanse dous modelos antitéticos, alegou Pontón, por un lado as "vellas prácticas caciquís e tránsfugas" do PP e, por outro, o traballo do grupo municipal nacionalista, liderado polo portavoz David Otero, "a favor de mellorar a calidade de vida da veciñanza, para mudar o urbanismo depredador por outro modelo ao servizo das persoas e por facer máis democrática a institución municipal". O BNG, garantiu Pontón, aspira a ser agora en Sanxenxo "o catalizador desa maioría social que aspiraba a deixar atrás a especulación urbanística e que aspira a ter un concello diferente".
NOS_35569
O Movemento Galego de Solidariedade con Venezuela publica un manifesto de apoio ao proceso de diálogo que se está levando a cabo en Noruega para defender a paz e o futuro en Venezuela.
Un manifesto feito público polo Movemento Galego de Solidariedade con Venezuela dá o soporte dunha vintena de organizacións sociais e políticas galegas ás conversas e proceso de diálogo que se está levando a cabo en Noruega para favorecer a paz e a resolución do conflito que se está a vivir na República Bolivariana de Venezuela. Denuncia non manifesto o goberno de Trump por teimar en dicir que todas as opcións para a súa relación con Venezuela "están sobre a mesa", dando a interpretar de maneira explícita a inminencia dunha intervención armada, "final e incontestábel" co que os seus aliados "belicistas" celebran anticipadamente "a expulsión dun goberno democrático mediante a aplicación do recurso antigo e violento que desafía a esencia pacifista do dereito internacional contemporáneo e a convivencia no mundo", denuncia o movemento de solidariedade galego. Denuncia non manifesto o goberno de Trump por teimar en dicir que todas as opcións para a súa relación con Venezuela "están sobre a mesa" As organizacións asinantes consideran un "mérito democrático" do goberno da República Bolivariana de Venezuela ter colocado nese tempo e lugar precisos, "e con grande habilidade diplomática", un encontro de paz coa colaboración de Noruega, o que consideran unha fórmula aparentemente non prevista por Trump "e o seu belicista gabinete". Di o manifesto que o mundo recibe con esperanza a Mesa de Paz de Noruega como "vía intelixente fronte tanta violencia". Denuncian tamén a manipulación informativa contra o goberno de Maduro, mais engaden que a pesar das "mentiras" non se puido agachar "a guarimba mercenaria recorrente, na que nove persoas pacifistas foran queimadas vivas e causara unha interminábel regueira de estragos por toda Venezuela". Tamén fai referencia entre os fracasos da oposición á "provocación de armas na fronteira con Colombia, en febreiro, a conta dun convoi pretendidamente humanitario", así como a invitación non respondida a finais de abril para un golpe militar. Di o manifesto que o mundo recibe con esperanza a Mesa de Paz de Noruega como "vía intelixente fronte tanta violencia Sinalan tamén os gobernos dos USA, Canadá e Reino Unido por abriren o camiño para o cerco armado de Palestina, Iraq, Líbano, Siria, Libia, Afganistán, Somalia, Sudán, Igoslavia, Ucraína, Mianmar e Iemen; e alertan no manifesto de que agora teñen os ollos postos en Venezuela "desafiando o dereito soberano do país a decidir o seu destino sen que esta violación intolerábel da lei internacional se volva finalmente contra eles". Chaman a apoiar o dereito de Venezuela á paz e convivencia democrática Chaman por tanto a apoiar "sen reservas" o dereito da República Bolivariana de Venezuela á paz e convivencia democrática. O manifesto do Movemento Galego de Solidariedade con Venezuela asínano a 31 de maio a Asociación Galega Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), a Asociación Francisco Villa Mil, a Asemblea Republicana de Vigo, CIG, BNG, Galiza Nova, Anova, CUT; Erguer Estudantes da Galiza, Esquerda Unida, Isca, Mar de Lumes, PCG, PCPG, PCTG, Podemos Vigo, Rede Vermella, a UPG e Xeira. As conversas en Noruega Goberno e oposición atopáronse esta semana en Noruega co obxectivo de estabelecer un diálogo que permitise atopar unha solución pacífica á crise venezuelana. Nicolás Maduro e o opositor Juan Guaidó, recoñecido por algúns países como presidente encargado, confirmaron o inicio das conversas e enviaron delegacións a Oslo. Noruega solicitou discreción á partes para que os acordos puideran frutificar, mais xa trascendeu o fracaso das mesmas. Non se descartan novos encontros en Noruega para poder alcanzar acordos.
NOS_5113
O Pobo catalán falou na rúa. Cuase 2 millóns de persoas -1,8 segundo a Guardia Urbana- exixen ao Goberno español ter dereito a decidir, ao tempo que demandan a Artur Mas que "poña as urnas".
Catalunya voltou a expresar o seu desexo de votar ser un estado independente o vindeiro 9 de novembro. Nin os escándalos económicos dun dos seus símbolos da transición e a súa historia máis cercana, o ex- presidente Jordi Pujol, nin os ataques mediáticos recibidos pola Assemblea Nacional Catalana (ANC), algúns mesmo traspasando calquera ética xornalística, detiveron a vontade cidadá de saír á rúa e berrar que queren ter o dereito democrático de decidir o seu futuro. Días antes do 11 de setembro, o día ou Diada nacional catalá, certo espírito pesimista encheu follas de xornais e minutos nas televisión do país. Haberá unha resposta social semellante a de edicións anteriores? A campaña deste ano, organizada pola ANC e Òmnium Cultural, tiña os mesmo alicerces que as anteriores: unha moi boa organización e unha forte axuda do voluntariado propio con experiencia en actividades anteriores. A guerra oculta do unionismo, entre correos chamando á desmobilización por supostos incidentes ou a presenza de fascistas nunha manifestación horas antes, serviu de ben pouco. Logo das 16 horas, milleiros de persoas de todas as idades comezaban a desprazarse en transporte público e privado por toda Barcelona para ocupar o seu lugar na simbólica V. Aínda resoan as palabras da presidenta da ANC pouco antes de remataren a concentración: "Presidente, poña as urnas". Camisolas vermellas e amarelas, segundo a sección do tramo a ocupar, enchían as dúas rúas máis grandes da cidade. Non eran catalás e cataláns, eran cidadáns de Catalunya. Bandeiras e símbolos de moitos países convivían coa maioritaria "estelada". Crianzas, mozas, vellos, xente de todas as idades seguían as indicacións da organización sen deixar de ollar de esguello o helicóptero que recollía as imaxes aéreas da concentración. Grandes pantallas informaban do que acontecía noutros puntos da V e unificaban momentos importantes do acto como os discursos de Carme Forcadell, presidenta da ANC, e Muriel Casals, presidenta de Òmnium Cultural. Ledicia ao chegaren ás 17:14 h., lembrando a data da perda das liberdades para Catalunya, e peche da grande concentración cunha homenaxe a Peret ("Catalunya ten moito poder") e co canto do seu himno nacional, "Els Segadors". Tempo de avaliación Nos vindeiros días, se cadra horas, pasarán moitas cousas que decidirán parte do futuro do proceso soberanista catalán. Aínda resoan as palabras da presidenta da ANC pouco antes de remataren a concentración: "Presidente, poña as urnas". O grande interrogante, a decisión de Mas arredor do día 9 de novembro, ten diante a proba expresa de todo un pobo. Deste 11 de setembro quedarán moitas anécdotas, unha delas foi a campaña de difusión por Twitter co 'hashtag' que propuxo a ANC e que co seu #CatalansVote9Nt foi 'trending topic mundial', con máis de 25.000 chíos en 10 minutos, mais o importante é a sensación que levou cada participante nunha xornada histórica, outra máis, a menos de dous meses dunha consulta popular que agora semella imparábel.
NOS_33348
Xavier Vence denunciou que o sumario da Operación Pokemon reflicte "unha radiografía das cloacas do poder político" e instou a cidadanía a "rebelarse" para "recuperar a democracia" das institucións.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañado polo voceiro municipal da organización frontista, Rubén Cela, exixiu esta segunda feira ás portas do Pazo de Raxoi, a demisión da equipa de goberno municipal. Após erguerse o secreto de sumario, sinalou Vence, o concello da capital galega converteuse nun dos seus "puntos neurálxicos" da Pokemon, con 11 d@s 13 concelleir@s imputad@s por corrupción. Para o Bloque, a investigación xudicial desenvolvida --que atinxe tamén os gobernos de Lugo, Ourense e A Coruña-- dá conta dunha "forma de gobernar absolutamente indigna" que atribuíu "aos partidos sistémicos" (PP-PSOE) e que serve, recalcou o nacionalista, para entender "a paixón privatizadora do PP". Vence advirte que os casos de corrupción explican "a paixón privatizadora do PP" "Vemos que a través das privatizacións se crean esas redes de colocación dos amigos e familiares do PP" con "métodos espúreos e vías ilegais a beneficio propio", espetou o líder do BNG. Un proceder, denunciou, que "convrte esta democracia nunha democracia de terceira categoría" dirixidas a "entregar os intereses da cidadanía ás empresas privadas" para que estas, acrecentou, usen "en beneficio propio os servizos públicos". Desde a fronte nacionalista o portavoz nacional do BNG reclamou a demición de "todos os encausados no sumario" a comezar, dixo, polo "alcalde de Santiago, o tenente alcalde da cidade da Coruña e o alcalde de Lugo", pola súa imputación por presuntos delitos de corrupción na concesión de servizos públicos á empresa Vendex. Porén, Vence apuntou directamente á responsabilidade do presidente da Xunta de Galiza --líder tamén do PPdeG-- a quen demandou que exixa "aos seus responsábeis políticos" imputad@s que saían das equipas de goberno pois, recalcou Vence, "isto destroza a democracia". O presidente, acrecentou, "ten moito que dicir" ao respeito do que está a acontecer pois son os responsábeis "do seu partido político" á fronte das principais cidades do país, os que están encausados. Que a cidadanía se rebele para "recuperar a democracia" Aliás, o voceiro nacional do Bloque animou á cidadanía a "rebelarse todos os días" e a pular por "recuperar a democracia, "o poder das institucións" e "a transparencia do público" para pór, dixo, "os recursos públicos ao servizo da calidade dos servizos que todos merecemos" e non, acrecentou, "ao servizo das empresas, dos cazadores de rendas e de toda a trama corrupta que reflicte este expediente". As demandas d@s nacionalistas foron para alén da capital galega e tamén marcaron o pleno que esta segunda feira tivo lugar en María Pita. O grupo municipal do Bloque defendeu unha moción en que exixía a demisión d@s imputad@s na Pokemon con responsabilidades de goberno no concello da Coruña. Embora debaterse a moción, os votos maioritarios do Partido Popular tombaron a proposta. Pola súa banda, o rexedor lugués, José López Orozco declinou, tamén, presentar a súa demisión porque, dixo, "teño a fortaleza da miña inocencia" ao asegurar que "nunca aceptei nen me ofreceron ningún suborno". "Non todos somos iguais" O portavoz nacional do BNG puxo en valor a labor d@s responsábeis polític@s do Bloque e rachar coa idea difundida, sinalou, "pola dereita" de que "todos somos iguais". Iso, recalcou Vence, "é mentira". O líder frontista asegurou que as corporacións municipais en mans do BNG "non están manchados por esas prácticas corruptas", asemade reivindicou " a honestidade" d@s responsábeis polític@s que están, indicou, "para defender proxectos colectivos, un funcionamento digno das institucións democráticas, para conseguir que a cidadanía poida gozar de servizos de calidade".
NOS_26772
O xurado destaca a "longa traxectoria" desta entidade "pola Igualdade", así como "a súa interseccionalidade, a pluralidade e o impacto directo e amplo do seu labor en todos os ámbitos da sociedade".
O Observatorio da Mariña pola Igualdade é o ganador da terceira edición do Premio Begoña Caamaño de Proxectos Culturais pola Igualdade, dotado con 6.500 euros. O xurado destaca a "longa traxectoria do Observatorio da Mariña pola Igualdade, a súa interseccionalidade, a pluralidade e o impacto directo e amplo do seu labor en todos os ámbitos da sociedade". O xurado destaca a necesidade de "recoñecer iniciativas como esta que nacen na periferia, á marxe do ámbito urbano de referencia que parece ser o eixo atlántico. Con este premio queremos valorar o traballo feito por mulleres que desenvolven unha actividade intensa pola igualdade sen se atopar nos centros de decisión máis visíbeis". O xurado estivo composto pola actriz e fundadora da compañía de teatro "A Panadaría", Ailen Kendelman, pola escritora e actriz, María Lado, pola profesora e activista do feminismo, Sabela Mouriz ademais de polas representantes dos colectivos gañadores da anterior edición Irimia Muelas de Implicadas no Desenvolvemento e Clara Rodríguez por "Elas tamén pintan" de 7H Cooperativa Cultural e presidido polo deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, coa xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. Desde o 8 de marzo de 2008 o Observatorio da Mariña pola Igualdade traballa de maneira continuada a favor da promoción da igualdade de xénero tamén desde o ámbito cultural, contribuíndo coas súas actividades a visualizar as mulleres en sectores de relevancia económica, social e cultural. A área de Cultura da Deputación da Coruña convocaba por terceiro ano consecutivo o Premio Begoña Caamaño de proxectos culturais pola igualdade que se resolveu por vez primeira no ano 2017 recaendo na libraría feminista Lila de Lilith, de Santiago de Compostela. Na segunda edición o proxecto "Elas tamén pintan" de 7H Cooperativa Cultural e Implicadas no Desenvolvemento foron as gañadoras do premio.
NOS_46309
Entre o 26 e o 28 de abril o Consello de Seguridade das Nacións Unidas debaterá a renovación do mandato nun contexto de tensión sobre o terreo.
Após rematar o prazo, o 8 de abril, para a elaboración dun Informe sobre a Operación especial das Nacións Unidas despregada no Sáhara Occidental (MINURSO), o Consello de Seguridade avalía, debate e votará o seu mantemento, ou non. A decisión deberá ser formalmente adoptada o 28 de abril e prodúcese no marco dun contexto de tensión sobre o terreo após o réxime de Mohamed VI expulsar persoal funcionario das Nacións Unidas e fechar a oficina da MINURSO en Dajla. Unha decisión que o ministro de Exteriores marroquí, Salahedin Mezuar tildou de "irrevogábel". A expulsión de persoal funcionario da ONU e o fechamento da sede da MINURSO en Dajla foi a resposta de Marrocos ás declaracións de Ban Ki-moon que tildou de "ocupación" a súa presenza no Sáhara No concreto foron expulsas 84 persoas, segundo o propio Mohamed VI, motivadas pola presenza e declaracións do secretario xeral das Nacións Unidas, Ba Ki-moon nos campamentos de persoas refuxiadas localizados en territorio arxelino. Na súa visita ao pobo saharaui, a primeira que se producía por parte do máximo representante da ONU, Ban Ki-moon tildou de "ocupación" a presenza de Marrocos no territorio saharaui e urxiu a resolver o conflito apremiando a convocatoria do referendo de autodeterminación acordado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas desde 1991. EUA, Franza e o Estado español son as dúbidas pola súa estreita relación con Marrocos Para o réxime marroquí estas declaracións constituíron unha "ultraxe" mentres que a RASD considerou a actitude de Marrocos como unha declaración de guerra polo que o Frente Polisario iniciou a mobilización dos seus efectivos militares. Entretanto Marrocos comezou a construción dun novo muro que se sumaría aos oito que xa dividin os territorios ocupados do conxunto do Sáhara Occidental. A decisión que adopte o Consello de Seguridade das Nacións Unidas agárdase con expectación. Neste senso, China, que asume a presidencia rotatoria durante este mes de abril agarda que a renovación se produza "sen maiores complicacións". As dúbidas céntranse na posición que adoptarán os EUA, Francia e o Estado español, aliados de Marrocos.
PRAZA_9577
A Coordinadora Galega propón a convocatoria do paro e asegura que "vai adiante", aínda que espera o apoio dos principais sindicatos. Insiste na demanda de máis orzamento e persoal, contratos estables e dignos, negociación do conflito dos PAC e unha xerencia propia.
Unha folga xeral en toda a Atención Primaria de Galicia entre o 9 e o 11 de abril. Esa será a nova protesta que afrontará a sanidade galega, sumida desde hai meses en mobilizacións, folgas e conflitos pola "deterioración" sanitaria e polo rexeitamento masivo dos colectivos profesionais ao novo modelo proposto para ese ámbito asistencial polo Sergas.Foi este pasado martes cando o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, advertiu mesmo de que habería axiña un acordo para esa nova proposta que sería destacado polos medios. Díxoo un día despois de que a Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP), que di representar un milleiro de profesionais e varios colectivos, acordase a proposta desa folga xeral para os días 9, 10 e 11 de abril. Sería o primeiro paro xeral neste ámbito asistencial en Galicia. A Coordinadora Galega de Atención Primaria asegura que a folga xeral dos días 9, 10 e 11 de abril "vai adiante" aínda que espera que os sindicatos se unan á convocatoria"A folga está en marcha e vai adiante", explica Xosé María Dios, un dos voceiros da CGAP, que advirte de estaren xa "desbordados" polo apoio a esta medida expresada por moitos profesionais sanitarios. Será agora cando representantes da Coordinadora se reunan cos principais sindicatos para avaliar a posibilidade de que se unan á convocatoria e mesmo a leven a cabo oficialmente, ademais de con colexios médicos e sociedades científicas. Desde un dos sindicatos de clase, Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, advirte de que "valorarán" a folga e decidirán se a apoian, algo que farán se "non se cingue só ao persoal médico, senón ao problema global, tamén orzamentario". Desde a Coordinadora destácase que o paro xeral levarase a cabo, con máis ou menos apoio, pero están convencidos de que a convocatoria será unitaria e global polas demandas básicas que unen a todos os colectivos e persoal. Na última xuntanza, destacan, o apoio foi unánime por parte das 40 persoas que representaban diferentes grupos profesionais da Atención Primaria. Na reunión houbo representantes de diferentes asembleas de áreas sanitarias de Galicia, da Asociación Galega de Médicos de PAC (Agampac), da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), de colectivos de enfermería, da plataforma SOS Sanidade Pública, da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp), de Precarias pola Atención Primaria, de persoal dos PAC ou dos xefes de servizo dimitidos de Vigo.A Coordinadora mantén cinco puntos "irrenunciables" nos que piden o aumento de orzamento e persoal, contratos estables e dignos, negociación do conflito dos PAC e a creación dunha xerencia de PrimariaTodos eles decidiron, en nome da Coordinadora, manter "como irrenunciables" as cinco demandas expresadas xa anteriormente: o aumento de orzamento significativo, até o 25% do total, para a Atención Primaria; incremento de persoal e convocatoria inmediata de todas as prazas necesarias; contratos estables e dignos para os profesionais precarios para unha prestación asistencial de calidade, negociación do conflito dos PAC; e eliminación das EOXI e creación da Xerencia de Atención Primaria con orzamento específico."Queremos que se cumpran estes cinco puntos e que se elabore, de verdade, outro plan de mellora para a Atención Primaria no que a Administración busque o consenso e se reúna cos colectivos implicados e non só cos seus", explica Dios.Ademais, a CGAP decidiu manter as concentracións que se estána levar a cabo ante os centros de saúde de Galicia ao mediodía e ás seis da tarde, e formulou a posibilidade de recoller sinaturas para solicitar a dimisión de xefes de servizo doutras áreas, á marxe de Vigo. Todo coa folga como horizonte, un paro xeral que ten tamén xa un lema pensado: "Máis tempo para @s nos@s pacientes".
NOS_2819
O documento do ministerio titulado "Guía de actuación ante a aparición de casos da Covid-19 en centros educativos", con data do 30 de decembro de 2021, tamén insta a considerar brote a 3 ou máis casos nos centros educativos.
O Ministerio de Sanidade, que dirixe Carolina Darias, tería entre os seus plans de actuación fronte á Covid-19 a eliminación das corentenas entre os contactos estreitos dun positivo polo virus na Educación Infantil e Primaria. Así se extrae do texto "Guía de actuación ante a aparición de casos da Covid-19 en centros educativos", que ten data do pasado 30 de decembro, onde tamén se propón ampliar a consideración de brotes de coronavirus aqueles que afecten a tres ou máis persoas nos colexios e institutos. O documento inclúe algúns cambios en relación aos protocolos que teñen vixencia até o de agora, pero desde o Goberno do Estado español aseguran que non afecta á reunión multilateral que vai decorrer esta terza feira, 4 de xaneiro, para decidir se hai que adiar o regreso ás aulas após o Nadal. De feito, as mesmas fontes explicaron que os termos que recolle o documento van ser tratados de forma conxunta máis adiante. Outras cuestións a analizar Atendendo ao escrito, a aposta do departamento de Darias é que non se tomarán accións en relación a casos sospeitosos do virus dentro das escolas e institutos até que non se obteña resultado positivo nunha proba diagnóstica. Así, "a actividade docente continuará de forma normal, extremando as medidas de prevención e hixiene" até contar co resultado definitivo do caso sospeitoso da epidemia. Doutra banda, evitarán as corentenas todos os contactos estreitos de Educación Infantil e todos os contactos estreitos tanto dos grupos de convivencia estábel (GCE) como dos grupos non organizados como GCE de Primaria, independentemente de xa recibiron a vacina ou non. "Dentro do colexio recomendaráselles evitar o contacto con persoas vulnerables. Indicaráselles o uso de máscara cirúrxica nas súas interaccións sociais, non acudir a eventos multitudinarios e limitar os contactos. Así mesmo, recoméndase realizar unha vixilancia da posíbel aparición de síntomas compatíbeis", recolle o texto.
NOS_50500
A anterior marca correspondía ao mes de outubro de 2015, período en que Sermos alcanzara a marca de 83.281 usuarias e usuarios únicos.
Google Analytics certifica a tendencia claramente á alza da audiencia de Sermos Galiza, dixital que acadou a súa mellor marca histórica neste mes de outubro de 2017 ao rexistar un total de 140.600 usuarias e usuarios únicos (57.319 máis que o récord anterior, fixado tamén nun outubro, desta volta o de 2015). Persoa usuaria única é o conceito que se utiliza na internet para medir as visitas. Reférese non a persoas físicas, senón á dirección IP desde a que se accede a unha web. Neste outubro de 2017, Sermos rexistou un total de 291.135 visitas (192.886 no mesmo mes de 2015) e un total de 662.602 páxinas vistas (face 574.026 de 2015). 38,54 por cento das persoas que se debruzaron sobre o dixital fixérono por vez primeira, o que mostra o incremento sen pausas da Comunidade Sermos. As 10 noticias con máis leituras neste mes foron: Unha traballadora da CRTVG foi obrigada a omitir en directo unha noticia negativa para o PP. 22.260 leituras. Manuel Rivas, sobre os lumes: "A Xunta é unha facción inútil, que lle apliquen xa o artigo 155" 15.363 leituras. Desprazan 5 helicópteros aos Ancares cando o lume estaba extinguido para acompañar a visita da conselleira. 15.137 leituras. Neonazis de Hogar Social Madrid anuncian que acoden a Galiza con "axuda humanitaria" polos incendios. 13.187 leituras. O xefe de redacción da RG descualifica a marcha do domingo: "Saíron ás rúas coas súas pancartas e o seu odio". 12.426 leituras. "Traballamos en Inditex e non chegamos a fin de mes". Amplo seguimento da terceira xornada de greve en Bershka. 11.715 leituras. O lume ameaza o casco urbano de Vigo. 10.610 leituras. Arde Galiza: 80 incendios desde o sábado. 8.328 leituras. Feijóo demite como presidente da Xunta. 7.585 leituras.