ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_48124
Os feitos polos que terán que declarar, militantes do sindicato estudantil SEPC e da organización xuvenil Arran, aconteceron na manifestación da Diada en Mataró.
A Audiencia Nacional española chamou a declarar en calidade de imputados dous independentistas cataláns a quen considera responsábeis da queima dun retrato do Borbón durante unha manifestación da Diada en Barcelona. Os mozos son militantes do Sindicat d'estudiants dels Països Catalans de la Universitat de Girona (SdpcUdG) e da organización xuvenil Arran. Segundo o auto ditado polo xuíz Pablo Ruz, as dilixencias abríronse a petición da fiscalía do tribunal español e en relación á investigación encetada polos Mossos d'Esquadra o 12 de setembro polos feitos que terían acontecido un día antes nunha manifestación independentista en Mataró. A marcha, secundada por milleiros de persoas, estaba convocada por COS --Coordinadora Obrera Sindical--, CUP --Candidatura Unitat Popular-- e a propia Arran baixo o lema Independència, socialisme, feminisme. Di o xuíz Ruz que estes dous mozos foron identificados pola policía, quen lles apón o que podería constituír un delito de "inxurias á Coroa" por penduraren unha pancarta de catro metros de alto e dous de ancho coa imaxe do Borbón boca abaixo para despois prenderlle lume. O acto "foi aplaudido polo resto dos manifestantes", sempre segundo o auto da AN. "Unha maneira simbólica de representar que non somos españois" Perante a nova das dúas imputacións, Arran e a organización antirrepresiva Alerta Solidària emitiron un comunicado conxunto en que atribúen as dilixencias abertas contra os independentistas a "unha rémora do pasado franquista español" e vincúlanas coa "estratexia" que leva "moitos anos" seguindo o Estado español contra o independentismo catalán: "intentar, por todos os medios, acabar con nós". Acrecentan que a figura do monarca español "é gris, caduca, herdeira do franquismo e que non representa o conxunto do pobo catalán". Por tanto, defenden a queima pública do seu retrato como"unha maneira simbólica de representar que non somos españois e que veñen tempos de cambio". A solidariedade cos imputados chegou tamén do sindicato SdpcUdG, que defende nas redes sociais a acción de Mataró enfatizando que "os cataláns non temos rei". Tamén desde a Galiza houbo mostras solidarias, nomeadamente do movemento estudantil nacionalista: Comités, Liga e Agir condenaron a "represión" da AN española.
NOS_40506
Anos despois dos días de gloria do 'Súper Dépor' e do 'Euro Dépor', o 'Baby Dépor' colle a remuda e aspira a seguir facendo historia na Youth League.
Anos despois dos días de gloria do 'Súper Dépor' e do 'Euro Dépor', o 'Baby Dépor' colle a remuda e aspira a seguir facendo historia na Youth League. Deste modo, o equipo dirixido polo lendario Manuel Pablo recibe hoxe na Champions League da categoría xuvenil o Dinamo de Kiev ucraíno a partir das 19 horas, nun encontro no que os xogadores branquiazuis volverán contar cun apoio masivo por parte da afecció. Desde o club informaron de que con data de onte xa se despachara unha cifra superior aos 16.600 boletos, algo que, tal e como destacou o propio Manuel Pablo, "en anteriores eliminatorias en Riazor foi fundamental". O técnico canario contará para o choque desta tarde con practicamente todos os seus homes, incluídos aqueles que xa están plenamente inmersos na dinámica do primeiro equipo, casos de Noel, Mella ou Yeremay. A excepción será Trilli, pois logo da lesión de Víctor García o lateral dereito de 18 anos é o único ás ordes de Borja Jiménez, polo que se decidiu apartalo deste encontro. Cuestionado sobre as súas posibilidades de vitoria, Manuel Pablo puxo a venda antes que a ferida e anticipou que este "será un partido máis fechado que contra outros rivais". Non obstante, apostilou que o Dinamo "está en pretempada", polo que "está por ver o seu estado físico".
PRAZA_2662
Todos os membros do organismo encargado de velar polo cumprimento do código ético da Deputación abandonan os seus postos antes de pronunciárense, a instancias do PSdeG, sobre a denuncia de emprego por sexo contra o barón popular.
Medra a presión sobre José Manuel Baltar desde case todas partes, agás dende a cúpula do PP de Galicia. Apenas unhas horas despois de recibir de novo o amparo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que na sesión de control parlamentaria amparou de novo o barón ourensán ante a denuncia da muller que o acusa de ofrecerlle un posto de traballo a cambio de sexo, Baltar atopouse cun novo e elocuente obstáculo. O comité de ética da Deputación de Ourense, que el mesmo convertera en emblema da súa xestión, dimitiu en pleno mentres abordaba, precisamente, o propio caso Baltar. Este organismo estaba formado por catro membros que nunca tiveran que tratar ningún asunto específico -alén das súas reunións ordinarias-. Os seus compoñentes até este mércores eran Miguel González, en representación do Colexio de Avogados de Ourense, Jesús Branco, do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local, Enrique José Varela, representando á organización Transparencia Internacional, e Antonio González, designado para esta función pola Universidade de Vigo. A dimisión deste catro profesionais -o quinto membro, un funcionario da Deputación, abstívose neste asunto pola súa proximidade co presidente-, adiantada por Europa Press e confirmada por eles mesmos, prodúcese despois de comezar a abordar a denuncia de emprego por sexo a instancias do Grupo Provincial Socialista, e tras recibir por escrito a resposta de Baltar sobre o asunto. Os motivos concretos da dimisión quedaron reflectidos na acta da última reunión deste órgano, cuxos exmembros confían en que a propia Deputación faga pública. Se non o fai, non desbotan publicala eles mesmos. Os motivos da marcha ficaron reflectidos na acta, que os dimisionarios agardan que a Deputación fagan pública Tal e como se anunciou no momento da súa creación, as funcións deste Comité de Ética son "velar polo cumprimento do Código Ético e de Conduta da Deputación de Ourense", presentado por Baltar como unha das medidas estrela do seu mandato. Entre os preceptos desta norma figura que os cargos públicos da institución deben exercer a "exemplaridade" e, por ser o "espello en que se mira a cidadanía, deben eludir calquera acción ou omisión que poida prexudicar nin sequera minimamente a imaxe institucional da Deputación". Do mesmo xeito, o código estipula que os cargos políticos teñen que "promover a igualdade de mulleres e homes", "garantir un trato igual sen discriminación" en todos os seus actos e "asumir responsabilidades políticas ou xestoras" se cometen unha "mala ou equivocada decisión". "Tócalle dimitir a Baltar" Tras o anuncio da dimisión unánime non se fixeron esperar as reaccións en clave política. A primeira chegou desde NÓS, a candidatura na que participa o BNG nas eleccións xerais. A formación "esixe" que o ente provincial "publique" de inmediato a acta para "coñecer as razóns que levaron aos membros do comité a adoptar unha decisión que evita que o comité se pronuncie sobre un feito de extraordinaria gravidade". A Baltar, indican, "xa non lle quedan máis escapatorias políticas" e, mentres Feijóo "mira cara a outro lado", en Ourense "xa non queda ninguén máis por dimitir: tócalle dimitir a Baltar". "Unha ocasión excelente" para que Baltar "lisque" pode ser a sesión que a Deputación celebrará este venres, na que se debaterá unha moción na que o Bloque insta a que se cumpra a reprobación ao presidente, aprobada no anterior pleno, ao que o PP non acudiu. "Isto é un esperpento" "É lamentable que o comité de ética dimita antes que o presidente" Á espera de obter a acta para coñecer en detalle os motivos das dimisións, o voceiro socialista na Deputación, Ignacio Gómez, ve nos cesamentos "un esperpento máis" dentro dunha situación "politicamente insostible". "É moi curioso -di Gómez- e lamentable que o comité de ética dimita antes que o presidente", o mesmo que impulsou a creación deste órgano para presentarse "como adaíl da transparencia". Seguramente, indica o deputado do PSdeG, os membros do comité, "de acreditada experiencia profesional", estarán "moi arrepentidos de ter formado parte dun paripé, que é no que se converteu". Dende o punto de vista do PSdeG esta é unha mostra máis de que Baltar "ten que marchar para a casa" no canto de "seguir dicindo que isto ten que dirimirse nos estamentos xudiciais". "Se hai delitos ou non, xa o veremos", pero "politicamente, co seu propio silencio está dicindo que a súa actuación non foi correcta", tal e como amosan as gravacións publicadas por eldiario.es, lembra. Baltar, subliña, non pode seguir "condicionando a normalidade democrática da institución" e debera considerar que "no PP haberá xente capaz de presididir a Deputación con, como mínimo, máis dignidade ca el".
PRAZA_5202
Organizadores das Marchas da Dignidade denuncian a "criminalización" que o PP fai da protesta do 22M, anuncia querelas contra Cristina Cifuentes e cualifican de "invento e coartada policial" a vinculación dos altercados cun grupo terrorista. "Só o cre un imbécil", din.
Os organizadores das Marchas da Dignidade galegas denuncian "as mentiras" da delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, e do PP, así como o intento de criminalizar a exitosa manifestación que o pasado 22M asologou a capital do Estado de cidadáns de todos os territorios que reclamaron "pan, teito e traballo". Ante a continua vinculación que filtracións da Policía nos medios fan dos disturbios posteriores á mobilización con "radicais galegos" e incluso vinculados ao "grupo terrorista Resistencia Galega", os impulsores da columna galega cren que tan só son "unha coartada inventada sen fundamento ningún". "É un invento, un coello que sacan do chapeu que só pode crer un imbécil ou un ignorante", asegurou Manuel Caamaño, secretario xeral da CUT, un dos sindicatos organizadores da protesta. "O de Resistencia Galega é un invento que só cre un imbécil ou un ignorante; é unha coartada policial" O caso é que as portadas de grandes medios estatais continúan dedicando espazo a atestados policiais que atribuirían os altercados posteriores ás Marchas a uns 200 simpatizantes de Resistencia Galega ou incluso a unha "escisión" deste grupo. Teríanse trasladado "de maneira escalonada" a Madrid para evitar o control policial e serían herdeiros do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Entre os argumentos para vincular a violencia con estes "radicais" asegúrase que "a maioría dos detidos eran galegos" cando, en realidade, e segundo informacións xudiciais, tan só tres dos 24 arrestados naceran en Galicia. "Menten e é patético; como se pode seguir dicindo iso cando hai atestados xudiciais que o contradín?", pregúntase Manuel Caamaño, que se concentrou xunto a outros organizadores das Marchas fronte ao Parlamento, onde se desmarcaron de todo tipo de violencia, tamén da "estrutural". "Cando se repite un milleiro de veces a mesma imaxe ou a mesma información pode haber descerebrados que o crean, pero a xente con dignidade non o pode crer porque é inverosímil", insistiu, tras atribuír estas novas á "campaña de desprestixio" contra a mobilización. "A resistencia galega está aquí, nos traballadores, a mocidade, os estudantes e os que pasan fame" "A tesistencia galega está aquí, nos traballadores, a mocidade, os estudantes e os que pasan fame; esa é a verdadeira Resistencia Galega, o outro é unha coartada policial", insistiu Caamaño, que anunciou que os organizadores das Marchas presentarán unha querela contra Cristina Cifuentes. "Agora ameazan con denunciar aos organizadores... De que van? Os cazadores chorando porque os paxariños van detrás deles", engadiu, logo de censurar tamén o "desmesurado despregamento policial" que encheu a capital do Estado de antidisturbios o pasado sábado. Rafael Escudero, outro dos impulsores, asegura que a actuación da delegada do Goberno en Madrid segue os principios da propaganda nazi de Goebbels, "posiblemente porque os seus principios se parecen". Por outra banda, Emilio David Cao, un dos galegos detidos tras as Marchas, denunciou este martes o "pésimo trato" recibido pola Policía. O mozo, integrante de Estudantes sen Futuro no Carballiño, asegura que os arrestados foron tratados "como terroristas". "Criminalizáronnos, tratáronnos como auténticos delincuentes e cualificáronnos de independentistas extremistas", dixo tras asegurar que fora detido mentres se manifestaba "pacificamente".
NOS_39140
A Liga A constará de 18 competicións, por 14 da categoría B. Ambas poñerán o ramo o 27 e 28 de agosto, na Mariña, cos 'play-offs'.
A Liga galega de traiñeiras (LGT) vén completiña este ano, tanto en clubs participantes – sairán ao mar 23 embarcacións entre as 3 categorías- como en regatas, con 27 competicións oificiais. A LGT abrangue tres ligas: A, B e Feminina. Na primeira delas compiten 12 clubs, por 8 na B e tres na Feminina. As regatas arrancan o 18 de xuño no Grove e finalizan a fin de semana do 27 e 28 de agosto en Viveiro e Ribadeo, coa desputa dos 'play-offs' de ascenso e descenso. Entre ambas as dúas datas, máis de 30 regatas de traiñeiras para gozar, incluídas as non puntuábeis (como Teresa Herrera, un clásico do remo galego). Na Liga A compiten Meira, Amegrove, Mugardos, Ares Pobra, Coruxo, Vilaxoán, Perillo, Bueu, Mecos, Castropol e Chapela. Na B están as traiñeiras de Rianxo, Cesantes, Vila de Cangas, Mera, A Pobra, Cabo de Cruz, Narón e A Cabana-Ferrol. Na feminina: Cabo, Chapela e San Martiño.
NOS_12244
Yolanda Díaz, candidata de IU á Xunta, responsabiliza a Núñez Feijóo da perda de dereitos e prestacións d@s galeg@s
"Semella que remata o trienio maldito protagonizado polo señor dos recortes", vén de afirmar Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Izquierda Unida-Esquerda Unida e candidata á Xunta de Galiza por esta formación. Para Díaz "tantos recortes sobre tantísimos colectivos e persoas ten como resultado un acelerado crecemento da débeda pública ao punto de multiplicar por dous esta débeda non tres anos de mandato. Recortes, endebedamento e caciquismo marcarán unha presidencia fracasada por se ter posto ao servizo dos intereses do capital e contra o seu propio pobo". Para a executiva nacional de IU-EU, Feijóo é o áximo responsábel "do deterioro en dereitos fundamentais como a sanidade e a educación". A coalición califica ao presidente de "escravo dos dogmas neoliberais,que maltratou a educación, a sanidade e a dependencia sacrificadas no altar sanguinario do déficit público e as privatizacións, deixando facer no eido económico un destrutivo laissez-faire... que aparellou unha brutal destrución de emprego co seu correlato de pobreza e exclusión social. Todo elo desfacendo coa súa parálise aos sectores produtivos clave, dende o sector agrario ate o das enerxías renovables".
NOS_33012
A persoa dependente terá que afrontar o 90% dos gastos da súa atención. Os territorios recibirán 200 millóns menos. O Estado rebaixa a paga das familiares coidadoras no 15%, e perderán a Seguridade Social o 31 de agosto
"Non temos nada de que nos avergoñar. Podemos saír de aquí coa cabeza ben alta". Díxoo o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, o mesmo día en que o BOE --Boletín Oficial do Estado-- quitaba á luz a letra pequena dos recortes anunciados no Congreso e na rolda de prensa após o Consello de Ministros da sexta feira. Rajoy cargou contra "a herdanza" do Executivo anterior, do PSOE, e gabouse ao sinalar que el traballa "en beneficio dos que aplauden, dos que calan e incluso dos que protestan, sen atender a consideracións partidistas". Ese traballo "en beneficio" da cidadanía tradúcese, na práctica, nunha machetada aos dereitos sociais amparada nunha motivación ideolóxica. Así, após revisármos polo miúdo o disposto no BOE, a folla de ruta trazada desde Madrid para a Lei de Dependencia reduce as prestacións á nada: @ dependente pagará o 90% da súa atención, ao tomar en conta para os cálculos non só a renda, senón tamén o 5% do valor catastral da vivenda. Ademáis, o orzamento destinado ao nivel mínimo redúcese nun 13% respecto deste ano, polo que os territorios recibirán 200millóns de euros menos --menos orzamento para unhas comunidades que non poderán endebedárense--. Cabe lembrar un dato: na Galiza viven máis de 100.000 persoas en situación de dependencia. A lista de espera supera as 40.000 persoas, isto é, as que non cobran a axuda. Máis cifras: as pagas das coidadoras familiares rebáixase un 15%, e as traballadoras perderán a Seguridade Social porque o Goberno deixará de lles pagar a cotización a partir do 31 de agosto. Desde o 1 de setembro terá unha bonificación do 10%, e xa para o 2013 terá que afrontar a totalidade da cuota se quere seguir cotizando. Son 15.000 afectadas no noso país, a meirande parte mulleres.
PRAZA_6703
A aprovação da Lei Paz-Andrade, pela unanimidade dos deputados do Parlamento Autónomo da Galiza, representa uma mudança significativa na orientação da política linguística e na estratégia global da Comunidade Autónoma galega
A recente aprovação da lei 1/2014 de 24 de março, Lei Para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e Vínculos com a Lusofonia, ou Lei Paz-Andrade, pela unanimidade dos deputados do Parlamento Autónomo da Galiza, representa uma mudança significativa na orientação da política linguística e na estratégia global da Comunidade Autónoma galega, que precisa de concretização através de ações do governo e da imprescindível colaboração da sociedade. A Lei Paz-Andrade representa uma mudança significativa na orientação da política linguística e na estratégia global da Comunidade Autónoma galega Durante as últimas décadas, todo o esforço de relacionamento e aproximação linguística e cultural da Galiza em relação aos países de língua portuguesa foi realizado por personalidades e entidades da sociedade civil, em condições de escasso ou nulo apoio político. Estamos agora numa nova etapa em que essa experiência, esse caminho e discurso de integração no espaço lusófono é recolhido e legitimado institucionalmente, politicamente. A base deste êxito reside no trabalho do movimento lusófono galego, e mais recentemente nas mais de 17 000 assinaturas de cidadãos que apoiaram a Iniciativa Legislativa Popular Valentim Paz-Andrade. Apresentada com grande sucesso pelo porta-voz da Comissão Promotora da ILP, José Morell, foi aprovada pela unanimidade dos deputados para tramitação no Parlamento da Galiza, em 8 de março de 2013. Aceite o texto inicial, num segundo momento foi preciso chegar a um entendimento sobre a redação definitiva da lei. O governo e o grupo parlamentar do Partido Popular que o sustenta decidiu, em outubro de 2013, negociar o texto com os promotores da iniciativa em representação dos assinantes, da sociedade civil. Nesta negociação procurou-se recolher, quanto possível, as propostas dos grupos da oposição, PSdeG e AGE, apresentadas formalmente através de emendas ao texto originário, e do BNG. Também foi tido em conta o ponto de vista dos representantes de algumas instituições culturais tradicionalmente contrárias à lusofonia galega, de forma que não ficassem excluídas do acordo político. Desta forma, num processo de consultas e diálogo que se prolongou durante vários meses, a Comissão Promotora da Iniciativa Popular Valentim Paz-Andrade, com a colaboração ativa e discreta de todas as partes implicadas, logrou o mais amplo consenso possível, pondo de acordo o governo e os grupos da oposição numa unanimidade infrequente. A Comissão Promotora elaborou, durante o verão de 2013, um Parecer sobre as possíveis linhas de atuação a desenvolver na aplicação da lei A negociação converteu os promotores da lei Paz-Andrade e, em definitivo, as entidades lusófonas galegas, em interlocutoras de facto e cooperadoras necessárias na aplicação da Lei. A Comissão Promotora, com o apoio de personalidades da cultura e o assessoramento das associações lusófonas galegas, entre as quais a AGLP elaborou, durante o verão de 2013, um Parecer sobre as possíveis linhas de atuação a desenvolver na aplicação da lei. Foi apresentado pelo nosso colega Joám Evans Pim em outubro de 2013 na II Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua Portuguesa no Sistema Mundial, realizada na Universidade de Lisboa, e entregue ao governo galego e grupos do Parlamento Autónomo, recebendo uma excelente acolhida. O documento, disponível na Rede, inclui algumas das medidas que o governo autónomo poderia aplicar nos próximos tempos nas três áreas de intervenção dispostas na lei: a) Introdução do ensino do português no sistema escolar galego; b) Produção, intercâmbio e divulgação de produtos audiovisuais em português nas televisões e rádios da Galiza; c) Participação da Galiza em foros internacionais de língua portuguesa, como os da CPLP. A Lei, aprovada por unanimidade dos deputados em março de 2014, foi publicada no Diário Oficial da Galiza em 8 de abril e posteriormente no Boletim Oficial do Estado espanhol, entrando em vigor sem que o governo de Madrid tenha apresentado reparo algum ao seu conteúdo, o que constitui outra prova da abrangência do consenso que esta iniciativa tem gerado. É o único caso em que uma Comunidade Autónoma aprova uma lei para promover uma língua de um estado vizinho Do ponto de vista das políticas linguísticas no Estado espanhol, é o único caso em que uma Comunidade Autónoma aprova uma lei para promover uma língua de um estado vizinho que é, também, língua oficial em outros 8 estados geograficamente situados em todos os continentes. Contudo, dizer isto é ficar muito aquém da intenção do legislador e do significado do texto, pois a própria lei, no seu preâmbulo, reconhece a singular relação entre a variedade portuguesa e a variedade galega da língua comum, assinalando o facto de existir uma fácil "intercompreensão" entre os falantes de aquém e além Minho. Ficou estabelecida, deste modo, uma fórmula de compromisso aceitável por todas as partes que não acarreta mudanças na legislação vigorante, amparando a promoção da língua portuguesa nas "competências em línguas estrangeiras" da Comunidade Autónoma Galega. Aceite este princípio, com um consenso alargado a todas as forças políticas e administrações implicadas, estamos certos que este passo legal facilitará a criação de fórmulas institucionais para que o amplo abano de associações e instituições culturais e cívicas lusófonas da Galiza possam desenvolver em pleno todas as suas potencialidades, e a sociedade venha tirar proveito da nossa língua comum como instrumento eficaz de comunicação e vertebração nacional. Poderíamos dizer que, em termos gerais, os galegos não começam no grau zero, mas no nível intermédio. Dar aulas de português padrão na Galiza não é o mesmo que ministrar noutras latitudes linguísticas A situação faz virar a atenção para diversos reptos, dificuldades e carências que se abrem nesta altura. É preciso perceber adequadamente a relação da língua portuguesa com os cidadãos galegos. Atendendo à realidade social, sabemos que podem existir vários tipos de motivações para aprender o português padrão. Enquanto para alguns é adquirir conhecimentos da língua nacional da Galiza, que lhes permite usar o galego com plenitude, para outros será uma língua de relação instrumental, laboral ou cultural. Todos são legítimos e coexistem na nossa sociedade. Uma grande maioria se aproxima do português com um nível alto de compreensão prévia, por conhecimento da variedade galega. Poderíamos dizer que, em termos gerais, os galegos não começam no grau zero, mas no nível intermédio. Dar aulas de português padrão na Galiza não é o mesmo que ministrar noutras latitudes linguísticas. Os docentes conhecem este facto e são conscientes da necessidade de adaptar os manuais escolares ou criar uns novos, específicos, para os nossos estudantes. O período de políticas antilusófonas, desenvolvidas durante as últimas 3 décadas pelos sucessivos governos autónomos, criou uma rede de interesses que, nesta altura, manifesta uma evidente resistência à mudança Por outro lado, a ninguém escapa que o período de políticas antilusófonas, desenvolvidas durante as últimas 3 décadas pelos sucessivos governos autónomos, criou uma rede de interesses que, nesta altura, manifesta uma evidente resistência à mudança, resultando difícil de ultrapassar no curto prazo. Será preciso tê-lo em conta e fazer uma gestão apropriada desta questão. A necessidade de promover uma norma do português galego, ideia até agora restrita a poucas entidades, começará a ter em breve uma maior audiência pela força do desenvolvimento dos factos. Precisa-se entender que a norma galega se insere no português europeu e dentro dos critérios aprovados pelo Acordo Ortográfico de 1990, mas apresenta características próprias na pronúncia, léxico, algumas formas verbais e, em geral, uma maior proximidade do antigo galaico-português. A articulação de fórmulas para a participação galega nos foros internacionais da língua portuguesa leva consigo esta opção que, como oportunidade, se revela também de grande versatilidade discursiva, entre a unidade gráfica e o necessário reflexo de traços identitários da Galiza. A este respeito, cabe lembrar que a utilização do português padrão em foros internacionais é cada vez mais normal entre os representantes políticos eleitos, como se tem evidenciado no Parlamento Europeu, e não só. Em breve o Vocabulário Ortográfico Galego, em cuja elaboração está trabalhando uma comissão da AGLP sob a direção do académico Carlos Durão, com um número similar de entradas, virá completar o perfil lexicográfico galego A recente revisão, ampliação e adaptação do Dicionário Estraviz ao Acordo Ortográfico, primeiro dicionário galego da língua portuguesa, é mostra do empenho e bom fazer do seu autor, Isaac Alonso Estraviz, e da capacidade de colaboração entre entidades galegas (AGAL, AGLP e Fundação Meendinho) para contribuir de forma eficaz e atual a este património comum. Com 130 000 entradas é o maior dicionário produzido na Galiza, sendo atualizado diariamente. Em breve o Vocabulário Ortográfico Galego, em cuja elaboração está trabalhando uma comissão da AGLP sob a direção do académico Carlos Durão, com um número similar de entradas, virá completar o perfil lexicográfico galego. A mudança que se está a operar na Galiza, com a aprovação da lei Paz-Andrade, não pode deixar indiferentes as instituições da CPLP nem os governos representados. Especialmente Portugal, que tem, nesta altura, uma dupla responsabilidade. Os redatores da lei Paz-Andrade quiseram manter e consolidar um dos signos mais enraizados na tradição da cultura galega, assinalando Portugal como sócio preferente da Galiza. Um privilégio que, em ocasiões, não tem encontrado correspondência em determinados governos portugueses. São umas relações alicerçadas no intercâmbio cultural que, desde meados do século XIX se vem produzindo entre intelectuais galegos e portugueses, e que, no nosso entender, ninguém tem direito a dilapidar. Os redatores da lei Paz-Andrade quiseram manter e consolidar um dos signos mais enraizados na tradição da cultura galega, assinalando Portugal como sócio preferente da Galiza Vistos os factos e consideradas as condições atuais, podemos dizer que a posição galega no contexto da língua portuguesa foi representada até agora por entidades privadas, da sociedade civil e de cariz claramente reintegracionista, participando em numerosos eventos de âmbito cultural ou académico, estabelecendo relações perduráveis, criando iniciativas transfronteiriças, tecendo relações e amizades. O Parlamento aprovou uma lei que assume e legitima este longo percurso histórico. Em breve serão também outros atores, como o Governo Galego, a manter uma posição e um discurso institucional público em relação à língua portuguesa. Não é previsível que esta coincida com a da Academia Galega da Língua Portuguesa, pois aquele tem outros compromissos e atende outros critérios, menos técnicos, mais políticos. Contudo o interesse geral aponta para a necessidade de manter esta colaboração mútua, já solicitada e confirmada publicamente pelo Secretário-Geral de Política Linguística do governo autónomo, durante a sua intervenção no Seminário que sobre a Lei Paz-Andrade organizou a AGLP em Santiago de Compostela em 26 de junho de 2014. O grande repto que temos pela frente é manter a coordenação entre todos os atores galegos, o que reforçaria esta posição já conhecida e elaborada durante as últimas décadas por diversos agentes culturais, universitários e intelectuais galegos no espaço da língua portuguesa. A estratégia da Galiza no processo de aproximação da Lusofonia beneficia desta tradição consolidada, do facto fazer parte do território originário da língua comum, da sua localização geográfica, da longa tradição de país com vocação marítima e atlântica, das amplas redes tecidas pela emigração nos quatro cantos do mundo, da ausência de conotações históricas negativas no imaginário coletivo dos falantes de português, e de ser um espaço com um alto nível económico e de desenvolvimento humano próximo da média europeia, o que poderá resultar atraente para os países emergentes e em vias de desenvolvimento. A estratégia da Galiza no processo de aproximação da Lusofonia beneficia desta tradição consolidada A Galiza conta, portanto, com uma boa posição de partida, com vantagens claras que deverá saber maximizar, mesmo em relação a outros atores próximos, no desejável horizonte de um relacionamento triangular estável entre a Europa, América e África, sem esquecer Timor, Macau e os territórios de língua portuguesa da Ásia. (*) Comunicação ao XXII Colóquio da Lusofonia - Seia, Portugal - 29 setembro 2014
NOS_2478
O viceportavoz parlamentario do PSdeG, Pablo Arangüena, afeou esta sexta feira ao Partido Popular que a metade das súas 40 propostas de resolución no Debate sobre o estado da nación sexan peticións ao Goberno español. Cifrounas nun "400%" máis do que reclamaban ao Executivo estatal cando gobernaba Mariano Raxoi.
Na súa comparecencia no pleno do Debate do estado da nación para defender as propostas do PSdeG, o dirixente socialista afirmou que no debate de 2017, o "último" realizado durante o Goberno de Raxoi, o PP só presentou "cinco" propostas "reclamando cousas" ao Executivo estatal, unha cifra que "multiplicaron por catro" coa chegada de Pedro Sánchez á Moncloa. Fronte a iso, Arangüena presentou as 40 medidas defendidas polo PSdeG para "corrixir as carencias" dos 12 anos de Goberno de Alberto Núñez Feixoo, cuxo modelo definiu como o da "inercia" nunha Galiza que "se move a unha velocidade moito maior que en calquera outro momento" debido ao impacto da pandemia. "Rezar e botar culpas" "Hai que ser proactivo nunha época na que todo cambia", considerou o viceportavoz socialista, que describiu a política do Goberno galego como a de "rezar" e "botar culpas". "Rezar de cando en vez e botarlle a culpa sistemática ao Goberno estatal", dixo. "Rezar para que non fechen empresas, rezar para que se instalen novas e botarlle a culpa ao Goberno... En incendios, rezar para que chova e botarlle a culpa ao terrorismo incendiario", sostivo nunha intervención na que tamén se referiu aos datos demográficos da Galiza para asegurar que "non hai un anticonceptivo máis eficaz e potente que o PP da Galiza". Fronte a iso, en materia económica entre outras medidas, propuxo alcanzar un pacto pola industria, converter o Igape nun "verdadeiro instrumento de promoción económica" e acordar os proxectos que opten aos fondos europeos Next Generation para "pasar da carta aos reis meigos da Xunta á concreción". Ademais, propuxo alcanzar un novo modelo residencial e de coidados que "empece por non facer a vista gorda ás irregularidades do sector", reforzar a atención primaria após a pandemia e fortalecer a educación pública con máis profesorado, entre outras medidas. Unha proposta que acepta o PP tras chegaren a un acordo ambos os partidos. "Convido eu e pagas ti" Todo iso ante de considerar que "está moi ben" que Feixoo "anuncie a gratuidade das gardarías" pero cualificar de "tomadura de pelo" que despois "presenten unha proposta de resolución para pedirlle ao Estado que o financie". "Convido eu e pagas ti", criticou. Por último, despois de citar as medias en materia de medio ambiente, medio rural e administración pública, reivindicou o PSdeG como unha formación "federalista e galeguista" e propuxo avanzar en "autogoberno".
PRAZA_4944
O consumo de bens e servizos culturais descendeu un 16% en Galicia entre 2011 e 2012, segundo un informe que vén de facer público o Observatorio da Cultura Galega. Consulte o estudo no interior.
A crise, a redución de salarios, o desemprego... Os recortes no gasto chegan a todos lados e as familias galegas, obviamente, teñen que reducir tamén o que dedican aos bens e servizos culturais. Tanto que o seu consumo destes descendeu máis dun 15% entre 2011 e 2012, tal e como revela o informe Evolución do gasto cultural dos fogares galegos, que vén de ser feito público polo Observatorio da Cultura Galega. O consumo de bens e servizos culturais descendeu un 16% en Galicia entre 2011 e 2012 Quen leva a peor parte neste recorte son os libros. As familias gastaron 15,3 millóns menos dun ano a outro en libros (non de texto) e dentro dos recortes xerais da cidadanía, case un 27% menos. A análise do Obsevatorio abrangue a evolucion do consumo cultural nos últimos anos no Estado e en Galicia e destaca que "o consumo global en bens e servizos culturais diminuíu de xeito significativo tanto no conxunto de España coma en Galicia". De feito, o retroceso aínda foi maior en España, alcanzando o 19,9% fronte ao 15,9% do país no mesmo periodo. Os fogares galegos gastaron 60 euros anuais menos de media en cultura por mor da crise Así, durante o ano 2012 os fogares galegos gastaron case 60 euros menos de media nestes bens e servizos culturais que inclúen libros non de texto, prensa, espectáculos, equipamentos audiovisuais e informáticos, instrumentos musicais e outros servizos. No conxunto do Estado, o gasto nas casas foi 90 euros menor. O 44% dos gastos en bens e servizos culturais teñen que ver con equipos e accesorios audiovisuais de tratamento de información e Internet, tanto en Galicia como no Estado. Ademais, destaca que os galegos gastan de media seis euros máis que o conxunto dos españois en libros e publicacións periódicas, pero 7,5 menos que a media estatal na asistencia a espectáculos. Porén, é o gasto en libros e publicacións periódicas -sobre todo nos primeiros- o que máis se reduce, ao caer en Galicia un 27%. En canto ás publicacións periódicas, aínda que o gasto total diminuíu moito con respecto a 2010, en 2012 a redución do gasto non é moi importante en Galicia (menos de dous millóns menos), aínda que si é moi apreciable no conxunto de España, onde se gastaron 238 millóns de euros menos. O informe tamén destaca que conxunto de gasto experimentou unha baixada progresiva en todas as partidas, especialmente en vivenda auga e electricidade, saúde e ensino. Poren, dende 2008, a partida de cultura é das que experimentou un descenso maior (-21%), só por detrás dos transportes (-30%).
PRAZA_10038
"Respecto e valoro o traballo doutras forzas progresistas, pero o mellor é que o bloque progresista estea encabezado polo PSdeG", responde Gonzalo Caballero á pregunta pola unión da esquerda tras as municipais
"Respecto e valoro o traballo doutras forzas progresistas, pero o mellor é que o bloque progresista estea encabezado polo PSdeG", responde Gonzalo Caballero á pregunta pola unión da esquerda tras as municipaisO Banquete de Conxo foi unha comida de confraternización entre obreiros e estudantes que en 1856 supuxo toda unha alteración para a Compostela máis conservadora e que esta fin de semana está a ser celebrado na cidade con distintos eventos. Este domingo, durante un paseo electoral por Santiago coa ministra de Economía, Nadia Calviño, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, foi preguntado pola disposición dos socialistas galegos a reproducir aquela unión de forzas nos concellos galegos tras as eleccións municipais do 26M. "Respecto e valoro o traballo doutras forzas progresistas, pero o mellor é que o bloque progresista estea encabezado polo PSdeG", foi a súa resposta, eludindo comprometer ningún pacto de investidura ou goberno. O PSdeG convocou este domingo aos medios de comunicación a un paseo que Caballero, Calviño e os candidatos ás alcaldías da comarca de Compostela deron pola Alameda da cidade e que presentaron como o agradecemento á ministra, nacida na Coruña, pola súa implicación cos socialistas galegos na pasada campaña das xerais e como lanzamento da inminente campaña das municipais. As súas declaracións aos medios tiveron que interromperse un par de veces pola música dun pasarrúas con gaiteiros e personaxes de época que participaban na festa conmemorativa do Banquete de Conxo, e sobre a unión de forzas antirreaccionarias que foi aquel evento foi preguntado Caballero, ao que se inqueriu sobre posibles pactos tras as municipais. Os socialistas esperan que a ola de voto ao PSOE das xerais se manteña nas municipais e lles permita liderar a esquerda fronte ás mareas locaisCaballero, acompado polo aspirante socialista a recuperar a alcaldía de Santiago, o ex-rexedor Xosé Sánchez Bugallo, moi belixerante co goberno local de Compostela Aberta, insistiu en que o esforzo do seu partido está "centrado en mobilizar os votos progresistas para que respalden as candidaturas do PSdeG", que presentou como unha "alianza" para que os galegos freen ás dereitas, especialmente "para frear a un PP que vai retroceder nas sete cidades galegas". Caballero amosou o seu respecto polo resto de forzas progresistas, pero evitou pronunciarse sobre posibles acordos con elas e evidenciou a esperanza dos socialistas galegos de verse impulsados pola ola de votos activada pola vitoria de Sánchez nas xerais para recuperar o liderado na esquerda da Galicia urbana fronte ás mareas que se fixeran con el hai catro anos e que agora aspiran a centrar o debate no local para non verse superadas por esa tendencia estatal. Os socialistas, veu evidenciar Caballero, queren ser os primeiros para, segundo sexan os resultados, poder elixir o menú nos posibles banquetes de Conxo que organice a esquerda tras as municipais. A mobilización do voto progresista en favor do PSdeG fora salientada previamente pola ministra Calviño, que dixo estar convencida de que se manterá tamén nas eleccións municipais. Unha Calviño que nas súas declaracións, falando da comarca de Compostela, trabucouse e falou da "provincia de Santiago", o que provocou un comentario dun optimista Bugallo: "O da provincia de Santiago foi un feito histórico, vai saber o que pode pasar tras as eleccións".
NOS_8598
Reclama que o diñeiro investido en alcol para unha festa d@s socialistas se devolva ás arcas públicas, que se depuren responsabilidades e que se estabeleza "con toda nitidez" en que se poden gastar os cartos que reciben os grupos municipais
O grupo municipal do BNG optou finalmente por non apoiar a moción presentada polo PP para reprobar o alcalde de Ourense, Agustín Fernández (PSdG), após as facturas dun gasto en alcol para unha festa d@s socialistas que non chega aos cen euros, mais que foi pagado co diñeiro que o Concello desembolsa para garantir o funcionamento das formacións políticas que fan parte da corporación. A formación nacionalista rexeitou sumarse a esta moción de censura encuberta do PP, pois @s conservador@s estaban a negociar xa apoios de cara á alcaldía, mais fixaron tres condicións: que o diñeiro se devolva ás arcas públicas, que se depuren responsabilidades dentro do grupo socialista e que se estabeleza "con toda nitidez" en que se poden gastar os cartos que reciben os grupos municipais. Nun tenso debate que durou por volta de dúas horas, tampouco o PSdG apoiou a reprobación do rexedor. Por tanto, unicamente recibiu os votos a favor d@s 11 edís do PP e d@s dúas de Democracia Ourensana. As dúas formacións cargaron contra o mal uso que o PSdG outorga ao diñeiro que recibe do Concello. Porén, o PP empregou 10.690 euros en "gastos de representación", é dicir, paparotas entre el@s propi@s ou ágapes coa veciñanza na procura dun apoio político; e Democracia Ourensana destinou a súa asignación, por volta de 17.000 euros, a pagamentos a Auria TV, a canle de televisión privada do seu líder, Gonzalo Pérez Jácome.
NOS_43494
Ecoloxistas en Acción denuncian a situación das augas da comarca da Limia e esixen á Xunta da Galiza que a declare Zona Vulnerábel aos Nitratos.
Ecoloxistas en Acción demanda á Xunta da Galiza que declare a comarca da Limia como Zona Vulnerábel aos Nitratos (ZNV) e estabeleza unha moratoria á concesión de autorizacións gandeiras intensivas. A organización insta o Goberno galego a que non conceda máis autorizacións para novas macrogranxas nin ampliacións das existentes debido a que na chaira limiá "hai un aumento significativo dos niveis de nutrientes –especialmente fósforo– e da asfixia dos ecosistemas acuáticos", aseguran. Segundo os datos recollidos polas estacións da rede Integrada de Calidade das Augas e do Sistema Automático de Información de Calidade das Augas, a química na chaira limiá "non é aceptábel de acordo coas directrices marcadas en distintas normativas europeas", sinalan desde a organización. Os resultados oficiais da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sobre os niveis de nitratos disoltos nas augas subterráneas indican que, nalgúns puntos da mostraxe, alcanzouse unha concentración "escandalosa de nitratos, 174 mg/l, tres veces e media por enriba do límite legal para augas potábeis", denuncian. Xa no ano 2015 a Comisión Europea abriu unha investigación contra o Estado español polo incumprimento das súas obrigas na protección das augas contra a contaminación producida por nitratos utilizados na agricultura, destacando o descenso dos puntos de control de augas e detectando puntos de control de augas superficiais en estado trófico, é dicir, que a auga é eutrófica ou hipertrófica. Este estado resulta preocupante xa que a eutrofización supón que ante un anómalo aumento de nutrientes se produza unha proliferación descontrolada da salgas que deriva na creación de cianobacterias, creando unha capa na superficie da auga que impide o paso da luz solar e da fotosíntese por debaixo delas, coa conseguinte asfixia dos ecosistemas acuáticos. Ademais, esta bacteria provoca graves afeccións tanto nos seres humanos como nos animais. Por iso Ecoloxistas en Acción denuncia que, "a pesar das distintas mostraxes e analíticas evidenciadas por varias fontes, incluíndo o CISC, o Goberno galego non ten designada a comarca da Limia como ZVN e, máis grave se cabe, na parte ourensá da conca do río Limia, hai un Parque Natural, dúas Zonas de Especial Protección, a Reserva Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e dous Lugares Propostos de Importancia Comunitaria competencia da Xunta da Galiza".
NOS_38027
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, participan no ciclo 'Boas prácticas' organizado pola Federación Iberoamericana de Urbanistas.
O premiado modelo de cidade de Pontevedra será exposto esta cuarta feira (11 de febreiro) en Barcelona no marco do ciclo de charlas organizado pola Federación Iberoamericana de Urbanistas. Baixo o epígrafe 'Pontevedra, unha cidade modelo' o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, explicarán o modelo urbanístico desenvolvido nos últimos 20 anos e que foi recoñecido internacionalmente como un modelo a imitar pola súa sostibilidade. A intervención será retransmitida en streaming nesta ligazón.
NOS_11583
Apenas quedan catro meses para que comece o Ano Xacobeo 2021, o primeiro após 11 anos de agarda, e o sector turístico vinculado ao Camiño non ten claro que vai suceder. O coronavirus mantén a tensión nos negocios.
A pouco máis de catro meses para que chegue un Xacobeo polo que se leva agardando 11 anos, o Camiño de Santiago (ou os múltiples camiños) xa non son o que viñan sendo. Aínda que facer unha ruta que cruza, en gran parte, por paraxes desertos parece seguro, o certo é que o volume de peregrinos baixou bastante. Recoñéceno nalgúns albergues. Dá igual a dirección que se elixa, a preocupación destes negocios está aí. Segundo camiñantes consultadas, a elección está agora nos estabelecementos privados –moita xente evita as hospedaxes públicas dependentes da Administración por se hai masificacións–, mais hai unha certa intranquilidade que non anima a todo o mundo que tiña pensado a botarse á terra e ao asfalto para escoitar aquilo de "Bo Camiño" ao seu paso. No Francés, por exemplo, hai albergues que revelan que non hai demasiado movemento. A responsábel dun deles subliña, ademais, que xa non acepta tanta xente no aloxamento como antes porque tamén ten medo. Mesmo se queixa de ter que avisar a algunhas e algúns camiñantes de que non beban cos beizos pegados ao cano da súa fonte. Hai ganas de traballar pola comarca, é preciso aproveitar para unha certa recuperación económica, pero tamén hai temor aos gromos. Noutro aloxamento cara a Compostela, no municipio de Nigrán, amosan máis preocupación porque as contas non saen. Mentres que na capital galega se nota unha afluencia de xente cargada cos macutos, a sensación non é a mesma cara a Portugal. Arredor do Obradoiro danse cita as e os usuarios de todos os camiños pero dentro deses itinerarios a afluencia é pequena e esparexida. Ademais, hai moitos albergues a repartir un pastel que quedou reducido. "Eu abrín en 2018 e estaría contento cun ano normal como 2019 pero neste non hai movemento", di o dono do negocio de Nigrán. Os resultados tamén veñen dados polo tipo de cuartos que se ofrecen. Neste caso só se fan reservas a grupos grandes porque hai unha soa estancia con "11 camas". Peregrinos que veñen desde Tui recoñecen que buscaron con antelación e que elixiron lugares que estaban practicamente baleiros.
PRAZA_2363
Compostela acollerá o 29 e 30 de outubro o maior evento de tecnoloxías abertas e empresas, a LibreCon 2015, con representantes de compañías punteiras e tres grandes eixos temáticos: automoción, Internet das Cousas e educación. Falamos con Xavier Castaño, presidente de AGASOL
A vindeira semana Compostela acollerá o maior evento de tecnoloxías abertas e negocio, a LibreCon 2015, organizada por AGASOL, ASOLIF e Cluster TIC Galicia. O evento, que terá lugar os días 29 e 30 de outubro na Cidade da Cultura, chega á súa quinta edición, co obxectivo fundamental de impulsar o negocio e crear emprego en todos os sectores da sociedade a través das tecnoloxías libres, a innovación e o emprendemento. Polo encontro pasarán representantes de grandes empresas, como Canonical, Intel ou Microsoft, e amosaranse casos de éxito no aproveitamento das posibilidades que abre o software libre. Haberá tres grandes eixos temáticos: automoción, internet das cousas e educación, buscando demostrar que as tecnoloxías libres ofrecen solucións en calquera sector. Cunha participación total de 1.500 profesionais e unhas 600 empresas, espérase superar as 500 reunións de negocio que se levaron a cabo na edición 2014, celebrada en Bilbao. Ademais, entregaranse os premios Clúster TIC Galicia e haberá mesmo unha sesión (Librekids) para os máis pequenos e pequenas. Falamos con Xavier Castaño, presidente de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre). "No evento tratamos de xuntar os conceptos negocios e software libre" -di- "O obxectivo é atraer empresas, pero non só empresas TIC, senón tamén doutros sectores. O fundamental é que compañías e profesionais que na actualidade non están traballando co software libre se acheguen e comproben que estas tecnoloxías si lles poden proporcionar servizos e solucións para a súa actividade; que se decaten de que é un ámbito en auxe, no que empresas punteiras están realizando investimentos moi importantes". Automoción Os tres eixos temáticos incidirán neste obxectivo. Quérese poñer de manifesto o uso que xa se está a facer na industria da automoción, e as oportunidades que se abren. Por Compostela pasará Roberto Zompi, xerente de Enxeñaría Avanzada na multinacional de compoñentes e sistemas de alta tecnoloxía para o automóbil Magneti Marelli, pertencente ao Grupo Fiat Chrysler. Zompi é tamén vicepresidente de Genivi Alliance, un consorcio de varias multinacionais que promove a aplicación de software de código aberto na automoción, de cara a crear unha plataforma común que aforre custes e coa que, posteriormente, cada empresa poida traballar para ofrecer aplicacións de entretemento nos vehículos. Nesta mesma liña temática, haberá outras intervencións, coma a de Tin Hang Liu, de OSVehicle, unha plataforma open source para coches eléctricos que xa foi cualificada por moitos coma o "Arduino para vehículos" ou o "Android para vehículos eléctricos". "Dada a importancia en Galicia do sector da automoción e os movementos que está habendo ao redor do software libre, pensamos que este debía ser un aspecto central da LibreCon", destaca Castaño. "Se o noso obxectivo é xerar negocio neste campo, que mellor que tratar de xuntar as empresas galegas de automoción coas empresas galegas de software libre", di. Pola súa banda, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e director de Desenvolvemento de Negocio de R, sinala que "a participación de Roberto Zompi garante un debate do máximo nivel nun eido de tanta relevancia económica como é a aplicación das tecnoloxías abertas ao sector do Automóbil". Internet das cousas "Dada a importancia en Galicia do sector da automoción e os movementos que está habendo ao redor do software libre, pensamos que este debía ser un aspecto central da LibreCon" Outra das liñas fundamentais da LibreCon 2015 xira ao redor da Internet das Cousas e ás aplicacións na electrónica de consumo. Destaca a intervención de Victor Tuson Palau, vicepresidente de Canonical, a empresa que está detrás de Ubuntu; Palau é responsable dos proxectos para a aplicación deste sistema operativo de código aberto aos dispositivos móbiles. Tamén falarán Dominig Ar Foll (Intel) ou José Ángel Fernández (Microsoft). "Ultimamente estamos escoitando falar moito das smart cities ou das smart home; o internet das cousas está sendo central no mundo da tecnoloxía, tamén en Galicia", destaca Xavier Castaño. "Conseguimos que viñeran representantes de empresas moi importantes do sector, que á súa vez foron quen de atraer outras compañías clave, como Telefónica ou IBM", di. "Un dos obxectivos era tentar escapar de que o evento fose exclusivamente tecnolóxico ou exclusivamente dirixido a profesionais e empresas do sector TIC e entusiastas do software libre", explica. "Veremos casos de éxito próximos, de empresas galegas, o que permitirá abrir moitas portas e dar a coñecer todas as oportunidades que se abren", di. Por exemplo, unha das conferencias -"El internet de las vacas", a cargo de Fernando Calle (ASPGems)- afondará en todas as utilidades posibles do software libre das que unha empresa de gandaría se pode beneficiar. Neste caso, a súa empresa desenvolve produtos que monitorizan os animais en tempo real, o que permite predicir enfermidades, partos ou calquera anomalía. Educación "Veremos casos de éxito próximos, de empresas galegas, o que permitirá abrir moitas portas e dar a coñecer todas as oportunidades que se abren" O terceiro grande eixo temático é o da educación, un campo no que dende hai tempo se están aplicando diversas aplicacións que empregan tecnoloxías libres. "A presenza da educación na LibreCon era case obrigada", sinala Castaño, "dado o gran número de proxectos educativos que se están levando a cabo con software libre, e o peso que neles teñen as empresas galegas do sector, representadas en AGASOL". María José Rodriguez Malmierca (CESGA) falará por exemplo do Proxecto RuralSchoolCloud, que explora as potencialidades da computación cloud e o software libre para mellorar a forma de traballar, colaborar, ensinar e aprender nas pequenas escolas rurais. Falarase tamén de Edupunk, de "Transdisciplinariedade na educación: tecnoloxía, ciencia, estética e prototipado" (Beka Iglesias) ou da "Escola como hacklab" (Mikel Arbiza). A LibreCon busca atraer distintos perfís e públicos obxectivos, por unha banda as propias empresas TIC e que ofrecen servizos de software libre, "pero tamén e moi especialmente os responsables de informática de empresas doutros sectores", destaca Xavier Castaño. É igualmente destacable o interese que pode espertar "no estudantado ou as persoas novas que remataron as súas carreiras e están interesadas en coñecer as oportunidades de negocio existentes no software libre e as súas aplicacións", di. E, en xeral, a todas as persoas interesadas polas tecnoloxías abertas e polos novos camiños e posibilidades que crean. Unha grande oportunidade para o sector TIC galego "Cada vez hai máis empresas doutro tipo que utilizan ferramentas de software libre na súa actividade. Non forman parte estritamente do sector, pero demostran unha implantación cada vez máis xeral" "É unha oportunidade moi importante para o sector TIC galego", salienta Xavier Castaño, que subliña a experiencia consolidada das edicións anteriores da LibreCon e do feito de ter acollido Compostela nos últimos anos eventos coma a Libre Software world conference, celebrada en 2012, tamén na Cidade da Cultura. "A crise afectou estas empresas, coma a todos, pero as compañías que traballan para fóra de España puideron salvala mellor" -explica- "neste senso, unha das cousas que permite o software libre é ser quen de exportar servizos con máis facilidade; permíteche xerar coñecemento para competir a nivel mundial con outras empresas de igual a igual". Aínda así, recoñece, "as empresas galegas do sector notaron a crise, por suposto; moitas se cadra non ata o punto de ter que pechar, pero si que tiveron que compactar o seu tamaño para poder afrontar a situación". Con todo, a realidade das empresas galegas de software libre é a dun sector que foi "crecendo e consolidándose", pois en paralelo ás compañías que ofrecen servizos e produtos tecnolóxicos, "cada vez hai máis empresas doutro tipo que utilizan ferramentas de software libre na súa actividade". "Aínda que estas non forman parte estritamente do sector, si que demostran unha implantación cada vez máis xeral", conclúe. Premios Clúster TIC Galicia No marco da LibreCon entregaranse ademais os Premios Clúster TIC Galicia, que buscan recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información. Teñen cinco categorías (Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre) e o prazo para o envío de candidaturas está aínda aberto ata a medianoite deste xoves. Para cada categoría haberá tres finalistas e un comité avaliador escollerá as candidaturas gañadoras. O resultado final darase a coñecer o xoves 29 ás 19.30, nunha gala que se inclúe na programación da LibreCon. Web do LibreCon2015
PRAZA_8845
Para os adoradores do Mercado non hai tal problema. No seu mundo perfecto e chachipiruli, os axentes privados só se endebedan ata onde poden devolver o prestado, e os prestamistas só prestan cando están convencidos de que os prestatarios poden pagar. Pero o mundo real non é tan chupiguai e as cousas van por outros vieiros, como ben demostrou a crise do Este asiático de finais de século e como demostra a actual crise que padecemos: as débedas privadas rematan sendo nacionalizadas.
O préstamo é un acto económico mais de intercambio voluntario de bens, no que un dos actores –o prestamista- entrega cartos presentes a cambio da promesa doutro actor –o prestatario- de devolverlle cartos futuros. Os factores de risco da operación –o tempo e maila solvencia do debedor- están xa contemplados no tipo de rédito apalabrado. Nunha economía estable e dinámica case sempre o préstamo ten un final feliz, e só nunha porcentaxe moi baixa os debedores rematan incumprindo a súa promesa inicial. Cando este é o caso, -que a operación saia mal-, cabe sempre preguntarse onde estivo o fallo. Foi o prestamista quen non calibrou ben a solvencia presente e futura do prestatario? Ou, pola contra, foi o prestatario quen desbaldiu os cartos emprestados en viño, mulleres e cantigas nocturnas? Ou,- tamén cabe esa posibilidade-, que nin fora a culpa dun nin do outro, senón de factores externos e imponderables que empeceran a devolución do importe pactado. Unha vez a operación de préstamo saíu mal, debería existir a presunción de que o prestamista é tan culpable coma o prestatario Unha vez a operación de préstamo saíu mal, debería existir a presunción de que o prestamista é tan culpable coma o prestatario; aínda mais, xa que se supón que os prestamistas realizan unha esmiuzada e complexa análise de riscos e míranche ata a cor da roupa interior, é razoable e lóxico pensar que a meirande responsabilidade sexa deles. Pero importa algo saber o que fallou? Eu penso que importa, e moito. E sábeno ben os poderes establecidos, -que adoitan ser voceiros da parte acredora, cando non son eles propiamente acredores-, que non perden tempo en espallar o termo "crise da débeda" para explicar a situación actual. Se débeda e crédito son as dúas caras da moeda "préstamo", a santo de que "crise da débeda" e non "crise do crédito"? Para os adoradores do Mercado non hai tal problema. No seu mundo perfecto e chachipiruli, os axentes privados só se endebedan ata onde poden devolver o prestado, e os prestamistas só prestan cando están convencidos de que os prestatarios poden pagar Acaso xa están dando por certo e seguro que a culpa foi do prestatario, que o prestamista fixo un cálculo correcto da operación, pero o prestatario malgastou e viviu por riba das súas posiblidades? A linguaxe non é imparcial e inocente; se o fora, estariamos a falar de crise do préstamo, xa que engloba ámbalas súas partes, un crédito e unha débeda. Non é o mesmo dicir que o crédito é excesivo que o que é excesivo é o endebedamento. Á hora de buscar unha solución, esta vai depender de que focalizemos o problema nun ou no outro lado do préstamo. Se pensamos que o problema está no exceso de endebedamento, procuraremos poñerlles ós prestatarios mais atrancos para contraer as súas débedas; se pola contra opinamos que o problema é un crédito excesivo, buscaremos o xeito de fortalecer os incentivos necesarios para que os prestamistas actúen con mais dilixencia á hora de conceder créditos. Para os adoradores do Mercado non hai tal problema. No seu mundo perfecto e chachipiruli, os axentes privados só se endebedan ata onde poden devolver o prestado, e os prestamistas só prestan cando están convencidos de que os prestatarios poden pagar. E no esporádico caso de que xurda algún impagamento, o prestamista sufre as consecuencias (independentemente das accións contra o debedor que lle permita o marco legal). Pero o mundo real non é tan chupiguai e as cousas van por outros vieiros, como ben demostrou a crise do Este asiático de finais de século e como demostra a actual crise que padecemos: as débedas privadas rematan sendo nacionalizadas. Necesidade tras necesidade, engordan os pasivos do Estado aqueles mesmos que predican a súa anorexia. Os mesmos que aproveitan calquera descoido para malvender os activos públicos e así engordar os activos dalgún privado Os acólitos do neoliberalismo enchen a boca con grandes palabras (Individualismo, Liberdade, Responsabilidade…) e algún que outro refrán (O que a faga que a pague); pero se o acredor que quebra ten certo peso na economía, entón hai que botarlle unha man e, nun acto de puro cinismo, piden a berros e sen rubor o trasfego das perdas ó Estado, ou sexa, ó Colectivo. E se lle botas en cara a súa incongruencia sóltanche aquilo de que non son partidarios pero periga o sistema. Ou sexa, que non é por gusto, senón por necesidade. E así, necesidade tras necesidade, engordan os pasivos do Estado aqueles mesmos que predican a súa anorexia. Os mesmos que aproveitan calquera descoido para malvender os activos públicos e así engordar os activos dalgún privado.
NOS_27266
Abel Losada e Adrián Dios debaten sobre o modelo enerxético e unha tarifa propia para o país.
Sermos Galiza. O Goberno español está a ultimar unha suba da luz na Galiza polo canon eólico da Xunta. Hai apenas unhas semanas, Alberto Núñez Feijóo afirmaba que non se ía producir… Abel Losada. Hai unha auténtica perversión do sistema. Os impostos ambientais, de enerxía, como o eólico, etc… puxéronse en base á filosofía de quen contamina, paga. Agora, por unha decisión xudicial, que se toma sobre unha lei que está mal feita, ten que trasladar eses impostos a unha tarifa, ás persoas consumidoras. É dicir, non é quen contamina paga, senón que quen sofre a contaminación, paga. Iso non pode ser, a Xunta ten que posicionarse. Hai unha sentenza que hai que cumprir, mais o que hai que facer é modificar a lei para que asuma o que está asumido en todo o mundo desenvolvido: quen contamina, paga. Adrián Dios. Concordo, mais engado unha cuestión. Esa situación constata que si hai viabilidade técnica para que haxa diferentes tarifas por territorios, algo que o Goberno español negaba sistematicamente. Existen mecanismos legais a través dos cales hai territorios que por producir máis, pagan máis. Entón, non deberiamos procurar un mecanismo para que paguemos menos? Porque nós, Galiza, saímos perdendo. Hai viabilidade técnica para facelo, o que abre outro debate. Adrián Dios: «Unha tarifa galega, que beneficie as persoas e a nosa economía, é posíbel e viábel. Falta a decisión política» SG. O da tarifa eléctrica galega… Losada. Pode que soe un pouco tópico, mais no da tarifa eléctrica galega (TEG), unhas vanme e outras véñenme… É evidente que somos un territorio excedentario en enerxía eléctrica e o impacto ambiental é moi forte. Que acontece? Que hai outras comunidades que teñen unha situación máis favorábel para ter tarifa propia. Por exemplo, Estremadura, con produción nuclear e sen ningún gran consumidor industrial no seu territorio, que ten custos de distribución máis baixos que aquí, que é unha comunidade eminentemente excedentaria en enerxía… Conceptualmente eu entendo a TEG, somos excedentarios, hai uns custos de transporte… e o normal é que para os grandes consumidores, nomeadamente Madrid, debería estar penalizados o consumo, ou ben bonificada a produción dalgunha maneira. Mais o que me preocupa é que se iso se aplica ás 17 autonomías, Galiza fique nunha posición peor que cunha tarifa única, e especialmente se introducimos o custo de distribución interno na Galiza, coa dispersión da poboación. Hai que estudalo ben, non vaiamos ao final facer un mal negocio, que se abra esa espita da tarifa propia para todas as comunidades e resulte que non sexa tan clara a vantaxe para Galiza. Dios. Estremadura é a comunidade máis excedentaria. Éo porque lle chantaron alí as nucleares e como non consome apenas, ten un excedente moi grande. Galiza non vive nunha situación excedente de electricidade porque si, ou por unha central concreta, é excedentaria porque o seu territorio foi esquilmado baixo a lóxica de que Galiza debe producir electricidade para exportar, nomeadamente a Madrid -que importa 94% da electricidade que consome-. Para Galiza sempre vai ser favorábel unha tarifa propia. A respeito dos custos de distribución, na Galiza temos unha poboación dispersa, temos que pagar máis pola distribución. Eses custos foron sufragados cos impostos dos galegos para financiar os plans MEGA (Mellora Eléctrica de Galiza) da época Fraga. É dicir, que os galegos pagamos os custos de distribución cos nosos impostos; non foi o Estado español quen financiou esa rede de distribución. E por riba imos ter que volver pagar por ese concepto? Noutros territorios foron as empresas as que pagaron esas redes de distribución. Temos unha vantaxe, pois, que permitiría dúas cousas: que a xente pague menos pola súa tarifa da luz, e que as nosas empresas gañen competitividade. Losada. Non vou facer embaixador de Estremadura, mais unha central nuclear é un impacto moi grande. Pode soar frívolo, mais se me dan a escoller entre Almaraz e As Pontes, case que prefiro As Pontes. Dios. Iso abre outro debate, preferimos a nuclear ou o carbón? Eu creo que hai que superar iso é ir cara a outro modelo enerxético. Losada. Concordo, hai que procurar outro modelo enerxético. Dios. Estremadura é moi excedentaria. En gran medida porque non ten ningún gran consumidor. Aquí temos Alcoa. Na Galiza temos unha estrutura de produción onde exportamos 40%, 20% vai para Alcoa e o resto fica para Galiza. Polo tanto, se non tivésemos un monstro industrial de consumo eléctrico como Alcoa, seriamos unha grandísima potencia exportadora de electricidade, por riba de Estremadura. 60% da produción enerxética de Galiza vai para exportar ou para Alcoa. Isto responde a un modelo. A partir dos anos 50, introdúcense as tarifas eléctricas únicas para todo o Estado, o que responde a un modelo industrial do franquismo, que quería que a periferia producise electricidade para o centro. Nese esquema, nós estamos condenados a producir electricidade. Pasaron xa 60 anos e hai quen aposta en que isto continúe así. Debemos diferenciar tarifas eléctricas. En termos económicos, en economía de localización, producir enerxía ten que darche unha vantaxe competitiva. Losada. É evidente que Alcoa cando se instalou aquí procuraba iso. Dios. E posibelmente Citroën. Que fixo o goberno? Non lle interesaba iso e dixo, tarifas únicas para todo o Estado. E non esquezamos que ter 'tarifas rexionalizadas' é algo bastante común en Estados grandes. Alemaña, Colombia, Reino Unido… No Estado español cando hai que priorizar libre mercado ou Madrid, sempre se escolle Madrid. Losada. Estou de acordo en que tecnicamente unha tarifa propia é factíbel e que tela ou non é unha decisión política. Mais creo que temos que reflexionar como país se nos vai ir ben, que o balanzo sexa favorábel. É evidente que a regulación non esta ben feita: as grandes empresas eléctricas españolas teñen uns beneficios maiores que as empresas alemás, tendo a metade do mercado e cunhas rendas máis baixas. Habería que estudar o da tarifa eléctrica, estudar tamén outras fórmulas, como en Euskadi, que non é tanto unha tarifa territorial 'ad hoc', senón en segmentos de consumo. Dios. Unidade de mercado non significa unidade de prezos, unha laranxa custa máis aquí que en Andalucía, porque hai que transportala. Mais coa electricidade non é así. Pagamos o mesmo aquí, onde a producimos, que os que a consomen alá. Abel Losada «O que me preocupa é que se se aplica tarifas ás 17 autonomías, Galiza fque nunha posición peor que cunha tarifa única» Hai dous anos, os que defendiamos a TEG eramos uns frikis, dicíannos que non se podía facer nada diso. Mais vai o PP e fai unha lei que permite poñer un imposto para que na Galiza paguemos máis, e acto seguido pacta co PNV unha tarifa que se non é unha tarifa vasca parécese moito. O PP desmantelou o seu propio discurso sobre tarifas diferentes en virtude dun pacto co PNV para lograr o seu apoio aos orzamentos. SG. Ese pacto co PNV deu unha nova baza argumental na Galiza no debate sobre unha tarifa propia, algo que Feijóo desbotaba afirmando que "ningún español o entendería". Dios. Nestes momentos xa hai dúas tarifas en termos industriais: unha vasca e outra para o resto do Estado. Ademais, en termos impositivos, hai outras dúas tarifas: a que afecta a territorios como Galiza, Estremadura ou Catalunya, polos canons ambientais; e o resto. Perante isto, Núñez Feijóo mantén a súa posición de servilismo ante Madrid e a oposición fixo algo intelixente, tentar acadar unha posición de país, de Galiza. Creo que teriamos que facer como coa AP9, un acordo do Parlamento galego. Agora ben, non esquezamos que o lobby eléctrico está aí, e que son cinco empresas con moito poder e que vai tentar botar abaixo calquera tema que entenda que as vai prexudicar. Losada. Na cuestión da tarifa e o consumo doméstico, eu sempre prefiro ponderar en base á renda e non en función do territorio. Cando na TEG se fala de baixar as tarifas, e aínda que soe demagóxico… É realmente importante baixar a tarifa nos chalets das urbanizacións da Illa da Toxa? Eu prefiro unha política social de apoio para o consumo nas rendas baixas. Porque redistribúe en termos de riqueza, o outro non. Sanidade e educación son servizos universais, teñen que ser gratuítos independentemente da renda, é evidente. Mais neste tema? Dios. Fas unha analoxía que non é certa e na que fica o pouso de que o nacionalismo é para defender os intereses dos ricos. Losada. Non, o nacionalismo defende o territorio, mais no territorio hai ricos. Dios. Na Galiza temos a renda máis baixa do Estado, polo que a tarifa galega, territorialmente, é unha redistribución. E unha pregunta: os libros de texto terían que ser para todos os nenos ou só para familias humildes? Os libros de texto son un ben que entendo fundamental, por iso deben ser para todos. E a electricidade, que debe estar garantida para todo o mundo, quen máis ten, ten que pagar máis, pero vía impostos, non vía prezos, porque se non, non hai redistribución. Losada. No caso industrial téñoo claro, a tarifa é un factor de localización e competitividade moi importante. No das tarifas domésticas é distinto. Dios. A redistribución vía prezos sobre un ben básico acaba xerando desigualdades, cando podía subsanarse vía impositiva. Podería facerse se houber interese político. Legalmente é posíbel. Oligopolio e novo modelo enerxético SG. Coincidiades antes en falar da necesidade dun novo modelo enerxético… Dios. 41% da electricidade que se consumiu no Estado en 2016 foi renovábel. Hai posibilidade pois de ir cara á substitución de combustíbeis fósiles e de enerxía nuclear. No caso galego somos vangarda en produción renovábel: 50% da produción enerxética en Galiza é renovábel. A viabilidade está aí. Non é un problema de que sexa máis caro, senón que hai intereses en contra. Losada. Agás iluminados como o curmán de Rajoy ou Trump, todos temos claro que o camiño é o das renovábeis. A tendencia vai cara a un novo modelo, mesmo no PP o saben. Hai outro elemento importante, até o de agora paralizado, como é o do autoconsumo, que nunha estrutura demográfica como a galega pode ter moita importancia. Mais non esquezamos que Unesa [patronal das grandes empresas eléctricas] pesa moito e as grandes eléctricas teñen moito capital investido en nucleares, térmicas, etc… SG. O oligopolio eléctrico semella case que imposíbel de derrotar… Losada. Eu lembro de cativo, nos 60, que Barrié de la Maza era deus. Fenosa na Galiza era A Empresa. Nin Citroën, nin estaleiros; Fenosa. Era toda aquela simboloxía do progreso, a idea de que os encoros eran o futuro e daban emprego. Dios. En termos de emprego é interesante un dado: as renovábeis xeran moito máis emprego. Losada. E tamén en innovación, de fronteira tecnolóxica. Perdemos nestes nove anos a vantaxe relativa que tiñamos nas renovábeis. Dios. Hai mecanismos para intentar rachar con ese derrotismo perante o oligopolio. Por exemplo, o cooperativismo eléctrico. Na Galiza temos exemplos disto, aínda incipientes. Mais en Alemaña hai unha destas cooperativas que ten máis de 300 mil cooperativistas. É un paso para transformar o mercado eléctrico tradicional. O que non se pode soster é o modelo onde 45 millóns de consumidores dependan de cinco empresas. Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 250, publicado a 15 de xuño do 2017.
NOS_10229
O delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, non debe ter acceso nin as fotografías de imprensa nin a imaxes de televisión. Por iso nega que houbese cargas policiais esta segunda feira perante o portal de Aurelia. Segundo a versión, a actitude da policía foi só defensiva. "A policía só opuxo a forza dos seus corpos contra outros corpos, dixo, alén de enfatizar que non se empregaran medios antidisturbios. O despexo de Aurelia podería ter sido aprazado até a vindeira semana. Porén, Stop Desafiuzamentos non se fía e manterá as quendas. Aurelia só aceitaría mudarse a unha morada na contorna daquela na que vive.
[Última actualización 10.15 h.] Continúan concentradas unhas cincuenta persoas diante da casa de Aurelia. Desde STOP Desafiuzamentos aseguran que non se moverán posto que "todo segue igual e non temos ningunha garantía de que non pase nada". Moitos nervios e a sensación de que hoxe será un día importante polo que a Plataforma realizou un "chamamento á participación, precisamos que veña máis xente". [Última actualización 8:09] Na mellor tradición negacionista dos delegados do Goberno, Samuel Juárez nega as cargas policiais perante o portal de Aurelia, na liña do seu partido, que no Parlamento galego se opuxo a tramitar unha declaración institucional contra a desproporcionada actuación das forzas de seguridade do Estado, que mallaron en cidadáns que se concentraban perante o portal de Aurelia en solidariedade coa anciá e tamén en cargos públicos, entre eles o portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera. [Última actualización 21.44h] Stop Desafiuzamentos realizará quendas pola noite diante da casa de Aurelia após non ter resposta á petición que realizaron de ter unha declaración formal de parálise do desafiuzamento. Os sindicatos d@s Bombeiros da Generalitat expresaron o seu apoio á actuación d@s compañeiros da Coruña e anuncian que "só realizarán a apertura de vivendas en casos de emerxencia, como marca a lei". [Última actualiación 19.50h] Arestora o avogado de Aurelia reúnese coa familia Pereira. Segundo fontes consultadas por este medio a octoxenaria non aceptará unha solución distinta á de ficar na súa morada. Neste senso, membros da plataforma STOP Desafiuzamentos anunciaron após a leitura dun manifesto que ficarán de garda perante a porta da vivenda para impediren calquera intento de despexar a Aurelia Rey. Aliás aseguran que non se moverán até que exista unha declaración formal de parálise do desafiuzamento. [Última actualización 18.30h] Dereitos Civís vén de iniciar unha recollida de sinaturas na rede para exixir a demisión do delegado do Goberno español na Galiza por mor da carga policial para despexar a Aurelia Rey. Na exposición de motivos sinalan: "Porque na Constitución do Estado Español recoñécese que todo cidadán ten dereito a unha vivenda digna. O Delegado do Goberno, como representante do Estado na Galiza, lonxe de velar polo cumprimento dese dereito constitucional, organiza un inxente despregue policial para despexar a unha anciana da súa vivenda. Eses axentes chegaron a dar patadas, lanzar puñazos e nalgúns casos non levaban identificación". Pódese asinar aquí. Malia vir de ser pendurada na rede, esta petición de demisión xa reuniu varias ducias de apoios. [Última actualización 15.30h] Aurelia Rey non acepta a proposta da Xunta, concretada a través do Valedor do Pobo e Instituto Galego de Vivenda e Solo, de se trasladar a unha vivenda social e abandonar a casa onde mora desde 1979 e que xa anteriormente habitaban familiares seus. Así o confirman membros de STOP Desafiuzamentos. "Ela ten claro que quere seguir na casa onde fixo a súa vida", apuntan. Ducias de persoas seguen concentradas ás portas do piso de Aurelia Rey para evitar o desafiuzamento. Mesmo se están a fixar quendas de vixiancia para o que resta desta terza feira e para mañá. "Un muro de solidariedade de toda a xente para evitar a senrazón de botar á rúa unha muller de 85 anos", indican desde a plataforma. [Última actualización 14.45h] O BNG da Coruña exixe a comparecencia do ministro do Interior para que explique "por que razón" empregaron a forza os axentes desprazados até a Rúa Padre Feijóo. O portavoz municipal d@s nacionalistas, Xosé Manuel Carril denunciou a actuación da policía española na concentración que tivo lugar a pasada segunda feira ás portas da morada de Aurelia Rey. "Non é de recibo que vexamos como axentes da policía nacional utilizan a violencia cando se trata de situacións delicadas do ponto de vista humano", apuntou Carril quen tildou a actuación policial de "desprotección fronte aos abusos bancarios". Aliás, o grupo parlamentar do Bloque está a procurar unha "declaración institucional" no Pazo do Hórreo que condene a carga policial decorrida onte. PSdeG e AGE apoiaron a iniciativa nacionalista como así o amosaron após a Xunta de Portavoces que se realizou esta terza feira. No entanto, o voceiro popular, Pedro Puy rexeitou posicionarse perante unha realidade que di non coñecer con clareza e argüe que o contrario "non sería responsábel". Pola súa banda, desde Esquerda Unida veñen de amosar o seu apoio aos bombeiros que a pasada segunda feira se negaron a participar no despexo de Aurelia Rey. Neste senso aseguran que aplausan "o seu comportamento" e comprométense, din, a asumir "as súas consecuencias". [Última actualización 14.00h] Malia que STOP Desafiuzamentos continúa a valorar a proposta achegada desde as institucións --a partir da mediación do Valedor do Pobo-- membros da plataforma e as persoas manifestadas ás portas da Rúa Padre Feijóo exixen que a vivenda de urxencia en réxime de aluguer social que lle foi ofertada á octoxenaria se produza "por escrito" e de maneira "formal". Ao berro de "non nos fiamos" as máis de dúas centas persoas que se concentran desde onte perante a morada de Aurelia Rey amosaron o seu rexeitamento ao que até o de agora non constitúe máis que unha proposta verbal. O voceiro de STOP Desafiuzamento, Joaquín Díaz, amosouse aledado pola "participación das institucións" na procura dunha solución do conflito. Porén, o alcalde do Concello da Coruña, o popular Carlos Negreira, teimou esta terza feira en que a "o mellor é que [Aurelia] poida estar integrada nunha residencia" para persoas idosas. Segundo o rexedor coruñés "iso si, a portas abertas". Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo rachou co seu silenzo e pronunciouse a respeito do despexo de Aurelia. Neste senso, Feijóo asegurou que o executivo galego "non ten competencias" para desbotar unha sentenza xudicial; porén, engadiu que están a apoiar a procura dunha solución para que a octoxenaria teña "unha vivenda digna na que vivir". [Última actualización 13.12h] Membros da plataforma STOP Desafiuzamentos da Coruña desenvolven unha xuntanza con membros do Instituto de Vivenda e Solo á fin de que Aurelia poida acceder a unha morada en réxime de aluguer social. Segundo fontes consultadas por Sermos Galiza, o xulgado tería asegurado ao avogado de Aurelia Rey que a sentenza de desaloxo é firme e que non cabe pois, recurso ningún, aínda que o avogado da plataforma vén de interpor un recurso. O despexo de Aurelia desenvólvese de acordo coa lei aprobada polo executivo de José Luis Rodríguez Zapatero en que permitía o desafiuzamento daquelas persoas que se demorasen no pagamento do alugueiro até en dúas ocasións. Así pois, malia a que a inquilina depositou xa o diñeiro adebedado do mes de abril, a familia estaría amparada pola lexislación para a despexar. Neste senso, STOP Desafiuzamentos reuniuse coa familia Pereira --propietaria do inmóbel-- a fin de valorar a posibilidade de Aurelia permanecer na morada até que adopte unha decisión a respecto de se acepta ou non a proposta anunciada polo Valedor do Pobo. No entanto, segundo informan diversas fontes, os servizos de Asuntos Sociais do Concello da Coruña seguen a considerar o máis acaído que a octoxenaria se traslade a unha residencia para persoas idosas, unha opción rexeitada pola inquilina na conversa que onte mantivo con este medio. [Última actualización 12.20h ] Aurelia Rey e membros de STOP Desafiuzamentos manteñen arestora unha xuntanza no piso desta muller coruñesa. Reunión na que están a analizar, segundo membros da plataforma, a proposta do Valedor do Pobo de ofrecer a Aurelia unha vivenda social. "Estamos á espera de saber onde está, como é,... para poder ver o que facemos", afirma Joaquín Díaz. En todo caso, apuntan, e de aceptar a proposta, tamén pedirían "un prazo para poder facer o cambio desde o piso até esa vivenda". Apuntan, tamén, que a propia Aurelia é partidaria de estudar esa opción. "Di que mentres poida manter a súa liberdade, que valoremos". [Última actualización 11.40h ] Arestora centos de persoas continúan ás portas do edificio en que mora Aurelia para impediren que sexa desafiuzada após os acontecementos da pasada segunda feira. Segundo fontes consultadas por este medio, o avogado da octoxenaria atópase no xulgado na procura de evitar que sexa de novo fixada unha data de despexo. Coma xa informou Sermos Galiza onte, Aurelia adebedaba un mes de aluguer (abril) que xa foi depositado polo que o seu despexo non tería razón de ser. Aliás, apuntan desde a plataforma STOP Desafiuzamentos "contamos con que non a boten, ademais só ten dúas faltas" referíndose aos máis de cincuenta anos morando no mesmo piso da rúa Padre Feijóo (A Coruña). Neste senso, o asesor xurídico do Valedor do Pobo vén de anunciar que mediará no conflito e mesmo chegou a ofrecer unha vivenda social para Aurelia de ser finalmente desafiuzada, algo que procuran evitar as máis de dúas centas persoas que permanecen concentradas ás portas da vivenda. Onte, en entrevista con Sermos Galiza, amosábase tranquila e reprobaba especialmente o uso da violencia contra as e os cidadáns que a foron apoiar.
NOS_54496
O presidente español, contrario a que as autonomías e rexións europeas negocien a adquisición de vacinas.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reafirmou esta segunda feira a súa aposta pola "acción coordinada" da Unión Europea para conseguir vacinas contra o Covid-19 de forma centralizada, e criticou que as comunidades autónomas no estado español, ou os landër en Alemaña, poidan actuar neste sentido. "Onde vai un land (nome que se dá aos estados federais de Alemaña) ou unha autonomía sós, competindo con países de miles de millóns de persoas, á hora de acceder a unha vacina? Mellor xuntos, mellor unidos", defendeu o presidente, en relación ao debate que cada vez toma máis forza sobre a conveniencia ou non de que comunidades ou as rexións acudan ao mercado de vacinas pola súa conta. Paso que en Europa exploran diversos territorios, como Baviera ou Madrid. O fracaso da centralización das máscaras Nos primeiros temos da pandemia o Estado español apostou na centralización para a adquisición de diverso material sanitario e de protección, como as máscaras, fronte ao coronavirus. Unha aposta que o propio Executivo central tivo que reverter a prol das autonomías. A centralización da compra e da distribución dos equipos de protección básico do persoal sanitario agudizou os problemas de desabastecemento, polo que o Executivo estatal viuse obrigado a rectificar a decisión e volveu autorizar os Gobernos autonómicos a comprar o seu material desde o 19 de marzo. Vacinación Pedro Sánchez realizou estas afirmacións durante a inauguración do simposio económico ' Wake Up, Spain!', organizado polo diario El Español, na Casa de América, no que presentou as liñas xerais do plan de recuperación que o Goberno estatal aprobará e remitirá proximamente a Bruxelas para facer fronte á crise derivada da pandemia. Así mesmo, Sánchez garantiu que se vai cumprir o calendario que deseñou o Executivo para ter a finais de agosto ao 70% da poboación vacinada. "O Goberno está centrado ao 101% na vacinación e na recuperación", afirmou.
NOS_1097
A CIG afirma que gañou a primeira resolución neste sentido.
Os servizos xurídicos da CIG gañaron a primeira sentenza que recoñece a unha persoa que é funcionaria interina o dereito a acceder ao grao I da carreira administrativa por medio do réxime extraordinario publicado no DOG do 29 de marzo de 2019 nas mesmas condicións que se recollían para o persoal funcionario de carreira. Así o manifesta o sindicato a través dun comunicado, no que indica que os efectos da resolución xudicial teñen "carácter xeral" xa que "a sentenza declara nulo, por discriminatorio, o artigo 3 da orde pola que se publica o acordo da Xunta con CCOO e UGT de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira e do persoal laboral da Xunta". Esta sentenza, afirma a central, abre o camiño para que as reclamacións de recoñecemento da carreira administrativa do persoal funcionario interino, que a CIG recomendou para aquelas persoas que o acordo coa Xunta deixou excluídos dese dereito, se vexan recoñecidas.
NOS_46490
O complemento da pensión non contributiva para as persoas pensionistas con menos recursos será de 206 euros, mesma cantidade que en 2011, pese á alza dos prezos e a suba da factura da luz.
Pese á alza dos prezos e en plena onda de frío e coa factura da luz disparada, o Goberno galego resolveu manter conxelado o complemento das pensións non contributivas da Seguridade Social e doutras prestacións semellantes. O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, informou este 25 de novembro de que o Executivo galego aprobou manter en 206 euros o complemento que recibirán 37.000 pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciás e enfermas con incapacidade para o traballo, beneficiarias de axudas periódicas; e as persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos. Trátase dunha medida voluntaria, pois as comunidades autónomas non están obrigadas a tela. A orixe deste complemento dirixido a persoas con baixos recursos data de 2009, co impulso do daquela vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, no Goberno galego de PSdeG e BNG. Naquela altura, o complemento beneficiou con 200 euros máis de 50.000 persoas. Ese mesmo ano chegou Feixoo a San Caetano e do borrador de orzamentos da Xunta para 2010 desapareceron as partidas para o complemento da pensión. Logo, Feixoo rectificou e foi dando continuidade á medida anualmente, mais manténdoa practicamente intacta na súa contía. A pesar do incremento do IPC, o complemento da pensión só experimentou unha única suba, pasando de 200 a 206 euros en 2011. Desde entón, non volveu subir. Así, o complemento da pensión para 2022 será outra vez de 206 euros. A axuda ingresarase de oficio a todas as persoas que reúnan os requirimentos, sen necesidade de solicitala nin facer trámites. Conferencia de presidentes A xestión dos fondos europeos Next Generation, un plan para evitar o "colapso" na Atención Primaria, a reforma do sistema de financiamento autonómico, prezos xustos para o sector primario, garantías de servizos no rural e o reto demográfico son as prioridades que Feixoo marcou este 26 de novembro na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta de cara á Conferencia de Presidentes autonómicos prevista para o arranque de 2022. Así o trasladou ás portas da reunión preparatoria da cita que decorrerá na sexta feira e á que acudirá o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda. Axudas para a renovación de vehículos antigos Noutra orde de asuntos, o Consello da Xunta aprobou o II Plan estratéxico da Cidade da Cultura, que marcará a dirección a seguir no Gaiás nos próximos seis ano. Inclúe 70 accións e prevé un investimento de 30 millóns. Tamén se aprobaron as bases da convocatoria do programa Renove Automoción, con axudas que poden chegar até os 4.600 euros para a compra de vehículo novo a aqueles que teñan un coche de máis de 10 anos ou de cinco, no caso das furgonetas. O Executivo tamén aprobou un plan de promoción do turismo que se estenderá até 2023, dando continuidade á campaña 'Camiña a Galiza'. O novo programa, dotado de 7 millóns, vai destinado a reforzar o pulo turístico. Por último, o Consello da Xunta aprobou mobilizar 25 millóns en 2022 para "blindar a riqueza e os valores do patrimonio natural".
NOS_5081
Tal día coma hoxe de 1886 nacía en Rianxo o escritor e debuxante Afonso Daniel Rodríguez Castelao, recoñecido por reivindicar o dereito a existir da Galiza e o poder das xentes para cambiar a historia. Coincidindo coa súa data de nacemento, celebramos o Día da Ilustración, e aproveitamos a ocasión para conversar con algunhas ilustradoras actuais que dan conta do futuro desta profesión no país e da necesidade que temos dun maior apoio institucional ás artes. María Montes, Víctor Rivas, Luz Beloso, Nuria Díaz, e o grupo Polo Correo do Vento son unha boa mostra da variedade ilustrativa.
Actualmente, coas novas tecnoloxías invadindo as nosas vidas, adoita reivindicarse o papel que xoga o libro como obxecto para o futuro. Así, os libros ilustrados ou editados en formatos artísticos atópanse en voga, e autoras, editoras, e lectorado apostan por uns contidos que non pode ofrecer o dixital. Así mesmo, por todo o país xermolan proxectos que levan o deseño como marca propia e como identidade coa que facer fronte aos produtos industrializados e globalizados. Ilustrar tórnase, pois, nunha profesión de futuro que, con todo, non conta cos apoios institucionais nin sociais correspondentes, pasando as profesionais a librar unha batalla diaria pola supervivencia e pola busca de novos públicos. Neste Día da Ilustración, que coincide co 135 aniversario do nacemento de Castelao, preguntamos a varias profesionais que exercen este oficio desde a Galiza sobre o futuro da profesión, se resulta complexo vivir disto no país, como está o panorama e que saídas laborais se ofrecen, cal é o proceso de creación para un libro ou outros produtos e as causas de que decidisen dedicarse a este oficio. María Montes e o éxito de 'irmá paxaro' María Montes foi unha das triunfadoras da Gala do Libro Galego de 2020, debido a que Irmá paxaro (Cuarto de Inverno, 2019), con texto de Tamara Andrés e ilustracións dela, foi elixido o Mellor Libro Ilustrado por un xurado que o destacou pola harmonía entre o texto e as imaxes. Como ela mesma confesa, "ninguén me animou a dar o paso de estudar algo relacionado co artístico co pobre argumento de que tiña pouca saída laboral", polo que non foi ata o 2015, despois de ter traballado en Islandia, que se decidiu a matricularse na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, sen maiores pretensións que as de aprender a debuxar mellor e a bosquexar con máis calidade os debuxos que ela traballaba para si mesma. Unha vez alí descubriu a maxia desta profesión, e soubo que querería formar parte do mundo artístico, de xeito que o seu soño tornouse realidade. "É un sector que leva moitos anos en crise e os ilustradores e ilustradoras que viven só disto é porque atoparon o seu mercado no estranxeiro", di María Montes No estilo de Montes predominan as cores cálidas e os detalles, trazos que se poden observar noutro dos seus títulos ilustrados: A brétema, de María Victoria Moreno (Urco Editora, 2017). Esta ilustradora, que traballa nunha clínica veterinaria, considera que é difícil vivir da ilustración, pois "é un sector que leva moitos anos en crise e os ilustradores e ilustradoras que viven só disto é porque atoparon o seu mercado no estranxeiro, ou porque hai certa excelencia no seu traballo que fai que estean máis solicitados". Considera, pois, que "é unha carreira de fondo, na que hai que perseverar moito, aproveitar as redes como ferramenta e pensar noutras posibilidades como a autoedición". Iso si, "o que non podemos é traballar en condicións que nos prexudican como sector, como debuxar ou ilustrar gratis a cambio de visibilidade". A pesar deste panorama, Montes mostra esperanza, sobre todo porque hai moitas persoas creando produtos ilustrados de diferentes tipos, ao tempo que existe máis conciencia sobre a importancia de consumir localmente entre a cidadanía. E é que cada vez máis compradoras prefiren optar por adquirir unha camisola ou un caderno deseñado na Galiza que darlle os cartos a grandes marcas, cuxos ingresos non reverten no país. Inflúe o contexto da Covid-19, mais tamén o proceso de creación destes deseños, que funcionan case como exclusivos e nos que a creación propia ten moito que ver. No caso de Montes, por exemplo, as ilustracións adoitan nacer dun bosquexo en papel, case sempre feito "nun caderno onde anoto escritos, frases e debuxos rápidos e aos que logo acudo para recuperar ideas". Polo Correo do Vento O dúo conformado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada conforma Polo Correo do Vento, un proxecto no que se unen os contos coa ilustración, nun formato destinado á cativada, e que acolleu un grande éxito nos últimos tempos. Este suceso viuse refrendado pola posta en marcha da editorial Lela Edicións, cuxa principal colección ten que ver coa recuperación das voces das mulleres e a súa divulgación. Carlos Taboada é a metade que se dedica á ilustración, un oficio que confesa que "sempre me fascinou desde neno, como espectador e como artesán", de xeito que "comezas sendo lector de cómic e tamén debuxante nas marxes dos libros, ata que caes na conta de que esa paixón pódese converter no teu oficio". Sobre o futuro da profesión, el salienta que "é complicado, pero tes que ir buscando novos retos e defendendo o teu traballo continuamente, algo que pode ser motivador e desacougante a un tempo". No outro lado, aínda que con moita relación, atópase Enrique Mauricio, encargado dos textos, quen destaca que "é difícil vivir disto, igual ca en calquera profesión cultural, pero compensa polo amor que sentes cara ao que fas". Grazas a este amor pola cultura e por achegala á cativada, Taboada e Mauricio ofrecen contacontos ilustrados sobre diversas temáticas, mais cunha especial querenza polo patrimonio e a recuperación das vidas das mulleres silenciadas, como Filomena Dato, Matilde Bares ou Maruxa Mallo. "A ilustración é unha profesión precaria e pouco recoñecida, e continúan desvalorizándose as remuneracións nos libros e nos dereitos de autor", declara Nuria Díaz, Nuria Díaz e as postais personalizadas Amais do sector editorial, este mundo ten amplas saídas laborais, como a publicidade, a ilustración de produto, o téxtil, o deseño de personaxes, a animación… Precisamente esta idea é a que destaca Nuria Díaz, quen puxo imaxes a moitos títulos infantís galegos, como Pioneiras, de Anaír Rodríguez (Xerais, 2018), Lúa, de Pepablo Patiño (Edicións Embora, 2017), ou O castiñeiro do Apalpador, de Inacio Vilariño (Baía Edicións, 2018), entre outros. Sobre os seus inicios, Díaz confesa que "non foi unha decisión premeditada, pois cando era pequena nin sequera sabía que existía a profesión da ilustración". Tras rematar Belas Artes traballou en distintos estudios de deseño gráfico ata que no 2010 ficou no paro, o que a levou a ver as posibilidades do mundo da ilustración, "e logo de sementar moito, comezaron a chegar as primeiras encargas". Díaz, ao igual que as demais persoas entrevistadas para esta reportaxe, considera que "é extremadamente complicado vivir disto, pois a ilustración é unha profesión precaria e pouco recoñecida, e continúan desvalorizándose as remuneracións nos libros e nos dereitos de autor". Iso si, consciente de que o camiño é necesario abrilo, Nuria Díaz realiza ilustracións personalizadas para as persoas que as demandan, e coas que ten colleitado un abondoso recoñecemento, dado o seu estilo nostálxico e con aires literarios. Luz Beloso e a folla vermella A folla vermella é o título do último proxecto da ilustradora Luz Beloso e do escritor Miguel Ángel Alonso Diz, concebido como un álbum ilustrado para público adulto. Así o define Beloso, ilustradora que se namorou desta arte no 2011 e non deixou de formarse e aprender desde aquela. Profesora de plástica no ensino secundario, Beloso confesa que "a ilustración foi un camiño que atopei por casualidade e froito do azar, e supón para min unha fonte enorme de felicidade e ilusión cada día". Ela, que vive da docencia, confesa que exercer a ilustración a tempo completo é complexo e difícil, entre outras causas porque é preciso "reivindicar a importancia das artes no currículo académico", pois contan con moitas saídas laborais, como pode ser o mundo dos videoxogos, a mercadotecnia, as revistas, os libros etc. Luz Beloso é recoñecida polos seus traballos de ilustración na Galiza, e que ela divide en dúas liñas: dunha banda, os que veñen por encarga do autor ou autora e nos que ela tenta achegarse ao seu mundo para crear as imaxes; e doutra, aqueles que nacen conxuntamente cun escritor ou escritora, co que comparte todo o proceso e as eleccións, desde o formato, o papel de encadernación, a impresión, ou os tons e gamas cromáticas. Este último é, para ela, o máis interesante "pois fai o proceso moito máis emocionante". De entre os últimos títulos aos que puxo imaxes destacan A soidade das medusas, de Iria Collazo (Galaxia, 2017) e María Vinyals, un talento rebelde, de Isabel Blanco (Belagua, 2018). Víctor Rivas, vivir da arte é posible E desde o Maxisterio provén Víctor Rivas, un dos debuxantes actuais máis recoñecidos a nivel galego e internacional. "Eu sempre funcionei graficamente, desde cativo o meu mundo xiraba arredor do visual, vivía sempre fascinado polo deseño en xeral e coas ilustracións do libro Senda ou os debuxos de revistas como Hermano Lobo", recoñece o ilustrador vigués, que comezou nesta profesión alá polos anos 90, cando lles puxo as imaxes a varios libros de texto para a editorial Xerais, ao tempo que facía traballos de banda deseñada. Xa desde o ano 2004 dedícase case exclusivamente á ilustración, e polas súas mans pasaron títulos tan exitosos como Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas (Xerais, 2020), Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto (Xerais, 2019), O Bestiario Científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco, 2018), Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas (Xerais, 2016), ou Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014), da mesma autora. Rivas leva, pois, preto de 35 anos vivindo de ser debuxante e deseñador gráfico, algo que el relaciona con "moitísimo traballo, actualización constante, habilidade para mudar e adaptarse á demanda do mercado e das tecnoloxías, tesón, corrección no trato coa clientela e responsabilidade". En canto ás saídas laborais, o ilustrador salienta que "na actualidade non se valora moito economicamente o noso traballo; no mundo editorial non existe emprego para a nosa actividade, que é como autor, colaborador ou case provedor, polo que se queres buscar emprego hai que ir ao campo da produción audiovisual ou da animación". O mundo da ilustración atravesa, pois, tempos complexos pero tamén moi ricos a nivel de produción, o que debería reverter nunha maior consideración por parte da sociedade e nunha aposta clara e potente por parte das institucións Futuro, si ou non? O mundo da ilustración atravesa, pois, tempos complexos pero tamén moi ricos a nivel de produción, o que debería reverter nunha maior consideración por parte da sociedade e nunha aposta clara e potente por parte das institucións. As persoas entrevistadas coinciden en que as saídas laborais son múltiplas e variadas, aínda que cómpre moito traballo e unha reinvención constante. As artes e a cultura non deberían ser o elo último da cadea, senón que se terían que situar nun lugar privilexiado, pois é grazas a elas que se transforman as sociedades, se fomenta a liberdade individual e colectiva, e se reforzan as democracias. Así o deixan claro moitas artistas, caso da escritora de ciencia ficción Ursula K Le Guin, que dicía que "o coñecemento fainos libres, a arte fainos libres", ou o director de cinema David Lynch, que defendía que "a arte non cambia nada, a arte cámbiate a ti". Kalandraka: a ilustración e o libro – obxecto Na actualidade fálase moito do libro como obxecto, concibindo edicións coidadas e nas que a ilustración é fundamental. Quizais unha das editoriais que máis traballa o álbum ilustrado é Kalandraka, que conta con obras para público adulto, pero que lle concede un protagonismo especial á cativada. Conscientes de que os libros poden lanzar mensaxes, o catálogo da editora pontevedresa, combina títulos míticos da historia literaria, como as recentes traducións ao galego do clásico de Astrid Lindgren Pippi Mediaslongas, da man de David A. Álvarez, e as ilustracións de Ingrid Vang Nyman; ou outras propostas actuais coas que reflexionar sobre o medio ambiente, a amizade, ou a soidade, e que introducen valores para que as máis pequenas se conciencien arredor do mundo que habitan, como ocorre n'O lobo de area, con texto de Asa Lind e ilustracións de María Elina, ou n'O colar de bágoas, de Franca Perini e Anna Pedron.
NOS_39682
A central asegura que a Xunta lle vén negando a este colectivo "un dereito recoñecido ao resto de traballadoras e traballadores" desde hai 17 anos
CIG-Ensino vén de presentar unha demanda de conflito colectivo perante a sede do Social do TSXG --Tribunal Superior de Xustiza de Galiza-- en que denuncian que, desde hai 17 anos, o profesorado galego fica excluído das revisións médicas periódicas da saúde "recoñecido a todas as traballadoras e traballadores na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais". A central nacionalista responsabiliza á Consellería de Educación desta situación, sinalando que "como non podía ser doutra maneira, --a revisión médica-- élle ofrecida a todas as empregadas e empregados da Xunta de Galiza, incluído o persoal funcionario e laboral non docente, mais fican excluídos preto de 33.000 docentes" que desempeñan a súa función a cargo do Goberno galego. Segundo apunta CIG-Ensino, a exixencia de cobertura deste dereito foi transladada "en repetidas ocasións" ao departamento que dirixe Jesús Vázquez e mesmo ao Valedor do Pobo, onde o sindicato presentou unha reclamación no ano 2008 que foi respostada desde a Xunta sinalando "que estaba a avaliar os custos e a catalogar os riscos".Desde aquela pasaron tres anos "e Educación segue sen prestar a cobertura deste dereito", unha postura que a central nacionalista interpreta como "un trato discriminatorio" cara ao persoal docente que traballa para a Xunta de Galiza.
NOS_1767
A narrativa de Teresa Moure pasa por ser unha das máis relevantes para a literatura galega neste novo século, e ten a peculiaridade de selo desde as dúas posibilidades normativas abertas para a nosa lingua.
Tamén serve, por isto mesmo, como unha forma de medir as dificultades ás que se enfrontan as autoras que optaron por unha desas formas de escrita. Sopas New Campbell / Teresa Moure / Cuarto de Inverno / 2020 / 140 páxinas / 15 euros Que unha das escritoras máis populares da primeira década dos 2000 pasase case a unha especie de clandestinidade para minorías na segunda debera acender todas as alarmas editoriais e culturais do país. Polo menos, mentres esa situación non poida vincularse de forma clara co desenvolvemento da súa obra. Consideramos que non é o caso: desde pezas emblemáticas como a mastodóntica Ostrácia (Através, 2015) ou a recente Um elefante no armário (Através, 2017), seguimos a gozar dunha narradora valente e cunha visión rica e persoal do que é a literatura. E aínda que é certo que a análise completa do seu percorrido narrativo pode deixarnos o rastro dunha certa irregularidade, cada nova obra segue a ser unha oportunidade para asomarnos a un proxecto como poucos na nosa lingua. Sopas New Campbell inaugura a colección para persoas adultas dunha editora nova como Cuarto de Inverno. Ironicamente faino cunha peza que forma parte dunha sorte de macrotexto que atopa lazos tanto coa anterior novela da autora como coa plaquette Não tenho culpa de viver (Chan da Pólvora, 2017), asinada por un dos personaxes desta, Ana Brouwer, e onde Teresa Moure aparece como simple tradutora. Esta concepción da literatura como un elemento complexo, non reducíbel ao que está contido nas capas dun libro, senón coa capacidade potencial de alterar a realidade ou, cando menos, a nosa percepción dela, forma parte do mellor e máis arriscado do proxecto da autora. Temos en Sopas New Campbell a presenza dalgúns vellos personaxes de Um elefante no armário, así como a presenza dos paquidermos como unha sorte de simboloxía da culpa persoal, capaces de acomodarse para invadir os armarios e as vidas das persoas. A obra céntrase na relación de animadversión da protagonista con estes animais e de distintos aspectos da súa relación social. O máis relevante, porén, pode ser a perspectiva coa que Moure deixa sinalados os conflitos e os espazos de transición que estes amosan. Cuestións como a relación entre o individual e o colectivo, os problemas éticos da alimentación carnívora ou a propia diferenza entre realidade e imaxinación aparecen no fondo dunha novela orixinal e ben artellada, máis áxil tamén que as súas precedentes.
NOS_17409
Nos Peares, na fronteira entre Lugo e Ourense, está a xestarse un proxecto de inmersión lingüística. Ao galego? Non, ao inglés. Feijóo amosouse encantado coa iniciativa e sinalou que podería estar rematada antes do final desta lexislatura.
O presidente da Xunta animou a aprendermos inglés de non querer que nos pase como a el e acabar tendo un "serio problema en formación". Admitiu que non puidera participar no congreso mundial de ortodoncistas que se está a celebrar en Santiago por ser o inglés o único idioma admitido.Feijóo quixo así subliñar a importancia do inglés no ensino público. Fíxoo no almorzo coloquio organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección e Deloitte, baixo o título "Galicia na saída da crise. Investimento e confianza no futuro". Foi alí onde adiantou que antes do final desta lexislatura Galiza podería contar cun "pobo" no que se fixese inmersión á lingua de Shakespeare. Fontes de Fenosa Wild, filial de enerxías renovábeis de Gas Natural Fenosa confirmaron que se estaba a referir ao proxecto que a compañía está a levar a cabo nunha área de 30.000 metros cadrados nos Peares que estará centrado na inmersión lingüística ao inglés. A inauguración do que xa se etiquetou como "o pobo inglés" está prevista para inicios de 2013. A iniciativa, que quere levar a cabo a rehabilitación da área e a conversión das vivendas en aulas, correspóndese cun dos proxectos industrais de Gas Natural Fenosa ligados ao concurso eólico.Fontes da compañía estimaron que o proxecto, dotado con 8 millóns de euros, podería xerar entre 50 e 60 postos de traballo directos e estimaron en até 25.000 as alumnas e alumnos que podrían pasar polas súas aulas.Feijóo tamén tivo verbas para o galego. Cualificou así de "erro cultural e económico" non contar coa lingua propia dada a súa ligazón co mundo da lusofonía e cunha economía emerxente como a de Brasil.
NOS_21878
Comparecencia do líder de Anova perante a imprensa. "Nunca dou por desbotado que os seres humanos son quen de rectificar", dixo sobre Feijóo. Beiras atacou a Francisco Rodríguez polo artigo que Sermos Galiza publica hoxe na sección de Opinión.
Na mesma semana en que o seu grupo parlamentar votou co PP a redución do número de propostas que se poden formular no debate do estado da nación, Beiras fixo unha reflexión sobre as hipóteses que existen de que Feijóo opere algún tipo de mudanza no seu comportamento. Interpelado pola imprensa a respeito das súa espectativas perante o debate, dixo: "Tampouco me fago moitas ilusións de o señor Núñez [por Feijóo] facer algo distinto do que leva facendo toda a lexislatura, que é eludir todo ou mentir a espuertas. Pero xa veremos". Beiras dixo que Feijóo aínda ten a oportunidade "de variar de comportamento". O líder de Anova enroscouse sobre si mesmo cunha alambicada sentenza final a este respeito: "Eu nunca dou por desbotado que os seres humanos son capaces de rectificar, aínda que algúns parece que non e entón efectivamente, e non só o señor Núñez, acaban contradecindo a súa condición de seres humanos". Tamén foi inquirido verbo do artigo de Francisco Rodríguez "Sofismas, chambonadas e deserción" aparecido hoxe na sección de opinión de Sermos Galiza. A este respeito, Beiras fixo un cántico á unidade da oposición e dixo que quen "pretende rompela" traballa para o PP. No artigo de referencia, Francisco Rodríguez en ningún momento se refire ao traballo da oposición no Parlamento galego, senón á congruencia que desde o ponto de vista do nacionalismo ten integrarse nunha candidatura ao Parlamento europeu liderada por unha forza política -IU- que ten o seu centro de decisión en Madrid.
NOS_17873
Permaneceu fugado durante a meirande parte do percorrido.
Protagonismo galego na cuarta etapa da Volta Ciclista a España, que uniu as localidades do Burgo de Osma e Molina de Aragón. Apenas tivo lugar a saída lanzada do percorrido de 163 quilómetros, Joan Bou (Euskatel Euskadi) e os corredores do Burgos Ángel Madrazo e o limiao Carlos Canal protagonizaron unha longa escapada que chegou a ter tres minutos de vantaxe sobre o pelotón, pero que foi neutralizada a tan só 15 quilómetros da liña de meta. Suárez e Marque brillan en Eslovenia e Portugal Canal ten apenas 20 anos, 21 menos que Gustavo César Veloso, que correu a súa derradeira Volta a Portugal na que, se ben non puido finalizar nas posicións de provilexio, exerceu como gregario de auténtico luxo para o seu compatriota Álex Marque. O estradés finalizou a clasificación xeral no terceiro posto, un gran resultado co agridoce sabor de rematar a só 1.23 minutos do liderado nunha proba que homenaxeou un Veloso que marcha "feliz de formar parte da historia dunha gran carreira como é a Volta a Portugal". A case 3.000 quilómetros de alí, en Maribor (Eslovenia), o rider vigués Ángel Suárez foi quen de meterse entre os 10 mellores na Copa do Mundo de DHI. Clasificado en noveno lugar na xeral -e a só 1,7 segundos da quinta posición-, o ciclista do Commençal 21 retornou do mellor modo posíbel á competición logo dunha parada a causa duns problemas físicos que lle obrigaron a desistir de defender o seu título de campión de España. Peor sorte correu o tamén galego Pablo Rodríguez, que abandonou no Campionato de Europa de XCO de Novi Sad (Serbia).
NOS_49917
Pide rebaixa de pena para Bárcenas e mantena, entre outros, para Pablo Crespo, ex-secretario de Organización do PP galego (85 anos de cárcere)
Fiscalía Anticorrupción elevou esta segunda feira a definitivas as súas peticións de penas para 37 acusados da trama Gürtel. Destaca a rebaixa de 3 anos de prisión para o ex-tesoureiro do PP Luis Bárcenas ao eliminar a súa acusación por un delito contra a Facenda Pública. Para Francisco Correa mantén a petición de 125 anos de prisión. Por outra banda, retirou os delitos contra a Facenda Pública dos que se acusaba o ex-conselleiro madrileño Alberto López Viejo. Mais mantén a petición de que o PP sexa multado con 245.492 euros e a ex-ministra de Sanidade Ana Mato con 28.000 euros ao ser partícipes a título lucrativo. Rebaixa aos arrepentidos Aliás, a Fiscalía rebaixou a petición de pena para os tres acusados que confesaron os feitos no xuízo, o empresario Jacobo Gordonk, o ex-edil de Pozuelo de Alarcón, Roberto Fernández e o construtor García Pozuelo. A fiscal mantén as peticións de pena para o resto de acusados, entre os que destacan Pablo Crespo, 85 anos e 6 meses; que foi secretario de Organización do PP de Galiza e número 2 da rede. Álvaro Pérez Alonso "O Bigotes" (5 anos e dos meses). Igualmente para os ex-alcaldes das localidades madrileñas de Majadahonda Guillermo Ortega (50 anos e 10 meses) e Pozuelo de Alarcón Jesús Sepúlveda (15 anos e 4 meses), este último ex-marido da ex-ministra de Sanidade Ana Mato.
PRAZA_19902
Solicitar "o remate definitivo das intervencións bélicas e a apertura de vías de diálogo…" agocha unha serie de efectos secundarios que moitas veces o solicitante esquece: Terá en conta na súa solicitude a profundidade e as implicacións desa "paz"? Que significaría, por exemplo, o remate das intervencións bélicas, no caso do Goberno Sirio?
Nos últimos tempos, non deixan de agromar iniciativas políticas (especialmente tras a polémica dos ataques químicos, cuxa autoría a día de hoxe é descoñecida) que esixen "o remate definitivo das intervencións bélicas e a apertura de vías de diálogo e de entendemento entre as partes en conflito co obxecto de atopar unha solución negociada, xusta e duradeira para toda a nación" en Siria. Non é que eu, personalmente, dubide das boas intencións ou do compromiso dos grupos progresistas que presentan estas iniciativas en sedes parlamentarias como Deputacións, cuxas competencias -xa cuestionables de por si- se limitan ao apoio aos Concellos das provincias, pero a nivel político, o que contan son os feitos máis que as intencións. E aínda que tanto as intencións como as palabras que acompañan estas iniciativas sexan boas, e que realmente a paz ten que ser o obxectivo final, solicitar "o remate definitivo das intervencións bélicas e a apertura de vías de diálogo…" agocha unha serie de efectos secundarios que moitas veces o solicitante esquece: Terá en conta na súa solicitude a profundidade e as implicacións desa "paz"? Que significaría, por exemplo, o remate das intervencións bélicas, no caso do Goberno Sirio? EEUU e Europa levan máis dos seis anos que xa dura o conflito presionando para que Al Asad deixe o poder e, de feito, de non ser polas relacións deste último con Rusia, EEUU xa tería posto un títere en Siria a base de bombazos, como fixo en Iraq, para ter acceso libre aos gaseoductos e oleoductos de entrada ao Mediterráneo desde o Golfo Pérsico que pasan polo territorio que ocupan tanto Iraq como Siria. É de xustiza dicir que, se non fora pola axuda económica aos grupos insurrectos de Siria por parte dos Estados Unidos e polos ataques de Turquía, socio da OTAN, na fronteira con Siria aos combatentes kurdos que se enfrontan ao Estado Islámico, a realidade hoxe sería ben distinta. De facto, os que se enfrontan a cara descuberta, en primeira liña da fronte e impiden o avance do Daesh, son tanto os peshmergas kurdos coma o Exército sirio, que aínda hai menos de 24 horas liberou os pobos de Massasneh, Zor Hissah e Zor Tibeh das mans de Al Nusra, na fronte da gobernación de Hama, actualmente xa controlada ao 80 % polo Goberno. Que suporía pois, desarmar a esta xente? Unha caída inevitable de Al Asad que lle entregaría as chaves de Siria ao ISIS. Hai que lembrar que o diálogo entre o Goberno e os chamados "rebeldes" xa existe: Tal e como comunicou o ministro de Exteriores de Kazajstán, a próxima reunión entre as partes implicadas no conflito celébrarase na capital do seu país, Astaná, nos días 3 e 4 de maio. Pero, como manter ese diálogo con atentados diarios e inxerencias continuas de superpotencias militares sobre un Estado soberano como é Siria? Por todo o expresado, parecería máis eficaz e axustado á realidade, ademáis de obviamente condenar o uso de armamento químico en calquera circunstancia, esixir ao Goberno de España en sede parlamentaria a adopción dunha postura na ONU na cal se esixa a fin inmediata das relacións comerciais e de financiamento entre os Estados membros e os países que financian directamente aos grupos ISIS e Al Nusra -véxase Arabia Saudita-, que o único que fan é prolongar tanto o conflito como a lista de civís asasinados. En 2012, a empresa estatal Defex multiplicou por 3 os seus beneficios, realizando vendas por valor de 95 millóns de euros e, en 2013, o principal cliente de España (a través de Defex) en material militar, foi precisamente Arabia Saudita, un país que a pesar das súas últimas manobras de marketing, alimenta directamente o conflicto en Siria. En definitiva, pedir a paz no mundo é moi sinxelo e está ao alcance de practicamente calquera persoa. Pero os partidos que teñen responsabilidades na vida política, sexa cal sexa a súa escala, son os que deben ir un paso máis aló e tomar decisións que realmente poidan cambiar o mundo a mellor. Se non financiamos aos amigos do yihadismo, os yihadistas non terán infraestrutura, non terán loxística, non terán armamento, non terán propaganda..., ergo non seguirán crecendo. Non podemos, como fai Estados Unidos, bombardear por un lado e financiar infraestrutura e arsenal militar por outro.
NOS_20615
"Entre testemuño e testemuño a plano fixo, o documental aposta por unha constante realización cinemática mestura de códigos narrativos cinematográficos, cambios de planos, 'flash backs', recreacións ficcionadas ou vídeos caseiros".
DEVOLVENDO O GOLPE (Galiza 2021, 68 min.) Dirección e guión: Carlos Prado Pampín CRÍTICA Hai historias que merecen ser contadas. A de Aarón "Thunder" González é unha delas. De estar en cadeira de rodas gran parte da súa infancia a campión de boxeo na categoría de peso welter. Mais os combates de Devolvendo o golpe non se desenrolan dentro do cuadrilátero, que tamén, senón fóra. Despois de ser atropelado, Aarón esperta no hospital con múltiples roturas nas pernas. A súa nai, Rosa, debe loitar para que os médicos non llas amputen. Cando Aarón volve a casa, o seu irmán pequeno ten que facer as roles de irmán maior para coidalo. E cando pode volver ao colexio, sufre acoso escolar por ir en cadeira de rodas. Logo intenta recuperar o seu soño de ser futbolista (do Depor, concretamente). Con moito esforzo e afouteza consegue ir recuperando forza e musculatura nas pernas pero é o boxeo a súa táboa de salvación. Grazas este deporte, Aarón consegue recuperarse tanto física como mentalmente chegando a ser penta-campión galego e tri-campión estatal. Unha historia de superación tan incríbel que ben podería ser un deses filmes lacrimóxenos con grandes interpretacións e numerosas estrelas de Hollywood, pero non... Foi Carlos Prado Pampín (Marín, 1982) quen se adiantou con este documental, segundo na súa carreira após Homes de xeo: galegos na Antártida (2017), dando voz tanto ao propio Aarón como ao seu entorno, sobre todo, a súa nai Rosa, un piar fundamental na vida do boxeador marinense. Entre testemuño e testemuño a plano fixo, o documental aposta por unha constante realización cinemática mestura de códigos narrativos cinematográficos, cambios de planos, flash backs, recreacións ficcionadas ou vídeos caseiros. Moita atención ao brillante deseño de son de Christian Fernández, os planos aéreos a vista de dron ou o adestramento en plan training montage. Pero quizais o mellor, xunto coa propia historia e a desenlace final, son eses instantes de pura maxia e autenticidade que Carlos Prado Pampín logra captar nas conversas e no seguimento dos protagonistas, en especial con Rosa Diz, unha gran muller e todo un exemplo de loita que daría tamén para un documental centrado nela. Devolvendo o golpe é unha abraiante historia arredor do boxeo, dunha nai e dun neno inválido que conseguiu ser un campión, en sentido literal, cando se fixo maior. Non o logrou por ter as cousas doadas na vida, senón precisamente por todo o contrario porque, como di Rosa: "cando a vida te golpea, ou te afundes... ou tiras para arriba". Aarón tirou para arriba. A súa historia merecía ser contada.
NOS_1625
Ana Pontón participou na presentación da Asemblea Aberta que a organización nacionalista realizará en Santiago o 18 de setembro, dentro da rolda de reunións que o BNG convoca en todo o país.
Co lema "Construíndo Futuro", o BNG está a desenvolver un proceso de diálogo a medio de asembleas abertas e participativas que visan fortalecer o proxecto nacionalista. Para a deputada Ana Pontón en especial neste momento de crise é "vital que Galiza exista como suxeito político e para iso é necesario incrementar a conciencia nacional e os problemas do noso país". Persoas de movementos sociais, veciñais e culturais están convidadas e anunciaron a súa participación no proceso. "Hai que darlle unha resposta forte aos ataques e recortes sociais dos últimos anos que abranguen tanto o dereito dos pobos a decidir como os dereitos sociais", sinalou a parlamentaria. Comeza a perfilarse o calendario de asembleas abertas promovidas polo BNG: 18-S en Santiago, 12-S en Paderne, 13-S en Sarria e 20-S en Cangas A responsábel local de Compostela, Lucía Vázquez sinalou que a convocatoria está aberta a·todas as persoas "preocupadas neste momento pola situación do país, polo retroceso en dereitos democráticos e pola necesidade de construír unha asemblea para fortalecer o proxecto nacionalista en Galiza". Ao seu ver, a "capacidade para decidir" é fundamental diante dun "centralismo que é a causa que impide que os sectores produtivos contribúan a crear emprego e provoca a intolerancia dende o punto de vista lingüístico e cultural". A de Compostela terá lugar a vindeira quinta feira 18 de setembro ás 20:00 horas na facultade de Filosofía, na praza de Mazarelos. En Paderne será o 12 de setembro, en Sarria o 13 e o 20 terá lugar a asemblea aberta de Cangas.
NOS_36060
O segundo encontro da quinta edición de Poetas Di(n) versos irmana no Centro Ágora á poesía galega e hebrea da man de Román Raña e Tal Nitzán. O nova sesión do ciclo coordinado pola poeta e dinamizadora cultura Yolanda Castaño desenvolverase este luns ás 20.30.
Como en todas as sesións, a poesía galega atópase cunha voz doutra lingua no ciclo coordinado por Yolanda Castaño, con lecturas de poemas por parte de quen o escribiu e un encontro directo co público. Desta volta, será a xudía Tal Nitzán e o vigués Román Raña quen protagonice a sesión de Poetas Di(n) Versos. Con oito libros de poemas publicados, o recital de Román Raña supón un encontro co público dun escritor que non participa en exceso dos ambientes literarios malia ser un dos nomes máis destacados do que se deu en chamar "Xeración dos 80", premiado co Esquío, o González Garcés, o Martín Códax ou o Caixanova. Canda el, na Coruña intervirá Tal Nitzan, poeta, editora e tradutora da poesía española para o hebreo, lingua á que achegou libros de máis de oitenta autores, entre eles, Lorca, Machado, Neruda, García Márquez, Roberto Bolaño ou Cortázar. Tamén é unha voz que se sinte con forza contra a ocupación do seu país á franxa de Gaza e os territorios palestinos. A súa obra está traducida a máis de vinte linguas e, na Coruña, comprobará como se sinte tamén en galego.
NOS_30024
O Consello da Cultura Galega vén de incluír a súa biografía no Álbum da Galiza.
O Álbum da Galiza do Consello da Cultura Galega incorporou esta cuarta feira a biografía do locutor de radio Alexandre Raimúndez (1906-1968). Raimúndez é recoñecido por ser o impulsor e responsábel das emisións en galego da BBC de Londres. Atraído pola actividade de Ramiro Ledesma Ramos, Raimúndez asinou o manifesto A Conquista do Estado e, até outubro de 1931, exerceu como secretario e colaborador da publicación homónima. Nos seus artigos, Raimúndez mostrou a súa visión da Galiza e do mundo, defendendo o impulso das identidades, do federalismo e dun acordo non-imperialista con Portugal. "O seu obradoiro de xastrería estaba situado na rúa de Alba n.º 24, xusto ao lado da sede do Partido Galeguista (n.º 22), o que non debe ser alleo a esta fluidez de trato e á facilidade con que Alexandre contacta con galeguistas ourensáns logo da guerra para a montaxe das emisións galegas da BBC", salienta a súa biografía no Álbum. Foi integrante do Secretariado Galego en Madrid, unha asociación que buscaba contribuír ao proceso de reivindicación do Estatuto galego. En 1932, foi elixido secretario segundo da Sección de Ciencias Económicas do Ateneo de Madrid. A súa carreira profesional trasladouse a Barcelona en 1935, onde foi nomeado catedrático de Estudos Superiores de Xeografía na Escola de Altos Estudos Mercantís. Ao remate da Guerra Civil española, fuxiu a Francia e pasou polo campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer. Do exilio en Francia á BBC británica Despois de conseguir escapar do campo de concentración grazas á axuda dun sacerdote protestante, comeza a deseñar o un plan para emigrar a México, pero consegue a oportunidade de incorporarse ao servizo que a BBC ía inaugurar en xuño na Galiza e no Estado español. Desenvolveu as tarefas de redactor da Sección Española e relatou o día a día da II Guerra Mundial, facéndoo en varias ocasións en galego.
NOS_46024
Escritor e xornalista, Luís Rei Núñez é o candidato de Marea Pontevedra á Alcaldía. Concelleiro da Marea após postularse como alcalde en 2015, traballa na Televisión de Galicia, onde foi director de cultura no período 2005-2009.
Que supuxeron estes catro anos para o seu concello? Tempo perdido para "dar coa tecla" que permita que Pontevedra lle poña freo ao declive económico da última década, cando á crise que padeceu todo o país se lle sumaron desde o PP e a Xunta de Feixoo decisións que foron privando a cidade de competencias e recursos que estaban asociados á súa condición de capital. De maneira que todo o derivado da rede administrativa foi perdendo peso mentres iso non se compensou con novas apostas, obrigando a mocidade, e non só, a ter que buscar oportunidades lonxe. Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía? Rutineiro, como corresponde a un alcalde, e canda el o resto do equipo, que superou xa os vinte anos no posto. Ante os grandes problemas, optaron por desentenderse. Así, non traballaron na busca dun modelo económico que permita facer que Pontevedra abandone o último lugar nas estatísticas de desemprego. Segue habendo un gasto social ridículo, e por iso lles deron o "premio" Corazón de Pedra. E o señor Lores seguiu poñendo a súa sinatura na privatización dos servizos básicos, algo que ocorre co ciclo da auga, coa recollida de lixo, co mantemento de xardíns, co guindastre, coa axuda no fogar, coa recadación executiva... E mentres, os pontevedreses seguen á espera de transporte público, o urbanismo carece dun plan que ordene o crecemento e xere condicións propicias para relanzar a economía, e, ademais, non se estabeleceu un marco de verdadeira participación da cidadanía. E o traballo realizado polo seu partido? Desde a oposición, traballamos por sérmoslles útiles aos pontevedreses, levando ao pleno respostas a necesidades urxentes, unhas veces con máis éxito, porque se abriron paso, e outras introducindo na axenda temas que o "lorismo" desbotou e nós recuperaremos desde un goberno noso. Falo da Renda social, pendente de chegar ás persoas en risco, un compromiso que nós arrancamos do Bloque, ou das bonificacións do IBI para familias numerosas, algo ao que sempre se opuxeron. Tamén se opuxeron, pretextando que a xestión privada é máis eficaz e barata, ao rescate para a xestión directa de externalizacións que remataron o seu contrato neste mandato, como a auga, o lixo ou o guindastre... Cal é a principal necesidade do seu concello? Decidir que quere ser, algo que nós propoñemos facer canda as outras forzas políticas, os sindicatos, a empresa e a universidade, e a partir de aí será máis doado dotármonos dos instrumentos necesarios para remar xuntos e chegar a bo porto. En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará no novo mandato se está no goberno? Facerlles chegar aos seus beneficiarios as primeiras rendas sociais municipais, adherir o concello ao Transporte Metropolitano de Galicia e pagarlles aos clubs deportivos as subvencións que se lles deben, correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019.
NOS_32556
"Non foi cómplice" das matanzas, salientou porén o presidente.
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, recoñeceu hoxe durante unha visita oficial a Ruanda a "abafadora responsabilidade" do país europeo no xenocidio cometido en 1994, que se saldou con máis de 800.000 mortes, aínda que destacou que París "non foi cómplice" das matanzas. "Con humildade e respecto, estou hoxe aquí ao voso lado para recoñecer o alcance das nosas responsabilidades", dixo Macron, que antes de embarcar no avión con destino á capital ruandesa, Kigali, sinalou que o obxectivo era "escribir xuntos unha nova páxina das relacións con Ruanda e África". Non obstante, salientou que os responsábeis do xenocidio "non tiñan a cara de Francia, que non foi cómplice". "O sangue que se derramou non deshonrou as súas armas nin as mans dos seus soldados, que viron cos seus ollos o innomeábel, curaron feridas e secaron as súas bágoas", defendeu. "Con todo, Francia tiña un papel, unha historia e unha responsabilidade política en Ruanda. Ten un deber: mirar a Historia á cara e recoñecer a parte do sufrimento que infrinxiu ao pobo ruandés ao facer que o silencio durante demasiado tempo prevaleza sobre o exame da verdade", puntualizou. "Francia non entendeu que, ao tentar evitar un conflito rexional ou unha guerra civil, púñase de feito ao carón dun réxime xenocida. Ao ignorar as alertas dos observadores máis lúcidos, Francia ten unha responsabilidade abafadora nunha situación que derivou no peor, algo que precisamente tentaba evitar", argumentou. E incidiu en que "aínda que os responsábeis franceses tiveron despois a lucidez e o valor de cualificar o sucedido como un xenocidio, Francia non soubo adoptar as consecuencias apropiadas". "Tras iso, sucedéronse 27 anos de distanciamento, de incomprensión, de intentos de achegamento sincero mais infrutuosos", dixo. 'Informe Duclert' A viaxe de Macron a Kigali chegou unha semana despois de que o presidente ruandés, Paul Kagame, afirmase que entre ambos os dous países "hai unha base para construír unha boa relación", tras a publicación do Informe Duclert en Francia, que contempla o papel de París durante o xenocidio. O presidente francés aceptou o mes pasado abrir os arquivos do que era xefe do Estado durante o xenocidio, Francois Mitterrand. Xusto despois, o Goberno ruandés fixo público o seu propio informe, que estabelecía que Francia era consciente de que estaba a ser preparado un xenocidio e que tiña a súa parte de responsabilidade por manter o apoio incondicional ao entón presidente ruandés, Juvenal Habyarimana. "Oficiais franceses armaron, aconsellaron, adestraron, equiparon e protexeron o Goberno ruandés", concluía ese informe, engadindo que París ocultara o seu papel durante anos. Foi precisamente o abatemento do avión de Habyarimana, causándolle a morte, que desencadeou os case cen días de matanza. Nunha entrevista concedida a France 24 e Radio France Internationale a semana pasada, o actual presidente ruandés, Paul Kagame, salientou que aínda que os papeis desclasificados non determinan a complicidade de Francia no xenocidio, "o máis importante quedou cuberto". "A grande e abafante responsabilidade de Francia foi recoñecida. Iso é enorme, xa é dicir moito", manifestou. Nest quinta feira, tras o discurso de Macron ante o memorial do xenocidio en Kigali, Kagame afirmou na conferencia de prensa conxunta que "as súas palabras foron máis potentes que unha desculpa".
NOS_47536
O antigo líder socialista deixa aberta a posibilidade de presentarse á alcaldía de Ourense e cualifica a actitude de Feijóo no Parlamento como "faltona".
O deputado e anterior secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, cre que un ou unha imputad@ "arrastra un lastre moi grande para o partido", á hora de presentarse como candidato a unhas eleccións. Así, nunha entrevista concedida na Cadena Ser este domingo, Vázquez recordou que serán @s militantes os que decidan quen se presenta ás eleccións, mediante primarias. "O presidente non pode subir e insultar a todo o mundo" afirma o ex-alcalde do Carballiño Preguntado pola posibilidade de presentarse como candidato ás primarias para a alcaldía de Ourense, Vázquez non quixo desvelar o seu futuro, e subliñou que agora lle "toca estar" no Parlamento. Porén, todo indica que aspirará a ese posto. Así mesmo, o antigo líder do socialismo galego falou sobre a tensión e os insultos que dominan os Plenos da Cámara, dos que culpou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen na súa opinión, é "un faltón". "Non pode subir ao escano e insultar a todo o mundo", actitude que considerou de "faltón de taberna", porque "como é o primeiro e o último en falar e non lle van poder replicar comete esa covardía"
NOS_54575
Tres dimisións nos órganos de direccións, un manifesto reclamando unha xestora, deputados do Congreso asinando unha solicitude de renuncia a Casado e apenas un líder territorial apoiando ao aínda presidente do PP, que se nega a dimitir.
Catarata de dimisións no seo do Partido Popular un día despois da xuntanza do comité de dirección da formación, un órgano que a pesar de estar compostos polas persoas máis fieis a Pablo Casado rematou após máis de sete horas de reunión partido pola metade ao negarse o líder do PP a dar un paso atrás e convocar de xeito inmediato un Congreso do partido que aborde a súa substitución. Esta terza feira, a primeira en presentar a súa dimisión foi a deputada Belén Hoyo, do País Valencià, presidenta do comité de dirección, e que desde o comezo do encontro de onte exixiu cando menos a renuncia inmediata do secretario xeral, Teodoro García Egea. Poucos minutos despois foi o alcalde de Madrid e voceiro nacional, José Luis Martínez-Almeida, quen daba o tiro de graza a Casado, ao anunciar que deixaba o seu cargo orgánico na forza estatal. Sen alusións á crise interna, Almeida salientou que a súa dimisión era "de común acordo" co aínda presidente do PP, e que chega para "centrarse de maneira exclusiva do Concello". Non obstante, desde a pasada quinta feira, cando o conflito desatado entre Casado e Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, xa saltara á palestra pública, Almeida negouse a intervir como voceiro do PP, matizando que só o facía como rexedor. A última dimisión confirmada é a da deputada Ana Belén Vázquez, voceira de Interior do grupo parlamentar no Congreso e secretaria nacional de Exterior, que revelou que apoiou a Casado até a pasada quinta feira, "mais vendo que non hai cambios toca irse, e tras escoitar moitos afiliados, dimito", indicou. Rebelión no Congreso Un conxunto de 17 dirixentes do PP no lexislativo fixeron público un comunicado conxunto pedindo a destitución de García Egea e a convocatoria dun Congreso da formación. Ademais, outros dirixentes, entre eles o vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano e o líder das Novas Xeracións na Galiza, Adrián Pardo, así como Ana Belén Vázquez, lanzaron un manifesto no que reclaman que unha xestora dirixa o PP até un Congreso no que sexa elixido un novo presidente. En todo caso, agás Ana Beltrán, presidenta do PP de Nafarroa, todos os líderes territoriais coinciden en que Casado ten que marchar, o que solicitarán na xuntanza programada esta cuarta feira cos liderados autonómicos. Feixoo como opción? Dentro do PP, cítase constantemente ao presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, como o posíbel sucesor de Casado á fronte da formación estatal, ao longo do día, a deputada Cayetana Álvarez de Toledo e a ex dirixente Esperanza Aguirre, enfrontadas con Casado, fixeron declaracións apuntando directamente a Feixoo para que asuma o reto de liderar o PP. Anticorrupción abre investigación Asemade, a Fiscalía Anticorrupción resolveu abrir dilixencias de investigación polo contrato de emerxencia para a compra de máscaras relacionado co irmán da presidenta madrileña.
NOS_16285
Mentres o teatro Colón da Coruña se nega, o Teatro Afundación de Vigo vén de anunciar que cancela o espectáculo de Jorge Cremades 'Te odio, pero como amigo', acusado de "machista", que estaba previsto para o vindeiro 24 de marzo.
Afundación, a obra social de Abanca que xestiona este teatro, así llo trasladou oficialmente esta tarde aos promotores do evento. Segundo afirma nun comunicado, "Afundación é unha entidade absolutamente respectuosa coa liberdade artística e creativa de intérpretes e autores. Non obstante, conscientes de que a violencia machista é unha grave lacra social, non podemos nin debemos ser insensibles ao profundo rexeitamento que suscitou Jorge Cremades tras as súas declaracións a un medio de comunicación, efectuadas con posterioridade ao comezo da venda de entradas para o espectáculo". Mentres, no Teatro Colón da Coruña, os datos indican que Cremades vai conseguir esgotar as entradas Vai encher no Colón Mentres, na Coruña o Teatro Colón prosegue coa venda das entradas para o mesmo espectáculo o día 25 deste mes, a pesar das presións da Deputación da Coruña, propietaria do teatro, e da petición a través da plataforma Change.org. De 845 butacas, xa só quedan á venda 205, o que indica que o máis probable é que se esgoten as entradas. O Colón está xestionado por unha UTE liderada por Eulen, que se nega a cancelar porque as condicións do contrato llo impiden, o que lle suporía serios prexuízos económicos. Este mesmo espectáculo xa foi anulado en varias cidades do Estado, como Bilbao, Elxe ou Xixón Este mesmo espectáculo xa foi anulado en Bilbao por decisión do Concello, "xa que non é acorde" coa súa política de igualdade, e tamén en Elxe e na Laboral de Xixón. Jorge Cremades (Alacant, 1988) defínese a si mesmo na súa web como "un dos creadores máis influíntes do panorama actual". Seguido por máis de 400.000 persoas no Youtube, os seus vídeos son fenómenos virais. E os seus fans no resto das redes sociais non son menos: máis de cinco millóns en Facebook e máis de 100.000 en Twitter, entre outras. Ademais, acaba de publicar un libro co mesmo título do espectáculo.
NOS_64
O sindicato tamén afirma que os nomeamentos son totalmente arbitrarios
Son estas datas tradicionais de exames libres que serven para acadar os títulos oficiais de idiomas nas escolas sen ter que acudir ás aulas. E CIG-Ensino denuncia que "ano tras ano a Consellaría de Educación escamotea os nomeamentos necesarios para que a elaboración e a corrección dos exames non supoña un problema para o funcionamento normal das escolas". Ademais, afirma o sindicato, os nomeamentos que fai a administración son "totalmente insuficientes e arbitrarios". Así, explican que se dan diferenzas de ratio alumnado/profesorado que chegan a ser case o dobro segundo que escolas, por exemplo en galego. "Nunha escola o rateo é 51 alumnos ou alumnas por profesor ou profesora mentres que noutra escola, e sempre comparando a mesma lingua, temos un rateo de 26,5".
NOS_23538
Sondaxes e inquéritos sitúan a formación republicana como a máis votada de cara ás eleccións de maio.
En 2021 fíxose o centenario da 'partición', a formalización da división da illa de Irlanda pola que seis condados irlandeses ficaban baixo soberanía de Londres. 101 anos despois daquilo, e por primeira vez na historia de Irlandfa do Norte, podería liderar o seu Goberno unha formación partidaria da reunificación irlandesa. O partido republicano Sinn Féin converterase, por primeira vez na historia de Irlanda do Norte, na principal forza política dos seis condados irlandeses baixo soberanía británica nas eleccións do vindeiro 5 de maio, de se cumprir o que vaticina a enquisa publicada no The Irish News. A sondaxe, da empresa Market Research Belfast, outorga a Sinn Féin, 23,2 % dos votos, fronte a 19,4 % do Partido Democrático Unionista (DUP), o máis votado nos últimos comicios. A formación protestante foi maioritaria en Irlanda do Norte desde 2003, mais as súas loitas internas e a xestión do Brexit nos últimos meses favoreceu o avance do Sinn Féin, cuxa hipotética vitoria nos comicios levaría un partido nacionalista a encabezar, por primeira vez nos cen anos de historia da rexión, o Goberno norirlandés. A citada enquisa sinalou que o Partido da Alianza obtería 15,6 % de votos, seguido polo Partido Unionista do Ulster, con 14 %, e polo SDLP (nacionalista irlandés), con 9,9 %. Sinn Féin, 23,2 % dos votos, fronte a 19,4 % do Partido Democrático Unionista (DUP), o máis votado nos últimos comicios O Sinn Féin xa adiantou que, en caso de gañar as eleccións, presentará á seu líder na rexión, Michelle O' Neill ao posto de primeira ministra, mentres que ningunha formación unionista se pronunciou aínda respecto diso. O Goberno de Irlanda do Norte está suspendido desde que o pasado 3 de febreiro o unionista Paul Givan presentou a súa dimisión como primeiro ministro, o que provocou tamén a saída automática de O' Neill como viceprimeira ministra. O DUP forzou a caída do Executivo pola súa oposición ao Protocolo do Brexit para a provincia británica e como medida de presión para que o Reino Unido e a Unión Europea (UE) atopen unha alternativa a este mecanismo. O protocolo, que entrou en vigor en 1 de xaneiro de 2021 xunto co resto de acordos do Brexit, obriga revisar as mercadorías que chegan a Irlanda do Norte desde Gran Bretaña para evitar a entrada incontrolada de produtos ao mercado comunitario europeo, á vez que impide unha fronteira dura entre as dúas Irlandas, clave para o proceso de paz.
NOS_27123
Para quen traballa con persoas maiores, fráxiles, a preocupación repártese entre contaxialas da COVID-19 e infectar as súas familias. E a pesar disto, as empregadas das residencias esfórzanse para que as usuarias esquezan, durante uns intres, o temor á enfermidade. "Seguimos aí, coindádoas", asegura María Jesús Iglesias.
Medo, ansiedade ou problemas para conciliar o sono. É a carga que acompaña cada día o persoal das residencias de maiores cando marchan do fogar ao seu lugar de traballo e que os acompaña no camiño de regreso. Para quen asiste residentes en centros cun alto número de contaxios o día pasa nun tratar de multiplicarse e remata en esgotamento. Quen atende naqueles con contaxios por coronavirus ausentes acumula tensión no esforzo de coidar e protexer as residentes, integrantes dun dos sectores da poboación máis fráxil a un contaxio pola COVID-19. E entre tarefa e tarefa procura animalas fronte a ausencia de visitas familiares. Da casa á residencia Manuel Blanco traballa como enfermeiro nunha residencia de titularidade pública en Caranza, Ferrol. Un dos centros de maiores da Galiza que aínda non rexistrou ningún contaxio por coronavirus. "A situación é diferente da das residencias privadas ou das Urxencias hospitalarias, aínda que pode haber momentos de tensión e ansiedade", conta a Nós Diario. "O día a día, o traballo, todo virou do revés", engade un compañeiro seu, traballador nunha residencia da área da Coruña que prefire manter o anonimato. No seu centro tampouco se detectaron infeccións. "Estamos nunha burbulla, vendo o que hai por aí, e ás veces até sentes culpabilidade", sinala. Para entreter as usuarias organízanse dúas sesións de cinema diarias. O día a día, o traballo, todo virou do revés, di un traballador María Jesús Iglesias é camareira limpadora nun centro de maiores público de Pontevedra. O seu papel é fundamental na prevención de posíbeis contaxios, polo momento ausentes. "Extremamos a limpeza nos pomos das portas, os interruptores, pasamáns e outras superficies de máis contacto", di. No comedor, as mesas que albergaban catro comensais son ocupadas por un. As maiores do centro recibiron instrucións para a súa convivencia nunha serie de charlas. "Fan caso a todo e sempre nos transmiten moito ánimo", puntualiza María Jesús. Tanto ela como Manuel opinan que as medidas de prevención non se aplicaron coa celeridade necesaria. "Agora estamos ben, mais cando comezamos a poñer en práctica os protocolos fixémolo as présas, en consecuencia, e con ansiedade", di el. Cando comezamos fixémolo as présas e con ansiedade, di Manuel Blanco "Eu son delegada do Sindicato de Empregados Públicos da Xunta da Galiza e fun transmitindo as necesidades que compartían comigo os meus compañeiros os primeiros días, cando careciamos de medios", incide María Jesús. A Administración reforzou as traballadoras da limpeza e comezaron a chegar os Equipos de Protección Individual ou as pantallas. O persoal acusa as semanas que transcorreron baixo o estado de alerta. "O problema é cando entro, porque non sei o que levo comigo, e cando saio e volvo á casa. Teño problemas para conciliar o sono", afirma o compañeiro de Manuel. Convivir co virus Os efectos do estrés son máis fortes nas residencias nas que se detectaron contaxios, especialmente naquelas de titularidade privada e con baixas ratios de persoal por número de usuarias. "A nivel emocional é moi duro. Nos hospitais as pacientes chegan, son atendidas e marchan, mais nós creamos vínculos emocionais coas residentes", asegura Iria Estévez, delegada de Sanidade Privada de Comisións Obreiras na área de Vigo e traballadora na residencia DomusVi do Barreiro. Iria segue a evolución do centro desde o seu fogar. Illada após unha proba positiva da COVID-19, mantense en contacto co seu día a día a través dos medios de comunicación e as mensaxes das súas compañeiras. Onte, os contaxios ascendían a 64. A nivel emocional é moi duro asegura Iria Estévez "Entre o persoal hai medo porque non estamos formadas para unha situación coma a actual", afirma esta delegada sindical, engadindo que nos centros "unha gran parte das persoas son dependentes. "Precisan da nosa axuda, do noso contacto, para xantar ou lavar a cara e a nós preocúpanos contaxiar as nosas familias", di. Socorro González, delegada do comité de empresa da CIG, traballou durante unha semana na residencia medicalizada Porta do Camiño, en Compostela. "Eu traballo nun centro de día, mais como están fechados chamáronme para ir alí, a semana foi moi dura", comparte. Persoal de servizos xerais, as súas tarefas consistían en lavar os uniformes, roupa de cama ou camisóns das doentes por coronavirus. Hoxe fica na súa casa, agardando dúas semanas para asegurarse de que está sa antes de volver ao centro. Comparte fogar con súa nai, dependente. Reivindicar os coidados "Esta situación visibilizou o que levamos tempo denunciando: o persoal non é suficiente, sempre traballamos baixo mínimos", denuncia Iria Estévez. Case ao final da conversa, Iria reivindica o papel das súas compañeiras. "O traballo que realizan, o coidado das persoas maiores, o labor de facer que os seus momentos no centro sexan o máis agradábeis posíbel", conclúe. "As residentes sábeno e agradécennos en todo momento o noso traballo, saben que temos as nosas familias pero que seguimos aí, coidándoas", conclúe María Jesús Iglesias.
NOS_54468
Tres mil persoas manifestáronse perante a factoría de Ence e exixiron a saída da pasteira de Lourizán na Marcha contra celulosas organizada pola APDR. Falamos co presidente da Asociación pola defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa. Imaxe e vídeo no interior: GZ Vídeos
Embora o presidente de Ence se manifeste convencido de que finalmente obterá o informe favorábel da Xunta de Galiza, o certo é que a pasteira "está preocupada", asegura Antón Masa horas antes de comezar a marcha en defensa da Ría. O portavoz da APDR salienta que de non ser así a empresa non tería publicado "un manifesto" baixo o lema "En Defensa da Ría" con motivo da manifestación que percorrerá o treito que conecta Marín e Pontevedra coa factoría. As páxinas da imprensa enchianse este sábado con publicidade pagada pola empresa para "contrarrestar" a mobilización convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), asegura Masa en conversa con Sermos Galiza, ao tempo que afirma con rotundidade que "este ano é máis importante cá nunca" amosar o amplo rexeitamento social á fábrica de papel afincada en Lourizán. "Estamos certos", engade, "de que coa mobilización e a vía xudicial impediremos a prórroga". "Ence marca a política ambiental da Xunta de Galiza" Após a reforma aprobada en solitario polo Partido Popular, a nova Lei de Costas autorizaría o mantemento da actividade de Ence até 75 anos máis. Para iso, a pasteira precisa que a Xunta de Galiza emita un informe favorábel. "Eles estan convencidos" de que asi o fará, indica Antón Masa porque "marcan a política da Xunta neste asunto". "Só fai falla que abran a boca", afirma en relación coa dirección de Ence "para que o PP se mova". Dito e feito. José Luís Arregi presidente da factoría recoñeceu hai poucas semanas que a empresa manexa un escenario ben distinto ao que agardan as organizacións ecoloxistas. Acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra --o propular Rafael Louzán-- Arregi asegurou que o traslado da pasteira é "inviábel". Días despois, en sesión parlamentar, desde a Xunta de Galiza recollían as verbas do empresario e afirmaban aos grupos da oposición que saída de Ence-Elnosa da ría era "inviábel" por mor dos postos de traballo que, din, xera para a comarca. Tamén así, o presidente da Xunta abría a billa a que a pasteira fique en Pontevedra, mesmo incumprindo o seu programa electoral. Denuncian o carácter inconstitucional da nova Lei de Costas As declaracións do goberno galego "amosan con clareza que queren que quede", advirte Masa. Porén, tamén apunta que desde a Asociación continuarán loitando para que a pasteira abandone Lourizán. "Cremos que algunhas das disposicións da nova Lei de Costas", salienta, "poden ser inconstitucionais". Desde a APDR non descartan recorrer a nova norma para impedir que de facto, se permita a Ence prorrogar a súa actividade para alén de 2018. Polo de agora, dúas columnas partirán desde Pontevedra e Marín para se xuntaren perante a fábrica e exixir á Xunta de Galiza que faga cumprir a sentenza do Supremo que anula a Autorización ambiental integrada outorgada en 2003 polo goberno de Manuel Fraga. Desde a APDR reclaman que após o executivo de Núñez Feijóo obrigue a Ence paralizar a actividade esta non poida recuperar a licenza sen o informe de compatibilidade urbanistica do Concello. "Por xustiza" reclaman, a Xunta non debe permitir "un novo caso de corrupción ambiental".
NOS_19516
O que fora director do Centro Galego de Arte Contemporánea é o nome escollido polo PP para pechar o grave conflito xurdido no MUSAC despois da dimisión en tres meses da súa directora, que acusou á consellería de control político sobre o centro.
O Diario de León confirma que o galego Manuel Olveira é a persoa coa que o PP quere pechar a grave crise aberta no centro de arte de León despois da dimisión da súa directora Eva González só tres meses despois de que tomara posesión. Eva González contou co apoio de boa parte dos traballadores do centro e puxo e por vez primeira veu a súa traxectoria salferida pola polémica. Olveira admitiu ao xornal leonés que en poucos días ocupará o posto de director do MUSAC, un centro que foi de referencia nos seus inicios e que noso últimos tempos viviu un claro declive, entre outras cousas, polas razóns que agora denuncia Eva González na súa dimisión. Segundo as primeiras declaracións, Manuel Olveira sinala que el traballou para gobernos de todos os signos políticos e, de feito, foi nomeado para se poñer á fronte do CGAC pola Consellería xestionada polo BNG e, posteriormente, tivo a confianza do PSOE para xestionar o centro Ágora, labor que non chegou a desenvolver ao producirse o cambio no goberno municipal e chegar o PP ao goberno, o mesmo partido que agora confía nel para pechar a máis grave crise pola que atravesa o MUSAC desde a súa creación.
NOS_39774
Denuncian que se excede "sobradamente" a cota de 1.800 diarias previstas no plan reitor, o que pode xerar "problemas ambientais e de seguridade".
A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800 previstas no borrador do Plano Reitor de Uso e Xestión (PRUX) que a Xunta e a Dirección do Parque Nacional levan xa 15 anos sen aprobar, coas consecuencias nefastas que isto ocasiona para a conservación dos valores naturais e para a seguridade das persoas. Esta é a denuncia que fan desde Verdegaia, que incide na importancia de aprobar o PRUX. Así, indican que mentres que o transporte de visitantes ás illas Cíes ten un máximo de 2.200 persoas/día establecido pola resolución de 3 de xullo de 2000 da Dirección Xeral de Transportes - ademais de tamén constar no borrador do PRUX- o transporte de visitantes á illa de Ons tan só está esbozado nese borrador en 1.800 persoas/día. Os ambientalistas entende que para a illa de Ons a cota en tempada alta debería ser máis baixa e andar por volta de 1.200 visitantes/día de cara a garantir a debida conservación dos valores ambientais presentes nela.
NOS_39627
Chega o encontro entre o BNG e Anova, coa constitución dunha coligación para o Parlamento europeu na orde do día. Será a vindeira cuarta feira, anunciou o Bloque através dunha nota de imprensa.
O BNG xa tivo reunións con CxG e Nós UP. Este sería o primeiro encontro coa formación que lidera Beiras e chega após o portavoz nacional da formación frentista se dirixir por carta ao líder de Anova para concertar un acordo. As perspectivas de BNG e Anova chegaren a un acordo son moi incertas, desde o momento en que a forza de Beiras aposta na continuidade da súa alianza con Izquierda Unida, organización que identifican como "esquerda rupturista". A formulación do BNG é a dun acordo, si, mais entre formacións políticas soberanistas, con dúas fases para o pacto. Unha primeira nacional. E unha segunda, trilateral, aberta ao encontro coas expresións políticas nacionais de Catalunya e Euskal Herria. A súa defensa dunha frente ampla con inclusión da esquerda española alicérzaa Beiras sobre o argumento de que Galiza neste momento, á diferenza de Catalunya, non ten "potencia suficiente" para por si propria conquistar a soberanía e provocar un cambio de réxime político. O BNG, en troca, xulga que non é posíbel ningún cambio estrutural do statu político de Galiza que non pase pola auto-organización, isto é, pola acción de forzas políticas que teñan o seu centro de decisión no noso país e non en Madrid. Embora as zonas de disenso a este respeito non semellan nada pequenas, Vence, no escrito que dirixiu a Beiras, expresou a súa convicción de que "desde a xenerosidade", existiría marxe para constituír o que o BNG ten alcuñado como unha grande "coalición unitaria galega".
NOS_25851
Néstor Rego vén de rexistrar no Congreso unha iniciativa para o seu debate en pleno demandando a modificación dunha postura "adoptada de maneira unilateral"
O deputado do BNG vén de presentar avrias iniciativas reclamando respectar o dereito de autodeterminación do pobo saharauí. Entre elas figura unha proposición non de lei na que se demanda ratificar o apoio ao proceso de descolonización do Sáhara Occidental, de acordo coas resolucións da ONU e o traballo da Misión das Naciones Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (Minurso). Novas mostras de apoio ao pobo saharauí: "España converteuse nun refén de Marrocos" O obxectivo, sinala nun comunicado, é facer posíbel que canto antes se poida realizar o referendo de autodeterminación.Rego reclama rectificar a posición expresada polo presidente Sánchez na carta remitida ao Rei de Marrocos e volver ao consenso social, así como dirixirse ao Goberno de Marrocos para exixirlle o respecto aos dereitos humanos do pobo saharauí.A decisión do Goberno español de modificar a súa posición en relación co conflito do Sáhara Occidental foi coñecida a través da filtración dunha carta de Pedro Sánchez ao Rei de Marrocos. Cambio de posición Nesta misiva, Sánchez manifesta expresamente que "España considera a proposta marroquí de autonomía presentada en 2007 como a base máis seria, críbel e realista" para a resolución do conflito. Isto, conclúe o BNG, supón que o Estado español se sitúa á marxe das resolucións da ONU e dos esforzos por verificar o referendo de autodeterminación previsto por este organismo internacional para resolver o conflito. O BNG insta Sánchez a "respectar a legalidade internacional" no conflito do Sáhara Este cambio de posición "prodúcese sen consultar ao Congreso dos Deputados e sen tomar en consideración a opinión maioritaria das forzas políticas e da cidadanía", afirma Rego, e significa tamén que o Estado español adopta unha posición de parte, apoiando a solución marroquí que implica a anexión do Sáhara Occidental, engade. Segundo a formación nacionalista, esta mudanza fai inviábel o papel activo de mediación que debería ter o Estado español para chegar canto antes a unha solución pacífica pola vía dos acordos e resolucións das Nacións Unidas. Abandono "Se o Goberno non rectifica, esta sería a segunda ocasión en que o Estado español deixa abandonado á súa sorte ao pobo saharauí, despois de permitir en 1975 a invasión marroquí e aceptar a división do territorio entre Marrocos e Mauritania no Acordo Tripartito de Madrid de novembro dese ano", subliña o deputado do BNG. A posición manifestada polo Presidente do Goberno, ademais de inxusta co pobo saharauí e imprudente dado o contexto actual, recalca. "Pon en cuestión a súa neutralidade e o papel que, como potencia legalmente administradora do Territorio Non autónomo pendente de descolonizar, debería desempeñar para buscar unha solución xusta e duradeira que garanta o respecto aos dereitos do pobo saharauí". Vigo mobilízase polo dereito a decidir do pobo saharauí O Bloque Nacionalista Galego pide volver ao consenso social e a acompañar o traballo dos organismos internacionais "para unha resolución xusta e duradeira do conflito".
PRAZA_1039
ENTREVISTA O portavoz nacional do BNG observa o 24-M como o primeiro chanzo dunha carreira de fondo que o Bloque afronta cun "esforzo de posta ao día". Xavier Vence augura bos resultados para a formación onde xa goberna e amósase partidario de "construír alternativas" ao PP "onde sexa posible".
"Os principios éticos son a principal barreira fronte á corrupción" A escasos días para o comezo oficial da campaña electoral municipal Xavier Vence leva xa moitos quilómetros nas costas. Na súa primeira gran cita electoral como portavoz nacional do BNG asegura estar gratamente sorprendido pola "ilusión" que está a atopar nas bases da organización, especialmente alén das cidades, e observa a cita do 24-M como o primeiro chanzo dunha carreira de fondo. Dende o liderado dun Bloque ao que, di, está a chegar "savia nova", advirte de que "as condicións para derrotar o PP nas autonómicas de 2016 empézanse a sentar coas municipais de maio, por iso son especialmente importantes". Levan desenvolvido xa un bo número de actos de precampaña. Como está a atopar o ánimo do BNG cara á campaña en si mesma? A impresión que teño é moi positiva. Na maior parte dos lugares vexo unha grande expectativa, mobilización da base social do BNG e ilusión. Para min ten mesmo un aspecto de sorpresa positiva. O ambiente e o interese polas municipais, iso si, vexo que é moito maior nas vilas que nas cidades, malia ao discurso que circula sobre a paixón pola participación nos ámbitos urbanos. Vexo que hai máis mobilización da xente neses outros ámbitos intermedios. O BNG encara esta campaña dun xeito diferente, dende o proceso de asembleas abertas ata a nivel estético ou a formación dos "formigueiros". De onde xorde esta vontade de imprimir un xiro ao xeito de presentarse ante a cidadanía? No BNG somos conscientes de que estamos vivindo un período político extraordinario. A crise económica e social trasladouse tamén a unha crise política, tanto institucional como á forma de facer política e de comunicarse. Crimos que era moi importante romper certas rutinas na forma de conformar os programas e as candidaturas, e apostamos por fórmulas novidosas e ademais, exitosas, como foron as asembleas abertas. Foi unha apertura á base social do nacionalismo e da esquerda sen poñer límites, a todas as persoas que querían participar nun proceso de transformación do país e dos concellos. Serviu para que moitísima xente se achegase con confianza ao BNG e que moita dela acabase incorporándose ás candidaturas; ao redor do 60% dos membros das candidaturas son persoas non militantes. Ademais permitiu que se achegase moita xente nova, o cal permite facer algo que o BNG tiña moita necesidade de facer, unha renovación xeracional das candidaturas. De feito, un 30% das candidatas e candidatos ten menos de 35 anos. "Fixemos un esforzo de creatividade, de posta ao día e da necesidade de dialogar coa base social dun xeito diferente" Ese esforzo de poñer en marcha novas ferramentas, tamén de usar en maior medida as redes sociais, de cambiar tamén un chisco a imaxe do BNG cara ás eleccións, de poñer en marcha novas ferramentas para fomentar a colaboración de xente que non é militante... Todo forma parte do esforzo de creatividade, de aggiornamento, de posta ao día e asunción da necesidade de dialogar coa base social do nacionalismo dun xeito diferente. Neste proceso enmárcase tamén o acto que celebraron o pasado 25 de abril en Pontevedra. Semella que tivo un aquel de catarse, de liberarse de certo pesimismo? Obviamente, todos os actos sociais e políticos que permiten ver a mobilización de moita xente ao redor do proxecto serven para poñer en común ideas e ilusións, pero tamén para cargar as baterías á xente que está traballando. De feito, os comentarios de moitos compañeiros e compañeiras polo país adiante nos días posteriores foron moi positivos, din que lles serviu para afrontar a campaña electoral con máis enerxía, porque se ve que hai un proxecto e hai ilusión. Nese acto sinalouse Pontevedra como referente de goberno urbano e Allariz, no rural. Neste sentido, as poucas enquisas que hai indican que ao Bloque lle pode ir ben onde goberna e, no entanto, que pode ter máis dificultades onde é oposición. Como o analizan? "Onde gobernamos vai haber un reforzamento das maiorías; no ámbito urbano, alén de Pontevedra, hai un panorama con máis incertezas" O que estamos observando, alén do que digan os inquéritos, é que onde está gobernando o BNG hai un amplo apoio da cidadanía ao proxecto do BNG. As nosas expectativas son que, onde levamos uns anos á fronte das alcaldías, imos ter non só unha revalidación, senón un reforzamento das maiorías. Onde podemos demostrar o que se pode facer dende un concello gobernado polo nacionalismo, a xente acaba encantada e está envorcada co BNG e o arroupe social na presentación de candidaturas é impresionante. Noutros sitios a situación varía. Nalgúns concellos estamos vendo que ese traballo feito non só no concello, senón no tecido social, vai dar lugar a froitos en termos de reforzamento das posicións do BNG. E hai outros sitios onde a situación é máis complicada. Nalgunhas das cidades a situación é máis delicada. Polo proceso de fragmentación que se viviu ao longo destes anos no nacionalismo e na esquerda, que pasa factura, e pola penetración do discurso de proxectos estatais emerxentes, con gran promoción mediática, que nos ámbitos urbanos é onde atopan máis predicamento. Todo iso fai que no ámbito urbano, deixando claramente de lado o caso de Pontevedra, haxa un panorama con máis incertezas. Deixando claro tamén que, de aquí ao 24 de maio, nesa situación de balbordo de proxectos eu creo que acabará habendo un proceso de selección. Posiblemente o panorama sexa máis definido e as forzas que, como o BNG, representan un proxecto claro, crible e con experiencia, van ter un premio. Pensa que algunhas das candidaturas ás que se refería, as coñecidas como mareas, poden beber da base electoral tradicional do BNG? Moitas destas candidaturas, que están promovidas fundamentalmente por IU, Anova e grupiños máis pequenos, obviamente van tratar de chegar a un electorado que noutras circunstancais posiblemente ollase fundamentalmente cara ao BNG. Está claro que esas candidaturas, dalgún xeito, fragmentan o espazo electoral do nacionalismo de esquerda. Posiblemente algunhas delas non teñan capacidade de penetrar especialmente no electorado do BNG, na medida en que son moi identificables con Esquerda Unida e o seu nicho de votos poida estar, se cadra, máis no electorado do PSOE. En todo caso, está claro que hai unha parte delas que poden, dalgún xeito, entrar a fragmentar o que no pasado era o electorado central do BNG. Se dende o BNG non se analizan estes movementos como un todo, cre que pode haber entendemento con algún deles se o 24-M debuxa un panorama sen maiorías absolutas? Hai moitas olladas postas, por exemplo, na Coruña e Santiago... "Na medida en que o PP é o principal inimigo dos intereses colectivos deste país apostamos por construír alternativas onde sexa posible" Nós afrontamos as eleccións para explicar un programa nacionalista e de esquerdas, dunha alternativa para todo o país. Tentamos que o 24 de maio este proxecto de transformación dos concellos e dunha xestión ao servizo da cidadanía teña o máximo apoio. O segundo vector que nos preocupa é que sexamos capaces de derrotar o PP no maior número posible de concellos; o PP é o principal inimigo deste país tanto polas súas políticas radicalmente neoliberais, que destrúen o noso tecido produtivo e as nosas conquistas sociais, como pola recentralización rabiosa na que está empeñado. Na medida en que o PP é o principal inimigo dos intereses colectivos deste país nós apostamos por construír alternativas onde sexa posible. Obviamente, terá que ser en torno a proxectos onde haxa unha coincidencia nos criterios básicos, aposta por unha xestión honesta, pola dinamización do territorio, pola defensa da identidade colectiva como país... Veremos que persoas, que plataformas e que partidos obteñen representación; nós estamos abertos a dialogar con todas as que poidamos compartir uns criterios básicos. No polo oposto das cidades están os concellos máis pequenos. Vostedes denunciaron dificultades para conformar candidaturas por mor da presión do PP, pero o PP di que iso é "vitimismo"... É obvio e todo o mundo recoñece. A xente que coñece o mundo rural, e non só o mundo rural, sabe que hai moitas presións do PP e dos círculos próximos ao PP, en moitos casos empresariais, que ameazan a xente para frear a súa participación activa en política como candidatos nas eleccións municipais. Temos innumerables casos por todo o país. Na provincia de Ourense a moreas, pero nas outras, tamén. Esa presión é particularmente sensible neste momento pola situación de precariedade na que moita xente se atopa á hora de buscar emprego. Moita xente depende das posibilidades de emprego que ofrecen as administracións ou de empresas que traballan para elas, e iso é un factor que condiciona e limita as marxes de liberdade real. O problema é que o PP fai un uso absolutamente indecente e antidemocrático desa situación de necesidade na que viven moitas familias, particularmente nos ámbitos rurais, para impedir que se sumen a candidaturas alternativas. "O PP fai un uso indecente e antidemocrático das necesidades de moitas familias para impedir que se sumen a candidaturas" Estas eleccións son o primeiro chanzo dun longo ciclo electoral. Como poden influír os resultados do 24 de maio cara ás xerais e as galegas? Unhas municipais celebradas nun contexto dunha crise social e política tan importante deberían servir non só para avaliar a xestión municipal, senón para responder a unhas políticas xerais do PP que son devastadoras. Nas eleccións de maio nós cremos que se debe avaliar a xestión municipal, pero tamén os proxectos políticos no seu conxunto. E a cidadanía deberíalle dar un escarmento ao PP por levar facendo unhas políticas que, ademais de ser unha traizón a Galiza e á maioría da poboación, son un flagrante incumprimento do seu programa electoral. Tamén creo que estas municipais marcan o inicio dun ciclo electoral no que, previsiblemente, haberá unha recomposición importante do mapa político e partidario. Para Galiza e para o BNG deberían significar poder afrontar as xerais e autonómicas cun proxecto consolidado en todo o país que permita que Galiza acade unha boa representación no Congreso dos Deputados, que permita manter a reivindicación dos intereses estratéxicos de Galiza en primeiro plano, que permita manter a Galiza como nación nunha renegociación do mapa institucional español á par de Catalunya e Euskadi. E deberían servir tamén para sentar as bases dun proxecto que lle dispute ao PP as autonómicas de 2016; é unha necesidade urxente derrotar este PP. Sería desexable unha concentración de forzas na esquerda e no nacionalismo cara a eses procesos? "O BNG ten claro que cómpre reforzar o polo nacionalista e de esquerdas e sempre está aberto a sumar" Dos resultados de maio cadaquén terá que tirar as súas conclusións. Nós agardamos que o proxecto nacionalista se consolide e saia reforzado e, a partir de aí, nós imos traballar por alargar a base do proxecto nacionalista para poder manter unha representación potente de Galiza como nación no Congreso e afrontar as autonómicas coa fortaleza suficiente para liderar a derrota do PP. Temos que avaliar a mensaxe da cidadanía o 24 de maio, pero dende o BNG temos claro que cómpre reforzar o polo nacionalista e de esquerdas en Galiza para podermos seguir mantendo con forza a aspiración a que Galiza sexa recoñecida como nación e deamos pasos cara a conquistas de maiores cotas de autogoberno no horizonte da soberanía. Sempre hai que estar dispostos a sumar e somos moi conscientes de que ese proceso de suma depende da vontade de todos. Dende logo, o BNG sempre está aberto a seguir sumando.
PRAZA_7010
O claustro da USC aprobou por ampla maioría os seus primeiros orzamentos dende 2011. As contas asumen o marco fixado pola Xunta e a continuidade dos recortes en persoal. A Trabe esixe un novo plan de financiamento para salvar a universidade.
O Claustro da Universidade de Santiago (USC) aprobou este martes os seus orzamentos (os primeiros dende 2011) e tamén unha nova programación plurianual que chegará ata o 2018. Fíxoo por unha ampla maioría (95 a favor fronte a 32 en contra e 24 en branco, no caso das contas; 111 votos a favor, 24 en contra e 29 en branco, na programación plurianual), integrando un 85% das emendas presentadas, e nunha xuntanza moito máis tranquila que a do pasado mes de outubro. Na súa intervención, o reitor Juan Viaño sinalou a internacionalización, a axilización da burocracia universitaria e a especialización dos campus como os retos inmediatos da USC, e destacou o incremento nun 3% do número de estudantes incorporados. Iso si, os orzamentos aprobados, reducidos a 167,3 millóns de euros (o pasado ano foron de 174,4 millóns), nacen marcados polas evidentes limitacións de financiamento e por unha certa sensación de resignación. O Claustro aprobou por ampla maioría tanto os orzamentos coma a programación plurianual, integrando un 85% das emendas presentadas A Liga Estudantil Galega e A Trabe presentaron senllas emendas á totalidade, denunciando a "comercialización" e "precarización" no primeiro caso e a a negativa da USC a cuestionar a política de financiamento que marca a Xunta, no segundo. As emendas do colectivo de PAS A Trabe centrárons nas críticas aos recortes en persoal e na demanda da negociación dun novo plande financiamento. De feito, algúns dos seus membros amosaban cartaces nas que sinalaba o paradoxo de que a administración "rescate" bancos, construtoras ou autoestradas "mentres deixan esmorecer os servizos públicos". Seguindo coa ironía chamaban a "converternos en autoestradas" para facilitar o rescate da universidade. A situación financeira da USC é crítica, algo no que coicinden tanto o reitor Juan Viaño e o seu xerente, Xosé Manuel Villanueva, coma colectivos críticos coma A Trabe, mais este critícalle ás contras aprobadas que presenten como "ineludible a submisión aos criterios da Xunta", sen explorar outras alternativas, e alertando de que sen un novo plan de financiamento, a actual situación de recortes en persoal e de limitación de recursos manterase nos vindeiros anos. A Trabe, na defensa da súa emenda esixiulle á dirección da USC que non renunciase á autonomía da universidade e lembrou casos, coma o da Universidade Complutense de Madrid, no que a institución deu a batalla política ante o goberno autonómico para mellorar o seu financiamento. A Trabe critícalle ás contras aprobadas que presenten como "ineludible a submisión aos criterios da Xunta", sen explorar outras alternativas Mantense, por exemplo a taxa máxima de reposición do 10% do persoal docentes e investigador que se xubile, cunha amortización de todas as prazas de PAS funcionario xubilado, a rescisión de todos os contratos de investigación que non estean sufragados por convenios, ou a amortización de prazas de PDI laboral. Os recortes, polo tanto, céntranse no capítulo de persoal, sinalando o Reitorado que os restantes capítulos de gastos xerais e outros xa sufriron unha forte caída nos últimos anos. Os recortes céntranse no capítulo de persoal O xerente da USC, Xosé Manuel Villanueva, defendeu en varios momentos o "principio de realidade", negando a posibilidade de mudar a actual política de recortes, agás no caso de que se producise un incremento dos ingresos, algo que el mesmo sinalou como difícil. Na súa conta de Facebook representantes de A Trabe sinalaban como "curioso" a maneira en que "interiorizamos a culpa". "Como é posible que non haxa un cuestionamento da política de financiamento da Xunta e se insista tanto na culpa da universidade?", preguntábanse, ademais de criticar que a programación plurianual aprobada "insinúa un modelo de universidade precarizado e pouco centrado no servizo público". 'Plan de viabilidade' para as carreiras con pouco alumnado Segundo publica La Voz de Galicia este mércores, a Secretaría Xeral de Universidades remitiulles un escrito ás tres universidades galegas pedíndolles información sobre a matrícula definitiva dos grados no curso 2014-2015 e enumerando as carreiras que estarían obrigadas a elaborar un plan de viabilidade por non chegar ao número mínimo de 45 ou 50 alumnos e alumnas matriculadas. Hai 28 graos que non cumpren este requisito, aínda que varias delas seguramente non terán problemas, por estar moi cerca do límite.
PRAZA_11453
30 entidades da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia organizan un total de 40 accións nunha gran xornada de reivindicación da importancia do noso patrimonio. Destaca a intensa actividade que a Asociación Ponte…nas Ondas! vai levar a cabo ao redor desta data
Este sábado 16 de novembro celébrase o Día Mundial do Patrimonio, establecido dende hai anos pola UNESCO. En Galicia son numerosas as entidades, colectivos e institucións que nesta xornada, nos día previos e ao longo da vindeira semana levarán a cabo actividades de divulgación, debates, exposicións, concursos ou andainas.30 entidades da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia organizan un total de 40 accións nunha gran xornada de reivindicación da importancia do noso patrimonio. Toda a información, horarios, lugares e días de actividades pódese consultar na web redepatrimonio.gal, que realizou un mapa interactivo no que se localizan cada unha das accións.30 entidades da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia organizan un total de 40 accións nunha gran xornada de reivindicación da importancia do noso patrimonioEntre as actividades destacan os roteiros organizados por O Sorriso de Daniel, Apatrigal, Petón do Lobo, Asociación Cova Crea, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación Monte Pindo Parque Natural, Asociación Amigos do Arqueolóxico de A Coruña, Colectivo A Rula ou Mariña Patrimonio. Tamén destacan as xornadas de antropoloxía, medio ambiente e protección do patrimonio a cargo de Monte Pituco e da Sociedade Antropolóxica Galega, ou o encontro Museoescola de Roxin Roxal na Fundación Uxio Novoneyra. Ademais, levarase a cabo unha xornada de limpeza da man da Comunidade de Montes de Baroña, que tamén levará os pequechos da comarca a coñecer o patrimonio e rematará cunha festa da tradición oral e gastronómica. Igualmente, haberá exposicións a cargo da Asociación Lazoiro e Amigos dos Palcos da Música. En Cuntis, os Amigos dos Castros subirán a Castrolandin a escolares e maiores para abrazar o castro e facer unha gran fotografía.O 'Foro Patrimonio e Sociedade' do CCG culminará nunhas xornadas de presentación das conclusións que se celebrarán no Día Internacional do Patrimonio de 2020Coincidindo coa celebración do Día do Patrimonio, o Consello da Cultura Galega presentou o Foro Patrimonio e Sociedade. A iniciativa pretende facer unha análise profunda da situación actual do patrimonio cultural que dará lugar á elaboración dunhas liñas estratéxicas para a súa xestión. Está, segundo destacou a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, "integrado no marco da función asesora da institución de elaborar informes e documentos para a disposición da cidadanía e dos que teñen capacidade de goberno". Este gran foro artéllase en tres mesas de debate participativas que se estenderán ao longo de oito meses de traballo. Esa reflexión e análise culminarán nunhas xornadas de presentación das conclusións que se celebrarán no Día Internacional do Patrimonio de 2020.Ponte nas OndasA Asociación Ponte…nas Ondas! vai levar a cabo unha intensa actividade ao redor desta data. En primeiro lugar, convoca o 3º Certame "As imaxes do Patrimonio" destinado a todas as escolas galegas e portuguesas. O prazo de presentación das fotografías comezará o día 16 de novembro e rematará o 30 de abril de 2020. O obxectivo é que se recuperen e poñan en valor as fotografías con valor patrimonial para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao tránsito do ámbito analóxico para o entorno dixital.Así mesmo, presentou o proxecto "Tesouros Humanos Vivos", realizado a través da iniciativa SmartMinho da Deputación de Pontevedra. Trátase dun traballo de recuperación e posta en valor da memoria cultural galego – portuguesa no territorio do val do río Miño. Son obxecto de estudo e divulgación a través deste proxecto coñecementos como as técnicas de pesca tradicional, os traballos artesanais, os contos e lendas e mesmo as variedades dialectais que dende tempos inmemoriables se transmitían de xeración en xeración, vense agora ameazados pola falta de revelo xeracional e os drásticos cambios na forma da vida da xente nos últimos 50 anos.Igualmente, Ponte nas Ondas promove o Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos". E, ademais, difunde a través das redes sociais un concurso de preguntas sobre o patrimonio inmaterial. Os participantes no desafío optarán a un sorteo de noites en establecementos rurais da rede de Galicia Calidade.
NOS_30089
Máis de 150 moz@s asinaron 'Tempo de Unión', un comunicado no que se pide "unidade de acción" ás "forzas galegas de esquerda" de cara á esta cita electoral. "É o momento de dar un paso adiante", afirman.
'Tempo de Unión. A mocidade pide unidade nacional galega ás xerais' é o nome do manifesto que desde a súa aparición pública o 26 de xullo, o día despois do Día da patria Galega, recolleu máis de 150 sinaturas de moz@s avogando por unha candidatura unitaria para as eleccións estatais que decorrerán antes de que remate o ano. Entre @s asinantes, militantes de diferentes organizacións -políticas, estudiantís- mais tamén moita persoa sen afiliación. Hai persoas desempregadas, traballadoras, emigrantes... que partillan a análise recollida no texto. "Co tecido produtivo desfeito – estaleiros desarticulados, sector lácteo e sector pesqueiro desestruturados, falta de inversión, ausencia total de industrias relevantes – á mocidade galega só lle queda unha saída: a emigración. Esiximos atención, queremos solucións e cremos que é o momento, a través da unidade, de conseguir esas solucións", din no manifesto. "A conquista do poder político" "É o momento de dar un paso adiante. Ante esta crise de lexitimidade do sistema opoñemos o seguinte lema: a conquista do poder político. Estamos dispostas e dispostos a saír a gañar, queremos xogar ata o final, e queremos ocupar o noso propio espazo na partida". Reclámanlle "ao total das forzas galegas de esquerdas, de cara ás eleccións xerais, o mesmo compromiso de unidade de acción que amosa diariamente noutros eidos de acción social". Recoñecen que "as condicións e os efectos da crise en Galiza son marcadamente distintos aos do resto do Estado" polo que "precisamos dunha resposta propia aos nosos problemas".
PRAZA_11284
"Endesa fixo un cálculo de viabilidade baseado en prezos do CO₂ que sabían que non se ían cumprir: a tonelada íase mover entre 25 e 30 euros e fixeron un cálculo que falaba de entre 5 e 7 euros", afirma a ministra Teresa Ribera
"Fago como se non ocorrese porque non me gusta". É o resumo que a ministra para a Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribera, fai para referirse á xestión política da fin das centrais térmicas de carbón na Unión Europea e, concretamente, do impacto que as restricións comunitarias ás emisión de CO2 teñen sobre a térmica das Pontes, cuxo peche Endesa decidiu acelerar. Alén do tirapuxa partidario bosquexado pola Xunta e o PPdeG, no que Ribera é sinalada como "responsable" da decisión da compañía eléctrica, a ministra lamenta que ninguén aproveitase a pasada década para "adaptarnos" a un escenario de fin do carbón e reitera, mesmo con máis claridade que noutras ocasións, unha acusación á Endesa: ofreceu "contras trucadas" sobre a suposta viabilidade da central pontesa."Endesa fixo un cálculo de viabilidade baseado en prezos do CO₂ que sabían que non se ían cumprir: a tonelada íase mover entre 25 e 30 euros e fixeron un cálculo que falaba de entre 5 e 7 euros"Nunha entrevista en Radio Galicia-Cadena SER a responsable de Transición Ecolóxica do Goberno de España censurou a actitude tanto da eléctrica como da Xunta. "Para ninguén era unha sorpresa os prazos" e tampouco "o prezo da tonelada de CO₂ a partir do 1 de xaneiro de 2019". Cando ela chegou ao Ministerio, no verán de 2018, "Endesa comunícame que está acometendo investimentos" e que consideran que a planta das Pontes "é rendible e pode seguir funcionando no marco europeo", relato. Pero en realidade, afirma, o que "houbera é negación da realidade".O truco aludido pola ministra está nas estimacións de rendibilidade da térmica das Pontes realizadas por Endesa, relata. "Fixeron uns cálculos de viabilidade baseados en prezos do CO₂ que sabían que non se ían materializar, porque a Unión Europea xa modificara os prezos de emisión". Así, as autoridades comunitarias xa deixaran claro que "a tonelada de CO₂ se ía mover entre 25 e 30 euros dende o 1 de xaneiro de 2019". Pero a empresa, censura, "fixo un cálculo de rendibilidade que falaba de entre 5 e 7 euros ata, practicamente, o ano 2030". Ou, o que é o mesmo, "fixeron unhas contas trucadas", asegura.A biomasa, inviable para "substituír integramente" o carbónFronte ao desacordo no relato do acontecido, a ministra para a Transición Ecolóxica si concorda coa Xunta e con numerosas voces expertas na materia en que é "imposible pensar", co "volume de xeración" de electricidade que ten a térmica das Pontes, que o carbón "poida ser substituído integramente por biomasa" para que a central continúe funcionando como ata agora. Esta é unha alternativa "interesante", pero sempre que se axuste "aos límites da capacidade forestal e de residuos agrícolas" de Galicia e a súa contorna. Dito doutro xeito, non sería viable importar biomasa ou dedicar novas extensións forestais a especies como o eucalipto para queimalo nas Pontes."Tal e como a coñecemos, probablemente [a térmica das Pontes] teña un percorrido relativamente curto"Estas son algunhas das razóns que levan a Ribera a concluír que "tal e como a coñecemos", a central das Pontes "probablemente teña un percorrido relativamente curto", algo semellante "ao que aconteceu en Meirama". Ante o peche desa central térmica "o señor Feijóo mostrouse máis colaborador, no canto de combatelo negando a realidade", afirma Ribera."Eu escoito ao señor Feijóo dicindo que aposta polas políticas de cambio climático porque o preocupan os seus fillos e netos", pero ao tempo "dicir que hai improvisación" no caso das Pontes "denota unha falta de respecto total, incluíndo aos seus compañeiros" do goberno de Rajoy, afirma, nun contexto no que malia ser coñecidos os prazos, "houbo negación da realidade". "Improvisación é botar a pelota cunha patada para adiante pensando que o problema se podía diluír", ilustra.Ribera lamenta que Feijóo tente "combater" o peche da térmica "negando a realidade"Durante anos, relata, "íase ás vilas a dicir que non se preocupasen, que non imos deixar que os ecoloxistas nos impoñan o dereito da UE" e iso "é unha irresponsabilidade e tomar á xente por parva". Agora, mantén, "imos facer un esforzo máximo" de "acompañamento" ao persoal das Pontes "ocorra o que ocorra, sexa cal sexa o calendario" marcado por Endesa. Non obstante, lamenta, "o mellor sempre é" actuar con antelación e neste caso houbo "sete ou oito anos para adaptarse" que non foron aproveitados.
PRAZA_13490
O xuízo político express ao que foi sometido o ex-bispo católico foi unha parodia, pero legal: cumpriu o mecanismo contemplado na Constitución Nacional paraguaia, que non fala de prazos. Foi tamén unha aberrante demostración do poder que teñen as forzas da dereita cando se unen para actuar como un tractor.
O mércores 20 de xuño comezouse a falar en voz alta de someter a xuízo político a Fernando Lugo (61), electo presidente de Paraguai en 2008 con 40,82% dos votos. Na mañá do xoves 21 a Cámara de Deputados decidiu facelo, por 76 votos contra 1. Antes do mediodía, a Cámara de Senadores comezaba a sesión extraordinaria na que se aprobou o prego de cargos. Para as 7 da tarde do día seguinte o vicepresidente liberal, Federico Franco (49), xa xurara como novo presidente deste país de menos de sete millóns de habitantes, situado no corazón de Sudamérica. Cando rematou a función e as canles de televisión voltaron á súa programación habitual de telenovelas brasileiras e concursos de cus e tetas, os terratenentes (da soia e da gandaría), os dirixentes dos partidos tradicionais e da igrexa católica puideron durmir máis tranquilos que nos 3 anos, 10 meses e 7 días que durou o goberno da Alianza Patriótica para o Cambio (APC). O xuízo político express ao que foi sometido o ex-bispo católico foi unha parodia, pero legal: cumpriu o mecanismo contemplado na Constitución Nacional paraguaia, que non fala de prazos O xuízo político express ao que foi sometido o ex-bispo católico foi unha parodia, pero legal: cumpriu o mecanismo contemplado na Constitución Nacional paraguaia, que non fala de prazos. Foi tamén unha aberrante demostración do poder que teñen as forzas da dereita cando se unen para actuar como un tractor. Lugo foi acusado de cinco cargos: o uso dun cuartel militar para un acto político de mozos socialistas; a instigación á invasión dunha propiedade privada en Ñacunday, ao leste do país; a crecente inseguridade; a firma do Protocolo de Ushuaia II e a súa responsabilidade na matanza, o 15 de xuño, de 17 persoas (once campesiños ocupantes e seis policías) en Curuguaty, ao noroeste do país, nun desaloxo disposto por orde xudicial e solicitado por Óscar Tuma, deputado que unha semana máis tarde cumpriría o rol de fiscal acusador no xuízo político. O campo Morombí, onde ocorreu a matanza, pertence a Blas N. Riquelme, político colorado, que se apropiou del indebidamente, segundo o Informe Final da Comisión Verdade e Xustiza,que investigou os delitos cometidos pola ditadura de Alfredo Stroessner. Foi tamén unha aberrante demostración do poder que teñen as forzas da dereita cando se unen para actuar como un tractor Para preparar a súa defensa de todos estes cargos, a Lugo déronlle menos de un día, e para defenderse axendáronlle dúas horas. Tratábase apenas dun superficial intento por coidar as formas, porque a trama estaba urdida e a sorte lanzada. Estaba a violarse tamén o artigo constitucional que garante a calquera cidadán a posibilidade dun xuízo xusto. Lugo, que o xoves dixo que non ía renunciar e aceptou someterse ao xuízo, despediuse o venres dicindo que non era el quen recibía un golpe, senón a historia paraguaia: "A súa democracia é a que foi ferida profundamente". Quen é Fernando Lugo? Lugo puido ser presidente grazas a unha alianza de pequenos partidos de esquerda, vinte organizacións sociais e o Partido Liberal Radical Auténtico (PLRA), do cal xurdiu o seu sucesor. Unha mestura heteroxénea, onde o factor común era a intención de derrocar ao Partido Colorado, que gobernou ao país durante 61 anos, 35 dos cales -entre 1954 e 1989- foron baixo a ditadura de Stroessner. Lugo puido ser presidente grazas a unha alianza de pequenos partidos de esquerda, vinte organizacións sociais e o Partido Liberal Radical Chegou ao poder coñecido por ser "o bispo dos pobres". Franco, a quen até estas horas os demais de presidentes de América Latina se negan a recoñecer, sempre conspirou na súa contra e nunca ocultou os seus desexos de asumir a primeira maxistratura. Neste mesmo ano someteuse a unha modalidade de enquisa, decidida polo seu partido, para definir o candidato a presidente para as eleccións do ano 2013 e saiu último entre o tres candidatos presentados, a pesar de que para mellorar a súa imaxe fíxose até un estiramento facial e afeitou o bigote de toda a vida. Polo menos a curto prazo, os votos non lle ían permitir consumar as súas ambicións. Franco pode ser presidente hoxe porque o partido Colorado e a igrexa católica déixano. Xuntos, os liberais e os colorados, teñen intereses que defender, principalmente os da oligarquía que concentra en propiedade grandes extensións de terra: o 80 % dos campos fértiles está en mans do 2% da poboación. Moitas desas terras foron malhabidas durante a ditadura. Xuntos, os liberais e os colorados, teñen intereses que defender, principalmente os da oligarquía que concentra en propiedade grandes extensións de terra Lugo tamén deixou que Franco chegase ao cargo. Non puido consolidar unha forza lexislativa. Non soubo capitalizar o entusiasmo que xerou na xente que o votou. A pesar de que puxo en marcha plans sociais importantes, que beneficiaron fundamentalmente os máis pobres, e de que no 2011 o país rexistrou un crecemento económico do 14,5 %, grazas á exportación de carne e soia e ao boom da construción, demostrou unha irritante falta de personalidade e escondeuse cando houbo problemas graves. Viaxou 75 veces ao exterior durante o seu goberno e perdeu reputación cando comezaron a aparecer mulleres demandando o recoñecemento da paternidade dos seus fillos, concibidos durante o tempo en que era bispo. Fillos a quen lles negou o dereito á identidade, o sustento e o agarimo. Ao último, de dez anos, recoñeceuno este mesmo mes. Os seus fillos, o cancro linfático que lle detectaron en pleno exercicio da presidencia e do cal se curou son xa unha anécdota. Que hai detrás deste golpe? Que hai detrás deste golpe? O propio Lugo responsabilizou da súa caída a Horacio Cartes, un dos homes máis ricos do Paraguai, precandidato a presidente polo partido Colorado e cun nome asociado ao narcotráfico. Cartes tamén é propietario de grandes extensións de terra, e comparte coa elite que é dona do país o temor de que, a 14 meses da data en que Lugo debía entregar o poder ao seu sucesor electo por vontade popular, as grandes masas campesiñas sentisen con máis forza que a prometida reforma agraria non se ía concretar. A ocupación de terras en Ñacunday –unha zona de cultivos de soia fertilizados con agrotóxicos– e logo a ocupación do campo Morombí, en Curuguaty, onde ocorreu a matanza que desencadeou a farsa do xuízo político, acenderon nos poderosos o temor de que os campesiños sen terra intensificasen as ocupacións no tempo que lle restaba a Lugo e lograsen desposuílos de polo menos unha parte das súas propiedades. Quen foi o responsable desa matanza? Probablemente nunca se saberá. Hoxe tócalle investigala a unhas autoridades que asumiron os seus cargos precisamente grazas a que ela se produciu Quen foi o responsable desa matanza? Probablemente nunca se saberá. Hoxe tócalle investigala a unhas autoridades que asumiron os seus cargos precisamente grazas a que ela se produciu Lugo xa dixo adeus. Os países do Mercado Común do Sur (MERCOSUR) e da Unión de Nacións Sudamericanas (UNASUR) néganse a recoñecer Federico Franco como presidente do Paraguai. A Organización de Estados Americanos considera que o ex-presidente non tivo o dereito á lexítima defensa e que foron violados principios democráticos. Brasil e Arxentina, os dous países con maior influencia sobre Paraguai, ademais de Uruguai, retiraron aos seus embaixadores "pola ruptura da orde democrática". Aínda con todo isto, é difícil pensar en que a situación se modifique. No seu discurso de asunción da presidencia, Franco comprometeuse a iniciar de forma inmediata un plan de desenvolvemento rural sustentable que permita unha reforma agraria integral e dixo que vai continuar con "todo o que se fixo (...) e que foi ben feito". O problema aquí é quen define o que é ben feito. E para quen. [Crónica enviada por unha xornalista paraguaia que prefere manter o anonimato]
NOS_25027
No interior podes consultar a situación de nivel de alerta concello por concello. Soben a 39 os MUNICIPIOS en alerta vermella por Covid.
A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana subiu hoxe a 39, tres máis respecto da xornada de onte co ingreso neste grupo dos concellos de Cerceda, O Grove e Tui. No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai esta quinta feira un total de 21 concellos, dous menos que na xornada de onte.
NOS_20422
Máis de 180 viveiros de planta ornamental estiveron pendentes de recuperar as perdas que acumulan desde o mes de marzo esta fin de semana polo Día de Defuntos. A decisión da Xunta da Galiza de non permitir os desprazamentos das cidades aos cemiterios do rural aumentou a incerteza no seu futuro.
O sector da planta ornamental é un dos que máis medrou no rural galego nos últimos anos, con máis de 180 viveiros en funcionamento que dan traballo, de maneira directa, a unhas 1.500 persoas. A pandemia da Covid-19 e as medidas sanitarias que se aprobaron desde o seu inicio no mes de marzo causáronlles importantes perdas polo propio sistema de produción que se emprega na Galiza. Santiago Ramos, técnico da asociación de Viveiristas Asvinor, fala de grande "incerteza" no seu futuro. "Agora teriamos que estar preparando os cultivos das primaveras de 2021 e 2022", explica a Nós Diario, "e neste intre non saben que facer, aínda que se non producen o sector morre", engade. Axudas insuficientes Desde Asvinor solicitaron axudas ao Goberno español e ao galego cando se decretou o confinamento no mes de marzo. "O Ministerio sacou unha liña de axudas por valor de 10,4 millóns de euros para todo o Estado español, cun máximo de 20.000 euros por explotación para destrución de plantas" sinala Ramos, "cando temos na Galiza viveiros que tiveron gastos de máis de 150.000 euros por ese concepto", asegura. Desde Asvinor tamén solicitaran á Xunta da Galiza que houbese axudas para a destrución de planta e facturación. "Ao final, por normativa europea, foron para manter en funcionamento o sector", relata o xerente de Asvinor. Fechamento perimetral no Día de Defuntos Segundo Asvinor, algo de planta tivo saída estes días co motivo da celebración do Día de Defuntos, "aínda que moita xente agardou saber se podería ir aos cemiterios". Agora, coa decisión do Goberno galego do fechamento perimetral de todas as cidades e das súas áreas metropolitanas, aseguran que haberá "unha baixada marcada das vendas con respecto a anos anteriores". A situación é "dramática", en opinión de José Ramón González, responsábel de agricultura e produción extensiva de UUAA. Desde esta organización teñen claro que as axudas anunciadas "son insuficientes". González indica a Nós Diario que "habería que facer un esforzo importante" e a cantidade de 3 millóns de euros anunciada por Medio Rural é "insuficiente". En Ferrol, a cooperativa Agroflor perdeu máis de 100 mil euros por non aproveitar as datas importantes en que máis se venden flores, mais agardaban recuperar unha parte da produción para esta fin de semana co Día de Defuntos. Lucía Iglesias, da cooperativa Agroflor, relata como mudou a situación nunhas horas cando se soubo do anuncio de fechamento das cidades. "Estabamos con moita xente na tenda, mesmo con persoal para limitar a ocupación, cunha gran cantidade de encargas preparadas e nuns minutos deixou de vir a clientela e comezaron as cancelacións", explica a Nós Diario, "é como se agora non tivesemos aberto", engade. Un dos seus mellores compradores é unha gran superficie comercial e desde a súa xerencia chamaron para anular demandas asegurando que, no mesmo momento de saberse a nova da restrición de movementos, as persoas que levaban flores nos carros optaron por devolvelas. Desde a cooperativa pensaban vender ao redor de 20% menos que noutras campañas, mais agora, após as novas restricións perimetrais, contan con que as cifras sexan peores. "Nós non cremos que teñamos ninún tipo de axuda", sentenza.
PRAZA_16019
GRÁFICOS INTERACTIVOS A causa fundamental do devalo de ata un 60% nos investimentos reais do Estado en Galicia é a fin das grandes partidas do AVE. No intenso período electoral aberto en 2014 as cantidades orzamentadas aumentaron mentres o investimento non deixou de caer A "chantaxe" de Rajoy na negociación dos orzamentos deixa no aire 321 millóns para Galicia HEMEROTECA | O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE
HEMEROTECA | O investimento do Estado en Galicia cae un 32% ao chegar á fin das grandes partidas do AVE A presentación política dos Orzamentos Xerais do Estado para Galicia vai tardar moitos anos en volver ser a mesma. Durante a pasada década os sucesivos responsables do Goberno de España venderon as súas contas centrándose nas grandes cifras e en incrementos de investimentos que non deixaban de medrar ano tras ano. A causa fundamental desas subas continuas eran as obras da conexión ferroviaria de alta velocidade coa Meseta, o AVE a Madrid. Os Orzamentos do pasado 2017 foron, cunha caída do 32% do investimento previsto para Galicia, a primeira gran mostra de que esas grandes partidas do AVE están a chegar á súa fin, igual que as propias obras. No entanto, a caída en picado foi aínda máis intensa se no canto de ás cantidades orzamentadas antendemos ao investimento real, ao efectivamente gastado. A causa fundamental do devalo de ata un 60% nos investimentos reais do Estado en Galicia é a fin das grandes partidas do AVE Anualmente o Goberno central elabora unha memoria na que debulla as actuacións da Administración xeral do Estado en cada unha das comunidades autónomas. A última referente a Galicia viu a luz no remate do pasado ano e contén datos correspondentes a 2016. O documento, que resume cifras do último cuatrienio, amosa ás claras un devalo próximo ao 60% entre 2013 e 2016, isto é, nos anos en que dende o Executivo de Mariano Rajoy se comezou a proclamar a denominada "senda da recuperación" tras os anos de recesión e crise económica. O groso da caída corresponde ao ministerio máis investidor, o de Fomento, responsable de financiar o AVE: de 1.300 millóns de investimento real en 2013 pasou a menos de 500 en 2016. Estes datos oficiais demostran, ademais, a importancia relativa das lixeiras subas nas cantidades orzamentadas se despois o ritmo de execución das obras e investimentos non é o que corresponde. Así, por exemplo, entre 2013 e 2014 a cantidade orzamentada polo Goberno de España para Galicia ascendeu lixeiramente; en ambos anos o investido foi máis do orzamentado -por mor dos fondos de exercicios anteriores-, pero mentres que sobre o papel o esforzo investidor estatal en Galicia aumentaba case un 4%, os investimentos reais caían practicamente un 20%. No intenso período electoral aberto en 2014 as cantidades orzamentadas aumentaron lixeiramente mentres o investimento real non deixou de caer Foi a partir de 2014 cando a fenda entre fondos orzamentados e investimentos reais comezou a alargarse e a quedar as cifras pintadas moi por riba do efectivamente gastado. Estes foron os anos da parálise dalgúns dos treitos máis complexos do AVE a Madrid á altura da provincia de Ourense. Mentres, no intenso período electoral, dende o PP -e despois, tamén dende Ciudadanos- se teimaba na promesa de rematar estes traballos en 2018 malia ser imposible, o certo é que se producía a maior diferenza rexistrada nos últimos anos entre orzamentos e investimento real: 1.367 millóns orzamentados e 698 investidos, sempre segundos os datos oficiais do Goberno de España. Os datos de investimento real veñen ratificar a tendencia á baixa que xa reflectían os sucesivos Orzamentos Xerais do Estado, cuxas previsións de investimento en Galicia van regresando, aos poucos, aos niveis previos á etapa de José Luis Rodríguez Zapatero en La Moncloa, cando comezaron a orzamentarse e executarse as grandes partidas do AVE. Non en van, o descenso por baixo do limiar dos 1.000 millóns, rexistrado nas contas de 2017, devolveu esta previsión de investimento ao nivel máis baixo dende 2004, as últimas contas elaboradas polo Executivo de José María Aznar.
NOS_45296
Arrancan os traballos de filmación da película que en 2020 levará á pantalla a vida de Moncho Reboiras. O equipo comezou coa gravación da primeira das entrevistas. Unha conversa conxunta ás dúas últimas persoas que Reboiras se atopaba antes de ser asasinado: Elvira Souto e Lois Ríos.
Comeza a conta atrás para que o filme que levará ás pantallas en 2020 a traxectoria de Moncho Reboiras sexa unha realidade. Esta sexta feira iniciáronse en Teo os traballos de filmación coa primeira das entrevistas: a Elvira Souto e Lois Ríos, as dúas últimas persoas coas que Reboiras se atopaba antes do seu asasinato. Os tres estaban xuntos o 12 de agosto de 1975 nun piso de Ferrol cando se decataron da chegada da policía franquista e cando tiveron que emprender a fuxida. O filme, producido pola Fundación Terra e Tempo e dirixido por Alberte Mera, reconstruirá a vida de Reboiras e o seu pensamento a través de entrevistas a máis de 15 testemuñas que partillaron diversas etapas da vida con el e incluirá secuencias audiovisuais que recrearán momentos relevantes na súa traxectoria. Unha recreación coa que colaborará Nós Produtora Cinematográfica Galega. O material de arquivo e a documentación reunida tamén formarán parte da película. Este será pois o primeiro filme documental sobre o último loitador galego morto en desigual combate contra Franco. Preténdese construír un relato fiel de Reboiras, aquel mozo de conviccións nacionalistas que se converteu moi cedo en destacado membro da clandestina Unión do Povo Galego. Camiñando cara aos 20.000 euros Para facer de Reboiras. Acción e corazón unha realidade o ano que vén, cando se fan 45 do asasinato, a Fundación Terra e Tempo iniciou unha campaña de micromecenado -aberta até finais de agosto- coa que busca conseguir 20.000 euros. As achegas realizadas a través da web da Fundación Goteo desgravan entre un 30 e un 75% do importe achegado. As persoas que desexen participar poderán escoller entre diversas modalidades de achegas (10, 20, 50, 200 ou 500 euros) e en función da opción escollida, recibirán unha serie de obsequios, entre os que figuran a mención nos créditos do filme; un convite para asistir a dúas sesións da rodaxe; un exemplar do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70; as Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes; o documentario Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo e a serigrafía numerada e asinada Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, obra orixinal de Xoán Guerreiro (Xove, 1959), un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional. O equipo O filme documental será o quinto que dirixa Alberte Mera (Vigo, 1987) após as curtametraxes Camiño da Memoria (2011), Deixádeas Pasar (2012) e as longametraxes documentais Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013), as dúas últimas tamén producidas pola Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas e publicadas en libro-DVD. O equipo da película compóñeno Roberto Vilameá, presidente da Fundación Terra e Tempo e responsábel da produción executiva do filme; José Aragunde, director de fotografía; Xosé Lois Ledo, director de produción; Irene Pin, coordinadora de produción, Marco Outeiro e Alberte Mera estarán na edición, Marcos Paino encargarase da edición e da posprodución de audio e a cooperativa Numax que realizará a etalonaxe. Patricia Cid e Daniel Chaves encárganse do deseño multimedia e a xornalista especializada en difusión cultural Paula Cermeño leva a comunicación. O cartel do filme é unha ilustración do artista gráfico Pablo Prado.
PRAZA_17637
Entre 2005 e 2012 o número de persoas usuarias das estacións situadas entre as dúas cidades mantivérasese estable, pero tras a decisión do Goberno central de suprimir 20 trens semanais e pechar dúas paradas, reduciuse á metade. No 2017 a cifra de viaxeiros incrementouse nun 13%. A Plataforma pola Defensa do Tren reclama o reforzo do ferrocarril de proximidade HEMEROTECA | O tren de proximidade da Coruña xa ten as vías, falta a "vontade"
A finais de 2012 o Goberno central decidiu a supresión de numerosos servizos de tren convencionais. En Galicia iso supuxo o peche de 30 estacións e apeadeiros e tamén a eliminación de frecuencias en moitas liñas, de xeito que un gran número de paradas (21) ficaron cun só tren por día en cada sentido. A medida viña engadirse a unha sucesión de peches na década anterior, que afectara ao 77% das estacións galegas. Hai uns meses o Executivo de Mariano Rajoy decidiu manter o recorte de servizos ferroviarios que aplicou en Galicia en 2013, mentres que noutras comunidades apostou por reverter algún dos recortes. Naquel ano 2013 suprimíronse un total de 20 trens semanais entre Ferrol e A Coruña, pechándose os apeadeiros de Franza (Fene) e Paderne, mentres que Neda, Barallobre, Cecebre e Cambre ficaban limitados a un só servizo diario. A Plataforma pola Defensa do Tren a Coruña e As Mariñas leva anos reclamando o reforzo dos servizos ferroviarios nas comarcas da Coruña e Ferrolterra, chamando a atención de que Galicia é a única comunidade litoral que carece de tren de proximidade e que esta zona -que suma 420.000 habitantes contando unicamente os dos concellos que atravesa a liña- sería un espazo ideal para desenvolver este tipo de servizos. Porén, a realidade é que a liña non só non se reforza, senón que mesmo perde servizos, o que fai máis difícil que se converta nunha alternativa atractiva para os usuarios e usuarias. A evolución do número de viaxeiros e viaxeiras que subiron ou baixaron aos trens de media distancia nas estacións situadas entre Ferrol e A Coruña (agás os propios datos da estación herculina) amosan unha tendencia decrecente nos últimos anos, motivada sobre todo polos recortes efectuados no ano 2013. De feito, os datos totais de usuarios e usuarias en 2005 e 2012 (99.970 e 99.810) son case idénticos. Posteriormente, entre 2012 e 2016 a cifra case se reduciu á metade (50.418), experimentando unha lixeira recuperación entre 2016 e 2017, chegando aos 56.935, no último dato que posúe ADIF, ao que tivo acceso Praza.gal. Analizando os datos por estacións, obsérvase unha tendencia semellante en case todas elas, cunha certa estabilidade entre 2005 e 2012 e importantes descensos dende entón. No gráfico obsérvase a desaparición das paradas de Franza e Paderne e tamén como a limitación de Neda, Barallobre, Cecebre e Cambre a un só servizo diario fixo descender a súa cifra de usuarios e usuarias nun 85% nos casos, por exemplo, de Cambre e Neda. Dúas estacións que antes do recorte superaban os 1.500 e os 1.000 viaxeiros ao ano hoxe móvense en cifras testemuñais, por debaixo dos 200 usuarios. "As estacións que se manteñen cunha soa parada ao dia están condenadas de antemán á desaparición a curto prazo, xa que os horarios ofertados non teñen sentido ningún", alertaba neste senso CC.OO en 2013, no momento en que se fixo efectiva a supresión de frecuencias. O devalo no número de usuarios e usuarias afecta a todas as estacións, dende as máis próximas á cidade da Coruña como O Burgo e Elviña/Universidade, ata as situadas na comarca de Ferrolterra. Nos últimos anos a Plataforma pola Defensa do Tren A Coruña As Mariñas vén realizando propostas para aproveitar a infraestrutura existente e dotar sun servizo útil ás persoas que se moven entre A Coruña e os concellos próximos -Oleiros, Culleredo, Cambre, Betanzos...- por razóns laborais e de ocio. A entidade mesmo chegou a cifrar en 1.2 millóns de euros anuais o investimento aproximado que sería necesario para incrementar os servizos entre A Coruña e Betanzos de 5 a 15, incorporando ademais seis novos apeadeiros. Nas estatísticas que manexa Adif chama atención a forte caída de usuarios e usuarias da estación do Burgo (un núcleo moi poboado), que pasou de 5.245 viaxeiros e viaxeiras anuais en 2012 a 3.158 o pasado ano. Ou a parada de Elviña, a carón do Campus universitario, que viu neste tempo dividido por catro o seu uso (de 4.075 a 1.013). A liña A Coruña-Ferrol vén sendo "esquecida e degradada e que pouco a pouco foi perdendo ocupación e capacidade de servizo", destaca Alberto Díaz, voceiro da Plataforma. "En aras dunha mobilidade sostible e da defensa do medio ambiente, alguén ten que asumir o investimento oportuno para que esta rede ferroviaria sexa realmente vertebradora para todos os concellos polos que pasa e permita comunicacións rápidas e baratas entre eles", sinala. Cada día entran na Coruña uns 200.000 coches, un número que se podería reducir en 50 mil vehículos cun servizo de tren de proximidade axeitado, destacan dende a Plataforma, que reivindica maiores investimentos no ferrocarril convencional, que na actualidade só recibe o 30% das achegas públicas en infraestruturas, fronte ao 70% que vai destinado á construción de novas liñas de alta velocidade. E iso a pesar de que o AVE só é utilizado polo 4% dos viaxeiros e viaxeiras, mentres que o tren convencional reúne o 96% dos usuarios e usuarias. A Plataforma destaca que o tren de proximidade é "ecolóxico, sostible, eficiente e cómodo". Ollando o lado positivo, pódese observar unha certa recuperación das cifras no último ano, entre 2016 e 2017. O número total de viaxeiros e viaxeiras creceu un 13%, un ascenso que foi especialmente importante en Ferrol, cun 14% (cifras unicamente de media distancia, sen contar usuarios e FEVE ou longa distancia). Tamén Cabanas (+35%), Miño (+27%), Betanzos (+23%) e O Burgo (+17%) experimentaron crecementos notables. Tan só Neda, Cambre e Universidade perderon viaxeiros o pasado ano.
NOS_49125
Axentes sociais urxen que a Consellaría de Medio Rural actúe en defensa da produción leiteira nun dos momentos máis complexos do sector nos últimos anos.
Unha crise que non sabemos cando comezou nen se rematará algún día. Este é o contexto que atinxe o sector do leite na Galiza desde hai anos, mesmo décadas. As razóns son múltiples e estruturais. Porén, nas últimas semanas a realidade de ducias de explotacións tense tornado extrema. O cesamento nas recollidas por parte de Leite Río en granxas da Terra Chá, Teixeiro ou Rodeiro puxo en xaque o mantemento de familias enteiras e dun sector que, nas comarcas rurais, constitúe o principal eixo da economía. Segundo os dados fornecidos pola FEGA, na Galiza mantéñense –de media os máis baixos de todo o Estado español (0,28 céntimos) sendo que a propia Xunta recoñece a existencia de 2.751 explotacións que estarían a vender o leite por baixo dos 0,26€ e 541 a menos de 0,20€. Unha situación "ruinosa" e "insostíbel" no tempo, afirman as organizacións agrarias, que podería atinxir máis explotacións das recoñecidas polo goberno galego. Abordamos os últimos acontecementos con Elías Somoza (Fruga), Javier Iglesias (UU.AA), Isabel Vilalba (SLG) e Xosé Manuel Rivas, Mini, alcalde de Boimorto. A reportaxe completa sobre este tema tela ao teu dispor no número 154 do semanario en papel. Á venda xa nos puntos habituais e na nosa loxa.
NOS_41231
Supón o 17% do total. Ese grupo, nas eleccións vascas, é apenas o 3,8%.
Un total de 2.701.837 persoas teñen dereito a votar nas eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. Deles, 2.255.602 electores residen en Galiza e 446.235 residen no estranxeiro con concello de inscrición en Galiza. Perto do 17% das persoas que o 25S poden exercer o dereito a voto non viven no noso país. Unha porcentaxe moi diferente é a que presenta Euskadi, o outro territorio do Estado que vota o 25 de setembro. Alí o número de electores residentes no estranxeiro é de 69.130, o que supón o 3,8% do total. Desas perto de 450.000 persoas que poden votar o 25S, segundo vén de informar esta segunda feira o Instituto nacional de estatística (INE), unha parte considerábel, case unha de cada tres, reside en Arxentina: 156.887. Séguelle Brasil, con 41.266 residentes con dereito a voto en Galiza, Venezuela (38.788) e Cuba, con 37.373 persoas. Uruguai e Suíza están entre os países onde residen máis de 30.000 galegos que poderán exercer o voto nas eleccións galegas. Francia e Estados Unidos teñen uns 16.000 cada un. Alemaña (14.111 electores), Reino Unido (case 12.000) e México (11.244) tamén fan parte desta listaxe. Ademais, hai 78.172 persoas que van poder participar por vez primeira nunhas eleccións galegas, pois fixeron os 18 anos desde a anterior votación ao Parlamento de Galiza, uns comicios que decorreron o 21 de outubro de 2012.
NOS_8331
Diego Calvo sobresae como o mellor posicionado, por riba do vicepresidente primeiro da Xunta Alfonso Rueda.
O Partido Popular galego camiña cara ao seu XVII Congreso. Ao plenario, que decorrerá 16 e 17 de xullo, sucederanlle os congresos provinciais en que se renovarán as direccións territoriais do partido. No resultado deses procesos estarán moitas das chaves do relevo de Alberto Núñez Feixoo que, polo de agora, segue sen aclarar se optará ou non a un quinto mandato na Xunta. Co obxectivo de que o Goberno galego e o partido "sigan unidos" nos tres anos que fican de lexislatura, Núñez Feixoo confirmou que se presentará á reelección para presidir o PPdeG. Así o ratificou onte ante a xunta directiva do partido, reunida na capital galega. "Sigo ao dispor do partido no que creo e iso é o meu modo de seguir ao dispor da Galiza", proclamou. E como Feixoo segue sen desvelar se volverá presentarse para presidir a Xunta, todas e todos os aspirantes a relevalo son ben conscientes do peso que no PP galego teñen as estruturas provinciais e non van deixar pasar por alto a oportunidade de situarse estratexicamente nelas para estar en boa posición de saída ante unha posíbel operación relevo. Na Coruña o camiño parece despexado para que repita como presidente provincial do partido Diego Calvo, que parte como o mellor situado para suceder Feixoo. Calvo vs Rueda Calvo conta coa confianza do titular da Xunta e de Pablo Casado e a nivel institucional ocupa a Vicepresidencia primeira do Parlamento. En febreiro foi o encargado de viaxar a Madrid para defender no Congreso a proposta da Cámara galega para a transferencia da AP-9. A representación galega completábana a líder do BNG e o do PSdeG, o que situou Calvo, de facto, como número 2 do PP, por riba mesmo do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda. Precisamente este pontevedrés soa desde hai anos como sucesor de Feixoo, mais ultimamente esta posibilidade fica máis lonxe. Rueda preside o PP provincial de Pontevedra mais xa non conta co apoio incondicional de Feixoo nin co do PP vigués nin doutros concellos que recelan do grupo dos populares pontevedreses -que ten Mariano Raxoi e Ana Pastor como buques insignias-, xa que tradicionalmente acaparan altos postos gobernamentais sen seren capaces de gañar eleccións. Lugo abre interrogantes. Hai cinco anos que Elena Candia, hoxe deputada no Parlamento mais daquela alcaldesa de Mondoñedo, arrasou con 69,6% dos votos na elección á Presidencia provincial do partido, contando co apoio do seu antecesor, José Manuel Barreiro. Candia gañou así nas urnas á candidata de Feixoo, Raquel Arias, daquela delegada da Xunta en Lugo. Con todo, a relación Candia-Barreiro xa non é a que era, polo que o futuro da mindoniense á fronte do PP lugués está no ar, sobre todo despois de ficar como deputada na Cámara, sen Consellaría na Xunta, a pesar de nas eleccións encabezar a candidatura por Lugo. Mentres, en Ourense non hai obstáculos elevados para que Manuel Baltar recunque no liderado da dirección provincial do partido, sobre todo mentres manteña a Deputación consigo. Como marca a tradición, os pasos e relevos nas estruturas provinciais sinalan o futuro do PP galego. Aliás, no congreso hai outros interrogantes como a continuidade de Miguel Tellado na secretaría xeral do partido.
NOS_20947
A ministra Raquel Sánchez promete unha bonificación para o pagamento dos carburantes de 500 millóns de euros a partir do 1 de abril.
O Goberno estatal acordou coas principais organizacións empresariais do sector do transporte unha bonificación para o pagamento dos carburantes de 500 millóns de euros a partir do 1 de abril, a fin de compensar o impacto que a suba do petróleo está a ocasionar no sector do transporte. Así o anunciou a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, logo de reunirse co departamento de Mercadorías do Comité Nacional de Transporte por Estrada (CNTC, en español), que di representar 85% das empresas do sector. En concreto, a principal medida acordada será a aplicación de maiores bonificacións por medio do denominado 'gasóleo profesional', que é a bonificación fiscal que o sector do transporte pode aplicar ao imposto de hidrocarburos. Aínda que o Goberno e as organizacións empresariais pactaron unha nova xuntanza para a vindeira sexta feira para especificar a contía desa nova bonificación, Sánchez avanzou que o seu alcance será de 500 millóns de euros. Estas negociacións prodúcense á marxe do paro indefinido de transportistas convocado por unha asociación minoritaria do sector que non ten representación no CNTC, pero que ocasionou unha alta incidencia na subministración de bens pola presión feita nas estradas e contra condutores asalariados, que, ao non ser unha folga, non estaban chamados ao paro. Oitavo día de paro: os accesos a Vigo e Santiago, ocupados polos transportistas Neste senso, o presidente da área de Mercadorías do CNTC, Carmelo González, trasladou as súas "desculpas" a todos os sectores que se viron prexudicados por este paro, a pesar de lembrar que eles non quixeron que se convocase, defendendo, pola contra, o "espírito de atopar solucións". Do seu lado, a ministra referiuse a unha "minoría" de persoas dentro de paro de transportistas que actuaron con "violencia e coaccións", e instou os camioneiros a saíren mañá a traballar, porque o Goberno "estará con eles para defender a súa seguridade e os seus intereses, que representan o interese xeral". "Agora mesmo hai máis camións parados por medo ás accións violentas e polos bloqueos dos piquetes, aos que nestes momentos seguen sometidas as empresas transportistas que tentan seguir co seu traballo para que non haxa desabastecemento no país, que por secundar o paro", sinalou o vicepresidente executivo da Asociación do Transporte Internacional por Estrada (Astic), Ramón Valdivia, unha das organizacións presentes no CNTC, en declaracións a Europa Press. Outros acordos Alén da bonificación fiscal de 500 millóns de euros para o carburante, as negociacións culminaron con outras dúas medidas relevantes para o sector, como proceder á devolución do 'gasóleo profesional' de forma mensual, e non trimestral como até o de agora, e a publicación dos prezos de forma semanal, e non mensual. Gandeiros advirten dun "risco de creba" pola folga do transporte: "Non nos poden facer reféns dos seus dereitos" Aliás, o Goberno comprometeuse a acelerar todas as medidas consensuadas o pasado mes de decembro, que evitaron un paro convocado polo propio CNTC, entre as que destacan a prohibición de que a carga e descarga a fagan os camioneiros ou reducir a unha hora a espera a partir da cal o transportista pode pedir compensacións aos clientes. Raquel Sánchez sinalou que a rebaixa de impostos aos carburantes ou do IVE, como pedía a oposición, non é unha opción, posto que a fiscalidade xa é "a máis baixa que permite a normativa europea" e que non ía ter efecto no transporte, debido a que os seus profesionais xa poden aplicar unha dedución do IVE.
NOS_24860
Alberto Núñez Feixoo arrancou oficialmente nesta cuarta feira a carreira para liderar o PP no Estado. Rodeado dos principais dirixentes da formación, nun acto celebrado no pavillón compostelán do Sar, defendeu a súa candidatura á presidencia e recoñeceu que se trataba dunha responsabilidade ambicionada desde hai anos. Mentres se dispón a abandonar Galiza, aumenta a tensión interna para sucedelo.
A intervención de Alberto Núñez Feixoo diante da Xunta Directiva dos populares galegos non deparou ningunha sorpresa. O dirixente popular presentouse como un político de "traxectoria", que deu o paso adiante, "porque teño a seguridade de que sempre tratei de actuar con honestidade, e porque sei o que significa gobernar, e o Goberno de España non sabe facelo". "Non son un político de manual, de tuits e faladoiros", continuou Feixoo, quen marcou como obxectivo "derrotar o multipartito, socialista, comunista e nacionalista". O mandatario galego sinalou que "non veño insultar a Pedro Sánchez, veño gañar a Pedro Sánchez" e reclamou "aglutinar aos españois que queren un Goberno diferente". Neste sentido, defendeu "dar un paso á fronte, e hai que darlle a este país o Goberno que necesita" e xustificouno en que "podería alegar que todo isto non ten nada que ver co PPdeG ou comigo mesmo, pero si ten que ver, porque a Galiza non lle é indiferente o que lle pasa a España". "Hai situacións que nin se buscan nin se escollen, pero que hai que abordar. Un non elixe cando ten que gobernar, e sempre nos tocou gobernar en momentos moi difíciles", aseverou Feixoo. O "PP que España está agardando" O aspirante á presidencia do PP do Estado apostou en chave orgánica polo "PP que España está agardando, o que queren os seus militantes e votantes, os que foron, os que deixaron de ser e volverán a ser", "un partido unido, integrador, sólido, solvente, que diga non cando faga falta, e que diga si cando sexa preciso", "o partido que queren a maioría dos españois". Asemade, nunha intervención cunha forte carga ideolóxica, cargou contra aquelas formacións políticas que cuestionan o marco constitucional, o proxecto da Unión Europea e "incluso a OTAN", declarándose como alguén que "creo nunha España unida". O dirixente popular deixou claro que ten previsto continuar á fronte da Xunta da Galiza nas vindeiras semanas. A este respecto, nun acto desenvolvido na sede da Fundación Santiago Rey, na maña da cuarta feira, afirmou que "son perfectamente consciente de cal é a miña responsabilidade e actuarei de acordo con esa responsabilidade. Eu dixen que non me ía de Galiza nun mes, díxeno no ano 2018, e no ano 2022 non vou cambiar de criterio". Neste sentido, fontes populares consultadas por Nós Diario sinalan que a súa renuncia á presidencia do Goberno galega farase efectiva antes do verán. "É curioso que a oposición me diga cando dimite vostede, será cando considere oportuno. Fin da explicación. Vivimos nunha democracia e a pesar de que a algúns non lles gusta a Constitución nin o Estatuto e invéntanse leis para impoñer aos demais aínda que eles non as cumpran, en España é perfectamente compatíbel ser presidente dunha comunidade e dun partido", declarou Feixoo, a quen os estatutos da súa formación impídenlle partillar ao mesmo tempo a presidencia do PP galego e estatal, polo que no caso de ser elixido o 2 de abril máximo responsábel da formación deberá abandonar o seu cargo orgánico na Galiza. Un proceso de sucesión moi complicado Alberto Núñez Feixoo sabe das dificultades do seu proceso de sucesión na Galiza. Neste sentido, as fontes populares consultadas por Nós Diario recoñecen as tensións entre as diferentes familias do partido e adiantan a Alfonso Rueda e Diego Calvo como os candidatos mellor situados para substituír ao aínda presidente galego. Na mesma liña, o círculo de confianza de Feixoo aposta por un relevo pactado e sen conflito interno, decantándose porque sexa este quen nomee ao seu sucesor, delegando a decisión na Xunta Directiva galega da formación. A aposta por un candidato de unidade designado por Feixoo non convence nunha parte das estruturas de dirección provincial do partido. A este respecto, persoas próximas a Feixoo comentan a Nós Diario que "a situación é moi diferente a 2006, de feito o único dirixente con peso real no partido á marxe de Feixoo é Baltar, sendo moi escasa a influencia doutros presidentes provincias como Candia en Lugo, Calvo na Coruña ou mesmo Rueda en Pontevedra". Porén, confirman os movementos internos é a tentativa de José Manuel Baltar en converterse en árbitro da situación. Candidato a presidencia do Goberno A elección como presidente do PP converte a Núñez Feixoo automaticamente en candidato á presidencia do Goberno do Estado. Segundo os estatutos da formación, "o presidente Nacional do Partido Popular, elixido polo Congreso, será o candidato do Partido á Presidencia do Goberno. Nos supostos de dimisión, falecemento ou incapacidade do Presidente Nacional, a Xunta Directiva Nacional, a proposta do Comité Executivo Nacional, designará o candidato do PP".
NOS_34610
Até agora vinte e tres concellos galegos aprobaron mocións rexeitando o TTIP, o acordo internacional irmán do CETA que está a vetar o parlamento valón.
O non de Valonia ao CETA, o acordo internacional con Canadá, está a dar máis dunha dor de cabeza nas altas instancias de Bruxelas e Ottawa, para alén dos mandamáis económicos de ambas as dúas beiras do Atlántico. Mais Valonia non está soa. Non é o parlamento valón a única administración que rexeitou un dos acordos internacionais transatlánticos, acordos que levan meses xerando protestas tanto polo secretismo na súa negociación como polos seus efectos prexudiciais no económico, social e ambiental. En Galiza poderiamos dicir que hai 23 valonias. Son os 23 concellos nos que, até o de agora, se votou contra o acordo internacional transatlántico que están a negociar a Unión Europea e Estados Unidos, irmá do CETA que rexeitou a Cámara valona. Desde muncipios pequenos Manzaneda (975 habitantes) até cidades como Pontevedra (98.560) dixeron non o tratado transatlántico de comercio e investimentos (TTIP) aprobando mocións nas que se declararon "territorios libres de TTIP". Entre todos eles suman por volta de medio millón de habitantes, o que supón case unha cuarta parte da poboación galega. Hai concellos gobernados polo BNG (Pontevedra, Rianxo, Poio ou Allariz), polas candidaturas municipalistas ou marés (Compostela, Manzaneda ou Cangas), o PSdeG (Lugo, O Barco..) ou mesmo o PP (Folgoso do Courel). Para alén de prexuízos laborais e sociais, unha das preocupacións amosadas nestes concellos de Galiza é o impacto que o TTIP pode ter sobre os sectores primarios galegos, e non só, tanto no agro coma no mar. Unha preocupación que se recolle expresamente en mocións aprobadas nalgúns concellos, como é o caso de Rianxo, que fai referencia expresa aos perigos e impactos que tería sobre a pesca e o cultivo do mexillón, bases económicas da Ría de Arousa. O mesmo argumentario que mantén Valonia a respecto do CETA, do que desconfía por entender que, alén de dar excesivo poder ás multinacionais, prexudicaría os seus sectores produtivos. Os concellos que dixeron non ao tratado transatlántico de comercio e investimentos foron: Ames, Nigrán, Narón, Gondomar, Santiago de Compostela, Pontevedra, Cangas, O Barco, Ponteareas, Lugo, Ribadavia, Baños de Molgas, Entrimo, Barbadás, Allariz, Manzaneda, Rianxo, Redondela, O Grove, Vilar de Santos, Pobra de Trives, Viana do Bolo e Poio. En 13 concellos galegos rexeitouse a moción que pedía dicir non ao TTIP: A Coruña, O Porriño, O Carballiño, Monterrei, Taboadela, Ferrol, Vigo, Xinzo, Ourense, As Pontes, Vilar de Barrio, Toén e Pereiro de Aguiar.
PRAZA_8376
Miren Etxezarreta, catedrática da UAB, falou na Semana Galega de Filosofía sobre a "estratexia do esquecemento no capitalismo". Defende unha reforma do sistema público de pensións sostido polos impostos xerais.
A economista Miren Etxezarreta, catedrática da UAB, ofreceu unha conferencia este martes na Semana Galega de Filosofía sobre a "estratexia do esquecemento no capitalismo". Experta en Economía Agraria e no sistema público de pensións, actualmente participa activamente en diversos movementos sociais, e en particular no Seminario de Economía Crítica TAIFA dedicado a promover a crítica da Economía convencional, a formación de economistas novos e a divulgación crítica de temas económicos de actualidade a través da publicación de Informes de Economía Crítica. É tamén habitual ler os seu artigos en Rebelión, Le Monde Diplomatique ou en Público e foi moi comentada a súa intervención ante o Parlament de Catalunya en 2011 no marco das protestas do 15M. No contexto dunhas xornadas que xiran ao redor da memoria, afirmou que "a memoria constitúe pouco máis que unha rémora que pode motivar uns gastos e actitudes non xeradores de beneficios, e cuxa incidencia debe reducirse á mínima expresión". "Fronte á memoria, no capitalismo importa o presente inmediato, o capitalismo obriga ao consumo permanente e continuo" Na súa conferencia defendeu que "a memoria no capitalismo ou se ignora, ou resulta orientada a cooperar ao logro dos obxectivos do sistema económico existente". O capitalismo emprega a desmemoria como instrumento? Afecta sobre todo á inmediatez dos resultados. Fronte á memoria, no capitalismo importa o presente inmediato, o capitalismo obriga ao consumo permanente e continuo. En contraposición, van aparecendo grupos de xente que apostan por prácticas de produción e consumo alternativas. Supón unha forma de oposición ao capitalismo a través da xeración de ámbitos de autonomía e de formas de facer diferentes. "Non hai ningunha razón pola que as pensións se teñan que pagar só coas cotizacións dos traballadores, en moitos países páganse as pensións con impostos xerais" Vostede é experta no sistema de pensións. A súa crise é tan grave como nos din dende o Goberno? O sistema de pensións público depende moito do mercado de traballo porque no contexto español son as cotizacións dos traballadores en activo as que pagan as pensións dos xubilados. Se se deteriora o mercado de traballo -temos seis millóns de parados e seguramente aumentarán-, iso é un perigo para o sistema de pensións, se se mantén o mesmo sistema tal e como está. Dende o Goberno o que están facendo é replantexar o sistema sobre a base de reducir o gasto. Todas as medidas diríxense a ese obxectivo: reducir as pensións do futuro. Isto será así se realmente se quere que sexa así, pero non hai ningunha razón pola que as pensións se teñan que pagar só coas cotizacións dos traballadores, en moitos países páganse as pensións con impostos xerais. O tema das pensións é basicamente unha cuestión de distribución das rendas e da riqueza do país. É un tema político, non de inviabilidade. Porque eu podería dicir "máis inviable é o exército", pero o exército págase con impostos. O dia que o exército o paguen os soldados ou os xenerais poderemos comezar a falar de inviabilidade. Se se quere que as pensións as paguen só uns traballadores que cada dia son menos pode haber problemas, pero tampouco tan graves como nos queren facer crer. "Lévase falando das pensións privadas dende moito antes desta crise. En 1994 o Banco Mundial xa fixo un informe que afirmaba que as pensións públicas eran inviables" Téntase beneficiar os plans privados de pensións? A razón deses discursos e das propostas de revisión do sistema de pensións é un intento a nivel mundial de potenciar as pensións privadas. As pensións privadas son un ámbito enormemente gorentoso para os mercados financeiros, son unha bolsas de capital que as entidades financeiras queren manexar. Lévase falando das pensións privadas dende moito antes desta crise. En 1994 o Banco Mundial xa fixo un informe que afirmaba que as pensións públicas eran inviables. E seguen dicindo o mesmo, porque é un discurso falaz, feito de medias verdades. É certo que se cada dia hai menos traballadores haberá máis problemas para financiar as pensións, pero tamén é verdade que se poderían financiar as pensións a través dos impostos se houbese un sistema de impostos decente. As pensións privadas necesitan máis capital que as pensións públicas porque hai que reunir máis de 250 mil euros de cotizacións para poder ter dereito á pensión mínima cando teñas 65 anos. A ver que traballador pode aforrar esa cantidade para unha pensión privada. E para ter unha pensión media de 850 euros, que é a media da pública, habería que ter 750 mil euros. Ademais, eses fondos privados están invertidos en bolsa e xa vemos o que está pasando coa bolsa. O que pasou aquí coas preferentes pode pasar cos cartos que están invertidos en accións. Dicir que as pensións privadas son a solución para o que está pasando coas pensións públicas é unha mentira. Dise que as pensións son un problema porque se quere xerar un tipo de negocio para o sector financeiro. As pensións privadas corren tanto ou máis perigo que as públicas. O discurso é semellante á defensa que se fai da austeridade como única solución, no canto de apostar por fórmulas para obter máis recursos? Mesmo o discurso oficial está cambiando. Por exemplo, a señora Lagarde xa dixo que os programas de axuste non son suficientes para resolver o problema. E a maior parte dos analistas coinciden en que estas políticas están empeorando a situación dos países en crise. No caso do Estado español, temos unha economía absolutamente colapsada. É evidente que esa non é a solución. "Creo que o 2014 tampouco vai ser de recuperación. E ademais hai que pensar "recuperarse de onde?". Estamos moi abaixo. Caemos moito xa, por exemplo en salario ou en benestar" Teñen base real os optimistas discursos que falan do afastamento da posibilidade dun rescate e do inicio da recuperación? Temos unha economía que non ten capacidade produtiva, que ten unha altisima débeda, e ademais os programas de axuste non fan máis que asfixiar a pouca capacidade que se podía ter de xestionar a débeda -non de pagala, porque a débeda é impagable-. A economía española está in articulo mortis. É certo que de momento se está podendo eludir o perigo do rescate? Ben, de momento si. Pero xa veremos que pasa, porque somos tributarios do que pase noutros países. Se pasa algo en Chipre, aféctanos, se pasa algo en Alemaña, aféctanos. Vivimos na economía global e aos débiles a economía global aféctalles máis. Eu non creo moito niso de que "xa pasou o peor", porque non sei onde se van integrar seis millóns de parados. Pode que se comece a producir un pouco máis, pero iso non resolve o problema do paro. Levamos moito tempo dicindo que o ano que vén chegará a recuperación e o ano que vén non chega nunca. E eu creo que o 2014 tampouco vai ser de recuperación. E ademais hai que pensar "recuperarse de onde?". Estamos moi abaixo. Caemos moito xa, por exemplo en salario ou en benestar. Se recuperarse é comezar a funcionar un pouco, aínda nos faltaría subir outra vez toda esa costa para volver ao lugar no que estabamos, se algunha vez chegamos alí.
NOS_26855
Nunha xornada organizada polo BNG, a organización ecoloxista presentará dúas denuncias, unha pola "vulneración" dos dereitos da cidadanía galega no que atinxe ao acceso á información pública dos proxectos eólicos en tramitación e outra sobre o "incumprimento" das directivas comunitarias de protección do medio ambiente.
As denuncias por mor do "espolio eólico" chegan a Bruxelas. Os vindeiros días 31 de agosto e 1 de setembro unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista Adega desprazarase á capital belga para presentar, perante a Comisión Europea, dúas denuncias contra o Estado español e a Xunta da Galiza por "vulneraren o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas" no país. A entidade, aliás, exporá un informe xurídico que analiza a evolución histórica, desde un punto de vista legal, da implantación destes proxectos na Galiza, así como de que forma "é contraria á normativa europea aplicábel". As denuncias céntranse en dúas cuestións esenciais. A primeira alude á "vulneración" dos dereitos da cidadanía galega en materia de transparencia, no que atinxe ao acceso á información pública dos proxectos de produción eólica en tramitación; a segunda, pola súa parte, versa sobre o "incumprimento" das directivas comunitarias de protección do medio ambiente. Presentan máis de 2.500 alegacións contra o parque eólico Legre, que afecta Oza-Cesuras e Mesía O obxectivo destas dúas denuncias é demandar unha investigación do marco normativo que regula o sector eólico na Galiza e "analizar se desde os gobernos do Estado e a Xunta se incumpren as directrices europeas" nas materias sinaladas. Desde Adega instan a Comisión Europea a "adoptar as medidas de apercibimento ou sancionadoras que correspondan". En representación de Adega acudirán a Bruxelas o seu secretario técnico, Fins Eirexas; a secretaria executiva, Belén Rodríguez, e o seu vogal de Dereito, Fernando de Abel Vilela, que se desprazará xunto co seu equipo legal. Xornada coordinada polo BNG A presentación formal destas denuncias enmárcase nunha xornada de traballo que organiza a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, que tamén coordinou unha xuntanza coa dirección xeral de Medio Ambiente da UE para abordar estas cuestións. A Xustiza di que as eólicas "ampáranse" no "baleiro legal" da lexislación ambiental "Estamos diante dun escandaloso incumprimento de varias normativas comunitarias e imos traballar arreo para frear o espolio eólico que estamos vendo", dixo Miranda, a través dun comunicado no que enxalzou o labor de Adega e defendeu que o BNG quere "enerxías limpas e renovábeis" na Galiza, mais "respectuosas co medio ambiente, co noso rural e o noso patrimonio". "E, por suposto, non queremos que os beneficios de producir enerxía na Galiza non queden na nosa terra" concluíu a eurodeputada, quen lembrou que o país xa produce na actualidade máis enerxía da que consome.
NOS_46546
As urxencias pediátricas do Hospital Provincial de Pontevedra rexistraron a pasada fin de semana un novo episodio da saturación que profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e pacientes da área sanitaria pontevedresa levan anos a denunciar, froito dos recortes executados pola Xunta.
O domingo pola noite vivíronse escenas "esperpénticas" na entrada de acceso ao servizo de Urxencias Materno-Infantís do Hospital Provincial de Pontevedra, onde pais e nais tiveron que esperar até sete horas "á intemperie" para ter un espazo no que as súas crianzas doentes puidesen ser atendidas polo persoal sanitario do complexo hospitalario pontevedrés. Tres días de espera en observación por unha cama hospitalaria no CHUS Segundo os testemuños transcendidos nestes días dalgunhas das persoas que viviron esta situación, ás portas do servizo de urxencias pediátricas chegaron a amontoarse "máis dunha ducia de crianzas" cos seus respectivos pais e nais; mesmo algún proxenitor tivo que ir por mantas e roupa de abrigo para paliar os efectos do frío nos máis pequechos e pequechas alí presentes. Falta de facultativos Un facultativo da área sanitaria de Pontevedra consultado por Nós Diario -e que preferiu manterse no anonimato para evitar "posíbeis represalias"-, explica que o vivido a pasada fin de semana nas Urxencias Materno-Infantís "non é algo novo, pasa constantemente". "Case todas as semanas colapsa o servizo pediátrico no Hospital Provincial e as urxencias para adultos no Hospital de Montecelo", lamenta. Denuncian ante a Garda Civil a morte dunha muller nun ambulatorio após o Sergas non enviar unha ambulancia O sanitario denuncia que, desde hai meses, os dous hospitais da área sanitaria atenden "dúas ou tres veces máis consultas" que antes. "Pasamos de 100 consultas diarias, unhas 30 por quenda, a atender agora unha media de 200 ou 300 consultas, até 80 por quenda", ilustra. Tamén detalla que o maior número de consultas entran na quenda de tarde, a partir do feche dos centros de saúde. Os recortes na Primaria agravan a situación O facultativo consultado por Nós Diario ten claro que, máis alá da propia precariedade que sofren os hospitais da área sanitaria de Pontevedra, a política de recortes desenvolta na Atención Primaria pola Xunta da Galiza agravaron a situación de saturación e colapso da sanidade pública do país. Urxencias do CHUS nega a súa responsabilidade na espera de até 61 horas dun paciente de cancro "Se moitos dos centros de saúde dos concellos próximos non teñen pediatra ou non contan cun substituto ou substituta cando o precisan, ou se os PAC non contan con persoal porque teñen que ir atender urxencias aos fogares, non nos podemos estrañar despois de que pase isto", asegura. Esta mesma semana, a veciñanza de Soutomaior denunciaba "un novo colapso" do centro de saúde do concello, no que non se dan citas "até dentro de dúas semanas" e no que as liñas telefónicas "non se atenden durante horas" pola saturación de chamadas. Máis de 30 horas de agarda para recibir atención psiquiátrica no Chuac Preguntado polo motivo de que non se coñezan máis destes episodios, o sanitario recoñece a Nós Diario que moitos dos seus compañeiros e compañeiras prefiren non falar cos medios sobre a precariedade no Sergas por medo aos "toques de atención" que impón a Xunta. "Nos últimos meses obsérvannos con lupa e, á mínima que falamos, sanciónannos", sentencia o facultativo.
NOS_37807
O novo traballo da Compañia Eléctrica estrearase este sábado en Tomiño. O texto, realizado por María Reimóndez e Iria Pinheiro, recupera a figura de Emilia Docet, a galeguista que foi 'Miss España' e participou no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934 xunto a Castelao e Bóveda.
A figura de Emilia Docet protagoniza o novo traballo que a Compañía Eléctrica estreará este sábado en Tomiño (Auditorio de Goián, 21 horas). Baseándose en documentación de hemeroteca, a obra Miss Docet, dirixida por Vanesa Sotelo e con texto de María Reimóndez e Iria Pinheiro, reconstrúe os anos en que a deportista galega viviu a súa faceta de Miss. Emilia Docet e Paquita Goday, tempos de Miss Política "Coñecemos así a vida que leva nesa intensa época na que os actos públicos parecen ser o centro da súa vida. Emilia é unha disciplinada deportista e estudante de Peritaxe Mercantil que aproveita a circunstancia da súa popularidade para expresar tamén o seu galeguismo", explican desde a Compañía nun comunicado. Docet, militante do Partido Galeguista, foi quen de levar a insignia da formación de Castelao no peito cando se convirtíu en Miss España en 1933, explicando que fora un agasallo "porque son afiliada" e engadindo que "vería con inmensa satisfacción que todas as mulleres da Galiza a levasen, coma min, no seu peito". Ademais, foi unha das participantes no Mitin das Arengas o 24 de xullo de 1934 xunto a Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, Paz Andrade e Lugrís Freire, entre outras personalidades. Recuperar a memoria das mulleres silenciadas "Sabemos pola prensa que rematou os seus estudos e logo traballou no laboratorio Miguel Servet da cidade de Vigo, que e en 1940 casou con Francisco Novoa Ortiz, funcionario de Obras Públicas con quen tivo dous fillos. Aquí desaparece a figura pública de Emilia Docet, e neste punto temos que seguir contando a súa historia", indican desde Eléctrica. Emilia Docet e a volta ciclista a Galiza A obra procura recuperar a súa memoria e a das outras mulleres que foron silenciadas nese momento da historia "como Urania Mella, Olimpia Valencia ou María Antonia Sanjurjo", apuntan, "todas elas conectadas entre si polo compromiso coa Galiza e o feminismo", engaden. Miss Docet continuará a súa andaina nos escenarios o 10 de xuño en Rianxo (Auditorio, 21 horas) e no Grove o 12 de xuño (Auditorio, 20 horas).
NOS_18289
A norma inclúe medicamentos destinados a enferm@s de cancro ou arttite. Pagarase un 10% do prezo total cun tope de 4,2€ por fármaco. A reforma "é de obrigado cumprimento" para as Comunidades autónomas, advirten desde Madrid, que exixe a súa aplicación a partir do 1 de outubro.
O re-pagamento sanitario chega aos tratamentos de enfermidades crónicas. Así foi aprobado polo Ministerio de Sanidade e publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). A reforma presentada polo executivo de Mariano Rajoy --da man da ministra Ana Mato-- obrigará @s doentes con enfermidades crónicas a pagaren o seu tratamento mesmo cando se tratar de enferm@s de cancro ou artrite. A aplicación da reforma, que vén a se sumar ao co-pagamento sanitario aprobado o pasado ano, entrará en vigo a partir do 1 de outubro e será de obrigado cumprimento para as Comunidades autónomas, segundo aclaran fontes do Ministerio español. Neste senso, din, a maior parte dos territorios "amosáronse favorábeis á súa aplicación". Tratamentos contra o cancro de mama, leucemia ou de reprodución asistida O texto publicado no BOE etinxe a fármacos de prescrición hospitalaria para doentes non ingresad@s mais que até o momento eran gratuítos para @ utente. Abrangue unha listaxe de 42 medicamentos cuxo prezo deberá ser abonado nun 10% pol@ paciente. No entanto, segundo recolle a reforma fixarase un tope de 4,2 euros por fármaco. A medida non abrangue tratamentos como os da SIDA que fican até o momento exentos ao seren suministrados nos hospitais. Mais si que atinxe a tratamentos contra o cancro de mama (Afinitor, Tyverb), de ril (Votrient), tumores cerebrais (Temodal). Tamén contra a leucemia, a artrite reumatoide, tratamentos de reprodución asistida ou un sistema intrauterino anticonceptivo, entre outros.
NOS_13132
Sabes quen foi María Casares? Oíches algunha vez falar dunha nena da Coruña que parte para o exilio francés en 1936, a piques de facer os catorce, e que, cinco anos despois, triunfa nos teatros parisienses? A mesma que celebrou os cincuenta anos nas táboas en 1992 considerada un monstro da interpretación? E que o titular dun dos máis importantes xornais franceses no día seguinte da súa morte, en novembro de 1996, rezaba "O teatro morreu"? Unha muller única, refuxiada e triunfadora, gran tráxica ao mesmo tempo que rupturista e arriscada, adicta ao traballo, aos procesos interpretativos e aos momentos irrepetibles do teatro. Tamén, protagonista dalgúns dos títulos referenciais do cinema francés. Non volveu a Galicia, non, pero María Casares fai 100 anos e non se nos ocorre mellor maneira de celebralo que falar dela.
Esta é a historia de María Victoria Casares Pérez, nacida en 1922 na Coruña, María Casares ou, para o público francés, Maria Casarès. Esta é a historia dunha das mellores actrices europeas de todos os tempos. Embaixadora da II República e do exilio por ser filla do político Santiago Casares Quiroga; compañeira de vida e cómplice de obra de Albert Camus durante quince anos, até a morte deste; residente privilexiada en Francia, con nacionalidade española até a morte de Franco en solidariedade con todas as persoas refuxiadas. Nas táboas da súa vida: Margarita Xirgu, Jean Cocteau, Jean Paul Sartre, Rafael Alberti, Jean Genet e unha longa nómina de artistas e intelectuais que traballaron con ela. María Casares chega a Francia a finais de 1936 coa súa nai, Gloria Pérez Corrales. A partir deste momento, arranca un proceso de adaptación. Excepcional si, porque se ben o exilio colectivo tras a guerra do 36 está cheo de dor e separacións, no seu caso é ese desterro o que a conduce ao cumio da interpretación europea. Novísima, Casares comeza a súa carreira como actriz no Théâtre des Mathurins, en París; con apenas vinte anos ocupa as portadas das revistas de moda e é eloxiada pola crítica máis esixente, que vai apreciando o seu francés de sotaque galego. O cinema, un mundo no que ela nunca se vai sentir cómoda, tamén a reclama; o seu primeiro papel será en Les enfants du paradis, dirixida por Marcel Carné e estreada en 1945, considerado o mellor filme francés de todos os tempos. Outros filmes emblemáticos na cinematografía gala, como Les dames du Bois de Bologne, de Bresson, ou Orphée, de Cocteau, contarán co seu carisma na década dos corenta do pasado século. O escritor e premio Nobel Albert Camus entra na súa vida neses anos. Afianza a súa carreira como actriz, coa condición de "gran tráxica", escollendo o teatro como o seu refuxio para a vida. Tras o paso, breve, nos primeiros cincuenta, pola Comédie Française, da que sae entre outras razóns polos problemas administrativos derivados da súa condición de refuxiada, María Casares intégrase en 1954 na troupe do Théatre National Populaire de Jean Vilar. A filosofía do TNP, a súa vinculación co Festival de Avignon (a cita teatral de referencia mundial aínda hoxe en día), as xiras internacionais por América Latina, a extinta URSS, EUA, Canadá... achegarnos á súa andaina nestes anos déixanos exhaustas. Co TNP fará unha xira en 1957 por Brasil, Uruguai, Arxentina, Chile e Perú, na que destaca o recibimento abraiante do exilio galego en Bos Aires e o seu encontro con Eduardo Blanco Amor, Virxinia Pereira, Luis Seoane, o actor Tacholas... e tantas outras figuras desterradas, coma ela. Nas cartas trasatlánticas que escribe a Camus confésalle sentirse desbordada por tanto afecto. Nos anos sesenta, orfa de familia e tras a morte de Camus, Casares procura acubillo en América Latina, onde fará por primeira vez teatro en castelán con outro mito, Margarita Xirgu. Confía en novos dramaturgos, moitos deles refuxiados en Francia procedentes de todo o mundo. A súa non foi unha carreira cara a un 'estrelato' definido pola popularidade, o diñeiro e a boa vida. Se, aos setenta anos, o que se espera dunha dama da escena son dez minutos de gloria nun papel secundario dunha peza de autor de prestixio, María Casares é como un salmón que escala a contracorrente. Celebra os 50 anos na profesión na tempada 1992-1993 con louvanzas para o seu papel de Lear de Shakespeare, dirixida por Bernard Sobel. Grandes papeis nos últimos anos de vida. Ponse na pel do Papa en Elle de Jean Genet, tamén con Sobel; da raíña Hécube, na traxedia de Eurípides, con dirección de Bruno Bayen, e participa nas Comedias Bárbaras de Valle Inclán co director Jorge Lavelli, que abrirán o Festival de Avignon en 1991. Son anos de recoñecementos e premios como o Moliere, o Nacional de Teatro en Francia ou a nominación aos César polo seu papel no filme La lectrice. María Casares morre de cancro o 21 de novembro de 1996; preparaba o seu papel na peza O cerco de Leningrado, de José Sanchís Sinisterra, que está considerado o dramaturgo español máis influínte das últimas décadas. Vinte e cinco anos despois, herdanza viva Nos últimos vinte e cinco anos, os que transcorreron desde a súa morte, malia o descoñecemento xeral da figura en Galicia, atopamos proxectos e investigacións, publicacións, homenaxes e encontros. Entre todo o desenvolvido para unha biografía 360º, destacan tres acontecementos que amplían notablemente o coñecemento sobre a actriz. A investigación levada a cabo por María Lopo, desempoando arquivos vinculados con María Casares, tanto aquí como en Francia, e documentando até o detalle a vida galega da artista; a publicación en Francia da Correspondance (Gallimard, 2017), as cartas, a centos, entre a actriz e Albert Camus, nunha edición de Catherine, filla do Nobel, que sitúa a relación entre os dous -amor, amizade, complicidade e traballo-, no lugar preciso; e, por último, o seu legado vivo que se manifesta fielmente en Alloue, Francia, na Maison Maria Casarès. Un centro cultural que desprega unha ampla programación ao redor das artes e do teatro, localizado na que foi vivenda da actriz, legada no seu testamento a este pequeno concello. Exemplar até o final, deixando un espazo no que as compañías de teatro noveis son residentes privilexiadas. Cando a casa abre ao público, no ano 2000, a compañía teatral convidada será a galega Casahamlet. A troupe do actor Manuel Lourenzo chega a Alloue cun carballo e terra de Montrove. Punto e á parte merece a correspondencia entre o Nobel e a actriz; máis de oitocentas cartas escritas entre 1944 e 1959 que se converten nun fenómeno editorial no país galo. Hai que ter en conta que a dimensión amorosa da relación entre Casares e Camus aínda era unha sorte de tabú do que se falaba a media voz por ser o Nobel un home casado. As cartas son un tesouro que afondan na personalidade de ambos: as súas inquedanzas, os seus procesos de traballo, as viaxes e os proxectos compartidos, a riqueza da súa escrita... sen dúbida a correspondance entre a actriz e o escritor amplía a perspectiva de quen se achegue a ambas figuras. O retorno non retorno María Casares chega a Madrid o 19 de xullo de 1976 tras 40 anos de exilio. Un feito que, malia os temores e a discreción da actriz, ocupou moitas páxinas xornalísticas pola súa alta carga simbólica. María xa recibira ofertas para facer teatro en España, como a que lle fixera Nuria Espert, pero foi a insistencia da representante de Rafael Alberti a que conseguiu que a actriz aceptase formar parte do elenco de El Adefesio. Aínda non estaba legalizado o PCE polo que Alberti agardaba o retorno en Roma. María permaneceu na península até a primavera do 77, cando contraeu unha doenza hepática e volveu a Francia. Coa peza de Alberti estivo en Madrid, Zaragoza, Murcia e Barcelona, non podendo rematar unha xira prevista por máis cidades e coa que ela tiña pensando chegar a Galicia. Xunto a ela, nas táboas, Tina Sáinz, Laly Soldevila, Julita Martínez e Victoria Vera. "Cando cheguei a España ao meu redor había unha borracheira insensata de liberdade, ganas de falar de todo o que non se puidera en 40 anos. Pero eu viña dun país no que se falaba moito e de todo. Así que sentía a obriga de estar calada. Nunca estiven tan soa como cando volvín a España. Non o lembro con dor, máis ben con fascinación. Pensaba despois de tanto tempo estou aquí". A ruptura coas orixes Tras aquela viaxe, algo se rompeu para sempre entre a actriz e as súas orixes. Ao volver a Francia decidiu escribir as súas memorias baixo o título de Residente Privilexiada, un tratado sobre as súas lealdades: Galicia, familia, Camus. Pouco despois, casa con André Schlesser, obtendo así, tras máis de corenta anos, a nacionalidade francesa. A finais dos anos 80 contáballe a Ursula Heinze a súa intención de chegar a Galicia coa xira teatral de El Adefesio na temporada 1976-77. Cando se produce esta conversa, a actriz xa fora nomeada filla predilecta da Coruña, en 1984, e fóralle concedida a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. En 1994 dicíalle a Manuel Rivas en París: "Cando volvín a Madrid matei moitas cousas; púxenme en orde con elas. E despois está Galicia. Con Galicia nunca me puxen en orde. E quero estar en desorde. É a infancia". Desde 1997, e co beneplácito dela nos seus últimos meses de vida, os premios do teatro galegos, promovidos pola Asociación de Actrices e Actores de Galicia, denomínanse María Casares. O 14 de abril de 2007 ábrese a Casa Museo Casares Quiroga na Coruña, o domicilio familiar da rúa Panadeiras espoliado en 1936; no acto está a súa sobriña e única neta do político republicano, Esther Varela Casares, participando daquela devolución simbólica. Ela é a filla da irmá da actriz, Esther Casares, retida na Coruña polo franquismo até 1955 por ser filla de quen era e falecida en México en 1968. Unha espiña cravada no corazón do seu pai Santiago, da súa irmá María e da súa filla Esther. A cara B do exilio triunfante de María. Para contala, precisariamos doutras tantas páxinas. Arancha Estévez é a autora da biografía 'María Casares', editada na colección Mulleres (A Nosa Terra, 1999), que en 2022, con motivo do centenario da actriz, reedita Aira Editorial.
NOS_32302
A proba de Tríatlon do Pooriño reactívase após a pandemia. Desta vez conta coa participación do campión do mundo Iván Raña.
O vindeiro sábado 16 de xullo centos de atletas percorrerán os 25.950 km de circuíto do Tríatlon Concello do Porriño, entre eles, o Campión do Mundo, Iván Raña que, ademais de participar este ano, apadriña o evento. Iván Raña: "Necesito estímulos novos, e o do rally é un mundo que me encanta" O galego, de 43 anos, anunciara o ano pasado que deixaba o tríatlon profesional para enfocarse noutros proxectos. Campión mundial, dobre diploma olímpico, sempre foi moi receptivo a este tipo de eventos. Esta sexta feira estivo na presentación da proba deportiva porriñesa que, tras o parón derivado da pandemia, chega á súa sétima edición. Como outros anos, o tramo de natación sprint é de 750 metros e desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bicicleta é de 20 quilómetros entre Tui e O Porriño e finalmente será a carreira pedestre, cun percorrido de 5 quilómetros que se disputará no casco urbano do Porriño. Na edición deste ano a iconografía e a cartelaría xira ao redor da bandeira do Orgullo, sumándose ao movemento en defensa da diversidade e pola igualdade de dereitos das persoas LGBT. Mini Tríatlon Nesta edición tamén terán a súa proba as categorías máis novas: o Tríatlon Mini. Disputarase o mesmo día en horario de mañá e poden participar as nenas e os nenos de entre 4 e 10 anos acompañados por un adulto. O único requisito será saber nadar 25 metros ininterrumpidamente e saber andar en bicicleta. Historia inacabada do deporte galego: "Tríatlon: hai vida alén Gómez Noya" Terán que completar 25 metros na piscina municipal, 700 metros en bicicleta desde a piscina até a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 metros de carreira a pé até o Concello. A inscrición estará aberta até o 13 de xuño ou até completar as 45 prazas.
NOS_10937
BNG e Anova expresan a súa solidariedade coas persoas encausadas e o dereito a decidir fronte a un PPdeG que partilla o discurso de Pablo Casado da necesidade de combater "o golpe" secesionista.
BNG e Anova-Irmandade nacionalista emitiron cadanseu comunicado no que mostran a súa solidariedade para cos líderes independentistas cataláns que a partir desta terza feira están a ser xulgados no Tribunal Supremo español. Ambas as dúas organizacións consideran os xulgados presos políticos e partillan que o proceso que impulsaron foi democrático e defendendo un dereito como o de que os pobos poidan decidir libremente o seu futuro. No outro extremo, o PPdeG, que fixo súas as opinións dos líderes do PP español e a liña da dereita dura. A través das redes sociais, o Partido Popular de Galiza partillaba un chío do presidente do PP español no que manifestaba: "Todo o noso respecto á xustiza no inicio do xuízo contra o golpe secesionista" e aproveitaba para semear dúbidas sobre se o goberno español "está coa constitución ou con quen a ataca". O PSdG mantivo silencio mediático. Porén, e ao longo destes meses, os seus posicionamentos públicos non se diferenciaron nin afastaron dos do PSOE a nivel estatal. As voces discordantes co discurso mediatica e politicamente maioritario no Estado español veñen en Galiza da man de BNG e Anova. "É un xuízo político e a enésima demostración do proceso de profunda involución democrática que se está a vivir no estado español", apontan desde a fronte nacionalista. "Este conflito só ten unha saída: que o pobo poida expresarse en liberdade e con plenos dereitos democráticos", engaden. "Agardamos ademais que a sentenza contra os Jordis, Oriol, Joaquim, Josep, Carma, Raúl e Dolors non estea escrita de antemán, presionada por unha opinión publicada que esixe man dura", manifesta Antón Sánchez, portavoz de Anova. "Xogámonos a democracia neste país, xogámonos o futuro dunha Galiza republicana e con xustiza social".
NOS_55177
Detrás da súa mítica figura -traxe branco, garavata rechamante e chapeu de ala-, agochábase unha das voces xornalísticas máis agudas, por veces conservadora, atenta ao novo e irónica da literatura estadounidense. Tom Wolfe morreu esta segunda feira en Nova York. Tiña 87 anos.
O Novo Xornalismo, do que foi mascarón de proa canda sinaturas como Norman Mailer, Gay Talese ou Truman Capote, introduciu técnicas e fómulas literarias na prensa e en libros dedicados a contextualizar e relatar a realidade. Wolfe bordouno en The Electric Kool-Aid Acid Test -sobre a contracultura californiana dos sesenta-, Radical Chic & Mau-Mauing the Flak Catchers -arredor da esquerda caviar- ou The Right Stuff -sobre os pilotos de foguetes, este último volume levado ao cinema nun filme estreado no estado co título de Elegidos para la gloria. Mais a viaxe entre o xornalismo e a literatura era de ida e volta. Xa moi avanzada a súa carreira, e convertido nunha sinatura de prestixio e referencia na prensa estadounidense, debutou no mundo da novela. Como un Balzac da Nova York iupi, a súa Fogueira das vaidades (The bonfire of the vanities, 1987), situouno en primeira liña das letras de ficción. Unha ficción que non era allea ás técnicas xornalísticas. Tres obras literarias máis completaron a súa bibliografía, xa nos noventa e no século en curso: A man in full (1998), I am Charlotte Simmons (2004) e Back to Blood (2012).
NOS_57219
O Goberno de coalición obtivo o apoio de BNG, ERC, PNV, EH-Bildu, Coalición Canaria e a CUP.
A maioría do Congreso español avalou nesta terza feira os novos impostos a grandes empresas enerxéticas e á banca expostos por PSOE e Unidas Podemos durante o debate de admisión a trámite da iniciativa, que suscitou o rexeitamento de PP, Vox e Cidadáns. Ademais das formacións que conforman o Executivo, apoiaron a tramitación dos impostos Esquerra Republicana, PNV, EH-Bildu, BNG, Coalición Canaria e a CUP. "Tempos extraordinarios esixen esforzos extraordinarios", xustificou a portavoz fiscal do PSOE, Patricia Blanquer, asegurando que "a inflación tamén xera gañadores e perdedores" e que "é xusto pedir un esforzo agora". O portavoz de Unidas Podemos, Pablo Echenique, asegurou que os novos gravames non ameazan a sustentabilidade financeira dos dous sectores, aos que pediu "que arrimen o ombreiro". Os impostos temporais aos beneficios da banca e das eléctricas gravarán 4,8% e 1,2% respectivamente O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, centrou a súa intervención na necesidade de que "esta crise non a pague a clase traballadora" e amosouse a favor de aumentar os impostos ás enerxéticas e á banca, mais de forma "permanente" e non temporal e apostou por que o Executivo garanta que estas empresas non repercutan a suba nas persoas usuarias. Tamén defendeu incrementar os impostos ás grandes fortunas e abordar unha reforma tributaria profunda e progresiva. Entre as bancadas opostas aos novos impostos, o 'popular' Mario Garcés falou de "persecución subxectiva" contra os sectores afectados e de "colectivización". Adhesión de Suecia e Finlandia á OTAN Por outra parte, o Congreso español debateu tamén sobre a entrada de Suecia e Finlandia na OTAN, cuxo protocolo de adhesión será previsibelmente ratificado nesta quinta feira. Un dos socios de Goberno, Unidas Podemos, xa anunciou a súa abstención. Pronunciouse a respecto da integración de Suecia e Finlandia na OTAN Rego, que avanzouo voto en contra do BNG e apelou á urxencia de "parar a guerra" e de "rectificar a política irresponsábel da UE e da OTAN". O resto de grupos non solicitaron tomar a palabra na quenda de toma de posición, mais PSOE e PP garantirán o apoio do Congreso español ao protocolo de adhesión. O PNV, en declaracións aos medios, avanzou que tamén votará a favor.
NOS_35406
O Día das Letras debe servir para botar luz sobre as persoas homenaxeadas, mesmo que estas revelen sombras. No A Fondo desta semana revisamos a figura de Xosé Filgueira Valverde.
A polémica rodeou dende un inicio o homenaxeado neste 2015 para o Día das Letras. Neste A Fondo, revisamos a figura de Xosé Filgueira Valverde, autor dunha extensa obra en galego mais tamén censor durante a ditadura e responsábel de diversos cargos de responsabilidade no aparello franquista, entre eles, o de procurador en Cortes. Un modelo? O caderno de análise de Sermos revisa as luces e as sombras ao redor de Filgueira e recolle tamén posicións opostas. O escritor Francisco Castro sitúase en contra da polémica, á que considera "absurda" e "adolescente": "Foi saber que Filgueira Valverde era O Escollido (o alcalde franquista, o quizais franquista, é probable, pero tamén o galeguista, sen dúbidas o galeguista), para que se decidise que libros como os adrais ou Quintana Viva non merecían máis que o unánime desprezo e nin medio segundo de atención", explica. "O A Fondo achega material documental que dá testemuño do papel de Filgueira na censura de obras como Airiños da Miña Terra de Curros Enríquez." Pola contra, para o concelleiro nacionalista, Luis Bará, Filgueira non é un modelo a homenaxear no 17 de maio pola súa relación co franquismo: "A festa das letras ten unha función dinamizadora e normalizadora que se dirixe a toda a sociedade e especialmente á comunidade escolar. En calquera sociedade democrática normalizada (…) unha persoa tan implicada no réxime franquista coma Filgueira Valverde estaría inhabilitada como exemplo da normalización". Do Filgueira censor O historiador Lucio Martínez Pereda repasa o papel de Xosé Filgueira Valverde na represión fría da ditadura, en cargos como o de presidente da Comisión Depuradora do Maxisterio ou membro da Comisión de Depuración de Bibliotecas de Lugo. O A Fondo achega material documental que dá testemuño do papel do homenaxeado este ano o 17 de maio na censura de obras como Airiños da Miña Terra de Curros Enríquez. "Para Castelao, Filgueira representa a morte da política como preparación da política da morte", afirma o historiador Xoán Carlos Garrido. Filgueira e o nacionalismo Os historiadores Uxío Breogán Diéguez e Xosé Carlos Garrido,coordenador deste A Fondo, revisan as relacións de Filgueira Valverde co nacionalismo. Diéguez fai relación do seu papel no Seminario de Estudos Galegos e do seu paso polo Partido Galeguista, que remataría por abandonar, dado o perfil de esquerda da formación, para impulsar a Dereita Galeguista. Xoán Carlos Garrido Couceiro lembra a opinión que, a Castelao, lle merecía Filgueira Valverde, a quen o rianxeiro critica polo seu oportunismo político: "Para Castelao, Filgueira representa a morte da política como preparación da política da morte".
NOS_15227
Após os audios desvelados entre o ex comisario Villarejos e Antonio García Ferreras.
Os grupos parlamentarios no Congreso de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, ERC, EH-Bildu, BNG, Compromís, PDeCAT e CUP presentaron na mañá desta quinta feira unha proposta de creación dunha Comisión de Investigación sobre as "cloacas mediáticas". As cloacas policiais presentes na Galiza No seu escrito, as formacións aseguran que está "sobradamente acreditada" a existencia de "estruturas parapoliciais integradas por altos funcionarios membros dos Corpos e Forzas de Seguridade" que levan anos dedicándose a "construír documentos e probas falsas contra determinados partidos e dirixentes políticos" para danar a súa imaxe pública e xudicial. Os partidos lembran no escrito a Comisión de Investigación no Congreso sobre o uso dos medios e corpos policiais "con fins políticos", decorrida en 2016, cando o popular Jorge Fernández Díaz ocupaba o Ministerio de Interior. O CNI recoñece que espiou independentistas con orde xudicial Durante os traballos desta Comisión quedou acreditado "o uso dunha estrutura policial baixo as instrucións do señor Cosidó Gutiérrez, por orde do DAO Eugenio Pino, co coñecemento e consentimento do Ministro" Fernández Díaz. Audios Villarejo-Ferreras O escrito tamén fai referencia a varios episodios nos que os medios de comunicación foron empregados para difundir noticias e feitos creados artificialmente por estas estruturas parapoliciais. Patricia López, xornalista e directora de 'Crónica Libre': "Unha organización criminal fíxose cos poderes do Estado" As formacións destacan os audios desvelados a pasada semana pola directora de Crónica Libre, Patricia López, entre o ex comisario Villarejo e o director de La Sexta, Antonio García Ferreras, no que o segundo recoñece a difusión de informacións falsas sobre o financiamento de Unidas Podemos. Con todo isto, os grupos exixen a creación dunha Comisión de Investigación que permita coñecer os "vínculos" entre xornalistas e medios de comunicación que "publican noticias falsas" cos membros das estruturas parapoliciais. Tamén terá por obxectivo "investigar a posíbel existencia de calquera trama mediática destinada á construción de noticias falsas contra determinados partidos e dirixentes políticos". A cúpula de Interior do Goberno de Raxoi procesada por espionaxe a Bárcenas Aliás, os integrantes da comisión analizarán "as actuacións levadas a cabo por responsábeis políticos e institucionais que puideran fomentar estas prácticas antidemocráticas", así como propor "as medidas oportunas para defender a nosa democracia da grave ameaza que supón a construción e difusión de noticias falsas con fins políticos".
NOS_27598
"Contra a pobreza, emprego e salarios dignos" é o lema da CIG dun Primeiro de Maio no que sacará doce manifestacións á rúa en cidades e vilas. CCOO e UGT teñen convocadas nove marchas para saír da crise sen perda de dereitos. CUT, CGT ou CNT tamén se manifestan en distintas cidades.
A CIG convoca este Primeiro de Maio doce manifestacións para denunciar a situación de pobreza da clase traballadora, mesmo a que ten emprego. 'Contra a pobreza, emprego e salarios dignos" é o lema coa que a central nacionalista chama a saír á rúa nunha situación na que, segundo os seus cálculos, na Galiza habería medio millón de parados e paradas, cifra moi por riba da recoñecida pola EPA. Mesmo así, os datos da EPA do primeiro trimestre falan dun aumento do paro en 11.900 persoas nunha sociedade como a galega na que máis de 94.000 familias teñen todo os membros no desemprego, segundo destaca a CIG na conmemoración deste Primeiro de Maio no que chama a saír á rúa para se manifestar contra un modelo que "aboca á clase traballadora a unha situación de pobreza mesmo tendo emprego". As doce manifestacións que a CIG convoca en cidades e vilas son: -A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo. -Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa. -Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe. -Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG. -Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla. -Viveiro: ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE. -Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios. -Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería. -Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar. -A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado. -Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada. -Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello. Outras políticas contra a crise que non signifiquen a perda de dereito para a clase traballadora é a demanda de CCOO-UGT para este Primeiro de Maio no que reclaman a fin dos recortes e o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos como eixos dun novo modelo no que as persoas "son o primeiro". Entre as demandas para este Día do Traballo, CCOO e UGT recollen un cambio de modelo produtivo que potencie o papel da industria e a investigación ou a mellora do sistema de prestacións por desemprego que amplíe a protección. As manifestacións de CCOO e UGT son: -A Coruña: manifestación ás 12 h con saída da praza da Palloza - Ferrol: manifestación ás 12 h con saída da praza do Inferniño -Santiago de Compostela: manifestación ás 12 h con saída da Alameda -Viveiro: manifestación ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (rúa García Doriga) -Lugo: manifestación ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla) -Ourense: manifestación ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios -Vilagarcía de Arousa: manifestación ás 12 h con saída da praza de Ravella - Pontevedra: manifestación ás 12 h con saída da praza da Ferrería - Vigo: manifestación ás 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz "Pola Dignidade: Pan, Traballo e Teito é o lema das mobilizacións que convoca a CUT xunto con "outras centrais sindicais que representan unha alternativa ao sindicalismo hexemónico". Ademais da CUT ,CNT,,CGT,SF,STEG,SE e SXG asinan as convocatorias seguintes: -A Coruña ------- Saída da Praza de Pontevedra ás 12:30h -Vigo ------------ Saída da Praza de Fernando O Católico ás 11h -Compostela ---- Saída da Porta do Camiño ás 21:30h -Cangas ---------- Saída da Alameda Vella ás 18:30h-Ourense --------- Saída da Ponte Romana ás 12h En Ferrol ás 18:00 CNT e Marchas da Dignidade convocan unha manifestación con saída do Cantón ás 18:00.
NOS_3595
A organización atlantista cambia de postura despois de resaltar en 2010 a importancia de "crear un espazo común de paz, estabilidade e seguridade" con Rusia.
O novo Concepto Estratéxico da OTAN redactado esta cuarta feira polos países da organización atlantista afástase da "cooperación" impulsada en anos anteriores e fixa Rusia como a ameaza "máis directa e significativa" para a "seguridade, a paz e a estabilidade euroatlántica". A OTAN reforzarase no leste de Europa: de 40.000 a 300.000 soldados Así, os líderes da Alianza acusan Moscova de querer "estabelecer esferas de influencia e un control directo a través da coerción, subversión, agresión e anexión" de territorios. O escrito asegura que as autoridades rusas utilizan "medios convencionais, cibernéticos e híbridos contra a OTAN e os seus aliados". "A súa postura militar e a súa retórica socavan a orde internacional", puntualiza a organización militarista, que sinala Rusia por "tratar de desestabilizar países ao leste e ao sur" da OTAN. O Ministerio de Defensa gastou 427 millóns en misións da OTAN en 2021 "No norte, a súa capacidade para quebrantar a liberdade de navegación dos aliados no Atlántico supón un desafío estratéxico para a Alianza. O aumento militar de Rusia na zona, incluído o mar Báltico, o mar Negro e a rexión do Mediterráneo, así como a súa integración con Bielorrusia, pon en risco a nosa seguridade e os nosos intereses", sostén. Non descarta un ataque Neste sentido, o novo marco estratéxico da OTAN sinala que os países da Alianza "non están en paz" e "non se pode descartar un ataque contra a soberanía e a integridade dos territorios aliados". "Os actores autoritarios poñen en perigo os nosos intereses e valores", engade. As 13 preguntas e respostas para entender a relevancia da OTAN Esta nova estratexia marca un antes e despois para a OTAN, que no seu Concepto Estratéxico anterior, adoptado en 2010 en Lisboa, resaltaba a "importancia" da cooperación con Rusia, unha cuestión que contribuía a "crear un espazo común de paz, estabilidade e seguridade". Nel, a Alianza reafirmaba non ser unha ameaza para o país e facía fincapé na importancia de construír unha "alianza estratéxica de reciprocidade" con Moscova. Agora, en plena guerra de Ucraína, a OTAN insiste en que "non busca confrontación algunha" e incide en que segue sen supoñer unha "ameaza para Rusia". Con todo, asevera que "seguirá respondendo ás ameazas de Rusia e ás accións hostís dunha forma responsábel". "A guerra en Ucraína é un enfrontamento entre Rusia e a OTAN" "Imos fortalecer as medidas de disuasión e de defensa de todos os aliados e a aumentar a resiliencia ante a coacción rusa", continúa o texto, no que os membros da OTAN recalcan que "á luz das políticas hostís de Rusia e as súas accións, non podemos consideralo o noso socio". Aínda así, a organización atlantista traslada que está disposta a manter as canles de comunicación abertas con Moscova para "xestionar e mitigar os riscos e evitar unha escalada de tensión a medida que favorece a transparencia". "Calquera cambio na nosa relación depende de Rusia e do seu comportamento agresivo contra o Dereito Internacional", conclúe.
NOS_16273
O caderno de análise contou coa colaboración de profesionais do sector, un AFondo143 que xa está dispoñíbel na nosa loxa.
Un Día Mundial da Liberdade de Imprensa para poñer en valor o xornalismo alternativo e en galego. Sermos Galiza lanzou esta semana un caderno de análise baixo o título 'Medios en galego e liberdade de imprensa: as voces afoutas', co que reivindicar os medios en galego como piares imprescindíbeis para a existencia e refortalecemento do país. Un A Fondo que contou coa colaboración de profesionais do sector como David Lombao, director do xornal dixital Praza Pública; Susana S. Recouso, xornalista da Televisión de Galicia; Aurélio Lopes, director de Irmandade TV; Montste Dopico, parte do consello de redacción da revista mensual Luzes e do director desta publicación, Xosé Mexuto. Un A Fondo que contou coa colaboración de profesionais do sector como David Lombao, director de Praza Pública; Susana S. Recouso, xornalista da TVG; Aurélio Lopes, director de Irmandade TV; Montste Dopico, da revista Luzes e do director desta publicación, Xosé Mexuto. "Ver o mundo desde Galiza como nación é tamén exercer a liberdade de imprensa e facelo desde un país que ten un perfil absolutamente diferenciado e problemas específicos non asimilábeis polo canon español. Esa é a liberdade de imprensa verdadeiramente emancipadora", explica no seu artigo o director de Sermos Galiza. Unha liberdade de imprensa que na Galiza está condicionada. Así o apunta David Lombao, que fala dos intereses políticos das administracións no reparto das subvencións. Porén destaca as numerosas iniciativas xornalísticas xurdidas no país ao carón da crise, algunha das cales fan parte deste caderno de análise. Dunha opinión similar é Aurélio Lopes, que explica as dificultades para crear medios alternativos, como o caso de Irmandade TV, que dependen da capacidade económica para obter os recursos -materiais e humanos- precisos para lanzar un proxecto comunicativo. Apunta á concentración de poder e a presenza de grandes grupos financeiros detrás dos medios. Presións que sofren, e denuncian dende hai tempo, os traballadores da televisión pública de Galiza. Novas silenciadas, pezas censuradas e noticias sobrevaloradas en función dos intereses partidistas. Desta forma describe a xornalista da TVG Susana S. Recouso a realidade dos medios públicos galegos. Apunta ao afán de control dos gobernos como obstáculo para unha prensa libre. O caderno de análise telo ao teu dispor no número 143 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.
PRAZA_12282
Mentres Deportivo e Celta ocupan con folgura os postos de ascenso a Primeira División grazas ás súas vitorias, o resto da xornada foi dispar para os equipos galegos. Vitoria de Breogán e derrotas de Leyma Coruña e Sousas Ourense en baloncesto. Derrotas de Academia Octavio e Teucro e empate do Cangas em balonmán.
Mentres Deportivo e Celta ocupan con folgura os postos de ascenso a Primeira División grazas ás súas vitorias, o resto da xornada foi dispar para os equipos galegos. Vitoria de Breogán e derrotas de Leyma Coruña e Sousas Ourense en baloncesto. Na Segunda B, unha vitoria, dous empates e unha derrota nos catro partidos dos equipos galegos. O Lugo complica as súas opcións de xogar polo ascenso de categoría, mentres que Montañeiros, que continúa remontando, e Celta B seguen loitando por manter a categoría. Na Terceira galega, vitoria do Cerceda e derrota do Ourense, que novamente empatan na primeira posición. O Alondras é terceiro e Pontevedra, Racing Vilalbés, Dépor B e Rápido de Bouzas pelexan igualmente polos postos de ascenso. Noutras competicións, o Liceo Coinasa gañou a domicilio e é segundo nunha OK Liga de Hockey dominada polo F.C. Barcelona. En balonmán, derrota de Academia Octavio na Liga Asobal, e tamén do Teucro na Primeira División na que o Frigoríficos de Cangas empatou. Toda a información sobre o fútbol do país en Marcador Galego
NOS_33948
O memorialismo galego foi o protagonista dunha longa loita que visaba a devolverlles a dignidade ás vítimas do franquismo e que puido anotarse a vitoria da devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público. Porén, a batalla pola recuperación da memoria histórica segue vixente e precisa de constancia e do apoio das institucións.
Hai un mes da última protesta en Meirás. Unha semana antes viñamos de convocar unha manifestación coa maior asistencia de todas as realizadas nas últimas dúas décadas –e xa van unhas cantas mobilizacións e actos de reivindicación–, da que se fixo eco a prensa máis progresista do Estado, con titulares que anunciaban o enfrontamento entre o movemento memorialista galego e o Goberno "más progresista de la historia de España". Desde o día seguinte da realización desa manifestación, ese Goberno puxo moitos esforzos na organización dun acto en Meirás (Sada) que contrastase co éxito na convocatoria das asociacións de memoria da Galiza. Non para atender ningún dos requirimentos que desde antes da manifestación decorrida en Meirás o 19 de xuño vimos esixindo, e que se concretan na presentación dunha demanda por parte do Estado que reclame os bens móbeis que si solicita xudicialmente a familia Franco. O Estado pretendía facer "unha foto inaugural" da apertura de visitas turísticas coa escusa da sinatura dun convenio administrativo de colaboración entre os concellos de Sada e A Coruña, a Deputación, o Estado e a Xunta da Galiza, e onde non tiña cabida ningunha representación das vítimas do espolio de Meirás e do réxime franquista. Tan só unha semana despois de que clamaramos para que se garantise que os Franco non sacasen os bens do Pazo de Meirás, que unha ditadura imposta polas armas e cometendo crimes de lesa humanidade espoliou o pobo galego, o Estado pretendía que fósemos convidados de pedra nun acto no que o Estado non se comprometeu a dar os pasos necesarios para evitar a saída deses bens. A Xunta da Galiza, representada polo seu conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tampouco fixo mención á necesidade de dotar de protección patrimonial o inventario de bens móbeis e publicalo no Diario Oficial da Galiza (DOG), e fornecer así á Administración autonómica dunha ferramenta efectiva para evitar a foto da vergoña: ver os Franco sacando con amparo da "xustiza" os bens móbeis do Pazo de Meirás. Nun escenario no que as administracións públicas –coa excepción honrosa do concello de Sada– permanecen inactivas diante do acoso e derrubo da familia Franco, o Estado pretendía non só esquecer as vítimas, senón tamén colocar o movemento memorialista galego no mesmo plano que o "pardo bazanismo" como se os valores que representaba a escritora –e os seus descendentes tamén– non fosen contraditorios cos valores democráticos e, de súpeto, pasasen a ser vítimas "de honra" do franquismo. Como se o memorialismo galego fose un colaborador máis entre outros que traballaron unidos na procura dun obxectivo común. O colmo dos colmos e sobre o que cómpre facer algo de memoria tamén. "O Estado pretendía non só esquecer as vítimas, senón tamén colocar o movemento memorialista galego no mesmo plano que o 'pardo bazanismo'" Desde o nacemento do "memorialismo" organizado, a devolución do Pazo de Meirás converteuse nunha das loitas prioritarias contra a impunidade franquista. Non era unha loita por incorporar a calquera prezo ese pazo a un inventario de patrimonio público. Era a loita porque un Estado democrático resolvera con criterios democráticos unha anomalía democrática e, polo tanto, devolvese a custo cero un ben que a cidadanía pagara baixo os abusos e a extorsión –primeiro dunha guerra e despois baixo unha ditadura– unha e cen veces. O memorialismo galego puxo en solitario a loita e a investigación que demostrou os abusos e o espolio. Como se afirma na primeira das sentenzas que devolve o Pazo de Meirás ao patrimonio público, o memorialismo galego conseguiu visualizar a madurez democrática dunha sociedade que pretende encarar o seu futuro resolvendo os asuntos pendentes co seu pasado máis contemporáneo tamén de xeito democrático. Non houbo en todo o proceso de reclamación pola devolución deste ben outro argumento que non estivese relacionado cos abusos dunha ditadura e do tirano que a encarnou, ou dos privilexios e da impunidade que unha mal chamada modélica transición blindou. Nin no proceso nin –cómpre dicilo tamén– nas mais de 400 páxinas da sentenza que en setembro do pasado ano devolvía o Pazo de Meirás ao patrimonio público. Tras anos e anos de loitas e de investigación, tamén xogaron un papel determinante –xusto é recoñecelo– persoas que ocuparon cargos públicos de responsabilidade nas institucións, ás que hai que recoñecerlle un papel comprometido en materia de memoria. Non me cansarei de citar publicamente o compromiso de Goretti Sanmartín neste sentido. Sei que houbo outras persoas tamén determinantes, incluso anteriores a ela, mais sempre valorei as persoas que fan política comprometida, con valentía e intelixencia. E naquel momento facía falta fixar unha estratexia e un camiño a seguir que Goretti Sanmartín transitou con eses tres valores que co tempo foron decisións determinantes. Mais, dito isto, tamén cómpre dicir que se esta fose unha democracia normal, o compromiso coa memoria democrática nas institucións debería ser algo normal tamén, e non debería recaer a responsabilidade –moitas das veces en exclusiva– nas asociacións e entidades memorialistas. E moito menos achegar a investigación e boa parte das probas documentais que, como no caso do proceso de Meirás, foron entregadas ao Estado desde o ámbito da memoria para a súa presentación posterior no xulgado. Documentos, mobilización e compromiso foi o que achegamos diante dun Estado que carece de políticas públicas de memoria. Iso, nada máis e nada menos, foi a contribución do movemento memorialista galego á causa pola devolución do Pazo de Meirás. Un proceso polo que transitamos, en boa parte, en solitario. Cómpre lembralo nestes días nos que sabemos que a vitoria ten moitos pais e moitas nais, e nun escenario onde xente que nunca amosou molestia ningunha pola ocupación franquista de súpeto manifesta unha inmensa preocupación polos usos futuros de Meirás e pola entrada da democracia alí. Moito máis cando vemos que, lonxe de seguir avanzando, podemos retroceder. Nin Estado nin Xunta avanzaron nada respecto dos motivos que nos levaron a manifestarnos en Meirás o pasado 19 de xuño. Dixémolo aquel día e volvémolo dicir hoxe. Se as administracións non actúan xa, estarán contribuíndo a un novo espolio en Meirás. A isto é ao que o Estado e a Xunta deben dedicar esforzos. Hai un mes voltabamos a Meirás a protestar porque unha ministra quería facerse unha foto no pazo sen as vítimas do franquismo. Un día antes o seu secretario de Estado aproveitou a viaxe tamén para "vendernos" a Lei de Memoria que o Consello de Ministros aprobou o 20 de xullo e que nace como o último día que fomos protestar á porta do pazo: con demasiada amnesia e relatos pouco democráticos. Porque elevar aos altares a transición como modelo democrático é imposíbel de casar con Meirás. Foron 45 anos de impunidade atada e ben atada –e tapada e ben tapada tamén– que só a constancia e a loita conseguiron ir desatando. E seguiremos na loita, en solitario, como case sempre, para evitar retroceder. Porque como lle dixemos á ministra o último día que fomos protestar a Meirás: "Vostedes móvense na medida que nós nos movemos. Vostede está hoxe aquí porque nós nos movemos. Se nós paramos, vostedes paran".
NOS_7429
A Xunta outorga "un mes de prazo" ao Goberno español para que este dea unha resposta satisfactoria sobre a repartición de fondos europeos para o emprego, ao considerar que hai unha "discrecionalidade" que prexudica a Galiza. Unha vía, a xudicial, que o Goberno galego xa seguiu para reclamar ao Executivo español o pagamento do IVE de 2017.
"Cremos que nos fondos europeos para emprego o Goberno español toma decisións en contra dos intereses da Galiza", dixo Alberto Núñez Feixoo onte, na súa comparecencia após o Consello da Xunta que con carácter extraordinario se realizou en Ferrol. O mandatario advertiu que decidiran dar "un mes" de prazo" ao Executivo estatal para que responda aos requirimentos feitos desde a Xunta pedindo explicacións sobre a repartición deses fondos. Se non hai resposta ou esta non é satisfactoria, "interporemos un recurso ante o Tribunal Supremo polo escurantismo na distribución das políticas activas de emprego", afirmou Núñez Feixoo. Afirmou que dos 1.141 millóns dos fondos da UE ao Estado para esas políticas, o Goberno español "ficou" para si con 454 millóns "que corresponden ás autonomías". E, denunciou, está a distribuír eses fondos cun criterio "escurantista" e "discrecional". Polo momento, dixo Feixoo, xa repartiu nove millóns, todos, sinalou, "para catro autonomías do PSOE". IVE, tamén polo Supremo Afirmou Núñez Feixoo que fora grazas ao recurso da Xunta ante o TS que as autonomías van cobrar agora o IVE que se lles debía de 2017. "No Consello de hoxe [por onte], aceptamos a proposta do Goberno español para pagarnos eses 211 millóns de euros, máis 13 millóns en xuros de demora, por ese IVE", acrecentou. O novo portavoz socialista no Parlamento, Luis Álvarez, reprochara esta semana a Núñez Feixoo na sesión de control ao presidente que estea a empregar os fondos como desculpa para atacar o Goberno español. Así, argumentara o socialista, Feixoo falaba de discriminación na repartición de fondos para o emprego, "mentres a Xunta executou menos da metade dos fondos para emprego en 2020". Unha baixa execución en diferentes capítulos, criticou, como os de fondos de FP e desempregados ou de melloras para a cualificación para o emprego, esta última cun "escandaloso 2% de execución". Igrexa e abusos Na quenda de preguntas, pediuse a opinión do presidente galego sobre a petición no Congreso de investigar os abusos sexuais na Igrexa, ao que respondeu que descoñecía polo miúdo tal proposta mais indicando que calquera abuso sexual lle parecía "execrábel", se ben evitou centrarse nos cometidos por esta institución. Tamén anunciou varios acordos do Consello que decorreu en Ferrol, como o de destinar 8 millóns de euros a plantacións de coníferas e frondosas, nunha superficie que sumaría 4.000 hectáreas e con especies como o piñeiro, o teixo, o carballo ou o castiñeiro. Outro acordo foi declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Pardo Bazán en Meirás, que Feixoo cualificou como "única".
PRAZA_4098
Falamos con galegos no Brasil, Suíza, Reino Unido, Estados Unidos ou Portugal para afondar nas medidas contra a expansión da covid-19 e a resposta social e política doutros países.
A pandemia de coronavirus estendeuse desde a China por todo o mundo. A virulencia da Covid-19 provocou unha parálise case mundial da economía e da vida cotiá de centos de millóns de persoas en practicamente cada recuncho do planeta. No entanto, non todos os países adoptaron as mesmas medidas de confinamento, nin responderon do mesmo xeito á crise derivada nin ás limitacións impostas. Emigrantes galegos ou cidadáns con vínculos co país contan aquí a experiencia en Suíza, os Estados Unidos, o Brasil, Portugal ou o Reino Unido. En Portugal, o estado de emergência dá paso este 2 de maio ao estado de calamidade, co que o Goberno irá controlando a apertura da economíaNo país veciño, Portugal, o "estado de emergência" decretado o 18 de marzo e renovado varias veces remata este vindeiro 2 de maio, a partir do que se decreta o "estado de calamidade", co que o Goberno central vai ir controlando a apertura da economía. Esta desescalada iníciase co comercio local, permitindo a apertura de tendas ata 200 metros cadrados, librerías, perruquerías e concesionarios, co obxectivo de cinguir o proceso aos barrios, xuntando menos xente e evitando os desprazamentos. O 18 abrirán parte das escolas, tendas algo máis grandes e restaurantes, aínda que con fortes medidas de seguridade. O día 1 de xuño abren grandes centros comerciais e o ensino preescolar cando, a tal hora, o número de casos rolda os 25.000 e o de mortos, o milleiro. O confinamento, no entanto, mantense e é parecido ao de España, pero con matices. "Podemos sair para ir aos supermercados, padarias, farmácias e quiosques de jornais, mas sempre quando seja mesmo necessário e não para passear", conta João Nuno Silva, de Aveiro, asiduo en Galicia desde hai anos, pinchadiscos e cabeza visible do destacado blog musical A Certeza da Música. As restricións, con todo, non foron tan severas nunca como nesta beira. "É também permitido um passeio "higiénico" diário em solitário e passear os cães. Também podes sair até outro concelho, para dar apoio a familiares idosos que estejam confinados em suas casas", explica. As medidas de confinamento, menos estritas que en España, supuxeron "unha bomba" en Suíza, onde se apelou sempre á "disciplina cidadá"Tampouco en Suíza, onde as rexións foron aplicando diferentes medidas ou recomendacións desde febreiro ata que o Goberno central asume as competencias o 13 de marzo, prohibe as reunións de máis de 100 persoas, ordena o peche de todos os comercios que non sexan de primeira necesidade e de todas as escolas durante seis semanas. "Foi unha bomba, a pesar do que xa estabamos escoitando de Francia e Italia", explica Elena Lozano, filla de galegos, desde Xenebra. O día 20 prohíbese que se xunten máis de cinco persoas e o Executivo chama á "disciplina cidadá, convidando a quedar na casa, non socializar nin ver a familia e manter as distancias". No país helvético, os casos achéganse aos 30.000 e as mortes superan as 1.700. O confinamento permite saír os traballadores de labores esenciais, pero tamén camiñar ou correr na rúa "respectando as regras en todo momento". "Levamos semanas movéndonos a bastante distancia uns dos outros, é unha sensación moi rara", explica Lozano, que explica que sempre estivo permitido saír ao exterior de cumprirse as regras, pero tamén que a policía "está moi presente nas rúas, lembrando a normativa e poñendo multas". O anuncio do relaxamento dalgunhas medidas, explica, fixo que a xente relaxase tamén o seu comportamento tras semanas de "estrito cumprimento". Desde este 27 de abril permítese xa a apertura a perruquerías ou tendas de bricolaxe; os bos datos dos últimos días permitiron tamén adiantar a apertura dos colexios, todo o comercio minorista, o transporte público ou as axencias de viaxea este 11 de maio, cando tamén abrirán os restaurantes permitindo xuntarse a tan só catro comensais. En Inglaterra, pola súa banda, as medidas son parecidas, aínda que como lembra Miguel Rodríguez, xornalista coruñés e un dos autores do podcast Té con Gotas, "chegaron dúas semanas tarde en comparanza co resto de Europa". Desde o principio do confinamento, permítese un paseo diario dunha hora ou saír facer deporte, mantendo unha distancia mínima de dous metros, ademais, a saída dos máis pequenos "foi posible desde o principio". Con todo, insiste Miguel, a principal diferenza está no momento. "Cando en España xa se estaba en corentena, aquí recomendaban tirar do teletraballo pero en realidade non se facía practicamente nada diferente na rúa", conta. Nesta altura, o número de mortes é xa de máis de 26.000 e hai máis de 165.000 casos totais confirmados. Ao contrario que noutros países, no Brasil as medidas aplicados foron "bastante variadas" e por estados, como advirte María do Mar Páramos, galega de Santa Comba e profesora na Universidade de Brasília. "Teoricamente, os centros comerciais, bares, restaurantes, perruquerías... están pechados, así como garderías, colexios, institutos e universidades. Só abren supermercados e farmacias. No entanto, iso nunca funcionou así. De todas formas, hai moitos barrios, xeralmente de clase menos favorecidas (que son a maioría aquí), onde podemos ver que todo segue igual, co pequeno comercio funcionando e a xente nas rúas", explica. No Brasil, explica a galega María do Mar Páramos, a situación nos barrios menos favorecidos case non mudou: "Xente nas rúas e pequeno comercio funcionando""Se seguísemos o recomendado polo ex-ministro de Saúde --Mandetta, que xa foi destituído-- e a maioría dos gobernadores brasileiros, só poderiamos sair para ir á farmacia ou a supermercados. Pero a xente segue saíndo para camiñar, facer exercicio físico (os parques están pechados e os xinnasios tamén), e mesmo para tomar o sol", lamenta desde un país con máis de 80.000 casos confirmados e mais de 5.500 falecidos. Nos Estados Unidos (EUA), aínda que con directrices nacionais, son tamén os diferentes Estados os que marcan as pautas a seguir. Cristina Hargitt, con orixes no Ortegal, vive nunha pequena localidade de Kansas, a poucos quilómetros da capital do Estado, do mesmo nome. "Aquí podemos xogar fóra e ir comprar comida aos restaurantes, aínda que só para levala a casa", explica. "As imagens que foram chegando, particularmente de Itália, tiveram um peso enorme na aceitação das medidas do Governo"Ademais, pódense desprazar á cidade en calquera momento e sen restricións e a mobilidade laboral está permitida, aínda que "con recomendación de usar máscaras pero non a obriga". No caso de Cristina e a súa familia, ao vivir nunha pequena vila con grandes extensións de campo e separación entre as vivendas, os paseos non son "problema ningún". Non é igual na gran potencia norteamericana, con máis de 1 millón de casos de coronavirus confirmados e máis de 62.000 mortos. Respecto da resposta da cidadanía ás medidas, as consideracións son variadas. No Brasil, tal e como lembraba María do Mar Páramos, a situación é complexa e moi diferente segundo zonas e clase social. En Portugal, conta João Nuno, "as imagens que foram chegando, particularmente de Itália, tiveram um peso enorme na aceitação, sem grande problema, de tudo o que o Governo e a Direcção Geral de Saúde foram sugerindo".Con todo, advirte desde Aveiro, a partir de mediados de abril "houve um aumento de pessoas a circular na rua". Foi debido, cre, a alguma má interpretação do discurso do Presidente da República, por estar anormalmente um dia de sol e por ter sido o dia em que houve menos infectados declarados". "Esse aumento de movimentação, não será também alheio ao cansaço de estar em casa, já cerca de um mês", engade. Desde Suíza, Elena Lozano conta que as medidas impostas "respectáronse moi ben" ata hai uns quince días. O anuncio dun plan de desconfinamento e a redución da presenza policial "provocaron que a xente saíse máis e se relaxase". Con todo, explica, as medidas "son cumpridas pola gran maioría". "Mesmo hai voces que piden máis confinamento", explica. "Un terzo ou algo máis da poboación respecta as medidas no Brasil; a cidadanía menos favorecida non está obedecendo"No Brasil, María do Mar Páramos é clara: "Diría que un terzo ou algo máis, tal vez, das persoas están obedecendo as medidas. A clase media baixa e a poboación menos favorecida socioeconomicamente --a grande maioría deste país-- non está obedecendo". "Vexo a diario nos telexornais como nas cidades e bairros periféricos a xente circula libremente. As tendas e os comercios están pechados, pero a xente acaba indo para as prazas beber, comer, ou para a casa dos amigos e familiares", lamenta. No Reino Unido, malia as contradicións iniciais, "a sociedade está respectando e cumprindo ben", conta Miguel Rodríguez, que apunta no entanto a que na primeira fin de semana tras aplicarse o confinamento "os parques de Londres tiñan bastante xente". "O conto mudou cando o Goberno ameazou con prohibir mesmo saír facer exercicio físico", explica. A xente, engade, xa asume que o que parecía un pesadelo duns poucos meses será algo máis longo. "A insinuación de que igual os pubs non abren ata o inverno foi importante", asegura. Con todo, e malia a incerteza polo futuro a nivel social e económico, Miguel Rodríguez cre que o Goberno "soubo parar as consecuencias máis duras a curto prazo cunha política de gasto bastante elevada e xenerosa malia ser conservador e claramente liberal". Segndo explica, o Executivo británico vai pgar o 80% dos salarios de traballadores e autónomos que quedasen sen emprego por mor do coronavirus ata un máximo de 2.500 libras ao mes, ademais de aplicar moratorias en hipotecas e alugueiros. Hai, claro está, "moita preocupación polo futuro", con atrancos engadidos como a previsible saída do UK da UE, e sen acordo, en oito meses. "A covid-19 só engade gasolina ao lume", asegura, máis nunha illa onde xa hai algún problema de desabastecemento "cando aínda se poden importar cousas do continente". No Reino Unido, segundo conta Miguel Rodríguez, o Goberno "soubo parar as consecuencias máis duras a curto prazo cunha política de gasto xenerosa"No Brasil, segundo Páramos, "hai moito medo dunha crise económica". "As empresas están despedindo traballadores e debemos lembrar que hai moito traballo informal, xente que non aforra, vive ao día e non ten o que comer; e moitos deles, non teñen nen onde durmir", explica quen lemra eu o país "é un dos máis desiguais do mundo". "Máis da metade de súa poboación vive en chabolas ou casas precarias, de poucos metros cadrados, todos apiñados, sen redes de sumidoiros, auga potable ... Cando digo todos apiñados non me refiro só a que poden vivir 8 ou 9 persoas nunha casa de dous cuartos, senón ás construcións, todas xuntas, unha vivenda enriba da outra, sen a menor posibilidade de illamento", di. Desde Portugal, João Nuno asegura que "os níveis de ansiedade e receio pelo futuro aumentam". "Não se vê como é que se vai voltar ao normal pois, muitos já não terão empresa onde voltar. Isto começa a gerar insatisfação e já houve movimentos de empresários a fazer abaixo-assinados pedindo a abertura gradual dos negócios", continúa quen explica que" para quem trabalha por conta de outros e fica desempregado ou em regime de Lay Off (2/3 do salário base - 1/3 pago pelo Estado e 1/3 pago pelas empresas), as coisas têm funcionado bem". "Mais problemático é o apoio às pessoas que trabalham a recibo verde (free lancers) e às empresas", engade. "Nestes momentos agradecemos que os gobernadores tomaron a iniciativa e tentar facer o mellor que poden, inspirados en medidas que tomaron países europeos", conta, con certa ironía, María do Mar desde Brasília. "Aínda ben. Menos mal", insiste. Desde os EUA, Cristina ten unha opinión semellante respecto do feito de que os Estados teñan moita autonomía para decidir as políticas a seguir... A súa opinión sobre o presidente, Donald Trump, é ben menos diplomática. En Suíza, cun innegable poder económico, a cuestión é agora saber "como, canto e cara a onde van ir os investimentos", explica Elena Lozano, que ve clave unha constante na política da Confederación Helvética: "Atopar compromisos comúns entre a Suíza xermánica --con influxo alemán e menos casos de coronavirus--, a italiana --con moitos casos e unha cultura máis latina-- e a francesa, con clara influencia do país galo". Con todo, explica, "serán as decisións nacionais as que determinen a xestión das rexións e o nivel da cohesión, que é moi necesaria". No Reino Unido, e malia as duras críticas do comezo da crise, sobre todo desde o exterior, Miguel Rodríguez lembra que as últimas enquisas "sitúan a Boris Johnson, o primeiro ministro, nos máximos niveis de apoio social". Os mesmos inquéritos sinalan, ademais, que a poboación británica considera o seu país como "o segundo de Europa que mellor afrontou a crise tras Alemaña". "Reaccionaron tarde pero a resposta a nivel económico, tanto en axudas individuais como empresariais, foron elevadas e o ministro de Economía dixo estar disposto a que o Estado entrase no accionariado de moitas empresas, como a British Airways", explica, tras presumir de "non ter pechados as fronteiras de todo en ningún momento". "Em Portugal todos têm a sensação que o governo estão a fazer o seu melhor"."En Suíza non hai reproches co que se tería que ter feito ou o que se fixo"O conflito político, ao contrario que en España, non parece duro. Tampouco en Portugal. "As coisas têm corrido bem e todos têm a sensação que o governo, com a ajuda de toda a oposição (excepto a extrema direita) estão a fazer o seu melhor", explica João Nuno Silva, que destaca que "há um entendimento entre os dois maiores partidos - PS e PSD - e nenhum dos outros, até agora, criou problemas". "Digamos que há um pacto de não agressão', tendo em vista o bem comum que, até agora tem funcionado muito bem", engade. En Suíza, segundo Elena Lozano, as diferenzas políticas "chegarán agora, coa xestión da crise económica". Pero non as houbo antes. "Aquí non hai reproches co que se tería que ter feito ou o que se fixo", aclara, aínda que destaca que foi importante "que o sistema sanitario non colapsase". "Está en gran parte privatizado e veremos agora como o pagamos", advirte, tras insistir que o clima político "foi de unidade" desde que o Goberno nacional se ocupou da pandemia. Unha figura clave, lembra, foi o Ministerio de Sanidade, que insistiu nunha frase que "foi importante na cidadanía: 'Debemos actuar tan rápido como sexa posible e tan lento como sexa necesario".
PRAZA_19020
A xira, que comeza este domingo 8 en Ponferrada e rematará o sábado 14 en Vigo tras pasar por Ferrol, Ourense, Baiona, Nigrán e Pontevedra, busca sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores, acusado de agredir un policía nunha carga de antidisturbios
A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizan a vindeira semana un ciclo de palestras e proxeccións por toda Galicia en solidariedade coa loita na rotonda de Coia, baixo o título: "Quérennos en soidade, téñennos en común". A xira, que comeza este domingo 8 en Ponferrada e rematará o sábado 14 en Vigo tras pasar por Ferrol, Ourense, Baiona, Nigrán e Pontevedra, busca sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores, unha das persoas "represaliadas" na loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. A xira, que comeza este domingo 8 en Ponferrada e rematará o sábado 14 en Vigo tras pasar por Ferrol, Ourense, Baiona, Nigrán e Pontevedra, busca sumar apoios ante o xuízo que o 17 de xaneiro ten Diego Lores Lores está acusado de agredir un policía municipal durante unha carga de antidistubios contra unha das protestas veciñais. Pídense para el 3 anos e medio de cárcere, xunto a unha responsabilidade civil de 30.355,84 euros. A entidade veciñal denuncia que as protestas foron pacíficas en todo momento e que non existen probas para acusar a Lores. De igual xeito, sinala que o proceso xudicial busca servir de exemplo ao resto dos e das integrantes da Asemblea Aberta e de amedrentar o resto de movementos sociais: "Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes". A entidade subliña que "na instrución do procedemento foi tal o cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular, que a propia fiscalía, en dúas ocasións, rexeita formar parte do proceso". Así, o día 17 de xaneiro non haberá acusación pública, pois "o ministerio fiscal non aprecia indicios de delito, pese a todo o manifestado dende o goberno municipal", sinala a Asemblea Aberta de Coia, só acusación particular, a da Policía Local de Vigo. Nos actos participarán veciños e veciñas de Coia acompañadas de persoas que participaron en diferentes loitas "co obxectivo de partillar experiencias e tecer redes na defensa doutras vidas" As palestras irán acompañadas da proxección da curta #MoitoPeixeRompeARede, que repasa o desenvolvemento deste conflito. "Con estas actividades queremos poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común, da vida. Coñecer as resistencias das que visualizan a inxustiza existente tras a cidade capitalista. Coñecer as arelas daquelas que pulan por colocar a vida e os dereitos sociais de todas no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que traballan pola xustiza social", salientan. Nos actos participarán veciños e veciñas de Coia acompañadas de persoas que participaron en diferentes loitas "co obxectivo de partillar experiencias e tecer redes na defensa doutras vidas que paguen a ledicia de seren vividas". Calendario de actividades Ponferrada. Domingo 8 xaneiro ás 15h00. Magaz de Arriba (Ponferrada) Ferrol. Luns 9 xaneiro ás 19h00. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) Sabarís (Baiona). Martes 10 xaneiro ás 20h00. Casino de Sabarís (rúa Julián Valverde, 33) Ourense. Mércores 11 ás 20h00. A Galleira (Praza de San Cosme) Nigrán. Xoves 12 xaneiro ás 20h00. A Casa Colorida (Rúa Rosalía de Castro, 16) Pontevedra. Venres 12 ás 20h00. Casa das campás (Rúa Don Filberto, 9) Vigo. Sábado 14 ás 19h00. CS Faísca (Rúa Toledo, 9)
NOS_52357
Paco González Sarria (Ponte de Domingo Flórez, 1962) é o novo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza. Na súa toma de posesión, deu conta da paisaxe "desoladora" que hai nos medios de comunicación galegos. Conversamos con el do panorama que vive o sector.
Paco González Sarria comezou a súa carreira xornalística na desaparecida Ondas Galicia, en Ourense. Foi xefe de informativos en COPE-Ourense e delegado da TVG en Ourense. Tamén traballou en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, Agencia EFE, El País e foi colaborador de Público. En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado a Onda Cero. Actualmente é coordinador de redacción e contidos en Onda Cero-Ourense. É vogal da Xunta de Goberno do CPXG dende a súa fundación. Por que decidiu aspirar a ocupar o posto de decano no Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza? Foi unha decisión conxunta. Máis-menos hai un grupo de persoas, de colexiados, que vimos traballando desde o nacemento do Colexio, hai 16 anos, e outros que se implicaron nos últimos oito anos. No conxunto había que seguir tirando da institución para que medrase. Pensamos que o mellor era algunha das persoas que levaba tempo traballando, desde o nacemento do colexio, para darlle unha continuidade para reforzar proxectos en marcha. Por outra parte, ninguén quere ser decano [ri] por pudor, porque rouba tempo... a fin de contas hai que dedicarlle tempo do teu ocio e iso é algo a valorar. Que accións pensa desenvolver a nova Xunta de Goberno? Temos interese en moitas cousas, pero sobre todo en reforzar proxectos en marcha, pensados sobre todo despois destes anos de crise, destinados a compañeiros que quedaron no camiño. Poño como exemplo Xornalismo na Escola, financiado por Caixabank, que queremos reforzar co apoio de concellos e deputacións. Solicitaremos entrevistas após o período electoral para que esa mesma idea que se desenvolveu con éxito con xornalistas en paro a través de charlas nos colexios das cidades poida ampliarse a máis beneficiarios. Traballamos tamén na idea de ver se é posíbel converter o colexio nunha entidade formadora, para impartir cursos e obradoiros e que sirvan de reciclaxe. Estamos na fase de solicitar a súa impartición, de pedir informes e saber que requirimentos son necesarios, descoñecemos se vai chegar a algo. E logo imos traballar por reforzar a propia imaxe do colexio como entidade de referencia representativa dos mais de mil colexiados e profundar na dignificación da profesión: será a referencia e a voz dos colexiados e da profesión en Galiza. Con salarios de 400 ou 500 euros é moi difícil pedirlle a un xornalista que faga un traballo digno, de calidade. Como lle afectou á crise á calidade do xornalismo? Dunha maneira brutal. Con salarios de 400 ou 500 euros é moi difícil pedirlle a un xornalista que fai 7 ou 8 noticias ao día, ou máis, que contraste a fondo, que redacte con detalle, que faga un traballo digno, de calidade. Isto non quere dicir que non se estea a facer. A crise conduce a carencias á hora de facer información e o xornalista non é responsábel. A crise deixou compañeiros no camiño e precarizou o emprego e o acceso a el. No día a día faise cada vez mais difícil poder ofrecer calidade con eses salarios. Se fose unha media xornada real, de 4 horas, por 500 euros... pero as medias xornadas acaban converténdose en completas. A precariedade laboral no xornalismo vén xa de atrás. Pode facerse bo xornalismo coas condicións laborais que imperan nos medios? A crise fixo en moitos casos que os xornalistas que xa estaban en precario acabasen no paro. O descenso de profesionais ou xornalistas nos medios de comunicación é preocupante. Detectamos un aumento do número de colexiados en paro, porque piden estar eximidos da cota. Mesmo algúns piden darse de baixa de forma temporal. E isto é só unha parte dos casos que coñecemos. Todos coñecemos ERE ou despedimentos progresivos e continuos nos medios. Isto afecta particularmente aos impresos, pero en xeral afecta a todos. A nós sempre nos gusta dicir que non somos un sindicato: unha cousa é dignificar e poñer o acento na precariedade, pero non somos un sindicato. Hai o Sindicato de Xornalista e os sindicatos de clase. Nós o que buscamos é como está afectando esta situación á calidade da información. "A crise conduciu a que moitos medios estean condicionados pola publicidade institucional, que ten un maior peso e iso condiciona as liña editoriais" Cal é a diagnose que fai do panorama xornalístico galego? Eu creo que temos unha gran calidade de profesionais, pero non sempre poden traducir as súas inquedanzas e a súa vision da realidade galega nos medios nos que traballan por un montón de intereses. A crise conduciu a que moitos medios estean condicionados pola publicidade institucional, que ten un maior peso e iso condiciona as liña editoriais. Non quere dicir que non haxa xornalistas que saiban o que hai. Todos sabemos que hai casos de informacións que quedan no caixón ou liñas de información que non son sempre as que se axustan e as que están pegadas á realidade. Esta é outra das consecuencias da crise nos medios. Estamos vendo que aquí, en Galiza, evoluciona máis lentamente porque non hai tanto acceso á dixitalización, á internet. É máis lenta a presenza dos medios dixitais e a sangría de lectores nos medios impresos. Non sei en que momento nos igualaremos co resto do Estado, onde se ven máis ERE, o último en El Mundo. Tamén semella que se fai máis traballo desde as redaccións e non no lugar dos feitos. As redaccións son hoxe pequenas e con 10 ou 12 convocatorias faise imposíbel poder atendelas. Faise moito traballo desde as redaccións e menos in situ, co risco que supón ao non ter a visión imprescindíbel de estar no lugar para ver as cousas. Cada vez hai menos xornalistas nas redaccións. Falaba antes da publicidade institucional. Que lectura fai do borrador de lei que prepara a Xunta de Galiza? O desexábel é que houber un acordo e regras de xogo iguais para todos e que ese reparto estiver ligado ao número de lectores e oíntes e ao tipo de contidos de cada medios. Eu teño a impresión de que por isto das eleccións igual non ve a luz nesta lexislatura autonómica e en todo caso gustaríame estar errado, porque penso que unha vez que se aproba, se se chega a aprobar, os grandes medios verán a maneira de sortear as regras do xogo. Algunhas institucións puxéronse en contacto con nós interesadas en coñecer a visión do colexio sobre como chegar a puntos de acordo para facer un reparto equitativo e que non se produzan agravios comparativos. "Todos coñecemos casos de medios que reciben grandes cantidades de cartos para que o galego apareza de xeito testemuñal, en suplementos ou no Día das Letras" Moitos medios reciben axudas por usar o galego cando o fan de maneira moi testemuñal. Que opinión ten ao respeito? Na utilización do galego non hai rigor por parte da Administración á hora de repartir eses fondos. Tamén pode ocorrer que algún medio non axude, porque todos coñecemos casos de medios que reciben grandes cantidades de cartos para que o galego apareza de xeito testemuñal, en suplementos ou no Día das Letras. Isto debería estar rexido por difusión e por contido real, é dicir, para aqueles medios que fagan un maior esforzo por incorporar o galego. Hoxe hai novos medios que apostan no galego, sobre todo na rede. A elección do idioma é un tema editorial e de empresa, que é respectábel, pero prodúcense agravios comparativos notábeis. A Administración debería aplicar unha norma na que se premie realmente o uso do galego e en base a esa utilización á difusión. Que lle aconsella a quen queira estudar xornalismo? Se penso como decano, diríalle primeiro que é unha profesión fermosísima na que non todo o mundo consegue realmente cumprir cos seus ideais. Unha das primeiras cousas que me dixeron cando empezaba a exercer o xornalismo, hai máis de 30 anos, era que calquera que estudara Económicas, Medicina, Arquitectura... podía exercer o xornalismo, pero que se es xornalista non podes ser médico, arquitecto... Unha vez que elixen Xornalismo, diríalles que teñan en conta a razón de ser das cousas e estar no lugares, e iso cada vez é máis complicado. Hai un compoñente de frustración entre o que cres que é o xornalismo e o que despois vas facer. Vas ter que loitar anos para conseguir unha posición na que realmente sobresaen os mellores. Fórmate para ser o mellor e seguramente conseguirás ser o mellor e rodearte das persoas que traballan no oficio e que te poden conducir polo camiño acertado. Poder contar as cousas e ser notario do que ocorre é un privilexio que non ten calquera cidadán. Iso é unha das cousas que nos fan amar a profesión. Non sempre se consegue contar o que un quere e non sempre se consegue chegar ao destino final. Está no ADN do xornalista perseverar até conseguilo. É partidario da colexiación obrigatoria, como noutros ámbitos profesionais? Si, pero habería que contemplar todos os profesionais. Cando se crea o colexio contemplouse a terceira vía, unha excepcionalidade destinada a xornalistas que podían demostrar a súa profesión traballando nos medios. Agora esa vía está pechada. Hai moitos xornalistas que non fixeron a carreira e que se formaron nos propios medios e se se abrise colexiación obrigatoria deberían ter dereito a colexiarse. A partir de aí habería que volver contemplar a terceira vía e evidentemente só un colexiado podería exercer o labor, pero ese é un horizonte aínda afastado.
PRAZA_6101
A ruptura das negociacións deriva na intervención directa do Goberno de Orozco, que segundo o persoal debera ser un "convite" para que a empresa do grupo ACS "marche de Lugo". Audio e vídeo no interior.
Xiro de guión na folga de recollida do lixo en Lugo. No trixésimo segundo día de protestas e poucas horas despois de que rachasen as negociacións entre a empresa e o persoal o Concello lucense deu en tomar a primeira decisión política de relevancia dende o inicio do conflito. Tras semanas de "silencio consciente" o alcalde da cidade, Xosé López Orozco, anunciou a determinación de "intervir o servizo de limpeza e recollida do lixo", recuperando en certo xeito o control da situación que viña dependendo, en última instancia, de Urbaser e abrindo a porta, a xuízo do persoal, a prescindir da compañía do grupo ACS. O bloqueo das conversas chegou durante a noite do xoves, cando a empresa, explican os sindicatos, se "negou" a "aceptar dúas cuestións fundamentais: a readmisión do persoal despedido" durante a folga "e a retirada das sancións, que tentou separar do resto do conflito". Este veto provocou unha ruptura tras seis horas de conversas sobre a base da proposta do mediador do Consello Galego de Relacións Laborais que, explican dende a CIG, era avaliado de xeito "positivo" polo persoal e que incluía, entre outros aspectos a consolidación dunha paga anual de 600 euros "para 2017" e non inmediatamente. As negociacións racharon na noite do xoves e a empresa acusa os sindicatos de facer "chantaxe" Pero a empresa non aceptou aludindo "problemas económicos", ademais de poñer o acento nas perdas económicas que lle está a supoñer a folga e considerar que as "posturas sindicais se achegan moito á chantaxe". Para Lois Neto, da Executiva da CIG en Lugo, esta "actitude de rebeldía da empresa" demostra que "atende exclusivamente aos seus intereses", ata o punto de que "nin sequera pon á disposición do persoal os medios que teñen para a recollida do lixo nos puntos de risco sanitario" marcados pola Consellería de Sanidade. "Os camións de carga lateral -exemplifica- foron trasladados mesmo fóra da provincia". O plan do Concello Mentres sindicatos e persoal destacan a "total unión" dos "traballadores e traballadoras, xunto co comité de folga e os representantes sindicais de CIG, UGT e USO" o Concello coida que a ruptura das negociacións do xoves abre "un novo escenario" que o leva a intervir impusaldo, di Orozco, pola "obriga" de "defensa do interese público dentro do marco legal". Neste escenario sitúa "a intervención, que non caducidade, acoutada no tempo, do servizo de limpeza e recollida de lixo", unha decisión que xa lle foi notificada a Urbaser e que faculta o goberno local para "contratar unha nova empresa [con toda probabilidade, a pública Tragsa] transcorridas corenta e oito horas sen que a concesionaria preste o servizo". "Estou en condicións de garantirlles aos lucenses que a partir da semana que vén mellorará de forma importante a situación da cidade", afirma. O persoal cre que o "xesto" do Concello debería servir como "convite" para que Urbaser "marche de Lugo" Aínda que con cautelas, a intervención municipal é vista con bos ollos por parte do persoal. Para o secretario do comité de empresa, Julio Pacios, o "xesto" anunciado por Orozco debería servir como "convite" para que a empresa "marche de Lugo, porque está claro que ten outros intereses". Se o Concello fai isto, afirma, é "porque o conflito está bloqueado" por culpa de Urbaser e agora, "como mínimo, achégase aos traballadores e á cidadanía". Dende a CIG o seu secretario comarcal, Antonio Niño, explica que resta saber, por exemplo, "se Tragsa podería facer uso dos medios materiais e humanos de Urbaser" e que o persoal, pola súa banda, espera tamén que a decisión do Concello permita retomar as negociacións. Así e todo, advirte, "a empresa comezou a sacar da nave e das oficinas mobiliario e documentación, o que dá a impresión de que estarían dando por perdida a concesión".
NOS_5594
O Parlamento da Galiza aprobou as contas da Xunta para 2020 cos votos a favor do Partido Popular e con toda a oposición en contra dun orzamento que consideran que agrava a situación de precariedade do país, con atención ao emprego, e afonda no desmantelamento do sistema público, co exemplo dos conflitos coa atención sanitaria que non deixan de estar de actualidade.
Os orzamentos da Galiza para 2020 ficaron aprobados hoxe con ovación popular e a crítica unánime da oposición en pleno centrada no aumento das desigualdades e da precariedade que "continúan" con estas contas. O presuposto, que practicamente non sufriu cambios no debate que se iniciou no Parlamento da Galiza o pasado mes de outubro, ascende a 10.149 millóns de euros. O emprego e a sanidade, así como a crise demográfica, protagonizaron un debate que na práctica foi unha sucesión de monólogos. O desmantelamento do sistema público por parte do Goberno de Alberto Núñez Feixoo centra as múltiples emendas presentadas pola oposición que quedaron en nada polo "rolo" da maioría absoluta do PP na Cámara galega. Deste xeito, as 697 emendas presentadas polo PSdeG, as 453 do Grupo Común da Esquerda, as 422 do BNG e as 282 do Grupo Mixto non chegaron nin á fase de negociación entre os grupos ao seren rexeitadas de pleno polos populares. "Mostran a precarización do sistema público en favor do privado", asegurou a Begoña Rodríguez "Hoxe os galegos e as galegas sabemos que, dez anos despois da chegada de Núñez Feixoo á Xunta, Galiza perdeu poboación, ten unha poboación máis avellentada, ten menos xente traballando e con máis desigualdade, cun sector agrogandeiro con enormes dificultades, cun sector pesqueiro sen remprazo xeracional, cun sector industrial en crise, cun medio rural abandonado, cun retroceso no Estado de benestar e nos servizos públicos e cunha sanidade na UCI". Así comezou a súa análise dos orzamentos a portavoz de Economía do PSdeG, Begoña Rodríguez Rumbo, que se referiu á "precarización dos servizos públicos en favor dos privados" como unha mostra clara do "desmantelamento" do sistema público que pretenden os populares. Para os socialistas estas contas son "insuficientes" e "continuistas", e non contan cunha "aposta real polo emprego e a industria". Rodríguez Rumbo lamentou que o PP non mostrase "ningún intento de negociación" durante estes dous meses de trámite parlamentario da Lei de Orzamentos. "A continuidade do fracaso en política industrial", xunto coa ausencia de "solucións para afrontar a sangría demográfica", son "un dos problemas máis importantes do país", concretou a socialista. Na súa quenda, o voceiro do Grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, criticou a deriva "neoliberal" destas contas que só se deben á "lóxica dos recortes" e á "austeridade compulsiva". Lago apuntou que desde 2016, cando Feixoo chegou ao Goberno, o gasto está "2.000 millóns de euros por debaixo do que había antes" e que, mentres, a débeda aumentou en "7.500 millóns". Uns datos que cualificou de "suspenso total" na xestión económica. Lago sinalou que "menos ingresos, menos gasto e máis débeda" é o legado que deixa o mandato de Feixoo. "Imos do axuste duro ao axuste fino e seguimos cavando no fondo do pozo", dixo. "Son unhas contas que se deben á lóxica dos recortes", dixo Manuel Lago "Na nosa emenda de totalidade aos orzamentos demostramos que é posíbel construír un modelo fiscal radicalmente distinto ao que está a defender o PP, redistribuíndo as cargas tributarias dun xeito máis equilibrado en relación coa capacidade económica", asegurou. Doutra banda, a portavoz do BNG, Ana Pontón, incidiu en que estes son os presupostos dun Goberno da Xunta "fracasado, que non ten ideas nin proxecto de futuro, que deixa unha Galiza peor que hai 10 anos" e que o PP semella un "muro de soberbia" que ten a "única verdade revelada", pois non atendeu ningunha das emendas presentadas polo seu grupo. Pontón ve un Goberno "esgotado" e "incapaz de dialogar que non quere dar un xiro de timón" mentres dereitos fundamentais como os da vivenda "son papel mollado". E, sumado a isto, un "roubo" aos traballadores e ás traballadoras da Galiza como reflicten os datos do último informe FOESSA: "Temos unha nova clase social, os traballadores pobres. O 12,3% das persoas que traballan están en situación de exclusión social e o 3,6% sofren pobreza severa". "É un Goberno fracasado, sen ideas nin proxectos de futuro", apuntou Ana Pontón A portavoz nacionalista reclamou un cambio na "política sanitaria errada" e insistiu en que non se "normalice" unha "violencia que se exerce desde o sistema contra as mulleres", en referencia á situación do paritorio do hospital de Verín. Sobre a sala de partos deste hospital comarcal tamén falou o voceiro do Grupo Mixto, Luís Villares, que se referiu aos "argumentos irreais" esgrimidos pola Xunta para o feche e nomeou seis sentenzas que consideran "ilegal" a forma na que o Sergas organiza as gardas de Pediatría no hospital do Barco de Valdeorras. Villares sostivo que o Goberno "asume a derrota política para Galiza fronte ás súas emerxencias social, climática e feminista" e falou dunha instaurada "precariedade vital" con "máis de 600.000 persoas en situación de exclusión social" no país. "Negan a realidade, fan do Xacobeo 2021 a solución dos problemas", sinalou Luís Villares Para o Grupo Mixto, en palabras de Villares, estas contas supoñen unha "negación da realidade" e "fan do Xacobeo 2021 e dos agasallos fiscais aos máis ricos a solución dos problemas da sociedade galega". Acusación de "populismo" Pola súa banda, o portavoz do Partido Popular, Pedro Puy, acusou a oposición de empregar "artificios contábeis" nas súas emendas aos presupostos para "faceren propaganda electoral". Deste xeito, Puy sinalou que o Grupo Común da Esquerda propón aumentar o gasto en 560 millóns de euros, o PSdeG en 293 millóns e o BNG en 232, pero "sen dicir ao que se renuncia" para contrarrestar este incremento. "As súas emendas son populismo e electoralismo en vea, que se acrecenta polo ton populista das súas intervencións", concluíu o portavoz popular.
PRAZA_17995
Os recursos que dedicamos ó mantemento dos centros escolares, nos últimos anos, son moi relevantes. Insuficientes, desde logo, pero debemos valorar o esforzo que significa de diñeiro público destinado a reparar parques infantís, aulas, fachadas, baños, carpintería de aluminio, e demais instalacións escolares
Lembro con certa nostalxia o comezo de cada novo curso escolar. Inquietude, preocupación, ilusión, esperanza, nerviosismo… sensacións mesturadas coa renovación anual que significa acoller quendas de rapaces e rapazas novos, profesorado, novidades… que aproveitamos para comentar xunto co verán que se vai. Hoxe, xa xubilado, vexo e sinto este momento dunha maneira ben distinta, con responsabilidades diferentes, perspectiva nova cando estou a piques de afrontar o último curso dun mandato iniciado en maio de 2015 cando Compostela Aberta se converteu na forza política máis votada en Santiago. As miñas preocupacións desde a Concellaría de Educación e Cidadanía son outras. Certo que comparto os desexos de mellora da calidade educativa con tódolos sectores e suxeitos do complexo proceso que coñecemos como ensino-aprendizaxe. Porén, as competencias reais dun Concello -en materia educativa- son e están moi limitadas. Ás veces, con boa intención, tendemos a confundir as responsabilidades e demandamos melloras infraestructurais que son lóxicas nunha rede de centros que ten xa moitos anos e, polo mesmo, responden a modelos que están, certamente, obsoletos. Por iso recoñecemos que os espazos non son os que realmente necesitamos no século XXI, salóns de actos e de usos múltiples, parques infantís, comedores, aulas, laboratorios, medios técnicos e tecnolóxicos, ratios axeitadas, profesorado especialista… a pesares dos esforzos que se fan. Non son suficientes. Sabémolo ben. Mais a competencia para ter centros destas características corresponde integramente á Xunta de Galicia, dona das competencias plenas en materia de educación. Os concellos, nas súas limitacións, abordamos o mantemento das instalacións, non os investimentos nas infraestruturas citadas, polo mesmo, non podemos intervir en asuntos alleos aínda que, ás veces, vémonos na obriga de facelo, directamente ou en colaboración coa Consellería, porque sentimos e queremos mellorar a calidade, na medida das nosas posibilidades. Con todo, os recursos que dedicamos ó mantemento dos centros escolares, nos últimos anos, son moi relevantes, insuficientes, desde logo, pero debemos valorar o esforzo que significa de diñeiro público destinado a reparar parques infantís, aulas, fachadas, baños, carpintería de aluminio, e demais instalacións escolares, algo máis de 400.000€ que de maneira sostida no tempo vimos dedicando, cando menos, desde 2015, xunto con axudas que tramitamos dende o departamento de Políticas Sociais, para comedor e material, que multiplicamos exponencialmente como nunca se fixera neste concello. Ademais atendemos puntualmente todas as urxencias e emerxencias que acontecen diariamente nunha rede de centros moi numerosa, complexa e variada, composta por 3 escolas infantís municipais, outras 4 consorciadas que tamén mantemos, 3 escolas unitarias, 13 colexios de Primaria, unha Escola Municipal de Música, o Centro de Interpretación do Medio Rural de "A Portela" en Figueiras, ou o Espazo Educativo e de Lecer "María Miramontes" coa Ludoteca de As Fontiñas. O que significa contratos de mantemento que van desde gas e electricidade, auga e as súas condicións, ate as alarmas e os extintores, pasando polos elevadores, a limpeza e a conserxería, as reparacións eléctricas, entre outras. Temas imprescindibles para que a calidade e o servizo público educativo sexa da máxima calidade. Asegurar que todos estes elementos, empresas, espazos, funcionen, ó día, cada día do curso escolar, non é unha tarefa doada, desde un Departamento como o de Educación e Cidadanía que, para as persoas que coñecen a súa realidade interna, arrastra dificultades de persoal e de medios, especialmente pola conxugación de circunstancias inesperadas, excepcionais, que afectaron profundamente no seu funcionamento ordinario, en particular desde hai máis dun ano. Con todo, apoiaremos proxectos e programas novos, algúns ampliados, como o "Vivir e Coñecer Santiago", o Roteiro Funerario polos cemiterios de Compostela, os Concertos Didácticos, a Campaña de Animación á Lectura e os Premios de Álbums Ilustrados, ou os Educa Compostela, as celebracións do Día dos Dereitos Humanos ou o Escolar pola Paz, o Día Europeo da Música, O Festival Intercentros de Teatro ou o Festival de Danza. A finais deste mes colaboraremos cunha Mariña Seca no Obradoiro de Embarcacións Tradicionais Galegas cun folleto divulgativo e un programa de visitas escolares… E poremos en marcha neste curso dentro do Plan de Igualdade, un Programa de Educación Afectivo Sexual naqueles centros que o desexen. E procuraremos convocar os órganos de participación, o Consello Escolar da Infancia, o de Convivencia Escolar e o Consello Escolar Municipal. E publicaremos novas Unidades Didácticas que se sumarán ó amplo catálogo de publicacións do Departamento, unha titulada In Memoriam, para traballar no Roteiro Funerario, outra sobre o Pórtico da Gloria e unha terceira sobre María Miramontes. Non quero deixar de parabenizar a todos os axentes educativos, e fágoo con ilusión renovada neste novo curso, cos mellores desexos para as equipas directivas, tan importantes no funcionamento eficaz dos centros, ó profesorado, ás familias, ó alumnado, ó persoal non docente, para que, conxunta e colaborativamente, eduquemos, eduquemos, eduquemos, máis e mellor, cada día, tódolos días, coa ilusión, alegría e esperanza do primeiro. Publicidade
NOS_36963
Todos os grupos con representación na corporación municipal rexeitan o anteproxecto excepto o PSOE, partido do alcalde, Edmundo Maseda.
O alcalde do Valadouro, o socialista Edmundo Maseda, ficou só na cuarta feira, no pleno da corporación municipal, na votación do anteproxecto para a posíbel construción dunha central hidroeléctrica reversíbel no Xistral. Todos os grupos con representación excepto o PSOE, negáronse a apoiar o anteproxecto de construción da central baseándose en diferentes posturas, aínda que toda a oposición coincidiu na falta de transparencia e claridade do plan. Maseda voltou a tratar o tema nun pleno extraordinario e insistiu en que o Concello se pronunciará "cando o proxecto sexa definitivo". Reclaman un referéndum Desde o BNG, a través do seu portavoz municipal, Eduardo Chao, insisten na idea da celebración dun referéndum par que o conxunto da veciñanza poida decidir acerca da construción da central. O alcalde di "non comungar" coa idea e, por tanto, non se mostra disposto a convocar ningunha consulta popular. Ademais, Chao denunciou que "non se sabe nada dos empregos nin de canto beneficio económico deixará no concello". A veciñanza síntese "abandonada" A Plataforma de Veciñas e Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica Xistral di sentirse "abandonada polas administracións locais e considera que os concellos non defenden a veciñanza". Para alén diso anuncia que "non permitirán a desinformación" e, por ese motivo, convoca unha reunión informativa hoxe, ás 20.30 horas no Pavillón Municipal de Alfoz. Ademais denuncian que "o impacto medioambiental non interesa, o importante son os supostos grandes beneficios económicos". Augas da Galiza tamén rexeita a central e indica que o seu "informe é negativo".
NOS_22762
Os populares dos concellos da Ría de Arousa recoñecen que non poden defender ou avalar un ante-proxecto que xera a oposición unámime dos sectores produtivos do mar.
O ante-proxecto de Lei de Acuicultura da Xunta semella que non convence nin aos seus. Logrado o rexeitamento unánime dos sectores produtivos do mar, de organizacións ambientalistas, de forzas sindicais e partidos da oposición, agora o repudio ao ante-proxecto provén do PP da comarca do Salnés. "Non podemos apoiar esta lei", afirmou o voceiro dos populares na Illa de Arousa, Juan José González, momentos antes de que o seu partido unise os seus votos a BNG e PSOE nun pleno para pedir a retirada da polémica lei. "Temos que estar do lado da nodsa xente", engadiu. E iso, nunha comarca onde o mar é a principal industria, significa mariscadoras, mariñeiros, bateeiros... Mais o PP da Illa non está só. É unha postura dos populares a nivel de comarca e mesmo alcaldes como Gonzalo Durán (Vilanova de Arousa) poñen a Lei de Acuicultura como exemplo das cousas mal feitas polo goberno da Xunta. En Rianxo, o PP optou por se abster na votación para pedir a retirada desta lei. BNG, PSdeG e Rianxo en Común apoiaron a petición. O ante-proxecto da ei recibiu perto de 90 alegacións. Os detractores consideran que é un ante-proxecto que vai facilitar o camiño para o desembarco nas rías galegas de grandes multinacionais de piscultura industrial en detrimento da pesca, marisqueo e acuicultura tradicional.
PRAZA_8147
O sindicato sinala que hai varios centros de ensino nos que o profesorado de Relixión, nomeado unicamente para esta materia, está impartindo materias que nalgúns casos acadan o 50% do seu horario, como por exemplo no CEIP Doiras, no concello de Cervantes.
CIG-Ensino denuncia que hai varios centros de ensino nos que o profesorado de Relixión, nomeado unicamente para esta materia, está impartindo materias que nalgúns casos acadan o 50% do seu horario, como por exemplo no CEIP Doiras, no concello de Cervantes. A CIG salienta asemade que a inspectora do centro é "cómplice desta ilegalidade", ao recoñecer que é consciente da situación e afirmar "que este non é o único centro no cal o profesorado de relixión imparte outras materias do currículo". Para a CIG-Ensino é "gravísimo" que a Consellaría permita e promova que o profesorado de Relixión imparta materias diferentes a súa "cunha actitude prevaricadora, xa que vulnera un principio legal do cal é coñecedora". O sindicato lembra que o profesorado de Relixión é nomeado polo Bispado atendendo exclusivamente as súas consideracións ideolóxicas e relixiosas, "á marxe do sistema que ten que rexer en toda a administración e que se basea nos principios de capacidade, mérito e igualdade". Ademais, sinala que este profesorado é retribuído con diñeiro público. Con esta actuación a Consellaría de Educación "incrementa os despedimentos de profesorado interino das diferentes especialidades e usa un criterio anormal á marxe da listaxe pola cal se cobren as prazas". CIG-Ensino conclúe que a Consellaría de Educación "amosa, unha vez máis, a deriva confesional e ideolóxica que o PP pretende trasladar máis alá da propia lexislación vixente".
NOS_39076
Entre 2008 e 2016 a media de lanzamentos hipotecarios que se produciu no noso país foi de seis diarios.
Desde 2008 no noso país tiveron lugar máis de 19.000 lanzamentos hipotecarios (despexos), unha cifra que evidencia a magnitude dunha situación, o desafiuzamento, que se converteu na imaxe dramática das consecuencias da gran recesión. En 2008 foron algo máis de 1.100 os desafiuzamentos. E en 2016 esa cifra foi de perto de 2.400, máis do duplo do que naquel ano. Porén, neste último exercicio houbo unha baixada no número de lanzamentos se comparamos cos anos máis duros, como 2012, cando tiveron lugar máis de 3.500 desafiuzamentos. Así pois, durante a crise en Galiza houbo unha media de seis despexos cada día, ou un cada catro horas. Un ritmo de vertixe que non é alleo ao resto do estado español, onde durante eses mesmos anos o número de desafiuzamentos foi de ducias de miles. O número de lanzamentos practicados o ano pasado en Galiza foi de 2.384, o que supón un descenso de 2 % a respeito dos 2.432 de 2015. Os lanzamentos afectan distintos tipos de imóbeis, non só vivendas e, no caso destas, non só a vivenda habitual. Dos 2384, como consecuencia de procedementos de execución hipotecaria producíronse 766 (4,3 % menos que en 2015, cando se rexistaron 800), mentres que aumentaron 2,5 % os lanzamentos motivados por procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos, ao pasar de 1.507 en 2015 a 1.544 o ano pasado. Os despexos enmarcados no apartado doutras causas pasaron de 125 a 74, o que supón un descenso de 40,8 %.
NOS_31773
Considera un "insulto" a insistencia da empresa en manter unha xuntanza e manter a intención de se desfacer das hidroeléctricas.
O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas acordou esta sexta feira non acudir á reunión convocada pola empresa para a vindeira segunda feira en Madrid. O Comité reiterou á dirección a súa disposición ao diálogo e á negociación dun plan industrial, "pero baixo unha premisa irrenunciábel: que a empresa desista publicamente da operación ilegal de venda das centrais hidroeléctricas e da segregación das actividades". Nun comunicado, o Comité considera "un insulto" a insistencia de Ferroatlántica en manter unha reunión mentres mantén a intención de vender as hidroeléctricas, "ignorando o clamor de toda unha comarca. Unha comarca que veu como os beneficios xerados serviron para potenciar e enriquecer outras empresas do Grupo no mundo, mais non para reinvestir na modernización e ampliación das capacidades produtivas das fábricas na Costa da Morte". O Comité considera que o "plan industrial" que pregoa a dirección "non é digno de tal nome", xa que se fundamenta na venda das centrais hidroeléctricas e mais ben é "un verdadeiro plan de desmantelamento e reconversión". O que si defende o Comité é un "verdadeiro plan industrial para Cee e Dumbría que deberá asentarse sobre unha base previa, clara e inequívoca na que a empresa respecte o actual marco legal, e polo tanto, desista, da venda das centrais hidroeléctricas e asuma a non segregación".
NOS_4774
Ano tras ano, milleiros de surfistas de todo o mundo achéganse á nosa costa para desfrutar das ondas do mar galego, e este verán non está a ser doutra forma. Praias como Razo, A Lanzada ou Pantín son algunhas das máis coñecidas a nivel internacional do litoral galego.
Para a meirande parte dos galegos e das galegas, o verán é sinónimo de descanso, desconexión, calma... Vacacións. Aínda que recuperar as enerxías esgotadas durante o curso, especialmente neste ano da Covid-19, semelle primordial, a época estival trae consigo infinidade de oportunidades para realizar actividades no exterior, desfrutando da natureza e das posibilidades que nos ofrecen as nosas paisaxes. Unha das actividades máis relacionadas co verán é o surf, un deporte practicado en todo do planeta que esperta unha gran paixón entre as persoas que o practican e mesmo entre aquelas que simplemente desfrutan observando. Desde Hawai, pasando polos diferentes estados costeiros dos EEUU e migrando até o sur de Francia, a praias como Biarritz, o surf chega á Península Ibérica nos anos 60 pola costa vasca. Desde alí, atravesando o litoral Cantábrico, expándese até a Galiza a febre do deporte que causou furor na época e que continúa a carrexar un gran número de seguidores a día de hoxe. Sen táboas nin neoprenos, os primeiros e as primeiras surfistas comezan a aparecer por toda a cosa galega xa nos anos 70. Vari Caramés, un dos fotógrafos que prestou unha especial atención a esta disciplina, conta no documental A primeira onda do surf galego, producido por Novalboswave Company, que este deporte engloba moito máis que o simple feito de coller ondas; semella case un rito: conseguir bo material, buscar as mellores praias, convivir cos compañeiros, esforzarse por mellorar a técnica… Nos seus inicios, facer surf estaba moi relacionado coa natación, como aínda ocorre na actualidade, pero para os e as surfeiras supuña un deporte moito máis completo e divertido, que cambiaba dependendo da zona, do clima e, por suposto, do material, pois nos anos 70 as primeiras táboas eran simples apaños de madeira construídos moitas veces polos propios deportistas. Surfear na Galiza Actualmente, o surf está completamente arraigado como deporte acuático da Galiza e unha morea de deportistas viaxan até as nosas praias para desfrutar das ondas do mar galego. A día de hoxe existen infinidade de páxinas web con moita información sobre as mellores praias do litoral galego nas que poder practicar este deporte. Entre as máis coñecidas está a praia de Razo, no concello de Carballo. A praia de Razo é unha das máis longas da Galiza, con case cinco quilómetros de area fina; a súa principal característica é que, a diferenza da maioría das praias, na de Razo non importa se a marea está alta ou baixa pois sempre é válida para practicar este deporte. Ademais, ao non ser unha praia demasiado perigosa, porque as ondas non adoitan ter moita altura, é perfecta para os e as surfistas principiantes. Falar de surf na Galiza é falar de Razo e falar de Razo é falar de surf. Seguramente por iso varias escolas deste deporte decidiron instalarse na praia carballesa, como ArtSurfCamp ou RazSurfCamp. Outra das praias galegas de referencia para practicar surf é a de Pantín, coñecida como "factoría de ondas", localizada no concello de Valdoviño. Nesta praia ten lugar cada ano o Pantín Classic, unha das competicións de surf máis antigas do Estado español, que comezou a súa historia no ano 1989. Pantín, situada nunha zona de moitas praias, é xa internacionalmente coñecida polo ben que funcionan as súas ondas, dado que non precisa que a marea estea alta para poder surfear. Non se precisa máis que un vento favorábel de sur ou sueste e un bo neopreno pola fría temperatura das súas augas. Na zona de Ferrol sitúase a praia de Doniños, outra localización que non pode faltar no mapa dun bo surfeiro. Dous quilómetros de area fina recollen o mar da costa ferrolá, un mar que, cando sopra o vento nordés, énchese de ondas perfectas para surfear. Ao funcionar tan ben co vento nordés, a praia de Doniños posibilita a práctica do surf ao longo do ano, polo que non é necesario agardar por unha época concreta co fin de atopar boas ondas. De Ferrol baixamos até as Rías Baixas, onde encontramos a praia da Lanzada, no concello do Grove. A Lanzada é unha praia perfecta para comezar a practicar este deporte, pois soporta ben as diferentes condicións do vento e as ondas adoitan ser bastante estábeis. Nesta praia teñen lugar diversos concursos de surf locais e tamén se teñen organizado concursos estatais, que están a realizarse cada vez con máis frecuencia no noso país. Aínda que o grupo de pop Familia Caamagno diga que "na praia da Lanzada a xente non se baña porque os surfistas nazis causan terror", é precisamente esta praia unha das mellores para relaxarse no seu areal ou para nadar entre as ondas sen medo a sufrir ningún altercado desagradábel. Razo, Pantín, Doniños, A Lanzada, Patos ou O Rostro son só algúns exemplos da longa lista de praias que a Galiza ofrece a quen queira surfear as súas ondas Habitualmente, a xente máis nova coñece Nigrán pola praia América, aquela na que comezou a organizarse o coñecido festival de música PortAmérica, pero non só de indie vive Nigrán, senón que tamén destaca pola praia de Patos, outra de obrigada visita para calquera amante do surf. Cunha ocupación excesiva pola súa proximidade á cidade de Vigo e cunhas vistas estupendas das Illas Cíes, a praia de Patos é unha das máis visitadas cada verán, principalmente por surfistas. Porén, as persoas autóctonas mesmo en inverno se animan a coller algunha onda, libres do turismo propio da época estival. Subindo cara ao norte da Galiza, concretamente a Fisterra, atópase a praia do Rostro, unha das máis fermosas e agrestes da Costa da Morte ao estar bordeada de dunas e non ter un acceso directo desde a estrada. A diferenza das anteriormente citadas, a praia do Rostro si supón certo perigo para aquelas persoas que non están acostumadas ao mar ou que non saben nadar, polo que cómpre ter especial coidado nos baños ou ao surfear por primeira vez; non é moi recomendábel para surfistas principiantes pola forza das súas ondas e pola resaca do mar. Os mellores meses para surfear nesta praia son os de verán e os de comezos de outono. Razo, Pantín, Doniños, A Lanzada, Patos ou O Rostro son só algúns exemplos da longa lista de praias que a Galiza ofrece a quen queira surfear as súas ondas. Como o surf é unha actividade "libre de covid", sempre será unha boa opción para coñecer novas praias do país e para desfrutar do mar e do deporte.
PRAZA_17894
ENTREVISTA Neira Cruz gañou o premio Repsol con O sono das sereas, unha novela tecida arredor dun misterio que conduce a unha reflexión sobre a vida e a morte ou sobre as pegadas sociais do patriarcado.
Unha igrexa que garda, na Costa da Morte, un incrible segredo. Unha familia de mulleres condenadas a vivir mortas en vida. Tres estraños que veñen de fóra, e que son os únicos que poden tentar desennovelar o misterio. Destes ingredientes parte O sono das sereas, a última novela de Xosé A. Neira Cruz, coa que gañou o premio de narrativa breve Repsol. Mais, baixo a intriga, -con elementos de medo-, agóchanse outras capas. A consciencia da morte como final ineludible das nosas vidas. As dúbidas sobre como vivilas. A procura do lugar propio no mundo. E unha sociedade patriarcal que condenaba, e condena, as mulleres que saían do rego. Falamos co autor deste libro e da súa obra en xeral. Estou lendo agora en internet que a Igrexa de Santiago de Traba, en Laxe, ten un retablo cunha imaxe da virxe con dúas sereas. Foi dalgunha maneira o punto de partida da historia? Esa imaxe tivo importancia, si, foi unha chamada para empezar a pensar cousas. En realidade non son dúas sereas: son Adán e Eva, pero iso sóubeno despois. A idea inicial era máis suxestiva e continuei con ela. Foi, si, semente da novela. A figura da serea interesábache por algunha razón especial? É unha figura moi suxestiva que percorre todas as mitoloxías, todas as culturas. Na cultura galega, ademais das súas raíces históricas e do seu desenvolvemento literario, foi unha figura recuperada por Castelao para crear unha nova heráldica de Galicia, supoño que recuperando a heráldica dos Mariño de Lobeira, unha familia de Rianxo, na que unha serea sostén o escudo. Ten que ver ademais cunha lenda medieval na que un mariñeiro namora dunha serea e os seus descendentes están condenados a volver ao mar. Pois seguramente Castelao coñeceu esta historia. E o que fixo foi recuperar esta figura da serea e vencellala á modernidade, converténdoa nun símbolo identitario de Galicia. "A da serea é unha figura moi suxestiva que percorre todas as mitoloxías, todas as culturas" Nada máis comezar a ler, chama a atención o enlace entre capítulos. Un capítulo acaba no título do seguinte, a partir do que continúa o relato sen puntos. Por que o fixeches así? Fíxeno a mantenta para transmitir unha idea dun texto continuo que flúa de principio a fin e que me permite, ademais, vehicular as distintas voces narrativas e os distintos personaxes que participan na novela. Non quería que houbese fracturas, que houbese unha marcaxe excesiva entre capítulos para xustificar que comeza un capítulo distinto. Tamén é verdade que iso exixe un pacto co lector, que ten que poñer da súa parte para decatarse dos cambios de plano, dos cambios de narrador, que ademais ás veces cambia tamén de persoa: de primeira a terceira… "Non quería que houbese unha marcaxe excesiva entre capítulos para xustificar que comeza un capítulo distinto" Nos dous primeiros capítulos o lector pode perderse un pouco. Penso que despois xa non. Iso me dixeron, si. Que o primeiro e o segundo poden causar certo desconcerto, pero que a partir do terceiro xa vai prendendo a historia até o final. Tamén hai, ao principio e ao final e, xa que falamos dun fío continuo, un xogo co lector. Ao principio sae na novela a propia novela, porque se fala dela -co mesmo título e portada, cun autor de ficción-. Ao final hai unha reportaxe xornalística que completa a historia… É un xogo recorrente na literatura: o libro dentro do libro, como nas caixas de bonecas rusas. Eu tiña claro como ía rematar a novela, con esa reportaxe que citas, que penso que dá unha dimensión distinta á historia. Até entón é unha novela chea de néboa, cun drama familiar, cunha historia de medo… e a reportaxe dálle a volta. É unha viraxe que penso que lle vén ben á historia. Unha sorpresa, que é algo que a min, como lector, gústame atopar. Se a historia está ben contada e ademais pasa isto, satisfaime máis. Por iso tamén introducín ao principio o personaxe do escritor, que volve saír ao final. Que o título da novela ficticia e da real coincidan tamén produce un efecto de desubicación. Ao final é como unha irrealidade dentro dunha realidade, que leva o xogo literario fóra das páxinas… "É un xogo recorrente na literatura: o libro dentro do libro, como nas caixas de bonecas rusas" Falando de desubicación, se cadra é o que teñen en común os tres narradores: o cura, a médica e a restauradora. Os tres están fóra de lugar. Están fóra de lugar en dous sentidos. Por un lado, non forman parte do contexto cultural no que están. Non son membros da comunidade e, moitas veces, son as persoas de fóra as que poden indagar nos misterios da comunidade. É o mesmo que pasa na literatura tradicional coa figura do estranxeiro, o peregrino… Nun mundo pechado, se cadra só os de fóra poden atopar respostas para preguntas sen resposta, ou formular preguntas sobre o que non se debía preguntar, porque só a eles lles está permitido. "Moitas veces, son as persoas de fóra as que poden indagar nos misterios da comunidade" Ademais desa desubicación, está a persoal de cada un deles. Os tres están perdidos. Paula, a médica, tras un desengano sentimental que lle fai ademais mudar o rumbo da súa vida profesional, por iso marcha da Coruña a Traba, no que parece unha fuxida persoal… A restauradora, Gloria, non acaba de ubicarse profesionalmente. É unha restauradora brillante, pero moitas veces as habilidades sociais, ter contactos, é tan importante coma a excelencia para medrar profesionalmente, e iso é o que falla. O cura é o máis desubicado dos tres. É novo, ten unhas ideas que non son as dos seus fregueses, e aposta polo sacerdocio coma unha saída e unha forma de vivir, pero non acaba de estar cómodo, a gusto, seguro. É unha novela de intriga, cun misterio que se vai desenovelando, pero desde o principio está moi presente o retrato psicolóxico dos personaxes, que se cadra é o máis importante. Quixeches facer unha novela diso, de reflexión psicolóxica sobre uns personaxes? Non sei se pode dicirse que iso foi o meu desexo, que quería facer unha novela de personaxes nese sentido, pero si é verdade que os personaxes son moi importantes nas miñas obras literarias, porque a través deles vemos as historias, que ou as contan ou as habitan eles. Interésame moito construír os personaxes. Axúdame moito a entender ao ser humano e a min mesmo como ser humano. Ademais, construír personaxes pode ser fácil, pero non o é. É fácil caer no tópico, pensar que responden á realidade cando o que consegues é que respondan a arquetipos. Nesta obra, ademais, son tres protagonistas que exercen a voz narradora, a historia cóntase a través dos seus ollos. "Interésame moito construír os personaxes. Axúdame moito a entender ao ser humano e a min mesmo como ser humano" Falabamos antes de espazo pechado, de xente que vén de fóra resolver o misterio… Podería caerse tamén nunha sorte de binarismo aldea/cidade tamén moi tópica: o pechado contra o aberto, o coñecemento contra a superstición… Penso que non era a idea da novela. De feito, os personaxes de fóra aprenden cousas sobre si mesmos, decátanse de que deben aprender outros códigos… Como cando a médica bate co sentido da morte da muller encamada… Ese binarismo que dis non era para nada a miña intención nin eu creo niso, nesa división maniquea, polo que dificilmente podería estar na novela. Mais entendo o que dis. E si que pasa o que comentas de que estes personaxes van avanzando, vanse ubicando e aprendendo, de xeito que estar alí tamén lles axuda a entenderse mellor a si mesmos. E penso que iso queda claro en dous momentos, e un deles é o que citas. O cura está ante as señoras que rezan e unha delas acaba poñéndoo diante do seu propio espello. Paula está cunha señora moribunda que rexeita a súa axuda, e que lle dá tamén unha lección de dignidade e enteireza ante a morte. Paula decátase de que non ten moito que dicirlle sobre a morte e sobre morrer dignamente… E isto tamén está na novela porque eu vivín situacións así. Chega alguén que se considera imbuído da capacidade de dicirlle á persoa que está a piques de morrer o que ten que facer, como se esa persoa non tivese nada que opinar… "As mentalidades máis científicas poden atopar no sistema de crenzas tradicional canles para facerse entender con máis eficacia" Despois, tamén hai diferencia entre os personaxes en canto ao lugar que ocupan. O cura xa vivía alí e é quen lles explica a elas como é a comunidade. A restauradora ten os documentos, que lle axudan a entender cousas, e Paula ten o trato directo cos enfermos e aprende que teñen os seus propios valores e normas que debe respectar. Coñecín ademais un médico que ao traballar no rural decatouse de que, se escoitaba os enfermos, o que eles dicían sobre a súa enfermidade viña ser a mesma diagnose que el podía ofrecerlles, pero con termos científicos. Quero dicir que as mentalidades máis científicas poden atopar no sistema de crenzas tradicional canles para facerse entender con máis eficacia, especialmente entre receptores non familiarizados coa súa xiria profesional. Paula comeza reflexionando sobre a morte. E a novela vainos levando moito tamén cara aí. Penso que ten moito diso, de reflexión sobre os lindes entre a vida e a morte. Ten un trazo existencial, nese sentido. Totalmente. Paréceme unha lectura acertada. Os personaxes están situados aí, entre as dúas liñas que marcan a nosa existencia, porque todos camiñamos cara ao desenlace que é a morte. E despois a historia en si da novela, que eu penso que é como un percorrido pola néboa, tamén vai ofrecendo claros, dando claves que permiten entender mellor a historia dos personaxes e mesmo albiscar un final que vai máis alá do que está escrito na novela. Penso que se pode intuír o que vai pasar despois. Para min é interesante ao respecto a evolución do personaxe da restauradora, que pasa de ser unha muller que dubida moito a ser quen colle as rédeas da historia. "Os personaxes están situados aí, entre as dúas liñas que marcan a nosa existencia, porque todos camiñamos cara ao desenlace que é a morte" Na propia novela fálase, nun dos diálogos, de realismo máxico. E a etiqueta saíu algo tamén na crítica da obra. Aínda que xa se ten falado moito de que falar diso en Galicia tendo escritores coma Cunqueiro… Por outra banda, está a idea do misterio. Hai un misterio por resolver arredor dunha casa, mais penso que o misterio apunta a iso que falabamos: a relación dos seres humanos coa morte. O do realismo máxico é unha etiqueta que non me parece nada axeitada, e tamén por iso aparece, de forma irónica, no texto. Hai unha tendencia facilona a interpretar aspectos da nosa realidade desde aí, o "realismo máxico". Despois está o tema do misterio e, como dis, as súas distintas capas. Esta novela pode lerse de distintas maneiras. Unha é lela coma un conto tradicional actualizado. Outra é vela coma unha novela de evolución psicolóxica dos personaxes. Outra é lela coma unha historia de medo. A historia dunha construción colectiva que parte dun feito cotián, que despois é unha historia magnificada que se vai convertendo en lenda, engadíndolle un elemento sobrenatural. Na novela pode lerse que o feito que lle dá inicio a todo o misterio é a historia dunha muller que queda embarazada e que é estigmatizada pola comunidade por ese motivo… "Esta novela pode lerse de distintas maneiras. Unha é coma un conto tradicional actualizado. Outra é coma unha novela de evolución psicolóxica dos personaxes. Outra é coma unha historia de medo" Eu penso que pode lerse facilmente desde aí. A historia de como a ruptura das normas da comunidade -quedar preñada sendo solteira, neste caso-, pode non só destruír a persoa ao ser rexeitada, senón converterse nunha condena para ela e a súa descendencia. Paréceme interesante tamén desde o punto de vista de que se cadra houbo certa idealización da suposta liberdade sexual das mulleres do rural neste sentido. Non era igual en todos os sitios, pero polo menos desde o franquismo, o de ser libre de ter fillos de solteira… eu non o creo. Eu penso que é como dis, que eran mulleres condenadas socialmente, que mesmo eran illadas e privadas de xestionar as súas vidas, como pasa na novela, que é a irmá máis vella a que pasa a xestionar a vida da irmá que se saíra do establecido. E penso que si, que iso pode romper o estereotipo da sociedade permisiva, aínda que non era igual, como dicías, en todos os contextos. E todo isto acontece, como dis, hai pouco, hai 50 anos. Eu coñecín nos 90 unha señora moi maior que fora pobre e moi estigmatizada por ter un fillo de solteira. Pois ela criticaba as veciñas que tiveran fillos de solteira… Como se para tirar o propio estigma tivese que demostrar que aceptara a regra. Que cumprira o castigo. Cousas así pasaban, si. Eu sei de casos nos que o estigma pasou aos descendentes e mesmo dura ata hoxe a través do alcume. E ás veces, si, mesmo o estigma é como incorporado á propia identidade… Despois hai outra cousa importante, que é que eu son fillo dunha tradición oral que chegou a min moi viva, que me transmitiu miña avoa. "Eu son fillo dunha tradición oral que chegou a min moi viva, que me transmitiu miña avoa" A forma de contar tiña como un valor pedagóxico, a través do cal se criticaba o que se estaba mal. A través deses contos creábanse personaxes que a comunidade recoñecía, que identificaba con persoas reais. Era, claro, unha forma de castrar e non de liberar. Se a historia tiña éxito acababa convertida nun conto de personaxes atemporais que co tempo a comunidade xa non recoñecía. Pero eu vivín iso: xente que escoitaba a historia e que era quen de conectala aínda con alguén: que dicía, "si, ese era tal"... Interesoume, xa que falamos diso, o personaxe de Luz. Non é ningún exemplo de boa persoa. Pero crea un personaxe para protexer a súa imaxe, para que a transgresión da irmá non lle afecte e arrastre con ela a toda a familia. Tórnase autoritaria, tenta inspirar medo. Non digo que iso a xustifique. Pero para min si a presenta, tamén, como un produto dunha sociedade patriarcal que decidira esmagar a irmá rebelde. Ela deféndese, si, e esa é a maneira que atopa de sobrevivir. É unha muller que atopa esa saída, crear un personaxe. Convértese en mala para que a respecten. E eu coñecín mulleres así, das que os veciños botaban pestes. Pero se te achegabas e ías máis alá do prexuízo, se escaravellabas, podías atopar unha muller incomprendida cunha historia brutal detrás, unha auténtica supervivente. Sei que che preguntan moito polas túas personaxes femininas -Montse Pena sublíñaas no seu recente ensaio sobre LIX e feminismo-, sobre todo a partir de 'Valdemuller'. Pero é inevitable. Tes moitas protagonistas femininas na túa literatura infantil e xuvenil, que ademais están afastadas dos estereotipos patriarcais… Si é algo consciente co que ademais me atopo moi a gusto. Supoño que a miña realidade familiar foi aí determinante. As historias que antes che dicía que me contaban estaban en man das mulleres, mulleres poderosas e non porque exercesen poder, non porque precisasen impoñerse, senón porque estaban investidas de autoridade. Mulleres que non respondían ademais ao estereotipo de señora devota, resignada… Mulleres moi valiosas e afoutas, que salvaron familias e ás veces aldeas enteiras. Mais, da mesma maneira que che digo que é algo consciente, que está no meu imaxinario, tamén che digo que non é algo planificado. Non penso "vou escribir tantos libros con personaxes femininas desta maneira". "As historias que me contaban estaban en man das mulleres, mulleres poderosas e non porque exercesen poder, non porque precisasen impoñerse, senón porque estaban investidas de autoridade" Outra constante da túa obra é a presenza da diversidade: os distintos tipos de familia, a nena adoptada, o profesor rexeitado pola educación sexual que lles dá aos alumnos… Tampouco é algo planificado pero si, está. Ás veces é unha vivencia que che dá o chispazo, outras é unha historia que che contan… Mais si, si hai unha aposta pola diversidade porque ademais é a miña maneira de ver o mundo e penso que é algo que se debe transmitir ás xeracións que veñen. Porque a literatura infantil tamén serve para medrar, e eu non quero transmitir unha idea dunha sociedade monolítica, como se ademais a diversidade fose algo só de agora. Sucedeu sempre, pero agora é máis visible. Supoño que forma parte, máis que dunha postura ideolóxica, dunha formulación ética. Hai un libro que escribín no 1999 e que vai reeditarse agora con Galaxia. Pois alí falo de cousas que seguen sen resolverse. Ás veces mesmo parece que en cousas que xa dabamos por feitas prodúcense retrocesos. "Si hai unha aposta pola diversidade porque ademais é a miña maneira de ver o mundo e penso que é algo que se debe transmitir ás xeracións que veñen" En relación con iso, ás veces cando lle comentas a un autor que se lle coou algún enfoque machista -por exemplo-, a reacción deles é dicir que non fan pedagoxía, que non teñen que ser didácticos. E o problema é que si están a ser pedagóxicos, pero do outro lado, do machista. Falan moi rápido de censura, de literatura moralizante… Pois en relación con iso podo contarche algo concreto. Eu noto que hai cousas que se publicaron nos 90 que hoxe xa non serían publicadas. E non o estou inventando. Eu teño unha historia que publiquei polo ano 2008-2009. Resumindo moito, é unha comunidade de mulleres que utilizan os homes para reproducirse e despois aniquílanos. Até que chega unha que se nega a seguir con esa dinámica. Pois é unha historia que pasou bastante desapercibida, que pasou por varias editoras e que me custou moito que aceptasen publicar. Tamén porque hai unha conexión de actualidade a través doutro personaxe, e o que me dicían era que na novela había unha defensa do feminismo brutal. O que quero dicir é que para min é moi chamativo que a finais dos 80 e nos 90 houbese moitas veces máis liberdade e máis apertura mental á hora de publicar cousas. Agora hai quen bota as mans á cabeza, quen che di que así non vas poder entrar nas escolas… "Para min é moi chamativo que a finais dos 80 e nos 90 houbese moitas veces máis liberdade e máis apertura mental á hora de publicar cousas" Outra constante da túa obra é a Historia. Da raíña Berenguela á historia dos Medici, que ten relación co feito de que estudaches Filoloxía Italiana e tes unha tese feita sobre iso… É que me gusta moito a Historia. Se cadra son un historiador perdido que se redime a través da literatura. A Historia é un caldo de cultivo para sacar cousas para as novelas, e ademais a min interésame moito indagar nas voces do pasado. O da importancia da Historia de Italia é polo que dis. "Se cadra son un historiador perdido que se redime a través da literatura" Comezaches a gañar premios de LIX a finais dos 80, e despois sobre todo nos 90. Tes unha visión ampla, sendo máis novo ca moitos outros autores que andaban por aí entón. Hoxe coa LIX penso que pasa un pouco como coa poesía: moito se fala do excelente momento creativo da LIX. Tanto, que ás veces parece que temos que repetilo porque non acabamos de crelo. Como se fose máis por tirar o complexo de enriba… Acaba sendo un tópico. Que ben está a a LIX… Que pensas ti? Pois a verdade é que eu hai xa dez anos que me desvinculei. Non como escritor, pero si me afastei da dimensión máis representativa e do establishment que decide, que establece o canon, que está detrás das políticas culturais… Certo que eu tamén participei dese mundo, pero hai tempo que estou fóra. Como lector, sigo lendo pero xa non teño a visión panorámica que tiña antes, xa non leo todo. Eu case podería falarche máis de como estaba a situación nos 80 ou nos 90, que para min foi a época de ouro. "Afasteime da dimensión máis representativa e do establishment que decide, que establece o canon, que está detrás das políticas culturais..." Nos 80, na literatura infantil, había catro autores que tiñan catro obras. Despois veu todo o desenvolvemento dos 80 e 90, que é cando xorde tamén a literatura xuvenil. E é a partir dos 90 cando veñen os premios, os recoñecementos internacionais, os White Ravens, as inclusións no IBBY… e si empezamos a interiorizar esa cantinela de que somos moi bos, de que somos excepcionais… "Pódese falar de emerxencia da LIX, pero xa non teño tan claro se de consolidación" Pódese falar de emerxencia, pero xa non teño tan claro se de consolidación. Non hai por exemplo unha tradución sistemática a outros idiomas. Non hai ningún boom literario. Non hai, penso, obras que colocasen Galicia no mapa do mundo. Penso que os galegos, cando van fóra, seguen a ter que explicar o que é Galicia. Mais insisto en que eu levo xa dez anos un pouco fóra, e falo desde o que eu vexo. Por exemplo, a miña obra O armiño dorme fora seleccionada para White Ravens pola súa versión en castelán. Penso que queda moito camiño por andar. Por que te afastaches? Cansaches dos "saraos" da cultura? Non deixei de escribir, pero hai xa dez anos que non teño contacto con entidades, críticos, asociacións… Vou por libre. Hai uns dez anos, un grupo organizado dentro da literatura infantil e xuvenil decidiu facerse cun proxecto no que eu levaba traballando en solitario desde había outros tantos anos, e que finalmente fora incorporado pola Xunta do bipartito como contido para a Biblioteca de Galicia, da Cidade da Cultura. Aproveitando o cambio de goberno esas persoas manobraron na sombra, terreo que lles é consubstancial, para poñerme fóra e quedar co meu traballo. Todo iso coa connivencia, a complicidade ou o silencio covarde de moita xente da LIX que me coñecía, á que mesmo consideraba amiga, e que preferiron mirar para outro lado, porque posicionarse podía significar "deixar de saír na foto". O resultado? Co proxecto roubado non souberon que facer, porque ademais de quedar co xoguete había que saber xogar con el, e eles non sabían. Os meus supostos amigos desapareceron como o que eran: espectros. E determinadas persoas do clan organizado fixeron e seguen a facer todo o posible para prexudicarme, non só como escritor, senón tamén na miña faceta profesional ou xornalística, ata o punto de intentar por todos os medios obstaculizar a defensa dunha tese de doutoramento da miña autoría, impedir a miña presenza en medios cos que colaboraba, invisibilizar as miñas obras, etc... Conseguiron o que querían agás o que máis ansiaban: lobotomizarme. Así que sigo cos meus proxectos, coas miñas historias, na miña illa. Prefiro o destino de Robinson á indignidade de expoliador e calumniador.
NOS_53201
Após teren sido postos en liberdade os catro presuntos autores da morte, o BNG leva o asasinato do seareiro deportivista ao Parlamento.
O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, levará a pleno o asasinato do siareiro do Deportivo, Francisco Javier Romero Taboada, Jimmy. A parlamentar insta o goberno galego --através do responsábel de Xustiza e vice-presidente, Alfoso Rueda-- a que exprese a súa opinión sobre as investigacións en curso e se destas cumpre agardar que se depurarán responsabilidades. A cuestión está axendada para esta tarde (por volta das 20 horas), mais en función de como se vaia desenvolvendo o pleno podería acabar substanciándose na cuarta feira (apartir das 13.30 horas). Na interpelación, o grupo parlamentar nacionalista lembra os acontecementos ocorridos o 30 de novembro nas horas previas ao encontro entre o Deportivo e o Atlético de Madrid cando "un grupo de siareiros deportivistas, dos Riazos Blues, e doutras peñas branquiazuis sufrían un brutal ataque planificado por parte de membros do grupo neonazi Frente Atlético". Jorquera fala de "nefasta xestión previa a este partido", non categorizado de "alto risco", embora ser coñecida "a extrema violencia do Frente Atlético coas afeccións rivais" Neste senso, asegura que "a ninguén se lle escapa" o que tildan como unha "nefasta xestión previa a este partido" que non foi categorizado de alto risco "malia ser coñecida a extrema violencia do Frente Atlético coas afeccións rivais". Jorquera recorda o asasinato "a sangue frío" en 1998 do siareiro da Real Sociedad Aitor Zabaleta "cuxa morte aínda se festexaba até 2014 na bancada ultra do Atlético de Madrid. Así mesmo, a pregunta dá conta das sancións que están a recibir "as persoas agredidas en Madrid" e que "desde o mes de xullo" lles notifican multas "por importe de 60.001 euros a cada unha delas". Unha "desproporción absoluta", segundo o BNG, "para alguén que acude a presenciar un partido de fútbol e remata sendo emboscado".
NOS_41643
Varios colectivos de armadores e a Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostíbel e Social (Fremss) amósanse preocupados porque a inclusión das sedes galegas no CSIC dilúa o traballo dos investigadores. Tamén os traballadores de centros como o de Vigo agardan novas nun ambiente tenso.
A nova de que o Goberno de Pedro Sánchez reestruturará varias institucións facendo que o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) absorba o Instituto Nacional de Oceanografía (IEO) mantén ao sector pesqueiro galego en situación de alarma. Tamén o cadro de persoal de centros como o de Vigo está "preocupado". Malia que nin desde a sede central do tamén coñecido como Instituto Español de Oceanografía nin desde o Ministerio de Ciencia responderon ás consultas deste diario, a frota da Galiza cre que o cambio vai a supoñer unha perda de independencia da entidade. En consecuencia, pensan que se farán menos estudos das pesquerías que se traballan no país, algo fundamental para garantir os recursos dun sector produtivo e económico importante. Hai algúns meses xa se comentaba que algunhas das sedes do IEO estaban ao bordo do colapso, tal e como denunciaban os cadros de persoal. A directora do centro do IEO en Vigo, María Victoria Besada, recoñece que existen "problemas administrativos e de xestión" pero descoñecen "por que se decidiu que a integración é a mellor solución". "Hai preocupación, non polos proxectos, pero si pola integración e como vai afectar nas labores que estamos facendo: o CSIC e o IEO teñen obxectivos moi distintos", engade a representante, que recoñece que a única comunicación que tiveron foi unha carta do ministro de Ciencia, Pedro Duque, asinada o 21 de xullo. Besada advirte que o Oceanográfico de Vigo ten campañas en marcha, por exemplo en Canadá. Neste contexto, os representantes da frota pensan que habería outras maneiras de solucionar o problema sen necesidade de facer que os oceanográficos perdan a súa propia identidade. "Non sabemos os datos máis concretos pero por experiencia ao entrar en algo moito maior pode ir diluíndose e perdendo capacidade e autonomía", afirma Torcuato Teixeira, representante da Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostíbel e Social (Fremss) e da Organización de Arrastreiros Coruñeses. "Abrir o debate" para que estas competencias sexan galegas O representante da Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostíbel e Social (Fremss), Torcuato Teixeira, asegura que hai malestar entre toda a frota galega pola noticia porque acostumaban contar co asesoramento das e dos investigadores do Instituto Nacional de Oceanografía (IEO). O voceiro da Asociación de Armadores do Cerco da Galiza (Acerga) confían en que o cambio na estrutura "non teña repercusión" porque para a pesca "os estudos do IEO son fundamentais". "Aínda habería que afondar máis", subliña. Por iso, Teixeira defende que pode ser o momento de retomar "o debate a favor de que o organismo dependa do Ministerio de Pesca ou da reivindicacións da transferencia a Galiza". Iso si, contando con fondos para que o ente ("público ou público-privado") poida investigar tranquilo.
NOS_10494
A actividade económica privada na zona euro caeu no mes de xullo por primeira vez en 17 meses, no Estado español baixou a afiliación á Seguridade Social e tan só 38% das persoas traballadoras viron incrementado o seu salario nun contexto no que azouta a inflación (especialmente na Galiza), e ademais, un estudo de BBVA sinala que o PIB galego ficará como o máis baixo a nivel estatal en 2023. Todos eles sinais que indican que unha recesión podería estar próxima e que as consecuencias poderían ter especial repercusión na Galiza.
A actividade do sector privado da zona euro rexistrou o pasado mes de xullo a súa primeira contracción en 17 meses como consecuencia do impacto na demanda da elevada inflación, segundo reflicte o índice composto de xerentes de compras, que baixou até os 49,9 puntos desde os 52 do mes anterior. "O moi esperado aumento do gasto das persoas consumidoras tras a relaxación das restricións da pandemia está a frustrarse a medida que os fogares están cada vez máis preocupados polo aumento do custo de vida, o que significa que o gasto discrecional está a desviarse a elementos esenciais como os alimentos, as subministracións e o pago de préstamos", indicou Chris Williamson, economista xefe de S&P Global Market Intelligence. Por outra parte, o volume de comercio polo miúdo da zona euro rexistrou o pasado mes de xuño unha caída de 3,7% respecto do ano pasado, o que representa a maior baixada interanual das vendas polo miúdo desde xaneiro de 2021. Desta forma, aparecen os primeiros sinais da crise económica na eurozona que moitos expertos situaban para despois do verán. Na segunda feira, o Ministerio de Traballo e Economía Social daba a coñecer os datos do desemprego no Estado español no mes de xullo, que experimentaba unha suba de 0,1%. Nesa mesma xornada, tamén se coñeceu a perda de 7.366 persoas afiliadas á Seguridade Social española, cunha caída de 0,04% respecto aos datos rexistrados o mes anterior, o peor dato da última década, segundo as cifras presentadas polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Estes datos supoñen, segundo o centro de estudios e divulgación do grupo Adecco, "malas cifras" de afiliación, contratación e desemprego que "confirman unha tendencia de desaceleración económica, marcada pola incerteza do momento actual". A maior inflación no Estado desde 1984 segue a ser superada polas cifras galegas Unha crise que podería ter unhas consecuencias aínda peores na Galiza, pois, como sinala BBVA Research, o crecemento económico galego esperado para o ano 2023 situaríase como o máis baixo de todas as autonomías do Estado, en 0,8%, mentres que a nivel estatal se espera unha repunta do PIB en 2023 de 1,8%. Ademais, nun contexto de escalada inflacionista, do que a Galiza unha vez máis volve ser un dos territorios máis afectados cunha suba de prezos de 11,1% no mes de xuño, só 38% das persoas traballadoras do Estado español tivo un aumento de salario nos últimos doce meses, segundo a enquisa 'Salarios e Poder Adquisitivo', publicada esta terza feira por InfoJobs, un dato que fai ver como unha gran porcentaxe da poboación ten experimentado unha perda importante da capacidade de compra. Plans de axuste Adrián Dios, profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela (USC), explicou a Nós Diario que "tal e como está cambiando o mundo é difícil saber se estamos ás portas dunha nova crise económica e se esta tería unha especial afectación na Galiza". Porén, subliña, "parece realista pensar que si, que nalgún momento probabelmente en 2023 vai haber cifras de crecemento do PIB moi baixas ou incluso negativas porque sobre todo o efecto da inflación e da suba dos tipos de xuro que está agora desenvolvendo o Banco Central Europeo (BCE) van restrinxir moito a actividade económica en toda a zona euro". O Banco Central Europeo encarece o acceso ao financiamento Neste contexto, explica o profesor da USC, "como non se controlen os prezos enerxéticos dunha forma moito máis ambiciosa do que se está facendo nestes momentos é posíbel que vivamos unha nova recesión". Segundo apunta Dios, "se o BCE continúa a política de contención da inflación vía tipos de xuro, o que vai acabar acontecendo é que varios Estados van rematar somerxidos unha vez máis en plans de axuste a partir da segunda metade de 2023, cando comecen a aparecer problemas fiscais, sobre todo nos Estados do sur da zona do euro". O prezo do aceite aumentou 56% desde o comezo de 2021 Os prezos do aceite aumentaron 56% no Estado español desde o principio de 2021, cando comezou a escalada de prezos das materias primas alimenticias, mentres que os cereais encarecéronse 17%, os lácteos e ovos 16% e a carne 10%. Pola súa parte, na área do euro, o aceite é agora 34% máis caro, e os cereais e os lácteos e ovos son 12% e 13% máis custosos, respectivamente. Así, corrobórase como no Estado español os prezos aumentaron de forma máis notábel desde principios de 2021. "O aumento dos prezos das materias primas alimenticias que se está producindo a escala global está a repercutir intensamente nos prezos de consumo destes produtos que afrontan os fogares", apunta o informe titulado O aumento dos prezos das materias primas alimenticias e a súa translación aos prezos de consumo na área do euro, publicado esta terza feira polo Banco de España. O euro cae e alcanza a paridade co dólar estadounidense por primeira vez desde a súa creación En xuño, o prezo do aceite na área do euro aumentou 29% con respecto ao mesmo mes de 2021, e os cereais e o café 11%, mentres que lácteos e ovos, e carne fixérono ao redor de 12%. Nese mes, no Estado español, o prezo do aceite incrementouse 37% con respecto a xuño de 2021, e os cereais, o café, os lácteos e ovos, e a carne fixérono 16%, 11%, 16% e 10%, respectivamente. Mentres que no conxunto da área do euro o peso dos alimentos na cesta da compra sitúase en 17% e os alimentos contribuíron 0,9 puntos porcentuais ao avance do índice harmonizado de prezos de consumo, en media, nos tres últimos trimestres, no Estado español este peso ascende a 22% e a contribución media foi de 1,4 puntos porcentuais. De acordo coa información máis recente, correspondente a xuño, a contribución dos alimentos á taxa de inflación xeral no Estado español foi de 2,9 puntos, fronte a 1,7 puntos na zona do euro.
NOS_27461
O comité de folga denunciou que se está a "vulnerar o dereito a folga" após empregar a concesionaria traballador@s doutras localidades para recoller os residuos acumulados logo de 25 días de paro.
A denuncia do comité de folga, presentada perante Inspección de Traballo, acusa a Urbaser de "vulnerar o dereito a folga" ao iniciar a recollida do lixo empregando operari@s da concesionaria procedentes doutras localidades próximas á cidade amurallada. "Aquí temos esquirois", indicou un dos portavoces do comité de folga, Julio Pacios (UGT). "Traen xente externa cando nós saímos todos os días", subliñou. E é que o plantel de Urbaser-Lugo, en folga, mantén a recollida do lixo dos puntos considerados de risco por Sanidade desde que comezou o paro. "Isto cremos que é unha invasión total e sen medida consentida polo Concello de Lugo que pon de escoltas á Policía Local, un gasto innecesario para a cidade", acrecentou Pacios. Desde o comité de folga baten contra Urbaser por desenvolver estas prácticas ao tempo que, din, está "desaparecida en combate" das negociacións. Após rematar sen acordo a primeira xuntanza, o paro indefinido continúa co apoio unánime do plantel. No entanto, esta sexta feira o comité de empresa de Urbaser en Compostela chegou a un acordo coa concesionaria, o que evitou que se extendese o conflito á capital galega --onde xa ameazaran con convocar a folga. Este pre-acordo podería sentar as bases dun en Lugo, se ben as posicións entre traballador@s e empresa están máis afastadas e os despedimentos e sancións aplicados desde o inicio do paro, non facilitan as cousas. Polo de agora o calendario de mobilizacións continúa e este sábado prevese unha multitudinaria manifestación polas rúas luguesas en apoio ao persoal de Urbaser en loita.
NOS_37528
A voceira parlamentar do BNG, Ana Pontón, enviou esta quinta unha carta @s voceir@s parlamentares á fin de celebrar unha sesión extraordinaria cunha orde do día consensuada.
A maioría absoluta do Partido Popular no Parlamento galego foi empregada na sesión extraordinaria do pasado día tres, para impedir que a orde do día reflictise a pluralidade e soberanía do pobo galego, ao evitar cos seus votos a introdución dos temas propostos polos grupos da oposición. Neste senso, e amparándose no propio Regulamento da Cámara, a voceira nacionalista instou aos demais grupos políticos a celebrar máis unha sesión na que a orde do día sexa resultado do consenso de todos eles. Ana Pontón, lembrou na misiva que neste momento "hai asuntos clave para Galiza que deben ser abordados polo Parlamento" respectando as regras de xogo e a pluralidade da Cámara, e apuntou directamente á creación dunha comisión de investigación sobre a xestión realizada no proceso de bancarización das extintas caixas, cuxa constitución, dixo, non se pode "demorar máis". Así mesmo, a voceira do BNG, lembrou na súa misiva a existencia de dúas Iniciativas Lexislativas Populares -ILP, "pendentes de debate", en referencia ás achegadas polas plataformas Preescolar na Casa e SOS Sanidade Pública; para alén dos novos recortes anunciados que "atacan dereitos sociais e o noso marco do autogoberno". Por estes motivos, Ana Pontón e o grupo parlamentar do BNG, instaron ás demais forzas políticas con representación parlamentar a convocar unha sesión plenaria con urxencia, cunha orde do día "que inclúa estes asuntos e reflicta a pluralidade que existe no Parlamento de Galiza".