ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_24456 | A candidatura leva por nome 'Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración'. | A Xunta da Galiza, o Concello de Ferrol e a Armada acordaron unir os seus esforzos para impulsar a candidatura da cidade a Patrimonio Mundial da Unesco. As tres entidades escenificaron esta terza feira a súa unión cun acto que tivo lugar no edificio de Ferrarías, sede da Fundación Exponav en Ferrol. Horreos: posíbel patrimonio da humanidade O acto contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Ignacio Froitos. O proxecto leva por nome 'Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración' e busca conseguir o recoñecemento da Unesco. "É fundamental que todas as administracións implicadas colaboremos, nos coordinemos e traballemos de maneira conxunta para conseguir avanzar con éxito, como demostramos hoxe", sinalou o conselleiro de Cultura. Ferrol acolle este sábado a primeira das mobilizacións do Orgullo LGBT 2022 Desta forma, porase en marcha un grupo de traballo formado por técnicos das tres administracións para elaborar o documento que se elevará á Unesco. Trátase dun "proceso complexo desde a perspectiva técnica e patrimonial e é necesario buscar todas as sinerxias necesarias". Outras candidaturas Ademais de Ferrol, a Administración galega tamén ten sobre a mesa outros dous proxectos para presentar candidatura a Patrimonio Mundial: o das Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e o da Ribeira Sacra. Os porqués do 'non' da Unesco á Ribeira Sacra para ser Patrimonio Mundial Segundo o conselleiro, "non hai prioridades" para a Xunta entre estas tres candidaturas. "O que hai simplemente son momentos concretos dos estados de tramitación de cada expediente", comentou en alusión á candidatura da Ribeira Sacra, que foi retirada antes da súa presentación definitiva tras a emisión dun informe desfavorábel por parte do Incomos, órgano asesor da Unesco. Pola súa parte, o alcalde de Ferrol incidiu na importancia de que as administracións traballen "de maneira conxunta". "Até o momento sometiamos os informes dunha [administración] ás outras, remitiámonos papeis. Pero agora o que queremos é traballar de maneira conxunta para poder ir pechando o traballo que se ten iniciado desde hai tantos anos atrás", engadiu. Abel Caballero acusa a Xunta de "obstaculizar" a declaración das Cíes como Patrimonio da Humanidade Por último, o almirante xefe do Arsenal ferrolán, Ignacio Froitos, manifestou que "aínda queda moito traballo para que esta iniciativa salga adiante" pero que a unión escenificada este martes "coloca as vimbias para poder sacar adiante esta bonita iniciativa, que será moi boa tanto para Ferrol como para a Galiza". |
PRAZA_20158 | Mariña Patrimonio, Apatrigal, Cultura do País, Gentalha do Pichel, ADEGA, Sociedade Antropolóxica Galega, Colectivo A Rula, Patrimonio Galego ou Historia de Galicia traballarán conxuntamente. Sinalan as eivas provocadas polos "escasos orzamentos destinados polas adminstracións" á defensa dos bens culturais ENTREVISTA | "O coñecemento do patrimonio crea a primeira barreira de protección" | Nove entidades galegas de defensa do patrimonio cultural veñen de facer pública unha declaración na que se comprometen a afianzar o seu traballo conxunto e a súa coordinación, para mellorar a súa actividade de protección dos bens patrimoniais. Mariña Patrimonio, Apatrigal, Cultura do País, Gentalha do Pichel, ADEGA, Sociedade Antropolóxica Galega, Colectivo A Rula, Patrimonio Galego ou Historia de Galicia lanzan este manifesto, ao que convidan a outros colectivos a adherirse. "Aínda que os danos ao patrimonio sempre son locais, tanto a lexislación como as políticas de patrimonio cultural ou as grandes problemáticas transcenden ese ámbito e condicionan, xa que logo, a capacidade de actuación de moitas entidades locais" As nove entidades destacan que "en Galicia existen numerosos movementos culturais cidadáns que exercen unha constante actividade, de base local ou comarcal de defensa do devandito patrimonio, tamén da súa dinamización, cunha grande eficacia no control e vixilancia da contorna inmediata", pero que "os resultados, moi loados nas súas áreas de acción, non sempre transcenden nin son abondo visibles a nivel galego". Subliñan neste senso que "aínda que os danos ao patrimonio sempre son locais (a un ben concreto nun momento concreto)", tanto a lexislación como as políticas de patrimonio cultural ou as grandes problemáticas (sector forestal, grandes infraestruturas públicas, marco xurídico) "transcenden ese ámbito e condicionan, xa que logo, a capacidade de actuación de moitas entidades locais". "É preciso dotalas dun instrumento que lles permita operar naqueles ámbitos administrativos (comunidade autónoma, Estado, Unión Europea) que son de difícil acceso para unha pequena entidade e na que esta pode exercer un papel pouco representativo", salientan. Denuncian que na actualidade "os escasos orzamentos que destinan as Administracións ao patrimonio cultural, as profundas transformacións da sociedade e das economías rurais e os cambios lexislativos promovidos recentemente pola Administración galega están a afectar de xeito crítico ao noso patrimonio cultural". "É o momento de dar un paso que permita enfrontar estes novos desafíos, sempre desde o respecto á idiosincrasia das entidades locais e comarcais do país", engaden. "Os escasos orzamentos que destinan as Administracións ao patrimonio cultural, as profundas transformacións da sociedade e das economías rurais e os cambios lexislativos promovidos recentemente están a afectar de xeito crítico ao noso patrimonio" Por iso propoñen esta unidade de acción, unha "ferramenta conxunta de coordinación das asociacións locais/comarcais e outras de ámbito galego" para "dirixirse ás autoridades, organismos ou entidades pertinentes en prol da salvagarda do noso patrimonio cultural". As nove entidades crearán un sistema de comunicación horizontal ao que se poidan incorporar outras organizacións, comprometéndose "a encetar o camiño cara á creación dunha estrutura de coordinación de entidades do patrimonio". O obxectivo é levar a cabo "o traballo conxunto e a elaboración de iniciativas decididas pola rede que teñan un claro fin de defensa e/ou posta en valor do patrimonio cultural e que pola súa natureza ou dimensión precisen dunha escala superior á de cada unha das entidades". |
NOS_53307 | A superficie queimada na Galiza desde a quinta feira xa supera as 20.000 hectáreas. O mesmo día que visitaron as comarcas afectadas Alfonso Rueda, Ana Pontón e Pedro Sánchez, os principais incendios continuaron descontrolados. A veciñanza de Courel e Valdeorras volve denunciar ausencia de medios. | A superficie queimada desde a quinta feira quintuplica a ardida en 2021. Segundo os últimos datos ofrecidos pola Xunta da Galiza, os lumes arrasaron máis de 20.000 hectáreas en todo o país, destruíron arredor de 85 inmóbeis, a maior parte deles vivendas, e provocaron o desaloxo de 90 núcleos de poboación, onde residen, aproximadamente, 1.400 veciñas e veciños. Neste momento, as autoridades galegas consideran especialmente preocupante a situación do Courel, da Pobra do Brollón e de Valdeorras. Os dous incendios máis grandes continuaban ao feche desta edición sen control. Un deles, orixinado en Carballeda de Valdeorras, saltou na segunda feira o río Sil e tras arrasar 7.500 hectáreas ameaza o lugar de Candeda (O Barco de Valdeorras) e o parque natural da Serra da Enciña. Pola súa parte, o lume do Courel e da Pobra do Brollón calcinou 4.900 hectáreas, tras unirse os incendios de Vilamor (Courel) e Saa (A Pobra do Brollón), pondo en risco a última hora de onte os núcleos de Parada dos Montes (Courel) e Busto (A Pobra do Brollón). As chamas axexan as vivendas de Feces de Cima (Verín) e volve decretarse a máxima alerta Críticas por falta de medios O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saíu ao paso das críticas da veciñanza das zonas afectadas sobre a ausencia de medios. A este respecto, afirmou que hai "moitísimos medios sobre o terreo" e "máis de 1.000 efectivos traballando, 100 motobombas, 20 pas e 30 medios aéreos", significando a "enorme profesionalidade" amosada diante dunha situación provocada "por un fenómeno absolutamente excepcional e inédito". Aliás, destacou os esforzos en prevención do Executivo galego. O mandatario negouse a desvelar as intencións do seu Goberno sobre a declaración das comarcas afectadas polos incendios como zona catastrófica. Nunha xornada, onde se declarou "máis optimista", afirmou que "tentaremos ser os máis rápidos e efectivos para atender a xente que resulte damnificada", se ben sinalou que "primeiro debemos avaliar os danos e a situación de cada un". Zona catastrófica A voceira do BNG, Ana Pontón, non ten dúbida sobre a necesidade de declarar "zona catastrófica as áreas queimadas ante o desastre ambiental, económico e social". Nunha visita ao Barco de Valdeorras e á Pobra do Brollón, a dirixente nacionalista sinalou que "a prioridade é apagar os lumes, pero hai que ir pensando no día despois e, neste sentido, propomos a declaración de zona catastrófica para que haxa axudas, recursos e se poñan todos os medios necesarios para a recuperación desas terras queimadas", dixo. Todas as parroquias do Courel, agás Noceda, desaloxadas "É necesaria a colaboración de todas as institucións para que se reverta o dano que se está causando", aseverou Pontón, que urxiu a "que se mobilicen todos os medios que sexan necesarios para pór fin á situación de risco nas zonas afectadas tanto en Ourense como en Lugo". Neste sentido, significou que "estamos vendo a virulencia e a gravidade destes incendios e todos e todas sabemos que os lumes apáganse no inverno, con medidas de prevención, con ordenación do territorio e apáganse pondo freo ao despoboamento en moitas zonas do noso país". "Paciencia e prudencia" O presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, que viaxou a Valdeorras acompañado pola ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, onde estivo acompañado do alcalde do Barco, Alfredo García, e de Alfonso Rueda, sinalou que "o Executivo está envorcado no máis urxente, en responder os incendios que desgraciadamente están a arrasar España. Quixo lanzar "unha mensaxe aos galegos e galegas" lembrando que "o máis urxente neste momento é dar resposta a este traballo de extinción", solicitando "prudencia e confianza na acción das distintas administracións". Neste sentido, quixo dirixirse especialmente "a aquelas persoas desaloxadas das súas vivendas", a quen lles "ofreceu todo o esforzo para volver cando antes a súa casa". Sánchez, reclamou, por último á cidadanía galega "paciencia e prudencia" diante dos "días difíciles" que fican por diante polas altas temperaturas. |
NOS_34689 | Após a confirmación do primeiro caso de contaxio dunha traballadora no Centro de Atención a Persoas con Discapacidades (CAPD) Santiago Apóstol da Coruña, a CIG reclama probas para o conxunto do persoal e as usuarias, para evitar que se converta nun "foco da enfermidade". | O sindicato reclama a realización das probas de forma xeralizada, "o que é imprescindíbel para delimitar a incidencia do contaxio e atallar a posíbel extensión", e demanda tamén que se subministre ás persoas traballadoras todo o material de protección que sexa necesario e adecuado á situación actual do centro. "A existencia deste caso, dunha coidadora que estivo traballando durante o período do estado de alarma, fai necesaria a adopción de medidas máis estritas de control, tendo en conta a experiencia dos outros centros residenciais", estima o secretario comarcal da federación da administración pública da CIG, Eduardo Freire. Segundo denuncia a CIG, tanto neste como noutros centros de atención á diversidade dependentes da Consellaría de Política Social, o material de protección resulta "insuficiente". Neste sentido, advirte que en varios deles caso do da Chapela, en Redondela, o persoal estivo a traballar sen o material de protección que era necesario. "O resultado deste traballo con risco son os casos positivos que se dan en varios centros", expón, para matizar que, no caso do Santiago Apóstol, esta semana si houbo un reparto de material de seguridade, como máscaras e luvas. |
NOS_50064 | Os camiños de Carlos Mouriño, empresario vigués e presidente do Celta, e Xosé González, conselleiro de Medio Rural, volven cruzarse novamente no terreo de xogo. Desta vez no da cidade deportiva que o clube vigués pretende levantar no concello de Mos, ante a oposición dos propietarios dos terreos afectados. | s vinculacións entre o actual Executivo da Xunta e o presidente do Celta, Carlos Mouriño, a cuxos contactos co Goberno azteca atribúen dende México a consecución do contrato de Pemex para a construcción dos floteis nos estaleiros galegos, salpican tamén os seus intereses empresariais no grupo GES, a empresa familiar dos Mouriño, pero tamén o Real Clube Celta de Vigo, do que é presidente e máximo accionista. O nexo común do Executivo de Alberto Núñez Feixoo e Carlos Mouriño non é outro que o conselleiro de Medio Rural, Xosé González Vázquez. Na súa anterior etapa laboral, González exercía como inspector de Facenda na Delegación de Vigo. Foi nesa época cando a Axencia Tributaria designou ao agora conselleiro como administrador no proceso concursal no que estaba inmerso o Real Clube Celta de Vigo, xa presidido polo empresario Carlos Mouriño. Tempo despois, sería o negocio das bodegas de viño o que volvería a unir a ambos, aínda que González Vázquez xa non declaraba tal vinculación cando foi nomeado conselleiro. E agora, por terceira vez, os camiños de Mouriño e o Conselleiro de Medio Rural volven unirse, pero desta vez no terreo político. O conselleiro, retratado Nas mans do departamento que dirixe González Vázquez está o futuro da Cidade Deportiva que o Celta prevé levantar no concello de Mos. O informe de Medio Rural, con carácter vinculante, é un dos que precisa a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para sacar adiante a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que faga posíbel a construción do complexo que, ademais de campos de fútbol, prevé un centro comercial. Segundo declararon a Nós Diario os responsábeis da Comunidade de Montes de Tameiga, unha das más afectadas polo proxecto do Celta, a noticia das vinculacións entre Mouriño e González colleulles "por sorpresa", pero algo xa sospeitaban. "Agora empezan a encaixar as pezas e dá sensación de que teñen liña directa con Medio Rural", apuntan. Un feito para eles "contraditorio" foi a presenza do propio conselleiro no acto de colocación da primeira pedra da Cidade Deportiva do Celta. "Non se explica que o mesmo conselleiro que ten que poñer a firma nun informe sobre a legalidade da mesma estea nun acto no que se dá por feita", critican desde a comunidade de montes. Tamén indican que son varias as expertas que consideran o proxecto "coxea xuridicamente" á parte de constituír unha "aberración medioambiental", non só porque deixarían á comunidade de montes sen o pouco monte que lles queda entre os vieiros que vertebran a área metropolitana de Vigo, senón tamén porque nese monte tamén hai cinco comunidades de auga que levan alí preto de 40 anos e non teñen a alternativa do servizo municipal. Son unhas 1.600 tomas das que se benefician unhas 4.000 persoas. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_16242 | Un clamor diverso de voces complementarias de ideoloxías e países distintos que esixen máis ou menos o mesmo: un Goberno Mundial elixido, xunto cunha Constitución e un Parlamento mundiais, que teñan por labor asegurar o control dos mercados, da nova economía global e a salvagarda da paz, e apliquen políticas sociais e ambientais que rectifiquen de maneira incluínte a globalización. | Desde a II Guerra Mundial fóronse acumulando institucións e regras de gobernanza (eufemismo de Goberno Mundial) de forma máis acelerada ao calor da globalización no cambio de século. O recoñecido fracaso da gobernanza débil e fragmentada á hora de implementar políticas eficaces á altura dos retos presentes, non deixa outra opción de futuro que un Goberno Mundial de verdade. No que vai de século XXI alzáronse solicitándoo voces crecentes e plurais, con maior intensidade desde 2008. Existen precedentes históricos que o veñen demandando desde o humanismo de Dante á Ilustración de Rousseau e Kant, a fin de asegurar a paz, a seguridade e os dereitos humanos no mundo. No século XIX Marx vai máis aló, predica unha revolución mundial que, mediante un período transitorio de carácter estatal e por tanto mundial, conduza a unha sociedade sen clases. No século XX, Einstein pide unha "autoridade política común para todos os países" que rematase coas guerras, valorando a idea nacente dos Estados Unidos de Europa, a liga de Nacións e unha ONU que lle parecía insuficiente. A partir de 1989, unha serie de traballos académicos e non académicos volven sobre o gran tema, unha vez que desaparece a división do mundo en bloques irreconciliables. Talbot publica en 1992, "O nacemento da nación global", seguindo a Garner que xa reivindicaba en 1974, logo do movemento do 68, unha federación mundial construída desde abaixo. Despois, en pleno auxe do movemento antiglobalización, Falk e Strauss escriben en 2001, para a revista Foreign Affairs o seu artigo "Cara a un parlamento mundial", argumentando que do mesmo xeito que se fixo co New Deal que hoxe era primordial un Goberno Mundial para "salvar o capitalismo". En 2004, Jacques Attali profetizaba: "en 2050 haberá un Goberno Mundial". En 2005, Rajesh Tandon crea o Foro Democrático Mundial para promover unha democracia mundial. A crise do 2008 comporta un novo pulo á iniciativa pro-Goberno Mundial, desenvolvida á marxe dos políticos de todas as ideoloxías (situados máis ben na curta duración), con algunha excepción. En outubro de 2008, o ex–primeiro ministro Gordon Brown expón a urxencia de crear unha "autoridade financeira global". En decembro de 2008, Rachman ex-membro do Grupo Bilderberg, di en Financial Times que: "por primeira vez na miña vida, creo que a formación dunha especie de goberno mundial é posible", pon a Unión Europea como exemplo (!), reclama un Estado de Dereito Global e adianta que o proceso será lento e doloroso. Certo, estao sendo. O movemento global dos indignados encetado en 2011 supoñerá outro punto de inflexión. Eduardo Punset, aplaude a rebelión dos indignados do 15 M dous meses despois de razoar as vantaxes dun Goberno Mundial. En xullo de 2011, Joseph Deisss, Presidente da Asemblea Xeral da ONU, asevera que "o movemento dos indignados pon de relevo a necesidade de crear un goberno económico mundial... representativo, eficaz e coherente". En setembro de 2011, ATTAC, o grupo máis influente do Foro Social Mundial (Porto Alegre), debate esixir un Goberno Mundial que controle os atropelos da globalización. En outubro de 2011, o Consello Pontificio de Xustiza e Paz propón así mesmo, influído sen dúbida pola rebelión xuvenil global, un Goberno Mundial e un único Banco Central. En novembro de 2011, será José Múgica, Presidente da República do Uruguai, outro dos poucos políticos que se comprometen coa globalización política: urxe unha " Gobernanza mundial máis equitativa e menos imperial". En 2015, será Bill Gates quen de proclamar que a ONU fracasou e precisamos un Goberno Mundial para solucionar os problemas globais da pobreza, a fame e o cambio climático. ao cabo, en 2017, Stephen Hawking afirma -un século despois de Einstein- ao The Times que cómpre crear un Goberno Mundial "para que o avance tecnolóxico non poida destruír a especie humana", así como para enfrontarse ao perigo das guerras nucleares ou biolóxicas. En resumo, un clamor diverso de voces complementarias de ideoloxías e países distintos que esixen máis ou menos o mesmo: un Goberno Mundial elixido, xunto cunha Constitución e un Parlamento mundiais, que teñan por labor asegurar o control dos mercados, da nova economía global e a salvagarda da paz, e apliquen políticas sociais e ambientais que rectifiquen de maneira incluínte a globalización. Obviamente, como sucede cos Gobernos estatais, rexionais e locais, os programas dos hipotéticos e sucesivos gobernos de ámbito global estarán marcados polos resultados obtidos nas periódicas eleccións mundiais, a partir dun proceso constituínte para o que se propoñen diferentes vías: iniciativa da ONU, federación de países, Goberno provisional… Todo á vez, de seguro. Tratamos de escapar tanto da escatoloxía como da utopía, e basearnos nos datos da realidade inmediata, achegando enfoque histórico e nosa propia interpretación, partidaria de culminar política e institucionalmente as demandas múltiples de intelectuais e ex-políticos en favor dun Goberno Mundial. Pero cando teremos unha autoridade pública mundial elixida polos cidadáns que neutralice fins indesexables como o caos, o autoritarismo e o terrorismo? Cando non quede máis remedio: os prexuízos se fagan intolerables e as persoas que o esixan multiplíquense desbordando os Estados nacionais -e as nacións sen Estado, máis doado- que seguen sendo quen malamente marcan o paso (con permiso dos mercados) como nos séculos XIX e XX. É habitual referenciar cara á metade do século, no ano-fetiche de 2050, as proxeccións e prospeccións relativas aos avances e problemas que poñen en perigo o planeta e a propia humanidade. É difícil de saber, porque os males que nos axexan son palpables, adiantan a moita velocidade e a vella gobernanza faise día a día máis insuficiente. Pode ser antes ou despois, o que sería unha desgraza para millóns de persoas. Dependerá e moito de cando se xeren procesos reais e potentes de cambio global de tipo social e político. De xeito que os que nos gobernaron ata agora de maneira desamañada, en favor duns poucos, sen que ninguén lles votase, non o poidan seguir facendo. Non son poucas as ameazas en gran parte inéditas que nos fan temer o peor, mentres sigan mandado máis ou menos ocultamente os poderes fácticos económicos transnacionais: a ( s) nova ( s) crise económica ( s), que agravará ( n) as desigualdades sociais e espaciais que está a procrear a globalización; o "fin do traballo" por mor da robotización; o incremento demográfico e a crise alimentaria; a fame, a pobreza e as epidemias; o quecemento global e a crise ecolóxica; o esgotamento das enerxías fósiles; os desprazamentos masivos de poboación emigrante e refuxiada; terrorismo global, novas guerras e ameazas nucleares. De seguir así, imos cara á hecatombe. Non somos pesimistas a diario, pero o feo da realidade non se pode minusvalorar, hai millóns de vidas en xogo. Estamos a velo: ningún goberno nacional, grupos de gobernos ou alianza de grandes potencias, pode facer fronte aos desafíos globais e neutralizar (no suposto que quixesen) os fins da historia máis daniños. Como tantas veces na historia, a solución non virá pois da orde establecida, virá dun desenvolvemento maiúsculo da comunidade global crítica que se está a formar, dentro e fóra das redes sociais, de movementos sociais e Ongs, científicos e académicos, membros de institucións internacionais, empresas tecnolóxicas vinculadas a Internet, Igrexas, países e rexións prexudicados por esta globalización desigual, opcións políticas de novo ou vello cuño que entendan o mundo que vivimos desde un óptica sensible ao sufrimento e os dereitos de todos os seres humanos e do medio natural. Só unha democracia anovada, participativa, real e global fará posible o gran cambio: que a historia nos acompañe. * Máis información en https://www.academia.edu/35795991/Los_fines_de_la_historia_en_el_siglo_XXI Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a> |
NOS_55168 | "As rapaciñas da vida / eu direi quen elas sone", ouvimos cantar o retrouso, pero ao xeito do jazz, na particular reinterpretación de 'Fuliada na Vila'. Richi Casás ofrece pezas orixinais xunto a adaptacións de melodías do 'Cancioneiro Popular Galego', que recollían as voces da súa avoa Rosa e da súa tía Adolfina, cuxas gravacións completan o repertorio. Conversamos co saxofonista, representante da "xeración pos túnel", sobre o rol da tradición hoxe, a accesibilidade e dixitalización dos arquivos sonoros ou as diferenzas entre torreiro e conservatorio. | Ás veces, as historias que agochan algunhas obras fanas aínda máis valiosas, e non só no plano sentimental. Así acontece co disco que aCentral Folque vén de lanzar na súa colección Zeca: Fuliada na Vila. O traballo naceu cando o saxofonista Richi Casás deu coas gravacións que a musicóloga suíza Dorothé Schubarth recollera na casa de súa avoa Rosa, nas que cantan esta e a súa tía Adolfina. Sobre isto, edifica unha proposta absolutamente innovadora na que conflúen varias fontes, desde as pandeiretas ás orquestras, dos ritmos latinos ao jazz. Dez temas inéditos, algúns orixinais e outros arranxados sobre as recollidas na Vila da Igrexa (Cerdeda) en 1980, que interpreta cunha banda integrada por outras dez músicas: Branca Villares, Carolina Vázquez e Pepa Yáñez (voz e pandeireta), Fran Galán (guitarra), Carlos Santos (baixo), José Ares 'Panete' (batería), Javi 'GDJazz' Pereiro (trompeta), José Luís Miranda (trombón), Gueorgui Oganesian (saxo tenor) e Fran Barcia (acordeón). Ademais, recoñeceremos as voces de Belém Tajes en dúas faixas e o violín de Antía Ameixeiras noutra. "O máis complicado de compor é ter esa inspiración, case máxica, para obter unha melodía. Como eu xa tiña iso, harmonizar e instrumentar non foi moi difícil", di Casás Xa desde os anos 90, Casás movíase pola escena do folk e do rock e deu con xente que, como Dubi, Eduardo Méndez, profesor de gaita na Escola Municipal da Coruña, dicía que "co Cancioneiro Popular Galego se entregaran unha cintas de casete con recollidas parciais". Aínda que foi indagando aos poucos, cando iniciou o seu traballo de fin de grao no Conservatorio Superior de Jazz da Coruña volveuse máis urxente ter acceso aos arquivos. "Fun ao Consello da Cultura Galega e preguntei", conta. De alí derivárono ao Arquivo Sonoro e puido conseguir -"non sen moitas trabas burocráticas"- as gravacións en MP3. Seis delas completan o repertorio de Fuliada na Vila. O proceso creativo tivo lugar alá por 2015, para levar eses materiais ao terreo do jazz: "O máis complicado de compor é ter esa inspiración, case máxica, para obter unha melodía. Como eu xa tiña iso, harmonizar e instrumentar non foi moi difícil". Na saída do túnel Casás localízase a si mesmo após o que deu en chamar "xeración do túnel", no propio libro que acompaña o disco. Coloca aquí as persoas nadas despois da Guerra Civil española, "que fixeron unha sorte de túnel para todo o folclore e a cultura tradicional, pois recibírona dos nosos avós pero non transmitiron ese caudal inmenso". Este concepto recólleo con grande acerto visual o documental Dorothé na Vila (2020), do que segundo contaban a Nós Diario Olaia Tubío e Alejandro Gándara, o propio Casás foi "detonante" -por certo, proxéctase mañá ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Negreira. "Ao final do túnel está a miña xeración", engade o músico, "que recibiu o coñecemento desde o outro extremo". Tiveron que beber directamente das avoas porque pais e nais "cambiaran esa cultura por outra urbana, que lles viña imposta con outros modos de vida, de compartir e de xuntarse". Isto, alén da música, esténdese a múltiplas manifestacións e saberes. A tradición hoxe No texto, o autor reflexiona sobre o rol que este "corpus bastísimo de cultura" debe desenvolver no futuro. "O papel que xogue hoxe témolo que decidir nós", afirma, "o importante é o noso papel de peneirar e escoller aquilo da tradición que nos convén, nos axuda e nos é útil, ou estético como no caso da música, e desbotar ou deixar para os museos o que non que non queremos". Refírese, por exemplo, a aqueles trazos que teñen que a co machismo ou coa carga homófoba. "O papel que xogue a tradición hoxe témolo que decidir nós", afirma Casás Estado dos arquivos Segundo a súa propia experiencia cos arquivos, Casás considera que "imos un pouco con retraso con respecto a outros países como Francia, que teñen unha gran porcentaxe dixitalizada e a disposición do público". Na Galiza "temos grandes arquivos, en parte dixitalizados, pero non a libre disposición do público", resume. Destaca o do Patrimonio Oral Inmaterial (APOI), vencellado ao Museo do Pobo Galego, que está a facer un "grande esforzo" a prol do virtual, "con traballo voluntario e sen moitas axudas das Administracións". Mais o maior sería o xa mencionado Arquivo Sonoro, "xestionado por unha gran profesional", pero sen "os medios para dixitalizalo, facer estudos e dispoñibilizalo". "Temos grandes arquivos, en parte dixitalizados, pero non a libre disposición do público", resume o saxofonista Así, danse situacións como a que relata no libro: para levar os MP3, que non son orixinais, exixíanlle a sinatura Schubarth, que ela xenerosamente lle proporcionou, mais non é accesíbel a calquera. "É un patrimonio valiosísimo e hoxe en día é super sinxelo poñelo ao alcance de todas, só con colgalo na rede cun sistema de indexación, que require unha análise para que sexa doado de consultar, cousa que leva máis tempo", opina. O antano eléctrico Casás móvese entre a herdanza tradicional e a formación do conservatorio, nun traballo que abanea principalmente -mais non só- entre a música de raíz e o jazz. Dous xéneros nos que a improvisación adquire unha relevancia maiúscula, aínda desde concepcións diferentes. Cada faceta achégalle algo único. "O torreiro ten esa inmediatez e esa proximidade do mundo popular", di, cunha finalidade moi clara: bailar. "A música clásica ten outro tipo de funcións, de rituais e de requisitos". Con exixencias máis técnicas para a persoa intérprete e certa educación da que escoita, consegue para el "uns puntos emocionais de conexión cun mesmo e co universo aos que non chega a música popular". Estas dúas vertentes conxúganse na capa do álbum. "A pandeireta é a ferramenta máis importante da cultura popular musical das tres ou catro últimas xeracións", declara. Desde a sinxeleza, "sintetiza todos os instrumentos", cunha versatilidade enorme. "Chegou á Galiza hai por volta dun século e simboliza a capacidade de adaptación da nosa música", acrecenta. Por outra banda, o azul eléctrico da imaxe fai referencia a un dos imprescindíbeis do jazz: Kind of Blue (1959), de Miles Davis -que no seu seguinte traballo incluía un tema ("The pan piper") inspirado na melodía da "Alborada de Vigo" recollida polo etnomusicólogo Alan Lomax a un afiador galego. Así, como as composicións de Fuliada na Vila, condensa "as linguaxes do tradicional, do arcaico, mesmo do étnico e do milenario, coas do eléctrico e do contemporáneo". As imaxes empregadas no interior do artigo corresponden, por orde de aparición, ás seguintes descricións: 1. Banda de Fuliada na Vila na Praza da Quintana, 2020 [Foto: Eutropio Rodríguez]; 2. Poesía no túnel, 2017 [Foto: Distrito Xermar]; 3. Capa do libro-CD 'Fuliada na Vila' [Foto: Richi Casás e Hugo L.A. - Imaxefree]. |
NOS_50546 | Os mariñeiros do Praia Menduíña 2 contrapuxeron a actitude de Samuel Kwesi e a dos outros dous sobreviventes. | A declaración dos mariñeiros do Praia Menduíña 2, o pesqueiro galego que rescatou os tres sobreviventes do Vila de Pitanxo, deixou como principal descuberta a ameaza que o sobriño do patrón do barco afundido en Canadá, Eduardo Rial, lle fixo ao terceiro sobrevivente, Samuel Kwesi. "Coidado co que dis ao chegar a terra". Estas foron exactamente as palabras que, presuntamente, Rial lle manifestou a Kwesi antes de aportar en Saint John de Terranova, e que escoitou un dos mariñeiros do Praia Menduíña 2. O patrón do 'Vila de Pitanxo' declarará como investigado perante a Audiencia Nacional Da súa declaración ante a Garda Civil, xunto coas de moitos outros compañeiros, despréndese que Samuel sería o tripulante do Pitanxo que mostraría unha actitude "máis afectada", xa que "choraba continuamente". Mentres tanto, o patrón do barco, Juan Padín, e o seu sobriño estaban máis acougados. "Eduardo dedicábase a cantar polos corredores, bebendo cervexa", explica outro dos mariñeiros do Praia Menduiña 2. Cambio de versión Nos seus testemuños, un dos tripulantes, que coñecía a Eduardo Rial por traballar con el anteriormente, manifestou que o sobriño do patrón asegurou á súa chegada ao Praia Menduiña 2 que o seu tío mentía, pero que el diría o que Padín lle dixese. Ademais, nun primeiro momento, á súa chegada ao pesqueiro, Padín asegurou ao patrón do Praia Menduíña 2 ante outros mariñeiros que o motivo do naufraxio fora que o barco embarrara. Esta versión apoiaría á que conta Samuel dos feitos. O patrón do 'Pitanxo' insiste na súa inocencia e en que Samuel Kwesi mente O propio patrón cambiou despois o seu relato dos feitos, e segue a manter que os motores se apagaron e que este foi o motivo do naufraxio. Na súa versión, Kwesi engadiu que os mariñeiros do Pitanxo lle pediron ao capitán que soltase cable, pero este fixo "caso omiso" e o barco acabou afundíndose. |
NOS_31352 | A policía local de Santiago fixo un chamamento a que os coches non se deteñan na AP9 ao seu paso por Angrois, por constituír, din, un perigo para a seguridade. Visitantes e curiosos continúan a achegarse a aldea de Santiago para ver o lugar do sinistro. | Angrois converteuse, despois do accidente do tren Alvia, no lugar de peregrinaxe de centos de persoas que se achegaron para ver o tren descarrilado. A afluencia de xente obrigou a incrementar as medidas de seguridade e acordoar aínda máis a zona sinistrada. Porén, a cercanía do lugar do accidente á AP9, a autopista que atravesa o país pola beira atlántica, fai que os coches se deteñan neste punto achegado a Compostela, reducindo a velocidade para ver desde a propia autopista a zona cero do sinistro. Dotacións policiais tiveron que dirixirse a ese punto da autopista co fin de que os automóbiles non freen a súa velocidade. |
NOS_48429 | O Festigal'12 contará con bandas musicais de primeira liña e presentacións de libros de actualidade. | Ademais dos grupos xa anunciados que o Festigal traerá este ano a Compostela, Ataque Escampe, Banda Crebinsky, La Phaze e Zënzar na terza feira 24 de xullo e a De Outra Margem, aCadaCanto, Sés e Terbutalina, a cuarta feira 25 de xullo, a música non parará eses días en todo o recinto do Campus Sur. O día 24 actuarán Os folerpas e o día 25 Carapaus. Crianzas e ArtesaníaAs crianzas tamén teñen o seu espazo os días do Festigal. O primiero día haberá Inchabeis e xogos xigantes e o segundo contos e malabares con Lois Soaxe para o día 25 (16 horas), Os Quinquilláns con contacontos e teatro e a música infantil con Pirilampo. Vinte e nove postos de artesanía de todo tipo (coiro, reciclaxe, macramé prata, monicreques,...) e trece tendas participarán nesta edición do Festigal'12 no Campus Sur da USC. Entre as primeiras a maior parte traballan a roupa e os complementos. As tendas que veremos estes días serán Caramuxo, Caracoleira, Desfectos espaciales, Centro de terapias Sanakura, Chapatízate, A loja da Lusofonía, A cova do Abalorio, Tinta de lura, Buscando sonrisas, Stilos Baratija, Amarante Setem, Cadiroig e Nicetrip. Presentación de librosO día 25 de xullo presentarase "A terra sabe a loita" (16 horas) de Emilio López Pérez (Milucho); "O galego é uma oportunidade" (16:30), JR Pichel e Valentim Fagim; "Cartografías do derrubo" (17 horas) de Carme Adán na editora Difusora das Letras con Tereixa Navaza, Xabier Paz e a autora; "Queer-mos un mundo novo" (17:35 horas) de Teresa Moure, na editorial Galaxia; "Para unha crítica do españolismo" (18:15 horas)de Camilo Nogueira en edicións Xerais de Galicia con Suso de Toro, e o autor; "Esperando o leiteiro" (19 horas) de Xo sé Neira Vilas que estará acopañado de Victor Freixanes; "Crise e radicalización neoliberal" (19:45) de Xavier Vence na editorial Laiovento con Francisco Jorquera, deputado no Congreso e candidato do BNG á Xunta de Galiza e o autor; "Outramente" (20:30 horas) de Maria Pilar García Negro en Laiovento coa autora e Goretti Sanmartin; "Carvalho Calero Atual" (21:15 horas) da Coletânea de artigos de Carvalho Calero comentados por 11 especialistas.O primeiro día abre a presentación de "Por unha democracia radical" (17:15 horas) en Estaleiro editora; "Proel e O Galo de Amado Carvalho" e "Folhas Novas de Rosalia" (17:45 horas), da coleção Clássicos da Galiza da Academia Galega da Língua Portuguesa; "18 (Dezaoito voces nunha antoloxía poética galego-portuguesa)!" (18:30 horas) coa participación de Iolanda Aldrei, Alexandre Insua Moreira, Virgílio Liquito, Cruz Martínez Vilas, Jaime Moreda Santamaría e Rosanegra (Rosa Martínez Vilas); "A rota do sol" (19:15 horas) de Camilo Nogueira Román na editorial Laiovento no que falarán o autor e Xabier Macias, director da Fundación Galiza Sempre e Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento europeo; "As rapazas de Xan" (20 horas) de Manuel Iglesias Turnes co autor e Pablo Vaamonde, Che Turnes e Manuel Bragado; "Carné de Identidade" (20: 45 horas) de Mahmud Darwix na editora Barbantesa; "Mordida" (21:30 horas), de Eugénio Outeiro da editora Através; e "Nântia e a Cabrita de Ouro" (22 horas) de Concha Roussia. |
PRAZA_18469 | A galega Lídia Senra organiza un coloquio no que estará acompañada da vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo, a alemá Sabine Lösing, que visita por primeira vez Galicia | A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán, Sabine Lösing, visitará por primeira vez a Galicia esta semana para participar nunha charla-coloquio titulada Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar. aménSerá na Facultade de Políticas da Universidade de Santiago este xoves 8 ás 19 horas e nel estará tamén a súa compañeira no grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra. Ambas serán presentadas polo catedrático de Economía Aplicada na USC Xavier Vence. A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa da Eurocámara participa nunha charla crítica sobre o aumento do gasto militar da UE Para Senra, organizadora do evento, é "fundamental" dar a coñecer como as institucións europeas "están comprometendo a paz na UE". Así, a europarlamentaria galega denuncia que nestes momentos estase negociando o Marco Financeiro Plurianual para o período 2021-2027 e "as cifras destinadas á militarización e ao reforzo da industria armamentística non deixan lugar a dúbidas". Segundo detalla Senra, destinaranse 21.300 millóns de euros a fronteiras exteriores e seguridade, fronte aos 5.600 millóns do período anterior. En seguridade e defensa, investiranse 27.515 millóns de euros e dentro desta partida hai 13.000 millóns para crear un fondo novo de Defensa. Ademais, o capítulo de infraestruturas para facilitar a mobilidade militar financiarase con 6.500 millóns de euros dentro do Mecanismo Conectar Europa. "Mal se pode apoiar a paz preparándose para intervir", di Senra respecto das posibles accións conxuntas fóra da UE que propón Mogherini "A Alta Representante da UE para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, propón crear un Mecanismo de Apoio á Paz para reforzar posibles accións conxuntas en países de fóra da Unión. Mal se pode apoiar a paz preparándose para intervir", advirte Lídia Senra, que agarda que este acto sirva para "informarse, debater e poñer en común a preocupación" ante este escenario. Tal e como lembra, ademais, a eurodeputada Sabine Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e unha grande experta neste tema. Durante a charla, "ofrecerá a súa visión crítica coas decisións que está a tomar a UE ao respecto dun maior gasto en militarización", na que será a primeira vez de Lösing en Galicia, que poderá ser escoitada tamén a través do servizo de tradución simultánea do alemán ao galego. |
NOS_56523 | O final do verán veu acompañado de novas series televisivas ambientadas nas dúas sagas máis relevantes diso que se deu en chamar fantasía épica. | John R.R. Tolkien e George R.R. Martin son autores moi diferentes de dúas xeracións distintas, pero ambos poden compartir o mérito de traer un xénero inesperado á primeira liña da cultura popular. Algo para o que tivo que ser necesaria certa comprensión do seu momento histórico. Os seus mundos fantásticos de tons épicos teñen características que aluden a un pasado remoto ou alternativo, pero tamén rompen de distintas formas coa figura do heroe clásico para dar protagonismo ao inesperado e marxinalizado. Se o escritor norteamericano aínda segue a desenvolver a súa longa serie, que de certo contradicirá a adaptación audiovisual de hai uns anos, a obra de Tolkien, falecido en 1973, foi xa adaptada e revisada en varias ocasións. Nestes anos tamén houbo tempo para analizar, polo dereito e polo revés todas as posibilidades de vinculación do autor coa Galiza. Un dicionario e o fondo dun pub Tolkien odiaba a maioría das interpretacións da súa obra, tanto as que lle procuraban un sentido histórico e político como as que trataban de identificar as paisaxes e lugares nos que se inspirara. De feito, algunhas veces dixo que o seu impulso creativo era dar soporte á súa verdadeira afección de inventar linguas. Cunha perspectiva filolóxica estraña nun escritor de ficción, Tolkien precisaba pobos e sociedades que falasen as distintas linguas que a súa imaxinación ía creando cun detalle que aínda hoxe resulta abraiante. Idiomas que se relacionaban entre eles, que evoluían e que se dividían en codialectos dando lugar a familias lingüísticas que só existían na súa imaxinación. Dalgunha maneira, detrás de todo o seu mundo ficcional estivo sempre o profesor de Filoloxía, a persoa que estudaba outros idiomas con fascinación e que mostraba a súa predilección por linguas como o grego ou o galés. Pódese argumentar que estas dúas son, xunto co finlandés, pezas na creación do quenya ou alto élfico, unha lingua portentosa falada por seres máxicos. Non resulta estraño, por tanto, que nos fondos da biblioteca que o autor doou á Universidade de Oxford aparecese un exemplar do Diccionario Gallego-Castellano de Marcial Valladares, un feito que acendeu por un tempo a imaxinación tolkeniana polas nosas terras. Non hai, porén, máis indicio de que Tolkien, que falaba castelán e tiña vínculos en Andalucía, soubese nunca da existencia deste noroeste que tantas persoas quixeron atopar na súa obra. O dicionario é unha anécdota entrañábel ao que poden sumarse outras: que Méndez Ferrín frecuentase en Oxford o mesmo pub no que Tolkien se reunía con C.S. Lewis e outros autores. O ourensán non soubo até moitos anos despois quen eran eses señores que sentaban todos xuntos a beber, así que a anécdota non puido derivar en nada máis substancioso. Cunqueiro tamén foi comparado ocasionalmente con Tolkien por unha crítica que trataba de buscar un contexto máis amplo a unha literatura tan imaxinativa como enraizada no pasado conxunto dos pobos europeos. Con todo, a distancia entre ambos é inmensa, aínda que se pode defender que tocasen algúns elementos comúns. As linguas Salvo que o futuro nos depare unha descuberta sorprendente, a relación de Tolkien coa cultura galega seguirá a ternos como únicos interlocutores, ansiosos ante calquera indicio de que o escritor coñecía a nosa existencia e sobredimensionando as anécdotas que poden testemuñalo. O autor, que atesouraba as traducións da súa obra a outras linguas, gardaría sen dúbida tamén un exemplar da primeira tradución ao galego. Non puido facelo en vida xa que o público galego agardou até o 2001, o mesmo ano da estrea do primeiro filme da triloxía dirixida por Peter Jackson para gozar dunha versión propia da triloxía. Aínda hoxe, adaptacións como a que se estreará a comezos de setembro nunha coñecida plataforma dixital seguen ignorando, en subtítulos e dobraxe, grande parte da riqueza das linguas europeas, as mesmas ás que Tolkien dedicou a súa vida e que foron a semente de todas as súas historias. |
NOS_26194 | Un grupo de afectad@s polo timo bancario intentaron acceder ao pazo de María Pita, tomado pola policía. Querían que os atendese o alcalde, que marchou en coche un pouco antes de que chegaran. | As portas do concello da Coruña viviron outro episodio na continua mobilización d@s afectad@s pola estafa das preferentes e subordinadas, que pediron ser atendidos polo alcalde, Carlos Negreira do PP, se ben este os ignorou dado que abandonou a sede municipal pouco antes de a manifestación chegar ao pazo de María Pita. Porén, as ordes do goberno municipal foron pouco flexíbeis coa protesta, posto que unha poboada barreira de policías locais e estatais impediron en todo momento que, como era a súa intención, @s afectad@s accedesen ao interior do edificio. A Plataforma coruñesa critica que o PP votase en contra da ampliación do prazo para recorrer á arbitraxe, en contra do que os seus representantes lles prometen en privado. Ademais, aseguran temer que a venta de Novagalicia Banco impida definitivamente a recuperación dos seus aforros. Pola súa parte, en Ferrol un grupo de preferentistas foi expulsado do concello por orde do rexedor do PP, o que provocou o abandono do Pleno por parte de BNG, EU e PSOE. @s manifestantes cualificaron de "ditador" ao alcalde. |
NOS_55882 | CIG, ASCA e CGT denuncian que se comezou despedir empregad@smentres se mantéñen contratos temporais e están recolocando a persoas procedentes da rede exterior en Galiza | Unha concentración na oficina de Novagalicia Banco (NGB) en San Roque, Lugo, é a primeira resposta da vaga de mobilizacións que encetan CIG, CGT e Asca conta o comezos dos 1.850 despedimentos nesta entidade financeira. As centrais denuncian que Novagalicia Banco mantén contratos temporais en Galiza e está recolocando a persoas procedentes da rede exterior aquí, o" que demostra que hai vacantes no país", pero comezou ca vaga dos 1.850 despedimentos previstos no cuarto ERE. Neste sentido, afirman que está confirmado que cando menos son 8 as persoas ás que lle foron comunicados os seus despedimentos que terían data do 21 de abril. O IV ERE, que foi impugnado tanto pola CIG como por ASCA, contempla que cando se produza o peche de centros de traballo o persoal poderá acollerse a unha baixa incentivada nos quince días seguintes á comunicación dos peches e que, de non acollerse "voluntariamente", o persoal arríscase a ser despedido cunha indemnización menor. |
NOS_36405 | A praza do Obradoiro, en Santiago, acolleu na mañá do domingo unha concentración convocada por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) en defensa da liberdade do Sáhara Occidental e dos presos saharauís. | Cun encadeamento e con pancartas reivindicativas, as persoas que responderon ao chamamento de SOGAPS reclamaron a liberdade dos presos políticos saharauís e a fin da ocupación do territorio do Sáhara Occidental por parte de Marrocos. Maite Isla, presidenta da asociación, cualificou de "vergoña" e "humillación" a decisión dos tribunais marroquís que condenaron os presos políticos saharauís a penas de entre 20 e 40 anos e con cadeas perpetuas pola súa loita pola liberdade do Sáhara Occidental. "En España", salientou, "hai políticos que teñen a responsabilidade e non a asumen". No acto participaron, alén de Maite Isla, o delegado da Fronte Polisario na Galiza, Saab Elmawi, a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández e a deputada do BNG Monste Prado, en representación da comisión interparlamentar en apoio o Sáhara. Tamén asistiron familias de acollida e crianzas do programa Vacacións en Paz. Saab Elmawi apelou ao cumprimento da aplicación da legalidade internacional e reclamou o apoio das persoas ante os "momentos difíciles" que atravesa o pobo saharauí, cuxo territorio foi ocupado de maneira ilegal por Marrocos. Na mesma liña, Montse Prado expresou a súa solidariedade co pobo saharauí, criticou a actitude de Marrocos, esixiu a anulación do "xuízo farsa" e esixiulle á comunidade internacional "que deixe de mirar para outro lado e de facer oídos xordos". "Corenta e dous anos de exilio son máis que suficientes e o Estado español debería ser parte da solución ao problema do pobo saharauí e non parte do problema", afirmou a nacionalista. Montse Prado salientou que o Estado español "ten que lle esixir a Marrocos o respeito polos dereitos humanos". A situación que vive o pobo saharauí, engadiu, "ten que ser portada nos xornais e abrir os informativos. Non se pode permitir que continúe así". Concluíu amosando o apoio do pobo galego ao saharauí e apelando ao referendo de autodeterminación, que ten que se celebrar "xa". |
NOS_4742 | Canda sete asociacións, ADEGA promoveu o proxecto de "Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez" que desenvolveu iniciativas de recuperación, conservación e promoción dos tres ecosistemas fluviais. Agora presentan un balance no que destacan, en especial, a corresponsabilidade diante dos rios, o achegamento e o compromiso da cidadanía co seu patrimonio natural. | Coordenado por ADEGA, o proxecto "Custodia Fluvial no Ulla, Umia, Lérez" presentou o seu balance de resultados despois de ser desenvolvido desde o 2010 coa participación de sete entidades locais,Asociación Cultural A Xesteira , Asociación Cultural Rego de Godoi, e Asociación para a Defensa do Val do Liñares, da Estrada, O Fervedoiro de Cuntis, Comunidade de Montes en Man Común de S. Miguel de Presqueiras e a Sociedade de Caza e Pesca e a Asociación de Moz@s de Forcarei. Despois dunha primeira fase na que as entidades participaron do proceso de achegamento e coñecemento dos seus ríos, algunhas delas presentaron proxectos a nivel local que tiñan como obxectivo poñer en valor os seus ecosistemas fluviais por medio de estratexias de custodia do territorio. Ferramenta de conservación colectiva "A custodia é unha ferramenta para conservar a natureza, que xorde d apropia cidadanía, complementaria á conservación por parte da administración. A custodia do territorio, neste caso dos ríos, ofrece a posibilidade de facer actividades ou iniciativas que poñan en valor o patrimonio natural", explica Lucía Parente, coordinadora do proxecto desde Adega. Na primeira fase do proxecto, fixéronse inspeccións, limpeza, xornadas, charlas e demais actividades que tiñan como fin o achegamento aos ríos por parte da veciñanza. No paso seguinte, as asociacións máis activas presentaron proxectos entre os que se escollerían os máis viábeis para levar a cabo. Desta maneira, no Ulla presentáronse roteiros para coñecer ríos e regatos, en Couso, Godoi e Liñares. Na bacía do Ulla o proxecto xirou arredor dos muíños e camiños. No Umia, foi o Fervedoiro o que fixo xerar a súa iniciativa arredor do patrimonio etnográfico, restaurando pasos e recuperando e limpando os lavadoiros fluviais ademais de sinalar os roteiros. Na bacía do Lérez, pola súa parte, o proxecto está ligado á pesca, establecendo un tramo de cinco quilómetros de pesca sen morte. Recuperándose tamén os canais dos muíños, onde as troitas paraban para comer e descansar. "O obxectivo da custodia é que agora sexan as propias asociacións quen dinamicen os proxectos. Foron elas as que os idearon e desenvolveron, serán tamén as que teñan que continualos no tempo", explica Lucía Parente dun proxecto innovador, tamén pola súa dimensión de integrar a varias asociacións de varias localidades, que se enmarca nunha liña de traballo de custodia do territorio coa que, desde Adega, están a aplicar tamén a charcas, litoral e outros espazos naturais. "Trátase de proxectos enriquecedores, nos que a xente se implica e traballa moito, coñece a natureza e quere conservala e protexela", explica Parente. |
PRAZA_20393 | Os medios de confianza e os "Señores da Lama" seguen empeñados en tomar a xente por parva. E, senón como se explica que, no asunto da moción de censura do outro día nos pretendesen convencer que o censurado foi o da coleta, no canto de don Mariano? Hai que "goderse" con estes demócratas do nabo! | "Máis alá non consegue ver nada, a non ser pequeñas sombras que se moven nese breve espacio rectangular que se completa a través da porta." (Deus sentado nun sillón azul, Carlos Casares). Lisardo Quintas Teixeira, o meu tío Lisardo, non comunga co credo político de Pablo Iglesias. Iso só o sabiamos el e máis eu, pero un dos dous soproullo ao señor Facebook e, claro!, agora xa o sabe todo quisque. O tipo de Podemos é un patriota español empedernido e o meu tío é un nacionalista galego, a piques de ficar sen patria, porque a desidia dos aborixes vai mirrando a nación decotío, como lle acontece as patacas vellas que dan chegado ao mes de san Xoán. Mais, se hai algo que cómpre recoñecerlle ao tal Pablo é o liderado porfión da denuncia necesaria, facendo aflorar as falcatruadas que non cesan e as desigualdades sociais que medran cada día, azacotadas polos que están no "machito", afeitos a pensar que, por ter o goberno, gozan do privilexio de facer e desfacer, como se fosen os putos amos. E como cada un é como é, e esta tropa é unha caste de paxaros insaciables, foron creando un ambiente sucio e lamacento, que xa fede que alcatrea, ata o punto de sentirmos a sensación de que, cando camiñamos, imos pousando os pés nunha especie de bosta noxenta que, amais de revolvernos o estómago, tingue de negro cada unha das baldosas que conforman as beirarrúa da nosa propia existencia. Porén, os que non se domean diante dos poderosos -e dos fabricantes de bulleiro- gozan tamén do dereito a deixar en evidencia aos trapelos de labia barata, ás linguas de trapo que van pola vida presumindo de compartir os pareceres dos que se manteñen tesos, mais, á hora da verdade, sempre acaban claudicando con argumentos aburridos e retrógrados: non é o momento, teñen que madurar… e outras parvadas polo estilo, propias dos que levan no sangue o ADN de cómplices necesarios dos que non saben xogar sen emporcar o campo. Por tanto, esta democracia comezará a aliviarse das súas doenzas, cando os que mandan e os seus mercenarios asuman con naturalidade a obriga de explicarse cando son interpelados, no canto de pór a parir aos que gozan do dereito a preguntarlle o que lles pete cando lles dea a gana. Ah! Ao meu tío Lisardo próelle a alma vendo como os medios de confianza e os "Señores da Lama" seguen empeñados en tomar a xente por parva. E, senón como se explica que, no asunto da moción de censura do outro día nos pretendesen convencer que o censurado foi o da coleta, no canto de don Mariano? Hai que "goderse" con estes demócratas do nabo! |
NOS_8018 | O pasado sábado, 12 de decembro, 195 países asinaron un acordo polo cal se comprometen a que non suba a temperatura alén de 2ºC a finais do século. Falamos con Fins Eirexas, secretario xeral de Adega, para que nos explique os pormenores do acordado. | En primeiro lugar, o secretario xeral de Adega sinala que o acordo da COP21 é positivo na medida en que "se asume que hai un problema, o cambio climático, que precisa unha solución". "Son 195 países os que recoñecen ese problema serio e os que asumen que hai que adoptar medidas", apunta, mais pregúntase, "son suficientes as medidas para facer fronte de xeito real o problema e que permitan cumprir ese obxectivo de limitar a 2ºC a temperatura global? Non. O obxectivo está moi ben, mais non existen mecanismos que nos permitan pensar que se vai cumprir". Neste sentido, Fins Eirexas sinala que o acordo "lonxe de ser unha serie de compromisos, só é un conxunto de desexos e non é vinculante". As contribucións nacionais, que é o que nos interesaba, non son vinculantes. O que é vinculante é o obxectivo global, é dicir, conseguir que a suba da temperatura non vaia alén dos 2ºC. Critica que non se determinase "un compromiso dos países para acadar a meta". Alerta de que sería "catastrófica" un aumento de 3ºC, unha posibilidade, di, á que nos encamiña a situación actual. "O ideal sería que os países se puxesen as pilas e que se estabelecese canto lle toca reducir a Rusia, canto á China… Ninguén asumiu isto e ninguén quixo mollarse" "O ideal sería que os países se puxesen as pilas e que se estabelecese canto lle toca reducir a Rusia, canto á China… Porén, ninguén asumiu isto e ninguén quixo mollarse", afirma. Pola contra, o acordo implica que aínda será en 2018 cando os países acorden a clasificación de cada Estado en función de se é industrializado ou en vías de desenvolvemento e non será até o 2020 cando se estabeleza que obrigas ten cadaquén. Que reivindicaban os colectivos ecoloxistas? "O que queríamos a meirande parte dos colectivos ecoloxistas era un compromiso global e por países de redución do efecto invernadoiro: os obxectivos de redución de emisións, a implantación de enerxías renovábeis e a mellora da eficiencia enerxética, acadando un 40%, 30% e 30%, respectivamente, para 2020, tendo como ano base de referencia o 1990. E que se acordou? Pois que xa se verá en 2020 en función do que se determine en 2018", salienta. "Queriamos compromisos por países temporalizados e cuantificados, porque está aí o cerne do problema. O xa veremos en 2020 é unha tomadura de pelo", engade. "O acordo é cosmético e non compromete a nada" Fins Eirexas pon de manifesto que "hai xa anos" que se debería actuar no camiño marcado pola COP21 para non acadar os 2ºC de suba da temperatura. De aí que pense que o acordo "é cosmético" e que advirta de que "non compromete a nada". No que respecta ao financiamento, sinala que se trata "máis do mesmo": "só se fala dunha cifra: o investimento de 100.000 millóns de dólares todos os anos, mais outra vez adíase a 2020 canto lle toca poñer a cadaquén". O responsábel de Adega bota en falta que o acordo de París non se comprometa coa descarbonización da economía e de abandonar os combustíbeis fósiles. "Como non se abordou esta cuestión, considero o acordo un fracaso", subliña, "só se falou do balanzo cero neto de CO2, é dicir, que non se emita máis do que se captura a partir de 2050, mais isto non significa que se vaia deixar de emitir". Na mesma liña, bota en falta un mecanismo que acabe co mercado e coa especulación do carbono. "Hai empresas eléctricas que mercan cota de carbono en países latinoamericanos, porque hai excedente, e despois gastan esa cota en Europa porque o rendemento é maior", denuncia. Tamén critica que non se pensase en abandonar os mecanismos de extracción para a xeración de enerxía máis agresivos contra o medio ambiente, como son o fracking ou as areas bituminosas. Fins Eirexas lamenta que a COP21 non se comprometera coa descarbonización da economía En resumo, Fins Eirexas recoñece que "o acordado en París xa tiña que facerse hai 25 anos. A urxencia debería marcar as prioridades actuais e non agardar a 2020 para decidir que se fai". Advirte de que en 2020 "pode ser xa tarde, porque haberá que facerlle fronte a un gran problema, o dos refuxiados climáticos". As Nacións Unidas cifran o número de migrantes por causas ecolóxicas en 200 millóns en 2050, a meirande parte destas persoas procederán de países do sur. Ademais, a Organización Internacional para as Migracións alerta desde hai tempo de que está xermolando unha "gran crise humanitaria" debido ao quecemento global do planeta. |
NOS_2278 | Un total de nove personalidades representativas do sector da danza na Galiza perfilan as súas eivas e as súas fortalezas nunha xornada que leva por título O estado da danza na Galiza, coordinado por Dolores Vilavedra e Natalia Balseiro e que se desenvolverá hoxe na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela. | O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza hoxe, 21 de decembro, terza feira, na súa sede en Compostela a xornada O estado da danza na Galiza. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, e as coordinadoras deste encontro, Dolores Vilavedra e Natalia Balseiro, inaugurarán unha cita que se poderá seguir en directo desde a web do CCG ás 9.30 horas. Segundo explican desde o Consello da Cultura, a súa intención é "dar a coñecer a situación actual da danza en boca das súas protagonistas; crear un espazo de dialogo entre todos os axentes implicados neste sector e deixar constancia deste formato a través dunha publicación -un informe-diagnóstico- e de varias gravacións en vídeo". Baixo este paraugas, a xornada O estado da danza na Galiza concentrará nove personalidades representativas do sector para ir perfilando as súas eivas e fortalezas. Así, a investigadora Mercedes Prieto falará da danza no sistema educativo; o director do Conservatorio de Danza da Coruña, Luciano Gómez, e o director da Escola Superior de Arte Dramática, Manuel Vieites, abordarán o proxecto da Escola Superior de Danza e o seu futuro; e o coreógrafo e bailarín Quique Peón analizará o encaixe do baile tradicional e o folclore no sistema actual da danza. Ademais, a bailarina e xestora cultural Caterina Varela reflexionará sobre formatos sustentábeis que transcenden a exhibición; o crítico de danza Afonso Becerra trazará a memoria dos inicios da danza na Galiza e a xestora cultural Sabela Mendoza, o dos novos contextos. Pechará esta xornada o director de Agadic, Jacobo Sutil, e a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, María Pereira. As intervencións están concibidas en forma de entrevista a todas estas participantes por parte de xornalistas como María Solar e de xestoras como Paulo Rodríguez e Natalia Balseiro. |
NOS_11268 | Os gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, autores do texto e das ilustracións, respectivamente, foron gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra presentada co lema "El último día". | A dotación do certame é de 9.000 euros e conleva a publicación do traballo nas cinco linguas peninsulares pola editorial Kalandraka, que colabora co Departamento de Educación do Concello deSantiago de Compostela na convocatoria do galardón. O xurado decidiu, por maioría, que o premio recaia en "El último día", destacando o "equilibrio entre a ilustración e o texto, formando un todo harmónico". Tamén valoraron a consistencia da narración, que "transmite Ledicia e tenrura á vez". Protagonizada por un carteiro, a historia pon en valor este oficio "como un elemento de comunicación favorecedor das relacións entre persoas e comunidades". Da proposta estética resaltaron a composición plástica, con predominio do trazo e do collage, que traslada a "unha suxerente paisaxe insular mediterránea". Formaron parte do jurado a ilustradora Carme Solé Vendrell; o tradutor e editor Miguel Azaola; a bibliotecaria Ánxeles Roca; Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka; o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios; o xefe do Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella; e Beatriz Rodríguez, do mesmo departamento, en calidade de secretaria. Os gañadores Anthonis Papatheodoulou (Atenas, 1977) estudou Animación en Atenas e Barcelona, e Literatura Española na Hellenic Open University. Traballa como tradutor e publicou varios libros. Recibiu o Premio de Álbum Ilustrado de Grecia en 2011 e 2012, o Premio de Álbum Ilustrado da revista Diavazo en 2011; varias obras da súa autoría foron incluídas na lista The White Ravens. Iris Samartzi (Atenas, 1979) estudou Deseño Gráfico e Arte. Traballa como ilustradora de libros infantís e como profesora de debujo en Educación Primaria. Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Libro Ilustrado da sección grega da IBBY en 2012 por un libro con texto de Anthonis Papatheodoulou, galardón que repetiu en 2015. Unha das súas obras tamén figura na Lista de Honra IBBY 2015. O xurado decidiu proclamar finalista a obra presentada co lema "Por allí, el infinito" e outorgoulle unha mención especial ao trabajo titulado "Nina e Antoine". Ao IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse 240 traballos procedentes de 24 países de Europa, América e Asia. |
PRAZA_8240 | O Goberno galego unifica as regras para a solicitude de permisos, licenzas e vacacións en todos os seus organismos nunha instrución que recolle algunhas das achegas sindicais | Algúns departamentos da Xunta viñan sendo unha caste de "reinos de taifas" á hora de concederen permisos, licenzas ou mesmo vacacións ao seu persoal. Esta era a opinión reinante en parte da Administración autonómica e, tamén, por boa parte da representación sindical da función pública. Teoricamente, o minifundio da libranza ten as horas contadas tras a entrada en vigor da instrución publicada este mércores pola Xunta no Diario Oficial de Galicia (DOG), no que se unifica a doutrina nesta materia cunha regulamentación que recolle parcialmente as achegas sindicais e que especifica cando o funcionariado ao servizo do Goberno galego poderá ou non "desfrutar" de permisos, xa sexan de vacacións anuais ou por circunstancias imprevistas, dende unha visita ao médico ata un falecemento. Así, por exemplo, a Xunta sinala que "o persoal funcionario ten dereito a ausentarse do traballo para a realización de revisións médicas polo tempo indispensable", sempre e cando "a consulta se deba realizar durante a xornada laboral e sempre que se atope incluída na carteira de servizos do sistema sanitario público", un dos aspectos que os sindicatos observaban con certo receo, toda vez que esta carteira está a minguar nos últimos tempos a instancias do paquete de recortes do Goberno central. Do mesmo xeito, o mesmo persoal "ten dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas ás fillas e fillos e ás persoas maiores ao seu cargo". No caso de fillos e fillas maiores de idade "deberase acreditar que existen limitacións que lles impidan asistir sós". Se os dous proxenitores do menor enfermo traballan na Xunta só percibirá o soldo íntegro un deles O limiar da maioría de idade tamén é o fixado para poñerlle couto á flexibilidade horaria nuns dos casos máis sensibles: o "coidado de filla ou fillo afectado por cancro ou outra enfermidade grave". Neste caso, "sempre que os dous proxenitores, adoptantes ou acolledores traballen", o persoal funcionario "terá dereito a unha redución da xornada de traballo polo menos á metade" sen que se lles reduza o salario. Este permiso estará vixente "durante a hospitalización e tratamento continuado" acreditado con informes médicos. A licenza estará vixente "como máximo, ata que o menor cumpra os 18 anos". Se os dous proxenitores traballan na Xunta só percibirá o soldo íntegro un deles se os dous piden redución de xornada. O outro terá a "conseguinte redución de retribucións". Á marxe destas situacións particulares a instrución de Función Pública regula tamén aspectos que os sábados non serán considerados dias hábiles no que atinxe ás vacacións, que duran vinte e dous días e "deberán ser desfrutadas preferentemente" entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. Os sábados si son "hábiles" no caso de "permisos por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar". Xunto a estas limitacións a Xunta incluíu outros aspectos máis valorados pola representación do persoal, tales como o peche das oficinas públicas o 24 e o 31 de decembro "agás os servizos de Rexistro Xeral e Información" e, se estas xornadas cadran en "sábado, domingo ou día non laborable, teranse dereito a dous días adicionais de asuntos persoais". Consulta a resolución completa |
NOS_52693 | As coruñesas derrotaron en Abegondo un dos clubs clásicos da máxima categoría. | O Dépor debutou este domingo na Primeira Iberdrola, a máxima categoría do fútbol feminino e fíxoo cunha vitoria fronte a un rival, o Espanyol, que atesoura historia e experiencia. Mil persoas presenciaron en Abegondo o histórico debut e a vitoria das coruñesas, que se impuxeron con claridade e contundencia, nun encontro no que as 'pericas' non foron quen de impoñer o seu ritmo e nunca se sentiron cómodas. A equipa de Barcelona, iso si, empezou con forza e achegouse nun par de ocasións á área deportivista. Mais foi un espellismo. Aos poucos, as de Manu Sánchez foron mandando con claridade. Un dominio que se concretou, no minuto 26, cun gol de Alba Merino a raíz dun saque de esquina. O empate do Espanyol, xa na segunda parte, non fixo que as coruñesas perdesen os nervios. Dous minutos despois, o Dépor volvía adiantarse grazas a un gol de Peke. Cinco minutos máis tarde, Alba Merino, de penalti, marcaba o terceiro para as branquiazuis. Ficha técnica Deportivo : Sullastres, Cris, Laura, Noelia Villegas, Nuria (María Méndez, min. 59), Alba Merino (Alba Suárez, min. 77), Iris, Teresa Abelleira, Gaby, Peke (Kika, min. 87) e Michelle Romero (Athenea, min. 62). RCD Espanyol: Mimi, Dulce Quintana (Julve, min. 65), Inés, Soldevila (Brenda, min. 75), Daniela Cruz, Débora García, Letti (Paula Moreno, min. 58), Alvarado, Cristina Baudet (Ayaka, min. 56), Yiyi e Eli del Estal. Goles: 1-0 Alba Merino (min. 26); 1-1 Paula Moreno (min. 64); 2-1 Peke (min. 66); 3-1 Alba Merino, de penalti (min. 72). Árbitra: González Sánchez (colexio castelán-leonés). Cartón amarelo para Alba Merino (min. 36), Iris (min. 59), Yiyi (min. 65) e Daniela Cruz (min. 75). |
PRAZA_16692 | A CIG pide que o servizo sexa asumido polo propio ente público e deixe de ser subcontratado a empresas externas | As traballadoras de estilismo da TVG, que prestaban o seu servizo a través dunha subcontrata que entrou en concurso de acredores, veñen de ver resolta a súa situación e volverán cobrar o seu salario despois de catro meses. Así o vén de comunicar a CIG, que informa de que isto supón a paralización das mobilizacións que tiñan en marcha pero non da reclamación de que o servizo sexa asumido polo propio ente público. A CIG pide que o servizo sexa asumido polo propio ente público e deixe de ser subcontratado a empresas externas A empresa que viña xestionando o servizo de estilismo da TVG desde hai media década, New Model's, entrou en concurso de acredores o pasado novembro. As súas débedas coa Facenda pública impediron que a CRTVG seguise a pagarlle e iso á súa vez bloqueou o pagamento dos salarios das empregadas. Agora a CIG informa de que o ente público vén de comunicarlle a sinatura dun novo contrato con outra empresa, Acicla Estilismo, que asumirá ás traballadoras, ao tempo que a administración concursal permitiu desbloquear os salarios e pagar saldar as débedas coas traballadoras. "Se ben o conflito fica resolto desta volta (e por tanto, desconvocadas as mobilizacións e a folga), a CIG seguirá a defender a necesidade de acordar o rescate de estilismo e perruquería, como solución definitiva para estes servizos estruturais da actividade principal da CRTVG", advirte en todo caso o sindicato. |
NOS_22364 | Carolina Gonzalez Criado, subdirectora xeral de Farmacia, está imputada por delitos de homicio imprudente e prevaricación no caso da hepatatite C. | O Ministerio de Sanidade fichou a subdirectora xeral de Farmacia da Xunta, segundo publica o xornalista José Precedo en Eldiario.es. O alto cargo da Xunta de Feijóo está imputada por homicidio imprudente e prevaricación no caso da Hepatite C. Carolina Gonzalez Criado incorporarase a partir do 1 de abril ao Ministerio de Sanidade para realizar un estudo sobre a área farmacéutica. Após diso, case que con toda seguridade asumirá o cargo de subdirectora xeral de calidade do medicamento. Carolina Gonzalez é una dos altos cargos do Sergas imputado no caso da Hepatite C. Informes médicos advertían os seus superiores que en varios hospitais galegos estábase a prescribir medicanmentos "non adecuados" a enfermos de hepatite, no canto de subministrar Sovaldi, un medicamento moi caro naquela altura e que precisan os enfermos desa enfermidade. Desde a Plataforma de persoas afectadas pola Hepatite C, personada na causa que se investiga nun xulgado de Santiago, consideran que o nomeamento é una "burla" e que se está a premiar a esta persoa. |
PRAZA_16240 | As mudanzas da lei de saúde que este domingo sacaron milleiros de persoas á rúa en defensa da sanidade pública e contra os recortes van alén da supresión de áreas sanitarias. O Consello Galego de Saúde perde o dereito concreto de ser "informado" sobre "contratos de servizos sanitarios, concertos e programas de subvencións" Milleiros de persoas ateigan Santiago contra os recortes e pola paralización da reforma sanitaria | Milleiros de persoas ateigan Santiago contra os recortes e pola paralización da reforma sanitaria A multitudinaria manifestación que o pasado domingo rexeitou nas rúas de Santiago a reforma sanitaria que ultima a Xunta resultou especialmente incómoda no seo do Goberno galego e do partido que o sustenta. O argumentario dos populares contra a mobilización impulsada pola plataforma SOS Sanidade pública co apoio dos principais sindicatos e de toda a oposición parlamentaria baséase en que a protesta está baseada en "mentiras" e procura "manipular" a poboación a partir de datos "falsos". Executivo e PPdeG negan que existisen recortes orzamentarios na sanidade pública, aínda que en realidade roldaron os 1.000 millóns de euros, e rexeitan que a reforma abra novas portas do Sergas ao sector sanitario privado. No entanto, a letra da lei di outra cousa. Entre os cambios que o novo texto introduce na lei de saúde de 2008 -impulsada polo Goberno de coalición de PSdeG e BNG, pero xa modificada polo gabinete do PP en ata cinco ocasións- figura unha ampla reforma do capítulo terceiro, o que ata agora regulaba a "investigación biomédica no sistema público de saúde de Galicia" e que de agora en diante se referirá á "investigación e a innovación". O texto insire cobertura legal específica para asinar "contratos ou convenios" con "entidades públicas ou privadas" para "o desenvolvemento conxunto" de "produtos ou tecnoloxías sanitarias" Na súa nova redacción o Goberno acrecenta o antigo artigo 131, que daba ás "autoridades públicas competentes en investigación e sanidade" a competencia de "establecer o réxime de colaboración co Sistema Público de Saúde". Insírese agora cobertura legal explícita para acordos con empresas privadas como o que permitiu a unha multinacional estadounidense "testar" os seus produtos e servizos en hospitais públicos galegos. Neste pacto, como revelou Praza.gal, incluíanse anexos coas súas condicións concretas que a Consellería de Sanidade se negou a revelar a doentes que os pediron e tamén á oposición parlamentaria. A Consellería de Sanidade, o Sergas e as entidades que dependenden deles, di o texto da reforma, "poderán subscribir contratos ou convenios con outras entidades públicas e/ou privadas" para "a realización de proxectos específicos de investigación ou innovación" que "permitan o desenvolvemento conxunto de novas solucións, servizos ligados ao coñecemento, produtos ou tecnoloxías sanitarias". Isto é exactamente o que sucedeu nos convenios entre o Sergas e a americana Medtronic, no que a sanidade pública puxo cartos e persoal e a empresa, tecnoloxía, executivos e produtos para desenvolver proxectos de "calidade" na atención sanitaria que despois a compañía prevé ofertar ao "mercado". Fragmento do "anexo" dun dos convenios entre Sanidade e Medtronic que a Consellería se negou a revelar Menos información sobre contratos Esta cobertura legal aos acordos con compañías como Medtronic chega acompañada de nova terminoloxía e preceptos económicos na lei sanitaria, tales como a intención de que "o sector sanitario se converta nun dos motores de desenvolvemento económico" ou incremente a súa "achega ao produto interior bruto". Se sae adiante tal e como está redactada as novas medida entrarán en vigor nun contexto no que órganos de participación cidadá na sanidade pública como o Consello Galego de Saúde terán menos información directa sobre os contratos do Sergas. O Consello Galego de Saúde e os Consellos de Saúde de Área perden o dereito concreto de "coñecer" e seren "informados" sobre "contratos de servizos sanitarios, concertos e programas de subvencións" Entre as modificacións que trae consigo o novo texto figura unha reforma deste órgano, no que xunto á Administración sentan os concellos, sindicatos sanitarios, colexios profesionais, universidades, sociedades científicas ou colectivos de pacientes, entre outros. Así, desaparece da lei o artigo que dá aos membros deste e doutros órganos de participación dereito ao "acceso e consulta, en calquera momento e nun tempo razoable, de datos ou documentos" da Consellería. Especificamente, o Consello Galego de Saúde perde a potestade específica de "coñecer e ser informado dos contratos de servizos sanitarios, dos concertos e dos programas de subvencións, así como da avaliación do informe do seguimento relativo a eles". Isto mesmo sucede cos Consellos de Saúde de área, aos que no entanto se lles concede ter "coñecemento dos investimentos e melloras" que o Sergas teña previstos. No caso dos Consellos de Sáude de Distrito, de nova creación, si se prevé, no entanto, que coñezan "os mapas de derivacións" a outras institucións sanitarias "segundo patoloxías". Nova estrutura e novas "autoridades" Todos estes preceptos acompañan na reforma a unha das súas vertentes máis mediáticas, a da mudanza das áreas sanitarias. No texto de 2008 sinalábase de xeito xenérico que o Sistema Público de Saúde está estruturado "en áreas e zonas sanitarias" definidas no Mapa Sanitario de Galicia a partir da lei xeral de sanidade de 1986 e "determinadas" por decreto do Consello da Xunta. O Goberno galego foi introducindo cambios ata que na actualidade o modelo se asenta en 7 estruturas de xestión integrada que administran 11 áreas sanitarias. Os xefes territoriais da Consellería de Sanidade pasan a ser tamén "autoridade" A nova lei reduce as áreas de 11 a 7 e nomea cales son: A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Ferrol, Lugo-A Mariña-Monforte, Ourense-Verín-O Barco, Pontevedra-O Salnés e Vigo. Desaparecen, daquela, as áreas da Mariña, de Monforte, do Salnés e do Barco, que pasan a ser un dos 14 "distritos sanitarios". O resto serán A Coruña, Cee, Santiago, Barbanza, Ferrol, Lugo, Ourense, Verín, Pontevedra e Vigo. Entre as novidades da nova normativa que o PP prevé sacar adiante malia ao criterio contrario do resto da oposición -e tras rexeitar numerosas alegacións do sector- figura tamén a extensión da "condición de autoridade sanitaria". Cando entre en vigor a nova norma seguirán tendo esta consideración o Consello da Xunta, o conselleiro ou conselleira de Sanidade, os directivos da Consellería e mais os alcaldes e alcaldesas e o persoal de inspección sanitaria. Ademais, gañarán este rango os xefes territoriais da Consellería. |
PRAZA_8968 | Os cartos destinados pola Xunta a accións publicitarias e propagandísticas durante a primeira lexislatura de Feijóo multiplican por oito o aforro que o PP asegura que conseguirá co recorte de deputados | Pasada a a semana das Letras Galegas e despois dunha sesión plenaria na que o PP, novamente, non foi quen de silenciar os ecos da polémica causada polas fotografías de Alberto Núñez Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado, os conservadores galegos volven sobrevoar a vida política do país co seu plan para recortar o número de escanos do Parlamento de 75 a 61. Despois de remitirlles unha carta aos demais grupos instándoos a iniciar unha negociación ao respecto o voceiro parlamentario popular, Pedro Puy, sinalaba este luns que aínda lles dará "uns días" a PSdeG, AGE e BNG para responder ao emprazamento, se ben lembra a continuación que a reforma se aplicará e que o seu partido ten unha maioría absoluta que lle permite facelo en solitario. Como en días pasados, o conservador foxe do impacto económico da medida. Malia querer afastar agora o plan da cuestión puramente económica, o grupo que sustenta o Goberno vén mantendo que eliminar 14 escanos implicaría un aforro duns 5 millóns de euros por lexislatura, isto é, calgo máis dun millón ao ano que se lograría, por exemplo, recortando o salario dos deputados e deputadas no entorno do 20%. Pero, ampliando un chisco máis o foco, cabe preguntarse o impacto que teñen nas arcas públicas os soldos que paga a Cámara galega non só aos representantes electos, senón a todo o seu persoal, e se a súa magnitude é ou non comparable a outras partidas orzamentarias. O capítulo de persoal do Parlamento ten asignados 7,9 millóns de euros en 2013 Un dos últimos gastos públicos que a cidadanía vén de coñecer é o referido ao gasto en publicidade e propaganda realizado polo Goberno galego durante a primeira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo na Presidencia. Como adiantou Praza Pública, estas accións propagandísticas supuxeron 25 millóns de euros ao erario que, contando o Xacobeo, superaron os 40 millóns de euros. Unha ollada aos Orzamentos Xerais da Xunta para 2013 permite coñecer que o capítulo I das contas do Parlamento, o que recolle os "gastos de persoal", está dotado con 7,9 millóns de euros que serven para pagar as nóminas non só dos deputados e deputadas, senón e todo o persoal ao servizo do lexislativo. Isto quere dicir, polo tanto, que o gasto publicitario realizado pola Xunta entre 2009 e 2012 permitiría pagar os soldos da Cámara durante algo máis de cinco anos. A Cámara vén de devolverlle á Xunta 5,7 millóns que servirían para pagar máis dunha lexislatura enteira os soldos dos deputados que o PP quere eliminar Do mesmo xeito, dando por boas as estimacións realizadas verbalmente polo PP -os conservadores aínda non presentaron documentación ningunha sobre a reforma-, é posible concluír que eses mesmos gastos en publicidade multiplican por oito o aforro que prevén lograr co recorte ao Parlamento. Non obstante, a decisión de pasarlle a tesoira ao poder lexislativo tómase despois de que, o pasado abril, a propia Mesa da Cámara decidise -por unanimidade- "devolverlle" á Xunta algo máis de 5,7 millóns de euros procedentes de remanentes de exercicios anteriores, isto é, gastos asignados ao Parlamento que este non chegou a gastar. Esta compensación, que a Xunta suma á súas contas non ingresándolle ao Parlamento a cantidade equivalente entre decembro de 2012 e o primeiro trimestre de 2013, permitiría pagar máis dunha lexislatura enteira os salarios dos deputados e deputadas que o PP quere suprimir. Estas e outras cifras serán a que acompañen un debate que se prevé prolongado pero que o grupo de Feijóo pretende, non obstante, pechar en forma de reforma da lei de eleccións antes do 30 de xuño, isto é, no presente período de sesións. En calquera caso, os aforros previstos non terían repercusión ningunha ata o inicio da novena lexislatura autonómica, xusto despois de que o electorado galego elixise nas urnas un Parlamento recortado. |
PRAZA_5836 | Agustín Fernández Paz vén de publicar con Xerais A viaxe de Gagarin, un libro de formación, un libro de descuberta. En definitiva, un libro contra a desmemoria. Entrevista de Alberto Ramos. | Agustín Fernández Paz vén de publicar con Xerais A viaxe de Gagarin, un libro de formación, un libro de descuberta. En definitiva, un libro contra a desmemoria na que o autor regresa aos anos sesenta a través das lembranzas de Miguel, unha personaxe que ben podería ser calquera membro da súa xeración. Mentres se apaga a vida da nai, o protagonista viaxa á súa infancia na Coruña, nun tempo de represión, de Brigadas Político Sociais, de escurantismo e tamén, na beira contraria, de militancia, compromiso e clandestinidade. Nese ambiente, Miguel –pertencente a unha familia antifranquista- descobre a vida. Con esta nova entrega, Fernández Paz continúa a senda da memoria que xa emprendera coa súa anterior novela para adultos: Non hai noite tan longa. Unha memoria que cultiva máis aló das páxinas do libro a través dun blog. Na bitácora, o autor deita achegas e reflexións sobre moito do que está e do que non está en A viaxe de Gagarin. Entre as súas dúas últimas novelas, Non hai noite tan longa e esta: A viaxe de Gagarín, atopamos moitos paralelismos... Tamén moitas distancias... "Os sesenta para a miña xeración, foron moi importantes. Porque nesa década moitos de nós, os da miña idade, comezamos a descubrir cousas que non coñeciamos" Onde están as distancias e os paralelismos? A ver, as distancias están en que a outra, a trama, o anzol que utilizamos para enganchar os lectores, ten un aire de thriller. Neste A viaxe de Gagarin, non hai ese engado, esa trama... Os misterios que hai son máis tenues e claramente é unha novela de formación. Semellanzas? Pois as dúas, Non hai noite tan longa e A viaxe de Gagarin, forman parte dese axuste de contas cos anos sesenta, coa miña mocidade. Son un volver aos anos sesenta que, para a miña xeración, foron moi importantes. Non só porque neles se viviu todo o que se escoita sempre: que se Checoslovaquia, que se París, que se tal... Senón porque nesa década moitos de nós, os da miña idade, comezamos a descubrir cousas que non coñeciamos. Hai un desexo e comézase a descubrir o que estaba tapado. Os anos sesenta descóbrese que era o exilio, que había un señor chamado Castelao, que existiron as loitas agrarias... A min interesábame o contexto, poder narrar a vida social dos anos sesenta... Non nos aspectos máis frívolos, dos que tamén dou algunha pincelada, senón dos trazos máis ocultos. É dicir, o aspecto que, quitando certas minorías antifranquistas que podían estar máis ou menos informados, o resto ignoraba. Para a gran maioría eses anos podían ser, como diría Mayor Oreja, "anos de extrema placidez." Nese sentido, a min, resúltame doloroso que a mocidade de hoxe poida non saber que foi o TOP (Tribunal de Orden Público), por exemplo. Ou pode non saber que aquí houbo a Brigada Político Social e que funcionou coma a Stasi, salvando algunhas distancias. Alucinamos coa Stasi en La vida de los otros, pero non sabemos o que aquí houbo. Que poidamos vivir sen saber que houbo un TOP, cuxa función era perseguir todo o que hoxe son as liberdades básicas consagradas pola Constitución! Ou que saibamos vagamente que foi a Brigada Político Social, pois a min paréceme... Son cousas que debemos ter moi presentes. "A min resúltame doloroso que a mocidade de hoxe poida non saber que foi o TOP (Tribunal de Orden Público), por exemplo" Todas estas cuestións, estes descoñecementos fixéronme abrir o blog, un blog no que deixo asuntos que me interesan, informacións que fun atopando no proceso de documentación que levei a cabo porque... Mira que lin eu para esta novela! Eu non quero que quede todo para min. Quero transmitir no blog o máis interesante, quizais así libero un certo afán de facer didactismo... Como paralelismos claros eu vexo a militancia e a memoria. O da memoria... Pois mira, os da miña xeración -os que temos máis de sesenta anos- temos agora un afán por recobrar eses anos. Si, hai ese empeño. Non son eu só, senón que hai outros novelistas da miña xeración que lles pasa o mesmo. Hai un proceso case inevitable de volver aos anos de formación, etapa na que fuches descubrindo o mundo. Pois son anos posiblemente nos que les con máis paixón, ou decátaste das cousas ou queres saber con máis forza. É dicir, o da memoria é evidente. E o outro que dicías? "Cando falas de memoria, agás que te enguedelles nas ramas da extrema placidez, tes que falar de militancia. Porque a única oposición que había ao franquismo era a da militancia do PC" A militancia. Iso case vén obrigado. Porque cando falas de memoria, agás que te enguedelles nas ramas da extrema placidez, tes que falar de militancia. Porque a única oposición que había ao franquismo era a da militancia do PC, era o partido que estaba organizado, por moito que houbese anarquistas ou comezasen os xermolos do nacionalismo organizado. É inevitable que saíse a militancia, claro que tamén se podía falar da outra militancia que existiu: a soterrada, a do exilio interior. É dicir, a que pertencía aos opositores ao estado das cousas, pero non militaban. Limitábanse a resistir nas súas ideas. E non era pouco dado o contexto. Por que a carreira espacial como fío condutor? Hai varias razóns. Unha, nun momento dado decateime de que a conquista do espazo xusto collía os anos sesenta. De abril do 61, con Gagarín, até xullo do 69, con Armstrong, xusto están os anos sesenta. Antes houbo certas cousas, os sputnik e despois tamén, coas viaxes á Lúa, pero os grandes fitos eran estes. Gagarin e Armstrong marcaban o comezo e o final dos sesenta. E despois, porque a min, cando vivín esas idades, interesoume moito a aventura espacial. Se cadra non con tanta paixón coma ao protagonista, pero si que me chamaba poderosamente a atención. Aínda me segue fascinando a día de hoxe. Non só as cuestións de conquista de espazo, senón todo o relacionado coa astronomía. Coido que a do espazo era unha boa trama á que aferrarse, á que lle dar unha continuidade e outorgarlle un paralelismo. Evidentemente, podería haber outras. "Gagarin e Armstrong marcaban o comezo e o final dos sesenta" No libro temos a historia entre o protagonista e... A ver, a descuberta do amor é parte do proceso de formación. E temos un amor contraditorio, de clases sociais diferentes, con familia de pensamento distinto... Si, é Romeo e Xulieta. É un amor complicado. A dualidade de represión e militancia entre as dúas familias. Claro, el ten constantemente mala conciencia. E non me estraña... Porque sabe que ela é filla dun xuíz represor. Non obstante, el continúa coa historia de amor. Ela, en cambio, pode ser máis despreocupada. Ela está afeita ao lado da represión, a estar ao lado do establecido. Non corre perigo, non sufrirá as consecuencias. Efectivamente, ela só ve a dimensión amorosa, sen máis. Pero si, o que comentaba é que o espertar amoroso na adolescencia... era fundamental. Supoño que agora seguirá sendo. É inevitable, supoño que si. "Que entrase a neveira, que entrase a lavadora... Iso era a hostia. De lavar a pía a poder lavar nunha lavadora? Eran uns avances coma os do espazo" No libro tamén atopamos moito da cultura popular... Sobre a cultura popular... Está presente o cine, as novelas de quiosco, están presentes os tebeos, a música e seguramente, no caso da música, moito menos do que debería. A ver, o libro podía ter máis contexto, un maior pano de fondo temporal, describindo máis polo miúdo aquela época. E non metín nada da televisión da época, que era algo que podía entrar... A tele, como electrodoméstico, si que aparece. Recolle vostede no libro a chegada dos electrodomésticos. Esa imaxe, moi icónica, representaba o comezo do progreso... Iso paréceme fundamental. Era consciente que había que reflectir iso, porque foi esencial para a liberación da muller, foi un paso extraordinario. Que entrase a neveira, que entrase a lavadora... Iso era a hostia. De lavar a pía a poder lavar nunha lavadora? Eran uns avances coma os do espazo. Ou máis importantes... Eu tiña este asunto máis detallado, pero son cousas que nas novelas, se as detallas moito, soan a lección. Quixen poñelo e que o lector soubese dese momento esencial sen necesidade de afondar demasiado. E a chegada dos electrodomésticos foi un proceso importante e queda claro no libro coa idea que defendía a nai de que a televisión non entraba na casa antes cós outros electrodomésticos. A figura da nai é outro paralelismo. En Non hai noite tan longa, o protagonista volve de Francia porque a súa nai morreu. En A viaxe de Gagarín, Miguel acompaña a súa nai nos derradeiros días da súa vida. Así arrinca a memoria en ambos os dous casos. Si, pois eu non pensara nisto. Un rompeu coa memoria, deixouse tentar pola xeración posterior a miña, que se deixou tentar polo becerro de ouro, por ter a casa máis grande, o mellor coche. Ese foi o executivo bancario, que só se preocupaba de subir. Pois estas cousas, a marcha da nai, póñeno de cara ao seu pasado e da súa memoria. Nos dous libros reflíctense procesos distintos que, por diferentes camiños, chegan á recuperación da memoria. O de Non hai noite tan longa sente que é urxente recuperar a memoria do pai, que foi acusado falsamente e o outro, o de A viaxe de Gagarin, considera que ha de recuperar unha xeración esquecida. Esa xeración que pelexou durante anos e acabaron saín do PC pola porta de atrás. Como digo eu nalgún momento, só mirarán a súa vida os curiosos da letra pequena. E punto. E eles deron a vida e arriscárona por cuestión da liberdade. "As novelas de formación son tamén moi bonitas e a min gústame a formación cando a historia é xeitosa" Martin Pawley publicou unha crítica, aseguraba que ás veces Fernández Paz caía no didactismo. Non sei se por deformación profesional ou literaria, despois de tantos anos escribindo para os rapaces. Supoño que é inevitable ese didactismo. Pero sempre deixas moitas cousas sen poñer, sobre todo nun caso coma este no que traballei tanto a documentación. É que lin moitos libros sobre o franquismo e sobre o TOP, sobre a Brigada Político Social, sobre o magma antifranquista. A intención que tes... Como a xente non sabe, agora ninguén se lembra do TOP e claro pois a tentación é poñer máis, moito máis. E ás veces, non o podes evitar. E ás veces non podes escapar. Eu creo que esas ansias as solucionei co blog. Ti viches unha serie de cousas e quérelas comunicar. A novela ten que contar o que conta e non pasarse. Pawley di que é a mellor novela de Fernández Paz Eu aí non digo nada. O que digo é que sempre que escribes a última novela, deixas algo de ti. Levas un ano longo escribindo e é normal que iso pase. Agora ben, dicir se é mellor ou peor... Se cadra non é ou é. Que sei eu... Mira, Non hai noite tan longa ten estrutura de thriller e talvez por iso é máis fácil de ler. Pero claro, as novelas de formación son tamén moi bonitas e a min gústame a formación cando a historia é xeitosa. Hai moitas novelas de formación e aos cativos tamén lles gustan. Que sexa mellor ou peor? Eu que sei! Para Pawley, si. Para min é a última e aínda estou metido no mundo dela. Segues nese mundo aínda. "Dunha novela, cando che leva tempo, é difícil saírse porque durante ese ano no que estiveches metida nela, ti podes estar comendo ou paseando, pero a cabeza está nese mundo" Onde vai o escritor cando remata a novela? Queda prendido moito tempo desa historia? Dunha novela, cando che leva tempo, é difícil saírse porque durante ese ano no que estiveches metida nela, ti podes estar comendo ou paseando, pero a cabeza está nese mundo. E estás, coma se dixeramos, a alerta, coma se puideses atopar algo que che puidese servir para a historia. Saír dese mundo é difícil. Tes que saír, porque non podes pasar a vida con eses personaxes. Pero é difícil, sobre todo cando son novelas afectivas, como son estas dúas. Teñen implicacións emocionais para min, para os da miña xeración. Con esta sigo estando moi próximo e aínda por riba estou co blog, que me segue a unir ao libro. Pero claro, hai cousas apaixonantes, cousas que descubrín moi atraentes, coma historia dos rapaces que o goberno de Euskadi mandou para Bélxica ou Francia durante a guerra. A última novela de Kirmen Uribe, que non é moi alá, baséase nesa historia, neses rapaces. "En todo o que escribes ou é moi impostado ou acabas metendo algo da túa realidade. E nestas dúas novelas hai moito de realidade" En O rastro que deixamos facíase un percorrido de memoria nos anos cincuenta, da infancia e eran memorias reais. E agora percórrese, a través da ficción, os anos sesenta. Vexo unha continuidade. Pois tampouco o tiña pensado. Pode ser, todo inflúe. Tes razón, pero eu os anos sesenta nos os pasei na Coruña, senón en Xixón. Apetecíame situar a historia na Coruña, unha cidade que non era naqueles anos de efervescencia, non é Ferrol, onde había máis mobilización nin Vigo. Os protagonistas acaban na Coruña, un lugar máis apracible onde pasar desapercibidos. Si, claro. Pode haber unha continuidade. A diferenza é que O rastro que deixamos é verdade, estoutro é ficción. Que che vou contar a ti, escribimos cos fíos da vida.. En todo o que escribes ou é moi impostado ou acabas metendo algo da túa realidade. E nestas dúas novelas hai moito de realidade. No sistema literario galego a distancia entre o autor e o lector é estreito, pode haber unha conexión máis próxima e iso tamén pode alimentar a pantasma do escritor. É dicir, que eses fíos da vida fagan confundir a ficción coa vida do autor. Si, ho, si. A min iso pasoume milleiros de veces. Hai xente á que lle custa entender que a cousa non funciona así. É moi habitual, a xente acaba crendo esa historia. Eu explícolles sempre aos rapaces os mecanismos da ficción, como transformamos a realidade e desmontámola doutro xeito, pero hai xente que non se decata. |
PRAZA_9390 | O ditame sinalou que o Goberno galego infrinxira "os dereitos fundamentais" ao vulnerar o artigo 20 da Constitución. A radio comunitaria seguirá a emitir e acusa o Executivo de gastar recursos públicos para tentar anular "unha sentenza expansiva dos dereitos da cidadanía" | O pasado 29 de outubro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixo pública unha sentenza que anulaba a resolución da Xunta que prohibía emitir en FM á emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM. O ditame do Tribunal Superior, que estimaba o recurso presentado pola Asociación Colectivo de Universitarios Activos (Cuac), era rotundo e subliñaba que a falta do necesario desenvolvemento normativo por parte do Goberno galego impedira a CUAC FM contar cunha licenza de emisión, un permiso que a radio non podía obter "dada a inactividade da Administración".A sentenza do Tribunal Superior ditaminou que a Xunta infrinxira "os dereitos fundamentais" ao vulnerar o artigo 20 da ConstituciónA sentenza, ditada unanimemente por catro maxistrados, sinalaba ademais que a Secretaría Xeral de Medios infrinxira "os dereitos fundamentais da persoa" ao vulnerar o artigo 20 da Constitución, que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión. O mesmo que apuntara a Fiscalía nun informe previo.Porén, a Xunta decidiu recorrer a sentenza do alto tribunal galego ante o Tribunal Supremo, un recurso de casación que lle foi comunicado a CUAC FM nos últimos días e que aínda debe ser aceptado polo Supremo. A emisora vén de facer público unha nota de prensa no que amosa a súa "preocupación" ante un recurso de casación "no que se intenta restrinxir, limitar e por en cuestión un dereito fundamental, tal e como recolle o artigo 20 da Constitución Española". CUAC non comprende "as motivacións para que unha administración empregue recursos públicos para anular unha sentenza expansiva dos dereitos fundamentais da cidadanía".No seu comunicado, CUAC FM destaca que "non comprende as motivacións para que unha administración empregue recursos públicos para anular unha sentenza expansiva dos dereitos fundamentais da cidadanía". A emisora sinala que a acción do Goberno galego "é de todo irracional", en canto a propia Xunta recoñeceu por escrito no seu día que CUAC "leva máis de 20 anos emitindo na frecuencia modulada de boa fe, sen ánimo de ocultación, e sen recibir advertencia algunha por parte da Administración, que non existen terceiros prexudicados e que carece de ánimo de lucro"."Tampouco comprendemos que beneficios para a cidadanía galega e coruñesa se derivarían da desaparición de CUAC FM do dial, que é o único efecto que este recurso ante o Tribunal Supremo podería chegar a acadar", din. E acusan o Goberno galego de "perseguir" non só a CUAC senón ao conxunto dos medios comunitarios, recoñecidos internacionalmente "coma unha ferramenta útil contra os discursos do odio, a posverdade e as fake news, favorecedora do diálogo intercultural e interxeneracional, e propiciadora de comunidades máis harmónicas e diversas". "Estase a atacar toda unha escala de valores e liberdades, recollidas nas declaracións internacionais de dereitos humanos e tamén na Constitución Española", conclúen.CUAC seguirá a emitir en FM, de acordo coa Garantía temporal de emisión que a sentenza do TSXG lle recoñeceuDe momento, á espera das decisións que adopte o Supremo, CUAC seguirá a emitir en FM, de acordo coa Garantía temporal de emisión que a sentenza do TSXG lle recoñeceu, vixente mentres a administración competente "non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantía temporal". E subliña que "Cuac FM non vai recuar" e que "nestes tempos nos que sopran ventos de involución predemocrática" aposta por "manter a nosa posición, garantindo o dereito a comunicar de todas as coruñesas e coruñeses a través da frecuencia modulada". |
NOS_19924 | "O único que necesitamos son vacinas; se as temos, farémolo rápido. Se non, fariámolo no curso lectivo", dixo Feixoo. | O Goberno galego desexaría vacinar fronte á Covid-19 os menores de 5 a 11 anos nas vindeiras vacacións do Nadal "de ser posíbel", sempre que se autorice e se protocolice no ámbito estatal, e se poda dotar das doses necesarias para poder afrontar o proceso. Así o trasladou o presidente galego, Núñez Feixoo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo, após ser preguntado pola recente decisión da Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés). En concreto, o Comité de Medicamentos de Uso Humano (CHMP, polas súas siglas en inglés) de EMA decidiu, nunha reunión extraordinaria celebrada esta quinta feira, dar o visto e prace á vacina de Pfizer contra a covid-19 en nenos de 5 a 11 anos. A dose será inferior á utilizada en persoas de 12 anos ou máis (10 ug fronte a 30 ug), e do mesmo xeito que no grupo de maior idade, adminístrase en dúas inxeccións nos músculos da parte superior do brazo, con tres semanas de diferenza. Feixoo defendeu que, como no resto de pasos relativos á vacinación, Galiza someterase á "recomendación dos expertos", trasladará a decisión da EMA aos propios sanitarios que asesoran á Administración galega no marco da pandemia e despois defenderá unha postura no ámbito da interterritorial estatal. O mandatario incidiu en que ao Goberno galego non lle colle por sorpresa a decisión da Axencia Europea do Medicamento e aludiu a que os menores sen inmunizar nesta franxa de idade por baixo dos 12 confirmáronse como "claros vectores de transmisión" ás súas familias e outros membros da súa contorna. Se a autorización da EMA "confírmase" e "pódese traducir" nunha decisión do Goberno ddo estado que se poida estender ás comunidades, Feixoo resaltou que "só se necesitan vacinas" xa que os viais que se necesitan para o proceso de inmunización dos menores son "distintos" aos dos maiores. E após introducir este condicionante, subliñou que a vontade da Xunta sería vacinar nas vacacións de Nadal os nenos sempre que haxa os viais necesarios. "O único que necesitamos son vacinas; se as temos, farémolo rápido. Se non, fariámolo no curso lectivo", engadiu, á espera de poder ter máis información nos próximos días. Por outra banda, Feixoo destacou este xoves o avance no proceso da inmunización en adultos e anticipou que a previsión do Executivo galego é que ao redor de medio millón de persoas integradas na colectivos diana reciban a dose de reforzo da vacina fronte á covid-19 antes de que finalice o ano. |
NOS_36701 | A cidade foi unha das primeiras nas que se instalou a marca, que agora xustifica a clausura na "falla de rendabilidade". O alcalde tratou de convencer Zara de que seguise. | Zara ten máis de 2.000 tendas distribuídas por todo o mundo. A marca é a punta de lanza de Inditex, que posúe 7.292 puntos de venda en 93 mercados nos diferentes continente. Mais Ferrol, una das primeiras cidades onde se instalou Zara, vai ficar sen esta firma, que este sábado bota o feche a tenda que ten na Rúa Real. Ferrol é a única das sete principais ciudades galegas que vai carecer dunha tenda desta marca. A rendabilidade é o alicerce da decisión do grupo Inditex, que a través do seu director xeral de Comunicacións e Relacións Institucionais informou o alcalde da decisión. "A rendabilidade da tenda non é suficiente para mantela aberta", segundo declaración que recolle Europa Press. O rexedor, Jorge Suárez, indicou que tratou de convencer a empresa de que non fechase e continuase en plena cidade, consciente de que a presenza ten un efeito positivo para "o comercio local" -ao exercer un efeito de tracción- e para a dinamización da zona. Co fechamento, os clientes de cidade e contorna terán que se desprazar a un centro comercial de Narón se queren ir a un Zara. Ë este un paso nun novo modelo de negocio con concentración de tendas en centros comerciais? O tempo dirao. Só nun ano, de finais de xaneiro de 2016 a xaneiro de 2017, Inditex abreu 65 novas tendas por todo o mundo. Unha expansión que ten o seu reverso no que vai pasar este sábado en Ferrol. |
NOS_41389 | As forzas independentistas e de progreso aumentan en intención do voto de cara ás eleccións do vindeiro ano en Catalunya, segundo se desprende da enquisa realizada por Gesop e difundida polo xornal El Periódico. | Segundo os seus datos, a forza maioritaria no Parlamento catalán, se as eleccións se levasen a cabo agora, sería ERC (Esquerra Republicana de Catalunya) con 22% de votos e 35 escanos e seguiría a esta formación, moi de preto, JxCat (Junts per Catalunya), con 19,4% das papeletas e 31 deputados e deputadas, ademais de ser a súa candidata, Laura Borrás, a mellor valorada polo electorado. A outra formación nacionalista, CUP (Candidatura d'Unitat Popular) recadaría 5% dos votos e sete escanos. Desta maneira, os partidos independentistas coparían 46,4% de votos de cataláns e catalás. O PSC (Partido Socialista de Catalunya) sería a terceira forza do Parlamento catalán, con 18,9% de votos e 27 escanos. Mentres que a formación Catalunya en Comú atinxiría 7,5% de papeletas e nove escanos, situándose cun máis que nas pasadas eleccións. Cae Ciudadanos e entra Vox no Parlamento As forzas políticas de dereitas, segundo a enquisa de Gesop, saen claramente derrotadas fronte aos partidos de progreso e independentistas e así, Ciudadanos e o seu candidato Carlos Carrizosa terían 10,6% de votos e 14 escanos, se as eleccións fosen agora, fronte aos 36 logrados nas pasadas eleccións. O Partido Popular tería 5,9% de votos e sete deputadas e deputados. Ademais, a formación de ultradereita, Vox, entraría no Parlamento catalán, onde aínda non ten representación, e faríao con 4,5% de votos e un total de cinco escanos. |
NOS_54220 | Integrantes da familia de Déborah Fernández cualificaron este feito como "gravísimo", e insistiron en que deben ser investigados. | Os peritos da empresa Lazarus Technology chamados a declarar esta quinta feira confirmaron que o disco duro do ordenador de Déborah Fernández, a rapaza asasinada en 2002 despois de de pasar varios días desaparecidas, foi manipulado. Nunha declaración por videoconferencia ante a xuíza de instrucción número 2 de Tui, ratificaron as conclusións achegadas no seu informe preliminar en relación ao estudo do disco duro da vítima mortal. O disco duro de Déborah foi manipulado após ser entregado á Policía Na súa comparecencia, os expertos reiteraron que o disco duro foi manipulado por alguén con coñecementos avanzados e que se borraron arquivos da internet, correos electrónicos e mensaxes da aplicación Messenger, ademais de manipularse gran cantidade doutro tipo de arquivos. Así mesmo, ratificaron "sen ningunha dúbida" que dita manipulación produciuse nalgún momento despois de que o dispositivo fose recollido pola Policía, en 2006. A familia pide investigalo Integrantes da familia de Déborah Fernández cualificaron este feito como "gravísimo", e insistiron en que deben ser investigados. Os familiares teñen esperanza de que a xuíza de instrución acorde a apertura dunha peza separada para determinar se se cometeu algún delito con respecto á custodia e eventual manipulación do dispositivo electrónico. O ex mozo de Déborah Fernández defende a súa inocencia, mais incorre en "novas contradicións" De feito, os seus letrados xa solicitaron que se librase oficio á Dirección Xeral da Policía para que certifique a cadea de custodia do disco duro desde o momento en que foi recollido e as persoas que tiveron acceso ao mesmo. Igualmente, pediron que se solicite a mesma información da Garda Civil, que tivo nas súas dependencias o dispositivo, e do propio xulgado. Tamén pediron que se remita o informe á Fiscalía de Pontevedra. |
NOS_14118 | Ademais de imputar a Fernández de Sousa, o xuíz Ruiz inclúe tamén no caso a Alfonso Paz-Andrade, empresario galeguista, anterior conselleiro delegado e con grande peso en fundacións e entidades culturais, entre elas, a Castelao, Luis Seoane ou Consello da Cultura Galega. | Fernández de Sousa non está só nas imputacións que o xuíz Ruz sinala para esixir responsabilidades no caso Pescanova. Canda el, Pérez-Nievas, José Alberto Barreras e Alfonso Paz-Andrade aparecen tamén na listaxe de imputados do maxistrado. Paz-Andrade terá que comparecer diante da Audiencia Nacional canda de Sousa e polos mesmos delitos que o presidente do Consello de Administración, acusado de "defraudación". O maxistrado responde así ás recomendacións emanadas do informe da Fiscalía e dos datos da Comisión Nacional do Mercado de Valores, que o propio Paz-Andrade tiña criticado por alarmista desde a revista que dirixe Industrias Pesqueiras. Alfonso Paz Andrade foi conselleiro delegado durante 33 anos do grupo Pescanova até que abandonou o posto en 2007. O pasado mes de marzo, Faro de Vigo publicaba que viña de desprenderse de 120.000 accións por un total de 2 millóns de euros, cifra que se sumaría aos 3 millóns de euros que tería recibido pola venda doutro paquete de 233.188 títulos de accións no mes de agosto de 2012. Despois de se descubrir o burato de Pescanova, a revista Industrias Pesqueras, dirixida por Paz Andrade, publicaba dous editoriais nos que reclamaba un "pacto global" de todos os actores implicados para salvar Pescanova. Criticaba tamén a actitude "tibia e des comprometida" da Xunta e o goberno central. Paz Andrade, man dereita de de Sousa no seu momento co que compartiu consello de administración, chamaba a un pacto global e sinalaba que non é este o momento de buscar culpábeis. "Os erros, en maior ou menor magnitude, proceden de mais de un bando" dicia, para pasar a afirmar que "non é momento de buscar responsábeis". Destacaba a dimensión e gravidade da situación económica que provocaba a crise de Pescanova e lamentaba que "as autoridades nacionais e autonómicas cunha actitude tibia e descomprometida, se alonxen da esencia dun problema económico de máxima magnitude", para o que citaba concretamente a parálise da conselleira Rosa Quintana. En Fundacións e entidades da Cultura Fillo do intelectual nacionalista Valentín Paz-Andrade a quen o pasado ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas, Alfonso é director da revista Industrias Pesqueras, publicación referencia no sector e presidente do Comité Executivo de World Fishing Exhibition. Foi durante 33 anos conselleiro delegado de Pescanova e membro do Consello da Asociación de Sociedades Pesqueiras Españolas e presidente da Asociación Nacional de Armadores Españoles de Sociedades Conxuntas ademais de Vicepresidente da Mutua Galega e vocal do Consorcio Zona Franca de Vigo. A súa é tamén unha presenza constante dentro das fundacións de carácter cultural na Galiza e, desta maneira, forma parte da directiva da Fundación Castelao e é patrono da Fundación Neira Vilas e da Luis Seoane ademais de membro do Consello da Cultura Galega. Formou tamén parte padroado da Fundación Caixa Galiza e foi vicepresidente do Consello de Administración de NovaCaixaGalicia. Paz-Andrade partillou tamén das empresas de Jacinto Rei no grupo San José e, entre outros, ocupou o cargo de presidente do Consello de Administración do Xornal de Galicia en febreiro de 2011. |
PRAZA_10581 | O documental 'As mulleres co mundo na cabeza', dirixido por Encarna Otero no marco dun proxecto de arquivo máis amplo impulsado polo Consello da Cultura Galega, estréase en Carnota en homenaxe ás portadoras que atravesaban o monte Pindo | O documental 'As mulleres co mundo na cabeza', dirixido por Encarna Otero no marco dun proxecto de arquivo máis amplo impulsado polo Consello da Cultura Galega, estréase en Carnota en homenaxe ás portadoras que atravesaban o monte Pindo"Hai dúas imaxes que serven de inspiración para o documental As mulleres co mundo na cabeza. Unha delas é a mítica fotografía que Ruth Matilda Anderson tomou no Pindo onde se ve unha muller cunha cesta na cabeza transportando produtos e outra é unha cerámica de Sargadelos deseñada por Isaac Díaz Pardo". Así explica o Consello da Cultura Galega (CCG) o contido simbólico do documental dirixido por Encarna Otero que este martes, ás 19.00 horas, se presenta na Casa do Concello de Carnota.As mulleres co mundo na cabeza e produto dunha das áreas de traballo da Comisión de Igualdade do CCG. Unha historia tecida cos testemuños de Olimpia Oreiro, Marisa Vázquez e Marisa Beiro Rodríguez, tres veciñas da zona, que reconstrúen a súa vida e serven de fío condutor para evocar a "todas esas mulleres que durante anos levaban o seu mundo na cabeza, tanto física como metaforicamente". "Con eses cestos dirixíanse a Muros ou ao Ézaro con repolos, queixo e outros produtos para logo vendelos como sustento das súas familias", sinala o CCG.O proxecto pretende rexistrar "as vidas de mulleres que non deixan ningunha pegada nos rexistros oficiais e son moi importantes para entender o relato da Galicia actual"O documental é o material editado para a súa proxección dun traballo de arquivo máis amplo que naceu, salienta o Consello, para rexistrar "as vidas de mulleres que non deixan ningunha pegada nos rexistros oficiais e son moi importantes para entender o relato da Galicia actual". Ese proxecto, "Memorias de vida en vivo", está a ser desenvolvido polo grupo de traballo Imaxes e Voces, integrado por Encarna Otero, Beatriz Pérez, Teresa Navarro e Gema Zunzunegui. O documental que se presenta este martes en Carnota é a segunda achega, que se suma á iniciativa promovida en 2014 cando se recolleu o testemuño das mulleres que vivían arredor da mina de volframio de Fontao, en Vila de Cruces. |
PRAZA_17793 | A pesar de que existía unha investigación xudicial en marcha, a maioría das persoas que conformaron o corpo electoral do recente Congreso do PP apoiaron a súa elección como presidente do partido | Nos primeiros meses do ano 2011 dimitiu como ministro de Defensa no goberno de A. Merkel, Theodor Zu Guttenberg, como consecuencia dunha información xornalística na que se revelaba que copiara unha parte da súa tese de doutoramento. Tratábase dun político novo -39 anos- cun elevado índice de popularidade -70%- que lle proporcionaba un futuro moi prometedor no partido conservador alemán. Un ano máis tarde, a responsábel de Educación no executivo de Merkel, Annette Schavan, tivo que deixar o seu posto polo mesmo motivo:unha denuncia pública de plaxio nos seus traballos académicos. En ambos casos non houbo intervención xudicial previa que provocase semellantes abandonos. O contraste con Pablo Casado é moi significativo. A pesar de que existía unha investigación xudicial en marcha, a maioría das persoas que conformaron o corpo electoral do recente Congreso do PP apoiaron a súa elección como presidente do partido. Agora, unha vez que a xuíza encargada das indagacións ve indicios de comisión de delitos -prevaricación e suborno impropio- e decide trasladar o expediente ao Tribunal Supremo como consecuencia do sistema de aforamento que rexe nos procedementos xudiciais españois, o afectado proclama que non pensa dimitir aínda que resulte finalmente imputado polo alto tribunal. Casado anunciou que, co seu triunfo, "volvía o PP". Se a recuperación duns presuntos sinais de identidade perdidos explica a radicalización da retórica no tema migratorio ou na política penitenciaria cos presos de ETA, no caso da corrupción semella que a vida segue igual na rúa Génova. A lóxica é a de sempre, a dos mellores anos do marianismo: só cabe considerar a dimisión se hai unha sentenza xudicial condenatoria. É verdade que houbo algunhas excepcións espectaculares: Cifuentes abandonou polo vídeo das cremas roubadas nun hipermercado que alguén filtrou no momento oportuno. O novo presidente do partido de Fraga, Aznar e Rajoy quixo adornar a súa negativa para contemplar a dimisión afirmando que a única ética que el considera é a que aparece no corpo legal vixente. Con este postulado filosófico non tería nada que facer na forza irmá que goberna dende hai anos en Alemaña. Alí xa estaría de regreso na "vida civil", sen necesidade de que unha autoridade xudicial promovese unha causa contra el. En realidade, xa non competiría para liderar unha organización que proclama querer limpar a política de calquera pegada ou sospeita de corrupción. Sen pretendelo expresamente, Casado vai ser o "test de estrés" para medir a independencia realmente existente no Tribunal Supremo e para coñecer a capacidade rexenerativa do PP. Publicidade |
NOS_58322 | A CIG organiza un acto de conmemoración daquela revolta con representantes de sindicatos arxentinos e chilenos. | A CIG vai realizar esta quinta feira, 7 de outubro, un acto de conmemoración do centenario das loitas obreiras da Patagonia Rebelde e unha lembranza do que foi o seu líder, Antonio Soto, coñecido na Arxentina como "Gallego Soto". Ás 17:00 horas farase unha ofrenda floral na casa natal de Soto (situada na rúa Pardo Baixo, nº18) e ás 18:00 horas haberá unha conferencia-coloquio no Teatro Jofre de Ferrol. Neste acto intervirán o secretario xeral da CIG, Paulo Carril; o responsábel de Relacións Internacionais da CIG, Xosé Lois Rivera Jácome; Eduardo Estévez en representación da CTA-A de Arxentina; e Bárbara Figueroa, en representación da CUT-Chile. Antonio Soto Canalejo (nado en Ferrol en 1987) foi o secretario xeral da Sociedade Obreira de Río Gallegos, sindicato que en 1920 convocou a folga xeral que daría inicio á loita obreira coñecida como Patagonia rebelde, que tivo o seu punto álxido no segundo semestre de 1921 cando os obreiros rurais en folga tomaron numerosas estancias en reposta ao incumprimento por parte da patronal do acordo laboral asinado meses antes. Gallego Soto tivo que fuxir a Chile para escapar da durísima represión que o goberno arxentino levou a cabo contra os obreiros e folguistas, calculándose que foron fusilados ou asasinados uns 1500 traballadores durante todo o conflito. Este acto enmárcase nos actos organizados pola CIG arredor do VIII Congreso Confederal que terá lugar este sábado, día 9 de outubro, en Santiago de Compostela. |
NOS_7002 | A entidade relixiosa ocuparase dun centro en Burela cun orzamento de 104.504,75 euros, exentos de IVE | Hijas del Divino Celo-Rogacionistas é o nome da entidade privada que resultou adxudicataria do servizo de atención a oito moz@s tutelad@s pola Xunta de Galiza no centro de San Aníbal, en Burela. O orzamento final que recibirá será de 104.504,75 euros, exentos de IVE. Así o publica esta quinta feira o Diario Oficial da Galiza --DOG--, nuns días nos que as novas que chegan desde o eido do ensino público fan referencia ao desmantelamento deste dereito, co peche de centros públicos, de Preescolar na Casa, a eliminación de prazas de profesorado, o reagrupamento de alumnado e a volta ás escolas unitarias do franquismo. Desde CIG-Administración denuncian que esta decisión "non é unha cuestión orzamentaria, senón un concepto diferente de como deben ser prestados estes servizos", levándoos ao eido do asistencialismo, alén do "negocio" que entenden que a Xunta ve nos dereitos básicos de educación e sanidade. |
NOS_36959 | Galvarino, de 13.000 habitantes, é o primeiro municipio chileno que asume o mapudungún como idioma oficial. O goberno central recoñece ao concello o dereito a usar a lingua mapuche. | Galvarino é o primeiro dos máis de 340 concellos chilenos onde o mapudungún (idioma mapuche) é oficial. Este municipio de 13.000 habitantes (70% mapuches) e que recibe o seu nome dun guerreiro mapuche do século XVI, poderá por fin empregar publica e oficialmente o mapudungun, un idioma que fala un terzo dos seus habitantes. O goberno local oficializara en agosto de 2013 este idioma, mais existía un dictame da Control Xeral de Chile (controla a legalidade das decisións da administración pública) sobre se esa decisión era ou non procedente. Finalmente, o Estado español recoñece que as autoridades locais son competentes para declarar o mapudungun idioma oficial. Iso si, sinalan, que iso non 'limite' o español. Rodrigo Marilaf, antropólogo e responsábel do programa de lingua mapuche de Galvarino, avoga porque esa decisión se traduza "pronto en políticas públicas de revitalización lingüística". |
NOS_617 | Alcalde de Pontevedra dende 1999, é a cara visible dun modelo de cidade recoñecido alén das nosas fronteiras. Entrevistámolo para o A Fondo desta semana. | -A cidade premiada no mundo é a que imaxinaba cando chegou a alcaldía hai quince anos? - Tiñamos moi traballado o que queriamos para a cidade. Sabiamos que Pontevedra era un "diamante en bruto" con moitísimas posibilidades. Acórdome ben de cales eran as nosas ideas: partir do que somos, non temos que ser o que non somos; poñer en valor o noso; incorporar cuestións que se estaban facendo polo mundo pero cos pés postos no noso. E fixemos o que tiñamos que facer: primeiro recuperar o casco histórico, como activo é o atractivo máis importante; segundo ocuparnos do río Lérez, a cuestión do saneamento e facer todas as actuacións urbanas para vivir de cara ao río, recuperar os espazos naturais e facer de Pontevedra unha cidade para as persoas. -Como definiría a día de hoxe a cidade de Pontevedra? -Pontevedra para min é unha "xoia". É de tamaño humano, tan acolledora, tan receptiva, agradábel... É unha xoia dende o punto de vista da cohesión social, da convivencia… Iso por un lado, e por outro hai moito feito pero quedan moitas cousas por facer. -Cales son esas cousas que quedan por facer? - Temos que ampliar os estándares de calidade urbanos que xa están en boa parte da cidade, a todos os barrios e as parroquias. Tamén está pendente o do tratamento do lixo, a recuperación da materia orgánica coa futura planta de compostaxe e a súa utilización para recuperar os espazos naturais, os nosos montes, o solo rústico e agrario, a terra. Algo avanzamos despois dos incendios do 2006 co programa Monte Vivo. "Todas as cidades están posicionándose, e nós facémolo cunha cidade amable, atractiva, apetecible para pasear, para vivir, para criar fillos, para celebrar eventos congresuais, deportivos, culturais…" -Ao largo destes quince anos de transformación, onde estiveron os principais obstáculos? -Eu creo que houbo unha colaboración maioritaria da cidadanía ben axiña, se non non sería posible levar adiante a transformación: axudaron os funcionarios, persoas que tiñan unha concepción do mundo avanzado e a sociedade pontevedresa que fixo seu o modelo proposto. A oposición veu sobre todo dos políticos e de xente que cría que ía a perder privilexios. Segue habendo uns irredutibles pero non podemos estar gobernando para sectores minoritarios, individualistas e que só miran o seu. -Onde está a clave do éxito do modelo de cidade? -A clave do éxito está na percepción de mellora que significa para a grande maioría dos cidadáns vivir nunha cidade como Pontevedra. Son cada vez máis conscientes de que están vivindo nunha cidade de alta calidade urbana, apetecible, unha cidade que ten futuro. A día de hoxe é a única que segue medrando en Galicia, segue con saldo vexetativo positivo a pesar de que se marchou moita xente, que a situación económica está fastidiada, que, como noutras partes, non hai traballo… pero a vantaxe comparativa lla dá o modelo de cidade. Se eu podo decidir onde vivir, pois eu vivo en Pontevedra. - Se votamos a mirada atrás, nestes quince anos houbo algunha cousa que non puido saír adiante, que quedou no camiño? -Un exemplo: o mercado. Tiña que ter sido un elemento de dinamización e non puido ser. O mercado é un gran centro comercial urbano, renovado, con aparcamento ao lado… pero non foi posible sacarlle a máxima rendibilidade. Aquí cambiamos o continente pero non fomos quen de cambiar o contido, a mentalidade, fracasou o intento de darlle unha volta a ese activo pero coa corresponsabilidade de todos os implicados. Máis o gran tem a pendente é o saneamento da ría e o traslado de Ence. Falta lealdade institucional e colaboración doutras administracións como a Xunta nestas cuestión. -Pensa que os recoñecementos á cidade pode mudar a relación coas administracións non colaboradoras? -Estes recoñecementos son un activo impo rtante cara ao futuro, significan un posicionamento da cidade, da marca Pontevedra, que nos traerá moito retorno. Todas as cidades están posicionándose, e nós facémolo cunha cidade amable, atractiva, apetecible para pasear e para vivir, para criar fillos, para celebrar eventos congresuais, deportivos, culturais… -É a nosa cidade un modelo exportable? -Cidades pequenas e medianas poderán inspirarse en Pontevedra pero terán que adaptarse ao seu. O Premio ONU-Habitat é porque é exportable. Hai un problema gravísimo co tráfico, coa contaminación dos ríos, as emisións de CO2 dos coches, o ruído… Nós temos estes máis ou menos resoltos. Tamén está o tema da seguridade viaria, da convivencia de peóns, ciclistas e coches, … Non é asumible vivir nunha cidade cun número importante de mortos, feridos e danos polo tráfico, nunha cidade agresiva, non saudábel. A nosa é unha cidade cohesionada, nós avanzamos moito nesta liña. |
PRAZA_14232 | A empresa galega comeza a ofrecer este servizo só unha semana despois do seu lanzamento oficial en todo o mundo. Dinahosting foi elixida por Microsoft como "mellor empresa hoster" do pasado ano 2011 | A empresa galega Dinahosting convértese na primeira compañia en España en ofrcer servidores baixo Windows Server 2012, apenas unha semana despois do lanzamento deste servizo en todo o mundo. En palabras de Carlos Suárez, director técnico de Dinahosting: "o noso obxectivo é continuarmos a levar a iniciativa en canto a desenvolvemento propio e liderando as solucións 100% nativas baixo plataformas Windows: xa o fixemos no seu momento sendo os primeiros en ofrecer SLQ Server 2012 e volvémolo a facer agora con Windows Server 2012". Dinahosting foi elixida por Microsoft como mellor empresa hoster do pasado ano 2011. Dinahosting foi elixida por Microsoft como mellor empresa hoster do pasado ano 2011 Dinahosting mantén como o seu principal selo de identidade apostar decididamente por un equipo de desenvolvemento propio e dedicado para plataformas Windows. "Mantemos a nosa idea fundacional de desenvolver solucións propias que nos permitan garantir a quen contratan os nosos servizos os estándares de calidade e exclusividade que demandan", sostén Carlos Suárez. Trátase da maior empresa independente do sector de rexistro de nomes de dominio e solucións integrais de aloxamento web en España: hosting, VPS, Servidores Dedicados e Cloud Hosting. Manexa un volume de negocio de 8 millóns de Euros e xestiona unha carteira de máis de 70 mil clientes ao final de 2011 |
PRAZA_2602 | ENTREVISTA O exdeputado do PSdeG e antigo militante de Esquerda Galega lembra a ledicia coa que recibiu a nova da morte do ditador e tamén as "precaucións" que seguiu adoptando a militancia antifranquista, unha "minoría" na sociedade. Tras o falecemento de Franco "o terror a unha nova guerra foi determinante para chegar a acordos", analiza. | O exdeputado do PSdeG Francisco Cerviño (Pontevedra, 1945), Tuco Cerviño, garda "unha imaxe inesquecible" do 20 de novembro de 1975. Na cafetaría do hospital da Coruña, onde traballaba como médico, viu chegar un compañeiro, "un radiólogo, Ignacio Moreno, un home de esquerdas ligado a Comisións Obreiras", amosando "un enorme sorriso". Era a constatación de que non ía haber máis partes do 'equipo médico habitual' que acompañaron a agonía do ditador. Como fillo de represaliado viviu o antifranquismo "dende pequeno" e, integrado nas filas de Esquerda Galega percorreu a Transición "con esperanza", aínda que fose "imperfecta" e facéndolle fronte, tamén aos medos que pervivían á militancia política. Como lembra aquel 20-N? Máis ledicia ou máis medo? Na ditadura pasábase medo en momentos concretos, polo menos na etapa da que eu son consciente. Eu nacín ao final das etapas máis duras; cando Franco se decata que Alemaña vai perder a guerra, a ditadura abranda relativamente e deixa de asasinar masivamente, faino máis selecitvamente. Eu nunca tiven esas sensación de medo, quizais porque nacín nunha familia que perdeu aguerra, se cadra tiña anticorpos. Esas semanas o que estabamos desexando era que morrese dunha vez. A partir de aí abríase unha esperanza para a que, é verdade, fora determinante previamente o asasinato de Carrero Blanco. Se o almirante Carrero non fose voado, a Transición á democracia sería moito máis dura, porque el era un home duro. Arias Navarro era un tipo máis brando, a extrema dereita chamáballe "mantequilla". Porque nese momento, vostede xa estaba a militar na clandestinidade... "No hospital da Coruña había unha área de coidados intensivos baleira e con Policía dentro por se tiña que ingresar Franco" Produciuse un cambio da loita clandestina, pero con moitas precaucións: Aínda no verán de 1975 a Policía mata a Reboiras en Ferrol. Franco viñera á Coruña e o hospital estaba preparado para recibilo, cunha área de coidados intensivos baleira e con policía dentro permanentemente por se ten que ingresar. Ese verán foi moi duro na Coruña e iso si daba medo. Eu comezara a militancia contra o franquismo con 19 ou 20 anos, na universidade, e non parei nunca. Pero tiven bastante sorte, só fun detido tres veces e moi brevemente, nunca estiven na cadea aínda que a Policía tiña unha ficha miña que era moi dura, pero falsa. Estaba mal informada [ri]. Tamén é certo que a represión contra o estudantado era un grao máis baixa que contra a loita obreira. Aínda que, vindo dunha familia republicana, represaliada, supoño que non cumpriría militar para estar "metido en política", por así dicilo. Nunca fun adoutrinado, pero o antifranquismo penetraba polos poros da miña casa. Nós sabíamos que eramos fillos dun rojo, como se dicía daquela: Meu pai, cando ao final do parte de Radio Nacional chegaba aquilo de "gloriosos caídos por Dios y por España, viva Franco, presente", meu pai baixaba o volume e volvía prendelo cando volvía Radio Pontevedra. E meus irmáns e mais eu facíamos o mesmo sen saber moi ben por que con 9 ou 10 anos. A respecto dese relativo abrandamento nos anos finais da ditadura... Acomodouse parte da sociedade a esa situación? "Os antifranquistas éramos unha minoría e a ditadura foi afrouxando, pero acabou fusilando" O franquismo social era moi amplo por varias razóns. Franco mata a centos de miles de persoas, unha represión sistemática contra a esquerda. [Paul] Preston na súa biografía de Franco di que decide eliminar sistematicamente á esquerda e ao nacionalismo, o que el chamaba 'anti España'. Asasinan milleiros de persoas, decenas de miles de persoas, prodúcese un exilio masivo... E aquí só queda unha oposición moi reducida, controlada e perseguida e mais, como moito, xente neutral e franquista. A partir dos anos 60 a situación económica mellora e aparece unha clase media bastante ampla, certos avances sociais do réxime como os hospitais... E iso explica o mantemento da ditadura. Os antifranquistas éramos unha minoría, aínda que fose cada vez máis ampla a partir dos 60. A ditadura vai afrouxando, pero acaba fusilando. Pensas que aínda arrastramos desa ditadura o desdén contra a política? Mesmo no Parlamento se utiliza como pexorativo... "vostede vén aquí para politizar". A política está desprestixiada, en moitas cousas con razón, e a iso engádese a cuestión da ditadura. Pero eu creo que tamén é importante o fondo río anarquista que percorre España. O antiestatalismo, o Estado como opresor, é unha corrente moi hispánica, un río profundo contra a autoridade, contra o Estado, independentemente da ideoloxía da xente. Isto é algo caricaturesco, pero creo que a antipolítica ten máis que ver con ese fondo río anarquista que coa ditadura, aínda que a ditadura producise medo na xente a facer política. A xeración da miña nai, por exemplo, lembra que, cando estoura a guerra, o arquivo do Partido Galeguista cae enteiro nas mans da Policía e permítelle sancionar mesmo a militantes de base. Por iso as nais e pais, aínda que fosen antifranquistas, tiñan moito medo. E iso condiciona a Transición. O que máis deixou o franquismo foi medo á política. As organizacións políticas nas que vostede estaba implicado atopábanse na periferia dos acordos da Transición. Como a analizábades? "O terror a unha nova guerra foi determinante para chegar a acordos na Transición" A Transición foi imperfecta, seguro, e nela unha das cousas que máis funcionou é a memoria da guerra civil; o terror a unha nova guerra foi determinante para chegar a acordos. Eu daquela participaba en Esquerda Galega, que foi unha gran oportunidade perdida por este país, igual que Unidade Galega ou o Goberno bipartito. Esquerda Galega era un partido pragmático; non era claramente independentista como puido ser o Bloque. E coa Constitución pediamos o voto en branco por como trataba a cuestión da articulación territorial do Estado, pero valorábamos moi positivamente o desenvolvemento do capítulo I, das liberdades individuais. Tiñamos unha posición de aproveitar as posibilidades que a democracia daba para transformar o país e participar con lealdade no xogo democŕaitco. Corenta anos despois, un partido que se presenta como novo, Ciudadanos, di que disto pouco hai máis que falar e, moito menos, que retirar placas ou bustos de Franco. Que lle parece? "Ciudadanos manifesta que está emparentado cunha dereita incapaz de enfrontarse directamente á pantasma do franquismo" Estou completamente en desacordo, por dúas razóns, unha de fondo e outra legal. A razón de fondo: as feridas non curan se non se evacúa o pus e aquí segue habendo pus. Mentres siga habendo cadáveres nas foxas iso non pode curar de todo, as feridas non cicatrizan. Os mortos son mortos, pero os mortos do franquismo, os asasinados polo meu bando, que os houbo, foron honrados, están nas paredes das igrexas, hai monumentos, cruces... E moitos dos outros mortos seguen enterrados nas cunetas. Iso non pode ser. E tamén hai unha razón legal, que é a Lei de Memoria Histórica do Goberno de Zapatero. E a lei está para ser cumprida. Esa é unha posición de Ciudadanos que pon de manifesto a procedencia de Ciudadanos, emparentado claramente co PP, cunha dereita incapaz de enfrontarse directamente á pantasma do franquismo. Os restos que glorifican o ditador hai que eliminalos. Neste contexto coméntase reiteradamente que vivimos unha nova Transición. Obsérvao así? Que papel cre que debe xogar nela o PSOE? Isto da nova transición sempre se di, xa o dicía Aznar. Pero creo que hai unha situación nova que ten a crise como espoleta e fai que a Constitución teña que ser modificada. Eu non son partidario de facer novas constitucións, paréceme un argumento moi feble iso de que esta xeración non votou esta Constitución, tampouco os estadounidenses votaron a súa, pero modificárona en moitas ocasións. Emendemos a Constitución, non a sacralicemos, pero teñamos en conta que, con todos os seus problemas, posibilitou o período de máis prosperidade, progreso e paz dende os romanos. Podemos falar dun antes e un despois da actual sitaución en Catalunya e do 15M e hai que tomar nota. O papel do PSOE? É un partido fundamental na historia de España, dende o seu nacemento a finais do XIX, para ben e para mal, con luces e sombras como todas as grandes organizacións. Eu creo que ten que xogar un papel de sensatez no ámbito territorial, aínda que non sexa doado, e de recuperación e consolidación do Estado de Benestar, que é unha creación fundamentalmente socialdemócrata. |
NOS_40820 | A inexistencia de partidas comprometidas a este fin dificulta a aplicación de programas e medidas contra esta especie exótica invasora que nestes 5 anos colonizou 70% do territorio galego. Outras comunidades afectadas por este problema, como Asturies e Cantabria, si que teñen orzamentos específicos. | O goberno galego non dispuxo un orzamento específico para combater un dos problemas máis importantes aos que fai fronte o agro galego, a vespa velutina, unha especie exótica invasora que nestes 5 anos colonizou 70% do territorio de Galiza. Outros territorios afectados por esta mesma problemática, como Asturies e Cantabria, si que teñen orzamentos destinados a tal fin. Asturies dedicará medio millón de euros a loitar contra a velutina e Cantabria destinará 24 millóns de euros para xestión do plumero e máis da Vespa velutina nos vindeiros dez anos, sendo a partida prevista para 2018 de 300.000 euros. "A inexistencia dun orzamento específico fai imposible a aplicación das ferramentas de xestión contra a Vespa velutina e que a propia Xunta ten plasmadas nos seus documentos de xestión ("Protocolo de xestión fronte a avespa asiática" Xullo 2016). Sen diñeiro non se pode loitar contra a invasión", argumentan desde a plataforma Stop Velutina-Galiza.. Iniciativa parlamentar Stop Velutina rexistrou esta semana unha iniciativa no Parlamento de Galiza para que na Cámara se dea un debate sobre este problema, para alén de que se inste o goberno a adoptar as medidas necesarias. A plataforma estivo apoiada por representantes dos grupos de oposición. Unha das reivindicacións principáis das PNL presentadas é a realización, por parte da Xunta, dun trampeo masivo de primavera que permita capturar futuras raíñas fundadoras e evitar así a aparición dos enormes niños secundarios no verán. Xunto ó trampeo, a Plataforma esixe á Xunta o asino de convenios de colaboración coas universidades galegas a fin de continuar coa investigación. Igualmente, solicitan ao goberno galego que deseñe e convoque un sistema de axudas directas que permita facer fronte ós gastos que ocasiona esta especie nas colmeas e frutais. |
PRAZA_20704 | O cineasta acompaña durante quince días os bombeiros que loitan contra o lume nos montes de Ourense para documentar a súa nova película, 'Aquilo que arde', que conta a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares | Hai sete anos, o cineasta Oliver Laxe conseguiu un fito para o cinema galego: un premio no festival de Cannes. Fora coa súa opera prima, Todos vós sodes capitáns. En 2016 repetiu ao volver gañar en Cannes, mais coa súa segunda longametraxe, Mimosas. Daquela, o director e guionista nado en París e criado na Coruña avanzara novos proxectos, como un filme sobre os incendios en Galicia. Aínda en proceso de documentación, o cineasta está a acompañar as brigadas ade bombeiros da provincia de Ourense para "coñecer de primeira man os incendios forestais, as súas causas e o proceso de extinción". Laxe e o seu equipo pasarán quince días con brigadistas antiincendios de Ourense para "coñecer de primeira man" o luem, as causas e a extinción Laxe e o seu equipo pasarán quince días cos traballadores do Distrito XII Miño - A Arnoia, tal e como informa a súa produtora, e rodará en 16 mm imaxes a pé dos incendios que "servirán como material de referencia" e que poderían formar parte da montaxe final do filme, que incluirá unha parte documental que mostrará lume forestal real e que conta a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares. A longametraxe, Aquilo que arde, será a terceira película do cineasta galego e a primeira rodada en Galicia. A rodaxe oficial do filme levarase a cabo nos primeiros meses do vindeiro ano 2018 e dividirase en tres fases, xa que Oliver Laxe "busca retratar a paisaxe galega nas diferetnes estacións e que os estados da natureza se reflican nas imaxes". 'Aquilo que arde', o terceiro filme do cineasta, gravarase en 2018 e conta a historia dun pirómano que vive nas montañas dos Ancares Xa a principios deste 2017, Oliver Laxe organizou un cásting en Navia de Suarna para atopar actores e actrices non profesionais para interpretar os papeis principais do filme: un pirómano que acaba de saír da cadea e a súa nai. "Quero capturar o misterio de Galicia", dixera daquela. Aquilo que arde é unha iniciativa do Máster en Documental de Creación da Universitat Pompeu Fabra e conta co apoio económico de Agadic, TVG e a Deputación de Lugo a través da Fundación TIC. Ademais, segundo a produtora, o achegamento aos incendios foi posible grazas á colaboración da Dirección Xeral de Ordenación Forestal e dos responsables do Servizo de Prevencióne Defensa Contra os Incendios Forestais (Spdcif) de Ourense, do Distrito XII e do Grupo Tragsa. |
NOS_24985 | Herminia Rodríguez-Borrell Feixóo, muller mítica da aristocracia coruñesa, con festa de maioría de idade no Pazo de Meirás sob patrocinio de Pardo Bazán. Seica foi un tanto rebelde e a xente non parou de falar dela. | "Por unha de Camariñasvivo no mundo, vivo penando" Seguramente Nubar Gulbenkian nunca pasou por Camariñas, nen cantando nen vendo lavar no río as camariñás. Mais non puido fuxir da cuarta estrofe desta canción e moito menos da muller que aparece no retrato pintado por Elena Olmos Mesa e que podemos ver no museo de Belas Artes da Coruña. Ela é Herminia Rodríguez-Borrell Feixóo, nada en Camariñas en 1897 no seo dunha familia que fixera fortuna en Cuba. Muller mítica da aristocracia coruñesa, con festa de maioría de idade no Pazo de Meirás sob patrocinio de Pardo Bazán, e seica un tanto rebelde, a xente non parou de falar dela. Foi a primeira muller en fumar en público, en montar en bicicleta, en casar polo civil, ter carné de conducir ou comprar moto. En 1919 estaba en Londres estudando inglés. E a xente comezou a dicer que andaba atrás dela un rei mouro. Era o magnate armenio Nubar Gulbenkian, fillo do filántropo Calouste Gulbenkian, co que casou, coa oposición das dúas familias, en 1922 para se divorciar uns anos despois, en 1928. Retornou á Coruña e pasou a viver no pazo de Sigrás. Comprou unha moto e dedicouse a coleccionar cerámica de Sargadelos e obras de arte. Xoga tenis no Sporting Club e ten un barco no Náutico, o Betty III, co que Linares Rivas gañou algunha regata, foi presidenta honoraria do Deportivo. No ano 1934 denuncia un roubo por valor de 175 pesetas noutro barco seu, o "Pirata". Un irmán de Herminia, de nome Max, casou en marzo de 1936 con Carmen Alvarez de Soutomaior, filla de Fernando Álvarez de Soutomaior, sendo ela a madriña. O padriño non puido ser o pai da noiva pois estaba convalecente dun accidente de automóbel. Cóntase que quen iniciou Franco na pesca do salmón foi Maximino Rodríguez Feijóo-Borrell, alcumado Max Borrell, natural e veciño de A Coruña, provincia da que chegou a ser gobernador civil , sendo asiduo visitante no Pazo de Meirás onde Franco fixaba e residencia de verán e a quen acompañaba na pesca polos coutos do Ulla e outros de Galiza e Asturias e tamén a bordo do iate Azor na procura de atúns. El Orzán cualificou Herminia de muller "arrogantísima, bela, intelixente e elegante" mentres que Franco non encontrou para a cualificar outras palabras que "mujer de bandera". Cando morre, en 1971, en condicións propias de seres desamparados, a prensa fala dela como "dama coruñesa de singular personalidade" Sen dúbida. Está enterrada no cemiterio de Santo Amaro. |
PRAZA_7223 | A primeira operación urbanística de Agustín Hernández como alcalde, lamentabelmente, lembra demasiado aos "proxectos" que no seu día tiña Conde Roa para Santiago. Onde había un proxecto que "non era viábel" cando se falaba de vivenda pública, agora que se fala de vivenda libre de luxo, hai un proxecto "viábel". | O actual alcalde de Santiago, Agustín Hernández, vén de anunciar xunto á súa sucesora á fronte da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, unha operación inmobiliaria en Santiago que desvirtúa por completo o proxecto existente de dotar á zona histórica de Compostela dunha promoción de vivendas de protección pública para xente nova en réxime de alugueiro. Haberá que agardar a coñecer a literalidade do convenio e dos pregos do concurso público para saber con claridade do que estamos a falar pero, co xa anunciado, pódese ver ás claras que en Santiago, nos últimos tempos, mudan as caras dos alcaldes pero o que non cambian son as políticas do Partido Popular. A primeira operación urbanística de Agustín Hernández como alcalde, lamentabelmente, lembra demasiado aos "proxectos" que no seu día tiña Conde Roa para Santiago. Antecedentes Na confluencia entre a rúa Xoán XXIII e a Costa Nova de Arriba, ao carón da Biblioteca Pública Ánxel Casal e a tan só 350 metros da Praza do Obradoiro, o Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) conta cunha parcela en propiedade de 1.603 metros cadrados valorada en 2,9 millóns de euros. En 2003 a Xunta de Galiza e o Concello de Santiago, chegan a un acordo para adicar dita parcela á construción de vivendas de protección oficial. O proxecto inicial pretendía construír 40 vivendas (31 estudos e nove apartamentos de dúas habitacións) pensadas para mozos e mozas de menos de 35 anos e en réxime de alugueiro por un tempo máximo de dez anos e sen dereito a compra. Tentábase así, evitar a especulación nun entorno moi apetecíbel para elo e, sobre todo, introducir vivenda protexida na malla urbana como elemento de cohesión social e de valorización da propia figura de vivenda protexida que, na maioría das ocasións, queda relegada á periferia das cidades. Tentábase evitar a especulación nun entorno moi apetecíbel e introducir vivenda protexida na malla urbana como elemento de cohesión social A Xunta de Galiza durante o bipartito convocaría un concurso de ideas para a escoller o mellor proxecto posíbel para un ámbito especialmente sensíbel. Finalmente, resolveríase en novembro de 2009 xa con Feijóo en San Caetano, pero non se chegaría a materializar. En setembro de 2010, o IGVS pediría licenza ao Concello para executar o proxecto e en febreiro de 2011, os técnicos municipais emitirían un informe desfavorábel no que apuntaban a unha serie de deficiencias (en principio subsanábeis) que tería que corrixir a Xunta para se poder validar o proxecto por parte do Concello. Nunca máis se volveu a saber nada disto até hoxe. A proposta do PP: Vivenda pública á periferia, vivenda de luxo no centro O executivo do PP sempre alegou falta de recursos (o custo estimado era de 2,6 millóns de euros) e que tecnicamente non era viábel o proxecto, para non realizar a actuación programada. Pola contra, agora o Partido Popular, sorpréndenos cunha operación consistente nunha permuta desa parcela por outras parcelas (de valor moito inferior) que o IGVS ten no SUNP-12 de Lamas de Abade a través dun concurso público. A empresa adxudicataria de dito concurso deberá construír dous bloques (un de 12 e outro de 24 vivendas) de promoción pública nun prazo máximo de 30 meses. Unha vez concluídas esas vivendas, a empresa adxudicataria terá a titularidade da parcela de Xoán XXIII e a posibilidade de edificar vivenda libre nela. Onde había un proxecto que "non era viábel" cando se falaba de vivenda pública, agora que se fala de vivenda libre de luxo, hai un proxecto "viábel" Anunciaron a bombo e platillo esta actuación como unha "grande operación". Si que o é. A pregunta é: para quen? Este será un moi bo negocio para un promotor inmobiliario privado, pero non é un bo negocio para Santiago. Onde había un proxecto que "non era viábel" cando se falaba de vivenda pública, agora que se fala de vivenda libre de luxo, hai un proxecto "viábel". Onde había un solar público para vivenda pública, agora haberá un solar privado para vivenda privada. Onde había vivenda protexida no centro histórico, agora se converte en vivenda pública a catro quilómetros do seu emprazamento inicial, ás aforas da cidade. Non é promoción pública de vivenda. É un negocio. Di Agustín Hernández que esta operación é importante porque aliviará a lista de perto de 600 persoas que actualmente figuran no Rexistro de Demandantes de Vivenda en Santiago. Tarde piou Agustín… Non deixa de ser curioso, que quen propoña agora esta solución sexa precisamente quen non fixo nada mentres puido facelo. A actual concelleira de urbanismo Teresa Gutierrez foi a Directora Xeral do do IGVS e Agustín Hernández o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do que depende a política pública de vivenda da Xunta de Galiza durante anos nos que este proxecto "durmía" nos caixóns dos seus despachos. Non deixa de ser curioso que quen propoña esta solución sexa quen non fixo nada mentres puido Non deixa de ser curioso, que a menos de seis meses das vindeiras eleccións municipais, se manifeste tanta preocupación pola vivenda pública cando o que fixo o PP estes anos foi en dirección radicalmente oposta. En primeiro lugar, renunciando -por motivos ideolóxicos- aos dous principais instrumentos cos que o Concello podía actuar neste ámbito, tanto coa eliminación de EMUVISSA (empresa pública de vivenda e solo municipal) como adicando practicamente a totalidade do orzamento inversor do Consorcio de Santiago a investimentos en propiedades da Iglesia católica en detrimento doutras liñas de actuación como as de rehabilitación e axudas á vivenda. Non é a primeira vez que o PP tenta consumar operacións inmobiliarias máis ca dubidosas en Santiago. A presión política e social conseguiron paralizalas e haino que volver conseguir En segundo lugar, por consignar cero euros consecutivamente nos orzamentos da Xunta de Galiza durante os últimos catro anos para vivenda de protección en Compostela. Nin que dicir que tamén votarían en contra no Parlamento de Galiza de todas as propostas que desde o Bloque Nacionalista Galego temos feito ao respecto. Non é a primeira vez que o PP tenta consumar operacións inmobiliarias máis ca dubidosas en Santiago. Desde o intento de pelotazo urbanística na Finca do Espiño, pasando polo intento de reducir o parque público de Galeras para o aproveitamento dun parking privado ou o intento de peche da feira de gando de Amio para outros usos da instalación e a zona. Nin que falar da nova ordenanza de terrazas que ten permitido auténticas atrocidades no espazo público dunha cidade Patrimonio da Humanidade. En todos eses casos, o BNG plantoulles cara. A presión política e social, conseguiron paralizar as súas pretensións. Haino que volver conseguir. Compostela precisa doutra política pública de vivenda e dun goberno que prime os intereses da súa veciñanza sobre o rendemento urbanístico duns poucos. Tamén o conseguiremos. |
QUEPASA_116 | Martiño Nercellas: Quen encarnou ao "vakner" de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este "animal grande e moi daniño". José Antonio de la Riera: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido). | Xa nos contaran, ben polo miúdo, a súa hipnótica historia tanto o José Antonio de la Riera como Martiño Nercellas (ambos son partícipes do que segue). Pero a figura do Vakner, ese misterios monstro medieval do Camiño de Fisterra e Muxía, ten aínda moito que descubrir. Desa búsqueda da simboloxía, e posta en valor do Camiño, nace o I Encontro Internacional Vákner, que artella o Concello de Dumbría, co gallo do Xacobeo, os vindeiros 18 e 19 de outubro no Salón de Actos do Albergue de Peregrinos do Conco. Un encontro cheo de especialista para adentrarnos nunha das épocas de meirandes cambios da historia da humanidade, e descubrir a fermosa lenda acontecida nas terras nerias aló polo século XVI. #ViveoVákner, reza o lema da proposta cultural. Programa O venres 18 de outubro será Cecilia Pereira, Comisaria do Ano Santo 2021, a que abra o Encontro, xunto ao carballés Xosé Regueira, e o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño Castro. Farán a presentación do Proxecto 'Terras do Vákner' e farase a primeira proxección do audiovisual temático. A primeira entrega será da man de Fernando Alonso Romero (catedrático xubilado de Filoloxía Inglesa na USC) que versará sobre o "límite da terra e o mar". Aurora lestón Mayo (doutora en Filoloxía Inglesa), repasará o medo que xerou este monstro. Trala pausa será Ignacio Iñarrea las Heras (catedrático de Filoloxía Francesa na Universidade de La Rioja), os que conte o longo percorrido do Mártir bispo de Arzendjan e o seu curto encontro co vákner. Antes de comer Alfredo Eiras (director do Museo das Mariñas Betanzos), falará do gótico galego na época. Pola tarde será o turno de Javier Castroviejo (ex director da Estación Biolóxica de Doñana (CSIC) e do programa MaB da Unesco) falará do lobo, xusto antes de que o noso fisterrán Martiño Nercellas o que fale das encarnacións do vákner revisando o artigo publicado en QPC. O venres pecharase cunha mesa redonda co muxián Manuel Vilar (Director do Museo do Pobo Galego; Francisco Singul (Xefe do departamento de Cultura Xacobea da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo) e o propio José Antonio De la Riera, fundador da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago. Para o sábado 19, Bernard Soulier (creador e director do Musée Fantastique de la Bête de Gévaudan (Saugues), abrirá as ponencias explicando a experiencia divulgativa ó redor da besta de Gévaudan. Ás 11:30h haberá unha presentación máis completa do proxecto Terras do Vákner, con Antón Pombo, coordinador do proxecto "Terras do Vákner", Cándido Pazos, autor da escultura do Vákner, e David García Rey, director de Galo Publicidade. Ás 16:00h haberá Visita guiada polas "Terras do Vákner", dende Centro de Información ao Peregrino no Hospital do Logoso pasando polo Lugar de Marco do Couto, a Igrexa de San Pedro de Buxantes, a Pedra do Brazal, e a Fervenza do Ézaro. |
NOS_17375 | Nas últimas horas na Casa Branca, agárdase que o presidente saínte decrete a amnistía para até 100 persoas condenadas por delitos federais, unha prerrogativa recollida na Constitución estadounidense que Trump xa usou, con controversia, en anteriores ocasións e agora podería aplicar tamén preventivamente. | Non importa que tarde é, a recompensa será igual para todos. Ou "os últimos serán os primeiros". Así reza a parábola dos Traballadores na Viña (Mateo 20: 1-16) recollida na Biblia e que dá nome a unha centenaria tradición nos Estados Unidos: os 11th-hour pardons, "perdóns da 11ª hora", unha expresión en inglés que fai referencia ás amnistías presidenciais de "última hora". Unha prerrogativa recollida na Constitución que permite indultar ou conmutar a sentenza a persoas condenadas por delitos federais. A fin primixenia destes perdóns era o de garantir "misericordia" e "magnanimidade" por parte do xefe do Executivo que, na altura ─finais do século XVIII─, eran atributos que se lles supuñan aos grandes mandatarios. Tamén curar feridas de enfrontamentos partidistas, axudando á cohesión da nación acabada de nacer. Porén, co tempo, foi aproveitado en maior ou menor medida como unha purga de pecados propios. O até o día de mañá ─cando Joe Biden tome posesión─ presidente dos EUA, Donald Trump, exerceu esta competencia con anterioridade, mais ao contrario que os seus predecesores non esperou ao final do seu mandato para decretar os indultos máis controvertidos. Sen acto de contrición Así, por exemplo, en agosto de 2017 outorgou o perdón ao coñecido como "o sheriff máis duro dos EUA", Joe Arpaio, responsábel policial do condado de Maricopa, en Arizona. Coñecido pola súa dureza cos inmigrantes ─un "gran patriota" para Trump─, fora condenado por violar a orde xudicial que ditaba a fin da detención e encarceramento das persoas chegadas ao país de forma ilegal. A finais de novembro do ano pasado tamén indultou o seu ex asesor de seguridade nacional Michael Flynn, que se declarara culpábel de mentir ao FBI sobre as súas reunións cun embaixador ruso na investigación pola interferencia de Rusia nas eleccións de 2016. Trump anunciou o perdón no Twitter "con gran honor". E, dentro dunha serie de indultos coincidindo coas pasadas festas do Nadal, tamén exonerou da pena de cárcere a catro dos coñecidos como "Blackwater Five", cinco militares desta compañía privada condenados polo asasinato de 17 civís iraquís nun tiroteo en Bagdad en setembro de 2007. Un destes mercenarios estaba a cumprir unha pena de cadea perpetua, e outros tres, de entre 12 e 15 anos. O quinto en cuestión, Jeremy Ridgeway, foi condenado a só 2,5 anos tras colaborar coa xustiza: foi o único que se declarou culpábel, recoñeceu o seu rol na matanza e pediu perdón ás familias das vítimas. E foi o único que non recibiu o perdón presidencial. Porque a maioría dos amnistiados por Trump comparten unha característica: non expresaren arrepentimento polos crimes polos que foron condenados. Este perfil é o que se agarda das últimas persoas ás que o magnate neoiorquino indulte ou conmute a pena ─unhas 100 persoas, segundo os medios estadounidenses─ nestas súas últimas horas como presidente. O Washington Post informou de que o domingo se reunira cos seus asesores para elaborar unha lista. A maioría corresponderanse con delitos menores, que tradicionalmente ocupan o groso desta amnistía de última hora. Mais hai algúns nomes relevantes que se barallan: o primeiro de todos, o de Donald Trump. Ford, Bush, Clinton Existe a posibilidade de que o presidente decrete un autoperdón, algo que non ten precedentes mais que podería ser legal. Trump, que nunha entrada no Twitter en 2018 xa defendía este dereito para consigo, afronta unha extensa lista de delitos federais pola que podería ser acusado tras abandonar o cargo, entre outros o de aceptar diñeiro de potencias estranxeiras a través dos seus campos de golf. Con todo, non é o único presidente que deu indultos controvertidos. Gerald Ford (1974-1977) outorgou unha especie de "indulxencia plenaria" ao seu antecesor, Richard Nixon, por "todas as ofensas contras os EUA". George H. W. Bush (1989-1993) amnistiou varios membros do Goberno implicados no escándalo Irán-Contra (a venda de armas ao Goberno iraniano e o financiamento das milicias anticomunistas en Nicaragua cos beneficios) e valorou a posibilidade do autoperdón preventivo por este mesmo caso en que se viu implicado. E tamén Bill Clinton (1993-2001) salvou do cárcere o irmán del, Roger, que fora condenado por posesión e tráfico de cocaína na década de 1980. A intercesión ante Trump da 'vixilante da praia' Pamela Anderson por Julian Assange Entre as sorpresas que deparen os últimos perdóns de Trump poderían estar o seu propio; e, ao estilo de Ford con Nixon, tamén un preventivo para toda a familia del. Ademais, durante as últimas semanas barallouse a posibilidade dun indulto ao fundador de WikiLeaks, Julian Assange. Segundo CNN, varios periodistas de recoñecido prestixio recibiron mensaxes de WikiLeaks para axudaren a persuadir a Trump. Tamén, a actriz Pamela Anderson, coñecida polo seu papel na serie de TV Baywatch (1989-2001, Los Vigilantes de la Playa na versión española), chamouno para convencelo. Anderson (na foto tras ilo ver á prisión de Belmarsh) é amiga de Assange desde que o comezou a visitar na embaixada do Ecuador en Londres. A actriz mantén un activismo político desde hai anos, apoiando campañas de PETA ou o movemento dos "chalecos amarelos" en Francia; tamén recadando fondos tras o sismo de Haití en 2013. |
NOS_19580 | O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este domingo a estrea do documental '20 anos de dignidade', dirixido por Xosé Aragunde, e que conta co apoio da plataforma Nunca Máis. | Non collía unha palla na mañá deste domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra. A presentación do audiovisual 20 anos de dignidade, apoiado pola plataforma Nunca Máis, dúas décadas despois do Prestige reuniu na cidade moitos dos que daquela puxeran rostro á mobilización. Tamén a xente do mar, verdadeira protagonista da loita en primeira liña contra o chapapote. E representantes de organizacións ambientalistas, sociais, políticas e sindicais. Xurxo Souto, coa súa buguina, e Uxía Senlle fixeron de mestre e mestra de cerimonias na presentación do audiovisual dirixido por Xosé Aragunde. "Nunca Máis", o berro da dignidade que marcou unha época, tamén sonou no Pazo, coreado polo público asistente. Ao escenario subiron, tamén, os membros da coordinadora Nunca Máis naquela altura, portando unha faixa co lema "Nunca Máis impunidade". NUNCA MÁIS @SrtaMGM O documental recolle testemuñas de diferentes persoas que participaron de modo directo na xénese de Nunca Máis, mais tamén da xente do mar que posúe unha visión directa da catástrofe acontecida nas costas galegas hai agora dúas décadas, achegando un balance destes últimos vinte anos. Uxía: "Nunca Máis foi o paraugas baixo o que nos puxemos todas e todos" Na presentación do documental, a terza feira, Xaquín Rubido, Xocas, membro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e un dos portavoces de Nunca Máis, lembrara que grazas ás mobilizacións de Nunca Máis e do pobo galego "conseguimos avances en seguridade marítima" mais cómpre seguir tendo en mente as eivas neste ámbito e se é factíbel pensar que algo parecido volvese acontecer. "Cremos que se avanzou, grazas ao labor realizado, e foi unha unha conquista da presión soccial promovida por Nunca Máis, pero hai certas cuestións que seguen sendo tendóns de Aquiles para a seguridade marítima e para o futuro", sinalou Rubido. "O perigo é obvio: vén do mar, do tráfico diario que se produce nas nosas costas. Cen buques que pasan diante de nós, dos que 35 son de mercadorías perigosas, e 15 deles son de bandeiras de conveniencia, bandeiras de libre matriculación. O perigo está aí". Nunca Máis, '20 anos de dignidade' e "motivo de orgullo" da Galiza Pola súa parte, Uxía Senlle, unha das voceiras da plataforma, indicou a importancia " tentar saber que pouso deixou este movemento social, esta plataforma que foi Nunca Máis". Senlle sinalou que a corrente xerada naquel intre foi o movemento "máis aberto, máis plural e máis inclusivo e transversal da historia recente da Galiza". "Creo que todas temos un remuíño de imaxes en branco e negro, pero tamén unha serie de imaxes a cor da sociedade que lle plantou cara ao desastre e á incompetencia cunha paixón e cunha determinación que non esqueceremos na vida". |
NOS_4199 | O paro afecta dúas quendas: de 12:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 24:00 horas. Convocado pola CGT para, entre outras cuestións, demandar unha reposición das taxas do cadro de persoal que permitan mellorar o servizo. | Esta cuarta feira, 31 de xullo,ten lugar a primeira das xornadas de folga en Renfe convocadas polo sindicato CGT. O paro, que afectará 24 trens que circulan por Galiza, desenvolverase en dúas quendas: entre as doce da mañá e as catro da tarde; e entre as oito do serán e as doce da noite. Seis dos trens cancelados esta cuarta feira por ese paro son de longa distancia e os 18 restantes de media distancia. Unha ducia de traxectos entre Vigo e A Coruña veranse afectados por esta protesta, convocada para pedir unha reposición de taxas de cadro de persoal que permita prestar mellor servizo. O sindicato convocante, Confederación General del Trabajo, estuda demandar Renfe ao considera que os servizos mínimos fixados pola empresa son "abusivos" e poden vulnerar o dereito de folga. |
NOS_46191 | Ribadumia conta con tres campos de fútbol mais o PP vai a polo cuarto no que investirá 1.400.000 euros. É unha das "ocorrencias" que, segundo o BNG, lle custan 1.000 euros a cada veciñ@. | Co amparo do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, Ribadumia, o que era o seu concello está a padecer, segundo o BNG un "auténtico malbaratameno de recursos públicos". Ademais dos 1.400.000 euros que investirán no cuarto campo de fútbol, o PP está a gastar 200.000 euros dos cartos públicos no arranxo dunha igrexa obras que, na maior parte das parroquias sufragan os propios veciños. Suman aínda os 3.000.000 de euros que a Deputación de Pontevedra destina á construción dunha pousada, cartos que se engaden aos 1.800.000 para a adecuación de espazos anexos. Destas actuacións estelares, o BNG sacou conta dun gasto de 5.400.000 o que supón "que cada veciño de Ribadumia ve como 1.080 euros dos seus impostos son usados para actuacións que non contan con ningún interese nin respaldo social e non servirán para paliar as consecuencias da crise". Para o responsábel local do BNG, Aleixo Vilas en Ribaduvia se está a representar unha nova versión do "pan e circo romanos", desta volta, transformado en "igrexa e fútbol". "Os multimillonarios excesos faraónicos do PP, tales como aeroportos baleiros ou Cidades da Cultura seguen a ter a súa continuación no momento de maior desemprego da historia de Galiza", engade. |
NOS_54081 | O Foro do Camiño primitivo vén de impugnar a delimitación oficial da histórica vía coa presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. | Para o Foro do Camiño, a delimitación da Xunta "atenta contra os criterios de autenticidade e integridade na identificación da calzada histórica e a súa contorna cultural". Denuncian diante do TSXG que a Consellaría de Cultura esquece o mandado legal de recuperación da traza orixinaria, "adulterando de xeito drástico a definición do seu territorio histórico e deixando sen a debida protección xurídica gran parte dos seus valores culturais e ambientais". Critican que a Xunta centre as súas políticas arredor das vías históricas nas súas vertentes turísticas e comerciais, "relegando a protección patrimonial a nivel anecdótico" e lamentan que este desenfoque afecte non só a delimitación do Camiño Primitivo senón tamén á falta de protección de todas as vías históricas. Segundo denuncian desde o Foro do Camiño Primitivo, estanse a oficializar trazados seguindo intereses especulativos e presións políticas que provocan unha desviación dos itinerarios históricos, falsificando ou omitindo algunhas das súas partes. Ao seu ver, a gravidade dos feitos denunciados está a poñer en risco mesmo a proclamación do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade. Son xa dous os recursos xudiciais presentados pola sociedade civil na defensa dos camiños de Santiago dos que a Xunta. As dúas vías que a Xunta ten delimitado de maneira oficial, o Camiño Francés e o Primitivo, chegan desta maneira aos tribunais. Como exemplo do desleixo e da vontade da sociedade na defensa dos camiños poñen as recentes mobilizacións que se están a desenvolver en Sarria na defensa do patrimonio histórico e natural. "Vémonos na obriga de xudicializar aqueles procesos de delimitación que non cumpren co requerido pola lei e que non foron concibidos con diálogo nin participación pública", sinalan desde o Foro. Denuncian tamén que os traballos técnicos foran licitados en 2007 mais a incoación do expediente só se realizou en agosto de 2012, "demora que ten permitido realizar toda caste de atentados". |
PRAZA_17655 | A maxistrada sentenza que o libro de Carretero "está baseado en feitos probados descritos en sentenzas firmes" e que non existe "ningunha vulneración ao dereito ao honor" | O xulgado de primeira instancia de Collado Villalba (Madrid) vén de ditar sentenza sobre a demanda que interpuxera o ex-alcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar contra a editorial Libros del K.O. e o autor de Fariña, Nacho Carretero, alegando que contiña "inxurias e calumnias" por aparecer como un "narcotraficante". Ademais, a sentenza condena a Bea Gondar a pagar as custas xeradas polo procedemento xudicial. A maxistrada sentenza que o libro de Carretero "está baseado en feitos probados descritos en sentenzas firmes" e que non existe "ningunha vulneración ao dereito ao honor" A xuíza Mercedes Galindo fundamenta a súa sentenza en varios puntos. Nun deles alude á xurisprudencia na que se aborda en que casos prevalece o dereito á información, e subliña que para iso "a información transmitida sexa veraz, que estea referida a asuntos públicos que son de interese xeral polas materias que se tratan, e igualmente polas persoas que se ven afectadas". Lembra que Bea Gondar denunciou a Nacho Carretero porque se aludía á súa persoa dúas veces no libro, lembrando a súa relación co narcotráfico. Malia que hai unha sentenza que absolveu o ex-alcalde do Grove destes delitos, a xuíz contrasta que as mencións á súa persoa no libro baséanse en "feitos probados" de sentenzas e a investigación do autor. A maxistrada conclúe que non existe "ningunha vulneración ao dereito á honra" e que a liberdade de expresión vese amparada porque "en primeiro lugar a información transmitida é veraz, está referida a asuntos públicos que son de interese xeral polas materias que se trata". Sobre a veracidade, fai fincapé en que "está baseado en feitos probados descritos en sentenzas firmes" polo que Carretero "actuou como un profesional dilixente, pola súa banda levouse a cabo unha labor de estudo de diversas fontes e contrastouse a información". Si que reprocha a xuíza que o autor debera recoller no texto que o ex-alcalde foi absolto destes delitos polos que foi procesado. Volta ás librerías Hai unhas semanas a Audiencia Provincial de Madrid xa decidira revocar o secuestro cautelar do libro imposto por outra xuíza a petición tamén de Bea Gondar Hai unhas semanas, a Audiencia Provincial de Madrid estimou o recurso interposto pola defensa de Carretero e a editorial Libros del K.O. contra a decisión doutra xuíza do xulgado número 7 de Collado Villalba que ordenara o secuestro cautelar do libro en España tras a denuncia do ex-alcalde. A decisión implicaba que o libro puidese volverse a vender en toda España máis de catro meses despois de que o pasado 12 de febreiro a Xustiza obrigase a retiralo das librerías. No seu auto, a Audiencia Provincial consideraba "significativo" que a decisión de secuestrar o libro producírase por dúas únicas mencións ao demandante e que ambas resultan "relevantes" aos fins pretendidos pola obra e ofrecen unha "narración fidedigna e obxectiva" dos feitos ocorridos. Bea Gondar reclamaba tamén medio millón de euros ao xornalista e a editorial Bea Gondar reclamou o secuestro cautelar do libro e medio millón de euros ao xornalista e a editorial por publicar nas primeiras edicións do libro que o político galego fora procesado por narcotráfico sen engadir que a condena inicial na Audiencia Nacional foi anulada posteriormente polo Tribunal Supremo tras invalidar o testemuño dun arrepentido. Bea Gondar si foi condenado por lavar diñeiro das mafias colombianas. |
NOS_54095 | 7 de decembro de 1857 as operarias da Fábrica de Tabacos da Coruña deron comezo a unhas protestas en defensa do emprego e dunha mellora nas condicións laborais que remataría coa destrución da nova maquinaria da empresa e dunha boa parte da súa produción. Recuperamos a memoria dun dos fitos fundacionais do movemento obreiro na Galiza. | As mobilizacións das traballadoras da Fabrica de Tabacos da Coruña respondían á introdución de novas formas de organización do traballo, derivadas da incorporación doutras tecnoloxías máis modernas, que estaban chamadas a provocar unha importante diminución no emprego e a un deterioro nas condicións laborais. A este respecto, seguindo unha crónica de El País de Pontevedra, o xornal La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, sinalaba como causas do conflito "as novas operacións que se estaban ensaiando na fábrica non se prestaban ao costume das cigarreiras e estas sacaban menor xornal. Isto e o descontento co director da fábrica". Na mesma liña, o diario El Mallorquín, na súa edición do 27 de decembro de 1857, concretaba con máis precisión os motivos da protesta, afirmando que "se tentaba estender a aqueles talleres a fabricación de cigarros de papel que comezaran a fabricarse en Alacant. Os operarios consideraban escaso o beneficio que lle sacaban a esta clase de fabricación". Porén, a caída dos salarios xa tiña comezado á mediados da década dos corenta, a consecuencia do que seu deu en coñecer como a "revolución do picado", manténdose esa tendencia até as décadas finais do século XIX. A folga das cigarreiras de 1831 As protestas de decembro 1857 líganse á longa tradición de loita das cigarreiras da Coruña. As primeiras novas da súa combatividade remóntanse a marzo de 1831, cando as operarias da fábrica mobilizáronse contra os axustes na produción, que afectaba directamente o seu poder adquisitivo, mantendo unha folga durante varios días e sendo, só, derrotadas tras a intervención do exército. Ducias de traballadoras foron detidas após enfrontarse ao exercito sendo xulgadas vinte e tres delas A memoria deste conflito estaba aínda moi presente en 1857 así como a lembranza das dirixentes obreiras duramente represaliadas en 1831, onde destacaron nomes como Antonia Araúxo, Xosefa González, María Cortés, María Cañas, Antonia Cervigón "A Terranova", Clara Viñas, Xoana Bellón, Xosefa Vázquez, Ceferina Vázquez, Manuela de Parga e Xosefa González. A ruptura das máquinas O 7 de decembro de 1857 as tabaqueiras deciden paralizar o seu centro de traballo. Outra vez La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, recolle "que o día 7, arredor das once da maña, alborotáronse aquelas catro mil mulleres, acometeron contra os xefes e empregados, destruíron todo o tabaco picado, pitos e follas que tiveron a man, pisándoo e tirándoo ao mar". A crónica continúa sinalando como "romperon e deixaron destruídas as máquinas novas para picar tabaco, e que se di custaron 40.000 pesos, tirándoas ao mar, o mesmo, papeis, libros de caixa, móbeis e obxectos que se atopaban na estancia do director". As informacións aparecidas na totalidade dos medios escritos consultados non presentan, case, diferenzas, xa que todos se limitan a recoller as novas publicadas con anterioridade no xornal El País de Pontevedra. A protesta das cigarreiras da Coruña é un exemplo paradigmático do ludismo, un movemento xurdido nos momentos iniciais da revolución industrial, caracterizado pola radicalidade dos seus métodos de loita e concretada na destrución de maquinaria, a quen se culpaba de destruír o emprego. A historiografía crítica, pola influencia dos historiadores marxistas británicos, tenlle prestado moita atención a este movemento, definíndoo Eric Hosbawn como "unha forma de negociación colectiva por disturbio" e cualificándoo Eduard Thompson da "expresión máis radical do anticapitalismo nos tempos heroicos do movemento obreiro". As traballadores enfróntanse ao exército A revolta só puido ser controlada coa intervención do exército, que tomou militarmente a fábrica da Palloza. O Diario de Córdoba, na súa edición do 24 de decembro de 1857, destacaba como o 7 decembro "así tiveron novas deste lamentábel suceso, o capitán xeneral e o gobernador civil da provincia deslocáronse ao estabelecemento coas forzas de cabalería e infantería dispoñíbeis, controlando o tumulto ao pouco, malia que as mulleres subiron ao tellado e desde alí tiraron á tropa unha grande cantidade de tellas, deixando sen cuberta unha parte importante do edificio". Sexa como for o alcance do enfrontamento, as diversas crónicas non dubidan en referir o enfrontamento entre as folguistas e a milicia. A represión non tardou en bater contra as dirixentes da folga. A propia tarde do 7 de decembro de 1857, ducias mulleres eran conducidas desde a Fábrica de Tabacos da Coruña, "por mar e nunha embarcación das autoridades portuarias ao cárcere público co fin de que as súas compañeiras non molestasen a forza", non tardando en ser entregadas ao xuíz. O 29 de xaneiro de 1858 comezaba un proceso contra vinte e dúas mulleres na súa condición de dirixentes da protesta, porén o procedemento non chegou a rematarse sendo postas en liberdade e readmitidas no seu emprego. Unha vitoria da mobilización social A diferenza do que habitualmente se dá por suposto, a loita das tabaqueiras coruñesas rematou cón éxito. Segundo escribiu Luís Alonso Álvarez , no seu volume As tecedeiras do fume, "sufocada a revolta e restabelecida a normalidade laboral, a introdución da maquinaria adiaríase durante máis de trinta anos e as esixencias de produción atenderíase coa contratación de novas cigarreiras". Así as cousas, en opinión de Alonso Álvarez, "abandonada na Palloza a introdución de tecnoloxía substitutoria do emprego para atender unha demanda crecente, a Facenda Real tivo que proceder a contratación masiva de persoal feminino para conservar e aumentar uns ingresos en alza derivados do Estanco do Estado" |
NOS_41592 | Ana Peleteiro, campioa de España e mellor marca ao ar libre. O viveirense Adrián Ben, ouro en 800 metros, Belén Toimil en peso e Leticia Gil en lonxitude. | Ana Peleteiro volveu voar. Desta volta, en Xetafe, no Campionato estatal de atletismo. A ribeirense protagonizou cinco saltos por riba dos 14 metros, incluído un sexto e último de 14,61 (-0.8), que a sitúan oitava na clasificación mundial do ano.,Foi o quinto título estatal para a galega. Peleteiro, que ten o récord nacional en 14,73, nunca voara tan lonxe ao ar libre, e o acadado este domingo é un limiar de cara a Tokio. Ela mostrábase ambiciosa: "Sempre o digo. Desde cativa soño con ser medallista olímpica. É máis, soño con ser campioa olímpica, non vou ser hipócrita". "Sei como está Yulimar (Rojas, a súa compañeira de adestramentos venezolana, dobre campioa mundial), nun estado de forma incríbel, mais tamén sei que nesta vida nada se regala, todo hai que loitalo até o último momento, e alí estarei eu, loitando até a derradeira bala para dar o mellor de min", dixo. Medallas A de Peleteiro non foi a única medalla para Galiza nestes campionatos. O viveirense Adrián Ben conquistou o ouro en 800 metros, Belén Toimil en Peso e Leticia Gil en lonxitude. Menchu Sánchez foi bronce en xavelina, Okutu bronce en lonxitude, |
NOS_34444 | A Xunta publica a regulación nestes espazos para esa ponte, onde a máscara será obrigatoria agás para se bañar ou permanecer deitado. | Para os días festivos de Semana Santa, a Consellería de Sanidade incluíu na orde de medidas de prevención da covid-19 que entra en vigor esta sexta feira a regulación do uso de praias, onde, como ocorreu durante o pasado verán, os respectivos concellos deben limitar a capacidade das mesmas para garantir a distancia de seguridade e cínguense os grupos ao máximo de seis persoas, en caso de ser non conviventes. En concreto, a orde publicada no DOG lembra que "o concello respectivo deberá estabelecer limitacións tanto de acceso como de capacidade" nas praias, co obxectivo de asegurar que se poida manter nelas a distancia de seguridade. Para calcular esta capacidade máxima, considérase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será, polo menos, de 4 metros cadrados. Toallas Do mesmo modo, a situación dos obxectos persoais, como toallas ou hamacas, "levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade" con respecto a outros usuarios. Respectarase, ademais, o límite máximo de seis persoas por grupo, agás no caso de conviventes. Para calcular esta capacidade máxima, considérase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será, polo menos, de 4 metros cadrados A máscara debe utilizarse para todos os desprazamentos -entradas, saídas e paseos- e unicamente poderá quitarse durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado sen desprazarse e haxa distancia de seguridade entre non conviventes. Do mesmo MODO que na anterior normativa, poderanse realizar actividades de turismo ao aire libre organizadas por empresas habilitadas. Para elas, amplíanse as capacidades, xa que poderán ser dun máximo de oito persoas máis o monitor, sexan ou non conviventes. Nos centros de interpretación e visitantes, aulas de natureza, casetas e puntos de información da rede de espazos protexidos non se poderá exceder o 50% da súa capacidade e respectarase o máximo de seis persoas nas actividades de grupo, sexan ou non conviventes. |
NOS_27134 | En 'O porco de pé', Vicente Risco ofrece ao público unha sátira contra o caciquismo en Galiza que a ditadura de Miguel Primo de Rivera non fixo máis que agravar. Na cidade de Oria transcorren os feitos que enfrontan a Don Celidonio Latas Tinajero, tendeiro maragato requirido pola política municipal cando se enriquece, e o doutor Bieito Alveiros, teósofo da vella fidalguía, que abandona a torre de almafí para participar nas eleccións empurrado polo demo de verdade. Os sucesos son comentados no parladoiro de escritores e artistas do café Novelty, aos que xa ninguén dá tino na nova era, simbolizada polo triunfo do porco de pé. Todos, mesmo o Alveiros, acaban rendéndose a el. | Ao principio de O porco de pé, o narrador anuncia que vai contar o que vai de tempos a tempos. O tema principal vén sendo, logo, o cambio da sociedade tras a Gran Guerra (1914-1918), cun relevo de clases dominantes que poñía fin ao poder residual da vella fidalguía galega. Entre os múltiples subtemas, interesa destacar dous derivados do principal: o estrago político do caciquismo e a alienación do individuo na sociedade de masas. Tocante ao segundo, a degradación na escala de almas –que, na estela de Platón, o ocultismo órfico defendía por volta da Fin de Século- termina por causar fenómenos teratolóxicos (monstruosos) como o que a novela presenta. Con 200 páxinas na edición orixinal, a obra ten orixe probablemente en dous textos diferentes. Por unha banda, un relato inconcluso sobre o super-porco. Pola outra, unha nova entrega protagonizada polo personaxe de Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros (1919), e dun un relato inédito posterior coas súas aventuras en Brasil. Fundidos ambos proxectos en O porco de pé, a obra estrutúrase en secuencias que, desde un momento posterior aos feitos, van dando conta da carreira de don Celidonio. Esta é interrompida dúas veces por graves obstáculos: unha estraña enfermidade que fai delirar o personaxe ata que o doutor Alveiros o cura; e o golpe de estado de 1923, feito histórico que na ficción marca unha viraxe argumental. Porén, fronte ao esperado, a Ditadura pon o ramo a ese ascenso coa glorificación de don Celidonio. Hai un primeiro relanzo da tensión narrativa no que cobra protagonismo o parladoiro do café Novelty. Alí concéntranse unha serie de personaxes curiosos que aparecen en máis secuencias sen intervir de forma decisiva na trama. Estas pálidas pantasmas doutro tempo comentan e animan os sucesos da cidade. O porco de pé integra narrativamente as vangardas que Risco explorara en composicións líricas e divulgara en traballos sobre a nova literatura. Detrás deles, como de todo o que se conta, hai unha voz narradora que parece xurdida dese parladoiro do Novelty, pero que vai gañando omnisciencia ata situarse fóra da historia. Un dos maiores acertos da novela é a creación deste orixinal narrador, no que asoma un autor implicado que, con humor retranqueiro, xulga, dubida, aventura hipóteses e mantén un diálogo co lector facéndoo o seu cómplice na narración. Ao seu compás, os personaxes actúan como fantoches. Establécese deste xeito, con respecto aos sucesos, a distancia propia do esperpento de Valle Inclán, de quen se toma tamén en ocasións a técnica descritiva de personaxes. Préstase atención nos diálogos ás distintas falas. Tamén se fai un uso moi ben calibrado do estilo indirecto libre para transmitir, por exemplo, o que pensa, sente ou soña don Celidonio. É fonte de comicidade esta escrita de trazos grosos, con predominio do descritivo e o discursivo, fronte á pura narración, breve e esquemática. O autor xoga a mesturar idiomas e niveis de lingua de dúas formas contrarias: con economía de medios, os precisos para apuntar certeiro ao albo do riso; ou coa acumulación de elementos, como no caso das enumeracións que semellan non ter fin. No plano da historia, o humor nace dos contrastes levados ao límite, da hiperbolización e do recurso á escatoloxía de veta popular. Xorde tamén do feito de tratarse dunha novela en clave, efecto cómico diluído polo paso do tempo: o mundo ficticio baséase no Ourense real - a novela termina co incendio da Biblioteca Municipal que tivo lugar meses antes na cidade-. De feito, para evitar situacións apuradas, Risco deseña personaxes tipo e non individuais, aínda que parece ser que houbo un alcalde no que se estaba a inspirar. O autor, en suma, practica un humorismo galego que ten o riso como reacción, a xeito de escudo, ante a traxedia de vivir. Como instrumento de denuncia a través da sátira, O porco de pé é expresión perfecta da caricatura literaria, inscrita na arte grotesca tal como a practicaba Castelao: recreación vangardista, non allea ao expresionismo, dunha estética de orixe medieval. O porco de pé integra narrativamente as vangardas que Risco explorara en composicións líricas e divulgara en traballos sobre a nova literatura. Caracterízanse, non pola destrución da tradición senón polo seu aproveitamento desafiante –por subalterna e ignorada polas élites culturais- para refacer as novas correntes de Europa e América e crear unha arte nacional galega. Por iso combina o popular -aparece o demo tradicional falando como un paisano argalleiro-, co culto -o cubismo na descrición da testa de Alveiros; o futurismo e o surrealismo na cidade-mundo do delirio do porco-. Xoga, por exemplo, coa linguaxe ao xeito de James Joyce, imprimindo ritmo musical á prosa, facendo insólitas creacións léxicas ou revirando a sintaxe. Rompe a convención textual da novela integrando versos, unha especie de fórmula matemática e ata unha serie de tarxetas de convite á homenaxe de Oria a Celidonio. E, nun alarde culturalista que non empacha polo aire popular co que se envolve, parodia as últimas correntes da novela europea e americana: psicolóxica, unanimista, cubista, futurista, ultraísta, etc. Versión humorística, con función satírica, da novela-ensaio que nese momento se desenvolvía en Europa, en O porco de pé a estrutura ármase sobre tres eixos discursivos ou teorías: "O solve e o coagula", de orixe alquímica e aplicada á atracción ou repulsión dunha persoa con respecto ao diñeiro. "A dobre natureza humano/animal", desequilibrada por certos factores históricos, como unha mutación entre darwiniana e fisiognómica. E "A subversión social", referida á resistible ascensión do filisteo, o burgués materialista e sen espírito. Advertiremos finalmente que, como outras obras narrativas de Risco, a novela é literaturización de ensaios políticos nos que estaba a debullar. Neste caso, relaciónase estreitamente co libro que se publicaría en 1930 na editorial madrileña de Álvaro de las Casas, El problema político de Galicia, para divulgar a historia e o futuro posible do nacionalismo galego. A novela publicouse cando o prestixio de Vicente Risco estaba consolidado, como poucos meses despois se recoñecería co seu ingreso na Real Academia Galega. Que se saiba, houbo dúas recensións críticas o mesmo ano da súa edición: de Antón Vilar Ponte en Nós e de Felipe Fernández Armesto en La Libertad. En 1972 foi editada en Galaxia con actualización ortográfica, á que nunha nova edición en 1982 engadiu cambios no léxico a na sintaxe. En 1994 volve editarse, esta vez con máis fidelidade ao orixinal. O caso é que, a medida que cambia a normativa oficial do idioma galego, fanse adaptacións ata o punto de que chega a haber grandes diferenzas entre o texto de orixe e de chegada (pode consultarse unha edición facsimilar de 2008 da Fundación V. Risco). En 2016 a autora destas liñas leva a cabo unha edición crítica e anotada na mesma colección "Biblioteca Vicente Risco" da editorial Galaxia, restaurando o orixinal, corrixindo grallas e deturpacións e aclarando lecturas difíciles. A mellor tradución ata o presente é a catalá, levada a cabo por Eduard Castillo Velasco en 2013 (Xunta/Fundación Risco). Foi traducida ao castelán en 2001 (ed. Trama) por Miguel Hernández Sola. Hai fragmentos traducidos ao inglés por David Clark en 2010 (en A. De Toro, Breogan's Lighthouse). Hoxe segue a ser unha novela canónica e texto estudado en escolas e universidades. Está presente en todas as historias da literatura galega desde os anos 50 ata a actualidade. Nos últimos anos achegáronse a ela, entre outros, os investigadores Miguel Moreiras, Antón Risco, Olivia Rodríguez, X. M. Millán Otero, César Moram Fraga, Dolores Vilavedra, Joaquim Ventura, Anxo Tarrío, Manuel Outeiriño, Alva Martínez Teixeiro e Manuel Forcadela, aos que seguiron e seguirán outras xeracións de estudosos abrindo novas canles de interpretación. Trátase, non en van, dunha obra que non só ofrece innovacións en canto ao tema, o xénero e a presenza da cidade como personaxe colectivo, senón que é a primeira en por en práctica as novas técnicas narrativas do s. XX. Por estas razóns hoxe, que aínda non deixou de admirarse e explotar a maneira vangardista de narrar de hai un século, segue a estar vixente. Pero sobre todo, polo súa denuncia de males non erradicados: caciquismo, filisteísmo político e menosprezo da cultura. Escolma de textos Xa non podía ser Barcelona. Xa non era Barcelona: era a Gran Cidade, a gran Cidade que dá volta ao mundo e ocupa o mundo enteiro, e enche o mundo, enche o mundo de tal forma, que xa non hai terra para sementar catro pataquiñas. A terra toda está cuberta de asfalto e de carrís de ferro. A chuvia de asfalto que asolagou Sodoma e Gomorra coallou na Gran Cidade moderna, que enchía o mundo enteiro. Don Celidonio podía correr sen descanso a terra enteira, sen saír daquela rúa marabillosa, podía correr cheo de ledicia pola Gran Cidade… Mailos outros viñan atrás dil; onde il chegaba, chegaban tamén os amaldizoados sindicalistas, que non sei de que tocos infames surtían, quizais de debaixo da terra, coma os Morloks de Wells desexosos de abriren en canal as rosadas barrigas dos plácidos burgueses inofensivos, que foran os construtores da Gran Cidade, na que iles cobizaban vivir… (páx. 81) O ORFEO do século XX era un home, despois de todo, de corpo nin moi outo nin moi baixo, senón mediano e moi no seu ser, reentrante en si mesmo coma a circunferencia, e perfectamente axeitado ao que tiña que facer no mundo. Era magro e ergueito, dereito coma un fuso enfesto, chantado no piso coma unha columna, hermético polo tanto niste respecto, terminal, coma que en realidade era un marco no lindeiro de dúas idades da historia. A testa, de deseño cubista, cortada a bisel en todos os sensos, poliédrica e maciza, tiña tres sortes de cabelos: brancos, loiros e vermellos, dispostos en gradación serial, con moita entrada, coma dous portelos, un de cada lado dunha frente máis larga por enriba que por embaixo, e botados para atrás. (páx. 85) Por fin falou o doutor Alveiros e dixo moi poucas verbas:—Labregos: temos un fin próximo, un fin remoto e un fin último. O noso fin próximo é redimir o distrito de Solveira, usurpado contra a vosa vontade por un Deputado cuneiro e polos seus amigotes. O noso fin remoto é a emancipación dos labregos todos de Galicia para que cheguen a pesar como deben na política da nosa Terra. O noso fin último é que a clase labrega chegue a ser a que goberne a Galicia autónoma, ceibe e redimida. Se estades conformes con istes tres fins, votádeme a min; se non estades conformes, a votar ao outro. Teño dito.Esquecéuselle dicir que o fin máis próximo iba ser o de perder as elecciós. (páx.143) E na apracible tranquilidade daquiles días de orde e compostura en que a sombra cesárea deitaba sobre o país unha serena paz de Roma Imperial, don Celidonio medraba e engraxaba, arredondaba no bandullo a comba da felicidade, rezumaba lurdio, ganaba quilos de peso, e o seu ánimo inchaba coma unha vexiga de porco na aura de prestixio e de importancia que lle lubrificaba a vaidade cos máis finos e refinados aceites da obsequiosidade e do acatamento da xente.Mimado da situación, don Celidonio, con sorriso bondadoso, estendía a man por riba da cidade cun imperioso xesto patricio de omnímodo poder. (páx. 160) Como aquela grea ofrecía unha barreira ao paso da procesión cívica, do Consistorio surtiu unha orde, e entón os municipais sacaron os sabres, e co sabre na man dereita e a porra na esquerda —co que se fixeron partícipes dos catro paus da baralla: ouros nos botós, copas que levaban no corpo dende pola mañá, espadas e bastos— imprimiron aos brazos un movemento helicoidal co que foron barrenando a grea, e abrindo unha canle por onde a procesión puidera escorregar a súa magnificencia.E pasou primeiro a banda do Rexemento, en uniforme de gala, repinicando un pasodobre de marcha, marchoso e marcial, dises que fan mover as pernas sen que un queira, como a frauta máxica do conto.Pasaron atrás os Exploradores en columna de honor, aplanando a praza con heroico pisar.Atrás, as Sociedades Agrarias coas súas bandeiras e comités.Atrás, as Sociedades Obreiras coas súas e cos seus.Atrás, as Sociedades políticas por esta orde: Círculo Xaimista, Xuventude Maurista, Círculo Conservador, Círculo Liberal, Círculo Republicano, Centro Federal, Xuventude Socialista, Agrupamento Sindicalista, Grupo Comunista "Viva Rusia", Ateneo Anarquista "Nin Dios nin Amo", todos coas súas bandeiras. (páxs. 174-175). O ceo alumeouse coas xemas cintilantes da pirotecnia.Fogos de remosquete, de asubío, de chuvia de ouro, de chuvia de prata, de chuvia de estrelas, de suspiro, de tres estralos, de silencio, de escondite, de luces, de dobre subida, de xirándula, de morteiro… Un cubo estoupoestrépetostrondante pechou aquela parte, e a música principiou a tocar furiosamente.Despois cantaron os Coros galegos.O doutor Alveiros, co libro diante e os ollos perdidos no espazo, lonxe do mundo de Maya, matinaba na inanidade de todas as cousas…De súpeto sentiu unha man peluda que lle acariñaba o pescozo. Deu volta un pouco asustado: era o Demo.O Demo sentouse no sofá, e dende alí espreitaba ao doutor cos ollos fosforescentes.—Con esa maneira de ser, non vas para ningures, Alveiros. Ti non te queres corrixir, e así che andan as cousas…O Alveiros estendeu a man para cortarlle a palabra.—Non, non te poñas comigo dise xeito, que non tes por que. O que non tes ti é paciencia; se tiveras paciencia, xa mo dirías. Escoita unha miga. Vasme dicir que verme che picou para non ires á homenaxe a don Celidonio…( páx. 207-208) Fonte: Vicente Risco, O porco de pé. Edición crítica de Olivia Rodríguez González, Vigo: Galaxia, 2016. |
NOS_21738 | Viaxamos da man de cinco pratos internacionais de moda. | Hai tempo xa que a comida internacional se converteu en algo máis que arroz tres delicias e pizza, hoxe imos dar un repasiño por algúns dos pratos que están máis á moda. O primeiro deles é o hummus, esta crema de garavanzos hai anos que veu para quedar. É un prato típico de Oriente Medio feito con garavanzos cocidos, zume de limón, tahini, que vén sendo unha pasta feita coas sementes do sésamo, e especias como o comiño ou pemento. É unha receita moi sinxela, saborosa e saudábel, perfecta para un entrante ou aperitivo. Adoita comerse con pan ou verduras crúas, cenoria ou cogombro, por exemplo. Cociña mexicana Na América Latina unha das gastronomías máis coñecidas é a mexicana, caracterizada polo seu toque picante. De México véñennos pratos tan famosos como o guacamole, os nachos, os burritos ou os tacos. Estes últimos fanse cunha torta de millo e co guiso do que máis gostemos. Un dos máis saborosos é a cochinita pibil, elaborado con carne de porco mariñada nunha mestura de zume de laranxa, achiote e especias. Require de bastante tempo entre o mariñado e a cocción lenta no forno pero merece moito a pena, ten un toque acedo e froital que o fai exquisito. De Suramérica importamos tamén as arepas, moi famosas en países como Venezuela ou Colombia. Son unhas tortiñas de fariña de millo feitas sobre a tixola ou á prancha que se empregan como acompañamento. Ao igual que os tacos tamén se poden encher do que máis gostemos, un dos recheos máis populares é a reina pepiada. Faise con carne de polo desfiada e aguacate e tamén pode levar queixo ou maionesa. Cociña hawaiana Se continuamos a nosa viaxe gastronómica cara a Asia, polo camiño atopámonos con Hawai e o seu recentemente famoso poke. Trátase dun prato de pescadores tradicional das illas, que consiste nunha base de arroz con peixe mariñado, orixinariamente polbo ou atún pero as versións modernas inclúen outros como o salmón. Pode levar moitos acompañantes, os máis famosos son as algas, ou froitas como o aguacate ou o mango. Na cociña asiática, a chinesa ou xaponesa son as máis coñecidas, pero a tailandesa comeza a despuntar. O prato estrela da súa gastronomía é o pad thai, un salteado de fideos de arroz e lagostinos que tamén pode facerse con polo ou tofu. A versión occidental leva ceboliño, brotes de soia, ovo revolto e cacahuetes ademais dunha salsa especial feita con salsa de peixe e tamarindo entre outros. Estes son algúns dos pratos internacionais máis populares dos últimos anos, invítovos a que os probedes se aínda non os coñecedes e desfrutedes viaxando co gusto. |
PRAZA_16720 | O presidente do Goberno central anuncia que retoma o proxecto paralizado pola crise de construír un túnel alternativo ás perigosas curvas do acceso actual a Vigo. Faino nunha visita ao único treito en obras da polémica circunvalación de Pontevedra. | A Autovía das Rías Baixas (A-52) entre Benavente e Vigo non remata en Vigo senón máis de 10 quilómetros antes, no Porriño. Alí deuse por finalizada hai dúas décadas a infraestrutura que articula todo o sur de Galicia e o conecta coa Meseta, de xeito que a entrada na principal cidade do país se realiza a través doutra vía, a moi perigosa A-55 Tui-O Porriño-Vigo, limitada en boa parte do seu percorrido a 60 quilómetros por hora. Este luns, dúas décadas despois de rematarse o resto da A-52, o presidente Rajoy anunciou que o Goberno central destinará 337 millóns para retomar o proxecto de construír o último treito desa autovía entre O Porriño e Vigo a través dun túnel. O presidente do Goberno central anuncia que retoma o proxecto paralizado pola crise de construír un túnel alternativo ás perigosas curvas do acceso actual a Vigo Ao igual que a Autovía do Noroeste A-6 non remata na Coruña senón en Arteixo, e houbo que agardar ata 2015 para a entrada en servizo da Terceira Rolda que a comunica coa cidade, a finais da última década do século pasado o Ministerio de Fomento deu por rematada a A-52 no Porriño e a súa prolongación ata Vigo deixou de ser unha prioridade. Conformouse con que o percorrido entre O Porriño e Vigo se realice, desde a súa apertura a principios dos 90, a través da A-55, que nese treito foi construída como unha duplicación da calzada da vella sinuosa N-120, un dos maiores puntos negros da Península que a Administración só é quen de combater con radares e limitacións a 60. Durante estes anos sucesivos gobernos avanzaron lentamente cos estudos previos da prolongación da A-52 ata Vigo, pero a crise arrombounos nun caixón. Agora Rajoy anuncia a súa decisión de incluír ese proxecto no seu denominado Plan Extraordinario de Inversiones en Carreteras (PIC), que prevé un investimento de 5.000 millóns de euros en construír ou mellorar uns 2.000 quilómetros de estradas. Segundo o presidente, serán 337 millóns o destinado a esa prolongación da A-52 nun treito duns 10 quilómetros que inclúe un túnel de preto de 3 quilómetros baixo o alto de Puxeiros que permitirá evitar as curvas actuais. O anunciou de Rajoy produciuse na súa visita ao único treito en obras da circunvalación de Pontevedra, que forma parte da polémica A-57 que conectará o norte da provincia co Porriño e Autovía das Rías Baixas O anuncio foi realizado por Rajoy nunha visita que fixo este luns, ao remate de varios días de vacacións en Sanxenxo, ao único treito en obras da circunvalación de Pontevedra, cuxa primeira pedra foi colocada pola daquela ministra de Fomento Ana Pastor pouco antes das últimas eleccións xerais. Unha vía que forma parte da futura A-57, autovía sen peaxe entre o norte da cidade de Pontevedra e O Porriño paralela á AP-9 e rodeada de polémica polo seu trazado e pola acumulación de infraestruturas que supón nesa zona do sur da provincia de Pontevedra. De feito, a A-57, que no resto de treitos non pasou aínda da fase de estudos previos, permitirá evitar as perigosas curvas da A-55 a todo o tráfico do norte da provincia que agora se ve obrigado a circular por ela para poder incorporarse á A-52. A visita de Rajoy ao único treito en obras da A-57 produciuse tres meses despois de que o pasado Nadal, tamén coincidindo con outro período vacacional seu en Pontevedra, o presidente inaugurase a ampliación da AP-9 ao seu paso pola ponte de Rande sen que as obras rematasen aínda a día de hoxe. De feito, tras parar temporalmente durante Semana Santa, este luns retómanse os cortes de carrís na ponte para facilitar o remate dos traballos. A oposición criticou por propagandístico o acto de Rajoy, que se produce tres meses despois de que, coincidindo con outro período vacacional seu en Pontevedra, inaugurase a ampliación da ponte de Rande sen estar aínda rematada Ao igual que no acto de xaneiro, acompañado polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Rajoy aproveitou para facer repaso as diversas actuacións en materia de infraestruturas pendentes en Galicia. A valoración que fixo a oposición foi a dun acto propagandístico, de xeito que o PSdeG criticou que Fomento deixase de investir nos últimos anos en Galicia uns 2.000 millóns de euros orzamentados pero non executados mentres que o BNG censurou que o Goberno central siga a vetar a transferencia a Galicia da AP-9 ao tempo que segue a rescatar autoestradas noutras comunidades. |
NOS_41912 | Volve o Festival de Pardiñas, que decorrerá do 6 ao 8 e do 27 ao 29 de agosto en Guitiriz. | Feira, arte, música, festa, gastronomía… A perfecta fusión entre festival e "romaxe" chega unha vez máis a Pardiñas, en Guitiriz. A XLII edición do Festival de Pardiñas, un dos encontros máis agardados da Galiza, xa ten data fixada: decorrerá en dúas fins de semana partidas, do 6 ao 8 e do 27 ao 29 de agosto. E para ir facendo a boca auga, o día 1 realizarán un acto inaugural onde se darán a coñecer as actividades do festival. Esta presentación "será no Santo Alberte, onde todos os anos festexan a Festa da Faba", adianta para Nós Diario Alfonso Blanco, da asociación Xermolos. 42 anos de Pardiñas Desde aquel primeiro festival que, baixo o lema "Vinde merendar a Pardiñas", decorrido en 1980, convocou a asociación Xermolos, a "Feira e festa da música e da arte" medrou a cada paso. Ao redor da música, teñen lugar máis encontros, como mostras de artesanía, exposicións de pintura, escultura, fotografía, cerámica, debuxo infantil, espazos de poesía, de narrativa, feira de libros, ou un dos pratos principais, a Mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional. A suma de todos estes ingredientes converten Pardiñas nun evento cargado de creatividade. Adianto da programación do XLII Pardiñas O Festival de Pardiñas neste 2021 botará a andar na sexta feira 6 de agosto, no campo da feira de Guitiriz, cun pregón especial a cargo da poeta e activista Luz Fandiño, quen estará acompañada dun dúo musical que interpretará os seus poemas. Após esta lectura inaugural haberá un concerto de música. A seguir, o sábado 7 de agosto, contarán cunha nova edición da xa clásica Mostra de artesáns de instrumentos de música tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, no fermoso campo da feira de Parga. A Mostra terá o seu pregón correspondente, un pasarrúas mais un concerto de música tradicional. O domingo, día 8 de agosto, tamén no campo da feira de Parga, realizarán a Mostra de artesanía, un encontro "que sempre se facía no recinto do Festival, mais que este ano, polas condicións sanitarias, vai ser en Parga", comenta Alfonso Blanco. Á par, haberá unha exhibición de billarda, concertos, pasarrúas e máis actividades. A segunda parte do festival de Pardiñas, que decorrerá na última fin de semana de agosto, arranca na sexta feira, día 27, no campo da feira de Guitiriz. Para este día teñen programado un concerto de música, xa cara a noite, "mais sempre respectando as condicións sanitarias e todas as medidas vixentes". No día seguinte, o sábado 28, a verdadeira protagonista do festival será a música rock, mais tamén os obradoiros que teñen preparados de graffiti, con xogos na rúa e brinquedos, "toda unha celebración da arte urbana na vila de Guitiriz", adianta Blanco desde a organización. Entrega dos premios no XLII Certame Terra Chá O mesmo sábado 27 de agosto, mais pola tarde, será a entrega dos premios do XLII Certame Terra Chá de literatura infantil e xuvenil, unha sesión "especial" dedicada ás nenas e aos nenos do festival. Nesta edicións os galardóns serán entregados pola familia de Xela Arias, poeta homenaxeada co Día das Letras Galegas deste ano, mais por outros autores e autoras convidadas. "Queremos que sexa unha homenaxe a Xela Arias e á súa familia, ao seu pai, Valentín Arias, que xa non está, mais que sempre viña a Pardiñas". A XLII edición do festival "queremos dedicarlla ás aldeas de Pardiñas" porque "non podemos ir alí facer o festival, mais si que podemos levar pasarrúas" O último domingo de agosto, que pon o ramo á XLII edición do festival, "queremos dedicarllo ás aldeas de Pardiñas" porque "non podemos ir alí facer o festival, mais si que podemos levar pasarrúas" para celebrar, comenta Alfonso Blanco. Deste modo, rematarán o encontro cunha sesión vermú e con máis música en directo na Casa das Artes. Toda unha homenaxe á veciñanza, pois "non nos esquecemos dela". "Pardiñas é unha familia", engade, "para nós o grande de Pardiñas é descubrir como están herdando esta romaxe", unha festa típica da Galiza que queren conservar en Guitiriz: "Vemos como a herdan as crianzas, a mocidade, de mulleres e homes que comezaron e que agora traen os seus fillos e as súas fillas ao festival", valora Blanco preguntado polo sentimento que lle transmite este encontro. "Queremos que sexa un espazo para todas as idades, para que todas teñan o seu momento" de desfrute. Pardiñas: tradición e arte como centro de vida Un dos berros que soltan en Pardiñas todos os anos, "Somos un pobo de artistas", mostra como "queremos ofrecer, e dar oportunidade, a todos os sectores da poboación para mostrar as artes e tamén os recursos artísticos, que temos", engade. "As artes medran cando somos capaces de transmitilas, de compartilas, e queremos que Pardiñas ofreza esa oportunidade a todas as persoas" porque, afirma Alfonso Blanco, todas levamos unha artista dentro de nós. "As artes medran cando somos capaces de transmitilas, de compartilas, e queremos que Pardiñas ofreza esa oportunidade a todas as persoas", conta Blanco "Ai, Pardiñas, dásme a vida" é esoutro berro que botan no encontro, "mesmo neses momentos máis escuros". En Pardiñas "pensamos que a cultura non é unha escenificación afastada da vida, senón que a cultura ten que axudarnos a amañar os problemas" de cada día. "A cultura que se mama en Pardiñas crea igualdade, boa convivencia, crea comunincación" e iso dá saúde. Aínda coas reducións que teñen que facer desde a organización do Festival, procuran seguir mirando cara a adiante, sendo positivos, para que "non morra a nosa cultura, a nosa fala, a nosa construción de pobo que nos deixaron os nosos antepasados, desde as raíces", que temos que conservar, sobre todo, "como un agasallo para as novas xeracións". Cartel de Pardiñas 2021 A asociación Xermolos adiantaba estes días o cartel da que será a XLII edición do Festival de Pardiñas, a Feira e festa da música e da arte que enche Guitiriz de cor. O encargado do deseño é Jorge Pérez Polín, artista que "viu a luz cando se andaba argallando a primeira edición do Festival", comentan desde a organización. Un "activo de Xermolos" e tamén concursante no Certame Terra Chá". Agora toca agardar polas características camisolas do encontro. |
PRAZA_16672 | Medio Rural detecta tres casos neste concello da Costa da Morte e decreta a prohibición de plantar e comercializar alí o tubérculo. En Cee, Dumbría, Vimianzo e Camariñas establecerase unha contorna de protección. Crece a preocupación entre os produtores de Bergantiños ante a expansión da praga | O DOG publica este luns unha resolución da Consellería de Medio Rural que declara o Concello de Muxía zona infestada pola couza da pataca, ampliando a esta localidade as medidas aplicadas dende hai tres anos nos restantes afectados por esta praga, nomeadamente a prohibición de botar pataca e de comercializala. Ademais, os concellos anexos (Cee, Dumbría, Vimianzo e Camariñas) engadiranse ás zonas tampón nas que calquera persoa que queira plantar este tubérculo deberá comunicalo á Xunta, que tamén establece unha serie de limitacións e obrigas para a súa comercialización. Descoñécese cal foi a vía de entrada da praga en Muxía, pero as medidas e controis establecidos polo Goberno galego demostráronse insuficientes para frear a expansión da couza guatemalteca En Muxía Medio Rural detectou tres casos en plantacións de autoconsumo, converténdose esta localidade da Costa da Morte no primeiro lugar no que se detectan casos de couza guatemalteca fóra das zonas de protección que quedaron establecidas o pasado ano en 31 concellos de Ferrolterra e a Mariña lucense. Descoñécese cal foi a vía de entrada da praga en Muxía, quer por estrada quer por mar, pero en todo caso a realidade é que as medidas e controis establecidos polo Goberno galego demostráronse insuficientes para frear a expansión da couza guatemalteca. A praga chegou ás Illas Canarias en 1999 procedente de Centroamérica. De aí saltou a Galicia, onde en agosto de 2015 foron detectados os primeiros casos (nos concellos de Ferrol, Narón e Neda). En febreiro de 2016 a couza estendeuse a Cervo, Foz, Xove, Valadouro e Viveiro. E en febreiro de 2017 chegou a outros 23 concellos galegos e a varias zonas do occidente asturiano. Nese momento, hai pouco máis dun ano, a Xunta publicou unha orde recomendando non plantar patacas nos concellos afectados. Quince días despois o Ministerio de Agricultura aprobou un decreto que obrigaba a destruír os cultivos afectados pola couza da pataca. Ademais das medidas adoptadas nos 31 concellos infestados, Medio Rural estableceu unha zona tampón noutros 16 concellos, limítrofes cos primeiros, con medidas de control para evitar a expansión da couza. Entre as medidas, que incluían trampeos de feromonas para capturar o insecto, prevíanse multas de 300 a 3000 euros por transportar patacas dende as zonas contaminadas. En maio de 2017 Medio Rural deu por "controlado" o problema Xa nese momento houbo moitas voces que puxeron en dúbida que as medidas adoptadas por Medio Rural fosen ser suficientes para deter a praga, a pesar de que en maio de 2017 a Consellería de Medio Rural deu por "controlado" o problema. A conselleira Ángeles Vázquez repetiu esta optimista mensaxe en xullo de 2017 e en xaneiro de 2018. Porén, hai case un ano o enxeñeiro técnico agrícola Óscar Antón Pérez cualificaba de "temeridade" anunciar que a praga estaba controlada sen aplicar praguicida ningún aínda, nin químico nin biolóxico, e tan só "arrincando patacas tarde, mal e a rastro". De igual xeito, o pasado mes de xuño a Comisión Europea sinalou que as medidas adoptadas polo Goberno galego e polo Goberno central para loitar contra a expansión da Tecia Solanivora non conseguirían erradicar a praga e que, como moito, servirían para conter a súa propagación natural. E xa en 2016 José Ramón González (Unións Agrarias) amosábase crítico coa forma en que a Xunta xestionara o problema dende a súa chegada a Galicia en 2015: "é un problema xerado pola ineficacia das medidas que a Xunta tomou no ano 2015". "Que imos facer se a praga rebota con máis virulencia ou se estende a outros concellos? Imos dicir que veu de novo?", preguntábase Óscar Antón Pérez, que cría que en Galicia "imos ter que afacernos a convivir coa couza guatemalteca" Pérez sinalaba que "as pragas nunca son entidades fixas, senón que funcionan sobre evolucións, podendo haber repuntes e baixadas ao longo do tempo". "Que imos facer se a praga rebota con máis virulencia ou se estende a outros concellos? Imos dicir que veu de novo?", preguntábase Óscar Antón Pérez, que cría que en Galicia "imos ter que afacernos a convivir coa couza guatemalteca", ao igual que co nemátodo do piñeiro ou a avespiña do castiñeiro. Nas Canarias, lembraba, a praga "leva máis de quince anos ocasionando elevadas perdas e quebrando a cabeza a persoal técnico e investigador sen solución á vista". A comarca de Bergantiños é a segunda de Galicia en produción de patacas, con 1.153 hectáreas dedicadas ao cultivo, só por detrás da Limia Á espera do que poida suceder nos vindeiros meses, a chegada da couza guatemalteca á Costa da Morte xa espertou a preocupación dos labregos e labregas de Bergantiños, unhas das primeiras zonas produtoras de Galicia. Mentres que en Muxía a práctica totalidade da produción de pataca se destina ao autoconsumo (ao igual que en moitos dos concellos afectados en Ferrolterra e na Mariña) a realidade é moi diferente en concellos como Coristanco. A comarca de Bergantiños é, de feito, a segunda de Galicia en produción de patacas, con 1.153 hectáreas dedicadas ao cultivo (en 2015), só por detrás da Limia. |
NOS_45405 | Nixeria, a principal economía de África, abandona o dólar e emprega a moeda chinesa para as transaccións comerciais. | En 2014 Nixeria pasou ser a principal economía africana, desbancando dese posto Sudáfrica e situándose así como un dos principais motores económicos do continente. Agora, Abuia (capital nixeriana e sede do goberno) vén de decidir que o país abandona o dólar e adopta a moeda chinesa 'iuan' para todas as súas operacións comerciais. China pasa así ser socio preferente de Nixeria e dá un paso de gran caldo en termos económicos, comerciais e xeoestratéxicos. Non debemos esquecer que 22% da débeda pública africana ten China como acredor. En marzo, Nixeria asinou un acordo co banco chinés máis importante, ICBC, para adoptar o 'iuan' para as súas operacións comerciais. Para iso, o país africano fixo un intercambio de divisas por valor de 2,5 mil millóns de dólares en iuans. O paso dado por Abuia continúa a tendencia que se esá a asentar no continente. Así, a finais do pasado mes de maio, 14 países africanos e 17 bancos centrais reuníronse en Zimbawe para adoptar o 'iuan' como moda de reserva. Recentemente, Pequín asinaba con Angola un importante acordo polo cal China vai pagar en iuans o petróleo que adquiera ao país africano. |
NOS_21710 | A borrasca provocou por volta de 261 incidencias até as 17 horas e o desvío de voos con destino a Vigo e Compostela. Vigo, Pontevedra, Soutomaior, Santiago de Compostela, Ribadavia e Lugo son os concellos que rexistaron máis secuelas, de acordo coa información fornecida pola Xunta. | Un dos 7 voos desviados este domingo a consecuencia do temporal Ana procedía de Arxel e estaba previsto que aterrase en Vigo por volta das 6.30 horas deste 10 de decembro. Nel viaxaba a delegación galega da Sogaps -Solidariedade Galega co Pobo Saharaui- que recentemente visitou os campamentos de refuxiados saharianos de Tinduf. Facían parte desa expedición as parlamentares Ángeles Martínez (PP), Eva Solla (En Marea) e Montse Prado (BNG), ben como o alcalde de Viana do Bolo (BNG). Acabaron aterrando en Madrid e desprazándose a Galiza en autocarro. Alén dos voos desviados, o mal tempo obrigou tamén a cancelar saídas, até un número de cinco, todas elas no aeroporto de Vigo. Canto ás incidencias, o maior número refírense á caída de árbores e pólas nas estradas (87), seguidas de bolsas de auga nas estradas (31), anegamentos en rúas (18) e vivendas (17) e cabos de luz nas estradas (6), segundo a Xunta. O sul do país é claramente o máis afectado: a provincia de Pontevedra rexistou 144 incidencias, xusto o dobro das producidas na de Coruña (72). En Lugo contabilizáronse 27 e Ourense ficou con 18. Noticia actualizada por volta das 20:25. |
NOS_30486 | O ex portavoz socialista na cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, foi designado esta terza feira como representante da Cámara Autonómica galega no Senado español. Xunto a el, tamén obtiveron o respaldo parlamentario as ex candidatas populares ás alcaldías de Vigo e Ourense, Elena Muñoz e Jesús Vázquez. | Leiceaga deixa o Parlamento galego despois dunha ampla traxectoria na cámara que mesmo mereceu o eloxio (con veleno para Gonzalo Caballero) de Alberto Núñez Feixoo na última sesión de control hai apenas unha semana. Xoaquín Fernández Leiceaga obtivo ademais o maior apoio nas votacións, con 59 sufraxios a favor da súa candidatura. Pola súa banda, as ex concelleiras e candidatas derrotadas en maio en Vigo e Ourense, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, repetirán nas Cortes logo de que o PP volvese presentalos, tal e como sucedeu tras as municipais. Muñoz e Vázquez recibiron 51 votos a favor no reconto. Non houbo votos en contra, mais si 10 abstencións. Estas tres senadoras súmanse ás 16 que foron elixidas nas estatais do pasado 10-N polas catro circunscricións galegas. O PP recupera a maioría no país, xa que sumou 9 actas (Miguel Lorenzo, Juan Manuel Juncal Rodríguez, Verónica María Casal, Manuel Lorenzo, Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández, Javier Guerra e Pilar Rojo) por 5 do PSOE (Antonio Vázquez, César Mogo, Juan Carlos Francisco Rivera, Modesto Pose e Margarita Adrio). |
NOS_56751 | O Parlamento Europeo aprobou onte unha prórroga para que as aeroliñas non teñan que operar os chamados 'voos pantasma' co fin de conservar os seus 'slots'. Unha medida en favor das compañías e, indirectamente, do Planeta. Porén, Bruxelas continúa a mimar un dos sectores máis nocivos para o ambiente. | O pleno do Parlamento Europeo aprobou na quinta feira, 11 de febreiro, a proposta da Comisión de prorrogar a flexibilidade dada ás aeroliñas durante a pandemia para evitar que se vexan obrigadas a operar os chamados 'voos pantasma', é dicir, sen pasaxeiros, e poderen manter os slots. Un slot é unha autorización para despegar ou aterrar dun aeroporto en concreto, nun día concreto, nun período de tempo concreto. Planificados cun ano de antelación, cada compañía debe axustarse a eles. E utilizalos. Non importa que, tal e como acontece agora, non haxa pasaxeiros: os avións viaxan baleiros para cumprir coas regras estabelecidas. A modificación aprobada na quinta feira permitirá ás aeroliñas cubrir só 50% dos seus slots habituais na tempada de verán para podelos conservar na mesma tempada de 2022, en lugar do 80% que exixe a UE. Para próximos períodos, de seguiren as dificultades, valórase un axuste de entre 30% e 70%. Alén do aforro que supón ás compañías de aviación, o principal beneficiado pola medida ─que xa conta tamén co aval do Consello─ é o Planeta. O sector da aviación está a substituír nos últimos tempos as centrais de carbón como principais emisoras de gases de efecto invernadoiro e, polo tanto, como principais contribuíntes ao quecemento global. Cada voo emite unha elevada cantidade destes gases, principalmente de dióxido de carbono (CO2), ao queimar o combustíbel ─queroseno─ que propulsa os avións. Por exemplo, unha viaxe de ida e volta deste Compostela a París emite unha cifra estimada de 0,22 toneladas de CO2 por pasaxeiro, segundo a calculadora do organismo da aviación civil da ONU, o ICAO. Isto é, a mesma cantidade de CO2 que emite ao ano un cidadán de Etiopía, de Madagascar ou de Timor-Leste. De acordo cos datos da IATA, a Asociación Internacional de Transporte Aéreo, o número de pasaxeiros en 2037 será de 8.200 millóns, o dobre que antes da pandemia. Ademais, mentres noutros sectores se están a dar pasos cara a modelos máis respectuosos co ambiente, as emisións do sector da aviación non paran de medrar. En 2019, segundo datos da organización estadounidense ICCT (Consello Internacional de Transporte Limpo), foron 918 millóns de toneladas, un incremento de 29% desde 2013. Destas, 85% son producidas polo transporte comercial de pasaxeiros. Os principais mercados foron os EUA (23% do CO2), a UE (19%) e a China (13%), máis da metade entre as tres do total mundial. 0,33 céntimos ao litro Por iso, desde o grupo dos Verdes/ALE na Eurocámara celebraron a decisión tomada na quinta feira, mais tamén salientaron a situación anómala e de privilexio que o sector da aviación goza na UE, un "paraíso do queroseno", din. Este é actualmente un dos únicos combustíbeis fósiles libre de impostos. A introdución desta taxa para os voos internacionais, de acordo a un estudo elaborado pola propia Comisión, suporía un ingreso ás arcas comunitarias de 27.000 millóns de euros. O Pacto Verde Europeo, o plan lanzado polo actual Executivo comunitario para "ser o primeiro continente climaticamente neutro", contempla a introdución deste imposto, mais aínda non se produciu. Nunha apelación á Comisión xa a finais de decembro de 2019, a eurodeputada dos Verdes Karima Delli propúñao facer na revisión da anticuada Directiva de Impostos á Enerxía (aprobada en 2003) prevista para este 2021. Este imposto, en calquera caso, non sería unha medida vangardista. Outros países do mundo ─aínda que moi humildemente─ xa o contemplan. Por exemplo, EUA grava con 0,244 dólares o galón (menos dun céntimo de euro o litro). Tamén, Arabia Saudí (0,02 euros por litro); o Canadá (0,08); ou o Xapón (0,14). Para chegar á recadación de 27.000 millóns de euros, o imposto na UE debería ser de 0,33 euros ao litro. Porén, desde o sector da aviación non queren nin oír falar deste imposto. O Financial Times fíxose eco dun informe interno da Comisión sobre o impacto dos 0,33 céntimos, asegurando que o prezo medio dos billetes de avión se elevaría en 10% e o número de pasaxeiros caería en 11%, causando un "efecto negativo" no emprego. Mais desde o grupo dos Verdes consideran que "as aeroliñas na UE xa se benefician de inmensa subvencións estatais, moitas con prácticas de emprego precarias para os traballadores". Estímase ─non hai datos oficiais, só do número de pasaxeiros─ que apenas 10% da poboación mundial viaxa en avión anualmente. A contaminación por combustíbeis fósiles causa unha de cada cinco mortes no mundo Máis de oito millóns de persoas morren no mundo cada ano por respirar as partículas procedentes das emisións de combustíbeis fósiles. A cifra é significativamente maior da estimada con anterioridade e supón que un de cada cinco falecementos en 2018 foi por esta causa. Así o recolle a investigación elaborada pola Universidade de Harvard (EUA) e as inglesas de Birminghan, Leicester e University College de Londres, publicada esta semana na revista 'Environmental Research'. O estudo mostra a relación directa entre altos índices de mortaldade e altas concentracións de aire contaminado. A zona leste dos EUA, Europa, a China e a India son as máis afectadas. Porque os combustíbeis fósiles, ademais de contribuír á crise climática, tamén producen un "cóctel tóxico" de partículas diminutas que entran nos pulmóns e causan ─entre outras doenzas─ enfermidades coronarias, asma ou cáncer de pulmón. |
NOS_54883 | O mapamundi do Salterio da Abadía de Westminster é unha pequena cartografía elaborada arredor de 1265 que actualmente se conserva na Biblioteca Británica. Sinala o que era unha evidencia naquela altura: a consideración internacional da Galiza como un espazo político diferenciado no ámbito peninsular e a propia realidade dos reinos cristiáns na área ibérica. Eis un extracto do publicado no número 335 de Sermos Galiza. | O mapa do Salterio é unha carta de autor descoñecido elaborada arredor de 1265 que responde a unha estrutura TO, modelo cartográfico existente na Idade Media caracterizado pola súa preocupación teolóxica. Reciben este nome porque o O representa o mundo en forma circular, a forma xeométrica perfecta, rodeada polo océano, mentres o T refire a articulación do espazo interior ao tempo que presenta a cruz, en tanto símbolo da cristiandade. A propia forma circular do mapa remite á forma do corpo de Cristo, que aparece abrazado ao mundo, situándose Xerusalén no centro do mundo, onde aparece representado o seu rexurdimento, gravándose a súa cabeza arriba ao leste, a carón do paraíso terreal, e os seus pés ao sur, coincidindo coas columnas de Hércules. Os mapamundi que seguen este esquema deixan nun segundo plano a precisión xeográfica, presentando formas esquemáticas e destacando a súa función teolóxica. A carta do Salterio é un pequena miniatura de arredor de nove con cinco centímetros de alto que se atopaba incluído nun salterio, isto é, libro de carácter relixioso que recollía unha colección de salmos, e que pertenceu á Casa Real inglesa. A maioría dos estudosos consideran que esta grande xoia da cartografía británica é unha copia do mapa que presidía o dormitorio de Henrique III de Inglaterra na Abadía de Westminster, influído ao tempo polo mapa de Ebsfort, que algunhas investigacións asocian co xurista, político e escritor británico Xervasio de Tilbury. O mapa co leste cara a arriba, a fin de situar Xerusalén como centro do mundo, sitúa a Cristo por riba do mundo, localizando ao seu carón o paraíso terreal. O espazo ibérico ocupa un lugar subsidiario no conxunto, situado a carón dos pés de Xesucristo, canda as columnas de Hércules, situadas pola tradición no estreito de Xibraltar. Malia a súa orixe relixiosa e o seu carácter teolóxico, o mapamundi ten un claro obxectivo político testado na propia dimensión das diversas realidades políticas, destacando polo seu tamaño a área británica en detrimento doutros territorios europeos e por suposto doutras partes do mundo coñecido. Ao tempo, na liña das cartografías do momento, é evidente a súa función pedagóxica para a propia comunidade, tentando explicar a realidade xeográfica do momento, divulgando os máis importantes centros relixiosos da cristiandade e dando a coñecer os grandes centros políticos. [Podes ler a información íntegra no número 335 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_19497 | ENTREVISTA Victoria Portas, portavoz do Movemento Galego en Defensa das Pensións (Modepen), será unha das participantes -este sábado e domingo en Mondoñedo- nas xornadas do SLG sobre a violencia económica que padecen as traballadoras labregas | O vindeiro sábado e domingo Mondoñedo acollerá o XII Encontro da Secretaría das Mulleres do SLG centrado na análise da violencia económica que padecen as traballadoras labregas. Ao longo de dous días, máis de cen agricultoras participarán en charlas, obradoiros e debates ao redor de problemáticas como as enfermidades laborais do agro ou o sistema de pensións. As pensións que reciben as labregas galegas están entre as máis baixas de todo o Estado, ben porque comezan a cotizar moi tarde, ou ben porque, directamente, na granxa só cotiza o cónxuxe varón en detrimento da muller. Dende que se aprobou a Lei de Titularidade Compartida nas Explotacións, no ano 2009, en Galicia só se acolleron a ela 17 mulleres (datos actualizados en febreiro de 2017 polo Ministerio de Agricultura), cando nesta situación poden estar afectadas ao redor de 30.000 persoas na nosa comunidade. O sábado 11 ás 11 da mañá está programada unha mesa de debate na que participarán varias mulleres labregas que contarán a súa situación ante casos de incapacidade laboral. Así mesmo, intervirán Teresa Burgo (avogada, activista e colaboradora do SLG que falará da problemática das baixas médicas e do recoñecemento das enfermidades profesionais), Beatriz Figueroa (avogada, xornalista e activista polos dereitos d@s enferm@s con cancro), e Victoria Portas (especialista en Seguridade Social, activista feminista e portavoz do Movemento Galego en Defensa das Pensións, Modepen). Falamos con Victoria Portas sobre a problemática crecente das pensións, os recortes que está a sufrir o sistema público e a situación concreta que viven as mulleres. "O Goberno recorta no sector público das pensións para que a xente faga achegas no sector privado, en mans da banca e as aseguradoras. E exactamente o mesmo proceso que está a ter lugar na sanidade e na educación" As medidas que nos últimos anos está adoptando o Goberno en relación coas pensións están provocando o inicio dunha mobilización social sostida sobre este tema? Creo que precisamente este vai ser o prato forte desta lexislatura. Os pensionistas xa están a perder poder adquisitivo, despois da reforma que desliga do IPC a suba das súas contías. Ademais, o factor de sostibilidade, eses novos criterios de cálculo aprobados polo PP en 2013 e que se comezarán a aplicar a partir do 2019, fará que as pensións que se soliciten a partir dese ano sofran unha perda do 19 ou 20 por cento. A isto pódense sumar outros recortes no sistema público de pensións. Xa se fixo en educación, fíxose en sanidade, e parece que agora tocan as pensións. Estas medidas responden a un obxectivo oculto de beneficiar as entidades que xestionan e promoven plans privados de pensións? Esta manobra, en realidade, non está oculta. Outra cousa é que moitos dos medios non falen deste tema, porque xa sabemos que hai certos temas que non poden tratar. O Banco Mundial fixo un estudo, hai uns anos, no que sinalou que aqueles países nos que as pensións públicas son elevadas os fondos de pensións privados teñen poucos beneficios; pola contra, naqueles países onde as pensións públicas son de subsistencia, os fondos de capital privado están en auxe. O Goberno recorta no sector público das pensións para que a xente faga achegas no sector privado, en mans da banca e as aseguradoras. E exactamente o mesmo proceso que está a ter lugar na sanidade e na educación: recortes no público para beneficiar o sector privado. "Moitas mulleres teñen que renunciar a traballar xornadas completas ou a ascender nas nosas profesións porque parece que se dá por feito que nós temos que responsabilizarnos en exclusiva da conciliación ou do coidado de persoas dependentes" Tense alertado moitas veces do baixo nivel das pensións en Galicia, sobre todo para as mulleres. Cales son as causas? As mulleres galegas reciben as pensións máis baixas de todo o Estado Español, movéndose nos 600 euros, por baixo do salario mínimo. Hai unha diferenza de case 400 euros entre a pensión media que reciben os varóns e a que reciben as mulleres. Isto é debido a moitos factores. Un deles é que hai moitos máis homes que mulleres xubilados cunha pensión contributiva completa. O feito de que cada vez se esixan vidas laborais máis prolongadas, por exemplo a reforma feita polo PSOE en 2011, dificulta que as mulleres poidan acceder a unha prestación contributiva. Moitas mulleres teñen que renunciar a traballar xornadas completas ou a ascender nas nosas profesións porque parece que se dá por feito que nós temos que responsabilizarnos en exclusiva da conciliación ou do coidado da xente maior ou de persoas dependentes. Todo isto leva a cotizar menos anos, a cotizar bases máis baixas. "Cando ti tes que optar entre comer e pagar un seguro, optas por comer. O mesmo pasa noutros sectores, por exemplo no das mulleres autónomas" O sábado falaredes en concreto do caso das labregas. Detectades cambios nos últimos anos, a raíz da Lei de Titularidade Compartida? O colectivo das mulleres labrega é un dos que se atopa en peor situación. A pesar de que houbo melloras, unha parte moi importante está cotizando polas bases mínimas. En moitos casos porque realmente os seus ingresos non son suficientes; cando ti tes que optar entre comer e pagar un seguro, optas por comer. O mesmo pasa noutros sectores, por exemplo no das mulleres autónomas. Despois, segue sucedendo que a maioría das explotacións están a nome das súas parellas, a pesar de que elas lle dedican tanto ou máis tempo á actividade gandeira. As mulleres deben tomar a iniciativa, deben mirar pola súa cotización e ter conciencia de que o que elas declaran é o que repercute na súa declaración. "Temos que unirnos. Os recortes nas pensións son un tema reversible e dende Modepen cremos que pelexando, como se fixo ante outro tipo de recortes, pódese conseguir parar isto" Que labor facedes dende Modepen no día a día? Como poden as actuais e futuras pensionistas defender o sistema público e unhas pensións de calidade? Estamos participando en distintas mobilizacións, dende a das Marchas da Dignidade de hai dúas semanas, ás manifestacións feministas destes días, por exemplo, a convocada para este mércores en Vigo. Facemos tamén un traballo de información e difusión, tentando que a xente se conciencie da necesidade de loitar pola súa pensión. Ademais, estamos pendentes das xuntanzas do Pacto de Toledo, á espera de participar nas negociacións. Así mesmo, preparamos e presentamos mocións nos concellos, por exemplo relacionadas co recorte nos coeficientes redutores da idade de xubilación de mariñeiros, un asunto que para nós non está en absoluto solucionado. Temos que unirnos. Os recortes nas pensións son un tema reversible e dende Modepen cremos que pelexando, como se fixo ante outro tipo de recortes, pódese conseguir parar isto. As mulleres deben pelexar na defensa dos seus dereitos, porque se non pelexan non van poder conseguir nada. E informarse, porque se non estamos informados non podemos loitar contra isto. |
PRAZA_13551 | Amorín, que foi director de 20minutos.es e fundou a guía de ocio local e social Kedin.es, será o responsable do novo medio xornalístico, que aplica a España o modelo xa experimentado con éxito en América Latina, e que contará con varias ducias de profesionais. | O mundo do xornalismo dixital en España segue movéndose. Hai unhas semanas comezaba a funcionar, por exemplo, o Huffington Post e en setembro farao eldiario.es, a aposta de Ignacio Escolar e dun numeroso grupo de profesionais saídos da redacción de Público. Este xoves inicia a súa andaina Terra España, o portal de contidos, que agora adopta unha estrutura de portal informativo, seguindo o modelo que emprega en 18 países de América Latina, onde conta con 100 millóns de lectores todos os meses. O director de contidos de Terra España será o galego Juanjo Amorín A posta de Terra polo xornalismo terá a súa base nun equipo de 60 profesionais, 40 deles xornalistas, e parece reproducir o esquema ao que asistimos dende hai anos nos Estados Unidos, onde fronte ao peche de xornais e empresas informativas, as únicas compañías que están contratando xornalistas son American Online ou Yahoo, para os portais informativos, nacionais ou locais, que foron lanzando. O director de contidos de Terra España será o galego Juanjo Amorín, que en 1998 fundou Vínculo Media, primeira produtora de contidos e formatos exclusivos para Internet en España e que posteriormente foi director de 20minutos.es e fundou a guía de ocio local e social Kedin.es. O programa Banda Ancha, da Radio Galega, emitirá este sábado unha entrevista con Amorín, para falar no proxecto. |
NOS_4237 | O servizo público reducido á mínima expresión. Nos últimos anos, a dirección da CRTVG foi rebaixando os contidos realizados polo persoal propio até externalizar cara a empresas privadas gran parte da actual programación e dos recursos técnicos. Un elo máis na cadea de control, malia as numerosas denuncias contra estas prácticas privatizadoras e de cesión ilegal. Continuamos afondando no desmantelamento do ente público. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 304 de Sermos Galiza. | "A produción propia, con medios 100% da corporación, está en mínimos históricos. Desde que no ano 1984 se puxo en pé esta empresa pública, nunca houbo unha porcentaxe tan baixa. É un dado que se manipula, falando doutros tipos de produción, sumándolle a que se encarga a produtoras privadas", conta Raquel Lema, portavoz da CUT, sindicato maioritario no Comité Intercentros. "Teñen ese concepto de televisión bonsai, con medios humanos e técnicos cada vez máis pequenos para repartir a torta dun orzamento, que no caso da CRTVG supera os 100 millóns de euros, a produtoras amigas do PP". "En términos formais, sempre din que os gastos de persoal son moi elevados", apunta Santiago Alvite, delegado da CIG, "pero non hai unha xustificación, as producións externas non abaratan gasto". Alvite considera que a dirección en realidade quere "dispoñer dunha estrutura máis flexíbel, discrecional en moitos casos. Teñen un modelo que aplican pouco a pouco: unha televisión onde estritamente se realicen os informativos, que é o que poden controlar, e onde todo o demais se faga de forma externa". En paralelo, o cadro de persoal das canles públicas minguou un 20% nestes anos. Así, na grella da TVG apenas quedan contidos realizados na propia casa alén dos informativos. Programas como Luar, Zizgaz, Vivir aquí, Vivir o mar ou Labranza son dos poucos que sobreviven, cando menos até outubro, momento en que se confirmará a programación (aínda por coñecer) para o próximo curso. Tomando os contidos da pasada semana, contamos até 14 produtoras externas como responsábeis de programas ou series emitidas na canle pública. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 304 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_13354 | A avogada Patricia Gabeiras lémbralles a Alberto Núñez Feijoo e a Xosé Fernández Barcia, alcalde de Mugardos, que se persisten no seu intento de aprobar unha nova modificación do PXOM para legalizar a planta estarían incorrendo nun delicto de prevaricación. O Comité Cidadán afirma que Reganosa está operando sen seguro e esixe a paralización inmediata da súa actividade. | A pasada semana o Tribunal Supremo converteu en firme a sentenza de 2008 que anulaba a modificación do PXOM de Mugardos realizada expresamente para permitir a instalación da planta de gas de Reganosa. A sentenza do Supremo deixaba claro, ademais, que a planta carece dos permisos ambientais para a a súa instalación e funcionamento, e viña unirse a un longo ronsel de sentenzas contrarias á empresa. Porén, até agora a lentitude da xustiza, e grazas a distintas manobras dilatorias, recursos e alegacións, Reganosa viñera esquivando a paralización da súa actividade. A avogada do Comité Cidadán, Patricia Gabeiras, debullou os argumentos utilizados por Núñez Feijoo e Fernández Barcia para defender a legalidade da planta, e acusounos de "faltar á verdade" De igual xeito, a semana pasada o presidente da Xunta e mais o alcalde de Mugardos afirmaban que a sentenza do Supremo non afectaría á empresa, e agarrábanse á nova modificación do PXOM, que debe ser aprobada pola Xunta para entrar en vigor e evitar que a planta opere sen os necesarios permisos. Porén, o Comité Cidadán iniciou a pasada semana unha ofensiva legal para esixir que a planta cese a súa actividade e para evitar que a Xunta aprobe a nova modificación do ordenamento municipal. Nada máis coñeceren a sentenza, os voceiros da plataforma cidadá xa advertiran que "unha vez anulado o permiso para a instalación da planta, todas as autorizacións irán caendo en cascada". A avogada do Comité Cidadán, Patricia Gabeiras, debullou os argumentos utilizados por Núñez Feijoo e Fernández Barcia para defender a legalidade da planta, e acusounos de "faltar á verdade". Lembroulles, así mesmo, que se persisten no seu intento de aprobar unha nova modificación do PXOM para legalizar a planta estarían incorrendo "nun delicto de prevaricación" . Foi rotunda ao afirmar que o Tribunal Supremo anulou a licencia de actividade de actividade, polo que esixiu a súa paralización inmediata, o que deriva, por exemplo, en que Reganosa non estaría cuberta por un seguro, no caso de haber un accidente, segundo Gabeiras. A avogada sospeita que a empresa defenderá ante o TSXG a "inexecutabilidade da sentenza", pois a planta xa está construída. Porén, Gabeiras lembrou que hai abondosa xurisprudencia ao respecto, coma a sentenza que obrigou recentemente a desfacer un recheo ilegal no Porto de Vigo Ademais de seguir adiante co intento de modificar o PXOM de Mugardos, que segundo Gabeiras tampouco contaría cos necesarios permisos medioambientais, que deben ser solicitados antes da instalación, a avogada sospeita que a empresa defenderá ante o TSXG a "inexecutabilidade da sentenza", pois a planta xa está construída. Porén, Gabeiras lembrou que hai abondosa xurisprudencia ao respecto, coma a sentenza que obrigou recentemente a desfacer un recheo ilegal no Porto de Vigo. O Comité Cidadán, finalmente, asegurou novamente que a planta de gas é profundamente deficitaria, por mor da súa escasa actividade, e a súa continuidade, que deriva en beneficios económicos para os grupos empresariais propietarios, repercute nas facturas de electricidade de todos os cidadáns e cidadás. Solicitudes formais de paralización da planta Este luns 11 de xuño o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol remitiulles senllos escritos ao alcalde de Mugardos, ao conselleiro de Medio Ambiente, ao presidente da Xunta, e mais ao Director General de Política Energética do goberno central Este luns 11 de xuño o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol remitiulles senllos escritos ao alcalde de Mugardos, ao conselleiro de Medio Ambiente, ao presidente da Xunta, e mais ao Director General de Política Energética do goberno central. A Xosé Fernández Barcia solicítalle que "acorde a paralización da actividade de Reganosa por violar a instalación a normativa urbanística vixente que non permite a realización de actividades de regasificación en Punta Promontorio". Pola súa banda, a Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, e ao presidente da Xunta, lembralles que, dado que a sentenza do Supremo é inapelable e sinala que Reganosa "é ilegal de pleno dereito por razón da súa ubicación", a Xunta debe cumprir o fallo e, en consecuencia, non pode aprobar a modificación do PXOM, pois "a Lei de Xurisdición prevé a nulidade de pleno dereito dos actos que se diten coa finalidade de eludir o cumprimento das sentenzas firmes". Finalmente, a Jaime Suárez, Director General de Política Energética, solicítalle que acorde "o cese inmediato da actividade de Reganosa, xa que de continuar coa actividade se estaría vulnerando a normativa aplicable ás instalacións de regasificación e se estaría somentendo, por razón dunha situación ilegal, a un risco innecesario á poboación". Presión social e política Esquerda Unida xa anunciou que nos vindeiros días realizará unha serie de preguntas ao Goberno no Congreso sobre a aplicación do fallo do Tribunal Supremo A presión cidadá para esixir a paralización da actividade da planta e demandar o seu peche e traslado a outra ubicación tamén continuará por vías parlamentarias, e Esquerda Unida xa anunciou que nos vindeiros días realizará unha serie de preguntas ao Goberno no Congreso sobre a aplicación do fallo do Tribunal Supremo. De igual xeito, haberá presión social, e a sexta edición da marcha a pé entre Ferrol e Mugardos, que se celebrará o 20 de xullo terá o peche de Reganosa como principal reivindicación, ao fío da sentenza do Tribunal Supremo. |
NOS_44857 | A institucionalización é unha demanda histórica da billarda | O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe no CEIP Sobreira de Valadares nunha actividade do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) sobre a BBC (bolos, billarda e chave). Alí, o mandatario destacou a importancia dos deportes populares que son "parte da idiosincrasia da Galiza, e elemento fundamental da nosa cultura e da nosa tradición, polo que debemos promovelos entre os máis novos para que sigan convivindo connosco durante moitos anos máis". Lete Lasa aproveitou a xornada, na que participaron, en quendas, medio centenar de rapaces e rapazas, para anunciar a recente constitución da nova Federación Galega de Deportes Autóctonos, creada tras o recoñecemento da billarda como modalidade deportiva oficial en territorio galego, o pasado mes de xuño de 2020. De feito, a pasada quinta feira, 29 de abril, o Consello da Xunta autorizaba a sinatura da addenda ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Chave -agora coñecida como Federación Galega de Deportes Autóctonos-, así como a modificación dos límites e das porcentaxes dos pagamentos anticipados, por importe de 10.000 euros. Así, e en total, a nova Federación Galega de Deportes Autóctonos recibirá a tenor do convenio coa Xunta un total de 16.000 euros para as modalidades de chave e billarda. A billarda logra así satisfacer unha vella demanda, o seu recoñecemento como deporte. Até o de agora, eran asociacións e colectivos as que mantiveron con vida á billarda ou estornela, mais a partir de agora xa terán pleno dereito a acceder a apoios e axudas para adquirir materiais ou sufragar desprazamentos, así como para introducirse nas escolas, garantindo o futuro da modalidade creando unha nova xeración de xogadoras. |
PRAZA_20809 | A Asociación Entrelampo está a crear en Chantada unha explotación que dará traballo a cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquico. Para financiar o proxecto lanzou unha campaña de micromecenado, que remata este venres | As persoas con problemas de saúde de mental, especialmente aquelas con situacións máis graves, sofren unha das taxas de desemprego máis elevadas, unhas dificultades de inserción laboral que supoñen un gran trastorno económico para elas, levándoas á pobreza en moitos casos e, igualmente, a empeorar as súas condicións de saúde.A granxa, "Xema e Clara", dará traballo a cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquicoEntrelampo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal crear emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través de iniciativas de economía social, no noso caso Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social. Un deses proxectos busca poñer en marcha unha granxa de galiñas campeiras, que se instalaría nunha vella nave abandonada en Chantada. A granxa, "Xema e Clara", dará traballo a cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquico.A campaña de micromecenado remata este venres e Entrelampo está aínda a medio camiño dos seus obxectivosPorén, para poñer en marcha o proxecto Entrelampo necesita financiamento, que leva semanas buscando conseguir a través dunha campaña de micromecenado na plataforma goteo.org. A campaña remata este venres pola noite e xa superou os 47.000 euros de recadación, por riba dos 30.000 euros que necesitaba como "mínimo", pero aínda lonxe dos 86.000 que buscaban acadar como cantidade "óptima" para chegar a esa cifra de cinco postos de traballo.Entrelampo busca un derradeiro empurrón para incrementar esta cantidade, de xeito que se achegue aos obxectivos previstos. Os cartos conseguidos a través do crowdfunding servirán en primeiro lugar para o arranxo da vella nave e do seu terreo adxacente (unha obra que ascende a máis de 25.000 euros) e, ademais, para a posta en marcha da granxa.Unicamente entre un 5% e un 18% das persoas con problemas de saúde mental graves teñen un emprego"Lanzamos esta campaña porque consideramos que é a sociedade de forma directa quen debe decidir a viabilidade social desta iniciativa", explican dende a asociación Entrelampo, que lembra que só "entre un 5% e un 18% das persoas con problemas de saúde mental graves" teñen un emprego, engadindo que "a maioría dos que conseguen traballo pérdeno en menos de seis meses". "Estamos ante un grave problema de xustiza social que atenta contra os dereitos fundamentais deste colectivo", din.Ademais da importancia económica, o emprego "aumenta a valoración social, desprazando o rol de 'enfermo' polo de traballador, convertendo a recuperación nunha realidade"Explican que "os motivos desta terrible situación son multifactoriais e abarcan dende problemas propios das enfermidades ata as barreiras sociais, como son o descoñecemento e prexuízos da sociedade que conforman o estigma e abranguen todas as capas sociais: civís, empresariais, políticas e mesmo sociosanitarias". Entrelampo lembra que "o beneficio do traballo neste colectivo ten valores engadidos, ademais do propio beneficio retributivo, pois permite o desenvolvemento cognitivo, organiza a vida cotiá e facilita relacións sociais". "Así mesmo, aumenta a valoración social, desprazando o rol de 'enfermo' polo de traballador, convertendo a recuperación nunha realidade", engaden.Entrelampo tamén proxecta unha explotación hortícola ecolóxica na parroquia de Marrozos de Santiago de Compostela que dará emprego a seis persoasA granxa "Xema e Clara" é a primeira iniciativa de creación de emprego que pon en marcha a asociación, que tamén proxecta unha explotación hortícola ecolóxica na parroquia de Marrozos de Santiago de Compostela e que conta coa colaboración de Caritas Interparroquial de Santiago de Compostela e ao GDR Terras de Compostela. Esta granxa dará emprego a seis persoas, catro delas con diversidade funcional de tipo psíquico. |
NOS_39480 | Este 1 de decembro ás 20:00 horas. Contará coa presenza de Hassana Aalia, activista e refuxiado político saharauí. | Neste ciclo, 'Diálogos desde a periferia', que ten como obxectivo achegar a Galiza diferentes realidades do panorama internacional, a cuestión do Sáhara Occidental é vital "como entidade nacionalista galega que somos e defensora do dereito de autodeterminación de tódolos pobos do mundo". Reunidos telemáticamente Hassana Aalia, activista e refuxiado político saharauí e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego analizarán a situación actual do Sáhara e farán un repaso a como se chegou ao momento actual, ás expectativas após a declaración de guerra, a evolución do conflito. O encontro estará moderado por Anxo Núñez, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova e concelleiro do BNG en Outes e poderá seguirse en directo a través das páxinas de Facebook de Galiza Nova e da Fundación Galiza Sempre. Como é de costume no ciclo, haberá unha quenda final para trasladar as preguntas do público que estea a seguir o encontro ás persoas convidadas. |
NOS_18446 | Alternativa Galega de Esquerdas considera que nas erradas, para a cidadanía, decisións do PP está a explicación do escenario actual de suba de canon de lixo aos concellos. | AGE levará ao vindeiro pleno do parlamento galego unha proposición nin de lei na que pide á Xunta que ben revise ou ben finiquite o contrato de subministro eléctrico de Sogama con Unión Fenosa. Alternativa considera "claramente lesivo para o interese público" o convenio. O deputado Antón Sánchez manifestou que "se isto fose un conto comezaría: Érase unha vez unha empresa pública ao servizo de Fenosa..." Sánchez denunciou que a suba do canon a concellos (e que está a provocar a insubmisión a ese pago de ducias de municipios) van ter que pagala os cidadáns. Un incremento que se deriva, afirma, de decisións do PP, como o cambio de clasificación da térmica faito en 2011 polo goberno galego e que foi recorrido polo estado. Antón Sánchez lembrou que iso supuco que se cobraron 11 millóns de euros de máis pola producción de enerxía, unha cantidade que agora Sogama ten que devolver. |
NOS_4829 | Meirás conta xa con tres BIC, á espera do xuízo pola titularidade dos elementos que están no seu interior. | A Biblioteca de Emilia Pardo Bazán, no interior do pazo de Meiras, no concello de Sada, conta desde esta cuarta feira coa declaración Ben de Interese Cultural (BIC). A publicación do Diario Oficial da Galiza (DOG), oficializou este recoñecemento, "do valor cultural e a protección e salvagarda" dun total de 10.855 volumes, segundo explica a Xunta. Deste exemplares, 7.883 están a ser custodiados pola Real Academia Galega (RAG), mentres que os 2.972 restantes atópanse no interior de Meirás. O decreto da declatación BIC destaca a "singularidade e carácter único" das pezas que conforman a biblioteca, que cualifica como "colección esencial", polo duplo feito de ser obra da propia escritota galega como polas achegas das interaccións que mantivo con outros autores e autoras da época. A gran maioría das obras recollidas son primeiras edicións e manuscritos adicados persoalmente a Emilia Pardo Bazán. O datado dos volumes vai desde o século XVII até comezos do XX, e integra obras universais en galego, castelán e francesa. A maiores, algunhas das obras contan con subliñados e anotacións que os converten en únicos. Tramitación da declaración BIC A tramitación da declaración Ben de Interese Cultural comezou en novembro de 2020 coa incoación do expediente. Neste tempo, institucións como a RAG, o Consello de Cultura Galega (CCG), a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña emitiron informes favorábeis. A Xunta destaca que a tramitación non recibiu ningunha alegación en contra. Durante todo 2021 tiveron lugar máis de medio cento de actividades académicas e culturais para"achegar a figura de Pardo Bazán a todos os públicos no marco do seu centenario". Tres BIC en Meirás Con esta nova incorporación, Meirás conta xa con tres Bens de Interese Cultural. O propio pazo está cualificado coa categoría de sitio histórico desde 2008. Posteriormente, en 2019 recibiron este recoñecemento as nove estatuas da portada exterior do Pórtico da Gloria, das que dúas atópanse no interior do edificio. Mentres o xuízo pola titularidade dos bens de Meirás non teña lugar, o Goberno galego e o Estado español seguen a negociar un convenio para ampliar a catalogación BIC a outros elementos que se atopan no interior do pazo. |
NOS_56410 | nha cuarta edición "máis galega ca nunca" | Malia os efectos da pandemia, mantense a cita co Festival de Jazz de Moaña, unha das referencias galegas para as amantes deste estilo musical. A IV edición chega cun cartel "máis galego ca nunca", afirman desde a organización, que encherá de jazz o arboredo da Xunqueira durante os días 14 e 15 de agosto, respectando todos os protocolos e precaucións para previr a transmisión da Covid-19. A delegada de turismo Coral Ríos, o delegado de ensino e deportes Juan Parcero e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron onte nos xardíns do concello o cartel, subliñando que o evento é xa un dos "imprescindíbeis" do programa "Días de Mar". A capacidade das actuacións limitarase desta volta a 300 persoas e as entradas serán de balde, dispoñíbeis online ou na oficina de turismo. Pola súa banda, desde a Asociación de Jazz de Moaña afirman estar "moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego dun altísimo nivel". O ciclo dará comezo na noite do 14 de agosto con Sumrrá, un dos grupos galegos de jazz de referencia tanto no noso país como no extranxeiro e un proxecto con case 20 anos de traxectoria. O seu concerto irá seguido dunha jam sesion a cargo de Antón Iglesias Trío. O sábado 15 de Agosto abrirán o festival Wilfried Wilde Quintet, un proxecto do guitarrista francés afincado en Bueu Wilfried Wilde , que presenta o seu primeiro traballo xunto a Charley Rose no saxofón, Xan Campos no piano, Demian Cabaud no contrabaixo e Iago Fernández na batería. De novo, o concerto irá seguido dunha sesión improvisada que nesta ocasión dirixirá o guitarrista Nacho Pérez xunto co seu trío. |
PRAZA_4069 | Cidadáns que transixen con permanecer na casa conscientes de que o egoísmo pode provocar o irreparable, que un espirro non contido ou unha man mal lavada pódenlle costar a vida a algún desafortunado. Cidadáns que ven nas privacións e renuncias nacentes solidariedades para consolidar o ben común e dotar de novo senso ao noso corpo social. Somos libres porque confinados! | Nunca antes tantas persoas tomaron de súpeto conciencia do valor da liberdade. Nunca antes coma na actual conxuntura cando, imperiosas necesidades sanitarias mediante, as nosas saídas son proscritas, limitadas a uns poucos movementos autorizados. Non falta quen, de súpeto, tras toda unha vida de servilismo e irreflexión arredor do grandioso dos valores que caracterizan as nosas sociedades abertas, ousa invocar e promover a "rebeldía" para transgredir a norma actualmente en vigor. Non falta agora quen rexeita pregarse ao novo "réxime draconiano" e xustifica as súas díscolas opcións nunha sorte de necesidade orgánica que rexeita "deixarse encadear". Non falta agora quen afirma dar máis importancia á súa liberdade que á súa propia vida, estimando que a conclusión de tal diatriba tan só a el lle compete e que ningunha autoridade ten dereito de inxerencia, atacando e arremetendo, coma se do "home revirado" de Camus se tratase, contra corpos e forzas de seguridade que só están para os controlar.Tal deriva dista dun acto subversivo e ten máis que ver cos pequenos costumes e comodidades conformistas que nos temos dado, máis acaídos coa reacción de nenos mimados sen conciencia do valor das cousas. No seu libro A república do silencio, Sartre profería unha provocadora afirmación ao sinalar que "(os franceses) nunca fomos tan libres como baixo a ocupación alemá". Non se trata de comparar o incomparable, establecendo un paralelismo imposible entre o xugo do nazismo e o confinamento que os galegos vivimos, senón de lembrar aos moitos esquecedizos contumaces o auténtico prezo da liberdade! "Tiñamos perdidos todos os nosos dereitos, comezando polo de falar; insultábasenos á cara cada día e debiamos calar; éramos deportados en masa, como traballadores, como xudeus, como prisioneiros políticos; en todas partes, en muros, en xornais, en pantallas, atopabamos ese inmundo e insulso rostro que os nosos opresores presentaban coma se fose o noso: a causa de todo isto, éramos libres". Son as sombras as que nos permiten ver a luz. Só a máis dura das probas e complexo desafío é quen de revelar o mellor en cada un de nós. Nunca a liberdade se nos presenta con tanta forza e acuidade coma no día en que nos privan dela. O que Sartre denota é que ser libre depende de até que punto estamos dispostos a asumir as consecuencias das nosas decisións, dos nosos xuízos éticos, das nosas eleccións cotiás e de como estas impactan en nós mesmos e naqueles que nos rodean. A liberdade non é un acto trivial, algo que poidamos exercer sen pensar, senón que é un combate que temos que librar sempre, en todo momento e situación. A liberdade non son os exercicios de inconsciencia que se suceden durante as últimas semanas, nin converterse subitamente en runner, devecer por broncearse no parque do barrio ou provocar atascos nas saídas das nosas cidades para pasar a tarde no monte ou na praia. Ser libre non é encherse a boca de dereitos humanos, transgredir a prohibición e coleccionar amoestacións! A actual crise dános ocasión de comprender que nunca hai liberdade sen condicións. Na súa novela A peste, Camus, tamén aludía ao valor da liberdade e xusto en tempos de pandemia. "Os nosos cidadáns non eran máis culpables ca outros, esquecían ser modestos e pensaban que todo aínda era posible para eles (...) críanse libres e ninguén será nunca libre mentres haxa enfermidades", escribiu o alxerino-francés. A falsa liberdade preténdese incondicional e acomódase ao egoísmo humano, se ben é algo a reconquistar a cotiá e a conxugar en plural. Deste xeito, un home confinado é un home autenticamente libre! Alguén que di si ás frustracións individuais para atallar os males colectivos, que sacrifica a súa comodidade polo ben de todos, xa sexan anciáns, funcionarios en servicio ou traballadores de sectores indispensables. Cidadáns que transixen con permanecer na casa conscientes de que o egoísmo pode provocar o irreparable, que un espirro non contido ou unha man mal lavada pódenlle costar a vida a algún desafortunado. Cidadáns que ven nas privacións e renuncias nacentes solidariedades para consolidar o ben común e dotar de novo senso ao noso corpo social. Somos libres porque confinados! |
NOS_12565 | O presidente cualifica o pacto, rexeitado pola maioría dos produtores de Galiza, como "unha boa nova". A Plataforma debate esta sexta feira que accións desenvolver fronte a un acordo que "non garante uns mínimos". | Núñez Feijóo considera o acordo lácteo avalado polo goberno español, que non foi asinado polas organizacións que representan a maioría dos gandeiros galegos, como unha "boa nova" e "unha oportunidade". Declaracións que chocan coas críticas verquidas desde Fruga, SLG, OPL ou Unións Agrarias sobre un documento que, sinalan, non recolle as mínimas demandas do sector. Nin garante prezos dignos, nin pon fin aos contratos lixo nin establece mecanismos de sanción para quen non cumpra. "É unha mera declaración de intencións", como din os sindicatos, afastada do que agardaban os produtores galegos. Mais para Núñez Feijóo son os gandeiros galegos quen teñen que dar explicacións por non subscribir o acordo. Para o presidente da Xunta, os produtores que non respaldan o pacto deben "dar explicacións" por non apoiar agora "unhas garantías" que reivindicababan nas tractoradas. Un acordo, di Feijóo, que apoia a "maioría do sector". Afirmación que non se corresponde co acontecido en Galiza, onde o non a ese pacto é maioritario. "As decisións sobre o lácteo galego non se poden tomar en Madrid" A deputada do BNG Tereixa Paz denunciou esta quinta feira o "desleixo" de goberno galego e español perante a crise do sector lácteo. Os nacionalistas consideran que "non se pode consentir que as decisións chave da política para o sector lácteo galego se adopten en Madrid". O BNG denuncia que o acordo non inclúe medidas que dean estabilidade ao sector, cun texto final aínda máis inconcreto co borrador presentado en agosto. Neste sentido, nada hai sobre a principal demanda centrada en establecer un "prezo sostible" para os produtores de leite, non hai garantías de recollida, nin se contemplan sancións por incumprimentos das partes, habituais desde as industrias e distribución. Asemblea A Plataforma en defensa do sector lácteo analiza esta sexta feira as medidas e accións a decorrer perante un acordo que, inciden, "decepciona" o sector gandeiro galego. Non se descarta que se retomen as mobilizacións. |
PRAZA_16795 | O comité de folga traslada as súas demandas a Madrid e entrega unha carta ao ministro Catalá a través de En Marea | O comité de folga do persoal da Administración da Xustiza critica as "continuas inxerencias" nese dereito a folga dos traballadores por parte do Consello da Avogacía e de colexios de avogados, "como o de Ourense". O comité de folga lembra ao Consello da Avogacía que "a decisión de facer ou non folga corresponde estritamente ao traballador" Nunha nota de prensa, os representantes do funcionariado que leva máis de dous meses secundando un paro indefinido "lembra" as colectivos que "o dereito a folga, tal e como recolle a xurisprudencia constitucional, é un dereito de titularidade individual pero de exercicio colectivo". "A decisión de facer ou non folga corresponde estritamente ao traballador", din, en resposta ás propostas dos colectivos de avogados para intentar regularizar dagún xeito ou aminorar o paro indefinido e as súas consecuencias, tamén mediante a posibilidade de advertir antes da posible suspensión dalgún acto xurídico. Ademais, advirten de que o preaviso de folga realízase, no caso dos servizos públicos, "con dez días de antelación" e que é o traballador quen, "libremente, cada día decide" se a secunda ou non. "Isto pode ocasionar que un mesmo traballador un día realice folga e outro día non", explica o comité, que asegura que, xa que logo, "a pretensión, tanto do Consello da Avogacía como do Colexio de Avogados de Ourense é ilegal, posto que a presión para conseguir un preaviso individual de folga, que é o que pretenden, está prohibida". "No caso de ser requirida pola empresa, constituiría a vulneración dun dereito fundamental", insisten. Así, o comité de folga explica que "resulta imposible coñecer os xuízos que se suspenderán con antelación sen vulnerar o dereito á folga", en referencia á solicitude feita polo Consello da Avogacía. Ademais, e respecto do cumprimento dos servizos mínimos, o colectivo --onde están representados os sete sindicatos--, asegura que "están a ser escrupulosamente respectados" e que foron "impostos" pola Xunta, á que acusan de "negarse a negocialos coas organizacións sindicais". "Calquera responsabilidade derivada da falta de inclusión dun acto ou procedemento como servizo mínimo corresponde unicamente á Xunta. Alén disto, o comité de folga insiste en solicitar o "cesamento de maneira fulminante" do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, "pola falta de responsabilidade, competencia e interese". O persoal de Xustiza en folga traslada as súas demandas a Madrid e entrega unha carta ao ministro Catalá a través de En Marea Por outra banda, representantes deste comité de folga desprazáronse a Madrid, onde mantiveron xuntanzas con representantes dos diferentes grupos políticos e onde trasladaron as súas reivindicaracións ao ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ao que escribiron unha carta. Na misiva, o persoal da Administración de Xustiza en Galicia advirte das súa reclamacións e pide unha "equiparación no complemento autonómico transitorio respecto aos iguais", entre outras solicitudes. Ademais, reclámanlle que "medie" para rematar co conflito. A carta foi entregada a Catalá no pleno do pola deputada de En Marea, Yolanda Díaz, cuxo partido foi quen convidou os representantes do comité de folga a trasladar as súas reivindicacións a Madrid. Ademais, en Galicia sucedéronse as mobilizacións en diferentes cidades ao cumprirse xa dous meses e catro días de folga indefinida. |
PRAZA_7034 | Foi arrestado na noite deste venres para ser interrogado pola súa suposta relación nun caso de corrupción, branqueaento de dieñiro e fraude fiscal. | Portugal espertouse impactado este sábado. O ex primeiro ministro, José Sócrates, foi detido na noite deste venres para ser interrogado pola súa suposta relación cun caso de corrupción, branqueamento de diñeiro e fraude fiscal, segundo informou a Oficina do Procurador Xeral nun comunicado. Sócrates será interrogado pola súa suposta relación cun caso de corrupción, branqueamento de diñeiro e fraude fiscal Sócrates foi detido no aeroporto de Lisboa, cando regresaba de París e a policía tamén detivo outras tres persoas relacionadas con este caso Trataríanse, segundo o diario luso Sol, de Carlos Santos Oliva (administrador do grupo Lena e amigo de Sócrates), Gonçalo Ferreira (avogado en Proengel, unha firma de Carlos Santos Oliva) e Joaquim de Castro Lalanda (representante en Portugal de Octapharma, unha compañía farmacéutica multinacional para a que o ex primeiro ministro estivo traballando desde 2013). Este tres arrestados pasaron ante o xuíz de instrución durante o día de onte, e os interrogatorios reinícianse este sábado e o ex primeiro ministro terá que comparecer no marco desta investigación sobre "operacións bancarias, movementos e transferencias de diñeiro sen xustificación coñecida e legalmente admisible", segundo o comunicado de oficina do Fiscal Xeral da República. A xustiza investiga "operacións bancarias, movementos e transferencias de diñeiro sen xustificación coñecida e legalmente admisible" Esta investigación é "independente", conclúe a Fiscalía, da chamada operación Monte Branco, iniciada en xuño de 2011 e coa que se desmantelou unha rede de branqueo de capitais con conexións entre Portugal e Suíza. Segundo o diario Sol, a casa de José Sócrates no centro de Lisboa foi un dos lugares onde se levaron a cabo rexistros, así como unha empresa en Alvalade onde o ex primeiro ministro ten arrendado un local onde gardaba documentación. José Sócrates, de 57 anos, foi nomeado primeiro ministro de Portugal en marzo de 2005. Converteuse no primeiro socialista que gobernou con maioría absoluta. Abandonou o Goberno en xullo de 2011 logo do rexeitamento parlamentario ao seu plan de austeridade. Despois de máis de seis anos de goberno, trasladouse a París, onde estudou, lonxe da vida política portuguesa. En marzo de 2013 regresou aos escenarios cunha entrevista a RTP, e en abril dese mesmo ano converteuse en comentarista da emisora pública. Nesta entrevista, Sócrates acalou as acusacións de manter unha vida de luxo en París. "Só tenho uma conta bancária desde há mais de 25 anos. Jamais tive dinheiro no estrangeiro. A primeira coisa que fixem quando me fui do governo foi pedir um empréstimo ao meu banco", dixo daquela. É o primeiro ministro que é detido na historia de Portugal. |
NOS_40801 | A Asociación de Gaiteiros Galegos cumpre 25 anos de historia con máis de 800 socios e socias e un amplo abano de actividades e reivindicacións arredor da música tradicional galega. O seu secretario, Xaneco Tubío, relátanos os principais fitos desde a súa constitución formal en 1989 até a actualidade na que máis de vinte mil persoas -en especial mocidade- asiste a aulas dalgunha das disciplinas da música tradicional. Reclama unha maior visibilidade e apoio institucional e a presenza en canta festa e romaría se celebra no país, xa que isto é o seu verdadeiro sentido. | - Como é o balance de vintecinco anos da Asociación de Gaiteiros Galegos? Ao noso ver, somos unha asociación necesaria. Os inicios foron nos anos setenta, no fin da ditadura, cando se xuntaron gaiteiros vellos e novos, artesáns e xente que se dedicaba á música tradicional e tiñan como obxectivo a dignificación da gaita e o cambio na consideración do gaiteiro, entón moi desprestixiado. Naquel momento vivíase unha ridiculización da cultura galega, e da figura do gaiteiro en concreto que noutros tempos da nosa historia fora máis respectado como forma de expresión cultural propia. Eses foron os alicerces que levaron a que no ano 1989 se fixese unha asemblea constituínte en Santiago. Os seus principios fundamentais contemplan a busca dun espazo na sociedade do século XXI para a música tradicional. Neste tempo de globalización, a agresión ao propio, á nosa cultura, é aínda maior e por iso é necesario unha asociación como a nosa que defenda o futuro da música tradicional composta polos que traballamos e contribuímos a que siga viva. "Os seus principios fundamentais contemplan a busca dun espazo na sociedade do século XXI para a música tradicional". -Son máis de 800 asociados e asociadas, sabe canta xente se dedica á música tradicional neste momento? Eses 800 son socios individuais mais danse casos nos que unha banda ou unha asociación só teñen unha persoa asociada mais son moitos máis. A cifra de persoas vinculadas á asociación sería moito maior. Cantas persoas se dedican á música tradicional? Na época do bipartito colaboraramos nun estudo sobre o número de persoas que se dedican a ensinar e aprender algunha das disciplinas da música tradicional e os resultados eran sorprendentes. Arredor de 24.000 alumnos estaban preparándose nalgunha das disciplinas e sobre 600 persoas vivían de dar clase e había como 900 centros onde se impartía algunha aula de música tradicional. Está presente en case todo o país. Ademais, o que nos diferencia do resto das culturas actuais é que a maior parte das persoas que se achegan á nosa música tradicional é xente nova, mozos e mozas. Con estas cifras, é lamentábel que a visibilización nos medios de comunicación sexa anecdótica e quede reducida a un papel folclorizante. -Nestes 25 anos, que demandas foron entón as que se defenderon como obxectivos prioritarios? Pasamos por varias etapas, a primeira de construción, de posta en común da problemática da época que, como dicía, consistía en loitar pola dignificación da figura do gaiteiro. Eu lémbrolle reclamar a Ricardo Portela que os nomes dos gaiteiros fosen, nos carteis das festas, do mesmo tamaño que os das orquestras. Iso xa se conseguiu mais continúa a haber eivas e unha débeda de recoñecemento coa nosa música tradicional. Despois veu un momento, coa creación da Real Banda de Ourense, na época de Fraga, na que a Asociación de Gaiteiros tivo que dar o debate na sociedade e non só fomos nós, senón moitas máis asociacións de ámbito local que se implicaron e deron a batalla para criticar que se gastaran os cartos públicos desa maneira. Déronse centos de millóns de pesetas para promover formacións alleas á tradición, cando o noventa por cento do que hai hoxe en día na música tradicional se logrou de forma altruísta, con persoas que puxeron en contacto aos vellos gaiteiros cos que eramos novos daquela para que non morrera a nosa cultura popular. Esa foi un dos valores máis relevantes e o que explica a fortaleza da nosa música, ese compromiso altruísta que naceu da propia xente. -Que consecuencias tivo aquel debate e o impulso institucional das formacións de gaitas alleas? Hoxendía todo o mundo sabe que esa formación non é galega. O que vemos positivo de todo aquel proceso é que se clarificou a situación. Na cultura do noso país hai moitas eivas, non no traballo de base senón na utilización que fai del a administración. Galiza, que é o país das gaitas, carece dun museo ou un centro de investigación que a trate de maneira científica, que fale do que fomos, na música tradicional e noutros ámbitos da cultura. Asturias ten un museo da gaita que aquí non hai ningunha administración que se ocupe dela, por non falar da Universidade ou a Consellaría de Educación, na que temos presentado distintos proxectos para a elaboración de unidades didácticas sen atopar ningunha receptividade. O primeiro contacto que os nenos debían ter coa música tiña que ser a través da tradición e vemos como en educación infantil se achegan a través doutras músicas. Déronse avances, hoxe podes estudar gaita no conservatorio mais o papel que está a desenvolver a Asociación continúa a ser imprescindíbel porque o labor que nós facemos non o fai ninguén, "Neste tempo de globalización, a agresión ao propio, á nosa cultura, é aínda maior e por iso é necesario unha asociación como a nosa" -En que se concreta ese traballo? En moitos ámbitos de actuación, desde obradoiros, até unha liña editorial a través da que editamos, poño por caso, tres discos de música tradicional para nenos que son O Quiquiriquí, Pelogato e 13Lúas cos que xuntamos un amplo grupo de artistas tanto de música tradicional como de folclore. Se non o fixeramos probabelmente esa música morrería como morreron tantas expresións da nosa cultura. Tiñamos moitísimas cantigas para a infancia mais careciamos de música infantil tradicional gravada. Temos tamén aberta unha escola de música tradicional, A Tradescola, co apoio da área de Cultura da Deputación de Lugo, o primeiro museo da evolución da gaita galega na Casa da Gaita de Cotobade, cunha esquina dedicada a Ricardo Portela e facemos cada ano a mostra de instrumentos en Pardiñas que na pasada edición cumpriu xa vinte anos. Neste tempo, a crise está sendo o argumento para arrasar con todo e non é de recibo que con esa escusa se volva á situación dos anos oitenta. -A música tradicional está tamén a padecer a crise económica? Se cadra sofre algo menos porque é un sector non profesionalizado e de tocar vive moi pouca xente. Neste sentido, había unhas dinámicas que non dependían tanto da administración e sempre houbo un contacto máis directo coas comisións de festas. De todas maneiras, nótase en feitos como que o pasado ano a Xunta de Galiza non nos deu nin un euro. Co Xacobeo había un programa que elevaba actuacións polos concellos pero tamén hai dous anos que desapareceu. -Que apoio reclama entón desde a Asociación de Gaiteiros? O que demandamos e falta aínda a nivel social é que volva considerarse unha música para as nosas festas e romarías. O sentido da música tradicional, a súa orixe, é que forme parte dos eventos sociais de calquera cultura. En moitos ámbitos isto recuperouse e aí están os seráns na zona de Pontevedra ou as foliadas que cada vez toman máis forza se se compara co que acontecía hai vintecinco anos. Nin os máis optimistas auguraban o que está a pasar mais no aspecto da consideración artística e mediática sigue a ser unha música menor. Para poñer un exemplo abonda ver os millóns de euros que se gastan nas festas das cidades e como a música tradicional ou folk ten un papel moi pequeno. Compre consideración polos nosos artistas como acontece en culturas máis normalizadas. No estado Español, un músico que faga flamenco é considerado un artista de calado e a gaita é a nosa manifestación artística propia co cal ten que ser respectado e valorado como tal. O desexábel sería que a sociedade apoiara a nosa música propia e niso ten moito papel que xogar o entramado oficial, administrativo e mediático. |
NOS_35851 | As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de Sanidade ningún falecemento. | Os pacientes hospitalizados na Galiza pola Covid-19 descenden a 29, mentres que os casos activos baixan a 421 tras dous días de lixeiros incrementos, así como os novos contaxios, que caen a 28. Segundo os datos actualizados esta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros ata as 18 horas desta cuarta, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI mantéñense en oito e descenden a 21 as ingresadas noutras unidades -dúas menos-, mentres que 392 permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta unicamente na de Ferrol que, aínda que segue sen pacientes Covid en UCI, rexistra dúas noutras unidades -unha máis-; mentres que se alivia nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés e Vigo. Nas outras tres non hai cambios. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de Sanidade ningún falecemento Tras dous días consecutivos de lixeiro ascenso de casos activos na semana na que se prevé que Galiza saia da situación de emerxencia sanitaria, estes descenden a 421, que supoñen 17 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (45) que novos contaxios (28). En concreto, as infeccións activas unicamente aumentan en dúas das sete áreas: Ferrol (+4) e Pontevedra e O Salnés (+2); mentres que descenden nas de Ourense (-7), A Coruña e Cee (-7), Santiago e Brbanza (-4), Lugo (-3) e Vigo (-2). O novos contaxios tamén descenden por baixo da trintena despois de dúas xornadas consecutivas en ascenso e sitúanse en 28, cinco menos que os 33 desta cuarta feira, aínda que lixeiramente superior aos 23 da terza feira e 21 do inicio desta semana. O 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de Sanidade ningún falecemento. |
NOS_8808 | A proposta recolle a supresión da actual demarcación da planta xudicial e a fixación dun modelo que reforza "a provincia como unidade administrativa". Desde o BNG denuncian que a medida responde a un "modelo territorial centralista" que "afasta a xustiza da cidadanía" e vulnera "o dereito á tutela xudicial efectiva" | As deputadas Tereixa Paz e Olaia Fernández Davila --acompañadas polo portavoz nacional da fronte Xavier Vence-- presentaron esta segunda feira en comparecencia de imprensa unha batería de propostas para denunciar a reforma da Demarcación da Planta xudicial que prevé aprobar o goberno español. Desde o Bloque criticaron que esta nova medida se veña a sumar á implantación das taxas xudiciais o que supón, din, máis un "un golpe na liña de flotación do dereito á tutela xudicial efectiva". Desde o BNG exixen á Xunta promover "unha reforma en profundidade" mais con carácter alternativo á proposta do executivo español baseada nun plan de ordenación territorial propio para Galiza Alberto Ruíz Gallardón "amosouse favorábel", apuntou a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, ás propostas achegadas por unha "comisión de expertos" en cuxo informe se prevé a supresión dos partidos xudiciais en favor dun "modelo provincial" que manteña unicamente estas delimitacións administrativas nas capitais de provincia. Para @s nacionalistas a aprobación desta reforma supón un chanzo máis no "modelo territorial" deseñado polo Partido Popular no que se "reforza a provoncia como unidade administrativa" en contra da realidade territorial galega. Desde a organización frontista exixen á Xunta de Galiza que se "opoña" frontalmente á proposta e pule por "unha reforma en profundidade" da administración de xustiza mais, din, de acordo cun plan de ordenación territorial no que se teñan en conta as particularidades da Galiza. Neste senso, as Proposicións non de lei presentadas polo BNG instan á Xunta a "defender un modelo alternativo" e se dirixir ao executivo español para promover a transferencia "da competencia exclusiva sobre a delimitación da demarcación e planta xudicial" á fin de "acometer unha revisión" que asegure "o mantemento dos partidos xudiciais" nas cidades, concellos con maior densidade poboacional e cabeceiras comarcais. Mais tamén, apuntan @s nacionalistas, que garanta "o dereito á tutela xudicial efectiva" e o "achegamento da xustiza á cidadanía". |
NOS_46190 | Juan Prieto e Faustino Patiño son dous arquitectos moi diferentes. As súas formas de pensar e traballar chegan a ser opostas, mais as súas diferencias fan que funcionen como equipo. As súas miradas son complementarias. | Dada a súa xeración, ambos nacidos no 81, tocoulles escoller ao comezo da súa carreira profesional que camiño tomar. Estoupara a burbulla inmobiliaria e o traballo escaseaba. A dúbida era: buscar un futuro máis lucrativo fóra ou quedarse sobrevivindo e esperar tempos mellores. Decidiron aguantar, e a resistencia permitiulles colleitar agora o froito do esforzo deses duros anos. O estudio nace da relación persoal que os uniu. Coñecéronse estudando a carreira e, a pesar de ser moi diferentes, a súa relación funciona. Precisamente porque entre eles equilíbranse. "Eu son de debuxar a man, el traballa máis co ordenador. A min sempre me interesou a teoría, el é máis práctico. Aínda que un está máis polo deseño e outro pola técnica, temos miradas complementarias", di Juan Prieto. Deste xeito, as súas diferencias fan que logren facer un equipo equilibrado. Non emigrar precisou un proceso de adaptación, tiveron que sobrevivir co traballo que escaseaba e tiñan claro que era necesario seguir formándose. Ambos fixeron un doutorado pero, como a súa relación, dende ópticas diferentes. Un investigou na arquitectura e outro na enxeñería, ao que lle seguiu un tempo de impartir docencia. Aínda que estaban preparados, os comezos foron complicados, non había traballo e non contaban con experiencia. Prodúcese o bucle típico dos principiantes: non atopas traballo, non tes experiencia, os clientes non confían en ti xa que non tes experiencia, non atopas traballo... ata que alguén ve algo... e diche que si. A primeira obra relevante foi unha pequena farmacia en Salvaterra. Aqueles primeiros encargos eran froito de descartes doutros profesionais, con edificios moi complexos e non moi ben pagados. Contextos redebuxados A dona da farmacia mercara unha parcela, próxima a unha estrada (buscando maior visibilidade do negocio). Cando Prieto Patiño recibiron o encargo déronse conta da situación: en toda a parcela que mercara, froito das limitacións urbanísticas, tan só se podía edificar unha tira de 5 m de ancho. A obra tiña que ser moi económica e aproveitar o mobiliario que xa tiña. Froito das estreiteces orzamentarias e urbanísticas naceu o proxecto. O edificio é alongado, como obrigaba o planeamento. Para a fachada inspiráronse no peche de pastas de granito da parcela, algo típico da comarca do Condado. Así, a fachada continuaría ese ritmo de pedras verticais. Cuberta e elementos de peche resólvense cuns baratos elementos metálicos. Outro contexto complexo era o da escola infantil de Mos. Atopábase ao lado dun polígono industrial, nunha parcela próxima ao río e cunha forma moi irregular. O proxecto desenvolvérono xunto coa arquitecta Estefanía Grandal, un tempo colaboradora do estudio. A Xunta contaba xa con "modelos", pero que pola súa xeometría non encaixaban na parcela. A decisión que tomaron foi a de facer un edificio completamente novo. Deseñaron un edificio circular. Esta forma permitíalles integrar o edificio co patio de xogo (que a normativa obriga a estar valado), ao tempo que crea unha idea de recollemento e de protección da infancia. Para que non lle falte luz aos cativos, na cuberta recórtanse lucernarios ao sur. O orzamento limitado e a necesidade que lles impuxeron de rematar en pouco tempo decantounos cara unha construción industrializada. En realidade o que fixeron foi usar o mesmo sistema que as naves industriais próximas. Empregaron estrutura e fachada metálicas, diferentes tipos de chapas que permiten ter unha lectura da envolvente diferente e sutil: de lonxe pode semellar homoxénea a pel, pero na proximidade a luz pasa a través das chapas perforadas ou onduladas con diferentes graos de transparencia. O contexto dos proxectos soe ser a ferramenta que Prieto e Patiño empregan para deseñar, pero no caso do restaurante Culler de Pau foino todo. Chamáronos para ampliar o restaurante, pero en lugar de facer máis edificio, o que deseñaron foi máis "experiencia". A cociña de vangarda que se fai está apoiada nunha filosofía e responsabilidade social. O produto que se emprega é sempre de proximidade, coñecendo aos produtores polo seu nome propio. Parte importante do traballo da cociña do restaurante está na horta. Un dos lemas do negocio é que os comensais comen a paisaxe, así que o proxecto consistiu en potenciar esa experiencia. A paisaxe na que se atopa o edificio é a propia do Grove, mestura de mar, campos e vivendas en convivencia. Os arquitectos deseñaron un invernadoiro integrado na paisaxe que os rodea. O novo invernadoiro do restaurante permítelles mostrar o seu produto, a identidade da súa cociña. Pola súa condición, no medio da horta, tiña que ser algo sinxelo e desmontábel. A estratexia dos arquitectos pasaba por facer algo que semellase desaparecer entre as plantacións do restaurante, por isto o invernadoiro segue o ritmo dos regos da terra. Os pórticos de madeira colocáronse mantendo a estrutura da horta e o resto é tan só vidro. Montouse en só 10 días. É unha arquitectura cambiante, posto que o contido cambia coas estacións, como a mesma horta. Madeira como identidade Cando Juan e Faustino recibiron o encargo de deseñar o primeiro local para a xeadería Bico de Xeado estaban de moda os locais de iogures. A estética que se impuxera de aquela era a dun local branco puro cun mostrador. Para buscar a identidade propia para a nova marca, decidiron fuxir desa imaxe aséptica. A orixe natural do produto debería reflectirse no local, polo que a madeira foi o fío condutor e o que identificará esta nova marca. Mentres que o habitual sería facer un local "tipo" e copialo en cada cidade, os arquitectos decidiron que cada local fora un chisco diferente, tamén por adaptarse ás circunstancias de cada lugar. Esta idea foi desenvolvida nas xeaderías da Coruña, Lugo, Baiona, Ourense, Salamanca ou Madrid. Na de Baiona tiveron que enfrontarse a un problema estrutural, polo que tiveron que reforzar o teito. Este local foi o primeiro no que a madeira ten un papel protagonista, o reforzo do teito fíxose con vigas deste material. As diagonais déronlles a pauta para realizar todos os elementos do local, xogando con formas triangulares. Ten como contrapunto unha parede espida de pedra. Ao pouco do éxito da intervención de Baiona, comezaron a traballar na de Ourense, pero o local era diferente. A madeira aparece de novo no teito, mais creando unha cobertura triangular. O bo facer da madeira correspóndelle a un artesán co que contaron para tódolos locais: Luís, De Acibreiro. Encárgase das obras e tamén asesorou aos arquitectos para sacar todo o potencial ao material. Levárono dende Narón para construír o último local en Madrid. Un teito de gran altura era o elemento máis destacado daquel local. Deseñaron árbores de madeira para reflectir a naturalidade do produto, servindo tamén como iluminación. Dende fóra, a xeadería crea o efecto de levar as árbores da rúa ao interior. |
NOS_49236 | A CIG denuncia que Mercadona "atenta" contra os dereitos das traballadoras e traballadores ao ameazar o persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis do corpo e non as tapa con vendas ou maquillaxe. | A Confederación Intersindical Galega denunciou a "consigna de Mercadona" instruída a todo o persoal segundo a que "prohiben as tatuaxes visíbeis e os piercings, chegando mesmo a ameazar coa imposición de sancións a aquelas traballadoras e traballadores que non oculten estes adobíos", afirmaron desde o sindicato. Esta sexta feira 19 de xullo a CIG realizou unha rolda de prensa onde denunciou o que cualificaron como unha persecución de Mercadona contra o cadro de persoal, unha actitude que "atenta contra os dereitos individuais e que constitúe unha manifestación máis da política de férreo control que Mercadona exerce sobre as súas traballadoras e traballadores", denunciaron desde a central sindical nacionalista. CIG denuncia que Mercadona "atenta contra os dereitos individuais e que constitúe unha manifestación máis da política de férreo control que exerce sobre as súas traballadoras e traballadores" Polo de agora a advertencia "non pasou do apercibimento verbal", sinalaron, mais o persoal que ten tatuaxes visíbeis "está recibindo todo tipo de presións e ameazas para que as tapen", esgrimiu a presidenta do comité provincial da Coruña, María López Alejos, quen cualificou esta política laboral de "totalmente extemporánea, vulneradora de dereitos e irrespectuosa co persoal". A presidenta do comité lamentou que a empresa en lugar de adaptarse aos tempos actuais, e pese a que no último convenio colectivo retirase aqueles puntos que facían referencia ás sancións por incumprir o aspecto físico esixido ás traballadoras e traballadores, "a realidade é que en Mercadona están prohibidas as tatuaxes, ao igual que os piercings, e a empresa ameaza con sancionar a quen as loce". A este respecto, destacou López Alejos que "a clientela nunca se queixou porque algunha traballadora ou traballador teña unha tatuaxe. Ao contrario, chámalles moito máis a atención que vaiamos cunha montaña de maquillaxe ou cunha venda para ocultalas". Denuncian que a persecución é máis intensa no Marineda City da Coruña "A persecución non ten a mesma intensidade en todos os centros de traballo", aseguraron desde o sindicato. Desta maneira sinalaron o supermercado de Marineda City como o caso onde "as ameazas son constantes". "A persecución non ten a mesma intensidade en todos os centros de traballo", aseguraron desde o sindicato Tanto é así, explicaron, que un día, aproveitando a ausencia das delegadas da CIG, a encargada reuniu nas dúas quendas laborais a todo o persoal para reiterarlles que non se podían levar á vista as tatuaxes e lembrou que quen non cumprira esta obriga podería ser obxecto de sanción, relataron as sindicalistas na rolda de prensa. Continuaron explicando que "ao día seguinte, un traballador non cubriu a tatuaxe que tiña no brazo e foi rapidamente chamado á oficina. Alí a encargada, con dúas testemuñas, díxolle que tiña que tapala porque esa é a política da empresa. Cando o traballador lle respondeu que o convenio non recolle nada sobre este asunto, a encargada díxolle que se dera por informado e lanzoulle ameazas veladas". Para a CIG, que se poida chegar a sancionar unha traballadora ou traballador por tales motivos é un atentado contra o dereito á propia imaxe e ás liberdades individuais. Por iso, advirten que "non nos imos amedrentar ante ningunha ameaza e seguiremos a defender a dignidade e os dereitos do persoal". E engaden que, detrás desta persecución, o que en realidade |
NOS_45946 | "Fondo pesar" polo pasamento de quen "foi alento desta casa desde o momento da súa fundación". Así manifesta a Fundación Castelao o lamento para quen, desde o 1989 era o seu presidente e promotor das principais iniciativas arredor da figura do nacionalista. | Desde 1989 en que substituíra a Ramón Martínez López, Avelino Pousa Antelo era o acaído presidente da Fundación Castelao. Figura representativa mais tamén operativa, loitou e traballou por desenvolver algunhas das principais iniciativas que a entidade promoveu nos últimos anos para conmemorar e recompilar a obra do autor de Sempre en Galiza. Avelino reclamaba o lugar que Castelao merecía na nosa historia e iso facía que tanto se puxese á fronte de visitas institucionais para demandar atención sobre Castelao como de actos públicos para a difundir. Lembra a Fundación Castelao que foi durante a súa presidencia cando se compilou a obra completa do autor de Sempre Galiza, publicada na súa integridade. Con el conmemorárase o 50 aniversario do seu pasamento coa grande exposición que mostrou a súa obra pictórica e gráfica. Mediante un convenio coa Consellaría de Cultura e Deporte do bipartito comezou un soño longamente acariñado por Avelino Pousa, a catalogación completa da obra de Castelao "nun catálogo que hoxe obra en poder da Consellería de Cultura á espera dun acordo co herdeiro dos dereitos de autor de Castelao para a súa difusión universal a través da rede", sinalan desde a Fundación. |
NOS_52299 | Os supermercados e grandes superficies da Galiza están a experimentar estes días unha avalancha inusual de compras desde que o Goberno español anunciou as primeiras medidas para facer fronte á expansión do coronavirus. Por sorte, no país hai poucas referencias que non teñan un fabricante local | A crise do coronavirus levou a moitas traballadoras a cambiar a oficina polo fogar. En moitos dos casos é unha medida de prevención por parte das empresas, pero tamén hai casos nos que é a propia enfermidade a que obriga a permanecer illados nas casas. Esta situación, até agora descoñecida, provocou un estado de alarma entre a poboación que se traduciu en grande medida nunha avalancha de compras compulsivas nos supermercados, onde estes días era difícil atopar produtos como pastas, lixivias ou celulosas de fogar, panos de papel e papel hixiénico ante todo. Segundo un estudo elaborado pola consultora Kantar, após o anuncio de medidas extraordinarias para facer fronte á expansión do coronavirus por parte do Goberno español a pasada terza feira, o gasto nas grandes superficies de alimentación disparouse 154% en relación á media semanal dos meses anteriores, e 180% o día seguinte. A xente que se declara moi preocupada polo coronavirus, que segundo Kantar representa 35% da poboación do Estado español, amosa un incremento de gasto en produtos de gran consumo superior á media. Entre os máis demandados figuran o xabón de mans, cuxas vendas aumentan preto de 250%, as celulosas do fogar, con 129% e a lixivia con deterxentes, cun incremento da demanda de 153%. Chamamento á calma A Asociación Agraria da Galiza aseguraba estes días que é "totalmente imposíbel" que poida haber un problema de desabastecemento nos comercios galegos. "Pese á alarma provocada polo coronavirus, a sociedade debe saber que está garantida a chegada dos bens de primeira necesidade a todos os estabelecementos", apuntaba a entidade nun comunicado. Ante esta situación, a asociación fai un chamamento "á calma" e a evitar o "permanente estado de alarma" no que vive a poboación. Neste senso, amosa a súa "total confianza" na estrutura de produción e distribución de produtos agroalimentarios na Galiza. "As nosas gandeiras e agricultoras continúan producindo coa mesma profesionalidade, calidade e periodicidade de sempre", lembran desde a asociación. "Pese á alarma provocada polo coronavirus, a sociedade debe saber que está garantida a chegada dos bens de primeira necesidade" E é que Galiza non ten de que preocuparse, xa que o país é dos poucos territorios que poden presumir de encher os estantes dun supermercado con productos locais. Esto facilita moito o reparto en casos de desabastecemento, aínda que moitos deses produtos que se fabrican dentro das nosas fronteiras tamén se distribúen polo resto do estado español. Un claro exemplo é o das conservas, un sector produtivo no que Galiza é líder indiscutíbel, con numerosas referencias de primeira calidade. E iso sábeno ben as consumidoras, que estes días están facendo aprovisionamento de latas de conserva para tirar delas en caso de illamento polo coronavirus. Neste sector, ao igual que sucede en menor medida no do leite, é difícil atopar referencias de fóra da Galiza. O mesmo sucede cos produtos frescos. A froita, as patacas ou a verdura, mesmo o pan, que en breve contará con selo de calidade propio, son en boa parte feitos na terra, o que repercute positivamente nos seus custos, xa que o gasto en transporte é menor e, consecuentemente, na súa pegada medioambiental, xa que as emisións son menores e o seu cultivo contribúe á mellora da calidade da terra, entre outras moitas vantaxes. Certo é, que cada día son máis os produtos de invernadoiro doutras latitudes nos lineais dos supermercados, pero en calidade non poden competir. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_23864 | Non todas as actividades son acaídas para se realizar neste tipo de espazos. | Actividade para crianzas nunha biblioteca pública? Perfecto. Mais se esa actividade, sufragada con cartos públicos, recae en 'infantilismos', 'sexismos', por non mencionar que o galego fica totalmente fóra, a resposta sería outra. É o que consideran persoas usuarias de bibliotecas, que lamentan que nalgunhas delas se acollan actuacións que consideran que nin son acaídas para crianzas nin deben ter lugar nese tipo de espazos. Citan en particular unha "artista", de iniciais G.P por entender que os seus espectáculos non, din, "vergonzosos". Representáronse en bibliotecas como a de Ourense. As críticas esténdense tamén á programación 'ler conta moito', que vai do 13 de marzo ao 27 de outubro, da rede de bibliotecas públicas. A crítica destas persoas refírese, afirman, en que para determinadas persoas si que se lle permite representar fóra desas datas mentres que a outras non, no que entenden que é unha discriminación. |
NOS_11752 | O 14 de maio de 1948, David Ben Gurion declarou o estabelecemento do Estado de Israel en Palestina, poucas horas antes de que chegase ao seu fin o Mandato británico, isto é, a soberanía do Reino Unido sobre o territorio palestino por mandato da Sociedade de Nacións (precursora da ONU), estabelecido tras a fin da Primeira Guerra Mundial como parte do derrotado Imperio otomán. | O 15 de maio os países árabes veciños ─Exipto, Transxordania, Líbano, o Iraq e Siria─ lanzaron un ataque sobre Israel, ao que consideraban unha entidade ocupante, dando comezo así á primeira guerra árabe-israelí, "guerra da Liberación", para a cidadanía de Israel, e inicio da Nakba, para o pobo palestino. Nakba ou Día da Catástrofe que hoxe se conmemora. Yom Ha'atzmaut ou Día da Independencia que tamén se celebra nesta xornada entre os israelís. Este 15 de maio de 2020 chega no medio dunha pandemia global, cun plan de paz sobre a mesa presentado por unha Casa Branca claramente abeirada aos intereses israelís, e un día despois de tomar posesión un inédito Goberno de coalición entre o incombustíbel Benjamin Netanyahu e o até hai pouco líder da oposición, Benny Gantz, tras tres comicios lexislativos en menos dun ano. Chega ademais ante os plans do Estado israelí para a inminente anexión, co beneplácito da Administración Trump, de partes importantes de Cisxordania, incluído o val do Xordán (30% de todo o territorio). É o que Richard Falk, profesor emérito de dereito internacional na Universidade de Princeton e entre 2008 e 2014 relator especial da ONU sobre a situación dos dereitos humanos nos territorios palestinos, cualifica de "xeopolítica gangster" nun artigo en Al Jazeera. Falk, nacido en Nova York no seo dunha familia xudía, pon como exemplo desta forma de facer política internacional "a intensificación das sancións dos Estados Unidos no medio dunha crise sanitaria que xa afectou profundamente países como o Irán e Venezuela". Netanyahu prometeu a anexión a Israel de territorios ocupados con asentamentos de colonos desde 1967 ─tras a Guerra dos Seis Días, o terceiro enfrontamento árabe-israelí─, malia "violar directamente normas fundamentais do dereito internacional", afirma Falk, e "supor un rexeitamento extremo da lexislación humanitaria internacional encarnada na Cuarta Convención de Xenebra". Rexeitamento global A comunidade internacional oponse a esta anexión e continúa a aposta pola solución dos dous Estados. Unha vía que quedaría gravemente comprometida se o Goberno israelí consuma o seu plan. Desde a ONU exíxese "respecto ás resolucións" e ás "fronteiras previas a 1967". A UE mantén que a súa postura baseada na solución negociada e viábel dos dous Estados" é "firme". Francia, Bélxica, Luxemburgo e Irlanda son os Estados que máis presionan para que se dea unha resposta contundente, mesmo con sancións económicas, a Israel. Tamén o Reino Unido manifestou nas últimas horas que non apoiaría a anexión. Para a Liga Árabe o plan suporía "un novo crime de guerra". Rusia, que ante a presentación en xaneiro do "Acordo do Século" de Donald Trump solicitara unha reunión do Cuarteto de Oriente Próximo (Rusia, EUA, ONU, UE), dixo que "socavaría as expectativas do estabelecemento dun Estado palestino independente e viábel". E mesmo o Goberno da China, que ten por norma non inmiscirse en asuntos internos doutros países, manifestou a súa "preocupación" e pediu que non se adopten medidas de forma "unilateral". "Trump colabora co plan de anexión de Israel, nun intento de enterrar os dereitos do pobo palestino, mentres viola as regras do dereito internacional", afirmou o secretario xeral da Organización para a Liberación de Palestina, Saeb Erekat, á axencia WAFA. As autoridades palestinas, que non foron incluídas na elaboración do plan de paz estadounidense que bendí a anexión israelí, romperon relacións cos EUA. O Goberno de Israel, pola súa banda, considera que a anexión é necesaria para a súa seguridade. Gantz, que previamente se opuxera, manifestou na última campaña electoral a súa vontade de apoiala. No acordo de coalición así figura, e esta podería comezar a partir do 1 de xullo, informa The Jerusalem Post. Mais foi a chegada de Trump á Casa Branca que deu azos a Israel para levala adiante. En xaneiro de 2014, con Obama na Casa Branca, os partidos de oposición rexeitaron unha proposta para anexar o val do Xordán. Presentaron no seu lugar un proxecto de lei de dous Estados, co apoio do Partido Laborista, o esquerdista Meretz e o ultraortodoxo Shas. Argumentaban que a anexión prexudicaría a posibilidade dunha solución pacífica e as relacións cos EUA. É por iso que Netanyahu quere apurar os tempos, segundo os analistas internacionais, temeroso de que un novo cambio na Casa Branca poida complicar os seus plans. Na cuarta feira, o secretario de Estado dos EUA, Mike Pompeo, viaxou a Israel en visita oficial dun día. "Estamos contentos de que agora haxa un Goberno completamente formado", afirmou, e a respecto da anexión en Cisxordania dixo que "serán os israelís os que en último termo tomen esas decisións". "Faremos responsábeis os Gobernos estadounidense e israelí de todas as consecuencias", afirmou o presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, no medio da crecente violencia en toda Cisxordania e poucas horas antes do Día da Independencia israelí, do Día da Catástrofe palestina. |
NOS_25402 | Os dimisionarios acusan Breogán Riobóo de "incapacidade" para "ler o contexto político". Afirman que "Podemos Galiza estaba nunha situación de debilidade clara" de cara ás eleccións autonómicas . | A dirección estatal de Podemos nomea unha "equipa técnica" para dirixir Podemos Galiza. Sergio Pascual, secretario de Organización de Podemos a nivel estatal, afirmou que "o proceso de renovación de todos os órganos de Galiza darase o antes posíbel" e manifestou que "o secretario xeral galego está informado desta situación, mais non foi el quen solicitou que se desen estes pasos, máis ben veñen das demisións da maioría dos órganos". Engadiu Pascual que esta situación fixo "ineludíbel" a decisión de nomear unha "equipa técnica" para que conduza a situación. O secretario de Organización recoñeceu "feridas públicas en Galiza" no seo do partido. Podemos Galiza estaba "nunha situación de debilidade clara" de cara ás eleccións autonómicas, unha situación derivada da "inactividade" do partido e da "negativa so secretario xeral" de escoitar propostas. Son dous dos argumentos que a través dun comunicado expoñen as dez persoas que demitiron dos seus cargos no Consello cidadán galego: Ángela Rodríguez Martínez (deputada no Congreso), Antón Gómez-Reino Varela (deputado no Congreso), José García Buitrón (senador), Francisco Javier Sánchez Lombardero, Marcos Fontán Cortizo, María Lourdes Sylla García, Borja San Ramón Tizón, Adrián Fuenteseca Fernández, Sigrid Campo e Matilde López Álvarez. "A liña que seguiu a secretaría xeral nos últimos tempos, que só serviu para desperdiciar un tempo valiosísimo e para demostrar a súa incapacidade para ler o contexto político actual e para seguir os ritmos da axenda política galega" Afirman que a partir de agora "o novo tempo que se abre en Podemos Galicia debe considerarse unha verdadeira oportunidade para constituír unha organización forte, eficaz e unida que traballe por unha alternativa de cambio para Galiza". Poñen como exemplo o 20-D e os resultados de En Marea, "dos que estamos orgullosas e orgullosos". E defenden esta vía "fronte á liña que seguiu a secretaría xeral nos últimos tempos, que só serviu para desperdiciar un tempo valiosísimo e para demostrar a súa incapacidade para ler o contexto político actual e para seguir os ritmos da axenda política galega". No comunicado insisten en que se abre "un novo tempo onde as bases de Podemos Galicia poderán expresar a súa opinión e terán ocasión de decidir que persoas deben liderar o proxecto que eles mesmos desexen para Galiza". |
NOS_36265 | Aliás, a OMS avalía o uso dos fármacos baricitinib e sotrovimab para tratar ás e os pacientes coa Covid-19. | O Grupo de Asesoramento Técnico sobre a Composición da Vacina contra a Covid-19 da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirma que se necesitarán máis vacinas que teñan un maior impacto na prevención da infección e a transmisión da Covid-19, segundo informou o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus. Segundo este grupo de persoas expertas, creado pola OMS en setembro, até que se desenvolvan tales vacinas pode ser preciso actualizar a composición das actuais para garantir que sigan proporcionando os niveis de protección recomendados pola OMS contra a infección e a enfermidade. Por outra banda, tamén apuntou que unha estratexia de vacinación baseada en repetidas doses de reforzo da composición orixinal da vacina "é pouco probábel que sexa sostíbel". Neste senso, o grupo tamén subliña que, aínda que algúns países recomendan reforzos, a prioridade inmediata para o mundo é acelerar o acceso á vacinación primaria, especialmente para os grupos con maior risco de desenvolver enfermidades graves. "Aínda que as vacinas seguen sendo moi eficaces para previr a enfermidade grave e a morte, non evitan totalmente a transmisión", insiste Tedros. "Máis transmisión significa máis hospitalizacións, máis mortes, máis persoas sen traballo, incluíndo mestres e traballadores da saúde, e máis interrupción dos servizos sociais e de saúde esenciais", expresou o director xeral da OMS. Así, Tedros lembrou que a magnitude e o ritmo da transmisión "tamén supoñen unha maior presión sobre o persoal sanitario e asistencial, xa sobrecargado e esgotado". Por iso, reiterou que acabar coa desigualdade na distribución de vacinas, terapias e diagnósticos segue sendo "a chave" para acabar coa pandemia. "Se acabamos coa desigualdade, acabaremos coa fase aguda da pandemia", comentou. Ao fío desta cuestión, lembrou que máis de 85% da poboación de África —uns mil millóns de persoas— aínda non recibiu unha soa dose de vacina. "Non podemos pór fin á fase aguda da pandemia a menos que traballemos xuntos para pechar estas fendas", reiterou o director xeral da OMS. Novos fármacos contra a Covid Noutra orde, a OMS vén de avalar o uso dos fármacos baricitinib e sotrovimab para tratar ás e os pacientes coa Covid-19. En concreto, o baricitinib, un tipo de medicamento coñecido como inhibidor da Janus quinasa (JAK) que tamén se utiliza para tratar a artrite reumatoide, recoméndase encarecidamente para os pacientes con Covid-19 grave ou crítica en combinación con corticosteroides. A súa recomendación baséase en probas de "certeza moderada" de que mellora a supervivencia e reduce a necesidade de ventilación, sen que se observe un aumento dos efectos adversos. Os expertos da OMS sinalan que baricitinib ten efectos similares aos doutros fármacos para a artrite denominado inhibidores da interleucina 6 (IL-6), polo que, cando ambos están dispoñíbeis, suxiren elixir un en función do custo, a dispoñibilidade e a experiencia do médico. Non se recomenda utilizar ambos os fármacos ao mesmo tempo. Con todo, os expertos desaconsellan o uso doutros dous inhibidores da JAK (ruxolitinib e tofacitinib) para os pacientes con Covid-19 grave ou crítica, xa que "as probas de baixa certeza obtidas en pequenos ensaios non mostraron beneficios e suxiren un posíbel aumento dos efectos secundarios graves co tofacitinib". Igualmente, a OMS tamén emitiu unha recomendación condicional para o uso do anticorpo monoclonal sotrovimab en pacientes con Covid-19 non grave, pero só naqueles con maior risco de hospitalización. Os expertos tamén sinalan que "non hai datos suficientes para recomendar un tratamento con anticorpos monoclonales en lugar doutro, e recoñecen que a súa eficacia contra novas variantes como o omicron é aínda incerta". |
NOS_51702 | O Ministerio de Economía respóndelle á estudante da USC que a súa documentación ten un "defecto": está en galego, e que o goberno só acepta escritos "en español o en inglés". En estados como México ou Arxentina eses certificados en galego estanse a aceptar sen problemas. | O Goberno español non acepta na práctica a documentación expedida en galego polas universidades do noso país. Esta é a realidade que conta unha estudante da Universidade de Compostela que se dirixiu á Mesa pola Normalización Lingüística despois de que o Ministerio de Economía lle negase unha bolsa pre-doutoral, afirma a entidade, "co argumento de que non entendían o certificado de estudos en galego". Desde A Mesa chaman á atención á resposta que lle enviou a esta moza a Subdirección Xeral de Recursos Humanos para a Investigación do Ministerio de Economía e Competitividade. Nela dinlle que o certificado de estudos non é válido por un "defecto", que é que está en galego, cando tal documentación "só sería válida en español ou, curiosamente, en inglés, idioma que non é oficial nin en Galiza nin no conxunto do Estado español". "Non hai peor xordo que o que non quere ouvir" Carlos Callón, presidente da Mesa, considera que "non hai peor xordo que o que non quere ouvir", pois "é evidente que un documento así en galego é perfectamente comprensíbel para calquera persoa alfabetizada nunha lingua tan próxima como o español: hai un texto moi escaso cos nomes das materias, unhas cifras, un parágrafo estandarizado de acordo co estipulado pola Lei estatal... En fin, que o problema non é comprender, senón non querer comprender e tentarnos escarmentar con castigos como este por mantermos viva a nosa lingua". Callón: "Este comportamento só se dá nos ministerios españois. Nos doutros países hispanófonos non hai esa hostilidade co galego" Callón afirma, ademais, que estes problemas á hora de dicir que non se comprende o galego "só se observan nos ministerios españois", non noutros ministerios de estados hispanófonos onde non hai hostilidade cara o galego. "Sabemos de casos de xente que presentou documentación en galego en países como Arxentina ou México e que non lles solicitaron ningunha tradución, que dicían que a entendían e que por tanto era válida e non facía falta ningunha tradución", explica. Excluída do proceso A alumna presentou unha alegación indicando que o galego é unha lingua oficial, e que segundo a lexislación aplicábel é a propia administración quen se debe encargar de traducir os documentos dun expediente redactados nunha lingua cooficial distinta do castelán cando teñan que surtir efectos fóra do seu territorio. Porén esta alegación non foi atendida e a alumna ficou excluída do proceso. |
PRAZA_10101 | Este domingo celebráronse as probas en Silleda, ás que acudiron 7.675 persoas das 8.738 anotadas para optar a 830 prazas. As redes sociais enchéronse cunha vaga de apoios ás traballadoras eventuais, con fotografías e vídeos que empregan a etiqueta #OPEnegra | O persoal eventual do SERGAS estaba chamado este domingo en Silleda ao concurso oposición ao que se anotaran máis de 8.800 persoas das que acudiron 7.675 para optar a 830 prazas (só 372 para a quenda libre). Así pois, a inmensa maioría permanecerá nunhas listas de contratación que suman case dez mil persoas. Despois deste domingo milleiros de enfermeiras e enfermeiros seguirán ocupando ocos estruturais no sistema sanitario público, encadeando contratos de días ou semanas, sen posibilidade de planificar ou conciliar.O 88% das participantes son mulleres e o 73% teñen menos de 40 anos. A proba comezará ás 15.30 horas co chamamento a todas as aspirantesO 88% das participantes son mulleres, o 73% teñen menos de 40 anos e o 6% proveñen de fóra de Galicia. A proba comezará ás 15.30 horas co chamamento a todas as aspirantes, o que atrasará o inicio real do exame.O colectivo Eventuais en Loita, que leva tempo denunciando esta situación de precariedade, fixo un chamamento a tinguir de negro as oposición, acudindo con roupa ou lazos desta cor, como unha forma de denunciar a precariedade que se vive no SERGAS, moi especialmente por parte do persoal de enfermería. Nos últimos días, e sobre todo nas últimas horas, as redes sociais están tamén enchéndose cunha onda de apoios ás traballadoras e traballadores eventuais, a través da etiqueta #OPEnegra.As redes sociais están enchéndose cunha onda de apoios ás traballadoras e traballadores eventuais, a través da etiqueta #OPEnegraEstes apoios, en forma de mensaxe, fotografía e vídeo están chegando de forma moi destacada das propias compañeiras e compañeiros dos centros sanitarios, dende todos os puntos do país. Nalgún dos vídeos saliéntase que "non é comprensible que teñan que estar demostrando a súa valía como profesionais día a día, mes a mes e ano a ano". "Para o SERGAS, están perfectamente capacitados para desenvolver o seu traballo en calquera quenda e en calquera centro, aínda que sexa a primeira vez que chegan a el, pero para o mesmo SERGAS este persoal non está preparado para formar parte do cadro de persoal estable", denuncian."Sodes un dos piares fundamentais do sistema sanitario e as garantes dunha atención de calidade, por iso os vosos problemas laborais nos afectan a todas", di un dos vídeosOutro vídeo, dun técnico en emerxencias sanitarias, amosa a súa "máxima solidariedade polas penosísimas condicións laborais e de contratación que estades a padecer no colectivo de enfermería (...) por culpa dos recortes e do maltrato reiterado por parte dos actuais responsables do goberno galego". "Sodes un dos piares fundamentais do sistema sanitario en calquera servizo e as garantes dunha atención de calidade, por iso os vosos problemas laborais nos afectan a todas", engadeTamén están publicando un gran número de imaxes e vídeos representantes das forzas políticas da oposición, entidades de doentes e representantes do mundo da cultura, así como moitas persoas máis anónimas, a título estritamente individual, salientando a necesidade de apoiar a sanidade pública, as súas profesionais e a calidade da atención, que en boa medida depende das condicións laborais deste persoal. |
NOS_22527 | A acusación particular solicita nove anos e seis meses de cárcere para Mina, como autor principal, e a mesma pena para Goldar, ao que considera cooperador necesario. As defensas piden a libre absolución ao entender que a relación foi consentida. | O arxentino Eduardo "Chacho" Coudet, adestrador do Celta de Vigo, confirmou esta sexta feira que o dianteiro Santi Mina entrará na convocatoria para recibir o Real Madrid malia que o fiscal Miguel Blasco mantén a petición de oito anos de prisión para o futbolista pola presunta agresión sexual a unha muller en xuño do 2017 en Mojácar (Almería). "Até que a xustiza diga o contrario, é inocente. Falei con el para saber como estaba, e seguramente falarei un pouco máis cando nos crucemos en persoa. Para nós é un xogador importante, e por iso estará na convocatoria", explicou o técnico celeste en rolda de prensa. Visto para sentenza O xuízo contra o dianteiro do Celta Santi Mina e o defensa do Eivissa David Goldar, por unha presunta agresión sexual cometida en Mojácar (Almería) no verán de 2017 quedou visto para sentenza na mañá desta sexta feira tras unha derrdeira sesión na que a defensa do futbolista volveu insistir no consentimento da demandante e concluíu que a súa intención sempre foi a do engano. As investigacións forenses reforzan a versión dunha presunta agresión sexual cometida por Santi Mina O fiscal Miguel Blasco indicou durante a sesión de onte que, unha vez "constatada" a presenza de ADN de Santi Mina na exploración xinecolóxica, só quedaba estabelecer se o "acceso carnal" se produciu "con pleno consentimento ou sen consentimento". Violencia "A violencia produciuse, non só pola falta de consentimento, que non foi tácita, senón que foi expresa, senón tamén porque o acusado actuou de forma absolutamente sorpresiva, inesperada, imprevisible", remarcou para preguntarse a continuación se "hai algo máis violento que cometer esa acción dese xeito" e concluír que existiu "unha intimidación clara" por que a presunta agresión produciuse nun espazo de "apenas dous metros cadrados e en presenza de dous homes novos, atléticos". Un cento de persoas, propostas para sanción polos altercados entre seareiros do Celta B e o Deportivo Nunha extensa disertación que se prolongou durante 45 minutos, o fiscal asegurou que existen "elementos probatorios máis aló da mera valoración sobre a credibilidade" da denunciante, que devén "reforzada" por estes elementos, e subliñou que, por se non fose "suficiente" a " verosimilitud, permanencia no tempo e a ausencia de contradicións esenciais" no seu testemuño, as periciais forenses revelan que as lesións tanto físicas como psicolóxicas "son absolutamente compatibles" con "o seu relato de feitos". Incongruencia Blasco sinalou a "incongruencia" na versión dada ao longo do procedemento polos acusados sobre o que sucedeu e considerou que a súa "falta de verosimilitud" provén "da constatación de que non cadra coa secuencia obxectiva de feitos". Remarcou que resulta "innegábel" que a vítima se foi da discoteca "só cun dos acusados nunha decisión voluntaria" para manter relacións sexuais -en alusión a David Goldar-, e afirmou que non é un "indicio" senón "unha certeza" que "non aceptou nin expresa nin tacitamente" facelo co acusado Santi Mina. A Fiscalía pide oito anos para Santi Mina por agresión sexual "É un feito insólito que, de forma sorpresiva e, como foi aceptado por todas as partes, en calzóns, aparecese erecto na furgoneta a non ser que estivese premeditado para facer unha acción que non é razoable", dixo. "Non hai que ir moi lonxe para saber o que quería", apostilou. Peticións de penas Fiscalía mantén a petición de oito anos de cárcere para o futbolista do Celta e a exculpación do seu compañeiro, que comparecu citado como testemuña. A acusación particular solicita nove anos e seis meses de cárcere para Mina, como autor principal, e a mesma pena para Goldar, ao que considera cooperador necesario. As defensas piden a libre absolución ao entender que a relación foi consentida. |
NOS_14587 | @s militantes presentes na XIV Asemblea Nacional do BNG deron un apoio sen fendas e abrumador ao informe de xestión do Consello Nacional saínte. O informe tivo 1.098 votos a favor, 118 en contra e 58 abstencións. Tamén rexeitaron por unha maioría amplísima (901 fronte a 137) o voto particular formulado por Abrente. | O informe de xestión presentado polo Consello Nacional saínte obtivo un abrumador apoio da militancia do BNG presente na XIV Asemblea Nacional que, ao longo deste domingo, está a decorrer no Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela. O informe tivo só 118 votos en contra, por 1.098 a prol e 58 abstencións. @s presentes tamén rexeitaron o voto particular formulado por Abrente ao relatorio político. Este voto tivo 137 votos a favor por 901 en contra e 15 abstencións.En dito informe sinalouse que o BNG "enarborou unha alternativa política baseada na soberanía, na mudanza radical das políticas económicas e na saída social á crise", alén de ser o BNG a única forza política actuante en Galiza que "puxo o acento na importancia que ten o logro da soberanía para a resolución dos nosos problemas colectivos". Aliás, a fronte nacionalista indica que mantivo "unha contundente oposición ás políticas económicas que provocaron e agravan a crise económica". |
NOS_45979 | O ex ministro Xosé Blanco comunicou xa a renuncia a encabezar a listaxe das eleccións do 21 de outubro e o apoio a Vázquez. Pola súa banda, o secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, xa manifestou o seu apoio. | "Hoxe ábrese a porta do cambio en Galiza", afirmou Vázquez, que leva anos querendo encabezar o cartel socialista. "Sentín o apoio de todo o partido e síntome con forzas e ilusión". Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdG, será proposto candidato á presidencia da Xunta pola comisión executiva, o vindeiro sábado, no Comité Nacional do partido (integrado por 400 membros que representan a case todas as agrupacións locais). O PSdG tiña previsto iniciar as primarias para escoller candidato a 6 de outubro, mais quedou desartellado o proceso co anuncio do adianto electoral. Ademais da de Vázquez, pode haber outras candidaturas que acaden o 20% de avais da militancia necesario: nunha entrevista recente, o ex titular de Xustiza, Francisco Caamaño, sinalou que pensaba presentarse. Vázquez asegurou que o PSdG achega a posibilidade de "saír xuntos da crise, sen que recaia sobre os traballadores", modificando as políticas en sanidade, educación e dependencia, e reactivando economicamente todos os sectores en recesión (industria, construción naval ou pequeno comercio). |
PRAZA_4734 | Acusan de "escurantismo e falta de transparencia" á Xunta Directiva, que se "negou a informar sobre as operacións inmobiliarias e gastos que realizou durante os dous últimos exercicios" e que só en 2013 presentar un deficit de máis de dous millóns de euros. | Os comuneiros opostos á actual xunta reitora da Comunidade de Montes de Cabral veñen de anunciar a presentación dunha demanda xudicial contra a directiva, á que acusan de "escurantismo e falta de transparencia" na súa xestión e na presentación de contas, e de que se "negou a informar sobre as operacións inmobiliarias e gastos que realizou durante os dous últimos exercicios". As contas correspondentes a 2013 presentan un deficit de máis de dous millóns de euros. Este grupo opositor conta con 276 sinaturas de comuneiros que asistiron á Asemblea Xeral celebrada o pasado 1 de decembro de 2013 e votaron en contra das contas, balance e xestión do ano 2012 e 2013 presentadas pola Xunta Directiva, unha maioría dos 520 asistentes á devandita asemblea. As contas dos dous últimos anos foron aprobadas polo presidente Luís Rodríguez, segundo os opositores, "de maneira presuntamente ilegal, a man alzada e facendo caso omiso dunha maioría que indignada pedía explicacións polos máis de tres millóns de euros que están sen xustificar adecuadamente". Este grupo de comuneiros tamén sinalan que entre o 1 de xaneiro en 2012 e o 30 de setembro de 2013 a Xunta Directiva da Comunidade de Montes Veciñais de Cabral comprou terreos por valor de 2.171.959,58 euros, pero "négase a xustificar onde, a quen, para que e a que prezo comprou". Ademais, denuncian, "realizou estas operacións sen contar coa autorización previa da Xunta de Galicia ni co visto e prace dos comuneiros, esixidos pola lexislación de montes". O grupo opositor ten fundadas sospeitas de que boa parte deste desfasamento se debe á compra de terreos en Liñeiriños (o orzamento para a compra de terreos era de 350 mil euros e o gasto foi de 2,1 millóns de euros). Ademais, durante o ano 2013 la Xunta Directiva incorreu nun déficit de máis de dous millóns de euros, superando nun 175% o que a propia Xunta Directiva previra no seu orzamento, presentado en abril. Os comuneiros opositores acusan finalmente a Xunta Directiva de "irregularidades contables", pois aprobou as contas de 2013 "antes de que finalizase o exercicio, e altera o resultado negativo disfrazando como supostos investimentos o que, en realidade, non é máis que gasto e dilapidación". O desfase é de 705.195 euros en 2012 e de 1.371.958 nos nove primeiros meses de 2013, reducíndose o saldo económico da Comunidade de Montes dende os 6.636.239 euros cos que contaba o 31 de decembro de 2011 até os 2.992.928 que recoñece na actualidade. Ademais das dúbidas existentes sobre a devandita compra de terreos, denúnciase o incremento do gasto en persoal (pasa de 244 mil euros a 347 mil) e na piscina que xestiona a Comunidade (pasa de 99 mil euros a 212 mil), ou o gasto de 10 mil euros en teléfono. Solicitan "o auxilio xudicial" para "deter o negocio inmobiliario que a Xunta Directiva está a realizar co monte e patrimonio dos veciños" Este grupo de comuneiros relaciona estas irregularidades coa "connivencia da Xunta Directiva co proxecto de Porto Cabral, dirixida a burlar mediante feitos consumados o rexeitamento maioritario manifestado democraticamente polos comuneiros". Un proxecto que a pesar de xa ter sido rexeitado polos comuneiros nunha votación, segue en marcha, co apoio do Concello e da Xunta Directiva da comunidade de montes. É por isto -explican- que solicitan "o auxilio xudicial", co fin de "deter o negocio inmobiliario que a Xunta Directiva está a realizar co monte e patrimonio dos veciños". "Imos seguir adiante co proceso xudicial para clarificar a nefasta xestión dos dous últimos anos e estamos convencidos de que aínda que a xustiza vai lenta, finalmente daranos a razón", conclúen. |
NOS_56115 | Os 11 puntos e as 49 páxinas que inclúe o programa de Goberno asinado entre o PSOE e Unidas Podemos non nomea Galiza directamente mais inclúe promesas sobre cuestións que están a ser reivindicadas desde os movementos socias e políticos galegos como é a devolución do Pazo de Meirás ou a aprobación dun estatuto electrointensivo para facer fronte á desindustrialización da nación. | No programa de Goberno de coalición publicado polo Partido Socialista e Unidas Podemos na tarde desta segunda feira 30 de decembro, ambas as forzas comprométense a "auditar os bens espoliados polo franquismo para devolvelos aos seus lexítimos titulares". Nesta epígrafe nomeada 'Recuparación da nosa memoria democrática', menciónase especificamente a "recuperación inmediata" do Pazo de Meirás para o patrimonio público. A este respecto, hai tan só seis días que a Audiencia Provincial de Madrid deu a razón aos herdeiros de Francisco Franco sobre as estatuas de Isaac e Abraham, do Mestre Mateo, que se atopan en posesión da familia do ditador e que foron reclamadas polo Concello de Santiago de Compostela. O PSOE e Unidas Podemos acordan así mesmo no seu programa a aprobación do Estatuto do consumidor electrointensivo, con "compensacións e exencións de pago" para as empresas con "altos" custos enerxéticos "a cambio de que estas melloren a súa eficiencia enerxética, e así "potenciar a competitividade e a eficiencia" das mesmas. Tamén se inclúen modificacións da factura eléctrica, para penalizar o consumo excesivo de enerxía e reducir a porcentaxe que representa a potencia instalada. Así mesmo, ambas as forzas tamén se comprometen a sacar adiante medidas para reformar o mercado eléctrico e conseguir o abaratamento dos prezos mediante o uso de renovábeis, sendo o custo de xeración o "criterio fundamental" á hora de retribuír a súa produción. Nese sentido, as dúas formacións propuxeron a elaboración dun Plan de Reforma do Sistema Eléctrico para favorecer a descarbonización e "uns prezos alcanzábeis para o consumidor e as empresas". O acordo para un Goberno de coalición tamén sinala a posta en marcha de "novos mecanismos intergobernamentais" nos que as Comunidades autónomas poidan "intercambiar información e pareceres respecto a competencias de titularidade estatal". Trátase dun mecanismo que xa está previsto nos Estatutos de autonomía sobre o diálogo entre o Goberno central e o dunha Comunidade autónoma. Ademais PSOE e Unidas Podemos queren aprofundar en órganos de colaboración xa existentes entre o Goberno central e as Comunidades como a Conferencia de Presidentas, as Conferencias Sectoriais ou os convenios de colaboración das comunidades co Estado. "En todo caso, esas relacións bilaterais sempre se rexerán polos principios de lealdade e colaboración entre territorios que fixa a Constitución", precisa o documento. Os dous partidos tamén apostan por "clarificar" a distribución competencial entre o Goberno central e as comunidades autónomas co obxectivo de levar a cabo unha repartición máis clara e precisa que delimite que competencias pertencen a cada entidade e reduza ao máximo as competencias compartidas en aras de "reducir a ambigüidade", sinala o documento. "Neste sentido, resulta fundamental, dun lado, que as competencias do Goberno central estean ben configuradas, de tal maneira que iso permita a correcta coordinación das políticas nacionais e o respecto á igualdade de todos os españois. Doutro, que as Comunidades autónomas dispoñan das capacidades necesarias para un autogoberno eficiente á vez que respectuoso co interese xeral", expón o documento. Para asesorar ao Goberno a este respecto, o documento avanza a creación dun comité de expertas nesta cuestión. |
NOS_25693 | Miguel Anxo Fernández Lores asegura que "na situación actual, non temos nada que celebrar". | O presidente do goberno español, Mariano Rajoy participou esta sexta feira no acto de inauguración da ampliación do Museo de Pontevedra. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, rexeitou participar no acto. Neste senso, Lores asegurou en declaracións a Sermos Galiza que coa súa "non asistencia" pretende "non avalar a política de recortes e diminución dos dereitos sociais" promovida desde Madrid. No entanto, a súa ausencia, foi tamén para o presidente do executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, quen tamén tomou parte da inauguración. "Nós tempos que corren, non están as cousas para saír a carón deles". Fernández Lores: "Non quixemos avalar as súas políticas poñéndonos ao seu lado" Desta maneira, o rexedor pontevedrés rebelouse contra a política "económica, social e laboral" desenvolvida desde o goberno español ao longo do seu primeiro ano de mandato. No entanto, Miguel Anxo Fernández Lores tamén asegurou que a súa decisión de non asistir ao acto organizado no Museo Provincial tiña "moito a ver co acontecido nestes últimos meses arredor do Padroado". O alcalde referíase desta maneira á supresión por parte da deputación do organismo que xestionou desde o comezo o museo, conformado por unha ampla variedade de institucións e persoas relacionadas co mundo da cultura. "Non estamos de acordo con isto, polo que decidimos non ir" pois asegurou, "cremos que o comportamento da deputación é unha falta de respecto a algo que é de todos os pontevedreses". Naquela altura, o alcalde de Pontevedra procurara facer mudar de parecer o presidente da deputación á fin de que este non suprimise o Padroado nin excluíse o concello da xestión do museo. Porén, malia reiterar en diversas ocasións a vontade de se reunir con Louzán, mesmo apoiado por ex-presidentes do Padroado, Rafael Louzán "non quixo recibirnos", polo que agora "non temos nada que celebrar". Malia a ausencia do alcalde, diversos colectivos sociais decidiron asistir ao acto de inauguración e recibir os presidentes español e galego entre apupos. Neste senso, representantes sindicais da CIG e CC.OO manifestáronse ás portas do edificio para denunciaren as políticas de recortes aprobadas desde Madrid, entre elas a reforma laboral e das pensións, esta última en vigor desde a pasada terza feira, 1 de xaneiro. |
NOS_47901 | O parlamentar David Fernández entende que é necesario protexer" unha "diversidade xeolóxica e biolóxica das máis importantes de Europa", de aí a proposición non de lei que presenta no Parlamento para que a serra oriental galega sexa declarada Parque natural. | Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) vai exixir esta sexta feira no Parlamento de Galiza a declaración do Courel como Parque Natural. O deputado David Fernández Calviño entende que a serra oriental presenta "unha diversidade xeolóxica e biolóxica das máis importantes de Europa", aliás de que "esta gran diversidade concéntrase nun pequeno territorio, polo que é necesario protexelo. E a súa protección conta con gran apoio entre os habitantes do lugar". AGE sinala que vai procurar o apoio dos demais grupos parlamentarios para instar á Xunta a realizar o plan de ordenación dos recursos naturais da Serra do Courel, da conca do río Lor e de áreas limítrofes no prazo dun ano, constituír o Parque Natural antes de que remate a lexislatura e confeccionar un plan de valoración económica da zona baseado na sustentabilidade ecolóxica e agraria. Parálise Non é a única iniciativa de Alternativa referida á rede de parques naturais de Galicia. O parlamentario Fernández Calviño tamén presentou unha pregunta en que interroga ao Goberno galego pola parálise das xuntas consultivas das áreas protexidas. "Malia que a composición destas xuntas consultivas teñen unha abusiva presenza gobernamental", argumenta Calviño, "constitúen a día de hoxe o único vieiro aberto para camiñar cara á transparencia e a participación cidadá na xestión dos espazos protexidos". Moitos deses organismos levan anos sen ser convocados e así, "o espírito da lei de conservación da natureza fica en papel mollado". |
NOS_6190 | Pide garantías de estabilidade no emprego e a produción como paso previo para avanzar nas negociacións do ERTE. | As dúas primeiras xuntanzas da negociación do ERE temporal presentado por Ferroatlántica constatan para a CIG que non existen causas obxectivas que xustifiquen o expediente. O sindicato demanda da dirección garantías de estabilidade no emprego e a produción como paso previo para avanzar nas. A representación da central nacionalista nas negociacións afirma que, "segundo as contas (incompletas) que nos proporcionan, a realidade de Ferroatlántica dista moito de parecerse á dunha empresa en crise que nos queren vender". Para xustificar o ERTE, indica que a empresa se refire ao custo da enerxía e da materia prima, "pero obvia que ten concesións para explotar as centrais e as minas". A central reclamou á compañía "que retire todos os recursos" interpostos contra a decisión da Xunta de non autorizar a segregación e venda das centrais. Xunto a isto, demandou unha redución "considerábel" do tempo de regulación proposta porque "na actual conxuntura, un ERTE de dous anos non é aceptable baixo ningunha circunstancia". |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.