ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_31790 | Non ter para comer, para pagar o aluguer, a hipoteca ou as facturas; para vestir, pagar os libros dos nenos ou para, en definitiva, cubrir as súas necesidades básicas. Vidas con nome, como Beatriz, José Manuel ou Analia, con milleiros de apelidos. Un esbozo do drama social no que viven hoxe un de cada catro galegos. | "Síntome humillado. Un cero á esquerda. Pero eu non busquei esta situación", comenta José Manuel, parado de longa duración e pai de tres fillos (de catro, seis e quince anos). "Vas a calquera sitio para buscar axuda ou orientación, para que te axuden a saír adiante, para os meus fillos, que son o principal, e só atopas rechazo". Encontrámonos na parroquia do Cristo da Victoria, en Vigo, que acolle a Oficina de Dereitos Sociais (ODS) de Coia, creada en 2007. O núcleo dun crecente movemento cidadá e veciñal de denuncia, de loita comunitaria, contra a pobreza e a exclusión social. Un lugar de referencia para conseguir asesoramento legal na tramitación das axudas e prestacións sociais e rede de apoio para decenas de persoas. A ODS de Coia é o núcleo dun crecente movemento cidadá e veciñal de denuncia, de loita comunitaria, contra a pobreza Un número que medra cada semana, algúns porque o descoñecían e outros porque xa non atopan saída. "Dar a cara, vir aquí, contar que fuches desafiuzada, ter que falar cunha traballadora social ou simplemente contalo na prensa... Non é fácil, menos despois de levar tantos portazos na cara", di Beatriz, nai de tres fillos (de tres, cinco e oito anos), tamén desempregada. Está tamén presente Carlota Pérez, voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Tui, que recorda o caso de Analia. No paro dende 2007, sen ingresos, incapaz de facer fronte aos gastos. Sen fogar nunha cidade que conta con 18.500 pisos baleiros, segundo o Instituto Nacional de Estatística. Alén das cifras, sucéndense as historias de carne e oso, que contan cun fío común. Todas e todos teñen claro a quen sinalar como responsábeis: Xunta e Concello, Concello e Xunta. Atrancos administrativos e burocráticos, marxinación nos servizos sociais, atrasos nas axudas e falta de información son algunhas das denuncias que dirixen polo común cara ambas as dúas institucións. Poder discreccional e para as traballadoras sociais "Xogan coa paciencia da xente. Algúns deixan de esixir os seus dereitos polas continuas dificultades que lles poñen", dime ao rematar Diego Lores, coordinador da ODS de Coia. As protestas polo trato recibido das traballadores sociais do Concello son tan habituais que nin sorprenden os máis antigos das xuntanzas. "Todo pasa pola valoración das traballadoras sociais, que marxinan inmediatamente os grupos críticos", conta Emilio, párroco do Cristo da Victoria, como represalia polas continuas accións reivindi- cativas e demandas públicas que a rede comunita- ria impulsou nos últimos meses. "As bases poñen moito énfase no papel da traballadora social, que actúan coma un filtro previo. Non deixan pasar as axudas que non queren elevar á comisión", asegura pola súa banda Esther Lora, consultora legal da ODS. "Sacan logo un documento dicíndonos que 99 por cento das axudas se concederon. Mesmo que sobraron cartos do fondo de emerxencias. Ten sentido. Se non deixas pasar a metade das solicitudes, claro que vas ter unha alta porcentaxe de éxito". Por que non cumpren as bases ou por que non queren?, pregunto. "Non existe ningunha seguridade xurídica. Entregan toda a documentación, pero non reciben algo que o demostre. Até pedimos que puxeran un selo e nin iso. Moita documentación non se xestiona, acaba no lixo", explica Emilio. Só as persoas que fan o trámite polo rexistro do consistorio vigués, que retrasa o 'papeleo' unhas semanas, obteñen resposta escrita e xustificada. Unha situación que se reverteu este ano, mais que obrigou a moitos a realizaren de novo a xestión da súa axuda. Para obter, polo menos, unha explicación do rexeitamento da prestación e unha opción a recorrer o incumprimento das bases. Todo polos nenos Beatriz coñece o motivo: catro euros. Esta cantidade significou que a súa familia de cinco membros perdera o cheque social do Concello. Tampouco pode acceder a unha axuda para pagar o aluguer, logo de ser desafiuzada en 2011, nin para os libros dos seus cativos, porque vive nun piso arrendado a nome de outra persoa, ante a imposibilidade de conseguir un aval bancario. "Tentan que nos sintamos culpables. Fannos dar voltas e entregar papeis para nada. Pero se o deixamos o perdemos". A obtención dunha Risga implica dar contas de, mesmo, cuestións íntimas da vida das persoas "Dinme que o meu non é un caso de emerxencia. Teño que agardar a ter os mobles fóra da casa para que o consideren?", inquire José Manuel. "Se eu teño que durmir na rúa, son un adulto, podo buscar a vida. Pero os nenos non teñen por que pagar isto. Eu podo non comer ou ducharme con auga fría, pero como mando o meu fillo así á escola?". "Chegan asuntos sociais ou menores e retíranche os nenos", respóstalle Beatriz. "Estamos aquí por eles. E nin sequera son capaces de cubrir os dereitos dos nenos. A ter un teito e comida. Como poden dicir que non hai cartos. Non respeitan nin iso". Sinten especial preocupación porque os seus fillos reparen na crúa realidade na que viven. "Eles saben que algo pasa. Antes ían polo supermercado e querían calquera cousa e a comprabas. Podían elixir que merendar, ir a unha excursión do colexio, que hoxe custa pagala. Nos regalos de nadal, na roupa, as diferenzas que ven cos compañeiros de clase...", conta José Manuel. Axudas que non chegan O mesmo ocorre coa Xunta e a xestión da Renda de Integración Social de Galiza (Risga). Nunha recente reunión, a ODS de Coia constatou que o pagamento dende xaneiro retrasara varios meses por un "problema administrativo", segundo lle refiren no departamento. "Todos os comezos de ano pasa o mesmo. Nunca chegan os cartos. Dinnos que depende de Santiago. Iso provoca que xente que a ten aprobada non cobre e que non se produzan novas altas. Só se dan cando se produce unha baixa", aclara Diego Lores. "Queren dar a aparencia de que cumpren, pero non teñen ningunha sensibilidade social", engade o párroco. A obtención dunha Risga implica ademais dar contas de, mesmo, cuestións íntimas da vida das persoas. Por exemplo, notificar se alguén vai vivir no teu domicilio. Para Lores, estas axudas están pensadas como "unha forma de control social dos sectores máis empobrecidos que produce o capitalismo". Abrése ao final da última xuntanza o debate sobre sumar esforzos, de aumentar a presión na rúa. Algúns apelan á falta de apoios na sociedade civil, outros á desunión das plataformas sociais ou a demonización das organización críticas. "Aínda que sexamos poucos, é unha pinga que cae continuo e acabará callando", sentencia Emilio. Cansos de compaixón e caridade, as persoas que pasan pola ODS de Coia están dispostas a loitar polos seus dereitos e os de todos. O dereito a vivir con dignidade, a ter cubertas as necesidades máis elementais, a unha renda básica universal. En definitiva, a non caer no olvido e a exclusión, o lugar cara á onde lles empurran as institucións, as mesmas que dan as costas a milleiros de galegas e galegos que viven hoxe na pobreza. Esta reportaxe apareceu no número 51 do A Fondo, o caderno de análise do Sermos. Foi publicada conxuntamente co semanario -número 81- en 23 de xaneiro de 2014. |
NOS_55004 | Cando menos nove persoas morreron e varias ducias resultaron feridas por un novo ataque das forzas militares israelís contra unha escola da ONU en Rafá. | Ao menos nove persoas e ducias de feridas é o primeiro balance dun novo ataque das forzas militares israelís contra unha escola da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos en Rafá, na zona sur de Gaza. A axencia de noticias palestina Mana informa que se confirmou un bombardeo na escola que dá refuxio a arredor de 3.000 persoas desprazadas. O ataque á escola da NU súmase a outro atentado contra outra escola das Nacións Unidas que rematou con 16 vítimas mortais e máis de 200 feridas. |
NOS_39425 | Ao Colexio de Présaras, en Vilasantar, quítanlle unha mestra para o curso que vén. Pais e nais, alumnado e a directora presentáronse en San Caetano para impedir a redución que obrigará a agrupar tres niveis educativos. O Conselleiro respondeulles que non ía reconsiderar o recorte. | Cunha grande faixa na que se podía ler "A escola de Présaras non é unha granxa" personáronse en San Caetano. Até a sede da Xunta de Galiza achegouse este 2 de agosto a comunidade educativa de Vilasantar. Foron crianzas, a directora, pais e nais, o alcalde do concello, o popular Fernando Pérez, ou a deputada do BNG, Ana Pontón, para tentar impedir que os recortes se leven unha mestra do CEIP de Présaras, o que suporá ter que agrupar no curso que vén tres niveis educativos nun só. As crianzas levaban unha faixa máis pequena coa lenda "Ensino digno para o rural". Na sede da Xunta reuníronse cunha representación da Consellaría de Educación encabezada polo propio conselleiro, o director de Recursos Humanos e o Xefe Territorial de Educación. De nada serviu a viaxe. "A resposta do conselleiro de Educación foi que a Xunta non vai reconsiderar a decisión da Consellaría. Isto significa que Educación segue adiante coa eliminación dun posto docente, polo que non se garante a calidade da educación dos nosos nenos e nenas" comentan desde a comunidade do colexio de Présaras despois da xuntanza. Prometen non parar nas mobilizacións até conseguir "unha educación digna e de calidade". |
NOS_3742 | O alcalde, que xestiona esta área, entende que "non se pode usar unha sinécdoque: definir unha parte co todo, para confundir os cidadáns" | O Concello de Ourense renomea a Concellaría de Cultura pola Concellaría de Artes e Festexos. Asi o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, quen xestiona directamente esta área municipal. O rexedor explica que a Concellaría cambiará a súa denominación porque "non se pode usar unha sinécdoque (definir unha parte co todo), para confundir os cidadáns". Gonzalo Xácome explica que "a Real Academia Española define Cultura como o conxunto de coñecementos, costumes, ideas, tradicións, propios dun lugar, época, clase social... e, doutra banda, como o conxunto de coñecementos non específicos, (de aí frases como "persoa culta que sabe de todo".. Con todo, advirte Gonzalo Xácome que "un sector con intereses, incorporou un terceiro significado ao vocábulo xenérico de -cultura-, para referirse ao mundo artístico ou de festexos" . Subliña o alcalde que "os 7 tipos de arte abarcan escultura, pintura, arquitectura, literatura/poesía, danza, música, cinema. E artes escénicas (de escenario), refírense a música, teatro, danza, performances..." "A insistencia en explotar a sinécdoque obedece a unha táctica para ter un salvoconducto, un escudo de protección, que parece blindar ante críticas artísticas, e que dá renda solta a xustificar calquera dispendio de diñeiro público no entretemento", asegura Gonzalo Jácome: "Mentres os ianquis usan os termos de Show Business ou Entertainment Industry, aquí englobámolo no vocábulo sacro de -cultura-. E claro, é máis fácil cuestionar gastos se lle chamamos Show ou entretemento, que se o tachamos coa palabra máxica e sacra, porque ao enarborar a -bandeira cultural-, resólvense debates como no medievo resolvíanse ao actuar en nome de Deus". |
NOS_29303 | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, expresou no Día da Patria Galega a súa oferta a PP e BNG para sentar a dialogar e reformar o Estatuto de Autonomía. | "Galiza necesita máis ferramentas para poder xerar maiores oportunidades de futuro para o seu pobo", proclamou Formoso esta segunda feira, no marco da tradicional ofrenda floral ante a estatua de Castelao en Rianxo. "Está encima da mesa para sentarnos a falar con total consenso e tranquilidade", manifestou o dirixente do PSdeG, quen incidiu en que é "imprescindíbel reformar" o marco estatutario. Para evidenciar a necesidade de actualizar o texto normativo, lembrou que en 1981 non había "nin internet" nin estaba aprobado o divorcio. Ademais, o secretario xeral dos socialistas galegos subliñou que outras autonomías do Estado español incorporaron novas competencias a través das reformas dos seus respectivos estatutos. "Aí está a cesión das autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre, de que dispón Andalucía e moi pronto Canarias", empregou de exemplo Formoso. Valentín González Formoso: "As decisións nos ámbitos estratéxicos da Galiza teñen que tomarse aquí" Ademais, criticou que despois de "13 anos" o Goberno galego "non reclamou" ningunha competencia nova para Galiza. Convencido de que hai cuestións que se decidirán mellor "desde San Caetano" que desde Madrid, Formoso enarborou o "galeguismo" da súa formación política para asegurar que o PSdeG defenderá Galiza por diante do partido. "Nunca imos pór o partido por diante de Galiza", salientou. Legado "galeguista" do PSdeG Formoso rematou a súa intervención reivindicando o compromiso "galeguista" de "raíces ben profundas" que ten o PSdeG. Sinalou que, durante a II República española, os socialistas "acompañamos Castelao no impulso do Estatuto de 1936". "As nosas siglas son as que escolleron Ramón Piñeiro ou Carlos Casares para participar na política", abondou Formoso, quen tamén lembrou a militancia de Celso Emilio Ferreiro. |
PRAZA_14955 | Precisamente agora que a comunidade educativa acusa a enorme turrada dos recortes orzamentarios e dos ataques á credibilidade da educación pública, chega un novo Anteproxecto de lei –a LOMCE- que pretende remover a estrutura do sistema educativo coma quen reinicia o sistema operativo dunha computadora, coa intención proclamada de mellorar a súa calidade, pero baixo a sospeita máis que razoable dun novo remake mercantilista; descarnadamente centrada nos resultados dos estudantes, medidos nunha desigual competición que colocará e recolocará efectivos á demanda dun sistema produtivo sometido á voracidade dos mercados | A tramitación da LOMCE pon en primeiro plano, outravolta, as grandes diferenzas que se formulan sobre como debe ser a resposta que lles debe dar o sistema educativo ás demandas sociais neste ámbito, reflectindo sensibilidades distintas sobre as finalidades e os valores que se lle atribúen á educación. Unha ollada retrospectiva evidencia como as sucesivas propostas lexislativas -LOXSE (1990), LOCE (2002), LOE (2006) e agora a LOMCE- sinalan algunhas cuestións claves como debates recorrentes e, polo tanto, insatisfactoriamente resoltos: o difícil encaixe da dupla rede de centros pública/privada concertada para lles dar resposta ás circunstancias da escolarización, xunto coa supervivencia dos privilexios dos que aínda goza a Igrexa como axencia educativa; a potencialidade e limitacións dos modelos de ensino comprensivo versus segregado; e a multiplicidade de interpretacións que se agochan detrás de lemas educativos tales como calidade-equidade-excelencia, inspiradores da retórica na que se adoitan envolver as decisións educativas. Unha ollada retrospectiva evidencia como as sucesivas propostas lexislativas -LOXSE (1990), LOCE (2002), LOE (2006) e agora a LOMCE- sinalan algunhas cuestións claves como debates recorrentes e, polo tanto, insatisfactoriamente resoltos Tal situación, que podería terse orientado como unha oportunidade para invitar o conxunto da cidadanía a peneirar as prioridades á luz das demandas plurais e mesmo contraditorias dos distintos sectores sociais, levou aparellado un perigoso cansazo de efectos variados: desde a coincidencia na reclamación dunha maior estabilidade normativa –o Pacto Educativo, como auga de maio- á xeración de certa falta de confianza no sistema, que xoga a favor do mantemento de prexuízos instalados nun sector da sociedade; xaora incrementados nesta conxuntura de crise económica, que algúns pretenden resolver ao berro estarrecedor do "sálvese quen poida". Precisamente agora que a comunidade educativa acusa a enorme turrada dos recortes orzamentarios e dos ataques á credibilidade da educación pública, chega un novo Anteproxecto de lei –a LOMCE- que pretende remover a estrutura do sistema educativo coma quen reinicia o sistema operativo dunha computadora, coa intención proclamada de mellorar a súa calidade, pero baixo a sospeita máis que razoable dun novo remake mercantilista; descarnadamente centrada nos resultados dos estudantes, medidos nunha desigual competición que colocará e recolocará efectivos á demanda dun sistema produtivo sometido á voracidade dos mercados, que pode deixar en vía morta as expectativas formativas e mesmo vitais de moitos mozos e mozas. A sospeita máis que razoable dun novo remake mercantilista; descarnadamente centrada nos resultados dos estudantes, medidos nunha desigual competición que colocará e recolocará efectivos á demanda dun sistema produtivo sometido á voracidade dos mercados As doenzas do enfermo –altas taxas de fracaso escolar e abandono temperán, pobres resultados no PISA e baixas taxas de excelencia– serán combatidas mediante a aplicación dalgunhas medidas, nalgúns casos verdadeiras terapias de choque, relacionadas con asuntos medulares para o sistema: reforma da educación secundaria, na que se anticipan prematuramente vías formativas desiguais rompendo o carácter comprensivo da etapa obrigatoria, e con mudanzas importantes na Formación Profesional e no Bacharelato; avaliacións externas, con profusión de probas e reválidas, para aguilloar o esforzo dos estudantes e inducir á comparación entre centros; simplificación curricular, con vistas a intensificar os coñecementos instrumentais e a recentralización dos contidos e das decisións educativas, minimizando as competencias das comunidades autónomas e dos propios equipos docentes dos centros; maior autonomía dos centros, encadrada nun marco de xerencia e mercantilista, que obrigará á procura de recursos propios, lexitimando a través dunha suposta especialización (curricular, funcional ou por tipoloxía do alumnado) o dereito de admisión por parte dos centros fronte ao dereito á educación do alumnado, ampliando de xeito exponencial a concertación e reforzando as direccións, cuxo nomeamento queda practicamente reservado para a administración educativa, situando nos últimos estertores os órganos colexiados, singularmente o Consello Escolar –nun coma inducido-, pero tamén os Claustros. Tranquiliza saber que, malia as aparencias -froito sen dúbida das lecturas interesadas do amplísimo conxunto de organizacións antisistema que se veñen pronunciando contra diferentes aspectos deste anteproxecto- estamos diante dunha reforma amparada "no sentido común, prudente e gradual". Non esperabamos menos dun goberno que, como deus manda, fai o que hai que facer. Con todo, tentaremos afondar no sentido e consecuencias dalgunhas destas medidas, o que precisará dunha ración extra de paciencia por parte das persoas interesadas. Imos aló coas dúas primeiras e completaremos a reflexión noutra colaboración. Reforma da Educación Secundaria Obrigatoria mediante a anticipación de itinerarios a dúas vías diferenciadas: ensinanzas aplicadas, orientada á Formación Profesional, e ensinanzas académicas, ao Bacharelato. Creación dun nivel practicamente estanco –a formación profesional básica– que afastará os estudantes con dificultades académicas da obtención dunha mínima titulación de ensino secundario e romperá para o resto dos que si a obteñan a súa orientación común, cunha dualidade no currículo que se verá rubricada pola superación de reválidas de distinta orientación –académica ou aplicada– que dará acceso a estudos postobrigatorios. A extensión da educación obrigatoria constituíu unha evidente conquista social que pretendía rematar co rancio elitismo do ensino secundario; porén, as dificultades en termos de permanencia, rendemento e abandono do sistema evidencian a persistencia de problemas, non exclusivamente pedagóxicos, que a institución escolar non é quen de resolver satisfactoriamente. Sen ter apostado suficientemente por medidas inclusivas de intensidade -incluída a propia revisión dun currículo sobrecargado e por veces descontextualizado-, a segregación temperá que se anuncia supón a renuncia do sistema á procura de fórmulas que permitan a consecución de obxectivos para o conxunto do alumnado nunha etapa obrigatoria. Como distintas instancias teñen advertido o aforro que se pretende facer agora pagarase sobradamente a medio e longo prazo nun imprescindible investimento posterior na formación das persoas adultas ou en medidas de protección social que, máis axiña ca tarde, terán que chegar, agás que se pretenda promover un horizonte social de enorme violencia estrutural. As avaliacións externas, un morea de probas previstas para 3º e 6º da primaria, 3º e 4º da ESO, e 2º de Bacharelato, para os efectos de sinalización dos obxectivos do sistema en cada etapa, de comparabilidade entre os centros e de información ás familias; e, nos casos das previstas para a secundaria, chave final de acceso ao seguinte nivel. Parece que o ministro Wert se dedíca con desvelo a non permitirnos caer na autocompracencia, pretendendo inocularlle ao sistema a sobredose de cultura de avaliación da que, ao seu parecer, carece. Desde que descubriu a parte de PISA que lle interese explotar –sen respectar as propias prevencións que este estudo internacional recomenda facer sobre a análise e comparanza dos resultados– parece que o ministro Wert se dedíca con desvelo a non permitirnos caer na autocompracencia, pretendendo inocularlle ao sistema a sobredose de cultura de avaliación da que, ao seu parecer, carece. Dito da maneira máis neutra posible, podemos pensar que a cultura da avaliación ten certos déficits que cumpriría corrixir. E podemos enumerar varios que axudarán en parte a explicar certas prevencións. Por empezar por algún sitio poñamos en primeiro lugar a enorme desconfianza que xera unha administración educativa que nesga sistematicamente os datos cos que pretende avalar a súa política educativa. Velaí tres exemplos: o equipo ministerial agocha os datos PISA sobre equidade ao referirse ao noso sistema educativo e a aqueloutros que entende como referentes; cando ofrece os datos e cifras sobre o curso actual –casualmente dous días antes da folga convocada polos estudantes e apoiada pola CEAPA, nun xesto que evidencia un punto de inflexión nas familias que farían ben en anotar– afirma sen ruborizarse que a diminución de profesorado é dun 0,6% (2.982 docentes menos no conxunto do estado) o que se explica "polo incremento de horas lectivas que aplicaron algunhas comunidades autónomas e a freada na chegada de alumnado inmigrante (o que esixe menos desdobramentos e medidas compensatorias)". O terceiro exemplo evidencia que non é que non haxa procedementos e probas de avaliación externas, senón que non son do gusto do ministro porque non se orientan na dirección segregadora e clasista que lle interesa ás políticas neoliberais, como acontece coa actual selectividade. Xaora, hai que engadir probas e obstáculos, porque chegan á meta universitaria demasiados. E, dando por bo o mantra dos sobretitulados, ha ser só o sistema educativo o que ten que facer cambios para adaptarse ao sistema produtivo; non cabe pensar nun marco máis colaborador e menos subordinado, consonte coas novas formas de xerar e transferir coñecemento. Para que cheguen menos e afecte esta minorización aos sectores sociais con menor dispoñibilidade económica xa se puxeron en marcha medidas de acompañamento como a suba das taxas universitarias ou o endurecemento das esixencias académicas para as bolsas. Os estudantes que non as superen quedarán colgados un ano, en plena etapa adolescente. Iso é o que pode ofrecerlle o sistema educativo a un mozo ou a unha moza de, poñamos por caso, 16 anos? Pero hai outros elementos que explican a desconfianza nunha avaliación que pretende facer táboa rasa das condicións de partida. A literatura pedagóxica –que existe, aínda que non estea entre as lecturas do ministro– ten advertido dos efectos perversos das avaliacións censuais e externas. Por razóns que teñen que ver co empobrecemento do currículo –o que non se avalía desvalorízase e as metodoloxías de ensino-aprendizaxe poden converterse en rutinas aínda máis ao orientárense á preparación sucesiva de probas para non resultaren reprobados no PISA ou noutros procedementos– e debuxando unha escola na que a motivación nin está nin se espera, agás que teña que vir, como o túpper, da casa, ou se paguen –os que poidan facelo– reforzos extra. Cabe preguntarse polo impacto dalgúns efectos previsibles nas probas con carácter de reválida, nas que se xoga á promoción ao seguinte nivel. Os estudantes que non as superen quedarán colgados un ano, en plena etapa adolescente. Iso é o que pode ofrecerlle o sistema educativo a un mozo ou a unha moza de, poñamos por caso, 16 anos? A inmediata reflexión levará a poñer en cuestión a avaliación continua do profesorado ou, se acaso, a reparar na grave contradición dun sistema que, por riba do seguimento cotián e global das distintas capacidades do alumnado realizada polo profesorado, prefire xogar a promoción dos estudantes á única carta dunha proba puntual e sobre aspectos necesariamente parciais. Onde queda a autoridade do profesorado cando a súa profesionalidade non é un activo? Obviando as condicións de partida de cada centro na análise e someténdoos ás presións externas de puntuar para atraer ou, cando menos, non disuadir potenciais usuarios e captar fondos, a comparación entre centros, os coñecidos ranking, só aumentan a vulnerabilidade dos centros que atenden poboacións heteroxéneas e, por tanto, obxectivamente con maior risco de exclusión social. Sendo certo que o sistema precisa elementos de seguimento para a toma de decisións, non é menos evidente que as medidas asociadas aos ranking, coas eivas mencionadas, non ofrecen a confianza e o estímulo que se lles pretende atribuír. A comparación entre centros, os coñecidos ranking, só aumentan a vulnerabilidade dos centros que atenden poboacións heteroxéneas e, por tanto, obxectivamente con maior risco de exclusión social Non deixa de ser un contrasentido que todo un sistema educativo estea ao servizo da comprobación e certificación dos talentos para desvialos a diferentes traxectorias académicas, facendo pasar por elección individual o conformarse co nivel de menor cualificación. Se o sistema non é quen de armar opcións máis estimulantes para as persoas e máis acordes con outros horizontes de transformación social, as alarmas deben saltar, alén de cuestións de simple remodelado de materias. E se cadra algo disto pasa cando a preocupación polas dimensións estruturais e o encaixe das puntuacións agocha o crecente desinterese do alumnado –e non só aquel menos favorecido polas condicións socioeconómicas e culturais- polo coñecemento, como se descartase de antemán a súa utilidade para entender o mundo e, a súa vez, a escasa corresponsabilidade social para apoiar o sector educativo, suxeito a demandas e retos de enorme complexidade. |
NOS_57582 | Si, como no texto de Castelao. O mariñeiro que fala francés era galego. O mariñeiro que fala inglés era galego. E o taberneiro tamén era galego. Camões tamén era galego. | Cada 10 de xuño Portugal celebra o día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas. Este ano a conmemoración foi en Lamego e o discurso de Cavaco non gostou a ninguén, salvo a el propio, tal como se pode ler nas reseñas da imprensa. Mais iso non é obxecto desta crónica que, na realidade non é máis do que un pretexto para lembrar a orixe galega de Camões. Seguramente o apelido denota procedencia, isto é, estaría relacionado cun topónimo e aínda que hoxe non achamos como topónimo a forma Camoes si sabemos que existiu, segundo se deduce do que podemos ler, en "Onomástica galega II: onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular: actas do segundo coloquio", celebrado en Leipzig en outubro de 2008, nun artigo titulado "Toponímia prelatina na documentación medieval en Galicia" : ' … O mesmo sufixo (-ONES) parece estar na orixe do topónimo rexistrado como Camones, Camões, Camoes na documentación medieval en galego, nome dunha parroquia do concello de Nigrán (Pontevedra), de onde procede o apelido do célebre poeta portugués'. E xa que falamos de curiosidades mencionemos que este concello, Nigrán, tamén é coñecido porque aquí viviu e morreu, en 1997, Carmela Figueiró, a galega máis lonxeva desde que se gardan rexistros, ao falecer con 113 anos e 209 días. O Concello dedicoulle a Rúa Avoa Carmela. "O mesmo sufixo (-ONES) parece estar na orixe do topónimo rexistrado como Camones, Camões, Camoes na documentación medieval en galego, nome dunha parroquia do concello de Nigrán (Pontevedra), de onde procede o apelido do célebre poeta portugués'". Curiosidades á parte, o Dicionario Histórico de Portugal recolle a seguinte referencia sobre Camões: Vasco Pires de Camões Fidalgo oriundo da Galiza, que emigrou para Portugal, por haver tomado o partido do rei D. Fernando nas guerras deste monarca contra Henrique II, de Castela. A rainha D. Leonor Teles tinha por ele grande consideração; nomeou-o aio de um filho do conde de Barcelos, dando-lhe depois a alcaidaria de Alenquer. Quando o Mestre de Avis cercou esta vila no ano de 1384, Vasco Pires de Camões defendeu-se intrepidamente, e tendo conseguido uma capitulação honrosa, obteve que se reservassem os direitos de D. Leonor, a quem sempre se conservou fiel. Sendo outra vez Portugal invadido pelos castelhanos, serviu nas suas fileiras, ficando prisioneiro em Aljubarrota. Além da alcaidaria de Alenquer, o rei D. Fernando deu-lhe por mercê de 2 de setembro de 1373 a quinta de Gestaçô e mais terras de Montemor-o-Novo, bem como as vilas de Sardoal, Punhete, hoje Vila Nova de Constância, Marvão, Vila Nova de Anços, a quinta do Judeu em Santarém, e outras terras e herdades, que depois foram confiscadas por D. João I, deixando-lhe, contudo, as herdades de Évora, Estremoz e Avis, que a infanta D. Beatriz havia possuído, e de que fez vários morgados conhecidos pelo nome das Camoeiras.Vasco Pires de Camões era também poeta, e o marquês de Santilhana cita-o como um representante dos últimos restos da escola provençal da Península, na carta que dirigiu ao condestável de Portugal.Foi casado com uma senhora chamada Maria ou Francisca Tenreira, da qual houve três filhos, sendo o primogénito Gonçalo Vaz de Camões. O filho segundo, João Vaz de Camões, foi o avô do grande poeta Luís de Camões" Fóra desta información, a presenza na documentación do apelido Camoes non é moi abundante. En 1274 achamos en Baiona un Iohan Fernandes de Camoes; en 1533 un Gonçalvo de Camões en Pontevedra, que catro anos despois aparece como Gonçalvo de Camoens. No galego moderno a única referencia que temos é o adxectivo camoés e camoesa, mais non para se referir á obra de Camões, que tamén, senón a unha variedade de mazá, para moitos a de mellor calidade, coa pel áspera e de cor rosada, a que canta Zeca Afonso: Nossa senhora da Póvoa Minha boquinha de riso Minha maçã camoesa Criada no paraíso Non sabemos se a mazá camoesa, considerada de calidade suprema, quer facer honra á obra de Camões. O que si sabemos e que " A maça camoesa foi registada em 2012 pela câmara municipal de Sesimbra no Instituto Nacional da Propriedade Industrial, o que lhe permitiu obter o direito exclusivo da marca" Afortunadamente a obra de Camões é propiedade de quen a quixer ler. E nós, galegas e galegos de hoxe, podíamos reparar noutros versos da canción do Zeca e, sen necesidade de virar costas para Castela polo menos virar os ollos para nós mesmas, para nós mesmos: Senhora do Almortão Ó minha rosa encarnada Ao cimo do Alentejo Chega a vossa nomeada Senhora do Almortão ó minha linda raiana Virai costas a Castela Não queirais ser castelhana. |
NOS_28969 | Após a aplicación da reforma da PAC, a UE suprimirá o sistema de cotas e iso xa non é debatíbel. Porén, @s nacionalistas demandan a creación dun fondo que "compense ás explotacións endebedadas" e free "a inestabilidade dos prezos do leite" en Galiza logo de que Estrasburgo liberalice o sector. | Así o anunciaron esta terza feira a parlamentar, Tereixa Paz e a eurodeputada da organización frontista, Ana Miranda quen levará a Bruxelas a creación deste fondo de compensación con cargo aos Orzamentos europeos que se aprobarán a vindeira semana no Parlamento europeo. Neste senso, o Bloque exixirá á institución comunitaria a compensación das explotacións leiteiras galegas "pola supresión do sistema de cotas en 2015". Segundo as nacionalistas, a eliminación deste sistema --en vigor desde os anos noventa-- suporá "a liberalización da produción" e repercutirá de maneira moi negativa "nuns prezos do leite moi precarizados". A crise do sector, cuxas remuneracións se sitúan por debaixo da media estatal no litro de leite, agudizarase nas explotacións leiteiras a partir de 2015 ao se suprimir o sistema de cotas que limita a produción a nivel europeo. Aliás, numeros@s gandeir@s carrexan importantes débedas após mercaren ampliacións de cota que logo de se aprobar a supresión, deberán ser igualmente pagadas. Neste senso, a organizacións frontista exixirá que a UE cree un fondo de compensación --cuxa contía deberá ser debatida co sector-- encamiñado a paliar os efectos que a eliminación das cotas supoñan para @s gandeir@s. "Para a distribución dese fondo hai que ter en conta o emprego que xera cada explotación e a función social de fixar poboación ao territorio", asegurou a deputada Tereixa Paz en comparecencia de imprensa. Limitacións das axudas directas ás grandes explotaciónsAs nacionalistas aseguraron esta terza feira que o BNG defenderá no Parlamento a fixación de límites na asignación de axudas directas ás explotacións. Neste senso, propoñen estabelecer un máximo de 100.000 euros de axuda á fin de rachar coa tendencia actual en que "o 20% das explotacións acaparan o 80% das axudas" denunciaron as deputadas. Aliás, defenderon que as subvencións comunitarias deixen de se vincular á extensión territorial e que as axudas sexan atribuídas "aos agricultores activos" entendid@s como aquel@s que desenvolven de maneira activa a actividade agraria --fronte as terratenentes como a duquesa de Alba. |
NOS_29146 | Sanidade comunica o falecemento de seis persoas con Covid, que elevan o número total de vítimas a 3.151. | Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por baixo dos 2.000 e baixan lixeiramente até os 1.716 -146 menos que na xornada anterior-; con todo, os casos activos soben, cun ascenso máis contido que sitúa o número de infeccións en 19.915. Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da sexta feira descenden a 26 as persoas ingresadas en UCI pola Covid na Galiza -unha menos- e a 316 as hospitalizadas en unidades convencionais -sete menos-. Hai unha semana había 417 ingresados en todo o territorio, 30 deles en UCI. Hospitalizacións Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en catro das sete, aumenta en dúas e varía en Santiago, que conta con 50 pacientes en planta -dúas máis- e sete en UCI -dúas menos-. Polo que respecta aos incrementos, a da Coruña conta con sete pacientes Covid en UCI -dúas máis- e baixan a 75 os ingresados noutras unidades -un menos-; mentres que a de Ferrol mantense con tres pacientes en críticos -sen cambios- e soben a 32 os doutras unidades -dous máis-. A presión asistencial baixa no resto. Na área de Pontevedra baixan a dúas as persoas en UCI -unha menos- e descenden a 42 os hospitalizados noutras unidades -dous menos-; na de Lugo baixan a 26 os doutras unidades -tres menos- e continúan sen pacientes Covid en UCI. Na área de Vigo segue un ingresado en UCI -sen cambios- e descenden a 36 os doutras unidades -tres menos-. Na de Ourense continúan con seis hospitalizados en críticos -sen cambios-, pero baixan a 55 os ingresados en unidades convencionais -dúas menos-. Frea a suba de infeccións activas En canto aos casos activos de Covid mantense a tendencia ascendente por quinta xornada consecutiva en Galicia, polo que se sitúan en 19.915, 474 máis que o día anterior, con todo, o incremento modérase. As infeccións activas ascenden en todas as áreas salvo na de Pontevedra, onde restan un caso. Así, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña, con 4.073; seguida da de Vigo, con 3.587; Santiago, con 3.269; Ourense, con 2.898; Lugo, con 2.406, Pontevedra, con 2.326, e Ferrol, con 1.269. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade esta pasada sexta feira, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia aumenta a 802,70 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal sobe, após varios días de baixada, a 430,10. Contaxios Os novos contaxios de Covid continúan por baixo dos 2.000 este sábado. Sanidade informa de 1.716 novos positivos no conxunto da Galiza. A taxa de positividade -número de PCR positivas por cada 100 realizadas- descendeu até o 9,9%, por riba de 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Falecementos Desde o inicio da pandemia, as persoas falecidas con Covid-19 aumentan a 3.151 despois de notificar Sanidade outras seis vítimas, todas elas con patoloxías previas. |
NOS_11215 | O obxectivo da plataforma é amosar a solidariedade de pobo galego con Catalunya perante o 27-S. | A sexta feira (25 de setembro) a Plataforma Galiza con Catalunya convoca un mosaico humano. Será ás 20 horas na Praza da Quintana (Compostela). Con esta acción o colectivo visa amosar, de maneira visual, a solidariedade do pobo galego co proceso independentista catalán perante as eleccións que terán lugar o 27 de setembro. A plataforma difundiu un spot para animar a participar nesta acción simbólica: |
NOS_46730 | Colectivos integrantes na rede ContraMINAcción emprazan a Xunta a paralizar "de maneira inmediata" a actividade da explotación mineira de Triacastela, despois de coñecerse a decisión do Tribunal Supremo de inadmitir o recurso da empresa promotora e do Concello. | A decisión do Supremo valida as sentenzas do Tribunal Supremo de inadmitir o recurso da empresa promotora, Cementos Cosmos, e do Concello contra a sentenza que anulou, xa en 2017, a licenza municipal outorgada á mina, pola afectación sobre a Cova de Eirós, un xacemento arqueolóxico que alberga o conxunto de pinturas rupestres máis valioso da Galiza. Con esta resolución, trasladada en novembro ao xulgado de Lugo que ditou a primeira sentenza pola que se anulou a licenza, o alto tribunal fecha de forma definitiva as posibilidades de explotación da canteira a ceo aberto que puñan en risco o patrimonio prehistórico contido na Cova de Eirós, catalogada desde 2019 como Ben de Interese Cultural, e da que distintos colectivos solicitaban a súa declaración de Patrimonio da Humanidade da Unesco. Foi unha destas entidades, a asociación sociocultural do Iribio, quen iniciou o procedemento xudicial para declarar ilegal a licenza urbanística, outorgada en 2014, co apoio do Sindicato Labrego, entidades pertencentes, ambas as dúas, á rede ContraMINAcción. "A explotación de Cosmos é paradigma da minaría destrutiva", salienta esta plataforma, que denuncia que, coñecida a decisión do Supremo, a empresa "aumentou de modo frenético o ritmo da explotación, pondo en risco o patrimonio". Nese sentido, demanda da Xunta que obrigue Cosmos a presentar o plan de clausura e abandono da canteira, unha vez que a actividade é ilegalizábel, e que garanta a restauración inmediata de todas as zonas degradadas, "independentemente das sancións administrativas e penais que poidan corresponder". Hai agora un ano, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) confirmou a primeira sentenza, dun xulgado contencioso administrativo de Lugo, e sinalou que o procedemento seguido polo Concello para conceder a licenza "non foi correcto", ao estar a maioría do solo sobre o que se asenta a explotación clasificado como rústico de especial protección de patrimonio, "clasificación que require unha tramitación para a obtención da licenza urbanística distinta da tramitación seguida polo Concello".Como fai notar esta resolución, esa clasificación determina que a licenza non podía outorgarse "sen recabar a previa autorización do Consello da Xunta, escoitada a Comisión Superior de Urbanismo da Galiza e a proposta da Consellaría competente en materia de minas". A este respecto, desde Contraminacción advirten de que a explotación de Cosmos "non foi sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental cando se reclasificou como explotación mineira de recursos C, malia tratarse dunha explotación a ceo aberto con afectación á rede Natura 2000, ao Camiño de Santiago e a un BIC único". Ao fío, a plataforma ambientalista chama as Administracións a promover a candidatura deste espazo como Patrimonio da Humanidade, dentro do conxunto xa recoñecido que conforman outras 18 covas do noroeste peninsular, entre as que se conta a cova de Altamira e outras manifestacións da arte rupestre paleolítico en Cantabria, Asturias e Euskadi. |
PRAZA_7827 | Dous milleiros de traballadores dos centros de Navantia de Fene e Ferrol maniféstanse ás portas da cámara galega, rodeada pola policía. Mentres, no Congreso o ministro Montoro afirma que a construción do dique flotante "non está descartada" e que o naval da Ría de Ferrol "conta con carga de traballo" | Hai tempo que a paciencia dos traballadores do naval rematou. Este mércores máis de dous milleiros de empregados dos centros de Navantia en Fene e Ferrol e das súas industrias auxiliares manifestáronse diante do Parlamento para facer ver o seu anoxo pola falta de carga de traballo e por meses de promesas incumpridas e de proxectos anulados ou adiados. Os estaleiros levan sete meses sen apenas actividade e no último ano ao redor de dúas mil persoas quedaron sen emprego. Son estas promesas incumpridas o que máis irrita a este colectivo de traballadores. Sobre todo nos meses previos ás eleccións de outubro o Goberno galego defendeu sen cesar que tanto o dique flotante coma os floteis supostamente encargados por Pemex se ían construír nos estaleiros das rías de Vigo e Ferrol. Porén, unha vez que o PP revalidou a súa maioría absoluta estas promesas comezaron a esfarelarse. Por iso os berros aludindo ás "mentiras" do Goberno de Feijoo ou a que "todo era fume" foron os máis escoitados ás portas do Parlamento. Houbo fume, ademais, cando os concentrados queimaron unha réplica en papel dun buque de Pémex. Os traballadores estiveron acompañados no seu percorrido entre a Alameda e o Hórreo por varios deputados e deputadas dos grupos da oposición, entre eles Beatriz Sestayo, do PSdeG, Yolanda Diaz, de AGE, e Francisco Jorquera, do BNG. Á chegada ás proximidades da cámara os manifestantes atoparon un numeroso cordón policial formado por ducias de antidisturbios que lles impediron achegarse máis. Os traballadores estiveron acompañados no seu percorrido entre a Alameda e o Hórreo por varios deputados e deputadas dos grupos da oposición, entre eles Beatriz Sestayo, do PSdeG, Yolanda Diaz, de AGE, e Francisco Jorquera, do BNG No interior do Parlamento os grupos da oposición interrogaron a Alberto Núñez Feijoo sobre esta cuestión na sesión de control ao Goberno. O presidente da Xunta respondeulle a Yolanda Diaz "que non se preocupase" e insistiulle que haberá "carga de traballo ou dique". De igual xeito constestoulle a Francisco Jorquera que dende que é presidente non fixo "outra cousa que traballar polo naval". Pola tarde a socialista Beatriz Sestayo preguntaralle ao conselleiro Francisco Conde sobre o tema. A protesta fíxose notar no interior do Parlamento, onde se escoitaban os berros procedentes do exterior. O celo pola seguridade ou por manter a cámara allea ao que sucedía fóra fixo que por exemplo se pechase o acceso a unha sala dende a que varios xornalistas estaban tirando fotos ou gravando vídeos da manifestación que tiña lugar na rúa. Montoro: "Ferrol ten carga de traballo" Rosana Pérez acusou o PP de "enganar a cidadanía galega na campaña electoral cando prometeu a construcción do dique flotante na Ría de Ferrol Mentres isto sucedía en Compostela, en Madrid Cristóbal Montoro esforzábase en manter o discurso sostido polo PP nos últimos meses. Repondendo a unha pregunta da deputada do BNG Rosana Pérez, o ministro de Facendo afirmaba que a construción do dique flotante "non está descartada", aseguraba que os estaleiros da Ria de Ferrol "teñen carga de traballo para varios meses" e pediu que se saque este tema do debate político. Montoro foi máis aló e criticou que na campaña electoral se puxese en dúbida a existencia de contratos "que lle van dar a El Ferrol carga de traballo", referencia aos supostos encargos de Pemex. A deputada do BNG acusou o PP de "enganar a cidadanía galega na campaña electoral cando prometeu a construcción do dique flotante na Ría de Ferrol. Tomaron a decisión política de enganarnos porque foi a promesa estrela de Feijoó". Ademais, reprochoulle a Montoro que "utilizasen esas promesas e incluso se atrevesen a tildarnos de anti patriotas aos que cuestionamos e desconfiamos da súas palabra" e criticou que "nos fixeran perder o tempo creando unha Comisión de Estudo para a viabilidade do dique, coñecendo de sobra o veto da UE". E concluíu: "só pasaron tres meses das eleccións galegas, e agora a SEPI anuncia o que xa o BNG sospeitaba na campaña, non haberá dique flotante. Rematan coas ilusións de miles de traballadores angustiados polo seu futuro, desentendéndose agora de todo". Rosana Pérez pediulle ao ministro que "deixen de mentir aos galegos e galegas e digan con claridade que decidiron pechar o noso sector naval, digan que Navantia non ten futuro porque o Goberno do PP decidiu claudicar ante a UE". O ministro afirmou que "en Ferrol hai carga de traballo garantida para moito tempo". Porén, mantivo a ambigüidade en relación co dique flotante, sobre o que se limitou a afirmar que "non está descartado" Na súa resposta Montoro reiterou que as "negociacións coa UE avanzan" e que Navantia Ferol "en marzo vai comezar a cortar chapas". O ministro afirmou que "estamos a traballar" e que "en Ferrol hai carga de traballo garantida para moito tempo". Porén, mantivo a ambigüidade en relación co dique flotante sobre o que unha e outra vez se limitou a afirmar que "non está descartado". Segundo Ignacio Naveiras, voceiro do comité de empresa, nestes momentos a única actividade do estaleiro é o remate dun segundo buque para Australia. En setembro todo o cadro de persoal estará sen actividade e a industria auxiliar desaparecerá por completo. |
NOS_14712 | As empresas galegas teñen complicado replicar o modelo de semana laboral de catro días que vén de anunciar Telefónica para o seu cadro de persoal polo seu pequeño tamaño. | Telefónica España abrirá esta semana o prazo para que o seu persoal poida acollerse á xornada de catro días (32 horas semanais), após concluír con un programa piloto no que participaron 150 persoas iniciado o pasado outono. A xornada de catro días chega así ao Estado español ─de momento non hai constancia de empresas galegas que a teñan adaptado─ como unha modalidade de traballo máis, pero que leva aparellada unha redución de salario, mais non proporcional ao tempo que se gaña. No caso concreto de Telefónica, as persoas que se acollen a esta modalidade deben renunciar ao equivalente de algo máis de catro horas, ao tempo que reducen cinco horas e media o número de horas que traballan á semana. As vantaxes que se sinalan desta iniciativa serían as posibilidades de conciliación familiar para as persoas traballadoras e unha "maior produtividade" da que se beneficia a empresa. Tamén, sinalan, gaña o medio ambiente, ao reducirse o número de desprazamentos ás oficinas. A inflación cómelle ás persoas traballadoras un mes de salario Mais non todas as persoas saen gañando. Como explica a Nós Diario o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Francisco Sío, con esta medida, son os cadros directivos da compañía os que se benefician, tamén grazas a que o resto de servizos de Telefónica están externalizados a subcontratas. Neste senso, Sío ve "complicado" que a semana de catro días laborábeis prospere na Galiza, onde "traballamos todos os días". De feito, cre que sería máis efectivo empezar por introducir a semana de 35 horas e a fixación de quendas para a fin de semana. Reordenar a xornada Un dos motivos que esgrime o responsábel de emprego da CIG, e que as reducións de xornadas levan aparelladas rebaixas de soldos. Con todo, indica que "as empresas teñen que empezar a ver que, en vez de tres quendas de oito horas, é mellor pór catro de seis, co que se gaña unha contratación. Ese é o futuro", afirma Francisco Sío. Porén, recoñece que na negociación colectiva estas medidas "son as primeiras que caen", porque se adoitan primar cuestións de primeira orde, como os salarios e a contratación indefinida, e non este aspecto. As asalariadas que máis horas traballan no Estado español son galegas O problema do salario Para Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO, "é o momento" de introducir un debate deste tipo, que xa se dá en outros países de Europa. "Por unha vez non temos que ser o furgón de cola". "Calquera fórmula que sirva para reordenar a xornada laboral e mellorar a calidade de vida e contribuír a mellorar a produtividade das empresas nós estamos de acordo sen ningunha dúbida", apunta. Con todo, Bouza recoñece que na Galiza "temos máis dificultades para que prospere unha iniciativa deste tipo polo tamaño das nosas empresas, que dificulta facer este tipo de cambios", e tamén pola especialización produtiva, xa que "non temos moi desenvolvido o sector servizos de alto valor engadido", que é o que máis se beneficia destas iniciativas. Con todo, incide tamén no impacto nos salarios como unha barreira de entrada, pois entende que na Galiza, onde as retribucións medias están por baixo da media estatal, moita xente non estaría disposta a renunciar aos cartos para gañar tempo. |
PRAZA_1953 | A empresa Urbaser, do grupo de Florentino Pérez, recoñécelle ao novo goberno ferrolán que a depuradora de Cabo Prioriño non funcionou no primeiro ano tras a posta en marcha e informa de deficiencias "estruturais" por importe de medio millón de euros. | Fendas separadas por menos dun metro, filtracións de auga e, sobre todo, nada de depuración. É o panorama existente na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Cabo Prioriño, que segundo o anterior goberno municipal xa depurara 1,5 millóns de metros cúbicos de auga o pasado marzo pero que, atendendo ao revelado polo novo gabinete, nunca cumpriu a súa función e nunca nada depurou malia cobrarlle á veciñanza por facelo. O anunciado hai poucos días polo alcalde, Jorge Suárez, foi ratificado este mércores por Urbaser, a empresa do grupo ACS -presidido por Florentino Pérez- que controla o 49% de EMAFESA, a empresa mixta que xestiona o servizo de augas da cidade. Tras presidir o consello de administración de EMAFESA o rexedor ferrolán lamentou a "actitude un tanto desleal" de Urbaser. A filial de ACS non só "recoñece que non existe depuración real", senón que "confirmou que tivo reunións con Augas de Galicia", entidade dependente da Xunta, "para comunicar que había defectos estruturais na obra", construída pola empresa Dragados. Sen subsanar eses defectos non será posible que a depuradora funcione correctamente e para facelo cómpren 550.000 euros que, advirte Suárez, non son "responsabilidade do goberno local nin de EMAFESA", senón da construtora e "de quen recibiu a obra". Urbaser, filial de ACS, admite agora defectos estruturais na obra, construída por Dragados, por importe de medio millón de euros Unha vez ratificado que o publicitado non se correspondía coa realidade o goberno local, indica o rexedor, traballa nos seguintes pasos a dar, ao comezar por devolver a factura cobrada por un servzio non prestado. "Ao non haber depuración non hai feito impoñible" e por iso "imos devolver o recibo pasado e imos esixir que non se pase a cobro o seguinte". "Eles aceptan que non se cobre a taxa", pero "hai que dilucidar quen é responsable dos gastos", di Jorge Suárez, a cuxo xuízo "se a obra non estaba para ser recepcionada, esa reclamación terá que facerlla o socio privado á administración que recibiu a obra", a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno central. Responsabilidades políticas e xudiciais A parte privada da empresa de augas asegura que detectou os defectos tras saír o PP do goberno: "todo é moi casual", ironiza o alcalde Dadas as circunstancias, o goberno de Ferrol mantén a súa intención de dirimir o acontecido nos tribunais . "Preguntámonos que é o que fixeron para, despois dun ano da encomenda de xestión a EMAFESA, non detectasen" os problemas da depuradora "ata xustamente cando hai un cambio de corporación". "Todo é moi casual", ironiza o alcalde, quen afirma que "en conversas privadas" membros do anterior goberno do PP alegan "descoñecemento dos feitos". Esta, afirma, é "unha cuestión pouco crible" xa que abonda "con ver como sae a auga" directamente ao mar, de cor negra, "para ver que algo está fallando". "Non é necesario ser químico", afirma, nun contexo no que aprecia "deficiencias técnicas e de xesitón". Tamén a tenente da Alcaldía, Beatriz Sestayo, dá por "constatados" os "indicios de enormes responsabilidades" tras asistir á xuntanza. "É fundamental coñecer de quen é a responsabilidade de que non se depurase", pero tamén "de que se informase falsamente á cidadanía" e "da emisión da taxa", que "agora hai que repoñerlle á veciñanza" por tratarse "dun pago indebido", censura. |
NOS_559 | Segundo González é representante da Fronte Obreira Galega (FOGA), unha das organizacións que concorrerá nas eleccións do 26X en coligazón coa marca BNG-Nós Candidatura Galega. | - FOGA volta a optar por concorrer ao 26X na coligazón Nós-Candidatura Galega coa que foi nas eleccións do 20D. Fan a mesma análise que entón? - O resultado das eleccións do 20 de decembro amosan que tiñamos razón no que deciamos sobre o grupo parlamentar galego, sobre a necesidade de que houbese un. Ficou aínda máis claro, máis en evidencia a necesidade de que Galiza estea representada no Congreso. Apostamos en voltar a concorrer na mesma fórmula porque seguimos agora a defender o que defendiamos hai catro meses, non houbo cambios substanciais na situación... - Que considera que está en xogo nestas novas eleccións? - Hai dous factores que entendo que son chaves. Un, a perspectiva de clase, a necesidade de estar alí para exercer forza en cuestións como, por exemplo, derrogar as reformas laborais ou recortes de dereitos. E, despois, hai outra perspectiva, que ten moita importancia: ter presenza como nación. Agora mesmo, Galiza está nun segundo nivel a respeito doutros territorios, que si teñen presenza e exércena nas Cortes. Non pode ser que fiquemos relegados a ser unha simple comunidade autónoma, un simple territorio subordinado... "Non pode ser que fiquemos relegados a ser unha simple comunidade autónoma, un simple territorio subordinado..." - Foi unha 'mini-lexislatura' breve,. Que tiran como conclusión do acontecido nestes catro meses? - Como FOGA, e como parte de Nós-CG, hai que ter en conta que o 20D non logramos o noso obxectivo, e iso é un golpe, pois desilusiona. Non me gustan palabras como fracaso, porque presentarse, estar aí, dar a batalla, explicarse, falar coa xente, debater... non é nunca un fracaso. Mais é certo que non acadar presenza xerou unha certa desilusión. Mais agora vén outra campaña, e aí que estar aí con ilusión, pisando a realidade, sabendo que non vai ser doado, mais con ilusión. - FOGA estivo na fundación de Anova, en 2012, da que optaron por se ir desmarcando dous anos despois. Como ve, desde fóra e como ex, a situación que se vive no partido, co debate que hai en En Marea... Hai moita atención mediática.... Eu do de En Marea non me pronuncio, mais si que estivemos en Anova e vemos como a ilusión que había en 2012, aquela cousa dun proxecto de base, aberto, ilusionante... non existe. Houbo moito dedazo. Mais Anova é pasado para nós. - Voltando ás eleccións do 26X, non semella que vaia haber grandes variacións, polo que agoiran enquisas e sondaxes, na representación que vaia saír das urnas na Galiza, o que non sería unha boa nova para a candidatura na que se integran... - Nós mantemos a ilusión, iso sempre, e as gañas e disposición de traballar. Imos estar aí, sabendo tamén que nestas eleccións hai unha parte de limiar das que van ter lugar en outono, das galegas, e aí si que nos xogamos o ser ou non ser. |
PRAZA_17529 | Apunten: Better Never to Have Been. The Harm of Coming into Existence, de David Benatar. | Nacer é un dano. Pero isto non significa para Benatar que seguir a existir sexa sempre peor que a morte, porque a morte tamén é mala. Os vivos temos un forte interese en existirmos, un interese que se mantén mentres haxa un mínimo de calidade de vida. Polo tanto, o suicidio é unha consecuencia posíbel pero non necesaria do antinatalismo. A morte pode ser racionalmente beneficiosa, pero é un dano. O suicidio ten, a maiores, un impacto moi negativo nas vidas dos próximos. Así que estamos atrapados: aínda que sexa lóxico suicidarnos porque a nosa vida é mala, este acto vailles causar unha inmensa dor aos nosos seres queridos. Segundo Benatar, nunca debemos existir, e o mellor que podemos facer é extinguirnos canto antes, de maneira que poidamos evitar a máxima cantidade posíbel de sufrimento. Para impedirmos que a sorte dos vivos sexa moito peor aínda, a extinción non debería facerse de súpeto. De todos os xeitos, a derradeira xeración sufrirá moito, tanto se a extinción é voluntaria (suposto difícil de imaxinar) como involuntaria (suposto inexorábel). Esta xeración vivirá nun mundo onde as estruturas sociais e públicas van ir derrubándose e onde non haberá futuro ningún. Se é indefectíbel que isto suceda, o mellor é que sexa canto antes para evitarmos o sufrimento das xeracións que haberá entre a actual e a derradeira. Benatar puntualiza que a extinción voluntaria sería moralmente problemática se se fixese mediante un programa de eliminación. É moralmente malo matar unha persoa sen unha xustificación axeitada, porque se lle inflixe un mal; é dicir: a vida desta persoa empeora aínda máis, dado que a todos os males que xa padece hai que lle engadir o dunha morte prematura. Pola contra, a extinción voluntaria non causaría ningún conflito moral se se fixese simplemente renunciando á creación de novas persoas. O antinatalismo de Benatar, que a maioría entenderá como ridículo, débil, autocompasivo ou mesmo ofensivo, é indiscutibelmente pesimista. Pero tamén é altruísta, porque obedece unicamente á vontade de eludir o sufrimento. É obvio que o punto de vista de Benatar apenas ten posibilidades de ser adoptado maioritariamente, pero non porque sexa misantrópico. Misantrópica sería, en todo caso, a nosa indiferenza ante o sufrimento causado polo dano que supón nacer. Pero aínda que sexa filantrópico, este antinatalismo si contén unha reflexión misantrópica. Para Benatar, os humanos causamos unha cantidade colosal de sufrimento: mancámonos entre nós e agredimos os animais. Somos a especie máis destrutiva do planeta, de modo que un mundo sen nós será un mundo mellor, un mundo sen sufrimento. Esta exposición grosso modo abonda para vermos que a filosofía de Benatar constitúe todo un desafío intelectual e emocional. O que mellor a distingue é a súa aproximación compasiva, distinta da misantrópica que comparten algúns antinatalistas. De feito, é unha teoría tan compasiva como irrelixiosa. Na cosmovisión de Benatar, o Universo ignóranos por completo, conque o noso sufrimento non ten sentido ningún. Toda a dor que alberga o mundo é simplemente inaceptábel. Benatar non é sempre moi claro no plano racional, por exemplo (e este é quizais o punto máis débil da súa teoría) cando explica a asimetría entre as cousas malas e as boas. Por outra banda, a proposta da nosa propia extinción, moi razoada e ben intencionada, bate sen dúbida contra a solidariedade entre conxéneres, compañeiros na nosa tráxica finitude, no destino que nos une. Tamén é certo que a nosa solidariedade é selectiva. Así, mesmo en plena (e suposta) catástrofe demográfica, os europeos preferimos a descendencia á inmigración. Non limitamos a procreación, pero si a inmigración. Por que prevalece o dereito a procrear sobre o dereito a emigrar? A teoría moral radical de Benatar é un verdadeiro tour de force intelectual que pode parecer moi convincente. Outra cousa é que emocionalmente sexa doada de asimilar. En todo caso, coñecela pode resultar útil, por exemplo cando se reactive entre nós o interminábel debate sobre o aborto –o día en que coñezamos por fin a sentenza do Tribunal Constitucional sobre o recurso interposto polo PP hai oito anos contra a lei de prazos– e, en xeral, para enriquecermos a nosa eterna reflexión sobre a condición humana. Apunten: Better Never to Have Been. The Harm of Coming into Existence, de David Benatar. Publicidade {C}{C}{C}{C} |
NOS_33108 | O Celta dominou o partido contra o Alavés do inicio ao final. Mais non lle abondou para arrincar os tres puntos de Mendizorroza. Os vascos rendabilizaron ao máximo as súas escasas chegadas a territorio vigués. | A primeira oportunidade do Alavés, apenas transcorridos catro minutos de partido, materializaouse en gol. Quince minutos despois, repetían efectividade e puñan o marcador 2-0. A partir dese intre, o Celta fíxose co control do balón e do xogo. E, porén, as súas chegadas á porta dos locais non se transformaron en goles. Na segunda metade do encontro, a superioridade celeste aínda se fixo máis notoria. Sisto estivo a piques de inaugurar o marcador para os de Vigo pero non foi ate o primeiro minuto do desconto que Iago Aspas marcou. Xa era tarde. Malia o revés -o Eibar quítalle a séptima praza na Liga-, o Celta aínda ten no punto de mira as prazas para Europa Ficha técnica: Alavés, 2: Pacheco; Martín Aguirregabiria, Laguardia, Ely, Alexis; Tomás Pina, Manu García, Ibai Gómez (Hernán Pérez, min.89), Rubén Sobrino (Bojan, min.74), Pedraza; Munir (Torres, min.81). RC Celta, 1: Rubén; Jonny, Roncaglia, Sergi Gómez, Mazán (Jozabed, min.58) Lobotka, Wass, Radoja (Emre Mor, min.74), Iago Aspas, Brais Méndez (Sisto, min.58), Maxi Gómez. Goles: 1-0, min.4: Pedraza; 2-0, min. 18: Munir; 2-1, min.91: Iago Aspas. Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou Radoja, Jozabed, Sobrino, Alexis. |
PRAZA_16286 | Entre 600 e 800 xuízos tiveron que ser suspendidos en todo o país, por mor dun conflito laboral que se endurece. Os sindicatos denuncian que a suba salarial proposta pola Xunta seguiría mantendo Galicia no último ou penúltimo lugar das competencias autónomas con competencias na materia. | Os tribunais galegos viviron este venres a súa terceira xornada de folga, de novo cun seguimento moi importante en todas as cidades. Os sindicatos elevan a participación a porcentaxes entre o 85% e o 95%, mentres que a Xunta a rebaixa a cifras entre o 37% e o 48%, incluíndo nestes datos os 770 traballadores e traballadoras que tiveron que cumprir servizos mínimos. Máis aló da diverxencia entre uns e outros números, o efecto da folga foi evidente en todas as comarcas, con entre 600 e 800 xuízos suspendidos, milleiros de demandas, actos de conciliación e declaracións paralizadas e outros servizos igualmente bloqueados, coma os trámites do rexistro civil. De feito, un dos berros máis coreados polos e polas traballadoras en folga este venres foi o de "non te cases, únete". Esta nova xornada coa Xustiza bloqueada en Galicia non serviu tampouco para achegar posturas na negociación, reiterando o Goberno galego a oferta de incremento salarial realizada nos últimos días, que os sindicatos consideran moi insuficiente. As centrais fixeron pública, neste senso, unha táboa comparativas das retribucións salariais nas distintas comunidades autónomas, coa que queren denunciar que mesmo coa suba prometida pola Xunta, os soldos dos e das profesionais galegas estarían no último ou no penúltimo lugar entre as autonomías que teñen asumida as competencias de Xustiza. "Coa oferta que nos fan para 2021, ese ano seguiríamos estando por baixo da media do que se cobra no resto de territorios na actualidade", din, engadindo que "ademais, entre 2013 e 2016, Feijóo confiscounos das nóminas entre 3.400 e 10.000 euros, algo que non ocorreu no resto do Estado". Pola contra, o Goberno galego asegura que a suba que propón "situaría a Galicia por riba da media do conxunto das comunidades autónomas". Os sindicatos convidaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e ao vicepresidente Alfonso Rueda a participar nunha xuntanza este luns en Compostela. |
PRAZA_18978 | O JWST é um prodígio tecnológico desenhado para explorar a banda infravermelha das radiaçons, esse ténue rescaldo apenas perceptível de corpos estelares incipientes ou moribundos. Principia a portentosa aventura da poderosa máquina do tempo desenhada para interrogar o universo primitivo quando apenas contava uns centos de anos e nasciam as galáxias da primeira geraçom. Umha exultante viagem às origens | |
NOS_8026 | Museo Aberto é un proxecto do Museo Etnolóxico de Ribadavia para reflexionar sobre a utilidade destes como espazos de integración | Ao abeiro do programa Museo Aberto, o departamento de educación e acción cultural (DEAC) do Museo Etnolóxico de Ribadavia bota a funcionar os proxectos Lembrar no Museo, Museo no cárcere e Vémonos no espello. Os tres traballarán, respectivamente, coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), coa cadea de Pereiro de Aguiar e coa Cruz Vermella O Ribeiro. Aínda que os proxectos xa naceran de forma individual anos antes, acaban converxendo no programa Museo Aberto en 2009. As actividades realizadas afondan na utilización dos museos como espazos de integración social e na promoción da eliminación gradual de barreiras entre as persoas integradas, excluídas e precarias. "Pensamos que era importante chegar a estes públicos que son menores e que moitas veces non interesan", explica Rosa Lama, bibliotecaria do Museo Etnolóxica e coautora do libro sobre o Museo Aberto. A vontade de aproximar o museo a estes colectivos cumpre non só unha función social, senón que axuda tamén a ampliar o patrimonio etnográfico da propia institución. Por exemplo, no caso do cárcere de Pereiro de Aguiar, o proxecto desenvolveuse ao longo de tres anos (2009-2012), con visitas semanais ao longo de períodos de tres meses. Unha vez superadas as medidas de seguridade, as técnicas do museo traballaron con distintos grupos de presos que elaboraron a súa propia exposición. "Foi un traballo moi etnográfico, contábannos moitas cousas porque non había ningún funcionario a controlarnos, era un espazo con moita liberdade onde se sentiron valorados", apunta Lamas. No caso das usuarias de AFAOR e da Cruz Vermella, o labor de Museo Aberto era indivisíbel do apoio das psicólogas, traballadoras sociais e voluntarias. "Cada proxecto ten unha avaliación diferente, mais en conxunto foi positivo para o propio museo e para os participantes grazas á retroalimentación entre todos, é terapéutico para eles e útil para nós", sinala a bibliotecaria. Recoñecementos e galardóns No programa traballaban especialistas de diferentes ámbitos: unha antropóloga da Universidade de Vigo, persoal técnico do Museo Etnolóxico, psicólogas, traballadoras sociais, funcionarios de prisións… Este tratamento transversal á hora de achegar a institución museística a públicos e colectivos excluídos foi recoñecido ao longo dos anos. En 2012, obtivo o recoñecemento cunha Mención de Honra no III Prêmio Ibero-Americano de Educação e Museus do Programa Ibermuseos e xa forma parte do Banco Iberoamericano de Buenas Prácticas en Acción Educativa. Tamén destaca a implicación de Museo Aberto en distintas xornadas e congresos. Un libro que reúne as experiencias do proxecto O programa, que fechou no ano 2012 por causa da crise e o consecuente descenso orzamentario, foi resumido nunha publicación trilingüe (galego, castelán e inglés) que dá conta de todo o traballo realizado ao abeiro do proxecto. O Museo difundiu o libro a través de dúas presentacións públicas, en Ribadavia cunha mesa redonda de profesionais e en Santiago de Compostela, co gallo do Día Internacional dos Museos. De cara ao futuro do proxecto, Lamas amósase optimista e destaca a pequena partida orzamentaria destinada a Museo Aberto por parte da Consellaría, e que podería abrir a porta a reiniciar o programa nun futuro próximo. |
NOS_10737 | Marea Aberta constituíuse o pasado 11 de marzo e di representar agora "máis dun centenar de mareantes de distintas mareas municipalistas". | Marea Aberta, unha nova corrente no seo da confluencia, acaba de lanzar unha campaña na rede co obxectivo de garantir unha presenza significativa de representantes das marés municipalistas na Coordenadora Nacional da confluencia (a executiva) cuxos membros serán designados este domingo polo Consello das Mareas, máximo órgao da plataforma entre plenarios. "Trátase de que na constitución da Coordenadora de En Marea non se volva cometar o grave erro, como xa ocorreu na elección do Consello das Mareas, de que os representantes das mareas municipalistas queden nunha posición de marxinalidade, pois iso suporía a deturpación do espírito da asemblea fundacional do 30 de xullo do ano pasado en Vigo", afirma MA a meio dun comunicado. A campaña de Marea Aberta -que decorre desde a tarde desta cuarta feira até a sexta- leva como lema "Sen mareantes non hai marea" e moverá en rede seis imaxes corais "ligadas cada unha delas aos seis principios de MA: cooperación, participación, ética, respecto polas persoas, altruísmo e transparencia". O hashtag que farán rular é #CoordinadoraconMareantes. Este grupo de mareantes municipalistas defenden que á hora de constituír a Coordenadora Nacioanl se atendan os criterios de "proporcionalidade, paridade e non remuneración" e advogan por un "liderado común claro", para o cal apostan pola figura de Luís Villares. Para Marea Aberta, só ese "liderado común claro" podería acabar "coa idea de reparto de cupos e de partes que ten caracterizado En Marea desde a súa constitución, primeiro como coalición e posteriormente como partido instrumental". Ven en Villares a persoa acaída "polo seu compromiso co proxecto común e pola súa independencia das partes". O problema para se concretizar esta demanda de MA é que nas primarias o censo de persoas inscritas votaron un documento que torna inelixíbeis para o cargo de portavoz orgánico os voceiros do Congreso -Antón Gómez-Reino e do Parlamento galego -Luís Villares. |
NOS_40082 | Familiares e residentes denuncian a dirección do centro xeriátrico Paz y Bien pola realización continua de misas que vulneran a normativa anti-Covid para a convivencia segura nos centros sociosanitarios. As familias pediron á Xunta que se suspendese unha misa que decorreu na tarde desta segunda feira, 5 de abril, con "portas abertas" ao público nun acto que recorda outro vivido nas festas de Nadal, cando a presenza doutro crego da Coruña provocou a infección masiva na residencia co resultado de 23 falecementos e 92% das usuarias contaxiadas. | A Residencia de Tui das franciscanas Paz y Bien, onde morreron 23 persoas nun gromo en xaneiro, volve facer misas cando non están autorizadas as concentracións, conforme ás normativas e protocolos en vigor aprobadas ou publicadas conxuntamente polas Consellarías de Sanidade e de Política Social os pasados 17 de setembro e 17 de novembro de 2020. Nun comunicado remitido nesta segunda feira, 5 de abril, a Asociación de Familiares da Residencia Paz y Bien, adscrita á federación galega REDE, informa de que vén de denunciar en Política Social unha misa 'especial' oficiada nesta tarde polo crego do santuario da Franqueira (A Cañiza) chegado 'ex profeso' para unha cerimonia aberta a usuarias e visitas (persoas convidadas) "e que supón un perigo latente para unha nova infección masiva así como a vulneración maiúscula das normas vixentes sobre convivencia en residencias en tempos de Covid-19 e a conculcación das medidas aprobadas para regular as visitas". Nesta Semana Santa, a residencia das franciscanas desenvolveu outras dúas misas, unha a pasada quinta feira e outra no domingo de Pascua, facendo mudar mesmo as horas do almorzo e merenda das usuarias, quedando relegadas en función das celebracións relixiosas. A Asociación de Familiares da Residencia Paz y Bien entende que este é "un feito moi grave", co antecedente do gromo detectado a primeiros de xaneiro despois de que un crego da Coruña, infectado previamente -segundo asegura a asociación, sinalando fontes do Sergas- oficiase unha misa na residencia nas festas do Nadal. Morreron 23 persoas, entre usuarias e monxas, e infectáronse 66 residentes do total de 72 (92%), ademais de 35 traballadoras. "Non aprendemos nada, xa denunciaramos no seu tempo á superiora da congregación que leva a dirección da residencia, María Isabel Lomba, por unha actitude irresponsábel tanto nos días previos a aquel gromo como despois na xestión do mesmo nas primeiras horas, o que levou á federación REDE a pedir a intervención pública da residencia", intervención da Xunta da Galiza que se levou a cabo o pasado 12 de xaneiro, despois de que no día anterior se denegara e a pesar de que os números situaban xa Paz y Bien como unha das residencias máis castigadas pola Covid-19 no Estado español. A Asociación de Familiares das Usuarias de Paz y Bien e a federación REDE, na súa denuncia, remitida nesta segunda feira ás direccións xerais de Maiores e de Atención Sociosanitaria da Consellaría de Política Social e aos servizos de inspección deste departamento, solicitaron a suspensión urxente da misa prevista para as 17 horas da tarde deste 5 de abri, presidida polo crego titular do santuario da Franqueira, Javier Alonso. "A cerimonia ten unha carga alegórica", din os familiares, "xa que está presente a Cruz de Lampedusa, símbolo apostólico contemporáneo das migracións, cruz itinerante que percorre nestes días as dióceses da provincia de Pontevedra, e que chega agora á residencia das franciscanas en Tui". Á cerimonia desta tarde a congregación franciscana invitou familiares das persoas residentes falecidas polo gromo da Covid-19, xa que tamén é desexo das relixiosas facer así unha homenaxe ás vítimas. Parte destas familias declinaron a invitación por entender que a dirección da residencia é responsábel da existencia do gromo de xaneiro, e que agora están a reproducir as mesmas circunstancias que se deron nas festas de Nadal. |
NOS_35188 | Sen argumentos. Sen tensión. Sen opcións. Un tuiteiro resumiuno á perfección ao chiar que desde que Iago Aspas non marca, o Celta non gaña un só partido. | O Celta empéñase en non pór terra de por medio co Deportivo e a súa situación comeza a se tornar cuase tan desesperada como a do combo agora treinado por Fernando Vázquez. En Getafe asinou a historia de sempre das últimas xornadas: graves erros de defensa e moi pouco, case nada, que ofrecer en ataque. A equipa de Herrera regala de máis para ser competitivo en Primeira División e o Getafe, logo de ser pulverizado no Camp Nou, aceitou gostoso os agasallos. Que unha equipa que se está a xogar literalmente a vida na elite entregue un encontro en apenas 45 minutos de xogo relévanos de facer máis comentarios. Só un dado: Iago Aspas, o futbolista franquicia da escadra, retirouse do relvado con media hora de xogo por diante. A segunda parte foi un formulismo, cun Celta entregado. Tanto que a conta oficial do clube en twitter apenas rexistrou lances perigosos na portería contraria. O choque deixou un momento para a historia: o debú na Primeira División dunha nova pérola de A Madroa, o xuvenil Santi Mina, que mesmo se atreveu a probar fortuna nunha ocasión en que os celestes viron até penalti por man dun zagueiro xetafense. |
PRAZA_4602 | Define como agricultor activo calquera persoa ou empresa que teña o 20% dos seus ingresos provenientes da actividade agraria e rexeita que se faga un reparto progresivo para que a maioría das subvencións vaian parar ás explotacións e á produción de alimentos. | Entre o triunfalismo da Xunta, o "consenso básico e importante" que acadou o ministro Arias Cañete e a decepción dos sindicatos agrarios. O Goberno central logrou un principio de acordo coas 17 autonomías para aplicar a Política Agraria Común (PAC) entre 2015 e 2020 no Estado, logo de dúas xornadas da Conferencia Sectorial celebrada en Madrid. Aceptou correccións o Executivo central ante as críticas de varias comunidades, pero non logrou afastar de vez as ameazas que as organizacións labregas cren que o deseño da PAC supón para Galicia. Xa pola mañá, uns 800 gandeiros galegos protestaban ás portas do Ministerio de Agricultura para denunciar o agravio que se pensaba cometer co agro de Galicia e secundando a convocatoria de Unións Agrarias (UUAA). Roberto García, o seu secretario xeral, aclara que o problema non era a contía orzamentaria, que é "máis que suficiente" -uns 285 millóns anuais para gandeiros e labregos galegos-, senón "determinar quen pode recibir axudas dos fondos europeos" e levar á práctica a definición de agricultor activo para evitar así que grandes terratenentes sen actividade agrícola levasen a maioría das axudas comunitarias. Tamén criticou este sindicato, así como o SLG, que se pretendese vincular o reparto de fondos á superfice das explotacións, o que prexudicaba clarametne a Galicia, cunha base territorial moito menor que a media estatal. Arias Cañete destaca que "por primeira vez" se poñen limitacións aos "cazaprimas" E algún cambio houbo, pero semella insuficiente. O ministro Arias Cañete destacou tras a xuntanza que "por primeira vez na historia" se poñerán limitacións para que as axudas non acaben nos denominados "cazaprimas", ao exixir unha actividade agraria ou gandeira significativa para poder cobrar as axudas da PAC. A decisión final do Goberno foi considerar agricultor activo a aquela persoa ou empresa que teña, polo menos, o 20% dos seus ingresos provenientes da actividade agraria, unha porcentaxe "a todas luces insuficiente", segundo o SLG. Xa que logo, se alguén recibe 100.000 euros en axudas da UE, abondaralle con obter 20.000 de ingresos pola venda de produtos agrarios para recibir a subvención, un sistema que se aplicará aos labregos que perciban máis de 1.250 euros en axudas. Esta corrección non evitará, segundo o sindicato, que o reparto de fondos sexa semellante ao actual e que permite que máis de 900.000 persoas ou empresas cobren axudas da PAC mentres o número de cotizantes á Seguridade Social Agraria no Estado é duns 350.000. "O 16% das persoas ou empresas beneficiarias quedaron en 2011 co 75% dos máis de 5.000 millóns de euros que se repartiron", denuncia o SLG, que lembra que a Casa de Alba, a familia Domecq ou grandes empresas como Pastas Gallo, Zumavesa ou Nutrexpa lideran a listaxe de maiores perceptores. Se alguén recibe 100.000 euros en axudas da PAC, abondaralle con obter 20.000 de ingresos pola venda de produtos agrarios para recibir subvencións Ademais, a reclamación sindical de que se faga un reparto progresivo no que o groso das subvencións vaia parar ás explotacións e á produción de alimentos, "caeron en saco roto". Tamén denuncia o SLG que queden fóra da percepción de axudas "sectores estratéxicos para Galicia e o Estado" e que abranguen un millón de hectáreas de terras produtivas, como o da horta, a froita ou a vitícola. "É inxustificable que se reduza á metade o orzamento para as primas por vacas nutrices, indispensable para a supervivencia das explotacións de vacún de carne en zonas desfavorecidas de montaña nas que non existen outros medios de vida. Tamén é inxustificable que cun paro xuvenil superior ao 50% e cada vez máis xente nova optando polo agro para ter un posto de traballo -as solicitudes de incorporación aumentaron un 79% no último ano- que o 40,57% das axudas da PAC vaian parar a persoas maiores de 65 anos, e que os mozos e mozas que comezan unha vida laboral na agricultura ou na gandería queden excluídos e excluídas das axudas da PAC", insiste. O SLG denuncia que a aplicación da PAC "prexudicará gravemente a sectores estratéxicos galegos como a horta, o viño ou a carne de vacún" O ministro Cañete presume, no entanto, de avances na aplicación da PAC e destaca que se detraerán 550 millóns de euros a máis de 72.000 produtores que non teñen unha actividade significativa para destinalos a agricultores da mesma comarca con "actividade agraria importante". No caso de explotacións gandeiras vinculadas a pastos, exixirase para considerar que teñen actividade, como por exemplo, cinco hecdtáreas por vaca, segundo puntualizou o membro do Goberno. O Ministerio anunciou tamén un acordo para que obteñan pagos acoplados ao vacún de engorde, a vaca nodriza, o ovino-caprino, o vacuno lácteo, o arroz, legumes de caldiade ou o tomate de industria, entre outros. En total, 585 millóns de euros en pagos acoplados anuais desde 2015. A Xunta louva a "decisión valente" do Goberno central e presume de que o acordo responde ás demandas dos sindicatos agrarios Con estes vimbios, a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, louvou a "decisión valente" do ministro Cañete ao "definir o agricultor activo por primeira vez" e asegurar que "cobren axudas aqueles labregos e gandeiros que xeran actividade e postos de traballo" no sector. "Todos saímos gañando", insistiu, tras asegurar que o Estado "recolle en esencia todo o que en Galicia se tiña consensuado coas organizacións agrarias". Pero o SLG cualifica de "falaz" esa afirmación e acusa a Xunta de ser "servil" cos mandados do Executivo central. |
NOS_8533 | Nesta segunda xornada, o encontro internacional ofrecerá un total de seis citas que terán lugar en diversos puntos da cidade de Compostela. Entre elas, a artista xaponesa Beniko Tanaka propón unha función de teatro de sombras | O Festival Internacional Galicreques festexa este domingo a segunda xornada da edición con seis citas que terán lugar na carpa da Alameda, na Reixa-Matrioska Tenda (Rúa do Hórreo, 46) e nas prazas de Santiago de Compostela. O programa comezará na Praza Roxa, que recibirá ás 12.30 horas Os Monifates co seu espectáculo Percorrendo Camiños, unha peza que protagoniza un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes que percorren vilas e pobos cunha importante misión, a de mostrar a rica e variada música e instrumentación da cultura galega. Media hora máis tarde, ás 13 horas, na Carpa da Alameda dará comezo o espectáculo Contacontos de libros contentos, da man de Títeres Brincadeira, que narran nesta montaxes divertidas historias que teñen como principais protagonistas os libros. Xa pola tarde, ás 17 horas, na Reixa-Matrioska tenda, a artista xaponesa Beniko Tanaka presenta Rapazinho de carvão, unha función de teatro de sombras inspirada nun conto tradicional do Xapón. Á mesma hora, ás 17 horas, pero na Praza do Toural dan a oportunidade de gozar de novo do espectáculo Percorrendo Camiños de Os Monifates. Chegará a quenda de Papabuis ás 17.30 horas, na Carpa da Alameda co espectáculo Cantares das Letras, que agrupa música e teatro para conmemorar, nesta ocasión, as Letras Galegas. Fai así un percorrido pola súa historia lembrando a autores de anteriores anos. Para rematar esta xornada, xa ás 18.30 horas, a Praza das Praterías recibirá a compañía belga Plansjet co seu espectáculo poular La Danza de las Marionetas, no que unhas tallas de madeira, realizadas por eles mesmos, cobran vida ao son dos variados instrumentos que tocan. Programación domingo 10 de outubro 12.30h Os Monifates. "Percorrendo camiños". Praza Roxa 13.00h Títeres Brincadeira. "Contacontos de libros contentos". Carpa da Alameda 17.00h Beniko Tanaka. "Rapazinho de carvão". A Reixa-Matrioska Tenda 17.00h Os Monifates. "Percorrendo camiños". Praza do Toural 17.30h Papabuis. "Cantares das letras". Carpa da Alameda 18.30h Plansjet. "La danza de las marionetas". Praza Praterías Máis Galicreques O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta da Galiza a través da Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE, continuará hoxe domingo coa súa 26º edición, que se realizará até o próximo domingo 17 de outubro. |
PRAZA_18393 | Catalunya centra un debate sobre a Constitución celebrado no Hórreo entre a presidenta do Congreso e o seu antecesor José Bono, que pide "facer o que sexa mester para que o secesionismo non triunfe" | O 8 de febreiro de 2009 a daquela deputada do PP na oposición e ex-ministra de Sanidade Ana Pastor encabezou en Santiago unha manifestación convocada pola asociación Galicia Bilingüe que reclamaba liberdade para que pais e nais puidesen decidir que os seus fillos non estudasen galego na escola. Este luns, no Parlamento de Galicia, a agora presidenta do Congreso lamentou que algúns políticos utilicen "as linguas cooficiais como arma arreboladiza en lugar de normalizar o seu uso como si se fixo en Galicia". Así o dixo nun coloquio co seu antecesor celebrado na Cámara galega co gallo do 40 aniversario da Constitución que os dous centraron en Catalunya e no que o segundo pediu "facer o que sexa mester para que o secesionismo non triunfe". Catalunya centra un debate sobre a Constitución celebrado no Hórreo entre a presidenta do Congreso e o seu antecesor José Bono, que pide "facer o que sexa mester para que o secesionismo non triunfe" Organizado pola Cadena Ser e El País, o coloquio no Parlamento de Galicia polo 40 aniversario da Constitución foi moderado pola xornalista Àngels Barceló e presentado polo presidente da Cámara autonómica, o popular Miguel Santalices. A el asistiron representantes de PP e PSdeG pero non de En Marea nin BNG. Na súa intervención, Pastor, obviando o seu respaldo de hai unha década a Galicia Bilingüe e a súa campaña contra a normalización do galego, asegurou este luns que "o normal sería que todos os españois" coñecesen todas as linguas cooficiais, engadindo que "oxalá todos soubésemos catalán", e puxo como exemplo que en Galicia "falamos galego ou falamos castelán, e non sabemos que estamos falando". A súa frase criticando o uso das linguas como "arma" mesmo foi divulgada a través da súa conta de Twitter. Pola súa banda, José Bono dixo que o sentimento patriótico en España debera estar vinculado á Constitución e dixo que "o separatismo, o independentismo, é un sentimento afastado da esquerda". "Creo que debemos facer o que sexa mester para que o secesionismo non triunfe", sentenciou o tamén ex-ministro de Defensa. Asistentes ao debate sobre a Constitución na Cámara galega [Parlamento de Galicia] |
PRAZA_2346 | Manuel Rivas, Suso de Toro, Uxía ou Xabier P. Docampo, entre outros, asinan un manifesto no que reclaman aos axentes implicados na lista unitaria que "volvan sentar a falar para acordala". "Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza", aseguran | Galicia está abocada a dúas candidaturas da esquerda. Dúas listas autoproclamadas de unidade que non serán unitarias. Á falta da decisión de Compromiso por Galicia (CxG) -que o vindeiro sábado votará como concorrer ás xerais- Anova, Cerna, Espazo, Equo, EU e Podemos apostaron no foro organizado polo Encotro Cidadán por unha Marea Galega pola construción dunha candidatura unitaria nun documento que insiste en manter a porta aberta á "incorporación doutros axentes políticos e sociais". Pero as portas semellan totalmente pechadas a un acordo global, agás para os cambios de bando a última hora de pequenas formacións. O "veto" denunciado polo BNG e por Iniciativa pola Unión (IxU) ao reducirse a convocatoria do foro a estes oitos partidos acabou por ser o golpe definitivo a unha confluencia que xa naceu golpeada. Un grupo de persoeiros da cultura lanza un manifesto no que piden "un último esforzo urxente" por unha lista unitaria Malia que dunha e doutra banda dan xa por desbotado un acordo unitario da esquerda rupturista e do nacionalismo, un grupo de intelectuais e persoeiros da cultura vén de lanzar outro manifesto na que reclaman "un último esforzo urxente" ás plataformas, axentes e partidos que manteñen as conversas pola confluencia para lograr unha "candidatura unitaria que consiga para o noso país un grupo parlamentar propio no parlamento español, levantada sobre os nosos problemas e necesidades e cun ambicioso programa social". Insisten, ademais, en non aceptar "perder as esperanzas" nin unha "ruptura" do "proceso aberto". "Pedímosvos aos partidos, plataformas e todo canta entidade que o desexe volver sentar a falar para acordala", din, para engadir que "ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza". "Ninguén ten dereito a derramar a nosa esperanza", insisten nun texto asinado por Pereiro, Rivas, Docampo, De Toro ou Uxía "Esa esperanza non é só duns poucos, é de moita máis xente. Non hai tempo nin se precisa máis, esta semana é a máis axeitada para facelo. Queremos a candidatura", reclaman nun texto aberto a novas achegas e asinado, entre outros, por Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Suso de Toro, Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Pilar Fernández, Uxía, Xurxo Souto, Xosé Luis Armesto, Víctor Freixanes, Federico Pérez, María Reimóndez, Alfredo Conde, Manuel Bragado, Henrique Monteagudo, Xoán López Facal, Margarita Ledo Andión, Dionisio Pereira, Ubaldo Rueda Soto, Tareixa Navaza, Vítor Vaqueiro, Miguel Anxo Murado, Xavier Paz, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Manuel Pereiro, Pepe Barro, Francisco Fernández Naval, Xerardo Dasairas Valsa e Braulio Amaro. Mentres, e malia todo, Xosé Manuel Beiras, coordinacionar nacional de Anova, non pecha porta a un acordo final aínda que critica aos que practican o "egoísmo partidario". "Isto non rematou, aínda ten que dar algunhas voltas", dixo este martes no Parlamento, convencido de que "o proceso está en marcha" e de que "aínda non se fracasou". Beiras mantén a porta aberta ao acordo pero critica os partidos que practican o "egoísmo partidario" Beiras aludiu á ausencia do BNG no foro convocado polo Encontro e asegurou que "hai dirixentes políticos da esquerda que non teñen o nivel necesario para ter claro que aquí hai un enemigo principal ao que hai que derrorar, pór paus nas rodas neste contexto é xogar a favor dese enemigo". O tamén vicevoceiro de AGE cargou contra partidos que se centran en "cuestións de todo secundarias cando non simplemente de egoísmo partidario". Ademais, insistiu en que é clave que "ningún partido apareza como protagonista, poque iso é incongruente co suxeito que se está a construír, plural e diverso". |
NOS_42585 | A última sesión no Parlamento galego do debate de investidura de Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta estivo acompañada, desde a rúa do Hórreo, con dúas mobilizacións que protestaban pola situación laboral de Navantia e o futuro das auxiliares de Endesa nas Pontes. | A entrega o pasado 2 de setembro dun dos dous buques da armada australiana que se están a construír en Navantia e a finalización do outro para finais deste ano sen ningún outro contrato para 2021 está a crear un gran malestar no persoal do estaleiro. Membros do comité de empresa e representantes das auxiliares concentráronse onte diante do Parlamento galego, coincidindo coa finalización do debate de investidura de Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta, para amosar a incerteza dunha situación que podería deixar sen emprego en poucos meses milleiros de traballadoras e traballadores. "Estamos nunha situación desesperada", aseguraba onte o secretario da CIG-Industria de Ferrol, Vicente Vidal, "quedaremos sen ningunha carga de traballo, máis alá das reparacións e da eólica mariña", engadía. Desde a central sindical nacionalista alertan que 2021 será "un ano morto" en Navantia Ferrol. O responsábel deste sindicato no estaleiro, Marcelo Amado, aseguraba diante do Parlamento en relación á carga de traballo que "non é dicir que haberá pouca, é que non vai haber ningunha". Os 3.000 empregos que perderán as auxiliares A maior preocupación no futuro a curto prazo que trae esta situación é a posíbel perda de 3.000 empregos que se corresponden cos que na actualidade contan as auxiliares que agora traballan para Navantia. Na memoria da central nacionalista están as mobilizacións e folgas nalgunhas das máis grandes, como foi o caso de Tecman-Rayma e de Indasa, en 2019. Amado denunciaba que mentres na ría de Ferrol non saben nada do Goberno español, nos estaleiros do sur do Estado o Ministerio de Facenda xa anunciaron o gasto para a construción dun buque de acción marítima "mentres que aquí as traballadoras e os traballadores das auxiliares serán expulsados ao desemprego". Adiantar a construción das fragatas F-110 Unha das posíbeis solucións para impedir a perda de postos de traballo, segundo Amado, sería o adianto dos prazos do programa de construción das fragatas F-110 para a Armada española. A representación sindical teme que sexa todo o contrario e que mesmo as datas previstas na actualidade se demoren moito máis. Outra das propostas que avanzou Vidal para solucionar o problema da carga de traballo é "aproveitar o impulso da construción das fragatas e as novas infraestruturas para saír ao mercado civil con propostas avanzadas" que non están en consonancia "co atraso do denominado estaleiro 4.0". Ademais, Vidal sinalou que a mobilización diante do Parlamento é un toque de atención a Feixoo para difundir que "o Goberno galego ten un papel importante que xogar, os estaleiros da ría son públicos e sempre reclamamos que a Xunta da Galiza debe estar no Consello de Administración de Navantia e ten que exercer presión, porque as decisións que afectan a Fene e Ferrol, tanto sobre carga de traballo como sobre as propias instalacións e a organización, son decisións políticas". Mobilización no Hórreo das auxiliares de Endesa nas Pontes Na última sesión do debate de investidura, traballadores e traballadoras das auxiliares de Endesa nas Pontes tamén realizaron unha concentración ás portas do Pazo de Hórreo para demandar un proceso de transición xusto que pasa por dar garantías de emprego a este persoal e dotar de futuro industrial a bisbarra. A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións periódicas que a CIG, CCOO e UXT convocan polo que consideran "falta de avances nas solucións" para as traballadoras e traballadores das contratas e subcontratas da central térmica que, a día de hoxe, denuncian que seguen sen contar cunha submesa específica e permanente na que abordar unha solución global á súa problemática, ao igual que xa existe para o colectivo de transportistas da multinacional. |
PRAZA_3263 | O Goberno galego recoñecerá de xeito simbólico aos concellos sostibles tres anos despois de anunciar que o distintivo sería para propietarios de montes | O Goberno galego recoñecerá de xeito simbólico aos concellos sostibles tres anos despois de anunciar que o distintivo sería para propietarios de montesHai tres anos a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciaba a creación do "distintivo Bandeira Verde para aqueles montes que acrediten o uso sostible do espazo natural". Este venres, tres anos despois, o propio presidente Feijóo presentou os premios, pero agora xa non dirixidos aos montes senón a "concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente", que recibirán un "novo distintivo", a antedita Bandeira Verde. Esa distinción xa existía tras ser creada pola Xunta de Manuel Fraga en 1998 para recoñecer a calquera institución, entidade ou organización "que desenvolvan un labor significativo no coidado do medio ambiente". Aquelas bandeiras verdes foron convocadas ata 2002 e deixaron de outorgarse tras o afundimento do Prestige a finais daquel ano.A Xunta, consultada por este diario, recoñece que o nome da distinción é o mesmo que o da época de Fraga, e mesmo coincide co das bandeiras verdes que outorga a centros educativos a asociación ADEAC que tamén entrega as bandeiras azuis ás praias, pero salienta que o obxectivo é distinto. Medio Ambiente non aclara por que tardou máis de tres anos en concretar a iniciativa tras anunciala en marzo de 2017, cando a conselleira aseguraba que a Bandeira Verde iría dirixida a "aqueles propietarios que non só están cumprindo coas súas obrigas, senón que van máis alá e destacan polo ben coidadas que estean as súas parcelas ou que, por exemplo, acrediten usos sostibles". O premio de Fraga, dun millón de pesetas, ía dirixido a calquera organización significada no coidado do medio ambiente mentres que a nova Bandeira Verde vai a concellos e non ten dotación económicaAgora a nova Bandeira Verde está dirixida, malia o anunciado hai tres anos pola conselleira, a concellos que se destaquen polas súas iniciativas en favor da sostibilidade, a xestións dos residuos, a loita contra o cambio climático, a eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable ou a educación ambiental. "Non hai outra comunidade autónoma cun recoñecemento similar deses criterios", di Medio Ambiente, que matiza que a distinción non ten unha dotación económica directa pero será tida en conta á hora de valorar méritos do concello para acceder por exemplo a determinadas liñas de axudas. A convocatoria do proceso para optar á nova distinción será publicada "nas vindeiras semanas" no Diario Oficial de Galicia e un "xurado técnico" valorará as candidaturas que se presenten.Fronte a estas características, a Bandeira Verde da época de Fraga foi creada en 1998, co agora directivo de Ence Carlos del Álamo como conselleiro de Medio Ambiente, e contaba con tres categorías, cunha dotación de 500.000 pesetas cada unha: á mellor acción na conservación do bosque, á mellor acción de conservación da biodiversidade e á mellor acción na defensa e loita contra os incendios forestais. En 1999 engadíuselle ás anteriores a categoría de Bandeira Verde á mellor acción de mellora da calidade ambiental, e aumentouse a dotación das catro categorías a un millón de pesetas para cada unha.En 2000 e 2001 as bandeiras verdes foron integradas nos premios Medio Ambiente de Galicia, que chegaron a sumar ata oito categoríasEn 2000 e 2001 as bandeiras verdes foron integradas nos premios Medio Ambiente de Galicia, que ás catro categorías de bandeiras existentes sumaron ás dos premios ao mellor traballo de investigación científica sobre temática ambiental, á acción ou campaña escolar de temática ambiental, ao labor de divulgación ambiental dirixido aos profesionais dos medios de comunicación e á narrativa curta para creacións literarias sobre temas ambientais. Unha das organizacións gañadoras en 2000, a Asociación Naturalista Baixo Miño (Anabam), conserva na súa web imaxes da entrega das bandeiras daquel ano por parte do propio Fraga.A finais de 2002 afundiu o Prestige e xa non se volveron convocar as bandeiras verdes2002 foi o último ano en que se convocaron os premios Bandeira Verde, xa novamente sen os premios Medio Ambiente, e coa dotación xa convertida a euros, con 6.010,12 euros cada unha das catro categorías. A finais daquel ano afundiu o Prestige e xa non se volveron convocar as bandeiras verdes. |
NOS_48015 | O proceso de reflexión e reconfiguración da plataforma CG vén de poñer o ramo en forma de bases dun novo proxecto independentista que avoga por sumar enerxías "para unha rutura con España como única vía posíbel". | A pasada fin de semana Compostela acolleu a fase definitiva da reconfiguración da 'vella' Causa Galiza nunha nova organización en chave "independentista e socialista". Un encontro que foi, afirman @s participantes, "o punto de inflexión definitivo" para construír "un novo proxecto dirixido a impulsar a liberación nacional". Chaman a "superar erros do pasado" e sumar forzas no camiño da "liberación nacional e social" Valoran a existencia de 'Galiza pola Soberanía' como un axente en torno ao que poder alicerzar diferentes sectores soberanistas nunha estratexia común para incidir na necesidade de superar o marco autonómico cara se dotar dun estado propio. Nese camiño, proseguen, a "nova Causa Galiza é unha ferramenta nova" para un "tempo novo". Un camiño que sume "homes e mulleres" dispostos a desenvolver "con todas as súas forzas" o proceso que leve "á ruptura con España" "Sería prepotente, para alén de ridículo, afirmar que temos a 'fórmula´" Este novo proxecto parte de considerar que "obxectivamente" é un tempo de oportunidades "e horizontes abertos para o independentismo galego", mais que tamén hai certo fastío, "aborrecemento" nunha militancia "cansa de experimentos". Por iso queren partir da humildade e do compromiso para, "superando erros do pasado" e avanzar no "camiño da liberación nacional e social". |
PRAZA_9994 | Os socialistas obteñen 122 dos 208 senadores que se elixían nas xerais, pero nestes comicios tamén se renovan os seis valencianos tras as súas autonómicas e os tres designados pola cámara galega | Os socialistas obteñen 121 dos 208 senadores que se elixían nas xerais, pero nestes comicios tamén se renovan os seis valencianos tras as súas autonómicas e os tres designados pola cámara galegaO que durante os dez últimos meses foi un dos principais pesadelos do Goberno de Pedro Sánchez, a maioría absoluta coa que contaba o PP no Senado, vén de saltar tamén polos aires grazas ao sistema de elección da Cámara Alta, que prima á forza máis votada. Así, o PSOE vén de obter (co 99% escrutado) 121 dos 208 escanos en xogo no Senado, cámara clave para aplicar o artigo 155 da Constitución e intervir novamente a autonomía de Catalunya, como propuxeron durante a campaña os partidos da dereita, tamén Feijóo desde Galicia.Dos 266 escanos do Senado, nestas eleccións xerais renováronse directamente co voto dos electores 208 (os 58 restantes son designados polos parlamentos autonómicos en función do reparto de forzas en cada cámara). Na pasada lexislatura o PP controlaba o Senado con 149 dos 266 senadores totais (130 dos 208 elixidos nas urnas) e agora vén de baixar nas urnas a só 56, mentres que o PSOE só contaba con 62, 44 dos elixidos nas urnas, e agora estes últimos suben aos anteditos 122.En Galicia as eleccións deron un empate a 8 senadores entre PSdeG e PP, fronte aos 12 que tiña o PP, 3 o PSdeG e 1 En MareaEn Galicia fronte aos 12 senadores cos que contaba ata agora o PP, 3 o PSdeG e 1 En Marea, os comicios deste domingo deron un empate a 8 senadores entre o PSdeG e o PP, de xeito que o sistema de voto á Cámara Alta, que prima ao partido maioritario en cada circunscrición, deulle a vitoria aos socialistas na Coruña e Pontevedra e aos populares en Lugo e Ourense.Os malos resultados do PP deixan sen escano no Senado a Pilar Rojo, ex-presidenta do Parlamento de Galicia, e a Juan Juncal, ex-alcalde de Ferrol con escano en Madrid desde hai unha décadaOs malos resultados para o PP deixan fóra do Senado á ex-presidenta do Parlamento de Galicia Pilar Rojo, que na anterior lexislatura era deputada pero que foi recolocada nas listas á Cámara Alta por Pontevedra, nas que non conseguiu ser elixida, adiantada polos tres candidatos do PSOE e o seu compañeiro popular Miguel Fidalgo, concelleiro en Vigo. En Pontevedra tamén quedou fóra a ata agora senadora de En Marea e candidata por En Común Unidas Podemos Vanessa Angustia. Na Coruña o que queda tamén fóra do Senado é o ex-alcalde de Ferrol Juan Juncal, que desde 2016 era deputado pero que antes, ocupara escano na Cámara Alta desde 2008. Si seguirá sendo senador por Lugo José Manuel Barreiro, que foi portavoz dos populares durante os gobernos de Rajoy.Senadores electosA CoruñaAntonio Vázquez Lorenzo (PSdeG)Obdulia Taboadela (PSdeG)Julio Barros (PSdeG)Miguel Lorenzo (PP) LugoJosé Manuel Barreiro (PP)Rosa María Arza (PP)Manuel Lorenzo (PP)César Alejandro Mogo (PSdeG) OurenseMiguel Ángel Viso (PP)Carmen Leyte (PP)Francisco José Fernández Pérez (PP)Juan Carlos Francisco Rivera (PSdeG) PontevedraModesto Pose (PSdeG)Margarita Adrio (PSdeG)Daniel Chenlo (PSdeG)Miguel Fidalgo (PP)Senadores por designación autonómicaAdemais dos senadores electos nas urnas, en breve van cambiar tamén os de designación autonómica, dos que Galicia é a única comunidade que os cambia coincidindo coas eleccións xeraisPero o Senado seguirá a cambiar a súa composición nas próximas semanas. Ademais dos 208 senadores elixidos este domingo, hai outros 58 senadores nomeados por designación dos parlamentos autonómicos en función do peso das forzas políticas en cada cámara. Actualmente o PP controla 19 deses senadores por designación fronte a 18 do PSOE, pero dentro dun mes, coas eleccións municipais do 26 de maio, haberá autonómicas na maioría das comunidades, o que mudará boa parte deses escanos. Pero antes, os primeiros en cambiar deses 58 senadores por designación autonómica serán os seis da Comunidade Valenciana, onde este mesmo domingo as eleccións autonómicas a vitoria ao PSOE, e os tres senadores de Galicia, única comunidade que elixe os seus senadores por designación autonómica coincidindo con cada lexislatura das Cortes Xerais e non con cada cambio do parlamento autonómico. Tras as xerais de 2016 o reparto deses tres senadores galegos por designación foi de dous do PP (Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez) e un do PSdeG (Modesto Pose, que agora obtén escano como senador elixido nas urnas). Daquela os socialistas eran a segunda forza na Cámara galega tras os populares, pero no actual Parlamento de Galicia a segunda forza é En Marea, empatada a escanos co PSOE, o que augura debates sobre que forza obterá ese terceiro senador por designación autonómica que acompañe aos dous que ten asegurados o PP. |
PRAZA_12451 | A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais demostra que recortar estas prestacións non garante unha mellor saúde das contas públicas, advirte dun desenvolvemento "irrelevante" da asistencia no caso galego e chama á Xunta a incrementar as prazas residenciais para maiores. | "Feble" ou, o que é o mesmo, un dous nunha escala do un ao nove. É o resultado que obtén Galicia na radiografía que a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais lle vén de realizar a estas prestacións no conxunto do Estado. O Índice de Desenvolvemento dos Servizos Sociais é o primeiro gran estudo estatal na materia que, ademais de ofrecer datos comparativos entre comunidades autónomas, se mergulla en cada caso particular cruzando variables tan medibles como o investimento económico ou o número de persoas beneficiadas con outras máis intanxibles e habitualmente máis publicitadas, como os dereitos recoñecidos. Desta análise polo miúdo sae un retrato robot que amosa a Galicia como un territorio no que as prestacións sociais están por baixo da media en case todos os casos, tamén en canto a investimento, e onde un dos emblemas deste ámbito, a Lei de Dependencia, está simplemente "atascada". No económico, para atopar a Galicia hai que ollar da metade cara a abaixo. Nomeadamente, os 256,09 euros que a Administración galega gasta por habitante en servizos sociais sitúana no duodécimo posto entre as dezasete autonomías, moi lonxe dos 773,21 euros de Euskadi que, como no gasto sanitario, encabeza o rexistro estatal. Dos datos recompilados pola asociación autora do informe é posible tirar tamén outra conclusión que non é menor en tempos de restricións orzamentarias. Autonomías que se están a caracterizar por aplicar fortes recortes, como a Comunidade Valenciana ou Baleares, non presentan unhas finanzas públicas precisamente saneadas. Mentres, a propia Euskadi ou Navarra, que ocupa o segundo posto, tamén son exemplo en materia económica. Neste contexto, o estudo sinala que Galicia alcanca "niveis aceptables" en "relevancia económica", aínda que "por baixo da media" en gasto por habitante e en porcentaxe de gasto en servizos sociais sobre o total de gasto da comunidade, un indicador que está no 6,7% fronte ao 6,93% da media estatal. Gasto en servizos sociais por habitante Euskadi 773,21 Navarra 488,1 Castilla-La Mancha 467,58 Cantabria 370,11 La Rioja 363,81 Extremadura 353,73 Castilla y León 300,3 Asturias 297,51 Catalunya 281,09 Andalucía 279,29 Aragón 267,57 Galicia 256,09 Murcia 230,72 Madrid 207,39 Canarias 155,69 Comunitat Valenciana 129,56 Balears 119,83 Media estatal 280,03 Neste contexto, as carencias de investimento vense reflectidas na análise das prestacións á cidadanía, así, os autores do informe só consideran que Galicia "destaca positivamente en catro aspectos", os cales non dependen integramente da Xunta e si o fan, en boa medida, dos concellos. Así, o estudo sinala que nos servizos sociais municipais existe un traballador ou traballadora por cada 2.745 habitantes, un nivel "moi axeitado ás características da poboación e territorio de Galicia" que confronta cos 3.858 habitantes que lle corresponden a cada persoa que traballa nos servizos sociais no conxunto do Estado. Neste mesmo ámbito positivo atópase a porcentaxe de acollemento familiares a menores, as prazas de aloxamento para persoas sen fogar e as prazas en ceontros de día e centros ocipacionais para persoas con discapacidade. "Importantes déficits de cobertura" Á marxe dos catro indicadores positivos, a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos atopa "importantes déficits de cobertura" nun amplo abano de indicadores analizados, entre os que destaca o grao de cumprimento da Lei da Dependencia, unha norma que apenas cobre o 1,26% da poboación galega fronte ao 1,59% de media estatal. Así, os datos recollidos permiten concluír que están "no limbo da dependencia", isto é, teñen recoñecida unha prestación pero aínda non a reciben, o 44,3% das persoas xa integradas no sistema de atención á dependencia. Esta, di o informe, é unha cifra "moi superior mesmo á elevada media estatal do 28,9%. O estudo ve "escasa" a cobertura de prazas residenciais e insta a Xunta a "esforzarse" para "achegar á media o gasto en servizos sociais" No mesmo ámbito, o informe ve "escasa" a cobertura de prazas residenciais para persoas maiores de 65 anos, con apenas 2,8 por cada cen habitantes. No resto do Estado, a media é de 4,3 prazas. Esta escaseza de prazas en residencias non se compensa coa axuda a domicilio. Ben ao contrario, este servizo só é percibido polo 1,66% dos homes e mulleres que superan os 65 anos, cando a media estatal é do 4,69%. Estes e outros diagnósticos fan que o estudo deixe un nada desprezable abano de recomendacións para Galicia, a comezar pola necesidade "urxente" de "elaborar e aprobar" un catálogo de servizos "que concrete os dereitos subxectivos que establece a Lei de Servizos Sociais, aprobada en 2008. Do mesmo xeito, explica, cómpre "desatascar a actual situación da Lei da Dependencia" que, "con catro de cada dez dos seus beneficiarios recoñecidos sen percibir as prestacións ou servizos" non só fai minguar a calidade de vida das persoas maiores ou discapacitadas, senón que tamén impide que se desenvolva "o potencial de emprego deste sector. "Malia ás importantes dificultades económicas que ofrece a actual situación, Galicia debe realizar un esforzo por achegar os seus indicadores de gasto en servizos sociais á media estatal", detallan os autores do informe, baixo cuxo punto de vista este incremento de gasto debería comezar por ámbitos como o incremento de prazas residenciais e tamén do servizo de axuda a domicilio. Trátase, di, de "apostar polo servizo fronte á prestación económica", algo que contribúe "non só á incrementar a calidade da atención, senón que suporía un impulso ao emprego, tan necesario na actual situación. |
NOS_48225 | Prisioneiros kurdos encarcerados en Turquía manteñen unha folga de fame con que exixen ao goberno do país facer oficial a súa lingua no ensino e nos tribunais. Aliás, os presos políticos demandan o inicio dun proceso de negociación que poña fin ao conflito político que vive o país e poña fin ao illamento ao que foi sometido o líder do PKK (Partido dos traballadores de Kurdistán) desde 1999. | Máis de cincuenta días levan xa centos de prisioneiros kurdos en folga de fame. Esta podería ser a primeira vez en que presos políticos deciden iniciar unha folga deste tipo a prol dos dereitos lingüísticos do seu pobo. Os presos políticos, pertencen ao PKK (Partido dos Trballadores de Kurdistán) e foron arrestados durante os últimos dez anos. Actualmente atópanse á espera de seren xulgados por tribunais especializados en "crimes terroristas" en cuxa defensa se lles impide empregar a súa lingua nai. Neste sentido, os presos demandan a través da súa folga que o idioma kurdo sexa oficial durante as audiencias e que o goberno turco oficialice a súa lingua no ensino, en troca da situación actual en que este idioma é ensinado tan só nalgúns cursos selectivos. Aliás, os presos exixen o fin do illamento ao que se atopa sometido o líder e presidente do PKK, Abdullah Öcalan, detido desde 1999 baixo réxime de incomunicación nunha illa baixo administración turca; e o inicio dun proceso de negociación que poña fin ao conflito político que vive o país desde hai vinte e oito anos. A aplicación da lei antiterrorista Tan só Turquía e o Estado español manteñen leis de excepción como a antiterrorista de entre todos os réximes, supostamente, democráticos e de dereito de occidente. No caso turco, ao igual que acontece no Estado español, o ordenamento xurídico interno permite ás forzas gobernamentais deteren e xulgaren a calquera individuo que poida ser sospeitoso de participar no conflito kurdo. Neste sentido, e froito das operacións policiais a partir de 2009 --nomeadamente após as eleccións de 2011, son numerosos os casos en que xornalistas --76 segundo un informe do Comité de Protección de Xornalistas-- e activistas pola defensa dos dereitos do pobo kurdo, foron arrestad@s acusados de "colaboración con banda terrorista", porén, moit@s nunca tivesen nada a ver coa loita armada. Asemade, case todas as persoas que participaron na defensa do presidente do PKK, Abdullah Öcalan, foron detidas, así como alcaldes electos democraticamente e membros de concellos e comunidades kurdas. O PKK é un partido político que loita pola independencia de Kurdistán --baixo administración turca-- como estado socialista, sendo considerado unha "organización terrorista" polos EUA, Turquía e maís a Unión Europea. |
PRAZA_1143 | Today is the day. Hoy se celebra el Día de las Letras Gallegas. E nós, que facemos? | Today is the day. Y hoy, ¿qué hacemos?. Este 17 de maio, como cada 17 de maio dende 1963, celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas, xornada na que, como é sabido, moitos medios de comunicación editados en Galicia e redactados en castelán adoitan traducir as súas capas ao galego creando, durante unhas horas, toda unha miraxe editorial que esvae xa non ao pasar o día, senón ao pasar a páxina. No caso de querer sumarse á celebración cunha dinámica semellante xornais como o que vostede ten agora ante os ollos -ou as lentes- deberan, en boa lóxica, traducir os seus contidos -ou, cando menos, a súa capa-, a un idioma distinto do galego, a ser posible castelán ou inglés. "E se o facemos?", pensou alguén no seo deste diario. De optar por facelo as dificultades non serían poucas para tentarmos manter a harmonía. A inclusión de ligazóns que conducisen a novas de calquera outro día levaría o público, irremediablemente, cara a un contido en galego. Se a actualidade da xornada nos levase a ter que informar sobre asuntos das categorías 'Movementos sociais' ou 'Ciencia e tecnoloxía' os nomes destas serían excesivamente reveladores. Do mesmo xeito, a configuración por defecto no noso sitio web impediríanos tornar o 'Fálase de...' en 'Se dice, se comenta', poñamos por caso, e as ducias seguirían sendo ducias e non docenas. Ao carón destas liñas dispón vostede duns deseños elaborados para a ocasión cos que poder celebrar o Día das Letras Galegas ou, mellor, o 17-M, dun xeito un chisco máis mainstream Aínda a risco de semellarmos vítimas daquel ser mítico alcumado "imposición del gallego" decidimos abordar un reto un chisco máis doado. Ao carón destas liñas dispón vostede duns deseños elaborados para a ocasión cos que poder celebrar o Día das Letras Galegas ou, mellor, o 17-M, dun xeito un chisco máis mainstream. Dada a licenza Creative Commons pode descargalos e, por exemplo, distribuílos polas redes sociais sen tasa nin mesura. Pode elixir entre versos de populares cantigas adaptados a esta conmemoración ou a reivindicación de sentirse un chisco máis galega ou galego que quen se traviste de galeguidade cada Día das Letras Galegas, é dicir, cada 17-M. Iso si, en inglés. Se sumamos a superficie dos cadros que arrodean este texto estaríamos, ás claras, descompensando as proporcións de linguas. Así que, amiga lectora, amigo lector, dispón tamén dunha caste de bonus track: nas ligazóns que atopará a continuación dispón de senllas versións descargables dun deseño adicional, que a vostede lle pode servir para, tamén en galego, amosar que non bota man da lingua galega unicamente un día ao ano. Pode imprimilo, reproducilo, tirar un selfie con el, convertelo nun cartaz ou estampalo nunha camisola, por exemplo. Así poderá celebrar o día como merece e nós, equilibrar ao 33%, aproximadamente, como se dun decreto calquera se tratase. Descargar en pdf Descargar en pdf Porque ás veces non vén mal ollar, ollalos e ollarnos no espello. Teñan un bo Día das Letras. |
NOS_4773 | Mentres Europa acolle manifestación a favor e en contra da chegada de persoas refuxiadas, un cento de encapuchados atacou solicitantes de asilo no centro de Estocolmo. | Estocolmo acolleu na pasada sexta feira o último episodio xenófobo contra as persoas refuxiadas. Tivo lugar cando un grupo formado por un cento de encapuchados –vinculados, presuntamente, co movemento neonazi sueco- atacou persoas refuxiadas na estación de ferrocarril principal da capital sueca. O grupo de asaltantes repartiu panfletos dirixidos contra as crianzas refuxiadas que ameazaban con "darlles o castigo que merecen" e golpeou toda aquela persoa que lle parecese estranxeira. A policía detivo tres persoas relacionadas con estes feitos que, a día de hoxe, xa se atopan en liberdade. A inicios de xaneiro, Suecia reforzou os controis nas súas fronteiras para reducir o fluxo de entrada de persoas refuxiadas. En 2015, un total de 163.000 persoas solicitaron asilo no país nórdico. A semana pasada, o Goberno anunciou a expulsión dunhas 80.000 persoas refuxiadas após negarlles o asilo. En Alemaña producíronse máis de mil ataques en 2015 Pola outra banda, o Goberno alemán informou do incremento dos delitos contra os centros de acollida para persoas refuxiadas, onde xa se produciron máis de mil ataques. Esta cifra multiplicouse por cinco o ano pasado –en 2014 a cifra fora de 199--. Aumentan as persoas refuxiadas que queren entrar en Europa Segundo os datos da Organización Internacional de Migración (OIM), case 55.500 persoas refuxiadas chegaron a Europa no mes de xaneiro por vía marítima. O organismo advirte, ademais, de que 244 perderon a vida no Mediterráneo, cifra que supera as 85 mortes de xaneiro de 2015 e as 14 de 2014. A meirande parte destas persoas procede de África e do Oriente Medio. A meirande parte das crises humanitarias que se viven en África e Oriente Medio son derivadas da inestabilidade social e política, froito, á súa vez, da intervención estranxeira. O caso paradigmático é o de Siria, país no que hai máis de 7 millóns de persoas desprazadas, debido aos ataques terroristas como o do autodenominado Estado Islámico ou da intervención militar estranxeira –nomeadamente de Francia e dos EUA--. |
NOS_18862 | As eleccións europeas do 26M deron escano a dous galegos e unha galega que terán o deber de representar os intereses do noso país na eurocámara. Continúan Ana Miranda polo BNG e Francisco Millán do PP, e estréase Nicolás González polo PSdeG. Nin Lídia Senra de En Marea nin as galegas Vanessa Angustia e Carmen Rei de Unidas Podemos conseguiron escano. | Nas eleccións europeas do 26 de maio o PSOE foi o partido máis votado no Estado con 7.359.617 votos e tamén primeiro na Galiza con 507.690. Dos 20 escanos logrados polo PSOE no Estado, no número nove atópase o lalilense Nicolás González Casares que se estreará na eurocámara na nova lexislatura. O PP quedou no segundo posto tanto no Estado (4.510.193 votos) como na Galiza (431.782) o que lle deu 12 escanos. Esta cifra supón a continuidade do seu número 8, Francisco Millán Mon. O PP quedou no segundo posto tanto no Estado como na Galiza O BNG duplicou na Galiza os seus resultados respecto á anterior convocatoria das eleccións europeas, ficando como terceira forza na Galiza (171.500 votos) e a coalición Agora Repúblicas na que se integra con Esquerra e EH Bildu logrou 1.257.484 sufraxios e 3 escanos. Por tanto, a nacionalista Ana Miranda Paz continuará como eurodeputada e farao durante máis tempo, pois ao aumentar o BNG en votos tamén medra o tempo de escano que rota coas forzas soberanistas de Euskadi e Catalunya. Ana Miranda Paz continuará como eurodeputada e farao durante máis tempo Ningunha outra galega nin galego ocupará escano, a menos que se corra lista en Unidas Podemos, xa que lograron 6 representantes e as galegas Vanessa Angustia e Carmen Rei ocupaban os postos 10 e 11 respectivamente na candidatura. En Marea – Compromiso por Europa non sacou escano ao obter en Galiza 15.288 votos e no Estado un total de 296.000. Lídia Senra perde por tanto o escano de eurodeputada que lograra en 2014 con AGE (a coalición de Anova con Esquerda Unida). Nicolás González estréase na eurocámara O novo eurodeputado do PSOE, Nicolás González Casares, naceu en Lalín no ano 1972. Estudou enfermaría na USC e foi candidato á alcaldía de Lalín hai catro anos e exerceu como tenente de alcalde. Dá o salto agora ao Parlamento Europeo, e durante a campaña salientou en Sermos Galiza as súas prioridades políticas desde o escano. Estas pasan polo "combate prioritario contra o paro e a precariedade, especialmente dos mozos, e problemas específicos, como o desafío demográfico e a necesidade de atender os seus sectores estratéxicos". Ademais, González asegurou que se implicará na loita contra a desigualdade, "no desenvolvemento dun piar social vinculante que reforce os sistemas de protección e benestar social, mellore os niveis de vida da cidadanía e loite contra a pobreza infantil". Nese sentido avogou por pular por "mercados laborais xustos". O novo eurodeputado considera tamén que a UE debe avanzar no marco europeo de salarios mínimos, o réxime europeo de seguro de desemprego, unha porcentaxe de gasto social mínimo en toda a unión e os plans para impulsar a igualdade salarial entre mulleres e homes, para combater o desemprego xuvenil e para atallar a pobreza infantil. En canto a Galiza, salientou tres prioridades que pasarían por garantir que as políticas comúns agraria e pesqueira non vexan recortados os seus fondos, o desenvolvemento dunha axenda industrial integral e o aproveitamento das oportunidades ligadas á transición enerxética. González substitúe a outro galego, José Blanco. O exministro de Zapatero non foi situado nas listas ao Parlamento Europeo González substitúe a outro galego, José Blanco. O exministro de Zapatero non foi situado nas listas ao Parlamento Europeo e deixa a cámara após realizar nesta lexislatura un cento de intervencións no pleno sobre temas maiormente relacionados con enerxías, 2 informes coma relator tamén sobre enerxía, 7 informes como relator alternativo, 2 opinións como relator sobre pesca e 1 sobre dereitos de autoría, un cento de propostas de resolución sobre política exterior e relacións internacionais e tan só 4 preguntas orais, a última rexistrada sobre telecomunicacións. Ana Miranda, a eurodeputada do BNG Ana Miranda Paz naceu en Cuntis e é especialista en Dereito Comunitario pola Universidade de Lovaina, após formarse como xurista en Santiago e A Coruña. Conta con ampla experiencia en Bruxelas desde que o BNG obtivo por primeira vez escano na eurocámara con Camilo Nogueira. Miranda foi naquel período de 1999 a 2004 asistente parlamentaria do histórico nacionalista. Nas eleccións de 2009 encabezou a lista polo BNG na coalición Europa dos Pobos – Verdes exercendo escano de eurodeputada, que tamén repetiría liderando a candidatura do Bloque en 2014 e 2019. Na lexislatura que vén de rematar Miranda exerceu o escano durante 16 meses, xa que o partillou co representante de EH Bildu. Aínda así, destaca como activa eurodeputada contando con intensa actividade entre a que salientan as súas 18 propostas de resolución sobre asuntos de actualidade, 95 intervencións nos debates no pleno do Parlamento Europeo, 6 opinións expresadas como relatora alternativa e 5 preguntas orais. Así mesmo presentou máis de 100 preguntas con solicitude de resposta escrita. Os temas sobre todas as iniciativas foron desde a defensa dos sectores produtivos galegos, a inclusión de Galiza no corredor Atlántico de Mercadorías, a rexeneración das rías... Os temas sobre todas estas iniciativas foron desde a defensa dos sectores produtivos galegos, a inclusión de Galiza no corredor Atlántico de Mercadorías, a rexeneración das rías, a defensa do sector marítimo pesqueiro galego, a igualdade e loita contra a violencia de xénero, o cambio climático, Palestina e as loitas dos pobos, así como a resolución aprobada sobre o auxe do neofascismo en Europa e que pula pola ilegalización da Fundación Francisco Franco. O BNG amplía o seu escano no Parlamento Europeo Como BNG duplicou os seus votos na Galiza respecto das eleccións europeas de 2014, a eurodeputada nacionalista Ana Miranda ocupará o seu escano durante maior tempo que na anterior lexislatura, chegando aos dous anos. En función dos sufraxios recibidos en cada nación repartiranse os tempos de escano entre Esquerra e Bildu. Así, e a esperas de que se celebre unha xuntanza da coalición nos vindeiros días, desde o Bloque avanzan que ERC contará con 2 escanos e que o terceiro rotará entre a forza vasca e a galega. Desta maneira, Ana Miranda ocupará o escano de eurodeputada durante practicamente dous anos, mentres que na pasada lexislatura foron 16 meses dado que o número de votos fora inferior daquelas. Mentres o eurodepudato abertzale ocupe o escano, tanto as forzas vascas como as catalás están comprometidas a tramitar e pular polas iniciativas que o BNG decida apresentar e Miranda será portavoz do BNG en Europa e asistente da coalición no Parlamento Europeo, unha figura que segundo indican desde o BNG está contemplada no regulamento parlamentario como como un cadro técnico-político con capacidade de participación decisiva en distintos órganos parlamentarios. A coalición soberanista reunirase nos vindeiros días, segundo adiantan desde o BNG, polo que fica aínda por saber durante que período de tempo ocupará o nacionalismo galego o seu escano. De efectuarse o Brexit pode gañar un escano máis Agora Repúblicas A saída do Reino Unido da Unión Europea implicaría a reformulación do reparto de número de escanos por estados membros, co que a coalición Agora Repúblicas podería alcanzar o seu cuarto representante, o que implicará a ampliación do tempo de permanencia de Ana Miranda no escano. Francisco Millán Mon, experto en política exterior e no Camiño de Santiago O pontevedrés Francisco José Millán Mon é licenciado en Dereito pola USC e diplomado en Estudos Internacionais. Estivo destinado nas embaixadas españolas de Alemaña e Marrocos. É eurodeputado desde 2004 polo Partido Popular e na última lexislatura proseguiu como membro titular da comisión de Asuntos Exteriores e na Delegación para as Relacións cos Estados Unidos. Vén de ser membro suplente da Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións ca República Popular China. De 2010 a 2014 foi o presidente do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo para a divulgación do papel do Camiño "nunha identidade europea común" e relanzar este valor na UE. Nesta última lexislatura copresidiu o novo Intergrupo Desenvolvemento do Turismo Europeo, Patrimonio Cultural, Camiños de Santiago e outros Roteiros Culturais Europeos. Nesta última lexislatura copresidiu o novo Intergrupo Desenvolvemento do Turismo Europeo, Patrimonio Cultural, Camiños de Santiago e outros Roteiros Culturais Europeos. Realizou máis de 100 intervencións no pleno do parlamento e outro cento de propostas de resolución, mais a práctica totalidade delas versaron sobre política exterior relacionada con Venezuela, Irak, Libia, Nicaragua, EEUU ou China… e tan só algunha foi sobre pesca. Conta con 2 informes presentados como relator, 6 como relator alternativo e unha opinión como relator sobre as recomendacións da UE a redor as negociacións da Comisión Trasatlántica de Comercio. |
NOS_15382 | Cumpriuse o guión. O xurado do festival de Benidorm empregouse a fondo para que todo saíra á medida das orientacións recibidas desde a dirección da Corporación de Radio Televisión Española (CRTVE). Un deseño onde a cultura galega non ten cabida | As enquisas adiantaba un aumento no apoio popular a Tanxugueiras. Neste sentido, coincidían sondaxes procedentes do mundo demoscópico e da música. Sen ir máis lonxe, "Los 40 principales", a canle musical máis seguida do Estado, facía pública unha sondaxe poucas horas antes da final onde sinalaba que o grupo galego era o preferido entre a súa audiencia. A alza nas expectativas do voto directo a Tanxugueiras explica que o xurado profesional reducira aínda máis a súa puntuación ás pandeireiteiras. Mentres na gala da pasada quinta feira os xuíces outorgaron ao grupo galego para o escándalo da audiencia 38 puntos, na final deste sábado concedéronlle 30 puntos. Tanxugueiras de recibir o sábado do xurado o mesmo número de votos que a cuarta feira alzaríase como triunfadora do festival de Benidorm. Chanel acadou onte a primeira praza con 91 puntos, 50 dos cales procedían dos xuíces, 25 do voto demoscópico e 20 do "televoto". Pola súa banda, Tanxugueiras ficou en terceiro lugar con 91 puntos, 30 do xurado, 30 do voto demoscópico e 30 do sufraxio directo. O xurado rebaixa a puntuación ao grupo galego O grupo galego no caso de recibir onte 38 puntos dos xuíces, sumándoos aos outros 60 achegados polo público e o xurado demoscópico sumaría 98 votos. Neste sentido, falta por saber se a valoración da actuación de Tanxugueiras foi distinta polos membros españois do xurado e os doutras nacionalidades, como supostamente aconteceu en semifinais. As diverxencias entre os resultados da votación popular e demoscópica e a puntuación do xurado cuestiona a súa imparcialidade, tal é como foi denunciado nas redes sociais por numerosas persoas. Máis unha vez a idea de "tongo" é claramente maioritaria entre a opinión pública galega. As bases do festival de Benidorm estaban pensadas para que fora o xurado quen adoptara a decisión conforme as orientacións marcadas pola dirección do ente público. Tanto é así, que reservaban para o mesmo 50% dos votos, o que imposibilitaba de facto unha opción que non contara co seu apoio. "Slomo" As razóns que explican o interese do xurado no trunfo de Chanel coa súa canción "Slomo" son diversas. A marxe de consideracións de fondo sobre a idea do Estado e das súas linguas cooficiais, as ligazóns da alternativa de Chanel coa grande industria musical e da comunicación son evidentes. A candidatura de Chanel está promovida pola grande produtora estadounidense BMG. Un dos seus donos é Keith Harris, un dos grandes empresarios da industria discográfica, autor tamén da letra "Slomo" canda Leroy Sánchez, compositor do tema de Blas Cantó que cun rotundo fracaso representou o ano pasado ao Estado español en Eurovisión. As conexións dos membros do xurado con este grupo e coa propia Chanel, tamén, son coñecidas. Sen ir máis lonxe, unha das súas integrantes, Myriam Benedited foi compañeira de traballo da concursantes gañadora Chanel, a quen o xurado outorgou a máxima puntuación na final. Benedited encargouse da actuación de Edurne na edición de 2015 do festival, onde rematou no posto 21. |
NOS_12603 | Un total de 25 soldados das forzas especiais de operacións de EEUU tomaron parte o 2 de maio de 2011 na Operación Xerónimo, na cal se asasinou a Bin Laden. Hoxe en día só 2 deses soldados seguen vivos. E un deles case na mendicidade | A 'Operación Xerónimo' tivo un desenlace deses que gostan aos guionistas dos filmes esas películas de factura EEUU que manteñen o fervor patriótico-militar nos USA: Helicópteros voando de noite cara o obxectivo, e 25 membros dos Navy Seals, tropas de elite, abríndose paso a tiros e granadas de man até chegar á habitación onde se atopaba Bin Laden. Munición a eito para asasinar a Laden e que tamén levou por diante a un dos seus fillos, a unha muller e a outros dous homes. Pois ben, menos de dous anos após esa operación, deses 25 'heroes' tan só 2 fican con vida. O último en falecer foi Brett D. Shadle, nun accidente fortuíto co seu paracaídas, segundo informa o xornal italiano 'Corriere della Sera. 23 mortos en menos de dous anos. A maldición de 'Bin Laden'? De crer nela, a maldición comezou axiña, só tres meses após o asasinato do saudí. En agosto de 2011, un helicóptero da OTAN estrélase durante unha operación en Afganistán. Morren 38 soldados, 22 deles SEALs que participaran na Operación Xerónimo. Os talibáns atribuíronse o ataque contra o helicóptero. O goberno de EEUU nin confirmou nin desmentiu que entre os falecidos estivesen os soldados que tomaron parte no operativo para matar ao seu inimigo número 1. E así acaban os heroes Un dos soldados que fican vivos, e que foi o encargado de dar o tiro de graza a Laden, deixou en setembro pasado o exército após 16 anos de servizo. Non ten traballo, nin seguro médico público e non sabia quen lle ía pagar a pensión. |
NOS_36574 | Apresentou-se hoje no Parlamento Ricardo Carvalho Calero, orador, escolma de María Pilar García Negro. Víctor Freixanes (RAG) deu a entender que a homenagem a Carvalho não se prolongará a 2021 | O Parlamento da Galiza une-se aos atos de homenagem a Ricardo Carvalho Calero com a publicação de Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións. A obra foi apresentada hoje na sede da instituição, que acolhe também uma exposição da obra bibliográfica do autor, cuja biblioteca e legado foi depositado nessa entidade. A filha do autor, María Victoria Carvalho-Calero Ramos, declarou que desde que o presidente da câmara, Miguel Santalices, lhe propôs a edição teve claro quem devia ser a pessoa encarregada da antologia: María Pilar García Negro. Foi ela, em qualidade de investigadora e coordenadora da exposição, a primeira em tomar a palavra no ato de apresentação. A representante da família, para além da escolma, agradeceu-lhe a contextualização da introdução e as notas a rodapé, "tão esclarecedoras como imprescindíveis". A professora explicou que Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións trata-se dum livro "singular" que "nasceu no inverno passado e invernou na primavera". Assim, chega já no outono para reivindicar o "ora et labora incessante" que define a trajetória do ferrolão, num afão constante de outorgar-lhe significado à nossa língua e literatura. A dimensão da palavra Segundo explicava García Negro, era a dimensão "que o perfilava como orador" a que melhor acaía a esta achega. Do mesmo modo, insistiu Valentín García, secretário geral de Política Linguística, no rol central da palavra vencelhado ao labor que desenvolve a câmara, ideia que resumiu também Carvalho-Calero Ramos: "Se o Parlamento deve ser a casa da palavra, é lógico que se saliente esta faceta dum autor especialmente douto no eido". García Negro debulhou também os critérios para a seleção dos contidos. Em primeiro lugar, desde um ponto de vista cronológico, vai de 1930 a 1988, "toda uma vida", destacou. Desde uma perspetiva temática, o livro inclui a abordagem de figuras como Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou Otero Pedrayo, a quem o catedrático dedicou ampla parte dos seus estudos. No estilístico, Negro salientou desde o carácter mais cuidado dos discursos a aqueles mais improvisados, ambos os dous como representação do domínio da oratória. É esta antologia uma obra de "interesse histórico salferido de notas autobiográficas" que levaram a pessoa leitora a acompanhar Carvalho de Ribadavia a Londres, de Compostela a Cambados, ao longo das 16 peças que a compõem. Trata-se duma parte "muito pequena em número e muito grande em qualidade", proclamou Negro. Vítor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, reconheceu que o livro está "muito bem editado, com a pulcritude que os contidos merecem" e celebrou a escolha duma fotografia que racha com a seriedade associada ao mestre, em favor dum "dom Ricardo pícaro, cheio de cumplicidade", comentou. Igualmente, resumiu a enorme relevância dos discursos nas suas "achegas à crónica do século XX, uma viagem pelo galeguismo da época" que vai desde o entusiasmo à resistência em tempos escuros, por mor do devir histórico. Porque "Galiza existe" Contou García Negro que também um 1 de outubro, mas de 1930, no paraninfo da Universidade de Santiago, o próprio Carvalho inaugurava o curso proclamando com valentia: "Galiza existe". Desde o anedótico lembrava o inegável compromisso ao longo duma brilhante carreira que se via truncada pelo estalido da Guerra Civil espanhola. Com um repasso vital que se ergue na gabança das diversas façanhas de Calero numa biografia entregada à causa da Galiza, a investigadora chamou a não esquecermos o valor artístico da obra do homenageado, ainda em grande parte por estudar desde o mesmo rigor que el dedicou às achegas literárias de outras e outros. García Negro fez igualmente finca-pé no seu fundo labor em colaboração com o associacionismo, em múltiplas entidades como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Associaçom Galega da Língua (AGAL), a Aula Castelao ou a Mesa pola Normalización Lingüística, por tirar alguns exemplos. A antóloga concluiu com o presente de dous adjetivos bem escolhidos, ainda que semelhem em aparência contraditórios: "amor pelo sujeito estudado e objetividade no seu tratamento". Sem 2021 para Carvalho Freixanes mencionou na sua intervenção que a RAG era ciente de estar a "abrir um debate" com a escolha de Carvalho Calero como homenageado em 2020, que pode continuar mesmo se o seu ano remata simbolicamente o 31 de dezembro. Parecia assim reconhecer que as próximas Letras Galegas se dedicarão a outra pessoa, em resposta ao comunicado feito pela Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura a passada quarta feira, que interpelava direitamente a RAG a alongar o reconhecimento durante 2021, dadas as especiais circunstâncias que marcaram este ano. "Mas as reflexões e o diálogo seguem abertos", concluiu Freixanes. Carvalho-Calero Ramos também fez especial lembrança do trabalho do seu pai a prol da presença do galego na "matriz do português", que transformou a sua figura em bandeira pela sua constante insistência na aspiração de que "a fortuna histórica do galego mudasse ou fosse restaurada". |
NOS_24939 | O inquérito vaticina entre 1 e 2 escanos para o nacionalismo galego. PP sería a forza máis votada, seguida dos socialistas, e Podemos, terceiros, obtería entre 31 e 36 escanos. O soberanismo catalán lograría máis de 20 representantes e o vasco, 14. | O barómetro de 'El Diario' correspondente ao mes de setembro vaticina que o BNG mantería a representación no Congreso español de se realizar agora eleccións xerais. O inquérito do medio dixital español concede ao nacionalismo galego entre 1 e 2 deputados. Na actualidade o BNG posúe 2 parlamentarias na Cámara Baixa. A sondaxe de 'El Diario' volve situar o PP con posibilidades de gobernar, a través dun pacto con Ciudadanos. A suma de ambas as dúas formacións superaría a de PSOE/Podemos. O Partido Popular, en base a esta traballo, obtería entre 134 e 137 deputados e un 32% dos votos. Hai catro anos obtivera o 45,2% dos sufraxios e 186 escanos. O PSOE sería segunda forza, cun 27,2% (en 2011 lograra un 29%) e de 116 a 120 representantes. Tivera hai 4 anos 110 deputados. Podemos sería terceira forza nunhas xerais, cun 12% dos votos e de 31 a 36 parlamentares. Ciudadanos obtería 17 a 19 e un 10% dos apoios nas urnas. Izquierda Unida pasaría dos 11 escanos que ten agora a entre 2 e 4 e non chegaría ao 5% dos votos. UPYD, que ten agora 5 escanos, ficaría sen representación. Soberanismo Na Cámara española que saia das xerais vai haber unha nutrida representación de organizacións nacionalistas e soberanistas. O inquérito de 'El Diario' concede entre 10 e 11 deputados a Convergència (CDC) e entre 8 e 9 a ERC -que en 2011 logrou 3 escanos-. A CUP obtería 1 ou 2 representantes, entrando na Cámara española, na que até agora non tivo representación. Compromís experimentaría unha importante suba, ao pasar de 1 a 3 ou 5. Euskal Herria tamén tería unha importante representación. O PNV obtería de 5 a 7 deputados (agora ten 5), Amaiur, de 5 a 6 (no actual Congreso a esquerda abertzale posúe 7) e Geroa Bai mantería o que ten. |
PRAZA_1754 | O BCE e mailo BC grego son responsables en gran medida do caos actual grego, por poñer o exemplo mais sangrante. Pero quen leva as culpas da súa situación? Pois os políticos gregos e a poboación grega | Escoitei en 13Tv a Bieito Rubido (xa sabedes, "la bien pagá" que compite con Paco Marhuenda polo amor contranatura de Mariano) dicir con sorna e condescendencia que os gregos crían que os cartos nacen nas árbores, e que así lles vai como lles vai. Pois que queres que che diga, Bieito; se cadra as parvas crenzas dos gregos están mais fundamentadas cas túas xeneralizacións malintencionadas. Porque o actual papel moeda inconvertible que circula como medio legal de pagamento de curso forzoso, dentro de cada nación ou unión monetaria, é creado da nada polos Bancos Centrais (BC) e polos bancos privados amparados pola súa tutela, sempre na crenza de que os BC estaban en disposición de saber cal era cantidade de diñeiro que precisaba a economía para funcionar con normalidade en todo momento. Dubido que Bieito coñeza os pensamentos de tódolos gregos, pero aínda se así fora e os gregos pensaran que os cartos nacen nas árbores, non andarían moi descamiñados se por árbores queren dicir bancos e por bosque todo o sistema crediticio. Se a ciencia económica fora quen de arbitrar un mecanismo que permitira axustar a oferta de diñeiro bancario á súa demanda, daquela sería moito máis difícil que prenderan e incharan as burbullas especulativas de prezos Se a ciencia económica fora quen de arbitrar un mecanismo que permitira axustar a oferta de diñeiro bancario á súa demanda, daquela sería moito máis difícil que prenderan e incharan as burbullas especulativas de prezos. Ata o de agora, do que é mal, non demos con tal trebello e faría ben a ciencia económica en dirixir as súas pescudas cara estes lares, porque do contrario, seguiremos a sufrir ciclicamente burbullas que rematan estoupando e causando desfeitas nas economías reais. Pensabamos que este problema xa o tiñamos solucionado co sistema dos Bancos Centrais. Na súa ansia por axustar a oferta monetaria á súa demanda, os BC decidiran que non ían ser pillados mais veces entre as verzas e estaban dispostos a non crear medios de pagamento a impulso de pedichóns e desbaldidores; e para conseguilo, porfiaron para que lles concederan a independencia do poder político, que con maior ou menor grado de liberdade, algúns gobernos remataron concedéndolla. Incluso algúns BC incluíron nos seus estatutos a regra de ouro: estabilidade do nivel xeral de prezos. Pero a desfeita financeira do 2008 deixou os BC co cu ao aire. Non é só que presenciaran impasibles as subidas imparables e insostibles dos prezos das vivendas ou das accións en bolsa, é que nin tan sequera foron quen de percibir as artimañas do sistema bancario paralelo (Os Bancos e Compañías de Investimento), creando unha enorme masa de activos financeiros que ofrecían elevados rendementos, por suposto moi superiores aos tradicionais depósitos bancarios que eles mesmos quixeron situar a tipos excepcionalmente reducidos para estimular a economía. Pois ben, foron precisamente eses activos os que precipitaron o afundimento dos sistemas nacionais de crédito; e sobre os BC recae a responsabilidade de tal desfeita, xa que o motivo da súa creación foi ese, preservar sans e salvos os sistemas nacionais de crédito. Foron precisamente eses activos os que precipitaron o afundimento dos sistemas nacionais de crédito; e sobre os BC recae a responsabilidade de tal desfeita, xa que o motivo da súa creación foi ese, preservar sans e salvos os sistemas nacionais de crédito En resumo, un fracaso coma un mundo que os responsables non recoñeceron nin recoñecen. Escoitastes algún Presidente de BC entoar o mea culpa?, ou anunciar a súa dimisión irrevogable por incompetente?, ou tedes constancia de que algún deles se suicidara trillando a cabeza na máquina de facer os cartos? Polo menos a min non me consta; si me constan, porén, suicidios e desgrazas varias de xente de a pe, que seguramente moitos deles nin saberían o que era un BC. E algúns destes prebostes das finanzas aínda botan peito vangloriándose de que foron capaces de cumprir coa súa función de prestamista de última instancia a unha escala sen precedentes na historia financeira. Pois maldita a graza! O BCE e mailo BC grego son responsables en gran medida do caos actual grego, por poñer o exemplo mais sangrante. Pero quen leva as culpas da súa situación? Pois os políticos gregos e a poboación grega Porque se non deixaran enfermar o sistema, non habería agora que enchelo de menciñas pouco eficaces e que non podemos pagar. Porque, e mais importante, os prestamistas en última instancia xa non son os BC, senón os propios Estados, que así se viron abocados á bancarrota ou ás beiras dela. Xa que logo, o BCE e mailo BC grego son responsables en gran medida do caos actual grego, por poñer o exemplo mais sangrante. Pero quen leva as culpas da súa situación? Pois os políticos gregos (un fato de corruptos e mentireiros) e a poboación grega, que pensa que os cartos nacen nas árbores ou que caen billetes do ceo coma confeti nun aniversario infantil. E quen paga as consecuencias? Por suposto e coma sempre, a poboación rasa, por nugallán e crer en parvadas. Non coma Bieito Rubido, que cre en Deus aínda que nunca o vira. Tamén cre en Mariano, pero porque lle paga ben, penso. |
NOS_46356 | Cerna pídelle aos galegos e galegas que participen de maneira activa nas eleccións xerais e que voten polas dúas candidaturas que resultaron da "falida unidade", en alusión a Nós, Candidatura Galega e a En Marea. | A formación escindida de Anova sinala nun comunicado após a reunión da súa Comisión de Coordinación que Cerna "traballou activamente por unha única candidatura galega de nacionalistas e non nacionalistas". "Non contemplábamos outra vía con garantía de éxito que esa. E por iso lamentamos de novo que non se lograra por razóns partidistas das organizacións políticas", salienta Cerna. Porén, dada a "urxencia da situación de agresión contra a maioría social" e diante da probábel reforma da constitución, a formación política pide un "esforzo cívico que pase por riba das miserias das cúpulas dos partidos". |
NOS_46633 | O evento contará con cinco concertos que se realizarán nas parroquias de Seoane, Vilamor, Seceda e Paderne no concello de Folgoso do Courel. | A Serra do Courel contará este mes de xullo con toda unha programación de actividades na procura da súa dinamización como espazo natural aberto á cultura. A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel informa, a través dun comunicado, que organizará o 9 de xullo a Festa da Cantarela, coa intención de promocionar este cogomelo. Nela participarán varias casas de turismo rural da zona e o chef Héctor López. Ademais de cultura gastronómica haberá roteiros guiados e representación de instrumentos e músicas tradicionais a cargo de Xavier Blanco, da Fundación Legar. Sonia García, investigadora: "Queren turismo, mais chegará a un Courel baleiro se non se toman medidas" Chega o festival de blues e jazz na montaña Un dos eventos máis agardados, tamén organizado pola mesma entidade, é o CourelSon, Jazz e Blues na Montaña, que contará con cinco concertos que terán lugar nas parroquias de Seoane, Vilamor, Seceda e Paderne no concello de Folgoso do Courel. Serán actuacións gratuítas, entre luscofusco, acompañadas da presenza de produtoras e produtores da zona ofrecendo os seus produtos ademais de contar coa posibilidade de realizar roteiros temáticos en cada lugar. O Festival comezará o 25 de xullo coa actuación de Lucía Martínez Cuarteto (Seoane do Courel, 20.30 horas). Esta baterista, compositora, exploradora e mestra de jazz viguesa presentará Calma y Algo Más, o seu novo traballo que está a piques de saír ao mercado. Concepción Arza: "Debería promocionarse máis a conservación dos soutos, é o patrimonio natural que temos" O sábado seguinte, 16 de xullo, actuarán The Fabulous Resaca Brothers (Vilamor, 20.30 horas), un quinteto compostelán e habitual dos festivais de blues galegos e peninsulares. O 23 de xullo será a quenda de Los Winters (Folgoso, 20.30 horas), o trío madrileño fundado en 2014 que realiza en cada actuación unha homenaxe ao bluesman albino Johnny Winter. Ao día seguinte, 24 de Xullo, actuará Marcos Coll e Remy Bankyln (Seceda, 20.30 horas), o harmonicista actual máis recoñecido a nivel internacional após compartir escenario con figuras como Buddy Miles, Mick Taylor ou Tom Jones. Neste concerto estará acompañado do novísimo guitarrista e cantante Remy Banklyn. Fechará esta edición de CourelSon o 30 de Xullo co concerto de Sumrrá (Paderne, 20.30 horas), o grupo formado por Xacobe Martínez, Manuel Gutiérrez e LAR Legido. |
NOS_20122 | Segundo Competencia a empresa cometeu unha "infracción moi grave" pola "manipulación fraudulenta" da produción no Sil para incrementar os seus beneficios. | "A conduta de Iberdrola provocou un incremento do prezo de mercado diario estimado nuns 7 euros por megavatios", dinala a resolución da CNMC contra a empresa enerxética após destapar que durante 2013 estivo a manipular de maneira "fraudulenta" a produción das súas centrais no Sil para provocar alteracións nos prezos que aumentasen os seus beneficios. De acordo co órgao o beneficio obtido irregularmente por Iberdrola ascendería a 21,5 millóns de euros e o impacto en 105 millóns. Así as cousas, a sanción imposta fica en 25 millóns de euros. A maneira na que actuou baseouse na redución da súa produción, nomeadamenta a partir do 6 de decembro de 2013 o que provocou un notábel incremento do prezo da enerxía nun mercado que, per se, era caro. Este 'modus operandi' tamén o reproduciu nas centrais do Douro e o Texo, para alén do Sil. |
NOS_38572 | A ATG suporía unha centralización de servizos que, sinalan @s implicad@s, xa se amosou fanada nos '90 en experiencias semellantes en Madrid ou Extremadura | A creación da nova Axencia Tributaria Galega, segundo a proposta elaborada pola Xunta de Feijóo, suporía o peche de até 42 oficinas liquidadoras (OL) na Galiza, cuns prexuízos salientábeis para a poboación do rural, segundo denuncian @s propios implicad@s. Este colectivo afírma que a proposta do goberno galego supón unha variación importante na xestión destas oficinas "trasladándoa a só cinco Departamentos territoriais, a pesar de que esta proposta levada a cabo anteriormente noutras Comunidades como Madrid e Extremadura durante a década dos '90 resultou un fracaso total, estando actualmente pendentes da firma dun novo convenio para volver a recuperalas. Tamén se retiraron na Comunidade Balear causando un atraso de cento corenta mil expedientes". Nun comunicado, sinalan que o peche destas oficinas pode causar o despedimento do 30% das persoas empregadas dos Rexistros da propiedade, uns 800 en toda Galiza, que directa ou indirectamente prestan servicios nas Oficinas liquidadoras. E afirman que "todos os cidadáns se verían afectados, xa que debido á dispersión poboacional galega, a maioría terían que contratar xestores ou desprazarse as capitais de provincia, ocasionando un incremento dos seus gastos. Moción do BNG O pleno municipal de Cerdido aprobou por unanimidade unha moción do BNG contra o peche das OL. de Ortigueira e Ferrol. O alcalde de Ortigueira, aínda non se pronunciou sobre o asunto. |
PRAZA_9910 | Defende A Galega demanda "programas dignos para nenos e nenas" na celebración do 25º aniversario do nacemento deste espazo para os máis pequenos, como xa reclamara o comité de empresa durante os paros e a folga nos medios públicos. | A piques de cumprir once meses de protestas cada semana, e aproveitando que este xoves o Xabarín Club cumpriu 25 anos, o 48º venres negro reivindicou o programa do porco bravo e reclamou "crear nos medios públicos unha programación digna para nenos e nenas". O colectivo Defende A Galega, que aglutina persoal da TVG e da Radio Galega en loita "contra a manipulación informativa" ou polo cumprimento da Lei de Medios, apostou neste venres santo por "presumir" do Xabarín e en engadir ás súas demandas a de "máis e mellor programación infantil e xuvenil" na CRTVG. Defende A Galega demanda "unha programación digna para nenos e nenas", como xa reclamara o comité de empresa durante os paros e a folga na CRTVG"Se as meniñas e meniños puidesen ter na pública máis debuxos en galego e máis música en galego, de seguro falarían máis e amarían máis a nosa lingua", di Defende A Galega sobre unha reivindicación que non só abrangue este colectivo. De feito, a demanda de "recuperar" produción propia na CRTVG e o "regreso" dun formato contedor semellante ao Xabarín para o público infantil foi unha das que levou o comité ante a dirección da Corporación na negociación xurdida dos numerosos paros e a folga que o persoal dos medios públicos levou a cabo hai tan só uns meses. Defende A Galega lembra o espazo cuxo nacemento cumpre agora un cuarto de século pola súa "boa música, carisma como ninguén e un feixe de series animadas coas que vivir, en galego e dende pequeniños, moitas emocións", así como "a importante promoción que se facía das bandas do país e as súas cancións en galego" cun club que chegou a ter máis de 140.000 socios. "Por que agora non?", pregúntanse tras destacar o seu labor como "dinamizador cultural e lingüístico". O 48º venres negro na CRTVG chega tan só uns días despois de que Defende A Galega fose galardoado co Premio José Couso. "É a nosa obriga seguir defendendo a liberdade de prensa aquí e agora", din, tras volver denunciar "represalias" como as que, din, sufriu o locutor Carlos Jiménez, así como o feito de que a concesión do recoñecemento fose "silenciado e censurado" na programación dos medios públicos. |
PRAZA_18330 | O museo propiedade da Fundación Naturgy (a antiga Gas Natural-Fenosa) finalizará as súas actividades o vindeiro 30 de decembro, pola nova política da empresa, que abandona a súa acción museística e cultural. Outros centros artísticos galegos, coma o MARCO vigués ou o CGAC compostelán reduciron nos últimos anos o seu orzamento e programación. | O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña (anteriormente coñecido como Macuf, Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa) pechará as súas portas proximamente. O centro, propiedade da Fundación Naturgy (antiga Gas Natural) finalizará as súas actividades o vindeiro 30 de decembro, ficando a cidade sen un dos seus principais espazos culturais, que abriu as súas portas no ano 1995. Naturgy semella estar reformulando a acción da súa fundación, abandonando a súa actividade museística e cultural e centrándose na "acción social". De feito, tamén o Museu del Gas de Sabadell podería pechar as súas portas. O MAC mantiña unha importante actividade, acollendo varias exposicións cada ano, así como concertos, cursos e obradoiros, ademais de actividades infantís e convocatorias (residencias, bolsas...). En total, dez persoas traballan no MAC, e Naturgy indica que serán destinadas a outros espazos de traballo da Fundación. Así mesmo, reúne unha valiosa colección de arte propiedade orixinalmente de Unión Fenosa, unhas 700 obras produto das bienais de arte contemporánea que a compañía eléctrica galega organizaba dende o ano 1989 e doutras adquisicións. Dando por feito o peche, está sobre a mesa o futuro desta colección, a súa integridade e a posibilidade de que fique en Galicia. Dende a Consellería de Cultura laméntase o peche ("non é unha boa nova", recoñece) e asegúrase que o Goberno galego está a xa a manter "conversas" con Naturgy para que a colección quede no país. O obxectivo da Xunta é que este patrimonio cultural fique en Galicia "mediante un comodato ou préstamo, por un mínimo de 25 anos e renovable polo que Naturgy mantería a propiedade e a Xunta sería a usufrutuaria", sendo recolocado nalgún dos espazos da rede museística galega. "Á vista da decisión da empresa propietaria dos fondos, a Consellería ten interese en que a colección quede en Galicia e complemente as coleccións xa existentes nos museos de arte contemporáneo, de referencia, na nosa Comunidade. A rede museística da Xunta dispón de varias opcións que poden servir de referencia e ímolas avaliar", explica. O obxectivo da Xunta é que a colección do MAC fique en Galicia a través dun acordo de préstamo, sendo recolocada nalgún dos espazos da rede museística galega Mentres, dende o Concello da Coruña avógase pola continuidade do museo e pola permanencia da colección na cidade. Afírmase que o Goberno municipal xa está en conversas con Naturgy para acadar este obxectivo. Crise dos espazos de arte contemporánea O peche do MAC engádese á situación de crise que están a vivir outros espazos de arte contemporánea en Galicia, comezando polo MARCO de Vigo, que veu reducido notablemente o seu orzamento nos últimos anos e que vai sumar 12 meses sen Dirección (en novembro de 2017 abandonou o cargo Iñaki Martínez Antelo). O MARCO, ademais, podería ser de ser un centro de arte contemporánea para acoller todo tipo de mostras, segundo anticipou en varias ocasións o alcalde Abel Caballero. De igual xeito, o pasado mes de setembro o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) celebrou o seu 25 aniversario cun orzamento que quedou reducido á metade: era de 1,6 millóns de euros ao ano ata 2010 e ronda os 750.000 euros desde 2013. Ademais, a partida concreta para a adquisición de obras ficou nunha sexta parte (era duns 600.000 euros ata 2010 mentres que na actualidade é de 100.000 euros ao ano). Hai uns meses, preguntado pola situación de incerteza que estaba a vivir o MARCO, o artista Antón Patiño reclamaba un maior esforzo para que Galicia avanzase "nas claves da contemporaneidade". "Galiza ten un relativo atraso no eido do mundo da imaxe, das artes. Sempre estivemos moi mergullados no mundo literario mais excluíndo ás vangardas. Temos que dar o salto do século XIX ao XXI", dicía. De igual xeito, a finada Berta Cáccamo reivindicaba unha idea de muse "non como contedor unicamente, senón como centro de investigación, e de cultura, e de debate e de intercambio de ideas". Outros centros artísticos galegos, coma o MARCO vigués ou o CGAC compostelán reduciron nos últimos anos o seu orzamento e programación Así mesmo, Agar Ledo, ex-responsable de exposicións do museo vigués destacaba que "a situación do MARCO o que fai é amosar a enorme fraxilidade das estruturas culturais". "As nosas estruturas culturais cando nacen, fano de forma moi precaria. Faise un investimento moi forte en aparencia, nos edificios, pero ese investimento non se aplica á parte fundamental de todo museo, que é o capital humano, que é o que vai producir os contidos", lembraba, concluíndo que "en lugar de crear ese coñecemento dende dentro, optamos por alugalo fóra, subcontratando os servizos e as producións". "Se nós non producimos a nosa propia historia, se non contamos os nosos relatos, non nos imos sentir representados por eles", engadía. |
NOS_2327 | Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres. | agusto/agustiño.- Amodo/amodiño.Exemplo.- "Vai agusto na moto, que esa estrada ten moitas curvas."Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).Fonte.- Paula Ferreiro Pena. bate.- Dous, par/pares.Lugar de escoita.- Bergantiños.Fonte.- Alberte Suras.Outros apuntamentos.- É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros. Ten semellanza co termo "batoi" empregado no euskera para referirse a "par/pares". callado/a.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Moito/a.Exemplo.- "Gústame callado ir ao cine."Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).Fonte.- Marco Candia.Outros apuntamentos.- A fonte subliña o paralelismo co uso, tamén na Mariña, da palabra "espeso". Palabras con memoria: sentimentos na palabra cha.- (Ademais de significados xa coñecidos) Grande cantidade, abundancia, chea.Exemplo.- "Había unha cha de xente no concerto da banda."Lugar de escoita.- Burela.Fonte.- Mario Ferreira López. enciñar (a).- Moito, en abundancia.Exemplo.- "Esa tenche cartos a enciñar."Lugar de escoita.- Burela.Fonte.- Mario Ferreira López.Outros apuntamentos.- Ten o mesmo significado que callado ou espeso. |
NOS_53043 | A entrada da Galiza na fase 3 trouxo consigo un aumento da mobilidade interior no país como consecuencia do fin das restricións aos movementos interprovinciais. Porén, os servizos ferroviarios non adaptaron a oferta á nova realidade, o que beneficia Audasa, concesionaria da AP-9, que ve medrar o seu tráfico en 25%. | O paso da Galiza a fase 3 e a conseguinte liberdade de movementos dentro do país supuxo para moitas persoas a volta aos seus postos físicos de traballo, que nalgúns dos casos se atopan lonxe da súa localidade de residencia habitual. O problema é que as alternativas de transporte das que dispoñen son máis reducidas que antes da pandemia, en especial en determinados medios de transporte. É o caso de todas as traballadoras que adoitaban coller o tren para os seus desprazamentos e que ven como Renfe mantén unicamente 30% das frecuencias que ofertaba antes do decreto do estado de alarma, o que impide á compañía pública cubrir todas as franxas horarias. Esta situación, á parte de facer que os escasos trens que comunican as distintas cidades galegas realicen os seus percorridos ao 100% da súa capacidade, algo que só é posíbel desde a entrada na fase 3, provoca que non poucas galegas teñan que botar man do vehículo privado para poder chegar aos seus postos de traballo no horario acordado coa empresa. A consecuencia directa é un aumento do tráfico nas principais estradas da Galiza. Estes días é frecuente percibir unha maior densidade de tráfico nas principais vías de acceso ás cidades, e tamén en estradas como a N-550, que une A Coruña con Tui e que vertebra boa parte do territorio galego. A alternativa de pago é a autoestrada AP-9, que tamén viu medrar o tráfico nestes primeiros días na fase 3. Fontes de Audasa, a concesionaria da autoestrada, consultadas por Nós Diario estiman nun 25% o incremento do tránsito de vehículos esta segunda feira con respecto ao mesmo día da pasada semana. Son 16.000 vehículos os que circulan de media cada día pola AP-9, o que supón 6.000 máis que a do mes de maio, no que se contabilizaron 10.054 vehículos de media ao día. Con todo, desde a concesionaria apuntan que as cifras actuais de densidade de tráfico aínda son 30% inferiores ás do mes de xuño do ano pasado. Fin do estado de alarma A pasada cuarta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou a súa intención de levantar o estado de alarma na Galiza a partir do 15 de xuño. Pero Renfe non ten pensado de momento mudar a súa decisión de manter no 30% da oferta anterior os servizos de trens Avant e Media Distancia, unha situación que deixa centos de galegas sen este servizo e favorece que Audasa siga a encher os petos cos cartos das peaxes. Os plans de Renfe, que de momento prefire non desvelar se vai adiantar o aumento de frecuencias, pasan por recuperar os servizos de Media Distancia a partir da semana seguinte, o 22 de xuño, sen ter en conta a demanda real, que agora mesmo non se axusta á oferta. Ente ferroviario propio Esa falta de resposta ás demandas das galegas ten a súa razón de ser en que as decisións sobre a planificación adóptanse en Madrid. Ademais, Galiza é dos poucos territorios que non conta con servizos de proximidade, o que limita aínda máis as posibilidades de mobilidade. Ante esta situación, non son poucas as voces que exixen a creación dun ente ferroviario propio para a Galiza que permita xestionar desde o país os servizos que se ofertan á cidadanía. A creación deste ente, que mesmo anunciou en 2009 o entón conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do primeiro Executivo de Feixoo, Agustín Hernández, eliminaría a dependencia de Madrid na toma de decisións e tamén remataría cos importantes agravios comparativos que se están a producir entre territorios. Diferenza de criterio A actual situación, á parte de provocar un menor volume de ingresos para a operadora ferroviaria pública, discrimina as usuarias galegas fronte as doutras partes do Estado español. Sen ir moi lonxe, en Asturias Renfe decidiu recuperar a actividade dos trens de Cercanías xa o 11 de maio, iso si, con certas restricións na capacidade dos mesmos para garantir o distanciamento social. A operadora desmarcábase así das medidas decretadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana respecto dos servizos básicos, que son os que marcan a redución de 70% nos servizos Avant e Media Distancia e, ao igual que en Asturias, levou dita adaptación dos servizos á demanda real a outros territorios sen agardar á fin do estado de alarma. Pola contra, na Galiza pódese dar a circunstancia de que, xa fóra do estado de alarma, os servizos de Renfe disten moito da situación anterior. É o prezo de non ter voz na xestión. |
NOS_32130 | Desde o nacemento da edición dixital de Sermos Galiza no mes de abril de 2012 moitos foron os acontecementos que seguimos no noso país. Eis aqui algúns deles a modo de lembranza de parte do traballo da redacción deste xornal. | Non sabemos como será o 2013 mais si como foi o ano 2012 a nivel informativo. As decisións dos gobernos de Rajoy e Feijóo e a súa contestación na rúa, a fraude das preferentes, as relacións de "amizade" entre o PP e algunha empresa privada, o rescate bancario, a suba de impostos, a folga xeral e as eleccións do 21-O protagonizaron unha boa parte das páxinas dixitais do noso, voso, medio de comunicación. Preferentes A fraude das preferentes mobilizou este ano milleiros de afectad@s. Sermos Galiza realizou, desde o principio, unha ampla cobertura da resposta política e social a un problema que padecen entre 70.000 e 100.000 persoas. Este ano creáronse varias plataformas que levaron a súa indignación á rúa en Tomiño, A Coruña, Cangas, Pontevedra, Moaña, Lugo ou Compostela, esta última cunha grande participación e un acto na Praza do Obradoiro. A resposta política do goberno de Rajoy, que recoñece que a actuación dos bancos foi de "engano" d@s clientes, foi aprobar unha norma pola cal se impón a quita para as persoas afectadas pola estafa. As persoas afectadas pola venda deste produto financeiro de natureza fraudulenta, verían retribuído só parte do diñeiro investido e non antes de catro ou seis anos. A pasividade do goberno de Feijóo tivo na oposición. O BNG mantivo reunións coas persoas afectadas en varios concellos galegos, presionou no Parlamento e mesmo levou o tema a Bruxelas. A postura nacionalista de apoio @s afectad@s, nos últimos meses, tamén estivo na participación en manifestacións, protestas e ocupación de oficinas bancarias. A finais de maio Carlos Varela, fiscal superior da Galiza, informou que preparaba unha demanda civil de acción colectiva contra Novagalicia Banco (NGB) pola posíbel existencia de "cláusulas abusivas" nos contratos das participacións preferentes. Esta entidade concentra a maior parte de denuncias no tema das preferentes. Esta demanda civil de acción colectiva presentouse no mes de xullo con contratos que afectan a máis de 43.000 clientes desa entidade financeira. Constituído o novo Parlamento galego, en que recunca Feijóo como presidente, os ánimos d@s afectad@s polo calote das preferentes levan a interromper unha sesión parlamentar. Pilar Rojo, presidenta desta institución, propón unha investigación e o PP continúa a defender a súa actuación neste tema. @s afectad@s quéixanse de que antes das eleccións do 21-O entrasen pola volta de vinte casos e agora se reducisen a tres. Segundo argumentan quedan unhas 90 mil persoas que terían que renunciar ao 40% do diñeiro e mercar accións non cotizantes da entidade que lles vendeu as participacións, segundo a última proposta do goberno do PP. Os peches en oficinas e outras accións, como a folga de fame de afectad@s en Ferrolterra, continúan e a previsión é que o 2013 sexa un ano en que aumenten as protestas. Eulen, a empresa máis rendíbel a da irmá de Feijóo Unha das primeiras exclusivas de Sermos Galiza foi descubrir que unha empresa vencellada ao PP monopoliza a xestión de centros culturais. A concesión da xestión do Teatro Colón da Coruña por parte da deputación provincial ao Grupo Eulen, que se formalizará o 27 de abril, tirou luz sobre os vínculos deste grupo empresarial, centrado en servizos de mantemento, seguridade e limpeza, co Partido Popular. A xestión do Colón non é a única adxudicación a Eulen no campo da cultura nos últimos tempos en Galiza. Días atrás o concello de Ferrol entregáballe a xestión dos equipamentos culturais da cidade, incluído o Teatro Jofre. Sermos Galiza denunciou que a empresa Eulen, vencellada ao PP, monopoliza a xestión de centros culturais. Esta empresa é a mesma que o deputado do BNG Carlos Aymerich sinalara en 2009 como un factor chave para entender a adxudicación da xestión dos centros do día no novo goberno do PP. Eulen parte dunha empresa de limpeza fundada en Bilbao en 1962 polo leonés David Álvarez Díez e é hoxe unha multinacional con presenza en América Latina, Estados Unidos e Portugal. Unha alta porcentaxe da facturación de Eulen vén dada polas administracións públicas -gobernadas por distintas cores políticas-, aínda que é inegábel que as relacións deste grupo empresaria co Partido Popular trascenden a presenza dunha familiar do presidente da Xunta, á súa Micaela Núñez Feijóo. Ademais o ex-presidente José María Aznar -xunto a Mayor Oreja e o presidente de Castela-León, Juan Vicente Herrera- foron convidados á voda de María José Álvarez, filla do dono do Grupo Eulen, celebrada en xullo de 2008. Rescate bancario e creación do banco malo Unha das medidas que Madrid tentou aprazar o máximo chegou no mes de xuño e o Estado español pediu o rescate bancario á UE. A crise das entidades financeiras non Estado español e a proximidade das eleccións gregas fixeron que @s ministr@s de Economía e Finanzas da Zona Euro acordasen que o goberno de Madrid solicitase o rescate, cunha cantidade destinada a sanear o sistema bancario español de até 100.000 millóns de euros. De Guindos négase a falar de rescate e afirma que é só "un empréstito, en condicións moi favorábeis". Esta medida pon en evidencia as afirmacións do propio Mariano Rajoy que días antes asegurase con rotundidade que "non haberá ningún rescate da banca española". A prensa internacional tamén tratou a decisión como un rescate e a resposta social e política na Galiza foi de oposición por parte de partidos e entidades sociais e sindicais, a excepción do PP. A "outra cara" desta achega económica que recibirán os bancos é o control por parte da UE da economía do Estado español. No mes de agosto o consello de ministr@s aprobou unha nova reforma financeira (a terceira nos meses de mandato de Rajoy e a quinta nestes últimos anos), que se vai concretar na constitución do 'banco malo' e en dar poderes ao FROB para liquidar entidades que considere inviábeis. O propio PP recoñece que esta era a reforma que se pedía desde Bruxelas para abrir a billa das axudas de 100.000 millóns de euros para sanear a banca española. O 'banco malo' comprará os activos inmobiliarios "danados" ás entidades a un prezo "adecuado" e terá unha duración de entre 10 e 15 anos. O capital do 'banco malo' virá do FROB (que o obterá da achega de Bruxelas) e de investimentos privados. Mais gran parte da financiación será con débeda. O tamaño deste banco dependerá de cales van ser as entidades axudadas e do valor dos activos. Folga xeral e mobilizacións da clase traballadora coa creación, ademáis da Alianza Social Galega A política de recortes que aplica o PP no goberno español e na propia Xunta de Galiza provocou multitude de protestas en todos os ámbitos. Sermos Galiza fixo un seguimento polo miúdo de todas e cada unha delas desde o mes de abril en que comezamos coa información do 1 de maio e a celebración do Día Internacional da Clase Traballadora. Ese día a CIG mobilizou a máis de 60.000 manifestantes, coa concentración máis multitudinárea en Vigo onde participaron 35.000 persoas. O sector público mantivo as mobilizacións ao longo de todo o verán con concentracións semanais nas cidades galegas. En outubro sindicatos e movementos sociais únense nunha "Alianza Social Galega" contra a política de recortes do PP. A Alianza Social Galega quere fortalecer unidade de acción que caracterizou os últimos procesos mobilizadores, unha das súas propostas foi a convocatoria dunha folga xeral en novembro. Días despois os sindicatos anunciaron a folga xeral para o 14 de novembro. Ese día Sermos Galiza tamén foi á folga aínda que informou do seu desenvolvemento en todo o país, no resto do Estado español e noutros países de Europa. O éxito desa xornada reivindicativa foi evidente como demostran as numerosas imaxes que publicamos. Recortes e reformas As medidas de recortes e reformas adoptadas estes meses polo PP tiveron un presenza constante no noso xornal. Unha delas foi a reforma laboral aprobada polo Congreso d@s deputad@s o 28 de xuño e que entrou en vigor o 7 de xullo. A nova lei estabelece que poderán acollerse a despedimentos obxectivos por causas económicas (20 días por ano traballado) as empresas cando estean "nunha situación económica negativa". Tamén estabelece que a indemnización por despedimento improcedente (nos contratos indefinidos) é de 33 días por ano traballado e un máximo de 24 mensualidades. No caso de despedimento procedente, será 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades. Sindicatos e partidos políticos levaban meses denunciando a política de recortes do PP e rexeitaron esta medida ademais de pedir a súa derrogación inmediata. Unha das medidas máis protestadas foi o chamado "re-pagamento" sanitario. O goberno de Rajoy deixaba fóra da atención sanitaria as persoas inmigrantes que non teñen regularizada a súa situación, excluía tamén as persoas maiores de 26 anos que non contribuísen ás arcas da Seguridade Social e introducía o re-pagamento dos medicamentos, medida que afecta fundamentalmente a pensionistas e enferm@s crónic@s. De novo a rúa foi o escenario da protesta. Unha das medidas máis protestadas foi o chamado "re-pagamento" sanitario O maior paquete de recortes anunciouno Mariano Rajoy o 11 de xullo. En materia de desemprego @s nov@s perpector@s a partir do sexo mes cobrarán só o 50% da prestación e para o funcionariado elimínase a paga extra de decembro. Na administración local, o presidente do executivo central anunciou unha serie de medidas dirixidas a aforrar 3.500 millóns de euros na administración local. Ese mesmo día a oposición pediu explicacións a Feijóo por estas medidas. No ensino os recortes aplicados polo goberno galego tiveron a súa resposta na mobilización de estudantes e profesorado, a través da Plataforma en Defensa do Ensino Público da Galiza e sindicatos, con que abrimos moitos días a nosa edición dixital. O 19 de decembro cidades e vilas do país acolleron concentracións e mobilizacións convocadas por esta plataforma para rexeitaren as políticas antisociais do PP e demandaren "outra saída" da crise. Outra das decisións polémicas do goberno de Rajoy foi a suba de impostos, algo que negara en campaña electoral. O IVE subiu a partir do 1 de setembro, unha data "operativa" segundo o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. A suba do tipo xeral foi desde o 18 até o 21%, e do reducido --aplicado á hostelaría-- desde o 8 até o 10%. Días despois do incremento o pequeno e mediano comercio constatou os resultados negativos da medida. Eleccións 21-O Sermos Galiza seguiu as eleccións ao parlamento galego, despois do seu anuncio no mes de agosto, desde un mes antes da súa celebración, o 21 de outubro. Vídeos, entrevistas, reportaxes, infografías, galerías de imaxes e microseccións, como unha contracrónica do desenvolvemento da precampaña e a campaña, cunha sección en destaque. Sondaxes, entrevistas aos candidatos, denuncias, datos, opinión... e a voz do propio electorado. |
NOS_53702 | A Deputación Permanente debaterá esta cuarta feira a proposta do BNG para que Feixoo teña que comparecer no lexislativo para dar conta da decisión do TSXG sobre o certificado Covid. | A decisión do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza en contra do requisito de contar co certificado Covid para acceder ao interior da hostalaría é "unha emenda á totalidade á política da Xunta", concluíu esta terza feira Ana Pontón, líder da oposición no Parlamento e voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego. A contundencia do auto, que cuestiona a imposición de "medidas ilegais, ineficaces e discriminando a un sector coma o da hostalaría", apunta a tamén deputada, obriga a Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta da Galiza, a dar "a cara" e explicar que aconteceu por "ética política e moral". Hoxe "na sesión da Deputación Permanente reclamaremos esa comparecencia", abundou Pontón, que agarda coñecer que persoas do Goberno "van asumir responsabilidades políticas" e non atopar unha nova actuación "absolutista" do PP. Perante o comportamento "improvisado" e "arbitrario" da Xunta para xestionar a crise sanitaria debido a irrupción da pandemia de Covid-19, a nacionalista pediu despois de xuntarse con representantes da Plataforma Galega en Defensa da Hostalaría "normas claras e pactadas" co sector tras un diálogo "sen exclusións", despois de que a Xunta non contara coa plataforma nos debates sobre as restricións. "Dez días delirantes" Pontón fixo fincapé nos "dez días delirantes" a partir do 13 de agosto, proba da falta de planificación do Executivo. Primeiro, "publícase no Diario Oficial da Galiza (DOG) unha serie de medidas, das que moitas entran en vigor ás doce da noite, sen tempo para que a xente poida adaptarse", explicou. Un día despois, "o propio conselleiro [de Sanidade] anuncia cambios dese DOG", para en catro días "publicar novos cambios de nivel, de capacidade e horarios", e volver a modificalos dúas xornadas máis tarde. Falta de recursos Ben que a hostalaría foi utilizada por Feixoo para responsabilizala da evolución do Covid, Pontón retruca que só pretendía agochar a "falta de recursos en Atención Primaria, en rastrexadores, tapouse con medidas que non tiñan aval científico e que eran inútiles tratando de controlar a pandemia". "Só precisamos que o Goberno estea á altura das circunstancias", indicou Lois Lopes, representante da plataforma, que expresou que están abertos a debater calquera medida mentres "sexa legal e se nos dote de ferramentas para aplicala de maneira legal". |
NOS_13417 | Considera que hai que facilitar a participación deste colectivo na xestión da sanidade pública. | CIG-Saúde demanda a creación dunha subdirección xeral de Enfermería, unha medida coa que dar participación a este colectivo na xestión da sanidade pública e evitar que as súas competencias neste sentido sexan desenvolvidas por "outras profesionais" A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou que desde que Galiza, nos anos 80 do pasado século, asumiu as competencias en materia de Sanidade o Sergas mantén as mesmas estruturas directivas. En concreto, na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, só hai médicos e médicas como responsábeis de todos os servizos e subdireccións xerais. Así, exemplifica, "en toda a consellaría de Sanidade non hai unha enfermeira ou enfermeiro como interlocutor para abordar os temas que afectan a enfermería como carteira de servizos, prescrición enfermeira, mapa de competencias ou cadro de persoal". "Isto está a derivar en situacións graves, como no caso das matronas que desde o ano 1993 están pendentes de que se desenvolva o réxime xurídico das súas prazas", indica. Tamén denuncia que en Galiza das 440 prazas acreditadas para formación especializada só 53 foron para enfermeiras e enfermeiros, o que supón 13% do total das prazas e que non fora ofertada ningunha praza de enfermeira especialista en traballo ou en xeriatría. |
PRAZA_19573 | Celebremos a memória do Sam Martinho de Dume mas nom esqueçamos celebrar também a heterodoxia daqueles rústicos incorrigíveis que tentou levar ao rego | Imaginem o local dumha associaçom cultural sediada em Santiago de Compostela. Nom pensem numha sala, mais bem numha cafetaria. Corre o ano 2013. Um grupo de pessoas mantenhem a rutinária reuniom semanal dum grupo de trabalho centrado na história e o património cultural. Num momento surge a ideia. Maravilhem-se, acaba de nascer umha tradiçom. O tempora, o mores! As tradiçons som, como todos os artefactos culturais, frutos do seu tempo. Construídas com os vímbios dos que se dispom. E nos nossos tempos, e na nossa sociedade, umha tradiçom bem pode nascer a volta da mesa dum bar. De facto, o raro seria que nasceram ao pé dumha lareira numha noite de invernia, ou nos momentos de repouso mentres o muinho moe o gram. Muinhos farinheiros quedam poucos, mas bares há abondo. Na nossa sociedade umha tradiçom bem pode nascer a volta da mesa dum bar. De facto, o raro seria que nasceram ao pé dumha lareira numha noite de invernia Porém, embora as práticas concretas de fabricaçom das tradiçons tenham mudado o certo é que a sua funcionalidade social continua a ser a mesma. As tradiçons ritualizam e celebram cousas que as sociedades que as criam consideram importantes, cousas que merecem ser comemoradas, e para um grupo de pessoas preocupadas pola preservaçom da história do nosso país é bastante lógico querer resgatar e comemorar umha parte do nosso passado como povo que, polas mais diversas circunstáncias, corria o risco de ficar apenas como matéria de estudos académicos. Já explicamos noutro artigo fai um par de anos que nos levara a eleger o 20 de Março, o dia que o santoral católico dedicou a Sam Martinho de Dume, como data para celebrar a nossa herdança sueva. A proximidade com o Sam Patrício, umha festividade que nos chegou mediatizada polos audiovisuais norteamericanos, facilitava muito o trabalho. A noçom da festa entrara abondo na nossa sociedade, apenas havia que mudar o santo. Celebremos a memória do Sam Martinho de Dume mas nom esqueçamos celebrar também a heterodoxia daqueles rústicos incorrigíveis que tentou levar ao rego E esta é possivelmente a lógica mais potente que actua nesta invençom do dia do Sam Martinho de Dume. A lógica da particularizaçom dentro da globalizaçom. Umha relaçom dialéctica que tentamos aproveitar para chamar a atençom sobre um período bem interessante da nossa história e, já de passo, para fazer troula. Convidamos-vos pois a que este ano vos somedes à celebraçom participando nalgumha das festas que se organizarám em diferentes locais do país, ou mesmo organizando-a por vós mesmos. O Sam Martinho's Day é, como todas as tradiçons autenticamente populares, um processo em construçom e está a aguardar por mil e umha aportaçons que a enriquezam. Celebremos pois a memória do Sam Martinho de Dume mas nom esqueçamos celebrar também a heterodoxia daqueles rústicos incorrigíveis que tentou levar ao rego. |
NOS_4670 | A inmobiliaria Lar España busca sumar á súa carteira un dos maiores centros comerciais, polo que estaría disposta a pagar entre 300 e 400 millóns de euros. | Lar España sae de compras e nos seus obxectivos está o de sumar á sua carteira un dos maiores centros comerciais do Estado español, polo que estaría disposta a pagar até 400 millóns de euros. Así o desvelou esta sexta feira o seu conselleiro delegado, Miguel Pereda, durante a presentación de resultados da compañía, que nos nove primeiros meses do ano presentou un beneficio bruto de 75 millóns de euros, 2% menos que no mesmo período do ano anterior. Pereda apuntou que están interesados nalgún dos 74 maiores centros comerciais do país, e Marineda City encaixa no que anda a procurar. Non se descarta, pois, que a socimi que xestiona na Galiza os centros Gran Vía de Vigo e As Termas de Lugo poida poxar por facerse co maior centro comercial do país e un dos máis grandes de Europa. Venda de centros comerciais Marineda City, promovido no seu día polos empresarios galegos Manuel Jove, Modesto Rodríguez, Xosé Collazo e Xosé Souto, foi adquirido en 2014 por Merlin Properties xunto co hotel Carrís Marineda por 260 millóns de euros. A súa valoración hoxe en día está dentro do rango que manexa Lar. Ademais, Merlín anunciou recentemente que está disposta a desfacerse de activos non estratéxicos para captar até 450 millóns nos próximos anos para financiar os proxectos que ten agora en marcha. Un informe de Barclays sinalaba entre eses posíbeis activos en venda unha carteira de centros comerciais cun valor de 300 millóns de euros. Estaría por ver se Marineda, o seu principal activo por superficie bruta alugábel, estaría entre os inmobles dos que Merlín estaría disposta a desfacerse. |
NOS_21014 | Ás 17h deste sábado o Comité de Ferroatlántica desenvolverá unha concentración na praza do Concello de Cee para emprazar a Xunta de Galiza a clarificar a súa posición a respeito da venda das centrais hidroeléctricas, que suporán unha ruína para a comarca. | Coincidindo coa toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galiza, o Comité de Empresa de Ferratlántica enceta o calendario de mobilizacións e faino cunha concentración que terá lugar este sábado ás 17h na praza do Concello de Cee. Segundo explica o representante do Comité de Empresa Alfonso Mouzo, en declaracións a Sermos Galiza, "Feijóo e a Xunta teñen na súa man parar a venda especulativa que pretende a empresa e que significaría a ruína para a comarca". Mouzo: "A única garantía da defensa dos postos de traballo pasa pola non segregación" Mouzo acusa o Goberno galego de "non estar clarificado" e de "seguir a folla de ruta marcada pola empresa". Así se demostrou, di, nas intervencións do Partido Popular nos últimos días no Parlamento galego. O sindicalista advirte de que "a única garantía da defensa dos postos de traballo pasa pola non segregación". "En 1992, a Xunta dixo non á segregación e mesmo a empresa tivo que ir aos tribunais. Agora pedimos o mesmo, que a Xunta se posicione en contra da segregación e dunha venda que é especulativa e que suporía o feche das fábricas cunha repercusión moi negativa na comarca", engade o representante dos traballadores. E é que a segregación de actividades era un obxectivo que xa figuraba no plan de viabilidade da empresa nese 1992, cando o Grupo Villar Mir comprou as fábricas e as centrais hidroeléctricas a Carburos Metálicos. Daquela, foron os tribunais de xustiza quen impediron a separación de actividades. |
NOS_43836 | A empresa deuno de baixa o mesmo día do parto. "O seu despedimento produciuse polo feito do parto da súa muller e de todas as consecuencias que se poderían derivar do mesmo", sinala o Tribunal. | A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) declarou nulo o despedimento dun traballador dunha empresa de transportes de Ourense ao considerar que foi dado de baixa por ser pai. Nun fallo con data do 16 de abril, condena a compañía á inmediata readmisión do empregado nas mesmas condicións laborais que tiña. Ademais, a compañía deberá pagar ao afectado os salarios deixados de percibir desde entón e até a súa efectiva reincorporación ao posto de traballo, así como unha indemnización por dano moral de 6.251 euros. Contra o fallo cabe recurso de casación. O TSXG destaca que o empregado comunicou á empresa o estado de xestación da súa muller e, o 22 de abril de 2020, o parto. A compañía despediuno ese mesmo día, pero mediante un burofax enviado o día 24 de abril de 2020. "Isto é un indicio, ou unha forte sospeita, de que puidese existir unha conexión entre o parto (e a súa condición de pai) e a decisión empresarial, ao concorrer unha inmediatez temporal entre un e outra; sen que teña nada que ver co exercicio dun permiso de paternidade, senón coa condición de proxenitor e de todas as consecuencias legais, que, diso, puidese deducir a empregadora que ían ocorrer", indican os maxistrados. Igualmente, o TSXG apunta que "non se probou por parte da empresa ningún incumprimento ou causa que puidese amparar a decisión fóra daquela vinculación co parto". A compañía, por tanto, "non afastou esta sospeita fundada (o despedimento como consecuencia de ser pai) con probas da existencia dunha causa obxectiva, allea e non espuria da súa decisión", indica a Sala, polo que declara o despedimento nulo a todos os seus efectos. O alto órgano xudicial galego entende que, neste caso, produciuse un despedimento por "discriminación reflexa", xa que "se vulnerou o dereito do recorrente á igualdade e a non sufrir discriminación por razón de sexo (embarazo), dado que lle sería proxectábel -indirectamente- a protección outorgada polo artigo 55.5 do Estatuto dos Traballadores". O alto tribunal, que aplica a doutrina xurisprudencial europea relativa á discriminación reflexa, subliña que ao traballador "tratárono de maneira menos favorábel (despídese) por motivo dun dos trazos ou características protexidos (o parto ou nacemento dun fillo), que, a pesar de non concorrer en si mesmo (nin estivo embarazado nin deu a luz) o motivo do trato menos favorábel, fundamentouse en dita característica, pois, precisamente, o seu despedimento produciuse polo feito do parto da súa muller e de todas as consecuencias que se poderían derivar do mesmo (permisos, baixas, etc.)". |
NOS_32327 | Nunha mensaxe con Compromiso por Galicia como claro destinatario, o voceiro de Anova-Irmandade Nacionalista mostrouse partidario de "confluencias" | Xosé Manuel Beiras compareceu por primeira vez ante os medios en calidade de voceiro nacional de Anova-Irmandade Nacionalistade xullo. Unha comparecencia na que o veterano nacionalista abordou desde o panorama político e electoral (e nomeadamente o do escenario nacionalista) até os actos de cara ao 25 de Xullo, Día da Patria Galega. Beiras mostrou a súa confianza en que poida darse unha confluenza de Anova con outros proxectos que están a agromar, en referencia a Compromiso por Galicia, de cara a un "novo proxecto común" e salientando mesmo que durante o proceso de construción de Irmandade Nacionalista mantivéronse contactos con esas outras opcións. Ora ben, o voceiro de Anova evitou pronunciarse sobre unha posíbel alianza electoral entre as dúas organziacións, pois esa decisión correspondería á asemblea de militantes de Anova. Chamada a participar en todos os actos do 25 Se ben Anova realizará este 25 de xullo un acto político propio na composteá Praza de Mazarelos, que terá continuidade nun evento máis "festeiro" no parque de Belvís, Xosé Manuel Beiras fixo unha "exhortación a todos os actos diversos do Día da Patria, e nesa diversidade (de actos) que cada quen participe segundo o seu criterio". |
NOS_16333 | Unha das áreas de Galicia que preocupan ás autoridades sanitarias en relación á evolución da covid-19 é a do Salnés, onde, a pesar das medidas restritivas impostas en boa parte dos seus municipios, non melloraron os indicadores. | A Consellaría de Sanidade apunta a que "os datos seguen sen mellorar" nesta área, o que "indica que o gromo aínda non está controlado", tal e como recolle a orde de medidas publicada a última hora desta sexta feira no DOG para incluír nas restricións da zona a Meaño, Meis e Ribadumia. En particular, alertan de que "case todos os indicadores de risco da comarca mostran criterios con valores de alto risco", como a incidencia acumulada a tres días, o número de doentes que ingresan en unidades de hospitalización ou a porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado". Meis ten unha taxa acumulada a 14 días de 521,8 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que Meaño e Ribadumia están en 493,2 e 316,7 casos cada unha, respectivamente. Paralelamente, "a transmisión séguese mantendo", cun índice de reprodución por encima dun e a xente nova como o grupo no que "se recollen as taxas máis altas" de contaxios.. Cee, Dumbría e Muxía A outra área que se incorpora aos peches perimetrais é a de Cee, Dumbría e Muxía, na Costa da Morte, onde as expertas sanitarias ven tamén indicios de preocupación. O principal foco nesta área é Muxía, recolle o DOG, cunha taxa acumulada a 14 días de 751,6 casos por cada 100.000 habitantes. En Dumbría, pola súa banda, hai unha taxa de 704 casos por 100.000 habitantes a 14 días e en Cee é de 238,5. |
NOS_11971 | En Compostela interpretou por vez primeira, hai 50 anos, o xa mítico 'Grândola, Vila Morena'. O Zeca defendía que "Galiza non é España" e que a súa cultura garda "moitas semellanzas" coa portuguesa. | O núcleo na Galiza da Associaçom José Afonso (AJA Galiza) celebrou este domingo o 50 aniversario do histórico concerto de José Afonso, o Zeca, no Burgo das Nacións de Compostela, o 10 de maio de 1972. Neste escenario o artista interpretou por vez primeira ante o público o Grândola, Vila Morena, que menos de dous anos despois tornou no canto da Revolução dos Cravos. Para conmemorar este fito a AJA Galiza realizou un acto de memoria no mesmo lugar coa presenza do seu presidente, Odilo G. Carnero; o concelleiro compostelán Rubén Prol e o artista e asistente ao concerto de 1972, Nolo Suárez. Acto decorrido este domingo en Compostela. (Foto: AJA Galiza) A música correu a conta de Falua e Manuel Teixeira, que interpretaron diferentes temas da música galega e parte do repertorio do Zeca Afonso, incluíndo o xa mítico Grândola. "Galiza non é España" Nunha entrevista concedida en 1985 ao xornal A Nosa Terra e asinada por Xan Carballa, o Zeca subliñou: "Hai unha gran confusión en Portugal sobre Galiza, e xa estou farto de falar e explicar por todo lugar que Galiza non é España, que é un país diferente, cunha cultura propia, unha lingua semellante á nosa… pero a xente non quer comprender, non se dá por enterada". Aliás, precisou: "Galiza sempre foi unha pátria de poetas. Coñezo pouco o momento actual da música galega pero sei de Emilio Cao, de Milladoiro... Antes ía frecuentemente por Galiza e sei perfectamente que hai unha opresión lingüística e política; naqueles anos era unha minoría quen defendían a cultura galega". Sobre a situación do idioma galego, dixo: "A lingua ten que ser defendida nas rúas, en todos lados; introducir o galego en todos os hábitos cotiáns é a única maneira de resistir". |
NOS_34796 | O doutor Montoto, médico adxunto á Unidade de Lesionados Medulares do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), recomenda pensalo ben e revisar a profundidade do mar ou da piscina antes de arriscarse a facer un mergullo que pode provocar lesións irreparábeis. | Este verán volveu crecer o número de pacientes na unidade de lesionados medulares?As lesións medulares por mergullo habitualmente non son frecuentes. Supoñen entre un 1,5 e un 2% de todos os casos de lesión medular traumática cada ano. Normalmente temos entre dous e tres casos, pero neste ano levamos desde finais de maio, co desconfinamento, ata agora catro casos. Foron dous casos no mar e dous na piscina. Cando fala de lesión traumática, refírese a dano irreparábel?Nunha lesión por un mergullo pode haber dúas situacións. Unha: o normal é que haxa unha fractura de columna cervical que leve asociada a un dano na medula espiñal. Outra: se a lesión é máis leve, o que ocorre é que hai un problema da columna sen afectación da medula. Que pasa si toca a medula?Cando hai afectación da medula, esta é variábel. No mergullo o dano sempre se produce na columna cervical polo mecanismo de impacto. Mais pode darse unha lesión medular cervical incompleta ou completa. Cal é a diferenza?A completa é aquela na que a ou o paciente queda sen mobilidade e sen sensibilidade por debaixo do nivel da lesión. Cando é incompleta hai sensibilidade ou sensibilidade e mobilidade por debaixo dese nivel. O normal é que afecte aos brazos e pernas. Os casos que están tratando este ano foron de gravidade?Hai tres casos de lesións moi graves e un menos grave, dentro da gravidade desta lesión nun paciente mozo. Un é un paciente cuxo prognóstico funcional é moito mellor, xa está camiñando de novo, pero os outros pasou pouco tempo e hai que agardar a ver a evolución. Trátase de doentes novos?Son todos menores de 42 anos. A unidade do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) é a de referencia para toda Galiza ou cada centro atende a súa área sanitaria?É a de referencia autonómica, recibimos pacientes de toda Galiza. Dos catro que temos agora, só un é da nosa área. Hai algúns anos pensabamos que un problema deste tipo era sinónimo de quedar nunha cadeira de rodas ou nunha cama. Agora que a medicina, a ciencia e a tecnoloxía avanzaron... Hai solución para todo?O prognóstico depende, basicamente, de dúas cousas. Unha é a altura da lesión: se a persoa ten afectada a columna cervical é máis grave que si deu na columna dorsal ou na lumbar. A outra cuestión a ter en conta é a extensión da lesión, é dicir, si é completa ou incompleta. Mais, polo de agora, non temos un tratamento curativo definitivo para a lesión medular traumática. Hai estudos en curso?Neste momento no Estado xa se están a facer tratamentos experimentais pero son para demostrar que son seguros. Aínda non sabemos se son eficaces. Primeiro queremos amosar a súa seguridade para avanzar na súa eficacia. Como non temos tratamento definitivo, contamos cun de sostén para que a medula espiñal se recupere da mellor maneira posíbel. Se a lesión é incompleta as posibilidades de que a ou o paciente se recupere e volva ser funcional son moi altas. Aproximadamente entre un 55 e un 60% son incompletas, co cal máis da metade dos doentes que ingresan na nosa unidade saen camiñando. Cando conversan coas persoas ingresadas, cóntanlles por que arriscaron tanto?Nun mergullo o que pasa é que non pensas o que fas. Época estival, bo tempo... Por iso, as campañas de prevención son fundamentais. É fundamental que haxa unha mentalización nas praias, con carteis, e nos equipos de socorrismo. Incluso, poderíase advertir a través da megafonía cando dan os anuncios a primeira hora da mañá. Ou recordar cada certo tempo o perigoso que é tirarse en zonas nas que non hai profundidade. Son lesións pouco frecuentes pero que haxa dous ou tres casos en xente tan nova é unha catástrofe. Desde os oito casos de 1992 baixamos a dous ou tres ao ano e en 2019 non houbo. Para os que sigan cos mergullos, hai algún consello?Pensar que pode pasarche, comprobar sempre a profundidade da auga e se é suficiente en relación ao salto. É recomendábel evitar tirarse en augas turbias, ríos pantanos... Se te tiras de cabeza faino cos brazos estendidos para protexer o pescozo. |
NOS_27717 | Hoxe segunda feira vén de inaugurarse Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic dirixido por Miguelanxo Prado, que desta volta contará coa presenza -entre outros moitos autores e autoras- de Chris Claremont, o guionista dos modernos X-Men e auténtica vaca sagrada da Marvel. | O Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico suma una edición máis (e xa van dezanove) coa vocación de permitir unha ollada cómoda e certeira á realidade actual do cómic. "Aínda que as historias de corte social non son unha liña nítida do festival, este ano si teñen un claro peso específico" destaca o director de Viñetas, Miguelanxo Prado. O cómic, recorda o debuxante, "é un dos espazos artísticos que reaccionan con maior rapidez aos acontecementos e inquedanzas sociais". Nesa postura crítica sitúanse varios dos autores invitados: Cristina Bueno, que aborda a realidade dos desfiuzamentos en 'Aquí vivió: historia de un desahucio'; Nadar, coa súa novela autobiográfica 'El mundo a sus pies' sobre as vivencias dun parado; Jorge González, que se achegou en varias ocasións aos efectos sociais das ditaduras iberoamericanas do XX, ou o reputado guionista Juan Díaz Canales, coa súa primeira obra como debuxante titulada 'Como viaja el agua'. Viñetas desde o Atlántico 2016, que se celebrará na Coruña entre o 8 e o 14 de agosto, reserva tamén un espazo destacado para os superheroes de ficción. Os afeccionados ás historias dos seres mutantes e o universo da X-Men poderán gozar da presenza no Salón dun dos alma máter destes personaxes, Chris Claremont, o responsable de rexer os destinos de Cíclope, Lobezno, Tormenta, Mística, Magneto durante os 16 anos mais fecundos desta tropa e unha auténtica vaca sagrada na Marvel. Pero a oferta é moito máis ampla. Rubén Pellejero e Juan Díaz Canales achegarannos o seu primeiro Corto Maltés. Os orixinais do multipremiado 'Bajo el sol de Medianoche' que colgarán en Viñetas amosan como a veteranía permite a ambos artistas ser á vez respetuosos cos lectores e coa memoria de Hugo Pratt, creador do personaxe agora revivido. Canales, ademais, expoñerá a primeira obra que ademais de guionizar debuxou, titulada 'Como viaja el agua', un relato tamén de corte social protagonizado por dous anciáns marxinados. Entre os convidados a Viñetas 2016 figura o arxentino Jorge González, Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Sins Entido con Fueye, autor de 'Las gaviotas son felices', e de 'Hate Jazz' en colaboración con Horacio Antuna. González, afincado en España desde hai varios anos, é un autor de especial sensibilidade política e social que publicou varias obras ambientadas nas realidades das ditaduras iberoamericanas do século XX. Tamén se suma a esta cita o valenciano Daniel Torres para que os afeccionados poidan coñecer o proceso creativo da súa obra 'La Casa', na que fai un percorrido pola Historia da Humanidade a través das súas vivendas. Galegos en Viñetas Os creadores galegos terán, como sempre, un peso específico no Salón Internacional Viñetas desde o Atlántico. No elenco de convidados figura Ramón Marcos, un nome destacado en 'Opium' ou 'Galimatías' e debuxante de obras como 'Vida de nai' con guión de Gemma Sesar ou 'Operación mascota', dentro da serie 'Silvana, a filla do explorador'. A Sala de Exposicións Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, acollerá a exposición dos orixinais dos Premios Castelao de Banda Deseñada da Deputación coruñesa dos anos 2014 e 2015, ou o que é o mesmo, dos títulos 'O inferno do debuxante' de Kiko Da Silva e 'A carreta do diaño' de Fernando Llorente. Miguelanxo Prado e David Rubín completan as firmas galegas. Iso si, rendendo homenaxe a Miguel de Cervantes dentro da exposición conmemorativa do cuarto centenario da súa morte. Ambos os dous autores recrearon en trazos e viñetas a vida do escritor e mais un dos seus entremeses máis coñecido. |
NOS_19626 | Os acontecementos ocorreron á saída dun pleno convulso en que Manuel Ruíz Rivas se encarou @s integrantes da comisión após exixírenlle o cumprimento da Lei de memoria histórica e a retirada do título de fillo adoptivo ao golpista Otero Goyanes. | O conflito xurdiu perante unha moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en que demandaban o cumprimento da Lei de Memoria histórica e a retirada do título de fillo adoptivo de Ribeira ao militar golpista, Otero Goyanes. Na sesión plenaria estaban presentes divers@s integrantes da Comisión de Memoria Histórica do Barbanza, entre el@s o seu presidente, Xan Hermida, e o secretario, Adrián Romay. Após unha sesión convulsa en que o alcalde de Ribeira mesmo instou a abandonar o pleno @s integrantes da Comisión, a discusión trasladouse ás portas da Casa Consistorial onde o rexedor e o concelleiro de Seguridade cidadá increparon @s asistentes ao pleno @s que chamou "idiotas de merda", segundo confirmaron a Sermos Galiza fontes testemuñais. A tensión entre os representantes populares e a veciñanza levou a un policía local a retirar ao concelleiro para evitar que este continuase a ameazar a algún dos membros da Comisión. "Non vou deshonrar unhas familias para honrar a outras" A moción municipal que orixinou o conflito, e que contou co apoio do BNG e de Iniciativa Progresista de Ribeira (IPR), non foi debatida de acordo coas directrices do alcalde que solicitou aos grupos explicasen o seu posicionamento após emitiren o voto. Neste senso, o rexedor ribeirense, Manuel Ruíz Rivas, asegurou que o Partido Popular non apoiaría a proposta d@s nacionalistas argüíndo que non desexaban "abrir feridas" nen tampouco, sinalou, "deshonrar unhas familias para honrar a outras". "No pleno estaban presentes familiares do Comité de defensa da República fusilados o 29 de xaneiro de 1937", sinalou en conversa con Sermos Galiza Adrián Romay, secretario da Comisión para a recuperación da memoria. "Os que teñen os familiares nas cunetas, eses non teñen dereitos?". Desde a Comisión lembran que a obriga do goberno local é "cumprir a Lei de Memoria Histórica" e restituír a memoria das vítimas, subliñou Adrián Romay lembrando as recomendacións do representante das Nacións Unidas quen recentemente visitou Galiza. "Os que teñen os familiares nas cunetas, eses non teñen dereitos?" A Comisión de recuperación da memoria acudirá á xustiza se o alcalde "non recapacita" Mais desde o grupo municipal do PP insistiron en que as forzas da oposición teiman en reabriren debates que, ao seu entender, ficarán fechadas nos acordos da Transición. Neste senso, Manuel Ruíz Rivas apelou a un acordo da corporación municipal de 1985 para asegurar que existía un consenso entre as forzas políticas con representación para mudaren o nome de até 20 rúas dedicadas a militares golpistas como o xeneral Mola. Porén, "iso é mentira" retrucou desde as bancadas do salón de plenos o secretario da Comisión de Memoria histórica. A Comisión da Memoria advirte que recorrerán á xustiza se "o alcalde non recapacita" En conversa con Sermos Galiza, Romay aclara que neste acordo municipal "a daquela Alianza Popular votou en contra" de mudar os nomes das rúas dos "cabecillas do golpe", lembra. Desde a Comisión para a recuperación da memoria queren quitar ferro aos insultos propinados desde a alcaldía e o goberno municipal e salientan que o pleno decorrido na segunda feira reflicte un "feche de ciclo" na súa loita. Neste senso, afirman que terán que procurar "novas vías" para facer cumprir a lexislación vixente e non descartan presentar un recurso xudicial "se o alcalde non recapacita". Pois levan desde o pasado mes de xaneiro procurando que sexa o pleno municipal quen retire o título e o nome da praza a Otero Goyanes. Quen foi Otero Goyanes? Desde a Comisión de recuperación da memoria lembran que este militar foi un dos golpistas que apoiaron o alzamento militar. Neste senso, apelan ao pleno celebrado en 1936 cando unha "corporación posta a dedo por un dictador" e "non eleita democraticamente" o nomeou fillo adoptivo de Ribeira. Así, a acta daquela altura salienta a contribución de Goyanes a prol do " glorioso movemento nacional que salvou España da destrución marxista". |
NOS_4102 | A intervenção militar no Mali envolveu a França numa nova guerra imperialista. Por trás das motivações oficiais, esta visa garantir e estender as posições económicas e estratégicas do capitalismo francês naquela região. Artigo de Greg Oxley tirado de Resistir.info. Oxley faz parte do sector crítico do PCF, que questiona a posição do partido no que diz respeito a esta guerra. | Além dos seus recursos naturais – actuais e potenciais –, o Mali, terceiro produtor africano de ouro, está rodeado por vários países em que grandes grupos franceses, como a Total e a Areva, estão fortemente implicados. O grupo Areva encontra no Níger um terço das suas necessidades de urânio. A Total explora o petróleo da Mauritânia. O capitalismo francês domina a Costa do Marfim. Com as suas vastas reservas de gás e de petróleo, a Argélia é o primeiro parceiro comercial da França na África. São sobretudo os interesses dos grandes grupos franceses nestes países vizinhos que fazem do Mali uma aposta estratégica importante do ponto de vista do imperialismo francês. François Hollande saudou a aprovação "unânime" desta guerra tanto na Assembleia Nacional como no Senado. A UMP (direita) e a Frente Nacional (extrema direita) aprovam-na. O Partido Socialista também aprovou. Mas Hollande também pôde contar com o apoio da direcção do nosso próprio partido, o PCF, o que chocou numerosos militantes comunistas. Esta decisão, como em 2001, aquando da invasão do Afeganistão, associa o partido à política imperialista da França diante da opinião pública. Ela vai contra a tradição anti-imperialista e antimilitarista do PCF. Com as suas vastas reservas de gás e de petróleo, a Argélia é o primeiro parceiro comercial da França na África A verdade é a primeira vítima de uma guerra imperialista. A dissimulação dos verdadeiros objectivos das guerras é de importância vital para os imperialistas. O primeiro dever do movimento operário – e do nosso partido em particular – é explicar as suas verdadeiras causas e objectivos. Quanto à guerra no Mali, a direcção do nosso partido fracassou neste dever. Uma guerra contra o fundamentalismo? Segundo o governo francês, a intervenção em Mali justificava-se pela ameaça iminente da tomada de Bamaco [a capital] por "fundamentalistas islâmicos". Oficialmente, a intervenção visava portanto bloquear o avanço das milícias islâmicas, destruí-las e proteger assim a população dos seus abusos. Motivações tão nobres são dificilmente criticáveis. O problema é que a explicação oficial é uma farsa. Serve só para mascarar os verdadeiros objectivos desta operação. Cada vez que as potências imperialistas lançam uma guerra, armam-se de pretextos "humanitários" deste género: a guerra contra a Sérvia era para proteger os albaneses, os Estados Unidos invadiram o Iraque para proteger os xiítas e o Afeganistão para proteger a mulher afegã e erradicar o terrorismo; a guerra na Líbia visava impedir um massacre iminente da população de Bengazi. Deveríamos por isso apoiar estas intervenções? A explicação oficial do governo francês é uma farsa. Serve só para marcarar os verdadeiros objectivos desta operação No Mali, a França estaria em guerra contra o jihadismo e a intervenção responderia a um pedido do regime local. No entanto, este regime é uma ditadura militar, culpada, também ela, de numerosos abusos e assassinatos. Mas o governo dá a entender que, em comparação com os jihadistas, a ditadura militar seria um "mal menor". Em contraste, na Líbia, a aviação francesa – em aliança com a Grã-Bretanha e os Estados Unidos – apoiou fortemente milícias jihadistas para derrubar a ditadura de Kadafi. As potências ocidentais coordenaram seus ataques para facilitar os movimentos em terra de grupos como o de Abdel-Hakim Belhaj. Ligado à Al Qaeda, Belhaj tomou o controle de Tripoli após a derrota das forças de Kadafi. Naquela época os media apresentavam-nos estes jihadistas não só como o "mal menor", mas até como autênticos "revolucionários"! Na Síria, o alinhamento de forças é comparável àquele que prevaleceu durante a guerra na Líbia. Aqueles que os media nos apresentam como "revolucionários" são, no essencial, financiados, armados e enquadrados por agentes da Arábia Saudita e do Qatar. O mesmo François Hollande que justifica a guerra no Mali pela necessidade de bater o "fundamentalismo" faz ao mesmo tempo sermões a favor de uma intervenção militar na Síria a fim de apoiar as milícias fundamentalistas. Ele já concedeu o reconhecimento diplomático da França ao Conselho Nacional Sírio (CNS), cujo componente dominante é nada menos que a Irmandade Muçulmana. Assim, a França imperialista – da qual Hollande não é senão o executante – não se opõe por princípio ao "fundamentalismo islâmico". Ao contrário, não hesita em apoiar fanáticos fundamentalistas quando isso pode beneficiar seus interesses. Em outras circunstâncias, o imperialismo francês poderia apoiar os jihadistas no Mali, chamando-os oportunistamente de "rebeldes" ou "revolucionários", contra o regime de Bamaco. Mas, neste caso, a guerra actual no Mali é conduzida no interesse dos grandes grupos capitalistas franceses e para contrariar as ambições de seus rivais, nomeadamente, nesta região, o Qatar, que financia milícias (Mujao e Ansar Eddine) para expandir a sua zona de influência e fortalecer a sua posição em futuras "negociações". A intervenção francesa é apoiada pela Arábia Saudita que, apesar de armar e financiar movimentos fundamentalistas por todo o mundo, quer travar a expansão dos interesses do Qatar na África do Norte. O Qatar reforçou consideravelmente as suas posições na Líbia, no Egipto e na Tunísia. A guerra actual no Mali é conduzida no interesse dos grandes grupos capitalistas franceses e para contrariar as ambições de seus rivais Para tentar justificar a sua posição, a direcção do PCF explica que quaisquer que sejam nossas análises sobre os objectivos reais da intervenção, esta ainda assim permitiu repelir as milícias fundamentalistas, bloqueando seu avanço rumo à capital e libertando várias cidades que estavam sob o seu controle. Estes são factos que ninguém pode negar. Mas o reconhecimento desta realidade não esgota a questão. Se considerarmos a "protecção das populações" contra abusos, e repressões, etc, como um pretexto suficiente para justificar intervenções militares, então seria preciso apoiar e até mesmo exigir intervenções militares em numerosos países do mundo! É verdade que a intervenção francesa repeliu a milícia para o Norte, por enquanto sem grande dificuldade. Ainda que essas milícias continuem a estar omnipresentes no Mali ou alhures – e talvez, conforme as circunstâncias do momento, com o apoio da França! – O seu recuo actual é, por assim dizer, um subproduto de uma intervenção que continua a ser imperialista. Portanto, este recuo dos jihadistas não deveria justificar a caução a esta intervenção pelos dirigentes de nosso partido. Para tentar justificar a sua posição, a direcção do PCF explica que quaisquer que sejam nossas análises sobre os objectivos reais da intervenção, esta ainda assim permitiu repelir as milícias fundamentalistas, bloqueando seu avanço Que fazer? Isso não impede que a nossa posição sobre a guerra no Mali não possa limitar-se a uma simples oposição de princípio. Muitos camaradas que são contra a intervenção ou que sentem, pelo menos, que algo "não claro" nas justificações oficiais, não querem ver o fundamentalismo propagar-se e instalar-se ainda mais, seja na África ou alhures. Opor-se à intervenção, dizem no essencial, equivaleria a permanecermos passivos perante a ameaça fundamentalista. De facto, a nossa atitude para com a guerra não pode resumir-se a uma espécie de pacifismo passivo. A guerra é um problema concreto que requer uma abordagem política também concreta. Como comunistas, precisamos de um programa de acção contra esta guerra e contra a guerra imperialista em geral, em solidariedade internacionalista com as vítimas de agressões militares – quer das milícias fundamentalistas quer dos exércitos "regulares". Quais deveriam ser os pontos chave do programa do PCF quanto à guerra no Mali?· Em primeiro lugar, o PCF deveria explicar que para lutar contra o fundamentalismo é preciso começar por atacar os poderosos interesses financeiros e industriais que são os principais fornecedores de armas e equipamentos das milícias, a saber, a Arábia Saudita, o Qatar e os outros países do Golfo. Na guerra contra Kadafi, os haveres do Estado líbio no estrangeiro foram apreendidos sob o pretexto de que os seus recursos iam servir para financiar massacres. Devemos portanto exigir a expropriação em França dos haveres do Qatar – e eles são consideráveis. Os sindicatos do sector bancário deveriam interessar-se pelos movimentos de capitais entre a França e os países promotores do integrismo – e torná-los públicos. O PCF deveria exigir o fim de todas as vendas de armas (aviões, fragatas, sistemas de defesa, etc) assim como a travagem dos programas de treino e outras formas de cooperação militar com os Estados envolvidos.·Nos portos, o partido e a CGT deveriam fazer campanha para convencer os trabalhadores a bloquearem todos os carregamentos militares destinados a Arábia Saudita, ao Qatar, etc. Os trabalhadores dos aeroportos deveriam bloquear os voos das suas companhias aéreas.·Finalmente, os grandes grupos capitalistas que praticam o "terrorismo económico" pilhando os recursos de Mali e que apoiam regimes corrompidos e ditatoriais em toda a África deveriam ser nacionalizados, seus dirigentes afastados, sua gestão reorganizada em bases democráticas e seus recursos utilizados para fins progressistas. A intervenção militar francesa não conduzirá a qualquer "estabilização", assim como não o fez na Líbia ou no Afeganistão, assim como a invasão estado-unidense tão pouco "estabilizou" o Iraque Não esqueçamos, em meio a todos esses cálculos imperialistas, a classe trabalhadora maliana, a juventude e o conjunto do povo explorado e oprimido do país. É preciso estender-lhes uma mão fraternal e internacionalista, na base de uma política independente, ao invés de se atrelar à máquina de guerra imperialista. É aos trabalhadores do Mali que é preciso ajudar. É preciso dar-lhes os meios de se defenderem, não só contra alguns milhões de fanáticos islamistas, como também contra os elementos não menos reaccionários das forças armadas malianas. Este exército mostrou-se incapaz de defender o povo. Seus líderes são corruptos. Deve ser expurgado a partir de dentro e reorganizado em bases democráticas. Os soldados, saídos do povo e vivendo como ele, aliados aos trabalhadores de Bamaco e outras cidades, seriam o melhor baluarte contra o fanatismo armado. Ao defender a posição de classe e internacionalista que propomos é muito possível o PCF num primeiro momento não fosse seguido, nem em França nem no Mali. O PCF não pode dar uma solução imediata a este problema. Ninguém lhe pede isso. Mas em contrapartida o que se pode fazer, aqui e agora, é explicar os verdadeiros interesses que estão em jogo nesta guerra, dissociando-se completamente da política imperialista da França e das suas justificações falaciosas – e contribuir assim para formar a consciência antimilitarista e revolucionária dos trabalhadores, tanto em França como no Mali. A intervenção militar francesa não conduzirá a qualquer "estabilização", assim como não o fez na Líbia ou no Afeganistão, assim como a invasão estado-unidense tão pouco "estabilizou" o Iraque. Tanto na Europa como na África, o capitalismo não oferece nenhum futuro aos povos. Ele está na origem dos problemas que se colocam. Mais do que nunca, temos necessidade de um partido que se posicione claramente como o adversário implacável deste sistema e das suas consequências nefastas, tanto em França como no estrangeiro. Devemos nos esforçar por corrigir a política do PCF. Nosso partido deve opor-se à intervenção imperialista no Mali, na base de uma política revolucionária e internacionalista. |
PRAZA_13548 | O copresidente abandona a entidade tras numerosas presións para que abandonase e logo de que a Audiencia Nacional admitise unha querela contra el e outros catro ex directivos. NCG acepta converterse en fundación. | Gayoso marcha. O copresidente de Novacaixagalicia abandona a entidade logo da crecente presión para que dimitise e na semana na que a Audiencia Nacional admitiu a querela contra el outros catro ex directivos. Nela, considérase que o ex presidente de Caixanova colaborou para cambiar, sen comunicalo ao consello ou ao Banco de España, as cláusulas de indemnización de varios exdirectivos que marcharon con cantidades millonarias. Presionado, agora dimite, segundo confirmou un dos vogais do consello de administración celebrado esta mañá a varios medios. Dimite tras confirmarse que será investigado por suposta administración desdeal ou apropiación indebida O consello de administración de Novacaixagalicia, celebrado este xoves en Vigo, tiña pensado tamén tratar a renuncia do outro copresidente, Mauro Varela, que dimitiu xa tras as súas polémicas declaracións sobre as participacións preferentes. Agora marcha o seu compañeiro no cargo, Fernández Gayoso, logo de confirmarse que será investigado por suposta administración desdeal ou apropiación indebida tras a querela aceptada pola Audiencia Nacional. No entanto, a substitución do primeiro deles non foi posta sobre a mesa na xuntanza. Algúns vogais do consello de administración xa advertiran antes da xuntanza a súa intención de solicitar a dimisión de Gayoso. Un deles, José Luis Veiga Lage, anunciou antes de entrar na reunión deste órgano que pediría a renuncia do copresidente Julio Fernández Gayoso e urxiu tamén a transformar a caixa en fundación de carácter especial e cambiar toda a cúpula, tal e como reclamaron en varias ocasións os traballadores de Novacaixagalicia. Non fixo falta que llo pediran. Julio Fernández Gayoso tomou a iniciativa e presentou a súa renuncia logo de 64 anos nas caixas e despois de resistirse a dimitir nas últimas semanas. O substituto de Gayoso e máis Varela non se coñece aínda e non se coñecerá até o vindeiro consello de administración. Mentres, será Guillermo Alonso quen ocupe a presidencia provisional da entidade. Ademais, Novacaixagalicia aceptou converterse en fundación de carácter especial, como pediron os seus traballadores, polo que sentará as bases para levar a cabo unha conversión que implica a renovación total de todos os seus órganos de goberno. Faino un día despois de que Feijóo anunciase que o Goberno galego presentará un proxecto de lei para transformar a entidade nesa fundación de carácter especial. Era tamén a forma de garantir a marcha de Gayoso, que decidiu abandonar antes. |
NOS_37087 | México anunciaba esta semana a excarceración dos maiores de 65 anos e daqueles vítimas de torturas, co problema da sobrepoboación das prisións como principal motivación. Problema en aumento en todo o mundo. Tamén nos países máis desenvolvidos, tamén na UE: os froitos da conxestión deixan en Italia violencia, drogadición e morte. | Nas dúas primeiras décadas deste século a poboación mundial medrou en 21%, mais o número de presos fíxoo en catro puntos máis, segundo datos da Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (Unodc, en inglés). En cifras absolutas isto significa que entre os anos 2000 e 2019 foron encarceradas 11,7 millóns de persoas, o equivalente a poboación de toda Bélxica ou Bolivia. Ademais, en aproximadamente a metade dos países dos que se dispoñen datos, os sistemas de prisión están a operar por riba da capacidade do 100%, de acordo coa Unodc, organismo encargado de facer gardar as Normas Mínimas para o Tratamento dos Reclusos, as coñecidas como as Normas Nelson Mandela. O World Prison Brief, base de datos do Instituto de Investigación de Política Criminal, do Birkbeck College da Universidade de Londres, reflicte ademais que son os países menos desenvolvidos os que rexistran cifras de maior sobrepoboación (República do Congo, Filipinas, Haití, Guatemala e Camboxa, ocupan os primeiros cinco postos). Esta clara tendencia non é, porén, exclusiva dos países con menos recursos. México, cun índice de desenvolvemento humano alto, arrastra este problema desde hai tempo. O Órgano Administrativo Desconcentrado de Prevención e Readaptación Social (Oadprs) informou en marzo pasado dunha sobrepoboación en 172 dos 288 centros penitenciarios federais. Motivado por esta situación, o Goberno anunciou na quinta feira que antes do 15 de setembro excarcerará os reclusos maiores de 75 anos, os maiores de 65 anos con enfermidades crónicas, os que levan presos 10 anos sen que se dite sentenza e as persoas vítimas de torturas dentro de prisión. O executivo de Andrés Manuel López Obrador xustificou en parte esta situación pola saturación dos xulgados. "Non é posíbel que se teña unha dilación na administración de xustiza, de tal maneira que teñamos unha poboación privada da súa liberdade sen ningunha sentencia definitiva", sinalou a secretaria de Gobernación, Olga Sánchez Cordero. Protestas e malleiras Algúns dos países máis desenvolvidos do mundo tampouco escapan á soprepoboación carceraria. Nun informe publicado o pasado 8 de abril, o Consello de Europa (organismo independente da UE) poñía de manifesto que os cárceres de Italia son os máis saturados de Europa con 120 reclusos por cada 100 camas. Tamén Bélxica (117 por cada 100) ou Francia (116 por cada 100) superan a capacidade dos seus sistemas penitenciarios, como Chipre (116), Hungría e Romanía (113) e Grecia e Eslovenia (109). O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, fundado polo Consello de Europa, xa condenou en dúas ocasións por esta situación a Italia, que conta cun total aproximado de 61.250 presos nos seu cárceres, arredor de 10.000 máis da súa capacidade. O primeiro ministro italiano, Mario Draghi, prometía o pasado 14 de xullo unha reforma penitenciaria para paliar a situación, logo da publicación no xornal Domani dun vídeo onde se mostra varios gardas golpeando con porras e dando patadas aos presos na prisión de Santa Maria Capua Vetere, próxima a Nápoles, como represalia a unha revolta o ano pasado. Máis persoal, mellor adestrado, e máis módulos foron as solucións propostas pola ministra de Xustiza, Marta Cartabia. Reinserción sen medios A sobrepoboación carceraria provoca unha gran tensión interna. A asociación italiana polos dereitos dos presos Antigone acaba de presentar o seu informe anual con datos ao respecto. Por exemplo, recollen que o número de suicidios entre os reclusos se disparou: 18 en 2021, que se veñen a sumar aos 62 de 2020, a cifra máis alta dos últimos anos. O informe tamén apunta que un de cada catro presos é drogodependente, 10% máis que hai 15 anos. E que 15% de toda a poboación carceraria italiana está presa por delitos relacionados coas drogas. Antigone defende que "a desconxestión das prisións debe comezar pola modificación das leis sobre as drogas". Tamén piden unha "intervención urxente" á respecto da contratación de persoal civil (educadores, mediadores, psicólogos). "A detención custa ao Estado 3.000 millóns de euros, dos que 68% se destinan aos gardas penitenciarios", sinalan. O desequilibrio entre responsábeis da custodia e da reinserción social é elocuente: 1 garda por cada 1,6 internos, e 1 educador por cada 91,8 internos. Saturación das prisións en tempos de Covid Tanto a Unodc, a nivel mundial, como Antigone, no caso italiano, tamén salientan a situación de precariedade que se vive nos cárceres saturados á hora de combater a pandemia. Os espazos reducidos, a pouca limpeza e a ausencia de equipos de protección persoal favoreceron a circulación da Covid-19 moito máis que no exterior. Ademais, algúns centros penitenciarios restrinxiron o tempo de lecer, as actividades laborais e os dereitos de visita, elementos fundamentais para a reinserción dos internos. En Italia, produciuse unha transición do réxime de cela aberta ao de cela pechada (de illamento) en 24% dos centros penitenciarios, aínda que o primeiro segue a ser predominante. En decembro de 2020, a media era de 179 positivos por cada 10.000 persoas dentro das prisións e de 110 por cada 10.000 no exterior. Segundo datos da Unodc, arredor de 4.000 internos de 47 países faleceron a consecuencia da Covid-19. |
PRAZA_18551 | 900 establecementos de toda a comarca ficarán en negro esta tarde para alertar da situación que atravesa o comercio polo miúdo e da súa importancia para a economía e o emprego das súas localidades. O sector perdeu nove mil empregos en Galicia dende o ano 2008. Pontevedra lanza a campaña 'Namorados dos días de cores' para contrarrestar o 'Black Friday' | Pontevedra lanza a campaña 'Namorados dos días de cores' para contrarrestar o 'Black Friday' Dende hai semanas o comercio local da Mariña puxo en marcha campañas para concienciar a poboación sobre a difícil situación que atravesa o comercio polo miúdo e sobre a súa importancia para a economía e o emprego das súas localidades. Primeiro foron os comerciantes de Viveiro, despois o de Ribadeo e agora o de toda a comarca. Os máis de 900 establecementos adheridos á Federación de Comercio A Mariña levarán a cabo este venres unha acción para amosar como serían os centros das súas vilas se non existise comercio local. Así, entre as oito da tarde e as doce da noite todos os establecementos apagarán as luces dos seus escaparates, reflectindo con esta escuridade a falta de actividade que caracterizaría ás ditintas rúas, nas que só habería baixos baleiros. A campaña de concienciación chámase Ollo! e pide responsabilidade e compromiso á poboación e ás administracións para apoiar o comercio local: "Hai que ter ollo co que facemos, co que fomentamos, coas decisións que se toman a nivel particular e por parte das administracións públicas. Todos somos partes da roda e todos temos que axudarlle a andar á roda", di José Carlos Paleo, presidente da FCAM. "Cando pasemos pola rúa e non vexamos o escaparate desde moitos puntos de vista podemos dicir ollo co que facemos, ollo co que decidimos e ollo con non disfrutar do que temos porque debemos valorar o que formamos e o que levamos conseguido", engadiu. A campaña salienta sobre todo os aspectos positivos do comercio local e os beneficios que xera para a cidadanía, destacando que estes establecementos supoñen "máis atención personalizada, mais convivencia cidadá e máis entre todos". Os 900 comercios da FACM xeran máis de 3.000 empregos e conta cun volume de facturación duns 300 millóns de euros ao ano. Paleo lanza, ademais, unha mensaxe positiva: "Temos que lanzar unha mensaxe de ánimo a toda a xente que está emprendendo neste momento para montar negocios, porque peches e traspasos existiron durante toda a vida comercial e van seguir existindo. Pero as posibilidades da Mariña son inmensas e neso nos temos que basear". Unha iniciativa semellante lanzou hai uns días o Centro Comercial Histórico de Viveiro, chamando a coidar os negocios locais "porque son quen moven a economía local". "Canto mellor lles vaia aos comercios e hostaleiros de proximidade, mellor nos irá a todos", sinalan. A campaña componse de 30 imaxes, convertidas en vinilos que se poden ver nas rúas de Viveiro e que tamén son compartidas nas redes sociais, que destacan os aspectos positivos do comercio polo miúdo e dos beneficios que xera para as localidades nas que se asenta: dende a creación de emprego local, o seu carácter sustentable e respectuoso co medio ambiente ao reducir os desprazamentos, o trato amable e cercano dos seus profesionais, a vida que achegan aos distintos barrios ou o feito de seren pequenas empresas e non grandes corporacións. "O comercio dunha vila é o reflexo da vida da mesma. Que pasaría se o deixamos morrer?", pregúntase a campaña. Algo semellante fixo ACISA Ribadeo, que esta semana distribuíu carteis por toda a localidade en forma de necrolóxicas, facendo fincapé en que "Ribadeo e o seu comercio morrerán en breve se ti non o remedias". A campaña acompáñase dun vídeo, que chama a atención sobre o feito de que toda a economía local depende do pequeno comercio e de que se os cartos se reinvistan nel e non en grandes cadeas ou na compra por Internet a empresas alleas á localidade. 9 mil empregos menos dende o 2008 As estatísticas do INE poñen números á crise do comercio polo miúdo. Dende o ano 2008 o comercio galego perdeu máis de 9.000 empregos (pasou de 110.581 a 101.465 traballadores e traballadoras ocupadas). Ademais, o número total de establecementos comerciais en Galicia descendeu en máis de 6.000 (de 40.679 a 34.378). A cifra de negocio experimentou un lixeiro crecemento, pola contra, aínda que nos peores anos da crise económica experimentou tamén unha importante redución da que aínda se está a recuperar. |
PRAZA_8721 | Este martes acababa o prazo para que a anciá abandonase a súa vivenda. | Acábase o prazo. Aurelia Rey, a anciá á que a presión cidadá axudou a parar o desaloxo dunha céntrica vivenda da Coruña, tiña ata este martes 30 como prazo límite para abandonar a súa casa logo de que o lanzamento fose detido dúas veces no pasado mes de febreiro. As protestas e o apoio da plataforma Stop Desafiuzamentos -que incluíu unha polémica actuación policial- forzou os seus caseiros a un acordo que lle daba dous meses de prazo para buscar outro inmoble, ademais dunha compensación económica que lle axudase a pagar un aluguer que agora será máis caro que os pouco máis de 150 euros que lle correspondían pola renda antiga. A Xunta informa de que a vivenda social xa está a disposición de Aurelia Rey Logo das queixas dos activistas pola tardanza, a Xunta vén de comunicar que o piso de aluguer social adxudicado está xa á súa disposición. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou este martes a súa adxudicación despois de que o último documento necesario para a súa tramitación, o certificado de ingresos -requirido para determinar o prezo do aluguer-, fora presentado o pasado luns na xefatura provincial do Instituto galego de Vivenda e Solo. A Xunta comunicou xa a Aurelia a súa adxudicación e informoulle de que o contrato de aluguer está á súa disposición na xefatura provincial dese organismo "onde deberá asinalo como paso previo a recibir as chaves das vivendas". Activistas e voluntarios que colaboraron na paralización do desafiuzamento de Aurelia Rey axúdana estes días a facer a mudanza á vivenda de Eirís concedida polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. No entanto, e segundo relataba na mañá do martes Héctor Tejón, un dos voceiros de Stop Desafiuzamentos, as chaves non lle foran entregadas á anciá. Ademais, a nova casa da afectada carecía de subministro de auga e luz, polo que tanto a plataforma contra os desaloxos como o avogado da muller agardaban unha prórroga por parte dos seus caseiros para que Aurelia poida seguir uns días máis na súa vivenda da rúa Padre Feijóo ata que se arranxasen os trámites que lle permitan trasladarse ao barrio de Eirís. Stop Desafiuzamentos e os representantes de Aurelia Rey agardan unha prórroga para quedar no seu piso mentres non se acaban os trámites "Non hai contrato asinado, nin chaves, nin luz, nin auga", lembraba Héctor Tejón, que advirte de que Aurelia Rey non pode trasladarse a unha vivenda nesas condicións, volve aludir ao "mobbing inmobiliario" sufrido pola anciá e lembra que aínda hai que esperar pola "sinatura do conselleiro" para que dea o visto e prace ao traslado. "Agardamos que impere o sentido común nos seus caseiros e que non volvan activar a orde de desafiuzamento", a mesma que fora paralizada logo de que inquilina e propietarios chegasen a un acordo. Incluso no caso de que os trámites se acelerasen durante este martes, a muller precisaría dun tempo para completar unha mudanza para a que precisa axuda. Desde a Xunta, no entanto, acusaron os letrados de Aurelia Rey de atrasar demasiado a solicitude desta vivenda social, motivo polo cal aínda non se terían rematado os trámites. Se non hai ningún atranco máis, a anciá de 85 anos abandonará a súa antiga vivenda nas vindeiras horas. |
PRAZA_15759 | Case 3.000 mulleres galegas estaban a finais de 2015 incluídas no sistema Viogén, que controla posibles agresións de xénero. Estudos recentes advirten da "crecente posesividade e control entre as parellas adolescentes". | O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Viogén) é un mecanismo incluído na lei estatal contra violencia de xénero que, dende o ano 2007, aglutina as medidas de vixilancia constante que se aplican en determinados casos. Cada ano o Ministerio do Interior ofrece datos estatísticos sobre as mulleres incluídas neste sistema, pero ata agora non detallar cantas delas son adolescentes. Nese primeiro cómputo feito público inclúese unha vintena de galegas de entre 14 e 17 anos en risco de sufriren novas agresións machistas. Con data do pasado 31 de decembro Viogén rexistraba, concretamente, 19 casos nos que adolescentes galegas tiñan que acollerse a estas medidas de protección. En 10 destes casos o nivel de risco é baixo, o que supón que a Policía contacta frecuentemente coa muller por vía telefónica. Case 3.000 mulleres galegas estaban a finais de 2015 incluídas no sistema que controla posibles agresións de xénero Cuantifícanse, ademais, dous casos de risco medio, nos que a protección policial se incrementa. O cómputo complétase con 7 casos de risco "non apreciado", isto é, o máis baixo da escala. Asemade, a Policía ten rexistrados en Galicia 20 casos máis coa categoría de "inactivos", os cales poden "ser reactivados en calquera momento" en caso de detectarse un incremento do risco de agresión. Alén das adolescentes o sistema Viogén rexistraba a finais de 2015 un total de 2.934 casos activos en Galicia con mulleres de todas as idades. Son catro menos que en 2014 e uns 300 menos que en 2013. Non obstante, a suma de casos activos e inactivos, 21.131, foi en 2015 maior que en 2014 (20.325) e 2013 (18.129). Identificar e non tolerar Estudos recentes advirten da "crecente posesividade e control entre as parellas adolescentes" Estes datos chegan nun contexto no que, nos últimos anos, diversas voces expertas en materia de igualdade e abordaxe da violencia de xénero advirten do crecemento das actitudes machistas entre a adolescencia e a mocidade. Así, por exemplo, as autoras dun proxecto en materia de educación en igualdade desenvolvido recentemente en institutos de Santiago resaltaban, tras estaren en contacto directo co alumnado, que "non existe tanto un problema de identificación dos síntomas da violencia de xénero como de tolerancia ou de normalización dos mesmos. Como informou Praza Pública, máis da metade do alumnado participante nese proxecto, de entre 14 e 18 anos, afirmou coñecer parellas da súa contorna "nas que existen actitudes violentas" e unha proporción elevada deles considera "normais" actitudes na parella como os celos. Isto prodúcese, indican as expertas, nun contexto de "crecente posesividade e control entre as parellas adolescentes", tamén aproveitando a tecnoloxía, no que medran "as actitudes submisas por parte das mulleres, especialmente nas relacións afectivo-sexuais. |
NOS_56151 | De "éxito absoluto". Así cualificou Javier Sánchez, o presidente das ANPAS galegas, a cadea humana que uniu a casa de Hadrián á escola para reclamar unha correcta atención educativa domiciliaria. | Ás 12h da casa de Hadrián, o rapaz enfermo crónico ao que a Xunta de Galiza non lle garante o ensino domiciliario, partía unha cadea humana até o CEIP Milladoiro de Malpica, onde cursaba en xaneiro deste ano 5º de Primaria, pasando polas rúas Eduardo Vilafanno, Raimundo Criado, Patria Galega e Rueiro do Campo. A reivindicación non era outra que garantir unha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para o alumnado enfermo. En declaracións a Sermos Galiza, Javier Sánchez, presidente da Confederación de ANPAS galegas, sinala que convocaron a manifestación para solicitar unha nova normativa que estabeleza cal debe ser a atención necesaria para o alumnado enfermo. A Confederación considera que, como mínimo, ao alumnado enfermo debe prestárselle 2,5 horas diarias de aulas na casa. Javier Sánchez (ANPAS): "Esperemos que a mobilización sirva para que o conselleiro se dea de conta do clamor social" O representante dos nais e pais pon de manifesto que espera que o éxito da convocatoria "sirva para que o conselleiro de Educación, dunha vez por todas, se dea de conta do clamor social e da necesidade de regular a atención domiciliaria en condicións". Porque, insiste, é unha reivindicación social, "sobraba xente, non podiamos sequera estirarnos". Javier Sánchez asegura que a única novidade que se produciu desde que saíu á luz o caso de Hadrián foi a elaboración dun protocolo por parte da Xunta "para tentar calar a boca". Di que "non é un protocolo nin é nada porque non estabelece nin medidas nin dereitos concretos. A regulación non se mudou". As ANPAS galegas continuarán convocando protestos até que a Xunta de Galiza cumpra coa atención educativa domiciliaria, "eles pensan que está todo resolto metendo a cabeza debaixo da á, mais nós imos seguir loitando e demandando que se cumpra un dereito que é fundamental". Nieves, a nai de Hadrián: "Chamo todos os días a Consellaría e sigo sen ser capaz de falar co conselleiro" Nieves Villar, a nai de Hadrián, salienta a acollida da cadea humana da mañá deste sábado, "percibín moita solidariedade e moito apoio". Apunta que houbo "moita xente; tanta, que a cadea podía dar a volta ao percorrido e mesmo volver". Cóntanos que non baixa a garda e que seguirá loitando para que se recoñeza o dereito das crianzas enfermas a contar cunha atención educativa a domicilio correcta. De feito, salienta que chama a Consellaría de Educación "todos os días. Falo coa secretaria do Gabinete e sigo sen ser capaz de falar co conselleiro". "Onte mesmo –pola sexta feira, 11 de decembro- chameinos e convideinos a vir á cadea humana, mais non apareceron", lamenta. |
NOS_20360 | Persoas descoñecidas riscaron figuras nesta laxe descuberta na década dos 30. A peneda da Cantaleta proporcionou "coñecementos fundamentais para o estudo da arte rupestre galaica e mesmo para o conxunto da Europa Atlántica", explica o colectivo A Rula, que denunciou os feitos no Concello e perante Patrimonio. | A asociación cultural A Rula denunciou perante o Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio a agresión nos gravados do Castriño de Conxo, en Santiago de Compostela, "laxe emblemática do grupo galaico de arte rupestre". Até o lugar desprazáronse, após ser advertidos da agresión, membros do colectivo, que detectaron que había "graves alteracións na pátina de catro figuras situadas no panel inferior da laxe, tres puñais e un escutiforme. [...] Empregaron algún elemento duro, posiblemente unha pedra, para riscar os motivos ". "Estamos ante unha agresión moi grave", denuncian. Lembran que foi descuberta nos anos 30 do pasado século por Ramón Sobrino Buhígas e o seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. "A peneda da Cantaleta non ten deixado de proporcionarnos coñecementos fundamentais para o estudo da arte rupestre galaica e mesmo para o conxunto da Europa Atlántica". O colectivo demanda das diferentes administracións maior atención, coidado e protección para o patrimonio rupestre galego. |
NOS_41407 | O gasto medio por fogar en cultura baixou en Galiza de 778,9 a 646 euros dos anos 2011 a 2012. O sector do libro é o que máis padece no aforro familiar, segundo os datos do informe feito público polo Observatorio do Consello da Cultura Galega, sobre a enquisa do Instituto Nacional de Estatística. | A baixada no consumo cultural foi só no paso do 2011 ao 2012 do 15% e, nese recorte, é o sector do libro o que máis sofre cunha redución nese período de 15,3 millóns de euros. O informe "Evolución do gasto cultural dos fogares galegos" do Observatorio da Cultura Galega fala dunha diminución "significativa" que supón nos fogares galegos unha diminución de 60 euros ao ano en cada fogar. En termos relativos cos datos de España, o galego é superior en libros e publicacións periódicas en seis euros mentres que a poboación galega inviste por fogar 7,5% menos en espectáculos. Iso non quita a que a redución na compra de libros e publicacións periódicas a baixada sexa notábel, dun 26,9% con respecto ao ano anterior. O informe íntegro pódese consultar neste enlace. |
NOS_1320 | Camilo José Cela foi Premio Nobel de Literatura. Camilo José Cela foi marqués de Iria Flavia. Pero Camilo José Cela tamén foi delator. Chivato e censor de compañeiros de profesión e de individuos cos que se cruzou na vida, o padronés destacou desde os inicios do réxime franquista como un voluntario máis que disposto a facer o que ordenase o Movemento. | "Amáis nobre función dun escritor é dar testemuño, como acta notarial e como fiel cronista, do tempo que lle tocou vivir". É unha das frases que deixou para as hemerotecas o único Premio Nobel con sotaque galego, Camilo José Cela, unha figura admirada por moitas pola súa maneira de escribir, pero que tamén demostrou ao longo da súa vida unha sombra máis que escura. Habituais e socialmente aceptados foron os seus alos modos, contestacións malencaradas e mesmo insultos, pois non facían máis mal que o de impresionar as orellas que os escoitaban. Porén, hai unha faceta de Camilo José Cela que pasou case totalmente desapercibida, pero que amosa unha personalidade moito máis perigosa. O escritor de Iria Flavia quixo ser chivato. Era marzo de 1938 e transcorría xa ano e medio do levantamento falanxista encabezado por Francisco Franco cando Cela, daquela un mozo de 21 anos, enviaba unha carta ofrecendo os seus servizos como delator ao comisario xeral de Investigación e Vixilancia, a policía política. Na misiva, o que aínda non era escritor preséntase voluntario para "querendo prestar un servizo á Patria axeitado ao seu estado físico, aos seus coñecementos e ao seu bo desexo de boa e vontade, solicita o ingreso no Corpo de Investigación e Vixilancia. Se queres ler toda a información, compra Nós Diario nos quiosques e puntos de venda habituais ou na loxa |
NOS_25577 | Faino cun poemario intitulado "As bicis", a obra premiada polo xuri de entre os 38 textos que concorreron ao certame. | O xuri estivo composto por Mercedes Queixas, Verónica Martínez e Xosé Luís Mosquera, baixo a presidencia da concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela. Oficiou de secretario o técnico municipal de Cultura e coordenador do certame, Carlos Lorenzo Pérez. A calidade meia das obras apresentadas foi boa, segundo a avaliación dun xuri que valorizou a diversidade das propostas poéticas, quer no plano formal quer no temático. Sobre o poemario gañador, o xuri destaca o seu carácter "experimental" e "alternativo" e a súa aposta nun "proxecto poético" construído "desde unha suposta mirada e voz feminina e feminista e innovador na disposición dos versos". Xabier Cid é licenciado en filoloxía e actualmente traballa na produción de contidos para a rede. Mora en Escocia. Xa en 2000 fora finalista do premio de novela curta Manuel Lueiro Rey co volume Terá as túas balas (Sotelo Blanco). Ten traducido para o galego a Craig Patterson e George Tucker. Este premio, cuxo acto de entrega terá lugar o próximo 25 de maio, está dotado con 2.500 euros e coa publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior. |
NOS_10102 | Comezado o curso nas etapas de Educación Infantil e Primaria e a uns días de que principien as aulas para o estudantado da ESO e FP, a mudanza de Goberno en Madrid non se ten traducido nunha mudanza de rumbo no ensino obrigatorio. A intención de volver á LOE e xestos como a idea de retirarlle á materia de Relixión o valor académico outorgado pola Lomce non se substanciaron aínda en avanzos reais que permitan reverter as políticas que nos últimos anos supuxeron recortes e recentralización. Dedicamos ao asunto o Tema de Primeira do Sermos312. Eis un avanzo. | O curso académico que xa está en marcha principia como rematou o anterior. Así o cre o vicepresidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, para quen, polo de agora, "todo o que temos son promesas. Seica vai mudar a consideración de Relixión para calcular as medias, que aumentarán as bolsas e diminuirán os requisitos… Pero todo iso son noticias que aínda non están consolidadas onde deben artellarse: no Parlamento. A mudanza de goberno, de momento, só supuxo declaracións públicas e brindes ao sol". Quen fora portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, Anxo Louzao, lembra que os "avanzos declarados de volver á LOE e que a Relixión deixe de ter valor académico son cuestión significativas, mais insuficientes". Louzao sinala que non se ten producido "mudanza normativa ninguna" que puidese servir de marco para un novo modelo educativo. "Non hai nada diso: continúase a subvencionar os centros que segregan por sexo; refórzase o ensino privado-concertado; a lingua galega continúa discriminada e as aulas, masificadas por mor duns rateos que están en vigor desde hai 28 anos. E, ademais, seguimos lonxe dun ensino gratuíto e inclusivo que garanta a igualdade de oportunidades. En Galiza seguimos sen un modelo educativo propio e o papel da Xunta limítase a trasladar as leis do Estado". No ensino público pérdense este curso 54 unidades; no privado-concertado gáñanse 17, mantendo a tendencia dos últimos sete anos Luz López, secretaria xeral da Federación de Ensino de CCOO, subliña que os problemas que hai son recorrentes. Refírese, por exemplo, a que malia ter anunciado que derrogaría os artigos 2,3 e 4 do Real Decreto-Lei 14/2012 (referidos a rateos, xornada lectiva e substitución de profesorado) e que xa existe un anteproxecto, o Goberno do Estado non o aprobou, co que só poderá ser efectivo "a partir do curso que vén". "Comete así o erro", engade, "de non volver á situación anterior; é dicir, que a recuperación das rateos ou das 18 horas lectivas en Secundaria non terán o carácter básico que tiñan, senón que o cambio da norma quedará ao criterio das CC AA". Para Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, "ao inmobilismo da Xunta sumáselle a situación política no Estado, cun novo Goberno que non dá pasos adiante coa rapidez que require a situación do ensino público e do profesorado. Non se prevé ningunha mudanza substancial na LOMCE, sendo que a intención do goberno español é partir da lei anterior (LOE) e poder ter unha proposta de nova lei para finais de curso, mais sen tomar medidas urxentes que puidesen ter efectos xa, como no papel da relixión, a blindaxe dos concertos, especialmente aos centros segregadores, a selección das direccións ou a vixencia das probas externas". [A íntegra desta reportaxe aparece no Sermos313, disponíbel na nosa loxa e nos puntos de venda habituais]. |
NOS_53460 | A traxectoria do pianista e compositor Nani García (A Coruña, 1955) abala entre dous territorios: o do jazz e o do cinema. Fúndense no seu último disco, Cinematojazzía, que este sábado, 3 de febreiro, presenta no Garufa Club, da Coruña. | "Este proxecto explora de forma moi concreta o melting pot resultante de melodías extraídas de bandas sonoras ou teatro colocadas nun contexto jazzístico", sinala o músico nas notas interiores da obra. Ese contexto, conformado por un trío de piano, contrabaixo (Simón García) e batería (Miguel Cabana), veráse enriquecido por un cuarteto de corda, dous violíns (Eduardo Coma e Lázaro Wilman), viola (Raymond Arteaga) e cello (Luís Enrique Caballero). "Non renunciamos á emocionalidade que supón o acompañamento sempre expresivo da corda, tan afín ao mundo da música no audiovisual", engaden. Entre as partituras de García para filmes e teleseries salientan as de As leis de Celavella ou Pratos combinados, e de fitas como De Profundis -a animación de Miguel Anxo Prado- ou Unha muller fantástica, dirixida polo chileno Sebastián Leilo e nominada este ano ao Oscar á mellor película estranxeira. Nani García é unha das figuras pioneiras do jazz galego. O seu proxecto Clunia Jazz, con Baldo Martínez e Fernando Llorca, abriu camiños para o xénero en Galiza. O Nani García Trío, a base do concerto que ofrecerá este sábado, ás dez e media da noite e con entrada a 12 euros, no Garufa Club da Coruña, contribuíu á renovación jazzística e, din desde a súa oficina de prensa, "vai máis aló dos estándares propios do jazz convencional e apostan por unha estética integral e contemporánea". Nota: cuberta de Cinematojazzía, do Nani García Trío. |
NOS_2943 | A suba dos custos enerxéticos vén comprometer aínda máis a delicada saúde do complexo industrial galego, que perdeu entre 2009 e 2019 un de cada cinco empregos. O cese parcial da actividade das grandes empresas electrointensivas non é máis que o sinal para a paralización doutras empresas transformadoras. | O 18 de febreiro a metalúrxica naronesa Megasa anunciaba a paralización da súa actividade. Uns días máis tarde, o grupo Xeal, propiedade do fondo de investimento TPG, repetía a operación coas súas factorías da Costa da Morte, facendo o propio a compañía Ferroatlántica coa súa planta de Arteixo. Con esa solución ameazan agora varias sociedades dedicadas á transformación de aluminio como Cortizo ou Exlabesa. Só Celsa da Laracha e Alcoa de Cervo manteñen algunha actividade entre as electrointensivas, malia queixarse das grandes diferenzas entre o custo da súa tarifa e os seus competidores do resto da Unión Europea. Tanto é así que a diferenza de tarifa con Alemaña é de 11,4 euros megawatt por hora e con Francia de 12,9 euros megawatt a hora. O incremento do prezo da factura eléctrica afecta o conxunto do complexo industrial, cuxa posición veuse complicando desde 2008. Así, entre 2008 e 2021 o valor xerado polas manufacturas galegas reduciuse en perto de 8%, mentres o sector manufactureiro alemán incrementou o seu valor engadido bruto en 29%. Ao tempo, a Galiza perdeu nos últimos 14 anos 33.555 empregos no sector industrial, pasando de 154.860 postos ocupados en decembro de 2008 a 121.305 na actualidade. Neste sentido, a profesora da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela María Cadaval sinala a Nós Diario que "a Galiza leva perdido un de cada cinco empregos industriais desde o ano 2008". Unha crise que vén de lonxe A crise do sector industrial remóntase a 2008. Mesmo nas últimas anualidades anteriores á pandemia, o complexo manufactureiro presentou resultados negativos, perdéndose 383 empresas do sector. Segundo se recolle no traballo do Instituto de Estudos e Desenvolvemento da Galiza (Idega) da USC, A economía galega. Informe 2019/2020, "a comezos de 2019 a Galiza contaba con 388 empresas industriais menos que en 2018, das que 268 tiñan menos de 10 traballadores e 120 eran de maior tamaño. Iso supón unha nova perda na dimensión dun sector que viu como de contar en 2008 con 214.600 ocupados, pasou a 179.400 en 2019 e, en termos de empresas industriais, de 15.089 a 12.347". O conflito na Ucraína impacta na economía galega, do téxtil á industria A produción industrial está moi por baixo das cifras de 2008, non conseguindo recuperar en ningún dos exercicios os niveis anteriores á crise. Neste sentido, os autores do relatorio A economía galega. Informe 2019/2020 destacan que "a produción industrial en 2019, que como indicamos foi inferior á de 2018, distaba aínda moito de alcanzar a lograda na primeira década deste século. Así, mentres o valor medio do Índice de Produción Industrial (IPI) xeral en 2007 (base 2015) era 140,1, en 2019 era 105,1; cunha diferenza de 35 puntos que reflicte unha preocupante caída na actividade industrial". Ao tempo, en 2019 só os sectores da alimentación, bebidas, papel, químicas e outras industrias manufactureiras superaban a produción de 2007. A crise bateu con forza tamén, naquelas empresas de maior dimensión. Así, entre 2008 e 2019, a Galiza perdeu 1.031 empresas que superaban os 9 traballadores, o que supón unha caída de 37,5%, algo particularmente grave nun sector como o industrial, onde o tamaño é importante para aproveitar as economías de escala e favorecer a internacionalización. En relación con isto, o economista da USC Gonzalo Rodríguez afirma a Nós Diario que "neste caso o tamaño si importa". As empresas, sinala, "necesitan lograr unha escala mínima para poder exportar e innovar" e lembra que "as empresas de menos de 50 empregados representan na Galiza o 94,43% do total". A necesidade dun novo paradigma industrial Cadaval entende que "a Galiza non pode seguir baseando o seu piar industrial nun abastecemento barato de enerxía ou man de obra, senón que debe saber pór en valor os seus factores de produción". A crise "era previsíbel", continúa Cadaval, que lembra que "xa hai máis dunha década que o horizonte estaba posto en 2020 e 2030. O sector industrial vén sufrindo unha transformación e nesa mudanza non se está cambiando a industria nova pola vella". Galiza ten 23.213 autónomos menos que en 2009 "A desindustrialización que se constata clama por unha reacción inmediata que aposte por reforzar os sectores estratéxicos e os tractores. A industria agroalimentaria, a forestal, a enerxética limpa, a farmacéutica, a nanotecnolóxica, o motor ou a intelixencia artificial son só algúns dos sectores produtivos onde ten vantaxes comparativas e competitivas, que poden protagonizar ciclos produtivos completos", conclúe Cadaval. A central das Pontes volve funcionar Endesa reactivou na madrugada da terza feira a térmica das Pontes, concretamente un dos seus catro grupos, tras ser revisado por persoal técnico. A entrada en funcionamento deste complexo eléctrico produciuse como consecuencia da suba da luz e de fixar un prezo competitivo. |
NOS_28555 | Grecia usará canóns sonoros, que emiten un ruído enxordecedor, para disuadir os inmigrantes que tentan cruzar desde Turquía á UE. Mentres, o Parlamento de Dinamarca acaba de aprobar que os solicitantes de asilo realicen o proceso nun terceiro país, por exemplo, Ruanda. É a 'atronadora' política migratoria da UE. | Até 162 decibelios. Máis ruído que o emitido polos motores dun avión, que rolda os 120, segundo informaron os medios gregos. Esa é a potencia dos canóns sonoros instalados no posto fronteirizo do Evros, o río que separa Grecia de Turquía, un lugar que inmigrantes e refuxiados procedentes de países en guerra ou fuxindo da miseria elixen con frecuencia para tentar acceder á UE. A adquisición dos canóns foi aprobada tras a crise migratoria de marzo de 2020, cando o presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdoğan, ameazou con abrir as fronteiras advertindo que non podía acoller máis refuxiados do conflito en Siria. Ankara acordara con Bruxelas, tras a crise migratoria de 2016, frear o seu tránsito cara á UE a cambio dunha cantidade de diñeiro. "Estes canóns están por estrear xa que de momento non houbo ningunha tentativa de incursión masiva ao territorio grego, tal e como sucedeu o ano pasado", afirmou unha fonte policial á canle de TV grega Skai. "É unha ferramenta á nosa disposición para previr unha potencial entrada ilegal masiva a Grecia por parte dun grupo de inmigrantes", engadiu. Canóns, valos e muros A colocación destes canóns chega poucas semanas despois de que na fronteira sur da UE, na cidade baixo soberanía española de Ceuta, en África, arredor de 10.000 persoas (entre estas, uns mil menores) accedesen de forma ilegal desde Marrocos, rexistrándose numerosas denuncias de devolucións en quente. Máis ao leste, a respecto da migración que parte de Libia principalmente cara a Italia, a semana pasada a Oficina da Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (Acnudh) criticou a "indiferenza letal" da UE e a falta de protección dos dereitos humanos dos inmigrantes que atravesan o Mediterráneo. "Non somos actores que causan esa situación e traxedia, somos actores que buscan unha solución e dedicamos a iso todos os nosos esforzos e enerxía", retrucou o portavoz do Servizo Europeo de Acción Exterior, Peter Stano. Dentro deses "esforzos e enerxía" están os canóns sonoros de alta tecnoloxía comprados por Atenas. Long Range Acoustic Device ("Dispositivo acústico de longo alcance") é o nome con que os comercializa a compañía estadounidense Genasys. Canóns usados desde hai máis dunha década na dispersión de manifestacións nos EUA, mais tamén en Estados europeos como España. O Goberno grego, que recibiu unha visita de apoio dos líderes da UE durante a crise de 2020, finalizou recentemente a construción dun muro con varios postos de observación e numeroso persoal militar ao longo do Evros. A respecto dos canóns e do seu uso, o portavoz da Comisión Europea Adalbert Jahnz dixo estar "absolutamente a favor de controlar as fronteiras europeas, mais aínda máis a favor dos valores europeos. O obxectivo non é disuadir os inmigrantes, senón controlar mellor a migración". "Isto pode e debe facerse dunha maneira humana", engadiu. De Dinamarca a Ruanda O portavoz do Executivo comunitario tamén fixo referencia a outra controvertida decisión tomada por un Estado membro da UE nas últimas horas. Jahnz foi cuestionado pola aprobación no Parlamento de Dinamarca dunha lei que estabelece que o proceso de solicitude de asilo se faga nun terceiro país. É dicir, a nova norma permitirá a Dinamarca trasladar refuxiados que cheguen a territorio danés en demanda de asilo a centros de acollida dun país con quen teñan un convenio asinado. Así, estas persoas estarán fóra de Dinamarca en tanto que dure o proceso. Tan fóra que entre as opcións que se barallan está a de Ruanda. A radiotelevisión pública danesa, DR, informaba o pasado 28 de abril da viaxe a este país africano dos ministros de Inmigración e Desenvolvemento Internacional. Viaxe que non foi anunciada oficialmente e da que se tivo coñecemento a través das fotografías publicadas en Twitter polo ministro de Exteriores ruandés. "Os dous ministros daneses rexeitaron facer declaracións á prensa danesa. Non podemos polo tanto ter confirmación de se as dúas partes negociaron ─ou acordaron─ que Ruanda acepte nun futuro solicitantes de asilo de Dinamarca", sinalaba na altura o correspondente en África de DR. Jahnz afirmou que os procesos de asilo xestionados en terceiros países xeran dúbidas tanto sobre o proceso en si como sobre o acceso a unha protección efectiva. Asegurou ademais que non se adecúan coas propostas para o novo pacto de inmigración e asilo da UE que está por chegar e que provocan fondas divisións dentro dos Estados. Italia, por exemplo, demanda un mellor reparto entre todos os membros das persoas que chegan ao seu territorio. A esquerda danesa Dinamarca é un dos Estados cunha política máis hostil a respecto da inmigración. Ao pouco de se conformar o Goberno, tras as eleccións de 2019, anunciouse que ─logo de tres anos de hiato─ aceptaría acoller un "pequeno grupo de refuxiados" baixo a cota estabelecida por Nacións Unidas para persoas con "necesidades asistenciais especiais". É esta, e só esta, a cota que pretende respectar o actual Goberno. "Se solicitas asilo en Dinamarca, debes saber que serás devolto a un país de fóra de Europa, polo que agardamos que as persoas deixen de solicitar asilo en Dinamarca", declarou a DR na quinta feira Rasmus Stoklund, portavoz de Inmigración do partido de Goberno. A propia primeira ministra, Mette Frederiksen, nunha entrevista ao xornal Kristeligt Dagblad ao pouco de asumir o cargo, avogou pola "clausura de todos os centros de inmigrantes" do país e o seu "traslado ao Norte de África". Mette Frederiksen é a líder do Partido Social Demócrata e goberna en minoría co apoio parlamentario do bloque da esquerda. Francia desmantela un campamento en Calais A Policía gala desmantelou nesta sexta feira un campamento nunha nave situada ás aforas de Calais, o principal porto de conexión con Gran Bretaña. Arredor de 600 persoas residían desde había uns meses nesta nave. O operativo policial é un dos máis grandes do último ano e chega despois de que, segundo as autoridades, o levantamento das restricións sanitarias estea a atraer máis persoas que tentan chegar a Inglaterra polo Eurotúnel. O obxectivo era evitar unha segunda "jungle de Calais" como a que se deu na crise migratoria de 2015, dixo a alcaldesa da localidade. A Policía identificou entre os desaloxados 30 menores. |
NOS_51348 | Neste fascículo analizaremos catro fitotopónimos (Soutomaior, Teixeira, Teixeiro e Teixido), tres topónimos vinculados co material construtivo tella (Tella, Tellada e Tellado), un haxiotopónimo (Santomé) e un antropónimo (Tomé). Alén disto, daremos conta de varios lugares do mundo denominados Soutomayor ou Sotomayor ao tempo que se lembran os vicerreis de Nova España (García Sarmiento de Soutomaior) e Navarra e Aragón (Fernando de Andrade e Soutomaior), os dous nacidos na Galiza. | E se bebemos de novo das fontes que nos facilita Gonzalo Navaza podemos sinalar que, formado pola unión do substantivo saltus e o adxectivo maior, xorde o topónimo Soutomaior. Dous son os lugares así denominados, un en San Roque do Freixo (Crecente) e o restante en Santiago de Soutomaior (Taboadela). Porén, ademais desta freguesía existe outra con este nome, aínda que baixo a advocación de San Salvador e que forma parte do concello pontevedrés de Soutomaior. Nesta parroquia consérvase en pé o famosísimo bastión que lles deu nome a varias familias egrexias galegas, así como a outras asentadas en Portugal e no continente americano. Velaí fican tamén os topónimos: Santa Fe de Soutomayor, comuna do Departamento de Las Colonias (Arxentina); Plaza de Sotomayor, en Valparaíso (Chile); Los Andes de Sotomayor (municipio de Colombia)... Como apelido só recompilamos datos vinculados á forma non restaurada Sotomayor, vertidas na Cartografía dos apelidos de Galicia (ILG) e no INE, fontes que nos indican que son unhas 33 persoas as portadoras. Unha das primeiras referencias que localizamos deste topónimo data de 1228, na que se lle confirma ao mosteiro de Santa María de Melón unha herdade, denominada Mera, que Afonso VIII de Galiza lle entregara a esa comunidade. Tal patrimonio, concretamente, fora entregado polo mesmo monarca o 5 de febreiro de 1193 en Sauto Maiore. Verbo do apelido, e se nos deixamos levar polos estudos xenealóxicos (non sempre precisos nas obras clásicas), habería que falar da presenza de persoas así apelidadas polo ano 1147, como achega un dos maiores especialistas sobre esta caste de nobres, almirantes e bispos. Referímonos ao historiador Suso Vila, que bebe –entre outras fontes– do Livro de Linhagens do Conde de Barcelos. En Portugal, e nos fondos da Torre do Tombo, custódiase un pergameo do 8 de marzo de 1290 polo cal o rei Sancho de Castela lle confirma a João Fernandes de Lima a compra que este lle fixera a Afonso García de Soutomaior na "varzea de Ardilla, nas azenhas de Porto de Moura". Entre as persoas galegas así denominadas e relevantes na nosa historia debemos citar a Ana de Soutomaior, quen por 1347 goberna xunto co seu marido Pedro Arias de Aldao a fortaleza de Sebil (Cuntis); Pedro Álvarez de Soutomaior, alias 'Madruga', mariscal de Baiona, conde de Caminha e vizconde de Tui (nado ao redor de 1430); o mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior, señor da fortaleza de Lantañón (en Paradela de Meis), e que testa en 1485; Álvaro de Cadaval Valadares e Soutomaior (1505-1575), humanista condenado polo Santo Oficio de Lisboa, primeiro catedrático de Gramática da USC e autor de obras como Apotheosis (1565); García Sarmiento de Soutomaior (1595-1659), nado na Cañiza e vicerrei de Nova España; e o arcebispo compostelán Fernando de Andrade e Soutomaior (1578-1655), nado en Vilagarcía de Arousa e vicerrei tanto de Navarra (1637-1638) como de Aragón (1642) etc. O topónimo Soutomaior deriva da unión do substantivo 'saltus' co adxectivo 'maior' Da presenza da árbore do teixo (Taxus baccata) en determinados lugares xeográficos xorden topónimos como Teixeira, Teixeiro e Teixido. Así e todo, con respecto aos dous primeiros, co significado de superficie na que medran as citadas árbores, pode cruzarse outro significado: gorida na que habita o porco teixo. Co nome de Teixeira existen 17 lugares e un concello; co de Teixeiro, 16 entidades de poboación e a parroquia de Santa María de Teixeiro (Lugo); e co de Teixido, ademais de seis lugares, existen as freguesías de San Marcos de Teixido (O Bolo) e Santo André de Teixido (Cedeira). No plano da antroponimia debemos indicar que co apelido Teixeira hai máis de 1.334 persoas usuarias, distribuídas por Carballeda de Valdeorras, Beade, Petín, Oímbra, Monterrei e 55 municipios máis; porén, tamén existen persoas coa forma non restaurada Teijeira, que non chegan a 670 e só se contabilizan en 20 concellos. A variante masculina obsérvase unicamente coas grafías: Teijeiro (con 4.507 usuarios localizados en Cospeito, Castro de Rei, Pol, Sandiás, Begonte e 85 municipios máis) e Teigeiro (cunhas 13 persoas as usuarias, algunha do concello de Oleiros). Teixido é un caso semellante, pois apelídanse Teijido máis de 934 individuos de 26 concellos (entre os que están os de Guitiriz, Cariño, Vilarmaior, Aranga e Cospeito). O topónimo Teixeira rexístrase en varios documentos do Tombo de Celanova e gráfase Taxaria en 1004. Como apelido puidemos localizar bastantes textos, se ben queremos dar conta de que houbo quen en 1435 se chamaba polas terras ourensás "Joan Teixeira". Se botamos man agora das investigacións de Cal Pardo, coñeceremos que en 1373 unha muller chamada María Eans, "filla de Johan Martines", vivía en "Teixeiro, que he em frygesia de Santalla de Vilousende", na diocese mindoniense. No ARG custódiase un pergameo que contén a partilla de diversos bens da aldea de Castelo, preto da capela de Santiago, na cidade de Lugo. As persoas que o 25 de febreiro de 1497 intentan arranxar a transmisión patrimonial son: "Afonso Nabal, en nome da súa muller, Moor Fernandes, et Lopo Teyxeyro, en nome de súa muller, Tereyja Lopes". Verbo do que nos explica un rexistro documental conservado nun libro do Arquivo Xeral de Simancas, o 30 de setembro de 1504 Fernando de Aragón autoriza a Xoán Fernández Teixeira, de orixe galega, para que cree unha notaría. Da presenza da árbore do teixo ('Taxus baccata') xorden topónimos como Teixeira, Teixeiro e Teixido Co apelido Teixeiro temos na cultura galega os escritores Manuel María Fernández Teixeiro (1929-2004), autor do libro de poemas Muiñeiro de Brétemas (1950), e Alva Martínez Teixeiro, que entre outras obras publicou Maktub. Da Retórica na Ficção de Raduan Nassar (2006). Tamén debemos mencionar a Xosé Antonio López Teixeira, autor de numerosos ensaios vinculados coa historia da Galiza. Da voz latina tegula xorde o topónimo Tella, mais tamén puideron aparecer os de Tellada e Tellado. O segundo dos casos está evidentemente ligado a un substantivo feminino como villa, e o último fai referencia a un masculino, por exemplo aedificum (como nos indica Carlos García Vázquez na súa tese de doutoramento). Co topónimo Tella existen dous lugares en toda Galiza así chamados, concretamente en Santiago de Traba (Laxe) e Santa María Madalena de Matela (Outeiro de Rei), amais dunha parroquia, Santo Eleuterio de Tella, en Ponteceso. Co plural Tellas só hai unha entidade de poboación, en Santa María de Mera de Arriba (Ortigueira). Por outra banda, nove son os lugares que levan o nome Tellada ou derivados; mentres que ascenden ao número de 17 os que se din Tellado. Tales entidades de poboación deron lugar aos correspondentes apelidos homónimos. Así, existen na actualidade unhas 291 persoas apelidadas Tella, distribuídas en nove municipios (Meira, Ribeira de Piquín, Pol, Castro de Rei, A Pastoriza...). Na Coruña figuran sete persoas máis coa forma non restaurada Teja. O apelido Tellada, na súa forma non restaurada Tejada, contabiliza 192 persoas usuarias en sete concellos (Bande, Xinzo da Limia, Sarria, Ourense, Ferrol, Vigo e A Coruña); porén, só existen seis individuos que –como segundo apelido– usan a forma Tellada. Así e todo, moito máis abundantes son os Tellado, pois deste xeito son chamadas 552 persoas nun total de 19 concellos (encabezados por Pol, Mondariz-Balneario, Mondariz, Pazos de Borbén, O Covelo...) e cinco máis que se din Tejado na cidade herculina. Mergullados en datos históricos e en relación co apelido Tella, sería axeitado consultar un expediente que se conserva na Real Audiencia do Reino de Galiza (ARG), datado ao redor de 1637, e que versa sobre determinados bens de San Martiño de Ferreiros (hogano no concello de Pol). Nel aparece, entre outras persoas citadas, un tal Domingos de Tella. No entanto, máis antigas son as referencias que podemos traer até estas liñas sobre os Tellada. Unha delas vén a ser un poder que Catarina de Ulloa, abadesa de San Paio de Antealtares, lle concede o 6 de outubro de 1524 a "Pero da Tellada, vezino del coto P[ader]ne (...) para que por nós y en nuestro nombre y del nuestro monesterio y sus anexos podays tener y poser el [lu]gar e casal (...) de Sobrado, que es en el Reyno de Po[rtugal]". Na época medieval, concretamente en 1334, constatamos a presenza dun "Iohan Fernandes do Tellado, morador en Rimiae" que, "de bon curaçon et de boa voontade" lle vendía ao racioneiro de Lugo Xácome Eans o que lle era propio en "Sant Viçenço de Pedreda". Da voz latina 'tegula' provén o topónimo Tella Tomé é un nome de lugar que, xeralmente, aparece como o haxiotopónimo San Tomé, que deriva obviamente do latín Thomas. Son 19 as entidades de poboación galegas denominadas San Tomé, que puideron dar lugar aos apelidos San Tomé e Santomé. Porén, a forma Tomé igual posúe certa transmisión como patronímico (fillo de Tomé). Como Tomás hai no país 186 persoas así apelidadas e na forma propiamente galega achéganse a 3.090 as ocorrencias localizadas en 72 concellos (Negreira, Guitiriz, Pazos de Borbén, Coirós, Porto do Son...). Aínda que só existen cinco persoas que usan como segundo apelido Santomás, a forma correcta galega (Santomé) ascende a 2.200 ocorrencias, distribuídas por máis de 22 municipios (Moaña, Cangas, Bueu, Trabada, Marín...). Manuel María Fernández Teixeiro é autor de 'Muiñeiro de brétemas' Na fundación Penzol custódiase un pergameo do 16 de abril de 1391 polo cal "Afonso Gonçales e John de Mayal, alfayates" lle venden en nome da "confraría de Santa Trindade" a "Afonso Dominges Tomé, carniçeiro, morador en Betanços (...)" o dereito que teñen "enna vina que jas a Lança, friglisía de Sam Martinno de Teoure". Dun ano máis tarde é o foro que Constanza Iáñez "moller que foy de Roy Fernandes, notario, moradeyra em Ourense, enna rua dos Çapateiros" outorga en favor de "Johan Peres de Santome et a vossa moller Eynes Estevees" unha viña en "Bouço de Ramyro". Un destacado artista plástico galego é Cé Tomé, nado en Lavadores (Vigo) Dos albores da Idade Moderna temos un requirimento de "Juan Tomé Lorenço, relojero, vezino de dicha çibdad" de Santiago para que "Fernando de Lema, notario", lle dese título de "relojero de la dicha çibdad". Este texto leva data do 14 de xaneiro de 1510. Usa o apelido Tomé dentro do mundo da cultura galega artista plástico Cé Tomé, nado en Lavadores (Vigo). As súas obras téñense exposto tanto na Galiza como en Catalunya, Madrid, Cantabria e diversos lugares de Bélxica. Alén desta faceta, tamén é compositor, produtor musical e músico. |
PRAZA_5463 | 'Santiago de Corruptela' reclamará así a dimisión do alcalde e de todos os implicados en casos de corrupción. "A dignidade vestida de amarelo vai perseguilos alí onde vaian", advirte quen chama a sociedade a colocar carteis para demostrar que "non é cómplice da súa impunidade". | Santiago de Corruptela. Ese é o nome dun colectivo cidadán que vén de anunciar que vai "perseguir" os imputados en casos de corrupción do Concello de Compostela. Foi a decisión tomada por este grupo, logo de que comprobasen o efecto que provocou no rexedor da cidade e noutros concelleiros cando o pasado 24 de abril varios membros acudiron ao pleno da corporación municipal con camisetas amarelas con deseños de Pokémon. "O nerviosismo enchía a cara do alcalde Ángel Curras", lembra na súa web este colectivo que ve "lóxica" a reacción de varios concelleiros "dado que imensa maioría deles e delas están baixo imputación xudicial por corruptelas varias". "Tiñan a sensación de que a sociedade estaba anestesiada e que, de tan frecuentes, as corruptelas xa eran consideradas normais", aseguran na súa páxina web. "A dignidade vestida de amarelo vai perseguilos alí onde vaian", advirte o colectivo Santiago de Corruptela Por iso, este colectivo -que se autodenomina como "grupo autocorrupción"- advirte que desde xa "a dignidade vestida de amarelo vai perseguilos alí onde vaian". Ademais, recordan que son un "grupo cidadán aberto" que non só procura a dimisión das persoas imputadas e procesadas por corrupción que "degradan" o Concello de Compostela, senón que elaborará "unha serie de medidas pola transparencia e contra a corrupción que deberían ser adoptadas polo resto de partidos políticos, se é que nos queren convencer que son entidades limpas". "Xa veremos se están á altura", din. Do mesmo xeito, santiagodecorruptela.info chama aos cidadáns composteláns a pegar nas súas fiestras carteis amarelos coa imaxe de Pikahu co obxectivo de demostrar ao Consistorio que a sociedade "non é cómplice da súa impunidade". Na web, inclúese tamén unha completa cronoloxía sobre os diversos casos de corrupción xurdidos en Santiago de Compostela nos últimos meses. |
NOS_6657 | O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, está convencido de que "en próximas datas" o Goberno de Pedro Sánchez moverá ficha para indultar os sindicalistas Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. | Gonzalo Caballero afirmou na mañá da quinta feira en declaracións aos medios que está convencido de que "en próximas datas" o Executivo central se pronunciará de maneira favorábel a respeito da petición de indulto de Carlos e Serafín, quen nunha entrevista concedida a Sermos Galiza, expresaban: "Como lles explico eu ás miñas fillas que o seu pai vai ir á cadea sen facer nada?". O Parlamento de Galiza, lembrou o secretario xeral do PSdeG, solicitara por unanimidade o indulto parcial dos sindicalistas para evitar que ingresasen en prisión. Carlos e Serafín foron condenados en 2009 a tres anos de cadea por un delito contra os dereitos das traballadoras e traballadores por participaren nun piquete durante unha folga. O Goberno de Sánchez "ten un compromiso coas causas sociais moi importante", sinalou Caballero, quen salientou que está "convencido" de que o caso de Carlos e Serafín "está na axenda de compromisos do PSOE e do Goberno". |
PRAZA_9112 | O rexeitamento parlamentario ao acordo formulado por May tornou "na peor derrota dun goberno na historia moderna" do Reino Unido e a Unión admite o incremento do risco dunha saída sen acordo mentres se abren outros escenarios como eleccións xerais ou mesmo un segundo referendo | Theresa May sufriu unha derrota histórica no Parlamento británico, que rexeitou o acordo do Brexit alcanzado entre a primeira ministra e Bruxelas deseñado para tentar evitar que Reino Unido acometese unha saída da Unión Europa de maneira desordenada e radical, sen pacto. O "mellor acordo posible", tal e como o cualificaron insistentemente o goberno británico e a Unión Europea, non logrou convencer á maioría na Cámara dos Comúns.O rexeitamento parlamentario ao acordo formulado por May tornou "na peor derrota dun goberno na historia moderna" do Reino UnidoA primeira ministra non conseguiu os 318 votos que necesitaba: 432 parlamentarios votaron en contra do acordo e só 202 o defenderon, tornando esta votación na peor derrota dun goberno desde os anos 20, "a peor derrota dun goberno na historia moderna deste país", como repetiron os xornalistas durante a cobertura das votacións. Dos 317 parlamentarios conservadores, 118 votaron en contra do documento negociado pola súa propia líder.E agora, que? É o que se preguntan todos os implicados. Retirar o Brexit? Pedir un adiamento da saída da UE? Un novo referendo? Eleccións? Brexit sen acordo?O primeiro será a moción de confianza presentada polo laborista Jeremy Corbyn. "Así os parlamentarios poden expresar a súa visión sobre a incompetencia do Goberno", sinalou Corbyn ao anunciar a moción. May confía en superar este primeiro obstáculo e os seus socios de goberno do Partido Unionista Democrático, aínda que votaron en contra do acordo, confirmaron que apoiarán á primeira ministra na moción de censura.Se May logra manterse no Goberno, terá tres días laborables para volver ao Parlamento cunha nova proposta. A primeira ministra tiña inicialmente 21 días para facer unha declaración sobre as súas futuras intencións e sometela a votación, pero unha emenda aprobada a semana pasada reduciu ese período en 18 días."É o momento de que Reino Unido nos diga os seguintes pasos, e da UE permanecer unida e determinada para alcanzar un acordo"A primeira ministra asegurou que manterá conversas cos outros partidos "para ver que solución pode ser aceptable". Tamén afirmou que volverá á UE para considerar novos plans. "O resultado dinos o que os parlamentarios non queren, pero non o que si queren", afirmou May tras coñecer o resultado da votación.A pesar de que a UE insistiu nas últimas semanas en que este é o único acordo posible e que non haberá renegociación do texto, apenas unhas horas despois do rexeitamento parlamentario en Londres, o negociador xefe da Comisión Europea, Michel Barnier, deixou unha porta aberta: "É o momento de que Reino Unido nos diga os seguintes pasos, e da UE permanecer unida e determinada para alcanzar un acordo". Barnier reuniuse a última hora da noite do martes, tras a votación en Londres, coa comisión especial do Brexit no Parlamento Europeo.A situación é similar á vivida o mes pasado, cando Theresa May esquivou o desastre atrasando a votación ante unha derrota inminente e tentou gañar tempo para conseguir novas concesións de Europa e convencer aos parlamentarios. "É o único acordo. É o mellor acordo. Non imos renegociar", foi a resposta de Europa daquela.Juncker admite un incremento do "risco dunha retirada desordenada do Reino Unido"O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, difundiu un comunicado no que afirma que "por parte da UE o proceso de ratificación do Acordo de Retiro continúa. O acordo é un compromiso xusto e o mellor posible. Reduce os danos causados polo Brexit para cidadáns e empresas en toda Europa. É a única forma de garantir unha retirada ordenada do Reino Unido da Unión Europea. O risco dunha retirada desordenada do Reino Unido aumentou co voto desta noite. Aínda que non queremos que isto suceda, a Comisión Europea continuará o seu traballo de continxencia para axudar a garantir que a UE estea completamente preparada. Insto o Reino Unido a aclarar as súas intencións canto antes. O tempo remata".Irlanda do Norte, claveO principal obstáculo para a aprobación do acordo foi a denominada cláusula de 'salvagarda', que tiña por obxecto evitar a creación dunha fronteira dura entre Irlanda e Irlanda do Norte. Esa 'salvagarda' contemplaba que Reino Unido permanecese na unión aduaneira e que Irlanda do Norte tamén estivese aliñada con certas normas do mercado único ata que Londres e Bruxelas presentasen unha solución alternativa para a fronteira ou ata que establecesen unha nova relación comercial entre ambas as partes. Esta cláusula dificultaba a Reino Unido a saída da unión aduaneira e do mercado único europeos, unha das principais promesas do Brexit."O Goberno está disposto a buscar solucións creativas e estará encantado en seguir traballando en relación a ese asunto en particular [a salvagarda]", sinalou a primeira ministra momentos antes de que se votase unha emenda sobre a moción definitiva que avogaba por que Reino Unido puidese pór fin de forma unilateral ao backstop.Problemas para cambiar a data de saídaSe May perde a confianza, cae o Goberno e Reino Unido encamiñarase a unhas eleccións anticipadas que previsiblemente podería gañar o líder laborista, Jeremy Corbyn. Pero dificilmente cunhas eleccións polo medio podería seguir vixente o 29 de marzo como data de saída.As eleccións europeas do 26 de maio, convocadas sen o Reino Unido, reducen a marxe para un atraso da saídaTheresa May quere manter esa data. Entre outras cousas porque non hai moita marxe para pospor a saída. Por que? Porque o 26 de maio hai eleccións europeas e están convocadas sen Reino Unido e cunha repartición de escanos que exclúe a Reino Unido e, como dixo este martes en Estrasburgo o líder da PPE no Parlamento Europeo, Manfred Weber, "non ten sentido que deputados electos dun país que está a marchar da UE poidan condicionar o futuro próximo da UE".Outras posibilidadesQue outras alternativas hai á marxe de que caia May se perde a censura ou que pacte coa UE pospor a saída uns meses? Ademais de que as fontes británicas e a propia primeira ministra teiman en que a data é o 29 de marzo e que o que ten que facer o Parlamento é dicir "que quere", hai outras posibilidades.Por exemplo, retirar o artigo 50. É dicir, retirar a solicitude de retirada de forma unilateral, algo que validou a Corte de Xustiza Europea recentemente e que facultaría o Goberno británico a deter en seco o proceso. Esta hipótese, en principio, non está sobre a mesa de May.Pero se non se retira o artigo 50 e non hai maneira de atopar un acordo que satisfaga os deputados, como parece, o seguinte é ir a un Brexit sen acordo. E, xusto antes de saltar ao baleiro, que o medo resucite un acordo morto. Ou, pola contra, que Reino Unido e a UE salten da man ao baleiro. |
PRAZA_17798 | Sen persoas comprometidas como Ernesto Chao non existiría esta a nosa profesión. Tampouco o sector teatral nin o audiovisual galego | Tribuna remitida pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia Estimado director: A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica, envíalle esta carta para tentar rescatalo da sempre atrevida e indecente ignorancia. A portada da súa cabeceira de onte, martes 7 de agosto, na que lembraron a Ernesto Chao constitúe, ademais dunha lamentable falta de respecto, un golpe ao rigor informativo ao tempo que un fraco favor ao necesario labor xornalístico. Tal e como lle fixemos chegar á redacción a través dun comunicado de prensa para amosar o noso pesar pola marcha do noso compañeiro, lembrámoslle agora a longa e frutífera traxectoria profesional de Ernesto Chao. Unha traxectoria que se iniciou cando todo estaba aínda por inventar, a finais dos sesenta, tempo no que -xunto a outros moitos compañeiros e compañeiras- impulsou a Asociación Cultural Abrente e puxo en marcha tanto as históricas Mostras de Ribadavia coma o grupo de teatro Abrente. Posteriormente, participou na creación de Artello, unha das primeiras formacións profesionais do sector escénico galego. Xa na década dos oitenta, implicouse na creación do Centro Dramático Galego, institución que dirixiu en dúas temporadas, ou na fundación desta Asociación. Dese xeito, puxéronse as bases fundamentais para a profesionalización da interpretación en Galicia. Dende aquela até hoxe, Ernesto construíu unha carreira de recoñecido prestixio, participando en máis dunha trintena de espectáculos teatrais de grande éxito coas principais compañías galegas, incluíndo Lagarta, Lagarta, que fundou xunto a súa parella, a actriz e directora Rosa Álvarez. No apartado audiovisual, participou en incontables producións televisivas e cinematográficas. A profesión, a crítica e o público recoñeceron o seu labor con diferentes galardóns, incluíndo o Premio María Casares á mellor interpretación masculina, o Premio Chano Piñeiro, o Premio de Honra Fernando Rey ou, como ben lembrará, dous dos desaparecidos Premios Compostela. Sen persoas comprometidas como Ernesto Chao non existiría esta a nosa profesión. Tampouco o sector teatral nin o audiovisual galego E até aquí o resumo urxente, a biografía apurada. Con ela, queremos transmitirlle a realidade: sen persoas comprometidas como Ernesto Chao non existiría esta a nosa profesión. Tampouco o sector teatral nin o audiovisual galego. Por suposto, tampouco sería a mesma a ficción televisiva. É dicir, EL CORREO débelle, ao igual que todos e todas nós, moito a Ernesto Chao. Aproveitamos esta carta, ademais, para transmitirlle o enorme malestar -só comparable na súa magnitude á inmensa incredulidade- que espertou na nosa profesión e na sociedade a citada portada, a cal só podemos definir, sendo mornos, como desafortunada, irrespectuosa e ofensiva. Ao tempo, consideramos que tal portada só implica desprestixio para a profesión xornalística en xeral e para súa cabeceira en particular, cuestionada xa por determinados tratamentos informativos e pola difícil situación que atravesa o seu cadro de traballadores e traballadoras, minguado en número nos últimos tempos. Pretendemos que esta carta sirva, máis alá de transmitirlle a nosa evidente repulsa e o noso malestar, como un convite para a reflexión. Agardamos que portadas coma esta queden relegadas ao esquecemento, alí onde nunca estivo nin estará o noso compañeiro Ernesto Chao. Con ese obxectivo, enviámoslle esta misiva que faremos pública a través das redes sociais, na nosa páxina web e co posterior envío aos medios de comunicación. Reciba un cordial saúdo, Xunta Directiva da AAAG. |
NOS_57908 | O Goberno municipal do PP planea expropiar decenas de hectáreas de terreo comunal para levantar un mega-complexo deportivo. A veciñanza advirte que contaminará os mananciais e deixará a zona sen auga. A oposición política pide a retirada do proxecto, cuxo custo case duplicaría o orzamento municipal dun ano. | Un campo de golf ten os algo máis de mil habitantes de Baredo en pé de loita. A parroquia do concello pontevedrés de Baiona oponse de forma maioritaria ao desenvolvemento do Plan Especial das Costeiras, que prevé expropiar 675.000 metros cadrados de monte comunal para construír un dos maiores complexos deportivos do país. Para a veciñanza as causas da protesta son, en primeiro lugar, de pura supervivencia. Na zona onde se proxecta están a maioría dos recursos hídricos da parroquia, que non está conectada coa rede municipal. Literalmente, quedarían sen auga. O Goberno municipal, liderado polo PP, defende que o Plan contempla a creación dun sistema de bolsas para recoller auga de choiva e cubrir así as necesidades da instalación. Pero estes argumentos non convencen a poboación de Baredo. Só o campo de golf, que ocuparía máis da metade dos terreos, consumiría 250.000 toneladas de auga cada ano. Unha cantidade moi superior á rexistrada polas 400 casas da parroquia, que nos pasados meses de verán mesmo tivo que realizar cortes nocturnos para garantir a subministración, segundo informou a comunidade de augas. Só dous entre un centenar de comuneiros votaron a favor do proxecto. Un deles, José Ángel Bahamonde, tesoureiro da entidade comunal, foi designado días despois como novo edil de Urbanismo en Baiona, anteriormente a cargo de Vías e Obras. A anterior concelleira do ramo, Ana Simons, renunciara en setembro do seu cargo alegando un cambio de residencia. Só dous comuneiros votaron a favor do proxecto; un deles, tesoureiro da comunidade, foi designado días despois como novo edil de Urbanismo. No último pleno municipal, a pasada semana, ficou clara a unanimidade política contra o proxecto. Desde o PP xustificaron, ante unha nova protesta do colectivo veciñal e da man dunha moción do PSOE, que o rascuño aínda está nunha fase inicial e que está pendente de alegacións e das xustificacións técnicas necesarias. Porén, recordou que o Plan Especial das Costeiras estaba no programa electoral dos populares e, por tanto, non se enganou ninguén. Tanto BNG como EU reiteraron a súa posición de solicitar a retirada do documento, aprobado pola xunta de goberno en xuño e con máis de 350 alegacións presentadas. Nas case 70 hectáreas de monte comunal, o Plan Especial contempla a expropiación forzosa dos mesmos para levantar un campo de golf, un centro de hípica, pistas deportivas, piscinas ou un anfiteatro, cedendo a súa xestión a unha empresa privada. Para desenvolvelo, é preciso un investimento de 14 millóns de euros, case o dobre do orzamento anual do concello. En caso de resultar inviábel, apuntan desde o Bloque, as arcas públicas acabarían asumindo o rescate, após entregar a mans privadas. Consideran que existen intereses aínda non revelados detrás do mega-complexo. A veciñanza cita un estudo do Ministerio de Medio Ambiente, a Junta de Andalucía e a Asociación Europea de Golf para exemplificar o impacto do proxecto. O uso habitual de agro-químicos pode contaminar as fontes de auga que abastecen a parroquia e danar a biodiversidade. Os caudais dos mananciais cambiarían de forma irreparábel polo movemento de centos de miles de toneladas de terra. E o patrimonio natural da zona desaparecería para sempre. Desde o colectivo SOS Groba apuntan que no centro dos terreos onde se levantaría o campo de golf existe un xacemento arqueolóxico. |
NOS_32324 | O sector cre que o primeiro semestre de 2020 xa está perdido. | Fecharon as librarías, os teatros, as salas de concertos, os museos, os cines… O estado de alarma decretado para evitar a propagación da COVID-19 vai afectar todos os sectores, pero os máis fráxiles serán os que acusen o golpe con máis forza. E a cultura é un sector sumamente feble: formado na súa meirande parte por autónomas e pequenas empresas de menos de cinco empregados, a súa capacidade de resistencia a un parón que se anuncia longo –a maioría dos profesionais falan xa dun primeiro semestre perdido neste 2020– é moi cativa, como xa se demostrou na crise de 2008. Segundo a Diagnose para a cultura galega, o informe que publicou o Consello da Cultura Galega en 2018, a cultura xera 2% do PIB galego. Ademais, é un sector que mantiña entón 30.828 empregos, o cal supón 3% da forza laboral galega. Dos traballadores dentro do sector cultural, 80% son por conta allea e o restante son autónomos. Segundo o informe, 70,6% do valor engadido xerado polo sector correspóndese coa fase de creación e produción, que é, ademais, a que dá traballo a un maior número de persoas. O sector organízase Por esta razón, o sector reclámalles ás Administracións ser tratado como un dos máis prexudicados e trata de organizarse para coordinar as súas demandas. Dezasete asociacións profesionais traballan xa de xeito colaborativo na elaboración dunha proposta na que se reivindican distintas medidas específicas dirixidas ao sector cultural. Pilar Portela, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), explica a Nós Diario que "hai un acordo entre asociacións que representan practicamente todos os sectores da cultura para centrar as propostas e facerllas chegar á Xunta á maior brevidade para que non se esquezan de nós. A cultura non só é un eido moi sensíbel ás crises, senón que habitualmente é o primeiro en sufrir recortes cando non hai cartos. Estamos intentando consensuar medidas que poidamos defender ao unísono diante da Administración". Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, insiste, en declaracións a Nós Diario, en que as diferentes asociacións "estamos traballando desde o comezo da crise sanitaria, facendo propostas e dialogando permanentemente coa Administración para elaborar un catálogo de medidas que amortezan os efectos máis inmediatos do feches e cancelacións. A Deputación da Coruña xa respondeu algunhas das nosas inquietudes en canto a mantemento das contratacións, aceleración dos pagamentos ou flexibilización das condicións nas datas das actuacións canceladas. Ás veces, os tempos da Administración non son tan rápidos como a nós nos gustaría, pero creo que, en principio, a disposición é boa". "Ás veces parece mesmo obsceno estar falando do noso sector nun contexto tan crítico e cando hai tanta xente morrendo", explica Rodríguez, "e por iso preferimos traballar con certa discreción; mais o certo é que hai situacións persoais moi dramáticas entre as traballadoras do sector e, sobre todo, moita incerteza sobre o que pode ocorrer nun momento en que todas as expectativas poden cambiar dun día para outro". Actuar con urxencia é crucial para milleiros de autónomas e de pequenas empresas que continúan á espera de que se elabore un marco legal que tome medidas extraordinarias para asegurar a continuidade do sector e a estabilidade das traballadoras. A presidenta de AGPXC matiza: "estamos pedindo medidas específicas para a cultura e tamén disposicións paliativas: axilizar e reducir o período de pagamento aos provedores das Administracións Publicas, suspensión das cotas a profesionais autónomas, avais… Algunhas destas medidas son competencia estatal e parece que están en vías de aplicación, como as que atinxen aos traballadores autónomos, pero falta por tocar o IVE cultural, que é unha lousa que pesa sobre o sector". Segundo Portela, "cando se subiu o IVE cultural de 10% a 21% repercutiu nas partidas orzamentarias das Administracións públicas. Baixalo podería supoñer un aforro que se podería reinvestir no mesmo concepto de gasto". E despois? Por outra banda, está a cuestión de como imos saír desta crise: "Polo de agora estamos falando dun mínimo de dous meses de paro total, pero é moi probábel que as medidas de seguridade posteriores á corentena reduzan os aforos e os actos que impliquen unha reunión de moitas persoas, desde cines a festivais, van recibir un golpe a maiores. Iso sen contar coas precaucións e o medo que o público herdará desta situación, e que pode inhibilo á hora de asistir a un destes eventos". Portela subliña que se está facendo demasiado fincapé na reprogramación de actividades canceladas durante estas semanas no segundo semestre "mais hai que ter en conta que non sabemos moi ben cando vai rematar isto e que, daquela, imos ter un exceso de programación para un público que vai ver as súas economías domésticas absolutamente minguadas. Entón, e con independencia das outras medidas económicas e fiscais que se tomen, se non se incentiva o consumo cultural non haberá quen acuda a estas actividades". Rodríguez tamén insiste neste punto: "temos que buscar a forma de axudar as estruturas, porque hai unha absoluta incerteza sobre cando vai acabar isto e moitos estamos vendo que é probábel que moitas empresas non van poder normalizar a súa actividade até o final do verán. O noso labor agora debe ser atender as necesidades máis urxentes, mais tamén mirar cara ao futuro e tratar de adiantarnos aos problemas que vaian xurdir nos próximos meses: como conseguir que o público retome hábitos culturais, como reforzar a seguridade económica dos artistas…". En canto ao Xacobeo –que conta cun orzamento de máis de 20 millóns de euros só para este ano– parece existir unanimidade en que debe ser reformulado para favorecer o tecido da industria cultural galega, dado que o propio evento vai precisar unha reconsideración despois desta crise. "Hai un orzamento do Xacobeo que terá que ser redistribuído, é parece de xustiza que haxa unha reasignación de partidas que teña como fin favorecer o sector cultural galego", reclama Portela. |
NOS_52749 | Nova traxedia no mar Exeo. Desta vez, son 44 as refuxiadas que morreron após naufragaren dúas embarcacións perto das illas gregas Farmakonisi e Kalolimnos. Entre as falecidas, hai 17 crianzas e hai un número incerto de desaparecidas. | Dúas embarcacións naufragaron esta sexta feira, 22 de xaneiro, no mar Exeo, nunha zona próxima ás illas gregas de Farmakonisi e Kalolimnos. O naufraxio tivo lugar após a colisión dunha das embarcacións contra unhas rochas, un choque que provocou o afundimento. Como resultado do sinistro, hai 44 persoas refuxiadas mortas, entre elas 17 crianzas. Aínda que a operación de resgate salvou 26 vidas, hai un número indeterminado de persoas desaparecidas. Segundo os dados da policía grega, o 34% das refuxiadas que chegaron a Grecia na primeira quincena do ano son crianzas. As cifras da Organización Internacional para as Migracións (OIM) apuntan a que en xaneiro de 2016 se bateu unha triste marca de persoas falecidas no mar tratando de chegar a Europa. Estes dados apuntan a que no que vai de mes perderon a vida 139 persoas respecto do mes de xaneiro deste ano, fronte ás 82 mortes de xaneiro de 2015 e fronte ás 12 de xaneiro de 2014. No que vai de mes morreron 139 persoas no mar tratando de chegar a Europa A ACNUR, o Alto Comisariado das Nacións Unidas para as Refuxiadas, calcula que os conflitos de Oriente Medio e África provocaron que unha de cada 122 persoas sexa na actualidade vítima de desprazamento forzoso tras ser obrigada a abandonar o seu fogar. Ademais, advirte de que máis dun millón de refuxiadas chegaron a Europa por mar só en 2015. Malia as cifras expostas, a UE segue sen acordar unha política común para xestionar a chegada de millóns de persoas que foxen da guerra e da pobreza. De feito, o fracaso da política da UE provocou que das 160.000 persoas que os 28 países acordaran realoxar após os intensos debates internos tan só se reubicaran 272, tal e como admite a Comisión Europea. |
NOS_20320 | Por outra banda, o Executivo que preside Angela Merkel propuxo esta cuarta feira o 26 de setembro de 2021 como data para as eleccións xerais no país. | Un vehículo estrelouse hoxe pola mañá contra o enreixado exterior da Chancelaría de Alemaña, onde ten a súa oficina Angela Merkel, en Berlín, segundo informou en Twitter a Policía, que xa detivo o condutor. Nunha mensaxe posterior precisou que o detido é un home de 54 anos, mais non ofreceu detalles adicionais sobre a identidade ou os motivos da acción. Non obstante, fontes da investigación sinalaron á axencia de noticias DPA que o condutor xa cometera un delito similar no ano 2014. En febreiro dese ano, o mesmo vehículo, que naquela ocasión portaba unha mensaxe sobre os riscos do cambio climático e a declaración de amor "Nicole, quérote", tamén chocou contra a porta da Chancelaría. O portavoz da Policía, Thilo Cablitz, non quixo confirmar a relación entre ambos os sucesos e precisou que os investigadores continúan a analizar a saúde mental do sospeitoso, posíbel motivo dos feitos, manifestou. Nas imaxes do incidente que circulan polas redes sociais pódese ver os axentes inspeccionando o vehículo de cor escura con mensaxes pintadas en branco. Nunha delas lese "malditos asasinos de nenos e anciáns" e noutro "parade a política da globalización". Unha persoa resultou ferida no suceso e foi atendida no lugar no interior dunha ambulancia. Tanto o vehículo como a porta metálica contra a que chocou non sufriron danos de importancia, segundo as imaxes. Merkel estaba a manter unha reunión no interior do edificio co seu gabinete no momento en que se produciu o suceso. Data das eleccións xerais Precisamente nesa xuntanza acordouse solicitar formalmente que as próximas eleccións parlamentarias, que marcarán o final da era de Merkel como presidenta do Goberno, sexan o 26 de setembro de 2021. O ministro do Interior, Horst Seehofer, xa propuxera esta data a semana pasada tras falar cos Gobernos dos 16 länder (Estados federados) e cos partidos con representación parlamentaria. Agora só resta a promulgación por parte do presidente de Alemaña, Frank-Walter Steinmeier. Os comicios estarán marcados pola ausencia de Merkel como candidata pola Unión Cristiá Demócrata (CDU), que ten pendente elixir o seu novo líder. O favorito é o xefe do partido na Cámara Baixa, Friedrich Merz. |
PRAZA_1256 | Vaia por diante que isto é ficción, un xogo matemático e xornalístico cuxo parecido coa realidade, de chegar a darse, sería pura coincidencia. Este sería o novo Parlamento galego cuns resultados electorais idénticos aos do 24-M. | Vaia por diante que isto é ficción, un xogo matemático e xornalístico cuxo parecido coa realidade, de chegar a darse, sería pura coincidencia. Con esta cautela por diante, procedamos. Non estamos na primavera de 2015, senón no outono de 2016. Tras as efervescentes eleccións municipais de hai pouco máis dun ano a Alberto Núñez Feijóo chegoulle o momento de disolver o Parlamento e chamar o electorado para renovalo. Polo medio houbo, ademais, unhas xerais. Este cóctel deu lugar a que as galegas e galegos votasen exactamente igual que nos comicios locais. E este foi o resultado.A treboada electoral iniciada nas europeas de 2014 derivou en que o PP se resentise moi notablemente. Segue sendo a forza máis votada do país, pero o seu nivel de representación é historicamente baixo, inédito dende que existe o PP e moi semellante ao dos tempos da Coalición Popular de Albor. Os populares perden seis escanos e quedan en 35, a tres da maioría absoluta.Co resultado das municipais o PP perdería seis escanos e ficaría a tres da maioría absoluta, volvendo a niveis semellantes aos dos tempos de Coalición PopularFronte ao desplome conservador os socialistas recupéranse notablemente. Despois de perderen asentos no Parlamento nos comicios de 2009 e 2012 o PSdeG regresa a niveis próximos aos dos tempos de Emilio Pérez Touriño e pasan de 18 a 24 deputados. Ese ascenso equivalente ao descenso do PP sérvelles para encabezar unha eventual maioría alternativa e, polo tanto, para teren opcións de presidir a Xunta.Para teceren un goberno distinto ao PP os socialistas terán que entenderse coas forzas que sentan no resto de escanos, cuxa composición tamén se reconfigura. O BNG non regresa aos seus mellores tempos pero suma un escano ata ter 8. As mareas, que en certo xeito recolleron o testemuño de AGE e das plataformas de unidade nas cidades e algunhas vilas, obteñen 7 escanos. O Parlamento seguirá, ademais, tendo Grupo Mixto, nesta ocasión composto por un único deputado, o representante do partido Democracia Ourensana.Esta reconfiguración de forzas na Cámara débese ás notables variacións de apoios nas diferentes provincias. O PP perde escanos en todas agás en Ourense, onde conserva os 8 de 2012. A perda distribúese de xeito equitativo entre A Coruña, Lugo e Pontevedra, un descenso de dous deputados en cada unha do que se beneficia especialmente o PSdeG, que suma un escano coruñés ata chegar os 6, dous lucenses ata obter outros 6 e tres pontevedreses, onde chega aos 8. O BNG, pola súa banda, perde un escano por Pontevedra, onde fica con dous, pero suma un en Lugo ao que xa tiña e outro na Coruña, onde logra tres.Como advertíamos ao comezo do texto, nada disto aconteceu. O futuro do lexislativo galego non está escrito, menos nun escenario político como o actual e, moitísimo menos, tomando como referencia unhas municipais. |
PRAZA_6874 | Consuelo Martínez, integrante de Cerna, decide abandonar o grupo parlamentario de Alternativa "por razóns políticas". Beiras asume a decisión con "paciencia" e subliña que acadara coa deputada o compromiso de "subsanar o que houbese que subsanar" na coalición. | Enésimo movemento no mapa político do nacionalismo. Apenas tres semanas despois da segunda Asemblea Nacional de Anova e tras o referendo interno no que a corrente Cerna decidiu abandonar a formación, a deputada Consuelo Martínez, membro do que antes era grupo interno e agora aposta por configurarse en partido, anuncia que deixa tamén o grupo parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda. A parlamentaria viguesa anunciou este martes a súa intención de seguir a liña de Carmen Iglesias e pasar a formar parte do Grupo Mixto na Cámara autonómica ata o remate da lexislatura, previsto para o outono do 2016. Aínda que, inicialmente, Martínez declarara estar "disposta a seguir no grupo" de AGE "independentemente do resultado do referendo interno" de Cerna, a deputada coida agora que hai "razóns políticas" que a obrigan á súa marcha, tales como que Alternativa traballa "non como un grupo, senón como un grupo de grupos" no que o "peso" recae "en Izquierda Unida" e que adoece dos "mesmos fallos" que "unha coalición tradicional". As súas razóns, asegura, son políticas e non económicas: "Non teño ningún interese nos cartos" e por iso considera "moi triste que se dixese algo tan fácil para tentar desprestixiarme". Beiras: "Cadaquén é libre de tomar as súas decisións, pero debe asumir as súas responsabilidades" Neste contexto o voceiro de AGE e covoceiro de Anova, Xosé Manuel Beiras, lamenta a marcha de Martínez, con quen, di, hai poucos días se comprometeu a "subsanar o que houbese que subsanar" no funcionamento do grupo. "Cadaquén é libre de tomar as súas decisións, pero tamén debe asumir as súas responsabilidades", advirte o nacionalista, que asume "con paciencia" a marcha da deputada, con quen cría que ficara "todo aclarado". El, mantén, respectará a "liberdade de expresión" de Martínez aínda que esta "teña custos" para el, que seguirá adiante en AGE: "o meu carburante anda na reserva, pero non o vou deixar mentres teña folgos", subliña. Con Carmen Iglesias Esta circunstancia deixa o grupo de AGE con sete membros e o Mixto, con dúas integrantes, o que, previsiblemente, obrigará a reformular elementos de funcionamento da Cámara que van dende as instalacións ao réxime retributivo, pasando polas quendas de intervención en comisións e plenos. Este reparto terá que realizalo Martínez con Carmen Iglesias, que se incorporou ao Grupo Mixto en 2013 tras negarse a ceder o seu escano a unha representante de Anova pola marcha de David Fernández, para así manter o equilibrio de forzas saído das urnas. Iglesias formulou 43 iniciativas dende a súa chegada á Cámara Neste tempo Iglesias leva formuladas 43 iniciativas parlamentarias, na súa maioría preguntas ao Goberno en materias como a igualdade de xénero, os servizos sociais ou equipamentos culturais na provincia de Ourense. Asemade, presentou tamén proposicións en materia sanitaria e reclamou a derrogación das leis que avalan organizacións antiabortistas. Do mesmo xeito, no pasado debate de política xeral logrou sacar adiante varias das súas propostas de resolución grazas a acordos co PP. |
NOS_39668 | A medida gradual quedaría a criterio dos Estados membros. | A Comisión Europea pediu hoxe aos 27 que inicien a retirada gradual de todas as restricións que impón aos viaxeiros que se desprazan entre Estados membros, ao entender que a situación epidemiolóxica e o ritmo de vacinación no conxunto da UE permiten contemplar esta relaxación de cara ao verán. "Os europeos deberían gozar dun verán seguro e tranquilo. Dado que a vacinación avanza, propomos que se relaxen gradualmente as medidas de viaxe en coordinación co Certificado Dixital Covid da UE", escribiu en Twitter a xefa do Executivo comunitario, Ursula von der Leyen, quen cre que este sistema dará "claridade e preditibilidade". "Os europeos necesitan saber cal é a situación antes de viaxar, gastar diñeiro e reservar vacacións", dixo pola súa banda o comisario de Xustiza, Didier Reynders, ao presentar en conferencia de prensa a última proposta da Comisión para actualizar as recomendacións de viaxe na UE e insistir na necesidade de ofrecer un "enfoque coordinado". Escala de cores Desta maneira, propón actualizar tamén os limiares que definen a escala de cores coa que se indica o risco de contaxio por rexións na UE, de modo que se eleve de 50 a 75 o número de casos por cada 100.000 habitantes en 14 días o teito para definir as zonas "laranxa" (risco medio) e que se suba tamén de 50-150 a 75-150 casos para as zonas vermellas. Bruxelas quere que os viaxeiros que se despracen desde zonas verdes non teñan que asumir ningún tipo de restrición, como tests ou corentenas, independentemente de ter ou non o certificado dixital Covid. Tamén avoga por que os viaxeiros desde zona laranxa só tivesen que presentar un test negativo antes de emprender a viaxe e que os que se moven desde zona vermella teñan que presentar test ou cumprir corentena mais só até daren negativo noutra proba en destino. Só no caso das zonas "vermello escuro" de moi alta incidencia do virus ou con forte presenza de variantes perigosas as viaxes seguirían estando "desaconselladas" e os viaxeiros sometidos por defecto ás restricións. Prazos co certificado Bruxelas aproveitou esta revisión para presentar aclaracións sobre as disposicións do certificado, como que se exima de corentena aos menores cuxos pais estean libres desta restrición por estar xa vacinados coa pauta completa. E apunta tamén que quen non teñan certificado estean libres de restricións se viaxan desde zonas de baixo contaxio. Os viaxeiros vacinados poderán viaxar sen restricións grazas ao certificado a partir dos 14 días tras ter a pauta completa de inoculación (dúas doses na maioría dos casos), aínda que cada Estado membro terá a liberdade de aceptar o paso sen restricións de quen reciba só a primeira dose. En canto aos pacientes recuperados da enfermidade, o Executivo comunitario pide que o seu certificado sexa válido por un período de até 180 días. Tamén que as PCR que se admitan sexan realizadas nas 72 horas previas á viaxe, mentres que no caso dos tests rápidos de antíxenos que sexan aceptados polos Estados membros este prazo será de 48 horas. Non vinculante As ideas presentadas pola Comisión non son vinculantes senón un compromiso de consensuar as accións por parte dos Estados e, en todo caso, necesitan aínda o visto bo dos 27, que examinarán a proposta por primeira vez mañá a nivel de embaixadores. |
PRAZA_18170 | Había un problema político e a cegueira política e o golpe institucional do "mainstream" español multiplicárono | Moitas cousas mudaron no ano desenvolvido dende a consulta cidadá en Catalunya o 1-O do 2017. Mais nada se avanzou na resolución do problema político, que non é outro que lle dar unha canle á cidadanía catalá para que elixa o seu futuro. Hai un ano, poucos días antes do 1-O, escrebín que a consulta plebiscitaria do 1-O amosaría o confronto de dúas lexitimidades. E dícía tamèn que o problema político catalán non se resolvía nin coa Garda Civil nin cos Tribunais. Porqué, malia esta evidencia, o Goberno do Estado, os partidos unionistas e máis o Deep State representado pola Coroa e presente nos altos estamentos xudiciais optaron pola ilegalidade e pola represión? Non todo é cuestión de votos. Represión e case mil feridos. Felipe VI e o 155. O Goberno Rajoy puido elixir outra opción para enfrontar o 1-O. Mesmo no marco do seu inmobilismo puido optar pola apertura dun diálogo pouco comprometido ou pola mera remisión aos Tribunais do ocorrido o 1-O, sen mandar aos corpos policiais estatais invadir as competencias dos Mossos de Esquadra e ferir case mil cidadáns. As imaxes que deron a volta ao mundo degradaron moitos chanzos a consideración internacional do Estado. Malia esta evidente deterioración e cando o PSOE ía pedirlle responsabilidades parlamentarias á vicepresidenta Sainz de Santamaría pola violencia gobernamental desenvolvida, o xefe de Estado sinalou co seu desaquelado discurso do 3-Ou o comezo da reacción. Despois da violencia da manifestación unionista do 8-Ou a declaración formal de soberanía do 27-Ou- foi seguida por un auténtico golpe institucional español supostamente baseado no 155 da Constitución estatal. Unha norma adoptada dende o Dereito Constitucional alemàn que lle outorgaba ao Senado competencias para limitar sectorialmente a autonomía (vgr.asumindo provisonalmente as funcións de seguridade cidadá…), mais nunca lle outorgaba a capacidade de supresión do autogoberno, cesando ao President e ao Govern ou disolvendo o Parlament, como de feito levou adiante o Goberno de Rajoy co voto habilitante no Senado do PP, PSOE e C's. Das resultas deste golpe institucional ficou anulada a autonomía das nacionalidades e rexións que recoñece o artigo 2 da Constitución, supeditada en diante á interpretación unilateral dunha maioría absoluta do Senado, deslexitimada polo principio maioritario e provincial da súa elección e pola súa falla de conexión coa vontade das nacións e territorios do Estado, que haberían ser, nun sistema federal plurinacional, os electores da Cámara devandita O Tribunal Supremo e a Audiencia Nacional aplican o Dereito Penal do inimigo Mais se o golpe do 155 tronzou o Dereito Constitucional que até entón rexía o Estado español, as actuacións dos Tribunais penais que interviñeron dende o 20-S do 2017 violaron de xeito gravísimo o ordenamento xurídico preexistente. Principiou a maxistrada Carmen Lamela , da antixurídica, desaquelada e disfuncional "Audiencia Nacional"(AN) ao se atribuir a competencia para xulgar ao Comisario Josep Lluis Trapero, á Intendenta Teresa Laplana e aos entón presidentes da ANC e de Omnium Cultural, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, contra a xurisprudencia consolidada da propia AN que recoñecía a súa falla de competencia a respecto do delicto de sedición. A nidia vulneración da competencia do Tribunal foi confirmada pola Sala de Apelacións da AN. Canto á causa na Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS), o maxistrado-relator Llarena incorriu na mesma ilegalidade, descoñecendo a competencia do Tribunal Superior de Justícia de Catalunya (TSJC) nunha causa seguida contra consellers do Govern, a Presidenta e outros membros da Mesa do Parlament. Deste xeito non só querían xogar na casa, en Madrid, senón evitar a dupla instancia, o dereito dos investigados a un eventual recurso de apelación contra da sentenza decidida na primeira instancia. Un dereito recoñecido universalmente para todos os europeos na Convención Europea de Dereitos Fundamentais (CEDH). Se o golpe do 155 tronzou o Dereito Constitucional que até entón rexía o Estado español, as actuacións dos Tribunais penais que interviñeron dende o 20-S do 2017 violaron de xeito gravísimo o ordenamento xurídico preexistente Ás devanditas vulneracións da Constitución, do Estatut de Autonomía de Catalunya e das Leis Orgánica do Poder xudicial (LOPx) e de Axuizamento Criminal (LACRIM) cómpre engadir as evidentes vulneracións do Código Penal (CP) e do artigo 520 LACRIM (que regula o cárcere preventivo como medida cautelar moi excepcional, só aplicábel para delictos moi graves que aquí non se dan) . Vulneracións cometidas polos Maxistrados Llarena e Lamela e sancionadas por vía de recurso por cadanseus Tribunais de Apelación na AN e no TS. Inventáronse delictos de rebelión e sedición ausentes do CP, pois que o artigo 472 CP só define a rebelión a partir da existencia dun alzamento violento e a sedición require tamèn dun compoñente violento ou intimidatorio. A esta conclusión chegou calquera observador europeo imparcial: cando detiveron Puigdemont no Schleswig Hollstein a propia opinión publicada unionista recoñecía que o Código Penal alemán (BGB) era moi semellante ao español na definición destes delictos, alí chamados de alta traición (artigos 81 e ss.) .Mais a traición require sempre violencia (force, en inglés) ou intimidación ("threat of force", tamén en inglés). Velaí a razón pola que o Tribuna l Superior de Schleswig Hollstein afundiu un chisco máis o moi reducido creto do TS e da AN pola Europa adiante, ao rexeitaren sen dúbida ningunha a extradición de Puigdemont pola evidente falla de violencia ou intimidación na súa conduta. Como pode ser posíbel que o TS e AN enfronten este desprestixio internacional e inventen desta maneira o Dereito Penal aplicábel? Porque boa parte dos membros destes órganos xurisdicionais, que chegaron aos mesmos pola peneira da súa relación co PP ou co PSOE, asume o mesmo relato do Goberno do Estado, dos partidos do tripartito do 155 e dos medios que repenican os seus argumentos. Diante dunha suposta e indeterminada ameaza constitucional aplican a teoría decisionista de Carl Schmitt: o Estado é soberano e non ten límites para salvar a Constitución, mesmo pode decidir a violación de regras concretas da mesma. No decisionismo schmittiano, aplicado á Catalunya do outono de 2017, colle todo. Tamèn a aplicación dun 155 inconstitucional ou dun Dereito Penal do Inimigo que vulnera o CP e os dereitos fundamentais da Constitución. Como pode ser posíbel que o TS e AN enfronten este desprestixio internacional e inventen desta maneira o Dereito Penal aplicábel? Convén aquí anotar, como di Suso de Toro, que non existiu fóra de Catalunya e, en menor medida, en Euskadi, Nafarroa, Galicia, País Valencià e les Illes unha resposta de oposición por parte das forzas progresistas, o que fixo medrar exponencialmente a seguridade do tripartito do 155 na súa resposta. Para máis, o factor do apoio da Coroa ensamblou na mesma coalición ese tripartito, os que mandan no Deep State e os sectores máis populares do "a por ellos". A cuestión catalá serve para agachar os gravísimos problemas sociais que sofren grande parte das crases medias e traballadoras españolas. Presos e exiliados A cidadanía catalá ou, polo menos, esa maioría superior ao 70% que integra aos soberanistas e ás persoas que rexeitan o cárcere para os presos políticos tivo que convivir coa absoluta anormalidade de asumir que todas as persoas do Govern do 1-O foron presas ou se manteñen exiliadas, canda a presidenta do Parlament , a antiga voceira da CUP ou a secretaria xeral de ERC. Para catro xeracións do pobo catalán é a primeira vez que cómpre asumiren a existencia no seu seo de presos e exiliados políticos. Semella que amplos sectores do soberanismo teñen asumido con normalidade que o exemplo destas persoas e, sobre todo, a súa opinión ante o futuro é importante e mesmo case decisiva. Non sería certo cualificar sen máis os feitos de outubro de 2017 como unha derrota e moito menos como unha derrota definitiva. Existen varios factores que cualifican a resiliencia do soberanismo e fan apuntar avances Os presos e exiliados políticos constituiron tamén o principal referente que lle permitiu ao relato soberanista alargar a súa base social e entrar en sectores progresistas até entón pouco simpatizantes da independencia, mais si moi solidarios coas vulneracións de dereitos fundamentais sofridas por estes colectivos e, en menor grao, por centos de cataláns. Os avances e os perigos. A situación deste 1-O non é mellor, dende logo, ca a do ano pasado. Mais non sería certo cualificar sen máis os feitos de outubro de 2017 como unha derrota e moito menos como unha derrota definitiva. Existen varios factores que cualifican a resiliencia do soberanismo e fan apuntar avances: O rechamante éxito electoral do 21-D último, retendo as forzas soberanistas a maioría absoluta parlamentaria e retendo a porcentaxe relativa de apoios, proxima ao 48% dos votos. A formación de Goberno malia todas as vulneracións de Dereito Parlamentario do maxistrado Llarena e máis a formulación dunha resposta unitaria que mantén a cualidade parlamentaria dos presos e exiliados que quere cesar Llarena. O avance perceptíbel cara outros sectores da sociedade catalá que non acreditaban hai un ano no pulo do procès, mais que agora son solidarios do mesmo en canto ao discurso dos dereitos fundamentais e mesmo na paseniña concepción dunha República catalá como marco futuro de convivencia, fronte a actual democracia monárquica de baixa calidade que vivimos no Estado español. O que pode seducir a sectores maioritarios de Catalunya en Comù. Cómpre constatar como esta formación política defende agora os dereitos dos parlamentarios presos ou exiliados, fronte ás esixencias liquidacionistas de Llarena. O progreso na internacionalización do conflito (Flandres, Alemaña, Suiza, Canadá, Eslovenia, repúblicas bálticas, Irlanda, Escocia), a meirande comprensión de sectores cada vez máis amplos das sociedades das Illes, do País Valencíà,da da Catalunya Nord ou L'Alguer e de Euskadi, Nafarroa e Galicia, así como o paseniño desescalamento do conflito que semellan defender agora sectores varios das forzas progresistas españois. A limitadísima oportunidade dun Goberno do Estado que depende polo de agora dunha maioría parlamentaría anti 155. A posibilidade, polo de agora bastante lonxana (pero menos ca no 2017) dunha iniciativa de mediación europea cara un referéndum pactado que evite unha situación continuada de inestabilidade en Catalunya e, en xeral, en todo o Estado español. Fronte estes avances cómpre salientar dous riscos esenciais: priorizar unha declaración unilateral da que refuga a comunidade internacional e para a que non se conta con apoio social abondo e máis o recorrente risco de división do soberanismo, que ha priorizar o seu carácter de movemento cidadán fronte ás leas partidarias. Conclusión Volta ao comezo. Había un problema político e a cegueira política e o golpe institucional do "mainstream" español multiplicárono. A Coroa, os de "a por ellos" e os axentes económicos que mandan no Deep State impiden o dereito a decidir e queren anular o dereito dos cataláns (e o de todos nós) á súa diferenza e a gobernar o seu futuro. Publicidade |
NOS_50554 | O presidente boliviano Evo Morales e o seu número dous Álvaro García Linera fixeron pública a súa renuncia ás máximas responsabilidades do Estado. Após anunciar na mañá do domingo a convocatoria duns novos comicios, deixan de dirixir o país. | Os movementos golpistas contra Evo Morales eran unha evidencia tras as eleccións celebradas o pasado 29 de outubro. Malia o contundente triunfo da coalición encabezada polo Movemento ao Socialismo e as organizacións sociais e sindicais da esquerda, a oposición negouse a recoñecer os resultados, contando na súa táctica co apoio da OEA (Organización de Estados Americanos) que demandou ao Goberno a repetición dos comicios. Unha operación dirixida desde a embaixada de Estados Unidos A negativa do Goberno progresista a que lle roubaran a vitoria nas urnas abriu a porta a unha estratexia desestabilizadora, con protestas violentas ao longo do país e unha participación decisiva da embaixada dos Estados Unidos. Ás mobilizacións na rúa, convocadas polas organizacións patronais, seguíronlle as protestas das forzas de seguridade, amotinadas en varias cidades contra o goberno lexítimo; e tamén as accións radicais de grupos de extrema dereita ao servizo da oligarquía. O triunfo da estratexia golpista O Goberno boliviano e os seus socios non dubidaron en denunciar o movemento golpista nas últimas semanas. Neste sentido, sinalouse a posición dos dirixentes dos antigos estados do ALBA (Alianza Bolivariana das Américas), nomeadamente de Cuba e Venezuela; das organizacións progresistas do cono sur e dalgúns dos seus aliados comerciais máis importantes, como o Goberno chinés, con intereses económicos no conglomerado empresarial público. O exército pon fin ao Goberno socialista A decisión de repetir as eleccións de outubro, anunciada na mañá do domingo por Morales e Linera, non abondou para paralizar a trama golpista. Unha vez feito público o compromiso do Goberno boliviano de asumir as condicións impostas pola OEA, contra as que a poboación se tiña mobilizado nos últimos días, a cúpula militar deu un paso adiante, esixindo a renuncia de Evo Morales e do seu vicepresidente, Álvaro García Linera. Coa súa dimisión, buscan evitar un baño de sangue no país. Os militares apartaron a Morales da presidencia tras o seu recente triunfo electoral. Todo por Bolivia, todo pola patria Segundo as palabras de Morales, "estamos renunciando para que os nosos irmáns humildes non sexan pateados, humillados. Non queremos que haxa enfrontamentos. Decidimos renunciar ao noso triunfo para que haxa eleccións. Todo por Bolivia, todo pola patria". Na mesma comparecencia, Linera destacou "o importante labor do executivo para poñer os hidrocarburos ao servizo do país", nunha referencia velada a aqueles intereses que se atopan tras o golpe. Morales non marchará ao exilio Nestes momentos descoñecese o futuro de Morales. Se ben os sectores da oposición anunciaron a súa saída inmediata de Bolivia, chegando mesmo a confirmar o seu exilio en Cuba ou Uruguai, Morales mantén "a súa intención de permanecer no país para dar continuidade a loita". O triunfo do golpe de Estado en Bolivia pon fin a unha experiencia política que conseguiu un gran desenvolvemento económico no país, abriu a porta o recoñecemento dos pobos orixinarios e ampliou as cotas de igualdade e benestar. |
NOS_45741 | A directora da campaña electoral do BNG, Montse Prado, anunciou que a fronte nacionalista presentará un recurso perante a Xunta Electoral de Galiza exixindo a retirada da campaña "A Galiza do futuro depende de nós". | A recentemente reformada Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX) determina que non se emitirá publicidade institucional a partir da convocatoria dos comicios –agás naqueles casos nos que sexa imprescindíbel para o correcto funcionamento dos servizos públicos--. Neste senso, a Xunta de Galiza, emitiu nestes días anuncios correspondentes á campaña "A Galiza do futuro depende de nós". Desde o BNG, demandan á Xunta Electoral de Galiza, que "ordene ao goberno galego a retirada inmediata da campaña" e vele pola "estrita neutralidade, transparencia e equidade das institucións públcias durante todo o proceso electoral". Asemade, Montse Prado, calificou de "impresentábel en termos democráticos" que a campaña electoral do PP sexa dirixida polo aínda conselleiro de presidencia, Alfonso Rueda, quen ten asemade a responsabilidade de velar pola transparencia e neutralidade do dispositivo electoral. O BNG amosou pois o seu rexeitamento a tal solapamento de cargos e criticou que o PP non sexa "capaz de distinguir o ámbito institucional do partidario", como tamén fixeron o PSOE e Compromiso x Galicia, que asemade, exixiron a demisión do conselleiro. |
PRAZA_20568 | O aniversario do accidente chega tras a recente imputación do ex-director de Seguridade da empresa pública pola súa "actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" da liña. LIÑA DE TEMPO INTERACTIVA NO INTERIOR. MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de Angrois Unha axencia da UE crítica con Fomento, clave no futuro da instrución de Angrois aos catro anos do sinistro O PP acantóase no "non" á investigación política de Angrois no cuarto aniversario do accidente | MAPA INTERACTIVO | Así foi o accidente de Angrois Unha axencia da UE crítica con Fomento, clave no futuro da instrución de Angrois aos catro anos do sinistro O PP acantóase no "non" á investigación política de Angrois no cuarto aniversario do accidente O accidente do tren Alvia en Santiago, no que o 24 de xullo de 2013 morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas, cumpre este luns catro anos sen que as vítimas recibisen aínda xustiza nin agarden obtela a curto prazo. O maquinista do tren, Francisco José Garzón, que se despistou e non freou a tempo antes da curva de Angrois, está imputado desde aquel momento, pero non foi ata o pasado marzo que o segundo xuíz instrutor da causa imputou tamén ao ex-director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, pola súa posible responsabilidade ao non avaliar o risco da curva e habilitar medidas de seguridade que evitasen ou paliasen o erro humano do condutor. Durante estes catro anos, tanto os dous xuíces instrutores que tivo a causa como os maxistrados da Audiencia Provincial da Coruña veñen lamentando a dificultade que lles supón para aclarar as responsabilidades penais do caso a "complexidade" e "fragmentación" tanto da estrutura organizativa de Adif como da normativa ferroviaria, unha "complexidade" sobre a que a propia Adif declina pronunciarse. O aniversario do accidente chega tras a recente imputación do ex-director de Seguridade da empresa pública pola súa "actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" da liña O pasado 28 de xuño, no auto co que ratificou a imputación de Cortabitarte como presunto responsable "dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" da liña, a Audiencia da Coruña admitía que "estamos nun ámbito de difícil aprehensión" e lamentaba o "enrevesado encadeamento de remisións normativas" a respecto de quen e como debía realizar esa avaliación de riscos. Pero xa o primeiro xuíz instrutor do caso, Luis Aláez, salientaba ás poucas semanas do accidente a "descentralización, especialización e fragmentación de funcións e de tarefas" nesa empresa pública como un problema para atopar responsables. Unha Adif que se negara inicialmente a identificar os cargos responsables da seguridade na liña de AVE Ourense-Santiago como lle pedira o xuíz e que máis adiante demoraría ou obviaría en varias ocasións a entrega da documentación que este lle pedía. O 9 de maio de 2014, ao imputar a varios cargos de Adif logo desimputados pola Audiencia Provincial, entre eles Cortabitarte, o instrutor salientaba nun auto que foran "responsables de Adif os que idearon esa conexión ferroviaria complexa e novidosa entre Ourense e Santiago". E insistía en que "deixáronse prevalecer determinados intereses na creación dese novo enlace ferroviario entre Ourense e Santiago de Compostela polos responsables de velar prioritariamente pola seguridade, que conduciu á construción dun complexo enlace ferroviario que non ten as medidas de seguridade suficientes". Ao comezo da instrución Adif negouse a identificar os seus cargos con responsabilidade en cuestións de seguridade e o actual xuíz segue a considerar "complexa" a estrutura organizativa da empresa pública O segundo e actual xuíz instrutor, Andrés Lago Louro, non afondou nas posibles responsabilidades de Adif máis alá do maquinista ata que así llo ordenou a Audiencia ao reabrir hai un ano a instrución que o maxistrado xa quería pechar. Porén, tamén el salientou antes diso, nun auto en outubro de 2015, que "a materia que aquí nos ocupa entraña unha complexidade técnica que non é habitual". O pasado marzo, despois de meses analizando o proceso co que Adif autorizou a posta en servizo da liña, o xuíz acaba imputando a Cortabitarte tras unha longa exposición de feitos que realiza para "determinar, dentro da complexa estrutura de Adif, a quen compete o deber de realizar a avaliación de riscos que foi omitida". En maio de 2016, cando lle ordenou ao segundo xuíz reabrir a instrución, a Audiencia da Coruña tamén se pronunciara sobre o funcionamento interno de Adif recuperando o adxectivo "fragmentario" que xa empregara o primeiro instrutor. O tribunal dicía que "é a Adif a quen compete definir o seu método de avaliación e xestión de riscos para cumprir os estándares esixidos pola normativa e levouno a cabo dunha forma que cabe considerar fragmentaria" o que fixo que "non exista un estudo integral da liña [Ourense-Santiago] que permitiría avaliar o risco da curva e adoptar decisións sobre o perigo que concretamente supuña". Naquel mesmo auto a Audiencia tamén sinalaba, en referencia á normativa de aplicación para avaliar os riscos, que "nos atopamos nun ámbito sumamente específico e técnico e de difícil aprehensión desde unha perspectiva xurídica [...] que fai que non sexan identificables claramente mandatos concretos e específicos que poidan considerarse aberta e nitidamente incumpridos". Un ano despois, ao ratificar o pasado 28 de xuño a imputación de Cortabitarte, a mesma Audiencia incide no "enrevesado encadeamento de remisións normativas" e inclúe na súa argumentación un parágrafo que pode servir de exemplo das ambigüidades que están tendo que desentrañar os xuíces e ás que se refiren con expresións tan pouco tallantes como "cabe deducir" ou "é razoable entender": "Sendo forzoso no caso o cumprimento da ETI do subsistema MCS e non constando con claridade que a mesma estableza como obrigatorio o método do RMCS, é razoable entender que dita ETI, e en consecuencia o método EN 50126, poida ser considerada código práctico a efectos de control dos perigos". Varios avogados presentes na causa lamentan que deberan ser os xuíces os que interpretasen as normas e dixesen cales son de aplicación ao caso e en que medida, e non preguntarllo á UE Varios avogados presentes na causa lamentan que deberan ser os xuíces os que interpretasen as normas e dixesen cales son de aplicación ao caso e en que medida. Porén, ante a súa incapacidade para determinar que normativa é aplicable no AVE Ourense-Santiago e a "controversia" que admiten que existe ao respecto entre dous peritos xudiciais, o instrutor decidiu preguntar á Axencia Ferroviaria Europea "se era normativa e/ou tecnicamente necesaria unha avaliación integral do risco que tivera en conta a situación de perigo concretamente existente na curva en que se produciu o accidente". Da súa resposta dependerá en gran medida o futuro da instrución do caso aos catro anos do accidente e da imputación, xunto co maquinista, do director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, como a persoa que para os xuíces era "indiciariamente" responsable de avaliar eses riscos. Liña de tempo interactiva |
NOS_38933 | A nulidade do despedimento colectivo de Alcoa deixa a multinacional con pouca marxe de manobra. Os traballadores exixen agora unha rápida e contundente resposta das administracións que force a multinacional a retomar as negociacións para unha posíbel venda nos mesmos termos que a deste verán. No caso de que non acceda, entenden que a factoría debería ser intervida para garantir a continuidade da actividade industrial e dos postos de traballo. | A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que considera nulo o despedimento colectivo na planta de San Cibrao (Cervo) deixa Alcoa sen moitas alternativas, máis aló do recurso de casación ante o Tribunal Supremo. A decisión xudicial devolve o conflito practicamente ao punto de partida. Poucas son as opcións que lle quedan á multinacional norteamericana, e a maioría pasan por botarse a un lado e deixar que un terceiro actor garanta a continuidade da actividade industrial na Mariña. O que queda claro é que a sentenza obriga Alcoa a sentar novamente a negociar, ben co cadro de persoal, ben coas administracións públicas, unha solución que permita que a planta de aluminio primario volva funcionar a pleno rendemento. A empresa é a maior interesada en que isto sexa así, xa que do contrario seguirá engrosando as súas perdas, de 1 millón de euros á semana por manter activas as cubas de electrólise, segundo os seus cálculos, e de dez millóns de euros pola folga que manteñen os traballadores. Isto devolve o conflito ao 27 de setembro, data na que Alcoa rexeitou as ofertas de Liberty House e da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). Tamén cabe a posibilidade de que pretenda negociar un novo despedimento colectivo. Segundo explica a Nós Diario o profesor de Dereito Administrativo da UDC Carlos Aymerich, "esa opción pode habela se demostra que agora negocia de verdade, de boa fe, pero é unha vía complicada". "Se leva sen moverse desde que anunciou que ía pola liña do fechamento, non creo que vaia mudar a súa posición agora", argumenta Aymerich. O titular de Dereito Administrativo da UDC considera que as administracións, nomeadamente a Xunta e o Estado español, "non deben agardar a ver o que fai Alcoa", senón levar a cabo unha intervención "unilateral e coercitiva", como a que propuxo no seu día para as plantas da Coruña e Avilés. "Unha rápida resposta das autoridades tal vez sexa a única forma de que Alcoa se aveña á venda por verse presionada no sentido de que ou vende voluntariamente ou vaise ver privada da propiedade nunhas condicións peores", sinala. "A solución é a mesma que foi sempre, que ten que haber unha intervención pública da Xunta e do Goberno español, porque é evidente que o que Alcoa quere é fechar a planta de aluminio primario, xa que desa forma elimina unha competencia", remarca Aymerich. "A cuestión é se a intervención ten que limitarse á planta de aluminio primario ou, eventualmente, debe incluír tamén a planta de alúmina. Ese é o debate neste momento, porque agardar que Alcoa vaia mudar a sua actitude ou os seus plans a estas alturas sería algo absolutamente irreal", conclúe. Tres ases na manga No novo escenario Alcoa xa non garda balas na recámara e, pola contra, os traballadores teñen, se cabe, máis forza que antes. Como sinala o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, coa sentenza "volvemos á liña de saída con tres ases na manga. O primeiro é que os despedimentos xa quedan sen efecto; o segundo, que teñen moi difícil conseguir sacar un ERTE, xa que varias das argumentacións que empregaron quedaron deshabilitadas por actuar de mala fe, e o terceiro é que Alcoa ten que decidir que vai facer, e nós temos aquí paralizados na fábrica cen millóns de euros que quererán mobilizar e poder utilizar. Eles terán que moverse e nós estar á expectativa do que finalmente decidan facer". Na súa opinión, a venda a un terceiro, como pode ser Liberty, "é o máis viábel que temos agora mesmo", pero cre que se sentan a negociar farano coas portas fechadas co Goberno. "O que teñen que facer é sentar, buscar unha saída do país digna e marchar". "Agardamos que o fagan canto antes, porque o que non ten lóxica é que unha multinacional queira imporse a dous Gobernos", valorou o presidente do comité de empresa. No caso de que Alcoa non se decidise a vender, ben á SEPI ou á Liberty House, Zan entende que os Gobernos están na obriga de intervila."Iso quedoulle claro a todo o mundo", dixo o representante dos traballadores, que entende que nese suposto "non quedan escusas para non aplicar a intervención", e máis despois de que os xuíces certificasen que a empresa actuou de mala fe e sempre co feche como obxectivo. Se queres seguir a ler só tes que ir ao quiosque máis próximo polo Nós Diario ou mercalo na nosa loxa online. Que non che volva pasar isto: tramita a túa subscrición xa! |
PRAZA_20182 | Rueda anunciou en 2010 que estaría rematado en 2011, pero as obras non comezaron ata 2012. Xestiónao Veicar, a empresa que limita a información das súas actuacións a só catro medios de comunicación. | O 28 de maio de 2012 o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, asistía ao inicio das obras do futuro parque de Bombeiros do Carballiño e o Ribeiro. "Estará finalizado este ano e operativo ao longo de 2013", anunciaba daquela, malia que dous anos antes, en marzo de 2010, o propio Rueda xa prometera na vila que esta mesma dotación estaría rematada en 2011. Este xoves, sete anos despois de anuncialo e cinco despois do inicio das obras, o mesmo Rueda inaugurou o edificio á fin con bombeiros no seu interior. Rueda anunciou en 2010 que estaría rematado en 2011, pero as obras non comezaron ata 2012 O parque, varias naves levantadas no polígono empresarial da Uceira, dará servizo a 23 concellos con 48.000 habitantes. A súa construción custou dous millóns de euros, dos que a metade foron achegados pola Xunta e a outra metade pola Deputación de Ourense e os concellos, e será o consorcio provincial de bombeiros o que o administrará a través dunha concesión á empresa privada Veicar, a mesma que xestiona outra ducia de parques en toda Galicia e, en Ourense, os de Verín, Xinzo e Valdeorras. Precisamente neses tres parques Veicar remitiu aos seus traballadores un protocolo que limita a información sobre as súas actuacións públicas a só catro medios de comunicación elixidos pola propia empresa. O Colexio de Xornalistas considera "inadmisible" esa limitación. Xestiónao Veicar, a empresa que limita a información das súas actuacións a só catro medios de comunicación. Segundo fontes sindicais, o obxectivo da empresa sería evitar que os bombeiros transmitan información que critique ou poña en dúbida a efectividade da privatización do servizo. No caso do parque do Carballiño, durante o proceso de selección do persoal, que realizou a propia empresa, os sindicatos tamén alertaron de irregularidades, como xa veñen advertindo noutros procesos similares. |
NOS_5962 | O científico e o director do instituto arxentino-galego 'Santiago Apóstol' de Bos Aires son nomeados académicos correspondentes | O Pleno da Real Academia Galega aprobou o nomeamento de dous novos académicos correspondentes: o científico Jorge Mira Pérez e a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director xeral do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Buenos Aires. Brandeiro (San Román de Cedeira, 1970) é na actualidade unha das principais figuras de referencia das colectividades galegas en Arxentina e Uruguai. Co seu nomeamento como académico correspondente, a RAG procura fortalecer a súa rede de embaixadores no exterior cun referente entre as novas xeracións. Desde 2013 dirixe o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, da Fundación Galicia-América. Neste centro, ao que se incorporou como docente de lingua galega no ano 2002, escolarízanse varios centos de nenos e nenas seguindo uns plans de estudos con fortes ligazóns con Galicia. É ademais coautor dun libro para a aprendizaxe da lingua galega e dirixe desde 2006 a revista cultural Gavieiro da nosa identidade, editada pola delegación arxentina da Fundación Galicia-América. Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela. Alén das liñas de investigación que mantén en eidos exclusivos das ciencias experimentais, traballa na modelización matemática de sistemas sociais aplicada ás dinámicas lingüísticas, campo no que creou un modelo que reproduce a evolución histórica do número de falantes de galego e castelán en Galicia. En relación con estes estudos, colabora desde 2014 co Seminario de Sociolingüística da RAG traballando nun proxecto de socioloxía da lingua, demografía e evolución. Tamén é un recoñecido divulgador científico. É autor dos libros A ciencia no punto de mira (2010) e A que altura está o ceo? (2016) e é ademais membro do consello de redacción de Grial e membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. |
NOS_41038 | A portuguesa Ana Pêgo desenvolve un proxecto de guerrilla contra o plástico nos océanos, que agora chega á Galiza convertido en libro da man de Kalandraka | A vindeira segunda feira, 8 de xuño, celébrase o Día dos Océanos. É por iso que aproveitamos para pór o foco nunha das últimas traducións da editora Kalandraka: Plasticus Maritimus, unha especie invasora. Este libro vén asinado por Ana Pêgo e Isabel Minhós Martins, con ilustracións de Bernardo P. Carvalho. "Cada hora que pasa, mil toneladas de plástico van dar aos océanos", advirte con dureza na contracapa, para ofrecer a continuación unha pista da postura fondamente implicada desde a que está escrito: "xa é hora de facermos algo". Pero, que? Desde a infancia Cando Pêgo naceu, seus pais moraban ao carón da praia, polo que de cativa pasaba preto do mar a meirande parte do tempo. "O que me atraía nesa altura eran os animais, explorar as mareas, procurar fósiles...", conta a Nós Diario a autora portuguesa. Ese interese levaríaa a estudar Bioloxía Mariña na universidade. Mais non foi até por volta de 2011 ou 2012 que comezou a tomar consciencia de "que se atopaba na praia esta nova especie que non debía estar alí". Porén, algunha xente non vía o problema: "non fai mal, foi o mar o que o trouxo e volverá levalo", respondíanlle. Pero Pêgo tiña a certeza de que non debía ser así. "Era moi frustrante, porque chegaba ao día seguinte e había aínda máis", admite a autora Esta toma de conciencia levouna a preocuparse pola limpeza das praias e empezou a apañar o lixo que atopaba nos areais. "Era moi frustrante, porque chegaba ao día seguinte e había aínda máis", admite a autora. Ademais, decatábase de que as persoas "non estaban nada concienciadas do problema". Iso, lonxe de minarlle o ánimo, convenceuna da necesidade de divulgar na sociedade o que estaba a acontecer: "que o que estabamos a usar no día a día remataba na praia". Desde aquela, iniciou un proxecto de uso sensato dos plásticos, do que o libro que vén de traducir ao galego a editorial Kalandraka é só unha pequena pero importante parte, que xa tivo moi boa acollida en Portugal no ano 2018, cando se editou alá por primeira vez, non só entre as crianzas, o público preferente ao que vai dirixido. A obra "deu a posibilidade de facer chegar información sobre este tema", mais ao tempo "tamén motiva as persoas a faceren mudanzas individuais" e crer na utilidade destes pequenos actos que, segundo reivindica a bióloga, teñen tamén o potencial de contaxiar máis alá das propias mans a familia e amizades. O libro inclúe, como traslado á escrita da propia actividade de Pêgo e desta idea, unha guía práctica para recoller plásticos na praia, desde garrafas e bolsas a outros obxectos máis estraños, como lancetas de pesca ou puntas de parasol. Estas son mostras do que deu en chamar "plasticus maritimus, unha especie que presenta todas as características dunha invasora", explica, deixando abrollar a súa formación como bióloga. O plástico e o virus Pêgo móstrase preocupada pola repercusión no incremento dos residuos que vaia traer a vida cotiá en convivencia coa COVID-19. Máscaras ou luvas de plástico dun só uso xa están a rematar nos océanos. "Europa estaba nunha fase de comezar a se desplastificar", advirte a bióloga. Por exemplo, en Portugal prevíase a aprobación da prohibición dunha serie de obxectos desbotábeis, pero coa chegada da pandemia ese proceso quedou comprometido. "A porcentaxe de obxectos de plástico que son, de facto, reciclados é moi baixa", explica Pêgo Coa emerxencia sanitaria veu tamén un emprego do plástico como nunca se vira, e semella que imos empregar "aínda máis do que se usaba antes", vaticina Pêgo. E non todo vén xustificado polas medidas de prevención, senón que o "mal comportamento das persoas, que deixan as cousas en calquera sitio, tamén inflúe". Unha nova preponderancia deste material que se suma aos vasos de café ou os envases de comida para levar ou de múltiples produtos á venda, por citar só algúns exemplos. Abonda coa reciclaxe? Segundo observa Pêgo, aínda hai moitas dúbidas das cousas que van para reciclar. Desde que apareceu o concepto e ao longo dos últimos 30 anos, volveuse habitual escoitar que este proceso "é a mellor cousa que podemos facer". Con todo, fuxindo da panacea e as solucións milagreiras, esta lóxica non lle parece acertada, pois incide na idea de "consumir todo o que queiramos", cando a conclusión actualmente é que iso non é verdade. "A porcentaxe de obxectos de plástico que son, de facto, reciclados é moi baixa", explica. É por iso que cómpre levar a cabo tamén un cambio de mentalidade que pase por "deixar de usar moitos produtos de plástico", especialmente aqueles que son desbotábeis. Guerrilla contra o plástico Ana Pêgo recolle o plástico das praias de Cascais para o transformar en arte. O proxecto Plasticus maritimus inclúe un inventario de lixo artístico que gaña forza con xogos de cores e formas. A bióloga leva anos coleccionando cousas que atopa nos areais, quer tesouros naturais ou desperdicios humanos. Após traballar como técnica de laboratorio, durante algún tempo decidiu experimentar tamén a vía da educación ambiental, polo que desde 2013 emprega estas coleccións como ferramentas pedagóxicas en obradoiros para crianzas, escolas e familias na Fundação Calouste Gulbenkian ou en visitas a escolas en Cascais. E así que desde o pequeno loita a súa propia e expansiva guerrilla contra o plástico. ^ |
NOS_52677 | O municipio de Sober acollerá, este fin de semana, a XXXIX Edición da Feira do Viño de Amandi. As persoas que se acheguen até a vila desfrutarán de dúas xornadas de boa música e bo beber. | As persoas amantes do bo viño están citadas esta fin de semana no Concello de Sober. Como acontece sempre, a chegada da Semana Santa trae consigo a Feira do Viño de Amandi que este ano chega á súa XXXIX edición. A vila vestirase de gala para recibir uns asistentes que non só verán deleitados os seus padais, senón tamén os seus oídos. A música será máis que recorrente e converxerá co sabor das colleitas para amenizar a festividade. As bombas de palenque serán as encargadas de anunciar o comezo da festa, este sábado, ás 11.30 da mañá. A xornada iniciarase oficialmente ás 12 horas a cargo da Adega Don Bernardino, en lembranza ao seu fundador, o homónimo Bernardino Rodriguez. Case ao mesmo tempo comezarán as actuacións musicais. A encargada de oficiar a apertura neste terreo será unha agrupación de música tradicional por coñecer que actuará ás 12.15 do mediodía. A formación repetirá ás 17 da tarde para poñer ritmo e compás ao comezo da Precata Oficial na Sala de Catas da Oficina Municipal de Turismo. Ás 18.30 horas, a Banda de Música Municipal tomará o relevo e deleitará as persoas asistentes cun concerto que será a antesala da actuación de María do Ceo. A fadista, pregoira da edición, fará gala dos seus dotes vocais no Auditorio do Centro Sociocultural, ás 20 horas. A festa non rematará aquí, pero si cambiará de emprazamento. Ás 21.30 da noite, desde a Praza do Concello, os asistentes poderán despedirse do sol e adentrarse na noite bailando ao son da Charanga Louband, Sr Jingles e Gin Tonic's. Ao igual que no día anterior, o ronsel das 24 bombas (unha por cada colleiteiro participante) será o encargado de proclamar o inicio da xornada dominical, un anuncio que será secundado pola actuación, ás 10.45 horas, da Charanga NBA. O Concello non dará descanso aos máis preguiceiros e a Banda de Música Municipal percorrerá ás rúas ás 11 da mañá. Media hora máis tarde dará comezo a Cata Oficial de viños no Centro Sociocultural. O pregón terá lugar na Casa do Concello ás 13 do mediodía a cargo de María do Ceo. De seguido anunciaranse os premiados da cata. As adegas participantes poderán optar a tres premios para viños tintos da anada de 2018, un premio para viños brancos da anada de 2018 e un premio para viños envellecidos en barrica. A festa finalizará ao igual que comezará, ao son da música. As actuacións de Charanga NBA, ás 17 da tarde, e da orquestra Los Satélites, ás 19.30 horas, porán feche a unha feira que repetirá o ano que vén. As orixes da feira A deste ano será a XXXIX edición dunha festa que comezou sen querer grazas á iniciativa dos habitantes de Sober. Corría o inicio dos anos 80 cando a veciñanza tivo a idea revitalizar a antiga feira do gando, que se tiña celebrado na vila durante o Domingo de Ramos en épocas anteriores. Porén, coñecedores do declive e a decadencia que a agricultura e a gandaría sufrían naquel momento, ocorréuselles utilizar o viño colleitado na zona como reclamo turístico. En aras do éxito recolleitado, ao ano seguinte decidiuse celebrar unha feira centrada tan só no viño. Un viño que desde o 1996 conta denominación de orixe. |
NOS_37949 | A Mesa de idade, 3 deputados do BNG | A poucos días de que arrinque a X Lexislatura, despéxanse os futuros nomes que estarán na primeira liña de acción. Así, a sexta ficará constituída a futura Mesa da Cámara, na que se situarán a deputada por Pontevedra Montse Prado como vicepresidenta segunda, a proposta do BNG, e Marina Ortega, a proposta do PSdeG, como vicesecretaria segunda. Estes serán os nomes, segundo confirmaron a Europa Press fontes dos partidos, que acompañarán aos cargos do PPdeG, que reunirá a vindeira sexta feira -antes da constitución do novo hemiciclo- ao seu grupo. Ademais da configuración da Cámara, nos próximos días conformaranse os grupos parlamentarios. No caso do PSOE, Gonzalo Caballero será o portavoz; mentres que Ana Pontón asumirá este mesmo cargo como segunda forza política, acompañada, de novo, por Olalla Rodil na figura de viceportavoz. Mesa de idade, 3 deputados do BNG A constitución do novo hemiciclo terá lugar a sexta geira, nunha sesión que comezará ás 11,00 horas no Pazo do Hórreo e que estará presidida, de forma inicial, por tres deputados do BNG: Xosé Luís 'Mini' Rivas, como os de máis anos da Cámara, asistido polos dous máis novos: Daniel Castro (número dous por Lugo, nacido en 1996) e Paulo Ríos 'Kai', secretario xeral de Galiza Nova (número 6 por Pontevedra, nacido en 1993). Apenas uns días de diferenza impiden que sexa o número dous do PSOE pola provincia de Pontevedra, Isaura Abelairas, a que presida este esta Mesa de Idade, posto que a veterana política naceu tamén no mes de xuño de 1951, pero pouco despois ao deputado electo coruñés. |
NOS_40617 | Pertence á conservadora Asociación de Fiscais e é especialista en Dereito comunitario. | Na cuarta feira (25 de febreiro) a Fiscalía superior de Galiza renovouse dando por finalizado o período de Carlos Varela, quen se mantivo á súa fronte durante tres mandatos. No seu lugar entra o conservador Fernando Suances Péres pertencente á Asociación de Fiscais quen obtivo 7 apoios fronte os 3 de Varela. Suances é licenciado en Dereito pola USC e exerce como fiscal desde 1982. Ao longo da súa carreira profesional foi decano do Ministerio público nos xulgados da Coruña, coordenou a Fiscalía de Menores e Vixiancia penitenciaria; foi responsábel da Orde xurisdicional social de Galiza e da rede do Sistema de Información do Ministerio Fiscal. Aliás, impartiu aulas na Universidade da Coruña como profesor asociado. Posúe formación específica en lingua galega asociada a linguaxe xurídica superior. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.