ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_31771
O presidente do comité de empresa explicou que esa nulidade reclámase "en base á mala fe negociadora" que houbo por parte da multinacional "durante todo este proceso".
O presidente do comité de empresa da factoría de Vestas en Chavín (Viveiro) David Mariño, informou que os sindicatos presentaron demanda de nulidade contra o ERE en Vestas. Así, Mariño explicou que esa nulidade reclámase "en base á mala fe negociadora" que houbo por parte da multinacional "durante todo este proceso". Así mesmo, confirmou que se convocou a mesa industrial por parte da Xunta para o próximo 9 de decembro en Santiago, á que se convidou a ministra de Industria, Reyes Maroto. "Esperamos, por riba de todo, algunha novidade porque está claro que agora estamos nun momento moi complicado e os traballadores necesitan unha actualización de como están as cousas a día de hoxe", sostén. Así, espérase unha "actualización" da situación, polo que se require "ter o nome dalgún interesado que traia unha actividade produtiva para a fábrica de Viveiro". En canto á presenza de Reyes Maroto, o presidente do comité de empresa de Vestas dubida que se produza, "mais a convocatoria está lanzada e sería moi interesante que se involucrase o Goberno". Con todo, lembra que as competencias de industria "son plenas da Xunta". "Non creo que fose estritamente necesaria a presenza da ministra para chegar a bo porto", matizou. Ademais, quéixase de que, "ultimamente", o comité está "a ter moi pouco trato coa empresa, apenas o necesario". "Como traballadores estamos a cumprir co noso traballo", engade. A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, afirmou a inicios desta semana que durante o proceso de negociación do ERE de Vestas identificáronse "varias irregularidades" por parte da empresa, polo que se realizaron tres advertencias que reflicten a "mala fe" da compañía.
NOS_41176
CIG denuncia "desproporcionalidade" e considera que esta petición se enmarca nunha "dinámica de represión".
Cinco persoas foron xulgadas esta segunda feira en Lugo en relación á greve xeral de setembro de 2010, hai sete anos. A Fiscalía solicitou para catro delas penas de cárcere por un "delito de atentado" e a unha quinta impútalle "un delito de faltas". Para a CIG estamos perante peticións "desproporcionadas" e lembra que o xuízo está a decorrer sete anos despois dos supostos feitos. Unha concentración ás portas do xulgado solidarizábase coas persoas acuasadas e denunciaba que se estaba a "criminalizar os piquetes". "A loita é o único camiño" e "a loita obreira non é delito" foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas concentradas, que levaban a faixa co lema "Solidariedade cos traballadores represaliados". Lois Neto, da CIG, denunciou que estes xuízos e peticións da Fiscalía enmárcanse na "dinámica represiva dos movementos sociais e da clase traballadora" que se deron nos momentos máis duros da crise, ao tempo que denunciaba o "recorte de dereitos". A vista prevista para a mañá de onte quedou finalmente adiada até o próximo 13 de novembro.
NOS_49445
A Fundación Coppieters distingue en Bruxelas Camilo Nogueira polo seu compromiso e traxectoria en prol da paz e a democracia.
«Camilo Nogueira é un líder histórico do movemento galego, cunha traxectoria marcada por unha forte defensa dos dereitos políticos do pobo e a súa proxección internacional». Así argumenta a Fundación Coppieters a distinción que vén de outorgar esta cuarta feira en Bruxelas ao histórico dirixente nacionalista. Canda Nogueira -ex deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento Galego durante os anos 80 e 90 e europarlamentario entre 1999 e 2004- o think tank recoñece o labor político de Patxi Zabaleta, o veterano dirixente abertzale de formacións como Herri Batasuna, primeiro, e Aralar, despois, por «manterse contrario á subordinación da loita política á loita armada». «Con estes premios, Coppieters destaca os históricos liderados de Nogueira e Zabaleta nos movementos galego e vasco, respectivamente», indica a fundación, que engade que «son honrados pola súa dedicación vital e o seu traballo político, avogando pola acción democrática e pacífica en prol da recuperación de poder e a autodeterminación das súas nacións». O galardón da Fundación Coppieters -que preside un galego, Xabier Macías- procura sinalar individuos e organizacións que pelexan «pola defensa da diversidade cultural e lingüística, polo diálogo intercultural, a autodeterminación, os dereitos das minorías, a paz, a democracia e unha Europa unida». A entidade que distinguiu Camilo Nogueira e Patxi Zabaleta toma o seu nome do político flamenco Maurits Coppieters, impulsor da creación da Alianza Libre Europea (ALE), e dedícase a promover a investigación sobre políticas a nivel europeo e internacional, centrando as súas prioridades na liberdade dos pobos, a riqueza cultural, os dereitos humanos e a promoción da paz entre as nacións. Un premio "merecidísimo" A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego congratulouse de que a Fundación Coppieters conceda o seu Premio Europeo 2019 ao ex deputado do BNG. «É innegabel que o recoñecemento a Camilo Nogueira supón unha excelente nova, non só para o Bloque, senón para toda a sociedade galega», salienta Ana Miranda, quen en representación da Executiva Nacional do BNG e da Fundación Galiza Sempre acompañou Nogueira na recollida do premio. Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, parabenizou o nacionalista polo premio, cualificándoo de «merecidísimo» polo seu «incansábel traballo a favor de Galiza, do seu dereito a existir como nación libre e soberana no mundo, pola defensa que sempre fixo dos sinais de identidade deste pobo e por poñer o seu talento e coraxe político a favor dun futuro mellor para os galegos e as galegas».
NOS_54403
Represaliadas e resistentes serán homenaxeadas de maneira institucional esta sexta-feira (27 de novembro) no Teatro Principal.
Elas tamén foron asasinadas, represaliadas mais tamén resisitiron e combateron o fascismo. Consuelo Acuña (fusilada), Elvira Lodeiro (fusilada), Custodia Gama (represaliada), Camila Pintos (represaliada), Emma Mourón (apresada), Josefina Arruti (apresada). Estes serán algúns dos nomes que se escoiten esta sexta-feira no Teatro Principal de Pontevedra na homenaxe institucional que o goberno local lle renderá ás mulleres que sufriron a represión fascista mais tamén que combateron o réxime, mais cuxos nomes caeron no esquecemento da historia. O acto fai parte da programación enmarcada no proxecto A memoria das mulleres, e con el queren resgatar case un cento de nomes de "asasinadas, rapadas, encarceradas, depuradas, aldraxadas" e aquelas mulleres que foron "sinaladas polo seu compromiso político ou polo parentesco". Coa súa leitura pública a corporación municipal visa representar "a emoción e o orgullo que sentimos polas súas vidas xenerosas". O Concello de Pontevedra pulará pola visibilización das mulleres represaliadas con nomes de rúas e prazas mais tamén con murais, rótulos e inscricións que recoñezan e divulguen a súa historia O acto supón o resultado, explican desde o goberno local, das pescudas desenvolvidas polo historiador Xosé Álvarez Castro, complementadas con ducias de entrevistas que levou a cabo a xornalista Montse Fajardo. O seu traballo investigador foi compilado nunha publicación divulgativa que se entregará ao comezo do acto de homenaxe xunto coa proxección dun vídeo no que se inclúen imaxes inéditas destas mulleres. No mesmo, estarán presentes María do Carme Lores (neta de Isolina Villaverde e Aurelio Torres, asasinado o 23 de agosto de 1936) e o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Para alén do acto o acordo municipal arredor da memoria das mulleres comprométese tamén a pular pola súa visibilidade pública mediante a denominación de parques, prazas e rúas; a creación de roteiros urbanos; e creación de murais artísticos e a instalación de rótulos e inscricións que recoñezan e divulguen a achega das mulleres á historia da cidade, tanto desde o punto de vista individual como colectivo.
PRAZA_18256
CRÓNICA O erro da empresa de limpeza viaria da Coruña ao varrer a alfombra floral dunha festa que o Concello subvenciona derivou esta semana en tensas escenas no Pazo de María Pita. Alí unha das manifestantes que atribuíu ao alcalde un boicot á celebración deu en afirmar que portaba unha flora "para deixala para a tumba" de Xulio Ferreiro
O 23 de novembro de 2005 o daquela conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, comparecía no Parlamento para explicar por que o seu departamento decidira suspender 247 obras aprobadas polo goberno de Manuel Fraga en pleno período electoral. O PP acreditara unha corentena de alcaldes dos municipios atinxidos para seguir o pleno dende a tribuna do Pazo do Hórreo. Pero os rexedores non foron sós; senón acompañados dunha manifestación duns 200 cargos públicos conservadores que acabaron empurrando o cordón policial ata rachalo e irrompendo no recinto parlamentario para, despois, concentrarse no exterior encabezados por, entre outros, ou seu daquela vicevoceiro parlamentario, Alberto Núñez Feijóo.A empresa concesionaria da limpeza viaria da Coruña varreu por erro a alfombra floral confeccionada por unha asociación e subvencionada polo Concello para a festa relixiosa da Virxe do RosarioNos trece anos transcorridos dende aquela xornada producíronse multitude de acontecementos políticos e innumerables protestas de toda caste en sedes institucionais. Por exemplo, a de persoas afectadas polas preferentes na propia tribuna do Hórreo, a quen o propio Feijóo acusara de "violar a democracia" por protestaren deste xeito. Tamén nos concellos por asuntos laborais, sociais ou políticos. A protesta máis recente tivo como escenario a casa do Concello da Coruña, que o pasado luns celebraba pleno municipal apenas corenta e oito horas despois de que a empresa concesionaria da limpeza viaria, Cespa, varrese por erro a alfombra floral coa que a Asociación Faro de Monte Alto decora a praza de Santo Domingo dentro da celebración relixiosa da Virxe do Rosario, o 7 de outubro. A mobilización derivou nun inédito agasallo. Unha flor para o futuro cadaleito do alcalde, Xulio Ferreiro.A asociación, cuxas actividades -entre elas, a alfombra- subvenciona o consistorio, achegara ao Concello a solicitude de que o servizo de limpeza pasase "a retirar las cajas y restos de la alfombra en la noche del 6/10/18, a partir de las cinco de la mañana, como en años anteriores". A propia Cespa divulgou horas despois un comunicado de desculpas: o acontecido fora "un malententido a nivel interno" da propia empresa, sen "indicacións por parte do Concello para retirar a alfombra". Nalgún punto da cadea de mando interpretouse que, atendendo á petición, cumpría varrelo todo, non só os restos. E así foi transmitido ao persoal encargado. Segundo o Sindicato dos Traballadores de Limpeza (STL), a "falta de organización" no seo da empresa foi a causa do varrido erróneo.Pero as explicacións da empresa non convenceron ao presidente da asociación, Antonio Gómez Bellón. Tampouco as da concelleira de Medio Ambiente, María García, que o chamou por teléfono para trasladarlle as desculpas do Concello e convocalo a unha xuntanza o luns, día 8, na que estudar xunto a Cespa como "compensar" o sucedido. Segundo Bellón, veterano do asociacionismo e da política local, foron vítimas dunha "sabotaxe feita a propósito" para prexudicar "á cidade". Dun "atentado".Algunhas das persoas que, sen convococante coñecido, se manifestaran ante o Concello, increparon o alcalde no pleno e unha delas dixo portar unha flor "para deixala para a tumba" de Xulio Ferreiro Con este pano de fondo chegou a xornada do pleno, o luns. O alcalde divulgou a través das súas redes sociais as desculpas que transmitira nas horas previas, pero o clima non acalmou. Antes do pleno concentráronse ante o Pazo de María Pita unhas trescentas persoas sen convocante coñecido portando flores brancas. Membros do goberno volveron desculparse. Entre os manifestantes, ao comezo, algúns edís de PP e PSOE -dende o Grupo Socialista matízase que a formación non alentou a mobilización nin participou formalmente dela-, a ex-conselleira e candidata popular á alcaldía, Beatriz Mato, e membros relevantes de ambas formacións políticas e outros de maior peso nos tempos do vazquismo. Os asistentes, que deron en colocar algunhas das flores na porta da casa consistorial, alternaron os cánticos relixiosos cos insultos ao alcalde e algúns, tras concluíren a protesta no exterior, accederon ao espazo reservado para o público no salón de plenos.Aínda que obviamente este suceso non figuraba na orde do día, acabou por capitalizar o debate. O concelleiro socialista José Manuel Dapena empregou a súa quenda relativa a unha cuestión urbanística para aludir no inicio á alfombra e culpar implicitamente á Marea Atlántica. Despois, o edil do PP e tamén deputado autonómico Martín Fernández Prado abordou a cuestión, que definiu como "atentado" atribuíble ao goberno local. Nos escanos populares lucían as flores brancas da concentración. Neste clima, o edil de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, reiterou as desculpas do equipo da Marea e despois fíxoo o propio alcalde, "moi disgustado" cos acontecementos: "Dígoo de corazón, non houbo ningúnha instrución de retirar a alfombra", afirmou mentres era increpado dende a tribuna. As protestas subiron de ton, choveron flores sobre o pleno e o rexedor ordenou o desaloxo da área do público. Unha das últimas manifestantes lanzou a advertencia que máis ecoou: "esta flor te la traía para ti, porque yo me voy a morir antes que tú, para dejártela para tu tumba".O ton das protestas e a devandita advertencia final incomodou visiblemente os membros do goberno da Marea Atlántica. Pero non só. Tamén a parte do PSOE local, algúns de cuxos membros manifestaron o seu rexeitamento ao sucedido xa durante o propio pleno, caso das edís Silvia Longueira ou Yoya Neira, e tamén ao remate e nos días posteriores por boca do seu voceiro. A Asociación Faro Monte Alto, pola súa banda, insistiu despois en que non convocara a concentración e subliñou a súa "enérxica condena" e "repulsa" ante "calquera acto violento" xa sexa "físico ou verbal". Ao día seguinte o presidente da asociación sentou nunha xuntanza en María Pita coa edil de Medio Ambiente e a empresa Cespa, que se ofreceu a patrocinar o colectivo. Tras a inédita combinación de flores e cancións dedicadas á Virxe con peticións de dimisión e ofrecemento de flores fúnebres na contorna da Marea Atlántica evócanse as verbas destacadas na Radio Galega durante unha entrevista, o pasado febreiro, ao presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo: "Ao goberno municipal da Coruña espéralle un ano de inferno", dixo o ex-presidente das Novas Xeracións do PP e da Deputación coruñesa. Laméntase tamén que á "crispación" inchada en torno ao incidente contribuísen membros do PSOE coruñés. Coidan que responde a unha lóxica preelectoral, que tamén atribúen á denuncia dos populares pola cesión de usos do vello cárcere, agora pendente de dilixencias xudiciais tras asumila a Fiscalía.Mentres, alén da cidade, integrantes da cúpula do PPdeG deron en sumarse e en asumir como propia a tese do boicot floral. "Lo que fue es puro sectarismo de la izquierda radical; a buenas horas tienen un error con una tradición musulmana", teoriza unha dirixente popular. Resta apenas medio ano para as eleccións municipais.
NOS_53946
Baixo o lema República dos Concellos, Anova-Irmandade Nacionalista dedica unha conferencia nacional a reflexionar sobre política nos concellos e a "definir e estabelecer liñas de traballo consecuentes coa aposta polas mareas e o proceso de Unidade Popular". Será este sábado en Teo.
Como vén sendo habitual, o hotel Montouto, en Teo, acollerá a militancia de Anova para debater sobre política municipal e extraer conclusións das denominadas Xeiras, encontros entre militantes que a dirección do partido realizou por diferentes localidades do país nos últimos meses. Ás doce da mañá, o portavoz nacional Antón Sánchez e mais a responsábel de acción institucional Lara Rodríguez ofrecerán un primeiro balanzo aos medios de comunicación. Na clausura, xa de tarde, tamén participará o alcalde de Santiago de Compostela Martiño Noriega. Anova, en solitario ou integrada en partidos instrumentais "de confluencia" ten as alcaldías de Teo, Val do Dubra e Manzaneda, amais da da capital do país, e edís en numerosos gobernos locais. Nas últimas semanas, a organización galega de Podemos -con Esquerda Unida e Anova, a terceira das patas partidistas máis importantes das mareas- fixo declaracións en que toma certa distancia coas experiencias municipais.
PRAZA_18688
Un estudo da campaña #primacoso do Concello de Pontevedra sobre 3.000 casos revela que o 76% das mulleres sufrírono antes de ser adultas HEMEROTECA | #PrimAcoso: a denuncia masiva das mulleres contra esa primeira agresión machista HEMEROTECA | O 'Mapa do Medo' das agresións sexuais en Galicia
HEMEROTECA | #PrimAcoso: a denuncia masiva das mulleres contra esa primeira agresión machista HEMEROTECA | O 'Mapa do Medo' das agresións sexuais en Galicia Un estudo da campaña #primacoso do Concello de Pontevedra sobre 3.000 casos revela que o 76% das mulleres sufrírono antes de ser adultas En 2016, ao abeiro do día de loita contra as violencias contra as mulleres do 25-N, o Concello de Pontevedra lanzou a campaña #primacoso para facer visibles nas redes sociais experiencias persoais de acosos, micromachismos e violencias contra as mulleres. Dous anos despois, este xoves presentouse en Pontevedra un estudo do grupo de investigación Saúde, sexualidade e xénero da Universidade de Vigo sobre o contido das preto de 3.000 mensaxes emitidas durante aquela campaña e unha das súas conclusións é que "o 76% das mulleres que compartiron a súa experiencia situaron o seu primeiro acoso na infancia e o 24% na idade adulta". O estudo, dirixido pola investigadora e profesora universitaria María Lameiras coa colaboración de Yolanda Rodríguez e María Victoria Carrera, estudou cualitativamente todas as mensaxes e clasificounas en varios tipos, chegando á conclusión de que a maioría relataban acosos cando as protagonistas eran nenas. Máis polo miúdo, o 65% dos casos relatan abusos e agresións sexuais a menores, mentres que o 10% encádrase como bullyin de tipo sexual e o 1% como violencia nas relacións de parella de adolescentes. "A maior parte dos abusos sexuais a menores, xunto coa violencia nas relacións de parella, se produce no espazo privado e familiar da vítima", conclúe o estudo "A maior parte dos abusos sexuais a menores, xunto coa violencia nas relacións de parella, se produce no espazo privado e familiar da vítima, no que, especialmente as menores deberían ser queridas e protexidas", conclúe o informe, que apela a coñecer as raíces da violencia sexual porque "só así será posible dar unha resposta preventiva e reactiva integrada". Presentación do informe sobre a campaña #primacoso este xoves en Pontevedra [Universidade de Vigo] O 58 por cento dos homes que reaccionaron á campaña fíxoo de xeito negativo A concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces, lembrou que a campaña #primacoso estivo guiada polos obxectivos de visibilizar os micromachismos normalizados pola sociedade, amosar que todas as mulleres son potenciais dianas da violencia machista e coñecer como reacciona a sociedade fronte ás mulleres que contan como sentiron o seu primeiro acoso. Nesa liña, o estudo di que o 94% das mulleres que valoraron a campaña fíxoo positivamente mentres que un 6% criticouna por entender que era excesiva e rompía os marcos de convivencia. Pola contra, o 58% dos homes fixo comentarios negativos fronte ao 42% de positivos.
NOS_11588
Só permanece activo o incendio de Pantón, que está estabilizado pero non controlado.
O incendio que afectaba o concello de Laza desde hai unha semana quedou oficialmente extinguido, deixando tras de si 2.100 hectáreas calcinadas após iniciarse na parroquia de Camba. Só Laza e Pantón permanecen con incendios activos após unha noite de precipitacións Así o anunciou a Consellería de Medio Rural, que informou de que o lume, iniciado o pasado 10 de agosto, quedaba definitivamente extinguido. Este incendio fusionouse cun orixinado no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa. Segundo recoñece Medio Rural, as precipitacións da última noite axudaron aos servizos de extinción a controlar e apagar gran parte dos incendios que aínda afectaban a Galiza. As choivas frean o avance dos incendios Este incendio obrigou a activar a pasada semana a situación 2 de alerta pola proximidade das lapas ás vivendas do núcleo de poboación das Taboazas, aínda que non foi necesario desaloxar a ningún dos veciños. Incendio de Pantón A esta hora da mañá, o único incendio que permanece activo no país é o que afecta o concello de Pantón, despois de que se orixinasen no día de onte varios focos simultáneos na parroquia de Frontón. O fogo de Verín puido ser provocado por artefactos lanzados desde un dron Este incendio, que calcinou polo de agora 25 hectáreas, atópase en estado de estabilización desde primeira hora da cuarta feira, segundo informou Medio Rural, mais recoñeceu que aínda non puidera ser controlado. Sobre o incendio de Pantón, o rexedor do municipio, José Luís Álvarez, asegurou que o lume tivo que ser "intencionado", xa que as autoridades detectaron até "sete puntos diferentes" de inicio por toda a parroquia de Frontón.
NOS_45306
O Partido Popular coruñés emendou o regulamento desas escolas por "impoñer o galego".
O anuncio do PP de que ía emendar o regulamento das escolas infantís municipais da Coruña por "impoñer o galego" xa obtivo a resposta da Mesa pola Normalización Lingüística, que pide aos populares que "deixe de traballar pola completa desaparición da nosa lingua". "Se o que queren é eliminar a liberdade de utilización plena e a posibilidade dun mínimo coñecemento da nosa lingua", advirte o presidente da entidade, Marcos Maceira, "deben dicilo con claridade, explicando as razón dese desprezo pola lingua de Galiza e deixar de empregar argumentos falsos ". A Mesa reitera os seus parabéns ao concello da Coruña, por facer uso das súas competencias e incidir na necesidade de o galego ser a lingua vehicular nas escolas infantís municipais e espera que esta iniciativa sexa recollida polo conxunto de concellos de Galiza. Lembran que, no último estudo que realizou sobre a educación no curso 16/17, o 89,19% dos centros da cidade empregaba moi maioritariamente ou exclusivamente o castelán como lingua de aprendizaxe. Pola contra, os centros que declaraban empregar maioritariamente o galego como lingua de aprendizaxe eran 2,70%. "A exclusión do galego froito da política de eliminación promovida polo PP desde 2009, con Alberte Núez Feixoo como presidente, e que agora pretende reimpulsar o PP da Coruña", denuncia Maceira, "foi de especial virulencia nas etapas infantís e nos espazos de lecer". O propio IGE indicou recentemente que 24% dos menores de 15 anos din ser incapaces de falar galego. "Esta situación alertou tanto ao comité de expertos para a Carta Europea das lingua rexionais e minorizdas do Consello de Europa como ao propio Comité de Ministros", remata, "que indicou expresamente que as restricións ao ensino de galego en Galiza deben ser eliminadas".
NOS_30967
Que unha banda leve 20 anos enriba dos escenarios, non é algo raro, pero que o fagan con tódolos seus membros orixinais e sendo fieis aos seus principios si que o é.
Este é o caso de Kalean, unha veterana banda de Euskal Herria que ven de publicar o seu último traballo en formato EP de cinco cancións baixo o título de "Mariposas Afiladas". Que o sexto traballo de Kalean chegue en formato EP di moito dunha banda que sempre levo consigo a bandeira da honestidade e que como bos guerrilleiros que son, están calados na retagarda até que teñen algo que dicir e dan un salto á primeira liña e así, é como chega após de cinco anos da publicación do seu anterior traballo "Hazme Olvidar", estas 5 bombas sonoras. Abrindo o disco con "Aguanta" tema cuxa letra de desamor, da título ao disco. Un tema cañeiro na música e intimo nas verbas, onde esas bolboretas que debería sentirse no estómago rachan o peito. Seguindo cun contraste temático, sona en segundo lugar "Nadie", tema que foi elixido pola banda como single, moi acaido para esta época, xa que fala de dese conformismo de sofá, a falla de coraxe das masas para o protesto e a reivindicación, que viven cegas e como di a letra "Ninguén ve o que nos ven, se non isto non se entende". "Canallas" é o meu tema favorito do EP. Musicalmente é un tema que engancha cun ritmo acelerado e unhas melodías nas estrofas que ben podían ser o propio retrousos por mor da súa cantabilidade. Cunha letra contundente, sen metáforas nin florituras, con adxectivos directos adicado aos gobernantes que está a roubar ao pobo de xeito tan directo con frases como "Temos a un inepto, a un imbécil, a un idiota e a un gilipollas" ou "Encherse os petos e patriotismo na linguaxe do cinismo". Sen dúbida este tema di en alto eses pensamentos de moitos que só están na boca de poucos. "Miedo", é un medio tempo máis intimista. Baixando o pé do acelerador, desaparece un pouco a intensidade que viñamos arrastrando no disco para crear o ambiente precisos para falar dos medos vitais e dos temores do ser humano a que lle fagan dano unha e outra vez. E deste xeito chegamos a "Tanto dolor", tema de peche do EP que definitivamente baixa o ritmo destas bolboretas afiadas para traernos unha power ballad, algo pouco habitual na banda, cunha letra na que fala da dor e de como continuar a vida tras as rupturas. Kalean é unha banda que non soe defraudar nin en estudo nin en directo e vólveno demostrar con este novo traballo. Pouco coñecida, pero sempre respectada, a banda ten na súa traxectoria o seu mellor aval. Contamos velos pronto en directo por Galiza, namentres toca desfrutar destes 5 trallazos. Listaxe de temas Aguanta Nadie Canallas Miedo Tanto Dolor Kalean na rede Web: www.kalean.es Facebook: https://www.facebook.com/pages/kalean/116555855054467 Twitter: @kaleanrock
NOS_374
A da Coruña é nestes momentos a área sanitaria que sofre unha maior presión hospitalaria motivada polos efectos da Covid-19. Os novos casos e mais os ingresos dispáranse cada 24 horas. Sen freo. Unha situación que preocupa as persoas profesionais que viven en primeira liña a loita contra a pandemia.
Unha das voces que representan a situación actual é o médico Ignacio Ramil, internista no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un dos centros onde a Consellaría de Sanidade se viu na obriga de suspender cirurxías non urxentes debido á alta presión hospitalaria. Cada día, nas súas redes sociais, expón a súa visión a respecto da evolución do virus. "Nunha entrevista en xullo [refírese á publicada en Nós Diario] dixen que a situación de marzo era imposíbel que se volvese repetir. A día de hoxe teño dúbidas serias sobre aquilo", expresaba a comezos desta semana en Twitter. Á vista dos últimos datos, e a medida que madura "a foto das proxeccións", Ramil pon de manifesto que "o mellor dos escenarios ponnos nunha situación bastante peor que a primeira vaga de marzo". Isto, advirte, "utilizando as porcentaxes máis baixas en todos os campos". "Malia que teño a miña opinión persoal sobre as medidas tomadas, imos explicar cara a onde vai a situación nos próximos días: Domingo 17: 3.500 activos; novos casos do 18-24, de 3.000 límite baixo a 5.000", afirma, en relación ás previsións na área sanitaria da Coruña. De cumprirse o anterior, o pico da incidencia situaríase, di, entre os 6.000 e os 7.000 casos activos ao redor do 27-28 de xaneiro, "informo dos cálculos, aínda inmaduros, mais é a proxección actual do problema que temos sobre a mesa". O internista sinala que só no hospital da Coruña a ocupación máxima de camas estaría en ao redor das 380-420 entre o 8 e o 12 de febreiro. A UCI, di, roldaría 80 críticos só de Covid nesas datas. Ramil expón as predicións publicamente, a través de Twitter, para que a poboación sexa "consciente do risco a pesar das medidas". As proxeccións, engade, "contan cun freo que aínda non vexo". E as solucións? "A recomendación sanitaria é clara: confinamento en domicilio. Actividades de alivio ao aire libre programadas, teletraballo, negocios esenciais, educación", conclúe Ramil. Luís Vázquez é médico especialista en Análises Clínicas tamén na área sanitaria da Coruña. Cada día debulla a través das súas redes sociais todas as cifras relativas á evolución da Covid-19. Faino desde hai meses. Moito antes de que a Consellaría de Sanidade fixese públicos os datos. O experto en análises clínicas asegura: "Imos con moito atraso e a situación é moi mala". Ve como a "única solución eficaz" o "confinamento domiciliario durante 2-3 semanas", así como o "mantemento só das actividades esenciais e fechamento total do resto". "Non é unha opinión popular, mais creo que é a mellor solución", engade. Pronúnciase na mesma liña o xefe da UCI do CHUAC, David Freire, partidario de "saír da casa só o estritamente necesario como ir ao traballo, ao médico, ao hospital". "O mínimo imprescindíbel", di. En declaracións aos medios no día de onte, o máximo responsábel da unidade de críticos da Coruña advirte de que a actual situación é xa a estas alturas "similar" ou "peor" que a de marzo. "A UCI ten agora unha ocupación na unidade Covid próxima ao 75%", informa, "todos os días ingresa algún paciente novo, até dous ou tres, mesmo catro". Tamén ingresan en críticos pacientes "máis novos" e algúns "sen patoloxía previa". Fai un chamamento á concienciación social: "É importante ter todo isto en conta xa que se non a pandemia vai poder connosco".
NOS_44109
Hoxe presentamos unha pequena ruta cómoda e agradábel que discorre pola beira do Miño entre carballeiras e bosques de ribeira, nunha área de grande interese ecolóxico, biolóxico e etnográfico.
Un paseo para facer en calquera época do ano, para gozar coas cores das follas do outono, o ferver da auga no inverno, a diversidade de vida da primavera ou as sombras e o frescor do río no verán. Paraxe: Terras do Miño / Concello: O Corgo / Percorrido: 5 quilómetros (ida e volta) / Dificultade: Baixa O Miño, despois de saír da Terra Chá, comeza a encaixar e alterna tramos estreitos entre rochas graníticas con rápidos e zonas de rochas máis brandas, onde decorre mainamente e forma illas nas que se vai asentando a vexetación. Neste espazo o río circula entre os concellos do Corgo, na ribeira esquerda, pola que facemos o noso percorrido, e Guntín, na outra marxe do río, e recibe ao Neira no linde co concello do Páramo. O bosque da Fervenza é un dos mellores exemplos da Galiza de bosques primarios asociados ao río. As enchentes do Miño anegan periodicamente amplas zonas da ribeira e forman lagoas e pozas estacionais no interior das carballeiras, nas que se desenvolve e que acollen unha enorme biodiversidade. Aquí podemos atopar carballos monumentais, ameneiros de bo porte (aínda que moi afectados pola praga do fungo Phytophttora alni), freixos, salgueiros e unha variada mostra de especies de flora e fauna características das ribeiras húmidas e do bosque. Destaca a presenza dunhas 30 especies de aves (acuáticas, paxaros de bosque...), anfibios (saramaganta, píntega, ras e sapos), insectos (especialmente cabalos do demo), fentos brións, fungos… A área forma parte da Reserva da Biosfera Terras do Miño (das zonas núcleo e tampón, as de maior interese biolóxico) e do espazo natural Miño-Neira, que foi declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais en 2007, provisionalmente, por tres anos; e logo incluído na proposta de ampliación de 2008 con 18.210 hectáreas, que a Xunta reduciu en 2011 a 842, proposta que actualmente está paralizada, polo que o espazo quedou sen protección. Recentemente a Deputación de Lugo solicitou a súa declaración como LIC/ZEC para ser incluído na Rede Natura. En 2007 a ONG Bosques sen Fronteiras distinguiuno como "Bosque do Ano", por ser unha das mellores representacións desde tipo de ecosistemas. Para comezar o percorrido podemos aparcar nas proximidades da casa rural da Fervenza (á que nos achegamos desde Lugo, Sarria, Guntín...) e seguimos o camiño principal ou facemos diversas derivacións que nos internan no bosque ou nos achegan ao río. Ao atoparnos co río Neira emprendemos o camiño de volta. Tamén se pode conectar cos sendeiros naturais que seguen pola beira do Miño até Lugo.
NOS_47347
A formación galeguista continúa a despregar a súa axenda de relacións exteriores. Deplora o que cualifica de ausencia de "voz propia" galega en Madrid e reforza a súa alianza co PNV.
O secretario xeral e o de Organización de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro e Orlando Villamayor, respectivamente, compareceron na sede da formación para dar conta dos contatos tidos en Euskadi por unha delegación do partido galeguista co PNV, o seu socio de referencia en Euskal Herria. Piñeiro avanzou a intención de Compromiso de "traballar na reedición da esencia política de Galeusca", xa coa vista posta nas europeas de 2019. "Nese camiño coincide o PNV", dixo. A conversa coa outra pata do Galeusca, a catalá, estaría nunha fase máis embrionaria, confesou Piñeiro. "Estamos tamén mantendo conversas con forzas de Catalunya, pero isto esta máis verde e en estado inicial", dixo. Froito das conversas co PNV é a visita ao país nas próximas semanas do presidente da formación nacionalista vasca, Andoni Ortuzar. Nas conversas en Euskadi, CxG trasladou ao PNV reivindicacións galegas para seren tidas en conta por parte do grupo parlamentar jeltzale na inminente negociación dos orzamentos do Estado. "É unha pena que Galiza non teña unha voz propia en Madrid, o figurado grupo confederal de En Marea non traballa en clave galega, e non pon os problemas de Galiza no debate estatal", afirmou na comparecencia informativa Juan Carlos Piñeiro. O PNV comprometeu tamén con Compromiso unha entrevista de Ortuzar co comité de empresa de Navantia en Ferrol, coa carga do traballo do esteleiro como argumento.
NOS_50532
Farao após rexeitar o responsábel político a conciliación proposta pola defensa da auxiliar de enfermaría que demandaba 150 mil euros de indemnización.
O conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid, Javier Rodríguez, rexeitou esta segunda feira (17 de novembro) a proposta de conciliación achegada pola defensa de Teresa Romero. A auxiliar de enfermaría galega contaxiada de ébola durante o tratamento fornecido a un dos misioneros trasladados ao Hospital Carlos III desde África Occidental, demanda unha indemnización de 150 mil euros a Rodríguez por prexuízos á súa honra. Após o rexeitamento do conselleiro, que cre as súas desculpas suficientes, o conflito resolverase nos tribunais Durante o período de ingreso e incomunicación da técnica sanitaria o conselleiro responsabilizou a profesional do seu contaxio nunhas declaracións que, após as fortes críticas, foron consideradas polo propio Javier Rodríguez como "desafortunadas". Perante a presión mediática e social Rodríguez chegou a pedir desculpas a Teresa Romero e o seu compañeiro, Javier Limón. No entanto, para a defensa da auxiliar isto non foi suficiente polo que presentarán unha demanda contra el. A oferta de conciliación supuña o paso previo á formalización da querela coa que Teresa Romero reclama unha indemnización que xa avanzou, de a conseguir, destinará a ONGs e asociacións ou colectivos de defensa animal. Cumpre lembrar que a defensa de Romero tamén asegurou que adoptarán medidas legais contra a administración madrileña polo sacrificio do seu can, Excálibur. O animal foi sacrificado malia contar coa desaprobación do compañeiro de Romero, Javier Limón.
PRAZA_3752
A recuperación das horas debe ser negociada cunha comisión do persoal; se non hai acordo, decidirá a empresa cos límites dos descansos legais e da xornada anual
O Real Decreto que regula o "permiso retribuído" co que o Goberno de España pretende reforzar o cesamento da actividade económica non esencial no marco das medidas contra o coronavirus establece tamén o xeito en que as empresas poden fixar a "recuperación das horas de traballo" que, en condicións normais, se desenvolverían durante estes días. Esa recuperación pode producirse "dende o día seguinte á finalización do estado de alarma" e ata o 31 de decembro deste ano, pero tras unha negociación.Concretamente, o Real Decreto indica que durante un "máximo de sete días", cada empresa e a "representación legal das persoas traballadoras" deberán desenvolver un "período de consultas" sobre a recuperación. Se esa representación non existe, "a comisión estará integrada polos sindicatos máis representativos do sector" e con "lexitimación para formar parte da comisión negociadora do convenio colectivo".A recuperación das horas debe ser negociada cunha comisión do persoal; se non hai acordo, decidirá a empresa cos límites dos descansos legais e da xornada anualEsa representación do persoal formarana "unha persoa por cada un dos sindicatos" que cumpran eses requisitos e as decisións tomaranse "polas maiorías representativas correspondentes". Se esa comisión non se crea, sinala o Real Decreto, haberá unha formada por tres persoas traballadoras elixidas segundo o fixado no Estatuto dos Traballadores. En calquera dos dous casos, a comisión non poderá tardar máis de 5 días en estar formada para abordar unha negociación "de boa fe" cuxa resolución "requirirá da conformidade da maioría das persoas" que representen o persoal ou "da maioría dos membros da comisión". Ese acordo pode atinxir "á recuperación de todas ou parte das horas", o preaviso con que o persoal debe saber o xeito en que se recuperarán e cando terá que facelo. Se non hai acordo, a decisión queda nas mans da empresa, co límite dos "períodos mínimos de descanso diario e semanal" e no convenio colectivo, da xornada máxima anual e "dos dereitos de conciliación" que estean recoñecidos.
PRAZA_5695
Praza Pública combinará a cobertura da noite electoral a través do xornal cunha emisión radiofónica con información, debate e música.
O 25 de maio Praza Pública tamén se escoita. A das europeas do 25 de maio será a segunda noite electoral da historia deste xornal, nado o 1 de febreiro de 2012. Tras a primeira experiencia nas eleccións galegas dese mesmo ano, co proxecto tecnolóxico, xornalístico e social aínda a arrincar, a redacción de Praza Pública e a fundación que a sustenta apostan este 25-M por complementar o traballo informativo e culminar o especial eleccións cunha emisión radiofónica en streaming que poderá ser escoitada a través da web do propio xornal e na que a información se completará coa reflexión, o debate e un chisco de música. Dende o peche dos colexios electorais e durante arredor de catro horas os xornalistas Iago Martínez e David Lombao conducirán unha programación que comezará cun repaso ao acontecido durante o día de votacións, as impresións dos líderes políticos a pé de urna e tamén das primeiras sondaxes. Inmediatamente despois deste treito informativo chegará a primeira mesa de debate, centrada na participación e na abstención rexistradas tanto en Galicia como no resto do Estado e nas sensacións que deixe a xornada. A emisión radiofónica combinarase coa información no xornal, que estará enriquecido pola análise e visualización de datos do 'hackaton' electoral d'A Navalla Suíza Actualizacións informativas con datos do reconto oficial, as primeiras impresións das formacións políticas no territorio galego e as proxeccións de resultados que vaian chegando dende a Eurocámara salferirán unha emisión que, ao fío das once da noite, abordará tamén os resultados das eleccións. Pola mesa da radio de Praza Pública analizarán a xornada dende cadansúa óptica persoas de diferentes ámbitos sociais, académicos, profesionais e políticos como Carlos Neira, Sara Torreiro, Ana Luísa Bouza, Luís Villamor, Xaime Subiela, Mercedes Rosón ou Encarna Otero, entre outras. A emisión radiofónica de Praza estará combinada ao longo de toda a noite coa información do xornal, no que o relato informativo do día estará acompañado e enriquecido pola análise e visualización dos datos electorais que van ser xerados no hackaton electoral organizado pol'A Navalla Suíza, no que un equipo multidisciplinar de profesionais debullará o veredito das urnas baseándose en múltiples variables e cunha tecnoloxía novidosa. Lémonos e escoitámonos o domingo?
NOS_52951
Protesto juntou centrais sindicais contra medidas de austeridade apresentadas pelo governo conservador. Sindicatos prometem novos protestos se o primeiro-ministro não recuar.
A greve, que já foi classificada de histórica pelos sindicatos, parou praticamente todo o país a passada segunda feira. Se foi claramente notória no setor dos transportes e nos serviços públicos, não ficou atrás no setor privado, onde várias grandes empresas do país ficaram de portas fechadas. A paralisação, que juntou as principais centrais sindicais, a CSC de inspiração cristã e a FGTB de orientação socialista, teve como alvo o plano de austeridade do governo de direita, que prevê cortes na ordem dos 11 mil milhões de euros, o aumento da idade da reforma de 65 para 67 anos e a suspensão da atualização anual dos salários de acordo com a inflação. A paralisação teve como alvo o plano de austeridade do governo de direita, que prevê cortes na ordem dos 11 mil milhões de euros A força do protesto começou a sentir-se logo no domingo. A partir das 22h (21h em Lisboa) nenhum avião aterrou ou descolou no país, o que provocou, só em Bruxelas, o cancelamento de mais de 600 voos. Segundo a AFP, os comboios pararam completamente, tal como os dois principais portos belgas. Na larga maioria das cidades não existiu qualquer tipo de serviço de transporte público, dado o impacto esmagador da greve no setor. As principais zonas industriais contaram com mobilizados piquetes de greve, que levaram eficazmente à paragem da produção e a queixas de "intimidação aos trabalhadores" por parte das associações patronais às autoridades. "Nunca houve uma greve com esta adesão, uma frente sindical assim unida, do Norte ao Sul, do Leste ao Oeste", afirmou Marie-Hélène Ska, secretária-geral da CSC. Por sua vez, Marc Globet, líder da FGTB, avisou o primeiro-ministro Charles Michel que "se insistir na mesma lógica autista" de recusa de negociação serão estudadas novas jornadas de protesto.
QUEPASA_276
Xa ten definido o seu cartel a IV Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose". O xurado vén de escoller entre as 43 obras presentadas (a mellor marca de participación), as 5 que serán as finalistas deste 2019. As representacións serán os días 23 e 30 de marzo e 6, 13 e 27 de abril repartidas entre os Auditorios de Zas e de Baio. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.
Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias. Programa A primeira representación é o próximo sábado, 23 de marzo, coa obra de teatro "Insania", da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos. Esta é unha comedia "moi seria" para maiores de 12 anos que se representará no Auditorio de Zas. Logo será a quenda de "Bolboretas: A Vinganza", de Pinchacarneiro Teatro que traen dende Noia esta comedia musical. A representación é o 30 de marzo no Auditorio de Baio e está dirixida a maiores de 16 anos. A mostra continúa durante o mes de abril. Así, o día 6, o Auditorio de Baio acolle a obra de teatro "Chicago", do Grupo de Teatro Ultreia de Ortigueira. Este é un musical ao que poden asistir todos os públicos. O día 13 de abril tocaralle subir ao escenario ao elenco de Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, que nos traerá ao Auditorio de Zas o seu drama "2010". A obra é para maiores de 12 anos. Gargallada Teatro, de O Barco de Valdeorras, será a compañía encargada de pechar esta IV Mostra de Teatro o día 27 de abril. Farao coa representación da comedia "O Xogo de Versalles" que terá lugar no Auditorio de Baio e á que poderán asistir os maiores de 8 anos. Premios A mostra repartirá 3.500 euros en premios que se repartirán en cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Para a entrega de premios haberá que agardar ata o 9 de xuño, día no que tamén terá lugar a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil nun acto que se celebrará no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas.
NOS_9139
Tres fareiros están encargados de custodiar o faro da illa de Flannan. Tras varios días sen incidentes descobren un corpo dun home xunto ás rochas. Xunto el hai un cofre. Segundo o protocolo deberían avisar ás autoridades pero a curiosidade é demasiado forte.
Aínda que é do máis coñecido no mundo, "o monstro do Lago Ness" non é a única lenda escocesa con criatura fantástica. De feito, como adoita pasar nos pobos celtas, Escocia gusta deste tipo de historias e por iso a tradición oral e escrita encargouse de transmitir unha morea de lendas, misterios sen resolver e demais contos para non durmir. Unha idiosincrasia moi a cabalo entre a superstición e o escepticismo máis arraigado. Keepers, o misterio do faro tráenos o "misterio da illa de Flannan", un suceso acontecido a finais dos século XIX, xusto uns días antes do cambio de centuria. Tres fareiros foron operar o faro dunha das illas de Flannan e nunca volveron. O curioso do asunto é que os seus corpos tampouco apareceron por ningures e non había signos de violencia. Esvaeceron. Sen máis. Rapidamente o folclore escocés encargouse de vestir a historia cun aura de misterio, atribuíndo o suceso a un ser monstruoso (un leviathan ou unha ave xigante) e incluso se falou dunha abdución ovni extraterrestre. O tardío debut no cinema do danés Kristoffer Nyholm (asistente de dirección de Lars von Trier en Rompendo as ondas e O xefe de todo isto) prescinde de toda suposición fantástica para tratar de dar unha explicación terreal baseada nos feitos e nas probas atopadas, sobre todo as achegadas polas anotacións do diario dun dos fareiros. Produce e encabeza o reparto Gerard Butler (300) que, xunto Peter Mullan (Amence en Edimburgo) e Connor Swindells (Sex Education), forman o trío de fareiros: un home maduro, un vello experimentado e un novato aprendiz. Tres xeracións que van pasar varias semanas xuntos nunha illa no medio do mar. A boa predisposición inicial dos tres para que todo marche ben vaise ver comprometida tras unha noite de tormenta. De súpeto aparece o corpo dun home xunto as rochas. Ao seu carón hai un cofre. O contido dese cofre fará que todo se precipite cara unha convivencia insá marcada pola cobiza, a desconfianza e os remorsos. Lonxe de intentar sorprender ao persoal con xiros, golpes de efecto ou explicacións rebuscadas ao "misterio da illa de Flannan", Keepers utiliza esta lenda como mcguffin para desenrolar, de maneira pormenorizada, o comportamento humano e a relación que se forma entre tres individuos moi diferentes obrigados a se enfrontar a unha situación límite. Unha aposta sobria, xélida e case teatral que se sustenta, case en exclusiva, na interpretación dos actores. Non apta para impacientes.
PRAZA_8866
Alfonso Pato é o director do Festival de Cans, que do 22 ao 25 de maio celebrará a súa décima edición. A pesar dos recortes nas axudas -sobre todo nas achegadas polo Ministerio- o festival mantén a súa forza e mira cara á súa segunda década.
Cans fai dez anos e, a pesar das dificultades económicas e da redución das achegas da Xunta e do Goberno central, despregará do 22 ao 25 de maio unha programación variada e con estreas e figuras de primeiro nivel. Entre elas, algúns dos principais convidados que pasaron polo Torreiro da Festa na última década: Wyoming, Jorge Ilegal, Víctor Coyote, Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Tony e Elio dos Santos ou. Silvia Superstar. Unha décima edición que recoñecemento a todas as persoas que apoiaron esta idea, un tanto disparatada pero xenial, pero unha décima edición para ollar cara ao futuro e para pensar como será a segunda década do Festival de Cans. Na programación destaca a estrea de Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa, Toñito Blanco, só, perdido e vicioso, de Xacobe Sineiro e Nico Campos. E tamén de Encallados, de Alfonso Zarauza, dentro da sección "Primeiro test", un espazo no que se somete un filme sen rematar á valoración do público antes da súa versión definitiva. Haberá 21 curtas a concurso: 14 de ficción e 7 de animación, máis traballos ca nunca. E tamén se inaugura a sección "A que andas?" na que novos realizadores nos contarán en que proxectos están mergullados na actualidade. Outra das novas seccións é Cans Visibles, unha selección de curtas LGTB made in Galicia. Tamén haberá música, cunha vintena de actuacións de todos os estilos: rock, pop, folk, música lixeira, charanga... E recuperarase a Canastro Experience cun espectáculo de Víctor Coyote no Hórreo da Casa de Bugarín. Falamos con Alfonso Pato, director do festival. Esta é unha edición de homenaxe e de autohomenaxe? Pensamos esta edición do décimo aniversario como un encontro cos amigos do festival e tamén como un recoñecementos a todas aquelas persoas que se implicaron connosco cando Cans non era nada, como por exemplo Juanma Bajo Ulloa. Ou a Tony Lomba, que deu unha actuación brutal, e que a xente levaba anos pedíndonos que volvera. Ou o concerto no hórreo con Víctor Coyote, que non se pode facer moitas veces por temas de produción. Que todos eles repitan é unha mostra diso que sempre se conta sobe Cans: que a xente sae máis que satisfeita? Houbo xente que nos custou moito traer, como Isabel Coixet ou Fernando León. E cando por fin o trouxemos e xa marchaba para coller o avión, Fernando León chamoume dende o aeroporto moi emocionado dicíndome que fora unha experiencia incrible para el. Nós sempre tratamos de que a xente estea a gusto. Preferimos iso a ter tres mil persoas máis. E a xente é moi correcta cos convidados: moitos actores comentáronme moi sorprendidos como a xente os paraba con moita educación polos camiños e lles pedían facer unha foto con eles. "Nós non reclamamos cartos porque si, senón porque cumprimos unha función social" Haberá Cans 2013, pero dende logo foi un ano complicado sobre todo no económico, non si? Foi un ano moi complicado. E, de feito, nos meses de novembro ou decembro eu tiña moita dúbidas de que o festival fose saír adiante. Entre os recortes dunhas administracións e a completa eliminacións das axudas doutras, como foi o caso do Ministerio, quedamos noqueados. E iso que hai xa algúns anos comezamos un plan para depender máis dos recursos propios e dos patrocinadores privados. E estámolo conseguindo: o 60% son recursos nosos fronte a unha achega pública do 40%. O que non quita que a administración ten responsabilidades, porque nós asumimos funcións que debería facer a administración, dende ciclos educativos cos centros de ensino, as axudas aos novos creadores ou a revitalizacións dos núcleos rurais. Nós non reclamamos cartos porque si, senón porque cumprimos unha función social. "Está habendo un éxodo. Hai xente en Barcelona, en Nova York, en Londres... E están neses lugares pola súa iniciativa persoal, pero tamén porque en Galicia non hai oportunidades" Primeiro as axudas á creación, agora aos festivais... Estase desmantelando o sector por partes? Cans é un bo termómetro para medir a situación do sector: polas pezas que chegan, pola súa calidade... O que observo este ano é que entre as obras galegas a concurso en animación, a metade son de xente que está fóra. Está habendo un éxodo. Hai xente en Barcelona, en Nova York, en Londres... E están neses lugares pola súa iniciativa persoal, pero tamén porque en Galicia non hai oportunidades. Outro dato: das 21 curtas a concurso apenas tres ou catro recibiron axudas dalgún tipo. Até hai un par de anos a maioría dos autores tiñan axudas á creación e á produción. Pero o problema non é dar cartos ou non dalos, senón que a clave é ter ou non unha política audiovisual. E en Galicia carecemos dela dende hai moitos anos. "Das 21 curtas a concurso apenas tres ou catro recibiron axudas dalgún tipo. Até hai un par de anos a maioría dos autores tiñan axudas á creación e á produción" Pero o poblema non está na base, segue habendo moita produción por parte dos creadores... Falta esa axuda necesaria para consolidar o sector? Vivimos o mellor momento creativo na historia no peor contexto que se puido dar. Hai diversidade e hai moita produción en todos os xéneros. Pero toda esa corrente non se canaliza como se debera. Hai que buscar fórmulas para que non se perda todo ese talento. En calquera caso o audiovisual galego ben merece unha festa. E Cans serve como festa, pero tamén é xeradora de creación, de encontros, de novos proxectos... A nós enorgullécenos moito que haxa proxectos de ida e volta. Que algúns filmes naceran aquí ou que Cans servira como punto de encontro para moitos creadores. Está o tema do Apóstolo, que en parte se xestou aquí e aquí coñecéronse o director e o responsable da súa música. Eu dígolles a moitos profesionais: vinde a Cans, porque hai xente que nin vos coñecedes entre vós. Neste ano fainos moita ilusión a presenza de Alejandro Marzoa, que gañou dúas veces o festival de curtas, e agora presenta unha longa. Isto fainos pensar que Cans é útil para os novos creadores. "Concibimos esta edición como un encontro de amigos, pero tamén como unha oportunidade para repensar o Festival. Como o peche dunha primeira etapa e como o momento no que debemos pensar como debe ser a seguinte" Que liñas debe seguir o festival na súa segunda década? Nós concibimos esta edición como un encontro de amigos, pero tamén como unha oportunidade para repensar o Festival. Como o peche dunha primeira etapa e como o momento no que debemos pensar como debe ser a seguinte. E cremos que nalgúns aspectos debemos ampliar o foco. Imos entrar máis en contacto co Brasil e con toda a produción da lusofonía, porque é un campo moi interesante e porque pode que no futuro xa non abonde coa produción galega, se a cousa segue así. Nestes obxectivos enmárcase Cans Proxecta, que serve para que se reúnan alumnos de Arquitectura e veciños da parroquia nun proxecto de recuperación da arquitectura tradicional. O obxectivo é que todo isto deixe pouso na aldea. Imos traballar moito tamén en cuestións coma a sostibilidade e a integración coa natureza. E debemos darlle unha estrutura máis sólida ao propio festival para cando non esteamos as persoas que formamos parte do equipo actual.
NOS_28306
O Tribunal Europeo de Xustiza mantén o veto a tres nocivos insecticidas.
No planeta existen polo menos 20.000 especies de abellas silvestres, das que preto de 2.500 viven en Europa. Este e outros insectos, ademais dos paxaros ou dos morcegos, contribúen á polinización de 87 dos 115 principais cultivos do mundo, até 35% das colleitas a nivel mundial. Son datos da Axencia das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO). É dicir, sen abellas, a fame sería un problema aínda maior do que xa é. Aproximadamente tres de cada catro cultivos de froitas ou cereais destinados ao consumo humano a nivel global dependen, polo menos en parte, dos polinizadores. As abellas non só potencian a produción agrícola de verduras, froitas, froitos e sementes, senón que a melloran e fan que sexa de maior cualidade e máis variada. A súa importancia, e a alarmante redución no seu número que se rexistra nos últimos anos, fixo que en 2017 a ONU decidise designar o 20 de maio Día Mundial das Abellas. Para a FAO, este descenso "pode ser atribuído ao uso de pesticidas, á degradación do hábitat, á insustentabilidade da agricultura intensiva, ás pestes e patóxenos, e ao cambio climático". E avoga por "procesos ecolóxicos na produción alimentaria". Tres pesticidas O Día Mundial das Abellas deste ano ten un especial motivo de celebración. Nas últimas horas, o Tribunal Europeo de Xustiza ─a corte suprema da UE─ rexeitou unha apelación da multinacional químico-farmacéutica alemá Bayer, que solicitaba a fin do veto a tres insecticidas usados na protección de cultivos especialmente nocivos para as abellas. Outro tribunal comunitario estabelecera hai tres anos, en primeira instancia, este veto, que afecta a tres substancias activas: imidacloprida, desenvolvida por Bayer CropScience; clotianidina, desenvolvida pola xaponesa Takeda e por Bayer CropScience; e tiametoxam desenvolvida pola suíza Syngenta (propiedade da empresa estatal chinesa ChemChina). Un portavoz de Bayer, en declaracións recollidas por axencias internacionais, afirmou que "o veredicto semella permitir á Comisión carta branca para revisar autorizacións existentes, con base na máis lixeira proba, que nin sequera fai falla que sexan novos datos científicos". Non obstante, desde a década pasada cada ano se publican máis e máis estudos científicos de prestixiosos organismos que ligan estes produtos coa morte dos insectos polinizadores. O responsábel de asuntos xudiciais de Greenpeace, Andrea Carta, mostrou a súa satisfacción pola resolución xudicial: "O Tribunal de Xustiza reafirmou que protexer a natureza e a saúde da xente ten prioridade sobre os intereses cortopracistas das poderosas multinacionais". Veto progresivo e parcial En 2013, a Comisión prohibiu o uso de neonicotinoides ─insecticidas como a imidacloprida, a clotianidina ou o tiametoxam que actúan no sistema nervioso central dos insectos─ en cultivos de cereais, aínda que mantivo o seu uso noutros como a remolacha azucreira. E en abril de 2018 decidiu vetar totalmente o seu uso en exteriores diante da progresiva redución de colonias de abellas. Non obstante, a nivel dos Estados membros, entre 2013 e 2019 outorgáronse 206 autorizacións de urxencia para o uso destes tres neonicotinoides. A Comisión ten como meta reducir o uso de pesticidas a 50% e de fertilizantes a 20% para 2030. Até agora, segundo o último informe do Tribunal de Contas ao respecto, as medidas adoptadas pola UE para conservar a progresiva redución no número e diversidade dos insectos polinizadores no continente foron ineficientes. Referendo en Suíza para prohibir o uso de pesticidas artificiais Segundo unha enquisa publicada onte pola TV pública suíza, SRF, 55% das persoas consultadas votarán a favor de prohibir o uso de pesticidas artificiais e a importación de alimentos do estranxeiro onde sexan usados estes insecticidas. A medida, de ser aprobada, deberá ser posta en marcha no prazo máximo de dez anos. Noutra votación paralela, a enquisa reflicte que 54% apoia retirar os subsidios aos labregos que usan pesticidas ou aos gandeiros que administran de forma cotiá antibióticos aos animais. O referendo desenvolverase o vindeiro 13 de xuño.
PRAZA_14437
A maior parte das novas agrupaçons politicas nascidas ao calor dos movimentos cidadáns gestados pola crise se nutrem em grande medida de persoas com longa experiência de militança e responsabilidades partidárias e institucionais. Nom só as que se formarom na Galiza, onde o fervilhar de novos grupos é bem conhecido e conhecida é a trajectória partidária dos seus membros mais destacados. Também além Pedrafita
Comentava hai uns dias a falácia de enfeitar situaçons desafortunadas, quando nom perversas, recorrendo ao ardil de as equacionar com umha alternativa sombria que se apresenta como única possível. A lógica do melhor o mau conhecido que o bom por conhecer. Nom hai iogurte, refresco, cosmético ou detergente, dim os publicistas, que venda melhor que o que se apresenta abandeirado como Novo Gostaria comentar hoje o feito curioso de esta lógica conservadora ter o seu correlato noutra ánsia, em aparência oposta, que conhecem bem os criativos das agências de publicidade e à que acorrem com presteza na corrida por situar os seus produtos no topo das vendas. Nom hai iogurte, refresco, cosmético ou detergente, dim os publicistas, que venda melhor que o que se apresenta abandeirado como Novo. Nova fórmula, Nova embalagem, Nova receita, Nova brancura. Nova miragem. No importa se o cosmético ou o iogurte som os de sempre (de feito quase sempre o som), por mui velho que seja o vinho, para vender, odre e etiqueta hám de ser novos. Se possível anunciando umha rebaixa de calorias. Para isto se paga aos especialistas em publicidade. Num momento como este, em que agromam conflitos e actitudes já vividos noutras crises, o risco de que o rechaço do velho faga prevalecer a novidade da etiqueta sobre o contido do odre nom é um suposto teórico. Aconteceu com resultados bem conhecidos noutros lugares e pode acontecer no nosso contorno. O risco de que o rechaço do velho faga prevalecer a novidade da etiqueta sobre o contido do odre Para nom dramatizar em excesso, lembremos um caso mais recente e menos trágico que o protagonizado por aquele movimento popular que levou à dissoluçom do Reichstag como soluçom à profunda crise económica e social que vivia a Alemanha dos anos trinta. Menos dramático mas nom menos eloquente. Em 1980 nasce, também na Alemanha, um novo partido (Die Grünen) que se apresenta a si mesmo com umha etiqueta sem dúvida novidosa: ser o "partido anti-partidos". Como novidade oferece, além da lógica ênfase no cuidado do meio, a promessa de promover politicas pacifistas. Em 1998, despois dumha trajectória de ascenso eleitoral constante, Die Grünen (Os Verdes) formam governo com o Partido Socialdemocrata e colocam um dos seus militantes, Joschka Fischer, como titular da carteira dos Negócios Estrangeiros. Apenas um ano despois, o ministro anti-partidos -verde e pacifista- converte-se en defensor entusiasta da participaçom alemá no bombardeamento da ex-Jugoslávia. Em 2008, Die Grünen (Os Verdes) estabelecem a primeira coaligaçom com a Democracia Cristá, neste caso em Hamburgo. No nosso contorno mais próximo, as cousas som um pouco diferentes. Na Galiza e na Espanha, nom é preciso aguardar a que o vinho azede nos odres novos. Verte-se neles o vinho que se afirma rejeitar. A maior parte das novas agrupaçons politicas nascidas ao calor dos movimentos cidadáns gestados pola crise se nutrem em grande medida de persoas com longa experiência de militança e responsabilidades partidárias e institucionais Basta com deitarmos umha olhada rápida ao que nos rodeia para descobrir que a maior parte das novas agrupaçons politicas nascidas ao calor dos movimentos cidadáns gestados pola crise se nutrem em grande medida de persoas com longa experiência de militança e responsabilidades partidárias e institucionais. Nom só as que se formarom na Galiza, onde o fervilhar de novos grupos é bem conhecido e conhecida é a trajectória partidária dos seus membros mais destacados.Também além Pedrafita, onde vimos e vemos aparecerem agrupaçons lideradas por figuras politicas relevantes (que permanecem e/ou abandonam as suas antigas formaçons) numha corrida por se situarem à cabeça destes movimentos. A novidade que oferecem consiste às vezes em propostas de perfil próximo à esquerda clássica, como a que formulam alguns ex dirigentes de Izquierda Unida, e outras em projectos de traços inquietantes como a de Unión Progreso y Democracia da ex-socialista Rosa Díez (a figura política mais valorada no estado). O feito de estes movimentos sociais gestados na crise se definirem antes por umha atitude de rejeitamento dos partidos tradicionais do que por umha perspectiva mais ou menos comum de análise, o feito de albergarem expectativas e propósitos dissímeis, e antagónicos, explica que nas suas águas deitem a linha os uns e as outras, na esperança comum de ver o peixe morder o engodo hinóptico da novidade. Morder o engodo da marca eleitoral que responde as mesmas ánsias a que a etiqueta estrela do supermercado: novo e baixo em calorias.
NOS_23704
Os danos nas rochas a causa das chamas poñen os petróglifos en perigo.
Os montes galegos acumularon este verán máis de 43.000 hectáreas calcinadas. Este dato supón que foi o peor ano de incendios desde 2006. Máis alá dos evidentes prexuízos para o sistema ecolóxico da Galiza, as chamas que cada tempada estival afectan os concellos galegos poñen en risco a preservación do patrimonio cultural e arqueolóxico do país. Neste sentido, o director de Tempos Arqueólogos e divulgador Mario César Vila explica a Nós Diario que os incendios poden chegar a ter "efectos devastadores" nos distintos xacementos que abundan nos montes da Galiza. O experto leva desde a vaga de incendios de 2006 desenvolvendo diferentes avaliacións sobre eses efectos do lume no patrimonio. Degradación da rocha Para César Vila, o estado de abandono e de falta de limpeza dos montes e a excesiva proliferación de especies pirófitas como o eucalipto súmanse para crear unha situación de "polvoreira" que favorece a orixe de incendios. "Cando isto ocorre, mámoas, castros e petróglifos vense moi afectados polas chamas", explica o arqueólogo. Segundo detalla, dúas son as grandes consecuencias que afectan estes xacementos. Por unha parte, "cando se produce a combustión, as altas temperaturas poden estralar as rochas nas que hai gravados, facéndoos desaparecer". Aliás, o lume elimina a cuberta vexetal de castros e mámoas, que serve de protección ante axentes externos como o vento ou a choiva. "Despois dos incendios, cando se producen as escorreduras, a auga golpea directamente contra esa rocha que xa non conta cunha cuberta protectora e degrádaa", salienta César Vila. Unha situación que, en moitos casos, provoca danos irreparábeis nos xacementos. A Galiza conta cun mínimo de 4.108 castros nos seus 313 concellos A estes bens patrimoniais arqueolóxicos cómpre sumar outros elementos, como ermidas, capelas, cruceiros ou petos de ánimas, que se atopan en zonas forestais e que poden verse afectadas ou mesmo desaparecer debido aos incendios. Finalmente, o experto subliña que os propios labores de control e extinción dos incendios poden provocar estragos nos xacementos. A falta de planificación do monte galego fai que moitas veces as brigadas forestais actúen con maquinaria pesada en zonas nas que se atopan restos arqueolóxicos, afectándoos considerabelmente. Ordenamento e sensibilización Para Mario César Vila, a solución a esta problemática pasa por deseñar un bo plan de ordenamento do monte galego. "Pódese facer unha división como as das zonas industriais, nas que cada sector ten un obxectivo", detalla, co fin de evitar que os incendios se estendan sen control e arrasen patrimonio natural e arqueolóxico. Ademais, propón que se leven a cabo campañas de sensibilización sobre os efectos do lume. "Organizar visitas de diferentes colectivos sociais a lugares e concellos afectados polos incendios sería unha boa medida", conclúe César Vila, que defende que as institucións deben desenvolver estas iniciativas para evitar que as chamas sexan un "mal endémico". "Non hai que inventar nada, só actuar" O arqueólogo Mario César Vila explica a Nós Diario que as medidas que se teñen que desenvolver para evitar os efectos dos incendios non requiren de grandes investimentos ou innovacións. "Non hai que inventar nada, só actuar", asegura, e cre que mentres non se traballe nun modelo de ordenamento diferente ao que actualmente impera na Galiza e no norte de Portugal, "o lume seguirá provocando cada vez máis danos".
NOS_5261
María José García Gómez, presidenta da FeFGa, Federación de Farmacias de Galiza.
Como está a situación agora mesmo nas farmacias galegas? Tivemos varias etapas. Os primeiros días a xente acumulaba moitos medicamentos, agora xa se deron conta de que non había problema de subministración. A gran demanda, neste momento, é de máscaras. Non damos abasto. Non temos nin para empregar nós mesmas. Falta de previsión nese tema? Atopámonos en certo modo algo abandonadas polas Administracións, por non axudarnos a ter máscaras. Nós fixemos un pedido delas mais foron incautadas. Agora temos farmacéuticas e farmacéuticos falecidos pola COVID-19 e máis de 200 ingresadas no Estado español. Non se nos facilitaron medidas para estarmos protexidas nós e o noso persoal. Pola contra, temos a denuncia dun sindicato por non protexer as nosas traballadoras cando o verdadeiro problema é que non conseguimos material de protección. Debería ser a propia Administración a que nos facilitase ese material xa que foi ela a que incautou o que tiñamos encargado. É urxente para dar un servizo á poboación e non contaxiar nin pasar a ser transmisores do virus. "Aínda non hai coordinación entre administracións e farmacias na Galiza" As farmacias convertéronse nos puntos sanitarios máis próximos ás persoas. Vívese igual nas cidades que no rural? En ambos os casos as farmacias son o que lles queda á xente. Os primeiros días cando se deu o aviso para que non se acudise aos centros de saúde nin aos hospitais cando tivesen febre, a poboación viña ás farmacias mesmo para tomarlles a temperatura. Onde podían ir? Daquela chamei á Administración, á Subdirección Xeral de Farmacia, para pedirlles que comunicaran á xente que non fora ás farmacias en substitución dos centros de saúde. Froito desa penosa situación tivemos que sacar de enxeño e as consecuencias pagámolas con farmacéuticas contaxiadas e falecidas. E farmacias fechadas. Somos o punto de atención sanitaria máis próximo á poboación e agora mesmo o único que hai en moitas vilas após o feche dos centros de saúde. Levamos varias semanas de confinamento. Non hai coordinación entre as Administracións e as farmacias? Aínda non. Creo que están apagando os lumes máis urxentes nos hospitais, conseguir camas e máis UCI. Entendo que a situación é a que é, e hai cousas que poden ser secundarias. Sabemos que hai un convenio para que todo funcione, mais polo de agora non está en marcha. Tentámolo facer as farmacias mais é certo que non todas temos a capacidade de atender as súas usuarias e usuarios desta maneira. Como se organizaron as farmacias? As farmacias que teñen posibilidades están levando os medicamentos ás casas fóra das súas horas de traballo. No meu caso particular é o que estou facendo, recibo chamadas todos os días para pedirme que lles achegue os medicamentos. Por outro lado, informouse de que había unha rede de voluntariado para levar os medicamentos ás casas e non é certo. Nós estamos levando os medicamentos cos nosos medios, co noso esforzo e fóra das nosas horas de traballo. Algunhas veces mesmo coa incomprensión de quen critica que non saibamos onde están os seus domicilios, cando en realidade esa non é a nosa función. A xente pensaba que quen lle levaba os medicamentos eran voluntarias do concello que debían coñecer as rúas do rural. Que opina do excesivo prezo das máscaras nas farmacias que as teñen? Nós traballamos cunha marxe moi baixa en relación a outros sectores, mais non podemos vender por debaixo do prezo de custo. Agora mesmo hai canles de distribución que non son as mesmas que tiñamos antes coas nosas cooperativas e as nosas distribuidoras por estar sen ese material. Pola contra entraron outras distribuidoras que veñen doutros sectores e nada teñen que ver coa farmacia. Tentan facer negocio e aprovéitanse da situación. Chaman e ofrécennos xel hidroalcohólico e máscaras a uns prezos desorbitados. Eu entendo que hai xente que por dar o servizo merca e teñen que vendelas caras pensando que mellor é iso que estar desprotexidas. A min persoalmente ofrecéronme máscaras a prezos que eran indecentes. En Francia chegouse a limitar as tarifas destes especuladores, mais aquí non están limitadas. As demandas das farmacias galegas No Estado español contabilizáronse 276 profesionais ingresadas ou en corentena e 8 falecidas por coronavirus. Na Galiza, os datos, polo de agora, son menores e hai seis farmacéuticas hospitalizadas ou en corentena e catro estabelecementos que teñen algunha traballadora contaxiada. A COVID-19 provocou, ademais, o feche dunha farmacia. A Federación de Farmacias da Galiza (FEFGA) ten solicitado desde o inicio da crise sanitaria equipos de protección individual para as súas profesionais. Outra das demandas deste sector, polo de agora non atendida, é a coordinación no reparto de medicamentos a domicilio que hoxe por hoxe realizan fóra do seu horario de traballo. As farmacias galegas propuxeron no seu día aproveitar a rede propia a través das súas cooperativas e sen custo para a Administración.
NOS_32988
Varias ducias de seareiras e socias participaron na concentración promovida a través das redes sociais para rexeitar que un salón da sededo RC Celta acollese un acto do Partido Popular a favor da unidade de España con presenza Núñez Feixoo e Pablo Casado, que foron apupados á súa chegada. Vídeos no interior.
Varias ducias de persoas congregáronse esta tarde na viguesa Rúa Príncipe, fronte a sede do RC Celta, para protestar polo feito de que na mesma se celebrase un acto do PP a favor da Unidade de España, un coloquio que contaba coa presenza de Núñez Feixoo e Pablo Caso. "O Celta non é do PP", "Que se vaian!", "Mouriño, PP a mesma merda é", "Corruptos", "Fóra o PP da nosa sede" foron algunhas das consignas e berros lanzados polas por volta das 200 persoas congregadas, que criticaban que unha estancia da sede do club celtista, o Salón Regio, tivese un uso partidista polo PP. Pablo Casado e Núñez Feixoo foron recibidos con apupos e asubíos. Houbo momentos de tensión cando algunhas das persoas concentradas se achegaron ao cordón policial que se despregou diante da sede. Un representante do PP que asitía ao acto encarouse coas persoas enfrontadas, o que tamén xerou tensión. Tamén houbo berros contra España por parte de sectores das afeccionadas concentradas. Afeccionadas do #Celta em protesto contra o ato do @PPopular a prol da unidade a #Espaha na sede celtista de tod*s https://t.co/1a8pcjnwoL pic.twitter.com/LBzsIs8CG1— torné (@xmtorne) 14 de febreiro de 2019 Nestes días, diferentes peñas e colectivos amosaron o seu malestar e rexeitamento con que unha estancia da sede do RC Celta acollese un acto do PP de forte contido españolista. Celtarras, Colectivo Nós, Tropas de Breogán ou Centolos Celestes, entre outros. É completamente lóxico que a afección do @RCCelta reaccione así. Que o clube deixe a súa sede para que un político (neste caso Pablo Casado) dea un "mitin" é moi desafortunado. Unha charla sobre a "unidade de España" nunha semana como esta, ademais. Moi desafortunado. pic.twitter.com/BwisN7VE5D— 𝑫𝒊𝒆𝒈𝒐 𝑮𝒊𝒓á𝒍𝒅𝒆𝒛 (@diegogiraldez) 14 de febreiro de 2019 A noticia de que un salón da sede do RC Celta acollía un acto do PP no que participarán o presidente do partido español Pablo Casado e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feixoo para defender "a unidade de España"; inzou as redes sociais de protestos e queixas. "Vergoña", "noxo", "danme ganas de darme de baixa como socio", "lamentábel", "patético"… Estes eran apenas algúns exemplos da manchea de opinións e críticas de afeccionadas e afeccionados celtistas.
NOS_15736
Unha estrea "espectacular". Así define a produtora a primeira fin de semana de "A Esmorga" nas salas de cine. Arredor de 10.000 persoas garanten a permanencia nas pantallas da película.
A primeira fin de semana nas pantallas era determinante para a continuidade de A Esmorga nas salas de cinema e os "espectaculares" resultados garanten que a adaptación da novela de Blanco Amor terá futuro nos cines galegos. Con 18 copias, A Esmorga sitúase como segunda película en recadación media por sala de todo o Estado, estreándose só na Galiza. Os datos da película de Ignacio Vilar, rodada en galego, só son superados por Sinsajo, a macroprodución que se estreou con máis de 300 copias en todo o territorio estatal. O dato de que unha película galega, estreada só en Galiza, se situara como segunda máis vista en todo o estado está a provocar comentarios en páxinas e blogs especializados en cine pola súa singularidade. Calcúlase, aínda sen pechar as cifras, que arredor de 10.000 persoas acudiron ás salas galegas para ver os primeiros pases do filme, con especial repercusión en cidades como Ourense ou Santiago. Os bos resultados da billeteira garanten a continuidade na carteleira, cando menos cara á vindeira fin de semana mais desde a produtora confían en que a película estea en pantalla aínda na ponte do 6 de decembro. Os datos son tamén relevantes á hora da estrea da película fóra do territorio galego. Con contactos previos xa adiantados, os datos de público galego auguran o interese dos exhibidores de cinemas estatais que poden avanzar na estrea en español do filme, que xa foi dobrado pola propia equipa artística.
NOS_13536
A CIG Saúde cualifica a situación na sanidade pública de "terceiromundista": menciona problemas como o aumento do prezo dos medicamentos, o pagamento de 10 euros pola tarxeta sanitaria, dificultades para poder pedir cita previa por teléfono, ou saturación dos profesionais pola falla de substitucións en vacacións.
A CIG Saúde denuncia o caso do centro de saúde de Carballo, paradigmático: de 21 médic@s (16 de familia e 5 pediatras) quedan traballando 12 (9 médic@s de familia e 2 pediatras). Deses nove profesionais ausentes non se fixo ningunha substitución, e da ducia que queda, alén de atenderen os seus pacientes, teñen que afrontar as urxencias daquelas persoas con quenda de tarde e as desprazadas, que no verán son bastantes. No caso d@s profesionais de enfermaría acontece o mesmo: de 11 da quenda de mañá marcharon 4 que non se substituíron, incrementando a carga de traballo para @s 7 que quedan. No sindicato consideran que a situación é "inadmisíbel": "@s profesionais están padecendo continuos recortes nos seus dereitos e nos seus salarios, mesmo coa supresión dunha paga extra, e aínda por riba teñen dupla carga de traballo. E @s usuari@s da sanidade pública, que somos todas e todos, alén de termos que pagar por todo, temos que padecer esta degradación dos servizos sanitarios públicos". Conclúen que "o Partido Popular está levando a sanidade pública a unha situación terceiromundista".
NOS_37736
O festival de Pardiñas celebrará os seus 40 agostos ininterrumpidos co espectáculo único Cantando as corenta, creado en exclusiva para esta edición. Serán tres horas de música e baile que resumirán os fitos máis destacados da historia de Pardiñas marcando tamén a súa vontade de futuro. O festival celébrase no concello de Guitiriz durante os días 2, 3 e 4 de agosto.
O festival de Pardiñas fai corenta anos, un "fito extraordinario na música galega", tal e como sinalaron desde a Asociación Cultural Xermolos, organizadora do evento. Para celebrar os 40 agostos ininterrumpidos de Pardiñas o cartel inclúe un espectáculo que, baixo o título Cantando as corenta, transportará o publico por unha viaxe ao longo de todas as súas edicións. "Ao mesmo tempo será tamén un sonoro manifesto de futuro", afirmou o artista Xurxo Souto, participante na rolda de prensa de apresentación do Festival. Souto, en declaracións a Sermos Galiza sinalou a relevancia de Cantando as Corenta pois "non se trata dunha acumulación de artistas, senón dun espectáculo en si mesmo, unha creación especial para o propio event", e engadiu que se trata de "algo que nunca se fixo, é o mito de Tristán e Isolda levado a Pardiñas". Cantando as Corenta "non se trata dunha acumulación de artistas, senón dun espectáculo en si mesmo, unha creación especial para o propio evento, algo que nunca se fixo", sinalou Souto O festival decorrerá na localidade de Guitiriz durante os días 2, 3 e 4 de agosto. Na rolda de prensa en que se deron coñecer os grupos que actuarán estiveron presentes membros da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco, o crego de Xermolos; Juan e Luís dos Carunchos, Susana Seivane, Antón Reixa, Xurxo Souto e o director musical de Cantando as Corenta, Richi Casás. O Festival arrincará a sexta feira 2 de agosto co VII certame de cantos de taberna nos bares de Guitiriz. O sábado 3 será a quenda para o pregón a cargo de Luís Mourinho e das actuacións de As Cantigas de Elena, Bloquinho de Xermolos, Os Melidaos, Harmónica Creamns, desde o Xapón; Habelas Hainas, Dubhlinn desde Irlanda con Anxo Lorenzo, e Zënzar. O domingo actuarán Os Rueirinhos nun vermú e Peter Punk para as crianzas e realizarase un pregón musical a cargo das e dos cantautores María Manuela, Pilocha, Miro Casabella, Quintas Canella e Mero. Actuarán tamén Os Carunchos e TT Syndicatte de Portugal. O domingo é tamén o día de Cantando as Corenta co Pardiñazo. Cantando as Corenta A banda de Cantando as Corenta compóñena once instrumentistas de diferentes grupos que algunha vez teñen actuado en Pardiñas e estarán tamén moitas e moitos solistas de diversos estilos que deixaron especial pegada no Festival. Así, este espectáculo contará con Susana Seivane, Antón Reixa, Uxía, o gaiteiro Pepe Vaamonde, Kevin Weatherill (líder de Immaculate Fools) ou Xosé Manuel Pereiro (vocalista de Radio Océano), entre outros. A maior parte dos seus once compañeiros e compañeiras procede tamén "da fecunda canteira de músicas que algunha vez actuaron en Pardiñas", sinalaron desde Xermolos. A maior parte da banda procede "da fecunda canteira de músicas que algunha vez actuaron en Pardiñas", sinalaron desde Xermolos Algúns e algunhas delas son Xan Xove, gaita e percusión tradicional que actuou en Pardiñas co Jarbanzo Negro; a trompetista María Prado de Banda Xangai, o batería Álvaro Trillo de Dios ke te Crew, Olivier Cano, saxo e frauta dos Tres Trebóns; Antón Díaz, o baixo dos Papaqueixos; o seu guitarra e coros Guni Varela e o seu baixista Mangüi Martín; e Xurxo Souto dos Diplomáticos de Monte-Alto. Alén da canteira que despuntou actuando nos escenarios de Pardiñas en calquera das súas edicións, a banda está ademais reforzada "con tres músicos en clave de excelencia", remarcaron na apresentación, e serán Mercè Palacios no saxofón, Roberto Comesaña no acordeón e Xosé Luis Miranda ao trombón. Haberá ademais un recoñecemento especial a Sito Carracedo, o luthier das portas abertas, que cada ano acolle centos de persoas no seu taller. Na súa honra soará unha obra "estrea absoluta" dedicada ao seu invento máis famoso, "o peitoque", un pequeno instrumento de percusión "quen de erguer a maior das treboadas". O primeiro Pardiñas Desde a organización lembraron aquel primeiro festival que, baixo o lema Vinde merendar a Pardiñas, Xermolos convocou un evento que medrou cada ano partillando emocións.
NOS_49065
Co libro Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (Difusora de Letras, Artes e Ideas), Manuel Monge repasa a historia recente da loita polo ferrocarril na Galiza e identifica os responsábeis do atraso. Para o investigador, tanto PP como PSOE , en complicidade, son artífices das "trampas" que explican a situación da rede de infraestruturas no país.
-Estes días conmemorábase o 83 aniversario da proclamación da República Galega e as demandas polo inxusto trato da Galiza no tema do ferrocarril xa eran protagonistas. O tema das reclamacións polo tren non son deste século nin sequera do anterior, senón de hai xa dous séculos. Comeza xa con atraso a respecto doutras comunidades. O ferrocarril foi unha preocupación do nacionalismo e dos galeguistas. Xa Vilar Ponte e Castelao reivindicaron no Congreso o ferrocarril galego e Basilio Álvarez pronunciou a súa famosa frase "quen non chora non mama" cando con moitas mobilizacións se consegue que se reanuden as obras da vía entre Zamora e a Coruña, despois dunha paralización que afectaba as 15.000 persoas que traballaban alí. Se non reivindicamos non conseguimos nada, era o que dicían e continúa a ser hoxendía. Digo tamén no libro que se quixeramos buscar un cualificativo para o AVE na Galiza sería o do "AVE do Prestige". As mobilizacións cívicas foron as que cambiaron o rumbo do que estaba previsto que era un ferrocarril de terceira categoría. -A marxinación de Galiza en materia de infraestruturas equipara as políticas do PP e PSOE? "Cando o tren de alta velocidade estea rematado levaremos un atraso de 30 anos, algo dificilmente explicábel". Con Felipe González deséñase un plan que marxina a Galiza, con Emilio Pérez Touriño como secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas e transportes, do que era titular José Borrell. Son datos que convén lembrar. Noutro exemplo, o de José Blanco, vemos que quer quedar como campión alegando que no seu tempo de ministro de Fomento se fixeron grandes inversións, mais el estaba xa no Congreso quince anos antes. No libro recollo unha viñeta de Siro López que ilustra moito o debate que houbo con Ángel María Carreño, do PP, defendendo o plan que marxinaba a Galiza. Vese a Guillerme Vázquez, do BNG, de pé protestando por esa marxinación de Galiza. Na España que pretendían, a España vertebrada que dicía Siro, había uns trens de primeira categoría e nos que viñan para Galiza substituíanse polo carro de bois. Nese debuxo, José Blanco aparece debaixo dunha mesa. Esa foi a súa actitude durante moitos anos, estar caladiño, asumindo a marxinación. Xogou un papel importante no engano para atrasar os plans que había para Galiza. Cando en 2009 se realizan as eleccións, José Blanco, Zapatero e Madalena Álvarez recorren Galiza garantindo que o Tren de Alta Velocidade chegaría no 2012. Chega o PP á Xunta e eles din que era imposíbel rematar nese ano e o día de San Xoán de 2009 asinan o Pacto do Obradoiro que atrasa o AVE até 2015. Despois chega Rajoy a Madrid e di que tampouco vale ese prazo e sinala como obxectivo o 2018. É, de novo, a comprobación dunha farsa continuada. Cando o tren de alta velocidade estea rematado levaremos un atraso de 30 anos, algo dificilmente explicábel nin comprensíbel. -O PP actuaría da mesma maneira mesmo cando Manuel Fraga era presidente da Xunta? No apéndice pódense ver os titulares, as promesas e os incumprimentos, e é fácil adiviñar que hai un pacto secreto por parte do PP e o PSOE que marxinaban continuamente a Galiza, ás veces mesmo asinados. Fraga aceptaba a marxinación por parte do PSOE. Xogaban cunha dupla baralla. Cando o PP chegaba ao goberno de Madrid, o PSOE xogaba o papel reivindicativo e á inversa. Esta farsa queda á vista cando se aproban no Parlamento Galego por unanimidade acordos ao respecto e no Congreso dos Deputados non os asumen cando os deputados do BNG presentan iniciativas ao respecto. Que Galiza non aparecera nos debates sobre o estado da nación era unha constante. Ben é certo que, en determinados momentos, o voto dos deputados do BNG foron decisivos para mellorar os investimentos. Cando a maioría absoluta co goberno de Zapatero dependía duns poucos votos conseguiuse por vez primeira que os investimentos en infraestruturas para Galiza chegaran ao 8%. Foron negociacións nas que participou o BNG que decantaron eses investimentos. "Fraga aceptaba a marxinación por parte do PSOE. Xogaban cunha dupla baralla. Cando o PP chegaba ao goberno de Madrid, o PSOE xogaba o papel reivindicativo e á inversa" -Repítolle unha das preguntas que vostede fai no libro. Por que o tramo de Córdoba a Málaga comeza o mesmo tempo que o da Coruña-Vigo e ten os mesmos quilómetros e un remata no 2007 e outro no 2014? A declaración de impacto ambiental tardou anos no noso caso. Moitas veces empregan estes mecanismos e non din directamente que van atrasar as obras. Pasou tamén con outras liñas, por exemplo, a de Lubián-Ourense. Tamén empregan a estratexia de facer constar nos orzamentos unhas cantidades que logo non se executan. No aprobado do 2000 ao 2014 deixáronse de executar 2.500 millóns. Aparecían orzamentados e logo non se gastaban. Desviábanse a outras Comunidades. Outro novo engano. Ás veces ano tras ano aparecen as mesmas cantidades como na liña Vigo-Ourense. Mantiñan unha expectativa errónea. Outro truco é facer estudos continuos. No caso do tramo Coruña-Ferrol levan xa seis ou sete estudos. A de Ourense Vigo está practicamente paralizada desde hai dous anos e a última noticia que temos é que se vai facer un novo estudo de trazado. O alcalde Abel Caballero no ano 2007 dixo que se non se garantía que o Ave estaba rematado no 2012 deixaría o seu cargo. Debería retirarse por incumprimento de promesa. -Acontece tamén nos trens de proximidade? Preséntanse como pouco rendíbeis. Habería que utilizar as vías en desuso para dar servizo a núcleos que quedan fóra. A marxinación de Galiza é total e responde a unha decisión política. O tren de proximidade non existe porque non consideran as áreas de Vigo e A Coruña, co cal, entre outras consecuencias, estanse a perder cartos da UE para Galiza neste concepto. Empregan o argumento de que non se pode investir no tramo da Coruña a Ferrol porque hai pouca demanda cando a explicación tiña que ser a contraria: non hai demanda se non hai boas comunicacións, cando existe un bo servizo a xente si utiliza o tren. -Outro dato que apenas se coñece é que Galiza aporta 30.000 millóns das antigas pesetas para financiar a súa alta velocidade ferroviaria de competencia estatal. Nunha ocasión Fraga xuntouse con Pujol e dicíalle que a ver se eles tamén puñan cartos para o AVE. Pujol contestoulle que non era cousa súa. Somos a única Comunidade que puxemos cantidades para esas infraestruturas, mais tamén para que non nos eliminasen servizos. Dependen do Estado e é un servizo público co cal se hai perdas non teriamos por que asumilas. É terríbel que esteamos pagando nós continuamente e, por riba, seguir recibindo ameazas de eliminación de traxectos. "O voto dos deputados do BNG foron decisivos para mellorar os investimentos. Cando a maioría absoluta co goberno de Zapatero dependía duns poucos votos conseguiuse por vez primeira que os investimentos en infraestruturas para Galiza chegaran ao 8%". -Como explica que padezamos o maior atraso e tamén o máis importante accidente ferroviario de todo o Estado? Indica que unha liña deseñada para alta velocidade, que se conseguiu grazas á presión política, foi modificada a última hora, cando quedaban uns meses para a súa inauguración considerando que podía aforrarse ao cambiar as condicións de chegada a Santiago. O ministro era José Blanco. Decidiuse cambiar o deseño para abaratar custes e iso ten unha responsabilidade política. Ese abaratamento produce o accidente e nesta explicación coincido coas conclusións da Plataforma de vítimas do Alvia. As responsabilidades políticas están por definir porque nin PSOE nin PP queren que haxa unha comisión de investigación rigorosa. Unha das afectadas era deputada do PP que deixou o cargo por non ter resultados convincentes. Cómpre unha nova comisión de investigación. Quero presentar o libro en Angrois para demandar que se clarifiquen as cousas e en recoñecemento dos veciños que tanto fixeron polas vítimas. -Como responde a cidadanía diante deste trato inxusto? As plataformas tiveron moita importancia nos distintos conflitos desde hai vinte anos. As mobilizacións cívicas conseguiron as melloras. O tren a Madrid estaba previsto para cinco horas e reduciuse a catro. Antes do Prestige, Álvarez Cascos facía un deseño no que o tramo de Ourense a Lubián era de vía única a 120 quilómetros e logo se modificou. En Santiago realizouse un simposio no que Cascos explicou que a entrada en Vigo sería por unha lanzadeira e iso provocou moitas mobilizacións en Vigo e o propio Lois Castrillo, daquela alcalde, convocara un pleno extraordinario e todas estas iniciativas cidadáns lograron que se cambiaran as previsións. Daquela Francisco Vázquez ía de ganchete con Álvarez Cascos. Tamén tiveron importancia as plataformas cando se deron accidentes como os tres mortos en Valga, conseguindo un paso a nivel. -Neste tempo de crise no que falar de infraestruturas é aínda máis difícil, que futuro lle queda ao ferrocarril na Galiza? "As responsabilidades políticas do accidente de Angrois están por definir porque nin PSOE nin PP queren que haxa unha comisión de investigación rigorosa". Cumpriría garantir o financiamento dos proxectos xa iniciados. É preciso rematar a liña Ourense-Vigo. Non facelo sería unha frustración. Cómpre rematar tamén co Eixo Atlántico e chegar a Ferrol, a Tui e até Porto. Cando se fala da importancia do Mediterráneo, desde Catalunya escóitanse declaracións moi negativas para nós, mesmo desde CiU e ERC. O norte de Portugal e Galiza teñen 6.500.000 habitantes e xera moitos cartos. 90.000 millóns de Produto Interior Bruto para a Euro-rexión. Potenciar a comunicación é fundamental para o desenvolvemento dun área de tanta relevancia. -Remata o libro cunha conclusión claramente política. Pois é que os investimentos, os proxectos de infraestruturas, dependen da composición do goberno. Quero que a xente entenda que son eles, cos seus votos, os que deciden o tipo de infraestruturas, ensino ou sanidade que temos. Se queremos ter un ferrocarril moderno temos que ter un goberno que se faga respectar. Se delegamos os nosos votos nun PP e un PSOE que cando chegan a Madrid nos deixan vendidos non imos conseguir un sistema ferroviario de calidade. A decisión é nosa, cambiando o goberno da Xunta e de Madrid.
NOS_5215
Un estudo con espécimes de peixe cebra demostra que a degradación das máscaras nos ecosistemas mariños afecta á biodiversidade.
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de publicar os resutados dun estudo que confirma o impacto negativo das máscaras quirúrxicas como fonte de contaminación nos ecosistemas acuáticos e nos organismos que os habitan. A investigación, que o CSIC desenvolveu a través do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) e en colaboración coa Universidade de Cádiz (UCA), expón que, como consecuencia da pandemia, "a xeración dun elevado volume de residuos, en moitas ocasións mal xestionados, derivou en que alcancen compartimentos ambientais tanto terrestres como acuáticos". As investigadoras analizaron o impacto demáscaras comerciais fabricadas na China adquiridas nunha farmacia local e con 240 exemplares de larvas de peixes cebra criados baixo protocolos estabelecidos, nos laboratorios do IIM. Emprégase esta especie porque está considerada como 'modelo', xa que a súa condición xenómica faina moi útil para coñecer as características comúns dos peixes. Xens relacionados coa reprodución "Os exemplares de peixe cebra expuxéronse durante dez días a control, tratamento con anacos de máscara e auga da súa degradación inicial; tratamento con anacos de máscara e auga da súa degradación avanzada e só auga proveniente de degradación avanzada", explicou o investigador Antonio Figueras. Os resultados revelaron que os tratamentos con máscaras, xa sexa con fragmentos de distinto tamaño ou só con auga, afectaron a xenes do peixe cebra relacionados coa súa reprodución. En específico, foron 40 os xenes do pez cebra relacionados coas tres fases da súa reprodución (desenvolvemento de gametos, recoñecemento esperma-óvulo e fertilización) os que que se viron afectados. Os datos recollidos "suxiren que os procesos biolóxicos afectados polos fragmentos de máscaras cirúrxicas -de uso diario e compostas dun tecido de microfibras de distintos polímeros plásticos, aditivos orgánicos e inorgánicos- non só poderían ocorrer a nivel individual, senón tamén a nivel de poboación a través de problemas reprodutivos e de fertilidade. Con todo, estes efectos dependerán do grao de degradación das máscaras cirúrxicas", conclúen.
NOS_21016
"Verdade, xustiza e reparación". Son as tres reclamacións da Plataforma Alvia 04155 que neste primeiro aniversario da traxedia se concentraron na Praza do Obradoiro. Un ano despois esixen a creación dunha comisión de investigación e que se depuren responsabilidades penais e políticas.
"81 mortos e 147 feridos". As camisetas amarelas cos números das vítimas do accidente de Angrois eran o distintivo da concentración da Plataforma Alvia 04155 na Praza do Obradoiro, un ano despois de o tren descarrilar na curva da Grandeira, en Angrois, a poucos metros de onde hoxe manifestan a súa rabia e a súa reclamación de xustiza, verdade e reparación, as tres palabras que resumen o sentir de familiares e vítimas. "Non poden maquillar esta situación dándonos unha medalla. Nós imos poñerlle unha placa aos viciños e Angrois, os verdadeiros heroes", explica Teresa Gómez "Transparencia e non mentiras. Comisión de investigación Xa. Vítimas tren de Santiago", líase na pancarta central da mobilización, portada nun longo silencio por familiares e persoas que viaxaban no Alvia na Praza do Obradoiro. Son as esixencias que un ano despois, nunha xornada especialmente difícil, continúan mantendo persoas que veñen dos distintos puntos polos que circulaba o tren que rematou o seu traxecto a poucos metros do destino, unha cidade de festa e reivindicación. "Imposíbel maquillaxe" Teresa Gómez é a primeira que sae da fileira para defender a posición da Plataforma. "Somos vítimas enganadas" comeza a dicir, en declaracións a Sermos Galiza, despois de lembrar a morea de veces que PP e PSOE negaron a creación dunha comisión de investigación que continúan agora a esixir. "Non poden maquillar esta situación dándonos unha medalla. Nós imos poñerlle unha placa aos viciños e Angrois, os verdadeiros heroes", explica Teresa Gómez, encabezando o grupo que despois tentaría sen éxito facerse oír na entrega da Medalla de Ouro. Como case todas as persoas asistentes á concentración Teresa Gómez insiste en que o maquinista é o "último elo". A cadea, segundo lembra, é moi longa e cómpre sinalar "os verdadeiros responsábeis" xa que, din, un tren a 300 km/h non pode depender dun erro humano. A súa beira está Arturo Domínguez que chega desde Madrid. No Alvia viaxaban a irmá, o cuñado e dúas sobriñas. Unha das sobriñas e a irmá pasaron xa máis de dez veces polo quirófano neste ano. "Reclamamos que se investigue.Os trens Renfe e Adif son transportes públicos e a súa obriga era traer os pasaxeiros ao seu destino. Esiximos que se esgote a vía penal e a vía política. O propio xuíz indicou que había motivos políticos para adiantar a inauguración e alguén ten que responder a iso", exclama Arturo Domínguez que suma a súa análise á manifestación da dureza do ano que vén de pasar a súa familia. "É o accidente máis grave da democracia e non pode pesar o silencio sobre el", sinala coa "rabia e a impotencia" de pensar que o tempo poda ir contra a súa esixencia de xustiza. "É o accidente máis grave da democracia e non pode pesar o silencio sobre el", di Arturo Domínguez "Unha estafa e unha vergoña", apunta Xesús Domínguez, vítima tamén do tren que recorda na Praza do Obradoiro que son 81 as vítimas e non 80 xa que a última faleceu no pasado mes de marzo. Aos despropósitos suma Domínguez unha denuncia que quere desvelar, non pola súa repercusión económica, senón para dar conta da indefensión das persoas viaxeiras nos trens da rede pública: o seguro obrigatorio de viaxeiros continuaba en pesetas, sen actualizar desde o cambio de moeda. "Todo foi unha grande chapuza e podía ter sido evitado. Rabia, indignación e pena", sinte agora Xesús Domínguez que non entende como se lle pode explicar a alguén que perde un fillo que todo se podería ter evitado coa colocación dunha simple baliza. "Cremos na xustiza mais o Consello Xeral do Poder Xudicial está politizado e iso explica que o propio fiscal puxera un recurso para desimputar por dúas veces os responsábeis", denuncia Domínguez membro da Plataforma que participará en Angrois da homenaxe ás vítimas do tren nun acto no que se lerán poemas e se colocarán 81 rosas brancas, unha por cada vítima mortal do accidente. PP e PSOE foron albo das críticas da Plataforma. "Temos que dicir que UPyD, BNG, IV e AGE pediron coma nós comisión de investigación. A ministra Ana Pastor dixo que non descansaría até que se soubera a verdade e eu digo que debeu descansar moi pouco neste ano", apunta Domínguez que reclama xustiza e verdade desde a concentración do Obradoiro. Boa parte das persoas que portan as pancartas non poden conter as bágoas ao relatar a súa impotencia e a súa dor ao amplo grupo de xornalistas que están na Praza e buscan escoitar as súas historias, a dor mantida durante un ano e a enerxía para volver a Compostela para lembrar as 81 persoas que faltan. "Estamos loitando para que se faga xustiza e se saiba a verdade. Non se puxeron as medidas. Todo o mundo sabía que tarde ou cedo algo pasaría naquela curva e agora sabemos que podía terse evitado, e iso é o que máis doe", lamenta a irmá de Olga Buitrago, tripulante cando o seu mozo David Bernardo no Alvia. Os dous morreron na curva da Grandeira. Apoio das vítimas do metro de Valencia Para apoiar ás vítimas do tren desprazáronse a Santiago unha representación da Asociación de Vítimas do Metro de Valencia. "Só vimos para apoiar, os protagonistas son eles", di Paco Manzano que, infelizmente, non dubida á hora de sinalar as similitudes entre un e outro casos. "Nos dous casos tratábase dun tren de alta velocidade, unha curva perigosa, os responsábeis sabían a situación... isto non é un accidente. Cando se poden poñer os medios e non se fai estamos a falar dun homicidio involuntario", defende Paco Manzano que ve tamén no caso galego as dificultades que eles mesmos padeceron á hora de obter xustiza e verdade. O ambiente da cidade de Compostela era similar ao de hoxe o pasado ano a estas horas, turistas pola rúa, aire festeiro, e grupos que se ían achegando á cidade para participaren nos actos do Día da Patria. Unha fileira longa, como a do pasado ano, agarda para recoller a "compostela" e evoca a mesma normalidade do pasado ano na mañá do 24 de xullo. A poucos metros, nunha Praza do Obradoiro preparada para a noite de artificios, representantes da Plataforma Alvia 04155 lembran a traxedia que o pasado ano, nesta mesma noite, cambiou as súas vidas. 81 mortos e 147 feridos lembran as súas camisetas amarelas polos que continúan a pedir xustiza.
NOS_20136
O Sergas impón en Vigo a unha Primaria "saturada" que só atenda urxencias Covid.
A Atención Primaria (AP) afoga nesta sexta onda da Covid, que sitúa ao límite un servizo que chegaba a esta nova vaga esgotado pola falla de persoal e anos de recortes. A situación é límite, advirten desde hai tempo profesionais e sindicatos. Un escenario ante o que o Sergas vese agora na obriga de adoptar medidas "drásticas", en palabras dun médico da área sanitaria de Vigo. Precisamente na área viguesa é onde a dirección da AP vén de dar un paso que non se desbota que se estenda a máis áreas: suspender en 14 centros toda actividade que non sexa urxente e centrar todos os esforzos na loita contra o "crecemento explosivo" da Covid. A través dunha instrución da Dirección de Atención Primaria, a aplicar en todos os centros de saúde que presentan un déficit de médicos de 50% ou máis e até o 10 de xaneiro, pídese pasar ao que o médico de familia en Vigo Manuel González cualifica en conversa con Nós Diario como "zafarrancho de combate". Isto implica, segundo expón, que os facultativos teñen que "bloquear" os ocos dispoñíbeis, "descitar" toda aquela actividade programada que se poida demorar e, ademais, traballar "unicamente a demanda, atendendo só a consulta urxente e relacionada coa Covid". "Fracaso" Para Francisco Xosé Gómez, da CIG-Saúde e membro da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo, a circular vén recoñecer que en todo este tempo non se fixeron as cousas ben, para alén de responder á "improvisación" e de "non ser nin sequera falado previamente co persoal, algo moi típico desta xerencia". E que implica esta circular para eses 14 centros da área sanitaria da Galiza que atende maior volume de poboación? "Que neses centros se suspende toda actividade que non sexa urxente ou para atender a Covid, con todo o que iso implica", explica González. Así, prosegue, non se van citar pacientes, aquelas consultas de seguimento e atención que non teñan que ver coas cuestións antes referidas van ser "trasladadas" a outras datas e só aquelas urxentes ou relacionadas coa pandemia van ser atendidas. Isto vai ter repercusións evidentes, aclara o facultativo, para moitas persoas: "Aquelas con doenzas que non sexan para consideradas urxencia ou Covid van ver como fican relegadas, adiadas". Para Francisco X. Gómez, "a xente está indignada, e iso non debe sorprender". Incide na "gran carga de traballo" que soporta o persoal de Atención Primaria e como esta circular "improvisada" supón recoñecer "o que todos sabiamos": que non hai persoal suficiente. Consecuencia Gómez e González coinciden en sinalar que o escenario actual, para alén da capacidade expansiva do coronavirus nesta vaga, é consecuencia dunha política sanitaria concreta: a desenvolvida ao longo destes máis de 10 anos polos diferentes Gobernos de Alberto Núñez Feixoo e que teñen o seu principal punto negro na falla de persoal. Xosé Dios, médico de AP en Outes, lembra un dato a ter en conta: "Nos próximos anos xubilarémonos 78% do persoal".
PRAZA_14521
O Comité de Empresa do xornal critica con dureza estas e outras declaracións do presidente de Prisa que xustificou o ERE que deixará sen traballo a ao redor de 140 xornalistas dicindo que "non podemos seguir vivindo tan ben".
El País fará oficial o vindeiro martes un ERE que afectará a entre 138 e 144 xornalistas dos 440 cos que conta o xornal. Neste proceso desaparecerán as edicións de Galicia, Euskadi, Valencia e Andalucia. O ERE xa lle foi comunicado ao comité intercentros do xornal. Nesta xuntanza o presidente de Prisa, Juan Luis Cebrián, revelou que o ERE incluirá xubilacións anticipadas, despidos e unha rebaixa salarial para os traballadores que permanezan. O comité pediulle a Cebrián que paralizase o ERE e optase por outras fórmulas de aforro, algo ao que Cebrián se opuxo. El Pais tivo no primeiro semestre deste ano dous millóns de euros de beneficios, ao contrario que El Mundo e ABC, que tiveron grandes perdas Porén, o que máis molestou aos traballadores foron as declaracións do presidente do grupo nas que entre outras cousas xustificaba o expediente dicindo que "non podemos seguir vivindo tan ben" e facendo referencia aos "elevados soldos" dos xornalistas. O comité de empresa denuncia que Cebrián cobrou en 2011 ao redor de 13 millóns de euros e que o Grupo Prisa conta con 486 directivos. Os xornais do grupo teñen un gasto de persoal total de 105 millóns de euros ao ano. Porén, o Consello de Administración cobrou máis de vinte millóns en 2011 e El Pais tivo no primeiro semestre deste ano dous millóns de euros de beneficios, ao contrario que El Mundo e ABC, que tiveron grandes perdas. O presidente de Prisa afirmou que a creación destas edicións, entre elas a galega, se debeu "ás presións de lobbies máis ou menos progresistas" Ademais, Cebrián fixo referencia á idade dos redactores do grupo: "o tema máis preocupante é que a idade media do cadro de persoal é de 53 años" e que "isto afecta aos perfis profesionais e ao modelo de periódico que queremos facer". Prisa fixo público un comunicado, difundido en elpais.com, no que sostén que "o futuro del periódico pasa necesariamente por unha radical transformación no dixital" para que sexa sostible e "poida seguir desempeñando o papel clave que xogou na sociedade española". Pero Cebrián tamén falou sobre as edicións territoriais. Segundo o comité de empresa, o presidente de Prisa afirmou que a creación destas edicións, entre elas a galega, se debeu "ás presións de lobbies máis ou menos progresistas".
PRAZA_6680
A militancia votou a favor de que a asemblea elixa só a coordinadora nacional e que esta sexa a que decida o voceiro ou voceiros. Beiras abre a porta a rematar o seu "epílogo" político de non saír do cónclave unha formación "congruente" cos seus principios fundacionais.
Anova-Irmandade Nacionalista deu este sábado os primeiros pasos cara a un liderado compartido coaas primeiras votacións da súa segunda asemblea, que pretende ser a que peche o "proceso constituínte" que a formación iniciou no verán de 2012 e tras a escisión do BNG. Nun cónclave con dúas posicións claramente enfrontadas, a actual dirección impuxo a súa postura para que a asemblea tan só elixa a coordinadora nacional -o máximo órgano de decisión entre asembleas-, de modo que esta sexa a que logo escolla un voceiro ou voceiros para toda a organización, que é a proposta que defende Xosé Manuel Beiras e que foi explicitado a través dun acordo verbal nos primeiros debates. A actual dirección impuxo a súa postura para que a asemblea elixa só a coordinadora nacional e esta o voceiro ou voceiros Foi unha votación apertada. Con 26 votos de diferenza, o regulamento e a forma de escoller a dirección impúxose fronte ás emendas da corrente contraria á dirección, que avogaba por que fose a asemblea a que escollese o portavoz nacional, tal e como ocorreu no anterio cónclave e de onde Beiras saíu como líder. Tamén se aprobou que a elección do máximo órgano directivo se faga por listas abertas, con correccións de xénero de ser necesarias. A tensión subiu cando pola mañá se debateu a readmisión duns vinte militantes que foran expulsados da comarca de Redondela en 2013 e que foron cualificados de "vendidos" logo de que algunhas voces apupasen a proposta. Ao final, a votación inclinouse a favor do recurso que presentaron os expulsados, con 156 votos a favor e 107 en contra, co que manterán a militancia en Anova. Foran relegados polo comité de garantías da anterior comisión permanente (o equivalente a unha dirección dun partido clásico). Beiras abre a porta a rematar o seu "epílogo" se Anova non mantén a "congruencia" cos seus principios fundacionais Antes do inicio da asemblea, o voceiro nacional, Xosé Manuel Beiras, abriu a porta a finalizar o que el mesmo denominou o seu "epílogo", a súa última etapa na primeira liña política, no caso de Anova non mateña tras o cónclave a "congruencia" cos seus principios fundacionais. "O que vai ser de min depende de Anova. Nunca fun caudillo nin tiven vocación. É Anova a que ten que dicir que agarda neste momento de Beiras", dixo para logo confiar no que o resultado da asemblea sexa "aberto e escrupuloso". "De non saír un resultado que permitise a congruencia plena cos principios fundacionais de Anova, eu daría por concluída a miña etapa de epílogo", asegurou quen ver "lóxico" que o resultado da asemblea vaia na "liña" do documento parobado pola coordinadora de Anova e que pide "apoiar todas as iniciativas cidadás" para que a xente sexa "protagonista" e non se volva ás "formas obsoletas" dos partidos". "Temos que ser congruentes", engadiu Beiras, que confía que o cónclave sirva para "rematar o proceso constituínte de Anova", polo que avoga por "superar a infancia" e incluso "difteria" sufriada polo camiño. "Non está o mundo como para non deixarnos de mirar o embigo", conlcuíu, tras rexeitar que a formación se convirta "nunha fronte de partidos", en clara alusión ao BNG e á corrente crítica interna de Cerna.
NOS_31917
Tal día como hoxe, pero de 1946, Sevilla e Athletic de Bilbao escribían o primeiro capítulo na longa historia do decano dos torneos de verán.
Non corren bos tempos para o romanticismo no fútbol. Entre partidos programados a horarios contra natura pensando en público -clientes- ao outro lado do mundo, proxectos de Superliga e a disputa do Mundial e doutros torneos en países onde os dereitos humanos pesan menos que un semáforo en vermello, conceptos como o do Trofeo Teresa Herrera semellan cousa dun pasado que xa non volverá. E talvez sexa así, mais dalgún modo este torneo, o primeiro da súa clase en todo o mundo, conseguiu chegar con vida até os nosos días e celebrar o seu 75 aniversario. Porque tal día como hoxe, pero de 1946, o Sevilla -vixente campión de Liga- e o Athletic de Bilbao de Zarra, Panizo e Gaínza escribían o primeiro capítulo dunha historia que achegou até Galiza 16 futbolistas gañadores do Balón do Ouro e escuadras de lenda como o Benfica de Eusébio, o Bayern de Beckenbauer, o Real Madrid da Quinta do Buitre, o Santos de Pelé, o Barcelona do Dream Team ou o Súper Dépor de Bebeto e Mauro Silva. A súa relevancia mesmo se estendeu fóra do terreo de xogo, pois alén de tornar nun atractivo turístico de primeira orde para a cidade da Coruña, nos despachos loitaban para evitar o oculto veto aos equipos soviéticos durante un franquismo que puido rematar abruptamente nas bancadas de Riazor durante a disputa dun Teresa Herrera no que a piques estivo de perder a vida o ditador Franco. Hoxe, vido a menos desde o cambio de paradigma no fútbol co cambio de século, subsiste como test preparatorio para os comezos de tempada do Deportivo, aínda que na memoria quedan uns tempos gloriosos que recolle unha publicación dispoñíbel en Amazon e lanzada co gallo desta efeméride: Historia do Trofeo Teresa Herrera: 75 aniversario do torneo decano do fútbol (1946-2021).
NOS_29571
Agás no que atinxe a persoas conviventes. Feixoo anunciou tamén a apertura do lecer nocturno a partir do 1 de xullo e que se poderá pedir en barra mais non consumir.
Núñez Feixoo anunciou esta cuarta feira que o comité clínico considera que "é o momento" de reformular o uso da máscara. Propón unha "retirada da máscara de forma ordenada en exteriores" e lamentou que o Goberno español criticase hai semanas o anuncio da Xunta de dar ese paso e agora aposte por dalo el. "É unha medida proporcional e responsábel", di Feixoo sobre a fin da prohibición de uso das máscaras no exterior que elaborou o Comité clínico galego. "Levamos semanas traballando nunha proposta rigorosa". Esa proposta consiste en, explicou: "Eliminar a obrigatoriedade agás cando non sexa posíbel manter a distancia interpersoal de 1 metro". "No interior, máscara e distancia; no exterior, máscara ou distancia", resumiu Feixoo. Iso si, exceptuou as persoas conviventes desta medida, pois non precisarán máscara ainda que estean a menos desa distancia interpersoal. Propostas que xa figuran entre as que baralla o Goberno estatal e que este deu a coñecer hai uns días. A máscara será obrigatoria naqueles concellos en nivel máximo de alerta polo coronavirus -mais de 500 de incidencia a 14 días-. Actualmente ningún municipio na Galiza está nese nivel. Tamén vai ser obrigatorio, dixo Feixoo, levar a máscara sempre enriba. "A máscara formará parte das pertenzas obrigatorias. Hai que saír con máscara da casa". De feito, incidiu en que nas terrazas, malia que poida haber distancias, será de uso constante salvo no momento do consumo. No entanto, a proposta galega quedará a expensas da orde que se acorde no Consello Interterritorial de Saúde. A este respecto, o presidente remarcou que confía en que cada territorio "poida flexibilizar o uso deste elemento segundo a situación". Capacidade A partir do sábado entra en vigor unha nova normativa relativas capacidades de Galiza. Vai haber ampliación xeralizada das capacidades en espazos e tamén para eventos. No caso do interior de bares e cafetarías manterase no 50%, pero ampliarase até o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia. Feixoo ratificou que se permitirá pedir e servir nas barras dos locais da hostalaría, aínda que non se poderá consumir nas mesmas. A partir do 1 de xullo, sinalou o presidente, reábrese o lecer nocturno, anunciou Feixoo: "É a primeira vez que en moitos meses que non vai haber ningunha actividade fechada na Galiza". No caso das actividades e eventos como concertos ou citas deportivas, imponse a normativa que xa estaba estabelecida. Concellos A Consellaría de Sanidade e o Comité Clínico que asesora á Xunta sobre a evolución epidemiolóxica da Covid-19 na Galiza acordaron esta terza feira que suban de nivel de risco Cambre, Poio e Castroverde, que así súmanse aos municipios de Malpica e Camariñas. Estes fican no nivel medio-alto desde a semana pasada. Así mesmo, Soutomaior descende a nivel medio-baixo despois de varias semanas Así, a partir do día 26 de xuño ficarán coas limitacións propias do nivel medio-alto -que implican cambios na capacidade dos estabelecementos hostaleiros, entre outras cuestións- Malpica, Camariñas, Cambre, Poio e Castroverde. O resto dos concellos da Galiza continuarán no nivel medio-baixo salvo cambios moi salientábeis, pois a próxima xuntanza quedou fixada para a próxima terza feira. Estas modificacións entrarán en vigor na medianoite do sábado. Aliás, no que respecta á vacinación, xa van tratadas coa pauta completa 1.062.325 galegas e galegos, case o 45% da poboación diana. Estas persoas xa non terán que gardar corentena en caso de estar en contacto cun positivo, tal e como comunicou na terza feira o Ministerio de Sanidade.
NOS_28670
Algo tiña que ter de bo escribir textos dun xénero minoritario como a poesía, nunha editorial das que chaman pequenas e nunha lingua minorizada, malia que conte cun sistema literario que debe ser como os outros, é dicir, que "é un niño de ratas sábeo até o secretario xeral de calquera partido político".
Ou se cadra é aínda máis sinxelo. Algo bo ten publicar en papel: que non te veten á mínima ou que non teñas que ir a un xulgado a defenderte polo que dis, como lle pasaría a Rosalía de Castro se tivese Facebook, Instagram ou similares. Internacional de poesía anarquista / Samuel L. París / Positivas / 2020 /12 euros / 90 páxinas Outra cousa é a publicidade, mais iso xa é asunto do autor, que tamén está moi presente nas redes, como se pode ver no blogue (recomendábel) pararaparis.wordpress.com. Digresións dixitais á parte, deste lado do libro agradécese un chisco de liberación e humor, ler algo escrito "non con museística finalidade, senón coa de prender a mecha". Resumindo, Samuel L. París segue sendo fiel á vocación inflamábel e para iso bota man de colaboracións vidas de todos os puntos do globo. Que non se citen, que se camuflen ou que sexan mestizas está máis que xustificado, como reza o título. Esta mestura entre creative commons e o anonimato das células concibidas para a sabotaxe funciona á perfección para a rede de persoas que subministran o material. É necesario se se queren acometer accións literarias contra o canon. Un terrorismo textual que vai desde os fakes impresos entre as obras ou os apócrifos de apócrifos, até o surrealismo dos sonetos baleiros ou a inversión taberneira da lóxica filosófica que cambia os espazos do todo e da nada. Tamén para subverter algúns motivos literarios de natureza máis social, como podería ser a revolta dos caixeiros que encerellan coa linguaxe á clientela para desplumala ou os axustes de contas coa sorte dos fachas (no poemario case sempre en masculino) e, en xeral, coa sorte de todos os centros, aínda que presuman de descentrados. Como acontece con facenda, fachas podemos ser todos (e todas). Pero o anarquismo funciona aínda mellor na recepción. No pescar de xeito caótico algunha canción, algunha película, algún sosia de biografía iconoclasta escrita co engoumado estilo das lapelas, sabendo que con tanta fogueira, moito é fume. Xa nos avisan, que non se diga: "teñas que vir ti para escribir estas merdas só para salvarnos da puta culturallada apapahostiante e cosmofelatoria". Con todo, arder un pouco é saudábel. Como queimar. Se cadra o libro é máis para lecturas seareiras. Mais se non tes plans, ou se os que tes son ruinceiros, proba.
PRAZA_20073
Catro das seis adxudicatarias na repartición do Goberno central teñen proxectos en Galicia e unha delas é a galega Norvento, que obtivo 128,6 megavatios. Ventonoso ve unha oportunidade pero pide "acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos terreos eólicos".
A poxa de enerxía organizada polo Ministerio de Economía alimenta un chisco as esperanzas para a revitalización do paralizado sector eólico en Galicia. Foi esta tecnoloxía a gran beneficiada da repartición de 3.000 megavatios (MW) levada a cabo polo Estado este pasado mércores, con 2.979,55 destinados para a instalación de aeroxeradores. Ademais do grupo aragonés Forestalia, gran beneficiario con 1.200 MW, outras cinco empresas adxudicáronse potencia: tres das grandes (Gas Natural Fenosa, Enel e Gamesa), a tamén aragonesa Brial e a galega Norvento. Catro das seis empresas adxudicatarias teñen negocio eólico en Galicia, pero só unha delas, Norvento, é galega A empresa lucense levou 128,6 MW fronte aos 667 de Gas Natural Fenosa; os 540 de Enel, filial de Endesa; os 237,5 de Brial; e os 206 de Gamesa. De todas elas, tan só as firmas aragonesas non teñen negocio eólico en Galicia, polo que o país podería verse beneficiado por futuros proxectos das compañías. No caso de Fenosa e Norvento, teñen ambas proxectos en desenvolvemento do concurso eólico impulsado pola Xunta en 2010, paralizado logo polo cambio na política enerxética do Goberno central. A primeira conta con 198 MW por poñer en marcha e unha bolsa total de máis de 300 e xa anunciou que investirá 700 millóns nos futuros parques repartidos por todo o Estado. A compañía lucense ten 144 MW en varios proxectos aprobados, cos trámites moi avanzados e case listos para executar, ao contrario que a firma catalá, que case non ten ningún trámite madurado. Norvento ten 144 MW en varios proxectos aprobados para poñer en marcha axiña en Galicia Endesa, con máis de 450 MW eólicos instalados no país, prevé repartir a nova potencia adquirida entre Castilla y León, Aragón e Galicia e xa anunciou que investirá 600 millóns nestes futuros parques, aínda que no caso da comunidade galega, é a compañía que ten as tramitacións menos avanzadas malia contar con 138 MW do primeiro concurso do Goberno de Feijóo. Gamesa, que non ten nada do anterior concurso de 2010, si ten potencia instalada de etapas anteriores, nomeadamente na zona da Estrada. Ventonoso, asociación de propietarios de terreos eólicos en Galicia, amósase "satisfeita" polo feito de que unha empresa "netamente galega" entrase nunha repartición "desde o ámbito local e competindo coas grandes" e cre que a oportunidade para o futuro máis inmediato "é moi boa", ainda que non esquece que "foi un grupo aragonés aliado coa estadounidense General Electrics quen máis beneficiado saíu". Desde EGA, a patronal eólica galega, tamén ven no resultado da poxa unha boa ocasión para comezar a construír de novo parques eólicos en Galicia logo de anos de parálise total. Desde 2010, en Galicia tan só se instalaron 50 MW adicionais aos 3.200 vixentes. Ventonoso e a patronal ven nesta última poxa unha oportunidade para reactivar o sector en Galicia Os parques eólicos dos adxudicatarios deberán desenvolverse de aquí a decembro de 2009, un compromiso que evitaría que perdesen os avais de 20.000 euros por megavatio que xa depositaron. Ademais, os promotores teñen agora seis meses -até final deste ano- para asignar a potencia a cada parque e definir e presentar os seus proxectos. A antigüidade e o desgaste de aeroxeradores e a necesidade de presentar un novo plan para os novos muíños de vento podería alongar algo de máis o proceso. Segundo xa lembraron Unións Agrarias (UUAA) e Ventonoso, Galicia ten pendente de desenvolvemento unha bolsa total de parques eólicos cunha potencia duns 2.000 MW, pero moitos menos coa tramitación avanzada. As empresas adxudicatarias de instalacións nos anteriores concursos da Xunta, e aínda pendentes de execución, non se poden desenvolver a non ser que vaian obtendo megavatios nas poxas que organiza o Ministerio. Tanto estas dúas organizacións como a patronal reclaman á Xunta que "suprima obstáculos como o canon eólico, que supón un custo adicional para as empresas, pero que pagan tamén os consumidores galegos do seu peto ao repercutírselle no recibo da luz". Ventonoso pide "acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos terreos eólicos" Por outra banda, a actividade eólica xera arredor duns 6 millóns de euros en pagos a propietarios forestais e comunidades de montes polo arrendamento dos terreos onde se instalan os parques, segundo os cálculos de Ventonoso, que considera que é unha cifra "importante", pero "moi por debaixo da potencialidade que ten a enerxía renovable de xerar rendas no rural". Cada parque deixa uns rendas de entre o 0,5% e o 1,5% do valor da súa produción e desde a asociación crese que é "manifestamente mellorable con acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos terreos eólicos". E lembran como en países como Alemaña ou Dinamarca os propietarios dos terreos perciben ata un 10% dos ingresos dos parques. José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso, di esperar "moito" de Norvento. "Reuníronse con nós cando o concurso eólico e esperamos que sexan transparentes e volvan manter unha xuntanza con nós axiña", explica.
PRAZA_13021
O filme dirixido por Ignacio Vilar estreouse este xoves en Ourense, nunha sesión á que asistiron máis de 400 persoas, e pechou así a súa xira polas cidades e vilas galegas. O equipo viaxa nestes momentos a Francia para participar no festival de Cannes, co obxectivo de asegurar a distribución internacional da película. E a semana que vén estará en Cans, Porriño, para participar neste evento cinematográfico.
Lugo, Monforte, Ribadeo, Mondoñeso, O Barco, A Rúa, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Lalín, A Estrada, Santiago, A Coruña, Ferrol, Narón, Cee, Carballo e Ourense. Despois de dous meses percorrendo todo o país de vila en cidade, a Caravana Vilamor culminou este 17 de maio a etapa principal da súa andaina coa estrea do filme en Ourense. A gran demanda de entradas obrigou aos cines Cinebox a habilitar unha segunda sala para a estrea, polo que máis de 400 viron o filme na súa primeira xornada na cidade das Burgas, onde o recibimento, ao igual que en toda a provincia de Ourense, foi "magnífico", segundo os responsables de Vilamor, que se manifestaron "emocionados". O director e os actores principais da película (Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez) completaron así nove semanas de presentacións do filme en 175 centros de ensino, ademais de asociacións culturais e veciñais, eventos deportivos, sociais e gastronómicos. En total foron 12 mil quilómetros, que permitiron por exemplo que máis de 14 mil estudantes coñecesen de primeira man como se fai unha película e cales son os valores que transmite un filme como Vilamor. Para Ignacio Vilar, director de Vilamor, "é todo un orgullo celebrar o Día das Letras Galegas estreando unha película en galego nas salas comerciais con semellante éxito" Para Ignacio Vilar, director de Vilamor, "é todo un orgullo celebrar o Día das Letras Galegas estreando unha película en galego nas salas comerciais con semellante éxito", e engade que "isto quere dicir que a nosa lingua está moi viva e o público ten moitas ganas de consumir cine en galego". Vilar di que en todos os lugares funcionou o "boca a orella" e iso é o que está permitindo que o filme resista nas carteleiras durante semanas en Vigo ou A Coruña, o que non é doado. queda pendente a estrea en Compostela, aínda en negociación, pero que podería chegar o 8 de xuño. Despois chegará o verán, para cando se están preparando proxección ao aire libre naqueles concellos sen sala de cinema. E en outono está previsto que Vilamor se estree en Portugal, Madrid, Catalunya e Euskadi. Agora comeza a segunda fase, a dos festivais, e a da distribución internacional. E a primeira parada desta nova caravana é o Festival de Cannes, onde o filme se proxectará este sábado, e en concreto o Marché du Film, onde os responsables de Vilamor esperan pechar contratos con distribuidores de distintos países. Vilar revela de moitos destes acordos están xa negociados dende a fase de proxecto da película. A fin de semana seguinte estarán no Festival de Cans (O Porriño), onde se estreará un documental sobre esta xira a bordo da Caravana Vilamor. Tes que vela Hai unhas semanas Vilamor puxo en marcha o concurso Tes que vela, que convoca sobre todo a rapaces e rapazas de ensino medio -pero tamén a todas as persoas que se queiran animar- a facer unha peza promocional moi curta, de menos de medio minuto de duración, na que se anuncie a película Vilamor, baixo o lema Tes que vela. Até o momento o equipo recibiu máis dunha ducia de vídeos, e até o 30 de maio está aberto o prazo para enviar propostas. Os gañadores do mellor vídeo gozarán dunha fin de semana nos Ancares cos protagonistas e o director de Vilamor acompañados dun tutor legal, se son menores de idade.
NOS_42705
O presidente colombiano, Juan Manuel Santos, e representantes das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), asinaron na Habana un acordo que procura pór fin ao conflito armado. Así mesmo, iniciarán negociacións a prol da paz.
Após case cincuenta anos de conflito, o goberno de Colombia e as FARC iniciarán unha rolda de negociacións cuxo obxectivo é rematar coa violencia en Colombia a través do diálogo. Fontes de TeleSur aseguran que as negociacións comezaron o pasado mes de maio na cidade da Habana onde tamén participaron Venezuela, Noruega e Cuba. Nas xuntanzas estaban presentes o guerrilleiro Mauricio, Rodrigo Granda, Marcos Calarcá e Andrés París. Pola súa banda, o goberno colombiano estaría representado polo conselleiro de seguridade Sergio Jaramillo, o ministro de Medio Ambiente Frank Pearl e Enrique Santos Calderón, irmán do presidente, Juan Manuel Santos. Segundo as primeiras declaracións achegadas polas axencias de noticias latinoamericanas, as dúas partes acordarían a elaboración dun novo proxecto de sociedade que abranga as reivindicacións das FARC mais, di o goberno colombiano, "sen ser radical". O devandito proxecto sería deseñado nun prazo de ano e medio. O proceso de negociaciónSegundo informou TeleSur os encontros entre a delegación do goberno colombiano e as FARC iniciaranse na cidade norueguesa de Oslo. Despois volverán á Habana onde asinarán o acordo que pretende pór fin a case cincuenta anos de conflito armado. Representantes gobernamentais aseguraron que manterán un debate sobre a democracia participativa con representantes do Storting --parlamento unicameral-- noruegués. Estas negociacións prodúcense após o anuncio en agosto de 2011 do entón máximo dirixente das FARC, Alfonso Cano, da vontade da guerrilla de inciar diálogos de paz que rematasen coa guerra en Colombia. Asemade, nunha carta publicada en abril deste ano, as FARC expresaban a súa disposición para "sentarse a conversar" mais sen que isto supuxese unha rendición. Segundo este documento, a reinserción social da guerrilla "exixe unha Colombia diferente".
NOS_45671
O volume presentouse hoxe no Parlamento galego
O Pazo do Hórreo acolleu hoxe a presentación do volume Polos camiños das horas. Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo, editado pola Real Academia Galega co apoio do Parlamento galego. Interviñeron no acto o presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o coordinador da obra, Henrique Monteagudo; unha das persoas responsábeis da edición, Patricia Arias; e a filla do homenaxeado, María Victoria Carballo-Calero Ramos. Trátase, en opinión de Santalices, dun libro "necesario e esclarecedor" que contribúe a render tributo a "dous dos grandes persoeiros da nosa historia contemporánea". A obra compila 167 misivas intercambiadas por estas dúas figuras da cultura galega entre 1949 a 1974, que están depositadas no Parlamento e na Fundación Penzol. Foron editados por Patricia Arias Chachero, Adrián Estévez Iglesias e Nélida Cosme. Arias e Estévez asinan ademais o estudo introdutorio e as notas do libro, coordinado por Monteagudo. Freixanes salientou a importancia das cartas para entender a historia e, sobre todo, a intrahistoria, "esa parte do iceberg que case sempre permanece debaixo da superficie da auga e que non conta, mais que explica moitas cousas". Así pois, "a través deste diálogo entre dous xigantes podemos reconstruír, ou cando menos enriquecer, algúns capítulos significativos na historia da cultura galega do pasado século XX", engadiu. Santalices aproveitou para lembrar que aínda é posíbel visitar a Mostra Bibliográfica de Ricardo Carballo Calero no Parlamento, xa que foi prorrogada até o 31 de marzo. Na exposición, alén dos fondos propios, tamén se poden apreciar documentos senlleiros da nosa historia recente, como un exemplar do Anteproxecto do Estatuto do Seminario de Estudos Galegos de 1931, ao que deron forma Carvalho Calero e Lois Tobío.
NOS_39994
Modificación no período entre a infección por Covid e a inoculación da dose de reforzo, que pasa de catro semanas a cinco meses.
A Comisión de Saúde Pública estatal decidiu modificar na mañá desta terza feira os criterios para a dose de reforzo das persoas que pasaran a Covid-19 despois de ser inoculadas coa pauta completa. Desde agora, o lapso desde que se supere a infección até a picada de reforzo das vacinas contra o SARS-CoV-2 será de cinco meses e non catro semanas, como se viña facendo até o de agora. Esta cambio na estratexia de vacinación chega despois de que o organismo analizara os últimos estudos dispoñíbeis, que comprobaron como o contaxio nas persoas con pauta completa "desenvolve unha resposta inmune máis potente e máis ampla en termos de neutralizar outras variantes do virus", declarou a ministra de Sanidade, Carolina Darias. Estratexia para as crianzas No caso das cativas e cativos de entre 5 e 11 anos, se a infección acontece antes de ter a picada recibirán unha dose a partir dos dous meses despois de ser diagnosticado o virus. De infectarse tras a primeira dose, agardarase oito semanas após superar a doenza para inxectar a segunda. Críticas da OMS Tedros Adhanom Ghebreyesus, secretario xeral da Organización Mundial da Saúde, volveu cuestionar esta semana o uso de doses de reforzo nos países con máis ingresos mentres en 34 Estados non conseguiron vacinar nin ao 10% da súa poboación en 2021, a meirande parte en África e Asia Occidental. Presión das farmacéuticas Pola súa parte, a secretaria da Sociedade de Inmunoloxía estatal, Carmen Cámara, subliñou a medios estatais a terza feira que "hai que pensar que conseguimos con terceiras e cuartas doses", explicando que detrás "hai unha presión clara das farmacéuticas" privadas.
NOS_57650
"Como resolvería se alegase descoñecemento da lingua galega?", preguntou un avogado a un xuíz en Vigo tras intervir a outra letrada en galego, algo ao que o maxistrado respondeu: "Eu non podo obrigar ninguén".
A avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, denunciou esta terza feira a través do seu perfil en Twitter a situación coa que se vén de topar nos Xulgados de Vigo. "Hoxe [por esta terza], tras a celebración dunha vista na que eu me expresei en galego, o avogado contrario preguntoulle ao xuíz como resolvería se el chegase a alegar descoñecemento da lingua galega, se o xuíz obrigaría a outra avogada a expresarse en español", expuxo. XUÍZO EN VIGO.Hoxe, tras a celebración dunha vista no que eu me expresei en galego, o avogado contrario preguntoulle ao xuíz como resolvería se el chegase a alegar descoñecemento da lingua galega, se o xuíz OBRIGARÍA á outra avogada a expresarse en español.— Elsa Quintas Alborés (@elsa_quintas) April 19, 2022 O xuíz, dixo Quintas, replicou que non pode "obrigar" ninguén a se expresar nunha determinada lingua, mentres a avogada contestou ao seu compañeiro mencionando o artigo 142 da Lei de Axuizamento Civil, que ampara o dereito a falar en galego e a pedir un intérprete se se descoñece a lingua propia do país. "É o que ten non saber linguas: eu a el enténdoo; el a min... neste caso resultou que tamén", profundou Elsa Quintas. "Por estas e outras cousas faise necesario abordar o estudo dos dereitos lingüísticos nas facultades de Dereito, en todas", engadiu. Medio millar de queixas por vulneracións Cómpre lembrar que o pasado marzo A Mesa apuntou que en 2021 tramitou, a través da Liña do galego, un total de 601 expedientes, dos que 488 foron queixas, 55 foron consultas e 58 foron parabéns pola iniciativa. "Denunciar é fundamental para que se coñezan esas agresións, e denunciar tamén é fundamental porque permite en ocasións acabar con esas agresións ao galego", dixo o seu presidente, Marcos Maceira, en declaracións a Nós Diario. Como exemplo de negación do dereito ao uso do galego con repercursión noutros dereitos como a saúde ou a información, Maceira sinalou o caso do veciño de Rianxo ao que a Delegación do Goberno sancionou con 601 euros por reclamar ser atendido en galego nun cribado Covid.
PRAZA_898
ENTREVISTA Jorge Suárez encabezaba a única lista que se presentou para liderar Ferrol en Común e recibiu a unanimidade dos 213 votos que emitiron os inscritos nas primarias. Este funcionario de xustiza suma xa dúas victorias tras ser elixido hai unhas semanas como candidato de EU.
Jorge Suárez encabezaba a única lista que se presentou para liderar Ferrol en Común e recibiu a unanimidade dos 213 votos que emitiron os inscritos no proceso de primarias. Este funcionario de xustiza suma xa dúas victorias tras ser elixido hai unhas semanas como candidato de EU. Aproveitamos unha viaxe súa por motivos laborais para que nos conte as expectativas da plataforma cidadá. Xa foi o candidato máis votado nas primarias de Esquerda Unida e despois de Ferrol en Común, como se sente con tanta responsabilidade? Non é un motivo de autogabanza, síntome reforzado por un grupo importante de persoas que decidiron respaldarme porque saben que formo parte dun proxecto colectivo sen liderados absolutos, senón ser partícipes dun proceso colectivo para unha nova cultura política que está a crearse en toda Galicia. Por que EU e Anova deixan a Marea Ártabra e crean Ferrol en Común? Ben, fomos parte do movemento inicial da Marea Ártabra pero non se creou o espazo de confluencia necesario nin había unha masa crítica social que fora partícipe da Marea Ártabra, de feito converteuse máis nun lugar de confrontación que de creación. Entón decidimos abandonar ese espazo que, para nós, non era unha alternativa real de goberno e Ferrol en Común mesmo facilitou a entrada de moita xente de Podemos, que tampouco compartían a visión da Marea Ártabra e moitos colectivos sociais que estaban como agardando a que deramos o paso. Desde a Marea tacharon a formación de Ferrol en Común de "irresponsable" porque "dividía e restaba forzas"… A Marea Ártabra quedou reducida ás posicións críticas dos partidos que perderon os seus debates internos democraticamente, polo tanto, nós non tivemos un só comunicado negativo sobre a Marea Ártabra, de feito quixemos confluír xuntos nunha única papeleta contra o PP e o PSOE pero eles contestaron de xeito agresivo e tendencioso á nosa oferta. Polo tanto, eles levan o seu camiño e nós faremos o noso. Consideramos que temos o apoio da sociedade ferrolá indignada e eles están empeñados nunha cultura que nós non compartimos. Desde o principio nós afirmamos que se precisaba un proxecto de esquerdas para renovar Ferrol e a Marea pois di non ser nin de esquerdas nin de dereitas e nós si. Proxecto cidadán, popular e de unidade, pero netamente de esquerdas. "Somos un proxecto cidadán, popular e de unidade, pero netamente de esquerdas" Se viñera un estranxeiro que non soubese nada de política galega, como lle explicaría que é o que diferenza a Ferrol en Común da Marea Ártabra? Pois que é un proxecto de esquerdas, que conseguiu o acordo de partidos e sen repudiar a militancia política, nós defendémola firmemente, tanto en partidos como en sindicatos. No regulamento da Marea recollíase que non podías ter cargos en partidos nin sindicatos, cousa lamentable. Polo tanto, o básico non é mirar o carné político ou sindical senón as ideas. A falta de programa da Marea e a indefinición ideolóxica non se corresponde co que demanda a sociedade que son actuacións serias, firmes e colectivas. E en realidade a esquerda é iso: a creación colectiva para o ben común. "A falta de programa e a indefinición ideolóxica da Marea Ártabra non se corresponde co que demanda a sociedade" Que papel xoga Podemos na composición de Ferrol en Común? Podemos tivo un proceso moi accidentado en Ferrol e nós sempre dixemos que se esas 900 persoas que estaban inscritas nos círculos de Podemos estaban interesadas en formar unha alternativa ao réxime debían ter cabida nunha candidatura de unidade popular. E aínda que o partido non se vai presentar ás municipais e quere preservar a súa marca, valoramos moi positivamente que moitos deles decidiran asembleariamente incorporarse a este proceso e estamos traballando todos como un bloque cohesionado. Ter a Podemos preto é garantía de éxito electoral? Eu prefiro non facer as contas en suma de votos, senón en suma de ideas. Eu creo que Podemos ten un programa bastante parecido ao de Esquerda Unida, tanto a nivel nacional como local, moitos dos militantes de Podemos, coincidimos na rúa con eles nas mobilizacións sociais e é aí onde se crean os lazos para logo ter un bloque forte co que artellar esta iniciativa. Se non hai un traballo forte na rúa de mobilización e demais é imposible crear nada. Dicíame que a Marea Ártabra non se define de dereitas nin de esquerdas, a Marea Atlántica tampouco se molla moito nisto, o propio Podemos tampouco, por que vostedes optaron pola definición clara no campo da esquerda? Nós asinamos un manifesto que di que isto nace da vontade política de tres actores: EU, Anova e Podemos, nós non concordamos en repudiar o embrión, e o noso texto di que somos de esquerda e asumiuno Anova, Podemos e EU. Pode ser esquerda nacionalista ou non nacionalista, pero esquerda. "Ferrol en Común pode ser esquerda nacionalista ou non nacionalista, pero esquerda" Semella que na composición das mareas ao longo do país falta a peza do BNG… Si, o BNG, tanto cando empezou a Marea Ártabra como con Ferrol en Común, fixemos un chamamento ao BNG porque, consideramos que PP e PSOE teñen unhas políticas calcadas, pero o BNG si que é unha alternativa ao réxime pero, lamentablemente, parece que o BNG parece estar atravesando esa travesía do deserto encapsulados nas súas posicións máis firmes e non están abertos a ningún tipo de negociación. Pretenden preservar a súa identidade, eu respecto esa decisión aínda que pense que é un erro de estratexia política porque agora mesmo o que cómpre é un cambio de sistema radical e hai que ter altura de miras e o BNG está errando. Pero o que si é certo é que, aínda que non nos atopemos agora antes das eleccións, estou convencido de que chegaremos a moitos puntos de encontro nos concellos e administracións máis próximas. "O BNG é unha alternativa ao réxime pero, lamentablemente, parece estar nunha travesía no deserto" En Ferrol en Común falades de "apartar das gadoupas do poder das empresas e dos partidos do réxime os fondos públicos"… Nós temos un programa desenvolto, aprobado en asemblea, por unha parte, a visión crítica, que non é a construtiva, temos todas as taxas récord en cousas negativas, e paralelamente, mentres sucede isto, ao que se dedicou o goberno municipal foi á externalización a grandes multinacionais de todos os servizos: a auga, o saneamento e nós falamos dunha palabra clave nun programa político social que é a remunicipalización. Se nós entramos no goberno, as primeiras xestións van ser para remunicipalizar todos os servizos e facelo de forma participada. En Ferrol existe un regulamento de participación cidadá que está nun caixón, tanto o PP como o PSOE nin o miraron e contempla xa figuras como consellos de veciñanza, territoriais nos que os veciños e veciñas forman un consello asesor do goberno. Ferrol é un exemplo claro de cidade dominada pola casta da que tanto se fala? Ferrol é a zona cero do modelo político actual baseado no roubo sobre os servizos públicos, na degradacióoon dos servizos sociais, na dificultade de acceder á renda de inserción básica ou a dificultade de crear emprego máis aló do monocultivo do naval. Ferrol é o paradigma deste modelo de empresas e casta política que entre eles mesmos se reparten o pastel. Eu creo que desde o concello se podería crear emprego cun pouco de esforzo, cun modelo viable financieiramente. Nós traballamos nun plan de choque para, no primeiro ano de lexislatura, crear emprego de calidade e público, ben directamente ou a través do cooperativismo social. "Ferrol é a zona cero do modelo político baseado no roubo e na degradación dos servizos sociais" Fala de cooperativismo, de remunicipalización, afonde un pouco máis nesas liñas mestras do programa político para revivir o Detroit galego. Hai moita xente que non lle gusta o de Detroit galego porque queren manter un pouco a dignidade de Ferrol pero imos asumir que é o Detroit do norte. Nós temos un programa aberto e imos facer unhas xornadas para a achega de ideas, tanto individuais como colectivas pero ten que ter tres piares básicos: a participación, emprego e os servizos sociais. Nós sostemos a posibilidade de implementar unha renda básica municipal, hai fondos e recursos para facelo, e non queremos os servizos sociais que fai o Partido Popular que son do nacional-catolicismo: entregan axudas puntuais. Un caso concreto é que, en Ferrol a xente que se desafiuza pois o concello lévaos unha semana a un hostal e xa. O urbanismo tamén vai ser fundamental porque, froito da burbulla inmobiliaria, a cidade expandiuse sen sentido, temos unhas 9.000 vivendas baleiras e xente que non ten onde vivir. Consideramos importante rexenerar os barrios do Ferrol Vello, que parecen unha película de Vietnam dos 70, e a través da rexeneración de vivendas, aluguer social e un banco de vivenda social tamén se xeraría emprego. Simplemente é ter a vontade política de, en vez de destinar recursos a obras faraónicas, facelo a necesidades básicas de sustento, vivenda e traballo. "Non queremos os servizos sociais que fai o PP, son do nacional-catolicismo" Que teñen pensado para paliar o actual problema do monocultivo do naval? É un problema, pero non xorde da nada, vén da falta da vontade política e dun plan estratéxico. O naval estase deixando morrer intencionadamente, nós tiñamos que ser un país de servizos e turismo ao entrar na UE e por iso o naval está en degradación. Nós defendemos recuperar o sector naval público cuns investimentos masivos, que se constrúan as infraestruturas que se demandaron: un dique flotante e un cuberto, que se dote de cadro de persoal a Navantia-Fene porque actualmente hai 300 empregados, a maioría de máis de 50 anos, e iso é inviable para que un estaleiro funcione con tecnoloxía punta. "O naval estase deixando morrer intencionadamente" Como alternativa ao naval temos varias propostas. Unha delas é o cooperativismo agrícola. Nós cremos que hai que mudar as canles de distribución alimentaria, temos pensado recuperar terreos do Ministerio de Defensa e crear esas cooperativas que darán emprego a persoas da comarca, entre distribución, mercado e demais. Todo o consumo de Ferrol, tanto de comedores sociais como escolares ten que ser de produto autóctono e local. E, como xa mencionaba antes, o emprego da rehabilitación que, ademais, é sostible no tempo porque se precisa mantemento. De onde van saír os recursos para financiar a campaña? Non agochamos de que formamos parte, tanto EU, Anova e Podemos, desta coalición e nós temos recursos para as campañas e imos poñelos todos á disposición da coalición porque queremos a máxima visibilidade posible e que a xente coñeza por todos os medios as nosas propostas. Móllese un pouco, cales son as expectativas nos resultados? A nosa aspiración é gobernar, non podo dicir outra cousa. Non creo que o Partido Popular revalide a maioría absoluta e entón, a partires de aí, hai que falar de pactos e decisións conxuntas pero eu creo que hai que tombar ao PP. A título persoal non son partidario de entrar nunha coalición co PSOE, pero claro, se cadra a asemblea de Ferrol en Común decide outra cousa. Aspiramos, polo menos, se con EU tiñamos 2 concelleiros, con esta agrupación, eu creo que podemos falar de entre 4 e 6 concelleiros. O alcalde do PP, Rey Varela, vén de propoñer en twitter un debate entre todas as forzas que concorredes, Ferrol en Común participaría? É demagóxico que, despois de 4 anos sen interlocución nin coa oposición nin co tecido social, pretenda abrir un debate. Eu, ironicamente, xa dixen que eran ordes do PP, Partido Piramidal, porque dixérono simultaneamente en todas as cidades. En todo caso, nós aceptaremos calquera debate e mesmo facelos repetidos polos barrios pero eu creo que isto é síntoma do medo que teñen. Onte Tellado, o portavoz popular, en sede parlamentaria dixo que, en Ferrol o inimigo a bater era IU, un pouco ignorante pola súa parte porque EU non se presenta, pero ven na coalición un inimigo.
PRAZA_15249
O líder da AGE estréase na oposición a Feijóo, a quen lle reprocha que teña "callo" para optar á investidura malia ser "cómplice" do "crime político" de deixar "desamparada a cidadanía para pagarlles aos bancos alemáns"
O máis veterano era, paradoxalmente, unha das grandes novidades e un dos maiores alicientes do debate de investidura. Sete anos despois Xosé Manuel Beiras regresaba a un gran debate parlamentario, desta volta á fronte da Alternativa Galega de Esquerda e para opoñerse á investidura de quen "ten callo para solicitar a investidura" co obxectivo de "seguir a comandar, impertérrito, a súa brigada de demolición" dende San Caetano. No encorsetamento dos trinta e cinco minutos de discurso contra os que opuxo protesta formal ao inicio do pleno, Beiras apoiou n'A xustiza pola man de Rosalía de Castro un discurso que foi continuación da súa campaña electoral, aínda que se cadra cun ton un chisco menos explosivo, e fiel ao estilo que o caracterizou nos case vinte anos que representou o BNG na Cámara galega. Para o Bloque, precisamente, foron as primeiras verbas do histórico nacionalista ao acceder a tribuna. A "relación de agravios" do Goberno e de "alternativas" expostas por Jorquera foron obxecto de "felicitación" por parte do líder de AGE, xa que as "subscribe plenamente" para seren aplicadas nunha Galicia que, ao seu xuízo, podería ser perfectamente a protagonista do poema rosaliano, por ser "roubada, asoballada, despreciada e aldraxada". E agora tamén "vítima da cobiza da plutocracia" e cunha "cidadanía acosada a todos os niveis". "E, quen son os responsábeis?", pregúntase. "Quen gobernou con maiorías neste Parlamento durante todo este tempo", agás nos períodos "do tripartito e do bipartito"?, acrecenta. Beiras presenta a Feijóo como "cómplice" do "crime político de deixar desamparados os cidadáns para pagarlles aos bancos" É por isto que, na súa opinión, só queda lugar para unha "rebelión cívica que os da AGE non facemos máis que estimular" para conseguir, como apelaba Rosalía, "a xustiza pola man, só que sen verter sangue maldito, senón mediante a mobilización da sociedade civil, democraticamente e sen violencia". "Só o poder está a exercer a violencia", tanto "o auténtico poder, o financeiro, como os seus testaferros, os inquilinos das institucións nadas como democráticas". A "violencia bélica" só chega cando a "plutocracia" a considera oportuna ou en casos como "a do Estado sionista de Israel", mención que atopou como resposta a indiferencia dos populares e o aplauso nas bancadas de Alternativa e tamén nas do BNG. Todo isto acontece, di Beiras, nun contexto no que as "doenzas da nosa realidade están diagnosticadas" e os problemas se sitúan "no nivel da terapia" que debe ser aplicada dende o poder político. Pero ese poder, en Galicia, vai "como un autobús no que o chofer leva posta a marcha atrás" e colabora co "expolio" nas súas diversas vertentes: "enerxético, financeiro" ou de "exterminio da clase mariñeira e labrega". Son as "veas abertas de Galiza", ilustrou apoiándose en Galeano, máis abertas aínda a causa de "posicións indecentes" como a "mantida a respecto das caixas" polo propio Feijóo. "Semellan a caste política dos últimos Austrias, algúns incluso na fasquía facial" Neste contexto, explica, que Feijóo reciba o apoio da AGE é "máis inverosímil que a caída dun meteorito na dársena da Coruña". "Loitaremos contra vostede con todas as nosas forzas, coa palabra e a acción democrática", tanto "dentro" da Cámara galega, "para impedir que a convertan nunha cámara de gas virtual" e "fóra", para "contribuírmos á rebelión cívica". Mentres, augura, o PP seguirá a cometer "o crime político de deixar desamparados os cidadáns para pagarlles os bancos alemáns". "Semellan a caste política dos últimos Austrias, algúns incluso na fasquía facial" recollida por Velázquez, ilustrou, nunha mención á que reaccionaron poucos integrantes do grupo que sustenta o Goberno.
NOS_54016
A Deputación da Coruña vén de anunciar que xestionará directamente o Teatro Colón desde a extinción do contrato de xestión privada até a súa transferencia definitiva ao Concello da Coruña ao longo do ano 2018. A Deputación garante, con esta decisión, a continuidade da programación do espazo cultural do que é titular.
A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, anunciou que será a Deputación da Coruña quen asuma a xestión do Teatro Colón, de maneira transitoria, a partir deste próximo mes de xuño despois de que o Concello da Coruña confirmase a súa disponibilidade a aceptar a cesión do espazo cultural. A área de Cultura da Deputación da Coruña asumirá a xestión despois de que se extinga definitivamente o contrato coa UTE encabezada pola empresa Eulen. A administración provincial ponse á fronte da programación e a xestión do teatro por un período transitorio despois de que o Concello da Coruña confirmase a decisión de aceptar a cesión e sumar o Colón aos equipamentos culturais da cidade de xestión municipal. Deputación e Concello acordaron esta medida transitoria dada a imposibilidade de rematar o proceso de cesión con todas as garantías necesarias xusto despois do remate do contrato de xestión privada. Goretti Sanmartín lembra que a transferencia era a opción preferente da Deputación desde que o pasado mes de xuño a empresa confirmou que non optaría á renovación do contrato, polo que iniciou xa naquel entón as xestións necesarias encamiñadas á cesión da xestión ao Concello da Coruña. Agora ábrese este período intermedio acordado co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro e o concelleiro de Culturas, Xosé Manuel Sande, até que se poida proceder á transferencia do espazo de maneira segura. Desde hai meses, equipos técnicos dos dous organismos están a traballar co fin de garantir a solidez do proceso.
PRAZA_14005
Carlos Selas e Xabier Rábade analizan en Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, o inicio da rolda, a máis montañosa e norteña dos últimos anos.
Carlos Selas e Xabier Rábade analizan en Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, o inicio da rolda, a máis montañosa e norteña dos últimos anos. Como nunca chove a gusto de todos, o percorrido proposto resultou polémico. Uns din que é unha Vuelta a media España (as etapas máis meridionais serán na Comunidade de Madrid), para outros hai pouco peso da contrarreloxo, que as etapas son demasiado curtas e que está todo moi pensado para un novo ciclismo, un ciclismo de Youtube que descoida a épica de antano. Non menos comentado foi unha das novidades estrela, os finais en alto (abusivos para algúns). Vexamos os pros e os contras: dunha parte é certo que permitirá facer unha criba entre os corredores que veñen á Vuelta de paseo e os que realmente estiveron preparándose para ela; pero non menos certo é que foi un sprinticida, os velocistas de primeira liña (Cavendish, Boonen, Greipel, Freire e moitos outros) optaron por non participaren nesta edición ante o hostilidade das etapas. Esta Vuelta chega despois de que nas dúas últimas asistíramos a duelos intensos entre dous corredores pola vitoria final. En 2010 era o combate entre Ezequiel Mosquera e Vincenzo Nibali, moitos galegos vibraron con cada pedalada da ascensión do Bola del Mundo aínda que ao máis alto do podio chegaría finalmente o italiano. O ano pasado foron Juanjo Cobo e Chris Froome os rivais en liza, un combate moi axustado decidido polas bonificacións que levou o primeiro. Non fai falta consultar a hemeroteca para recoñecer que estamos na Vuelta máis mediática dos últimos tempos Aínda é cedo para saber se nesta edición haberá tamén un lance, pero de habelo dous parecen ser os chamados a baterse: Contador e Froome. Non fai falta consultar a hemeroteca para recoñecer que estamos na Vuelta máis mediática dos últimos tempos e a razón ten nome e apelidos: Alberto Contador Velasco. Despois da sanción, o culebrón clembuterol, as adhesións políticas, as manifestacións populares, os guignols e uns meses a velas vir, o ciclista de Pinto volveu á competición e quere o malloit vermello como botín da súa loita. Froome chega con ánimo de desquite tras case gañar en 2011. A priori é un dos principais beneficiados dos portos de final de etapa, pero este ano foi esixente para o corredor queniano nacionalizado británico, acaba de facer unha participación moi destacada no Tour de Francia (no que se permitiu picar a Wiggins) e nos Xogos Olímpicos, facendo bronce na contrarreloxo. Todo isto podería facer que conforme se consuman as etapas sufra algún baixón no rendemento, todo o contrario de Contador, do que se espera que progrese de menos a máis. Despois da sanción, o culebrón clembuterol, as adhesións políticas, as manifestacións populares, os guignols e uns meses a velas vir, Contador volveu á competición e quere o malloit vermello como botín da súa loita. De momento e tras cinco etapas desputadas, quen viste o maillot encarnado de líder é o catalán Joaquim Rodríguez, Purito. As fazañas feitas nesta temporada fan que o seu nome sexa dos que hai que ter presentes para o podio de Recoletos. Tampouco lle asustan os finais en alto, ao contrario, parecen ser seus despois de devorar o temido Muro de Huy na voránixe da Frecha Valoa. É un ciclista áxil, capaz de reaccionar con lixeireza e marcar unha arrancada nas peores condicións sen que os seus rivais poidan alcanzalo, como demostrou no Giro. Purito está contento no seu equipo, o Katusha, e dependerá dos seus compañeiros para minimizar as contrarreloxo, unha modalidade que non lle acae ben ao catalán. Calquera fallo poderá ser aproveitado por outros ciclistas como Valverde, Gesink ou Cobo que tamén tomaron a saída con gañas de triunfo. ... Segue lendo en Elos e Canelas
NOS_27822
Seis encarcerados serán trasladados entre esta terza e cuarta feira a prisións cataláns: Oriol Junqueras, Carme Forcarell, Jordi Cruixart, Jordi Sànchez, Raül Romeva e Dolors Bassa. O resto, unha vez cumprimentados os trámites.
A política de dispersión dos presos políticos cataláns semella que está a chegar á súa fin. O goberno español iniciou a fase final do proceso que permitirá que estes presos poidan ser trasladados a prisións en Catalunya, segunda adiantou El País. Así, o trámite que faltaba, que era a resposta de Serveis Penitenciaris, foi positiva. Así pois, está todo pronto para trasladar os seis primeiros presos, entre os que estaría Oriol Junqueras. Carme Forcarell, Jordi Cruixart, Jordi Sànchez, Raül Romeva e Dolors Bassa completan esta quenda. Segundo fontes do Goberno consultadas polo diario español, nas vindeiras horas procederase a reagrupar nun cárcere madrileño a estes presos políticos para proceder posteriormente a levalos a Catalunya. Unha viaxe que sería esta terza feira ou a cuarta como moi tarde. Esta fase non abrangue a todos os presos políticos cataláns, só a seis, á espera de que o resto cumprimente os trámites que lle permitan seguir ese camiño e ser levados a prisións de Catalunya.
NOS_6271
A proxección do documental "Toñito Blanco, só, perdido e vicioso" e un coloquio con Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Juanillo Esteban, Xaime Fandiño, Tata Campos, Nico Campos e Xosé Manuel Pereiro lembrarán a dúas figuras chave no audiovisual galego contemporáneo.
A próxima segunda feira Cineuropa e a Academia Galega do Audiovisual ofrecerán aos espectadores do festival compostelán unha sesión especial para lembrar a dous dos protagonistas máis singulares da historia recente do audiovisual galego. As vidas e aventuras de Toñito Blanco, director de "A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos" serán lembradas desde a proxección do documental realizado por Nico Campos, "Toñito Blanco, só, perdido e vicioso", que iniciará a sesión. Despois do documental, comezará un coloquio que presentará Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e no que participarán compañeiros de rodaxe da longametraxe e de programas de Toñito Blanco e Chichi Campos: Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Juanillo Esteban, Xaime Fandiño, Tata Campos, Nico Campos e Xosé Manuel Pereiro. No coloquio proxectaranse fragmentos escollidos dos programas nos dirixidos ou guionizados por Chichi Campos. Toñito Blanco, (1964-1994) ademais de dirixir e interpretar "A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos", xunto a Ricardo Llovo, foi guionista e intérprete dunha das primeiras series realizadas en Galicia, "Composteláns". Tamén participou en diversos programas da Televisión de Galicia como "A tumba aberta". Chichi Campos, (1952-1991) foi humorista gráfico, autor de banda deseñada, guionista e director de programas marcados polo sentido do humor. Colaborou como humorista gráfico en case todas as cabeceiras galegas. Na Televisión de Galicia participou en programas como "Máis ozono", "A ver que vai ser isto".
PRAZA_1570
Cada fin de mes Diego Giráldez sae tender as novas máis salientables (ou non) do mes. Velaquí as de xuño.
Xuño SEMANA 1 A Xunta ponse dura Arrancaba xuño e liamos que a Xunta andaba coa teima de abolir o fisting. Non é que esgriman que o puño como xoguete sexual sexa cousa de populistas radicais; eles, din, consideran que é antihixénico. Igual que o cruising. Para previr enfermidades venéreas non hai nada mellor que evitar o sexo adulto entre descoñecidos. Non ir por aí lubricando sen carné; untándose de suor alleo e amoral. Semanas despois, verían ao alcalde de Becerreá en tanga usado entrando na Deputación de Lugo disposto a practicar o cancaneo. SEMANA 2 O FMI e os xermes Kimberly-Clark é unha empresa eficaz de produtos de hixiene. No ano 1944, o Goberno de Estados Unidos premiouna polo labor crucial que desenvolvera durante a II Guerra Mundial subministrándolle papel hixiénico aos soldados. O Fondo Monetario Internacional (FMI) nacía un ano despois. Nun estudo recente, Kimberly-Clark deducía que o número de xermes presentes nunha oficina é 400 veces maior aos que residen na taza dun váter. O FMI, o pasado 8 de xuño, pedía subir o IVE, abaratar aínda máis o despido e seguir a recortar en gasto social. Demóstrase así, que as oficinas da sede desta institución internacional son pura infección. Zerolo irrecorrible Un día antes da voda de Pedro Zerolo, o PP presentaba un recurso perante o Tribunal Constitucional contra o matrimonio homosexual. Despois da celebración, pisando a Praza Maior madrileña, Zerolo atendía aos medios e lanzaba unha das súas sentencias máis fermosas e valentes: "Este amor es irrecurrible". Din que nos deixou Zerolo. Minten. López Orozco. Arde Lucus. Dous días antes da toma de posesión dos novos cargos municipais, Xosé López Orozco, renunciaba aos laureis para que o PSdeG seguira gobernando. BNG e Lugonovo son así. Deste Orozco a aquel que, sendo alcalde, dixera nun pleno do Concello: "Este é o templo da democracia e eu son o sumo sacerdote", xa hai un tramo. Foi Orozco quen amamantou a Rómulo e Remo, non a loba. SEMANA 3 Bailando el tuit Aos recén elixidos concelleiros por "Ahora Madrid", Pablo Soto e Guillermo Zapata, rebuscábanlle entre os seus tuits igual que un ionqui escaravella no peto da chupa na procura dunha alternativa. As mensaxes, chistes dun mal gusto considerable, serviron para atacar a toda unha primeira realidade de cambio. Para abrir unha veda, todo indica, longa e salagre, de portadas e columnas teledirixidas. O de can amestrado, educado para rastrear tuits igual que os que localizan trufas, é un traballo como calquera outro. Cambios na dirección (do partido) Mentres Rajoy se achegaba ao atril para anunciar os cambios na dirección do partido, o corazón do plasma comezaba a latexar, obsesivo. A sala de prensa contiña a respiración. A famosa pantalla dominaba a taquicardia. O seu futuro laboral estaba en xogo. Cando o líder remataba a súa intervención, o plasma de Génova quedaba aceso emitindo a imaxe ridícula dun atril baleiro mentres dicía, medio en silencio: "En fin, obsolescencia programada…" SEMANA 4 "España, España, bandera, bandera…" Para escribir sobre a bandeira española descomunal que Pedro Sánchez usou de fondo na súa presentación como candidato á Presidencia, escoito o himno de Tony Lomba & Elio dos Santos: "España, España, bandera, bandera, un respetito pues hay sólo una Patria". Se Sánchez quería dar a entender que o PSOE é español conseguiuno. Suponse que agora comezará a facer o mesmo co "O", e logo co "S" e así todo. Europa Cando Otto Von Bismarck, o canciller "de Ferro", o que din foi fundador do Estado alemán moderno, estaba co asunto da unificación alemá, visitou unha pequena vila dun estado recén "adquirido". Unha nena colleu ao militar da man e díxolle: "Podo facerlle unha pregunta? É que teño moita presa…". Bismarck díxolle que si e a nena preguntou: "No colexio queremos comprar un atlas novo e quixera saber se están trazadas xa as novas fronteiras de Alemaña ou agardamos". A unificación alemá estendeuse a toda Europa. Todos foron anexionados. A nova Grecia resiste. Referendum. Nota: A "Lei Mordaza" entrou en vigor o 1 de xullo. Falarei dela no vindeiro "patio". Ademais, prefiro lela antes con detemento e ter tempo para limpar os tuits do meu pasado.
QUEPASA_280
O Concello abre unha colleita de sinaturas online
Tras anunciar as medidas conxuntas que tomarán os Concellos de A Baña, Vimianzo e Zas, o primeiro en mover ficha de novo é vimiances. Faino convocando unha nova concentración en sinal de protesta contra o peche da sucursal bancaria de Baíñas para o vindeiro 20 de agosto ás 13:00 horas diante da oficina de ABANCA. A alcadesa Mónica Rodríguez lembra o envellecemento das 700 persoas afectadas directamente da parroquia, que sofren o acusado problema da fenda dixital, así como a "ausencia absoluta de apoio ao rural" que supón esta medida. Unión á plataforma change.org Desde o Concello de Vimianzo impulsouse desde esta mañá unha recollida de sinaturas de maneira telemática contra o peche desta oficina bancaria a través da plataforma change.org, na que toda a veciñanza poderá amosar deste xeito o rexeitamento ao peche e o seu apoio á veciñanza afectada. Firma a colleita de sinaturas contra o peche da oficina de Baíñas.
NOS_12952
A Asemblea Nacional do BNG é o tema de abertura do número 39 do Sermos Galiza, xa no prelo. O dereito a decidir, no horizonte, é a manchete a toda plana. Partilla espazo coa demisión de Ferrín, o copagamento dos comedores escolares e as arelas dos crentes de base por construír outra Igrexa, moi distante da que simboliza o flamante papa Francisco.
Nova entrega de Sermos Galiza. Número 39. Emprestamos especial atención á XIV Asemblea Nacional do BNG, que decorrerá este 17 de Marzo en Santiago de Compostela (Pazo de Congresos). Dedicámoslle a dupla páxina de abertura e o editorial. Na páxina de Opinión aparece tamén un artigo asinado por Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG desde Maio de 2009 e que este 17 de Marzo entregará o testemuño ao catedrático de Economía Aplicada da USC, Xavier Vence. A demisión de Ferrín e as profundas fendas que se adiviñan detrás dos muros da rúa Tabernas, en que se acha a sede da Real Academia Galega, é outro dos asuntos que levamos á capa deste novo Sermos Galiza, espazo que partilla co copagamento dos comedores escolares impulsionado polo Goberno Feijóo e coa reacción que levantou nas correntes cristiás de base a designación do novo chefe do Estado vaticano. A escritora Rexina Veiga debrúzase sobre o escándalo de a Xunta ter elixido unha escritora colaboradora de Galicia Bilingüe para homenaxear Rosalía Nas páxinas de opinión, para alén da nova entrega da sección de Pilar García Negro, e das novas pesquisas do espía nos quiosques, oferecemos unha peza da escritora Rexina Veiga en que se debruza sobre o escándalo de a Xunta ter elixido unha escritora colaboradora de Galicia BIlingüe para homenaxear a Rosalía. Na sección Social abordamos a hipótese de @s moz@s accederen xa aos 16 anos ao dereito ao voto, en tanto que en Economía botamos un ollo inquieto a como vai afectar á frota galega a supresión dos descartes. Completan a entrega o novo capítulo do Crânio de Castelao, unha moi interesante peza sobre o último disco de Rodrigo Romaní e as habituais seccións de Crítica, Deseño e Andar na Terra.
NOS_12593
O relato historiográfico dominante non só nega a existencia do Reino de Galiza para afirmar o carácter unitario de España desde tempos inmemoriais, senón que agocha a oposición do país ao proxecto asimilacionista de Castela para poder presentar a anexión de Galiza como un proceso non conflitivo e ao galego como un pobo submiso.
O proceso de incorporación subordinado do Reino de Galiza ao espazo político castelán mereceu a contestación xeneralizada do pobo galego. Se tomamos como punto de partida do mesmo o ano 1230, momento en que o noso país é anexionado á Coroa de Castela polo rei Fernando III, comprobaremos como en sucesivas revoltas até os anos finais do século XV, a sociedade galega vaise erguer contra o sometemento e a asimilación en curso. Á volta do século XIII, defendendo os dereitos de dona Dulce e dona Sancha, as raíñas lexítimas, ao longo da seguinte centuria, apoiando a causa liderada polos Castro dunha Galiza costas a Castela, virada cara a Portugal e unida aos reinos da Europa atlántica. Galiza chegou rebentada ao século XV. As sucesivas derrotas das rebelións galegas das centurias anteriores, a conseguinte represión das revoltas que rematou coa morte e co exilio dos seus dirixentes, o proceso de substitución das clases dirixentes autóctonas por outras alleas, non impediu que o reino seguise a existir como unha realidade diferente pero sen o peso político e o desenvolvemento económico de momentos anteriores. A necesidade de virar esta situación e a reacción fronte á alternativa centralizadora dos Reis Católicos explican a revolta que vive o Reino de Galiza nas décadas finais da Idade Media, onde destacaron pola súa loita e nalgúns casos pola súa morte Pedro Pardo de Cela, Pedro Álvarez de Soutomaior e os condes de Lemos, Pedro Álvarez Osorio e Rodrigo de Castro. A Galiza rebelde foi expulsada da historia oficial. O relato historiográfico dominante non só nega a existencia do Reino de Galiza para afirmar o carácter unitario de España desde tempos inmemoriais, senón que agocha a oposición do país ao proxecto asimilacionista de Castela para poder presentar a anexión de Galiza como un proceso non conflitivo e ao galego como un pobo submiso. Queremos logo achegar materiais que permitan saber de nós e coñecernos, fornecer información que posibilite unha información precisa do noso pasado e da nosa colonización e introducir claves analíticas que nos permitan comprender a situación presente e como superala.
NOS_46184
O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Down. Nós Diario repasa os datos do programa 'Traballo con apoio' da Federación de entidades Down da Galiza, que ten como obxectivo a inserción laboral normalizada de persoas usuarias coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Neste programa participan 33,5% das 759 persoas usuarias da federación. O ano 2021 supuxo para a iniciativa unha recuperación do estancamento producido en 2020 co motivo da Covid.
A Federación de entidades Down da Galiza (Down Galiza) traballa pola igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida de cada persoa con síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias a través da inclusión e a participación na sociedade e da utilización dos recursos ordinarios que ofrece a propia comunidade. Down Galiza conta con 759 persoas usuarias, das que 33,5% participan no programa de inserción laboral 'Emprego con apoio'. O programa de Down Galiza supón unha metodoloxía orientada á inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral normalizado, ofrecendo os apoios necesarios dentro e fóra da contorna laboral para conseguir unha óptima adaptación da persoa empregada ao posto de traballo. Para este programa o ano 2021 supuxo a superación dunha situación de certo estancamento nos datos de inserción, despois de que a crise da pandemia da Covid afectara á taxa de persoas usuarias do programa en 2020 que accederon ao traballo, despois de varios anos con números moi positivos no relativo a contratacións e melloras laborais. Así o constatan os datos de 2021, que se publicarán nas vindeiras semanas unha vez sexa redactado o informe que Down Galiza publica cada ano. Nós Diario puido acceder a parte destes datos, que sinalan que a situación de 2020 foi superada. En 2021, participaron do programa 'Emprego con apoio' 254 persoas, sete máis que en 2020. Das 254, un total de 189 persoas usuarias tiveron un contrato ou unha práctica durante o período, o que supón unha taxa de inserción laboral de 74,4%, máis de cinco puntos por enriba do 69,2% no 2020. Unha lectura deste resultado na que cómpre ter en conta o aumento das persoas que participaron, o que diminúe a taxa. En números totais, 18 persoas máis que as 171 de 2020 accederon ao mundo laboral a través deste programa de inclusión no traballo das persoas coa síndrome de Down. Uns datos que chegan, ademais, despois dun ano como 2020 no que debido á situación de crise sanitaria, 75 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, usuarias das entidades Down da Galiza, estiveron durante algún tempo en situación de Expediente de Regulación Temporal do Emprego (ERTE). Con respecto ao número de contratos totais que se asinaron en 2021 a través da participación no programa desenvolto por Down Galiza, estes foron 188, e 49 adicionais no caso dos contratos en prácticas. Por outra parte, o número de empresas colaboradoras durante o período foi de 152. En canto á distribución por áreas xeográficas dos postos de traballo aos que as persoas usuarias accederon a través do programa, neste caso con datos de 2020, foron 64 persoas as que traballaron en 2020 na zona de Vigo, 24 en Ourense, 20 en A Coruña, 18 en Lugo, 17 en Pontevedra, 15 na área de Compostela e 13 na zona de Ferrolterra. Avances na contratación indefinida e renovación Unha das cuestións positivas que se poden destacar no ano 2020, foi o número de prórrogas dos contratos e as transformacións dos mesmos en indefinidos, que, aínda tratándose do momento máis complicado da pandemia, chegaron a 14 e a 12 respectivamente. A aposta das empresas galegas polos contratos indefinidos de persoas con discapacidade intelectual, que pasaron a supor en 2020 case 50% do total mentres todo indica que no 2021 se manterá a tendencia alcista, corroboran a capacidade que estas persoas teñen para superar o reto da inclusión nas áreas de traballo. Non obstante, os principais problemas para o colectivo de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais seguen a ser a inestabilidade, a temporalidade nas contratacións e a curta duración das súas xornadas de traballo.
PRAZA_1091
ENTREVISTA O futuro do Ateneo Ferrolán, unha activa entidade cultural nacida en 1879 e reactivada trala ditadura, segue dependendo dun Goberno municipal que esquece a súa responsabilidade na débeda xerada por unha obras propostas dende o Concello. Falamos co seu presidente, Eliseo Fernández
O Ateneo de Ferrol fundouse en 1879 e durante os últimos 135 tivo sempre un papel moi importante na promoción da cultura na cidade, unha actividade só interrompida durante os períodos de ditadura e que nos últimos anos, dende a chegada á alcaldía do popular José Manuel Rey Varela, se atopa seriamente ameazada. En 2008, a raíz dun problema de pingueiras no teito, o Concello decidiu a rehabilitación completa do inmoble, unhas obras nas que investiu 1,2 millóns de euros. Por mor das obras, os fondos do Ateneo -unha biblioteca de dez mil volumes e unha valiosa hemeroteca- tiveron que ser almacenados por unha empresa de mudanzas. A anterior xunta directiva, presidida por Ramón Veloso, chegou a un acordo verbal co concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para que fose o Concello quen recuperase os bens do Ateneo con cargo ás arcas municipais. Porén, en 2011 cambia o goberno municipal e o Concello muda os seus plans, ignorando a súa responsabilidade e o compromiso adquirido. A empresa -Mudanzas Félix- reclama que alguén lle aboe os gastos de transporte e almacenamento e ante a ausencia dun documento escrito que sinalase a débeda do Concello, en setembro do pasado ano o Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol determinou que o Ateneo debía pagarlle 39 mil euros (os 19 mil iniciais, que cada mes se foran -e seguen- incrementando en case 600 euros máis). O tempo segue pasando e a continuidade da entidade cultural máis activa da cidade está no aire, o mesmo que o futuro dunha parte fundamental do patrimonio da urbe (libros únicos, xornais centenarios, importantes obras pictóricas...), que continúa retido nun polígono industrial e podería ser embargado e vendido nunha poxa. "Dende febreiro de 2014 levamos pedindo unha entrevista co alcalde para tentar chegar a unha solución que asegure o futuro da entidade e a protección deste patrimonio" -destaca o historiador Eliseo Fernández, presidente do Ateneo- "pero non houbo resposta". "Tamén lles comunicamos á Consellaría de Cultura e á Deputación que o patrimonio do Ateneo estaba en perigo e tampouco tivemos resposta. E o mesmo sucedeu cando nos puxemos en contacto coa Dirección Xeral de Bibliotecas, xa que formamos parte da Rede de Bibliotecas de Galicia", di. "Creo que máis aló da importancia que isto ten para o Ateneo, esta situación non deixa en moi bo lugar ao propio Concello de Ferrol"- destaca- "Unha entidade cultural de longa traxectoria está en perigo, un patrimonio que pertence a todos os ferroláns tamén está en perigo, almacenado en contedores e coa posibilidade de ser vendido. Resulta moi contraditorio que suceda isto cando por outro lado se está pedindo que Ferrol sexa recoñecida pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade". "Pero sucede con máis cousas: só hai que ver a situación de Ferrol Vello e doutros elementos do patrimonio arquitectónico, o que pasou coa Fábrica de Lápices", engade. "A única solución inmediata pasaría porque o Concello aceptase a reclamación patrimonial, que fixemos a través do rexistro, que se faga cargo duns gastos que foron xerados por unha obra municipal", destaca. Pero segue sen haber resposta das administracións. De momento, o Ateneo, que conta con 350 socios e socias, prepara distintas iniciativas para conseguir unha certa cantidade de diñeiros que permita pagar a débeda ou, cando menos, unha parte dela, e recuperar parte do patrimonio retido. Dende vender algúns obxectos deste patrimonio, coma cadros e algúns libros, o inicio dunha campaña de crowdfunding, ou un festival de música e artes escénicas para recadar fondos, unha especie de gala solidaria organizada por varias entidades da cidade. "Nós imos facer todo o posible por manter o Ateneo con vida, pero vai depender tamén de que haxa unha resposta popular, que a hai, pero hai que ver se é suficiente", destaca Eliseo Fernández. A importancia para a cultura da cidade "O Ateneo Ferrolán está tentando contribuír modestamente á revitalizacion de Ferrol, traballando dende o ámbito da cultura", reclamaba o propio Fernández nunha carta aberta dirixida ao alcalde José Manuel Rey Varela, sinalando a importancia dunha entidade tan activa e cunha vontade de apertura a calquera colectivo ou persoa que queira facer uso das súas instalacións. "Nos últimos meses quixemos vivificar o Ateneo, redobrando o número de actividades, para volver ser protagonistas da vida cultural da cidade, despois de dous anos de obras e outro máis de dificultades económicas e na relación co Concello. Queriamos xustificar tamén o gasto que o Concello e nós mesmos fixéramos nas obras de rehabilitación, e demostrar que a existencia do Ateneo é importante", di. "O Ateneo é moi importante, moito máis nunha cidade en crise como Ferrol. O Ateneo recolle a historia da cidade dos últimos trinta anos, pero mesmo dende máis atrás, dende o século XIX. Mantén viva a única hemeroteca histórica da cidade e por aquí pasaron nos últimos anos moitísimos investigadores que estaban traballando sobre a historia de Ferrol. Ese patrimonio tiña que estar aquí de volta ao día seguinte de rematar as obras. Xa se prexudicou a moitos investigadores, que viñeron consultar fondos que están retidos", engade. Nese momento a débeda era de 19 mil euros. "Para un Concello como Ferrol 19 mil euros non é tanto, é menos do que recentemente gastou nalgunha actuación máis que cuestionable", di, referíndose á instalación dunha estatua de bronce en homenaxe aos confrades da Semana Santa, cun custe de 20 mil euros. "Eles patrocinan un determinado tipo de cultura, pero iso non pode significar ignorar por completo o resto, aí si que percibimos un sectarismo moi forte. Porque ademais a cultura é cultura cando é plural" Na devandita carta aberta preguntáballe a Rey Varela se se consideraba "a persoa adecuada para encabezar un proxecto aglutinador da sociedade ferrolá", denunciando que "o goberno municipal do Partido Popular ten amosado a súa vontade de executar unha política de castigo cara ao Ateneo Ferrolán", unha actitude sectaria cara ás asociacións que non considera afíns. "Eles patrocinan un determinado tipo de cultura. Iso é lóxico, entendo que cada grupo político aposta por un determinado tipo de cultura, pero iso non pode significar ignorar por completo o resto, aí si que percibimos un sectarismo moi forte. Porque ademais a cultura é cultura cando é plural", afirma Eliseo Fernández. "A cultura non son só os grandes fastos, son as iniciativas e expresións realizadas dende a base, a que facemos entre todos e todas. De aí o noso lema: 'Somos Cultura'" "Ata esta lexislatura, na que por primeira vez en moito tempo houbo unha maioría absoluta, ningún goberno dunha cor ou doutra recortara tanto as axudas ao Ateneo e tampouco levara a cabo un ataque tan directo contra a entidade", di. "Pode que teña que ver co carácter dun concelleiro que ten unha visión moi pechada do que debe ser a Cultura en Ferrol. E por iso a súa política exclúe a moita xente, non só ao Ateneo", engade. "Creo que non se está valorando a importancia que o Ateneo ten para a esta cidade, o papel que cumpre no impulso da cultura e para os creadores e creadoras. A cultura non son só os grandes fastos, son as iniciativas e expresións realizadas dende a base, a que facemos entre todos e todas. De aí o noso lema: 'Somos Cultura'. Ferrol é unha cidade de creadores de cultura, non só de consumidores de pan e circo", conclúe.
NOS_42141
O festival de Arte Audiovisual Contemporánea Intersección reúne obras que se atopan no punto de cruce entre arte contemporánea e cinema de vangarda, con códigos estéticos e linguaxes innovadoras. Terá lugar de 24 a 27 de outubro na sede da Fundación Luis Seoane, coa colaboración da Deputación da Coruña.
O cineasta e antropólogo J.P. Sniadecki, especialmente interesado no mundo asiático e nas problemáticas identitarias relacionadas coas migracións, centrará a programación do festival Intersección coa presentación das obras de non-ficción El mar la mar (2017), Foreign Parts (2010) e Yumen (2013), premiadas en festivais como o Doclisboa ou o BAFICI. A artista portuguesa Salomé Lamas, unha das máximas expoñentes actuais da arte audiovisual lusa e creadora de pezas habitualmente comprometidas, estreará Extraction: The Raft of the Medusa (2019), a súa última obra. Tamén se proxectarán en Intersección A Comunidade (2012), Le Boudin (2014), Self Portrait (2016 - 2018), Coupe de Grâce (2017) e Hangar, metro, terminal (2018). Completa os focos do festival Dora García, creadora multidisciplinar que exhibirá Segunda vez, a súa última longametraxe, ademais dunha escolma de curtametraxes conformada por Heartbeat (1999), The breathing lesson (2001) e The Glass Wall (2002). Haberá ademais unha retrospectiva da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, comisariada por Sol Alonso e Xoán Anleo, escolma do que conforma unha mínima parte do arquivo recollido pola institución nos 26 anos de docencia na materia de videoarte. Panorama galego A programación do festival dedica a sección Galicia aos creadores galego. "Se o ano pasado a sección galega de INTERSECCIÓN xa daba conta das derivacións da linguaxe, nesta ocasión multiplícanse os esforzos e son un total de doce artistas os que expoñen a versatilidade do medio", afirma a investigadora Sara Donoso no texto introdutorio. Nove delas son estreas absolutas. Carla Andrade presenta dous super-8 que reflexionan, na súa liña de traballo, sobre a propia representación: Transfiguración, centrada na paisaxe coa posta de sol, e Cando os ollos non bastan, que dialoga con textos da poeta Nieves Neira Roca. Figuras decorativas propón un acercamento ao corpo de Verónica Vicente que o transforma nun obxecto puramente decorativo. En Jeada, Teresa Búa achégase á lingua galega a través do fenómeno fonético da gheada, coma se dun retrato da súa zona xeográfica se tratase. Alberte Pagán establece en 6x9 unha reflexión sobre o carácter inmortalizador da fotografía, a través de 75 retratos anónimos dos que a penas se conserva o nome do estudo fotográfico. Ensaio, de Iria Vázquez, trae o proxecto Telos a pantalla, unha iniciativa que entrelaza distintos campos e disciplinas (fotografía, vídeo, danza, performance). Correspondencia. O privire pentru alți ochi ofrece, a modo de cartas, pezas que establecen unha comunicación epistolar entre Galiza e Romanía, que veñen asinadas por Lara e Noa Castro. Twins, de Cillas Rodríguez, emprega unha instalación con dúas proxeccións de vídeo de igual duración, pero un reproducido máis lento que o outro, para reflexionar sobre o a relatividade do espazo tempo. Completan a escolma Llamada a la escuela, de Carme Nogueira; Subtextos e un patrón de mantenimiento, de Félix Fernández; O bailaor de soutuits, de Edu Fernández; Justicia, de Iago Eireos; e BAJADA, de Vázquez/Arrieta. Intersección LAB Ademais das proxeccións, o festival ofrece a través da súa programación paralela un espazo para a dinámica colectiva que permita revisar a concepción de obras en creación. Trátase do Intersección LAB, que escolleu tres proxectos cos que fomentará o diálogo para enriquecer aos seus autores, a través de dúas titorías e unha presentación a un panel de expertos. Carla Andrade traballa con Ningún río me protexe de min, procurando "seguir o rastro dun material filmado dentro da selva da Conca do Congo". Nuria Mosquera presenta As anguías non levan roupa, proxecto documental no que a memoria oral serve de base sobre a que articular un relato no que se entrelazan o real e o fantástico, a Historia compartida e a vivencia persoal. David Fidalgo exporá Reality, unha peza de animación stop-motion sobre a telerealidade. Enrique Lista, Chus Villar, Jaime Pena e Olaia Sendón ofrecerán diferentes perspectivas as obras en desenvolvemento.
NOS_33729
O PP está máis preto da alcaldía do Porriño, unha vez que Esquerda Unida ven de aprobar o apoio a unha moción de censura na localidade para desbancar ao PSdeG e ao BNG do Goberno.
A asemblea de EU-SON Porriño, a candidatura municipalista promovida por Esquerda Unida(EU), aprobou este domingo a apertura de conversacións co Partido Popular para apoiar unha moción de censura que releve da alcaldía á socialista Eva García de la Torre, que goberna en coalición co BNG. A decisión foi adoptada co voto a favor da practica totalidade dos asistentes, rexistrándose só un sufraxio en contra e dúas abstencións da proposta de moción de censura, que viña avalada pola dirección local da formación. O coordinador de Esquerda Unida ( EU) no Porriño, Pedro Ocampo, explicou a Europa Press que se iniciará un diálogo co PP , forza maioritaria na corporación con oito concelleiros, a un da maioría absoluta, para "ver que propoñen" e falar "das condicións" dun acordo para a presentación dunha moción de censura. Críticas ao BNG O dirixente de Esquerda Unida afirmou que chegaron a decisión tras "tres ou catro reunións" co PSdeG e o BNG. "Tentamos que esta situación cambiase, porque a alcaldesa para nós neste momento non pode estar a encabezar o goberno do Porriño por deterioración a todos os niveis, tanto económico como democrático", afirma Ocampo. Ocampo amosouse moi crítico co BNG porque aínda que coinciden en que "a situación non é boa e comparten as nosas análises", despois "non actúan". Neste sentido, sinala que a moción de censura é a única saída para que a socialista García de la Torre abandone a alcaldía. O coordinador de EU no Poriño recoñece que a dirección galega Esquerda Unida "non comparte" esta decisión, pero si "a vai a respectar" porque está adoptada en asemblea. Ao tempo, sinala que a moción de censura "vai máis aló de intereses partidistas, porque xa é unha cuestión de ética política" "É o mellor dos escenarios?. Non", conclúe Ocampo, "pero é o único que se abre, porque vemos que os grupos políticos no Porriño no Goberno anteponse aos intereses da cidadanía".
PRAZA_14145
Os socialistas amosan a súa "vontade inequívoca" de que "se abra unha nova etapa política en Galicia" e o candidato nacionalista aposta por procurar a "gobernabilidade" en base a un "programa" nun escenario sen maiorías absolutas
Ao remate da pasada lexislatura a abrupta saída da Xunta de PSdeG e BNG deixou en ambas formacións fondas feridas, tamén no relacionado co entendemento entre ambas forzas políticas. Aínda que en diversas institucións locais socialistas e nacionalistas mantiveron e formaron gobernos de coalición con normalidade, ao máximo nivel producise un período no que as olladas mutuas apenas se producían. Máis de tres anos despois os movementos internos e o clima político xeral variou notablemente e, a un mes do inicio da campaña, ambas forzas non evitan deixar sobre a mesa mensaxes de entendemento nun escenario político e electoral moito máis aberto do que se podía prever hai escasos meses. Mostra disto son as declaracións públicas lanzadas este xoves pola deputada e secretaria de economía do PSdeG, Carmen Gallego, e polo candidato do BNG á Presidencia, Francisco Jorquera. Ao seren cuestionados polas posibilidades de entendemento en caso de que o 21-O dea lugar a un panorama sen maiorías absolutas, ambos deixaron as portas notablemente abertas. Así, Gallego sinala que a aspiración do seu partido "ser un goberno con maioría" pero "hai que se realistas", polo que existe disposición a un diálogo con outras opcións políticas" no que "o noso socio preferente é o BNG". Como xa afirmara o aspirante socialista á Xunta, Pachi Vázquez, a parlamentaria amosa a "vontade" de que "deixe de gobernar o PP" e se "abra unha nova etapa política en Galicia", sempre tendo en conta que "primeiro os galegos teñen que falar" e que o PSdeG non estará no Goberno "a calquera prezo". Neses mesmos termos se expresa tamén Jorquera. O Bloque tampouco retornará a San Caetano "a calquera prezo" e "participará" nunha eventual coalición en base a "un programa claro" que teña por obxectivo un "profundo cambio de rumbo". Con estas coordenadas básicas, explica o nacionalista, se tras a cita electoral o mapa político implica diálogo entre "máis dunha forza política" para "asegurar a gobernabilidade do país", o BNG estará disposto, aínda que sempre tendo en conta de que "está en xogo moito máis que a cor política" da Xunta, senón "o modelo de sociedade das xeracións futuras".
NOS_14288
Cuarta xornada do xuízo en Madrid contra 12 independentistas galegos.
"O relato que escoitamos estes días na Audiencia Nacional é un pesadelo". Así resumiu Joam Peres na cuarta xornada do xuízo que na Audiencia Nacional se segue contra el e outros 11 independentistas o que tiveron que escoiar estes días. Fíxoo na súa quenda de intervención e após facelo a Fiscalía e dous dos tres avogados da Defensa. Peres narrou a súa detención hai 5 anos e como desde entón viviron un "mal soño" no que a vida das acusadas fica marcada por acusacións policiais e mediáticas e un proceso que se prolongou durante todo este tempo e que nestes días chegou á Audiencia Nacional. Defendeu que Causa Galiza actuou no marco da legalidade e negou que nos Día da Galiza Combatente houbese "enaltecemento de actividades armadas". Non hai, pois, "entramado" para enaltecer unha organización terrorista , da "que na Galiza ninguén coñece nin sabe dela". Tamén indicou que sabían ante que tribunal estaban. "Sabemos cal é a natureza da Audiencia Nacional", expresou, en referencia a como naceu do Tribunal de Orde Público (TOP) franquista e cal foi o seu papel desde entón e até de agora a respecto dos movementos independentistas. "Somos e seremos independentistas, sexa cal sexa a sentenza, somos e seremos patriotas galegos", afirmou, antes de que o xuíz dese por rematado o que considerou "un mitin" cun escueto e rotundo: "Suficiente!". A seguir, tomaron a a palabra outros 2 acusados, Arias Curto e Sabela Igrexas. Antes, o ministerio fiscal retira a acusación dun delito de enaltecemento do terrorismo, polo recebemento de Héctor Naya, Koala, a Óscar, Ugio e Afonso. Retirou tamén a acusación a Ugio Caamanho de pertencer a organización terrorista. Mais mantivo o resto das súas acusacións inamobíbeis, sinalando Ceivar como organización que dá apoio e soporte a presos por acción violentas mentres Causa Galiza lexitimaría esas accións. Mantén pois a liña argumental de que na Galiza hai un 'entramado' centrado en enaltecer o terrorismo e do que farían parte as 12 acusadas. Algo que a defensa nega e se centrou en desmontar durante estas xornadas.
NOS_8440
A candidata Xiomara Castro adianta en 15 puntos o seu rival, cando o escrutinio supera xa o 50%. Os hondureños elixen nas urnas o sucesor do presidente Juan Orlando Hernández, cuestionado por corrupción e cuxo partido sería desbancado tras 12 anos do poder, ao que chegou tras o "golpe brando" contra Manuel Zelaya.
A candidata do Partido Libre, Xiomara Castro, quen vai en alianza co partido Salvador de Honduras e a partido Innovación e Unidade-Social Demócrata ( PINU-SD), encabeza os resultados das eleccións xerais de Honduras, dado a coñecer polo Consello Nacional Electoral (CNE) na noite do domingo. Un avanzo que apunta á vitoria da esquerda, que xa prognosticaban en boa medida moitas das enquisas e sondaxes. Castro xa recibiu nestas horas os parabéns de diferentes presidentes, como NIcolas Maduro. Xiomara Castro do Partido Libre. Castro, dona do mandatario derrocado, Manuel Zelaya, preséntase por segunda vez á presidencia do país após ser derrotada en 2013 nuns comicios marcados pola fraude. A súa candidatura agrupa un amplo conglomerado de formacións nacionalistas e antiimperialistas, entra elas a liderada polo xornalista e candidato da oposición en 2017, Salvador Nasralla. Co 51% das actas escrutadas, Xiomara Castro obtén 53.6% dos votos, seguida polo candidato do dereitista Partido Nacional, Nasry Asfura, (33,9%), e no terceiro posto figura Yani Rosenthal, do Partido Liberal (9,2%). ¡Gracias pueblo! Revertimos 12 años de lágrimas y de dolor en alegría. El sacrificio de nuestros mártires no fue en vano. Iniciaremos una era de prosperidad de solidaridad por medio del diálogo con todos los sectores, sin discriminación y sin sectarismo. 🇭🇳 ❤️— Xiomara Castro de Zelaya (@XiomaraCastroZ) November 29, 2021 En total procesáronse até primeira hora desta segunda feira (hora galega) 1,407,214 votos nos 18 departamentos do país. Das 18.293 Xuntas Receptoras de Votos (XRV) distribuídas en todo o país en 5.755 centros de votación, o CNE escrutou 7.124 actas no nivel presidencial, equivalente a un 40%. Os comicios, nos que participaron 14 partidos e doce candidatos presidenciais, foron observados por máis de 400 enviados especiais da Unión Europea, a Organización de Estados Americanos ( OEA), a Unión Interamericana de Organismos Electorais ( Uniore) e expresidentes latinoamericanos.
NOS_25109
Este sábado o Teatro Colón da Coruña acollerá a actuación de Doa. Será o último concerto do ciclo 'Pioneirxs da Música Galega', que organiza o departamento de Cultura da Deputación da Coruña. Doa homenaxeará a Xaquín Blanco, integrante durante anos da banda e falecido hai tres anos, e interpretará en directo O son da estrela escura (1979), o seu primeiro disco. Un dos fundadores, Xoán Piñón, conversa con Nós Diario sobre a historia do grupo.
Como lembra o nacemento de Doa? A finais dos 70 un grupo de músicos, Enrique Ferreira, Miro Casabella, Eduardo Martínez máis eu, formamos o grupo Doa. Tamén con Xosé Quintas fixemos outro grupo de estudo da música popular e medieval galega que se chamaba Malvís. Redactamos un documento con todos os temas a recompilar e estudar e de aí nace O son da estrela escura, que se grava en 1979. A intención era recoller o que había nos cancioneiros populares, as Cantigas de Santa María, as de Martín Códax que, por certo, son uns documentos extraordinarios, dos máis antigos que hai en Europa. Nós fomos os terceiros que gravamos esas pezas de Martin Códax no mundo. Foi unha época cun ambiente no que se desenvolvía unha actividade de tocar, de estudar, de ir aos centros onde se gardan os cancioneiros, como é a Real Academia Galega, e aproveitar outros como o Cancioneiro de Casto Sampedro. E ese disco, como di o manifesto que o acompañaba, é unha pequena escolma de diferentes estilos baseados no Camiño da Vía Láctea e no de Santiago. Homenaxe a Miro Casabella con Paco Ibáñez Sempre collemos as pezas dunha maneira propia, para interpretar o que había, e esa interpretación fixémola sempre dunha maneira libre. Hai que ter en conta que os que estabamos na formación orixinal viñamos de estilos moi distintos. Bernardo e máis eu, por exemplo, estabamos no mundo do rock e da música experimental. Cando se xuntou ese núcleo, cada un levou a súa mochila. Miro xa tocara desde había anos as Cantigas de Escarnio e Maldizer e Xosé Quintás xa gravara o seu disco Porque no mundo mengou a verdade. Foi unha xuntanza por afinidade de músicos que dá como resultado, no noso caso, O son da estrela escura. Cal é o segredo de que Doa se mantivera no tempo? Ás veces fágome a mesma pregunta. Mesmo de como é que seguimos en activo tantos anos despois. Penso que Doa nunca foi un grupo comercial. A maior parte das formacións teñen unhas obrigas de producir para as discográficas un traballo anualmente ou cada dous anos. No noso caso temos seis discos e cada un realizouse cunha distancia de entre seis e oito anos. Outra fórmula da nosa lonxevidade é que Doa non ten dono. Eu mesmo, por pór un exemplo concreto, estiven catorce anos fóra do grupo, de 1986 até 2000. A banda trasladouse eses anos a Vigo, levábao Carlos Castro con outros músicos. Ao deixar de ter eles actividade retomámolo nós. Doa móvese sempre coa xente que lle interesa a idea de querer desenvolver e reinterpretar a música galega, non facela dunha maneira moi ortodoxa. Pilocha e Casabella darán inicio ao ciclo 'Pioneirxs da música galega' na Coruña Nós improvisamos sobre as Cantigas de Afonso X e para moita xente o non é moi adecuado. Esta peculiaridade débese a que temos unha gran cantidade de estilos e contacto con outras músicas ao longo da nosa historia. Máis de 20 persoas que viñan desde a clásica até o jazz, o folk ou o rock pasaron polo grupo. Todo ese conxunto fai que Doa sexa unha formación especial. Non poden pornos etiquetas de grupo folk ou tradicional. Somos xente que se xunta porque lle interesa esta maneira de traballar e vaise trasladando de lugar ou muda de músicos. Pensa que da banda orixinal agora na actualidade estou eu só. Como será a actuación na Coruña? Para o concerto do Colón faremos unha viaxe no tempo até 1979 e pensamos recuperar o ambiente de como se fixo un traballo como O son da estrela escura. Mesmo recuperamos os instrumentos que empregamos daquela. No meu caso pasarei polo lutier para pór a punto o laúde. Recrearemos todo o posíbel como era o grupo tocando enteiro todo o disco, coa imposibilidade de contar con Xaquín Blanco, e engadiremos algunhas pezas máis que non se gravaron mais si tocabamos nesa época.
PRAZA_1021
Podemos, Espazo Ecosocialista, Anova e Esquerda Unida participaron este sábado nun acto de apoio á candidatura encabezada por Luís Rei, que sinalou que "estamos demostrando ser os únicos que escoitamos o berro de rebelión do 15-M"
Podemos, Espazo Ecosocialista, Anova e Esquerda Unida participaron este sábado nun acto de apoio á Marea Pontevedra, escenificando o alento destas formacións á candidatura encabezada por Luís Rei. Marcos Fontán, secretario municipal de Podemos Pontevedra; Chus Boo, vicecordinadora nacional de Espazo Ecosocialista e número 2 de Ames Novo; Antón Sánchez, coordinador nacional de Anova e parlamentario de AGE; e Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e viceportavoz de AGE subliñaron "o papel unitario e de referencia do proceso pontevedrés para toda Galicia". "O noso é un bo camiño andado para cando haxa que poñerse a reconstruír o espazo da gran forza dos de abaixo, nacional e transformadora, o espazo da nova política" No acto, Luís Rei destacou que "somos os únicos que temos unha Base Programática, referendada en asemblea, que se está completando con plans sectoriais. Presentamos os Plans de Emerxencia, de Transporte, de Recuperación Integral da ría e dos ríos; e, en breve, o de Remunicipalización da auga. Ese círculo, de momento, péchase a semana que vén co noso Programa". Así mesmo, salientou que "podemos presumir tamén de candidatura: a única elixida en Pontevedra nunhas eleccións primarias libres e abertas e absolutamente respectuosas co veredicto da xente. É algo que nos distingue dos demais", engadindo que isto "foi posible pola posición absolutamente clara das organizacións neste concello dos catro partidos hoxe aquí presentes. É de xustiza, agora, agradecérllelo". "Estamos demostrando ser os únicos que escoitamos o berro de rebelión do 15-M e os únicos que honramos ese berro cunha aposta real pola acumulación de forzas" De igual xeito, o candidato de Marea Pontevedra afirmou que "o noso é un bo camiño andado para cando haxa que poñerse a reconstruír o espazo da gran forza dos de abaixo, nacional e transformadora, o espazo da nova política" e que "estamos demostrando ser os únicos que escoitamos o berro de rebelión do 15-M e os únicos que honramos ese berro cunha aposta real pola acumulación de forzas". "Sigamos por aí, xa que o que nos separaba eran absurdas liñas trazadas na auga", concluíu, sinalando que "aquí vai haber oito candidaturas o día das votacións, varias da dereita ou do centro, pero por primeira vez só unha do espazo de ruptura. Esa é unha das fortalezas da Marea". "Entre esas oito papeletas, a xente non vai atopar a de Podemos, nin a de Anova, nin a de Esquerda Unida, nin a de Espazo Ecosocialista, pola sinxela razón de que a candidatura de todos é Marea Pontevedra", dixo. Os e as representantes das forzas políticas que apoian a Marea Pontevedra foron tomando a palabra para explicar as razóns deste apoio. Marcos Fontán sinalou que Podemos "soamente apoia aquelas candidaturas que cumpren unha serie de requisitos programáticos, democráticos e de asemblearismo, e entre esas candidaturas que apoia esta Marea Pontevedra, xunto coa Marea Atlántica ou Compostela Aberta". Pola súa banda, Chus Boo indicou que para Espazo Ecosocialista "a aposta pola unidade cidadá é clara e incondicional, unicamente ligada á radicalidade democrática e á participación da cidadanía, que constitúen o eixo central da nova política". Pola súa banda, Antón Sánchez dixo que "desde Anova tense moi claro que a asignatura pendente das Mareas é construír unha alternativas que vaian contra o establecido, devolvendo á cidadanía a capacidade de decisión sobre os temas importantes que foron decidíndose as súas costas". Por último, Yolanda Díaz asegurou que "vivimos un tempo de emerxencia que require de unidade e xenerosidade, sabendo que estámonos xogando os dereitos actuais e futuros". Díaz referiuse a Marea Pontevedra como a "candidatura do cambio político" e dixo que nos tempos como os actuais son "os verdadeiros intelectuais, como Luís Rei, os que dan un paso adiante, comprometéndose no combate polo cambio social".
NOS_49392
As tres grandes compañías de telefonía móvil volven facer a xogada que xa realizaran hai uns anos. Movistar, Orange e Vodafone anunciaron un aumento dalgunhas tarifas en troco de melloras nos servizos – aumento de dados dispoñíbeis ou acceso a aplicación de redes sociais-. Melloras que as persoas usuarias non solicitaron.
Ante estas subas, as compañías dan a posibilidade de rescindir o contrato. OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) considera "abusivo" o incremento dos prezos. OCU lembra ás persoas usuarias que cando as compañías mudan as tarifas contratadas o compromiso de permanencia fica anulado Movistar foi a primeira en dar o paso, cun aumento de 5 euros nos seus pacotes Fusión e outros servizos, como tarifas móbeis, SMS ou establecemento de chamadas. A seguir, Orange anunciou que subía 5 euros as tarifas Love. Agora, Vodafone vén de anunciar que a partir de 1 de abril incrementa entre 1 e 2 euros as súas tarifas móbeis e entre 4 e 5 os paquetes (fixo, móvil, dados, internet). Até o de agora, só MásMóvil (Yoigo e pepephone) fica á marxe destas subas. OCU ten claro que esta estratexia de suba de taifas e prezos é "abusiva" e prexudica as persoas usuarias. Lembra a estas que cando as compañías cambian as condicións das tarifas que contrataron o compromiso de permanencia fica anulado e poden marchar desa operadora sen penalización algunha.
NOS_19883
Cando a policía rodea o apartamento de Ferrol no que está naqueles días, Moncho Reboiras atópase no interior con outras dúas persoas, militantes nacionalistas na clandestinidade coma el. Corenta anos despois do seu asasinato, Elvira Souto e Lois Ríos lémbranos aqueles días e debúxannos o retrato dunha das figuras do nacionalismo galego, asasinado o 12 de marzo de 1975. Reproducimos na íntegra a entrevista publicada no Sermos Galiza nº157.
- Cando teñen o primeiro contacto con Moncho Reboiras? Lois Ríos: As miñas primeiras lembranzas son de cando estaba en Vigo. Moncho acababa de rematar Enxeñería e despregaba unha intensa actividade de carácter cultural. En colaboración cos cregos progresistas traballaba desde a asociación cultural nun tempo en que todo estaba moi controlado. Tamén facía un labor de proselitismo importante. Estamos a falar dos anos 72 ou 73. Nese momento eu traballaba nunha empresa en Vigo e a partir do contacto con el intégrome na organización, primeiro colaborando, e mesmo aproveitamos a infraestrutura do meu traballo cunhas chaves que consigo para facer octavillas e o propio xornal. Daquela eramos moi novos. Elvira Souto: No meu caso, eu estaba na Coruña e o Moncho mandouno o partido como responsábel de célula. Pouco despois pasei á clandestinidade e debín de estar ano e pico, até o 75. El traballaba nunha contrata de Telefónica, Intelsa paréceme lembrar, e tiña unha forte actividade sindical, participando na creación do sindicalismo galego xunto con Manuel Mera e outras persoas. Moncho Reboiras era un militante de manual, gran compañeiro, amable, sen intereses egoístas, moi xeneroso... L.R.: Lémbrome del como unha persoa nada dogmática, moi flexíbel, dialogante, que sempre buscaba alternativas, solucións. Era moi imaxinativo e moi comprometido mais sempre cos pés na terra. - Que papel tiña entón como ideólogo, na creación doutrinaria dun nacionalismo que se estaba a organizar? L.R.: Moncho era unha persoa con estudos, que lía moito e sabía de literatura e demais mais ten unha idea clara que é fundamental: organizar o movemento obreiro. Se algo había na altura eran intelectuais e o que facía falta era desenvolver as estruturas populares. Era moi instruído mais non facía ostentación diso. É fundamental, por exemplo, no achegamento da xente da Organización Obreira e de Galiza Socialista porque ven nel un traballador máis. Non é un estudante ao uso. A súa familia tiña un bar en Teis e el entra de novo no mundo do traballo, en Barreras, en Álvarez. Significa a ruptura co piñeirismo, co intelectualismo. Non casa coa imaxe do intelectual senón do traballador e iso foi decisivo. E.S.: Tiña diferente procedencia e tamén outro comportamento. Non formaba parte do sector de profesionais e intelectuais, tanto por orixe como por adscrición. O nacionalismo vivía desvinculado do mundo das fábricas e iso muda coas folgas de 1972. A xente de Organización Obreira, a combativa escisión de Comisións Obreiras e as xuventudes do PC, teñen contacto co nacionalismo a través de de Reboiras, mais despois, cando o contacto pasa a Ferrín ou Pepiño prodúcese un afastamento, o que foi unha grande perda para o nacionalismo. Este grupo de obreiros manuais, moi curtidos na loita vían en Moncho un deles. Malia ser un individuo con formación académica, identifícase coa loita obreira. L.R.: Ten unha idea moi clara, o que fai falta é ter movementos organizados. Os individuos teñen que estar en función das organizacións e as organizacións dun obxectivo claro que era acadar a democracia e unha Galiza ceibe e popular, nun programa moi básico. Moncho colaborou moito en todas as publicacións, revistas culturais, follas informativas, no Terra e Tempo... o seu é un papel determinante. Unha persoa tan nova non ten tempo de escribir mais impulsou cantidade de iniciativas. Sempre estabamos facendo cousas, coa vietnamita. Sempre o lembro traballando. O seu papel na creación de voceiros foi fundamental, tiña claro que había que levar as ideas fóra. É, poño por caso, o impulsor do primeiro xornal clandestino obreiro, Xerme. Elvira Souto: Por comisaría pasaron eses días corenta persoas ou máis, algunhas salvaxemente torturadas, mais, curiosamente, o nacionalismo rebrotou con máis forza - De Moncho Reboiras chama a atención a súa intensa biografía, que dura só 25 anos mais na que se desprega unha actividade inusual política, organizativa e laboral. Por exemplo, son moitas as empresas nas que traballou despois de rematar os estudos... L.R.: Estar na empresa era fundamental, achegarse aos traballadores. Moncho traballa en Barreras, en Álvarez, na Finsa... e despois na Coruña en Intelsa e, se puidese traballar en Ferrol tamén o faría... Non era da idea de ser liberados, senón de meterse onde estaba a xente para crear organización. Tamén era moi coherente. Outro tipo de persoas eran máis dadas a divagar. El sacaba sempre conclusións e tomábanse acordos nas xuntanzas. Debía durmir como tres horas por día mais, naquel tempo, o traballo era intenso para todos. Tiñamos vigor, eramos novos e moi poucos. - Cando falan de "poucos", a cantas persoas se están a referir que estiveran organizadas no nacionalismo? E.S.: Na Coruña militantes podían ser dez, non todos na mesma célula. En Ferrol, moitos menos, creo que tres. O que acontece é que os números son enganosos. O nacionalismo era unha ideoloxía en ascenso e xa entón moita xente simpatizaba. Cando chegamos a Ferrol contactamos co sector máis progresista da igrexa e lembro que Siro, do Partido Socialista Galego, me dixera que cos curas non tiña nada que facer, que ele levaba anos tentandoo sen éxito. Mais, cando se produce a morte de Moncho, na primeira reunión que organiza a Asamblea Nacional-Popular Galega asisten nada menos que trece cregos. O nacionalismo de orientación popular ía a máis. L.R.: Falamos da igrexa porque cando tiñamos un problema moitas veces recorriamos a cregos comprometidos. Na noite do 12 de agosto unha das alternativas era ir á Domus, á casa do bispo. - Estamos na fin do franquismo, mais a represión continuaba a ser dura... E.S.: A propia lingua era motivo de represión. Eu fun criada na Arxentina e falaba español e cando entrei na UPG pasei a falar galego con acento arxentino, e iso xa era motivo de ficha policial, porque te identificaba. L.R.: A policía era servidora do réxime e nas comisarías torturábase con dureza. Nun momento determinado todo o mundo ten dúbidas e momentos de debilidade, e calquera cousa pode pasar ao entrar nunha comisaria ou no cárcere. O momento no que Moncho Reboiras morre é crucial. Foi capaz de canalizar o movemento que ten nel nunha bandeira. Perde a vida, mais iso, en lugar de botar para atrás a militancia é algo que aglutina. Era como pensar: "se el perde a vida, eu tamén podo perder a liberdade". É dicir, en comparanza co que a el lle pasara o que podiamos sufrir nós non era tan relevante. Coñezo persoas que despois do asasinato de Reboiras se comprometen de maneira máis intensa. - Cando chega a Ferrol, Reboiras está xa na clandestinidade. Que supuña iso na militancia daquel tempo? L.R.: En Escairón houbera unha acción e identificárano. El estaba xa moi fichado pola policía desde que fixera o servizo militar en Figueirido. Seguiu facendo traballo militante mais o cerco era naquela altura demasiado grande e tivo que pasar á clandestinidade. E.S.: Foran a unha sucursal bancaria e caéralles a placa falsa. Ía Moncho con Pavón e deciden separarse. Moncho sobe por un monte e a policía vai detrás del e dálle o alto. El deu a volta e, ao mandarenlle levantar as mans, fai un xesto que os policías interpretan como ameaza e botan a correr. El consegue escapar e pasa á clandestinidade. Miña nai era cabeleireira e dábame productos para decolorarlle o cabelo mais un día entrou nun autobús no que ían veciños do Imo e xa o primeiro dille: "Pepiño, que fas aquí?", co cal entra pola porta de adiante e sae pola de atrás sen falar máis. Despois decide mudar de imaxe e é cando deixa o bigote e por a perruca postiza que é a imaxe que se coñece, nada a ver co que el era. Lois Ríos: Ten unha idea moi clara: os individuos teñen que estar en función das organizacións e estas dun obxectivo claro que era acadar a democracia e unha Galiza ceibe e popular, nun programa moi básico - Vostedes tamén estaban na clandestinidade? L.R.: Eu estaba. Tivera problemas repartindo voandeiras e pasara á clandestinidade. E.S.: No meu caso tivera que pasar á clandestinidade porque cando levan a comisaría Juan María Castro, segundo o relato Victoria Días Cabanelas, afirmou que eu era responsábel de propaganda da UPG. Pasei a fins de 1973 axudada, entre outras persoas, por cregos da Coruña. Agocháronme e fun para Ferrol onde aluguei o apartamento no que logo pasou todo. De todas maneiras, a onda grande de xente liberada foi despois, e moita xente marcha tamén para Portugal. - A actividade fundamental que entón están a desenvolver é a creación de estructura das organizacións nacionalista? E.S.: Moncho tiña sempre a antena levantada para o que había que facer en cada momento. Por exemplo, lembro que o 25 de abril do 74, chegou á casa despois da súa actividade diaria e saímos con esprais para pintar as paredes e tirar fotos para llas mandarmos aos militares portugueses. L.R.: Nunca deixaba as cousas no aire e era un excelente organizador. Tamén unha persoa moi decidida, cando había necesidades había que meterse. Participou en determinadas accións mais non as vía como fundamentais. Ten claro que o determinante é a organización política e todo ten que estar en función diso. Nese sentido é un todoterreo, tiña xuntanzas con estudantes, con traballadores, reunións de células.. E.S.: E non esaxeramos. En vida de Moncho xa comentabamos o que agora estamos a dicir. Era un militante de libro, unha persoa agradábel, dinámica, non tiña vagar mais sempre tiña tempo se alguén o precisaba.. Tiña as características do líder como se entendía antes, non as das reverencias do liderato de agora. Tampouco en vida coñecín quen falase mal del, deixou un bo recordo. - Como coinciden os tres naquel andar de Ferrol? E.S.: Eu vivía alí de maneira fixa e fora quen alugara a vivenda. L.R.: Acordouse que eu fora a Ferrol e fun ao piso de Elvira. Viviamos os dous e Moncho chegara o día anterior. Tiñamos compañeiros que traballaban nas obras da construción da térmica das Pontes. O día anterior foramos facer pintadas e botar panfletos. E.S.: Sabiamos que podía haber problemas. O día once despois de cear estabamos imprimindo coa vietnamita. Foi cando soubemos que colleran dous militantes de ETA que estaban en Lugo e eran trasladados para Vigo por un compañeiro noso. Tempo atrás estes militante pasaran por Ferrol e coñecían o apartamento por iso, cando falla a cita de seguridade, Moncho avisa que hai que recoller todo o material. L.R.: Valoramos onde podiamos ir mais non ti- ñamos coche nin outro piso no que acobillarnos. Unha das opcións era ir á Domus, mais estaba xa moi queimada porque no seu momento dormirán alí os militantes de ETA. Como estaban naqueles momentos, cando se ven rodeados e teñen que trazar unha estratexia para fuxir? E.S.: Eu baixei ao portal e vin pasar dous individuos raros, tipo secreta, e non tardaron en rodear toda a zona. Despois soubemos que alí se despregaran 350 policías. Asomámonos á xanela e vimos que estabamos rodeados co cal nos preparamos para marchar. L.R.: A min asustábame a dor da tortura. Entrar na comisaría era moi duro. Naquel momento era o que se me viña á cabeza. E.S.: Moncho ía armado e nós non. Era un home moi xeneroso e tamén o foi naquel momento. A casa era un primeiro andar con patio de luces e casas do outro lado. El decidiu fuxir por alí e díxonos que pediramos axuda á veciña, unha muller coa que eu tiña moita confianza. Cando Moncho foxe nós petamos na xanela da casa e ela abriunos e subimos cunha cadeira. Cando lle dixemos a aquela muller que eramos nacionalistas contestou que ela tamén e tivo que tomar unha pastilla porque se puxo moi nerviosa. Desde a súa casa estivemos espiando o que facía a policía. Moncho escapa a un caseto, sobe e entra nunha casa pola claraboia e cae nun dormitorio. Logo sae pola porta e foxe mais vai ferido e a policía vai detrás del, até que entra nun portal que é onde o matan. L.R.: O que eu lembro é vernos os tres falando porque xa sabiamos que estaban alí e barallar varias posibilidades. Vexo como collo a cadeira e percibo que ti abres a ventá, escorregas para dentro e desde alí axúdasme a subir. Logo eu descólgome para coller a cadeira. Deixala alí daría pistas de por onde fuximos. Percibín que a muller estaba moi asustada e aínda hoxe penso que o feito de non delatarnos foi fundamental. A policía buscabannos aos tres porque na mesa da cociña do apartamento había tres pratos e sabían cantos eramos. - Cando saen da casa da veciña? L.R.: Saímos sobre as once da mañá, cando se levantara todo. A policía estivo alí toda a noite. Estivemos metidos no cuarto coa señora, que estaba cun salouco de morte. Elvira mesmo tiña medo de que lle dese algo. Eu, desde a ventá do patio, que tiña un anaco roto, era capaz de ver o que pasaba. Rexistraron todas as casas. A parte de diante daba á rúa e había un pequeno patio e a través da contra miraba o movemento. Vin que nun momento un dos policías di de ir ver a casa na que estabamos. Cando vén chamar, unha se- ñora di: "non chame, que esa muller está xorda", óense moitas voces e outra di que é unha señora maior e foi como non rexistraron a casa. E.S.: A señora deixoume unha blusa e un lenzo para a cabeza e, ao saír, topei cun policía e instintivamente atravesei, despois retrocedin e o policía fíxome un xesto que indicaba que tiña tanto medo como eu. Marchamos buscar refuxio cada un polo seu lado. L.R.: Non coñecía ninguén en Ferrol e fun ver a botadura dun barco que había naquel día por se topaba alguén coñecido mais non dei con ninguén. Había infraestrutura, mais, por normas de seguridade, non sabía onde. Logo dirixinme á casa duns coñecidos de meu pai que me acolleron porque lles dixen que fora a unha proba de traballo que se adiara e ía sen roupa, mais cando baixei coller a prensa e vin a noticia, díxenlles o que pasara e á señora case lle dá algo, e pediume que marchase. E.S.: Eu fun á casa dun cura que me acolleu e quedara con Lois ás cinco, mais chegou a policía e Lois xa non entrou. Logo fun ver outros curas que me dixeron que me metese nun confesionario para agocharme. Non pudo ser porque me viu unha señora. Finalmente, Cuco (Ruiz de Cortázar), un cura moi coñecido pola súa valentía e solidariedade, levoume a un apartamento vacío, no que estiven unha semana. Daí leváronme a Valdoviño, onde estaba Ramom Lôpez-Suevos coa familia e despois marchei para Viveiro onde estaba o único compañeiro do comando militar que nunca identificara a policía, e de aí para Vigo, e despois a Portugal, onde fico tres meses. L.R.: De todo aquilo destacaría a solidariedade de moita xente que se implicaba de maneira total e absoluta. A xenerosidade é grande. Na UPG había xente boísima e logo prescindiuse de xente sen ningún tipo de razón. Se collésemos a xenerosidade desta xente habiamos resolver doutra maneira, con aquela capacidade aglutinadora. - Que efectos tivo na UPG e no nacionalismo o asasinato de Moncho Reboiras? -E.S: Por comisaría pasaron eses días corenta persoas ou máis, algunhas salvaxemente torturadas como Lois Diéguez ou Pedro Luaces, mais, curiosamente, o nacionalismo rebrotou con máis forza. Só por dar un dato, o ano 76 foron ao 25 de xullo como mil persoas, o seguinte cinco mil e o seguinte doce mil. L.R.: Moita xente quería acabar con el mais o seu exemplo foi brutal. Prendeu o movemento de masas, os xermes obreiros, as asociacións culturais, o fronte estudantil, as Comisións Labregas... fixo que o nacionalismo fose para diante. Non era un grupo illado senón introducido e a figura de Moncho foi crucial. - Tense falado moito da relación do nacionalismo coa loita armada naquel tempo. Como a definirían? E.S.: O único que se pretendía era conseguir medios, ese era o obxectivo. Do que se trataba era de organizar o pobo galego, e para iso precisabamos medios que non tíñamos. L.R.: O debate sempre existiu, mais aí estaba claro o que di Elvira. Non era un movemento militar, senón un grupo que trataba conseguir cartos. Moita xente xogou moito, abandonou os seus traballos. Se nos poñemos a mirar historias individuais, atopamos casos realmente excepcionais. Xente que xogou o seu futuro. Daquela houbo catro persoas presas altamente torturadas e delas fálase menos. Falo de Brañas, Xoán López, Marisa... E.S.: Houbo persoas que perderon traballos, que foron detidas. A represión caeu sobre o nacionalismo. L.R.: A pregunta de para que serviu todo aquilo é inevitábel mais eu fago balance e penso que serviu. No nacionalismo houbo algúns erros mais sen a presenza da UPG e todo o que representa este país estaría derrotado. Aquel era un momento duro mais con esperanza, estabamos rompendo o franquismo, vendo como caía. Saïamos do túnel. Entrevista publicada no Sermos Galiza nº157
NOS_29005
O presidente rexeita "particións ideolóxicas" no idioma.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, reivindicou na mañá da terza feira no Barco de Valdeorras a "cordialidade lingüística" en torno ao galego e rexeitou o que denomina como "particións ideolóxicas" sobre o idioma. Afirmacións que entroncan co discurso de "bilingüismo harmónico" que ao longo destes anos defendeu a Xunta de Alberto Núñez Feixoo e anteriormente Manuel Fraga, lanzando unha mensaxe de que na Galiza existen dúas linguas en igualdade de situación. O actual presidente galego fixo estas declaracións no acto institucional organizado pola Xunta para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022. "Mantemos vivo un idioma, o propio, o noso, que ten que seguir sendo de todos, ten que seguir crecendo", manifestou Rueda, que tamén fixo fincapé en que o galego "soa con forza, compleméntase e atrae falantes e oíntes, sen considerar o contacto con outros idiomas unha ameaza que o debilite, todo o contrario". Milleiros de persoas exixen á Xunta maior compromiso co galego na manifestación do Día das Letras Galegas Rueda instou a "conxurármonos" para que o galego, "coa participación de todos", floreza durante "mil primaveras" máis, en referencia á frase de Álvaro Cunqueiro. "E hoxe, 17 de maio," apuntou, "sempre é unha boa data para recordalo sen esquecer que o resto do ano hai que seguir facendo tamén "exactamente o mesmo". "Non sobra ninguén" O mandatario describiu o galego como un "espazo vivo, de encontro, entre todos os galegos e galegas", no que "recoñecernos". "Hai moitas razóns e motivos para seguir impulsando con moita forza en todos os ámbitos o noso idioma", manifestou. "Non sobra ningunha voz no relato que estamos a escribir", concluíu. As palabras de Rueda, porén, prodúcense baixo as lembranzas que desde diferentes organizacións e colectivos fixeron estes días ao novo presidente galego sobre a súa participación en 2009 nunha manifestación "contra a imposición do galego", da man da entidade galegófoba Galicia Bilingüe.
NOS_28413
A Asociación Galega de Consumidoras e Usuarias (ACOUGA) anuncia que pon a disposición de quen o precise a súa estrutura xurídica para garantir os seus dereitos e reclamar prexuízos pola neglixencia do seus xestores.
A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) anuncia que pon ao dispor das persoas usuarias das residencias e das súas titoras e familiares, a súa estrutura xurídica sen custe algún para garantir os seus dereitos e reclamar prexuízos pola neglixencia do seus xestores. A razón desta decisión é, segundo sinalan nun comunicado, que "na última semana, 60% das persoas falecidas na Galiza pola COVID-19 morreron en residencias de maiores" Esta entidade algunhas das eivas que se detectaron nas residencias galegas como "a falla de equipas de protección individual (EPI), falta de persoal por quendas e falla de previsión das persoas responsábeis da xestión das institución e da Xunta da Galiza". Poñen como exemplo a residencia pública compostelá da Volta do Castro que "esta fin de semana última non existía ningún positivo, mentres que os dados das residencias de DomusVi de Barreiros-Vigo, Cangas e a compostelá de San Lázaro (as dúas primeiras intervidas pola Xunta) e a ourensá da Nosa Señora da Esperanza da Fundación San Rosendo, as cifras canto a contaxios e mortes son arrepiantes". Máis control das residencias públicas de xestión privada Xoán Antón Pérez Lema, secretario xeral de ACOUGA, explica a Nós Diario que "polo que parece nas residencias públicas non teñen positivos e o problema está focalizado en determinadas residencias privadas". Explica que máis alá das xa intervidas, "pode haber outras que teñan fendas de positivos". Esta circunstancia fai que desde ACOUGA distinguen entre usuarias e usuarios daquelas residencias que xa están intervidas "nas que hai que deixar actuar ás autoridades e cando isto remate poderán pedir as investigacións e accións xurídicas oportunas". "Noutras residencias", segundo Pérez Lema, "se empeora a situación debería de haber unha denuncia inmediata diante da Xunta da Galiza ou no xulgado para que se adopten as medidas cautelares que permitan que se supere ese problema". No caso das residencias DomusVi de Vimianzo, Ourense e Monforte de Lemos, Pérez Lema lembra que "son propiedade de Afundación e construídas en terreos cedidos polos concellos" polo que "están suxeitas ao padroado no que está a Xunta da Galiza e debería ter un control complementario". A asociación entende que estes feitos poden ser denunciábeis e, nalgún caso, mesmo se podería chegar á vía penal. Por este motivo abre un servizo de consulta sen custo algún a través do correo electrónico: [email protected]. En situación de calamidade está prohibido que avogadas e procuradoras presten servizos xurídicos polo que ACOUGA responderá mais terá que ser a persoa usuaria quen tome a decisión de pedir algún tipo de información adicional a través dunha petición expresa, escrita e espontánea.
NOS_52539
En pesqueirías como a de altura, en augas comunitarias, temos agora a metade de buques que en 2004.
Unha frota pesqueira sen parangón en Europa, como era a galega, certifica ano tras ano a súa perda de barcos e tripulacións, nun descenso constante e continuado que deixa pegada en todos os segmentos, desde a frota artesanal que faena no interior das rías até os grandes barcos que traballan na gran altura. No 2004, e segundo dados oficiais da propia Consellaría, había en Galiza rexistradas 5.565 embarcacións. A comezos deste ano, 2017, a cifra caera até 4.430. Iso significa 1.135 barcos menos, unha perda do 20%. Cada cinco días, pois, a frota galega perdía un dos seus barcos. Esta redución afectou a todos os segmentos da frota. Aínda que os efectos non sexan os mesmos cando se perde unha embarcación artesanal que un gran buque de altura. Na categoría de gran altura, a pesqueiría en augas internacionais, pasamos de 121 buques a 104. En menos de 15 anos temos 17 barcos menos, unha mingua do 14%. No que atinxe á pesca de altura, a que se realiza en augas comunitarias, o impacto foi moito máis grande. Temos agora 69 barcos cando no 2004 tiñamos 144. Perdemos neste período o 52% da nosa frota. En artes menores, a máis importante en canto a número de embarcacións, nestes case 15 anos ficamos sen dous de cada dez barcos que tiñamos en 2004. Pasamos dos 4.867 a 3.930. Ou sexa, 937 embarcacións menos. Se botamos unha mirada ao réxime de traballadores do mar da Seguridade Social podemos comprobar como só entre 2012 e agora Galiza perdeu case 1.800 afiliados. Unha media dun mariñeiro menos cada día
NOS_44498
Comeza hoxe unha cume europea para profundizar no proceso de integración fiscal, bancaria e política. Segundo @s xef@s de Estado e de Goberno dos 27, encamiñada a superar a actual crise do euro e lograr unha maior estabilidade financeira.
@s xef@s de Estado e de Goberno da Unión Europea -UE, reúnense esta quinta en Bruxelas para adoptaren medidas encamiñadas á estabilización dos mercados financeiros -especialmente agresivos coa debeda española e italiana. Así mesmo, pretenden acordar un outro plan de crecemento e emprego que pasará, a priori, por unha maior integración no mercado único, dixital e enerxético; unha unión fiscal, bancaria e a profundización no proxecto de integración política. A proposta, que será presentada hoxe polo presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, prevé a creación dun supervisor bancario europeo, un Tesouro comunitario, a posibilidade de vetárense os orzamentos dos Estados Membros dende as institucións ou o estabelecemento de límites na emisión de débeda -algo moi semellante ao límite orzamentario incorporado na Constitución española para as administratacións autonómicas e estatal. A instrodución destas reformas, que pasarían pola reforma dos Tratados e abranguerían, para alén do eurogrupo aos estados europeos con moeda de seu, suporía unha importante perda de soberanía económica e política en favor das institucións comunitarias. Malia que existen puntos en común no seo da UE, atopamos dous grupos de opinión diferenciados a respecto do tratamento da débeda, dunha banda, aqueles que rexeitan a emisión de eurobonos e, por ende, a compra de débeda estatal por parte do BCE sen un maior control previo dos estados membros; e aqueloutros -entre os que se atopan Francia, Italia e o Estado español, que pulan pola reactivación da máxima autoridade financeira na UE; evitando así maiores custos de financiamento para os estados membros con grandes dificultades económicas -nomeadamente Italia e España. O informe que se presentará hoxe no Consello foi elaborado, para alén do seu presidente e do seu homólogo na Comisión, polos responsábeis do BCE e do Eurogrupo. O Eurogrupo aclara que o Estado español será o máximo responsábel do rescate @s ministr@s de economía da eurozona deixaron moi claro na súa última xuntanza que será o Estado español o que asuma o rescate financeiro solicitado á UE converténdose pois no máximo responsábel na súa devolución. Ao contrario das informacións contraditorias emitidas polo goberno español dende que se fixo público o préstamo, o diñeiro achegado polo Fondo de Rescate Europeo computará como débeda española -descartando unha recapitalización directa sobre a banca. Como máximo responsábel, o goberno español deberá cumprir coa vontade dos deus acredores implementando a folla de ruta que condicione o rescate. Asemade, inspectores europeos xa iniciaron unha investigación en Madrid sobre as necesidades das entidades financeiras españolas.
NOS_22777
O líder das mocidades nacionalistas, Alberte Mera, define a súa organización como "independentista pero non terrorista como lle gustaría ao PP" e cre que o éxito de Podemos débese á "novidade".
Nunha entrevista a Europa Press, o líder das mocidades do Bloque, Alberte Mera, ao ser preguntado se comparte as manifestacións do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, apelando a máis contundencia na dirección do BNG, Mera defende que esta formación xa a ten, pero admite que "fai falta ser máis contundentes aínda". Mera apunta a unha militancia xuvenil en ascenso, que anda preto das 2.000 persoas Sobre Galiza Nova, o seu secretario xeral afirma sentirse "orgulloso" do traballo feito na organización para facer dela "unha ferramenta continuamente adaptada aos tempos". Ao respecto, apunta que teñen "máis militantes" -uns 2.000- e que "máis xente se achega con 16 e 17 anos". "Que queren empezar a ser nacionalistas, actuar como tales e iso garante o relevo", engade. Non obstante, recoñece a necesidade de "actualizarse no modo de actuar na sociedade" ante o que cualifica como "os continuos ataques por parte do PP". "Do españolismo", engade. Neste sentido, destaca a súa participación en folgas estudantís ou en protestas contra desafiuzamentos. "Unha política para defender a xuventude e non unha política de Facebook e de chíos", indica. Sobre a perda de apoios do BNG nas eleccións, admite "erros e acertos" nesta formación, pero insiste en que os comicios "son conxunturais e varían dunhas eleccións a outras". "Prefiro quedar coas 20.000 persoas, moitas menores de 20 anos, que abarrotaron a Praza da Quintana polo Día da Patria. Máis que falar de cousas negativas, hai que estar á fronte dos conflitos", proclamou. Mera, que reivindica unha Galicia "independente" e unha "República galega", se pronuncia tamén sobre os intentos de vincular esta formación con organizacións como Resistencia Galega. "Non é novo que pretendan criminalizar o nacionalismo". "Somos independentistas, non terroristas por moito que lles gustaría", remarca Mera en alusión ao PP. Ao fío diso, afirma que "cada vez hai máis un Estado fascista e iso é o verdadeiro terrorismo". De cara ás eleccións municipais, Mera aposta, para captar o apoio d@s moz@s, "por convencer á xente de que o nacionalismo é necesario para Galiza" e resta importancia aos efectos que poida ter no BNG a presenza de AGE ou a aparición de Podemos. Dos primeiros, asegura que "son outros -en alusión aos ex-militantes do BNG- os que prefiren ir con forzas que seguen as ordes de Madrid", engade sobre as coalicións con Esquerda Unida. En canto a Podemos, atribúe o seu éxito electoral á "novidade".
NOS_45110
Novos informes científicos volven alertar da necesidade de dar pasos firmes para cumprir cos obxectivos do Acordo de París. Pola saúde do Planeta e pola saúde do ser humano, que segundo unha investigación en 'The Lancet' periga gravemente. Evidencias que, como onte Viktor Orbán, os líderes populistas da dereita desdeñan.
"Un novo regulamento, disparar os prezos até o ceo, destruír a clase media". Esa é a análise que o primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán, realizou onte das medidas de Bruxelas para combater a crise climática, á súa chegada ao Consello Europeo, a cimeira de xefes de Estado e de Goberno da UE. O líder ultraconservador tamén culpou a transición cara a enerxías verdes do alto prezo da luz, se ben a Comisión Europea defende que se debe ao incremento do prezo do gas. A UE importa arredor de 60% do total da enerxía que consume, sobre todo gas e petróleo rusos. Un gas polo que na pospandemia está a competir cos países asiáticos, mentres que Rusia se resiste a incrementar as exportacións. O argumento do líder húngaro coincide co defendido pola dereita populista global. Steve Milloy, fundador do portal Junk Science e membro do comité de transición enerxética do ex presidente dos EUA Donald Trump, sinalaba no xornal conservador The Washington Times que os informes climáticos da ONU son "excesivamente propagandísticos". Tamén Gregory Wrightstone, director da escéptica CO2 Coalition, fala da "fantasía" dun mundo que poida progresar sen combustíbeis fósiles, e da "realidade" da xente que "quere e merece vivir libre de pobreza". Os países do G20, os máis ricos, causan 80% das emisións globais. "Dun lado, o sentido común; do outro, a fantasía. E a fantasía utópica mátanos; ese é o problema do prezo da enerxía", afirmaba onte Orbán, en liña con ese discurso populista: a cualidade para tocar a fibra sensíbel da cidadanía, ofrecendo supostas solucións fáciles a problemas complexos. Ignorando os datos científicos. Fame e enfermidades Datos científicos como os achegados no informe que publica esta semana The Lancet. O cambio climático, sostén, vaise converter "na narrativa que defina a saúde humana", como consecuencia de carencias alimenticias, desastres letais e surtos de enfermidades que, en comparación, reducirán o coronavirus a unha anécdota. En Conta atrás para a saúde e o cambio climático ─ese é o nome do informe anual da revista médica─ máis de cen profesionais sanitarios alertan dos perigos dun Planeta máis quente. Son estas: mortes súbitas por golpes de calor; insectos con doenzas tropicais chegando a todos os puntos do globo; maior aumento do polen no aire, agravando asma e outras enfermidades respiratorias. Continúa: chuvias e riadas extremas, que están a elevar o risco de padecer cólera e outras enfermidades transmitidas pola auga estancada; maior número e máis intensos incendios, que transportan partículas canceríxenas a miles de km e acceden ao rego sanguíneo humano a través da respiración; secas máis duradeiras e constantes, que derraman colleitas, elevan o prezo dos alimentos e levan a fame ás poboacións máis vulnerábeis, especialmente nos países menos desenvolvidos. Punto de non retorno Ameazas todas reais, que con respecto ao informe de 2020 se multiplicaron. Lonxe da "fantasía utópica" de Orbán. "A humanidade afronta un punto de non retorno crucial", sinalan os autores da investigación, que chega a menos de dúas semanas de que os líderes mundiais se reúnan en Glasgow para a decisiva conferencia climática da ONU, a COP26 (31 de outubro-12 de novembro). O de The Lancet é o enésimo informe que alerta da dramática situación que o ser humano e o resto dos habitantes do Planeta ─o único polo momento en que é viábel a vida tal e como a coñecemos─ afrontan xa. Hoxe. Así literalmente, como "a maior ameaza que afronta a humanidade", cualificaba a crise climática a OMS nun documento publicado a semana pasada. A emisión de gases de efecto invernadoiro como o dióxido de carbono (CO2), producidos pola queima de combustíbeis fósiles, é a principal causante do quecemento global, que á súa vez provoca o cambio climático. Porén, a intención dos grandes contaminadores do mundo ─China e Estados Unidos─ é aumentar a súa extracción nos próximos anos. Máis leña ao lume Así o denuncia a ONU no Informe sobre a Fenda de Produción 2021, publicado nas últimas horas. O de 2019 xa constataba que "os Gobernos do mundo planeaban producir moitos máis combustíbeis fósiles do que era compatíbel co seu compromiso do Acordo de París para limitar o quecemento global" (de aí o nome de "fenda", entre o prometido e a realidade). "Dous anos despois, coa crise climática máis evidente e urxente que nunca, os Gobernos continúan a apostar por extraer moito máis carbón, petróleo e gas do que é consistente cos límites climáticos acordados", critica, subliñando o aumento desa "fenda". E estes son os principais datos que achega: os Gobernos planean producir máis do dobre (110%) da cantidade de combustíbeis fósiles en 2030 do que sería consistente con limitar o quecemento a 1,5ºC a finais deste século (45% máis, para que non suba de 2ºC); os países do G20 destinaron máis fondos adicionais aos combustíbeis fósiles que á enerxía limpa desde o comezo da pandemia; e a extracción de carbón acabará caendo nos próximos 20 anos, mais o gas aumentará drasticamente. Todo o contrario do sinalado polo Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) da ONU no exhaustivo informe presentado en agosto. Alí apuntaba que para non superar o limiar de 1,5ºC a finais de século, as emisións de CO2 debían reducirse en 45% para 2030 con respecto aos niveis de 2010. "Ten que ser a sentenza de morte para o carbón e para o resto de combustíbeis fósiles antes de que destrúan o noso Planeta", afirmaba o secretario xeral da ONU tras a publicación do informe do IPCC. Mais os grandes contaminadores teiman en mantelos con vida, nun Planeta que será zombi. O gas, ese escuro obxecto de desexo O 'Informe sobre a Fenda de Produción' da ONU analiza os plans até 2030 dos 15 maiores produtores de combustíbeis fósiles con respecto a 2019. A tendencia é a reducir o carbón e a aumentar drasticamente a extracción de gas. Arabia Saudí (4,7 exajules máis), Rusia (+4,3), China e EUA (+3,8, cada un) son os países que máis a incrementarán. A UE é moi dependente do gas na actualidade. Segundo datos de Eurostat, en 2020 os países dos o importou, de maior a menor, foron: Rusia (43,4% do total), Noruega (20%), Alxeria (12%), Reino Unido (5,5%), Estados Unidos (5%) e a suma doutros países (14%).
NOS_49775
A armada celeste prepara un desembarco masivo este domingo en Pucela para apoiar o Celta. E si, moitos viaxarán coa estreleira ao campo que vetou a súa entrada
O equipamento do Celta leva as cores da bandeira galega. Unha decisión adoptada en 1923, na asemblea fundacional do novo club, e non precisamente por casualidade ou por simple estética. Igual que o nome: Celta. Denominación que gañou a outras opcións (Atlantic, Unión, Olímpico). Ese 10 de agosto de 1923 @s asistentes á xuntanza apostaron, de certo xeito, en criar unha equipo que nacese fortemente ligado a un país. Oitenta anos despois, esa ligazón mantense. Unha ligazón que se expresa de moitas e heteroxéneas formas. E unha delas é a presenza habitual de estreleiras en Balaídos ou ben en aqueles estadios onde xoga o Celta, levadas pola afección celeste. Este domingo, o Celta xoga en Valladolid. A armada celeste foxe de derrotismos e lamentos e prepara un desembarco masivo en Pucela para apoiar o seu equipo. #Eunonmebaixo ou #nonnosrendemos son dous HT empregados pol@s celtistas e que deixan ben ás claras que se vai loitar até o final "Non faltaremos nós...nin a bandeira" Diferentes peñas están a se organizar para viaxar a Valladolid a apoiar ao Celta. Malia o horario (domingo, 20 h), agárdase que centos de seareir@s fagan acto de presenza en Pucela, no estadio José Zorrilla. O mesmo campo no que hai dúas semanas o veto a que entrase a bandeira nacionalista galega indignou a seareir@s do Deportivo. "Non é só a Valladolid. Eu sempre que vou ver ao Celta levo a bandeira coa estrela. Sexa en Balaídos, en Madrid, ou onde haxa que ir, e lévoa con orgullo", comenta Henrique G., vigués. "No teu peito, dúas cores / que defendes sen temor / branco azul do noso Celta / tamén da nosa nación" (Keltoi, 1923) Xoán T, do Rosal, viaxará a Valladolid e, tamén, coa estreleira: "Eu sempre a levo cando vou animar ao Celta. Pero o curioso é que miña irmá e cuñado van ir a Valladolid e van levar bandeiras galegas, coa vaca no medio. E eles nunca eran de bandeiras!! eran só de bufanda do Celta!. Pero comenteilles o que pasou e queren ir con enseñas de Galiza".
NOS_3022
Como en case toda Galicia, a vaga de violencia que desencadeou o golpe de Estado orixinou a fuxida ao monte dos que non puideron marchar ou agocharse. Tamén prófugos e desertores do Exército. En Deza houbo fuxidos na Serra do Faro, nos montes de Rodeiro e Agolada e na zona do Ulla. Ramón de Valenzuela fixo unha reconstrución deses primeiros movementos dos escapados dezaos na súa novela Non agardei por ninguén.
Benjamín García Diéguez, alcumado "O Largo", nado en Barbeitos (Rodeiro), desertor do Tercio, uniuse a Ramón Sánchez coñecido como "Areán", por ter nacido nese lugar da parroquia de Az (Rodeiro), fuxido dende o golpe. Contactaron co grupo de Salvador Valcárcel "Recaré". Repartiron panfletos contra a ditadura na feira de Lalín e fixeron pequenos atracos. Denunciados por un veciño de Alperiz (Lalín), presentáronse na súa casa e executárono. Para obrigalos a entregarse detiveron a muller de Areán, a filla de dous anos, e os pais de Benjamín. Sen resultados, soltáronos. A pesar da caída de Recaré en abril de 1939, a agrupación seguiu operando até que en novembro detiveron a Benjamín en Ponte Pedroso (Rodeiro), morrendo o sarxento José García Docampo na operación. "O Largo" foi executado o 28 de agosto de 1940. Ramón Sánchez logrou escapar e refuxiouse na fronteira portuguesa onde se dedicou ao contrabando. Foi detido en Pazos (Cadós) en setembro de 1940. Condenado a morte, foi executado en Ourense. Co desmembramento da cuadrilla do "Largo" non remataron as accións dos fuxidos, o grupo de Celso Faílde, Román Faílde e José Calviño seguiu actuando na primavera de 1941. Foron localizados no verán: Celso foi detido en xuño, Román asasinado o 28 dese mes e o 16 agosto apresaron José Calviño. Oito dezaos acusados de ser enlaces da guerrilla foron detidos en 1940 e procesados por auxilio á rebelión en Ourense en decembro do ano seguinte. A organización da guerrilla A reorganización do PCE e da CNT en Galicia partiu do destacamento penal das minas de Fontao (Vila de Cruces). Os presos políticos da colonia penitenciaria organizáronse valéndose da relativa liberdade de movementos da que gozaban. Logo da chegada de Víctor García García, no verán de 1943, o PCE estaba organizado nas minas, en Silleda, Bandeira, Vila de Cruces, A Estrada, Agolada e Lalín. O anarquista Desiderio Comesaña pasou polo penal, e Juan García Duran, o reorganizador da CNT, estivo empregado como vixilante das minas uns meses para fuxir da persecución policial. Presos de Fontao foron Ventura Álvarez Lombradero, que se incorporou a Agrupación Guerrilleira de Levante onde foi abatido en 1949, e Eugenio Rueda Perosanz. Este, en liberdade grazas a rendición de penas, uniuse ao seu cuñado Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro", acosado por falanxistas e Garda Civil, para crear a agrupación que había ser coñecido como "Os Corcheiros". Rueda inspirou o personaxe de Roldan da novela de Valenzuela Era tempo de apandar na que se reflicte o ambiente das minas, o estraperlo do wolfram e a organización dos Corcheiros. Outra partida comandada polo asturiano Luis Blanco e o andaluz Diego Valero, tamén presos nas minas, foi sorprendida pola Garda Civil en xuño de 1944; no enfrontamento mataron o garda José Salgueiro e feriron outro. Foron detidos e executados dous anos despois. Adolfo Fernández Asorey "Alaparte" e José María Mosteiro "Ventura", estaban activos en 1945. A cuadrilla de Ramón Parcero, Manuel Varela e José Agra, de Piloño, que fixo asaltos na zona do Ulla, foi detida en novembro. "Os Corcheiros" repartían propaganda nas feiras e entre militantes e simpatizantes na clandestinidade. O comunista Juan Troiteiro foi detido en xuño de 1946 cun deses panfletos: "Republicanos, Socialistas, Comunistas, Galleguistas, Anarquistas, UGT, CNT y todos los españoles antifranquistas, igual que en el catorce de abril de 1931, tenemos que luchar unidos hasta conseguir derrocar el Régimen Franquista, y rescatar la República que el traidor Franco, ayudado por Hitler y Musolini, nos arrebató brutalmente el día 18 de Julio 1936. ¡Viva la unidad Antifranquista! Viva la República y viva el Partido Comunista." "Os Corcheiros" repartían propaganda nas feiras e entre militantes e simpatizantes na clandestinidade Despois do verán a agrupación volante da IV Agrupación comandada por Xanote, con "Corcheiro" e Rueda, asaltaron un falanxista de Az (Rodeiro) e o 14 de outubro detiveron na Saborida (Vilatuxe) oito ómnibus que ían á feira da Bandeira (Silleda) recadando máis de 150.000 pesetas. No atestado descríbenos como "sete homes armados, dous con arma longa e o resto con pistolas metralladoras, todos con bombas de man, dous deles cubertos con pasamontañas, con aspecto de non ser labregos, ben vestidos, con botas altas, pantalóns de coiro brich e gabardinas". As forzas da Garda Civil abateron en Merlín (Agolada) Adolfo Fernández Asorey en xuño de 1947 e en decembro desarticularon un grupo que estaba creándose en Lebozán (Lalín) matando Benito González e detendo os enlaces. O brigada da Garda Civil Eleuterio Barahora foi condecorado por esas actuacións. Coa creación da V Agrupación do Exército Guerrilleiro en 1947 ao mando de Benigno Andrade "Foucellas" iniciáronse as accións na comarca en novembro cun asalto en Maceiras (Dozón) no que interviron José Remuiñán e Vicente López Novo, coa participación de "Corcheiro" e Rueda. En decembro sucedéronse outros asaltos en Sabrexos (Vila de Cruces) e Camposancos (Lalín). Ante a escalada das accións guerrilleiras, crearon en Lalín un Sector Interprovincial da Garda Civil. Ao mando do comandante Manuel Montero, contaba cuns corenta gardas especializados na loita contra a guerrilla, moitos deles de paisano, que se infiltraron entre os enlaces e crearon contrapartidas. Establecéronse novos destacamentos en Pardo, Vilatuxe (Lalín), Ventosa (A Golada), A Ponte Ulla (Vedra) e A Ponte Ledesma (Vila de Cruces). A represión da brigadilla, con máis de sesenta detidos, rematou coa resistencia armada na comarca O 10 de febreiro de 1948 suicidouse o que fora xefe da Falanxe de Vila de Cruces, Pedro Permuy, logo de que apareceran pola vila panfletos con frases ameazadoras. Ese mesmo día a V Agrupación, coa incorporación de Julio Bazarra, asaltou a casa de Marcelino González en Palio (Lalín) e executou o falanxista de Cercio (Lalín) Jesús Cuñarro Mosteiro, acusado de ter participado nos paseos de Pontevedra e da morte dun veciño republicano. Ao mes seguinte producíronse outros dous asaltos. Un en Cristimil (Lalín) coa intención de executar o falanxista Manuel Framiñán, que non puideron atopar. O outro, no domicilio de Baldomero Rodríguez de Sestelo (Lalín), reportoulles unha boa cantidade de diñeiro. A fin da guerrilla A agrupación dividiuse en dúas partidas: unha comandada por Vicente López; a outra, mandada por Miguel Nicolás da que formaban parte Florentino Menéndez e José Ramuñán, permaneceu na comarca de Deza. Este grupo intentou o asalto á casa dos irmáns Benito e Julio Rivas Fondevila en Siador (Silleda), sinalados participantes na represión, o 9 de abril. Os Rivas defendéronse, e aínda feridos lograron repeler o ataque, resultando ferido mortalmente no enfrontamento Miguel Nicolás, que foi rematado polos seus propios compañeiros. Coa morte de Corcheiro, as dúas partidas reunificáronse e, logo dalgunhas accións no Pazo de Oca (A Estrada), foron localizados o 19 de maio agochados nunha palleira en Loureiro, Luou, Teo. Abateron a Manuel Agrasar, Vicente López, Florentino Menéndez e Ricardo Fernández Carlés. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir. En xullo de 1948 foi desmantelada a partida de José Castro Prieto, que viña realizando asaltos en Agolada e Cruces. Castro, Domingo Argibay, encargado da compra de armas, e tres enlaces foron xulgados ao ano seguinte. O líder foi condenado a cadea perpetua, e os demais a penas de prisión. O 19 de setembro localizaron a José María Mosteiro "Ventura" en Carlín (Agolada) e matárono cando intentaba fuxir. A onda represiva que desencadeou a brigadilla, con máis de sesenta detidos, rematou coa resistencia armada na comarca. Desde novembro de 1948 sucédense os consellos de guerra contra os enlaces. O guerrilleiro Julio Bazarra Constela foi capturado e xulgado na Coruña en marzo de 1949 nun macroconsello de guerra con outros 45 procesados, presuntos enlaces, entre eles o comunista da Xesta (Lalín) José Villar Pájaro, acusado de ser o máximo responsable da guerrilla do chan, e outros antigos republicanos que xa foran detidos na represión que seguiu o golpe. Outra das apresadas foi Inés Blanco Donsión, acusada de bordarlle unha bandeira para a Agrupación, aínda que non chegou a ser procesada. O comandante Montero converteuse no home máis temido da Galicia central. No soto da comandancia, que estaba na súa casa, instalou unha checa que servía de local de interrogatorio. Varias testemuñas confirman que os que saían do soto cara ao calabozo levaban o rostro desfigurado e apenas podían andar O que había ser un dos últimos guerrilleiros que actuaban en Deza, o reloxeiro asturiano Antonio Fontao Montenegro, foi abatido pola Garda Civil de Vila de Cruces o 8 de xaneiro de 1949. Xusto un día antes de que un comando matase en Soutelo de Montes o xefe de Falange José Couceiro e a súa muller María Constenla; o que ocasionou as detencións de varios veciños de Lebozán e Arnego, acusados de prestar axuda aos autores das mortes. En resumo, máis dunha década de violencia, torturas, represión e morte. A propaganda da ditadura insistía nos anos de paz, esa paz dos cemiterios. Quedan moitos episodios por aclarar na historia da guerrilla de Deza, un dos máis sorprendentes é o achado dun cadáver no agro do Rizo de Fafián o 24 de maio de 1948. Tratábase de Crisanto Carbajo Enríquez, un mestre de Cubillos (Zamora) que na República fora delegado da Confederación Nacional de Mestres en Santander; detido e condenado, cumpriu condena en El Puerto de Santa María de onde saíu en liberdade condicional en 1941. Era Crisanto un dos guerrilleiros? Manuel Montero, o nome do terror A comezos de 1948 instalouse en Lalín o Sector Interprovincial da Garda Civil co obxectivo da persecución e eliminación da guerrilla, con xurisdición sobre o norte da provincia de Pontevedra e as comarcas lindeiras da Coruña e Lugo (Melide e Chantada). Para dirixilo foi designado o comandante Manuel Montero Galvache. Nacera en San Fernando en 1903 nunha familia de militares e gardas civís, participou na represión contra a guerrilla en Andalucía e Estremadura polo que foi ascendido a capitán en 1946. O comandante Montero converteuse no home máis temido da Galicia central. García Barros descríbeo como "home duro e rudo que se excedía no cumprimento de seu, non moi grato de ver e cuio soio nome facía tremer á xente". No soto da comandancia, que estaba na súa casa, instalou unha checa que servía de local de interrogatorio. Varias testemuñas confirman que os que saían do soto cara ao calabozo levaban o rostro desfigurado e apenas podían andar. Borobó, nun dos seus Anacos, conta que Angel Mejuto "Lito", de Pontecesures "foi sometido aos máis crueis interrogatorios en Lalín, que o seu miúdo e feble corpo de tísico non puido resistir. Tanto que ao pouco tempo de que o deixaran saír á rúa, sen cargos, morreu". Manuel Montero é Montalvo, un dos personaxes da novela Acta de vítimas de Victorino Gutiérrez, que relata de primeira man o clima de violencia e terror que se viviu neses anos en Deza. O garda Manuel Rodríguez Carballo, do servizo de información, coñecido como "cerebro negro", e o cabo Manuel Mouriño, xefe de la brigada de investigación, son lembrados con horror. Estes métodos de terror conseguiron desmantelar a estrutura de apoio da guerrilla. Montero recibiu a felicitación pública dos Concellos de Lalín e Silleda e o de Vila de Cruces solicitou para el a Cruz de Beneficencia en 1950. En xuño dese ano estaba programada e anunciada unha homenaxe ao comandante, que non chegou a materializarse. O Sector desmantelouse en 1952. Montero, xa Tenente Coronel, foi destinado á xefatura da comandancia de Áraba, e en 1957 pasou a mandar a de Ciudad Real. Finou en Córdoba en xaneiro de 1983.
NOS_2803
A Audiencia Provincial de Madrid resolveu revogar o arquivo da causa polo asasinato do seareiro deportivista Francisco Javier Romero Jimmy, morto a mans de ultras do Frente Atlético a 30 de novembro de 2014 nas inmediacións do Vicente Calderón.
A sección sexta da Audiencia Madrid, nun auto ao que tivo acceso a axencia Efe, resolveu deixar sen efeito o sobresemento e arquivo das actuacións polo homicidio de Jimmy. O xuíz decretara o sobresemento ao considerar que non existían indicios nen probas suficientes para certificar a responsabilidade de ningunha persoa en concreto no asasinato de JImmy. A Audiencia non respalda o arquivo e pede ao xuíz -en concreto ao titular do Xulgado de Instrución número 20 de Madrid, Pedro Marchante- que practique dilixencias de probas e que "á vista do resultado" proceda "ao ditado da resolución que estime procedente". Todo indica que, ao contrario que o xuíz, a Audiencia, como tamén a policía que investigou o caso, si outorga credibilidade ao testemuño da testemuña protexida, un menor de idade que tería identificado catro persoas como responsábeis do asasinato.
PRAZA_17932
Os socialistas fixeron coincidir os seus actos de inicio de curso político en Compostela e Oroso co que o PP organizou en Cotobade. A vicepresidenta Carmen Calvo acompañou a Gonzalo Caballero. "O PP ríase de Galicia e Feijóo aplaudía", destacou o secretario xeral do PSdeG-PSOE
O PSOE tamén abriu o seu curso político en Galicia, con dous actos en Compostela e Oroso nos que a presenza da vicepresidenta Carmen Calvo lle deu unha maior relevancia ao encontro, no que tamén interviron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, e o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero. Gonzalo Caballero foi moi crítico con Alberto Núñez Feijoo, ao que lle preguntou se "vai seguir sendo tan desleal con Galicia como cando Rajoy aprobaba o copago dos fármacos, os recortes na dependencia ou a non revalorización das pensións?". "O PP ríase de Galicia e Feijóo aplaudía", engadiu Caballero, que denunciou que "Rajoy deixase sen executar máis de 2.000 millóns consignados para Galicia". "Estamos aquí para dicir que, ao igual que se acabou Rajoy, tamén se vai acabar Feijóo. Cando haxa eleccións, terminouse o seu ciclo. Feijóo está espido, e, co seu cinismo, quere trasladar unha imaxe de poder; pero está deixando a Galicia sen futuro", afirmou. "A Galicia que nos deixa Feijoo é unha Galicia peor", dixo o secretario xeral do PSdeG-PSOE, que defendeu que "os avances na sociedade española sempre viñeron da man do PSOE" e que "en política cando hai vontade de xestión actuamos: universalizamos a sanidade, subimos as pensións, especialmente as máis vulnerables. O PP fai todo o contrario". Pola súa banda, Carmen Calvo centrou o seu discurso na política estatal, lembrando que "o PP perdeu o Goberno de España por corrupción" e contrapoñendo o que cualificou de "políticas socialistas", en referencia á ao traballo "polas pensións, pola educación pública e pola sanidade pública". Calvo dedicou unha boa parte da súa intervención a falar do conflito político que se vive en Cataluña, sinalando que "o diálogo é sempre obrigatorio, non é opcional. É un respecto entre institucións". A vicepresidenta subliñou que "o PSOE defendeu a España sempre, e seguirémolo facendo. Somos un partido que entendemos e respectamos unha España tan diversa e á vez tan igual". Tamén falou Abel Caballero, que defendeu o papel de concellos e deputacións e afirmou que "o PP nunca quixo que aplicásemos políticas sociais dende os concellos do PSOE, pero fixémolo".
PRAZA_12505
Sabe vostede por que esta traxedia parece tan enorme? Porque é irreparábel. Porque a irreponsabilidade do goberno do meu país, da miña nación fará que nunca máis haxa Fragas, e non me veñan dentro de cinco anos dicindo que xa está verde, as Fragas non eran unha cor, eran unha feliz explosión de vida que non volverá.
Señor presidente: Arden as Fragas do Eume (aquí dicimos así, en plural, porque distinguimos a Nova e a Vella). Por enriba da miña cabeza pasa de cando en vez un avión, oxalá non sexa xa inútil o esforzo. Aí volve... O que está a arder é o bosque atlántico máis importante de Europa. O que as lapas devoraron, iso que a prensa está a chamar a xoia ecolóxica de Galicia (e non quero desmerecer ningunha outra das alfaias que a Natureza nos outorgou as xentes galegas) é un lugar no que, non podo crer que ninguén do seu goberno se parara a pensalo, existían un considerábel número de especies vexetais e animais únicas, moitas outras necesitadas de especial protección e innumerábel cantidade das que lle daban a este sitio o seu carácter de reserva paisaxística singular. Tamén era un lugar que moitísimos galegos visitaban e disfrutaban cada ano. E traían con feliz orgullo xentes doutros lugares do mundo para que visen isto. Pero tamén de gran valor económico e histórico. De aquí saíu por séculos a vida da comarca: toda caste de froitas, as castañas que deron lugar a un xeito de aproveitamento e de linguaxe (curripa, esbilas...) propio da zona, uvas para o viño das casas, madeira para trabes e aguieiros, carbón que se vendía en toda a Ferrolterra, mel, as herbas que curaban ou aliviaban... Mais tamén foi lugar onde se refuxiaron os perseguidos durante a guerra civil e os guerrilleiros despois... Pero tamén era un lugar que moitísimos galegos visitaban e disfrutaban cada ano. E traían con feliz orgullo xentes doutros lugares do mundo para que visen isto. E debera ver con que satisfacción traían aos seus fillos para que aprendesen a respetar estas marabillas. E sei ben que así era porque aos amigos e ás amigas que me visitaban sempre os levaba á Fraga, desde a miña casa hai menos dun quilómetro, e eu dicíalles: Vouvos levar ao paraíso. Que lles direi agora? Sabe vostede por que esta parece tan enorme? Porque é irreparábel. Porque a irreponsabilidade do goberno do meu país, da miña nación fará que nunca máis haxa Fragas Mire vostede se non lle estou a escribir sobre dunha traxedia (outra) para Galicia, e non digo a máis grande porque todas as traxedias son incomensurábeis, totais. Sabe vostede por que esta parece tan enorme? Porque é irreparábel. Porque a irreponsabilidade do goberno do meu país, da miña nación (aínda que a vostede non lle gustará que lle chame como di o noso himno) fará que nunca máis haxa Fragas, e non me veñan dentro de cinco anos dicindo que xa está verde, as Fragas non eran unha cor, eran unha feliz explosión de vida que non volverá. Foi o seu goberno o que desmantelou a base de Queixeiro, cativa medida de prevención que podería ter avistado como comezaba o lume e, de haber as brigadas que non hai, acudir en pouco tempo E por que arderon as Fragas? Porque, con intención ou sen ela, pegáronronlles lume. Sexa culposo ou doloso o delito, o caso é que alguén lles puxo lume. Mais iso non dá para se agocharen vostedes, o goberno galego, detrás dun desalmado. Vostedes están incursos nun delito grave de neglixencia criminal. Vostedes non fixeron nada por evitar isto. Nada! Foi o seu goberno o que desmantelou a base de Queixeiro, cativa medida de prevención que podería ter avistado como comezaba o lume e, de haber as brigadas que non hai, acudir en pouco tempo. Pero tivo que avisar un veciño porque non hai nin un home cuns prismáticos que atenda ás Fragas. Como é posíbel que entre as dúas consellarías ás que lle atinxía a protección das Fragas, non houbese nin un só responsábel algo espelido como para dicir que era preciso un protocolo de protección das Fragas en caso de lume? Cando vostedes van por aí sempre están expostos a que un toliño lles queira dar unha labazada, mandar aos fociños unha torta de merengue ou un ovo podre. Para evitar iso hai que confeccionar os oportunos planos de continxencia que prevén isto e póñenlles escoltas e gardas. E, digo eu, unha vez observada a descoordinación dos efectivos que actuaron nas primeiras horas desta desgraza, despois do inverno que tivemos e a primavera que temos non deron osmado que podería vir calquera cabeciña desamañada e poñer lume nas Fragas? Ninguén do seu goberno foi quen de pensar en elaborar un protocolo de actuación en caso de lume nas Fragas do Eume? Pois mire, onte cando chamaron a un amigo meu que traballa no concello, para que acudise porque había lume, el xa tiña preparadas dúas cisternas de auga, porque sabía que isto podía pasar, e os seus conselleiros, que cobran ben máis, nunca pensaron que podería suceder algo así. Hai que amolarse con quen nos goberna! Xa sei que tanto lles ten, este país a vostedes non lles importa nin lles importou nunca, se arde que arda. Sempre miraron o rural con desprezo de señoritos de casino Xa sei que tanto lles ten, este país a vostedes non lles importa nin lles importou nunca, se arde que arda. Sempre miraron o rural con desprezo de señoritos de casino. Facer unha planificación que evite o abandono e o despoboamento do campo? Para que? Con ter uns alcaldes servís (aos que tamén desprezan) que aquelen as votacións cada catro anos, o mundo rural xa está servido e o presidente e os conselleiros felices. Mire, señor presidente, o peor defecto dun mandatario é o desleixo, e vostede é reo diso. Desleixo da lingua, da cultura, da sanidade, da educación... e agora das Fragas do Eume. Que será o próximo? Deixar caer a catedral de Santiago? Non sei que despedida escribir e nada persoalmente ofensivo lle quero dicir, así que vou deixar a cousa así. P. S. Aí vai o avión outra vez!
QUEPASA_422
O comité prepara un novo calendario de mobilizacións para esixir o rearranque dos fornos, o plan de viabilidade e as inversións comprometidas
O pasado venres remataba o ERTE de XEAL. Pero a actividade produtiva nas fábricas non subirá. Así llo confirmaba a a dirección de XEAL (antiga Ferroatlántica de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas) ao Comité nunha reunión o pasado venres, deixando claro que só ten intención de manter operativos dous dos cinco fornos. As cifras que aporta o Comité son duras: A día de hoxe a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade. Unha decisión que para os traballadores confirman a idea de que "o ERTE era unha fraude, que non existían causas e que o único obxectivo da empresa era aproveitar a crise sanitaria para afianzar o plan de paralización dos fornos, desmantelamento das factorías e recorte de emprego". O Comité segue esixindo, un ano despois da compra do complexo, o Plan de Viabilidade ou os investimentos comprometidos, mentres as fábricas sufriron un "recorte progresivo da produción e do emprego directo e nas auxiliares e subcontratas". Por todo isto, o Comité estudiará retomar un calendario de mobilizacións a realizar nas próximas semanas para esixir o rearranque dos fornos e garantías de futuro das fábricas e dos empregos. A Xunta Non esquece á Xunta o Comité, que ten que esixir o Plan de Viabilidade ao que obrigan as cláusulas das concesións hidroeléctricas. Unha produción hidroeléctrica que xenera uns beneficios de 5 millóns de euros ao mes durante este inverno. "A empresa beneficiase de axudas públicas e concesións hidroeléctricas pólo que a consellería de industria tén a obriga de fiscalizar a venta e comprobar o grado de cumplimento de ditas concesións para garantir a actividade industrial e postos de traballo", demandan. NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA 15-05-2020: O Comité demanda o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento". 22-04-2020: O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento". 13-04-20: O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE. O Comité de XEAL denuncia que a dirección mantén traballando persoal de grupos de risco. 10-03-2020: XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca. 05-03-2020: O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca. 02-03-2020: O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas. 20-02-2020: O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome. Febreiro 2020: Ferroatlántica ata cambia de nome. Febreiro 2020: Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens. Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación. 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo. Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica. Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres. Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs. Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción. Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas. Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.
PRAZA_9312
Quero incidir na lexicografía da RAG e os seus incoherentes e, pra min, ignotos criterios á hora de recuperar o noso léxico patrimonial. Á vista está que o noso modelo de vocabulario culto segue a proceder do castelán e non do portugués, contravindo o punto cuarto das NOMIG
En lingüística denomínase "léxico patrimonial" dun idioma a todo o vocabulario autóctono desa lingua, é dicir, o xerado de seu e non o tomado doutros idiomas aínda que teña pleno uso. Nas linguas romances é o que presenta a evolución, coas transformacións fonéticas e/ou semánticas propias de cada lingua, dende o seu étimo latino (Ex.: auga, beleza, ceo, dúbida, fariña, herba, lúa, morea, noite, ovo, pau, roda, soidade, táboa, voda, xeo etc.) e tamén as palabras non latinas incorporadas ao idioma en época antiga ou de orixe latina pro incorporadas dende outras linguas romances (Ex.: alfaia, amorodo, azucre, berce, branco, burato, carballo, esquerdo, frecha, gándara, helmo, homenaxe, roupa, veiga, xardín, xarope etc.).O noso idioma, por mor da secular situación de diglosia en que vive, foi perdendo parte do seu léxico patrimonial, substituíndoo polo léxico castelánAs verbas incorporadas posteriormente, ben dende o latín e mailo grego antigo, ben dende outras linguas contemporáneas, reciben o nome de cultismos e semicultismos, dependendo do grao de transformación do étimo orixinal na lingua romance, no primeiro caso, e neoloxismos no segundo.O noso idioma, por mor da secular situación de diglosia en que vive, foi perdendo parte do seu léxico patrimonial, substituíndoo polo léxico castelán, ora adoptando as palabras castelás (Ex.: escoba por vasoira, nudo por nó, pizarra por lousa, pulpo por polbo, tiza por xiz etc.), ora adaptándoas á nosa pronuncia ou trazos característicos (Ex.: conexo por coello, desaiuno por almorzo, sonaxeiro por axóuxere, tearaña por arañeira, verxa por enreixado etc.), mais en ámbolos casos asumindo estes castelanismos como léxico propio. Por isto a estandarización esixe unha recuperación dese vocabulario de noso substituído na fala polas formas castelás, que ameazan converter a nosa lingua nunha sorte de dialecto diferenciado do idioma hexemónico, etapa necesaria previa á súa desaparición como lingua viva. Por isto é fundamental a recuperación do léxico patrimonial prá supervivencia dun idioma sometido a un proceso de "minorización" lingüística e posterior "glotocidio" –termos ambos non incluídos no dicionario da RAG– como é o noso.Nun texto anterior facía fincapé en todo un gran número de palabras que se estaban a perder por as non usarmos polo simple feito de non teren correspondencia con outras do léxico castelán, mais todas elas si estaban recolleitas polo dicionario da RAG; xa que logo, era un problema que se xeraba nos falantes e non unha carencia dos lexicólogos galegos. Porén agora quero incidir na lexicografía da RAG e os seus incoherentes e, pra min, ignotos criterios á hora de recuperar o noso léxico patrimonial.Quero incidir na lexicografía da RAG e os seus incoherentes e, pra min, ignotos criterios á hora de recuperar o noso léxico patrimonialO proceso de estandarización do noso idioma foi, e aínda é, tamén un proceso simultáneo de recuperación das características morfosintácticas e do léxico perdidos ou esmorecentes da nosa lingua. O grao de degradación do galego esixía tal procedemento se se quería unha lingua estándar cun mínimo de pureza e idiosincrasia fronte á mestiza fala oral maioritaria nos finais do século XX. A desavinza lingüística entre os partidarios dun estándar baseado na fala e os defensores dun galego depurado de castelanismos fixo que o proceso fose lento nun constante tira e puxa na aceptación de palabras patrimoniais recuperadas pró galego estándar en substitución dos castelanismos usados ata a altura. Baste lembrar como palabras como: alemana, amplio, anque, bretona, comenzo/comenzar –aínda admitidas pro desaconselladas polo dicionario da RAG–, diccionario, entonces, leona, precio, victoria, xuício, xusticia etc., recuperaron a súa forma galega, a miúdo adaptada á ortografía vixente: alemá, amplo, aínda que, comezo/comezar, dicionario, entón, leoa, prezo, vitoria, xuízo, xustiza etc. Mais houbo que agardar ata 2003 pra recuperar un significativo grupo de palabras patrimoniais como: alén, aquén, após, diferenza, espazo, estudo/estudar, Galiza, graza, licenza, nacenza, novizo, porén, presenza, querenza, reitor, seita, sentenza, servizo, terzo, vogal etc., por mor dun acordo entre reintegracionistas de mínimos e a RAG.Así e todo, aínda restan palabras patrimoniais sen restaurar, descoñendo o motivo que as relega ao limbo dos arcaísmos ou lusismos, como denantes estiveron outras semellantes por iguais motivos e acusacións. É o caso de:Houbo que agardar ata 2003 pra recuperar un significativo grupo de palabras patrimoniais. Así e todo, aínda restan palabras patrimoniais sen restaurar, descoñendo o motivo que as relega ao limbo dos arcaísmos ou lusismosDefeito e defeituoso pro defección, defectíbel e defectivo coma en portugués: defeito, defeituoso, defeção, defetível e defetivo fronte ao castelán: defecto, defectuoso, defección, defectible e defectivo. O galego medieval rexistra ámbalas formas: "defeito/defeytos" e "defecto/defectos", mais unicamente a primeira se usa nos s. XIV e XV fronte á segunda que aparece soamente no s. XV. Os séculos posteriores consagran as formas coincidentes co castelán, conforme amosa o TILG (Tesouro Informatizado da Lingua galega) –ordenadas de maior a menor uso e co ano da primeira aparición–: defecto(s) (1863) e defectuoso(s)/-a(s) (1897) e mesmo "defectosa" (D.X. Cabana – O cervo na torre, 1994), defeuto(s) (1746) e defeutuoso(s)/-a (1895), defeito(s) (1897) e defeituoso/-a(s) (1897) ou defeitoso/-a (1921), e defeto(s) (1972) e defetuosa e defetosa (1983, texto dialectal).Leitura, leitor e lición pro lectivo e leccionar (= dar licións a) e os seus derivados: leccionista, leccionando, leccionamento e leccionación, palabras que o galego non ten porque tampouco as ten o castelán. O portugués usa: leitura, leitor, lição pro letivo, lecionar, lecionista, lecionando, lecionamento e lecionação; seica un modelo máis acorde coa nosa tradición fronte á copia castelá en uso: lectura, lector, lección e lectivo. Porque non se debe esquecer que na lingua medieval se rexistra dúas veces "leitura/leytura" fronte a unha "lectura", nun texto moi castelanizado ademais, e unha "letura", todas no s. XV; de certo soamente aparece a forma "lector" nun texto do s. XV pro tamén só se recolle a forma "lyções" nun texto do s. XIV. Aínda que nos séculos posteriores se impuxeron os castelanismos non por isto deixou de haber tentativas pra recuperar ou adaptar as formas patrimoniais segundo comprobamos no TILG, así a maioritaria "lectura(s)" comparte escritura coas formas vulgares "leutura(s)" e "letura(s)" e a patrimonial "leitura(s)", a forma minoritaria máis frecuente e empregada por escritores como: A. López Ferreiro, Rafael Dieste, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, A. Cunqueiro, A. Fole, Martínez Oca, Méndez Ferrín etc.; a maioritaria "lector(es)/-a(s)" e as menos usadas "leutor(es)/-a(s)", "letor(es)/-a(s)" e "leitor(es)/-a(s)", de novo a forma patrimonial é a minoritaria máis rexistrada; e xunto á maioritaria "lección(s)" as minoritarias "leución(s)/leuciós/leuciois", "leción(s)", "leizón(s)" e tamén "lición(s)", esta en escritores como M. García Barros (As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972) ou X.L. Méndez Ferrín (Crónica de nós, 1980), e "lizón(s)".Perfeito, perfeición e perfeicionar pro perfeccinismo, perfectíbel e perfectivo; e incluíndo tamén os seus derivados: imperfeito, imperfeición pro imperfectíbel, imperfectivo e pluscuamperfeito (coma en pt.: perfeito, perfeição, perfeiçoar, imperfeito, imperfeição, imperfeiçoar e mais-que-perfeito pro perfecionismo, perfetível, perfetivo, imperfetível, imperfetivo, imperfetibilidade); no canto de copiar o modelo castelán: perfecto, perfección, imperfecto, pluscuamperfecto etc. Pois non hai que esquecer que "perfeito/perfeyto" (coa súa variación de xénero e número) é a única forma rexistrada no galego medieval xunto a "perfeyçõ", polo que parecería máis coherente adaptar a solución portuguesa en vez da castelá. No galego moderno as formas máis usadas de máis a menos son, segundo o TILG –e co ano da primeira aparición–: perfecto(s)/-a(s) (1853), perfeito(s)/-a(s) (1746), perfeuto(s)/-a(s) (1861) e perfeto/-a (1975, cun par de rexistros só); e perfección (1861)/perfeccións (1926)/perfecciós (1926), perfeición (1895)/perfeiciós (1889)/ perfeicións (1928), perfeución (1877)/ perfeuciós (1886)/ perfeucións (1889), perfeizón (1977) e perfeción (1901). Como se pode comprobar no galego moderno sempre houbo unha tentativa de recuperar as formas antigas.Respeito, respeitar, respeitoso, respeitábel, respeitabilidade pro respectivo (coma en pt.: respeito, respeitar, respeitoso, respeitável, respeitabilidade e respetivo) fronte aos normativos: respecto, respectar, respectuoso, respectable, respectabilidade e respectivo (cuxa pronuncia coincide cos casteláns: respeto, respetar, respetuoso, respetable, respetabilidad e respectivo). Convén lembrar que "respeito/respeyto" é a forma máis usual no galego medieval (15 rexistros) fronte a "respecto" (5 rexistros), mentres que "respeitar" aparece con 2 rexistros (escrito como "rrespeitar") por ningún de "respectar". Dentro desta familia de palabras o galego normativo ten "irrespectuoso", coma en castelán (irrespetuoso), mentres que o portugués pró mesmo significado usa "desrespeitoso" e amais as palabras "desrespeito" e "desrespeitar" cos significados de "falta de respecto" e "faltar ao respecto". Todo un exemplo irrefutábel de cal é o modelo dos nosos lexicólogos. Na escrita moderna, consultando o TILG, as formas empregadas de máis a menos uso e coa data da primeira aparición son: respecto(s) (1863), respeto(s) (1826), respeito(s) (1697) e respeuto(s) (1746); e respetar (1810), respectar (1912) –que tras esta primeira data desaparece pra non volver aparecer ata 1991– e respeitar (1889), pois non se rexistra "respeutar" como forma en infinitivo. Parece significativo o emprego de "respeito", suposto lusismo prá RAG, aínda no s. XVII, continuando o uso medieval, non? Coido que "respecto" é un cultismo tanto no s. XV, século onde se rexistran moitas grafías latinizantes, coma agora, mais un cultismo innecesario.Pro amais, outras palabras entrarían dentro do que sería seguir a nosa tradición patrimonial asumindo o punto cuarto dos principios das NOMIG (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego) que di: "[…]. Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. […]", como sería o caso de: Conceito, conceitual, conceituar, conceituoso e conceición (< pt. conceito, conceitual, conceituar, conceituoso e conceição fronte ao es. concepto, conceptual, conceptuar, conceptuoso e concepción). Na escrita moderna as formas usadas consultando o TILG, de máis a menos e co ano da primeira aparición son: "concepto(s)" (1901), "conceito(s)" (1889), "conceuto(s)" (1862) e "conceto(s)" (1930). E "concepción(s)" (1884), cos plurais dialectais moi minoritarios "concepciós (1917) e "concepciois (2006); "conceición(s)" (1895), onde o plural dialectal "conceiciós" foi máis frecuente entre 1917 e 1963, e houbo un pequeno uso de "conceizón(s)" entre 1917 e 1934; "conceución(s)" (de 1883 ata 1998), destacando máis plurais "conceuciós" ca "conceucións" e un mínimo "conceuzón"; e "conceción" (1930), utilizada escasamente en textos dialectais. Como se comproba "conceito" e "conceición" son as formas descastelanizadas máis empregadas polo galego contemporáneo.Efeito pro efectuar, efectíbel e efectuoso (< pt. efeito, efetuar, efetível e efetuoso fronte ao es. efecto, efectuar, efectista e efectivo). No galego moderno, conforme o TILG, o lusismo "efeito" é a forma máis usada entre as minoritarias (dende 1895 ata 1999) fronte aos vulgarismos "efeuto" (dende 1746 a 1993) e o moi esporádico "efeto" pro a distancia do moi maioritario castelanismo "efecto" (dende 1810 ata hoxe).Elixir, eleición, eleito, eleitor, eleitoral e eleitorado (< pt. eleger, eleição, eleito, eleitor, eleitoral e eleitorado fronte ao es. elegir, elección, electo, elector, electoral e electorado). No galego moderno, consultando o TILG, hai clara maioría de uso da forma verbal escolleita pola RAG: "elixir" (dende 1886 ata hoxe), fronte ao castelanismo "elexir" (dende 1877 ata 2007) e á adaptación do portugués: "eleger"> "elexer" (usado só moi recentemente entre 1985 e 1993). Tamén hai incuestionábel maioría do substantivo castelán "elección(s)" (dende 1812), cun uso mínimo dos plurais dialectais: "elecciós" e "elecciois", fronte ás formas vulgares: eleución (1853), cuxo plural máis usado é "eleuciós" no canto de "eleucións", e "eleción" (1972); e ao lusismo adaptado "eleición" (1897), a forma minoritaria máis empregada, mesmo por escritores como X.L. Méndez Ferrín (Dosinda Areses, 1998). Mais a forma máis empregada do actual adxectivo/participio "electo" (dende 1905) é "eleito" (dende 1886 ata 1996, en D.X. Cabana – Morte de Rei), co un uso reducido do vulgarismo "eleuto" (entre 1883 e 1919).Preceito, preceituar e preceituoso pro precector e preceptivo (< pt. preceito, preceituar, preceituoso, precetor, precetivo fronte ao es. precepto, preceptuar, preceptivo e preceptor). Segundo o TILG as formas máis usadas, co ano da súa primeira aparición, no galego moderno son: precepto(s) (1836), preceuto(s) (1853), preceito(s) (1918) e preceto (1986, nun só texto dialectal). Neste caso o castelanismo e o vulgarismo están diante da forma máis semellante ao noso léxico patrimonial.Á vista está que o noso modelo de vocabulario culto segue a proceder do castelán e non do portugués, contravindo o punto cuarto das NOMIGOu Prefeito e prefeitura (< pt. prefeito, prefeitura e prefeitoral en fronte de es. prefecto e prefectura). Ámbalas palabras con non moito uso, como se ve no TILG, pro destacando lixeiramente sempre as formas castelás: "prefecto(s)" (dende 1917) e "prefectura(s)" (dende 1990); sobor do lusismos: "prefeito" (de 1963 a 1984) e "prefeitura" (1958, X.L. Méndez Ferrín – Percival e outras historias); e os vulgarismos: "prefeuto(s)" (de 1877 a 1930, pro tamén como metátese de "perfeuto(s)") e "prefeto" (1910), sen rexistro de "prefeutura" nin "prefetura".E por último, unha comparación das verbas acabadas en "–feito" en galego e portugués e as súas correspondentes en castelán dá como resultado que soamente coinciden aquelas que se corresponden coa terminación "–hecho/–fecho" en castelán (pt. e gl. afeito e es. afecho [desus.], pt. e gl. feito e es. hecho, pt. e gl. satisfeito e es. satisfecho etc.) mentres que o resto coinciden sempre entre galego e castelán (pt. defeito e gl. e es. defecto, pt. perfeito e gl. e es. perfecto, pt. rarefeito/rarefato e gl. e es. rarefacto etc.). Curiosamente o portugués ten as palabras "malfeito" e "benfeito" dos verbos "malfazer" e "benfazer", pro o galego só "malfeito" de "malfacer" coma o castelán "malhecho", que non ten verbos "malhacer" –aínda que consta un antigo "malfacer"– nin "benhacer" senón "hacer mal" ou "hacer bien".Recentemente (Praza Pública, 10-01-2019), co gallo dun acordo de colaboración coa Academia Brasileira de Letras, o actual presidente da RAG, o señor Víctor Freixanes, afirmaba que "o galego non é unha lingua local, é unha lingua que forma parte dun proxecto internacional" e tamén que "a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique…", mais á vista está que o noso modelo de vocabulario culto segue a proceder do castelán e non do portugués, contravindo o punto cuarto das NOMIG, polo que tales declaracións semellan un acto de cinismo.
NOS_48034
A declaración está relacionada co emprego de tarxetas con cargo a fondos opacos do empresario mexicano Allen Sanginés-Krause, investigado pola Fiscalía do Tribunal Supremo. Facenda debe responder nos vindeiros días se acepta a regularización ou solicita aclaracións e cal é o importe a pagar.
O rei emérito Juan Carlos I presentou unha declaración ante a Axencia Tributaria para regularizar a súa situación fiscal catro meses despois de abandonar o Estado español. A declaración, segundo informou hoxe o xornal El País, está relacionada co uso de tarxetas bancarias por parte do ex xefe de Estado e dos seus familiares con cargo a fondos opacos do empresario mexicano Allen Sanginés-Krause, investigado pola Fiscalía do Tribunal Supremo. Sería este quen tería introducido grandes cantidades de diñeiro na conta do tenente coronel do Exército do Aire Nicolás Murga Mendoza, quen á súa vez pagaría con ese cartos gastos persoas do rei. O escrito, remitido a través do seu avogado Javier Sánchez-Junco, está a ser analizado por Facenda, que debe responder nos vindeiros días se acepta a regularización ou solicita aclaracións e cal é o importe a pagar. A comezos do mes de novembro, a fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, fixo pública a existencia dunha terceira investigación relativa ao monarca emérito. Dela faise cargo, ao igual que as dúas anteriores, a Fiscalía do Tribunal Supremo coa colaboración do fiscal xefe Anticorrupción Alejandro Luzón. Esta terceira liña súmase a dúas abertas previamente a Juan Carlos I. A primeira procura dirimir se o cobro de 65 millóns por Juan Carlos I, procedentes de Arabia Saudita en 2008, serían a modo de comisións por interceder por empresas españolas para a construción do AVE á Meca. Esta investigación será previsibelmente arquivada por non atoparse indicios que se poidan perseguir a respecto do aforado monarca emérito. O segundo expediente é o relativo a pagamentos cunha tarxeta de crédito dos que se poderían ter beneficiado Juan Carlos I e outros membros da súa familia, como a raíña emérita Sofía de Grecia e algúns dos seus netos, sen seren titulares da conta asociada ás mesmas.
NOS_42928
Marcos Maceira defende o ensino en galego, mentres que Valentín García avoga polo sistema do actual decreto de plurilingüismo.
A poucos días de conmemorar o 17 de maio, publicamos o debate entre Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística ao redor da inmersión lingüística. Preguntámoslles se é o sistema acaído para promover o galego na escola. Sermos Galiza. Debe haber inmersión lingüística nas aulas da Galiza? Valentín García. Eu creo que na Galiza non é o máis axeitado pola proximidade entre o castelán e o galego e porque supón segregar parte da comunidade educativa, das rapazas e rapaces que asisten ás aulas en varias liñas distintas, en varios modelos que habería que implantar de inmersión, e porque o sistema que temos está a dicir continuamente que o noso alumnado ten competencia suficiente en lingua galega para poder desenvolver unha vida cotiá nesta lingua. Outra cousa é o problema do uso, que non se fai uso dela, pero o uso non nolo dá o ensino, senón a sociedade. Marcos Maceira. No caso do galego, a inmersión lingüística equivale a falarmos de ensino en galego. Na nosa realidade galega, fóra de que a lexislación fala de progresividade na introdución do galego dentro das aulas, non só non hai ensino en galego, senón que o que temos é o contrario: unha presenza esmagadora do castelán nas aulas galegas en contextos nos que ademais non é posíbel que o alumnado teña contacto coa lingua máis alá do centro de ensino. É imposíbel facer a vida en galego, e o sistema educativo, en vez de incorporar o galego nun espazo onde o alumnado pasa grande parte do día, expulsa máis o galego do sistema educativo. Hai pouco tiñamos [A Mesa] unha reunión contigo e co conselleiro de Educación a respeito do que acontece coa LOMCE e a carga horaria de materias en galego no ensino. Valentín. A Lei de Normalización Lingüística non só di o que apuntas, que o ensino da lingua ten que ser progresivo, tamén ten un artigo no que expresamente di que non debemos facer inmersión lingüística, que en ningún caso o alumno pode ser segregado por razóns de lingua. Os redactores desta lei sabían moi ben o que estaban dicindo. Marcos. Iso [a segregación do alumnado por razón de lingua] evitouse recentemente grazas a un recurso da Mesa ao actual decreto. Valentín. O decreto di que o ensino da lingua ten que estar equilibrado ao final de cada ciclo educativo, baseándose nun sistema que non está dando malos resultados, que é a atención personalizada e a responsabilidade do propio docente. Ti falas de comunidades educativas centradas nas cidades e é certo que evidentemente aí temos as necesidades máis perentorias de buscar máis exposición ao galego, mais tamén é certo que os centros que están na Galiza rural ou na vilega non teñen ese problema. Se imos a calquera centro educativo do rural podería argumentar en contra, a exposición ao galego é total. Marcos. Non é así. Marcos Maceira: «Falamos de que a lingua vehicular do ensino sexa o galego, e é triste ter que discutir isto, ademais, co secretario xeral de Política Lingüística» Valentín. Conforme se vai a contornas máis urbanas, e isto na Galiza é historicamente así, non é nin a Lei de Normalización, nin o plan, nin o decreto, o incremento do castelán vaise notando. Isto hai que corrixilo, o sistema educativo tamén está para corrixir isto pero nós si temos unha fórmula e é, como digo, a responsabilidade dos docentes, das familias. No caso de estabelecermos a inmersión lingüística nos tres modelos, como existe no País Vasco, teño as miñas serias dúbidas de cal vai ser a elección das familias galegas. Marcos. Para aclarar os termos, en Euskadi existe un modelo que probabelmente non necesitemos nós nin outros territorios. Cada país ten as súas especificidades. Inmersión lingüística úsase como equiparación de ensino en galego e iso non require de segregación de ningún tipo, senón de vontade da Administración á hora de aplicar a Lei de Normalización cando fala de ampliar os usos do galego no sistema educativo. Valentín. A Unesco, cando fala de inmersión, fala da voluntariedade das familias. Marcos. Nós temos unha Lei de Normalización Lingüística, hai unha Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, hai unha serie de declaracións aparentemente unánimes… Valentín. Si, pero ás familias tes que darlles a liberdade de poder optar por un modelo ou outro e aí é onde vou eu. Marcos. Estamos a falar da lingua vehicular no ensino. Estamos de acordo, supoño, porque o primeiro que ten que respectar a norma é o secretario xeral de Política Lingüística, que a lingua propia de Galiza é o galego. E sendo así, como o sistema educativo pode roubarlle aínda máis a lingua propia ao alumnado, como está acontecendo agora mesmo? No modelo presente, o galego está cada vez máis excluído. En relación ao Ensino Infantil, coñeces os dados da Mesa, e sabes que os rapaces teñen vetado o máis elemental achegamento ao galego porque a lingua está completamente excluída e ausente. O afogamento en castelán é absoluto. Valentín. O alumnado sae do sistema educativo cunhas competencias moi boas. Marcos. O tratamento que ten o galego no sistema educativo é exactamente o mesmo que o dunha lingua estranxeira. Unha persoa pode aprender latín na escola e ter unhas competencias para desenvolverse na escrita, pero iso non quere dicir que teña capacidade para desenvolverse en latín. Valentín. Nós manexamos dados que aseguran que as competencias son exactamente as mesmas en galego que en castelán. E acaba de facer público un informe o Consello da Cultura Galega onde se recolle que o alumnado se sente igual de seguro falando castelán que galego, tanto quen provén do medio rural como quen provén do medio urbano. Outra cousa é que o uso é totalmente distinto. O ensino cumpre a súa función desde o momento en que lle dá competencia ao alumnado e o dota de aptitudes. O uso vén dado pola sociedade. Valentín García: «O ensino cumpre a súa función desde o momento en que lle dá competencias ao alumnado en galego» Marcos. Hai unha percepción moi ampla de que o galego está excluído das aulas. Cantas nais e pais se queixan de que a lingua na casa é o galego e que os nenos ao chegar á escola mudan a lingua? Valentín. E onde viven eses pais, nunha parroquia de Cercedo? Non. Nunha familia galegofalante que vive na rúa Príncipe, en Vigo, os rapaces van topar cunha comunidade educativa maioritariamente castelanfalante. Por moito que o sistema educativo teña as materias fixadas en galego, teña un sistema equilibrado de ensino de linguas a 50%, 90% dos nenos cos que ese rapaz da aula vai estar, van falar en castelán. E aí vén o castelán de volta para a casa, non é tanto o sistema educativo como a comunidade educativa. Se matriculamos ese mesmo neno na Laracha, seguramente volva para a casa falando galego, aínda que os pais falen castelán. Marcos. O sistema educativo ten que corrixir determinadas desigualdades que existen na sociedade, entre outras, en relación á lingua. Valentín. Pero con competencia e aptitude. O sistema educativo non pode modificar o galego da rúa e do patio. Marcos. É evidente, e é unha percepción pública e notoria de boa parte da sociedade galega, que o que se produciron foron retrocesos. Hoxe o uso do galego nas aulas por parte do profesorado é máis baixo do que foi nunca na historia democrática. Valentín. Non estou de acordo en absoluto. Os profesores teñen que cumprir a lei en vigor e o decreto é moi claro, 50% e igual competencia ao final de cada ciclo. Marcos. Foméntase un tipo de competencia de uso que non garante a capacidade dunha conversa fluída ao alumnado. A capacidade de conversa fluída do alumnado ao remate do sistema educativo non existe. Hai un cóctel explosivo entre o sistema educativo e a realidade social. Se queremos que Galiza exista, se queremos poder desenvolvernos con plenitude na nosa lingua, o sistema educativo ten que corrixir as eivas que hai na sociedade. O que fai falta é un ensino en galego, é dicir, a lingua vehicular do ensino ten que ser o galego e o triste é que teñamos que discutir isto, ademais, co secretario xeral de Política Lingüística, que debería ser o encargado de iso ter aplicación práctica e for unha realidade. Valentín. O sistema educativo na Galiza está favorecendo o proceso normalizador e a proba é que o alumnado sae do sistema educativo con igual competencia en galego que en castelán. Outra cousa son os ámbitos de uso, que están condicionados polo hábitat e polo lugar onde un viva. O sistema educativo ten que dotar de competencias e iso estao facendo. Evidentemente, todo é mellorábel, pero a nosa normativa así o asegura. E o nivel de competencias na Galiza é o máis alto de todas as comunidades con lingua cooficial. Reparto de lingua por materias Marcos. A realidade é que o profesor de Matemáticas non pode impartir aulas en galego, nin o de Física e Química, e xa non falemos de Educación Infantil, onde, nas cidades, está desaparecido. Valentín. Cando se regula a escolla das materias, o que se está facendo é intentar favorecer o galego coas materias que manexan máis léxico, máis vocabulario. É dicir, danse en galego as Ciencias Sociais, as Ciencias Naturais, a Xeoloxía, a Bioloxía, a Xeografía. Marcos. Parece que son moitas materias, pero hai que dicir que Ciencias Sociais e Xeografía danse xuntas e que Bioloxía e Xeoloxía van tamén na mesma materia. Valentín. Tampouco é certo de todo que as materias de ciencias non se poden dar en galego. Evidentemente as ciencias danse en galego, pero decidiuse que aquelas materias máis ricas en léxico e vocabulario fosen en galego e as máis técnicas en castelán. O galego é lingua da televisión, do Parlamento, do goberno, dos concellos… Marcos. Os únicos espazos onde o galego ten aínda certa presenza, porque se saímos diso… Valentín. Todo é mellorábel e todo se presta ao debate, pero o sistema educativo non é o que máis problemas ten co galego, para nada. Se nalgún espazo se avanzou e se algún sistema fixo unha función moi boa co galego foi o educativo. Marcos. É a primeira vez, en 2010, en que se restrinxe o uso do galego á determinadas materias. Valentín. Onde se fixa. Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 245, publicado a 11 de maio de 2017.
NOS_18881
O organismo fiscalizador deu a coñecer nesta terza feira un informe que alude a 18 contratos vinculados coa chegada da alta velocidade quedaron suspendidos entre 2014 e 2017.
A presidenta do Tribunal de Contas, María José de la Fuente, afirmou nesta terza feira que os diferentes atrasos que leva sufrido o AVE para ser unha infraestrutura real na Galiza deixaron un "custo social importante". A institución que dirixe vén de facer público un estudo no que alude a 18 expedientes de paralización de contratos de obras entre os anos 2014 e 2017. "Hai un custo social importante", comentou. Desde o seu punto de vista a "falta dun servizo público" cunha "data" ten "un custo dificilmente cuantificábel economicamente, pero que hai que ter en conta á hora de desenvolver a execución dunha obra pública desta envergadura". A confesión fíxose ao fío dunha pregunta do senador do PSOE Xaquín Fernández Leiceaga, que aludía precisamente aos anos nos que foi ministra responsábel de infraestruturas a tamén galega Ana Pastor. De la Fuente falou de máis contratos a nivel global, pero reparou tamén no tramo do AVE Seixalbo-Ourense, ao que Leiceaga engadiu que a tardanza "multiplicou por oito o prazo inicial dun ano". Dos 18 contratos rachados no país, a maioría foron por cambios nos proxectos iniciais, mais tamén houbo "descoordinación" entre administracións públicas. Malia todo, a senadora do PP María Mercedes Fernández González defendeu Pastor e apuntou ao seu predecesor, o lucense José Blanco (PSOE) como culpábel de non deixar orzamento, o que implicou a reprogramación.
PRAZA_10225
O socialista obtén 10 edís por 5 da formación que encabezaba Martiño Noriega, mentres que o popular Agustín Hernández cae de 9 a 8 concelleiros empeora aínda máis os que xa eran os peores resultados dos populares na cidade
O socialista obtén 10 edís por 5 da formación que encabezaba Martiño Noriega, mentres que o popular Hernández cae de 9 a 8 concelleiros e empeora aínda máis o que xa era o peor resultado dos populares na cidadeO socialista Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago entre 1998 e 2011, volverá ser o rexedor da cidade ao facerse con 10 dos 25 edís da Corporación (35% dos votos). Compostela Aberta, que aspiraba a reeditar a alcaldía de Martiño Noriega, perde a metade dos seus concelleiros ao pasar de 10 a 5, pero nin os seus edís nin os 2 que reedita o BNG votarían ao candidato do PP, Agustín Hernández, que con 8 edís só podería gobernar contando con eses apoios.Os populares, co ex-conselleiro Agustín Hernández á fronte, volven empeorar o que xa era o seu peor resultado histórico na cidade e perden outro concelleiro, baixando de 9 a 8Bugallo chegou por primeira vez á alcaldía en 1998, tras ser man dereita do seu antecesor Xerardo Estévez, que lle deixou o cargo. Nas seguintes e sucesivas eleccións municipais o socialista obtivo 9 concelleiros en 1999, 11 en 2003, 10 en 2007 e 9 en 2011, cando perdeu a alcaldía a mans da maioría absoluta do popular Gerardo Conde Roa.Nestes comicios o socialista máis que duplicou os apoios de hai catro anos, pasando de 7.000 a 17.000 votos, rabuñando tanto pola esquerda a Compostela Aberta, que cae de 16.000 a 10.000 votos, como pola dereita ao PP, que cae de 16.000 a 15.000 votos. Os populares, co ex-conselleiro Agustín Hernández á fronte, volven empeorar o que xa era o seu peor resultado histórico na cidade e perden outro concelleiro, baixando de 9 a 8. Pola súa banda o BNG gaña apoios e pasa do 7% a máis do 9% dos votos, pero non logra aumentar os 2 escanos cos que xa contaba.Bugallo asegurou que o obxectivo agora é "sacar Compostela do lugar no que está depositada" e lograr que "volva ser o centro de Galicia e un referente europeo e mundial". Martiño Noriega, pola súa banda, amosouse claramente decepcionado, recoñeceu que os resultados "non acompañaron o desexo" de poder manterse catro anos máis como rexedor e amosou o seu "absoluto orgullo" por ter sido alcalde. Compostela Aberta, PP e BNG asumen a "decepción" por non ter acadado os seus obxectivosAgustín Hernández, candidato do PP, recoñeceu "certa decepción" por non acadar tampouco "o resultado desexado, que era gañar", mentres que Goretti Sanmartín, cabeza de lista do BNG, tamén considerou que os dous escanos que mantén a formación "non cumpren os obxectivos" cos que se presentou.
NOS_35743
CCOO e UGT saíron á rúa en nove cidades e vilas galegas para, ao abeiro do Cume Social e malia os intentos do PP perante a Xunta electoral de prohibir as manifestacións, para protestar polos recortes e defender as políticas de benestar.
Varios milleiros de persoas, pola volta de 50.000 segundo os convocantes, saíron á rua baixo o lema "Máis paro, máis recortes, menos protección. Queren arruinar o país! Hai que impedilo!. Pola industria, polo emprego e polo estado de benestar". As manifestacións producíronse tras unha fin de semana de incertezas polo recurso do PP e grazas ao aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). As e os manifestantes exixiron unha saída da crise que garanta a reactivación económica, a xeración de emprego, a recuperación da protección social e do xa moi minguado estado de benestar. CCOO e UGT consideran preciso "un xiro radical das políticas de recorte e austeridade, porque nos afunden aínda máis no abismo, e afundiránnos máis aínda cando asistamos á presentación dos orzamentos das comunidades autónomas, onde se asistirá de seguro a novos recortes porque seguirán a mesma folla de ruta". Para CCOO e UGT, cómpren políticas de estímulo ao crecemento e á creación de emprego. Exixen "reconsiderar a política fiscal do país apostando por una política fiscal xusta, redistributiva e equitativa, ben como accións que combatan a fraude fiscal en vez de promover anmistías fiscais".
NOS_27185
O Sergas mantén sen substitución o único posto de especialista que atende 25 crianzas con necesidades específicas.
A denuncia parte dunha das familias atinxidas. O seu fillo, unha das 25 crianzas entre 0 e 6 anos usuarias do servizo de atención temperá do Hospital Materno Intantil da Coruña (CHUAC), leva 2 meses sen recibir servizo semanal de estimulación psicomotriz. No concreto, desde que a persoa titular do mesmo ficou de baixa. "Despois de agardar o tempo razoábel, entendendo que se podía tratar dunha incapacidade temporal que se estivese prolongando de maneira imprevista, presentamos o 1 de xullo unha reclamación ao Sergas mediante o seu servizo de atención ao paciente", explican Leticia e Carlos, a familia dunha das crianzas atinxidas que decidiu facer pública a situación. Porén, a día de hoxe "non tivemos non sabemos nada", apunta a nai en conversa con Sermos Galiza. A súa reclamación mantense, segundo o servizo informático, "en tramitación". Porén, ninguén no Servizo Galego de Saúde deu explicacións nen achegou información algunha a respeito de como será solucionado o problema ou compensado o tempo que as crianzas levan perdido durante estes 2 meses. "O noso fillo, que recibe unha sesión semanal dunha hora, leva neste momento perdidas 11 horas de estimulación", explican. Através da estimulación psicomotriz, crianzas con necesidades de atención específica "aprenden a subir escaleiras, camiñar, sentar, abotoarse... dependendo das necesidades de cada persoa", sinala Leticia Barbadillo. Non é o caso do seu fillo mais "pode haber casos en que a vacante lles faga ir para atrás" a respeito da aprendizaxe avanzada durante as sesións. "É moi desesperante que se estea a perder tempo de terapia", denuncia Leticia. "A atención que os nenos e nenas reciben da especialista en psicomotricidade resulta de vital importancia para a mellora da súa autonomía e dada a relación directa entre a idade na que se recibe esta estimulación e os resultados obtidos entendemos que a Xunta, ao deixar de cubrir esta praza está a incorrer nunha grande irresponsabilidade", afirma a familia. Unha siituación reiterada Aliás, narran, esta non é a primeira ocasión na que o servizo fica sen atención. "Hai 3 anos, a Xunta demorou máis do razoábel a cobertura do permiso de maternidade da titular da praza, unha ausencia, por tanto, claramente previsíbel e delimitada". Naquela altura fora nomeada unha persoa substituta "e cesárona, sen previo aviso" sendo que "a profesional enterouse por un SMS [mensaxe de texto] que lle enviou a Seguridade Social informándolle da súa situación de baixa" correspondente ao "período de vacacións malia que despois dese período aínda quedaban perto de dous meses para que a titular se reincorporase ao seu posto". O que, de novo, deixaba as persoas usuarias sen atención. "Dá moita raiba", sinala Leticia quen non dubida en sinalar a "discriminación" que supón para "aquelas familias" que, por razóns económicas "non poden permitirse compensar esta atención até que a profesional se reincorpore ao seu posto".
NOS_31290
Unha vida que non ten que avergoñar nin tinxirse de dramatismo para reivindicarse desde a propia experiencia e desde unha noción auto-construída de normalidade.
Hai case un subxénero dentro da literatura infantoxuvenil sobre as familias que escapan da inercia heteronormativa. É comprensíbel: durante moitos anos a falta de referencias sobre modelos alternativos de familia xogaba un papel importante na educación das crianzas: non só das que vivían neste tipo de grupos, senón tamén das que convivían con elas no ámbito educativo. Ofrecer estas narrativas para visibilizar outras realidades converteuse case nunha forma de escrita activista. Aínda que a literatura galega non viviu ningunha febre neste sentido (como si aconteceu noutras linguas), os libros protagonizados polos fillos ou fillas de parellas homosexuais son frecuentes, así como aqueles que se ocupan de representar as familias monoparentais. Tamén os que, afondando nunha característica frecuente na nosa cultura, inciden no papel dos avós e avoas na crianza. Faro e o seu día máis importante (il. Ana Santiso) / Alfredo Blanco Martínez / Galaxia / 2022 / 15,20 euros / 36 páxinas Faro e o seu día máis importante concede unha centralidade poucas veces vista a este feito, aínda que tamén destaca outros elementos interesantes na representación da alteridade das crianzas. Faro é un neno cun irmán e dous pais. A historia do seu día importante é a de como contar as características da súa familia diante de toda a súa clase. O reto de explicar que el e o seu irmán Eros foron adoptados pola parella e como entre os catro e as súas mascotas construíron unha unidade familiar fermosa e chea de amor. Faro está nervioso e imaxínase, ao longo de todo o libro, contando todas as historias e detalles da súa familia e de cada un dos seus membros. Tamén imaxina as respostas do resto da clase, sempre nun ton respectuoso no que se notan as ganas do resto das crianzas de compartir tamén os puntos comúns coas súas experiencias. Esa perspectiva imaxinaria constrúe o universo da ficción tal e como debería ser na realidade. Lendo a historia de principio a fin, pensaríamos que Faro está nervioso simplemente por ter que falar en público. Toda a súa vida, desde a paixón que demostran os seus pais entre eles, até o feito de que fose adoptado ou que o seu irmán teña un implante coclear son elementos que atopan conexións cos da vida de calquera outra crianza. Unha vida que non ten que avergoñar nin tinxirse de dramatismo para reivindicarse desde a propia experiencia e desde unha noción auto-construída de normalidade. Até onde sabemos, o debut dun narrador para o ámbito infantil que comparte protagonismo coas características e axeitadas ilustracións de Ana Santiso.
NOS_24637
[ACTUALIZACIÓN ÁS 11.50] A Xunta electoral dá por bons 50 dos sufraxios recorridos polo PP e 19 da Marea Atlántica. A candidatura municipalista conta co apoio do PSdeG para facerse coa Alcaldía. A intención da formación liderada por Xulio Ferreiro é gobernar en solitario.
Segundo avanza o programa A crónica da Radio Galega o PP da Coruña teríase tornado primeira forza após resolver a Xunta electoral as impugnacións presentadas a respeito dos resultados obtidos do reconto do 25M. Neste senso, o grupo municipal popular superaría por 28 votos a Marea que, malia contar con igual número de escanos, pasaría a ser a segunda forza máis votada. A Marea tenciona gobernar A Coruña en solitario e negociará a investidura con todos os grupos, sen renunciar a conseguir no mínimo a abstención do PP Porén, malia a mudanza nos resultados, a secretaria do PSdeG da Coruña, Mar Barcón, xa anunciou que apoiarán a investidura de Xulio Ferreiro como alcalde para garantiren, dixo, un "cambio político" na cidade herculina. A Marea ten a intención de gobernar a cidade en solitario. Cara á investidura manterán contactos con todos os grupos. Tencionan o apoio de PSdeG e BNG e non renuncian a conseguir no mínimo a abstención do PP.
NOS_20603
Un representante da auditora Deloitte avisou a entidade e non quixeron asinar as contas de 2011. Daquela Rodrigo Rato era o presidente.
As sorpresas en Bankia non deixan de aparecer. O Consello de administración realizado onte do Banco Financiero y de Ahorro (BFA), principal entidade do grupo, descubriu que as contas non cadraban na etapa de Rato como presidente. A auditora Deloitte, no mes de outubro de 2011, xa avisara dos problemas financeiros e non asinaron o fechamento das contas que ao final Bankia vendeu mesmo cuns lucros de 40,9 millóns de euros. Agora as contas son outras e o BFA admitiu recentemente que fechara 2011 con 3.318 millóns de euros en negativo. Deloitte non quixo asinar as contas de 2011 Mudanza de auditoresO Consello de administración de Bankia non ficou moi conforme coas explicacións do representante da auditoria Deloitte e xa encargou novos informes á empresa Ernst & Young. Hai que ter en conta que esta valoración vai ser a que entre en xogo a porcentaxe de capital que terá o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB).
NOS_39238
A mudanza de réxime ten de pasar por unha avaliación permanente dos logros do executivo, entende AMLO, o líder esquerdista que acaba de conquistar a presidencia de México cun resultado histórico (52,96 por cento do voto, por volta de 24 millóns de sufraxios).
Os mandatos presidenciais en México son de 6 anos, mais López Obrador —líder do Movimento de Rexeneración Nacional (Morena)— quer submeterse a un control popular na metade do seu mandato, un referendo regovatorio que inequivocamente evoca as políticas de escrutinio do poder político características do chavismo venezuelano. "Voume submeter a unha revogación do mandato cada tres anos para os cidadáns decidiren se queren que continúe o presidente", dixo López Obrador, quen tomará posesión a 1 de decembro. O triunfo de AMLO foi tan incontestábel que avantaxou en 30 pontos o seu máis directo rival, Ricardo Anaya, candidato polo Partido Acción Nacional, que debeu conformrse con 10,2 millóns de votos, 22,49 por cento das papeletas. Aínda non foron escrutados todos os votos ás cámaras lexislativas, mais a impresión é que Morena tamén terá a maioría nelas. O presidente mexicano eleito mantivo xa un primeiro contacto co seu homólogo estadunidense, co que falou por telefone. Trump agoirou que irán ter unha boa relación. Conversaron ←segundo fontes de ambas partes— sobre inmigración e a negociación do Tratado de LIbre Comercio de América do Norte.
PRAZA_8625
Falamos con Fernando Dacosta, director da MITEU, a Mostra de Teatro Universitario de Ourense, que supera o seu ecuador convertida un ano máis no festival máis importante de Ourense e unha das citas máis relevantes da Galiza e do Estado. Até o 27 de abril.
Dende que nacera en 1994 como Mostra Ibérica de Teatro Universitario, con grupos de España, Galicia e Portugal, a MITEU de Ourense non deixou de crecer exponencialmente, pasando dun ano para outro a mudar ese I polo de Iberoamericano e en pouco tempo facerse Internacional, que é como quedou e o que representa hoxe. 18 edicións que viron pasar centos de compañías de moitas nacionalidades diferentes: Portugal, Italia, México, Arxentina, Sáhara, Palestina... ata convertirse no que é: un referente da vida cultural da cidade, o festival máis importante de Ourense e unha das citas teatrais máis relevantes da Galiza e do Estado. Así llo confirman os seus invitados de todo o mundo a Fernando Dacosta (Ourense, 1969), director da Mostra e da Aula de Teatro Universitario da cidade das Burgas. Este actor, director e dramaturgo, licenciado en Filoloxía Hispánica e membro da emblemática compañía Sarabela, cunha amplísima bagaxe no oficio, é o máximo responsable da MITEU, o que a vai preparando ao longo do ano e, tras dúas semanas de actividade incesante ("unha loucura"), o que poderá dicir que foi todo un éxito porque ano tras ano, e contra os tempos e as administracións, vai superando os seus records de asistencia grazas a un público fiel e unha programación cada vez máis completa e esixente. Pequeno de estatura e cun corazón grande, este home di en voz baixiña con gran serenidade e sempre cun sorriso no bico verdades coma puños, tan contundentes como as súas montaxes teatrais ou a mensaxe de Benvida da XVIII MITEU. 18 anos. A filla medra e faise maior. Que se sente? Que conseguiu a MITEU neste tempo? Cal é o seu segredo do éxito? E que lle queda por conseguir? Creo que nestes 18 anos a MITEU conseguiu ser unha cita cultural na cidade de Ourense. Como cita que é agárdase un encontro, é dicir, que acudan as dúas partes. A MITEU conseguiu acudir xa 18 anos. Os espectadores, a outra parte citada, tamén. Ese é o maior valor da Mostra, o seu público. Tamén podemos pensar que se conseguiu que por esta cidade pasasen centos e centos de espectáculos, de máis de 30 países dos 5 continentes, que haxa encontro e que floreza a vida durante eses días. "Cando cada un remate o seu traballo terá un balance ao que aferrarse. Espero que o de AGADIC non sexan os festivais, compañías, teatros... que tiveron que pechar" Mais non parecen decatarse algunhas autoridades. A Xunta só achega 900 euros, e a AGADIC non garante o apoio no futuro. Que pensa disto? Gustaríame saber que pensan eles. Este ano hai 900 euros porque é a parte dunha contratación previa. Obviamente só hai que botarlle un ollo ao programa, pensar o que significa en termos de cachés, de aloxamentos, de restaurantes, de viaxes, de produción... para entender que non están cumprindo co seu deber como Axencia. Van sacar unha convocatoria pública, pero estamos a mediados de abril e aínda non saíu. Loxicamente é un risco inmenso facer unha Mostra ou Festival sen ter pechados os orzamentos. Cando cada un remate o seu traballo terá un balance ao que aferrarse. Espero que o deles non sexan os festivais, compañías, teatros... que tiveron que pechar. Tempos incertos, realidade absurda á que non parece superar a ficción. A MITEU semella que vén amosando cada ano maior compromiso con esa realidade. É así? Téntase iso. Hai un número de compañías que acoden con regularidade como son as universitarias galegas ou aquelas coas que se establece intercambio. Depende do que eles presenten a Mostra oscilará cara a uns contidos ou outros. Xa no apartado de grupos invitados e compañías profesionais é unha programación que ten a vertente das voces acaladas, daqueles temas e lugares que non están presentes nas primeiras liñas informativas e que precisan contar e ser escoitados para mudar realidades, a carón dunha vertente de humor necesario. "Polo que se ve entenderon no consulado que no noso país vai todo tan ben que todo o mundo quere quedar... Curioso" Falando desa realidade adversa, o grupo de teatro tunisiano non poderá actuar nin dar a charla programada porque o consulado español denegoulles o visado, alegando que "poderían quedar en España de maneira irregular". Polo que se ve entenderon no consulado que no noso país vai todo tan ben que todo o mundo quere quedar... Curioso. Non sei o que está na cabeza de cada actor que chega de tantos e tantos países á MITEU. É certo que algunha vez quedou algún actor (de miles quedaron en todos estes anos tres), persoas que se non veñen pola Mostra de Teatro acudirán doutro xeito, porque a fame ou a procura de liberdade non coñece barreiras. É unha decisión que vai contra o contacto entre os pobos, entre as culturas. Que redunda no medo ao outro, ao distinto. No medo a que nos coñezamos entre persoas de diversas nacionalidades e con esquemas mentais, sociais, relixiosos, culinarios... diferentes. Estas experiencias son fundamentais para emisores e receptores, para redundar no que ten o ser humano de interesante. Por iso os terroristas atacan medios de transporte, para que teñamos medo a viaxar, para que non coñezamos, e esta xente ten o mesmo pensamento, só que utilizan selos oficiais e grandes cargos no canto de metralla. E por que Tunisia para a faceta solidaria da MITEU desta edición? (como outros anos foi Sáhara, Marrocos, Palestina...) Efectivamente a cuestión Palestina xa estivo presente dun ou doutro xeito en tres edicións da MITEU. Tamén un grupo saharauí, Marrocos para contar desde outro punto de vista o día a día dun país tan próximo no xeográfico e distante noutros conceptos (o primeiro ano que os convidamos foi cando o conflito de Perejil). Chile veu o ano no que estabamos á gresca por aquel ditador chamado Pinochet ... Creo que a contracorrente ten un interese formidable. No caso de Tunisia (que polo menos mantén a exposición de Asemblea de Cooperación Pola Paz) era para saber de primeira man que foi daquela chamada primavera árabe neses alardes poéticos dos medios de comunicación (ou de quen dite esas cousas). Porque pasado o día pasada a romaría, como cando veu Honduras tralo golpe de estado do que xa non sabemos nada, nada, porque, polo que sexa xa non interesa a quen sexa (deberon chegar a acordos coa gran potencia). Interesábanos saber como están agora alí, como vai a chamada democracia, que avances hai respecto á liberdade da muller, como inflúe a relixión no seu día a día... "O lema Cultura contra a Mentira é tremendamente atinado. Engloba o teatro, a música, a danza, a actores, directores... son tempos duros para todos, tamén para a cultura, transformadora de realidades opresivas porque fai pensar" E nesa liña de compromiso coa realidade máis actual, a MITEU anuncia que entregará o seu premio de honra á Plataforma das Artes Escénicas. O seu lema Cultura contra a Mentira é tremendamente atinado. Engloba o teatro, a música, a danza, a actores, directores... son tempos duros para todos, tamén para a cultura, transformadora de realidades opresivas (mesmo da económica) porque fai pensar. A xunta directiva tivo un traballo excelente e cremos que merece recoñecemento. Na súa mensaxe de Benvida, fala da importancia das palabras, do seu valor e compromiso, e da prostitución que se está a facer por parte de determinada xente de moitas delas. Si. Paréceme sorprendente. E é algo diario. Discernir o que se quere dicir entre a maraña de palabras dos poderosos é un traballo/xogo estimulante, como o é non repetir as súas consignas sen pensar. Hai que estar alerta porque aínda é fecundo o ventre do que saíu o inmundo, como dixo Brecht. A MITEU sempre se distinguiu por achegar moitas culturas e realidades de diversas partes do mundo. Como é o proceso para conseguir ter compañías de Ecuador, Tunisia ou (noutras edicións) Guatemala ou Eslovenia? Laborioso, e máis ao ter pouco orzamento. Botamos man de moitos amigos e teatreiros e exalumnos que andan polo mundo e recomendan. De directores e actores que coñecemos e viron ou traballaron con determinadas persoas que nos poden levar ao contacto. Ademais temos unha colaboración frutífera hai anos con Asemblea de Cooperación Pola Paz que traballa no terreo e achégase a realidades que necesitan ser contadas. "O teatro universitario é o forno de actores e actrices, directores e directoras, dramaturgos e dramaturgas, é o forno de creadores, daqueles que tomarán as táboas no século acabado de comezar" A MITEU é teatro universitario pero tamén moito teatro profesional. Que ten de especial o primeiro e que comunicación se establece co segundo? O teatro universitario é o forno de actores e actrices, directores e directoras, dramaturgos e dramaturgas, é o forno de creadores, daqueles que tomarán as táboas no século acabado de comezar. Son as novas tendencias. O teatro profesional, dentro dunha programación tan ampla, aporta a perspectiva dos que xa levan anos na escena, a súa técnica, o seu bo facer. Son complementarios. E xunto a eles os concertos, as exposicións, a danza, os cursos... O seu irmanamento con Covilhâ segue dando bos froitos: unha vez máis, veñen a Ourense. Como a Banda Kurenai de Xénova (terceiro ano consecutivo). Con Covilhâ temos unha relación de irmáns desde o ano 96. Entendémonos e admirámonos desde propostas teatrais diferenciadas. Duns anos a esta parte tamén pasou isto con Xénova, e ao longo dos anos pasa con grupos que van de Lisboa a Pamplona, ou de Zaragoza a Aveiro. "É importante que as letras galegas ollen para o teatro, un dos sectores onde a diglosia é claramente á inversa que no resto da sociedade" Vidal Bolaño, grande do teatro galego homenaxeado nas Letras Galegas de 2013, estará moi presente na MITEU con catro montaxes distintas. Coa colaboración do CDG conseguiuse que varias Aulas montasen textos do noso querido autor. É importante que as letras galegas ollen para o teatro, un dos sectores onde a diglosia é claramente á inversa que no resto da sociedade. Tamén o humor estará moi presente, con pílulas vitamínicas como as de Jango Edwards, Yllana, Os Irmáns Lumieira ou A Contrabutaca. É máis necesario que nunca o humor nestes tempos? É fundamental. É o que nos distingue das feras, o humor. A compañía Sarabela, da que vostede é membro, vén de obter nos Premios María Casares dez candidaturas e tres premios pola súa última montaxe, Viaxe a Ningunha Parte, adaptación do clásico de Fernando Fernán Gómez. Este texto fala do oficio dos actores de teatro, tamén chamados cómicos ou titiriteiros. Que me diría da súa profesión, que anime á xente a lanzarse a ela a pesar do duro dos tempos? Se algo ten este ataque económico que sufrimos (bautizado como crise) é que nos fai ver que pode quedar sen traballo calquera. Daquela, fai o que sintas, o que che guste, sen pensar só en que será o que che asegure o pan. Lamentablemente podemos ou non podemos gañar o pan con calquera profesión. A dos teatreiros está pasando por momentos moi duros pero, cal non?... Desconfiemos desas que sacan tallada. "A dos teatreiros está pasando por momentos moi duros pero, cal non?... Desconfiemos desas que sacan tallada" Vén de dicir que o seu maior desexo é poder continuar coa MITEU. Tamén é todo un logro do festival. É a supervivencia o signo destes tempos? Quizais si. Coa maior dignidade posible. Sen renunciar a ideas e a soños. Pero hai que vivir, seguir, loitar. No caso contrario, se desfalecemos, estaremos arrodeados de carroñeiros de seguida. "Non me interesan como teatreiros os tipejos que levan as rendas hoxe en día, son moi malos actores" Móllese: a quen dos nosos políticos poría de protagonista dun sainete, dunha farsa ou dunha comedia, a quen de bufón, a quen de heroe dunha traxedia? Creo que hai unha trama shakespeariana montada. Intrigas palaciegas, obsesión polo poder, asasinatos (reais ou mediáticos) para acceder ao poder, para desestabilizar os estados... Economía, Horacio, economía... que diría Hamlet. Pero esa, a do palacio, é a perspectiva deles. Nos matadeiros pásase fame polas especulacións dos diversos trusts. Aí xa non é Shakespeare, é Brecht. Non me interesan como teatreiros os tipejos que levan as rendas hoxe en día, son moi malos actores. 18 anos dan para moito, e de seguro que terá moitas lembranzas. Pode contarnos ou citar algunha anécdota ou recordo da MITEU que o emocione especialmente? Moitísimas... pero vou tirar polo lado artístico. Quizais o que máis me marca é cando estás no patio de butacas, chegas coa cabeza chea das cousas de xestión e a historia e as propostas artísticas que ves te trasladan, e entón o que me queda marcado é ter estado nun baile húngaro, pero en Hungría, e marcoume estar baixo a ocupación en Palestina, cando veu o grupo palestino aquí a actuar, e por exemplo este ano, no tango que vimos (en referencia á obra Gemma Suns, de Fervor de Buenos Aires), parecía que estábamos nun boliche nun momento determinado, quizais eses momentos de obras; un pico que se meteron uns actores brasileiros na segunda MITEU, hai moitos anos, deixoume marcado... hai momentos nos que deixas de estar no patio de butacas e flúes cara a onde eles están, e eses momentos me parecen únicos e ademais son a recarga necesaria para pensar en facer unha segunda MITEU realmente. Que é o mellor que pode facer o público e a sociedade en xeral para apoiar a MITEU e festivais como a MITEU? Acudir e sentila súa.
PRAZA_15825
O Goberno local proporá no pleno deste luns un recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar 350 facturas pendentes, máis de medio millón de euros. "Fóiseme a man coas obras nas municipais", di o concelleiro de Facenda.
É habitual que algúns concellos aceleren actuacións ou acometan obras nos meses previos aos comicios municipais. Asfaltados de pistas, beirarrúas, mellora do saneamento, a instalación de puntos de luz, ou a construción de novos equipamentos públicos debuxan o escenario das precampañas e campañas electorais en moitas localidades. Porén, semella que o caso de Mos sobresae pola súa dimensión, peso económico destas iniciativas e pola seu carácter irregular, ao realizarse fóra do orzamento do Concello. O propio concelleiro de Facenda, Alberto Méndez, que na pasada lexislatura era responsable de Vías e Obras, recoñece que se lle "foi a man" coas "obras nas municipais" O Goberno local, en mans do Partido Popular, levará ao pleno ordinario deste luns unha proposta para un recoñecemento extraxudicial de crédito que permita pagar 350 facturas pendentes, correspondentes aos dous últimos anos, e que suman máis de medio millón de euros (514.615 euros). Máis da metade destas facturas corresponden a obras en infraestruturas levadas a cabo nos meses previos ás eleccións municipais do 24 de maio. O propio concelleiro de Facenda, Alberto Méndez, que na pasada lexislatura era responsable de Vías e Obras, recoñece que se lle "foi a man" coas "obras nas municipais" e argumenta que "en tempo de eleccións os veciños presiónante, todos che piden que fagas máis, son responsable de tentar satisfacer o que os veciños me demandaban". O problema é que ese medio millón de euros gastouse sen consignación orzamentaria, como lembra un informe de Intervención, que tamén salienta que se omitiu a obrigatoria fiscalización previa. Mos é o concello con máis débeda de toda a Área Metropolitana viguesa en relación coa súa poboación, acumulando 10.5 millóns, 689 euros por habitante. Os números vermellos disparáronse na lexislatura anterior, pasando dos 3.7 millóns de 2011 á cifra actual. En efecto, nos meses previos aos comicios, multiplicáronse as actuacións en saneamento, acondicionamento das marxes do río Louro, leváronse a cabo obras en varios campos de fútbol e tamén en numerosas vías e estradas do termo municipal. Mos é o concello con máis débeda de toda a Área Metropolitana viguesa en relación coa súa poboación, acumulando 10.5 millóns, 689 euros por habitante A oposión critica o excesivo gasto, os intereses electorais destas actuacións e tamén a solución proposta. Dende GañaMOS, denúnciase tamén que se intente culpar desta situación ás peticións dos veciños e veciñas e acusa o Goberno municipal de "mentir" cando presentou uns orzamentos que definían como "equilibrado", pero que en realidade agochaban centos de facturas pendentes. Dende o BNG afírmase que "este enorme número de facturas deixa ver o nefasto control económico dos gobernante do Concello, que presumen de ter mellorado a economía municipal, pero queda claro que só é propaganda". "Pura enxeñería económica. E mentres tanto os cidadáns a pagar impostos e a sufrir", conclúe Miguel Anxo Aldea Moscoso, voceiro do Bloque. A proposta do Partido Popular aprobarase cos seus votos (9 concelleiros), e contará co rexeitamento dos oito edís da oposición (4 de GañaMOS, 3 do PSdG-PSOE e 1 do BNG).
NOS_26904
Presente na Galiza desde a década dos 60, cando o franquismo intensificou as concesións dos aproveitamentos hidroeléctricos, Iberdrola pretende agora reducir tamén o emprego nas zonas nas que provocou un forte impacto ambiental. A decisión está a ser contestada social e politicamente. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.
Iberdrola está presente na Galiza desde os sesenta do século pasado, aquela década na que o deseño franquista para o noso país como fornecedor de electricidade ao resto do Estado se traduciu na construción de grandes infraestruturas hidráulicas con enormes custos sociais, económicos e ambientais. Naquela década, a antiga Iberduero absorbeu a Sociedad Saltos del Sil, constituída en 1945 para desenvolver o proxecto de planta hidroeléctrica de Santo Estevo, que acabaría sendo a central deste tipo con maior potencia instalada en Europa. A Bacía do Sil comezaba xa daquela a dar importantes beneficios en pesetas á antecesora de Iberdrola. Agora séguellos a dar a esta en forma de euros. Medio século despois daquel desembarco, a preocupación aniña neste 2019 en zonas como A Rúa, Valdeorras ou Petín após o anuncio da multinacional de que ía trasladar a Salamanca o seu centro de control no Sil, unha "reorganización", en palabras da empresa, que se desenvolverá nun período de tres anos e que afectaría en principio 16 traballadores e traballadoras. A propia Iberdrola reduce esa cifra a 6 ou 9 após descontar as xubilacións previstas estes anos. Un argumentario que o director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, encárgase de repetir cando se lle pregunta por estes traslados: é unha "reorganización", non unha deslocalización, que a multinacional desenvolve baseándose na centralización de servizos, e que afectará pouco persoal. Porén, diferentes concellos (A Rúa e Petín) aprobaron nestes meses mocións que pedían evitar a "deslocalización" dos equipos que a empresa ten na Galiza cara á Salamanca. O propio Parlamento da Galiza aprobou por unanimidade en xuño, a raíz dunha proposición non de lei presentada polo BNG, unha moción contra a deslocalización dos empregos de Iberdola. Na veciñanza da comarca hai preocupación perante a marcha dun activo importante, máis aínda en tempos nos que non sobran os incentivos para afincar poboación no rural do interior do país. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_51472
Adega logra recadar os 10.000 euros de depósito que exixía o TSXG para facer efectiva a medida.
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) decretou o pasado 19 de setembro a paralización cautelar do parque eólico Campelo, un dos tres proxectos que a enerxética Greenalia está a tramitar nos termos municipais de Carballo, Coristanco, Santa Comba e Tordoia —canda Bustelo e Monte Toural— e que, segundo denunciaron tanto Adega como a Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, constituirían un caso de "fragmentación artificial", tal e como fixeron constar nos seus recursos contencioso-administrativos. Estas tres iniciativas foran declaradas "de interese especial" polo Consello da Xunta, o que implica a tramitación prioritaria e a redución dos prazos administrativos e de avaliación ambiental, e tamén "de utilidade pública", polo que se decreta a "necesidade urxente de ocupación" dos terreos afectados pola vía da expropiación. O TSXG paraliza cautelarmente o parque Bustelo, de Greenalia, nun novo golpe xudicial á política eólica da Xunta O alto tribunal exixira, porén, unha partida de 10.000 euros a modo de caución —por mor dos posíbeis prexuízos nos que incorrería a compañía eléctrica no caso de que finalmente se levantase esa paralización cautelar— para facer efectiva a medida. Adega logrou xuntar esa cantidade grazas a unha campaña de recadación solidaria titulada 'Ti podes paralos', e que xa alcanzou os 13.492 euros. "Trátase dun fito histórico na Galiza, non só por ter sido conquerido a través da vontade popular e en tempo récord, senón tamén por constituír a primeira paralización cautelar dun proxecto eólico antes de iniciar as súas obras", celebra a asociación ecoloxista. Isto, apuntan, supón unha "vantaxe" fronte a outros precedentes de paralización cautelar de proxectos, ou mesmo anulación dos mesmos, que xa se atopaban en proceso de construción no momento da resolución xudicial. O Supremo enterra o parque eólico do Iribio Este proxecto, denuncia Adega, tería unha importante afección sobre a lagoa de Alcaián, unha zona húmida proposta hai máis dunha década para a ampliación da Rede Natura 2000, así como a especies naturais en perigo de extinción, como a centaurea ultreiae, "cuxa única poboación mundial se atopa na zona de implantación destes proxectos". O parque eólico Bustelo seguirá, previsibelmente, os pasos de Campelo, pois a comezos deste mesmo mes o TSXG decretou tamén a paralización cautelar, cuxa caución imposta tamén ascende a 10.000 euros. Para reunilos Adega e a PDCC impulsaron igualmente unha campaña de recadación.
NOS_13265
Quedaron pechados nas instalacións do edificio público após asistiren a un pleno extraordinario onde o presidente provincial recibía alcaldesas e alcaldes dos concellos afectados. "O PP di que xa fixo todo o que podía facer por nós, e a nós parécenos unha burla"
Estaba prevista a realización dun pleno extraordinario onde o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán (PPdG) recibiría as alcaldesas e alcaldes dos concellos afectados pola estafa das preferentes e subordinadas, mais @s estafadas tamén quixeron estar presentes e exixirlle, na súa cara, que lles sexan devoltos todos os cartos que lles fican retidos. Integrantes de oito plataformas, en total máis de 300 persoas, entraron no edificio para quedar. "O resultado do pleno non nos convenceu e decidimos quedar aquí pechados", conta Xulio Vicente, voceiro do colectivo de afectad@s do Baixo Miño. Decidírono ás 11 da mañá, hora desde a que fican dentro porque "o PP di que xa fixo todo o que podía facer por nós, que xa hai moitos que recuperaron os seus cartos e que agora nos queda a vía xudicial. E a nós isto parécenos unha burla", atalla Vicente. Cansad@s de agardar na rúa por unha solución que non chega, o seu xa característico son de tambores e bucinas resoou nas pedras do edificio da deputación pontevedresa, onde exixiron un maior compromiso do goberno para que presione a Bruxelas e evitar así a quita que lles faría perder o 50% dos seus aforros. "Até os que aceptaron o canxe, que supón despedirse de entre o 25 e o 70% dos cartos, están indignados porque non se produciu aínda ingreso ningún nas súas contas", subliña Xulio Vicente. Após unha mañá de protestos arrincaron de Louzán un tibio compromiso: a oposición á quita "e que se lle devolva o seu diñeiro non en participacións senón en diñeiro". De momento, pola vía da arbitraxe unicamente recuperaron os seus cartos o 25% das máis de 70.000 persoas estafadas por Novagalicia Banco.
NOS_17357
O colectivo de profesionais da enfermaría denuncia que no Sergas non hai "unanimidade" nos criterios das contratacións nas diferentes áreas sanitarias e que as avisan de onde teñen que ir traballar "case no momento".
"Se somos tan importantes, porque nos tratan con esta humillación e desleixo?". Enfermeiras Eventuais en Loita exixe ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) "transparencia e coherencia, estabilización de prazas, respeto á orde das listaxes e igualdade" a respecto das contratacións. Este colectivo de profesionais da enfermaría denuncia que no Sergas "continúa sen existir unanimidade nas contratacións nas diferentes áreas e distritos sanitarios" e que se emprega un sistema no que as avisan de onde teñen que ir traballar "case no momento" da incorporación ou que lles asignan un contrato "incluso no mesmo día" que comeza. "O Sergas aprovéitase da posibilidade de renovar a xente que está con contrato, saltando a orde das listaxes de contratación. E sen informar adecuadamente ás suas traballadoras, que dous días antes (hoxe ás 12 da mañá) seguíamos sen saber onde e como, ou se traballaríamos durante o vindeiro mes", aseguran nun comunicado no que tamén critican que as profesionais con contratos de acúmulo de tarefas que desempeñan o seu labor en plantas de COVID-19 dos hospitais "aínda" non teñen comunicación sobre "como e cando" van traballar no mes de maio. "Non falamos soamente de persoal de reforzo, senón de profesionais que estamos cubrindo ocos libres", explican as Enfermeiras Eventuais en Loita. "A última hora da mañá moitas compañeiras seguiamos sen saber o noso futuro, e outras estabamos a ser renovadas despois de que onte se nos dixese o contrario", relatan sobre a situación desta cuarta feira.
NOS_4258
Eduard Bassurin, comandante militar da República Popular de Donetsk, sinala que "os EUA querem fazer a guerra em Ucrânia com exércitos privados". O expansionismo associado ao interesse económico da indústria bélica fica reforçado pelo lobby dos combatentes de aluguer.
Na véspera dos ataques do 11 de setembro de 2001, o secretario de defesa do governo dos EUA, Donald Rumsfeld, pronunciou um discurso que visto duma perspetiva histórica poderia explicar muitas das chaves de acontecimentos posteriores. Nascera a batizada "Doutrina Rumsfeld", verdadeira revolução militar consistente na subcontratação de empresas privadas de segurança para desenvolver operativos militares em qualquer das suas fases, mesmo no combate direto. Revolução concomitante com a urgente compulsão do capital para achar novos mercados, e que apostou desta vez na privatização da guerra. O negócio da guerra Esta atividade têm longa história. O exemplo mais recente no estado espanhol consistira na utilização de fundos reservados do ministério de interior para contratar sicários durante os governos do PSOE presididos por Felipe González. Sob o pretexto de combater o terrorismo, seriam encomendados para liquidar a disidência política. Desta volta, fazer a guerra em grande escala tornar-se-ia um lucrativo negócio de empreendimento privado, através do fornecimento de serviços de forças de segurança e de combate. Outra das vantagens da contratação de forças privadas consiste em evitar o rejeitamento social pelo envio de jovens recrutas a conflitos bélicos. Ocultar as baixas adoita ser a regra, encobrindo o verdadeiro custo humano da guerra. Além disto, o estado fica livre de responder por crimes de guerra enquanto são cometidos por estes contingentes privados. Constellis A norte-americana Academi, constituída nas sua origem como Blackwater USA e hoje inserida no megagrupo Constellis, destacou dentre outras contratistas privadas apôs o 11S. Fundada em 1997 por Erik Prince, um ex-militar conservador doador das campanhas políticas republicanas, as suas forças iriam gozar da imunidade legal própria dos militares, além de ficar livres da justiça militar e do controlo das organizações internacionais. Aliás, as suas ações ficavam à margem da cadeia hierárquica do comando militar. Beneficiou do desenvolvimento da "guerra contra o terrorismo", estabelecida como uma nova "santa cruzada" contra os supostos responsáveis pelos intrigantes ataques terroristas do 11S. Desenvolvido o conceito de "força total" público-privada, alguns analistas cifram em mais de 1.000 milhões de dólares o faturado sem mediar concurso público. Trás a invasão ianque do Iraque, os mercenários privados chegaram a constituir o 50% das forças armadas norte-americanas despregadas na ocupação e o 90% dos benefícios de Blackwater provinham de contratos com o governo dos EUA. Concentrou numerosos contingentes humanos, incorporando antigos militares e ex-agentes da CIA, prontos para intervir em território federal ou entrar em combate em dúzias de países, e também instalações e armamento, que incluiriam a maior base militar privada do planeta, academias de instrução militar, aeronaves, veículos blindados e até os seus próprios serviços logísticos e de inteligência. Desde o início atuou com agressividade para lograr contratos, que segundo desvendaram congressistas como David Price ou jornalistas como Jeremy Scahill, incluíram encomendas da CIA para detenções extrajudiciárias, ameaças, operações de falsa bandeira ou intervenções encobertas que provocaríam conflitos premeditados de modo a obter novos contratos altamente lucrativos. As empresas globais da guerra Processos judiciais como o celebrado para esclarecer a morte de quatro soldados em Faluja destaparam o esbanjamento de milhões de dólares originado pela sucessão de subcontratas. Calcula-se que o 40% dos gastos da ocupação do Iraque correspondiam a empresas privadas. Porém, nem garantiam uma mínima segurança pessoal adequada as condições de risco das zonas de conflito, prevalecendo sempre a lógica da rendibilidade. Hoje existem outras empresas globais como a canadiana Garda World ou a britânica G4S Secure Solutions. Constellis foi adquirida em 2016 pela investidora Apollo Group, que participa desde 2020 numa sociedade de investimentos imobiliários com Abu Dhabi National Oil Company, uma das maiores petroleiras do mundo. Partilham projeto para instalar uma terminal de gás e petróleo no porto ucraniano de Odessa, para fornecer o mercado europeu deslocando a oferta russa de Gazprom. Riscos Até hoje, a pressão política do complexo militar-industrial devia cruzar barreiras institucionais, mas a recente sintonia entre esses grupos e as decisões dos departamentos de defesa põe em questão ditos estorvos. A medida em que estes grupos podem incidir nas decisões geoestratégicas dos governos é incerta, mas poderiam vencer os entraves das democracias liberais, instigando guerras no seu próprio interesse? Em tudo caso, o risco para a estabilidade geopolítica é assustador. O expansionismo imperialista associado ao interesse económico da indústria bélica fica reforçado pelo lobby dos combatentes de aluguer, encorajado pelos altos dividendos da guerra.
NOS_25711
Afirman que fican fóra das axudas "o sector das industrias de transformación e a comercialización, xa sexa de peixe fresco ou conxelado; e todo o sector comercial, que distribúe devanditos produtos".
A asociación de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura a nivel estatal, Conxemar, denunciou esta sexta feira que, "dunha forma incríbel", a Comisión Europea deixa fóra das axudas destinadas á pesca o seu sector. A través dun comunicado, Conxemar lembra que o informe da Comisión sobre as axudas para apoiar á pesca e a acuicultura, pola suspensión de actividade derivada da crise do coronavirus, estabelece fondos para o sector extractivo baseándose "na necesidade de liquidez", e para o sector acuícola para "garantir compensación financeira" pola suspensión ou redución da produción. Ademais, desde Conxemar, que ten prevista a súa feira para outubro de 2020, recollen que tamén se anunciaron axudas aos produtores para o almacenamento temporal dos produtos da pesca e a acuicultura. "Dunha forma incríbel, déixase fóra das axudas ao sector das industrias de transformación e á comercialización, xa sexa de peixe fresco ou conxelado, e a todo o sector comercial, que distribúe devanditos produtos", criticou Conxemar, que lembrou que eses distribuidores levan a mercadoría especialmente a pemes que venden á canle horeca (hoteis, restaurantes e cafeterías). Segundo incidiu a asociación, estes establecementos están obrigados a pechar pola crise sanitaria, coa consecuente perda de todos os ingresos para estas empresas, "incluso o risco de non cobrar os pedidos entregados antes da declaración do estado de alarma". Finalmente, Conxemar fixo un chamamento á atención de "autoridades europeas, estatais e autonómicas", diante de "tal manifesta inxustiza cos máis débiles", para que as axudas cheguen tamén a estas empresas.
NOS_26024
O Consello Económico e Social detecta un incremento de niveis de pobreza na sociedade galega. E denuncia que Galiza sexa líder en redución de gasto sanitario.
O Consello Económico e Social detecta un aumento dos niveis de pobreza e desigualdade social na Galiza, factores que se incrementan pola redución das rendas, avellentamento da poboación e pensións moi baixas, desemprego... Unha de cada catro persoas están en risco de exclusión social ou pobreza recolle o CES na súa Memoria 2015 que vén de presentar en Compostela. É unha das cuestión que ve máis preocupantes, canda a emigración e o avellentamento poboacional do noso país. A presidenta do CES, Corina Porro, porén, considera que se ben "non caben euforias" tampouco hai que deixarse ir nos brazos do "pesimismo" pois o 2015 foi de mellora a respeito de 2014. "Hai que traballar para frear este desastre demográfico" Natividad López (CIG); presidenta de quenda da comisión que redactou o informe, lembrou que se ben hai "dato positivos" estes non poden analizarse nin intrepretarse sen ter en conta os "temas preocupantes". Así, mentres o PIB galego aumentou un 2,1%, a remuneración das persoas asalariadas continúa a perder peso. Hai un saldo migratorio negativo, un avellentamento da poboación e o noso país, máis un ano, perde habitantes. "Hai que traballar para frear este desastre demográfico". Ademais, e xa no que atinxe ao emprego, o informe recoñece que en 2015 Galiza ganou 19.000 empregos netos mais que para iso foi preciso 887.000 contratos, o que indica unha preocupante taxa de temporalidade. Para alén de que, entre os grupos de idade de 16 a 35 anos, hai unha baixada da poboación activa. Máis malas noticias. Galiza colócase no primeiro posto do conxunto de comunidades autónomas en canto a intensidade na redución do gasto sanitario O CES alerta de que o emprego que se está a crear é temporal e de mala calidade. O exemplo? Que o 30% dos contratos asinados non superou a semana de duración. O Consello amosa a súa preocupación tamén polo feito de que o 43% das persoas desempregadas sexan de longa duración (máis dun ano) e pola redución da súa cobertura. O aumento das listas de espera na sanidade pública tamén é tratado no informe, que recolle que "un ano máis, Galiza colócase no primeiro posto do conxunto de comunidades autónomas en canto a intensidade na redución do gasto sanitario, en termos de orzamento inicial". As dicultades do sector primario, nomeadamente do leiteiro, tamén é recollida nesta memoria.
PRAZA_15718
O municipio limítrofe con Ribadeo aproba unha ordenanza na que equipara a lingua eonaviega ao castelán e convértese no primeiro do Occidente asturiano en darlle oficialidade ao idioma propio. O galego-asturiano será empregado e impulsado pola administración local.
O concello asturiano da Veiga (Vegadeo oficialmente en castelán) aprobou hai agora unha semana unha ordenanza pola que se declara a fala que alí se emprega como lingua oficial do municipio. Deste xeito, o eonaviego -galego de Asturias ou coñecido tamén como galego-asturiano no Principado- considérase, "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen". O galego-asturiano pasa a ser "xunto co castelán, lingua propia do Concello, da administración local e das corporacións públicas que dela dependen" Con esta medida, o goberno local socialista da localidade limítrofe con Ribadeo dá un paso importante nun asunto lingüístico polémico desde hai algunhas décadas en Asturias. Convértese no primeiro municipio da comarca do Navia-Eo en situar o galego ao mesmo nivel có castelán e en plena igualdade con el. Na ordenanza municipal establécese que todos os cidadáns da Veiga "teñen dereito a empregar o galego-asturiano e a expresarse nel de palabra e por escrito, do mesmo xeito que o castelán" e aclara que poden dirixirse á administración local nesta fala e que terán dereito a recibir, "na medida do posible", todas as comunicacións neste mesmo idioma, ademais de "non ser discriminados" por empregala. Ademais, a ordenanza recolle o uso do galego nos plenos municipais, así como en calquera ámbito municipal, ao tempo que a web oficial do Concello tamén incluirá o eonaviego. Este texto legal foi aprobado cos votos a favor dos seis concelleiros socialistas e a abstención do PP e estipula tamén que a relación da administración local con outras administracións, así como a publicidade institucional, levarase a cabo en bilingüe. Tamén se aclara que se poderá valorar nas oposicións e concursos municipais o coñecemento do eonaviego e anima os cargos públicos a que usen o idioma ao exercer os seus cargos. "El uso del galego-asturiano como vehículo d'espresión y comunicación sigue sendo, despóis de siglos, unha constante na vida diaria dos vecíos y vecías del conceyo da Veiga, de toda a comarca eonaviega y d'unha boa parte d'Asturias, notándose, col paso del tempo, un aumento da sensibilidá social y dos poderes públicos coas pecularidades del feito lingüístico galego-asturiano, á qu'este conceyo se quer unir nel marco estricto das súas competencias", aclara a ordenaza no seu preámbulo e coa escrita oficial que o asimila máis ao asturiano. Esta variante do galego fálase nos 18 concellos máis occidentais do Principado de Asturias O galego de Asturias ou eonaviego é a fala do ocidente de Asturias, unha variedade lingüística do idioma galego que se espalla por toda a comarca asturiana comprendida entre os ríos Eo e Navia e que abrangue tamén o municipio galego de Negueira de Muñiz. Fálase nos 18 concellos máis occidentais do Principado, aínda que en 3 deles só se fala na súa metade máis occidental. Malia que a inmensa maioría de estudos filolóxicos coinciden desde sempre en que a fala é un dialecto oriental do galego -versión na que coinciden o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega (RAG)-, desde Asturias son moitos os que consideran esta fala como unha lingua de transición entre o galego e asturiano ou mesmo totalmente independente tanto dunha como da outra. A Academia da Llengua Asturiana non acepta que se considera galego a esta lingua e por iso prefire a denominación eonaviego fronte a galego-asturiano, denominación empregada polo Goberno autonómico de Asturias, que en 2005 aprobou o Plan de normalización social do asturiano, no que a fala galega do Occiente é colocada en igualdade de condicións co asturiano. "El gallego asturiano o fala del occidente de Asturias, tendrá un tratamiento similar al bable o asturiano en todas las medidas que se recogen en el presente plan", di o texto. Aínda que non hai estudos moi recentes, o último apuntaba a que dos 45.000 habitantes desta comarca do Eo-Navia, máis do 70% declaraba falar en galego-asturiano, malia que só un de cada catro sabía lelo e moitos menos escribilo. O Principado de Asturias mantén a potestado en política lingüística nesta zona, mentres que foron varias as voces que reclamaron para o galego asturiano un tratamento idéntico ou semelante ao galego falado no Bierzo, polo que a Xunta mantén un convenio coa Junta de Castilla y León para o seu ensino en varios centros. A Veiga anima o resto dos concellos do Eo-Navia a inmitar a medida e "acabar co medo a perder votos: Nada ten que ver co nacionalismo" En declaracións ao diario El Comercio, o concelleiro de Cultura, Abel Pérez, instaba o resto de municipios do occidente asturiano a imitar a súa ordenanza e "acabar co medo a perder votos, xa que nada ten que ver co nacionalismo". "As corporacións deben fomentar o uso da nosa lingua se os políticos non amosamos interese no galego-asturiano, dificilmente a xente o fará malia ser unha lingua viva", dixo quen anunciou tamén unha partida nos Orzamentos da Veiga en 2016 para fomentar o uso escrito da lingua. Desde a RAG destácase a valentía dunha decisión que "pode causar problemas co Goberno do Principado" ante as fortes "reticencias" que sempre mostrou o Executivo asturiano para recoñecer a oficialidade do galego do Eo-Navia. Ademais, fontes da Academia lembran que a polémica lingüística "é moi recente, duns 20 ou 25 anos atrás" e recordan que non hai dúbida desde o ámbito filolóxico no carácter galego destas falas de Asturias.
NOS_35610
Cerca de 70 universidades públicas das 98 que existem no Brasil já aplicam algum tipo de discriminação positiva.
Em concreto, e segundo relatam meios da lusofonía, os membros do STF julgavam a constitucionalidade das quotas aplicadas na Universidade de Brasília desde 2004: 20 por cento das vagas para "negros e pardos". O Partido Democrata tinha acusado a medida de ser anticonstitucional por pôr em causa o princípio da igualdade. O STF pronunciou-se e decidiu de forma unânime que era constitucional. Isso significa que todas as universidades públicas brasileiras podem a partir de já aplicar quotas raciais no acesso dos estudantes. A decisão é histórica por trazer ao de cima todo um debate sobre as vantagens e desvantagens da discriminação positiva e, de forma mais ampla, confrontar o Brasil com a sua herança preta e o racismo que continua a prevalecer de forma mais ou menos directa. Cerca de 70 universidades públicas das 98 que existem no Brasil já aplicam algum tipo de discriminação positiva.
NOS_13815
Implicadas no Desenvolvemento chama a participar nesta actividade, que se realizará o sábado 26 ás cinco do serán e que se enmarca na campaña Cambia de Papel na procura "dun cambio de mentalidade" para enfrontar a pobreza como "unha cuestión política"
A organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento organiza para esta fin de semana en Compostela unha carreira solidaria enmarcada na campaña Cambia de Papel. O sábado 26, das cinco en diante, quen quixer poderá facer parte desta carreira a prol "dun cambio de mentalidade respecto á representación e estruturas de poder e xénero". Do que se trata é de procurar "unha implicación real das persoas" na loita contra a pobreza. A recadación de cada inscrición --5€ para todas as categorías agás a infantil, que custará 2€-- irá destinada aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que a entidade que preside María Reimóndez leva a cabo conxuntamente con organizacións locais na India. A Alameda de Compostela fará as veces de saída e de chegada desta particular competición onde as que gañan son as poboacións do Sur, a través das intervencións en cooperación mais, sobre todo, a través do espertar dunha conciencia crítica no Norte que sirva de vieiro cara a unhas relacións "máis xustas entre os pobos, desde un compromiso feminista e crítico". Con ese obxectivo naceu a campaña Cambia de Papel, lanzada en marzo, e da que fixeron parte desde persoas anónimas a caras coñecidas como Xurxo Souto, Isabel Risco ou María Xosé Silvar, Sés; e empresas como a Libraría Couceiro ou Filmanova. Convencidas de que a pobreza que asoballa a máis de 1.200 millóns de persoas no mundo --a maior parte delas mulleres-- "ten as súas raíces na nosa sociedade", as Implicadas chaman a mudar de papel e ficar atent@s ao disparo de saída que inaugure no Norte, ao fin, a carreira a prol da equidade.
NOS_34208
O "conxunto de técnicas e metodoloxías que buscan facilitar o acceso da cidadanía á cultura ou propiciar a súa participación no feito creativo" é a definición de "mediación cultural" segundo o ensaísta Marcos Lorenzo. Lorenzo coordina sobre a cuestión unhas xornadas para o Consello da Cultura Galega que comezan o 9 de abril.
"A mediación cultural é un concepto polisémico que remite a un conxunto de prácticas que buscan facilitar o acceso a un determinado coñecemento cultural (artístico, patrimonial, antropolóxico) por parte de persoas non expertas na materia", definen desde a organización dos encontros. As vías para a cultura son múltiples, singulares, e afectan a museos, centros cívicos, teatros, proxectos culturais, etcétera. As xornadas do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, que se estruturan en catro días diferentes, servirán, en palabras de Lorenzo, "para debater sobre esta cuestión e ao tempo para coñecer as mellores prácticas de mediación cultural da península". O 9 de abril será a primeira mesa das catro programadas. Reflexionará sobre "a longa bagaxe da animación sociocultural e as novas tendencias que se derivan da cultura colaborativa e das redes dixitais". Participarán Jaume Colomer, profesor da Universidade de Barcelona e un dos introdutores da animación sociocultural en España; Jaron Rowan, ensaísta e "unha das voces máis suxestivas e desafiantes do panorama cultural actual"; Alberto García, técnico de cultura do Concello de Boiro, acaso o Concello galego coas prácticas "máis avanzadas en participación cultural", e Ana Moreiras, coordinadora do festival audiovisual Olloboi. "O obxectivo central das Xornadas de Mediación Cultural é trazar unha panorámica e estimular o debate sobre aquelas disciplinas académicas ou profesionais que se centran en facilitar o acceso da cidadanía á cultura ou en propiciar a participación cidadá no feito creativo", resumen desde o Consello da Cultura.