ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_27849
En febreiro diminuíu case 8% mentres que no conxunto do Estado foi apenas 1,1%.
Galiza encadea nove meses con creación de empresas á baixa: os dados do Instituto Nacional de Estatística (INE) recollidos por Europa Press sinalan que no último mes rexistrado, febreiro, ese descenso foi de 7,7% en comparación co mesmo mes do ano pasado. Nese mesmo mes disolvéronse 138 sociedades mercantís. A nivel estatal, o número de novas sociedades mercantís baixou en 1,1% en febreiro respecto ao mesmo mes de 2017, o que supón case 7 puntos menos que en Galiza. Así pois, a creación de empresas en Galiza mantense en peores rexistros que na media do Estado español. O impacto da crise continúa a deixar pegada. Entre 2008 e 2016 no noso país perdéronse por volta de 11.000 empresas. Un exemplo: só nun sector de tanta importancia como as empresas innovadoras, un estudo do profesor da Universidade de Vigo e experto en innovación industrial, Xosé H. Vázquez indicaba que durante a recesión económica (2007-14) Galiza perdera 60% das súas empresas innovadoras (1.505 empresas pechadas ou trasladadas).
NOS_19577
Unha listaxe sobre demócratas executados na área coruñesa ve a luz
As tendas de antigüidades sempre teñen interese para un historiador; fai un tempo, o dono dunha delas, sensible a temas relacionados coa represión, deume novas da chegada de documentación interesante e facilitoume a súa copia. Era variada e non tiña referencias sobre procedencia pero, pola temática e outros indicios, podía asegurarse que procedía dalgún funcionario de prisións; seguramente os herdeiros venderan as pertenzas, entre elas estes papeis. O que máis chamou a miña atención foi un conxunto de escritos a modo de borradores, algúns mecanografados e outros manuscritos, realizados en impresos carcerarios reutilizados. Contiñan anotacións de nomes de presos do cárcere da Coruña en datas comprendidas entre xullo de 1936 e marzo de 1937. Xunto a eles aparecía un documento máis elaborado cun listado que recollía 75 nomes que comprendían dende o 24 de xullo ata o 2 de decembro de 1936; estaba titulado "Entregados a fuerzas armadas", sen máis especificacións. Encabezaba a lista o gobernador civil Francisco Pérez Carballo e rematábaa o deputado José Miñones Bernárdez. De algúns presos aparecen anotacións sobre o destino; é o caso de Gonzalo Álvarez, que figuraba como conducido a Lugo, ou Clemente Aparicio Pérez, de quen se indicaba a condución a Vilafranca. O listado mecanografado completábase con nomes e datas engadidos a man. As forzas encargadas de levar a cabo a represión extraxudicial foron as milicias falanxistas, a organización "cívica" denominada "Caballeros de La Coruña" Noutro escrito, feito a lapis e datado o 3 de abril de 1937, aparecen seis nomes coa indicación "para ser conducidos a Pamplona esta noche", seguramente con destino ao penal de Ezkaba. Tamén atopamos unha relación de 14 persoas na que se indicaba que estaban destinadas a entrar en capela ás catro da madrugada do 9 de decembro; foran acusadas de dirixir a resistencia ao golpe na zona de Fisterra. Nun listado sinálanse entregas efectuadas nos tres primeiros meses de 1937; consta de 33 nomes, trinta foron executados tras sentenza en consello de guerra e tres, José Mª Eirís, Leovigildo Taboada e Jaurés García, foron "paseados" co pretexto dun traslado de cárcere. As ordes da xefatura da Orde Pública Un par de exemplares de ordes de entrega serven para confirmar que estas facíanse en virtude de mandamento do xefe da Orde Pública. No lugar correspondente ao director da prisión figuraba o de delegado militar, que asinaba xunto co xefe de servizo. O encabezado do listado principal proporciónanos o dato de a quen se entregaban os presos, se ben o impreciso nome de "forzas armadas" comprendería non só membros do exército senón outras forzas como gardas de asalto, Garda Civil ou milicias de diferente signo. Mediante consulta bibliográfica e documental pescudamos que, dos 75 presos, vinte e sete son executados e o resto "paseados" ou con final descoñecido; neste último caso, a entrega só puido realizarse mediante mandato da xefatura de Orde Pública, como parecen indicar as citadas ordes de entrega, ou coa conivencia dos responsables do cárcere. Segundo diversos autores, as forzas encargadas de levar a cabo a represión extraxudicial na localidade foron as milicias falanxistas, a organización "cívica" denominada "Caballeros de La Coruña" e, como está documentado en toda Galicia, a Garda Civil. Deste corpo e o seu papel na represión, afirma o historiador Emilio Grandío "o certo é que foi a Guardia Civil – a través dos seus mandos sublevados – o corpo máis directamente implicado na planificación da mesma. A xustificación deste tipo de mortes acostumaba facerse ao amparo da chamada "lei de fugas". A secuencia temporal que seguen indica a predominancia das execucións extraxudiciais ao longo de 1936 para mudar posteriormente a un predominio das execucións tras sentenza en consellos de guerra. A veracidade da listaxe Comprobando as relacións de presos na base de datos de Nomes e Voces confírmase a veracidade dos listados pois só 8 non aparecen nela, posiblemente por erros nos nomes ou omisións na propia base; deles documentamos por outras fontes o asasinato de Manuel Buhigas Novo e de Clemente Aparicio. Este último era un destacado dirixente obreiro, organizador e dirixente destacado do Sindicato Único Mineiro (SUM) afecto á CNT en Fabero (León); no ano 1933 liderou os obreiros que proclamaran o comunismo libertario en varios concellos da zona. Sobre a súa morte hai diverxencias acerca do lugar en que o asasinaron pois uns afirman que foi "asasinado seguramente en terras galegas, en 1936, atado ao rabo dun cabalo" e outros sinalan que fora detido e fusilado en Fabero. Queda por determinar o sucedido con: Gonzalo Álvarez Lorenzo, Federico Brandariz Calvete, Marcial Fernández Piedrafita, Ignacio Naya González, Eduardo Carro Maseda e Manuel Rivadulla Souto. A pesar da súa extensión, os listados non recollen todas as saídas do cárcere, feito que pode explicarse porque se limitara a aquelas das que o autor tiña coñecemento directo, probablemente por estar de servizo naquelas datas.
NOS_6743
Unha asociación da bisbarra denuncia ante a Consellaría de Medio Rural que esta especie ocupa máis de 100 hectáreas en cinco concellos. Lamenta a falta de control desta aposta forestal cando hai "escaseza de terras para os gandeiros".
O colectivo Terra Chá Sostíbel denunciou hoxe publicamente, ademais de presentar unha queixa ante a xefatura territorial da Consellaría do Medio Rural en Lugo, a existencia de dúas plantacións "ilegais" de eucalipto na comarca que ameazan a continuidade da actividade agrogandeira dunha forma indirecta. A asociación quéixase de que a Administración pública non actúe a pesar de que fan falta terreos para a gandaría. En concreto, Terra Chá Sostíbel fala de dúas zonas nas que aparecen estas árbores de rápido crecemento e que foron colocadas de maneira "ilegal". Alertan de que ocupan máis dun cento de hectáreas en terras de cinco concellos da comarca da Terra Chá. En concreto, afectan a 64 parcelas de carácter agrario localizadas en Begonte, Friol, Castro de Rei, Outeiro de Rei e Lugo. Para o colectivo, o problema é que hai "escaseza de terras para os gandeiros por culpa deste tipo de plantacións ilegais". A este respecto reflexionan sobre os terreos de produción agrogandeira, que padecen "unha excesiva intensificación, con gran uso de praguicidas e produtos químicos que terminan contaminando as augas e acuíferos". O grupo atribúe estas irregularidades á "falta de control" por parte da Xunta da Galiza, até o punto de que desaparecen carballeiras con "para convertelas en terras agrícolas" ao tempo que parcelas para a gandaría "transfórmanse ilegalmente a eucalipto", unha especie que non é autóctona. Neste contexto, a plataforma opina que "o problema co eucalipto e a falta de extensións para produción agrogandeira excede o ámbito paisaxístico chega ao plano ambiental e social, e encamíñase tamén a converterse nun problema económico".
NOS_8726
Producida por Diaño Filmes, pon en valor Manuel Mariño, Manuel Puente e José Domínguez. Un alcalde republicano, un emigrante galeguista e un 'arredista' fusilado. Vídeo no interior.
A asociación Lazoiro organizou a finais de 2016 unha exposición que, baixo o nome 'A Nosa Memoria', procuraba dar a coñecer a historia de Salvaterra do Miñorelacionada co alzamento franquista. A mostra foi nas Covas de Dona Urraca e tivo un importante éxito de asistencia. Organizada con orde cronolóxica, os visitantes puideron coñecer a través das fotografías e diferentes montaxes explicativos a historia dos acontecementos daqueles días. Lazoiro vén de publicar agora unha curta, producida por Diaño Filmes, na que se recolle aquela mostra e ponse en valor a figura de tres personaxes de Salvaterra. Un alcalde republicano: Manuel Mariño Méndez, nado na parroquia de Fiolledo, creou no ano 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e de Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Foi concelleiro e o primeiro alcalde na II República. Sendo enlace da Unión Progresista do Distrito de Salvaterra de Miño en Bos Aires mercou os terreos para facer en Salvaterra a Casa Cooperativa Sindical ou Casa do Pobo (1927-1929). Delegado rexional no II Congreso da Federación Nacional de Traballadores da Terra en 1931 en Madrid. Co golpe de estado do 1936 tivo que agocharse na parroquia de Leirado e posteriormente fuxiu a Portugal, detido en Monçao durante uns meses, remataría nun penal de Lisboa que coa axuda do embaixador español logrou fuxir á zona republicana. Regresou a Galicia en 1947 con 65 anos de idade aproveitando un indulto de Franco para aqueles que non tiñan delitos de sangue. Un arredista fusilado: José Domínguez González, tenente de alcalde fusilado. Naceu na parroquia de Corzáns, con 16 anos emigra a Arxentina, traballou de panadeiro e foi sindicalista deste gremio. En 1920 foi membro da Comisión da Directiva recen fundada "Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos de Buenos Aires". Axudou na compra dun terreo para a escola de Fornelos, entre outros. Escribiu artigos para Acción Gallega ou o medio arredista 'A Fouce', de Bos Aires. Membro da independentista Sociedade Nazonalista Pondal de Bos Aires. A raíz do golpe franquista forma parte do Comité da Defensa da República, participa na requisa de armas, municións e ferramentas seguindo as ordes oficiais que emitía o Goberno. O 28 de xullo publícase un bando de guerra en Salvaterra e aínda que Domínguez permanecerá agochado en Corzáns, remata por ser detido. Foi fusilado no monte do Castro en Vigo o 24 de febreiro de 1937. Un emigrante galleguista: Manuel Puente González, naceu na parroquia de Oleiros, en 1906 emigra a Bos Aires e aprende o oficio da xoiería. Funda no 1919 a empresa Manuel Punta y Cia, unha das maiores cadeas de xoiería e pratería da Arxentina. Foi fundador da dirección de Sociedad Anónima Industría Sérica Argentina, primeira fábrica de seda natural da Arxentina. Tivo diversos cargos, entre os que cabe destacar presidente da Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles e fundador e primeiro presidente da Sociedade Unión Progresista de Salvatierra de Miño. Membro da Federación de Sociedades Galegas e a Irmandade Galega da Arxentina, socio do Centro Gallego, Centro Orensano, Centro Pontevedrés e outros. En 1929 viaxa a Salvaterra onde inaugura a Casa do Pobo. Funda xunto a Castelao e outros o Consello de Galiza, sendo Puente presidente da Comisión de Facenda. Costeou diferentes obras de Castelao, entre as que esta o Sempre en Galiza, Albumes de Guerra e as Cruces de Pedra. Sufragou tamén os gastos de Historia de Galicia de Otero Pedrayo e contribuíu a recadación de fondos para financiar a editorial Galaxia fundada no 1950.
NOS_41234
Segundo datos entre 2004 e 2019 do Instituto Nacional de Medicina Legal e Ciencias Forenses fornecidos ao ex candidato presidencial Gustavo Petro, que presentou no Senado, «dos 314 asasinados, 15 son menores de catro anos».
Polo menos 314 menores de idade morreron os últimos 15 anos en Colombia aparentemente en operacións da forza pública e foron presentados como «datos de baixas en combate», segundo denunciou o senador e ex candidato presidencial polo movemento Colombia Humana (socialdemócrata) Gustavo Petro. «Dos 314 menores que foron asasinados, 15 son menores de catro anos, 95 nenas e 204 nenos. Nese mesma orde o ano que menos presentou asasinatos foi 2018 con só dous rexistros», apuntou Petro na presentación do seu informe nunha sesión especial do Senado. A investigación do senador, informan os medios locais e as axencias internacionais, abarca desde 2004 até que vai de 2019. No primeiro ano documentouse a morte de 44 menores, a cifra máis alta do período analizado. Dimisión do ministro de Defensa Durante o Goberno de Álvaro Uribe (2002-2010) contabilizáronse 177 mortes de menores, en tanto que no do seu sucesor, Juan Manuel Santos (2010-2018), ocorreron 124. Desde o 7 de agosto do ano pasado, cando asumiu a presidencia Iván Duque, morreron 13 menores, entre estes os oito dun bombardeo militar en agosto pasado contra disidentes das FARC en Caquetá e que lle custou o posto ao ministro de Defensa, Guillermo Botero. A información, salientou Petro, foille fornecida de «xeito oficial polo Instituto Nacional de Medicina Legal e Ciencias Forenses».
PRAZA_14977
Os inspectores da entidade reguladora aseguran que coñeceron as indemnizacións dos ex directivos de Novacaixagalicia, pero tardaron cinco meses en ter o seu poder os contratos.
Os dous inspectores que o Banco de España tiña en Novacaixagalicia cando os seus ex directivos se outorgaron contratos con prexubilacións millonarias non cren que o aumento de custo para a entidade coas modificacións comprometesen a súa solvencia, aínda que si reoñecen que os antigos xestores foron moi reticentes á hora de entregarlles os contratros. Tardaron cinco meses en facelo. Así o aseguraron este xoves na Audiencia Nacional estes dous inspectores, segundo varias fontes, na súa declaración ante o xuíz Ismael Moreno, que os interrogou como testemuñas, as cales non recoñeceron unha actitude obstrucionista por parte dos ex directivos, pero si certos atrancos. En concreto, os inspectores sabían da existencia dos novos contratos en decembro de 2010, fóronlles amosados en febreiro de 2011, pero non os recibiron ata o mes de maio. Os inspectores sabían da existencia dos novos contratos en decembro de 2010, pero non os recibiron ata maio de 2011 A Fiscalía Anticorrupción reclama aos ex directivos a devolución das cantidades que considera percibidas indebidamente. Ao ex director xeneral adxunto, Javier García de Paredes, reclámalle 5,36 millóns de euros, dos que preto do 95% corresponde aos salarios devengados desde o 1 de xullo de 2012 até o 29 de xaneiro de 2025 -momento no que se podería xubilar-, que non podería cobrar anticipadamente por capitalización. Ao ex director xeral da caixa única, José Luis Pego reclámanselle 1,44 millóns de euros, unha cantidade na que se inclúe unha indemnización por premio especial por dedicación de 933.156 euros sen o visto e prace do Banco de España. Ademais, Anticorrupción reclama na querela presentada 913.602 euros Gregorio Gorriarán, que se encargou do Grupo Inmobiliario tras a fusión das dúas antigas caixas galegas e 260.940 euros a un dos responsables da oficina de integración, Óscar Rodríguez Estrada. Nas peticións de devolución non aparece o que fora presidente de Caixanova e copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, a quen atribúe cooperación no plan de Pego, Gorriarán e Estrada para preparar a súa saída da entidade. Ademais, segundo unha das defensas, os inspectores non puideron determinar se o ocorrido cos contratos dos directivos pode valorarse como unha interpretación, aínda que sexa incorrecta, da norma laboral ou un desvío de fondos, que é o que se lles imputa neste procedemento. O xuíz Ismael Moreno citou para o próximo 16 de novembro ao presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, para que declare en calidade de testemuña, e a partir do 13 de novembro escoitará o testemuño do tres vocais do Consello de Administración que votaron en contra das compensacións investigadas.
PRAZA_4080
Sempre van elixindo o mellor. Vímolo agora co permiso da saída da infancia á rúa. Eran moitísimos os pais paseando á filla ou os fillos. Un privilexio. Para quen?
Nos tempos do meu avó non se vía unha criatura con homes na rúa. Avergonzaban. Tiveron que pasar dúas xeracións para que iso cambiara. E tivo que axudar a mecánica.Sei que, cando menos en Vigo, onde eu vivía, cadrou no 1964 cando os homes comezaron a levar os carriños dos bebés. Eran carriños, unha cousa mecánica, con rodas. Non era levalos no colo. O avó da miña filla devecía por levar o carro, non sempre con bo tino. Supoño que era o primeiro obxecto con rodas que conducía.Lembro como foron os inicios dos paseos paternos. Primeiro levaban o carro cunha soa man, como se aquilo non fose totalmente asunto deles. Sempre me daba un pouco de medo, non fosen dar co carro contra un bordo calquera. Teño a imaxe ben viva na mente. Seguramente porque a miña filla era bebé daquela.O Feminismo tivo moita influencia no cambio. Antes os homes chegaban a casa cando as criaturas xa estaban durmidas. As mulleres fomos insistindo en compartir. Pero grazas á televisión, os homes volveron á casa. Sempre un aparato. A tele tamén sacou as mulleres da cociña, o seu habitat. Era necesaria unha sala con mesa para comer e mesiña para o televisor.Anteriormente, o pai era unha figura con prestixio, que a familia enaltecía, pero tamén, ao ter poder, servía para intimidar. Dígollo á papá. Como o saiba o teu pai? E a criatura reaccionaba. O pai era unha figura apreciada e temida ao mesmo tempo. A figura do pai cambiou. Comezou a compracerse con ser pai, coidar unha cría, darlle o biberón, os iogures, poñela a durmir. Estar presente no parto. Facerse partícipe. Pai de verdade. É preciso que recoñezan que llo deben ás mulleres. Aínda son poucos os quedan na casa cando é necesario e a muller sae traballar no mundo público. O home acostuma a ter mellor traballo. E esta é a pescadiña que se morde a cola.De feito o que mellor aceptaron os homes compartir foron as criaturas.Sempre van elixindo o mellor. Vímolo agora co permiso da saída da infancia á rúa. Eran moitísimos os pais paseando á filla ou os fillos. Un privilexio. Para quen?
NOS_22271
A conselleira de Sanidade e o vice-presidente da Xunta defenden a aplicación do re-pagamento de fármacos de prescrición hospitalaria e rexeitan recorrer a súa entrada en vigor porque din "non é un tema económico" senón "de homoxeneidade" entre territorios.
Representantes do executivo galego rexeitaron publicamente que a Xunta de Galiza se opoña á entrada en vigor do repagamento farmacolóxico para doentes crónic@s. Así o aseguraron a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o vice-presidente, Alfonso Rueda, en senllas declaracións públicas. Malia as duras críticas dos grupos da oposición e o rexeitamento da sociedade, o goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo asegurou que continuará adiante coa aplicación no Sergas do decreto polo que se instaura o re-pagamento de fármacos de prescrición hospitalaria aprobado polo Ministerio de Sanidade español. Neste senso, Rueda indicou que a medida entrará en vigor no noso país "en canto sexa posíbel" á espera de se desenvolveren "as xestións para proceder á súa aplicación". Desde a consellaría encabezada por Rocío Mosquera aclararon que se até o momento non se procedeu ao cobro destes fármacos --que atinxen na súa maior parte enfermidades crónicas de tratamento prolongado e custe elevado-- foi por razóns prácticas pois, aclarou, "non rematamos a dotación tecnolóxica ou as mudanzas no programa informático que se precisa". Porén, sinalou o vice-presidente Alfonso Rueda, "a normativa entrou en vigor" polo que "en canto sexa posíbel comezarase a aplicar". A razón pola o goberno galego mantén a súa firme vontade de aplicar o re-pagamento --face a decisiós adoptada por outros executivos do Partido Popular como o de María Dolores de Cospedal en Castela A-Mancha é que se trata dunha norma estatal "que debe ser aplicada" e "en Galiza ímolo facer", explicou Rueda aos medios de comunicación. Neste senso, para a conselleira de educación, a medida "non é un tema económico" senón de "homoxeneidade" entre territorios e procura "non discriminar" @s pacientes en función da "comunidade autónoma" da que procedan. No entanto, diversas administracións territoriais en mans do PP como Madrid, Valencia ou Castela León xa avanzaron que recorrerán a norma ou asumirán o custe dos fármacos para non gravar a saúde das persoas. En troca, a Xunta de Alberto Núñez Feijóo asegura que se aplicará embora non ter "unha data" fixa.
NOS_21907
O que fora fundador do Partido Sardo pola Independencia (PARIS) tiña 74 anos de idade e cumpría condena nunha prisión italiana por delitos fiscais, que el negaba e atribuía a unha "persecución" do estado italiano polo seu activismo independentista.
Morreu o independentista sardo 'Doddore' Meloni após case dous meses en greve de fame en prisión. A finais de xuño, Meloni fora ingresado no hospital Santa Trindade de Cagliari como consecuencia do seu delicado estado de saúde. Un protesto que realizou para denunciar o seu encarceramento, o pasado 28 de abril, condenado por delitos fiscais. Meloni declarábase "prisioneiro de guerra" e afirmaba que a condena era froito dunha persecución do estado italiano a raíz do seu activismo pola independencia de Sardeña. O ex-senador e ex-deputado italiano Piergiorgio Massidda afirmou, a raíz da morte deste veterano activista, sentir "vergoña" de pertencer a unhas institucións que "non interveñen" para salvar unha vida, segundo recolle o portal Nacións.blogspot.com.es. Salvatore 'Doddore' Meloni coñecía ben o que eran as prisións italianas. En 1981 fora detido canda outras 15 persoas por gardar diverso armamento para preparar "un complot para independizar Sardeña". Foi condeado a 9 anos de cárcere. Protagonizou unha greve de fame entón para denunciar a situación dos presos. Anos despois, en 2008, e nun acto simbólico, procedeu a ocupar con varias ducias de militantes independentistas, unha pequena illa para proclamar a República Sarda. Por estes feitos foi condenado a 8 anos de cárcere. Foi un político controvertido, estrela de protestos e accións impactantes. Protagonizou ocupacións, mobilizacións, impulsou un referendo independentista. El declarouse até o derradeiro momento inocente das acusacións de delitos fiscais. Meloni cría na súa loita política. Non por acaso trouxera para a súa cela, neste último encerro, a biografía de Bobby Sands, o militante do IRA que faleceu en greve de fame en 1981. Os seus partidarios lembran que foi fiel á sentenza de Victor Hugo: "Creo o que digo, fago o que creo".
PRAZA_6743
O Celta empatou 1-1 este sábado pola tarde contra o Athletic de Bilbao no novo estadio de San Mamés. Adúriz adiantou o conxunto local no minuto 6 ao transformar un penalti por man de Sergi Gómez, mentres que Nolito igualou de disparo cruzado no minuto 28 da segunda metade. O colexiado Fernández Borbalán anulou un gol de Adúriz que suporía o 2-0 por fóra de de xogo inexistente no primeiro minuto do segundo tempo.
O Celta empatou 1-1 este sábado pola tarde contra o Athletic de Bilbao no novo estadio de San Mamés. Adúriz adiantou o conxunto local no minuto 6 ao transformar un penalti por man de Sergi Gómez, mentres que Nolito igualou de disparo cruzado no minuto 28 da segunda metade. O colexiado Fernández Borbalán anulou un gol de Adúriz que suporía o 2-0 por fóra de de xogo inexistente no primeiro minuto do segundo tempo. O Athletic, que empezaba o partido en zona de descenso, foi moi superior na primeira parte, pero o Celta entoouse na segunda para obter un punto nun escenario complicado. Así, á espera do que ocorra no resto de partidos da xornada, o conxunto vigués mantense sexto na táboa con 13 puntos e segue sen perder a domicilio esta temporada. O Athletic saíu ao partido moi enchufado e tratando de esquecer a mala xeira de resultados. Desde o primeiro momento impuxo un ritmo moi alto e un xogo rápido e vertical que o Celta non soubo contrarrestar. Non estivo á altura dun partido sumamente físico, senón que se limitou a conter as acometidas rivais. Sergi Gómez supliu o sancionado e mancado Fontás na única novidade do 'once' céltico. Cando o Athletic xa levaba varias chegadas, aos cinco minutos de partido, un remate de Adúriz a centro de Susaeta tocou no brazo do central catalán, case á altura do ombro. Aínda que non se aprecia voluntariedade, o árbitro andaluz Fernández Borbalán foi ao punto fatídico. Adúriz non fallou e puxo o primeiro. O tanto deu ás ao equipo de Valverde, que completou unha excelente primeira media hora. Cun Celta descoñecido que non atopaba os seus mellores homes en ataque, o Athletic dominaba e chegaba unha e outra vez, sobre todo por medio de balóns aéreos. Laporte e Adúriz probárono con senllos remates de cabeza, e Susaeta cun disparo desviado coa esquerda. O meta do Celta Sergio tivo que lucirse ante outro remate de cabeza de Adúriz, e un minuto despois, no 24, o colexiado anulou un gol a Adúriz porque o balón centrado superara a liña de fondo. A decisión semella atinada. O Athletic estaba desatado, sobre todo grazas ás aparicións entre liñas de De Marcos, que actou como mediapunta e non como lateral dereito. Non obstante, contra a media hora o Celta empezou a parecerse ao equipo que ilusiona este curso. A medida que baixou a intensa presión local, o conxunto celeste comezou a trenzar algunhas xogadas de certo perigo. Contra a media hora o Celta empezou a parecerse ao equipo que ilusiona este curso. A medida que baixou a intensa presión local, o conxunto celeste comezou a trenzar algunhas xogadas de certo perigo. Krohn-Delhi non atinou a sacar un bo centro para Larrivey cando encaraba a Gorka, Orellana rematou de cabeza un centro ao lateral da rede, Laporte despexou un centro de Orellana para que empurrara Larrivey e o dianteiro céltico errou no control cando se quedaba só contra o meta local. A segunda metade comezou co gol anulado a Adúriz por un fóra de xogo que non existiu. O dianteiro do Athletic estaba en liña co último defensor céltico. Co paso dos minutos, o partido abriuse e convertiuse nun continuo ida e volta. O tanto podía chegar en calquera das dúas porterías. Tívoa por dúas veces Adúriz nun remate de cabeza e nun disparo que non precisou con Sergio batido. O Athletic non atinou, e o Celta aproveitouno. Os homes importantes xa aparecían con máis asiduidade e Berizzo meteu a Pablo Hernández e a Charles por Krohn-Delhi e Álex López. Máis madeira para buscar o empate. Xusto despois de entrar o segundo dianteiro, Nolito fixo unha parede con Orellana no pico esquerdo da área e definiu de disparo cruzado coa dereita. 1-1 a falta dun cuarto de hora. O gaditano segue en estado de graza. Non lle servía o empate ao Athletic, que apertou nos últimos minutos buscando o gol da vitoria. Mesmo meteu a Toquero para acabar con dous puntas, mentres que Berizzo volveu ao esquema orixinal substituíndo a Larrivey polo canteirán Borja Fernández. Aínda así, a ocasión máis clara dos últimos minutos foi para Nolito, que rematou cunha vaselina demasiado alta. Orellana viu o quinto cartón marelo e perderá o próximo partido contra o Levante, mentres que Sergio abortou a última do Athletic parando unha falta de Ibai. Visto o visto sobre o céspede, o Celta pode dar por bo o punto obtido este sábado en San Mamés.
PRAZA_13267
O sábado 16 de xuño expertos procedentes de Portugal, Catalunya ou Holanda debatirán sobre a oposición cidadá a este espectáculo e as fórmulas de financiamento público que o sustentan. Segue sen confirmarse se haberá feira taurina este verán, despois de que os dous promotores das últimas edicións renunciasen a organizala.
A Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia celebrarase o vindeiro sábado 16 de xuño na Coruña, organizada por Galicia, Mellor Sen Touradas e CAS-International, co obxectivo de crear un foro de debate para as persoas que se opoñen a celebración de festexos taurinos en Galicia e tamén ao seu financiamento con cartos público. Esta xornada toma o relevo do Seminario Internacional, que celebrou catro edicións dende 2008 e que trouxo a Galicia diferentes expertos do ámbito político, universitario e dos movementos sociais. A asistencia á Conferencia, que se celebrará no espazo de The Room (Rúa de Santiago, 7), na zona vella da cidade, será gratuíta. Participará Jordi Guillot, senador e vicepresidente de Iniciativa per Catalunya, que tivo un papel destacado no proceso de abolición das touradas en Catalunya, e tamén Marius Kolff, director de CAS-International Na Conferencia, da que Praza Pública é medio oficial e sobre a que realizaremos unha completa cobertura, participará Jordi Guillot, senador e vicepresidente de Iniciativa per Catalunya, que tivo un papel destacado no proceso de abolición das touradas en Catalunya, e tamén de Marius Kolff, director de CAS-International. Tamén haberá intervencións da historiadora Helena Escoda, o activista portugués Rui Silva, o xornalista luso Sérgio Alves e de Rubén Pérez, voceiro de Galicia, mellor sen touradas. En calquera caso o obxectivo é que este espazo de opinión estea aberto á participación cidadá, das institucións e das formacións políticas, "para artellar ideas claras sobre o que supón a oposición social, o contexto actual de crise socioeconómica e a promoción dun espectáculo cruento nunha sociedade desenvolvida". Algúns dos participantes "O obxectivo é que este espazo de opinión estea aberto á participación cidadá, das institucións e das formacións políticas" Helena Escoda comezou o seu activismo no ano 2000 cando reuniu máis de mil sinaturas para protestar contra os sacrificios crueis que tiñan lugar no canil municipal de Mataró. Dende entón, ten colaborado en diferentes actos de protesta contra os abusos que reciben os animais en diferentes puntos de España. Por exemplo, ideou a campaña Por uns touros de lume sen crueldade en Catalunya, na que propoñía que se utilizasen touros de cartón en lugar de seres vivos. Finalmente, participou moi activamente na campaña para declarar Barcelona como cidade antitaurina. Rui Silva, da plataforma portuguesa Basta de Touradas, xa estivo na Coruña hai uns meses. Daquela explicara que nestes momentos en Portugal "estamos nunha mudanza de paradigma. Antes cada asociación actuaba por si soa. O proceso de Catalunya levou á necesidade de mudar iso. Chegamos ao consenso de crear a plataforma Basta de Touradas". Así mesmo, salientaba que nas touradas lusas, "o sufrimento infrinxido ao animal é igual ou mesmo superior, ao prolongarse ás veces durante tres ou catro días. Dende o punto de vista do sufrimento do animal as corridas portuguesas son mesmo peores que as españolas". Pola súa banda, o holandés Marius Kolff é o director de CAS-International, a organización máis grande do mundo que se enfoca exclusivamente na abolición das touradas e festas crueis nas que touros e outros animais son torturados. Ao ter unha actividade a nivel global e unha implantanción notable nos Países Baixos, Alemaña, Reino Unido e outros países europeos con millóns de turistas que viaxan todos os veráns a España, enfocan moitas das súas campañas na concienciación destes viaxeiros.
NOS_8513
Os Reis Magos, si, son as nais e os pais. Ou non sempre. Desta volta é un parlamentar do BNG, Luís Bará. É el o autor dun dos agasallos que vai receber Mariano Rajoy este 6-X. Unha biografía de Rosalía de Castro.
Mariano Rajoy receberá o día de Reis un presente que en principio custa asociar coa súa figura, a biografía de Rosalía de Castro escrita por María Xesús Lamas (Editorial Galaxia). Quen llo regala é o deputado do BNG Luís Bará. O agasallo vén acompañado dunha carta. Nela Bará explica que o libro sobre Rosalía axudará Rajoy a "entender a riqueza, a complexidade e a extraordinaria valía da obra rosaliana, e a compartir as razóns pola que a día de hoxe dá nome a unha das principais avenidas da cidade [Pontevedra]". Si, nomea unha rúa que antes levaba o nome dun militar franquista -Salvador Moreno- polo que Rajoy parece sentir certa devoción. Hai truco neste insólito agasallo? En realidade, si. O que tenciona o parlamentar do BNG -explica a organización nacionalista nun comunicado de imprensa- é que a leitura da biografía da autora de Cantares Gallegos forneza a Rajoy argumentos para que poda entender por que o goberno local de Pontevedra resolveu -en aplicación da Lei de Memoria Histórica- retirar a denominación dun golpista do rueiro da cidade e substituíla polo nome de Rosalía de Castro. Rajoy dixo non entender o troco de nome da rúa -embora este viñese obrigado pola aplicación da lexislación estatal- e afirmou que el continuaba a utilizar a antiga denominación, franquista, da avenida. Esas declaracións -dille Bará a Rajoy na misiva- serían "un acto de menoscabo e desprezo de Rosalía de Castro, a máis universal das escritoras galegas, persoa que encarna valores antitéticos aos do militar golpista: a defensa de Galiza e das súas clases populares, o feminismo, o compromiso coa lingua galega, a loita pola igualdade, a xustiza e a dignidade humana". Aproveita a comunicación postal o parlamentar do BNG -e tamén concelleiro de Patrimonio e Memoria Histórica de Pontevedra- para, nesa dupla calidade, demandar de Rajoy que en aplicación das súas competencias promova a modificacion da denominación Salvador Moreno coa que se designa un centro de ensino -dependente do MInisterio de Defensa- que se acha ubicado na agora chamada avenida Rosalía de Castro. E unha cousa máis: Bará lémbralle a Rajoy a vixencia da Lei de Normalización Lingüística -aprobada no seu día polo Parlamento da Galiza por unanimidade- e aféalle ao presidente do goberno o feito de recentemente ter utilizado nas redes o topónimo deturpado e ilegal Sangenjo (sic). "Como vostede utilizou recentemente nunha comunicación escrita a forma Sangenjo -e emprega habitualmente formas deturpadas e castelanizadas da nosa toponimia-, permítome lembrarlle o deber que nos obriga a todos de cumprir e respectar a lei, e ao mesmo tempo a importancia de dar exemplo desde as institucións públicas", conclúe a súa misiva a Rajoy o parlamentar nacionalista.
NOS_22696
Grupos de até seis non conviventes nas praias, sen limitación no caso de pertencer á mesma unidade de convivencia.
Desde a madrugada desta sexta feira estarán vixentes as novas medidas aprobadas polo Comité Clínico, que se aplicarán até pasada a Semana Santa. Porén, as restricións revisaranse a finais de marzo. O toque de recoller mantense nas 22 horas, e o país continúa fechado de cara ao exterior. O delegado do Goberno na Galiza, Javier Losada, advertiu da "tolerancia cero" coa que actuarán as forzas policiais neste senso. Reunións sociais As reunións entre persoas non conviventes en domicilios privados están prohibidas, agás no caso das persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada, ou cando houber un vínculo matrimonial ou de parella. Tamén para o coidado de menores de idade e dependentes. Si se permiten, pola contra, as reunións de non conviventes en espazos públicos, abertos (seis persoas) e fechados (catro), agás no nivel máximo. Mobilidade Hai liberdade total de desprazamento no interior do país, excepto nos concellos do nivel máximo, dos que non se pode entrar nin saír. Hostalaría Nos municipios do nivel máximo, a hostalaría só pode ofrecer a recollida no local (até as 21.30 horas) e entrega a domicilio (00.00 horas). No nivel alto, os estabelecementos poden atender a 50% nas terrazas, até as 21 horas, mentres no medio tamén se permite no interior, a 30%. Nos concellos do nivel baixo, en cambio, pódese dar servizo no exterior a 75% e no interior a 50%. En ningún caso se permite consumir na barra. Actividades deportivas No nivel máximo só se pode practicar deporte en espazos exteriores e de forma individual ou con conviventes, mentres nos outros tres niveis permítese un máximo de seis non conviventes ao aire libre e catro en espazos interiores, con capacidade de 30% en ximnasios, pavillóns e piscinas (50% no nivel baixo). Turismo Permítense as visitas guiadas en grupos de até oito persoas, conviventes ou non. O máximo é de seis (e 50% do espazo) no caso dos centros de interpretación, aulas da natureza e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos. Os albergues, así mesmo, teñen unha capacidade máxima de 30%. Praias Nas praias, os grupos serán dun máximo de seis persoas non conviventes (sen limitación no caso de non selo), e o espazo que ocupe cada usuario será, cando menos, de catro metros cadrados. A máscara é obrigatoria, agás durante o baño e ao ficar sentado nun lugar concreto. Asistencia a eventos En bibliotecas, arquivos, salas de exposicións e museos permítese 30% da capacidade (50% no nivel baixo), e grupos de até catro persoas, conviventes ou non. A asistencia a eventos deportivos, cinemas, auditorios e teatros permítese tamén con 30% de capacidade (50% no nivel baixo) e un máximo de 250 persoas en espazos fechados e 500 ao aire libre (300 e 1.000 respectivamente no nivel baixo). Nos lugares de culto, a capacidade amplíase a 50% no nivel baixo e fica en 30% no resto. Restricións por concello —Nivel máximo: Maside, Paradela e Vilardevós. —Nivel alto: Arteixo, Boborás, A Mezquita, Neda e Pontecesures. —Nivel medio: Bergondo, Boimorto, Chantada, Coles, A Coruña, Culleredo, Guitiriz, Laxe, Mugardos, Pantón, Ponteceso, Sober, Soutomaior e Valdoviño. —Nivel baixo: os concellos restantes da Galiza.
NOS_38896
Son catorce pagas de 1.000 euros e a medida ten carácter retroactivo desde o pasado 1 de xaneiro. A CIG, excluída da negociación, cualifica o incremento de "raquítico".
O Consello de Ministras deu 'luz verde' esta terza feira á suba do salario mínimo interprofesional (SMI) a 1.000 euros mensuais con efectos desde o 1 de xaneiro deste ano, o que supón 35 euros máis que o SMI vixente actualmente (965 euros ao mes por catorce pagas). A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, defendeu na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministras que esta medida achega o Estado español ás "portas de Europa" en canto á mellora salarial. "O SMI empeza a ser xa digno no noso país e aseméllase ás medias europeas, aínda que queda moito camiño por percorrer", sinalou a titular de Traballo. Esta suba é froito do acordo que subscribiron Yolanda Díaz e os secretarios xerais de CCOO e UXT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, o pasado 9 de febreiro e do que se descolgaron as patronais CEOE e Cepyme, como xa fixeran no anterior aumento do SMI de 950 a 965 euros. Ante isto, Díaz pediu "un compromiso e un pacto de país" para que Goberno, empresarios e sindicatos remen todos na mesma dirección en canto á determinación de que os salarios deben mellorar. "Se melloran os salarios, como se demostrou co incremento do SMI, mellora a economía no seu conxunto", subliñou. O acordo asinado entre o Goberno e os sindicatos fixa o SMI en 1.000 euros brutos ao mes en 14 pagas desde o 1 de xaneiro, o que equivale a 33,33 euros brutos ao día con carácter xeral. A xornada legal quedará fixada en 47,36 euros no caso dos traballadores eventuais e temporais cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan dos 120 días. Para os traballadores do fogar, a hora traballada pagarase a 7,82 euros brutos. Estes novos montantes representan un incremento do 3,63% a respecto das contías de 2021. Segundo cálculos sindicais, o aumento do SMI a 1.000 euros impactará directamente sobre 1,8 millóns de traballadores, especialmente sobre mulleres e persoas novas. De feito, o perfil que máis se beneficiará con esta repunta do salario mínimo correspóndese co dunha muller, de 16 a 34 anos, que traballa fundamentalmente no sector agrícola ou no de servizos. O SMI chegará en 2023 a 60% do salario medio A vicepresidenta defendeu que subir o salario mínimo foi moi positivo para a economía española porque é a "mellor ferramenta para combater a pobreza laboral". Ademais, negou que a alza do salario mínimo interprofesional vaia destruír emprego en sectores como a agricultura ou entre as traballadoras do fogar ou os autónomos, como argumentan desde o bando empresarial. No caso dos autónomos, a ministra sinalou que actualmente hai 105.000 autónomos máis que antes da crise, mentres que no sector agrario hai 58.000 traballadores máis, a pesar da mecanización do campo. A respecto das traballadoras do fogar, aínda que Díaz recoñeceu que o Goberno é consciente de que é un sector que ten que ser "coidado e atendido", a cifra de empregadas mantívose sen variacións. "Os discursos dogmáticos acerca dos efectos negativos da subida do SMI atrévome a dicir que non son reais", salientou a ministra de Traballo. A portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, puxo en valor que desde que Pedro Sánchez é presidente do Executivo o SMI incrementouse en 33%: "É o maior incremento na historia do noso país". Para a suba do SMI en 2023, que deberá situalo en 60% do salario medio, tal e como recolle a Carta Social Europa e o acordo de goberno entre PSOE e Unidas Podemos, Traballo ten previsto convocar o Comité de Expertos do SMI cando antes para que empecen a traballar sobre a alza para o próximo ano. En todo caso, a vicepresidenta garantiu que o Goberno "cumprirá" co compromiso de situalo en 60% do salario medio ao remate da lexislatura. "O obxectivo é ser máis europeos e destituír un modelo empresarial e de relacións laborais baseado no 'baixo custo', con baixos salarios e relacións laborais absolutamente precarias", remarcou. Desde Traballo aseguran que o aumento do SMI conta con "efectos probados e de gran inmediatez" á hora de combater a desigualdade, a pobreza laboral, a fenda salarial de homes e mulleres, a precariedade salarial dos colectivos máis vulnerábeis e que contan con menos capacidade de negociación. Suba 'raquítica' Na Galiza, a CIG, sindicato maioritario que cualificara de "raquítica" a anterior suba do salario mínimo, insiste en que o obxectivo debería ser subilo até un importe que represente 60% do salario medio, tal e como recolle a Carta Social Europea. A pesar de que esta suba ─de confirmarse o importe─ duplica a anterior, aínda está lonxe dese obxectivo, que na CIG situaban nos 1.150 euros, unha cantidade que, como lembraban entón, non compensaba a perda de poder adquisitivo da poboación ─a inflación aumentou 6,7% na Galiza en 2021─ polo que tamén pedían ter en conta o IPC. En calquera caso, desmentían o impacto da media na destrución de emprego e acusaban o Banco de España e a CEOE de publicar informes para "confundir" a opinión pública.
NOS_55150
Cando a perda de visión que non alcanza a cegueira é considerada "irreparábel" polo persoal oftalmolóxico, a especialidade da Baixa Visión, da que só hai dous profesionais na Galiza, permite realizar procesos de rehabilitación para recuperar a autonomía. "Ser autónomo non ten prezo", incide a optometrista Elena Fraga, unha das especializadas nestas patoloxías que afectan 2% da poboación.
Unhas 53.000 galegas e galegos padecen deficiencias de baixa visión, segundo as últimas estimacións do Instituto Nacional de Estatística (INE), que cifra en perto de 2% as persoas con este tipo de patoloxías. A Sociedade Española de Especialistas en Baixa Visión (SEEBV) defínea como "a redución importante da visión dunha persoa que non mellora utilizando a axeitada corrección en lentes, lentes de contacto ou tratamento médicos, farmacolóxicos ou cirúrxicos, o que dificulta a realización de tarefas cotiás". Porén, a pesar da grande incidencia que teñen estas patoloxías, a baixa visión é unha especialidade oftamolóxica descoñecida para boa parte da poboación. De feito, no conxunto do Estado español hai pouco máis dun cento de especialistas rexistrados na SEEBV, e só dous na Galiza. Nós Diario conversa cunha delas, a optometrista Elena Fraga, que desenvolve a súa actividade en Ordes e Santiago de Compostela. "As persoas con baixa visión presentan principalmente alteracións do campo visual e déficit de agudeza visual. Teñen certa dificultade para discernir e localizar obxectos ou sensibilidade ao contraste. A Organización Mundial da Saúde (OMS) detalla valores concretos para distintos estadios, con discapacidade moderada ou grave", sinala a optometrista. Cando unha discapacidade visual grave empeora deriva na cegueira propiamente considerada legalmente. "Os médicos moitas veces non derivan este tipo de pacientes a Baixa Visión cando xa non poden facer máis con eles, e como tampouco son considerados cegos marchan á casa sen máis solucións", sinala Fraga Elena Fraga decidiu cursar esta especialidade ao tomar consciencia da "falta de atención" a este colectivo. "Vin que había pacientes cos que empatizaba e que non estaban a recibir atención ningunha, dado que hai poucos especialistas e moito descoñecemento. Os médicos moitas veces non derivan este tipo de pacientes a Baixa Visión cando xa non poden facer máis con eles, e como tampouco son considerados cegos marchan á casa sen máis solucións", apunta. Mais non todas as deficiencias visuais son consideradas patoloxías de baixa visión, xa que moitas persoas poden mellorar considerabelmente a visión con lentes oftálmicos, lentes de contacto e outros tratamentos. Por exemplo, a miopía, que a nivel estatal afecta perto de 40% da poboación, pode ser facilmente corrixida. "Se a miopía deriva en miopía magna provoca unha serie de reaccións na retina que si poden derivar en discapacidade visual, pero quedan eliminadas da ecuación as persoas que melloran a visión por diferentes vías", precisa a optometrista. Si son consideradas causas de discapacidade visual os erros refractivos non corrixidos, as cataratas, o glaucoma, a dexeneración macular asociada á idade (DMAE) ou a opacidade da córnea, entre outras. "Sempre traballamos con obxectivos reais para o paciente buscando recuperar a autonomía", indica Fraga E como cómpre actuar fronte a este tipo de deficiencias visuais? A baixa visión non se trata, aclara a optometrista Elena Fraga, pois sempre hai causa patolóxica detrás. "Esa patoloxía ten que ser tratada por un oftalmólogo, e cando el determina que non se pode facer máis a nivel médico, nin tratamentos nin cirurxías de ningún tipo, e quizais marcha á casa con 10% de visión, aí entramos nós. O que facemos é un proceso de rehabilitación, intentar axudar o paciente para que con ese 10% poida ser autónomo na súa vida diaria", indica. Filtros para os lentes, telescopios, microscopios ou lupas son algúns dos elementos que poden contribuír a mellorar o contraste, a estabilidade ou a iluminación e, en definitiva, axudar a mellorar a agudeza visual con base en determinados concretos: "É unha rehabilitación integral na que utilizamos todo tipo de axudas, ópticas e non ópticas. Sempre traballamos con obxectivos reais para o paciente, por exemplo, axudalo a volver ler o xornal se non pode. Cara aí enfocariamos a rehabilitación". A duración dese proceso depende de múltiples factores como o campo visual da persoa en cuestión, pois "non é o mesmo traballar cunha persoa con 10% de visión que con menos de 5%", matiza Elena Fraga, mais acostuma alongarse varios meses. "Cando ven que se lles pode axudar a conseguir autonomía piden máis, porque van abrindo portas e posibilidades e queren seguir na rehabilitación. Ser autónomo non ten prezo", conclúe.
NOS_28877
Marcos Reboredo é un dos catro irmáns de David, o vigués que vén de entrar no centro penitenciario da Lama porque o goberno español non o quixo indultar. Quen o coñece di que está "completamente rehabilitado" e que traballa arreo como axente de saúde, facendo as veces de mediador entre outr@s enferm@s e os centros onde se recuperan da súa adicción. Porén, o ministro de Xustiza preferiu envialo ao cárcere, cumprir sete anos de condena por intercambiar dúas papelinas con 400mg de heroína
Pola volta de 300 persoas concentráronse nesta segunda feira ás portas do museo Marco, en Vigo, para exixiren que o goberno español indulte o seu veciño David Reboredo. Todas levaban un pano branco arredor dos ollos, reclamando unha xustiza cega fronte ao "patio de amiguetes" en que o executivo de Mariano Rajoy outorga este perdón, en palabras de Marcos Reboredo, irmán de David. O PP indultou dúas veces os catro mossos d'Esquadra condenados por torturas En once meses na Moncloa, o PP indultou en até 468 ocasións. Houbo casos que espertaron polémica entre @s profesionais da xustiza, como o indulto aos militares José Ramón Ramírez e Miguel Ángel Sáez, condenados por falsearen a identidade de 30 d@s 66 mort@s no accidente do Yak-42; o indulto ao ex alto cargo de Unió Democràtica de Catalunya Josep M. Servitje e ao empresario Víctor M. Lorenzo, sentenciados por desviaren fondos encargando informes "inútiles" e cuxo perdón non recibiu o visto e prace do tribunal que os condenara. Tampouco a Audiencia de Barcelona estivo de acordo na extinción da responsabilidade penal que o ministerio de Xustiza decretou para catro mossos d'Esquadra que foran condenados por torturas e aos que xa se lle concedera outro indulto. Así, o ministro Gallardón librounos do cárcere ao rebaixarlle a dous anos a pena imposta, de catro anos e medio, ao considerar probado o maxistrado encargado do caso que apalearan, ameazaran e chegaran a lle meter ao detido unha pistola na boca. Por non teren antecedentes, non terían que entrar en prisión após a rebaixa da pena de febreiro, mais a Audiencia barcelonesa decretou igualmente o seu ingreso no cárcere. Porén, o goberno español volveu indultalos, conmutándolles a privación de liberdade por unha multa de dez euros ao día durante dous anos. Sete anos por dúas papelinas con 400 mg de heroínaVolvendo ao vigués David Reboredo, tamén el solicitou o perdón ao estar "completamente" rehabilitado da adicción ás drogas que padecía. Solicitouno dúas veces, e negáronllo as dúas. Nestes días ingresou no cárcere da Lama, para cumplir unha condena de sete anos acusado de vender dúas papelinas de heroína. Entre as dúas suman 400 miligramos de substancia psicoactiva. A David Reboredo pedíronlle seis anos de prisión por unha papelina de 100mg Segundo a Organización mundial da saúde, OMS, a substancia psicoactiva mínima sería de 10 miligramos, e a partir de tal cantidade o intercambio de papelinas trataríase como un delito contra a saúde pública. "Se lle das dez miligramos a un bebé por suposto que ten efectos moi nocivos; porén, estamos a falar de toxicómanos cuxo consumo será dun gramo diario", explica Marcos Reboredo, quen se queixa de que para o seu irmán, na segunda ocasión en que foi imputado --unha en 2006 e outra en 2009-- a transacción era de 100 miligramos e "chegaron a lle pedir seis anos de cárcere". Finalmente foi condenado a tres anos. O estigma social e cando a palabra da policía vale máis que as probas"O do meu irmán é un caso atípico porque conta co apoio de toda a familia e ten un avogado privado", explica Reboredo, remarcando que no lugar onde vive e traballando onde traballa --no grupo de autoaxuda O Imán, onde David tamén colaborou como axente de saúde-- "o que está a pasar con David é o pan de cada día". Marcos R. denuncia que na sección 5ª da Audiencia de Pontevedra, radicada en Vigo, "caso de toxicómano que chega caso que vai parar ao caixón". Os expedientes resólvense axiña porque @ xuíza ou o xuíz unicamente acepta unha proba: a chamada proba de veracidade da autoridade. Como explica Reboredo, "que viron a A pasándolle unha papelina a B". A familia de David quéixase de que na sección 5ª da Audiencia de Pontevedra unha proba pesa sobre as demais: a de veracidade da autoridade "A partir de aquí", continúa Marcos Reboredo, "xa podes ter todas as probas do mundo, que é a túa palabra contra a da policía". Moi claro nas súas explicacións, o mozo Reboredo compara o funcionamento desta sección da Audiencia pontevedresa "coa produción en cadea. É como se a Revolución Industrial chegase á xustiza en Galiza", e reprocha que xulga esquece que quen senta no banco d@s acusad@s "é unha persoa enferma". O caso de David Reboredo, ano a anoRepasando de maneira cronolóxica o caso de David Reboredo, o vigués foi collido nunha transacción en 2006, entrementres intercambiaba con outro toxicómano unha papelina de 300 miligramos de heroína. Meses despois tivo lugar a vista oral na sección 5ª, aplicándolle a atenuante de drogadicción e tomando en consideración que os seus antecedentes penais --por delitos menores vinculados á adición que padecía-- ficaban cancelados desde 1996. Aínda así, condenárono a 3 anos e medio de prisión. Ao ser enxuizado na Audiencia provincial o único recurso que cabe é de casación, e preséntase perante o Tribunal Supremo. Tal e como recorda Marcos Reboredo, con tal recurso pídese a anulación dunha sentenza porque durante o xuízo se interpretou mal unha norma ou se vulneraron os dereitos d@ acusad@. Non era o caso de David. O Supremo denega o recurso e o vigués ten que entrar no cárcere. Con todo, a familia reclamou a suspensión da privación de liberdade e a conmutación por outra pena. Concedéuselle en 2008, baixo dúas condicións: que non delinquise e que non consumise. "Non podía dar positivo en ningún control, e aquí é onde os xuices se toman atribucións de médicos. Non estamos de acordo en que a drogadicción é unha enfermidade, e en que as recaídas fan parte da terapia? É como se un enfermo de cancro que non soporta ben a quimio deixamos de tratalo", revólvese Marcos R. "A drogadicción é unha enfermidade e as recaídas fan parte da terapia" En 2009, a policía española colleu a David durante unha segunda transacción, de 100 miligramos, e quixo envialo de volta ao cárcere. A comezos deste ano solicitáronse dous indultos, un por cada pena imposta, que xuntas suman sete anos de privación de liberdade. Entrementres se tramita o perdón, a pena fica suspendida. Até doce organizacións que traballan man a man con persoas toxicómanas asinaron un escrito apoiando o indulto para David, pois durante o tempo que ficou fóra do cárcere traballou como axente de saúde en O Imán --a persoa que media entre toxicóman@s e o centro de tratamento, estabelecendo unha relación de confianza para que acepten de bo grao a terapia. "Completamente rehabilitado", mais encarcerado na LamaDavid traballou arreo neste centro entre 2007 e 2012. Quen o coñece defende que está "completamente rehabilitado". Porén, o goberno español denegoulle os dous indultos. Un en setembro e o outro en outubro, sen argumentar motivación algunha, pois a lei que regula os indultos, de 1970, non obriga a facelo. Até 200 xuízas e xuices de todo o estado asinaron un manifesto contra o indulto aos catro mossos condenados por torturas. Practicamente todos os grupos da oposición exixiron no Congreso un control destes perdóns, e que sexan motivados. A lei que regula os indultos data de 1970 e non obriga a argumentar por que se conceden ou se denegan Aínda que o seguen a reclamar, remitíndolle unha carta a El-Rei, a familia de David Reboredo ten claro que se trata dunha medida "arbitraria" que depende "do estrato social do que saias", redundando no estigma que se lles coloca as persoas toxicómanas. Marcos Reboredo insiste en que a voz de David puido escoitarse "porque ten o apoio da familia", e recalca que "o habitual é velos entrar na cadea coa cabeza agachada despois de que o avogado de oficio lles diga que non hai nada que facer". Porque "se están tan estigmatizados, quen vai loitar por eles?"
NOS_29333
DESENCAMINHARTE é um programa que visa promover a criação artística no Alto Minho através de uma dinâmica em rede que estimule o reconhecimento da sua identidade. Ou isso é o que diz oferecer o coletivo HODOS, responsável pelo projeto.
A edição de 2018 centra-se no desenvolvimento de dispositivos que contribuem para a valorização do património cultural e natural da região. Dez autores de renome no panorama artístico e arquitetónico contemporâneo desenvolvem as suas criações em dez municípios do Alto Minho: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana e Vila Nova de Cerveira. Em cada um destes espaços, num diálogo aberto entre território, arte, cultura e população, os autores oferecem a sua forma particular de intervir na paisagem adicionando novos elementos aos vários percursos pedestres já existentes. Trata-se de juntar obras de autores portugueses à paisagem, ajudando a conhecer a região de forma diferente a través da união dos temas território, arte, cultura e população. E fazem agora parte da paisagem rural da zona. Também em livro O resultado dessa viagem pelo território também é visível no livro Arte aplicada ao Lugar – Desencaminharte 2018. O livro, diz a entidade editora, mais do que um catálogo de apresentação de resultados, pretende ser uma viagem pelo território e uma oportunidade de reflexão sobre as premissas lançadas. A narrativa editorial foi dividida em três partes, cuja natureza distinta corresponde também a uma abordagem gráfica particular. Na primeira parte, Valter Hugo Mãe, Laura Castro e Mariana Pestana, a convite da equipa editorial, lançam novos olhares sobre o projeto a partir de diferentes perspetivas: a obra literária como forma de caracterizar um território, a integração do Desencaminharte na genealogia de práticas de arte e paisagem, e o papel da arquitetura e da arte enquanto ferramentas para atuar criticamente no meio envolvente. De seguida, na segunda parte, as imagens de Filipa Frois Almeida convidam a percorrer o território e a descobrir as dez intervenções em silêncio, sem descrições ou informações complementares, desafiando os sentidos e privilegiando a apreensão sensível de cada um dos lugares e respetivas obras. Estas são apresentadas detalhadamente na terceira e última parte deste livro que, para tal, recorre às imagens do processo de criação e construção, aos desenhos de execução e aos textos redigidos a partir dos testemunhos dos próprios autores. As dez propostas "Um rasgo no solo, uma janela, uma torre ou um abrigo são algumas das propostas para descobrir do projeto" afirmam do coletivo HODOS. Cada uma das ligações a seguir abrem essa janela. 01 ARCOS DE VALDEVEZPaisagem Cultural de SisteloFernanda Fragateiro 02 CAMINHALanhelasFAHR 021.3 03 MELGAÇOPorta de Lamas de MourodepA 04 MONÇÃOCastro de São Caetano, Longos ValesSTILL urban design 05 PAREDES DE COURACaminho das Piçarras, RomarigãesDalila Gonçalves 06 PONTE DA BARCAChoupal de Ponte da BarcaPablo Pita 07 PONTE DE LIMAMiradouro dos Socalcos de Labrujó e Rendufe André Banha 08 VALENÇAMosteiro de SanfinsBarão-Hutter 09 VIANA DO CASTELOMiradouro da Senhora do Crasto, DeocristeJoão Mendes Ribeiro 10 VILA NOVA DE CERVEIRAParque de Lazer do CastelinhoGabriela Albergaria
NOS_42615
Un informe da entidade define Tel Aviv como Estado segregado por relixión, e reclama que a comunidade internacional tome medidas para evitar que a poboación palestina continúe a sufrir este crime de lesa humanidade.
"Queremos que se lle chame ás cousas como son, como en Suráfrica, o que acontece en Israel é apartheid, e así hai que chamarlle", incide Carlos de las Heras, responsábel de países do Departamento de campañas e investigación de Amnistía Internacional (AI) no Estado español, en declaracións onte a Nós Diario. De las Heras presentou en Compostela o informe da entidade O apartheid israelí contra a poboación palestina: cruel sistema de dominación e crime de lesa humanidade, no que analizan a arquitectura do sistema de segregación posto en marcha por Tel Aviv desde a fundación de Israel para favorecer e garantir o control por parte da poboación de relixión xudía. Baixo esta xustificación, continúa a cometer confiscacións masivas de terras e propiedades palestinas, homicidios ilexítimos, traslados forzosos, restricións á circulación ou negación de nacionalidade e a cidadanía á poboación palestina, que denunciaron entidades como AI, Human Rights Watch ou a Organización das Nacións Unidas (ONU), e que constitúen elementos dun sistema que segundo o dereito internacional define o apartheid, un crime de lesa humanidade. A raíz deste traballo, AI impulsou unha campaña para que a comunidade internacional recoñeza publicamente que Israel comete estes crimes e inste Tel Aviv a desmantelar o sistema, reclamando á Unión Europea que non apoien este réxime e revise as súas relacións bilaterais. Asemade, solicita que fagan un chamamento ao Consello de Seguridade da ONU para que sancione Israel e apoien a Corte Penal Internacional para xulgar e deter eses crimes. "A UE e os Estados membros deben facer máis", resolve de las Heras, que lembra como Francia ou o Estado español manteñen a venda de armas a Israel. Ao tempo, cuestiona que non se apliquen os mesmos criterios que noutras latitudes, poñendo o foco en que a guerra de Ucraína demostrou que se poden impor sancións coordinadas e abrir as portas ás persoas refuxiadas. Comparándoo co trato das e dos palestinos que escapan do apartheid, a resposta da UE "deixa moito que desexar", indica. O investigador resolve que "os dereitos económicos non poden ir por diante dos dereitos humanos", asegurando que tanto o papel de Israel como comprador e vendedor de armamento e tecnoloxía, así como os intereses xeoestratéxicos occidentais, que teñen Tel Aviv como o seu principal aliado en Asia Occidental, son os factores principais que provocan que Israel aínda non tivera que pagar polos crimes de lesa humanidade que está a cometer.
NOS_30639
A Xustiza vén de avalar as limitacións que quere estabelecer a Xunta para reducir o risco de contaxios do coronavirus en plena sexta onda da pandemia.
A Xunta da Galiza vén de obter o visto e prace do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) para prohibir as reunións de persoas que non convivan entre as 03 e as 06 horas como medida de control da Covid-19. A Xustiza galega, a través da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo, permite ao Executivo de Alberto Núñez Feixoo que limite quer os encontros en espazos exteriores como no ámbito privado. Para a xudicatura "está vixente o dereito para persoas conviventes e acompáñase dun importante número de excepcións que o manteñen, por razóns laborais, sanitarias ou doutra índole". Por exemplo, teñen certa flexibilidade as parellas que viven en distintas vivendas ou as persoas que viven soas. A medida para intentar reducir os contaxios da Covid-19 en pleno aumento dos mesmos entrará en vigor na medianoite do día seguinte á publicación da norma no Diario Oficial da Galiza (DOG), é dicir, desde mañá e se prolongará até a medianoite do próximo 18 de xaneiro. En calquera estabelecemento de hostalaría e a calquera hora será preciso presentar a documentación que demostra estar ao día da vacinación fronte ao coronavirus Así mesmo, como se comunicou na tarde desta quinta feira 30 de decembro, o Tribunal apoia co seu ditame a decisión de que se amplíe a todo o horario de apertura da hostalaría a exixencia do Certificado Covid. É dicir, se até o de agora había que entregalo nos restaurantes a calquera hora e nos bares a partir das 21 horas, unha vez o DOG dé conta da nova orde, en calquera estabelecemento de hostalaría e a calquera hora será preciso presentar a documentación que demostra estar ao día da vacinación fronte ao coronavirus. Tamén servirán os resultados negativos dunha proba diagnóstica ou o pasaporte de ter superado o virus para acceder ao interior dos negocios, polo menos até o mesmo 18 de xaneiro. "Salvagarda da saúde" Os maxistrados consideran, agora, que a adopción destas medidas de control está xustificada polo "relevante risco" de transmisión do virus que existe no país. Respecto a un posíbel dano aos dereitos fundamentais das persoas, opinan que as prohibicións afectarán "en grao mínimo". Contrapuxeron ese perxuízo "á forte salvagarda que se pretende do dereito á vida e á saúde". "Orfo" de apoios científicos Na resolución, faise alusión a estudos científicos que se atenderon á hora de ditar outros autos relacionados con medidas sanitarias que implican limitación ou restrición de dereitos fundamentais. Así o explican, pois opinan que o informe da Xunta estaba "completamente orfo de identificación dos informes e estudos que se empregan como base das afirmacións nel recollidas".
NOS_55333
Durante tres días, Pontevedra será unha cidade de conto. A partir do venres día 8 o programa Sete falares ofrecerá un amplo abano de actividades que inclúe mesmo unha ruta de contos por lugares sinalados da cidade do Lérez ou unha travesía de historias pola Ría.
A Casa das Campás, as Ruínas de San Domingos a CITA ou o Campiño de Santa María serán algúns dos espazos que o sábado por volta das 22 horas visitarán os participantes na ruta de contos que se inclúe no programa Sete falares, promovido pola Concellaría de Cultura de Pontevedra. Rosana Mont´Alverne, Tim Bowley e Charo Pita, Clara Haddad e Paula Carballeira serán as persoas encargadas de darlle ao conto en cada un deses espazos da cidade. Non será a única excursión que fagan as persoas que desexen achegarse ao mundo do conto. O domingo, ás 14.30, os contos irán ao "medio do mar" cunha viaxe en barco que sairá das Corbaceiras. Quen se encargará entón de contar é Cándido Pazó e haberá mesmo xantar a bordo do barco. Cun barco de conto pola ría Para todas as idades , de moitas partes do mundo e pola cidade enteira. Así se artella o programa Sete falares que comeza este mesmo venres. A casa das campás, o Teatro Principal, a CITA, as Ruínas de San Domingos ou mesmo un barco serán os escenarios das múltiples contadas nas que se articula o programa. Na primeira xornada, no espazo "De dous en dous" Paula Carballeira e Cándido Pazó atoparanse con Clara Haddad e Rosana Mont´Alverne respectivamente, facendo dous dúos de contos, da casa e convidados. Andrea Bayer, de Boabab Teatro, será a encargada de abrir o programa na primeira sesión da Casa das Campás ás 18 horas. O sábado será o día todo para o conto, desde a mañá na CITA con Pavís Pavós, ate a noite cando os contos se atopen coa luz dos farois da Pontevedra histórica. No medio, o mundo dos contos en múltiples dimensións, desde a conferencia da escritora Fina Casalderrey "Os berces do noso imaxinario" ata a contada de Paula Carballeira na Alameda para continuar coa proposta de Rosana Mont´Alverne, protagonista tamén do encontro da mañá do domingo na Casa das Campás. Para o día final, despois da travesía conteira pola Ría de Pontevedra, o programa de Sete Falares depara aínda un feixe de sorpresas, a comezar polos "Contos de todos os cantos" de Clara Haddad e a seguir con Tim Bowley e Charo Pita "Fiando Contos" nas Ruínas de San Domingos. A traca final virá dunha Ronda de Narradores, con Andrea Bayer, Clara Haddad, Tim Bowley e Charo Pita, Paula Carballeira, Rosana Mont´Alverne, Cándido Pazó e Pavís Pav´so. Davide Nogueira ao Clarinete e Rubén Fernández no acordeón porán o acompañamento musical ao espectáculo.
QUEPASA_616
O alumnado TIC do centro carballés continúa co proxecto Wisibilízalas
Continúa o alumnado do IES Parga Pondal de Carballo canalizando o proxecto Wisibilizalas. A día de hoxe participa nun concurso internacional, organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona cuxo obxectivo é dar a coñecer referentes mulleres nos sectores STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) para fomentar que as rapazas se decanten por carreiras destas ramas. Para facelo, este pasado mércores invitaron a Amparo Alonso Betanzos (Enxeñeira Química española, investigadora en intelixencia artificial, Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial (AEPIA)) e Bertha Guijarro (nvestigadora española e Doutora en Informática no campo da Intelixencia Artificial) para someterse ás preguntas do alumnado da optativa de TICs (Tecnoloxías da Informática e das Comunicacións impartida por Leticia Riestra) de 2º de Bacharelato. Todo o curso asistíu a entrevista a estas dúas mestras da facultade de informática da Universidade da Coruña. Interesantes conclusións que botou o alumnado tras afondar en temas como se se sentiron nalgún momento discriminadas polo feito de ser muller nun ámbito maioritariamente masculino ou como podía motivarse as nenas para decantarse por estas carreiras.
NOS_47057
Enquisas e sondaxes de pre-campaña apuntan a que tras o 25 de maio haberá na Eurocámara unha nutrida e plural representación de partidos das nacións sen estado, rexións ou minorías nacionais da UE.
Malia o que pensan en Madrid (entendido como centro económico, político e mediático español) o 'problema nacional' non é algo exclusivo do Estado español, unha 'particularidade' ibérica que ninguén entende en Europa. Unha boa oportunidade para lembralo será ovindeiro 25 de maio, data dos comicios europeos. A web Nationalia, do Ciemen (Centre Internacional Escarré per a les minories ètniques i les nacions) fai un interesante percorrido sobre as perspectivas electorais, en base a sondaxes e enquisas, dos diferentes organizacións nacionalistas que concorren a esta cita. Os partidos das nacións sen estado que terán máis escanos serían, entre outros, @s flamenc@s do N-VA e @s irlandes@s do Sinn Féin En Reino Unido para estas eleccións hai un dato fulcral: Gales e Escocia teñen circunscrición propia. @s gales@s poden escoller 4 eurodeputados, @s escoces@s seis e Irlanda do Norte, tres. A sondaxe paneuropea Pollwatch 2014 prevé que o SNP (independentistas escoceses) terán 2 europarlamentarios, o Plaid Cymru (soberanistas galeses) obterían un. No que atinxe a Irlanda do Norte, o Sinn Fein obtería nas urnas un escano na Eurocámara. Mais pola circunscrición da República de Irlanda a sondaxe vaticínalle tres deputados máis, co que esta veterana formación feniana desembarcará en Estrasburgo con 4 representantes. Pirineos Nationalia considera que da República francesa poucos escanos van ter os partidos das nacións sen estado. O eurodeputado soberanista corso François Alfonsi vai ter difícil recuncar, vaticinan. Por Breizh (Bretaña) vai concorrer unha lista impulsada pola UDB. Mentres, en Occitania os nacionalistas tentan artellar unha candidatura con vascos e cataláns. Do Estado español poderían saír para a Eurocámara entre 6 e 8 escanos obtidos polas forzas nacionalistas No Estado español, Nationalia incide no feito de que sexa circunscrición única, o que obriga a coligacións e alianzas. Fala de varias listas nacionalistas que poderían conseguir representación o 25 de maio, segundo diferentes enquisas e sondaxes. Esquerra Republicana de Catalunya tería 2, a coligación BNG-EH Bildu, 1; a coligación PNV-CiU-Compromiso por Galicia e Coalición Canaria, 2 ou 3. A isto engade a posibilidade de que Anova teña, dentro da candidatura IU, escano, así como IC-V. Puzzle belga En Bélxica hai 3 circunscricións: a flamenca, a francófona e a xermana. As enquisas apuntan a que o partido máis votado vai ser Nova Alianza Flamenca (N-VA), con 4 escanos. Na Gran Bretaña as diferentes nacións que a conforman (Escocia, Gales..) teñen circunscripción propia, garantindo a súa representatividade na Eurocámara En Italia as eleccións europeas non son a circunscripción única, pois a península está dividida en varias, se ben non coinciden coas 'entidades nacionais'. Por iso, as forzas nacionalistas adoitan enmarcarse en coligacións estatais. As sondaxes dan posibilidade o Partido do Tirol do Sur de recuncar cun escano. Mais en moitos máis estados pousa os ollos Nationalia:Rumanía (@s húngar@s de Transilvania), Letonia, Eslovaquia.. para falar das posibilidades de representación das súas minorías nacionais. Un caso a ter en conta é Dinamarca: Se ben forma parte da UE, nin Groenlandia nin as Illas Feroe (nacións sob a súa administración) están na Unión Europea.
NOS_6744
Arancha Nogueira (Ourense, 1989) fala no seu último poemario, Antese, do medo que sentimos todas as persoas e tamén da necesidade e a urxencia de perdelo. Desde esa ollada, e coa pandemia polo medio, escribiu estes versos que entroncan coa súa poética anterior. Licenciada en Xornalismo pola USC, conta cun mestrado en Literatura Comparada e Crítica Cultural e outro de Educación. Considerada unha das voces máis interesantes da poesía actual, a súa obra mereceu algúns dos premios máis importantes do país.
Pregunta obrigada nestes tempos, como se atopa? A Lucía Aldao, que alén de poeta é unha persoa que eu admiro moito, cando se lle pregunta como está sempre di: "ben ou queres que che conte?". Eu un pouco igual, pois estes tempos afectáronme moito persoalmente, como supoño que a todas. A min pilláronme nun momento de transición, sen traballo, tomando moitas decisións na miña vida e estame dando a impresión de habitar nun "día da marmota constante", de que non hai futuro, de que como máximo podes mirar a un mes vista, e isto é algo que me desacouga profundamente. Creo que debemos comezar a facer músculo e a recuperarnos despois desta época, pero temos que facelo de forma conxunta porque individualmente é imposíbel. Fala en Antese, o seu último poemario, sobre o medo e a perda deste. De feito di nun dos versos "Mamá ten medo e o medo non acepta compaixón". De onde xurdiron os poemas? Tivo algo que ver a pandemia, non si? Estamos perdendo xa ese medo? Escribín Antese pensando no momento da pandemia pero tamén reflexionando sobre todas esas cousas que xa estaban en nós. Penso que, á fin, o medo, tanto o máis físico, caso da morte ou a enfermidade, como tamén os máis abstractos, o non saber que vai ser de nós ou a soidade, son cousas moi humanas. E o que fixo esta pandemia, esta situación tan límite, foi colocalas a flor de pel. Eu pensaba, como outra xente, que esta situación ía conseguir que tiveramos actitudes solidarias, e máis ben descubrín que cadaquén foise salvando a si mesmo, o que nos levou a atomizarnos aínda máis, que é peor. Agora, dous anos máis tarde, cando as cousas van mellor, creo que case todo o mundo perdeu os medos máis físicos, pero moitas de nós non perdemos o medo á incerteza e ao illamento, particularmente as persoas que vivimos este tempo moi soas. Está claro que esta pandemia separounos a todas, pero hai persoas que polas súas condicións materiais de vida estaban máis illadas ca outras, o que nos achegou moito á nosa soidade ontolóxica. Iso continúa a ser un medo e unha preocupación, pois non quero imaxinarme unha sociedade do futuro con persoas totalmente separadas e que non creen redes nin comunidades, porque non é o mundo que quero. A pandemia axudoume a ver que incluso na miña contorna se podía dar ese illamento, e non quero pensar na xente maior ou que vive en espazos xeográficos máis illados ou que ten problemas económicos... Polo tanto, ese medo tornouse en preocupación, e desde aí concibín o poemario. Desde que gañei o primeiro premio literario, que foi o Francisco Añón de Outes e publiquei o meu primeiro poemario, até Antese, posibilitoume que moita xente descoñecida puidese ler o que escribo Nos últimos anos gañou algúns certames de poesía como o Johán Carballeira con Dente de leite ou recentemente o Victoriano Taibo con Antese. Que lle posibilitaron estes premios? Cal cre que é o labor dos premios literarios no noso país? Para min tiveron toda a importancia, pois desde que gañei o primeiro premio literario, que foi o Francisco Añón de Outes e publiquei o meu primeiro poemario, até Antese, posibilitoume que moita xente descoñecida puidese ler o que escribo. Vale que agora temos internet e posibilidades de autoedición, pero non cabe dúbida de que ter unha editora detrás que te estea colocando nos andeis das librarías, que poida facer que moita xente que non te coñecía coñeza o teu nome e saiba o que estás facendo, ofrece un trampolín que moitas de nós non temos na vida cotiá. Alén, e isto sempre o digo, son de Ourense e hai cinco anos vin vivir a Compostela, e aquí conseguín facer cousas e estar en recitais, pero cando vivía alá, aínda que é unha cidade, estaba moita máis illada do panorama cultural. Polo tanto estes premios tamén me permitiron coñecer outra xente que está facendo o mesmo ca min e que esa xente me coñeza, estabelecer redes, porque é aí onde acontecen as cousas. Nos seus poemarios xa podemos asexar algunhas das súas referencias poéticas e literarias, e no último, por exemplo, atopamos a Olga Novo. A quen considera que lle debe moito literariamente falando? Algunhas poetas imprescindíbeis da actualidade? Olga Novo é unha delas, e ten un xeito de facer rede desde a docencia, o que me parece moi interesante. Isto é algo que pasa bastante no noso país, pois hai moitas escritoras que tamén son profesoras, e eu tiven a sorte de poder coñecer a algunhas ex alumnas de Olga, que daba aulas en Ourense, que por influencia dela na ESO e no Bacharelato comezaron a escribir, e a min iso paréceme das cousas máis bonitas que se poden facer. Xa non é só animar a xente a que lea, senón meterlles o gusto de escribir. Por outro lado, María Lado e Lucía Aldao son dúas persoas que admiro inmenso, encántame o que fan, descubriron á nosa xeración unha forma de facer poesía lúdica, interesante, e iso tamén é un xeito de tecer rede: achegar a poesía á nosa linguaxe cotiá. Outra persoa que admiro infinitamente é Lupe Gómez. Ela, por exemplo, móvese nuns circuítos moi diferentes, non fai moitos recitais, non está tanto en espazos públicos. Pero a min o que máis me influenciou é a radicalidade da súa palabra, pois foi a primeira muller á que lle lin certas cousas na nosa lingua, escritas desde un punto de vista feminista, totalmente libre de tabús, e iso abriume un monte de posibilidades. Outros nomes serían Emma Pedreira, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Marga Tojo... Creo que estamos nun momento moi vizoso da nosa poesía, xa non só con que se lle dea a coñecer, pois iso sempre é importante porque tamén empodera a eses escritores e escritoras para que sigan escribindo, senón tamén por unha cuestión de calidade Na actualidade fálase cada vez máis da boa saúde da poesía galega. Como ve o panorama no presente? É positiva con respecto ao futuro? Son super positiva. Creo que estamos nun momento moi vizoso da nosa poesía, xa non só con que se lle dea a coñecer, pois iso sempre é importante porque tamén empodera a eses escritores e escritoras para que sigan escribindo, senón tamén por unha cuestión de calidade. Eu creo que aquí se están facendo moitas cousas e totalmente revolucionarias, vangardistas no eido da poesía. Tal é así que a propia Olga Novo e Alba Cid gañaron premios nacionais de poesía hai uns anos, e Medos Romero hai nada. Ademais, creo que temos un panorama moi interesante e agora mesmo hai varias xeracións que escribimos cousas distintas e que tamén dialogamos un pouco entre nós. Eu creo que se se fai unha fotografía panorámica do que se está facendo na poesía galega, poderiamos sacar case que unha foto de familia do que son as percepcións das distintas xeracións na nosa sociedade. A min iso, o feito de que haxa moitas maquinarias que se están engraxando ao mesmo tempo, paréceme que é síntoma de saúde porque significa que se están pondo micrófonos en todos os recunchos. Polo tanto, si, son moi positiva ao respecto, e espero que isto non mude, algo que tamén é responsabilidade nosa. E como Arancha é moitas cousas, tamén escribiu un libro, A mestra corremundos, sobre as irmás Pura e Dora Vázquez dirixido ao público miúdo. Como resultou a experiencia? A experiencia foi marabillosa, de feito acabo de coñecer que o libro é finalista na Gala do Libro Galego na categoría de mellor libro infantil e é a miña primeira nomeación, polo que estou moi contenta e moi orgullosa. Para min supuxo un reto, pois todo o mundo estará de acordo en que cando unha está acostumada a escribir con certo código e para certo público, de súpeto ter que mudar é algo complicado, pero as miñas editoras Andrea Jamardo e David Cortizo (Cuarto de Inverno) animáronme moitísimo desde un principio. Foi fermoso tanto o feito da escrita como da investigación arredor destas dúas mulleres (Pura e Dora Vázquez) que son moi descoñecidas na Galiza. Agora que sei máis delas paréceme infame que non coñezamos máis destas mulleres que, entre outras cousas, foron as primeiras en escribir literatura infantil no noso idioma. Sabemos que é unha entusiasta dos festivais e recitais poéticos. Neste tempo de volta á normalidade xa ten confirmado algún? Eu son unha fan acérrima á palabra falada, a min gústanme os recitais e festivais poéticos, porque permiten ter unha conversa co público que habitualmente non a tes. Ben é certo que agora estou nunha situación, bastante clásica na miña xeración, que é estudar oposicións, polo tanto nos vindeiros meses estoume prohibindo bastante a actividade poética ou creativa porque teño que centrarme en estudar. Pero estou desexando asistir a algún tanto como poeta como público. No seu traballo sempre se reivindica desde o feminismo, algo que ten moito que ver con esa tese de doutoramento sobre poesía de mulleres na Galiza e Irlanda. Como avanza? Pode adiantarnos algunhas conclusións? Esta tese atópase parada mentres estou coas oposicións, pero estiven traballando durante varios anos ao redor dos afectos na poesía escrita por mulleres na Galiza e Irlanda. É un tema que me interesa moito porque os afectos creo que están bastante maltratados, pois tense considerado que o amor romántico foi negativo para as mulleres porque as someteu moito socialmente, pero por outra parte tamén son esas redes de afectos, de agarimos, e de diferentes amores os que teñen construído as nosas supervivencias, os nosos botes salvavidas. Interesábame observar como na poesía, que é un xénero moi proclive á vangarda e a traernos novos discursos, ese concepto do afectivo mudara ao longo dos últimos cincuenta anos, reflectindo tamén a aparición de novos discursos e novos tipos de amores que se foron normalizando na sociedade. Como estiven vivindo en Irlanda durante unha etapa, deime conta de que moitas cuestións que afectaban o social, eran moi similares á Galiza, como a tremenda presenza da ruralidade, até unha especie de matriarcado dentro das casas que fóra era patriarcado, ou mesmo as formas de relacionarse das persoas. Ante esas similitudes, pensei que era interesante que se puxesen en común os discursos poéticos de mulleres en ambos os países. Sobre iso espero seguir traballando no futuro e escribir algunha obra para público xeral co obxectivo de divulgar o contido desas investigacións, porque sería interesante que non quedasen só no ámbito do académico. O libro galego ten moi pouca visibilidade nos medios en xeral. Como xornalista, como valora a cobertura do sector literario polo panorama mediático actual? É moi distinta a cobertura que se fai desde os medios en galego que xa teñen unha óptica proclive a prestarnos atención, que é o que deberían facer aqueles medios que están baseados no noso país, á cobertura que poden dar os xornais xeneralistas ou incluso a CRTVG, que ao final ten un espazo moi marcado onde podemos ter un pouco de voz ao día, algo inaudito cando de trata dunha corporación pública. O libro galego ten moi pouca visibilidade nos medios en xeral. Si que temos as redes sociais, pero non todo é positivo; está claro que chegamos a moita xente pero tamén son moi efémeras, mentres que os medios de comunicación tradicionais teñen máis prestixio. O sector do libro galego está na vangarda, e merecería ter unha visibilidade moitísimo maior. Como valora a existencia de Nós Diario como xornal diario dixital e en papel íntegro en galego? Non podo ser moi obxectiva, pois son lectora de Nós Diario desde que naceu e estou moi agradecida de que sexa practicamente o único medio en papel e un dos poucos dixitais que presta atención ao labor que se está facendo ao mundo do libro en galego. Moi importante é que cubre o que está facendo a xente emerxente, non simplemente as que xa teñen carreira consolidada. Pese a todo, penso que non é abondo, porque ao final, é só un espazo o que nos está visibilizando. Non cabe dúbida de que entrevistas coma estas, o seu espazo de críticas, os espazos nos que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega escribimos unha columna mensual, permiten que nos acheguemos ás persoas desde lugares minoritarios, e polo tanto creo que contribúen a que o noso sistema literario vaia para alén de si mesmo, porque creo que nada é peor para un sistema literario que ser absolutamente autorreferencial. Temos que fuxir diso e creo que para iso son importantes os medios que chegan á sociedade.
NOS_52519
A entidade segue o camiño que comezou hai unhas semanas o Goberno local de Pontevedra, que suprimiu o nome do rei emérito do rueiro alegando "decencia" para o cambio.
A figura e o nome de Xoán Carlos I continúan desaparecendo de lugares destacados da Galiza debido aos últimos escándalos vinculados á súa persoa. Se a mediados de mes era o Consistorio de Pontevedra o que anunciaba que a avenida de Xoán Carlos I pasaba a estar dedicada á galeguista Virxinia Pereira, esta sexta feira foi a Deputación de Pontevedra a que deixou ver un cambio simbólico. O busto do rei emérito que estaba xunto á escalinata do edificio da Deputación desde hai anos desapareceu das miradas do público e o seu lugar foi ocupado por unha obra artística de temática feminina, como puideron ver as e os deputados. De feito, a representante do Partido Popular Pepa Pardo preguntou sobre a desaparición da peza no pleno e a presidenta desta Administración, Carmela Silva, comentou que a decisión responde a que no edificio había "demasiada presenza masculina" e o lugar foi destinado á creación dunha escultora. Segundo a información á que tivo acceso Europa Press, esta maioría de honras a homes "é especialmente rechamante na sala de comisións", dado que nas súas paredes hai pendurados retratos de todos os homes que dirixiron a Deputación durante os 185 de historia. Entre eles, pódese ver o de Mariano Rajoy. A pesar da explicación, non deixa de ser curioso que a retirada case coincida no tempo coa novidade anunciada na cidade. Ademais, o pai do actual rei tiña o título de "presidente perpetuo" da entidade. Este respondía a un acordo ao que chegou o pleno en 1980. De feito, xunto ao busto había unha placa conmemorativa. 8 de marzo Por outra parte, á marxe desta curiosidade que semella estudada, a sesión comezou coa lectura do manifesto polo 8 de marzo, Día da Muller, que nesa ocasión reivindica a axenda feminista "para que os seus principios volvan estar no centro do discurso público". A ilustradora e música Laura Romeu "repasou as reivindicacións das mulleres, desde a loita contra a violencia machista, á abolición da prostitución, do negocio dos ventres de aluguer, á esixencia da paridade real, da visibilización das mulleres ou da igualdade salarial", entre outras.
NOS_5489
Un informe publicado pola Comisión europea revela que o Estado asumirá as perdas polos litixios abertos con anterioridade á venda da entidade financeira.
O Estado continuará a facer fronte ás perdas da entidade financeira resultante da fusión e bancarización das caixas mesmo despois de vendela a Banesco. Faráo através do FROB e prevese que a cantidade total ascenda a 2.332 millóns de euros segundo publicou a Comisión europea nun informe enviado ás autoridades españolas. Trátase dunha previsión que o FROB xa incluía no informe de venda de NGB, con data de 2013, mais no que unicamente se especificaba a porcentaxe de perdas que serían asumidas con fondos públicos, o 85%. Segundo o organismo faríao en concepto das "contías ás que NCG Banco deba facer fronte" como consecuencia da transmisión de activos ao Sareb --banco malo-- da obriga de aboar indemnizacións a compañías de seguros polos procesos arbitrais, responsabilidade derivada da venda de activos híbridos --preferentes e subordinadas-- e a comercialización de préstamos hipotecarios con cláusulas chan, entre outros litixios abertos con anterioridade á venda da entidade financeira a Banesco. Máis de 10 mil millóns públicos perdidos De acordo coas previsións feitas públicas naquel momento polo Ministerio de Economía español esta contía oscilaría entre os 0 e os 500 millóns de euros mais, após a publicación por parte da Comisión do seu informe, esta cantidade podería chegar a máis de 2.000 millóns de euros (2.332.000.000). Esta cantidade viría a se sumar aos perto de 8 mil millóns de euros perdidos polo FROB coa venda de NGB, pois Banesco mercou a entidade por pouco máis de mil millóns de euros logo de que NovaGalicia Banco fose resgatada con 9 mil millóns de euros públicos. De se cumprir as previsións da Comisión europea, o FROB tería perdido co resgate e venda de NovaGalicia Banco máis de 10 mil millóns de euros públicos.
PRAZA_17422
Asociacións do sector calculan que se necesita a contratación de 40 profesionais para solucionar as eivas actuais, especialmente graves en Vigo e na Costa da Morte. O sindicato CESM alerta de que a metade dos e das traballadoras sofren estrés e ansiedade por exceso de traballo e de que o 25% do persoal ten máis de 60 anos
En Galicia faltan pediatras. Na actualidade traballan no país algo máis de 300 profesionais en centros de saúde e uns 160 en hospitais, un pediatra para cada 938 nenos e nenas, unhas cifras insuficientes en moitas zonas, que están a derivar en sobrecarga de traballo para o persoal, substitucións por facultativos non especialistas e en determinados momentos a obriga para as familias de desprazarse a outros centros de saúde e outras localidades para recibir a atención médica. A situación empeora no verán, coincidindo cos baixas e vacacións, que en moitas ocasións non atopan substitutos e substitutas ou que son cubertas por médicos de familia. A falta de pediatras "impide cubrir xubilacións, baixas e vacacións, obrigando aos médicos a ter que facer prolongacións de xornada e intersubstitucións, asumindo a axenda do compañeiro que falte", alerta a CESM O sindicato CESM alerta de que "a falta de pediatras de Atención Primaria no Sergas está a provocar que máis do 50% dos facultativos padeza a Síndrome de Burnout, pola tensión e a ansiedade que lles produce a sobrecarga de traballo". Sinalan que a falta de pediatras "impide cubrir xubilacións, baixas e vacacións, obrigando aos médicos a ter que facer prolongacións de xornada e intersubstitucións, asumindo a axenda do compañeiro que falte". Isto provoca, denuncia, que en ocasións os profesionais teñan que pasar consulta a 50 pacientes "cando non deberían ser máis de 35". A situación máis crítica prodúcese na área sanitaria de Vigo, di o sindicato A situación máis crítica prodúcese na área sanitaria de Vigo "onde se pode dar a circunstancia de que nunha quenda de tarde nun Centro de Saúde con dous pediatras, se un dos profesionais colle unha baixa, o outro deberá atender as urxencias dunha poboación infantil de máis de 4.000 pacientes, ademais da súa consulta ordinaria e a axenda do seu compañeiro", subliña a CESM. "Esta situación no caso de Vigo levou ao Sergas a tomar a determinación de pechar durante os meses de xullo e agosto o servizo de pediatría de tarde nos centros de saúde de Coia, Rosalía de Castro-Beiramar, Lavadores, Navia e Nicolás Pena, o que afecta a unha poboación de máis de 15.000 nenos", di. De igual xeito, durante xullo e agosto Malpica e Coristanco ficarán sen pediatra, tendo que desprazarse a Carballo e en Zas as horas semanais de servizo reduciranse de 35 a 15 horas. Sergas, colexios médicos e sociedades científicas veñen de poñer en marcha grupos de traballo para valorar a redistribución dos pediatras nos centros de saúde, para concentralos en menos lugares e facilitar as baixas e substitucións. Recentemente, o presidente do Consello de Colexios Médicos de Galicia sinalou o déficit de pediatras como "o problema más complexo en todo o país". E, de igual xeito, a presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), Amparo Rodríguez Lombardía, denunciou que "non temos practicamente xente para cubrir substitucións" e que ao redor dun "13% das prazas de pediatra están ocupadas por médicos de familia". Entidades profesionais afirman que se necesita de forma inmediata a contratación de entre 30 e 40 profesionais para paliar as eivas máis urxentes Estas entidades calculan que neste momento se necesita de forma inmediata a contratación de entre 30 e 40 profesionais para paliar as eivas máis urxentes. De momento, a Consellería de Sanidade xa solicitou ante o Ministerio a ampliación do número de pediatras en formación MIR cada ano, pasando de 20 a 26. Porén, dende a Asociación de Pediatría en Atención Primaria de Galicia sinálase que esta sería una solución a "longo prazo", sen efectos sobre a sobrecarga de traballo que na actualidade están a sufrir os e as profesionais. Ao redor de 80 pediatras xubilaranse nos vindeiros 5 anos en Galicia Ademais, dende estes colectivos advírtese de que a situación empeore nos vindeiros anos por mor do envellecemento dos e das pediatras. O 75% teñen máis de 45 anos, o 40% teñen máis de 55 anos e o 25% superan os 60 anos. Son datos a nivel estatal, pero ampliables á situación que se vive en Galicia, sinalan. Ao redor de 80 pediatras xubilaranse nos vindeiros 5 anos en Galicia.
NOS_16042
O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela desestimou o recurso de reforma presentado polo avogado do exalcalde
O recurso de reforma presentado polo avogado do exalcalde compostelán Gerardo Conde Roa non foi adiante. O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago de Compostela, José Antonio Vázquez Taín, desestimouno argumentando que "existen indicios racionais de terse perpetrado" feito que deu motivo á apertura da causa. "Así consta con total claridade que o imputado Gerardo Conde Roa, na súa condición de administrador único da Sociedade Geslander, non presentou declaración do IVE, nin aboou o devandito imposto, superando claramente a cantidade percibida a favor da Facenda Pública e non ingresada os 120.000 euros". O recurso de reforma pedía a retirada da imputación por un suposto delito de fraude fiscal derivado do non pagamento a Facenda de 291.000 euros polo IVE que cobrou da venda de 61 pisos a través da súa promotora Geslander. "Os devanditos indicios son claros", subliña o xuíz. No auto, o xuíz lembra que os motivos invocados pola defensa para argumentar a súa solicitude de arquivo, "irían dirixidos en dúas liñas distintas pero complementarias; por unha parte que os feitos non serían constitutivos de delito, e por outra, que o imputado está exento de responsabilidade criminal". Taín sinala que "non" se achegaron indicios ou probas de que Conde Roa non estea exento de responsabilidade criminal, "se ben este extremo se volverá a analizar máis adiante".
NOS_17508
En setembro o Supremo confirmara a pena de 2 anos de prisión imposta pola Audiencia Nacional, mais considerara a condena exigua. Agora, a Audiencia Nacional española dicta unha orde de detención.Xustifica a decisión na gravidade dos feitos e en que os condenados non devolveron os cartos.
A orde da Audiencia Nacional implica que os ex directivos entren en prisión, embora fosen condenados a apenas 2 anos e non teren antecedentes penais. Gayoso, Pego e Estrada foron detidos en Vigo; Gorriarán, en Madrid É a primeira vez que un caso de corrupción económica vinculada á xestión das antigas caixas acabaría cos seus pretensos responsábeis en cadea. A Audiencia Nacional toma a decisión pola gravidade dos feitos e polo feito de que os condenados non devolveran os cartos (10 millóns de euros). Os cinco ex directivos foron condenados en outubro de 2015 ao considerar probado a Audiencia Nacional que os directivos urdiron un plan para se apropiaren indebidamente de recursos das caixas fusionadas polo procedimento de modificar os seus contratos de alta dirección. As persoas condenadas son Julio Fernández Gayoso, máximo responsábel de Caixanova; José Luís Pego, que segundo algunhas estimacións se tería feito con 7 millóns de euros ao optar pola xubilación; Gregorio Gorriarán, que tería obtido 5 millóns; Óscar Rodríguez Estrada, beneficiado con 700 mil euros, ben como o avogado Ricardo Pradas, asesor de Gayoso. Fernández Gayoso non se tería apropiado de diñeiro, mais a Audiencia considera probado que é na prática o autor intelectual do delito. Na sentenza orixinaria, a Audiencia estimaba en 14 millóns o diñeiro que debían devolver os directivos xubilados -Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada. A cantidade foi logo rebaixada polo Supremo a 10 millóns, por considerar que o tribunal de excepción non fixera ben o cálculo económico.
PRAZA_21044
De portas para dentro, case todo segue igual: os cadros de persoal son deficitarios e sen recambio inmediato —e necesario— ante as baixas por enfermidade. O persoal está extenuado polo sobreesforzo
De portas para dentro, case todo segue igual: os cadros de persoal son deficitarios e sen recambio inmediato —e necesario— ante as baixas por enfermidade. O persoal está extenuado polo sobreesforzoLamentablemente, medran arreo as cifras de casos positivos entre persoas usuarias e persoal traballador das residencias de maiores de Galicia. Por iso, malia a axuda que supón a vacinación, a situación nos centros non cambia substancialmente.A loita para dobregar o virus é diaria. Con todo, cada vez son máis as residencias afectadas e, conforme pasan os días, esa loita vólvese encarnizada e, por veces, desalentadora. Toca redobrar esforzos ata alcanzarmos un obxectivo común: volver, canto antes, a unha nova normalidade.Traballamos doutro xeito, con especial coidado, con maior seguridade e de forma preventiva. Vixiamos con escrúpulo os procedementos de traballo e, sobre todo, actuamos con responsabilidade durante e despois da nosa xornada laboral.Os empresarios cren posible reforzar os cadros de persoal só ofertando contratos eventuais ou mesmo prolongando os existentes. Imos polo segundo ano con conxelación salarial e sen avances na negociación colectivaMoito se escribiu do modelo residencial, da coordinación sociosanitaria, de equipos de protección, de medidas preventivas. Porén, de portas para dentro, case todo segue igual: os cadros de persoal son deficitarios e sen recambio inmediato —e necesario— ante as baixas por enfermidade. O persoal está extenuado polo sobreesforzo.Os empresarios cren posible reforzar os cadros de persoal só ofertando contratos eventuais ou mesmo prolongando os existentes. Non discorren, porén, que cunhas mellores condicións laborais aumentaría a resposta ás ofertas.Cómpre lembrar que imos polo segundo ano con conxelación salarial e sen avances na negociación colectiva, cun convenio que leva denunciado desde hai un ano. A proposta empresarial segue chantada na realidade precovid, no binomio «mellora de resultados económicos-melloras para o sector», pero non para os seus traballadores e traballadoras.O coronavirus oculta os nosos problemas e parece afogar as nosas reivindicacións. Pero é agora, precisamente, cando máis urxen os cambios no sector dos coidadosPola contra, os sindicatos puxemos enriba da mesa cambios significativos, entre outros: redución da xornada laboral en cómputo anual, para equiparala á das residencias públicas; aumento dos tempos de descanso; suba retributiva para todas as categorías —non só as sanitarias—; compensacións por incapacidade temporal e avances nas políticas de conciliación que eviten que o sector siga ancorado na precariedade e na falta de recoñecemento.En definitiva, melloras que farán atractivo traballar neste ámbito —de crecente importancia— e que evitarán a fuxida de profesionais cara a outros lugares con condicións laborais superiores.Nestes momentos, o coronavirus oculta os nosos problemas e parece afogar as nosas reivindicacións. Pero é agora, precisamente, cando máis urxen os cambios no sector dos coidados.
NOS_48281
Un recurso de casación interposto por un veterinario de gandería galego resolveuno de maneira positiva o Tribunal Supremo (TS).
O Tribunal Supremo, nunha sentenza do pasado mes de decembro, sinala que a empresa ou empregador é quen ten que acreditar diante de Facenda dos desprazamentos e gastos de manutención e estancia para os efectos da súa non suxeición ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do seu persoal. Polo tanto a Administración non deberá dirixirse á empregada ou empregado por este motivo. A sentenza tivo lugar após un recurso de casación interposto por un veterinario de gandería galego por mor dunha reclamación económico-administrativa diante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional (TEAR) polas liquidacións do IRPF de dous anos. Na reclamación que presentou aseguraba que traballaba nunha empresa de servizos técnicos de reprodución e veterinaria en ganderías de leite de vacún. Polo seu tipo de labor tiña que realizar continuos desprazamentos ás explotacións onde desenvolve o seu traballo. Por esta circunstancia, na empresa acostumábase facer as comidas no seu horario de traballo continuo, durante o tempo estritamente necesario e á hora que estimen conveniente en función da dispoñibilidade de traballo diario nas granxas. Solicitar datos que xa ten a Administración Desde o TEAR argumentábase que o traballador non probou cumprir a súa xornada laboral e o horario do servizo polo que tiña que dar conta da percepción da dieta diaria que percibía a diario. Diante desta idea, o Supremo indica que as conclusións sobre os desprazamentos, horarios e xornada laboral fan recaer sobre o contribuínte a proba da realidade do desprazamento e a vinculación do desprazamento co desenvolvemento da actividade. A sentenza asegura que "non corresponde ao empregado probar a realidade dos desprazamentos e os motivos dos gastos" indicando que "a Administración non podía solicitar do contribuínte aqueles documentos e, con eles, os datos que obraban xa no seu poder" chegando a conculcar a lei "cando chega á conclusión de que o contribuínte non acreditou a realidade do desprazamento nin o motivo nin razón do desprazamento". O Supremo remata sinlando a "interpretación incorrecta" por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza do ordenamento xurídico.
NOS_122
Unha delegación de diversos axentes relacionados coa pesca artesanal atópase en Bruxelas para esixir un "trato diferenciado" para o sector. Participan na xornada de treballo organizada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda.
O encontro ten como obxectivo analizar os fondos comunitarios marítimo pesqueiros para o período 2021-2027. "Pedimos un trato diferencial para a pesca artesanal de Galiza", resumiu o patrón maior de Cangas, Francisco Javier Costa. Miranda, pola súa banda, afondou: "Teñen que se contemplar criterios realistas na definición de pesca artesanal, moi ligada á política medioambiental e non só baseados na dimensión das embarcacións". A alcaldesa de Moaña, a tamén nacionalista Leticia Santos, é outra das asistentes. Estendeuse sobre as repercusións socioeconómicas da pesca e o marisqueo artesanal. "É un sector chave da nosa economía, especialmente polo seu papel de creador de riqueza de proximidade", dixo. A pesca artesanal galega bate, ademais, coa lei de desembarques. O patrón maior de Cangas explicouno: "A pesca galega non ten desembarques, xa que as mareas son de entre 8 e 10 horas e a pesca é selectiva, de xeito que todo o peixe recollido é vendíbel. Nin eles mesmos saben como o van executar". Na delegación convidada polo BNG figuran, ademais, o concelleiro de Mar de Fisterra, Xan Carlos Sar; o patrón maior da Illa de Arousa Juan José Millán; de Redondela, Clemente Bastos; de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias; a representante da confraría de mariscadoras da Ría do Burgo, María Teresa Ramiro; un representante da confraría de Fisterra, Rafael López, e de Muros, Primitivo Pedrosa; o experto en pesca da Costa da Morte Emilio Louro; o biólogo da confraría de Barallobre Joám Luís Ferreiro; e o secretario do Consello Regulador do Mexillón, Alfonso Alcaide.
NOS_54238
A Mesa faise eco do malestar existente cunha compañá que, embora extraer de Galiza boa parte dos seus recursos, non atende en galego os clientes. Mais si en catalán ou inglés.
Endesa é unha empresa que ten en Galiza 6 centrais hidráulicas, 1 minicentral, 1 térmica e 5 parques eólicos. No noso país produce máis de 2.800.000 Kw. Mais os idiomas de atención os seus clientes galegos son castelán.. ou inglés ou catalán. De galego, cero. Isto é o que están a denunciar clientes desta empresa e que tamén denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística, que comezou nas redes sociais unha campaña para que o galego sexa unha opción de idioma para a clientela galega. A Mesa mesmo sinala que Endesa " incumpre varias leis non atendendo as consultas de clientes galegofalantes" e pregunta que vai facer a Secretaría Xeral de Política Lingüística para solucionalo.
PRAZA_9611
Unha marea de bandeiras catalás asolagou o centro de Madrid para clamar contra o xuízo do procés e a prol da autodeterminación catalá. Dende Galicia o BNG, Anova e colectivos como Mar de Lumes e Galiza con Catalunya secundaron a protesta
Unha marea de bandeiras catalás asolagou este sábado o madrileño Paseo del Prado para clamar contra o xuízo do procés e esixir a liberdade dos dirixentes independentistas que se atopan en prisión provisional. A autodeterminación non é delito. Democracia é decidir foioa lema da manifestación convocada por entidades sociais, como Òmnium Cultural e ANC e na que participaron os partidos soberanistas, como ERC, Junts Per Catalunya e a CUP e que dende Galicia tivo a adhesión do BNG e Anova, ademais do apoio de colectivos como Mar de Lumes ou Galiza con Catalunya.Unha marea de bandeiras catalás asolagou o centro de Madrid para clamar contra o xuízo do procés e a prol da autodeterminación catalá"Este xuízo é unha farsa", "liberdade presos políticos", "1 de outubro: nin esquecemento nin perdón", "independencia" e "unidade" foron as consignas máis exclamadas durante a marcha na que participaron miles de persoas -120.000, segundo a organización, que a Delegación do Goberno de España en Madrid reduce a 18.000-que vestían maioritariamente prendas de roupa amarelas e portaban lazos da mesma cor en reivindicación da liberación dos presos. Gran parte dos manifestántes desprazáronse a Madrid en máis de 500 autobuses fretados pola organización, segundo sinalaron as entidades organizadoras.Dende Galicia o BNG, Anova e colectivos como Mar de Lumes e Galiza con Catalunya secundaron a protestaA lembranza das cargas policiais do 1-O estivo moi presente nunha manifestación que transcorreu sen incidente ningún. "Non hai xustiza", "liberdade presos políticos" e "non pasarán" foron as pancartas que máis se viron. Algúns dos asistentes tamén levaban fotos dos líderes independentistas que están no cárcere. Todos eles foron especialmente lembrados cando, dende o escenario instalado no remate do percorrido, foi emitido un vídeo con imaxes do xuízo do procés. A Praza da Cibeles desfíxose en aplausos ás verbas de Jordi Cuixart, Jordi Sànchez e Oriol Junqueras."Acóllenos o Madrid solidario, aberto e antifascista"Dende as entidades organizadoras da mobilización o vicepresidente de Òmnium, Marcel Mauri, tivo palabras de agradecemento para "o Madrid solidario, aberto, antifascista, que nos acolle e acompaña": "Estamos aquí para reivindicar que se respecten dereitos e liberdades que agora mesmo están en risco no Estado". "Reivindicamos que se respecten dereitos e liberdades que agora mesmo están en risco no Estado"Mauri apela directamente ao Goberno de Pedro Sánchez. Debe, di, "retirar todas as falsas acusacións que hai sobre Jordi Cuixart e o resto de presos políticos, que a Avogacía do Estado retire toda a causa e que haxa diálogo e negociación política".Dende a ANC a súa presidenta, Elisenda Paluzie, describiu a mobilización como "unha demostración do civismo e a capacidade de mobilización do pobo de Catalunya". Trátase, dixo, de rexeitar un xuízo que é "unha vergoña democrática do Estado español". Isto é así porque se "atribúe a violencia" a quen a padeceron no canto de "a quen a exerceron".No ámbito dos dirixentes políticos gran parte do protagonismo foi para Joaquim Torra, presidente da Generalitat. "Escoita, España este berro de liberdade, estes berros de independencia", expresou Torra, que destacou que "non hai viaxes longas para a loita pola autodeterminación". "Non pararemos ata ver a liberdade" dos dirixentes presos e "ata que se respecte o noso dereito á autodeterminación", afirmou. "Fronte aos tres xinetes da apocalipse ultra, nós poñemos democracia, pacifismo, civismo e rúa"Pola banda de ERC o seu deputado Gabriel Rufián, que recunca como candidato nas xerais, sistetiza o vivido en Madrid deste xeito: "Fronte aos tres xinetes da apocalipse ultra, fronte a Casado, Rivera, Abascal e segundo que PSOE, nós poñemos democracia, pacifismo, civismo e rúa", exclamou. "Aquí hai miles de bandeiras, miles de sensibilidades políticas diferentes" e "o único que importa é a loita pola democracia e facer un dique contra o fascismo" xa que, asegura, "a única pregunta que cabe facerse é quen será o seguinte".Os comuns tamén apoiaron a manifestación coa representación do primeiro tenente de alcalde de Barcelona, Gerardo Pisarello, que reivindicou que esta era unha mobilización tamén para "non independentistas". "Moitas das persoas que están acusadas destes delitos son os nosos adversarios políticos, pero consideramos que a súa situación é inadmisible". Maroto (PP) cargou contra Sánchez e Carmena por "permitir" a mobilización e proclama que "con Casado isto non volverá suceder"Mentres se desenvolvía a protesta unha das reaccións máis iradas contra a mobilización foi a de Javier Maroto, vicesecretario de organización do PP. A través de Twitter Maroto cargou contra Pedro Sánchez e alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, por "permitir" a mobilización e afirmou que "con Pablo Casado isto non volverá suceder". A lei vixente estipula que as manifestacións deben ser "comunicadas" ás autoridades, ás que non corresponde "permitilas" ou non en función do seu contido. Horas despois, ante o balbordo xerado, agregou que debeu ser "máis exacto" porque "non queremos prohibir manifestacións", senón "non volver ver políticos" que "permitan ou alenten a quebra" do Estado de Dereito.
NOS_52853
O centro social ficado no casco vello de Compostela está de aniversario e vai celebralo como corresponde ao seu ADN: con cinco días de troula, de maxia, de música, de teatro e experiencias partilladas. Porque unha década... dá para moito!
Encher o baleiro que había no tecido asociativo da cidade e comezar a traballar en prol da lingua, da cultura e do patrimonio da Galiza sen pediren permiso nin agardaren axuda de ninguén. Con esta idea naceu, en 2004, o centro social compostelán A Gentalha do Pichel. Foi durante unha conversa nunha taberna mais, como explica a activista Maca Igrejas, integrante do Conselho Geral da Gentalha, "detras dessas persoas havia umha experiência de militancia ou activismo noutros colectivos" que as levou a constatar a necesidade dunha experiencia autoxestionada que emendara o desleixo das administracións públicas. Con todo, foi unha administración, nomeadamente o Concello de Compostela cando estaba gobernado por Gerardo Conde Roa, quen, cando pretendía xustamente o contrario, deu a coñecer a actividade da Gentalha e fixo medrar a rede que xa estaba tecida ao redor d@s picheleir@s. "A obsessom que tinha com nós fijo-nos tomar consciencia da trascendencia que tinhamos", recoñece Igrejas. Tal obsesión levou Conde Roa a acusar o centro social de promover a contra-manifestación do 8 de febreiro de 2009 para facer fronte a un protesto do grupo Galicia Bilingüe contra a lingua galega no ensino. O ex rexedor, que tivo que abandonar o cargo após ser imputado por defraudar a Facenda e na operación Pokemon, denunciou o local por non posuír un elevador que unira as dúas alturas do local. "Naquela altura a nossa licença estava ainda ser tramitada, o que significava que umha denúncia como a que ele interpugera implicaria a clausura imediata", sinala Maca Igrejas. 10.000 euros para calar a boca do Conde Roa Así que o centro social puxo en marcha unha campaña de recadación de fondos para poder colocar o elevador. O lema da campaña: 10.000 euros para calar a boca do Conde Roa. Tres días abondaron para xuntar o diñeiro. Esa vaga solidaria foi unha das maiores alegrías que Igrejas recorda destes dez anos. A outra, a repercusión que tivo a historia dun carboeiro que nas festas de inverno baixaba a montaña do Courel para apalpar o bandullo das crianzas e comprobar que estaban ben atendidas. "Quando começamos a trabalhar no estudo e recuperaçom do Apalpador nom imaginamos que puidessemos atingir tal difussom nem que fosse ser popularizado tam rápido", recoñece a activista da Gentalha. Unha modesta asociación que non recibe ningún tipo de axuda pública conseguiu mudar as tradicións natalicias para introducir nelas a fermosa historia do carboeiro. Dez anos de traballo polo patrimonio e pola lingua... malia a Conde Roa A historia deste centro social foise contruíndo ao mesmo tempo que o ex rexedor compostelán tencionaba botarlle o fecho. Após o ataque do elevador, o conservador embargou as contas do centro social e despois quixo levalo aos tribunais. Todo isto por penduraren unha faixa en que se podía ler Na Galiza só en galego e por excederen do horario permitido coas fogueiras do San Xoán de 2010. Malia levar ao límite unha hostilidade que nunca pretendeu disimular, Conde Roa perdeu tamén esta afrenta. A Gentalha do Pichel funciona a través de comisións. Unha delas, a de lingua, está a preparar unha 'polvada' reivindicativa en contra da idea do Concello do Carballiño de pedir que o termo español 'pulpo' pase a formar parte do vocabulario do noso idioma. Será o vindeiro 8 de febreiro. Outra desas comisións, a de memoria histórica, traballou a reo pola recuperación dos petroglifos da comarca de Compostela. "Foi curioso ver como a Xunta da Galiza, que nom mostrou o mais mínimo interesse na valorizaçom deste patrimonio artístico, promoveu na Cidade da Cultura umha exposiçom de custo milionário como foi Gallaecia pétrea", quéixase Maca Igrejas, quen recalca que este é só un exemplo de como "a cultura que nós queremos e defendemos tem mui pouco a ver com a cultura oficial que as administraçons costumam promover". Durante cinco días espallados polo mes de febreiro, O Pichel celebrará o seu aniversario. Ao soprar as dez candeas, Igrejas e o resto de soci@s terán na cabeza un desexo: o do relevo xeneracional. Que detrás das persoas que imaxinaron e fixeron posíbel un espazo autoxerido e libre veñan outras que o manteñan vivo, polo menos, outros dez anos máis: "o certo é que há dez anos também parecia dificil económicamente soster um local como o Pichel ou formar umha escolinha como a Semente e finalmente a vontade puido mais que os recursos económicos".
NOS_13640
Achegan un vídeo do pleno municipal no que a portavoz do PSOE no que asegura que a ela lle ofreceron un traballo na Deputación.
O BNG elevou a moción de censura en Castrelo de Miño á Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense cunha denuncia de posíbel "suborno" aos concelleiros do PSOE que pediron a baixa e asinaron o cambio de goberno neste municipio, que se debaterá a vindeira terza feira. Na denuncia presentada ante a Fiscalía, achégase a ligazón a un vídeo do pleno municipal no que se transcriben as declaracións da portavoz socialista, Catalina González, e xa publicadas no seu día en Nós Diario, dirixidas ao portavoz do PP e transcriben: "a única persona que quedou no grupo socialista son eu, sabe por que? Porque nin vostede nin José Manuel Baltar conseguiron comprarme, (e) iso que o tentaron por todos os medios... Ofrecéronme 42.000 euros... Faloume dun posto na Deputación...". Tamén achegan unha trascripción dunha entrevista radiofónica na que Catalina González, a única edil do PSOE que mantén a súa acta e non participou na moción de censura, di: "sen prevendas de ningún tipo, e dígoo con coñecemento de causa, porque a min persoalmente polo grupo popular foi á primeira á que se tentou mercadear, e ofrecéulleme de todo, ofrecéuseme un salario excesivo desde o meu punto de vista, ofrecéuseme un posto de traballo na Deputación e mesmo, cando non había máis opcións, ofrecéuseme o que necesitase apelando a que todo o mundo necesita cousas". En declaracións aos medios, a deputada electa por Ourense e membro da Executiva Nacional do BNG Noa Presas trasladou de novo "o apoio" ao aínda alcalde nacionalista, ante o "atentado democrático, contradicindo a vontade das urnas, que se vai a dar en Castrelo para engrosar os alcaldes de Baltar". O BNG foi a forza política máis votada nas pasadas eleccións municipais, con tres edís, as mesmas que o PSOE e o PP. Nas filas socialistas, dous edís solicitaron a baixa. "Son uns feitos gravísimos. A actual portavoz socialista declarou que foi chantaxeada por membros do PP", apuntou Noa Presas, quen lembrou que eses feitos, se se confirman, poden ser "delito de suborno", como recolle o código penal, artigo 419 e seguintes. A dirixente nacionalista lamentou que o PSOE "non actúe ante os vídeos con esas declaracións" que, dixo, todos viron. "Nós fixémolo (polo en coñecemento da Fiscalía) como exercicio de responsabilidade cos demócratas desta provincia", aseverou. Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez, apuntou que non lles "consta a expulsión dos tránsfugas" do PSOE e cualificou "indignante" esta situación, a pesar de que os socialistas dixeron que se aplicaría a lei antitranfuguismo. Ademais de cualificar a situación de "escandalosa", Esteban Suárez asegurou que "a indignación dos veciños é maiúscula, dado que o partido máis votado é o BNG e non teñen fundamentos para a moción de censura e arrebatar a alcaldía". A moción de censura foi presentada o pasado 27 de xullo asinada polo tres edís do PP (Avelino Pazos, José Antonio Ferreiro e Naiara Mato), canda dous edís do PSOE (Francisco Pérez e Jaime Fontanes(. A sesión plenaria que debaterá esta moción de censura está fixada para a terza feira 11 ás 12 horas.
NOS_23437
O BNG presentou o seu grupo parlamentar e debullou as liñas de traballo que seguirán nesta lexislatura. Francisco Jorquera exercerá a portavocía mentres que Ana Pontón e Carlos Aymerich levarán cadansúa vice-portavocía.
En comparecencia de imprensa, as sete persoas que representarán o BNG no arco parlamentar, presentaron a liña de traballo que a organización frontista desenvolverá durante o vindeiro curso político. Aliás, Ana Pontón, debullou polo miúdo as áreas sectorias que cada un(nha) d@s parlamentares defenderá. Neste sentido, Cosme Pombo, deputado pola provincia de Lugo, encargarase das cuestións vencelladas ao ensino, universidade e vivenda; pola súa banda, Tereixa Paz, parlamentar por Ourense, defenderá medio rural, política institucional, interior e xustiza. Montse Prado, outra das caras novas do BNG, levará as áreas de emprego, pesca, marisqueo e comercio, entrementres Carme Adán, industria, igualdade, servizos sociais e turismo. Carlos Aymerich defenderá facenda e sanidade, ao tempo que exercerá a vice-portavocía conxuntamente con Ana Pontón, quen se fará responsábel das áreas de lingua, cultura e ordenación do territorio. Doutra banda, Francisco Jorquera, exercerá a portavocía do grupo e levará os asuntos referidos a democracia e soberanía. Na quenda de intervencións, Carlos Aymerich asegurou que o BNG marcará como obxectivo principal "traer a voz do pobo ao Parlamento". Neste sentido, Francisco Jorquera afirmou que a organización frontista procurará a sinerxia "entre o traballo na rúa e o traballo parlamentar" pois dixo "é fundamental levar a voz dos colectivos e movementos sociais á institución". Aliás, @s nacionalistas manterán unha oposición propositiva encamiñada a "achegar solucións e alternativas de cambio" ao modelo político, social e económico actual, aseverou Aymerich. O BNG asegurou que levarían "a voz do pobo ao Parlamento" Tamén así, Aymerich ra considerou que "Galiza precisa máis capacidade para decidir e ímola demandar neste parlamento" por exemplo, na defensa dos servizos sociais públicos, un marco galego de relacións laborais ou mesmo dun novo modelo de financiamento que se debaterá o vindeiro ano. Asemade, asegurou que a organización frontista, pulará por "unha democracia real e participativa" a través da proposición dunha lei de consultas populares, que @s nacionalistas defenderon durante a campaña electoral. Reflectir a pluralidade da Cámara nos órganos reitores Pola súa banda, Francisco Jorquera asegurou que o BNG desenvolverá nesta lexislatura "unha oposición firme e contundente ao PP" mais, coa achega de propostas que amosen, dixo, "que o discurso do PP é falso, é outras políticas son posíbeis". Porén, o voceiro parlamentar do BNG avanzou que a organización frontista viña de enviar unha carta aos demáis voceiros parlamentares "para iniciar conversas de cara a explorar acordos para a constitución dos órganos" que compoñen a institución, nomeadamente da Mesa do parlamento. Segundo defendeu Jorquera, o obxectivo do BNG é "garantir a pluralidade da cámara existente" após os resultados electorais. Para tal fin, proporán aos demáis grupos políticos unha composición que rache coa maioría absoluta do PP e o bipartidismo entre este e o PSOE. Así pois, emprazarán @s populares a non "obstinar" na súa maioría absoluta e garantir a representación de todas as forzas. As propostas do BNG, serán dúas, que a Mesa se compoña de dous parlementares populares, un socialista un deputad@ para AGE e outr@ do BNG ou ben, que o PP fique con 3 deputad@s, un para o PSOE e un quinto a repartir proporcionalmente ao longo do curso político entre Alternativa Galega de Esquerda e o BNG.
NOS_19224
A nova convocatoria das bolsas de investigación da Deputación da Coruña inclúe, como novidade, a creación de dúas bolsas para a área de estudos de xénero. A iniciativa afonda na liña da área de incentivar a igualdade desde o ámbito da cultura. Outra das novidades é tamén a inclusión da área de planificación sociolingüística da lingua galega na relación de bolsas.
Dúas novas bolsas de investigacións na área de estudos de xénero incorpóranse á convocatoría da Área de Cultura da Deputación da Coruña desde a que cada ano se promove a investigación nas áreas de ciencias sociais e xurídicas, ciencias, ciencias da saúde, enxeñería e arquitectura, artes e humanidades. "O obxectivo é axudar á investigación universitaria e promover a innovación nos diferentes ámbitos académicos. A novidade maior é o recoñecemento dos estudos de xénero e a planificación sociolingüística da lingua galega como especialidades transversais que cómpre tamén potenciar e que, precisamente pola súa transversalidade, están moitas veces á marxe das ofertas existentes", destaca Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura para quen é "fundamental promover a investigación en xénero, imprescindíbel para camiñar cara a igualdade". A dotación das bolsas é de 160.000 € (8.000 € cada unha) e poderán participar na convocatoria as persoas con titulación universitaria residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación. As solicitudes presentaranse a través da plataforma SUBTEL na páxina web da Deputación da Coruña na que tamén se atopan as bases completas da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 8 de abril de 2016. No Día das Mulleres Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día das Mulleres, desde a área de Benestar Social, Educación e Políticas de igualdade de xénero da Deputación convidan a participar nun "selfie"pola igualdade que se desenvolverá nas instalacións da sede institucional, no Pazo Provincial. A campaña empregará o hashtag #aíndanon8demarzo nas redes sociais da Deputación da Coruña, de cara a reflexionar sobre aquelas cousas que "aínda non" conseguimos en prol da igualdade de xénero. Para a difusión entre o persoal da Deputación Provincial da Coruña e os concellos editarase tamén un caderno de linguaxe inclusiva, onde se atopará lexislación, reflexións e recomendacións de cara á eliminación do sexismo na linguaxe. A Deputación da Coruña aprobou unha declaración institucional na que se recoñece que "a realidade continúa a evidenciar que a crise agravou a situación de desigualdade e precariedade das mulleres. Diante do discurso falaz da igualdade conseguida diferentes estudos, informes e enquisas recollen datos sobre a crecente situación de precariedade laboral e traballo vulnerábel que viven as mulleres galegas".
NOS_32864
O profesor de Económicas da Universidade de Santiago Luciano Méndez Naya vén de defender "a libre absolución" da Manada, condenados a nove anos de prisión por "abuso sexual" nas festas do San Fermín de Iruña en 2016. Faino nun vídeo pendurado na súa páxina persoal de Facebook.
O vídeo, que contabiliza máis de 15.000 visitas, inclúe unha serie de afirmacións arredor da sentenza, os xuíces e o "feminismo radical" en que menospreza a vítima acúsaa de "parvadas". "A muller déixase facer evidentemente e disfrta", chega a dicir Méndez Naya, antes de asegurar que non viu as gravacións sobre o suceso pero si leu o ditame da Audiencia de Nafarroa. O profesor, que en 2016 foi sancionado pola universidade despois de que varias alumnas denunciasen os seus comentarios sexistas nas aulas, cualifica de "esperpento social" as protestas do feminismo pola sentencia e fala de que entre os xuíces "houbo un pacto": "Dixeron 'non podemos condenar a rapaza, que é o que había que facer, hai que cumprir coa profesión e co histerismo social'. Tiveron medo da presión social e eu condeno os xuíces que actúan así". Nos dez minutos de presuntos argumentos que duran as imaxes, Méndez Naya defende o maxistrado Ricardo González, quen emitiu un voto particular en que pedía a absolución dos condenados. "Foi el quen defendeu a xustiza de verdade". O profesor da Universidade de Santiago pecha a súa intervención afirmando estar a prol de que "se endurezan as leis" por delitos de agresión sexual "mais por outras cousas". "Hai que ser duros cos falsos denunciantes", di, "e se a lei é moi dura cos homes, vai haber mulleres que se aproveiten". A Universidade de Santiago de Compostela condenou o vídeo de Méndez Naya e anunciou a apertura dun "procedemento interno".
NOS_35056
Conversamos con María Casar, presidenta da Asociación Cultural Ergueitos, sobre O Diario Galego, programado para 2019.
-Que esperas de O Diario Galego? -Un referente para que teñamos unha visión desde nós mesmos, do que está pasando na situación política, económica, social e cultural actual. Necesitamos vernos nun diario. -Por que é necesario? -Os medios existentes non recollen a nosa realidade, non son plurais nin son o que esperamos os lectores e as lectoras dun medio de información. Está o Sermos semanal pero necesitamos máis, necesitamos medrar como sociedade e como suxeitos da información. -Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego ao tecido asociativo galego? -Visibilidade. O traballo asociativo, o traballo do activismo cultural, é un traballo de boca a boca, pero tamén necesitamos reflectirnos no que fan outras asociacións e no que está sucedendo ao longo do país. Precisamos ser visíbeis, existir. A xanela na que podemos mostrarnos debe ser un diario que nos ofreza espazo.
NOS_46204
A Consellaría de Educación, após as criticas dos sindicatos, non forzará á incorporación ás aulas o vindeiro día 25 do profesorado de grupos vulnerábeis mentres non se produza un informe da Inspección Médica.
A Consellaría de Educación viuse obrigada a rectificar, após as críticas dos sindicatos do ensino, e non obrigará á reincorarse ás aulas presenciais ao profesorado de grupos vulnerábeis mentres non haxa un informe da Inspección Médica que así o avale. Tampouco terán que voltar aos centros as profesionais que teñan a obriga de custodiar a fillos ou fillas até os 12 anos (incluídos), así como persoas maiores dependentes ao seu cargo. O regreso ás aulas para alumnas de 2º de Bacharelato e 2º curso de graos medios e superiores de Formación Profesional está prevista a partir da vindeira segunda feira, día 25, se se confirma a entrada da Galiza na fase 2 do plan de desconfinamento do Goberno español. A Mesa sectorial de Educación reuniuse esta cuarta feira para abordar o borrador de resolución da Consellaría de pola que se "reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019/2020", no que "se determinan as instrucións para o que resta do presente curso, e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario", segundo trasladan desde o Goberno galego. "Desbota o esforzo" do profesorado A CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, considera que a Consellaría está actuando con "temeridade" e cunha "absoluta falta de rigor", pois sinala que coas medidas organizativas presentadas por Educación "desbótase todo o esforzo realizado pola comunidade educativa para a implantación da teleformación, incluída a recente adaptación das programacións didácticas". "O documento que presenta a Consellaría contén instrucións de carácter organizativo para o profesorado e un Protocolo de medidas prevención para a reapertura dos centros educativos. En ningún momento ten en conta a opinión dos equipos docentes sobre a eventualidade e conveniencia da incorporación do alumnado, con que condicións e para que cometido", aseguran desde a CIG-Ensino. Desde o punto de vista sanitario, a central sindical valora que a proposta de protocolo "non cumpre coa Lei de Protección de Riscos Laborais ao tratar a todos os centros por igual e sen partir dunha análise pormenorizada de riscos en función dos diferentes centros, cando menos por tipoloxía". Desde FeSP-UXT consideran que Educación non modificou "demasiado" o texto que levou á xuntanza e ven "insuficiente" a idade das fillas e fillos a cargo (12 anos) pola que as docentes poderán pedir a non incorporación ás aulas. Así, destacan que se incluíra ás menores con discapacidade recoñecida e que dentro dos grupos de risco figuran as embarazadas. Volta só nalgúns casos Así mesmo, critican que o departamento de Carmen Pomar debería pór o foco nas "eivas" do actual funcionamento telemático, para "ser consecuente" coas propias instrucións da Consellaría. "De existir unha volta ás aulas esta debe centrarse basicamente no alumnado de 2º de Bacharelato que vaia concorrer á ABAU e só para casos nos que o profesorado teña detectado desconexión ou necesidades de apoio presencial, nunca como unha sorte de volta por completo ás aulas, se así é a vontade do alumnado", aseveran desde a CIG-Ensino, que considera que a volta ten aínda menos sentido no caso da FP. "Non pode haber unha volta ás aulas revestida dunha falsa normalidade", salientan, para apuntar que non aceptarán "que se produza unha nova sobrecarga de traballo para o profesorado". A mesa sectorial de Educación volverá reunirse na vindeira terza feira, cando tratarán o tema das oposicións de 2021.
PRAZA_13629
Constituirase este sábado en Ribadavia e ten o obxectivo de impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios e de promover o consumo de marcas e establecementos que se identifiquen coa cultura e lingua do país.
Promover o consumo de produtos galegos e en galego, que respecten, promovan e se identifiquen coa cultura e lingua do país. Ese é o obxectivo último da Irmandade Galega de Adegueiros, promovida polo Foro Enrique Peinador e que constituirá este sábado ás 12 horas en Santo André, Ribadavia, na sede do futuro Museo do Viño. Estará conformada non só por adegas, senón tamén por outras empresas produtoras do sector agroalimentario que tamén etiquetan en galego, centros de distribución e algunhas persoas de referencia, galegas e de fóra, "que contribuirán a afortalar as alianzas estratéxicas nun ambiente de crise que ameaza gravemente o agro galego". A Irmandade estará constituída por ao redor de 35 adegas de todo o país ao acto asistirán ademais representantes de todas as denominacións de orixe A Irmandade estará constituída por ao redor de 35 adegas de todo o país comprometidas coa lingua e cos produtos da terra e ao acto asistirán ademais representantes de todas as denominacións de orixe para facer forza na comercialización do produto. O obxectivo máis inmediato é impulsar o proceso de galeguización dos produtos agroalimentarios, para nunha segunda fase artellar unha estrutura capaz de establecer alianzas para unha mellor comercialización. Porén, a Irmandade tamén ten os ollos postos nos consumidores, aos que queren concienciar da importancia de consumir produtos e marcas, e de acudir a establecementos que respecten a lingua galega. Para iso procurarán nas organizacións sociais que articulan e vertebran a sociedade galega (partidos, sindicatos e movemento sociocultural) que promovan entre os seus afiliados o consumo responsable, que consiste que modificar os seus hábito preferindo produtos etiquetados en galego e establecementos que se identifiquen coa cultura e lingua do País. Finalmente, tamén se buscará acadar o apoio das institucións públicas (universidades, Xunta de Galicia, deputacións e concellos) para -din- "facer posible o que establece o Estatuto de Autonomía de Galicia e Lei de Normalización Lingüística: fomentar e potenciar o uso da lingua galega en todas as ordes da vida social e cultural de Galicia". O Foro Enrique Peinador lanzará o 25 de xullo unha campaña que terá como lema Galicia, cos cinco sentidos. Consumo gustos etiquetados en galego Con este obxectivo, o Foro Enrique Peinador lanzará o 25 de xullo unha campaña que terá como lema Galicia, cos cinco sentidos. Consumo gustos etiquetados en galego. A campaña terá un sentido práctico e pedagóxico, di Xosé González, presidente do Foro, e apelará a aqueles sectores comprometidos coa lingua "pero que non sempre son coherentes coas súas ideas á hora de consumir", como indicaba nunha entrevista con Praza hai unhas semanas.
PRAZA_14756
Alternativa Galega de Esquerda irrompe con forza no Parlamento malia a súa escasa traxectoria. O 'factor Beiras' e a agrupación do voto descontento coa forma de facer política foron as claves dunha coalición que non existía hai sete semanas e que se fixo forte nas cidades.
Da nada a nove escanos. A irrupción de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) foi unha das grandes novas da xornada electoral en Galicia. Con mes e medio de vida, a coalición formada por Anova e Esquerda Unida, co apoio de Equo e Ecosocialistas, foi quen non só de entrar no Parlamento, senón de facelo ao grande. Superou o BNG e converteuse na terceira forza política con máis de 200.000 votos. "Beiras representou o voto desencantado, contestatario, indignado e romántico", aseguraba na noite do domingo un xornalista galego afincado en Madrid na súa conta de Twitter. Algo diso semella haber. A formación liderada polo histórico nacionalista e Yolanda Díaz, coordinadora xeral de EU, recolleu o apoio do enfado e pescou tamén en caladoiros socialistas e do Bloque, especialmente nas cidades, onde a súa irrupción rachou con todas as expectativas. Non foi tanto o voto dos desencantados coa política, senón o dos desencantados coa vella política. Iso é o que pensan tamén na denominada Syriza galega. Non foi tanto o voto dos desencantados coa política, senón o dos desencantados coa vella política Abonda fixarse nos datos. Alternativa converteuse na segunda forza na Coruña e Santiago, superando o PSdeG nesas dúas urbes tradicionalmente socialistas. En Vigo, quedou a menos de 8.000 votos do PSOE, demostrando que a súa forza está no voto urbano e nas vilas de tamaño medio. De feito, se extrapolamos os resultados das autonómicas a unhas municipais, AGE gobernaría na Coruña e en máis dunha vila do país. Pero a conta non é tan fácil. Ninguén nega que o factor Beiras foi definitivo. Con 76 anos e logo dos seus continuos enfrontamentos dentro do BNG, puxo en marcha unha nova formación nacionalista, Anova, e argallou unha fronte de esquerdas que foi menos ampla do que quixera pero cuxos resultados resultaron mellores do que nunca pensara. O seu valor intelectural e a impresión de ser o único capaz de enfrontarse a Feijóo de maneira contundente fixeron o resto. Yolanda Díaz tendeu a man publicamente a outras forzas de esquerda antes do verán, pero os contactos informais viñan de antes Non foi el só. Yolanda Díaz teimou pola Syriza galega desde hai tempo, consciente de que os apoios de EU eran insuficientes para artellar unha alternativa ás forzas parlamentarias e á esquerda representada na Cámara galega. "Nós sós non chegamos", dicía a coordinadora xeral de Esquerda Unida nunha entrevista en Praza a mediados de xuño na que tendía a man publicamente a outras forzas progresistas, nomeadamente a unha Anova que daba os primeiros pasos. Pero en privado, os contactos informais e persoais viñan de moito antes, ademais de ser reforzados logo nas asembleas locais e comarcais daquel chamado Novo Proxecto Común e no que confluíron en moitas ocasións membros de Encontro Irmandiño e Esquerda Unida. No Día da Patria, o 25 de xullo, o que eran conversas e proxectos explicitáronse na oferta que Beiras fixo á esquerda galega e a "forzas de esquerdas que acepten o dereito de autodeterminación" para conformar unha fronte ampla de cara ás futuras eleccións autonómicas, que nin tan sequera estaban convocadas. A alusión era directa a Esquerda Unida, cuxas bases tiñan bastante claro xa o seu apoio á converxencia con outras formacións progresistas. Anova e EU fixeron visible a súa colaboración e as bases apoiaron maioritariamente a converxencia electoral. Aludindo á Syriza grega ou á Fronte Ampla do Uruguai, fixeron chamamento á unión doutras forzas ao proxecto, incluído un BNG que, por razóns obvias, nin pensou tan sequera na idea. Compromiso por Galicia, a outra póla que quedaba do galeguismo ou nacionalismo progresista, amagou e malia que nun principio rexeitaba entrar nunha fronte xunto a "forzas de obediencia estatal", acabou apoiando a confluencia das tres forzas por mandato das súas bases. Era demasiado tarde. As descualificacións dun lado a outro entre EU e CxG e o avanzado do acordo entre Anova e a formación de Yolanda Díaz impediron a creación dunha plataforma electoral aínda máis ampla. Alternativa recolleu e fixo útiles votos de EU, pero tamén apañou apoios dos desencantados coa política ou con outras forzas progresistas Aínda así, Equo e Espazo Ecosocialista, que abandonou Compromiso por Galicia, integráronse nunha coalición na que a forza principal residía en Beiras e en Esquerda Unida. Aí estivo a súa forza. En recoller votos -e facelos útiles- dunha EU que estaba en claro ascenso en Galicia pero que era incapaz de acadar o mínimo do 5% para entrar no Parlamento. Pero tamén en apañar apoios nacionalistas fieis a Xosé Manuel Beiras e daqueles desencantados coa forma de facer política e con líderes que carecen da relevancia mediática e mobilizadora dun dos fundadores do BNG. Con escasos medios pero con ilusión -e co apoio mediático de grandes poderes que buscaron no seu éxito a derrota doutros- AGE foi sumando e sumando na campaña. Con mensaxes claras, directas e sen ambigüidades, os mitins foron aumentando en aforo e afluencia cada día. E sen bandeiras partidistas. Aí radicou parte do seu éxito, nunha estratexia copiada da Syriza grega e que engadiu figuras simbólicas como o "zapatazo" de Beiras que se converteu en símbolo. Non conseguiu o seu principal obxectivo, que non era outro que "desaloxar o PP", pero si abriu unha nova época política en Galicia, onde a oposición xa non é bipartita, senón tripartita. A esquerda dividiuse e a dereita reforzou a súa maioría absoluta ante o descalabro de Bloque e, especialmente, do PSdeG. Moitas persoas que votaron a estes dous partidos en 2009 quedaron esta vez na casa. Beiras advirte que AGE "non son dous grupos senón unha alternativa con unidade de acción e programa común" Agora, queda ver como se organiza esa Alternativa Galega de Esquerdas no Parlamento e nas numerosas vilas e cidades onde conta cun apoio que nin os máis optimistas agardaban. Beiras, nunha entrevista na Cadena Ser, advertiu rotundamente que a unidade de acción e común é para longo. "Somos mestizos como os mulatos que melloran moito a raza, non somos dous grupos cada un polo seu lado como unha plataforma para apañar votos. Somos unha alternativa cunha unidade de acción e cun programa común e seguiremos así mentres dure a lexislatura, que non sei canto durará", rematou. Ao tempo, César Santiso, voceiro de EU na Coruña, abriu xa a porta a "todas as forzas de esquerdas" que se queiran unir a unha fronte "que será maioría". Para iso, seguramente, aínda haberá que agardar.
NOS_51172
A partir de mañá aplicarase en boa parte do Estado o copago imposto polo PP a determinados medicamentos enfermidades como leucemia, cancro de mama ou ril, tumores cerebrais ou hepatite C. Unha concentración na tarde desta segunda feira diante do Hospital de Burela convocada polo BNG reclama que a Xunta non se sume ao repagamento de medicamentos.
O BNG reclama da Xunta unha posición similar á tomada polos gobernos de Castela León ou Asturias que non aplicarán a resolución do repagamento dos medicamentos para enfermidades como leucemia, cancro de mama, hepatite C ou tumores cerebrais. O vicepresidente da Deputación de Lugo, presente na concentración, denunciou ao PP por non "ter corazón" e poñer en perigo a vida das persoas cos seus recortes. Entre os medicamentos que as persoas con enfermidades terán que pagar atópanse o Afinitor ou Tyverb empregados en casos de mama, o Votrient ou Temodal para o tratamento de cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente ou tamén remedios para a leucemia, tratamento de tumores malignos, a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. Son até 157 presentacións farmacolóxicas que se dispensan a pacientes non hospitalizados nos servizos de farmacia dos hospitais. O repagamento de medicamentos impostos polo PP aplicarase en boa parte do Estado Español a partir de mañá mais na Galiza agardarase até finais de ano. "A aprobación por parte do Goberno do Estado dunha Resolución pola que se obriga aos pacientes ambulatorios a afrontar o copago das menciñas que lle son dispensadas na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzar todas as liñas vermellas da sanidade" afirmou a voceira comarcal do BNG, Ana Ermida, que anunciou unha "batalla social e institucional sen cuartel" por parte das nacionalistas para paralizar o plano do goberno. O BNG demanda do goberno da Xunta que non aplique o copago, da mesma maneira que xa fixeron Asturias, o País Vasco, Andalucía, Castela León, Canarias e Navarra. "A decisión responde a unha política totalmente antisocial e inxusta, coherente coas formulacións neoliberais, que deixa desprotexidos a pacientes con patoloxías graves ou crónicas que xa pola súa enfermidade teñen o seu poder adquisitivo reducido e que, ademais, xa consumen outros medicamentos sometidos a copago, e que se deixan de tomalos poñen en grave risco a súa vida" sinalou Antonio Veiga. Pola súa banda, o deputado Cosme Pombo solicitou que a Xunta paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013 pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a aprobación do copagamento. Demandou do Goberno do Estado a derrogación da resolución que establece a obrigatoriedade de achega da persoa usuaria no pago dos medicamentos.
PRAZA_5553
Presenta un recurso ante a Xunta Electoral Central polo criterio seguido coa formación para o reparto de tempos. Segundo o organismo o Bloque non se presentou aos anteriores comicios europeos, polo que lle corresponde o mesmo espazo que a listas coma o Partido X ou o Partido Animalista.
O BNG non se presentou ás eleccións europeas de 2009. Iso é o que o afirma a Xunta Electoral, que vén de facer pública a distribución dos espazos electorais nos medios públicos galegos, TVG, RG e desconexións territoriais de RNE e TVE, e na que a formación nacionalista sae moi mal parada, con unicamente dez minutos sumados ao longo de toda a campaña electoral, o mesmo tempo que listas coma Partido Animalista, Partido dos Piratas, a Falange Española de las JONS, Democracia Nacional, Partido X ou Movimento Corriente Roja. A diferenza de Galicia, o criterio seguido polas xuntas electorais de Euskadi ou Catalunya foi o de computarlles a estas formacións o número de votos obtidos en 2009 no seu territorio Isto é así porque a Xunta Electoral parte do criterio de que o BNG non se presentou ás eleccións europeas en 2009 e que, polo tanto, nin obtivo votos, nin obtivo representación. Obviamente o Bloque si participou neses comicios, formando coalición con ERC, Aralar ou Eusko Alkartasuna e obtendo en Galicia 103.000 votos, un 9,08% dos sufraxios galegos. A diferenza de Galicia, o criterio seguido polas xuntas electorais de Euskadi ou Catalunya foi o de computarlles a estas formacións o número de votos obtidos en 2009 no seu territorio, calculando en función deses votos o tempo correspondente nos medios públicos. Cos 103 mil votos obtidos polo BNG en 2009, a formación debería contar con 30 minutos para os seus espazos electorais, o triple do asignado. O BNG anunciou xa a presentación dun recurso ante a Xunta Electoral Central, ante o que considera unha "auténtica declaración de guerra" que vulnera os principios democráticos e a legalidade vixente e que representa un "caso insólito" dentro do Estado español. "Non imos quedar calados ante esta decisión inxusta, antidemocrática e ilegal da Xunta Electoral Provincial, cuxa actuación é parcial e amosa animadversión, que só se entende se hai unha vontade explícita e deliberada de excluírnos da contenda electoral", sinalou o portavoz nacional no BNG, Xavier Vence. "A opción política de 103.000 galegos e galegas nas eleccións europeas non pode ser considerada igual que calquera partido que se lle poda ocorrer a calquera individuo ou grupo, ata agora inexistente ou sen presenza no país", afirmou Vence "A opción política de 103.000 galegos e galegas nas eleccións europeas non pode ser considerada igual que calquera partido que se lle poda ocorrer a calquera individuo ou grupo, ata agora inexistente ou sen presenza no país", afirmou Vence. "É un atentado aos dereitos da cidadanía e a democracia, porque intentan silenciar a unha parte moi significativa dos electores e electoras deste país. Non somos o mesmo que o Partido dos Piratas, que o Partido X, que o Movemento Corriente Roja, ou que a Falange".
PRAZA_12784
O colectivo, presentado en Santiago, inclúe a CIG, o BNG, Galiza Nova e varias organizacións de pais e pedirá á Xunta que non aplique as medidas do Goberno central a través de mobilizacións e peches. O pasado xoves xa se presentara outra na que participan CCOO, UGT, STEG e Congapa.
A CIG, o BNG, Galiza Nova, distintas asociacións de nais e pais(Anpas), movementos de renovación pedagóxica, así como diferentes organizacións estudantís como Comités ou a Liga Estudantil Galega constituíron a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para rexeitar as medidas de axuste do gasto público no ámbito educativo e esixir á Xunta que recorra o decreto "por invadir competencias" autonómicas. Así o aclarou en rolda de prensa o portavoz da plataforma e presidente da Asociación Sociopedagóxica de Galicia (AS-PG), Xoán Costa, na que tamén estiveron presentes representantes de diferentes Anpas da Comunidade, o portavoz de Educación da CIG, Anxo Louzao; a deputada do BNG Carme Adán; ou a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi. Non será a única plataforma deste tipo que haxa en Galicia, xa que o pasado xoves foi presentada outra na que participaban CCOO, UGT, STEG e Congapa. Pretungado polo por que desta desunión, Anxo Louzao, voceiro de CIG-Educación, aclarou que o seu sindicato "non recibiu comunicación" sobre a constitución do outro colectivo e fixo un chamamento a participar na plataforma da que forma parte. "Galicia é o ámbito natural para actuar fronte a unhas medidas que pretende aplicar" o Estado na autonomía. Xa que logo, o voceiro da plataforma, Xoán Costa, lembrou que a "obriga" do Goberno galego é "defender un dereito de todos" e "garantir que se preste nas mellores condicións posibles". Fronte a isto, sinalou que, "co pretexto da crise" o "PP golpea a educación pública, poñendo en cuestión o dereito á educación das clases populares". "O PP pon en cuestión o dereito á educación das clases populares" Malia o compromiso da Xunta de non aumentar o número de estudantes por aula, indicou a aplicación das medidas previstas no Real Decreto Lei 14/2012 suporán elevar os cocientes a 30 alumnos en Infantil e Primaria, 36 en Secundaria e 42 en bacharelato. Incremento que, apuntou, provocará a "masificación das aulas, impedirá unha atención personalizada ao alumno e atender ás súas necesidades específicas". Ademais, detallou que se imporá" unha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado de 25 horas en Primaria e de 20 en Secundaria. Isto, ao seu xuízo, traducirase, entre outras consecuencias, en que o profesorado terá que impartir materias das que non é especialista dificultando, deste xeito, a realización doutras funcións necesarias para o funcionamento do centro e para á calidade da educación pública. Segundo engadiu, a norma tamén traerá consigo a "non substitución" do profesorado de baixa ata que pasen dez días lectivos en "prexuízo" dos centros educativos que "verán alterado o seu plan de traballo cada vez que se produza unha baixa" e do alumnado "que terá que ser atendido por profesorado de diferentes especialidades conculcando o dereito á educación dos alumnos". Tamén explicou que as medidas "obrigarán a eliminar" o requisito de ofertar dúas modalidades de bacharelato por centro educativo. Iniciativa que, tal e como indicou Costa, "terá graves consecuencias na formación do alumnado que deberá desprazarse cando non conte na súa localidade coa especialidade que queira cursar". Por último, rexeitou a subida das taxas universitarias ao considerar que supón "un incremento desorbitado" que "pode superar o 50 por cento" e que se fixará en función do custo das titulacións. Isto, apuntou achegará "o prezo das matrículas ao que hai nas universidades privadas e impedirán que as públicas cumpran o seu papel de inclusión". Haberá concentracións comarcais o día 8 e peches rotatorios en centros de toda Galicia Ante estas consecuencias, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou que levará a cabo concentracións comarcais o día 8 de maio ás 19.00 horas e realizará peches rotatorios en centros educativos de todo Galicia. Así mesmo, avanzou que presentará resolucións nos consellos escolares e claustros de profesores da comunidade e reunirase cos distintos grupos parlamentarios galegos para analizar a aplicación das medidas no país. A Plataforma apoiará tamén a folga convocada polas organizacións estudantís nas universidades galegas e convocará, xunto coa Plataforma en Defensa dá Sanidade, unha manifestación en Santiago de Compostela o próximo día 3 de xuño.
NOS_19379
Comeza o xuízo polo ataque indiscriminado de comandos do ISIS a civís.
Salah Abdeslam, o cidadán francomarroquí considerado o único supervivente do grupo que en 2015 realizou un ataque indiscriminado contra civís en París, sentou esta cuarta feira no banco de acusados. "En primeiro lugar, quero testificar que non hai máis deus que Alá. E que Mahoma é o seu servidor e o seu mensaxeiro", dixo. "Iso verémolo máis tarde", retrucou Jean-Louis Peries, presidente do tribunal que o xulga. O vello Palacio da Xustiza de París é o escenario do proceso contra el e outras 19 persoas implicadas na morte de 130 persoas en seis restaurantes e bares, na sala de concertos Bataclan e o estadio deportivo de Saint-Denis o 13 de novembro daquel ano. Ademais, houbo case 400 feridos. Estado Islámico (ISIS) reivindicou aqueles ataques, que se produciron tras pedir aos seus seguidores represalias contra os países que como Francia estaban a combater a organización fundamentalista islámica no Iraq e en Siria. Vestido de negro, Abdeslam baixou a máscara negra que portaba sobre a súa barba negra para declarar. Preguntado pola súa profesión, respondeu con calma: "Renunciei a calquera profesión para me converter nun soldado de Estado Islámico". O proceso durará nove meses, un "maratón xudicial sen precedentes", en palabras do ministro de xustiza francés, Eric Dupond-Moretti, segundo recolleu Le Monde. Dos 20 acusados, 11 están xa en prisión á espera de xuízo, e seis serán xulgados in absentia (en rebeldía), aínda que se cre que xa faleceron. A maioría afronta unha pena de cadea perpetua. As próximas semanas dedicaranse á presentación das demandas (unhas 1.800, segundo Libération). Non será até o 28 de setembro que comecen os testemuños das vítimas do ataque dos tres comandos, armados con AK-47 e portando chalecos suicidas. Unha semana dedicarase aos que se produciron no Stade de France, en Saint-Denis, e nos cafés do centro; e catro, á sala Bataclan, onde estaba a actuar a banda estadounidense de rock alternativo Eagles of Death Metal. En novembro comezará o interrogatorio aos acusados, que non obstante non responderán até marzo do ano que vén sobre os detalles daquela noite e da semana previa. O veredicto está previsto para maio de 2022. Francia e ISIS, unidos polo diñeiro A cementeira francesa Lafarge está acusada de pagar perto de 13 millóns de euros a grupos xihadistas, incluído Estado Islámico, para asegurar o funcionamento da súa planta no norte de Siria nos primeiros anos da guerra, desde 2011 a 2014. A acusación fora desestimada en primeira instancia, mais o Tribunal de Casación ─máxima corte de xustiza gala─ acaba de anular a decisión, dando a razón ás ONG francesa Sherpa e alemá ECCHR. A multinacional recoñeceu pagos a intermediarios, mais nega a responsabilidade en que o diñeiro chegase ao ISIS. A corte de apelación rexeitara a acusación de crime contra a humanidade en 2019 ─aínda que mantivo as de "financiamento de terrorismo", "violación do embargo da UE" e "pór en perigo a vida doutras persoas". Porén, o Tribunal de Casación di que "un pode ser cómplice de crimes contra a humanidade malia non ter a intención de asociarse cos crimes cometidos". O 3 de decembro de 2015, dúas semanas despois dos ataques en París, o Parlamento rexeitou unha moción para investigar a responsabilidade de empresas galas no financiamento do ISIS.
NOS_17899
O presidente, Ramón Aguirre, asegura que "só é un 2%" da produción e que se debe a un cumprimento nos prazos. Aliás, aclarou que o dique flotante non se construirá.
Na Comisión de Orzamentos do Congreso español o presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), Ramón Aguirre, xustificou o traslado ao estaleiro de Puerto Real (Cádiz) de 8 dos 86 bloques do flotel contratado pola petroleira mexicana Pemex. Segundo Aguirre esta deslocación só supón o "2,3% da produción" e xustificou a decisión da dirección de Navantia na importancia estratéxica que supón para a empresa pública de construción naval na súa volta, afirmou, á construción civil. Aguirre asegurou que a decisión visa "optimizar o uso dos recursos da compañía en todos os seus centros de actividade" e evitar queixas por parte do armador perante os retrasos acumulados nos últimos meses, a xuízo da SEPI. Segundo os números da dirección de Navantia isto suporá o traslado a Cádiz 25.000 horas de traballo, dun conxunto total de 1,1 millón e un 0,7% da facturación --aproximadamente 1,1 millón de euros. Desde Navantia afirman que a deslocación de 8 bloques do floten supón o traslado de 25.000 horas e 1,1 millón de euros na facturación A SEPI desoe desta maneira as queixas e denuncias transmitidas polo comité de empresa de Navantia e @s traballador@s do estaleiro. Mais tamén as críticas dalgúns dos representantes institucionais do goberno galego, como o conselleiro de Economía, Francisco Conde ou o alcalde de Ferrol, Rey Varela, que salientaban o seu labor na negociación e xestión do contrato que, finalmente, irá parar tamén a Cádiz. Voces autorizadas do Partido Popular de Galiza demandaban un cambio de opinión por parte da SEPI que, a todas luces, non se producirá. Feijóo "non" comparte a decisión de Navantia O presidente da Xunta asegurou após o Consello da Xunta que "non" comparte a decisión de trasladar parte da produción do flotel de Ferrol a Cádiz e mesmo responsabilizou a empresa pública dos "retrasos" na construción do buque. O presidente da Xunta limitouse a afirmar que "non" partilla a decisión de Navantia e a responsabilizar a empresa pública dos retrasos na produción "Se esa é a xustificación para o desvío, ninguén pode empregar unha responsabilidade para xustificar outra irresponsabilidade", sinalou. Feijóo desmárcase da posición de Navantia mais, até o momento, as súas declaracións son meramente formais e non avanzou se iniciarán algunha acción para impedir a deslocación de parte da construción. Non haberá dique Así mesmo, Ramón Aguirre, descartou a construción do dique flotante en Ferrol --unha promesa electoral de Feijóo e un importante sopro de ar para o sector naval galego. Desde Navantia argüen que o proxecto exixiría dun investimento público que serían considerados axuda estatal. Un feito que foi rexeitado pola Unión Europea mais que se autorizou na construción doutros como o de Bretaña. "De ter que ser sostido con recursos públicos procedentes da SEPI ou de Navantia sería considerado axuda do Estado e, polo tanto, non sería refrendado polas autoridades de competencia", afirmou. Polo tanto, acrecentou, "esa forma de executalo non se pode levar a cabo"
NOS_58267
Produciuse á saída dun concerto da cantante Ariana Grande. A maioría das vítimas mortais son mozas e mozos. O atentado, a acción dun terrorista suicida, ten lugar a tres semanas das eleccións a Westminster. Os partidos suspenderon esta terza feira a campaña eleitoral. Daesh reivindicou a autoría do ataque, informou hai uns minutos Reuters. A policía identificou o suicida como Salman Abedi, cidadán británico de 22 anos nado en Manchester e de orixe libia.
Un novo ataque terrorista golpea Europa, desta volta no Reino Unido e a apenas tres semanas de a cidadanía británica ir votar nas eleccións xerais. O atentado produciuse á saída do Manchester Arena, o estadio en que se realizou o concerto de Ariana Grande -ídolo da infancia e da mocidade no Reino Unido-, polo que tiña como o albo a multitude -por volta de 21.000 persoas- que asistiu a el. Foi un único estourido explosivo, no vestíbulo do Manchester Arena, o que produciu a morte de 22 persoas e feridas a outras 59. Após manexar durante horas os servizos secretos norteamericanos que se trataba dun ataque suicida, fontes oficiais do Reino Unido confirmaron ese extremo e informaron da morte do autor do atentado. ARRESTADO UN HOME EN RELACIÓN CO ATENTADO Embora nas primeiras horas se especulou coa hipótese de o ataque ser obra dun lobo solitario, a policía acaba de informar sobre a detención dun home de 23 anos que estaría relacionado co atentado. Nen a súa identidade nen a do terrorista suicida teñen sido aínda facilitadas polo corpo armado. With regards to last night's incident at the Manchester arena, we can confirm we have arrested a 23-year-old man in South Manchester.— G M Police (@gmpolice) 23 maio 2017 O TERRORISTA SUICIDA, FILLO DE REFUXIADOS LIBIOS Segundo The Daily Telegraph, a policía tería identificado como o terrorista suicida Salman Abedi, un cidadán británico de 22 anos nado en Manchester. Abedi sería fillo dunha parella de refuxiados libios que terían abandonado o seu país por estaren de acordo co goberno de Muamar Gaddaffi. Nota: Esta información foi actualizada ás 18.46 h
PRAZA_10572
Baiona copiou en 2012 de Nova York a idea de areais saudables e ecolóxicos que se propagou por todo o Estado malia visións contrapostas entre a prohibición e a concienciación
Baiona copiou en 2012 de Nova York a idea de areais saudables e ecolóxicos que se propagou por todo o Estado malia visións contrapostas entre a prohibición e a concienciación"Un cambio tan importante non se podía facer con prohibicións porque xeraría rexeitamento". Así lembra o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a iniciativa que impulsou en 2012, cando era alcalde de Baiona, de crear alí as dúas primeiras praias sen fume de Galicia, modelo de areal saudable e ecolóxico que copiou de Nova York e que estendeu por todo o país ao ser chamado por Feijóo en 2015 ao seu Goberno. Hoxe en Galicia hai xa 141 praias sen fume en 64 concellos e a Xunta está a asesorar a outras comunidades que replicaron no resto do Estado un modelo que apela á educación e á concienciación pero que xera visións contrapostas sobre se sería máis útil impulsar ordenanzas municipais que permitan multar aos fumadores.Tras o impulso en 2005 por parte do Goberno de Zapatero de novas restricións legais ao consumo de tabaco en edificios públicos, en 2006 a localidade de L'Escala, en Girona, xa reservara nunha das súas praias un espazo para non fumadores. Era un momento no que as prohibicións legais aínda non chegaran aos espazos abertos senón só ao interior dos edificios. Ese paso seguinte deuse coa nova lei antitabaco de 2010, que entrou en vigor en 2011, cando tamén se estendeu a prohibición aos espazos ao aire libre de centros educativos, sanitarios ou parques infantís. En toda Galicia xa son 141 as praias sen fume en 64 concellos e a Xunta está a asesorar a outras comunidadesFoi naquel contexto cando, lembra Almuiña, soubo da iniciativa de Nova York de prohibir o consumo de tabaco en praias e parques e decidiu trasladala, coincidindo co 31 de maio de 2012, día mundial sen tabaco, a dous dos seis areais de Baiona: Ribeira e Frades. "As praias son un espazo no que os nenos pasan moito tempo, un sitio de ocio no que ven aos seus pais fumando", di o ex-rexedor e conselleiro de Sanidade. En 2014 Baiona ampliou a iniciativa a catro praias e agora todas locen bandeiras e carteis que as identifican como "praias sen fume", coa imaxe dun cigarro cruzado por unha liña vermella, como os sinais de prohibición. Porén, non existe prohibición porque non se pode sancionar a quen decide seguir fumando na praia. É unha cuestión (só) de educación.Un paseo pola praia da Ribeira, a máis céntrica e familiar da vila, permite comprobar que na area, entre nenos e nenas xogando, segue a haber restos de cigarros, que tardan unha década en degradarse e que polo seu tamaño non chegan a ser recollidos polas máquinas que limpan os areais máis turísticos. No chiringuito da praia, un home e unha moza fuman tranquilamente en dúas mesas distintas aparentemente alleos á bandeira de "praia sen fume" que ondea sobre a caseta. No chiringuito pode fumarse, igual que no paseo que bordea a praia, pero tamén hai quen o segue a facer na propia area. "Hai xente que non se dá conta, aínda que haxa carteis, pero a experiencia dinos que cando alguén lle indica a un fumador que é unha praia sen fumes, este apaga o cigarro ou sae da area", di Almuiña"Hai xente que non se dá conta, aínda que haxa carteis, pero a experiencia dinos que cando alguén lle indica a un fumador que é unha praia sen fumes, este apaga o cigarro ou sae da area", di Almuiña. De feito, nos primeiros anos da iniciativa, e así segue a ocorrer nalgúns municipios que a seguiron implantando despois, os socorristas ou membros de Protección Civil que vixían os areais informan aos fumadores das características da praia e reparten folletos, agora elaborados pola propia Xunta e facilitados aos concellos para a súa distribución. Na outra primeira praia de Baiona na que se implantou o modelo, a dos Frades, unha bañista habitual salienta como, cando iso acontecía, os fumadores deixaban de facelo, pero tamén como segue a haber xente fumando na area anos despois. "É cuestión de educación", resume.O camareiro do chiringuito da Ribeira négase a "ser policía de ninguén", un policía local cualifica a iniciativa de "tontería" e unha bañista salienta que "se a xente fose máis educada, non serían necesarias multas"Este verán no chiringuito da praia da Ribeira o camareiro, preguntado polos dous fumadores que hai nese momento no seu posto, sinala cara ao resto da praia: "E na area tamén, pero eu non vou ser policía de ninguén". A pregunta a unha parella de policías locais polos fumadores que segue a haber na praia non obtén mellor resposta. "Iso é unha tontería, así de claro", di un deles sobre a iniciativa de praias sen fume do seu Concello, mentres que o outro salienta que "esa [as praias] non é unha zona que estea prohibida pola lei" polo que a falta de ordenanza municipal que estenda esa prohibición, eles non poden sancionar aos que decidan seguir fumando alí. Tras máis dunha década de gobernos do PP, o Concello de Baiona pasou hai só unhas semanas a mans dun tripartito encabezado polo PSdeG, que polo menos este ano manterá o modelo en vigor que non contempla sancións e que defende o ex-alcalde e agora conselleiro.Vigo quere estender a iniciativa, con consulta popular polo medio, ao estadio de Balaídos, pero tamén será inicialmente unha medida de concienciación e dáse tempo para decidir se aproba unha ordenanza que implante a prohibiciónSete anos despois de implantarse a medida en Baiona, en Vigo o alcalde, Abel Caballero, volveu tornar en viral nas pasadas semanas a súa decisión de someter a consulta popular na web do Concello a posibilidade de facer zonas sen fume a principal praia da cidade, Samil, así como as gradas do estadio municipal de Balaídos. A iniciativa tivo un respaldo masivo, pero ao igual que en Baiona non pasará dunha recomendación e o Concello vaise dar tempo para decidir se aproba unha ordenanza municipal que lle permita convertela en prohibición e sancionar os incumprimentos. En 2012, ao tempo que Baiona implantaba aquelas dúas primeiras praias sen fume, a iniciativa aparecía tamén noutros municipios, como Mogán, en Gran Canaria, onde despois se aplicaron sancións. Pero a expansión do modelo de Baiona coincidiu coa chegada de Almuiña á Consellería de Sanidade. "Atopei técnicos de saúde pública que levaban tempo traballando noutros proxectos previos, como o fogar sen fume, e propúxenlles estender o das praias; acollérono moi ben e desde 2016 non paran de sumarse concellos", lembra, e salienta a extensión do modelo fóra de Galicia: "Murcia xa nos seguiu e Asturias, Andalucía ou Valencia tamén nos pediron datos sobre a iniciativa", di o conselleiro.Hai que dar o seguinte paso e sancionar aos fumadores? Almuiña elude a pregunta e insiste en que nos primeiros tempos de implantación dunha medida así é máis útil a concienciación que a prohibición. Desde a praia dos Frades, unha bañista dá outra visión do modelo: "Se a xente fose máis educada, non serían necesarias multas".
NOS_26849
Mañá venres día 2 comeza a Feira Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que deixará dez días de intensa actividade teatral, protagonizada fundamentalmente por mulleres.
Do 2 ao 12 de outubro. Son as datas da oitava edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO): máis de 30 actuacións, entre as que se atopan obras premiadas en diferentes certames internacionais e tres estreas absolutas, obradoiros prácticos, charlas para profesionais, obras de rúa e "algunha sorpresa sen desvelar", en palabras de Ánxeles Cuña, directora do Festival que organiza Sarabela Teatro. Moitas das obras son dirixidas e protagonizadas por mulleres e créase un "Encontro de Mulleres Creadores" por onde pasarán escritoras como Ana Romaní, Yolanda Zúñiga, Silvia Penas ou Chus Pato. No tocante á programación do FITO, Ánxeles Cuña destacou a diversidade e calidade das propostas, "unha mestura de compañías emerxentes e compañías cunha ampla traxectoria". Así, quixo poñer o acento na italiana Frida Kahlo, que pechará o FITO con 'La Merda', a portuguesa Teatro Art'imagem, que con 'As veias abertas da humanidade' repasará a obra de Eduado Galeano, a boliviana Teatro de los Andes, que será a primeira do seu país en estar en Ourense, ou a suíza L'Alakran, que malia carecer dun percorrido tan contrastado coma as anteriores, emprega unha linguaxe ruturista no mundo da escena que xa convenceu o público do Fringe de Edimburgo. Estreas galegas En canto ás propostas nacidas en Galiza, Cuña destaca as tres estreas de Matarile Teatro ('El cuello de la Jirafa'), os lugueses Lucecús ('A órbita do lucecú') e a obra para animación de rúa dos ourensáns Trécola Teatro.
NOS_30070
O domingo péchase o prazo para recibir microproxectos culturais na convocatoria para seren financiados no programa Música en Branco que se desenvolve na Coruña. A oitava barriografía, unha nova camiñada de Paseos polo Barrio e o Contedor de Feminismos despide a iniciativa pola memoria sonora do Orzán até o outono.
Quen queira optar ao financiamento dun microproxecto para o programa Música en Branco ten que acelerar a imaxinación xa que o domingo péchase a convocatoria aberta nesta iniciativa de Sinsal Audio e o Concellería de Cultura para recuperar a memoria sonora da Agra do Orzán.. As propostas escollidas apoiaranse con entre 2.000 e 3.000 euros para o seu desenvolvemento no mes de outubro. Para entrar na convocatoria non é preciso ser da Agra do Orzán, poderanse presentar iniciativas de todo o territorio galego con tal de que o proxecto xire arredor do patrimonio sonoro e musical do barrio da Coruña. Búscase a participación, en especial da veciñanza, a través dos colectivos que se moven no barrio, de persoas interesadas ou de quen teña unha idea brillante para recuperar e dárlle vida á música do Orzán. Para a elaboración dos microproxectos pódese tirar partido do traballo desenvolvido por Sinsalaudio na primeira etapa do proceso no que a consulta de fontes e máis de sesenta entrevistas forneceron un material de grande valor para coñecer o barrio e a súa historia cultural. O domingo péchase o prazo para presentar microproxectos que poden ser financiados por Música en Branco Os proxectos deben implicar dunha maneira ou outra á cidadanía e terán que desenvolverse como mínimo nun día e nun mes como máximo. Poderanse realizar nos espazos do barrio, comercios, áreas comerciais, escolas, locais sociais, bares ou no Centro Ágora.No blog www.musicaenbranco.org atópase a ficha de solicitude que comper acompañar dun CV antes do 30 de xuño. Máis información en http://musicaenbranco.org/convocatoria/. A investigación, a participación activa da veciñanza e a programación de actividades son os tres eixos sobre o que se constrúe Música en Branco,o proxecto de Sinsalaudio para o Concello da Coruña que se está a desenvolver no barrio da cidade. O feminismo en contedor Unha das últimas accións de Música en Branco será a instalación do Contedor de Feminismos o próximo día 3 de xullo ademais da oitava Barriografía, o proxecto de radio no propio barrio conducido por Xurxo Souto, e unha nova camiñada de Paseos polo Barrio. O Contedor de feminismos xurde dunha idea da deseñadora Uqui Permui e trátase dun arquivo móbil que busca recuperar, mostrar e documentar as historias das mulleres, das loitas feministas e de liberación sexual. Ao se adaptar a distintas condicións, neste caso, o contedor centrará a súa acción na memoria sonora e musical das mulleres migrantes na Agra do Orzán. Diante do Ágora situarase a instalación na que o público pode escoitar as historias das mulleres do barrio. A artista Carme Nogueira é a autora do dispositivo de mostra que fora inaugurado nas xornadas "Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos" en 2009. A última barriografía antes do verán terá lugar ás 11.00 horas o sábado en Katanga e consistirá na ollada ás identidades urbanas conducido, como toda a serie de programas radiofónicos itinerantes, de Xurxo Souto. O domingo ás 11.15 terá lugar a última camiñada de Paseos polo Barrio desde Meicende até o Estadio do Deportivo.
NOS_23233
A poeta Lupe Gómez (Fisteus, Curtis, 1972) escribe cartas. E ademais envíaas por correo postal. Os seus correspondentes, diversos, son a miúdo tamén escritoras e escritores. Fosforescencias titúlase o volume que recolle un bo monllo delas, todas de 2012, e que a finais de ano publicará Alvarellos.
"É un libro de cartas, de cartas íntimas, literarias, en prosa poética, e reais", sinala o director da editorial, Quique Alvarellos, "pois foron realmente enviadas aos destinatarios pola autora, que recolle tamén algunhas cartas de volta". Entre eles, Manuel Rivas, Neira Vilas, Emma Pedereira, o músico Xabier Díaz, o dramaturgo e editor Francisco Pillado, Yolanda Castaño ou Emilio Araúxo. Gómez, unha das autoras máis influentes da poesía galega recente, quixo agardar sete anos para dar luz a esta correspondencia. Que agora ilustra Anxo Pastor dentro da colección Libros do Sarela de Alvarellos. "Nas cartas recoñézome máis viva e sincera que nos libros que publico e escribo", chegou a afirmar. Traducións ao castelánFosforescencias non é a única novidade editorial de Lupe Gómez. O primeiro e o último dos seus libros de poemas aparecerán traducidos ao castelán en prestixiosos selos do xénero e con recoñecidas tradutoras. Pornografía, autoeditado en 1995 e reeditado por Positivas en 2012, foi o debut de Gómez e un título de culto. Violento e cru, directo, salvaxe, só aparentemente sinxelo, verá a luz na versión castelá da tamén poeta Luz Pichel (Alén, Lalín, 1947), coa que a autora comparte certas coordenadas literarias. Camuflaxe supuxo en 2017 o regreso de Lupe Gómez ás librarías despois de case sete anos. Publicado por Chan da Pólvora, recoñecido co premio da Crítica de poesía galega, saíu en inglés da man de Circumference Books e a poeta Erín Moure. A tradución ao castelán corre a cargo do escritor Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961), tamén director do Chan da Pólvora. Publicaraa Papeles Mínimas.
NOS_7630
Mítin de Anova e Esquerda Unida, mítin de AGE, en Pontevedra. Lidia Senra lanzou a mensaxe de que PP e PSOE están preocupados polo ascenso do que cualificou como "esquerda rupturista".
A candidata que representa a Anova na listaxe promovida por IU actuou no mítin como portavoz das "clases populares" e "clases traballadoras" e dirixiu un duro ataque a PP e a PSOE, aos que se referiu como partidos do réxime. Os movimentos sociais -o 15M, o 22M- son unha referencia constante nos discursos dos oradores quer de Anova quer de Esquerda Unida. "Xa hai tempo que nas rúas e através dos manifestos sociais se vén sinalando a necesidade de o medo mudar de bando", dixo Lidia Senra. A xuízo da candidata de AGE, o medo xa comeza a deslocarse, das clases populares ás elites, e iso é o que explica por que os partidos sistémicos incentivan a abstención, a non participación, o próximo 25 de maio. Proba de "desesperación e de medo considerábel", afirmou, é que o "Estado español é o único de toda UE cunha xunta eleitoral que impide que o Parlamento europeu faga campaña chamando a votar".
NOS_12409
13.000 buques navegan ao ano fronte á Galiza con mercadorías perigosas.
A renovación do servizo de practicaxe para a Costa da Morte preocupa nesa parte do litoral galego e non só nela. Hai intranquilidade polo feito de que un posto vital para a seguridade marítima, que dirixe a entrada e saída de buques a porto, fique sen cubrir, 20 anos após o 'Prestige', polos recortes económicos da Xunta da Galiza. do mar da Costa da Morte leva advertindo sobre as posíbeis consecuencias da renovación do servizo de practicaxe na zona. A xubilación do actual práctico —remata o 29 deste mes— fixo que a Xunta abrise unha convocatoria para cubrir esa praza, que debería dar servizo aos portos do Corredor de Fisterra (Corcubión, Cee, Corme, Laxe e Sada), tendo que estar á disposición de Capitanía Marítima as 24 horas e os 365 días do ano. A Galiza carece dun organismo propio para investigar os sinistros marítimos Mais a praza está aínda sen cubrir e o temor é que fique deserta, co que isto suporía, entre outras cuestións, para a seguridade marítima nunha zona como a mencionada, fronte á que circulan cada ano miles de buques con mercadorías perigosas. "É un sensentido, se hai unha urxencia e un barco ten que entrar a algún dos portos desa zona, non habería práctico!", indica a Nós Diario Daniel Pérez, deputado do BNG que levou esta preocupación existente na Costa da Morte ao Parlamento a través de diversas interpelacións e iniciativas. Pérez sitúa o problema na rebaixa "moi considerábel" das condicións económicas que terá quen opte a cubrir a praza. Mais tamén apunta decisións da Xunta como que no prego de condicións "non se contemplan zonas de fondeo nos portos de Cee, Laxe e Corcubión, cando o fondeo neste último xoga un papel importantísimo na seguridade marítima da zona durante os temporais de inverno". "Que non pase nada" José Centeno, profesional do colectivo de prácticos portuarios, confirma a este medio o perigo que supón que esa zona fique sen servizo de practicaxe: "Claro que é un risco para a seguridade marítima. Enfronte a eses portos hai un corredor onde pasan 40.000 buques ao ano, e hai que ter estes medios". Lembra, ademais, que a Xunta situou estes portos da Costa da Morte —a raíz da catástrofe do Prestige—, como zonas de "refuxio seguro" para barcos con dificultades. "E agora van deixar eses refuxios seguros sen práctico?", cuestiona. O deputado nacionalista afirma que desde o PP a resposta que se deu a estas preocupacións foi dicir que o servizo está garantido, pois en case de necesidade poderíase recorrer a prácticos doutros portos de titularidade galega. A finais da pasada semana, persoal da empresa Xeal e veciñanza da comarca concentrábanse diante das oficinas de Portos de Galiza en Corcubión para denunciar a situación. "O servizo do práctico é esencial, pola seguridade da ría e o futuro industrial", defenderon. O presidente do comité, Alfonso Mouzo, alertou de que se non hai práctico os barcos que levan á factoría as materias primas e recollen o produto final non poderían operar no porto de Brens. Henrique López Veiga, o ex conselleiro da Xunta que ri ao falar sobre o 'Prestige' Perigo Cada ano pasan fronte ás costas galegas ao redor de 13.000 buques con mercadorías perigosas. De feito, oito dos 13 maiores accidentes con verteduras de petróleo nas últimas seis décadas producíronse nas costas galegas. As competencias en salvamento marítimo do litoral galego están en Madrid Salvamento Marítimo é unha competencia do Goberno español e exércese desde Madrid. A Xunta ten competencias en augas interiores mais non fóra do límite de costa, onde se concentra a maior parte do tráfico de mercadorías perigosas e das verteduras que ameazan o litoral galego. E aí a competencia é do Estado, fracasando as reivindicacións e demandas de transferencia da mesma á Galiza que se teñen realizado. A última foi en 2019, cando o PP tombou no Parlamento galego unha proposición non de lei do BNG para a transferencia á Xunta da Galiza das competencias sobre salvamento marítimo. O PSdeG abstívose e En Marea votou a favor. "O importante non é a competencia, senón os medios", dixo o PP.
NOS_46635
O xefe de departamento do Hospital Lucus Augusti recoñece que a pandemia xa está a afectar. Hai xa días que sucedeu o mesmo nos complexos da Coruña, Compostela e Ferrol.
O responsábel da área cirúrxica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) confirmou hoxe que xa están a "reprogramar" algunhas operacións debido á situación na que vai evolucionando a pandemia. Con esta decisión, esténdese o criterio de adiar intervencións que non revisten urxencia na rede hospitalaria do país. Hai algúns días desde o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) concretaban que se estaban a asumir todas as cirurxías de urxencia ou por doenzas graves ao tempo que se cambiaban as datas para outras nas que non se pon en risco o benestar das e dos pacientes. A mesma situación correron algunhas citas no Clínico de Compostela e no hospital de Ferrol. Esta sexta feira foi o responsábel de cirurxía do centro sanitario lucense, Pepe Conde, quen recoñeceu que a necesidade de facer estes cambios xa chegou tamén alí dada a evolución epidemiolóxica. De feito, o HULA xa recibiu a infectadas polo virus procedentes da comarca de Ferrol. Conde concretou que o obxectivo desta medida é "non meter no quirófano a pacientes que poidan requirir unidades de reanimación". O tamén presidente da Sociedade Galega de Cirurxía, explicou que o servizo que dirixe estase a "amoldar" ao contexto, apostando máis na "cirurxía ambulatoria". É dicir, aquela que permite que as e os doentes marchen para a casa no postoperatorio. "Estamos a reprogramar pero non demasiado", di, pois é preciso "deixar camas libres en reanimación polo que poida suceder". Política específica O facultativo do HULA afirmou que, neste caso concreto de Lugo, si están a modificar as datas de intevencións por tumores graves a pacientes "que poidan ter ou preverse unha complicación post operatoria nunha porcentaxe alta" á espera de que pase o pico de contaxios da terceira onda da Covid-19. Por contra, sí saen adiante as de "vesículas, hernias, obesidade ou patoloxías no percozo como a tiroides". "Son pacientes que cremos que non requiren unidades de reanimación e así procuramos telas libres por se fai falla", resumiu.
NOS_56887
Un total de 1.240 persoas xa foron dadas de alta.
O número de casos de coronavirus na Galiza na actualización desta terza feira é de 5.973, segundo os dados proporcionados pola Conzsellaría de Sanidade. As áreas da Coruña, con 1.271 contaxios, e Ourense, con 1.187, son onde haimáis casos, se ben destaca a ourensá por ser moito menos poboación. Na área de Lugo hai 590, 504 na de Pontevedra, 1.077 na área de Vigo, 1.007 na de Santiago, e 337 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, informa a Xunta, 133 permanecen en UCI, o que é 3 menos ca onte emantense a liña de baixada que se rexistra desde hai días. 733 están en unidades de hospitalización (2 menos ca onte) e 5.107 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 48.337. Residencias No que atinxe ás residencias, 1.335 persoas contaxiadas están ligadas a estas instalacións, ben como usuarias (917) ou como traballadoras (418): Estas 1.335 persoas contaxiadas representan 22% do total de infectadas por coronavirus na Galiza. Porén, dos 384 falecementos que este virus provocou na Galiza, 168 son ligados ás residencias de anciáns. Iso supón case 44%, unha porcentaxe máis que preocupante, como denuncian familiares de usuarias e diferentes organziacións e colectivos. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galiza supón 3,7% do total das persoas residentes, segundo insiste a Xunta. A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
NOS_35775
O músico, director de cinema, actor, escultor, escritor, pintor e poeta Luis Eduardo Aute faleceu este sábado con 76 anos.
O cantautor LuIs Eduardo Aute faleceu este sábado aos 76 anos de idade, segundo confirmaron desde a SGAE. O artista foi un dos principais referentes da canción de autor en todo o Estado. Ademais de músico, Aute era director de cinema, actor, escultor, escritor, pintor e poeta. Nado en Manila (Filipinas) en 1943, regresou coa súa familia a España en 1954 para instalarse en Madrid. O seu pai regaloulle a súa primeira guitarra e actuou varias veces en funcións do colexio ao mesmo tempo que comezaba a pintar. De feito, expuxo por primeira vez a súa obra pictórica en 1960, ao mesmo tempo que desenvolvía unha incipiente carreira musical en grupos diversos como Los Sonor, sen esquecerse nunca tampouco da escritura e o cinema, disciplina na que tamén facía os seus primeiros intentos. Nos anos sesenta viviu o París da liberdade cultural e, tras coñecer fortuitamente a Massiel, escribiu as súas primeiras cancións: Don Ramón, Made in Spain, Rojo sobre negro, Aleluya nº1 e Rosas en el mar. Varias delas gravounas a propia Massiel con gran éxito. Animouse finalmente a gravar Aute as súas propias cancións cun single con Made in Spain e Don Ramón en 1967. Empezaba así unha carreira musical cunha trintena de discos, sendo o último deles El niño que miraba al mar en 2012. Foi premiado por unha curta no Festival de Cinema de San Sebastián, escribiu guións, publicou poemarios e revistas, deseñou portadas de discos, compuxo bandas sonoras. Abandonou a industria musical decepcionado, pero regresou nos setenta coa condición de ter liberdade total. En 1978 gravou Albanta, disco que inclúe a súa canción máis popular, Al alba, dedicado ás vítimas dos últimos fusilamentos do franquismo pero que con todo conseguiu burlar a censura da época. E puxo música á obra teatral Cinco horas con Mario, baseada na novela de Miguel Delibes. En 1983, en dúas funcións, gravouse no teatro Salamanca de Madrid o disco en directo Entre amigos, no que lle acompañan Teddy Bautista, Pablo Milanés, Silvio Rodríguez e Joan Manuel Serrat. Este novo traballo sería Premio Nacional do Disco 1983 do Ministerio de Cultura. No ano 2000 publicouse ¡Mira que eres canalla Aute!, un disco homenaxe no que versionan as súas cancións artistas como Pedro Guerra, Ana Belén e Víctor Manuel, Rosendo, José Mercé, Jorge Drexler, Joan Manuel Serrat, Joaquín Sabina, León Gieco ou Fito Páez. En 2001, tras cinco anos de traballo, deu a luz a súa película de longa duración Un perro llamado dolor, un proxecto de animación para o que realizou máis de catro mil debuxos a lapis. O filme publicouse en formato DVD acompañado dun disco coa banda sonora, composta polo propio Aute, Silvio Rodríguez, Suso Sáiz e Moraíto Mozo. Mentres estaba, como sempre, en permanente actividade creativa, sufriu un infarto en 2016 tras un concerto e acabou entrando en coma. En 2018 tivo lugar un concerto homenaxe en Madrid con Silvio Rodríguez, Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Ana Belén, Massiel, Víctor Manuel, Jorge Drexler, Ismael Serrano, Luís Pastor ou Rosa León. En 2019, do mesmo xeito que ocorreu en Madrid, celebrouse outro concerto de homenaxe en Barcelona con, entre outros, Paco Ibáñez, Quico Pi de la Serra, Maria del Mar Bonet, Marina Rossell, Sisa, Roger Mas, Los Tambores De Calanda, Estopa, Quique González ou Javier Gurruchaga.
PRAZA_11343
A eléctrica prescinde do seu provedor en Ourense, Unitono, e pon en risco 130 empregos logo de rescindir xa o contrato cunha empresa na Coruña. Os usuarios galegos serán agora atendidos desde Reus ou Colombia.
En dez días, os usuarios de Naturgy deixarán de ser atendidos por teléfono desde Galicia e en galego no caso de que chamen por calquera causa a atención ao cliente. Contestaranlles desde Reus (Catalunya) ou Colombia, segundo denuncia o comité de empresa de Unitono, en Ourense, desde onde 130 persoas prestan este servizo que será "deslocalizado" o vindeiro 15 de novembro. Naturgy deslocaliza o servizo de atención ao cliente e prescinde do persoal en Galicia; os usuarios serán atendidos desde Reus e ColombiaSerá un novo desmantelamento no sector do telemárketing, con fonda implantación en Galicia e cada vez con máis empresas ameazadas por deslocalizacións como as denunciadas en Naturgy ou en R. A eléctrica xa rescindiu o pasado agosto o seu contrato con Teleperformance, na Coruña, onde só mantén un pequeno servizo para atender as averías relacionados co gas. O 15 de novembro, segundo denuncia o comité, "todo desaparecerá" logo de moitos anos (dez no caso de Unitono), con 130 empregos, a maioría indefinidos, en risco. "É unha decisión empresarial e económica de Naturgy, para aforrar custos a costa do servizo aos clientes e dos postos de traballo", di desde o comité de empresa de Unitono Mirian Varela, que lembra que a empresa, mesmo en conversas coas administracións, destacou sempre a calidade do traballo e o bo facer do persoal en Galicia. Naturgy acusa a Unitono, o seu provedor en Ourense: "A decisión de deslocalizar é exclusivamente súa"Preguntada pola súa decisión, Naturgy acusa a Unitono, da que di que "fixo unha proposta á empresa para cubrir as necesidades de volume de traballo" da compañía. Xa que logo, insiste, "a decisión de deslocalizar é exclusivamente" desta empresa, "non de Naturgy" que, segundo asegura, "mantén a calidade do servizo 24 horas e sete días á semana tanto en español como en galego". O comité de empresa nega con rotundidade a versión de Naturgy e pregúntase "se tamén foi decisión de Teleperformance rescindir o seu contrato coa compañía en agosto". Ademais, e aínda que ata o 15 de novembro poida haber algún servizo en galego, Varela advirte de que "xa non será posible a partir dese día", polo menos completamente, e por unha simple razón: entre a nova plataforma de Reus e o persoal que desde Colombia realizará os traballos, un máximo de dúas persoas poden atender en galego. Quedan agora no aire 130 postos de traballo, máis da metade deles prestando servizos en exclusiva a Naturgy. Unitono aínda non especificou que vai facer con ese persoal, se vai ser recolocado ou, directamente, despedido, polo que o comité pídelle "que aclare xa que vai pasar". A decisión deixa no aire 130 postos de traballo, a maioría deles indefinidosAdemais, reclama á cidadanía "que tome conciencia e denuncie, mesmo a través de cartas dirixidas a Naturgy, a súa política de agresividade empresarial que a está a conducir, despois de moitos anos explotando os recursos naturais de Galicia, a levar agora o traballo fóra da UE cos datos de todos os clientes".Tal e como advirte Mirian Varela, a decisión de Naturgy de deslocalizar a inmensa maioría dos servizos en Colombia responde fundamentalmente a dúas razóns: "Os salarios son moito máis baixos e a lexislación permite incumprir determinadas normas en relación coa protección de datos ás que si están obrigados na UE". No caso dos postos de traballo que serán cubertos en Reus, advirte de que "mentres en Galicia o 90% dos contratos eran indefinidos, alí serán de obra e temporais". Para a representación do persoal, hai tres responsables da actual situación. O primeiro, din, Naturgy, "por prescindir do servizo actual de atención ao cliente co único fin de aforrar custos, aínda que sexa a costa da proximidade ou da calidade". Ademais, lembran que malia as demandas da Xunta ou da Deputación de Ourense, a eléctrica continúa sen contestar ás administracións sobre os seus plans de futuro en Galicia. O comité de empresa de Unitono acusa a Xunta de "mirar cara a outro lado en vez de poñer enriba da mesa as medidas para frear estas estratexias empresariais"En segundo lugar, acusan a Xunta que, "como se está a ver noutras empresas e sectores, mira cara a outro lado en vez de poñer enriba da mesa as medidas necesarias para frear este tipo de estratexias empresariais". "Mentres as administracións non tomen medidas para evitar que as emrpesas poidan usar o emprego e os dereitos dos consumidores, non se arranxará nada", di Varela, que cre que "se as compañías prestan na UE os seus servizos, debería ser na UE onde tivesen tamén a atención ao cliente, non só por proximidade, senón pola aplicación da lexislación comunitaria no ámbito laboral e de protección de datos". Ao tempo, o comité de empresa tamén acusa a Unitono "por non ser quen, en dez anos, de captar novos clientes que evitarían a situación actual". Sexa como for, pide que "a atención aos clientes de Naturgy en Galicia se dea con calidade no servizo e coa opción de que esta sexa en galego" e advirten dunha estratexia de "deslocalización total e absoluta" da eléctrica e doutras empresas no país, sen resposta ningunha por parte das administracións. A CIG denuncia máis deslocalizacións en CoremainPrecisamente, e á marxe das deslocalizacións múltiples que empresas auxiliares de R levan meses denunciando, a CIG alertou este luns tamén da que se podería estar producindo na empresa do sector das TIC Coremain. Segundo o sindicato, a compañía non renovou o contrato a un elevado número de traballadoras e traballadores, en concreto un 25% do persoal, entre xente da propia da empresa e ETTs, aproximadamente. A CIG alerta de que, "porén, mentres destrúe emprego en Galiza abriu a mesma actividade en Perú" e que desde que a empresa realiza actividades naquel país "reduciuse o volume de incidencias no centro de traballo galego".A central nacionalista advirte ademais de que o persoal ao que non se renovou, e cuxa actividade poderíase estar deslocalizando a Perú, realizou un enorme esforzo, a mediados de 2018, "atrasando unha suba salarial prevista polo convenio". "Varios traballadores están vendo como non se lles renova o contrato antes de que se faga a efectiva a subida acordada", di.
NOS_5332
O escritor e investigador Xosé Enrique Acuña expón nun artigo o pasado franquista de Sofía Casanova e cuestiona que se lle continúen a render homenaxes. A última, a do Consello da Cultura Galega co gallo do centenario da Primeira Guerra Mundial que se desenvolve estas segunda e terza feiras.
"Pode unha persoa, escritor ou escritora, que no seu día e con publicidade insistise en declaracións en apoio de Adolf Hitler e máis dos seus criminais métodos de goberno darlle nome a un centro de ensino?", así comeza Xosé Enrique Acuña o artigo "O brazo ergueito de Sofía Casanova" publicado en Biosbardia, a revista dixital sobre libros en galego dirixida polo xornalista César Lorenzo Gil. Ademais de publicar unha fotografía inédita rescatada de Fotos. Semanario gráfico nacionalsindicalista na que se ve a escritora, xa vella, rodeada dos seus netos co brazo erguido facendo o saúdo nazi na Polonia de 1938, Xosé Enrique Acuña percorre todo o pasado de Casanova de vinculacións coas ditaduras europeas do seu tempo, a súa simpatía polo réxime de Mussolini máis o seu posicionamento indiscutíbel da beira do golpe do xeneral Francisco Franco. "Manuel Fraga detectara xa desde os seus tempos como director do Instituto de Cultura Hispánica, o enorme valor propagandístico dos escritos anticomunistas de Sofía Casanova", sinala Xosé Enrique.Acuña O nome de Sofía Casanova loce en dous centros de ensino -Ferrol e Culleredo- e nas rúas de cinco concellos, ademais de continuar a recibir recoñecementos e homenaxes que Acuña debulla no seu texto, incluídos algúns promovidos desde entidades e organizacións da esquerda e o nacionalismo. "Manuel Fraga detectara xa desde os seus tempos como director do Instituto de Cultura Hispánica, o enorme valor propagandístico dos escritos anticomunistas de Sofía Casanova", escribe no amplo artigo no que percorre episodios desa relación afectiva da escritora co réxime franquista e cuestiona mesmo o rigor e a veracidade do seu traballo xornalístico. O artigo publícase en vésperas de que Casanova reciba un novo recoñecemento. Desta volta, da man do Consello da Cultura Galega que lle rende homenaxe en dúas sesións coa proxección do documental ficcionado A maleta de Sofía dirixida por Marcos Gallego e un posterior debate que terá lugar esta segunda feira día 14 no Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña e a terza día 15 na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago. "Foi unha auténtica pioneira no seu traballo xornalístico e forma parte desas primeiras reporteiras esquecidas e invisibilizadas que estiveron preto dos campos de batalla", sinálase na presentación do programa de actividades a respecto da escritora e xornalista. "O certo é que a figura da Casanova —como outros casos que aínda persisten para escarnio das persoas e colectivos, cargos electos incluídos, que nas súas mans está o darlle volta a tan pouca democrática e incivil circunstancia— continúa a ser homenaxeada nos frontispicios de centros públicos de ensino de Galicia e mesmo aireada, caso da páxina web dalgún dos centros sinalados, con santificantes e deturpadas versións da súa biografía", defende Xosé Enrique Acuña, no remate do seu artigo.
NOS_40863
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lamentou que a Lei Mordaza na que se ampara a condena non só non foi derrogada, senón que o novo texto que prepara o Goberno español "nin sequera suprime os aspectos máis lesivos da norma e séguense vulnerando os dereitos fundamentais de liberdade de expresión e de reunión".
O secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), Paulo Carril, asegurou nesta sexta feira que presentará todos os recursos legais "que sexan precisos" para evitar que Xesús Anxo López Pintos, antigo secretario comarcal da CIG-Ferrol, "teña que entrar en prisión". Pintos foi condenado pola Audiencia da Coruña por atentado á autoridade durante unha protesta do sector naval que tivo lugar en 2012. Agora, o Tribunal Supremo vén de confirmar esa sentenza, que, sumada a outra condena de nove meses pendente de execución, podería derivar no seu encarceramento. Piden prisión por "atentado" para un sindicalista por unha mobilización en Ferrol en 2012 Para evitalo, Paulo Carril e o actual secretario comarcal de CIG-Ferrol. Manuel Anxo Grandal, anunciaron que o sindicato vai presentar en primeiro lugar. alegacións pedindo a suspensión da execución da condena. "Hai moitos 'Billy El Niño' por aí" A partir dese punto, teñen pensado presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, e no caso de que este o desestime, "non dubidaremos en acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos en Estrasburgo e, de ser preciso, ao Comité Internacional de Dereitos Humanos da ONU". Campaña para solicitar un indulto Asemade, a CIG iniciará unha campaña para solicitar ao Goberno español o indulto de Pintos, e fai un chamamento a toda sociedade e organizacións sociais a que se sumen "porque ante a represión, a unidade debe ser total e sen fisuras, como foi a mobilización no Hotel Almirante en outubro de 2012". A central sindical tamén ten pensado reeditar a manifestación decorrida en outubro de 2019 para protestar pola situación de Pintos, e pensa en xuño como o mes no que volver concentrarse en Ferrol. Ferrol manifestarase o 29 de outubro en apoio a Pintos Segundo explicou Carril, o obxectivo é acadar a amnistía do antigo sindicalista "como símbolo de auténtica xustiza social ante as decisións inxustas dos tribunais, defensa das liberdades e posta en valor dunha vida de entrega militante na loita polos dereitos da clase obreira por parte de Pintos". Para o secretario xeral da CIG, fica claro que "non podemos permitir máis retrocesos nos nosos dereitos, nin que se pretenda amedrentar e criminalizar a loita obreira por esixir emprego e salarios dignos e o dereito a ter unha vida en condicións dignas".
NOS_25631
Os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol lembran que até o 22 os podemitas poden integrarse no partido instrumental das marés.
En Marea manterá a porta aberta a Podemos ata o último minuto. Os alcaldes de Compostela, Ferrol e A Coruña compareceron esta sexta feira para reiterar o chamado a Podemos a se unir ao partido instrumental, ao tempo que manifestaban aque até o 22 de agosto hai tempo para tecer a alianza. Desbotaban así, máis unha vez, a coligazón (cuxo prazo de presentación finaliza na media noite desta sexta feira) pero mantiñan a porta aberta a unha alianza co partido podemita. Os teléfonos continúan abertos para negociar, dixeron, mentres recoñecían que nas vindeiras horas haberá novas reunións e xuntanzas coa delegación de Podemos. En Marea, pois, sente que ten o tixolo polo mango. E aposta nos feitos consumados: finaloizado prazo para concorrer en coligazón só hai dúas vías: ou cada quen pola súa banda, soportando Podemos a factura da 'ruptura', ou ben Podemos acepta integrarse no partido instrumental. Os rexedores recoñeceron que a cuestón da fórmula de concorrencia non se limita ao eido xurídico, senón que entra no político: todos os actores políticos e sociais deste espazo deben participar en pé de igualdade. Os alcaldes tamén ven "bos sinais" en que desde Podemos acepten Luis Villares como candidato ou que estivesen dispostos a aceptar primarias conxuntas. Mais o importante é que Podemos sexa unha peza igual que o resto no puzzle que está a erguer este espazo político en Galiza.
NOS_553
Aposta por crear un "proxecto unitario" con Encontro Irmadiño, Acción Galega e Máis Galiza de cara aos comicios autonómicos
O panorama político galego en torno ao Novo Proxecto Común (NPC) segue a ser un fervedoiro de novidades. A última, polo de agora, é o paso dado polos Ecogaleguistas para constituírense como un novo partido político, Espazo EcoSocialista, de cara a ir tecendo os fíos que desemboquen nun "proxecto unitario" que podería ter nos comicios galegos o seu primeiro reto. Este sábado realizarase en Compostela a Asamblea Constituínte de Espazo EcoSocialista, un partido que xorde, afirman, coa intención de aunar esforzos en torno ao galeguismo e á "esquerda renovadora", achegando á política galega apostas polo pacifismo, ecoloxismo, a radicalidade democrática ou unha relación construtiva cos movementos sociais. Parten co obxectivo de ser un "partido amábel" e con capacidade para incorpoar sectores sociais que senten "desafección" polas formas ou formulacións da política tradicional. Neste punto, procuran un "espazo central na esquerda nacional" galega, desde onde achegarán as súas propostas para erguer o "proxecto unitario" do que formarían parte tamén Acción Galega, Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Compromiso por Galicia Neste sentido, as organizacións Acción Galega, Máis Galiza e Ecogaleguistas veñen de anunciar que chegaron a un acordo "de principios sobre bases políticas e liñas programáticas, de cara á súa confluencia nun novo referente político para o noso país". Apuntan, neste sentido, que "cumprindo o compromiso anunciado", estes principios comezarán a ser difundidos a partir de xa "para que sexan coñecidos pola cidadanía, ao tempo que se ofrece a esta a posibilidade de presentar as suxestións que estime convenientes". Nese acordo non está, polo de agora, Encontro Irmandiño, partidario doutros ritmos.
NOS_27262
Seis pubs e discotecas da Galiza ensaiaron onte a reapertura dun sector que leva practicamente parado desde o inicio da pandemia.
Seis locais galegos de ocio nocturno tiveron onte a oportunidade de ensaiar o que será a volta a normalidade do sector. Fixérono con gran demanda por parte da clientela. En locais como a Sala Pelícano da Coruña, preto dun milleiro de persoas estiveron máis de media hora agardando para poder entrar no estabelecemento. A Sala Pelícano é o maior dos locais (máis de 1.500 metros cadrados) que abría as súas portas a modo de probas. Xunto a el, participaron na iniciativa outra discoteca de menor superficie e catro pubs. Para entrar nas discotecas foi necesario facelo con invitación previa e cunha PCR negativa. En todos eles o uso da máscara foi obrigatoria. A ocupación dos locais no superou o 50% da súa capacidade no interior e o 75% en terrazas e espazos ao aire libre. As persoas responsábeis dos locais tiveron que garantir unha separación mínima de 1,5 metros entre mesas, así como as distancias interpersoais e os estabelecementos que participaron na proba piloto tiveron que fechar as portas á unha da mañá. Reactivación pendente Segundo destacou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzálo Trenor, que asistiu a posta en marcha desta proba "a pilotaxe permitirá obter datos en varios estabelecementos e o seu estudo facilitará mellorar as medidas para a reactivación do ocio nocturno cando se dean as circunstancias, xa que a finalidade última do plan é protexer a traballadores e clientela reducindo as posibilidades de contaxios". Trenor, que lembrou que a Xunta ten previsto aprobar en breve un plan económico de 4 millóns de euros para apoiar o sector, incidiu en que o obxectivo destas medidas é paliar "a baixada absoluta, ingresos cero", do sector, un dos máis castigados pola crise, que supón, "sen ningunha dúbida, unha parte importante en empregos" na Galiza. As verbenas, o 19 A semana que vén serán as verbenas as que ensaien a volta á normalidade. Arteixo, Lugo, Marín, Mondoñedo, O Carballiño e Tomiño acollerán o vindeiro 19 de xuño a seis orquestras participarán na proba piloto. "É un paso adiante moi importante", recoñeceu o secretario da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega), Pablo Franco, que amosouse "moi ilusionado" cun ensaio que lles permitirá "detectar problemas que se poidan dar durante o verán e buscarlles solución". "Podemos empezar a soñar con volver traballar", comentou Franco, unha ilusión á que tamén se referiu o presidente da Asociación Galega de Orquestras (AGO), Manuel Fraga, que indicou que a proba piloto serve ademais para "comprobar que a demanda en canto a verbenas segue existindo, por parte dos concellos e da xente". A proba piloto das verbenas contará tamén con indicacións específicas, aínda que con base nas últimas medidas publicadas esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade. Así, as persoas asistentes aos espectáculos deberán estar de pé, con máscara obrigatoria e só poderán interactuar coa súa unidade de convivencia. Ademais, non estará permitido o consumo de alimentos e bebidas no recinto da verbena, motivo polo que algúns concellos, como o de Mondoñedo, habilitaron en espazos independentes bares e até atraccións de feira.
NOS_20591
Para o comité, a administración debería adiar o traslado do centro, "recuperar o sentido común e sentar a negociar cos traballadores".
O xulgado declarou "ilegais" os servizos mínimos do 100% que a Xunta de Galiza decretou para o 112 e aceptou os propostos polo comité de greve, do 60%. Para o comité de empresa, a decisión xudicial debería servir para que a administración adiase o traslado á Estrada e sentase cos traballadores para procurar "unha saída ao conflito que a propia Xunta creou". Porén, empresa e administración manteñen, afirmou, a decisión de facer o traslado das emerxencias na noite do 18 ao 19 de abril, unha decisión que o cadro de persoal considera "temeraria", tanto por estar o persoal en greve, como porque "os problemas que o comité de empresa vén denunciando desde hai máis de dous meses, aínda non foron solucionados". Lembran que a plataforma informática que entra agora en funcionamento continuaba a dar "erros graves" e que "isto podería disparar os tempos de resposta e mobilización dos recursos necesarios para atender coa máxima eficacia as emerxencias que puideran xurdir". Denuncia, ademais, que é "neglixente" comezar a traballar deste xeito e advirten que "o que está en xogo son vidas humanas".
NOS_18720
Con 4,7% e 4,8%, respectivamente, Ourense e A Coruña presentan os retornos do investimento en vivenda máis baixos do Estado español.
Mercar un piso para sacarlle rendemento co alugueiro non é unha boa idea en cidades como Ourense ou A Coruña. Así o demostran os datos dun estudo realizado polo portal inmobiliario Idealista, que sitúa a rendibilidade bruta da compra dunha vivenda para poñela no mercado do alugueiro en 4,7% no caso de Ourense (só superada por Donostia, con 3,9%) e 4,8% no da Coruña. Son as máis baixas do Estado español, onde a taxa de retorno media mantívose estábel en 2019 en 7,4%. Con todo, segundo destaca o portal inmobiliario, as taxas das cidades galegas, aínda sendo as peores, multiplican por máis de dez a rendibilidade que ofrecen os bonos do Estado a 10 anos, que está en 0,4%. No caso das oficinas o retorno é maior, cunha rendibilidade bruta media do 9,9%, pero A Coruña segue a ser a excepción. É a única cidade galega da que Idealista ten datos, e vólvese situar como a última da listaxe, cun retorno de 5,6%. Mellor mercar locais en Lugo Do que si ten referencias Idealista é da rendibilidade dos investimentos na compra de locais para alugueiro. Neste aspecto, Lugo é a mellor alternativa no conxunto do Estado, cun retorno de 12,1%, segundo o portal inmobiliario. No extremo contrario figura novamente A Coruña, cunha rendibilidade de 6,8%. A medio camiño quedarían Ourense (7,9%) e Pontevedra (9,5%). A rendibilidade bruta media ao final do ano dos locais comerciais situouse en 8,9% no conxunto do Estado. Se os locais son o produto máis rendíbel, no extremo oposto figuran as garaxes, cunha media de 6,7%, atendendo aos resultados do portal inmobiliario Idealista. En Ourense, o retorno é menos da metade da media (3%), namentres na Coruña a taxa sitúase en 4,9%.
PRAZA_5522
O primeiro ministro da Fronte Polisaria, Abdel Gader Taleb, advirte de que o pobo saharauí "xa se enfrontou a Marrocos con menos armas e menos xente da que temos agora. Reclama unha solución á comunidade internacional e ve "decepcionante e distante" a relación do Goberno de España coa súa antiga colonia.
Os saharauís están cansos de esperar. Levan case 40 anos estrañando o retorno ao seu país e 23 desde o cesamento do fogo, escoitando promesas que leva o vento deste deserto hostil no que viven en condicións miserables. Aínda que case ninguén confía nas resolucións das Nacións Unidas, o pasado martes estaban moi atentos ás noticias de Nova York. Non foron boas. Foron as de sempre. A ONU resolveu non resolver nada até o ano que vén. A enorme paciencia dos saharauís está a chegar ao seu límite e nos campamentos está a levantarse un siroco que tamén golpea á Polisaria. O partido que mantivo unido este pobo fronte ao inimigo tamén sofre o desgaste. Con motivo do Fisahara 2014, o Primeiro Ministro da Fronte Polisaria, Abdel Gader Taleb Omar, recíbeme nunha modesta sala da residencia do gobernador da Wilaya (provincia ou campamento) de Dajla. Móstrase tranquilo aínda que non pode ocultar que se aveciña unha tormenta no deserto. Como valora a resolución das Nacións Unidas? A resolución non lle outorgou á Minurso (Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sahara Occidental) a prerrogativa para vixiar o respecto aos dereitos humanos pero o informe previo do Secretario Xeral, Banki Moon, obriga á ONU a forzar outro escenario se dentro dun ano non houbo avances. Ese informe recolle a implicación das Nacións Unidas nunha descolonización que ten que terminar en referendo. Por primeira vez sinala que non se poden explotar os recursos do Sáhara Occidental en contra dos saharauís. E ademais chama ás partes a asegurar o respecto dos dereitos humanos en colaboración cos organismos internacionais. Non é todo negativo aínda que sabemos que a resolución pode supor unha decepción para o pobo saharauí que empurrará á radicalización de posicións. A ONU é consciente e esperamos que iso os obrigue a acelerar o proceso. Vostedes están en desvantaxe fronte a Marrocos, que conta co apoio de Francia, un país con dereito a veto no Consello de Seguridade. Que os fai pensar que teñen posibilidades de alcanzar os seus obxectivos? "Marrocos hoxe é refén da súa propia ocupación" O conflito non só afecta os saharauís. Impide que se aborde a solución doutros problemas da zona como a inmigración, o terrorismo e o narcotráfico que tamén afectan a Europa. Ademais, Marrocos hoxe é refén da súa propia ocupación. Está a mobilizar tropas, corpos de seguridade e medios económicos para comprar apoios. Está nunha situación económica e política difícil e o seu descrédito impídelle moverse libremente no marco internacional. Tamén a poboación saharauí perdeu o medo en territorios ocupados e Marrocos non está nunha posición cómoda. Esta é unha guerra de desgaste que lle está pasando factura. A Francia tamén lle pasa factura internacional a súa falta de respecto aos dereitos humanos. E que opinión teñen vostedes do papel de España? Un dos nosos problemas é que non temos padriño. O noso padriño deixou de selo e iso levounos a esta situación. Os dous grandes partidos españois apoian a causa saharauí desde a oposición pero esquécena cando chegan ao goberno. Non representan á sociedade española, que está co pobo saharauí. Sentimos abandonados porque España non só ten unha responsabilidade histórica, tamén xurídica. Segue sendo a potencia administradora recoñecida pola ONU. Podería facer moito máis por nós como un país menos influente como é Portugal fixo pola descolonización de Timor. Cal é a relación actual co Goberno de Rajoy? "O Goberno do PP de cando en vez defende o dereito de autodeterminación, pero a continuación bótalle flores a Marrocos" Decepcionante e distante. Diría que aínda peor que co PSOE, que polo menos apoiou a cooperación e facilitou os visados para o enfermos pero o PP non fixo nin sequera iso. De cando en vez defenden o dereito de autodeterminación do Sáhara pero a continuación bótanlle flores a Marrocos. Durante os últimos anos, as negociacións centráronse máis no respecto aos dereitos humanos que na recuperación da soberanía. O noso obxectivo é a soberanía pero, como esa resolución se alongou, entendemos que o respecto dos dereitos humanos crea un ambiente propicio para o diálogo e permite que esta longa espera sexa máis soportable para os saharauís e que poidan expresar a súa posición sen coaccións. É un medio para conseguir o noso obxectivo final. Non pensan en aceptar a oferta marroquí de converterse nunha autonomía dentro de Marrocos? Marrocos carece do dereito de outorgar autonomía porque o territorio non lle pertence. O plan Baker propuña unha autonomía de 5 anos seguida por un referendo de autodeterminación pero Marrocos non o aceptou porque non admitía o referendo. Nós si. Só aceptaremos unha oferta admitida por todo o pobo saharauí e ofreceremos aos colonos marroquís que así o queiran, ter a nacionalidade saharauí. Seremos xenerosos con quen acepten a independencia da república do Sáhara Occidental. Non hai inimigos permanentes. Que ocorrerá se dentro dun ano a ONU non resolve nada novo? Non hai que esperar a ese día, hai que seguir traballando durante este ano para que o 29 de abril de 2015 se producisen avances serios. E se non é así? "A ONU tería a obriga de impoñerlle a Marrocos unha solución; cando a comunidade internacional quere, pode facelo" A ONU ten entón a obriga de imporlle a Marrocos unha solución. Cando a comunidade internacional quere, pode facelo utilizando medios militares ou sancións económicas. Iso privará a Marrocos da posibilidade de seguir reprimindo, que é a forma na que controlan hoxe a situación. Se tampouco esas vías funcionan, que opción queda a vostedes? Volver ás armas. Os saharauís están fartos. Valórano como posibilidade? Por que non? Non podemos estar cos brazos cruzados. Pero vostedes teñen potencial militar para afrontar unha guerra? "A Fronte Polisaria xa se enfrontou a Marrocos con menos armas e menos xente que a que temos agora" A Fronte Polisaria xa se enfrontou a Marrocos con menos armas e menos xente que a que temos agora. Nós estamos dispostos a todo menos a botarnos atrás. Quen pensan que a prolongación do conflito nos desanimará e aceptaremos a proposta marroquí, equivócanse. Están a empurrar á xente á radicalización. Observeino sobre todo nos mozos... Nós comprendemos a súa impaciencia. A dirección mantén contactos con eles e non é ningún segredo que temos dificultades para convencelos. A ONU fixou un prazo e temos que prepararnos para chegar a unha saída pacífica pero se non se alcanza esa vía, hai que estar preparados para outras opcións. A partir de que momento estarían dispostos a volver ás armas. A ONU fixou a data do 29 de abril, que é unha data determinante e se entón a resolución da ONU non cambia, faremos un chamamento a retomar as armas. É un tema de discusión actualmente non só nas instancias da Polisaria, senón en toda a sociedade do Sáhara. A ONU é consciente do sentimento xeral de impaciencia dos saharauís e por iso realizou o seu informe favorable á nosa autodeterminación. Nós non cansamos de repetirlles que deben acelerar ese proceso para evitar que caiamos de novo na violencia. Esperamos que a ONU avance, se non os saharauís deben prepararse para retomar as armas. A mocidade desencantada é un caldo de cultivo para grupos radicais como Al Qaeda. Temen que tenten captar a eses mozos? "Nós non temos ningunha relación con Al Qaeda; os marroquís traballan para tentar relacionarnos con eles pero durante 40 anos non puideron demostralo" Nós non temos ningunha relación con Al Qaeda. Os marroquís traballan para tentar relacionarnos con eles pero durante 40 anos non puideron demostrar nada. Somos grupos de ideoloxías opostas. A Polisaria pode afirmar que os servizos de intelixencia marroquís teñen relación con Al Qaeda e están detrás do secuestro do tres cooperantes nos campos de refuxiados co fin de cortar a axuda humanitaria e illar aos campamentos. Eses mozos e non tan mozos reclámanlle á Fronte Polisaria unha renovación porque os mandos do partido levan demasiados anos no cargo. Tamén somos conscientes diso e estamos a traballar para abrir paso aos mozos. O mesmo presidente no último congreso da Polisaria propuxo que houbese un novo secretario xeral e novos cargos pero as bases preferiron conservar a experiencia dos máis veteranos mentres dure esta situación de conflito e renovar a Polisaria paulatinamente. Agora xa hai algúns cargos novos e mulleres no parlamento. É outra cuestión que nos preocupa. Despois de 40 anos, que lle di ao seu pobo para que sigan esperando? Estes 40 anos, a pesar de todo, non foron en balde. Creamos no exilio unha estrutura dun Estado ao que o único que lle falta é recuperar a soberanía que a ocupación ilegal de Marrocos nos arrebatou. Seguimos esperanzados porque non temos outra saída.
NOS_55530
Segundo puido saber Sermos Galiza, desde xullo era de "dominio público" que se estaban a preparar dúas grandes operacións. Jorquera manifesta reservas sobre o "procedemento xudicial" do caso "Pokemon" e reclama respecto á presunción de inocencia mentres a xustiza aclara os feitos.
Ábrese a incógnita de cal pode ser o próximo caso e se irromperá, como "Pokemon", antes do 21-O Minutos despois da detención do alcalde de Ourense, nun importante operativo policial e cunha grande cobertura mediatica, agromaron as primeiras desconfianzas arredor da "oportunidade electoral" que fontes políticas atribuiron a esta operación. Sinalouse desde o principio a semellanza co acontecido co caso "Campeón" --causa dirixida pola xuíza Estela San José, moi próxima a Pilar de Lara-- pouco tempo antes das eleccións xerais. En troques, o procesamento do director do IGAPE, no marco do mesmo caso, fora atrasado para non interferir na campaña das municipais. Coñécese agora, que Pilar de Lara podería contar desde o pasado mes de xuño cos elementos suficientes para encetar a instrución deste polémico caso. Así mesmo, segundo puido saber Sermos Galiza, era de "dominio público" desde xullo que se estaban a preparar dúas grandes operacións xudiciais. Ábrese, pois, a incógnita de cal pode ser o próximo caso e se irromperá, como "Pokemon", antes do 21 de outubro. Jorquera cuestiona o procedemento En resposta a preguntas d@s xornalistas, Francisco Jorquera, insistiu en que "hai que deixar actuar á xustiza para que aclare os feitos" ao tempo que recalcou a necesidade de "respecto escrupuloso á presunción de inocencia". O candidato do BNG manifestou ter "reservas sobre o procedemento xudicial" do caso. As reservas de Jorquera centraríanse no feito de que o alcalde de Ourense ficase incomunicado durante 48h, sen poder ter contacto nin co seu avogado nin coa familia, aplicándoselle "un procedemento extraordinario pensado para casos de terrorismo" sinalou.
NOS_8439
En plena pandemia, María Vázquez e Víctor Duplá botan a andar a súa compañía propia, Amorodos Producións, un proxecto que viña de antes, con 'A xente 2.0'. O espectáculo adaptado, fóra dos moldes do convencional, propón unha experiencia grupal que cuestiona con humor e sen benevolencia o concepto mesmo da participación.
A xente. Que xente? Pois a xente. Pero quen é a xente? A xente é… Os demais? Si. Nós? Tamén. Todos. Todos?". Así escoitaremos reflexionar o elenco d'A xente 2.0, a carta de presentación de Amorodos Producións que se estrea esta mesma sexta feira no Festival Internacional Outono de Teatro (Fiot) de Carballo. Trátase da compañía formada no presente ano por María Vázquez e Víctor Duplá, que xorde logo de moito tempo de traballo xunto coa necesidade de se centraren naquelas cuestións que de verdade os moven, sen depender de ninguén, para explorar novos espazos, outras propostas e vías de investigación. A asemblea como palco Así, baixo a advertencia de se tratar dun "espectáculo non convencional", a obra coloca o público como asistente a unha asemblea. "Están metidos nela desde o principio e participan, claro", explica Vázquez en conversa con Nós Diario. Neste singular contexto, a obra desenvolve un relato sobre o descontento político, a tensión social, a necesidade de atopar outras vías, a importancia do público e a súa situación, así como a capacidade do grupo para transformar a súa realidade. "Penso que quen teña participado neste tipo de movementos se vai sentir moi identificado", comenta Vázquez "Penso que quen teña participado neste tipo de movementos se vai sentir moi identificado", comenta Vázquez. A reunión reflicte a incapacidade para avanzar: "Todos temos moitas ganas de cambiar, pero despois é moi difícil pórse de acordo", di a actriz e directora. Con esta problemática no foco, ofrécense mais dúbidas que respostas: "Eu o que sei é que as vías que temos non funcionan e hai que atopar outras, pero tal e como está a estrutura política e social é moi difícil sacar certos procesos adiante, e isto impide que todo poida cambiar". O desencanto e a frustración dunha longa listaxe de fracasos concíliase coa esperanza dun "igual esta vez é diferente", un "conflito constante" co que Vázquez se sente identificada. "Tal e como está a estrutura política e social é moi difícil sacar certos procesos adiante, e isto impide que todo poida cambiar", lamenta a actriz e directora O confinamento creativo Antes do confinamento, Duplá e Vázquez xa tiñan os dereitos e unha primeira versión d'A xente que estaban a piques de comezar a ensaiar. Mais cando se decretou o estado de alarma abríuselles outro camiño. "Víctor e mais eu somos parella e vivimos xuntos", di Vázquez, polo que o encerro lles ofreceu un longo período para poder crear, do que saíu unha nova adaptación case a catro mans: A xente 2.0. "Son unha persoa moi activa, dábame medo estar parada, malia que ás veces é bo", confesa ela. Xa varias adaptacións O texto orixinal do que parte a obra de Amorodos Producións asinábano en 2012 Jaume Pérez e Juli Disla, unha entre as múltiples colaboracións que cuñan baixo o selo Pérez&Disla. A peza foi finalista na XVII edición dos premios Max e galardoada como mellor espectáculo innovador do TAC 2014 (Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid). A adaptación do texto ao galego, nunha versión pensada para acoutarse ás restricións destes tempos de pandemia, incluíndo tamén esta realidade social no relato, está ao cargo de María Vázquez. A actriz, de recoñecida traxectoria na interpretación, xa adaptara a obra Liberto, nomeada aos María Casares na categoría de Mellor Adaptación, e, máis recentemente Cousas extraordinarias, do británico Duncan Macmillan. Volta ao teatro Cun elenco máis reducido (só eles e un terceiro ou terceira actriz de incógnito), sacan adiante unha peza sobre as preocupacións contemporáneas. "O teatro está para mostrar todo o que pasa e parecíanos un momento chulo para contalo, de cambios, aínda non sabemos cara a onde, se para mellor ou para peor", reflexiona. No que atinxe as artes escénicas, Vázquez considera que a pandemia agravou unha situación xa de seu moi precaria, na que a falta de implicación política coa cultura xoga un papel fundamental. Con todo, nas representación de Fariña nas que está agora traballando percibe as ganas do público de apoiar o sector: "Curiosamente o que deberían facer os políticos estao facendo a xente".
NOS_52666
O obxectivo deste proxecto, que leva o nome de "Bueu e a fala", é analizar a situación do idioma da Galiza en distintos ámbitos ao longo dos anos. As actividades da primeira edición decorrerán ao longo desta semana.
O Concello de Bueu impulsa a partir desta semana as xornadas "Bueu e a fala", un punto de encontro para analizar nesta edición e no futuro "a situación da lingua galega en diversos ámbitos". Nesta estrea debaterase sobre a presencia do idioma no audiovisual. "As concellerías de Cultura e Normalización Lingüística decidiron aproveitar a boa saúde do audiovisual galego e a estrea do filme Ons de Alfonso Zarauza para deseñar unhas xornadas que poñan en valor o galego como lingua de creación nun sector moi relevante a nivel internacional como é o audiovisual do noso país", explicaron esta segunda feira fontes municipais. As actividades comezarán esta quinta feira, 10 de decembro, cunha conversa virtual que se poderá seguir a través das contas de Youtube e Facebook do Concello. Baixo o título "A saúde do galego no audiovisual" fornecerán as súas interpretacións a cineasta Anxos Fazáns -que vén de exercer de axudante de dirección de Margarita Ledo para a película Nación-; o xornalista e director de cinema, Alberte Mera; a actriz Bea Campos e o director e guionista X. Henrique Rivadulla. A sexta feira, tamén ás 20.30 horas, as redes serán para falar co director Alfonso Zarauza que filmou Ons na illa do mesmo nome, pertencente ao municipio, o ano pasado. O sábado ás 12 horas o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras, presentará na vila a iniciativa lexislativa popular que se quere levar ao Parlamento para a creación dunha canle de debuxos en galego as 24 horas do día. O Xabarín é a imaxe representativa desta acción. Zarauza e Mera Xa ás 19.00 horas, no Centro Social do Mar, decorrerá a pre-estrea de Ons. Haberá un sorteo de entradas entre as persoas que envíen desde hoxe e até a sexta feira preguntas para facer nas conversas virtuais. A dirección de correo electrónico habilitada é [email protected]. Esta primeira sesión falando do galego no concello rematará o domingo co pase da cinta Reboiras, acción e corazón, dirixida por Alberte Mera. A proxección será no Centro Social do Mar ás 18.00 horas. Respecto a citas futuras, o concelleiro de Normalización Lingüística, Agustín Gallego, concretou que este programa nace coa vontade de ter percorrido. "Co galego podemos chegar a todas partes e demostrar que pode estar presente en ámbitos xa non só de creación cultural, senón tamén no comercio, no urbanismo, nas tecnoloxías, no deporte...", reflexionou.
NOS_17662
Washington eleva o nivel de advertencia a Rusia: "Estamos preparados para actuar". Kiev intensifica as operacións militares contra os rebeldes. Moscú realiza manobras militares na fronteira.
Horas de escalada de tensión en Ucraína. Os diferentes actores no conflito aumentaron o nivel de advertencias e ameazas. Tamén os feitos se suman a esta espiral de tensión: as fozas armadas ucraínas mataron a cinco rebeldes en Slaviansk (cidade de 120.000 habitantes que os 'pro-rusos' teñen como bastión). Kiev anunciou que o que cualifica como 'operación anti-terrorista' vai seguir en todo o leste de Ucraína. Mentres, Moscú (que advertiu ao goberno ucraíno dos perigos de empregar a forza contra a poboación de Donetsk) inicia manobras militares na fronteira con Ucraína. Desde un principio, Vladimir Putin asegurou que defenderían á poboación desa zona de Ucraína (e maioritariamente pro-rusa) se era atacada por Kiev. E Occidente segue a meter o pau no conflito. O secretario de Estado de EUA, Jhon Kerry, cargou máis unha vez contra Moscú, no que ve o único responsábel do conflito, e anunciou novas e máis duras sancións contra Rusia. E tamén quixo advertir do custo desa estratexia a Moscú. "Estamos preparados para actuar", dixo Kerry nestes días de despregamento de forzas armadas da OTAN nos países da contorna de Ucraína. Desde a Unión Europea o discurso é de acusar a Moscú de "instigar aos terroristas". Donetsk e Lugansk son os territorios 'alzados' contra Kiev, con ducias de edificios e organismos oficiais ocupados desde hai días polos rebeldes.
NOS_3578
A Consellaría de Educación di que aplicará as directrices do Ministerio aínda que manifesta as súas discrepancias e solicita que se defina como vai ser avaliado o alumnado para a promoción ao seguinte curso.
A Xunta considera que o Goberno central cae no "abandono de funcións" nas súas competencias exclusivas ao non definir os criterios de promoción e titulación para o alumnado na orde ministerial para a finalización do curso académico 2019/90. Para o Executivo galego, esta situación provocará "desigualdades" entre o alumnado dos diferentes territorios, "especialmente" naqueles que realicen as probas de acceso á universidade. Nun documento remitido esta quinta feira ao Ministerio de Educación, o departamento que encabeza a conselleira Carmen Pomar di que aplicará as directrices ministeriais, aínda que enumera unha serie de discrepancias que insta á carteira que dirixe Isabel Celáa a ter en conta para a súa inclusión na orde final. E é que, para a Consellaría de Educación, o Goberno estatal cae no "abandono de funcións" por non definir a forma na que, especialmente na ESO e o Bacharelato, o alumnado será avaliado para a súa promoción ao seguinte curso ou a obtención do título. Desta maneira, Educación asegura que a carencia de criterios unificados "provocará desigualdades entre o alumnado dos diferentes territorios", especialmente entre aqueles que realicen as probas de acceso á universidade este ano. Por tanto, o departamento que encabeza Pomar incide na necesidade de que o Ministerio de Educación concrete na súa orde o número de materias suspensas coas que é posíbel promocionar ou recibir a titulación. Así mesmo, a consellaría cre que nos cursos de final de etapa as medidas de recuperación estabelecidas para o arranque do curso 2020/21 "non son necesariamente de aplicación" o que provocará unha diminución na "calidade" do ensino recibido polo alumnado titulado. Formación Profesional No apartado de Formación Profesional, a Xunta ve "unha contradición entre os previsto e o que se tramitou" para a Formación en Centros de Traballo (FCT), é dicir, as prácticas coas que o alumnado termina o ciclo. Ademais, tamén considera que existen "cuestións técnicas ambiguas" no referente os ensinos artísticos e deportivos, ademais de detectar que "se omite calquera tipo de referencia aos ensinos de idiomas e de adultos". Tamén considera que as medidas arbitradas polo Goberno para un posíbel reforzo educativo en xullo "esixen a habilitación dos créditos oportunos do Ministerio a través do Fondo de Cooperación Territorial (sen estar vinculadas á xestión do Fondo Social Europeo)" para así "atender a eventual demanda das familias", o que deixa en mans das comunidades "arbitrar as eventuais medidas con ese financiamento". En canto á aposta por incrementar a posta a disposición de recursos tecnolóxicos, o Goberno galego ve "insuficientes" as achegas "enviadas até o momento" polo que reclama unha "dotación específica" para os diferentes territorios que dea cobertura á compra de equipos tecnolóxicos para iniciar o próximo curso. Críticas da CIG á Xunta Pola súa banda, a CIG mostrou a súa preocupación polas consecuencias da situación actual ante o final de curso e a preparación dos seguintes, aínda que expresa o seu apoio a algunhas das medidas acordadas pola conferencia sectorial, como a promoción e titulación con carácter xeral do alumnado, o papel do profesorado nos casos excepcionais sobre a promoción de curso ou converter a terceira avaliación nun período de reforzo e recuperación dos contidos dados durante o curso que agora se dá por concluído. No entanto, nun comunicado difundido esta quinta feira, o sindicato cre que "parches temporais e organizativos como a actividade en xullo ou os contratos-programa non son a solución", á vez que empraza á Consellaría de Educación a reorientar os fondos destinados programas de reforzo a "ampliar os cadros de persoal fixo para reducir cocientes e mellorar a atención ao alumnado". A CIG critica á Consellaría de Educación, á que acusa de "preferir que Madrid goberne no seu lugar", e empraza ao departamento que dirixe Carmen Pomar a que "faga o seu traballo e introduza as modificacións legais oportunas para dar cobertura aos cambios transitorios que necesitan os centros galegos neste final de curso e no próximo".
NOS_34698
O deputado nacionalista Néstor Rego reclama o "recoñecemento" do carácter "plurinacional" do Estado por parte dos socialistas
O Bloque Nacionalista Galego considera que o discurso do candidato socialista á presidencia do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, é "continuista" e fica "a medio camiño" nas políticas realmente transformadoras. "A xuízo do BNG o discurso desvenda un programa con chave social con algún asunto de interese mais en moitos aspectos fica inconcreto, vago e a medio camiño das políticas transformadoras que son necesarias", afirma o deputado nacionalista Néstor Rego. Entre os aspectos nos que discrepa o BNG está a aposta por "manter o modelo unitario do Estado sobre o marco constitucional e autonómico, frente o necesario recoñecemento do seu caracter plurinacional, como o é Galiza", pois Rego considera que Sánchez fixo un "eufemismo de cohesión territorial" que só pasa por perpetuar esa unidade. Rego salientou que este modelo estatal é "caduco" e "inválido par dar satisfacción ás aspiracións das nacións e solucións aos problemas da Galiza". O deputado salienta que o BNG "espera" que o candidato do grupo socialista cumpra "estrita e dilixentemente o compromiso" que ten establecido coa súa formación en relación á axenda galega "para dar solución aos graves problemas sociais e económicos que temos formulado no país, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de todas as galegas e galegos".
NOS_24180
Daph Sánchez Rodríguez (A Coruña, 1991) non se identifica 100% nin como home nin como muller. É unha persoa non binaria, a primeira na Coruña en mudar o seu nome facendo uso do arranxo de Lei de Mención Rexistral para persoas trans. Malia non gozar de recoñecemento legal, logrou o cambio sen renunciar ao xénero co que se identifica.
Que ou a quen denomina o xénero non binario? É complexo de explicar de maneira categórica porque dentro do xénero non binario hai moitas vivencias diferentes. Cando falamos de xénero falamos dun constructo social que fai referencia á clasificación binaria propia da nosa cultura, hexemónica, que estabelece dúas categorías, moldes ou caixóns moi ríxidos: home e muller. Esta clasificación dáse desde que nacemos de acordo coas características sexuais, coa prevalencia dun tipo de hormonas ou cunha combinación de cromosomas que se presupoñen. Despois está o xénero asignado, que se impón eminentemente a través dos xenitais e que leva a unha educación determinada que convida a cumprir cunha serie de roles asociados a ese molde no que te encaixan. E está a identidade de xénero ou xénero sentido, que sería o máis importante. No meu caso, eu son unha persoa non binaria porque non sinto que encaixe con ningún deses dous moldes. Non son completamente home nin completamente muller. Síntome máis cómode co xénero non binario, un concepto que se usa para definir realidades diversas que non encaixan co binarismo da sociedade actual. É un termo paraugas no que caben moitas vivencias distintas. Moitas. Eu, por exemplo, identifícome cunha persoa trans, non binaria e de xénero fluído. Que significa? Resulta difícil de entender cando o explico. Se trazamos unha liña imaxinaria e situamos home e muller nos extremos, case sempre a miña experiencia está perto do que suporía ser home, pero vou fluíndo. Hai momentos nos que me sinto máis cómode co que significa ser muller, outros nos que me sinto máis cómode co molde de home e momentos nos que me sinto completamente fóra diso, mesmo os dous á vez. As persoas non binarias gozan de recoñecemento legal? Estamos completamente fóra da lei, por iso é tan importante reivindicar e facer visíbel esta realidade. Agora mesmo non se contempla. Se non hai estatísticas, se non hai constancia oficial da nosa experiencia, non se vai lexislar. Non existe categoría xurídica para nós, mais hai algún documento oficial que fai referencia. Eu atopei un do Concello da Coruña na Rede de Bibliotecas Municipais que no capítulo de xénero pon: "home, muller, non binario, non especifica". Ese papel serviume para rebaterlle ao persoal do Rexistro Civil o seu argumento de que estaba a inventar a miña identidade. Existe malia non estar na lei e quedar fóra do anteproxecto de lei trans para poder avanzar na súa tramitación. En que momento decide dar o paso para mudar de nome? O proceso foi longo. Eu saín do armario en dúas fases. Con 14 anos decateime de que era unha persoa bisexual, e aclaro que a orientación sexual é algo que hai que distinguir de identidade. Nese momento saín do armario. Foi un proceso difícil xa que non tiven todo o apoio do meu contorno. Con todo, sempre sentín que en min había algo máis que era diferente, mais ao non contar con referentes, non era capaz de pórlle nome e sentíame mal. A finais do ano pasado tiven a sorte de atoparme con Amizando, asociación da que agora son parte. Ofreceume información e converteuse para min nun espazo seguro. Entón fun capaz de pórlle unha etiqueta a como me sentía realmente. Foi o que me axudou a saír do armario por segunda vez, como persoa trans non binaria. Nese momento tomei a decisión de esperar a que a proposta de lei trans se aprobase para poder mudar o meu DNI e por aí que son unha persoa non binaria. Mais ao ver que se atrasaba esa posibilidade resolvín ir adiante co cambio de nome. O meu o deadname non me identifica para nada e facíame dano que se utilizase. Se había unha lei que me permitía cambiar o nome, non tiña porque conformarme con menos. Foi doado? A primeiro contacto co Rexisto Civil foi bastante malo. Cando existe un trámite específico para a disforia de xénero esperas que na Administración pública te reciba unha persoa informada, mais non a atopei. O primeiro que me dixeron foi que non me ían facer o cambio de nome por disforia de xénero malia levar documentación acreditativa. Insistíronme moito para que fixera a mudanza pola vía habitual, de forma que estaban a disfrazar unha discriminación co pretexto de facer os trámites máis sinxelos. Tras ese primeiro contacto telefónico, tiña tanto medo de que chegado o día me rexeitasen o cambio que me puxen a investigar nas leis e na normativa vixente. Botei man da Instrución do 23 de outubro de 2018 ─sobre cambio de nome no Rexistro Civil de personas trans─, que permite o cambio rexistral do xénero sentido, o verdadeiro, mediante a simple expresión da vontade de formalizar ese cambio, e tamén do artigo 8 da Declaración de Dereitos Humanos, que dota de protección a identificación sexual, un elemento esencial da esfera persoal. En todo momento defendín que tiña cita para facer o cambio de nome por disforia de xénero, que existía esa vía, que cumpría todos os requisitos e presentaba toda a documentación exixida, e que polo tanto tiñan a obriga de recollela. E así o fixeron. Ao cabo de tres días xa recibín unha chamada que me deu a coñecer a resolución xudicial. Foi rápida e positiva. Sóubeno no momento, xa que se dirixiron a min como Daph. Máis referentes e linguaxe inclusiva Para Daph, o cambio de nome que vén de facer é un paso decisivo. A nivel persoal e colectivo. "O primeiro que fixen foi mudalo en todos os sitios para facer desaparecer o meu nome de antes. Para min é fundamental que se refiran a min con algo que me identifico". Por iso fai fincapé no uso da linguaxe inclusiva. "É unha cuestión de respecto. Cando coñezo unha persoa o primeiro que lle pregunto é como se chama e con que pronomes se identifica". Tamén pide referentes para as xeracións máis novas. "Eu tardei 30 anos en dar coa etiqueta que me identifica e coa que me sinto cómode". Hai que facelos chegar ás escolas e dalos a coñecer na sociedade, di, polo que tamén reivindica unha presenza maior de persoas e voces do colectivo Lgtbi nos medios e no audiovisual. "Cómpren representacións verídicas e fiábeis".
NOS_3449
Por segundo día consecutivo, Turquía atacou zonas controladas polas milicias curdas ao norte de Alepo (Siria). Para o Goberno sirio, o bombardeo turco representa un apoio directo aos grupos insurxentes.
Após bombardear os territorios controlados polo pobo curdo no norte de Alepo, Turquía lanzou un novo ataque contra a zona este domingo. En resposta a estas ofensivas, o Goberno sirio envioulles unha carta ás Nacións Unidas para informalas da situación. E é que as autoridades sirias consideran que estes ataques do Exército turco representan un apoio directo aos grupos insurxentes. Nesta liña, o Estado sirio esixiulle ao Consello de Seguridade da ONU que poña fin aos crimes de Turquía no seu territorio. Ademais, Turquía tamén respondeu a disparos de tropas de Damasco contra un posto militar turco no territorio de Hatay. Unhas horas antes, a artillaría turca atacaba as zonas da provincia de Alepo controladas polas forzas curdas. Segundo destacan analistas internacionais, Turquía é un dos principais obstáculos no proceso de paz sirio, tanto no eido político como no militar, polos seus ataques contra o pobo curdo, que colaboran con Siria na loita contra os grupos terroristas.
NOS_48219
O número 65 da Revista Galega de Educación, editada por Nova Escola Galega, pon o foco na exclusión da lingua galega na etapa infantil, onde só dous de cada dez crianzas falan en galego cos seus amigos e amigas.
O novo número da Revista Galega de Educación céntrase na preocupante situación do galego na etapa infantil, de modo que recolle unha serie de traballos que constatan a práctica exclusión da lingua galega entre as crianzas. Na presentación, que tivo lugar na sede da Real Academia Galega, Mariló Candedo, presidenta de Nova Escola Galega, expuxo que o novo volume pretende contribuír á reflexión no mundo educativo, e en toda a sociedade, sobre a lingua propia na educación das crianzas. Sinalou que a lingua "está atravesando un momento realmente malo", debido ao chamado Decreto do plurilingüismo, que reduce a presenza do idioma propio no ensino. Candedo reclamou "máis apoio institucional" para o labor de normalización no ensino A profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña puxo de manifesto a necesidade de traballar na formación para reforzar a transmisión do galego no ensino e denunciou que o traballo de normalización na escola "aínda se desenvolve con elevadas doses de voluntariedade". De aí que reclamara "máis apoio institucional". Na mesma liña, Antón Costa, membro do consello de redacción da revista, botou en falta "un traballo máis decidido por parte da Administración, que supere a idea de que o galego é non só un dereito de liberdade, senón tamén un patrimonio que paga a pena e que hai sobre el unha responsabilidade colectiva". Só se lle transmite o galego a un terzo dos nenos nados no século XXI Xaquín Loredo, investigación do Seminario de Sociolingüística da RAG, debullou o artigo que publica no novo número deu conta de cifras que ilustran a realidade que sofre a lingua galega. Só se lle transmite, apuntou, a un terzo dos nenos nados no século XXI. "Estes utilizan maioritariamente o castelán en todos os contextos de socialización onde se desenvolven diariamente, incluído o educativo, de maneira que oito de cada dez pequenos falan en castelán cos amigos", advertiu. Tamén tomou a palabra o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, quen salientou que a infancia e a mocidade "son o primeiro" á hora de estabelecer prioridades na política lingüística. "Non hai dúbida de que o futuro do idioma está na transmisión interxeracional",subliñou.
NOS_26923
Unha exposición no xardín de San Carlos da Coruña leva á Academia Galega o próximo venres día 1 á rúa. Trátase dun proxecto promovido pola institución xunto cun grande abano de entidades culturais e que fará visíbel a súa nova imaxe.
Un corazón difumínase coma unha onda arredor do L maiúsculo, inicial de palabras como lingua, letras ou libro que é a súa vez o número romano da conmemoración do aniversario do Día das Letras. Deste xeito explica Pepe Barro, do Grupo Revisión, xestación do símbolo da Academia Galega que a entidade presidida por Xosé Luis Méndez Ferrín pon ao dispor de quen queira festexar a data. Corazón como afecto, liñas de "latexo, de vitalidade" e cor vermella "de afouteza e decisión" nunha nova imaxe que está a imprimir a Academia non só no logotipo senón tamén coa posta a andar da súa nova web ou no deseño de actos como a exposición ao ar libre que se inaugura o próximo venres 1 de xuño ás 19.30 horas no Xardín de San Carlos da Coruña. Por vez primeira, canda a RAG, seis entidades representativas de sectores da cultura partillan do proxecto que porá á vista do público cincuenta carteis elaborados por outros tantos deseñadores coa participación de medio cento de escritores que colaboran para traer á memoria aos cincuenta escritores e escritoras homenaxeados no Día das Letras Galegas. Asociación Galega de Deseñadores, de Escritores/as en Lingua Galega, de Empresarios de Artes Gráficas, de Editores, as e Bibliotecarios e e Federación de Libreiros, entre outras, son as entidades que, asinan o proxecto xunto coa Academia. Con Celso Emilio en Celanova Inicia así a RAG un fin de semana no que tamén se desenvolverá o acto de entrada na institución coa lectura do seu discurso Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, que será respondido por Manuel González González. O 9 de xuño a Academia saerá de novo da rúa de Tabernas para se dirixir a Celanova onde terá lugar o plenario extraordinario con motivo do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana Yanes, Francisco Fernández Rei e Salvador García-Bodaño son as persoas numerarias da Academia que interverán no plenario.
NOS_39437
As contas só recibiron os votos a favor dos 10 edís do PSOE, polos 8 en contra do PP.
O pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou nesta terza feira os orzamentos de 2022, despois de que a abstención de Compostela Aberta (CA) e Bloque Nacionalista Galego (BNG) permitisen sacar adiante as contas do goberno en minoría do Partido Socialista (PSOE). Nunha sesión plenaria extraordinaria,o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, aprobou un orzamento que este ano chega até os 129,8 millóns de euros, 3,85% máis que o ano anterior. A esa cantidade súmanse os 3,4 millóns de euros das partidas para o Auditorio da Galiza e as empresas municipais. As abstencións dos 5 concelleiros de CA e os dous do BNG permitiron que os dez votos a favor dos edís socialistas foron suficientes para sacar adiante as contas, que recibiron oito en contra do Partido Popular (PP). A pesar de facilitar a aprobación das contas, as portavoces de Compostela Aberta e Bloque, María Rozas e Goretti Sanmartín, mostráronse moi críticas coa xestión dos orzamentos levada a cabo polo rexedor socialista. "Dúas caras" do Goberno local Ambas formacións políticas criticaron que o Goberno local ten "dúas caras". Unha "absolutista" á hora de tomar as decisións, representada por Bugallo, e outra "aberta ao diálogo", na que se atopa outra parte do Executivo. Para Goretti Sanmartín, "dentro do goberno municipal hai varios gobernos. Unha parte rancia, conservadora, que se nega a avanzar en políticas de esquerdas e que practica o absolutimo. E hai outra parte que recoñece o bo trabajo da oposición e apoia as súas propostas. Despois hai outra parte do goberno que non está nin para unha nin para outra cousa". Tanto CA como BNG criticaron tamén que os orzamentos "poderían estar aprobado moito antes". Neste sentido, a voceira de Compotela Aberta criticou que, despois de chegar a un acordo para sacar adiante as contas a principio de xaneiro, o PSOE tardara máis dun mes en aprobar as contas. María Rozas afirmou que "non somos o PSOE, nin moito menos o PSOE de Bugallo", para argumentar o apoio da súa formación as contas do Goberno local. "Ilusión orzamentaria" Pola súa parte, o portavoz municipal do PP, Alejandor Sánchez-Brunete, asegurou que os orzamentos aprobados son unha "ilusión orzamentaria", deseñada para "tratar de ocultar as ineficiencias das administracións". Sánchez-Brunete acusou o Goberno local de adxudicar "contratos a dedo" e de tirar millóns de euros recaudados "polo pago duns servizos públicos que non se corresponden co esforzo contributivo" da cidadanía.
PRAZA_14488
Este grupo de traballadores denuncia que "resulta paradóxico que o propio sindicato de CCOO que foi pioneiro en por en marcha este tipo de instrumentos de resolución de conflictos por vía extraxudicial, sexa o primeiro en non utilizalas cos seus propios traballadores".
A asemblea de traballadoras e traballadores de Forem Galicia afirma que recibiu unha negativa por parte da dirección de Forem-CCOO sobre a solicitude de promover procedemento de Mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais. A asemblea considera que a mediación podería supor unha solución "ao conflicto enquistado dende o primeiro momento do inicio da negociación e que esta rematara coa idea de que ningunha das partes perdeu, mantendo a dignidade que tódalas persoas traballadoras merecemos". Este grupo de traballadores denuncia que "resulta paradóxico que o propio sindicato de CCOO que foi pioneiro en por en marcha este tipo de instrumentos de resolución de conflictos por vía extraxudicial, sexa o primeiro en non utilizalas cos seus propios traballadores". E engaden que "todo isto indica, novamente, a falta de "intención" de negociación por parte da empresa e posiblemente a vontade de impoñernos un ERE coas súas condicións, sen ter en conta os principais criterios propostos pola asemblea das persoas afectadas". A asemblea decidiu desconvocar o peche que mantiña nos locais de CCOO en Compostela Ante a negativa e "vendo que non estamos a ser escoitados de ningunha das maneiras", a asemblea decidiu desconvocar o peche que mantiña nos locais de CCOO en Compostela.
NOS_54427
O president en funcións, Artur Mas, valorou na mañá do domingo o acordo ao que chegaron Junts pel Si e a CUP para investir Carles Puigdemont novo president da Generalitat. Afirmou que renunciou á Presidencia "porque cheguei á conclusión de que formaba parte do problema".
En declaracións aos medios na mañá do domingo, no transcurso do Consello Nacional de CDC en Bellaterra, Mas sinalou que "nestas últimas horas cheguei á conclusión de que, sexa xusto ou non, eu formaba más parte do problema que da solución. Non porque pense que restaba no proxecto, mais si había outra xente que non o vía igual (…) Debía ter a lucidez e a conciencia ampla do que se xogaba o país (…). Tiña que apartarme de maneira digna". Mas insistiu en que seguiría a traballar polo proces soberanista e destacou que será un dos primeiros en velar por que o acordo entre Junts pel Si e a CUP se cumpra. "A estabilidade é unha condición si ne qua non. E se alguén non a cumpre, estaremos para o denunciar. Confío en que se cumprirá. Os acordos están para se cumprir", afirmou. Sobre Puigdemont, agradeceulle que aceptara de inmediato o convite, "tivo a coraxe de dicir que si, sendo lexítimo que dixese que non. Eu non contaba con deixar de ser president deste xeito e decidín facelo en horas. E el en minutos tomou a decisión". En relación ao escenario estatal, Mas pediulles calma aos políticos españois, "que están nerviosos". "Temos unha idea clara: non queremos outro goberno do PP en Madrid". "A tensión e a falta de diálogo que provoca o PP non convén nin no Estado español nin en Catalunya", engadiu.
NOS_19261
A Xunta paga 74 millóns de euros anuais por prazas nas residencias privadas de maiores: 25 millóns de euros no Bono Autonomía debido á insuficiencia de prazas na rede pública e 49 millóns de euros para sufragar prazas concertadas en xeriátricos de empresas privadas.
A Xunta da Galiza destina anualmente 25 millóns de euros para o chamado Bono Autonomía que se concede a persoas que teñen recoñecido o dereito a unha praza nun centro residencial público de maiores mais que non poden acceder a ela por falta de dispoñibilidade de camas na rede pública de xeriátricos. A este desembolso anual que sae das arcas da Xunta para as empresas residencias privadas hai que sumar os 49 millóns de euros que a Administración galega destina para sufragar prazas concertadas en residencias de maiores de titularidade privada, unha cifra, esta última, que Nós Diario xa avanzou o pasado 7 de xuño. Así, en total, entre concertos e as novas cifras coñecidas respecto do Bono Autonomía, o desembolso da Xunta ás corporacións xeriátricas chega aos 74 millóns anuais. Estas cifras foron recoñecidas esta quinta feira, 10 de xuño, na comisión de Política Social do Parlamento galego polo director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta da Galiza, Fernando González Abeijón, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Olalla Rodil. A nacionalista acusou o Goberno galego de "drenar" fondos públicos a través dos concertos ás empresas privadas, que xestionan "oito de cada dez prazas" residenciais na Galiza. En canto ao prezo medio da praza concertada, González Abeijón sinalou que este aumentou por "dous factores": o incremento do IPC e a "homologación progresiva" do prezo medio a nivel galego coas tarifas do resto do Estado. Aliás, a nacionalista expuxo que cada praza pública supón un gasto de 11.780 euros anuais fronte á concertada con 12.716 ao ano, unha diferenza de 8% (936 euros de distancia). Estes datos, dixo, confirman a necesidade de "incrementar as prazas públicas e os centros de titularidade pública" para garantir un dereito social hoxe convertido "nun lucrativo negocio". Valoración da dependencia Na mesma comisión, a viceportavoz do grupo socialista Paloma Castro reclamou á Xunta que incremente o persoal dos equipos de valoración da dependencia "para evitar atrasos nas xestións, pagos ou listas de agarda". Castro denunciou os atrasos detectados hai meses no pago das libranzas de coidados no eido familiar, sinalando que eses pagos son esenciais para a compra de fármacos.
NOS_43997
Unha consulta da Unión de consumidores de Galiza canda UUAA e SLG indica a aposta dos consultados por acceder á información nos produtos lácteos. Tres de cada catro consideran que a información sobre o reparto, entre os distintos elos da cadea, do prezo que pagan polo produto tamén debería indicarse obrigatoriamente.
A práctica totalidade dos galegos considera que a orixe do leite debe figurar obrigatoriamente nos produtos lácteos, así como que tamén debería indicar o lugar de envasado. Son dúas das conclusións da consulta deseñada por UCGAL (Unión de consumidores de Galiza) canda as organizacións Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego e na que tomaron parte máis de 1.400 persoas. Preguntados polas mencións que ao entender das persoas consultadas deberían figurar na etiquetaxe dos produtos lácteos e en que medida deberían incluírse, o 95% consideran que a información sobre a orixe do ingrediente principal dos produtos lácteos e o procesado dos mesmos debería incluírse con carácter obrigatorio. Entenden tamén que debera incluírse obrigatoriamente a indicación sobre o lugar de envasado do produto o 89% dos participantes no estudo. Ademais, tres de cada catro persoas consumidoras galegas consideran que a información sobre a alimentación que recibe o gando e o reparto, entre os distintos elos da cadea, do prezo que pagan polo produto tamén debería indicarse obrigatoriamente. Para a Unión de Consumidores de Galicia estas cifras "desbaratan de forma rotunda" as opinións daqueles que avogan abertamente por un modelo de indicacións voluntarias sobre a orixe dos ingredientes principais dos alimentos. Lembran, ademais, que acaba de presentarse o borrador do proxecto de Real Decreto relativo ao etiquetado da orixe do leite como materia prima do leite e dos produtos lácteos, un texto que a xuízo dos representantes dos consumidores galegos non debera desaproveitarse para dar resposta a demandas como as reflectidas nesta consulta.
NOS_28410
Máis alá de situacións puntuais, as plataformas de usuarios e usuarias denuncian as deficiencias estruturais do servizo ferroviario de Renfe.
Unha avaría detectada na infraestrutura ferroviaria da liña que une A Coruña e Santiago de Compostela está a provocar demoras de, como mínimo, 30 minutos nos trens que circulan entre as dúas cidades. Tal e como informan a Europa Press fontes de Renfe, trátase dunha deficiencia no sistema de sinais que afecta a estación de Cerceda-Meirama e que, segundo Adif, xa estaría solucionada. Dous incendios en nove días poñen en cuestión a seguridade dos trens na Galiza Polo momento hai catro trens de Media Distancia afectados. A avaría non só provocou demoras nos convois que fan o traxecto da capital á cidade herculina e vicecersa, senón que os atrasos tamén alcanzan os trens que circulan até Vigo e Ourense. Este novo incidente na infraestrutura de Renfe provoca unha vez máis que as persoas usuarias de Renfe se vexan afectadas polas demoras dos convois. O pasado 27 de outubro, Nós Diario recollía as denuncias de viaxeiros e viaxeiras na estación de Compostela con billete para ir á Coruña ás 19.40 horas, mais cuxo tren acabou chegando con máis de 40 minutos de demora, o que derivou no atraso dos convois posteriores. Sen prazas as sextas feiras no tren A Coruña-Ourense este mes "Cada día peor, Renfe. [...] Agora mesmo con billete para saír ás 19.40 sigo agardando na estación e anuncian saída para as 20.24", denunciaba a deputada do BNG no Parlamento Mercedes Queixas na súa conta de Twitter. Atrasos e colapso na aplicación Alén do problema co acceso á viaxe en determinados días, tamén continúan as queixas polos atrasos das viaxes na chegada a destino, co que isto supón para as persoas que teñen que cumprir uns horarios de entrada ao traballo ou ás aulas das universidades. O sistema ferroviario de Renfe atópase 'colapsado' ante a escaseza de servizos Outra das situacións que máis se repite é a imposibilidade de entrar na aplicación que en moitas ocasións non permite o acceso. Unha da solucións, realizar a xestión a través das máquinas das estacións, resulta case imposíbel ao atoparse colapsadas, polo que denuncian que hai que realizar grandes fileiras diante da xanela de venda. Ante esta situación, moitas usuarias e usuarios optan por buscar outro transporte público, e a segunda opción é o autobús. Fontes de Monbus indican que traballan para aumentar frecuencias aínda que tamén se están a rexistrar numerosas fileiras que non dan resolto o problema en determinados horarios.
NOS_48638
O Comité económico e social europeo (Cese) advirte que o número de europe@s que non poden pagar a luz subiu en 10 millóns nos últimos sete meses. Desde 2004 a factura da luz incrementouse nun 65%. No estado español hai 1.200.000 familias sen enerxía.
O Comité económico e social europeo (Cese) puxo cifra á pobreza enerxética en Europa: 60 millóns de persoas non pode pagar o recibo da luz, 10 millóns máis que hai sete meses. Unha situación de tal gravidade que o Cese elevou ao Parlamento europeo un ditame de iniciativa para que se adopten actuacións coordinadas para combater esa situación. A factura da luz aumentou nestes 10 anos nun 65%, "o que ocasionou que moitas familias non teñan os recursos necesarios para poder pagar esas facturas". Os membros do Comité inciden en que a enerxía é un dereito esencial. "A enerxía, a calefacción, deebe de ter a consideración dun dereito, como a auga, pois é igual de importante". O Cese recoñece que hai unha "necesidade" de sensibilizar aos propios poderes públicos sobre esta realidade de pobreza. Facturas indescifrables No que atinxe ao Estado español, o segundo de Europa coa luz máis cara para o consumidor, hai 1.200.000 familias que non teñen acceso á enerxía. Esa é a cifra que na presentación do informe do Cese en Madrid deu a eurodeputada socialista María Irigoyen. A enerxía é un "dereito social básico" ao que esas familias non teñen acceso por mor dos altos prezos das compañías e a falta de ingresos.
NOS_43643
O fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, entrega no Parlamento a Memoria Anual do organismo, referido a 2021.
A Fiscalía galega aprecia unha repunta do índice de criminalidade após a caída rexistrada como consecuencia da pandemia da Covid-19, especialmente nos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica. Así o destacou esta segunda feira o fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, quen fixo entrega da Memoria Anual de 2021 da Fiscalía galega ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices. O documento, que será presentado ante os grupos políticos o próximo 10 de novembro no marco da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, reflicte un aumento da taxa de criminalidade no último ano. Os delitos de odio contra a comunidade LGTBI medraron 71% en 2021 Isto, a xuízo do propio Suanzes, débese á recuperación da normalidade despois de meses de medidas restritivas motivadas pola crise sanitaria. Con todo, o máximo responsábel do Ministerio Público emprazou á súa comparecencia na Cámara, prevista para dentro dun mes, para detallar o contido da memoria deste ano e que servirá, aliás, para analizar as prioridades de actuación, que seguirán centradas na loita contra os delitos contra a muller, a corrupción, menores e ciberdelincuencia. Ao mesmo tempo, Suanzes anunciou a organización a vindeira segunda feira, día 24, dun acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto do Ministerio Fiscal, que decorrerá no Pazo de Mariñán (Bergondo) con presenza do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz.
NOS_42364
A tradicional homenaxe do BNG das Mariñas a un dos seus máis destacados veciños, Antolín Faraldo (1822-1853) tivo este ano un carácter aínda máis reivindicativo pola súa exclusión da mostra sobre os 800 anos de historia da vila.
O Bloque Nacionalista Galego das Mariñas homenaxeou Antolín Faraldo no aniversario do seu nacemento (2 de setembro de 1822) en Betanzos, vila na que tivo lugar un acto que contou coa presenza da deputada Montse Prado e no que se criticou a decisión do goberno local de o excluír da mostra que sintetiza os 800 anos do traslado de Betanzos desde Tiobre até o actual centro histórico. "A súa figura nin tan sequera é mencionada" na devandita exposición, lamentou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río, quen sinalou a "incomodidade que produce a súa obra aos herdeiros do centralismo que combateu na década de 1840". Antolín Faraldo é un persoeiro central na historia de Galiza. Para Murguía foi o máis destacado dos precursores do Rexurdimento e o seu pensamento, encadrado na etapa do provincialismo da primeira metade do século XIX, concibía o país como unha realidade política diferenciada mais castigada polo forte movemento centralista que estaba a impor a monarquía borbónica. Logo de rematar os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, Antolín Faraldo dedicouse ao xornalismo. En 1842 incorpórase á redacción de El Recreo Compostelano, dirixido por Antonio Neira de Mosquera, e entre febreiro e outubro de 1845 funda e dirixe, canda José Rúa Figueroa e Antonio Romero Ortiz, El Porvenir. Nesta revista Faraldo expuxo o seu modelo político e económico para Galiza, que desembocaría na súa participación na Revolución de 1846. Foi el quen redactou a proclama da constitución da Xunta Provisional de Goberno de Galicia. Fracasada a revolución, vese obrigado a se exiliar en Portugal e é condenado en rebeldía por aqueles acontecementos. Ao ano seguinte conseguiría a amnistía e instalouse en Madrid. Até o seu pasamento en 1853 pouco se coñece desta derradeira etapa da súa vida.
NOS_1578
A través dun comunicado, o sindicato maioritario nos centros públicos galegos denuncia que o final do curso 2021/22 e a planificación do vindeiro están cheos de "incidencias".
A sección de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino) concentrarase esta sexta feira ante a Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades para exixir a demora no comezo do novo curso escolar, así como a redución de ratios de alumnado por cada profesor. CIG-Ensino critica a "unilateridade" da Xunta nos cambios dos currículos de ESO e Bacharelato Esta nova protesta desenvolverase no marco do calendario de mobilizacións que a central sindical está a levar a cabo para reclamar que se atrase ao 12 de setembro o comezo do curso 2022/23, previsto para o 8 de setembro. A través dun comunicado, o sindicato maioritario nos centros públicos galegos denuncia que o final do curso 2021/22 e a planificación do vindeiro están cheos de "incidencias". CIG-Ensino esíxelle á Xunta que manteña os apoios educativos até o 30 de xuño Asemade, CIG-Ensino lamenta no seu comunicado que "non se atendan as melloras" que reclamou en varias ocasións nas xuntanzas coa Xunta da Galiza na Mesa Sectorial. Mobilización en Santiago Con motivo desta desatención, a CIG chama a unha mobilización en Santiago de Compostela para que o Goberno galego atenda as demandas do sindicato sobre o comezo das clases e negocie "un plan estratéxico de redución de cocientes en todas as etapas educativas". CIG-Ensino chama a protestar nos recreos esta cuarta feira contra as "imposicións unilaterais" da Consellaría Ademais, a organización reclama "recuperar o papel protagonista" do profesorado de Infantil nas decisións sobre o período de adaptación, xa que o calendario deseñado e aprobado pola Consellaría estabelece que durará até o 16 de setembro como máximo. A CIG tamén inclúe nas súas demandas a recuperación de horarios lectivos de 18 sesións en Secundaria e ensinos de réxime especial, así como de 21 en Infantil, Primaria e Educación Especial "como xa comezaron a aplicar outros gobernos". CIG-Ensino entrega máis de 7.000 sinaturas para demandar a integración de todo o profesorado no grupo A-1 Así mesmo, reclama a Educación que para o próximo curso non peche ningunha unidade, singularmente no rural, "sen previa negociación" cos sindicatos nin cos concellos afectados; que reforce a atención á diversidade; e unha "redución da burocracia que afoga o profesorado" a través da dotación de máis persoal administrativo nos centros.
NOS_34507
Após o rexeitamento ás novas asignacións económicas.
O rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, ordenou o cesamento de todos os asesores da oposición, unha medida que tomou tres días despois de que o pleno municipal rexeitase a súa proposta de incrementar as asignacións económicas. A pasada quinta feira Pérez Xácome cesou un asesor do grupo municipal do PSOE, algo que a formación interpretou como "unha represalia" porque anunciaran que votarían en contra dunha proposta que levaba ao pleno municipal o rexedor e líder de Democracia Ourensana. En concreto, buscaba manter as asignacións económicas por partido aínda que sufra a baixa dalgún candidato, como foi o caso de DO que comezou con sete edís e agora conta con tres. Finalmente votaron en contra o PSOE e o resto de partidos, agás Ciudadanos. O alcalde advertira "arrieiros somos e teremos que volver negociar, a ver que persoal necesita cada grupo político", polo que esta segunda feira convocara os portavoces da oposición a unha reunión á que asistiron PSOE e PP, mentres que se ausentaron os portavoces de CS e BNG. No entanto o cesamento produciuse só para os traballadores da oposición mentres que DO mantén aos seus traballadores eventuais O alcalde considerou, respecto diso, que "rachou o pacto entre cabaleiros" e que agora ten "liberdade para dar renda solta ao que quería facer desde o principio do mandato". Así pois, cesou todo o persoal eventual da oposición e entregará o diñeiro deses soldos directamente aos grupos municipais. "Prefiro que os partidos teñan fondos e capacidade para elixir e gastar no que consideren". "Así poderán contratar se queren un persoal eventual que é un fenómeno e pagarlle 4.000 euros ao mes no canto de contratar 2 por 2.000 euros", engadiu. O motivo de facelo agora, indicou, é a ruptura deste consenso por "un xogo de coitelos durante os últimos meses", "con trampas e enganos" dos grupos políticos da oposición que "din que van votar unhas cousas e logo non o fan". No entanto o cesamento produciuse só para os traballadores da oposición mentres que DO mantén aos seus traballadores eventuais e recorrerá algunha das prazas para o seu grupo municipal, xa que os eventuais, explicou, "traballan para todo o grupo de Goberno". Así as cousas, cesou 3 eventuais do Partido Socialista, 1 do Bloque Nacionalista Gallego e 1 de Ciudadanos. Desde a formación nacionalista, o portavoz, Luís Seara explicou que o motivo da súa ausencia débese a que non participarán "no mercado persa no que o alcalde pretende converter o Concello". "Asistiremos cando nos chamen para falar de cousas que afecten o interese público", dixo.
NOS_35337
O colectivo aposta nesta sexta edición por "mulleres galegas ou mulleres vencelladas a Galiza que dende os seus proxectos de investigación contribúen día a día a mellorar as nosas vidas".
O Observatorio da Mariña pola Igualdade ven de editar a Axenda Feminista 2016 . Doce científicas son as protagonistas desta sexta edición. "Mulleres galegas ou mulleres vencelladas a Galiza que dende os seus proxectos de investigación contribúen día a día a mellorar as nosas vidas", asegura o colectivo nun comunicado. O Observatorio destaca que se os avances en ciencia e tecnoloxía non adoitan ter o recoñecemento social que se merecen "a invisibilización é moito maior cando se trata de mulleres". Un homenaxe a todas esas mulleres tanto "ás pioneiras que abriron o camiño como María Sklodowska Curie, Lise Meitner ou Rosalind Elsie Franklin, como ás que seguiron". As protagonistas da Axenda Feminista 2016 son Vanessa Valedeiglesias García (do campo da Toxicoloxía Xenética); Josefina Ling Ling (Astronomía e Astrofísica); Aida Fernández Ríos (Bioloxía Mariña); África González Fernández (Inmunoloxía); Sonia Villapol Salgado (Neuroloxía); Alicia Estévez Toranzo (Microbioloxía e Parasitoloxía); María isabel Fernández García (Química inorgánica); Gloria Revilla López (Fisioloxía Vexetal); Elena Vázquez Abal (Xeometría e Topoloxía); Susana Martínez Conde (Neuroloxía), Ana María González Noya (Química inorgánica) e María Isabel Loza García (Farmacoloxía). A axenda contén textos e imaxes de cada científica, para coñecer mellor os seus traballos e respectivas especialidades. A autora das tapas é a deseñadora Oreli Pello. Xa está á venda, por un prezo de 13 euros, e os puntos de compra poden consultarse nesta ligazón.
NOS_22729
O xulgado de Sarria ten aberta unha investigación para determinar se un dos parques eólicos que se levantan en Paradela cumpre coas medidas de protección ambiental pautadas pola Xunta. Tras unha denuncia de varias entidades, a Fiscalía concluíu que existen indicios de que non é así.
O xulgado de Sarria investiga a denuncia presentada o pasado mes de novembro pola Fiscalía contra a representación legal de Paravento SL –unha sociedade participada, segundo consta no rexistro mercantil, por Endesa (a través da súa filial Enel Green Power) e o Concello de Paradela–, en relación á construción dun parque eólico nesta última localidade. Tras concluír as dilixencias de investigación derivadas da denuncia impulsada polas asociacións Ribeira Sacra Rural e Amigos do Camiño de Santiago, o colectivo ornitolóxico Cigüeña Negra e o Sindicato Labrego Galego, o Ministerio Fiscal conlúe que existen "indicios" de que na execución do parque non se respectaron as medidas estabelecidas para a protección do medio ambiente. En concreto, a fiscala sinala que unha vez iniciadas as obras, "non consta que se adoptasen" as medidas específicas sobre protección do medio ambiente relativas á protección da atmosfera, animais e plantas recollidas na Declaración de Impacto Ambiental. A causa atópase de momento en fase de instrución, sen que conste ningunha persoa en condición de investigada. O xulgado si requiriu diversa documentación e informes, segundo confirman desde o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. No municipio de Paradela levántanse dous parques, o de Paravento e un segundo, promovido integramente por Enel Green Power. Xuntos suman 27 instalacións eólicas. Na súa denuncia, de xullo do ano pasado, as entidades impulsoras alertaban das "afeccións negativas" dos eólicos sobre a Ribeira Sacra, o Camiño de Santiago e sobre dúas especies de aves ameazadas, como son a tartaraña cincenta e a gatafornela. A este respecto, reclamaban un plan de seguimento da avifauna, ademais de medidas de protección atmosférica. O escrito emprazaba a Fiscalía a investigar "presuntos delitos de prevaricación e por omisión contra o patrimonio cultural e o medio ambiente". Nel, as entidades alegaban ademais que a Declaración de Impacto Ambiental, formulada pola dirección xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, non fai referencia ningunha ao Camiño de Santiago que, segundo incidían, conta cunha "especial proteción" e tamén se ve "afectado negativamente" polas construcións. Mobilización cívica contra os eólicos O impacto dos dous parques eólicos de Paradela espertou no municipio unha forte contestación social, que levou á constitución da plataforma cívica Salvemos Paradela. Algunhas das persoas impulsoras levan anos litigando coa empresa promotora das instalacións. Conseguiron reducir en tres o número de aeroxeradores e teñen no Supremo o trazado das liñas de alta tensión.
NOS_13353
Instan a Comisión Europea a iniciar o procedimento de infracción contra o Estado español pola permisividade coas verteduras de augas contaminadas con metais pesados da mina de San Finx, propiedade de Sacyr.
Nove deputadas e deputados do grupo dos Verdes/Alianza Libre Europea no Parlamento Europeo, fixeron unha solicitude á Comisión Europea para que inicie un procedemento de infracción contra o Estado español polas verteduras con metais pesados procedentes da mina de San Finx, en Lousame, comunicou este 3 de agosto Ecoloxistas en Acción. A mina, propiedade do Grupo Sacyr, foi denunciada en repetidas ocasións desde 2016, cando a Xunta da Galiza comezou a tramitar a autorización de verteduras, con varios procesos xudiciais e administrativos no medio para evitar que se retome a actividade mineira. Un estudo elaborado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) cando saltou á luz pública a nova, desvelou que as concentracións de metais pesados augas abaixo da vertedura multiplica por 28 os máximos estabelecidos nas normas de calidade ambiental no caso do cadmio, considerado unha sustancia extremadamente perigosa para a saúde. No caso das concentracións doutros metais, a presenza de zinc superaba oito veces os límites, mentres que a de cobre multiplicaba por sete o limiar marcado.Apunta Ecoloxistas en Acción que a pesar dos informes das funcionarias e funcionarios da Dirección Xeral de Enerxía e Minas -pertencente á Vicepresidencia segunda e Consellaría de Economía, Empresa e Innovación- nos que chamaban a suspender as actividades na mina até que un novo proxecto superara o trámite de avaliación ambiental, o 26 de xullo o Executivo confirmaba que vai acelerar o proceso para que a antiga mina de estaño e volframio volva cando antes á actividade. Tres altos cargos e funcionarios, entre eles Ángel Tahoces, antigo director xeral de Minas, están imputados por facer pasar no trámite administrativo presas de residuos mineiros por presas con fins hidroeléctricos. A entidade ecoloxista destaca que a "Xunta da Galiza era coñecedora destes feitos, mais non actuou, permitindo que a situación continuara até a actualidade", e sinala que a Oficina Europea contra a Fraude, un organismo da Unión Europea (UE), está a investigar se as axudas da UE outorgadas a Valoriza Minería, a empresa concesionaria, poderían ter implicacións legais para os funcionarios que as aprobaron.
PRAZA_20076
O futuro máis próximo de Djibuti non é a súa división xeográfica, senón os intereses xa creados nun corno de África pouco explorado e no que agroman proxectos chineses como son a construción de novos peiraos, aeroportos e a apertura da liña férrea entre Etiopía e Djibuti.
Djibuti é unha das portas de acceso ao canal de Suez, unha das rutas marítimas máis transitadas do mundo. É precisamente esa porta a única vía de acceso monetario a un país árido, coñecido como val do inferno, que serve de oasis de paz entre a marisma de guerras que o rodean. Fronteira terrestre con Somalia, Etiopía e Eritrea, comparte as costas con Iemen, de onde están a chegar a maior parte de refuxiados que se suman ao millón de djibutianos que sobreviven nunha extensión de area semellante á de Galicia e que linda coas lembranzas coloniais francesas e a presenza da maior base militar americana en África. A metade da poboación djibutiana é afar, unha etnia que, malia recoñecerse árabe segundo as lendas, non comparte cultura, lingua nin raza con aquela. Do mundo árabe si herdou a relixión, o islam, que mestura nela tradicións anteriores, como son as crenzas de que algunhas árbores teñen poderes sagrados, a práctica de cubrir os corpos dos mortos con manteiga ou as ofrendas ao mar como protección ás aldeas. Alén disto, a historia demostra que a súa xente é unha das máis duras do planeta, pois sobrevive a temperaturas que chegan aos 53ºC e secas perennes que dificultan o crecemento de calquera tipo de recursos naturais e mesmo de industrias. O triángulo afar, que comprende Djibuti, Etiopía e Eritrea, amais de punto de encontro de refuxiados, xunta tres placas tectónicas que presaxian a apertura dun novo océano que atravesará o Sáhara por completo. Aínda que hai probas que amosan que Djibuti se separa de si mesma un centímetro ao ano, o futuro máis próximo de Djibuti non é a súa división xeográfica, senón os intereses xa creados nun corno de África pouco explorado e no que agroman proxectos chineses como son a construción de novos peiraos, aeroportos e a apertura da liña férrea entre Etiopía e Djibuti. En Djibuti as casas non teñen cores e só as da parte colonial francesa resaltan por algunha que outra fiestra e algunha pincelada azul que destaca sobre o branco das paredes e os letreiros de rúas con nomes de cidades europeas. Nelas tatúanse deserto e sal, que non só dá sabor ao aire, senón tamén aos cafés e tés e duchas. O sal, incrustado en cada anaco do país, simboliza a fortaleza da súa xente, que deixa pegada por onde pasa.
PRAZA_2032
O colectivo envía unha carta aos concellos dos sete partidos xudiciais do seu ámbito para colaborar na asistencia, acollida, acompañamento e tramitación das peticións de asilo dos refuxiados que cheguen nas vindeiras semanas. "É necesaria unha resposta urxente, solidaria e activa", di.
O Colexio de Avogados da Coruña vén de ofrecer a todos os concellos do seu ámbito territorial a súa colaboración na asistencia, acollida, acompañamento e tramitacion de peticións de asilo para os refuxiados que cheguen a eses municipios nas vindeiras semanas e "ante a crise humanitaria que está a vivir a Unión Europea". O Colexio de Avogados ofrece a súa colaboración na asistencia, acollida, acompañamento e tramitación de peticións de asilo Así, o Colexio enviou xa por carta o seu ofrecemento aos 93 concellos que abrangue o ámbito territorial do colectivo que traballa en sete partidos xudiciais da provincia: A Coruña, Betanzos, Carballo, Corcubión, Muros, Noia e Ribeira. Mesmo no caso dalgún alcalde, como no da Coruña, o ofrecemento fíxoselle directamente durante unha xuntanza. A agrupación de avogados espera agora a resposta das administracións locais, que esta semana coñecerán máis detalles sobre o número de asilados que poderían recibir, así como dos prazos previstos para a súa chegada. "É necesaria unha resposta urxente, solidaria e activa que mitigue o sufrimento de milleiros de persoas", advirte o decano O decano do Colexio, Augusto Pérez-Cepeda, aclara que a xunta directiva do colectivo é "firme defensora da necesidade dunha resposta urxente, solidaria e activa que mitigue o sufrimento dos milleiros de pesoas que tiveron que abandonar Siria, Afganistán ou Eritrea polos conflitos bélicos ou situacións dos seus países". Por iso, insiste, decidiu ofrecer toda a súa colaboración en diferentes aspectos a través de convenios ou de calquera outro tipo de acordo cos case cen concellos aos que achegaron a súa proposta. A achega fundamental que teñen previsto realizar os avogados é a de colaborar e axilizar os trámites das peticións de asilo para facilitar así as xestións de todas aquelas persoas que cheguen a Galicia. "Nesta situación todos temos que intentar axudar e o que nós facemos e achegar o noso pequeno gran de area", aclaran desde o Colexio.
PRAZA_3108
Fronte ao despoboamento e a pesar da falta de servizos, hai tamén un rural vivo, con iniciativas económicas que resisten e outras que xorden. Falamos con persoas que decidiron poñer en marcha negocios sen marchar dos seus concellos, de Viana do Bolo a Monterroso, de San Sadurniño a Ribadavia, da Pobra do Caramiñal a Taboada ou Manzaneda
Falamos con persoas que decidiron poñer en marcha negocios sen marchar dos seus concellos, de Viana do Bolo a Monterroso, de San Sadurniño a Ribadavia, da Pobra do Caramiñal a Taboada ou ManzanedaO rural galego sofre dun acentuado proceso de envellecemento e de despoboamento en moitas zonas. Con servizos públicos -ensino, sanidade, transporte- que van sendo recortados e outros -conexión eléctrica, internet- cuxa calidade está lonxe da das cidades. Moitos mozos e mozas seguen marchando a outras zonas de Galicia, do resto do Estado ou ao estranxeiro. Pero hai tamén un rural vivo, con iniciativas económicas que resisten e outras que xorden, innovando e aplicando as novas tecnoloxías ás materias primas que sempre deron estas comarcas. Un rural con calidade de vida que anima aos seus habitantes a ficar e a desenvolver aquí os seus proxectos.Hai centos de exemplos. Explotacións gandeiras e de producións agrícolas que venden os seus produtos en todo o Estado e máis alá, empresas de deseño, do sector do téxtil, de cosmética... Falamos con algunhas persoas que decidiron poñer en marcha negocios sen marchar dos seus concellos, de Viana do Bolo a Monterroso, de San Sadurniño a Ribadavia, da Pobra do Caramiñal a Taboada ou Manzaneda. Por que traballar no rural?"Vivimos no rural, que é onde nos gusta vivir, onde temos unha calidade de vida indiscutible. Temos aquí as materias primas, así que tiñamos claro que debiamos vivir onde producimos""Vivimos no rural, que é onde nos gusta vivir, onde temos unha calidade de vida indiscutible. Temos aquí as materias primas, así que tiñamos claro que debiamos vivir onde producimos", di Marta, unha das socias de Muuhlloa, que produce cosméticos a partir de leite de vaca de Granxa Maruxa e plantas que cultiva a cooperativa Milhulloa, en Palas de Rei. "Vivimos en Viana do Bolo con total naturalidade. Polo tanto, no momento de montar un negocio non nos plantexamos facelo en ningún outro lugar. Eu, que son de procedencia urbanita, valoro moitísimo o sentido de comunidade que existe nas aldeas e pequenas vilas", apunta igualmente Marián, impulsora da marca de roupa para nenos e nenas Racataplán."Non hai os atafegos propios da cidade e estamos rodeados de natureza e paisaxes incribles. Criar os nosos fillos nun lugar así é todo un luxo""Vivir no rural achéganos benestar, tranquilidade, proximidade... Sentímonos moi agradecidos de poder vivir aquí e poder traballar no que eliximos. Non hai os atafegos propios da cidade e estamos rodeados de natureza e paisaxes incribles. Criar os nosos fillos nun lugar así é todo un luxo", comenta Carla, unha das responsables da empresa de cosméticos naturais Naturavia (Ribadavia). "Podemos dinamizar a zona ofrecendo aos veciños da comarca unha variedade de produtos moi ampla que non os obrigarán a facer desprazamentos longos para conseguilos e en moitos casos non atopalo", di Diego Villar, sobre o seu proxecto ComercialMida.es, situado en Taboada.De igual xeito, Loaira, unha das impulsoras do obradoiro de cerámica Raposiñas (A Pobra do Caramiñal) salienta que "cando ven unha veciña a buscar un cacharro para tomar o café, ou o caldo, leva un útil que está feito dende e para o rural. Facer cacharros está relacionado coa casa e nós producímolos dende a casa na que nacemos, para as nosas veciñas, persoas que saben que nos achegan máis que o feito de levar un cacharro. Alén diso, é o noso lugar"."Non entendemos instalar a nosa empresa fóra do lugar onde está a nosa materia prima, por responsabilidade social, ambiental e cultural""Tiñamos moi claro que un proxecto como este non pode ter outro marco que o que nos ofrece o espazo rural, o contacto directo coa natureza, coa xente do rural, as marabillosas vistas das que gozamos dende a nosa casa e que transmiten, en certa medida a nosa filosofía", di Sandra dende a granxa de San Sadurniño que elabora as celebradas Maruxas de nata. E, así mesmo, dende a cooperativa Amarelante (Manzaneda), Sonia sinala que "non entendemos instalar a nosa empresa fóra do lugar onde está a nosa materia prima, por responsabilidade social, ambiental e cultural. Achéganos apoio comunitario e as relacións directas coa comunidade; isto non o atoparíamos nunha zona urbana".Os moitos obstáculos"A nivel de infraestruturas estamos moi mal. Sobre todo con Internet, pois segue sendo unha utopía ter unha boa conexión no rural"Un desexo e unha aposta de vivir e traballar no rural que se atopan en moitas ocasións con dificultades e obstáculos. "A nivel de infraestruturas estamos moi mal. Sobre todo con Internet, pois segue sendo unha utopía ter unha boa conexión no rural. Non pode ser que teñamos aquí unha empresa e que cada dous por tres quedemos sen rede porque hai algo de vento. Temos tamén problemas coa conexión eléctrica: no rural pásanos que se se queremos incrementar a potencia, tes que mercar ti o transformador e pagar o reforzo da tensión. Está tamén o problema do transporte, sobre todo se non tes coche. Faltan moitas cousas", di Marta, de Muuhlloa.Unha denuncia semellante á que fai Sandra de Maruxas de nata: "os servizos e infraestruturas non están ao nivel que podemos atopar, por exemplo, nun polígono industrial, no que todo son facilidades nese campo. Tivemos que lidar e seguimos lidando con diferentes dificultades, por exemplo en algo tan básico como o normal subministro da enerxía eléctrica necesaria para a nosa actividade"."Os recortes fixeron moito dano: os servizos sociais están moi minguados; nunha vila nótase máis que nunha cidade""Os recortes fixeron moito dano: os servizos sociais están moi minguados; nunha vila nótase máis que nunha cidade. Habería que apostar pola calidade nos servizos de benestar social: investir na calidade das escolas, garderías, na atención primaria, no transporte público… todo iso axudaría a que a xente se animase máis a vivir fóra das cidades", afirma tamén Carla, de Naturavia."A nosa empresa colabora en que servizos esenciais para a poboación, como o servicio de Correos, non se pechen nas poboacións rurais realizando envíos que diariamente superan o medio cento"Diego, de ComercialMida.es, achega unha visión algo máis optimista: "Nunca tivemos ningún problema coas infraestruturas que se requiren: dispoñemos de boas conexións a Internet e a comunicación cos transportes é boa". Porén, apunta que "si e certo que en ocasións é complicado loitar con multinacionais do comercio electrónico dende un pequeno pobo de Lugo, moitas veces con pouca axuda por parte de empresas que, a priori, apostan polo rural e deberían facilitalo para que todos compitamos en igualdade de condicións", en referencia ao servizo de Correos. Sinala neste senso que "a nosa empresa colabora en que servizos esenciais para a poboación, como o servizo de Correos, non se pechen nas poboacións rurais realizando envíos que diariamente superan o medio cento". Porén, "ano a ano as condicións deste servizo son menos vantaxosas, favorecendo que as multinacionais ganen terreo ás iniciativas autóctonas."Unha zona para ser atractiva a nivel social debe contar con servizos básicos, educación, atención sociosanitaria, transporte público"Sonia, de Amarelante, salienta o problema das infraestruturas viarias, pois "a accesibilidade é complicada e segundo a época do ano pode empeorar, o que aumenta os custes de produción e distribución". E subliña que "unha zona para ser atractiva a nivel social debe contar con servizos básicos, educación, atención sociosanitaria, transporte público". Engade que "fomos distanciándonos do lugar onde se producían os nosos alimentos, converténdoos en despensa e colector de residuos das zonas urbanas. É obrigado rachar con esta tendencia e achegarnos a estas contornas mirándoos e tratándoos con respecto"."Non pode ser que traballos tan importantes como todos aqueles destinados á produción de alimentos, que son organicamente rurais e humanos, sexan vistos como desprezables" Finalmente, Marián, de Racataplán, afirma que "o gran obstáculo do rural vén precisamente desa imaxe de falta de vida" e que "a miña experiencia non se corresponde con nada semellante a iso". "Para estimular a actividade económica habería que darlle a volta á propaganda. Non pode ser que traballos tan importantes como todos aqueles destinados á produción de alimentos, que son organicamente rurais e humanos, sexan vistos como desprezables ao lado de traballos na industria ou nos servizos que nos manteñen atados a cadeiras ou cadeas de montaxe durante horas por miserentos salarios que nos levan a caer rendidos cada noite en apartamentos de 30 metros cadrados", explica.Rachar cos tópicos"Cada día asistimos á apertura de novas iniciativas de negocio no rural, consecuencia clara do progresivo cambio de mentalidade nos consumidores e consumidoras""O rural é para os vellos", "no rural non se pode innovar", "as novas tecnoloxías e o rural non poden ir da man". As responsables das empresas entrevistadas responden a todos estes tópicos, sinalando por exemplo que "hai que rachar coa idea de que non se pode vivir no rural. Cada vez son máis persoas que dan o paso: arquitectos, deseñadores, fotógrafos, terapeutas…, cansos da cidade deciden cambiar a súa vida e empezar unha nova no rural", sinala Carla (Naturvia).O mesmo que as responsables da Maruxas de Nata, que afirman que "fomos testemuña nos últimos anos dunha 'espantada' da xente máis nova cara ás cidades, motivada sobre todo pola falta de oportunidades de traballo nos pobos e nas aldeas". Porén, engaden, "esa tendencia está mudando na actualidade e cada día asistimos á apertura de novas iniciativas de negocio no rural, consecuencia clara do progresivo cambio de mentalidade nos consumidores e consumidoras, que optan por formas de consumo máis sostibles e responsables, e que gozan no privilexiado entorno natural que nos rodea dun nicho de mercado cada vez máis potente"."Necesitamos empresas que o intenten en pequenas poboacións, xa que coa súa actividade xerarán riqueza e por ende, actividade e servizos"Diego (ComercialMida.es) pon como exemplo a actividade que desenvolven dende a súa empresa, en Taboada: "gústanos pensar que o noso labor poida ser un exemplo de que no rural se pode emprender e ser punteiros, e moito máis no eido da tecnoloxía". "É importante facer un bo análise e configurar a actividade en función das necesidades a medio prazo, pero o rural non pon límites se nós non os xeramos", di. "Cremos firmemente que a 'Galicia baleirada' pode ser reversible. Necesitamos empresas que o intenten en pequenas poboacións, xa que coa súa actividade xerarán riqueza e por ende, actividade e servizos", engade. Temos unha terra de emprendedores e traballadores natos, a historia así o di, podemos vencer calquera obstáculo", conclúe."No rural pódense desenvolver case todo tipo de iniciativas, sempre que a administración pública garanta o termos acceso aos mesmos servizos e infraestruturas nas mesmas condicións"Dende Amarelante, Sonia apunta que "non se pode negar que o rural está cada día máis baleiro, pero é que tampouco hai moito interese por parte das administracións públicas en rachar con esta tendencia". E conclúe que "no rural pódense desenvolver case todo tipo de iniciativas, sempre que a administración pública garanta o que por xustiza nos corresponde a estes territorios: simplemente termos acceso aos mesmos servizos e infraestruturas nas mesmas condicións que unha persoa que vive nun entorno urbano".Finalmente, Marián, de Racataplan, afirma que "estou convencida de que no rural hai moita riqueza inexplorada e en Galicia, en particular, hai grandes oportunidades". "O modo de produción agrícola, gandeira ou forestal destas zonas ten que ser posta en valor. Iso, hoxe, precisa de política. En canto aquí funcione un sector primario forte, calquera outra iniciativa terá o seu lugar e crecerá tamén forte", di e conclúe: "eu non experimentaría co rural, preguntaríalle aos vellos".Elas falan, así sonPedímoslles ás responsables das distintas iniciativas (case todas mulleres) que describisen brevemente a actividade que realizan e os seus inicios, a razón que as levou a poñer en marcha o seu proxecto.AmarelanteO proxecto nace no ano 2013 despois de que o Concello de Manzaneda fora afectado por unha vaga de lumes que deixou boa parte da súa superficie devastada polo lume. Nese momento dende o Concello convócase unha reunión veciñal para buscar alternativas que manteñan a actividade produtiva no monte e así evitar o seu abandono e, en consecuencia, sexa unha medida de prevención dos incendios forestais. Nesta reunión xorde a proposta que nos leva a constituír a cooperativa de explotación comunitaria da terra e a recuperación de soutos abandonados para o aproveitamento da castaña. A cooperativa comeza a andar con 10 persoas socias cedentes, na súa maioría da zona de Manzaneda e Trives e nos inicios dedícase á recuperación de case 300 castiñeiros; no primeiro ano só nos dedicamos á castaña fresca. Pero o noso proxecto tiña unha misión a medio prazo que era centrarnos na elaboración de produtos derivados da castaña (fariña de castaña, bica de castaña...), entendemos que o valor engadido está na transformación, e esta tiñamos que facela no territorio onde medraba a materia prima. A tempo completo temos un socio traballador e despois ao longo do ano e segundo as necesidades de produción temos un ou dous máis a tempo parcial. Os nosos principais clientes son o comercio local da zona, tamén tendas especializadas de Ourense, Vigo, Tui, A Coruña ou Vitoria-Gasteiz. Dende que temos a tenda online (2019) os clientes particulares incrementáronse e aínda que os destinarios principais proceden de Galicia, temos clientes en Madrid, Euskadi e mesmo en Holanda.ComercialMida.esCM Stores & Innovative Business SLU é unha empresa que desenvolve proxectos de comercio electrónico. Actualmente estamos desenvolvendo ComercialMida.es, que se dedica fundamentalmente á venda de produtos para as mascotas, agricultura, gandería e fogar. Actualmente somos 5 traballadores con previsión de ampliación en dous empregos máis ao longo deste ano 2020.O proxecto naceu por casualidade, grazas a un amigo en común coa actual propietaria da empresa. A tenda física, que aínda consevamos, necesitaba un impulso e eu propúxenlle un plan de acción online que permitise manter a esencia dunda agrotenda do rural nun mundo dixitalizado. Gustoulle a idea e decidimos probar, sendo un resultado moi satisfactorio ata o de agora.NaturaviaCreamos Naturavia porque estabamos convencidos de que outra cosmética era posible. Que non facía falla encherse de ingredientes artificiais e danar o planeta para coidarse. Cando xurdiu a idea de Naturavia tivemos claro que queríamos facelo en Ribadavia, o pobo no que crecemos, nas beiras do Río Avia, nunha contorna acorde coa nosa filosofía de vida e o proxecto que estabamos xestando. Os inicios foron duros porque non non tiñamos nin idea de como xestionar unha empresa.Na actualidade somos tres traballadores e os nosos clientes principais son tendas especializadas (ecotendas, tendas de cosmética natural…). Os nosos puntos de venda están repartidos por toda a Península, aínda que maioritamente en Galicia, onde xa estamos presentes en aproximadamente 50 establecementos.RaposiñasO proxecto naceu como traballo fin de mestrado, A Casa, unha instalación cerámica na que se mesturaba a memoria da casa familiar, a intención de voltar á mesma, cun proxecto de empresa que presentamos, en paralelo, a unhas axudas para o emprendemento no rural. Pasado un tempo comezamos a deseñar e a transformar o espazo do garaxe nun obradoiro cerámico.Somos un equipo de tres persoas: Abelardo Pérez Santiago, que deseña dixitalmente, modela e elabora ferramentas; Melo Pérez, que se encarga da administración do obradoiro; e mais eu, Loaira Davila, que bosquexo, elaboro pezas, moldes, vidrados e fago as coccións.De momento as nosas clientas son persoas da comarca e da provincia que se achegan ao obradoiro e, cando xorde, tamén nos achegamos nós ata as feiras de artesanía. A través da web e a tenda online, que rematamos recentemente, tamén chegan pedidos de fóra.MuuhlloaMuuhlloa naceu da necesidade de darlle un maior valor engadido ás materias primas que produciamos, tanto o leite como as plantas. Ademais, tiñamos ganas de traballar xuntas as dúas empresas (Granxa Maruxa e Milhulloa) que levabamos 20 anos colaborando. Parece que toda a cosmética ten que vir de fóra, pero aquí temos unha materia prima incrible e temos que aproveitala. Os inicios foron duros, tivemos moito traballo, e mesm o desenvolvemento I+D+i dos produtos nos levou máis de dous anos. Na actualidade somos 5 socias, todas mulleres e os nosos produtos se poden atopar en toda Galicia. Ademais, vendemos online a toda España, e imos moitas veces a Madrid a distintos mercadosRacataplanA geraçom dum negócio nom foi algo planificado. Quando nasceu o meu primeiro filho, custava-me dar com o tipo de roupa que quigera para ele: ecológica, divertida, dura, flexível... que promovera e permitira aquilo que achava que tinha de ser a actividade dumha criança. E entom, na nossa contorna, começaram a animar-me a oferecer aquilo, a desenvolver umha marca. A imensa maioria da producçom elaboro-a eu sozinha. Em momentos puntuais, fago encárregos a talheres cercanos, rurais e familiares. Mas Racataplan nom só som trabalhadores, som amigos, colaboradores, família... Cada prenda de Racataplan, leva mil ideias, linhas, fios, desenhos... que provenhem dos seres mais queridos. Chegamos à maior parte dos nossos clientes atravês da tenda online e de Feiras às que assistimos, ecológicas, culturais...Maruxas de NataO proxecto nace, hai agora 10 anos, a partir do desexo e a ilusión de poñer en valor aquelas pequenas cousas que foron pouco a pouco integrando o noso patrimonio gastronómico e cultural, a través da recuperación daqueles sabores e receitas tradicionais que nos foron transmitidas a través das distintas xeracións, do mesmo xeito que procuramos aportar o noso grao de área á loita pola sostibilidade ambiental e social, fundamentalmente a través da promoción do noso rural, do que nos sentimos parte.As Maruxas tiveron unha estupenda acollida dende o seu nacemento. Foi un proxecto novidoso que non deixou de medrar durante estes dez anos. Na empresa traballamos catro mulleres durante todo o ano, e en épocas de maior produción como no Nadal podemos chegar a triplicar o persoal. Gustaríanos facer especial mención ao Concello de San Sadurniño pola súa excepcional implicación na promoción do desenvolvemento local a través de diferentes iniciativas que están a favorecer de xeito continuado o atractivo do lugar para o emprendemento.A nosa clientela está constituída fundamentalmente por establecementos especializados en produto ecolóxico e gourmet. Pequenos establecementos na súa maioría, que coidan ao detalle a calidade do produto que se pode atopar nas súas estanterías. Para nós, é fundamental estar presentes no mercado de proximidade, nas tendas "de toda á vida" que seguen a subsistir a pesar do impacto que ten suposto nos últimos anos a proliferación das grandes superficies.
NOS_33533
As persoas con máis recursos sofren un menor impacto da inflación.
Un fogar medio pertencente ao 20% da poboación do Estado español cos ingresos máis baixos (o quintil inferior) dedicará este ano 8,8% do seu orzamento total a pagar as distintas facturas enerxéticas, mentres que en 2020 esa porcentaxe era de 5,6%, o cal se traduce nun incremento de 550 euros anuais neste período, segundo un novo estudo de Cambridge Econometrics. No extremo oposto, un fogar medio pertencente ao 20% da poboación cos ingresos máis altos (quintil superior) dedicará 5,09% do seu gasto total á enerxía, mentres que en 2020 esta partida representaba 3,34%. O informe profunda en como o incremento do prezo dos combustíbeis fósiles por mor da invasión de Ucraína está a contribuír "de forma desmesurada" aos picos de inflación no Estado, onde o pasado setembro ficou en 8,9% na taxa interanual e nos dous meses anteriores superou o 10%. A inflación da Eurozona bate un novo récord e escala até 9,9%: do 6,2% de Francia ao 24,1% de Estonia De feito, os combustíbeis fósiles, tanto para o transporte como o gas natural, supuxeron aproximadamente 23% do total da inflación interanual rexistrada en maio, 25% da que se produciu en xuño e 19% da de xullo, detalla o informe. Neste senso, no documento apúntase que "unha maior expansión das enerxías renovábeis parece constituír a opción política correcta", sobre todo se se ten en conta a volatilidade dos prezos mundiais dos combustíbeis fósiles e o seu impacto nas economías cando os seus prezos son altos. "Impulsar a cota de renovábeis aumenta a independencia enerxética, reduce a exposición dos consumidores nacionais aos prezos do mercado mundial e ten o potencial de facer baixar os prezos da electricidade a longo prazo", asevera. Ao mesmo tempo, o informe avoga por un aumento da electrificación do transporte, da industria e da calefacción para que, xunto coa expansión das enerxías renovábeis, "poida reducirse a exposición dos consumidores domésticos e das empresas á volatilidade dos prezos dos combustíbeis fósiles e limitar a necesidade de intervención gobernamental en épocas de prezos altos da enerxía". A concentración da demanda desborda o mercado galego de pellets e calefaccións Por outra parte, a análise de Cambridge Econometrics destaca que, entre as medidas adoptadas polo Goberno estatal para tratar de paliar a alza dos prezos enerxéticos, o coñecido como 'tope ao gas' ou 'excepción ibéricoa' —en vigor desde o pasado 15 de xuño— reduciu e estabilizou "significativamente" os prezos grosistas da electricidade no Estado español en comparación con outros países europeos, como Francia, por exemplo. Con todo, advirte de que esta medida "ten un alto custo" e avisa de que "a longo prazo" estas intervencións de emerxencia poderían evitarse investindo no almacenamento en baterías e en enerxía hidroeléctrica de bombeo para substituír o gas nos picos de demanda de electricidade. Na mesma liña, os analistas inciden en que actualmente as persoas consumidoras "non se benefician completamente dos baixos custos das enerxías renovábeis" debido ao papel que aínda desempeñan o gas natural e o carbón na determinación dos prezos dos mercados grosistas europeos de electricidade. O prezo do gas deixa sen aplicación, por primeira vez desde a súa entrada en vigor, a 'excepción ibérica' Sobre este punto, subliña o feito de que os mercados grosistas son de tipo marxinalista, o que supón que a última tecnoloxía que consegue casar a oferta e a demanda para completar as necesidades enerxéticas en cada franxa horaria é a que determina o prezo ao que se paga o megawatt hora (MWh) do resto das tecnoloxías utilizadas nese momento. Así, o incremento do prezo do gas natural que se utiliza nos ciclos combinados para xerar electricidade —a tecnoloxía máis cara— inflúe sobre o prezo co que se paga o resto de tecnoloxías.
NOS_16608
Abel Caballero asegurara a comezos de mes que Vigo entraría no Perte de automoción; porén, esta sexta feira Reyes Maroto apuntou que o Executivo estatal aínda está estudando as alegacións presentadas por esta factoría e a de Madrid, cuxos proxectos foron inicialmente rexeitados.
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, anunciou esta sexta feira que a planta de Stellantis no municipio zaragozano de Figueruelas será a encargada de fabricar un novo modelo, que contará con versións electrificadas. A ministra visitou as instalacións da compañía neste concello con motivo do seu 40 aniversario, e asegurou que, nos próximos días, darase a coñecer a resolución definitiva do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica do Vehículo Eléctrico e Conectado (Perte VEC). Maroto afirmou que a noticia da produción dun novo modelo na planta de Stellantis en Figueruelas "permite mirar o futuro con maior certeza", especialmente nun contexto como o actual, marcado pola guerra e no que a crise dos semicondutores "está a obrigar a industria a axustar a súa produción e ao Goberno de España a tomar medidas para protexer e garantir novos investimentos". "Hai compromiso do Goberno central para que parte dos investimentos que leven a cabo nesta planta sexan financiados co Perte VEC", indicou, ao tempo que precisou que aos 42 millóns comprometidos na resolución provisional sumarase "unha mellora substancial" que dotará de máis confianza Stellantis Zaragoza. Pontón reclama colaboración para que Stellantis participe do Perte Nesta liña, Maroto incidiu na necesidade de seguir traballando nas novas iniciativas que o grupo Stellantis quere desenvolver en Europa, e apuntou que o Estado español vai colaborar para que as tres plantas —alén de Figueruelas, as de Vigo e Madrid— "encaren o futuro con confianza" e seguirá traballando coa compañía para "reforzar" eses investimentos, "porque sempre que haxa proxectos", dixo, "poremos os instrumentos necesarios". E que acontece con Vigo? Porén, a respecto da factoría de Vigo, Maroto sementou incerteza. Se ben o pasado 5 de outubro o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, afirmaba que a planta viguesa entraría no Perte de automoción, a ministra dixo agora que o Goberno estatal está aínda "analizando" as alegacións presentadas por esta factoría e máis a madrileña após o descarte inicial dos seus proxectos. "Moitas delas foron atendidas e agardo dar boas noticias nos próximos días", matizou. En canto ás plantas de Stellantis en Vigo e Madrid, que apoian o proxecto Aries (Automoción Reciclable, Intelixente, Eléctrica e Sostible), asociado a investimentos por valor de 43 millóns de euros, a ministra comentou que as alegacións presentadas "foron atendidas" e espera poder dar "boas noticias" nos próximos días, informando de que tamén está dentro da convocatoria. Stellantis rexistra dous proxectos ao Perte de vehículos eléctricos, un deles apoiado pola planta de Vigo Aries divídese en 26 proxectos primarios que deben executarse antes de finais de 2025, seis deles liderados por Stellantis, como o impulso da nova xeración de vehículos eléctricos que se ensamblan nas factorías, a implantación dun novo taller de baterías en Vigo, a reutilización da auga industrial ou a redución do consumo de enerxía. As plantas de Vigo e Madrid apoian o proxecto Aries —Automoción Reciclábel, Intelixente, Eléctrica e Sostíbel—, do que participan 25 entidades, 17 delas situadas na Galiza. O 72% das empresas adheridas a este proxecto son pemes, que asumen 40% do orzamento e optan a 55% das axudas solicitadas.
NOS_10873
O Executivo estatal fala dunha oferta pública de emprego de 28.055 persoas no presente exercicio.
A economía española sufrirá en 2020 a súa maior caída como consecuencia do coronavirus, o que se traducirá en altas taxas de desemprego e centos de negocios arruinados. Mais iso non será inconveniente para que os empregados públicos vexan aumentado o seu salario en 2021. Segundo prevé o Goberno español, a suba será de 0,9%, en liña coa previsión de inflación o próximo exercicio e coa revalorización prevista tamén para as pensións públicas, segundo confirman fontes do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Esta foi unha das cuestións abordadas polo Executivo estatal e trasladadas aos sindicatos na reunión da Mesa Xeral das Administracións Públicas, na que falaron dos Orzamentos de 2021 no referido á alza salarial e as prazas públicas. O Goberno español decidiu finalmente que aprobará unha subida do soldo dos empregados e as empregadas públicas de 0,9% en 2021, en liña coa revalorización das pensións ligadas ao IPC trasladada a Bruxelas no Plan Orzamentario. Esta suba é inferior á de 2% aprobada para este ano, que podería acadar até 2,3% se se sumaban fondos adicionais. Desde o Ministerio de Política Territorial e Función Pública destacan que co incremento salarial ao funcionariado quérese recoñecer o labor do persoal dos servizos e as administracións públicas, cun traballo "imprescindible" nunha situación "difícil" pola pandemia. Emprego público No que atinxe á Oferta de Emprego Público (OEP), o Ministerio de Política Territorial e Función Pública que dirixe Carolina Darias aprobará un total de 28.055 prazas no presente exercicio, unha cifra sensíbelmente inferior á oferta de 33.000 prazas de 2019 (a maior do últimos dez anos). Esta diferencia explícase en parte polo feito de que na do pasado ano estaban incluídas 5.000 prazas de estabilización. Tamén hai que destacar que a OEP de 2020 inclúe 8.996 prazas de promoción interna, a maior da historia.
NOS_22002
Iago Valverde (Nigrán, 1985), arquitecto e colaborador de Sermos Galiza, acredita nunha arquitectura "cotiá" e "próxima", desligada desa idea de grandes proxectos monumentalistas. Defende, ademais, unha arquitectura que sirva no "día a día" da cidadanía e que parta do compromiso co respecto do pasado. Interesado na divulgación do coñecemento, defende que a actual arquitectura galega ten "boa saúde" e apunta que o seu futuro pasa non tanto por novas construcións como pola rehabilitación e recuperación do existente.
Como nace o seu interese pola arquitectura e o urbanismo e tamén pola súa divulgación? Poderiamos dicir que é un interese egoísta. Explícome, un proceso de formación, de coñecemento, require indagar no próximo, nos exemplos. Na carreira estudas as obras máis senlleiras, as máis relevantes, aquilo que pode parecer máis extraordinario. Mais, claro, cando queres construír neste país debes coñecer como se constrúe aquí. E aí vén o interese egoísta, por dicilo así, en coñecer e formarme, en partillar tamén esta información porque iso axuda a crear un interese colectivo. Primeiro, dos teus propios colegas, axudando a ese interese por divulgar, mais tamén doutras persoas. Eu creo que a socialización do coñecemento parte en min dese interese por coñecer como funcionan as cousas. Entender o que facía a xente na proximidade é o que me axudaba a min a formarme como arquitecto. Se ti divulgas o que aprendes, tamén fas que haxa un maior coñecemento por parte da sociedade. Percibe interese ao redor da arquitectura máis alá dos propios circuítos profesionais? Pois si, e non. Hai un sector da sociedade con certo interese pola cultura e que mostra interese por estes temas. Mais entendo que para moita xente non sempre é doado achegarse a este mundo, hai certa dificultade en achegarse á arquitectura e hai xente que considera que non a vai entender. Moitas veces ese proceso para chegar aos coñecementos sobre arquitectura ou urbanismo veñen dos medios de comunicación e estes non son neutrais, teñen intereses. A visión da arquitectura está moi influída polos medios de comunicación e está en relación coa economía do país. "O estoupido da burbulla do ladrillo tivo algo positivo, obrigou a tomar aire e ter que parar. E parar axudou a pensar" Mais, a diferenza doutras artes que todos vivimos, non hai modo de escapar da arquitectura. Podes tapar os oídos e non escoitar música, tapar os ollos e non ler... mais vivir sen arquitectura é imposíbel. Algunha pódese chamar arte, outra negocio, outra arquitectura popular... Como inflúen os medios nesta visión da arquitectura ou do urbanismo? Durante uns anos, todas as mañás collía as novas relacionadas coa arquitectura que saían nos medios de comunicación. Comprobei que a partir de 2008 houbo un decaemento moi grande con todo o relacionado con este tema, pois vinculábase coa obra pública, con grandes elementos de construción. Ao vir a crise e parar ese impulso económico, tamén decae este tipo de actuacións e o interese dos medios cara á arquitectura. Entón, a arquitectura ligábase para eles simplemente a este tipo de proxectos, era só iso. Hai ou non hai na arquitectura un certo discurso elitista a respecto da súa función e posición na sociedade? Existe, si, mais este é un mundo complexo. Os grandes mestres non están nesa liña, desde logo. Por exemplo, Manuel Gallego, que para min é un gran mestre, un referente da arquitectura galega e mundial, á hora de falar e explicar o que fai, é didáctico e sinxelo. Fai cousas moi complexas mais o proceso de explicalo é de tal xeito que chega a todo o mundo, todos o poden entender. El é quen de facer que parezan doadas cousas complexas: a luz, o espazo... Mais hai outros profesionais aos que parece que non lles interesa comunicar ou transmitir á sociedade o que están a facer, que optan por encriptalo, como interesados en que se vexa que é moi complexo. Parece que se queren esconder detrás dun discurso e iso é algo que non pasa só na arquitectura, dáse no mundo da arte: xustificar o que fas a través dun discurso que ninguén entende. E así acabas xustificando un orzamento millonario mediante teorías absolutamente banais e que ninguén se atreve a criticar. Cando socializas o coñecemento da arquitectura, tamén favoreces que a xente se poida decatar diso. Por iso é importante socializar o coñecemento e ver a arquitectura como un ben social, unha arte que forma parte do teu día a día e iso implica que exista unha maior crítica cara a ela que noutras artes que están nos museos. Ao fin e ao cabo, a arquitectura sempre está presente; paseas por unha cidade e ves edificios, tes que vivir neles... e ao final, por moito discurso que fagas, esa realidade está aí. Creo que temos moi boas condicións de saúde na arquitectura galega Que entende que pode achegar a arquitectura e o urbanismo á sociedade galega actual? Eu entendo que é interesante ensinar o punto de vista dos arquitectos, dos estudos, sobre o traballo que fan e, no que me interesa a min, sobre o patrimonio construído. O valor do que herdamos, ese patrimonio ten un valor inmenso e creo que non hai sensibilidade a respecto disto, hai un certo espírito de rachar co pasado e comezar de novo. A min o que me interesa da arquitectura contemporánea é ese interese por transmitir o respecto polo pasado. Un pasado do que se pode aprender e que se pode reutilizar e incorporar ao presente. O mesmo, coas técnicas construtivas. Agora está moi en voga, desde o punto de vista da sustentabilidade, a madeira. Un material que antes todo o mundo empregaba e que se foi abandonando. Agora vólvese á madeira, que é sustentábel e ten moi boas condicións estruturais, térmicas... E na Galiza somos un país onde temos moita madeira! O que hai que recuperar é ese coñecemento, ese saber dos carpinteiros que traballaban a madeira. Así pois, interésame que a arquitectura achegue ese respecto ao patrimonio, fuxindo desa idea de que patrimonio son só os grandes monumentos ou edificios. Patrimonio é tamén unha fábrica ou a casa do avó, esas casas tradicionais que tiñan unha intelixencia construtiva abraiante para aquela época. Evidentemente, iso hai que adaptalo, pois non se vive agora como se vivía antes, hai que incorporar novas cousas, mais hai que ter sensibilidade para facelo. E isto vai tamén da man da idea contemporánea de reciclaxe, de recuperación do que xa hai, antes de que tirar e facer algo novo. Economicamente é máis sensato e tamén ambientalmente: a arquitectura é un dos principais consumidores de enerxía do planeta. O mundo da construción é un gran consumidor de recursos. Ao fío do que fala do patrimonio e a súa recuperación... Que opina sobre iso que se deu en chamar 'feísmo' e que tanto deu e dá que falar? Un dos problemas do feísmo é que non existe definición. Que é? Hai algún estudio que determine que é ou canto hai? Penso que non. O que existe é unha idea vaga, enténdese por "facer as cousas mal". Tema que un xornal galego constituíu como a cuestión urxente da arquitectura do país. Deste modo, suponse que o gran problema do país é estético... se o que se fai é feo ou bonito. Sinceramente, paréceme algo banal e ridículo falar da estética de determinadas construcións antes de problemas estruturais do país: vivenda digna, xestionar o inmenso patrimonio que temos, desenvolvemento sustentábel, urbanismo de calidade... O feísmo non é mais que unha distracción para non falar do realmente importante, un discurso que a Administración galega e moitos medios afíns asumiron. O que esconde esa idea é unha superioridade moral urbana. Cando se fala dese "problema" sempre se ridiculiza vivendas, alpendres ou feches no rural. Non se xulga a estética das cidades, onde non abonda o "bonitismo". Fanse bromas de certos materiais, presentes nas cidades, pero que (sen explicar por que) non se poden usar no campo. Hai materiais bos e malos? Os materiais penso que non teñen condición moral... depende do uso que se lles dea, tanto na cidade como no campo. Por outra parte, tamén se fala de feísmo cando quedan edificacións sen rematar. Alguén pensa que hai xente que lle gusta vivir nunha casa sen acabar? Non é un problema estético, é económico. Unha casa en ladrillo sen revestir é moi posíbel que teña problemas de humidade e frío, o que lle afecta á saúde dos moradores. Por tanto, estase culpabilizado a vítima. Na idea do feísmo está implícito un auto-odio presente en certa elite urbana. Como se o noso país fose o único en que se fan chafalladas! É evidente que é preferíbel un territorio con edificacións ben rematadas e onde haxa un gran coidado ao medio, mais iso non se logra ridiculizando a quen non ten medios. No rural atópase unha poboación avellentada e con poucos recursos xestionando un inmenso territorio, que ademais de sufrir a dificultade de acceder a servizos básicos, ten que aturar un urbanita que se ría del porque fechou a leira cun somier. A idea do feísmo é un erro de base, o problema non estético... é ético. Na Administración galega hai algunha sensibilidade ou plan sobre ter en conta a arquitectura, o paisaxismo e o urbanismo á hora de deseñar a Galiza? Na Galiza chegamos tarde a todo o desenvolvemento sobre concepcións sobre paisaxismo ou urbanismo ou protección do territorio. Este tipo de debates e documentos que regulan a vida do territorio chegan tarde a respecto doutros territorios, como Catalunya ou Euskadi, onde si están desenvolvidas e onde si teñen importancia. Agora temos instrumentos que se están a crear, mais chegan moi tarde. Moitas veces o que pasa na Administración é que hai xente que o fai moi ben, mais son como departamentos illados, que non se relacionan entre eles. Hai concellos que o fixeron ben, como o de Compostela ou o de Pontevedra, mais hai moitos cascos vellos abandonados, que non se protexeron, só se vían como un terreo doado de urbanizar. Cando non hai unha Administración que protexa o interese xeral, o que predomina é o interese particular, e cando ese interese particular non ten unha mínima sensibilidade cara ao propio, prodúcese iso que temos visto, a destrución de patrimonio, de zonas vellas. Ten que haber esa visión máis de país. Como valora a evolución na Galiza da arquitectura ao longo de todas estas décadas? Paradoxalmente, o estoupido da burbulla do ladrillo, a crise inmobiliaria, tivo algo positivo. Entre outras cousas, obrigou a tomar aire e ter que parar. E parar axudou a pensar no que se estivera facendo até ese momento. Cando hai un mercado inmobiliario moi voraz, que devoraba todo e que facía que de modo moi rápido se construísen barrios enteiros, non se pensaba o que se estaba a facer. Por iso este pararse a reflexionar foi moi bo, sobre todo porque colleu toda esa fornada de arquitectos novos con ideas que non estaban tan presentes na época da burbulla inmobiliaria, como é a sustentabilidade ou respecto ao patrimonio. Antes o importante era facer algo e facelo rápido. Agora o interese é facelo e que supoña un menor gasto de recursos. Xa non hai aquel diñeiro que había e iso obriga a repensar, a facer máis con menos. E niso estamos. Vimos dun 'desenvolvemento nos anos 60 que mudou as cidades e o territorio e despois vivimos outro 'desenvolvemento até o 2008 no que tamén se arrasaron barrios e cidades da man da burbulla inmobiliaria. Iso estoupou e ese parón xerou un clima no que hai pensamentos novos, diferentes aos da voráxine construtora anterior. Por exemplo, o respecto ao medio. Como ve a saúde actual da arquitectura na Galiza e cara a onde considera que vai ir? Creo que como país deberiamos estar máis próximos ao que está a pasar noutros países europeos, onde a arquitectura é unha profesión que acompaña máis no día a día as persoas. A arquitectura non debe estar só cando se constrúe un edificio novo, tamén cando se intervén sobre algo existente. A arquitectura debe estar cando se rehabilita, cando se transforma ou actúa nunha pequena obra. Debería ser unha arquitectura que estivese máis acompañando a sociedade, que estivese máis no día a día, tendo en conta que debería ter cada vez menos sentido construír edificios novos, podendo rehabilitar. O enfoque da arquitectura que vén ha de ser o da rehabilitación, o de traballar co existente. Unha arquitectura reparadora, máis cotiá e integrada na sociedade. Na Galiza temos miles de exemplos de patrimonio abandonado, dun valor inmenso e que poderían traballarse no canto de construír edificios novos. A arquitectura actual? Estase creando como base para desenvolver eses intereses que antes non había. Agora é máis habitual que haxa arquitectos interesados en traballar con madeira, arquitectos aos que lles importa moitísimo que un edificio respecte o medio, que se preocupan polos materiais cos que se traballa...Todo este debate, que noutros países leva anos, aquí chegou un pouco tarde mais vexo que está collendo pulo, mesmo a respecto doutros territorios do Estado español. Creo que temos moi boas condicións de saúde na arquitectura galega, por exemplo, na bienal de arquitectura a nivel de Estado español un gran número das mellores obras eran galegas. E aquí hai unha calidade que, creo sinceramente, supera a de moitos outros territorios. Como valora a existencia de Nós Diario como xornal íntegro en galego e en papel? É de valorar un medio cunha visión galega, de conxunto. É un exemplo de algo que temos neste país e que demostramos ao longo da historia: a capacidade de autoxestión, a capacidade de pór desde a base en andamento proxectos e iniciativas, tanto na cultura, na lingua, no patrimonio e tamén nos medios de comunicación. E Nós Diario nace diso, dese compromiso e responsabilidade coa construción nun país, e neste caso no ámbito mediático. Gosto del, atopo de todo, de cultura a movementos sociais, economía...
NOS_37908
O secretario xeral da presidencia asegurou que ás 12 horas votou un 12,71% do electorado. A preguntas da prensa confirma incidentes no colexio electoral de Feijóo
Ás 12 horas votou un 12,71% da votación, unha participación menor que en 2009 que foi do 16,1%. Por provincias na Coruña votou un 12,42%, en Lugo un 12,97%, en Ourense un 15,73 e en Pontevedra un 11,91%. Nesta mesma comparecencia, respondendo á prensa, Valeriano Martínez confirmou incidentes no colexio electoral no que votou Alberto Núñez Feijóo. Non quixo entrar en detalles do acontecido e sinalou que haberá máis datos na comparecencia das 17:30 horas.
NOS_6985
O deterioro de activos resta mil millóns ao beneficio
O cese da produción de enerxía térmica a partir de carbón supúxolle a Endesa un impacto nas contas dos nove primeiros meses do ano de 1.052 millóns de euros. Así o comunicou a compañía terza feira nos datos que remitiu á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Segundo as contas de Endesa, entre xaneiro e setembro deste ano a eléctrica rexistrou un beneficio neto de 176 millóns de euros, o que supón un descenso de 85% en relación ás ganancias rexistradas no mesmo período de 2018, que ascenderon a 1.193 millóns de euros. A compañía atribúe esta baixada ao deterioro contábel do valor das súas centrais de carbón, as das Pontes e Litoral (Almería), que cifra en 1.398 millóns de euros, unha cantidade lixeiramente superior aos 1.300 millóns que anunciara o pasado mes de setembro cando dera a coñecer a decisión de promover o feche destas instalacións. Desde comezos de ano, as adversas condicións do mercado, fundamentalmente o incremento do prezo dos dereitos de emisión e o abaratamento da produción de gas polos custos da materia prima, motivaron que o grupo enerxético fora desprazando estas centrais do mix enerxético, co seu conseguinte impacto na produción. De feito, esta mudanza nas fontes de xeración provocou unha caída de 18,2% no volume total de produción eléctrica da compañía, ao que tamén se suma o descenso da produción hidráulica (43,2%). No caso do carbón esa redución foi de 65,5%, segundo os datos facilitados á CNMV. O conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, indicou durante a presentación de resultados que os investimentos en enerxías renovábeis e en dixitalización serán o "elemento clave" para que a compañía siga a ofrecer bos resultados "nun mercado cada vez máis complexo". Aposta polas renovábeis De feito, as tecnoloxías libres de emisións de CO2 (hidroeléctrica, eólica, solar e nuclear) xa representaron 58,2% do 'mix' de xeración até finais de setembro, un dato que contrasta con 50,5% acadado no mesmo período do ano anterior. Bogas engadiu que 50% de todos os investimentos e 80% do investimento en desenvolvemento nos nove primeiros meses do ano foi a proxectos renovábeis e subliñou a intención do grupo de seguir na senda de "liderar a transición enerxética" cunha carteira de novos proxectos renovábeis que ascende a uns 12.000 MW dos que 4.600 MW xa teñen adxudicados puntos de conexión. A pesar destas condicións adversas, cunha significativa caída na demanda de enerxía eléctrica durante o período (-3% en termos axustados) como consecuencia do impacto da ralentización da economía sobre o consumo enerxético das grandes empresas, pero tamén das altas temperaturas rexistradas nos últimos meses, Endesa destacou que os resultados até setembro permiten anticipar a consecución dos seus obxectivos para o exercicio 2019. Aumentan as clientas O número de clientes eléctricos no mercado liberalizado pasou de 5.825.091 a 30 de septiembre, cun aumento de 1,7% con respecto ao número de clientes existentes a 31 de decembro de 2018. No que atinxe á cota de mercado, Endesa rexistrou 15,6% en vendas de gas a clientes do mercado liberalizado nos nove primeros meses do año. No conxunto do exercicio, Endesa acadou unas cotas de mercado de 18,8% en xeración peninsular, de 44,4% en distribución e 32,8% en ventas de electricidade a clientes do mercado liberalizado, o que lle confirma en conxunto como a empresa líder do sector eléctrico en España.
NOS_54650
Para a antropóloga e feminista Rita Segato (Buenos Aires, 1951), a fase actual do capitalismo e a violencia contra as mulleres están indisolubelmente ligados. "As persoas perden a soberanía sobre a súa propia existencia nun mundo de propietarios", explica, "e ás mulleres, pola propia experiencia acumulada, non nos resulta tan estraño. Pero os homes responden con formas violentas de restauración e control".
A autora de A guerra contra as mulleres (2016) defende que "a masculinidade se adquire constantemente" e, polo tanto, é posíbel destruíla. Amósase crítica co punitivismo, pois considera que non ataca a raíz do patriarcado. Vén de ofrecer unha serie de conferencias por Galiza. Entre elas, unha presentación do seu pensamento e obra canda a profesora de filosofía e ex deputada do BNG Carme Adán na libraría Lila de Lilith de Compostela. Sermos Galiza. Violencia de xénero, violencia machista, violencia doméstica, violencia contra as mulleres. Como de importante é a linguaxe? Rita Segato. Non podemos capturar a linguaxe. A linguaxe sempre é axeitada e inaxeitada, ten unha marxe de erro. Pero o que importa é que nos entendamos e que as persoas expresen, aínda que sexa con representacións imprecisas, o que supón esta violencia, este feminicidio. Non estaría de acordo en censurar como fala a xente. SG. Mais vostede si coida os termos e emprega o concepto de feminicidio. Que significa? R. S. Son todas as agresións letais contra as mulleres, contra aquilo que representa a posición das mulleres no mundo. Eu diferencio entre aquel que sucede no íntimo, sobre as construcións písquicas dos individuos, que reproducen as telenovelas, por exemplo, e o que sucede na guerra, o femixenocidio. Na guerra ou na trata, no traballo forzado e escravo da prostitución, nas guerras entre maras, e que non proceden do mundo da intimidade. A trata implica modos de existencia concentracionaria. E as guerras, as novas formas de guerra, tenden a feminizarse. O femixenocidio refírese a crimes públicos, distintos aos crímes íntimos. SG. A feminización das guerras é realmente un fenómeno novo? R. S. Nas guerras tribais, ou nas guerras entre Estados, ate a Segunda Guerra Mundial, o dano ás mulleres era un dano colateral. Pero a partir da guerra de Iugoslavia, o corpo da muller converteuse nun obxectivo de guerra. Isto é o que resulta novidoso. SG. A que se debe a violencia machista en sociedades denominadas desenvolvidas? R. S. A masculinidade non é algo dado, non vén da natureza, se non que é algo que se adquire constantemente. O home sofre o desafío da precarización da súa masculinidade. E como a masculinidade ten que ver co control, e debe ser espectacularizada, o home busca formas de restaurala. É un circuíto, unha economía simbólica pechada, e temos que abrila. Neses días dos encontros coas compañeiras galegas, dicíalles "cantos esforzos tivemos que facer as mulleres para construír os homes". SG. De que maneira esa economía simbólica pechada se relaciona coa realidade material dunha sociedade? R. S. Canto máis precaria é a vida, máis desafiada ven os homes a súa potencia masculina. E esa potencia, que non é só sexual -tamén é política, moral, bélica-, é o que define o suxeito masculino nun mundo onde a concentración da riqueza é extrema. De feito, eu non falo dun mundo desigual senón dun mundo de propietarios. SG. A que se refire? R. S. Segundo a ONG Oxfam, en 2010 288 persoas posuían unha riqueza equivalente á da metade da poboación mundial. A comezos deste ano, eran oito persoas as que tiñan a mesma riqueza que a metade da poboación mundial. A velocidade da concentración da riqueza é a velocidade da precarización das vidas. E esta fai que as persoas perdan a soberanía da súa propia existencia. Ás mulleres, pola experiencia acumulada, non nos resulta tan estraño. Pero cando o home perde ese control sobre a existencia, procura formas violentas de restauración. SG. As institucións e os gobernos en Occidente responden a violencia machista co endurecemento penal. R. S. Os sectores conservadores empregan ao seu favor a violencia machista. Só propoñen como solución ese campo de concentración que é o cárcere. É unha solución rudimentaria, pouco inteleixente. Eu son crítica co punitivismo, e así o tiven que explicar no Senado da nación, nos medios de comunicación... SG. En que sentido? R. S. Precisamos un discurso da lei que prohiba as agresións contra as mulleres. Ten que existir. E ese discurso ten que convencer e persuadir. Se non, a lei non existe. En Estados Unidos hai unhas penas moi severas, as máis severas, contra as violacións, e os índices de violacións son os máis elevados, canda Sudáfrica. A lei ten que existir, pero a súa principal dimensión ten que ser a discursiva, explicar o que está ben e o que está mal, e non centrarse na eficacia. O feminicidio é a punta do iceberg que é o aire que respiramos. Se non se modifica a vida mesma, as relacións sociais, ese mar de fondo, o cárcere non será o mecanismo. Cómpre unha acción sobre a sociedade e sobre a vida, unha reflexión colectiva sobre que é a desigualdade de xénero.