ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_8566 | El Congreso debate este xoves como eliminar lugares militares e civís dos mapas online "por motivos de seguridade nacional". O problema é que a lei española non pode obrigar a empresas estranxeiras a eliminar partes do mapa. | O Partido Popular quere ocultar zonas de Google Maps e outros mapas online porque "algúns grupos terroristas recoñecen publicamente" o uso desta tecnoloxía para "a elaboración dos seus ataques", segundo unha iniciativa popular que chega este xoves á Comisión de Defensa do Congreso. A redacción da proposta esfórzase en destacar as virtudes da tecnoloxía para que non pareza unha iniciativa que vaia en contra dos novos tempos. "O desenvolvemento das novas tecnoloxías mellorou en moitos aspectos a nosa calidade de vida", empeza dicindo o texto, que logo nos explica que, grazas a Internet, temos "a posibilidade de renunciar aos vellos rueiros e planificar viaxes ou simples desprazamentos facendo cambios en tempo real"; e máis: "seríanos difícil volver entender o mundo sen eles, volvendo ao mapa e o compás". "Algúns grupos terroristas recoñeceron publicamente o uso destas ferramentas para a elaboración dos seus ataques, mostrando o límite do uso indebido destas tecnoloxías", di o PP Despois desta introdución, chega o gran. "Con todo, estas tecnoloxías, como todas, poden ser usadas ás veces en fins non desexables". Os mapas en Internet, cartografías realizadas vía satélite e de moito detalle, proporcionan "informacións de enclaves sensibles (non só militares)" que poñen "en risco a Seguridade Nacional e a estabilidade internacional", dise. "Algúns grupos terroristas recoñeceron publicamente o uso destas ferramentas para a elaboración dos seus ataques, mostrando o límite do uso indebido destas tecnoloxías", di o PP. "É obvio que o terrorismo non existe por culpa destas novas formas de acceso á información cartográfica, pero si poden facilitar a comisión de actos terroristas se non se protexe debidamente a difusión de datos sobre instalacións sensibles", conclúe. A lexislación actual sobre materias clasificadas xa inclúe a protección de zonas sensibles e clasifica como "material segredo" calquera fotografía comprometedora. A clave está en que "a información está localizada" en servidores fóra de España e "non existe lexislación internacional ou acordos referentes á difusión por parte de empresas privadas de información relevante para a Seguridade Nacional". Se a iniciativa é aprobada, o Goberno elaborará un estudo sobre que zonas hai que solicitar a Google que borre do mapa A pesar diso, a proposta considera que hai un problema e unha solución que buscar: as "dificultades non deben impedir que se adopten medidas" e fai referencia directa a que as zonas "designadas como sensibles" sexan "pixeladas ou difuminadas" para facer "imposible extraer información útil delas". "É obvio que o terrorismo non existe por culpa destas novas formas de acceso á información cartográfica, pero si poden facilitar a comisión de actos terroristas se non se protexe debidamente a difusión destes datos sobre instalacións sensibles", argumenta o Grupo Popular. Se a iniciativa é aprobada, o Goberno elaborará un estudo sobre os efectos dos mapas "como fonte de información aberta" en materia de Defensa e de que zonas hai que solicitar a Google que borre do mapa. |
NOS_30273 | Que horizontes se perfilan para a Cuba posbloqueo? Dende a illa, responden para o A Fondo que se cociña para esta quinta feira voces tan comprometidas co seu país como ignoradas dende fóra. | -Que enfoque lle quixeches dar a este A Fondo sobre a Cuba post bloqueo? -Basicamente, quixen contextualizar e fixar os parámetros esenciais do novo tempo que está a vivir o país. -O teu artigo titúlase "Cuba importános". Por que Cuba é importante para nós? -Hai moitos vínculos históricos e culturais importantes, pero importa, sobre todo, porque é o referente hoxe para calibrar a posibilidade aínda dunha evolución humanista á crise dos modelos socialistas. -En que medida neste A Fondo se achegan claves diferentes ás que se barallaron, no noso contexto mediático, do momento que está a vivir Cuba? -Procura dar voz a figuras internas, coñecedoras e comprometidas co seu país e a súa evolución endóxena, ignoradas fóra. -Agás a túa, todas as colaboracións son feitas dende Cuba. Cal é o perfil das persoas que colaboran neste A Fondo? "Cuba vai ter que introducir cambios importantes no seu modelo económico e iso terá consecuencias sociais e políticas." -Ademais da colaboración dun experto estadounidense, procuramos achegar as opinións fundamentadas de economistas ou sociólogos que recoñecen as eivas internas e apostan por unha transformación que non perda de vista as orixes. -Pódesme presentar brevemente ás e aos colaboradores deste A Fondo? -Jared Larson é un profesor estadounidense que ven colaborando de vello co IGADI. Os profesores Julio Díaz e Ricardo Torres teñen un profundo coñecemento do funcionamento da economía cubana. Soledad Cruz é todo un referente na illa pola súa actitude crítica e ao tempo comprometida. Juan Valdés é toda unha autoridade como vén de certificar o recente outorgamento do Premio Nacional de Ciencias Sociais. -Que temas concretos se abordan no suplemento? -Préstase importancia á economía porque na solución deste problema reside gran parte das expectativas que rodean o proceso actual, pero hai unha visión transversal que afecta a todos os aspectos do presente e futuro cubano. -Que te decidiu por Juan Valdés, o actual Premio Nacional de Ciencias Sociais en Cuba, como entrevistado? Que nos achega a súa visión? Ten unha perspectiva realista e construtiva á vez do proceso a seguir e aposta por afondar no fortalecemento institucional con bases solidamente democráticas. -Dende a túa perspectiva, nostalxia ou esperanza fronte aos cambios que se anuncian? -Non hai motivos para a nostalxia. É unha gran oportunidade para saír dunha canella sen futuro. -Na túa opinión, Cuba conseguirá o equilibrio entre unha maior apertura sen comer o cebo capitalista? "É agora cando hai que elixir de verdade e o reto maior é ser capaz de construír un modelo con maiores doses de xustiza, de liberdade e de democracia sen perder a base humanista que fundamentou a revolución." -Cuba vai ter que introducir cambios importantes no seu modelo económico e iso terá consecuencias sociais e políticas. Que axuden a construír unha sociedade cun novo equilibrio entre xustiza e liberdade dependerá de moitos factores, pero a clave última reside na propia sociedade cubana. -Hai uns anos escribiches Cuba, independencia e revolución (edicións do Cumio, 1998). Se tiveras que escribir de novo un libro sobre Cuba, como o titularías? E que enfoque che prestaría darlle? Poríalle unha gran interrogante. É agora cando hai que elixir de verdade e o reto maior é ser capaz de construír un modelo con maiores doses de xustiza, de liberdade e de democracia sen perder a base humanista que fundamentou a revolución. |
NOS_45403 | O aspirante favorábel á UE e a OTAN é o principal candidato á vitoria nuns comicios nos que non participarán Crimea, Lugansk e Donetsk e sobre os que o presidente de Rusia, Vladimir Putin, afirmou que "respectará os resultados". | Millonario dono dunha empresa de chocolates, sobre o que existen bastantes dúbidas en vista do enriquecemento que obtivo após o seu paso hai anos polo ministerio de Desenvolvemento Económico, da man do propio presidente de Ucraína deposto, Viktor Yanukovich, pero máximo favorito para gañar as eleccións que este domingo celebra o seu país, ou o que queda del desde que a revolta de Maidán -con apoio da UE e a OTAN e mesmo liderada por sectores neo-nazis- depuxo ao goberno saído da última chamada ás urnas. Ese é Petro Poroshenko. As eleccións presidenciais celébranse este domingo nunha Ucraína diminuída logo de perder varios territorios no leste, como Crimea, Lugansk e Donetsk, que se autodeterminaron. Alí non haberá comicios, seguen os enfrontamentos armados. No resto do que aínda algúns organismos internacionais consideran Ucraína, Poroshenko até é viábel que obteña a vitoria directa, que logo terá que levalo a un camiño cheo de incógnitas que afectan ao futuro inmediato do país nas súas relacións coa UE, con Rusia, e coas comunidades escindidas, onde a forza segue a estar en mans dos rebeldes, malia a ofensiva do exército do leste. Sospeitoso Mais Poroshenko está baixo sospeita. Só un 4,4 por cento da poboación cre que o empresario de 48 anos é un home "honesto", segundo unha enquisa realizada o pasado mes de abril por catro institutos sociolóxicos do país. Con todo, e malia a tensión existente, o presidente de Rusia, Vladimir Putin, afirmou que respectará a decisión que adopte Ucraína nas eleccións presidenciais e manifestou a súa vontade de cooperar coas autoridades electas, segundo fixo saber nunha comparecencia durante o Foro Económico Internacional que se celebra en San Petersburgo. Nese mesmo escenario, Putin mostrou a súa preocupación polo feito de que "radicais ucraínos poidan cortar o subministro de gas de Rusia ao resto de Europa". |
NOS_26838 | A compañía fechou en marzo os seus 502 estabelecementos en territorio ruso, dos que 86 son de Zara. | Inditex está a estudar a posibilidade de vender o seu negocio en Rusia, polo que as tendas de Massimo Dutti, Oysho ou Zara Home abandonarían o mercado ruso por completo. Porén, podería seguir operando no país con Zara, que cambiaría de nome. A crise non afecta Inditex: aumenta os seus beneficios en 80% no primeiro trimestre Segundo informa o medio ruso Kommersant e recolle Europa Press, a compañía fundada por Amancio Ortega está a considerar a posibilidade de transferir os seus activos rusos a socios dun país "amigo", por exemplo, do sueste asiático ou do Golfo Pérsico. Fontes consultadas por Kommersant explicaron que a transferencia do negocio ruso de Inditex aos socios levará de seis meses a un ano. O conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, afirmou esta terza feira que a compañía segue prestando apoio aos seus equipos en Rusia e Ucraína desde que o pasado mes de marzo suspendese as súas operacións en ambos os mercados co inicio da guerra. Inditex incrementou en 41% os seus beneficios no primeiro semestre do ano fiscal "Seguimos monitorizando a situación e valorando distintas alternativas", sinalou o conselleiro delegado tras desvelarse que a compañía estuda a venda da maioría das súas tendas en Rusia. Tamén indicou que o pasado mes de xuño a empresa facilitou 216 millóns de euros para cubrir os gastos estimados até o feche do presente exercicio en ambos os países. 502 tendas en Rusia O pasado mes de marzo, días despois de que comezase o conflito bélico en territorio ucraíno, Inditex decidiu fechar as súas 502 tendas en Rusia, o seu segundo mercado despois do Estado español, con máis de 9.000 empregados, e suspender a venda 'en liña' neste país. Deses 502 estabelecementos, 86 son de Zara. Inditex fecha as súas 502 tendas en Rusia, con máis de 9.000 empregados Rusia constitúe perto de 8,5% do resultado neto de explotación (Ebit) global do grupo. En concreto, o resultado antes de impostos deste mercado foi de 86 millóns de euros en 2020 (229 millóns de euros en 2019), cunhas vendas próximas a 5% do total, o que supón máis de 1.000 millóns de euros. A multinacional, presidida por Marta Ortega, resaltou nese momento que todas as tendas operaban en réxime de alugueiro, polo que o investimento non era relevante desde o punto de vista financeiro. |
NOS_57821 | Un exercicio didáctico mestura música e audiovisual para promocionar a música galega entre o alumnado. Nesta edición o gañador foi Pedro Gil co tema musical A Granxa de Alexandre dos Ataque Escampe. | No IES Pintor Colmeiro de Silleda levan varios anos promocionando a música galega e o audiovisual entre o alumnado. Primeiro foi co lipdub polo galego realizado en abril de 2010 en que reivindicaban con humor a normalización do uso da lingua galega. O seu traballo chegou a ter máis de 17.000 visualizacións en You Tube. O título deste lipdub, Galegando, buscou a complicidade da canción de Lady Gaga, Alejandro, como tema musical do videoclip. O responsábel deste proxecto e director do centro é Suso Fernández. Sulleiro, tamén puxo en marcha o ano pasado outra idea para que a mocidade se achegue aos grupos de música galegos: o Videoghit. Como exercicio didáctico o alumnado realizou vídeos cunha base musical e imaxe propias. Ao remate entréganse uns premios ao estilo das grandes galas de cine. O premio especial do Concello de Silleda foi para Ramón Blanco e Esteban de la Fuente por 'Lacón con grelos' Nesta segunda edición o xurado, Severiano Casalderrey (director do festival Anirmau), Afonso Leal (coordinador de Queremos galego no Deza) e Rocío García (xornalista), escolleron como mellor traballo o de Pedro Gil co tema musical A Granxa de Alexandre dos Ataque Escampe. Tamén levaron un recoñecemento os videos de Beatriz Espiño (Il mondo va bene), Taia Couso (O fillo do mar), Laura Castiñeiras (Xirarei). Tamén houbo premios á mellor actriz (Rebeca Sesto por Miña terra galega) e ao mellor actor (Luís Balo por Prefiro bailar twist). Por último o premio especial do Concello de Silleda foi para Ramón Blanco e Esteban de la Fuente por Lacón con grelos. |
PRAZA_17666 | O Goberno galego externalizou a súa xestión en 2006 argumentando que carecía de persoal propio para operalos pero nada fixo en máis dunha década para reverter a situación HEMEROTECA | A Xunta leva unha década prorrogando o contrato de barcos de Gardacostas por 6 millóns ao ano | HEMEROTECA | A Xunta leva unha década prorrogando o contrato de barcos de Gardacostas por 6 millóns ao ano O Goberno galego vén de prorrogar por décimo sétima vez o contrato co que en 2006 privatizou á empresa Remolcanosa a xestión dos seus catro maiores barcos do servizo galego de Gardacostas. Daquela a Xunta argumentou que non dispuña de funcionarios capacitados para operar eses buques, que son propiedade autonómica, pero nada fixo en máis dunha década para formar o persoal propio ou dotarse del e recuperar así a xestión pública dun contrato que lle custa uns 6 millóns de euros ao ano. O Goberno galego externalizou a súa xestión en 2006 argumentando que carecía de persoal propio para operalos pero nada fixo en máis dunha década para reverter a situación Aquel contrato tiña un prazo de dous anos pero prorrogable ata un máximo de 25 anos, e así o vén facendo desde aquela con renovacións cada poucos meses en vez de convocar un novo concurso público. Agora o Goberno galego acaba de comunicar ao Parlamento que o Consello da Xunta, nunha das súas reunións semanais tras a que non informou desa decisión, autorizou unha modificación orzamentaria para facer fronte a esa última prórroga. Na documentación sinálase tamén que, de seguir prorrogando ese contrato ata 2031, data máxima, a Xunta deberá desembolsar aínda 84 millóns de euros máis por ese servizo externalizado, a unha media de seis millóns ao ano. Mentres a vintena de lanchas menores de Gardacostas son tripuladas exclusivamente por persoal propio con consideración de axentes da autoridade, os catro barcos maiores son operados por traballadores da privada Remolcanosa Tras a catástrofe do Prestige, na que quedou en evidencia a escaseza de recursos da Xunta para afrontar unha emerxencia dese calibre, o Goberno galego encargou a construción dun remolcador de altura, o Sebastián de Ocampo, e dun buque de salvamento, o Irmáns García Nodal. Botáronse a principios de 2005 e, sumados ao preexistente buque de ensinanza pesqueira Valentín Paz Andrade e á patrulleira Paio Gómez Chariño, cedida polo Estado, os catro barcos pasaron a conformar a flota maior de Gardacostas de Galicia, que conta tamén con unha vintena de lanchas. Porén, mentres as lanchas son tripuladas exclusivamente por persoal de Gardacostas, que teñen a consideración de axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, os catro barcos maiores son operados por traballadores da empresa privada Remolcanosa, mentres que os gardacostas viaxan neles como pasaxeiros, o que limita a súa capacidade de libre disposición dos buques. Así o decidiron tanto o último Goberno de Manuel Fraga como o bipartito de PSdeG e BNG, argumentando, nun concurso público xestionado a medias entre 2005 e 2006, que a administración "non dispón dos medios necesarios para o seu mantemento e operatividade, ademais de que non existe nos seus cadros de persoal traballadores cualificados para o desenvolvemento das actuacións". A empresa que opera os catro barcos da Xunta é propiedade do Grupo Nosa Terra XXI ao que tamén pertence o hospital concertado Povisa Así que desde 2006 o persoal o pon a viguesa Remolcanosa, unha das principais empresas de remolcadores de Europa e orixe do Grupo Nosa Terra XXI, presidido por José Silveira, propietario tamén da naviera Elcano e do Hospital Povisa -concertado co Sergas, o principal do Estado nesta modalidade-. A cambio, a Xunta vén pagándolle uns seis millóns de euros cada ano, contía similar á que calcula que deberá seguir pagando se lle segue prorrogando o contrato ata o máximo de 2031. A contía anual da externalización da operación deses catro barcos é similar tamén ao que custan os salarios dos aproximadamente douscentos membros do departamento de Gardacostas que son persoal da propia Xunta. Malia que o argumento que permitiu a privatización do servizo foi que a Xunta non dispuña de persoal preparado para operar os barcos, neste tempo os sucesivos gobernos galegos nada fixeron para dotarse del. Nin convocaron oposicións coas cualificacións necesarias, nin formaron o persoal do que xa dispón Gardacostas para que puidese asumir a operación dos barcos. En maio do pasado ano o PP rexeitou de xeito expreso no Parlamento recuperar a xestión pública deses catro barcos de Gardacostas de Galicia Por outra banda, traballadores consultados por este diario aseguran que entre as arredor de duascentas persoas que forman o corpo de Gardacostas xa existe persoal coa titulación necesaria para operar os barcos. E salientan que boa parte do custo do contrato de xestión dos buques vai destinado ao pago de salarios dos traballadores de Remolcanosa, xa que os barcos navegan pouco. Malia esta situación, en maio do pasado ano o PP rexeitou de xeito expreso no Parlamento recuperar a xestión pública deses catro barcos de Gardacostas de Galicia. |
NOS_45109 | Neste número analizamos polo miúdo o brutal accidente ferroviario da Grandeira. Tamén falamos coa xente que traballa no verán, entrevistamos a Bautista Álvarez e intentamos determinar o impacto na economía galega da venda de NGB | Máis un Sermos Galiza na rúa. Desta volta, o 58. Un semanario que se centra na traxedia ferroviaria de Angrois. Un sinistro que evidenciou deficiencias, erros e carencias dunha alta velocidade que na galiza non é tal. Falamos cos veciñ@s de Angrois, con maquinistas, con enxeñeiros, con sanitari@s, con representantes políticos... Todo para responder ás múltiples interrogantes abertas na peor traxedia terrestre da Galiza moderna. Tamén nos achegamos neste número á xente para a que o verán é traballo, non lecer. Tendeira de barrio, socorrista, pementeiras...sete voces para sete historias de traballador@s no verán. Que significaría para a economía de Galiza a venda de NGB a un gran banco español, tal e como ten na súa folla de ruta o goberno do Estado?. Achegamos as chaves para entender ese impacto, no que estaría na corda bamba até o 12% da riqueza xerada no noso país. Das touradas á dragaxe Tamén quixemos neste Sermos Galiza botar un ollo ao declive das touradas, unha 'festa' que esmorece entre a indiferenza de moit@s e o rexeitamento activo de sectores cada vez máis amplos. E explicamos a denuncia contra a Xunta pola dragaxe de Ferrol. Seguimos conmemorando os 150 anos de 'Cantares Gallegos', adentrámonos nun verán de crise no que a música procura sobrevivir e entrevistamos a Bautista Álvarez co gallo da publicación por Xerais de 'Retallos daquela infancia'. "Escribo para divertirme". Por Fisterra Na sección de Viaxes na miña Terra percorremos Fisterra da man do colectivo Xea, gozando de solpores, itsmos e lendas como om da Orca Vella.Non pasamos por alto a aparición de 'Oink' e aledámonos porque o Xabarín ten revista Todo isto, e moito máis, neste Sermos Galiza. |
PRAZA_5237 | A manifestación, convocada polos comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene, rematou na Praza de Armas, onde Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, leu un manifesto que reclamou carga de traballo para o sector naval. | Os habitantes de Ferrol e a súa comarca volveron saír á rúa este domingo, unha vez máis, para deixar claro que a demanda de solucións para o sector naval é unha reivindicación unánime en Ferroltera. Ao redor de dez mil persoas marcharon polas rúas do centro da cidade dende o Inferniño, convocados polos comités de empresa de Navantia en Ferrol e Fene, nunha manifestación que rematou na Praza de Armas, ante o Concello. Alí, o xornalista Germán Castro, ex director do Diario de Ferrol, leu un manifesto que sinalou a situación "dramática" da zona, a peor, segundo salientou, das que recorda, despois de décadas de profesión. O manifesto tamén denunciou o "esquecemento institucional" e as "falsas promesas" dun "goberno xordo e cego". A protesta foi masiva e diversa porque a cidadanía ferrolterrá é consciente de que o problema vai moito máis aló dunha reivindicación laboral dos traballadores dos estaleiros. A crise na comarca, cuns índices de desemprego moi superiores á media galega, e cun tecido industrial e comercial en regresión, non admite máis esperas, despois de anos de promesas incumpridas e de procesos en marcha, coma a petición para o levantamento do veto á construción civil ou o proxecto de construción do dique flotante, que se atascan entre os despachos dunhas e doutras administracións. Os líderes sindicais sinalaron a importancia da recuperación do sector naval para que o conxunto da economía da comarca volva funcionar, tanto nos sectores comercial, turístico coma industrial. Esta semana no Congreso mesmo o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, recoñeceu que a situación é "dramática". Porén, nesa mesma sesión o ministro Montoro pediu "paciencia" Ferrolterra non pode agardar máis. Esta semana no Congreso mesmo o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, recoñeceu que a situación é "dramática". Porén, nesa mesma sesión o ministro Montoro pediu "paciencia" cando os grupos da oposición lle reclamaron "concreción" sobre a súa promesa do encargo dun buque militar que se destinaría á exportación pero que, no caso de non venderse, podería quedar na Armada Española. Máis dun mes despois desa promesa, o Executivo central non o ofreceu máis detalles sobre o lugar no que se construiría, as súas características ou os seus prazos. Na marcha estaba anunciada a presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, aínda que non foi visto preto da cabeza da manifestación Promesas hai moitas. E moitas máis cando estamos a menos de dous meses dunhas eleccións europeas cunha grande importancia simbólica para os gobernos do Partido Popular. Por iso, boa parte das demandas que se escoitaron na manifestación referíanse simplemente a que os gobernos cumpran os seus compromisos, entre acusacións de "neglixencia" aos responsables políticos. Entre elas está o dique flotante, que despois de máis dun ano de erráticas e ineficaces xestións do Goberno central, agarda agora a resposta definitiva de Bruxelas, e que podería dar traballo a dúas mil persoas. Ou o levantamento do veto á construción civil, prometido mesmo por Aznar en plena crise do Prestige, e que rematará en oito meses, coa chegada do 2015. Ou a confirmación da parte do flotel de Pemex que se construirá en Ferrol, pero que no mellor dos casos dará traballo a só 282 persoas durante 28 meses, cando nos últimos dous anos 3.600 empregados das auxiliares quedaron no paro. Na marcha estaba anunciada a presenza do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, aínda que non foi visto preto da cabeza da manifestación. Si asistiron numerosos representante do PSdeG-PSOE, como Beatriz Sestayo, AGE, como Yolanda Díaz, ou BNG, como Xavier Vence. |
NOS_36813 | O BOE publica esta sábado a prórroga do estado de alarma até o 7 de xuño | O Boletín Oficial del Estado (BOE) publica este sábado o real decreto polo que se prorroga o estado de alarma até o 7 de xuño. A prórroga foi aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros após pasar polo Congreso. O texto mantén o ministro de Sanidade, Salvador Illa, nas condicións de autoridade competente delegada a concretar as medidas que deban aplicarse no proceso de desconfinamento progresivo. Na nova orde deixan de ter esa mesma condición a ministra de Defensa, Margarita Robles; o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska; e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos. Mobilidade No que atende á mobilidade, a publicación determina que, no marco das decisións que se adopten sobre a progresión das medidas de desconfinamento, as persoas poderán desprazárense pola provincia, a illa ou a unidade territorial de referencia en que se atopen. Educación e administraciónIgualmente, o BOE habilita as Administracións educativas competentes para dispor a flexibilización das medidas de contención e a reanudación das actividades presenciais no eido educativo non universitario e da formación, sempre que se acorde a progresión á fase 2 ou posterior nun determinado territorio. O documento destaca que estas actividades se poderán manter a través das modalidades a distancia e online "sempre que resulte posíbel".Tamén se estabelece o levantamento da suspensión dos prazos administrativos a partir do 1 de xuño e dos prazos procesais a partir do 4 de xuño. Menos apoios A quinta prórroga do estado de alarma saíu aprobada polo pleno do Congreso dos Deputados esta cuarta feira, 20 de maio, e fíxoo con con 177 votos a favor, 11 abstencións e 162 en contra. O número de apoios foi o menor de todas as votacións sobre os decretos da alarma. |
NOS_37579 | Baixan os contaxios a 54 | Galiza rexistra un novo ascenso dos casos activos de Covid-19 até situarse nos 745, que supoñen 221 máis que os 524 de hai unha semana, mentres que os novos contaxios descenden a 54, que implican 19 menos que o día anterior, e os pacientes ingresados por este coronavirus mantéñense en 39. Segundo os datos publicados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas deste domingo, aumentan a nove as persoas ingresadas en UCI pola Covid -unha máis-, pero descenden a 30 as hospitalizadas noutras unidades -unha menos-, mentres que 706 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias a presión hospitalaria unicamente ascende lixeiramente na da Coruña e Cee, onde aumentan a dúas os pacientes Covid en UCI -un máis- e seguen 11 noutras unidades; e alíviase na de Ourense, na que segue un en críticos e descenden a sete os doutras unidades -un menos-. Nas outras cinco áreas sanitarias galegas non se rexistraron cambios. Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso por oitava xornada consecutiva na Galiza e sitúanse en 745, que supoñen 26 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (54) que altas (28). Estes constitúen 221 infeccións activas máis que hai unha semana. As infeccións activas ascenden en cinco do sete áreas sanitarias galegas: Vigo (+10), Ferrol (+8), Pontevedra e O Salnés (+6), Lugo (+3) e Ourense (+1); mentres que descenden en dous: A Coruña e Cee (-1) e Santiago e Barbanza (-1). Os novos contaxios de Covid-19 principian esta semana con 54, que supoñen 19 menos que os 73 da xornada anterior, mentres que hai sete días reducíronse a 33. Até a data, o 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, Galiza inicia esta semana cun descenso ao 1,56%, tras alcanzar o 2,81% a xornada anterior. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galiza mantéñense en 2.653, ao non notificar tampouco esta fin de semana a Consellaría de Sanidade ningunha vítima. |
NOS_11294 | En 11 días de maio preto de 300 persoas, a maioría bombardeadas en Gaza, morreron por mor dos combates entre Hamas e Israel. O aveso regalo de despedida de Netanyahu, con fins políticos, puido traer de volta outro masacre mais desta volta a contención dos dous actores, para alivio da poboación civil, impúxose. | "Bennett non se pode permitir mostrar contención ante Hamas, e polo tanto, o Exército terá que recomendar unha resposta forte dabondo para que sexa apropiada, mais non tan forte que acenda de novo o combate", reflexionaba o xornalista de Haaretz Amos Harel á fin da Marcha das Bandeiras. Así foi, que tras o lanzamento de globos incendiarios por parte de Hamas en protesta polo desfile da ultradereita sionista a través da ocupada Xerusalén Leste, as forzas armadas israelís lanzaron varios ataques aéreos na madrugada de onte sobre a Faixa de Gaza. O bombardeo cinguiuse a instalacións de Hamas na capital e na localidade de Khan Younis e non se rexistrou ningunha morte. Os globos provocaron unha vintena de incendios en varios lugares ao outro lado da fronteira. A TV árabe Al Jazeera informou de que a calma regresara na mañá. Un portavoz de Hamas confirmou os ataques á axencia Reuters e manifestou que os palestinos continuarían "a brava resistencia e a defensa dos seus dereitos e dos lugares sagrados" en Xerusalén. O Exército israelí, pola súa banda, comunicou estar "listo para todos os escenarios, incluída a volta aos combates dado os continuos actos terroristas que emanan desde Gaza". Dupla sabotaxe Con este intercambio de fanfurriñas e cos esporóns cubertos, os galos da pelexa salvaron a cara diante de cadansúa parroquia; e sen lamentar vítimas civís consecuencia da "mina terrestre" deixada por Netanyahu na súa despedida. Harel foi o que utilizou este símil militar onte no Haaretz. "O obxectivo orixinal da segunda Marcha das Bandeiras a través de Xerusalén [...] era repetir os eventos do 10 de maio ─alimentando as tensións na capital e desencadeando unha reacción en cadea na Faixa de Gaza─ e deste modo sabotar os esforzos para formar un Goberno sen Benjamin Netanyahu", apuntaba na análise. A "mina" puido ser desactivada sen maiores consecuencias para a fráxil tregua, aínda que de acordo con Galatz (a emisora de radio do Exército israelí), os mediadores exipcios nas negociacións criticaron a involucración de Hamas no lanzamento dos globos para o progreso das conversas. Mais os palestinos ─alén de Hamas─ centráronse na "provocación" da Marcha das Bandeiras, non nos globos. En xogo estivo a volta aos intensos combates, que en 11 días de maio causaron a morte de polo menos 256 palestinos en Gaza, incluídos 66 menores, e 12 residentes en Israel, incluídos dous menores. Por exemplo, Mansour Abbas ─cuxo partido, a Lista Árabe Unida, é o primeiro árabe en facer parte dun Goberno israelí─ afirmou que o desfile foi "un intento de incendiar á rexión por motivos políticos" e co fin de socavar o novo Goberno. Abbas cre que debeu ser suspendida. A Policía optou por permitila, mais ao contrario que en anos anteriores impediu que atravesase a porta de Damasco cara ao corazón do ateigado e angosto barrio musulmán. Xestos, mais ocupación Este xesto evitou quizais un desenlace dramático e supón un sensíbel cambio con respecto á liña seguida polo Goberno de Netanyahu. Nesta nova dirección de pequenos-grandes xestos enmárcase o anuncio realizado onte polas forzas israelís á respecto dos operativos de "mapeo" de domicilios nos territorios ocupados. O proceso consiste na entrada de soldados israelís en vivendas de palestinos, malia non estar acusados nin ser sospeitosos de ningunha actividade ilegal. O obxectivo é o rexistro e descrición da casa ou edificio con fins de intelixencia militar. Tamir Yadai, comandante do Mando Central, encargado das unidades despregadas en Cisxordania, ordenou a fin desta violación domiciliar que se repite cada noite e que as ONG humanitarias levan anos denunciando. Porque aínda que se evitou unha nova escalada militar entre Hamas e o Exército israelí, con Netanyahu ou sen Netanyahu a poboación civil continúa a padecer as consecuencias da ocupación. Onte, unha muller palestina de 29 anos, Mai Afaneh, morreu a disparos dos militares israelís á entrada da vila cisxordana de Hizma. Profesora de Saúde Mental na Universidade de Xericó, segundo a axencia WAFA equivocouse de rúa cando conducía o seu coche. Entrou noutra en que o Exército está a realizar obras con fins militares: os soldados abatérona alegando que tentara acometelos co vehículo e que sacara un coitelo para apuñalalos. Outro 'explosivo': moción ao novo Goberno Netanyahu non ten intención de se render nin de marchar. Tras cualificar a chegada do novo Goberno como "a maior fraude electoral na historia da democracia" e dar luz verde á Marcha das Bandeiras, o seu partido presentou onte unha moción de censura contra o Executivo. O argumento do Likud é que "foi estabelecido por medio das mentiras e da fraude" e que "non conta co mandato da poboación". Netanyahu pediu "unha disciplina férrea" aos partidos opositores para lograr derrubar o Goberno. Ademais, recollía onte 'The Times os Israel', o ministro de Exteriores de Exipto, Sameh Shoukry, afirmou querer traballar co novo Executivo para "avanzar no proceso de paz". "É a elección dos israelís", afirmou, e pediulle que tome "decisións valentes" co obxectivo de "estabelecer un Estado palestino independente con base na solución dos dous Estados". Tamén o rei de Marrocos, Mohammed VI, enviou unha carta de parabéns ao novo primeiro ministro, Naftali Bennett. EUA recoñeceu en decembro a soberanía marroquí sobre o Sáhara Occidental a cambio de Rabat iniciar relacións oficiais con Israel. |
NOS_55935 | Minguaron en 133 millóns de euros desde 2008. | As políticas activas de emprego da Xunta sufriron un recorte no seu orzamento de 35% desde 2008, que supón 133 millóns de euros menos. Así, para a función "Promoción do emprego e institucións do mercadode traballo" en 2008 orzamentábanse 379 millóns de euros. Baixando unha década despois a 246 millóns. Mentres que o orzamento total da Xunta cae nunha década en 7,2%, as partidas adicadas á Promoción do emprego e fan nun 35%. O paro rexistrado nas oficinas de desemprego en xullo é de 163.412. A taxa de cobertura por desemprego é do 51,7%, na Galiza fronte a 57,5% do resto do Estado.Fican fóra da protección 89.940 persoas, tendo en conta tanto os que teñen dereito a cobertura como os que non. |
PRAZA_14038 | O sindicato nacionalista proporalles a Comisións e UGT a convocatoria conxunta dunha folga xeral para o 26 de setembro. O 31 de agosto haberá concentracións ao mediodía, o 8 de setembro Compostela acollerá unha manifestación nacional en defensa dos servizos públicos e o 15 de setembro celebraranse mobilizacións en todo o Estado contra a política de Rajoy. | O outono quente do que leva falando antes do verán, coincidindo coa suba do IVE, o anuncio de novos recorte e posible solicitude dun novo rescate vai coincidir tamén coa campaña electoral en Galicia. CIG e CC.OO. xa se pronunciaron sobre o adianto dos comicios en Galicia, con duras críticas á xestión de Alberto Núñez Feijoo e chamamentos á mobilización da cidadanía para acadar un cambio político. Neste senso, Suso Seixo, secretario xeral da CIG, considera que "é oportuno" que se adianten, para que á fronte da Xunta poida haber un goberno "presidido por forzas políticas dispostas a enfrontar a crise e adoptar medidas que favorezan os intereses das clases populares, rachando o desgoberno e o servilismo de Feijoo e o PP de Galiza ás políticas promovidas polo goberno do Estado e as institucións europeas". E engade que espera que "o nacionalismo sexa maioritario á hora de configurar o novo goberno da Xunta de Galiza". CC.OO. sinalou que a cidadanía galega "ten unha oportunidade para deter os recortes económicos e de dereitos laborais e sociais" Pola súa banda, CC.OO. sinalou que a cidadanía galega "ten unha oportunidade para deter os recortes económicos e de dereitos laborais e sociais". O sindicato salienta que co PP nos Gobernos do Estado e de Galicia "estamos a experimentar «o maior retroceso en dereitos laborais e sociais que se lembra". Ademais, afirma que "co pretexto do discurso baleiro e falaz da austeridade", están a practicar unha serie de recortes económicos que "prexudican os sectores máis desfavorecidos da cidadanía". CC.OO. mantén que para saír da crise "cómpren investimentos en infraestruturas de comunicación e transporte, de ordenación do territorio, de provisión de solo para actividades económicas, en actuacións ambientais, investigación, desenvolvemento e innovación ou en infraestruturas do medio rural, entre outras actuacións fundamentais para a capitalización económica do país". Mobilizacións cara á folga xeral? A CIG vailles propoñer a CC.OO. e UGT a convocatoria conxunta dunha folga xeral o 26 de setembro O sindicatos teñen convocadas mobilizacións case todas as semanas de setembro, uns actos reivindicativos que van ir crecendo en intensidade e que poderían conducir cara á convocatoria dunha nova folga xeral a finais de mes, antes das eleccións en Galicia e Euskadi en calquera caso. Iso é cando menos o que a CIG lles vai propoñer a CC.OO. e UGT: a convocatoria conxunta dunha folga xeral o 26 de setembro. De feito, as bases destes dous sindicatos tamén barallan esa data ou algunha moi próxima, a comezos de outubro, e queren converter a convocatoria de mobilizacións xerais en todo o Estado o 15 de setembro nun anticipo da folga xeral. A CIG entende que é necesario enviar "unha mensaxe clara ao goberno do Estado español e ás institucións europeas do rexeitamento que provocan as políticas de recortes antisociais que se veñen aplicando". Antes, xa este venres, os tres sindicatos realizarán concentracións ao mediodía en todas as cidades galegas, coincidindo coa celebración dun Consello de Ministros que aprobará novos recortes. O sábado 8 de setembro Compostela acollerá unha manifestación nacional en defensa dos servizos públicos, convocada por todos os sindicatos. Ademais, a CIG convocou xa unha Asemblea Nacional de Delegadas para o vindeiro 11 de setembro, en Compostela, cunha manifestación posterior en denuncia das políticas económicas do Partido Popular. Finalmente, ademais das devanditas mobilizacións do día 15 de setembro, os tres sindicatos negocian a organización conxunta de novas manifestacións comarcais o 21 de setembro. |
NOS_46841 | No que vai de ano a media do descenso da produción industrial galega descende é de 6,2%, o que supón o segundo maior retroceso entre todos os territorios do Estado. Porén, a media española tivo nese período un repunte de 0,4% neste período. | O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) baixou en agosto en 6% en comparación co mesmo mes do ano anterior, fronte á caída de 0,5% de media rexistrada no conxunto do Estado español, segundo dados do Instituto Nacional de Estatística (INE). Con este novo descenso son xa nove meses consecutivos de caídas interanuais, o último dato positivo data de novembro de 2018. A produción industrial aumentou o ano pasado en seis territorios do Estado na taxa interanual. Galiza é o terceiro territorio (-6%) cunha caída máis acusada da produción industrial, só por detrás de Baleares (-11,3%) e Cantabria (-8,7%). Os maiores incrementos producíronse en Euskadi (5,8%) e Nafarroa (4,5%). De media no que vai de ano a produción industrial galega descende en 6,2%, entre xaneiro e agosto, o que supón o segundo maior retroceso entre territorios, só superado por Baleares (-7,2%). Porén, a media española rexistrou nese mesmo período un repunte de 0,4% neste período. Desde 2009 a inicios de 2019 no sector industrial galego hai por volta de 20.000 traballadores e traballadoras menos. A situación actual do sector non convida ao optimismo: crise da industria electrointesiva (Alcoa ou Ferroatlántica); Poligal, Meirama… Para sindicatos como CIG-Industria, son exemplos do proceso de "desertización industrial" que desde hai anos "veñen provocando as políticas neoliberais, executadas sen miramentos, polo Goberno galego e polo Goberno español". |
PRAZA_8472 | O Tribunal Superior de Cataluña obriga a que se impartan as clases en castelán a todos os estudantes aínda que tan só a familia dun deles o reclame. | O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) vén de ditaminar que as clases se impartan en castelán sempre que un só alumno así o solicite. As aulas serán en español para todos os estudantes, aínda que só unha familia o reclame, e non de forma individualizada para o rapaz que o pide, tal e como se facía ata o de agora no ensino catalán. As clases serán tamén en español aínda que só un dos alumnos así o solicite O auto, con dato do 6 de marzo, aclara como se debe garantir o dereito dunha familia que solicita a escolarización nas dúas linguas oficiais de forma equitativa. O ditame é claro: "O sistema debe adaptarse a toda a clase da que forma parte ese alumno; o acordado afecta o alumno xuntamente cos seus compañeiros". Para o TSJC, non é dabondo coa atención individualizada que ofrece a Generalitat aínda que mantén, no entanto, que será a administración autonómica a que determine a proporción de equilibrio entre as dúas linguas. Tanto o Tribunal Constitucional, coa súa sentenza contra o Estatut, como posteriormente o Supremo emitiron sentenzas nas que se consideraba que o español tamén debería ser lingua vehicular no ensino de Cataluña, pero o TSJC avalou posteriormente o sistema de inmersión lingüística aínda que ordenaba que se atendesen as peticións das familias que solicitaron a escolarización en castelán. O novo auto rexeita a atención individualizada, a alternativa da Generalitat ás escasas peticións de escolarización en castelán Para dar cumprimento a estas decisións xudiciais, a Generalitat ofrecía unha atención individualizada aos escasos alumnos que solicitaban a clase en español. O recurso dunha familia a este sistema é o que fai que o TSJC ditamine agora que o ensino bilingüe debe ser "xuntamente cos compañeiros" e non de forma individualizada. Xa que logo, a petición dun só alumno afectará a todos os membros dun aula, aínda que os pais do resto dos rapaces non opten por modificar o actual modelo lingüístico. "O dereito fundamental da educación, no seu aspecto lingüístico, non garante ningún dereito de opción a recibir a ensinanza exclusivamente nunha soa das linguas oficiais", senón que é "a administración educativa a que organiza e establece a prestación deste dereito", aclara o TSJC. En canto á forma de artellar esta nova situación, o Tribunal Superior de Cataluña mantén que é competencia da Generalitat e cita setenzas do mesmo ribunal nas que se afirma que a "determinación desta proporción e a súa posta en práctica corresponde ao Goberno catalán", que o fará "atendendo á realidade sociolingüística do centro". O TSJC non pon en cuesitón a inmersión lingüística e deixa en mans da Generalitat a aplicación dunha proporción "axeitada do castelán" O auto, malia todo, non pon en cuestión o modelo de inmersión lingüística. "Aquí non se discute a bondade ou non do sistema lingüístioc catalán para asegurar o pleno (ou sfuciente) coñecemento das dúas linguas oficiais por parte dos escolareas ao termo das diferentes etapas do ensino non universitario, senón a presenza e proporción axeitada do castelán como lingua vehicular desa einsanza, en tanto que lingua oficial". A conselleira de Ensino da Generalitat, Irene Rigau, destacaba a pasada semana que neste curso, tan só 17 familias solicitaran que o castelán fose lingua vehicular nos centros dos seus fillos, fronte ás 106 reclamacións que se fixeran no curso anterior. |
PRAZA_493 | Insta a Xunta, Concello e Unión Fenosa a revisar o proxecto para así preservar os valores paisaxísticos e ambientais da Fraga de Casas Vellas, recomendando soterrar a liña ao longo da estrada (N-525) de entrada a Lalín. | O Valedor do Pobo vén de facer pública unha resolución na que responde aos máis de 11 mil escritos de denuncia remitidos polas asociacións Cova Crea e Petón do Lobo que alertaban do dano que a liña de alta tensión entre O Irixo e Lalín podería provocar na Fraga de Catasós, próxima á capital do Deza. O Valedor sinala que a proposta de Unión Fenosa Distribución, refrendada pola Xunta, incumpre a Lei da Paisaxe de Galicia (7/2002), a do Catálogo da Paisaxe do Deza (Decreto 171/2012) e a Lei de Montes (7/2012), ao impedir o proxecto "a función social do monte". E insta a Xunta e ao Concello de Lalín a "revisar o trazado previsto" co fin de que "se preserve o interese ambiental e paisaxístico da Fraga de Casas Vellas e en xeral da contorna da Fraga de Catasós". A resolución recomenda que "se eviten os prexuízos ambientais e paisaxísticos dese trazado mediante o soterramento da liña ao carón da estrada de entrada a Lalín" O texto vai máis aló e, en particular, recomenda que "se eviten os prexuízos ambientais e paisaxísticos dese trazado mediante o soterramento da liña ao carón da estrada de entrada a Lalín", a alternativa defendida polos grupos ecoloxistas e pola maior parte da veciñanza do lugar. Unha alternativa que Unión Fenosa rexeitaba alegando que a lei a non lle permitía soterrar o trazado fóra de chan urbano, o que non é certo. O escrito sinala tamén a responsabilidade da administración neste caso, ao dar por bo a Xunta na Declaración de Impacto Ambiental o estudo paisaxístico presentado pola empresa sen esixirlle a aplicación de medidas correctoras para preservar a singularidade destas fragas. Tamén subliña que os proxectos con avaliación de impacto ambiental "deben contar cun estudo de integración paisaxística"; porén, "non se tivo en conta ese impacto sobre fragas" e "habería que reexaminar a incorporaron ao proxecto dos obxectivos de calidade paisaxística e as determinacións das directrices da paisaxe establecidas para a unidade da paisaxe do conxunto das fragas", recomenda o Valedor. A resolución lembra que o Catálogo da Paisaxe do Deza "recoñece expresamente o espazo tan valioso da Fraga de Catasós" e obriga "a evitar a degradación de aqueles espazos con especiais valores naturais e recuperalos no caso de que así o precisen". O Valedor sinala que "aínda que o citado lugar protexido non se vería afectado de forma estrita pola liña no seu actual proxecto, é necesario entendelo no seu conxunto para manter a conectividade ecolóxica para a preservación da biodiversidade e do ecosistema". Os espazos protexidos non son illas naturais sen conexión con outros hábitats; polo contrario, a contorna é tan relevante como o espazo protexido en si", engade. "A utilidade pública e o interese social da súa preservación debe considerarse prevalente respecto da utilidade pública da execución dunha liña eléctrica", di "A execución da liña eléctrica nos seus actuais termos é incompatible coa protección das fragas, en particular Casas Vellas, dada a súa notoria singularidade e beleza, que debe ser obxecto de protección especial, e polo seu valor cultural, paisaxístico e ambiental. A utilidade pública e o interese social da súa preservación debe considerarse prevalente respecto da utilidade pública da execución dunha liña eléctrica", conclúe o Valedor. A resolución, particularmente clara e dura coa empresa, coa Xunta e co Concello de Lalín, destaca que "Gas Natural Fenosa non está a cumprir co seu compromiso de responsabilidade corporativa en relación ao medio ambiente". E engade que "unha empresa que inviste tantos recursos económicos en campañas publicitarias a favor do medio ambiente demostra pouca sensibilidade á hora de presentar este proxecto". "Debera esixírselle que en cumprimento do mesmo afaste a liña da área de Casas Vellas e vele pola protección da zona e das árbores no reduto da fraga autóctona galega por excelencia", conclúe. "Unha empresa que inviste tantos recursos económicos en campañas publicitarias a favor do medio ambiente demostra pouca sensibilidade á hora de presentar este proxecto", sinala o Valedor O Valedor tamén responde a algunhas das modificacións propostas pola empresa, coma por exemplo a oferta de elevar os apoios da liña ao seu paso por Casas Vellas. A resolución apunta que esta solución "non garante a protección da fraga, senón que polo contrario conleva a necesidade de facer prevalecer o carácter de servidume de paso de liña eléctrica de alta tensión, co que nalgún momento se verán afectadas algunhas e mesmo todas as árbores e os demais elementos da paisaxe e o ecosistema". Resolución do Valedor do Pobo (.pdf) |
NOS_40607 | Segue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína. | 🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 21.50 | Os EUA non crearán a zona de exclusión aérea que pedía Zelenski A secretaria de prensa da Casa Branca, Jen Psaki, afirmou esta terza feira, en declaracións recollidas pola axencia Reuters, que os EUA non crearán unha zona de exclusión aérea sobre os corredores humanitarios, a fin de permitir evacuacións seguras das cidades axexadas polos bombardeos, tal e como pedía o Goberno de Volodimir Zelenski. Facelo, dixo, suporía "derrubar avións rusos" dentro da citada zona, o que "levaría os EUA á guerra con Rusia". 21.23 | Máis de dous millóns de refuxiados desde o inicio da guerra O Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados, Filippo Grandi, vén de informar a través do seu perfil en Twitter de que, a día de hoxe, "o fluxo de persoas refuxiadas desde Ucraína alcanza os dous millóns de persoas". Os principais destinos son Polonia (1,2 millóns de persoas), Eslovaquia (140.000), Hungría (191.000), Romanía (82.000) e Moldova (82.000). Por outra parte, segundo recolle a axencia Tass, o Goberno ruso afirma que esta terza feira 173.000 persoas foron evacuadas desde a rexión do Donbás. 20.45 | Rusia anuncia un novo alto o fogo Segundo informa Russia Today, o Goberno da Federación Rusa vén de declarar un novo "alto o fogo" a partir das 7 horas [hora de Moscova] desta cuarta feira, 9 de marzo, e afirmou estar "disposto" a volver habilitar corredores humanitarios. 20.05 | O Reino Unido pide un 'Plan Marshall' para Ucraína O primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, pediu esta terza feira aos líderes do Grupo de Visegrad —Polonia, Hungría, República Checa e Eslovaquia— que aproben un "fondo para a reconstrución de Ucraína" semellante ao 'Plan Marshall', segundo recolle o xornal ucraíno The Kyiv Independent. 19.25 | Zelenski cita a Churchill no Reino Unido: "Loitaremos até o final" O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, evocou esta terza feira o ex primeiro ministro británico Winston Churchill ante a Cámara dos Comúns do Reino Unido, citando as súas palabras canda a II Guerra Mundial: "Loitaremos até o final, no mar, no ar [...], continuaremos loitando pola nosa terra. Custe o que custe, loitaremos nos bosques, nos campos, nas costas, nas rúas...", dixo. 18.35 | Os EUA negocian con Venezuela alternativas ao petróleo ruso O presidente dos EUA, Joe Biden, anunciou en rolda de prensa a prohibición das importacións de petróleo ruso a raíz da invasión de Ucraína. De forma paralela, o Goberno estadounidense valora unha posíbel redución das sancións a Venezuela que permitiría ao país que dirixe Nicolás Maduro producir máis petróleo e vendelo no mercado internacional, logo de varios anos de alta tensión política entre ambos os países. Biden veta a importación de petróleo e gas de Rusia e estuda alternativas con Venezuela 18.15 | Sen acordo no Parlamento para unha declaración sobre a guerra PP e PSOE reclaman apoiar a OTAN e a UE na declaración institucional do Parlamento da Galiza, mentres o BNG reclama que non se utilice a situación en Ucraína para atacar a formación nacionalista e propón o mesmo texto que as tres forzas acordaron na Deputación da Coruña. Sen acordo no Parlamento para unha declaración sobre a guerra 17.55 | A guerra pasa factura: a Galiza quedará sen cereal "en dous ou tres meses" A acusada suba do prezo da cebada e o millo, sumada ao incremento dos custos de fertilizantes e combustíbeis, podería provocar a "desaparición" das explotacións gandeiras, advirte o conselleiro do Medio Rural, José González. A guerra pasa factura: a Galiza quedará sen cereal "en dous ou tres meses" 17.20 | Zelenski rexeita a proposta do Kremlin: non renunciará a Crimea, Donetsk e Lugansk O Goberno ucraíno, aliás, ve "absurdo" falar dunha hipotética entrada na OTAN no contexto actual: "A Alianza non está lista para aceptar Ucraína durante, cando menos, os próximos 15 anos, e xa o deixou claro". Zelenski rexeita a proposta do Kremlin: non renunciará a Crimea, Donetsk e Lugansk 16.15 | O votante do BNG, o menos partidario de enviar armas a Ucraína Segundo unha enquisa do portal Electomanía, 65,8% dos votantes do Bloque non apoian o envío de armamento, mentres 17,5% están indecisos e o 16,7% restante está a favor esta medida. O votante do BNG, o menos partidario de enviar armas a Ucraína 13.59 | De Kiev a Kíiv: a RAG adapta ao galego os nomes das principais cidades ucraínas A Real Academia Galega (RAG) vén de informar nun comunicado da aprobación por parte do seu Seminario de Onomástica da adaptación ao galego de varios toponimos ucraínos. Entre eles o da capital e as principais cidades de Ucraína. O Seminario de Onomástica da RAG basouse maioritariamente nas recomendacións do grupo de expertos en nomes xeográficos da Organización das Nacións Unidas (ONU), basadas no respecto ás formas de cada topónimo na súa lingua orixinal De Kiev a Kíiv: a RAG adapta ao galego os nomes das principais cidades ucraínas 11.52 | O Goberno ucraíno anuncia a posta en marcha dun corredor humanitario entre Mariupol e Zaporizhia A viceministra primeira de Ucraína, Irina Vereschuk, anunciou a posta en marcha dun corredor humanitario para a evacuación de civís, que une as cidades de Mariupol e Zaporizhia, tal e como acordaron onte os negociadores rusos e ucraínos na terceira quenda de negociacións. Remata sen acordo a terceira rolda de negociacións entre Ucraína e Rusia 10.49 | Rusia acusa os "radicais ucraínos" de non permitir a evacuación de civís a territorio ruso para evitar que "conten a verdade" O medio Russia Today afirma que Rusia vén de acusar os "radicais ucraínos" ante a Organización das Nacións Unidas (ONU) de non permitir a evacuación de civís a través dos corredores humanitarios habilitados polo seu exército, que rematan en territorio ruso, para evitar que " conten a verdade das accións dos radicais". No día de onte, o embaixador ruso na ONU, Vasili Nebenzia, denunciou o emprego de civís ucraínos como "escudo humano" por parte dos batallóns ultradereitistas. A pesar dos testemuños de correspondentes e das gravacións, Nebenzia segue a negar que o exército ruso estea a bombardear obxectivos civís. 9.27 | Zelenski afirma que o Goberno dos EUA "pode facer máis" para axudar a Ucraína O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, concedeu unha entrevista á televisión estadounidense ABC News, na que afirmou que o Goberno dos Estados Unidos (EUA) "pode facer máis" para axudar ao seu país a confrontar a ofensiva do exército ruso. "Hoxe a guerra está aquí mañá pode estar en Lituania, logo en Polonia, logo en Alemaña. É algo moi grave". Ignacio Ramonet: "Había formas de atopar unha resposta diplomática" 8.43 | O Ministerio de Enerxía de Ucraína afirma que máis de 700.000 persoas quedaron sen electricidade debido á ofensiva rusa O medio RBC-Ukraine informou que máis de 700.000 persoas quedaron sen electricidade debido á ofensiva rusa, segundo apunta o Ministerio de Enerxía de Ucraína. En concreto, 742.000 usuarias da rede eléctrica do país estarían agora mesmo sen subministro. A situación é especialmente delicada en Donetsk, onde se agrupa case un terzo das incidencias: 233.000 persoas quedaron sen electricidade. Na cidade de Mariupol, unha das primeiras en ser totalmente controladas polas forzas de ocupación rusas, as autoridades locais lamentan que levan unha semana sen ningún tipo de subministro enerxético. 🇺🇦 Más de 700.000 personas se han quedado sin electricidad en Ucrania debido a la guerra y cerca de 238.000 sin suministro de gas, según el ministerio de Energía del país.https://t.co/VlyccMmoQz pic.twitter.com/QSWJpmlaiA— Descifrando la Guerra (@descifraguerra) March 7, 2022 7.59 | Comeza o alto o fogo decretado polo Goberno ruso Segundo informaron no día de onte Russia Today e Agence France-Presse, o Goberno da Federación Rusa decretou un novo alto o fogo a partir das 10 horas desta terza feira [hora de Moscova], é dicir, as 8 horas na Galiza, para permitir a evacuación de civís a través dos corredores humanitarios en Kiev, Kharkiv, Mariupol, Chernigov e Sumy, segundo anunciou o Ministerio de Defensa de Rusia. |
NOS_17304 | Desta volta acometeremos brevemente a reorientação do modelo chinês de crescimento na primeira década do século. Procurava o avanço científico e a inovação, primar a indústria produtora de maior valor acrescentado, reduzir a dependência das exportações, desenvolver o rural, melhorar os salários e ampliar a cobertura e qualidade dos serviços públicos básicos, tudo para impulsar o mercado interno. | Antes da crise de 2008 o governo tomou medidas redistributivas para combater as desigualdades, aumentar o poder aquisitivo de camponeses e trabalhadores e potenciar a oferta dirigida para o mercado nacional. Pretendia-se um crescimento baseado na demanda. A reforma laboral e o incremento dos salários mínimos diminuíram a desigualdade campo-cidade e deslocaram produção para zonas menos desenvolvidas e outros países da região. Também se fomentou o desenvolvimento científico e a inovação para melhorar posições na divisão internacional do trabalho. Mas a vulnerável inserção na economia mundial e a queda das exportações pelo colapso dos mercados, ligada ao incremento de preços das matérias primas, bateram forte na sua competitividade. A aparente fortaleza econômica colidia com o baixo nível relativo do valor acrescentado pelo aparelho produtivo, que ficava longe do gerado nas economias centrais. Plano de estímulo Implementa-se, então, um plano de estímulo de 500.000 milhões de euros, que investe em infraestruturas, sustenta setores estratégicos, financia o consumo privado, e consegue manter o crescimento a uma taxa media anual dos 10% entre 2009 e 2011. O resultado é o incremento dos preços agrícolas, diminuindo a fenda entre as rendas rural e urbana. A fabricação com baixos custos laborais desvia-se a zonas deprimidas, detendo a migração às cidades e produz-se um aumento do peso global dos salários na renda nacional. Também se consegue elevar a competência tecnológica e rebaixar as exportações netas. De 2007 a 2015 o índice de Gini cai 2,5 pontos. Doutro lado, o vigoroso crescimento chinês aumenta a contenda pelo acesso a matérias-primas e China opta por assinar acordos de livre comércio e adquirir terras noutros continentes. A dependência exterior reduz-se mais graças ao investimento que a alavanca do consumo interno. Grande parte do enorme excedente comercial obtido no mercado exterior é investido na compra de títulos do tesouro estadunidense, provocando mútua dependência entre a China e EUA. O escasso valor da dívida, devido ao déficit da balança externa americana, faz desistir China de vende-la, porque geraria uma forte crise no seu segundo cliente comercial depois da UE. Por isto esquiva o questionamento da hegemonia dos EUA, limitando a sua capacidade de reconduzir recursos para fortalecer decisivamente o mercado interior. Limite e conflito Contudo, a reorientação afronta também limites internos. Produz-se uma sobre acumulação de capital que ameaça a rendibilidade e surgem conflitos sociais contra a corrupção na expropriação de terras, greves na indústria exportadora e protestos contra a degradação ecológica, que somados ao confronto entre distintas correntes do Partido, poderiam instigar uma crise política e debilitar a sua capacidade de liderança. De fato, a partilha desigual do poder resultante do XVIII Congresso do PCCh (2012-2013), favorece a fação de Shanghai, próxima ao próprio presidente Xi Jinping,que representa ao empresariado frente à Liga dos Jovens Comunistas que advogam pela redistribuição da renda e a proteção de direitos sociais. Destarte, foram impulsadas mais privatizações e iniciou-se a liberalização da política monetária e a convertibilidade do "yuan", que atraiu capitais espespeculativos a espera da sua apreciação. O Plano Qüinqüenal 2021-2025 O XIV Plano Qüinqüenal 2021-2025 busca um duplo desenvolvimento: seguir a potenciar o mercado doméstico junto ao relacionamento externo, e partilhar a prosperidade para vencer desigualdades sociais e territoriais, apoiando-se no progresso tecnológico, a harmonia com o médio ambiente e o atendimento das necessidades rurais. Numa economia mista de pleno caráter transitório, que ainda se reserva a opção pela socialização dos meios de produção, a contradição entre o capital internacional e a classe trabalhadora chinesa fica ao arbítrio duma burocracia a jogar um rol crescentemente contraditório. Afinal,será homologada às economias capitalistas ocidentais? Ou irá manter o seu projeto autónomo, na disputa por elucidar que sistema consegue enfrentar melhor as desigualdades? Diversos movimentos sociais e parte do próprio Partido dirigente, reconhecem a necessidade de novas reformas que neutralizem os efeitos perniciosos derivados da abertura econômica. A superação da pandemia validou a sua capacidade para responder ante imprevistos mediante eficazes programas de ação, e segue a manter com mérito a sua independência política. Em vindoiros anos descobriremos se a soberania nacional servirá aos interesses do povo trabalhador chinês ou será sacrificada no altar dos mercados. |
PRAZA_14180 | A plataforma celebrará unha asemblea en Teo este sábado, que tamén escollerá os membros da súa cerna. Poderán participar todos e todas as asinantes do manifesto. | A plataforma a prol da defensa e da promoción da lingua galega, Prolingua, celebrará este sábado unha asemblea, co obxectivo de renovar a súa Cerna ou órgano permanente de dirección e de aprobar un chamamento ás distintas organizacións políticas con motivo das eleccións do 21 de outubro. O encontro celebrarase no Auditorio do Centro Sociocultural da Ramallosa (Teo), ás 11 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria. Ademais, presentarase a nova web da plataforma. Poderán participar e terán dereito ao uso da palabra todas as persoas que consten na listaxe de asinantes do manifesto, un total de 2.103. Porén, o dereito a voto estará reservado ás persoas que con anterioridade ao 8 de agosto de 2012 (data na que se publicou na páxina web da plataforma a convocatoria da asemblea) fixeron algunha achega económica a ProLingua, independentemente da súa contía. O obxectivo é renovar a súa Cerna e aprobar un chamamento ás distintas organizacións políticas con motivo das eleccións do 21 de outubro Até 24 horas antes do comezo da asemblea poderán presentarse candidaturas para a Cerna de ProLingua. Deberán ser candidaturas pechadas dun mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 e desas persoas polo menos 10 deben selo con dereito a voto na asemblea. Despois de constituída a nova Cerna esta poderá, por motivos de operatividade, ampliarse até un máximo de 20 membros. Nos últimos meses Prolingua levou a cabo varias accións públicas, comezando pola homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz, que se celebrou o pasado mes de xuño. Tamén se dirixiu ao Comité de Expertos do Consello de Europa da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias para explicar a situación actual da lingua galega e publicou comunicados de apoio a Carlos Callón ou en defensa do traballo dos servizos de normalización lingüística (SNL). Con esta asemblea a plataforma relanzará a súa actividade pública. |
NOS_12734 | Unas 44.000 persoas, segundo os cálculos de medios vascos, manifestáronse esta tarde baixo a chuvia en Bilbo para denunciar a involución democrática do Estado español e o seu rexeitamento da aplicación en Catalunya do artigo 155 da Constitución. | Á convocatoria de EH Bildu e os sindicatos nacionalistas acudiron tamén representantes de Podemos e Ezker Anitza-IU baixo o lema "Contra o 155. Democracia e dereito a decidir". A marcha entre La Casilla e a casa do concello celebrouse sen incidencias. No remate, Zuriñe Hidalgo e Ramón Zallo leron un comunicado de solidariedade con Catalunya e reclamando unha resposta pacífica e democrática da cidadanía diante da "deriva autoritaria do Estado". O texto tamén sinalaba a fiscais e xuíces que "actúan como apéndices do poder político ao berro de 'A por ellos". "Defendemos que somos suxeito político, cuxo único límite debe ser o exercicio democrático da cidadanía vasca. Democracia é dereito a decidir, en Catalunya e tamén en Euskal Herria", proclamaron os manifestantes. Na protesta participaron, entre outros, o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi; e os secretarios xerais de ELA e LAB, Adolfo Muñoz y Garbiñe Aranburu. |
PRAZA_3182 | Pedro Sánchez e Pablo Iglesias poderían xuntar canda os partidos soberanistas e territoriais unha clara maioría que permitise aprobar leis orgánicas para resolver parcialmente esta grave situación de anomia constitucional. | Verdadeiramente o nomeamento de Dolores Delgado como fiscal xeral do Estado élles ben antiestético. Tamén é certo que o Presidente do Goberno do Estado activou deste xeito unha contraofensiva para confrontar o warfare (a guerra xudicial) que quere desenvolver o tripartito das dereitas españolistas.ZP non soubo ou non puido trasladar a maioría progresista no Congreso estatal entre 2004 e 2011 ao Tribunal Constitucional. E isto explicou a sentenza de xuño de 2010 que decretou a inconstitucionalidade dos principais avances do nou Estatut, anulando a lexítima decisión da cidadanía catalá no referéndum estatutario de 2006. Unha decisión que o constitucionalista Pérez Royo coida que determinou a ruptura da legalidade constitucional na Catalunya.Entre primeiros de 2012 e fins do 2015 tivemos un Goberno estatal do PP con cadansúa maioría absoluta en ambas as dúas Cámaras estatais. Rajoy non perdeu o tempo e ampliou a maioría do PP no Tribunal Constitucional (TC) , ao tempo que consolidou unha anovada maioría hexemónica no Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).Dende fins do outono do 2018 o CXPX segue en funcións, malia caducar o seu mandato. Porén, manteñen plenos poderes para elixir novos Presidentes de Audiencias Provinciais, Salas da chamada "Audiencia Nacional" (AN) e Tribunais Superiores, canda maxistrados do Tribunal Supremo (TS) e da AN.Velaí dous graves problemas constitucionais: i) O primeiro a politización partidista da AN, TS, TC e Tribunal de Contas, canda o propio goberno do Poder Xudicial e o control da Fiscalía Xeral do Estado polo Goberno; ii) O segundo a disociación entre a maioría parlamentaria progresista estatal e estas ferreñas maiorías da dereita no goberno xudicial, que consolidan e amplían o seu control sobre o TS, o TC e outras Cortes de Xustiza chaves polas decisións que adoptan. Para mostra velaí a decisión da Sala do Contencioso_Administrativo do Tribunal Supremo rexeitando a medida cautelar de suspensión do acordo da Xunta Electoral central sobre a inelixibilidade sobrevida (e, xa que logo, perda da cualidade de deputado no Parlament catalán) do President Torra.Non son, dende logo, os únicos. O acordo do 155 e o seu validamento "a posteriori" polo TC derrogou de feito a garantía constitucional do dereito á autonomía das nacionalidades do Estado. E o TC-como aqueladamente adoita dicir Aitor Esteban(PNV)- é un árbitro caseiro que adoita resolver a prol da recentralización e da idea uninacional de España.Pedro Sánchez e Pablo Iglesias poderían xuntar canda os partidos soberanistas e territoriais unha clara maioría que permitise aprobar leis orgánicas para resolver parcialmente esta grave situación de anomia constitucional. A dúbida é que teñan azos para facelo. |
PRAZA_11691 | O Consello de Europa deixa claro que "a normativa sobre o uso do galego vixente no noso país atópase en flagrante contradición" coa Carta Europea das Linguas, salienta a RAG | O PP acompañou o seu retorno ao Goberno galego, hai unha década, con promesas de diversas restricións á lingua galega na Administración, moi especialmente no ensino. Algunhas daquelas medidas foron perdendo énfase -cando menos, no eido simbólico- nos últimos anos, pero outras seguen vixentes e asentadas. Moi especialmente no caso do ensino e do decreto que, en 2010, substituíu ao que desenvolvía o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, asegurando un mínimo do 50% das materias en galego.O Consello de Europa pide que "de inmediato se eliminen as limitacións á docencia en galego" nun informe que a RAG aplaude e Feijóo desdeñaEsa norma foi especialmente criticada por diversas entidades de defensa da lingua e tamén por institucións como o Consello de Europa, que a pasada semana volvía cargar abertamente contra a Xunta por "limitar" a docencia en galego. No seu informe sobre o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, tratado institucional subscrito polo Reino de España en 2001, a entidade supranacional pedía ademais que "de inmediato se eliminen as limitacións á docencia en galego en todos os niveis do ensino".Na Presidencia da Xunta ese diagnóstico foi acollido con desdén. "Alá os autores do informe", despachou Alberto Núñez Feijóo, mentres dende San Caetano se reiteraba que eses autores descoñecen a realidade galega. No entanto, este luns unha das institucións do país que achegou información ao Comité de Expertos que elaborou o informe, a Real Academia Galega, constataba que o reflectido no documento foi o recollido en Galicia e instaba a Xunta a actuar en consecuencia.As conclusións do Consello van na liña das manifestadas pola propia RAG a esta entidade supranacional, subliñaConclusións como a necesidade de "eliminar as limitacións do ensino en galego en Galicia", sinala a RAG, van na liña das "manifestadas no informe que esta institución presentou no seu día ante o Comité de Expertos do Consello de Europa". Nel, subliña a institución que preside Víctor Freixanes, a Academia pedía ademais que o Comité de Ministros do Consello de Europa aprobase, como así fixo, unha "recomendación específica para que o Goberno galego remova os obstáculos normativos que impiden o establecemento dunha oferta educativa completa ou principalmente en lingua galega".O Consello de Europa deixa claro que "a normativa sobre o uso do galego vixente no noso país se atopa en flagrante contradición" coa Carta Europea das Linguas, salienta a RAGO que piden, subliña a RAG, non é máis que o cumprimento do estipulado na Carta das Linguas, compromiso que "non só non foi cumprido". Ben ao contrario, lamentan, dende 2010 "a normativa sobre o uso do galego vixente no noso país atópase en flagrante contradición con el". Non en van, censuran, "restrinxe o uso a un máximo do 50% do currículo", cifra que xa mingua ata "unha porcentaxe menor nos centros plurilingües", quedando ademais "totalmente excluído" en "materias como as matemáticas, a física e a química".Dada a necesidade de cumprir a Carta, pero tamén tendo en conta o que a RAG define como un "alarmante retroceso do noso idioma na poboación infantil e na mocidade", a institución académica volve pedir que a Xunta siga "as recomendacións" do informe do Consello. "É hora -conclúe-. de honrar os compromisos contemplados na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias para que Galicia se dote dun modelo educativo que garanta os dereitos dos galegofalantes e asegure a vitalidade do noso idioma". |
NOS_26094 | O prezo medio do megawatt/hora será esta cuarta feira de 213,16 euros. | O prezo medio da electricidade no mercado almacenista experimenta esta cuarta feira unha nova baixada. Desta vez, a contracción será de 4,3%, o que deixa o prezo medio nos 213,16 euros por megawatt hora (MWh), case dez euros menos que os 222,73 euros de onte, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). O prezo máximo para este 19 de xaneiro darase entre 20 e as 21 horas (259,81 euros/ MWh) mentres que o mínimo (179,64 euros/MWh) rexistrarase entre as 16 e as 17 horas. Con respecto a hai un ano, o prezo do 'pool' é esta cuarta feira 178,7% máis caro que o do mesmo día de 2021, cun valor medio de 76,74 euros/MWh. Competencia recoñece o dereito a fraccionar o pagamento do recibo Por outra parte, a Comisión dos Mercados e a Competencia (CNMC) recoñece ás persoas consumidoras o dereito a fraccionaren o pago da súa factura eléctrica cando sufran atrasos ou falta de facturación, tal e como se produciu desde antes do pasado verán en moitos casos, en tantos meses como estivesen sen recibir o recibo. O organismo aprobou o acordo polo que contesta as consultas relativas á ausencia ou aos atrasos de facturación por parte das empresas distribuidoras ou comercializadoras. En concreto, no seu acordo, a CNMC destaca este dereito das persoas consumidoras, cando a distribuidora é a responsábel do atraso ou a falta de emisión de facturas, do mesmo modo que sucede cos erros no equipo de medida (contador) ou os de tipo administrativo, que esta recoñecido na normativa -o Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro-. Evolución do prezo da luz en 2020 e 2021 |
PRAZA_1927 | Algún tipo de filtración a través do aire acondicionado provocou que controis microbiolóxicos desen positivo, polo que se adía a mudanza ata que se garanta a "máxima seguridade". Sindicatos e colectivos na defensa da sanidade pública volven pedir a dimisión da conselleira | Paralizados os traslados ao novo hospital de Vigo. Segundo aseguraron os sindicatos con representación na xunta de persoal do CHUVI, e confirmou logo o Sergas, a xerencia tomou a decisión de parar un proceso que se levaba realizando nos últimos días entre as fortes críticas de traballadores e centrais polas múltiples "eivas e deficiencias", tanto de persoal como de material, no centro Álvaro Cunqueiro. Xa que logo, servizos como Urxencias, quirófanos, materno-infantil UCI non entrarán en funcionamento nas vindeiras horas, tal e como estaba previsto. A aparición de xermes en zonas de novas unidades obrigaron ao Sergas a paralizar o traslado A paralización débese á aparición de xermes en zonas das novas unidades, polo que o Sergas aprazará o devandito traslado ata que se garanta a "máxima seguridade" a través de novos controis microbiolóxicos que se levarán a cabo a vindeira semana e evitar así posibles infeccións. Os problemas verían derivados dalgún tipo de filtración a través do aire acondicionado, segundo asegurou o xerente, Félix Rubial. O parón no traslado ao novo hospital en Beade mesmo puido dar lugar ao traslado inverso de pacientes da UCI volta ao Hospital Xeral, segundo fontes sanitarias que denuncian os importantes problemas que se están a dar no centro Álvaro Cunqueiro. "En días anteriores xa tiñamos denunciado que considerabamos precipitado realizar este traslado antes de facer unha avaliación de riscos, e por esta razón pediamos a paralización do traslado", advertira xa CIG-Saúde, que amosou a súa conformidade con que a xerencia "tome conciencia dos problemas existentes e explique claramente, con absoluta transparencia, que está a pasar". O traslado tardaría en reanudarse cando menos unha semana Os resultados das análises que se realicen o próximo luns demoraríanse ata o vindeiro venres, polo que o traslado tardaría cando menos unha semana en reanudarse. A aparición de xermes únese as denuncias de sindicatos, pacientes e traballadores pola presenza de pingueiras, ratos, escaseza de medios, o elevado custo de servizos como a televisión ou o pagamento obrigado no párking, entre outras moitas eivas. Petición de responsabilidades As reaccións ante este novo contratempo nun novo hospital cuxa xestión por parte da Xunta foi duramente criticada non se fixeron esperar. A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) asegura que este atraso é "outra consecuencia negativa do modelo de colaboración público-privada para a construción e financiamento do centro, chea de irregularidades legais, recortes nos recursos e présas políticas para abrir o centro". "Como xa advertimos a xestión privada é infinitamente peor que a pública", di o colectivo, que advirte que esta paralización "supón un novo atraso na entrada en funcionamento do novo hospital", que xa acumulaba ano e medio de demora polos problemas de financiamento que obrigaron á Xunta a garantir mediante financiamento público a viabilidade do proxecto, que por contrato debería ser da concesionaria privada. "A paralización do traslado é outra consecuencia negativa do modelo de colaboración público-privada para a construción e financiamento do centro" "Esta decisión é a consecuencia da externalización da Oficina Técnica de Seguimento da obra a unha empresa privada (creada ad hoc para a mesma e paga pola propia concesionaria)", din, tras asegurar que "non se pode poñer ao lobo a coidar os cordeiros". Dado que a supervisión da obra e do traslado é responsabilidade directa da empresa Galaria, presidida pola conselleira de Sanidade e que delegou nunha empresa privada, "ante o sucesivo incremento da alarma social e as reaccións non só dos traballadores do novo hospital senón dos propios usuarios e a opinión pública do área sanitaria viguesa", a asociación esixe a "dimisión inmediata da conselleira que non só traballa ao servizo dos intereses privados senón que ademais faino de xeito escandalosamente ineficiente". Unha dimisión que tamén pediron sindicatos como a CIG. As críticas chegan tamén da oposición política. Ademais de AGE e BNG, Besteiro -secretario xeral do PSdeG- subliñou as "deficiencias" do novo hospital e denunciou o cúmulo de "erros" da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que "se estenden por toda Galicia". "É un suma e segue de erros, de persistencia no erro", advertiu. |
NOS_22383 | Os concellos de Cambados, Laza e Padrón pasarán a contar co nivel máximo de restricións, con mobilidade limitada. Pola súa banda, haberá nivel alto de restricións nos municipios de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. | A cidade de Vigo baixará ás 00.00 horas desta sexta feira ao nivel medio-baixo de restricións pola Covid-19, segundo comunicou a Consellaría de Sanidade após analizar esta cuarta feira o resultado dos cribados realizados nas últimas horas. Así, esta terza feira este departamento matizou que a cidade olívica non pasaría ao nivel medio baixo das restricións da pandemia provocada pola Covid-19 até revisar estes resultados, debido a que había "certas dúbidas". Coas restricións de nivel medio baixo pódese ocupar até o 50% da capacidade no interior de bares e restaurantes e até o 75% en terraza. Desta forma, a partir das 00.00 horas desta sexta feira os concellos de Cambados, Laza e Padrón pasarán a contar co nivel máximo de restricións, con mobilidade limitada. Pola súa banda, haberá nivel alto de restricións nos municipios de Cangas, A Laracha, Lobios, Oleiros, Ribeira e Vilanova de Arousa. Doutra banda, aplicaranse medidas de nivel medio en Ames, Barbadás, Betanzos, Bueu, Carballeda de Valdeorras, Carral, Cerdedo-Cotobade, Chantada, Cualedro, Cuntis, Fisterra, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Melide, Moaña, Moraña, Noia, Ordes, A Pastoriza, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas, Santiso, Silleda, Soutomaior, Toén, Tomiño e Valga. O resto de concellos, incluída a cidade de Vigo, contarán coas medidas correspondentes ao nivel medio-baixo de restricións. Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunicaron que os dous últimos cribados realizados na área Sanitaria de Vigo tiveron lugar no Porto de Vigo e en mercados da cidade, concretamente nos de Teis, O Progreso, Calvario e Travesas. No relativo ao cribado nos mercados, participaron un total de 967 persoas e detectouse un positivo. No do Porto de Vigo, dirixido a traballadores do sector pesqueiro da cidade, participaron 905 persoas das 1.200 citadas -un 75 %- e detectáronse 21 casos positivos -o que representa un 2,3 % sobre o total de participantes-. |
NOS_44020 | As novas instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU) abrirán as súas portas o vindeiro mes de setembro. Segundo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, as obras xa remataron e a semana pasada foron recepcionadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A esta obra rematada seguiralla a do edificio antigo e o das consultas médicas. | No pleno do Parlamento de Galiza da semana pasada o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, informou as deputadas e deputados da cámara do remate das obras das novas infraestruturas do CHUOU. O investimento desta obra elévase a 41 millóns de euros nunha superficie total de 52.000 metros cadrados, dos cales só 24.000 corresponden á area de hospitalización. O obxectivo que se marcaran dende a Consellaría de Sanidade era a unificación da hospitalización xeral do CHUOU nun único e moderno núcleo. Asemade, tamén procurarían incrementar en 15 por cento as camas dispoñíbeis, elevando a cifra até as 930. Mais moitas son as críticas que acompañan esta nova xa que mesmo a presidenta da Comisión de Centro, Asunción Maus, sinalou que "é triste que teñamos que vir a Santiago para ter coñecemento disto". Tamén denomina como precipitado e oportunista a decisión. "Non sabemos que servizos se trasladarán até o novo edificio e polo tanto, tampouco que traballadores se trasladarán", engade mostrando grande incerteza e preocupación. E no pleno do Parlamento tamén se pronunciaron os grupos parlamentarios da oposición denunciando numerosos problemas que, ao seu xuízo, o novo complexo hospitalario apresenta. Segundo sinalaba a deputada do PSOE, Noela Blanco, "o tema do aparcamento é moi preocupante" xa que, ademais de que terán que pagar, o persoal é moito e nos cambios de quenda ha coincidir no seu uso o duplo de traballadoras e traballadores. Asemade, o servizo de cociña tamén foi obxecto de debate no pleno, ante a hipótese de que a súa eventual privatización poda levar aparellada a perda de postos de traballo. Perante a ameaza do despedimento e a reubicación de moitos dos traballadores da cociña até o de agora "non se obtivo resposta de cal será o seu futuro" sinalou a presidenta da Comisión de Centro. A deputada do BNG pola circunscrición de Ourense, Noa Presas, fixo publica a pasada segunda feira dunha solicitude no Parlamento para unha delegación de parlamentares de todas as frozas políticas poderen visitar as obras de ampliación do complexo. Sinala que "aínda que hai un ano prometeran que as instalacións estarían dispoñíbeis no verán pasado, vemos como aínda continúan fechadas". A resposta do conselleiro aos retrasos dos prazos de apertura do novo hospital, que se anunciaran xa en 2016 e que non se cumpriran, segundo sinalaron parlamentarias do PSOE e do BNG, foi diante dos representantes do CHUOU que seguiron o pleno en directo. Recoñeceu así o conselleiro que a caída do PXOM de Ourense e problemas cos novos accesos ou o subministro eléctrico foron algúns dos factores que retrasaron a finalización das obras. Ante isto, o BNG sinalou que a responsabilidade continúa a ser do Partido Popular, posto que o concello de Ourense e a Deputación Provincial están nas mans da mesma forza política. "A cuestión dos accesos que o propio BNG ten denunciado tanto con instancias no concello como na Deputación", sinalou Noa Presas. Novo xerente do CHUOU A comezos de 2017, no mes de febreiro, producíase un cambio en moitas responsabilidades no CHUOU. Mostra diso foi o relevo tomado por Dionisio López Bellido, xefe de Uroloxía até o momento, que toma as rendas do Complexo en substitución da súa compañeira Eloína Núñez que desempeñaba o cargo dende o 2009 e que pasará á dirección do Clínico de Santiago de Compostela. |
NOS_21968 | subxénero da invasión extraterrestre comezou a pórse de moda alá polos anos 80 coa serie V. | Desde entón houbo de todo: marcianos cabezóns (Mars Attacks), monstros xigantes (Monstruoso), máquinas (Transformers), patos (Howard, un novo heroe), insectos (Starship Troopers), octópodos (A chegada), conquistadores (Independence Day), aliens que reaccionan ao son (Un lugar tranquilo), outros que cambian as cores da contorna (Color Out of Space), creadores de bucles temporais (Ao fío do mañá), os que viven entre nós (Alien nación) ou os que son confinados nun gueto (Distrito 9). Nación cativa / Captive State / Rupert Wyatt / EUA / 2019 / 109 minutos / Na liña desta última está Nación cativa, pero agora é a humanidade a que vive baixo o control dos extraterrestres. A Terra elixiu renderse. Era iso ou a aniquilación total. Todas as forzas militares e bélicas foron suprimidas a prol dunha paz mundial cos visitantes que agora pasan a ser os "lexisladores" da humanidade. Após un breve período de transición, as consecuencias comezan a aflorar: a fenda entre ricos e pobres é cada vez maior, hai unha férrea censura dixital, cámaras por todas partes, represión policial legalizada e, ademais, un corpo especializado en detectar os disidentes ao estilo da stasi alemá. No fondo, máis que un filme de ciencia ficción, estamos ante un thriller de espías que teoriza sobre como sería o ascenso do fascismo a nivel mundial, presentado dunha maneira atractiva e accesíbel para amantes do xénero. E si, os extraterrestres serían os fascistas. Dirixe Ruppert Wyatt (A orixe do planeta dos simios), que prescinde en gran medida dos efectos visuais, reservados basicamente para unhas poucas aparicións dos aliens e para integrar as naves extraterrestres no horizonte. Costuras dun low-fi avalado polo paraugas de Spielberg, que participa coas súas produtoras Dreamworks e Amblin Partners. Pódenselle achacar mil cousas a Nación cautiva, pero non se pode dicir que non ten intención de ser diferente. As explicacións todas están ao principio. Logo dunha secuencia inicial trepidante, e algo terrorífica, vén un breve prólogo explicativo que nos pon en situación de como está o contexto mundial cos extraterrestres. Despois diso sorprende a pouca información explicativa que dá, seguindo a máxima de "se podes ensinalo, non o contes". Conségueo grazas a unha xenial realización e un guión que, sen ser redondo, funciona e é honesto co que quere contar. A parte menos boa é que semella o episodio piloto dunha serie. Iso si, unha serie das que, a min persoalmente, me engancharía. |
NOS_18060 | En conversa con Sermos Galiza, o dirixente nacionalista reafirma que o seu ciclo político "está rematado" e que "estou nun epílogo". "Eu para ser referente no proxecto de Anova, non preciso ser o portavoz", engade. Imaxe: Riobó Prada | Xosé Manuel Beiras conversou desde o seu despacho no Pazo do Hórreo con Sermos Galiza. A poucos días de ter lugar a Asemblea nacional de Anova, o líder nacionalista debulla con nós algunhas das cuestións que teñen a ver co conclave. Beiras asegura que os obxectivos para esta fin de semana son "culminar" o proceso encetado na asemblea fundacional constituínte do pasado ano e catapultar á organización ao traballo social que é, di, "para o que naceu". En relación aos comicios europeos do vindeiro ano, Beiras avanza que a súa organización non ten aínda decidida a fórmula de concorrencia nas eleccións europeas 2014. Aliás, cre que a coligación con EU non ten descafeinado ou disolto as "posicións nacionalistas" de Anova. Asemade, salienta que o nacemento da formación --deseñada como unha "unidade de acción electoral" serviu para rachar "o mapa electoral" e mesmo as dinámicas parlamentares. Porén, non cre que isto supuxese a ruptura da unidade de acción do nacionalismo, cando menos non nun momento de ruptura e quebra do sistema como o actual no que entende que para dar "un paso cualitativo adiante no proceso de emancipación nacional" non se pode "practicar o isolacionismo". Podes ler a entrevista completa no número 50 do Sermos Galiza, xa á venda nos quiosques e na nosa loxa. |
NOS_27221 | Por outra parte, o Goberno galego autoriza o parque Farrapa II, na Pastoriza e Abadín. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) someteu ao proceso de información pública esta quinta feira o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización previas e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Órrea, situado no concello de Agolada. O proxecto, que prevé a instalación de dez aeroxeradores cunha potencia de 42 megawatts (MW), está impulsado por Aldesa Energías Renovables de Galicia SL e conta cun orzamento de 45,8 millóns de euros. Cómpre lembrar que o pasado mes de abril a Consellaría de Medio Ambiente obrigou a someter ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria o proxecto da liña de alta tensión que evacuaría a enerxía xerada neste parque e no de Mesada, promovido pola mesma compañía e que afectaría, alén de Agolada, Lalín e Vila de Cruces. Plataformas e colectivos anuncian en Monfero mobilizacións contra os eólicos Os gobernos destes tres municipios opuxéronse ao proxecto alegando os danos que ocasionaría, a nivel ambiental e pasisaxístico, en lugares como os Sobreirais do Arnego, alén de detectar posíbeis vulneracións da normativa urbanística. Agora ábrese un prazo de 30 días para que as persoas ou entidades que se consideren prexudicadas polo proxecto presenten as súas alegacións. Autorizado o Farrapa II Por outra parte, esta mesma semana o DOG publicou a autorización administrativa previa outorgada polo Goberno galego ao proxecto Farrapa II, declarado de utilidade pública, nos concellos da Pastoriza e Abadín. É un proxecto da compañía Norvento e prevé instalar unha potencia de 20 MW. |
NOS_53555 | 148.000 traballadores con salarios inferiores a 900 euros perderon o seu emprego. | As crises sempre teñen os mesmos pagáns. A destrución de emprego provocado pola pandemia en Portugal está afectando aos traballadores con menos poder adquisitivo, con especial incidencia naqueles cuns salarios líquidos inferiores a 600 euros mensuais. Segundos os dados achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), desapareceron a consecuencia da epidemia 148.000 postos de traballos, todos eles nos niveis de renda máis baixas, aumentado o número de empregados nas categorías salariais a partir de 900 euros. Os maiores niveis de destrución de emprego concéntranse naqueles traballadores e traballadoras con salarios entre 310 e 600 euros, con 35.000 parados e unha baixa de 35% máis en relación ao segundo trimestre de 2019. Ao tempo, nos operarios e operarias con nóminas de 600 a 900 euros, a caída da contratación baixa en 122.000 persoas e unha porcentaxe de 40%. O comportamento do mercado laboral ten provocado curiosamente unha suba do salario medio de 4,5%, situado agora en 952 euros mensuais, ao ter aumentado o emprego naquelas franxas de poboación onde a renda é mais alta e descendido naqueloutras onde é máis baixa. A mocidade é, tamén, en Portugal un dos grupos sociais máis golpeados polo paro. A este respecto, os números fornecidos polo INE destacan que os menores de 35 anos son o segmento de poboación máis afectado polas altas taxas de precariedade e pola temporalidade dos seus contratos. Así, constátase que mozos, precarios e mal pagados son os que sofren, case en exclusiva, o duro axuste laboral vivido en Portugal entre os meses de abril e xuño. Neste sentido, o INE sinala que "o fenómeno de emprego nos salarios baixos acaba por adiantar o aumento das desigualdades sociais e da pobreza nun contexto económico recesivo". O aumento do emprego naqueles segmentos de poboación mellor remunerados remata por compensar a destrución masiva de postos de traballos naqueles grupos de persoas con salarios inferiores a 900 euros. Así, o número de ocupados sube en 5.500 persoas entre aqueles que cobran máis de 3.000 euros ao mes, porén onde máis aumente o emprego, con 59.000 altas é entre os empregados con salarios entre 1.200 e 1.800 euros. |
PRAZA_2431 | O Goberno galego aprobou os proxectos de decreto dos plans de estudo de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración, sen dar entrada ás principais reivindicacións do seu profesorado e alumnado. | O Consello da Xunta aprobou este xoves os proxecto de decretos polos que se establecen os plans de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, de Deseño, de Arte Dramática e de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Segundo o Goberno galego, os decretos "reforzan" a súa "aposta" polas ensinanzas artísticas superiores, e a súa "máis alta consideración, igualdade de oportunidades e seguridade para os seus titulados no que se refire á equivalencia dos seus estudos cos universitarios". Porén, dende a comunidade educativa destas ensinanzas a primeira impresión sobre o aprobado é que non vén achegar "nada novo" e que non incorpora ningunha das súas principais reivindicacións. "Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo" A principal demanda da Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade é que se poña en marcha o establecido do artigo 58.7, da LOMCE, que determina que as administracións educativas poderán adscribir centros de ensinanzas artísticas superiores mediante convenio ás universidades. Os decretos negan esta posibilidade, mantendo o PP a posición que veu sostendo nos últimos anos, que o levou en varias ocasións a bloquear esta opción, tanto no Parlamento galego coma no Congreso. Porén, os textos aprobados nin sequera achegan outros mecanismos posibles para a mellora do funcionamento destes estudos. "Todo queda sometido a regulacións posteriores ou a desideratums do tipo 'fomentarase...'ou 'poderase...'", sinala Fernando Carrera, ex-director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra. "Non están presentes ningunha das nosas reclamacións en termos de acreditacións ou de calidade. E mantense o actual caos normativo", engade. "É máis do mesmo, non hai nada novo", conclúe. "Como mínimo pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo", explica. "Na universidade todos os ámbitos están organizados; pero pola contra nas ensinanzas artísticas superiores moitas cuestións fundamentais dependen de regulacións parciais. Por exemplo o proxecto de fin de ciclo e as prácticas en empresas, imprescindibles para acadar o título superior, resólvense cun par de circulares, e aquí quedan de novo sen regular", di. "Dádenos unha norma sobre a cal fundamentar o noso traballo académico e levar a cabo a nosa actividade con calidade, é o pedimos", engade. "Pedimos unha regulación e unhas normas que nos permitan facer ben o noso traballo. Este decreto consolida a opción non universitaria, pero aínda por riba non nos dá regras de xogo" A Plataforma pola Adscrición e a Integración das Ensinanzas Artísticas na Universidade relanzará nas vindeiras semanas a súa actividade pública para tentar modificar unha situación na que, denuncian, segue a producirse unha "discriminación moi negativa para as tituladas e titulados superiores en tanto a suposta equivalencia acaba por non aplicarse en numerosos casos", sexa no acceso a bolsas para posgraduados, na continuidade de estudos, ou na incorporación ao mercado laboral, "pois sempre se prima a titulación universitaria". A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PP. A finais de novembro realizarase un acto en Compostela, na que participarán representantes de todos as forzas políticas agás o PP A integración na universidade das ensinanzas artísticas superiores xerou un consenso entre todos os partidos, excepto os populares. Isto pode determinar un cambio tralas eleccións xerais do 20 de decembro. "Nos últimos meses reducimos a actividade pública, pero traballamos bastante no ámbito político", explica Carrera, que destaca que "mantivemos encontros con todas as forzas, tanto en Galicia coma no resto de España, para explicarlles as nosas demandas e para que leven as nosas reivindicacións nas nosas demandas". |
NOS_9062 | Nas últimas horas faleceron tres persoas na Galiza pola Covid-19, en todos os casos tratábase de doentes con patoloxías previas. | As autoridades sanitarias comunicaron nas últimas horas o falecemento de tres persoas diagnosticadas con coronavirus, o que eleva a 2.319 o número de vítimas mortais pola pandemia na Galiza. En concreto, segundo fontes sanitarias, as tres persoas tres falecidas presentaban patoloxías previas. Trátase dun home de 84 anos e outro de 74 que morreron esta sexta feira no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A terceira vítima foi unha muller de 99 anos que faleceu onte no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Estes novos falecementos prodúcense nun momento no que o número de contaxios parece moderarse mentres medra a presión hospitalaria nos hospitais galegos Nos últimos sete días, tres de cada cinco concellos galegos non rexistraron contaxios. Con todo, as autoridades sanitarias chaman a non baixar a garda para evitar unha cuarta vaga da pandemia. |
PRAZA_19540 | Os dous acusados de tenza ilícita de explosivos recoñecen este delicto, asumindo condenas de 18 meses. As penas para o resto fican reducidas a unha multa duns 3.600 euros | O xuízo pola ocupación da Sala Yago en 2011, que fora aprazado hai meses (pola renuncia dunha das avogadas defensoras), reanudouse este luns pola mañá en Compostela (Xulgado do Penal número 1), dando como resultado un acordo entre o Ministerio Fiscal e as persoas acusadas que rebaixa considerablemente as penas solicitadas para a maioría. Os dous acusados de tenza ilícita de explosivos recoñeceron este delicto, asumindo condenas de un ano e medio (fronte aos catro anos e medio solicitados inicialmente pola Fiscalía). 8 dos outros 10 acusados recoñeceron a ocupación do inmoble, vendo recortada a solitude de penas (anteriormente de 18 meses) a unha multa duns 3.600 euros (20 euros diarios durante 6 meses). Antes do xuízo tivo lugar unha concentración de solidariedade coas persoas acusdas, reclamando a súa absolución e con faixas nas que se podía ler "non á criminalización dos movemeentos sociais". En novembro de 2011 a Sala Yago de Santiago de Compostela, un antigo teatro e cine situado na zona vella e que leva pechado dende o 2007, foi ocupado durante varios días por un amplo grupo de persoas. Días despois a sala foi desaloxada, cun amplo dispositivo policial que rematou coa detención de once persoas, que estes días están a ser xulgadas (xunto con outro acusado, implicado pola policía tras atopar pegadas súas no local). |
PRAZA_7872 | Mentres noutros países en similar contexto existe unha reacción proporcional ao aumento da gravidade e emerxencia da súa situación, aquí cunha tendencia similar nos mantemos calmos e á espera. O ruxerruxe do "algo vai pasar" crece pero, en contra do dito, nada acontece de diferente. Que estamos facendo? | O círculo no que a democracia española leva inmerso os últimos anos parece non atopares a saída. As medidas económicas endexamais chegan a dar os brotes verdes tantas veces prometidos. As medidas de transparencia non pasan do anteproxecto e, aínda por enriba, levan a reprimenda contundente de Transparency International. A sensación de desgoberno se estende sen que se tomen medidas xa non contundentes –como sería lóxico nalgúns casos, senón mesmo de tipo cautelar e para garantirlle a súa tranquilidade á cidadanía. O tan anunciado proxecto do PP semella (cada vez máis) unha axenda improvisada segundo os escándalos e titulares do día, aderezados despois coas esixencias cíclicas da UE ou o FMI ou outras organizacións internacionais. Con todo isto enriba da mesa un se pregunta, que estamos facendo? Mentres noutros países en similar contexto existe unha reacción proporcional ao aumento da gravidade e emerxencia da súa situación, aquí cunha tendencia similar nos mantemos calmos e á espera As sociedades do resto do globo admiranse e sorpréndense sobre como, coa que está caendo, na rúa parece que a vida cotiá continúa a transcorrer normalmente e case sen incidentes. Mentres en Italia ou en Francia ou en Grecia as manifestacións multitudinarias acurtan a súa periodicidade, aquí seguimos aboados ás protestas parciais e de sector. Mentres noutras partes do globo as forzas públicas de seguridade deben esforzarse cada vez máis por conter unha irritación e virulencia social en aumento, aquí continuamos a resistir coas mesmas manifestacións e coas medidas clásicas de protesta civil de toda a vida. Mentres noutros países en similar contexto existe unha reacción proporcional ao aumento da gravidade e emerxencia da súa situación, aquí cunha tendencia similar nos mantemos calmos e á espera. O ruxerruxe do "algo vai pasar" crece pero, en contra do dito, nada acontece de diferente. Que estamos facendo? Os edificios onde os nosos representantes deberan erguer a voz do pobo e transformala en norma de todos e para todos se rodea de furgóns e de vallas, mentres se apagan as luces e se esconden os taquígrafos Cando o soño de posguerra era transformar Europa nun espazo onde todas as persoas fosen iguais en dereitos e deberes, independentemente dos trazos distintivos que as particularizan e, aínda máis, incluíndo aqueles trazos en parte dun novo acervo común e compartido; erguemos barreiras en forma de infranqueables "liñas vermellas" disfrazadas de presunto federalismo. Os edificios onde os nosos representantes deberan erguer a voz do pobo e transformala en norma de todos e para todos se rodea de furgóns e de vallas, mentres se apagan as luces e se esconden os taquígrafos impedindo que os representados vexan e escoiten as voces de quen pretenden suplantar de facto o seu mandato. A democracia persegue en teoría achegar a decisión a unha cidadanía que sinte, con forza crecente, como esta capacidade se dilúe nunha miríade de opacos intereses interpostos. Que estamos facendo? Logo de tres anos de Guerra Civil, decenas de anos de ditadura baixo o Franquismo, e máis de un lustro dunha dura Transición, España afronta o seu momento máis decisivo como sociedade cohesionada e como democracia consolidada. Os eixes da paz social e o benestar colectivo están claramente ameazados por unha falta de visión sobre o proxecto de país que queremos construír e, dun xeito tamén preocupante, por políticas curtopracistas de tiriña e parche. O reloxo da solución á crise se estira cada aninovo a un ano máis adiante no futuro. A cidadanía esgota aos poucos unha paciencia tan ampla como poucas veces se viu pois, merece a pena lembralo, España é o único país de Europa sen revolucións sociais e quizais se estea abusando demais deste antecedente –pois para nada quere isto dicir que hoxe non poda comezar a primeira. O que si hoxe queda claro é que o camiño actual non leva a ningún sitio ao que calquera cidadán razoable quixera ir e, por iso, ten chegado o momento de comezar a virar o rumbo Moito resta por facer e moitas son as responsabilidades colectivas, de todos e todas os que formamos a cidadanía. Quizais precisemos aínda moito máis tempo para debater e buscar novas solucións, pero o que si hoxe queda claro é que o camiño actual non leva a ningún sitio ao que calquera cidadán razoable quixera ir e, por iso, ten chegado o momento de comezar a virar o rumbo. |
PRAZA_6857 | Unha antiga empregada de Azetanet, imputada na trama Zeta por supostos delitos de fraude, malversación e falsificación, declarou tras ser detida o xeito en que se realizaban os pagamentos procedentes da "caixa B" da presunta trama, así como a elaboración de facturas con conceptos "evidentemente falsos". | "O PP só ten unha contabilidade, a auditada polo Tribunal de Contas". O pasado 23 de outubro o alcalde da Coruña e presidente provincial do partido, Carlos Negreira, zanxaba deste xeito ante a prensa as preguntas sobre o suposto financiamento irregular do seu partido a raíz das primeiras revelacións da Operación Zeta, a presunta trama corrupta de falsos cursos de formación. Un mes antes, ás nove da mañá do 22 de setembro, a ex contable de Azetanet, a empresa de Gerardo Crespo que, segundo a investigación, estaba no centro da rede, era detida na súa casa da Coruña "pola súa participación nun presunto delito de fraude de subvencións, estafa, malversación de caudais públicos e falsificación documental". Catro horas despois a antiga empregada declaraba na comisaría da cidade e admitía, entre outros aspectos, que tivo que achegar cartos negros da empresa para "facer dous sobres destinados ao Partido Popular". Eses cartos, explicoulle a ex contable aos axentes da UDEF, saíron da "caixa B" de Azetanet, un depósito de cartos en efectivo que se concretaba "nun caixón da súa mesa de traballo". A "operativa habitual", sinala a acta da declaración, incluída no sumario do caso a cuxo contido tivo acceso Praza Pública, era que "tras a petición de cartos en efectivo" estes eran gadardos "nun sobre" que se entregaba "case sempre a Gerardo" ou, no seu defecto "a Margarita", directora xeral da empresa, "para entregarllo a el". Da 'caixa B' saían tamén "reintegros a determinadas persoas e funcionarios porque así o refería Gerardo", díxolle a ex contable á Policía "A declarante preparaba os sobres e entregáballelos a Gerardo ou Marga" e, como norma xeral, afirmou, "ignora a quen llelos entregaban". Así e todo, si admitiu ante os axentes "que Gerardo en dúas ocasións lle pediu reintegrar diñeiros para facer dous sobres destinados ao Partido Popular". Asemade, tamén "lembra" pagamentos a través de transferencias bancarias a empresas propiedade de Pachi Lucas, empresario sinalado pola investigación como intermediario ante políticos e conseguidor da trama e, segundo publicou o diario El País, amigo persoal do presidente da Xunta. Os pagos a Lucas eran "unha cantidade periódica, sendo este pago priorizado por Gerardo". Da mesma caixa sairían tamén "reintegros a determinadas persoas e funcionarios porque así o refería Gerardo", pero ela "non sabían quen eran nin os cargos que ocupaban". Confirmación do 'modus operandi' da presunta trama Durante a súa declaración na comisaría a ex contable ratificou tamén o que para a UDEF é un dos xeitos de actuar da trama: o cobro de subvencións públicas para formación recibidas por outras empresas ás que, xusto despois, lles devolvía unha parte do pagado sen realizar curso ningún. O que a Policía define como "caza de cartos públicos" era "sempre supervisado por Gerardo Crespo", segundo a antiga empregada, "sendo este o que decidía a quen pagar e cando". "En Azetanet todo se comunicaba a Gerardo Crespo", resalta a declaración, na que admite ser "perfectamente coñecedora de que o grupo realizaba devolucións ou retornos en metálico e a través de contrafacturas a múltiples clientes". A "operativa básica" consistía en que os responsables da empresa "lle comunicaban que nunca data determinada debía ter unha suma de cartos en efectivos" para "serlle entregada a clientes do grupo". Os conceptos das facturas eran "evidentemente falsos", declarou a traballadora, que rematou sendo despedida por Crespo Eses "ingresos e saídas de efectivo" eran anotadas nuna "estrita contabilidade en Excel". As "anotacións", sempre segundo a declaración, "realizábanse tras os comentarios que lle facían especialmente Gerardo Crespo ou porque así llo preguntaba expresamente a Margarita". Crespo, mantén, "era perfectamente coñecedor da existencia e xestión do arquivo informático" no que se "documentaba" esa contabilidade B. "Quere deixar claro que todas as anotacións que en el fuguran en relación ao concepto son verdadeiras", se ben non recollen todos os pagos aos supostos clientes por cursos non realizados, porque "outro medio de devolución" era "coa confección de facturas cruzadas". Para confeccionar esas facturas chamábase "aos clientes para definir o concepto, xa fose para non pagar o IVE ou outros motivos". En todo caso, "os conceptos eran evidentemente falsos". Tras "catro ou cinco anos" traballando para Azetanet esta traballadora foi despedida. Ela, díxolle á Policía, "despediuna porque lle dicía as cousas que estaba facendo mal e non se podían facer". "Quere deixar claro -reflicte a declaración- que o único que quería era conservar o seu posto de traballo, tendo unha hipoteca, e que só cumpría ordes". |
NOS_16302 | As contas da Xunta para 2014 ficaron aprobadas polo Parlamento. O Partido Popular sacou adiante, en solitario, uns orzamentos que non incorporan ningunha das máis de mil propostas achegadas polos grupos da oposición. BNG, AGE e PSdeG denunciaron o carácter anti-social da lei e a falta de diálogo do partido que apoia o goberno. | Galiza xa conta, desde a terza feira, con Lei de Orzamentos para o vindeiro exercicio. O Parlamento aprobou o proxecto de lei presentado polo executivo de Alberto Núñez Feijóo. E é que nen unha das 1.200 emendas presentadas polas forzas da oposición foron aceptadas polo partido maioritario. Así é que as contas públicas foron feitas unicamente polo Partido Popular. "A ditaruda da maioría" Nen as chamadas ao entendemento por parte da oposición --que coincidiu na necesidade de aplicárense outras políticas económicas para reverter as consecuencias sociais da crise-- nen a unilateralidade que supón non contar co apoio de ningún outro grupo, fixo mudar a actitude do PP. Unha actitude que en verbas do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera consiste en "negar na práctica a función do Parlamento" e impor "a ditadura da maioría". "Nen teñen capacidade de diálogo nen a máis mínima autonómía como grupo parlamentar", espetou o do BNG, face uns orzamentos que, dixo, "están feitos a medida do Goberno" e continúan "polo camiño do austericidio", acrecentou Xabier Ron en nome da Alternativa Galega de Esquerda. Desde a coligación electoral rexeitaron tamén unhas contas públicas que aplican "as receitas da Troika" e renuncian, mesmo, "á marxe legal para aumentar o teito de gasto". O PP ve nas reformas a adaptación da economía ao contexto actual As tres forzas da oposición criticaron con dureza os recortes que a Xunta de Galiza aplica nas principais partidas sociais no que o deputado de AGE consideru unha "grúa de demolición" do Partido Popular contra "o edificio social". Neste senso, o portavoz parlamentar do PSdeG-PSOE, Méndez Romeu indicou que o resultado desta redución do investimento nos servizos públicos é a responsábel do "incremento da desigualdade social", a "depauperación da clase media", unha cifra de desemprego "fóra de control" e cada vez un maior número de persoas en "exclusión". "Aproban un orzamento que non é nen o único posíbel, nen o que precisa o país", afirmou o lider parlamentar d@s socialistas. Porén desde o Partido Popular defenderon as contas públicas como as "acaídas para saír da crise", indicou Pedro Puy, nun momento en que, dixo, "non é bo confundir as causas cos efectos" pois, segundo o portavoz popular, a economía galega --mais tamén española-- atópase "nesta situación" por non se ter "adaptado ao novo contexto" internacional polo que gabou que a Xunta de Galiza continúe polo vieiro "reformista". |
NOS_51359 | Prevé tres millóns máis de doses administradas co fin de alcanzar a inmunidade de 70% da poboación antes de finalizar o mes. | O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, avanzou antes de dar comezo a Conferencia de Presidentes que no mes de agosto chegarán a España 3.400.000 doses da vacina de Pfizer para "avanzar" na vacinación. "Onte, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, pechou a chegada de 3.400.000 doses da vacina de Pfizer en agosto, polo que pasaremos de 13 millóns de vacinas administradas a 16 millóns en agosto para anticipar ese obxectivo que marcamos de acadar 70% da poboación completamente vacinada antes de que termine o mes", subliñou. Un ano da primeira desescalada Sánchez compareceu brevemente acompañado polo presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, a quen agradeceu que propuxese reeditar o encontro de presidentes do ano pasado na Rioxa en territorio castelán-leonés. A respecto deste aniversario, lembrou que hai 365 días "non existía vacina", en plena primeira desescalada. O paro aumentara en 55.000 persoas cun millón de ocupados menos e o PIB caía. Naquel encontro presentou o primeiro acordo dos fondos europeos a recibir no próximos seis anos, pero entón "era só un proxecto, sen vehículo e sen plans que os instrumentalizasen". "Se pensamos o que ocorreu entón, creo que claramente avanzamos para ben. Hoxe hai vacina e 56% da poboación está protexida coa pauta completa", sinalou Pedro Sánchez. Ademais, en termos económicos, o PIB está á alza, recupérase o emprego, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa, e hai máis afiliados á Seguridade Social. Polo tanto, "se miramos de 12 meses a esta parte, avanzamos. Antes había recesión e agora recuperación, antes destrución de emprego e agora creación de emprego", exhibiu o líder do Executivo nacional. Reto demográfico Pedro Sánchez apuntou, ademais, que nesta reunión presentará aos líderes autonómicos detalles sobre o compromiso adquirido na Conferencia de Presidentes de 2017 -con outro presidente no Goberno, tal e como lembrou-, sobre os avances na loita contra o despoboamento. Así, sinalou que esta estratexia empeza a materializarse cun plan estatal dotado con 10.000 millóns de euros. "Trataremos un dos temas, se non urxente, si importante para a sociedade, como é a forma de facer fronte ao problema do despoboamento", declarou antes de inaugurar a Conferencia de Presidentes. |
NOS_40249 | CIG vén de denunciar os despedimentos que tiveron lugar en Edicións Xerais, propiedade do Grupo Anaya. | O sindicato nacionalista pon de manifesto nun comunicado que Anaya, grupo propietario de Edicións Xerais, "vén de rematar un proceso de substitución do traballo de produción que reduce o papel da empresa con sede en Vigo, nunha visión centralista xa avanzada noutras zonas do Estado español". A central sindical advirte de que durante o proceso tivo lugar a revogación da delegada da CIG e a súa substitución por un representante de CCOO, tras o que agora se produce o despedimento de tres traballadores e a saída voluntaria do seu director, Manuel Bragado. Detrás da operación hai, segundo a CIG, "unha estratexia definida pola dirección de Anaya para limitar a autonomía de Xerais". O sindicato nacionalista rexeita os despedimentos e considera "totalmente inxustificada a decisión" e adianta que fará todo que estea na súa man na defensa destes postos de traballo. Aliás, amosa a súa preocupación polo "futuro e supervivencia dun proxecto editorial fundado hai xa case catro décadas e que durante moitos anos xogou un papel fundamental no universo da cultura literaria galega". |
PRAZA_10623 | A mostra Galicia, un relato no mundo, analizará "as relacións internacionais e o papel de Galicia na historia do mundo" | A mostra Galicia, un relato no mundo, analizará "as relacións internacionais e o papel de Galicia na historia do mundo"Galicia, un relato no mundo está chamada a ser, a partir da súa inauguración o próximo 8 de novembro, a gran exposición do ano na Cidade da Cultura e a Xunta mesmo está a presentala como "a primeira gran exposición internacional do Xacobeo 2021". A mostra, que analiza "as relacións internacionais e o papel de Galicia na historia do mundo", está comisariada por Manuel Gago e este luns déronse a coñecer os seus principais atractivos, que se suman á presenza xa avanzada hai un mes do Cancioneiro da Vaticana, un dos tres grandes la lírica galaico-portuguesa medieval. Xunto co Cancioneiro da Vaticana e o exemplar do Códice Calixtino conservado na mesma biblioteca, a mostra, con máis de 300 pezas, contará tamén con préstamos como o Libro das Invasións, onde se atopa a primeira mención coñecida a Breogán, o personaxe lendario que avistou Irlanda desde o faro de Brigantia. O Libro das Invasións, parte do Book of Leinster, unha das principais compilacións da literatura medieval irlandesa, é cedido polo Trinity College de Dublín e sae de Irlanda por primeira vez na historia. O Mapa de Sawley, no que a catedral de Santiago aparece como o edificio máis importante de Europa, ou o guerreiro de Lesenho, da Idade do Ferro, son outras das pezas xa confirmadasA mostra tamén contará, cedido pola Biblioteca de Arezzo, en Italia, co manuscrito do Itinerarium de Exeria, no que esta aristócrata galaicorromana relata a súa peregrinación a Terra Santa no século IV. Ou co Mapa de Sawley, cedido pola Cambridge University-Parker Library, "considerado un dos primeiros mapamundi enciclopédicos europeos, da época do Pórtico da Gloria (século XII), a obra representa a Catedral de Santiago como o edificio máis importante de Europa, ilustrándoa en maior tamaño que a Basílica de Roma". A mostra tamén traerá ao Gaiás o guerreiro de Lesenho, "peza central para entender a Idade do Ferro no noroeste da Península", prestado polo Museu Nacional de Arqueologia de Portugal.Arredor de 80 institucións de todo o mundo cederon pezas para a exposiciónA exposición foi presentada este luns polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que destacou a presenza nela de "obras que nunca antes se exhibiron en Galicia, cun elevado valor simbólico e que resultan esenciais para comprender a cultura e a identidade galega no marco histórico internacional". Rodríguez agradeceu especialmente a confianza das arredor de 80 institucións de todo o mundo que cederon pezas para a exposición e avanzou que nos próximos días agarda dar a coñecer novas obras que viaxarán a Santiago.Segundo salienta a Xunta, a exposición "explora a profunda conexión do territorio histórico galego con outros países, rompendo co mito de illamento e periferia, e poñendo de relevo o seu impacto internacional". "Cuestións como as tendencias culturais e artísticas, as transformacións políticas, a influencia de vías de comunicación históricas como a peregrinación a Santiago de Compostela, os grandes movementos migratorios e a internacionalización da economía galega serán aspectos moi presentes na exposición, onde a tecnoloxía terá tamén un papel destacado", salienta a Xunta, que engade que a mostra "baséase na idea de exploración por parte dos usuarios que, a través de solucións de montaxe gráficas e interactivas, deciden en cada momento canta información queren recibir. Tecnoloxías como sensores de movemento e presenza, sistemas inmersivos, proxeccións interactivas e realidade aumentada terán un destacado peso na construción do relato expositivo"."Nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade, a exposición estrutúrase arredor dos mitos, a historia, as memorias e as vidas dos galegos e galegas en diferentes épocas e contextos xeográficos", explicou Gago, o comisario da mostra. |
NOS_7624 | A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) tamén ergueu a voz para criticar a organización da Peregrinación Europea de Mozas e Mozos (PEJ2022) que rematou este pasado domingo. Este colectivo explica a Nós Diario que os concellos non contaron con eles e optaron por ceder os pavillóns públicos. | O Camiño de Santiago conta cunha hostalaría particular froito da singularidade do seu trazado e das persoas que o percorren: son os albergues. Negocios familiares e de pequenas autónomas e autónomos viven fundamentalmente das persoas que realizan algún dos trazados xacobeos. Veciñanza de Compostela demanda "máis civismo" no Camiño de Santiago Como o resto de estabelecementos deste sector, a pandemia da Covid-19 e as restricións provocoulles grandes prexuízos económicos. Agora, coa eliminación das limitacións sanitarias, tentan recuperar a normalidade. A entidade que reúne e defende este colectivo é a Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber). Conta con máis de 100 destas instalacións e unha oferta superior ás 3.500 prazas. O seu presidente, Miguel Ángel Rodríguez Aira, recoñece que máis alá da clientela que pouco a pouco volta aos seus negocios viron como pasou un evento como a Peregrinación Europea de Mozas e Mozos (PEJ2022) sen poder participar. En conversa con Nós Diario, afirma "entender o efecto de masificación que produciu, que non é moi positivo nin para peregrinos nin para a veciñanza". Rueda: "A Galiza é a meta do Camiño onde caben todos" Ademais, explica que estes días recibiron numerosas queixas por parte de socias e socios "sobre concellos que abriron os pavillóns para estes grupos sen consultar mesmo se os seus estabelecementos tiñan dispoñibilidade para acollelos". Constataron que, ao final, "moi poucos dos 12.000 que participaron estiveron aloxados en albergues privados". Pensa que o aloxamento en grandes pavillóns debería realizarse "sempre e cando non haxa sitio nos albergues, tendo en conta que hai grupos de todos os tamaños". Desde Agalber tentaron falar primeiro cos concellos onde se deu esta situación para tentar que mudasen de idea e falasen cos albergues "antes de aloxar en pavillóns sen unhas mínimas condicións ou sen cumprir as normativas da hostalaría". Para Rodríguez, a decisión final que se adoptou "non nos parece ben e vai en contra da veciñanza e da propia hostalaría do municipio onde se fai". |
NOS_56798 | O despoboamento do rural, a emigración, a inmigración e o índice de natalidade máis baixo do Estado. Analizamos estes catro factores como causa do colapso demográfico. | O despoboamento do rural con 1.408 aldeas abandonadas. A emigración, con 365.000 persoas abocadas a abandonaren o País en 20 anos. A inmigración, que baixa por ver primeira e moitos anos. E a taxa de natalidade máis baixa do Estado misturada con anuncios-panacea que chegan desde a Xunta e o Goberno español e que apoñen ás mulleres dedicación exclusiva nos roles de xénero. Son as catro razóns que debullamos para explicar por que a Galiza, lonxe de medrar en poboación e se constituír no que hai tempo @s demógraf@s deron en chamar Galifornia, camiña cara a unha erma Garizona. Unha ampla información sobre este asunto podes podes atopala no semanario nº81, dispoñíbel xa nos quiosques, nos puntos de venda habituais e na nosa loxa. |
NOS_46996 | A candidata do PT chama a uma mobilização maciça nas urnas para "melhorar a vida das famílias e não a dos banqueiros", enquanto Aécio Neves esforçase em garantir que não desmantelará os programas sociais postos em andamento por Lula e Rousseff. | As últimas pesquisas e sondagens sinalizam uma recuperação na intenção de voto para a candidata do PT e atual presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, a medida que se vai achegando o dia das votações (26 de outubro) na sua segunda e definitiva volta. Há duas semanas os inquéritos davam como favorito, cunha ligeira vantagem, a Aécio Neves (PSDB), que nesta cita tem o apoio de Marina Silva, a 'verde' que ficou fora no primeiro turno. A pesquisa de Datafolha indica que Dilma obteria o 46% dos votos (3 mais que na anterior sondagem, 15 de outubro) pelo 43% de Neves. O trabalho de MDA outorga-lhe à candidata do PT o 45,5%, enquanto que Neves teria o 44,5. O PSDB diz que não porá em questão programas do governo petista tão populares como a Bolsa Família E enquanto se continuam a realizar pesquisas demoscópicas, os candidatos intensificam sua campanha com muitos comícios na reta final de campaña. No realizado em Nova Iguaçu, na Baixada Fluminense, a presidenta Dilma Rousseff afirmou que o segundo turno das eleições será uma decisão entre os que "defendem o emprego e os salários" e os que "ficam de joelhos perante o FMI ". A linha discursiva do PT é que votar na direita seria como voltar a um passado de estancamento económico e desigualdades sociais, enquanto que o PSDB se esforça por garantir que representa a renovação na política e que não porá em questão programas do governo petista tão populares como a Bolsa Família (uma transferência de rendas públicas aos setores pobres da população). |
NOS_39027 | Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. | 🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 17.21 | A ONU eleva a 4,1 millóns as persoas refuxiadas no exterior de Ucraína desde o comezo da guerra ACNUR, organismo dependente de Nacións Unidas, eleva xa a 4,1 millóns as persoas refuxiadas no exterior de Ucraína desde que comezase a guerra con Rusia, o pasado 25 de febreiro. Máis da metade destas persoas cruzaron a fronteira con Polonia, 2,3 millóns, e a ONU cualifícao como o exódo de maior celeridade en Europa desde a II Guerra Mundial. 15.45 | Rusia estabelece un novo sistema para o pago do seu gas a partir da sexta feira Segundo recolle o diario dixital Russia Today, o presidente Vladimir Putin asinou nesta quinta feira un decreto no que estabelece as novas normas para a venta de gas natural aos "países inamistosos", é dicir, aqueles que impuxeron sancións económicas contra Rusia. A partir desta sexta feira, 1 de abril, estes países deberán "abrir contas en rublos nos bancos rusos para adquirir o gas natural ruso". Tamén advertiu que aqueles países que non acaten este novo sistema entrarán na lista de "impagos" e se lles rescindirá o actual contrato. 12.26 | As sancións impostas a Rusia fragmentarán o sistema monetario global, di o FMI En declaracións a The Financial Times, a subdirectora xerente do Fondo Monetario Internacional, Gita Gopinath asegurou que as sancións sen precedentes impostas a Rusia ameazan con diluír o dominio do dólar e xerar un sistema monetario internacional máis fragmentado. 11.33 | Putin asina un decreto para recrutar máis de 130.000 soldados adicionais En plena guerra con Ucraína o presidente ruso, Vladimir Putin, asinou esta quinta feira un decreto que permite inscribir máis de 130.000 persoas ao seu Exército. "Desde o 1 de abril ao 15 de xullo, permitirase o recrutamento de cidadáns de idades comprendidas entre os 18 e 27 anos que non se atopen na reserva e sexan suxeitos ao recrutamento para o servizo militar de acordo coa lei rusa", sinala o decreto. 10.48 | EUA detecta a retirada de tropas rusas da antiga central de Chernóbil Os servizos de Intelixencia dos Estados Unidos advertiron unha retirada parcial de tropas rusas na antiga central nuclear de Chernóbil, no marco dun posíbel reposicionamiento de efectivos ao redor da capital ucraína. Segundo informan a CNN e The Washington Post, fontes do Departamento de Defensa norteamericano aseguraron que polo menos parte dos militares despregados nesa zona retiráronse. 09.36 | Rusia declara un cesamento do fogo en Mariupol para a evacuación de civís A decisión anunciada por Moscova busca facilitar a saída de poboación civil a través de corredores humanitarios desde as 10 horas, hora local -as 9 na Galiza-, desde Mariupol a Zaporiyia, con parada en Berdyansk. O cesamento do fogo ten fins exclusivamente humanitarios declarou o xefe do Centro de Control da Defensa Nacional rusa, Mijail Mizintsev, segundo recolleu a axencia de noticias Interfax. |
PRAZA_3739 | Videocreadoras de toda Galicia, de Vigo a Compostela pasando polo Porriño, realizan proxección todos os días sobre as fachadas dos edificios enfronte das súas casas. Son mensaxes de ánimo, de crítica política, de humor, de apoio ao persoal sanitario e, sobre todo, de unión entre veciñas e veciños. | "Dada a actual situación na que nos atopamos, queremos lanzar un convite á creación de tecido veciñal, creando unha rede de apoio mutuo e coidados nos barrios", din as creadoras de 'Ola, Veciñas'Dende hai case dúas semanas vivimos confinados e confinadas nas nosas casas. Durante 24 horas ao día (ou case) a única vista de maior parte das persoas que habitan en cidades e vilas é a fachada do edificio de enfronte. Ás oito da tarde os aplausos dedicados ao persoal sanitario e a outros colectivos profesionais serven para rachar esta rutina e tamén para facer comunidade: decatármonos de que non estamos sós, de que o virus que ataca a todos e a todas tamén se superará entre todas e todos.A pasada semana un grupo de persoas en distintos puntos de Galicia, de Vigo a Compostela ou O Porriño comezando a proxectar nas fachadas que tiñan á vista unha serie de mensaxes, comenzado cuns sinxelos 'ola!' e 'ola, veciñas!'. O hashtag #olaveciñas comezou agrupar a todas estas accións, iniciadas polas artistas visuais e videocreadoras Laura Iturralde (Vigo) e a Bego Santiago (Compostela). 'Ola, veciñas' xorde "da reflexión colectiva acerca do que supón o illamento e a ausencia de contacto coa contorna. Dada a actual situación na que nos atopamos, queremos lanzar un convite á creación de tecido veciñal, creando unha rede de apoio mutuo e coidados nos barrios", explicaban hai uns días.A iniciativa "busca tamén fomentar o diálogo entre a veciñanza como ferramenta para combater o medo e a desconfianza que pode provocar esta situación de confinamento"A iniciativa, subliñaban, "busca tamén fomentar o diálogo entre a veciñanza como ferramenta para combater o medo e a desconfianza que pode provocar esta situación de confinamento" e engadían: "o noso principal vehículo de expresión son as videoproxeccións, e convidamos a persoas que usen este recurso ou que teñan algunha suxerencia a que contacten con nós".O seu chamamento foi respondido por outros videocreadores e videocreadoras galegas, que xa estaban tamén preparando as súas propias proxeccións. Nos últimos días puidemos ver moitos exemplos en Compostela, Vigo, ou O Porriño. Na cidade olívica podemos ver este tipo de imaxes en varios lugares, por exemplo no barrio de Teis, onde xa a pasada semana a creadora Miriam Rodríguez facía un alegato en defensa do 'tecido de barrio' e en apoio da sanidade pública e dos seus e das súas profesionais.A creatividade da Escola UnitariaDende "Tendas pechando e o Corte Inglés abre os domingos" ata "A ver se nos están engordando para logo paparnos", as mensaxes no barrio de San PedroEn Compostela todos os días poucos minutos despois das oito da tarde (tras o aplauso colectivo) Fer comeza coas súas proxeccións dende a Escola Unitaria (Calzada de San Pedro. "Bego e Laura comezaron isto e agora estade contaxiando moita xente", destaca en conversa con Praza.gal.As mensaxes de Fer están a chamar a atención nas redes sociais pola súa variedade. Dos iniciais 'ola, veciñas' ou o 'Juancar Virus' que acompañou a cazolada de protesta contra o discurso do rei Felipe VI, nos últimos días puidemos ler algunhas mensaxes máis políticas ("Feijóo, queda na casa", "Tendas pechando e o Corte Inglés abre os domingos", "Amancio Ortega me regaló un mechero pero me robó los porros") e moitas máis en clave de humor: "A ver se nos están engordando para logo paparnos", "Marx, Lenin, Stalin, Britney Spears" (en referencia á transformación socialista da cantante estadounidense), "Erte o que hai, Misae" (para fans de Shin Chan) ou "Se fuches aos baños do Maycar, tranqui que vas saír desta" (que comprenderá quen vivira algún tempo en Compostela).As proxeccións sérvenlle a Fer para entrar en contacto cos veciños e veciñas. "Eu poño: cantos quilos engordastes xa? E comezan a contestar 'oito' ou 'catro'. É un xeito de interactuar "Así mesmo, proxecta de cando en cando imaxes de animais (gatos, monos...) que xogan uns minutos na parede de enfronte. A explicación a esta variedade temática é que Fer "acepta peticións". "Nos grupos de whatsapp nos que estou, aviso de que se alguén quere propoñer algunha mensaxe, a proxecto, fago unha foto e un vídeo e despois llelos mando. Hai moitas mensaxes de ánimo para persoas que están enfermas", comenta.Que efecto provocan estas mensaxes? "Non sei que efecto provocan, pero creo que si xera reaccións na xente, algunhas a favor e outras en contra, como con calquera mensaxe que poden ver en calquera medio", di Fer, que engade que cando menos "serven para matar o aburrimento". Ademais, as proxeccións sérvenlle a Fer para entrar en contacto cos veciños e veciñas. "Eu poño: cantos quilos engordastes xa? E comezan a contestar 'oito' ou 'catro'. É un xeito de interactuar con veciños que igual nin coñeces", explica.Mesmo en analóxicoNo Porriño estamos a ver proxeccións algo máis sinxelas, pero de gran formato. O seu responsable é o artista multidisciplinar Juanma LoDo e a simplicidade ten unha explicación: está a realizalas "cun retroproxector de opacos dos de toda a vida". "Hai pouco tempo roubáronme un proxector e unha parella de altofalantes que deixei no meu coche despois dunha actuación e impúxenme o reto de facer visuais en modo analóxico", explica en conversa con Praza.gal."O obxectivo é crear comunidade tanto coas persoas que ven a proxección cada día desde as súas xanelas e balcóns, como quen chegan a elas polas redes sociais", di Juanma LoDoJuanma está en contacto con Laura Iturralde e Bego Santiago e mais con Marta Verde, outra artista, cofinada en Madrid, que tamén está a realizar proxeccións (mesmo levando o 'olaveciñas' en galego á capital do Estado). "Eu sumeime un pouco máis tarde, xa que ao non usar o computador e facelo a man tardei un pouco máis, primeiro en tomar as medidas da proxección e despois ao día seguinte en axustar as letras ata perfeccionalas", explica "O obxectivo é crear comunidade tanto coas persoas que ven a proxección cada día desde as súas xanelas e balcóns, como quen chegan a elas polas redes sociais", destaca Juanma. "Creo que o efecto é positivo, chéganme mensaxes de persoas do Porriño, de Galicia e do resto da Península, aínda que a mellor mensaxe foi un 'Por fin algo que se entende. Boísimo, Juanma!'. Está claro que moitas veces o noso traballo coa linguaxe visual sobre escenarios e en museos non chega de modo tan directo como un simple 'Ola!'", di."Pola miña banda tamén me fai sentir parte dunha comunidade e alegroume ver como cada día eramos máis e gozar do traballo de diferentes artistas que xa coñecía e novas persoas que coñecín grazas a #olaveciñas", engade. |
NOS_30841 | A xornalista Paula Castro analiza para 'Nós Diario' as fendas de xénero que pairan sobre o mercado laboral. | O 1 de marzo de 2019 aprobábase o Real Decreto Lei de medidas urxentes para a garantía da Igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación. Modificábase así a Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes, de 2007, recoñecendo que os seus resultados foran "discretos, cando non insignificantes". Co novo Real Decreto introducíanse unha serie de modificacións, entre as que estaba a obriga das empresas de 50 ou máis traballadoras e traballadores, de elaborar e aplicar un plan de igualdade e inscribilo no rexistro de convenios do Ministerio de Traballo (Regcon). Para iso o prazo marcado era de un ano no caso de empresas de entre 150 a 200 persoas traballadoras; dous anos, para as de entre 100 a 200, e tres anos para as empresas de entre 50 e 100 persoas traballadoras. Un prazo que rematou o 1 de marzo de 2022, hai exactamente sete meses. Segundo a base de datos da Seguridade Social, a 1 de febreiro deste ano había en Galiza 2.082 empresas con 50 ou máis persoas traballadoras, o que implica que deberían estar aprobados e rexistrados, cando menos, un número similar de plans de igualdade en cumprimento da lei. Porén, a esta altura, arredor dun 75% das empresas carecen aínda deles, segundo calcula a técnica de Igualdade da CIG, Margarida Corral Sánchez. As traballadoras galegas son maioría nos sectores onde os salarios son máis baixos e teñen máis dificultades para promocionar Non podía ser menos cando a propia Xunta de Galiza, de quen depende que se faga cumprir a lei, é a primeira incumpridora, acumulando a esta altura un atraso de 15 anos na aprobación dun plan de igualdade para o seu propio persoal. Como tampouco se coñecen casos de empresas sancionadas nin por carecer de plan, nin moito menos por incumprilo dado o escaso labor inspector nesta cuestión. Porén, a realidade é teimuda e constata que durante este período a situación para as mulleres no mundo laboral non mudou substancialmente. As fendas mantéñense a todos os niveis. As traballadoras galegas seguen sendo maioría nos sectores onde os salarios son máis baixos, teñen máis dificultades para promocionar a categorías superiores e acumulan a maioría dos contratos temporais e a tempo parcial. O seu peso no sector industrial é ínfimo. O sector servizos é, porén, onde teñen maior presenza. Segundo a EPA do segundo trimestre de 2022 o número de traballadoras con contratos a tempo parcial era de 120.600, mentres que só 34.600 homes estaban contratados baixo esta modalidade. Pero é que ademais 101.700 traballadoras tiñan contratos temporais, fronte a 79.300 homes. Isto explica que representando o 47,7% do total da poboación asalariada, segundo o informe de Muller e Mercado Laboral do ano 2022 elaborado pola CIG, o 46,7% destas tiveran uns ingresos anuais inferiores ao SMI. Non abonda cun plan de igualdade de empresa, porque non se trata unicamente de revisar as diferentes condicións que se dan nun mesmo centro de traballo Para resolver esta situación non abonda cun plan de igualdade de empresa, porque non se trata unicamente de revisar as diferentes condicións que se dan nun mesmo centro de traballo ou grupo empresarial. Vai máis alá e responde á concepción profundamente patriarcal dunha clase empresarial que entende que os salarios das mulleres son simples complementos do salario principal, que sería o do home. Unha concepción en moitos casos aceptada socialmente e que obriga a mudar principios profundamente arraigados. Onde si deberían xogar un papel esencial os plans de igualdade é na outra pata das patas, das moitas que hai, que explican a fenda salarial e que ten que ver coas dificultades das traballadoras para promocionar. Durante un conflito laboral do servizo de limpeza da Xunta evidenciouse que unha das razóns polas que as traballadoras, a inmensa maioría do persoal, cobraban menos que os seus compañeiros era porque mentres a eles se lles recoñecía unha categoría superior, transcorrido un tempo na empresa, elas pasaban anos sen ascender. Pero é que ademais, facendo traballos de similar risco, eles cobraban un plus de perigosidade e elas non. Neste caso a diferenza salarial superaba o 10%. Sorprendentemente, a pesar diso, a empresa non tería que xustificar nada, porque a lei contempla como aceptábel, ou normal, a existencia dunha fenda salarial de até o 25%. Unha discriminación intolerábel fronte á que as mulleres non temos do noso lado sequera a lexislación. Por sorte as compañeiras de limpeza da Xunta confiaron máis nas súas propias forzas e mobilizáronse durante meses, todas as semanas, até que conseguiron ver recoñecidos os seus dereitos e avanzar. |
NOS_29004 | O arquipélago das illas de San Pedro, no municipio da Coruña, vén de ser declarado definiivamente como ben natural de interese local. Unha figura que non implica a súa incorporación na rede de espazos protexidos, pero que é moi útil para "a xestión dos valores naturais". | Coa cidade da Coruña ao lonxe, ao pé dos montes de San Pedro, Cortigueiro e Bens e fronte ao Portiño afloran as illas do Vendaval, do Pé, As Tres Illas, O Aguillón e os illotes dos Fernandiños, o Rompedeiro e o Merlón. O arquipélago, máis coñecido polo título conxunto das illas de San Pedro, vén de ser declarada oficialmente espazo natural de interese local (ENIL). O grupo naturalista Hábitat vén traballando desde hai anos neste espazo, estudando a súa fauna e flora. "A figura do ENIL é moi útil a nivel local para a xestión dos valores naturais, como por exemplo á hora de redactar un plan xeral de ordenación urbanística", apunta un dos seus integrantes, o biólogo Damián Romay, quen matiza que esta declaración non comporta a inclusión na Rede galega de espazos protexidos. Tampouco a achega de recursos económicos por parte da Xunta para a súa xestión ou conservación. A declaración provisional fora anunciada no mes de novembro de 2017. Neste tempo, o Concello da Coruña traballou na redacción dun Plan de conservación do espazo. O documento incorporou as achegas da Sociedade Galega de Ornitoloxía e mais de Hábitat. "Nun radio de 100 metros de arredor das illas temos rexistrado 62 especies de aves, 25 de peixes, 2 de mamíferos terrestres, unha dun mamífero mariño e unha especie de réptil", enumera Damián Romay para dar conta do traballo do colectivo naturalista. E non só, a catalogación inclúe 35 especies de plantas e 25 de algas. A investigación, aínda inacabada, focalízase na actualidade nas especies de invertebrados mariños e terrestres. Gaivotas e corvos mariños A raíña do arquipélago é, sen dúbida, a gaivota patiamarela. Damián Romay describe unha colonia formada por unhas 60 parellas cun comportamento "semi-urbanita". As aves aliméntanse de xeito natural, a diferencia das súas veciñas afincadas na urbe herculina, combinando o aproveitamento da actividade pesqueira cando seguen aos barcos co dos descartes da planta de xestión de residuos de Nostián. Para o seu estudo Hábitat contou coa colaboración de ornitólogas e ornitólogas. "Desenvolvemos unha campaña de marcaxe e rastreamos os movementos dalgúns exemplares até o sur de Portugal ou Asturias", conta o biólogo de Hábitat. Outra especie que o colectivo naturalista observa con interese é o corvo mariño cristado. "Trátase dunha especie catalogada como vulnerábel no rexistro de especies ameazadas", apunta Romay, engadindo que os intentos de aniñar desta ave non frutificaron. "Pensamos que foi debido a molestias causadas polas ratas ou por algún carnívoro que se desprazou a illa", expón. As ameazas deste espazo As principais dificultades da conservación deste espazo están ligadas á súa propia localización, próxima a dous portos exteriores, o da Coruña e mais o de Ferrol, así como á propia cidade da Coruña. "Un dos problemas é o uso recreativo de quen desembarca nas illas para pescar ou de excursión", salienta Damián Romay. O desprazamento de especies invasoras introducidas pola man humana como a uña de gato ou a margarida do cabo supón outra ameaza. Rey celebra a aprobación definitiva da ENIL como un paso máis na conservación das illas de San Pedro, e avanza que Hábitat traballa na aprobación desa mesma figura na área dos montes de San Pedro, Cortigueiro e os Castelos. "O noso lema é 'estudar para conservar' e é un gusto para nós que iniciativas como esta cristalicen. Animamos a naturalistas galegos a identificar espazos coma este nos seus municipios e a aportar os datos que xustifiquen declaracións similares", conclúe Romay. |
NOS_53869 | Reivindícase fuxindo dos estigmas que a asocian á terceira idade | Nico ten 13 anos; David, 26; Elvis, 27; Hugo, 12... eles son algúns dos integrantes máis novos do Club Petanca Lugo, un equipo nado no ano 2017 no popular barrio da Milagrosa e que día a día encárgase de derrubar os tópicos que tradicionalmente se asocian a esta histórica disciplina A escuadra lucense está integrada desde 2019 na Liga Xunta da Galiza, e máis concretamente na Segunda División Norte, na que xoga contra outro equipo de Lugo, o Muralla, Lalín, Val do Dubra, Negreira e Coruña. Un dos seus membros, David Fernández, 'Daffer' (28 anos) conversa con Nós Diario sobre o presente e o futuro dunha modalidade que o gran público asocia automaticamente coa terceira idade, algo que el se encarga de desmentir. "Na Federación estatal máis de 80% de persoas con ficha teñen menos de 50 anos", apunta antes de recoñecer que a petanca "sufre moito polos prexuízos". "Igual que o golf ou o pádel poden ter esa imaxe de que son para xente pija, sobre nós pensan que somos de vellos, pero nada máis lonxe da realidade". A proba está no seu propio club, "onde somos o único equipo con tres xuvenís de todo o país", resalta. Para levar a bo porto ese labor de captación, no Cidade de Lugo tratan de operar "do modo máis deportivo posíbel para que a xente, e sobre todo a mocidade, vexa que a petanca é un deporte como calquera outro, co seu regulamento, coas súas federacións que o avalan, adestrando moi duro polo menos dúas horas un par de días por semana... o que queremos é que a xente de Lugo e da Galiza coñeza a petanca e que saiba que estamos aí". David resalta, a maiores, o feito de que para el a petanca é "o único deporte no que non hai discriminación de ningún tipo, pois poden xogar nenos con maiores, mulleres e homes, homes con discapacidade e sen, e por iso eu o considero o deporte inclusivo, intercultural e interxeracional máis importante do mundo". "Só hai que superar o medo ao descoñecido", reclama, pois el mesmo recoñece que cando un compañeiro de mestrado lle comentou por vez primeira a posibilidade de ir xogar á petanca, tamén pensou que "era cousa de xente maior", pero "por suposto que non é así". O anhelo dunha pista cuberta En Lugo, segundo datos do Instituto Estatal de Meteoroloxía, chove unha media de 135 días por ano, de aí que unha das principais metas do Club Petanca Lugo (CPL) sexa que a cidade da Muralla conte cunhas instalacións baixo teito, para que os elementos non alteren o seu calendario competitivo nin os seus adestramentos. "Necesitamos instalacións, non podemos xogar á petanca cando chove... e iso que somos o único equipo con 21 xogadores comprometidos para xogar a Liga, e nunha cidade onde ademais hai outro equipo", sinalan desde o CPL, estabelecendo unha comparación con localidades de menos poboación como é o caso de Lalín, "onde contan con oito pistas cubertas", ou con outras que non teñen entidades federadas pero si instalacións baixo teito, como Culleredo ou Monterroso. "Este ano, por vez primeira, gravamos nas camisetas 'Xunta da Galiza-Deporte Galego' e 'Concello de Lugo-Deputación de Lugo', para que vexan que agradecemos as instalacións, pero os rapaces non poden adestrar coas pistas enchoupadas", conclúen. |
NOS_13688 | Venceu nas contra-reloxios de Rianxo e Mera. Esta fin de semana comeza en Sevilla a ACT e O Grove acolle a presentación da Liga galega. | Esta fin de semana comeza ofialmente a tempada de traiñeiras. En Sevilla iniciarase a Liga ACT ou San Miguel, con 2 embarcacións galegas (Cabo e Tirán) a competir con 10 barcos vascos e cántabros. No Grove terá lugar a presentación oficial da Liga Galega de Traiñeiras, onde 22 embarcacións competirán repartidas en tres categorías (A. B e feminina). As dúas últimas probas antes do inicio oficial da tempada foron para os remeiros de Cabo de Cruz. Impuxéronse na contra-reloxio de Mera e volvérono facer esta pasada fin de semana en Rianxo. Os crucenses son o club de refrencia na Galiza. Teñen tres barcos no mar, un a competir na ACT (onde acabaron sextos a pasada tempada, Tirán foron sétimos), outro na categoría A da Liga Galega e o terceiro, na categoría feminina. Ningún outro clube galego pode presentar esas credenciais. Na regata de Mera tomaron parte 10 traiñeiras e os de Cabo marcaron un tempo de 20' 34", impóndose a Coruxo e Ares, segundos e terceiros, por unha diferenza considerábel: case 40 segundos. Na de Rianxo foron sete os barcos que participaron. Cabo fixo aquí un tempo de 21 minutos e 39 segundos. Case un minuto lle sacou aos segundos clasificados, Rianxo. A outra embarcación de Cabo foi terceira. |
PRAZA_18500 | A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta | O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo de Belas Artes da Coruña e a Fundación Eugenio Granell de Santiago están entre o grupo de cola canto a transparencia dos 60 museos de toda España analizados nun informe da Fundación Compromiso y Transparencia divulgado este xoves. Como no global dos museos analizados, o informe constata lixeiras melloras a respecto de anos anteriores e unha peor situación nos centros completamente públicos que nos xestionados a través de fundacións, como é o caso do Granell. A fundación santiaguesa presenta mellores indicadores que os outros dous centros dependentes da Xunta O informe agora divulgado é o quinto anual elaborado pola Fundación Compromiso y Transparencia e analiza un total de 60 centros escollidos de xeito proporcional pola xeografía de todo o Estado. De cada un analiza un total de 25 indicadores sobre o seu nivel de transparencia en cuestións como a divulgación das súas actividades, a súa situación económica, os seus órganos de goberno ou os seus plans de futuro. En función do cumprimento total, parcial ou non cumprimento deses indicadores outórgalles unha puntuación, de xeito que os museos mellor valorados, con 22,5 puntos, son o Museo Vasco de Arte Contemporáneo-Artium e o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza. Nese listado, o centro galego mellor situado é o Eugenio Granell, con 10 puntos, mentres que moito máis atrás están o de Belas Artes da Coruña, con 4,5 puntos, e o CGAC, con 3,5 puntos. Dos dous últimos museos, os dous dependentes da Xunta, o informe considera que só cumpren con algúns indicadores de transparencia referentes ás súas actividades (que melloraron no último ano) e estrutura organizativa, mentres que a Fundación Granell facilita algún dato máis en materia económica e de órganos de goberno. Por iso, o informe cualifica ao CGAC e o Museo de Belas Artes como "opacos" mentres que ao Granell o inclúe dentro da categoría "translúcido", recoñecendo que no último ano mellorou catro puntos na súa puntuación total final. O informe atribúe á independencia xurídica e a composición dos padroados dos centros, ou ao seu funcionamento na práctica inexistente, boa parte da responsabilidade de impulsar a súa transparencia O informe atribúe á independencia xurídica e a composición dos padroados dos centros, ou ao seu funcionamento na práctica inexistente, boa parte da responsabilidade de impulsar a súa transparencia. "Así como os museos públicos dependentes de consellerías necesitarían maiores graos de autonomía xurídica pra mellorar o seu compromiso coa transparencia e o bo goberno, os museos privados o que requiren é un padroado que asuma efectivamente os deberes de supervisión e control que a lei lles confire". Informe sobre transparencia dos museos |
NOS_40476 | No seu alegato pacifista, o líder revolucionario apela ao deber das partes e agarda que o presidente Obama non queira ficar como "a personaxe máis sinestra da historia" de se encetar un conflito nuclear na peníns ula de Corea. Fidel Castro non escribía desde xuño de 2012. | O líder da Revolución cubana coñece de primeira man o que é unha ameaza nuclear. A crise de Outubro de 1962 segue a ser considerada o momento de maior tensión bélica na era bipolar. Os EUA e a URSS a piques estiveron de encetar un conflito que non só faría desaparecer á pequena illa do Caribe, senón que de seguro tería levado por diante a boa parte da poboación estadounidense afincada a tan só unha millas da costa cubana. Fidel Castro viviu ese precedente mais tamén foi testemuña da guerra de Corea (1950-1953) que remataba un ano despois do golpe de Estado que sentaba ao militar Batista aos mandos de Cuba. Coñeceua Kim Il Sung e partillaría amizade co pobo norcoreano desde o trunfo da Revolución. Porén, e perante as advertencias deitadas polo agora presidente da República Democrática de Corea face as manobras militares estadounidenses e a tensión na fronteira cos veciños do Sur, fixeron ao comandante apelar ao "deber de evitar unha guerra". Fidel apela no seu alegato pacifista aos "sacrificios" humanos de calquera conflito e ás repercusións internacionais que devirían de estourar. Para o líder revolucionario Corea debe lembrar "os deberes" contraídos con aqueles países "que foron seus grandes amigos" e que se verían abocados a tomar posicións de estalar a guerra. Aliás, lembra Fidel, "o deber de evitalo" tamén é dos EUA se non quer, di, "verse sepultado polo dioivo de imaxes" que presentarían o seu presidente "como a máis senestra personaxe da historia" estadounidense. |
PRAZA_3297 | Trátase dunha iniciativa do grupo Xuvenciencia, do campus de Lugo da USC, que se realizará ao longo deste mes, coincidindo coa celebración, este 11 de febreiro, do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, impulsado pola ONU. | Este 11 de febreiro celébrase o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, impulsado pola ONU para "lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como a igualdade de xénero e o empoderamento". Este 11 de febreiro celébrase o Día das Mulleres e as Nenas na CienciaDende hai anos alértase das grandes diferenzas de xénero nas carreiras universitarias científicas e técnicas e, polo tanto, nestas profesións. Unha fenda que, lonxe de camiñar cara a un equilibrio, cada vez se fai máis grande. De feito, a porcentaxe de mulleres nas carreiras de ciencias en Galicia caeu 10 puntos na última década.Dende distintas institucións destácase a importancia de que as mulleres estean presentes en igualdade nestes campos que tanta importancia económica e social teñen nas nosas sociedades. E sublíñase a necesidade dun cambio de mentalidade a todos os niveis, incidindo sobre todo no traballo que se poida facer no ensino primario e medio e na relevancia de que as nenas conten con referentes femininos de éxito no mundo das ciencias, como fai Lucía Casas Piñeiro no artigo de opinión que hoxe publicamos. En Praza.gal publicamos hai tres anos esta ducia de mulleres científicas galegas.A realidade, con todo, é que en moitas enxeñarías e carreiras como Física, a porcentaxe de mulleres rolda o 25% ou 30% do alumnado e que en Informática a porcentaxe é de tan só o 13%. Para traballar nun cambio xa dende o ensino medio, o grupo Xuvenciencia (do campus de Lugo da USC) lanzou hai unhas semanas unha iniciativa entre 200 docentes de centros de ensino secundario galegos que busca "desmontar os prexuízos de xénero que lastran a carreira investigadora das mozas e as mulleres novas".O obxectivo da actividade é "desmontar os prexuízos de xénero que lastran a carreira investigadora das mozas e as mulleres novas"'A ciencia como profesión' desenvolverase nas aulas ao longo deste mes de febreiro, incidindo en que a baixa autoestima que adoitan amosar as rapazas cara ás disciplinas científicas é consecuencia dun mundo arredor que lles lanza continuamente mensaxes, tamén erradas, que ditaminan que eles teñen máis capacidade intelectual e que os logros delas están máis asociados ao traballo duro e a que son máis sacrificadas. As actividades están dirixidas a mozos e mozas desde 3º de ESO a 2º de BAC. XuvenCiencia pretende artellar un mecanismo para a reflexión e a coeducación a partir desta proposta, para elaborar seguidamente un informe de avaliación dos resultados que se obteñan. Obradoiros para nenas e nenos de 3 a 12 anosAdemais, Xuvenciencia celebrará o Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia con outra actividade, que terá lugar o 12 de febreiro no CEIP Paradai de Lugo, onde os seus 300 alumnas e alumnos de entre 3 e 12 anos participarán en 17 obradoiros científicos adaptados e desenvolvidos por máis dunha vintena de investigadoras, profesoras e alumnas de últimos cursos de grao da USC.300 alumnas e alumnos de entre 3 e 12 anos participarán en 17 obradoiros científicos desenvolvidos por máis dunha vintena de investigadoras, profesoras e alumnas de últimos cursos de grao da USCUn xogo de pilla-pilla arredor da cadea trófica e actividades de robótica para os nenos e nenas de Educación Infantil, traballo sobre a alimentación saudable e a xestión responsable da auga para as e os estudantes de primeiro e segundo de Primaria, unha introdución ás curas de enfermaría e á botánica adecuada ao alumnado de terceiro e cuarto e a experimentación coa fibra óptica e os elos das cadeas de ADN para a rapazada de quinto e sexto de primaria son algunhas das actividades que se propoñen.O alumnado contará co apoio de integrantes do grupo XuvenCiencia e tamén cun equipo de 22 persoas entre investigadoras, doutorandas e estudantes dos últimos cursos de diferentes graos que se imparten na Universidade de Santiago, como Bioloxía, Veterinaria, Enfermaría, Nutrición, Enxeñaría Politécnica, Robótica ou Formación do Profesorado. Mozas que elixiron carreiras científicas e que son polo tanto referentes positivos de incorporación das mulleres a estes campos. |
NOS_17786 | O politólogo acredita no Sermos Diario Galego —o proxecto de diario en papel que preparamos para 2019— como unha achega que enriquecería a pluralidade mediática do país, cuxo panorama só ofrece "escoller entre medios de dereitas ou moi de dereitas" | O profesor da USC en Administración Pública, Antón Losada, confía no proxecto dun xornal diario en galego como "un medio que dea voz e presenza ao pensamento e forma de entender Galiza que ten o nacionalismo". Losada reflexiona, ademais, sobre a importancia de "entre medios de dereitas ou moi de dereitas, poder escoller un medio que o faga todo na Galiza, en galego e pensando no país". O autor de Código Mariano e Los ricos vamos ganando ve a dimensión social do proxecto como un factor indivisíbel do aspecto profesional. "Espero que sexa un medio profesional, e que concretamente dea información e poña enriba da mesa os datos que nos permitan debater mellor que facer coa nosa sanidade, coa nosa educación, coas nosas pensións, coa nosa atención á dependencia... En definitiva, onde gastamos os recursos públicos", explica este docente especializado na xestión pública do Estado do Benestar. "O que quero é xornalistas facendo xornalismo, porque para facer política xa están os políticos" En definitiva, Losada olla cara Sermos Diario Galego coa esperanza de que o proxecto "poña un pouco de luz nesta marea de propaganda de mentiras coa que os medios máis convencionais nos asulagan todos os días cando falan das cousas públicas". Un medio, pois, que sexa "profesional, feito por profesionais e con criterios profesionais". "Estou moi farto de xornalismo que, aparte de facer xornalismo, fai política. O que quero é xornalistas facendo xornalismo, porque para facer política xa están os políticos", conclúe. |
PRAZA_10916 | O avogado xeral da UE deu a coñecer o seu ditame, que non é vinculante pero que adoita ser aceptado na sentenza final, que se coñecerá nuns meses. Atopa falta de "transparencia" e recomenda "control xudicial" para ao redor dun millón de hipotecas no Estado Español que durante anos pagaron xuros moi superiores á media | O avogado xeral da UE, Maciej Szpunar, publicou este martes o seu ditame sobre o uso do índice IRPH, que referenciaba o prezo dos préstamos hipotecarios. Preto dun millón de fogares en todo o Estado Español están pendentes das conclusións do letrado, que aínda que non son vinculantes, a miúdo coinciden co resultado da sentenza no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), prevista para dentro duns meses.O avogado xeral da UE deu a coñecer o seu ditame, que non é vinculante pero que adoita ser aceptado na sentenza final, que se coñecerá nuns mesesDe acordo co criterio do avogado, o IRPH pode someterse a control xudicial. Nas súas conclusións presentadas este martes, o avogado xeral polaco, Szpunar, propón ao Tribunal de Xustiza que, na súa futura sentenza, declare, en primeiro lugar, que unha cláusula contractual pactada entre un consumidor e un profesional, como a controvertida, que fixa un tipo de xuro tomando como valor de referencia un do seis índices de referencia oficiais legais que poden ser aplicados polas entidades de crédito aos préstamos hipotecarios con tipo de xuro variable, non está excluída do ámbito de aplicación da directiva. É dicir, que pode someterse a control xudicial, polo que unha sentenza neste senso abriría a porta á anulación das hipotecas, consideradas abusivas.O IRPH é un índice de referencia para os préstamos hipotecarios que se utilizou en España ata 2013. Consistía, en liñas xerais, nunha media dos tipos de xuro que se aplicaban en España e que publicaba o Banco de España. Nun comezo, cun euribor que non deixaba de subir, presentouse como unha alternativa menos volátil e exposta a rápidas subas. Con todo, o índice de referencia comunitario empezou a caer (agora está en negativo) e o IRPH quedou como a alternativa cara.É este feito, xunto ás críticas por falta de transparencia nos contratos, o que levou a unha loita por parte de distintas organizacións e consumidores que vían como estaban a pagar máis a pesar de que os tipos de xuro non deixaban de caer. Aínda que o Supremo avalou o seu uso en 2017 con dous votos particulares en contra, presentouse unha cuestión prexudicial, que é a que xulga o Tribunal de Xustiza da UE e sobre a que declarou este martes o avogado xeral.Atopa falta de "transparencia" e recomenda "control xudicial" para ao redor dun millón de hipotecas no Estado Español que durante anos pagaron xuros moi superiores á mediaA vista oral celebrouse o pasado 25 de febreiro en Luxemburgo, e a publicación do informe do avogado xeral é o último paso antes de ditarse a sentenza, que se espera para finais de 2019 ou comezous de 2020.Calcúlase que hai ao redor dun millón de hipotecas en España con este índice que levarían anos pagando de máis. Segundo unha estimación da plataforma Asufin, un cliente cunha hipoteca de 200.000 euros aboaría de media 165 euros máis ao mes desde 2004 por contar co IRPH en lugar do euribor. Na organización de consumidores Adicae estímase que son uns 20.000 euros pagos de máis de media nunha hipoteca.Os datos actuais mostran a gran diferenza. O euribor en agosto estaba no -0,356% máis o diferencial que aplique o banco, mentres que o IRPH atópase no 1,836%, segundo o dato de xullo recollido polo Banco de España. Falta de transparenciaO que o TXUE xulga é se este tipo de cláusulas se aplicaron nos contratos con ou sen a transparencia necesaria e se os clientes eran conscientes e coñecedores do impacto que tiña contar cun ou outro índice de referencia. Así o explicaba hai uns meses en conversa con Praza José María Erauskin (Abogados Res), o letrado que represenou os afectados pola aplicación deste índice: "O IRPH é unha referencia inxusta, pero o tribunal non se vai meter aí, senón que vai decidir se isto debe ser coñecido polos clientes aos que se lles está ofrecendo unha hipoteca. A discusión, basicamente, é se todo isto haillo que dicir ao cliente ou non""O Tribunal Supremo afirma que como o IRPH é un índice oficial, o banco xa non ten que dar explicacións, senón que cada persoa debe ser suficientemente atenta para buscar o que iso significa para ela", criticaba daquela Erauskin. "Calquera persoa que lle expliquen como funciona o IRPH vaino rexeitar, o problema foi que a ninguén lle dixeron estas cousas. España di que canta máis información se lle dá ao consumidor, máis se contribúe a confundilo e a enlealo. Isto é tomarnos por parvos", concluía. 30.000 afectados en GaliciaNo 2017 o Tribunal Supremo ditou unha sentenza que negaba que se producira "falta de transparencia" ou "abuso". Pero a xustiza europea si lle deu a razón aos consumidoresCalcúlase que as hipotecas dun millón de familias en toda España dependen deste índice, que as encarece entre 100 e 300 euros ao mes. En Galicia poderían ser ao redor de 30 mil, sendo unha das comunidades cunha incidencia menor (10 hipotecas con IRPH por cada mil habitantes), lonxe da media estatal ou de Catalunya, Euskadi, Comunidade Valenciana, Baleares ou Andalucía, os territorios máis afectados.Un dos casos máis coñecidos no noso país é o do ferrolán Marcos Guerreiro, traballador das industrias auxiliares de Navantia, que asinou no ano 2006 unha hipoteca coa entidade financeira Unión de Créditos Inmobiliarios (UCI) -filial do Banco Santander. Finalmente conseguiu acollerse ao Código de Boas Prácticas Bancarias, que lle ofreceu unha moratoria de cinco anos que lle permite pagar moito menos cada mes. Ademais, acadou unha sentenza pioneira en España, que anulou nove cláusulas da súa hipoteca por ser consideradas abusivas. Grazas a isto, por fin puido reducir considerablemente a súa débeda. Nos últimos anos tanto Guerreiro como outros miles de afectados e afectadas manteñen unha longa batalla xudicial, na que a xustiza española ofreceu solucións moi distintas nuns tribunais e noutros e nuns territorios e noutros. En novembro de 2017 o Tribunal Supremo ditou unha sentenza que negaba que se producira "falta de transparencia" ou "abuso". Porén, aínda ficaba a vía da xustiza europea, que si que lles deu a razón aos consumidores prexudicados polo IRPH.O impacto sobre a banca españolaCaixabank, Kutxbank, Santander ou BBVA son as entidades que se poderían ver máis afectadas por unha sentenza desfavorableMoi atentos están tamén os bancos españois. CaixaBank é a empresa máis exposta, ao recoñecer 6.400 millóns de euros en hipotecas ligadas a este tipo de xuro. Séguenlle Banco Santander, con 4.300 millóns, BBVA, con 3.100 millóns, e Bankia, con 1.600 millóns. Sabadell, segundo un informe de RBS, contaría con 800 millóns neste tipo de préstamos e Bankinter non tería exposición a esta sentenza, ao non comercializar estes créditos. Respecto das entidades medianas, Kutxabank conta con 727 millóns, Liberbank con 209 millóns (dos que 99,5 millóns están en hipotecas dos propios empregados), Unicaja ten 200 millóns e Ibercaja, 50 millóns. En total, máis de 17.000 millóns de euros en hipotecas referenciadas ao IRPH.Máis difícil de calcular é o impacto que tería sobre as súas contas unha sentenza contraria aos seus intereses, posto que habería que ter en conta aspectos como a retroactividade.Por iso, as cifras que os analistas puxeron sobre a mesa son estimacións amplas. Por exemplo, Goldman Sachs calculou que tería un impacto de entre 7.000 e 44.000 millóns. Outras firmas de análise foron máis conservadoras, fixando o posible impacto entre 3.000 e 7.000 millóns, como o prognóstico de Morgan Stanley, ou UBS, que o sitúa nos 4.990 millóns.Os consumidores chegaban xa cun respaldo institucional antes do ditame do avogado e a sentenza. A Comisión Europea publicou un informe o ano pasado no que lle pedía ao TXUE que ditaminase en contra do sistema polo que se aplicaba o IRPH ao entender que a transparencia non era a debida.En 2018 o avogado xeral, Szpunar, emitiu unhas conclusións noutro caso que afectaba o sector bancario e aos contratos hipotecarios en España: as cláusulas de vencemento anticipado. Declarouse favorable a que se considerase abusivo que se puidese desafiuzar a un cliente pola falta de pagamento dunha única cota. Isto acabou incluíndose na última lei hipotecaria, aprobada xa co PSOE no Goberno.Con Szpunar apoiando as teses expostas pola Comisión Europea e se a sentenza segue o seu ditame, a banca española recibiría a enésima emenda xudicial aos seus contratos hipotecarios. O IRPH podería supor un novo golpe para os bancos nos xulgados, como o foron as cláusulas solo. Outras cuestións xudicializadas que poñen en dúbida as prácticas hipotecarias foron as cláusulas de vencemento anticipado, os xuros de demora, as hipotecas multidivisa ou o reparto dos gastos hipotecarios. |
NOS_15857 | Rafael Rodríguez foi un dos arqueólogos que a pasada sexta feira atopou o corpo dunha muller da Idade do Ferro no xacemento da Lanzada. Logo, na terza apareceu un corpo máis, desta volta dun meniño de seis meses, ambos os dous da época galaico-romana, con toda probabilidade. | - Que puidestes saber de Cornelia antes de facer as probas de laboratorio?- Que posiblemente se trate dunha muller de mediana idade, que está nun nivel de ocupación do século I despois de Cristo, case seguro. - Iso supón que é galaico-romana e non prerromana, non?- Parece que si, imos velo, porque hai que mandar a datalo e demais. Pero está debaixo dun vertedoiro de lixo do século I e pode ter unha diferencia de poucos anos con respecto a isto, polo que cremos que pode estar nesas datas. - Un vertedoiro?- É normal, no momento en que se esquecen os enterramentos, os espazos superiores son aproveitados para o que sexa, neste caso, se tiñan necesidade de guindar o lixo, era un espazo perfectamente válido, porque das sepulturas non quedaba ningún vestixio á vista, por iso non había recordo del. Se fose prerromano sería o primeiro corpo prerromano que aparece en Galiza, que é a fantasía de todos os arqueólogos que traballamos na Idade do Ferro e no mundo castrexo - Se fora prerromano tería moito máis interese por ser unha época menos coñecida, ou?- Igual de interesante. Está claro que se fose prerromano sería o primeiro corpo prerromano que aparece en Galiza, que é a fantasía de todos os arqueólogos que traballamos na Idade do Ferro e no mundo castrexo. Até o momento non atopamos ningún e non temos claro que facían cos mortos nesa época. Pero da época romana non abondan as sepulturas. Hai varias, de feito aquí nos 60-70 e principios dos 80 apareceron algunhas, pero agora temos novas técnicas e novos plantexamentos que posibilitan coñecer moitos máis datos sobre este mundo romano. E non é tan coñecido como pensamos, aínda nos quedan moitas cousas por aclarar do mundo galaico-romano. - E como atopastes o meniño?- Aparece no mesmo depósito, así que a cronoloxía é similar. É novidoso porque non hai moitos. Xa non hai moitos humanos, e de nenos menos aínda, dado que normalmente o seu estado de conservación é moi deficiente. A pesar diso, está o esquelete completo, aínda que deteriorado. - Por que é máis interesante que un adulto?- Porque non hai moitos, e normalmente cando aparecen identifícanse máis con animais. - Que nos pode contar o esquelete dun meniño de seis meses?- O mesmo que un adulto, coa diferencia de que non está contaminado. Podemos saber se morreu ao nacer, e coñecer o inicio da vida destes habitantes. - Ao meniño puxésteslle nome?- Non. No caso da muller, como comezou a aparecer a sexta pasada, e era San Cornelio, que é un nome moi latino, criamos que lle ía ao pelo. - Por que se conservan na Lanzada a diferencia do resto do país? - Temos a sorte de que a Lanzada está sobre un substrato areoso, e no momento en que se abandonan o xacemento, a duna invade todo o espazo. E esta area fai que os restos óseos, tanto humanos como animais, se conserven moi moi ben. E por iso se atopou esta necrópole nos anos 60-70 e agora volvemos a ampliar a área de enterramento ata o límite de onde estamos a traballar. Poderemos saber como se alimentaban, se desenvolvía moita actividade física, que enfermidades tivo ao longo da súa vida, cando morreu, se tivo fillos, un feixe de datos que nos van permitir coñecer a vida cotiá deste esquelete. - Cal é a importancia do achado?- O primeiro é ampliar a área de enterramento. Criamos que a necrópole se limitaba ao entorno inmediato da estrada que une Sanxenxo co Grove. E estaba xa completamente desaparecida, nun lado porque xa se escavara e no outro pola acción urbanizadora dos anos 70. E agora sabemos que non, que se extende máis cara o campo da Lanzada, co cal estamos ampliando a área de traballo e de enterramento. - Unha vez que se analicen os restos que máis poderemos saber?- Pois desde como se alimentaban, se desenvolvía moita actividade física, que enfermidades tivo ao longo da súa vida, cando morreu, se tivo fillos, o número de partos que tivo, un feixe de datos que nos van permitir coñecer a vida cotiá deste esquelete. - Que probas lle fan?- Desde isotopos de carbono, carbono 14, todo tipo de analítica que se faga na antropoloxía forense, con todas as metodoloxías que temos a man a día de hoxe. - Desde a Deputación de Pontevedra anunciaron a súa posta en valor. Como vai ser? Vai musealizarse?- Pois aínda non o sabemos porque depende do Ministerio de Fomento. Desde logo non se vai expoñer o esquelete no propio xacemento, poderanse poñer réplicas ou paneis informativos con realidade aumentada. Hai que estudalo aínda para ver a mellor opción. |
QUEPASA_110 | Comezaron as obras de reparación do Palco da Música do Parque de Anllóns | Contonúan as obras de mellora do Parque do Anllóns. Foron os membros de Aspaber os que arranxaron 10 bancos do parque infantil coas cores do arco da vella. E onte comezaban os traballos de reparación do palco da música e da rampla de madeira. O Concello non renovará a ponte, a pesar de estar nos orzamentos, pois están pendentes do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns. Un Plan no que xa están en marcha ou a piques de comezar obras como a demolición de edificación, reforma da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a reforma integral do parque do San Martiño; a reforma da ponte da Casilla; a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552, na Cepeira (Sísamo)); e a realización dun bypass no Muíño do Quinto. Rotonda para o Parque Comercial A Revolta Así mesmo a Xunta de Goberno Local aprobou a de expropiación dunha parte dos terreos precisos para a execución dunha rotonda na AC-552, á altura da avenida da Revolta, prevista no PXOM. Unha rotonda que servirá de entrada ao Parque Comercial A Revolta, cuias obras seguen avanzando coa previsión de estar aberto en Nadal de 2022. Formación A Xunta de Goberno tamén acordou solicitar á Consellería de Emprego e Igualdade varios cursos formativos para presoas desempregadadas: soldadura electrodo revestido e TIG, operacións auxiliares de instalacións electrotécnicas e telecomunicacións en edificiios, cociña, montaxe de mobles e elementos de capintería, competencia matemática nivel 2, lingua castelá nivel 2 e lingua galega nivel 2. |
NOS_11884 | O mariñeiro Samuel Kwesi insistiu na súa declaración na Audiencia Nacional na versión que xa dera á Garda Civil: que o patrón, Juan Padín, fixo caso omiso das advertencias da tripulación e que só el e máis o seu sobriño levaban o chaleco salvavidas. Porén, Padín reitera que as palabras de Kwesi non se axustan á realidade. | A escasas horas de que faga cinco meses o naufraxio do pesqueiro galego Vila de Pitanxo, que acabou coa vida de 21 dos 24 mariñeiros que viaxaban a bordo na madrugada do pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros de Terranova (Canadá), saíu á luz parte da declaración dun dos sobreviventes, Samuel Kwesi, quen asegurou o 6 de xuño ante a Audiencia Nacional que os mariñeiros pediron ao capitán do buque, Juan Padín, que arriase o cabo do aparello. Ante este tribunal, Kwesi reiterou a declaración que xa ofrecera á Garda Civil, indicando que foi o aparello o que parou primeiro e máis tarde o motor. Segundo el, semellaba que o aparello estaba enganchado no fondo do mar, polo que os mariñeiros pediron ao capitán que arriase cabo, mais este negouse. Kevin González (familiar dun falecido no 'Pitanxo'): "Se non baixan ao barco é que queren agochar algo" O mariñeiro asegurou, segundo un vídeo no que se pode seguir parte da súa declaración adiantado por Cuatro, que a partir de aí o barco comezou escorar a babor tras a manobra do capitán e comezou "vibrar todo" e soar o motor de forma "moi forte". Foi entón cando a tripulación comezou a berrar que había que arriar o cabo ou cortalo, chegando algúns a dicirlle ao capitán: "Asasino, quérenos matar". Mais Padín non lles fixo caso. Após esta situación, e ao decatarse de que o barco ía afundir, Kwesi asegurou ante a Audiencia Nacional que o capitán lles dixo que subisen á ponte de mando. Unha vez alí, a el sorprendeulle que só Padín e o seu sobriño, Eduardo Rial —terceiro sobrevivente da traxedia—, levaban posto o traxe de supervivencia. Tamén explicou que el non foi ao seu camarote para buscar o seu porque, malia saber que había, nunca lle explicaban cal era o del, co seu talle. Unha vez na balsa, onde había nove persoas —seis delas faleceron—, preguntoulle a Padín se había algún tipo de axuda térmica ou algún utensilio para comunicarse con outros barcos. A resposta do capitán foi negativa. Versión de Padín Pola súa parte, segundo fontes consultadas por Europa Press, Padín asegurou na Audiencia Nacional que Kwesi mentiu na súa versión do ocorrido e mantivo que unha parada repentina do motor foi a causa do naufraxio. Cunha actitude "tranquila e tépeda", o capitán mantivo a groso modo a súa versión dos feitos, indicando que unha parada do motor provocou o afundimento, xa que o barco quedou á deriva no medio do temporal. Eduardo Rial, sobriño do patrón do 'Pitanxo', no punto de mira Desta maneira, asegurou que o testemuño de Samuel non se axusta á verdade, xa que o mariñeiro indicou que o aparello quedara embarrado no fondo do mar, o que propiciou que comezase entrar auga no barco e finalmente parase o motor. A pesar diso, o pasado 6 de xuño o xuíz da Audiencia nacional Ismael Moreno ordenou retirar o pasaporte a Padín e impúxolle as obrigas de comparecer cada quince días en sede xudicial e de permanecer localizado. |
PRAZA_10959 | O normal no século XXI é que unha nación sexa un subconxunto doutra comunidade maior de tipo así mesmo nacional. A superposición de diferentes tipos de comunidades nacionais trae como consecuencia a dobre ou a tripla nacionalidade do individuo, proceso unificador-diversificador está aínda nos seus comezos | O marxismo do século XX considerou a nación como un "problema" ou "cuestión" que tiña que se resolver teórica e politicamente. Urxencia que se agudizou nos momentos de grandes cambios históricos. Nas postremos anos do pasado século e inicios do século XXI, a partir da Caída do Muro de Berlín primeiro e dunha globalización galopante despois, o "problema nacional" rexorde con enorme forza e maior complexidade.En ciencias sociais a fórmula de referencia é agora "identidade nacional", que o marxismo presente é quen de asumir polo que significa. O Dicionario da Lingua Española e outros noutras linguas (non así o DRAG, polo de agora), contén entre as acepcións da palabra "identidade", tanto "trazos propios dun individuo ou dunha colectividade que os caracterizan fronte aos demais" como a "conciencia que unha persoa [ou colectividade] ten de ser ela mesma e distinta ás demais", que lembra dalgunha forma a "cousa en si" e a "cousa para si" de Hegel e Marx. O bo de transitar da "cuestión nacional" á "identidade nacional" é que pasamos do problema á procura dunha solución: un concepto de nación que abrangue o obxectivo e o subxectivo do fenómeno nacional, que neste momento non ten historicamente fin.Os fundadores do marxismo tiveron que facer fronte no Manifesto comunista (1848) á crítica de que "os comunistas querían abolir a patria, a nacionalidade", responderon con tres afirmacións concatenadas1 : 1) "Os obreiros non teñen patria". 2) "O proletariado debe elevarse a clase nacional, construírense a si mesmo en canto nación". 3) O proletariado "é nacional, aínda que de ningún xeito no sentido que lle dá a burguesía". Resposta complexa que compatibiliza internacionalismo e nacionalismo obreiro. Aprema restituírmos este enfoque dialéctico actualizándoo no tempo presente, mediante unha lectura máis detallada das súas obras, indo máis alá da simplificación do seu pensamento, entre os seus adversarios e os seus partidarios.O punto de partida para recuperarmos un concepto orixinalmente marxista de nación é, sen dúbida, a noción de condicións de produción, usada profusamente por Marx e Engels de maneira xeral ou particular tanto para teorizar sobre o modo de produción, as forzas produtivas ou as relacións de produción, como para definir ámbitos espaciais e comunitarios interclasistas como a nación e outros termos sinónimos ou afíns (país, pobo, patria). Mediante o termo condicións os creadores do marxismo introducen un tempo e un espazo, en concreto, entre os conceptos fundamentais e abstractos do materialismo histórico, salientando, como non, as condicións de produción . Dentro das cales, distinguen tres tipos: condicións estritamente económicas, condicións naturais e condicións históricas, que actúan sobre as primeiras, e viceversa. Posto que a variedade da condicións naturais e históricas, inciden sobre os modos, as forzas, os medios e as relacións de produción, xerando a diversidade nacional. Podemos falar logo de condicións nacionais de produción como a base material e histórica do feito nacional, segundo Marx e Engels. De forma que o modo de produción "abstracto e xeral" orixina as clases sociais e as "concretas" condicións de produción as nacións, e non se poden entender as unhas sen as outras, por moito que as clases sexan máis universais que específicas e as nacións máis específicas que universais. O modo de produción procrea a loita de clases, e a loita espacial e histórica polas condicións de produción dá lugar ás loitas entre as nacións. Da economía xorden as clases mentres que a sociedade civil divídese en nacións, constituídas á súa vez por clases sociais. O marxismo fundacional aplica o termo nación e afíns a todas as épocas históricas. Fan xurdir as nacións, xunto coas clases sociais, no tránsito da prehistoria á historia, do modo comunitario de produción á familia, a propiedade privada e o Estado. Escribiu Engels en 1883: "en certas comarcas, tribos que fosen parentes na súa orixe e separadas despois, reuníronse de novo en federacións permanentes, dando así o primeiro paso para a formación da nación"2. Unha mentalidade nacional verdadeiramente abstracta, "indiferente" ás relacións de clase e tendente á longa duración, onde os homes se abstraen das súas situacións individuais tomando conciencia dos seus intereses comúns fronte a terceiros, só pode ser unha realidade completa nun modo produción (capitalista) no que os homes figuren como iguais sendo desiguais.Atopamos moitas referencias, implícitas e explícitas, de Marx e Engels sobre o feito nacional en textos teóricos e metodolóxicos como Ideología alemana (1849), Introducción de 1857, Grundisse (1857), Capital (1867), Dialéctica de la naturaleza (1875-76), Anti-Dühring (1878)..., que contrastamos con artigos xornalísticos publicados en Nueva Gaceta Renana (1848-1849) e New York Daily Tribune (1851-1852) e outros impresos "efémeros", xunto con cartas a terceiros que, tanto Marx como Engels, cultivaron até o final das súas vidas. Escritos que contribuíron, empiricamente, á elaboración e evolución do seu concepto materialista da nación, que inspirou de maneira subxacente as súas análises de actualidade. Os creadores do marxismo trataron de forma específica os procesos nacionais vividos no seu tempo: a formación de Francia, a unificación de Alemaña, a restitución de Polonia, a liberación de Irlanda, a colonización de India e China, así como os avatares dos pobos eslavos (Engels). Adoitaban argumentar en cada caso a súa toma de posición política, inmediata, entrelazando maxistralmente condicións económicas, naturais e históricas, xerais e particulares, previas e resultantes -posteriores á acción humana-, internas e externas, aventurando conclusións a miúdo audaces sobre a viabilidade ou inviabilidade dos diferentes proxectos nacionais e xustificando, dende o punto de vista do proletariado como "clase nacional" e "clase internacional", as súas propostas para a liberación nacional das nacións oprimidas ou a promoción daquelas nacións máis progresistas, combatendo de continuo ás nacións máis reaccionarias. Conclúese do estudo destes textos de ocasión, tres cousas: a temporalidade do fenómeno nacional, a nación como unha totalidade concreta, e que non se pode entender o concepto sen a combinación das dimensións obxectiva e subxectiva de cada historia nacional, xunto co seu variable contexto internacional. O problema nacional estivo omnipresente a principios do século XX na Rusia zarista. A partir da Revolución de 1905, o Imperio ruso vive "o espertar do nacionalismo nas nacións oprimidas"3, o que reclama a atención do nacente POSDR (bolchevique). Escribe sobre o tema V. I. Uliánov Lenin (Notas críticas sobre la cuestión nacional, 1913; El derecho de las naciones a la autodeterminación, 1914), dende un punto de vista político e oposto ao nacionalismo gran ruso. Tamén Stalin (El marxismo y la cuestión nacional, 1913), con pretensións máis teóricas. Aínda que o máis madrugador foi Ber Borojov (La cuestión nacional y la lucha de clases, 1905), ucraíno, marxista e sionista de esquerda, quen ulteriormente ingresou co seu partido (Poale Zion) no Partido Bolchevique: participa na Revolución de Outubro e morre de enfermidade en decembro de 1917 aos 36 anos. O seu maior mérito é dar certa continuidade ás achegas teóricas de Marx e Engels sobre o feito nacional a partir do concepto condiciones de produción. Borojov, a pesar de non chegar a coñecer obras esenciais para o tema que nos ocupa como a Ideología alemana, os Grundisse ou a Dialéctica de la naturaleza, ademais de artigos e cartas, resume á súa maneira, didacticamente, as posicións dos fundadores do marxismo: 1) "A humanidade está dividida en sociedades"; 2) "No concepto de condicións de produción temos un firme punto de partida para construír unha teoría puramente materialista da cuestión nacional"; 3) "Unha sociedade dada... necesita, ampliando a esfera das súas condicións de produción, conquistar condicións alleas... uns anhelan conquistar, outros buscan defender... ten lugar unha loita nacional"4. A achega conceptual de Stalin xira ao redor dunha definición de nación, pensada para xustificar o dereito ou non á libre determinación, baseada nunha breve e limitada definición que fixa os trazos necesarios para que unha nación sexa considerada como tal: "Nación é unha comunidade humana estable, historicamente formada, xurdida sobre a base da comunidade de idioma, de territorio, de vida económica e de psicoloxía, manifestada esta na comunidade de cultura". Só a presenza conxunta de todos os trazos distintivos forma a nación" 5. O último pecha a posibilidade de aprehender a variabilidade do feito nacional na historia, e exclúe á nación xudía que non terá territorio propio até 1948 en Palestina.No cadro da renovación do marxismo occidental con posterioridade a Maio do 68, retómanse pois diversos aspectos do marxismo fundacional no relativo ao status teórico da nación. Pierre Vilar, entre outros, recobra a nación como categoría presente en todas as épocas históricas, non soamente durante a Idade Contemporánea e ligada ao capitalismo ascendente, como defendía Stalin 6. Tamén o último Nicolás Poulantzas que utiliza ademais sen nomealo o concepto de condicións de produción e de reprodución: "a nación non se identifica coa nación moderna e o Estado nacional, tal como aparece na emerxencia do capitalismo en Occidente. Hai 'algo' que se designa baixo o termo de nación, é dicir, unha unidade particular de reprodución do conxunto de relacións sociais, moito antes do capitalismo" 7. Botamos en falta nos anos 80, con todo, unha recuperación cabal das achegas de Marx e Engels, inspirados na intuición de Borojov, que tentamos levar a bo porto, en 1985, con motivo do I Centenario da morte de Karl Marx8. Século e medio despois de Marx e Engels precisamos da súa metodoloxía e enfoque nacional/internacional para afrontar con éxito o "desenvolvemento da cousa mesma", aplicado ao feito nacional, que adquire unha maior complexidade e pluralidade en comparación cos tempos da Estado-nación e inicios do Imperialismo que eles viviron. O formidable salto das forzas produtivas como consecuencia da revolución da ciencia e a técnica entre o século XX e o século XXI, causou unhas relacións supranacionais para a produción, a comunicación e o comercio nunca vistas, que vimos denominando globalización e afecta a todas as dimensións da existencia humana, obrigándonos a reformularmos os vellos conceptos de clase, nación e Estado, entre outros. As novas condicións globais de produción do século XXI orixinaron tres tipos de fenómenos nacionais: 1) nacionalidades medievais e etnias pre-coloniais que renacen por efecto da mundialización; 2) Estados-nacións hoxe en declive, despois de dominar as Idades Moderna e Contemporánea; 3) novos e incompletos fenómenos macronacionais produto directo dos inéditos ámbitos transnacionais de cooperación, integración e comunicación, ao calor da globalización económica, social e cultural, como a Comunidade Europea e a mesma Comunidade Mundial, en diferentes niveis de institucionalización e soberanía política. A concomitancia dialéctica da unificación / diversificación nas novas condicións xerais de produción fai agora que os fenómenos nacionais desenvólvanse en círculos inclusivos. O normal no século XXI é que unha nación sexa un subconxunto doutra comunidade maior de tipo así mesmo nacional. A superposición de diferentes tipos de comunidades nacionais trae como consecuencia a dobre ou a tripla nacionalidade do individuo, proceso unificador-diversificador está aínda nos seus comezos. Ao que debemos engadir que a presente universalización de valores tende a recoñecer, paralelamente, a diversidade étnica e nacional como parte capital do patrimonio colectivo histórico, cultural e político mundial. 1 Manifiesto comunista, OME, 9, pp. 154-155.2 ENGELS, El origen de la familia, la propiedad privada, y el Estado, Madrid, 1972, p. 94.3 LENIN, El derecho de las naciones a la autodeterminación, 1914 (https://www.marxists.org/espanol/lenin/obras/1910s/derech.htm)4 BOROJOV, "Los intereses de clase y la cuestión nacional", Nacionalismo y lucha de clases, México, 1979, pp. 57-63.5 STALIN, El marxismo y la cuestión nacional, Madrid, 1976, p. 25.6 P. VILAR, La Cataluña en la España moderna, Barcelona, 1978, p. 47.7 Nicos POULANTZAS, Estado, poder y socialismo, Madrid, Siglo XXI, 1978, p. 109.8 Carlos BARROS, "A base material e histórica da nación en Marx e Engels", Dende Galicia: Marx, A Coruña, 1985, pp. 139-207 (trad. español en https://cbarros.com/la-base-material-e-historica-la-nacion-marx-engels/). |
NOS_45279 | Despois de que o lume se apaga comeza o San Xoán Pequeniño, un festival para público infantil que chega á segunda edición na Praza de María Pita da Coruña. | Por volta do mediodía bota a andar a segunda edición do San Xoán Pequeniño, unha xornada enteira na que música, teatro, circo, malabares e xogos danse cita na Praza de María Pita na xornada máis longa de espectáculos para o público máis cativo. María Fumaça, A Nena e o Grilo, Petit Pop, Os tres tenedores, Fantoches Baj, Malabaranda, Babaluva e CircoKote son algunhas das actuacións dun festival gratuíto que xuntará outras propostas ate completar un programa que se desenvolverá ate as 20 horas. A organización agarda superar as 8.000 persoas que participaron na anterior edición. Como o "día máis meigo para a cativada" preséntase este festival que ten vontade de se consolidar como referente da programación infantil, na festa anual na que se dán cita as principais propostas do panorama das artes escénicas para o público de menor idade. As compañías e grupos musicais que están ocupar os primeiros postos de atención das crianzas daranse cita en María Pita, algúns deles presentando agora novos proxectos e consolidando o seu espazo no ámbito infantil no festival do Concello da Coruña. |
NOS_43549 | Pontevedra lanza un proxecto de remozamento da súa conexión co camiño portugués. | O Camiño de Santiago é unha autoestrada para o turismo galego. Non é un segredo, é un dato empírico contrastado ao longo das últimas décadas. Poucos roteiros a pé, no mundo enteiro, poden competir ou gozar do éxito que posúe o Camiño. O traxecto francés, o máis famoso e percorrido, sitúa as vilas polas que pasa nunha situación privilexiada á hora de facer del un negocio. O sector servizos, xa sexa a través da hostalaría ou da gastronomía, sabe que o Camiño é unha fonte de ingresos única e altamente potente. Pontevedra, capital da ruta xacobea portuguesa, comeza a se decatar do potencial da ruta; e sabe que non pode perder o tren da peregrinaxe. Nos últimos anos a chegada de visitantes á vila por esta vía multiplicouse. Non é de estrañar, logo, que o Concello anunciase a pasada semana un proxecto para revitalizar a entrada ao centro urbano pola parte sur da cidade, xusto onde converxe o Camiño. No centro histórico, a ruta xacobea está mimada e inclusive sinalada ao longo de todas as súas; mais o Goberno Local quería solucionar esa conta pendente noutros puntos da cidade. O proxecto -apresentado polo concelleiro de Obras, Demetrio Gómez Xunqueira- está valorado en 1,4 millóns de euros, transformará a rúa Virxe do Camiño e afectará tamén tramos de José Casal, Mariscal Pardo de Cela e Eduardo Pondal. A primeira delas posúe unha das beirarrúas máis estreitas do centro da cidade (competindo por ese estraño posto coa parte final da Oliva), polo que o proxecto brindará á Virxe do Camiño unha oportunidade de se adaptar ao proxecto urbano desenvolvido ao longo dos últimos anos na Boa Vila. O proxecto en si mesmo pon de relevo a dignificación desta parte do trazado do Camiño Portugués coa decisión de estender o modelo de preferencia peonil até a descrita rúa. Nun principio, o cambio será estético e toda a zona pasará a ser de plataforma única. O deseño prevé un pavimentado central de adoquín con bandas laterais en formigón banco e negro, marcado con este último ton as entradas a vivendas e negocios. O Camiño quedará marcado no pavimento grazas a un tratamento luminiscente que fará que algunhas pezas brillen na escuridade, previsibelmente nun ton azulado, ao igual cos LED do casco histórico que marcan a ruta xacobea. O proxecto de obra afectará o tráfico, e en principio restrinxirá o mesmo só a residentes e servizos. Nese sentido, unha das novidades máis importantes é que a rúa Virxe do Camiño perderá a súa saída cara Eduardo Pontal. A sorte de praza que se forma na unión desta vía con Eduardo Pondal experimentará unha reforma completa. En maio, segundo os dados oferecidos pola oficina xacobea, case unha cuarta parte dos peregrinos que encararan o seu destino como Santiago saíron dende Portugal. Así, máis de 22 % de peregrinos sitúan a ruta do país veciño como a súa preferida para emprender viaxe e entrar a Galiza a través de Tui, chegando posteriormente a Pontevedra. Os factores para explicar este fenómeno de crecemento son varios, pero a forte aposta das administracións locais, así como dos negocios particulares polo Camiño, resumen boa parte do mesmo. Nunca na historia chegaron tantos visitantes a pé dende Portugal, e o crecemento exponencial fai predicible que no 2020 se chegue até aos 100.000 peregrinos anuais. Máis de 22 % de peregrinos sitúan a ruta do país veciño como a súa preferida para emprender viaxe e entrar a Galiza a través de Tui A Boa Vila é unha testemuña central en todo este crecemento, e até o mesmo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mostrou a súa sorpresa nalgunha ocasión. O pasado 30 de xullo, a cidade recibiu a visita (ademais de os acoller durante a noite) dun grupo de mil peregrinos. O Concello tivo que habilitar dous pavillóns para poder estar á altura do recibimento a esta expedición de camiñantes. Por outra banda, así como o proxecto de mellora de entrada foi anunciado, tamén cabe recordar que a saída do Camiño de Pontevedra, a través da Ponte do Burgo, tamén ten o seu propio futuro escrito. Recibida a aprobación de Patrimonio a mediados deste ano, o proxecto plantexa converter a ponte nun paso peonil coa eliminación do tráfico sobre a súa superficie. Cun orzamento moi perto dos 2 millóns de euros, e que inclúe o cambio de pavimento e a creación dunha plataforma única a base de lousas de pedra, a substitución de barandillas e a eliminación das farolas sendo cambiadas por unha iluminación rasante. Tamén se creará unha praza arbolada na cabeceira norte. |
NOS_47031 | O xulgado recoñece a relación laboral de Novafrigsa (Grupo Coren) co persoal que durante anos traballou como falso autónomo a través de Servicarne | O Xulgado do Social número de 3 de Lugo vén de recoñecer a existencia da relación laboral entre Novafrigsa (do Grupo Coren) e os centos de traballadores e traballadoras que desenvolvían a súa actividade nos matadoiros desta empresa como persoal falso autónomo a través da cooperativa Servicarne. A resolución xudicial, da que informa a CIG e contra a que cabe recurso, súmase a outras previas, e para o sindicato nacionalista volve recoñecer o que levan "anos denunciando sobre a situación de fraude e explotación masiva que se está a dar na industria cárnica a través da fórmula dos falsos autónomos". A demanda contra Novafrigsa e Servicarne foi presentada de oficio pola Seguridade Social a raíz da campaña de denuncia iniciada pola CIG en 2016 "contra a explotación laboral que sofren os traballadores e traballadoras dos grandes matadoiros galegos, co Grupo Coren e a cooperativa instrumental Servicarne no seu epicentro". O secretario comarcal da CIG de Lugo-A Mariña, Antonio Niño, explica que este persoal realizaba o seu traballo "en condicións lamentábeis, cuns ritmos inhumanos, cuns salarios miserentos que dependían dos quilos ou o número de pezas despezadas, sen dereito a vacacións pagadas, nin a permisos retribuídos e sen que se lle retribuíran as horas extraordinarias que facían a diario". A CIG afirma que a estafa deste sistema resulta "tan obvia," que na propia sentenza recóllese que "aquelas persoas que se dirixían a Navofrigsa en busca de emprego eran remitidas a Servicarne, indicándoselles que para prestar servizos tiñan que darse de alta como socios e socias da falsa cooperativa". |
NOS_23510 | O presidente ruso explicou que esta sexta feira mobilizáronse 49.000 reservista en zonas de combate. Ucraína afirma que desde febreiro mataron 75.000 soldados rusos. | O presidente de Rusia, Vladimir Putin, cifrou esta sexta feira en 49.000 o número actual de reservistas mobilizados que se atopan en zonas de combate en Ucraína, unha sexta parte aproximadamente do total que se incorporou a filas durante o estado de "mobilización parcial" decretado polo mandatario, que acabou a semana pasada, e cun número que vai en aumento grazas á incorporación de novos voluntarios. Rusia e Ucraína pactan un novo troco para liberar máis de 200 prisioneiros De feito, Putin asegurou que case 20.000 cidadáns máis se incorporaron a filas desde o final deste período na pasada sexta feira, até aumentar a 318.000 o número total de cidadáns rusos preparados para o combate en Ucraína. 75.000 militares rusos mortos, segundo Ucraína As Forzas Armadas de Ucraína, pola súa parte, aseguraron onte que mataron 840 militares de Rusia en combates rexistrados durante o último día e apuntaron que perto de 75.000 soldados rusos faleceron en combate desde o inicio da invasión, desencadeada o 24 de febreiro. Ademais, aseguran que destruíron 2.750 carros de combate, 1.772 sistemas de artillería, 201 sistemas antiaéreos, 391 lanzafoguetes, 277 avións, 258 helicópteros e 1.450 drons. As sancións a Rusia levan a Alemaña ao empobrecemento Evacuación A Policía Nacional de Ucraína levou a cabo onte a evacuación da totalidade da poboación da cidade de Marinka, na rexión de Donetsk, despois de que as autoridades ucraínas decretasen que era perigoso permanecer na zona. A policía fixo un chamamento á poboación da cidade -que antes da guerra chegou a ter 10.000 habitantes- para que marchase, axudándoas ademais a escapar dos bombardeos, segundo detallou o corpo nun comunicado. Rusia céntrase en Donetsk e Ucraína trata de avanzar en Khersón Os axentes instaron os habitantes de Krasnogórivka, unha localidade perto de Marinka e onde aínda hai 800 residentes -houbo máis de 16.000-, a "non esperar máis para saír e salvar a súa vida e a súa saúde". |
NOS_28770 | É a primeira taxa negativa do gasto das familias desde o primeiro trimestre de 2021. | A economía do Estado español desacelerou o seu crecemento trimestral case dous puntos entre xaneiro e marzo, até situalo en 0,3%, fronte ao 2,2% do trimestre anterior, debido á forte caída do consumo pola alza dos prezos, segundo o avance de datos de Contabilidade Nacional publicado esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, o organismo estima que o consumo dos fogares contraeuse 3,7% no primeiro trimestre, fronte ao crecemento de 1,5% que rexistrou no último cuarto de 2021. É a primeira taxa negativa do gasto das familias desde o primeiro trimestre de 2021 e o seu maior descenso desde o segundo trimestre de 2020, cando a pandemia e o confinamento afundiron o consumo familiar 20,4%. A inflación leva por diante as melloras salariais dos últimos anos Porén, o crecemento interanual do PIB acelerouse case un punto no primeiro trimestre, desde o 5,5% do último trimestre de 2021 ao 6,4%, como consecuencia dunha maior achega do sector exterior. En concreto, a demanda externa achegou 3,1 puntos ao PIB interanual do primeiro trimestre, cifra 1,3 puntos superior á do trimestre anterior, mentres que a demanda estatal contribuíu con 3,3 puntos, cinco décimas menos. O INE explicou que o avance de datos deste primeiro trimestre realizouse a partir de indicadores estatísticos que ofrecían resultados até febreiro, aínda que se incorporaron algunhas estimacións de indicadores referidos ao mes de marzo, baseados en datos administrativos e outras fontes adicionais. Con todo, avisa de que as futuras revisións dos datos do primeiro trimestre poderían ser maiores ás habituais polo contexto económico e de cambios "bruscos" que se vive actualmente, nomeadamente a guerra de Ucraína. |
NOS_11367 | Os traballos para desmantelar a térmica de Sabón (Arteixo) chegan á súa fin e deixan o polígono sen unha das súas iconas, a cheminea de 200 metros. | Esta terceira feira unha pa retiraba os últimos restos do que fora a enorme cheminea da central térmica de fuel oil de Sabón. Douscentos metros de ladrillo e formigón que foron desaparecendo lentamente da paisaxe até non deixar ningunha estrutura en pé que lembre que no seu día ocupou eses terreos a primeira central térmica da Galiza. Levantada a comezos dos anos 70, a central entrou en funcionamento en 1972. A diferenza das de Cerceda e As Pontes, os dous grupos da planta arteixá empregaban fueloil como combustíbel. En 2008, Naturgy levantou ao seu carón o terceiro grupo, unha central de ciclo combinado de gas natural (391 MW) que é a única que permanece fronte a praia de Sabón e do porto exterior da Coruña, no polígono onde se asenta o xigante da moda Inditex. A actividade da planta de fuel de Sabón chegou á súa fin en 2010 co feche dos grupos 1 e 2, tras case catro décadas producindo enerxía para un dos polos industriais máis importantes da Galiza. O proceso de desmantelamento non deu comezo até cinco anos máis tarde. Comezou en 2015 coa retirada dos equipamentos de xeración, os tanques, o oleoduto e unha cheminea de menor envergadura, duns 70 metros de altura. As tarefas para tirar abaixo a mole de 200 metros quedaron para o final. Iniciáronse en 2017 e son todo un hito da enxeñaría, xa que se trata da primeira infraestrutura destas características en ser demolida na península. Para acometer este labor, primeiro se empregaron martelos e cizallas que permitiron derribar a parte máis elevada. Posteriormente, cortouse o fol en seccións coa axuda dun fío diamantado. Finalmente, a retirada dos últimos restos estase a levar a cabo con pas a ras de solo (como se aprecia na marxe inferior esquerda da imaxe). Cambio de adxudicataria As previsións iniciais de Naturgy eran ter rematadas todas estas tarefas en marzo de 2015, pero a entrada en concurso da primeira adxudicataria, a empresa Detecsa, retrasou uns traballos que finalmente acometeu Afesa Medio Ambiente. Hoxe apenas quedan algúns cascallos da que fora a primeira térmica de Galiza, e tamén a primeira en ser derruída. Cando remate o mes xa non quedará nada, tal e como confirmaron fontes de Naturgy a Sermos Galiza. Tras o seu feche, as centrais das Pontes e de Cerceda poden correr unha sorte similar. |
NOS_31516 | 'Árbore' festexa este sábado o aniversario cun programa cheo de actividades, desde charlas e obradoiros a exposicións e proxeccións. | Comercio xusto, consumo consciente, economía solidaria non eran conceptos moi estendidos en Galiza aló polos comezos de século XXI. Foi daquela cando, en Vigo, un grupo de persoas decidiu dar un paso adiante que elas propias recoñecen como daquela arriscado e constituír Árbore, a primeira cooperativa de consumo consciente e comercio xusto de Galiza. Aos poucos, o seu compromiso e traballo foi sendo referente para novos proxectos que ían nacendo polo país, como Panxea, Zocamiñoca, A Xoaniña... Nestes 15 anos, salientan desde Árbore, conseguiron ter "un proxecto viábel" e "imprescindíbel" e así axudar a sentar as bases cara a unha sociedade máis xusta. Este proxecto socio-económico mantén os seus compromisos inciais: garantir acceso a produtos ecolóxicos, locais e de comercio xusto. "É dicir, produtos obtidos preferentemente na nosa contorna, libres de transxénicos e agrotóxicos e cunha relación calidade / prezo equitativa para os produtores e os cooperativitas". A isto engádese a organización e difusión de actividades orientadas á concienciación dun consumo responsábel, a aposta noutro modelo económico ou o coidado e respecto do ambiente. Para conmemororar estes 15 anos, Árbore organiza este sábado, 1 de outubro, unha xornada de festa-aniversario, que vai decorrer no seo local e que abrangue desde exposicións a coloquios, pasando por obradoiros, concertos... "Nun principio, este acto solicitamos celebralo na Praza da Independencia e compartilo con todas/os as veciñas/os, pero debido á demora e falta de colaboración do Concello de Vigo, decidimos realizar as actividades no noso local". |
PRAZA_9830 | A ARMH levará a cabo nos vindeiros meses os traballos para tentar recuperar os corpos de María del Valle e Salud Torres, fusiladas na Lomba de Lamas e posteriormente trasladadas nun carro de bois ata unha foxa común | A ARMH (Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) levará a cabo nos vindeiros meses, antes de que remate este ano 2019, os traballos de procura dos restos de María del Valle e Salud Torres, alcumadas "As Mártires de Xinzo de Limia". As dúas mulleres foron asasinadas polos franquistas en A Lomba de Lamas (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937 e posteriormente soterradas no lugar de Santa María do Mosteiro de Ribeira, en Xinzo.As dúas mulleres foron sacadas do cárcere instalado no mosteiro de Celanova e fusiladas en A Lomba de Lamas (Xinzo)Nese lugar realizarase a exploración, que lle dá continuidade á realizada sen éxito en Beade nas últimas semanas, na procura do derradeiro alcalde republicano de Amoeiro, e que será completada coa que tamén terá lugar este ano en Chandrexa de Quiexa para recuperar o do guerrilleiro antifranquista Benigno Fraga Pita O Alejandro, asasinado en abril de 1949.María del Valle e Salud Torres permaneceran detidas no cárcere que se creara no mosteiro de Celanova, ata ese día na que foron trasladadas ao lugar das súa morte para ser asasinadas con varios disparos na cabeza, rexistrándose que a causa do deceso fora "destrozo cerebral por fusilamento". Os seus cadáveres foron deixados alí, á vista, como un método máis para sementar terror entre a poboación. Como destacan dende o grupo Nomes e Voces: "A disposición dos corpos sen vida á vista pública en estradas, camiños e encrucilladas e a exhibición das vítimas antes de ser asasinadas proban que había un interese por parte dos asasinos en aterrorizar exemplarmente a poboación, que de súpeto se atopaba con tan macabros sinistros e que a miúdo se encargaba de trasladar e enterrar os cadáveres".A veciñanza do lugar, ao atopalas, decidiu trasladalas ao cemiterio parroquial, levándoas ata alí nun carro de vacas, unha escena lembrada por Rodríguez Fer nun poemaA veciñanza do lugar, ao atopalas, decidiu trasladalas ao cemiterio parroquial, levándoas ata alí nun carro de vacas. Esta escena foi recuperada por Claudio Rodríguez Fer no seu poema "O terror en carro de vacas", publicado no ano 2010: "Ninguén puido comprendelo/ na Lomba de Lamas/ fusilaran o leite branco/ fusilaran a mazá vermella/ e o terror viña en carro de vacas/ aforcando a dignidade co xugo".María del Valle Lozano tiña 51 anos e estaba afiliada ao Partido Comunista. O seu fillo, o poeta Manuel Gómez del Valle, foi detido nos primeiros días tralo Golpe de Estado e fusilado o 11 de agosto no Campo de San Francisco, en Ourense. María del Valle Lozano foi detida posteriormente. Outro dos seus fillos foi obrigado a loitar na guerra no bando franquista, sendo asasinado por un soldado nacional en 1939, acusado de comunista. Salud Torres Díaz tiña 25 anos e era delegada da UGT en Ourense e por este motivo foi detida e posteriormente asasinada.Nomes e Voces lembran tamén, ao fío do traslado en carro dos cadáveres de María de Valle Lozano e Salud Torres o caso de Anunciación Casado Atanes (alcumada A Pasionaria galega), que antes da súa execución foi exhibida nun carro de bois polo contorno da Gudiña. |
NOS_23719 | Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) sitúase para esta segunda feira en 188,53 euros/MWh. | O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira, 5 de setembro, 25,9% con respecto ao domingo, até os 242,29 euros por megawatt hora (MWh), segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). En que consiste a "intervención de emerxencia" que está a deseñar Bruxelas no mercado eléctrico? Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado almacenista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade. Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) sitúase para esta segunda feira en 188,53 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, con 277 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 121,19 euros/MWh, darase entre as 16 horas e as 17 horas. Cando e como intervirá Bruxelas o mercado eléctrico europeo? A este prezo do pool súmase a compensación de 53,76 euros/MWh ás gasistas que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada. Impacto da 'Excepción Ibérica' En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o seu prezo no Estado español estaría de media nuns 296,13 euros/MWh, o que supón uns 54 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 18,1% menos de media. Bruxelas aproba a "excepción ibérica" O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros. O prezo da luz segue escalando a pesar da 'excepción ibérica' e sobe até os 423,36 euros/MWh En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida. |
QUEPASA_1040 | [Espectacular vídeo no interior] | Este pasado xoves celebrouse unha nova saída participativa da Coordinadora para o Estudo de Mamímeros Mariños (CEMMA) na Costa da Morte. Esas saídas que, da man dos profesionais de Buceo Finisterre, realiza polos mares de Fisterra con 10 voluntari@s da comarca, anotando e disfrutando de avistamentos de animais acuáticos. A viaxe de onte foi especial. Primeiro por facía meses que non se realizaba. E segundo por un día completito. Ademais da visita de arroaces, golfiños, quenllas ou ata un peixe lúa, a gran estrella foi esta balea boreal, que pasou tan pretiña da embarcación co Cabo Fisterra como telón de fondo. Os "avistadores" de menos as baleas alibrancas e as candorcas do ano pasado, pero a experiencia foi completa. |
NOS_58046 | Vero Juncal Mantenimiento realiza o mantemento das máquinas de Zara Loxística. | Os traballadores de Vero Juncal, auxiliar de Inditex que se encarga do mantemento das máquinas do almacén de Zara Loxística de Arteixo, están secundando unha xornada de folga de 24 horas para exixir garantías de reincorporación aos seus postos e que se complemente "o ERTE miserento" no que o grupo téxtil ten a este persoal, segundo informan desde a CIG. A folga, que ten un seguimento do 100% segundo a central nacionalista, tivo incidencia na actividade do almacén "onde houbo serios problemas na quenda de noite para arrancar a facturación". Sergio Escarís, delegado da CIG na empresa explica que "estamos nun ERTE inxusto, que non tiña que estar vixente a día de hoxe, porque as máquinas necesitan uns mantementos que non se están realizando". Pero Inditex "dinos que sobramos, que non nos necesita para traballar e nin sequera nos garanten que vaia recuperar a todo o cadro de persoal, formado por 35 persoas fixas e 5 eventuais". O delegado de persoal advirte que se están a camuflar os índices de risco para xustificar que o mantemento está correcto e seguir tendo o persoal en ERTE, "cando non é así". Até o momento só se incorporaron 22 persoas pero a media xornada e organizándolles horarios semanais "á carta" do que quere a multinacional téxtil, incide o sindicato. "Inditex está a utilizar a súa auxiliar a modo de ETT, collendo os traballadores por horas cando os necesita e sen garantir a reincorporación de todo o persoal". |
NOS_8625 | O Sindicato da Noite presenta esta noite en Redondela o seu primeiro disco, liderado polo contrabaixista cubano José Manuel Díaz, que se pon por primeira vez aos mandos dun novo proxecto logo de colaborar con Frank Delgado, Marful, Alba María ou Guadi Galego. | - Identificabámoste máis co jazz, pero hoxe estreas o teu primeiro disco, un proxecto de pop-rock, iso si, con arranxos e reminiscencias jazz. Como foi esa viraxe túa?- En realidade si que estiven en moitas bandas de jazz, tanto aquí coma en Cuba, pero en Cuba hai unha tradición de cancións de toda a vida, de boleros, e eu tamén escoitei eses temas cando era un neno e tamén teño esa necesidade de escribir cancións. E este proxecto vai un pouco diso, de cancións. - Este é o primeiro proxecto que lideras ti. Colaboraches con moitos artistas, tanto en Cuba coma aquí, como querías que fora este primeiro traballo que leva o teu selo?- Eu teño moitos referentes musicalmente falando, este é o primeiro proxecto e todo o mundo lle bota un ollo especial. Eu quería que o proxecto musicalmente fora potente, que os arranxos acompañaran ben ás cancións e que o público poida entender o que se está a escoitar, non facer un proxecto moi difícil de escoitar. E tampouco caer na simpleza do pop que se fai hoxe en día. Non ten sentido, é unha música moi mala -creo- a que se está a escoitar por aí e claro, eu son músico de jazz, aínda que queira non me podo permitir caer nese tipo de cousas. Entón o que quería é que fose potente musicalmente e que fora asequible para os ouvidos do público. O que quería é que fose potente musicalmente e que fora asequible para os ouvidos do público. - A maioría das letras son túas, pero tamén tes colaboracións de Xavier Queipo, Olga Nogueira ou Su Garrido, a cantora da banda. Que queres contar neste disco?- Pois neste disco falo de temas universais, como o amor, cantarlle á seducción, á tentación, á parella. Logo hai letras que non falan de nada, son como unha especie de exercicio literario, ofrece unhas imaxes pero non fala de nada concreto. Hai cancións que tocan un chisco o tema social, o que vivimos que non nos gusta, hai un pouco diso nos temas. Eu como me plantexo as músicas plantéxome as letras, deben dar imaxes, sensacións, non che contan algo de arriba abaixo, teñen que deixarche unha sensación. - Sindicato da Noite, por que?- Porque estamos nun sector que traballa cando case todo o mundo anda a durmir, menos o público que vai vernos, por suposto. E algúns máis que están a traballar a altas horas. Pois xurdiu a idea un día que cheguei ás tres da mañá á casa de traballar dun concerto e estaba a miña muller esperta e dixen: "claro, é que somos os que traballamos no sindicato da noite" e gustounos ese nome para poñerlle a un grupo e así o fixemos. - En Cuba colaboraches con Frank Delgado e con moitos outros artistas; en Galiza con Marful, Guadi Galego, Alba María… Que diferenzas encontras entre as dúas escenas musicais?- Cuba ten, cando saes fóra, como unha aura de super música, e é verdade que é unha illa bastante potente musicalmente, o que pasa é que dun tempo acá púxose moi de moda o tema do reggaeton e ocupou todos os medios, a radio, todo. Entón houbo que facer un esforzo moi grande para que a música interesante e boa seguira tendo presenza. Cuba é un escenario potente e a realidade social fai que o enxeño dos compositores sexa moi surrealista e de aí saen cousas moi boas. E o panorama de Galiza está ben no sentido de que hai moi bos músicos, pero creo que falta dar un paso, que se deu en moitos outros lugares, de que todos os músicos se mesturen uns cos outros e as músicas se mesturen sen ningún tipo de prexuízo e de aí vai saír un resultado aínda moito mellor. Falo do folc, do jazz, da clásica, que se mesturen, coma nunha batedora. De aí sairía un resultado moi moi potente. E creo que iso pasa pero moi pouco. Cuba é un escenario potente e a realidade social fai que o enxeño dos compositores sexa moi surrealista e de aí saen cousas moi boas. - Está demasiado compartimentada?- Creo que cada un anda un pouco metido no seu mundo. Ti es do folc, eu son do jazz, aquí están os de blues, alí os de clásica… e hai cousas, como a Orquestra de Jazz de Galicia, pero ese é un macroproxecto que non se pode facer todos os días. Marful tamén era un grupo de bastante mestura e iso ten que seguir pasando, hai que mesturarse porque se non a música non avanza, quédase un nun sitio. - Ti remataches aquí logo de que Galiza fora país convidado na feira da Habana, non?- Fixemos o proxecto de Descarga ao Vivo, con músicos galegos e cubanos, e despois de dous ou tres anos, propuxéronnos facer concertos aquí coa mesma banda, viñemos e eu acabei quedando aquí. - Ademais este debe ser un dos poucos discos da historia que están dedicados á sogra.- Si, si, si, cunha mención especial, si. É que a miña sogra é o máximo, o mellor que hai. É unha muller impresionante que ten unha enerxía como a terra mesma. - Hoxe presentades o disco cun concerto de balde en Redondela e logo xira por varias cidades galegas…- Si, hoxe (sexta feira) tocamos na Casa da Torre nun concerto no que agardamos vervos a todos. Logo o 20 de setembro na Borriquita de Belém en Compostela, onde nos acollen moi ben, o 5 de outubro na Libraría paz de Pontevedra e o 7 de outubro na Casa de Arriba de Vigo, onde facemos as jam de jazz. |
NOS_53690 | Numerosas voces coinciden en sinalar o retorno da droga ás rúas da Galiza, onde deixou no pasado milleiros de vítimas mortais. Unha maior oferta no mercado e unha menor percepción do seu risco, entre os factores que explicarían o aumento de casos. Debruzámonos sobre este asunto no Sermos216. Eis un avanzo. | As alertas chegan de todo o país. Desde os centros de drogopendencias municipais comezan a detectar sinais preocupantes, síntomas de épocas pasadas que apuntan a un retorno silencioso. A heroína volve facerse visíbel nas cidades galegas. A substancia, que pasara a un segundo plano nos últimos tempos, rexorde nas rúas cun repunte no número de persoas consumidoras, aínda que moi lonxe da fatídica realidade vivida nos anos 80 ou 90. Así o perciben desde a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Aclad) na Coruña. O centro asistencial vén advertindo, no que levamos de curso, dun aumento significativo de casos onde a heroína é a droga principal. Non tanto por recaídas de antigos usuarios, como viña ocorrendo, senón por un goteo continuo de novos consumidores. Unha situación que case parecía esquecida pero que prendeu as alarmas, incluso nalgúns barrios da cidade, onde grupos veciñais denuncian a actividade crecente do menudeo de estupefacientes. Mais non é o único concello galego onde se ten detectado. Na cidade de Lugo, Proxecto Home sinala que este ano está rexistrando un incremento no número de persoas que chegan por causa de drogas denominadas como duras, nomeadamente da heroína. A organización advirte de que os novos usuarios e usuarias que acoden os seus servizos son cada vez máis mozos. O repunte tamén se fixo patente en Monforte de Lemos, onde a unidade asistencial de drogodependencias chamou a atención sobre o aumento de consumidores do opiáceo. Pola súa banda, desde o Centro de Drogodependencia (Cedro) de Vigo móstranse máis cautos e, segundo as súas cifras comparadas, non teñen constancia polo momento dun ascenso relevante. "Seguimos na media dos últimos anos. Pero si que é certo que a maioría de doentes levan un tempo contándonos que hai máis heroína na rúa. De ter aumentado o consumo, aínda é cedo para saber o seu alcance, porque estas persoas estarían aínda na súa lúa de mel. Pasarán meses até que cheguen o noso centro", matizan. A reportaxe completa, neste SG 216, que xa podes adquirir na nosa loxa |
NOS_11826 | A Irmandade Musulmá chama á poboación á rúas esta sexta feira en sinal de oposición ao golpe de estado militar que derrocou ao presidente Mohamed Morsi. O exército desenvolveu pouco despois unha vaga de persecución contra o movemento. | A Irmandade Musulmá sairá hoxe á rúa nun "venres de rexeitamento" do golpe militar que derrocou o presidente Mohamed Morsi, agora detido. Segundo algunhas fonte como a axencia Reuters, o exército tería retido igualmente ao líder dos islamistas Mohamed Badie ademais de emitir ordes de captura para máis de trescentos membros do movemento. A persecución do movemento islamista terá hoxe resposta nas rúas, na convocatoria da Irmandade Musulmá contra o golpe de estado militar. "A Irmandade Musulmá rexeita o terror de un Estado policial que prende figuras do seu partido" sinalan nun comunicado emitido no que anuncian a creación dunha Coalición Nacional en Apoio da Lexitimidade e no que tamén convocan á saír a rúa en grande número neste venres de rexeitamento. Entretanto, o líder do Supremo Tribunal, Adly Mahmud Mansour tomou posesión como Presidente interino e manifestou, no que foi o seu primeiro discurso, o seu apoio á acción do exército, definindo aos militares como "consciencia da nación e garantes da súa protección e seguranza". ONU e Estados Unidos continúan sen condenar nin recoñecer o golpe militar en Exipto. |
PRAZA_14676 | Jorquera promete en Ferrol o desenvolvemento da vixente Lei do Sector Naval e coida que o "valor da palabra de Feijóo" neste ámbito é o mesmo que "a dos cargos do PP" durante a catástrofe do Prestige | "Votar rebelde, botar BNG", é o "chamamento" que o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, lle lanza á mocidade galega de cara ás eleccións do 21 de outubro. O cabeza de cartel do Bloque aproveitou o mitin central da formación nunha das comarcas máis castigadas polo desemprego no país, a de Ferrolterra, para debullar os "demoledores" datos divulgados este martes polo Instituto Nacional de Estatística a respecto da emigración. "Cada mes marchan de Galiza dous mil mozos de entre 20 e 34 anos", lamenta, nun contexto no que o "proxecto" que apira a trasladar ao Goberno galego "non se pode construír sen a mocidade", porque "non hai país que poida ter futuro se a súa xente nova emigra". Neste contexto Jorquera deixou no ferrolán teatro Jofre a promesa de desenvolver unha das reclamacións históricas do BNG: "un plan plurianual de emprego xuvenil" que se incorpore coa incorporación de "máis investigadores ao sistema galego de I+D+i". Estas accións, asegura, combinaraas a formación frontista dende a Xunta con outras vinculadas a sectores produtivos como o do naval. "Temos un proxecto de país, temos ideas e temos propostas para sacar Galiza adiante e reconducir a situación de ruína á que nos conduciu Feijóo", proclama. Jorquera lembra o Prestige para exemplificar "o que vale a palabra dos cargos do PP" Mentres noutro punto da cidade o candidato á reelección celebraba tamén un acto de partido Jorquera ironizaba coa diferenza entre ambas convocatorias: "Nós facemos un mitin para presentarvos o noso programa, Feijóo fai un mentín" porque "é o que acostuma facer cando se achega un período electoral". Isto aconteceu, exemplifica, coa "promesa do dique flotante" ou de "carga de traballo para Navantia". "Hoxe máis ca nunca, que comeza o xuízo do Prestige, sabemos do valor da súa palabra" e da dos demais "cargos do PP", asegura. Ademais, agrega, "unha comarca como a de Ferrolterra sabe ben de que se se está a falar" ao referirse a "demolicións Feijóo" e a "Feijóo mentirán", porque "un dos principais motores económicos da zona está totalmente parado a causa das políticas da Xunta, do Estado e de Bruxelas". Neste sentido, Jorquera reivindica que "Galiza é un país risco que só precisa dun goberno que o poña a producir". "No BNG defendemos que sexamos nós os que gobernemos os nosos recursos e poidamos decidir en Bruxelas sobre todos aqueles asuntos que nos afectan directamente, como todo o que ten a ver co naval". Ademais desa asunción de competencias, di, se o BNG chega ao Goberno "fará cumprir a Lei do Sector Naval", aprobada por iniciativa popular no Parlamento "pero que o PP nunca desenvolveu". Ademais, promete, o Bloque traballará para levantar o veto á construcción civil en Navantia-Fene e teimará para a construcción do dique flotante". |
PRAZA_20203 | Os resultados da enquisa constitúen, polo momento, un indiscutíbel fracaso para o partido de Feijoo e unha notábel desautorización de certas liñas editoriais e dalgúns creadores de opinión. A pretensión de recuperar as alcaldías perdidas -formulada reiteradamente polo presidente da Xunta- semella, hoxe, unha tarefa moi complicada. | Estamos atravesando o ecuador da lexislatura municipal. O tempo transcorrido dende aquela primavera de 2015 resulta suficiente para fundamentar algúns diagnósticos pero non permite elaborar previsións concretas a respecto do mapa que nos agarda nos concellos mais poboados do País cando cheguemos ao mes de maio do ano 2019. Os balances que elaboran as formacións políticas están moi condicionados polo lugar que ocupan no escenario (goberno ou oposición) e polos obxectivos que teñen trazados para os dous vindeiros anos. Non cabe agardar, pois, relevantes reflexións autocríticas sobre o labor realizado nin recoñecementos das fortalezas exhibidas polas forzas adversarias. Tampouco podemos atopar un contrastado rigor analítico en moitos medios, atrapados nunha dinámica partidista tan evidente como impresentábel. Como saber, daquela, o estado de opinión das persoas que elixiron, cos seus votos ou coa súa abstención, os gobernos municipais xurdidos hai agora vinte e catro meses? No caso galego só temos unha aproximación referida ás sete cidades mais poboadas: trátase da enquisa realizada pola empresa Sondaxe. Aceptando as deficiencias cometidas nos traballos semellantes publicados nos últimos anos e os efectos perversos derivados da pertenza desta entidade ao principal grupo mediático residenciado na Galiza, é necesario recoñecer que non existen, polo momento, fontes alternativas na prospección demoscópica cinguida especificamente ao ámbito municipal galego. O devandito traballo de "Sondaxe" mantén, sen cambios significativos, o actual mapa político das sete cidades. Mais concretamente: certifica que o lóxico -e case inevitábel- desgaste asociado ao exercicio de gobernar non provoca medres substantivos nas expectativas das forzas que practican o labor de oposición. Semellante conclusión resulta especialmente rechamante nos casos de Compostela, A Coruña e Ferrol pola concorrencia de tres circunstancias relevantes:a presenza de tres alcaldes que encabezan opcións políticas sen experiencia previa de goberno e carentes dunha maioría estábel asegurada; a existencia dunha oposición diversificada (PP, PSdG e BNG) que combina actuacións coincidentes cunha explícita incapacidade para conformar unha maioría alternativa e, por último, a constatación dunha belixerancia mediática que supera, en varias ocasións, a que se practica dende os escanos institucionais. Neste sentido, os resultados da enquisa constitúen, polo momento, un indiscutíbel fracaso para o partido de Feijoo e unha notábel desautorización de certas liñas editoriais e dalgúns creadores de opinión. A pretensión de recuperar as alcaldías perdidas -formulada reiteradamente polo presidente da Xunta- semella, hoxe, unha tarefa moi complicada. Buscar desesperadamente a presentación de mocións de censura -velaí o exemplo recente de Sanxenxo- da conta do estado de ansiedade que se vive no cumio dirixente dos populares galegos. A principal fortaleza das tres alcaldías citadas radica na inexistencia de sombras sobre a limpeza da súa xestión e na instauración dun novo clima de transparencia fronte a un pasado recente protagonizado polos numerosos episodios de corrupción. As debilidades mais notorias sitúanse nos déficits de xestión vinculados á inexperiencia e nas dificultades para superar os desencontros con PSdG e BNG. Para estas organizacións, a enquisa de "Sondaxe" -agás nos casos de Vigo e Pontevedra- coloca un grande interrogante sobre as vantaxes de compartir oposición cunha forza -o PP- que pode ser a principal beneficiaria dun eventual afundimento das Mareas. Como xa sucedeu no pasado, as experiencias de goberno nos concellos teñen transcendencia no ámbito nacional. Non é verosímil a construción dunha alternativa críbel para dirixir a Xunta se non hai unha masa crítica de capital acumulado na vida municipal. Sen esa condición necesaria non serán suficientes outras circunstancias ambientais (a corrupción, por exemplo) para acadar o relevo en San Caetano. |
NOS_24573 | Marrocos reprtirá o xuízo nun tribunal civil. | O 27 de xullo de 2016 o Tribunal de Casación de Rabat anulou as condenas das 24 persoas xulgadas no proceso de Gdeim Izik e ordenou a repetición do xuízo o que supón a cancelación das condenas ditadas en 2013 por unha corte militar. As autoridades marroquís aceptaron a decisión e avanzaron que repetirán o xulgamento, desta volta nun tribunal civil No concreto, as penas oscilaban entre 20 anos e cadea perpetua, entre elas o activista político Hassanna Aalia, con quen Sermos Galiza puido falar en 2015. As autoridades marroquís aceptaron a decisión e avanzaron que repetirán o xulgamento, desta volta nun tribunal civil, o Tribunal de Apelación de Rabat. O caso remóntase ao ano 2010 no marco dunha protesta desenvolvida perto da cidade do Aiún onde centos de activistas saharuís ergueron un campamento (Gdeim Izik) para reclamar o dereito de autodeterminación do seu pobo e o fin da ocupación por parte de Marrocos. O goberno marroquí ordenou o seu despexo e na intervención foron asasinadas por volta de 13 civís saharauís. Posteriormente 24 persoas foron acusadas da morte de integrantes das forzas de seguridade. Embora seren xulgados nesa altura, en 2013 foron de novo procesados por un tribunal militar, cuestión denunciada internacionalmente por supor unha ilegalidade --un mesmo caso non pode ser xulgado de maneira dupla. Aliás, organizacións non gobernamentais como Human Watch Rights denunciou que non se tivese comprobado se os testemuños obtidos polas autoridades marroquís foron baixo tortura, como denuncian as persoas presas. |
NOS_39636 | O xefe do Goberno galego participou en Madrid dos actos polo 43 aniversario da Constitución, onde dixo estar preocupado polo "enorme protagonismo político" de partidos minoritarios que traballan "en contra das maiorías". | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, ve necesario "seguir defendendo" a Constitución e "ter forzas políticas maioritarias que non teñan ningún complexo" en proclamar que se senten "orgullosas" da transición e do "autonomismo constitucional" que practica a Galiza, remarcou. O xefe do Executivo galego participou en Madrid dos actos polo 43 aniversario da Carta Magna, onde se referiu ao comunicado conxunto emitido por varios partidos críticos coa Constitución, entre eles o BNG. Convencido de que "calquera país" asinaría unha transición á democracia como a que tivo España, reiterou o seu "orgullo" por todos os políticos que fixeron posíbel a transición e a Constitución, incluído o Partido Comunista de entón, cuxos dirixentes osn para el, dixo, "mestres da política". En fronte, constatou que hai partidos "minoritarios" que traballan "contra as maiorías", pero salientou que máis preocupante que iso resulta "que eses partidos teñan un enorme protagonismo na vida política española, condicionen o Goberno de España e, mesmo, aproben as leis que afectan a todos". Así, ademais de reivindicar a necesidade de que as forzas "maioritarias" sigan defendendo a Constitución, destacou que nesta xornada conmemórase "a mellor etapa vivida nos últimos séculos en España" grazas ao "texto que garante esa etapa de prosperidade, benestar e liberdades". Para Feixoo, a Constitución é tanto como "os cimentos sólidos da sociedade democrática española". "Algo que non se ve, pero sen o cal non se poderían seguir construíndo espazos de prosperidade, progreso e liberdade", describiu. "Son eses cimentos que hai que manter, conservar e pór en valor. Iso que non se ve é o máis importante sobre o que se constrúen os edificios democráticos", agregou. O "populismo, fóra das institucións Feixoo lembrou que a Constitución fai 43 anos e que o Estatuto da Galiza conmemora o seu 40 aniversario. Neste sentido, asegurou estar "moi satisfeito como galego" de que "o populismo non entre a dirixir" o territorio galego nin conseguise oco "nas institucións democráticas" galegas. Ao seu xuízo, "é un signo de madurez do pobo galego, un pobo sosegado que reflexiona e toma decisións", na súa opinión, "adecuadas". "É o momento de que os galegos poñamos en valor a Constitución española porque lamentabelmente gobernan en España partidos que non cren na Constitución e que non queren acatala. Por iso, é bo pór en valor os demócratas, o autonomismo constitucional e a España das liberdades, que se cimentan no texto constitucional", resolveu. |
NOS_26841 | A compañía Chévere recollerá o Premio Nacional de Teatro, concedido polo Ministerio de Cultura. Afirman que non supón ser "compracente co poder". | "Recibimos o premio co orgullo do que non ten nada que perder. Chévere non é compracente co poder, e non o será desta volta aínda que acepte o premio", explican desde a compañía nun comunicado emitido poucas horas despois de se saber a noticia da concesión e publicado na súa páxina.. A aclaración toma maior forza nunha convocatoria na que se produciron dúas renuncias a recoller os galardóns do Ministerio de Cultura por desacordo coa súa política cultural, a do músico Jordi Savall que rexeitou o Premio Nacional de Música e a de Colita, que se negou a recoller o de Fotografía. "Nos últimos anos o noso traballo no escenario quixo ser unha prolongación dese berro xurdido nas prazas galegas arredor de Nunca Máis e en moitas outras prazas españolas en 2011 arredor do 15M. Un teatro feito ao pé da realidade, coas orellas moi abertas e combativo", sinalan nun comunicado no que poñen un interrogante ao "nacional" dos premios. Definen, tamén, a súa idea de teatro como " un foro público, unha arte visceral que acontece a partir do roce, do contacto e da fricción entre as persoas". Premio ao teatro galego Consideran, desde Chévere que, canda eles, resultan recoñecidos con este premio todas as persoas que colaboraron coa compañía nos 27 anos de actividade, ao teatro feito en grupo e "por que non? Ao teatro feito en Galicia, que é o mesmo que dicir ao teatro feito en galego. Ao teatro que resiste en Galicia mentres o poder político desmantela o sistema cultural galego coa coartada da austeridade, a ese teatro galego que resiste fronte á indiferenza do poder económico e financeiro. A ese teatro galego que resiste fronte á mirada cómplice de milleiros de persoas que seguen asistindo e participando do feito teatral en calquera vila e cidade de Galicia". Lembran tamén desde Chévere que tiveron que abandonar Santiago despois de ter aberta durante vinte anos a sala Nasa e agradecen ao concello de Teo telos acollido cando "outros nos ameazaban e expulsaban da súa cidade". Axenda completa Os Chévere teñen estes días unha completa axenda de noticias e actuacións. O día 30 o documentario A viaxe dos Chévere de Alfonso Zarauza pechará o Festival Cineuropa de Compostela, cidade á que volverán con Eurozone os días 10 e 11 de decembro, despois de recalar en Vigo o 28 de Novembro. As fillas bravas, o seu novo espectáculo con personaxes femininas, ten tamén axenda nestes días. No marco do Culturgal, os Chévere presentarán o libro-Cd "Máis alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio (1993/2013)", música e historia do famoso formato de cabaret colectivos que eran a marca da nave de San Lourenzo en Compostela. |
PRAZA_19166 | O secretario das Infraestruturas de Portugal anuncia en Vigo que a electrificación da Linha do Minho estará rematada en 2019 | Foi fixado como unha prioridade nos primeiros meses do mandato do Goberno socialista de António Costa e, tras o golpe do accidente do Porriño do pasado setembro, o Executivo de Portugal disponse a impulsar de vez a modernización do treito da liña ferroviaria Porto-Vigo sobre a que ten competencias, isto é, ata Valença do Minho. Así o anunciou este xoves o secretario de Estado das Infraestruturas de Portugal, Guilherme d'Oliveira, quen ademais establece xa un prazo para a entrada en funcionamento da liña modernizada: o ano 2019. No transcurso dun foro sobre a vertebración ferroviaria da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, celebrada en Vigo polo Eixo Atlántico, D'Oliveira concretou que a vindeira semana o gabinete de Costa lanzará as licitacións dos concursos públicos para modernizar a Linha do Minho, uns traballos que implican electrificar "a totalidade" do percorrido do Porto a Valença e a "modernización" do conxunto da infraestrutura cun investimento de 83 millóns de euros. Trátase, di, de 93 quilómetros contemplados no plan Portugal 2020 de estímulo económico. O secretario das Infraestruturas de Portugal prevé que a electrificación da Linha do Minho estea rematada en 2019 Estas obras, detalla D'Oliveira, suporán un "incremento significativo da competitividade" da liña pola que actualmente transitan os vellos trens 'Celta', tanto polo "aumento da capacidade dos comboios", como pola mellora da súa seguridade. O alto cargo advirte, non obstante, que a responsabilidade de que a conexión ferroviaria entre Galicia e Portugal sexa modernizada plenamente non depende só do Goberno portugués. "A linha entre Porto e Vigo não deve terminar em Valença", resume o secretario de Estado, que anuncia que na vindeira Cimeira Ibérica amosará o calendario que Portugal manexa para estes traballos co obxectivo de "coordenalo" co Ministerio de Fomento de España. Neste sentido, D'Oliveira lembra que os primeiros contratos xa foron asinados o pasado outubro polo ministro portugués das Infraestruturas, Pedro Marques, nun acto público en Viana do Castelo. Aquela operación implica a electrificación do tramo Nine-Viana, a nova sinalización entre Nine e Valença e mais a construción dunha subestación eléctrica que dea servizo á nova liña. Fronte a esta exposición o secretario de Estado de Infraestruturas de España, Julio Gómez-Pomar, sinalou no mesmo foro que procurará a "coordinación" con Portugal para rematar a electrificación entre Guillarei e Tui, se ben advirte de "problemas" para "unificar as voltaxes", diferentes nas vías a ambos lados da raia. "Son temas técnicos que se poden superar", afirmou, tras subliñar o incremento de viaxeiros do Celta e tamén da liña ferroviaria ata Madrid. Agardando as "autoestradas ferroviarias" Ante os plans portugueses e as declaracións do Goberno de España o secretario xeral do Eixo Atlántico -que agrupa municipios galegos e portugueses-, Xoán Vázquez Mao, agarda que este sexa o impulso definitivo para unha das principais demandas da entidade. "Levamos demasiados anos con corredores ferroviarios, chegou o momento de termos autoestradas ferroviarias", di. O reto, lembra, é completar a saída sur de Vigo, 30 quilómetros ata Valença que permitirían completar "a conexión A Coruña-Lisboa". Neste sentido, Vázquez Mao insta a fixarse no incremento de pasaxeiros do eixo atlántico ferroviario no seu percorrido galego dende que foi mdernizado. "Algo quere dicir", sinala, xa que "cando o tren se moderniza é máis competitivo, sostible e a demanda medra". |
NOS_7400 | A Fronte Polisario aspiraba a sumar apoios internacionais despois da operación no paso de Guerguerat de novembro pasado, mais o resultado foi totalmente oposto. A poucos días de que a cuestión saharauí chegue ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas, a convocatoria dun referendo está máis lonxe que nunca. | Como cada día desde que o 14 de novembro a Fronte Polisario declarou roto o cesamento do fogo con Marrocos en resposta a unha acción militar marroquí contra activistas saharauís en Guerguerat, o Ministerio da Guerra da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) emitiu o parte de guerra. O desta terza feira, 6 de abril, fixo o 146º. "Os vitoriosos ataques do Exército Popular de Liberación Saharauí continúan contra as forzas de ocupación marroquís ao longo do muro militar marroquí, causando baixas mortais e considerábeis perdas materiais", sinalaba, segundo recolleu a axencia SPS. Porén, a situación real ─polo menos no plano diplomático─ é moito menos optimista para os intereses da causa saharauí, a poucos días de que o conflito do Sáhara Occidental chegue ao Consello de Seguridade da ONU. Será o 21 de abril, segundo recolle o calendario oficial para este mes do organismo internacional. Como cuestión principal abordaranse as iniciativas para reactivar o proceso político co fin de resolver o conflito. Collin Stewart, principal responsábel da Misión das Nacións Unidas para o referendo no Sáhara Occidental (Minurso), presentará un informe sobre a situación actual de estancamento das negociacións e sobre os choques armados. Cómpre lembrar ademais que desde a dimisión en maio de 2019, por motivos de saúde, do ex presidente alemán Horst Kohler, o posto de enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental está vacante. Marrocos, en plena forma Marrocos afronta esa sesión do Consello de Seguridade no seu mellor momento diplomático, cun apoio explícito por parte de numerosos países africanos. Gambia, Guinea, Gabón, Xibutí, Liberia, Burkina Faso, Guiné-Bissau, Guinea Ecuatorial, República Democrática do Congo, República Centroafricana, São Tomé e Príncipe, Gabón, Comores, Costa de Marfil, Zambia, Suacilandia e Burundi abriron consulados ante Marrocos en cidades saharauís (El Aaiun e Dakhla) no último ano. Liberia fíxoo o 12 de marzo e esta semana uniuse o Senegal. En xeral, Marrocos recuperou unha posición preeminente na Unión Africana a nivel político e económico, tras varios anos de ausencia polo recoñecemento desta da RASD. Ademais, Estados Unidos publicaba en decembro unha declaración de Recoñecemento da Soberanía do Reino de Marrocos sobre o Sáhara Occidental, correspondida por Rabat co restabelecemento de relacións con Israel. Emiratos Árabes Unidos, Xordania e Bahrein seguiron os mesmos pasos. Tamén mantén boas relacións coa China. E mesmo con Rusia, que malia ser un histórico aliado de Alxeria ─e este, á súa vez, da RASD─ e criticar o recoñecemento estadounidense, renovou a finais de 2020 os acordos pesqueiros para operar exclusivamente en augas do Sáhara Occidental, segundo recolleu Atalayar, revista de actualidade sobre España, Marrocos e Alxeria (editada con colaboración da Embaixada marroquí en Madrid). "Garante da paz" Ademais, preséntase como o actor garante da paz na rexión, na liña da resolución recentemente aprobada pola UA no marco da iniciativa "Silenciar as armas" para traer estabilidade á rexión. Esta terza, Marrocos emitiu un comunicado reclamando ao Consello de Seguridade "determinar, con toda obxectividade, quen viola o cesamento do fogo a diario e quen reclamou o seu final, por unha banda, e pola outra, quen se aferra a este cesamento do fogo e quen o anunciou ao máis alto nivel". En palabras do ministro de Exteriores marroquí, Naser Burita, recollidas pola axencia estatal de noticias, MAP, "é benvido" quen queira iniciar conversas "para atopar unha solución no marco do plan de autonomía" ou continuarase co que Rabat denomina "proceso de reafirmación da marroquinidade do Sáhara". O plan é rexeitado pola Polisario, que se aferra ao dereito internacional. O Centro de Estudos sobre o Sáhara Occidental (CESO) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) recompila na súa web todas as resolucións aprobadas pola Asemblea Xeral e polo Consello de Seguridade da ONU desde 1975 até a actualidade. A constante durante todos estes anos de cara á fin do conflito é a reclamación dun "referendo para a libre determinación do pobo do Sáhara Occidental". O bloqueo de Guerguerat, a estratexia da Polisario con efectos contraproducentes Guerguerat, baixo control marroquí, é o principal paso a Mauritania. Rabat considera a zona entre este posto e a fronteira como 'terra de ninguén'; a Polisario di que é territorio propio, segundo o acordo de cesamento do fogo de 1991. Co bloqueo por parte de activistas saharauís quíxose forzar a intervención militar marroquí, mais a Polisario non logrou o efecto esperado. Ao contrario: deu munición aos defensores do statu quo. Especialmente Francia, membro do Consello de Seguridade (na imaxe) ─a quen o Goberno saharauí pediu nas últimas horas "deixar de apoiar cegamente a ocupación marroquí"─, manifestou a súa "preocupación" polo bloqueo de Guerguerat e, tras o 14 de novembro, por traer máis inestabilidade a unha zona veciña doutra de interese e presenza militar francesa: o Sahel. |
PRAZA_7961 | Milleiros de persoas -ao redor de 30 mil segundo os convocantes- reclaman carga de traballo para os estaleiros da comarca, que perderon dous mil empregos no último ano. Reclámase a construción do dique flotante ou dos aínda non concretados encargos de Pemex. Galería de imaxes no interior. | Por primeira vez dende os anos noventa non hai un só barco nas gradas dos estaleiros da ría de Ferrol. E a escasa carga de traballo actualmente existente rematará en poucos meses. O pasado mes de xuño case trinta mil persoas saíron á rúa en Ferrol con demandas semellantes ás dez hoxe. Dende entón os estaleiros non recibiron un só encargo novo pero si moitas promesas por parte dos gobernos galegos e español, sobre todo durante a campaña electoral de outubro. Este domingo novamente milleiros de persoas -ao redor de 30 mil segundo os convocantes- reclamaron carga de traballo para os estaleiros da comarca, nunha manifestación que contou co apoio e representación de todas as forzas políticas e sindicais e que percorreu as rúas da cidade entre a Praza do Inferniño e a Praza de Armas. As críticas tiveron un destinatario claro: os gobernos do PP, e iso deixouse ver nas consignas, nas faixas e mesmo nun Pinocho que lle imitaba a Mariano Rajoy. Houbo tamén algúns sombreiros mexicanos en alusión a Pemex e un barco de cartón coma o que hai unhas semanas se queimou diante do Parlamento. A marcha pechouse coa lectura dun manifesto unitario por parte da poeta Medos Romero e o canto do himno galego. Na manifestación tamén participaron Beatriz Sestayo, Yolanda Díaz ou Francisco Jorquera, entre outros representantes políticos. Ignacio Naveiras, voceiro do comité de empresa, valorou moi positivamente a manifestación e anunciou que se está traballando nun novo calendario de mobilizacións, que se decidirá o vindeiro martes nunha xuntanza. Tamén foi positiva a valoración de Manuel Grandal, da CIG, para quen os cidadáns da comarca "son concientes de que o futuro da comarca pasa polo naval, se morre o naval non haberá saída". Grandal reclamou a aprobación do dique flotante e demandoulle ao Goberno "que por unha vez faga unha aposta seria ante Europa para levantar o veto e que poidamos comezar a traballar nos mercados que todo o mundo entende de futuro: o civil ou a eólica". Engadiu que "non se pode crer no que di o Goberno español", do que afirma que non realizou as xestións necesarias diante da UE. Finalmente, chamou a priorizar o dique ante calquera outra reivindicación: "se non poñemos prioridades ao final créase unha confusión tremenda". Meses de promesas incumpridas En Ferrol agárdanse dende hai meses respostas sobre o dique flotante ou os floteis de Pemex. Pero os meses pasan e os encargos non chegan. Unha situación dramática para toda unha cidade e unha comarca, pois do sector naval aínda dependen ao redor de 17 mil persoas. Segundo Ignacio Naveiras, voceiro do comité de empresa, nestes momentos a única actividade do estaleiro é o remate dun segundo buque para Australia. En setembro todo o cadro de persoal estará sen actividade e a industria auxiliar desaparecerá por completo. No último ano e medio a industria auxiliar de Navantia perdeu case dous mil traballadores e a situación semella que vai continuar. A comarca de Ferrolterra ten unha taxa de paro próxima ao 30%. A construción dun dique flotante permitiría facer obras en buques de última xeración e só a súa fabricación daría emprego a unhas 900 persoas durante dous anos. O PP asegurou que o proxecto iría adiante, pero nas últimas semanas SEPI e Navantia deixaron clara a súa negativa, escudándose no rexeitamento da UE. Segundo a empresa estatal, construír esta infraestrutura iría contra as normas comunitarias, xa que as axudas estatais para o financiamento público necesario serían consideradas como ilegais pola UE. Outra promesa electoral popular son os floteis de Pémex, aínda no aire. Hai dez días ante unha pregunta do BNG no Congreso, Cristóbal Montoro esforzábase en manter o discurso sostido polo PP nos últimos meses, afirmaba que a construción do dique flotante "non está descartada", aseguraba que os estaleiros da Ria de Ferrol "teñen carga de traballo para varios meses" e pediu que se saque este tema do debate político. Para Manuel Grandal, Montoro demostrou con estas declaracións "estar fóra da realidade e non coñecer en absoluto o sector". Os traballadores do naval ferrolán séntense "enganados" porque consideran que a comisión de seguimento, cuxa última xuntanza confirmou o veto á infraestrutura, "só se montou para gañar tempo de cara a unhas eleccións autonómicas". O BNG pedirá no Congreso un plan específico para o naval O BNG rexistrou as propostas de resolución con motivo do Debate de Política Xeral celebrado esta semana. Os nacionalistas piden un Plan de Actuación específico para impulsar o sector naval que contemple a construcción dun dique flotante nos estaleiros públicos de Navantia na Ría de Ferrol, o levantamento do veto sobre Navantia Fene, a presenza do sector na axenda exterior do Goberno para lograr contratos de buques, o desbloqueo das cuestións pendentes para poder aplicar o Tax Lease e a clarificación dos contratos con PEMEX. Na mesma resolución o Bloque fai outras demandas relativas ao sector lácteo, ao pesqueiro, ou a grandes infraestruturas pendentes. E igualmente pide a derrogación da reforma laboral, das taxas xudiciais e do copago farmacéutico. Tamén demandan unha dotación orzamentaria a traspasarlles ás CC.AA para aumentar o gasto en sanidade, educación, servizos sociais e Dependencia |
PRAZA_11531 | No 2018 o número total de novas vivendas construídas aumentou un 63% con respecto a 2017. A construción crece sobre todo nas cidades e grandes vilas, nas que tamén aumenta a rehabilitación | O sector da construcións viviu unha burbulla durante anos, un proceso que tivo importantes efectos económicos, sociais, medioambientais e urbanísticos, tanto na súa fase de crecemento coma no seu estoupido. A burbulla foi meirande noutras comunidades autónomas, pero tamén en Galicia tivo unha enorme dimensión. Uns datos: entre 2000 e 2008 construíronse en Galicia máis de 65.000 novos edificios e máis de 280.000 novas vivendas. Nos nove anos seguintes (2009-2017) o número total edificios de nova planta foi de apenas 16.000 e as novas vivendas foron 24.000.No 2018 o número total de novas vivendas construídas aumentou un 63% con respecto a 2017, pasando de 1.371 a 2.238Porén, semella que o sector comeza a coller aire de novo. No 2018 o número total de novas vivendas construídas aumentou un 63% con respecto a 2017, pasando de 1.371 a 2.238. É a meirande cifra dende o ano 2011. O número de licenzas de construción concedidas (3.315 en toda Galicia) é tamén o maior dende aquel ano 2011.Na Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra rehabilitáronse máis edificios dos que se construíron ex novoAínda que o número total de licenzas e de edificios de nova planta construído experimentou un crecemento modesto, chama a atención o ascenso que se produce nas cidades, áreas metropolitanas e grandes vilas, onde os incrementos con respecto ao 2017 si son importantes.A rehabilitación, aínda que con cifras modestas, mantense no seu nivel máis alto dende o 2012. As 447 novas vivendas rehabilitadas en todo o país superan o dato do 2017 (414). As grandes cidades encabezan a lista de localidades nas que máis rehabilita e, de feito, na Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra rehabilitáronse máis edificios dos que se construíron ex novo.En Compostela e Vigo construíuse case un 50% máis que no 2017Así, en Santiago de Compostela (de 47 a 70 novos edificios) e Vigo (de 43 a 63) construíuse case un 50% máis que no 2017. E o resto das urbes tivo comportamentos semellantes. Aínda que en Lugo o número de novos edificios descendeu, Ourense ou Pontevedra duplicaron o número de novos inmobles e Ferrol medrou tamén un 50%. Ames, Cangas, Gondomar, Arteixo, Vilanova de Arousa, Nigrán ou Láncara experimentaron incrementos aínda máis importantes. As obras de rehabilitación aumentaron un 76% na Coruña, un 70% en Compostela e un 31% en VigoO mesmo sucedeu coas obras de rehabilitación, que aumentaron un 76% na Coruña, un 70% en Compostela, un 31% en Vigo ou un 11% en Ferrol. Iso si, Ourense ou Lugo experimentaron descensos. Vilas como Viveiro, Cangas, Arteixo, As Neves, Vilagarcía de Arousa, As Pontes, Carballo, A Estrada ou Sana Comba aumentaron tamén moito o número de inmobles rehabilitados. Cómpre lembrar que o pasado mes de maio entrou en vigor a Lei de Rehabilitación de Galicia, que comezará a deixar notar os seus efectos nos datos que coñeceremos o ano que vén sobre este ano 2019.Ourense, Vigo, Compostela, A Coruña, Lugo e Ferrol encabezan a lista de máis licenzas de obra concedidas no ano 2018Ourense, Vigo, Compostela, A Coruña, Lugo e Ferrol encabezan a lista de máis licenzas de obra concedidas no ano 2018. Oleiros, Arteixo, Carballo, Cangas, Vilagarcía, Gondomar, Ames, Vilanova de Arousa, Ribeira e Redondela tamén se sitúan moi arriba na lista. Sorprende, igualmente, o gran número de obras de construción ou rehabilitación realizadas o pasado ano en concellos como Friol, Cospeito ou Castro de Rei. E tamén en As Neves ou Rodeiro.Por provincias, A Coruña é o teritorio con máis obras en marcha o pasado ano (691 de nova construción e 612 de rehabilitación), por diante de Pontevedra (523 e 391) e Lugo (340 e 327). A bastante distancia aparece Ourense (145 e 243). |
NOS_17938 | Sobre a mesa de Rajoy hai neste momento dúas opcións:reformar a lei eleitoral sen consenso para elixir directamente as alcaldías ou convocar eleccións para facer inviábel o referendo catalán. | As ondas expansivas do 25-M --queda do bipartidismo, vitoria do soberanismo en Euskal Herria e Catalunya e emerxencia de Podemos-- continúan a facer o seu traballo sobre o mapa político estatal. A bóla está no tellado do PP e, no concreto, no despacho presidencial de Rajoy. Sinteticamente as opcións son dúas: ou reformar a lei eleitoral para quen en maio de 2015 a dereita non perda practicamente todo o poder municipal e autonómico no Estado, ou adiantar as eleccións xerais e, polo tanto, non submeterse ao veredito do eleitorado despois de ter sido desnaturalizado polos comicios anteriores. E, de paso, facer placaxe ao referendo de autodeterminación catalán --convocado para o 9 de novembro. No número 104 do semanario Sermos Galiza debullamos ambas as dúas opcións e afondamos nas consecuencias das mesmas. Ao teu dispor, na nosa loxa e nos quiosques do país |
NOS_24078 | 6.715 portugueses terão saído para Angola em 2015, mais 1617 que em 2014 | A emigração portuguesa a Angola subiu um 32% em 2015. Este dado surpreendeu o Observatório de Emigração, já que tudo apontava a que por causa da crise que atravessa o país africano se reduzissem as cifras. As estatísticas mostram que 6.715 portugueses terão saído para Angola no ano 2015, mais 1.617 que em 2014, segundo aquele organismo. O sociólogo Rui Pena, coordenador científico do Observatório da Emigração, qualifica os dados de "totalmente inesperados", em declaração ao jornal português Público. "Estava à espera que, com a descida do preço do petróleo, já houvesse consequências da crise [no fluxo] da emigração portuguesa em 2015", disse. Em 2016, o sociólogo prevê, aí sim, uma consequência direta da crise na emigração com a descida das saídas de portugueses para Angola, sendo que as "dificuldades foram sempre em crescendo" e "são cumulativas". Os dados disponibilizados pelo Observatório da Emigração referem-se aos vistos assignados pelos consulados de Angola em Lisboa e no Porto, sem incluir os do consulado de Faro, pelo que as cifras ainda podem ser maiores. Sobre estes vistos, não se sabe se são novas entradas ou renovações. Em 2009 registou-se uma das grandes vagas de emigração portuguesa a Angola com mais de 23 mil saídas do país. |
NOS_42645 | Persoas esquecidas polo Sergas, como un home de 93 anos de Rois, denuncian a falta de inclusión na campaña de tratamento contra a Covid-19 | A campaña de vacinación contra a Covid-19 programada polo Sergas vai cambiando de ritmo segundo chegan as doses e, en comparación coa cidadanía que está a ser atendida, xorden poucas queixas. Mais neste proceso feito ás présas polo risco epidemiolóxico o Servizo Galego de Saúde e a Xunta tamén están a esquecer a xente que queda nun limbo sen a inoculación do remedio contra o coronavirus. É o que denuncia, por exemplo, Olimpio Iglesias, cuxo pai de 93 anos non sabe nada da súa quenda despois de que se abrisen "sete ou oito" expedientes de queixa e se achegase un "burofax" exixindo o seu tratamento. Este galego de Rois explica que deron coa súa nai nun primeiro momento nun teléfono público da vila e, para a segunda dose da vacina, xa contactaron con el no seu teléfono móbil. Por iso non entende que sucede para que non traten ao seu proxenitor, xa que teñen o contacto ben e leva loitando desde febreiro. "Os meus pais van por Muface pero o problema non é deles porque á miña nai chamárona", di Olimpio Iglesias. Xa realizou "sete ou oito chamadas ao teléfono indicado e ten que haber as mesmas incidencias abertas pero non soubemos nada da cita". Molestos coa situación, Olimpio Iglesias enviou un "burofax á Dirección Xeral do Sergas facéndoa responsábel do que pasara", pero tampouco houbo novidades. O caso, que depende da área sanitaria de Compostela, aínda non se solucionou e o denunciante di que a única resposta que obtén é que ten razón, que o seu pai xa debería "estar vacinado" hai tempo. Ante a impotencia recorren aos medios, pois toda a familia vive incómoda cunha persoa vacinada e outra que non o está en convivencia. Présas na atención Este é un dos peores erros que se están a dar porque as persoas non chegaron a ser convocadas para a inoculación do fármaco contra o virus, pero agora tamén denuncian aquelas que perderon a súa cita por distintos motivos. Nos centros de saúde avisan de que terán que agardar a que volvan revisar quen quedou atrás. Noutros puntos da xeografía galega confesan a Nós Diario que á xente que non tiña médico no ambulatorio tras unha mudanza "porque nunca o precisara até agora" entroulle a présa por darse de alta, o que aumentou o traballo diario do persoal administrativo. Por exemplo, dáse a circunstancia de que había xente doutros territorios do Estado que estaba empadronada no novo concello de residencia pero non pasara polo centro de saúde con anterioridade. |
NOS_16117 | Pagouse nese mes a unha media de 27,2 céntimos, a máis baixa do Estado. Unha cotización que mellora a respecto da que se pagaba en xullo mais continúa moi por baixo da que había a comezos do ano. | O leite subiu en agosto por primeira vez en Galiza no que vai de ano, pagándose a 27,2 céntimos o litro. Mais ese lixeiro aumento a respecto dos meses de xullo e xuño, cando se pagou a 26,8 e 26,9 respectivamente, non impide que se continúen a fechar explotacións: 46 durante o mes de agosto, dúas cada tres días. Son datos do informe que mensualmente publica o FEGA. No conxunto de Estado tiveron que abandonar a actividade, entre xaneiro e agosto, 635 explotacións. O 58% delas ubicadas en Galiza. Ese pequeno incremento no leite que se paga en Galiza non chega para igualar o que se pagaba en maio, 27,3 céntimos. E nese mes o prezo era moi inferior ao que había cando comezou o 2016. Entón pagábase a 28,8 céntimos o litro e xa viña de sofrer meses de caídas e baixadas. En Galiza continuamos a ter o litro de leite peor pago de todo o Estado español. No conxunto do Estado a media era en agosto de 29 céntimos o litro, 1,8 céntimos máis que no noso país. Mentres, o fechamento de explotacións continúa. Foron 46 no mes de agosto, un total de 366 desde que comezou o ano. O 2016 arrancou en Galiza con perto de 9.100 explotacións e agora temos 8.709 e baixando. No conxunto de Estado tiveron que abandonar a actividade, entre xaneiro e agosto, 635 explotacións. O 58% delas ubicadas en Galiza. |
NOS_43555 | Santa Eulalia de Bóveda érguese como un espazo de culto intimamente ligado coa auga. Desde a fermosa ornamentación que caracteriza o templo até a magnífica localización que o acolle, conformada polo val do Mera, a fonte do castro de Corvazal, así como o alxibe interior, unha contorna que deixa patente a transcendencia deste elemento non exento de rituais e crenzas. | Lucus Augusti, actual Lugo, xunto co territorio que comprendía a súa xurisdición, consolidouse como un fito urbano e xeográfico dunha importancia vital para os intereses do Imperio Romano. A súa situación privilexiada foi un dos factores fundamentais que propiciaron o florecemento dunha urbe, cuxa transcendencia histórica e artística demóstrase nos diversos monumentos e restos arqueolóxicos, que manifestan o glorioso pasado dunha cidade que funcionou como núcleo de converxencia de variadas formas culturais. Santa Eulalia de Bóveda, un edificio controvertido que continúa albergando serias incógnitas neste momento, debe comprenderse dentro deste contexto, próxima a unha transcendental urbe e adxacente á vía de comunicación máis importante da Gallaecia, a Vía XIX do itinerario Antonino. Paralelamente, a súa localización, onde abundan os restos prerromanos, obriga a cuestionarse o pasado dun lugar, que presenta numerosas evidencias da probábel renovación e acomodo dos cultos relixiosos ao longo dos tempos, independentemente da civilización que habitase a zona. O que si está claro é que Santa Eulalia de Bóveda se atopa inevitabelmente unida ás augas. O val do Mera, a fonte do castro de Corvazal ou o alxibe interior son, unicamente, os casos máis significativos onde é posíbel percibir a transcendencia que alcanza o elemento líquido nas proximidades deste monumento; máis aínda cando, actualmente, se puideron demostrar as propiedades salutíferas e os seus beneficios para doenzas como a podagra ou a quiragra. Outro dos aspectos máis salientábeis é, sen dúbida, a ornamentación En consecuencia, unha edificación que alcanzaría unha popularidade e unha importancia semellantes comportaría un interese destacado para a sociedade da época e, debido a iso, o monumento sería modificado en diversas ocasións para a adaptación aos novos cultos, algo que sería común noutros casos do noroeste hispánico, en templos vinculados ás crenzas curadoras da auga. Por conseguinte, Santa Eulalia de Bóveda e a súa ornamentación pictórica terían resultado un recurso e unha referencia excelente para aqueles monarcas posteriores que desexaron vincular e xustificar o seu reinado coa admirada época romana, polo cal existiría a vontade de recorrer á imitatio, inspirándose en modelos clásicos capitais. Así pois, en primeiro lugar, ao falar do pasado romano da cidade e do territorio que comprende a comarca de Lugo, non se pode esquecer que a gran maioría dos asentamentos de orixe castrexa se mantiveron despois da súa romanización, grazas á súa disposición estratéxica na contorna de contextos mineiros (como no Courel) ou urbanos (como en Adai ou Corvazal); e son facilmente recoñecíbeis debido á aparición de elementos como a terra sigillata ou os paramentos en ángulo recto. Por outra banda, aínda que a data da fundación da cidade de Lucus Augusti adoita xerar dúbidas entre os estudosos da urbe galega, si se sabe con certeza que é posterior, como non podería ser doutro modo, ao primeiro asentamento como campamento militar que se produce na non aínda urbe emprazada nas ribeiras do río Miño. Por tanto, adoita estabelecerse o seu nacemento oficial, a mans do legado do emperador Paulo Fabio Máximo, entre os anos 16-13 a.C. Outro trazo, tremendamente sintomático en canto á categoría que adquire Lugo en época romana, é o seu nome: Lucus Augusti. A primeira parte do topónimo aínda continúa xerando polémica entre os e as investigadoras da cidade; con todo, é posíbel afirmar que, grosso modo, co vocábulo lucus téntase facer referencia a un bosque sacro ou un claro aberto nel vinculado a unha deidade, e mesmo podería tratarse dun lucus artificial, onde a súa acepción relacionaríase cun templo. Tendo en conta esta hipótese, o Lugo prerromano sería o bosque sacro dedicado a unha deidade indíxena, e, posteriormente, o culto a Augusto substituiría a anterior advocación, diferenciándose das súas veciñas Asturica e Bracara Augusta, dun significado moito máis laico que o solemne Lucus. Na segunda parte do topónimo faise evidente a homenaxe que se outorga ao emperador e fundador do núcleo urbano. Por esta razón, será de vital importancia, de fronte ao entendemento e ao estudo do monumento de Santa Eulalia de Bóveda, ter en conta esta característica territorial de readaptación e substitución dos diferentes cultos e divindades, vinculadas a uns lugares e termos específicos. Con todo, é preciso reafirmar que é necesario tentar deixar de pensar na Gallaecia romana, e en concreto, na cidade de Lucus Augusti, como meros espectadores da civilización romana ao seu paso pola península Ibérica, sen ningún tipo de papel significativo na política gobernamental ou na sociedade. Así entón, sucede todo o contrario: Lugo demóstrase como o centro dunha xerarquía urbana caracterizada polas súas funcións de índole administrativa, debido á súa condición de capital do convento xurídico da cal emana o poder e o desenvolvemento que é posíbel percibir nos seus arredores. En definitiva, grazas a esta importancia da urbe no noroeste hispánico, xorden contactos e sinerxías co mundo sureño e emeritense, que ven reflectidas na arte e no tipo de cultos que se profesan no seu territorio. Noutro índice de casos, en canto a Santa Eulalia de Bóveda, tórnase un edificio cuxo centro de atención é, sen ningunha dúbida, a auga. Unha simple ollada á contorna e ao seu interior indícanos que a transcendencia do líquido é dunha importancia capital debido a que a paisaxe natural, o val do río Mera, define o tipo de arquitectura que posibelmente foi este edificio tan singular. Baixo o pavimento do actual templo, localízase todo un amplo armazón de canalizacións pétreas que percorren o interior do edificio e finalizan no exterior do mesmo. Por iso é polo que a xerarquía da auga, así como sucede co protagonismo que adquire a piscina central, xoga un papel fundamental á hora de poder comprender o edificio. Desde as primeiras escavacións levadas a cabo no monumento, os problemas de humidades foron omnipresentes. Amais, corrobórase a existencia dun depósito mediante o cal se regula o nivel constante de auga na piscina; é dicir, unha canle atravesa de forma subterránea o pavimento do edificio, continúa cara ao exterior do monumento e desemboca a máis de cen metros do templo. Doutra banda, a regulación da auga conséguese grazas a un sistema situado baixo o paramento da fachada, constando dun fragmento granítico que descansa sobre un sumidoiro, e que permite deter a corrente hidráulica á altura desexada, asegurando sempre unha contía mínima de líquido no estanque. Por outro lado, realizarase un breve inciso para tamén mencionar que o edificio se constrúe sobre unha superficie natural de sabre, levantándose os muros sobre o pavimento granítico co obxectivo de combater a humidade dos paramentos; e, curiosamente, a única zona onde non se produce este fenómeno correspóndese co alxibe, onde se facilita a saída da auga; cuxa análise demostrou, ademais, que é adecuada para combater o reumatismo, por exemplo. Outro dos aspectos máis salientábeis do edificio é, sen dúbida, a ornamentación, tanto escultórica como pictórica. Moitos foron os autores que trataron de lanzar algo de claridade ao significado da iconografía, obtendo diferentes suposicións que, con todo, conclúen co protagonismo dun elemento común en ambas as representacións decorativas: a auga. Comezando cos relevos, do que non cabe dúbida é da súa vinculación cos ritos levados a cabo no edificio, sendo os documentos máis sintomáticos que axudan a entender Santa Eulalia de Bóveda. É necesario citar o par de perpiaños máis destacados do nártice, coñecidos como "relevos das danzantes". Neles represéntanse respectivas procesións de figuras, interpretábeis como un fenómeno de carácter litúrxico ou unha celebración que tería lugar no templo. Outra parella pétrea, coñecida como "relevos dos oferentes", recolle senllas imaxes de dous personaxes, situados baixo grilandas. E convén subliñar as características físicas que presenta o relevo que mostra unha personaxe feminina, cunha lixeira prominencia no ventre, do cal se deduce o seu estado de xestación. Estes feitos implican, definitivamente, que o monumento funcionou como un lugar de adoración ás augas co obxectivo de invocar a fecundidade, síntoma común noutros monumentos acuáticos da Galiza, como sucede en santa María da Lanzada. Paralelamente, a existencia doutro bloque granítico, o de "os eivados", onde figura unha persoa cunha perna ríxida que tenta mergullala na auga, non fai senón confirmar as sentenzas previamente expostas. Finalmente, é necesario facer unha mención especial en relación ao documento epigráfico que, con gran seguridade, corroboraría ditas teorías: un ara coa inscrición "PRO SA(lute)", é dicir, unha loa ou unha invocación cara á saúde, de modo que é lóxico pensar que se podería tratar ben dun exvoto, ben dun altar propio do edificio; mais sempre unido a esa relación especial do monumento coas augas, en teoría terapéuticas e fértiles. Así mesmo, é necesario incidir nun dos puntos chave de Santa Eulalia de Bóveda, onde se produciría unha adaptación dos ritos pagáns á nova relixión cristiá. Por iso é polo que, como resultado, eses perpiaños se trasladan a unha posición privilexiada na fachada do edifico, demostrando o predominio das crenzas na curación e na fertilidade, mediante as augas salutíferas, en época cristiá. En canto ás pinturas, cómpre salientar que a historiografía que versa sobre a cronoloxía da súa ornamentación discute entre o seu nacemento como construción pagá ou cristiá. Con todo, resulta lóxico pensar que o edificio fose modificado en varias etapas, coa finalidade de adaptarse ás novas necesidades e cultos dominantes. Doutra banda, non implica que as pinturas deban ser atribuídas categoricamente a un tipo de culto pagán ou ben paleocristián, xa que é certo que é posíbel obter cuantiosas similitudes entre exemplares pertencentes a cada proposta. En calquera caso, o que si é necesario afirmar é a factura romana das mesmas. Desde o uso do caeruleum aegyptium —azul exipcio—, ou a pincelada altamente matérica, até o naturalismo que presentan os motivos figurativos e o trellis, as pinturas de Santa Eulalia de Bóveda afírmanse como un extraordinario exemplar de decoración pictórica tardorromana. En Bóveda temos diferentes técnicas e pigmentos aos usados en Santullano (Asturias), sendo chave o emprego do caeruleum aegyptium, ou azul exipcio, cuxo uso será tremendamente escaso en edificios posteriores á cultura romana. Este pigmento pompeiano aplícase cun gran coñecemento do mesmo, debido a que se observa unha ampla variedade de matices claroescuros nas bóvedas do monumento. Ademais, na cidade de Lugo atópanse actualmente restos pictóricos, tanto no Mitreo como na Domus Oceani, que se poden emparentar con Bóveda. Concretamente, no actual museo onde se conservan os restos arqueolóxicos da mansión romana existen varios fragmentos de pinturas cuxas analoxías, respecto das do templo, son categóricas: mesma técnica (o fresco), mesmos pigmentos (caeruleum aegyptium) e mesmos motivos (flores e talos fitomorfos). A súa cronoloxía esténdese aos séculos III-IV d.C. Por último, é necesario lembrar o papel fundamental que exercería a Vía XIX como conector entre Lucus Augusti e Bóveda, e, por tanto, axudaría a estender estes motivos iconográficos, até o punto de resultar vitais no renacemento clásico pictórico asturiano para os talleres de Alfonso II e Alfonso III. En definitiva, o edificio de Santa Eulalia de Bóveda, quizais froito da monumentalización dun alxibe salutífero, preséntase, sen lugar a dúbidas, como un dos referentes principais a ter en conta na arte galega e peninsular. |
NOS_49575 | Colectivos galegos que tomaron parte nas Marchas da Dignidade denuncian a "criminalización" da mobilización por parte do goberno español. "Unha campaña infame", din, sinalando directamente a delegada do goberno en Madrid, Cristina Cifuentes. | Representantes de colectivos galegos que tomaron parte nas Marchas da Dignidade compareceron ante o parlamento para rexeitar e denunciar a criminalización das mobilizacións por parte do goberno español. Fixérono ante a cámara galega, rodeados dunha forte presencia policial e mesmo con axentes de paisano (ou 'secretas') a poñer a orella. Os representantes destes sindicatos, entidades, asociacións e plataformas falaron claro: defenderon que a "multitudinaria" protesta cidadá foi reivindicativa, festiva e pacífica. E que os incidentes "provocadores" aconteceron ao final da marcha por parte de persoas alleas ao protesto. Mesmo se apuntou a "aparatos para-policiais" como responsábeis do inicio dos altercados. Sobre o informe policial que atribúe os altercados a "150 simpatizantes dunha escisión de Resistencia Galega", @s presentes optaron por botar man da retranca: "Somos a resistencia galega que di Cifuentes e volveremos a onde faga falla". Apuntan a que violencia é "a violencia estrutural, a fame e o maltratro". Para estes colectivos existe unha "campaña infame de intoxicación do PP" coa complicidade de certos medios de comunicación e que pretenden "criminalizar un movemento imparábel". |
PRAZA_17689 | Ramón Nicolás recrea nunha novela a historia da Noite dos lapis, un dos episodios de represión máis brutais da historia do terrorismo de Estado durante a ditadura arxentina. | O 16 de setembro de 1976, a ditadura cívico-militar arxentina, obedecendo un plan deseñado para infundir o terror, secuestra, tortura e fai desaparecer un grupo de rapazas e rapaces nun dos episodios máis tristemente coñecidos da historia recente do país americano. Ramón Nicolás recrea -ficcioándoos- estes feitos na súa novela Lapis na noite, (Xerais), que pode lerse coma unha reflexión sobre a i(lóxica) do terrorismo de Estado en calquera momento e lugar. Tamén hoxe. Mais o crítico e escritor celebra, tamén, con este libro, o triunfo da sociedade civil arxentina que, malia todo, conseguiu poñer os asasinos diante da xustiza. A Noite dos lapis é un dos episodios da represión cometida pola ditadura arxentina. En 1976, varios estudantes de secundaria foron secuestrados e despois torturados e, a maioría deles, asasinados. Por que escolliches este feito para facer unha novela? O argumento levaba dándome voltas desde había algúns anos e, indefectiblemente, está vinculado coa miña traxectoria docente. O trato cotián con adolescentes levoume a pensar o que podería ocorrer con aqueles que, comprometidos con problemas sociais e que viven o seu tempo con perspectiva crítica, se visen abocados á clandestinidade por mor dun cambio radical nun réxime ou nas propias estruturas políticas. Isto é, formuleime a sinxela, pero creo que non inocente pregunta nos días que vivimos, de "que pasaría se…?". "O trato cotián con adolescentes levoume a pensar o que podería ocorrer con aqueles que, comprometidos con problemas sociais, se visen abocados á clandestinidade por mor dun cambio radical nun réxime" E o que podería pasar foi o que xa pasou, isto é, a denominada "noite dos lapis" do 16 de setembro de 1976 en que a ditadura cívico-militar arxentina, obedecendo un plan sistematicamente deseñado para infundir o terror, secuestran, torturan e fan desaparecer un grupo de rapazas e rapaces. O encaixe histórico, por unha banda, estaba aí. Non nego que, ao tempo, resultou determinante unha viaxe veloz que realicei a Buenos Aires no ano 2012 por mor do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro: acumulei vivencias en apenas tres días que, tamén en parte, están recollidas neste libro. Da novela dixo María Xosé Porteiro na súa presentación en Vigo que era unha viaxe "cuántica", no espazo e mais no tempo, e verdadeiramente hai moito diso, no plano histórico e no da memoria particular e colectiva. Cando lía o teu libro, pensaba en 'Meu pai vaite matar' de María Xosé Queizán, entre outros títulos que, a partir da ligazón entre Galiza e América, optan por contar historias acontecidas alá, en América, é dicir, pola historia dos nosos "outros", que tamén é a nosa. No teu caso, escolles un tempo de ditadura en España e en Arxentina, pero optas por contar un caso de represión alá. Por algunha razón especial? Na novela fago confluír experiencias duras aquén e alén mar aínda que o peso maior descanse nas vivencias na Arxentina. Hai multitude de conexións entre Galicia e Arxentina e no libro deixo moitas pistas sobre algunhas delas que só están, á mantenta, suxeridas e o que sempre tiña moi claro é que quería fuxir do saudosismo cando se fala da relación entre Galicia e Arxentina. Mais a razón de que a proposta se derive ao lado americano talvez descanse no que respondía na primeira pregunta, na admiración que sinto por un país como Arxentina que acubillou aos nosos exiliados e a milleiros de persoas emigrantes e tamén polo feito de que, con todos os problemas e atrancos que houbo, a xustiza tomou cartas no asunto tras a conclusión da ditadura: a sociedade civil gañou unha batalla e eu quería pór o acento neste feito. "Na Arxentina, a sociedade civil gañou unha batalla e eu quería pór o acento neste feito" Quería, por inmanencia, salientar que tras recorrentes reivindicacións se conseguiu xulgar aos responsables dunha represión brutal, dun verdadeiro xenocidio. Esta resposta aquí non a houbo e se cadra esta é unha das explicacións a tantos problemas e conflitos que había moitos anos debían de estar resoltos. Dalgún xeito aquela "transición intransixente" como a chamaba Lueiro Rey, aquela restauración borbónica ou como se lle queira chamar deita unha sombra mesta no presente. "Aquela 'transición intransixente' como a chamaba Lueiro Rey, aquela restauración borbónica ou como se lle queira chamar deita unha sombra mesta no presente" Por outro lado, cómpre non esquecer: o cultivo da memoria, do que pasou, é algo modélico en Arxentina e remito tan só á existencia de dous símbolos como son o Parque da Memoria bonaernse ou o Espacio Memoria y Derechos Humanos (Ex-Esma), por exemplo, mentres aquí seguimos a falar do que acontecerá cos restos do ditador ou da usurpación do Pazo de Meirás sen cuestionarse a legalidade da Fundación Francisco Franco, sostida con cartos públicos, ou por citar outro exemplo esa pretensión de converter a illa de San Simón nun espazo lúdico cando, particularmente, non imaxino mellor lugar para erixir un verdadeiro espazo da memoria da represión que se deu en Galicia desde xullo de 1936. A historia está contada a través de Lucía, unha profesora galega que, aproveitando unha viaxe a Arxentina, tenta atopar información sobre o seu tío, do que non sabe case nada. Acaba sendo unha historia dentro doutra historia. Por que e como pensaches esta estrutura? Alén do peso histórico, que o ten indubidablemente, interesábame afondar nunha historia na que se procurasen as claves dunha identidade que a Lucía, neste caso, lle foron negadas, porque a familia interiorizou o medo ata tal punto que nela se instala a convicción de que é mellor calar. Non creo que este fío que a conduce á descuberta da propia identidade, da sorte que correu un familiar próximo e que foi agochada, sexa algo estraño na realidade hoxe en día. Literariamente hai exemplos recentes da man de Suso de Toro ou dunha novela que, en parte, afonda nisto como é Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa, mesmo nalgún relato dun libro que aínda coñecín hai poucas datas e que dialoga con asuntos que me ocuparon na novela como é Lo que el viento no se llevó, de Luz Darriba e Anahí Almasia: un libro de relatos epifánico, para min. Hal algo de documentación -sobre o movemento estudantil, por exemplo-, e supoño que moito, -case todo-, de ficción. Como preparaches a parte da documentación? Chegaches a falar, ou polo menos a ler algo escrito por algún dos superviventes da 'Noite dos lápices'? Tiveches a oportunidade de falar alá do tema? (Pregunto por saber cal podería ser a relación que alá puideras ter percibido da sociedade arxentina con este feito en concreto e, en xeral, coa memoria da represión na ditadura). Revisei a conciencia durante bastante tempo material documental, bibliográfico e audiovisual, sobre todo moitas entrevistas a familiares de persoas desaparecidas e horas de gravacións sobre o Xuízo ás Xuntas Militares, alén de moitas películas sobre a represión na ditadura militar arxentina e máis concretamente sobre este capítulo concreto da "noite dos lapis". Neste sentido hai documentos verdadeiramente estarrecedores daquelas vivencias, sobre todo os que proceden dos que sobreviviron e das familias das persoas desaparecidas. No que di ao capítulo coñecido como a "noite dos lapis", ao existiren afortunadamente algúns superviventes, incluso con declaracións encontradas entre eles sobre algúns extremos das claves da loita estudantil que xerou logo a onda represiva, era de regra que na ficción disfrazase as súas verdadeiras identidades porque o libro non quere ser unha crónica, aínda que é inevitable cando un personaxe fai memoria da súa vida, cando conta o que viviu e como o viviu. "O libro non quere ser unha crónica, aínda que é inevitable cando un personaxe fai memoria da súa vida, cando conta o que viviu e como o viviu" O libro ten tamén bastante de reflexión sobre a (i)lóxica da represión ao estudantado no contexto da ditadura. A educación como "campo de probas" do que viría despois, e despois como espazo no que "restaurar a orde" e promover a obediencia, o amor á Patria, a Deus, á Familia e á Autoridade. En que medida e de que xeito foi así? Ao pouco que puiden coñecer así foi: un verdadeiro campo de probas para exhibir músculo e para que o aparato represivo evidenciase, publicamente, o seu poder. Poño só un exemplo. Existe un opúsculo de autoría anónima -cítase na novela- titulado Subversión en el ámbito educativo, publicado no ano 1977 en Buenos Aires e subtitulado significativamente "conozcamos a nuestro enemigo": desde o seu propio título explicita como a instauración do "proceso" respondía a un plan milimetricamente deseñado no cal o ámbito educativo era un obxectivo primordial. Xustamente aí, tamén nos sindicatos, na resistencia das esquerdas, nas voces públicas disonantes, repousaba un dos obxectivos a combater por todos os medios e con todos os medios. Reler, á luz de hoxe, os contidos desa publicación, extraordinariamente minuciosa e documentada por certo, axuda a entender o que ocorreu mais, ao tempo, desacouga e intimida pois algúns dos "principios" que aí se defenden podemos atopalos en propostas que hoxe en día circulan pública e impunemente. A través do relato do que acontece no ámbito educativo, o libro describe a represión como un fenómeno cotián, vivido, no corpo, na carne, e non só polas torturas. O clima xa non de medo, senón de pánico creado. A anulación das persoas como seres pensantes para acadar a submisión social… Podería ser o relato do terrorismo de Estado, supoño, en España ou en calquera das outras ditaduras de América na época. Era un pouco a túa intención, que o lector pensase nos distintos contextos nos que aconteceu algo similar? Cando a novela vai adquirindo forma decátome que resultaría inevitable, na súa recepción, facer un exercicio de comparación coas prácticas de terrorismo de estado que se deseñan e con outras, anteriores e posteriores, en calquera tempo e espazo. Con todo, como dicías, a represión é un fenómeno que vai alén das torturas físicas e psicolóxicas inflixidas que, dalgún xeito, aquí tan só se deseñan ou máis ben suxiren. É toda a atmosfera que, desde os primeiros días da toma de poder, a que vai engulindo un país e as persoas que viven nel até convertelos nunha masa transparente e silenciosa, aínda que non o conseguiron. "Decátome que resultaría inevitable, na súa recepción, facer un exercicio de comparación coas prácticas de terrorismo de estado que se deseñan e con outras, anteriores e posteriores, en calquera tempo e espazo" Ao mesmo tempo, non deixa de ser, tamén, reflexión sobre como a "autoridade" trata de dobregar unha sociedade, cercenando dereitos e liberdades públicas, nun tempo de crise do sistema: desemprego, déficit… É bastante doado estabelecer paralelismos -salvando as moitas distancias- coas políticas represivas impostas polo goberno do PP nos últimos anos: leis para frear os movementos sociais e, en xeral, a protesta. Foi, tamén, parte da túa intención, que pensemos nas lóxicas de represión do presente, integradas nas "democracias"? Mesmo ao principio do libro sae a utilización do fútbol para tapar a barbarie… Reitero a resposta da anterior pregunta, isto é, supoño que é absolutamente inevitable para algunhas lectoras e lectores realizar esa lectura e están no seu pleno dereito a facelo, como se interpretan o que se relata doutro xeito. Con todo, esta é unha novela que quere ser activamente política, talvez nun grao máis incisivo que O espello do mundo, que tamén o era ao querer recuperar o papel preponderante da muller na Idade Media a través da memoria do cenobio feminino de San Pedro de Ramirás, aínda que eu creo que o pouso histórico daquela, máis afastado e distante, puido ocultar esa intención... De feito enténdese mellor, xa que o citabas, como o mundial de fútbol de 1978 foi unha ferramenta, a nivel político, para ocultar as miserias e o desatino dunha ditadura moi cruel e, en efecto, a pouca distancia de onde se xogaba ao fútbol, na Escola Mecánica da Armada, un dos centros clandestinos, as persoas privadas de liberdade e torturaban escoitaban a barafunda do estadio. Dun ou doutro xeito teño para min que vivimos nunha época no que as semellanzas con certas políticas represivas e de control da cidadanía supoño que provocan certo desacougo en calquera persoa. Se a novela serve para formularse preguntas daríame por moi contento. "Teño para min que vivimos nunha época no que as semellanzas con certas políticas represivas e de control da cidadanía supoño que provocan certo desacougo en calquera persoa" O irmán do pai de Lucía foxe de España porque estaba en perigo debido á súa actividade política. Mais despois non é quen de ver que o perigo era o mesmo en Arxentina, o cal lle causará un sentimento de culpa que arrastrará toda a vida. Podes falarnos deste personaxe respecto a ese aspecto? Talvez sexa o personaxe con máis arestas, quen ten que vivir instalado os máis dos seus anos nun estado de "outredade" ou de esgazamento, en parte é tamén o máis contraditorio. Nel conflúen dous exilios: por unha parte o que carrexa ter que marchar de Galicia porque a súa pertenza a unha célula clandestina antifranquista determina a súa sorte e, por outra parte, esoutro "exilio interior" que lle provoca un eterno sentimento de culpa que nunca superará ao non ser quen de ver que todo aquilo que el viviu, contra o que loitou, podía volver repetirse cunha violencia inusitada, impensable probablemente para el. As súas vivencias, e a crónica que redacta, quería ser unha sorte de axuste de contas consigo mesmo mais tamén un testemuño para que se entendese a súa vida e, ao cabo, que por veces aínda coñecendo a historia en carne propia esta pode volver repetirse. Xunto a moitos datos reais sobre a estrutura da represión: responsables, lugares, organismos… achegas bastante información sobre outro dato real: a música e o ambiente cultural da época entre o estudantado. Por que a música é tan importante na novela? Quixen que a música fose fundamental na novela porque funciona como un elemento que, por un lado, outorga verosimilitude ao relato e, por outra, realiza un contrapeso, como tamén o poden facer algúns fragmentos narrativos, coa dureza da historia que se conta. Sería inconcibible que as mozas e os mozos do ano 1976 non escoitasen música e, de feito, varias cancións do grupo de rock Sui Géneris funcionan como un elemento de cohesión, case identitario, dalgúns dos protagonistas da novela e probablemente fose así. "Varias cancións do grupo de rock Sui Géneris funcionan como un elemento de cohesión, case identitario, dalgúns dos protagonistas da novela" Unha parte da novela céntrase no sufrimento dos familiares dos desaparecidos e no desprezo co cal son tratados por parte do Estado. Saen aí as Nais da Praza de Maio. Supoño que o libro quere ser, tamén, homenaxe ás familias (e sobre todo ás mulleres) que se negaron a resignarse a non saber. É así? Por suposto. Gran parte da novela posúe un punto de vista que xira arredor da situación de desamparo na que quedan os familiares das persoas desaparecidas que, tras petaren en moitas portas sen que haxa unha resposta solidaria, só recibirán comprensión e axuda no acubillo que representan as Nais e as Avoas da Praza de Maio. Fágoo conscientemente a través dun personaxe real, como outros moitos que hai, que é a galega Carmen Cornes, unha loitadora exemplar que, de seu, merecería unha novela enteira. "Gran parte da novela posúe un punto de vista que xira arredor da situación de desamparo na que quedan os familiares das persoas desaparecida" Ao final menciónanse os xuízos ás Xuntas Militares e fálase da necesidade de reparar, non de "reconciliar". É inevitable aquí, tamén, pensar en España e no tema de memoria histórica, que quedou moi atrás de países coma, precisamente, Arxentina, ou mesmo Chile. Cal é a reflexión que sobre isto, quizais, quixeches trasladar a través dos personaxes? En efecto, non se fala de reconciliar, nin de esquecer, nin de perdoar, senón de reparar. Na Arxentina a lei de obediencia debida deixou sen castigo a moitas persoas e Menem indultou a moitos militares pero a xustiza -aínda hoxe- segue a ter causas abertas da época da ditadura. Aquí só atopamos dificultades para perseverar sinxelamente no sempre preciso cultivo da memoria, cunha lei que non se cumpre e, como dixen, con espazos públicos que deberían dedicarse a combater a desmemoria. Dígase o que se diga hai feridas abertas que non poden cicatrizar ata que se faga xustiza como é, por só citar un exemplo, a exhumación dos restos de tantas persoas abatidas desde os primeiros días da guerra civil. "Dígase o que se diga hai feridas abertas que non poden cicatrizar ata que se faga xustiza" Canto a estilo, é moi directo, cunha prosa fluída, non é un libro demasiado longo… Eu pensaba, ao lelo, que podería ser unha lectura para os adolescentes, que ao cabo son en boa medida protagonistas. Pensaches niso ou gustaríache que así fose? A inspiración veume da mocidade que coñecín e coñezo. Sería marabilloso, non o dubido, que a novela, especialmente ás persoas máis novas, lles dixese algo. |
NOS_42686 | O Teatro Colón acolle a gala-encontro musical Sons para un regreso, dous días de concertos a cargo de antigas beneficiarias das bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos da Deputación da Coruña. Intérpretes de prestixio que desenvolven as súas carreiras moitas veces sen que se lles recoñeza o talento nin o esforzo. | Máis de século e medio de bolsas para a formación artística e ducias de artistas que se beneficiaron delas. A Deputación da Coruña leva desde 1883 ofrecendo a oportunidade de ampliar estudos a artistas galegos cuxo rastro, en moitas ocasións, se perde en diferentes lugares do mundo. Sons para un regreso é o título do ciclo de concertos que os vindeiros días 6 e 7 de xaneiro mostrará o traballo dalgúns deses estudantes, para visibilizar o rendemento dese investimento e dar a coñecer un traballo que, moitas veces queda oculto. Belén Bermejo, directora artística do ciclo, lembra que a idea xurdiu cando formou parte duns dos xurados que outorgan estas bolsas. "Decateime de que existía un gran nivel entre os candidatos e reflexionei sobre a necesidade de facer algún tipo de seguimento das súas carreiras e mesmo de que a propia Deputación publicitase o feito de que eses artistas que logo chegan aos escenarios están aí, en parte, grazas a esa axuda que lles permitiu formarse. Por iso propuxen un proxecto que recoñecese tanto o traballo destes artistas como a institución que os avala". "Teño atopado músicos galegos actuando na Musikverein de Viena que nunca tocaron na Galiza. Ao contrario do que ocorre en Catalunya, que visibiliza e promove o recoñecemento dos seus artistas, aquí non existen mecanismos que enaltezan as carreiras destas persoas", di Belén Bermejo Carreiras de primeira fila A primeira edición de Sons para un regreso contará coas actuacións da pianista Rosalía Gómez Lasheras, que desenvolve a súa carreira ao longo de escenarios de toda Europa, Oriente Medio ou Estados Unidos; da saxofonista Patricia Cadaveira, que combina o labor de compositora coa de instrumentista e docente e que botou a andar ademais o proxecto Marés Sonoras; de Ana Yáñez, que dará un recital co seu trío de guitarras Tres Trastes; e de Alma Sarasola que achegará o seu traballo co Quinteto InVento. "En moitas ocasións", continúa Bermejo, "atópome con músicos galegos de grandísimo nivel que están tocando en escenarios de primeira categoría. E sucede que ninguén sabe que son galegos. Teño atopado músicos galegos actuando na Musikverein de Viena que nunca tocaron na Galiza. Ao contrario do que ocorre en Catalunya, que visibiliza e promove o recoñecemento dos seus artistas, aquí non existen mecanismos que enaltezan as carreiras destas persoas. Hai moitísima canteira galega que está facendo un traballo excelente fóra e aquí ninguén sabe nada deles. Nin sequera se lles programa nin se lles dá a oportunidade de mostrar o seu traballo. E talvez esa sexa unha das razóns polas que prefiren seguir no estranxeiro". As bolsas da Deputación valoran non só o nivel artístico das persoas candidatas, senón tamén o seu proxecto de estudos, o prestixio do centro escollido para estudar... Toda unha serie de filtros que, dalgunha maneira, ofrece seguridade sobre a proposta e propicia a calidade. Nesta primeira edición do ciclo, as catro protagonistas dan conta de carreiras de prestixio en moi diferentes ámbitos. "Son traballos que proceden de formacións diferentes", apunta Bermejo. "A pianista Rosalía Gómez Lasheras, por exemplo, ten unha traxectoria internacional dunha proxección enorme, e especializouse en instrumentos de tecla antigos: debe ser unha das poucas persoas da Galiza que teñen un fortepiano na súa casa e que domina o repertorio para este instrumento. Patricia Cadaveira montou o seu propio proxecto, Marés Sonoras, e cruza moitos campos: bandas sonoras, música para teatro, composición contemporánea... A artista Ana Yáñez leva moito tempo pelexando por levar a música de cámara para guitarra aos escenarios galegos. E Alma Sarasola e o seu Quinteto InVento son un exemplo da grandísima canteira de músicos de vento que ten a Galiza nas bandas: hai moitísimos músicos galegos que tocan en orquestras importantes de Europa e que saíron de aí". Hai programación, mais na maior parte dos casos responde a unha lóxica moi difusa, cando non errática Pouco dinamismo no país Preguntarse sobre a razón pola que moitos destes músicos deciden desenvolver as súas carreiras no estranxeiro devólvenos ao debate sobre como se trata a cultura. "Habería que preguntarlles a eles, claro, mais se cadra é porque alí páganlles mellor polo seu traballo", declara Bermejo. "En xeral, existe moi pouco dinamismo no mundo da música clásica galega. Todo está moi anquilosado. Hai programación, mais na maior parte dos casos responde a unha lóxica moi difusa, cando non errática. As formacións teñen moi poucos sitios onde actuar e, se non existe unha acción institucional que propicie un incremento desa programación, as formacións non van asumir o traballo de investir en instrumental, preparar programas, ensaialos... para logo dar un concerto e que o proxecto acabe aí. A motivación desaparece e iso fai que esmoreza todo. Eu levo uns vinte anos nisto e cada vez se programa menos música clásica". |
NOS_53737 | Por vez primeira non hai unha leitura única da situación catalá por parte das elites dirixentes. Hai distintas liñas. O intenso debate no TC sobre o recurso da Moncloa contra a designación de Puigdemont como candidato é a manifestación na superficie dun xordo combate intramuros. Non todos os desexos de Rajoy son ordes xa para órgaos como o consello de Estado ou xuíces como Pablo Llarena. | Comeza a haber certas disidencias á hora de interpretar o prietas las filas fronte ao fenómeno que o españolismo político e mediático ten baptizado como desafío separatista. Os resultados do 21-D puxeron sobre aviso segmentos significativos do establishment: o independentismo catalán non é derrotábel pola vía eleitoral nen sequer cunha participación de 80 por cento. A liña dura -aplicación do 155, encarceramento dos líderes soberanistas con cargos totalmente inverosímeis como o da rebelión, oposición a calquera entendimento co fuxido Puigdemont- non dera resultado nas urnas. Antes ao contrario: contribuía para blindar o espazo independentista e para impedir calquera achega da terceira vía -o espazo dos comúns- aos partidos mais estremamente unionistas. Con posicións tan agresivas, a hipótese dunha entente entre Catalunya en Comú e o trípode Cs-PSC-PP é puramente ilusoria. A resolución en virtude da cal o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena xustificou a súa negativa a dar luz verde á petición da Fiscalía dunha nova euro-orde contra Puigdemont é, nese sentido, unha peza paradigmática. O maxistrado argumenta a súa decisión en termos máis políticos do que xurídicos. A ideia de fundo é: se continuamos pola liña máis represiva estámoslle a facer o xogo ao soberanismo. Puigdemont o que tencionaba coa súa viaxe a Copenhague era precisamente provocar a súa detención, segundo Llarena. Mutatis mutandis, segundo esta liña de pensamento, o escrito asinado por Roger Torrent o 22 da xaneiro de designación do número un de Junts per Catalunya pretendía desencadear a suspensión do pleno de investidura por parte do Tribunal Constitucional. O vitimismo sería rendíbel para o soberanismo, entende Llarena. E entenden tamén os membros do Consello de Estado, órgao consultivo que esta quinta feira daba a surpresa ao negar o seu aval ao recurso do Goberno perante o Tribunal Constitucional, unha decisión que debilita extraordinariamente a posición do Gabinete Rajoy no pórtico da nova lexislatura catalá. Non sería a única labazada das togas á posición do Executivo: tamén os letrados do TC acabarían por ditaminar que o recurso non tiña fundamento xurídico, chave do desenlace do debate habido na institución cimeira do poder xudicial durante todo este sábado 27X. Romay nega o seu apoio á Moncloa Non é calquera cousa o Consello de Estado e non é calquera no Partido Popular quen o preside. É o galego José Manuel Romay Beccaría. Aos seus 84 anos, continúa a ser un referente nas filas do PPdeG -é unha persoa moi querida por afiliación e cadros intermedios- e non só na súa calidade de mentor de Feijóo. Son coñecidas as súas vinculacións políticas ao Opus Dei, até o ponto de que non poucos correlixionarios reférense a el como O Bispo. Foi chamado en abril de 2014 por Rajoy para se facer cargo da tesourería do Partido Popular en pleno escándalo Gürtel, para no posíbel apagar o lume. Pasou nesa función de bicos nos pés, sen ruídos, norma da casa. Hai uns días -18 de xaneiro- reapareceu no Congreso para, a perguntas da imprensa nos corredores, afirmar que si é evidente que se produciran casos de corrupción no PP. As súas declaracións non deberon facer moita graza na Moncloa. Foi tamén o propio Rajoy o que o repescou en 2012 para presidir o Consello de Estado, órgao do que xa fora titular durante o aznarismo. É por iso que é especialmente significativo que, con el como presidente, este órgao vire as costas ao Goberno nunha nova escaramuza na batalla de Catalunya, sinal inequívoco de disensos sobre a táctica a seguir a partir de agora, unha vez que o 21-D voltou a repartir as cartas sen que apenas mudase nada o xogo. O debate no TC A negativa do Consello de Estado a referendar o recurso puxo en bandexa de prata a inadmisión a trámite aos maxistrados do Constitucional non totalmente aliñados coas posicións máis estremas dentro do bloco constitucionalista. Os argumentos do órgao presidido por Romay eran dificilmente refutábeis: non se pode suspender preventivamente o pleno de investidura porque non se pode dar por suposto que Puigdemont vaia incomparecer nel. Os letrados do TC asumiron esa mesma lóxica e advogaron pola inadmisión a trámite. O maxistrado designado para redixir a ponencia do Constitucional sobre o recurso da Moncloa, Juan Antonio Xiol, colocouse na mesma lóxica: non había lugar para darlle vía libre ao recurso. Mais o TC é no sistema político español unha prolongación do lexislativo, unha terceira cámara que reproduce a lóxica das maiorías e das minorías. Neste momento, por tanto, as posicións conservadoras -afíns ao PP- son maioritarias. Mais mesmo entre os sectores máis reaccionarios da cúpula xudicial existían escrúpulos á hora de producir unha sentenza sen soporte xurídico suficiente. Escrúpulos e conciencia de que a liña da confrontación pura e dura non está a render os froitos agardados en Catalunya (queda brutal do PP e alimentación da alternativa posmoderna da direita española, Ciudadanos). Non todos os maxistrados conservadores avalaron, pois, a posición de Rajoy. Procuraron, iso si, unha certa solución de compromiso cos progresistas (isto é, cos próximos ao PSOE). E achárona: inadmitíase a trámite recurso, mais introducíase unha medida cautelar para impedir a investidura telemática. As fendas son evidentes e neste momento A Moncloa non dispón dun poder omnímodo sobre todos os resortes institucionais. Hai elementos que se escapan do seu control. Hai varias liñas en xogo, non totalmente contraditorias (todas elas son contrarias a cesións de fondo ao soberanismo), mais non converxentes. Hai núcleos nas elites que entenden que a linguaxe máis dura -a puramente represiva- só fortalece neste momento as opcións de Ciudadanos, visto polo eleitorado conservador como o novo referente españolista. E hai outros segmentos do establishment que xogan ao contrario, a debilitar Rajoy para favorecer o ascenso de Rivera á cimeira. O rol da monarquía Quen si está, en troca, ao servizo da Moncloa é o monarca, como se viu en Davos. Sen ter en conta cal é o seu rol constitucional -o de moderar o funcionamento das institucións e, por tanto, os eventuais conflitos entre elas, tamén entre a Generalitat e o Estado-, Felipe VI é neste momento un peón político do PP de Rajoy e Soraya, cunha visión curto-pracista que mesmo podería pór en risco o futuro da monarquía. A lexitimidade da dinastía Borbón non só está posta en cuestión por no mínimo 50 por cento do eleitorado catalán, senón tamén por cada día máis largos sectores da opinión pública española que comezan a percibir con clareza que o inquilino de La Zarzuela non é precisamente un árbitro neutral. |
NOS_42660 | O Movemento Galego da Saúde Mental sinala a responsabilidade última da Xunta e reclama medidas concretas que garantan dereitos fundamentais das persoas cun diagnóstico psiquiátrico. | "O dereito das persoas a sermos tratadas con dignidade, respecto e de forma segura, con independencia das nosas condicións de saúde física e mental, é unha cuestión que no ámbito da psiquiatría semella estar moi lonxe de ser un dereito efectivo". As conclusións do Movemento Galego de Saúde Mental tras coñecer as detalles do informe anual de 2021 do Defensor del Pueblo son, ademais, unha sorte de ultimato dirixido á Administración galega. Segundo incide a voceira da entidade, Rosa Cerqueiro, en conversa con Nós Diario, o Goberno da Xunta é o responsábel último da "obriga de salvagarda dos dereitos e da mellor atención posíbel" en materia de saúde mental. Conxo, paradigma da vulneración de dereitos Catro anos e medio despois da primeira visita do Mecanismo Estatal de Prevención da Tortura ao Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Compostela, no ano 2017, o Defensor del Pueblo recolle na súa memoria de 2021 as dificultades deste organismo público para coñecer de forma directa e sen obstáculos as condicións en que viven e son atendidas as persoas ingresadas nese centro, obxecto de numerosas denuncias por parte do alto comisionado e do propio Movemento Galego da Saúde Mental. O informe apunta unha "actitude reticente e pouco colaboradora" por parte do persoal do hospital na segunda visita do Mecanismo de Prevención da Tortura en xullo de 2021. "Chove sobre mollado. Esa actitude de non facilitar, de desleixo, non nos colle por sorpresa", afirma Cerqueiro, quen sen negar a responsabilidade dos cargos intermedios que se ocupan da institución psiquiátrica no día a día destaca a "obriga e responsabilidade" final da Xunta da Galiza en todo canto ten que ver coas "vulneración dos dereitos fundamentais" recoñecidos. A CIG denuncia perante Inspección as "situacións de violencia" no psiquiátrico de Conxo A Administración galega, di, insiste en "negar, minimizar e quitarlle importancia" a unha serie de deficiencias que se identificaron en 2017 e que se volveron constatar en 2021: "Deficiencias a nivel profesional, de recursos; do propio edificio, por tanto, de condicións de vida, e de prácticas que van en contra da convención dos dereitos das persoas con discapacidade", precisa Rosa Cerqueiro. Desde o Movemento Galego da Saúde Mental apuntan vulneracións moi concretas dos dereitos das persoas cun diagnóstico psiquiátrico na galiza, nomeadamente no Hospital de Conxo: suicidios evitábeis, medidas de illamento como castigo, sobremedicación, utilización da contención mecánica, insuficiente protección tutelar, falta de privacidade. A estas deficiencias o alto comisionado engadiu o verán pasado un "panorama desolador en materia de igualdade efectiva e non discriminación por razón de xénero". "Intención e firmeza" "Chove sobre mollado", di Cerqueiro quen censura as palabras do Goberno ao respecto desta diagnose. "Fala de 'casos illados' ou limítase a dicir que 'están traballando', pero pasaron máis de seis meses e de novo, segue sen contestar a cuestións esenciais. O tema é moi grave e non se lle está a dar resposta". Rosa Cerqueiro: "A saúde mental é a irmá pobre da sanidade pública" A portavoz do Movemento Galego da Saúde Mental denuncia a falta de decisións áxiles e concretas. "As leis xa existen, trátase de pór en marcha medidas que modifiquen esta situación que se segue a dar. O que falta é intención e firmeza para rachar a fenda de desigualdade, violencias e paternalismo na atención en saúde mental, conclúe Rosa Cerqueiro. |
NOS_38475 | 'Nós Diario' informou a semana pasada en exclusiva da apertura da investigación xudicial. | A popular María José Pose foi investida esta terza feira como rexedora de Santa Comba, após se consumar a moción de censura presentada polos seis concelleiros do PP en conivencia con dous edís do PSOE, mentres os catro restantes optaron pola abstención. Deste modo remata o mandato de David Barbeira (único representante local de Compromiso por Galicia), que accedera ao cargo prometendo aos socialistas unha alternancia no poder que se debería ter producido este mes de xuño, mais á que Barbeira se tería negado. Pose afirmou que, grazas a este acordo, nesta terza feira se cumpriu "a vontade da veciñanza", que en 2019 deixara o PP a apenas cinco votos da maioría absoluta. "Vostede tivo a oportunidade de gobernar, mais o experimento non lle puido saír peor", reprochoulle a Barreira, quen, pola súa banda, acusou a formación socialista de ser "o maior aliado do PP" e ter desenvolvido un "labor destrutivo de oposición" contra a súa xestión. Exclusiva de 'Nós Diario' sobre a investigación de Pose O pasado 7 de xuño Nós Diario informaba en exclusiva da apertura de dilixencias previas por un presunto delito de prevaricación administrativa contra María Pose. O xulgado de instrución número 1 de Negreira iniciara a investigación a raíz dunha denuncia en que se acusa o Goberno local, dirixido por Pose entre 2014 e 2019, de dar un trato de favor á directiva da comunidade de usuarios de Augas de Grixoa. A daquela alcaldesa executara en maio de 2018 o asfaltado da contorna da Igrexa de Grixoa de cara ás festas do Espírito Santo, celebradas a finais dese mes. Porén, segundo as persoas denunciantes, non foron licitadas e adxudicadas até sete meses despois. Aliás, en 2017 a comunidade de Augas de Grixoa aprobara parte dunhas obras de canalización a executar por unha empresa privada que, segundo a denuncia, comezaron de forma inmediata sen ningún tipo de licenza ou comunicación. Nesta obra tería participado persoal do Concello, malia tratarse dunha iniciativa privada. Consultada por este xornal, Pose expuxo: "Figuramos como imputados calquera alcalde que estea nun proceso aberto e haxa alguén que denuncia sen razón. É un proceso onde están todos os informes favorábeis e non hai ningunha ilegalidade". |
NOS_17765 | Co 100% escrutado, a candidatura 'municipalista' é a primeira forza na Coruña, cun 30,89% dos sufraxios, a mesma porcentaxe que o Partido Popular de Carlos Negreira. | Marea Atlántica primeira forza na Coruña. Un primeiro posto gañado ao PP pola estreita marxe de catro votos. Co 100% escrutado, 36.842 sufraxios para o partido liderado por Xulio Ferreiro fronte a 36.838 para o de Carlos Negreira. Catro votos que dan a Marea Atlántica a posibilidade de formar goberno e que Ferreiro saia alcalde sen ter que pactar con outros. O resto da Corporación fica composta, lembremos, por 6 concelleiros do PSOE e 1 do BNG. A xornada do 24M despedíase en Galiza co 100% do voto escrutado en case todos os concellos. Mais había excepcións, como A Coruña, onde ficara o reconto nun 94% pola impugnación en varias mesas da cidade. A Xunta electoral de zona decidiu esta segunda feira -tiña de prazo até o 30 de maio- e o reconto definitivo deixa un empate en porcentaxes entre Marea Atlántica e PP (30,89%), mais cunha vantaxe de MA en votos: 4 sufraxios. |
NOS_17677 | Eurodeputados de EH Bildu e de Die Linke consideran "inaceptábel" que 70 anos despois de finalizar a IIGM o goberno xermano pague as prestacións aos que cualifican de "voluntarios nazis". | O goberno alemán paga máis de 107.000 euros anuais aos voluntarios fascistas españois que combateron o exército de Hitler na II Guerra Mundial. 41 ex-combatentes, 8 viúvas e 1 orfo benefícianse dos pagamentos. O deputado de EH Bildu en Bruxelas e as parlamentarias europeas de Die Linke denunciaron perante a Comisión europea que o executivo xermano continúe a pagar as pensións a persoas que voluntariamente integraron unha división que formou unha unidade de infantería dentro do exército nazi. Die Linke e EH Bildu cualifican de "incompensíbel e inaceptábel· que sete décadas despois de finalizada a IIGM Alemaña siga a pagar pensións a "voluntarios nazis mentres tantas vítimas do totalitarismo fascistas non foron reparadas". Inciden en que a propia Comisión ten feito non poucos chamamentos suliñando a importancia de "preservar a memoria dos crimes cometidos" polo rexime nazi. Así, agardan que este organismo "tome medidas" contra a decisión do goberno de Alemaña. |
NOS_20646 | O verán está a piques de chegar e como sempre vén cargadiño de froitas e verdurdas de temporada. Facemos un repaso por todos os manxares que xa podemos desfrutar e os que aínda están por vir. Imos sacarlle o máximo partido ás froitas e verduras deste verán! | Verduras A horta vive un auténtico esplendor na temporada estival co aumento das horas de sol e de calor. O primeiro que se dará na nosa horta será a leituga. A partir de abril e até finais do outono poderemos desfrutar dela, aliñada cun pouco de aceite e vinagre ou en ensaladas máis elaboradas. Un mes máis tarde, canda maio, chegan as primeiras cenorias e danse até o outono. A cenoria cómese ao vapor, cocida e até crúa sendo unha das hortalizas máis consumidas. No mesmo mes que comezan a saír as cenorias, tamén recolleremos os primeiros chícharos. Este legume é moi versátil, con el poderemos facer purés ou cremas, gornicións para carne ou peixe e incluso botarllos a ensaladas ou arroces, como o da coñecida canción. Un prato que me encanta e que me recorda moito aos longos veráns de cando era cativo son os chícharos con xamón, detestaba debullalos cando viñan da horta pero esa aversión logo se me quitaba á hora de comelos. Cocidos, con xamón e cun rustrido de allo e pemento picante están estupendos, pero se ademais diso lles engadimos uns ovos escalfados por enriba xa son insuperábeis. A partir de xuño e até a chegada de setembro poderemos recoller a maioría dos froitos: feixóns verdes, cabaciñas, berenxenas, pementos, cebolas, tomates… As cabaciñas cocíñanse en cremas, con ovos (en tortillas, revoltos, ou quiches) ou tamén recheas de carne. Eu vouvos propor dúas receitas menos coñecidas e espero que vos sorprendan. A primeira delas é empregar a cabaciña como substituta da pasta, facendo tallaríns ou espaguetes con ela para logo saltealos nunha tixola e finalmente integralos co mollo que máis nos guste, por exemplo, unha salsa boloñesa. A segunda é comela crúa, cortándoa en láminas finas e aderezándoa cunha vinagreta. Deste modo teremos un delicioso carpaccio de cabaciña ao que lle poderemos engadir se queremos unhas lascas de queixo San Simón por enriba. As berenxenas, a diferenza das cabaciñas, non é recomendábel comelas crúas pois poden ser indixestas As berenxenas, a diferenza das cabaciñas, non é recomendábel comelas crúas pois poden ser indixestas, pero temos moitos outros modos nos que desfrutar delas cociñadas. Un exemplo é o baba ganoush, unha crema árabe semellante ao hummus e que substitúe os garavanzos cocidos pola berenxena asada. É ideal como aperitivo ou entrante mollando nel pedaciños de cenoria ou pan. As berenxenas con carne tamén están moi boas, recheas como as cabaciñas ou por exemplo nunha musaka. É unha elaboración exquisita de orixe grego, similar á lasaña pero emprega láminas de berenxena en lugar da pasta e pode levar pataca en toros na base. A escalibada é un prato típico catalán que leva berenxena, ademais de cebola e pementos. Ásanse as verduras e unha vez frías pélanse e córtanse en tiras, podendo comelas co mollo que soltaron directamente ou aliñadas cun pouco de aceite de oliva e sal. Adoita acompañarse con pan, e tamén con anchoas ou queixo. Tanto os tomates, como os pementos e as cebola están presentes en case todas as comidas, desde un rustrido que serve de base para todo até na tortilla, para min sempre con cebola. Unha receita que vos recomendo, con tomate e fresquiña para o verán é o salmorejo, unha crema orixinaria de Córdoba que se fai con tomate, auga, allo e pan. Tritúrase ben todo e emulsiónase cun pouco de aceite. Como aperitivo ou como primeiro prato, con xamón ou ovo cocido por enriba é unha delicia para os días de calor. Froitas Ademais das verduras, hai unha enorme variedade de froitas que comezan a saír co inicio do verán. As máis temperás son os amorodos e as cereixas e a partir de xuño xa podemos desfrutar delas. Outras como as framboesas, os pexegos ou ameixas non estarán listas até xullo ou agosto. Se estades aborrecidos de comer sempre os amorodos con nata, recoméndovos dúas alternativas moi sinxelas. Unha é cortalos en anacos como se fósemos mesturalos coa nata pero no canto diso engadirlles un pouco de leite, azucre e canela. É unha combinación refrescante e ben saborosa. A outra é cortalos en láminas e botarlles un pouco de azucre e un chorriño de vinagre por enriba. Temos que deixalos repousar un pouco antes de comelos para que maceren e se forme un almibre, doce pero con toques acedos e que resulta moi apetitoso. Hai milleiros de tortas que podemos preparar con froitas Hai milleiros de tortas que podemos preparar con froitas. Unha das máis famosas nos Estados Unidos de América é a torta de cereixa, elabórase cunha base de masa crebada e un recheo feito con cereixas asadas no seu almibre. Outra torta moi sinxela e moi boa é a de amorodos con nata e chocolate. Leva varias capas de biscoito e entre elas amorodos en anacos, marmelada de amorodo e nata. Finalmente cóbrese por enriba con máis nata e chocolate. Se queremos aproveitar a froita para que non se perda, ademais das tortas, facer marmelada é moi boa opción. Deste modo poderemos conservala durante varios meses sen problema. Todas estas froitas e verduras podemos atopalas a maior parte do ano importadas doutras rexións mais, en todas elas e especialmente no caso dos tomates, o sabor e a textura que teñen aqueles que maduraron ao sol e non foron transportados en cámaras frigoríficas a miles de quilómetros é imposíbel de superar. Por iso vos animo a que gocedes dos produtos de temporada e de proximidade, gañando en sabor e en calidade e ademais reducindo a pegada de carbono. Imos sacarlle o máximo partido ás froitas e verduras deste verán! |
NOS_30038 | Segundo a antropóloga Rita Segato, vivimos nunha época de forte violencia cara as mulleres. Este fenómeno consiste nunha "pedagoxía de crueldade" que provoca a perda da empatía coa vítima. Estas prácticas collen forza nas persoas novas, que rexistran altas cotas de sexismo e violencia. Os últimos dados sobre violencia de xénero no Estado español apuntan que o 38,3% das mulleres menores de 24 anos que tiveron parella sufriron violencia psicolóxica. Se falamos de mozas de entre 16 e 17 anos, a cifra ascende até o 42,6%. Eis un extracto da reportaxe publicada no semanario Sermos Galiza 278. | Á hora de analizar os dados de incidencia de violencia de xénero entre a mocidade, cómpre facelo desde o coñecemento dos códigos de comunicación e interacción da xente máis moza, profundamente enraizados nas redes sociais e outras plataformas dixitais. Un estudo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amosa que o 97,8% da mocidade galega usa internet de maneira regular, mentres que o 93% está rexistrado nalgunha rede social. O documento destaca tamén que a meirande parte destas persoas non teñen conciencia dos riscos das novas tecnoloxías, habitualmente utilizadas para exercer violencia en forma de ciberacoso. Sexting, ciumes e monitorización exhaustiva a través de Whatsapp, humillación pública en grupos de chat, difusión de capturas de pantalla, memes ofensivos… Carme Adán, catedrática de Filosofía e experta en educación e igualdade, advirte, en declaracións a Sermos Galiza, que resulta alarmante a normalización entre a xente moza destas condutas menos extremas de maltrato, como o control ou os insultos. "Cando traballamos esta violencia de xénero 2.0 debemos ser conscientes de que estas mozas e mozos viven a violencia de xeito distinto, concentrada en tres ou oito meses en vez de en anos. Ao convivir cos pais, a violencia acontece a través dos dispositivos móbiles, que son o seu espazo natural, e é onde aparecen as chantaxes, o control, a burla pública…", explica Adán, quen incide na necesidade de educar sempre desde a perspectiva feminista. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 278, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_54439 | O campionato de MXGP, a categoría raíña, desprázase a Madrid para o GP de España, por onde pasan moitas das opcións do piloto lucense. | O piloto lucense Jorge Prado chega con ilusión a Madrid, onde esta fin de semana se disputará no recinto de Xanadú o GP de España do Mundial de motocross. Con ilusión e, de momento, con opcións de optar ao título no seu primeiro ano na clase MXGP, a categoría raíña. Porén, para apurar as súas posibilidades, Prado precisa continuar sumando os máximos puntos posíbeis. El, segundo manifestou, ten "boas expectativas para esta carreira". "Sinto que podo volver ao podio, loitar pola vitoria, así que espero facer unha boa actuación. En xeral, estou moi contento coas miñas prestacións nas últimas semanas. Vexo que melloro e que son quen de loitar de mellor forma nas posicións dianteiras", explicou nun comunicado enviado aos medios. Rápido progreso Despois dun inverno duro, con lesións e operacións, Prado está a ser unha das sensacións na súa estrea coas motos de 450 centímetros cúbicos, mesmo aloumiñando a opción de se proclamar campión do mundo. "O meu obxectivo era aprender. Pensaba que na parte final do ano podería estar conseguindo bos resultados, mais non me esperaba ser tan competitivo tan axiña. Mais puiden coller o ritmo moi rápido e iso permitiume estar arriba. Vou carreira a carreira, mais non o perdo de vista, está aí. Teño posibilidades, fican moitos puntos en xogo", limítase a dicir o piloto. E esas posibilidades pasan por obter un bo resultado en Madrid, que pola proximidade coa Galiza, onde viven a familia e amigos del, tórnase unha carreira máis especial, aínda que recoñece que "este ano será distinto ao non ter público nas bancadas". Tres homes por diante O piloto lucense, de 19 anos, actualmente ocupa a cuarta posición da clasificación xeral. Como debutante na competición de MXGP xa pode presumir de contar cunha vitoria nun Grand Prix neste 2020. Foi no Citta di Faenza disputado o pasado 9 de setembro, que se veu a sumar aos 31 triunfos totais conseguidos en MX2. As lesións da pretempada puxeron a Prado nunha situación de fraxilidade ao comezo do campionato, mais foi gañando confianza e subindo postos na táboa clasificatoria. En calquera caso, na súa primeira carreira, en Inglaterra, conseguiu finalizar na cuarta posición. Desde entón foi sumando puntos até os 341 con que conta na actualidade. O que suceda a fin de semana na capital española pode ser decisivo de cara á recta final do campionato de MXGP. |
NOS_17430 | Os casos activos seguen na tendencia á baixa, até 2.854, pero medran lixeiramente nas áreas de Compostela, Lugo e Ferrol. Estas dúas últimas superan o limiar de 5% na taxa de positividade que marca a OMS para considerar controlada a pandemia. | A Galiza experimentou nas últimas 24 horas un aumento de cinco pacientes de Covid-19 nas unidades de coidados intensivos (UCI), que se sitúan en 78. Ao tempo, as hospitalizadas en planta baixaron en 12, o que fixo descender a cifra xeral de ingresadas a 323. De igual modo, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este sábado, con cifras actualizadas ás 18 horas da sexta feira, un total de 277 novos casos detectados por calquera tipo de probas. Isto implica un aumento de máis dun cento a respecto dos 167 do día anterior, cando ademais a semana comezou con 88 contaxios. Cómpre lembrar a detección de brotes cunha trintena de casos nunha residencia de Silleda, na área sanitaria de Santiago-Barbanza, e con 23 casos nun colexio de Ferrol. No que atinxe a presión hospitalaria, a tendencia xeral, a pesar do repunte na UCI, continúa á baixa. Isto reflectiuse nas áreas de Santiago-Barbanza, con 39 ingresadas, aínda que subiu nun, até oito, os enfermas críticas; en Pontevedra-O Salnés, con 26 hospitalizadas (tres menos), pero oito en coidados intensivos (un máis); e en Ourense-Verín-O Barco, con 21 ingresadas en total (tres menos), catro delas en UCI (sen variacións). Fronte a estas, as áreas de Vigo e Lugo-A Mariña-Monforte sufriron un ascenso da presión hospitalaria. Na viguesa, son 60 pacientes ingresados (tres máis), dos que 17 están críticos (un máis1); e na luguesa son 25 os hospitalizados (tres máis), seis deles en UCI (igual). Mentres tanto, a área sanitaria da Coruña-Cee non rexistrou variacións, con 120 pacientes nos hospitais, aínda que si repuntaron até 26 as que están en coidados intensivos (un máis). Tampouco houbo cambios na de Ferrol, con 32 persoas ingresadas, nove (un máis) críticas. Detección de casos En canto á detección de casos, todas as áreas sanitarias sufriron un repunte. A de Santiago-Barbanza é a máis golpeada nas últimas horas ao sumar 97 infeccións. Séguelle a da Coruña-Cee, onde se notificaron outros 70 casos. Do resto, sofren lixeiras subidas ou mantéñense: Vigo rexistra 34 novos positivos; Ferrol e Lugo-A Mariña-Monforte, 24 cada unha; Pontevedra-O Salnés, 17; e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, 11. Polo tanto, as persoas contaxiadas na Galiza ascenden a 114.643 desde o inicio da pandemia. Repunta da taxa de positividade A taxa de positividade repuntou até 3,3% nun día, tras situarse en 2,4% nos datos da sexta feira. Por áreas sanitarias, hai dúas que superan o limiar de 5% marcado pola Organización Mundial da Saúde para dar por controlada a pandemia, Ferrol (6,3%) e Compostela (5,9%). Casos activos No entanto, segundo os últimos datos actualizados este sábado, a Galiza volveu descender no número de casos activos de Covid-19, ao situarse en 2.854, case 80 menos que o día anterior. Este parámetro continúa diminuíndo en catro das sete áreas sanitarias galegas: A Coruña-Cee, Vigo, Pontevedra-O Salnés e Ourense-Verín-O Barco. Porén, Santiago-Barbanza, Ferrol e Lugo-A Mariña-Monforte rexistran unha lixeira tendencia á alza. |
NOS_35353 | O DOG publica hoxe o cambio de nome do centro de ensino pontevedrés. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) publica esta segunda feira a disposición da Consellaría de Educación polo cal se autoriza o cambio de denominación específica para o CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra, que pasa a se denominar Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Daría González García. Daría González García, nada en Pontevedra en 1912 e finada na mesma cidade o 20 de xaneiro de 1999, foi unha mestra e política galega. Foi unha das poucas mulleres que participaron no Seminario de Estudos Galegos como socia protectora. Militou no Partido Galeguista desde 1932. Socia fundadora da Fundación Alexandre Bóveda, formou parte da xunta reitora da Fundación Castelao, estivo vinculada ao Museo de Pontevedra e tivo un destacado papel na cultura local pontevedresa. Foi elixida concelleira de Pontevedra por Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas e foi tenente de alcalde de Cultura entre 1980 e 1983. No Álbum das Mulleres do Consello da Cultura galega sinálse: "En 1950 creouse en Pontevedra o Colexio Inmaculada, como unha sociedade entre Blas Arias, Francisco Cerviño e Ángel Piñón, e as súas respectivas esposas, Pilar Torrado, Daría González e Concha Cimadevila. Docente neste colexio ata 1954, logo nos institutos de educación secundaria de Marín e, sobre todo, de Pontevedra, dedicouse ao ensino durante 44 anos; así que, polas súas aulas, pasaron varias xeracións de pontevedreses e pontevedresas que a relembran como unha mestra afable e comprensiva, como unha gran muller. Xosé Luís Méndez Ferrín, alumno seu no Colexio Inmaculada, recordaba que, na Pontevedra dos anos cincuenta, a «señorita Daría», como adoitaban chamala daquela, utilizaba nas súas clases o método pedagóxico de Froebel —que o seu avó materno introducira no centro de ensino que fundara en Pontevedra a finais de século—, e a influencia que nas súas propias clases tivera «aquela muller galeguista e ceibe sempre co sorriso nos beizos". |
PRAZA_5249 | A Plataforma para a Defensa do Parque Natural e grupos ecoloxistas denuncian o "desleixo" da Xunta, á que acusan de "non facer nada" para a recuperación do espazo, así como de seguir permitindo a "eucaliptización" e priorizar o investimento paliativo á prevención. | Hoxe hai dous anos, o 31 de marzo de 2012, iniciábase nas Fragas do Eume un incendio que arrasou centos de hectáreas deste espazo simbólico e emblemático de Galicia. Segundo o proxecto Global Forest Watch, a masa forestal deste parque natural descendeu nos últimos anos en 600 hectáreas, moitas delas consumidas polo lume naquela primavera de hai 24 meses. Os colectivos ecoloxistas denuncian o "desleixo" da Administración, que segue sen ser quen de aprobar o PRUX Agora, colectivos ecoloxistas e a Plataforma para a Defensa das Fragas do Eume, que agrupa moitos deles, denuncian que a Xunta segue "sen facer absolutamente nada" pola súa recuperación e denuncian o "desleixo" dunha Administración que por non facer non foi quen nin de aprobar o Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do parque natural, que leva máis dunha década agardando pola súa posta en marcha. De novo con máis medidas paliativas que de prevención, o espazo continúa a sufrir unha continua "eucaliptización" que aumenta o risco de incendios e provoca a propagación desta e doutras especies invasoras, mentres os propietarios dos terreos que se inclúen nesta zona protexida quéixanse de que o Goberrno non dá achegado posturas con eles, unha queixa que as entidades de conservación da natureza tamén levan anos facendo. "Son dous anos máis de desprezo administrativo", di a plataforma, que coincide no seu balance con Mónica Arto, responsable de Verdegaia en Ferrolterra e representante dos colectivos ecoloxistas na xunta consultiva do Parque. No primeiro ano tras o incendio, fixéronse diversas actuacións para evitar arrastres e algunha pequena para a recuperación, pero aí quedou a cousa. "Non entramos a facer valoracións nin a poñer en cuestión os traballos feitos e que nos detallaron na última xunta consultiva de decembro, pero si cuestionamos que os medios e o persoal das Fragas, en xeral, seguen a ser insuficientes para as actuacións necesarias", explica. A "eucaliptización" segue a ser un dos graves problemas das Fragas que a Xunta non dá abordado A eucaliptización é un dos maiores problemas e riscos que afronta o Parque, unha eiva "xeralizada" por todo o país pero que neste espazo provocou que o eucalipto multiplicase por tres a súa superficie e o bosque autóctono perdese un 20% dela xa entre 1957 e 2003, segundo un estudo de Greenpeace, unha tendencia que segue a cumprirse. "Actuouse nalgún punto concreto para eliminar ese problema, pero só naqueles terreos que son propiedade da Xunta; no resto, non se actúa e tampouco temos un plan para controlar, minimizar ou reverter esta problemática", insiste Arto, que lembra tamén que a Administración "tampouco pon medios fóra dese plan para diversificar usos ou eliminar especies invasoras". Ademais, legalmente permítense plantar eucaliptos onde xa os había, pero Mónica Arto denuncia que "tamén se abriron novas zonas de platnación" en áreas restrinxidas que provocou a eliminación de fraga, aínda que isto sempre foi negado polas autoridade do Parque. A responsable de Verdegaia insiste en que especies pirófitas como esta "favorecen os lumes e a súa propagación", pero advirte de que a principal eiva é "a falta de xesitón de espazos e de usos do monte". En definitiva, unha boa política de prevención que agora non existe. "É algo estrutural, un problema de falta de boa xestión dos montes que, ademais, afecta especialmente a zonas protexidas, aínda que o caso das Fragas chame máis a atención por ser emblemático e por estar situado moi preto de zonas urbanas", engade Arto, que destaca que os principais investimentos realizados pola Xunta no parque natural desde o último incendio foron dedicados a paliar os danos ou a infraestruturas para o turismo, pero non á prevención. O Goberno galego dedicou a maior parte do investimento desde o incendio a paliar os danos, pero case nada á prevención "O principal é manter as condicións de diversidade do Parque, xestionalo ben e coidalo", insiste quen tamén critica a "enquistada" relación da Xunta cos veciños, case inexistente. Segundo Mónica Arto, non se lles proporciona a información que requiren nin se achegan os investimentos públicos que reclaman, nin dunha nin doutra administración. A Deputación, por exemplo, ten posto cartos públicos para sufragar un bus para os turistas, mentres os propietarios seguen a reclamar medios para manter o ecosistema e a multifuncionalidade do bosque. "Hai que facer un traballo de fondo para manter as características do espazo natural e cremos que se debe priorizar iso ao turismo". Porque, en definitiva, manter as especificidades do Parque Natural é tamén manter as visitas a un lugar que perde aos poucos a súa potencialidade. As Fragas foron declaradas Parque Natural en 1997 e ten unha superficie de máis de 9.000 hectáreas, case 3.500 de fraga, unhas 400 de masa de auga e o resto de pastos, matos e cultivos. Aquel incendio, que comezou nas primeiras horas da tarde do 31 de marzo, espallouse por boa parte do corazón do espazo e ameazou un bosque con 2 especies de árbores, así como numerosas especies de vertebrados, aves e mamíferos singulares. |
NOS_36559 | Disney nunca dá puntada sen fío. Eis a crítica do seu último filme. | ZOOTROPOLIS Zootopia(EUA 2016, 108 min.)Dirección: Byron Howard, Rich Moore e Jared BushGuión: Jared Bush e Phil JohnstonMúsica: Michael Giacchino SINOPSE A diminuta coello Judy Hopps entra no corpo de policía de Zootropolis. Moi pronto descobre que non é un traballo tan sinxelo como pensaba, sobre todo porque os seus compañeiros son mamíferos enormes e moito máis duros que ela. Para demostrar a a súa valía non lle quedará outra que traballar nun perigoso caso de desaparicións co raposo Nick Wilde, un tipo nada de fiar. CRÍTICA Nun mundo habitado por mamíferos antropomorfos todos os animais, carnívoros e máis herbívoros, coexisten en paz e harmonía desde hai décadas. Unha xigantesca urbe futurista chamada Zootropolis semella o lugar ideal para cumprir os soños de prosperidade e éxito. Judy Hopps, unha xoven coello de campo, consegue ser a primeira muller coello en entrar no corpo de policía da cidade. Con esta premisa Walt Disney Animation Studios tira de tópicos para crear unha historia de superación e amizade onde calquera pode chegar a ser o que se propoña, aproveitando, iso si, para transmitir unha mensaxe en contra dos prexuízos, o conformismo e o racismo. Resulta que neste mundo aparentemente "tan perfecto" os raposos son mirados con bastante receo alá por onde pasan, sobre todo co que respecta á policía Hopps que prefire disparar "o seu repelente de raposos" e logo se tal preguntar... En concreto tenlle animadversión a Nick Wilde, un raposo astuto e chanchulleiro que semella un parente lonxano daquel Robin Hood de debuxos creado en 1973. Nuns estados onde o racismo é tan pronunciado coma son nos USA non é difícil equiparar esta situación con certas noticias de abuso policial que saen día si e día tamén. Un punto a favor de Disney. O público obxectivo non debe superar os 10 anos, como moito... O malo de todo isto é que ao filme fáltalle chispa, esa chispa que lle podería dar de seguro Pixar e que, desta volta, non participa na produción inda que John Lasseter apareza metido nos títulos en calidade de produtor executivo. Pura formalidade fixo... Por mor disto o filme queda frouxo aparte de contar cun humor moi moi "branco", quizais demasiado. O público obxectivo non debe superar os 10 anos, como moito... Isto tampouco quere dicir en absoluto que os pais non poidan gozar tamén de Zootropolis, mais que nada porque a calidade técnica da animación é brutal e chea de detalles. Tampouco faltan homenaxes a O Padriño, Límite 48 horas, Breaking Bad así coma auto-homenaxes a filmes Disney. Todo moi ben conxuntado para que non haxa moito tempo para o aburrimento nin de cativos nin de maiores... Outra das "achegas Disney" habituais é que soen lanzar unha, nada sutil, carga de profundidade ideolóxica en todos os seus filmes para crear esa canteira de cativos alienados que xa tarden en pedir todo o que leve o logotipo Disney sen chistar e que sexan xente de proveito para que de maiores sigan comprando os seus produtos aos seus fillos/as. Neste caso, por exemplo, apúntase de forma velada a que: está mal piratear películas (o que o fai no filme é unha fea donicela...), hai que deixar o campo e ir á cidade para triunfar (o quid básico do filme) ou que debemos controlar os instintos (animais) para poder ser xente de ben... O tema do instinto xa o víramos en Madagascar, de Dreamworks Animation, mais Zootropolis vai máis na liña de que hai conter o instinto para ser bos cidadáns e patina onde Madagascar acerta de pleno. Con todo, Dinsey consegue unha entretida trama de "peli de colegas" onde a investigación vai de menos a máis e nada é o que parece. O mellor: a calidade de animación, o clímax final e o tópico sobre os funcionarios. O peor: a mensaxe moralizadora, a falla de ambición e unha gacela con voz de Shakira... |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.