ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_23096 | Formação conservadora removeu os pontos previstos para o conhecimento da língua portuguesa ser um mérito no acesso à função pública. Também não apoia sua implementação em 4 anos. | Também na ILP Paz Andrade, que promulga a disseminação da Galiza da língua e cultura portuguesas e que chegou ao Parlamento galego encostada pela assinatura de 17.000 pessoas, o PP teve de colocar suas tesouras. Fez isto para remover os pontos previstos para a implementação dos acordos nos próximos quatro anos --o tempo duma legislatura--, bem como para o português ter consideração de mérito no acesso ao emprego em serviços públicos. Apesar disso, todas as formações políticas com representação na Câmara deram o seu visto bom a uma iniciativa que, tal e como dispõe o seu artigo 1, obriga os poderes públicos a "promoverem o conhecimento da língua portuguesa e das culturas lusófonas para aprofundar nos vínculos históricos" tecidos por volta da lusofonia. BNG: "O afastamento entre galego e português não é neutro" A primeira em tomar a palavra para defender a ILP foi a deputada do BNG Ana Pontón, quem lamentou as modificações introduzidas e recusou o discurso do PP porque, segundo defendeu, "nem é a melhor lei possível nem é a única lei possível". Disse Pontón que o apresentado na Câmara era um texto "de mínimos" onde uma das questões reclamadas --a receção na Galiza das rádios e televisões de Portugal-- é parte já "dos incumprimentos da legislação vigente" no nosso País. Aliás, a deputada nacionalista tem questionado também a eliminação do ponto que condicionava a aplicação da ILP Paz Andrade a quatro anos desde a sua aprovação como lei. Segundo o PP, não era um prazo "realista", pelo que foi mudado no artigo 2 por um nada concreto "progressivamente". Finalmente, o artigo 3 da ILP já não estabelece que o português seja um mérito no acesso a empregos públicos, senão unicamente que a Xunta "deverá fomentar" o conhecimento desta língua entre @s empregad@s públic@s. Por sua vez, Ana Pontón aproveitou a intervenção "para alicerzar a tese de que galego e português são parte do mesmo tronco linguístico" assim como para romper com o "isolacionismo" que "limita as possibilidades reais da nossa língua". "O afastamento entre galego e português não é neutro", disse a nacionalista, "senão que guarda relacionamento direto com os preconceitos para o idioma próprio". uniu os conceitos de 'galegofobia' e 'lusofobia' para sublinhar que "fica um trabalho oceánico por fazer". Os dados dão-lhe a razão. As últimas cifras oficiais que a Xunta facilitou, em 2012, certificam "a precariedade" em que se encontra o português no ensino: só 22 centros ofertam a aprendizagem deste idioma como estrangeiro, só 3 secções bilíngues incluem como língua veicular o português e a versão internacional do galego só se ministravam 8 escolas de idiomas. AGE pede que o PP "não ponha pedras no caminho" O seguinte deputado em tomar a palavra foi Juan Fajardo, do grupo parlamentar de AGE. Reclamou "uma ponte que permita o reconhecimento da cultura lusófona e que derrube os prejuízos a respeito da cultura galega", para além de aprofundar na divulgação de ambas as duas. Assim, lembrou que AGE apresentou uma emenda ao artigo 3 em que pediam que também o galego fosse difundido "em espaços da lusofonia". Fajardo queixou-se de que a comissão promotora só se reunisse duas vezes: "uma para dizer que emitiriam um ditame e outra para apresentar um texto já fechado e acordado só com a força maioritária", em referência ao PP, a quem pediu "que não ponha pedras no caminho" para a aplicação efetiva da iniciativa aprovada por unanimidade e que a Galiza "não fique por detrás da Estremadura nem da Andaluzia". PSdG-PSOE: "Que aquilo que não separou a geografia não o separe a teimosia" Por derradeiro tomou a palavra o PSdG-PSOE através do deputado Francisco Caamaño, quem encetou a intervenção lendo um bocado de um editorial publicado na revista Nós em 1920 em que já se reconhecia que a relação entre a Galiza e Portugal "devem ir mais ali de um simples intercâmbio". "Fazem falta fórmulas colaborativas para defendermos esta cultura comum", proclamou Caamaño, acrescentando que tais fórmulas "deveram vigorar desde há muitos anos" porque "faltam obrigas e guias claras para os poderes públicos". Assim mesmo, lembrou o aval de 17.000 assinaturas para concluir com uma exigência: "que aquilo que não separou a geografia não o separe a teimosia". |
PRAZA_12263 | O mundo do libro vive unha fase de mudanzas estruturais que estimula os seus axentes á procura de novas estratexias de supervivencia nun tempo especialmente complexo. Para Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), é un problema de ausencia de vontade política de atender o sector. | O mundo do libro vive unha fase de mudanzas estruturais que estimula os seus axentes á procura de novas estratexias de supervivencia nun tempo especialmente complexo. A situación non é doada, mais tampouco tan dramática como ás veces se presenta. "Non somos os máis damnificados pola crise. Precisamos uns recursos básicos para subsistir porque xa tiñamos estruturas mínimas", explica o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xurxo Patiño. A súa reflexión resulta acaída para comezar unha análise con moitos posibles matices. Un dos principais obstáculos é, para o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Manuel Bragado, que "o goberno galego non tivo políticas de lectura, non considerou a lectura unha prioridade. Non hai quen acuda por nós, neste sentido, malia que nós mantemos abertos todos os procesos de diálogo". Os datos do ISBN amosan un aumento da edición en galego do 19,9 por cento entre o 2009 e o 2010, no que o número de títulos se situou en 2.544 -fronte aos 1.852 editados en éuscaro ou os 10.748 en catalán-. O incremento foi progresivo -tamén para o castelán- desde o anos 80. Desde as 259 obras publicadas na nosa lingua no 1985, iniciouse unha fase expansiva que acadou os 1.148 títulos no 1995 e os 1.826 no 2005. A edición privada representou, ademais, fronte á pública, un 90,2 por cento no 2010. "É certo que as tiraxes agora son máis axustadas. As tecnoloxías dixitais permiten facelas máis pequenas e reeditar segundo a evolución da demanda", indica Bragado. Tamén descendeu, en Galicia, a porcentaxe da edición en galego a respecto doutras linguas: 42,59 por cento no 2010 fronte ao 62,0 por cento do 2002. "Isto ten que ver con cuestións como a edición en castelán para exportar, por exemplo no ámbito infantil", apuntou o responsable da AGE. Se sumamos lectura habitual e ocasional, a porcentaxe de lectores no noso idioma acada o 54,4 nun estudo elaborado para a Consellaría Estas cifras poden parecer contraditorias, porén, cos hábitos que revelan diversas análises. Segundo un informe elaborado por Conecta para a Consellaría de Cultura, o galego é a lingua habitual de lectura só para o 5,5 por cento dos entrevistados. "Non creo que eses datos sexan moi representativos", advirte Bragado, xa que "os galegos lemos en galego, en castelán e algúns noutras linguas. Mesmo rapaces que non falan habitualmente en galego si len nesta lingua", engade. De todos os xeitos, se sumamos lectura habitual e ocasional, a porcentaxe de lectores no noso idioma acada o 54,4 neste estudo. En canto a índices de lectura, en Galicia sitúanse no 53 por cento da poboación, dous puntos por debaixo da media do Estado, se atendemos aos datos do 2010. Aínda que o informe da Federación de Gremios de Editores de España para o primeiro semestre do 2011 eleva a media estatal ata o 61,9 por cento. A Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais do Ministerio de Cultura 2010-2011 permite comparar o dato dos galegos lectores: 53 por cento, cos cataláns: 60'8 por cento ou os vascos: 65,6 por cento. Malia que o número medio de libros lidos nun trimestre di outra cousa: 4,9 en Galicia e 4,3 en Cataluña. O libro de texto supuxo o 40,3%, malia diminuír nun 18,64% debido á implantación do chamado Decreto de Plurilingüismo A respecto dos resultados económicos, o estudo de Comercio Interior do Libro en Galicia 2010 salienta a diminución do emprego no sector nun 20 por cento de 2008. A facturación -30.97 millóns de euros no 2010-, baixou o oito por cento respecto a 2009, -fronte ao sete por cento do conxunto do sector no Estado-. O libro de texto supuxo o 40,3%, malia diminuír nun 18,64% debido á implantación do chamado Decreto de Plurilingüismo. "A facturación tivo un momento histórico no 2008, antes da crise. Pero no último ano volveu baixar máis ou menos un 10 por cento. Unido ao que xa baixara no ano anterior, é moito", matiza Bragado. A rebaixa, de máis da metade, das axudas públicas -que supoñían menos de millón e medio de euros nun sector que facturaba máis de trinta-, tamén se notou. "O ano pasado non houbo as axudas de Política Lingüística. Si houbo 750.000 euros para compra de libros ás editoras para dotar as bibliotecas, e 900.000 de axudas", lembrou Bragado. Mais, alén deste aspecto, o problema é, ao seu ver, que " non hai políticas públicas de lectura nin en Galicia nin en España. A Lei do Libro cohesionou o sector e xerou consenso, pero quedou en nada. O libro foi declarado sector estratéxico, fíxose o Plan de Lectura, pero o goberno non foi quen de afrontar os retos, aínda que o bipartito tivo máis interese. Non fai fondos, a reunión do Consello Asesor do Libro adiouse ao 2013...". As dificultades esporean os cambios de rumbo e, na opinión de Bragado, hai "un proceso de innovación evidente" no sector As dificultades esporean os cambios de rumbo e, na opinión de Bragado, hai "un proceso de innovación evidente" no sector. "O catálogo de libro electrónico vaise ampliando. A oferta vaise incrementar coa plataforma que estamos preparando, o e-libro galego. Tamén están as aplicacións para iPad...", sinalou. O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez, apunta pola súa banda as posibilidades que para os autores abre a edición dixital. "A tecnoloxía dixital democratiza a edición no sentido de que abre camiño para editoras pequenas. A rede tamén está a xogar un papel fundamental. Pero todo isto é, máis ben, facer da necesidade virtude", comenta. Informe sobre Hábitos de lectura e compra de libros en Galicia 2009 (pdf) Estudo de Comercio Interior do Libro en Galicia 2010 (pdf) |
NOS_52883 | Iolanda Veloso asumiu desde a pasada quinta feira a portavocía do BNG de Vigo após a saída de Santi Domínguez. Falamos con ela sobre esta nova etapa que di comezar "con moita enerxía". | Pregunta. Acaba de tomar o relevo como portavoz municipal do BNG en Vigo. Como encara esta nova tarefa?Resposta. Con ganas e con enerxía. Asumindo o que é unha responsabilidade moi grande, sobre todo nun momento tan complexo coma este de crise e de retrocesos nos dereitos sociais, laborais, educativos, sanitarios... Estamos vivindo unha realidade moi grave, entón é complexo. Hai que facer unha política activa de defensa da cidadanía. Mais enfrontoo con moita enerxía. Asemade, partimos con moito traballo feito xa e vou contar co apoio do anterior voceiro que seguirá como concelleiro; e cun grupo municipal que se manté como até o de agora. Sen dúbida, son as mellores condicións porque é continuar cun traballo xa comezado. P. Vostede é a primeira muller que asume a portavocía...R. Antes de min xa estivo a compañeira María Teresa Conde, nos anos 80 cando aínda era o BNPG. Mais segue a ser moi complexo o papel das mulleres na vida pública e na política. En xeral estamos sufrindo agora mesmo un recorte dos nosos dereitos o que se materializa claramente tamén no acceso aos cargos públicos. Mais non é estraño, ao estarmos gobernados por un partido que rexeita un mínimo de mulleres nos consellos de administración das empresas, por exemplo. Evidentemente, o máis importante para min é formar parte dunha organización política que non repare en pór unha muller como voceira municipal, pois si é certo que somos moi poucas mulleres as que estamos en cargos de responsabilidade. "Hai que facer facer unha política activa en defensa da cidadanía" P. Que valoración fai o BNG da acción do goberno municipal neste primeiro treito de mandato?R. Na organización tomouse unha decisión após as eleccións municipais sobre cal sería o papel do grupo no Concello. Neste senso, acordamos non entrar no goberno co PSOE, mais tamén manter firmemente a de decisión de impedir que o Partido popular chegase ao poder na cidade. Sempre mantivemos o posicionamento --e así o expresamos en todo momento-- que o PP non podía aplicar tamén na nosa cidade as políticas tan crueis que está a aplicar desde o goberno do Estado e a Xunta de Galiza. De acordo con isto, en cada momento estamos a tomar as decisións que nos parecen máis acaídas para defender á cidadanía, sobre todo, a aquela que o está a pasar peor nestes momentos. Traballamos, pois, dentro do Concello para que o goberno local responda ás necesidade de mantemento dos servizos sociais e de creación de emprego; evidentemente dentro das competencias dun Concello, que son limitadas, mais dalgunha maneira temos que procurar compensar as políticas de recortes do Partido Popular e a situación de crise económica e desemprego que afecta á nosa cidade. "Acordamos non entrar no goberno co PSOE, mais tamén manter firmemente a decisión de impedir que o Partido popular chegase ao poder na cidade" P. Desde o Bloque teñen manifestado duras críticas ao PSOE e a Abel Caballero, mais tamén lle deron o seu apoio en cuestións importantes como os orzamentos. Hai quen pensa que é mesmo contraditorio...R. En realidade os orzamentos que nós apoiamos non son os orzamentos que preparou o PSOE e que presentou Abel Caballero, senón que foron modificados substancialmente por parte do BNG. Modificáronse nada máis e nada menos que o uso de 8 millóns de euros. Falamos duns orzamentos que pasaron de ser antisociais a estaren focados nas necesidades sociais e na creación de emprego. Neste sentido, entendemos que os orzamentos se adaptan ás necesidades da cidadanía unha vez introducidas todas as emendas que o BNG presentara. En certa medida, estas contas públicas teñen unha pegada importante das políticas que cremos deben ser aplicadas e por iso os aceptamos. P. Porén, o Partido Popular ten criticado con dureza ao BNG acusándoo de ser "muleta" do PSOE, de ser "governo" desde a oposición. Que opinión lle merecen esas acusacións?R. O PP fai sempre unha interpretación interesada dos posicionamentos do BNG, sexan uns ou outros. Evidentemente se o alcalde fose Chema Figueroa o PP non diría que o BNG é a 'muleta' do PP, nin que somos un goberno na sombra. O seu obxectivo é sen dúbida ocultar que a única formación que está a exercer de maneira efectiva como oposición é o BNG, pois, si temos alternativas que procuramos introducir na política municipal. Eles non o fan, nin defenden os intereses da cidadanía. O único que defenden son as políticas do goberno da Xunta e do goberno español. En troca, BNG exerce as súas funcións de control ao goberno de maneira construtiva introducindo alternativas políticas. "O obxectivo do PP en Vigo é ocultar que a única formación que está a exercer de maneira efectiva como oposición é o BNG" P. Cais serán as liñas mestras do Bloque en Vigo de aquí en diante?R. As liñas mestras do BNG son traballar para que desde o Concello se atendan as necesidades da cidadanía nestes tempos tan difíciles. Temos que facer un esforzo moi grande para atender as demandas das persoas que peor o están a pasar e que sufren o andazo do desemprego, os desafiuzamentos, os recortes... e que precisan que algunha administración responda a eses ataques. Nós seguiremos manténdonos nese traballo e continuar debatendo e traballando no seo da organización para avanzar na defensa da cidadanía en diálogo permanente con ela. |
NOS_47835 | Este sábado, o Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia instou ao Bloque e a Anova a se poñeren de acordo e a "deixar de lado intereses partidistas". | Após a reunión do seu órgao de dirección, Compromiso enviou un comunicado aos meios. A formación galeguista explica que, na perspectiva das eleccións ao Parlamento europeu 2014, aposta nunha candidatura "que coloque directamente a voz de Galiza, sen intermediarios, no Parlamento europeu", ao tempo que advoga por "outro tipo de política económica no marco da UE". A construción dunha Europa "máis democrática e solidaria", afastada das políticas de austeridade, debe ser o "mínimo común denominador" a partillar polas forzas políticas que vaian constituír a coligación ao Parlamento europeu, de acordo con Compromiso. Compromiso defende unha candidatura "de país", que estexa aberta "ao apoio de todas as forzas políticas progresistas que operan en Galiza". A formación galeguista e socialdemócrata vai manter esta próxima cuarta feira unha reunión coa dirección do BNG para abordar este asunto. |
NOS_24425 | Francisco Javier de Remiro decidiu non bautizar unha crianza polo estado sentimental da madriña, | O Bispado de Tui-Vigo emitiu esta terza feira un comunicado de apoio ao sacerdote da parroquia de Ribarteme (As Neves), Francisco Javier de Remiro, que a pasada fin de semana negouse a oficiar un bautismo porque a madriña elixida polos pais convivía coa súa parella sen estar casada, tal e como publicaron varios medios locais. Adeus a unha tradición centenaria: a Igrexa veta a procesión de cadaleitos de Ribarteme Este sacerdote foi o mesmo que, a finais de xullo, suspendeu a procesión de cadaleitos da romaría de Santa Marta de Ribarteme ao considerar que "non ten sentido" e que "hai máis formas de mostrar gratitude a Santa Marta sen dar espectáculo". No seu escrito, o Bispado afirma que o dereito canónico estabelece as condicións que deben ter os padriños e madriñas de bautismo e que, se non hai máis remedio, o párroco ou sacerdote debe decidir se se compren eses requisitos, entre os que están que os padriños sexan católicos e leven "unha vida congruente coa fe". Ribarteme e a cultura popular Ante a noticia de que o párroco decidira non bautizar a crianza polo estado sentimental da madriña, a Igrexa manifestou que que, entre outras consideracións, o Código do Dereito Canónico recolle que os padriños e madriñas actúan como "guías do novo bautizado", polo que "deben velar coa palabra e o exemplo" polo seu "crecemento espiritual". Rexeitar a quen poida "causar escándalo" Neste sentido, o Bispado de Tui-Vigo asegura que o párroco debe aterse a esas normas e "ten a obrigación de rexeitar ás persoas que non cumpran o previsto". "Ningún pai debe estrañarse se o párroco rexeita un padriño que leva un estilo de vida incompatíbel cos ensinos da Igrexa católica, pois é obrigación do párroco actuar así", expón o comunicado. A Conferencia Episcopal négase a investigar os abusos sexuais na Igrexa Respecto diso, subliña que o sacerdote debe actuar "coa necesaria fortaleza" para rexeitar un padriño ou madriña "que podería causar escándalo entre os fieis". Para a Igrexa, o feito de que determinadas condutas "públicas e inmorais" estean "moi estendidas" non fai que se poida admitir esas persoas. |
NOS_51296 | A traiñeira de Cabo de Cruz asina uns máis que meritorios 4º e 6º posto nas citas de Pasaia e Orio, respectivamente, e escala postos na Xeral. Na LGT mantense a competitividade polos primeiros postos tanto na categoría A (entre Meira e Amegrove) como na B (Mecos e Coruxo). | Bo sabor de boca da fin de semana 'giputxi' para a traiñeira de Cabo de Cruz e agridoce para a de Tirán, as dúas representantes galegas na Liga ACT San Miguel (onde compiten 12 embarcacións de Euskal Herria, Cantabria e Galiza). Houbo regatas en Pasaia e en Orio, vilas cunha forte tradición mariñeira e cuns clubes de remo que marcaron (e marcan) historio no remo de banco fixo. Na cita do sábado en Pasaia os remeiros de Hondarribia lograron a vitoria, mostrando que queren arrebatar a Orio o liderazgo. Nesta regata, Cabo de Cruz gañou a súa tanda e finalixou cuarta no total, un novo éxito desta traiñeira barbanzá que volveue ste ano á ACT. Tirán finalizou quinta. Orio acolleu a competición do domingo. Esta vila que non chega os 5.500 habitantes ten unha traiñeira en cuxa sede social lucen ducias de bandeiras da Concha e centos de títulos acumulados. Os 'aguilutxos' e a súa cor amarela son un dos grandes. Mais este domingo, e na regata na súa casa, gañou Urdaibai, malia que fose por 9 centésimas. Cabo finalizou sexta e Tirán, que tivo un dos seus peores días na ACT, 11ª. A Xeral da Liga San Miguel encabézaa Orio (74 puntos), seguida de Hondarribia e Kaiku. Tirán mantense de cuarta e Cabo suve até o sexto posto. Urdaibai (que comezou con -95 puntos por sanción) segue de última, con -25. Gozar da LGT Na Liga Galega de Traiñeiras-A, Meira segue a sumar bandeiras. Desta volta en Redondela, onde se impuxo a Amegrove (a seis segundos), Mugardos e Vilaxoán, as catro tripulacións que encabezan a clasificación xeral. Na categoría B a regata do domingo en Vigo a vitoria foi para Coruxo (21:03:44), por diante de Salgado-Perillo (a 1 segundo) e Mecos (a 8). O día anterior, na regata de Rianxo, o triunfo foi para a traiñeira de Mecos (20:12:11), meténdolle 5 segundos a Bueu e dez a Perillo. A Xeral encabézaa Mecos (47 puntos) en pugna con Coruxo (46). Perillo, Bueu e Rianxo completan os cinco primeiros postos desta categoría, onde compiten 9 embarcacións. Feminina Na liga 'estatal' feminina, San Juan segue de primeira por diante de Hibaika, Zumaia e Samertolameu de Meira (que conquistou paraza para Galiza). Na regata de Orio, as vogadoras galegas finalizaron cuartas, mentres que o día anterior, na de Pasaia, foron terceiras. |
NOS_56696 | A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, expresou a súa desconformidade coas "decisións que se están tomando desde Madrid" en relación ao litoral galego. | A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, expresou a súa desconformidade coas "decisións que se están tomando desde Madrid" en relación ao litoral e anunciou que presentará unha iniciativa lexislativa na Cámara galega para pedir ao Congreso a transferencia á Galiza da "ordenación e a xestión da costa". En rolda de prensa despois de reunirse con empresarios do complexo mar-industria, Ana Pontón lamentou onte que as "mudanzas que se están producindo" a nivel estatal na lexislación de costas están "a introducir incerteza en sectores económicos tan importantes para a Galiza como este". "Compartimos a preocupación que teñen sobre as decisións, que están a xerar inseguridade xurídica e que non teñen en conta cal é a realidade da costa e do sector no noso país", dixo Pontón, que lembrou que "non se pode lexislar sen coñecer" e que "é discriminatorio tratar igual o que é diferente". Pontón, sobre limitar o prezo de alimentos: "Non podemos tomar decisións que llo poñan máis difícil aos produtores" Perante esta situación, Pontón avanzou que o BNG presentará "iniciativas no Parlamento para defender o emprego e o sector mar-industria na Galiza para darlle garantías de futuro". Así mesmo, avanzou que o BNG, no actual período de sesións, presentará na Cámara galega dous proxectos de lei para remitir ao Congreso co obxectivo de "dar apoio ao sector mar-industria". O primeiro deles pasa, como xa se mencionou, por reclamar a transferencia á Galiza da ordenación e a xestión do territorio litoral, unha cuestión "fundamental", segundo Ana Pontón. Por outra parte, unha segunda iniciativa lexislativa pedirá unha modificación na lei do cambio climático para que non se aplique ao sector do mar industria. "Hai moitas actividades que se poden ver afectadas e que seguen tendo que estar no litoral", explicou a líder nacionalista. "Evitar incertezas" Tras o encontro co BNG, compareceu tamén ante os medios o presidente da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), Juan Manuel Vieites, quen pediu aos grupos políticos que se leven a cabo medidas para evitar que o sector sufra de incertezas, que "prexudican calquera tipo de investimento". O BNG propón un plan de resposta á crise con 1.000 millóns de euros: estas son as seis chaves Na mesma liña que Pontón, Vieites lembrou que "o litoral galego non ten nada a ver co mediterráneo" e pediu "participar de todos os cambios que se queiran realizar" para que este sector non se vexa prexudicado. "Restrinxir a economía litoral na Galiza é restrinxir un dos sectores básicos e estratéxicos da nosa economía", dixo. |
PRAZA_17984 | Malia que as obras de ampliación da autoestrada en Santiago se prolongaron durante tres anos, Fomento non foi quen de empezar o seu enlace coa Cidade da Cultura ata tres meses despois do seu remate HEMEROTECA | Fomento inicia 15 anos despois o enlace da AP-9 ao Gaiás que Feijóo anunciou como conselleiro en 2003 | HEMEROTECA | Fomento inicia 15 anos despois o enlace da AP-9 ao Gaiás que Feijóo anunciou como conselleiro en 2003 Durante os seus días de descanso en Pontevedra no pasado Nadal o presidente Rajoy aproveitou para inaugurar dúas ampliacións da autoestrada AP-9: o 30 de decembro ao seu paso pola ponte de Rande e o 3 de xaneiro no seu treito de circunvalación de Santiago. Oito meses despois os traballos no primeiro treito aínda non remataron e seguen a producir afeccións ao tráfico mentres que o segundo, si rematado, verá agora como varios dos seus novos carrís volven desaparecer. Fomento anulará ata febreiro parte desa ampliación compostelá da AP-9 para acometer o seu enlace coa Cidade da Cultura, actuación anunciada hai 15 anos pero que sucesivos gobernos en Madrid e Galicia non foron quen de acompasar cos tres anos que duraron os traballos de ampliación da autoestrada. Malia que as obras de ampliación da autoestrada en Santiago se prolongaron durante tres anos, Fomento non foi quen de empezar o seu enlace coa Cidade da Cultura ata tres meses despois do seu remate En concreto, desde este luns 10 de setembro e ata o 19 de febreiro as obras do enlace co Gaiás manterán cortados catro carrís da AP-9 ao longo de catro quilómetros: en sentido sur a calzada pasará de catro a dous carrís ao longo de dous quilómetros e en sentido norte de cinco a tres carrís nun espazo similar. Durante a colocación o pasado abril da primeira pedra do enlace coa Cidade da Cultura, o propio presidente Feijóo lembrou que el mesmo anunciara esa actuación en 2003 cando era conselleiro. A obra foise postergando entre outros motivos polo medo dos técnicos a que o tráfico que utilizase ese enlace colapsase os daquela xa sobrecargados dous carrís por sentido da AP-9. Porén, as negociacións entre Xunta, Fomento e Audasa para acometer esa conexión non foron quen de acompasarse coa longa tramitación e execución da ampliación da AP-9, cuxa primeira pedra se colocou en febreiro de 2015 e cuxos case tres anos de obras supuxeron importantes afectacións ao tráfico. Agora, tras oito meses de tráfico normalizado nunha AP-9 que ao seu paso por Santiago pasou a dispor nalgún treito de ata cinco carrís por sentido, e unha vez superado o verán, período con máis tráfico, a autoestrada volverá estreitarse en sentido sur durante cinco meses ata os seus antigos dous carrís. |
NOS_12044 | O cuarto comunicado que o EZLN fai público desde finais de 2012 carga con dureza contra o goberno de México | Após os tres comunicados que o Exército Zapatista de Liberación Nacional --EZLN-- fixo públicos a finais de 2012, o subcomandante Marcos volveu facerse ouvir este domingo. Nun extenso texto que leva por título Eles e nós, advirte aos que teñen o poder do "verdadeiro perigo" que vén "de abaixo, de xente que sae do molde, que o rompe ou que o ignora". Antes de se despedir, unha advertencia en maiúsculos: "Marichiweu!" ('Venceremos!') Así as cousas, neste comunicado o subcomandante fala imitando "aos que mandamos, que somos máis poderosos aínda que sexamos menos". Non nos importa o que digas-escoites-penses-fagas namentres fiques mudo, xordo, inmóbil. Podemos impor como goberno a xente medianamente intelixente, aínda que xa é moi difícil de atopar na clase política, mais eliximos a un que nin sequera pode simular que sabe de que vai o asunto. E por que o facemos? Porque podemos facelo". Nunha dura crítica aos dirixentes, empeñados en "facer e desfacer sen ter máis razón que a posesión do poder", o EZLN acusa ao exército, á policía e á xustiza de non perseguir "verdadeiros delincuentes", e a intelectuais, artistas, políticos, xerarcas relixiosos e xornalistas de se "disputaren o privilexio de agradarnos" --aos poderosos--. Porén, fai público o temor destes a que "o medo feito resignación se transforme en rabia organizada, rebelde e sen prezo", e advirte do "caos que vén de abaixo". E no peche da entrevista simulada descubren "algo pintado no portón de entrada ao xardín. Non sabemos se é unha chave, ou unha lingua desas raras que falan os proles. Si, é unha soa palabra, mais prodúcenos calafríos. Di 'Marichiweu!'". O termo, en lingua mapuche, significa 'Venceremos'. O subcomandante Marcos levaba case dous anos sen asinar comunicados extensos. A finais de 2012 anunciou unha serie de iniciativas "civís e pacíficas", que se transformaron uns días despois nunha multitudinaria mobilización silenciosa en que ducias de miles de zapatistas anegaron cinco poboacións de Chiapas ao remataren as celebracións do Oxlajuj Baktun, o cambio de era no calendario maia. Marcos advertiu daquela ao goberno do PRI que encabeza Peña Nieto: 'Ouviron iso? É o son do seu mundo derrubándose'. |
PRAZA_11446 | Por min pode falar en esperanto ou en chinés mandarín se lle peta mais non debería esquecer que, a respecto do galego, non só ten o deber de respectalo senón o de fomentalo e protexelo, gústelle ou non, aínda que só sexa por imperativo legal | «Á xente que manda hai que pedirlle permiso para rir, se é para rirse deles. E aínda así, cómpre saber rir. Calcular o peso e a extensión do riso». (Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, Manuel Rivas)Señor Alcalde de Ourense, a secas. Digo "a secas" porque, rebulindo na tulla das miñas querenzas e rebuscando nos manuais da galantería, non dei encontrado outro tratamento do que vostede puidese ser merecente. Talvez porque das promesas e actitudes anteriores á súa ocupación da alcaldía, só podo lembrar as denuncias reviradas contra os que daquela lles tocaba gobernar. Iso si, denuncias que se tiveron algún percorrido tamén foi mercé á inestimábel axuda dos que manexan a edición de tapa dura do Código Penal.Comezarei por dicirlle que se o seu proxecto de cidade consiste en construír o rañaceos máis grande de España, crendo que desde un tellado tan alto poderá mexar cara a onde lle pete, é moito mellor que siga arremedando o seu correlixionario de Vigo: luces do Nadal, espantada dos plenos, renegar do galego, ... A propósito dese rancor que vostede lle profesa ao idioma galego –que é polo que lle escribo– direille que hai dous tipos de galegofobia. O conformado polos do autoodio militante, ao que pertencen os que teñen unha actitude espantadiza e porfiona contra o galego, verbigratia con traducións innecesarias ao castrapo: «¿Que te pongo, chico?» «Un café con leite.» «¿Un cafeíto con leche?» «Non señor, un café con leite.» «¡Pues eso, joder, un café con leche!» E é aí, contra o final da porfía cando o fulano do bar –ou o seu alter ego, señor alcalde– se alporiza pretendendo que o cliente marche imbuído por certo complexo de maleducado. O segundo tipo, que vostede representa á perfección, é o dos que azacotan o autoodio renegante que no caso de cargos públicos se transforma en autoodio irreverente: «Hablo en español, porque me entienden mejor.» «¡A ver si tenemos educación, carallo!» «Para hablarlo mal, prefiero expresarme en castellano.» Aquí sobran todos os comentarios.Mire, señor alcalde "a secas", por min pode falar en esperanto ou en chinés mandarín se lle peta mais non debería esquecer que, a respecto do galego, non só ten o deber de respectalo senón o de fomentalo e protexelo, gústelle ou non, aínda que só sexa por imperativo legal (Estatuto de Autonomía de Galicia, artigo 5). Mais xa sabemos que neste Estado hai leis que están aí para estamparllas na cara a algúns cidadáns e outras que só serven para tinguir de negro as páxinas da Gaceta de Madrid.Malia todo, voulle dar un consello: fale galego, ho! E así mata tres paxaros dun tiro sen gastar unha onza de munición: cumpre coa lei, deixa de encabrearnos a uns cantos e evita que entre todos lle teñamos que pagar un avogado, ante a posíbel denuncia por plaxio do tal Abel Caballero. Mais se persiste en seguir expresándose en español, aplíquese algo, por amor de Deus!, pois abofé que non o fala nada ben.Ah! Menos mal que aquí na Pampa amórnanos a pel a temperanza da primavera, porque dese tedio outonizo que vostede lle ofrece cada día á nosa cidade –tan miña como súa mal que lle pese– a min só me estimulan as tonalidades da paisaxe. O demais aí lle queda para que o engulipe todo. Se lle peta, claro! Dios guarde a V.I. muchos años. Lisardo Quintas Teixeira. |
NOS_43432 | Antón Arias defenda a renda social, considera que o modelo económico non debe basearse na "precariedade" e afirma que a reforma laboral non solucionou problemas como o paro. | Antón Arias, novo presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, posicionouse a favor da transferencia da AP9 a Galiza, así como que a tamén coñecida como Autoestrada do Atlántico sexa libre de peaxes pois considera que xa está máis que amortizada e que iso favorecería a competitividade. Así o manifestou este sábado o presidente da patronal galega nunha entrevista na Ser-Coruña. Arias tamén se pronunciou nesa entrevista con respectoa cuestións como a renda básica ou a reforma laboral e fíxoo cun discurso afastado do que até o de agora se mantiña por parte da ponte do mando do empresariado galego. Así, amosouse partidario de establecer ferramentas que faciliten o acceso a bens e servizos a toda a cidadanía, sobre todo cando camiñamos cara a un escenario, precisou, no que "o pleno emprego tal e como o entendemos agora vai ser imposíbel". Asume que aplicar unha renda básica, "hai 6 meses parecía moi revolucionario e hoxe está aceptado ata por Davos", conlevará unha reforma fiscal, algo do que se amosa a favor. "É imprescindíbel e urxente", dixo, ao tempo que engadía que "temos un problema de ingresos claro". Reforma laboral Preguntado sobre a reforma laboral, Antón Arias afirma que non serviu para solucionar os problemas existentes, como o do desemprego, e que a mesma non é compatíbel cunha aposta de camiñar a cara un modelo económico que non se basee na precariedade e baixos salarios. "Deberiamos reverter a situación", manifestou. AVE A respecto do AVE, Arias recoñeceu que o novo retraso non lle sorprendeu e advertiu que vai chegar a Galiza "non é o que se licitou". Será de vía única, non dupla, e non comprenderá transporte de mercadorías o que considera que supón un prexuízo para o noso país á hora de competir. |
PRAZA_11276 | En xogo está o regreso da esquerda ao poder en Arxentina, despois de catro anos de goberno de Mauricio Macri. E tamén a continuidade do Frente Amplio en Uruguai, tras 15 anos de xestión | Dende hai varios anos América Latina vive un xiro á dereita, que levou ao poder a Macri en Arxentina, a Piñera en Chile, a Moreno en Ecuador ou a Bolsonaro en Brasil, entre outros cambios de goberno, e que só tivo o contrapunto da vitoria de López Obrador en México. En xogo está o regreso da esquerda ao poder en Arxentina, despois de catro anos de goberno de Mauricio Macri. E tamén a continuidade do Frente Amplio en Uruguai, tras 15 anos de xestiónEste domingo 27 celébranse eleccións en Arxentina e Uruguai, países que comparten moitas semellanzas ademais da proximidade xeográfica, pero que nos últimos anos seguiron camiños políticos (e económicos) moi distintos. En xogo está o regreso da esquerda ao poder en Arxentina, despois de catro anos de goberno de Mauricio Macri. E tamén a continuidade do Frente Amplio en Uruguai, tras 15 anos de xestión, unha das máis longas experiencias de goberno progresista na rexión. Diferente é a cor política dos actuais gobernos e moi diferente igualmente a situación económica e social de ambos os dous países. Arxentina chega aos comicios sumida nunha nova crise, que fixo que a pobreza crecese oito puntos no último ano, afectando xa ao 35,4% da poboación, con 15 millóns de persoas que non poden permitirse a adquisición de alimentos básicos. O PIB caeu un 1,8% en doce meses, mentres que os prezos subiron un 60% no último ano, fronte a un incremento dos salarios do 35%.En Arxentina as sondaxes apuntan a un cambio de goberno xa na primeira volta, coa vitoria do kirchnerista Alberto FernándezNeste escenario, moi negativo para Mauricio Macri (candidato de Cambiemos) as sondaxes apuntan a un cambio de goberno (probablemente xa na primeira volta), co regreso do peronismo kirchnerista ao poder, na figura de Alberto Fernández, candidato da coalición Frente de Todos, na que Cristina Fernández de Kirchner é candidata á vicepresidencia. Pola contra, aínda que adoita dicirse que cando "Arxentina esbirra, Uruguai constípase", a situación do país charrúa é moito máis estable (como sempre o foi), cun incremento anual do PIB do 1,6% e niveis de pobreza moi inferiores. O marco xeral da economía, xunto co avance nas políticas sociais e redistributivas nos últimos 15 anos, a modernización do país e as conquistas en dereitos, nas que Uruguai é vangarda no continente (matrimonio igualitario, aborto, lei trans, legalización da marihuana) son as bases coas que o Frente Amplio aspira a un cuarto mandato.O Frente Amplio será a forza máis votada na primeira volta, pero as enquisas auguran unha vitoria do conservador Luis Lacalle Pou na segunda voltaDaniel Martínez (alcalde de Montevideo entre 2015 e 2019) lidera a coalición esquerdista, fronte a unha oposición fragmentada en tres forzas (Blancos, Colorados e o bolsonarista Cabildo Abierto). O Frente Amplio será a foza máis votada con toda seguridade na primeira volta, pero as enquisas auguran unha vitoria do conservador Luis Lacalle Pou (Partido Nacional) na segunda volta, que terá lugar dentro dun mes.Adeus a Macri?En Arxentina o resultado das eleccións primarias (PASO) celebradas o pasado mes de agosto amosaron as grandes opcións que o Frente de Todos ten de gañar o comicios deste domingo, xa en primeira volta. A formación de Alberto Fernández superou ao Cambiemos de Macri por 17 puntos (47,8% a 31,8%), unhas cifras que de repetirse evitarían a celebración da segunda volta para elixir o novo presidente. A lexislación electoral arxentina prevé que isto suceda se un candidato acada o 45% na primeira volta ou supera o 40% con máis de dez puntos de vantaxe sobre a segunda opción máis votada.As últimas sondaxes publicadas confirman a vantaxe do Frente de Todos, que obtería entre o 50% e o 54% dos votos, fronte ao 29-35% de CambiemosAs últimas sondaxes publicadas confirman a vantaxe do Frente de Todos, que obtería entre o 50% e o 54% dos votos, fronte ao 29-35% de Cambiemos.O Frente de Todos (ou Todas, ou Todes) conseguíu unir á maior parte da oposición a Macri, como unha resposta á xestión realizada nos últimos anos, moi criticada no plano económico, e na que a mobilización social no país rexistrou un grande incremento. Especialmente importante foi a mobilización feminista, que creceu ao abeiro do debate para a legalización do aborto e que se mantén moi activa, como se puido ver a pasada semana no Encontro Nacional de Mulleres de La Plata, que reuniu a máis de 200.000 persoas nos seus debates. O aborto será un dos temas centrais na vindeira lexislaturaO aborto será un dos temas centrais na vindeira lexislatura. Cómpre lembrar que en xuño do ano 2018 o Congreso arxentino aprobou o Proxecto de Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo, cun apoio maioritario do peronismo e o rexeitamento de boa parte dos deputados do partido de Mauricio Macri. Porén, dous meses despois o Senado votou en contra da lei, que polo tanto non foi aprobada.Uruguai: 5 anos máis?O Frente Amplio, formado en 1971, chegou ao poder no ano 2004, despois de quedar en 1999 ás portas de facelo. Dende entón Tabaré Vázquez (en dous mandatos non consecutivos) e José Mujica gobernaron este país que ten pouco máis de tres millóns de habitantes, dos que a metade reside na súa capital, Montevideo. No 2014 Tabaré Vázquez tivo que agardar á segunda volta para ser elixido (47,81% na primeira, 56,62% na segunda) e o Frente Amplio conservou a súa maioría absoluta nas cámaras de forma moi axustada (50 de 99 deputados e 15 de 30 senadores).O Frente Amplio baseou a súa campaña na defensa da xestión realizada, nos avances experimentados polo país e na estabilidade de Uruguai. O tema da seguridade está centrando a campaña das forzas opositorasCinco anos despois, a vitoria de Daniel Martínez está no aire. As sondaxes outórganlle entre un 36% e un 43% de voto na primeira volta, fronte ao 24-28% do Partido Nacional (ou "blancos", de dereita), un 11-16% do Partido Colorado (de centro-dereita) e un 8-12% de Cabildo Abierto (dereita populista). A fragmentación da oposición pode beneficiar ao Fronte Amplio de cara á elección de deputados e senadores, pero para unha hipotética segunda volta nas eleccións presidenciais as sondaxes prevén unha vitoria do blanco Luis Lacalle Pou por cinco puntos: 47% a 42%. Iso si, o FA vén crecendo de forma continuada dende o comezo do verán e achégase ás cifras que permitirían a súa reelección. O Frente Amplio baseou a súa campaña na defensa da xestión realizada, nos avances experimentados polo país dende o 2004 e na estabilidade de Uruguai, en comparación cos países veciños. Porén, o desgaste de 15 anos de goberno e o problema da inseguridade cidadá poden levar a un xiro do país cara á dereita. De feito, en paralelo coas eleccións, este domingo celébrase un referendo sobre a proposta "Vivir sin miedo" lanzada por unha parte do Partido Nacional, que propón un endurecemento de penas (prisión permanente revisable), unha militarización da seguridade cidadá e medidas como a entrada da policía polas noites nas vivendas sospeitosas. A proposta debe superar o 50% para aprobarse e as enquisas indican que neste momento rolda esa porcentaxe (53%), aínda que as súas cifras foron descendendo nos últimos meses. Se o Fronte Amplio se achegase ou superase o 45% na primeira volta, tería grandes posibilidade de manter a presidencia e, ademais, de asegurar o dominio das dúas cámarasO tema da seguridade está centrando a campaña das forzas opositoras, tanto dos dous partidos tradicionais, brancos e colorados (que gobernaron o país durante máis de 150 anos) como do Cabildo Abierto, liderado polo ex-comandante en xefe do Exército, Guido Manini Ríos, cesado en marzo polo presidente Tabaré Vázquez pola súa intromisión en política dende o seu cargo. Cabildo Abierto é a gran novidade nestes comicios, por tratarse da primeira forza política relevante que nas últimas décadas mantén un discurso ambiguo con respecto á ditadura cívico-militar que o país sufriu entre 1973 e 1985. Os resultados deste domingo permitirán medir as opcións dunha e doutra opción para a segunda volta. Se o Fronte Amplio se achegase ou superase o 45% na primeira volta, tería grandes posibilidade de manter a presidencia e, ademais, de asegurar o dominio das dúas cámaras (coa importancia simbólica que isto tería para a segunda volta). De obter un resultado máis baixo, Luis Lacalle Pou podería gañar o vindeiro 24 de novembro. |
PRAZA_19532 | A I Asemblea contra a Eucaliptización, que reuniu 18 colectivos en Moaña, impulsa a creación dun colectivo a nivel galego que poña en valor os montes, que defenda a súa xestión racional e biodiversidade e que artelle unha resposta común contra a implantanción do eucalipto no país. | Un total de 18 colectivos representados. Asociacións ecoloxistas, comuneiros e propietarios de montes, colectivos culturais ou sindicatos agrarios e de defensa do patrimonio. Todos reuníronse este sábado na I Asemblea contra a Eucaliptización celebrada en Moaña, baseada esta na realidade do suroeste galego pero coa intención de ser o impulso para a creación dunha rede contra a masificación e expansión de eucaliptos no país. Un total de 18 colectivos de diferentes ámbitos reuníronse na primeira Asemblea contra a Eucaliptización en Moaña Organizado por Luita Verde e Erva, e co lema Contra a eucaliptización do país, a primeira das xuntanzas serviu, entre outras cousas, para asentar o obxectivo de crear unha rede de colectivos a nivel galego que poña en valor os montes, que defenda a súa xestión racional e biodiversidade e que artelle unha resposta común contra a implantanción do eucalipto no país. "Animamos á celebración de novas asembleas noutras comarcas do país para a elaboración de propostas reivindicativas concretas" "Animamos á celebración de novas asembleas noutras comarcas do país, á espera de avanzar no debate de ideas e argumentos para a elaboración de propostas reivindicativas concretas", explican nas conclusións desta Asemblea, na que houbo "consenso" en "valorar moi negativamente a situación dos nosos montes, tras 25 anos de vixencia do Plan Forestal aprobado en 1992". Así, todos os colectivos coincidiron en sinalar que o proceso de expansión e ocupación territorial do eucalipto "superou amplamente as expectativas deste plan" e alertouse tamén da "enorme desconfianza que produce a pretendida reforma do mesmo por parte do goberno autonómico". A Asemblea coincide en que a expansión do eucalipto "superou amplamente as expectativas" do Plan Forestal "O momento actual é crucial para mobilizar a sociedade galega, co obxectivo de tratar de involucrala na defensa dunha visión alternativa dos nosos montes, do seu aproveitamento e da súa conservación", explica a Asemblea, que aprobou varias ideas claves e postulados sobre as que se pretende construír unha rede galega contra a eucaliptización. Así, recoñécese a "importancia e transcendencia da propriedade e titularidade do monte, nomeadamente a do monte veciñal en man común" e a "ineliduble" necesidade de elaborar "instrumentos de ordenación precisos que necesariamente inclúan restricións e planificacións de usos". Ademais, desde a Asembleea apostan pola "divulgación e socialización das alternativas existentes para un desenvolvemento diferente dos montes" e unha valoración deste "que integre os aspectos ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e de identidade, ao mesmo tempo que os económicos e produtivos". A Asemblea cre "fundamental" impulsar o debate sobre "a necesidade de abordar modelos alternativos de monte que respecten a súa multifuncionalidade" Alén disto, consideran "fundamental" impulsar o debate na sociedade sobre "a necesidade de abordar modelos alternativos de monte que respecten a súa multifuncionalidade" e "prioritario" incidir na esfera administrativa e institucional para "mudar as políticas con respecto ao monte, de xeito que se dea cobertura ás mudanzas precisas". Do mesmo xeito, apostan por recoñecer a importancia dos espazos naturais, "impulsando unha xestión efectiva que integre os mecanismos necesarios para lograr a súa protección, considerando prioritaria a ampliación da súa superfície territorial". |
PRAZA_2122 | O texto sobre o que negocian as tres formacións di ser "un novo chanzo" na confluencia, que está "aberta" a novos actores e onde a cidadanía debe "ser a protagonista". O documento aposta por unha estrutura galega, con liberdade de actuación e soberanía "na súa actividade nas institucións" Vence cualifica de "fraude" o preacordo para "reforzar o grupo de Pablo Iglesias" | Vence cualifica de "fraude" o preacordo para "reforzar o grupo de Pablo Iglesias" O "preacordo político" que perfilan Anova, Podemos e EU vén de mover os marcos no debate sobre a confluencia da esquerda galega de cara ás eleccións xerais. Ben sexa como impulso -como o ven algúns- ou como distorsión -como opinan outros- o documento que as tres formacións negocian para asinar nos vindeiros días promete marcar un antes e un despois nun proceso que leva meses activo. Pero nin as tres formacións negociadoras coinciden na importancia e inminencia do mesmo. Nin tan sequera en que sexa xa o definitivo. O texto, ao que tivo acceso Praza, insiste nun "preacordo" para a construción dun "espazo de cambio político e de ruptura democrática e dunha candidatura galega de confluencia ás eleccións xerais", pero aclara que non é máis que "un novo chanzo" na conformación dese bloque de confluencia "aberto a todos aqueles espazos cos que se compartan procesos, metodoloxías e obxectivos políticos". O documento di que o acordo é "un novo chanzo" pola confluencia "aberta a todos aqueles espazos cos que se compartan procesos, metodoloxías e obxectivos políticos" "O acordo ten, en definitiva, unha vocación necesariamente aberta e inclusiva para todos os actores políticos e sociais que teñan a vontade de sumarse ao proceso de unidade popular que, a diferentes niveis, está en marcha", di o documento, que toma como "punto clave de referencia" as candidaturas de confluencia que mudaron o panorama de moitos concellos galegos o pasado 24M. Ademais, insiste en que "a clave do éxito deste proceso é facer do mesmo un instrumento en mans da cidadanía". "Temos o compromiso de abrir un proceso de confluencia onde a cidadanía sexa a protagonista", di o texto "Temos o compromiso de abrir un proceso de confluencia onde a cidadanía sexa a protagonista, tomando como propio o proceso e modelando, en primeira persoa do plural, todos os seus elementos cardinais: a elaboración programática, a materialización política do espazo, o código ético, control democrático e os elementos que conforman un suxeito político", di. Anova, Podemos e EU insisten en repetir o modelo da Marea Atlántica e Compostela Aberta e abren o abano á entrada do BNG, sabendo tamén que a súa inclusión neste espazo é moi complicada. Mentres hai voces que apostan -publicamente tamén, como Martiño Noriega- pola inclusión do Bloque na alianza, outras dan por feito que será case imposible. E o motivo é claro. O mandato que o referendo estatal que Podemos fixo no verán sobre as súas alianzas electorais -e na que non participou nin o 15% da militancia- implica que a formación de Pablo Iglesias se presente coa súa marca -preponderante ou non- en todos os territorios máis aló dos acordos con outros grupos. A creación dunha candidatura galega unitaria independente con Podemos dentro non só incumpriría co decidido no devandito referendo, senón que obrigaría -para salvar as limitacións do Regulamento do Congreso- a que se enfrontase a unha lista da formación de Pablo Iglesias para poder optar a ese grupo propio no Congreso. É iso ou prescindir do partido morado. Pero Beiras repetiu varias veces en que esa lista única debería respectar "Galiza como suxeito político" e non ser unha "sucursal". Fontes da dirección de Anova insisten en que todo o negociado "bloquearíase" no caso de que Podemos non respecte a "soberanía deste espazo de confluencia", desde EU advirten de "protocolos de relación" e posibles acordos que farían posible ata un grupo propio como tal e Podemos-Galiza aposta pola "federación" dese espazo galego coa súa marca estatal. O espazo de confluencia que se pretende presentaríase xunto a Podemos pero funcionaría como un grupo independente "tamén na súa actividade nas institucións" Son todas esas alternativas as que se manexan cun obxectivo: este espazo galego de confluencia presentaríase ás xerais xunto a Podemos, pero actuaría como "suxeito político soberano en todos os planos, político, xurídico, simbólico, comunicativo e organizativo", pero tamén "na súa conformación como canle de participación cidadá e na súa actividade nas institucións". Xa que logo, e segundo explican varias fontes da negociación, actuaría como un grupo galego no Congreso, con liberdade de voto e capacidade de decisión propia. Un grupo oficioso. O exemplo máis empregado é o das múltiples votacións sobre pesca, naval ou agricultura no Congreso nas que a disciplina do grupo provoca que candidatos galegos de PP ou PSOE votasen en contra de medidas favorábeis ou máis acaídas para Galicia. Iso non ocorrería neste caso, insisten estas fontes, algo no que non confían desde outras forzas nacionalistas. Por outra banda, quedaría a cuestión das primarias e da validación dos candidatos, tendo en conta tamén que Podemos xa elixiu os seus aspirantes a representantes provinciais. No preacordo asegúrase que o bloque final que "resulte deste proceso de confluencia social e política" debe ser quen de "artellar as canles de iniciativa e decisión para que a cidadanía á que se debe, a galega, poida participar activamente e outorgar lexitimidade a todo o proceso dunha forma viva e continuada". E a figura de Beiras parece claro que tería un papel fundamental. Diversas fontes advirten que nin moito menos se tratou o nome da candidatura: "é un preacordo político, para nada electoral" En canto á denominación desa candidatura galega, nada se concretou aínda, pero parece claro que se intentará limar ao máximo a preponderancia da simboloxía de Podemos, sen que iso supoña ir contra o mandato que en referendo deron os militantes desta formación. Diversas fontes insisten en que o preacordo é "político e para nada electoral" porque iso suporía xa ter falado de primarias, denominación e papeletas. "Nada dixo se tratou aínda, pero si a coincidencia na diagnose", din fontes das negociacións que nin tan sequera dan por seguro que Podemos acabe mantendo o seu nome en determinadas circunscricións. "Deixar a ver se non teñen que baixar da burra", din. |
PRAZA_8249 | Denuncian que as medidas incrementarán a carga lectiva duns 500 profesores e provocará a perda de boa parte dos profesores asociados. Este xoves está convocada unha concentración diante da Reitoría coincidindo coa realización do Consello de goberno. | Pouco despois das catro da tarde deste mércores membros de todo os sectores da comunidade universitaria de Vigo iniciaron un peche na Reitoría da Universidade en protesta contra os recortes que está a sufrir o conxunto da Universidade e contra a aplicación do Decreto Wert e a súa aplicación na Universidade de Vigo que -denuncian- pode supor a redución do cadro de persoal de 300 profesores. Profesorado, PAS e estudantes afirman que "as medidas que se están a tomar dende a Reitoría só empeoran a calidade da Universidade" e denuncian que provocan "a masificación das aulas, a precariedade laboral e a perda de calidade docente e investigadora". Denuncian que o decreto incrementará a partir de setembro a carga lectiva duns 500 profesores e provocará a perda de boa parte dos profesores asociados "e, con eles, do valor que achegan ás aulas coa sáu experiencia laboral fóra da universidade" Estes colectivos levan tempo denunciando que a aplicación do Decreto Wert (Real decreto-lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo) incrementará a partir de setembro a carga lectiva duns 500 profesores e provocará a perda de boa parte dos profesores asociados "e, con eles, do valor que achegan ás aulas coa sáu experiencia laboral fóra da universidade". Este xoves ás 9:30 da mañá está convocada unha concentración diante da Reitoría coincidindo coa realización do Consello de goberno no que, entre outras cuestións, se someterán a aprobación as normas básicas do POD para o curso 2013/2014. Este xoves ás 9:30 da mañá está convocada unha concentración diante da Reitoría O pasado 26 de febreiro xa se produciu unha concentración rexeitando a política da Reitoría. Os colectivos aseguran que "de continuaren as reformas por parte da reitoría, as mobilización non só continuarán, senón que se radicalizarán". |
PRAZA_4909 | Tras o éxito pioneiro no PSdeG, o proceso -agora aberto á cidadanía- fracasa no PSC e parece que terá unha pobre participación na Comunitat Valenciana. Só Baleares repetirá este método, mentres que en Murcia e Aragón tan só votarán os militantes. | O pasado mes de setembro, José Ramón Gómez Besteiro foi elixido como novo líder do PSdeG nuhas primarias pioneiras e innovadoras no PSOE e no que o aínda presidente da Deputación de Lugo obtivo máis do 77% dos votos. Participou preto do 63% da militancia, case a mesma porcentaxe que asinara avais para un ou outro candidato. Máis de 7.000 dos 11.300 militantes do socialismo galego, que presumira de servir de "exemplo" para o partido a nivel estatal, que apostou por esas primarias, que agora se desinchan noutras autonomías. NO PSC, tan só participaron 8.000 persoas de entre os máis de 67.000 simpatizantes e 20.500 militantes Estas polémicas e esperadas primarias no PSOE están a desinflarse, polo menos no ámbito autonómico. O primeiro aviso veu, a principios deste mes, das primarias do PSC para elixir o seu candidato ás eleccións europeas do próximo 25 de maio. Neste caso estaban abertas a simpatizantes (67.675) e militantes (20.548), pero apenas 8.000 persoas foron votar. Agora o segundo aviso vén da Comunidade Valenciana, cuxa federación socialista foi a primeira en convocar unhas primarias abertas, e non só restrinxida a militantes. Aínda que aínda non se coñecen datos oficiais -o día fixado para a votación é o 9 de marzo-, fontes consultadas da dirección federal e do Partido Socialista do País Valencià (PSPV) non parecen moi optimistas polo ambiente que se respira nas agrupacións en canto ao número de cidadáns que están a acudir para inscribirse e poder votar. Ximo Puig, secretario xeral e un dos dous candidatos que se presentan ás primarias, no último Comité Federal cifrou nunhas 35.000 persoas as previsións que tiñan para conformar o censo. É dicir, algo máis do dobre de militantes dos que ten esta federación, que conta cuns 16.000. Con todo, parece que nin tan sequera se vai a chegar a ese número, aínda que se puxeron todas as facilidades que permitía o regulamento do partido para que os cidadáns que o desexen poidan participar na votación. Murcia e Aragón decidiron facer primarias só entre os seus propios militantes Tras a Comunidade Valenciana, a experiencia vaise repetir nas Baleares a primeiros de abril, porque as outras dúas federacións que elixirán o seu candidato antes das europeas -Murcia e Aragón- decidiron facer primarias só entre os seus propios militantes, como xa lles autorizou a dirección do partido. Fontes de Ferraz, no entanto, restan importancia a estes feitos porque, segundo din, prevían que, en certo xeito, isto podía ocorrer. Explican que unhas primarias autonómicas teñen menor relevancia social e, ademais, mediáticamente, non están a ser obxecto de moita atención. Con todo, cren que non pasará o mesmo cando o PSOE convoque as primarias xerais para designar o seu candidato á presidencia do Goberno, onde se segue aspirando a unha participación dun millón de persoas, case cinco veces máis que o número de militantes que ten o partido. Ditas fontes lembran o interese que están a suscitar xa na sociedade e nos medios de comunicación os posibles candidatos, cando nin se convocou o proceso e até se pediu que se deixe a contenda interna para despois das eleccións europeas. Por iso, están convencidos de que a cidadanía se mobilizará moito máis que nos procesos autonómicos. O proceso aberto nas autonomías non espertou entusiasmo ningún nin dentro nin fóra do PSOE De momento, ningunha federación máis pediu á dirección das partido modificacións de calendario ou de modelo para designar ao seu candidato e, a estas alturas, todo indica que as posibles primarias celebraranas conxuntas tras o verán, agás Castilla-La Mancha, que as fará nos primeiros meses de 2015. Pero á vez todo apunta que as primarias autonómicas abertas non espertaron ningún entusiasmo nin dentro nin fóra do PSOE. Por iso, cada vez máis federacións son partidarias de volver ao modelo tradicional, onde só sexan os militantes os que decidan. Ademais, é probable que en moitas delas nin se convoque o proceso, porque só haberá un aspirante. |
NOS_14619 | Arredor de 50.000 persoas segundo cálculos do xornal vasco Naiz marcharon este sábado 14 de setembro polas rúas de Bilbo en protesta polo macroxuízo contra 47 persoas pola súa actividade en defensa dos dereitos das persoas presas. | O xuízo comezará en Madrid esta segunda feira. "Esta vaga de solidariedade é tamén un pronunciamento contundente da sociedade vasca contra un proceso xudicial que está fóra de tempo, de lugar e fóra de medida, inxusto e absolutamete infundado", declarou ao inicio da manifestación Amaia Izko, unha das avogadas do colectivo. "Queremos seguir mirando ao futuro, avanzando, non acepotamos estratexias que nos levan ao pasado, que nos encadean", engadiu Izko. Sesenta autobuses sumaron asistencia á plural representación da sociedade vasca que se sumous á protesta. Ademais de destacados dirixentes de EH Bildu, entre eles o seu coordinador xeral Arnaldo Otegi ou a deputada no Concgreso Mertxe Aizpurua, ou membros da Asemblea Nacional Catalá, tamén apoiaron a protesta os sindicatos, incluído Comisións Obreiras. Os 47 encausados afrontan unha petición fiscal de 601 anos de cárcere. "O xuízo pretende castigar estas 47 persoas e o seu traballo está fóra de tempo e lugar, tanto agora como antes, ademais de bater cos desexos de paz e de xustiza da cidadanía vasca", consideraron os promotores. |
PRAZA_1994 | O orzamento sanitario per cápita no país descende en 85 euros e o gasto privado de cada persoa aumenta en 80, segundo o último informe anual da FADSP. Galicia mantén uns servizos "regulares" e é a segunda autonomía con maior gasto farmacéutico por habitante e a de menos xenéricos | A sanidade pública empeora. Faino en Galicia e, en xeral, en todas as comunidades autónomas do Estado, tal e como recolle o informe que cada ano realiza a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). A crise, os recortes en persoal e orzamentos e os procesos de privatización ou modelos de colaboración público-privada afectan un sistema sanitario como o galego, que se mantén entre os dez primeiros postos na clasificación que avalía a posición relativa de cada territorio respecto dos demais, pero que ve como empeora a súa situación en variables tan relevantes como o orzamento sanitario per cápita, o gasto anual que cada persoa debe dedicar a atender a súa saúde ou na cantidade que a administración achega a convenios con medios privados. A situación da sanidade pública empeora en todos os territorios do Estado, tamén en Galicia O informe Los servicios sanitarios de las CCAA baséase en datos oficiais obtidos das administracións en 2014 e parte de 2015, todos eles antes das eleccións autonómias que cambiaron a xestión sanitaria nalgunhas autonomías, aínda que non no caso de Galicia. O estudo analiza parámetros como o financiamento e os recursos (camas por 1.000 habitantes ou gasto per cápita), a valoración dos cidadáns, a privatización sanitaria (porcentaxe de gasto sanitario dedicado a contratacion con centros privados) ou a política farmacéutica. E Galicia empeora nalgúns aspectos claves. Malia que se mantén no grupo de comunidades con "servizos regulares", na sétima posición do ránking, a súa puntuación baixa ata os 60 -a máxima é 98 e a mínima 24-, superada por Euskadi, Navarra, Aragón, Asturias, Castela e León e Cantabria, sendo Cataluña, a Comunidade Valenciana e as Canarias as comunidades con peores servizos sanitarios. Galicia sitúase entre as comunidades con "servizos regulares", no sétimo posto e peor que Euskadi, Navarra, Aragón, Asturias, Castela e León e Cantabria En canto a cada un das variables analizadas, Galicia destaca polo negativo no orzamento sanitario per cápita, con pouco máis de 1.143 euros, fronte aos case 1.228 do anterior informe (85 euros menos) e situándose como a cuarta peor comunidade, só en mellor posición que Andalucía, Valencia e Cataluña. Ademais, tampouco o ratio de camas por 1.000 habitantes é dos mellores (3,68, peor que outras nove autonomías) ou o de TAC e resonancia magnética por cada millón de habitantes, con 32 e na cuarta peor posición. O orzamento sanitario per cápita descende en 85 euros e o gasto de cada persoa en servizos sanitarios aumenta en 80 O estudo, que reflicte o empeoramento constante e xeral da sanidade pública no Estado, destaca tamén o aumento do gasto anual particular que cada persoa fai en sanidade en Galicia, pasando dos 375 euros do exercicio pasado aos 454 da actualidade, case 80 euros máis para o pagamento de forma individual servizos sanitarios ou farmacolóxicos. Ademais, en canto á porcentaxe de gasto sanitario dedicado á contratación con centros privados, a administración galega aumentouno do 5,6% ao 5,8%, sendo aínda moi inferior ao 25% de Cataluña, o 10,8% de Madrid ou o 9,9% das Canarias. A Consellería de Sanidade é o departamento do Goberno galego que absorbe un maior volume de recursos públicos, cun total de 3.170,03 millóns de euros. Malia ser unha cantidade moi significativa no conxunto das consellerías -os seus fondos totais ascenden a 7.772 millóns de euros- os fondos dos que dispón neste 2015 son uns 4 millóns de euros menos que no proxecto orzamentario de 2014, cando a cantidade chegaba aos 3.174,4 millóns de euros. Onde si se nota o descenso en Galicia é no custo da alta hospitalaria, calculada a partir do número de unidades ponderadas de actividade, ao pasar dos 7.896 euros aos 4.784 da actualidade. En canto aos médicos de atención especializada e de atención primaria por cada 1.000 habitantes (1,76 e 0,81 respectivamente), o país mantense nun nivel medio comparado co resto de territorios do Estado. Non obstante, onde a comunidade autónoma destaca -por negativo- é na política farmacética, malia os esforzos que a Xunta destaca nos últimos anos. Así, o gasto farmacéutico per cápita sitúase nos 248 euros, case 20 máis que na anterior análise, só superado polo que se dá en Estremadura. En canto á porcentaxe de xenéricos sobre o total de envases, Galicia é con diferenza a autonomía con peor resultado, un 11% fronte ao 17% de un ano antes e catro puntos menos do seguinte territorio. Galicia é a segunda autonomía con maior gasto farmacéutico per cápita (248) e a que menor porcentaxe de xenéricos ten (11%) Malia todo, no informe tamén destaca a boa valoración que, en xeral, a poboación galega ten sobre a sanidade pública. De feito, case o 84% da cidadanía que elixe un centro público para a súa hospitalización, case dez puntos máis que as seguintes comunidades na lista. Tamén a valoración global do servizo sanitario é moi positiva e o 73,2% das persoas consideran que funciona ben ou bastante ben. Ao tempo, cae o 80% cre que a sanidade está mellor sendo xestionada polas autonomías, unha porcentaxe só superada no País Vasco e en Navarra. Os galegos son, con diferenza, os cidadáns que máis optan pola sanidade pública para a súa hospitalización (o 84%) En canto ás listas de espera, só máis rioxanos aseguran recibir cita en menos de 24 horas para atención primaria, mentres que case un 13% dos galegos -a maior porcentaxe no Estado- cre que a situación mellorou no último ano. |
NOS_42837 | As confrarías piden que se teña en conta o impacto positivo desta actividade nas rías e tamén as súas implicacións sociais. | O Consello Galego de Pesca abordaba esta semana nunha reunión o impacto que as restricións das autoridades da Unión Europea (UE) á pesca de fondo ao abeiro da Estratexia de Biodiversidade para 2030 poderían ter noutras artes menores. Desde Bruxelas parecen dispostos a eliminar todo tipo de práctica que leve o arrastre no seu ADN, o que condenaría artes tradicionais galegas, como o bou de vara, os trasmallos ou os miños, entre outros. Como explica a Nós Diario Miguel Iglesias, patrón maior de Rianxo, "o bou de vara é unha arte que leva centos de anos dentro da ría de Arousa e nunca pasou nada. Que non veñan agora dicir que porque é de fondo estea a arrasar coa ría ou con algunha especie". "Son pescarías moi pequenas, manuais case, con moi pouco impacto", abunda o patrón maior de Rianxo, onde na actualidade hai 42 embarcacións que van ao bou de vara e outras seis de trasmallo, o que representa unhas cen persoas que viven destas artes, aínda que coa alternancia de artes ─as embarcacións poden ter até cinco permisos distintos de explotación (permex)─ o seu número pode variar. Ataque á pesca artesanal No caso do bou de vara, a especie principal é a voandeira, aínda que hai outras acompañantes entre as que se atopan a solla e o choco. Nos miños, as máis frecuentes son a centola, a faneca a maragota ou o pinto. "Imos polo mesmo camiño que co xeito", lamenta Iglesias, que non acaba de entender a postura de Bruxelas. "Promoven a pesca artesanal e resulta que veñen contra nós. Iso non pode ser", denuncia o patrón maior de Rianxo antes de advertir de que o impacto das restricións na ría "sería brutal". Na mesma liña, José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías e patrón maior da de Ribeira, recoñece que quitar estas artes ─miños, rastros e trasmallos están na maioría de demarcacións da Galiza─ "faría que as embarcacións con estes permisos se dedicasen a outras artes e rebentaríase a cadea. Sería un problema que todos fósemos ao mesmo", resaltou. Ao igual que o seu homólogo de Rianxo, Pérez Sieira carga contra as autoridades europeas que "aplican as normas sen coñecer e mirar". "Non saben de que vai isto", abunda. Primar a prudencia Para Ruperto Costa, patrón maior de Cambados, de imporse restricións a estas artes sería "o colmo da insensatez", xa que, argumentou, son métodos de extracción "totalmente sustentábeis e respectuosas co medio", pero sobre todo polo impacto social. "Son moitas as familias que viven destas artes", indicou. "De momento é unha declaración de intencións, pero á hora de lexislar, tanto o sector como a Administración, porémonos en contra", advertiu Costa. "Haberá que tomar medidas. O que se atreva a meter man no noso medio de vida vai ternos enfronte", insistiu. Con todo, fixo un chamamento á prudencia ante "insensateces que veñen desde o descoñecemento". "Imos ser cautos e agardar movementos, até ver até onde pode chegar isto", dixo, dunha medida que de momento non está sobre o papel. |
PRAZA_7772 | Hoxe, máis ca nunca, é fundamental a unidade dos distintos sectores das tres universidades galegas, para defender a Universidade Pública, para defender a autonomía e un orzamento co que poida subsistir e para defender, tamén, os dereitos do seu persoal porque os dereitos do persoal das administracións públicas son garante dos dereitos da cidadanía. | Nestes últimos días estanse a producir mobilizacións na Universidade de Santiago de Compostela. Os estudantes péchanse porque lles recortan dereitos e servizos mentres lles soben as taxas e os impedimentos para acceder ao ensino superior. Os traballadores e traballadoras do Sistema Universitario Galego, PAS e PDI a punto de estoupar nun conflito fronte a uns orzamentos que liquidan sen contemplacións a Universidade Pública que coñecemos. Para que queremos unha mocidade formada se ao final van ir rendibilizar esa formación polo mundo adiante? Pensarán os cranios privilexiados que nos gobernan. Para que queremos unha mocidade formada se ao final van ir rendibilizar esa formación polo mundo adiante? Como deixou dito Aldo Cammarota, liberal anticomunista nada sospeitoso de veleidades esquerdistas: "Un dos máis serios problemas do mundo actual é que moitas persoas cren que, porque estudaron, non teñen que pensar". En definitiva todo leva á mesma concepción dunha sociedade sometida sen recursos para construír o ascenso á liberdade. Así pois o descenso á servidume proxectase incluso na universidade. O goberno da universidade compostelá representa un bo exemplo engadindo un conflito interno, torpe e inoportuno, co seu Persoal de Administración e Servizos; asumindo a servidume a unha normativa que modifica substancialmente as condicións de traballo sen intentar adaptala a través da negociación coa vontade de que resulte o menos gravosa posible. Fai unha prolongación vertical da servidume colaborando no recorte de dereitos. Xa se sabe, quitar dereitos para chegado o caso substituílos por favores. Hoxe os traballadores e traballadoras dos Servizos Públicos, os da universidade tamén, practican unha especie de autocensura á hora de reivindicar os seus dereitos. Temen non ser comprendidos pola cidadanía As mobilizacións do PAS da USC son polo dereito a negociar as súas condicións laborais, un dereito fundamental de traballadores e traballadoras en xeral. A modificación unilateral das condicións de traballo non se fai para mellorar os servizos ou coma unha medida máis de aforro, é un paso máis no linchamento dos dereitos do persoal das administracións públicas, unhas medidas exemplificantes encamiñadas a recortar cada vez máis os dereitos de traballadoras e traballadores en xeral. A campaña constante de desprestixio do persoal traballador dos Servizos Públicos, e dos Servizos Públicos en si, non é inocente, ten unha importante colaboración do poder mediático e ten dado uns extraordinarios resultados. Hoxe os traballadores e traballadoras dos Servizos Públicos, os da universidade tamén, practican unha especie de autocensura á hora de reivindicar os seus dereitos: xornada de traballo, días de asuntos propios, condicións das baixas por enfermidade, etc. Temen non ser comprendidos pola cidadanía. Porén, non só teñen dereito a mellorar as súas condicións, teñen obriga de enfrontarse solidariamente á insaciable avaricia acumulativa do sistema, e moito máis nos Servizos Públicos, onde se referenciaron sempre os demais sectores e onde se garanten os dereitos fundamentais da cidadanía. Un persoal sen dereitos é un persoal submiso. Ademais, a cidadanía ten que saber, que recortando servizos públicos non se abaratan custos para diminuír o déficit, contrátanse a empresas privadas gastando máis. Non están racionalizando nin practicando ningún tipo de austeridade; eliminando da estrutura dos servizos públicos vultos de sebo, están amputando órganos sans e fundamentais. Non lle van diminuír o salario por enriba do 5% a persoal con niveis moi altos, vanlle diminuír o salario maioritariamente a mileuristas. Non están racionalizando nin practicando ningún tipo de austeridade. Non lle van diminuír o salario por enriba do 5% a persoal con niveis moi altos, vanlle diminuír o salario maioritariamente a mileuristas. A Universidade Galega foi a primeira universidade do estado en ter unhas Normas de Xestión propias e en ter un Convenio Colectivo do Persoal Laboral propio. O seu compromiso sindical e profesional converteu a administración da universidade galega nun referente. Foron anos de loita e conquistas que nos levaron non só a mellorar en condicións e salario ao persoal, tamén a prestixiar a institución poñendo a administración ao servizo dos usuarios e non da xerarquía universitaria. O seu compromiso sindical e profesional converteu a administración da universidade galega nun referente Hoxe, máis ca nunca, é fundamental a unidade dos distintos sectores das tres universidades galegas, para defender a Universidade Pública, para defender a autonomía e un orzamento co que poida subsistir e para defender, tamén, os dereitos do seu persoal porque os dereitos do persoal das administracións públicas son garante dos dereitos da cidadanía. |
NOS_51057 | Obama, Bush e Clinton. Tres presidentes e o mesmo discurso despois de matanzas multitudinarias mais ningunha medida de control e limitación do mercado de armas, cada vez máis libre. O cineasta Michael Moore -autor de Bowling for Columbine- ven de pendurar na súa conta de twitter unha montaxe con fragmentos das intervencións dos tres dirixentes americanos. | O episodio repítese despois de cada matanza en Estados Unidos. O presidente fala desde a Casa Blanca e lamenta con emoción a traxedia. O discurso é sempre o mesmo, con fragmentos que semellan mesmo repetidos desde os gabinetes de comunicación dos tres presidentes. O cineasta Michael Moore, autor do documental Bowling for Columbine que destapou moitos dos secretos do imperio americano, ven de pendurar na súa conta de twitter unha montxe na que Obama, Bush e Clinton repiten a mesma fórmula despois de distintos ataques multitudinarios feitos con armas por cidadás que teñen acceso sen ningún control a súa compra e uso. Recollemos a montaxe-denuncia de Moore, documento arredor do mercado de armamento que se pon sobre a mesa cada vez que en Estados Unidos hai un acontecemento como o recente de Connecticut. Abril de 1999, intervención de Clinton; abril de 2007, declaracións de Bush, decembro de 2012, parlamento de Obama. O vídeo de Moore denuncia o poder do mercado das armas diante dos gobernos americanos. |
PRAZA_15884 | A capital do Deza celebra este domingo o día grande da súa festa gastronómica sen Encomenda do Cocido e substituíndo o xantar oficial por un "cocido solidario". | O Concello de Lalín celebra este domingo o día grande da súa XLVIII Feira do Cocido. O municipio dezao agarda "milleiros de visitantes" nunha xornada na que os elementos centrais serán os de case sempre: gastronomía e festa, pero con matices que non son menores. O cambio no goberno municipal propiciado polos resultados electorais de maio do pasado ano trouxo consigo a desaparición de elementos que achegan a festa ás súas orixes e a afastan do mundo da crónica social na que foi sendo instalada nos últimos anos. Unha das principais diferenzas a respecto doutras edicións é que as protagonistas da xornada non serán as persoas galardoadas coa súa integración na Encomenda do Cocido, na que adoitaban mesturarse cargos políticos con rostros máis ou menos coñecidos do mundo do espectáculo ou dos medios de comunicación de ámbito estatal. Esta particular "sociedade gastronómica", impulsada dende o Concello dende o ano 2000, foi considerada polo novo goberno local como un "acto propagandístico", en verbas do alcalde, Rafael Cuiña, e por iso os seus rituais foron excluídos do programa oficial. Mentres algúns dos "comendadores" -o exalcalde do PP, José Crespo, segue sendo "gran comendador", toda vez que a Encomenda ten a forma xurídica de asociación dende hai anos- aseguran querer manter en pé a singular entidade, este domingo non serán protagonistas nin poderán acudir como tal ao que ata agora era o xantar oficial, no que diversas autoridades degustaban un cocido sufragado polo Concello. O Concello suprimiu os actos da 'Encomenda do Cocido' por consideralos un "acto propagandístico" No seu lugar celébarse o "Cocido Solidario", co que o Concello pretende "recadar fondos" para "asociacións sen ánimo de lucro do municipio", neste caso, a asociación Aranes, que traballa con infancia que padece discapacidade. Ao encontro, informa o goberno local, xa confirmaron a súa presenza máis de 230 persoas, entre as que se atopa o conselleiro de Educación, o lalinense Román Rodríguez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou os alcaldes da Coruña e Santiago, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega. O xantar oficial foi substituído por un "cocido solidario" A entrega por parte do alcalde e do presidente da Xunta do premio Aldea Singular, de nova creación, á localidade lalinense de Soutolongo, deulle este domingo comezo a un programa de actos que ten como pregoeiro o xornalista Manuel Jabois. A continuación é a quenda do desfile, dirixido polo actor e músico Fran Lareu, desta volta protagonizado por "carrozas, comparsas, charangas, agrupacións musicais e representacións dos diferentes entroidos tradicionais de Galicia", incluíndo figuras tradicionais como os cacharelos de Lalín ou os Xenerais da Ulla. Os xantares nos diferentes restaurantes da localidade ou a venda de produtos tradicionais na carpa instalada no Campo da Feira completan o programa da xornada. "As potas -di o Concello- xa están ao 100%". |
NOS_55605 | A candidata do BNG pasou a mañá do sábado de reflexión coa familia e amizades no entorno da praza de Abastos de Compostela, desde onde fixo un chamamento ás persoas que aínda non decidiron o seu voto a pensar en que Galiza queren vivir e con que Galiza soñan. | A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, aproveitou a xornada de reflexión para compartir a mañá con familiares e amizades na praza de Abastos de Compostela. Desde alí, a nacionalista chamou a cidadanía a votar este domingo e a expresarse nas urnas" porque estamos no momento de "definir a Galiza do futuro". Pontón pediu á xente que "participe activamente" e que pense "que Galiza quere construír, con que Galiza soña e que vote pensando en facer realidade ese soño". "Estamos nun momento decisivo para o noso País e hoxe é o día en que as persoas que non teñan decidido o seu voto pensen na opción que máis as convence". A nacionalista agradeceu a todas ás persoas, militantes e non militantes, a súa colaboración no proceso electoral, "sen elas", dixo, "sería imposíbel realizar esta campaña porque nun primeiro momento parecía unha campaña moi difícil pola situación da Covid-19, mais conseguimos ilusionar moitas persoas ao redor do noso proxecto e iso fai que a política teña moito máis sentido", recoñeceu Pontón. |
NOS_22980 | Condenado por pertenza ao Grapo, aplicóuselle a Doutrina Parot que o tivo case seis anos máis no cárcere dos que lle correspondían. En 1990 foi vítima dunha operación de guerra sucia por parte da Guardia Civil | O preso galego Suso Cela Seoane abandonou esta sexta feira o cárcere após 23 anos encerrado baixo a acusación de "pertenza a banda armada" pola súa militancia no Grapo. Natural da provincia de Ourense, Cela Seoane -que viaxou directamente a A Coruña, onde reside a súa familia- debería ter saído en liberdade hai seis anos, en 2007, mais a aplicación da chamada Doutrina Parot -fórmula represiva que eterniza as penas "de terrorismo" e está sendo discutida a nivel europeo- obrigouno a cumprir castigo máis tempo do estipulado. Suso Cela entrou na cadea en outubro de 1990, apenas seis meses despois de ser liberado logo dunha estadía anterior de cinco anos que abandonou en plena folga de fame -levaba 53 días- en protesta pola política de dispersión aplicada polos gobernos do PSOE. En 1990, mentres estaba en liberdade, foi detido e, segundo a súa testemuña, "secuestrado e torturado por un comando da Guardia Civil, do chamado Gal Verde, que intentaron que lles facilitara información sobre o Grapo". O caso chegou a mans do xuíz Baltasar Garzón, que tras negar as torturas denunciadas -como sempre foi o seu costume- imputou o ex ministro José Luis Corcuera e o ex director da Guardia Civil Luis Roldán, símbolo da corrupción na etapa de Felipe González. O caso quedou arquivado por ter prescrito, se ben a propia Audiencia recoñeceu no auto que se trataba dun delito. |
NOS_34578 | A maxistrada acha indicios de que o PP de Ourense se financiou irregularmente a través dun complexo entramado societario con dous alicerces básicos: Telemiño, do grupo La Región, e Planos (Gallega de Publicidad y Diseño S.A.). | Facturas falsas, diñeiro negro, financiación irregular. Eses trazos, comúns ao PP en todo o Estado de acordo coas distintas investigacións en marcha, concretizábanse no caso da organización en Ourense nunha rede empresarial que pivotaba arredor de Telemiño e Planos. É moi significativa a presenza de Telemiño, do grupo La Región, claramente aliñado nestes últimos anos co baltarismo e coa Deputación de Ourense. Tan aliñado que La Región se caracterizou por unha política informativa contraria a Feijóo e á cúpula do PPdeG durante a época de maior tensión entre o clan Baltar e Monte Pío. O vice-presidente, Alfonso Rueda, desbota medidas do PP contra Santalices ou Baltar Na instrución do caso, a xuíza De Lara acha -após a investigación praticada por Vixiancia Alfandangueira- que "o PP de Ourense podería terse financiado ilicitamente através dun elaborado sistema de facturación, falsa e ficticia, utilizando para iso, no mínimo, que se saiba, polo momento, dúas empresas: TeleMiño e Planos". Testemuña As conclusións de De Lara baséanse en parte no testemuño de Emilio Pascual, xerente do PP de Ourense até 2010. Declarou que José Luis Baltar recebía en metálico "diversas cantidades de dinero procedentes de empresas". Era el propio quen recibía o diñeiro, en teoría donativos ao partido. Mais, alerta a xuíza, os pagamentos realizábanse no despacho do daquela presidente da Deputación, indo a parar o diñeiro á caixa forte "existente ao efeito na sede do PP ourensán". Estabelecíase así un sistema "imposíbel de controlar por procedimento legal algún, xa que as devanditas doazóns, ao incumprir a normativa vixente, non se reflectían na contabilidade oficial do Partido, o que impide coñecer igualmente o destino de tais sumas de diñeiro". A testemuña, enfatiza De Lara, non desbota que "parte do diñeiro fose parar ao peto do Sr. Baltar". A xuíza especifica que, e sempre de acordo co ex xerente, "co diñeiro que recadadaba o Sr. Baltar (xeralmente billetes de 100 e 500 euros) se pagaban facturas en efectivo ás empresas Planos e Telemiño, que á súa vez facturaban a outras empresas gastos ocasionados polo PP". As estimacións de Emilio Pascual apuntan a que en algúns exercicios "o importe total das doazóns puido roldar os 200.000 euros". De acordo coa xuíza, esta versión da testemuña "avalaría a hipótese de Vixiancia Alfandangueira sobre os pagamentos realizados pola empresa Vendex ao Sr. Baltar o día 20 de maio de 2011". No auto, De Lara pide a Telemiño e a Planos que disponibilicen as facturas emitidas desde 2003 até a atualidade a diversas "persoas físicas e xurídicas", entre elas o PP, Vendex, José Manuel Baltar Blanco, actual presidente da Deputación de Ourense, e Miguel Santalices, deputado do PP e vicepresidente do Parlamento da Galiza. Telemiño di que "xamais" financiou un partido Telemiño asegura que na documentación da que xa fixo entrega á xuíza instrutora da Operación Pokémon "pódese comprobar" que "xamais" participou "en ningunha operación de financiamento de partido algún", segundo recolle Europa Press. |
NOS_29211 | Pontes forma parte da executiva de Valentín González Formoso, quen nas últimas semanas mantivo un acareo público co tenente de alcalde de Pontevedra, Agustín Fernández, pola dirección do PSdeG local. | O concelleiro do PSdeG de Pontevedra Iván Pontes confirmou esta cuarta feira que se presentará ás primarias internas que os socialistas galegos desenvolverán para elixir as candidaturas á Alcaldías de municipios de máis de 20.000 habitantes nos que non gobernan. O PSdeG de Pontevedra celebra congreso o 15 e 16 xaneiro Puentes, que forma parte da executiva galega do PSdeG encabezada polo secretario xeral Valentín González Formoso, competirá co actual tenente de alcalde de Pontevedra, Agustín Fernández, quen avanzou hai varias semanas a súa intención de repetir como candidato. O concelleiro aspirante, que é secretario de Organización da Agrupación Socialista de Pontevedra e responsábel de Desenvolvemento Sostíbel e Medio Natural, deu a coñecer a súa intención de competir neste proceso interno nunha reunión da executiva local que decorreu na segunda feira. Lores confirma que se presentará á Alcaldía de Pontevedra en 2023 Nun comunicado remitido aos medios polo PSOE local, detallou que presentará o seu proxecto o vindeiro 8 de xullo na Praza do Teucro, nun "acto multitudinario" no intervirá a concelleira Yoya Branco e no que estarán presentes o deputado no Congreso Guillermo Meixón, a deputada no Parlamento galego Paloma Castro, a senadora Marica Adrio, o concelleiro Marcos Rei. Diferenzas entre Fernández e Formoso Nas últimas semanas, o tenente de alcalde de Pontevedra fixo público o seu malestar con González Formoso por unhas declaracións en Radio Pontevedra, nas que o secretario xeral dos socialistas galegos apostou por "un proxecto ambicioso" na cidade que non se limitase a ser "unha comparsa" nun goberno bipartito que renunciase a liderar o Concello. Ante estas palabras, Fernández, que non dubidou en apoiar González Formoso nas primarias do PSdeG de outono de 2021, mostrou a súa "decepción" e sinalou que "se o secretario xeral do PSdeG" ten que dicir algo ao PSOE local de Pontevedra "hai outras formas de facelo" sen ser a través dos medios de comunicación. Pontevedra presume de transformación urbana no Parlamento Europeo Ademais, considerou que nas declaracións de Formoso había una "certa ignorancia" tendo en conta que, segundo destacou, o "grupo municipal fai un gran traballo, claramente diferenciado doutras opcións". "Se o secretario xeral cre que vender o modelo de cidade é 'entreguismo', é que ninguén lle explicou o que pasa en Pontevedra", sostivo o tenente de alcalde, que deixou claro que o modelo de cidade constrúese "porque o PSOE achega e axuda a construílo". |
NOS_31030 | O torneo de baloncesto reunirá a seis equipos e nesta ocasión será en setembro, nunha sede aínda por confirmar. | A Federación Galega de Baloncesto (FGB) anunciou onte o formato que terá a XXXV Copa Galiza Sénior Feminina, a realizar ao longo do mes de setembro. Segundo explican nun comunicado feito público por este organismo, a competición que iniciarase coa posta en marcha dunha Fase Previa protagonizada polos equipos galegos de Liga Feminina 2: CB Arxil, Maristas A Coruña e Mariscos Antón Cortegada. Obra e Breo baixan o pano dunha campaña na ACB case insuperábel Os tres disputarán unha liga a unha volta con data última para a súa conclusión no 17 de setembro. O equipo mellor clasificado desta previa pasará directamente á Fase Final, en cuxas semifinais xa teñen un posto directo Durán Maquinaria Ensino, como representante na Liga Feminina Endesa; e Celta Zorka Recalvi xunto a Baxi Ferrol como equipos de LF Challenge. O 23 de setembro é a data marcada para a disputa das semifinais. Nestas, a orde de enfrontamentos directos para os equipos de LF Challenge decidirase por sorteo. A realización da Final queda, pola súa parte, marcada para o 25 de setembro. Faltaría por coñecer a sede para esta Fase Final nunha edición que buscará dar o relevo ou repetir o campión de 2021: o Club Universitario de Ferrol. Historia da Copa Galiza A Copa Galiza naceu en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Estatal de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o CAB Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB. O Obradoiro homenaxea os seus adestradores O primeiro vencedor fora o Leite Río Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galiza ao quedar campión en once ocasións. Desde aquel ano, o torneo sénior masculino realizouse ano tras ano sen interrupción. En 1989 tivo lugar o primeiro feminino, aínda que a súa organización non se estabilizou até mediados dos anos noventa. Co tempo, a Copa Galiza foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, até se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é na actualidade. |
NOS_36991 | Ana Pontón defende que o mellor é que a Galiza teña a chave de 100% dos seus recursos. "Esa é a nosa posición e non imos renunciar a ela, pero no camiño para ter unha maior autonomía fiscal hai que ir dando pasos e sabemos que esa non é a proposta que vai defender Feixoo. Por iso imos levar medidas que nos permitan conseguir que, aínda no actual marco, a Galiza non volva perder", explicou. | A líder do BNG, Ana Pontón, mostrou a súa preocupación pola estratexia do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, sobre a reforma do modelo de financiamento autonómico, plasmada na cimeira de presidentes que decorreu en novembro en Compostela convocada polo propio Feixoo. "Despois do seu cumio autonómico resulta que recibimos a proposta do Goberno estatal para un novo modelo de financiamento e gañan todas as comunidades autónomas que acudiron a ese encontro menos a Galiza", denunciou Pontón. De feito, segundo explicou, coa proposta remitida polo Ministerio de Facenda, a Galiza perdería 2,7%. "Que clase de estratexia é a que ten en marcha o presidente da Xunta tendo en conta que o resultado é que todas as comunidades gañan menos a Galiza?", preguntouse a nacionalista, para apostilar que a "a conclusión é que a súa estratexia é un desatino á vista dos resultados, pois en vez de lograr máis recursos, resta". Por iso, Pontón pediu ao presidente da Xunta "que rectifique a súa estratexia" e poña sobre a mesa propostas a favor do país, "como as que imos levar á comisión parlamentaria de financiamento, porque o obxectivo ten que ser sacar adiante un modelo que permita á Galiza maior soberanía fiscal e financeira". "Estamos ante un asunto de máxima importancia porque se trata, en definitiva, dos recursos para sufragar a sanidade, a educación, os servizos sociais, para preservar o medio ambiente ou para pór en marcha políticas activas de emprego, por tanto non estamos falando dunha abstracción senón de cuestións moi concretas que afectan á vida de todos e todas", concluíu Pontón. Capacidade financeira Aumentar até 90% a cesión do IVE e o do IRPF á Galiza, reclamar a cesión do imposto de sociedades e estabelecer que as empresas con actividade produtiva na Galiza tributen no país a parte que lles corresponde. Eis algunhas das propostas que o BNG leva este 17 de decembro á primeira reunión da comisión parlamentaria que estuda a proposta da Galiza diante da reforma do sistema de financiamento autonómico. "O mellor é que a Galiza teña a chave de 100% dos seus recursos", di Pontón As iniciativas do Bloque foron adiantadas esta cuarta feira, 16 de decembro, por Ana Pontón após manter un encontro con economistas. Remarcou que, en plena negociación do novo sistema de financiamento, o BNG acudirá á comisión parlamentaria con ánimo construtivo e vontade de chegar a un "acordo de país", co obxectivo de que a Galiza gañe "e deixe atrás un modelo que a discrimina". "No BNG temos claro que o mellor é que a Galiza teña a chave de 100% dos seus recursos, esa é a nosa posición e non imos renunciar a ela, pero no camiño para ter unha maior autonomía fiscal hai que ir dando pasos e sabemos que esa non é a proposta que vai defender Feixoo. Por iso imos levar medidas que nos permitan conseguir que, aínda no actual marco, a Galiza non volva perder", explicou. |
NOS_32560 | A próxima quinta día 29, día da solidariedade internacional con Palestina, a entidade Boicote, Desinvestimentos e Sancións a Israel. BDS Galiza convoca unha concentración ás portas da tenda de Imaginarium na rúa Alfredo Brañas en Compostela como sinal de protesta polo feito da cadea de tendas de xoguetes producir e comercializar con Israel. Dentro da campaña que busca boicotear as relacións económicas co sionismo, xa un establecemento devolveu os produtos de Imaginarium, a Libraría Pedreira de Santiago. | Diante da tenda de Imaginarium, desenvolverase un acto simbólico co reparto dun flyer explicando as razóns polas que demandan á cadea xogueteira que rompa relacións comerciais con Israel. Na carta que se entregará á persoa encargada do establecemento por parte do BDS Galiza, sinálase que é "difícil conciliar a declarada incorporación de valores fundamentais para a vida de nenos e nenas coa aceptación pasiva das atrocidades que o estado de Israel comete precisamente con eles". Son as crianzas, segundo Esculca, as "primeiras e máis sensíbeis vítimas das políticas de limpea étnica do estdo de Israel, as que máis virulentamente sofren as consecuencias da ocupación". "Non sabemos que novo horror, que nova crueldade, necesita Imaginarium para cortar todos os vínculos que o unen a estas atrocidades, para poder proclamar que a súa declaración de principios é algo máis que un simples ardil publicitario, para contribuír na medida que exixe a decencia a restaurar os vulnerarios dereitos das nenas e nenos palestinos", explícase no escrito que se fará chegar á persoa responsábel do establecemento de Compostela, espazo que acollerá a mobilización desta quinta en que se denunciarán as relacións comerciais da cadea con Israel. |
PRAZA_16097 | ENTREVISTA | Falamos con Xosé María Dios, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, que convoca concentracións o vindeiro mércores 24 en varias localidades e unha gran manifestación en Compostela o 4 de febreiro contra a nova Lei de Saúde. | O proxecto de nova Lei de Saúde impulsado polo PP volveu sacar milleiros ás rúas, nomeadamente nas áreas sanitarias que a iniciativa quere suprimir. Sindicatos, asociacións de veciños, concellos e diferentes colectivos manifestáronse contra unha modificación lexislativa que enmarcan nun novo "ataque" á sanidade pública e nun proceso de "privatización" do sistema sanitario galego. A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou para o vindeiro mércores 24 concentracións en diferentes localidades, todas elas previas á gran manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o domingo 4 de febreiro. Falamos cun dos seus portavoces, Xosé María Dios, médico de Atención Primaria en Outes. Convócanse concentracións en todas as áreas sanitarias e manifestación o día 4 de febreiro en Compostela. Cal é o motivo principal destas mobilizacións? Hai dous motivos fundamentais. O primeiro é que o PP, en pleno mes de agosto, presenta o proxecto de modificación da Lei de Saúde de 2008, que era unha boa lei aínda que sen desenvolver. Con esta iniciativa, o que fai é eliminar as áreas sanitarias, con todo o que iso conleva. Como exemplo, o Hospital da Costa de Burela vai pasar a depender de Lugo e xa non do seu xerente e dos seus directivos... Veremos como se enteran no Hospital de Lugo o que está a ocorrer cos urólogos na Mariña. O argumento da Xunta é que con esta reforma achégase a sanidade aos cidadáns, pero é ilóxico dicir isto cando se retiran xerentes e o equipo directivo destas zonas, a onde, por pór outro exemplo, iría un día un urólogo de referencia e ao día seguinte, outro. Pasan a ser meros distritos, tanto na Mariña como no Salnés, en Monforte ou O Barco. "Se o Sergas reduce persoal e recursos, os prazos de espera que se poñen non se van cumprir nunca e os pacientes derivaranse á privada" Pero hai máis? Aproveitando todo este rebumbio, o día 10 de xaneiro entra en vigor tamén a modificación da Lei de Garantías que, basicamente, implica que se pides cita, pasan 45 días e no Sergas non cha dan para unha consulta ou proba diagnóstica, ou 60 días no caso dunha intervención cirúrxica, derívante á privada. Obviamente, se o persoal e os recursos se reducen, os prazos non se van cumprir nunca. Onte mesmo eu mandei unha doente a traumatoloxía e déronlle vez para dentro de dez meses! "En Madrid construíronse hospitais que se privatizaron; en Galicia mándanse directamente os paacientes da pública á privada" É así a realidade común na sanidade pública galega? Esa é a realidade. É a propia Administración a que incumpre os seus prazos porque non pon os medios para que se cumpran. Calquera que estea metido no sistema sanitario sabe que é inviable porque o propio Sergas o fai inviable. Aquí non se fai como en Madrid, onde se fixeron hospitais que logo se privatizaron; aquí, directamente, pásanse os pacientes da pública á privada. É algo moi lesivo para os intereses da sanidade pública de Galicia. Como pode dicir a Xunta que este novo modelo achega a sanidade aos cidadáns ou mellora o sistema? Deben pensar que falan para xente parva ou que non entende. Como vai mellorar o sistema se estamos vendo cada pouco como con cada pico de gripe se saturan os hospitais ou os servizos de Urxencias? O presidente da Xunta réstalle importancia a esas saturacións... Feijóo tamén dixo que en vez de amorear xente nos corredores de Urxencias, mellor que e amoreasen nos cuartos... Home, tamén podía poñer liteiras, pero calquera que entenda como funciona o sistema sanitario sabe que iso implica persoal de limpeza, de cociña, enfermeiros, médicos, etc. Non é só ter o paciente, senón ter os recursos e o persoal para atendelo. É unha verdadeira irresponsabilidade dicir estas cousas. "A política do PP está definida e consiste en desmantelar a sanidade pública para que siga medrando a privada" As críticas de sindicatos, pacientes e plataformas insisten na falta de recursos e persoal. A que cre que é debido? É unha política definida que consiste en desmantelar o sistema sanitario publico para que sigan medrando os grandes hospitais privados. É a política do goberno do PP e todo o que fai encamíñase a isto, ao igual que privatizan a docencia ou a investigación. Creánse organismos ad hoc para privatizar, como a Axencia Galega de Colocación. Calquera que olle isto desde fóra pensará como é posible gobernar sendo tan forte cos débiles e tan débil cos fortes, pero é así. "O problema de saturación nos hospitais nace na Primaria; se non pos substitutos nin cobres prazas, a xente busca alternativas e vai aos PAC ou a Urxencias" Hai un problema de xestión nos hospitais? Se debullamos o problema, decatarémonos de que non nace nos hospitais senón na Atención Primaria. Cando se crearon as EOXI (xerencias de xestión integrada), desmantelaron a Primaria, quitaron a xerencia e pasamos a depender dos hospitais. É o que nós denominamos hospitalcentrismo, porque toda a sanidade pública pasa a depender destes centro. Se desmantelas os servizos de Primaria, non pos substitutos e non cobres prazas, é evidente que a xente busca a vida. Se unha persoa enferma pide cita e non lla dan ata tres ou catro días despois o que fai é buscar alternativas e) acode aos PAC (Punto de Atención Continuada) ou a Urxencias. O problema non nace no hospital porque non haxa camas, que tamén, senón na Primaria. Se non es capaz de absorber toda a demanda, a xente acode aos hospitais, que recollen todo aquilo que non é atendido na Primaria. É de sentido común. É unha cadea, logo? É unha cadea pero nace onde nade. Non vale ese diagnóstico, que emprega Feijóo, de que o problema nace por un mal funcionamento nos hospitais. Pois non, iso é un erro porque o problema nace noutro lugar. Pero con todo, a quen lle corresponde que os hospitais funcionen ben é a el e ao Sergas e non aos traballadores. O bo funcionamento do sistema depende deles e se non son capaces de logralo, que os actuais xestores o deixen e o pase a quen saiba resolvelo. O problema non é de funcionamento senón de desmantelamento do sistema sanitario. "O problema do sistema sanitario público galego non é de funcionamento senón de desmantelamento" Á hora de analizar o problema, o Sergas tamén sinala a cidadanía que fai un mal uso das Urxencias. Se nas autoestradas a culpa é dos condutores por querer pasar 18 horas no medio da neve, aquí dinche que a culpa é da xente que non acode ao primeiro nivel asistencial. Iso é mentira e botar balóns fóra, acusando a parte máis feble da cadea, que é o enfermo. A xente claro que vai á Atención Primaria, como non vai ir se eu mesmo tiven 53 pacientes no pico da gripe... Pero se a min me chegaron dez persoas sen cita, outras dez irían ao hospital para seren atendidos. Non hai recursos. Describe unha realidade moi complicada, cre que é consciente a maioría da sociedade dela? Se non se sabe maís é porque grandes medios de comunicación non reflicten esta realidade, senón os informes que día tras día saca a Consellería de Sanidade e que falan dunha Galicia no país das marabillas. Calquera que viva o sistema sanitario en primeira persoa sabe de sobra que non funciona como din. E sábeo tamén calquera que vaia pedir vez porque comproba que iso dos 45 días de espera é unha falacia. Con todo, hai medios que apoian a versión do Goberno e non fan caso das denuncias que se fan, pero hanse enterar do que pasa coa gran manifestación do 4 de febreiro. "Calquera que viva o sistema sanitario en primeira persoa sabe de sobrea que non funciona como di a Xunta" Fala de falta de recursos e medios, de privatización, pero que medida urxente tería que tomar a Xunta para solucionar os problemas da sanidade pública? É moi doado. Hai unha Lei de Saúde do ano 2008 que está sen desenvolver e que, sen ser a mellor, é moito mellor que a que se quere aplicar agora; hai que desenvolvela con consenso. Tanto o ensino como a sanidade ou a dependencia son cuestións que hai que resolvelas por consenso. Non pode vir un partido, por moito que teña maioría absoluta por catro anos, facer o que lle pete ou desfacer o que lle dea a gana. Teñen que sentarse os partidos cos sindicatos, as asociacións de pacientes, as plataformas sociais e sanitarias, os concellos e as asociacións de veciños e desenvolver a lei de 2008. E o que non se pode facer, sobre todo, é facer as cousas en contra de todos. "Os problemas na sanidade non se poden resolver sen consenso e en contra de todos" De todos? Na plataforma estamos a elaborar un vídeo no que xuntamos persoas que explican a situación da sanidade pública. Nel aparecen partidos, sindicatos, plataformas, veciños... Pero ningún membro do PP! Pero claro, que imos esperar dun partido que presentou o proxecto para modificar a Lei de Saúde en pleno mes de agosto e que o levou ao Parlamento o 7 de decembro, no medio dunha ponte festiva? Quéreno ocultar porque saben do rexeitamento que hai, pero deron en óso. Imos impedir que o PP desmantele o sistema sanitario público galego. |
NOS_35927 | En apenas dous días arderon 35.500 hectáreas, máis do dobro do obxectivo marcado no Pladiga 2017. Representantes do servizo de emerxencias 112, de Seaga e Aprodiga mantiveron esta quinta feira un encontro no Parlamento con Ana Pontón para trocar impresións sobre como previr e enfrontar catástrofes semellantes. | A principal conclusión que tira Ana Pontón -informa o BNG nun comunicado de imprensa- é que se impón dotar o dispositivo anti-incendios dun "mando único" para evitar un novo caos como o dos días 14, 15 e 16 de outubro. Os representantes dos colectivos cos que mantivo un encontro de traballo a líder do BNG teñen denunciado nas últimas semanas a "descoordenación" e "falta de mínima previsión" coa que a administración galega se enfrentou a vaga de lumes durante eses días. O caos foi tal que até Feijóo acabou por admitir que a Xunta perdera o control da situación durante 12 horas. Profisionais do 112 traslaron ao BNG -dixo aos meios a representante deste servizo Susana Camba- a necesidade de criar un mapa de urxencias por isócronos visando "atender os galegos e galegas en función de onde estean situados de verdade e non en función da súa situación política". |
PRAZA_15412 | Queremos Galego reclama cunha entrega simbólica de carbón e libros na Xunta a derrogación do decreto do plurilingüismo e o cumprimento das sentenzas do TSXG | Con belixerancia, con teimosía, con consignas e manifestacións... e agora tamén con humor. Ás 12 da mañá da simbólica data do triplo doce a plataforma Queremos Galego desprazouse ata o Rexistro Xeral da Xunta, no complexo de San Caetano, para lembrarlles con retranca ao presidente do Executivo galego e ao conselleiro de Educación as súas obrigas legais a respecto da lingua propia, tanto as que marca a lexislación vixente como as que inclúen especificamente as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o "núcleo" do denominado decreto do plurilingüismo. Desta volta o colectivo en defensa da lingua non estivo só. Foi acompañado pola figura tradicional do Nadal galego: o Apalpador.Un membro da plataforma ataviado como o mítico home de pelo rubio acompañou o voceiro de Queremos Galego e presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, á entrega de dous agasallos para Alberto Núñez Feijóo e Jesús Vázquez: carbón "fronte á política carbonizadora" contra a lingua propia e libros de texto e de lectura redactados en galego "non co obxectivo de que os queimen -di Callón-, senón de que recapaciten e corrixan as políticas lesivas" para o idioma, na liña do indicado polo TSXG. Queremos Galego esixe a derrogación do decreto do plurilingüismo, cuxos "piares" son "ilegais" tras as sentenzas do TSXGAmbos agasallos ían acompañados por un escrito no que Queremos Galego lle lembra ao Goberno que "os principais piares do mal chamado decreto do plurilingüismo" xa son "ilegais". Ademais, lembran, o alto tribunal "indicoulle ao Goberno que debe realizar unha política de promoción do idioma propio do país de acordo co estipulado na Lei de Normalización Lingüística". "O tribunal -abondan- dálle así a razón aos milleiros de persoas que saíron á rúa nas históricas manifestacións en defensa da nosa lingua" e, ao tempo, "o discurso do PP sobre as linguas no enisno, que xa estaba deslexitimado pola súa falta de apoio nas comunidades educativas", din, "está agora claramente considerado pola Xustiza como fóra da legalidade".Neste contexto, prosegue o documento que recibirán Feijóo e Vázquez, o Goberno galego debe axustarse ao estipulado tanto na lei como no Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade do Parlamento en 2004. Así, sinalan, a Consellería de Educación debe "garantir que o alumnado reciba un mínimo do 50% da súa docencia en galego", que o galego "non estea prohibido en ningunha materia" e que todo o estudantado "finalice cada etapa educativa con suficientes destrezas comunicativas en galego". Do mesmo xeito, todo o persoal dos centros educativos de Galicia debe ter á súa disposición un "plan de formación" para dispoñer de competencia dabondo en galego.Contra a lei WertAdemais da esixencia de derrogación do denominado decreto do plurilingüismo na mobilización de Queremos Galego estivo tamén moi presente a reforma educativa que impulsa o Goberno central e os seus potenciais efectos en Galicia. Feijóo, di Callón, non pode "abdicar" das súas competencias" e por iso cómpre que o presidente "defenda a lingua galega" desta "lei da wertgoña", unha norma "disparatada", máis aínda "nun momento no que se están a recortar os servizos públicos", xa que pretende que a Administración "pague escolas privadas para garantir a ignorancia do galego".Nun sentido semellante pronunciouse tamén durante a concentración o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, presente no acto xunto a outros dirixentes nacionalistas como o seu voceiro parlamentario, Francisco Jorquera. O Goberno galego, di Vázquez, "ten como obriga protexer o noso idioma", polo que, "por mínima dignidade, debería cambiar a posición e pasar de atacar o galego con eufemismos trilingüistas" a "potencialo, tamén no ensino". "Nas aulas de Galiza queremos galego" ou berros a prol da "derrogación" do decreto foron algunhas das consignas coreadas durante a protesta, tamén apoiada por AGE a través dos seus deputados Xavier Ron e Ramón Vázquez. |
NOS_45381 | A Copa quedou atrás até o 2022 e o Celta, logo da orgullosa eliminación do Arenteiro ante o Valencia, xa está exclusivamente centrado na competición ligueira, onde fecha o ano 2021 cun encontro ás 21 horas desta quinta feira ante o Español de Barcelona. Os 'periquitos', ben posicionados na táboa, serán un duro rival para uns celestes minguados polas baixas. | Non foi o 2021 o mellor ano para o Celta. A pesar de lograr salvar a categoría a tempada pasada, os celestes continúan sen despegar tanto a nivel de xogo como de resultados, como se demostrou novamente na recente eliminatoria copeira que superou in extremis ante o modesto Andorra. Pero a peor consecuencia dese choque non foi a imaxe deixada polos xogadores celestes, senón o esgotamento tras disputar 120 minutos nunha superficie tan desgastante como é o céspede artificial e, especialmente, as dúas novas lesións nun equipo xa mermado polas baixas. O preparador olívico, Chacho Coudet, perdeu no principado Kevín Vázquez e Thiago Galhardo, que se unen así a outros mancados como os capitáns Hugo Mallo e Iago Aspas, que parecen afrontar a recta final da súa recuperación e mesmo poderían entrar na convocatoria para o partido de hoxe ás 21 horas en Balaídos ante o Español. Este encontro suporá o adeus do equipo a este 2021, e tanto futbolistas como corpo técnico agardan poder conseguir os tres puntos xa non por despedirse da súa afección até 2022 cun bo sabor de boca, senón porque se aínda albergan a máis mínima esperanza de loitar por disputar competicións europeas a vindeira tempada, isto pasa por conseguir derrotar uns periquitos que ocupan a novena posición da táboa con 23 puntos, seis máis que un Real Club Celta que figura como décimo cuarto na clasificación. Para conseguilo, a escuadra galega terá que imporse tamén á estatística, pois esta sinala que o máis probábel é un empate, resultado que exhibía o marcador nos seus últimos cinco enfrontamentos. Poñendo o foco nos partidos nos que o Celta exerceu como local, a vitoria ante o Español resísteselle desde hai máis de seis anos, concretamente desde o 12 de decembro de 2015, cando gañou 1-0 graza a un solitario tanto de Iago Aspas. O Carballiño acolle un partido para a historia Os horarios escollidos pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF) impídenos dar cobertura dos partidos Deportivo-Osasuna e Lugo-Mirandés por finalizar fóra do horario de fechamento desta edición, pero afortunadamente non pasa o mesmo co Arenteiro-Valencia. O conxunto do Carballiño asinou un encontro para a historia, pois a pesar da diferencia de catro categorías entre ambos os contendentes e das impresións que poida transmitir o resultado final (1-3), a escuadra galega tivo moitas opcións de eliminar a un Valencia que se adiantou xa no minuto 1 da man de Yunus Musah, pero o Arenteiro non baixou os brazos e non só dominou o encontro, senón que no 9 empatou Joni. Desde ese momento os do Carballiño buscaron a vitoria, pero a superioridade valencianista evidenciouse na prórroga, na que anotaron dous goles máis. Logo deste resultado, Celta, máis quizais Lugo e Deportivo coñecerán os seus rivais nos dezaseisavos de final logo do sorteo que se leva a cabo na sede da RFEF en Madrid a partir das 12.30 horas de hoxe. Adeus a Ramón Regueira, un histórico do fútbol galego Galiza dixo adeus na xornada desta quinta feira a un histórico do fútbol do país, Ramón Regueira Ramos, máis coñecido como Moncho Regueira, que faleceu aos 86 anos de idade. Formado na canteira viguesa, onde comezou a despuntar nos Xesuítas con 9 anos, de regreso á súa Coruña natal continuou formándose no Huracán de Santa Lucía, de onde saltou ao Fabril con 15 anos de idade, debutando co gallo dun choque ante o Noia ao mesmo tempo que dúas lendas do Deportivo: Carlos Torres e Arsenio Iglesias. De aí pasou ao Club Deportivo Juvenil -entón filial do Dépor-, defendendo máis tarde as cores do primeiro equipo branquiazul durante catro campañas, entre 1952 e 1956. O dianteiro coruñés -que tamén desempeñaba con competencia as tarefas de interior esquerdo- reintegrouse en 1952 na formación herculina despois dunha tempada cedido no Caudal Deportivo de Mieres da Segunda División cunha misión practicamente imposíbel: cubrir a baixa de Luisito Suárez, que acababa de fichar polo Fútbol Club Barcelona. Na súa etapa como deportivista alternou varias cesións, incluída outra ao Caudal de Mieres na que materializou seis goles nos 20 partidos nos que saltou ao terreo de xogo. Iso abriulle as portas do Burgos, onde volveu ofrecer un bo rendemento, con catro goles en 11 encontros. Lamentabelmente, nada máis finalizar a tempada 1956/57 tivo que incorporarse ao servizo militar obrigatorio e á finalización do mesmo decidiu colgar as botas e non volveu xogar o fútbol, aínda que continuou vinculado ao Dépor como patrocinador a través da súa empresa, Recambios Regueira. |
PRAZA_5431 | Tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro: Austeridade. "As débedas son sagradas e deben ser saldadas, nesta ou na outra vida. E non vos deixedes enganar: non hai outra alternativa para saíres do inferno" dixo | Hai cinco anos, polo Domingo de Ramos, na catedral de Cadrón non collía unha agulla. Había xa un ano que chegara o andazo da Depresión e semellaba que para quedar Hai cinco anos, polo Domingo de Ramos, na catedral de Cadrón non collía unha agulla. Había xa un ano que chegara o andazo da Depresión e semellaba que para quedar. A xente andaba deprimida, coa cabeza gacha e a alma nos pés; sen esperanza e nada mellor que facer, metía as mans nos petos e escaravellaba neles ata facerlle buratos coas unllas mais grandes da conta. Para daquela, as unllas xa era o único que medraba sen traza, e os aborixes deixábanas a monte, con vagar para cortalas pero xa sen ánimo para facelo. Estaban todos alí, os crentes mais fervorosos, os tantomedá e incluso os catro gatos ateos de sempre. Estaba Marcial O Ferreiro, o fornecedor de apeiros de labranza; Celia A Doceira, que enchía de doces, pasteis e melindres os bandullos da República; don Servando O Prestamista, que collía cartos ao 3 e prestábaos ao 6; María A Taberneira, que tanto vendía unha lata de bonito coma un quilo de azucre ou un cuartillo de viño; estaban os que tiñan ovellas e mailos que tiñan vacas, e tamén os que só eran donos do seu corpo e a roupa que levaban posta. Tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro: Austeridade. "As débedas son sagradas e deben ser saldadas, nesta ou na outra vida. E non vos deixedes enganar: non hai outra alternativa para saíres do inferno" dixo O crego Xeremías, un neocón da seita de John Looke, non cabía en si de fachenda. Aproveitou a ocasión que lle brindaba a desgraza comunitaria para esfarnar con vehemencia o seu credo. Díxolles que o inferno no que estaban era consecuencia dos moitos pecados dos anos pasados, de consumo desorbitado de doces, de fouces e arados abandonados a medio uso, e de botar mais tempo na taberna ca na casa propia e na de Deus. Podíase saír do inferno, si; pero había que pagar un prezo, xa que Deus non fai favores de balde. Se antes fora o desbaldir desaforado, agora viñan tempos de esforzo e parsimonia para poder saldar tódalas débedas; se antes medraban dun día para outro os prezos dos brazos de xitano, das fouces e das copas de coñac, agora eran tempos de darlle a volta á tortilla e baixar os prezos para así ser mais competitivos. Esforzo, Parsimonia e Competitividade. Tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro: Austeridade. "As débedas son sagradas e deben ser saldadas, nesta ou na outra vida. E non vos deixedes enganar: non hai outra alternativa para saíres do inferno" dixo. Don Servando o Prestamista non paraba de facer acenos de conformidade e satisfacción. Os da República Independente de Cadrón son xente de fe probada, e cando unha zunia se lles mete na cachola xa non pensan noutra cousa. Foi saír dos santos oficios e poñerse a aforrar coma tolos. "Claro, como non o pensaramos antes, canto mais aforremos mais axiña poderemos devolver os cartos que debemos", animábanse uns aos outros no camiño de volta ás casas. Xa pola noite, María A Taberneira pechou a taberna e marchou deitarse. "Éche cousa do demo, hoxe non entrou unha alma", díxolle ao marido, estrañada. Durante os primeiros días na nova xeira, entrou xente, pero xa non tanta coma antes; e a que entraba, mercaba un quilo onde antes levaba dous, ou cuartillos onde antes marchaba con litros, e pedían a copa sen café ou o café sen copa. Os cartos no caixón non medraban. "Este ano imos prescindir dos doces na festa. Hai que aforrar e ben podemos pasar sen eles", díxolle ao home. Celia A Doceira mirou o caderno dos encargos e constatou estrañada que a este paso tiña caderno para o resto da vida. Pensara mercar un fouciño novo, pero decidiu ir tirando co vello ata onde dera. Marcial O Ferreiro xa non acendía as brasas da forxa tódolos mañás, pois levaba moito tempo facendo lume para o aire. Os da República Independente de Cadrón son xente de fe probada, e cando unha zunia se lles mete na cachola xa non pensan noutra cousa. Foi saír dos santos oficios e poñerse a aforrar coma tolos Un bo día, Marcial O Ferreiro acordou na baixada de prezos de don Xeremías. Pendurou na portada da forxa un letreiro na que anunciaba a baixada do prezo de tódolos apeiros e reparacións á metade, e sentou a esperar. A xente pasaba, lía a oferta e marchaba sen entrar. De alí a pouco, había letreiros iguais na docería e na taberna, cos mesmos ou parecidos resultados. Abatido e desorientado, Marcial non dubidaba das palabras de Deus e do seu profeta Xeremías, pero o caso era que canto mais aforraba menos tiña que aforrar, e por mais que baixara os prezos, unha fouce seguía a valer o mesmo ca quince brazos de xitano ou ca sete olas de viño. O mesmo ou parecido lle pasaba a Celia A Doceira e a María A Taberneira. E cando pensaron en saldar os prestamos de don Servando, caeron na conta de que a débeda multiplicárase por dous, xa que precisarían vender o dobre de fouces, doces e bombos de sardiñas para conseguir os mesmos cartos que antes dos días de aforro e competición. Nas súas prédicas, o crego Xeremías segue a invocar a Santísima Trinidad da Austeridade. Don Servando O Prestamista xa non fai acenos de contento Van aló xa cinco anos e cinco Semanas Santas. Nas súas prédicas, o crego Xeremías segue a invocar a Santísima Trinidad da Austeridade. Don Servando O Prestamista xa non fai acenos de contento. Cada vez que pasa a cobrar os recibos dos préstamos, os veciños dinlle unha e outra vez:"Deus llo pague, don Servando! Porque o que é nós ..." |
NOS_35971 | Moi guerreira se mostra esta capa do Sermos 154. Gandeiros en pé de guerra. Milicias galegas en guerra contra o fascismo. Guerra (ou acordo de paz?) contra as agresións ao noso idioma. A verdade é que Sermos está a dar moita guerra. | Cando vin a capa do Sermos 154 pensei, que ben!! aquí si que podemos falar de expresións e frases feitas: en pé de, a pé de .... Dá para un tratado de gramática, un curso para estranxeiros. Fun ao dicionario e comprobei que había máis de dúas ducias de expresións. Unha tese de doutoramento. Son moitas. Abro o periódico e topo con outra expresión: chove sobre mollado. Definitivamente abandono a parte gramatical ou de comentario lingüístico. Centrémonos. Ben pensado, este número de Sermos Galiza parece adredemente feito para lembrarmos o autor de Da Terra asoballada, o libro publicado en 1917 en Vilagarcía. Por que? Porque da terra asoballada é do que fala a capa do Sermos Galiza. Non de outra cousa. Da terra que se levanta "contra as lexións de ferro da avasallante Roma" como din os versos do poema Milicianos, de Cabanillas, mencionado na páxina vinte e dúas do semanario. Da terra que se pon en pé contra as agresións ao noso idioma e xura, perante a sombra de Rosalía, que é máis o momento dos feitos, menos o das palabras. Da terra que reclama o dereito a vivir dignamente do que produce, que reclama prezos xustos para o leite que nos amamenta. Da terra que se mantén de pé en medio de tanta mudanza. Da terra que sabe que "a liberdade nunca perdeu ningunha loita! Por moita lei mordaza (que se analiza na páxina 5) que nos impoñan Da terra que sabe de Lois Porteiro, membro activo do movemento agrario e das Irmandades, a quen Cabanillas dedica o poema En Pé! Escravitude. Liberdade. Loita. As tres ideas dese fermoso texto. E desas tres ideas nace o chamamento á unión, á auto-organización. Todas, todos, en pé e sobre nós a mesma bandeira. Todas, todos ao pé da "enseña da nación galega" para catarmos o dereito á liberdade, á soberanía. Para sermos nós. ¡E ó pé da enseña da nazón galegacantémo-lo dereitoa libertar a Terra! En pé, de pé, a pé, a pé enxoito ou a pé firme. Ao pé da letra ou co pé no estribo. Aos pés da cama. En pé de guerra. Como sexa. Mais cos pés ben asentes no chan. |
NOS_56346 | Despedimos por este ano o Caderno de Agosto e facémolo cunha reportaxe sobre un deporte en auxe nos últimos que supón tamén alento para o rural abandonado, o sendeirismo. Ademais, entrevistamos a Rebeca Baceiredo e chegamos ao desenlace do relato inédito de Xabier P. Docampo. | Despedimos o Caderno de Agosto coa mirada posta no outono. E é que, non porque o verán remate, terminan as posibilidades de saír e gozar da natureza. Inicia a tempada sendeirista, actividade en auxe nos últimos tempos, sobre todo por ser un deporte de baixo custe tanto no económico como na esixencia física. Galiza ofrece numerosas posibilidades para o sendeirismo. Tamén, o sendeirismo para o país, tanto que lle dá nova vida ao rural abandonado. Porén, están a ser aproveitadas? Damos resposta a esta interrogante na reportaxe de apertura do suplemento e facemos repaso, ademais, dalgunha das máis atractivas ofertas sendeiristas de Galiza. Xabier P. Docampo desvela o desenlace de "Operación Monte de Lixo", coa vinganza como trasfondo. A entrevista deste último número do Caderno de Agosto está protagonizada pola escritora Rebeca Baceiredo, que vén de publicar E meterei a miña Lei no seu peito (Estaleiro). Baceiredo, de traxectoria ensaística destacada, racha tópicos e amosa que as reflexións de gran calado e o traballo filosófico non son incompatíbeis con verbenas e romarías. "Os tópico poden confundir -afirma- Son unha moza moi alegre, como dixo Marilyn. E feliz, penso ás veces que cada vez máis, tendo cada vez menos. Cousas do traballo interior". Un pobo de artistas con acordeóns Xurxo Souto dedica a súa sección "Somos un pobo de artistas!" ao acordeón, instrumento protagónico nas orquestras de antano, que caeu en desgraza coa chegada dos teclados eléctricos até que, en Galiza, a revolución do bravú o volveu recuperar. Chegamos neste último número do Caderno de Agosto ás entregas finais do relato inédito de suspense de Xabier P. Docampo e das entregas eróticas de Pepe de Pura, na súa sección "Carne crúa". Docampo desvela o desenlace de "Operación Monte de Lixo", coa vinganza como trasfondo. Pepe de Pura decántase nesta ocasión por un encontro erótico con tinguiduras románticas e de certo hedonismo espiritual, mais sen perder a intensidade carnal. Pepe de Pura decántase nesta ocasión por un encontro erótico con tinguiduras románticas e de certo hedonismo espiritual, mais sen perder a intensidade carnal. Descubrimos, na contracapa, o recuncho especial de Teresa Moure, O Courel, onde se localiza unha das súas obras, A intervención, que será traducida ao castelán, pola propia autora e en setembro, na editorial asturiana Hoja de Lata. "Comezo a pensar que escribindo facemos arqueoloxía, que hai que entrar en fase de performance radical, politizar os espazos, axitalos, temos que actuar coa ente e coas vidas, non só con quen le", explica para Sermos Galiza. |
PRAZA_4965 | O persoal da cafetaría da terminal de autobuses de Compostela ve con esperanza a posibilidade de non perder o seu traballo tras dúas semanas de peche e de apoio sindical e cidadán. | En corenta anos dá tempo a que unha cafetaría acumule moitas historias. Moitas máis se está ubicada nunha estación. Máis aínda se está nunha cidade cun importante peso do turismo e da universidade, como é Compostela. E aínda unhas poucas máis se está enfronte da sede dun Goberno. Estas son algunhas das características que definen á cafetaría da estación de autobuses de Compostela, onde peregrinos toman café ao carón de estudantes ou cargos da Xunta. Catro décadas de historia que o pasado 11 de febreiro tentaron ser cortados de raíz: a empresa municipal Tussa ía botar o ferrollo se ninguén o evitaba. E os seus seis traballadores decidiron evitalo. A causa do peche hai que buscala na renovación da concesión da estación. A empresa, dependente do Concello de Santiago, impuxo como requisito para a concesión que o contratista asumise unha obra de mellora das instalacións cifrada nuns 150.000 euros. Ao concurso só concorreu unha empresa e esta renunciou pola combinación do elevado custo da intervención e o curto período de explotación, só oito anos. Neste contexto, o consistorio compostelán considerou que tal servizo non era esencial -tampouco os empregos que mantén- e decidiu o peche. Acto seguido, os traballadores decidiron resistir e facelo vinte e catro horas ao día, sete días á semana. Ante a posibilidade de peche, os traballadores mantivéronse permanentemente nas instalacións A actividade normal da instalación hostaleira, que tamén funciona adoito como restaurante, substituíse por unha autoxestión na que só se viñeron servindo café e leite de balde. Cando as reservas destes produtos se esgotaron, os cartos que se xuntaron a través dun "bote solidario" permitiron seguir funcionando día e noite. "Loitamos para que isto se saque de novo a concurso", resume un dos traballadores, José Villar, que dende a veteranía no oficio non concibe como o propio presidente da Xunta pode "estar promocionando o turismo" e mentres un Concello do seu partido pensa en ter "unha estación de autobuses sen servizo de cafetaría". Un chisco de esperanza En plena mobilización os sinais da empresa municipal non parecían augurar nada bo. Mesmo chegou a instar a anterior concesionaria, Santiago Dos, a despexar o local dos "moradores" que continuaban nela para clausurala definitivamente. Pero no pleno municipal deste xoves un rogo do BNG para "demandar a convocatoria urxente dunha reunión" do consello de administración de Tussa para evitar o peche serviu para empezar a endereitar a sitaución. O concelleiro responsable, Luis Bello, falou por primeira vez da posibilidade da "subrogación" do persoal, explica José Villar. "Para a semana temos unha xuntanza con Tussa e co concelleiro e espero que haxa unha vía de arranxo deste conflito", explica. O persoal agradeceu con viño e petiscos o apoio da CIG, dos medios e da clientela Visiblemente aliviado polo novo escenario, Villar fala dende detrás da barra da cafetaría mentres nas mesas non só se servía café e leite, senón viño e petiscos, tamén de balde. A razón de ofrecer estas viandas era "agradecer" ao sindicato CIG, "aos clientes, á xente e aos medios" a súa "solidariedade" nestas semanas. "Todo o mundo quedaba estrañado con que a cafetaría fose pechar, parecíalles estraño suplentar persoas por máquinas" e "grazas a esa presión, esta loita vai ater un fin positivo". "Un viño para agradecer á xente que nos apoiou", resume José Villar, indicando o lugar no que se podía coller unha copa. E se a protesta serve de algo? |
NOS_22510 | Ningunha nova transferencia de competencias para Galiza en case nove anos de goberno. O balanzo de Núñez Feijóo mostra ás claras a idea e visión que o PP ten do autogoberno, máis próxima a unha simple oficina de xestión administrativa supeditada ao centro de decisión política de Madrid do que a un goberno de seu dunha nacionalidade histórica (como estabelece a constitución española do 78). | O veto a debater sequera a transferencia a Galiza da AP9 deixou ben clariñas dúas cousas. A primeira, que desde o goberno español non están por traspasar nada, nin competencias nin infraestruturas. A segunda, que desde o goberno galego non están para (máis aló do simplemente foral) defender maior autogoberno e competencias para o noso país. O ano en que se aprobou o Estatuto de Autonoía, 1981, o noso país lograba unha transferencia de competencia estatal. Só unha? Pois xa é unha máis das que houbosumando todos os anos de goberno de Núñez Feijóo. Desde que chegou ao cargo de presidente da Xunta, en 2009, e até o de agora, o número de transferencias logradas pola súa Xunta foi de cero. Case unha década en branco, nunca tal pasara na (breve) historia da autonomía de Galiza. A primeira lexislatura de Feijóo saldouse en cero traspasos de competencias estatais, mesmo balanzo que a segunda e, como todo apunta, este vai ser tamén o percorrido da terceira. Porén, ao longo destes anos, outros territorios si que lograron novas competencias. E non estamos a falar só de Euskadi e Catalunya, mais tamén doutras autonomías. Así pois, semella que o goberno do PP en Galiza apostou en botar o freo e en rebaixar calquera posíbel veleidade de autogoberno. Algo que, nestes anos, foille non poucas veces reprochado desde as ringleiras da oposición, quer En Marea quer PSdeG quer BNG. Que Galiza continúa cun nivel de competencias moi por baixo do das outras dúas nacionalidades históricas non é ningún segredo. Mais a inapetencia e atonía do goberno de Feijóo casa á perfección co rexeitamento do executivo de Mariano Rajoy a ceder competencias. "Deus os dá e eles xúntanse", que di o refraneiro. E xúntanse no mesmo partido, o PP, poderíase engadir. Que lonxe fica este escenario daquel 2009 en que PP, PSdeG e BNG acordaban relanzar e reimpulsar a axenda de 70 competencias que catro anos antes, 2005, o goberno galego -daquela cunha coligazón de socialistas e nacionalistas- comezaba a negociar co Estado. [A análise ao completo, unha dupla páxina, aparece no Sermos279, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais] |
NOS_1886 | A xornada de paro do 14N xa está en marcha. Cidadáns e cidadás galeg@s poñen voz aos motivos e razóns para secundaren esa xornada. Falan por si propi@s, mais empregan, ao falaren, a palabra 'tod@s'. | O 14 de novembro hai folga xeral na Galiza. E tamén no resto do Estado español e en Portugal, para alén de mobilizacións e protestas noutros países europeos. Unha xornada de paro en que as persoas que a convocan advirten que hai moito en xogo. No noso país, a folga chega, aliás, no proceso de constitución do novo parlamento e goberno galego, saído das urnas o pasado 21 de outubro con maioría do PP. De aí que este paro teña na Galiza un significado especial para visualizar que os votos aos populares non amparan medidas e ataques contra as maiorías sociais. Pedro. Desempregado. A Coruña. Pedro fai parte desas máis de 260.000 persoas que na Galiza están en situación de desemprego. Leva en paro algo máis dun ano. Sabe que non vai ser doado atopar traballo, e menos no seu ("eu traballaba en revestimento de fachadas, o da construción foise ao carallo e non ten pinta de que vaia mellorar"). Está casado e ten un fillo de sete anos. Vai ir ás mobilizacións no marco da folga, "claro". Razóns? "Pois creo que con botar unha ollada xa hai centos, non si?". Como persoa desempregada, apunta os recortes e a criminalización deste colectivo por parte dos gobernos ("semella que somos uns lacazáns"). Mais, afirma, se estivese traballando "tamén iría, porque nos xogamos moito tod@s en xeral. Estanse a cargar todo e temos que lles dicir que non, que non queremos iso". Alén das circunstancias persoais de cada un e dos seus respectivos sectores, coinciden en que a folga debe ser unha resposta unitaria "contra un ataque a tod@s" Ana. Estudante. A Mariña. É de Viveiro e estuda unha licenciatura en Compostela. "Si que vou ir. Iso seguro, vamos", afirma con rotundidade. Argumentos que expón con vehemencia: "Mais ti sabes o que estes (resalta estes) están a facer co ensino? Xa non é só o recorte de bolsas, que tamén, e teño coñecidos que van ter que deixar de estudar porque lles van quitar as bolsas. Estudar é un artigo de luxo!". Ana engade, aliás, unha longa vaga de recortes e medidas que depauperan a calidade do servizo público "e millóns van para os privados". Mais esta mariñá apunta que ir á folga xeral "debería ser obrigatorio para case tod@s, porque nos están a machacar". Sinala que na súa casa, ao seu pai, traballador na hostalaría, "si que lle gustaría ir, mais non creo que o faga porque ao xefe non lle chista moito. De feito xa me dixo: Vai ti polos dous". Mariló. Comerciante. Barbanza. Ten un pequeno comercio e o impacto da suba do IVE veu bater con dureza nunha situación xa difícil. "Volvín a apuntar no caderno, como nos tempos de antes, de cando había necesidade. A xente non ten cartos". Vai secundar a xornada do 14N. "Eu pecho, creo que é o que teño que facer. Pola miña situación, si, mais tamén pola de tod@s". "Eu vou ir á folga. Por min, polo meu veciño que non pode porque ten medo de que o despidan, pola miña filla pequena e polo meu pai, encamado" Xosé. Morrazo. Operario dunha auxiliar do naval. Ten un discurso claro e onde incide punto por punto nas diferentes medidas adoptadas polos executivos autonómico e central nestes meses, con especial fincapé na reforma laboral. Da datos de destrución de emprego no naval e, como non, saca o caso Pemex como exemplo, di, "de que para eles (en referencia ao goberno) todo vale. Mentir e manipular, xogando coa difícil situación de milleiros de persoas". Secunda, "como non", a folga xeral, "e seguro que vai ser un éxito porque é algo que se viña demandando; a CIG no seu momento xa a propuxo, mais CCOO e UGT dixeran daquela que non. Agora hai unidade sindical para esta convocatoria. Así que, para adiante tod@s". Francisco. Pensionista. Verín. Anda polos 70 anos mais fala como se tivese a ilusión dun adolescente, "iso si, con experiencia", recalca entre risos. Considera que a convocatoria da folga xeral está máis que xustificada. "Xa non é por nós, os pensionistas e xubilados, que vivimos cada vez peor. É polos mozos, porque estes gobernantes vos van deixar un mundo de merda". Bota man da memoria e lembra que "nunca imaxinei que ía ver xente en Ourense durmindo na rúa. Viuno en Hamburgo (onde estivo emigrando) e en cidades moi grandes de Alemaña, mais era outra cousa". Lamenta que os gobernos sempre xoguen cos pensionistas ("que se nos soben algo a pensión, que se tal, que se cal... mais coa suba dos prezos, pagar medicamentos... vivimos cada vez peor"). Francisco mesmo sinala que a folga xeral "tería que ser dunha semana enteira, ao grande, para darlles nos fociños e deixarlles moi clariño que non imos pasar porque nos amolen a tod@s". Ester. Empregada pública. A administración pública un dos sectores máis afectad@s polas medidas do goberno, concretadas en recortes salariais e perda de dereitos. "E agora, abrindo as portas a despidos colectivos na administración", apunta. Mais non vai acudir á Folga Xeral do 14 de novembro só por isto. "Senón como cidadá, porque os brutais recortes en sanidade e educación, por poñer dous exemplos, supoñen camiñar cara a unha sociedade onde todo vai depender só dos cartos que teñas. E se non os tes, como se morres na rúa. É terrorífico. E temos que o parar". |
PRAZA_17276 | O cambio responde á campaña #NomearmosEnLila posta en marcha hai uns meses polo Observatorio da Mariña pola Igualdade para a feminización das denominacións dos edificios públicos na comarca. Dos 46 centros de ensino públicos existentes, A Mariña conta agora con tan só dous con nome de muller | Dende o pasado xoves a Escola Oficial de Idiomas de Viveiro leva o nome de Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922), converténdose na primeira EOI de toda Galicia con nome de muller. O cambio responde a unha iniciativa lanzada hai uns meses polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, a campaña #NomearmosEnLila. A propia Luz Pozo estivo en Viveiro para asistir ao acto de cambio de nome do centro. O obxectivo de #NomearmosEnLila é corrixir o tremendo desequilibrio de xénero existente nos centros de ensino e outros edificios públicos da Mariña lucense. Así, de entre 46 centros de ensino públicos existentes, A Mariña conta agora con tan só dous centros educativos con nome de muller. "Entendemos que é de xustiza visibilizar a participación das mulleres na sociedade da que formamos parte", destaca o Observatorio, que destaca que "o paso dado pola EOI de Viveiro, agora EOI de Viveiro Luz Pozo Garza" constitúe "un magnífico exemplo para outras institucións académicas e Escolas de Idiomas do país e que sitúa á EOI de Viveiro na vangarda do feminismo na educación, guiando á xente moza nos camiños da igualdade real entre mulleres e homes". O proxecto naceu no mes de novembro, coincidindo coa campaña para o cambio de nome do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro. Á vista desta e doutras iniciativas de cambio de nome de centros escolares da Mariña, o Observatorio pola Igualdade comezou a desenvolver accións para pular porque os novos nomes escollidos foran nomes de muller. Nunha primeira fase a campaña céntrase nos centros de ensino "pois pensamos que a escolla de nomes femininos para os centros servirá de referente e modelo para as rapazas e rapaces que estudan no centro e tamén para toda a comunidade da contorna". "A visibilización das mulleres e das nosas achegas á sociedade é algo prioritario e de xustiza no ámbito da educación, non só analizando o valor coeducativo da iniciativa, senón tamén porque a educación foi e é un terreo intensamente feminizado", destacan. Ata esta semana tan só o IES María Sarmiento de Viveiro tiña unha muller no seu nome. A campaña fai especial fincapé naqueles centros públicos que levan por nome a localidade na que se ubican, nos centros que teñen un nome relixioso e nos centros co engadido "Número 1", que polo de agora non recoñecen a persoa ningunha na súa denominación. No caso dos centros que desexen manter o nome da localidade, o Observatorio propuxo que o nome feminino vaia a continuación do topónimo. |
NOS_19398 | O suposto trato de favor de Alberto Núñez Feixoo ás empresas dirixidas polos seus familiares foi denunciado de xeito reiterado desde a súa chegada á Presidencia da Xunta da Galiza. Neste sentido, son recorrentes as críticas aos contratos do grupo Eulen, onde a súa irma Micaela exerce como delegada para a zona noroeste do Estado. Outro tanto, acontece co grupo Konecta, onde Ignacio Cárdenas Botas, irmán da nai do fillo de Feixoo, ocupa responsabilidades directivas. Porén, as dúbidas afectan a máis compañías con importantes contratos coa Administración galega. | A historia da expansión do grupo Eulen na Galiza está ligada ao nome de Micaela Núñez Feixoo, irmá do presidente da Xunta da Galiza, empregada da compañía desde 2003, delegada do grupo en Pontevedra e despois na Galiza e máxima responsábel da compañía para a zona noroeste do Estado, a súa actividade profesional está marcada pola polémica. Tanto é así, que deste outras empresas do sector dos servizos, explican os seus ascensos en Eulen como consecuencia do incremento da facturación do grupo nas Administracións galegas dirixidas polo PP. A Xunta da Galiza, desde a chegada de Núñez Feixoo á Presidencia en 2009, formalizou con Eulen contratos por unha contía de máis de 37 millóns de euros. Así, o Goberno galego asinou nos últimos 11 anos 139 acordos a través de 11 das súas consellarías e de 17 entes dependentes da Xunta, como o Servizo Galego de Saúde (Sergas), Augas da Galiza, Corporación Radio e Televisión da Galiza (CRTVG), Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) ou a fundación Semana Verde da Galiza. Os concellos do PP Eulen abriu, tamén, portas nos concellos dirixidos polo PP. Neste sentido, en abril de 2012, o Concello de Ferrol, baixo a alcaldía de José Manuel Rey Varela, entregou á empresa da irmá de Feixoo a xestión dos equipamentos culturais de referencia da cidade, entre eles, o Teatro Jofre, o centro cultural Torrente Ballester e o futuro auditorio municipal situado no barrio de Caranza. Outro tanto, sucedeu en agosto de 2012 na Coruña, cando o Goberno local, presidido por Carlos Negreira, outorgou a Eulen por 2.265.741euros a xestión da rede de bibliotecas da cidade. As Deputacións gobernadas polo PP adxudicaron a Eulen diversos servizos. Así, en abril de 2012, o ente provincial da Coruña, presidido por Diego Calvo, entregou por cinco anos a xestión do Teatro Colón. Anos antes, a Deputación de Lugo, en mans de Francisco Cacharro adxudicou á empresa da irma de Núñez Feixoo o servizo de teleasistencia. Precisamente, o trato a esta compañía e as súas conexións co Partido Popular foron denunciadas desde hai máis dunha década. Sermos Galiza recollía na súa edición dixital de 26 de abril de 2012 que "é innegábel que as relacións deste grupo empresarial co Partido Popular transcenden a presenza dunha familiar do presidente da Xunta" e lembraba que "en decembro de 2009 o portavoz do BNG Carlos Ameyrich sinalaba con nomes e apelidos á irmá do presidente da Xunta, Micaela Núñez Feixoo, como un factor chave para entender a adxudicación da xestión dos centros do día ao grupo Eulen". Ignacio Cárdenas e o grupo Konecta O grupo Konecta foi unha das compañías encargadas dos traballos de rastrexo no primeiro verán da pandemia. A multinacional está especializada na externalización de procesos de negocio en pleno período de expansión, mais con sociedades noutros sectores. A compañía entrou no mercado galego tras a compra de Universal Support, unha empresa con 24 anos de traxectoria creada polo Banco Pastor, facéndose anos despois con outra sociedade do mesmo sector, Sum Talk, anteriormente denominada STD Multiopción. Sum Talk tivo como CEO a Ignacio Cárdenas Botas, quen tamén exerceu de apoderado de STD Multiopcion e actualmente se presenta como Director Retail eCommerce do grupo Konecta. Ignacio Cárdenas Botas é irmán de Eva Cárdenas Botas, parella de Feixoo e nai do seu fillo. |
NOS_32063 | Reivindican a liberdade de prensa e a pluralidade fronte á decisión da xustiza española de endosar ao medio vasco a débeda de 'Egin, o que pon contra a parede a supervivencia do Gara. | Xornalistas de Euskal Herria, de Alemaña, de Arxentina, de Reino Unido, Galiza, Catalunya, España ou Italia, entre outros países, asinan o manifesto 'Preocupados polo Gara', un documento que se solidariza co medio de comunicación vasco ao que a Facenda española exixe que pague medio millón de euros semestrais por considerar que é "sucesor ideolóxico" do Egin, xornal que Baltasar Garzón mandou fechar en 1998. "Queremos solidarizarnos cos nosos compañeiros e compañeiras de 'Gara' (…) Queremos apoiar a liberdade de prensa e a pluralidade. As e os xornalistas temos suficientes problemas presentes e desafíos futuros como para ter que estar preocupados por pantasmas do pasado", indican no manifesto, no que se lembra que Egin foi fechado de maneira ilegal en 1998, segundo recoñeceu anos despois mesmo o Tribunal Supremo. "Consideramos que endosar agora a súa débeda coa Seguranza Social a 'Gara' é absurdo e castiga inxustificadamente ese medio e os seus traballadores". Entre as sinaturas están a de xornalistas como Martxelo Otamendi, John Carlin, Ana Pardo de Vera, Vicent Pardal ou Luis Aizpeolea, entre moitos outros. |
NOS_22372 | En total na Galiza rexistráronse 5210, unha máis que no 2014. | Esta sexta feira (11 de marzo) o Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial fixo públicas as estatísticas sobre violencia machista. Neste senso, na Galiza presentáronse 5.210 denuncias, unha máis que o ano anterior. Isto supón un promedio de 14 denuncias diarias, aproximadamente, unha cada dúas horas e 5011 mulleres en situación de violencia machista recoñecida xudicialmente. A taxa oficial de mulleres en situación de violencia machista por cada 10 mil sitúase no 36% É dicir, a taxa de violencia machista no noso país sitúase en 36 mulleres por cada 10 mil, a máis baixa do conxunto do Estado español, segundo os dados do Consello Xeral do Poder Xudicial que, no entanto, só contempla como violencia de xénero aquela que se produce no marco das relacións afecto-sexuais (parella e/ou ex-parella). Das denuncias presentadas 2654 foron sobreseídas, a maior parte (2457) de maneira provisoria por non resultar xustificada a perpetración do delito, e 668 con sentencia das que 493 resultaron condenatorias. Aumentan as ordes de protección solicitadas Neste período de 2015, foron incoadas 1.564 ordes de protección, a maior parte (84%) a instancias das propias mulleres. No 2014 esta cifra era o 18% menor xa que foran solicitadas 1.327. Delas o pasado ano, concedéronse 930 e denegáronse 625, mentres que 10 foron inadmitidas. Así mesmo, adoptáronse 2.662 medidas xudiciais de protección, 2.263 penais e 399 civís; a maior parte de maneira combinada con ordes de protección. En 2015 foron asasinadas na Galiza, segundo as cifras oficiais, 8 mullures: 08/05/2015. Isabel Fuentes (Ourense) 03/07/2015. Beatriz Rodríguez (Arbo) 06/09/2015. Divina Mendes (Vigo)04/10/2015 Silvina de Oliveira (Vigo)24/10/2015. Concepción Reguera (Pontesampaio, Pontevedra)29/10/2015. María José Rodríguez (Vigo)29/12/2015. Marina R. B. (Mos)29/12/2015. C.P.C (Narón) Porén, tamén foron asasinadas embora non seren recoñecidas como vítimas de violencia machista: 08/11/2015 Inma Cendón (asasinada polo seu fillo) (Vigo) 31/07/2015. Amaia Oubel. (Moraña)31/07/2015. Candela Oubel (Moraña)03/07/2015. Sergio Rodíguez (Arbo)28/11/2015. Manuel Ángel Rivas (Ponte Caldelas) Aliás, rexistráronse outros asasinatos de mulleres cuxos procesos de investigación non contan con suficiente información para determinar se se tratou de asasinatos machistas.02/05/2015. Socorro Pérez (Ourense)07/06/2015. Yelisa Altagracia (Pobra do Caramiñal)29/12/2015. Cándida Pérez (Narón) |
PRAZA_15736 | O público da revista literaria escollen obras de Riveiro Coello e Rivas entre o libros do ano e outorgan o recoñecemento a Praza Pública como mellor medio de comunicación por cuarto ano consecutivo. | Xa esta aquí o mellor do ano nas letras do país! A revista de literatura galega Fervenzas Literarias vén de facer públicos os resultados da enquisa na que, como cada ano o seu público escolle os que considera os mellores traballos do ano. A narrativa de Antón Riveiro Coello, a poesía de Manuel Rivas ou o teatro de Santiago Cortegoso son algunhas das obras recoñecidas nunha votación na que as lectoras e lectores decidiron, por cuarto ano consecutivo, distinguir a Praza Pública como mellor medio de comunicación. Asemade, a web Criticalia, sitio do crítico Armando Requeixo, integrado no Obradoiro de Praza, está tamén entre as galardoadas. Estas son as publicacións, persoas e entidades distinguidas en todas as categorías: Os mellores de 2015 Narrativa: Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. Poesía: A boca da terra, de Manuel Rivas. Ensaio e investigación: Historia da literatura infantil e xuvenil galega, de autoría colectiva. Teatro: Raclette, de Santiago Cortegoso. Banda deseñada: O bichero V, de Luís Davila Tradución de público adulto: A morte en Venecia, de Thomas Mann Literatura xuvenil: Europa Express, de Andrea Maceiras Literatura infantil: O meu pesadelo favorito, de María Solar Tradución infantil e xuvenil: O papiro do César, de René Goscinny. Autora do ano: Ledicia Costas. Ilustrador do ano: Xosé Cobas. Capa de adultos: O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Capa infantil e xuvenil: Lendo lendas, digo versos, de Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa e Xosé Cobas. Editorial: Xerais Crítico literario: Armando Requeixo O mellor acontecido: Culturgal O peor acontecido: O pasamento de varios escritores. Libraría: Couceiro. Medio de comunicación: Praza Pública Blog/web literaria: Criticalia |
NOS_23149 | María, cun fillo menor, perdeu hai oito meses a súa vivenda, despois de falecer o seu marido. Sen axudas das institucións, foi rescatada pola PAH Vigo-Tui cando estaba na rúa. | Poñamos que se chama María. Por medo, por vergoña, polo seu fillo de oito anos, pide non revelar a súa identidade. María é unha das miles de historias que non se explican nas estatísticas, que incluso as cuestionan. Os titulares dos últimos días anuncian unha caída dos despexos en Galiza. Pero María non aparece nos datos, non forma parte dos 1.507 lanzamentos por impago do aluguer que rexistraron os xulgados galegos o pasado ano. "Todo empezou hai oito meses cando perdín o meu marido nunhas circunstancias tristes, digámolo así. Quedamos nunha situación dramática. Non podíamos pagar o aluguer e tivemos que marchar do piso. Estabamos sen recursos, e así seguimos tras oito meses, nun punto morto", relata María. Deixou a vivenda, como moitas, en silencio, evitando un desaloxo forzoso. "Fun aos servizos sociais, empecei a moverme. E se fose por eles seguiría así". Solicitou unha pensión de viudade e orfandade. Foi denegada. "Alegan que non tiña cotizados 15 anos, pero teño papeis que din que cotizou 18 anos, 4 meses e un día". Aínda espera que o recurso se solucione. Críticas aos servizos sociais A María atopárona integrantes da PAH durmindo na estación de autobuses de Vigo. "Pasei dúas semanas alí, mentres o neno estaba en casa dun familiares", recorda. "As asistentas sociais pecháronme as portas. Negáronme todas as axudas, todo trabas. A súa única intención era quitarme o meu fillo, non buscar solucións". "Ti sabes o que é que un neno te diga: non Loli, non me compres iogures, que valen moitos cartos?", conta unha activista Ante a emerxencia, dous activistas ofreceron a súa vivenda para acollelos. "Se non fose por eles, o meu fillo non estaría aquí agora. E se non é por eles, tampouco se estarían axilizando as cousas. Hai un menor sufrindo as consecuencias de perder un pai, sufrindo as consecuencias de ver sufrir unha nai, e que non ten por que vivir nunha sociedade como a que vivimos. É tan inxusto", explica entre bágoas de dor e impotencia. "Ti sabes o que é que un neno te diga: non Loli, non me compres iogures, que valen moitos cartos?", conta con raiba a activista que os aloxa na súa casa. Hoxe, oito meses despois, e grazas ás xestións da plataforma, María comeza a ver unha fenda aberta. "Pero até que non o vexa, non o creo. Unha xa non sabe que esperar despois de pasar tantas cousas. É lamentábel chegar a un punto onde crean que todo se resolve cunha bolsa de comida". |
NOS_3190 | A novela gráfica, Ardalén, de Miguelanxo Prado, vén de ser recoñecida por un xurado de profesionais como Mellor Obra de Autor ESSpañol na XXXI edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O autor tardou nove anos en publicar esta novela que recibiu o Premio das Librarías Especializadas e que o próximo luns lanzará a súa segunda edición. | O premio do Salón Internacional do Cómic de Barcelona confirma a novela gráfica de Miguelanxo Prado como unha obra que consolida a súa xa exitosa traxectoria. No seu último álbum, o autor ofrece o que considera a súa obra de máis marcada referencia galega, co tema da memoria como trabe narrativa da novela. A obra foi publicada por El Patito Editorial, o selo de Genma Sesar e Fausto Isorna que creou unha colección para sacar do prelo a obra completa en galego do autor da Coruña. Director de Viñetas desde o Atlántico, o festival que inaugurou na Coruña en 1998, Miguelanxo Prado ten unha traxectoria de grandes sucesos no mundo da banda deseñada, con títulos de referencia como Trazos de xiz ou De profundis. |
PRAZA_3720 | O presidente da Xunta reitera no Parlamento que o seu Goberno afrontou a crise sanitaria con "anticipación" e cifra en 358 profesionais o persoal incorporado ao Sergas para afrontar a covid-19. Os grupos da oposición lembran os recortes sanitarios aplicados durante a anterior crise económica e reclaman preparar medidas para paliar os efectos da pandemia cando comece a remitir | Unha sesión parlamentaria inédita para abordar unha crise histórica que Galicia afronta cunha situación política e institucional nunca vivida en case catro décadas de autonomía. A Deputación Permanente do Parlamento, órgano que substitúe ao pleno en períodos inhábiles, reuniuse este xoves no hemiciclo do Pazo do Hórreo, o salón que en situacións ordinarias acolle os plenos, para garantir que os membros deste órgano podían asistir sen risco de contaxio á comparecencia do presidente da Xunta sobre a xestión do Goberno galego fronte ao coronavirus, a mesma que, a xuízo de Alberto Núñez Feijóo, está a causar "admiración".Hai apenas vinte días a Deputación Permanente reuniuse no seu formato habitual para tratar a infrutuosa petición de explicacións por parte da oposición sobre as relacións da Xunta coa mexicana Pemex. Todos os grupos despediran aquela sesión dando por sentado que era o derradeiro acto parlamentario da lexislatura. "Que gañe o que teña que gañar", rematara ironicamente o presidente, Miguel Santalices, a respecto das inminentes eleccións previstas para o 5 de abril. En ningunha intervención houbera, nin de lonxe, a máis mínima mención a ter que cancelar os comicios pola pandemia da covid-19 que naquela altura ecoaba dende a China.Pero, vinte días despois, o lexislativo galego reuniuse nesta situación excepcional. As eleccións do 5 de abril xa non existen e o Goberno da Xunta está en plenas funcións, pero cun Parlamento disolto. Por iso Feijóo compareceu ante a Deputación Permanente e só o fará se o PP o considera oportuno -os grupos non teñen capacidade para formularlle preguntas noutro caso- ata despois dos comicios sen data. Feijóo defende que o seu Goberno afrontou a crise sanitaria con "anticipación" e reiterou as críticas ao Executivo central polo fornecemento de material sanitarioNeste contexto, o titular da Xunta defendeu a "anticipación" coa que o seu Goberno, reiterou, afrontou a crise sanitaria. "Estamos xestionando con bastante admiración por parte da xente que sabe como funciona o sistema sanitario público" e tamén "os servizos sociais", así como das persoas que, dende outros territorios, dixo, "seguen o que se está a facer" en Galicia. Esa anticipación, reiterou, foi a que permitiu declarar a emerxencia sanitaria en Galicia antes de que o Goberno de España decretase o estado de alarma ou contar con material sanitario dabondo ante os primeiros contaxios.A Xunta cifra en 358 profesionais o persoal incorporado ao Sergas para afrontar a covid-19A cuestión do material, precisamente centrou as críticas ao Goberno central coas que Feijóo salferiu a súa intervención e as respostas aos grupos. "Dende o primeiro día manteño unha posición de lealdade" con relación ao Executivo que preside Pedro Sánchez e "se non se interpreta" así, "laméntoo". Pero, o certo, reiterou, é que "non acaba de chegar" o material sanitario que ao seu xuízo debera fornecer o Ministerio de Sanidade e por iso "estou discutindo a decisión de tentar centralizar" estas compras sen "ter suficiente loxística" para facelo. Así e todo, como nas súas comparecencias ante a prensa das últimas semanas, admitiu os atrancos que Estados de todo o mundo están a atopar no mercado global para adquirir máscaras, lentes sanitarias ou test para detectar o virus.Ante os grupos, Feijóo repasou as medidas xa anunciadas pola Xunta que, dixo, permiten incorporar ata "358 profesionais" adicionais ao Sergas para afrontar a pandemia ou, no eido económico, "paliar" os seus efectos con medidas como o adiamento no cobro de impostos. Prepararse para o día despois foi unha das reclamacións na que coincidiron as intervencións da oposición, en cuxo seo se estende o convencemento de que nos últimos días Feijóo agudizou en clave electoralista as súas discrepancias co Goberno central.A esquerda resalta que o virus amosa a "importancia" dos servizos públicosCaballero (PSdeG) pide "reorientar todos os fondos europeos que se poida" para paliar os efectos da pandemia"Gustaríame que teña razón cando di que Galicia se anticipou", retrucou a Feijóo o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, a cuxo xuízo o certo é que apenas "dúas semanas antes" de que a crise sanitaria fose evidente, "nin vostede, nin ningún de nós tivemos a capacidade de predicir o que ía acontecer". De calquera xeito, di Caballero, agora é o momento de "estar ao carón" da poboación que sofre, pero tamén de decatarse "da importancia do Estado do Benestar" e de preparar medidas para que "esta crise a poidamos gañar entre todos". Neste sentido, exemplificou, cumpriría que a Xunta pense xa en accións como "reorientar todos os fondos europeos que poidan reorientarse" para amortecer os efectos da pandemia no país.Sánchez (Común da Esquerda) reclama facer efectiva a intervención total da sanidade privadaPor parte de Común da Esquerda o seu voceiro, Antón Sánchez, considerou pertinente dar a "benvida" á "xustificación" de Feijóo a respecto das súas críticas políticas durante a crise, se ben "esa lealdade ten que ser recíproca". Alén disto, Sánchez cre que o Executivo amósase convencido de que "sairemos desta", pero non debera ser "como en 2008", en referencia á anterior crise económica. Por iso, advirte, a Xunta debería comezar por "abandonar os contratos lixo" na sanidade pública ou utilizar as atribucións que lle outorga o Estado de Alarma para "intervir" a sanidade privada por completo e non permitir "que nos cheguen noticias de que hai despedimentos ou se incita a xente a coller vacacións" neste tipo de centros sanitarios en plena crise da covid-19.Pontón (BNG) subliña a importancia de "pechar toda a actividade que non sexa esencial neste momento"Tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu de que o actual é "momento de sumar esforzos, para que canto antes poidamos ver a luz" e non "de pedir responsabilidades" ou acusacións por "non tomar medidas a tempo". Si o é, agregou a líder nacionalista, de formular propostas como "pechar toda a actividade que non sexa esencial neste momento" para así protexer o persoal de múltiples sectores non esenciais e evitar contaxios. Tamén, reclamou, de "realizar test masivos nas residencias" de maiores. Todas as medidas "contundentes" que adopte a Xunta para frear o virus terán o apoio do Bloque, resaltou Pontón, que convidou tamén o actual presidente a facer unha reflexión: "o mellor monumento ás vítimas é unha sanidade pública forte e libre de recortes". A necesidade de tirar unha lección contra "o desmantelamento dos servizos sociais e os recortes sanitarios" estivo igualmente no centro da intervención de Davide Rodríguez no nome do Grupo Mixto (En Marea). A sanidade pública galega, lembrou, padeceu un recorte acumulado duns 1.000 millóns de euros durante a anterior recesión e ese, sinalou ante Feijóo "non é un problema do Goberno central, é un problema de Galiza". |
NOS_17589 | A cuestión do idioma aglutina na Galiza unha colección de discursos, mobilizacións sociais e políticas lingüísticas que tratan de explicar, por xunto, a implantación ou a exclusión do galego en todos os ámbitos e idades da vida. 'Nós Diario' analiza a situación actual da lingua galega no marco dunha dependencia secular e dunha subordinación do galego ao español que non axuda a consolidar unha alta conciencia a respecto do propio idioma. | No capítulo seis da serie documental da Real Academia Galega (RAG) 'Xela Arias. A palabra esgazada', Víctor Freixanes, presidente da institución, sitúa a poeta, tradutora, editora e profesora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2021 na vangarda desa "xeración que nos anos 80 se incorpora con todo músculo vital e todo o entusiasmo a facer unha lingua moderna, a dialogar coa modernidade. Coa modernidade das novas tecnoloxías, das novas linguaxes, das novas expresións creativas" e capaz de conectar con todo ese universo "que hoxe, para min, é o gran desafío da lingua". "A lingua galega non é unha lingua do século XIII. É unha lingua do século XXI, e polo tanto ten que ser quen de conectar coas sensibilidades dese novo tempo", conclúe. Tamén cos falantes e con determinados ámbitos da vida onde o galego está practicamente ausente, segundo a experiencia de quen observa os progresos e as dificultades da lingua para crear vínculos máis sólidos e estábeis. O galego é unha lingua necesaria e onde debe reinar é na Galiza Para o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, neste proceso de conquista xoga a favor "o prestixio e a consideración que o pobo ten do noso idioma". Nos últimos anos, creceu, explica en conversa con Nós Diario. "Todo o mundo sabe que o galego é unha lingua apta para a vida pública" mais con escasa presenza en determinados contornos onde aínda non se fai valer, "o ámbito socioeconómico, o xudicial, o das forzas e corpos de seguridade do Estado que é onde se fixan os principais obxectivos". Aí, sinala, é onde máis cómpre traballar. Aí e ao carón das xeracións mozas. "Este non é un obxectivo novo, sempre o foi, sempre o é en calquera lingua, pero nós aí temos que mover moito as nosas accións políticas e sociais", afirma García, quen, en xeral, recoñece, "un déficit de dereitos" con respecto ao galego, non unha perda. O coñecemento do galego O avance da lingua entre a poboación máis nova é unha demanda incesante por parte do movemento social e cultural do país mais das entidades a prol do galego, que ligan directamente coa situación do idioma no ensino. "Se non se progresa neste ámbito limítanse moito os adiantos noutros", asevera Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. "E aí hai unha proposta enriba da mesa que é a única que cumpre con todos os requisitos legais que sinala a Carta Europea de Linguas Minorizadas e a propia xurisprudencia, que é a proposta de bases para a normalización do galego no ensino, promovida pola Mesa mais participada pola maior parte das entidades sindicais do ensino, os movementos de renovación pedagóxica e as Anpas, capaz de garantir o ensino en galego, que agora mesmo recibe o tratamento dunha lingua estratexia no seu propio territorio". Se non hai coñecemento do galego, afonda Maceira, a rapazada dificilmente o vai poder usar. "É evidente. E os últimos datos ofrecidos tanto polo Instituto Galego de Estatística como pola RAG son alarmantes: a porcentaxe de menores de 15 anos que di descoñecer o galego é a máis alta de toda a historia da lingua galega". E este descoñecemento, advirte, acelerouse nos últimos 10 anos como consecuencia do decreto do plurilingüismo "que ninguén apoia". Neste sentido, o profesor da USC e vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo, defende a necesidade dun "marco legal distinto xa que o actual non é beneficiosos para o galego. Non permite recuperar nin garantir a competencia do conxunto do alumnado en lingua galega". Os discursos catastróficos dificultan as perspectivas de futuro do idioma As conclusións do proxecto de avaliación da competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO que vén de presentar o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega apunta que o alumnado galegofalante domina galego e castelán, mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten unha escasa competencia en galego. O maior problema está no ámbito das cidades, sinala Monteagudo, e céntrase no ensino privado e concertado, que é "o que se revolveu contra o decreto do plurilingüismo e claramente non está a cumprir as obrigas que ten coa lingua galega". O galego fóra das aulas Porén, Henrique Monteagudo chama atención sobre a extensión do "sistema educativo fóra das aulas". Nos centros desenvólvense numerosas actividades deportivas, recreativas, formativas, comunitarias. "Aí é onde hai que poñer a énfase para darlle a oportunidade á rapazada de usar e estar en contacto co galego tamén fóra das aulas". E isto, di, implica a sociedade no seu conxunto e exixe unha "produción de contidos e produtos de lecer" que facilite o contacto, o uso e aprendizaxe do galego. Coincide con el o responsábel de Política Lingüística da Xunta que avoga por sumar as familias, o ocio, e as novas tecnoloxías ao galego. "Temos que colocar o noso idioma aí, ao mesmo nivel que outras linguas do mundo" como vía para acceder á xuventude, ás empresas, ao audiovisual e a todos os ámbitos onde o dixital é o futuro. Perspectivas de futuro A profesora da UCD María Pilar García Negro recoñece no momento actual un "comportamento abertamente contrario á normalización da lingua galega" por parte dos poderes públicos ademais dun "proceso de asimilación da lingua oficial do Estado español que non se detén" e que precisa "diques de contención". García Negro alenta "unha práctica do galego como lingua socialmente estendida e sobre todo como lingua pública, escrita e oral, visíbel e audíbel" no canto de manifestacións "por parte da oficialidade" que nin sequera gardan "respecto á legalidade mínima". "Non hai nada desde esta superioridade que anime ou que insinúe a idea de que o galego é unha lingua necesaria e de que onde o galego debe reinar é aquí, na Galiza". Non hai nada desde a oficialidade que anime ou que insinúe a idea de que o galego é unha lingua necesaria Tamén Monteagudo chama a crear "liderados" que concreten a "simpatía" que a xente sente pola lingua. "Liderados -políticos e sociais, nomeadamente dos medios de comunicación- que sinalen o camiño e sirvan de exemplo para transmisión interxeracional do galego e para consolidar o seu uso en determinados ámbitos". O profesor da USC mantén que "vimos dunha inercia histórica moi negativa" e sitúa o galego nunha "fase de estancamento resultado dunha deriva negativa". Con todo, desbota o discurso social alarmista. "Debemos fuxir de discursos triunfalistas, propagandísticos, que non responden á realidade, pero tampouco caer en discursos catastróficos, porque prexudican as perspectivas de futuro do idioma". García Negro chama os poderes públicos a volver á "legalidade mínima", a continuar a acción social pola lingua e a converter o galego nun "tema político primordial", outra cuestión coa que concorda o sociolingüista. "Debe ser unha cuestión política no sentido máis amplo e nobre da palabra. Non só cunha cuestión de partido ou de Goberno, senón unha cuestión de país". |
QUEPASA_88 | Non era a Mostra do Encaise, pero como se o fose, porque Camariñas enteira engalanouse o pasado venres para o seu Desfile de Outono do comercio local. Ademais, este luns, pechábase a edición do programa Camariñas con talento | Unhas 500 persoas, entre público e participantes, déronse cita no Pavillón Municipal, para ver a coleccións das 6 empresas locais. Nun ambiente decorado de Samaín estilo mexicano, os propios veciños fixeron de modelos de excepción. Algún ou algunha se cadra o veremos nos desfles da vindeira Mostra… A proposta municipal, que nace coa intención de promocionar o comercio local e dinamizar a economía, agradeceu a colaboración das firmas Kerubín, Oreiro, O Rincón de Chus, d'Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa. A degustación dun chocolate co churros de balde á disposición dos asistentes puxo o punto e final a este Desfile de Outono en Camariñas. 'Camariñas con Talento' Este luns 4 de novembro, celebrouse no IES Pedra da Aguia o acto de clausura de 'Camariñas con Talento', un programa organizado polo Concello de Camariñas e subvencionado pola Consellería de Política Social da Xuntade Galicia, para promover e capacitar o emprendemento na mocidade, vía imprescindible para reter o talentoxuvenil nas zonas rurais, e incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado máis novo. Un total de 95 persoas participaron nestas actividades. A totalidade delas valoraron positivamente as actividades e un 88% salientaron a súa alta satisfacción respecto ao programa. |
NOS_50210 | Nin o Alvaro Cunqueiro, nin o Manuel María nin o Barriga Verde. A Agadic paraliza os premios para textos teatrais que se comezaron a convocar hai máis de vinte anos e este ano non se publicará a convocatoria. | En febreiro saía publicada a resolución da XXI edición dos Premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, máis de vinte anos de historia dun galardón ao que logo se lle sumaron o Manuel María de Literatura dramática infantil, que leva sete edicións e o Barriga Verde de textos para títeres que ten no seu haber dez persoas gañadoras. Malia a súa xa tradición no calendario teatral e a repetición cada ano da convocatoria por volta de xuño, a Axencia Galega de Industrias Culturais paralizou a convocatoria que non sairá publicada neste ano. Desde Agadic explican que a falta de tempo é a razón para non convocar os premios polo retraso na toma de posesión do novo xerente Jacobo Sutil mais que o novo responsábel ten o tema sobre a súa mesa e pode ser que se retomen no próximo ano. Os premios a textos teatrais entraron desde a súa creación na programación anual da Consellaría de Cultura. Raul Dans con "Un mosquito de nome Henri" no Barriga Verde, Gustavo Pernas con Isobaras no Alvaro Cunqueiro son os últimos gañadores dunha convocatoria que Agadic paraliza. Roberto Vidal Bolaño, Euloxio Ruibal, Robero Salgueiro, Manuel Guede, Antón Lopo, Siro löpez, Alfonso Becerra, Raul Dans, Andrés Vila e Cid Cabido ou Teresa González Costa -única muller- son algúns dos nomes do palmarés do Alvaro Cunqueiro nas súas vinteunha edicións. Paula Carballeira, Xavier Lama, Neira Cruz, Teresa González Costa e Carlos Losada gañaron o Manuel María mentres que o Barriga Verde recaiu en autores como Neira Cruz, Inacio Vilariño, Begoña García, Breogán Ribeiro, Xosé Manuel Fernández, Celia Díaz, Gabriel Castilla ou Celestino Antelo. |
NOS_57702 | Outeiro de Rei acolleu a segunda edición do concurso de recitado Rosalia Sempre Viva. Centenares de persoas gozaron e reivindicaron cos versos de Manuel María e Rosalía | Outeiro amañeceu frío, con neve nos arredores e mainas folerpas a caer sobre a Casa de Hortas. Mais axiña a calor da poesía fixo derreter a neve e os falares da Coruña, de Sada, de Arousa e de Rianxo, de Lugo, de Vilalba e de Cervo, de Bande ... e así até o medio cento de centros de ensino que encheron o auditorio da Casa Museo Manuel María. Era o segundo ano que se celebraba o concurso. Dividido en catro categorías, para estudantes de infantil, primaria e secundaria, en sesións de mañá e tarde, un a un ou en grupo, mais de 150 participantes trouxeron até Outeiro poemas de Rosalía porque os de Manuel María xa estaban alí. De Manuel, os mais recitados foron os que reivindican un idioma de noso, seguidos dos dedicados a Saleta; de Rosalía, a emigración, a falta de xustiza social, a reivindicación da muller ocuparon os primeiros postos. Aplausos e nervios, algunha que outra repetición dun texto que o recitador, a recitadora, momentaneamente esqueceu pero ao que o xurado dá a oportunidade de relembrar con vigor. Aplausos e nervios, algunha que outra repetición dun texto que o recitador, a recitadora, momentaneamente esqueceu pero ao que o xurado dá a oportunidade de relembrar con vigor Recitados formalmente impecábeis, clásicos; algunha dramatización con nariz de pallaso incluído para ambientar máis un poema como o Circo. Unha Negra Sombra que alterna unha estrofa cantada con outra recitada na voz dunha moza que acaba levando mención de honra. Centros que xa participaran o ano pasado e outros, a maior parte, novos. Así estaba Outeiro, xa sen neve pero cheo de poesía. E chegan as 19 horas e 30 minutos. É o veredicto final para un xurado que o tivo moi difícil. Moito. Gañaron, na categoría 1 (Infantil, 1º e 2º de Primaria), o CPI de Xanceda (Mesía) cun recitado colectivo do poema O lobo de Manuel María; na categoría 2 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) Lucía Ónega Santos, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, co recitado do poema Galiza de Manuel María; na categoría 3 Irea Ferreiro López, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa co poema Por que? de Rosalía; e na categoría 4 (Bacharelato) María Camilla Beltrán Guzmán, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, co poema Verbas á miña nai de Manuel María. Unhas gañaron; outros non. Mais todas, todos se sentían partícipes dun acontemento único: en Outeiro quen goberna é a poesía. Ademais, o xurado outorgou catro mencións honoríficas: ao grupo de alumnas/os do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo poema O arco da vella de Manuel María, ao CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei polo recitado do poema A lúa de Manuel María, a Carmen Peñalver Dequit, alumna do IES Xoán Montes de Lugo, polo poema Fun o domingo de Rosalía e a Teresa Elvira López Martínez, do IES Aquis Querquenis de Bande, co poema Negra sombra de Rosalía. E o bon é que a organización anunciou a continuidade do concurso en 2017. Alá estaremos. |
NOS_41241 | Amplo rexeitamento de colectivos, asociacións e organizacións ás declaracións de Benigno López sobre a retirada da lei de Dependencia e defendendo os recortes de Xunta e goberno español | Seguramente el non o esperase, mais as súas declaracións sobre as políticas de recortes (son "imprescindíbeis, xustas e necesarias", dixo) e avogando pola suspensión da Lei da Dependencia sitúan a Benigno López no albo dunha vaga de reproches e críticas que parte dun sinfín de entidades, colectivos e organizacións. A propia vicevaledora segunda presentou a súa dimisión coma mostra contundente e palpábel do seu desacordo coas valoracións de López. Tan só o silencio da Xunta serve ao Valedor coma apoio. Desde a oposición pediuse a "dimisión inmediata" do Valedor porque "non é digno do pobo galego" (BNG) e afirmouse que "postos a recortar entre sanidade e o Valedor do Pobo, eu empezaría polo Valedor" (PSOE) Mais as críticas non viñeron só das organizacións políticas. O Colexio de Traballo Social de Galicia rexeita as declaracións do Valedor do Pobo, mentres que Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) esixe unha rectificación ante unhas afirmacións que considera "inaceptables". En senllos comunicados, ambos os dous colectivos reproban que López formulase, en comisión parlamentaria, que se "suspenda" a aplicación da Lei de Dependencia, ao argumentar que "naceu morta", debido ás dificultades que ten o seu desenvolvemento pola falta de recursos económicos. O Colexio de Traballo Social afirma "non entender" as declaracións pois "son totalmente contrarias" ás funcións do Valedor do Pobo "e supoñen unha negación do dereito subxectivo recoñecido pola Lei de Dependencia". Pola súa banda, Cogami mostra a súa "total repulsa" polo dito na Cámara autonómica e advirte un "feito sen precedentes" que "non se "pode consentir". "É inaceptable, cando precisamente acababa de presentar un informe que reflectía que en 2011 se recibiron un 9% máis de reclamacións sobre a aplicación da Lei de Dependencia, chegando ás 2.497", subliña a confederación. López, a través dun comunicado, puntualizou que cando aludiu en sede parlamentaria a "deixar en suspenso a aplicación" da Lei de Dependencia non pretendía reclamar que se suspendese a aplicación desta normativa, senón que quería "enumerar unha serie de hipótese de futuro" se prosegue a actual situación económica. |
NOS_26562 | Os traballadores da estiba do estado español están convocados a greves os días 20, 22 e 24 de febreiro. CIG, Coordinadora estatal de traballadores do Mar, CCOO, UXT chaman a secundar os paros. | Os portos galegos e do resto do estado español pararán, en días e horas alternas, do 20 ao 25 de febreiro. Os sindicatos chaman aos máis de 6.000 traballadores do sector (en Galiza, sumados os eventuais e das consignatarias, uns 400 operarios) a parar as horas impares comprendidas entre as 8:00 do día 20 e as 8:00 do 21, así como nas mesmas franxas do 22 e 23, e do 24 e 25. Unha mobilización convocada contra a pretensión do Ministerio de Fomento de impulsar un proxecto que implicaría, afirman, a extinción deste sector. Coa escusa de 'liberalizar' procúranse recortes salariais e converter postos indefinidos en precarios. Así, sinalan que a formulación do Ministerio abre as portas a un "despedimento xeralizado", intensificando a precarización laboral e salarial na estiba portuaria. A estratexia do Ministerio logrou "dinamitar" o proceso de negociación existente entre patronal e traballadores. O 'lobby' das principais consignatarias que operan no estado encargou un informe no que se recomendaba, entre outras medidas recortar un 60% o salario dos estibadores e abrir as portas ao que os afectados entenden que sería a "lei da selva" en canto a contratación. |
NOS_1998 | No semanario, que estará nos puntos de venda habituais este sábado, atoparás tamén unha entrevista á escritora Rosa Aneiros e unha reportaxe sobre o traballo dos arquitectos Óscar Fuertes Dopico e Iago Fernández Penedo. | Tes idea de visitar Cambados nas próximas semanas? Non podes perder unha visita, que vai camiño de ser obrigada cando se chega á vila, na que reparamos no novo número de Sermos Galiza. Pouco despois da estrea do Museo de Ramón Cabanillas, un espazo creado polo deseñador Pepe Barro, o xornalista Manuel Xestoso tivo oportunidade de falar con este último para coñecer máis polo miúdo algúns dos detalles nos que debes reparar cando vaias aló. En 'Ramón Cabanillas. Un museo luminoso' vas atopar unha fonda reflexión sobre o poeta, xornalista e galeguista -entre tantas outras facetas- a través do espazo promovido na súa honra. A reportaxe, como a galería, ten unha compoñente moi visual. Aliás, Barro avanza sobre que eixos se asenta a mostra e por que hai palabras como 'Sempre' distribuídas polo percorrido. A oferta literaria, pouco a pouco Mais Cabanillas non vai ser o único autor que teña espazo no suplemento, pois Montse Dopico entrevista Rosa Aneiros polo seu regreso á literatura para adultas despois de moitos anos ausente. A través de 'Rosa Aneiros. O peso da palabra', analizan a novela Sibila (Xerais) e que foi o que pasou nestes doce anos tras a saída do prelo de Sol de inverno. Falan do argumento da obra, na que unha científica atopa unha illa convertida en parque temático para turistas, e dos paralelismos coa realidade, sobre o exilio, o léxico, a muller ou as ditaduras. Pola súa banda, Iago Valverde dá conta do traballo dos arquitectos Óscar Fuertes Dopico e Iago Fernández Penedo no artigo 'Fuertes-Penedo. Tradición renovada'. Os técnicos explican que procuran integrar os coñecementos tradicionais nas súas ideas pero incluíndo a innovación tecnolóxica. Unha ampla recomendación cultural Como seguro que ficas con ganas de máis, o Colectivo Xea -Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo- pasean á túa par por 'Ortigueira, un litoral para gozar e aprender'. Na sección dedicada á crítica literaria vas atopar textos de Mario Regueira e Inma Otero Varela que debullan obras de Xosé Tomás e Ismael Ramos. No recuncho da música Fernando Montenegro achégate ao disco O Camiño, de David Regueiro Quartet, e Andrés Díaz Pazos repara nos 'Vilancicos galegos e América do sur'. Andrés Castro crea unha interesante escolma cinematográfica na que destaca o filme As cousas que dicimos, as cousas que facemos no que queda sobre a mesa o caos do amor. E antes ou despois de achegarse ás salas está a opción de seguir os pasos de Anxo Fole na cociña e preparar ensalada de cuscús, arroz negro con luriñas e unha boa sobremesa con sabor a limón. Para rematar, Xerardo R. Roca e Xoán Costa deixan un reto intelectual cos seus pasatempos. Queres acompañar a túa fin de semana con todos estes contidos? Procura o Sermos Galiza, que estará dispoñíbel este sábado co Nós Diario, nos quiosques ou na nosa loxa en liña. Para acelerar os trámites recomendamos facer a subscrición agora mesmo! |
NOS_48305 | A pasada terza feira era detido Roberto Martín, irmán do alcalde do Partido Popular de Sanxenxo, Telmo Martín. | A detención de Roberto Martín non sorprendeu no Salnés. Segundo sinalaron a Nós Diario diversos veciños da comarca, nos últimos tempos era rumor público a súa ligazón con actividades presuntamente ilícitas. Tanto é así, que o seu apresamento, a pasada terza feira, no marco dunha operación antidroga contra unha organización criminal internacional dedicada ao tráfico de haxix e cocaína non xerou sorpresa algunha. A falla de coñecer o sumario, diversas fontes policiais indicaron que mantivera varias reunións co líder da banda e nese sentido explicaron os rexistros en catro inmóbeis da súa propiedade en Vigo, Meis, A Toxa e Meaño. Roberto Martín Roberto Martín é irmán do alcalde Sanxenxo Telmo Martín. Telmo, un dos poucos rexedores que lle quedan ao PP na comarca e alcalde do seu municipio entre 1996 e 2007 e desde 2017 até hoxe pasa por ser un das persoas de referencia dos populares no Salnés. Ao tempo, está considerado como un home moi próximo ao propio Núñez Feixoo, que en 2012 perdoou unha multa de máis de tres millóns de euros á empresa construtora da que Telmo era socio por supostas irregularidades nunha edificación levanta nas proximidades da praia de Silgar en Sanxenxo. Neste sentido, explícase a súa promoción a deputado no Congreso de 2011 a 2015. A detención do irmán de Telmo Martín está a revivir vellas pantasmas da dereita no Salnés. A este respecto, na memoria da formación e da sociedade continúan aínda moi presente as vinculacións ao partido na comarca de nomes chaves do contrabando e do narcotráfico na Galiza. Un deles, Vicente Otero Terito, iniciado no contrabando nos tempos heroicos do estraperlo na década dos 40 aproveitando os seus bos contactos con Nicolás Franco, autentico poder real de Alianza Popular (AP) en Cambados, amigo persoal de Manuel Fraga, insignia de ouro e diamantes do partido polos servizos prestados, en febreiro de 2019 aínda aparecía como un dos propietarios da sé local do PP en Cambados. O caso Pablo Vioque O avogado estremeño Pablo Vioque foi outro dos pesos pesados da dereita na década dos oitenta. Residente en Vilagarcía de Arousa desde 1975, secretario da cámara de comercio, avogado dunha parte importante dos narcotraficantes e persoa activa no negocio, rematou condenado a 18 anos de cárcere, tras tentar introducir dúas toneladas de cocaína na Galiza. Ao tempo, desenvolveu un intensa actividade política como fundador de AP na cidade, peso pesado do aparato galego do partido na comarca e persoa de referencia na zona de José Luís Barreiro Rivas, o todopoderoso vicepresidente da Xunta de Albor e secretario xeral de Alianza Popular na Galiza. José Ramón Barral Nene era outro dos clásicos de AP e do PP na zona. Alcalde do concello de Ribadumia desde 1983 até 2001, dimitiu do seu cargo após ser detido nunha operación contra o contrabando do tabaco, estando considerado como o pai político do tantos anos presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán. Precisamente, Louzán resultou decisiva na recomposición do PP na Galiza após a derrota electoral de 2005, sendo un dos baluartes principais da candidatura de Núñez Feixoo ao liderado do PP, colocando a institución ao servizo dos intereses electorais do partido e tecendo unha poderosa rede de poder na súa circunscrición. |
NOS_36581 | Ana Pontón acusa ao presidente da Xunta de non ter superado "o trauma de non poder dar o salto a Madrid" e di que está actuando "como o tonto útil do PSOE". | "O adianto é un intento de colocar o debate de Galiza debaixo do que pasa no Estado indica que Feixoo non ten a cabeza aquí, que non superou o trauma de non poder dar o salto a Madrid", dixo Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG nunha comparecencia de prensa na que valorou o anuncio do goberno da Xunta de adiantar a data do debate do Estado da nación galega previsto para outubro. "É un xesto de infantilismo que deixa espido ao propio presidente do PP pois tenta esconder o seu balanzo detrás dunha posible nova convocatoria de eleccións consciente do fracaso da súa xestión. É unha mostra das súas propias debilidades", subliñou a líder nacionalista. Pontón avanzou que o BNG vai poñer "todo o seu empeño" en que no debate de política xeral "se fale dos problemas dos e das galegas", para demostrar que outra Galiza é posíbel "porque este país non precisa máis submisión senón máis Galiza e menos Madrid, un cambio desde a nosa realidade que nos permita acabar con esa dependencia". En relación á eventual repetición electoral, a portavoz nacionalista salientou que o Bloque "está preparado para saír a por todas e acabar co indignante ninguneo dos nosos intereses porque a insignificancia política á que as forzas estatais levan a Galiza pon en risco cuestións clave como o futuro da industria electrointensiva, acabar coa estafa da AP9, conseguir un financiamento xusto ou poñer solución a problemas ambientais como o saneamento integral das rías". |
NOS_16607 | De cando os animais cantaban é o primeiro traballo discográfico deste trío de música folque, aínda que previamente sacaron unha maqueta de oito temas chamada Acta Fundacional, un nome ben simpático. 3 Pesos está composto por Felisa Segade (voz e percusións tradicionais), Estevo Lamas (acordeón, voz e percusións tradicionais) e José Antonio Ferreira 'Pepe de Calo' (gaita, clarinete, voz e percusións tradicionais). | É moi curioso o modo que teñen de combinar os recursos, xa que o disco non se fai nada monótono. Estevo ten unha voz moi auténtica que casa á perfección coa forza e a pegada de Felisa, mesmo con pezas fermosísimas a dúo. De cando os animais cantaban / 3 Pesos / autoedición / 2020 / 12 pezas / 10 euros Hai partes máis modernas e outras máis fieis á tradición, unhas máis enérxicas e outras máis doces. Até hai un tema de composición propia. No comezo do disco atopamos unha peza de Toutón que reconverten en tango (pandeireta incluída, xa que fixeron arranxos específicos para as percusións), seguida polo tema "A miña María", no que só empregan percusións e as súas tres voces, por momentos de maneira case contrapuntística. E é que cando as e os músicos saben de onde parten, con ese grande amor e coñecemento pola tradición, poden despois facer e desfacer ao seu antollo as pezas, porque están tratadas co máximo respecto, e iso nótase na estética do traballo que fan. Penso que os e as integrantes de 3 Pesos empastan á perfección. Xa vira unha vez un concerto, nos seus comezos, e sorprendérame moito a presenza que tiñan sendo soamente tres persoas. Contan ademais o concepto no comezo do libreto: "nos tempos do alén, cando os animais falaban, as mulleres e os homes eran un máis no mundo dos paxaros. Voaban e cantaban ceibes e lucían traxes de plumas de mil cores. Co paso do tempo, dado que eran hábiles coas mans, créronse mellores que o resto e quixeron sometelos ós seus antollos". A historia continúa, pero vou deixar que a descubrades se mercades o CD. A fotografía é de Daniel Díaz e o deseño gráfico de Sergio Casas. As ilustracións, deste último, parécenme dunha sensibilidade artística brutal. Pero pola parte do deseño, fáiseme moi pouco práctico por ser demasiado escuro. Remato dicindo que a colaboración de Fani Otero resúltame fantástica. Desde que a escoitei no xa lendario Arrolos de Salitre quedei prendida dela! Parabéns por ter a coraxe de sacar un traballo neste ano terríbel e longa vida aos 3 Pesos! O da verdura non vén, no porteliño da horta, algún enrediño ten, miña nai, a pota ferve. Quen mas oe ben me entende, deume Deus habilidade pra comprar a quen me vende, eu cantar cántoche rabias. |
PRAZA_10385 | A nova rexedora socialista resalta a ruptura dun "teito de cristal" que supón a súa chegada á alcaldía e afirma que haberá "continuidade naquilo que se fixo ben" entre chamadas ao diálogo ás portas das negociacións para procurar maiorías de goberno | Ata agora só unha muller exercera a alcaldía da Coruña. Fora Berta Tapia, que exercera o cargo durante uns poucos meses na etapa da Transición, antes da constitución dos primeiros concellos democráticos tras a ditadura. Pero a cidade nunca tivera unha alcaldesa elixida democraticamente. A primeira é dende este sábado a socialista Inés Rey, que accedeu ao cargo cos votos dos 9 edís que obtivo o PSdeG nas eleccións municipais xunto aos 6 da Marea Atlántica e os 2 do BNG.Rey resalta a ruptura dun "teito de cristal" que supón a súa chegada á alcaldía e afirma que haberá "continuidade naquilo que se fixo ben"Cunha marxe ampla sobre a maioría absoluta -14 edís- para a investidura pero, cando menos de momento, sen acordos estables para gobernar, Rey aproveitou o seu primeiro discurso para apelar ao "entendemento" e ao "diálogo" entre os grupos da corporación no inicio do que define como unha "nova etapa" para a cidade. Di aspirar a que ese sexa un dos "legados" deste mandato no que, afirma, tamén existirá "continuidade naquilo que se fixo ben".Nun discurso bilingüe a nova rexedora coruñesa puxo o foco no feito de ser a primeira muller ao chegar ao cargo e na ruptura dun "teito de cristal" que esa circunstancia supón. Dende a Alcaldía, afirmou, seguirá o "exemplo" de referentes femininas da cidade como María Pita, Teresa Herrera, Concepción Arenal ou Elisa e Marcela, citou. Tamén, en clave de política contemporánea, citou como referente á falecida dirixente socialista Carme Chacón.O apoio ao persoal de empresas en dificultades como Alcoa ou Isowat figurou tamén nun discurso que, no que atinxe ao eido estritamente local, fixou como prioridades algunhas das que xa durante a campaña se presentaban como principais tarefas do goberno local que saíse das urnas, tales como "o desenvolvemento da fachada marítima" ou o "desbloqueo de infraestruturas" como a estación intermodal. Ambos proxectos, considera, contribuirán a "volver arrincar" unha cidade que tamén debe actuar como "motor económico" en Galicia, afirmou. "Quero que fagamos xuntos a cidade orgullosa de ser, de volver ser guía e faro de Galicia", enfatizou.A nova rexedora asegurou estar disposta a ser "a alcaldesa de todas e todos" sen "negar a evidencia da que me sinto orgullosa: son socialista"Comeza así un mandato no que Rey asegura estar disposta a "debater sen crispación" e a procurar "facer da diferenza, virtude" tanto no seo do Concello como con relación a outras institucións públicas. "Ser a alcaldesa de todas e todos" non implicará, non obstante, "negar unha evidencia da que me sinto orgullosa; son socialista, pertenzo a un partido con 140 anos de traxectoria que sempre estivo na primeira liña das conquistas sociais", resaltou.A investidura de Inés Rey foi saudada con aplausos polos membros do seu grupo e tamén polos da Marea Atlántica. Tamén por ex-rexedores como o actual delegado do Goberno central en Galicia, Javier Losada, Francisco Vázquez, Carlos Negreira e quen foi alcalde neste último mandato, Xulio Ferreiro, todos eles presentes no salón de plenos do Pazo de María Pita. A sesión finalizou coa interpretación do himno galego por parte do Coro Cantabile. |
NOS_21108 | Na súa vídeo-columna das segundas feiras, Carlos Callón analisa o "sacrificio" de Feijóo ao asumir un novo asalto á Xunta. | O previsíbel desenlace da reflexión de Alberto Núñez Feijóo sobre o seu inmediato futuro -verificada este sábado pasado ao anunciar que concorrería por terceira vez ás eleccións galegas- é o asunto sobre o que se debruza esta segunda feira Carlos Callón. Na súa vídeo-columna, Callón, que aposta en que o presidente da Xunta avanzará as eleccións, realiza un somero repaso pola xestión de Feijóo durante os seus 7 anos de goberno: "Se fose o directivo dunha empresa despediríamolo". |
NOS_51462 | Lago afirma que non se facilitan datos no Parlamento galego para salvagardar a confidencialidade dos proxectos candidatos. | Galiza comeza a sentar as bases da recuperación após a crise provocada pola pandemia da Covid-19. O Parlamento Galego acolle estes días unha comisión especial sobre a reactivación económica na que hoxe participaron, entre outras persoas expertas, o director do Foro Económico da Galiza (FEG), Santiago Lago, e o profesor da UDC e ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, que destacaron a anticipación do Goberno galego á hora de abordar esta cuestión. Durante a súa intervención, o director do Foro Económico sinalou, respecto desa "anticipación", que os informes do grupo de persoas expertas que lidera na Galiza foron os primeiros en falar dos proxectos tractores, antes incluso que no Estado español e na Unión Europea. A este respecto, Lago afirmou que os proxectos tractores serán chaves para o impulso económico, dada a súa "incidencia sobre o valor engadido e o emprego", á vez que avoga por que cada iniciativa conte cun comité especialista nese campo. Após as críticas da oposición sobre a opacidade dos proxectos galegos que optan a fondos europeos, Santiago Lago dixo que se necesita "confidencialidade" ao competir con outros, pero defende que o Parlamento galego tamén "se involucre" e "teña opinión" mentres se respecte ese compromiso de confidencialidade. Esta postura tivo resposta por parte dos grupos da oposición. Desde o BNG, a deputada Noa Presas agradeceu a Lago que defendese o papel das forzas políticas respecto dos proxectos tractores, debido á "distorsión" existente entre o coñecemento que teñen a Xunta e a oposición. Apunta que hai unha "escala de grises" entre "sabelo todo e non saber nada". Na mesma liña, o socialista Pablo Arangüena apunta a que "canta máis opacidade, menos transparencia, máis corrupción". Un 2021 incerto A intervención de Lago na comisión serviu tamén para debuxar o escenario ao que se enfronta o país nos próximos meses. Segundo o director do Foro Económico, "probabelmente" até o ano 2023 non se recuperará o nivel de crecemento do PIB de 2019. Após un terceiro trimestre de "rebote" na economía galega, augura caídas do PIB de novo en novembro e decembro. Dos tres escenarios previstos para 2020 polo Foro, indica que se está no nivel intermedio entre os máis positivos e negativos, polo que o retroceso ao final de ano pode alcanzar o 12,5%. Se se chega de novo ao confinamento domiciliario rexistraríanse "cifras terríbeis". Recoñece que existe unha "incerteza total" sobre o crecemento previsíbel do ano que vén. Considera que na Galiza se recuperará en 2021 "a metade ou pouco máis do que se perda este ano". "O que se nos vén enriba é dunha dimensión extraordinaria", avisa. Por iso, apela á "cooperación" ante un "desafío absolutamente monumental". Porén, Lago cre que agora é o momento de ser "ambiciosos" e ver esta situación como unha "oportunidade" de facer cousas que se tiñan que facer "hai 25 anos", e afrontar reformas de futuro como enerxía verde, alimentos de calidade, circularidade ou ecoloxía. "Todo iso é o noso", afirma o economista. A empresa no centro Após a súa intervención chegou a quenda do ex presidente González Laxe, quen defendeu que a recuperación ten que basearse na empresa, "que é a que xera emprego", pero analizando antes polo miúdo súa realidade. Nesta liña, apuntou que só 0,1% do total teñen máis de 250 persoas no seu cadro de persoal, mentres que 94% ten menos de cinco integrantes "e con ese perfil é difícil innovar". Laxe chamou a "aproveitar" os fondos europeos para adaptarse á nova realidade mudando o modelo produtivo da Galiza. "Non vale o que tiñamos de antes porque aínda presentamos certas deficiencias", dixo en alusión ao tamaño medio das firmas galegas, ao seu nivel tecnolóxico e de formación e ao patrón de especialización en industrias "maduras", no canto das emerxentes. Cre que Galiza debe crear unha imaxe de marca propia e obrigar as empresas a ter laboratorios de I+D, incidindo na idea de que son elas as que nos poden sacar da crise que se aveciña. |
NOS_12796 | FCC, OHL e ACS contribuíron ao financiamento irregular do PPdeG. Así o recolle esta sexta feira o diario El País. O rotativo madrileño asegura que Bárcenas ocultou estas doazóns realizadas en 2005 polas empresas de construción á campaña electoral de Fraga | Os pagamentos foron anotados como "doazóns anónimas" polo ex-tesoureiro do Partido Popular. No entanto, Luis Bárcenas confirmou perante o xuíz Ruz que as construtoras FCC, OHL e ACS --contratistas da administración-- entregaran importantes contías de diñeiro á campaña electoral de Manuel Fraga en 2005. Iso é o que se tira da información que publica El País esta sexta feira. Segundo o xornal español, Barcenas revelou na súa declaración que as empresas construtoras pagaran ao PPdeG importantes cantidades de diñeiro. "OHL: 300.000 euros en campaña, ACS: comprometeuse a 1 millón de euros" mais segundo o ex-tesoureiro só entregaría finalmente 30.000€. "FCC daba 50.000 euros ao mes" e, continúa o diario en relación ás declaracións de Bárcenas, "vai dar [FCC] 12.000 euros ao mes máis a axuda de campaña". O PPdeG era unha das maiores fontes de ingresos --segundo os papeis de Bárcenas-- para a sede madrileña. Ao igual que aconteceu con outras empresas que entregaron doazóns opacas ao Partido Popular da Galiza, ACS, OHL e FCC incorrerían nunha ilegalidade --como tamén o propio partido-- ao vulneraren a lei de financiamento. A lexislación vixente prohíbe ás organizacións políticas recibir doazóns de empresas concesionarias dalgún contrato coa administración pública. ACS, OHL e FCC percibían milleiros de euros en contratos de obra pública. |
NOS_6411 | Educación e Arelas presentaron un documento co que "garantir a igualdade de trato" e "combater a discriminación por razóns de identidade afectivo-sexual", nomeadamente das persoas trans. | Esta terza feira (3 de maio) a Consellaría de Educación presentou publicamente nun acto decorrido na Cidade da Cultura o 'Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero', un documento que se entregará aos centros educativos de Galiza e que visa ser unha "ferramenta de traballo" a prol dunha "escola inclusiva" asentada no respeito á diversidade. A transexualidade non é unha condición caprichosa nen un trastorno mental senón unha condición coa que se nace e que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio O texto foi redactado pola administración coa colaboración de Arelas, a asociación de familias de crianzas trans, cuxa presidenta, Cristina Palacios, participou tamén no acto de presentación. Neste senso, embora o protocolo estexa dirixido ao conxunto do alumnado presta especial atención ás persoas transexuais, aquelas cuxa identidade de xénero non se corresponde coa identidade rexistral. Unha "condición", sinalan, que "non é deliberada ou caprichosa" como "tampouco é un trastorno mental nin do comportamento", senón "unha condición coa que se nace, que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio, pola que o sexo sentido ou psicolóxico, que é o que realmente determina a identidade, non coincide co fisiolóxico ou aparente". Medidas de actuación O protocolo, enmarcado na Estratexia educativa 2015-2020 da Xunta de Galiza e na Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa, inclúe unha serie de medidas e actuacións a levar a cabo após algunha alumna ou alumno comunicar "por escrito" unha "identidade de xénero diferente" daquela que lle foi asignada ao nacer. O protocolo inclúe unha serie de actuacións a desenvolver cando unha persoa manifeste unha identidade de xénero distinta á que lle foi atribuída ao nacer Entre elas, dirixirse a esa persoa polo nome acordado entre a equipa docente, o departamento de orientación e a propia persoa ou representantes legais. O nome manterase de igual maneira na documentación do centro e todos os pronunciamentos que non posúan efectos xurídicos ou administrativos até non se producir unha mudanza legal da identidade rexistrada. Cumpre lembrar que Galiza é un dos territorios que máis ten avanzado neste senso téndose rexistrado numerosas sentenzas favorábeis a menores trans, entre elas Sara, a filla de Cristina Palacios, a primeira do país. Así mesmo, o protocolo sinala que deberá "facilitarse ao/á alumno/a o acceso aos vestiarios e aseos correspondentes ao xénero co que se sente identificado cando existan unicamente espazos diferenciados" garantindo, aliás, "o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir como en calquera outro aspecto". Formación e prevención O texto prevé asemade medidas de información e formación entre a comunidade educativa á fin de concienciar en materia de identidades de xénero e diversidade sexual disponibilizando nas bibliotecas dos centros "un catálogo de libros, manuais e material audiovisual que inclúa a temática da diversidade sexual, que se adecúen á finalidade do respecto e a dignidade para a ampla diversidade que existe dentro do seo da condición humana". Arelas sinala que é un primeiro chanzo mais que son precisas máis actuacións entre elas incorporar a diversidade sexual e de xénero nos currículos académicos Finalmente, tamén prevé a elaboración de medidas de prevención, detección e intervención perante posíbeis casos de discriminación, acoso escolar, violencia machista ou maltrato infantil por identidade de xénero. Resta traballo por facer Durante a presentación do protocolo Cristina Palacios sinalou que esté é "só o comezo" do que hai que facer para garantir a "felicidade" das crianzas trans fronte ás "barreiras mentais" que existen na sociedade polo que defendeu o seu "dereito" a que a diversidade sexual estexa recollida nos currículos escolares. "Somos conscientes de que queda moito por facer", apuntou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen recoñeceu a existencia dalgunhas "lagoas" no propio documento mais subliñou que con esta primeira ferramenta de traballo "fíxose moito". |
NOS_896 | O aumento exponencial de ERTE na Galiza estes días colapsou as xestorías do país. Moitos despachos non mantiveran contacto con estes expedientes que agora teñen que aplicar a todo tipo de empresas e comercios. Isto a poucos días de iniciarse o prazo para que autónomas e autónomos presenten, no medio do estado de alerta, os impostos do primeiro trimestre. | Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentados polas empresas galegas durante o estado de alarma seguen aumentando. Segundo datos da Consellaría de Economía, Emprego e Industria na actualidade son 13.976, cun total de 71.084 traballadoras e traballadores afectados. Desde o Colexio Oficial de xestoras e xestores da Galiza alertan de que estes días as xestorías están desbordadas e con moitos problemas para realizar o seu traballo. Case 600 despachos de xestión están colexiados na Galiza e atenden todo tipo de solicitudes da súa clientela. "Desde a pasada segunda feira estamos desbordadas presentando ERTE", explica a Nós Diario Pilar Otero, presidenta deste organismo, "empresarias e autónomas tiveron que pechar e acollerse a estas medidas para paliar a súa situación económica". Os outros ERTE A casuística de empresas é moi diferente aínda que a maior parte son de tamaño pequeno ou mediano cunha gran cantidade de comercios. Para acollerse aos ERTE que anunciou o Goberno español, teñen que estar obrigados a pechar e en moitos casos, como as ópticas ou as profesionais da saúde, non é así. "Asesoramos a cada cliente da súa circunstancia particular sobre as medidas económicas, sobre a situación fiscal, traballando nunhas circunstancias excepcionais", relata Otero. Nestas novas circunstancias excepcionais para moitas xestorías as tramitacións non son as habituais. É o caso dos ERTE. "Para moitas é a primeira vez que realizamos un", explica Rocío da Igrexa que conta cunha xestoría en Cerceda, "é unha figura que está pensada para empresas que teñen un nivel máis elevado de persoal e que xa teñen o seu propio asesoramento interno". Explica a Nós Diario que os ERTE que fixo até agora eran por causa maior, a maior parte da hostalaría, o sector cultural e salóns de peiteado que tiveron que pechar o pasado 14 de marzo. "Empresas de entre unha e tres persoas contratadas", sinala, "e acolléronse ao ERTE para que durante o tempo que dure a alerta sexa o Estado quen lles pague a nómina, mais a cotización co compromiso de que non van destruír eses postos de traballo nos seis meses seguintes", engade. Insiste en deixar claro que son pequenas empresas que levan moitos anos e non teñen intención de deixar a súa actividade. "A normativa legal é a mesma para Amancio Ortega que para min ou para as miñas clientas", asegura. E estes días a presión é moita con casos moi extremos. "O outro día chamoume unha clienta miña de Culleredo que me dicía, chorando, como faría coas cotas, co alugueiro e coa súa empregada", explica. Prazos imposíbeis A angustia de poder xestionar a morea de tramitacións polo estado de alarma ten nos vindeiros días outro problema máis. "A liquidación dos impostos do primeiro trimestre das persoas autónomas é de 1 a 20 de abril, e temos o estado de alarma até o 15 de abril", asegura Rocío da Igrexa. Explica que hai xente que pode adiantar documentación por vía telemática, mais outra non o pode facer por non contar cos medios na súa casa ou mesmo no seu negocio. Desde o Colexio Oficial xa fixeron unha petición ao Goberno español para que procure unha solución a esta situación e aínda non obtiveron resposta. "Entendemos que nestas circunstancias será case imposíbel que esas obrigas fiscais se cumpran con normalidade", indica a súa presidenta, "nós que confeccionamos esas declaracións sabemos as dificultades que teñen e non podemos contar na actualidade coa documentación a través de medios telemáticos". Esta situación límite, se non se pon remedio, aseguran que levará a trasladar fisicamente todo primeiro á xestoría e despois ás oficinas bancarias, co perigo que supón estes desprazamentos para a poboación. |
PRAZA_9946 | Unha crise cuxo dimensión i extensión esixiría dos poderes públicos actuar decidida e rapidamente antes de sexa demasiado tarde. Algo que non parece moi probable visto o resultado que vaticinan a maioría das enquisas para as eleccións xerais do 28 de abril. | Un dos sectores mais castigados polas políticas de austeridade é, sen dúbidas, o do comercio polo miúdo. A forte caída do consumo interno, o endurecemento da política credticia polos bancos, a fortisima competencia das grandes areas comerciais, algunhas moi agresivas, e a falta de visión de moitos gobernos municipais, especialmente das grandes e medias vilas, tiveron un enorme impacto negativo sobre o comercio polo miudo. Factores todos derivados tanto da mundialización neoliberal como das políticas chamadas austericidas (axuste fiscal compulsivo, e rebaixa salarial) que gobernos como os de Galicia e España adoptaron coa devoción e a fé dos crentes fanáticos. Os informes mais solventes e fiables confirman este dévalo do comercio galego polo miúdo. "En Galicia, segundo o directorio central de empresas, entre 2010 e 2017 perdéronse o 9,2% do total dos locais comerciais destinados ao comercio polo miúdo, o que está afectando a fisonomía das nosas cidades e vilas. Neste curto período de tempo pecháronse un terzo dos establecementos comerciais non especializados e a cuarta parte das tendas que distribuían equipos para as tecnoloxías da información e as comunicacións en establecementos especializados. As perdas de locais que distribúen artigos de uso doméstico en establecementos especializados descenderon case un 13%, mentres que pola contra aumentaron aínda que levemente os locais especializados en produtos de alimentación, bebidas e tabaco, e tamén os comercios especializados en artigos de automoción". (A Economia Galega. Informe 2017. A fundación). Nesta grande crise conflúen varios factores. Uns ligados a grande recesión última, outros a mundialización neoliberal, pero todos moi relacionados entre si por gallo das políticas austericidas. A grande crise do comercio polo miúdo víuse inicialmente provocada por unha forte caída da demanda interna, e mais en concreto do consumo. Con menos e mais precarios empregos, con rebaixas salariais e sen apenas aforros polo forte endebedamento, o consumo das familias se resinte. E si se resinte o consumo caen as vendas, e medran as débedas dunha actividade que depende moito do gasto que realicen as familias pois non acuden, ou fano en moi pequena escala, ao comercio exterior. En segundo lugar o endurecemento da política crediticia por parte duns bancos mais interesados en tapalos seus buratos e en apostar na economía especulativa que en investir na economia produtiva o que tamén afecta a un comercio polo miúdo precisado de liquidez para financiar o seu circulante. Non cabe dúbidas de que a desfeita das caixas galegas de aforros minguou enormemente a oferta de crédito ao comercio polo miúdo e as pemes. As políticas tributarias neoliberais, que poñen o acento nos impostos indirectos –como, por caso, o IVE- afectan as ventas e ao consumo con maior virulencia nos pequenos negocios por razóns obvias. O mesmo sucede coa suba nos prezos de servicios fundamentais (enerxía, luz, teléfono, seguros..) que disparan os custos básicos.Coa mundialización neoliberal e o empuxe do libre comercio favoreceuse o auxe das grande áreas, que en moitos casos vai xunguido aos crecementos urbanos Uns centros de venda e distribución que practican unhas políticas comerciais moi agresivas e de competencia desleal como por caso coas súas ofertas de grandes rebaixas todo ano e con horarios e xornadas sen limítes. O grande desenrolo das novas tecnoloxías de información e comunicación (NTIC) dispara o crecemento da venta online que practica unha política comercial tamén moi agresiva con uns prezos mais competitivos e prácticas de dumping.Si se analiza con detalle todos e cada un dos factores citados verase que, como sinalaba, están íntimamente ligados as políticas neoliberais que se veñen aplicando moi especialmente dende que estourara a crise financeira (2008) e que están na raiz da grande recesión última. As políticas laborais, fiscais, monetarias e comerciais neoliberais golpean con dureza ao comercio polo miúdo e Galicia non é, todo o contrario, unha excepción. Carente de políticas públicas de apoio ao comercio polo miudo e con un sector escasamente revindicativo a crise resultaba inevitable. Esta crise é tamén unha manifestación mais do abismo que a mundialización neoliberal está creando entre as grandes unidades económicas (bancos, empresas, comercios) e as pequenas e medianas. Un abismo que supón que mentres as pequenas viven cada vez pior, senón desaparecen de seu, as grandes amasan fortunas escandalosas. Un abismo que é impulsado, repito, polas políticas públicas neoliberais que, no caso de Galicia, aplica a Xunta de Galicia con indiscutible entusiasmo.Unha crise que tamén afecta, como resulta lóxico, aos consumidores especialmente aos de rendas medias e baixas. Afecta na oferta tanto no produto como nos prezos e, en moitos casos, na calidade. Afecta as condicións laborais dos traballadores xa que as grandes áreas comerciais son pioneiras na precarización e a pobreza laboral. E, finalmente, afecta aos hábitos de consumo de moitas familias que se ven arrastradas pola cultura da "grande área comercial".O comercio polo miúdo sempre desempeñou un papel moi relevante tanto na economía como na sociedade galegas. Por esta razón a súa crise toma unha dimensión social indiscutible moi especialmente nos núcleos medios e pequenos que son maioría en Galicia e onde a habitabilidade vese afectada pola crise deste sector.Unha crise cuxo dimensión i extensión esixiría dos poderes públicos actuar decidida e rapidamente antes de sexa demasiado tarde. Algo que non parece moi probable visto o resultado que vaticinan a maioría das enquisas para as eleccións xerais do 28 de abril. |
NOS_34159 | A cámara aprobou unha proposición para incluír na constitución gala a posibilidade de ratificar a Carta europea de linguas rexionais e minoriotarias (Celrm), o que permitiría abrir a porta á idiomas coma o bretón, o euskara ou o corso, entre outros. Mais queda moito camiño por percorrer para atinxir isto. | Na campaña electoral de 2012 o candidato socialista poñía como compromiso electoral a ratificación da Carta Europea das Linguas (Celrm). Un documento que fora asinado en 1999 por outro socialista, Lionel Jospin mais que está pendente de ratificación. Cuestión que non é menor nun país cun centralismo xacobino e republicano como Francia. Ratificar esta carta obriga a unha serie de medidas e actuacións de recoñecemento e protección de idiomas propios dos territorios baixo administración de Paris. Por exemplo: bretón, euskera, corso, catalán, alsaciano... E é máis: convertiría esas linguas en oficias nos seus respectivos territorios, somo apunta Nationalia. De feito, e a finais de 2012, a Comisión de leis constitucionais de Francia advertía que para ratificar a Celrm era preciso modificar a constitución. E para iso é mester tres quintas partes dos parlamentarios franceses. Nestes días a Asemblea Nacional votou unha proposición non de lei para abir as portas ao longo camiño de recoñecer o plurilingüismo. 361 deputad@s votaron a favor por 149 en contra. A grandes rasgos, a esquerda votou favorabelmente mentres a dereita escolleu oporse. Porén, houbo parlamentares de dereita bretóns e alsacianos que non seguiron a disciplina de voto e apoiaron a proposición. Senado Esta proposición pasa agora ao Senado. De pasar tamén esta peneira, o goberno terá entón a posibilidade de asumila e, se así quixer, reelaborala, modoficala, acrescentala, enrioquecela, recortala... e o resultado diso someterase á aprobación do Parlamento franc´ñes reunido en congreso (é dicer, Asemblea Nacional máis Senado). Será entón cando esa maioría de 3/5 se fará imprescindíbel. E de se aprobar finalmente na cámara a proposta, esta non será de obrigado cumprimento para o executivo francés. É máis, a propia ministra de Cultura, Aurélie Filippetti , recordaba que Francia só asina 39 das 98 medidas incluídas no texto. Así pois, os primeiros pasos para o recoñecemento do plurilingüismo en Francia están a darse, mais o camiño é, advirten defensores dos idiomas minoritarios, moi longo e tortuoso, con dificultades e que requerirá paciencia, habilidade e grandes doses de diálogo |
NOS_46139 | Denúnciao a Asociación de Pacientes do complexo hospitalario compostelán, que engade que perto de 40 doentes, "con ingresos asinados", agardaban o traslado a planta ocupando as zonas de traballo do persoal. | Continúan as queixas e protestas polo "colapso" e "saturación" de servizos de Urxencias de hospitais galegos. Desta vez a través da asociación da pacientes do HUS e sobre o servizo deste hospital da capital galega,. "O 8 de xaneiro de 2020, ás 19:50 horas, 18 pacientes graves agardaban a ser atendidos, en padiolas e cadeiras de rodas, nos corredores de acceso dos servizos de urxencias do CHUS, soportando un dano moral e físico que non están obrigados a padecer. Mentres tanto, nada mais e nada menos que 38 pacientes, con ingresos asinados, agardaban o traslado a planta ocupando as zonas de traballo nas que deberan ser atendidos os pacientes do corredor". Así describe este colectivo a situación que se vivía en Urxencias. Para este colectivo, a xerencia do CHUS e o Sergas, "con absoluto descaro e desvergonza", afirman que as nosas denuncias son falsas "a pesares das innumerábeis probas gráficas e de testemuños de pacientes que se viron na desagradable e indigna situación de ter que soportar o trato recibido no servizo". Os servizos de urxencias do CHUS, afirma a asociación de pacientes, levan anos sendo unha "trituradora asistencial" para pacientes e persoas usuarias, o que atribúen á falla dos medios materiais e humanos necesarios en todas as especialidades do clínico e nos servizos de atención primaria. |
PRAZA_15074 | Acaba de saír do prelo Tigres de ternura / Tender Tigers, edición bilingüe anglogalega do poemario de Rodríguez Fer que vira luz por vez primeira en 1981 e fora entón distinguido co Premio da Crítica | A querenza da ensaísta e tradutora Kathleen March pola obra do poeta Claudio Rodríguez Fer vén de vello. Dende que no recuado 1984 —e van alá xa case trinta anos— redactara a voz sobre a biobibliografía do escritor para a Gran Enciclopedia Gallega ata hoxe moitas teñen sido as publicacións que a este dedicou. Entre elas hai que recordar a tradución do seu relato "A illa de asfalto" para a escolma An Anthology of Galician Short Stories. Así vai o conto (1991), do poema "Alén" para a revista do Galician Institute (1995) e de "Novela de náufragos" na Asheville Poetry Review (1997). Máis aínda, estreitando os lazos literarios entrambos, hai un tempo que se publicou Entre dúas aguas (2003), interesante plaquette onde a canda diversas composicións de Rodríguez Fer traducidas por March se inclúen tamén varios outros textos dela mesma. Pois ben, proseguindo con esta liña acaba de saír do prelo Tigres de ternura / Tender Tigers, edición bilingüe anglogalega do poemario de Rodríguez Fer que vira luz por vez primeira en 1981 e fora entón distinguido co Premio da Crítica. O poemario de Rodríguez Fer que vira luz por vez primeira en 1981 e fora entón distinguido co Premio da Crítica Esta nova edición traducida por March reproduce o breve prólogo da edición orixinal, ao que anteceden unhas palabras limiares da tradutora, e remata cunha sinopse curricular do poeta na que se dá conta dos títulos en volume escritos ata o de agora por Rodríguez Fer, que xa superan a vintena. A maiores, o libro enriquécese coa inserción de valiosos debuxos de Kimberleigh Martul-March, a meritoria artista plástica filla da tradutora, quen logra aquí condensar en imaxes tan intenso coma vital territorio poético. Como era de agardar en quen dende hai décadas tan ben coñece a obra do lugués e quen é, a non dubidalo, unha das nosas mellores tradutoras á lingua de Whitman, as versións dos poemas ofrecidos por March son modélicas tanto polo extremo respecto ao espírito e, en grande medida, á letra dos textos de partida como, sobre todo, pola admirable pericia de salvar na translación escolios semánticos, fraseolóxicos e mesmo de horizonte cultural que non eran nada doados de traducir. Ler os Tender Tigers versionados por March é asistir á ledicia de revivir todo o ludismo e erotismo, toda a vangarda e pulo libertario que caracteriza os versos galegos de Rodríguez Fer nun idioma outro, o que non é logro menor. Ler os Tender Tigers versionados por March é asistir á ledicia de revivir todo o ludismo e erotismo, toda a vangarda e pulo libertario que caracteriza os versos galegos de Rodríguez Fer Non sei que lle deparará Fortuna a este Tigres de ternura / Tender Tigers entre o lectorado en lingua inglesa, pois descoñezo se Toxosoutos —a casa editora deste sobresaínte título— ten distribución efectiva nos países nos que tal fala é propia. Intúo que ese mercado chegará ao libro maioritariamente baixo pedimento on line. Mais, sexa como for, tan só polo feito de poder acceder doadamente a unha nova edición do poemario que levaba anos sen reeditarse entre nós de xeito exento, xa paga a pena esta publicación, pola que hai que parabenizar a Kathleen March, profesora estadounidense que tanto deixa feito polas letras de noso en lonxincuas terras. |
NOS_54957 | O Comité nacional do PSdeG debaterá sobre o futuro da organización. Algúns membros da dirección do partido poderían exixir a dimisión de Pachi Vázquez após os resultados electorais e que unha xestora asumise o mando até o congreso extraordinário de 2013. | Após os resultados electorais obtidos o 21-O, en que o PSOE perdeu sete representantes no Parlamento galego –retrocedendo até o número de apoios que posuía en 1981-- @s socialistas reúnen este sábado o seu máximo órgano de decisión para abordar o seu futuro inmediato. Neste senso, malia que a executiva nacional do partido decidira, por unanimidade, o mantemento de Pachi Vázquez como líder da formación até se celebrar un congreso extraordinario en 2013; diversas fontes apuntan cara a posibilidade dun cambio de rumbo, pois algúns dos membros da dirección do PSdeG poderían demandar a dimisión de Vázquez e que se sitúe á fronte da organización unha xestora conformada polos secretarios comarcais. Fontes da dirección aseguran que poderían demandar a dimisión de Vázquez e a creación dunha xestora No entanto, o Comité nacional, ten como principal obxecto acordar entre @s súas/seus participantes, as datas do calendario congresual e marcaren os tempos do "proceso de reflexión" anunciado pouco despois da debacle electoral. Voces críticas piden un cambio Entre as facianas máis visíbeis d@s socialistas atópanse diversas voces que apuntarían cara a introdución de profundos cambios organizativos. Ao igual que xa fixera o exvoceiro parlamentar, Ismael Rego, quen aseguraba que Vazquez debería demitir para favorecer unha revogación no partido; Francisco Caamaño, que encabezaba a listaxe electoral pola Coruña e podería apuntar como un dos nomes fortes no Congreso de 2013, tamén asegurou que Pachi Vázquez non debería ser voceiro de grupo no Parlamento –algo que xa se resolveu esta mesma semana ao se presentar a Abel Losada como tal. Así mesmo, algúns medios de comunicación aseguraron ao longo dos últimos días que as persoas que integran o Comité nacional do PSdeG, mesmo poderían pedir que se convocaran primarias abertas ou un Congreso ordinario que permitise avaliar máis polo miúdo a realidade que está a vivir o partido. Porén, non todo serian sombras para Vázquez, que gozaría do apoio, entre outros, do alcalde de Lugo, López Orozco ou mesmo José Blanco –que, no entanto, poderían estar a cavilar na posibilidade de conformaren unha outra opción para a dirección da formación, mais que agardaría a ser presentada de acordo cos prazos marcados de antemán e sen apurar a dimisión do aínda secretario xeral. |
NOS_26945 | O 1 de outubro de 2017 a política catalá quedou marcada para sempre. Dunha banda, pola acción cívica das persoas –que foron votar asumindo riscos e organizándose desde a base–. Da outra, polo uso da violencia por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado, que centraron as súas iras na cidadanía catalá que se mobilizou ao berro de A por eles. Aquel mes de outubro Catalunya camiñou polo fío da navalla, a cabalo da declaración de independencia e da suspensión da autonomía a través da aplicación do artigo 155 da Constitución española. Finalmente impúxose a axenda represiva por parte do Estado español, coa inmediata consecuencia de cárcere, exilio e suspensión da autonomía. Eis a análise de Silvio Falcón, profesor da Universitat de Barcelona publicada no número 366 do semanario en papel Sermos Galiza. | A suspensión da autonomía catalá foi efectiva ata a configuración do actual Goberno catalán (constituído o 29 de maio de 2018), meses máis tarde da celebración das eleccións autonómicas. Aínda así, o artigo 155 pasou de ser considerado unha medida extraordinaria, reservada para ocasións extremas –unha sorte de botón nuclear–, a converterse nunha proposta electoral aceptábel e ordinaria nos programas do PP e Ciudadanos. Nese sentido, as tres patas de represión seguen vivas no momento actual. O Goberno de Torra foi unha viaxe transicional entre a vontade de ir máis aló e a constatación dos límites que lle impón a realidade ao movemento independentista. O momentum se cadra xa pasou, e a sobrexesticulación pode facer rexurdir puntualmente a mobilización colectiva, pero tende a xerar frustración a curto ou medio prazo pola súa falta de resultados. É dicir, abusar dos días históricos e das manifestacións imprescindíbeis nun contexto de represión e de avance do inimigo é o mellor aliado da desafección independentista. Dúas correntes Neste tempo, o independentismo aliñouse baixo dúas correntes básicas. O "lexitimismo", que reivindica basicamente o mandato político do referendo do primeiro de outubro e a vixencia do goberno da Generalitat destituído. Este movemento defende que o pobo catalán xa decidiu, e que debe facer efectiva a independencia o antes posíbel. Nesa liña, a realización dun referendo vinculante ou a negociación co Estado non ten sentido. A vía lexitimista deteriorouse estratexicamente durante os últimos dous anos; mesmo as CUP e JxCat –defensoras en primeira instancia desta vía– recompuxeron o seu discurso para acabar pedindo diálogo, negociación e amnistía para os presos. A outra liña estratéxica do independentismo catalán caracterízase por unha aproximación máis pragmática. Os que a defenden propoñen diálogo e negociación co Estado, exixen a fin da represión e consideran que a medio prazo o independentismo debe ter máis forza para poder facer efectiva a independencia. ERC ten seguido esta liña, de raíz máis autocrítica, aínda sen acabar de debullar o novo escenario que debe guiar os pasos do movemento social independentista tras a sentenza do xuízo ao procés. Esta clasificación do universo independentista é máis acaída –e realista– que a realizada polo profesor Ramón Grosfoguel entre junqueristas e cuixartistas. Grosfoguel fai esta distinción tendo en conta que tipo de resposta propoñen os dous líderes a curto prazo (pragmatismo ou desobediencia civil), sen ter en conta o rol que xogan ambos os dous como cabezas visíbeis de espazos colindantes pero diferenciados (un partido e unha asociación de base). En cambio, poderiamos considerar que tanto Cuixart coma Junqueras apostan en ampliar a base social independentista e propugnan o diálogo e a non violencia como método para conseguir os seus obxectivos políticos. A sentenza como punto de inflexión A sentenza do xuízo ao procés está prevista para mediados de outubro, segundo o anunciado por fontes do Tribunal Supremo. A Fiscalía e a Avogacía do Estado piden penas de entre 7 e 25 anos de cárcere para os antigos membros do Goberno catalán, acusados de delitos de rebelión, malversación e desobediencia. O xuízo estivo marcado por unha instrución vergoñenta, onde os feitos presentados non encaixan coa descrición que o Código Penal ofrece sobre o delito de rebelión. Co gallo de encaixar os feitos nesa tipoloxía penal, falouse de miradas de odio e mais de coaccións inexistentes ás autoridades. Este relato de fantasía, ademais, foi rexeitado por tribunais de Alemaña, Bélxica, Reino Unido ou Suíza, onde o poder xudicial español se dirixiu para conseguir a extradición das conselleiras e políticas exiliadas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 366 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_19483 | Contas censura que o Igape non lle facilita a documentación que precisa para supervisar o seu funcionamento e cuestiona a coordinación das axudas dos distintos departamentos da Xunta O Consello de Contas certifica que privatizar o mantemento no Sergas empeorou o servizo e apenas supuxo aforro | O Consello de Contas, o órgano fiscalizador das administracións galegas, vén de certificar que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía, perdeu uns 80 millóns de euros por avalar operacións logo fracasadas dunha trintena de empresas. Contas lamenta que o Igape non lle facilita a información que lle reclamou para coñecer "os motivos que impediron o resarcimento das cantidades desembolsadas", polo que o organismo fiscalizador "non pode emitir opinión sobre a correcta ou incorrecta actuación" da Xunta "no exercicio das accións de reembolso". Contas censura que o Igape non lle facilita a documentación que precisa para supervisar o seu funcionamento e cuestiona a coordinación das axudas dos distintos departamentos da Xunta O Igape comezou a avalar empresas en 1994 e desde aquela outorgou garantías por un importe total de 679 millóns de euros ata finais de 2015, data na que remata a fiscalización que Contas vén de entregar hai uns días no Parlamento de Galicia. Dese importe, 82 millóns, o 12 por cento do total, xa son dados por perdidos, mentres que outros 55 millóns "está en risco de resultar falido [sic], ben por ter sido reclamado o seu pagamento polas entidades financeiras, ben porque existe un alto risco de reclamación", di Contas. Dos 82 millóns xa executados, o Igape só conseguiu que se lle reembolsaran ás arcas públicas unha pequena parte, uns 6,6 millóns, a maioría deles, 5,3 millóns, a través de bens materiais. No seu informe, Contas publica o listado das empresas nas que a Xunta perdeu os cartos. O maior importe, 32,2 millóns de euros, foi a parar á conserveira Alfageme, liquidada hai un ano tras un longo proceso concursal. A segunda maior cantidade perdida foron os 21,4 millóns de euros que a Xunta dedicou nos anos 90 a avalar cotas lácteas que logo non se obterían. Xunto con esa operación, o listado só inclúe outro aval colectivo no que se perdesen cartos, o outorgado a afectados polo afundimento do Mar Exeo, no que só un expediente resultou fracasado, por menos de 18.000 euros. O resto de avais perdidos foron parar a empresas individuais, en dez casos con importes superiores ao millón de euros. Coincidindo coa crise económica, a Xunta incrementou o emprego de avais en lugar de outros instrumentos de axuda ás empresas xa que aqueles só afectan ao déficit cando se perden Segundo Contas, coincidindo coa crise económica a Xunta incrementou o emprego de avais en lugar de outros instrumentos de axuda ás empresas xa que aqueles "non afectan o déficit nin a débeda no momento da súa concesión", malia que si o fan máis adiante se non se recuperan. Xunto cos avais, a Xunta tamén achega fondos públicos a empresas galegas a través dos diversos fondos de capital risco nos que participa. A finais de 2015 a participación da Xunta no capital de empresas a través dese mecanismo ascendía a 183,4 millóns de euros, pero deles "as perdas representaban o 59 por cento (108,8 millóns), como consecuencia das insolvencias e deterioros nos investimentos realizados polos fondos participados". Canto á falta de transparencia da Xunta sobre os seus avais, segundo Contas, o Igape non lle facilitou toda a información que lle reclamou o que "non permite coñecer cales son os motivos que impediron o resarcimento das cantidades desembolsadas e non se pode emitir opinión sobre a correcta ou incorrecta actuación no exercicio das accións de reembolso". Pero esta non é a única información que Contas non obtivo do Igape. O órgano fiscalizador tamén censura que non logrou toda a documentación que precisaba sobre outras posibles axudas outorgadas pola Xunta aos beneficiarios dos avais. O Igape tampouco lle facilitou a Contas os "plans e programas de actuación anual e trienal" cos que supostamente traballou durante os exercicios fiscalizados nin foi quen de darlle "información sobre a existencia de instrumentos de coordinación das distintas medidas de promoción empresarial adoptadas polo Igape, as consellerías sectoriais e Xesgalicia". "A ausencia de resposta á petición de información sobre outros apoios económicos así como sobre o grao de cumprimento das empresas, impediu alcanzar o obxectivo de cuantificar os apoios globais concedidos a cada empresa así como avaliar o grao de cumprimento das obrigas contraídas co Igape por parte das empresas avaladas", censura Contas. Informe do Consello de Contas sobre as axudas do Igape |
NOS_56481 | Unha empresa tecnolóxica traballa no desenvolvemento de aeroxeradores que xeran electricidade co movemento oscilatorio. | Cando se fala de enerxía eólica pénsase en muíños de grandes dimensións con aspas que miden varios metros de longo e que concentran boa parte das protestas das organizacións ecoloxistas, xa que supoñen un potencial perigo para as aves. Porén... É posíbel producir enerxía coa forza do vento sen, precisamente, esas aspas? Unha empresa con sede en Ávila, Vortex, está a desenvolver un aeroxerador carente de aspas que funciona grazas á resonancia aeroelástica. O 'eólico sen pas' consta dun cilindro que "captura a enerxía do vento cando entra en resonancia polo seu efecto aerodinámico, denominado desprendemento de vórtices", e posteriormente transforma a enerxía mecánica en electricidade mediante un alternador con ese movemento oscilante. Máis dunha trintena de proxectos eólicos poderían vulnerar directivas comunitarias O cilindro é ríxido e está deseñado para oscilar coa acción do vento, ficando ancorado á vara ou núcleo. A frecuencia de desprendemento de vórtices, o que permite transformar a enerxía en electricidade, é "proporcional á velocidade da corrente do vento", precisan desde a compañía. En contraposición cos muíños de aspas tradicionais, sosteñen, estes dispositivos teñen un tamaño moi reducido e o movemento que producen é "inofensivo", xa que, "canto máis grande é, máis lento oscila". O obxectivo é que estas turbinas, que inicialmente terían unha potencia de 100 watts, poidan situarse en espazos urbanos dada a súa "fácil integración" coa contorna, así como para aproximarse aos centros de consumo dunha forma máis eficiente. O deseño "simple, de baixo peso e silencioso" do xerador, aseguran, permitirá "facer un uso máis eficiente das materias primas". A ONG SEO/BirdLife traballa nun programa de colaboración para probar estes dispositivos e medir o seu impacto para a avifauna. A Coruña contará coa primeira plataforma de eólica mariña |
NOS_2151 | Belén Gualda, presidenta da empresa pública, decide continuar coa liña da súa predecesora no cargo. | A nova presidenta de Navantia, Belén Gualda, certificou na última reunión que mantivo co comité de empresa do estaleiro ferrolán que non poría en marcha o plan de transformación 4.0 se non había novos contratos. Para Marcelo Amado, delegado da CIG, esta decisión "déixanos sen futuro". Cualifica a reunión, en declaracións a Nós Diario, de "decepcionante" por non dar "ningunha alternativa" á actual situación de falta de traballo até 2022. Este sindicalista lembra que en 2016 estaba previsto, e ligado aos contratos das fragatas, "contar cun dique cuberto" para ser competitivos. Perda de competitividade con outros estaleiros "Ningún estaleiro constrúe xa en grada, nin civil nin militar", afirma, engadindo que "abarata case 20% dos custos e do tempo". Ademais, a construción dun dique destas características, sinala, "mesmo reduce custos en relación á pintura, por pintar menos o barco que se estivese ao aire libre na súa construción". Neste sentido, Amado cre que este tipo de investimentos poderían estar ligados aos fondos europeos, que virán este 2021, ou á mellora na transición enerxética "pola redución de prazos ou por ter unhas condicións medioambientais mellores das actuais". Traslado de contratos a outros estaleiros Outra das queixas desde os estaleiros de Navantia en Ferrol é a falta de modernización nos sistemas de construción dos buques. "Os medios de elevación que agora empregamos mesmo están anticuados", indica Amado, "cando en San Fernando (Cádiz) cun guindastre colocaban na grada un aro enteiro do BAM, nós tiñamos que empregar dous para colocar medio aro". Ademais, desconfía de que algunha obra de transformación, como se fixo co buque Galicia do Exército, "estean dubidando entre facela aquí ou en Cartaxena, cando foi aquí quen lanzou a oferta e o cálculo de custos", aínda que "saben que alí terían que remodelar as instalacións que teñen porque non se poderían facer tal e como están". Mobilizacións e presión en Madrid O comité de empresa de Navantia ten previsto entrevistarse esta cuarta feira en Madrid con todos os grupos políticos con representación no Congreso que teñan parlamentarios galegos. "Falaremos co PSOE, PP, Podemos e BNG", informa Amado, "a nosa principal reivindicación é, ademais da carga de traballo inmediata, reclamar os investimentos que non se fixeron", engade. Ese mesmo día tamén haberá unha concentración no propio estaleiro de Ferrol e, para semana, comezarán a traballar na folga xeral que terá lugar o día 10 de marzo. |
NOS_58300 | Juan Carlos utilizou o organismo para pagar todo tipo de gastos fóra da partida que a Moncloa asigna anualmente á monarquía | Ano tras ano, o orzamento reflicte unha partida dedicada á monarquía -este ano é de 8,4 millóns de euros-, pero esta cifra non é a única que recibe a monarquía dos fondos públicos. Nese concepto hai que incluir o diñeiro que os ministerios gastan en servizos relacionados coa coroa. Neste sentido, os custos de seguridade son pagados por Interior e Defensa; a axenda internacional está a cargo de Asuntos Exteriores; e Patrimonio Nacional, que depende da Presidencia, asume todo tipo de contas. Segundo vén de publicar eldiario.es, este organismo pagou os salarios da comitiva de Juan Carlos I nos Emiratos Árabes Unidos, así como os gastos derivados da súa estadía. Pero este caixón de xastre non remata aí, hai facturas de todo tipo. O xornal tamén revela que Patrimonio Nacional pagou unha indemnización polo despedimento inxusto da tripulación do iate Fortuna, cando Juan Carlos o vendeu. O custo total foi de 600.000 euros. O organismo tamén se ocupou do mantemento da casa onde vivía Corinna Larsen en Madrid, a finca La Angorrilla. Outras facturas inclúen o seguro de coche de luxo, incluído un Ferrari e Rolls Royce, que o ex rei español recibiu dalgunhas ditaduras do Golfo Pérsico. |
QUEPASA_82 | Representantes de cadeas e plataformas do país e mais do Buenos Aires Webfest compartirán protagonismo con directivos de Mediapro, Flooxer (Atresmedia) ou Playz (RTVE Digital), entre outros. As persoas interesadas en participar nesta xornada profesional, que terá lugar o xoves 4 de abril, poden inscribirse na web do Interplay. | Arxentina é punta de lanza na industria dos contidos dixitais en Latinoamérica, especialmente no que respecta á ficción e ás series feitas para internet. Por iso, será o primeiro país convidado que visita o Carballo Interplay e, grazas á colaboración entre o festival de contidos dixitais e o Cluster Audiovisual de Galicia, as persoas que asistan á xornada profesional que terá lugar o xoves 4 de abril poderán coñecer a representantes de cadeas e plataformas do país e mais ao director do do Buenos Aires Webfest, festival de referencia no mundo das webseries. Así, o Carballo Interplay repite Día Pro, despois do éxito acadado na pasada edición, co obxectivo de conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas e produtoras que están apostando polos contidos dixitais de creación propia. A xornada dividirase en dúas partes: pola mañá representantes das principais asociacións do sector en Galicia -como a AAAG, AGAG, CREA ou AGAPI- moderarán as mesas sectoriais Na procura do talento dixital, que queren dar a coñecer as novas formas de creación, produción e xestión do talento audiovisual na rede, desde a diversidade de perspectivas que achega cada sector. Tamén se producirá un encontro co país convidado, Arxentina, e como colofón terá lugar unha Jam-session de talento dixital. Unha sesión de mentoring aberta e informal na que os asistentes poderán preguntarlles aos expertos asistentes as claves para desenvolver o seu proxecto dixital. Destinado a produtores, creadores e talentos dixitais que teñan un proxecto ou unha idea para desenvolver e estean dispostos a contalo en público para recibir consello por parte doutros profesionais da industria. As persoas interesadas en participar nesta segunda xornada profesional do Caraballo Interplay poden acreditarse, de xeito gratuíto, antes do 29 de marzo na web do festival. Velaquí o programa completo do Día Pro:-9h30h. Recollida de acreditacións no salón de actos do Pazo da Cultura. -10h-11:15h. Diante da cámara e nas redes sociais: intérpretes ou influencers? En colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A proxección nas redes de actores, actrices e comunicadores en xeral é cada vez máis importante na industria, pois conforma unha nova maneira de chegar ao público. Pero como de relevante debe ser o número de seguidores á hora de elixir un reparto? Saben actores e actrices xestionar a súa marca na rede? É ter perfil potente na rede unha porta para chegar a traballar na industria audiovisual? Destas cuestións falaremos con actrices que traballan (ou non) a súa imaxe na rede, cunha representante de actores e produtoras e tamén cun profesional da comunicación dixital que traballa con influencers e con marcas. Participan Lucía Regueiro (actriz e presentadora), Amalia Mato (representante e produtora), Román Camba (Ingenio Interactiva) e María Vázquez (actriz). Modera Iria Sobrado, actriz, en representación da AAAG. -11:15h-12:30. Como se contan as historias no mundo dixital? En colaboración coa Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e coa Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA). Como está a cambiar a narrativa audiovisual a aparición das novas plataformas? Cales son os novos xéneros, formatos e linguaxes do mundo dixital? Estanse adaptar os profesionais ás novas linguaxes? Participan Enrique Lojo (guionista), Christian Flores (creador audiovisual), Mercedes Marcos (responsable de desenvolvemento de Asubío Media) e Beatriz Legerén (profesora de deseño e guión de videoxogos na Uvigo). Modera Marta Piñeiro, realizadora, en representación de CREA. -12:45h - 14:00h. Encontro co país convidado: Arxentina En colaboración co Cluster Audiovisual de GaliciaArxentina, primeiro país convidado que visita o Carballo Interplay, é punta de lanza na industria dos contidos dixitais en LATAM, especialmente no que respecta á ficción e ás series feitas para internet. Contaremos con representantes de cadeas, plataformas e do Buenos Aires Webfest, festival de referencia no mundo das webseries. Participan Martín Lapissonde (Macaco Films e director BAWEBFEST), Rocío Carbajo (coordinadora de contidos de UN3Tv) e Agustina Lumi (Coordinadora de contidos CINE.AR- plataforma FVOD del INCAA de Argentina). -16:30-17:30. Como cambiou internet a maneira de producir? En colaboración con AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independientes)Novas plataformas, series dixitais, producións globais, novos formatos, branded content… a produción audiovisual expándese por todo tipo de pantallas e ten un mercado global ao seu alcance. Que supón isto para as produtoras? Calen son as esixencias de produción da industria audiovisual en internet? Que novos factores hai que ter en conta á hora de afrontar un proxecto? Participan Agustín Alonso (Playz - RTVE), Emilio Sánchez (Flooxer), Maya Maidagan (Mediapro Labs – Grupo Mediapro) e Alfonso Blanco(Portocabo). Modera José Antonio Velo, de Astrágalo Studio, en representación de AGAPI. Proxecto de webserie en galegoAs persoas que queiran seguir presentar os seus proxectos de webserie en galego poden facelo ata o 17 de marzo a través da web carballointerplay.com. O galardón, que ten unha dotación económica de 1.500 euros que deberán destinarse á produción dos tres primeiros capítulos da webserie, resolverase cun pitching en directo durante o festival. E o resultado estrearase na sétima edición do Carballo Interplay. |
PRAZA_10368 | Mentres a poboación asalariada a través de ETT aumentaba case un 50%, a que chegou a un posto de traballo pola vía do Servizo Público de Emprego reduciuse máis dun 40%. O impacto destas empresas practicamente se triplicou entre a poboación de 35 a 54 anos | Periodicamente os medios de comunicación, tamén en Galicia, reciben informes elaborados polas principais empresas de traballo temporal (ETT) detallando o número de "vacantes" ou "contratos" que prevén cubrir en períodos como a Semana Santa, as vacacións de verán ou o Nadal. En moitas ocasións esas cifras acaban transcendendo como sinónimos de creación de emprego ou de descenso do paro, se ben ao pasaren por unha peneira un chisco máis precisa fican, as máis das veces, en radiografía de precariedade laboral.O Instituto Galego de Estatística vén de divulgar unha nova edición do seu estudo de "variables de submostra" da Enquisa de Poboación Activa, no que aborda máis polo miúdo algúns dos datos do estudo de referencia internacional que ofrece cada tres meses as principais tendencias do mercado laboral. Un dos aspectos nos que se detén desta volta é no impacto das ETT na poboación asalariada galega e o resultado é que, na década en que o Goberno de España e a Xunta facilitaron máis a súa expansión e introdución no mercado laboral, a súa influencia tamén se disparou mentres o Servizo Público de Emprego a perdía na mesma proporción.Mentres a poboación asalariada a través de ETT aumentaba case un 50%, a que chegou a un posto de traballo pola vía do Servizo Público de Emprego reduciuse máis dun 40%Nun contexto de constatadas deficiencias das Oficinas de Emprego Públicas como vías para obter un posto de traballo, a poboación asalariada galega que accedeu a un salario a través dunha ETT aumentou en algo máis dun 45% entre 2010 e 2018, cando se superaron as 38.200 persoas nesta situación. Mentres, as persoas asalariadas que lograron o seu traballo grazas á intermediación do Servizo Público de Emprego pasaron de 34.000 a menos de 20.000, unha redución de case o 43%.Un impacto case triplo na poboación de 35 a 54 anosCando, mediante a reforma laboral de mediados dos anos 90, o Goberno de Felipe González abriu as portas á legalización das ETT, o público obxectivo inicial semellou ser a xente máis moza. No entanto, os datos máis recentes indican que dende o comezo da crise esta tendencia variou, cando menos en Galicia. Nun contexto xeral de perda de poboación nova, en 2018 a poboación asalariada de entre 16 e 34 anos que accedeu ao emprego pola vía da ETT é menos que en 2010. Pero é case o triplo entre homes e mulleres de 35 a 54 anos.Os datos divulgados polo IGE indican que a comezos da década apenas 9.000 persoas asalariadas en Galicia sinalaban que chegaran ao seu posto a través dunha destas empresas de traballo temporal. No ano 2018 eran xa case 25.000, o que supón un incremento superior ao 170%.Mentres isto sucede, os datos das Oficinas de Emprego veñen confirmando ano tras ano os seus problemas estruturais para atender a que a priori era unha das súas principais funcións: orientar na busca de emprego. Non en van, apenas un 4% dos traballos que atopa a poboación galega en paro son ofertados dende o Servizo Público de Emprego. Estas cifras contrastan coa interpretación ofrecida polo presidente da Xunta no momento en que as cifras de desemprego tocaron teito en Galicia, no ano 2014. Daquela Alberto Núñez Feijóo considerou que "é difícil atopar un traballo se non amosas interese en conseguilo" e para iso, agregaba, cumpría estar anotado na Oficina de Emprego. Para explicalo botara man dunha comparación: "é imposible conseguir unha operación cirúrxica se alguén non está anotado na lista de espera dun hospital". "Non sei se hai moitas persoas que necesitan operacións cirúrxicas e non están na lista de espera", reflexionaba. |
NOS_44028 | Máis de mil persoas tomaron parte nos actos de presentación do proxecto desenvolvidos ao longo do país. No presente mes de xullo continuarán as presentacións. O obxectivo é lograr a 31 de xullo un mínimo de 3.000 persoas que se comprometan a se faceren asinantes e que fagan viábel economicamente o diario. | Da Coruña a Monforte, de Vigo a Ribadavia, pasando por Lugo, Ferrol, Compostela, Chantada ou As Pontes. Estas foron só algunhas das case 40 presentacións que se realizaron ao longo do país desde finais de maio até o remate de xuño para dar a coñecer polo miúdo Sermos O Diario Galego. Máis de mil persoas asistiron a estes actos. Acabou a primeira fase destas presentacións coa publicación do nome da persoa gañadora dunha fin de semana no Pazo da Pena (Manzaneda), que se sorteaba entre as persoas que se subscribiron ao proxecto. Francisco Mosquera Nogueira, quen foi o subscritor número 182 (cifra que coincidiu co sorteo da ONCE do día 2), é o agraciado. Comeza agora unha segunda fase de promoción, que se prolongará até o 31 de xullo. Tamén haberá sorteo dunha fin de semana nun estabelecemento rural, desta volta en Casa Lourán, en Monfero, para quen se subscriba entre o 1 e o 31 de xullo. Presentaranse as bases nos próximos días na web www.odiariogalego.gal. Nas próximas semanas rematarán os actos de presentación. Esta quinta feira terá lugar a de Salceda de Caselas (19:30 horas, Casa da Cultura) e o sábado a de Carnota (20:00 horas, salón de plenos). O 10 de xuño é a quenda de Teo (21:00 horas, Casa común de Cacheiras); o 13 do Porriño (a partir das 21:00 horas na Sala Ingrávida) e o 14 na Laracha (20:00, local AA.VV O Campo da Festa de Paiosaco]. Todas as presentación foron convocadas por asociación e colectivos do tecido cultural, social, ambiental ou veciñal do país. O obxectivo da campaña é lograr as 3.000 subscricións antes do 31 de xullo, a cifra que permitiría facer realidade este proxecto para ter en Galiza un diario propio. En papel publicarase con 32 páxinas e a cor de terza a sábado, durante os cinco días consecutivos. A maiores, os sábados, levará encartado un suplemento de fin de semana, Sermos Galiza, con outras 32 páxinas. En total Sermos O Diario Galego sairá 258 días ao ano. Alén da edición en papel, terá unha edición en liña, que se actualizará no momento segundo se produza a información en cada un dos sete días da semana. Así mesmo, recollerá parte da información que se publique en Sermos O Diario Galego en formato papel. [Podes subscribirte a Sermos O Diario Galego antes do 31 de xullo nesta ligazón. Lembra que non terás que pagar nada até 2019, unha vez comece a andar o diario] |
NOS_40933 | Xornada de ouro para o fútbol sala galego, co título das guerreiras laranxas, a salvación dos seus homólogos masculinos e o ascenso á máxima categoría do Marín. | O Pescados Rubén Burela segue facendo historia, logo de que as 'guerreiras laranxas' lograsen o mellor final posíbel para a tempada 2020/21 levantando a súa segunda Liga consecutiva, que ademais representa o noveno título dos nove últimos en xogo que acaba nas vitrinas da escuadra mariñá. A escuadra rival das galegas foi Futsi Atlético Navalcarnero, nun choque que está considerado como o gran clásico do fútbol sala feminino estatal e do que saíu vitorioso Burela por dous tantos a cinco, a pesar dun inicio moi equilibrado no que as madrileñas chegaron a estar 2-0 por diante no marcador, estando a chave da remontada nos tres minutos máximos entre o 25 e o 27 nos que os goles de Dany e Ale de Paz -por dúas veces- cambiaron o curso do partido. Xa no 32, Ale de Paz volvía marcar para completar o seu hat-trick logo dunha rápida recuperación e asistencia de Jane, e inmediatamente despois a sorte poñíase do lado galego, pois o pau impedía un tanto do Futsi Atlético Navalcarnero que ben podía ter cambiado o rumbo dun partido que o bonus de faltas, a falta de sete minutos para o final, rematou por decantar a prol do Pescados Rubén Burela. Os homes laranxas, un ano máis na elite Non é un título, pero a alegría por conseguir unha permanencia, e máis nun play-out, non adoita ser menor. Deste modo, o Pescados Rubén Burela masculino asegurou a súa estadía un ano máis na Liga Nacional de Fútbol Sala, após esmagar 8-2 Durán Ejido no choque decisivo pola salvación. E iso que o primeiro gol correu a cargo do conxunto visitante, mais os de Óscar García reaccionaron cunha avalancha de fútbol e goles que sacou moito partido da desesperada decisión do seu rival de apostar polo xogo de cinco. O Marín xogará na Primeira RFEF O conto de fadas do fútbol sala galego completouno o Marín Futsal, que certificou o seu ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino estatal por primeira vez na súa historia, logo de imporse ao Joventut d'Elx por un marcador de 5-7. A heroína deste ascenso foi Cecilia Puga 'Ceci', ex xogadora do Poio Pescamar, quen transformou cinco dos sete tantos da escuadra galega, todos eles co mérito engadido de anotalos nos tramos decisivos de partido, cando as locais conseguiran por dúas veces adiantarse no marcador no tramo inicial e central do partido. |
NOS_42228 | A presión asistencial derivada da Covid-19 na Galiza volveu subir nas últimas horas. Hai 48 pacientes hospitalizados. Tamén aumentaron os casos activos até os 1.451. Os novos contaxios detectados baixaron até os 127, aínda por riba do centenar, debido principalmente aos surtos relacionados coas viaxes de fin de curso. | Así se extrae dos datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas do sábado. A cifra de persoas ingresadas por coronavirus ascende de 42 a 48, o que deixa 36 doentes en planta, seis máis, e 12 en unidades de coidados intensivos, sen cambios. Con todo, a presión asistencial derivada da Covid-19 nos hospitais galegos segue a ser menor que hai unha semana, con 12 pacientes menos. Por áreas sanitarias, a cifra global de hospitalizados subiu na Coruña e Cee (+3), Pontevedra e O Salnés (+1), Ourense (+1) e Lugo (+1). O resto non rexistrou cambios, de maneira que Santiago Ferrol e Vigo seguen sen doentes ingresos en planta, máis si áreas de críticos. Casos activos e contaxios En canto aos casos activos de Covid-19, crecen por cuarta xornada consecutiva até os 1.451, 38 máis que o día anterior, en niveis de mediados de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, o ascenso afectou a todas as áreas sanitarias salvo ás da Coruña e Lugo Os novos contaxios por coronavirus detectados con calquera tipo de proba descenderon até os 127, segundo Sanidade, medio cento máis dos rexistrados hai unha semana. De feito, a suba de novos positivos diarios nas ultimas xornadas elevou a media semanal por riba do centenar, despois de manterse varios días por baixo dese limiar, na contorna dos 80. Positividade e incidencia acumulada Tras superar esta semana a barreira de 5%, a taxa de positividade volveuse moderar até situarse en 2,7%. Pola súa banda, a incidencia acumulada mantén unha lixeira tendencia á alza tanto a sete como aa 14 días con 28 e 48 casos por 100.000 habitantes respectivamente. O conxunto do territorio permanece en risco baixo, ao non superar os 50 casos a dúas semanas, mais o crecemento da incidencia a sete días fai prever unha suba importante como consecuencia dos gromos derivados das viaxes de fin de curso. De momento, na Galiza, ocasionaron 70 contaxios e manteñen 600 persoas en corentena. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia no conxunto de Galicia son 2.435, tras non notificar Sanidade ningunha outra vítima. |
NOS_8607 | Starmourmer é o terceiro e moi agardado Lp de Ghost Bath, que após o fulminante éxito do seu anterior traballo, Moonlover, se colocaron na primeira liña do panorama blackgaze. Neste álbum a banda concreta claramente cal é a súa evolución e o camiño que decidiron tomar. | Cando nos atopamos ante unha banda que fai black metal atmosférico e blackganze, o que agardamos son minutos de temas escuros, tristes e depresivos. Iso mesmo foi o que fixeran Ghost Bath até hoxe. Funeral e sobre todo Moonlover movíanse entre as máis escuras e tristes sensacións, facendo as delicias dos seguidores do xénero. E cando un espera da banda unha continuidade polo camiño emprendido no que tanto éxito recolleu, sorprende que a nova proposta da banda sexa explorar os camiños da felicidade e o mundo multicores do arco da vella con elementos do Black Metal. Xa sorprende dende un inicio coas pasaxes de piano de Astral, o tema co que abren o disco, que podemos deixar pasar por tratarse dunha introdución mais. Porén, cando o segundo corte comeza cuns riffs post black metal que son incapaces de agochar a súa felicidade, somos conscientes de que o que temos nas mans non ten nada que ver co que as nosas orellas agardaban. Se ben a produción dos temas mellorou notabelmente, achamos certos momentos de confusión nas partes que máis aceleran, cousa que tiñan moi ben resolta nos traballos anteriores onde cada instrumento podía ser claramente distinguido. E proba diso é Ambrosial, no que as partes melódicas son excesivamente melódicas e os pasaxes máis contundentes, crean unha muralla de son practicamente indescifrábel. O que é innegábel é que Ghost Bath, fora dos gustos persoais pola evolución, teñen unha calidade excepcional para crear ambientes e xogar coa amplitude de posibilidades que dá o xénero, mesmo para experimentar novas aperturas no momento de crear ambientes, se ben a excesiva duración do álbum fai que por momentos chegue a se facer pesado e falto de orixinalidade nalgunhas pasaxes, como é o caso de Angelic, que podería ser unha delicia acústica de non ser o sexto corte do álbum e durar máis de 5 minutos, ou Celestias que, durante os seus máis de 8 minutos, ninguén foi quen de coidar as voces para que non estragaran unha das mellores interpretacións que fai a banda nesta entrega. Neste disco a banda afástase bastante a súa parte black metal para dar máis protagonismo a parte shoeganze, o que fai perder a esencia de quen eran. Xa non atopamos elementos que o enmarquen dentro do clásico black ou death, pero co exceso de optimismo e luz que teñen os novos temas, seguro que atopan novos seguidores que antes nin se achegaban. Se está errados ou atinados con esta nova dirección, será o tempo quen o diga, máis a miña opinión é que non van polo bon camiño se queren conservar o conseguido até agora. GHOST BATH NAS REDES WEB: http://www.ghostbath.com/ FACEBOOK: https://www.facebook.com/blackghostbath/ TWITTER: @GhostBath LISTAXE DE TEMAS 1. Astral 2. Seraphic 3. Ambrosial 4. Ethereal 5. Celestial 6. Angelic 7. Luminescence 8. Thrones 9. Elysian 10. Cherubim 11. Principalities 12. Ode |
NOS_19428 | Segundo os plans do Executivo de Pedro Sánchez, a Igrexa católica comezará a pagar o Imposto de Bens por Inmóbeis (IBI) por aqueles espazos que posúe que non son de culto. Así o trasladou no día de onte a vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo. Entre o patrimonio que ostenta a Igrexa, salientan os bens inmatriculados, é dicir, aqueles que sen pertenceren á institución relixiosa foron postos ao seu nome e, a pesar de todo, non paga impostos por eles. | O Goberno español quer que a Igrexa católica comece a pagar o Imposto de Bens por Inmóbeis (IBI) polos lugares que lle pertencen e que non son de culto, segundo informou a vicepresidenta primeira do Estado español, Carmen Calvo, nunha entrevista radiofónica no día de onte. O modelo fiscal que procurará implantar nesta materia o Goberno de coalición español "é exactamente igual que en Francia e en Italia", afirmou Calvo. "As actividades eclesiásticas que non teñan que ver co culto terán que responder á fiscalidade", cuestión que ela mesma, segundo aseverou, xa puxo en coñecemento da Igrexa hai meses a través dunha conversa co cardeal Prieto Parolin, secretario de Estado da Santa Sé. Respondendo a se o Goberno manterá a opción de marcar na declaración da renda o cadro da Igrexa no IRPF, Calvo afirmou que a institución relixiosa ha de informar o Tribunal de Contas sobre "como administra eses fondos en relación ao obxectivo que marca a lexislación española", segundo a cal eses cartos débense destinar a fins sociais "e non para outra cousa", sentenciou. Un basto patrimonio aínda por coñecer A pesar de que o Goberno español non quixo dar a coñecer aínda a listaxe realizada por petición do Congreso dos Deputados sobre os bens inmatriculados pola Igrexa, apúntase a que estas propiedades postas a nome da institución eclesiástica sen seren da súa pertenza ascenden a máis de 30.000 ao longo do Estado. A Igrexa ingresou 254,5 millóns de euros no ano 2017 Ademais, os últimos datos publicados pola Conferencia Episcopal sinalan que a Igrexa ingresou 254,5 millóns de euros no ano 2017 grazas ás persoas que na declaración da renda riscaron a opción de destinar diñeiro a esta institución. Tamén onte se reuniu a vicepresidenta co nuncio do Vaticano en España, Bernardito Auza, nun clima "cordial e colaborativo", segundo sinalou nun breve comunicado o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. As relacións entre España e a Santa Sé "foron moi fluídas durante os últimos meses, e tanto a vicepresidenta primeira como o novo nuncio, mostraron a súa disposición para seguir traballando en dar continuidade á axenda do Goberno de España en materia de asuntos relixiosos para a presente lexislatura", indicou o comunicado. O Goberno "xa traballa" no Código Penal En relación á rolda de prensa realizada na terza feira, 21 de xaneiro, ao remate do Consello de Ministras, en que se deu a coñecer que o Executivo tiña previsto traballar nunha actualización do Código Penal, a vicepresidenta Calvo remarcou onte que "xa están armando o proxecto de reforma". O debate sobre a mudanza irá ao Congreso dos Deputados e prevese que haxa cambios na tipificacións dos delitos de rebelión, sedición, os ambientais e que se introduza o consentimento expreso nas relacións sexuais. Ante as críticas das forzas da dereita españolista que igualaron o anuncio da reforma a un indulto para as presas e presos políticos condenados polo Tribunal Supremo na causa do procés, Calvo afirmou que "hai tipos penais que son anteriores á Constitución e que se acompasan mal con acontecementos nunca desexados". A motivación de emprender a reforma para o Executivo está pois en "acompasar comportamentos democráticos, asumidos na vida cotiá de España, a tipos penais que nalgunha sentenza europea como a alemá viuse que soaban estraños", dixo Calvo en clara referencia ás desautorizacións da alta xudicatura española que chegaron da man tribunais europeos, en relación ás causas contra as e os políticos independentistas cataláns. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_33675 | O subcomité clínico abordará esta semana posíbeis solucións ante a posibilidade de ter que tomar medidas. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mostrou a "preocupación" do Goberno galego respecto da evolución docoronavirus, especialmente coa mirada posta nos datos de Europa. Aínda que subliña que Galizase está nunha mellor posición de datos, así como a evolución do conxunto do estado é mellor que a doutros países, o subcomité clínico abordará esta semana poíbeis solucións ante a posibilidade de ter que tomar medidas. A aposta de Galiza é a "vacinación", certificou o conselleiro de Sanidade quen, neste sentido, destacou que por iso a Xunta quixo impulsar o uso do certificado Covid-19 como unha das medidas que, por unha banda, anima á vacinación e, por outro, ofrece un plus de garantías cando se require. "É complicado, vemos o que pasa no resto de España e Europa e non nos gusta esta tendencia que estamos a observar", apuntou en declaracións aos medios Comesaña. Así, explicou que a Xunta segue "apostando polo a vacinación": "É fundamental neste proceso". Comesaña observou o bo uso da máscara que, dixo, se dá na Galiza xunto co resto de medidas que non son farmacolóxicas. "Nótase especialmente esta concienciación", comentou, respecto diso do compromiso dos galegos, pero ligou as medidas que seguen os cidadáns e a vacinación con que os datos "sexan bos nun contexto de crecemento global". Con todo, Comesaña manifestou que dada a "preocupación", os expertos xunto á Xunta "están a traballar en posíbeis vías, en posíbeis solucións", para ver se hai que "tomar algunha medida específica". Respecto diso, dixo que a esixencia dos certificados Covid foron unha boa medida. "Seguimos crendo que os certificados Covid funcionan", remarcou, á vez que dixo que tamén continúa o esforzo en probas diagnósticas. "Pode cambiar" A modo de resumo, o conselleiro de Sanidade dixo que os datos "non son malos" e non tiveron "implicacións" nas hospitalizacións e unidades de críticos. "Pero por experiencia, pode cambiar de forma rápida". Sobre a hostalaría, Comesaña lembrou que a decisión foi dotarse dun marco estábel para os próximos meses e que se mantén esta previsión. En todo caso, o propio protocolo ten un nivel de seguridade que a Xunta pode activar en caso de focos de Covid e que supoñen unha redución de aforamentos. "Ese acordo naceu con vocación de permanecer", aseverou Comesaña, quen indicou que a súa "filosofía" está "para usala". Sen ter "a bóla máxica para sabelo", o conselleiro de Sanidade sentenciou que Galiza "parte dunha situación moi boa con respecto ao resto do Estado", pero non por iso é allea aos datos do resto de Europa, os cales ve "con preocupación". |
NOS_46305 | Fontes xudiciais informan de que a xuíza accede á petición do administrador concursal e deixa a Lendoiro sen salario e sen poderes económicos. | A xuíza Zulema Gento, do xulgado nº 2 do Mercantil da Coruña, tiña enriba da mesa a petición dos administradores concursais de quitarlle poder ao actual presidente do Depor e ao seu consello de administración. A situación económica da entidade levou ao Depor a pedir voluntariamente o concurso de acredores. Agora, após unha análise en profundidade da documentación, os administradores concursais solicitaron que Lendoiro teña "menos peso" nas decisións económicas do clube. Xunto a esa petición os administradores realizaron outra que vai parella á primeira: a suspensión total do soldo do presidente e o seu consello de administración. Este medida xustificaríase pola redución tamén no seu "traballo" na entidade. No pasado exercicio, co clube en Segunda División, Lendoiro recibe o 1% do orzamento, un total de 400.000 euros. |
NOS_27069 | O portavoz do BNG denuncia as cambadelas e atrancos para evitar candidaturas nacionalistas nalgúns concellos e a "chantaxe política" sobre a veciñanza. Malia iso, di Vence, o 97% d@s electoras poderá votar BNG-AA. | O 97 por cento d@s galeg@s poderán elixir nas eleccións municipais do 24 de maio a papeleta da candidatura do BNG-Asembleas Abertas. Vai haber lista de esquerdas e nacionalistas en 259 concellos galegos. En 55 non existirá esa opción. A maior parte deles (36), en Ourense, o que supón que o BNG-AA non se presenta no 39% dos concellos desta provincia. "Un 14,6% dos e electores e electoras ourensáns" non poderán votar candidatura do Bloque-AA fronte o 2,8% da media galega. "Asfixia democrática" O BNG considera que esta realidade é o mellor exemplo da "asfixia democrática" á que o PP, di, somete a provincia de Ourense, nomeadamente no rural, onde facer política á marxe do Partido Popular pode ser ás veces un acto de "heroísmo". Para denunciar esta situación o Bloque presenta unha "candidatura simbólica" no Concello de Avión que estará encabezada polo portavoz nacional, Xavier Vence e da que forman parte deputad@s e representantes nacionalistas: Olaia F. Davila, Cosme Pombo, Francisco Jorquera, Néstor Rego ou Xavier Campos son algúns dos nomes que acompañan na candidatura a Fernando Rosendo, María Veiga e Eugenio Salgueiro como militantes de Avión ata completar as once actas da corporación municipal. Represalias "Como é posible que en 2015 se lle diga a un candidato que non pode ir na lista do Bloque porque a empresa para a que traballa contrata coa Deputación do PP e pode ter problemas? Como é posible que se lle diga a unha candidata que podería ter traballo no concello, pero que non é posible porque vai na candidatura do BNG? Pois isto é o que fai o PP de Baltar e Feijóo en Ourense cun control férreo e feudal", denunciou Xavier Vence Vence. O Bloque fala da existencia dunha "tupida rede clientelar que utiliza Deputación como axente electoral", e que é quen de exercer a presión e mesmo "chantaxe política" sobre a veciñanza, "que percibe que facer política fora do PP ten un custe mesmo en termos de posibilidades laborais". Fernando Rosendo, militante e número dous da candidatura, explicou que en Avión, como en outros moitos concellos da provincia, "o Concello é a maior empresa que existe, alí non hai Citröen, nin zaras, nin corte inglés. No concello de Avión hai unha brigada, un curso de formación, un obradoiro de emprego nun momento de paro masivo onde ou emigras o se te quedas a única opción de traballo é someténdote aos poderes que mandan". |
PRAZA_10330 | A iniciativa botou a andar o pasado 1 de xuño e rematará o vindeiro sábado 15, pero nesta fin de semana se concentran a maior parte das actuacións, que eliminarán eucaliptos, acacias e mimosas grazas ao impulso de 25 entidades, agrupadas en Cousa de Raíces. | Ao longo desta fin de semana montes de toda Galicia están a ser escenario de traballos de deseucaliptización, no marco da segunda edición da Deseucaliptización Simultánea, impulsada por 25 entidades. As actividades chegarán a 15 concellos de todo o país e aínda que comezaron o pasado 1 de xuño e chegarán ata o vindeiro sábado 15, neste venres, sábado e domingo terán lugar a maior parte dos traballosA Deseucaliptización Simultánea foi convocada pola rede a prol do bosque galego "Cousa de Raíces" e o seu obxectivo é eliminar dunha serie de parcelas seleccionadas especies invasoras como o eucalipto, a acacia ou a mimosa. A iniciativa segue o ronsel aberto pola primeira acción simultánea, realizada o pasado mes de marzo e tamén polos traballos das Brigadas Deseucaliptizadoras, que nesta entrevista facían balance do seu primeiro ano de existencia.O ciclo de actuacións xa comezou o sábado, 1 de xuño, no Monte de Fornelos de Monfero e rematará o vindeiro 15 de xuño en Vigo, no Monte da Guía, sumando en total 15 saídas deseucaliptizadoras e/ou desacacializadoras repartidas nas catro provincias galegas. Pontevedra volve ser a provincia con maior número de accións, 7 en total, 2 delas en Vigo, e as outras en Lourizán, Moaña, Gondomar, Pontecaldelas e Cerdedo-Cotobade. Na provincia da Coruña convócanse 5 accións de eliminación en montes dos concellos de Ferrol, Monfero, Corcubión, Lousame e Rianxo. Ourense acolle dúas actuacións nos montes de Cenlle e Melón e, en Lugo, acudirase a Ramil (Palas de Rei).As entidades que nesta ocasión acudiron ao chamado de Cousa de Raíces foron: ADEGA, Couto da Eirexiña, As Brigadas deseucaliptizadoras, Verdegaia, Montescola, A Rente do Chan-Pladever, Arlequín (MonTeis), Voces polo litoral de Teis, APDR, Bétula, Amigos da Terra, Asociación Vergasta, Boca do Sapo, Fundación Eira; os colectivos veciñais de Lentille, Tirán, A Movemento veciñal Fousas ao Monte; e, as comunidades de montes veciñais en man común de Tourón (Melón), O Fieitoso (Rianxo), Teis (Vigo), Lourizán (Pontevedra), Froxán (Lousame) e Rebordelo (Cercedo-Cotobade).Lista de montesMonte Rebordelo, Cerdedo-Cotobade (sábado 8) Monte Froxán, Lousame (sábado 8)Monte Calexón, Ferrol (sábado 8)Monte Lentille, Cenlle (sábado 8)Monte Gradín (Cruceiro das Torres), Ponte Caldelas (sábado 8)Capela dos Remedios, Moaña (venres 7)Monte da Madroa, Vigo (sábado 8)Monte de Vincios, Gondomar (mércores 5)Monte de Filgueiras, Rianxo (sábado 1)Fragas do Eume, Monfero (sábado 1)Montes de Tourón, Melón (domingo 9)Zarra da Costa, Palas de Rei (sábado 8) Finca Cambeiro, Corcubión (sábado 8)Monte da Guía, Vigo (sábado 15) |
NOS_49094 | Cúmprense 95 anos desde que Mahatma Gandhi, principal impulsor do nacionalismo indio, emprendera a campaña de desobediencia civil que abriu as portas á independencia da India ante o dominio británico. | O 1 de agosto de 1920 comezaba na India a campaña de desobediencia civil impulsada por Mohandas Karamchand Gandhi (1869-1948) contra o imperio británico para lograr a independencia do país. Tras anos de medidas represivas, Gandhi propúñalle ao pobo indio a desobediencia civil a través da "non cooperación" –tamén chamada satyaagraha- e do boicot ás mercadorías e empresas británicas. A partir deste primeiro de agosto, Gandhi emprendeu ao longo da India un gran movemento de resistencia pacífica e de desobediencia civil. Percorreu o país para explicar os obxectivos da iniciativa que implicou a paralización das institucións e a posta en marcha de industrias artesanais locais para boicotear os produtos ingleses. As ideas de Gandhi foron seguidas por partidos políticos e líderes das comunidades musulmás e hindús. De feito, en decembro de 1921, o Congreso Nacional Indio nomeábao autoridade suprema. Foi entón cando xurdiu o alcume de Mahatma (grande alma). En 1928 desenvolveu unha nova campaña de resistencia contra as autoridades británicas, intensificada coa proposta de non pagar impostos A revolta foi tal que no 1922 Gandhi era apreixado acusado de sedición. Foi liberado dous anos despois e en 1928 desenvolveu unha nova campaña de resistencia contra as autoridades británicas, intensificada coa proposta de non pagar impostos. Centos de miles dos seus seguidores foron arrestados, incluíndo o propio Gandhi, que permaneceu na cadea até 1931. En 1945, o Goberno británico estabeleceu conversacións coa Liga Musulmá e co Congreso indio a fin de crear dous estados: a India e o Paquistán, unha iniciativa que foi aceptada por Gandhi. Dous anos máis tarde, o 15 de agosto de 1947, Gran Bretaña concedíalle a independencia á India, o que provocou o desprazamento de millóns de persoas e o inicio de rebelións que afectaron, nomeadamente, Calcuta e Nova Deli. Gandhi respondeu cunha folga de fame indefinida como medida de presión para instaurar a paz, o que logrou tras 12 días de xaxún. |
PRAZA_9813 | A entidade convoca mobilizacións en todas as cidades para esixir liberdade, igualdade e xustiza" para o idioma propio. | Marcos Maceira, voceiro de Queremos Galego, e membros da xestora da organización presentaron este martes en Compostela o programa de actividades co que animan a sociedade a saír á rúa o vindeiro 17 de maio para esixir "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega. O cartel da mobilización foi deseñado por Luís Davila co lema Máis que nunca, Queremos Galego para unha xornada na que haberá manifestación simultáneas en todas as vilas e cidades de Galicia ás 12 horas. Queremos Galego chama a mobilizarse para esixir "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega"Máis que nunca", reivindicou Marcos Maceira, "chamamos a mobilizarse ao conxunto da sociedade galega, que cre na liberdade mais ve como non hai posibilidade de vida normal en galego; que cre na democracia mais ve como en Galiza se vulneran dereitos lingüísticos que, como nos lembraba recentemente o relator da ONU para os dereitos das minorías, Fernand de Varennes". "Máis que nunca", afirmou, "é visíbel como os ataques ao galego proveñen de quen quere restrinxir dereitos de todo tipo na sociedade: os que queren prohibir o galego na administración son os mesmos que atacan as mulleres, a diversidade sexual ou a liberdade de expresión". "Máis que nunca defendemos o galego para defender a liberdade, a democracia e a xustiza en Galiza", concluíu Maceira."Os ataques ao galego proveñen de quen quere restrinxir dereitos de todo tipo na sociedade""A situación do galego é crítica", recordou o voceiro de Queremos Galego, "pola falta de transmisión interxeracional; polas dificultades para o coñecemento, cun 22,7% dos menores de 15 que non saben falalo fronte ao 0% do español; polas dificuldtades e límites de todo tipo, tamén legal, para empregalo con normalidade; pola inactividade dun goberno galego que non só non exerce o seu deber estatutario de defender a lingua, senón que actúa en contra, en ámbitos decisivos como a educación, a sanidade, a xustiza ou os medios de comunicación; pola nova ofensiva xudicial e política, como a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre a ordenanza Lugo ou o rexurdir do discurso supremacista contra as linguas e contra a liberdade de uso". |
NOS_1626 | Unidas Podemos avanza que presentará a proposta xunto a ERC e Bildu. | Unidas Podemos (UP) proporá, xunto a ERC e EH Bildu, a creación dunha comisión de investigación no Congreso sobre os abusos a menores por parte da Igrexa católica, para o que agardan contar co apoio do PSOE. O presidente do grupo parlamentario de UP, Jaume Asens, avanzouno esta segunda feira nunha entrevista concedida a Europa Press que "nos vindeiros días" presentarán esta iniciativa, do mesmo modo que o fixeron países como Alemaña, Bélxica, Francia ou Irlanda. "Fáiseme estraño pensar que partidos como o PSOE fiquen excluídos desta iniciativa, porque é de sentido común, razoábel e no sentido en que o pide o Papa Francisco", defendeu Asens. "Nula colaboración" da Igrexa Un estudo presentado o pasado 2021 pola Universitat Oberta de Catalunya, a de Barcelona e a do País Vasco, concluíu que as autoridades relixiosas eludiron até o de agora investigar "a fondo" este problema no Estado. Neste senso, lamentaron a "nula colaboración" da entidade no esclarecemento dos delitos de pederastia. Segundo o mesmo informe, as e os menores que sufriron os abusos tiñan unha media de 11,8 anos de idade. |
NOS_30847 | A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade dá os seus primeiros pasos. En Marea vén de facer pública unha proposta non de lei para o desenvolvemento socioeconómico integral na zona. A formación política entende que a comarca deberá ser previamente declarada Ben de Interese Cultural. | Para poder optar a dito recoñecemento, considera En Marea, cómpre corrixir déficits estruturais das comarcas da zona e "involucrar de maneira activa a poboación", co fin de conservar o patrimonio cultural herdado e protexer o medio ambiente. Amais, a declaración da zona como Patrimonio da Humanidade podería implicar o financiamento do plan de recuperación a mans da Unesco, o que serviría como empuxe ao turismo e á viticultura na zona. O grupo parlamentar de En Marea propón tamén realizar reunións coas distintas comunidades para explicar as consecuencias que tería na vida cotiá da veciñanza a declaración. En Marea reclama "especial atención" ás ameazas que sofre o territorio debido ao seu "sobre-aproveitamento hidroeléctrico, a escasa rede de saneamento ou a falta de ordenación territorial e desorde forestal", tal e como explicou a deputada Paula Vázquez Verao, quen salientou que se trata de lugares "especialmente envellecidos" e de baixo nivel de renda en comparación con outras zonas de Galiza. |
NOS_11898 | A deputada nacionalista Rosana Pérez rexistrou iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a que tome medidas para presionar ao Goberno estatal e evitar que esta embarcación de propulsión nuclear se achegue ao corredor de Fisterra nos próximos días, cunha alerta de fortes ventos. | A deputada do BNG Rosana Pérez rexistrou iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a que demande ao Gobierno estatal para que inicie "as accións necesarias" para "evitar" que o buque ruso de propulsión nuclear 'Sevmorput' navegue polas costas galegas. O barco atópase avariado desde hai varias semanas preto das costas de Canarias, e podería supor unha ameaza no seu viaxe de retorno, pois leva a bordo un reactor de fisión nuclear KLT-40 cunha potencia de 135MW, alimentado con uranio 235. A través dun comunicado, a formación nacionalista advirte do "grave risco" que pode ocasionar esta embarcación, que ten previsto "achegarse nos próximos días ao corredor de Fisterra" cunha alerta por fortes ventos, ondas de até cinco metros e "dificultades de navegación". Pérez recorda que as nosas costas acumularon nos últimos años "innumerábeis e graves" accidentes marítimos e que, a pesar disto, o Gobierno "continúa sen tomar medidas". Además, Pérez ve "imprescindíbel" que a Mariña Mercante faga unha "monitorización continua" sobre a situación do buque, a súa localización exacta e a evolución da avaría "en tempo real", xa que considera que "non debe acceder ás augas das costas galegas nin empregar as rías como porto de refuxio ". |
NOS_13618 | "Queremos amosar o noso total rexeitamento á decisión do Concello de Ourense de retirarlle o apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense". Con esta clareza pronúnciase Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas. | A pasada semana, o alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome, anunciou que o consistorio deixaría de subvencionar o encontro teatral, organizado pola veterana e celebrada compañía Sarabela Teatro, e ao Festival Pórtico do Paraíso, dedicado á música clásica e académica. Segundo as súas declaracións, non proporcionaban retorno económico á cidade. Esta estreita visión economicista da cultura é refugada polo comunicado de Escena Galega. "O Festival de Ourense é un festival consolidado dentro do calendario cultural ourensán -e por suposto galego- e desde os seus comezos oferta programación escénica artellada por espectáculos de compañías galegas, mais tamén estatais e internacionais", afirma, "que dinzamiza a axenda cultural da cidade". O encontro xa viviu 11 edicións e nelas contou co financiamento non só do concello, senón tamén da Xunta e da Deputación de Ourense "independentemente da cor política dos mesmos". A asociación de empresarias do sector "quere rexeitar frontalmente a determinación do novo equipo do goberno municipal de desatender unha iniciativa como esta". A "falta de sensibilidade e interese" da que Escena Galega acusa a Pérez Jácome foi respondida por este cunha publicación desafiante na rede social twitter (en castelán): "Culturetas a min". |
NOS_52215 | O lugar da descuberta, o monte Ermelo de Bueu, dá nome a este mineral, o cuarto que se acha na Galiza ao longo da historia. | Persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) vén de realizar unha importante descuberta no monte Ermelo de Bueu: a ermeloíta, un mineral bautizado co nome deste espazo natural inédito até o momento no mundo. A ermeloíta foi recollida nun traballo de campo de José Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez e Manuel Cerviño, e as primeiras análises revelaron que non aparecía en base de datos ningunha a nivel internacional, segundo informan desde a USC. Agora a Asociación Internacional Mineralóxica (IMA, en inglés) recoñeceuna oficialmente. "Na Galiza descubríronse, ao longo da historia, tres minerais: a morenosita, a cervantita e a bolivarita, todos eles achados na metade do século XIX", sinala o responsábel da Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais da universidade, Óscar Lantes Suárez. Aínda non se pode determinar que posíbeis usos tería este mineral na industria ou a tecnoloxía Esta descuberta, precisa, "ten repercusións históricas por ser tan poucos os minerais que se descubriron desde a Galiza e reforza a importancia que teñen as investigacións sistemáticas realizadas no eido da mineraloxía, en especial no contexto xeopolítico actual no que a necesidade de materias primas estratéxicas é crítica". O fragmento achado no monte Ermelo é pequeno, polo que resulta complicado determinar que usos industriais ou tecnolóxicos podería ter este novo mineral, que podería atoparse tamén noutras contornas naturais de características semellantes. Composición química deste mineral. (Foto: USC) A apariencia da ermeloíta, sinalan desde a USC, é "masiva, microgranular e de ton case branco", unhas condicións que fixeron que pasase desapercibida dentro das pegmatitas —rocha ígnea de cor clara, grans grosos e composta basicamente por feldespato e cuarzo— e que se confunda "facilmente" con plaxioclasas —feldespato composto de sodio e potasio— ou outros minerais de cores claras. A Área de Infraestruturas e Investigación da universidade da capital galega está a desenvolver, xunto ao Museo de Historia Natural, unha investigación mineralóxica desde hai máis de 20 anos, que agora culmina con esta descuberta. |
NOS_35821 | O PP quere aprobar no Parlamento unha proposición para instar o Goberno español a adecuar a Lei estatal de saúde á xestión de pandemias. Mentres, o Hórreo xa acordou iniciar a defensa xurídica da Lei de saúde galega, recorrida ante o Tribunal Constitucional no seu artigo 38.2. Pola contra, a lei que permitirá crear unha universidade privada a Abanca non irá ao próximo pleno por un "erro" nos cálculos do PP. | O Parlamento galego aprobará -previsibelmente coa maioría do PP- unha proposición que os populares levarán ao pleno da próxima semana para instar o Goberno español a adecuar a Lei estatal de saúde á xestión de pandemias. Mentres, o Hórreo xa acordou iniciar a defensa xurídica da Lei de saúde galega, aprobada o pasado 26 de febreiro e recorrida ante o Tribunal Constitucional no seu artigo 38.2. Na iniciativa pídese ao Estado que proceda a "unha adecuación da lexislación orgánica en materia de saúde pública que achegue maior detalle e concreción" co fin de "proporcionar ás autoridades competentes o mellor marco xurídico posíbel". O portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy, indicou esta terza feira, 4 de maio, que unha vez remate o estado de alarma haberá que pedir permiso aos tribunais de xustiza se hai que adoptar medidas como a limitación de movementos e, se finalmente houbese que recorrer á xustiza, iso "non arranxaría, senón alongaría" os procesos de xestión. Olalla Rodil (BNG) insistiu en que a Lei de saúde galega é unha "chapuza legal" e reclamou ao Estado que dote as comunidades "de máis ferramentas" para adoptar medidas antes a pandemia. Pablo Arangüena (PSdeG), insistiu en que o Consello de Estado "avala" a presentación do recurso de inconstitucionalidade da lei galega e avogou por "modificala", para non "restrinxir" dereitos fundamentais. Un 'erro' atrasa a lei para a universidade privada Pese ao portavoz parlamentar do PP anunciar na segunda feira que o pleno da vindeira semana iniciaría a tramitación do proxecto de lei da Universidade Intercontinental da Empresa, a universidade privada impulsada por Abanca, e que os populares ben como "boa noticia", finalmente non figura na orde do día do pleno por un erro de coordinación e previsión do PP, que non sentou ben no partido, segundo indican fontes do Parlamento a Nós Diario. A cuestión é que a Xunta de Portavoces da Cámara decorreu onte sen que a Mesa da Comisión de Cultura, presidida pola popular Teresa Egerique, tivese cualificado e publicado as emendas á totalidade presentadas polo BNG e PSdeG, trámite ineludíbel para que o proxecto de lei vaia a pleno. Iniciativa Xabarín O pleno tamén debaterá a iniciativa popular promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e que recolleu máis de 33.000 sinaturas para instar a Xunta a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade a través dunha canle "Xabarín". Críticas á sociedade que xestiona os Next Generation por excluír as mulleres A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu unha carta ao presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, demandando que rectifique a "insólita e incomprensíbel decisión" de que o consello de administración da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos estea composto exclusivamente por homes. Tamén desde o BNG e PSdeG expresaron a súa conformidade coa exclusión das mulleres desta sociedade articulada pola Xunta para seleccionar e impulsar proxectos de empresas que se candidaten a fondos europeos de recuperación Next Generation e cuxo consello de administración foi presentado publicamente antonte. "Os Next Generation... tamén sen mulleres?", escribía en Twitter a líder do Bloque, Ana Pontón, mentres que a deputada socialista Noa Díaz cualificaba de "inasumíbel" que o órgano careza de mulleres, algo que ve "propio dunha mentalidade machista do século XIX". Díaz, que avanzou a presentación de iniciativas no Pazo do Hórreo sobre este asunto, puxo o acento en que "a reactivación da Galiza non pode facerse excluíndo máis da metade da sociedade galega". A cúpula da sociedade presídea o conselleiro de Economía da Xunta, Francisco Conde, e ten na Vicepresidencia o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas. Os seis conselleiros tamén son homes: Emilio Briquetas, director xeral de Raganosa; o titular de Facenda do Executivo galego, Valeriano Martínez, e o de Medio Rural, José González; José Eduardo Álvarez-Naveiro, directivo de Abanca; o ex presidente da Xunta Fernando González-Laxe, e o catedrático de Economía Aplicada Santiago Lago Penas. O secretario é o responsábel da asesoría xurídica de Abanca, Eduardo Cortizo. |
NOS_52049 | Edición especial polo medio milleiro de exemplares do semanario Sermos Galiza, cuxa empresa editora fixo dez anos o pasado 26 de abril. | E chegou o día! Na madrugada deste sábado saíu do prelo o número 500 do semanario Sermos Galiza e nestes intres xa está dispoñíbel nos quiosques de todo o país —acompañando o exemplar de hoxe do xornal Nós Diario— e máis na nosa loxa en liña. Este número especial poderá mercarse o sábado, o domingo e mesmo a segunda feira. Sermos Galiza leva unha década informando acerca de incontábeis temáticas de relevo e importancia para a Galiza con reportaxes sobre cultura, ciencia, investigación, sectores produtivos... A empresa, editora de Nós Diario, fixo dez anos o pasado 26 de abril, unha data que aproveitamos para dar a coñecer a nova edición dixital do xornal, cun deseño limpo e intuitivo que prima a fácil accesibilidade e pon o foco nas informacións de actualidade —combinadas, como non podía ser doutro modo, coas publicacións do papel—. É por estes motivos que non podiamos deixar pasar por alto a efeméride que supón o aniversario de Sermos. Para este tan especial número 500 o semanario achega dez entrevistas en 64 páxinas a persoas pertencentes a diversos ámbitos da sociedade galega. Xente nova, os alicerces do futuro dun país e que achegan as súas perspectivas e puntos de vista sobre os seus sectores. 96 páxinas por só tres euros —incluíndo as 32 do Nós Diario deste sábado—... Non deixes escapar esta oportunidade e visita o teu quiosque máis próximo! As entrevistas do 'Sermos 500' Entre as persoas entrevistadas para esta edición especial do Sermos Galiza, encóntranse Iago Valverde, arquitecto e colaborador do semanario e que afondará na arquitectura galega actual e a súa "boa saúde". Iago Valverde: "O que esconde a idea de feísmo é unha superioridade moral" Daniel González Palau, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e experto en relacións internacionais, aborda a situación da Galiza nun mundo cambiante. Daniel González Palau: "Lusofonía, Atlántico e diáspora son as chaves" Adrián Dios será outro dos entrevistados. É profesor de Historia Económica Mundial na USC e analizará o ámbito da enerxía e as crises financeiras, dúas cuestións chave de grande interese para a Galiza. Adrián Dios: "Temos un país con moito potencial en diversos ámbitos económicos" A quinxentésima edición do Sermos Galiza tamén contará con Iria Veiga, médica psiquiatra e divulgadora científica, que afondará na problemática da saúde mental así como dos retos de futuro que enfronta a ciencia e a medicina. Iria Veiga: "A saúde mental sempre é a última das prioridades malia ser das doenzas máis diagnosticadas" O biólogo lugués Roi Cuba, presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), relatará o legado do movemento ecoloxista galego a través das súas loitas históricas e analizará a situación en que se atopa a Galiza ante a proliferación de parques eólicos en territorio de especial interese ambiental ou ante do cambio climático. Roi Cuba: "Debemos defender nós o noso" O músico Alejandro Guillán, 'Baiuca', repasará a súa traxectoria e analizará diferentes trazos da súa música que recolle o valor do tradicional e mestura con novas sonoridades. Baiuca: "Cantar en galego xa é reivindicar, pero non cómpre dicilo na letra" Continuará o Sermos coa entrevista a Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística. Con ela abórdase a situación da lingua galega e a vulneración dos dereitos lingüísticos, principalmente no que ten a ver coa Administración e os poderes públicos. Elsa Quintas: "Queremos galego, en presente, con proxección de futuro" A escritora Arancha Nogueira será outra das entrevistadas. Relatará as súas perspectivas sobre a literatura galega actual e os retos de futuro. Arancha Nogueira: "O sector do libro galego está na vangarda e merecería ter unha visibilidade moitísimo maior" Pola súa parte, a actriz Melania Cruz analizará a situación do teatro e cinema galegos e as necesidades do sector. Melania Cruz: "O futuro pasa por ter claro que a cultura é algo no que hai que investir" Por último, a futbolista Paula Domínguez 'Pauleta' relatará as súas experiencias no deporte e abordará o machismo que se sofre no fútbol e a loita das mulleres para vencelo. Pauleta: "O fútbol feminino funciona, move xente, move valores" Unha aposta polo xornalismo independente Durante todo este tempo, primeiro Sermos e posteriormente Nós caracterizáronse por defender un xornalismo de calidade, independente e ao servizo dos intereses do pobo galego, algo que non tería sido posíbel de non ser polos centos de persoas subscritoras que confiaron, e seguen a confiar, neste proxecto. Cómpre lembrar, neste senso, que Nós Diario foi novamente a única cabeceira de tiraxe diaria que ficou excluída pola Xunta da Galiza do reparto de subvencións aos medios de comunicación impresos de 2022, unha decisión que agora se dirime nos tribunais. A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita É por iso que precisamos do teu apoio. Lembra que podes subscribirte, quer á edición dixital quer ao xornal impreso, a través desta ligazón para apoiar un xornalismo independente na Galiza e, sobre todo, ao servizo da cidadanía. |
NOS_14376 | A convocatoria feita pública esta segunda feira recolle mudanzas nos criterios de asignación das axudas á residencia. O Ministerio computará a vivenda d@ familiar máis próxim@ ao centro de estudos aínda "que non coincida co domicilio legal do solicitante" | Así o recolle a resolución de convocatoria das bolsas de axuda ao estudo para o curso 2013-2014. A norma atinxe ás ensinanzas superiores, non obrigatorias, universitarias ou non --agás doutoramento estudos de especialización e títulos propios de universidades. Inlúense pois as Formacións Profesionais de grao medio ou superior e as Escolas oficiais. A medida, que non foi anunciada polo executivo español, impedirá acceder a unha axuda de 1.500 euros a aquel@s estudantes que teñan un/ha familiar vivindo na mesma cidade ao considerarse que ese é o domicilio d@ solicitante en troca da súa residencia legal (alí onde está empadroad@). Entre as mudanzas que recolle a convocatoria estabelece unha serie de "obrigas" para @s estudantes que deberán "destinar a bolsa á finalidade para a que se concede", segundo recolle o texto. Entre elas re-embolsar a contía percibida nos supostos explicitados na propia resolución. Isto é, anulación da matrícula ou non ter superados os créditos exixidos. No caso das ensinanzas non universitarias, non ter asistido a un mínimo do 80% de horas lectivas ou non ter aprobados o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas. |
NOS_52274 | Na reunión do claustro volveuse rexeitar o plano plurianual e os estatutos da universidade, sometidos a votación por terceira vez, tampouco saíron adiante. Ambas as dúas cuestións son, para a organización estudantil, "mostras dun goberno sen apoios" | A organización estudantil Comités pediu esta terza feira a demisión do reitor da USC, Juan Casares Long, "pola incapacidade para facerlle fronte aos problemas que sofre a Universidade". Após a reunión do claustro, as persoas que representan esta organización estudantil recalcaron "o colapso" en que se atopa o proceso de matrícula, e atribuírono á "deficiente aplicación" da normativa de permanencia. Ao fío, Brais Pedreira, claustral e responsábel de campus dos Comités, considerou tamén que a equipa de goberno que lidera Casares Long é "incapaz" de sacar adiante o plan plurianual, rexeitado máis unha vez, e queixouse de que os estatutos da universidade, sometidos a votación por terceira vez na reunión de hoxe, "están aínda en dúbida". Ambas as dúas cuestións, dixo o estudante, "non son máis que mostras dun goberno sen apoios". Pedreira reclamou información sobre @s 2 mil estudantes afectad@s pola normativa, e informou de que non obtivo resposta da reitoría. Por todo o anterior, o responsábel de campus dos Comités lembrou a convocatoria de folga fixada para o 17 de outubro, concluíndo que "os recortes non serían posíbeis sen a complicidade da USC". Comités e Liga estudantil, as dúas organizacións maioritarias no eido institucional da USC, acordaron horas antes do claustro "unha distribución equitativa" nas comisións do claustro e do Consello de goberno, de tal xeito que cada unha terá tres representantes. Con este acordo "coidamos que queda asegurada unha presenza forte e decisiva do nacionalismo" nos órganos de decisión da USC. |
PRAZA_10109 | Ningunha praia de Guipúscoa e só dúas en Biscaia contan con esta certificación privada, despois de que nos últimos anos moitos concellos renunciasen a solicitala. Tamén está a ser posta en cuestión en Galicia por localidades como Nigrán, O Grove, Ribeira, A Pobra, Rianxo ou Barreiros | Galicia ten este ano o menor número de bandeiras azuis da última década, un total de 107, unhas 24 menos que hai catro anos. Nos últimos anos foron varios os concellos galegos que comezaron a renunciar a esta distinción privada. Por exemplo Nigrán, que se uniu a varias localidades da ría de Arousa (O Grove, Ribeira, A Pobra ou Rianxo) ou a Barreiros.Guipúscoa non ten bandeira azul ningunha, despois de que nos últimos anos todos os concellos foran renunciando a solicitalaEste movemento de retroceso das bandeiras azuis non é exclusivo de Galicia e de feito está a ser moito máis intenso noutros territorios, especialmente o País Vasco. Este ano en Euskadi tan só cinco praias contan con esta certificación: os areais de Ereaga e Arrigunaga, en Getxo (Biscaia) e tres praias interiores (Garaio, Landa e Ullibarri) no encoro de Zadorra, en Áraba. Guipúscoa non ten bandeira azul ningunha, despois de que nos últimos anos todos os concellos foran renunciando a solicitala, ao igual que a maior parte das localidades costeiras de Biscaia. A maior parte das vilas litorais vascas apostan por solicitar outro tipo de certificacións máis rigorosas e que priman máis os valores medioambientais, dende a ISO 14001 á certificación europea EMAS. Donosti abandonou a bandeira azul no ano 2003 e este ano veñen de facelo localidades como Hondarribia.A renuncia ás bandeiras azuis non é exclusiva de Euskadi. Nas Illas Baleares o seu número vén descendendo dende o ano 2016 e tamén en Asturias varias localidades, como Llanes, rexeitaron solicitar estas distincións nos últimos veráns. As bandeiras azuis teñen ademais uns elevados custos para os concellos, ao redor de 45.000 euros por praia, para facer fronte ás esixencias da empresa promotora: servizos de socorrismo, balizamento, rampas de acceso ou limpeza dos areais.Estas localidades están a optar por outro tipo de certificacións, dende a ISO 14001 á certificación europea EMASAs bandeiras azuis, que son outorgadas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), unha entidade privada coa que hai anos rompeu relacións a Unión Europea, son decote criticadas polos grupos ecoloxistas, que sinalan que estas certificacións priman unicamente a presenza duns determinados servizos nas praias, por riba dos seus valores naturais ou da súa conservación. Estes distintivos son empregados habitualmente, ademais, no debate político, sobre todo como un elemento de crítica aos gobernos municipais que deciden non solicitar esta certificación. Así mesmo, esta mesma semana o delegado de ENCE en Galicia, Antonio Casal, utilizou o feito de que cinco praias da ría de Pontevedra conten este verán cunha bandeira azul como un argumento en favor da salubridade da súa factoría de Lourizán. Para Casal, estas cinco bandeiras azuis son "outra mostra da calidade ambiental desta planta" |
NOS_16513 | O suplemento de 32 páxinas que se publica os sábados acompañando Nós Diario mantén a súa cita cos lectores e lectoras. Un número no que falamos de fotografía, de poesía, de fúbol e de moito máis. | As 32 páxinas do semanario Sermos Galiza chega aos quiosques este sábado co Nós Diario, cumprindo coa súa cita semanal cos lectores e lectoras malia a pandemia do coronavirus. 'O efecto Matilda na fotografía galega'. A invisibilidade que o labor científico da muller ten sufrido ao longo da historia ten un nome: o efecto Matilda. Porén, os homes nesgan e atribúense os éxitos e os descubrimentos das mulleres non só no eido científico. Toda actividade humana na que ela ten participado sufriu ao longo dos séculos idéntico resultado. Mesmo na fotografía. O desleixo pola obra das nosas primeiras fotógrafas comeza agora a ser reparado e os seus nomes a ser relembrados. As súas fascinantes historias espertan por fin para servirnos de exemplo. Unha reportaxe de Carlos Castelao. 'Tamara Andrés e Marcos Viso, aprendermos da imaxe'. Lois Alcayde Dans fala con Tamara Andrés e Marcos Viso, que comparten a autoría de 'Distancias', un conxunto poético editado por Galaxia no que, a través dos versos da poeta e as ilustracións do artista, descubrimos unha historia íntima que apela a unha memoria sen melancolía, ás imaxes remarcadas do máis próximo nunha narración en verso no que importan desde a métrica até a colocación das palabras, o golpe da imaxe e o paso das páxinas. "Falamos con eles arredor do seu proceso creativo, do seu traballo conxunto e de como concibe cadaquén a escrita e a ilustración, onde, sosteñen, cómpre repensar o papel actual da imaxe na literatura". O mundo do fútbol profesional e os cartos que se moven ao seu arredor converteron este deporte nun sector económico que achega riqueza e beneficios ao PIB galego. Máis de 200 euros por persoa é o que supón para a economía das cidades de Vigo, A Coruña e Lugo —as tres que contan con equipos nas dúas máximas categorías da Liga— a celebración de partidos durante as campañas ligueiras. Un tema do que nos fala Héctor Pena en 'Goles económicos'. O Colectivo Xea proponnos neste número un paseo polo litoral de Sanxenxo. O concello de Sanxenxo conta con 36 quilómetros de costa, nas rías de Pontevedra e Arousa, así como no mar aberto, con importantes valores naturais, especialmente na enseada do Umia e nos cantís e praias entre A Lanzada e Portonovo. Propoñemos un achegamento en coche aos puntos máis sinalados e de doado acceso, pois para coñecer a costa devagar son precisas varias xornadas facendo camiñadas . As propostas, suxestións e descubertas en literatura, cinema e música expándese a través de seis páxinas e o ramo póñeno as dúas páxinas da sección de cociña-. |
PRAZA_13601 | PSdeG e BNG lamentan que os conservadores lancen os cambios na estrutura interna da defensoría galega mentres está pendente o nomeamento do seu novo titular | A sombra política de Benigno López é alongada, case infinita, para os tres grupos parlamentarios galegos, se cadra un chisco máis para os que sentan na oposición. Cinco anos despois da elección de López como Valedor do Pobo os ritmos ordinarios da Cámara galega darían lugar a que, nestas semanas de inicio do verán, PP, PSdeG e BNG estivesen a negociar con máis ou menos normalidade o nome do novo ou nova titular da defensoría galega. Pero a formidable controversia creada o pasado maio polo alto comisionado ao defender publicamente os recortes sociais e apostar por unha paralización da Lei da Dependencia contaminouno todo. Esta circunstancia, engadida á crise económica e á proximidade dunhas eleccións que semellan cada vez máis inminentes derivou en que este xullo non se negocie -oficialmente- só a substitución que corresponde, senón tamén a modificación da estrutura da propia institución do Valedor, a instancias do Grupo Popular e cun clima menos propicio ao pacto do que sería desexable. Os conservadores defenderon, en sesión plenaria extraordinaria, unha modificación que presentan cun carácter case técnico e cunha intención fundamental: o "aforro do 15%" no custo da institución, pola vía da redución dos tres vicevaledores a un só que, ao tempo, asuma tamén as funcións da secretaría xeral do ente, de carácter eminentemente técnico. Nas filas de socialistas e nacionalistas non caeu ben a forma empregada para iniciar o proceso, unha proposición de lei do PP que converte a reforma nunha cuestión "de parte", di o nacionalista Alfredo Suárez Canal. Aínda menos gustou que o voceiro conservador, Pedro Puy, trasladase á oposición a situación de interinidade que vive o Valedor, cuxo labor está exercido en funcións por José Julio Fernández, ata maio vicevaledor a proposta do propio PP. Puy acusa a oposición de ter rebaixado a "autoridade" do Valedor coas súas críticas a Benigno López Esta, di Puy, é "unha situación que nós non provocamos". Ao seu xuízo, a dimisión de Benigno López foi un escenario político provocado por PSdeG e BNG. "Cando tomen decisións, pensen na súa causa e efecto", recomendou, nun contexto no que, na súa opinión, "a autoritas" desta figura estatutaria non se "rebaixa" propoñendo a súa reforma dende un partido e non dende o propio Parlamento, senón "cando se critica a un Valedor por expresar a súa opinión e despois de ser apoiado por esta Cámara". López fora elixido en tempos do bipartito, pero pola vía do pacto co PP. Reforma "innecesaria" se é só para aforrar Como Suárez Canal, tamén a voceira socialista no debate, Dolores Rodríguez Amoroso, dubida das intencións dunha reforma de "urxencia discutible", cuxa celeridade vén dada, ao seu xuízo, pola "situación de interinidade" na que se atopa a institución. Neste sentido, Amoroso coida que o PP tenta "axitar propagandisticamente" a cuestión da redución de postos "sen entrar no fondo" obviando, por exemplo, que para eliminar vicevaledores non cómpre modificación legal ningunha. "Por que suprimir os tres vicevaledores e non os asesores dos que pode dispoñer o Valedor? Por que non se profunda na transparencia?", pregúntase a parlamentaria, que observa na iniciativa defendida por Puy un capítulo máis de "falsa austeridade". A proposta saíu adiante cos votos afirmativos do PP e coa abstención de PSdeG e BNG "Utilizan a crise como coartada máis unha vez", acusou tamén Suárez Canal, para quen a reforma, "de aprobarse" sen cambios, suporía unha "degradación e gobernamentalización" da defensoría galega. "O argumento de que se persegue o aforro non se sostén", asegura o nacionalista, en cuxa opinión "o pertinente sería" que o texto presentado polo PP fose "retirado" e se "iniciase" un novo, a través dun relatorio tripartito. Finalmente esta retirada non se produciu e a proposta saíu adiante. Fíxoo cos votos a favor do PP e coa abstención de PSdeG e BNG, que agora tentarán introducir cambios no texto mentres, paralelamente, continúan a negociar con máis ou menos discreción o nome dun novo Valedor ou Valedora que podería, así e todo, non ver a luz ata despois das vindeiras eleccións. |
NOS_2756 | Con A identidade fascinada (Galaxia) o escritor Antonio Piñeiro leva á literatura a Compostela universitaria dos anos oitenta e a fin dun tempo que sitúa na noite na que a explosión na discoteca Clangor puxo fin a unha etapa de entusiasmo. Como unha "novela híbrida" define esta nova obra, que ten elementos da novela, da autobiografía, do ensaio ou da crónica. | -A identidade fascinada responde a un momento biográfico e histórico concreto. O tempo universitario na Compostela dos anos oitenta. Foi un tempo no que se deu unha renovación da identidade, un sentir novo que resultou por fascinación por un cambio tan repentino. Nunca á cidade e á súa Universidade chegara tanta xente, todos nacidos do boom dos anos cincuenta e da década dos sesenta. Foi unha explosión inmensa na cidade. "Nunca á cidade e á súa Universidade chegara tanta xente, todos nacidos do boom dos anos cincuenta e da década dos sesenta. Foi unha explosión inmensa". -Sen ser un libro autobiográfico, é testemuño de alguén que viviu ese tempo? Ten moito de primeira persoa real, de vivencia narrada, aínda que tamén agroma o elemento documentalista. Resulta sorprendente que este tema non se tocase moito na literatura e, para o meu ver, a Compostela universitaria dos anos oitenta é un tema narrativo e ensaístico digno de explorar. Esa etapa ten unha personalidade irrepetíbel. Daquela había entre sesenta e setenta mil estudantes. Iso xa non se repetiu e marcou o momento. Estou certo de que vai aparecer máis na literatura, porque é unha trabe de ouro que se acabará por descubrir. Ten interese desde todos os puntos de vista, mesmo comercialmente. -A identidade fascinada é crónica, novela, ensaio...? Ten estilo narrativo de novela híbrida, que existe en Francia mais menos no noso ámbito, cun autor que fai un relato que discorre pola vía da realidade. Literatura da realidade, digamos. No meu caso, o pretexto é a marca vivencial que deixou en min aquel tempo; a pegada intensísima. -Xesús Ron, Pilar Candocia, Néstor Rego... son algúns dos nomes que aparecen no seu relato, dunha xeración que agora está nun momento de madurez. Que foi dela? Moitos convertéronse en persoeiros e adícanse a distintos aspectos da vida pública. Para definirmos o conxunto desa xeración, poderiamos dicir que eran incribelmente activos; grandes personalidades con presenza en moitos ámbitos, do cultural ao político, e no debate continuo. As ganas de vivir e de facer notábanse. Cando ías polas noites de Compostela atopabas a todos por un lado ou por outro, coma unha marea que se cruzaba. Aquela cidade de pedra fora humanizada. "Eran incribelmente activos; grandes personalidades con presenza en moitos ámbitos, do cultural ao político, e no debate continuo. As ganas de vivir e de facer notábanse" -Dalgunha maneira, na obra conflúen unha liña de forte presenza cultural e movida nocturna con outra de eclosión política. Onde se sitúa Clangor? Clangor tivo a mala sorte de ser o epicentro que marcou a fin da etapa. Tivo, en cambio, a boa fortuna de ser o centro onde se manifestou esa identidade nova. O episodio do estoupido, cos mortos e danados, fixo coincidir o seu final co remate da etapa naquel 1990. Todo estaba moi vivo, mais tamén coa división universitaria en tres campus comezou a esmorecer. -Que o levou a pensar entón ese acontecemento como fin dun tempo? En Clangor pasei moitos momentos. Situabámonos ao carón do baffle que estoupou, entre a pirámide e a porta. Foi un espazo vivido que sufriu logo esa casualidade: un dos puntos máis ferventes da noite, é tamén o que lle pon a chave de peche, sen intención. -Compostela era tamén naquel momento a esperanza: fillos e fillas de familias que nunca estudaran confiaban na Universidade para un futuro mellor. Tamén iso rematou e os estudos universitarios deixaron de ser garantía... Clarisimamente. A xeración que agora anda nos cincuenta anos era a xeración da esperanza, e boa parte está agora nos centros de acción da nosa sociedade. Aquel foi un momento explosivo que tampouco se podía soster no tempo indefinidamente. Esa xeración pasou por aquel momento que foi de excelencia, dun preciosismo incomparábel. Contra o que se poida pensar, tampouco tiñamos un peso no peto. Era o momento da reconversión naval e moitas familias tiñan que soportar uns créditos altísimos. Había moito medo. Nese caso, podería haber comparación co que agora se vive. -"O temario, a fotocopia, o prato combinado, o Ensanche, o vaso de tubo". A prosaica enumeración do inicio do relato semella unha chiscadela a quen compartiu con vostede ese tempo... A idea naceu espontánea. Era o que marcaba aquela época. O ritmo da vida baseábase na mesa do cuarto, a biblioteca, a fotocopia, o vaso... Estabamos en todas partes, era unha conversa continua e unha tentativa sen fin por nos atoparmos na cidade. -Son moitas as referencias culturais que aparecen no libro, mais unha con especial forza, Crime en Compostela, de Reigosa. Este libro busca, de igual maneira, abrir novas vías literarias? Admiro a Reigosa e considero que a súa obra ten unha especial repercusión, sobre todo naquel tempo, no que iniciou un camiño novo na nosa literatura. Oxalá o meu libro adiantase tamén novos vieiros, mais o que desexo é que abra as portas da emoción dos lectores. A satisfacción é dar fe dese momento vivido, da súa memoria, e trasladar ese gozo é o meu meirande desexo. -Vostede presentouse e gañou numerosos premios e iniciou a súa carreira na poesía. Que supón este novo libro, que nace sen premio e en narrativa? A clave coa que traballo é sempre a exploración, o ensaio continuo. Non teño présa nin degoiro, nin centro o meu esforzo na publicación. No que me sinto cómodo é no traballo diario, na descuberta da frase, na beleza da literatura. Esta obra é parte desa exploración, un ensaio narrativo distinto, onde se entrecruzan ensaio, novela e mesmo lirismo, porque na miña obra o poético está detrás de todo. -Que razóns levan a un escritor e profesor a botar a andar un selo editorial como Bourel? Era a maneira de situar no público novas obras, mais con calma, con tranquilidade, e tamén con fasquía artística. De novo, a exploración, traballar no libro de artista, no libro-peza, diriamos, como unha forma singular de expresión. Gústame entrar na carne do libro, e Bourel responde a unha inquedanza por tocar ese territorio. Esta entrevista saíu publicada, canda un adianto editorial da novela, no n. 132 do semanario Sermos Galiza, disponíbel na nosa loxa. |
PRAZA_2520 | Un informe sobre o sector destaca que Galicia é a única das dez principais rexións lácteas da UE que non fixo un investimento industrial importante nos últimos anos. O FEG critica o acordo lácteo por nacer "coxo" e reclama ao Goberno galego que logre o "compromiso" das industrias co país | Pouco investimento industrial, nulo valor engadido e solucións conxunturais e temporais que non acaban por entrar no fondo da problemática. Así resume o Foro Económico de Galicia (FEG) a situación do sector lácteo galego, do que destaca a súa importancia pero tamén as súas eivas e as das administracións á hora de asegurarlle un futuro esperanzador e rendible. Galicia é a única das dez principais rexións lácteas da UE que non fixo un investimento industrial importante nos últimos anos Tal e como destacou este martes en rolda de prensa o profesor de Economía Aplicada da USC Edelmiro López, Galicia é a única das dez primeiras rexións lácteas da UE que non rexistrou investimento industrial ningún importante -superior aos 20 millóns de euros- nos últimos anos (no período 2012-14). Así se detalla no informe sobre o sector elaborado por este experto para o FEG (O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado. Estratexias e políticas ante a desaparición do sistema de cuotas na UE). Galicia é a novena rexión europea en produción leiteira pero a única na que nos ultimos anos non se investiu en ningunha industria de transformación e deivados lácteos, proxectos que se centran nos lugares "próximos aos centros de consumo e non a onde está a oferta de materia prima". Por iso, o FEG insisten na necesidade de ir "máis aló" do conxuntural á hora de analizar os problemas do sector láctego galego. Edelmiro López pide á Xunta, por exemplo, que logre de Lactalis "un compromiso con Galicia" para que pase a ser "o Citroën do lácteo" en lugar de operar no país "sen implicarse". O FEG pide á Xunta que logre de Lactalis "un compromiso con Galicia" para que se converta "no Citroën do lácteo" Porque a porcentaxe de leite transformado en cooperativas é do 7% en Galicia, fronte ao 97% de Irlanda, o 91% de Dinamarca ou o 87% de Holanda. Ao tempo, o profesor destaca a "carencia" de instalacións para producir leite en po en Galicia e chamou a que os gandeiros de "impliquen" en proxectos industriais e reformulen as súas producións para centrarse, por exemplo, no queixo, que é menos vulnerable ás tensións internacionais. Segundo o informe do FEG, a industria transformadora tan só engade "26 céntimos a cada euro de produción láctea", baseándose sobre todo nos cartóns de leite, sometidos á "fortísima volatilidade" ao que se engaden problemas como a "dependencia" que as explotacións galegas teñen dos cereais importados. Por iso, Edelmiro López insiste tamén na necesidade de terreo, de "hectáreas adicionais", ata unhas 130.000 máis no país para chegar ás 350.000. Ademais, o profesor tamén insiste nos "deberes sen facer" ante a eliminación de cotas, aínda que cre que aínda hai tempo. Edelmiro López aposta por unha reforma agraria "adaptada ás condicións do século XXI" para acadar a base territorial necesaria Para o FEG, é necesaria unha reforma agraria "adaptada ás condicións so século XXI" que se basee na "mobilización efectiva" de terras e non tanto en tocar a propiedade. Tamén recomenda nosvos sistemas produtivos "menos dependnetes de insumos externos" aumentando a base territoriale reorientando as axudas, así como aumentar o tamaño das industrias ou que o apoio público a estas sexa "máis selectivo". "Hai que evitar o uso de fondos públicos para crear o u manter zombis empresariais" como Alimentos Lácteos, dixo. Por outra banda, López censurou o acordo lácteo asinado entre o goberno, a industria, a distribución e só unha pequena parte dos produtores. Cre que "naceu coxo porque a maior parte do sector quedou fóra" e, sbore todo, porque só se establecen "acordos de intencións" Para o profesor, é claro que non se poden determinar os prezos desde as administracións, pero si "que os compromisos que se establecen inclúan sistemas de control e un sistema sancionador", dúas das reivindicacións de SLG e UUAA, que acabaron por non asinar o pacto. A FEG considera "coxo" o acordo lácteo e insiste en que as administracións si poden impoñer "sistemas de control e sancións" "Aí é onde si entra o Goberno", insistiu López, que insiste en que o acordo de setembro "non conta con ese tipo de mecanismos". "Si é posible desde os gobernos crear as condicións para que entre gandeiros, industria e distribución cheguen a cordos para garantir un prezo mínimo"", insistiu, "que é o que sucedeu en Francia", rematou. Precisamente, e ante a situación de crise do sector, o sindicato Fruga calcula que unhas 80 explotacións lácteas pechan cada mes polos baixos prezos do leite e advirte que o importe que se lle está a pagar aos gandeiros segue sen cubrir os custos de produción. Tal e como destacou Praza, o leite galego seguiu por baixo do prezo de custo mesmo no mes da gran tractorada. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.