ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_21171 | O centro privado Mayeusis impartirá a especialidade de Jazz que non se pode estudar no Conservatorio Superior de Música público. A CIG-Ensino denuncia que Educación autoriza impartir especialidades de ensinanzas artísticas superiores a un centro privado cando as impide nos público. | A Consellaría de Educación autoriza ao centro privado Mayeusis de Vigo a impartición de ensinanzas artísticas superiores de Música que non se dan en ningún dos dous conservatorios públicos de Galiza. A CIG-Ensino esixe a "revogación da autorización", cualifica o feito de "inadmisíbel" e pregúntase como pode a Consellaría xustificar "que un centro privado de Vigo vaia impartir a a especialidade de jazz, cando non se imparte no Conservatorio Superior de Música da localidade". Ao seu ver, estase a primar o ensino privado en detrimento do público no que a oferta non cobre a demanda do alumnado. Primar o ensino privado Para o sindicato nacionalista, maioritario no ensino, o obxectivo da Consellaría é "primar e dirixir o alumnado ao ensino privado en detrimento do público". "A Consellaría terá que explicar, tamén, o por que de autorizar a impartición de especialidades a un centro privado das que nin sequera ten elaborado o currículo correspondente", denuncian desde a CIG-Ensino para quen, a situación é grave tamén porque desde o goberno da Xunta non aceptan que se poidan obter titulacións de Grao -universitarias- nos centros públicos que imparten ensinanzas superiores cando se autoriza "estas ensinanzas a un centro privado, posibelmente coa intención de buscar amparo nunha universidade privada para expedir a titulación de Grao". Lembran que os conservatorios de Música non teñen capacidade para absorber a demanda de alumnado nun momento no que a Consellaría está a despedir profesorado interino e continúa sen aumentar o número de prazas. "En lugar de ampliar a oferta pública, pretende que os estudos superiores, nomeadamente nalgunhas especialidade, estean reservados unicamente ás familias dun alto poder adquisitivo", valoran. |
NOS_22377 | Ao iniciar a década aplicouse a suba do soldo mínimo en Portugal, situándose agora en 635 euros. A intención do Executivo de António Costa e chegar aos 750 euros en 2023. | Coa entrada no novo ano o salario mínimo aumentou en Portugal 35 euros, pasando así a situarse en 635. O Executivo do primeiro ministro António Costa sinalou que a suba salarial afectará a un total de 720 mil traballadoras e traballadores e prevé continuar actualizando de maneira plurianual o soldo até atinxir os 750 euros no ano 2023. Sindicatos e patronal criticaron a medida da ministra de Traballo Ana Mendes, os primeiros por insuficiente e os segundo por ambiciosa. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_18071 | A Liga Galega masculina, que comeza o 29 de setembro, contará cunha cifra récord de 14 equipos; a competición feminina iníciase un mes máis tarde con 7 equipos. Galicia, onde o deporte se introduciu hai tan só sete anos, conta xa con varios títulos internacionais. | O fútbol gaélico comeza unha nova tempada en Galicia. Faino asentado, en crecemento constante, apañando éxitos e cun novo récord de participación. Funcionando xa a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) ao abeiro da Federación Galega de Fútbol (FGF), ambos os dous estamentos presentaron o pasado sábado en Compostela os novos retos deste deporte de cara á campaña 2018-19. A Liga Galega masculina, que comeza o 29 de setembro, contará cunha cifra récord de 14 equipos A Liga Galega masculina, que contará cunha cifra récord de 14 equipos, comezará o vindeiro 29 de setembro. Volven Mecos, do Grove, e o Pontevedra e incorpóranse o Estrela Gales (equipo filial do Estrela Vermelha) e o Turonia de Gondomar. Auriense (Ourense), Cambados, Dorna (Illa de Arousa), Estrela Vermelha (Compostela), Fillos de Breogán e Ártabros (A Coruña), Herdeiros de Dhais (Lalín), Irmandinhos e Braithreachas (A Estrada) e Keltoi (Vigo) repiten nun campionato no que se celebrará unha primeira volta de todos contra todos e unha segunda na que, segundo a clasificación, dividiranse en grupos para loitar polo título (Senior), o torneo Plate ou o Shield. Pola súa banda, a Liga Feminina arrincará o 27 de outubro e contará con sete equipos: Auriense (Ourense), Estrela Vermelha (Compostela), Fillas de Breogán (A Coruña), Herdeiras de Dhais (Lalín), Irmandinhas (A Estrada), Keltoi (Vigo) e Turonia (Gondomar), este último como nova incorporación. Ademais, o vindeiro 20 de outubro celebrarase en Maastricht o Campionato Europeo de clubs, coa presenza dos mellores equipos da Europa continental e onde Galicia estará representada por Estrela Vermelha e Irmandinhos, tanto en categoría feminina como masculina. Tras a finalización da Liga, celebraranse a Copa Galega e o Campionato Ibérico, que reúne os mellores clubs da Península. Galicia afronta o vindeiro ano en Irlanda os III World Games tras proclamarse campioa de Europa feminina e subcampioa masculina en 2018 Esta nova tempada comeza en Galicia, que se consolidou nos últimos anos como un referente do fútbol gaélico no Estado e en Europa, sendo tamén a primeira selección galega oficial recoñecida para competir internacionalmente. Neste verán, o combinado galego feminino proclamouse campioa de Europa en Lorient, onde a masculina obtivo o subcampionato. A cita clave para Galicia este ano será do 28 de xullo ao 1 de agosto en Irlanda cos III World Games, tras dúas exitosas edicións nos anos 2015 (Abu Dhabi) e 2016 (Dublín), nas que os combinados galegos acadaron o podio. Aos éxitos internacionais do fútbol gaélico únese a súa consolidación por diferentes comarcas do país. Ademais, dende hai xa anos funciona unha escola deportiva da disciplina no Grove, á que se unirán esta tempada outros proxectos semelantes en Vigo, Compostela, Ourense ou A Estrada. Noutras zonas coma A Coruña, Cambados, a Illa de Arousa ou Lalín, os clubs organizan tamén actividades para introducir o deporte entre a rapazada. A selección galega feminina celebra a consecución do Campionato de Europa / © AGFG Unha historia nova pero exitosa Todo comezou hai uns sete anos, cando un grupo de rapaces da Coruña puxo en marcha o primeiro equipo desta disciplina no país. Os Fillos de Breogán comezaron unha aventura nun deporte irlandés, de 130 anos de historia pero do que pouco máis se sabía que semellaba unha mestura entre fútbol e rugbi. Impulsaron un club e soñaban con conseguir máis conxuntos cos que xogar. A historia do fútbol gaélico en Galicia empezou hai sete anos na Coruña; hoxe conta con ligas masculina e feminina e máis de 300 licenzas O éxito deste deporte en Galicia é único. Nunha disciplina plenamente irlandesa, a maioría de equipos que hai fóra de Irlanda están compostos por xente da Illa ou descendentes deles. En Galicia, o 99,9% dos xogadores son galegos e o que empezou como unha aventura mobiliza máis de 300 xogadores e xogadoras cada fin de semana, con cadansúa licenza e de maneira totalmente afeccionada. Agora, ademais, ao abeiro da Federación Galega de Fútbol. |
NOS_54343 | Poucas pessoas enchem tão claramente de conteúdo a palavra intelectual como o brasileiro José Jackson Coelho Sampaio, reitor da Universidade Estadual do Ceará, renovador da psiquiatria no seu país, doutor honoris causa pela Universidade de Budapest, escritor e ele próprio tradutor da obra do poeta galego Cesáreo Sánchez Iglesias. A Universidade Estadual do Ceará outorgou a Cesáreo Sánchez Iglesias a medalha do mérito artístico Alberto Nepomuceno. Quem é responsável da introdução da obra do escritor de Dadín‑Irixo no universo cultural brasileiro é José Jackson Coelho Sampaio, a quem entrevistamos via correio electrónico. | Que significado dentro da cultura brasileira tem a medalha de mérito artístico Alberto Nepomuceno? A Universidade Estadual do Ceará‑UECE tem 44 anos e, hoje, agrega 13 campi, distribuídos em 10 cidades, englobando 28 mil estudantes nos 72 cursos de graduação e 42 cursos de pós‑graduação Seja no Webometrics e no Times Higher Education‑THE, rankings internacionais, ou na classificação geral de cursos do Ministério da Educação‑MEC e no Ranking Universitário do Jornal Folha de São Paulo‑RUF, rankings nacionais, a imagem da UECE é muito boa, pois nos colocam em primeiro lugar entre as universidades públicas estaduais das regiões Centro‑Oeste, Norte e Nordeste do Brasil. Então, o primeiro significado da medalha deriva da importância da instituição que a outorga. O segundo significado vem da história da medalha e, neste caso, a UECE tem sido muito tímida em criar e outorgar medalhas. Já foi na minha gestão, como reitor, que, na oportunidade do sesquicentenário de nascimento de Alberto Nepomuceno, grande compositor cearense da transição entre os séculos XIX e XX, que a medalha Alberto Nepomuceno foi criada, com duas categorias: mérito artístico e mérito cultural. O terceiro significado deve derivar do rigor com o qual a medalha seja concedida e da qualidade do outorgado. Interessante destacar que a primeira outorga foi ao poeta Cesáreo Sánchez Iglesias. Portanto, estamos construindo essa história. O tempo dirá dos erros e acertos, de essencial ou acidental em nossas escolhas. Para alguém de fora do Brasil que não saiba quem era Nepomuceno, que elementos poria em destaque da sua figura? Alberto Nepomuceno de Oliveira nasceu em Fortaleza/Ceará, em 1864, e faleceu no Rio de Janeiro, em 1920. Passou infância e adolescência entre Fortaleza e Recife/Pernambuco. Ficou órfão de pai muito cedo e teve que compatibilizar vários trabalhos de sobrevivência, como o de tipógrafo, por exemplo, com a carreira de músico. Em Recife, interessou‑se pela língua alemã e pelos estudos filosóficos, tornando‑se militante das lutas contra a escravidão e a monarquia, além de iniciar carreira musical que o levou à direção de concertos. Retornando ao Ceará, manteve a carreira musical e a militância abolicionista e republicana, o que lhe rendeu a perda de uma bolsa de estudos solicitada para estudar música na Europa. Significativa mudança ocorre em sua história quando se transfere para o Rio de Janeiro, à época capital do Brasil. Seu interesse pela valorização da língua portuguesa e pela constituição de uma literatura brasileira o leva a aproximar‑se de grandes escritores vinculados a correntes nacionalistas, dentro da escola romântica. Produz as óperas Artemis e Abul de forte conteúdo nacionalista, na música e nos textos. As composições da "Série Brasileira", entre elas Batuque, expressam a raiz afro‑brasileira em música e dança. Finalmente, consegue bolsa para a Europa. Em Roma estuda harmonia e piano com Terziani, De Sanctis e Sgambato. Em Berlim estuda composição, órgão e piano com Von Herzogenber, Kleffel e Ehrlich. Casa‑se com pianista norueguesa discípula de Grieg, epígono do nacionalismo romântico. Em Paris estuda órgão com Guilmant e escreve música incidental para a tragédia Electra. Viaja para Viena e convive com Mahler. Viaja para Bruxelas e convive com Debussy. No retorno ao Rio de Janeiro, amparado nas conquistas técnicas e em complexa formação musical avançada, aprofunda a militância nacionalista, abolicionista e republicana, atuando de modo crítico na forma de produzir e ensinar música. Após a abolição da escravatura e a proclamação da República, apresenta recital de canções em português, no Instituto Nacional de Música, opondo‑se aos cultores da língua italiana, pois, para ele, "não tem pátria quem não canta em sua língua". Produziu mais de 200 títulos e consagrou‑se como pai da música brasileira contemporânea. Que valores viram na obra de Cesáreo Sánchez Iglesias para o distinguir com esta medalha? Desde o início de minha vida profissional, como médico, exercendo a psiquiatria clínica, e como professor‑doutor, exercendo o ensino e a pesquisa no campo da medicina social, eu tenho produzido textos científicos, nas formas de artigos e de livros. Mas, desde a adolescência tenho escrito contos, crônicas, textos jornalísticos e poesia. A poesia tem sido para mim forma de expressão afetiva, erótica e política, sem muita preocupação técnica e sem necessidade de carreira literária. Coloquei a poesia como lugar de liberdade. Daí, eu faço anotações a partir das impressões e experiências –são mais de 800 textos com a pretensão da poesia–, mas cultivo a voracidade da leitura, o gosto por conhecer o modo como a poesia acontece em outras culturas, em outras línguas, pois entendo a poesia como aventura da linguagem, identificada com a infância e a loucura. Já traduzi, ousadamente, sem formação técnica de tradutor, do espanhol, do italiano, do francês, do inglês e do russo. Parte dessa produção está publicada no livro Transvida, pela oportunidade de um prêmio de publicação, denominado Caetano Ximenes Aragão, da Secretaria de Cultura do Ceará. Então o professor Jackson Renner Rodrigues, um amigo cearense/galego, numa de suas viagens ao Ceará, hoje fazendo pós‑doutorado na UECE, presenteou‑me com alguns livros do Cesáreo: Tempo Transfigurado, Evadne, O Rumor do Distante, As Bolboretas do Mekong e o Caderno do Nilo. As identificações estéticas, éticas, políticas foram imediatas. Percebi a capacidade feliz de integrar melodia, metáfora e ideia num fluxo de sentido que revela o mundo a partir do local e o local a partir do mundo As identificações estéticas, éticas, políticas foram imediatas. Percebi a capacidade feliz de integrar melodia, metáfora e ideia num fluxo de sentido que revela o mundo a partir do local e o local a partir do mundo. Uma identificação amorosa intensa aconteceu com o Caderno do Nilo. Minhas paixões históricas e mitológicas devem ter ajudado nesse processo. Mas, decisivo, foi o texto em si, sua fluência rítmica, sua evocação simultaneamente mágica e concreta, o rio Nilo carregando você pelo tempo e pela paisagem atual, pelas mãos de um ilusionista e de um pintor impressionista. Precisei ouvi‑lo, mesmo que fosse apenas dentro de minha cabeça, em português. Precisei torná‑lo meu. Precisei torná‑lo eu. Após análise da obra poética de Cesáreo, além de sua obra política em associações literárias e sindicato de servidores públicos; após a conclusão da tradução do Caderno do Nilo; após demanda do nosso Curso de Letras e do Núcleo de Línguas Neolatinas do Centro de Humanidades, que propunham retomar a realização da Semana da Cultura Galega que a UECE promovia no passado; após o resultado positivo para a possibilidade de encerrar este evento com um show de Uxia, gentil dama da canção galega; após a conclusão da editoração do livro Caderno do Nilo em português, por parte da Editora da UECE; surgiu a ideia de convidar o Cesáreo para o lançamento da tradução brasileira e outorgar‑lhe a medalha. O nosso Curso de Música também aderiu, ao tomarem conhecimento do livro Tempo Transfigurado, onde Cesáreo dedica um texto a cada um dos grandes compositores que ele ama, entre eles o brasileiro Villa‑Lobos. O nosso Conselho Universitário analisou e aprovou. A universidade da que o senhor é reitor faz parte duma comunidade educativa que está a batalhar contra as políticas de cortes no ensino do presidente Bolsonaro. Que perspetivas existem de ganhar essa batalha? Sem julgar valor sobre quem foi o pior ou o melhor colonizador, é fato que a Espanha autorizou criação de Universidades em suas colônias desde o século XVI e Portugal não. Tivemos cursos superiores, de Medicina, Direito e Engenharia militar, no início do século XIX, já no fim do pacto colonial, e a primeira universidade brasileira foi criada apenas na década de 1930, quase 50 anos após a Proclamação da República, ampliando o atraso. Um desenvolvimento tardio e lento estendeu‐se até a década de 1960, quando a ditadura militar decidiu massificar o ensino superior por meio de instituições privadas, condenando‐se as instituições públicas como pesadas, antiquadas e "geradoras de uma classe média crítica". No período pós‐redemocratização, nos governos Lula da Silva/Dilma Rousseff, foi retomado o esforço de modernização e ampliação de cobertura das demandas sociais de formação superior, pós‐graduação, extensão comunitária, pesquisa básica e inovação tecnológica, por meio das instituições públicas. No período pós‐redemocratização, nos governos Lula da Silva/Dilma Rousseff, foi retomado o esforço de modernização e ampliação de cobertura das demandas sociais de formação superior, pós‐graduação, extensão comunitária, pesquisa básica e inovação tecnológica Temos vários desafios simultâneos: crescer em quantidade (apenas 49 de cada 100 jovens entre 18 e 24 anos encontram‐se no ensino superior, e destes apenas 13 estão no ensino superior público), crescer em qualidade (atualizando os métodos de ensino e as matrizes curriculares, além de garantir as missões de pesquisa e extensão), crescer na internacionalização (não se pode mais fazer ensino superior e pesquisa de modo isolado) e crescer na inclusão social (garantir acesso e assistência a jovens oriundos do ensino médio público e de famílias de baixa renda, destacando amparo a portadores de deficiência física, a negros e a indígenas). Hoje, as conquistas dos últimos 35 anos de redemocratização estão em cheque, pela redução geral de direitos, pela intolerância antidiversidade e pelo freio orçamentário violento. Há uma crise geral do capitalismo financeiro que penaliza setores produtivos do próprio capitalismo, penaliza as economias periféricas, penaliza as políticas sociais públicas caracterizadas pelas lógicas da inclusão e da equidade. Os partidos de centro‐esquerda, os sindicatos dos trabalhadores e as universidades são os alvos preferenciais dos ataques de natureza político‐ideológica. No Ceará, a cobertura de educação superior, na faixa de 18 a 24 anos, é metade da média nacional. Aqui o desafio é muito maior e, se representamos 4,5% da população do país, somos apenas 2,5% do PIB, além de termos problemas próprios, que afetam duramente a economia e a vida social, como o das secas cíclicas. O português como língua nasceu no território da antiga Gallaecia. Português e galego são ramas do mesmo tronco linguístico. Mas que conhecimento há no Brasil da língua e da cultura da Galiza? A história do Ceará registra a vinda de muitos galegos da Galiza e de ramos galegos originários dos limites entre o rio Minho e o Douro para cá. Existem estas correntes primeiras, da época colonial, entre o século XVII e XVIII, por exemplo, a minha família paterna (os Sampaio=San Paio). E existem as correntes mais contemporâneas, escapando da pobreza, das guerras mundiais, do franquismo. Ambas as correntes se aculturaram e, apenas eventualmente, lembram‐se das origens, mas, interessante destacar, sentem‐se orgulhosos quando isto ocorre. Nosso mestrado em Linguística aplicada, que hoje se tornou programa também oferecendo doutorado, já realizou uma pesquisa cartográfica para identificar expressões remanescentes do galego no cotidiano de nossa população rural e urbana, mapeando mais de uma centena de expressões e locuções, que eram tidas como "português errado", dada a baixa escolaridade formal de grande parte da população. O cearense, de um modo geral, do século XVII ao início do século XX, era um "culto analfabeto", pois curioso, criativo, alimentava‐se de muitas informações, porém pela tradição oral. O núcleo de língua galega da UECE articulou a demanda de famílias de origem galega, claramente identificadas, inclusive dada a proximidade histórica da migração, com uma curiosidade mais ampla e difusa ocorrente no meio social. Foi realmente uma experiência exitosa. Entre nós existe um jeito irônico, engraçado, de protestar, por exemplo, por temor de nova seca, após o aparecimento de poucas nuvens de chuva que rapidamente se dispersaram, grande grupo reuniu‐se em praça principal da cidade para, coletivamente, vaiar o sol. Alguns estudiosos identificam semelhança, com comportamento galego, este tipo de vaia que também chamamos de "assuada". É evidente que as pontes culturais precisam também derivar para pontes econômicas, no turismo, no artesanato (nossas rendas e rendeiras, por exemplo, têm equivalentes galegos) e no comércio. A inclusão na parceria UECE/USC de coedição de livros científicos e literários bilíngues galego/português e a retomada do núcleo de língua galega, com o envio, de modo continuado, de um professor leitor, podem ser pontes muito boas de divulgação da Galiza no Ceará e do Ceará na Galiza. É evidente que as pontes culturais precisam também derivar para pontes econômicas, no turismo, no artesanato (nossas rendas e rendeiras, por exemplo, têm equivalentes galegos) e no comércio. Na Galiza existe uma corrente favorável a que a ortografia do galego se ponha em harmonia com a do português. Conhecem no Brasil a existência desse debate galego? Pessoalmente, tomei conhecimento deste debate ortográfico galego/lusitano agora, com a vinda de Cesáreo e Uxia. Para leitura espontânea, prazerosa, mais ousada que técnica, eu tenho em minha biblioteca reproduções do galaico/português dos cancioneiros, como a obra do Rei Dom Dinis. O galego por séculos ficou confinado ao uso pelas populações rurais, na tradição oral. Ocorreu um renascimento a partir do movimento nacional‐romântico do século XIX, que estabeleceu normativa gramatical, dicionários, periódicos, textos acadêmicos, romance e poesia, como a da fantástica Rosalía de Castro, representando a retomada e resistência criativa, e a de Cesáreo, representando toda uma geração contemporânea, prova de vitalidade. O desafio da Galiza é o de garantir, com poucos falantes e economia pequena, a sobrevivência desta língua historicamente densa, resistente, dúctil e bela. Espero que a relação da Galiza com o Ceará possa ajudar numa aproximação que reinvente, em novas bases, o galaico/português. [A entrevista foi publicada no número 355 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_34379 | Os EUA enviarán novas tropas a Polonia, Estonia, Letonia e Lituania no que din, consitúe unha mensaxe clara a Moscú. | Forzas militares estadounidenses despregaranse nos vindeiros días ás portas de Rusia en resposta á actitude do goberno de Vladimir Putin que mantén o seu apoio aos grupos opositores a Kiev. Neste senso, o líder do Pentágono anunciou, segundo recollen diversas axencias de noticias internacionais, que a administración Obama porá a disposición da NATO 600 militares distribuídos entre Polonia e outros países da rexión báltica. A operación militar abranguerá, aliás, o envío de até 450 soldados procedentes dunha das bases estadounidenses en Italia a Letonia, Estonia e Lituania o que reforzará de maneira significativa a presenza da Alianza do Atlántico Norte (NATO) na fronteira con Rusia. A decisión das autoridades militares estadounidenses visa ser unha advertencia a Moscú. "Desde a agresión de Rusia a Ucraína", sinalou John Kirby, voceiro do Pentágono, "estivemos procurando constantemente maneiras de asegurar os nosos aliados e socios" no que, din, constitúe un "compromiso" e unha "obriga" para a "seguridade" de Europa. Para a administración Obama, este movemento militar é unha "mensaxe a Moscova" para lle facer saber que se toman "moi, moi a serio" a defensa do novo réxime ucraíno. |
NOS_7874 | O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reuniuse hoxe coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para avanzar nunha estratexia conxunta para a Axenda Social Única 2021-2024. No encontro, lembrouse que os municipios teñen unha "sobrecarga" de atencións que asumen con fondos propios. | Os municipios galegos volveron facer unha chamada de auxilio ante a Xunta esta sexta feira. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, aproveitou un encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para lembrarlle que as entidades locais precisan unha transferencia de fondos debido á "sobrecarga" de traballo derivada da pandemia do coronavirus. Varela indicoulle a García que por mor da Covid-19 e dos seus efectos económicos os servizos de asistencia social dos concellos tiveron que atender a 17.000 novos usuarios. Isto supuxo, segundo resaltou, un sobrecusto mensual duns seis millóns de euros. No primeiro momento os fondos necesarios para atender á cidadanía saíron das arcas municipais pero dado que existen fondos específicos para paliar os efectos do virus, o representante pediulle maior celeridade á Xunta -e tamén ao Goberno do Estado español- para traspasar os cartos que lles corresponden. Ao dar detalles da situación, Varela advertiu de que o "escenario é moi preocupante" e os concellos son só "a porta de entrada" das necesidades. Así falou de que, polo momento, teñen estimado que seis de cada dez novas usuarias se viron afectadas polos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ou tiveron que paralizar o seu traballo polo virus. Isto ao final deu nese incremento da demanda de axudas ás administracións municipais, o que á súa vez puxo contra as cordas o poder das entidades. "É máis necesario que nunca que Xunta e Estado poñan recursos enriba da mesa", engadiu. Neste sentido, a consellaría comprometeuse a fornecer "máis recursos" pero non aportou datas concretas. Un documento común Varela trasladou estas declaracións despois dese encontro de traballo con García para pactar a renovación da Axenda Social Único 2021-2024, que ten que contar cun documento en firme no primeiro semestre do ano. O escrito, que vai ser elaborado pola Fegamp e a Xunta, da man dalgunhas entidades sociais, "marcará los obxectivos en materia de inclusión para os próximos catro anos". |
NOS_50042 | "Non van amedrentarnos", di Ana Pontón, que quixo transmitir a "total solidariedade" da organización para coa concelleira e candidata nacionalista. | O BNG pide que se abra "unha investigación con carácter inmediato" sobre as pintadas ameazantes que esta fin de semana apareceron perto da casa de Carme Da Silva, concelleira nacionalista en Pontevedra e candidata do BNG ás eleccións xerais do 28A. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, quixo transmitir a "total solidariedade" da organización para con Da Silva e cualificou como "intolerábeis" as ameazas. Na pintada, o nome da concelleira aparecía dentro dun punto de mira. "Non van amedrentarnos", sinalou Pontón, que considera que "ten que haber unha resposta" a estas ameazas e incidiu en que as mesmas non van frear o compromiso do BNG para cunha "Pontevedra e Galiza mellor". O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, xa emitira unha mensaxe de solidariedade á súa número dous a través da conta de twitter: "Quero manifestar todo o meu apoio á nosa compañeira. Imos continuar a defender os intereses de Pontevedra por riba de todo". |
NOS_58568 | A crise de ovos afectados por un pesticida destapada a semana pasada en Holanda exténdese xa a sete países de Europa. Francia e Reino Unido son os dous últimos en incorporarse a esta lista. Bélxica recoñece ter coñecemento do problema dende xuño. A OMS califica de "moderadamente peligroso" o consumo destes produtos e os expertos sinalan que a inxesta dos mesmos pode causar, no peor dos casos, danos a fígado, tiroides e riles. | Todo comezou hai unha semana en Holanda cando tras detectar unha elevada cantidade de pestidicida en 28 lotes de ovos, o goberno aconsellou interrumpir o consumo. Ademais, retiráronse os produtos contaminados do mercado e bloqueouse a produción de 180 gandeiros. A preocupación que xurdiu foi se a carne para consumo estaría tamén contaminada, polo que se están a realizar análises para determinalo. Porén, Bélxica admitía coñecer a existencia dunha posíbel contaminación de ovos dende o mes de xuño. Se a información non se fixo pública foi debido á investigacion que se estaba levando a cabo, declarou a portavoz da axencia de seguridade sanitaria belga. A crise dos ovos contaminados exténdese agora a outros países onde estes ovos son comercializados. Holanda, Bélxica, Alemaña, Suecia, Suiza, Francia e Reino Unido son até o momento os países que detectaron a chegada de ovos contaminados por pesticidas. Estes produtos proceden de granxas onde se emprega fipronil, un pesticida que elimina piollos e pulgas e cuxo uso está prohibido en animais que forman parte da cadea alimentaria. Aínda que as autoridades sanitarias consideran que o risco para a saúde é mínimo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) afirma que o seu consumo é "moderadamente perigoso". Os expertos sinalan que a inxesta desta substancia en elevadas cantidades pode producir vértigos, náuseas ou vómitos. En casos graves, pode chegar a danar o fígado, a tiroides e incluso os riles. |
NOS_10193 | A Coordenadora de Traballador@s de Normalización da Lingua (CTNL) organiza unha xornada aberta de convivencia o vindeiro sábado 22 de xuño. Xeira na que a subida ao olimpo Celta, o Monte Pindo, será protagonista, mais non a única | "A xente que traballamos polo galego estamos acostumada aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que, o sábado 22 de xuño, imos botar a lingua de fóra...: subimos ao olimpo Celta, ao Monte Pindo!". Con este convite, desde a CTNL chámase a unha xornada de lecer, de compaña e, tamén, de compromiso co idioma. @s interesados en participar deben enviar un correo-e co teu nome e teléfono ao enderezo [email protected] ata o 18 de xuño A quedada é ás 10.30 h do sábado 22 de xuño diante da capela, na parroquia do Pindo (Carnota), mesmiño a pé da praia. Cómpre ser moi puntuais, recomendan desde a organización."Arrancamos puntuais e, despois de camiñarmos uns 4,5 km, contamos con chegarmos arriba, á Moa, sobre as 13.30 h. Observamos, falamos, aprendemos, sacamos unha foto ensinando a lingua, xantamos (cada quen debe levar a súa comida), descansamos..., e comezamos a baixar sobre as 16.00 h. Aí sobre as 18.00 h, máis ou menos, chegaremos abaixo, e se o tempo acompaña, se queremos, aínda nos poderemos dar un baño na praia ou coñecer algo máis por alí". Consellos e recomendacións A organización aconsella que se pense "en que cousas podes necesitar, como por exemplo: roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar polo monte, mochila, chuvasqueiro (non vaia ser o demo), gorra, protección solar (tamén, non vaia ser o demo), cámara de fotos, xantar (que non pese moito para levar na mochila), auga (mellor en cantimplora, que vai fresquiña e é reutilizábel), roupa de baño (por se queres despois aproveitar a praia), espírito de convivencia, paciencia, ánimo, gañas de pasalo ben conxuntamente, conversa, etc...." Organizada pola CTNL, esta actividade conta coa colaboración da Asociación Monte Pindo Parque Natural, |
NOS_32151 | O 'Marsua J' non volveu a porto e non se puido contactar con el, o que motivou activar o operativo de busca. Ían dous mariñeiros a bordo. Localizaron o corpo dun deles, segundo CRTVG, e tamén restos da embarcación. | Os servizos de emerxencias tratan de atopar o 'Marsua J', un pesqueiro con dous mariñeiros a bordo que estaba a faenar polo oeste das illas Cíes, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo. Efectivos do operativo localizaron un dos corpos dos mariñeiros pouco antes das seis da tarde, segundo a CRTVG. A alerta deuna un particular sobre as 16.30 horas tendo en conta de que a embarcación non regresara ao seu porto base, en Baiona, no tramo horario previsto. Após recibir o aviso do 112 Galiza mobilizáronse a embarcación Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca I, do servizo de Gardacostas de Galiza. No rexistro da frota do Ministerio, figura que é un barco de artes menores de case siete metros de eslora. Ten porto base en Baiona e foi dado de alta en febreiro de 2001. |
PRAZA_9456 | É legal o paro de 24 horas en todos os sectores e empresas? Hai que comunicar previamente a intención de facela? Poden sumarse as traballadoras autónomas ou as empregadas do fogar? Poden os homes facer folga? Deben facela? Respondemos a estas e outras dúbidas sobre o 8M | O vindeiro 8 de marzo está convocada unha folga xeral de mulleres. Hai que avisar na empresa de que se vai facer folga? As traballadoras autónomas poden facer folga? E os homes, poden facela? E, independentemente diso, deben facela? Son varias as preguntas e as dúbidas que xornden nestes días previos ao 8M. Velaquí algunhas respostas, achegadas por Galegas8M e outros colectivos.Todas as traballadoras poden facer folga de 24 horas, en calquera sector e empresaÉ unha folga legal? Podo facer folga todo o día? Absolutamente. A folga de 24 horas impulsada polo movemento feminista quedou legalizada a partir do momento en que foi rexistrada por algunha central sindical. CIG, CNT, CGT, CUT ou SLG convocaron xa un paro xeral de 24 horas en todos os sectores. Polo tanto, trátase dunha folga absolutamente legal. Mentres, CC.OO. e UGT semella que van optar finalmente por convocar paros de dúas horas (aínda que en determinados sectores, como o do ensino, a convocatoria de CC.OO. é de 24 horas), pero isto non modifica o carácter legal da convocatoria de 24 horas.Teño que ser afiliada dalgún dos sindicatos convocantes para poder facer folga?Absolutamente non. Ao igual que noutras folgas, o dereito pertence ás traballadoras e traballadores, independentemente de que estean afiliadas a algún sindicato ou de que o seu sindicato convoque ou non a folga ou convoque un paro parcial.Ten que haber na miña empresa representación sindical dalgunha das centrais convocantes para que eu faga folga?Claro que non. Ao tratarse dunha folga xeral, non é requisito necesario realizar unha comunicación individualizada empresa por empresa.As traballadoras non teñen que avisar de que van facer folga e tampouco están obrigadas a responder ningunha pregunta da súa empresa neste sensoTeño que avisar na miña empresa de que vou facer folga?Non. As traballadoras non teñen que avisar de que van facer folga e tampouco están obrigadas a responder ningunha pregunta da súa empresa neste senso. En determinados supostos a pregunta pode ser vulneradora do dereito de folga e, de feito, pedirlle a unha traballadora que asine un escrito manifestando a súa intención de secundar ou non a folga é unha infracción administrativa e pódese denunciar perante a Inspección de Traballo.A empresa ten dereito a tomar represalias ou a substituír a traballadora no seu posto?Non. "Calquera represalia suporía a nulidade da sanción ou despedimento", destaca a CNT, que sinala que "o despedimento será nulo, pero para acreditalo haberá que probar a motivación do mesmo no exercicio do dereito de folga". Esta central recomenda "non asinar nada" pois "asinar un finiquito implica renuncia a accións". Así mesmo, suxire acudir inmediatamente a un sindicato "porque os prazos son breves". As empresas tampouco poden substituír ese día a traballadora no seu posto, nin a través de persoal externo, nin trasladado dende outras seccións nin a través da automatización das súas funcións.As empresas non poden substituír ese día a traballadora no seu posto, nin a través de persoal externo, nin trasladado dende outras seccións nin a través da automatización das súas funciónsQue consecuencias ten o exercicio da folga no salario e na cotización á Seguridade Social?O día non traballado loxicamente non se cobra e tampouco se cotiza, descontándose igualmente a parte proporcional das gratificacións extraordinarias. Iso si, non implica a redución do período de vacacións nin o descanso semanal.Se se asina un papel na empresa dicindo que non se vai facer folga, pódese mudar de opinión? "Aínda que o asinases con sangue", destacan denden Galegas8M. O dereito á folga é un dereito irrenunciable e exércese no momento en que a folga comeza. O documento que asinaches non é vinculante porque vulnera un dereito fundamental.É delito que a empresa me diga que se non vou traballar o día de folga me ateña ás consecuencias? Si. A folga é un dereito fundamental, polo que a coacción para evitar o seu exercicio está tipificada como delito. Se a empresaria ou empresario fai iso con testemuñas, pódese comunicar a un sindicato para presentar a correspondente denuncia.É obrigatorio cumprir cos servizos mínimos?Si. Non ir traballar cando es designada para os servizos mínimos pode ser motivo de sanción ou mesmo de despedimento disciplinario. Así pois, debes ir ao teu posto de traballo e recorrer xudicialmente os servizos mínimos impostos se entendes que son indebidos ou excesivos.É obrigatorio cumprir cos servizos mínimos, pero só determinados sectores (sanidade, transportes...) poden fixalosPode calquera empresa fixar servizos mínimos? Os servizos mínimos están destinados á estrita prestación dos "servizos esenciais para a comunidade" (sanidade, educación, hixiene pública, transportes públicos...) durante a folga, polo que é a Autoridade Laboral a que establece en que empresas e administracións hai que facelos e en que consisten. As empresas que non prestan estes "servizos esenciais para a comunidade" só poden impor "servizos de mantemento", destinados a garantir a seguridade das persoas e locais e o seu mantemento (instalacións, maquinaria, materias primas, etc.) cando sexa necesario, mais nunca con carácter produtivo.Teñen dereito a folga as traballadoras autónomas? E as falsas autónomas?A folga está convocada legalmente para as traballadoras asalariadas, o que non queren dicir que as autónomas non poidan parar ese día. A situación das falsas autónomas (coma noutras cuestións) é máis complicada; a realidade é que como autónoma non ten ese dereito, de xeito que se fai folga e a empresa toma represalias contra ela, despedíndoa, tería que probar nun xuízo a súa condición de falsa autónoma.As autónomas poden parar ese día (aínda que a folga está convocada para as traballadoras asalariadas). As falsas autónomas atópanse nunha situación máis complicadaTeñen dereito a folga as traballadoras en período de proba e bolseiras?Si, durante o período de proba téñense os mesmos dereitos que calquera traballador contratado.Teñen dereito a folga as traballadoras dunha cooperativa de traballo asociado?Non. Neste punto a CNT denuncia que o Estado español está a incumprir o Convenio da OIT.Teñen dereito a folga as empregadas do fogar?Si. O RD 1620/2011 que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar destaca no seu artigo 7 que "O traballador terá os dereitos e deberes laborais nos artigos 4 e 5 do Estatuto dos Traballadores" (o artigo 4 inclúe o dereito á folga). En todo caso, os sindicatos lembran que a protección xurídica para as empregadas do fogar é moi reducida e téñense dado sentenzas favorables e desfavorables nos últimos anos en caso de despedimento. O movemento feminista animou así mesmo ás traballadoras do fogar que por un ou outro motivo non poidan facer folga a colgar os seus mandís das fiestras para amosar o seu apoio ao paro.Poden os homes facer folga?Poden, a folga está convocada de forma xeral. Con todo, o movemento feminista desaconsella en xeral que os homes se sumen a unha convocatoria que non foi dirixida a eles, como podemos ler na web de galegas8m. O movemento feminista desaconsella que os homes se sumen á folga. Pero ese día (e os restantes 364) poden ocuparse das tarefas de coidados e axudar a que as mulleres se unan aos parosQue poden facer os homes para apoiar a folga?No caso de sumarse á folga, a única razón debería ser ocuparse das tarefas de coidados (sobre todo de dependentes) que habitualmente realizan as mulleres. Tamén poden axudar a garantir que as mulleres que desexen facer folga poidan facela (por exemplo, ocupándose dos servizos mínimos impostos no seu sector). Igualmente, poden facer unha achega económica a un peto de resistencia no traballo para axudar ás compañeiras que vaian á folga.En xeral, o mellor que poden facer os homes ese día (e o resto do ano) é non querer ser tan protagonistas. O pasado ano publicamos esta guía con recomendacións sobre o que os homes podían facer para apoiar a folga do 8M. |
NOS_4839 | A homofobia manifestada por algún dos acusados da mortal malleira a Samuel Luiz fica patente no contido do sumario. | O sumario sobre a morte o 3 de xullo de Samuel Luiz na Coruña como consecuencia dunha brutal malleira en grupo recolle declaracións dos implicados agresión, así como de testemuñas que presenciaron o crime. Segundo o escrito, ao que tivo acceso La Sexta, un dos membros do grupo agresor que non foi detido asegura que oíu Diego, un dos principais implicados polas probas de ADN, dicir a Samuel: "Pero que estás a gravar, maricón?". Unhas palabras que corrobora unha amiga de Samuel, presente nos feitos, que na súa declaración apuntou que o acusado se encarou á vítima dicindo: "Deixa de gravar, a ver se che vou matar, maricón". Nese momento, segundo o auto, "comezou a agarralo fortemente polo pescozo en varias ocasións e a empuxalo, chegando a tiralo" ao chan. E engádese: "Un dos implicados di, nun momento da pelexa, que portaba unha navalla que sacou do peto dereito do pantalón á vez que dicía: 'Voulla a cravar no peito, vas morrer'", dirixíndose a Samuel. "Que este mesmo home que ameaza Samuel pouco despois bátelle cunha botella no rostro, o que provoca que caese ao chan", continúa rexistrando o sumario, no que do mesmo modo se recolle a declaración dunha testemuña amiga de Ibrahima, o mozo senegalés que non dubidou en interpoñerse para axudar a Samuel, sobre o sucedido cando a vítima xa caera: "O home que estaba no chan non se defendeu en ningún momento nin fixo ningún acto de violencia contra os seus atacantes, só viu que lle pegaban moitísimo e que non se defendía". Este mesma testemuña engade: "A pesar da protección que lle estaban dando, tanto el como o seu amigo Ibrahima, os atacantes non cesaron en ningún momento nos seus ataques". No sumario ao que tivo acceso La Sexta recóllese tamén outra declaración na que se afirma "que o que se atopaba no chan recibindo estes golpes (Samuel) tentou en varias ocasións levantarse, non lográndoo porque de maneira continua estaban a darlle patadas e puñadas". E precisa: "Na súa fuxida, nunca tentou defenderse nin realizou movemento hostil cara aos seus atacantes, tan só tentaba escapar deles". Autopsia de Samuel No escrito tamén se recollen as palabras doutra testemuña falando de como se atopou os agresores despois da brutal malleira. Segundo se expón no sumario, "a moza estaba moi enfadada por unha pelexa na que, ao parecer, estaba o seu noivo, e recriminoulle: 'Como o deixastes, algún día daranche a ti as hostias'. E que o mozo a continuación dixo: 'Puto maricón, se era un maricón de merda'".. "Teño un problema cos gais" Ademais, e segundo recollen diferentes medios de Madrid, na súa declaración ante a Policía, tres días despois do sucedido, Kaio, un dos acusados, sostivo que Diego, outro dos agresores, proferiría comentarios homófobos na súa reunión unha hora e media despois da pelexa. "Teño un problema cos gais", tería dito. |
PRAZA_19565 | A medida é outra máis das aprobadas hai unhas semanas na polémica lei de acompañamento e chega un ano despois de que o sector tombase a lei de acuicultura que permitía aumentar o número de bateas. | A medida é outra máis das aprobadas hai unhas semanas na polémica lei de acompañamento e chega un ano despois de que o sector tombase a lei de acuicultura que permitía aumentar o número de bateas A Consellería do Mar vén de publicitar este mércores outra das numerosas modificacións legais introducidas hai unhas semanas en todo tipo de ámbitos a través da denominada lei de acompañamento dos Orzamentos autonómicos. Desta volta, con visita a unha batea incluída da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a Xunta salientou que nesa lei de acompañamento vén de aprobarse a ampliación do prazo de diversas concesións, "fundamentalmente bateas de mexillón, de 30 a 50 anos", unha medida que o Goberno galego admite que vai "en consonancia coa Ley de Costas do Estado". A Lei de Costas estatal foi modificada en medio dunha importante polémica en febreiro de 2013 co único voto do PP. Nela se ampliaron os prazos de diversos tipos de concesións, como as de vivendas ao bordo do litoral. A finais de 2014 foi aprobado o Regulamento que desenvolve esa lei, e nel indícase que as concesións para instalacións marítimas, como as bateas, poden ter unha duración de "ata un máximo de 50 anos". Un tope que non é de obrigado cumprimento, senón só un límite legal estatal que agora a Xunta decide aproveitar ao máximo para, segundo a súa argumentación, "incrementar a seguridade xurídica das empresas e dos inversores e mellorar o desenvolvemento planificado da acuicultura do mexillón". Agora, non só non haberá máis bateas senón que se amplían as concesións das xa existentes En toda Galicia hai unhas 3.300 bateas. A ampliación das concesións xa existentes prodúcese logo de que a Consellería do Mar se vise forzada a retirar hai un ano a súa proposta de nova lei de acuicultura, moi contestada polo sector. Naquela norma frustrada, o Goberno galego abría a porta a outorgar novas concesións de bateas. Agora, non só non haberá máis bateas senón que se amplían as concesións das xa existentes. A ampliación das concesións das bateas é outra máis das numerosas modificacións legais aprobadas pola Xunta cun debate parlamentario reducido grazas á súa introdución na lei de acompañamento. Con ela o PP aprobou tamén designar a dedo os letrados do Consello Consultivo, facilitar a expansión das explotacións forestais e a instalación de megaplantas de biomasa ou prorrogar as licenzas autonómicas de televisión ás empresas que as están a incumprir. |
NOS_56450 | Un total de 93 webs xa operan co dominio .gal, unha cifra que se espera que a partir de decembro sexa de milleiros. Oito anos de traballo e compromiso deron os seus froitos: Galiza con existencia propia no mundo das redes. | O 25 de xullo comezaron a funcionar na rede os primeiros 93 enderezos baixo o dominio .gal logrando, como define Manuel González (presidente da asociación puntoGAL), "algo tan importante como que neste medio revolucionario que condiciona as nosas vidas, Galiza teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade". Tras oito anos de traballo, de perseverancia e de compromiso, o noso país tiña dominio de seu nas redes. Mais o mellor, como din desde puntoGAL, "está por vir". Será a partir de decembro a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións. A travesía que fixo posíbel que Galiza tivese dominio propio comezou hai máis de oito anos, en xuño de 2006 coa creación da Asociación puntoGAL. Un colectivo que naceu ao ronsel do éxito do .cat. En setembro de 2005 a ICANN (acrónimo de Internet Corporation for Assigned Names and Numbers, entidade sen fins lucrativos, multilateral, que organiza a concesión de dominios e de enderezos IP no mundo) aprobaba o dominio.cat. Poñía así o ramo a unha década de traballo d@s cataláns por lograr a súa identificación en internet. PASOS ATÉ O DE AGORA En febreiro de 2007 a Xunta anunciaba o seu apoio oficial a esta iniciativa e en febreiro de 2009, puntoGAL superaba os 10.000 apoios de persoas, colectivos, entidades, empresas, administracións... Os primeiros pasos de 2006 estaban a se converter en maré. Os sitios que aspiran a .gal deben ter un mínimo en galego ou relacionado coa cultura galega O 29 de maio de 2012 presentábase oficialmente a candidatura para Galiza contar cun dominio propio. Un ano despois, en xuño de 2013, a ICANN notificaba que se superara o proceso de avaliación. E o 12 de abril de 2014 a asociación puntoGAL recibía a delegación do dominio. As portas abríanse a facer unha realidade o .gal. NOVOS PASOS Cumprida a fase de Pioneiros, comezarán en paralelo de setembro a novembro as de Abrente e Carreira. A directora xeral da asociación Edita de Lorenzo explica que Abrente comezará en setembro, durará até novembro e busca "protexer dominios de interese público". Nesta fase as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio actual. "Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna os enderezos da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do punto GAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima aos galegos". "Conseguimos que Galiza teña un carné de identidade, que a lingua galega teña visibilidade" Paralelamente haberá a fase Carreira para o público en xeral e para os enderezos que non teñan dereitos preferentes. Durante esta fase poderase poxar por enderezos especialmente atractivos. POÑER O RAMO E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións, como sucede como calquera dos dominios que levan tempo na Rede. @s impulsores do .gal destacan que todo son vantaxes. Desde que o .gal permitirá visibilizar os produtos, a cultura e a comunidade galega no mundo até que empresas, produtores e comercializadores de produtos nos que a identificación con Galiza supón un plus de calidade. Desde a oportunidade para o galego até que contribuirá ao uso e fomento das novas tecnoloxías por e para a sociedade galega. A saber PóDESE REXISTRAR CALQUERA NOME? Si. Mais ICANN establece certas restricións (estados oficialmente aceptados pola ONU e outras excepcións). A Asociación PuntoGal reservará algúns nomes de dominio por motivos de interese público. CANDO PODO REXISTRAR O MEU .GAL? O lanzamento de dominios realizarase en varias fases. Xa en marcha a de Pioneiros, empezarán outras (Abrente, Carreira). En decembro abrirase a posibilidade do rexistro dun dominio .gal ao público en xeral. QUE CONDICIóNS DEBERáN CUMPRIR? Debe ter un contido mínimo significativo en galego. En caso de que non estea, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega. CO .GAL PERDEREI O .COM .ORG OU .ES? Non, os dominios son compatíbeis entre si e pódense activar tantos cantos se desexen para o mesmo nome de dominio. Polo tanto, non se perderán os anteriores dominios .org .com ou .es QUEN XESTIONA O DOMINIO .GAL O dominio.gal xestiónase dende a Asociación PuntoGal, un entidade privada sen ánimo de lucro, constituída por axentes de todos os ámbitos representativos da sociedade galega. Esta reportaxe apareceu no Sermos Galiza nº 107, publicado a 31 de xullo de 2014. |
NOS_34852 | A filmoteca pública, é dicir, o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, inicia mañá un ciclo de filmes dedicados á época en que se escribiu o pergamiño Vindel. "Cinema de temática medieval", defíneno. Comeza esta terza feira, ás seis da tarde, coa proxección dun título pouco coñecido de John Huston: Un paseo polo amor e a morte (1969). | O pergamiño Vindel data de finais do século XIII ou principios do XIV. Recolle as sete cantigas de amigo de Martín Codax e a notación musical de seis. Na actualidade, exponse no Museo do Mar de Vigo. É a primeira vez que se pode ver publicamente en Galiza. As dez obras cinematográficas que, entre o 9 de xaneiro e o 28 de febreiro, pasarán polo CGAI van máis alá "desa tradición". "Intenta ofrecer unha visión ampla e diversa do medievo a través de filmes cunha traballada documentación", di o comunicado remitida desde Agadic, "e doutros con valores artísticos alén da veracidade histórica". Ademais do título de Huston -ambientado nas revoltas campesiñas francesas do século XIV coecidas como Jacquerie-, VindeCine. O tempo de Martin Codax a través do audiovisual ofrecerá oportunidades para ver pezas de culto. Por caso, Lancelot do Lago (1974), do rigorista cineasta francés Robert Bresson. O pase será a terza feira ás oito e media do serán. Mais días antes haberá dous pases de Os viquingos (1958), de Richard Fleischer e protagonizada por Kirk Douglas, a terza feira 23 de xaneiro. Unha das máis célebres versións de O ladrón de Bagdad (1924), de Raoul Walsh, será a terza feira 30 de xaneiro ás sete e media do serán. Os cabaleiros da mesa cadrada (1975), en realidade titulada Monthy Python e o Sagrado Grial, a delirante comedia do grupo británico Monthy Python, proxectaráse a terza 27 de febreiro ás seis e ás oito e media. A paixón de Xoana de Arco (1928), obra mestra do danés Carl Theodor Dreyer, pechará o ciclo de dez filmes que o CGAI artellou en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e que tamén se está a ocupar a pantalla da sala cooperativa Numax, en Santiago de Compostela. |
PRAZA_18877 | Falamos con Manuel Moreira (CIG), Ángel Cameselle (CC.OO.) e Manuel Martín (AGDSP) sobre a situación da Atención Primaria na área sanitaria de Vigo e pedímoslles unha proposta de solución para os actuais problemas asistenciais | Milleiros de persoas manifestáronse este xoves en Vigo "pola dignidade da Atención Primaria". Malia estarmos no Nadal e a pesar de que a convocatoria dos 25 xefes de servizo dimitidos foi lanzada hai tan só uns días a cidadanía de Vigo e a súa área metropolitana expresou a súa protesta ante unha situación que vén de vello e que supuxo unha degradació da atención sanitaria na comarca. Falamos con Manuel Moreira (CIG), Ángel Cameselle (CC.OO.) e Manuel Martín (Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública) sobre as orixes do problema, pedímoslles unha valoración sobre os movementos das últimas semanas e demandámoslles unha proposta de solución para os actuais problemas asistenciais. Cal é a situación da Atención Primaria en Vigo? Ademais das eivas existentes no resto de Galicia, que factores acentúan os problemas nesta área sanitaria?Manuel González Moreira (CIG): "A Atención Primaria presenta eivas en toda Galicia, que tamén sufrimos en Vigo, pero aquí temos dous problemas engadidos: a presenza de Povisa e do Hospital Álvaro Cunqueiro. A apertura do Cunqueiro supuxo novos obstáculos, pois incrementou as barreiras de acceso para os médicos da Primaria, fixo moito máis difícil a comunicación co nivel hospitalario e aumentou as demoras das consultas de atención hospitalaria. Ademais, fáltannos recursos asistenciais para atender a toda a xente que temos nos cupos, por iso temos unha media de consultas máis alta que o restos do SERGAS. Esa é a razón de que a indignación por parte dos profesionais na área de Vigo sexa maior""Os problemas están acentuados pola privatización da sanidade, onde van parar cada ano 150 millóns de euros, entre o que se entrega a Povisa e o que se paga polo canon do Cunqueiro"Ángel Cameselle (CC.OO.): "En Vigo pasa, primeiro, o mesmo que pasa no resto de Galicia: que hai unha gran falta de recursos, porque a porcentaxe do PIB que se destina a Sanidade é moi baixa. En Vigo, ademais, os problemas están acentuados por mor da privatización da sanidade, onde van parar cada ano 150 millóns de euros, entre o que se entrega a Povisa e o que se paga polo canon do Álvaro Cunqueiro. Cando se apostou por esa fórmula para o novo hospital nós xa denunciamos que eses cartos ían saír en gran medida do capítulo do orzamento dedicado a persoal. En Vigo faltan profesionais: médicos, enfermeiros e outros traballadores como psicólogos, traballadores sociais ou fisioterapeutas, perfís que estaban previstos no Plan Mellora e que son moi importantes para reducir a carga asistencial"."É un problema, tamén, o sometemento dos centros de saúde ás Xerencias dos hospitais. Isto determinou unha situación de frustración entre o persoal da Atención Primaria"Manuel Martín (AGDSP): "En Vigo sufrimos os problemas que se dan na Atención Primaria de toda Galicia, onde nos últimos anos houbo un recorte de profesionais moi importante. Houbo tamén un recorte orzamentario, de xeito que hoxe non superamos o 12% do gasto sanitario, cando deberiamos estar no 25%. Os novos profesionais MIR que van saíndo atopan que a precariedade laboral é a situación habitual para eles na sanidade en Galicia. Non teñen estabilidade no emprego e a maior parte está marchando fóra para poder conseguir condicións de traballo dignas.É un problema, tamén, o sometemento dos centros de saúde ás Xerencias dos hospitais. Isto determinou unha situación de frustración entre o persoal da Atención Primaria, que se foi transformando en indignación e, finalmente, en rebelión". Como valoras a dimisión dos xefes de servizo e a posterior resposta ofrecida pola Xunta?Manuel Martín (AGDSP): "Os Xefes de Servizo dixeron que xa abondaba, que non aceptaban seguir mantendo unha situación de precariedade e submisión, unhas condicións que prexudican a calidade da atención sanitaria e a capacidade resolutiva dos profesionais. A realidade é que a saturación leva a que non haxa tempo suficiente para dedicarlles aos pacientes. Cando a demanda sobrepasa a capacidade dos traballadores, neste caso dos e das profesionais de Atención Primaria, é imposible prestar unha atención correcta. A Administración pasou de dicir que non había ningún problema e que Galicia estaba moito mellor que o resto de comunidades a aceptar que hai que negociar modificacións. Pero a oferta de negociación de fan é completamente inaceptable. En toda a miña traxectoria nunca vin este nivel de indignación e de rebelión entre os profesionais sanitarios galegos". "En toda a miña traxectoria nunca vin este nivel de indignación e de rebelión entre os profesionais sanitarios galegos"Manuel González Moreira (CIG): "Despois dun ano tentando buscar solucións a esta situación en conversas coa Xerencia, finalmente chegamos ao extremo de que dimitisen 25 xefes de servizo. A peor resposta foi a do propio xerente, Félix Rubial, ninguneando o papel dos xefes de servizo nos centros de saúde, minimizando a importancia destas dimisións e mesmo atacando persoalmente aos xefes de servizo dimitidos. A realidade é que entre eles hai moitas persoas que foron quen puxeron en marcha a Atención Primaria na área sanitaria de Vigo, tanto en aspectos docentes como organizativos. Polo tanto, non eran calquera persoa os que dimitían, eran profesionais moi comprometidos co sistema, que seguen estando completamente comprometidos con el. Persoas que dimiten precisamente por non ser cómplices dunha determinada política sanitaria. A resposta do SERGAS, creando uns determinados grupos de traballo nos que os seus integrantes eran seleccionados a dedo, deixando fóra os profesionais máis críticos que son precisamente quen mellor coñecen a realidade da área sanitaria de Vigo"."A resposta que antes estas dimisións deu a Xunta de Galicia foi totalmente inxusta. Non se pode afirmar que non hai profesionais dispostos a traballar"Ángel Cameselle (CC.OO.): "As dimisións dos xefes de servizo foron motivadas pola forte presión que soportan, tanto interna como externa, por parte en primeiro lugar dos traballadores dos centros de saúde, que non poden atender 50 e ata 60 pacientes nun día, como está a suceder. A resposta que ante estas dimisións deu a Xunta de Galicia foi totalmente inxusta. Non se pode afirmar que non hai profesionais dispostos a traballar. Este ano bateuse o récord de profesionais sanitarios que marcharon de Galicia porque aquí non acadaban un contrato estable. É necesario dotar de estabilidade ao emprego, que a xente conte con condicións dignas". Como se solucionan os problemas, sobre todo de falta de persoal e de sobrecarga de traballo que presenta a Atención Primaria?Ángel Cameselle (CC.OO.): "É necesario poñer en marcha en Galicia unha auténtica revolución sanitaria, hai que ir á orixe do problema. Non se trata de poñer parches, senón de investir máis en sanidade. Hai que frear e reverter as privatizacións e destinar eses cartos a contratar persoal. Se en vez de pechar camas e quirófanos no verán, se mantivesen abertos estes servizos, en tres meses poderían reducirse en catro mil persoas as listas de espera en Vigo. E, por último, hai que solucionar de forma urxente os problemas en Pediatría: hai que convocar máis prazas MIR de Pediatría. E tamén de Medicina de Familia e outras especialidades e iso permitiría avanzar na solución dos problemas da sanidade en Galicia"."É necesario poñer en marcha en Galicia unha auténtica revolución sanitaria, hai que ir á orixe do problema. Non se trata de poñer parches, senón de investir máis en sanidade"Manuel Martín (AGDSP): "Debe abrirse un proceso de diálogo sen restrición ningunha no que deben estar implicados todos os traballadores, todos os sindicatos, organización profesionais... e reproducir o que se fixo hai dez anos, no 2008, cando de debateu e se deseñou o Plan de Mellora da Atención Primaria: fíxose un diagnóstico da situación e realizouse unha proposta de medidas factibles e que contaban co consenso da administración e dos profesionais. Hai que incrementar o orzamento da Atención Primaria, hai que acabar con todos os recortes de profesionais que houbo neses anos, hai que planificar máis prazas MIR, hai que dar resposta aos problemas que presentan os PAC que nestes momentos non contan cos recursos necesarios para atender as emerxencias, hai que solucionar os problemas que presenta Pediatría en moitos barrios e localidades...""O primeiro paso é reverter esa nefasta taxa de reposición que impediu cubrir as prazas de se perdían por xubilacións e convocar prazas no sistema"Manuel González Moreira (CIG): "Agora o que temos é un problema de falta de previsión por parte da administración e dunha nefasta política de recursos humanos que nos últimos anos fixo emigrar do país un gran número de médicos de familia e pediatras. Non hai médicos de familia nas listas de substitución, pero cando se convocan prazas, resulta que hai 1000 aspirantes para 200 prazas. É dicir, se se convocan prazas en condicións, si que hai profesionais interesados. O primeiro paso é reverter esa nefasta taxa de reposición que impediu cubrir as prazas de se perdían por xubilacións e convocar prazas no sistema, prazas estables que lles dean garantía de continuidade aos profesionais. Hai que modificar tamén as estruturas organizativas de Atención Primaria, porque nos últimos anos o SERGAS consolidou un modelo no que a Primaria está completamente subordinada á atención hospitalaria. Estamos desaparecidos e iso hai que subsanalo, debemos ter unha estrutura propia, con xestión de recursos humanos e de orzamento e aproveitar ese orzamento para convocar prazas nos centros, prazas para responder ás necesidades crecentes da poboación galega. Cada vez temos máis enfermos crónicos, o que é un éxito, é dicir, a xente vive máis, pero temos que adaptar o sistema para atender esta cronificación e dar máis calidade a eses anos de vida". |
NOS_1059 | As enfermas e enfermos dos centros galegos caen até os 436, ao aumentar en 19 os contaxios na infraestrutura de Vilaboa pero reducirse os casos activos en 38 na Doral de Mos. O Ministerio de Sanidade confía en poder vacinar a estas persoas a partir de xaneiro. | O ministro de Sanidade, Salvador Illa, comunicou esta terza feira a estratexia de vacinación contra a Covid-19. As primeiras persoas que terán o tratamento preventivo serán as maiores e o persoal sanitario das residencias. A data para comezar a campaña é xaneiro. De momento, na Galiza baixan os casos activos até as 436 usuarias. O Consello de Ministros analizou hoxe o plano para vacinar á poboación contra o coronavirus. Segundo avanzou Illa, está previsto que as e os residentes e as traballadoras dos xeriátricos sexan os primeiros en recibir as doses. Tamén estarán nas primeiras posicións as e os beneficiarios das instalacións que atenden grandes dependentes. A idea é que as primeiras doses estean en España en xaneiro de 2021. O Executivo estatal prevé vacinar na primeira etapa a 2,5 millóns de persoas. No entanto, non aclarou como serán as seguintes fases e quen se beneficiará das doses nelas. En calquera caso, asegurou que "haberá vacinas para el 100% da poboación española". O responsábel do departamento destacou que, unha vez se aprobe o medicamento a nivel europeo tardará pouco en chegar ao sistema sanitario español. Ten que ser aprobado tamén pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) para logo empezar a vacinación. Respecto do número, estimou que haberá 140 doses para inmunizar a uns 80 millóns de persoas, que en realidade é case o dobre que a poboación estatal. Aínda así, pór a vacina non será unha imposición. A situación na Galiza En calquera caso, mentres se agarda por este tratamento contra o virus, as residencias galegas continúan a ser un dos puntos febles. Malia que hoxe hai menos casos activos que onte, segundo informan as autoridades do país, o número de 436 doentes entre as usuarias non deixa de ser importante. Deron negativo até 38 persoas do xeriátrico de Mos, pero incorpóranse ao listado 19 do de Vilaboa. No que se refire aos cadros de persoal, continúan infectadas 213 operarias e operarios. |
PRAZA_17185 | O Colexio de Traballo Social e a Sociedade Científica Traballo Social e Saúde advirten á Xunta de que "somos as xestoras dos casos sociosanitarios complexos" como "as persoas en situación de abandono nos hospitais" e casos nos que acaba intervindo a Fiscalía | O decreto que desenvolverá a nova estrutura de áreas do Servizo Galego de Saúde, unha das partes máis contestadas da reforma sanitaria aprobada en solitario polo PP o pasado marzo, xera preocupación na vertente estritamente sanitaria, pero tamén na social. O novo modelo organizativo sitúa entre os órganos directivos de cada área unha Xerencia, como ata agora, con cadansúa subdirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información e mais de Humanización e Atención á Cidadanía. "Existirá", asemade, unha "coordinación de admisión" que asumirá, entroutras competencias, "as de coordinación de atención ao paciente e traballo social". Esa inserción é, precisamente, a que a xuízo do Colexio de Traballo Social e mais da Sociedade Científica de Traballo Social e Saúde pode poñer en risco a atención ás persoas máis "vulnerables" que son atendidas no Sergas. Ambas organizacións profesionais veñen de rexistrar conxuntamente as súas alegacións ao proxecot, mostra dun "conflito real" que reclaman poder expoñerlle directamente ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquezl Almuíña, a través dunha xuntanza. Esta "delegación orgánica do servizo de Traballo Social aos servizos de xestión administrativa" é máis ca unha mera reorganización, afirman. Trátase, cren, de todo un "retroceso no desenvolvemento do Traballo Social en saúde", encadrando nun ámbito burocrático o que realmente é un papel de asistencia ás persoas. Pero o papel das traballadoras sociais, advirten, van moi alén da burocracia. "Somos as xestoras dos casos sociosanitarios complexos" e o seu papel é o de "dar resposta a toda a problemática dos colectivos de maior vulnerabilidade", explican. Por exemplo, estas profesionais fanse cargo "das persoas en situación de abandono nos hospitais" ou das que dan en "situación de desprotección con grave risco para a súa integridade" física ou psíquica. Nestas situacións o papel destas traballadoras é tamén exercer de ponte coa Consellería de Traballo Social nun contexto no que, lembran, "de crecemento exponencial dos casos de emerxencia social nos últimos anos". "Somos as xestoras dos casos sociosanitarios complexos" como "as persoas en situación de abandono nos hospitais" e casos nos que acaba intervindo a Fiscalía "Moitos" destes casos, advirten, non fican unicamente entre o Sergas e Política Social, senón que "precisan da articulación de procedementos xurídicos mediante o Ministerio Fiscal" ou medidas xudiciais para, por exemplo, "proceder ás altas hospitalarias". Grazas a esta coordinación, afirman, "non hai nos nosos hospitais ningunha persoa abandonada, como si existen noutras comunidades autónomas" malia non ter "desenvolvido" en Galicia "un sistema asistencial de hospitais de atención sanitaria" como os que funcionan en Catalunya ou Madrid. A "vertente comunitaria" cara ás asociacións de doentes e entidades sociais ou o voluntariado fai que o traballo social "requira a articulación dunha estrutura propia, acorde ás funcións e ás responsabilidades do colectivo profesional" e iso "en ningún caso se contempla no borrador do decreto". Non en van, afirman, a estrutura formulada pola Xunta "mesmo vai en contra da filosofía e principios que sustentan o propio decreto". Se a nova normativa consolida un modelo no que o traballo social depende do servizo de admisión, advirten, a Xunta estará a propiciar que os responsables da planificación hospitalaria xeral, as xerencias, "descoñezan a dimensión do traballo social" e o seu labor "esencial" para "a xestión da fraxilidade social e sanitaria". |
NOS_19038 | Sairá en xullo cunha tiraxe inicial de 1.500 exemplares con 32 páxinas a toda cor. | Marcos Maceira presidente da Mesa e o debuxante Kiko da Silva presentaron 'A viñeta de Schrödinguer', .unha revista de banda deseñada totalmente en galego. A Mesa sinalou que levaba tempo preocupada pola ausencia do galego en diversos ámbitos como o audiovisual, o empresarial ou o editorial "e ante un goberno irresponsábel que non atende as cuestión que teñen haber coa lingua propia de Galiza, decidimos promover o nacemento dunha publicación nova en galego dirixido á mocidade". Para Marcos Maceira a mocidade viuse afectada no pasado coa desaparición de publicacións e experiencias anteriores no mundo da banda deseñada. "Grazas ás achegas que fan as socias e socios a Mesa pode involucrarse nun proxecto moi necesario". Pola súa banda, Kiko da Silva explicou que malia o grande calidade e prestixio que ten no estranxeiro, a banda deseñada galega, está esquecida polo goberno galego. Neste sentido agradeceu a decisión da Mesa por apostar nun produto que permitirá reunir nunha publicación a creadores e creadoras galegas e tamén internacionais. Da Silva anunciou que son 16 os colaboradores e colaboradoras que farán posíbel sacar unha tiraxe inicial de 1.500 exemplares con 32 páxinas a toda cor, mais que poderían ser até 100 colaboradores e colaboradoras. As autoras e autores serán: Miguelanxo Prado, Fran Bueno Capeáns, Fernando Iglesias Coel, Miguel Robledo, Fernando York, Miriam Iglesias ou escritores como Antonio M. Fraga, Miguel Rojo Paulo Prado, Aldara e Joan Casarramona, Zaida Novoa, Afonso Barreiro. Tamén haberá entrevistas internacionais que darán comezo coa neiorquina Sarah Andersen. A Mesa explica a elección do nome da revista en que na cultura galega a morte está moi presente coa santa compaña, Santo Andrés de Teixido ou mesmo coa lingua galega que moita xente pensa que está morta pero outra moita xente pensa que está viva dándose unha dualidade de estar morta e viva á vez, como o gato de Schrödinguer. |
NOS_30905 | Este domingo 19 de Xaneiro (12 h), o Deportivo recebe o Las Palmas no que será o último partido de Lendoiro como presidente do clube, pondo fin a unha longuísima xeira de 25 anos, ateigada de sucesos futbolísticos -entre eles, 1 Liga e 2 Copas- e tamén de débedas astronómicas. Mais sería un erro dar por amortizado a Lendoiro. Podería voltar ao clube da man dun investidor aliado co axente Jorge Mendes. | A terza feira 21 de Xaneiro, unha Xunta Xeral de Accionistas elixirá o novo presidente do clube. Lendoiro xa non é candidato. Abandona o leme do clube após un cuarto de século ao seu frente. Todo apunta a que Tino Fernández -quen xa o derrotou na xunta decorrida o 19 de Decembro, en que por vez primeira os accionistas rexeitaron as contas do clube- se fará coa presidencia, embora para iso terá que se impor primeiro a Rodríguez Conchado -ex asesor xurídico- e a López Cascallar. Mais sería precipitado escrebermos aquí o epitafio deportivista de Lendoiro. Segundo puido saber Sermos Galiza en fontes do entorno próximo ao aínda presidente do clube, Lendoiro non desbota voltar á presidencia da man dun grupo investidor próximo ao axente portugués Jorge Mendes, un dos magnates do fútebol internacional, representante de Cristiano Ronaldo e de non poucas celebridades das ligas profesionais de béisbol e básket norteamericanas. O escenario do retorno "Lendoiro non vai ficar impasíbel mentres se mangonea o Deportivo desde La Voz de Galicia", afirman esas mesmas fontes, "sobre todo se a persecución contra el continúa". Como sería o retorno? O escenario sería o dunha eventual ampliación de capital, moi verosímil tendo en conta a situación financeira do clube, abafado polas débedas con acreedores privados -cos que xa chegou un acordo Lendoiro- e con Facenda -que non está disposto a asinar coas condicións que lle propón o aínda presidente deportivista. A ampliación de capital é moi verosímil tendo en conta a situación financeira do clube, abafado polas débedas Até a propia Facenda non vería con maos ollos esa ampliación de capital, sobre todo porque abriría a billa para a satisfacción da súa débeda. "Lendoiro está a mover as súas fichas. Se se ampliar o capital social do clube, el ten cartas que xogar. Un grupo próximo a Jorge Mendes, co que el mantén unha relación de amizade moi especial, podería chegar a Coruña coa condición de Lendoiro dirixir o novo proxecto", afirman as fontes consultadas por Sermos Galiza. Máis información sobre esta cuestión, cun balanzo dos 25 anos de Lendoiro ao mando do Deportivo, no número 80 de Sermos Galiza, xa nos quiosques e na nosa loxa, nunha reportaxe da autoría de Rodri Suárez intitulada Lendoiro di adeus, ou até logo? |
NOS_295 | O lehendakari, Iñigo Urkullu, pide "un esforzo extraordinario" á cidadanía ante a gravidade da situación polo coronavirus. | O Goberno de Euskadi aproba unha Declaración de de Alerta ou Emerxencia Sanitaria, unha medida que abre a porta á adopción de medidas como o confinamento de persoas nos seus domicilios, a restrición do acceso a determinadas zonas, ou a limitación de servizos públicos ou do consumo de bens. "Aínda non pasamos o peor", advertiu o lehendakari, Iñigo Urkullu. Urkullu incidiu na necesidade de aplicar medidas de "prevención e contención" e instou a facer "un esforzo extraordinario" a "cada persoa, familia e empresa" e, de modo especial, "ás traballadoras sanitarias". Non en van, a crise aberta polo coronavirus "constitúe un fito histórico" pola súa gravidade, consecuencias e duración no tempo. Esta sexta feira o Consello do Goberno vasco mantivo unha reunión extraordinaria na que tamén se acordou activar un Plan de Protección Civil. Urkullu lembrou que o artigo 8 da Lei de Xestión de Emerxencias de Euskadi abre a porta á posibilidade de aplicar medidas "que afecten a dereitos da cidadanía nos termos establecidos polas leis, así como adoptar medidas de obrigado cumprimento para os seus destinatarios". O devandito artigo sinala que entre esas posibles medidas, atópase "o confinamento de persoas nos seus domicilios ou en lugares seguros", a "evacuación ou afastamento das persoas dos lugares de perigo", a "restrición de acceso a zonas de perigo ou a zonas de operación", e "a limitación ou condicionamento do uso de servizos públicos e privados ou o consumo de bens". Tamén se recolle neste artigo a posibilidade de "limitación ou prohibición de actividades en lugares determinados e obrigación de adoptar precaucións, prevencións ou comportamentos concretos". Todas estas medidas, segundo se recolle nesta lei, e tal e como recalcou o propio Urkullu, terán unha vixencia "limitada estritamente ao tempo necesario para afrontar a emerxencia, deberán ser proporcionadas á entidade do risco e non darán dereito a indemnización algunha". |
NOS_13492 | En Marea dedicou o seu plenario do pasado 13 de xullo a reivindicar o seu rol, o seu espazo, na política galega. Nada de se enlear na melancolía do paraíso non alcanzado, do réxime non derrubado, e si moita vontade de enfatizar a súa condición de forza política necesaria para o futuro do país. Derrotada nas urnas, En Marea non deita a toalla ao chan e asume o reto do próximo combate, o das galegas 2020. "Queremos facer unha achega en positivo", afirma Ana Seixas, viceportavoz da formación, sabedora de que a alternativa a Feixoo ou será plural ou non será. | Ana Seixas tenta transmitir en todo momento un espírito optimista, de rebeldía contra o derrotismo. A viceportavoz está certa de que En Marea ten bazas que xogar no taboleiro político galego, e non a medio e longo prazo, senón xa, co horizonte posto en 2020. Así o deixa claro nesta entrevista con Sermos Galiza. Como definiría o estado de En Marea após os malos resultados electorais de xerais, municipais e europeas e a realización do plenario do pasado sábado? En Marea está reilusionada e arranca con forza cara aos novos desafíos políticos e cara aos novos comicios electorais que van ter lugar o próximo ano, as eleccións autonómicas de 2020. E nesas eleccións estará seguro En Marea? Nesas eleccións estará En Marea, claro. Queremos facer unha achega en positivo á política galega despois da reflexión que fixemos logo deses efectivamente malos resultados electorais. O debate feito por todas as inscritas durante estes dous últimos meses concluíu no plenario do pasado sábado e todas concordamos en que En Marea é necesaria na política do país, que é necesario ese espazo progresista, feminista, ecoloxista, que loita contra a precariedade laboral. Fixemos unha fonda reflexión con vistas a nos adaptarmos aos novos tempos políticos. No plenario acordaron delegar nas inscritas a decisión da forma de concorrencia [en solitario, en coalición] a ese proceso electoral. Vostede como dirixente inclínase por algunha fórmula concreta? "No plenario fixemos unha fonda reflexión con vistas a nos adaptarmos aos novos tempos políticos" Nós agora estamos nun momento de marcar o camiño cara ás eleccións de 2020. Estamos nun momento de marcar as liñas estratéxicas polas que vai discorrer tanto a acción institucional como o noso labor organizativo e de relación coa rúa e cos movementos sociais. Este é o momento en que estamos agora. As eleccións de 2020 son un escenario que aínda está aberto e temos tempo por diante para tomarmos decisións. No texto oficial sosteñen a tese de que "a diversidade de oferta electoral lonxe de ser unha rémora constitúese nun factor de mobilización do voto". Esta frase non se corresponde cos sufraxios recollidos por EM nas últimas convocatorias. Temos que mobilizar esas persoas que logo dun momento de indignación sufriron unha decepción, e que agora poden estar nunha fase de resignación ou apatía. Persoas que viron como a política non respondeu aos seus problemas. Nós facemos unha lectura crítica do que aconteceu nestes últimos anos, desde finais da pasada década e por suposto desde o nacemento de En Marea. Nós cremos que voltar a remobilizar esa xente pasa por traballar na unión das persoas sobre a base duns determinados principios e valores. Por iso falamos de reilusionar nesta nova etapa e de ofrecer a todas esas persoas un espazo progresista amplo que non se ve referenciado noutras opcións políticas, nese social-liberalismo do PSOE ou nesa viraxe á izquierdaunización de Podemos. Sendo conscientes do proceso que acabamos de sufrir, En Marea pon agora o acento na unidade das persoas antes do que na unidade dos partidos. Queremos deixar á marxe dunha vez as liortas internas e ofrecer un espazo que pode reilusionar unha cidadanía progresista que cre en si propia. E queremos facelo desde esa referencia que facemos de nós mesmos a partir desa identificación coa construción dun espazo nacional, entendendo que Galiza é unha nación. Unha nación inclusiva, moderna, plural, onde ten cabida todo o mundo: aqueles que deciden vivir na Galiza, aqueles que somos galegos e aqueles que queren o país mesmo non vivendo nel. Esas son as bases para a mobilización dunha cidadanía que necesita este espazo político para solventar os seus problemas. No relatorio hai unha redefinición da organización, un certo abandono do rupturismo, mais ao mesmo tempo vacínanse vostedes contra un hipotético "intento de homologación coa socialdemocracia realmente existente". Queremos deixar á marxe dunha vez as liortas internas e ofrecer un espazo que pode reilusionar unha cidadanía progresista que cre en si propia Si, sobre o abandono do rupturismo... falamos do feche dunha ventá de oportunidades, ese momento da indignación que se abría hai 7 ou 8 anos e que nós pensamos que neste momento está fechado. Non foi posíbel mudalo todo como se pretendeu nos últimos anos, mais non abandonamos a idea de reforma sistémica, non abandonamos a loita contra a precariedade social... E, ben, nós efectivamente pensamos que o PSOE é máis un partido liberal que socialista e desde logo coidamos que é necesaria a existencia dun espazo que loite contra a precariedade, contra a merma de oportunidades sociais e laborais contra a perda de dereitos. Nos debates asemblearios puido percibirse unha certa polémica interna entre a maioría da dirección saínte e Cerna, o que deu pé á interpretación de que este partido demandaba a definición clara de EM como formación soberanista, posición non compartida polo núcleo máis próximo a Luís Villares. Nun plenario o que hai sempre son voces diversas, mais non hai bloques dentro da organización. Todo o mundo estaba chamado a facer as súas achegas, as súas emendas aos documentos que se presentaban —quer ao político quer ao organizativo— e iso foi o que se fixo, nun ambiente teño que dicir de total fraternidade, de escoita e respecto por todas as persoas que alí estabamos, a apostarmos no mesmo proxecto e que podiamos defender distintos matices perante os documentos a debate. E iso foi o que aconteceu, enriquecemos os textos cos matices que tiveron máis apoio por parte das persoas inscritas. Desde logo En Marea é unha En Marea soberana, que xa navega sen tutelas e é un proxecto nacional de adscrición individual como defendemos sempre e iso é o que din os textos aprobados no plenario. "A construción dun proxecto nacional é a única vía para definir unha alternativa de maiorías sociais en clave de progreso e autogoberno", afirman nas teses. Esta frase evoca un chisco o argumentario do BNG, non? En Marea é un proxecto nacional de adscrición individual como defendemos sempre e iso é o que din os textos aprobados no plenario Esta frase o que evoca é futuro, modernidade e un posicionamento claro na política galega daqueles que defendemos os intereses dos galegos e das galegas. Como sempre dixemos, este é un proxecto nacional, para Galiza e dende Galiza, e iso é o que sempre defendemos e continuamos defendendo. Por iso falamos dese proxecto soberano, por iso falamos de máis autogoberno que nos permita desenvolvernos como corresponde aos nosos dereitos como país. Unha persoa independentista ten cabida en En Marea? En Marea está aberta a todas as persoas, a nacionalistas e a non nacionalistas. É un espazo que se basea nunha concepción de Galiza como nación aberta e na vontade de convivir, un proxecto para que toda a xente se sinta cómoda. Falan de tecer "alianzas horizontais" no Estado español e a UE e circula por aí a especulación de que, desbotado Podemos, o socio estatal de EM podería ser a forza política que podería liderar Íñigo Errejón. Nós cremos nun estado plurinacional e sempre entendemos que tiñamos que tecer alianzas con outras forzas políticas que partillen esa definición. Xa nas eleccións europeas concorremos con outras organizacións, como Compromís, e pensamos que para acadar os nosos obxectivos e para termos capacidade de acción en todos os ámbitos, nada mellor que entendernos con forzas irmás doutros lugares do Estado. Sempre teremos as portas abertas para aquelas organizacións que compartan principios connosco. Non hai máis alianzas neste momento. A do plenario é unha declaración de intencións, pero que non é nova, xa viña do pasado. Portas abertas e intención de diálogo con todo o mundo que respecte o noso carácter de nación. Mais ten habido contactos con Errejón ou non? Neste momento non hai contactos. |
NOS_932 | Aliás, lemos en alto a esquela que en Madrid escriben para o noso tren, falamos coas familias dos seis cidadáns galegos presos, estudamos o futuro do Porto Exterior da Coruña, viaxamos ao Anxo Carro para coñecer as últimas novidades do CD Lugo e asistimos ao primeiro campionato de improvisación teatral que se fixo na Galiza. | Metámoslle o dente ao novo semanario que desde esta sexta feira, 24 de maio, podedes atopar nos quiosques, nos puntos de venda habituais e na nosa loxa! Camiño dos 50, imos polo nº48. Unha foto dun apertón de mans entre Rajoy e Aznar convida a colocar o casco de guerra para viaxar até Génova e analizarmos desde alí a radicalización que o ex presidente do Goberno español e a liña dura de FAES queren imprimirlle ao españolismo de dereitas e ás políticas do PP. No tema das primeiras páxinas subimos ao noso tren, que vai camiño de non nos levar a ningunha parte: en Madrid redactan a súa esquela. Falamos coas voces críticas que defenden o camiño de ferro como un gran proxecto de transporte público e sustentábel que vertebre o País. Das páxinas de Opinión queremos destacar neste número o artigo que nos escribiu Arturo de Nieves, co-autor, canda a Carlos Taibo, do libro Galego, português, galego-português, que esta semana foi presentado na Galiza. Percorremos os quilómetros que separan o País dos cárceres españois onde manteñen presos, submetidos á dispersión e sen seren xulgados seis cidadáns galegos, militantes independentistas: son fillos, irmáns, netos, amigos... e para o Estado español son presos FIES. Conversamos coas súas familias sobre a asociación que axiña botará a andar, 'Que voltem para a casa', máis un instrumento de denuncia dalgunhas das vulneracións de dereitos que repasan canda nós. As dúbidas sobre o translado de Repsol, a marcha atrás sobre o investimento chinés, o alto sobrecuste e as propias eivas deitan dúbidas sobre o futuro do Porto Exterior da Coruña, a obra nacida dunha operación de Paco Vázquez e o PP de Aznar que custou cinco vidas doutros tantos traballadores. Contámosche as sombras destas obras. O 30 de Maio hai greve xeral en Euskadi. A secretaria xeral de LAB, Ainhoa Etxaide, analiza para nós nunha entrevista non só os motivos desta convocatoria senón tamén a situación social e laboral que vive o país. E sen sairmos do eido do sindicalismo combativo, a CIG realiza esta fin de semana o seu VI Congreso en que Xesús Seixo será reelixido secretario xeral. Contámosche as chaves dun encontro en que 682 congresistas definirán a folla de rota que a central nacionalista seguirá os vindeiros catro anos. Na páxina de Deportes visitamos o Anxo Carro, estadio dun clube que está a piques de rematar a reconversión en Sociedade Anónima Deportiva: o CD Lugo vén de conseguir que Deputación e Concello asuman o 50% das accións namentres desde o BNG alertan do perigo doutro caso como o do Breogán. E asistimos ao primeiro campionato de improvisación teatral que se fixo na Galiza! Na sección de Cultura entrevistamos o escritor José António Souto Cabo, profesor da facultade de Filoloxía da USC e autor do libro Os cavaleiros que fizeram as cantigas. A procura do Crânio de Castelao segue o seu curso e neste número incluímos o oitavo capítulo, escrito polo autor portugués Possidónio Cachapa. Após uns intres de leitura, seguimos viaxando: de Cedeira a Cariño e Ortegal psando por Santo André de Teixido é a rota que nos propoñen desta volta o Colectivo XEA na sección Viaxes na miña terra. A candidatura do baile galego a patrimonio da Unesco, o caderno de vacacións para crianzas Bababum, crítica literaria e cinematográfica e unha conversa co fotógrafo Tono Arias completan a oferta de contidos desta semana. Que a gocedes! |
PRAZA_3680 | Dende o 2008 as terras agrarias pasaron de 475.560 a 440.380 hectáreas, unha caída equivalente a 50.000 campos de fútbol. Tamén caeu a superficie de prados e pasteiros, mentres medraba en 41.000 hectáreas a forestal. A Terra Chá foi a comarca na que máis se reduciron as terras de cultivo | Nos últimos días, por mor da situación excepcional que se está a vivir a consecuencia da pandemia do coronavirus, moitos ollos están a xirar cara á produción de alimentos e o abastecemento da poboación. Son moitos os sectores que están salientando o incremento de pedidos, unha situación que pode ser conxuntural, relacionada co compulsivo aprovisionamento levado a cabo por moitos consumidores, pero que revela a importancia das producións agrarias para o sostemento da sociedade.Galicia é coñecida pola riqueza natural das súas terras e das súas producións agropecuarias. Con todo, nas últimas décadas cada vez é menor a superficie dedicada a terras de cultivo, un espazo que vén sendo ocupado por outras actividades, entre elas as plantacións forestais. A superficie agraria perdida dende o 2008 equivale a case 50.000 campos de fútbol ou á superficie total dos concellos de Vigo, Pontevedra, A Coruña e FerrolAsí o levan denunciando dende hai anos organizacións coma o Sindicato Labrego Galego, que aínda o pasado ano afirmaba que "a Xunta segue consentindo as forestacións ilegais de terras agrarias con total impunidade". De igual xeito, Margarida Prieto (Coordinadora do SLG na Terra Cha) subliñaba en 2017 en conversa con Praza.gal que "dende o SLG levamos anos denunciando o acaparamento de terras agrarias que se está dando por parte de grandes empresas, xa sexan as mineiras, ben sexa para a plantación de eucaliptos, ben sexan os eólicos".A Xunta segue consentindo as forestacións ilegais de terras agrarias con total impunidade", denunciaba o pasado ano o SLGA realidade é que a superficie total das terras agrarias en Galicia descende ano a ano. As últimas cifras, correspondentes ao ano 2018, fixan a cifra nas 440.380 hectáreas, 35.000 menos que hai unha década, o ano 2008, cando as terras de cultivo sumaban 475.560 hectáreas. Estas 35.000 hectáreas menos equivalen a case 50.000 veces as dimensións dos campo de fútbol de Balaídos ou Riazor ou á superficie sumada dos concellos de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ferrol.A superficie dedicada a 'cultivos herbáceos' foi a que máis descendeu, nunhas 29.000 hectáreas. Os 'cultivos leñosos' incrementaron lixeiramente a súa superficie, en mil hectáreas. As 'outras terras de cultivo' caeron en sete mil hectáreas.Nestes dez anos tamén caeu o espazo dedicado a prados e pasteiros, mentres que medrou en 41.000 hectáreas a superficie forestalNestes dez anos nos que a superficie total das terras de cultivo descendeu notablemente, a superficie dedicada a prados e pasteiros tamén caeu en 14.000 hectáreas. Pola contra, a superficie forestal incrementouse en 41.000 hectáreas, superando o 60% da superficie total. As terras agrupadas en 'outras superficies' (unha categoría na que entran augas interiores, baldío, improdutivo, urbano e comunicacións) medraron en 11.000 hectáreas. Hai dous anos a Xunta presentou os contidos da primeira revisión do Plan Forestal de 1992, un documento que traza o futuro do monte galego para os vindeiros 20 anos. O Goberno galego prevé que continúe incrementándose a superficie ocupada por masas de eucalipto (unhas 25 mil hectáreas máis que na actualidade). Tamén o fai o espazo dedicado a frondosas caducifolias e castiñeiros (59 mil hectáreas máis) e, de forma moi importante, a superficie destinado ao piñeiro, que crece en case cen mil hectáreas. A superficie total ocupada por masas de eucaliptos (como única especie ou mesturada con outras) pasou das 258 mil hectáreas de 1986 ás 454 mil da actualidade.Este mércores o conselleiro do Medio Rural destacou que "a posta en valor das terras abandonadas aptas para cultivos ou prados suporía a creación de máis de 15.000 empregos en actividade agrícola, gandeira e forestal"Este mesmo mércores, o conselleiro do Medio Rural, José González, afirmou que "a posta en valor das terras abandonadas aptas para cultivos ou prados suporía para a economía galega a creación de máis de 15.000 empregos (entre directos e inducidos) baseados en actividade agrícola, gandeira e forestal". O conselleiro destacou as posibilidades que ofrecen as ferramentas de mobilización que contempla a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria, entre as que salientou os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión forestal conxunta e as permutas de especial interese agrario.Destaca o caso da Terra Chá, que viu desaparecer o 19% das súas terras agrarias, perdendo máis de oito mil hectáreas en só dez anosA evolución seguida dos últimos anos pola superficie ocupada polas terras de cultivo non foi a mesma en todo o país, con comarcas que sufriron un descenso moito máis importante e unhas poucas áreas nas que o espazo das terras agrarias se incrementou, aínda que de forma tímida.Destaca, nomeadamente, o caso da Terra Chá, que viu desaparecer o 19% das súas terras agrarias, perdendo máis de oito mil hectáreas en só dez anos. Tamén Deza, Bergantiños ou Chantada, con descensos de entre 2.000 e 3.000 hectáreas, unha caída do 10%. Destacan igualmente os descensos que tiveron lugar en comarcas urbanas, como Lugo ou Santiago (-9%) e tamén en Ferrol (-27%) ou Vigo (-13,5%). Tamén Deza, Bergantiños ou Chantada, con descensos de entre 2.000 e 3.000 hectáreas. Destacan igualmente as caídas que tiveron lugar en comarcas urbanas como Lugo ou SantiagoA Mariña Oriental, A Limia, Terra de Lemos ou Ordes perderon máis mil hectáreas. E a Mariña Central, Eume, A Ulloa ou A Barcala achéganse a esa cifra.No outro extremo aparecen 11 comarcas que viron incrementada a súa superficie agraria. Entre elas destaca sobre todo a Terra de Melide (+11%) e tamén Arzúa, Xallas, Valdeorras e Sar, con incrementos significativos. |
NOS_26466 | A central nacionalista denuncia, nun comunicado de imprensa, que a Consellaría de Educación continúa a demorar a publicación da orde de axudas a proxectos de fomento do galego por parte dos Equipos de Normalización Lingüística. | Non só non se ten publicado aínda a orde que regula as axudas aos proxectos de normalización, senón que a convocatoria dos programas de innovación nesta materia non se fixo oficial até o pasado 14 de xaneiro, "polo que os equipos encargados nos centros educativos de fomentar o uso da nosa lingua dificilmente poden planificar con anticipación o traballo que van realizar", di a CIG en comunicado de imprensa. Para a CIG ensino, estaríamos perante un desleixo "intencionado" por parte dunha Consellaría de Educaciòn que, entende a central nacionalista, non ten o fomento do galego entre as súas prioridades. Hai datos que ilustran as críticas da CIG. No curso 2009-2010 destinábanse aos proxectos de innovación na área de normalización lingüística 27.500 euros fronte aos 10.000 cos que se van financiar os 5 proxetos aprobados para este curso polo Goberno Feixoo. O PP recortou as partidas desta materia en 70 por cento a respecto da época do bipartito. |
NOS_43200 | Os inquéritos apuntan a que o partido liderado por Jacob Zuma renovará a súa maioría, co apoio de 6 de cada 10 votantes. Os resultados definitivos daranse a coñecer entre esta sexta e o sábado. | 25,3 millóns de electores e electoras rexistradas (o 80,5% da poboación total) foron chamados a votar esta cuarta feira, nos quintos comicios xerais que a República de Sudáfrica celebra logo do derrubamento do réxime do apartheid en 1994. Por vez primeira poderán votar os e as vinte cinco mil surafricanas residentes en 108 países. Estas eleccións que contaron cunha importante participación, que se visou masiva nas grandes cidades do país, celébranse poucos meses despois do falecemento do expresidente e lider revolucionario Nelson Mandela. Previsibelmente Jacob Zuma continuará na Presidencia cinco anos máis Todo apunta a que precisamente o Congreso Nacional Africano (ANC, no seu acrónimo orixinal en inglés) que liderou Mandela, anovará a súa maioría parlamentaria outorgando a posibilidade dun novo mandato de cinco anos ao Presidente Jacob Zuma, quen promete continuar co legado de Mandela. Así o revelan as enquisas a pé de urna que lle atribúen o respaldo de 6 de cada 10 votos. Os resultados definitivos só se coñecerán entre esta sexta feira e o sábado, segundo anunciou a Comisión Electoral Independente. O Partido Comunista Surafricano chamou a apoiar o ANC O Partido Comunista Surafricano (SACP) chamou novamente a apoiar ao ANC nas urnas para "defender a revolución democrática-nacional" e apostar por unha "Suráfrica non-racial, non-sexista, democrática e próspera", defendendo os logros conqueridos en sanidade e educación no último lustro polo goberno de Zuma. Porén, os e as comunistas non outorgan un "cheque en branco" e seguirán a pular pola "profundización e avance da revolución". O SACP forma canda o Congreso de Sindicatos de Suráfrica (COSATU) e a propia ANC, a alianza tripartita que goberna o país desde a queda do réxime racista. Que se elixe? Os resultados destas eleccións xerais designarán aos 400 membros que conforman a Asemblea Nacional (cámara baixa), nas que até agora o ANC contaba con 264 asentos (66%). A metade serán elixidos por listas nacionais de partidos e a restante por listas provinciais en cada unha das 9 provincias nas que se organiza o país. O sistema electoral surafricano é proporcional e por lista pechada. Non hai elección directa da Presidencia, que é designada pola Asemblea Nacional. Elixiranse os 400 membros da Asemblea Nacional e os 90 do Consello Nacional de Provincias A cámara baixa é o Consello Nacional de Provincias (NCOP), cuxos 90 membros –dez por provincia- son elixidos en proporción das composicións das lexislaturas. Os primeiros ministros provinciais serán tamén elixidos pola maioría gañadora en cada lexislatura provincial. Canda o ANC, concorrerán outras 29 candidaturas, das que as principais opcións son a Alianza Branca (DA, referente da minoría branca), o Congreso do Pobo e o Partido da Liberdade (IFP, de grande relevancia na etnia zulú). A grande participación nas zonas urbanas albisca posibilidades electorais tamén para os denominados Combatentes pola Liberdade Económica (EFF, partido fundado en xullo de 2013) que baixo o liderado de Julius Malema aposta pola nacionalización das minas, a promoción do emprego e garantir o acceso ao ensino superior para toda a poboación. |
PRAZA_7001 | A Facultade de Informática da Coruña promove un concurso, destinado ao estudantado de secundaria, baseado na elaboración de biografías de mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información. | Ada Lovelace, Hedy Lamarr, Ángela Ruiz Robles, Anita Borg, Frances E. Allen, Susan Kare, Grace Hopper, Arantza Illarramendi, Roberta Williams, Marisa Mayer, Barbara H. Liskov... Sóanvos? Son todas mulleres que en distintas épocas, dende o traballo pioneiro de Ada Lovelace até o presente, fixeron avanzar a informática e as novas teconoloxías. Porén, agás excepcións, a súa actividade permanece oculto para a maior parte da sociedade, mesmo para as persoas máis achegadas ao ámbito da ciencia. A Facultade de Informática da Universidade da Coruña vén de convocar un concurso, dirixido a grupos de estudantes de secundaria liderados por un profesor ou profesora, co obxectivo de incrementar o coñecemento e a visibilidade da actividade das mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información. Os e as participantes deberán, a partir dunha fotografía, adiviñar de quen se trata e elaborar unha biografía en galego en formato Wiki. Esta biografía deberán publicala nunha Wiki que a Facultade creará para eles. Ademáis, poderán contribuír á Wikipedia en galego. Os e as participantes deberán, a partir dunha fotografía, adiviñar de quen se trata e elaborar unha biografía en galego en formato Wiki Como destacaba Susana Ladra, vicedecana de Organización Académica da Facultade de Informática da Coruña, en entrevista con Praza, que "faltan referentes femininos que sirvan de modelos a futuras estudantes, e en xeral, a toda a sociedade. Toda a sociedade coñece nomes de homes de éxito no mundo da informática: Bill Gates, Steve Jobs, Mark Zuckerberg e un largo etcétera. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo. Ou quen sabe que HP ou Microsoft España están presididas tamén por mulleres?". O período de inscripción comezou o pasado 13 de novembro e estará aberto ata unha semana antes da finalización do concurso. As fotografías obrigatorias e a Wiki estarán dispoñibles a partir do 20 de novembro. O concurso finalizará o 20 de xaneiro de 2015 e os e as gañadoras serán anuncidados na última semana dese mes de xaneiro. A Wiki gañadora será enlazada dende a web da Facultade de Informática da Coruña. Ademáis, a organización espera poder ofrecer un premio que se revelará máis adiante. O obxectivo desta actividade, ademais de axudar a visibilizar as importantes achegas realizadas por mulleres, busca tamén informar das vantaxes dunha carreira profesional dedicada ás TIC O obxectivo desta actividade, ademais de axudar a visibilizar as importantes achegas realizadas por mulleres, busca tamén informar das vantaxes dunha carreira profesional dedicada ás TIC. A actividade insírese no marco da Anita Borg Week, un evento organizado para conmemorar o aniversario de Anita Borg, composto de microeventos locais en todo o mundo, orientados a promover o papel da muller nas novas tecnoloxías. Está promovida pola Anita Borg Scholarship Alumni, organización formada por antigas gañadoras e finalistas da Google Anita Borg Scholarship. A asociación tén como meta construír unha comunidade na que as mulleres poidan conectar, apoiarse unhas a outras, e achegar este campo a outras mulleres de distintas idades, facendo campañas tanto en institutos, como universidades e empresas. Web do concurso |
PRAZA_18586 | ENTREVISTA A debuxante e música Laura Romero vén de gañar o primeiro premio do encontro Compostela Ilustrada, un evento que xuntou en Santiago, durante catro días, douscentos ilustradores e ilustradoras chegados desde distintos puntos da Península Ibérica para que intercambiasen experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo ao vivo | A debuxante e música Laura Romero vén de gañar o primeiro premio do encontro Compostela Ilustrada, un evento que xuntou en Santiago, durante catro días, douscentos ilustradores e ilustradoras chegados desde distintos puntos da Península Ibérica para que intercambiasen experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo ao vivo. A temática central da que foi a terceira edición deste encontro, dirixido por Miguelanxo Prado, foi a natureza urbana. Así, os participantes convidados saíron ás rúas para debuxar espazos como a Alameda, o parque de San Domingos de Bonaval, o Xardín das Pedras que Falan, a Finca do Espiño, o Parque da Música ou o parque de Belvís. Laura Romero foi unha das concursantes do premio Compostela Ilustrada, que segundo a organización tivo como obxectivo atopar unha obra que reflectise "a esencia da cidade nunha imaxe daquilo que pasa de súpeto ante os nosos ollos, e que, precisamente por estar alí, o/a debuxante pode plasmar no seu caderno". E iso fixo esta artista, que se fixou en dúas mulleres que tomaban algo tranquilas nunha terraza nos soportais da Rúa do Vilar no medio dunha grande treboada. 'A Quenlla Madrugadora', de 'Pakolas' Gañaches o premio de Compostela Ilustrada por un debuxo dos soportais da Rúa do Vilar. Como foi a experiencia? Era a terceira vez que me apuntaba a Compostela Ilustrada. O bonito que ten este encontro é que vén xente de toda España, de Portugal… Da Rúa do Vilar chaman moito a atención os soportais, e é normal. Pero eu xa estou afeita a velos. O que me chamou a atención foron dúas mulleres que estaban alí nunha terraza tomando algo tranquilamente, co temporal que había aquel día. Foi o que me chocou. Por iso elas son o centro do debuxo: onde hai cores máis vivas… "O que me chamou a atención foron dúas mulleres que estaban alí nunha terraza tomando algo tranquilamente, co temporal que había aquel día" O "urban sketching" -debuxo urbano- é o que máis che gusta facer. En que consiste? Cal é a diferenza con, por exemplo, unha pintora que sae co cabalete pintar a Praza da Quintana? O que eu lle vexo de especial é que é algo que se fai no momento e no lugar no que estás. As persoas que fan debuxo urbano levan enriba, normalmente, un caderno e algo co que debuxar. Non saben o que van debuxar, porque consiste en pararse a debuxar o que che chama a atención, o que te encontras. Eu estudei Belas Artes. Fixen a especialidade de pintura. E o que atopei no debuxo urbano é unha inmediatez que doutra maneira non podía ter. Cartel para un concurso escolar de BD "Non hai que ser pintora para facer debuxo urbano." Non é o mesmo que facer unha ilustración no teu taller, con todo premeditado: o concepto, os materiais… De todas maneiras, non hai que ser pintora para facer debuxo urbano. A maioría da xente que coñezo que o fai dedícase á arquitectura. E si ten algo que ver, por exemplo, co que facían os impresionistas. Pero eles saían preparados co seu cabalete, o seu lenzo, os seus óleos, para captar unha imaxe. No debuxo urbano, pintas o que vas encontrando. Nunca sabes o que vai ser. Fixeches debuxo urbano no festival Portamérica. O que fas é, no lugar de fotos, debuxos: a xente nos concertos… Si, eramos catro debuxantes que estivemos en días distintos. Dicíannos que había que facer un debuxo polo menos de cada tipo de actividade: os concertos, o mercado, a área gastronómica… Estivo ben. Había xente que se achegaba a ver que estabamos facendo… "Empecei a facer unha listaxe de mulleres músicas que eu ía coñecendo" O teu proxecto Músicas Galegas Ilustradas forma parte de O galego, a miña lingua propia da Deputación da Coruña e foi finalista nos Premios Martín Códax da Música na categoría de mellor medio de comunicación. En que consiste? Cal é o seu obxectivo? O obxectivo principal é reivindicar o papel das mulleres músicas que se moven nos escenarios dos festivais e salas de concertos de Galicia. Comecei a interesarme porque son baixista do grupo Zënzar e eu vía, nos festivais e nas salas, que había poucas mulleres músicas. Ás veces era eu soa, outras eramos dúas ou tres… E comecei a preguntarme, somos tan poucas, ou vésenos menos? "Un día comecei a facer reconto e despois a facer gráficos, que é a maneira máis clara de que se vexa cal é a situación" Entón empecei a facer unha listaxe de mulleres músicas que eu ía coñecendo. E despois decidín xuntar iso coa miña profesión de debuxante, facendo ilustracións destas mulleres. Neste caso é debuxo dixital, porque tiña que ser algo que fixese en non moitísimo tempo e que fose fácil de compartir. Agora teño xa 120. Despois fun investigando en músicas doutros estilos, coas que non coincido en festivais e salas. Cos datos que tiñas, comezaches a facer gráficos que son moi elocuentes. De presenza de homes e mulleres músicos. Si, para iso comecei tamén a mirar carteis dos principais festivais, ou polo menos dos que están máis publicitados. Un día comecei a facer reconto e despois a facer gráficos, que é a maneira máis clara de que se vexa cal é a situación. E tamén era unha maneira de responder aquela pregunta que eu me facía, e de deixar ver que o que eu pensaba non era só unha idea miña. Era a verdade. Debuxo gañador do 'Compostela Ilustrada' Es baixista, xa o comentaches, en Zënzar, banda veterana do rock galego que, aínda que si ten colaborado con mulleres, nunca antes tivera unha muller como membro. Como te convenceron? Eu non os coñecía persoalmente e non podo dicirche moi ben como foi, pero penso que foi polo boca a boca como deron comigo. Eu vía a Zënzar nos festivais cando tiña 15 anos. E non creo que eles me visen tocar a min, porque non dan as contas: eu tivera un grupo cando estaba estudando en Salamanca, e despois tiven outro, pero tampouco tivo moita repercusión. Cando me chamaron eu estaba un pouco de baixón: no debuxo, na música e en todo o meu traballo artístico. Pero ao comezar con eles volvín coller o baixo. "Eu vía a Zënzar nos festivais cando tiña 15 anos" Penso que, cando buscaban un baixo, foron preguntando entre coñecidos. Bocixa falou cunha rapaza que toca o baixo, que non puido incorporarse ao grupo. E ela, que me coñecía a min, faloulles de min. Penso que Boci pensou que estaría ben que entrase unha muller no grupo… Chamáronme, fixéronme unha proba e e así foi. Pero ti comezaras a tocar o baixo de moi nova, non si? Eu son debuxante. Non me consideraba música. Levaba moitos anos tocando, pero non empecei a tomalo en serio, no sentido de ter un profesor particular, ata hai un ano. Cando tiña uns 14 ou 15 anos meu tío agasallárame unha guitarra clásica. Despois tiven un profesor na escola de música de Ordes que me emprestou un baixo. Funme viciando, comprei o meu propio baixo, e así comecei, pero era de forma autodidacta. Ata que entrei en Zënzar, en febreiro do 2016, e entón, claro, comecei a dedicarlle moito tempo ao baixo. Estou ademais na banda da compositora MJ Pérez. Lucía Aldao e María Lado, Sés e xente debuxando no Hostal dos Reis Católicos -Debuxo do caderno de Laura- O libro que tes como ilustradora é Pakolas, libro-disco de Paco Cerdeira, (Pakolas), que é membro de Zënzar e da banda Gramola Gominola. Tedes ademais un espectáculo no que debuxas "en directo"... Pakolas é o proxecto en solitario de Paco Cerdeira. Eu ilustreino, pero realmente é un proxecto de Paco. O que é máis conxunto é o espectáculo, no que el canta e toca e eu fago debuxos de cada canción. Está moi ben: os nenos non saben onde mirar… Ademais decidimos que fose á maneira clásica, con cabalete, lenzo e pinceis. O proxecto Músicas Galegas Iustradas e, supoño que, dalgunha maneira, toda a túa obra, teñen que ver coa túa formación feminista. Tiveches a Rosa Cobo como docente, por exemplo, no Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. Na Facultade non foi ata non sei se cuarto ou quinto curso cando comezamos a estudar con algo máis de detalle a arte feminista. E despois tamén no Máster en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da Universidade de Vigo, que fixen en Pontevedra, no que xa había docentes e artistas feministas. E supoño que o feminismo é, si, algo que sempre está aí no que fago, e non só na miña faceta artística. En Músicas Galegas Ilustradas teño claro que é un traballo de visibilización que fai falta. Porque parece que as mulleres non contamos na música. Nin en nada. Podía facelo tamén de científicas, por exemplo. "Parece que as mulleres non contamos na música" Na túa páxina web dis que fas un debuxo de figuración realista. Pero non sempre. Nótase por exemplo na túa ilustración para cartelería. Eu sempre tiven a sensación de facer cousas distintas. Como che contaba, un tipo de ilustración dixital máis rápido, outro tipo de debuxo que tira máis á mancha, outro que é máis de liña… Pero o que me di a xente é que fago figuración realista, que ese é o nexo. Agora mesmo o que penso é que, ao centrarme máis no debuxo urbano, o que fago ten máis que ver co sketch, co boceto, cun debuxo máis rápido… A Arca da Noe, en Vilar de Santos, Ourense "Eu sempre tiven a sensación de facer cousas distintas" Tamén es ilustradora. Tes retratos de mulleres coma María Victoria Moreno, ilustracións de tendas antigas que poden achegarse máis ao debuxo urbano, carteis de festivais… Esa parte é a que teño agora máis esquecida, porque como che dixen estou a centrarme máis no debuxo urbano. O único libro que teño como ilustradora é o de Pakolas. Nos últimos meses estiven traballando en logos, pero o que fago é en calquera caso máis debuxo que ilustración. Mais os proxectos que teño agora son máis de debuxo urbano. A ilustración é máis puntual. "Non fai falta ser Picasso para facer debuxo urbano" Tamén dás aulas e obradoiros… Teño un obradoiro para alumnado de ESO sobre as mulleres na música galega, integrado no proxecto do Músicas Galegas Ilustradas. Do que se trata é de falarlles diso, das músicas galegas, para que teñan referentes, que é o que eu non tiven, porque a min ninguén me explicara que había tal baixista ou tal o que fose. Utilizo o debuxo, o audiovisual…, e fálolles de mulleres que fan música combativa coma Josefa de Bastavales ou Mercedes Peón… Tamén estou a dar no centro sociocultural da Almáciga un curso de iniciación ao debuxo urbano. Fálolles do que a min me achegou, do que debe ser… E dígolles que non fai falta ser Picasso para facer debuxo urbano. O importante é debuxar, e non tanto facelo ben. |
NOS_12814 | Pídelle a Rueda "que se poña a traballar" e ante un PP que "pon pedras na mochila da cidadanía", explica as medidas urxentes e estruturais propostas polo BNG | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Mondariz-Balneario nun acto público dentro da campaña previa ao Día da Patria desenvolta por todo o País baixo o lema Gañarmos o futuro, un 25X que se celebra no medio dunha crise de prezos, a maior en catro décadas, que está "afogando" ás familias, á clase traballadora, persoas autónomas e pequenas e medianas empresas. Neste contexto, criticou, o Goberno do PP está de brazos cruzados, actuando de xeito insensíbel e instalado no canto peor para a maioría da cidadanía, mellor para os intereses electorais do PP. "A cidadanía galega precisa que os gobernos adopten medidas, moi especialmente o Goberno da Xunta, que ante esta crise de prezos arrastra os pés, cunha actitude de pasotismo, instalado no canto peor, mellor para o Partido Popular, impasíbel e sen corazón ante a situación que viven miles de galegos e de galegas", denuncia a líder do BNG. A Xunta cancela a tarxeta axuda que beneficia máis de 35.000 familias vulnerábeis Pontón considera "incomprensíbel" que ante unha escalada inflacionista sen precedentes o Executivo de Rueda non teña adoptado ningunha medida eficaz para paliar os efectos do descontrol do IPC, nin para axudar aos colectivos máis desfavorecidos, nin aos sectores produtivos, nin ás PEMES. A conclusión para a líder nacionalista é que estamos "ante un goberno sen corazón, sen capacidade e instalado no canto peor, mellor para o PP". De feito, denunciou, lonxe de axudar, o Goberno popular vai na dirección contraria, con medidas que aínda "poñen máis pedras na mochila", como a Lei da auga, aprobada co voto en contra do BNG, que vai supoñer unha subida da factura a miles de persoas, ou a supresión da tarxeta básica, coa que as familias con menos recursos sufragaban a compra de alimentos e produtos de limpeza. Por iso, Pontón reclama do Goberno de Rueda "que se poña a traballar" para paliar os efectos da crise e enumera a batería de propostas que tería adoptado un goberno do BNG: subir o tramo autonómico das pensións non contributivas, 37.000 persoas, mellorar a prestación da RISGA e facela compatíbel co IMV, aumentar as axudas para os gastos básicos de vivenda, disparados en particular pola factura da luz. E recuperar de inmediato a tarxeta básica. O Bloque tamén propón medidas para axudar ós sectores produtivos máis afectados polos custes derivados da inflación, axudas directas para a xente do mar, dos produtores agrogandeiros, "que o están pasando moi mal", para as persoas autónomas e para as PEMES, que sosteñen a maior parte do emprego. "Levamos meses reclamando un plan de choque contra esta crise dotado con 700 millóns de euros, que permitirían financiar esa axudas, tanto aos colectivos que menos teñen como ós sectores produtivos", recalcou. Un dato: o Goberno do PP deixou sen executar mil millóns de euros nos orzamentos de 2021. Pero ao lado destas propostas de urxencia, conxunturais, o BNG tamén propón medidas de carácter estrutural, tendo en conta que un factor clave no descontrol de prezos é a enerxía. "Como podemos pagar unha factura disparatada da luz cando somos un País rico en electricidade?", interpelou, e neste contexto faise máis necesario que nunca defender unha tarifa eléctrica galega, a posta en marcha dunha empresa pública de enerxía e aumentarlle os impostos ás eléctricas, "que se están forrando con esta crise e hai que pararlles os pés", concluíu. Pontón participou en Mondaríz-Balneario nun acto público con motivo da Día da Patria, e convidou a mobilizarse o próximo 25 de Xullo en Santiago na gran manifestación nacional que convoca o BNG a todas as persoas que queren unha saída xusta da crise e que queren outra Galiza con futuro, na que vivir e traballar, con benestar social, desde o orgullo e a confianza no potencial do País. O acto contou tamén coa intervención do portavoz municipal, Cesar Gil, e do reponsábel comarcal, Mauro Chivite, e estivo precedido por un roteiro cultural pola vila. Rueda desbota adoptar medidas para facer fronte á inflación na Galiza |
NOS_15150 | O TSXG dá á razón aos sindicatos CIG, UXT e CCOO e tomba nesta quinta feira, 18 de decembro, o despedimento colectivo de máis de 500 traballadores da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao (Cervo). | Após coñecerse a nova da decisión do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) de atender á petición dos sindicatos CCOO, CIG e UXT, o secretario xeral de Comisións Obreiras, Ramón Sarmiento, afirmou que "hoxe é un gran día para a clase traballadora galega". Desde o seu punto de vista, con esta resolución queda demostrado que a compañía "obrou de mala fe e perseguindo intereses espurios". Sarmiento quixo destacar, tamén, a unidade que amosaron as distintas centrais sindicais con presenza nun proceso de meses, no que tamén houbo un apoio social na Mariña. Agora demanda das Administracións públicas traballo para "facer viábel unha alternativa industrial que garanta o emprego na comarca". Pola súa parte, a CIG dixo sentir unha "enorme satisfacción" após coñecer o resultado e ver que se "desbaratan os plans" de Alcoa. Aludiu á "mala fe" porque a dirección baseou as decisións na "interpretación máis regresiva da reforma laboral". "Capacidade de loita e resistencia" En todo caso, a central sindical reclama unha actuación decidida por parte da Xunta da Galiza e o Goberno do Estado español. "Tal e como se reflicte na sentenza, ten tomada unha decisión e non quere que se siga producindo aluminio primario na Mariña". Precisamente por iso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, entende que "é preciso iniciar xa o proceso para a intervención pública e impedir desta maneira que a empresa poida levar adiante o seu plan de desmantelamento pola vía dos feitos consumados". Carril, que valorou a "capacidade de loita e resistencia" do cadro de empregadas e empregados, avisou de que canto máis se demoren as Administracións públicas na "necesaria expropiación máis corresponsábeis serán das decisións" de Alcoa no futuro inmediato. A "valentía" do Tribunal Pola súa parte, fontes de UXT-FICA-Galiza celebraron a decisión e destacaron que "á dirección non lle queda outra que reflexionar e sentarse de novo a negociar pero, desta vez, co obxectivo de garantir un plan de futuro para a factoría da Mariña e o mantemento dos postos de traballo". Aliás, pediu un maior compromiso das institucións cunha coordinación para presionar nese camiño de futuro. De feito, o sindicato incide en que haberá que seguir loitando. "As administracións, tanto a central como a Xunta, non se poden esquecer de que Alcoa achega o 30% do PIB de Lugo, polo que a loita polo seu futuro é obrigada". Malia ese traballo que queda, agradeceu a "valentía" da sala do social do Tribunal Superior. Outras reaccións No que toca directamente á representación dos traballadores, integrantes do comité como o seu presidente, José Antonio Zan, acudiron ao entorno do complexo industria para festexar a decisión xudicial. A ministra de Industria, Reyes Maroto, foi unha das primeiras representantes públicas en reaccionar á decisión do TSXG. A través dun chío desde a súa conta de Twitter, a representante do Goberno do Estado español afirmou. "Faise xustiza con máis de 500 traballadores e toda unha comarca, que hoxe poden estar máis tranquilos. Parabéns!". O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, Francisco Conde, destacou a "boa noticia" e dixo agardar a que a empresa regrese "agora á senda do diálogo" para intentar a venda. "Debe rectificar e traballar na venda, sobre todo sabendo que hai un operador disposto a intervir e que quere manter a actividade", salientou, agradecendo o "esforzo conxunto" de todas as partes para chegar ao resultado comunicado esta quinta feira. Para o BNG trátase dunha "victoria" pero hai que apostar na intervención para "o empurrón definitivo". A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, pediu á Xunta e ao Goberno de Pedro Sánchez que "deixen de perder o tempo que é preciso para poder manter en pé a produción de aluminio e os postos de traballo". A postura do PSdeG, segundo o seu secretario xeral Gonzalo Caballero, é empurrar a Alcoa para que "permita a venda" e "facilite a viabilidade" da planta de Cervo. "Temos que manter toda a presión para que rectifique", resumiu. |
PRAZA_7382 | Carme Adán pediu a derrogación do recente decreto que elimina "o logro insuficiente" acadado en 2012 que obrigaba o empregador a asegurar a empregada dende a primeira hora de traballo. | Carme Adán pide a derrogación do recente decreto 29/2012 do goberno do Estado que elimina "o logro insuficiente" acadado en 2012 que obrigaba o empregador a asegurar a empregada dende a primeira hora de traballo. Adán considera que é un decreto "improvisado, involutivo e sen ningún tipo de publicidade" que busca "agachar o que este decreto supón de retroceso respecto das melloras que acadara este colectivo". A deputada nacionalista presentou en rolda de prensa unha batería de iniciativas parlamentares para denunciar unha situación "que só afonda na precarización e minusvaloración dunha profesión totalmente feminizada que o que cómpre é dignificar e dotar dunha normativa estable". É moi difícil dispor de datos reais do número total de mulleres empregadas no fogar en Galicia, pero si se manexan cifras concretas de empregadas dadas de alta na Seguridade Social en Xaneiro de 2012, que ascendía a 20.207, e a finais de ano, que sumaban 27.241. Adán salienta que malia que a normativa anterior mantiña "discriminacións evidentes", como o recoñecemento do dereito ao desemprego ou a Lei de Prevención de Riscos Laborais, si introducira unha melloría substancial: obrigar a persoa empregadora a asegurar a traballadora dende a primeira hora Salientou que malia que a normativa anterior mantiña "discriminacións evidentes" e non solucionaba todos os problemas, como o recoñecemento do dereito ao desemprego ou a Lei de Prevención de Riscos Laborais, si introducira unha melloría substancial: obrigar a persoa empregadora a asegurar a traballadora dende a primeira hora. Adán advirte de que o decreto devolve as mulleres á situación anterior, ser elas as que paguen as cotizacións se non superan as 60 horas, "que obviamente, polas especificidades deste traballo, son a maioría", dixo. A iniciativa rexistrada pola deputada nacionalista tamén demanda que se realice un estudo sociolaboral e económico sobre a situación do emprego no fogar, para estudar outras posibilidades de empregabilidade, como o sistema de Cheque de Emprego Servizo que se segue en Francia. |
NOS_51580 | As autoridades ucranianas anunciaram tumbas comuns com milhares de mortos nos arredores de Mariupol com a ajuda de imagens de satélite de duas empresas norte-americanas. Só que, afinal, nesse lugar apenas havia um cemitério e campas individuais. | "Meu sol, olha para mim, a minha mão transformou-se num punho e se há pólvora dá-me fogo", canta Viktor Tsoi no auto-rádio. Ao volante, segue Sacha que se desdobra em perguntas curiosas sobre Portugal até confessar que tem um irmão em Lisboa. "Ele defende os ucranianos. Deixou-se levar pela propaganda da NATO", comenta. Na verdade, não é assim tão incomum. Apesar de esta região ser maioritariamente russófona e votar em partidos pró-russos, são vários os casos de famílias desavindas por causa da guerra que dura há cerca de oito anos. Perto de Mariupol, a cerca de 15 quilómetros, está Mangush, uma localidade que abriu telejornais em todo o mundo. De acordo com as autoridades ucranianas, com a ajuda de empresas norte-americanas de geolocalização, poderia haver aqui tumbas comuns com até 9 mil corpos escondidos. "Procuramos o cemitério de Mangush. As autoridades ucranianas dizem que há valas comuns nesse lugar". O soldado separatista sorri e indica-nos o caminho. É um sinal de que, provavelmente, não há aquilo que procuramos. A denúncia da tumba comum em Mangush é muito grave e é por isso que ali estamos. A notícia correu o mundo e a informação foi confirmada pelo anterior autarca de Mariupol, Vadym Boichenko, que escapou da cidade há dois meses. Crónica desde o Donbass: Como dois jornalistas acabaram na linha da frente em Mariupol Dentro do cemitério desta localidade, contamos cerca de 230 campas individuais, muitas delas com nome e data de nascimento e morte dos defuntos. Nada que se pareça a uma tumba comum. Mangush tinha 8 mil habitantes até há bem pouco tempo. Com a guerra, a população aumentou para cerca de 30 mil com a chegada de refugiados de Mariupol. Encontramos uma idosa que limpa a campa de um familiar. Ana aceita falar connosco sobre o que sabe sobre estas campas recentes que se encontram no ponto da geolocalização indicado pelas autoridades ucranianas dentro do recinto. "O camião trazia corpos de Mariupol. Duas escavadoras abriam buracos e uma outra enchia de terra. O camião ia e voltava. Dizem que os corpos foram primeiro levados para Mangush para a morgue. Só depois trazidos para cá e enterrados", explica. Ana dá ainda mais um dado importante. Estes enterros acontecem todos os dias desde há cerca de um mês. Mais à frente, Irina arranja a campa do pai. Hoje, faz seis meses que morreu este importante arquitecto de Mangush. Orgulhosa, a filha explica que foi um dos responsáveis na cidade pelo referendo para a independência da República Popular de Donetsk. Quando lhe perguntamos onde vive recusa-se a responder. "Tenho medo da vingança dos fascistas. Nós nunca sabemos como é que eles se podem vingar das pessoas", afirma. Diz que "graças a Deus" a República Popular de Donetsk está "finalmente aqui" mas não adianta pormenores sobre as campas. Crónica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol Já percebemos que neste cemitério não há qualquer tumba comum e decidimos, então, visitar a morgue de Mangush para entender de quem são estes corpos. Somos recebidos por vários soldados que dizem ser médicos forenses. "Nós examinamos cadáveres de civis e soldados que morreram em Mariupol. Então, emitimos um atestado médico de óbito", explica um deles. Questionados sobre as notícias que dão contam de que milhares de pessoas foram mortas e enterradas pelo exército russo ou pela milícia de Donetsk, respondem que é "mentira" e revelam que são dois os cemitérios para onde vão estes corpos. Mangush e Stary Krym, outro cemitério onde as autoridades ucranianas alegam haver uma tumba comum. Segundo estes soldados, cada sepultura é individual, com um caixão e uma placa com um número. Isto depois de um exame ao cadáver em conjunto com uma equipa do Ministério Público da República Popular de Donetsk. De seguida, uma empresa pública trata dos enterros, onde não se incluem os corpos de militares russos ou desta república. São sobretudo civis e soldados ucranianos e estão a ser enterrados desde meados de Março. Crónica desde o Donbass: "What the fuck" Os números de enterros coincidem com aqueles que contámos em Mangush e, no dia seguinte, no cemitério de Stary Krym. É, aliás, aqui que podemos conversar com um trabalhador que opera uma escavadora. Danya explica que enterra todos os dias cerca de meia centena de pessoas. Quando lhe perguntamos se há tumbas comuns no cemitério, responde negativa e descreve o processo. "Vê os caixões ali? Por cima, afixamos aquelas placas com números. Quando vêm pessoas à procura de familiares, fazem-no através dessa identificação". Se parece estranha a ideia de que a Rússia pudesse tentar fazer valas comuns em cemitérios para tentar esconder as vítimas dos combates em Mariupol, esse plano parece ainda mais inverosímil para quem caminha pelas ruas desta cidade. Não só há centenas de corpos enterrados pela própria população em jardins e canteiros como o trabalho dos bombeiros na recolha de cadáveres é visível. Testemunhámos isso mesmo. A batalha pelo controlo de Mariupol mostrou o horrível rosto da guerra, onde os civis são sempre as primeiras vítimas. |
PRAZA_11111 | A procura da liberdade. As identidades difusas. O caos. O límite. A fuxida. A realidade como simulacro. E, por enriba de todo, a vida que estoura por moito que, ás veces, pareza procurarse a fin. Son algunhas das claves nas que se move a poética de Xoán C. Rodríguez. O autor, un dos membros do que foi o grupo Ronseltz, tivo e ten unha discreta presenza na cara máis pública do' sistema literario' galego | A procura da liberdade. As identidades difusas. O caos. O límite. A fuxida. A realidade como simulacro. E, por enriba de todo, a vida que estoura por moito que, ás veces, pareza procurarse a fin. Son algunhas das claves nas que se move a poética de Xoán C. Rodríguez, que vén de dar, primeiro en formato dixital en sectoresdefogo.com, a obra 'Cristal líquido'. O autor, un dos membros do que foi o grupo Ronseltz, tivo e ten unha discreta presenza na cara máis pública do 'sistema literario' galego. Hai uns meses, participou no reencontro de Ronseltz, en Santiago, no festival Alguén que respira!. E nós non quixemos desaproveitar a ocasión para reivindicar a súa obra -autoeditada-. Títulos espaciados no tempo, mais tan salientables na poesía galega das dúas últimas décadas coma 'Sectores de Fogo' e, sobre todo, 'Occidencia'. Falamos con el de todos estes libros.Hai unha continuidade, ou polo menos moitas conexións, entre 'Occidencia', 'Sectores de fogo' e 'Cristal líquido', e sobre todo entre os dous primeiros. Escribiches o primeiro e a partir del foron xurdindo os outros dous? Ou máis ben son textos que fuches escribindo e que despois decidiches publicar separadamente?Si que hai unha continuidade. 'Occidencia' é o universo ficcional, desenvólvese en 'Sectores de fogo' e remata con Iris cumprindo condena de prisión en 'Cristal líquido'. Pero cada libro foi escrito dun xeito independente, iso si, tecendo conexións entre eles. Sinto a sensación de estar escribindo sempre o mesmo libro, representando sempre o universo que me fascina. Acabo de rematar 'O' Encantiño', que tamén fun publicando en 'sectoresdefogo.com', e tamén podería enlazar con estes tres…"Sinto a sensación de estar escribindo sempre o mesmo libro, representando sempre o universo que me fascina"A Merla aparece moito nos textos, desde o principio, e pode ser moitas cousas. Unha Sociedade. A voz poética mesma, que se deixa levar pola Merla e se confunde con ela. Que é a Merla en 'Occidencia' e 'Sectores de fogo'?A Merla é quen fala e a quen se dirixen os que falan. As Merlas son un alcume matrilineal de irmás e de tías. A Merla é unha bisavoa e unha avoa en concreto. Son o canto da Nación a piques de desaparecer. Por iso me gusta moito unha definición dela como Sociedade de Socorros Mutuos."As Merlas son un alcume matrilineal de irmás e de tías. A Merla é unha bisavoa e unha avoa en concreto. Son o canto da Nación a piques de desaparecer"Tanto en 'Occidencia' como en 'Sectores de Fogo' está moi presente a idea da viaxe, que pode ser fuxida, procura… En 'Occidencia' é unha viaxe a Occidencia, a Occidente, ao Oeste dun mesmo. En que sentido son, tanto 'Occidencia' como 'Sectores de Fogo', unha viaxe? É unha viaxe cara a un mesmo, cara nós mesmos?Os tres libros son unha viaxe de autocoñececemento, de búsqueda da propia identidade que non existe ou é difusa. A fuxida procurando o Oeste dun mesmo é rebelarse contra o non ser, é buscarse a un mesmo para ser. Preocúpame moito a idea da identidade propia, ese buscarse a un mesmo, talvez sen atoparse nunca."Os tres libros son unha viaxe de autocoñececemento, de búsqueda da propia identidade que non existe ou é difusa"En relación coa idea da viaxe, están os coches, quizais como símbolo. Pero tamén están os coches en si mesmos, coma o que son: coches antigos, (penso), sobre todo. A web sectoresdefogo está chea de fotos de coches, de feito. Por que hai tantos coches en 'Occidencia' e 'Sectores de fogo'? (Moitas veces están asociados á amizade, aos afectos).Os coches son símbolos de liberdade. Serven para ir onde queiras e con quen queiras e tamén está o pracer de conducilos. Son antigos porque todo este magma vén da infancia e da adolescencia e son os coches daquela época. Que hoxe son moi vellos. E asócianse aos afectos por viaxar neles con persoas queridas. Si que teño unha afección polos coches e por conducir que vén da infancia.Encaixei moi ben no rol coche e non boneca desde o principio. Cando me regalaban un coche o primeiro que facía era desmontalo e volvelo a montar antes de xogar con el. Séguenme gustando moito as miniaturas de coches como os que aparecen na miña web. De pequeno e adolescente encantábame que me levasen a sitios en coche e en canto tiven traballo o primeiro que fixen foi sacar o permiso de conducir. Para min son unhas máquinas enternecedoras que che permiten levar a quen queres ou ir onda eles."Os coches son símbolos de liberdade. Serven para ir onde queiras e con quen queiras e tamén está o pracer de conducilos"'Occidencia' tiña partes moi narrativas: historias que continúan ao longo de varios textos separados entre si, coma a do mariñeiro, e partes máis poéticas. 'Sectores de Fogo' é máis narrativo, e contén textos máis longos ca por exemplo 'Cristal líquido', que voltan ser máis poéticos. Non é que sexa moi importante porque mesturar xéneros é moi normal mais, houbo algún motivo especial para esa mudanza de formato entre os tres libros?'Occidencia' ten como base a historia do mariñeiro coxo salpicada de poemas que son cartas dirixidas á Merla. Pero pode suceder que nun mesmo texto narrativo ou poético haxa partes doutro xénero. Mesmo do xénero dramático. Sempre escribo con hibridación de xéneros, penso que o dos xéneros está obsoleto. Nos tres libros hai textos narrativos moi poéticos e á inversa. Mais a miña tendencia natural é a escribir cun toque do que se entende por poesía, teña forma de texto en prosa ou en verso. Non sei, talvez me negue a ser poeta escribindo en prosa."Non sei, talvez me negue a ser poeta escribindo en prosa"Falando das fotografías, a túa é unha poesía moi creadora de imaxes, e seguramente moi ligada a momentos concretos, a sensacións… Como é o teu proceso de escrita, nese sentido? (Se cadra en 'Sectores de Fogo' houbo máis intervención posterior nos textos xurdidos en certos momentos ca nos outros dous).Si que é moi debedora de imaxes e sensacións. Escribo como escenas de películas, todo é un proceso moi visual. O proceso de escrita é un flash que me vén e que logo escribo. É unha visión. En 'Sectores de fogo' o que houbo foi máis intensidade nas sensacións e nas vivencias. Está aquí latente a cuestión do autobiográfico, que inmediatamente se converte en ficción e xa nunca recupera a súa veracidade. Son dos que necesita para escribir que algo lle pase ou lle doa. E despois de filtrar e repousar todo ese material é cando escribo. Quizais por iso a miña escrita ten sido lenta."Son dos que necesita para escribir que algo lle pase ou lle doa. E despois de filtrar e repousar todo ese material é cando escribo" Un dos motores de 'Occidencia' pode ser a dor producida pola perda, consecuencia da morte. E esta, a morte, está en realidade moi presente, de distintas maneiras, tanto en 'Occidencia' como en 'Sectores de Fogo'. Ás veces, como parte da experiencia da fuxida, da procura. Que é a morte nestes dous libros?A perda fainos sentir vivos e dános identidade. Constrúenos. Cando desaparecen os ancestros xa só ficamos nós. Ficamos sós no mundo e temos que continuar co que eles nos legaron. Mesmo necesitamos unha asasina para manter a estirpe. Asemade aparece a imposibilidade da morte como extremo da presenza da morte no texto. Unha imposibilidade que a desdramatiza e a fai natural, cando non, cómica.En contraste co anterior, en realidade, os dous libros están tremendamente vivos (cheos dunha vida que se impón por moito que ás veces se pareza procurar a morte, a vertixe, o límite). Tanto, que ás veces (e sobre todo 'Sectores de Fogo') resultan autenticamente hilarantes. Non sei se era parte da intención, e non podo evitar relacionalo con Ronseltz mais, cal cres que pode ser a función do humor nestes dous libros?"Existe unha ansia vertixinosa de vida e liberdade que conduce ao límite"Existe unha ansia vertixinosa de vida e liberdade que conduce ao límite. As experiencias límite que suceden forman parte dese proceso de autocoñecemento do que falaba ao principio. E dentro dese paroxismo aparece o humor para engadir un grao máis. Pode que teña que ver con Ronseltz, ou que sexa un trazo da miña escrita que me una ao colectivo. O humor, para min, sempre é un xeito de sacarlle ferro aos asuntos ou de gozar eu mesmo e os lectores.Nuns libros nos que é tan importante a idea da viaxe, tamén o son os espazos que constrúes (e aquí volta a importancia da imaxe como figura literaria). Espazos que me facían pensar no rural (ás veces mariñeiro) de Galicia… ou no de Texas, por exemplo. Non penso que pretendas situar os libros nun lugar concreto, mais creo que si hai pegadas, referencias, de algún lugar que pode vir da memoria da infancia e da adolescencia. É así? Por que?Na idea de viaxe está implícito a onde vas, pero ás veces non vas a ningún sitio, vas por ir. Polo pracer de viaxar ou fuxir. Como me gusta conducir, moitos dos espazos pertencen a trazos mesturados do rural galego. Moitas veces, ao volver, soño con quilómetros e quilómetros de estradas e lugares que se farán máxicos nos textos. Tamén saen sitios concretos (míticos, para min, como o límite interprovincial entre Lugo e A Coruña) e sitios da infancia e adolescencia, como ti dis. Por outra parte, os tres libros amosan unha tensión co paso ao mundo adulto e a perda (afastamento) deses espazos."Os tres libros amosan unha tensión co paso ao mundo adulto e a perda (afastamento) deses espazos""Porque a realidade non existe. É un punto de referencia só", din uns dos versos de 'Occidencia'. Esta mesma idea: a irrealidade, a realidade como construción, a realidade como performance, como quizais simulacro, está moi presente tanto en 'Occidencia' como en 'Sectores de Fogo'. Por que? Tamén hai un certo sentido de procura da realidade no límite, no extremo, no que se sae da norma ou do "normal". Por que?Falas moi ben de realidade como performance, como simulacro. Trátase da dúbida de onde se está operando e quen é un. É a loucura. A dúbida extrema no límite máis extremo. Procurar no límite do real é outra das teimas que percorre ambos libros. Existe a realidade? Que realidade? Está un na realidade? Onde empeza a ficción? Son preguntas que me preocupan e que se manifestan nos textos."Procurar no límite do real é outra das teimas que percorre ambos libros. Existe a realidade? Que realidade? Está un na realidade?"A terra. O útero. A ambulancia. Son algúns dos elementos que se repiten máis. Podes explicar por que? É como se fose un percorrido entre a orixe (o nacemento) e o final (a ambulancia pode relacionarse coa enfermidade, coa morte…), relacionados coa idea de xinea…, que non ten principio nin fin. Coma un camiño en espiral…A terra é a xinea que pasa a través de nós. Vivimos de e na terra. Mesmo na Terra, que é unha construción política. Somos o legado dos nosos antepasados. Un legado en extinción ('a terra éche o útero máis furibundo que hai'), por iso é tan poderoso. A Merla está enraizada na terra e dela recolle a súa enerxía. As ambulancias van e veñen con doentes, non teñen que ver con nada disto."A terra é a xinea que pasa a través de nós. Vivimos de e na terra. Mesmo na Terra, que é unha construción política. Somos o legado dos nosos antepasados"'Occidencia' contén versos potentísimos, moi bos, moi contundentes e moi redondos, no aspecto estilístico, na lingua empregada… Foi publicado hai xa bastante tempo, no 2014. Como o ves, nese aspecto, desde a perspectiva de agora? Ségueme gustando moito e tivo o mérito de recuperarme para a escrita grazas á súa publicación. Recoñézome nel como o día que abrín o paquete no que viñan os primeiros exemplares. E grazas a el escribín 'Sectores de fogo'.Se en 'Occidencia' había fragmentariedade, (como historias que se intercalaban e aparecían a reaparecían), en 'Sectores de Fogo' iso vai a máis. E parece tamén que ou ben se multiplican as voces narrativas, ou unha voz narrativa se desdobra en varias. De feito, un dos temas máis presentes é a identidade. A voz poética non sabe quen é, como para explicarllo aos demais. En que sentido 'Sectores de Fogo' (e tamén 'Occidencia') é un libro, tamén, sobre a identidade? Que nos din sobre a mesma?A fragmentaridade tamén é un recurso para enganchar ao lector. Para que o lector quede prendido e vaia seguindo a historia. Pero si que hai un caos identitario. Quen fala non sabe moi ben quen é. De aí as multiplicacións e os desdobramentos que apuntas. Son libros sobre a identidade e a liberdade. E por iso os límites, as fuxidas, os úteros e todo o que vimos comentando."Son libros sobre a identidade e a liberdade. E por iso os límites, as fuxidas, os úteros e todo o que vimos comentando"'Sectores de Fogo' ten unha primeira parte centrada no trastorno mental, no trato moitas veces non bo recibido polos pacientes dos hospitais psiquiátricos e nunha especie de condena a estar internado no propio corpo-manicomio. Non sei se a intención era máis tirar unha reflexión sobre a psiquiatría (e os psicofármacos) ou máis ben sobre o transtorno mental. Como autor -sen confundirte coa voz narradora- que quixeches subliñar sobre os transtornos mentais e a Psiquiatría? (Penso que ten que ver co poder, o dominio, o sometemento.)A voz que conta achégase ao transtorno mental case como unha anamnese de informe psiquiátrico, a parte que recolle os antecedentes con vistas a un diagnóstico. Esta posíbel lectura de 'Sectores de fogo' podería ser o contido que un paciente lle conta a un psiquiatra nunha entrevista terapéutica. Desde logo, como ti ben dis, a loucura está moi presente e con ela a psiquiatría e os psicofármacos. A miña intención como autor era reflexionar sobre os campos de internamento psiquiátricos, tanto físicos como corporais. Quixen subliñar o atraso que leva a atención psiquiátrica e o sufrimento dos doentes, que se traduce en dominio e desesperación."A miña intención como autor era reflexionar sobre os campos de internamento psiquiátricos, tanto físicos como corporais. Quixen subliñar o atraso que leva a atención psiquiátrica e o sufrimento dos doentes, que se traduce en dominio e desesperación"En relación con iso, o corpo xa estaba moi presente en 'Occidencia', de distintas maneiras, e tamén o está en 'Sectores de Fogo', ás veces coma unha especie de cárcere. Como cambia a idea do corpo entre 'Occidencia' e 'Sectores de Fogo'? (Entre outras cousas, en 'Sectores de Fogo' hai un corpo trans, e aquí volve a idea de estrema, de procura, de liminaridade...)En ambos libros o corpo está sometido a transformacións constantes, que son moi do meu agrado. Hai corpos mortos, por suposto. Corpos gozosos. E corpos-cárcere, suicidas tamén. Case hai unha aversión ao corpo moitas veces en 'Sectores de fogo'. A diferenza é que a tal asasina está no corpo dun home e leva a cabo o proceso de transexualidade porque A Merla (que é ela) é unha xinea matriarcal.Un dos personaxes (voulles chamar así) de 'Sectores de Fogo' (que penso que é unha das caras que adopta a mesma voz narradora) é un asasino que se move cunha identidade falsa, tras perderse todos os seus documentos. Resucita, pois, sendo outro. Na súa fuxida, hai un encontro: Iris. Que podería representar os afectos, as persoas que nos sosteñen. Que representan Iris e o asasino? (O asasino parece dominado por unha forza que non controla ás veces e outras si. Por algo que o atrae e o repele á vez).Iris, o asasino, a Merla son a mesma persoa e si, o amor é o catalizador de todo 'Sectores de fogo'. No penúltimo texto chégase mesmo a dicir que só hai un corpo que se multiplica e se anula a través de divisións. O Asasino/Iris está ligado coa continuidade do clan e coa loita pola utopía."A revolta ten que ser realizada por mercenarios. Por asasinos profesionais. A xente do común ten moito que perder na loita contra o estado opresor". Aquí si que vou atreverme a ver un pensamento do autor, e non só da voz narradora. Estás de acordo con estas frases? Por que? (Ao mesmo tempo, o estado opresor tamén pode ser encarnado polo sistema psiquiátrico. E aquí xa me aparece Foucault e non sei cantos mortos máis).Como autor fixéronme moita graza cando se me ocorreron. Penso que, como temos moito que perder, non facemos nada. E o Estado sábeo e explótao. Estaría máis de acordo con outra frase dese texto que di que ten que haber xente que faga a revolución por quen lle paga. No sistema psiquiátrico xa non hai opresión, só prescrición."Penso que, como temos moito que perder, non facemos nada. E o Estado sábeo e explótao""A eliminación selectiva de quen especula coas nosas vidas correspóndelle a sicarios especializados", dise en 'Sectores de Fogo', un pouco máis adiante. Antes, citárase o Fondo Monetario Internacional como axente xerador de violencia. É como se o libro chamase por unha xustiza que fose quen de acabar coa violencia contras as distintas formas de subalternidade. Ao mesmo tempo que proclama que a utopía é alucinación, delirio. Nese sentido, é como se todo o libro fose iso: viaxe, fuxida, cara á utopía, que se acaba dando unha e outra vez cabezadas no cristal, porque só somos avatares aos que mellor lles sería transformarse en vacas. Se tiveses que resumir en poucas palabras o que é 'Sectores de Fogo', podería achegarse a isto?Podería achegarse perfectamente ao que afirmas. Outra das lecturas de 'Sectores de fogo' podería ser o delirio de xustiza universal de alguén que está tolo. Un delirio de grandeza e de utopía."Outra das lecturas de 'Sectores de fogo' podería ser o delirio de xustiza universal de alguén que está tolo. Un delirio de grandeza e de utopía""A nosa única resistencia é procurar e compartirmos a máxima felicidade posible", di 'Sectores de Fogo'. E aquí parecen volver os afectos. Como nas últimas páxinas, que apelan a un vós que poderían ser as amigas que nos coidan. Como as amigas que fixeron posible a publicación de 'Sectores de Fogo' por crowdfunding. Queiras ou non, esa é a sensación final que pode deixar o libro: unha viaxe compartida, chea de momentos intensos e vivos. É un pouco o que queres?Ese xeito de resistencia é a derrota da utopía, pero é o único que nos queda. Son pesimista cos movementos sociais. Todo está atado e ben atado. Só procuro amor sostíbel e de proximidade. Escribir un libro intenso e vivo foi o que pretendín. Como dixen antes, os afectos e o amor son o seu catalizador."Son pesimista cos movementos sociais. Todo está atado e ben atado. Só procuro amor sostíbel e de proximidade. Escribir un libro intenso e vivo foi o que pretendín"Participaches en varias exposicións colectivas, parte delas con artistas plásticos. A túa web está chea de fotografías coas que parecen dialogar os textos. Que relevancia teñen as fotografías en 'Cristal líquido'?Son o complemento íntimo do texto. O texto ten sentido sen elas, pero están coidadosamente escollidas para que funcionen ao unísono. Divírteme moito o contacto coas artes plásticas.'Cristal líquido', publicado entre 2016 e 2018, podería publicarse en papel, segundo di a túa web. Que é 'Cristal líquido', en relación con 'Sectores de Fogo'?'Cristal líquido' está maquetado e practicamente preparado para ir á imprenta, só falta financiamento, que non sabemos se algún día chegará. En relación a 'Sectores de fogo', representa a captura e condena de Iris por parte do Estado opresor. A trama parte de que por casualidade atopei un corazón debuxado, coa palabra Iris no seu interior, nun castiñeiro que serviu de poste da luz nun lugar que non vou revelar. Iso deulle pulo a outra historia de amor pensada para a rede polas súas características formais."En relación a 'Sectores de fogo', 'Cristal líquido' representa a captura e condena de Iris por parte do Estado opresor"Xa os dous libros anteriores tiñan un toque, ás veces, absurdo, non sei se dicir surreal, que me facía pensar en certa literatura experimental, ás veces nas vangardas… Penso que en 'Cristal líquido' iso está máis presente… Que pensas ti?Concordo coa túa apreciación. 'Cristal líquido' pola brevidade dos seus textos e pola necesidade de atraer aos lectores, requeríao. Era necesario un plus para intentar destacar no maremagnum da rede. Paseino moi ben escribíndoo e creo que ficaron textos moi puídos.E tampouco podo evitar pensar en Ronseltz cando digo o anterior. Que queda de Ronseltz na túa escrita? Como ves desde agora o seu papel, o seu lugar, na literatura galega das últimas décadas?Non son quen de valorar o impacto de Ronseltz se é que tivo algún. En todo caso, correspóndelle á crítica facelo. Na miña escrita penso que de Ronseltz fica unha certa visión da literatura e o gusto polo humor."Na miña escrita penso que de Ronseltz fica unha certa visión da literatura e o gusto polo humor"Algo máis que queiras comentar?Gustaríame comentar o proceso de publicación de 'Sectores de fogo'. A insistencia para que se publicase de Xoán Torres, os amigos e o alento que aportou Claudio Pato para conseguir a "xunta de accionistas". O Traballo finísimo de Alejandro Caporale na maquetación e ilustración. E toda a xente accionista ou non que puxo o seu amor neste libro. Quero que quede constancia aquí e agradecerche tamén a ti esta entrevista e a túa certeira lectura. |
NOS_32082 | A obra 'Fóra de mapa' de Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978) foi seleccionada por unanimidade do xurado como gañadora do XI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña. Destacou a necesidade e abrir unha nova liña destinada a público infantil e xuvenil. | Un xurado composto polos recoñecidos autores Miguelanxo Prado, Juan Díaz Canales e Jorge González Varela e presidido pola responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín decidiu premiar, por unanimidade, a obra "Fóra de mapa" de Emilio Fonseca Martín, presentado co lema "Mariña aboa". Destacaron como finalista a obra "Terra Incógnita" presentada co lema MAD+DOG. Na deliberación insistiuse na posibilidade de creación dunha nova categoría para banda deseñada destinada ao público infantil e xuvenil e, neste sentido, destacou moi especialmente a obra "Curuxa. A voz de Azazel", presentada co lema Curuxa, "perfectamente publicable que pon de manifesto a necesidade de abrir unha vía específica para as obras dirixidas a un público infantil/xuvenil dentro do Premio de Banda Deseñada Castelao". A responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, valorou especialmente esta proposta que contribuiría a crear novo público lector de banda deseñada na nosa lingua. O xurado apreza en "Fóra de mapa" unha obra de gran ambición "cun guión rico, ben documentado e estruturado; un debuxo eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluída e engaiolante". Salienta tamén a calidade da obra finalista "Terra incógnita", na que destaca o "interese da historia e as solucións gráficas empregadas", polo que recomenda a súa publicación. Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978), reside en Barcelona e é licenciado e investigador en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid. Ten traballado no ámbito do vídeo, a animación, a ilustración, páxinas web ou recursos educativos e artigos de investigación e fundou, xunto a Xiana Gómez-Díaz a produtora audiovisual Walkie Talkie Films. Dirixiu o documental 'Queimar o monte', sobre os incendios forestais en Galicia e partipou tamén no proxecto de cooperación española Chaco Ra'anga, para o que realizou o cómic "Verde Invisible", sobre o Gran Chaco latinoamericano. Queimar o monte - Avance do documental from Walkie Talkie Films on Vimeo. |
PRAZA_16729 | GRÁFICOS O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado entregado por Montoro este martes no Congreso prevé investir 936,79 millóns en Galicia, cunha suba interanual do 1,2% que é a segunda menor entre as quince autonomías nas que aumenta. Defensa consolídase como segundo ministerio máis investidor tras Fomento por mor das encargas a Navantia A oposición resta credibilidade ás contas tras a baixa execución orzamentaria dos últimos anos | A oposición resta credibilidade ás contas tras a baixa execución orzamentaria dos últimos anos Por segundo ano en abril, pero co horizonte político máis anubrado e, no caso galego, sen apenas novos proxectos de relevancia mentres as grandes inxeccións para a construción do AVE a Madrid van chegando á súa fin. Este é o horizonte co que o Ministerio de Facenda entregou este martes no Congreso o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2018. O proxecto económico comeza un trámite parlamentario de resultado máis que incerto para o que o PP non ten garantidos apoios dabondo e que trae consigo un investimento real previsto para Galicia de 936,79 millóns de euros, un 1,2% máis que en 2017 ou, o que é o mesmo, a segunda menor suba entre as 15 autonomías nas que aumenta. Esa previsión mantén a achega do Goberno de España para actuacións en Galicia nos niveis máis baixos dos últimos quince anos e a razón non é outra que a ausencia de novos proxectos cunha dotación tan relevante como a absorbida pola liña de alta velocidade ferroviaria en construción. Así, os cadros orzamentarios auguran un panorama no que estas obras irán perdendo peso mentres Defensa se consolida como o segundo ministerio con máis previsión investidora en Galicia por mor das encargas de fragatas a Navantia. O AVE, cuxa liña cara á Meseta está nas súas últimas fases de construción e polo tanto require xa menos gasto, recibe a metade do investimento total en Galicia Deste xeito, a metade dos 936 millóns de investimento directo en Galicia previstos para 2018 irá destinado á construción do AVE, fundamentalmente a rematar a liña entre Galicia e a Meseta, que leva 406 millóns na provincia de Ourense aos que hai que engadir outros 184 millóns na de Zamora. Na súa programación plurianual, os orzamentos reflicten como o groso desa actuación está xa nas súas últimas fases, de xeito que para 2019 a previsión de investimento na provincia de Ourense é de 62 millóns, cifra que cae a 20 millóns para 2020, ano en que xa tería que estar en servizo o tren rápido. Pero esas son as contías para a obra que xa está en marcha, que levará a liña de alta velocidade ata Taboadela, a uns 14 quilómetros de Ourense. Ese último treito de alta velocidade ata a cidade, cuxa demora obrigará durante varios anos a que os AVE teñan que empregar a actual vía convencional, aínda está en fase de estudos previos e o groso do investimento para a súa construción non comeza a consignarse ata 2019, con 35 millóns, para aumentar en 2020 a 228 millóns. Ao igual que ocorre con esa variante entre Taboadela e Ourense, non será ata que se remate o corpo principal da liña entre Zamora e Taboadela, en 2020, que Fomento prevé avanzar tamén coa longamente adiada liña entre Ourense en Vigo por Cerdedo, que en privado moitos políticos de todos os partidos consideran que non se debe executar polo seu elevado custo (máis de 2.000 millóns de euros) pero que en público seguen a considerar necesaria. Tamén terá que agardar a mellora do tren a Lugo, cuxa electrificación conta para 2018 cun millón de euros adiándose o groso do investimento a 2021. E o mesmo ocorre coa mellora do obsoleto Feve na costa norte galega, que en 2018 recibirá menos de 2 millóns de euros de investimento. Fomento garantiu en xaneiro, desmentindo á Xunta, que o groso do investimento no AVE galego está garantido aínda que non se aproben os orzamentos do Estado A gran maioría destes investimentos ferroviarios, como salientou hai unhas semanas o propio Ministerio de Fomento, están garantidos aínda que non se aproben os Orzamentos do Estado xa que Adif, a empresa pública que os acomete, conta cos seus propios recursos extraorzamentarios. Non sucede o mesmo co resto de investimentos anunciados tanto por Fomento como polo resto de ministerios, condicionados á aprobación destas contas, feito que o PP está a aproveitar para criticar a negativa da oposición a apoialas. Pero por outra banda, que aparezan agora consignadas estas contías e se cheguen a aprobar as contas non garante que ese sexa o gasto que en efecto se realice, xa que é habitual que as administracións deixen sen executar boa parte do orzamentado para cada ano. Á marxe do investimento en materia ferroviaria canalizado a través de Adif, Fomento consigna para Galicia 184 millóns de euros, fundamentalmente para estradas. Entre elas o groso vai destinado a avanzar fundamentalmente coa Autovía Santiago-Lugo (A-54) que recibirá 47 millóns de euros. Do resto de autovías interurbanas, chama a atención que, malia que para este ano non consigna máis que medio millón de euros, Fomento prevé para un ano máis tarde un investimento de relevancia, superior aos 10 millóns, para iniciar a prolongación da A-8 pola Mariña lucense a través da nova A-74 cara ao porto de San Cibrao. Os orzamentos deste ano parecen centrarse no inicio de diversas actuacións de menor importe que as grandes autovías interurbanas pero de maior importancia para a mellora da mobilidade por estrada nas contornas metropolitanas Pero os orzamentos deste ano parecen centrarse máis no inicio de diversas actuacións de menor importe pero de maior importancia para a mellora da mobilidade por estrada nas contornas metropolitanas. Así, en Vigo prevense 1,8 millóns para a mellora da avenida de Madrid; na Coruña 3 millóns para o inicio da conexión entre a Terceira Rolda e a AP-9 e outro tanto para a mellora da avenida de Alfonso Molina; en Pontevedra un millón para a remodelación do nó norte da cidade xunto ao parque de bombeiros, que un ano máis tarde prevé recibir outros 6 millóns; en Santiago 8 millóns para o enlace orbital e outros 4 para o acceso á Cidade da Cultura; mentres que en Ourense o primeiro treito da súa circunvalación arrancaría con 2,5 millóns. Porén, a agora anunciada prolongación da A-52 do Porriño ata Vigo recibirá fondos só para novos estudos previos e as súas obras non comezarían ata 2020, segundo a programación orzamentaria plurianual. Sen saír do Ministerio de Fomento, en materia aeroportuaria os investimentos non chegarán aos 20 millóns de euros, fundamentalmente para actuacións menores de mantemento despois de que as tres terminais galegas veñan de ser completamente renovadas nos últimos anos. En materia portuaria, o Porto Exterior da Coruña seguirá a ser o principal destinatario dos investimentos en Galicia, cuns 30 millóns, mentres que o porto de Vigo centrará as súas actuacións no seu Porto Seco de Salvaterra-As Neves (Plisan), que recibirá 13 millóns, e o de Ferrol avanzará coa construción do seu acceso ferroviario cuns 24 millóns. Defensa, coa construción de novas fragatas, supera a Medio Ambiente como segundo ministerio máis investidor en Galicia Os números e proxectos debullados ata aquí son similares aos que se veñen consignando nos últimos anos, con Fomento como principal departamento investidor. Porén, este ano prodúcese o devandito cambio no segundo posto de ministerios canto a investimento en Galicia que se consolidará nos seguintes, segundo as previsións plurianuais. Ata o de agora ese posto viña correspondendo ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente, debido ás demoradas obras de saneamento pendentes en Galicia. A novidade deste 2018 é que Defensa o supera, con 32,2 millóns territorializados para Galicia fronte aos 24,5 millóns que consigna Medio Ambiente. A razón do aumento do investimento en Defensa débese fundamentalmente á construción das novas fragatas F-100 e o mantemento doutros buques militares xa existentes, cunha previsión de que en 2019 e en anos seguintes o investimento dese ministerio en Galicia supere cada exercicio os 80 millóns de euros, cifras que o Goberno asegura que serán superiores porque inclúen cartos agora non territorializados para Galicia. O Goberno de España bosquexa este orzamento nun panorama xeral no que o investimento previsto para Galicia é o 9,2% do total territorializable -actuacións que atinxen a un territorio en concreto e non á estrutura estatal en xeral-. O proxecto orzamentario detalla tamén as cantidades que lle corresponden a Galicia a través dos dous fondos estatais que financian competencias da Xunta, o de suficiencia e mais o de compensación interterritorial. O primeiro, que depende de factores como a recadación de impostos en cada territorio, acada para 2018 algo máis de 584 millóns de euros e increméntase para todas as comunidades que o reciben na contorna do 4,6%. O segundo, chamado a compensar diferenzas entre territorios, cae un 4,1% con relación a 2017 e queda en algo máis de 42,5 millóns de euros. Claves e principais cifras dos Orzamentos de 2018 para o conxunto do Estado |
PRAZA_15168 | O portavoz nacional do BNG explica as claves da "reflexión" que inicia a formación frontista para "reorientarse" e subliña que non está "disposto a compartir nin fomentar a idea de que o pobo galego é masoquista e se entrega entusiasticamente aos seus opresores" | Guillerme Vázquez (Pontevedra, 1952) fala devagar. Un mes despois dun duro correctivo electoral para a formación que encabeza, o portavoz nacional do BNG analiza o panorama coa calma de quen xa tomou a decisión de non recuncar no cargo unha vez que o proceso de "reflexión" interna culmine, antes do verán de 2013, nunha Asemblea Nacional. O líder nacionalista apela a "escoitar" as "múltiples ideas e propostas" tanto da militancia como da "xente que temos ao redor" do Bloque para algo que considera imprescindible: "corrixir o rumbo". Que análise fai do resultado das eleccións? Os resultados foron moi malos para o BNG e, respectándoos, foron demasiado bos para o PP en función do voto que tivo. A partir de aí traballaremos para seguir defendendo que soberanía, democracia e traballo son elementais para saír desta crise económica, social e política na que estamos. Por que considerou conveniente anunciar de inmediato que non recuncará na portavocía? Considereino así porque era o que pensaba en conciencia. Asumo como cabeza do BNG os resultados electorais e creo que cómpre iniciar un proceso de debate amplo, profundo e calmado para reorientarse. E unha vez rematado o proceso de debate outras persoas deben encabezar esta organización. Deixará o liderado do Bloque despois de case catro anos. Que balance fai deste período? "É o momento de pararse, reflexionar e reorientar o BNG para recuperar confianza social" Eu collín o BNG nunha situación xa complicada. A partir de aí, non só tivemos un proceso difícil no plano interior, cunha situación de aspersión constante das diferenzas cara ao exterior que remata nunha asemblea nacional cun proceso de escisión. E todo isto nun proceso de crise profunda e rápida. Non era o mellor contexto e eu fago o que dende o meu punto de vista teño que facer, un balance positivo non pola miña xigantesca actuación, senón porque o fixen co maior traballo e honestidade posible e, dende logo, agradecendo sempre aos compañeiros e compañeiras que depositasen en min esa confianza. Pero é certo que foi un proceso difícil no plano interno e cun contexto que velozmente ía cambiando. Por iso este é un momento de pararse, reflexionar e reorientar o BNG para facer fronte a un temporal moi importante dendee o punto de vista económico, social, nacional... e recuperar confianza social. Observaron fallos na campaña electoral ou realizan a análise dende unha perspectiva máis ampla? Todos os expertos din que as campañas non determinan especialmente un resultado, aínda que o poden condicionar para un lado ou para outro. Iso será mellor deixalo para a reflexión colectiva, pero o resultado electoral do BNG non se pode adxudicar estritamente a eses quince días. Nas últimas semanas vostede falou de que non repartirán culpas... Eu son dos que sempre acepta a realidade. Non vou negar que o BNG ten que facer a transmisión da súa política nun contexto concreto, non vou negar factores externos nin nada polo estilo. Sei que a imaxe dunha forza política, tamén a de calquera persoa, non só depende do que é senón do que digan de un que é. Iso non o imos poder cambiar. A reflexión temos que centrala no que temos que facer mellor nós, que cambios na nosa liña política ou na nosa actuación práctica temos que facer para responder á situación da Galiza de hoxe. Polo tanto, do resultado electoral de ningunha maneira podo culpabilizar a ninguén, non se pode culpar a ninguén do mal resultado dun. Ata que punto cre que influíu no resultado do BNG a irrupción doutras forzas no ámbito do nacionalismo? "A reflexión principal non é o que supuxo a irrupción doutras forzas, senón o que temos que facer nós para que a sociedade nos perciba como unha forza útil" Os analistas determinarano con maior exactitude, pero é evidente que en calquera contexto a irrupción de novas forzas políticas sempre inflúe no resultado electoral dos demais. Pero a min o que me parece que move a reflexión principal non é tanto o que supuxo a irrupción doutras forzas, senón que é o que temos que facer nós para que a sociedade galega nos perciba como unha forza nacionalista útil non só para combater a política do PP, da troika, de Merkel, do propio Feijóo... Senón tamén para que acrediten que as alternativas para saír da crise nun sentido favorable ás clases populares pasan polas que formula o BNG. Temos que facer o traballo ben feito para que sexamos percibidos como forza útil para opoñernos a esta forza demoledora que aplica ese eixo do mal que son a UE, a CEOE, capital financeiro, banca... Neste sentido cabe, a medio prazo, o entendemento do BNG con outras forzas nacionalistas? Nós estamos sempre abertos a acordos. Dende o punto de vista de, ao mellor, coincidir en que unha das cuestións fulcrais é avanzar na capacidade de decidir para Galiza podemos confluír con moitísima xente. Iso vai dependender da vontade nosa e da dos demais. Non temos ningún apriorismo. Eu admito a actual situación con toda normalidade, só faltaría. Nas últimas semanas vostede referiuse á que esta reflexión culminará cun "novo proxecto nacionalista". Cabe entendelo en termos de refundación? "Debemos transformar unha derrota electoral nunha oportunidade de ir nunha dirección mellor" Eu dixen moitas veces que o BNG se refunda en cada asemblea. Non debemos quedar presos dos termos. Prefiro utilizar o termo "reorientar" o BNG para a nova situación. Xa sei que hai moito tópico, pero eu coñezo poucas forzas políticas non sei se tan democráticas, pero máis democráticas que o BNG, coñezo poucas. Ao final, a decisión que se adopte será a que colectivamente tomemos. O que cremos colectivamente é que debemos transformar, se a nosa capacidade dá para iso, unha derrota electoral nunha oportunidade de ir nunha dirección mellor, de mellor resposta á sociedade galega. |
NOS_50067 | Os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol mantiveron un encontro con representantes das marés das cidades galegas. Esta sexta feira reuniranse coas organizacións que compoñen En Marea. | Unha asemblea a realizar antes de que finalice o mes será quen determine como será o proceso de primarias e a fórmula de concorrencia ás eleccións galegas, así como o programa e outras cuestións. Unha asemblea, impulsada polos alcaldes de Compostela, Coruña e Ferrol, á que se pode chegar coa incógnita sobre a mesa sobre quen será o candidato. Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago de Compostela) e Jorge Suárez (Ferrol) comezaron os contactos coas mareas municipalistas para abordar a convocatoria desa asemblea na que se estableza cronograma e metodoloxía para a elección de candidatos e elaboración de programa electoral. Os tres rexedores, sinala Europa Press, están de acordo en que o candidato ten que obter o consenso de todos os axentes políticos, se ben se someterá a primarias igualmente, aínda que só sexan de ratificación. Para realizar esta asemblea fican dúas semanas antes de que finalice xullo, o tope que os propios alcaldes se marcaron a este respecto.Ademais, está o proceso interno de Podemos Galiza, que esta fin de semana realiza as súas asembleas provinciais, paso previo para a convocatoria dunha asemblea galega e votación de todos os inscritos sobre a fórmula de concorrencia á cita electoral. |
NOS_47816 | O procedemento de infracción aberto pola Comisión Europea contra o Estado español, as causas do accidente o sdistintos aspectos do sinistro atópanse no punto de mira da Valedora Europea do Pobo, Emily O'Reilly. Así o expuxo esta terza feira, 2 de xullo, a eurodeputada do BNG Ana Miranda á saída dunha xuntanza con O'Reilly. | "Quero valorar o grande interese e dispoñibilidade amosado pola Valedora a respecto do caso Alvia", declarou Miranda, para quen "a esperanza de atopar a verdade e a xustiza para s vítimas segue estando en Europa". E nunha investigación independente sobre o sinistro, engadiu, "que será a que determine as causas reais do accidente. A culpa do que aconteceu non é só do maquinista". A nacionalista afirmou que lle resulta máis doado acceder ás institucións europeas ca ás estatais. "O que non deixa en moi bo lugar nin ao Estado español nin ao ministro", dixo. Miranda expuxo a Emily O'Reilly que o BNG denunciou o Estado español por incumprir a normativa europea de seguridade ferroviaria, o que provocou a apertura dun procedemento de infracción por parte da Comisión Europea. Foi en xaneiro deste ano. "O novo Goberno [do Estado] debe comezar por realizar unha investigación, tendo en conta a indefensión das vítimas do Alvia, que durante seis anos non contaron co apoio dos distintos executivos", manifestou a eurodeputada, quen prometeu "seguir loitando porque se saiba a verdade" do sucedido aquel 24 de xullo de 2013 na curva de Angrois (Santiago de Compostela). |
NOS_8397 | Bate o récord de xaneiro de 2002, cando marcou 103,76 euros/ MWh) | O prezo da electricidade hoxe racha todas as barreiras, alcanzado o seu máximo histórico no Estado español. En concreto, o mercado almacenista (pool) eléctrico rexistrará esta cuarta feira, día 21, un prezo medio de 106,57 euros por megawatt hora ( MWh), segundo as previsións do OMIE, Operador do Mercado Ibérico da Electricidade. E isto acontece apenas horas despois de que esta terza feira o prezo medio se situase no nivel máis alto no que vai de ano, superando a cota dos 100 euros/ MWh por primeira vez no exercicio. Até hoxe, o máximo histórico marcárase o 11 de xaneiro de 2002, con 103,76 euros/ MWh. Ademais, o prezo fixado para hoxe chegará mesmo a tocar os 110 euros/ MWh, mentres que o mínimo seguirá por riba dos 100 euros [100,83 euros/ MWh]. Son distintos factores os que están nesta escalada de incrementos, como son os prezos do gas e dos dereitos de emisión de CO2, que están a marcar a tendencia alcista no pool nos últimos meses, unido á menor contribución das renovables no mix. Pola súa banda, únense tamén as altas temperaturas, que superan os 40 graos centígrados en varios lugares do Estado e provocando un repunta da demanda cunha enerxía negociada prevista para hoxe de 538 gigavatios hora ( GWh). O prezo fixado para hoxe chegará mesmo a tocar os 110 euros/ MWh, mentres que o mínimo seguirá por riba dos 100 euros [100,83 euros/ MWh]. Nunha entrevista concedida á Cadea Ser, Jorge Morales, portavoz da Plataforma por un Novo Modelo Enerxético, sinalou que hai que falar de "xustificación" das empresas eléctricas, máis que de explicación. "A xustificación é moi clara: o prezo do gas nos mercados internacionais e a suba do prezo do barril de petróleo, que chegou a superar os 80 euros, aínda que agora baixou de 70", dixo. "Pero o 80% da produción da luz non ten nada que ver co gas natural porque o seu uso é residual. Con todo, está a afectar de forma intensísima ao prezo da nosa enerxía". Segundo Morales, o alto prezo da enerxía no Estado débese a "un problema regulatorio, de deseño do sistema, das regras do xogo". O portavoz da Plataforma por un Novo Modelo Enerxético sostén que "agora mesmo os almacenistas da enerxía teñen marxes do 500%". No primeiro trimestre do ano, Iberdrola obtivo 1.025 millóns de euros; Endesa, 495 e Naturgy, 383 millóns. Os tres grandes do sector sumaron algo máis de 1.900 millóns de euros nos tres primeiros meses de 2021. |
PRAZA_13938 | A Federación de Libreiros de Galicia (FLG) vén de recomendar aos seus asociados que non apliquen o aumento do imposto até o 15 de outubro e calcula que o 95% deles seguirán esta suxestión. | A Federación de Libreiros de Galicia (FLG) vén de recomendar aos seus asociados que non apliquen a suba do IVE no material escolar, que pasa do 4% ao 21%, até o 15 de outubro para non prexudicar a milleiros de familias. Segundo a devandita federación, "un 95%" dos seus socios (uns 200) seguirá esta suxestión, unha vantaxe que se poderá coñecer a través de carteis nas portas dos establecementos que apliquen a medida. A FLG, que lembrou que esta suba do IVE non afecta aos libros de texto, senón ao material, asegura que a campaña pretende deter o "despropósito" que se produciu durante este mes de agosto en moitos establecementos, ante a gran cantidade de familias que adiantaron as súas compras antes de que o vindeiro 1 de setembro sexa efectiva esa suba do IVE. "Esta suba do IVE provoca que as familias estean comprando por adiantado e material que non precisan ou que non serve" Pilar Rodríguez, presidenta da FGL, cre que "esta situación non ten sentido, xa que pode ocasionar que se compre material que non se precisa ou que non serve". Por iso, deste a asociaación recomendan aos pais que "compren o que necesiten e cando o necesiten". As librarías "asumirán a diferenza" co obxectivo de "axudar as familias" Así, a FGL calcula que "o 95% dos asociados non aplicarán a suba do IVE" ao material escolar, polo menos, até o 15 de outubro, mes e medio despois de que entre en vigor a medida aplicada polo Goberno central. Daquela, a Federación quixo agradecer aos "compañeiros propietarios de librarías e papelerías" que si pagarán este incremento, pero "asumirán a diferenza" co obxectivo de "axudar as familias". Ademais, e á marxe desta recomendación efectuada aos seus asociados por parte da Federación de Libreiros de Galicia, outras librarías e papelerías galegas non adscritas a este organismo tamén anunciaron que levarán a cabo esta iniciativa, como as da localidade pontevedresa do Grove. Doutra banda, a Federación de Libreiros de Galicia negou que a Xunta reducise as axudas á compra de libros de texto en primaria e en secundaria, que ascenden a entre 90 e 170 para os primeiros e desde 104 a 180 para os segundos. "As axudas son calcadas ás do ano pasado", afirmou o vicepresidente da asociación, Antón Pedreira, que sinalou que os pais e nais poden usar os mesmos vales que o anterior curso. |
NOS_5186 | O cambio de criterio na tramitación, que pasa de simplificada a ordinaria, atrasa os plans de Endesa para o feche da central térmica e condiciona os acordos para as recolocacións e o mantemento do emprego. | Endesa tiña todo encamiñado para iniciar o proceso de desmantelamento da central térmica das Pontes en pouco máis dun mes, mais as alegacións presentadas pola Xunta e o Concello botaron por terra os seus plans e deixaron no aire a continuidade de ducias de empregos. As alegacións destas dúas Administracións, centradas en cuestións técnicas do proceso de desmantelamento e relacionadas con aspectos medioambientais, como a posíbel afección aos cursos fluviais e ao parque natural das Fragas do Eume, levaron o Ministerio para a Transición Ecolóxica a tramitar a solicitude de fechamento pola vía ordinaria, no canto da simplificada, unha singularidade ─o resto de solicitudes de fechamento de centrais foron simplificadas─ que xoga en contra dos intereses do cadro de persoal da central, das auxiliares, da propia Endesa e da comarca en xeral. Alberte Amado, da Federación de Industria da CIG, sinala a Nós Diario que, segundo lles transmiten as Administracións, "como mínimo até final de ano" non está previsto que remate este proceso administrativo. O compromiso de Endesa coas traballadoras e cos traballadores é tan só até o 30 de xuño, data inicialmente prevista para a resolución do proceso administrativo. Porén, apunta, Endesa non está agora en disposición de garantir nada porque descoñece os tempos formais. "Supomos que existe unha base sólida para que se colla este percorrido, mais as propias Administracións tamén teñen que garantir a outra parte", afirma Amado, que insiste en que "non pode ser que este proceso supoña despedimentos en xuño". Abocados ao paro Nesta liña, o responsábel do sector enerxético de UXT, Nicasio Pena, advirte de que os transportistas e o persoal das auxiliares "vense agora abocados ao paro". Sinala que na actualidade está operativo un dos grupos para atender as necesidades de subministración enerxética, pero que se se perde esa dispoñibilidade "non fai falta persoal ningún na central". A través do comité de crise, integrado polo empresariado, concello e sindicatos, solicitaron a convocatoria da Mesa das Pontes, na que tamén están presentes Xunta, Ministerio e a propia Endesa, "para que nos aclaren a situación". "Fálase de que se podería convocar entre esta semana ou a que vén, pero de momento non hai nada oficial", recoñece Pena. Poucas alternativas Pola súa banda, José Hurtado, secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol, apunta que o único plan alternativo que existe é que Endesa acceda a iniciar traballos previos ao desmantelamento para quitar partes da instalación que non impidan que a central poida entrar en operación, para o que xa están en conversas coa empresa. Pola contra, lamenta que "tanto o Ministerio como a Xunta están calados e falta aínda asinar o convenio de transición xusta". "Aquí só hai uns transportistas que non teñen traballo e unhas auxiliares que finalizan o compromiso o 30 de xuño. Ademais, está paralizado o traslado da empresa principal, pero en xullo e agosto van mudar as tornas, e iso é preocupante", lamenta Hurtado. |
NOS_14056 | CIG-Ensino acusa o departamento de vulnerar a Lei de normalización lingüística ao "utilizar topónimos deturpados e ilegais". | De 'Rianjo' a 'Piedrafita del Cebrero' e de 'Vivero' a 'Ginzo de Limia'. Procurar os centros de ensino de Galiza a través do mapa localizador da Consellaría de Educación é abrir a porta a toda canta deturpación de topónimos un poida imaxinar. Desde aquelas deturpacións máis habituais, como pode ser 'La Coruña', até outras que semellaban desaparecidas, como 'Valle de Oro' ou 'Piedrafita del Cebrero'. A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría "vulnera a Lei de normalización lingüística no seu portal web, ao utilizar para a localización dos centros de ensino mapas que deturpan topónimos e que son utilizados na súa forma ilegal, barbaramente españolizados". Tuy, Bayona, Sanjenjo, Villagarcía, Noya, Rianjo, Puentecesures, Carballino, Allariz, Orense, Ginzo de Limia, Piedrafita del Cebrero, Puerto Marín, Villalba, Valle de Oro, El Ferrol, La Coruña, Arteijo, Lage,.. son algúns dos topónimos que figuran nese localizador Para o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a actitude da Consellaría neste aspecto: "vai máis alá do desleixo e do máis absoluto desprezo. É incríbel que a mesma Consellaría que integra a Secretaría Xeral de Política Lingüística e ten o cometido de velar pola nosa lingua manteña esta imaxe pública vergonzosa". A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Cultura e Educación incumpre o artigo 10 da Lei de normalización lingüística que prescribe claramente que "os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega". |
NOS_36249 | O líder do PP reitera que en Catalunya hai "kale borroka". | PP e Ciudadanos volven retomar, no que xa hai tempo que deixou de ser unha novidade, os discursos e mensaxes pedindo a ilegalización de organizacións independentistas, no que semella unha carreira – con Vox como terceiro participante- por ver quen gaña en pedir máis man dura contra o 'secesionismo'. Albert Rivera volve poñer sobre a mesa a proposta de retirar subvencións públicas a formacións como a CUP, que ten representación institucional no Parlament e en numerosos concellos. O líder de Cs acusa a CUP de "rachar a convivencia e a democracia" querendo ligala co ataque contra unha sede de Ciudadanos por parte de mozos e mozas independentistas. O ataque consistiu en cristais rotos e lanzamento de pintura. O presidente do PP foi máis alá e solicitou a ilegalización de Arran, organización da mocidade independentista, ao tempo que falaba de que en Catalunya hai "pura kale borroka", e chamou ao Estado a "aplicar a lei". PP e CS intensifican estes discursos despois de cada acción contra algunha das súas sedes, uns ataques que teñen ampla cobertura mediática e de denuncia. Non pasa así, denuncia a esquerda independentista, con outros episodios de violencia en Catalunya, como os que recollía o Observatorio crítico dos medios: o unionismo violento protagonizou 86 agresións físicas en menos de 3 meses. Nese período no mínimo 101 persoas resultaron con feridas de diversa consideración por agresións de motivación 'españolista' ou 'unionista'. |
NOS_46827 | Só se efectuaron 106 das 284 actuacións previstas no Pladiga. | O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, informou esta sexta feira que a Xunta só realizou 106 queimas controladas das 284 previstas no Pladiga co obxectivo de evitar a propagación de incendios en 2022. Así, durante esta campaña, das 3.075 hectáreas previstas polo Goberno galego, só foron queimadas 627. A nova lei de loita contra incendios será debatida no Parlamento en 2023 Preguntado polo grupo socialista na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, o director xeral afirmou estar "satisfeito" con esta cifra, e argumentou que non fose maior porque a climatoloxía "non acompañou" durante a primavera para levar a cabo estas accións. Estes datos danse no peor verán en canto ao número de hectáreas calcinadas desde 2006, e no verán no que tiveron lugar os dous incendios máis grandes da historia da Galiza desde que hai rexistros: o do Courel (11.100 hectáreas) e o de Valdeorras (10.500 hectáreas). Os incendios do Courel e Valdeorras, aínda descontrolados, son xa os maiores da historia da Galiza A pesar de só completar 20% destas queimas, Rodríguez defendeu a idoneidade destas actuacións, que se realizan en lugares concretos onde non é fácil rozar mecanicamente e que non superan as 10 hectáreas. As queimas medias e máis habituais, apuntou, alcanzan entre tres e catro hectáreas. 81,82 euros por hectárea O custo deste método de limpeza para evitar a propagación de incendios é de 81,82 euros a hectárea, mentres que os labores de roza mecanizada elevan ese custo até os 410 euros por cada hectárea tratada. Fiscalía investigará o Goberno galego pola xestión da vaga de incendios deste verán O procedemento ditaminado pola Administración estabelece que antes de levar a cabo a queima realízase, por escrito, unha avaliación previa, un plan de queima no que se analizan as pendentes e orientacións do terreo, os substratos, a orografía do terreo e o tipo de combustíbel a usar, entre outros aspectos, así como un informe de avaliación. No momento de comezar este tipo de actuacións, os técnicos estabelecen unha 'área de continxencia' para cubrir posíbeis imprevistos que, en caso de producirse, son cubertos por medios de distritos diferentes, de forma que o territorio non quede descuberto. O investimento da Xunta por persoa baixa 60 euros co aumento da inflación Neste sentido, e segundo os datos achegados polo director xeral de Defensa do Monte, nos últimos dez anos "tan só se produciron tres 'escapes de queima'" -queimas controladas nas que se perde o control e que se converten en incendios-, das mil que se levaron a cabo. |
NOS_34303 | Miles de persoas concentráronse na localidade para fronte o desmantelamento da área sanitaria sur de Lugo. Unha nova comarca afectada mostra de forma masiva a súa oposición ao anteproxecto do PP. | Monforte de Lemos foi este domingo o escenario dunha nova protesta masiva fronte a modificación da Lei de Saúde que prepara o Goberno galego. Centos de persoas - máis de 3.000 segundo a Policía Local- concentráronse na localidade, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (Pladesapu) e da Xunta de persoal do Hospital Comarcal de Monforte, para frear o desmantelamento da área sanitaria sur de Lugo. Unha nova mobilización popular multitudinaria, despois das acontecidas nos días previos en Vilagarcía, O Barco de Valdeorras e Burela. A reforma que prepara o PP reduce de once a sete o número de áreas sanitarias, unha cuestión que desde cualifican como un paso máis na privatización e centralización do servizo sanitario, desmantelando os hospitais comarcais para concentrar a asistencia nos grandes hospitais, con lemas como "O noso hospital non é unha sucursal" ou "Non á xestión provincial". A modificación da Lei de Saúde conta coa oposición unánime do sector sanitario, das forzas sindicais e da oposición política. A portavoz da Pladesapu, Paqui Vázquez, denunciou que o anteproxecto organiza a sanidade en función dos recursos de cada lugar sen atender as necesidades da poboación, que pagará o prezo da reforma. "Queremos médicos propios no Hospital Comarcal de Monforte, non nos vale que veñan doutras áreas", asegurou en declaracións recollidas pola axencia Europa Press. A modificación da Lei de Saúde conta coa oposición unánime do sector sanitario, das forzas sindicais e da oposición política, así como dun amplo respaldo social. Na manifestación estiveron presentes os portavoces de En Marea, Luís Villares, e do BNG, Ana Pontón. |
NOS_6823 | Acusado de "calumnias". | O Colectivo Feminista Mulleres de Raíz informa que vén de ser citado como 'investigado' (imputado) nun proceso penal por, afirman, denunciar a través de Facebook "o acoso que sufriu unha muller" por parte dunha persoa que é quen agora denuncia este colectivo. "O acosador permítese o luxo de se querelar contra do Colectivo Feminista que só se fai eco do seu comportamento machista e delictivo e, ademais, a Xustiza permítello… Vivindo no Porco de Pé", denuncian nas redes sociais. Mulleres en Raíz afirma que "a muller acusada presentou denuncia polo acoso e ten corroborado que o que dixemos do acosador é, simplemente, a verdade" Mulleres en Raíz afirma que "a muller acusada presentou denuncia polo acoso e ten corroborado que o que dixemos do acosador é, simplemente, a verdade". A isto o colectivo feminista engade que "a publicación e denuncia neste mesmo muro de Facebook fixo posíbel que, baixo o anonimato que nos solicitan: máis mulleres da Vila nos contaran similares experiencias con este "señor". Desde a Marcha Mundial das Mulleres xa amosaron a súa solidariedade e apoio ás feministas de Sarria. |
NOS_25952 | Celta e Depor comezan o ano con vitorias. O Lugo non pasa do empate no seu propio campo e sorte desigual en 2º B con vitoria para o Coruxo F.C. e derrota para o CD Ourense. | Cinco meses sen gañar en liga en casa é moito tempo. O Celta comezou o ano fiel ao seu xogo e desta vez, diante do Valladolid, tivo a sorte de transformar en goles o seu bo fútbol. Herrera apostou por unha dianteira formada por Iago Aspas, Mario Bermejo e Park coa orde de presionar ao rival. Ambos dous equipos precisaban os puntos e no tardou moito en caer o primeiro gol. Foi no minuto 8 obra de Iago Aspas a pase de Krohn-Dehli. Reaccionou o Valladolid e tres minutos despois un erro de Javi Varas fixo que Bueno acadara o empate de penalti. Tamén de penalti conseguiu Iago Aspas o seu segundo gol que tranquilizou á parroquia cando faltaba un cuarto de hora para rematar o primeiro tempo. Na segunda parte ambos dous equipos tiveron posibilidades de sumar tantos ao marcador. Para ledicia d@s siareir@s celtiñas Álex López tivo o seu día e marcou un deses clásicos goles para a foto: disparo forte e lonxe das mans de Dani Hernández. O Celta queda no posto 15º da clasificación a tres puntos do descenso. A Lendoiro saíulle ben a xogada, polo menos este primeiro partido do ano para un Depor que superou en Riazor a un Málaga con menos ambición da prevista. Din que cando trocas o adestrador tes media vitoria, ou vitoria enteira. A Lendoiro saíulle ben a xogada, polo menos este primeiro partido do ano para un Depor que superou en Riazor a un Málaga con menos ambición da prevista. Notouse a presenza de Domingos Paciência desde o inicio do encontro. André Santos e Aranzubia saíron por Valerón e Lux, foi o toque persoal do novo adestrador portugués. As primeiras oportunidades foron para Bruno Gama e Pizzi, este último cun certeiro disparo d efalta que foi á madeira. Após estas oportunidades reaccionou o equipo de Pellegrini e a piques estivo de dar un susto aos galegos. O marcador non se moveu até a segunda parte cando Pizzi aproveitou un erro de Jesús Gómez para adiantar aos da Coruña. Os andaluces tentaron o empate, mesmo coa saída de Saviola ao terreo de xogo mais a defensa estivo no seu sitio até o final, algo que agradeceron @s siareir@s branquiazuis acostumad@s ás sorpresas negativas. Rematou así o partido coa primeira vitoria do Depor neste 2013 e tamén a primeira de Domingos como adestrador en Riazor. O Depor deixa o último posto da clasificación grazas, tamén, á derrota do Osasuna diante o Sevilla.Partido sen goles entre o Lugo e o Guadalajara. Oportunidades houbo. Máis para os galegos que tentaron marcar en varias ocasións e presionaron en todo o terreo de xogo. Iago Díaz e Pita a piques estiveron de conseguir os tres puntos para o equipo de Quique Setién mais entre o porteiro e a defensa do Guadalajara conseguiron que o encontro pechara co mesmo resultado que o do inicio. O Lugo suma un punto e continúa na zona media da clasificación, no posto 13º, con 27 puntos.A visita do CD Ourense ao filial do Real Madrid non foi positiva. O efecto campo foi quen de estar por riba do traballo dos xogadores de Luisito. Así, cos presión dos brancos chegaría o gol de Burgui no minuto 17. O Ourense buscou o empate e conseguiuno Jona no minuto 33. Con este marcador chegaría o descanso. Na segunda parte o Ourense intensificou o seu xogo mais foi o Real Madrid C quen marcou no minuto 56 despois que Mariano aproveitara un balón na área dos galegos. Dous minutos despois, o tempo de sacar de centro este gol, Iván realizou un pase en profundidade a Noguerol que só diante do porteiro branco conseguiu o empete a dous. A resposta do Real Madrid C foi tamén rápida. No minuto 61, despois dunha xogada colectiva, Aguza marcaba o terceiro e definitivo gol que deixaría ao Ourense sen marcar nesta saída. Os de Luisito continúan na zona media da clasificación con 25 puntos.O Coruxo continúa a sumar puntos en casa. Nesta ocasión a súa vítima foi o San Sebastián de los Reyes. Ingún dos dous equipos fixo moito por gañar e os puntos case foron para o menos malo. Abriu primeiro o marcador o equipo visitante despois dunha xogada en que a defensa e o porteiro do Coruxo tiveran un desencontro que aproveitou con habilidade Ismael. Chegouse ao descanso con este marcador á espera dunha reacción do equipo de Antonio Gómez. E chegou. O Coruxo saíu ao ataque e empataba o encontro Jonathan Reguero de cabeza. Logo viría o 2-1 obra de Antúnez no minuto 73. xa non se movería o marcador para ledicia d@s siareir@s do Vao. Con este resultado o Coruxo segue na parte alta da clasificación, no posto 8º, con 29 puntos. |
NOS_35053 | Pobreza e reactivación da economía, cambios no modelo industrial e produtivo do país, xestión e destino dos fondos europeos Next Generation, sanidade e servizos públicos, coidado do medio e como financiar todo isto estará, xunto co autogoberno, na cerna do Debate do estado da nación galega. É o primeiro da era Covid e este 13 de outubro comeza na Cámara. | Sanidade, crise, recuperación económica e autogoberno protagonizarán este 13 de ourubto e até a sexta feira o Debate sobre o estado da nación galega, o primeiro desde a irrupción da pandemia. Os grupos políticos amosáronse nos últimos días dispostos a dialogar, se ben é certo que BNG e PSdeG desconfían do "rodete" do PP e que este impida coa súa maioría absoluta que saian aprobadas as propostas de resolución máis substanciais que leven a debate. Crise económica O debate tórnase crucial para a Galiza posCovid. A axenda que se marque condicionará a nación das vindeiras décadas. Na cerna da discusión espérase que estea a reactivación económica e o modelo industrial e produtivo polo que se opte co investimento dos fondos europeos Next Generation. A desindustrialización do país co fechamento de fábricas, a transición ecolóxica, a crise económica e mais a perda de poder adquisitivo da poboación esperan conclusións de proveito. A xestión dos Next Generation avivará o debate. A oposición acusa a Xunta de manter "oculta" a información sobre os proxectos europeos que vai candidatar á obtención destes fondos, pese a poñelos en común con Abanca e grandes empresas. O BNG urxirá a aproveitar a crise "para sentar as bases dun novo modelo económico sustentábel", baseado na ciencia a na investigación. Segundo adiantaron, entre as súas 40 propostas figura dedicar 3% do orzamento da Xunta a ciencia e investigación. "Un auténtico cambio de paradigma da Xunta", pide o PSdeG, que chama a "aproveitar a oportunidade histórica dos fondos Next Generation" ao tempo que critica a "ausencia dunha traxectoria de política económica e industrial activa" por parte do Goberno galego. O financiamento e o contraído autogoberno Parece que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pretende levar o debate cara a outro tema que o Parlamento tratará nas vindeiras semanas: a aprobación dos Orzamentos da Xunta para 2022. De facto, o presidente anunciou a través da súa conta de Twitter unha baixada de impostos coas contas do próximo ano. "Tamén falaremos de política fiscal", sinalou sobre o debate, afirmando que rexeita "a suba fiscal anunciada polo Goberno" español. Nese sentido, ademais de falar de crise industrial e repartición dos fondos Next Generation, apelará á necesidade de reformar o modelo de financiamento autonómico. A ese respecto, o BNG proporá "a mellora da capacidade económica da Galiza cun novo modelo de financiamento que dea ao país a chave dos seus cartos". Así o avanzou a líder do BNG, Ana Pontón, que defende "abrir un debate con ambición de país para avanzar nun novo status político". E aí , xunto ao financiamento e autogoberno, prevese que estale un novo confronto no debate: autogoberno e competencias. O PP terá que xustificar por que nos 12 anos de mandatos de Feixoo este non logrou un só traspaso de competencias do Estado á Galiza, a diferenza doutras comunidades. No albo, os trámites para que a Galiza sexa titular da AP-9 e as emendas de PSOE e PP presentadas en Madrid para mudar o texto acordado por unanimidade na sede do lexislativo galego. Sanidade Feixoo anunciará est 13 de outubro a inminente fin da emerxencia sanitaria na Galiza, que leva 19 meses en activo (desde marzo 2020). Propostas ante o colapso da Atención Primaria, a falta de persoal e medios, e contra a privatización dos servizos públicos e as residencias de maiores serán os eixos das intervencións de Pontón e Caballero. Feixoo, sen límite de tempo para debater, fronte aos 60 minutos da oposición Este será o 25 Debate sobre o estado da nación galega, o primeiro desta lexislatura e o décimo para Núñez Feixoo nos seus 12 anos como presidente da Xunta. Tamén será o primeiro debate do estado da Galiza para Ana Pontón como líder da oposición. Iniciouse en 1989, co mandato de Fernando González Laxe, e o esquema formal tivo algunhas variacións desde entón. Iniciará a sesión Feixoo, cun discurso sen límite de tempo. O pleno retomarase ás 16 horas coa intervención das portavocías dos grupos: Pedro Puy (PP), Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG), cun tempo de 45 minutos cada un. Feixoo procederá a responder antes dunha nova réplica dos grupos (de 15 minutos cada un) e fechará a xornada coa última contrarréplica. Na sexta feira, ás 11, será a quenda do debate e a votación das propostas de resolución, máximo de 40 por grupo. As formacións teñen a quinta feira, 14 de ourubo, para negocialas. |
PRAZA_10097 | Do Mazarico Real ao Oso Pardo e da Píllara das dunas á Avefría. O Catálogo galego de especies ameazadas recolle 76 especies en perigo de extinción no noso país, xunto con outras 126 categorizadas como "vulnerables". Case ningunha conta cun plan de protección. | Esta semana presentouse un informe da Plataforma Intergubernamental sobre a Biodiversidade e os Servizos Ecosistémicos que alerta de que dos 8 millóns de especies animais e vexetais coñecidas 1 millón están en perigo de extinción. O informe, impulsado pola ONU advirte que se está a vivir "un declive sen precedentes" no planeta.O Catálogo galego de especies ameazadas recolle 76 especies en perigo de extinción no noso país, xunto con outras 126 categorizadas como "vulnerables"En Galicia existe o Catálogo galego de especies ameazadas, que recolle un total de 76 especies en perigo de extinción no noso país, xunto con outras 126 categorizadas como "vulnerables". Estre esas 76 especies hai un mamífero (o oso pardo), 13 especies de aves, 3 de réptiles, 4 de artrópodos, 4 de moluscos e outras 50 de plantas, fentos, algas e liques. Grupos ecoloxistas veñen denunciando que a maior parte das especies amezadas en Galicia carecen dun plan de protección específico, polo que a súa presenza no catálogo non ten efecto ningún. Oso Pardo. A súa presenza en Galicia esporádica nas rexións montañosas orientais, onde pasan individuos procedentes de Asturias e León, onde se están a realizar esforzos por recuperar a súa poboación.Avefría. Tamén chamada galdaripo ou galo da braña, en Galicia só quedan unhas 50 parellas, na zona do río Limia. Nese lugar a SGHN está a levar a cabo accións que buscan favorecer a recuperación da especieMazarico Real. É unha das especies máis vulnerables; calcúlase que neste momento só existen entre tres e cinco parellas reprodutoras en Galicia, que é ademais a única rexión da Península na que se pode atopar. A Sociedade Galega de Ornitoloxía decidiu en 2017 declarar esta especie como a ave do ano en Galicia.Cangrexo de río. O cangrexo de río autóctono está ameazado pola crecente presenza do cangrexo americano, que transmite un fungo que está a rematar coa poboación do Austropotamobius pallipes.Cabaliño do demo. Na lista aparecen dúas especies de cabaliño do demo: Gomphus graslinii e Macromia splendens, ameazados pola degradación que están a sufrir os bosques de ribeira.Cerreta. Tamén chamada becacina ou narcexa común, calcúlase que en Galicia hai unhas poucas ducias de parellas. Habita en zonas húmidas, aínda que nas últimas décadas a súa presenza diminuíu bastante. Nos últimos anos entidades ecoloxistas reclamaron que a súa caza fose prohibida.Píllara das dunas. Galicia é o único lugar do norte da Península na que se pode atopar esta especie, ameaza pola degradación das zonas costeiras ou pola presenza humana ou de cans soltos nas súas zonas de nidificación. Calcúlase que a súa presenza en Galicia se reduce a un cento de parellas.Galápago europeo. O sapoconcho común, presente en moitos ríos do país, está amezado pola súa captura ilega, pola aparición de especies exóticas que compiten con el nos seus hábitat e por outras causas, coma a desparición dos bosques de ribeira ou os propios incendios forestais. Grupos ecoloxistas veñen denunciando que a maior parte das especies amezadas carecen dun plan de protección específico, polo que a súa presenza no catálogo non ten efecto ningúnEsgonzo ibérico. Está presente en zonas costeiras de Galicia, pero é moito máis escaso que o outro esgonzo galego, o esgonzo común. En Galicia ten unha distribución limitada en zonas das Rías Baixas, na zona de Muros-Carnota, nas illas Cíes e na de Ons.Tartaruga de Coiro. É a maior de todas as tartarugas e pode ser atopada en Galicia. A actividade humana ameaza as tartarugas de coiro de moitas maneiras, sendo o seu estado "vulnerable" en todo o planeta.Escribenta das canaveiras. Galicia é un dos lugares de maior presenza desta especie en toda a Península, pero esta redúcese a un cento de parellas, que ocupan zonas húmidas.Sisón. En Galicia a presenza do sisón é puntual, sendo a súa distribución moi descontinua e fragmentada, localizándose na Terra Chá ou na Limia. As súas poboacións están a reducirse drasticamente sobre todo pola perda dos seus hábitatsPlantas. No catálogo pódense atopar un gran número de plantas, entre as que se poden destacar a Succisa pinnatifida e a Ranunculus bupleuroides, sobre as que a SGHN alertou o pasado ano que se podían ver prexudicadas gravemente pola ampliación do parque empresarial/industrial de Ribeira na zona das Pedras Vermellas ou Fontenla. Recentemente, a SGHN demandou a catalogación como "vulnerable" da camariña. |
NOS_45199 | Alberto Núñez Feijóo saca peito nunha entrevista concecida a un diario español e asegura que "xa lle gustaría ter a España" o índice de défice e paro que ten Galiza. | Alberto Núñez Feijóo acostuma a saír máis na prensa española que na de Galiza, algo que non deixa de alimentar os rumores dunha posíbel carreira na política estatal após converterse no "político de moda do Partido Popular" --aseguran desde a imprensa do Estado. A súa vitoria electoral e renovada maioría absoluta sitúan ao presidente da Xunta de Galiza entre os poucos que conseguiron sobrevivir no goberno após o estourido da crise. Porén, Núñez Feijóo responde cun conciso "non", a calquera destas aseveracións e mesmo chega a asegurar que "quen queira substituír a Mariano Rajoy" ten "poucas posibilidades de éxito". Neste senso, o dos Peares, prefire loubar a súa xestión de goberno e unha realidade económica e laboral en Galiza que, ao entender do líder do executivo, é a envexa de tod@s. A submisión a Madrid e BruxelasPreguntado polo xornalista a respecto das políticas que a súa formación politica está a pór en marcha e polo programas de austeridade dirixidos desde Bruxelas, Alberto Núñez Feijóo asegura "botar en falla" que desde as institucións internacionais se pule por igual polas políticas de austeridade que polas de crecemento. "Necesitamos políticas de innovación, educativas", afirma o presidente do executivo galego que vén de presentar un recorte de máis de 500 millóns de euros nos Orzamentos para política social en 2013 --segundo denuncian desde a oposición. Porén, Núñez Feijóo, xustifica a implementación da austeridade e as políticas de recortes "no deber" de todo mandatario que moitas veces debe "incumprir", asegura, "as súas promesas electorais" en aras das obrigas inherentes ao cargo. Desta maneira, o líder d@s populares galeg@s quixo votar unha man ao seu homólogo en Madrid, após un primeiro ano de mandato cargado de incumprimentos. Unha política fiscal baseada no aumento das taxasO modelo de "redistribución" promovido desde as filas do Partido Popular, afirma Feijóo, non se basea nunha suba de impostos ás rendas máis altas como demandan desde as bancadas dos partidos da oposición. O executivo galego aposta porque "os que teñen máis renda en Galiza" aporten máis "á financiación dos servizos pola vía da taxa" cando fan uso de determinados servizos públicos en trode de lles subir o IRPF. A aplicación deste tipo de custo sob o uso dos servizos gravará por igual ás persoas que posúan unha renda máis baixa, pois arestora non están a pagar máis os que máis teñen, senón que a taxa é pagada de igual maneira por tod@s. Asemade, nega que sexa posíbel implantar un imposto para a banca, como vén de acordarse no pacto de Govern en Catalunya. O caciquismo de BaltarAlberto Núñez Feijóo fuxe das preguntas a respecto dos últimos acontecementos ocorridos entre as filas do Partido Popular. Amáis da imputación por prevaricación do alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás --a quen o presidente non defende, a fiscalía vén de iniciar unha investigación por múltiples casos de corrución a José Luís Baltar. O ex-presidente da Deputación terá que explicar por que razón máis dun cento de contratos --cuxos procesos de tramitación son pouco ou nada transparentes-- foron parar a familiares de militantes do PP, no entanto, Núñez Feijóo demanda respecto cara a "presunción de inocencia" do ourensán de quen salienta "xa non está en política". Aliás, o 'popular' defendeu algunhas das propostas que a súa formación sacará adiante durante esta lexislatura como a redución do número de parlamentares en troca das medidas aprobadas noutros territorios gobernados polo PP como a supresión dunha retribución fixa en Castilla La Mancha. |
NOS_55615 | Os clubs da liga galega feminina de fútbol gaélico fan un chamamento para sumar xogadoras e ampliar os seus equipos. Alba Rodríguez, do Auriense FG e internacional coa selección da Galiza, explica a Nós Diario como chegou a este deporte e as características que fan que sexa tan atractivo. | Como entrou en contacto co fútbol gaélico? Estiven traballando cunha familia en Irlanda, coidando os seus fillos algo máis de un ano, e vivindo alí coñecín o fútbol gaélico, mais sen chegar a practicalo. Cando volvín a Ourense descubrín que había un equipo na cidade e animeime. Gustoume moito que fora dinámico. Xógalo cos pés, coas mans,... podes marcar con ambas as extremidades e iso é divertido. Non precisas ter moita precisión cos pés, como acontece co fútbol, nin ter puntería, como acontece co baloncesto. Pareceume un deporte moi completo no que empregabas todo e permitíache unha maior diversión. Tamén é importante, por suposto, o terceiro tempo. Xogas e compites contra outras rapazas e despois tomas algo con elas e fas piña. Por outro lado tes a posibilidade de viaxar. Con este deporte compites na Galiza a nivel de liga mais despois podes desprazarte a torneos a nivel Iberia e é moito máis fácil xogar tamén a nivel europeo. Viña doutros deportes? Non. Fixera algo de pequena na escola mais ao chegar á universidade deixeino. Nunca estivera federada até chegar, con 25 anos, ao gaélico. Logo viñeron os éxitos internacionais. Foron importantes? Desde logo. Foi moi bonito participar no torneo europeo de An Oriant, no que fomos campioas, como noutros, como o que tivo lugar en Abu Dhabi. Son experiencias que che permiten coñecer xente. Que facilidades ten este deporte para quen queira achegarse por primeira vez? Fixeras o deporte que fixeras, a adaptación ao gaélico é moi sinxela. O mellor é probalo e descubrir que é moi divertido. Engancha, diría eu, por ser moi fácil de xogar. Nos vindeiros tres meses temos pensado organizar torneos por toda a Galiza coa idea de que se acheguen as rapazas e os rapaces a probar, aínda que veñan sen equipo. Explicarémoslles as normas un pouco antes de cada partido e xogando é como mellor se aprende. Queremos captar a máxima cantidade de xente posíbel para que nos permita dar un salto de calidade e poder xogar a liga a nove. Agora mesmo estámola xogando a sete. Queremos captar a máxima cantidade de xente posíbel Que significaría ese cambio? O deporte orixinal en Irlanda xógase a 15 mais aquí, por adaptación aos campos galegos, xógase a nove. Tanto masculino como mixto xóganse a nove, mais no caso do feminino pola redución de fichas e xente dispoñíbel tivemos que optar por ese número para contar cunha maior variedade de equipos. Pensamos que cando competimos fóra, como é o caso da selección, é a nove o noso interese segue a ser ter torneos con ese número de xogadoras. Para que aconteza precisamos que todos os equipos polo menos conten con 11 rapazas dispoñíbeis en cada partido. Como será esta tempada a liga feminina galega deste deporte? Agora estamos seis equipos e se todo vai ben comezaremos a competición en xaneiro. A intención é tentar chegar a xogar a nove, mais se non o conseguimos seguiremos como estamos neste momento. Somos o Auriense de Ourense, o Estrela Vermella de Compostela, as Herdeiras de Dhais de Lalín, as Fillas de Breogán da Coruña, o Turonia de Gondomar e o Independente de Vigo. Algúns equipos levan varias tempadas sen xogar, como foi o caso do outro equipo da Coruña e o que había no Grove. Que significou para o Auriense a colaboración coa Universidade de Vigo? Para nós, como Auriense, foi fundamental estar baixo o paraugas da Universidade para poder medrar. O feito de empregar as súas instalacións fixo que moita máis xente tivera a posibilidade de vir adestrar de maneira constante e é unha maneira de captación e dar a coñecer este deporte. Sobre todo ás de primeiro ano, que chegan a Ourense e están un pouco máis abertas a coñecer xente, con este deporte, que ten os terceiros tempos, poden sociabilizar. Sería desexábel que este deporte tamén entrase nos colexios e institutos? Desde a Asociación de Fútbol Gaélico están traballando no desenvolvemento de "Gaélico escolas" que este ano comezou a primeira experiencia en Gondomar, co apoio de PuntoGal. A base, para que este deporte continúe, está na súa introdución nos centros educativos. |
NOS_26098 | Os uruguaios estarán o 20 de agosto en Ferreira de Pantón. | O Festival do Castro (20 de agosto, Ferreira de Pantón) deu a coñecer xa unha das bandas que actuarán na súa décimo primeira edición. Serán os uruguaios 'Once Tiros' que levarán ao torreiro da festa a súa fusión de ritmos ska, punk e reggae. Á espera de que a organización complete as confirmacións do cartaz con grupos do país, avanzan que esta será unha xornada cultural e musical como as que veñen desenvolvéndose desde 2006. Así as cousas, desde a Asociación O Castro aseguran que con motivo do 11º aniversario incorporarán algunha "actividade sorporesa" polo que insisten "non fagas plans para esa data". |
NOS_15573 | As rendas do traballo seguen cedendo posicións fronte ás do capital. Segundo sinala o Instituto Galego de Estatística nun recente relatorio, a finais do último ano representaban exactamente dous puntos e medio menos que en 2009, ano da chegada do PP á Xunta. A caída é tamén importante en relación co pasado exercicio. | O retroceso das rendas do traballo fronte ás do capital é unha constante na Galiza desde que Núñez Feixoo chegou á Presidencia da Xunta. Un recente informe do Instituto Galego de Estatística (IGE) sinala que en 2021 as rendas do traballo representaron 45,5% do Produto Interior Bruto (PIB), mentres que en 2009 sumaban 48% do PIB. Neste sentido, os datos ofrecidos pola Xunta da Galiza certifican a perda de poder adquisitivo dos asalariados galegos, quen rexistran unha das peores distribucións das rendas do espazo estatal e europeo. Aumenta a pobreza As cifras de 2021 volven ser peores que as da pasada anualidade. Así, en 2020 as rendas do traballo marcaron 46,4%, practicamente un punto máis que as deste exercicio, evidenciando o incremento da desigualdade no país, advertida por anteriores estudos do Instituto Galego de Estatística. A este respecto, os profesores Raquel Sebastián, Gabriel Rodríguez e Juan Cesar Palomino significan que desde o comezo da pandemia o índice de Gini (medida da desigualdade onde 100 é máximo) ten medrado en 2,9 puntos, pasando de 39,5 a 42,4. A Galiza rexistra nesta variábel unhas cifras peores que o Estado español e que a Unión Europea. Sen ir máis lonxe, en 2021 as rendas do traballo significan na media estatal 47,5% do PIB, exactamente dous puntos por riba da porcentaxe galega, malia partillar unha mesma lexislación laboral e contar cunha poboación máis envellecida, onde o impacto da desvalorización interna é inferior. As diverxencias son maiores cos Estados da Unión Europea, onde as achegas do factor traballo á conformación do PIB sitúase en 47,8%. A chave da relación entre capital e traballo A relación entre as rendas do capital e do traballo é un dos principais indicadores para medir as desigualdades sociais. A este respecto, Tomas Pikkety no seu volume O capital século XXI escribe que "o aumento sostido na participación das rendas do capital no PIB permite explicar en gran medida o pronunciado aumento da desigualdade na distribución persoal da renda do mercado (antes de impostos e gasto público) que se observa na maioría dos países nas últimas décadas, o que formula enormes retos no terreo da cohesión social". A restauración neoliberal A economista Carmen Vizán explica esta tendencia xeneralizada nas economías dos centros capitalistas como parte da lóxica iniciada coa restauración neoliberal de comezos da década dos 80. Neste sentido, considera que as causas desta situación derívanse entre outros factores dos "procesos de privatización da actividades produtivas desenvolvidas no sector público e da desregulación dos mercados", da "crecente liberalización internacional dos mercados de produtos, de traballo e de capital", da "intensificación dos procesos de concentración empresarial" e da "tendencia á financeirización da economía". A xestión dos poderes públicos A xestión dos poderes públicos vén agudizar este proceso. A este respecto, Ignacio Álvarez Peralta destaca que "o recurso á desvalorización interna por parte dos Gobernos europeos como instrumento para facer fronte á crise vai provocar unha redución sen precedentes dos salarios". Ao tempo, apunta que "a sucesións de reformas laborais inspiradas na doutrina neoliberal supón a existencia dunha relación negativa entre salarios e emprego, que se concreta nunha redución do peso dos salarios na renda nacional e por conseguinte nun aumento da pobreza e da desigualdade". A fenda salarial entre Galiza e o Estado mantense inalterábel. Así, o IGE sinala que en 2021, a remuneración salarial por hora traballada na Galiza sitúase en 19,5 euros, mentres no conxunto estatal acada 21,3 euros e na media da Unión Europea 25,1 euros. Sendo en 2009 a contía da hora traballada na Galiza de 15,7 euros, a suba dos salarios na última década é de 3,8 euros, unha cifra moi inferior á da inflación acumulada no período, o que dá conta, ao tempo, da diminución do poder de compra dos traballadores, que só se mantivo co recurso ao endebedamento. Galiza diverxe Os salarios galegos non deixan de diverxer co media estatal e europea desde 2010. Sen ir máis lonxe, en 2009 a diferenza na remuneración de hora asalariada da Galiza con respecto á Unión Europea era de 9%, rexistrando en 2021 unha distancia de 12,6%. Na mesma liña, as retribucións dos asalariados galegos sitúanse no último exercicio por baixo de 2019, tras unha caída de 5,6% en 2020. As rendas do capital O economista serbio Branko Milanovic sinala que "a distribución entre as rendas do traballo e do capital adoita ser un primeiro indicador para analizar a posíbel creación de desigualdades sociais. As rendas do capital están máis concentradas na poboación que as do traballo". |
NOS_11938 | A xunta de accionistas desenvolvida na xornada de hoxe tamén aprobou a designación de KPMG como novo auditor do club, a mesma firma encargada de revisar as contas de Abanca, máxima accionista do conxunto coruñés desde o pasado verán. | O Real Club Deportivo da Coruña desenvolveu no día de hoxe a súa primeira xunta de accionistas telemática en 115 anos de historia, na que o 99% de votos favorábeis aos 12 puntos do día deixaron patente o control total que sobre a entidade branquiazul exerce Abanca, máximo accionista desde o pasado verán. Tanto é así que tan só houbo 257 votos en contra por 593.786 favorábeis a que os cinco membros que conforman o Consello de Administración deportivista, Antonio Couceiro, Eduardo Blanco, David Villasuso, Emma Lustres e Carles Cantó, se repartan anualmente 252.000 euros, a pesar de que durante o último exercicio a escuadra herculina agrandou en nove millóns a millonaria débeda que arrastra desde hai tres lustros. O presidente do Deportivo e ex conselleiro da Xunta con Manuel Fraga, Antonio Couceiro, xustificou esta polémica medida sinalando que está "por debaixo dos estándares de mercado" e no concepto da "profesionalización" dun club que ocupa a décimo segunda posición na clasificación histórica da Primeira División, foi campión de Liga no ano 2000 e semifinalista da Liga de Campións en 2004. Tampouco parece ser óbice para o reparto desa cantidade entre a directiva a posibilidade, moi real, de que o equipo non consiga clasificarse para a nova Primeira RFEF e descenda á cuarta categoría do fútbol estatal, descadrando aínda máis unha relación entre ingresos e gasto que lles obrigará, segundo informou Couceiro, a ceder a explotación da DeporClínica a unha empresa externa, unha solución que tamén baralla para as tres tendas propiedade do club, que perderon 200.000 euros durante o último ano. Ademais, a xunta de accionistas tamén aprobou maioritariamente a designación de KPMG como novo auditor do club, en substitución de Auren. Este movemento encaixa na lóxica da integración con Abanca, pois a firma anglo-neerlandesa é a empresa encargada de revisar as contas da entidade financeira. Finalmente, e no eido estritamente futbolístico, Couceiro manifestou a "necesidade" de volver canto antes ás categorías profesionais, así como a súa confianza na continuidade de Rubén de la Barrera, mesmo se o equipo baixa á nova Segunda Federación. |
NOS_10782 | A nova 'miniresidencia' de Cerdedo-Cotobade, inagurada a pasada semana por Alfonso Rueda e cuxa xestión non se desvelara aínda, será finalmente dirixida por unha empresa do sector privado. | O portal de Contratos Públicos da Galiza vén de publicar o procedemento de licitación do servizo asistencial de cinco centros de atención diúrna e residencial en Cambados, Cerdedo-Cotobade, Curtis e Redondela —cun centro de día e outro residencial—, cun contrato de 3,7 millóns de euros por dúas anualidades prorrogábeis. Supoñen, en total, 152 prazas. Un deles, o de Cerdedo, fai alusión á nova 'miniresidencia' froito da ampliación do edificio, que suma 46 novas prazas e a cuxa inauguración acudiu a pasada semana o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Entón desde o PSdeG advertiron: "A día de hoxe non se sabe se o centro vai ser de xestión pública ou privada"; resultou ser o segundo caso. O Goberno galego xustifica esta decisión alegando que o obxectivo para estes cinco centros é "propor unha xestión mediante unha fórmula que permita combinar ambas as dúas encomendas que a Lei de Servizos Sociais propón para a xestión deste tipo de servizos". Así, prosegue, "esta fórmula cumpre cos criterios de xestión e intervención interinstitucional e suporá o mellor control da calidade, eficacia e eficiencia na xestión dos servizos sociais, así como un aforro nos custos respecto da xestión directa". Pregos do contrato. Mais desde a CIG critican a decisión: "O barato sae caro, e ese prezo é o que hai que pagar polo modelo ultraprivatizador dos servizos sociais, xerando á vez precariedade nas atencións que se prestan ás e os nosos maiores e o propio persoal traballador". Na mesma liña, subliñan que durante a pandemia da Covid-19 foron moitas máis as mortes rexistradas en centros de xestión privada que nos que era pública. Na memoria xustificativa deste contrato a Xunta alega que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, cuxo persoal vén de iniciar unha folga que se estenderá até o próximo decembro, "non conta con medios persoais suficientes para a prestación deste servizo e non é posible nestes momentos ampliar o seu cadro de persoal nin pola natureza da prestación cabe acudir á autoprovisión doutros órganos da Administración Xeral da Galiza". Chaman á folga ao persoal da Galiña Azul, centros de día e residencias xestionadas pola Xunta Porén, desde a CIG repican: "O Consorcio ten as súas propias listas de contratación, non transparentes, pero ten, e nunca fixo nada para solucionar esta carencia de persoal cando as listas se esgotaban. É máis sinxelo darlle o negocio aos que peor xestionaron a atención dos nosos maiores". Aliás, lembran que o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, adquirira tres anos atrás o compromiso de estabelecer en Cerdedo-Cotobade un modelo de xestión pública. |
PRAZA_14660 | Asegura que o acordo "xera condicións favorables" para ambas as dúas partes, pero non aclara se a oferta galega terá que ser elixida nunha licitación, tal e como aclaran os conselleiros da petroleira, nin si os contratos están pechados. | O presidente electo de México, Enrique Peña Nieto, aclarou este luns que o seu Goberno "vai continuar coas xestións iniciadas con Pemex" polos estaleiros galegos para a construción de dous hoteis flotantes nas rías de Ferrol e Vigo, pero sen confirmar aínda se é necesario que a oferta presentada polas empresas galegas e a filial da petroleira mexicana (PMI) sexa a elixida nunha futura licitación internacional, tal e como asegura a compañía e os seus propios conselleiros. "Comprometín que o meu Goberno vai continuar coas xestións iniciadas", sinalou Peña Nieto nunha conferencia de prensa tras reunirse en Madrid co presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que asegurou a pasada fin de semana que os barcos se ían construír en Galicia. "O acordo xera condicións favorables" para ambas as dúas partes, insistiu o dirixente azteca, que non quixo entrar en detalles, nin confirmar se os contratos estaban pechados, nin moito menos ensinar documento ningún. Nin Peña Nieto nin Rajoy aclaran se a oferta dos estaleiros terá que someterse a unha licitación, como asegura a petroleira Para Peña Nieto, presidente electo que asumirá a presidencia o vindeiro 1 de decembro, os acordos entre Galicia e México "traerán beneficios mutuos". O acordo asinouse o pasado 29 de setembro entre os estaleiros galegos Navantia e Barreras e PMI, unha filial da petroleira estatal que terá agora que presentarse a unha licitación, tal e como aclarou Pemex e algún dos seus conselleiros en diversas ocasións. "Veño facer patente a miña confianza en España e estou seguro de que un maior intercambio entre ambos os dous países favorecerá a España para saír destes momentos adversos", destacou Peña Nieto, líder do PRI, precisamente o partido que pediu explicacións ao actual Executivo mexicano sobre os polémicos contratos, que a empresa confirmou que foran asinados cunha filial e non coa compañía matriz. A hipotética confirmación tería chegado a pasada fin de semana a través dun comunicado do equipo de transición de Peña Nieto, no que o futuro presidente daba o seu "beneplácito" ao acordo, pero no que tampouco se explicaba cal era o proceso que se debería seguir agora que, segundo Pemex, consiste en agardar á licitación internacional. Alberto Núñez Feijóo, candidato do PP á Xunta de Galicia, asegurou na mañá deste luns que Peña Nieto "sorprenderase" de que se "dubide" de México e as súas "empresas públicas", en referencia á petición de documentación oficial por parte da oposición para clarificar os termos do contrato. |
NOS_22467 | Na fin de semana comezou o período hábil para a captura do corzo e do xabaril. No segundo caso, este estenderase por decisión da Consellaría de Medio Rural "ante a sobreabundacia da especie". Unha sobreabundacia difícil de dirmir, xa que a Xunta carece dun rexistro desta especie. A maiores, o biólogo Xabier Vázquez Pumariño explica a Nós Diario que a caza do porco bravo pode contribuír precisamente ao incremento de exemplares. | Esta fin de semana comezou o período hábil para a captura do corzo e do xabaril, en base á resolución pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de controis por danos e os réximes especiais para a tempada 2020-2021. En concreto, no caso do período hábil do xabaril, este esténdese desde o sábado e até o 28 de febreiro de 2021, "o que supón manter practicamente sen cambios o do ano pasado, cando xa se acordara co sector ampliar en case un mes a tempada do xabaril ante a sobreabundancia da especie", segundo informou a Consellaría de Medio Rural. Unha sobreabundacia que o biólogo Xabier Vázquez Pumariño pon en dúbida, en tanto que a Administración galega "carece a día de hoxe dun rexistro de xabarís e a súa distribución da súa na Galiza". Porén, e ante as demandas de labregos e labregas que vén estragadas as súas colleitas pola súa causa, a solución achegada pola Xunta foi apoiarse no sector da caza. De facto, durante os meses máis duros da pandemia, unha orde do 21 de marzo ergueu parcialmente o veto á actividade cinexética como "medida de control". As excepcións estaban ligadas a danos á agricultura, aos accidentes de tráfico en puntos concretos e ligados a colisións con animais ou ao control de determinadas enfermidades. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, Adega, cuestionou que se adxudicase á caza o papel de controladora da biodiversidade. A entidade tamén criticou a resolución que, o pasado 11 de declarou a "emerxencia cinexética", motivada polos danos provocados polo xabaril nas comarcas de Betanzos-Eume, Terra Chá, Viana e o Deza. A medida permitía abater ou capturar exemplares de xabaril nun total de 481,170 hectáreas sen límite de cota. Os xabarís, canto máis se capturan máis se reproducen, explica Xabier Vázquez Pumariño O biólogo Xabier Vázquez Pumariño explica a Nós Diario que a caza, como ferramenta de control da especie, pode resultar "contraproducente". "Os xabarís, canto máis se capturan máis se reproducen, pois nunha situación de estrés reaccionan reproducíndose moito e durante todo o ano", expón. Este biólogo explica que o limiar de exemplares cazados que permita unha redución da poboación de xabaril en áreas afectadas "é moi alto" segundo a literatura científica. "Esa intensidade non se conseguiría con cazadores afeccionados, senón que sería necesaria unha intervención profesional", apunta. Vázquez Pumariño valora que os factores que poderían explicar a maior incidencia do xabaril nos cultivos ou nos prados teñen unha orixe humana. "Non semella casualidade que agora que non haxa gandos nin cultivos no monte, senón piñeiro e eucalipto, o xabaril se traslade a zonas produtivas, máis preto de aldeas e vilas", salienta. Hai que revisar a xestión destas especies ou continuaremos indefinidamente como estamos, valora Vázquez Pumariño "A solución? Aínda que pareza contraintuitiva, pasa por deixar de cazalos ou limitar a caza as áreas nas que os xabarís fagan máis dano, como se fai en Catalunya", engade o biólogo, engadindo que outra problemática do control do xabaril é que o seu único depredador, o lobo, tamén é cazado polo ser humano. "Hai que revisar a xestión destas especies ou continuaremos indefinidamente como estamos", conclúe. |
NOS_25629 | A CIG denuncia que a empresa de ambulancias Salutrans realizou un "despedimento inxusto" relacionado coas ofertas á baixa coas que concorreron no anterior concurso. | Unha concentración da CIG diante da empresa Sanitaria Lucense de Transportes SL (Salutrans), adxudicataria do servizo de transporte sanitario hospitalario e programado nos hospitais de Lugo e de Monforte de Lemos, serviu para denunciar o despedimento dun traballador por motivos que o sindicato considera "inxustos". O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo, Christian López, enmarca este feito nos reiterados problemas que poñen as empresas do sector para garantir o cumprimento do convenio galego de ambulancias. "É un despedimento totalmente inxustificado", explica. Desde a central nacionalista entenden que con este tipo de medidas, o que están facendo as empresas do sector é asumir os baixos importes cos que a Xunta dota os contratos deste servizo público. "Esta situación", relata, "non se pode desligar das ofertas á baixa coas que concorreron no anterior concurso as compañías amortizando postos de traballo". Hai uns meses a CIG denunciaba outros despedimentos semellantes doutras compañeiras do servizo urxente en Sarria "que concluíron con importantes indemnizacións económicas". O sindicato pide a súa readmisión e de non producirse anuncian que continuarán as mobilizacións. |
PRAZA_6494 | A sinatura de contratos temporais recuperouse un 7% no último ano en Galiciae os indefinidos non chegaron ao 3,5%. A contratación indefinida caeu máis do duplo que a temporal no país dende 2007. | Non todo é mentira. Efectivamente, o emprego estase a recuperar, aínda que levemente, tras seis anos de crise. Os datos da Consellería de Traballo recompilados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) indican que, tras varios exercicios consecutivos de caídas, o ano 2013 supuxo un leve incremento na contratación en Galicia. Non se chega, nin de lonxe, aos niveis previos á crise pero o certo é que no pasado ano se asinaron máis contratos laborais que no anterior. Se ben isto é certo, non o é menos que esta leve recuperación de postos de traballo debuxa un panorama no que a precariedade é aínda máis protagonista que hai seis anos, cando a caída de Lehman Brothers sacudiu a economía mundial, ata o punto de que a recuperación do emprego temporal xa duplica á do indefinido. No que é considerado como último ano da denominada bonanza económica, o 2007, a contratación temporal xa era absolutamente preponderante a respecto da indefinida. Naquel ano asináronse no país 766.161 contratos temporais e algo menos de 49.000 indefinidos. Nos anos seguintes a contratación descendeu sistematicamente e tocou chan, cando menos polo momento, no ano 2012, cando os contratos iniciais foron pouco máis de 640.000, uns 30.000 indefinidos e o resto, temporais. O emprego temporal recuperouse un 7% e o indefinido, un 3,5% En 2013, cos discursos gobernamentais inzados de supostas sendas da recuperación e de presuntas luces na fin do túnel económico, houbo uns 44.000 contratos máis que no ano anterior, superando os 684.000. Destes, case 32.000 foron indefinidos e 653.000, temporais. Así as cousas, a recuperación da contratación temporal case chega ao 7% mentres que a da indefinida apenas supera o 3,5%. Deste xeito, a temporalidade e, polo tanto, a precariedade, ten aínda máis peso que no remate da década pasada. No último ano asinouse un 15% menos de contratos temporais e un 36% menos de indefinidos que antes da crise A comparación co 2012 amosa como a contratación indefinida é, de novo, a máis prexudicada, e o mesmo acontece ao tomar como referencia o momento económico previo á crise, o 2007. A diferenza entre os contratos temporais asinados naquel ano e os de 2013 implica unha caída do 14,8%, mentres que os indefinidos se reduciron en máis do 35%. Polo tanto, cabe concluír que o emprego indefinido, que xa era residual, caeu máis que o temporal durante a crise e que agora, na suposta recuperación, a contratación a tempo parcial é aínda máis abondosa. Boa mostra disto son tamén os datos máis recentes, os do pasado agosto, mes no que o 94% dos contratos asinados no país foron temporais. |
NOS_32167 | Reproducimos a seguir um extracto do texto de Alexandre Banhos sobre Carvalho Calero que hoje publica íntegro Nós Diario em papel. | Uma das afirmações recorrentes de Carvalho era insistir que nós e a nossa língua tínhamos uma história clínica. Quando começa? Pois quando uma certa normalidade, que no reino do norte já levava algum tempo em problemas, -perdida a Corte do reino-, esse lugar, onde segundo a primeira gramática da nossa língua, a de Fernão de Oliveira 1536, as palavras se cozinham e acham o brilho. Como foi a Galiza virarmos dous reinos: a cousa é simples, Portugal é a criação indireta de Gelmirez, a melhor cousa que ele fez. Galiza sem Portugal seria um espaço como o do asturoleonês. Na Galiza, nesse espaço de entre o Ortegal e Douro, nasceu a nossa língua, que é a nossa criação mais original, e verdadeira alma coletiva do nosso povo. A cabeça do território era Braga. Foi-no da província romana da Galiza. Logo do reino dos galegos (galaeciorum regnum 411). Logo de novo do reino da Galiza etc. E a Braga cabeça civil, virou como cristã cabeça da Galiza e como tal continuou até 1495, além de se converter na cidade primaz de Portugal. Compostela foi uma criação motivadora da Hispania, frente ao domínio muçulmano A Sé do bispo não se estabeleceu em Compostela até passados mais de 200 anos. Porém vinha recém de se estabelecer e caiu nas mãos de quem era bem ambicioso e sonhava com dirigir, como Sé apostólica, toda a península. Que a ambição era peninsular temo-la no facto de quando ao nené Afonso, sob a sua tutela, o proclama rei da Galiza, também o faz de Toledo. E Braga cabeça é com certeza o primeiro espaço para ele ocupar, a Braga da que dependia, logo viria Mérida, e tentaria Toledo... As manobras, da nova sé de Compostela (Gelmirez) para ocupar a posição da sé de Braga (Paio), deu lugar a um conflito que acabou na divisão do reino em dous. A divisão, não foi obstáculo para Braga conseguir manter, -desaparecido Gelmirez- a cabeça religiosa de muitas entidades, instituições e sés religiosas da Galiza até 1495. O território ao norte usufruiu para o seu reino o nome de Galiza. O território ao sul, tomou o da velha cidade galega Portus-Cale. No reino do norte, Compostela era muita cousa, e ela e a sua ideologia o compostelanismo, seguiam com uma só aspiração, governar a península. Em 1230 falece o nosso rei Afonso VIII, e frente ao seu testamento -norma legal obrigada-, e que era oposto a união com Castela, manobra Compostela e Castela (ante o papa) para que a unidade, com um rei galego, da casa dos Reimundez, se produza. Bem que nos fornece os dados Emílio Gonzalez Lopes de como as sés que dependiam e obedeciam Braga se opunham a Compostela, e eram maioria, estavam no grupo inclusas Samora e Oviedo. Isso foi grande sucesso do Compostelanismo, até a lírica em língua galega mandavam na Corte de Castela. Porém o jogo peninsular acaba por colocar à Galiza compostelã na periferia e pronto novas elites reais não ligadas a Galiza assenhoreariam o reino de Castela. --- O texto íntegro, no Nós Diario que se publica esta quinta feira. [Artigo patrocinado pola Deputación da Coruña] |
NOS_3529 | O grupo municipal do PP na Coruña impediu esa segunda feira que se debatera unha moción presentada polo BNG para "evitar a impunidade da marea negra do Prestige". Á saída do pleno o alcalde, Carlos Negreira, dixo sentirse "indignado" pola sentenza. | A moción presentada polo grupo municipal do BNG no pleno da Coruña en relación coa sentenza do Prestige foi vetada pola maioría do Partido Popular. O grupo maioritario impediu que se sometera a debate a proposta e non deixou que o voceiro nacionalista, Xosé Manuel Carril intervise para explicar as razóns da súa propostas. O alcalde da Coruña, Carlos Negreira dixo sentirse "indignado" polo contido da sentenza á saída do pleno embora ter rexeitado o debate Á saída do pleno, o rexedor coruñés, Carlos Negreira asegurou sentirse "indignado" polo contido do fallo xudicial se ben rexeitou tomar en consideración a iniciativa do Bloque que procuraba o rexeitamento da Cámara municipal á "impunidade da marea negra" após ficaren eximidos de responsabilidades penais todos os encausados agás o patrón do buque. Impunidade dos responsábeis políticos Para @s nacionalistas a sentenza coñecida a pasada semana "deixa sen xulgar a acción civil" e "os responsábeis políticos da marea negra" que asolagou a costa galega hai 11 anos. Asemade, recolle o texto da moción presentada, "permite a pervivencia" dunha situación de risco embora térense producido "nos últimos 43 anos" catro sinistros contaminantes na costa galega con "importantes vertidos de hidrocarburos ao mar". Para o BNG a lexislación actual non prevé novas catástrofes e exixen novas medidas que impidan que a marea negra se poida repetir Neste senso, aseguran desde o BNG, a catástrofe do Prestige "evidencia como o Estado continúa controlado os dispositivos de transporte de percadorías perigosas por mar" impedindo, din "que Galiza poida facelo en porto e en tránsito" polo que instan á transferencia de competencias en tráfico marítimo e prevención de accidentes á Xunta. Transferencia de competencias A moción presentada, visaba un acordo municipal no que se amosase o "desconcerto" da corporación polo contido da sentenza e a "decepción" porque outra catástrofe puider producirse no futuro ficando "os responsábeis impunes de novo". Unha impunidade que foi rexeitada masivamente nas rúas do país. Reclaman as competencias en materia de control e inspección de buques, e que a Xunta e o Estado recorran a sentenza perante o Supremo Así mesmo, solicitaba que o Ministerio Fiscal e a Xunta presenten recurso de casación perante o Supremo e que o Goberno español procure "as medidas necesarias para denunciar os convenios internacionais en materia de indemnización" e pular por unha outra lexislación asentada "no principio de responsabilidade solidaria e ilimitada". Así mesmo, a moción instaba a Xunta de Galiza a demandar a transferencia de competencias en materia de control e inspección de barcos para "poder aplicar unha política preventiva no transporte" de mercadorías perigosas. Aliás, outorgaba o apoio da corporación municipal ás mobilizacións convocadas pola Plataforma Nunca Máis. Porén, o Partido Popular rexeitou mesmo abrir o debate. |
PRAZA_11264 | Propoño unha homenaxe a estas aves que anque nos rouben os figos e froitas das nosas fincas, engalanan o ar coas súas engaiolantes cores e traballan cos ecoloxistas no freo da mudanza climática | Camiñando as fragas de Outeiro de Rei hai poucos anos, na volta dunha corredoira atopei unha alfaia de cor azul e preta en feitío de mosaico, era unha pena de galo. Non vin ao propietario por moi de vagariño que andei entre os carvallos da Terra Cha. Mais a emoción de atopar ao sementador de fragas aledoume aquel serán. Lembrei as cantigas tradicionais que falan a miúdo da pega rebordá, ben máis fermosa que as pegas que eu coñecía. Di Ramón Sineiro que estas aves son descoñecidas para moita xente. Parece que frecuentan a veira dos ríos, aniñando nas árvores onde poñen de tres a seis ovos azuis. E aínda que é o córvido máis ruidoso cada día é máis difícil de atopar malia non ser especie protexida. Ás veces penso que certos animais deberan recibir subvencións públicas polo seu servizo beneficioso para as comunidades humanasÁs veces penso que certos animais deberan recibir subvencións públicas polo seu servizo beneficioso para as comunidades humanas. Os vagalumes, poño por caso, son vermes de luz que iluminaban as noites cando os bosques eran abondosos e as pistas de betume escuro non esnaquizavan o rural galego. De aquela, podías camiñar baixo as estrelas sen chaleque reflectante. Co monocultivo de eucalipto as vellas facendo as papas de Prior finaron nos xeriátricos concertados onde os vagalumes esmorecen sabéndose reemprazados por eses horrendos catadióptricos que alumean as estradas sen ningún propósito de amor.Tamén os galos son merecentes de subvencións pois son os creadores das sementeiras de galos e así, mentres tantos galegos danse a inzar os montes, vales e incluso serras -co nitens- de materia inflamabel en feitío de árvore por unha esmola que destrúe á vindeira xeración, os gaios son quen de estender carvalleiras e soutos, bosque autóctono, fermoso e húmido, simplemente agochando na terra as landras e castañas. Ai, cando aprenderemos do galo previsor!.Propoño unha homenaxe a estas aves que anque nos rouben os figos e froitas das nosas fincas, engalanan o ar coas súas engaiolantes cores e traballan cos ecoloxistas no freo da mudanza climáticaPropoño unha homenaxe a estas aves que anque nos rouben os figos e froitas das nosas fincas, engalanan o ar coas súas engaiolantes cores e traballan cos ecoloxistas no freo da mudanza climática, certos de que o día en que celulosas Ence remate coas derradeiras fragas, incluso coa de Catasós, nin nos altos cumios máis altos ca Fonsagrada, serán quen de sobrevivir, esfameados e moucos, pola nova gadaña de lume que hoxe agatuña xa pola serra de Meira, cobizosa de secar as fontes dos cen mil ríos que nacen todos, non na diagonal dunha bandeira, senón no pedregal de Irimia, perante o abraio dos turistas e o deleixo da Consellería de Medio Ambiente. |
NOS_12222 | As asociacións que traballan na recuperación da memoria histórica trasladarán nesta cuarta feira en Compostela unha análise da situación ao relator especial da ONU, Pablo de Greiff. Cos datos na man, contan que o informe final cuestione a Transición, o esquecemento e a impunidade dos represores. | O relator especial da ONU sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, Pablo de Greiff reunirase a cuarta feira Compostela coas asociacións de recuperación da memoria histórica galegas, coordinadas na Iniciativa Galega pola Memoria. O alto funcionario da ONU visita o Estado español para supervisar o cumprimento da lexislación internacional sobre dereitos humanos e as iniciativas de recuperación da memoria histórica e reparación das vítimas de violacións de dereitos humanos acontecidas despois do golpe militar do 36 e durante a ditadura. De orixe colombiana, Pablo de Greiff é director da Unidade de Investigación do "Centro Internacional para a Xustiza Transicional" e experto transicións democráticas e reparación a vítimas. De Greiff ten previsto presentar por volta de setembro de 2014 o seu informe diante do Consello de Dereitos Humanos da ONU, "do que vítimas, familiares de represaliados e asociacións pola recuperación da memoria histórica agardan un novo "tirón de orellas", sinalan desde as asociacións que cualifican de "anormalidade democrática" un Estado que manteñan "150.000 asasinados nas cunetas, non persiga os represores, que non anule as inxustas causas xudiciais por motivos políticos, sindicais, etc.. de 1936 ata fin da década dos anos 70, e manteña honras e rúas dedicadas ás principais figuras da ditadura fascista". |
NOS_44680 | A modificación do PXOM contou cos votos a favor do grupo de Goberno, o Partido Socialista, e máis de Compostela Aberta e BNG, mentres que o Partido Popular optou por se posicionar en contra. | Unha sesión extraordinaria do pleno de Santiago de Compostela aprobou esta segunda feira abrir a unha segunda exposición pública a modificación puntual do título III do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para regular os usos das vivendas de uso turístico (VUT). Esta medida afectará 902 vivendas que se encontran neste réxime. Porén, segundo o Concello de Santiago, só 683 están rexistradas na Xunta da Galiza. Compostela "estala" coa masificación A modificación do PXOM contou cos votos a favor do grupo de Goberno, o Partido Socialista, e máis de Compostela Aberta e BNG, mentres que o Partido Popular optou por se posicionar en contra. A partir da publicación no Diario Oficial da Galiza (DOG), o plan estará aberto durante dous meses á presentación de alegacións. Unha vez finalizado ese período e revisadas as reclamacións, elaborarase un documento en que se integrarán as modificacións para proceder á aprobación provisional do PXOM. Na súa intervención, a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, sinalou que o incremento de vivendas turísticas puxo de manifesto o "sentimento de desapego" dos residentes. "Resulta especialmente preocupante o incremento do alugueiro turístico das vivendas, debido a que supón a súa hotelización abandonando o mercado residencial e deixando de estar accesíbel para os habitantes da cidade", remarcou Rosón. BNG e Compostela Aberta tachan o modelo turístico compostelán de "insostíbel" "O obxectivo da modificación non é prohibir as vivendas para o alugueiro turístico, senón que as permite, pero cuns determinados requisitos ou límites que eviten a desaparición do uso residencial", dixo a concelleira de Urbanismo compostelá. Compostela Aberta, a través do seu concelleiro Jorge Duarte, remarcou que "hai un problema de residencial de vivenda moi grave en Santiago", mentres que o BNG, da man da súa portavoz, Goretti Sanmartín, sinalou que esta é unha "cuestión complexa" e que a "proliferación de vivendas de uso turístico é un feito recente que intensifica os problemas que xa había". Sanmartín salientou que "unha cifra de 902 vivendas de uso turístico na cidade, con 836 localizadas de modo inequívoco, como se constata na documentación, é unha cifra inasumíbel para unha cidade do tamaño de Santiago". Voto en contra do PP O concelleiro do PP, José Antonio Constenla considerou que a norma pretende "limitar o uso das vivendas turísticas e condenalas ao ostracismo". Tamén a cualificou de "confusa" e dixo que pode causar unha "fraude masiva". No pleno tamén tomaron a palabra representantes dos colectivos afectados. |
NOS_25181 | 'La solution à la crise catalane passe par le dialogue, la démocratie et l'autodétermination' é o título da tribuna publicada polo rotativo francés nesta quinta feira, véspera da folga xeral prevista en Catalunya para esta sexta. As sete asinantes piden que se poña en marcha un "diálogo real" coa axuda de "terceiros países". | Seis dirixentes presentes e pasados das institucións catalás, entre estes o actual presidente da Generalitat, Quim Torra, e o seu predecesor, Carles Puigdemont, asinan unha tribuna publicada nesta quinta feira polo xornal francés Le Monde na que consideran que a recente sentenza do Tribunal Supremo foi "moi grave" e que, "lonxe de ofrecer solucións á cuestión catalá, só reforza a desconfianza cara a Madrid e serve como pretexto para os radicais". TRIBUNE 🗣 | « La solution à la crise catalane passe par le dialogue, la démocratie et l'autodétermination » https://t.co/JMIwrErwbX— Le Monde (@lemondefr) October 17, 2019 Canda Torra e Puigdemont, asinan o artigo titulado La solution à la crise catalane passe par le dialogue, la démocratie et l'autodétermination ("A solución á crise catalá pasa polo diálogo, pola democracia e pola autodeterminación") o presidente do Parlament, Roger Torrent, e a ex presidenta e ex presidentes desta Cámara Carme Forcadell, Ernest Benach e Joan Rigol. As seis argumentan que "ignorar a vontade do pobo catalán, encarcerar os líderes políticos e sociais e apelar os xuíces para resolveren unha cuestión puramente política, como fixo o establishment español até o de agora, é a receita do desastre que vivimos actualmente en Cataluña". Ademais, aseguran que UE terá que decidir nos días vindeiros se "defende os principios do dereito internacional" ou se coloca do lado do Estado español e acepta que os membros da Unión "poden violar as liberdades fundamentais", ao tempo que solicitan que se poña en marcha un "diálogo real" coa axuda de "terceiros países". Cómpre salientar que esta pasada cuarta feira foi o ex vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, o que analizaba a situación actual en Catalunya nunha tribuna en The Washington Post. Folga xeral e Marchas pola Liberdade Por outra banda, esta sexta feira está convocada polos sindicatos independentistas Intersindical-CSC e IAC unha folga xeral en Catalunya en protesta pola sentenza feita pública hai catro días. Nesta mesma xornada, malia non estaren formalmente relacionadas co paro, está prevista a chegada a Barcelona das cinco columnas das Marchas pola Liberdade que partiron de Girona, Vic, Berga, Tàrrega e Tarragona, polo que se prevén cortes de estradas e autoestradas. |
PRAZA_16150 | O presidente obvia a ameaza de desvelar probas do uso de diñeiro negro lanzada polo ex-número 3 do partido en Galicia, a quen Feijóo mantivo dous anos en Portos de Galicia HEMEROTECA | Pablo Crespo, de home do maletín no PPdeG a cerebro da Gürtel | "Cando asumín a presidencia do partido esta persoa non traballaba no partido". Con ese argumento, que vén repetido desde hai unha década, o presidente do PP galego e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quitouse de enriba este xoves a pregunta que se lle formulou sobre a ameaza do ex-número 3 do PPdeG, Pablo Crespo, de desvelar supostas probas do uso de diñeiro negro no partido non só en Valencia, onde está ser xulgado estes días polo caso Gürtel, senón tamén en Galicia. En pleno debate sobre a sucesión do presidente do Goberno central e do PP, Mariano Rajoy, para a que é un dos mellor colocados, nada dixo de novo Feijóo, como adoita, sobre o feito de que el mesmo, sendo conselleiro de Política Territorial de Manuel Fraga, mantivese a Crespo como conselleiro de Portos de Galicia desde a súa chegada ao cargo a comezos de 2003 ata que os dous foron relevados polo bipartito en 2005. O presidente obvia a ameaza de desvelar probas do uso de diñeiro negro lanzada polo ex-número 3 do partido en Galicia, a quen Feijóo mantivo dous anos en Portos de Galicia Foi precisamente durante a campaña electoral autonómica de 2009 que levou a Feijóo á presidencia da Xunta cando saltou á luz o caso Gürtel e se soubo da implicación nel de Crespo, secretario de Organización do PP galego ata 2003. Daquela como agora, Feijóo evitou dar explicacións sobre a permanencia de Crespo no consello de administración de Portos de Galicia durante os dous anos en que el foi o conselleiro responsable de nomear os responsables dese ente público. Este xoves, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, a Feijóo preguntóuselle pola advertencia lanzada por Crespo de que "utilizará se necesita" no xuízo da Gürtel as supostas probas que manexa do uso de diñeiro negro no PP galego e non só no valenciano. A súa resposta: "Levan dez anos preguntándome distintos xornalistas en relación coa Gürtel e levo dez anos dicindo o mesmo, que cando asumín a presidencia do partido esta persoa non traballaba no partido e en consecuencia estou convencido de que calquera verdade xudicial que se esclareza será mellor para todos, pero o que lle podo trasladar é que, cando asumín a presidencia do partido, levaba varios anos esta persoa sen traballar dentro do PP de Galicia". Crespo, acusado dunha lista interminable de delitos e condenado por varios como un dos xefes de Gürtel, desvelou os segredos económicos do PP de Fraga en 2013 a Jordi Évole no programa Salvados: "Declarabamos que nas campañas se gastaban 1,2 millóns de euros, cando en realidade custaban tres ou catro. Recibía doazóns que non se declaraban. Cada ano, polo menos uns 300.000 euros, o cal se incrementaba moitísimo en campaña. Entre un 35% do diñeiro era regular e o 65% era irregular, non declarado, por así dicilo. Metíase nuns cartafois de cartón azul con gomas que había hai anos. Era diñeiro non declarado. Era parte do meu traballo, eu tiña que coidar que esas doazóns que chegaban non se perdesen polo camiño. A organización por dentro funcionaba así e até hai pouco seguía facéndoo. O meu traballo era conservar a estrutura aboiando, que a xente cobrase a fin de mes e os provedores cobrasen a fin de mes. Eu era consciente de que eran métodos irregulares". Feijóo di que Rajoy está lexitimado para volverse presentar como mellor líder actual "de proxección nacional", en comparación cos de PSOE, Podemos e Ciudadanos, e engade que "queda moito tempo" para o momento en que "toque" formalizar esa candidatura A ameaza que supón a figura de Pablo Crespo volve cruzarse no camiño de Feijóo en pleno debate sobre a sucesión de Mariano Rajoy, que este mércores el mesmo tentou frear dicindo que está disposto a volverse presentar ás próximas eleccións xerais. Un día despois, e preguntado por esa cuestión, Feijóo dixo que Rajoy está lexitimado para volverse presentar e que actualmente é o mellor líder "de proxección nacional" en comparación cos de PSOE, Ciudadanos e Podemos. Tamén dixo que "queda moito tempo" para o momento en que se concretarán as candidaturas e Rajoy confirme esa a súa intención de volverse presentar, que formalizará "cando toque". |
NOS_37470 | Ecoloxistas e voluntarias coordinadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) continuarán durante a fin de semana cos traballos de recuperación das aves mariñas afectadas por unha vertedura de orixe descoñecida fronte ás costas galegas. | Desde hai unha semana está a aparecer un gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. "Temos constancia da aparición de exemplares de distintas especies manchados en todo o litoral. Cara ao sur, rexistramos aves afectadas en Baiona, contra o norte, en Burela, mais supoñemos que o vertido tivo lugar na costa oeste, xa que as praias das rías de Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo son as máis activas en canto a recollidas". Voluntarias na fin de semana María Canedo, de Adega, coordina desde a pasada segunda feira as persoas voluntarias que desde entón atenden o chamamento das asociacións ecoloxistas para tratar de salvarlle a vida a ducias de aves enchoupadas por unha substancia oleosa, de cor alaranxada. Segundo denuncian, todo apunta a un sentinazo, un baleirado deliberado en alta mar das sentidas dalgún buque en tránsito fronte ás costas galegas. "Unha práctica tan habitual como irregular", destaca Damián Romai, biólogo e coordinador xunto a Atocha Ramos, da Inspección de Praias da Coruña, un proxecto de Grupo Naturalista Hábitat. "A Consellaría de Medio Ambiente recolleu 51 aves peláxicas, das cales 23 ingresaron vivas no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros". "Detectamos unha masa pastosa, graxenta, semellante á parafina que envolve os animais e fai que perdan a súa impermeabilidade", asegura Romay. Deste xeito, as aves vólvense máis vulnerábeis ao frío e perden destreza para o mergullo, esencial para o seu alimento. "Xa recuperamos máis de 150 aves, 10% mortas. Porén, as nosas estimacións apuntan que pode haber 10 veces máis exemplares afectados, xa que ás praias só chegan un de cada dez", engade. Desde Hábitat reclaman o compromiso das Administracións cunha vixilancia máis rexa para determinar que buques incumpren a normativa Marpol que impide descargas ilegais e contaminantes no mar. "Hai medios para observalos e detectar vertidos irregulares que deberan exixir unha investigación seria e accións legais", apunta Damián Romai. Especies migratorias Araos, gaivotas e até un corvo mariño cristado, en perigo de extinción en todo o Estado, son algunhas das especies afectadas pola vertedura. Esta fin de semana, voluntarias percorrerán areais da Arousa, Vigo, o Morrazo e a Barbanza co ánimo de encontrar novos exemplares e envialos aos centros de recuperación designados. Desde a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellaría de Medio Ambiente informan a Nós Diario da recollida de "51 aves peláxicas, pertencentes a especies altamente migratorias, das cales 23 ingresaron vivas no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Oleiros". "Salvamento Marítimo non detectou indicios de contaminación de hidrocarburos na zona económica exclusiva da noroeste da Península Ibérica". Sobre a orixe da vertedura, aseguran desde a Administración que "tras as inspeccións aéreas e por satélite realizadas nas zonas nas que apareceron aves mortas non se detectou ningún tipo de contaminación mariña. E tampouco se ten detectado desde o mar ningún foco contaminante ou mancha ao que se poida atribuír esta substancia". Na mesma liña, Salvamento Marítimo, no seu labor de vixilancia marítima "co avión de salvamento e satélites europeos" confirmou a este medio que non detectou "indicios de contaminación de hidrocarburos na zona económica exclusiva da noroeste da Península Ibérica". E recoñeceu que os barcos que transitan pola zona tampouco "reportaron ningunha detección de contaminación" ata a data. |
NOS_52877 | Os dados da EPA cifran en 24.600 as persoas entre 16 e 34 anos que emigraron da Galiza en 2014. O número ascende, en conxunto, a máis de 173.000 nos últimos cinco anos. | Elena Pérez vive e traballa en Southen, unha cidade costeira a 63 quilómetros de Londres. Traballa nun hospital público desde hai 6 meses. Por que decidiches marchar?Decidin marchar porque era unha idea que xa tiña de sempre. Sempre quixen vivir e traballar nun país estranxeiro. Era coma un reto. De feito, estaba traballando cando decidín marchar. Cantas persoas de Galiza coñeces en Londres?Xente emigrada de Galiza no Reino Unido coñezo catro persoas para alén dunha das miñas amigas que conseguiu traballo recentemente e que está a piques de marchar para Londres. Cal foi a túa experiencia profesional mentres viviches en Galiza?En comparanza cos meus compañeiros fun bastante afortunada porque entre 2010, que foi o ano que rematei os meus estudos, e 2014, que foi cando me fun, estiven catro meses e medio na sanidade publica e dous anos e medio na sanidade privada. Cres que tiran proveito (económico) Reino Unido ou Alemaña da formación que recibides nas universidades públicas galegas?Clarísimamente, si. Á xente de aquí dinlles que van exercer como enfermeiros mais cando chegan atópanse ca cruda realidade. En Inglerra si que vas a traballar como enfermeiro.Ágora ben a diferenza entre un enfermeiro inglés e un galego é bastante notábel. Aquí nas plantas encárganse de axudar os auxiliares a lavar os pacientes e teñen unha función máis social. É dicir fan de intermediarios entre o paciente e os fisioterapeutas, nutricionistas, traballadores sociais...para que o paciente á hora de lle daren a alta teña todas as dotacións que precise. En troca, nós somos "clínicos". Isto é, estudamos anatomía fisioloxia, a orixe do tratamento, a causa da enfermidade... Eles non. De feito, un enfermeiro que estuda no Estado español non pode rematar a sua carreira universitaria se non ten unha serie de coñecementos [teóricos e prácticos] como non sabee facer técnicas tan elementais como vendar, extraer sangue, pór medicación intraveosa, ou pór unha vía. No Reino Unido todo iso faino o médico e para que un enfermeiro poida facer cada unha destas técnicas precisa dun training [adestramento] previo. O cal resulta moi frustrante cando levas anos facendo unha cousa e agora chegas e che din que tes que formarte, que aquí non o podes facer porque non tes o training. Esta entrevista fai parte da reportaxe publicada no número 131 do semanario en papel. Nunha dupla páxina analizamos as razóns que abocan a mocidade galega á emigración tomando como referencia un dos sectores profesionais dos que outros países de Europa están a tirar proveito. Mentres a crise demográfica se agudiza na Galiza, Alemaña ou o Reino Unido nutren os seus hospitais co coñecemento galego. Podes mercar o xornal nesta ligazón. |
NOS_44616 | De "momento de especial gravidade" cualifica a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a situación actual en Galiza e no Estado español. Refírese á "vulneración de dereitos culturais, sociais e políticos". Para reflexionar sobre a mesma convoca o Parlamento de Escritoras os vindeiros 15 e 16 de marzo en Pontevedra. | A "vinculación entre escrita literaria e defensa dos dereitos civís e identitarios, da xustiza social e da liberdade de expresión" será o outro eixe dun encontro en que participarán autoras e autores galegas, vascas, catalás e portuguesas. "A defensa destes dereitos humanos é a cerna dos valores irrenunciábeis, que guiarán este parlamento", explica nun comunicado a asociación presidida polo poeta Cesáreo Sánchez Iglesias. O Pazo Mugartegui acollerá as primeiras actividades das xornadas a sexta feira 15 de marzo ás catro e media da tarde. Liberdades civís e dereitos nacionais titularase a mesa redonda de apertura e nela falarán a ensaísta galega Carme Adán, a narradora vasca Laura Mintegi e novelista catalá Clàudia Pujol. Modera Sánchez Iglesias. Dúas horas máis tarde, Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, ordenará o debate Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade, co director da Institució de les Lletres Catalanes Joan Elies Adell Pitarch, a poeta portuguesa Ana Luísa Amaral e o escritor galego Suso de Toro. O sábado 16 de marzo, no Pazo de Congresos, haberá catro grupos de traballo activos simultaneamente. Sobre feminismos e identidades discutirán as autoras galegas Marta Dacosta, María Reimóndez, Daniel Asorey e Antía Yáñez. Sobre as migracións, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Ana Acuña, Vicente Araguas e Afonso Becerra. Antonio Reigosa encargarase de coordinar os relatorios de Pilar García Negro, Diana Varela e David Otero sobre lingua e patrimonio cultural. Finalmente, Rosalía Fernández Rial moderará a Manuel Bragado, Camilo Franco e Ana Romaní arredor da "cultura, medios de comunicación e poderes". O Teatro Principal será escenario da "lectura e debate" das achegas dos grupos de traballo e mais un "acto literario e musical" de clausura. Presentado por Aldaolado, nel estarán Manuel Rivas, Antía Otero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Eli Ríos, Xavier Seoane e Rafa Vilar. O Parlamento de Escritoras e Escritores. Identidades e dereitos civís desde a escrita conta co apoio do Concello de Pontevedra e mais do Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro). |
NOS_43795 | Algúns concellos levan días sen notificar casos novos na pandemia. A maior parte son localidades situadas nas comarcas de Ourense. | Este sábado Galiza contabiliza 97 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, case un terzo (30,9%) da totalidade de concellos galegos, e un aumento de 23 con respecto ao pasado sábado. Segundo datos da Consellaría de Sanidade de todas as localidades libres de casos a gran maioría, 54 en total, pertencen ás comarcas de Ourense. Son os de A Arnoia, Baños de Molgas, Bande, Beade, Boborás, A Bola, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Cortegada, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Entrimo, Esgos, Gomesende, A Gudiña, O Irixo, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo, Larouco, Laza e Lobeira. Tamén están na mesma situación Maside, Melón, A Merca, A Mezquita, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Oímbra, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Riós, Rubiá, San Xoán de Río, San Amaro, A Teixeira, A Veiga, Verea, Vilamarín, Vilar de Barrio e Vilariño de Conso. Nas comarcas de Lugo non se detectaron casos nun total de 27, ou sexa 40,3% das 67 localidades, oito máis que hai unha semana. Trátase de Barreiros, Becerreá, Begonte, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, O Valadouro e O Vicedo. En relación ás comarcas da Coruña, tan só nove dos 93 concellos (9,7%) non detectaron casos de coronavirus en dúas semanas. Así, están libres do patóxeno A Capela, Cerdido, Corcubión, Mañón, Mesía, Santiso, Toques, Trazo e Cariño. Por último, nas de Pontevedra os municipios sen novas infeccións por Covid-19 en 14 días pasaron de cinco a sete na última semana (11,5%) e son Arbo, Campo Lameiro, Dozón, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Oia e Portas. |
NOS_18110 | Convocados por sindicatos estudiantís e a plataforma Parlemu Corsu | Varios edificios institucionais na cidade de Aiacciu, capital de Córsega, foron bloqueados hai uns días por estudantes de ensino secundario en accións de protesta para reivindicar o dereito a aprender na lingua propia da illa mediterránea, o corso. Entre os edificios bloqueados estaba a o da Prefactura, o máximo órgano de representación do Estado francés en Córsega. "Lingua Corsa, ufficiali è ubligatoria!" foi unha das palabras de orde dos protestos, convocados pola Plataforma Parlemu Corsu e sindicatos estudiantís. Azzione prefettura in #Aiacciu u 17.03.2018@EmmanuelMacron @EPhilippePM @j_gourault #parlemucorsu #cuufficialità pic.twitter.com/1vQ8LjEwag— Parlemu Corsu ! (@ParlemuCorsu) 18 de marzo de 2018 Estes protestos enmárcanse na vaga de mobilizacións que están a se desenvolver en territorios do Estado francés que como Córsega ou Occitania teñen lingua de seu. A reforma do ensino que prepara o goberno de Emmanuel Macron supón un retroceso para a presenza, xa de por si escasa, destes idiomas no sistema educactivo, segundo colectivos de defensa destes idiomas. A política de París, denuncian desde Parlemu Corsu ou Anem, pretende recortar horas de docencia, profesorado, medios e recursos para aprendizase e ensinanza destas linguas. "É unha regresión brutal", alertan. "A lingua corsa non é unha lingua estranxeira, ten que ser considerada unha materia tan fundamental como o francés", indican desde Parlemu Corsu, que xa iniciou un calendario de concentracións e mobilizacións para defender que o idioma propio desta illa mediterránea teña no ensino o lugar que merece. |
PRAZA_13018 | Parece que o Goberno puxo como obxectivo truncar os soños e ilusións dos cidadáns e cidadás, pero non de todos, soamente daqueles que menos teñen, xa que, mentres asistimos ao deterioro do noso ensino público, o de tod@s, presenciamos como se incrementan os concertos con centros privados, o 80 % dos cales pertence ao clero. Así pois o PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, senón que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa. | Nos últimos tres meses hai en España 400.000 novos parad@s. Isto engadido á suba da carestía da vida, a redución de salarios e o incremento dos impostos, fai que o día a día sexa tremendamente dramático para moitas familias. Ante esta situación, o mantenemento e fortalecemento dos servizos públicos básicos, como a educación, non soamente é necesario, senón imprescindible para manter a igualdade de oportunidades. Non soamente supoñen un grave ataque e debilitan o ensino público e os seus profesionais, senón que abren aínda máis a fenda da desigualdade reducindo a mobilidade social As medidas tomadas nas últimas semanas polo Goberno de Rajoy, como a redución dun 11.6% das bolsas e axudas a estudos, dun 41.4% as Erasmus, o incremento do ratio de alumnos por aula a 30 alumnos en Primaria, 36 en Secundaria e 42 en Bacharelato, a suba das taxas universitarias, o atraso na posta en marcha de ciclos de formación profesional, a non substitución das baixas do profesorado…, van xustamente no sentido contrario. Non soamente supoñen un grave ataque e debilitan o ensino público e os seus profesionais, senón que abren aínda máis a fenda da desigualdade reducindo a mobilidade social, fomentando unha Universidade elitista e segregadora e limitando o dereito a educación da clase traballadora. Parece que o Goberno puxo como obxectivo truncar os soños e ilusións dos cidadáns e cidadás, pero non de todos, soamente daqueles que menos teñen, xa que, mentres asistimos ao deterioro do noso ensino público, o de tod@s, presenciamos como se incrementan os concertos con centros privados, o 80 % dos cales pertence ao clero. Así pois o PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, senón que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa. O PP, no que á educación se refire, non soamente practica o amiguismo político-empresarial, senón que segue leal ao seu socio ideolóxico, a Igrexa O 22 de Maio, alumnos/as e profesores/as están chamados a unha folga que é a de tod@s aqueles que cremos nunha educación pública de calidade. Un ensino que favoreza a competitividade e innovación do noso país e que permita a cada persoa desenvolver plenamente as súas capacidades. Unha educación pública que nos permita seguir atopándonos cada día con profesionais que chegaron a selo con independencia de cal sexa a súa orixe ou estamento social. Xa que, aínda que algúns se empeñen en decirnos o contrario, os cidadán s e cidadás non somos un problema, senón parte da solución. |
NOS_4623 | Unha UTE entre Monbús e Alsa é a que prestará este servizo. | Freire leva desde 1911 dedicada ao transporte de viaxeiros, máis dun século de vida. E unha parte desa vida vai ligada á liña Lugo-Santiago de Compostela, que prestaba esta empresa desde hai 75 anos e que empregaron ducias de miles de persoas. Era, ante a ausencia de liña férrea, o modo de comunicación tradicional nestas décadas non só entre Lugo e a capital galega, senón tamén entre toda unha serie de concellos (Melide, Arzúa, Palas...) aos que este autobús servía para comunicar con estas 2 cidades e os outros municipios. Ese traxecto pola estrada, de entre hora e media e dúas horas, tiña máis de medio cento de paradas. Unha cifra que non só indica a 'dispersión' xeográfica e poboacional (ou 'humanización' do territorio se se quer) senón a importancia comunicativa que representaba 'O Freire'. Sábeno ben a veciñanza desas localidades e tamén os estudantes, un dos colectivos que máis partido tirou destes autobuses. Ademais, e até hai escasamente unha década, 'O Freire' era a conexión que había entre Santiago e o aeroporto de Lavacolla se un non podía ou non quería recorrer a un taxi. Freire pon así o ramo a eses 75 anos de historia e esta terza feira, 22 de decembro, realiza a súa última viaxe entre Compostela e Lugo. Unha UTE entre Monbús e Alsa faise agora co servizo, no marco de proceso de concentración de empresas de transporte que Galiza vive desde hai décadas. Polo camiño, un bo número de empresas de xerme familiar (e non tanto) foron quedando subsumidas ou desprazadas polas 'grandes' do sector: Monbús, Alsa e Arriva. Liñas coma a do Celta, Castromil... |
PRAZA_10327 | A marcha, que foi presentada este luns en Ponteareas, unirá Madrid e Valencia, repetindo o percorrido do Premio Cifesa, que Rodríguez gañou en tres ocasións. O deportista gañou a rolda española en 1945 e sumou un total de 38 triunfos de etapa ao longo da súa carreira. | O 31 de maio de 1945 o ponteareán Delio Rodríguez gañaba a Vuelta a España. Facíao cunha diferenza de máis de 30 minutos con respecto ao segundo clasificado (Julián Berrendero), un récord que aínda non foi superado (nin o será). O ciclista galego conserva tamén a mellor marca de etapas gañadas na rolda española, un total de 38, moi por riba das 20 de Alessandro Petacchi ou das 18 Laurent Jalabert.Nacido o 19 de abril de 1916 en Ponteareas, Delio Rodríguez finou en Vigo en 1994. Para conmemorar o seu 25 cabodano este sábado celébrase unha marcha cicloturista de nada menos que 350 quilómetros de percorrido, entre Madrid e Valencia. O evento lembra o histórico Premio Cifesa, que unía estas dúas cidades, e que se celebrou en catro ocasións, das que Rodríguez gañou en tres delas. No evento, os participantes pedalearán vestidos con indumentarias propias dos anos 30 e calcúlase que tardarán 15 horas en completar o percorrido.A marcha, organizada por Bici Piñón Fijo, foi presentada este luns en Ponteareas, coa presenza de Álvaro Pino, da filla de Delio, Margarita Pilar Rodriguez, e do seu neto, chamado tamén Delio Rodríguez. "Delio levou o nome de Ponteareas por toda España e volverá levalo unha vez máis o vindeiro 8 de xuño", destacou o concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez. O alcalde en funcións, Xosé Represas, felicitou aos organizadores por esta iniciativa e subliñou que "o ciclismo vai ligado a Ponteareas ao igual que a música ou as alfombras florais de Corpus".Ponteareas é, de feito, a única localidade que pode presumir de contar con tres gañadores da Vuelta a España: Delio Rodríguez (1945), Álvaro Pino (1986) e o propio irmán de Delio, Emilio Rodríguez, gañador en 1950. Nesta familia ciclista destacou tamén Manuel Rodríguez (2º clasificado na Vuelta de 1950 que gañou o seu irmán) e Pastor Rodríguez, que chegou a ser 14º na rolda española. Os logros acadados por Delio Rodríguez, que á súa vitoria na clasificación xeral de 1945 e aos seus 38 triunfos parciais suma 32 xornadas vestindo a camisola de líder (só superado por Zülle e Heras), poderían ter sido maiores de non ter coincidido a súa traxectoria (1936-1950) coa Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial, que obrigaron a suspender seis edicións da carreira.Delio Rodríguez, que ademais acumulou ducias de vitorias noutras carreiras (Volta a Cataluña, Volta a Galicia, Volta a Portugal, Vuelta a Asturias, Vuelta a Burgos, Subida ao Naranco...), competiu para un gran número de equipos, entre eles o Deportivo da Coruña, que neses anos contaba cunha sección ciclista. |
PRAZA_9164 | Consulta aquí os prezos dos alugueiros por barrios da Coruña e Vigo | Os barrios máis céntricos das dúas cidades presentan os prezos máis elevados, por riba dos 550 euros de media. Nas dúas urbes hai zonas máis populares (por exemplo Teis, en Vigo, ou a Agra do Orzán ou Os Mallos na Coruña) que aínda manteñen alugueiros máis reducidos, que superan por pouco os 400 euros e que se achegan á media do conxunto de Galicia. Iso si, mesmo nestas zonas o aumento dos prezos no último ano foi moi importante, de máis do 10% en Teis e do 6-8% na Agra e nos Mallos. |
NOS_22205 | O ministerio de Defensa negocia coa Xunta unha iniciativa, ben vista en San Caetano, pola que as forzas militares irán por tres centros de Galiza na procura de persoas ás que lle ofrecer a posibilidade dunha saída laboral nas forzas armadas españolas. | A Consellería de Cultura da Xunta do PP abre as portas dos centros galegos de ensino da FP ás forzas armadas españolas, que a partir desta semana manterán reunións coas directivas e os servizos de orientación de tres institutos da provincia da Coruña -un da cidade herculina, outro de Compostela e outro de Ferrol- para lles achegar a oferta formativa e as posibilidades laborais que ofrecen ao alumnado. Centros da Coruña, Ferrol e Compostela son os chamados a unha iniciativa que chaman "pioneira" Trátase do que chaman "iniciativa pioneira" en Galiza que vai dar o primeiro paso nesta instancia, o seguinte será, segundo explicou a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, a impartición de charlas directamente ao alumnado e o acceso aos centros de ensino secundario. Así o manifestou a representante do Goberno autonómico nunha reunión co delegado de Defensa en Galiza, o capitán de navío José Abad. Seica as relacións entre o Ministerio de Defensa e a Xunta atópanse no seu mellor momento. No ano 2012, coa aprobación do novo plano de estudos para suboficiais da Armada, a Consellería que dirixe Jesús Vázquez, o Ministerio de Educación e o departamento madrileño das armas asinaron un convenio de colaboración polo que a Xunta achega ao profesorado material para ensinar nas dúas escolas da Armada en Ferrol as materias comúns co réxime xeral de oito especialidades -equivalentes a ciclos de grao superior- que se ofrecen nas mesmas. Este ano, Defensa paga a Educación preto de 958.000 euros pola contratación de 24 docentes, tres deles a tempo parcial. Case un millón de euros. Para o militarismo. No ensino, disque. |
NOS_48763 | A Xunta anuncia que na reunión prevista para a sexta feira someterase a debate o funcionamento das medidas ligadas coa desescalada após decaer o estado de alarma. Neste sentido, e despois de descartar ampliar os horarios de bares e cafeterías a semana pasada, agora si entrará esta cuestión na orde do día. | O comité clínico que asesora ao Goberno galego sobre a evolución da pandemia na Galiza e as estratexias de control estudará esta sexta feira se a desescalada está a funcionar sen repercutir nun incremento dos contaxios. O cambio a nivel do Estado español supuxo no país cuestións como a fin do toque de recoller e a ampliación do tempo de apertura dos restaurantes. No entanto, haberá que decidir se se fan novos axustes de horario na hostalaría como demandou o sector. Polo de agora hai varios concellos con fechamentos perimetrais, seguen vixentes as restricións do número de persoas que poden reunirse sen convivir (sendo seis en exteriores e catro en interiores) e bares e cafetarías só poden estar abertas até as 23 horas. De feito, segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xa sería posíbel "axustar algún aspecto relacionado" con este tipo de negocios no primeiro encontro de traballo desta semana. "Trátase de buscar o equilibrio entre a homoxeneidade, o criterio único e a seguridade", afirmou, tendo en conta que a evolución do virus é boa. O responsábel do Sergas tamén incidiu nas palabras de onte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, que agardaba que en "xullo ou agosto" houbera certa relaxación no uso das máscaras. Sanidade ve opcións nesa liña "en exteriores e con certas condicións", dependendo de como evolucione a pandemia e a que ritmo vaia recibindo a vacina a poboación. |
PRAZA_805 | Tan só o 27,6% dos contribuíntes galegos marcan no IRPF o 'X' a favor da institución católica, máis de sete puntos menos que a media do Estado, onde só en Cataluña hai menor porcentaxe de declarantes que deciden axudar a Conferencia Episcopal. | Os galegos son dos que menos marcan o X no cadro da Igrexa católica no IRPF. De feito, Galicia é a segunda autonomía do Estado cunha menor porcentaxe de declaracións da Renda a favor da institución relixiosa, segundo os datos que vén de facer públicos a propia Conferencia Episcopal Española (CEE). Tan só o 27,6% das declaracións decidiron financiar a Igrexa en Galicia, máis de sete puntos menos que a media estatal Cunhas cifras que se cadra rachan con algúns tópicos, o 35,2% das declaracións marcaron o X a favor da Igrexa no conxunto do Estado na campaña de 2014, mentres que en Galicia esa porcentaxe sitúase no 27,6%, máis de sete puntos menos que a media e só superada por Cataluña, cun 19,8%. Ademais, o número de galegos que apostan por achegar parte dos seus impostos á institución católica descendeu con respecto ás declaracións presentadas en 2013 en 3.290 persoas, ao pasar das 351.638 declaracións ás 348.348 do pasado exercicio. O descenso de declarantes en Galicia que apostan pola Igrexa non coincide co que se dá no conxunto do Estado, aínda que as porcentaxes mantéñense case estables e tan só varían unha décida: do 34,87% nas declaracións do ano 2012 a un 34,88% das de 2013 -do 35% ao 35,2% de excluír as facendas vascas e navarras. Malia todo, a Conferencia Episcopal di estar "moderadamente satisfeita" tras a presentación dos resultados este pasado mércores. Así, foron Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, A Rioxa, Castela e León, Cantabria e Andalucía as únicas autonomías cuxa porcentaxe de declaracións con asignación á Igrexa está por riba do total estatal. Ademais, e en canto ao importe que chega á institución católica, este aumentou en Madrid, Estremadura, Murcia, Baleares, A Rioxa, Canarias e Castela-A Mancha. Galicia non aparece en ningún dos grupos, ao manterse por baixo da media en canto á porcentaxe de IRPF e ao non incrementarse tampouco os cargos que se asignan. A Conferencia Episcopal inviste cada ano tres millóns de euros en campañas para promover o 'X' a favor da Igrexa O estancamento nesta asignación á Igrexa chega malia que, desde 2007, a Conferencia Episcopal inviste máis de tres millóns de euros en campañas para promover que os españois marquen o cadro da Igrexa en cada IRPF. A pesar de todo, en 2013 a CEE recibiu 247,6 millóns por parte do Ministerio de Facenda, tan só 1,5 millóns menos que en 2012, algo que os prelados atribúen á crise económica. De feito, tamén diminuíron as asignacións en favor da Igrexa, ao pasar dos 7,27 millóns aos 7,34, o que supón o cuarto descenso consecutivo desde que se aplicara un sistema que fora acordado polo Goberno socialista de Rodríguez Zapatero e que é un privilexio do que tan só goza a confesión católica. Ademais, os datos de Galicia rachan coa tendencia a que sexan as autonomías con maior nivel de vida e renda as que menos acheguen cartos á Igrexa. Os galegos sitúanse no grupo dos que menos asignacións fan a favor da institución católica por debaixo dos cataláns, os que menos, pero con menor achega que vascos, baleares ou valencianos. |
NOS_32708 | O deporte é moito máis que rexistros, marcas e récords. É tamén convivencia, solidariedade e competencia amigábel. Este espírito represéntao mellor que ningunha outra proba as Olimpíadas Populares Galegas, que arrancan mañá en poio a súa oitava edición logo da pausa imposta pola pandemia. | A pandemia non pode coas Olimpíadas Populares Galegas. Tras un bienio de parada obrigada nos anos 2020 e 2021, o xa tradicional evento alcanza a súa oitava edición, que terá lugar na área da Reiboa e na explanada da Seca, na parroquia de San Xoán, en Poio. Organizado pola Asociación o Quilombo, que contou coa colaboración do Concello local, o certame comezará mañá e estenderase até o próximo domingo, 12 de xuño. Organizacións xuvenís, cidadás e, en definitiva, unha importante representación do tecido asociativo do país serán da partida nun evento cunhas implicacións que van alén do eido estritamente deportivo, pois a convivencia e a comuñón coa contorna natural na que se desenvolve gañan peso en relación ás marcas e os podios que adoitan caracterizar o mundo do deporte. "Máis que unha competición en si mesma, o que se ofrece é un espazo de convivencia e amizade para o tecido asociativo e a veciñanza en xeral, para que poidan gozar de tres xornadas nas que a tradición e o deporte son as protagonistas", indicaron durante a presentación oficial as edís responsábeis das áreas de Cultura e Deporte do Concello de Poio, Raquel Rodríguez e Marga Caldas. Pola súa parte, desde a Asociación O Quilombo destacaron que "as VIII Olimpíadas Populares Galegas supoñen unha gran oportunidade para dar promoción e visibilidade á cultura galega, ao tempo que se fomentan valores como a igualdade, o feminismo e o coidado polo medio ambiente", engadindo as concelleiras que tamén "fomentan hábitos saudábeis e serven para pór en valor zonas nas que practicar deporte e gozar dos espazos naturais, como os que temos en Poio e, máis concretamente, na contorna da Seca". 18 probas diferentes As Olimpíadas Populares Galegas estarán conformadas por 18 xogos e competicións deportivas, tanto individuais como por equipos. En concreto trátase de salto de lonxitude, pentasalto, 100 metros lisos, remudas 4x100, 5.000 metros lisos, tríatlon, brilé, voleibol, tiro de corda, tiro con fisga, lanzamento de apeiro, lanzamento de boina, pano, chave, billarda, xadrez, loita galega -empregando unha adaptación do regulamento desenvolvido polo Club de Loita A Cambadela da Estrada, responsábel de evitar a desaparición desta histórica disciplina que mesmo figura na obra de Rosalía de Castro, pois reflíctea no seu poema A probiña, que está xorda...!, incluído en Follas Novas- e fútbol gaélico na súa modalidade de tiro a paus. Actividades paralelas A maiores de todas estas probas, o programa argallado por O Quilombo tamén ofrece unha serie de actividades complementarias, como son foliadas abertas, que terán lugar á finalización de cada xornada deportiva. Ademais, tamén darán a opción de tomar parte nun roteiro guiado polos muíños da Freixa e nun obradoiro de fútbol gaélico. O programa feito público pola organización indica que o devandito roteiro ten a súa saída prevista para mañá ás 19 horas da tarde. Xa ás 20.30 da sexta feira será a quenda do obradoiro de fútbol gaélico, e o grupo de música tradicional Os Alegres fecharán a primeira xornada de actividades paralelas cunha actuación ás 22 da noite. Á mesma hora, pero xa o sábado día 11 de xuño, terá lugar unha foliada, e na derradeira data das Olimpíadas Populares Galegas, o domingo 12, ás 11 horas está previsto que se desenvolva un "obradoiro de papaventos en defensa da Ría". "Trátase, en definitiva, dun evento que vai máis alá do deporte e que sirve de palestra para a nosa cultura e a nosa tradición", concluíron as concelleiras Raquel Rodríguez e Marga Caldas no final da presentación. |
NOS_50892 | Pide no Parlamento galego información dos 41 contratos adxudicados, gastos de licitación, empresas adxudicatarias e recursos humanos e materias para cumprir os horarios, servizos e liñas | O deputado do BNG, Luís Bará denuncia o que considera unha "falta de transparencia" nos contratos de transporte público adxudicados pola Xunta e pide no Parlamento a documentación relativa aos gastos de licitación, empresas adxudicatarias, prezo das adxudicación así como información dos recursos, tanto materiais como humanos pra cumprir os horarios, servizos e liñas. Afirma que as ofertas económicas das empresas adxudicatarias deben facerse "públicas" e reclama a subrogación de todos os traballadores e traballadoras. O parlamentar nacionalista salienta que, "a día de hoxe", a Xunta non informou dos cambios de servizos e liñas e lembrou que se está a provocar un importante número de incidencias ás persoas usuarias polo cambio de horarios, paradas, rutas e frecuencias. Pide tamén que se adopten as medidas necesarias para solucionar os problemas e evitar que estes se incrementen co inicio do curso escolar. |
NOS_45071 | García Revenga foi membro do patronato e tesoureiro do Instituto Nóos. | O xuíz vén de citar como imputado ao secretario das infantas, Carlos García Revenga, polo caso Urdangarín. Revenga, que foi membro do patronato e tesoureiro do Instituto Nóos, declarará o vindeiro 23 de febreiro, xusto despois de que o faga Iñaki Urdangarín. O propio secretario das infantas solicitou hai uns días comparecer ante o xuíz para defender a súa inocencia. Este paso de García Revenga deuno após que o exsocio de Urdangarín, Diego Torres, o situase no núcleo do instituto Nóos, e abondando na contorna da Casa Real na enleada do caso Urdangarín. Segundo revelan medios de comunicación españois nestas semanas, García Revenga (con 20 anos ás costas como secretario das infantas Elena e Cristina) tería sido conselleiro de Urdangarín en diferentes xestións e asuntos. |
PRAZA_5661 | O proxecto conta co apoio de organizacións ecoloxistas, como Adega, de entidades veciñais e da Deputación provincial, pero recibiu as críticas do PSdeG-PSOE, que se abstivo na votación no pleno municipal | O pleno municipal de Pontevedra aprobou este luns, cos votos de BNG e PP, o proxecto de construción dunha planta de compostaxe de residuos de ámbito provincial, que se instalará previsiblemente no propio Concello capitalino en virtude do protocolo asinado o pasado venres polo alcalde, Miguel Fernández Lores, e o presidente da Diputación, Rafael Louzán. Os tres concelleiros do PSdeG-PSOE, socios do BNG no goberno da cidade, abstivéronse na votación. O proxecto conta co apoio conta co apoio de asociacións ecoloxistas, como ADEGA, de mariscadoras, comunidades de montes e as tres federacións veciñais de Pontevedra. Para Louro, o protocolo asinado por Lores e Louzán "ten perversas intencións, di pouco e oculta moito". Cualificou ademais o proxecto da planta de compostaxe de "anuncio electoralista" Os socialistas basean os seus receos cara ao proxecto no seu temor a que a planta de compostaxe sexa o xerme da Sogama do sur. De feito, Antón Louro sinalou que Lores "puxo a súa sinatura para recibir o lixo de toda a provincia" e comparou esta situación co conflito da empacadora de Vilaboa, hai 15 anos. Para Louro, ademais, o protocolo asinado por Lores e Louzán "ten perversas intencións, di pouco e oculta moito". Cualificou ademais o proxecto da planta de compostaxe de "anuncio electoralista" e acusouno de ser "unha simple idea, incerta e sen éxito noutras experiencias". En calquera caso, os socialistas tampouco votaron en contra, limitándose a absterse: "o PSOE non pode aprobar o que se nos propón, pero tampouco queremos ser un obstáculo, e non lle imos decir que non". Dende o BNG destacouse os beneficios para o medio ambiente que traerá esta planta: "Non é máis barato, é máis razoable", dixo o alcalde Fernández Lores Pola contra, dende o BNG destacouse os beneficios para o medio ambiente que traerá esta planta: "Non é máis barato, é máis razoable", dixo o alcalde Fernández Lores. E os nacionalistas lembraron que servirá para cumprir a lei, as directivas europeas que establecen que en 2020 haberá que compostar un mínimo do 25% da fracción orgánica dos residuos, unhas cifras das que Galicia aínda está moi lonxe, por mor da xestión realizada en Sogama. De igual xeito, ADEGA difundiu un comunicado no que amosa o seu completo apoio ao proxecto, lembrando a súa semellanza coa planta comarcal de compostaxe de Lousame (Mancomunidade do Barbanza). "Ábrese deste xeito, e non só para a comarca de Pontevedra, unha nova vía para que aqueles concellos que están en SOGAMA substitúan a incineración pola compostaxe, reducindo a factura do tratamento dos residuos", destacan e lembran que este proxecto comarcal "complementa ademais os exitosos proxectos de compostaxe caseira desenvolvidos polo concello de Pontevedra e que ante a demanda cidadá seguen ampliándose a máis parroquias. ADEGA, dentro da súa campaña de residuos, colabora nestas iniciativas e noutras ducias máis por todo o país, incluidos algúns proxectos de porta a porta, novidosos en Galiza, e que proximamente comezarán en Allariz, San Sadurniño, Monforte...". ADEGA: "Ábrese deste xeito, e non só para a comarca de Pontevedra, unha nova vía para que aqueles concellos que están en SOGAMA substitúan a incineración pola compostaxe, reducindo a factura do tratamento dos residuos" Así mesmo, os ecoloxistas criticaron a postura do PSdeG-PSOE que, din, "amosa un profundo descoñecemento sobre un sistema (a compostaxe) que permite á planta de Lousame acadar as taxas máis altas de reciclaxe e recuperación material do Estado". Ademais, ADEGA recomendoulles aos socialistas "preguntar ao alcalde de Piñor, pioneiro na compostaxe da fracción orgánica dos residuos municipais, cal é a utilidade do abono producido mediante este sistema. Ou atender ás alertas que dende finais dos anos 90 os científicos galegos veñen facendo sobre a perda de fertilidade dos solos galegos e a necesidade de achegar materia orgánica". Alternativas a Sogama A posta en marcha de plantas locais e comarcais de compostaxe é unha das medidas apuntadas polos grupos ecoloxistas dende hai anos como alternativa á xestión que se realiza dende Sogama. De igual xeito, hai uns meses Xosé Veira pedía a través do blog Un claro no bosque unha maior implicación das administracións locais no deseño e implementación de mellores sistemas de xestión de residuos. |
PRAZA_8900 | O presidente amosa "orgullo" por que Pemex merque Barreras e culpa o Bloque de que Fenosa estea controlada por Gas Natural | "Fenosa, R, Azkar" e agora, Hijos de Barreras mentres Pescanova está "abocada a padecer a mesma sorte". "O banco Pastor pasou a mans do Popular, o Etcheverría foi mercado polo venezolano Banesco" e máis tarde, o Banco Gallego pasou a mans do Sabadell". O voceiro parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, resume deste xeito "o proceso de descapitalización" que, ao seu xuízo, está a sufrir Galicia dende que Alberto Núñez Feijóo ocupa a Presidencia. "Dende que é presidente Galiza está en deconstrución, está sendo vendida por parcelas", reprochou o nacionalista durante a sesión de control a un xefe do Executivo que, ao seu xuízo, "actúa como un auténtico cabalo de Troia" para as empresas do país. Como corolario, di, "viaxa a México para fuxir da negra sombra de Marcial Dorado e para actuar de broker, vendendo unha empresa galega a unha mexicana". Ante este cuestionamento Feijóo combina, como en anteriores sesións, a devolución de preguntas á oposición con acusacións dirixidas á mesma. Así, o líder popular cita compañías como Citroën, Alcoa ou Nestlé para preguntarse se "no caderno económico do BNG" figura "que estas empresas marchen de Galicia". "A internacionalización da nosa economía hai que facela en dúas direccións" e por iso "sentinme orgulloso vendo nas rúas de México máis de 140 tendas de Inditex", pero tamén "cando a cuarta petroleira do mundo [Pemex] se fía de Galicia para xerar riqueza", isto é, para mercar o 51% de Barreras. "É un curioso neoliberal, oponse a converter Barreras nun estaleiro público pero non ten reparo en vendelo a prezo de ganga a unha empresa pública mexicana" "Son dúas cousas totalmente distintas que empresas de fóra invistan en Galiza e que Galiza se descapitalice", evidencia Jorquera, quen lamenta que a "grande visión estratéxica" de Feijóo permita a "marabillosa" operación, xa reflectida na prensa mexicana, segundo a cal "o obxectivo que persegue Pemex é transferir a medio prazo coñecemento tecnolóxico de Barreras" e, en última instancia, trasladar o propio estaleiro ao país centroamericano. "A vostede parece que isto parece que lle dá igual" e por iso "dende que é presidente Galiza é maís feble economicamente" e "máis dependente" do exterior. "É vostede un curioso neoliberal; oponse á creación dun banco público galego, non contempla a posibilidade de converter Barreras nun estaleiro público galego pero non ten reparo en vendelo a prezo de ganga a unha empresa pública mexicana". "Quere nacionalizar Barreras, exactamente para que?", pregúntase Feijóo, antes de rexeitar as propostas do Bloque porque os populares "estamos traballando noutro tema, queremos que estaleiros galegos e mexicanos, en alianza, presenten ofertas para renovar a flota menor de Pemex". Neste escenario, o xefe do Executivo aínda lanza unha nova pregunta: "cal é a súa política económica", pregúntalle ao BNG, antes de acharlle a compra de Unión Fenosa por parte de Gas Natural no ano 2008. "Vostedes non foron quen de mantelo e nós imos ver se o recuperamos". Mentres, di, os nacionalistas "queren que en plena globalización pechemos as portas de Galicia". Pero "o investimento de Pemex será benvido" e "oxalá teña un efecto chamada", conclúe. |
PRAZA_2684 | ENTREVISTA Palavra Comum entrevista a escritora e ativista política e cultural. "A miña Galiza imaginária seria um território soberano e livre do dente do capital. Um país que fizesse bandeira da justiça social, a liberdade e a criatividade", di. | Palavra Comum entrevista a Teresa Moure (Monforte, 1969), professora de Linguística Geral na USC, ativista e escritora que cultiva todos os géneros: poesia, narrativa, teatro, ensaio e artigo jornalístico e que tem sido traduzida a diferentes línguas. Que é para ti a literatura? Uma forma de expressão artística sem alto investimento. Se tivesse dinheiro seria escultora; se tivesse ainda mais dinheiro preferiria dirigir filmes…. Também é uma forma de digerir a realidade, de suportar o sofrimento da existência. Psico-análise de baixo custo. Vou vendo que o da economia tem bastante a ver com o meu pendor para a literatura… "A literatura é uma forma de expressão artística sem alto investimento. Se tivesse dinheiro seria escultora" Como entendes (e praticas, no teu caso) o processo de criação literária -e artística, em geral-? Normalmente sabemos pouco do processo de criação, onde intervêm, junto às propostas estéticas ou ideologias, também as feridas que arrastamos… Digamos que quando uma ideia me persegue durante um tempo –uma personagem, uma história–, quando aparece reiteradamente, torna para mim matéria literária. E essa matéria, obsessiva, à medida que a trabalho com palavras, desdramatiza-se e visa conseguir a forma dum videoclipe mental que depois só tenho que transcrever. A criação apenas consiste, portanto, em fazer uma massagem à ideia. O interessante é que esse processo serve para amaciar-me por dentro. Qual consideras que é -ou poderia ser- a relação entre a literatura e o outras artes? Não distingo bem as caixas. Uma escultura conta uma história. Um roteiro cinematográfico também. Ou, ao revés, um poema pode ser apenas uma faísca, como uma fotografia. A literatura é apenas uma das formas de criar que temos ao nosso dispor. Evidentemente, há pessoas criativas que demonstram o seu pulo artístico nas formas geométricas da sua horta ou na gastronomia que cozinham. O meu não são as caixas. Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras à sociedade, etc.) estimas interessantes para a literatura, e quaisquer outras artes? Depois de séculos de inovações e ruturas, de fazermos tópico hoje o que ontem era ousado, todos os caminhos estão abertos. Cada vez que conseguimos estremecer outras pessoas com o que fazemos estamos a experimentar um caminho que se abre como novo, que nunca transitáramos assim dantes. Cada ato criativo acontece performativamente: tem lugar num tempo e num espaço e dinamita tudo o anterior. Se não, não seria criativo. "A literatura galega, de finais do século XIX até hoje, é um produto de resistência contra-cultural, um projeto coletivo que define o nós galego frente ao poder do espanhol" Que opinião tens sobre o sistema literário galego a dia de hoje? A literatura galega, de finais do século XIX até hoje, é um produto de resistência contra-cultural, um projeto coletivo que define o nós galego frente ao poder do espanhol. Por isso, embora a marginalização da língua nas estruturas de poder, a literatura galega tem-se revelado como original e poliédrica: pense-se na ferocidade de Blanco-Amor frente ao contexto da literatura realista espanhola do seu tempo ou, mais atrás, na radical modernidade de Rosalia de Castro frente ao Romanticismo Hispano. A dia de hoje a literatura galega continua a ser, em boa medida, uma arma para a resistência, e para a dissidência. Nesse sentido, o principal perigo é o da castração. Se a língua não conquistar espaços sociais dinâmicos e reais, se não passar efetivamente à seguinte geração, o risco é vir a dar num território domesticado, que ocupe espaços educativos de formação –o género infantil e juvenil mais ou menos doutrinal, leituras para os liceus, com temas apropriados e pouca extensão–. Porém, entendo que o conjunto de escritores e escritoras temos ao nosso favor o facto de estarmos a nos identificar com uma língua desprestigiada, o que nos torna em ativistas sociais. Não estou a falar simplesmente da literatura "de compromisso", mas de algo mais elementar: num momento de crise da objetividade e das verdades únicas, a literatura numa língua acossada pelo poder produz uma condição de subalternidade que é, em si própria criativa. É uma forma de "negritude", de exclusão, como o foram o Black Power ou o movimento Queer. Também como eles, corre o risco de se acomodar e atraiçoar as origens. Que perspetiva tens sobre o estado da língua e a cultura galegas, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (nomeadamente a Lusofonia)? As perspetivas sobre a língua e a cultura galegas podem ser focadas de diferentes pontos de vista. Visto que a língua tem sérios problemas de subsistência, tudo levaria a pensar num projeto "regional", auto-centrado, que perderia energia num futuro imediato, visto que não responderia à vitalidade real do idioma em franca queda: um produto, portanto, fictício, mantido como ilusão. Acho que esse é um dos motivos que explicam a necessidade de escrevermos numa norma de galego internacional. A possibilidade de sermos compreendid@s e valorad@s além das fronteiras do estado implica uma dose de energia, de auto-estima. Não esqueçamos que as revistas literárias espanholas ou os suplementos culturais de jornais de grande impacto como El País ou ABC não incluem novidades editoriais escritas noutras línguas diferentes do espanhol. Se lá em Madrid não nos querem ver, é lógico dirigir o olhar a espaços mas amplos, a uma certa mestiçagem cultural. Aliás, escrever em galego internacional permite reencontrar-nos com usos linguísticos, com expressões tradicionais que simplesmente foram varridas do uso habitual pela convivência com o espanhol. Quais são os teus referentes (num sentido amplo)? Nem sei bem o que é um referente. Alguém que admiro talvez? Nesse caso, a lista seria enorme porque há infinidade de criador@s coerentes ou sugestiv@s e porque sou leitora voraz. Mas, às vezes, quando se nos pergunta pelos referentes, espera-se que digamos os nomes de autores que lemos com devoção, mesmo se não partilhamos estilo ou ideologia com eles. Se penso no que primeiro vêm à minha cabeça, devo dizer que adoro Foucault, mas também Alejandra Pizarnik ou Audur Ólafsdottir. Não são parecidos nem remotamente, mas um é filósofo, outra poeta e a última narradora. Adoro também as novelas russas do XIX, as de Tolstoi ou Dostoievsky, mas também Pepetela, ou Coetzee, que não têm nada a ver, ou uma punk como Virginie Despentes. Isso não significa que me tenham influído. E como toda leitora impenitente sempre espero que a seguinte obra seja o melhor que tenho lido. "A universidade hoje é uma instituição caduca, afastada da realidade e preste a vender-se ao capital" Trabalhas no ensino universitário. Que opinas da sua situação? Para onde achas que deveria caminhar? A universidade hoje é uma instituição caduca, afastada da realidade e preste a vender-se ao capital. Provavelmente foi sempre assim, um instrumento das elites para se perpetuarem, mas hoje vivemos péssimos momentos. A dificuldade maior consiste em transmitir o entusiasmo pelo conhecimento, essa janela que nos desloca além da realidade imediata, a um estudantado que está, logicamente, desiludido, que sabe que o seu futuro, incerto, passa por uma realidade laboral precarizada. A universidade deveria ser um espaço criativo, capaz de desenvolver mentes críticas, blindado contra a burocracia e as grisalhas reputações, um mecanismo que garantisse a possibilidade de se abrir passo o diálogo, a dialética, que associasse a ideia de prazer à conversação entretida, ao desfrute das ideias. O jardim de Epicuro. A receita machadiana de amor e pedagogia. As experiências de educação libertária. O extermínio do exame com o seu enfrentamento entre sucesso e fracasso. Algo disso. "O perigo, no caso dos feminismos, está em resistir ao risco de institucionalização" Que perspetiva tens sobre o(s) feminismo(s)? Os feminismos constituíram no último século uma força de enorme massa crítica. Nada das nossas vidas escapou à sua crítica e, nesse sentido, o pensamento e o ativismo feministas podem e devem ser reivindicados para além de militâncias particulares. Interessam-me especialmente as perspetivas da economia feminista e a valoração dos cuidados como modelo ético e anti-capitalista. Mas também acho fontes de inspiração em muitas das propostas artísticas, das Guerrilla Girls às Abramovic, Ana Mendieta ou Adrian Piper que relacionam o "feminino" com outras questões políticas, como a raça, a classe ou a pertença a minorias ideológicas ou sociais. O perigo, no caso dos feminismos, está em resistir ao risco de institucionalização –que torna a "igualdade" num paradigma necessário em vez de reivindicar o florescimento das diferenças– e, dentro do ativismo de rua, em resistir à prática das políticas de "olho por olho", que acabam por culpabilizar todos os homens como cúmplices do patriarcado. Para resistir como movimento criativo e dinâmico, os feminismos têm de continuar a ser subversivos, a alçar-se contra o poder, mas implicando os homens. Todo movimento político precisa ter aliados fora do seu círculo imediato e, neste caso, a necessidade incrementa-se porque o movimento em defesa das mulheres é um movimento com pulo ético, que os homens transformadores sabem aceitar. "Só a propaganda religiosa pode defender a existência dum planeta ao serviço do ser humano" Fala-nos da tua valoração sobre o decrescentismo… Neste momento histórico parece evidente que temos trespassado os limites: não se pode crescer ilimitadamente num planeta finito. Os abusos do capitalismo, o consumismo que se instalou nas nossas vidas como uma fonte de satisfações efémeras só podem ser combatidos se decidimos coletivamente auto-controlar-nos e moderar os excessos contra a natureza. A meu ver, o decrescimento, assumido habitualmente como uma posição anarquista, com partidários que atuam individualmente e que não vão condicionar as decisões dos amos do mundo, é uma perspetiva imprescindível para complementar qualquer ideologia transformadora. Como se vem alertando nos últimos anos, esta perspetiva vai ser de obrigado cumprimento porque os recursos do planeta estão a esgotar-se mas acho que estaria preste a defender as vantagens do decrescimento além dessa realidade inapelável, como uma necessidade de completar os direitos de felicidade dos seres humanos com os direitos doutras espécies vivas e da natureza em geral. Só a propaganda religiosa pode defender a existência dum planeta ao serviço do ser humano. Se somos a espécie mais racional ou inteligente do planeta, devemos demonstrar essa "superioridade" comportando-nos como irmãos maiores que protegem outros seres indefesos, não como alguém que usurpa à natureza a sua riqueza para explorar e arrasar quanto encontra ao seu passo. "A miña Galiza imaginária seria um território soberano e livre do dente do capital. Um país que fizesse bandeira da justiça social, a liberdade e a criatividade" Como seria a tua Galiza Imaginária? Que partes dessa Galiza existem já, do teu ponto de vista? Um território soberano e livre do dente do capital. Um país que fizesse bandeira da justiça social, a liberdade e a criatividade. Temos uma paisagem devastada, uma história contraditória e uma sociedade invadida pelo medo mas, no entanto, também temos muita gente com grande capacidade crítica –mesmo às vezes de mais–, organizada, por exemplo, em grupos que defendem a língua ou a cultura, que lutam cada dia por suster maneiras diferentes de ver a realidade. Na comparação imediata com outras sociedades, conseguimos manter no tempo diversos movimentos de resistência tendo tudo à contra. Que projetos tens e quais gostarias de chegar a desenvolver? Tenho uma lista imensa de projetos, artísticos, políticos e pessoais… Acho que sou do tipo de pessoa que iria a um bombardeamento com tal de evitar a rotina e o tédio. Se vivemos quatro dias temos que deixar-nos as unhas em que esses dias sejam plenos e mereçam ser lembrados, não? Por isso, para escapar da roda de moinho que nos engole e nos mutila, que nos deixa sem forças, há que inventar cada dia três ou quatro mil projetos. E, logicamente, com esta efervescência imprescindível, sou das que querem desenvolvê-los todos. Absolutamente! |
NOS_51109 | A futbolista compostelá, recente gañadora da 'CHampions', afirma estar "moi emocionada, é o lugar perfecto para seguir a medrar" | A futbolista galega Vero Boquete, recente gañadora da 'Champions' co Frankfurt, anunciou a través da súa conta de twitter (@VeroBoquete) que fichou polo Bayern de Múnich até o 2017. "Estou moi emocionada por este novo proxecto, nun novo equipo que aínda nin está completo. Quero partillar soños e ambicións coas miñas novas compañeiras e cadro técnico, e por suposto, seguir a medrar como xogadora. Creo que o Bayern é o lugar perfecto para poder facelo neste momento da miña carreira", anunciou a futbolista de Santiago de Compostela. Boquete tivo unha lembranza para o FFC Frankfurt, ao que quixo agradecer "o cariño e apoio" que recibiu, tanto do equipo como da "tremenda afección". Vero xogou na elite do fútbol feminino en cinco países (Estado español, Estados Unidos, Rusia, Suecia, Alemañaa) e 8 equipos diferentes. No semanario nº146 de Sermos Galiza entrevistamos Vero Boquete. Podes adquirilo aquí. |
NOS_28930 | Desde o CHUO sinalan falta de aviso e garantías. | Persoal sanitario da unidade de Reanimación do Hospital Universitario de Ourense, que neste momento funciona como unidade de pacientes críticos con coronavirus, censuran a planta de previsión e información por parte da Xerencia da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras á hora de planificar a limpeza e desinfección da unidade na que traballan. "De súpeto, coincidindo co inicio da xornada -da pasada quinta feira- descubrimos que ían proceder á limpeza e desinfección da zona de REA cos pacientes dentro de boxes fechados sen contar con que o persoal precisa botar man de todo o material e medicación que hai fóra para poder atender as necesidades dos pacientes", explican en declaracións a Nós Diario. A comunicación chegoulles por sorpresa a primeira hora da mañá, poucos minutos antes de que os profesionais encargados da desinfección comezasen os traballos de limpeza. Neste sentido, o colectivo sanitario critica que nin desde o servizo de Preventiva nin desde Dirección de Procesos recibiron ningunha instrución que ademais de anunciar este procedemento "asegure que vai ser respectuoso coa nosa saúde e coa dos propios doentes". Malestar A intervención do equipo de limpeza sen previo aviso causou malestar entre o persoal auxiliar, médico e de enfermaría, que non atoparon forma de negarse á desinfección para garantir o coidado das persoas enfermas. "Houbo compañeiros que tiveron que saír polo cheiro dos produtos. A propia empresa de limpeza indicou á Xerencia que non era forma de proceder" e, de feito, inciden, é a primeira vez que se leva a cabo unha limpeza nestas condicións. "É moi grave", manteñen, "máis cando tanto inciden na importancia do persoal de coidados críticos e cando no resto de unidades Covid do CHUO a desinfección se realizou sempre unha vez baleiras, sen persoal, para ficar fechadas durante 24 horas", critican. |
NOS_52503 | A proposta de Rusia foi rexeitada, e a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou finalmente unha resolución alternativa por unanimidade. | Os Estados Unidos, a Unión Europea, o Reino Unido, Ucraína e Xeorxia pronunciáronse en contra dun proxecto de resolución na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, presentado nesta quinta feira, 2 de abril, por Rusia e apoiado por 28 Gobernos, para unha moratoria na aplicación de restricións unilaterais que facilite o combate contra a pandemia da COVID-19. EU,UK,UKR,USA & #Georgia 🇪🇺🇬🇧🇺🇦🇺🇸🇬🇪 broke the silence procedure & registered their objection to the adoption of RUS-proposed draft #UNGA Res in which #COVID19 was used 4 political goals to divert the attention from other persistent serious challenges & 4 removal of sanctions pic.twitter.com/FFmmDwlH3b— Shalva Tsiskarashvili (@tsiskarashvili) April 3, 2020 Na resolución destacábase o papel coordinador da Organización Mundial de Saúde (OMS) na loita contra o coronavirus SARS CoV-2, causante da COVID-19, e reafirmábase a necesidade de pór fin aos conflitos mentres dure ese esforzo internacional. A proposta de Declaración de Solidariedade na loita contra o coronavirus buscaba que os Estados aceptasen colaborar entre eles e coa Organización Mundial da Saúde, para desenvolver formas de combater a propagación e o tratamento do COVID-19. Ademais, o documento chamaba os países a brindar axuda aos Estados máis afectados, especialmente aos países en desenvolvemento, así como renunciar ás guerras comerciais e as sancións unilaterais aprobadas sen o visto bo do Consello de Seguridade da ONU. A Asemblea Xeral da ONU aprobou finalmente unha resolución alternativa, aprobada por unanimidade, onde se recoñecen as consecuencias sen precedentes da pandemia e se fai un chamamento a prol de intensificar a cooperación internacional. |
NOS_35164 | Denúnciao A Mesa pola Normalización Lingüística. | Por "acoso ascendente" polo uso do galego no traballo, é dicir, por usar galego cos superiores. Eis o motivo, denuncian desde A Mesa, polo cal a empresa pública Enaire, antiga Aena dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade, vén de expedientar unha traballadora. A Inspección de Traballo emitiu en xullo un requirimento laboral contra a empresa pública Enaire (xestor da navegación aérea) para que cese "o comportamento empresarial de maneira inmediata e continua" polos continuos "atrasos ou omisións na entrega de información só porque o escrito de solicitude vai en idioma galego". Porén, o resultado final é que agora denuncia A Mesa é o expediente por usar o galego. Desde esta entidade remitiron cartas ao ministro José Luis Ábalos, ao director de Enaire e á xefa de Recursos Humanos instándoos a unha rectificación. De non producirse esta, A Mesa advirte do inicio de mobilizacións na defensa do "dereito a usar o galego no posto de traballo". Esta pasada sexta feira houbo unha concentración en Compostela no aeroporto Rosalía de Castro para denunciar "a vulneración de dereitos sindicais e lingüísticos tan básicos como o dereito á información, á representación sindical e ao emprego do noso idioma" por parte de Enaire, que conta cun centro de traballo no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. O representante da FGAMT-CIG, Inácio Pavón, puxo de manifesto no decurso da mobilización contra a discriminación do galego que sofren as traballadoras e traballadores de Enaire que "por denunciar situacións laborais graves as nosas representantes nesta empresa levan anos a sufrir represalias que son unha e outra vez desoídas pola dirección". |
NOS_42927 | Pola volta de 15.000 persoas secundaron a convocatoria de CIG, CCOO, UGT e USTG para manifestárense en defensa do emprego en Ferrolterra e contra as políticas do PP | Baixo o lema "Queren afundir a comarca. Impidámolo!", milleiros de persoas participaron na tardiña desta cuarta na mobilización que percorrer as rúas de Ferrol en denuncia das políticas dos gobernos do PP e a súa consecuencia en Ferrolterra: Recesión e destrución de emprego. Pola volta dunhas 15.000 persoas secundaron esta manifestación, que estaba convocada polos sindicatos CIG, USTG, CCOO e UGT. Esta foi a cuarta manifestación sindical contra o abandono de Ferrolterra, unha dinámica mobilizadora (e secundada sempre por milleiros de persoas), que indica até que punto existe un malestar social coas políticas dos gobernos autonómico e central para a comarca. Na manifestación puidéronse ver faixas alusivas aos recortes en servizos básicos (servizos sociais, sanidade, ensino), á crítica situación do sector naval, á demanda do dique flotante, á falta de saneamento da ría, ou relativas aos recortes aplicados aos empregad@s público@s e ás empresas da comarca que atravesan dificultades, como é o caso de Poligal ou Privilege. Esquecida Os manifestantes denunciaron as políticas de recortes do PP, por entender que as mesmas so agravan a crise e provocan máis destrución de emprego. Para alén disto, tamén se criticou que os orzamentos xerais do Estado para 2013 volven deixar á comarca "totalmente desamparada. Unha comarca que xa está no récord de persoas en desemprego, que nin infraestruturas ten e á que lle secan a única fonte para crear emprego, o naval". |
PRAZA_12129 | Xornada dispar para os equipos galegos en todas as competicións. Dépor e Celta mantéñense primeiro e segundo grazas á espectacular remontada dos celestes. Montañeiros e Celta B achéganse un pouco á salvación coas súas vitorias, mentres que o Lugo mantén a súa traxectoria irregular na segunda volta. No básquet, vitorias de Obradoiro, Breogán e Ourense. Mala xornada no balonmán, con derrotas dos galegos. | Xornada dispar para os equipos galegos en todas as competicións. Dépor e Celta mantéñense primeiro e segundo grazas á espectacular remontada dos celestes. Montañeiros e Celta B achéganse un pouco á salvación coas súas vitorias, mentres que o Lugo mantén a súa traxectoria irregular na segunda volta e o Coruxo cae na casa. No básquet, vitorias de Obradoiro, Breogán e Ourense. Mala xornada no balonmán, con derrotas dos galegos. Fútbol Segunda División Sabadell 1 - Deportivo 0 Celta 4 - Almería 3 Segunda B Vecindario 1 - Lugo 1 Sporting B 0 - Celta B 2 Montañeros 1 - Tenerife 0 Coruxo 0 - San Sebastián de los Reyes 1 Primeira feminina O Olivo 1 - Atlético de Madrid 2 Terceira División Somozas 4 - Ordes 1 Betanzos 1 - Bergantiños 0 Racing Vilalbés 0 - Racing de Ferrol 2 Dorneda 2 - As Pontes 1 Cerceda 0 - Ourense 3 Cultural Areas 2 - Negreira 0 Lalín 2 - Alondras 0 Pontevedra 0 - Vilalonga 1 Deportivo B 4 - Estradense 1 Xuventú Sanxenxo 1 - Rápido de Bouzas 3 Baloncesto Lucentum Alicante 63 - Blusens Obradoiro 64 Breogán 78 - Grupo Iruña Navarra 71 CB Prat Joventut 71 - Leyma Basquet Coruña 67 Tenerife Baloncesto 80 - Augas de Sousas Ourense 85 Fútbol-Sala El Pozo Murcia 6 - Azkar Lugo 1 Autos Lobelle 3 - Caja Segovia 1 Burela FS 6 - Hospitalet Bellsport 4 Balonmán Academia Octavio 23 - Cuatro Rayas Valladolid 30 Barakaldo 34 - Teucro 16 Grupo Asfi Itxako Navarra 40 - Balonmán Porriño 18 Hóckey Coinasa Liceo 5 - Igualada 2 Rugby Universidade de Vigo Rugby 35 - Cetransa El Salvador 37 Voleibol Club Vigo Voleibol 3 - Cajasol Juvasa 2 Segue en directo o fútbol do país en Marcador Galego |
PRAZA_3903 | As autoridades sanitarias poderán fixar prezos e os centros de diagnóstico clínico só poderán facer probas de coronavirus con prescrición facultativa e deberán comunicar os materiais ou test que merquen | As autoridades sanitarias poderán fixar prezos e os centros de diagnóstico clínico só poderán facer probas de coronavirus con prescrición facultativa e deberán comunicar os materiais ou test que merquenO Ministerio de Sanidade publica este martes no Boletín Oficial del Estado (BOE) unha orde pola que pon a disposición das comunidades autónomas "os centros, servizos e establecementos sanitarios de diagnóstico clínico de titularidade privada" que non estean a traballar xa para o Sistema Nacional de Salud. As autoridades sanitarias poderán fixar prezos para "evitar situacións abusivas no acceso a este servizo" e os laboratorios só poderán facer probas de coronavirus con prescrición facultativa.A concreción da intervención dos laboratorios privados súmase á xa establecida para os centros sanitarios privados desde a declaración do estado de alarma o pasado 15 de marzo. En virtude daquela directriz, toda a sanidade privada pode estar "ás ordes" da pública.Segundo a orde, a prescrición de probas en laboratorios privados deberá ser realizada por un facultativo "de acordo coas directrices, instrucións e criterios acordados ao efecto pola autoridade sanitaria competente" e os centros privados deberán comunicar ás comunidades autónomas as súas adquisicións e o uso de "hisopos para toma de mostras, medio de transporte do virus, reactivos de inactivación, kits de extracción de ácidos nucleicos ou reaccións de PCR, ou test rápidos diagnósticos".O control que se establece sobre o uso de materiais diagnósticos por parte de centros privados prodúcese ao tempo que en Galicia o PP redobra os seus ataques contra os tests rápidos facilitados polo Goberno central. O número 2 dos populares galegos, Miguel Tellado, cualificou este luns ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, de "irresponsable" por reclamar que a Xunta use os test rápidos. |
PRAZA_12015 | O sector percibe que a política cultural seguirá a mesma liña con Anxo Lorenzo como secretario xeral e Jesús Vázquez como conselleiro. Os recortes seguirán a ser a tónica xeral nos poucos meses que quedan de lexislatura | "Antes tiñamos unha Consellaría de Cultura, pero non solucionaba nada. Agora todo seguirá igual, igual de abandonado". Estas palabras de Antonio Durán Morris, presidente da Asociación de Actores, poden resumir a percepción que hai no seo do sector trala supresión do departamento que dirixía Roberto Varela. A decisión de Feijóo de disolver a Consellería de Cultura, e que Educación fagocitase as súas competencias, foi vista como un paso atrás e recibida con preocupación por parte do sector. "A eliminación supón un claro retroceso. As competencias plenas que a comunidade ten en patrimonio e en creación cultura xustifican que haxa un departamento propio", sinala Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores. No "retroceso" ao que se refire Bragado hai mesmo quen, cun pouco de ironía, ve o máis destacado da xestión cultural dende que o PP chegou a Xunta. "Parece que a decisión máis importante en materia cultural deste Goberno foi basicamente eliminar a consellaría", explica Morris para resumir a xestión dos últimos tres anos. As tesoiradas nos investimentos seguirán a estar presentes despois de varios anos de recortes e un Gaiás improvisado apañará gran cantidade dos orzamentos dedicados a cultura Máis alá da preocupación e das críticas, ao sector non lle queda máis remedio que adaptarse a uns interlocutores diferentes e afrontar un novo escenario. Non obstante, ese escenario quizais non sexa tan novo, xa que hai varios síntomas que indican que, en moitos casos, a continuidade será a liña para seguir. As tesoiradas nos investimentos seguirán a estar presentes despois de varios anos de recortes e un Gaiás improvisado apañará gran cantidade dos orzamentos dedicados a cultura. Ademais, o máis que previsible adianto electoral limitaría a marxe de manobra dos novos responsables -Anxo Lorenzo como secretario xeral e Jesús Vázquez, como Conselleiro de Cultura e Educación- para acometer grandes cambios de futuro. "A sensación que dá é que as políticas da administración dependen demasiado da lóxica electoral e que se paralizan constantemente ante os comicios", sinala o cineasta Jorge Coira, presidente de CREA, asociación de directores e realizadores galegos. O conselleiro adiantou esta semana no Parlamento a súa intención de eliminar o Consorcio e de que Agadic se encargase das competencias audiovisuais Precisamente, Coira traballa nun ámbito no que se coñece dende hai tempo o que é a parálise e a lóxica electoral. Na campaña de 2009, Feijóo comprometérase a crear un organismo único para a xestión audiovisual e eliminar así a duplicidade posta en marcha no bipartito con dous entes diferentes: a Axencia e o Consorcio. Non obstante, a promesa electoral quedou niso e a Xunta mantivo até agora unha bicefalia entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consorcio. A xanela única para o audiovisual seguiu a ser unha quimera até que chegou o único anuncio destacable do conselleiro Vázquez dende que asumiu Cultura. O conselleiro adiantou esta semana no Parlamento a súa intención de eliminar o Consorcio e de que Agadic se encargase das competencias audiovisuais. Toca agora ver en que prazos se materializa a unificación. "É unha boa noticia que se centralice a política audiovisual. Agora hai que esperar a ver se funciona ben ou non", admite Coira. |
NOS_8273 | Após a fin da ditadura de Franco, moitos documentos foron desclasificados para evidenciar a cruenta represión contra quen se opuxeron ao golpe de Estado de 1936. Outros, os máis comprometedores, foron eliminados, e os que se conservan non son doados de consultar. Historiadores denuncian a falta de transparencia. | A Xunta da Galiza vén de anunciar que dixitalizará en 2021 máis de 1,3 millóns de documentos do golpe de Estado e da represión custodiados, até o de agora, polo Arquivo do Reino da Galiza e os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra. Para este fin destinaranse perto de 170.000 euros, e porá estes fondos a disposición da cidadanía a través de Galiciana, o Arquivo Dixital da Galiza. Entre os documentos que se poderán consultar atópanse expedientes de responsabilidades políticas, informes penitenciarios, arquivos do Goberno civil e da Sección Feminina da Falanxe ou exemplares da prensa da época. "Que se dixitalicen sempre é de grande axuda porque facilita a súa consulta, mais trátase dunha documentación parcial e cun certo nesgo. Haberá que agardar para ver que documentos se dixitalizan finalmente", expón, en conversa con Nós Diario, o historiador Eliseo Fernández. Para el, resulta imprescindíbel "pór interrogantes sobre a verdade" dos informes policiais e xudiciais: "O papel das e dos historiadores é esencial para interpretar os feitos", engade. Na mesma liña apunta o tamén historiador Dionisio Pereira, quen salienta que o acceso a determinados fondos, como os da secretaría provincial do Movemento en Pontevedra, "non é doado" a día de hoxe. "Hai anos accedín a estes documentos, mais agora poñen moitas dificultades amparándose na Lei de Protección de Datos: pídennos acreditar que as persoas referenciadas nos arquivos que imos estudar ou divulgar xa faleceron, e isto, alén dun agravio, é unha medida discrecional, porque depende do criterio da persoa que te atenda", explica. Neste senso, pregúntase se o Goberno galego dixitalizará tamén eses documentos aos que hoxe dificulta o acceso e, en caso afirmativo, "de que maneira poderá influír" a devandita Lei de Protección de Datos para restrinxir a súa consulta. Arquivos 'filtrados' "Os documentos que pasaron ao Arquivo do Reino da Galiza non foron todos os que había na sede do Goberno Civil da Coruña, xa que se purgou a información máis comprometedora", salienta Dionisio Pereira. O mesmo tería acontecido cos fondos do Movemento de Pontevedra: "Nos arquivos da Falanxe faltan algúns historiais de persoas afiliadas ao partido, moi ben escollidos, e case todas as fotografías", sostén, en referencia a que, após a fin da ditadura e durante a Transición, "a algúns non lles interesaba que se asociasen co franquismo". Os arquivos que dixitalizará a Xunta, asegura, "non son moi comprometedores" e non achegarán "demasiadas certezas" sobre os crimes do Réxime, mais si permitirán comprender "a represión económica na Galiza", grazas aos expedientes de responsabilidade civil e política. "Hai milleiros por todo o país, son documentos que evidencian as sancións gobernamentais e un aparato represivo contra quen se opuxeron ao franquismo. En todos os concellos de Ourense, por exemplo, houbo episodios de represión documentados", asevera o historiador. Os arquivos da Garda Civil, tan valiosos como protexidos polo Estado Acceder aos documentos custodiados polas forzas policiais resulta especialmente complexo no Estado español. De feito, a ONU xa alertara en 2013 desta cuestión. "A Garda Civil pon moitas trabas ás e aos historiadores para accedermos a determinados arquivos, din cousas como que non están organizados e por iso non se poden consultar", sostén Eliseo Fernández, quen engade que esa documentación posúe "moitas chaves" da represión: "As persoas que foron paseadas constan nos informes policiais". Tamén Dionisio Pereira lamenta as "limitacións" para estudar os crimes do franquismo: "Os arquivos da Garda Civil ou do Ministerio da Gobernación (hoxe Interior) teñen información importante, mais o acceso aos mesmos está xeralmente restrinxido", di. |
NOS_42668 | O Consello Federal suízo aprobou o recoñecemento do arpitán e franco-contés como linguas minoritarias. | Suíza continúa a dar pasos cara ao recoñecemento da súa gran diversidade lingüística. Este país, que ten catro idiomas oficiais (romanche, italiano, alemán e francés), ven de recoñecer o arpitán ou franco-provenzal e o franco-contés como linguas minoritarias. Fíxoo o seu Consello Federal (equivalente ao consello de ministros) nunha xuntanza a principios deste mes e após aprobar o último informe da Carta europea de linguas minoritarias e rexionais. O franco-provenzal fálase no suroeste de Suíza e tamén en determinados territorios de Francia (Saboia) e Italia (Aosta, Piamonte). Ten por volta de 140.000 falantes e a Unesco considéraa unha lingua en perigo. De por parte, o franco-contés é falado no cantón suízo de Xura e en certos puntos do Estado francés. |
NOS_28910 | O presidente do comité asegurou que a maior parte dos operarios están "dispostos a esperar" se a empresa se comprometese a incorporalos, aínda que non sexa de forma inmediata, nos seguintes meses tras o reinicio da actividade na bancada. | O comité de empresa do estaleiro vigués Hijos de J.Barreras e os novos donos da unidade produtiva, Armón, iniciarán nos vindeiros días as negociacións para a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego extintivo, que suporá o despedimento dun centenar de operarios. O persoal de Barreras protesta pola venda a Armón, que só garante 20 de 120 empregos Neste sentido, a representación dos traballadores reclamará "un compromiso" á empresa para que recupere todo ese persoal "aínda que sexa máis adiante". Presión da Xunta Así o trasladou o presidente do comité, Sergio Gálvez (UXT), en declaracións aos medios durante unha nova concentración de protesta que tivo lugar esta quinta feira ás portas do estaleiro. Gálvez explicou que a principal reivindicación agora é que Armón asuma o compromiso de dar unha alternativa aos traballadores que se "van á rúa", e instou á Xunta a presionar á empresa nese sentido. "Un centenar de despedimentos parécenos desorbitado se, como din, vai haber carga de traballo", sinalou. O persoal de Barreras anuncia unha batalla legal "e na rúa" para evitar o despedimento dun cento de traballadores O presidente do comité asegurou que a maior parte dos operarios están "dispostos a esperar" se a empresa se comprometese a incorporalos, aínda que non sexa de forma inmediata, nos seguintes meses tras o reinicio da actividade na bancada. Mobilizacións no naval vigués Paralelamente á concentración ante Barreras, o persoal de Metalships tamén se concentrou nas súas instalacións, nunha xornada con paro parcial, para denunciar o bloqueo na negociación do convenio e o despedimento de dous operarios, entre eles o presidente do comité, José Fernández Vila, de CCOO. O sindicato convocou tamén, para esta sexta feira, unha concentración de traballadores ás portas do estaleiro Freire, ás 10,30 horas, "en defensa do sector" e contra a "represión sindical". O naval vigués volve saír á rúa para denunciar a situación "crítica" que está a vivir Igualmente, esta sexta feira terá lugar unha manifestación que sairá ás 11 horas de Metalships, en Teis, en dirección á delegación territorial da Xunta en Vigo. |
NOS_55976 | A portavoz nacional do BNG participou este sábado nunha ofrenda floral á escritora Begoña Caamaño. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, propuxo que Galiza empregue os fondos europeos Next Generation para a creación dun fondo cultural galego que sirva para impulsar "o talento e a creatividade" do país dar "difusión internacional" á lingua e cultura galega. A líder da formación frontista lanzou esta proposta durante unha ofrenda floral á figura da escritora Begoña Caamaño no parque que leva o seu nome no barrio de Fontiñas de Compostela. Alí, acompañada pola deputada Mercedes Queixas e outras mulleres do mundo da cultura, Pontón enxalzou a figura de Begoña Caamaño, "unha figura irrepetíbel e brillante" da literatura galega. A portavoz nacionalista salientou a achega das mulleres á cultura, que sofre a "invisibilización" por parte da sociedade e que considera preciso reivindicar. "Como muller, síntome orgullosa e representada polo traballo das escritoras galegas e da súa achega á política, onde seguimos necesitando que o feminismo ocupe todas as actuacións", remarcou Pontón. Bolsas para creadores e escritores Paralelamente, Pontón aproveitou o acto para lanzar unha proposta, pensada co fin de que os fondos europeos Next Generation "non acaben nas mans de catro multinacionais" e, pola contra, sirvan para "dar potencia ao país". Así, en materia cultural, propuxo a creación dun fondo que dea soporte á "creatividade e talento" que existe en Galiza e que contribúa á súa "internacionalización". Este fondo, continuou, tería como iniciativas a posta en marcha do Instituto Rosalía de Castro ou programas de bolsas para creadores e escritores noveles de cara a facilitar a súa inclusión no mercado editorial. |
QUEPASA_687 | Apenas 2 equipos quedan sen adestrador. | Apareceu a última hora Luís dos Aluminios, para salvar o SD Camelle. Precisamente este luns a antiga directiva ía presentar a baixa do club na RFGF, pero apareceu a salvación. Aparece un Luís que xa ten asumido a presidencia en varias ocasións, pero o equipo aínda ten que poñerse mans á obra coa renovación do plantel e do adestrador. Novos adestradores Só queda o propio Camelle e o Corcubión sen adestrador, a día de hoxe. Esta fin de semana facíanse catro presentacións. Cabana e Corme apostan pola canteira, tamén nos banquiños: Lelo, tras alzar a Copa da Costa Xuvenil, asume o mando do primeiro equipo do Corme. José Manuel, tras toda unha vida dedicada á base do Cabana, colle o relevo nos sénior de Fernando e Pablo, que volven a xuvenís. Laxe e Buño xa teñen míster: José Antelo, despois de deixar o Castrelo, asume o mando do SD Laxe. Miguel Ángel Rodríguez, que foi segundo nos cadetes do Sofán, asume o mando do novo Buño, que tamén viviu unha completa renovación na directiva. |
NOS_8696 | O novo secretario xeral dos socialistas galegos anuncia que fará cambios no grupo parlamentario só "se son necesarios". | O recentemente elixido como novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, avanzou hoxe que comezará a deseñar "nos próximos días" a nova Executiva do partido na Galiza, que quedará oficialmente constituída no Congreso Nacional do 7 e 8 de decembro. Así o asegurou nunha entrevista concedida á Cadena Ser, tan só un día despois de superar con máis de 58% dos votos o anterior secretario xeral, Gonzalo Caballero. Ante o risco de que, tras este proceso, o partido poida saír dividido, Formoso chama a coser as feridas "con sensatez". "A ese tren pódese subir en calquera momento, estamos todos subidos nel", asegurou. Con todo, o recoñeceu que é unha vitoria cunha marxe "ampla", o que reflicte, ao seu xuízo, que "hai unha amplísima maioría do partido que compartía a reflexión da necesidade de enviar unha mensaxe á cidadanía galega optimista e de que entenderamos esa falta de empatía co proxecto do PSdeG nas eleccións galegas". E é que, tal e como lembrou, nas citas electorais do ano 2019, os socialistas impuxéronse ao PP na Galiza nos comicios xerais e nos europeos, mentres que nos municipais conseguiron as alcaldías de "practicamente todas as cidades": Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo. "Necesitabamos dar unha resposta a ese escenario de que nas galegas, en cambio, fósemos terceira forza", engadiu. Candidato en 2024? Con todo, Formoso, até o de agora secretario do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña, aínda non se pronuncia sobre a persoa que encabezará a candidatura socialista nas próximas eleccións galegas. É unha cita para a que -salvo adianto- quedan uns tres anos, tempo que ve "máis que suficiente" para realizar as preceptivas primarias. "Non teñen por que ser dous anos antes, como ocorreu nas anteriores, senón que poden ser cunha marxe de tempo mínima. Así o estabelecen os estatutos do partido e o propio sentido común", explicou. "Agora o que toca é deseñar o futuro da parte operativa" do partido e "poñer a funcionar" os seus órganos para que falen "con máis consistencia das cousas externas que das internas". Cambios "se son necesarios" Pola súa banda, o secretario xeral saínte, Gonzalo Caballero, avanzou tras a súa derrota que non ten pensado abandonar o seu escano no Parlamento galego. Preguntado respecto diso, Formoso recoñeceu que é "un dos temas" que abordar en próximas semanas. "Aínda temos que dar o primeiro paso, que é conformar o órgano Executivo do PSdeG, e despois celebrar un Congreso, que ten que ser ilusionante, ademais dunha plataforma de traballo e de visibilidade do partido para o próximos tres anos", subliñou. Neste contexto, sobre se acometerá algún cambio estrutural nos grupos parlamentarios da Cámara Galega ou das Cortes Xerais, Formoso insistiu en que se fará "se é necesario". "Se non é necesario porque (as deputadas) serven como correa de transmisión da nova Executiva e hai identidade coas novas formas de traballar, non vai haber ningún inconveniente coa continuidade", asegurou. Continuará como alcalde e presidente da deputación O que si deixou claro Valentín González Formoso é que a súa nova responsabilidade á fronte do PSdeG é "totalmente compatible" con ser presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes de García Rodríguez. Para xustificalo, apuntou que Pedro Sánchez é, áao mesmo tempo, secretario xeral do PSOE e "presidente dun Goberno que manexa 446.000 millóns de euros en gastos". "Sendo secretario provincial do partido, sendo alcalde das Pontes e sendo presidente da Deputación duplicamos o número de alcaldías en 2019 con respecto a 2015. É unha compatibilidade que está acreditada e que bebe dese espírito de creación de equipos", resolveu. |
NOS_21215 | O ex-vicepresidente da Xunta e militante do BNG fala sobre o seu futuro: "Candidato do nacionalismo ao Congreso? Nin me vexo nin me deixo de ver. A política é algo máis que os cargos". | Anxo Quintana, ex-voceiro nacional do BNG e ex-vicepresidente da Xunta, concedeu unha entrevista a Radio Coruña-Cadena Ser na que insistiu na necesidade dunha "rebelión cidadá" que teña a Galiza como suxeito político posto que "nin a dereita, nin á esquerda, nin á outra esquerda de Madrid lles interesamos. Non nos van deixar crear riqueza". O antigo alcalde Allariz -militante de base do Bloque- referiuse neste contexto ao ascenso que as enquisas atribúen a Podemos: "Vexo a esa formación con simpatía, pero para Galiza non vale". "O bipartito foi un goberno excelente en relación co que chegou despois. Fixemos moito en pouco tempo" Logo de que se falase en diversos foros -Xoán Bascuas de Compromiso chegou a facelo publicamente e a favor- da posibilidade de que Quintana sexa o cabeza de lista ao Congreso dunha candidatura nacionalista unitaria, o ex-alcalde de Allariz afirmou que "nese posto nin me vexo nin me deixo de ver. Pero a política está por riba dos cargos, eu xa fun de todo". Na entrevista, o nacionalista tamén expresou o seu desexo de que nas próximas municipais "haxa candidaturas en clave de país en todos os concellos, como ocorreu hai catro anos, sen ir cara atrás" e tamén valorou a experiencia que supuxo o goberno bipartito: "Demostramos que o nacionalismo ten un proxecto para este país, que non só sabemos protestar. Fixemos moito en pouco tempo e ademais cumpriuse o dito de que 'outros virán que bo te farán'. En relación o que chegou despois, fomos un goberno excelente". |
NOS_51094 | A cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% en 2020. | A Consellería de Sanidade notificou este domingo o falecemento doutras catro persoas con coronavirus, o que eleva a 2.300 o número de vítimas da pandemia na Galiza. Estas catro persoas contaban con patoloxías previas. Dúas delas faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Trátase de dous homes de 89 e 79 anos. Un terceiro home de 85 anos faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e a cuarta vítima foi unha muller de 72 anos que morreu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. A cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% en 2020 respecto ao ano anterior (1.959 defuncións máis) e repunta un 12,3% nas dúas primeiras semanas de 2021 en taxa interanual (231 mortes máis), segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Este exceso de mortes de 2.190 persoas é superior en 731 persoas ao de 1.459 mortes que era a cifra oficial da Xunta de falecidos por coronavirus a 10 de xaneiro, segundo recolle na súa páxina web |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.