ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_1053 | O Deportivo conserva no plano formal as faculdades de administración e disposición dos seus bens patrimoniais, mais na práctica o exercicio desas competencias fica sometido á intervención do administrador concursal, a empresa AD Cryex. | Así se tira do auto do Xulgado do Mercantil Número 2 da Coruña en que se declara o Deportivo en situación legal de concurso voluntario. No auto dise tamén expresamente que o actual consello de administración "e os que desempeñasen o cargo de administradores nos dous anos anteriores a este auto" teñen o deber de comparecer persoalmente (en negriña no orixinal) perante o xulgado "cantas veces sexan requeridos" sen poderen delegar noutras persoas. |
NOS_39862 | Dous anos despois da primeira detección dunha baixada preocupante no nivel de auga do río Paraná, unha das principais vías de transporte de mercadorías na zona, a rexión padece unha seca agravada para a que aínda non se percibe final, poñendo en risco a subministración de auga ou as exportacións. | O río Paraná nace no Brasil e chega ao océano Atlántico tras pasar por Paraguai e a Arxentina, uníndose ao río Uruguai para formar o río da Plata, que delimita a fronteira entre a república austral e a Oriental. Ademais, é o segundo máis longo de América do Sur, tras o Amazonas. Durante 3.400 quilómetros, o tráfico fluvial que percorre as súas augas convérteo nunha das principais vías de tránsito de mercadorías do continente. Anualmente move 47 millóns de toneladas de soia, 23,4 millóns de toneladas de fariña, 5 millóns de toneladas de aceites vexetais, así como millo, trigo, cebada, colza, sorgo, arroz, cacahuetes, carne, mineral de ferro ou subministracións agrícolas, destaca o Comité Intergobernamental da Hidrovía, conformado pola Arxentina, Bolivia, Brasil, Paraguai e Uruguai. O 80% das exportacións agrícolas arxentinas móvese polo río, do mesmo xeito que o 96% do comercio transcontinental de Paraguai. Porén, a seca que padece a rexión nos dous últimos anos, e que se intensificou a partir de 2020, está levando a unha situación límite a vía fluvial, cunhas perdas estimadas de 2.686,25 millóns de euros, sinala a Cámara de Comercio de Rosario (Arxentina), e cun impacto sobre a economía arxentina de 4.400 millóns de euros, o 1% do seu PIB. Isto xerará, explican, menos fretes, servizos financeiros e de intermediación e consumo. 3 metros por baixo do nivel O caudal sitúase arredor de tres metros por baixo do seu nivel anual, explica a Comisión Mixta arxentino–paraguaia que se encarga da xestión conxunta dos recursos do río na zona. Á altura do Complexo Hidroeléctrico Yacyretá, entre a vila paraguaia de Ayolas e a arxentina de Corrientes, en 2021 o caudal medio anual foi de 8.500 m3/s, aproximadamente a metade do caudal habitual, a terceira cifra máis baixa desde 1901, e que apenas supera os datos de 1934 e 1944. A Subxerencia de Sistemas de Información e Alerta Hidrolóxica arxentina apunta a que xa se supera o ano con niveis inferiores ao límite de augas baixas. A pesar de que con cada vaga de chuvias o caudal repunta minimamente, non é quen de normalizar a situación da vía fluvial, precisamente cando na rexión a principal época de chuvia remata en marzo. Juan Borús, titular da Subxerencia, destacou que a situación actual "ten escasos antecedentes na historia rexistrada desde 1884", ao tempo que se negaba a aventurar unha data para recuperar a situación previa á seca, por mor de que na "interpretación da tendencia climática, a medida que un mira máis adiante tamén amplía a marxe de erro". A baixada do caudal non impide o tránsito de todos os buques, non obstante, limita a capacidade de carga dos barcos e encarece os custos do transporte pola hidrovía, obrigando tamén a desprazar por terra un número de cargas cada vez maior cara a outros portos, o que implica uns maiores custos ambientais. Ademais da navegación, a seca tamén afecta o abastecemento e potabilización de auga para consumo humano das poboacións da ribeira e maila pesca, recurso do que viven unha parte significativa dos seus habitantes. Amais, a seca dificulta a reprodución e alimentación da fauna, explica Borús. Variabilidade climática na rexión "Á variabilidade climática que temos na rexión é a manifestación máis evidente do cambio climático porque a dinámica atmosférica e de temperatura do océano está a darse dunha forma máis rápida que décadas atrás", explica o subxerente, que advirte de que "o corremento da fronteira agrícola foi intenso e o cambio no uso do chan modificou a resposta hidrolóxica da canle do río perante a chuvia". Aínda que a variabilidade climática na rexión -fornecida por fenómenos como o Niño e a Niña- é a explicación que ofrecen a meirande parte dos expertos, a duración desta seca é excepcional, sostén o investigador do Centro de Ecoloxía Aplicada do Litoral da Universidad Nacional del Nordeste Juan José Neiff, que salienta o problema de que as chuvias estacionais non sexan quen de compensar as sucesivas baixadas de caudal. Pola súa parte, o xeólogo Carlos Ramonell, catedrático da Universidad Nacional del Litoral, incide en que entre as causas que se expuxeron para xustificar o déficit de chuvias está o cambio climático, a construción de encoros no río ou a deforestación no Amazonas, debido a que as árbores desta bacía son as que emiten o vapor de auga que acaba por caer no Paraná en forma de chuvia. Estado de emerxencia na Arxentina A seca que xerou a baixada de caudal do río Paraná tamén provocou importantes perdas agropecuarias nas rexións polas que se estende. De feito, até o vindeiro 31 de xullo provincias arxentinas como Entre Ríos foron declaradas en estado de emerxencia e desastre agropecuario. |
PRAZA_17314 | Núñez Feijóo é un experto e convencido privatizador. Foi a man dereita de Romay cando implantaron en Galicia as nefastas Fundacións Sanitarias que despois tivo que rescatar –e incorporar ao Sergas- o goberno progresista, pois estaban todas en quebra. Tamén foi presidente de Correos (2001-2003) e aproveitou a ocasión para privatizar dita empresa pública. | O goberno de Rajoy actuou desde o primeiro momento, e de forma implacable, co obxectivo de degradar e descapitalizar os servizos públicos para xerar espazos de negocio ás empresas privadas. A sanidade foi seriamente atacada. O funesto Real Decreto 16/2012 significou unha auténtica contrarreforma que provocou graves prexuízos, difíciles de reparar, aos sistema sanitario, aos profesionais e, sobre todo, aos cidadáns. A restauración do dano causado debe ser unha prioridade do novo goberno. A ministra Carmen Montón coñece ben as dificultades deste obxectivo: na Consellería de Sanidade valenciana non llo puxeron nada fácil. Pero en Galicia segue a gobernar o Partido Popular e a degradación da sanidade pública continúa baixo a batuta de Núñez Feijóo, que é un experto e convencido privatizador. Foi a man dereita de Romay cando implantaron en Galicia as nefastas Fundacións Sanitarias que despois tivo que rescatar –e incorporar ao Sergas- o goberno progresista, pois estaban todas en quebra. Tamén foi presidente de Correos (2001-2003) e aproveitou a ocasión para privatizar dita empresa pública. No primeiro mandato, iniciado en 2009, o presidente da Xunta afirmou que podería privatizar actividades relacionadas coa sanidade pero nunca tocaría o núcleo duro do sistema: a bata branca. Como adoitan actuar no PP, Núñez Feijóo non tardou en facer xusto o contrario do que viña afirmando. Comezou coa rápida externalización de servizos de apoio (subministro e loxística, mantemento, limpeza e enerxía, cita previa, telecomunicacións, catering, etc) pero a privatización continúa, afectando a actividades tan importantes para o control do sistema sanitario como a alta tecnoloxía, o Laboratorio Central de Galicia, a investigación e mesmo as contratacións públicas do Sergas. É dicir: entrega a intelixencia e os datos máis sensibles da sanidade a mans privadas, que así deixan de estar baixo o control estrito da Administración. Despois de nove anos a sanidade pública está nunha situación dramática: Núñez Feijóo fixo unha drástica redución do orzamento sanitario, aplicou severos recortes de persoal, rebaixou o número de camas hospitalarias e puxo en mans privadas o novo hospital de Vigo mentres renovaba o concerto singular co hospital Povisa por dez anos máis. A actuación de Núñez Feijóo na sanidade ten unha estratexia ben definida (a que aplicou o PP en Valencia e Madrid con resultados nefastos): pretende suspender o dereito á atención sanitaria, establecido na Constitución, e converter a actividade sanitaria nun terreo lucrativo onde medran os negocios de empresas afíns e das grandes multinacionais tecnolóxicas e farmacéuticas, que se están a facer co control do sistema público. O traballo destrutivo continúa. O sistema sanitario está sendo atacado desde o propio poder. O goberno de Núñez Feijóo publicou a finais de 2017 unha norma tramposa. O Decreto de tempos máximos de espera debería servir para garantir o dereito dos cidadáns a ser atendidos nun prazo razoable no sistema público. Mais, pola contra, o que realmente garante é a derivación masiva de pacientes a centros privados e o castigo dos que non acepten tal derivación mediante a exclusión do dereito garantido por esta lei. Así o establece, de forma obscena, a Instrución 1/2018. Deste xeito os centros privados ven asegurado o negocio e incrementan de forma notable a actividade derivada do Sergas. Neste contexto enténdese que o Hospital da Coruña veña de asinar un Acordo Marco cos hospitais privados da cidade, por un montante total de case 100 millóns de euros, para realizar actividade concertada nos próximos catro anos. O acordo inclúe actividade asistencial, cirúrxica, probas complementarias e tamén a hemodiálise. Os centros máis beneficiados por este Acordo Marco son o Hospital San Rafael, Hospital Modelo e o Hospital Quirón, que xa ven realizando a hemodiálise de pacientes do Sergas desde hai anos. Con estas medidas o orzamento sanitario é desviado aos centros privados, mentres os públicos están sendo descapitalizados e privados de medios e persoal, que traballa en condicións cada vez máis precarias. Cómpre deter o deterioro da sanidade pública en Galicia, mentres sexa posible: debe ser unha das prioridades da oposición. Publicidade |
NOS_36906 | Em seu discurso perante a 71 Assembleia da ONU Filipe Jacinto Nyusi, presidente de Moçambique, fez um apelo a um maior dinamismo nas relações entre os Estados-membros da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa | Filipe Jacinto Nyusi lançou as suas sugestões sobre o bloco lusófono na conversa com a Rádio ONU, antes de discursar na 71ª Assembleia Geral das Nações Unidas. Cooperação "Vamos continuar como estamos mas não gostaríamos de ter uma CPLP teórica. Devia ser realizadora. As trocas comerciais, por exemplo, deviam ser concretas. A cooperação económica deve ser verificada. Nesta fase, estariamos ainda a consolidar a nossa união, porque os encontros não deveriam falhar. As agendas têm de ser firmes." O chefe de Estado moçambicano destacou ainda a importância do idioma no vínculo entre os países da CPLP, mas disse haver outros fundamentos que podem ajudar a promover avanços. Oportunidades "A língua é a que nos une, mas não é essencial porque nós tradicionalmente somos povos que já nos conhecemos e convivemos. Temos é que a nível de governos desenhar programas concretos e exequíveis, ver a monitoria e avaliação concretas e se exploramos todas as oportunidades que os nossos países têm." Moçambique tenta criar parcerias para dar maior autonomia para mobilizar investimentos para o país. A língua é a que nos une, mas não é essencial porque nós tradicionalmente somos povos que já nos conhecemos e convivemos De acordo com o presidente, a ideia é impulsionar áreas para um progresso sustentável inclusivo, para a criação de infraestruturas e promoção de avanços em áreas como saúde, educação e energia. Fonte: Rádio ONU/Elaboração própria |
PRAZA_12576 | O alcalde de Santiago resístese a dimitir malia admitir que destinou 291.000 euros que tería que ter pagado a Facenda a abonar pagamentos pendentes da súa promotora inmobiliaria con bancos e provedores. O popular xa "falou" con Feijóo e asegura que o PP está "tranquilo" coa súa situación porque "non hai fraude nin delito". | Gerardo Conde Roa en estado puro. O alcalde de Santiago tiña na tarde deste luns unha desas citas que un político ao uso só lle desexa aos seus peores inimigos. Máis dunha vintena de xornalistas, dez cámaras de televisión e un mar de flashes agardábano na sala de prensa do Concello para recoller en directo o xeito en que contestaría a dúas preguntas: defraudou case 300.000 euros a Facenda? E, por extensión, dimitirá? E Conde Roa respondeu. Profusamente, prolixo en detalles e abondoso en anécdotas e mesmo metáforas taurinas. O rexedor compostelán dispúxose a "coller o touro polos cornos" para explicar que si, que lle debe 291.000 euros ás arcas públicas en concepto de IVE de máis de medio cento de pisos construídos pola súa promotora inmobiliaria, que a Axencia Tributaria o apercibiu por isto e que o Ministerio Fiscal se querelou contra el. "Outra cousa é que haxa fraude fiscal", advirte, razón pola cal seguirá no seu cargo con "moito ánimo de servir á sociedade". Conde Roa asegura que os cartos están "nos bancos" e xustifica o impagamento polos "gravísimos problemas económicos" da súa empresa Non houbo fraude, razoa o político conservador, porque non existiu unha "ocultación deliberada de datos", se ben foi Facenda quen o "requiriu", e non ao revés. "Pero eu estaba xa en contacto con Facenda, estábamos pagando o IVE doutro ano anterior". Este tipo de débedas "hai que notificalas a Facenda?", pregúntase retoricamente. "Depende, nalgúns casos notifícase e noutros espérase a que sexa a Axencia Tributaria" a que avise de que "está á espera para presentar a explicación". É precisamente esa explicación, que terá que expoñer ante o xuíz este xoves, a que puxo en escena ante a prensa. Para isto remitiuse a dúas operacións da súa empresa, Geslander, "algo máis ca unha promotora, unha idea para poñer en marcha vivendas dignas de calidade", en Lalín, en Daimiel (Ciudad Real) e en Parla (Madrid). Eran construcións "dunha calidade excepcional", todas "de protección oficial". Pero con "gravísimos problemas económicos", nos que se apoia toda a argumentación do alcalde. É nese percorrido polas obras no que Conde Roa, ao carón dunha pantalla que amosaba recreacións das vivendas, realizou a menos ortodoxa das exposicións políticas para reiterar que "non hai fraude" nin "delito" no seu xeito de proceder. En Lalín, os cambios de condicións por parte do Concello e a Xunta producen un "atraso enorme" na promoción inmobiliaria e remata por vender "sete de 28 vivendas", cunha perda de tres millóns de euros. En Daimiel danse "dificultades nas vendas" malia seren "moi bonitas" as vivendas, a malograda Caja Castilla-La Mancha pecha a billa do crédito e a empresa de Conde Roa "come con patacas" as casas e 500.000 euros de perdas. En Parla, Iberdrola forza a Geslander a abonar 30.000 euros para pagar parte dun novo transformador eléctrico que lle dese servizo ao aire acondicionado das edificacións e a construtora sofre un novo buraco. Resultado: "onde están" os 291.000 euros que lle tería que ter pagado a Facenda? "Nos bancos", resume Conde Roa. "Cando en Lalín non se venden as vivendas nin se venden en Daimiel, o banco di que rematou". Conversas con Facenda e con Feijóo "Gustaríame ver cantos hai que se poñan diante de Facenda, a peito descuberto, como José Tomás ante un bo morlaco" No medio do marasmo e do relato personificado da crise do ladrillo, unha concreción. Os cartos que tiñan que ter ido ao erario "foron para cubrir débedas bancarias, débedas con provedores e aqueles traballos que se fixeran, para que ninguén quedase sen cobrar". "Cobraron os bancos, os construtores, os pequenos empresarios que participaron nas obras e as obras rematáronse, todas" e algunhas están "felizmente habitadas". Nas de Parla, por exemplo, "hai polacos, colombianos, checos... xente que naquel momento puido pagarse a súa vivenda". Pero Facenda non cobrou, se ben, asegura, a súa intención sempre foi abonar o que debe, mesmo antes de que o inspector que levou o seu caso concretase o montante total do IVE impagado. De feito, ao alcalde de Compostela "gustaríalle ver cantos hai" que "se poñan diante de Facenda como me puxen eu, a peito descuberto, como José Tomás diante dun bo morlaco, sendo un cargo público, coñecéndome dende o porteiro e o vixilante xurado" da sede da Axencia Tributaria. En síntese: hai débeda, pero el "non quedou cun só euro de Facenda", porque, reitera, os cartos "foron destinados a rematar as promocións" da súa empresa. O IVE, mantén "ía ser pagado". Como? "A prazos", con créditos bancarios ou axudas de "amigos e familiares". Xa o tería, feito, pero "non pode reunir 50 millóns das antigas pesetas en tres meses", di. A súa situación, ao cabo, asegura, non é distinta da de moitos outros. Non en van, "calquera español sufriu nalgún momento" un apercibimento coma este por parte de Facenda. "Non me chamen imputado, só son un querelado". Isto é, di, o que figura na querela que recibiu este mesmo luns e que non leu en profundidade por ter que participar nas festas da Pascua de Padrón. Nese documento xudicial o Fiscal tamén lle atribúe "vontade de defraudar", pero Conde Roa réstalle "importancia". "Cando unha querela se presenta contra alguén, non se di que é un santo varón". "Falei co presidente da Xunta, foi unha conversa cordial e correcta" Dadas as circunstancias e cando xa pasara máis dunha hora dende o inicio da śua intervención só restaba coñecer a repercusión que no seo do PP está a ter todo este episodio con Facenda e a súa negativa a ceder o bastón de mando. "Falei co presidente da Xunta, foi unha conversa cordial e correcta", afirma. No seo do seu partido, abonda, están "tranquilos" porque "me coñecen dende hai anos". E lonxe de deixar lugar a unha posible dimisión, si abre oco á posible exstencia dunha tram contra el. A cabeza de Conde Roa "xa está traballando", matinando en "que é o que hai por tras" da querela. "Aquí hai algo, unha dixestión pesada; de momento estamos a tomar un pouco sal de froitas", asevera, para ilustrar unha situación que lle lembra ao grupo Pink Floyd e a "un LP que se chamaba The dark side of the Moon". "Eu chegarei á cara oculta". Todo isto exporao ás 12 da mañá do día 12 ante o xuíz. Unha hora antes, o cómico Leo Bassi realizará unha particular actuación na propia casa do Concello de Santiago. |
NOS_27318 | Antidisturbios cargaron contra as persoas que protestaban fronte ao mitin de Vox no Auditorio Beiramar en outubro de 2019 e detiveran unha persoa. | A Fiscalía pide catro anos e medio de prisión para un acusado dun delito de "atentado", por lanzar lastras a axentes da Policía española durante un protesta que tivo lugar en Vigo con motivo dun mitin de Vox, e que será xulgado esta cuarta feira na Audiencia Provincial de Pontevedra. Segundo o escrito de acusación pública, o procesado formaba parte dun " tumulto" dunhas 300 persoas que se concentraron na tarde noite do 24 de outubro de 2019 nas inmediacións do Auditorio Mar de Vigo. Tratábase dunha concentración non comunicada á Subdelegación do Goberno español, convocada para protestar pola presenza na cidade de Santiago Abascal e outros cargos de Vox, que participaron nun mitin de precampaña con motivo das eleccións estatais de novembro de 2019. A Fiscalía sinala no seu escrito que o acusado se atopaba nesa concentración e que,"cando a Policía pediu aos participantes na mesma que se dispersasen para restablecer o tráfico na Avenida de Beiramar (que cortaran), el lanzou un valo aos axentes, sen chegar a alcanzalos, mostrando un "evidente desprezo polo principio de autoridade". A continuación lanzou unha lastra que golpeou un axente nun pé e, logo outro, que alcanzou outro policía nunha man, aínda que sen ocasionar lesións graves a ningún dos dous. O home foi interceptado e na súa detención resultou con lesións leves que requeriron "asistencia facultativa". Antidisturbios cargaron contra as persoas que protestaban fronte ao mitin de Vox no Auditorio Beiramar. A Fiscalía tamén reclama que se lle impoñan multas que suman 1.800 euros, e que indemnice a cada un dos axentes feridos en 224 euros. |
NOS_20464 | Os novos contaxios descenden lixeiramente e a taxa de positividade baixa ao 21,8%, aínda que os casos activos seguen en ascenso. | Os casos activos continúan en ascenso na Galiza e superan este domingo a barreira dos 70.000 -72.441, concretamente-, mentres que os novos contaxios baixan dos 8.000 e quedan nos 7.838 -776 menos nas últimas 24 horas. A presión hospitalaria tamén se incrementa con 569 hospitalizados, 30 máis que na última xornada. A taxa de positividade, pola súa banda, continúa en descenso e marca un 21,8%. Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18,00 do sábado, baixan a 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -dúas menos-, pero ascenden a 515 as hospitalizadas noutras unidades -32 máis. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, menos na Coruña, onde se mantén, aínda que cambia a repartición de pacientes por planta. Así, a área coruñesa conta con 126 pacientes en planta -tres máis-, pero con 14 en UCI -tres menos. Así, Vigo mantén a 10 pacientes Covid en UCI pero rexistra 78 noutras unidades -catro máis-; Ourense continúa con oito hospitalizados en críticos, pero con 75 en unidades convencionais -sete máis-; e Ferrol, que tampouco rexistra cambios en UCI, con tres pacientes, ten a 32 en planta -cinco máis. En Lugo, son seis os ingresados en críticos -un máis- e 57 en planta -cinco máis-; en Pontevedra hai oito hospitalizados en UCI -sen cambios- e 69 noutras unidades -cinco máis-; mentres que a área de Santiago e Barbanza continúa con cinco pacientes en críticos -sen cambios-, pero rexistra 78 noutras unidades -tres máis. Casos activos Os casos activos manteñen a tendencia ascendente -após a adaptación esta quinta feira pasada por parte do Sergas do novo protocolo de altas de pacientes infectados pola Covid que reduce os días de corentena-, e superan a barreira dos 70.000, concretamente 72.441, que supoñen 2.724 máis que o día anterior. Por áreas sanitarias, o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.158), seguida da da Coruña e Cee (+611), Pontevedra e O Salnés (+407), Lugo (+333), Santiago (+123), Ourense (+59) e Ferrol (+33). Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 18.647; seguida da da Coruña e Cee, con 14.656; Santiago e Barbanza, con 10.829; Ourense, con 8.400; Pontevedra e O Salnés, con 8.319; Lugo, con 7.547; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.043. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade esta pasada sexta feira 14 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días da Galiza aumenta a 3350,78 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3192,46 de media en España. Baixan os contaxios Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 baixan até os 7.838, após superar os 8.000 durante dous días consecutivos -8.614, o sábado e 8.427, a sexta feira- e após os 7.875 da quinta. Deste modo, a Galiza acumula desde o inicio desta pandemia 335.606 contaxiados por coronavirus, dos que 77.115 corresponden á área de Vigo; 71.117, á da Coruña; 50.520, á de Santiago; 41.984, á de Ourense; 39.945, á de Pontevedra; 34.746, á de Lugo; e 20.179, á de Ferrol. Nas últimas 24 horas realizáronse 7.722 PCR, que eleva a 3.462.903 as feitas desde o inicio da pandemia; e 10.286 test de antíxenos, que suman 1.290.948, o que supoñen 18.008 probas efectuadas entre ambas. En canto á taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende até o 21,8% desde o 25,68% do sábado, o 26,09% da sexta. Así, mantense moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Falecidos e curados As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia no conxunto da Galiza ascenden a 2.845, ao notificar a Consellaría de Sanidade este sábado dous óbitos. Mentres, 260.367 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse en todo o país desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 5.112 máis que as rexistradas até o día pasado. |
NOS_41451 | O goberno galego dotaríase dunha valiosa ferramenta anticrise cunha pequena inversión inicial que tería que acompañar cunha campaña para captar aforro e redirixir os depósitos propios até sumar os 500 millóns necesarios para funcionar a bo rendemento, a mesma cantidade que gastan as deputacións. | Da man de Xavier Vence e Guillerme Vázquez, o BNG reabriu a pasada quinta feira coa presentación dun detallado plan o debate sobre a necesidade de creación dunha banca pública galega, especialmente acaído nos últimos temos logo de que Galiza perdese todo o seu músculo financeiro tras a desaparición das caixas, convertidas nun banco que, previsibelmente, vive os seus últimos días á espera dun comprador, con todas as papeletas para calquera de carácter especulador e alleo ao país. Ante un panorama tan complexo e no medio dunha crise salvaxe, a función dunha banca pública galega pode ser, segundo os nacionalistas, unha ferramenta fundamental para a recuperación económica, "que pasa por facer circular de novo o crédito entre o tecido produtivo". Mais, primeiro, hai que creala, algo para o que non semella haber a máis mínima vontade por parte da Xunta do PP. E non será porque para intentalo necesite unha inversión faraónica. Obviando a posibilidade, en principio máis doada, de se quedar co 92 por cento público de NovaGalicia Banco, outras das opción polas que apostou o Bloque pasaría por partir de cero e crear uns instrumento novo. O mínimo legal para abrir ese proceso é ben accesíbel para calquera administración: 18 millóns de euros. O que valen, literalmente, dúas rotondas para unha Xunta que vén de pagar nove millóns para facer unha na Coruña. Os pasos son claros. O capital para arrincar son eses 18 millóns. Como é obvio, esa cantidade non chega para soster unha entidade financeira. Segundo os cálculos de Vence, habería que aspirar a sumar uns 500 millóns, curiosamente a mesma cifra que gastan as catro deputacións, cuxa eliminación aínda se mantén como demanda de amplos sectores. Mais, alén do aforro que suporía unha racionalización real das administracións de Galiza, o diñeiro preciso para chegar á cantidade requerida para se dotar dunha banca a bo rendemento podería saír de dúas vías. Por unha parte, unha vez constituída a nova entidade, o goberno galego debería abrir unha campaña de captación de aforro, segundo o BNG. Dada a súa enorme influencia, o máis probábel é que unha relevante porción das contas agora abertas en Novacaixa ou o Pastor pasarían ao instrumento público. Así as cousas, acadaríase un pasivo suficiente para apostar por unha política de crédito de impacto positivo para a economía do país. Asemade, a Xunta tamén tería na súa man outra vía de captación de capital ao redirixir os depósitos que ten na actual banca. A Xunta, que conta coa potestade para crear sociedades bancarias, se ben podería ser vetada desde Madrid, circunstancia moi significativa. "Crear unha nova entidade ten a vantaxe de supor un menor custo para as arcas da administración galega e permitiría un control total da actividade", sinalan desde o BNG, que lembra que tamén existiría a opción de recuperar NovaCaixaGalicia e reconstruír a caixa dende o seu infravalorado capital actual de 180 millóns para outorgarlle un uso social. Existen as vías. "Todas son mellores que a ditadura dos mercados da especulación", afirman os nacionalistas. |
PRAZA_10804 | Un médico do Sergas seguiu receitando ao doente un fármaco que deixou de estar cuberto porque lle daba mellores resultados que o alternativo e o Tribunal Superior considera que non pagarllo vulneraría o dereito á saúde recollido pola Constitución | Un médico do Sergas seguiu receitando ao doente un fármaco que deixou de estar cuberto porque lle daba mellores resultados que o alternativo e o Tribunal Superior considera que non pagarllo vulneraría o dereito á saúde recollido pola Constitución"Co medicamento alternativo, neste concreto caso, non se protexe a saúde do paciente, elemento primordial con fundamento no artigo 43.1 da nosa Constitución, que impón aos poderes públicos organizar e tutelar a saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios". Así se pronuncia o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nunha sentenza na que ratifica que a Xunta debe pagar a un paciente os 1.560 euros que lle custou un tratamento cun medicamento cuxo financiamento deixou de estar cuberto polo Sistema Nacional de Salud pero que no seu caso seguiu a serlle prescrito polo seu médico do Sergas por ter un maior efecto sobre a súa doenza que o fármaco alternativo con cobertura pública. O Sergas xa fora condenado en primeira instancia por este caso en outubro do ano pasado, pero recorreu teimando en non pagarlle ao paciente os 1.560 euros que este xa gastara no fármaco e agora o TSXG, nunha sentenza con data do pasado 5 de xullo á que tivo acceso este diario, ratifica que si debe reembolsarlle ese gasto.As análises probaron no caso deste paciente que o medicamento non incluído no sistema público deulle resultados "extraordinariamente mellores que co tratamento alternativo"Segundo o relato dos feitos da sentenza, tras unha operación de testículos en 2010 os servizos de endocrinoloxía do Sergas receitaron ao paciente unha sucesión de inxeccións de Reandrom, fármaco da marca Bayer que o 1 de abril de 2015 deixou de estar financiado polo Sistema Nacional de Salud. Ao paciente pautóuselle daquela un tratamento alternativo cun medicamento si incluído no catálogo de financiamento público, o Testo gel, pero análises posteriores detectaron que con ese fármaco o paciente obtiña valores de testosterona "moi por debaixo do valor inferior da normalidade". Así o indicou un informe de endocrinoloxía en xullo de 2016, "indicando o endocrinólogo do Sergas continuar tratamento con Reandrom". A sentenza indica que a análise de control realizada en abril de 2017 "tras a reanudación deste tratamento con Reandrom" volveu rexistrar índices de testosterona no paciente de novo dentro do rango na normalidade. O TSXG ratifica agora, como xa establecera a sentenza de primeira instancia, que o afectado tiña dereito a que o Sergas lle reembolsase os cartos que puxera do seu peto para pagar o fármaco non incluído no sistema público, "máxime se se ten en conta, e así se declara probado, que os propios facultativos da sanidade pública, concretamente o facultativo de endocrinoloxía do Sergas, indica que o paciente debe continuar co tratamento de Reandrom cada 9-10 semanas, deducíndose das análises de control uns resultados con dito tratamento extraordinariamente mellores que co tratamento alternativo" sen que a Xunta puxese en dúbida a competencia do médico para prescribir ese fármaco.O TSXG lembra que non só a Constitución senón a lei de saúde de Galicia establece que os medicamentos se dispensarán aos pacientes 'de forma adecuada ás súas necesidades', algo que debe determinar o médicoA sentenza do TSXG non só lembra que a Constitución garante o dereito á protección da saúde por parte dos poderes públicos senón que salienta que a propia lei de saúde de Galicia establece que "os medicamentos se dispensarán aos pacientes 'de forma adecuada ás súas necesidades', e quen ostenta a competencia para determinar cales sexan as necesidades do paciente, é o facultativo que ven tratando e controlando o proceso do enfermo".Segundo a sentenza agora ratificada polo TSXG, o Sergas deberá pagar ao paciente os gastos por 1.560 euros que este xa realizara no medicamento cando presentou a súa demanda "e os que poidan producirse no futuro". |
NOS_43330 | O 12 de novembro remata o prazo para conseguir poñerlle o nome de Rosalía de Castro á estrela HD 149143, e Río Sar ao seu planeta, HD149143b. | O 12 de novembro remata o período de votación para conseguir poñerlle o nome de Rosalía de Castro á estrela HD 149143, e Río Sar ao seu planeta, HD149143b. A iniciativa, promovida pola Agrupación Astronómica coruñesa Ío, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, naceu da campaña #NameExoWorlds da Unión Astronómica Internacional para celebrar o seu centenario, permitindo que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado. HD 149143 é a estrela asignada ao Estado español. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. Pola súa banda, o exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela. Topónimos asociados a Rosalía A Agrupación Astronómica coruñesa Ío propuxo nesta campaña o nome de Rosalía de Castro para a estrela HD 149143, e o de Río Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b. En caso de que se descubran máis exoplanetas neste astro, a súa proposta inclúe outros topónimos asociados á vida e obra de Rosalía como Laíño, Lestrobe, Bastavales, Conxo ou Iria. Os votos recolleranse a través desta web até esta terza feira día 12 de novembro. Os resultados finais serán dados a coñecer nun anuncio oficial da Unión Astronómica Internacional a partir de mediados de decembro, conxuntamente cos outros nomes das estrelas e planetas asignadas a cada país. |
PRAZA_16666 | Copasa, Taboada y Ramos, Geseco e Acciona obtiveron o mantemento das estradas estatais na Coruña, Lugo e Pontevedra cunha cláusula anulada polo Tribunal de Recursos Contractuais "por non ser conforme a Dereito" | O Ministerio de Fomento adxudicou na etapa á súa fronte da actual presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, máis de 300 millóns de euros en contratos de mantemento de estradas en toda España cunha fórmula ilegal que favorecía o 'dedazo' ás empresas construtoras. Esa cláusula ilegal estaba presente en polo menos tres contratos de conservación das estradas estatais das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo que suman preto de 30 millóns de euros e que foron parar a Copasa, Taboada y Ramos en sociedade con Geseco e Acciona, respectivamente. Copasa, Taboada y Ramos, Geseco e Acciona obtiveron o mantemento das estradas estatais na Coruña, Lugo e Pontevedra cunha cláusula anulada polo Tribunal de Recursos Contractuais "por non ser conforme a Dereito" En toda España son polo menos corenta os contratos adxudicados entre abril de 2014 e outubro de 2015, que na súa inmensa maioría están aínda vixentes e que expiran este mesmo ano, aínda que en teoría Fomento podería prorrogalos, segundo os pregos de condicións, que levaban a sinatura do daquela secretario de Estado de Infraestruturas e hoxe ministro de Xustiza, Rafael Catalá. En xaneiro de 2016, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, dependente do Ministerio de Facenda, determinou que Fomento incluíra unha cláusula ilegal en catro licitacións de estradas nas provincias de Cáceres, Cádiz, Guadalaxara e Valencia e deu a razón a un recurso presentado en novembro de 2015 pola Asociación Círculo de Empresas Andaluzas de la Construcción, Consultoría y Obra Pública (Ceacop). Como contou daquela Vozpópuli, o tribunal determinou que a cláusula, unha complexa fórmula matemática para puntuar as ofertas, debía anularse "por non ser conforme a Dereito", porque concedía excesivo peso na valoración das propostas a criterios arbitrarios, en detrimento de aqueles máis obxectivos, basicamente o prezo. En virtude desa cláusula, incluída baixo o epígrafe "Enumeración e puntuación dos criterios avaliables mediante fórmulas", o valor da puntuación económica da ofertas dos licitadores diluíase en favor da técnica (sen fórmulas automáticas de avaliación) e, en definitiva, deixábase "ao arbitrio do órgano de contratación a adxudicación da licitación", segundo a sentenza. Cando a cláusula foi anulada por ilegal o Ministerio xa levaba ano e medio aplicándoa en decenas de contratos de mantemento de estradas No momento de anularse esa cláusula, pasaran só 22 días desde as eleccións de decembro de 2015. Sen Goberno á vista, Fomento, que nese momento estaba en funcións como o resto do Executivo, non recorreu esa resolución de Facenda, que obrigou ao Ministerio a rectificar licitacións que tiña en curso por importe de máis de 400 millóns. O problema é que, tal e como puido comprobar eldiario.es, o Ministerio xa levaba ano e medio aplicando esa cláusula ilegal en decenas de contratos de mantemento de estradas. Malia que Fomento non responde á pregunta de a cantos contratos xa adxudicados afectou, este diario confirmou a existencia dun total de 40 adxudicacións cuxos pregos incluían esa fórmula contraria a Dereito. Eses contratos tiñan un orzamento inicial de 407 millóns de euros e foron adxudicados por un importe global de 306,9 millóns. Fontes coñecedoras da operativa aseguran que hai máis: cifran os contratos ilegais en máis de cincuenta, cun orzamento de máis de 450 millóns. Os pregos contan coa sinatura de Rafael Catalá, daquela secretario de Estado de Infraestruturas e hoxe ministro de Xustiza Deses contratos, polo menos tres facían referencia ao mantemento de estradas estatais en Galicia. En xullo de 2014 Acciona adxudicouse por 7,5 millóns de euros o mantemento por catro anos de diversas estradas na provincia de Lugo nun contrato que fora licitado por 10,1 millóns. En novembro de 2014 un contrato similar para o mantemento tamén durante catro anos de estradas na provincia de Pontevedra foi adxudicado á construtora ourensá Copasa por 11,6 millóns de euros tras ser licitado por 15,6 millóns. E en xuño de 2015 outro contrato para estradas na provincia da Coruña licitado por 12,9 millóns foi adxudicado por 9,9 millóns á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada pola tamén galega Taboada y Ramos e Geseco. A provincia de Ourense non aparece no listado, pero nela xa transcenderan en 2013 diversas irregularidades en contratos similares. Todas as licitacións foron postas en marcha pola Dirección Xeral de Estradas, cuxo responsable é desde 2012 Jorge Urrecho, antigo colaborador do ex-ministro Francisco Álvarez-Cascos. Os pregos tiñan o visto e prace de Catalá, responsable de asinar as resolucións que os autorizaron entre decembro de 2013 e xuño de 2014, e a bendición previa da Avogacía do Estado. Aínda que as valoracións das ofertas non son públicas, fontes coñecedoras desta operativa aseguran que Estradas utilizaba esa cláusula ilegal "de forma absolutamente arbitraria para adxudicar os contratos ás empresas previamente elixidas, simplemente puntuando tecnicamente 3 puntos máis que ao seguinte licitador, como o demostra que durante ese período de tempo máis do 90% das adxudicacións recaían nas empresas mellor valoradas tecnicamente, sen importar a oferta económica que se fixese". Baixas temerarias A cláusula estaba pensada para evitar as baixas temerarias pero o tribunal entendeu que propiciaba que sexan os criterios de valoración non automática os determinantes da adxudicación" A cláusula que logo anulou o Tribunal de Recursos Contractuais en teoría estaba pensada para evitar as baixas temerarias nas ofertas económicas. Pero o órgano dependente de Facenda tombouna por entender que propiciaba "que sexan os criterios de valoración non automática os determinantes da adxudicación". Aínda que as baixas eran "nominal e formalmente posibles máis aló do límite de referencia fixado", a fórmula anulada privábaas "de relevancia práctica", segundo o órgano dependente de Facenda. Noutras palabras, e sempre segundo a resolución, "está a penalizarse ás ofertas máis baratas de tal modo que, por baixo dese determinado límite ou limiar, aínda que baixen o prezo ofertado á Administración, non obteñen unha puntuación relevante, de modo que se disuade unha posible maior baixa ou economía no contrato, á vez que non se permite a formulación de alegación algunha por parte dos contratistas en xustificación da súa oferta de modo que a baixa obteña unha puntuación relevante". A patronal considera "sa" o cambio periódico das fórmulas de valoración A patronal do sector das adxudicatarias destes contratos é a Asociación de Empresas de Conservación y Explotación de Infraestructuras (Acex), que recoñece que a resolución do tribunal que supuxo a derrogación da fórmula de valoración económica dos concursos foi unha decisión "sen precedentes". Acex subliña que, independentemente da ilegalidade desa cláusula, o cambio periódico das fórmulas de valoración é unha medida "sa" porque "cando se manteñen determinadas liñas, prodúcese certa retroalimentación e xérase quecemento nas ofertas". Pola súa banda, o Ministerio de Fomento non contestou ás preguntas de eldiario.es sobre este asunto limitándose a sinalar nun correo electrónico que "se anularon as licitacións que levaban esta cláusula e posteriormente volvéronse a licitar cos pregos corrixidos". Pero obvian eses contratos valorados en máis de 300 millóns adxudicados con anterioridade á decisión de Facenda. Unidos Podemos pediu a comparecencia do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e de Catalá e o PSOE advirte do risco de que Fomento decida prorrogar eses contratos Este mércores, o grupo parlamentario de Unidos Podemos pediu a comparecencia do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e de Catalá para que dean explicacións sobre este asunto na Comisión de Fomento. Pola súa banda, o deputado do PSOE César Ramos, que en outubro pasado preguntou por escrito ao Goberno por estas adxudicacións, advirte do risco de que Fomento decida prorrogar estes contratos, a inmensa maioría dos cales, incluídos os tres galegos, están vixentes e expiran este ano. Na súa resposta ao socialista, o Goberno central lembrou que o prego de condicións empregado para eses contratos fora informado pola Avogacía do Estado e polo tanto conformes a dereito mentres os tribunais de xustiza non declaren que non se axustan á lei. |
NOS_48160 | O líder de Esquerra Republicana pídelle a Artur Mas que chame xa ás urnas para poder negociar os orzamentos "cunha maioría soberanista que destine partidas ás novas estruturas de Estado". | O líder de ERC, Oriol Junqueras, esixiu ao presidente da Generalitat, Artur Mas, que convoque as eleccións catalás "canto antes" e así pospoñer a negociación dos Orzamentos de 2015 (que precisan un acordo entre Esquerra e CiU) para o mes de maio ou xuño. "Téñense que convocar os comicios antes de chegar ao trámite do presuposto -previsto para mediados de xaneiro-, xa que en caso contrario solaparíanse coas eleccións municipais e as xerais e isto non é bo para ninguén", expuxo o dirixente independentista nunha entrevista coa axencia Europa Press. "Adiar o proceso de independencia non axuda en nada a ninguén, a non ser que se estea en contra da independencia de Catalunya", cre Junqueras, que asegura que está constantemente en contacto co presidente catalán e outros líderes políticos, económicos e sociais, cos que se reuniu, xunto a Mas, a pasada fin de semana. Así, ERC sostén que uns orzamentos en maio cunha maioría soberanista no Parlament permitiría contemplar as primeiras partidas destinadas ás "imprescindíbeis" estruturas de Estado, mentres que facelos en febreiro supoñería acollerse ás directrices do Ministerio español de Facenda. |
NOS_22769 | O ciclista disputa a súa derradeira Volta a Portugal. | As historias de superación e as despedidas lendarias non só teñen lugar nos Xogos Olímpicos. A máis de 11.000 quilómetros de Tóquio, con 41 anos, o ciclista galego Gustavo César Veloso afronta o seu particular Last dance -emulando o título do afamado documental protagonizado por Michael Jordan- na súa proba fetiche, a Volta a Portugal. Dúas veces gañador da camisola amarela e segundo clasificado na xeral do 2020, o deportista vilagarcián di adeus á Grandíssima como líder do equipo Atum General-Tavira-Maria Nova Hotel, ademais de como cabeza visíbel dunha representación galega conformada por tres corredores máis na LXXXII edición da rolda máis importante do calendario luso de estrada. O estradense Alejandro Marque e o redondelán Samuel Blanco compartirán equipo con Gustavo César Veloso, mentres que o cambadés Ángel Sánchez defenderá as cores da escuadra Tavfer-Measindot-Mortágua, integrando así un póker de corredores no que ningún é novato nunha Volta que o ciclismo do país xa conquistou en oito ocasións, da man de David Blanco (5) e os propios Gustavo César Veloso (2) e Alejandro Marque (1). Co Movistar Team como gran atracción na liña de saída, o primeiro maillot de líder púxose en xogo nun prólogo de 5,4 quilómetros en Lisboa, con vitoria para Rafael Reis (Efapel), que entrou por diante do ex ciclista do Vigo-Rías Baixas Mauricio Moreira, mentres que Veloso foi décimo. Na etapa desta quinta feira, 5 de agosto, o líder confirmou a súa condición de favorito gañando de novo, nesta ocasión logo dun ataque con éxito tras aproveitarse dun descenso nos quilómetros finais tras ascender o Alto da Arrábida, situado na súa localidade natal, Setúbal. Con respecto á delegación galega, todos chegaron integrados no pelotón, a apenas dous segundos do gañador e líder Rafael Reis. A Volta a Portugal estenderase até o 15 de agosto, e no percorrido destaca outra loita individual contra o reloxo, de 20'3 quilometro. As etapas raíñas desta rolda de categoría 2.1 rematarán nas dúas subidas máis célebres do país, o alto da Torre -o punto máis elevado do Portugal continental, que se subirá este sábado 7 de agosto- e a ascensión á Senhora da Graça, prevista para a penúltima xornada. A selección galega corre en Cantabria A tempada aínda non rematou para a selección da Galiza de estrada, que vén de disputar no pasado mes de xullo os Campionatos de España en Idade Escolar e Júnior. O combinado nacional participa desde o 6 de agosto -estreándose coa durísima V Subida a la Bien Aparecida- e até o vindeiro domingo na Vuelta a Cantabria Feminina, proba para a que o seleccionador, Jose Manuel Abalo, confeccionou unha convocatoria composta por catro júniors e cinco cadetes. Así, as ciclistas que defenderán as cores galegas nas estradas cántabras son na categoría Xuveníl Sonia Domínguez Estévez (XSM, C.C.), Laura María Mira Juárez (Avanza, A.D.), Claudia García Salgado (Farto, C.C.) e Carmen Mallo Domato (Cambre, C.C.), mentres que na Cadete as escollidas son María Filgueiras Barcenilla (Caimanes Betanzos, C. BTT), Lara Fuentes García (Cambre, C.C.), Vania Gregores López (Ponteareas, C.C.), Andrea Prado Laredo (Betanzos, C.C.) e Aroa Otero Táboas (Avanza, A.D.). |
PRAZA_17468 | ENTREVISTA A actual vicepresidenta da Deputación da Coruña e edil na capital galega vén de ser elixida cabeza de lista do BNG para as vindeiras eleccións municipais | Goretti Sanmartín leva tres anos na corporación municipal compostelá, pero moitos máis en Santiago. Dende que aos 18 anos chegou á capital galega e "decidiu ficar". A pasada semana o BNG formalizou a súa elección como cabeza de lista para as vindeiras municipais de 2019, nas que remudará a Rubén Cela no cartel electoral da formación soberanista. Filóloga de formación e profesora de profesión, Sanmartín participou en diversas organizacións do activismo cultural e feminista e é tamén dende 2015 vicepresidenta da Deputación da Coruña, labor que, coida, é mostra do traballo que o Bloque pode facer tamén a nivel municipal. En Compostela, afirma, o BNG "ten equipo" para que "as cousas non nos collan a salto de mata" e lograr mudanzas sen "afogar na xestión diaria". Como afronta a candidatura no actual contexto político, cales son as súas primeiras sensacións? Con moita responsabilidade, sabendo que é unha candidatura de Santiago que é a capital do país; capital política e tamén como referente e historia do nacionalismo, un lugar con moitas posibilidades. Tamén con moita satisfacción. Eu levo 3 anos traballando na corporación e entendo que Santiago necesita un impulso, dar un paso adiante e ter máis ousadía e proxectos ambiciosos, que sexan capaces de transformar e ter un modelo a medio e longo prazo. Nós temos ese proxecto e equipo para facelo. Cales son, ao xuízo do BNG, os principais retos do vindeiro mandato en Compostela? No actual, todas as forzas agás o PP concordaban en que cumpría comezar por un regreso á normalidade tras a sucesión de rexedores, sospeitas de corrupción… "A recuperación da normalidade no Concello é algo que todo o mundo agradece, pero cremos que temos que dar máis pasos" Esa recuperación de normalidade que nunca debeu desaparecer é algo que todo o mundo agradece, pero cremos que temos que dar máis pasos. Por exemplo, para conseguir democratizar os espazos nunha cidade que coide de maneira moi especial o seu tesouro, a zona vella cun gran pacto para que a xente de Santiago, se quere, poida vivir nela; que non sexa só un lugar onde só nos vemos en Cineuropa e o resto do tempo haxa dúas cidades. Temos que ser capaces de construír e cambiar as políticas urbanísticas, culturais e ambientais para poñer as persoas no centro. Por iso, por exemplo, fixemos a proposta de que no lugar da ORA se estude un sistema rotatorio e gratuíto de aparcamento máis parecido ao de Pontevedra, con moitos elementos que se poden trasladar a Santiago. Queremos tamén unha cidade onde as mulleres vivan tranquilas e poidan andar con seguridade a calquera hora. O vindeiro mandato será tamén o do Xacobeo 2021; cal é a súa aposta para abordar un dos principais retos da capital galega, como é atallar o risco de masificación turística? Ten que haber un plan integral onde poidan sentar todos os sectores implicados; pisos turísticos, hostalería, veciñanza… Onde todo o mundo estea representado e chegar a un consenso. O que está claro é que ten que haber vivenda social e vida na zona vella. Non podemos matar ese tesouro que temos e iso ten que ser compatible con que haxa visitantes. O que hai que conseguir, e sobre iso non se traballou suficiente, é a desestacionalización do turismo. Non pode estar ligado á mesma etapa e a uns poucos lugares; hai que conservar todo o que é propio de Santiago. En canto ao Xacobeo, non podemos pensar nun plan para un ano nin en política espectáculo, que en 3 concertos se gasten 3 millóns de euros. Cómpre unha política cultural clara que tamén pase pola integración; hai demasiadas cuestións en Compostela onde semella que hai varias cidades; a dos turistas, o rural, a universidade… O BNG apoiou diversas decisións do Goberno local de Santiago neste mandato; aposta por un clima de entendemento cara ao vindeiro se a correlación de forzas volve permitir unha maioría da esquerda? "Hai múltiples maneiras de chegar a acordos e nós sempre tivemos a man tendida; agora estamos no momento de que cada forza política expoña o seu modelo" O BNG sempre leva no seu ADN o diálogo e a política de pactos; cogobernamos en deputacións e en moitos concellos. En Santiago estivemos facendo unha posición responsable; se é mellor para a veciñanza que haxa orzamentos, dotamos a este goberno de recursos. Pero non sempre ao final eses pactos acabaron executándose, de aí a nosa decepción e a dun sector da poboación. Estamos nun momento no que cada forza política ten que expoñer os seus modelos e estamos tamén moi lonxe, neste momento, de que vaia haber unha maioría absoluta do PP. Hai múltiples maneiras de chegar a acordos; nós sempre tivemos a man tendida para facer factible que determinadas políticas se puidesen levar a cabo. Por iso cando nós damos apoio aos orzamentos, á municipalización da ORA, aos aparcamentos disuasorios... O lóxico é que ao final pidamos contas. As eleccións municipais preséntase como a primeira gran proba para a nova xeira do BNG aberta tras a última asemblea nacional. Como cre que resultará esta proba? "A nivel nacional estamos en moi bo momento, moita xente mira para o BNG e volvemos ser un referente, tamén para a xente nova" Eu creo que a nivel nacional estamos en moi bo momento. Moita xente mira para o BNG, volve ser un referente; tamén para a xente nova. E temos moi claro que imos ir por todas. Pode ollarse na escolla das candidaturas; queremos facer candidaturas moi potentes, cos mellores equipos por tras para conseguir que todo o mundo nos referencie. O tempo que Ana Pontón leva sendo portavoz nacional foi un tempo magnífico de recuperación; somos capaces de chegar á xente. Esta é a liña na que imos continuar nun momento político moi importante no que aspiramos a dar moitas alegrías ao nacionalismo ao conxunto da poboación. Porque con políticas como as que nós defendemos temos claro que defendemos as maiorías sociais nun espazo no que Galiza poida decidir por si. Vostede afronta a candidatura despois dun mandato como vicepresidenta da Deputación da Coruña; cre que o labor desenvolvido polo Bloque nesta institución pode impulsalos a nivel municipal? Nós non chegamos á deputación para facer o de sempre, senón para cambiala, e creo que todo o mundo ve que algo mudou na Deputación de maneira radical. Fixemos as cousas que nos comprometemos a facer malia á lentitude da maquinaria administrativa, como na axuda aos concellos co plan único ou con liñas de subvencións novas moito máis acaídas á realidade cultural que temos. O acordo de goberno era moi ambicioso e fomos quen de cambiar cousas que van quedar; ninguén se vai atrever a cambiar o plan único dos concellos, porque hai acordos unánimes, ou a concorrencia competitiva para apoiar festivais, fundacións ou entidades. Daba vertixe, pero fomos quen de facelo con moito traballo e algo axudará [nas eleccións municipais]. |
NOS_36096 | Esta é a segunda entrega en banda deseñada do universo Black is Beltza, o proxecto transmedia impulsado por Fermín Muguruza. | Ainhoa nace en Bolivia e medra en Cuba. No 1988 comeza unha viaxe para coñecer Euskal Herria, terra do seu pai, onde coñece a Josune, unha xornalista comprometida. Ainhoa e Josune comezan xuntas unha viaxe que as levará do Líbano a Afganistán e a cidade de Marsella. Son os derradeiros anos da Guerra Fría e ámbalas dúas descubrirán o escuro mundo das redes do narcotráfico e os estreitos vínculos destas coa política. Esta é a segunda entrega en banda deseñada do universo Black is Beltza, o proxecto transmedia impulsado por Fermín Muguruza, que non só completa senón que mellora a anterior. A historia de Manex e as súas viaxes eran interesantes, trepidantes e aditivas e as da súa filla non son menos. Desta volta a acción parte dos derradeiros anos da década dos oitenta, uns anos intensos, cos ianquis metidos en fariña, financiando á contra en Nicaragua e os talibáns en Afganistán. Anos convulsos tamén no Estado español, nos que o conflito vasco estaba no momento máis duro de violencia e represión e a heroína levaba por diante unha xeración en Euskal Herria –e tamén na Galiza, por certo-. Fermín Muguruza: "A cultura é a arma máis poderosa que podemos ter" O guión que asinan Muguruza e Cano (coa axuda de Isa Campo) é solvente, un thriller de acción que levará as mozas protagonistas por medio mundo na busca de respostas persoais e profesionais. A trama está, como non podía ser doutro xeito, atravesada pola música e pola vida de Muguruza. De feito, a música case é outra protagonista máis desta historia. A parte gráfica está a cargo de Susanna Martín que resolve moi ben toda a imaxe do libro e non oculta a evidente influencia do Corto Maltés de Pratt. Martín atopa o seu sitios cun debuxo que se afasta do primeiro tomo, debuxado por Jorge Alderete, mais que non é radicalmente distinto. Martín opta por unha liña algo máis difusa nas contornas, no entanto, segue o mesmo esquema na cor, manexando con habelencia as sombras e luces e usando cores distintas para cada lugar que visitan as protagonistas. Unha obra ben entretida que, sen dúbida, será máis saborosa aínda coa música como acompañante da lectura, porque como dixo Allende, sen música non hai revolución. |
NOS_14454 | O Consello da Cultura inaugura mañá unha mostra en Compostela | Mañá ás 17 horas terá lugar a inauguración da mostra Afonso X e Galicia, o último proxecto do Consello da Cultura Galega, que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura, a Deputación de Ourense e a Universidade de Santiago. A exposición pretende achegar aspectos pouco coñecidos da figura de Afonso X, revisando a súa pegada na cultura galega. O comisario é o músico, musicólogo e medievalista Antoni Rosell. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Deputación de Ourense, Jose Manuel Baltar, daranse cita na Igrexa da Universidade para presentar unha mostra que ofrece un percorrido pola faceta máis humana de Afonso X, pola moderna concepción do seu proxecto político, a universalidade e a aposta decidida na lingua galega. O relato constrúese a través dunha narrativa multimedia, condicionada polas circunstancias sanitarias. O deseño está pensado para "tocar" virtualmente a través dos móbiles, para alén de proxeccións visuais e sonoras que recrean o universo místico do monarca. Afonso X e Galicia estará aberta na Igrexa da Universidade de até o 24 de abril (de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, de segunda feira a domingo). Está distribuída en cinco salas, un espazo central e o anexo final que dan conta da relevancia de Afonso X, pero, sobre todo, da súa influencia e da vixencia do seu pensamento. O itinerario non é cronolóxico, senón que ofrece un percorrido flexíbel e multidisciplinar con diferentes bloques temáticos. A primeira das súas itinerancias será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Para alén de Rossell, responsábel do deseño intelectual da exposición, a posta en escena recaeu no arquitecto Roger Badía, especialista en rehabilitación de patrimonio e deseño de instalacións lumínicas e performativas. |
PRAZA_20793 | Xove, Lobeira, A Illa de Arousa e Vimianzo, unha localidade de cada provincia, son os concellos galegos con máis casos por habitante. Con todo, preocupa máis a situación en vilas como Verín, Boiro, Bueu, Tomiño ou Rianxo e tamén nas cidades da Coruña e Santiago. A Consellaría de Sanidade decidirá este venres se endurece as restricións. | Aínda que o empeoramento da situación epidemiolóxica en Galicia froito das festas de Nadal só incrementou un chisco o número de casos detectados e a incidencia acumulada, unha parte do país está a xa a rexistrar un número de contaxios moi importante, que nos máis dos casos teñen a súa orixe en gromos e infeccións producidas nos días previos á Noiteboa.Xove, Lobeira, A Illa de Arousa e Vimianzo, unha localidade de cada provincia, son os concellos galegos con máis casos por habitanteO concello lucense de Xove, na Mariña, é o que nestes momentos presenta unha situación máis preocupante, cunha incidencia de 2.322 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. O ourensán Lobeira (2.256), o pontevedrés da Illa de Arousa (1.807) e o coruñés de Vimianzo (1.360). Unha localidade de cada unha das catro provincias galegas, mostra de que a pandemia está estendida por todo o pais, tanto zonas urbanas como rurais, costeiras ou de interior.Con todo, o mapa si amosa que determinadas comarcas (Costa da Morte, Verín, Barbanza...) concentran un gran número de localidades con incidencias por riba dos 400 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días. En concreto, son 32 os concellos que superan ese nivel, moi elevado, e que se sitúa máis de dúas veces por riba da incidencia media no conxunto de Galicia (181,12).Preocupa máis a situación en vilas como Verín, Boiro, Bueu, Tomiño ou Rianxo e tamén nas cidades da Coruña e SantiagoAínda que entre eses 32 concellos non se atopa ningunha das sete cidades galegas, si atopamos a vilas de grande importancia e moi poboadas ou que se constitúen en cabezas de comarca. Santa Comba, con case 10.000 habitantes, ten nestes momentos unha incidencia acumulada de 658 casos por cada 100.000 habitantes. E por riba dos 10.000 habitantes presentan incidencias moi elevadas Verín (605), Boiro (499), Bueu (475), Tomiño (474), Rianxo (471), Viveiro (414), Ribeira (372) ou Noia (358)No outro extremo, iso si, segue a haber un gran número de localidades que escapan dos contaxios de Covid-19, un total de 69 nas que non se rexistrou ningún contaxio nos últimos 14 días. Estes concellos localízanse maioritariamente nas provincias de Lugo e Ourense e corresponden a zonas pouco poboadas. Entre eles, Outeiro de Rei e Cerceda son os únicos que superan os 5.000 habitantesA Consellaría de Sanidade decidirá este venres se endurece as restriciónsNa seguinte táboa pódese observar a evolución dende a Noiteboa da incidencia acumulada nos 40 concellos máis poboados de Galicia. Entre os indicadores destaca o rápido empeoramento da situación na Coruña (pasou de 118 a 192 casos por cada 100.000 habitantes), Compostela (de 218 a 240) ou Ferrol (de 138 a 174). Empeoran tamén rapidamente Ames, Oleiros, Arteixo, Culleredo ou Teo. Este luns o Comité Clínico da Consellaría de Sanidade acordou engadir ao listado de "vixilancia especial" a todos os concellos das comarcas da Coruña e Santiago: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Sada, Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.Entre os concellos que tamén incrementaron notablemente nos últimos días as súas cifras de contaxios están A Estrada (pasou de 59 a 239), Tui (de 150 a 228) ou Mos (de 199 a 312).Este venres o Comité Clínico volverá reunirse para actualizar as restricións vixentes en toda Galicia. A Consellaría de Sanidade sinala que se quere agardar ata esa data para analizar nese momento a situación epidemiolóxica existente e o efecto das festas de Nadal. Sanidade advirte especialmente do empeoramento da situación nas cidades da Coruña e Santiago, sinalando que este venres de seguir a actual "tendencia á alza" nas dúas urbes, o Comité Clínico "proporá medidas restritivas", propoñéndose "medidas concretas máis duras".A taxa de positividade duplicouse dende o 3,58% do pasado 24 de decembro ata o actual 7,68%, incremento moi preocupanteNos vindeiros días poderían comezar a percibirse os efectos dos posibles contaxios da Covid-19 que se produciron durante os encontros sociais deste Nadal, unhas infeccións que tardan entre 5 e 6 días revelar os primeiros síntomas e algún máis ata que son detectados por unha proba PCR. Pasaron xa 10 días dende o 25 de Nadal e ata agora o número de novos casos non experimentou un gran crecemento en Galicia (en boa medida debido á redución do número de PCR realizadas), pero si o fixo a porcentaxe de probas cun resultado positivo.Este adoita ser un dos primeiros indicadores que amosa de forma máis temperá un aumento na propagación da enfermidade. A taxa de positividade duplicouse dende o 3,58% do pasado 24 de decembro ata o actual 7,68%, incremento moi preocupante.A porcentaxe de probas positivas medrou en todas as áreas e supera xa o 9% na Coruña-Cee, Ferrol e Pontevedra-Salnés. Lugo e Vigo son as áreas que presentan mellores datos, pero superando xa o 6% e medrando dende o 2,7% e o 3,3% de hai unha semana.No seguinte gráfico amósanse as tendencias de seis indicadores (IA en 7 e 14 días, número de camas de UCI ocupadas, número de camas ocupadas noutras unidades hospitalarias, número de mortes e taxa de positividade), coa súa variación porcentual con respecto ao mesmo día da semana anterior. A táboa, algo complexa, permite comparar conxuntamente as tendencias de varios indicadores.Tamén está a medrar a incidencia acumulada nos sete últimos díasAsí, obsérvase como os datos de positividade (porcentaxe de probas PCR con resultado positivo), que adoitan ser o primeiro indicador dunha suba no número de casos, disparáronse nos últimos días. Tamén está a medrar a incidencia acumulada nos sete últimos días e faino máis que a incidencia dos 14 días anteriores. Os indicadores e hospitalización adoitan ser os seguintes en medrar e aínda non o fan. De feito, seguen en descenso, o mesmo que o número de mortes ligadas á Covid-19. |
NOS_8073 | Podemos, Esquerda Unida e Lugonovo –este último conta co apoio de En Marea–, forzas autodenominadas de unidade popular, presentaranse por separado ás eleccións municipais en Lugo. | Divorcio de Podemos e Esquerda Unida en Lugo, cidade na que, finalmente, concorrerán por separado ás eleccións municipais ao non chegar a un acordo. Polo autodenominado "espazo de unidade popular", que nun primeiro momento se ligara ás mareas, presentaranse á Alcaldía de Lugo Podemos, EU e tamén Lugonovo, forza que conta co apoio orgánico de En Marea. EU contará coa adhesión de Equo e concorrerá baixo a marca ACE, unha coalición da que será candidato Carlos Portomeñe, quen recunca como cabeza de lista. En 2015 presentáranse ás municipais en Lugo tanto Lugonovo, impulsada daquela por sectores próximos a Podemos, Anova e Espazo Ecosocialista, e mais ACE, promovida por EU. Lugonovo conseguira duas actas, mentres que ACE conseguira só unha. |
NOS_1884 | Os "compromisos concretos" para Galiza que lle reclamaba o BNG ao PSOE para votar a favor da investidura de Pedro Sánchez chegaron a menos de 24 horas do comezo do Pleno no Congreso coa activación das competencias pendentes do Estatuto, a transferencia con substanciosas bonificacións da autoestrada AP-9, a normalización do uso do galego na Administración de xustiza, o saneamento das rías e unha transición xusta na descarbonización. Ademais, haberá xulgados de violencia de xénero en Compostela, Lugo e Ourense e unha redución da factura enerxética das electrointensivas. | O Bloque Nacionalista Galego (BNG) fixo valer a súa "voz" en Madrid e cumpriu coas expectativas asinando cos socialistas un pacto de investidura que atende as necesidades "urxentes" do país. Entre os puntos do acordo acadado entre o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e o BNG estivo o avance no reforzo "da capacidade de decisión do autogoberno galego" coa proposta de convocatoria da comisión mixta de transferencias entre o Estado e a Xunta da Galiza no primeiro semestre do presente ano, aínda que este punto dependería tamén da vontade do Goberno de Alberto Núñez Feixoo, quen na súa década como presidente da Xunta non conseguiu transferencia ningunha. O PSOE e o BNG tamén inclúen no documento asinado onte o impulso, a través do diálogo entre partidos e institucións, das "reformas necesarias para adecuar a estrutura do Estado ao recoñecemento dos sentimentos nacionais de pertenza". A respecto da lingua, PSOE e BNG comprométense a normalizar o uso do galego na Administración periférica do Estado, na Administración de xustiza, e ao respecto da toponimia galega. Infraestruturas Un dos puntos estrela do acordo consiste na aprobación da proposición de lei do Parlamento da Galiza para transferir a AP-9 ao longo do ano 2020. Garántese, "como mínimo", a bonificación do 100% da peaxe para as persoas usuarias recorrentes que empreguen a vía dúas veces ou máis ao día. Segundo puido saber Nós Diario, o BNG conseguiu que o custo da bonificación corra por conta dos orzamentos do Estado. A respecto das infraestruturas, o documento asinado entre o Bloque Nacionalista Galego e o PSOE recolle a execución do "nó de bombeiros" da cidade de Pontevedra e a modernización da rede interior ferroviaria galega, con especial énfase nos tramos A Coruña-Ferrol, A Coruña-Lugo, Ourense-Lugo e entre Vigo e a fronteira con Portugal, así como na liña FEVE que conecta Ferrol con Xixón. O saneamento das rías, avanzar na transición enerxética, a loita contra a violencia machista e a adopción de medidas para evitar que os emigrantes retornados sufran a dupla tributación complementa as medidas acordadas entre o BNG e os socialistas. |
NOS_26878 | A Asociación de Nais e Pais e o colectivo veciñal encabezaron este domingo unha manifestación en protesta pola decisión do alcalde de pedir á Xunta o fechamento do centro educativo en favor da creación dun conservatorio e un auditorio. A organización afirma que máis dun cento de persoas apoiaron a reivindicación de manter o servizo educativo como está pois ten 30 estudantes e axuda á fixación de poboación no rural. | Máis de cen persoas marcharon este domingo á mañá pola N-VI e a N-634 co obxectivo de facer ver a problemática existente en Baamonde, onde todo apunta a que o Concello e a Consellaría de Educación traballan para acometer o fechamento do colexio. A ANPA do CEIP de Baamonde e a Asociación Veciñal Montenegro de Baamonde convocaron a acción reivindicativa aínda que tiveron confirmacións e negativas ao plan de que a infraestrutura do centro cambie de usos e as crianzas sexan reagrupadas no centro educativo de Begonte. Nesta ocasión estiveron acompañados de representantes dalgúns partidos, así como da Federación de ANPAS de Lugo, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti e unha representación do sindicato STEG. Se ben é certo que por parte de Educación non tiveron unha resposta en firme, desde a ANPA contan a Nós Diario que foron citadas a un encontro co alcalde do municipio, José Ulla, a través de notas deixadas nas mochilas das e dos nenos e comentoulles a idea como algo xa confirmado e sen volta atrás. "É estraño porque se saíra de Educación... Pero foi o propio alcalde o que lle propuxo unificar aos nenos en Begonte, que está en peor estado que o de Baamonde, e investir cartos alí", di a secretaria da ANPA, Paula Iglesias. Aínda lles parece máis rara a situación porque o colexio ten unha comunidade estudantil pequena, de 30 crianzas, pero hai outras vilas que conservan os centros con menor cantidade de alumnos. Porén, conta que o rexedor ten para as instalacións onde está o CEIP o proxecto de crear "un conservatorio e un auditorio". Outro espazo para o proxecto "Nós non estamos en contra de que se faga iso, pero non a conta de desmantelar o colexio", defende, pois mesmo asisten alumnos de parroquias de Guitiriz e Vilalba aos que lles queda máis preto da casa que as escolas dos seus propios concellos. Polo momento conseguiron o apoio do BNG e o PSOE na Deputación pero prevén que o asunto tamén chegue ao Parlamento e non pensan parar até conseguir o compromiso de que se manterá o servizo educativo. No futuro conservatorio estarían xuntas as bandas de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, con máis usuarios, pero esa actividade extraescolar xa implica un traslado até Baamonde que tamén se lle imporá a outras persoas para recibir un dereito básico, reflexionan desde a ANPA. Traslados pola pandemia Ademais dos argumentos básicos para a defensa do centro educativo, tamén botan man do discurso de que é preciso para fixar poboación no rural. Iglesias é un exemplo diso pois, malia que era orixinaria de Baamonde, non vivía na vila e mudouse como consecuencia da pandemia. Até tres nenas e nenos chegaron xa ao colexio por esta situación, na que o teletraballo se está formalizando en moitas empresas e aínda hai familias que buscan vivendas nas áreas afastadas das cidades. Por iso, a ANPA non descarta que poida haber máis mudanzas, pero non se producirán se nun sitio tan céntrico e vivo como Baamonde perden un servizo tan importante como é esta infraestrutura. Curiosamente na web municipal hai un apartado dedicado aos servizos cos que conta o concello para poder vivir alí, preto de Lugo e de Vilalba. Mais agora hai sobre a mesa unha idea que as veciñas e veciños entenden como negativa para quedar. Co obxectivo de poder seguir a vivir na Galiza rural e que as crianzas gocen desas vantaxes pensan seguir organizando accións de protesta. |
NOS_46327 | Allariz convertirase entre o 12 e o 14 de outubro no epicentro poético de Galiza. Decenas de autores e autoras asistirán á quinta edición de Poemagosto, o festival internacional de poesía que este ano estende a súa frondosa programación a tres xornadas. "Este ano mudamos conceptos e ampliamos as actividades", admite Carlos da Aira, un dos organizadores. | O Poemagosto dedícase a levar a escritura e os escritores a cada recanto da vila. Museos, adegas, tabernas, fundacións ou prazas son escenarios acaídos para esta festa da palabras. "Eu vivín fóra do país durante un tempo", recorda da Aira, "e cando volvín a Galiza coñecín o Festival de Poesía do Condado. Fiquei impresionado". O histórico encontro de Salvaterra de Miño, que o pasado setembro celebrou a súa 32ª convocatoria, xunta poetas e músicos sobre un palco na fortaleza da vila. "Ver centos de persoas sentadas, atendendo á poesía, pareceume incríbel e dixen: 'temos que facer algo así", relata. Falouno coa Fundación Risco e mais coa libraría Aira das Letras e naceu Poemagosto. A proposta alaricana é máis descentralizada. As actuacións e actividades espállanse por todas partes. Comezarán a sexta feira, 12 de outubro, ás 11.30 horas, coa presentación de Valente Vital, triloxía de ensaios que Claudio Rodríguez Fer dedicou ao poeta ourensán. Ademais, haberá unha lectura de poemas do propio autor, Carmen Blanco e Olga Novo. Será na Fábrica de Vilanova. Porque o Poemagosto do 12 de outubro será en estabelecementos hostaleiros. No café A Fábrica, lerán poemas seis poetas novísimas, de entre 17 e 19 anos, escollidas por Olga Novo. Será ás 12.30. Xa de tarde, ás 17.30 no Fío de Liño Estíbaliz Espinosa presentará as súas dúas últimas obras, Curiosidade e As neuronas irmás. Ademais, recitarán Estevo Creus, Yasuhiro Yotsumoto e Antonio Fernández Seoane. Na Despensa do Alarico ás sete será a quenda de Chus Pato, Oriana Méndez, Judite Canha Fernandes e Isabel Martin Ruiz. Cambio de localización e, unha hora despois, na Fundación Vicente Risco abrirá a exposición Cajas negras del exilio, con poemas e fotografías de Manuela Parra: "Un percorrido pola fuxida, confinamento, resistencia e memoria dos exiliados españois en Francia durante a ditadura franquista". A xornada pechará ás 22.30 cun concerto de Mounqup -singular proposta vocal e electrónica- no pop café Arnoia Costas. O sábado 13 de outubro é o día grande do Poemagosto. Así o define Carlos da Aira. A programación concéntrase no patio do Museo do Coiro. Haberá presentación de proxectos culturais -o segundo número da revista Ligeia, o debate A Comuna Seminario 0 sobre políticas culturais en Portugal e Galiza, o xogo de mesa Ti non es de aquí?...- e de libros -A memoria das palabras, de Francisco Álvarez, Koki- ou mesas redondas -sobre feminismo, cordinada por Verónica Martínez Delgado. Ás dez da noita, un concerto de Tanxedoiras e unha foliada porán o ramo a un festival que, en realidade, rematará o domingo co 2º Combate Poético do Poemagosto. "Trátase dun xogo de recitais en que o público vota a cada participante. Xérase unha dinámica moi divertida", explica Da Aira. O cocnerto de Najla Shamki e Sérgio Tannus, ás 13.15 na Praza de Arriba canda Ukelerria si marcará o punto final do V Poemagosto. |
NOS_38858 | A tese foi defendida o pasado 20 de outubro de 2021 no marco do doutoramento internacional e recibiu a cualificación de Sobresaliente Cum Laude. | A International Society for the Advancement of Supercritical Fluids (ISASF) vén de recoñecer unha investigación desenvolta por Víctor Santos Rosales dentro do grupo I+D Farma da Facultade de Farmacia da USC coa distinción de mellor tese de doutoramento do mundo. Ocorreu durante o recente congreso International Symposium on Supercritical Fluids (ISSF2022) que decorreu na cidade canadense de Montreal. Adrián Casanova: "A falta de financiamento acaba por afectar o tamaño e calidade das investigacións" A tese de Santos Rosales foi considerada de forma unánime como a mellor de 2021 no ámbito dos fluídos supercríticos. O estudo aborda o desenvolvemento de estratexias avanzadas de procesado de biomateriais para aplicacións biomédicas, enfocándose principalmente na medicina rexenerativa ósea A investigación, que leva por título New strategies for the production of ready-to-implant bone scaffolds using supercritical fluid technology está dirixida polos profesores da USC Carlos A. García-González e Carmen Álvarez-Lorenzo. Investigación xa premiada A tese foi defendida o pasado 20 de outubro de 2021 no marco do doutoramento internacional e recibiu a cualificación de Sobresaliente Cum Laude. Daniela Rodrigues-Amorim, científica: "A esquizofrenia é un trastorno multifactorial, e alén de ser xenético pode vir dunha infección" O traballo deste investigador xa fora premiado pola Asociación de Expertos en Fluídos Comprimidos (FLUCOMP) co galardón de mellor tese defendida entre os anos 2020 e 2021. Trátase dunha investigación de carácter interdisciplinario que permitiu o procesado en ausencia de disolventes de scaffolds óseos medicados empregando CO2 supercrítico como axente poróxeno e plastificante. Leticia Pérez: "Temos que aproveitar o residuo do biodiésel" Outros dos fitos do equipo investigador foi desenvolver "varias aproximacións tecnolóxicas que permiten a produción de implantes nanoestruturados con porosidade modulábel e altos rendementos de incorporación de fármacos", segundo sinala o investigador premiado. |
NOS_56049 | Un dos mellores discos de Heavy que saíu do Estado español. | O 23 de febreiro de 1982 pasará a historia por ser o día no que viu a luz un dos mellores discos de rock de tódolos tempos. Gravado en Inglaterra, nos estudos de Ian Guillian (Deep Purple) elevou a Barón Rojo ao Olimpo dos deuses do rock. Editouse unha versión coas letras cantadas en inglés, editado por Kammaflage para Europa, o que levou a Barón as portadas da prensa especializada europea, nun éxito sen precedentes. Esto permitiulles que músicos como Bruce Dickinson (Iron Maiden) ou Michael Schenker (Scorpions) se lanzaran a tocar algún tema como en eles en directo, así como a actuar en locales míticos como o Marquee ou a sala Greyhound ou en FestivaIs como o de Reading onde se daban cita os mellores do hard rock e o heavy metal europeo. O disco vendeu máis de 2 millóns de copias por todo o mundo e chegou a ser número 1 nas listas británicas, e non podía ser doutro xeito, tendo en conta que o disco inclúe bombazos como "Los Roqueros van al infierno", "Resistiré", "Concierto para ellos" ou "Incomunicación". Tal foi a repercusión internacional da banda que lles ofertaron facer unha xira mundial con Whitesnake, pero por diversos motivos, rexeitaron a oferta, e non xiraron coa banda de Coverdale. Neste 2015, no que se cumpren 35 anos dende que os irmáns De Castro deixaran Coz e formaran Barón Rojo, podemos comprobar na súa escoita que este é un disco que non envelleceu, sonando fresco e actual como se rematar de saír onte do estudo. Un bo momento para volver a escoitalo a volume brutal, aínda que xa non posúamos as mesmas guedellas que anos atrás. Listaxe de temas Cara A 1. Incomunicación 2. Los roqueros van al infierno 3. Dame la oportunidad 4. Son como hormigas 5. Las flores del mal Cara B 1. Resistiré 2. Satánico plan (Volumen brutal) 3. Concierto para ellos 4. Hermano del Rock & Roll 5. El Barón vuela sobre Inglaterra Baron Rojo nas redes. Web: www.baronrojo.es Facebook: www.facebook.com/baronrojo Twitter: @GrupoBaronRojo Vídeo: Los Roqueros van al Infierno http://youtu.be/30ezaF7MHwz |
PRAZA_15199 | Pídenlle a Feijóo que regrese ao acordo arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística. A CTNL reclama tamén que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Goberno". | A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) e CIG-Ensino reclamaron este luns que a Xunta volva ao consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) aprobado por unanimidade en 2004 no Parlamento, así como que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Goberno e non estea encadrada na Consellería de Educación nin de Cultura". A CTNL venllo de solicitar directamente ao presidente Núñez Feijóo a través dunha carta. "É o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNL" Segundo os técnicos de normalización, e logo da sentenza que anula o cerne do decreto do plurilingüismo da Xunta, "é o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNL", polo que piden que o nomeamento do novo Executivo sirva "para visualizar un cambio de actitude no que se procuren avances para o galego en todos os ámbitos". Así, a CIG-Ensino esixiu "a derrogación" do decreto, xa que a sentenza supón "un golpe mortal definitivo" á norma, ademais de "deixar sen argumentos o PP". "O Goberno da Xunta debería abandonar a política lingüística baseada na mentira e no engano da imposición e tamén na persecución do noso idioma como lingua vehicular", insistiu Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, que recorda que o polémico decreto "xa foi rexeitado socialmente polo profesorado e polo ámbito educativo en xeral". A CTNL remite unha carta a Feijóo na que piden "un cambio de políticas e actitudes con respecto á lingua" "Como mínimo debería retomarse o Plan Xeral de Normalización", asegura a CIG-Ensino, ao igual que a CTNL. O seu presidente, Nel Vidal, pídelle a Núñez Feijóo na carta remitida que "se visualice un cambio de políticas e actitudes con respecto á lingua" e que se busque "retomar o consenso e o camiño da normalización lingüística progresiva, tanto no ensino como no conxunto de ámbitos sociais". Nesa mesma misiva, a CTNL solicita tamén que a Secretaría Xeral de Política Lingüística "estea posicionada na cúspide da organización, o que permitiría a transversalidade real e a acción nos diferentes ámbitos de goberno e sociais, algo imposible de desnvolver de xeito efectivo relegándoa a unha consellería concreta". |
NOS_51473 | Suso Seixo, secretario xeral da CIG, coida que a principal razón para se mobilizar este 1º de maio, Día da Clase Traballadora é que un cambio real nas políticas sociais, económicas e laborais só virá dunha contundente resposta popular nas rúas. "Isto non se muda cunha actitude pasiva ou agardando que un día decidan virar o rumo", salienta. | Este 1º de maio a central sindical nacionalista chama a se mobilizar contra o desemprego e a pobreza. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo debulla para Sermos Galiza as razóns desta convocatoria e, tamén, as que para o sindicato deben motivar á clase traballadora a defender os seus dereitos na rúa. Cal é a situación dunha traballadora ou traballador hoxe en relación a hai 5 anos? A situación é dun maior empobrecemento, unha maior dificultade para atopar un posto de traballo e unha enorme destrución de emprego após as reformas laborais e a queda dos salarios. Estamos perante o debilitamento da clase traballadora e unha importante perda da súa capacidade reivindicativa. Entrementres a patronal aumenta os seus gaños e poder. Que papel xoga nesta situación a UE? Teñen moito a ver pois é a primeira en impor estas mudanzas e deseñar políticas que camiñan cara á reforma laboral e á negociación colectiva. O PP como partido da dereita neoliberal apúntase a estas directrices e convérteas en lei. De igual maneira que a Xunta de Galiza as executa no noso país. É evidente que as institucións europeas, neste senso, veñen deseñando o actual modelo económico e laboral. "Estamos perante o debilitamento da clase traballadora e unha importante perda da súa capacidade reivindicativa" A CIG presentou unha ILP con 100 medidas para reverter a situación actual. Hai alternativa? Por suposto. Con esta campaña quixemos demostrar que as políticas de reforma laboral non conducen a nada porque teñen por obxecto defender os intereses da patronal e do capital financeiro. Non crean emprego nen reactivan a economía. Porén, hai alternativas que pasan por desenvolver políticas transversais para todos os sectores produtivos, mais tamén as hai na economía financeira, en política laboral, dirixidas a crear emprego de calidade, contribuír a mellorar os salarios ou a crear unha renda de inserción laboral que apoie as persoas desempregadas. As 100 medidas que presentamos na ILP conforman un plan de choque perante unha situación económica e social dramática, como reflicten os dados da última EPA. "As políticas de reforma laboral non conducen a nada porque teñen por obxecto defender os intereses da patronal e do capital financeiro" Mais a Xunta non está a afrontar esta realidade e mesmo tenta ocultala como acontece cos altos niveis de emigración xivenil. É unha irresponsabilidade que continúe a aplicar de maneira seguidista as políticas deseñadas polo goberno español e Bruxelas. E, neste senso, desde a CIG fixémoslle unha proposta coa que, cando menos, quixemos dar o debate na rúa, crearmos consciencia de que se non se aplican outras políticas é porque non queren. Face a resposta social ante a actual situación económica e laboral, o PP opta pola represión. Eis o caso de Carlos e Serafín... O PP tenta reprimir a contestación social, non hai dúbida. Para iso recorre á reforma do Código Penal mais, como iso só non lle chega, pretende aprobar unha nova Lei de Seguridade Cidadá coa que actuar directamente sobre os movementos sociais através, entre outras cousas, de sancións abusivas. Este tipo de medidas denotan a intención de converter isto nun Estado policial e impedir unha resposta popular ás políticas antisociais e antiobreiras. É un claro exemplo do modelo de sociedade que queren impor. Que razóns hai para mobilizarse este 1º de maio? A principal é facérmonos á idea de que unha mudanza real só virá da man da mobilización. Estas políticas non cambiarán doutra maneira porque están pensadas para velar polos intereses do grande capital e iso non se muda cunha actitude pasiva ou agardando que un día decidan virar o rumo. Só através da mobilización da clase traballadora poderemos camiñar cara á un modelo máis xusto, solidario e democrático. Hai que conquistalo na rúa. |
NOS_5114 | Carlos Aymerich, o líder de Abrente, abandonará o Parlamento o 18-M, xusto o día despois da Asemblea Nacional do BNG. Trata así de simbolizar a súa desafección coa liña maioritaria da formación frentista. | Abrente ficará sen representación no Parlamento por vontade do seu máximo dirixente, Carlos Aymerich. O profesor universitario da UDC tomou a decisión de abandonar a Cámara hai varias semanas, unha vez que a súa corrente resolveu non consensuar unha candidatura unitaria cos outros segmentos organizados dentro da formación frentista. Xa hai varios días que Aymerich comunicou a decisión a varios dirixentes do BNG. Nesas conversas reiterou que mantén o seu compromiso militante coa organización frentista, de cuxa maioría o afastan, porén, serias discrepancias políticas. Para Aymerich, pór o acento na loita política pola conquista da soberanía nacional é un erro porque arreda o BNG da maioría da sociedade. O dirixente de Abrente xustificou a non presentación dunha listaxe propia na XIV Asemblea Nacional do BNG para non contrariar o desexo de unidade que aniña na imensa maioría d@s militantes nacionalistas, argüiu. |
NOS_3429 | PSdeG fala de "difusión de información privilexiada por parte de cargos do PP" coa intención de "dar axudas aos seus amigos". | O grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou "irregularidades" por parte da Deputación de Ourense na concesión de axudas a autónomos e pequenas e medianas empresas para facer fronte á crise da Covid-19 por estar "rexistradas fóra do prazo legal". Concretamente, o portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, sinalou que esta circunstancia afecta "683 solicitudes de persoas físicas e xurídicas que procederon ao rexistro da documentación en 12 de maio, un día antes de que comezase realmente o prazo" e asegurou que algunhas destas "xa foron pagas". Os socialistas atribuíron esta situación á "difusión de información privilexiada por parte de cargos do PP" coa intención de "dar axudas aos seus amigos". Neste sentido, o deputado Ignacio Gómez acusou o PP de crear "unha trama de subvencións para premiar aos seus". O importe das subvencións directas ascende a 600 euros para os autónomos e até 1.000 euros para pemes, outorgadas por concorrencia competitiva segundo a orde de rexistro das solicitudes e até esgotar o crédito habilitado de 3.8 millóns para tal fin. Os socialistas criticaron que, "nos días previos á obrigada publicidade a través do BOP, numerosos cargos públicos do PP difundiron documentación reservada a través dos seus perfís persoais e institucionais de Facebook ou de chats de Whatsapp, así como información errónea sobre o prazo e procedemento para solicitar as axudas. A propia web da institución continúa este martes informando de maneira errónea sobre o comezo do prazo". Rodríguez Villarino atribuíu este "modo de actuar dalgúns deputados do PP" á "procura dun lucro electoral" e á "política caciquil que caracteriza o goberno de Baltar". |
NOS_47728 | Acontravento é o nome dunha marca comercial de deseño e galego, da que é artífice un rapaz da Guarda que se coñece polo apelido, Macua. Os seus produtos, reza na propia web, "vinculan o local co global" tratando de reivindicar "a nosa identidade dun modo actual e contemporáneo". Un proxecto que naceu en xullo de 2019 e que, con menos dun ano, tivo que atravesar a crise da Covid-19 e do confinamento. Conversamos con Macua sobre a súa marca, os seus obxectivos e os seus valores. | Como definiría vostede o proxecto Acontravento?É unha empresa que fai deseño galego e de carácter reivindicativo, combativo. Todos os modelos están inspirados na nosa realidade, en elementos moi diversos, inspírome en escritores, en deseñadores, no mundo do traballo, en problemáticas sociais e políticas... E tamén busco concienciar desde unha óptica soberanista e de esquerdas. É un proxecto para gañar a vida pero que tamén entendo como unha ferramenta de transformación social e de intervención política. Que balance fai deste ano e medio de negocio?Foi todo bastante convulso. A Covid-19 trastocou un pouco a estratexia de negocio que tiña. Empecei en 2019 pero combinándoo con outro traballo até xaneiro de 2020. Naquel momento deixeino para centrarme ao cento por cento en Acontravento, porque o meu obxectivo era traballar na tenda en liña e compatibilizala movéndome polo país facendo eventos, festivais, mercados, feiras... Contaba que aí era onde ía ter a principal fonte de ingresos pero coa pandemia e co confinamento e as consecuencias posteriores, iso desapareceu. Así que quedei só coa posibilidade de dar saída aos meus produtos a través da venda en liña. E a base de moito sacrificio e horas de dedicación conseguín difundir o proxecto e chegar a un público bastante amplo. Agora a empresa está consolidada e estou a conseguir, de forma bastante humilde, vivir dela... así que o balance é positivo, considerando como se deron as cousas. Se vende unicamente en liña, será importante o traballo nas redes sociais.Si, a plataforma principal que teño de divulgación do proxecto e de porta de entrada a tenda online son as redes sociais. A forma de traballar implica moitas horas e moita dedicación e, ademais do que son os contidos da propia marca, tamén traballo outro tipo de informacións que poidan espertar interese no público, que o fagan interactuar e que me sirvan para divulgar e difundir, falar algo do deseño e crear experiencia, crear relato. Por exemplo, fago moito contido de cuestións históricas e sociais, é o caso da sexta feira, foi o aniversario de Castelao, así que publiquei unha cita del para conmemorar a data. Ademais do que é o contido da marca busco outros que permitan transcender para lograr difusión e tamén co obxectivo de concienciar a xente e utilizar Acontravento como ferramenta de concienciación social e política. Fálenos dos seus produtos. Cal é a estrela da marca? Principalmente traballo o téxtil, camisolas, suadoiros, sacas e mochilas. E como produtos secundarias teño láminas, cuncas... O meu obxectivo é ir pouco a pouco ampliando a gama de produtos. No mundo do deseño e da moda todo é moi volátil e sempre o que ten máis acollida adoita ser o máis novidoso e é difícil facer que un deseño que se manteña estábel no tempo. Pero creo que o deseño de "Denantes mortos", onde combino dous debuxos de Castelao, a serea e a portada da revista Nós, pode ser un dos produtos estrela. E logo tamén o que teño do poema "A xustiza pola man", de Rosalía, que leva algo de verso libre no deseño. Como afronta 2021?Confío en que sexa mellor que 2020 pero de momento sitúome no escenario de que as posibilidades de traballo sexan as mesmas. Neste inicio de ano estou a organizar, a definir ben os obxectivos e a preparar novos produtos. Agora estou con novos deseños e conforme os teña madurados e concibidos verei sobre que soportes os plasmo. |
NOS_44371 | A tarde de troula foi marcada para o sábado 29 de Marzo ás 16.30h en Compostela, na Praza do Toural. Canda a escritora estarán outr@s autor@s que teñen publicado nesta editorial. Non han faltar tampouco a música (ao vivo) nen, por suposto, os libros. | Letras, ideas, libros, música (ao vivo), a fermosa pedra de Compostela e escritor@s, moit@s escritor@s. Son os elementos que compoñen a paisaxe primaveral --malia as posibilidades de chuvia-- escollida pola editora ATravés para o lanzamento dun novo título para a súa colección 'Das Ideas': Politicamente Incorreta: ensaios para um tempo de pressas, asinado por Teresa Moure. Hai agora un ano, e após dar ao prelo millentas páxinas escritas na norma ortográfica 'oficial', a que se ensina nas escolas, Moure colocouse a si propia nunha encrucillada. Obrigouse a escoller e decantouse pola opción máis arriscada, a da variante internacional da nosa lingua. Desde aquela até hoxe son tres os títulos con que agasallou o seu público leitor: Eu violei o lobo feroz (ATravés Editora, da Galiza), Uma mãe tão punk (Chiado Editora, de Lisboa) e este que agora se presenta, Politicamente Incorreta, con que repite experiencia coa ATravés xustamente para se reafirmar na escolla que fixo desde a encrucillada. Que as súas ideas fiquen grafadas na norma ortográfica que defende "A primeira necesidade que sentín foi que algunhas ideas que quero defender, e sobre as cales tiña escrito na normativa oficial, xa non fosen citadas nesa normativa porque xa non a sigo", explicou a autora nunha entrevista que Sermos Galiza publicou no seu semanario nº88 (aínda dispoñíbel na nosa loxa). Así, en Politicamente Incorreta @s leitor@s atoparán versións breves de obras xa coñecidas coma Queer-emos un mundo novo ou O natural é político, mais tamén textos inéditos da autoría de Moure e mesmo discursos pronunciados nos últimos tempos e que aínda non foran publicados. O resultado final presentarase o sábado 29 de Marzo na Praza do Toural, en Compostela, nun acto que encetará ás 16.30h e no cal Moure estará acompañada doutr@s autor@s que tamén teñen publicado na ATravés. Ela achegará 16 ensaios breves agrupados en catro unidades temáticas que levan por título 'Esse incómodo feminismo', 'Esse incómodo independentismo', 'Essa incómoda ecologia', 'Esse incómodo mundo'. Incómodo, si. Mais, sobre todo, politicamente incorrecto. |
NOS_2929 | Aliás, no número deste sábado, atoparás unha entrevista ao fundador do Ciemen, Aureli Argemí, e unha homenaxe a Marcial Valladares a través da reedición de 'Maxina ou a filla espúrea'. | Queres saber máis sobre o mundo do audiovisual galego? Gustaríache incrementar o teu coñecemento sobre a procura da soberanía dos pobos? Pensas que Marcial Valladares merece máis homenaxes pola súa traxectoria? É momento de gozar dun novo número de Sermos Galiza. O semanario abre cunha interesante reportaxe de Irene Pin que analiza o achegamento do audiovisual ao público baixo o título 'Cando o cinema habita a rúa'. A xornalista e cineasta alude a un dos reclamos do Play-Doc, o dos roteiros estéticos por Tui adiante. Malia a pandemia, os cinema-percorridos parecen ter chegado para quedarse dado o interese que causan no público. Xa o di o propio director deste certame, Ángel Sánchez: "Un festival de cinema ten que ser algo máis, que non é pouco, que unha sala de proxeccións". E niso andan pola 'raia', loitando para ofrecer un punto diferencial. Catalunya e as soberanías Na entrevista da semana 'Aureli Argemí. Tecer soberanías', asinada por Alberte Mera, o fundador do Ciemen analiza a actualidade política en Catalunya, e mesmo fala das linguas minorizadas. A conversa co teólogo, activista, soberanista e "amigo da Galiza" non ten desperdicio. E como tripla opción de entretemento para o sábado, Sermos revisita Maxina ou a filla espúrea da man de Xosé Barros. Este ocúpase de 'Maxina. 200 anos de Marcial Valladares' referíndose á homenaxe que a editorial Galaxia fai a este autor fundamental no Rexurdimento. Para desconectar un pouco da lectura o Colectivo Xea -Xan Colazo, Adela Leiro e Mon Daporta- anímate a percorrer 'As beiras dos ríos'. Na procura de entretemento Xa de volta na casa podes gozar coas críticas literarias de Mario Regueira e Manuel López Foxo, que desta vez escolleron Humanario de Pilar García Rego e O varredor de outono de Manuel Forcadela, respectivamente. No apartado de música, Herminio González reflexiona sobre o disco Remembrande: The Poetry of Emily Brontë de Nelson Cascais e Jasper vai máis aló ao facer unha reflexión sobre a cultura e a pandemia baixo o título 'Música en corentena'. Nesta ocasión, Andrés Castro lembra experiencias para presentar o filme Dune. Na sección de Arte, Carlos L. Bernárdez cóntache máis sobre as 'Mulleres pintadas' e, en Aquelas Galegas, Cilia Torna repasa a figura de 'Xoana de Castro, a raíña que foi'. Para que non desaproveites nin un minuto da fin de semana, Xerardo R. Roca e Xoán Costa deixan listos os mellores pasatempos. Como gozar de todo isto? Só tes que achegarte ao quiosque este sábado ou mercar Sermos Galiza, xunto con Nós Diario, na nosa loxa en liña. Mais o máis sinxelo para non perder nada é facer a subscrición neste momento! |
NOS_41170 | Sen acordo rematou esta segunda feira a xuntanza do Eurogrupo e o Fondo Monetario Internacional cuxo obxectivo é aprobar un outro tramo de rescate para a economía grega. | O obxectivo da xuntaza entre as dezasete economías da zona euro era desbloquear un outro tramo do rescate a Grecia após o anuncio do presidente heleno que aseguraba que a economía do país non podería facer fronte aos seus pagamentos máis aló de novembro. A decisión, que debe ser aceptada de maneira unánime polos Estados da moeda única e o Fondo Monetario Internacional (FMI) terá que agardar a que @s representantes ministeriais da Eurozona "calculen os custos das medidas", pois entenden que as mudanzas introducidas no plan de rescate inicial exixen dunha outra revisión dos seus impactos. O rescate que recibiría a economía grega suporía arredor de 31.500 millóns de euros máis --que se sumarán á débeda do país--, destinados ao pagamento de gastos correntes. Porén, as dúbidas entre a institución económica internacional e o eurogrupo sitúanse na fórmula en que conseguirán os fondos que Grecia demanda, para o que barallan diversas opcións, entre elas reducir os tipos de xuros dos préstamos bilaterais ou mesmo que se prorroguen os prazos de vencemento dunha débeda que ascende ao 144% do seu PIB. Aliás, algunhas voces procuraron que se lle outorgase unha quita pola que o país heleno ficaría cunha redución no seu endebedamento, porén o ministro de Finanzas alemán asegurou que "ningún país da eurozona aceptaría a quita". Esta opción permitiría a Grecia reducir o seu endebedamento até o 70% do PIB mais os acredores públicos terían que facer fronte a perdas do 50% do diñeiro investido. O eurogrupo decidiu adiar a decisión até a vindeira xuntanza en que deberán concluír unha solución para Grecia. O FMI e a eurozona reuniranse os vindeiros 3 e 4 de decembro, pois as cuestións que se aproben deberán ser ratificadas --de acordo coas constitucións dalgúns Estados membros, como Alemaña, nos seus parlamentos nacionais. |
NOS_39992 | Culturgal, reforma laboral no Sergas, Alcoa e Megasa, entrevista aos gañadores de Carvalho Calero... Todo isto e moito máis neste novo número do semanario. Xa o podes adquirir na loxa. | 'Defender a frota galega no ventre da Unión Europea´é o título do Tema da Semana. A 'delegación do xeito' que viaxou a Bruxelas para defender a pesca artesanal constatou tanto a deserción da Xunta das súas responsabilidades como o peso que teñen os intereses vinculados á pesca industrial. Un artigo de Ana Miranda completa e enriquece a información. Entrevistamos a Julio Sacristán, alcalde de Culleredo e novo secretario xeral do PSdeG na Coruña: "Son dos que creo que temos que dar un xiro á esquerda". 'A reforma laboral chega ao Sergas'. O persoal do Servizo Galego de Saúde padece contratos por días e mesmo horas, mobilidade laboral e desemprego no que as organizacións sindicais denuncian como o "desmantelamento" do sanidade pública no noso país. En 'O río Tea, contaminación e desleixo institucional en Ponteareas' falamos de que as augas que discorren por esta vila da comarca do Condado contan con até 7 puntos contaminantes en pouco máis dun quilómetro. O secretario xeral da UPG, Néstor Rego, escrebe un artigo neste semanario co gallo do 50 aniversario da creación da UPG. Ensino e electricidade Neste #sermos126 tamén debullamos as eleccións no ensino non universitario, co rotundo triunfo da CIG, ou a situación grave nas que se atopan Megasa e Alcoa. En Deportes falamos de tres ex xogadores do Choco e un do Barbadás que militan no Honka da Primeira División finesa. #porminnonvaiquedar A campaña #porminnonvaiquedar tivo un protagonismo especial no Culturgal, unha feira na que nos debruzamos con cariño neste semanario nunha ampla reportaxe sobre o "triunfo da cultura en man común". E en Viaxes na Miña Terra percorremos co Colectivo Xea o sobreiral máis importante de Galiza, nunha parte do curso do río Arnego nos concellos de A Golada, Lalín e Vila de Cruces. Tamén entrevistamos os gañadores do premio Carvalho Calero, Cristina Pavón ( "a política lingüística da Xunta vai do desleixo á agresión") e Isaac Lourido ("A miña é unha proposta historiográfica que cuestiona o modelo hexemónico"). Na contra-capa conversamos con José Manuel Sande, programador do CGAI. "A estrutura do cinema galego é aínda moi dependente do español". |
NOS_6955 | Os rexedores de Riotorto e Pobra do Brollón exixiron na Xunta que Núñez Feijóo non aplique o re-pagamento farmacolóxico a doentes crónic@s. Aliás, Federico Gutiérrez chamou a toda a cidadanía a participar na manifestación do 17 de novembro baixo o lema O copago mata. | Desde que o alcalde de Ritorto, Federico Gutiérrez Estoa (BNG) enviou en nome da Plataforma galega pola gratuidade da sanidade unha carta ao presidente da Xunta para lle solicitar unha xuntanza, van xa 10 días e Alberto Núñez Feijóo continúa sen respostar. Perante esta realidade, o rexedor riotortense advertiu xunto cos alcaldes de San Sadurniño, Allariz e Ribadeo, perante o edificio da Xunta que acudirían semanalmente para lle exixir o mantemento dun encontro en que abordar "unha solución" ao decreto que implanta o re-pagamento de fármacos de prescrición hospitalaria para doentes crónic@s. Dito e feito. Esta quinta feira, Gutiérrez Estoa, o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, e a secretaria xeral da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, acudiron doutra volta a San Caetano para instar máis unha vez ao presidente da Xunta a se reunir con eles e lanzar un chamamento á cidadanía para secundar a manifestación que percorrerá as rúas da capital de Galiza o 17 de novembro baixo o lema O copago mata. A mobilización como eixo da resposta social Esta mobilización, explicou o alcalde de Riotorto, visa ser "unha xornada de loita" que "abra a porta á seguinte" no que constitúe, dixo, "unha batalla" que abranguerá "diversas frontes" mais "que terá na rúa o seu eixo fundamental". Federico Gutiérres (BNG): "Cando a inxustiza é a norma na acción de quen goberna a rebeldía convértese nun deber para o pobo" Para o nacionalista, a actitude de Núñez Feijóo ao se negar a atender as demandas da iniciativa social pola gratuidade da sanidade supón un paradoxo para quen "se denominan pro-vida" mais que, insistiu o rexedor de Riotorto, "deixan morrer un cidadán por non poder pagar a medicación". Neste senso, asegurou que "cando a inxustiza é a norma na acción de quen goberna a rebeldía convértese nun deber para o pobo". Así, exixiron a derrogación do RD 210/2012 polo que se instaura o re-pagamento no transporte sanitario non urxente e produtos ortoprotésicos; a paralizar a resolución que estabelece o re-pagamento farmacolóxico hospitalario para doentes crónicos e graves e demandar do Goberno español que asuma tamén a devandita parálise. Asemade, sinalou a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, exixen do presidente da Xunta que actúe como tal e poña en práctica as que son as súas competencias pois lembrou, "non é o delegado do goberno español". |
PRAZA_18783 | A empresa pública, que está a piques de rematar o cento de quilómetros entre Zamora e Sanabria, evita confirmar a súa posta en servizo en 2019, o que para o ente regulador dificulta que as operadoras planifiquen os seus trens | A empresa pública, que está a piques de rematar o cento de quilómetros entre Zamora e Sanabria, evita confirmar a súa posta en servizo en 2019, o que para o ente regulador dificulta que as operadoras planifiquen os seus trensPor segundo ano consecutivo, e malia o cambio no Goberno central, a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) vén de apercibir a Adif por ocultar as súas previsións oficiais de apertura de novos treitos en construción, entre eles o seguinte que se vai poñer en servizo do AVE entre Galicia e a Meseta, un cento de quilómetros entre Zamora e as proximidades de Puebla de Sanabria, en principio ao longo de 2019 malia prometerse xa para 2016.Cada ano Adif, a empresa pública que constrúe e xestiona as liñas de ferrocarril, debe facer público un documento, denominado Declaración sobre a Rede, no que actualiza as características das súas liñas para que os operadores ferroviarios poidan organizar os seus trens. Ese documento é supervisado por Competencia, que durante varios anos previos criticou os incumprimentos de Adif das súas propias previsións de apertura de novos treitos, entre eles da liña de AVE galega. Tras esas críticas previas por non cumprir as súas propias previsións, na Declaración sobre a Rede emitida hai un ano Adif optou por non detallalas, o que fixo que Competencia pasase de censurar o incumprimento a censurar a ocultación.Adif limítase a dicir nas súas previsións para 2019, cando debera entrar en servizo, que o treito Zamora-Sanabria está "en execución"Un ano máis tarde, na súa Declaración sobre a Rede para 2019, Adif volve facer o mesmo e evita detallar cando vai poñer en servizo o treito de AVE entre Zamora e Pedralba da Pradería, nas proximidades de Puebla de Sanabria, que vai reducir novamente o tempo de viaxe en máis de media hora e que en documentos similares de anos anteriores xa anunciara para 2016 e que foi adiado en sucesivas ocasións. Desta volta Adif limítase a indicar no seu documento oficial que tanto ese treito, que de xeito público os responsables políticos anuncian para 2019, como o seguinte, entre Pedralba e as proximidades de Ourense, anunciado para 2020, están "en execución".Competencia critica que coa ocultación das previsións de Adif "dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos e solicitar capacidade de treitos que os propios xestores non informan de se entrarán en servizo ou non en dito periodo"A ocultación por parte de Adif no seu documento oficial duns prazos que os cargos políticos da empresa pública e de Fomento seguen a verbalizar de xeito constante leva novamente a Competencia a criticar o seu proceder. Con esa ocultación das súas previsións, di o ente regulador, "dificilmente as empresas ferroviarias poderán deseñar os seus servizos e solicitar capacidade de treitos que os propios xestores non informan de se entrarán en servizo ou non en dito periodo". Competencia lembra que este non é o primeiro apercibimento ao respecto senón que xa advertiu "sobre a necesidade de que a Declaración sobre a Rede remita a unha páxina web onde os administradores das infraestruturas poidan facilitar información máis detallada sobre as obras, indicando as datas previsibles de posta en servizo. Este instrumento facilitaría actualizar o estado das actuacións sobre a rede dadas as incertezas inherentes aos prazos de finalización das actuacións". Fronte a esas críticas tanto de Competencia como desde o ámbito político á súa indefinición á hora de ofrecer datas concretas para a posta en servizo de novas infraestruturas, Adif, tanto co anterior Goberno central como co actual, vén defendéndose argumentando que unha vez que ela remata as obras, quen autoriza a posta en servizo de cada liña tras revisala é a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria. Porén, Competencia vén obviando ese argumento nos seus informes e Adif evita concretar nos seus as datas de remate de obras á espera desas análises de seguridade. |
NOS_30430 | A Arxentina arribaron cerca de 2600 derrotados na guerra civil de 1936-39, en plena "década ignominiosa" e cun réxime político que fechara as fronteiras á emigración, en especial aos desterrados políticos e aos xudeus. Nestas circunstancias desembarcou Maruxa Mallo en Bos Aires. Nacera en Viveiro en 1902 e pasara nesa vila parte da súa infancia, até que se vai a outras cidades e por fin se instala en Madrid en 1922, onde estuda Belas Artes. Alí coñece a Moreno Villa, Miguel Hernández, ao grupo da Residencia de Estudantes, así como a Concha Méndez, Margarita Manso e ás outras integrantes das 'Sin Sombrero'. Tamén a Pablo Neruda e Gabriela Mistral. | De entre a nosa xente só sabemos que en Madrid tratou bastante a Dieste, a Granell e a Fernández Mezquita (con quen mantivo un romance). Aquí só viña nas feiras, pero aproveita a súa condición de viveiresa para participar na Exposición Rexional Galega de 1923, unha mostra que decepciona a Manuel Antonio, quen lle conta por carta a Álvaro Cebreiro: Antonte fun a Santiago c'o ouxeto de ver a Esposición (...) Algún artista, poucos pintores e moitos pintadores. Non se ve un disparate, nin unha audacia: tanta sensatez da noxo. A Esposición, tomada en conxunto, non merez unha crítica; eu coido que lle abonda c'un epitafio. Nela había tres retratos de corte tal vez academicista (pensemos na súa mostra de Avilés de 1922) de Maruxa Mallo. En 1926 obtén unha bolsa da Deputación de Lugo, como resultado o Museo de Lugo conta con tres cadros seus, un deles Postal de Lugo, adianta a paleta que logo usará, está estruturado a xeito de collage e ofrécenos imaxes que semellan tomadas de postais turísticas e outras coas que trata de reflectir a apertura ao século XX desa provincia. Ortega y Gasset achánzalle a Maruxa Mallo a entrada no sistema artístico español, cando en 1928 lle proporciona os locais da Revista de Occidente para unha exposición. Nela amosa catro 'verbenas' inzadas da pegada da arte popular, do talante das festas nas que a xente do común se divirte e desafoga. E amosa un realismo na liña das teorías de Roth e a nova obxectividade alemá. As estampas posúen unha estruturación en planos e pigmentación sopesada. As cinemáticas un dinamismo debedor do futurismo e a asociación dos seus elementos por veces resulta chocante. E as de manequíns, coa disparatada e pouco convencional disposición, atufan a tempos pasados esnacados polos novos tempos que tamén plasma nas estampas deportivas. A relación da pintora con Ortega y Gasset continuou en Bos Aires e só se arrefriou cando o filósofo se achegou a grupos profranquistas e impulsores de revistas filofascistas. Na serie Cloacas e Campanarios (1929-1933) vemos a valorización da descomposición da materia como símbolo do anacrónico e da morte, é a condensación plástica dos seus paseos con Benjamín Palencia e o escultor Alberto. Posúe a sombría poética da Escola de Vallecas e establece intertextualidade co que está a escribir Alberti, do que non gosta Juan Ramón Jiménez, quen culpa a Maruxa e a Dalí do cambio do poeta gaditano. A súa viaxe a París en 1932, ten como obxectivo estudar escenografía e mostrar estes cadros, cousa que leva a cabo co aplauso de André Bretón que percibe neles unha poética de tipo surrealista. Mais a partires de 1933, asume os postulados do construtivismo da man de Torres García. Arquitecturas minerais, vexetais e construción rurais son un exemplo disto ao igual que A sorpresa do trigo (1936). Cando estala o golpe de Estado fascista Maruxa Mallo atópase en Cangas con Alberto Fernández (Mezquita), e agóchase na casa da súa familia materna. Narrará o acontecido alí e na Galiza no xornal Crítica de Bos Aires, na Vanguardia de Barcelona e no libro La Galice sous la boute de Franco de Luís Seoane. Con isto estaba a seguir as pautas da propaganda contra o franquismo impulsada pola embaixada da II República na Arxentina. As bestialidades que os falanxistas perpetraron en Vigo e a súa contorna deixáronlle un sinal indelébel, así en 1941 cóntalle a Alfonso Reyes que eses recordos e a invasión de Francia lle desencadearan unha depresión. Xa padecerá outra ocasionada polo fin do seu noivado con Alberti e o accidente con Mauricio Roësset e, entre 1953 e 1960, sufriu outra mais orixinada, sobre todo, polo falecemento de Constancio Vigil. O 24 de xaneiro de 1937 Gabriela Mistral, que a acollera en Lisboa antes de embarcar redacta cartas para Victoria Ocampo e para Alfonso Reyes pedíndolles que axuden a Maruxa e este respóndelle: "Ofrecí a Maruja Mallo todo lo que de mí se le ofrezca", pero non a informa do que se le no seu diario pois nel escribe que recibiu unha "visita de tarde de Faustino Jorge, para hablarme de la llegada de Maruja Mallo el 9, en el Alcántara, contratada por Amigos del Arte; a ver si la embajada española evita incidentes con la policía a su desembarco". A amizade entre a pintora e a premio Nobel nace cando esta se encargou do consulado de Chile en Madrid (1933/1935). Pero o seu contacto interrómpese logo da viaxe de Gabriela á Arxentina en 1938, e tampouco se ven cando Maruxa expuxo en Nova York, feito que a artista lamenta nunha misiva de 1954: En octubre de 1948 cuando se realizó mi exposición en Nueva York, encontré tu firma en el libro de dicha exposición. Te busqué por el consulado de Chile que no sabían por donde andabas. Ahora te escribo, aunque creo que sabrás hemos tenido la desgracia de perder a D. Constancio Vigil, que fue para mi un encuentro providencial, como cuando te encontré a ti, arcangélica Gabriela después de atravesar la frontera Portugal. Tu mensaje fue ponernos en contacto, en un mismo punto de la tierra donde vivíamos en ese momento los tres. Tu detrás de la embajada de España donde vivías y yo en esa embajada frente a donde vivía él. Creo que hasta los nombres son simbólicos. Nada hay al azar, esto me dijiste en Portugal. El mundo es matemático. Creemos, Gabriela, que nadie mejor que tu –y por lo mucho que él te quería a ti– puede hacer un artículo a su memoria para "Atlántida" y soy yo quien debe pedírtelo. Gabriela Mistral debía saber da boa conexión entre Maruxa e Reyes, xa que acode a el para que lle diga que Alberto Fernández (Mezquita) tivo problemas serios ao escapar por Portugal e para que informe disto aos seus amigos galegos. Despois pídelle que lle comunique "[…] ya pasó Fernández lo peor; parece que sigue preso pero no lo mandan a la frontera. Eso me dice mi Cónsul en Porto que ha hecho lo que pudo, y yo hice por él mas de lo debido …". Raúl González Tuñón aloxou na súa casa a Maruxa Mallo desde que chegou a Bos Aires até maio de 1937. Era amigo de Miguel Hernández e autor de La Rosa Blindada, para algúns investigadores, un poemario que influíu en Viento del Pueblo. Despois diso a pintora foise vivir a legación azteca e logo a de España até a entrada como embaixador de Osorio y Gallardo. Quizais ter que pagar un aluguer influíse para que non rexeitase ilustrar libros infantís, nin os encargos da casa Comte para deseñar teas e mobles, nin decorar (selectivamente) as exclusivas vivendas dalgúns xerarcas peronistas, traballos que ocultou por non consideralos do mesmo rango que a pintura. Ao pouco de desembarcar, a artista viveirense comeza unha peculiar unión sentimental con Constancio Vigil, propietario do potente grupo editorial e mediatico Atlántida, do que era director artístico Federico Ribas. Por intermediación dela traballaron nel Carmen Muñoz e Rafael Dieste, e publicaron textos ou ilustracións Otero Espasandín, Colmeiro, Castelao ou Seoane. Con este levou unha boa e longa amizade, desde que ambos montaran no xornal Crítica unha mostra de libros e de case mil fotografías e recortes de prensa sobre a vida en Madrid desde xullo de 1936. En Homenaje de escritores y artistas a García Lorca, tamén participa ela. O libro recolle poemas e debuxos de creadores arxentinos, uruguaios e galegos, e do propio Federico. Nel amosan o seu apoio á II República, pero só asinando, Maruxa Mallo e Federico Ribas e desde a península Antonio Machado, Gil-Albert, León Felipe, Bergamín, María Zambrano, Alberti, Mª Teresa León e Arturo Souto. Outros intelectuais e artistas implícanse máis que Maruxa, pois Eduardo Blanco-Amor escribe expresamente para el. Colmeiro pinta unha maternidade e a diagramación e coidado da edición perténcelle a Seoane, ao igual que un debuxo inspirado nos 'carteis de cego'. Mony Hermelo recita 'A Cantata' a finais de xuño de 1937 en Bos Aires e un mes despois en Montevideo. Faino antes de que, con escenografía de Maruxa Mallo e música de Pahissa, a representara Margarita Xirgú. Cantata en la Tumba de Federico García Lorca, de Alfonso Reyes, é un canto funerario encadrábel dentro das condenas que levantou en latinoamerica o fusilamento do poeta. A compañía de Margarita Xirgu escenificouna o 23 de decembro, ao rematar Doña Rosita la soltera, o cal obrigaría que, para reducir o tempo de montaxe, os decorados fosen sinxelos e contribúe a entender que Maruxa realizara outros para a representación do 2 de agosto de 1938. Xa en Bos Aires Maruxa Mallo aborda de 1937/1939 A relixión do traballo, serie partícipe da mesma poética e ideoloxema que o óleo A Sorpresa do trigo (1936) pois, no guieiro do discurso social da II República, exalta ao pobo e convirte en alegorías aos homes e mulleres do mar e do campo.Nela presenta aos mariñeiros cal se fosen estatuas do antigo Exipto ou traballadores con testas que seguisen os canons da Grecia clásica ou respondesen á idea de que beleza e virtude están unidos. Por outra banda, transforma á muller nun ser conseguidor de bens. As obras desta serie con asuntos relativos ao mar, conectan cos bosquexos que fixo na Galiza en xullo de 1936. E o seu cromatismo cómpre asocialo á paisaxe gris azulada do río de La Plata e á luz que penetraba polas xanelas grandes da súa casa, como ela conta. En A relixión do traballo o platonismo é patente e as formas evidencian unha concepción muralista e unha estruturación construtivista. Tras a viaxe a Chile de 1939, Maruxa, empeza "Naturezas Vivas". Algúns destes cadros trasladan certo desacougo e fan pensar que a pintora agora reemprazara o ideoloxema de corte social por un simbolismo erótico-telúrico ou erótico-vexetal. A factura preciosista de Maruxa Mallo continua en Retratos bidimensionais, unhas escultóricas e idealizadas cabezas datadas entre 1941 e 1951 e que se poden ver cal arquetipos do seu ansiado "home novo". A serie Máscaras responde ás premisas anteriores, ao amor que sinte polo teatro e ao seu interese polo exoterismo e as relixións precolombinas. En 1945 os arquitectos López Chas e Zemborain encargáronlle a Maruxa Mallo o mural do derruído cine Los Angeles, para o que tomou apuntes na súa viaxe a Chile dese ano. Constaba de tres partes e ollábase dende a rúa porque a fachada era un enorme cristal transparente, o cal contribuía a que actuase como un referente urbano, como un mural sinaléctico. Representaba unha danza subacuática sobre a que planeaban as pegadas dos decorados de León Blast, das danzas hindús e de Matisse; nel utilizou cristais, botóns, celofán, cunchas ou pedras de cores. En "Armonías Plásticas" prevalecía a sensación de sosego, refinamento e plácida ingravidez; asemade gardaba relación unívoca co lugar onde estaba instalado: pintura, baile e cine xuntos. Coa caída do peronismo Maruxa perde parte do seu mercado, ademais en Arxentina imponse a arte abstracta e a súa obra xa non goza de aceptación, a mostra que lle consegue Seoane na galería Bonino, acredítao. Entón opta por pasar tempadas na zona dos Andes e por retornar a Madrid en 1961. Alí pasa case desapercibida, pinta a xeométrica serie Moradores do Vacio (na que representa a seres extraterrestres) e realiza unha carpeta de litografías. Nos anos oitenta visibilízaa a pseudo-progresista movida madrileña e Maruxa Mallo empeza a recibir premios de diferentes organismos oficiais, pero non está ben de saúde e fina en 1995. As relacións de Maruxa Mallo en Bos Aires M aruxa, cando desembarcou en Bos Aires recibiu axuda dun grupo de persoas cultas, de dereitas pero demócratas e da clase social mais adiñeirada de Arxentina. A el pertencía a chamada "santísima trindade do petróleo", terratenentes e os intelectuais da revista Sur. A isto súmase que residir na embaixada española, facilitoulle relacionarse con outras legacións, como a de Estados Unidos de Amércia, na que desempeñaba como embaixador Spruille Braden, con quen debeu ter bastante trato pois no diario de A. Reyes do 20 e 25 de outubro de 1937, lese: "El sábado matrimonio religioso y fiesta Robert Lyons y Maruja Mallo, que de la casa del embajador Braden se fueron a pasar la noche en Los Naranjos, que les prestamos al efecto. Ayer volvieron de noche y embarcaron para Río a las 10 pm". Ignoramos cando se decatou de que non era quen de asumir o rol que lle fixaran dentro dese grupo. Cando percibiu que para bastantes dos seus membros a cultura era un distintivo que os diferenciaba entre os seus iguais e que os moitísimos cartos convertían en extravagancias actos deles nada ortodoxos. A súa mordacidade e irreverencia así como simpatizar co peronismo, causaron a súa ruptura con estas moi podentes e rendíbeis 'amizades'. Até 1945 foi asidua aos 'saraos' dos grandes financeiros e petroleiros, logo aos dos mandatarios peronistas, eventos que para ela eran chave para vender a súa obra, ao igual que as súas feiras en Punta del Este. Ela nunca se declarou feminista, non nos consta que colaborase con algunha organización deste tipo e na súa obra non atopamos algún dos ítems que particularizan a denominada 'pintura feminista'. Porén non aceptou o lugar subalterno que se lle asigna á muller e rachou con tópicos femininos dos que nin se librou o surrealismo. A pintora non traizoou o rol de xénero que moldeou entre 1922/35 e isto ocasionoulle desencontros incluso cos refuxiados, xente que combatía pola democracia pero sen pensar nos dereitos que dentro dela lle corresponden as mulleres. Case non tivo contacto cos nosos emigrantes, pero si con Dieste, Seoane, Blanco Amor e G. Losada quen lle editou Lo popular en la plástica española a través de mi obra. Na nosa colectividade, formada por traballadores e pequenos comerciantes, non había 'burgueses' con cartos para mercar cadros a artistas cunha cotización alta. E a súa xenreira ao Partido Comunista, quizais favorecese a súa aproximación ao dos descamisados, tan odiado pola clase que a acolleu como polos desterrados republicanos, dos que ela tamén se afastou. Pode que influíse nisto que carecían de diñeiro e que a intelectualidade republicana máis activa de Bos Aires estivese da man do matrimonio Alberti-León. Estar soa axudou a que Maruxa Mallo aprendese que o diñeiro era imprescindíbel para rachar cos convencionalismos e levar a vida que desexaba. Dicir que o seu foi un 'exilio dourado', é esquecer os problemas que debeu superar sen apoio, sendo unha muller rompedora, de esquerdas e pintora. |
NOS_44363 | Nos últimos meses as investigacións, detencións e mesmo condenas a cidadás e cidadáns polas opinións que publicaron nas redes sociais aumentaron. Esta realidade, que saltou de novo á palestra após o acontecido co concelleiro de Madrid, Guillermo Zapata, sérvenos para nos lanzar unha pregunta: está en causa a liberdade de expresión? | Un dos casos máis recentes foi o da denominada Operación Araña. Un operativo policial que atinxiu, entre outros territorios, Galiza e do que resultaron detidas --en dúas fases-- máis de medio cento de persoas, entre elas un cidadán vigués (M.L.M) e o coñecido rapeiro de Def Con Dos, César Strawberry. O seu presunto delito, "enaltecer o terrorismo" con comentarios que "facían apoloxía de ETA, PCR-R/GRAPO e Terra Lliure". A mesma acusación foi a que levou o militante de Briga, Lucas Arbones, a prestar declaración perante a Audiencia Nacional española hai un ano. Ou a activista española do 15-M, @almu_en_lucha pola publicación de "chíos violentos" nos que usaba citas de teóricos como Antonio Gramsci. As ideas vertidas nas redes sociais obxecto de suporen un delito son múltiples e diversas e elévanse --para alén do público-- ao ámbito privado. Eis o caso do veciño de Triacastela, Marcos Celeiro, ao que acusan de danar a "honra" da empresa Cementos Cosmos polas opinións partilladas nas redes sociais. O seu xuízo está pendente de sentenza. Non así o de Alba González, condenada a 1 ano de prisión por ter enviado unha vintena de chíos "de contido radical e violento", segundo a sentenza da Audiencia Nacional española. O Código Penal prevé de 1 a 3 anos de prisión por delitos de "enaltecemento do terrorismo" nas redes sociais As persoas encausadas pola Operación Araña poderían facer fronte a unha petición de condena moito máis alta. Após a reforma do Código Penal e da aprobación do pacto antijihadista, asinado por PP e PSOE, a lexislación prevé até 3 anos de privación de liberdade por un delito de "enaltecemento" nas redes sociais. Perante este contexto a demisión de Zapata semella máis "unha cousa un tanto sacada de quicio" e propia da "política local madrileña" que un asunto capaz de xerar "debate internacional" ao respeito, sinala en conversa con Sermos Galiza, Xosé Manuel Pereiro, presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG). Porén, o certo é que as redes ferveron ao longo de toda a segunda feira e nelas pairaba a pregunta: ten límites a liberdade de expresión? A sátira e a retranca "O humor e a liberdade de opinión non deben ter límites", afirma de maneira taxativa Xosé Manuel Pereiro. "O humor", acrecenta, "sempre molestará a alguén", nomeadamente o "negro", o "extremo" o de "mal gusto". Porén, sinala, "o humor enténdese que non o é por facer rir a todo o mundo". E exemplos hai dabondos. Defendidos, aliás, afervoadamente por quen sinala noutras ocasións co dedo acusador. O acontecido devolve ao maxín as capas da revista francesa Charlie Hebdo, ridiculizando e satirizando a Maomé, Alá e a poboación musulmá. Após o asasinato do seu director e de boa parte do cadro de persoal, #JeSuisCharlie tornouse nunha arenga á liberdade de opinión e de prensa nun Estado, como o español, no que foi retirada unha publicación semellante cando as personaxes da capa eran os daquela príncipes de Asturies. "Eran admisíbeis as ofensivas diatribas do Charlie Hebdo contra o Islam?" "O humor, de mal gusto, tamén é unha expresión do noso ser escuro e desgarrado, pero non hai que esquecer o contexto no que se produce nin perder os papeis. Nin nunha dirección nin na noutra. Ou si eran admisíbeis as ofensivas diatribas do Charlie Hebdo contra o Islam?", preguntábase no seu blogue 'Un país en lata' o xornalista, Fran P. Lorenzo ao fío do affaire Zapata. A liña que separa o público do privado estréitase de maneira proporcional ao espazo que van engolindo as redes. Até onde unha opinión lanzada en Twitter deixa de ser persoal para se tornar en reprobábel publicamente? "Hai que actuar nas redes baixo a premisa de que non é privado", apunta Pereiro. Acceso á información E, nese senso, a hemeroteca reflicte unha dinámica institucional que vixía e pune as opinións nas redes, mais que visa, tamén, limitar o dereito de acceso á información. "Na lei procesual que fixo Gallardón", explica Pereiro en relación á reforma da Lei de Enxuízamento Criminal aínda en tramitación, "prevíase que o fiscal determinase que testemuñas ou persoas encausadas nun proceso non puidesen facer declaracións até a vista oral" valorando posíbeis sancións no caso daqueles medios que se fixesen eco das mesmas. Para alén do máis, o executivo de Mariano Rajoy prevé evitar o que define como a 'pena de telexornal' garantindo o respecto á imaxe das persoas detidas mais limitando as informacións que se publican no marco de procesos xudiciais abertos. A reforma colleu forza logo da detención de Rodrigo Rato, entre outros escándalos de corrupción que perseguen o PP. |
NOS_7505 | O número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 128 | Galiza rexistrou dous novos falecementos de persoas con coronavirus Covid-19, de usuarios de senllas residencias de Culleredo e Lobeira, e outros 206 positivos. Segundo os datos actualizados esta sexta feira pola Consellería de Sanidade, na xornada da quinta feira rexistráronse dous falecementos en centros residenciais que elevan a 749 as vítimas na Galiza. En concreto, unha muller de 90 anos con patoloxías previas no Fogar Residencial El Pinar de Culleredo e un home de 72 anos de Nosa Señora do Viso de Lobeira. Con estes novos casos, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascendeu a 128. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galiza encadeara case dous meses -desde o 10 de xuño- sen decesos relacionados co coronavirus. En canto aos casos activos, segundo os datos facilitados, descenderon en 56 até situarse en 4.203. Con respecto á xornada pasada, baixaron nas áreas da Coruña (60 menos), que concentra 904; Pontevedra (30 menos), que está en 765; Vigo (23 menos), que conta con 491; e Ferrol (un menos), con 128. Por contra, aumentaron nas áreas de Ourense (51 máis), que rexistra 850 casos activos; na de Santiago (cinco máis), que conta con 539; e na de Lugo (dúas máis), até os 526. No que atinxe ás residencias, o número de casos é de 446, a maior parte deles correspondentes a persoas usuarias (313) mentres que 133 son de traballadores e traballadoras. O número de persoas falecidas por coronavirus relacionadas coas residencias é de 327. En canto a escolas infantís e centros de ensino, hai 361 casos e 32 aulas pechadas. |
NOS_50288 | O Partido Popular ficou este domingo sen 40 das alcaldías que ostentaba grazas á maioría absoluta. Un dado que exemplifica a perda de poder do noutrora todopoderoso PPdeG. | Bastaron 11 horas para pór patas arriba o mapa político galego vixente nos últimos anos. O domingo, de 9:00 horas a 20:00 horas, o voto de 1.500.499 galeg@s determinou importantes e significativos cambios na Galiza municipal, un escenario no que até o de agora predominaba o azul popular. Mais esa imaxe cambiou e non pouco. Así, o PPdeG sae deste 24M con 40 concellos menos onde gobernaba con maioría absoluta. Tiña 188 e mantén 148. Unha importante queda do 21%. Segue a ser a primeira forza en Galiza mais cos peores resultados da súa historia en eleccións locais (35,7%). Unha perda de case 10 puntos a respeito de 2011 que resulta na perda de importantes concellos onde até o de agora gobernaba. Haberá que agardar agora até o 17 de xuño -data de constitución dos novos gobernos locais- para ver como a dinámica de pactos e alianzas quita, ou dá, concellos ao PP alí onde este non ten maioría absoluta. O PSdeG, pola contra, aumenta o seu número de concellos onde vai gobernar con maioría absoluta. De 35 pasa a 47, 12 máis. Algúns deles tan significativos como o de Vigo, mais tamén concellos como Viveiro. O PP segue a ser a primeira forza en Galiza mais cos peores resultados da súa historia en eleccións locais (35,7%) O BNG tamén saíu do 24M con máis gobernos de maioría absoluta que hai catro anos. Daquela os votos déranlle a maioría absoluta en 11 concellos e este domingo os e as electoras déronlle esa confianza en 13 (Allariz, Bueu, Castrelo de Miño, Ribadeo, Vimianzo, Zas, A Pobra de Brollón, Carballo, Carnota, Mazaricos, Moeche, San Sadurniño e Tomiño). Cómpre lembrar que a esta cita o BNG chegaba con só 6 alcaldías con maioría absoluta das 11 gañadas nas urnas hai catro anos, após a marcha do Bloque de alcaldes e concelleiros ao longo deste mandato, como foron os casos de Teo ou Manzaneda. . Hai tamén varios concellos -sete- gobernados con maioría absoluta no epígrafe de 'outros'. Aí están mareas como as de Manzaneda ou Val do Dubra, Vilar de Santos (Compromiso por Galicia) ou fenómenos 'independentes' como Independentes das Terras de Chantada (INTA) en Chantada. |
NOS_52302 | Aos 76 anos de idade | Aos 76 anos de idade falecía esta semana Xosé María Méndez Doménech (Santiago, 1944). creador da primeira publicación periódica en galego, a revista quincenal infantil e xuvenil 'Vagalume'. Un pasamento do que informaba Cultura Galega. "Méndez Domenech partía dun activismo político antifranquista polo que no ano 68 formaba parte da Alianza Democrática de Estudiantes, o que o levou a ser metido en cadea e expulsado do recinto académico pola Universidade de Santiago. A súa militancia galeguista expresouse despois a través da creación e dirección da revista 'Vagalume', na que se publicaron entre 1975 e 1978 algúns dos primeiros materiais didácticos para o ensino en galego e mesmo banda deseñada". Ademais diso, Xosé María Méndez Doménech tamén foi actor de dobraxe e formou parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) onde levou a cabo unha constante labor de investigación. |
PRAZA_4492 | O extraordinário eco jornalístico obtido pola petição do alcalde do Carvalhinho para que a Real Academia Galega incorpore à norma oficial da língua galega a forma "pulpo" é, antes de mais nada, umha demonstração de que às vezes a repercussão dumha idéia – ou, como neste caso, dumha ocorrência – está em relação diretamente proporcional com a sua futilidade, extravagância e falta de substância. | O extraordinário eco jornalístico obtido pola petição do alcalde do Carvalhinho para que a Real Academia Galega incorpore à norma oficial da língua galega a forma "pulpo" é, antes de mais nada, umha demonstração de que às vezes a repercussão dumha idéia – ou, como neste caso, dumha ocorrência – está em relação diretamente proporcional com a sua futilidade, extravagância e falta de substância. Que os mesmos médios que sistematicamente omitem os debates culturais e lingüísticos de fundo que se produzem no nosso país sejam os primeiros a promocionarem este tipo de notícias já di muito sobre a sua intencionalidade última. Mas fagamos o exercício dialético de tomar em sério o assunto, não tanto polo que desde terras do Arenteiro se solicita senão como mostra dumha série de debates sobre a língua que, ao contrário da anedota cefalópoda, tenhem muito interesse. Quatro motivos para rejeitar a proposta do IEC de plano 1. Primeiro a conclusão, despois o estudo. Argimiro Marnotes (PP), o alcalde do Carvalhinho, tem-no claro: o cliente sempre tem a razão. E como cliente que encomenda ao Instituto de Estudos Carballiñeses (IEC) o estudo da qüestão, pretende facilitar-lhe o trabalho estabelecendo a priori a conclusão à qual deve chegar. Obviamente, nem a RAG nem nengum organismo ou indivíduo com um mínimo de respeito pola ciência pode tomar em sério um estudo que nasce assi, polo que o único que realmente está em causa é a credibilidade do próprio IEC. A norma de qualquera língua, por definição, não inclui os dialectalismos, polo que careceria de sentido solicitar à RAG que acolhesse especificamente uns e não outros 2. Mesmo que o IEC demonstre o indemonstrável, a petição segue a ser contraditória e incoerente. Imaginemos, ainda que só seja por um instante, que o IEC consegue demonstrar que existe umha variante dialectal legitimamente galega na comarca do Carvalhinho (e eventualmente noutros territórios do país). Pois bem, ainda nesse caso, a petição seguiria a ser absurda: a norma de qualquera língua, por definição, não inclui os dialectalismos, polo que carece de sentido solicitar à RAG que acolha especificamente esse e não os centenares de exemplos mais que – apesar de serem indiscutivelmente autóctonos e legítimos na fala – se registram em cada canto do território galego, sem por isso passarem a fazer parte do corpus de referência do galego. 3. Um jogo com cartas marcadas. O demandante apela à RAG, num reconhecimento implícito da sua autoridade na matéria. Porém, em boa lógica isso significaria duas cousas: que deveria assumir a forma "polbo" como única válida, já que essa é a postura oficial da RAG; e que, no pior dos casos, aceitará qualquera ditame que se emita sobre a sua petição. Porém, o afouto alcalde carvalhinhês não cumpre com nengumha dessas razoáveis condições, até ao ponto de que declara abertamente que só aceitará umha resolução favorável, mesmo sem nem sequera dispor do tal informe que disque fundamentará a sua proposta. Enfim, estamos ante umha burla em toda a regra. 4. Umha hipótese sem aval lingüístico nem histórico. Numha discussão como a presente, os argumentos lingüísticos deveriam estar em primeiro plano, mas rara vez ocorre assi: num país em que, quando hai um acidente ferroviário, nas tavernas discute-se em detalhe a respeito das vantagens do ERTMS sobre o ASFA; em que, quando se debate sobre terrorismo yihadista, nessas mesmas tavernas se escuitam sisudas análises sobre a diferença entre árabes, islâmicos e islamistas; ou em que se analisam em detalhe as conseqüências econômicas do processo concursal dum equipo de fútbol, defendendo porcentagens e prazos com fervorosa precisão; nesse mesmo país, quando se fala de língua – e é bom que o debate esteja nas ruas e não restrito ao âmbito acadêmico – quase ninguém fai o menor esforço por divulgar conceitos essenciais para abordar o tema com um mínimo rigor. Quase ninguém, porque sempre hai algumha exceção. No caso que nos ocupa, a melhor argumentação lingüística a favor de considerar seriamente a (eventual) proposta do IEC é a publicada por Afonso Monxardín e que convido a ler íntegra e atentamente. É notável e mui meritório o esforço de Monxardín por aventar possibilidades explicativas diferentes da óbvia, i.e. a interferência léxica do espanhol ou, dito por palavras mais correntes, o puro e simple castelhanismo. Porém, a hipótese segue a fazer águas por demasiados buracos – e isto não é demérito del, desde logo, senão de quem pretenda no futuro defender "pulpo" como animal fluvial de companhia –. Vejamos as principais lagoas e inconsistências dumha hipotética argumentação em favor do caráter galego da voz "pulpo": 4.1. A evolução semiculta (POLIPU– > *polpo > *pulpo) é possível em termos mecânicos, mas falta explicar um aspecto essencial: que sentido teria umha evolução semiculta numha voz tão quotidiana, referida ao entorno natural e à gastronomia popular, âmbitos onde a evolução patrimonial é regra praticamente unânime, e mais quando os semicultismos costumam proceder de áreas com umha forte influência institucional (léxico religioso ou jurídico, p.ex.) que em absoluto tem aplicação a este caso? 4.2. Dado que no resto do país está fartamente documentada a forma "polvo/polbo", haveria que explicar as causas dumha eventual exceção territorial a essa evolução. Que a vogal tônica seja um u e não um o não presenta complicação: é resultado dumha metafonia, mui comum na evolução do latim ao galego, e em nengum caso justifica um suposto semicultismo, como prova o dialectalismo "pulbo". Mas a conservação do –p– latino em posição intervocálica não tem umha explicação plausível. 4.3. Para legitimar "pulpo" como forma dialectal do galego, seria necessário documentar a ocorrência dessa (suposta) variante em períodos anteriores à extensão do espanhol, i.e. antes do s. XIX e da constituição de Espanha como Estado-nação, com toda a aparelhagem que isso leva consigo e mui notadamente com a expansão da língua espanhola através do sistema escolar. Pois bem, na maior base de datos disponível sobre o corpus histórico do galego, o Corpus TILG, a forma "pulpo" só aparece pola primeira vez em 1853, concretamente n' A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, e ademais – repare-se bem nisto, porque é importantíssimo – fai-no em alternância com "polbo", o que demonstra sem margem de dúvida que estamos ante um par forma própria/forma alheia ou forma galega/castelhanismo. A essa altura, ademais, a forma "polbo" já leva mais de um século documentada e já fora três vezes – as duas primeiras, polo padre Martín Sarmiento – dicionarizada baixo a grafia "polvo" (como nos lembra o Dicionario de Dicionarios da Universidade de Vigo). E é seguro que, à medida que avance o processo de informatização do nosso repertório bibliográfico, essa distância se alargará em várias centúrias mais. 4.4. O suposto exemplo dialetal de Aveiro, traído à tona por Monxardín, não serve de muito para o caso. Porque haveria que ver se hai umha multiplicidade de registros ou se é umha ocorrência pontual, e neste caso se se trata dum castelhanismo (algo para nada insólito no s. XVIII português); porque entre Aveiro – que cai fora da Gallaecia histórica – e O Carvalhinho hai a suficiente distância geográfica e lingüística como para estabelecer um paralelismo mecânico sem as devidas cautelas; e porque os fenômenos dialectais que se produziram e produzem em Portugal afetam ao galego que se fala ali, mas não necessariamente ao que se fala aqui. Brevíssimo excurso: só faltaria que se apele às variantes portuguesas para promover a introdução de castelhanismos na norma da RAG, despois de mais de três décadas de esforços por parte dessa instituição no exercício e na justificação do diferencialismo a respeito da norma internacional do galego, como prova a escolha da própria grafia "polbo" em lugar de "polvo", num exercício de anagnórise seletiva radicalmente absurdo (e que dá lugar ao uso diferencial das grafias "b" e "v" no galego a respeito do português), mas cuja crítica não é o foco deste artigo. 4.5. Engada-se a todo o anterior que a forma "polvo/polbo" está não só documentada historicamente, senão tamém presente na fala popular de diferentes comarcas do país e mesmo tem reflexo na antroponímia (através de alcumes como Polveiro/Polbeiro ou Pulveiro/Pulbeiro), e entenderá-se a extrema dificuldade de justificar para "pulpo" qualquera outra origem que não seja a dumha interferência lexical do espanhol. * * * * * Aceitar a legitimidade dumha forma descaradamente alheia à nossa língua abriria a porta a umha enxurrada de vozes semelhantes, num caminho que levaria irremissivelmente à configuração do galego como umha língua crioula Portanto, mentres não se dê umha resposta satisfatória a todas estas exigências lingüísticas mínimas, não hai lugar para tomar em sério a proposta de considerar "pulpo" como umha palavra galega, por mais popular que seja o seu uso e mais extensão que tenha ganhado nas últimas gerações. Pretender ignorar que estamos imersos num processo de substituição lingüística e que isso tem reflexos no léxico da língua em retrocesso equivale a assinar a condena definitiva do galego por antecipação. E aí radica o principal problema deste conto: aceitar a legitimidade dumha forma descaradamente alheia à nossa língua abriria a porta a umha enxurrada de vozes semelhantes, num caminho que levaria irremissivelmente à configuração do galego como umha língua crioula, incapaz de atingir a normalidade social e de veicular os usos mais prestigiados. É verdade, como lembra o próprio Monxardín noutro post, que isso não seria nengumha novidade, já que a atual norma da RAG aceitou outros castelhanismos sem o menor pudor, relegando ao esquecimento vozes patrimoniais galegas. Mas a linha a seguir deve ser – e nisso hai um consenso praticamente absoluto, à margem de discrepâncias gráficas – exatamente a contrária: desandar esse caminho e fomentar a recuperação das formas que, como no caso que nos ocupa ("polvo/polbo") estão mui vivas ainda no galego oral – especialmente, neste caso concreto, nas zonas costeiras – e consolidar a sua extensão como formas normativas. Nessa linha, recomendo vivamente a leitura desta lúcida reflexão de Xoán Lagares e engado umha anedota da minha própria colheita: numha recente visita a Ourense, comprovei que as persoas hispanofalantes nessa cidade dim "Rua do Comércio" no médio da sua fala em espanhol: umha prova inequívoca de que umha ação institucional coerente tanto pode promover a recuperação espontânea da palavra "rua" como por deixadez manter o castelhanismo "calle". E quem di "rua" vs "calle", di "polvo" vs "pulpo". E com isto, deixo-o por hoje. Num segundo artigo, que publicarei nos próximos dias, convidarei-vos a umha análise dos prejuízos lingüísticos subjazentes à proposta do alcalde carvalhinhês, não sem antes lembrar umha frase de Daniel Castelao, cujo aniversário do passamento celebramos nestas datas: "O idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo". Setenta anos despois de que Castelao escrevesse essas palavras no seu Sempre en Galiza, ainda segue a ser necessário repetir o evidente – sinal inequívoco dos muitos erros que cometemos e que devemos revisar, mas certamente não será somando outros novos e mais grotescos como o conseguiremos. |
NOS_34661 | John Zorn conta con todas as características que crean unha figura de culto: non dá entrevistas, non explica as súas ideas, non fai promoción dos seus discos, non posa para fotógrafos e non usa as redes sociais. | O número resulta demoledor: máis de 400 discos. Son os que leva gravados o músico neoiorquino John Zorn, probabelmente un dos maiores xenios con que conta o jazz contemporáneo e que foi protagonista, este mes, do ciclo Jazz en agosto que organiza a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa. Zorn conta con todas as características que crean unha figura de culto: non dá entrevistas, non explica as súas ideas, non fai promoción dos seus discos, non posa para fotógrafos e non usa as redes sociais. E aínda así, os seus seguidores forman parte dunha especie de fraternidade solidaria que segue todas as súas aventuras musicais con devoción, por moi diferentes que sexan. Ao longo de case cincuenta anos, Zorn inventou novas formas de improvisar en estilos como o hard bop ou o free jazz, ideou formas de compoñer absolutamnte novidosas (Naked City, Cobra), internouse no ruidismo máis radical, levou a improvisación a extremos descoñecidos, ideou novas técnicas de tocar o saxo, xogou nas marxes da música contemporánea, compuxo bandas sonoras minimalistas e, en fin, tratou de revolucionar todo aquilo que tocaba, habitualmente con imaxinación e talento. Zorn, ademais, tivo a idea, a mediados da década de 1990, de usar a tradición musical dos xudeus Ashkenazi como estrutura harmónica e melódica do jazz, o que o levou a pubicar toda unha serie de discos -máis de corenta- que explotaba esa idea e que se transformou nun catálogo de ideas case inabarcábel que enriquece as vías da música contemporánea. O neoiorquino formou varios grupos cos que explota, alternativamente, os seus diversos conceptos musicais: Masada, Electric Masada, Painkiller, Naked City, Hemophiliac, Yankees... ademais de dirixir outros cos que non toca pero para os que compón e dirixe: The Dreamers, Abraxas, MoonChild, Simulacrum ou Nova Express entre outros. A Gulbenkian xa lle dedicara en 2018 un ciclo de dez días ao compositor no que quedara patente a súa versatilidade: alí, entre outras cousas, tocou cun trío con Thurston Moore, fundador de Sonic Youth, e o baterista dos tempos heroicos do free jazz Milford Graves: cos Masada, a banda coa que explorou a idea de introducir as escalas da música tradicional klezmer no jazz; varios cuartetos tocaron as súas composicións; e estreouse en Europa Jumalatteret, un ciclo de cancións para voz e piano inspirado na épica finlandesa Kalevala. A música de Zorn é, probabelmente, a expresión máis depurada da hibridación contemporánea: alí onde se atopan a música culta, o jazz, o punk e a electrónica. A súa mestura do popular e o académico provoca que nos enfrontemos a unha amálgama de John Cage e Lou Reed, de Ornette Coleman e o hardcore, de Ligeti e Ennio Morricone, do heavy metal e Charles Ives. E o interesante é que nunca cae no "todo vale": as estruturas compositivas son rigorosas; o diálogo entre riffs e improvisación, case clásicos; a disposición do ruído refleja a estruuta tradicional de tema-solo-tema. Se cadra, Zorn é un precoz expoñente dunha música que agora mesmo se está a esbozar en moitas salas de ensaio e que responde ao seu programa compositivo: "Eu busco alguén que estea a altura, sacando os intestinos, pero ao tempo busco a complexidade estrutural que alcanzou a música clásica contemporánea". |
PRAZA_2373 | A deputada Carme Adán rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que pregunta polas medidas adoptadas pola Secretaría xeral de Igualdade ante o trato discriminatorio ás azafatas interpretes do evento, patrocinado pola Xunta, ás que se lles esixía "boa presenza" | A deputada do BNG Carme Adán rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que pregunta polas medidas adoptadas pola Secretaría xeral de Igualdade ante o trato discriminatorio ás azafatas interpretes do evento Galician Gourmet Extravaganza, patrocinado pola Xunta, o IGAPE e a Cámara de Comercio da Coruña e con fondos FEDER procedentes da Unión Europea. Na convocatoria de traballo, como recolleu unha información publicada por Praza hai uns días, esixíaselles "boa presenza" para desenvolver a súa actividade como interpretes entre as empresas galegas expositoras e os profesionais ingleses asistentes. A parlamentaria pide explicacións ao Goberno por permitir o proceder "discriminatorio" do IGAPE e acusa a Feijóo de "falar moito de demografía pero esquecer as mulleres" como "demostra", afirma, a ausencia da Secretaría Xeral de Igualdade nas comparecencias parlamentarias dos orzamentos previstas para os vindeiros días. O Galician Gourmet Extravaganza é unha iniciativa, a xeito de tour gastronómico, que busca promocionar fóra de España a calidade da cociña galega e dos seus produtos, a través da realización dunha serie de eventos en distintas cidades. O primeiro deles tivo lugar en Londres entre os pasados 15 e 18 de outubro. Para o encontro gastronómico organizado na capital británica realizouse unha convocatoria de emprego, procurando "azafatas" para traballar como "interpretes entre as empresas galegas expositoras no evento e os profesionais ingleses asistentes". Ás posibles aspirantes requiríaselles ter estudos medios, ser bilingües en español e inglés e ter "don de xentes". Pero, ademais, a oferta demandaba delas que tivesen "boa presenza". |
PRAZA_19015 | Se populismo é negatividade, a palabra con enerxía positiva é unidade. Agora emprégase para referirse á igualdade entre os españois, á soberanía do pobo, ou para pór firmes aos cataláns | "Sonche cousas da vida e dos homes, que somos coma lobos uns prós outros, coma lobos, Eduardo, dígocho eu, coma lobos." (Vento ferido, Carlos Casares). Para a Fundación del Español Urgente do BBVA, a palabra española do ano, de entre as que marcaron a actualidade informativa de 2016 e que teñen, amais, interese dende o punto de vista lingüístico, foi populismo. Os que gozan exercendo o poder, pensando que lles pertence, están tan obsesionados en desfigurar a realidade -e en relatárnola como lle peta- que mesmo decidiron mangonear tamén o dicionario, a fin de darlles ás palabras aqueles significados que, en cada tempo e lugar, mellor satisfaga a súa cobiza insaciable. O vocábulo populismo foi desposuído adrede da súa acepción orixinaria e ionizado de carga negativa, para acabar significando unha cousa e a súa contraria, e así poder meter no mesmo saco feitos e elementos que, sen ter ningunha relación, pareza que son absolutamente iguais: o referendo dos británicos sobre a súa permanencia ou non na UE (os males da democrática), un tipo chamado Trump (a negación dun dos nosos), o partido Podemos (a parvada da denuncia da corrupción), ou Catalunya (o inimigo interior en substitución de Euskadi). Agora ben, se populismo é negatividade, a palabra con enerxía positiva é unidade (tocaralle ser miss neste ano). Os principais paladíns que nos conducirán ao Edén (o xefe do Estado, o do Goberno ou o da Xunta) son incapaces de dicir unha soa frase que non inclúa a voz máxica: unidade! Vocábulos potentes e cheos de contido que se deberían pronunciar sempre con maiúscula (Honestidade, Xustiza, Solidariedade) e que deberían imbuír a conduta e a linguaxe dos que falan en nome dos outros, carecen de valor e mesmo de significado, se non van supeditados a esa abstracción morfemática, chamada unidade. Ata a Conferencia Episcopal Española botou man desta voz española por antonomasia –a santa unidade- para instar aos socialistas a que volvesen ao bo camiño cando, hai uns meses, andaban máis escornados da conta. Esta española de pro –dona unidade- xa hai tempo que, coma a que gañou o concurso o ano pasado, deixou de significar o que significaba. Agora emprégase para referirse á igualdade entre os españois (cada vez máis desiguais), á soberanía do pobo (cada vez menos soberano: artigo 135 da Constitución), ou para pór firmes aos cataláns (que non queremos que se queden, mais tampouco imos permitir que se vaian). Ah!, o meu tío Lisardo comezou a recoller sinaturas para que a voz unidade pronto sexa canonizada, porque agora significa uniformidade e recentralización, e xa non quere dicir unión voluntaria, harmonía e coherencia. Hai que goderse con estes novos realacadémicos do nabo! |
NOS_31105 | O 25 de maio as Plataformas de Afectad@s por Preferentes volven a Compostela para participar nunha manifestación que sairá ás 11.30 da Praza de Galiza e que ten previsto rematar diante da residencia do presidente da Xunta, en Montepío. | "O goberno do PP rouba aos aforradores para rescatar á banca. Devolución do 100% do aforro" é o lema da manifestación que rematará o próximo día 25 diante da casa do presidente da Xunta, en Montepío, e saíra da Praza de Galiza ás 11.30 horas, convocada polas Plataformas de Afectad@s Plataformas de Afectad@s por Preferentes e subordinadas de toda Galiza. As plataformas, nas que se organizan 60.000 familias afectadas pola fraude consideran a mobilización de especial relevancia xa que, ao seu ver, se atopan nun "momento crucial"para as súas reclamacións. "O Goberno Central, tras ter legalizado a estafa, ten intención de impoñer as quitas e os canxes, sen que teñan concretado ate o momento cando teñen intención de efectivizalas, decisión que está en mans do Ministerio de Economía a través do FROB" destacan. Devolución da totalidade dos cartos As reclamacións das plataformas constituídas polas vítimas das preferentes e subordinadas continúan a reclamar que se deixen sen efecto as quitas, que non se apliquen as canxes e que se arbitre un mecanismo extraxudicial e aplicábel a todos os casos que posibilite a devolución da totalidade dos cartos. Cunha xa prolongada loita na que as vítimas non deixaron de reclamar os seus dereitos protagonizando centos de actos de protesta, chaman polo apoio de organizacións políticas, sindicais, plataformas cidadás, movementos sociais e a cidadanía en xeral . A presenza de mobilizacións de preferentistas está a facer modificar a axenda do presidente da Xunta, que desaparece cada vez que sospeita que pode haber unha protesta, como aconteceu recentemente en Vigo ou Santiago onde, malia estar prevista a súa asistencia, o presidente nunca chegou. |
PRAZA_19622 | PP, En Marea e BNG comparten a petición do PSdeG para que representantes da Cámara entren no Pazo ante o "incumprimento da obriga legal" da familia do ditador de permitir o acceso público. A Xunta xa lles abriu expediente aos herdeiros "para que reestablezan o réxime de visitas". | O Parlamento entrará no Pazo de Meirás. Iso é, cando menos, o previsto logo da petición que o PSdeG fixo ante a Mesa da Comisión de Cultura do Parlamento para que se leve a cabo unha visita institucional de todos os membros desta comisión ao inmoble propiedade da familia Franco ante o "incumprimento da obriga legal" que permite a visita pública gratuíta un mínimo catro días ao mes. PP, En Marea e BNG apoian a solicitude do PSdeG para que unha representación do Parlamento visite o Pazo de Meirás O PP xa avanzou que non poñerá atrancos a esta petición que tamén apoian En Marea e BNG. "Semella que non haberá problema; a oposición está de acordo e, polo que anunciou, o Partido Popular tamén", asegura Concepción Burgo, portavoz de Cultura do grupo socialista na Cámara e impulsora da petición para que os deputados "coñezan de primeira man a situación" dun Pazo no que a familia do ditador continúa a poñer atrancos. Cultura aclara que non porá "ningún impedimento" á visita dos parlamentarios ao BIC Desde a Consellería de Cultura aclaran que o seu labor é garantir "que o BIC permaneza aberto ao público segundo o indicado pola Lei do Patrimonio Cultural", pero tamén que, no caso de confirmarse a visita dos representantes da Cámara, non porá "ningún impedimento" por ser "unha cuestión que se debate no ámbito parlamentario". O Concello de Sada, a oposición, a Xunta e mesmo o PP perderon a paciencia ante o último incidente, que xurdiu ao comprobar as persoas interesadas en visitar este Ben de Interese Cultural (BIC) a inutilidade das chamadas ao teléfono que se ofrece na web de Turismo da Xunta. Agora, o número nin tan sequera está dispoñibe na páxina. Nin o enderezo electrónico, ao que hai tan só unhas semanas contestaba a empresa privada que os Franco contratan para xestionar as visitas: tarde e unicamente indicando os días dispoñibles. Era só a última das polémicas. A Xunta xa abriu un expediente sancionador aos Franco "para que reestrableza o réxime de visitas"; a multa podería ser de ata 6.000 euros A Xunta, tal e como confirma a Consellería de Cultura, vén de abrir un expediente de sanción aos Franco "para que se reestableza o réxime de visitas". Antes, a Dirección Xeral de Patrimonio daba unhas semanas de prazo á familia do ditador para que cumprise coa lei e advertíalle das medidas previstas. A Lei de Patrimonio prevé multas de entre 300 e 6.000 euros por impedir a entrada a un BIC. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, asegurou que, de confirmarse o veto, haberá multa. "Veremos o resultao do expediente; se se está a incumprir debería haber sanción", dixo. "Hai que obrigarlles a cumprir a lei porque xa a están a cumprir co mínimo do mínimo", di Concepción Burgo (PSdeG) Concepción Burgo, impulsora da solicitude para visitar o Pazo, insta a que se dea "unha solución definitiva" aos problemas que acotío afrontan as autoridades públicas ante o veto dos Franco ás visitas. "A Xunta debe tratar coa mesma vara de medir a todos os donos de BIC", advirte, e lembra que "xa custou moito que aceptasen abrir Meirás ás visitas". "Houbo que ir aos tribunais, ao Valedor... Pero en canto teñen a mínima posibilidade, empregan calquera resquicio legal para poñer atrancos", di. "Hai que obrigarlles a cumprir a lei porque xa a están a cumprir co mínimo do mínimo, tanto nos días previstos como nas estancias que permiten amosar", engade. Os socialistas únense a En Marea e BNG na necesidade de "abordar" a reversión pública do Pazo Burgo insiste, antes de nada, en "regularizar" a actual situación e garantir o "cumprimento da lei", pero asume que hai que "abordar" o futuro do Pazo de Meirás e a súa posible reversión pública. "Claro que se debe abordar, pero non só desde as intencións senón desde a análise das posibilidades legais que hai", insiste. Aí é onde o alcalde de Sada, Benito Portela, apunta. "O réxime de visitas é insuficiente e é necesario amplialo, pero o obxectivo é cambiar a Lei de Memoria Histórica para devolvelo á cidadanía", dixo en Radio Galicia. Refírese á iniciativa presentada no Parlamento por En Marea para elevar logo ao Congreso dos Deputados na que se esixe a modificación da lei e permitir ao Estado facerse en propiedade co Pazo de Meirás sen ter que pagarlle un peso á familia do ditador en concepto de expropiación. O PPdeG ten na súa man impulsar esta devolución gratuíta do inmoble. |
NOS_23788 | O empresario balear Antonio Mascaró, que en 2006 foi investigado —mais absolto— por un presunto delito de estafa, é un dos promotores de até cinco parques eólicos que se erguerían na contorna da Ribeira Sacra. Todos os parques terían unha potencia instalada de 50 MW, o límite para poder tramitalos a través da Xunta. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) someteu nesta cuarta feira a información pública a solicitude administrativa previa e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Treboada, que afectaría os concellos de Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. Segundo a documentación achegada pola empresa, Wind Grower SL —creada en 2019—, constaría de doce aeroxeradores e unha potencia total instalada de 50 megawatts (MW), xusto o límite para poder tramitar o proxecto a través da Xunta da Galiza e esquivar o Goberno estatal. Mais cómpre salientar que este parque carecería dunha das infraestruturas esenciais, a subestación transformadora de enerxía, xa que se conectaría directamente á do parque eólico Ventumelo —nos municipios da Pobra de Trives, Ribas de Sil e San Xoán de Río—, cuxo promotor é Wind Hero SL. O administrador de ambas as sociedades é o balear Antonio Mascaró Gomila. Este proxecto tería as mesmas dimensións: doce turbinas e 50 MW. Porén, non son os únicos eólicos proxectados na contorna da Ribeira Sacra: Neboada, Orballeira e Xeada situaríanse nos concellos de Larouco, Quiroga, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras, e detrás deles tamén está Antonio Mascaró. Todos estes parques, que están en fase de tramitación mais aínda non foron publicados no DOG, terían tamén doce turbinas e unha potencia de 50 MW. Aliás, os tres últimos compartirían as infraestruturas de evacuación. Muíños na zona candidata a Patrimonio Mundial Dúas das tres alternativas formuladas pola promotora situarían entre sete e dez turbinas eólicas dentro da zona de amortecemento do Ben de Interese Cultural (BIC) da Ribeira Sacra, isto é, o espazo delimitado para "reforzar a protección do ben e as súas condicións de implantación no territorio". Con todo, todas as opcións exploradas afectarían de forma notábel a Área de Especial Interese Paisaxístico (AEIP) da Ribeira Sacra, xa que as aspas dos aeroxeradores alcanzarían os 180 metros de altura e serían visíbeis desde o espazo protexido. Tamén desde a AEIP do Val do río Navea, a escasos metros das instalacións. De feito, a poligonal do parque abranguería no seu interior parte do núcleo de ambas as áreas de interese paisaxístico. Cómpre lembrar que na Ribeira Sacra, en concreto en Paradela, xa están operativos dous parques eólicos: un homónimo e outro denominado Serra das Penas. Nós Diario fixérase eco o 18 de agosto de 2019 da denuncia da plataforma Stop Eólicos, que advertía que estes dous proxectos poderían "prexudicar" a candidatura da Ribeira Sacra a formar parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco. De feito, o informe do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos, polas siglas en inglés) ratificou o pasado xuño que o "impacto visual" dos muíños "dificulta" a concepción unitaria do territorio e supón "unha obstrución visual para apreciar a ligazón entre os mosteiros e os ríos". Tamén fixo alusión, no documento xustificativo do "non" á candidatura galega, a "factores que afectan o territorio" como os mencionados, que "non deberían estar permitidos dentro das lindes" dunha área candidata a ser nomeada Patrimonio da Humanidade. En Chandrexa de Queixa, así mesmo, están en funcionamento desde comezos de século os parques Pena da Cruz e Serra do Burgo. Outras afeccións No que atinxe á fauna, a empresa admite a presenza na contorna de dúas aves protexidas, a aguia real e a tartaraña cincenta —recollida como "vulnerábel" no Catálogo Galego de Especies Ameazadas—, que se verían prexudicadas "pola perda do hábitat, posíbeis colisións co tendido e a destrución de niños por rozas". Así as cousas, os núcleos habitados de Argas Vellas e Vilardá (San Xoán de Río) ficarían a 580 e 860 metros respectivamente dos muíños máis próximos, e o impacto acústico oscilaría entre os 36 e os 46 decibelios, ao límite do máximo permitido. O promotor do parque, Antonio Mascaró, tivo problemas coa Xustiza de Balears Antonio Mascaró Gomila, que na década de 1990 ostentou un cargo directivo na Banca March, foi imputado en 2006 pola Xustiza balear acusado dun presunto delito de estafa no marco do 'caso Royaltur'. A acusación particular, exercida polo empresario hoteleiro Jaime Moll, pedíalle seis anos de prisión por, supostamente, ter urdido unha estratexia para desposuílo do seu patrimonio —12 estabelecementos valorados en 216 millóns de euros— a través da empresa Alcázar, prometéndolle unha contía de 90,1 millóns que nunca se tería pagado. Porén, o xuíz non atopou indicios de delito. Mascaró tamén se viu involucrado no 'caso Andratx', unha trama urbanística na que se lle acusaba de participar —mais sen chegar a condenalo— a través de Inversiones Bruja SL. |
NOS_1648 | É a versión que dá a imprensa mexicana sobre a construción dos floteis e a participación da empresa azteca no estaleiro de Barreras. Fronte a esta visión, o presidente de Barreras di que a sentenza sobre o tax-lease "despexa o camiño" e que o acordo se pechará en agosto | Dixo Núñez Feijóo na rolda de imprensa posterior ao último consello da Xunta que, malia que se lle botou "a culpa" ao Goberno galego pola demora nos contratos coa petroleira mexicana Pemex, o certo era que a compañía estaba á espera da resolución da Comisión Europea sobre a devolución das axudas do sistema tax lease, malia que os contratos "son os que eran". Pois ben, a imprensa mexicana publica este sábado unha información en que deixa claro que os investimentos da empresa azteca nos estaleiros galegos se atopa "en risco" e "a piques de caer" após a sentenza de Bruxelas que obriga a devolver todas as bonificacións recibidas polo naval desde xullo de 2007. "A paraestatal pediu revisar os contratos, pois as novas disposicións son consideradas como extremas", indica o xornal Crónica, adiantando que a entrada de Pemex en Barreras "queda en suspenso". Segundo a imprensa mexicana, Pemex xa lle comunicou ao Goberno galego que revisará os contratos subscritos para a construción de dous floteis, así como o investimento no estaleiro vigués a quen Feijóo vendeu o 51% da participación perante a súa incapacidade para conseguir un aval para a construción do buque flotel e cumprir así a súa promesa co naval galego. Fronte a esta visión, un xornal local vigués publica este domingo a versión ofrecida por José García Costas, presidente de Barreras, quen sostén que a senteza sobre o tax-lease, lonxe de ameazar os plans de Pemex, "deixa o camiño despexado". Conclúe sinalando que o acordo final se pechará "en agosto". |
NOS_19876 | Decenas de persoas concentráronse hoxe ás portas do CEIP Luis Seoane para pedir á Consellaría que se depuren responsabilidades e que a docente sexa readmitida no seu cargo. Os proxenitores do estudante de catro anos, que presentarán unha queixa por escrito na Xunta, din que a directora non tivo responsabilidade e contan que o pequeno xa non quere "ir en autobús nin á escola". | A dimisión da directora do CEIP Luis Seoane de Oleiros, forzada pola Xefatura Territorial de Educación, após un estudante quedara esquecido no transporte escolar cando se dirixía á clase esta terza feira segue a levantar controversia no municipio. Debido á actitude da administración, que aludiu a que tiña perdido "confianza" na docente para que ocupase ese cargo, malia que o neno non chegou a pisar o recinto escolar en ningún momento e xa se comunicou o despido da persoa coidadora do autobús por parte da empresa de transporte, deceas de persoas fixeron hoxe unha protesta diante do centro para exixir responsabilidades á Xunta. Tamén reclaman á empresa que deixou o alumno no autobús, mais consideran que a directora debe ser readmitida no cargo porque -contra o que di agora a xefatura, foi "obrigada a dimitir"- e ten o "total apoio de todo o municipio. De feito, na concentración estivo o propio alcalde, Ángel García Seoane, que instou á Consellaría de Educación "a depurar responsabilidades coa compañía Eliseo Pita contratada para dar o servizo de transporte escolar". O menos de tres anos quedou abandonado "case cinco horas" no autocar, o que fai pensar ás nais e pais que "nin o persoal de acompañamento revisou o vehículo ao final da ruta escolar nin o condutor cumpriu cos protocolos de limpeza e desinfección contra a Covid-19". Na protesta de defensa da directora, incidiron en que esta foi apartada á forza do seu cargo "de maneira improcedente e inxusta, responsabilizándoa duns feitos totalmente fóra do seu alcalce". A Anpa ve "inxustificada" a acusación -malia que a xefatura asegure que non se informou en tempo e forma do acaecido- e presentará unha queixa ante a Xunta. Pola súa banda, representantes de CIG-Ensino mesmo pide o cese da persoa ao cargo da xefatura polo "uso improcedente do seu cargo público". Cumpriuse o protocolo de limpeza? Pola súa banda, os pais do menor reclaman á Xunta que se promova unha formación específica para as e os monitores dos autocares. Despois das case cinco horas só, o seu fillo de catro anos "non quere ir en autobús nin á escola". Por iso, pregúntanse se alguén estaba cumprindo os protocolos de limpeza derivados da Covid-19, porque se fora así pensan que o neno non tería quedado esquecido. "Que se faga un plan ao detalle co asento de cada nena ou neno, que ocupen sempre o seu lugar na ida e no regreso, durante todo o curso, levando un control das e dos que suben e baixan e, sobre todo, que se obrigue a desinfectar unha vez baixen", recalcan. Respecto da directora, cuxa dimisión "obrigada" secundou o resto da directiva a modo de apoio, os proxenitores din trasladarlle "pleno apoio" porque ela non tiña culpa. |
PRAZA_13205 | Fiare organiza mesas redondas e reunións ao longo do mes de xuño en Betanzos, Vigo, Coruña ou Compostela. O pleno do Concello de Manzaneda aprobou por unanimidade a súa entrada en Fiare Galiza, converténdose na primeira administración municipal que o fai. | As organizacións e colectivos sociais enmarcadas dentro da economía social e solidaria, por mor da súa natureza organizativa, fican habitualmente excluídas ou teñen moitos atrancos para acceder aos circuítos financeiros; é o caso das cooperativas, as asociacións, as empresas de inserción e os movementos sociais. Así mesmo, cada vez son máis as persoas que queren estar seguras de que os seus aforros non se empregan para operacións especulativas nin para negocios cos que concordan nunha perspectiva ideolóxica. Para dar resposta ás demandas xeradas polas dúas situacións anteriores xurdiu nos últimos anos a chamada banca ética, que constitúe un modelo organizativo de xestión democrática e non lucrativo, que procura fomentar o aforro solidario e o investimento ético para financiar proxectos de desenvolvemento local e de cooperación co Sur, con alto valor social e ecolóxico, non especulativos e que buscan a recuperación do protagonismo da cidadanía na captación, xestión e aplicación dos cartos. Nas últimas semanas, ademais, produciuse a aprobación sen votos en contra da entrada do concello de Manzaneda en Fiare Galiza. É o primeiro concello que se animou a formar parte deste proceso Fiare organiza mesas redondas e reunións ao longo do mes de xuño en Betanzos, Vigo, Coruña ou Compostela, continuando co seu traballo de difusión do seu proxecto. Este proceso terá un fito importante o o 30 de xuño coa reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza (aberta a todas as persoas socias). Nas últimas semanas, ademais, produciuse a aprobación sen votos en contra da entrada do concello de Manzaneda en Fiare Galiza. É o primeiro concello que se animou a formar parte deste proceso. Fiare cumpre unha función de financiamento a entidades que traballan con persoas en situación ou risco de exclusión, organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e a cooperación co Sur, empresas da economía solidaria e, en xeral, a todas aquelas entidades sen ánimo de lucro que promoven ou desenvolven actividades con impacto social positivo. Finalmente, tamén outorga créditos para a posta en marcha de proxectos empresariais presentados por calquera persoa física ou xurídica, aínda que a aprobación de todo financiamento está suxeita á avaliación ético-social tanto da entidade solicitante coma do proxecto. Ao peche do exercizo 2011, as súas cifras eran de 4 millóns de euros en concepto de capital social, uns 30 millóns de euros en depósitos de aforro e 10 millóns de euros en préstamos concedidos. O Proxecto Fiare O proxecto Fiare parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. A actividade económica non é neutral. Pretende impoñerse a impresión de que a economía funciona con claves científicas nas que non entran dimensión éticas. Así, o sistema bancario tradicional pasou da súa función básica de intermediación de depósito e crédito a un entramado complexo en que o interese principal está nas carteiras de negociación especulativas. Fiare é un proxecto nado en Euskadi no ano 2003, coa vontade de impulsar unha banca ética cidadá, ofrecendo os seus servizos ao conxunto da cidadanía e da economía social e solidaria do Estado Español. Fiare está nun proceso de fusión coa Banca Popolare Ética, S. Coop, que lle permitirá converterse en 2013 na primeira cooperativa de crédito internacional de banca ética e ofrecer todos os servizos bancarios necesarios para ser operativos en todo o territorio español coma calquer outro banco A actividade financeira de Fiare desenvólvese a través da empresa Fundación Fiare SL, forma baixo a cal están contratadas as 7 persoas profesionais con que conta hoxe o proxecto. Fiare está nun proceso de fusión coa Banca Popolare Ética, S. Coop, que lle permitirá converterse en 2013 na primeira cooperativa de crédito internacional de banca ética e ofrecer todos os servizos bancarios necesarios para ser operativos en todo o territorio español coma calquer outro banco. A banca ética permite dirixir o aforro de persoas, familias e organizacións cara a proxectos que supoñen unha transformación da nosa sociedade. Fiare proponse financiar unicamente actividades económicas con impacto social positivo e ofrecer ao aforrador e investidor responsable a posibilidade de apoiar estas actividades. Para que esta actividade de mediación financeira sexa significativa e supoña unha verdadeira alternativa para a cidadanía en xeral, Fiare insertarase no sistema bancario de forma efectiva, coa garantía do Banco de España. Terá por tanto a mesma regulamentación da banca tradicional, pero sen que o resultado económico sexa o principal obxectivo, de xeito que ningún grupo de interese participante no proxecto Fiare poderá reclamar a maximización do beneficio económico. A marca identitaria de Fiare está na súa constitución sobre as redes cidadás, que deben ser as rectoras do proceso de intermediación financeira, xa que son as máis próximas ás realidades sobre as que se quere traballa A marca identitaria de Fiare está na súa constitución sobre as redes cidadás, que deben ser as rectoras do proceso de intermediación financeira, xa que son as máis próximas ás realidades sobre as que se quere traballar. A asociación Fiare Gz nace a comezos do ano 2010, e está conformada por ADEGA, AIS O Peto, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante- Setem, Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Fundación Taller de Solidariedade, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional e Verdegaia. |
NOS_225 | O conselleiro de Sanidade non descarta que o comité clínico da segunda feira endureza as restricións de cara ao Nadal. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou que esta segunda feira a Xunta abrirá o sistema de rexistro para que os estudantes galegos que volvan ao seu domicilio familiar durante o Nadal fagan unha proba PCR. Así o confirmaba na Radio Galega hoxe, onde lembrou tamén outros mecanismos vixentes, como o rexistro de viaxeiros para quen visite a Galiza desde lugares de risco. Endurecer restricións? Preguntado sobre se o comité clínico de mañá endurecerá as restricións nalgún concello, o conselleiro limitouse a responder que iso "sempre está enriba da mesa", polo que "non descartaría" que se lle pida aos galegos "un esforzo máis". Porén, matizou que, de momento, non hai outros concellos cunha situación análoga á de Compostela, que tivo que volver a fecharse porque "a tendencia non era boa ". Doutra banda, Comesaña declarou sobre A Coruña que "non sería descartábel" levantar as medidas máis restritivas (entre elas, o feche perimetral) antes do Nadal, dada a boa evolución que presenta. O conselleiro advertiu de novo que non está enriba da mesa "ir máis alá" das medidas recollidas polo protocolo presentado esta semana, mais "a situación pode cambiar" e podería estudarse no comité da segunda feira. Vacinación Aínda que a Xunta está pendente de "confirmar" co Ministerio de Sanidade a cifra de doses que recibirá, calculou que se poderá administrar a primeira volta a unhas 40.000 persoas "nas dúas primeiras semanas". De cara a esa campaña de vacinación que podería comezar o domingo 27, García Comesaña ha confirmou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) traballará con "toda" a súa rede de Atención Primaria, que inclúe uns 2.000 profesionais de enfermaría máis os de Medicina Preventiva e Saúde Laboral nos hospitais. |
NOS_25327 | Foron reunidas en menos de dúas semanas pola plataforma de vítimas do tren alvia. "A divulgación do documento é imprescindíbel para dar luz sobre as causas do accidente". | "Os familiares non sabemos o que pasou e non sabemos por que a Comisión europea non quere facer público o seu informe sobre o accidente. Precisamos saber e ficar en paz". Esta foi a reflexión feita pola Plataforma de vítimas do tren Alvia 04155 esta terza feira ao entregar as máis de 267.000 sinaturas recollidas en menos de 2 semanas. Firmas que piden que se faga público o informe da Comisión sobre o sinistro. O documento naceu do compromiso adquirido pola UE para coas vítimas do sinistro e as súas familias nunha viaxe que fixeron, coa delegación do BNG, a Bruxelas a finais de 2015. Había un compromiso de facer público o informe informe no primeiro trimestre de ano 2016 mais non se cumpriu. "Néganse entregar o documento en base a unha serie de excepcións", afirmaron desde a plataforma de vítimas. A petición e recollida de sinaturas foi publicada na plataforma change.org polo vicepresidente da asociación, que perdeu un fillo no sinistro, un accidente con 80 falecidos e no que unicamente o maquinista está imputado na instrución xudicial. "A divulgación do documento é imprescindíbel para deitar luz sobre as causas do accidente e garantir a seguridade do transporte ferroviario", aponta. "Máis aínda cando a Comisión europea ten aberto un procedemento de infración contra o Estado español por vulnerar a Directiva de Seguridade Ferroviaria 2004/49/CE". |
PRAZA_19135 | O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Hospital Clínico de Santiago de Compostela vén de lanzar unha campaña de crowdfunding buscando acadar medio millón de euros para desenvolver esta técnica de vangarda na investigación contra o cancro. Falamos co seu director, Rafael López. | O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet), liderado polo doutor Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do CHUS, conta con 13 oncólogos/as e outros/as 50 profesionais de distintas disciplinas. Oncomet, nacido en 2009, é unha referencia en Galicia polo desenvolvemento de proxectos de alto impacto en oncoloxía, centrados en todo o proceso de metástases, especialmente no estudo de células tumorais circulantes. É, ademais, un grupo pioneiro en España en incorporar a tecnoloxía para a análise de biopsia líquida. Neste senso, Oncomet busca neste momento desenvolver un proxecto de investigación dirixido a caracterizar distintos tumores a través de mostras de sangue (biopsia líquida) de doentes oncolóxicos galegos e galegas, "co obxectivo de estudarmos a súa evolución e obtermos información sobre os mecanismos polos cales se produce a metástase ou se activan resistencias aos distintos tratamentos". Rafael López, director do grupo, destaca que Oncomet "leva dez anos investigando neste campo e queremos seguir estando na vangarda" e subliña que "estas técnicas van evolucionar moi rapidamente nos vindeiros anos, e sen dúbida ningunha o futuro da investigación oncolóxica pasa por elas". Oncomet vén de lanzar unha campaña de crowdfunding buscando acadar medio millón de euros para desenvolver esta técnica de vangarda na investigación contra o cancro. As microachegas pódense facer con transferencia bancaria e mesmo a través do envío de SMS. A campaña na súa primeira semana permitiu recadar ao redor de 40 mil euros. Os cartos servirán para a contratación de máis persoal investigador, a adquisición de aparellos para a realización das biopsias líquidas e para realizar probas cuns 300 ou 400 pacientes para testar as técnicas. "Estudar os tumores a través do sangue permite caracterizalos sen precisar de ter unha biopsia de tecido" Cales son as vantaxes da utilización de biopsia líquida de a compararmos coa biopsia de tecido? "En ocasións os tumores atópanse en sitios nos que é difícil conseguir unha mostra de tecido. Nesa situación, por veces non é posible determinar nin a orixe do tumor nin que fármacos poden ser máis eficaces para combatelo. Por iso é tan importante a posibilidade de estudar os tumores a través do sangue, porque permite caracterizalos sen precisar de ter unha biopsia de tecido", explican. Así mesmo, a biopsia líquida será esencial no futuro para poder facer oncoloxía de precisión ou oncoloxía personalizada, é dicir, tratamentos baseados nas diferenzas individuais, pois "algunhas persoas poden responder de xeito eficaz a un tratamento e noutras persoas ese mesmo fármaco, amais de non ser beneficioso, pode mesmo chegar a producir efectos adversos", din. "É unha técnica moi pouco agresiva que permite repetir facilmente as probas e coñecer mellor o cancro para atacalo mellor", resume o doutor López. "É unha técnica moi pouco agresiva que permite repetir facilmente as probas e coñecer mellor o cancro para atacalo mellor", resume o doutor López No proxecto buscan "marcadores que nos acheguen información sobre o mellor tratamento a escoller e en que momento os doentes deixan de responder ao referido tratamento". "Procuramos tamén marcadores que nos permitan diagnosticar a doenza en estadios temperás, cando as opcións de cura dos doentes son maiores", din, destacando que "os resultados deste estudo fornecerannos información moi valiosa, para facermos unha diagnose máis temperá e sinxela da doenza ben como para seleccionarmos o tratamento dos doentes dun xeito máis eficaz e personalizado". "Os países que máis investigan son aqueles nos que son máis importantes as doazóns e achegas económicas por parte da sociedade civil" O financiamento O actual financiamento público en España en materia de I+D+i e en concreto para a a investigación biomédica resulta insuficiente para o desenvolvemento das técnicas máis avanzadas de loita contra o cancro. É por iso que Oncomet lanza esta campaña, procurando o apoio da cidadanía. "Levamos moito tempo pensando como podemos mellorar o financiamento. O que vemos é que os países que máis investigan son aqueles nos que son máis importantes as doazóns e achegas económicas por parte da sociedade civil. Se nos comparamos con Reino Unido, Alemaña ou Estados Unidos, a conclusión é preocupante, de vergonza", di o doutor López. "Este tipo de campañas son un complemento ao financiamento público. Por poñer un exemplo, o país europeo máis avanzado na investigación médica é o Reino Unido. Alí, o 42% do financiamento na investigación biomédica provén de doazóns, un 30% é público e o 18% é de empresas privadas", engade. "A través da oncoloxía de precisión soñamos con rematar co cancro dunha vez por todas" Rafael López salienta tamén a importancia que estes procesos de financiamento social teñen para que os cidadáns e cidadás se impliquen no apoio á ciencia e na súa xestión: "Vemos que a cidadanía quere ser cada vez máis partícipe na toma de decisións. Esta fórmula permítelle ás persoas elixir onde quere poñer os seus cartos dunha forma directa. Ademais, tamén permite achegar a ciencia á sociedade, facer os cidadáns corresponsables". "As investigacións que lle preocupen a un cidadán poden non ser as mesmas que lle preocupan ás autoridades científicas ou políticas", sinala. "É importante investir en ciencia. Isto é o que nos vai permitir ter un país mellor" "Estarmos na vangarda desta investigación ten vantaxes e beneficios obvios, comezando porque permite acceder máis rapidamente aos seus logros e avances. Pode dar lugar a patentes, pero en principio ese non é o obxectivo, senón que a clave é estar nesa punta de lanza para poder ofrecer estes servizos aos galegos e galegas o máis rapidamente posible", conclúe Rafael López. "A través da oncoloxía de precisión soñamos con rematar co cancro dunha vez por todas", engade. O doutor López fai un chamamento á cidadanía galega a apoiar a ciencia e este proxecto concreto: "É importante investir en ciencia. Isto é o que nos vai permitir ter un país mellor". Páxina da campaña de crowdfunding |
NOS_4616 | Están favor das enerxías renovábeis e sostíbeis mais, acrecentan, só se son "ben planificadas e teñen en conta ás poboacións locais". | Sete plataformas, que actúan en dez concellos, veñen de poñer en marcha primeira rede galega contra proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas. Unha reunión a pasada fin de semana na Casa da Cultura de Mazaricos deu pé a este colectivo, que que facer fronte aos "impactos negativos" que poidan ter estes proxectos. "O obxectivo desta rede é visibilizar e denunciar o problema da non planificación da produción eléctrica e as súas consecuencias, frear os parques eólicos e liñas de alta tensión abusivas e inxustas, e defender o territorio", indican nun comunicado. Denuncian que estes proxectos están baseados "nunha lexislación obsoleta e que favorece á implantación dos parques eólicos, sostidos con capital estranxeiro", por riba do "benestar, da saúde e da economía das poboacións locais", que teñen que soportar todas as consecuencias negativas destas instalacións. Esta nova organización aclara que non se opón á produción de enerxía eólica, pero si a aqueles proxectos "que se dispoñen sen planificación no territorio e que non implican máis que consecuencias moi negativas para toda a veciñanza". As plataformas que se unen nesta rede son: Asociación de Veciños 3 maio de Campolongo (Negreira), Asociación de Veciños Vila do Monte de Outes, colectivo Non eólicos de Ordes, Plataforma non máis eólicos Campelo-Bustelo-Toural, Plataforma veciñal non eólicos de Mazaricos, Plataforma veciñal contra os eólicos de Ponteceso e Salvemos o Iribio. |
PRAZA_13040 | Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras. | [Accésit no VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2012] Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras. Activando o noso senso crítico, invítovos a lembrar unha previsualización dunha fonte tipográfica en galego... Eh!? Efectivamente: algún pangrama temos, pero non está rexistrado na nosa memoria, ao contrario do que acontece co exemplo castelán ou inglés (o portugués recorre á orde alfabética). Habítanos a interferencia. No eido lingüístico, moldéanos a interposición. Parece que nos vemos obrigados a perpetuar o esixente xogo dos pangramas: reducir palabras, fraseoloxía, ámbitos de uso, imaxinarios... A "liberdade" é a primeira interferida: cal é a marxe de escolla dunha cativa nada nun contexto monolingüe castelán, que medrará apoiada nun mundo de referencias vehiculadas masivamente na súa lingua (ensino, consumo, medios de comunicación...)? A "liberdade" é a primeira interferida: cal é a marxe de escolla dunha cativa nada nun contexto monolingüe castelán, que medrará apoiada nun mundo de referencias vehiculadas masivamente na súa lingua (ensino, consumo, medios de comunicación...)? Canto de intersticial ten a liberdade dun empregado nunha empresa cunha política lingüística non favorábel ao galego, se sabemos que o traballo é unha das concrecións da vida máis propicia ás relacións de poder? A "herdanza" non está menos interferida: a perda da transmisión xeracional do galego demóstrao. A lingua materna é o vehículo privilexiado da articulación familiar e histórico-cultural. "Empalabrámonos" e accedemos á memoria xenealóxica, á identidade, ao mundo. Resulta vital non recuar nos espazos da intimidade para a lingua, que foron noutrora esteo do galego. Nos últimos anos, tamén os discursos están interferidos. Asistimos a unha apropiación interesada e "contraria" dos termos do debate: "bilingüismo", "liberdade" e "imposición" empréganse como frechas contra o galego, cando deberían tensarse, redefinirse e enunciarse lexitimamente desde os músculos do idioma minorizado. Algunhas institucións e grupos sociais seguen a producir normas e etiquetaxes falaces. Ante isto, cómpre tomar consciencia de que a linguaxe como intercambio, como enorme Lego da(s) realidade(s), é unha forma de acción. As linguas non só son trazo básico da sociabilidade, senón que son produtos. Precisamente por iso é responsabilidade nosa religarnos a outras metas de xustiza a través da lingua escollida. Coma Lois, temos "permiso para que nada humano nos sexa alleo": a loita das mulleres, a do medio ambiente, a dos dereitos humanos... Asistimos a unha apropiación interesada e "contraria" dos termos do debate: "bilingüismo", "liberdade" e "imposición" empréganse como frechas contra o galego, cando deberían tensarse, redefinirse e enunciarse lexitimamente desde os músculos do idioma minorizado Lealdade (tamén lingüística) e identidade son fenómenos intimamente relacionados: somos leais a aquilo que nos representa. Pero a proximidade aos afectos non impide a racionalidade nin a pluralidade. A sedución si é unha arma cargada de futuro. O canibalismo intelixente das interferencias, tamén. Por iso quero unha "interminábel procesión" de Xeracións Xabarín, Albas de Groria con máis punk que saudade, moitas follas novas na rede e nas rúas, unha sociedade galega de lomografía e aulas de literatura que gañen hashtags para Manoel Antonio ou Celso Emilio. Quero que sigan xurdindo voces para as indicacións do GPS, que o galego ocupe o cool e as marxes, a cultura popular e a pop, que sexa enclave crítico e tendencia a un tempo. Oes... faite tan atractivo unha boa fonética! Se me deixas, bícote bravú e regueifo contigo os pangramas que virán. Os únicos xogos de lingua nos que "reducir" é aceptábel. |
PRAZA_18148 | O director xeral, Sánchez Izquierdo, asegura que Feijóo non lle ten "dito nunca nada" sobre o tratamento das informacións e que "nunca llo aceptaría" e négase a darlle detalles á oposición sobre o expediente aberto a Beatriz Moyano. O persoal mobilizado protesta por 19ª semana consecutiva. | "Feijóo non me ten nunca dito nada e nunca llo aceptaría". Así se expresou o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, ante as preguntas e denuncias de "manipulación" que os grupos da oposición realizaron na Comisión de Control da Corporación dos medios públicos no Parlamento. Tanto En Marea como PSdeG e BNG insistiron en denunciar o control informativo que ao seu xuízo exerce o PP e o Goberno da Xunta sobre a TVG e a Radio Galega e lembraron, coincidindo coa celebración do 19º venres negro, as mobilizacións que desde hai meses mantén o cadro de persoal en protesta polo incumprimento da Lei de Medios e pola devandita "manipulación". "Feijóo non me ten nunca dito nada e nunca llo aceptaría", di Sánchez Izquierdo ante as acusacións de control informativo Sánchez Izquierdo volveu negar que Feijóo exercese ningún tipo de presión sobre a dirección da CRTVG e tirou de datos de audiencia para defenderse das duras críticas da oposición. Ademais, aludiu á repartición do target, asegurando que é "dun 45% para o PP, un 26% para o PSOE, un 23% para o BNG e 16,9% para as mareas" fronte ao "60%" do PNV na ETB. Así, defendeu a independencia dos medios públicos galegos como fixera o presidente da Xunta esta mesma semana, contrapoñendo o modelo en Galicia ao da TVE. "Fenómenos semellantes aos venres negros están acontecendo noutras canles autonómicas, por algo será", di o director xeral da CRTVG Ademais, e respecto das mobilizacións dos venres negros, Sánchez Izquierdo asegurou que "fenómenos semellantes están a acontecer noutras cinco canles autonómicas". "Por algo será, pero non farei consideracións", dixo. Tampouco foi máis aló cando todos os grupos da oposición denunciaron e preguntaron pola situación do expediente con ameaza de despedimento aberto á ex-presentadora do Telexornal Serán Tati Moyano --que dimitiu do seu cargo en protesta polo control informativo xunto a Alfonso Hermida--, tal e como adiantara Praza.gal. A dirección de TVG abriu un expediente sancionador por falta moi grave á xornalista por supostamente ter utilizado medios da televisión pública para a presentación dun acto benéfico: a Gala contra o Cancro do pasado 22 de xuño en Santiago. Nela, onde estaba presente Feijóo, lembrou os venres negro e defendeu os medios públicos. Máis de 550 traballadores da CRTVG pediron a retirada do apercibimento ao consideralo "unha represalia" froito dunha "persecución irraacional" contra quen non comulga coa liña informativa da canle. Sánchez Izquierdo eludiu pronunciarse sobre casos "persoais", amosou a súa confianza no departamento de Recursos Humanos e indicou que o devandito expediente "aínda non está resolto". "Eu non falo en público de circunstancias persoais de traballadores da CRTVG. Fixen unha excepción e acabei sentado nos tribunais", engadiu quen avogou por "estar á marxe do ruído mediático". Ademais, asegurou que xa se abriron seis expedientes na Corporación "a algún máis grave" e engadiu que "se alguén fixo utilización da imaxe de alguén non foi a CRTVG"- Persoal da CRTVG reivindica o 'Diario Cultural' de Ana Romaní no 19º venres negro / © DefendeAGalega "A CRTVG está secuestrada" Antes, Ánxeles Cuña, deputada de En Marea, denunciou que a CRTVG "está secuestrada" e que "non admite que ninguén desafíe". "A persecución que está a sufrir Beatriz Moyano é infame", dixo. Do mesmo xeito, a parlamentaria socialista Noela Blanco vinculou o expediente aberto á xornalista co feito de que denunciase a "manipulación" informativa na gala benéfica na que "estaba sentado en primeira fila" o presidente da Xunta. Ademais, instou o director xeral a "deixar de incendiar" a Corporación e a "que paren dunha vez por todas os permanentes ataques ao persoal e que peche este expediente da vergoña, que o único que fai é desprestixiar a radio e televisión pública". Noela Blanco (PSdeG) pediu a Sánchez Izquierdo que "deixe de incendiar" a CRTVG e "que paren os ataques ao persoal" Desde o BNG, a deputada Olalla Rodil denunciou que a compañía abrise "un expediente con ameaza de despedimento" a Moyano por "maquillarse para asistir" a unha gala benéfica e preguntoulle a Sánchez Izquierdo se a sanción estaba"relacionado coa participación pública" da traballadora na campaña dos venres negros ou coa súa dimisión por desacordos coa liña informativa. Non houbo resposta a ningunha das cuestións por parte de Sánchez Izquierdo, que si respondeu ás acusacións da oposición da retirada do programa Diario Cultural da grella da Radio Galega, tan só uns días antes de que a súa directora, Ana Romaní, recibise o Premio Nacional de Xornalismo Cultural pola súa traxectoria. O director xeral asegurou que os medios públicos farán "un seguimento integral" da cultura galega e destacou a ampliación do programa Zigzag. O persoal mobilizado da CRTVG volveu vestir de negro por 19ª semana consecutiva e reivindicou o 'Diario Cultural' Precisamente, o persoal mobilizado da CRTVG volveu este venres vestir de negro denunciando a "manipulación" que sofren na CRTVG e demandando o cumprimento da Lei de Medios Públicos e a creación do Consello de Informativos, pero tamén reivindicando Diario Cultural baixo o cancelo #EuQueroDiarioCultural nas redes sociais, con fotografías da súa presentadora Ana Romaní e con pancartas en alusión ao programa eliminado da grella da radio pública. |
NOS_15845 | A enfermeira Marina Tilve investigou esta doenza no seu TFG a partir dunha enquisa realizada a máis de 500 mulleres. Para ela é preciso que o persoal sanitario reciba unha formación médica "con perspectiva de xénero". | A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a incontinencia urinaria como a "perda involuntaria de urina que condiciona un problema hixiénico e/ou social, e que pode demostrarse obxectivamente". Segundo un estudo do Hospital de Valladolid de 2020, estímase que a patoloxía afecta 25% das mulleres, aumentando a entre 30 e 40% nas de mediana idade e até 50% cumpridos os 65 anos. A incidencia é moito menor nos homes: 7% a nivel xeral, de 15 a 30% en idade avanzada e 50% entre os maiores de 85 anos e institucionalizados. Mais os estigmas que aínda arrodean esta patoloxía provocan que moitas persoas, principalmente mulleres, atrasen a busca de axuda e, polo tanto, a correspondente diagnose. Enquisa a máis de 500 mulleres A enfermeira do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) Marina Tilve rematou o pasado verán os seus estudos, e decidiu dedicar o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) á incontinencia urinaria feminina, ao entender que non se estaba a tratar no sistema sanitario como se debería. "Segue a considerarse un tema tabú para a sociedade, a pesar de ser un problema que afecta de cheo a vida das persoas que a padecen, tanto a nivel físico como social e psicolóxico", apunta, en conversa con Nós Diario. O seu TFG susténtase sobre unha enquisa da que participaron máis de 500 mulleres. Delas, 68,3% apuntou que nunca recibira información relacionada con esta patoloxía. Aliás, mentres unha de cada dúas —52,6%— asegurou saber que existe un tratamento para a incontinencia, 39,2% das mulleres descoñecíao, e 8,2% restante negou a súa existencia. Porén, oito de cada dez participantes da enquisa —79,4%— afirmaron que hai formas de previr a doenza, fronte a 1,7% que respondeu "non" e 18,9% que manifestou non sabelo. "O tratamento depende do tipo de incontinencia que se padeza e, con base nisto, hai diferentes liñas de actuación. O punto en común de todos os tratamentos utilizados é mellorar a calidade de vida da persoa que a padece", explica Tilve, e salienta a importancia de "fomentar a prevención desta patoloxía, normalizar o tema e ofrecer a información necesaria para previla". A través da súa ampla investigación obtivo un dato de incidencia maior que a que amosan outros estudos: unha de cada dúas mulleres —54%— asegurou padecer perdas de urina. A pesar disto, destaca que "máis da metade da poboación enquisada afirma coñecer os exercicios de solo pelviano, se ben a porcentaxe de mulleres que os levan a cabo con fins terapéuticos e preventivos é moi pequena". Fenda de xénero na medicina Noutra orde, Tilve salienta a "fenda de xénero" existente nas consultas médicas: "O persoal apenas está formado, xa que a medicina con perspectiva de xénero aínda non foi incorporada ás facultades e o alumnado remata os estudos sen acreditar nas diferenzas entre sexos na forma de ser, de enfermar ou nos efectos dos fármacos". Aliás, cre que cómpre ir "máis aló" das doenzas físicas para atender o "estado psicolóxico" e a "contorna social" das doentes. |
PRAZA_5450 | O pasado 10 de febreiro, a rotura dunha das balsas mineiras do Monte Neme deixou ao descuberto unha vez máis a absoluta falta de control que en moitas ocasións as administracións públicas semellan ter sobre o tema mineiro en Galicia. | O pasado 10 de febreiro, a rotura dunha das balsas mineiras do Monte Neme deixou ao descuberto unha vez máis a absoluta falta de control que en moitas ocasións as administracións públicas semellan ter sobre o tema mineiro en Galicia. Algúns tentan crear polémica sobre a situación do monte cando as propias análises efectuadas pola Xunta non deixan lugar a dúbidas ao indicar atos niveis de acidez (medicións de pH baixo) e aluminio nas augas, cuxa toxicidade impide o seu consumo para uso humano e/ou rego de cultivos polos nocivos efectos que poden derivarse para a saúde e o medio ambiente. De feito, a presenza de augas ácidas é un fenómeno na que a actividade mineira actúa de axente potenciador e por desgraza máis habitual do que debera en explotacións de todo o mundo nas que nalgún momento levouse a cabo unha explotación de carácter metalífero sin que chegase a efectuarse restauración algunha, provocando a contaminación de augas e sedimentos fluviais. Neste sentido, as zonas mineiras no seu conxunto pódense considerar como áreas fonte de drenaxes ácidas. No caso do Monte Neme, o desastre vai máis alá, pois a presenza dos altos niveis de aluminio detectados supoñen un grave problema de saúde ambiental, dado que este elemento ten un carácter bioacumulable (acumúlase no organismo máis non se elimina) e actúa tamén como disruptor endocrino, coa capacidade de alterar as funcións metabólicas en animais e persoas. Hai estudos médicos, ademáis, que vinculan a presenza deste metal cunha maior incidencia de enfermedades dexenerativas. Por iso é un tema que debe -ou debería- considerarse sempre coa maior das atencións por parte de calquera administración e a calquera nivel. Por iso cómpre lamentar profundamente a notable falta de criterio que demostraron algúns representantes públicos na xestión de toda a problemática asociada ao Monte Neme, antes e despois do accidente, tanto na falla de previsión coma en posteriores valoracións efectuadas tanto sobre o estado do monte coma sobre o pretendido proceso de restauración. Porque as excelencias do "Plan de Clausura e Peche" das operacións mineiras levan camiño de convertirse nun mal soño. Primeiro ao centrar a maioría dos recursos na concesión 'Rima', operada a carón da bonanza nos mellores anos da especulación inmobiliaria pero sin considerar a evidente devastación de moitas das antigas concesións adicadas á extracción de wolframio e estaño. E a continuación, polo uso plantexado para os terreos afectados logo da intervención como fonte de obtención de pasto e forraxe de gandeiría, cando nen tan sequera se coñece o grao de contaminación dos solos da zona. En definitiva, o sucedido deixou e deixa en evidencia que a falta de vixilancia dos nosos representantes polo medio ambiente pode derivar en situacións indesexadas a nivel de saúde pública, que baixo ningunha circunstancia deben ser aceptadas polas poboacións cercanas a grandes proxectos industriais, xa sexan mineiros ou non. Por todo iso, resulta lamentable que teña que ser a cidadanía a que exerza a tarefa de fiscalización e control que en ocasións os representantes políticos non saben -ou non queren- levar a cabo. |
PRAZA_12476 | Galicia afronta a súa décimo cuarta folga xeral. E faino cunhas taxas de desemprego sen precedentes e contra unha reforma laboral do Goberno central que os sindicatos cren que desprotexe e precariza aos traballadores. CCOO, UGT, CIG e CUT son optimistas e confían no "éxito" do paro e das mobilizacións. | Galicia afronta a súa décimo cuarta folga xeral da historia, desta vez contra a reforma laboral do Goberno de Mariano Rajoy e no medio dunha crise económica e unha taxa de desemprego sen precedentes. Oficialmente, no país hai 274.675 desempregados rexistrados segundo os últimos datos, 26.396 persoas máis que no mes de febreiro de 2010 tras un incremento interanual do 10,63%, unha suba que supera a taxa estatal, do 9,6%. No entanto, a cifra real sobe ás 291.496 persoas paradas e anotadas nos servizos de colocación, xa que 16.821 non constan como desempregadas malia que si o están e buscan un posto de traballo de maneira activa. Unha vez máis, as manifestacións que se celebrarán en todas as cidades galegas faranse por separado Neste panorama afrontan os sindicatos unha folga contra a reforma laboral que foi convocada primeiro pola CIG e á que se uniron semanas despois CCOO e UGT tras a convocatoria a nivel estatal. Unha vez máis, as manifestacións que terán lugar en todas as cidades galegas faranse por separado, unha convocada pola central nacionalista (nalgúns lugares sumaranse a ela CUT ou CNT) e outra por CC.OO. e UGT. CUT, CNT, CGT e STEG convocaron nalgunhas cidades e vilas outras manifestacións entre as que tamén se inclúen as de varios grupos simpatizantes do movemento 15-M. Será unha xornada de paro e protesta contra unha reforma laboral que todos os sindicatos coinciden en que creará máis desemprego, ademais de desprotexer o traballador, aumentar a precariedade e provocar unha ilimitada arbitrariedade empresarial ao abaratar e facilitar o despido. Desde CCOO e UGT confían en que a folga sexa apoiada "masivamente", tanto no que ten que ver co paro da actividade como nas manifestacións, e confían en que "o éxito" o sexa tamén para facer rectificar o Goberno central. Desde a CIG prevén "un éxito rotundo" tras comprobar que os traballadores "saben perfectamente o que se lles vén enriba con esta reforma laboral". O ambiente que trasladan as centrais sindicais é de optimismo. Desde a CIG prevén "un éxito rotundo" tras comprobar que os traballadores "saben perfectamente o que se lles vén enriba con esta reforma laboral". "A clase traballadora sabe que ten que responder ante un empresariado que está moi crecido; a resposta que estamos a ter nas asembleas a prol da folga é máis positiva aínda que noutras ocasións", resumen desde a central nacionalista. Desde a CUT, pola súa banda, prevén "unha resposta contundente e clara" porque "era unha folga que a xente estaba pedindo". Malia os recursos presentados por CIG, CCOO e UGT, o TSXG ratificou os servizos mínimos ditados pola Xunta e rexeitou a súa suspensión cautelar Malia os recursos presentados por CIG, CCOO e UGT, o TSXG ratificou os servizos mínimos ditados pola Xunta e rexeitou a súa suspensión cautelar. Desde as centrais sindicais advirten que son "abusivos" e recordan que a Xustiza xa botou abaixo servizos mínimos como os que determinou a Administración autonómica para esta folga xeral. |
NOS_55610 | "A tristura invade Cans". Esta mensaxe nas redes sociais do Festival de Cine máis popular dá boa conta do loito pola morte de Manuel Giráldez, Manolo da Costa de Rocha, veciño de Cans e colaborador na organización da grande festa que tivo lugar a pasada semana na aldea. | Manuel Giráldez morreu atrapado polo seu chimpín, o vehículo oficial do Festival de Cans, realizado a pasada semana. O que hai cinco días era festa e balbordo transformouse agora en pesar e loito pola morte dun dos veciños que máis tiña aplaudido a invasión da aldea pola tribo do audiovisual. Manuel Giráldez formou parte do xurado dos veciños e era moi querido pola organización do Festival. "Manolo deixounos mais sempre lembraremos ese sorriso bonachón. Perdemos unha das mellores persoas da parroquia. Descanse en paz" comentan desde a organización do Festival de Cans nas redes sociais nas que publicaron unha fotografía do finado co que "tanto riron" a pasada fin de semana. A última edición do Festival de Cans tivo lugar do 23 ao 26 de maio. Como cada ano, o Festival caracterizouse pola colaboración entre a organización e os viciños e viciñas que en cada edición abren os espazos do lugar para a festa máis popular do audiovisual no país. |
NOS_40565 | Unidas Podemos tamén presentou no Congreso unha pregunta ao respecto deste asunto. A entidade ecoloxista Adega xa advertiu hai varias semanas que as empresas dedicadas a cría na Galiza poden contribuír á dispersión do coronavirus. | Non só as entidades ecoloxistas están preocupadas porque as granxas de visóns, gran parte das cales están na Galiza, poidan ser un foco de contaxios e expansión da pandemia. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu onte ao Goberno que realice probas de coronavirus en todos os espazos dedicados a esta actividade. A entidade ecoloxista Adega, que leva anos loitando polo feche das 26 granxas que hai no país (as tres cuartas partes do total do Estado), instaba á Xunta a tomar medidas pola saúde da poboación hai unhas semanas. Esta sexta feira o tema dou o salto ao panorama estatal pois, segundo o Bloque, "xa se constatou a transmisión do coronavirus destes animais a seres humanos". Aliás, na Galiza hai moitas destas empresas destinadas a fornecer de materia ás peleteiras. Rego pediu no Congreso que se continúe cunha política xa estabelecida noutros países europeos e se realicen "probas masivas en granxas e poboacións de visóns", así como en localidades próximas ás granxas. "Esta pandemia evidenciou a tremendamente dispar actuación dos Gobernos" manifestou o deputado nacionalista, que puxo de exemplo a Bulgaria, Polonia ou Francia. "O Estado español só se limita á realización de test se existen sospeitas de síntomas, algo perigoso se se ten en conta que os mustélidos, do mesmo xeito que os seres humanos, poden ser asintomáticos", revelou. O tamén galego Antón Gómez Reino, deputado de Unidas Podemos-En Común Podem-Galicia tamén rexistrou unha pregunta para coñecer cal é a "aplicación dos protocolos" para detectar o virus nestas infraestruturas tan polémicas. Referiuse a Adega para destacar que só se fixeron probas en 4 das 26 granxas activas no e advertir de que hai especial preocupación en Abegondo e Carral, municipios da contorna da Coruña que concentran varios negocios deste tipo. Dano ecolóxico O deputado do BNG aproveitou para falar tamén do impacto medioambiental que teñen estas instalacións e o seu "efecto nocivo sobre a diversidade". Isto sucede especialmente cando escapan e acaban con flora e fauna autóctonas. Por iso, preguntou "cantos fondos públicos estatais e europeos foron empregados na captura e/ou sacrificio de visóns americanos fuxidos ou xa estabelecidos" na Galiza entre 2009 e 2019. "O seu impacto, neste novo contexto transcende do ambiental para converterse nun vector de transmisión da Covid-19, constituíndo un risco engadido para as poboacións periféricas e para a loita contra esta pandemia", resumiu. |
NOS_23986 | O presidente da Generalitat chocar co maxistrado Jesús Mª Barrientos após cualificar Vox como partido franquista. | O presidente da Generalitat, Quim Torra, asegurou esta segunda feira que a Xunta Electoral Central (XEC) "prevaricou" coa orde de retirar o lazo amarelo do Palau. Segundo Torra, esta "prevaricación" tiña precisamente o obxectivo de colocalo no banco do acusado, unha imaxe que finalmente se materializou. Torra defendeu o significado dos lazos e tamén a legalidade da estelada. "O país está a vivir un conflito político", dixo Torra, indicando que cando a xustiza entra "nun tema que nunca debería ter entrado", entón cómpre falar de " presos políticos", aínda que "alguén lle moleste na Sala" cando escoita o termo. Unha referencia implícita a Jesús María Barrientos, presidente da Sala, que abandonou a principios de 2018 unha conferencia de Roger Torrent, presidente do Parlament, cando este falou de presas e presos políticos. O presidente indicou que a Xunta Electoral non é "xerarquicamente superior" á Generalitat e que, tendo en conta que o procedemento do 28-A dependía da administración do Estado, non tiñan por que terse en conta os requisitos. Torra só respondeu ás preguntas do seu avogado, Gonzalo Boye, e rexeitou abordar os temas da Fiscalía Xeral e da acusación particular, representada por Vox. O presidente asegurou que a formación de ultradereita é un partido "franquista" e lembrou que España viviu corenta anos de ditadura. Isto provocou un choque co presidente da sala, Jesús María Barrientos, que lle pediu que non "descualificase". "Non foi ningunha descualificación", dixo Torra. |
NOS_45280 | Entre 2009 e 2021 fecharon 13% dos centros que integran a rede pública galega de ensino mentres que nese mesmo período só tivo que botar o fechamento o 6% dos da rede privada. Esta, a privada, ten, logo, após pasar a década, un peso maior no conxunto do ensino na Galiza que antes da volta ao poder do PP en 2009. | No período 2009-2021, rexístrase un descenso do número de centros de ensino, a consecuencia de diversos motivos, entre eles a caída da natalidade que implica menos alumnado. Un descenso que se dá tanto nos centros de titularidade pública como na privada, mais de forma ben diferente. Así, durante esa etapa 164 centros da rede pública, 13,1%, mentres que só o fixeron 6% na rede privada (18 colexios menos). Son datos do Consello Económico e Social (CES), que apuntan como este fechamento de centros de ensino afecta fundamentalmente os centros que imparten educación infantil, con 109 menos, o que supón unha caída do 50,2%. Ademais, o 91% do total de centros de educación infantil perdidos en dito período son de titularidade pública. Tamén cómpre salientar a caída no número de centros que imparten educación infantil e primaria, que pasan de 683 no ano 2008 a 638 en 2021, 45 centros menos; os centros de titularidade pública redúcense en 49, mentres que nese tramo dáse un incremento de catro novos centros de titularidade privada. Denuncian o "despedimento masivo de persoal interino" en Educación Máis persoal para o ensino privado e menos para o público Após o incremento do profesorado no curso 2020-2021, as cifras recollidas na publicación Datos e cifras do ensino non universitario 2021-22, publicada pola Consellaría de Educación, reflicten unha redución do profesorado no último curso. Unha vez pasada a etapa de emerxencia sanitaria motivada pola Covid, o profesorado descende na Galiza até as 38.736 persoas, 2,2% menos que no curso anterior, rexistrándose esta caída tanto nos centros públicos (2,8%; 869 persoas menos) como nos centros concertados (1,9%; 109 persoas), aumentando por contra no caso dos centros privados, con 97 docentes máis (3,9%). Máis diñeiro Cómpre lembrar que a Xunta aumentou nos orzamentos de 2022 as partidas destinadas ao ensino concertado en oito millóns de euros, alcanzando os 333,3 —14,5% dos fondos totais de Educación—. En comparanza co ano previo á pandemia, 2019, a suba é aínda maior: 19 millóns de euros máis. Na Galiza hai neste último curso 1.369 centros de réxime xeral en funcionamento, nove menos que no curso anterior, dos que 78,8% son de titularidade pública e 21,2%, de privada. A Galiza está por baixo da media de escolas públicas da Unión Europea —81%—, e moi afastada de países como Alemaña —84%— ou Países Baixos —90%—. Medra o ensino concertado á custa do sistema público A maior porcentaxe de centros privados localízase nos centros que imparten conxuntamente educación primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias, xa que os 71 centros existentes na Galiza no último curso son de titularidade privada. Desde que Alberto Núñez Feixoo chegou a San Caetano, en 2009, e até 2022, os concertos con colexios privados medraron por volta de 80 millóns de euros. Os centros privados na Galiza, cada vez máis "segregadores" Case unha de cada dez das estudantes dos centros privados españois proceden de familias en condicións socioeconómicas 'menos favorábeis', unha cifra que na Galiza cae a case cero, a máis baixa de todo o Estado. A privada na Galiza é, pois, unha barreira cada vez máis forte contra a igualdade. Na Galiza, o 55,15% do alumnado dos centros privados é de 'contorna media' e 44,85% procede da 'máis favorábel'. A media no Estado español é de 65% de procedencia máis favorecida, 27% desa contorna 'media' e 8% da 'menos favorábel'. Así, de cada 100 alumnas e alumnos que no Estado español cursan o ensino privado, oito proceden dun ambiente con circunstancias socioeconómicas 'menos favorábeis'. Na Galiza, porén, e segundo este estudo, esa porcentaxe é 0%. |
NOS_37337 | O sindicato reclama un proceso selectivo único e extraordinario de consolidación de emprego para a adquisición de 'fixeza' do persoal. | A Central Unitaria de Traballadoras rexistrou na mañá desta segund afeira unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para urxir ao Goberno galego a adoptar unha solución definitiva "á fraude e a temporalidade que levan décadas asolagando todo o que atinxe ás administracións públicas Galegas: Xunta, ensino, sanidade, coidados de maiores e menores, servizos municipais, medios públicos galegos..." O sindicato sinala no texto da iniciativa que "na Administración Xeral galega e no resto de entidades do sector público os indicadores de temporalidade e, por tanto, de traballo precario sometido a trato discriminatorio, teñen disparado nas últimas dúas décadas, chegando a acadar en ocasións cotas do 80% de temporalidade". Ao entender da CUT, as recentes resolucións do Tribunal de Xustiza da Unión Europea abren un novo marco lexislativo que ordenan e permiten procurar solucións que poñan fin á discriminación e a precariedade no ámbito do emprego público. Na proposta da CUT ínstase ao Parlamento a aprobar un mecanismo excepcional, celebrado por unha soa vez, consistente nun concurso de méritos que garanta a consolidación de emprego, á vez que solicita a suspensión dos procesos selectivos e de provisión de postos de traballo ata a posta en marcha deste proceso de consolidación. Tamén se prevé o establecemento de mecanismos sancionadores aos titulares de órganos de xestión de persoal que provoquen novas fraudes de lei. Tras o rexistro da iniciativa e unha vez aceptado o trámite polo parlamento galego, a CUT anuncia o inicio da recollida das 10.000 sinaturas requiridas, acompañada dunha campaña de concienciación a prol da estabilización do persoal do sector público galego. |
PRAZA_8765 | Anuari Média achega un ano máis varias completas reportaxes sobre algunhas das cuestións máis ocultadas polos medios en Cataluña durante o pasado ano. O proxecto fomenta o "xornalismo repousado fronte a rapidez e superficialidade do 'tweet". | O Grupo de Xornalistas Ramon Barnils vén de presentar, un ano máis, o Anuari Média.cat de silencios mediáticos, unha iniciativa que recolle quince reportaxes sobre algunhas da cuestións más ocultadas polos medios durante o ano 2012 en Cataluña, entre as que destaca unha nova sobre as empresas con máis beneficios económicos e que, aínda así, aproveitan a última reforma laboral para levar a cabo diferentes expedientes de regulación de emprego (ERE). Entre estas compañías atópanse Gas Natural, Caixabank ou Endesa, habituais protagonistas de noticias silenciadas durante moitos anos. É un exemplo máis dunha situación que o Anuari Média.cat leva tres anos denunciando. "En tempos de abundancia informativa e ritmo trepidante, o xornalismo ten o reto de achegar contidos de calidade para aquel lector que non ten dabondo coa rapidez e a superficialidade do tweet", destacan desde o Anuari, que pretende "volver ás orixes do xornalismo clásico, apostando polo slow journalism ou xornalismo repousado". Ese periodismo que "pasa por presentar contidos traballados, elaborados con tempo, con datos sistematizados e fontes plurais". "En tempos de abundancia informativa e ritmo trepidante, o xornalismo ten o reto de achegar contidos de calidade" Deste xeito están elaboradas as reportaxes que se inclúen no Anuari e que abordan diversas temáticas, algunha delas ben polémica e ben silenciada. A primeira delas, a xa referida, lembra que a metade das corenta empresas dos Països Catalans con máis beneficios aproveitan a reforma laboral para levar a cabo despidos, malia os seus ingresos millonarios. Concretamente, uns beneficios de case 11.000 millóns de euros en 2010, en medio da crise. Pero hai moito máis. Como esa información que revela que Deloitte triplicou os seus ingresos co Goberno de CiU desde que contratou a David Madí, ex asesor do actual presidente da Generalitat, Artur Mas. En concreto, a empresa auditora gañou contratos do Executivo catalán por valor de 41 millóns desde que incorporou a súa nova fichaxe. Entre as reportaxes destaca o que revela que nove ministros franquistas fixeron carreira política e empresarial durante a democracia sen ser xulgados Ademais, tamén se destacan os once mortos que tiveron lugar durante detencións ou en comisarías durante o ano 2012, a cifra máis alta na última década. Do mesmo xeito, o Anuari fai unha completa reportaxe sobre os nove ministros franquistas que sobreviven a Manuel Fraga e que fixeron carreira política e empresarial durante a democracia, sen que en ningún momento fosen xulgados. Por outra banda, tamén se tratan os negocios que grandes multinacionais catalás -ou con gran relación con Cataluña-, como Gas Natural, Roca ou Borges, teñen realizado durante anos en países árabes gobernados por réximes ditatoriais e que, malia o triunfo das primaveras árabes, continúan facendo. Ademais, noutra ampla información destácase a investigación da Fiscalía de Barcelona das altas retribucións de directivos da caixa de aforros Catalunya Caixa despois de ter comezado a recibir axudas públicas. Os negocios de grandes multinacionais nas ditaduras árabes ou os 'favores' da Generalitat a Deloitte son outros dos temas silenciados O Anuari inclúe casos tan escandalosos e estraños como o dos "doce millóns para a sede pantasma da Televisión de Mallorca". A desaparecida canle foi condenada por pagar por unha finca que nunca empregou e que no ano 2006 costou 2,5 millóns de euros. Entre estas reportaxes, tamén aparecen enormes contradicións como o feito de que mentres as axudas ás ONG van desaparecendo cos recortes, os gobernos español e catalán subvencionan con 3,5 millóns de euros proxectos de cooperación empresarial en países do Sur. O proxecto denuncia tamén o aumento das denuncias por homofobia a través dun informe que advirte que entre 2010 e 2011 rexistráronse en Cataluña 376 casos de violencia contra a comunidade homosexual. Do mesmo xeito, destácase outro estudo no que se sitúa a Comunidade Valenciana no último posto da clasificación en canto aos servizos sociais. Xa por último, o Anuari centra unha das súas amplas informacións na presión fiscal de Cataluña, unha das máis baixas de toda a Unión Europea, oito puntos por baixo da media; ou nas denuncias de Amnistía Internacional ou da Síndica de Greuges da cidade de Barcelona, que critican a vulneración dos dereitos humanos nos desaloxos de solares e fábricas desocupadas. Tamén que as Nacións Unidas sinalen o porto de Valencia como unha das rutas máis importanets do narcotráfico. O proxecto do Anuari contou tamén co apoio de 434 micromecenas a través dunha plataforma web Na súa última reportaxe, o proxecto céntrase na solidariedade e relata a historia das redes de axuda mutua entre os veciños. Así, destaca o caso de Ciutat Meridiana, o barrio con máis desafiuzamentos de Barcelona pero onde tamén se paralizaron corenta durante 2012. O proxecto conta co apoio do máster La Comunicació dels Conflictes Internacionals Armats i els Socials da UAB, da Universitat Pompau Fabra, a Universitat de València e a Universitat de Vic. No entanto, o apoio fundamental chegou dos 434 micromecenas que colaboraron a través da plataforma Verkami para "deitar luz sobre os silencios mediáticos". |
PRAZA_9362 | Celsa Díaz Cabanela vén de ser nomeada Republicana de Honra pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. Militante das Xuventudes Comunistas, foi detida por primeira vez con 15 anos, foi enviada a prisión con 17 e despois mantivo o seu compromiso noutras causas, coma a loita contra a SIDA. | Era 1972 e en Ferrol a Policía acababa de matar a Amador Rey e Daniel Niebla. Nas protestas contra a ditadura que se estenderon por toda Galicia é detida na Coruña Celsa Díaz Cabanela, militante das Xuventudes Comunistas. Tiña 15 anos. Esa foi a súa primeira detención, pero nos dous anos seguintes foi detida seis veces máis polos "traballos de concienciación" que realizaba xunto coas súas compañeiras e compañeiros nas fábricas, agrupacións culturais ou cos veciños e veciñas. "Dáme un pouco de vergoña que me agradezan polo que fixen. Era a miña obriga"En 1974, con 17 anos, ingresou por primeira vez no cárcere (na vella prisión provincial da Coruña). E despois seguiu loitando, loitou toda a súa vida, en todas as partes, destacando anos máis tarde na loita contra a SIDA, presidindo na actualidade a Asociación Antisida da cidade. Celsa Díaz Cabanela vén de ser nomeada Republicana de Honra 2019 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), un recoñecemento que chegará en abril, na semana de celebracións do 14 de abril. "É un orgullo o nomeamento", di Celsa en conversa con Praza.gal. "Non sei se o merezo. Non sei se é porque son moi tímida, pero dáme un pouco de vergoña que me agradezan polo que fixen. Era a miña obriga. Non me importan os recoñecementos. Era algo que tiñamos que facer, nada máis, se querías vivir tiñas que facelo", asegura."Neses anos, lembro que as que máis loitaban e as que máis traballaban eramos as mulleres: Juana, Chuky, Concha, eu... Eramos as máis ousadas"En 1972 Celsa Díaz estudaba 5º de Bacharelato no Instituto de Monelos. Alí, xunto con outras e outros militantes, organizaba actividades culturais: teatro ou concertos, e tamén organizaban algunhas protestas contra a ditadura, como a que lle custou a súa primeira detención. "Como só tiña 15 anos a Garda Civil levoume coa miña nai ao Cuartel. Xa me deixaron libre ese día, pero foi unha detención. A partir dese momento a miña vida foi un acoso continuo: non podía ir cos meus amigos, viñan a pedirme documentación continuamente. Por iso sempre digo que non tiven adolescencia. Tiña ese compromiso", di. "Neses anos, lembro que as que máis loitaban e as que máis traballaban eramos as mulleres: Juana, Chuky, Concha, eu... Eramos as máis ousadas", engade.A detención supuxo tamén a súa expulsión do instituto, tendo que matricularse no de Zalaeta, onde non tivo a colaboración do profesorado que tivera en Monelos. Nos meses seguintes foi detida en seis ocasións, pasando nos calabozos da comisaría sempre as 72 horas regulamentarias, sendo procesada varias veces, aínda que as acusacións foron sobresidas. Neses días Celsa, apenas unha nena, permanecía incomunicada, lembra que a manta que lle daban estaba húmida e que facía moito frío, tamén que lle daban unha especie de caldo que viña nun balde e que nunca foi quen de comer. Alí era tamén interrogada, recibindo todo tipo de insultos vexatorios e machistas, buscando que delatase aos seus compañeiros e compañeiras.Celebrou o seu 18 aniversario no cárcere. Era a única presa política, polo que foi integrada coas presas comúnsEn 1974 Celsa Díaz foi enviada directamente á prisión, tres meses. A causa foi o suposto impago dunha multa de 200.000 pesetas, expedida pola Dirección Xeral de Seguridade, que ela nunca recibira. Era a única presa política, polo que foi integrada coas presas comúns: prostitutas, algunha que roubara, unha que matara ao marido, mulleres que abortaran e outras que realizaran abortos. Máis adiante coincidiu con outra presa política, da UPG. Alí celebrou o seu 18 aniversario. Os domingos recibía a visita dos seus pais, que lle levaban coida que ela despois compartía co resto das presas. Celia lembra que neses momentos sempre recibiu o apoio do seu pai e da súa nai. O seu pai era de esquerdas, fora represaliado, ao igual que a súa irmá, e os irmáns militaban tamén no Partido Comunista. "Miña nai sempre foi unha loitadora, nunca se queixou, sempre estivo ao noso lado. Tamén os veciños axudaron aos meus pais; daquela había moita solidariedade", destaca Celsa.Hai dous anos Celsa Díaz Cabanela regresou á prisión na que pasou parte da súa adolescencia. O dia que o Cárcere Provincial da Coruña reabriu as súas portas, ela foi a encargada de abrir a porta. Emocionada, destacaba o "orgullo e a dignidade" dos centos de persoas que foron recluídas aquí "por loitar pola liberdade, por loitar por un mundo mellor". Na década dos 80 centrou a súa militancia na loita contra a SIDA. Foron moitos os amigos afectados, moitos morreron. Hoxe preside a Asociación Antisida da cidade"Non tiven conciencia de ter estado na cadea ata que volvín hai dous anos. Cando estivera dentro non era moi consciente do perigo nin de nada, seguramente porque era moi nova", destaca. "Nese momento estaba convencida de que o que facía era o que tiña que facer. Non había máis remedio, se queríamos vivir tiñamos que loitar. Se queríamos ter unha vida xusta, poder falar, ler ou ir ao cine, tiñamos que loitar", di.Foi encarcerada de novo en 1975. E, ademais, a condena impediulle seguir estudando. Só en 1977, cando se promulgou a Lei de Amnistía, puido completar os seus estudos de Bacharelato, no nocturno, rematando anos máis tarde Graduado Social.Chegou a Transición e ela seguiu loitando. A ditadura rematou, pero Celsa Díaz recoñece que "as expectativas eran outras e por iso chegou o desencanto". "Pensabamos que os policías ian ser distintos, que non ía gobernar a dereita, daba moita rabia ver que os mesmos policías, políticos, xuíces, empresarios que mandaban na ditadura, seguían aí", di. De feito, lembra que durante anos tiña que cruzarse na piscina cun dos policías que a detiveron e a interrogaron. " Pero eu faríao outra vez" engade."A conclusión é que hai que seguir loitando sempre, non queda outra. Mira agora, que hai moita xente de esquerdas que pasa. Os de dereitas non pasan, sempre votan"Na década dos 80 centrou a súa militancia na loita contra a SIDA. Foron moitos os amigos afectados, moitos morreron. "A min morreume o meu compañeiro, que tamén fora comunista. Eu tiña 30 e poucos anos e el 35", di. "Esa tamén foi unha loita moi dura, había que concienciar á xente e había que dar a cara", subliña. Hoxe preside a Asociación Antisida da cidade e continúa comprometida. "A conclusión é que hai que seguir loitando sempre, non queda outra. Mira agora, que hai moita xente de esquerdas que pasa. Os de dereitas non pasan, sempre votan", destaca. Celsa Díaz é unha desas persoas que loitaron un día, un ano, moitos anos, toda a vida. Unha das imprescindibles. |
NOS_5648 | Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros | O trío vigués Caldo foi a banda gañadora da final do Concurso Fran Pérez «Narf» para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña e que tivo lugar o sábado no Teatro Colón da Coruña nun espectáculo que foi retransmitido en directo a través do canal de Youtube da Deputación. Nel participaron as cinco bandas finalistas: Caldo, Ukestra do Medio, Koroiev e Momboi, ademais de Verto, o grupo convidado, nun acto que estivo conducido pola xornalista Belén Regueira. Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, canda pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas. Neste proxecto apostan pola composición de temas propios así como pola revisión do repertorio tradicional galego, poñendo o foco na aldea de Moscoso (Pontevedra). Para isto, contaron co material das informantes Rosa e Aída Garrido, recollido polo mestre Xisco Feijóo. No seu 1º disco, formado por temas orixinais, Caldo emprega as pezas do repertorio de Moscoso como fío condutor do álbum. Este disco foi gravado en directo, para manter a esencia e a enerxía que desprenden nos seus concertos. O segundo clasificado foi Koroiev, o proxecto de electrónica en solitario do ferrolán Roberto Casteleiro. A súa música foi derivando cara a banda sonora dun relato imaxinario aínda que sen abandonar o concepto de directo e de instrumentación de banda. Hai unha peculiar heteroxeneidade no estilo, de ahí a etiqueta autoimposta de electrónica onírica. Koroiev sacou a finais do 2019, co selo Ferror Records, o disco «Valverde», que xoga a crear unha xeografía mítica do Máis Alá partindo das lendas atlánticas das cidades asolagadas. En terceira posición rematou Momboi, a banda barbanzá de pop-rock congusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso, a banda bebe do folk, do funk e mesmo da psicodelia, todo mesturado co seu propio estilo. As letras van dende o ancestral ao espiritual, pasando por suposto polo amor. Momboi crea un universo imaxinativo e suxerente nas súas cancións, e camiñan coa vista no futuro, sen perder a súa orixe e os sons vintage do rock. En decembro de 2019 lanzan o EP «Ofrenda» e actualmente preparan a gravación do seu primeiro LP. En cuarta posición finalizou a Ukestra do Medio, o compostelá grupo de ukeleles. E en quinta CRNDS, o compositor e produtor coruñés que fai dialogar a electrónica máis experimental e a música tradicional galega. |
NOS_20880 | Máis da metade das persoas universitarias no Estado español son mulleres (55%). Teñen mellores notas e rematan os seus estudos antes que os seus compañeiros varóns. Porén, só 46% delas teñen 4 anos despois de graduarse contrato indefinido por un 60% dos homes. Ademais, cobran case 10% menos. E non, non se debe á elección de titulacións, pois esta desigualdade mantense con independencia dos estudos que cursaran. | 55% dos 1,3 millóns de estudantes que fixeron un grao nas universidades no Estado español durante o curso 2018-2019 eran mulleres. Tamén eran mulleres 60% das novas persoas tituladas. Elas, as mulleres, chegan á universidade mellor preparadas: nota media de 8,89 fronte ao 8,57 dos homes. Eses bos resultados mantéñense durante os estudos universitarios: elas teñen unha taxa de rendemento (porcentaxe de créditos superados sobre os avaliados) 10 puntos superior á dos homes; gradúanse con mellor expediente (7,34 elas e 7,05 eles) e acaban en menor tempo: 43% finaliza a titulación no tempo teórico previsto, algo que só logran 24% dos homes. As porcentaxes varían segundo os estudos mais en todos eles, agás Física e Química, as universitarias gradúanse máis rapido. Son datos do estudo realizado polo BBVA e IVIE (Instituto Valenciano de investigacións económicas), un traballo que indica como malia chegar as mulleres á universidade máis preparadas e obter mellores resultados e rematar os estudos en menor tempo que os homes, isto non se ten en conta no mercado laboral. Desigualdade Os dados de afiliación á Seguridade Social e de inserción laboral das persoas tituladas no curso 2013-2014 permiten comprobar esa realidade. Permiten comparar diferentes aspectos da situación laboral das persoas graduadas universitarias que, con independencia do posto que ocupan, parten da mesma formación. En todos eles as mulleres presentan unha situación peor, tanto ao ano de se graduar como pasados 4 anos. As mulleres teñen unha taxa de afiliación de 45,5% un ano despois de rematar os estudos, taxa que aumenta até 71% transcorridos 4 anos. Nos homes é 50 e 73%. Estas diferenzas van a máis cando se analizan outras características relacionadas coa calidade do emprego. Estabilidade Elas teñen menor estabilidade no traballo: 48% das universitarias contratadas por conta allea teñen un contrato indefinido ao ano de se graduar, 8 puntos menos que os universitarios. A situación empeora 4 anos despois: a porcentaxe de indefinidas nelas redúcese a 46% mentres neles aumenta até chegar case 60% Xornada laboral e salarios Segundo o estudo mencionado, aos 4 anos de finalizar os estudos universitarios 85,5% dos universitarios traballa a tempo completo algo que só logran 74% das universitarias. Nos ingresos temán fica plasmada esa fenda entre mulleres e homes. Nada máis graduarse as mulleres asalariadas con xornada a tempo completo teñen unha base de cotización media anual 2.078 euros por baixo que a base media dos homes. Catro anos despois esa fenda é de 2.624 euros, supoñendo que as mulleres gañan 9,5% menos que os homes. Hai que indicar que estas diferenzas globais non se deben á elección dos estudos, pois a situación desfavorábel para elas en canto a salarios mantense con independencia do ámbito de estudo que cursaran, coa única excepción de Matemáticas e Estatística. Esa desigualdade nos ingresos elévase até 15% nas titulacións relacionadas coa industria manufactureira e produción ou 13% nas Ciencias sociais |
NOS_27294 | O BNG lembra que a Xunta incumpriu a promesa de construír unha Cidade da Xustiza na urbe nesta lexislatura. | Diante dos xulgados de Vigo déronse cita esta quinta a candidata número 2 do BNG por Pontevedra, Carme Adán, e o portavoz municipal, Santiago Domínguez, para "denunciar a discriminación de Vigo a respecto doutras cidades de Galiza en materia xudicial ". Os representantes da formación nacionalista tamén criticaron "o incumprimento de Feijóo a respecto da posta en marcha da Cidade da Xustiza na cidade ao longo desta lexislatura". Segundo Carme Adán, o PP de Feijóo "discriminou a Vigo fronte a outras cidades como Pontevedra, A Coruña ou Ourense, que si terán nova sede xudicial, mentres esta cidade quedará á cola na materia pola ausencia dunha infraestrutura longamente demandada polo BNG e que supón unha necesidade apremiante para garantir o bo funcionamento dos diferentes xulgados da cidade, a máis saturada de Galiza neste aspecto". "Debatemos sobre isto no Parlamento varias veces, pero parece que non a queren facer, é unha especie de Expediente X", engadiu Adán. Pola súa parte, Santiago Domínguez subliñou que "a competencia en materia xudicial corresponde á Xunta, e non ao concello, polo que é a administración autonómica a que ten que velar pola existencia das instalacións xudiciais". "O problema non é a posta a disposición dos terreos, senón o pago das expropiacións e a este respecto noutras cidades houbo acordo, pero en Vigo a Xunta nin quixo negociar, sendo unha obra de ámbito supramunicipal", explicou o concelleiro nacionalista, que rematou a súa intervención insistindo en que "a lexislatura acabou e Vigo non ten a dotación prometida por Feijóo". |
NOS_38401 | Os xulgados galegos están a condenar de forma maioritaria as infraccións do estado de alarma susceptíbeis de sanción penal. Dunha vintena de sentenzas, só unha exculpa o encausado do delito de desobediencia. Os arquivos dos procesos derivados das denuncias da autoridade tamén son a excepción. | Un xulgado de Vigo ditaba hai unha semana o sobresemento e arquivo da causa penal aberta a dous homes, denunciados por quebrantar o confinamento. Ao auto, que desbota a comisión dun delito de desobediencia polo feito de estar na rúa, súmanse esta semana dous novos arquivos, estes procedentes dun xulgado de Ribeira, contra outras dúas persoas denunciadas tamén por desobediencia. Son as excepcións á posición xudicial maioritaria ante as denuncias por incumprimento reiterado do estado de alarma na Galiza. Desde o inicio do confinamento, os xulgados galegos fixeron públicas algo máis dunha vintena de resolucións por infraccións penais vinculadas ao incumprimento reiterado do estado de alarma. No caso dos xuízos, 21, todos agás un, acabaron en sanción, ben económica (cun mínimo de 360 euros) ou, nos feitos máis graves –resistencia ou multirreincidencia–, en penas de até seis meses de prisión. A práctica totalidade foron contra homes e só hai datos de dúas mulleres, penadas en repetidas ocasións. A única sentenza absolutoria procede do xulgado do penal 1 da Coruña e refírse a un veciño de Carballo encausado tras ser sorprendido nas inmediacións dunha igrexa, após varias sancións por estar na rúa sen xustificación. O maxistrado destaca que asistir a lugares de culto non está prohibido polo decreto do estado de alarma e resolve que, malia a "dubidosa redacción" do artigo que regula as restricións na circulación de persoas, "en materia de limitación de dereitos, e máis de dereitos fundamentais, hai que considerar que o que non está expresamente prohibido, está permitido". No caso vigués, o auto do xulgado de instrución 4 rexeitaba levar a xuízo aos dous homes denunciados tras ser sorprendidos en repetidas ocasións na rúa sen motivos autorizados. Faino en atención a unha serie de criterios, entre eles, o feito de que "non constase" naquel momento –si agora, após esta resolución– un requirimento formal "expreso" e "persoal" para que non estivesen no espazo público, malia incumprirse o estado de alarma. Segundo estima o xuíz, "o non cumprimento dalgunha das medidas que se contemplan, precisamente as que provocan unha limitación dos dereitos fundamentais á libre circulación, non pode supor, por si mesmo, un delito de desobediencia". O auto remítese ademais á "marxinalidade social" dos denunciados, de quen sinala nun dos casos que vive "case con total seguridade na rúa ou nunha casa ocupada de forma ilegal", para calibrar a súa conduta, "que non pode catalogarse sen máis como grave" (e, polo tanto, delictiva). Así, remarca que só se define como tal "aquela actuación terca, tenaz, contumaz ou recalcitrante que obstaculice a autoridade" e non a "mera pasividade o negativa a obedecer". Como tamén apunta, a criminalización dunha infracción administrativa polo mero feito da súa repetición "non é constitucionalmente lícito". En canto aos dous autos de arquivo emitidos o pasado 30 de abril polo xulgado de Ribeira, ambos susténtanse na posición da Fiscalía, que pide o sobresemento, ao non haber constancia dese "requirimento persoal" por parte da autoridade. A falta dunha parte acusadora leva a xuíza ao arquivo dos procesos. Mais alá destas excepcións, si houbo xulgados que optaron por deixar en liberdade provisional as persoas detidas por infraccións penais do confinamento, en espera do xuízo. Cun razoamento similar ao de Vigo, un xulgado de Pontevedra acordaba en abril a liberdade dun home denunciado en varias ocasións por estar na rúa e sospeitoso de furtos, se ben días despois era detido novamente e enviado a prisión, ao considerarse que aproveitaba o confinamento para delinquir. En alomenos tres casos optouse en cambio pola prisión preventiva, á vista da reiteración delictiva; en ocasións, por romperse o confinamento o mesmo día no que se aceptara unha condena polo mesmo. En canto ás sentenzas, coa única excepción da da Coruña, son todas condenatorias e, na súa maioría, ditadas por conformidade da persoa acusada, quen recoñece os feitos para acadar un acordo coa Fiscalía sobre a súa pena, unha modalidade que exime o xulgado de argumentar xuridicamente a súa posición. Así sucedeu nunha quincena de casos. En todos eles, a desobediencia ten a ver coa desatención das ordes de axentes para non estar na rúa ou por escapar da autoridade, por coller o coche sen xustificación, abrir un estabelecemento comercial en contra do estado de alarma, ou por beber, fumar ou drogarse no espazo público. Sen atención á drogodependencia Resulta salientábel ademais que máis de media ducia das sentenzas recoñecen a toxicomanía da persoa sancionada, se ben unicamente nunha esa condición se contempla como circunstancia atenuante da desobediencia. Trátase dunha muller, multada por un xulgado de Ribeira con 600 euros como autora reincidente, por dúas sentenzas previas polo mesmo delito durante o estado de alarma. Entre os ditames cóntase outro contra un home sen fogar, detido e axuizado tras ser detectado na rúa en cinco ocasións. O xuíz, que lle impón tres meses de cadea, indica que en cada unha das intervencións policiais se lle comunicou a existencia dun espazo habilitado para acoller persoas na rúa. Tampouco neste caso a súa condición merece consideración especial. |
NOS_58273 | O escritor Xosé Neira Vilas ou o seu fillo José Ramón participarán na conmemoración do centenario do escritor Ramón de Valenzuela na Bandeira. | O 3 de outubro ás 20.30 horas terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural "Vista Alegre" da Bandeira a conmemoración do centenario do escritor Ramón de Valenzuela, autor, entre outras, das obras Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar, pioneiras no tratamento literario do golpe militar do 1936. Unha mesa redonda na que participaran os investigadores Xosé Manuel Maceira e Xoán Carlos Garrido Couceiro moderada por Matías Rodríguez da Torre achegarase á figura do escritor despois do saúda da presidenta da A. C. Vista Alegra, Dolores Sangiao e a presidenta de Adellis, Rosa Fernández. Unha proxección sobre o autor ademais da interpretación dun fragmento da súa obra continuarán o programa antes do peche da xornada no que intervirán o escritor Xosé Neira Vilas e o fillo do autor José Ramón Valenzuela. A memoria literaria da represión Ramón de Valenzuela Otero naceu no Pazo da Viña no concello de Silleda o 3 de outubro de 1914. Militante nas Mocidades Galeguistas, Ramón de Valenzuela é detido en agosto do 36 na Bandeira e preso na cadea de Santiago de Compostela. En 1939 exíliase en Francia e é detido tempo despois coa ocupación alemá e entregado á policía española polo que a prisión en Ávila é o seu novo destino. Casado con Mariví Villaverde, a quen coñece no tempo de Francia, a parella exíliase a Bos Aires onde publica en 1957 a súa primeira novela Non agardei por ninguén. Militante no PCE desde 1962, abandona o exilio arxentino en 1966 para se instalar en Madrid onde reside até pouco antes da súa 1980 na súa casa de Adina, Sanxenxo. Ese mesmo ano publicaría Era tempo de apandar. |
NOS_47879 | A cónsul xeral na Galiza, Yahima Martínez Millán, salienta en conversa con Nós Diario o momento actual na illa malia o duro 2019, caracterizado polas políticas reaccionarias de Donald Trump con respecto ao seu predecesor no cargo de presidente dos EUA, Barack Obama. | A pasada cuarta feira, como cada 1 de xaneiro desde 1959, Cuba celebrou o aniversario do Triunfo da Revolución, que derrocou a ditadura de Fulgencio Batista e deu paso a un controvertido proceso revolucionario na maior das Antillas. Nestas xa máis de seis décadas, caracterizadas polo enfrontamento co seu veciño do Norte, os EUA, e o bloqueo económico que desde 1960 Washington impón á Habana, a política, a economía e a sociedade cubanas foron mudando, aínda que con demasiada lentitude segundo os seus críticos. O ano 2020, apunta Martínez Millán, seguirase afondando no proceso de cambios que a sociedade cubana demanda cun dirixente, Miguel Díaz-Canel, enmarcado no "cambio xeracional" e unha nova constitución, aprobada en febreiro. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_14918 | O Goberno municipal vén de iniciar o expediente sancionador contra Adif despois de que o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias colocara as lonas de publicidade sen autorización no edificio catalogado da estación de San Cristovo. | A raíz da información publicada por Sermos Galiza, que deu conta o 16 de outubro da colocación de dúas lonas de grandes dimensións na fachada da torre da estación de camiños de ferro de San Cristovo, o Goberno municipal da Coruña iniciou na quinta feira, 12 de novembro, un proceso sancionador contra Adif. Fontes do Goberno -que tardou case un mes en fornecerlle a información a Sermos Galiza-, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias pendurou a publicidade no edificio da estación "pola súa conta" e "sen permiso". Após a publicación da información en Sermos Galiza do 16 de outubro, o Goberno municipal enviou un inspector municipal ao edificio de San Cristovo o 26 de outubro e un día máis tarde, abriu un expediente de reposición de legalidade urbanística pola "realización de obras sen licenza ilegalizábeis" por parte de Adif. Nese momento, o Concello comunicoulle á Xefatura de Patrimonio e Urbanismo de Calidade de Adif o inicio do expediente. A publicidade no exterior está suxeita a licenza municipal e ao pago de exaccións fiscais, algo que incumpriu Adif A ordenanza municipal que regula a publicidade exterior recolle no seu artigo 16 que "os actos de instalación de carteleiras están suxeitos á previa licenza municipal e mais ao pagamento das correspondentes exaccións fiscais", algo que incumpriu Adif. O artigo 30 da ordenanza considera como infracción grave "a instalación de carteleiras sen licenza municipal ou sen axustarse ás condicións da mesma". O Grupo Municipal do BNG presentara unha batería de preguntas sobre a colocación da publicidade no exterior do edificio de San Cristovo e instara o Goberno a "adoptar as correspondentes sancións recollidas na ordenanza" e á "retirada" da publicidade "á maior brevidade posíbel". A formación nacionalista tamén levou o asunto ao Congreso. Polo de agora, estas lonas, que anuncian unha empresa automobilística, continúan na torre da estación. O edificio que acubilla a estación de convoios da Coruña foi deseñado no 1927 polo enxeñeiro Antonio Gascué Echevarría. De estilo racionalista, o inmoble, cuxas obras de construción concluíron en 1935, conta cunha arquitectura única entre as estacións do Estado español e garda certo parecido coa Estación Central de Helsinki. Adif mantense en silencio Consultado por Sermos Galiza desde hai tres semanas, Adif garda silencio. Porén, nunha primeira resposta o 16 de outubro, o ente ferroviario afirmou que se rexía pola Lei de Transporte, admitindo implicitamente que non se sentía vinculado á ordenanza municipal. |
NOS_27865 | Fruga indica que ese prezo non compensa nin a produtor nin a industria e o SLG presenta denuncia perante Dirección Xeral de Consumo. | Leite da marca Deleitar á venda nun por a 25 céntimos nun supermercado de Vegalsa-Eroski. O valor medio en orixe do leite, e naquelas granxas que menos cobran está nos 26 céntimos. Por iso as organizacións agrarias consideran que estamos, máis unha vez, perante unha estratexia de venda a perdas empregando o leite como reclamo. Desde a Federación Rural Galega (Fruga), criticaron que o leite se venda máis barato ca auga e lembraron que a un prezo de 25 céntimos para o consumidor, non compensa nin a produtor nin a industria. É unha mostra máis da situación do sector. O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou esta terza feira, 1 de agosto, un escrito de denuncia diante da Dirección Xeral de Comercio e Consumo -Consellaría de Industria- para darlle a coñecer "a vulneración de numerosas leis" que realizou o grupo Vegalsa-Eroski ao poñer á venda leite da marca Deleitar a 25 céntimos o litro cando o seu prezo de venda habitual nas superficies comerciais é de 85 céntimos. o SLG pide no seu escrito que a Xunta "abra expediente sancionador, realizando todas as indagacións que procedan en orde a declarar a existencia dunha práctica ilegal, impoñendo as sancións que a Administración está facultada para impoñer, con independencia das accións que noutro orde poidan proceder". |
NOS_48774 | O Goberno estatal aproba esta sexta feira perante un Consello de Ministras extraordinario a norma, que implicará considerábeis mudanzas na cría de animais e os dereitos dos mesmos no eido doméstico. A lei será sometida posteriormente ao trámite parlamentario. | O Consello de Ministras extraordinario que decorrerá esta sexta feira analizará —e previsibelmente aprobará— o anteproxecto de lei de dereitos dos animais, que inclúe numerosas novidades dirixidas a previr e evitar os malos tratos animais, reducir o seu sacrificio e mellorar o seu benestar, para a súa posterior tramitación parlamentaria. O borrador da futura lei, que depende da dirección xeral de Dereitos dos Animais, do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, está redactado desde o pasado 6 de outubro, mais ficou nun caixón durante estes meses nos que desde Unidas Podemos (UP) se estivo pedindo a súa tramitación. De feito, fontes de Podemos indicaran á axencia Europa Press semanas atrás que previsibelmente sería levado ao Consello de Ministras despois da convocatoria electoral en Castela e León que tivo lugar o pasado domingo. Así, cinco días despois deses comicios, o proxecto de lei será sometido ao escrutinio do Executivo. Trátase da primeira lei estatal que regula a relación cos animais de compañía e responde ao "sentir da sociedade", que "desde hai tempo non tolera os malos tratos, o abandono e o sacrificio dos animais". Ademais, a lei impulsada polo departamento que dirixe Ione Belarra responde o compromiso fixado no acordo de coalición e supón un "avance" no cumprimento do mesmo. Novidades desta lei O texto do Goberno estatal quere prohibir a cría de mascotas a particulares, de modo que só poderá ser efectuada por criadores profesionais e quedará prohibida cómpraa venda de animais en tendas de mascotas, que tampouco poderán exhibilos nos seus escaparates. En canto aos zoos, prevé a súa reconversión en lugares de cría autóctona en catividade, entre outras materias. Outros dos obxectivos da norma son o "sacrificio cero" e o "abandono 0" e para iso a norma estabelece a creación de até seis rexistros estatais: de animais de compañía, de núcleos zoológicos, de criadores, de inhabilitados para pertenza de animais, profesionais do comportamento animal e de entidades de protección animal. Por outra parte, contempla a prohibición do uso de animais nas Cabalgatas de Reis e en beléns viventes, así como en procesións e romarías, e tampouco poderán ser obxecto de espectáculos circenses. Aliás, porá en marcha un Observatorio Estatal de Protección Animal, un rexistro de criadores, que serán os únicos facultados para vender animais, así como un rexistro de persoas inhabilitadas para a tenencia animal. O Rexistro Nacional de Inhabilitacións para a Tenencia e Actividades relacionadas con Animais (RINTA) incluirá a identidade de persoas físicas ou xurídicas que estean inhabilitadas penal ou administrativamente para o exercicio de profesión, oficio ou comercio relacionado con animais, así como para a tenencia de animais. Ao rexistro achegarán datos os gobernos territoriais, entidades locais e Ministerios a respecto de resolucións administrativas firmes polas que se inhabilite para a tenencia de animais, así como polo Ministerio de Xustiza a respecto das persoas condenadas en sentenza firme pola comisión de calquera delito relativo á protección da fauna e animais domésticos. Sacrificio e abandono 'cero' Outro dos aspectos controvertidos e que suscitou as críticas, entre outros da Organización Colexial Veterinaria, son as vías para lograr o sacrificio cero de animais, xa que o texto que propón o Goberno de coalición quere prohibir "expresamente" o sacrificio, e unicamente procederase a eutanasiar animais de maneira xustificada e baixo criterio e control veterinario para evitar o seu sufrimento en caso de feridas incurábeis, por seguridade para as persoas ou animais ou da existencia de risco para a saúde pública ou causas ambientais debidamente motivados normativa ou cientificamente. Do mesmo modo, prohíbese o seu uso de forma ambulante como reclamo e queda prohibido exercer a mendicidade valéndose deles, así como sometelos a traballos inadecuados ou excesivos en tempo ou intensidade respecto a as características e estado de saúde dos animais. Igualmente prohíbese o uso de pinchos, correas, colares e outros similares que aforquen ou aparellos eléctricos nin se autoriza o silvestrismo, así como alimentalos con vísceras, cadáveres e outros refugallos. Tampouco poderán ser premio de recompensa, rifa ou promoción nin se poderá manter permanentemente aos animais en terrazas, balcóns, azoteas, rochos, sotos, patios e similares ou vehículos. A futura norma prevé, ademais, a fin do sector das granxas de visóns, posto que o regulamento sancionador que acompaña ao anteproxecto prevé multas de 30.001 a 100.000 euros para a cría de visóns para a obtención da súa pel. |
NOS_24797 | O movemento de solidariedade internacionalista galego Mar de Lumes, que estivo presente nas eleccións turcas por medio de Ximena González, que actuou como observadora internacional convidada pola HDP, pon sobre a mesa as ilegalidades e irregularidades detectadas nos comicios. | Mar de Lumes valora negativamente as eleccións turcas na medida en que se detectaron "irregularidades e ilegalidades", detectadas polas delegacións internacionais, incluída a galega. "Amosamos a nosa preocupación por que sexan este tipo de forzas ultradereitistas –en alusión ao AKP, partido gobernamental, as que vaian gobernar Turquía, tamén tendo en conta o seu papel xeoestratéxico. Pola contra, a organización de solidariedade internacionalista valora positivamente o feito de que "tanto o pobo curdo como o resto de minorías nacionais e da esquerda transformadora que se coaligaron no HDP foran quen de superar os ataques, asasinatos e detencións, así como o clima de guerra civil deseñado polo Goberno de Erdogan para os paralizar e os aterrar". O HDP conseguiu superar a barreira do 10% que permite a súa participación no Parlamento turco. O AKP, pola súa banda, conseguiu ao redor do 50% das papeletas. As eleccións turcas tiveron lugar este domingo nun clima de desconfianza e denuncias por irregularidades e manipulación. |
NOS_36354 | O proxecto de Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galiza segue a súa tramitación parlamentaria despois de que fose aprobado en comisión o informe da ponencia, mais só cos votos a favor (7) do Grupo Popular e coas abstencións (5) dos grupos da oposición. | O debate das emendas presentadas polas diferentes formacións políticas na Comisión de Economía centrouse nunha cuestión: a nova lei, que vén substituír a de 1995, ten un nesgo "privatizador", segundo a oposición. O PP contestou con rotundidade aos argumentos que neste sentido puxeron enriba da mesa tanto Ánxeles Cuña (Grupo Común da Esquerda) como Matilde Rodríguez Rumbo (Grupo socialista). "Confunden o dominio público coa utilidade pública. E este non é o lugar para reformular as normas sobre dominio público. Parece que van vostedes gobernar en Madrid e o Congreso é o lugar onde poden reformar as normas que atenden este cuestión", dixo a deputada ourensá Cristina Fernández desde a bancada popular. Foi Ánxeles Cuña quen máis insistiu sobre as contradicións da lei que pretende aprobar o PP. "Esta norma contradí a Lei de augas de 2001 que preserva o ciclo hidrolóxico como un ben unitario e de interese xeral. O que a ponencia está a propoñer é que non se recoñeza o dominio público das augas cun afán descaradamente privatizador, e non dirixido ao interese xeral senón ao interese da empresa privada estendendo a outras actividades o aproveitamento das augas termais", sostivo Cuña. Pola súa banda, Rodríguez Rumbo, representante socialista, cuestionou a necesidade de elaborar unha nova lei e sinalou que "bastaría con ter modificado a lei do 95 para evitar a dispersión normativa actual e unificar criterios". A continuación advertiu que o PP rexeitara unha emenda socialista que subliñaba que "a utilidade pública forma parte do dominio público hidráulico". E insistiu Rumbo: "Toda a auga ten carácter de dominio público". Na súa resposta, Cristina Fernández apuntou a unha das claves do desacordo. Mentres a nova lei que resultará desta proposta pretende manter a regulación das augas termais da Galiza baixo supervisión do organismo competente en minaría: a dirección xeral de Minas, dependente da Consellaría de Economía e Industria, a oposición intenta que sexa Augas de Galiza, dependente de Medio Ambiente, a que asuma as competencias. Cristina Fernández foi explícita ao sinalar esta cuestión: "O PSOE quere que as augas termais teñan a consideración de recurso hidrolóxico para poñelas en Augas, e que non sexan un recurso termal para quitalas de Minas". As diferenzas entre ambos departamentos da Xunta (Minas e Augas) quedou patente en varios conflitos recentes e deixou en evidencia a maior sensibilidade da área de Minas que dirixe Ángel Bernardo Tahoces cara aos intereses empresariais. Outras críticas Alén do debate normativo, o texto da lei tamén recibiu outras críticas. Noa Presas (BNG) sinalou defectos de fondo, como que a proposta "non atende ás demandas de participación pública nin ten en conta aspectos de recuperación patrimonial vinculados ao termalismo". Ánxeles Cuña incidiu tamén no aspecto patrimonial e denunciou que o texto deixa fóra a regulación de "pozos, fontes e mananciais... deixa fóra As Burgas". Una votación accidentada e a lotaría das emendas da oposición "Tendo en conta o pouco éxito que tiveron as nosas emendas aos orzamentos, parece que nos tocou a lotaría", dixo a deputada nacionalista Noa Presas para subliñar que o PP asumiu a cuarta parte das modificiacións no texto propostas polo BNG. "Pois a nós non nos tocou a lotaría", lamentou Ánxeles Cuña. Na votación final do informe da ponencia, a mesa dubidou varias veces e estivo a piques de converter a lotaría nunha ruleta. Á fin, impúxose o PP. |
NOS_22791 | Cultura do Concello da Pastoriza (Lugo) organiza a I Edición do Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón. | Liorta folk nace coa intención de pór a disposición daquel@s músic@s folk non profesionais a oportunidade de demostrar a capacidade interpretativa e dar a coñecer a propias composicións. Segundo comentan desde a organización o certame "vai ser un punto de encontro para aquelas persoas que sintan e defendan a música folk, mesmo pode ser unha oportunidade de compartir experiencias, intercambiar ideas ou estabelecer lazos con outras xentes que coma elas entenden o folk como estilo de vida". A dinámicaO concurso consta de enfrontamentos directos entre dous artistas polo sistema de apertura de actuación a cargo de un deles e resposta d@ contrincante. Cada artista interpretará tres pezas dunha duración máxima de 3 minutos cada unha, ao estilo dos piques dos rapeiros, onde se pon en xogo a capacidade do artista para respostar cun tema axeitado e o virtuosismo en executar dito tema. Un xurado profesional valorará ambos aspectos e outorgará a vitoria ao contrincante que considere máis preparado. Quen gañe medirase co gañad@r doutro grupo e así sucesivamente até quedaren tan só dous dos participantes que se batirán de igual forma. A final segue o mesmo sistema coa excepción de que as pezas interpretadas neste caso deben ter unha duración mínima de 5 minutos e de 8 minutos máxima.BasesPara poder participar no Liorta folk hai que ser menor de 35 anos, dominar a interpretación musical con gaita, flauta, violín, zanfoña ou acordeón, que non teñan publicado o seu traballo en formato profesional. Tamén poderán participar @s integrantes daquelas agrupacións que como banda teñan editado traballos, sempre que o número de integrantes da agrupación neses traballos discográficos fora maior de dous. As maquetas recibiranse vía correo electrónico cun arquivo que non exceda os 25MB ao enderezo [email protected] antes do 5 de maio de 2012. O correo incluirá o nome, idade, enderezo, instrumento co que participará e un télefono de contacto. O gañad@r do Liorta folk será galardonad@ có trofeo liorteir@ do miño e un premio en metálico de 1000 euros. A entrega dos premios será o 17 de maio no Salón de Actos do Concello da Pastoriza. |
PRAZA_20454 | Unhas xornadas do Consello da Cultura reflexionan dende o ámbito académico e político sobre a necesidade de "reordenar e desestacionalizar" os fluxos turísticos en espazos patrimoniais. "Calquera plan para unha cidade histórica debe pensarse, fundamentalmente, para quen vive nela", din | "Reordenar e desestacionalizar". Foron dous dos verbos máis conxugados no inicio das xornadas nas que o Consello da Cultura Galega tenta facer unha pausa e abrir un oco para a reflexión entre os titulares que apuntan á ruptura de sucesivos récords en número de turistas que chegan a Galicia. "Turismo masivo e patrimonio" é o binomio no que a sección de patrimonio e bens culturais da institución busca "converxencias e diverxencias" a través de voces académicas, técnicas e políticas entre as que xorden máis liñas de consenso que nos debates cotiáns e apresurados. Unha delas é a de Miguel Ángel Troitiño, o catedrático de Xeografía Humana da Complutense que hai case unha década avalou a limitación do número de visitantes á Catedral de Santiago, quen advirte dos riscos de abordar a explotación turística de espazos patrimoniais só coa lóxica do mercado."Aplicar o discurso do marketing ao patrimonio histórico é perigoso, aínda que dende o punto de vista do manexo económico pode ser rendible", considerou Troitiño nunha das mesas das xornadas, nas que analizou a xestión turística dos conxuntos históricos galegos xunto a Manuel Chaín, da dirección xeral de Patrimonio Cultural da Xunta; José Ramón Castiñeiras, responsable da área de Imaxe de Turismo de Galicia; Elías Torres, profesor da USC e membro do grupo de investigación Galabra; e mais os edís de Turismo e Espazos Cidadáns da capital galega, Marta Lois e Jorge Duarte. O profesor Troitiño ten claro que o centro histórico de cidades como Santiago seguir sendo atractivo se seguen estando vivo e para iso o centro das políticas, advirte, ten que ser a cidadanía que os habita."Calquera plan para unha cidade histórica debe pensarse, fundamentalmente, para quen vive nela""Para conseguir que a cidade siga sendo viva e multifuncional o gran factor de equilibrio son os residentes" e por iso "calquera tipo de plan nunha cidade histórica ten que estar pensado, fundamentalmente, para a cidadanía que vive nela". Esta óptica, admite, bate co que ao seu xuízo é "o grave problema do turismo en xeral", que "sempre se manexa como instrumento de propaganda política" por parte de gobernos de diversas cores. A esa "propaganda", resalta, súmase e é "alimentada" polo "sector económico", fundamentalmente "a través dos medios de comunicación". "E sempre crecemos", ilustra, pero áreas como a da Catedral de Santiago seguen sen ter "ben resolta" a súa capacidade de acollida de visitantes "e acabarán por xerar problemas".Servizos á veciñanza e oferta comercial"Temos unha vintena de conxuntos históricos con problemas comúns: perda de poboación, deficiencias de enerxía, crise da vida tradicional"Fronte a outras intervencións da Xunta un dos representantes da Administración galega neste foro, o arquitecto e subdirector da área de Patrimonio Cultural, Manuel Chaín, identifica "problemas comúns" na conciliación de turismo e vida cotiá nos cascos históricos que cómpre abordar. "Temos máis dunha vintena de conxuntos diferente que contan cun plan de xestión e contan con problemas comúns", tales como "perda de poboación, crise da vida tradicional, deficiencias na subministración de enerxía e telecomunicacións ou problemas de aparcadoiro", resume, nun contexto no que coida que as "condicións" que ten que asumir a poboación residente debe atinxir tamén ao tecido hostaleiro e comercial. "Nada impide abrir un bar, un restaurante" ou unha tenda de recordos, admite, pero "se as vivendas teñen que axustarse a unhas determinadas condicións, os locais comerciais, tamén".Santiago procura "desestacionalizar a demanda" turística e recuperar a rehabilitación de vivendas no centroA atracción do turista "que planifica e sabe o que vén ver" fronte ao visitante "ao que traen a ver algo e lle din que a cidade é moito menos do que é" é, a xuízo de Chaín, un dos obxectivos a lograr nun contexto no que, dende o Concello de Santiago, o edil Jorge Duarte ve "triste", por exemplo, que as limitacións para as vivendas dificulten dotalas de servizos como a fibra óptica. Neste sentido, agrega a concelleira Marta Lois, o goberno local procura a "descentralización de fluxos turísticos e a desestacionalización da demanda" e combinalo con medidas como a moratoria na apertura de novos establecementos hoteleiros e a "recuperación do plan de rehabilitación de vivendas baleiras".A reflexión da xornada chama a cuestionar "o discurso prevalente de que o turismo é bo en si mesmo"A xuízo do profesor Elías Torres estas e outras decisións políticas para ordenar o turismo deberan fuxir de "mitos" que, afirma, as investigacións do grupo Galabra acreditan que son tal, tales como que o turismo masivo "é incómodo, pero temos que soportalo polo ben da economía". "Iso é moi discutíbel", asegura, toda vez que, por exemplo, "cando a máis de dúas mil persoas lles preguntamos que van comer e beber en Santiago, máis de 500 non saben e 300 dinnos que nada", o que implica qeu "unha altísima porcentaxe está de paso e pasa sen consumir". "Eu non ataco o turismo", advirte, pero cómpre cuestionar "o discurso prevalente de que o turismo é bo en si mesmo e que nel todo son beneficios". |
NOS_8438 | As 'irmandiñas' caeron fronte a Toronto (7-9), ás que se volverán enfrontar esta cuarta freira polo liderado da clasificacion do seu grupo no Mundial de Fútbol Gaélico de Irlanda. | Galiza continúa competindo a un nivel moi alto no Mundial de Fútbol Gaélico de Irlanda, cita que reúne na illa 85 equipas de diferentes países até o 2 de agosto. Nos partidos da mañá desta terza feira, a selección galega masculina impúxose a USA Pearse (12-0), afianzándose así no segundo posto do seu grupo e emproando o pase á seguinte fase do Mundial. Na xornada anterior, os rapaces da 'Irmandiña' derrotaran Asia mais caeran fronte New York, unha das equipas máis potentes do mundial. A selección galega feminina caeu derrotada fronte Toronto por 7-9, perdendo o encontro nos últimos momentos e por mor dun balón de rebote. É a primeira derrota das irmandiñas neste Mundial, no que xa derrotaron Bretaña e USA Heartland. Esta cuarta feira volveran medirse fronte a Toronto, loitando por liderar o seu grupo. A selección galega masculina enfrontarase a outros 24 equipos onde destacan algúns tan fortes como Nova York, San Francisco, Francia, Canadá, Australia, Bretaña ou Arxentina. No feminino competirán 17 seleccións, destacando tamén as estadounidenses, Canadá, Rusia ou Francia, entre outras. O torneo estruturarase nunha primeira parte de liguiña onde os primeiros clasificados accederán logo á loita polo título mentres os demais pasarán a competir nas fases "Plate" e "Shield". Nos próximos días sortearanse os grupos. En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase "Irish" na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra "Native" na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses |
NOS_20539 | Ademais de Pfizer e de Moderna, vén de ser autorizada a vacina de Janssen para este colectivo. | O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, avanzou que a vacinación do colectivo entre 40 e 49 anos empezará este domingo na área de Santiago de Compostela. A inmunización deste grupo de idade está programada, de forma xeral, a partir do 7 de xuño. Na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta, o mandatario galego lembrou que para este colectivo, ademais de Pfizer e de Moderna, vén de ser autorizada a vacina de Janssen, polo que aos que lles corresponda esta dose quedarán inmunizados xa coa pauta completa ao recibir a inxección. Desta marca, Galiza recibe 14.000 doses á semana. Galiza "abeira" o 30% da poboación inmunizada coa pauta completa e o 52% con polo menos unha dose Galiza "abeira" o 30% da poboación inmunizada coa pauta completa e o 52% con polo menos unha dose. Esta semana, precisou tamén o presidente da Xunta, serán administradas 210.000 doses, das cales 120.000 son primeiras doses. Ademais, esta fin de semana prevese finalizar coa administración da vacina ao colectivo entre 50 e 59 anos. Por grupos de idade, vacináronse até a data 130.508 persoas maiores de 85 anos; 95.521 de 80 a 84 anos; 132.869 de 75 a 79 anos; 150.292 de 70 a 74 anos; 150.266 de 65 a 69 anos; 168.380 de 60 a 64 anos; 178.933 de 55 a 59 anos e 107.593 de 50 a 54 anos. Deste modo, até a data recibiron polo menos unha dose 1.114.362 persoas maiores de 50 anos no conxunto de Galiza, que supoñen un 87,27% das susceptíbeis de vacinarse a partir desa idade. A estas súmanse 31.219 persoas de 45 a 49 anos; 28.167 de 40 a 44 anos; 20.531 de 35 a 39 anos; 16.490 de 30 a 34 anos; 13.390 de 25 a 29 anos; 7.365 de 20 a 24 anos; 733 de 15 a 19 anos e un do grupo de 10 a 14 anos . |
PRAZA_3036 | O tribunal establece unha indemnización de 182.000 euros para a viúva e os dous fillos do cámara galego, asasinado polo Exército estadounidense en Iraq en 2003. "O Estado limitouse a aceptar as explicacións dos EUA de que o ataque estaba xustificado e de que o falecemento foi un accidente", di. | A Audiencia Nacional impuxo ao Estado español indemnizacións á muller e aos dous fillos de José Couso por valor de 182.000 euros en razón da "omisión de protección diplomática" que sufriron logo do asasinato do cámara galego de televisión en Iraq en 2003 a mans das tropas estadounidenses. A Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do tribunal especial recoñece unha indemnización en favor da viúva de Couso de case 100.00 euros e de máis de 41.000 para cada un dos seus dous fillos menores cando ocorreron os feitos. "O Estado limitouse a recibir e aceptar as explicacións dos EUA no sentido de que o ataque estaba xustificado e que o falecemento foi un accidente", di a Audiencia NacionalA Sala considera que "as circunstancias do caso facían exixible que o Estado desenvolvese a súa actividade diplomática en favor dos prexudicados polo falecemento do señor Couso". "Con todo, (e isto non foi posto en cuestión na contestación á demanda) -engade- a Administración Xeral do Estado limitouse a recibir e aceptar as explicacións ofrecidas pola Administración dos Estados Unidos no sentido de que o ataque ao hotel Palestina estaba xustificado e que o falecemento do señor Couso foi un lamentable accidente". O tribunal, segundo informa Pedro Águeda para eldiario.es, fai constar que non houbo ningunha xestión por parte da Administración Xeral do Estado. "Non consta a realización de xestión ningunha tendente, non xa ao recoñecemento da ilicitude do ataque (sobre a que se lamenta a devandita sentenza do TS da Sala Segunda) senón á reparación das súas consecuencias patrimoniais dun modo razoable. E iso malia as moi numerosas peticións que respecto diso se formularon por diversos grupos parlamentarios, segundo consta no expediente administrativo". O ferrolán José Couso faleceu vítima dun ataque contra o hotel no que, como coñecían os exércitos invasores de Iraq, estaban aloxados os xornalistas internacionais. A tramitación do proceso suspendeuse hai anos en tanto que non se resolvese, primeiro polo Tribunal Supremo e logo polo Tribunal Constitucional, a cuestión relativa ao sobresemento da causa penal tramitada por estes feitos como consecuencia da modificación do réxime xurídico da denominada "xurisdición universal". A sentenza toma como punto de partida que xa en 2016 a Sala do Penal do Tribunal Supremo declarou que a morte de Couso constituíu un ilícito internacional, así como o feito de que a demandante carecía da posibilidade efectiva de obter unha reparación razoable directamente dos tribunais estadounidenses. A Audiencia considera que o Estado debeu exercer a protección diplomática en favor dos familiares de Couso, consistente "nun procedemento de aplicación do dereito internacional, en virtude do cal un Estado realiza en favor dun dos seus nacionais diversas accións ante outro Estado que incorreu nun ilícito internacional a fin de que este último cesamento nun comportamento ilícito labor na persoa dun dos seus nacionais e, no seu caso, repare o dano causado pola súa conduta constitutiva de ilícito internacional". A Audiencia considera que o Estado debeu exercer a protección diplomática en favor dos familiares de CousoA actitude pasiva das sucesivas Administracións en relación ao que a sentenza da Audiencia Nacional considera unha obriga de dispensa de protección ao seu nacional é o que motiva a condena da Administración. Rexéitase así que neste concreto suposto a dispensa de protección internacional tivese carácter discrecional. A sentenza resalta que, ademais do dereito da recorrente, estaba en xogo a liberdade de información como valor obxectivo do ordenamento xurídico e como medio para a formación da opinión pública libre. De maneira que o dereito á indemnidade polo seu exercicio obrigaba tamén ao Estado a dispensar a protección diplomática. |
PRAZA_12202 | O sector máis urbano dos socialistas galegos entran na batalla pola secretaría xeral do PSdeG cunha Espinosa que asegura que ninguén lle mandou presentarse, en resposta ás declaracións do que será seu rival, Pachi Vázquez. "Pediumo moita xente", apuntou a exministra. | Un proxecto desde a base, coa militancia nun peto e a sociedade noutro. Esta é, segundo aseverou ela mesma, a idea de Elena Espinosa para rexenerar o Partido Socialista de Galicia. "Un proxecto para todos os militantes e tamén a sociedade, porque a nosa razón de ser son os cidadáns", reiterou. Espinosa formalizou a súa candidatura a dirixir o PSdeG ante unha nutrida representación do chamado sector crítico, con moito poder local eminentemente urbano. Xa son dous nunha carreira con participantes á luz e á sombra Entre os asistentes, que fixeron de gardas aos lados e detrás da candidata, estaban Abel Caballero e Carmela Silva (Vigo), Francisco Rodríguez (Ourense), Beatriz Sestayo e Iván Puentes (Ferrolterra). Tamén acudiron Modesto Pose, Xosé Manuel Lage Tuñas, Antón Louro, Xaquín Fernández Leiceaga, Silvia Fraga ou Mar Barcón. A xa candidata a desputar o posto a secretaria xeral con Pachi Vázquez asegura que se presenta porque llo pediu "moita xente", se ben moitos militantes "de base" apuntaron a este diario que descoñecían, ata o venres, que a exministra ía concorrer á secretaría xeral. En calquera caso xa son dous nunha carreira con participantes á luz e á sombra, cun José Blanco que, din outras fontes da formación, está "detrás de moitas cousas que suceden no PSdeG". "A min non me obriga ninguén, preséntome porque mo pediu moita xente" Espinosa asegura esta "capacitada" para dirixir a formación e se presenta cun ton de concordia. "Todo o que queira terá cabida neste proxecto", incidiu no hotel NH Obradoiro de Santiago, onde se celebrou o acto de presentación. A exministra non quixo, malia a ser preguntada ao efecto, responder ás declaracións de Vázquez nas que aludía indirectamente ao feito de que Espinosa se presentaba "obrigada". "A min non me obriga ninguén", quixo sentenciar a socialista, "preséntome porque mo pediu moita xente" |
PRAZA_19638 | O Consello da Cultura Galega vén de publicar un libro coordinado por Jorge Mira, con traballos de catro especialistas, que analiza a necesidade e os posibles beneficios e prexuízos dun hipotético cambio do fuso horario no Estado español. O texto será entregado aos gobernos galego e central. | Sería bo para o Estado español modificar o seu fuso horario, atrasando os reloxos 60 minutos ata ficar na zona UTC+0 (na que se atopan Portugal, Reino Unido e Irlanda)? Melloraría iso a conciliación da vida laboral e familiar, facilitaría a modificación dos horarios laborais ou axudaría a que os cidadáns se deitasen antes? Ou, pola contra, o fuso horario actual é o máis axeitado tendo en conta a latitude na que se atopa España e as consecuentes tempos de amencer e solpor? Ou, se cadra, o fuso horario non importa demasiado e todo se trata de reordenar os actuais horarios laborais, reducindo a pausa do mediodía? Nos últimos anos foi agromando un debate cada vez máis intenso sobre a conveniencia de adiar a hora en toda España (ou só en Galicia), que mesmo contou cunha proposta firme da Asociación para a Racionalización dos Horarios Españois (Arhoe), que instou a modificar o fuso horario (situándoo no UTC+0), pero tamén a reducir o tempo para o xantar para non perder horas de sol pola tarde. Recentemente, o debate gañou en complexidade, coas mocións aprobadas por unanimidade nos parlamentos valenciano e balear, que apostaron por manter o horario de verán durante todo o ano, o que na práctica implicaría situar a España na zona UTC+2 durante seis meses. O Consello da Cultura Galega vén de publicar un libro (¿Es nuestro huso horario un problema?) coordinado por Jorge Mira, con traballos do catedrático de Electromagnetismo da USC e doutros tres expertos (José María Fernández-Crehuet, José María Martín Olalla e José Fernández-Albertos), que manteñen posicións dispares sobre a conveniencia de adiar a hora oficial ou de modificar os horarios laborais. A obra, publicada inicialmente en castelán e que en breve será traducida ao galego, será entregada á Xunta e ao Goberno central, e tamén a Congreso, Senado e Parlamento galego, e amosa o resultado da xornada de debate que tivo lugar o pasado ano no CCG. "A hora oficial afecta a todos os habitantes do país. Por iso calquera reflexión sobre ela debe ser pausada por parte dos responsables do Goberno, co mellor asesoramento posible, cun completo coñecemento dos factores en xogo e, sobre todo, cuns datos solventes" O obxectivo da obra é contribuír con datos e reflexións sosegadas a un debate no que en moitas ocasións faltan "criterios científicos", critica Jorge Mira, e que se guía por impulsos, que adoitan coincidir cos dous momentos do ano (marzo e outubro) nos que a hora é modificada. "A hora oficial afecta a todos os habitantes do país. Por iso calquera reflexión sobre ela debe ser pausada por parte dos responsables do Goberno, co mellor asesoramento posible, cun completo coñecemento dos factores en xogo e, sobre todo, cuns datos solventes", destaca Mira. Na súa achega Jorge Mira defende que "cambiar o fuso horario non serviría para nada", negando que exista unha "anomalía horaria" en España, afirmando que "é un mito que se difundiu sen o debido contraste con datos reais e instalouse como un mantra na nosa sociedade". Unha posición radicalmente contraria á que mantén José María Fernández-Crehuet (Universidad Politécnica de Madrid), que aposta por situar o Estado español na zona UTC+0. José María Martín Olalla (Universidad de Sevilla) sinala, pola súa banda, que os horarios españois son perfectamente racionais, adaptados ás horas de saída e posta do sol (diferentes ás do norte de Europa). E, finalmente José Fernández-Albertos (CSIC) analiza os efectos que a hora sobre a conciliación nas distintas comunidades autónomas, atopando diferenzas entre as zonas máis orientais (Baleares, Cataluña) e occidentais (Galicia), pero concluíndo que "existen poucos motivos para estar convencido de que un cambio de fuso horario tería consecuencias beneficiosas para a nosa sociedade". Vivimos nunha hora que non nos corresponde? Boa parte da argumentación dos defensores dun adiamento horario é que o Estado español se atopa desprazado do fuso horario (UTC+0) que por lonxitude lle correspondería de forma natural, o que xera unha serie de prexuízos. José María Fernández-Crehuet destaca neste senso que "o ter a hora de Alemaña no canto da do Reino Unido inflúe negativamente no noso día a día, posto que o fuso horario inflúe nos nosos usos e costumes". "O atraso nos nosos hábitos sociais para axustarnos ao fuso horario alemán prexudica a nosa calidade de vida, sumado a un prime time televisivo cada vez máis tardío desde a aparición das cadeas de televisión privadas, que afecta o rendemento e cansazo vital co que nos levantamos polas mañás e que arrastramos durante o día". "Co cambio de fuso horario, amencería máis cedo e anoitecería tamén antes. No verán renunciaríamos aos solpores máis tardíos, pero teriamos uns amenceres máis temperáns", defende Pola contra, Jorge Mira e José María Martín Olalla fan fincapé en que a clave non é tanto a lonxitude coma a hora e saída do sol. Dado que a Terra é unha esfera e o seu eixo de rotación está inclinado respecto ao plano de translación, iso implica que en países situados no mesmo fuso horario non amence simultaneamente. "A metade norte de Europa non ten a sorte de gozar da maior homoxeneidade da iluminación solar ao longo do ano que ten a metade sur. A duración mínima do seu día solar cae por debaixo das 8 horas, o cal lles fai imposible programar xornadas laborais realizables en período diúrno. A súa situación non é a nosa. Non cabe pois falar dun horario europeo", subliña Mira. "Na Península Ibérica a latitude é duns 40 graos e o día dura case dúas horas máis de media que en París, Bruxelas ou Berlín", sinala Martín Olalla, que explica que o inicio e final da actividade laboral en España en relación coa saída e a posta do sol segue un patrón moi semellante ao do centro e norte de Europa. Por exemplo, a hora media de entrada (8:10 da mañá) sitúase media hora antes do mencer invernal, mentres que en Alemaña éntrase unha hora antes, en Francia media hora antes, no Reino Unido á hora exacta da saída do sol e en Italia dez minutos despois. A hora de saída no inverno en España prodúcese media hora despois do solpor (20 minutos despois en Alemaña, 40 minutos despois en Francia, unha hora no Reino Unido e unha hora e dez en Italia). Porén, José María Fernández-Crehuet responde que "ter máis horas de luz non significa que as esteamos gozando. O costume español de cear cando xa é de noite e antes de deitarnos (o cal non é saudable) non se dá nos nosos socios europeos, que o fan de día durante todos os meses estivais, beneficiándose dun tempo libre do que nós non dispomos", facendo fincapé máis nunha modificación de horarios que nun cambio do fuso. "O feito de que en España teñamos máis horas de luz no inverno que nos países nórdicos non xustifica que necesitemos unha pausa de dúas horas para comer e volvamos ao noso posto de traballo para permanecer nel ata que sexa de noite", engade. Nese senso Fernández-Crehuet aposta por mudar a hora para tentar con iso convencer os cidadáns para que tamén modifiquen os seus horarios: "o cambio de fuso sería unha axuda, unha panca para pór en marcha outro tipo de medidas" que facilitasen o "poder conciliar a vida profesional coa familiar e persoal". "Cando máis tarde anoitece, máis se alonga a xornada laboral", o que unido á "cultura do presentismo laboral" prexudica a conciliación. Sería doado modificar o fuso horario? Os críticos coa modificación do fuso inciden nas dificultades de implantar esta medida. José María Martín Olalla afirma que "en tempos de paz é relativamente frecuente que a sociedade rexeite a nova hora e a medida se reverta pronto", e achega exemplos recentes en Rusia ou Chile. Pola súa banda, Jorge Mira alerta do "custo" da transición e engade que aínda que "o cambio de fuso se faría de golpe, a sociedade non iría axustando (adiantando) os seus horarios automaticamente, configurando unha caótica viaxe de volta ao noso ritmo solar natural". Ademais, cre que "ao pasar a UTC+0, co que as actividades terían lugar unha hora máis tarde respecto ao Sol" produciríase un movemento de horarios "para compensar o adianto", de xeito que ao final "a actividade volvería ao mesmo punto do que partía. Todo seguiría como antes, a situación non cambiaría". É dicir, para non perder unha hora de Sol polas tardes, considera que os horarios laborais se adiantarían unha hora, entrando e saíndo do traballo unha hora antes, pero co mesmo aproveitamento solar. Como mellorar a conciliación? No que todos os autores concordan é na necesidade de atopar fórmulas que permitan unha mellor conciliación da vida laboral e familiar ou persoal. É dicir, como racionalizar os horarios para poder dispor de máis tempo libre No que todos os autores concordan é na necesidade de atopar fórmulas que permitan unha mellor conciliación da vida laboral e familiar ou persoal. É dicir, como racionalizar os horarios para poder dispor de máis tempo libre e, se é posible, que ese tempo libre aproveite mellor as horas de sol existentes. A diferenza de Fernández-Crehuet, que apostaba por utilizar o cambio de fuso para forzar un cambio de horarios na sociedade española, Martín Olalla cre que "o cambio de fuso é unha forma de tratar de forzar a poboacion para que faga o que non quere facer" e sinala que "mellorar a conciliación non require alterar o fuso, só require mellorar a conciliación". "Son esas outras medidas, de carácter social, as que merecen unha análise e onde debe centrarse a discusión académica, o debate público e a acción política", engade. E subliña que xa se está a producir un movemento de cara a concentrar o traballo "nunha xornada intensiva matinal ou unha xornada partida cunha pausa breve", dúas modalidades das que xa gozan o 46% dos traballadores e traballadoras españolas. Este autor destaca que unha modificación do fuso horario prexudicaría o lecer, ao retirar horas de sol pola tarde e incrementalas pola mañá, cun menor aproveitamento. Mentres, Fernández-Crehuet fai fincapé, independentemente da luz solar, no necesario adiantamento do horario para saír antes de traballar, cear antes, situar antes o prime time e deitarse antes, o que ao seu xuízo tería beneficios en ámbitos diversos: "a calidade de vida, a saúde, o rendemento escolar, a produtividade, o sono, a sinistralidade, os accidentes de tráfico, a igualdade...". E pide desterrar a idea do "máis vale malo coñecido que bo por coñecer". A diferenza de Fernández-Crehuet, que apostaba por utilizar o cambio de fuso para forzar un cambio de horarios na sociedade española, Martín Olalla cre "mellorar a conciliación non require alterar o fuso, só require mellorar a conciliación" Na súa achega, José Fernández Albertos analiza, a partir de enquisas de uso do tempo, como os individuos distribúen as súas actividades durante o día nas distintas comunidades autónomas, situadas en distintas lonxitudes e con diferenzas nas horas de amencer e solpor de ata unha hora. O autor contrapón as visións regulamentistas (que confían na capacidade das decisións gobernamentais para cambiar os patróns de vida dos individuos) coas solaristas (nas que acaba primando a adecuación ás horas de sol dispoñibles) e conclúe que "a evidencia apunta a que a realidade se sitúa nalgún punto intermedio entre estas dúas hipóteses extremas". Fernández Albertos sinala que os datos amosan "unha certa correlación entre a posición xeográfica dos entrevistados e a hora media á que se levantan e deitan. En termos de hora oficial, os cataláns e baleares levántanse pola mañá case media hora antes que os galegos, e van durmir pola noite aproximadamente un cuarto de hora antes". Porén, conclúe que "o feito de que haxa algo de evidencia que mostre que os individuos non só desprazan automaticamente actividades en función da dispoñibilidade de luz solar permite hipotetizar que grazas a certas manipulacións da hora legal se poderían acadar distintos equilibrios sociais respecto de como os individuos e os fogares usan o tempo. Con todo, explotando a notable diferenza de desfasamento entre hora legal e hora solar entre territorios dentro de Espana, vemos que as diferenzas en hábitos sociais son moi pequenas". E engade que para xustificar o cambio do fuso horario "sería necesario dispor de evidencia moito mais contundente que da que dispomos ata agora". Descarga aquí o libro ¿Es nuestro huso horario un problema? (.pdf) |
NOS_13472 | As Letras Galegas terán a súa celebración virtual en Lugo cun ciclo de actuacións que se poderá seguir a través das redes sociais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo | A área de Cultura da Deputación de Lugo celebrará as Letras Galegas cunha programación especial en liña co nome As Letras en rede. Trátase dun novidoso ciclo cultural que se poderá seguir a través das redes sociais e na canle de Youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (@vicedepulugo) entre 17 e 27 de maio ás 19 horas. Artistas de primeiro nivel Neste ciclo participarán Davide Salvado, Raiceira, Ugia Pedreira, Pepe Vaamonde, Mamá Cabra, Micromina Títeres, Ana Carreira, Lois López, Olga Novo e Marina Oural. Ademais dos artistas citados -músicas, actores, actrices, narradoras e poetas-, que volveron actuar despois de semanas sen actividade, a programación involucrou unha ducia de profesionais das comarcas de Lugo que traballaron na produción e realización das actuacións, gravadas durante esta semana no auditorio do Gustavo Freire. A iniciativa, na que colaborou a área de Cultura do Concello de Lugo, pretende trasladar ás redes o carácter reivindicativo e lúdico que acompaña a celebración do Día das Letras Galegas, dedicada este ano a Ricardo Carvalho Calero. Apoio ao sector Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo, sinalou que "non podiamos deixar pasar esta data central na reivindicación da lingua e da cultura propias e pensamos que a mellor maneira de celebrala era dando este espazo para que os profesionais da música, no teatro, da narración e do audiovisual en galego amosen a súa creatividade e o seu talento". Ferreiro lembrou que tamén se "axilizou a tramitación das axudas a entidades e asociacións culturais previstas nos orzamentos, cun importe de 638.000 euros" e que "se traballa para adaptar as programacións previstas para o futuro segundo evolucione a pandemia en cada momento". No concello de Lugo tamén se aprobou inxectar 33.300 euros ás librarías da cidade en concepto de adianto das axudas de material escolar. Cada estabelecemento recibirá 3.300 euros para renovar os fondos das bibliotecas municipais Isidro Novo e do Vello Cárcere. Segundo explica Felipe Rivas, concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, "trátase de libros en galego, co obxectivo de axudar tamén ás escritoras e escritores do noso país". |
NOS_32431 | Miles de persoas achegadas ao partido republicano intentan facer boicot á sesión que ratificará a Biden como novo presidente dos EUA. Informacións apuntan a que xa hai, polo menos, unha persoa ferida de bala. | Miles de persoas asaltaron esta noite (a primeira hora da tarde hora local) o Capitolio para interromper a sesión na que se ía ratificar a Joe Biden como novo presidente dos Estados Unidos de América. Segundo foi transcendendo, esta acción viña auspiciada por Trump (o presidente saínte) e os comentaristas políticos falaban dun clima de "medo e destrución" que ía quedando ao paso deste tumulto. Supostamente o republicano animou ás e aos seus simpatizantes -que se manifestaban nas rúas- a intervir no acto oficial, pois nun discurso asegurou que lle roubaran as eleccións, entre outras cuestións. Os incidentes obrigaron a paralizar o acto de votación de Biden e, ao feche desta edición, non había previsión de retomalo á vista de como estaba a evolucionar a protesta a unha verdadeira situación de crise de seguridade. Medios internacionais fixéronse eco de imaxes e accións dentro da Cámara de Representantes que deran a volta ao mundo. Nalgunhas das primeiras fotografías podían verse pequenas columnas de fume seguramente causadas por bengalas e ás e aos congresistas agachados nas galerías, pero noutras as e os violentos elixían lugares estratéxicos para recordar a xornada coma unha anécdota. A primeira hora da noite na Galiza, polo menos un dos protagonistas das revoltas -nas que houbo enfrontamentos coas forzas de seguridade, ás que chamaron "traidoras"- intentou chegar ás representantes da cidadanía americana cun arma. Con independencia desa persoa detida, as últimas informacións, aínda algo confusas, tamén aludían a que se localizou a unha muller ferida de bala na zona. Segundo a CNN, a vítima estaría en "estado crítico" após recibir un disparo no peito nos terreos do Capitolio. El Mundo indica se especulaba con que as autoridades terían chamado ás Forzas Armadas para intervir e expulsar aos violentos do edificio, mais posibelmente o Departamento de Defensa tería rexeitado esa medida, pois está dirixido por persoas moi afíns a Trump. O que si parece certo é que este, o presidente saínte, deu permiso para o despregamento despois dunha hora de disturbios. Nese tempo gran parte da representación política, incluído o vicepresidente Mike Pence, foi evacuada para salvagardar a súa integridade ante unha violencia inusitada nas e nos asaltantes. Despois de caldear os ánimos da xente, Trump chamou á calma a través das súas redes sociais. "Sexan pacíficos", pediu, defendendo á policía do Capitolio. No entanto, dada a confusión xa nos primeiros momentos houbo golpes polas dúas partes e os enfrontamentos continuaban ao feche desta edición. Polo momento sábese que hai varios membros das forzas de seguridade con lesións causadas pola turba. As desfeitas na sala do pleno son masivas, con portas, fiestras e cristais rachados e a cidadanía pro Trump segue sendo unha marea nos accesos á Cámara e nas rúas do arredores. En torno ás 16 horas nos Estados Unidos, comezou unha comparecencia de Joe Biden denunciando os actos. "Non é unha protesta, é unha insurrección", apuntou. Rematou o seu discurso co recoñecíbel: "Deus bendiga América". Xusto despois falou Trump, agradecendo o agarimo amosado pero pedindo á xente que regresara ao seu fogar. No medio do caos, as autoridades xa tiñan decretado o toque de recoller para as 18 horas (hora dos EUA) antes da declaración oficial do novo presidente. |
PRAZA_14827 | Sobre as pasadas eleccións vascas pódense facer varias constatacións. Aventúrome a deixar aquí algunhas. Unha parte das mesmas son incontestables, as outras están por ver ou por cumprirse. Pero todas, todas, son absolutamente posibles. | Sobre as pasadas eleccións vascas pódense facer varias constatacións. Aventúrome a deixar aquí algunhas. Unha parte das mesmas son incontestables, as outras están por ver ou por cumprirse. Pero todas, todas, son absolutamente posibles. Estas foron as primeiras eleccións autonómicas da historia sen a ameaza de ETA. En consecuencia, foron tamén as primeiras nas que os candidatos de todas as sensibilidades puideron facer campaña e pedir o voto sen medo, coaccións ou restricións de ningún tipo. Supuñan, polo tanto, a volta á normalidade de centos de persoas que durante anos estiveran condenadas a morte por ETA, e tamén a reintegración na vida política da esquerda abertzale, nesta ocasión coaligada con otros sectores do nacionalismo vasco que apostaban por un cambio de modelo, económico e nacional. Hai catro eixos ideolóxicos neste País. O nacionalismo institucional e tradicional, nucleado en torno ao PNV; o soberanismo de esquerdas, liderado pola nova Sortu (antiga Batasuna), e na que soman tamén Eusko Alkartasuna, Aralar e Alternatiba, coa resultante Euskal Herria Bildu; o socialismo vasco, xunto co PNV a outra gran tradición histórica en Euskadi; e o Partido Popular renovado de Antonio Basagoiti, que rebusca os seus principios no foralismo. Supuñan a volta á normalidade de centos de persoas que durante anos estiveran condenadas a morte por ETA, e tamén a reintegración na vida política da esquerda abertzale Destas catro correntes, as dúas nacionalistas son as maioritarias: PNV e EHBildu obtiveron dous terzos dos escanos no Parlamento, de tal xeito que no suposto de que se dese un proceso soberanista ao estilo escocés ou catalán, a forza abertzale sería imparable, con total probabilidade. A crise económica, malia todo, condicionou a campaña electoral, e nos últimos meses da lexislatura comezou a remarcar o eixo esquerdas-dereitas fronte ao nacionalistas-constitucionalistas, que durante máis dunha década impedira os acordos transversais. Neste senso, o Parlamento vasco (75 escanos), repártese así: PNV (27) + PP (10), 37 asentos; EHBildu (21) + PSE (16), 37 escanos. Empate exacto entre o centro dereita e o centro esquerda, que só podería desfacer o parlamentario que UPyD puido rabuñar en Álava. No suposto de que se dese un proceso soberanista ao estilo escocés ou catalán, a forza abertzale sería imparable, con total probabilidade. A opinión pública española, que tanto simpatizara co acordo entre os socialistas vascos e ao PP para impedir un novo goberno de Ibarretxe no 2009, pregúntase hoxe por que estas dúas forzas se desfondaron. Hai moitos motivos, atrévome a apuntar algúns: 1) Desconexión co sentir maioritario do País. O pacto PSE-PP non respostaba ás demandas da cidadanía, que viu ese acordo coma un pacto de opostos para perxudicar a un terceiro (PNV). 2) Erros de xestión en temas e momentos chave: a ausencia do lehendakari no momento do cese definitivo de ETA foi algo incomprensible. De viaxe empresarial nos Estados Unidos, os vascos preguntáronse como era posible non estar presente no momento máis agardado dos últimos 30 anos. O factor EHBildu tamén condicionou as eleccións. As enquisas falaban dunha achega do independentismo ao PNV, o que motivou que moitos votos útiles foran á saca de Urkullu para evitar unha posible victoria da esquerda abertzale. Algúns analistas consideran inxusto que EHB teña recollido moitos votos como consecuencia do final de ETA, pero iso é politicamente comprensible. Trátase dunha caste de premio por entrar no xogo democrático, da mesma maneira que UCD arrasou nas primeiras eleccións democráticas tras o franquismo: os ex franquistas entraran nese partido e os votantes premiáronos porque preferían que estivesen na democracia ca na dictadura. O vindeiro lehendakari, Íñigo Urkullu, empeñou a súa campaña en presentarse coma o mellor xestor contra a crise. Na sociedade vasca o PNV conserva o título de bo gobernante, algo que o PSE non puido desmontar desde o Goberno vasco. O éxito do PNV é, sobre todo, o éxito dun Urkullu que soubo xogar as súas cartas con habilidade. En boa medida, o futuro de Euskadi queda nas mans de EHbildu e o PSE. Se ambas forzas deciden impulsar políticas de esquerda, poderían bloquear a través do Parlamento a acción do goberno do PNV, e forzar encontros entre estes e o PP. Aí entraría o xogo o complexo reparto de poder institucional, coas Deputacións como elemento de clave de bóveda (lembren que as Deputacións vascas recadan os impostos e deciden a política fiscal). O PNV podería estar interesado en dar estabilidade a Bizkaia (PNV) e a Álava (PP), como introdución a un posterior acordo político que mellore o autogoberno, e no que o concurso de Rajoy sería decisivo. O PP, malia o seu mal resultado, non poderá ficar afastado dos centros de decisión vascos. Bildu debería explorar un novo camiño para manter as súas institucións (Gipuzkoa e concello de San Sebastián), quizais coa colaboración dun PSE sen poder real En consecuencia, Bildu debería explorar un novo camiño para manter as súas institucións (Gipuzkoa e concello de San Sebastián), quizais coa colaboración dun PSE sen poder real, necesitado dunha renovación, e á espera de que entre a crise económica e as ansias independentistas, dentro de tres ou catro anos a esquerda vasca poida achegar o seu soño: darlle o sorpasso ao PNV. Bildu confía niso, e o PSE pensa que teñen que agardar a que o tempo demostre que o seu Goberno foi positivo, algo que lle pode dar a perspectiva dalgúns anos, nos que os cidadáns poderían asumir que neste país tampouco pasa nada se se dá a alternancia. En calquera caso, a victoria do PNV é clara, homoxénea e ampla. Está en moi boa disposición para abrir un novo ciclo de gobernos nacionalistas e Urkullu tratará de impulsar acordos de base ampla. Vai ter un panorama político e económico complexo, pero o PNV amosou que non convén minusvalorar a forza e o enraizamento que ten no País. Un País ao que non lle gustan as maiorías absolutas. Que ninguén o esqueza. |
NOS_44424 | A Consellaría de Sanidade explicou onte que a cifra de afectadas e afectados está xa non 3.640, da que o 38% están na área sanitaria da Coruña e Cee. No entanto, rexistrouse un novo falecemento pola pandemia dun usuario da residencia do Incio. Apenas unhas horas antes falecera unha compañeira que vivía no mesmo centro. | Os datos feitos públicos esta segunda feira revelan unha nova evolución á alza dos positivos por coronavirus na Galiza, ao chegar ás 3.640 persoas. Esta cifra chega após un incremento de 156 contaxiados no último día. Houbo que lamentar unha nova morte dun residente do centro do Incio que estaba ingresado no hospital Lucus Augusti, ao igual que unha compañeira que finou onte. O número de vítimas desde que empezaron os novos gromos xa é de sete persoas. O 38% do total de pacientes pertencen á área sanitaria da Coruña e Cee. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade concreta que dos 3.640 casos outros 730 doentes pertencen á zona de Lugo e 340 á de Ourense. En Pontevedra hai 226 persoas con Covid-19, mentres que na demarcación sanitaria de Vigo manténse a suma en 237. Na área de Santiago contabilizáronse 582 afectados e afectadas e en Ferrol 133. Mentres que o número de PCR practicadas se multiplica (xa son 335.554), dáse a coñecer que 17 casos activos permanecen ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), outros 124 en unidades de hospitalización e o resto pasan os síntomas da enfermidade na casa co seguimento telefónico dos equipos médicos. No que respecta a afección en centros residenciais para maiores, a Xunta concreta que dos 643 falecementos 283 foron de residentes nestas infraestruturas. Ademais, hai outros 138 usuarias e usuarios contaxiados, así como 53 profesionais do coidado destas persoas. En corentena en Compostela Por outra banda, o positivo que deu a proba practicada a unha funcionaria do Concello de Santiago de Compostela vén de obrigar a varios traballadores do seu departamento, o de persoal, a manter a corentena. O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, tamén explicou que dous policías locais colleron esta infección nas súas vacacións, polo que "nom se incorporaron ao servizo". |
NOS_36232 | O informe do Consello de Europa reprocha España por non modificar a lexislación para garantir o uso do galego nos procesos xudiciais e por non ter eliminado as limitacións ao galego no ensino. Ademais, insta o Goberno asturiano a tomar medidas efectivas para incluír o galego-asturiano no seu Estatuto de Autonomía. | O Consello de Europa reprende o Estado español e ínstao a tomar accións inmediatas para protexer o galego no informe publicado a 31 de marzo e que avalía a protección no Estado de linguas como o galego, vasco ou catalán. Este documento, elaborado polo consello de expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, ten un apartado denominado 'O galego na Galiza'. Nel analiza o estado do cumprimento das recomendacións "de actuación inmediata" xa trasladadas en 2019 para eliminar as limitacións ao ensino en galego en todos os niveis educativos adecuados. O comité de expertos sinala no informe que recibiu información que suxire que a distribución das linguas entre as materias escolares "non é equitativa". O número de materias que se imparten en galego nas escolas nas que se introduciu o inglés "tan baixo" que apenas pasa de 33%. O galego está presente "só nunha parte dos centros de educación infantil", engade. O material didáctico en galego tamén é insuficiente, considera o comité, que recolle o seguinte dato: como resultado desta situación a porcentaxe de menores de 15 anos que non sabe falar galego é de 23,9%, segundo un estudo realizado polo Instituto Galego de Estatística. O informe sinala que esta tendencia podería levar a un aumento constante dos menores que non saber falar galego. Ante esa situación, o comité de expertos sinala que España ratificou o artigo 8.1 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, o que significa que a educación debe impartirse co galego como medio de ensino. O marco legal existente é contrario aos compromisos asinados por España, reprocha o comité, reiterando a importancia de proporcionar un nivel suficiente de ensino da lingua en todos os niveis educativos e pide ás autoridades estatais que informen sobre os compromisos no próximo informe de avaliación. Ademais, o comité de expertos considera que non se eliminaron todas as limitacións ao ensino en galego, tal e como teñen recomendado. En canto á avaliación da recomendación realizada a España desde o comité de expertos para que se modificase a Lei Orgánica do Poder Xudicial co obxectivo de garantir o uso do galego nos procesos xudiciais a pedimento dunha das partes, o informe recalca que a lei non foi modificada. Sobre a recomendación de utilizar o galego na administración do Estado na Galiza, o comité sinala que, segundo información recibida por distintas entidades e ONG, "aínda hai casos nos que as delegacións locais do Estado se negan a tramitar documentos e expedientes ou a aceptar reclamacións en galego, mesmo cando se lles pide explicitamente e cando a lexislación recoñece o dereito para utilizar o galego". O galego en Asturies O comité de expertos insta o Goberno da Comunidade Autónoma de do Principado de Asturies que continúe o diálogo cos interlocutores e tome medidas efectivas para incluír o galego-asturiano no Estatuto de Autonomía. No apartado do informe titulado "O galego/galego-asturiano en Asturies", analízase a recomendación dada de desenvolver unha política estruturada de protección da lingua no territorio onde se fala (rexión de Eo-Navia). O comité non recibiu ningunha información, polo que non está en condicións de avaliar este capítulo, conclúe. A Mesa denunciou ante Bruxelas que Goberno español e Xunta "dan as costas" ás recomendacións do Consello de Europa O Consello de Europa solicitou á Mesa pola Normalización Lingüística que valorase a resposta ofrecida polo Goberno español ás recomendacións de obrigado cumprimento emitidas en decembro de 2019 polo Comité de Ministros europeo. Tal e como recolleu Nós Diario, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, denunciou a comezos de marzo que "o informe do Estado ás reclamacións europeas limítase a participar da manipulación á que a Xunta somete os datos estatíticos, obviando que o uso do galego está prohibido nas materias de matemáticas, física e química e tecnoloxía, as dotadas de maior carga horaria, e que un de cada catro menores de 15 declaran seren incapaces de se expresaren en galego". "Respecto á xustiza", explicou Maceira, "chama a atención que [o Estado] sinale como melloras accións que aínda non se tomaron respecto á intelixencia artificial, sen sequera indicar que o programa informático de xestión Minerva aínda non conta con opción en galego". "E no relativo á administración xeral do Estado", engade, "é escandaloso que se pretenda pasar como verdade un suposto complemento salarial polo coñecemento de linguas cooficiais que nin existe nin se paga, cando nin sequera nas últimas convocatorias da administración do Estado se exixe o coñecemento de galego para a prazas ofertadas en Galiza". |
PRAZA_13378 | Hoxe inauguramos unha nova funcionalidade e estamos especialmente satisfeitos de poder facelo, pois trátase de algo fundamental para o xornal que temos en mente: estamos a falar de Praza Aberta, un espazo onde calquera lector ou lectora pode publicar as súas propias novas. | Praza Pública inicia unha nova etapa, cuxo obxectivo é incorporar aqueles elementos do proxecto que aínda non estaban dispoñibles e aproveitar mellor a potencialidade doutros xa implantados, como unha maior visibilidade das seccións e da comunidade de blogs agrupada no Obradoiro. Hoxe inauguramos unha nova funcionalidade e estamos especialmente satisfeitos de poder facelo, pois trátase de algo fundamental para o xornal que temos en mente: estamos a falar de Praza Aberta, un espazo onde calquera lector ou lectora pode publicar as súas propias novas, que aparecerán organizadas por áreas temáticas de xeito que o público as poida consultar ordenadamente. Praza Aberta é un espazo pensado para novas breves, anuncios de convocatorias, difusión de eventos e, en xeral, para todos aqueles contidos que sexan do interese da comunidade de lectores Praza Aberta é un espazo pensado para novas breves, anuncios de convocatorias, difusión de eventos e, en xeral, para todos aqueles contidos que sexan do interese da comunidade de lectores. Dadas as limitacións de espazo, destinadas a facer a lectura máis áxil e atraente, recomendamos que en caso de resultar necesario un maior desenvolvemento, remitades a un enderezo web onde as persoas interesadas poidan continuar a ler. Ademais, damos a posibilidade de inserir elementos gráficos e documentos anexos que enriquezan a nova. Seguimos a traballar noutras novidades e melloras, unhas inmediatas e outras que ficarán para a volta do verán E isto non é todo: seguimos a traballar noutras novidades e melloras, unhas inmediatas e outras que ficarán para a volta do verán. As primeiras serán a inserción de publicidade, a inauguración da nosa Galería de Arte e a apertura dunha sección específica da comunidade, na que daremos conta do andamento do proxecto (incluíndo información financieira e de audiencia) e solicitaremos a vosa colaboración, que como sabedes é a base do proxecto de Praza Pública e cada día resulta máis necesaria para garantir a consolidación dun medio plural e independente. En setembro, pretendemos incorporar as versións do xornal en español e portugués, ben como as colaboracións estratéxicas con outros medios galegos e internacionais. E aínda está o asunto dos patacóns, a moeda comunitaria de Praza Pública, unha idea conceptual e tecnicamente ambiciosa sobre a cal estamos a debruzarnos, mais por agora sen data definida de lanzamento. |
NOS_21472 | Cando morreu, en 2004, a poeta Luísa Villalta deixaba catro libros de poemas. Tamén varios ensaios, entre eles O outro lado da música, a poesía (A Nosa Terra, 1999), que reflexionaba sobre as súas dúas grandes paixóns. O Centro Ramón Piñeiro lémbraa este 6 de marzo na xornada Palabra de Muller, en Compostela. | "Villalta é unanimemente recoñecida como unha das voces máis destacadas da literatura e o pensamento en Galiza nas últimas décadas", indican desde a organización, que coordina o crítico e secretario científico do centro Armando Requeixo, "poeta, narradora, dramaturga, ensaísta e tradutora, amais de virtuosa violinista, a súa obra marca un fito nas letras galegas do noso tempo". A escritora nacera na Coruña en 1957. Na poesía debutara con Música Reservada (Ediciós do Castro, 1989). Despois, deu ao prelo Ruído (Espiral Maior, 1995), Rota ao interior do ollo (Ediçoes Tema, 1995) e En concreto (Espiral Maior, 2004), talvez a súa obra máis acabada. "Hai un trazo que transversaliza de xeito integral toda a múltiple e vizosa escrita de Villalta", engaden desde o Ramón Piñeiro, "o da súa inequívoca pegada feminista". "Só desde a asunción da loita a prol da igualdade de xénero e o apoderamento da muller é posíbel entender moitas das xeniais páxinas desta creadora extraordinaria", consideran. Así, o seu décimo quinto cabodano serve de escusa ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades -que recentemente recibiu o legado da autora- para Palabra de Muller, no salón de actos do pazo compostelán de San Roque. O programa comeza ás 16.30 horas co introito musical a cargo do grupo vocal EntrElas e a violinista Paloma Diago Busto. A inauguración oficial correrá a cargo do secretario xeral de Política Lingüística Valentín García -de cuxo departamento colabora-, a de Igualdade Susana López Abella -a súa secretaría tamén fai parte do evento-, a nai e a irmá da homenaxeada -María Gómez e Susana Villalta- e mais o coordinador científico do Piñeiro e académico Manuel González. Ás 17.00, unha mesa redonda moderada por Armando Requeixo discutirá o poliedro creador de Villalta. Participarán Estíbaliz Espinosa, que falará sobre a poesía; Inma Otero Varela, sobre a narrativa e o ensaio; Inma López Silva, sobre a dramaturxia; e Miriam Ferradáns, sobre a súa pegada nas novas xeracións. Ás 18.30 horas, as integrantes do debate e as traballadoras e bolseiras do Ramón Piñeiro -Belén Bouzas, Lara Rozados, Ana Bravo, Raúl Costas, Marina Garzón, Laura Gil, Ánxela Lema, Belén Poutón, Sara Vilar e Sonia Rico- lerán poemas da protagonista. Ás sete, as autoridades clausurarán Palabra de Muller, cuxo ramo porá, de novo, a música de EntrElas e Paloma Diago. |
NOS_2933 | O agardado Debate Nacional da CUP -unha sorte de congreso extraordinario da formación independentista e anti-capitalista- saldouse este domingo cunha ratificación da liña anti-Mas. | Por volta de 1.200 militantes da CUP resolveron este domingo a cuestión chave que desde o 27 de setembro, a data de realización das eleccións ao Parlament, condiciona todo o procés: o apoio ou non á candidatura de Artur Mas á presidencia da Generalitat. As bases da CUP referendaron a posición maioritaria da dirección, contraria á aceitación de Mas como candidato. Para a CUP, Mas simboliza o neoliberalismo e a corrupción. Junts pel Sí consideran, en troca, que o líder de Convergència, partido que vai camiño da disolución para dar paso a unha nova forza política, é un activo porque garante o apoio de segmentos sociais significativos -basicamente dun sector da burguesía- ao proceso independentista. Para a CUP, Mas simboliza o neoliberalismo e a corrupción Neste Debate Nacional submetíanse a análise e votación catro opcións distintas. A número 1 -continuar a negociar con Junts pel Sí visando a consecución dun plano de choque social e a abertura dun proceso constituínte, mais sen aceitar Mas como candidato- foi a máis votada, con 823 apoios. En segunda praza ficou a número 4, que tamén desbotaba a investidura de Mas, e que xa abría a marxe a ir a eleccións antecipadas. Conseguiu 574 votos. Votou alguén a opción de investir Mas? Si, esa hipótese era a número 2 -fechar un acordo constituínte e rupturista con Junts pel Sí e aceitar a Mas como candidato- e colleitou 434 sufraxios. A opción 3 -agardar ao resultado do 20D e abrir un escenario de diálogo con Catalunya si que es Pot- apañou 129 votos. |
PRAZA_6644 | Falamos con Xosé Cuns, director da Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia), que este xoves e venres organiza o IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado. | "A recuperación económica, de existir, non chegou para as 653 mil persoas en risco de pobreza en Galicia". Falamos con Xosé Cuns, director da Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia), que este xoves e venres organiza en Compostela o IV Foro sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado xunto coa Coordinadora Galega de ONGD e CERMI Galicia. O encontro estará centrado en tres grandes asuntos: eivas e retos da RISGA, transparencia e participación cidadá fronte á corrupción, e a axeitada forma de comunicar a realidade da pobreza. En total, máis de 40 relatores participarán neste evento, cunha notable presenza das entidades do terceiro sector que día a día traballan sobre o terreo para mellorar a situación das persoas en situación de pobreza ou exclusión social. Hai só uns días, o IGE publicou unha nova entrega da Enquisa conxuntural a fogares, que amosaba que seis de cada dez familias galegas continúan recoñecendo dificultades para chegar a final de mes, e que a porcentaxe de fogares con moitas dificultades se incrementara en cinco puntos. "Os datos do IGE eran moi coherentes coa percepción que temos: os que peor están, están aínda peor" -comenta Xosé Cuns- "A porcentaxe de persoas con moitas dificultades para chegar a final de mes aumentou moito no último trimestre. A recuperación económica, de existir, dende logo non chegou para as 653 mil persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión social". "A recuperación económica, de existir, dende logo non chegou para as 653 mil persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión social" A análise da efectividade da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), das dificultades para o seu cobro ou dos atrasos que se están rexistrando na súa concesión centrarán parte das sesións. O venres pola tarde presentaranse os resultados dunha investigación levada a cabo por EAPN Galicia coa participación de 74 profesionais. "Puxémonos en contacto coas persoas que traballan nos servizos sociais para ter unha visión máis exacta da situación", explica Cuns, que salienta que "o informe ten un enfoque moi construtivo; ademais de recoller estas dúbidas e demandas, inclúe unha lista moi ampla de propostas e iniciativas de solución para que esta lei sexa realmente efectiva. Hoxe non o está sendo". "Recoñecemos que en Galicia a situación é mellor que as traxedias que se rexistran en Castela-A Mancha, Murcia, Valencia... A amplitude dos servizos sociais é mellor en Galicia, pero iso non é suficiente. En Galicia está a empeorar a situación das persoas en exclusión, e a capacidade dos servizos sociais para dar resposta a isto está diminuíndo", sinala o director de EAPN-Galicia, que explica que "entre o 2008 e o 2012 Galicia foi a terceira comunidade autónoma cun menor número de novos beneficiarios destas axudas". Engade que "malia que é certo que no 2013 houbo un incremento importante no orzamento da RISGA, esta renda está aínda moi lonxe de poder cubrir as necesidades dos que están peor". Xosé Cuns destaca que dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza "valoramos moi positivamente a Lei de Inclusión, que se aprobou hai uns meses, entre outras cousas porque recoñece -a diferenza do que sucede noutras comunidades autónomas- que nestas situacións de exclusión non só teñen que intervir os servizos sociais, senón que isto é un continuo: os servizos sociais atenden a súa situación persoal e familiar, pero despois ten que haber unha relación moi estreita cos servizos de emprego e cos servizos de formación para o emprego". "Os principios da lei son moi positivos" -continúa- "O que nos preocupa é que aínda non se publicou o regulamento, que debería ter sido publicado antes de xullo, nos seis primeiros meses de aplicación da lei". "Hai moitas dúbidas e é un clamor a necesidade de formación e de información que teñen os servizos sociais comunitarios e as nosas organizacións, as persoas que directamente traballan sobre esta realidade", salienta. Comunicación A cuarta edición deste foro emprestará unha atención destacada á comunicación, un apartado no que e a experimentada xornalista de Televisión Española Rosa María Calaf pronunciará unha conferencia titulada Comunicación decente contra a desigualdade e a pobreza. Intervirá tamén Clara de Sáa (Radio Galega) e presentarase a Guía de estilo: Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado, destinada a profesionais da información. "Temos que pensar como mostramos estas persoas, pero sobre todo como as mostramos na súa dignidade, que non son culpables da súa situación, non son culpables de ser pobres", explica "Como estamos comunicando?", pregúntase Xosé Cuns. "Non só é importante que se vexa a situación na que vive unha cuarta parte da poboación galega, senón que tamén debemos considerar como mostramos que a razón pola que estas persoas están en situación de pobreza e exclusión non é unha fatalidade. Temos que pensar como mostramos estas persoas, pero sobre todo como as mostramos na súa dignidade, que non son culpables da súa situación, non son culpables de ser pobres", explica. "E temos que comunicar tamén que a solución non pasa por darlles esmolas ou axudas puntuais. Que son persoas que coma calquera outra teñen dereitos e que polo tanto hai que fuxir de solucións asistencialistas", engade. Transparencia e participación vs. corrupción Outro dos asuntos que nucleará os contidos do foro é a importancia da participación cidadá fronte á corrupción. Entre as conferencias programadas destaca a de Cristina Moreno Alborán, da Fundación Civio, unha plataforma dedicada a rescatar desde o xornalismo de datos, feitos e cifras relevantes para a cidadanía, desde o destino dos impostos ás contradicións dos representantes políticos ou as relacións entre os máis poderosos. "Mentres non se persiga aos ladróns é moi difícil loitar contra a pobreza. A corrupción contribúe ao incremento brutal da desigualdade que estamos a vivir nos últimos cinco anos" "A corrupción preocúpanos moito nas entidades que loitamos contra a pobreza, porque impide o noso traballo", destaca Xosé Cuns. "Mentres non se persiga aos ladróns é moi difícil loitar contra a pobreza. A corrupción contribúe ao incremento brutal da desigualdade que estamos a vivir nos últimos cinco anos: somos o segundo país da UE, detrás de Letonia, no índice de desigualdade", engade. "Por ese motivo dámoslle unha importancia moi grande á transparencia" -comenta- "Por suposto, no relativo ás administracións públicas, algo que é imprescindible e -como demostran os traballos de Civio- moi doado de conseguir coas actuais ferramentas dixitais". "Pero a transparencia é unha tarefa que tamén nos toca a nós, ás organizacións sociais", destaca. "As ONG temos que avanzar neste eido: en que se gastan os cartos, de que xeito, cales son os soldos, cales son os balances económicos das entidades. Dar exemplo para despois esixirlles ás administracións públicas que tamén o cumpran". "As ONG temos que avanzar en transparencia. Dar exemplo para despois esixirlles ás administracións públicas que tamén o cumpran" No Foro tamén se pedirá transparencia na xestión dos fondos estruturais da Unión Europea, dos que proveñen boa parte dos cartos empregados pola administración e as ONGs que loitan contra a desigualdade. "Cremos que a planificación non foi todo o transparente que debera ser, pero agora estamos pelexando para que as entidades sociais galegas estean presentes no seguimento dos fondos estruturais correspondentes a 2014 e 2015, dos máis de 300 millóns de euros que veñen", explica. "A propia lexislación europea recoñece que temos dereito a participar na xestión e no control dos fondos. E estanos custando moito que esta transparencia sexa efectiva. Pero a transparencia é imprescindible neste caso", destaca. 11 iniciativas na Ágora O Foro complétase cunha sesión, denominada Ágora, na que 11 entidades sociais amosarán outras tantas iniciativas e proxectos que buscan loitar contra a pobreza e a exclusión O Foro complétase cunha sesión, denominada Ágora, na que 11 entidades sociais amosarán outras tantas iniciativas e proxectos que buscan loitar contra a pobreza e a exclusión. Xosé Cuns enmarca esta sesión na pretensión de EAPN-Galicia de presentar solucións e propostas alternativas aos problemas existentes. "O obxectivo destes foros sempre é múltiple: denunciamos, damos información e buscamos ofrecer alternativas", afirma. Agasol: Achegando as novas Tecnoloxías e a ética Amarante Setem: MOV3. Galicia Viste Consciente Cogami: Novas fontes de financiamiento para reducir a dependencia das subvencións públicas Ecos do Sur: Agra Civis ¡Tomando las riendas de nuestra ciudadanía! Federación Autismo Galicia: "Comprendo e decido, derribando barreiras de comunciación para un mundo ao alcance de todos" Fundación Juan Soñador: Participación Cidadá. Cidade Educadora Fundación Secretariado Gitano: "Asómate a tus sueños a través de una experiencia de Mentoring" Grupo Emaús Fundación Social: INclúe. Innovación para a inclusión social IGAXES: Proxecto de medición de impacto da intervención con mozos e mozas en risco Reseteando: Reseteando - Innovación social e comunicación Adicae: Rede de axentes de consumo para a mellora de colectivos especialmente desprotexidos e dos consumidores de maior idade Programa do Foro (.pdf) |
NOS_11397 | Comentarios coma este son os que profire o director da residencia estudantil universitaria pública Cadarso ás alumnas que viven neste colexio maior. A USC, de quen depende, non os censurou. Aliás, o estudantado exixe a súa demisión polo "control autoritario" que exerce. Reclaman, aliás, que cese a "privatización" do centro, onde o 26,5% das habitacións están reservadas "a congresistas" | Un 26,5% das habitacións da residencia estudantil reservadas para congresistas; espreitas detrás das portas no cuarto d@s alumn@s; actitudes e comentarios machistas como os que intitulan esta información e a conivencia da reitoría da USC. É o panorama ao que se están a enfrontar @s residentes do colexio maior Rodríguez Cadarso, unha das residencias universitarias públicas que fan parte desta institución e que volveu funcionar no curso 2011-2012 após unha reforma das instalacións iniciada en 2009. Nun inicio durarían nove meses, mais prolongáronse durante dous anos. Que pasou naquela reforma? Tal e como denuncian @s residentes nun comunicado que recolle a organización estudantíl Comités na súa páxina web, a "inmensa maioría" das zonas comúns de estudo foron suprimidas, reducíronse as prazas de 122 a 40 para el@s e resérvanse outras 20 para congresistas, con televisión de pantalla plana, toallas, xabrón e outros servizos "máis propios dun hotel que a unha residencia de estudantes". Desde entón, @s residentes intentan manter unha xuntanza co vicerreitor do estudantado na USC, Francisco Ramón Durán, e tamén coa dirección do colexio maior Cadarso. Se non o conseguiron antes de febreiro, cando a relación con este último organismo era "excelente", o éxito das súas reivindicacións foi aínda menor a partir de febreiro de 2012, cando outra persoa, Iván Arias, pasou a asumir a dirección da residencia Cadarso. "Comezaron os problemas: intransixencia, control dos nosos movementos, comentarios machistas, falta de diálogo e intromisión" nas vidas privadas d@s estudantes. Perante a súa teimosía, o vicerreitor Durán reuniuse finalmente co estudantado na sexta feira, 24 de maio. Reclaman a demisión de Arias da residencia e Durán argumentou non ter potestade para cesar ningún cargo, polo que a reclamación agora é unha xuntanza co reitor, Juan Casares Long. Con todo, a "indignación" que manifestan desde o consello do colexio maior (pois non puideron asistir tod@s @s alumn@s) vai máis aló. "Converter o colexio nun hotel" Segundo un comunicado que reproducen tamén os Comités na súa web, o vicerreitor de estudantes cuestionou se entendían "o que é a privatización", pois denuncian que esta é a práctica que se está a producir ao reservar o 26,5% das habitacións da residencia para congresistas, cobrándoas "a un prezo moi superior do que pagamos nós, convertendo desta maneira o colexio nun hotel". Porén, hai máis. Denuncian @s asistentes á xuntanza co reitor que este "non censurou en ningún caso" a actitude machista e misóxina manifestada en reiteradas ocasións por Iván Arias, proferindo ás alumnas que nela conviven comentarios como "non lla metería nin cun pau así fora a única muller do mundo" ou "as mulleres como mellor están é espidas". Alén disto, Durán non dixo tampouco nada a respeito do que para @s estudantes é "unha intromisión na vida privada", espreitando detrás das portas. Por derradeiro, pedíronlles que retirasen da residencia as faixas colocadas denunciando esta problemática alegando que "dá mala imaxe nun momento en que o alumnado solicita praza para o vindeiro curso". O estudantado xa lle transladou que non cerderá perante o que consideran unha acción de "censura" e anunciaron que non van frear as mobilizacións até que Arias deixe de dirixir o centro. |
NOS_29821 | Outros 11 teñen contratos privados noutros estados, 1 foi vendido ao Irán, 1 está a reparar en Marín e o derradeiro fica amarrado en Vigo. Os dados deunos o deputado do BNG Daniel Rodas durante a presentación dunha proposición non de lei en que denunciou que a Xunta segue sen dar nengunha alternativa á frota galega. | Dos 24 barcos cefalopodeiros que faenaban en Mauritania en 2011 dez están despezados, catro faenan en Gambia con contratos privados, outros catro en Angola e máis dous nas Illas Malvinas tamén con contratos privados, un está amarrado en Vigo, máis outro foi vendido ao Irán e dous están a reparar en Marín e en Guinea-Conaki, país este último, segundo a UE, que non reúne "as garantías esixidas" e será expulsado o 30 de marzo. Os dados deunos esta cuarta feira o deputado do BNG Daniel Rodas durante a presentación dunha proposición non de lei en que pediu instar a Xunta da Galiza "a que considere como prioridade a frota cefalopodeira e se involucre publicamente en buscar as medidas oportunas" para frear o despezamento de barcos e conseguir que estes volten faenar. Reclamou o nacionalista que se solicite da UE e do Estado español acordos con terceiros países e que a conselleira do Mar "tome medidas adicionais" para que a frota non se despece nen se venda. A proposición non de lei foi rexeitada polos votos do PP. O voceiro da formación conservadora na comisión de Pesca, José Manuel Balseiro, alegou que os 24 buques non teñen porto base na Galiza. Con todo, Rodas respondeu que os seus impostos páganos na comarca do Morrazo --nos concellos de Moaña, Marín, Cangas-- e en Vigo e que os mariñeiros, o combustíbel, os víveres, a auga e o avituallamento son galegos. Alegou, así mesmo, que no segundo pavillón de Gran Canarias están tamén incluidas as embarcacións do servizo de gardacostas de Galiza. |
PRAZA_837 | O IGADI vén de publicar un novo Igadi Paper, centrado nesta volta no complexo conflito que se vive en Iemen, con base en vellos enfrontamentos internos, pero cunha dimensión estatéxica máis ampla, que afecta ás relacións xeopolíticas de poder en toda a rexión | O IGADI vén de publicar un novo Igadi Paper, centrado nesta volta no complexo conflito que se vive en Iemen, con base en vellos enfrontamentos internos, pero cunha dimensión estatéxica máis ampla, que afecta ás relacións xeopolíticas de poder en toda a rexión. A espiral de violencia que vive Iemen desde mediados de febreiro, potenciada trala ofensiva militar contra as milicias houthís liderada por Arabia Saudita, contando coa cooperación doutros países árabes así como do Consello de Cooperación do Golfo (CCG), suxire un contexto determinado pola potenciación de diversos intereses xeopolíticos nun conflito aparentemente periférico pero con notable capacidade de expansión rexional. O actual conflito iemenita ilustraría eventualmente unha reconfiguración de novos equilibrios de poder enmarcada nunha etapa de post-Primavera árabe fraguada pola radicalización dos conflitos rexionais (avance do Estado Islámico, deriva dereitista en Israel, atentados en Tunisia), da represión contra os movementos contestatarios (Exipto, "petromonarquías" do Golfo Pérsico) e ante as perspectivas de eventuais aperturas diplomáticas (EUA e Irán). Todo isto sen menoscabar a influencia de factores históricos internos persistentes dentro da dinámica conflitiva iemenita, particularmente derivados das rivalidades sectarias, relixiosas e políticas entre un Norte basicamente controlado polas milicias houthís, de adscrición relixiosa zaidi (unha rama da fe xiíta), e un Sur principalmente sunnita. O conflito actual dirime igualmente un pulso de intereses xeopolíticos traducidos na pretensión saudita de consolidar o seu liderado dentro do Golfo Pérsico Con todo, o conflito actual dirime igualmente un pulso de intereses xeopolíticos traducidos na pretensión saudita de consolidar o seu liderado dentro do Golfo Pérsico (principalmente a través do CCG) e eventualmente dentro do mundo árabe, contando co apoio de Washington e doutros aliados (Exipto, Marrocos, Xordania, Paquistán). Esta reconfiguración de alianzas e equilibrios estratéxicos implica igualmente a Irán, cuxa inserción dentro do conflito iemenita estaría preventivamente centrada no apoio ás milicias houthís. Como colofón, existe a presunción dunha eventual reactivación de células yihadistas nun territorio utilizado pola rede Al Qaeda como base operativa (península arábiga, Corno de África), e persuadido a retomar a súa iniciativa como foco de atracción do yihadismo global, principalmente ante o evidente éxito do avance do Estado Islámico o corazón de Oriente Próximo. Os actores e a polarización de intereses Abordar as chaves do conflito iemenita implica necesariamente identificar, dun xeito preliminar, os actores en confrontación. Neste sentido, a actual crise iemenita ilustra a confrontación de varios actores internos e externos, principalmente identificados nas milicias houthís e as forzas partidarias do deposto presidente Abd al-Rahman Rabbuh al-Mansur al-Hadi, sen menoscabar outros xa existentes (Al Qaeda na Península Arábiga) e das alianzas exteriores (Arabia Saudita, Irán). De adscrición relixiosa xiíta a través da rama zaidí, os houthís vense conformando como unha milicia armada que opera no Noroeste iemenita, e cunha orixe que provén do clan familiar al-Houthi, en particular do seu líder Hussein Badr al-Din al-Houthi. Ex parlamentario (1993-1997), Hussein Badr al-Din al-Houthi liderou a partir de 2004 unha rebelión armada dende a provincia de Sa´dah contra o goberno central de Saná, entón presidido por Alí Abdhulá Saleh (posteriormente deposto en febreiro de 2012 por unha rebelión popular inspirada na Primavera árabe), a fin de protexer a autonomía e as tradicións relixiosas e culturais zaidís. A mediados de marzo, os houthís ocuparon a segunda maior cidade iemenita, Adén, onde foi a refuxiarse o deposto presidente Hadi, quen debeu fuxir en dirección a Arabia Saudita Tras decretarse un alto ao fogo en febreiro de 2010, os houthís fixeron causa común coas protestas populares contra o réxime de Saleh, permitíndolles ampliar o seu control en Sa´dah e na provincia de Amran. Trala caída de Saleh e o inicio da transición política, os houthís participaron na Conferencia de Diálogo Nacional (marzo 2013-xaneiro 2014) para finalmente rexeitar o plan do presidente Hadi de crear unha federación iemenita de seis rexións. Tras reactivar o conflito e tomar a capital Saná, os houthís prometeron a disolución do Parlamento, a conformación dunha Asemblea provisional e un Consello presidencial de cinco membro que gobernaría por dous anos. Este plan foi rexeitado polas tribos sunnitas e os líderes do Sur iemenita, intensificando así o conflito. A mediados de marzo, os houthís ocuparon a segunda maior cidade iemenita, Adén, onde foi a refuxiarse o deposto presidente Hadi, quen debeu fuxir en dirección a Arabia Saudita. Os houthís poderían alcanzar os 100.000 militantes, contando paralelamente cun tácito apoio por parte iraniana, en particular pola súa condición xiíta Trala morte de Hussein Badr al-Din al-Houthi en setembro de 2004, o movemento pasou a ser liderado polos seus irmáns Abdul-Malik al-Houthi, Yahia Badreddin al-Houthi e Abdul-Karim Badreddin AlHouthi. Na actualidade, os houthís poderían alcanzar os 100.000 militantes, contando paralelamente cun tácito apoio por parte iraniana, en particular pola súa condición xiíta. O outro principal actor do conflito é o presidente Abd al-Rahman Rabbuh al-Mansur al-Hadi, recentemente deposto (febreiro de 2015) ante o avance das milicias houthís e, principalmente, trala toma da capital Saná. Con este panorama, a reactivación deste conflito sepulta practicamente a viabilidade da transición política post-Saleh, e eventualmente implicaría a posibilidade de expansión rexional do mesmo. Hadi foi o sucesor presidencial do anteriormente deposto Saleh, pero posúe unha prolífica e non menos inquietante traxectoria política e militar: en 1990, durante a guerra civil predecesora da reunificación, Hadi foi xeneral das forzas armadas da República Popular Democrática de Iemen, comunmente coñecida como Iemen do Sur, de orientación progresista. Posteriormente, foi vicepresidente durante a autocracia presidencial de Saleh (1994-2012). A dependencia de Hadi do apoio saudita e dos seus aliados árabes (cunha base de operacións que se trasladou de Saná a Adén) é aínda mais estratéxico que, por exemplo, dos houthís co respecto a Teherán No contexto do conflito actual, Hadi posúe o apoio de diversas forzas de seguridade iemenitas, principalmente sunnitas, como o partido Islah, a milicia Comité de Resistencia Popular y de varias tribos locais, principalmente das comunidades sunnitas Shafais, maioritarias no centro, sur e occidente. A nivel exterior, Hadi alberga o apoio saudita (refuxiouse nese país trala súa caída), así como da coalición árabe liderada por Riad no contexto da CCG. Neste sentido, e no cometido de analizar o equilibrio de forzas neste conflito, a dependencia de Hadi do apoio saudita e dos seus aliados árabes (cunha base de operacións que se trasladou de Saná a Adén) é aínda mais estratéxico que, por exemplo, dos houthís co respecto a Teherán. Trala toma de Adén polos houthís, Hadi instou a Arabia Saudita e os países do CCG a atacar militarmente as posicións dos seus rivais. Neste sentido, Riad estableceu unha rede de alianzas en apoio a Hadi, contando coa participación de EUA, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein, Catar, Kuwait, Exipto, Xordania, Sudán, Paquistán, Marrocos e Turquía, establecendo así unha perspectiva de definitiva rexionalización do conflito iemenita. Un terceiro actor interno sería a rede Al Qaeda na Península Arábiga, principalmente enrolada baixo o nome de Asnar al-Sharia. A súa loita vai dirixida tanto contra os houthís como contra os partidarios do presidente Hadi Un terceiro actor interno sería a rede Al Qaeda na Península Arábiga, principalmente enrolada baixo o nome de Asnar al-Sharia. A súa loita vai dirixida tanto contra os houthís como contra os partidarios do presidente Hadi, co cal suxire unha guerra paralela igualmente establecida contra os principais apoios exteriores, sendo estes Arabia Saudita e Irán. Do mesmo xeito, Al Qaeda loitara con anterioridade contra o réxime de Saleh, así como ansiaba expandir o seu radio de actuación na deposición dos réximes monárquicos rexionais, en particular Arabia Saudita, Catar e Emiratos Árabes Unidos. Pero os obxectivos de Al Qaeda parecen ser de maior alcance rexional. A súbita aparición e o éxito causado polo Estado Islámico entre Siria e Iraq como referente dunha nova militancia e capacidade estratéxica para difundir o yihadismo global, deixaba a Al Qaeda moi á marxe deste novo contexto. No caso iemenita, o Estado Islámico reclamou a súa presenza a través de células locais activadas a partir de novembro de 2014, e que provocaron importantes atentados terroristas con decenas de vítimas civís. Atizar un conflito claramente sectario como Iemen, onde a rede yihadista posúe bases operativas de notable alcance cara a península arábiga e o Corno de África, lle permitiría recobrar protagonismo perdido Polo tanto, atizar un conflito claramente sectario como Iemen, onde a rede yihadista posúe bases operativas de notable alcance cara a península arábiga e o Corno de África, lle permitiría recobrar protagonismo perdido. Non se debe esquecer o factor simbólico que persiste nas orixes iemenitas do desaparecido Osama ben Laden, particularmente en determinados clans e tribos iemenitas. O re-equilibrio estratéxico da postPrimavera árabe Con toda a enorme carga sectaria e de implicación exterior, o conflito iemenita explícase igualmente por outros factores crónicos, como a debilidade de gobernabilidade, a fráxil institucionalidade, as deficientes infraestruturas, un elevado desemprego, a carestía de produtos e servizos básicos, corrupción e inseguridade alimentaria no país considerado o mais pobre de Oriente Próximo. O país posúe unha importancia de notable calado estratéxico para a seguridade rexional. O seu radio de expansión inclúe a península arábiga, o Golfo de Adén, o Golfo Pérsico, o Corno de África, Exipto e Sudán Paralelamente, o país posúe unha importancia de notable calado estratéxico para a seguridade rexional. O seu radio de expansión inclúe a península arábiga, o Golfo de Adén, o Golfo Pérsico, o Corno de África, Exipto e Sudán, escenarios contextualizados pola presenza de células islamitas yihadistas, da piratería (Somalia, Puntlandia, Somalilandia), e dun elevado tráfico comercial e de armamentos así como de transporte enerxético. Esta perspectiva persuade aos actores involucrados a concentrar posicións de poder dentro do escenario iemenita. EUA, Europa, diversos países árabes e musulmáns de notable posición xeopolítica e principalmente sunnitas (Exipto, Turquía, Marrocos, Paquistán) así como Israel, apostan pola preponderancia saudita no conflito iemenita, traducida na ofensiva aérea a través da coalición internacional e o CCG contra posicións houthís e a concentración de tropas na fronteira. O obxectivo occidental e saudita é evitar a toma por parte das milicias houthís (e por conseguinte do radio de actuación iraniana) do estratéxico punto de Bab al-Mandeb, enclavado no Golfo de Adén e próximo coas illas Socotras Neste sentido, o obxectivo occidental e saudita é evitar a toma por parte das milicias houthís (e por conseguinte do radio de actuación iraniana) do estratéxico punto de Bab al-Mandeb, enclavado no Golfo de Adén e próximo coas illas Socotras. Este punto é un paso estratéxico para o comercio marítimo e enerxético mundial, debido a que une o Golfo Pérsico e o Océano Índico cos Mares Vermello e Mediterráneo, implicando unha importancia similar á da Canle de Suez. Paralelamente, o conflito iemenita permite abrir unha nova fronte de confrontación contra Teherán, principalmente nun momento estratéxico como o actual, tomando en conta os avances nas negociacións nucleares entre Irán e o G5+1 que se levaron a cabo esa semana en Lausana (Suíza). En consecuencia, Irán tenta equilibrar a correlación de forzas e a presión do "eixe sunnita" capitaneado por Arabia Saudita e EUA, a fin de evitar unha derrota severa dos seus aliados houthís ante a eventual preponderancia saudita que implique un desequilibrio rexional, principalmente no Golfo Pérsico. Esta perspectiva está indirectamente presente nas negociacións nucleares co G5+1 e ante a eventualidade dunha apertura diplomática con Washington. Irán tenta equilibrar a correlación de forzas, a fin de evitar unha derrota severa dos seus aliados houthís ante a eventual preponderancia saudita que implique un desequilibrio rexional, principalmente no Golfo Pérsico Finalmente, o yihadismo global tamén xoga as súas cartas, especialmente polo pulso aparentemente establecido entre Al Qaeda e o Estado Islámico por controlar posicións nun entorno estratéxico como o iemenita e a súa periferia. Para Al Qaeda na península arábiga, o control de Iemen presúmese estratéxico, especialmente ante o recente avance das milicias do Estado Islámico cara Damasco, co control dun campo de refuxiados palestinos e polas recentes simpatías e alianzas adquiridas, como é o caso do grupo islamita Boko Haram ao norte de Nixeria. Paralelamente, o conflito iemenita pode repercutir nunha nova estratexia de espallamento das actuacións rexionais de Al Qaeda, entre o que se pode explicar o recente atentado do grupo islamita somalí Al Shabab na universidade de Quenia. Detrás do conflito iemenita existiría unha estratexia xeopolítica orientada á reconfiguración do sistema de alianzas e do equilibrio rexional post-Primavera árabe Pero a ofensiva militar saudita e dos seus aliados árabes e musulmáns, así como os intereses de Washington e doutros aliados (Israel) suxire que detrás do conflito iemenita existiría unha estratexia xeopolítica orientada á reconfiguración do sistema de alianzas e do equilibrio rexional post-Primavera árabe, así como na eventual conformación de estratexias conxuntas de actuación para repeler calquera alteración do novo status quo en construción. Estas variables pareceran establecerse con anterioridade, especificamente tralo golpe militar exipcio (2013), a represión contra calquera movemento de reivindicación de cambios políticos no mundo árabe e islámico, e a reactivación de conflitos aparentemente periféricos como o iemenita, pero que calculan posibles alcances a nivel xeopolítico rexional. Descarga aquí o Igadi Paper nº 153 (.pdf) |
PRAZA_18132 | Este mércores presentouse en Ames o informe A lingua no CEIP Agro do Muíño, unha completa investigación realizada co alumnado, profesorado, nais e pais deste centro educativo, que constata o intenso desprazamento do galego polo castelán que se produce a partir do momento en que nenos e nenas inician o ensino obrigatorio O Día Europeo das Linguas celébrase entre numerosos incumprimentos para o galego VÍDEO | Ciudadanos proclama que o castelán "desapareceu de Galicia" | O Día Europeo das Linguas celébrase entre numerosos incumprimentos para o galego VÍDEO | Ciudadanos proclama que o castelán "desapareceu de Galicia" A escola contribúe á castelanización de nenos e nenas. É a principal conclusión á que chegou a investigación A lingua no CEIP Agro do Muíño, na que participaron a Real Academia Galega, o Concello de Ames e o propio centro de ensino e que foi presentada ese mércores na localidade amesá. O estudo, un dos máis completos realizados ata o momento sobre o galego nun centro escolar, baséase nas enquisas administradas desde o propio colexio a todas as familias e alumnos e alumnas de infantil e primaria e mais ao profesorado, para coñecer a situación sociolingüística da comunidade educativa. O CEIP Agro do Muíño "é un claro exemplo do desprazamento do galego polo castelán que está a suceder no periurbano de Galicia" A lingua na que está aprendendo a falar a metade do alumnado é fundamentalmente o castelán. O CEIP Agro do Muíño "é un claro exemplo do desprazamento do galego polo castelán que está a suceder no periurbano de Galicia", destaca o informe, que chama a atención sobre o efecto da escolarización sobre a muda lingüística dos cativos e cativas galegofalantes cara ao castelán, mais tamén sobre a perda de transmisión xeracional familiar do idioma. Máis da metade das familias do CEIP Agro do Muíño manteñen o galego en maior ou menor medida, un cuarto das familias son galegofalantes e aproximadamente a metade son bilingües. Preto de 4 de cada 10 familias de fillos e fillas as galegofalantes contestaron que ao iniciaren a escolarización estes comezaron a falar máis castelán Os datos amosan que o proceso de substitución é maior neste centro que no resto da comarca de Compostela, máis acusado mesmo que no núcleo da cidade de Santiago, e a pesar de contar cun profesorado que adoita priorizar o galego no contexto educativo. Preto de 4 de cada 10 familias de fillos e fillas as galegofalantes contestaron que ao iniciaren a escolarización estes comezaron a falar máis castelán. A maioría (case o 64%) indicou que foi na segunda etapa de educación infantil (de 3 a 6 anos) onde se produciu esa muda, aínda que case un 20% sinalou que o cambio se remonta á primeira etapa da educación infantil, de 0 a 3 anos. A pesar de que as conversas con mestres e mestras prodúcense maioritariamente en galego, as interaccións de nenos e nenas con outros interlocutores dentro da escola son maioritariamente en castelán: o alumnado diríxese, polo xeral, en castelán ao persoal non docente, aos compañeiros/as e ao persoal das actividades extraescolares. Con todo, na presentación dos resultados do estudo, apostouse polo optimismo, subliñando que é posible a recuperación de terreo para a lingua entre a mocidade. "Este informe dános moitas pautas para a intervención política", destacou a Isabel Vaquero, concelleira de Normalización Lingüística, para quen é prioritario adoptar medidas que contribúan a que os nenos e nenas de familias galegofalantes non muden de lingua e motivar, especialmente as familias bilingües para que "como mínimo reteñan e, sobre todo, aumenten o uso do galego cos seus nenos e nenas, porque a familia é un caldo de cultivo inicial fundamental para a supervivencia do idioma". "O acceso ao sistema educativo en Galicia está sendo netamente desgaleguizador, e neste campo hai unha responsabilidade moi directa das institucións públicas, o goberno e todos nós, a sociedade en xeral" Na presentación do informe participaron o alcalde de Ames, José Miñones Conde, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, a directora do CEIP Agro do Muíño, Mª Carmen Liñares, Xaquín Loredo, coautor do informe e membro do Seminario de Sociolingüística da Academia, Isabel Vaquero, concelleira de Normalización Lingüística de Ames, e Henrique Monteagudo secretario da RAG e coordinador do Seminario de Sociolingüística. Henrique Monteagudo fixo fincapé no negativo impacto da escolarización no uso da lingua. "O acceso ao sistema educativo en Galicia está sendo netamente desgaleguizador, e neste campo hai unha responsabilidade moi directa das institucións públicas, o goberno e todos nós, a sociedade en xeral", dixo. A análise apunta que o centro escolar ten unha parte importante de responsabilidade no proceso de mudanza lingüística, mais non como sistema formal de adquisición de competencias senón como sistema de socialización secundario despois da familia, relación compartida con outros contextos de socialización externos á escola que, fronte á familia, cobran crecente importancia na sociedade contemporánea. Proposta de liñas de actuación Os nenos e nenas procedentes de familias castelanfalantes adoitan carecer de referentes lingüísticos en galego (próximos). O estudo aposta por dotar a este sector do alumnado de referentes en lingua galega, tanto familiares coma iguais. Para o primeiro pode traballarse cos cativos e cativas na historia sociolingüística familiar de cada un/ha, o que lles permitirá atopar referentes familiares en galego nas súas propias familias; para o segundo sería interesante establecer relacións de colaboración, presenciais ou a través de medios tecnolóxicos, con outros centros educativos cun maior índice de galegofalantes. Para reducir o número de nenos galegofalantes que na escola deixan de falar galego e pasan ao castelán, proponse "traballar coa conciencia metalingüística e aumentar a resistencia ao cambio deste sector do alumnado". "É preciso traballar cos cativos cuestións como cando e onde falan galego, cando e onde falan castelán, se se trata dun cambio voluntario e involuntario e, finalmente, por que realizan eses cambios", sinálase. O estudo recolle unha predisposición lingüística positiva cara ao galego por parte do alumnado con respecto a ítems xenéricos como a validez do galego. Porén, as actitudes positivas cara a ítems concretos relacionados cos medios de comunicación ou áreas de interese dos nenos e nenas como, por exemplo, os videoxogos, redúcense ata o 50%. O informe aposta por incidir nestes ámbitos. Os datos amosan que as nenas empregan máis o galego que os nenos. O informe suxire traballar o modelo lingüístico de xénero e tamén, en concreto, as razóns de por que as rapazas empregan máis o galego que os rapaces cando os datos indican que nas familias a situación é a inversa: os pais empregan máis o galego que as nais. En canto ás familias apóstase por traballar con nais e pais "nunha redefinición do concepto de plurilingüismo". "Nesta órbita cómpre tamén salientar a importancia de coñecer o galego e aprendelo desde pequenos (é dicir, o seu valor instrumental) á hora de adquirir outras linguas ao longo da vida", destácase. Podes descargar aquí o informe (.pdf) |
PRAZA_5774 | Mariano Rajoy anuncia que Juan Carlos I deixa a Coroa e o inicio dos trámites para a proclamación de Felipe de Borbón como xefe do Estado. Audio no interior. | Cando transcorreu unha semana desde o pau sufrido polo bipartidismo nas eleccións europeas e dous anos despois de que a polémica viaxe de caza a Botsuana dese lugar á imaxe das célebres desculpas no corredor dunha clínica madrileña. No seu momento máis baixo de popularidade, paralelo ao avance do soberanismo catalán e cando o debate republicano xa non é un tabú política e mediaticamente o rei Juan Carlos I deu en abdicar. O obxectivo é que o seu fillo, Felipe de Borbón, ocupe canto antes a Coroa. Mentres o escándalo de corrupción do caso Nóos contribuíu a amplificar as voces que falan dun punto e seguido ou final no réxime xurdido da fin do franquismo e da Constitución de 1978 o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, apela á "tranquilidade" dende o convencemento de que "os españois saberemos esceribir esta nova páxina da nosa historia nun clima sereo" dende o "agradecemento á figura" de Juan Carlos I, que explicará "os motivos" da decisión a mediodía deste luns. Na súa comparecencia sen preguntas o propio Rajoy aproveitou, ademais de para adiantar os pasos a seguir para a sucesión monárquica, para iniciar os eloxios á figura do monarca, "a persoa que durante trinta e nove anos encarnou o punto de encontro de todos os españois e o mellor símbolo da nosa convivencia en paz e liberdade". Segundo o presidente español o ata agora rei é "o principal impulsor da democracia", que "non se podería entender" sen el. Rajoy aposta pola "normalidade" para configurar un escenario no que o único cambio sexa o do nome do xefe do Estado Nesta liña, Rajoy aposta pola "normalidade" para configurar un escenario no que o único cambio sexa o do nome do titular da Xefatura do Estado. Dende a "máis firme confianza" en Felipe de Borbón, o tamén líder do PP salienta o seu "carácter e ampla experiencia" como "sólida garantía de que o seu desempeño como xefe do Estado estará á altura das expectativas máis esixentes". Así, sinala, o Consello de Ministros reunirase este martes con carácter extraordinario para aprobar a lei que guíe a sucesión, toda vez que non existe un marco legal ao efecto. Mentres isto acontece e as principais forzas políticas agardan á comparecencia de quen fora nomeado por Franco "sucesor a título de rei" nas redes sociais comezan a confirmarse en diversos puntos do Estado, tamén en Galicia, as primeiras convocatorias de manifestacións e concentracións para este serán a prol dun referendo sobre a continuidade ou non da Monarquía e a forma do Estado. As 13.00, discurso de Juan Carlos I Á unha do mediodía TVE emitiu un discurso previamente gravado do aínda rei Juan Carlos. O monarca confirmou, con brevidade (o discurso durou apenas cinco minutos) a súa decisión de abdicar en favor do seu fillo Felipe, do que destacou que está "preparado" e que "representa a estabilidade. Ademais, explicou a súa decisión en que considera que é chegado o momento de que unha nova xeración tome " un "papel protagonista" na dirección do país, unha nova xeración que -dixo- tería no príncipe Felipe un dos seus representantes. O monarca ligou este relevo a que "unha xeración máis nova" se encarge "das reformas que a conxuntura actual está demandando" O monarca sinalou que "quero o mellor para España" e fixo unha breve referencia á crise económica, da que dixo que está deixando "importantes cicatrices" na sociedade, pero salientou que a súa decisión non ten que ver nin cos escándalos que nos últimos tempos rodean á familia real, nin co resultado das eleccións europeas do pasado domingo. Explicou que decidiu agardar a estar "recuperado" dos seus problemas de sáude para adoptar esta decisión. |
NOS_54887 | Foino case todo no PSdeG. Quince anos deputado no Hórreo, catro no Congreso, portavoz parlamentario dos socialistas galegos, durante uns meses delegado do Goberno en Galiza. Miguel Cortizo morreu esta terza feira aos 67 anos de idade. | Cortizo nacera en Santiago de Compostela en 1951. Licenciado en Bioloxía, na facultade compostelá da materia exerceu de profesor. En 1990, as eleccións que Fraga Iribarne gañou por maioría absoluta e que supuxeron, a un tempo, o final do tripartito e o teito en escanos do PSdeG, entrou no Parlamento de Galiza. Alí traballou durante case tres lustros. Entre 1993 e 1998 foi o portavoz socialista. Enfronte, Fraga Iribarne, e no BNG, Xosé Manuel Beiras. Mais no 98, perdeu o congreso do PSdeG que escolleu líder Emilio Pérez Touriño. Coa chegada de Zapatero ao Executivo central, a súa traxectoria deu unha nova reviravolta. Entre 2004 e 2007 foi embaixador da Misión Especial para as Relacións Especiais coas Comunidades Españolas en Iberoamérica. Despois, embaixador en Paraguai e, uns meses, delegado do Goberno en Galiza. A súa viaxe política rematou no Congreso, onde ocupou escano pola Coruña entre 2011 e 2015. Daquela retirouse. |
QUEPASA_1073 | Comeza a lenta reapertura dos Museos da Costa da Morte | O Concello de Malpica comunica a apertura do Ecomuseo Forno do Forte a partir de mañá, sábado 30 de maio. As medidas de aforo estarán limitadas polo momento a 25 persoas debido á crise sanitaria da covid-19.Porase a disposición das persoas usuarias xel hidroalcólico nos accesos do mesmo, e recoméndase acudir ás instalacións con máscara sanitaria. |
PRAZA_10681 | Entre o 2008 e o 2018 o gasto incrementouse notablemente en tres partidas: educación (62%), saúde (+16%) e vivenda (+24%), área que abrangue tamén as facturas de luz, auga e calefacción. O incremento mantívose mesmo nos peores anos da crise, cando o gasto total se recortaba | O INE vén de publicar os datos de consumo final dos fogares correspondentes ao ano 2018, estratificados por áreas de gasto e por comunidades autónomas. As cifras globais amosan unha recuperación do nivel de gasto dos galegos galegas, en ascenso dende o ano 2013, despois do forte descenso que se producira entre o ano 2008 e 2013, cunha caída do 7%. Entre os anos 2008 e 2018 o gasto incrementouse notablemente en tres partidas: educación (62%), saúde (+16%), e vivenda (+24%), área que abrangue tamén as facturas de luz, auga e calefacción.En realidade, a capacidade de consumo dos galegos e galegas é só lixeiramente superior á que había hai unha década (11.118 fronte a 11.053), cun leve ascenso do 0,6%. Pero o máis interesante é observar como foi evolucionando o gasto nas distintas partidas, é dicir, a que áreas tiveron que dedicar as familias galegas un maior esforzo económico.Así, entre os anos 2008 e 2018 o gasto incrementouse notablemente en tres partidas: educación (62%), saúde (+16%), e vivenda (+24%), área esta última que abrangue tamén as facturas de luz, auga e calefacción. Tamén se incrementou nunha porcentaxe semellante o gasto en comunicacións (+12%).Pola contra, o gasto descendeu nas restantes partidas, especiamente mobiliario e equipamento do fogar (-19%), vestido e calzado (-17%), alimentación (-11%), transporte (-11%) e ocio e cultura (-12%). Esta tendencia de incremento do gasto en saúde, educación, vivenda e as facturas de auga, luz e gas mantívose ao longo dos peores anos da criseEsta tendencia de incremento do gasto en saúde, educación, vivenda e as facturas de auga, luz e gas mantívose ao longo dos peores anos da crise, mesmo nos momentos nos que a capacidade global de consumo dos fogares baixaba de forma importante. Así, entre 2011 e 2013, mentres o gasto total baixaba un 5% e o gasto en alimentación permanecía estancado, o gasto en educación crecía un 21% e en saúde medraba un 9%. As familias galegas gastan moito máis nos pagamentos derivados da súa vivenda (alugueiros, electricidade, auga, gas...) que en alimentaciónA información difundida polo INE permite constatar, ademais, que as familias galegas gastan moito máis nos pagamentos derivados da súa vivenda (alugueiros, electricidade, auga, gas...) que en alimentación e bebidas non alcohólicas. Así, no ano 2018 o gasto anual por persoa en alimentos situouse algo por riba 1.737 euros. Mentres, os galegos e galegas destinaron máis de 3.159 euros ás facturas derivadas da súa residencia habitual.Finalmente, no último ano as tendencias mantivéronse. Creceu o gasto total, e seguiu medrando o desembolso nas facturas asociadas á vivenda (de 3.113 a 3.159 euros por persoa e ano) e en educación (de 123 a 130 euros anuais por persoa). O gasto en sanidade permaneceu estable, mentres que se detecta un gasto cada vez maior en transporte, que medrou un 22% dende o ano 2013, despois de permanecer estancado nos primeiros anos da crise. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.