ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_31161
O núcleo de Podemos Galiza próximo á súa secretaria xeral (Juan Merlo, Magdalena Barahona e a propia Carmen Santos) e a líder de Esquerda Unida, Eva Solla, non respaldaron a proposta de resolución do BNG sobre Catalunya que incluía unha referencia expresa de apoio ao referendo do 1-O. Optaron pola abstención. Si votaron a favor o resto de parlamentares de En Marea.
Catalunya pairou en todo momento sobre o debate do estado da nación. Fíxoo no discurso de Feijóo (que lle dedicou 27 minutos nunha intervención de por volta de 90) e fíxoo tamén no debate e votación das propostas de resolución formuladas polos distintos grupos esta sexta feira no Pazo do Hórreo. O desenvolvimento do procés e, nomeadamente, a realización do referendo de 1-O estabelece un campo de xogo e interpela os distintos actores políticos á hora de tomaren partido. Nese sentido, o BNG apresentou unha proposta de resolución basicamente con dous aspectos. O primeiro, a denuncia da represión estatal en Catalunya. O segundo, o respeito "ao direito de autodeterminación dos pobos e a vontade expresada polo pobo catalán no referendo". Este último elemento de apoio á consulta foi o que colocou problemas a unha corrente de opinión no grupo parlamentar de En Marea. Nela alíñanse a coordenadora nacional de EU e secretaria xeral do PCG, Eva Solla, e tres parlamentares de Podemos, o grupo nucleado arredor da súa líder na Galiza, Carmen Santos. Isto significa que a proposta de resolución do BNG non só puxo en evidencia as diferenzas internas no seo de En Marea, senón que tamén espellou as distintas sensibilidades que existen no interior de Podemos. A formación morada tampouco mantivo a unidade na votación (dos seus 7 parlamentares, 4 votaron a favor da proposta do BNG e, portanto, non secundaron a abstención liderada por Santos) As fontes de Podemos Galiza próximas a Carmen Santos consultadas por Europa Press explicaron que non podían apoiar a proposta do BNG porque a súa organización non deu no Estado apoio á consulta (si o fixo, en troca, Podem, a marca catalá da organización liderada por Pablo Iglesias). A tese oficial de Podemos é que o 1-O non foi un referendo, senón unha mobilización popular. A súa aposta non era esta consulta, senón unha convocatoria futura pactada entre o Estado e a Generalitat. A proposta do BNG foi rexeitada ao bater contra o muro da maioría absoluta do PP e após colleitar 16 votos a favor (os 6 parlamentares do Bloque máis 10 de En Marea) e 4 abstencións (as dos 4 parlamentares da confluencia).
PRAZA_4898
A Asociación Empresarial Eólica destaca que a pesar das restricións introducidas polo Goberno, en xaneiro o vento produciu o 30% da enerxía xerada en España e que existe unha correlación inversa entre a produción eólica e o prezo do mercado diario. Anuncian accións legais contra o Executivo de Rajoy.
En 2013, por vez primeira, o vento foi o principal produtor de enerxía eléctrica en España. A enerxía eólica xerou o 21,1% do total, superando a nuclear (20%), o carbón (14,6%), a hidráulica (14%), a coxeneración (12,6%) e os ciclos combinados (9,6%). En total, as fontes renovables achegaron o 42,4% do total da enerxía producida en España, algo histórico. Os últimos datos mensuais, correspondentes a xaneiro, amosan que a importancia da enerxía eólica non deixa de incrementarse, e no conxunto do mes proporcionou por si soa o 29,7%, sumando o conxunto das renovables o 51,7% do total. En xaneiro a enerxía eólica proporcionou por si soa o 29,7% do total, sumando o conxunto das renovables o 51,7% E todo iso, a pesar dos constantes obstáculos e trabas impostos polo Goberno de Mariano Rajoy ás renovables, como denuncia a patronal do sector eléctrico e das restantes fontes de enerxía non baseadas en combustibles fósiles. De feito, as principais asociacións do sector renovable, Anpier, APPA, Protermosolar e UNEF, sinalaron este mesmo xoves que os novos sistemas de incentivos aprobados polo Executivo provocarán ao longo de 2014 unha redución de ingresos para as súas empresas de 3.400 millóns. Ademais, a patronal do sector eólico lembra que existe unha correlación directa entre o incremento do peso da enerxía xerada polo vento e o abaratamento do prezo do mercado diario. O pasado mes, o prezo nas poxas diarias baixou até os 33,97 euros por MWh, o máis baixo rexistrado nun mes de xaneiro dende 2010, "o que demostra" -din- "o impacto á baixa da eólica nos prezos da electricidade". De feito, en xaneiro o prezo do mercado diario foi un 37% inferior ao prezo medio de xaneiro de 2013 (50,50 €/MWh). Ademais, durante 64 horas dos 31 días do pasado mes de xaneiro, o prezo marxinal do mercado diario situouse en 0 €/MWh, segundo datos de OMIE. Nesas 64 horas a produción eólica estivo sempre en máximos. A redución dos incentivos (a "rendibilidade razoable" revisable cada seis anos), a peaxe ao sol para o autoconsumo e o menor peso na factura da luz do consumo supoñen "a morte das renovables", en palabras destes colectivos Porén, a redución dos incentivos (a "rendibilidade razoable" revisable cada seis anos), a peaxe ao sol para o autoconsumo e o menor peso na factura da luz do consumo supoñen "a morte das renovables", en palabras destes colectivos. Por este motivo, estas asociacións xa anuncian a adopción de "medidas legais" contra as decisións do goberno popular e o presidente de Unión Española Fotovoltaica, José Donoso, xa sinalou que "España vai pagar moi caro a ruptura da seguridade xurídica", lembrando ademais que "só o 12% do déficit de tarifa tiña que ver coas renovables". O peso da enerxía eólica multiplicouse por 2,5 entre 2005 (cando representaba apenas o 8%) e 2013 (21%) e segue incrementándose, tirando do conxunto de fontes renovables, que neste tempo pasaron de cifras que roldaban o 20 por cento (e nas que dominaba sobre todo a enerxía hidroeléctrica) até os datos actuais, por riba do corenta por cento. Estas asociacións lembraron este xoves igualmente que o sector "chegou a superar os 137.000 empregos e en 2012 perdera xa máis de 23.000". Tamén sinalaron que no periodo 2005-2012, as renovables reduciron a balanza enerxética española en máis de 15.300 millóns e evitaron emisións contaminantes por valor de 3.100 millóns de euros. Neses anos, as enerxías renovables aforráronlles aos consumidores máis de 32.500 millóns no mercado eléctrico".
PRAZA_1262
As súas candidaturas foron dúas das principais preocupacións de Alberto Núñez Feijóo durante a campaña electoral do 24M e as súas vitorias coa Marea Atlántica e Compostela Aberta, o principal retrato da Galicia urbana nestes comicios. Propuxémoslles a Xulio Ferreiro e Martiño Noriega que se entrevisten entre si. Eis o resultado.
As súas candidaturas foron dúas das principais preocupacións de Alberto Núñez Feijóo durante a campaña electoral do 24M e as súas vitorias, o principal retrato da Galicia urbana destas eleccións municipais. O maxistrado e profesor Xulio Ferreiro e o médico Martiño Noriega foron elixidos hai poucos meses para pór cara e liderado á Marea Atlántica e a Compostela Aberta, as dúas plataformas unitarias que, apoiadas por formacións como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e diversos colectivos sociais, encabezarán -agás sorpresa maiúscula- os gobernos da Coruña e Santiago desde o próximo 13 de xuño. Ferreiro chegou á Marea desde a súa praza nos xulgados de Lugo e Noriega, desde o veciño Concello de Teo, que gobernou dende 2007. No derradeiro día da campaña electoral ambos pasaron un anaco xuntos no centro de Compostela e non poucas persoas viron pouco máis que un lugar común de campaña na afirmación de que esa era a imaxe dos vindeiros alcaldes dos concellos coruñés e compostelán. As urnas indicaron que isto vai acontecer e, antes de poñérense á tarefa, propuxémoslles que se entrevisten entre si. Eis o resultado. Martiño Noriega entrevista Xulio Ferreiro A quen dedicas esta vitoria? A toda a xente da Coruña, especialmente aquela que apostou dende o primeiro día por este proceso. No plano persoal, á miña familia, dado que isto é duro para eles tamén. Cal será a túa prioridade o primeiro día? Loitar por que todas as familias da Coruña teñan as súas necesidades básicas cubertas. Cales son os referentes do Xulio Ferreiro alcalde? Durante todo este proceso o referente foi esencialmente colectivo, comezando por Barcelona en Comú, espello onde nos miramos moitos/as e en Ada como persoa que lle pon voz. Entre os alcaldes da Coruña, evidentemente Domingos Merino é un referente na vida municipal desta cidade, con esa intención de abrir o Concello á xente e permitir a participación dos veciños e veciñas na toma de decisións, máis alá do que finalmente sucedera co seu goberno. Finalmente, entre os actuais líderes, se cadra Mujica sería un referente en canto a honestidade, a ética no desenvolvemento do cargo, principios e valores e tamén, por impulsar a unidade popular en Uruguay. Que sinerxias poden xurdir do 'Eixo da AP-9'? "A estratexia de enfrontamento entre cidades é un erro brutal, se cadra un dos maiores que existiron neste país" Moitas. A estratexia de enfrontamento entre cidades creo que é un erro brutal. Se cadra un dos maiores que existiron neste país. Colaborar en plano de igualdade, establecer políticas cooperativas, coordinarse (no tema aeroportuario, por exemplo, pero non só) significa enriquecerse mutuamente e aproveitar as fortalezas duns e doutros para que beneficien a todos. Cando falamos de nova política falamos de procesos colaborativos. Creo que chegou o momento de levar esta forma de actuar ás institucións e comezar a tecer esa rede de cidades rebeldes, no Eixo Atlántico, e máis alá. Demostrada a efectividade da unidade popular, podemos estar diante do cambio que Galiza necesita? Creo que tanto a Marea Atlántica como Compostela Aberta demostraron que os procesos de confluencia e unidade son premiados polo electorado. A suma, multiplica, neste caso. Creo que é unha lección que debemos aprender para inspirar fórmulas de actuación en futuros procesos electorales. Agora ben, a confluencia leva tempo, require ser cociñada a lume lento, neste sentido hai que apostar por ela, impulsala, pero respectar os tempos que permitan a madurez dos procesos e o establecemento de lazos de confianza necesarios. Xulio Ferreiro entrevista Martiño Noriega Que influencia tivo a campaña en contra que che fixo a maioría da prensa local? Faltoulle credibilidade. Despois destes últimos catro anos, con máis de 18.000 veciños e veciñas en risco de exclusión social, cunha cidade paralizada na xestión e cun deterioro evidente de imaxe da mesma (tres alcaldes en catro anos e un goberno actúal de representantes non elexidos en urnas) a xente demandaba cambio real de políticas e de maneira de facer. As posicións mediáticas dalgúns asemellaron a orquestra do Titanic que non deixaba de tocar mentres o barco ía a pique. Como creou ilusión na xente Compostela Aberta? Compostela Aberta fixo da participación a súa razón de ser, tanto para escoller a lista como para construír o programa. A maiores levou a cabo máis de 50 actos nos barrios e nas parroquias da cidade. Non vendemos ningunha moto pero prometemos volver escoitar e recuperar de maneira coparticipada o relato da cidade que esta perdeu hai anos. Iso, xunto a outra maneira de entender o que debe ser a comunicación política (con actos alternativos de apertura e o central de campaña) levou a xerar un efecto bóla de neve en Santiago. O feito de que a campaña fose financiada integramente por case 400 veciños e veciñas da cidade que xuntaron 25.000 euros e os centos de voluntarios e voluntarias que participaron nos traballos destas semanas dan unha idea da ilusión que provocou esta candidatura de unidade popular. "As cidades que optaron por candidaturas de unidade popular para mudar as cousas teñen que facer como a maioría social agredida: tecer rede, xerar dinámicas de solidariedade" Que papel terán as cidades rebeldes no tempo político que comeza? As cidades que optaron por candidaturas de unidade popular para mudar as cousas teñen que facer como a maioría social agredida, tecer rede, partillar experiencias e xerar dinámicas de solidariedade para enfrontarnos a unha situación adversa no institucional, a un acoso dos poderes fácticos e a un corse do estado sobre os concellos que rematou coa autonomía local. Cal é o parte de danos no PP, especialmente no caso de Feijóo? Feijóo aínda está a facerse as preguntas para a resposta de dignidade que entre todos e todas estamos a levar adiante. Non se decata que o que el representa ten os días contados. A súa derrota neste proceso foi evidente, non só en termos simbólicos electorais se non tamén no fracaso da estratexia do medo que intentou visibilizar. A xente tenlle medo ao pasado e tenlle medo ás políticas do PP. Seguirás tan activo como até agora nas redes sociais, dando os bos día cunha canción?. A música e as redes que non falten. Precisamos rock and roll.
NOS_27963
Os contactos entre PP e Compromiso A Baña ameazaban a estabilidade do Goberno municipal nos últimos meses. Unha ameaza que virou en realidade na mañá da sexta feira, cando rexistraron a moción de censura que fará alcalde Andrés García Cardeso (PP).
O PP da Baña e Compromiso A Baña -ex militantes de Compromiso por Galicia- presentaron na mañá da sexta feira a moción de censura que converterá en rexedor Andrés García Cardeso, do PP. A sesión plenaria na que se debaterá a moción de censura contra o alcalde do PSOE, Antonio Pereira, terá que decorrer en dez días hábiles. Compromiso defende a moción debido aos "continuos desprezos á oposición" do alcalde, a quen acusa de "incapacidade para gobernar". A formación política, cuxa asemblea adoptou a decisión por unanimidade, advirte da "actitude autoritaria, déspota e antidemocrática" de Pereira e considera que mantelo á fronte do Concello sería "un acto de irresponsabilidade". Compromiso levou á Fiscalía contratacións do actual Goberno A sospeita da moción de censura planeaba sobre o Concello da Baña desde, practicamente, o inicio do mandato de Pereira". Os concelleiros César Ramos e David Gontán, de Compromiso, acompañados dos xuristas Xoán Antón Pérez Lema e Borxa Colmenero Ferreiro, fixeron entrega na Fiscalía o 23 de setembro, de documentación recompilada sobre contratacións realizadas nos últimos dous anos no Concello da Baña. Consideran que tiveron lugar contratacións presuntamente constitutivas de delitos de prevaricación administrativa. A este respecto, a Valedora do Pobo xa reprobara o Executivo da Baña pola falta de cumprimento das obrigas de publicidade activa ou de oficio derivadas tanto da lei de contratos do sector público como das leis de transparencia.
NOS_23213
'Un verán en Galeusca' é un proxecto feito, por segundo ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario. A serie consta de doce relatos curtos, escritos por Mercè Ibarz, Biel Mesquida, Belio Zaballa, Esperança Camps, Danele Sarriugarte, Jimu Iturralde, Goaitz Labandibar, Unai Elorriaga, Emma Pedreira, Marica Campo, Séchu Sende e Daniel Asorey. Todos os relatos aparecerán ao longo do verán nos tres medios.
Os corpos aboiaron no mangleiral. Unha mañá chegou un, nu, inchado, sen cara, comesto, quizais, dos sirís e mais dos peixes. Despois foron aparecendo outros, cada luzada, e do mesmo xeito: sen mans, nin miolos nin sequera faciana que mirar. Daquela, o pobo preguntou á muller que era o que acontecía. Uns moumeaban que velaí estaban as vítimas da raíña Janduí e das súas guerreiras do interior, das que tanto gustaban os galegos, eses que agora crían mandar nas augas e nas árbores. Outros facían voar ruxerruxes no bosque, seica a Virxe sagrada dos portugueses andaba a se atragoar cos impíos que renegaran dela. Para saber a verdade, a muller abandonou a aldea varios días, houbo quen dixo que pediría consello a Abaçaí. Levou canda ela a xurema sagrada e pintou o seu corpo coa memoria das que foran. Cando volveu, viña delgada e falou para todas. As mestras fixéranlle ver o famento Ipuriara nadando entre a lama, porén, tamén lle sinalaran o camiño ata a Terra sen Mal. Entón fíxose o silencio. A Terra sen Mal. Todos lembraban cando, coa axuda deles, os maíras galegos derrotaran os portugueses e os padres xesuítas foran expulsados das aldeas. Acabaran as palabras de ferro e pólvora. Os infernos e pecados. No entanto, agora eses mesmos maíras devoraban a selva e traían barcos ata as praias, cargados de homes e mulleres coa cor da noite calma. Facíano no nome da República Galega e da Compañía Galega de Indias. Talvez co camiño á Terra sen Mal, habería outro futuro, talvez... —O desconcerto é unha árbore moi alta —afirmou unha moza. A muller asentiu ao oír aquelas palabras. Acariñouna. Irían xuntas ata Compostela de Recife, e alí pedirían falar co gobernador, un home barbado co que xa asinaran pactos. Conque as dúas principiaron varios días de camiño. Atravesaron horizontes de verdes infindos. Abriron carreiros solitarios. Alimentáronse de froitos de coaçú e xatobá. Beberon zume acedo de xenipapo, lume na pel amándose tan soas. E, silandeiras, cruzaron territorios doutros pobos para non alertaren a guerra e incomodaren os entregos. Ata que, por fin, logo de varios abrentes, albiscaron a cidade a se erguer tras da murada. Así, as dúas traspasaron a porta de Santiago cos corpos pintados e os adobíos nos cabelos. A cidade bulía en rúas ateigadas. O fedor amolecía o entendemento e as árbores eran paredes sen sombra. Alén de soldados, viron outras coma elas, vestidas xa á maneira das europeas, tamén escravas que levaban parasoles de mulleres brancas e, por suposto, fileiras de homes negros que cargaban mercadoría dende o peirao. Sentiron de golpe o alcatreo do sangue e, como por acaso, as dúas pensaron en flores de mandacarú para afastaren tanta tristura. Deseguido, cruzaron unha ponte longa que comunicaba cunha illa. A máis moza semellaba pampa ao ver as casas, as bestas e pasear por aquel tronco xigantesco que era quen de alancar a marisma con arcos de pedra e de madeira. A outra sabía onde tiña que ir. Coñecía a cidade, camiñando decidida por calellas e becos. Cando a máis nova lle preguntou cando é que estivera alí, naquel mundo de xente, a muller respondeulle que xamais precisara vir ver os brancos. Os europeos sempre as atoparan antes, proídos polo seu andazo de metal amarelo, azucre e madeira rubia. Pola contra, fora a xurema sagrada a que lle amosara a ela os camiños para chegar, como tamén abrigara o orgullo e a memoria do que eran. O gobernador decidiu recibir aquela raíña india, que había anos lle prestara apoio na súa loita contra portugueses e castelás. Fíxoo en parte porque, dende Compostela, a República mandara a vedora maior para fiscalizar a Compañía e aqueles territorios arredados. Esa muller había levar unha boa impresión da cidade que el estaba a erguer no medio dos salvaxes. Por iso xa amosara para ela o zoolóxico, as rúas empedradas, as canles, a sinagoga.... Agora comprobaría tamén a largueza coa que alí trataban as indíxenas. Cavilou. O Pazo do Goberno era un edificio rectangular con dúas torres altas, unha servía de farol e a outra de observatorio astronómico e estaba preto do Castelo das Cinco Puntas. Tiña que pensar ben o lugar onde recibir as indias para provocar a súa admiración e tamén a da vedora. Así que elixiu o salón de audiencias, coas súas madeiras de peroba rosa e seus cadros coloridos sobre esa terra fabulosa. As dúas nativas chegaron coa pel pintada, enfeitada cos signos estraños, ben distintos dos da tribo das Janduí, das que seica eran inimigas. O gobernador permaneceu sentado nunha cadeira alta e ofreceulles un tallo baixo ás dúas mulleres. En pé, case oculta nas sombras, a vedora maior da República ollou a escena dende un recuncho do salón. —Aqueles que vós matades están a alimentar o temible Ipuriara —dixo a nativa. O gobernador sentiuse incómodo ao oír supersticións que apenas comprendía. De golpe, ficara nervioso polo que puidese pensar a vedora, unha muller que semellaba crer realmente nos principios de xustiza da próspera República das Santas Irmandades da Galiza. —Eu vin como botabades no mangleiral a carne humillada das escravas. —Eu vin como ciscabades aló os corpos asasinados das que habitan no mato. O gobernador ergueuse enfadado. Como é que a india sabía iso? —Veño só para vos advertir que o Ipuriara, o monstruoso home peixe que acordastes, acabará por devorarvos a todos nunha peste sen remedio. —Veño só para vos esixir que rematedes co masacre, nesa cobiza que vos infecta e mata. —Talvez sexa xa tarde de máis. Entón as nativas erguéronse. Ollaron en fite o rostro oculto da vedora e souberon que naquelas pupilas femininas estaban tamén os soños dunha terra diferente. O gobernador permaneceu calado, sen se atrever sequera a detelas. Deseguido, a vedora maior, pechando os ollos, comprendeu que as dúas mulleres levaban consigo o camiño cara á Terra sen Mal. Aquela que ela, dende nena en Compostela, levaba procurando a vida enteira. Texto: Daniel Asorey Ilustración: Emma Pedreira Este relato publicouse con 'máis', suplemento de agosto de Nós Diario que podes adquirir en quioscos ou na nosa loxa.
NOS_13728
A amnistía fiscal aberta polo Goberno Rajoy non só puido ter sido aproveitada por Luis Bárcenas, que hoxe comparece ante a Fiscalía Anticorrupción.
Até 21 imputados na trama Gürtel -entre eles quen fora secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo- puideron terse acollido a un sistema co que branquear o diñeiro defraudado. Pablo Ruz, xuíz da Audiencia Nacional, ditou onte un auto através do cal pide á Axencia Tributaria que lle certifique se os 21 imputados na trama de financiación irregular do PP tramitaron acollerse á aministía. Estaríamos, de se confirmar, ante un escándalo sen precedentes. Primeiro, o PP articula unha trama para financiarse irregularmente, con mordidas a empresarios do sector da construción. Depois, desde o propio goberno, lexisla para branquear fiscalmente os ingresos obtidos pola trama. Cumpre lembrar que Bárcenas amasou unha fortuna de 22 millóns de euros, depositados nun banco suizo. Entre os 21 imputados figura o que foi secretario de Organización nos anos 90 con Fraga, Pablo Crespo, quen pasa por ser o número 2 da trama Gürtel.
PRAZA_20509
A segunda edición do encontro celebrarase do 25 ao 30 de setembro con contidos dedicados á realidade virtual, que poñerán en valor a memoria gráfica da cidade ou o seu pasado fabril e que renderán homenaxe a inventores galegos do século pasado.
O pasado ano Pontevedra acolleu a primeira edición do Tek-Fest, encontro internacional de tecnoloxías emerxentes, que naceu con vocación de continuidade e aspirando a consolidarse como unha cita obrigada, un referente e unha ponte entre institucións, empresas e a cidadanía para democratizar os recursos máis avanzados da cultura dixital. Este xoves presentouse a segunda edición do evento, que terá lugar do 25 ao 30 de setembro, centrado nesta ocasión en unir memoria e tecnoloxía para poñer en valor o patrimonio das cidades. Se na súa primeira edición o lema do festival foi 'A cidade do futuro' este ano o TEK-FEST quere realizar unha viaxe na outra dirección, do futuro ao pasado A segunda edición do TEK-FEST será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio que conectará a memoria da cidade cos tecnoloxías emerxentes a través de distintos obradoiros e actividades. O director do festival, Toño Cabanelas, explicou que "se na súa primeira edición o lema do festival foi 'A cidade do futuro' este ano o TEK-FEST quere realizar unha viaxe na outra dirección, do futuro ao pasado, que complete e enriqueza a experiencia do 2016, volvendo a mirada á memoria da cidade para seguir situando a Pontevedra na vangarda tecnolóxica". A continuidade virá dada pola presenza da realidade virtual e aumentada, tecnoloxías que xa estiveron presentes na primeira edición do TEK-FEST, e que volverán protagonizar esta edición, nun momento de madurez no que "xa non se primará a tecnoloxía só, senón que os protagonistas serán os contidos". O festival este ano terá catro liñas fundamentais de actuación. En primeiro lugar, un obradoiro de VR + Patrimonio impartido por Bermudas Land ofreceralles aos e ás participantes a posibilidade de reconstruír imaxes antigas da cidade pasándoas a un formato inmersivo en 360º. O segundo obradoiro, coordinado por Esdemga (Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda), leva por título "Calor+Memoria" e achegarase á memoria téxtil da cidade a través dos novos procesos de tratamento de superficies. Será impartido por Arantza Vilas, deseñadora e investigadora galega afincada en Londres, onde creou Pinaki Studios, e que destaca pola súa investigación en novas materias téxtiles. Outro dos pratos fortes deste ano será a Homenaxe aos Tekis do século XX, coa que o TEK-FEST quere reivindicar o patrimonio dos inventores galegos Outro dos pratos fortes deste ano será a Homenaxe aos Tekis do século XX, coa que o TEK-FEST quere reivindicar o patrimonio dos inventores galegos. Os protagonistas desta homenaxe serán este ano os irmáns composteláns Portela Seijo, que foron pioneiros na enxeñaría acústica e audiovisual patentando inventos como o magnetófono de cable de aceiro, que quixo comprar Philips en 1942, ou o Organ Sound, o mítico altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de Santiago. Precisamente o Organ Sound será obxecto durante o TEK-FEST dunha reconstrución a cargo do artesán dixital Miguel Espada, do estudio Espadaysantacruz. Por último, a Mostra VR traerá a Pontevedra unha selección internacional dos mellores contidos en realidade virtual, co foco posto nos contidos experimentais e naqueles relacionados coa moda e co patrimonio. Todas as actividades do TEK-FEST este ano serán gratuítas, incluídos os obradoiros de VR + Patrimonio e de Memoria téxtil de Pontevedra, que teñen prazas limitadas. Estes obradoiros están dirixidos a estudantes de Belas Artes, Moda e Comunicación Audiovisual, e tamén a profesionais dos ámbitos do deseño, a artesanía, a imaxe e a cultura dixital. Nas próximas semanas faranse públicas as convocatorias para que as persoas interesadas poidan inscribirse nos procesos de selección de participantes. Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a> Web do Tek-Fest
PRAZA_5360
A ICANN delega a xestión do dominio galego na Asociación puntoGAL, que xa prepara as fases do lanzamento. "O dominio é voso", dinlle á sociedade galega.
"O dominio é voso". Tras sete anos de traballo a Asociación puntoGAL vén de recibir a delegación do dominio en internet para a lingua e a cultura galegas por parte da ICANN, o organismo internacional que xestiona os dominios en todo o mundo. Este paso significa que xa está en funcionamento a raíz do DNS, o sistema que permite o funcionamento das direccións de Internet. Por iso dende a pasada noite xa existe un enderezo co dominio galego, Nic.gal, unha páxina de probas que é o sinal definitivo de que o .gal xa é unha realidade. A ICANN xa delegou o dominio na Asociación puntoGAL A asociación promotora do dominio galego non oculta a súa satisfacción por chegar á meta dun proceso que estivo apoiado por unhas doce mil persoas e máis dun cento de entidades. A entidade galega ten xa o control definitivo sobre o .gal e agora toca publicar os documentos coas normas para o rexistro de enderezos, unhas regras elaboradas por "unha comisión multidisciplinar" e que, en verbas de Manuel González, presidente da asociación, van rexer un proceso "que estamos empeñados en que sexa o máis simple, público e transparente posible". Fases para o lanzamento Un acto público para oficializar a consecución do obxectivo será o punto de partida das dúas fases de lanzamento do dominio: Abrente (sunrise) e, Carreira (landrush). No primeiro período as administracións públicas e organismos vinculados a estas "terán prioridade para rexistrar os seus dominios" .gal. A continuación será a quenda das "entidades que teñan unha traxectoria probada de promoción da lingua ou da cultura galega", das marcas rexistradas, dos "nomes ou intereses protexidos" e das páxinas escritas en galego ou con versión no idioma propio de Galicia. O período de Carreira, explican, "facilitará o acceso ao rexistro a rexistrantes sen dereitos ou intereses protexidos". Antes do lanzamento a asociación promove o Programa Pioneiros, cunha "serie limitada de dominios para entidades de relevancia lingüística, cultural e social" A Asociación puntoGAL explica que xusto antes do lanzamento ten intención de promover o denominador Programa Pioneiros, co que "busca a promoción do novo dominio de primeiro nivel, facilitando a posta en funcionamento dunha serie limitada de dominios para entidades de certa relevancia lingüística, cultural e social. Todo isto, lembran, foi posible en boa medida grazas ao "apoio recibido por toda a sociedade galega, incluíndo a comunidade no exterior, ás principais entidades culturais, ás empresas e ás asociacións de base" e á propia axencia tecnolóxica da Xunta. Xa non é un soño.
NOS_14007
Os sindicatos CIG, CCOO, CESM Galicia, CO-BAS, Prosagap, UXT, TSP, Satse e Omega responsabilizaron a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra dos surtos da covid-19 detectados en diversos servizos dos hospitais da zona, como o de Oncoloxía.
Nun comunicado remitido aos medios, as organizacións consideran "un insulto, unha falacia e unha covardía" que os responsábeis deses departamentos traten de se "esconder" detrás do que cualifican de "realidade esmagadora" cando acusan os profesionais de ser os que introducen o virus nos hospitais após contaxiarse en ámbitos familiares. Neste sentido, acusan á Dirección Asistencial e a Xerencia de ter un "descoñecemento absoluto" respecto da Lei de Prevención de Riscos Laborais xa que, segundo denuncian, os protocolos "non chegan de maneira adecuada aos traballadores por falta de información". "Non basta só con dicir que os protocolos están na web do Complexo", sinalan para considerar que se debe instruír os traballadores Ademais, avogan por modificar estes protocolos para que se adapten á realidade da súa estrutura e funcionamento, e lembran que a obrigación da vixilancia do cumprimento destes, conforme á Lei de Prevención de Riscos Laborais, compete ao empresario que nestecaso é o Servizo Galego de Saúde (Sergas), isto é, á Consellaría de Sanidade. Respecto diso, reiteran a necesidade de contar cos equipos de protección individual necesarios para poder traballar cuns mínimos de seguridade. Tamén esixen que se adecuen os sistemas de ventilación mecánica ás recomendacións do Ministerio de Sanidade e que nos centros onde a renovación do aire se produza por ventilación natural se implementen medidas que garantan a renovación efectiva do aire. Así mesmo, os sindicatos denuncian a falta de control no acceso aos hospitais en canto ao uso de máscaras, limpeza de mans e toma de temperatura ás persoas que entran, "cando noutros estabelecementos non sanitarios son medidas que levan a cabo con rigor". E é que, segundo advirten, coa situación actual de transmisión comunitaria calquera persona que entra ou sae do Hospital pode levar o virus. Por iso, avisan de que "se isto non se controla os brotes van continuar dentro do Hospital de maneira repetida".
NOS_52424
O colectivo hostalaría.gal vén de asinar un convenio con Iberdrola que, entre outras vantaxes, posibilita un aforro do 3% da mellor oferta da compañía eléctrica aos estabelecementos asociados da plataforma.
Hostalaría.gal vén de asinar un convenio coa empresa de enerxía Iberdrola que significará para os estabelecementos asociados á plataforma hostaleira a posibilidade de aforrar na factura eléctrica. O convenio entre as entidades supón que a distribuidora fará un 3% de rebaixa da mellor das ofertas da compañía ás empresas de restauración que se acollan. Un convenio que ofrece diversas vantaxes Alén diso, o acordo tamén recolle outras posibilidades como: realización de estudos de optimización e aforro baseados en históricos de consumo, estudo de viabilidade e aforro de instalación de Placas Fotovoltaicas, orzamentos de instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, novas altas e baixas de subministración de luz e gas, subas e baixadas de potencias, cambios de tarifa de acceso, xestión de expedientes enerxía ca distribuidora, consulta de facturación a través de teléfono ou correo electrónico, cambios de titularidade de subministración ou pagamento, modificación de contas bancarias e fraccionamento de facturas. Satisfacción pola sinatura O responsábel da plataforma hostaleira, Lois Lopes, en declaracións a Nós Diario, mostrouse satisfeito do convenio asinado coa empresa eléctrica. Lopes sinalou que "entre os moitos obxectivos de hostalaría.gal está chegar a acordos con distribuidoras para obter descontos que redunden nos intereses dos asociados". Así mesmo, fixo fincapé en que a enerxía supón "un dos custes fixos máis importantes" e en que "as subas están a agravar unha situación xa de por si delicada para o sector", polo que o acordo é un avance "significativo" para "poder seguir coa actividade".
NOS_15517
Ángel Sánchez Tallón é o novo secretario xeral da Mocidade Nacionalista Galega (MNG), o referente xuvenil de Compromiso por Galicia. "A política actual está a mudar, e aí debemos actuar", sostén.
Ángel Sánchez Tallón é o novo secretario xeral da MNG, cargo para o que foi eleito na II Asemblea Nacional que esta organización xuvenil realizou este mes de setembro en Compostela sob o lema 'O xérmolo dunha mocidade comprometida'. Mestre de primaria e adestrador de voleiboi, Ángel Sánchez comezou a súa implicación política en Galiza Nova, mais afastouse da organización para posteriormente volver 'engancharse' á política "cando as e os compañeiros" cos que sintonizaba abandonaron o BNG. Aposta en "estar a carón dos problemas da mocidade" para artellar respostas e propostas, á vez que considera clave "pular para que a xuventude se implique". Cales van ser as prioridades como secretario xeral para MNG? Os obxectivos son os fixados na Asemblea Nacional e que poderiamos resumir en catro puntos: o primeiro, intentar aumentar a filiación da mocidade. Consideramos que a MNG é un proxecto sólido e de futuro para Galiza e esa é a mensaxe que queremos trasladar á mocidade. Outra das prioridades que nos marcamos é a da transparencia, que entendemos como algo fundamental nunha organización política. Ter unhas finanzas solventes tamén é outro dos nosos obxectivos, así como o da formación, que vai ser un dos motores importantes na MNG. No discurso da II AN referícheste á necesidade de "estar a carón dos problemas da mocidade". Cales son eses problemas e cales son as propostas da MNG ao respeito? O principal problema é o desemprego, a taxa de paro extremadamente elevada. A Xunta ten que poñer énfase na creación de emprego e de calidade, con especial atención á mocidade, e deixarse de tentar vendernos eufemismos. E ten marxe para actuar, para investir recursos en crear traballo, para activar programas, como crear viveiros de empresas para mozos e mozas... Outra cuestión que entendemos importante é, por exemplo, o das bolsas universitarias, onde xa o ano pasado fixemos unha campaña na Universidade de Compostela na que se recolleron 2.000 sinaturas en demanda de modificar os prazos da matrícula. "MNG é un proxecto sólido e de futuro para Galiza e esa é a mensaxe que queremos trasladar á mocidade" MNG é unha organización que se define nacionalista, galeguista. Como consideras que debería ser o nacionalismo galego? Que entendes que lle falta e que lle sobra? A mocidade galega non ve a necesidade dunha organización política propia que defenda os seus dereitos. Creo que o nacionalismo ten un problema de conexión coa mocidade, que temos que recuperar esa conexión. Debemos pular porque a mocidade se interese pola política e polo que lle acontece. A política actual está a mudar e aí demos estar, debemos actuar... Falabas antes das municipais como unha oportunidade para dar a coñecer as propostas de MNG e CxG, incrementar a miliancia... que opinas das marés e propostas cidadás que nacen en diferentes puntos do país para as municipais? Persoalmente creo que non se poden equiparar todos os movementos que están a xurdir. Hai sitios onde estas iniciativas nacen da propia cidadanía, de entre a poboación, mais hai outros lugares onde están promovidas por organizacións políticas. Vexo as primeiras como algo, por dicilo dalgunha maneira, máis 'autorizadas' porque responden a unha demanda da propia cidadanía. "Creo que as municipais van ser as eleccións nas que Compromiso irrompa con forza no panorama político galego" Eu, persoalmente, advogo por que nas municipais Compromiso por Galicia se presente coa súa propia marca alí onde poida, sen que isto signifique pechar a porta a coligazóns e alianzas... E como ves a Compromiso por Galicia? Os inicios sempre son difíciles. É un partido con vocación de partido nacional e é a organización que Galiza precisa. A estrutura organizativa cada vez é máis sólida, aumentando en afiliados e en agrupacións locais. Considero que as municipais van ser as eleccións nas que Compromiso irrompa con forza no panorama político galego.
NOS_2578
O Plan Mobega consistía nun programa pioneiro de carsharing promovido pola Xunta e o Ceaga para fomentar o uso do vehículo eléctrico que non acadou o seu obxectivo pola escasa difusión e a falta de concienciación entre a poboación galega. Eis un estrato da peza publicada no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza.
A mobilidade está a cambiar en todo o mundo. As grandes cidades contan con iniciativas para reducir a presenza nas rúas do vehículo privado. Algunhas pasan por pechar vías ao tráfico, pero tamén están as políticas que apostan por un cambio no xeito de moverse pola cidade. Empresas como ShareNow (antiga Car2go) operan en numerosas capitais europeas. En Milán, por exemplo, pódense contar media ducia de firmas de carsharing detrás das que están marcas como Smart, Renault, Citroën, BMW ou Fiat, entre outras. O carsharing enténdese como un sistema de coche compartido no que unha ou varias empresas poñen á disposición das persoas usuarias unha flota de vehículos privados (xeralmente híbridos ou eléctricos) para uso público, na súa maioría cunha modalidade de pago por minutos a través dunha plataforma móbil. A día de hoxe Galiza carece deste tipo de servizos nas súas cidades, pero no seu día figurou entre as pioneiras. O problema é que chegou demasiado cedo. No ano 2011, o Clúster da Automoción de Galiza (Ceaga) e a Xunta puxeron en marcha o chamado Plan Mobega, que por un prezo de 15 euros ao día (cunha tarifa especial de 29,50 euros para a fin de semana) permitía alugar un vehículo eléctrico coa vantaxe de que a recarga era gratuíta na que se vendía desde estas institucións como "a primeira rede de estacións multifuncionais de electromobilidade con tecnoloxía 100% galega". Naceu como un proxecto demostrativo da Consellaría de Economía e Industria de Javier Guerra destinado a fomentar o uso do coche eléctrico. Estivo vixente entre agosto de 2011 e decembro de 2012. Nese tempo, na Galiza aínda se falaba do suposto interese do fabricante xaponés Mitsubishi por levantar na Plisan unha fábrica de baterías para vehículos eléctricos. Galiza, á vangarda A idea da Xunta era colocar a Galiza "á vangarda da electromobilidade" e, de paso, evitar a emisións de 304 toneladas de CO2. Para iso destinou 2,4 millóns de euros na posta en marcha do servizo de alugueiro, cunha flota de 28 vehículos eléctricos de Citroën e Peugeot, modelos C‑Cero e iOn, respectivamente, xunto cunha rede de 7 estacións de carga nas principais cidades. Finalmente, todo quedou nun proxecto. Galiza non conseguiu manter a aposta polo vehículo eléctrico, quizais por ser demasiado adiantada ao seu tempo ou pola falla de promoción. Os vehículos tampouco eran moi visíbeis, xa que para acceder a un deles había que dirixirse ás oficinas da empresa de aluguer de vehículos National Atesa. O programa contou en total con 2.400 persoas usuarias nos meses que estivo en vigor (un custo de 1.000 euros por cada un), iso si, cun alto nivel de satisfacción, xa que o 70% das usuarias outorgáronlle unha valoración por enriba do 7, e unha de cada catro, un 10. Para acceder a un destes vehículos, as persoas usuarias debían ser maiores de 21 anos, contar cun documento de identidade, tres anos de antigüidade no carné de conducir e estar en posesión dunha tarxeta de crédito. Unha vez rexistrados, podían reservar o vehículo con só 24 horas de antelación na web de Mobega. A única obriga era devolver o vehículo no mesmo punto de recollida, o que limitaba a mobilidade entre cidades. A autonomía (150 quilómetros) tampouco axudaba, igual que a escasa rede de puntos de recarga, un problema que aínda sofren as actuais usuarias do vehículo eléctrico. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_31940
Denuncian a "legalización encuberta" que ao seu xuízo supón a instrución que permite a inscrición destes bebés nos consulados españois.
A Asociación de Maternidades Feministas Galegas, Materfem, realizou este sábado na compostelá praza do Toural unha acción para denunciar o "branqueamento e banalización" á que se ten sometido recentemente o fenómeno dos "ventres de alugueiro", eufemisticamente coñecida como "Xestación subrogada". As mulleres integrantes deste colectivo quixeron denunciar a legalización encuberta que supón a Instrución que permite a inscrición destes bebés nos consulados españois. Nun manifesto que repartiron durante a acción, criticaron "unha práctica que consiste en poñer a disposición de terceiros o corpo das mulleres para que xesten e paran nenos e nenas que lles entregarán a esas persoas que os encargaron. E desta práctica deshumanizadora, que pon prezo de mercado aos procesos que forman parte da sexualidade da muller como o embarazo e o parto, forman parte dentro dunha cadea de produción mercantilista un grande número de axencias intermediarias, laboratorios, clínicas, profesionais do Dereito..., que operan principalmente en países con altas cotas de pobreza feminine". Afirman que a cifra "de negocio a nivel global" estímase en 6.000 millóns de dólares anuais e o número de bebés nacidos deste xeito son por volta de 20.000 ao ano en todo o mundo. "No Estado Español o nacemento de bebés por "xestación subrogada" está prohibido e de feito esta aparece tipificada como delito no artigo 221 do Código Penal, castigado con penas de prisión de 1 a 5 anos tanto para a persoa que recibe a criatura como para a que actúe como intermediaria. Aínda así no ano 2010 aprobouse unha instrución (Instrución de 5 de outubro de 2010) que permite a inscrición destes bebés nos consulados españois en determinados supostos, o que supón unha legalización encuberta e un coladoiro que se mantén vixente a día de hoxe por máis que se anuncien medidas punitivas que deixan ás leis que protexen a filiación por parto e os dereitos das criaturas en papel mollado".
NOS_26302
Arafat Jaradat, de 30 anos e detido por guindar pedras a soldados israelitas, morreu en prisión após ser "torturado até a morte", segundo se desprende da autopsia. Milleiros de palestinianos sairon á rúa pedir unha investigación internacional. Exército israelita disparou contra manifestantes, ferindo ducias deles, mesmo crianzas
Arafat Jaradat tiña 30 anos e era un dos milleiros de palestinianos presos en cadeas israelitas (entre eles, centos de menores de idade). Morreu o pasado sábado. Para o goberno de Israel o seu falecemento foi por mor dun ataque ao corazón. Mais desde a Autoridade Nacional de Palestina fixeron públicos os resultados da autopsia e afirman que Jaradat morreu após ser "torturado até a morte". Durante a autopsia atopáronse múltiples fracturas no corpo e cráneo de Jaradat. Arafat Jaradat fora detido o pasado 18 de febreiro acusado de ter guindado pedras a soldados israelitas. Morreu o 23 de febreiro no cárcere israelita de Megiddo, no norte dos territorios ocupados. Folga de fame de 3.000 pres@s A morte de Jaradat xerou multitudinarias protstas e manifestacións en diversas cidades e vilas de Palestina, exixindo unha investigación internacional. O exército israelita respostou ás protestas con disparos, tanto de balas de goma como de balas reais, ferindo a ducias de persoas, entre elas varias crianzas. Alén disto, por volta de 3.000 prisioneros palestinianos iniciaron o domingo unha greve de fame de 24 horas en protesta pola morte do seu compatriota.
NOS_36971
NIngún equipo con cara e ollos é redutíbel a un único sistema de xogo. Aínda lle levou ben tempo a Natxo González asumir esta sinxela lóxica do fútbol, do moderno ou do cavernario. Riazor viviu este domingo un cómodo triunfo fronte a un rival directo polo ascenso. E viviuno sen rombo sobre o céspede.
Necesitaba o Dépor dúas cousas: unha vitoria que elevase a moral da tropa e demostrarse a si mesmo que non é escravo dunha única disposición táctica. Ou sexa, que hai vida máis alá do rombo, un artefacto que serviu aos de Natxo González para comezar ben o campionato, mais para o que xa acharan antídoto os rivais branquiazuis. Un 4-3-3 foi a proposta do técnico vasco. E funcionou. O equipo estivo máis compensado, as bandas menos expostas aos puñais adversarios. Non é que o rombo non poda carburar: é que para facelo precisa da mellor versión física de todos os futbolistas. E determinado rendimento non é sostíbel durante todo o curso. Cando o oxíxeno comeza a escasear é ben ir a un dispositivo táctico algo máis convencional, coas liñas algo máis xuntas, sen regalar autoestradas ao rival. Claro que a pizarra non serve de nada se os futbolistas non acompañan. E desta volta fixérono, con especial destaque para un imperial Edu Expósito, o boss na medular branquiazul, e un Fede Cartabia que é claramente o xogador máis desequilibrante na Segunda División. Se deixa atrás os seus recorrentes problemas físicos, se deixa de somatizar as súas dúbidas e dá un paso adiante na súa autoestima, estamos ante o futbolista franquicia que precisa o Dépor para voltar á elite. RC Deportivo: Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Vicente Gómez, Fede Cartabia (Carlos Fernández, min. 79), Borja Valle e Quique (Christian Santos, min. 65). Albacete Balompié: Tomeu Nadal, Álvaro Tejero, Arroyo, Gentiletti, Mathias Olivera, Eugeni Valderrama, Malsa, Febas (Álvaro Peña, min. 72), Acuña (Susaeta, min. 65), Zozulia (Rey Manaj, min. 80) e Bela. Goles: 1-0, m. 19: Fede Cartabia; 2-0, m. 68: Borja Valle. Árbitro: Vicandi Garrido (c. vasco). Cartón amarelo a Gentiletti (min. 55) e Álvaro Tejero (min. 69). Incidencias: partido correspondente á 22ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 16.525 espectadoras e espectadores.
NOS_4018
As obras gañadoras daranse a coñecer o sábado 6 de xuño. 'Europa', 'Leaena Hiems' e 'Violeta', en Literatura Xuvenil; 'Aleteo Brisalinda', 'Divina Sandamil', 'Megumi' e 'Onde só queda alguén para aguantar dos nomes', en categoría Infantil
O Premio Xerais de Novela xa ten finalistas en 2015. O xurado seleccionou este sábado as obras Adiante sempre, De remate e Pedra d´ Ostral, entre as 34 presentadas. A obra gañadora da 32º edición do galardón, dotado con 10.000 euros, anunciarase o sábado 6 de xuño. Tamén se deron a coñecer as finalistas do Premio Jules Verne. Europa, Leaena Hiems e Violeta compiten polo galardón á mellor obra de Literatura Xuvenil. No Premio Merlín de Literatura Infantil as obras seleccionadas foron Aleteo Brisalinda, Divina Sandamil, Megumi e Onde só queda alguén para aguantar dos nomes. O ditame final dos xurados terá lugar na illa de San Simón, na ría de Vigo, co escritor Miguel Vázquez Freire como mantedor literario e a Cé osquestra pantasma como artista musical.
PRAZA_2605
Falamos con Suso Díaz, hoxe xubilado, e durante moitos anos traballador metalúrxico e sindicalista, secretario xeral de CC.OO. en Galicia entre 1989 e 2000
Existe un discurso oficial sobre a Transición, que se pode resumir nos conceptos de pacto, consenso e paz social, e nunha serie de actores protagonistas, de líderes ou elites que aseguraron a consecución dese consenso. Esta versión esquece o papel da cidadanía e das organizacións sociais, pero tamén o contexto socioeconómico no que se desenvolveu o proceso ou a mudanza sociolóxica que tivo lugar en Galicia entre os anos sesenta ou oitenta. E en certa maneira, a obsesión por analizar este proceso como un exemplar e pacífico pacto entre elites no que todas as partes efectuaron renuncias tivo como consecuencia unha progresiva despreocupación na sociedade española por ese período crucial e a consecuente mistificación do relato histórico. A minusvaloración da voz da cidadanía no proceso de democratización, das organizacións sociais e da loita obreira continuou ao longo dos anos oitenta mediante a fagotización que os gobernos socialistas realizaron dos discursos e os proxectos de progreso e modernización. "Non é que nos alegrásemos pola morte dunha persoa, senón que era unha alegría política, porque era un feito decisivo para a desaparición da ditadura" 40 anos despois da morte do ditador, falamos con Suso Díaz (Ferrol, 1944), hoxe xubilado e durante moitos anos traballador metalúrxico en ASTANO e sindicalista, secretario xeral de CC.OO. en Galicia entre 1989 e 2000. Díaz reclama precisamente o papel do movemento obreiro e doutras loitas sociais nos últimos anos do Franquismo e durante a Transición, e reivindica que foi determinante para a consecución da democracia, abrindo durante anos as fendas do réxime e educando e modernizando a sociedade no seu conxunto. Atendendo á correlación de forzas existente nos anos setenta, defende os logros acadados no proceso de Transición, malia non ter chegado a ruptura demandada polo PC, CC.OO e as restantes forzas de esquerda, e demanda unha auténtica ruptura, hoxe, para facer efectivos os dereitos sociais negados e a restitución da memoria histórica. Como lembras o 20 de novembro de 1975 e os días previos, entre os partes médicos e a espera de noticias? Que se che pasou pola cabeza? O que se nos pasaba pola cabeza a todos nós é que a morte de Franco podía abrir o camiño para que en España houbese unha democracia. Que Franco morrese era algo fundamental. O certo é que todos nós brindamos ese día, se non con champán, cando menos con clarete. Non é que nos alegrásemos pola morte dunha persoa, senón que era unha alegría política, porque era un feito decisivo para a desaparición da ditadura. "Un sindicalista non pode ser clandestino. Se non, non fas sindicalismo" Antes de todo iso ti e moitas outras persoas levabades anos de loita política e sindical. No caso de Comisións, ademais, conxugando a clandestinidade cunha actividade legal, aproveitando as fendas do réxime... Que importancia cres que tivo ese traballo de Comisións no anos previos á morte de Franco? Un sindicalista non pode ser clandestino. Se non, non fas sindicalismo. Un sindicalista ten que falarlle aos traballadores, e rapidamente fichábante, aínda que falases de temas laborais, e o máis lóxico é que antes ou despois acabases detido. A estratexia que deseñou o PC estaba clara: xa que o Sindicato Vertical fai eleccións, pois ímonos presentar, porque se saes elixido iso dáche unha garantía á hora de levar a cabo as túas loitas. Foi moi acertado. Utilizabamos o Sindicato Vertical para organizar o movemento, convocabamos folgas aínda que eran ilegais. Deunos ademais unha grande experiencia: coñecemos como funcionaba un sindicato e axudounos a construír o sindicato. Sufriches tamén a represión, mesmo pasaches pola cadea tralos feitos do 10 de marzo do 72. Como foi ese día? A min faime gracia cando din que ao final da ditadura o sistema se relaxara, que era máis permisivo, que era unha ditablanda. En Ferrol en 1972 mataron a dous traballadores e feriron outros 50, e en Vitoria, mesmo despois da morte de Franco, mataron outros cinco. Durante toda a ditadura o réxime matou a moitísimos traballadores en todo o Estado. E mataron traballadores que estaban pelexando por un convenio colectivo. "Faime gracia cando din que ao final da ditadura o sistema se relaxara. En Ferrol en 1972 mataron a dous traballadores e feriron outros 50, e en Vitoria, mesmo despois da morte de Franco, mataron outros cinco" Ese día os traballadores de Bazán viñan cara ás Pías, precisamente para pedir a solidariedade dos de Astano. Alí cercáronos e comezaron a disparar. E fronte aos disparos da policía, os traballadores responderon con pedras, botándose enriba deles. A Astano chegaban noticias moi confusas, falábase de 20 mortos, de 30 mortos... Saímos en manifestación, para apoiar os nosos compañeiros e inmediatamente puxéronnos unha torpedeira enfronte, para asustarnos; por suposto, non o conseguiron. A cidade quedou paralizada: empresas, mercados, comercios... Cando te detiveron? Eu caín pola represión posterior. As vítimas e os feridos eran de Bazán, principalmente, pero despois detivéronnos a uns cantos doutras empresas. A min metéronme unha multa de 150.000 pesetas, que non paguei, por suposto, e mandáronme 10 meses para o cárcere. Alí estivemos 50 ou 60 persoas. Un leva estas cousas moito mellor cando está con camaradas (ri) Nas cadeas tamén facías oposición, dalgún xeito: protestabamos nas celas, no 1º de maio levantabámonos cantando a Internacional... "A democracia chegou grazas á mobilización popular: primeiro dos traballadores, tamén dos estudantes, máis adiante do movemento asociativo-veciñal, mesmo de sectores da Igrexa" O discurso oficial sobre a Transición destaca sobre todo os pactos entre elites, entre líderes políticos... Esquécese a importancia que tiveron as loitas sociais e moitos procesos sociais que determinaron a correlación de forzas e a sociedade española daquel tempo? Efectivamente. Cando se fala da Transición á democracia, fálase dos líderes políticos, dos seus pactos, de Carrillo e Suárez, de conversas por enriba, e non sei que. E esquécese a gran mobilización dos traballadores, que foi o que fixo que neste país teñamos democracia. A democracia chegou grazas á mobilización popular: primeiro dos traballadores, tamén dos estudantes, máis adiante do movemento asociativo-veciñal, mesmo de sectores da Igrexa, os chamados curas obreiros... Era un conxunto de persoas e sectores que se mobilizaron para que este país tivese democracia. Nunha cidade como Ferrol, antes da morte de Franco e sobre todo despois, era raro o día que non había algunha movida. Moitas, moitísimas manifestacións de todo tipo. No que pasaba en Ferrol pasaba noutras cidades, aínda que si é certo que en Ferrol -tamén en Vigo- había un movemento de oposición moi forte, cunha gran intensidade do movemento sindical e unha tradición de loita obreira. "Nós queriamos a ruptura, non a reforma. Pero o que se impuxo foi a reforma. E, así, a Transición foi como foi: nos aparellos do Estado -a policía, a xustiza...- non cambiou nada, seguiron os mesmos que estaban no franquismo" Como valoras, xa cunha gran distancia, o resultado final da Transición. Dende o PCG, CCOO e outras forzas de esquerda defendíades unha ruptura que finalmente non chegou. A valoración final é positiva, igualmente? O Partido Comunista e Comisións Obreiras o que queríamos era facer unha folga xeral política e derrubar o réxime. E non fomos capaces de facer iso. CCOO estabamos bastante instalados nas grandes empresas e nas medianas empresas. Pero o problema é que en Galicia e en toda España a maior parte das empresas son pequenas, e aí non chegabamos. Nós queriamos a ruptura, non a reforma. Pero o que se impuxo foi a reforma. Carrillo sempre dicía 'o exército téñeno eles, non nós'. E, así, a Transición foi como foi: nos aparellos do Estado -a policía, a xustiza...- non cambiou nada, seguiron os mesmos que estaban no franquismo. Por iso seguimos vendo determinadas sentenzas. Conseguíronse cousas? Claro que si, pero non houbo ruptura. A democracia hoxe en día deixa moito que desexar. Sobre todo a partir de 2008. Hai moitísimo paro, e agora pasa unha cousa que antes non pasaba: ter un emprego non che garante que non sexas pobre. Todo depende da correlación de forzas que teñas. Nós non fomos capaces que facer esa folga xeral política. Intentámolo mil veces, pero a correlación de forzas era desfavorable. Fíxose o que se puido, e non había outra saída. Ao final houbo que pactar, e conseguíronse cousas, conseguiuse unha Constitución que era perfectamente válida, o problema é que esa Constitución alguén a fixo inviable e moitos dos seus puntos non se cumpriron. A Constitución do 78 hoxe non existe, por iso hai que ir a unha ruptura democrática, e a unha nova Constitución que faga efectivos todos eses dereitos. Por suposto, a Constitución si que o PP e o PSOE a modifican cando lles interesa, como cando a modificaron para incluír o artigo 135, para dicir que a prioridade debe ser o pagamento das débedas por riba dos dereitos sociais. "Podémoslle botar a culpa a Transición, pero despois pasaron moitos anos e tampouco se solucionou. Non se estivo á altura do que demanda unha sociedade civilizada" O problema, polo tanto, non está no que se fixo ou deixou de facer na Transición senón en como se xestionaron os anos seguintes? É que hai que ter en conta unha cousa: neste país o partido que máis anos gobernou foi o PSOE e súa é a responsabilidade do que se aplicou e do que non. O PSOE puido facer moitas máis cousas do que fixo. Que haxa aínda decenas de miles de persoas soterradas nas cunetas é algo incrible. O mesmo que o feito de que aínda haxa rúas General Mola ou General Sanjurjo. Podémoslle botar a culpa a Transición, pero despois pasaron moitos anos e tampouco se solucionou. Non se estivo á altura do que demanda unha sociedade civilizada, aquí pasan cousas que en Italia ou en Alemaña serían impensables. "Sería inxusto negar o bo que fixo o PSOE, no sistema de saúde ou no sistema educativo. Pero hoxe mesmo esas cousas están en caída libre" Isto hai que cambialo, pero esperemos que algún día haxa un goberno de esquerdas real neste país que faga todas estas cousas que ata agora non se fixeron. Ten que haber unha ruptura democrática para cambiar a Constitución. E elementos que están na Constitución, como o dereito ao emprego, o dereito á vivenda, o dereito a unha pensión digna, iso ten que converterse en dereitos efectivos, teñen que estar aplicados. Sería inxusto negar o bo que fixo o PSOE, no sistema de saúde ou no sistema educativo. Pero hoxe mesmo esas cousas están en caída libre. Pero iso tampouco é culpa da Transición e porque os gobernos posteriores non fixeron o que tiñan que facer.
PRAZA_18129
A formación reúnese este vindeiro martes coa ministra Batet para iniciar unha "negociación bilateral" co Executivo central e advirte de que os votos dos seus cinco representantes son "autónomos". Pon enriba da mesa a tranferencia da AP-9 ou a condonación da débeda do Porto da Coruña.
"Os votos das nosas deputadas e deputados son autónomos. Con responsabilidade faremos valer a nosa posición en defensa de Galicia e dos dereitos da nosa xente". Así se expresou Miguel Anxo Fernán Vello, deputada de En Marea no Congreso, na comparecencia na que el e outros dous parlamentarios da formación galega, Yolanda Díaz e Antón Gómez Reino, anunciaron a apertura dunha "negociación bilateral" co Goberno do Estado para negociar o apoio do partido aos Orzamentos Xerais do Estado de 2019 e na procura de "acordos favorables a Galicia como país". En Marea advirte que os votos dos seus cinco representantes son "autónomos" e condiciona o apoio ás contas a que estas sexan "sociais e plurinacionais" As conversas oficiais comezarán o vindeiro martes cando estes tres deputados se reunirán coa ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet. Nelas En Marea incluirá unha "axenda galega", a que "recolle os elementos máis importantes das demandas da sociedade galega" e "condensa os consensos da cidadanía e das institucións de Galicia". Segundo expresou Yolanda Díaz, para que esas contas teñan o apoio dos cinco representantes da formación terán que ser "sociais e plurinacionais". A formación galega inclúe na "negociación bilateral" unha axenda galega que prioriza a transferencia da AP-9 ou a condonación da débeda do Porto da Coruña "As demandas da nosa xente teñen que estar dentro. Chegou a hora de Galicia", expresou Díaz, que advertiu que as reivindicacións son "consensuadas" e mesmo "institucionais" como é o caso da transferencia da xestión da AP-9 á Xunta de Galicia. Neste caso, amosou a súa confianza en que o Executivo de Sánchez non vai poñer "ningún obstáculo" máis aínda logo de que se desbloquease o debate. O pasado xullo cumpriuse o décimo aniversario das ata agora últimas transferencias de competencias do Goberno de España ao Goberno galego, aprobadas co PSOE na Moncloa e a coalición de PSdeG e BNG na Xunta. En Marea aspira a que esta negociación reinicie o traspaso de competencias tantos anos paralizado e insisten en lembrar en que os seus cinco votos serán necesarias para a aprobación dos Orzamentos. Ademais, Gómez-Reino destacou que tamén será "unha prioridade evidente" a condonación da débeda que o Porto da Coruña mantén co Estado, petición que reiterou a Comisión de Fomento a pasada semana e que se uniu á demanda expresada polo Concello da Coruña, o Parlamento ou a Deputación tras contar agora as mareas co apoio do PP tras sete anos negándose a postura ningunha semellante. O portavoz de En Marea no Congreso aclarou que a "situación moi particular" pola que atravesa o Porto da Coruña, sobre todo tras a condonación dunha débeda aínda maior nos peiraos de Valencia, fai que esta iniciativa se cinga polo de agora a esa Autoridade Portuaria. En Marea reclamará corrixir o "enorme" déficit de Galicia en infraestruturas e o "ritmo investidor decaente do PP" Ademais, Fernán Vello denunciou o "enorme" déficit de Galicia en infraestruturas e o "desequilibrio" que sofre o país, e remarcou que o ritmo investidor en materia ferroviaria "decaeu nos últimos anos do PP". Por iso, avisou ao PSOE de que os deputados de En Marea exercerán "a responsabilidade e a conciencia" para facer valer a súa posición en defensa de Galicia e para "paliar o déficit de infraestruturas" no territorio. Yolanda Díaz, pola súa banda, lembrou que a negociación incluirá tamén as relacións transfronteirizas ou a presenza de Galicia nas negociacións coa UE. Ao tempo, reclamou que os Orzamentos sexan sociais, "para os de abaixo, que sufriron as consecuencias de máis de seis anos do PP".
NOS_26726
No último día de reinado de Juan Carlos I, a Fundación Francisco Franco cualifica nas redes sociais o Borbón como sucesor do ditador. A entidade publica imaxes do monarca con Franco que, segundo din, non están a aparecer nos medios de comunicación.
"Boas tardes a todos os nosos seguidores e amigos, último día de reinado de Juan Carlos de Borbón, sucesor de Franco #ArribaEspaña ", di a Fundación Francisco Franco a través dunha mensaxe publicada na rede social twitter desde a que teiman en reivindicar o pasado franquista da casa real española. Desde que Juan Carlos I anunciou a súa abdicación, a Fundación Francisco Franco está a desempoeirar algunhas das imaxes que teñen no seu amplo arquivo que dan mostra da estreita relación entre o Borbón e o ditador. Entre elas, nas redes fixeron pública unha fotografía da última aparición pública de Francisco Franco o 1 de outubro de 1975. Á súa beira atopábanse Juan Carlos de Borbón e Sofía. Outra das imaxes que estes días reproducen é unha fotografía dedicada do Rei de España e pai de Felipe VI que chegou a Xefe do Estado por vontade do "caudillo", nome que empregan a cotío para denominar o ditador. A fotografía é un retrato de Juan Carlos de Borbón empuñando o leme dun barco na que aparece manuscrito o texto "Al Generalísimo Franco, con mucho cariño y mayor respeto". A Fundación Nacional Francisco Franco naceu en 1976, só un ano despois da morte do "caudillo". Nos seus obxectivos está o de defender "a verdade" do personaxe histórico e o seu legado. "Nesta liña de actuación, xunto con outras actividades, sae constantemente ao paso, de forma documentada e obxectiva, de tanta mentira e distorsión da verdade", sinalan na súa páxina web. As imaxes publicadas corresponden ao seu arquivo de máis de 30.000 documentos co que queren facer un "servizo á historia de España, para facer que esta historia chegue sen tapuxos nin veladuras ás novas xeracións".
NOS_9383
A unidade popular tal e como a ecuaciona Alberto Garzón podería rematar coa absorción de IU por parte de Podemos. Izquierda Unida estaría disposta a ir nas candidaturas de Podemos sen as súas siglas propias e coa marca de Pablo Iglesias na papeleta.
De acordo cunha información publicada esta terza feira por El País e que toma como ponto de partida declaracións de dirixentes como Alberto Garzón e Cayo Lara, Izquierda Unida camiña cara á súa disolución en Podemos, un proceso que viviría o seu primeiro capítulo nas eleccións xerais. Nas negociacións coa cúpula da formación de Pablo Iglesias, IU aceptaría todas e cada unha das condicións que lles impoñen os podemitas: que as súas siglas non aparezan nas papeletas e as de Podemos si, que o acordo non sexa a escala estatal, senón circunscrición a circunscrición, que non haxa primarias conxuntas e que Alberto Garzón non concorra como candidato por Madrid. A este respeito, esta segunda feira Pablo Iglesias convidábao a ir por Málaga. "Oxalá Alberto Garzón dea o paso e participe nun deses espazos de unidade popular en Málaga ou quen sabe", dixo. O propio Alberto Garzón, proclamado por IU como o seu candidato á presidencia do Goberno, está disposto a renunciar a esa condición de aspirante á Moncloa. Como Podemos non quere primarias conxuntas (teme que o peso da afiliación de Izquierda Unida na votación puidese determinar en exceso a formación das candidaturas), o previsíbel é que a formación podemita reserve nas súas listas prazas para xente de IU. Este mecanismo vigoraría tamén para outras forzas que eventualmente aceitasen iren ás xerais co partido morado.
NOS_20713
Os fabricantes de portátiles disporán de 40 meses para adaptar os seus dispositivos.
O Parlamento Europeo aprobou esta terza feira que, a partir de 2024, os teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos que se comercialicen no conxunto da Unión Europea (UE) só poderán empregar o cargador USB-C, que pasará a ser o modelo universal no territorio. Unha empresa galega está a desenvolver un portátil de última xeración con Microsoft Empresas como Apple ou Samsung veranse obrigadas a cambiar os portos de carga dos seus dispositivos electrónicos para adaptalos ao tipo C. Para levar a cabo esta iniciativa, foi necesario levar a cabo unha modificación da Directiva de Equipos Radioeléctricos da Unión Europea. El PE ha aprobado el cargador único universal. 📍Antes de que acabe 2024, todos los teléfonos móviles, tabletas y cámaras que se vendan en la UE deberán incorporar un puerto de carga USB tipo C.📍A partir de 2026, también deberán hacerlo los ordenadores portátiles. Más 👇— Parlamento Europeo en España (@Europarl_ES) October 4, 2022 O obxectivo desta medida é, segundo trasladou o propio Parlamento Europeo, reducir paulatinamente nos vindeiros anos as 11.000 toneladas anuais de residuos electrónicos que xera a UE actualmente. Maior prazo para os portátiles En canto aos portátiles, a nova normativa europea outorga un maior prazo aos fabricantes para que leven a cabo esta adaptación dos cargadores. No seu caso, contarán con 40 meses a partir da entrada en vigor desta lexislación para levala a cabo. Grazas a esta normativa, as persoas que compren un novo dispositivo electrónico non deberán mercar un cargador que se adapte ao porto de carga, e poderán empregar o de anteriores dispositivos que empregasen o USB-C. Ademais de móbiles e ordenadores portátiles, a medida tamén engloba libros electrónicos, tabletas, auriculares e cascos sen cable, consolas e altofalantes portátiles e mesmo ratos ou teclados que precisen de carga.
NOS_42756
A rede viaria galega concentra as estradas máis perigosas do Estado español. Máis un ano, o informe de seguridade no tráfico elaborado polo Real Automóbil Club de España(RACE) pon en evidencia o risco de moitos tramos das vías galegas. É precisamente esta, unha razón chave no alto número de sinistros de circulación no país.
O informe de Avaliación da Rede de Estradas do Estado sitúa por quinto ano consecutivo ás estradas galegas como as máis perigosas da rede viaria. O traballo elaborado polo RACE, en parcería con outros clubs automobilísticos europeos, dentro do proxecto Europa RAP, un programa europeo de avaliación da situación das estradas, estuda o nivel de risco daqueles tramos viarios cunha circulación superior a 2.000 vehículos diarios e cunha lonxitude superior a cinco quilómetros. Ao tempo analiza o perfil dos accidentes daqueles grupos sociais máis vulnerábeis e a incidencia do tráfico pesado no alcance dos sinistros. A metodoloxía empregada, común para toda Europa, analiza o nivel de risco mediante a avaliación dos sinistros e a súa gravidade en relación co nivel de tráfico da vía. Segundo as autoras do informe "a metodoloxía estruturase en base a un "Índice de Risco" definido como o número de accidentes mortais e graves acontecidos nun tramo por cada 1.000 millóns de vehículos quilómetro". Ao tempo sinalan que "para fixar os tramos perigosos da rede de estradas aténdese a certos criterios de homoxeneidade en canto a tipoloxía da vía, o tipo de interseccións que presenta e a existencia de tramos con calzada única ou separada". Analizados 2.158 quilómetros de estradas na Galiza, 261son considerados de alto risco. Mentres 12% da rede viaria do país está caracterizada como de grande perigo, a porcentaxe en Euskadi atopase en 0% en Madrid en 0,19%, en Cantabria en 2,72%, en Andalucía en 5,12% ou en Estremadura en 5,33%. Segundo as conclusións do traballo do RACE " a correspondencia entre os sinistros e o estado de conservación das estradas está fóra de toda dubida até o punto de que son aquelas onde menos investimento existe por parte do Goberno onde se concentran máis accidentes". 14 tramos de alto risco na Galiza O tramo da estrada N-541 de Boborás a Sonelle, na comarca d´O Carballiño, está considerada como a máis perigosa de toda rede viaria estatal. A vía, cunha distancia de 10 quilómetros e un tráfico de 4.214 vehículos ao día en 2019, suma o pasado ano sete accidentes graves, dous falecidos, sete feridos graves e acada un índice de risco 150 puntos. A súa beira, en segundo lugar na listaxe sitúase a estrada N-642, no lugar de intersección coa N-634 ao seu paso por Ribadeo, que concentra tres incidentes graves no pasado exercicio e un índice de perigo de 132 puntos. A estrada mariñá repite na lista por terceira ano consecutiva. Segundo analiza o RACE "nos seus 8 quilómetros de lonxitude prodúcense entre 2016 e 2018 un total de tres accidentes con tres feridos graves sendo considerado por terceiro ano consecutivo un tramo considerado como de risco grave. Destacar que dous terzos destes sinistros graves na N-642 corresponden con usuarias de ciclomotores e motocicletas". Malia repetirse de xeito reiterado neste informe e noutras disposición do Ministerio de Fomento o risco desta vía ribadense, a Dirección Xeral de Estradas non ten adoptado medidas ao respecto. O informe de Avaliación da Rede de Estradas do Estado sinala 14 tramos de alto risco na Galiza. Así refírese á N-550 en Ordes con 7.784 vehículos ao día e 10 accidentes, á N-540 entre a Barrela e O Cambeo cinco accidentes, á N-640 entre Caldas e Vilagarcía 12 accidentes, á N-547 entre Melide e Boente tres accidentes e á N-640 en Monterroso tres accidentes. Outros tramos con perigo na Galiza son a N-VI entre Ois e Betanzos, a N-541 de Barbantes a Boborás, a N-120 d´A Rúa a Quiroga, a N-532 en Verín, a N-120 de Seguín a Penalba na Ribeira Sacra e a N-VI entre Baralla e Lugo. Madrid non atende as estradas galegas O estudo conclúe sinalando que os accidentes na Galiza están moi ligados ao estado das estradas. A este respecto, o traballo destaca a concentración de accidentes naqueles tramos con peor visibilidade, situación do firma máis deficiente, ausencia de dobre carril ou o peralte das curvas. Neste sentido desmonta tópicos e os argumentos interesados, construídos, ás veces, desde a administración que sitúan as choferes galegas como máis despistadas ou máis dadas ao consumo de substancias prohibidas para xustificar o alto número de sinistros.
NOS_569
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou un itinerario para amosar a "importancia paisaxística, ambiental e cultural" dos montes que se van ver afectados polo polígono de muíños. A actividade debía decorrer este próximo sábado, mais as directivas das comunidades denegaron o permiso apelando á Lei de Montes da Galiza.
As e os veciños da comarca do Morrazo non poderán coñecer dunha forma máis directa os montes -así como "a importancia paisaxística, ambiental e cultural"- que se van ver afectados se continúa adiante o proxecto para crear un novo parque eólico na zona. Esta cuarta feira transcendeu a prohibición por parte das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cela e Ardán, lugares dos concellos de Bueu e Marín, para que decorra a actividade que organizada a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para este sábado, 27 de novembro. As directivas que representan ás persoas comuneiras contactaron coa agrupación reivindicativa contra os aeroxeradores para denegar os permisos para o itinerario de sendeirismo de carácter informativo e crítico co parque eólico. Supostamente, a través de correos electrónicos avisaron de que o punto que se fixara para o inicio da marcha e o lugar para rematala, na área recreativa de Chans, así como algúns montes e pistas, son "propiedade comunal" de maneira que poden rexeitar esa acción. Apelaron, segundo a plataforma, ao artigo 88 da Lei de Montes da Galiza. De feito, puntualizaron que se chegaba a facerse a ruta (que xa foi cancelada) alertarían ás "autoridades" para que estas tomaran "as medidas oportunas". Ao bater con este rexeitamento, a agrupación contraria ao polígono de muíños distribuíu un comunicado no que o seu portavoz, Cándido Martínez, destaca a "incredulidade" ante esta actuación porque "nunca" se fixo "un mal uso do monte ou se causou dano" en outras rutas. Referiuse desta forma a outras camiñadas con obxecto divulgativo e de denuncia sobre "verteduras, mal estado dalgúns xacementos arqueolóxicos, curtas indiscriminadas de arborado autóctono e eucaliptización, entre outras actividades perniciosas". Neste contexto, criticou o "escurantismo" da comunidade de Ardán e lamentou que tampouco haxa unha boa sintonía para recibir ao público por parte das e dos comuneiros de Cela. Posíbel postura a favor? A Plataforma cuestionou se a prohibición ten que ver coa "postura a favor" do parque eólico por parte das directivas que, segundo Martínez, poderían estar "a negociar os termos do contrato". En caso afirmativo, xustificou que "non interese que alguén vaia a explicarlle á veciñanza in situ o enorme impacto no territorio e nas súas vidas que implicaría" a instalación dos aeroxeradores. A empresa construtora ACS é a impulsora desta iniciativa empresarial entre os municipios de Bueu e Marín, incluído na área de Desenvolvemento Eólico (ADE) do Morrazo que, desde 1997, forma parte do Plan Sectorial Eólico de Galicia. Segundo a Plataforma, trátase dun plan "especulador e obsoleto que carece de cobertura xurídica por non publicarse integramente e non pasar a avaliación ambiental estratéxica no seu conxunto".
NOS_6027
As medidas buscarían aforrar 30.000 millóns de euros. Serian despois da reunión do Eurogrupo.
Segundo publicou a axencia Reuters, fontes achegadas ao goberno español sinalaron como moi probábel que se realicen varios axustes por un valor de 30.000 millóns de euros. Os problemas da banca privada española levarían a Rajoy a tomar decisións que até o de agora non estaban contempladas: baixar o soldo aos funcionarios e ás prestacións por desemprego, pechar televisións públicas e tocar as pensións. As medidas: baixar o soldo aos funcionarios e ás prestacións por desemprego Este paquete de medidas coincidiría co período vacacional, un dos de menor actividade política e sindical. As fontes consultadas pola axencia de comunicación apuntan que hai diferenzas no propio goberno ao redor de como facerlle fronte a esta dífícil situación.
NOS_8721
En vídeo e dividido en cinco capítulos, a compañía Chévere disponibiliza Eurozone, o seu gran suceso teatral que se presenta como "vacina teatral contra os efectos perversos da crise".
En tempos de crise, Eurozone presentouse case como unha superprodución, unha obra ambiciosa que mantiña en escenario oito actores e actrices, pouco habitual no actual panorama teatral. Estreada hai dous anos e medio, a obra de Chévere apuntaba contra "os efectos perversos da crise", cunha mirada crítica e aceda. Cando remata a distribución que levou o espectáculo diante de máis de 10.000 persoas en 21 cidades, Chévere disponibiliza a obra en vídeo, a través de cinco capítulos que ofrece en aberto desde a súa páxina web. Eurozone supuxo tamén a maior promoción externa para a compañía que conseguiu grandes sucesos como primeiro grupo galego que entrou na programación de tempada do Centro Dramático Nacional de Madrid e logrou catro premios María Casares, entre eles o de Mellor Espectáculo. Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos, Pepe Penabade, Borja Fernández formaban o elenco dunha obra escrita por Manuel Cortés e dirixida por Xron e contou cun equipo de profesionais de arredor de 20 persoas. O espectáculo pódese ver no portal redenasa.tv
NOS_277
Andrés Cortabitarte era director de seguridade na circulación de Adif no momento do sinistro ferroviario de Angrois.
Andrés Lago, titular do Xulgado de Instrución nº3 de Santiago, cita como investigado o ex-xefe de Seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, por homicidio e lesións no caso Alvia. O maxistrado determina que Cortabitarte "non cumpriu" o seu cometido en relación coa elaboración da correspondente análise de riscos na liña de alta velocidade entre Ourense e Compostela. Ao non adoptar medidas para "avaliar e xestionar" ese risco, tolerou unha situación potencialmente perigosa que "finalmente cristalizou" no descarrilamento que custou a vida "a múltiples usuarios". Faleceron 80 persoas e máis dun cento sufriron diversas feridas. O xuíz mantén que "non podemos discutir" que "a curva representaba un risco en si mesma", un perigo latente que fora detectado pola propia unión temporal de empresas encarregada de construír a infraestrutura. Aliás, ese risco fora notificado a Adif.
NOS_40156
O encontro terá lugar en Compostela e finalizará cunha cea de cerimonia no Pazo de Oca (A Estrada). Marchas da Dignidade convoca concentración de protesto.
Desde 1995 representantes do mundo da política e a economía de España e os Estados Unidos manteñen unhas xuntanzas baixo a denominación Foro España-Estados Unidos. Este 2016 é a XXI edición destes encontros, que decorren esta semana en Galiza. O Foro realízase alternativamente en España e os Estados Unidos, cada ano nunha cidade distinta. Está organizado pola Fundación Consello España-Estados Unidos e a súa contraparte United States Spain Council. A estas reunións acoden importantes personalidades da política e da economía de ambos os dous estados, entre eles os reis de España, por exemplo. Entre os patronos do Foro hai importantes nomes e empresas como Acciona ou o BBVA, entre outras. No Foro que vai decorrer en Compostela e no Pazo de Oca (A Estrada) estarán presentes, entre outros, varios embaixadores, o director do CNI, ex-asesores do presidente de EUA ou mandos militares, para falar de ciberseguridade. Non é a única cuestión a debate neste encontro, onde tamén se falará de economía e cambio climático, así como do papel das institucións culturais, relatorios nos que tomarán parte ex-ministros e directivos de empresas, entre outros "Fóra a mafia do noso país" A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade convocou unha concentración de repulsa a este foro. Terá lugar ás 19:30 horas do sábado, 18 de xuño, no Pazo de Oca (A Estrada), lugar eleito para a cea de gala que acompaña este foro. O lema da mobilización é 'Fóra a mafia do noso país'. "Á clausura acudirá o Felipe de Borbón coa súa compañeira, Letizia Ortiz. Desde as Marchas da Dignidade, animamos a acudir alí a berrar contra esese foro e o que representa, non podemos calar fronte á infamia", afírmase na convocatoria.
NOS_54196
Villeneuve intenta imbuír a súa propia visión impregnando todo co seu particular selo persoal de estilo escuro, emotivo e pausado, moi diferente ao ideado por Lynch, bizarro e sádico
Vin o Dune de Lynch cando tiña oito anos nunha tarde de cinema co meu irmán e curmáns. Despois de ver os fotogramas que había fóra xunto á billeteira, daquela, unha práctica habitual para decidir se unha peli pintaba ben ou non, chegouse á conclusión que debía ser "como A Guerra das Galaxias" –literal– así que entramos na sala sen dubidalo. Apenas entendín o que pasaba, mais quedoume gravado a lume ese desconcertante sadismo dos Harkonnen, o tipo gordo verrugoso que flotaba e os vermes xigantes. Marcoume, vaia... Logo mireina un par de decenas de veces máis, lin varias novelas de Frank Herbert e quedoume pena de que Jodorowsky's Dune sexa só un documental... En fin, digo isto porque fun incapaz de non comparar o Dune de Villeneuve co Dune de Lynch. Villeneuve intenta imbuír a súa propia visión impregnando todo co seu particular selo persoal de estilo escuro, emotivo e pausado, moi diferente ao ideado por Lynch, bizarro e sádico. O Dune de Villeneuve dedica tempo necesario para desenvolver o arco psicolóxico de personaxes conseguindo unha space ópera adulta e reflexiva con escenas de acción contida pero grandes secuencias de batalla, unha xenial banda sonora de Hans Zimmer e uns efectos visuais impresionantes. Ás veces abusa da cámara lenta facendo que certas secuencias, concretamente de Chalamet e Zendaya, semellen anuncios de perfumes, aínda que isto, máis que un demérito de Villeneuve é un acerto dos creativos publicitarios. Perde de longo con Lynch na mítica escena do Gom Jabbar e tamén no aspecto das Bene Gesserit. Tampouco acerta de todo co duelo-clímax final, pois non logra transmitir a emoción pretendida. Iso si, Javier Bardem destaca, o mellor do elenco xunto Rebeca Ferguson, como Lady Jessica, e Stellan Skarsgård, no rol do Barón Vladimir Harkonnen. Con respecto aos Harkonnen, malia arrepiante caracterización de Skarsgård, non provocan tanto pavor nin son tan sádicos como no Dune de Lynch. De feito teñen unha presenza case testemuñal e nin sequera aparece Feyd Rautha. Con todo, a cousa pinta moi ben e de seguro é algo que emendarán na segunda parte na que, con certeza, reservan a meirande parte dos seus puntos fortes cun Feyd Rautha á altura do feito por Sting, unha transición do "principiño" Paul Atreides a Muad'Dib mellor que a de Lynch –maloserá– e unha traca final desas que quedan na retina. Villeneuve ten o talento, a visión, o orzamento e máis metraxe para facer unha gloriosa versión de Dune que tamén marque toda unha xeración. Oxalá o logre. DuneDenis Villeneuve / Canadá-EUA / 2021 / 155 min
NOS_46102
Ás sete da tarde diante dos concellos. Esa é a convocatoria que percorre Catalunya para mostrar o apoio á consulta suspendida polo Constitucional. Tamén na Galiza haberá concentracións solidarias.
Carme Forcadell, da ANC, afirmou pouco despois de se coñecer a decisión do Tribunal Constitucional de suspender a consulta catalá: "Intentan utilizar os tribunais para resolver un conflito político". Unha frase que resume o sentir de boa parte da sociedade catalá perante o veto ao referendo do 9N. Para esta tarde, a partir das 19:00 horas, hai convocadas concentracións diante de todos os concellos cataláns. Unha convocatoria que partiu de ANC e Òmnium mais que ten o apoio de partidos, sindicatos, plataformas e asociacións de todo tipo. Para esta terza feira convocáronse a través das redes sociais concentracións na Galiza en apoio ao referendo catalá Xa na segunda feira houbo concentracións, convocadas pola CUP, en Barcelona, Vic, Lleida... de rexeitamento da decisión do TC. Tamén, e despois de se coñecer a resolución do Constitucional concellos como o de Salt aprobaron mocións de apoio á consulta. O Govern decide os pasos a dar Segundo informa ARA, o Govern decidirá esta terza feira que decisións adoptará sobre a suspensión 'exprés' da consulta polo Tribunal Constitucional (TC). O president mostrouse partidario nestes últimos días de consensuar os pasos a dar co resto de forzas que apoian o dereito a decidir. A prensa internacional faise amplo eco da decisión, desde 'Le Monde' ("A xustiza española suspende o referendo independentista catalá") a 'Corriere della Sera', que fala dunha "crise sen precedentes". GZ con CAT Para esta terza feira convocáronse a través das redes sociais concentracións en apoio ao referendo catalá. Será a partir das 20:00 horas. Vigo (Marco), A Coruña (Obelisco), Compostela (Pza Toural), Pontevedra (Pza Peregrina), Lugo, (Sub-delegación do Goberno español), Ferrol (Hino Galego), Ourense (Pza Maior), Burela (Pza da Mariña), Ponteareas (Concello)
NOS_11616
Nado en Montevideo, Ramón Vilalta é doutor en Química e durante varios anos impartiu clases de Astronomía na Galiza, xa que existía como tal no antigo BUP. Seguindo o seu labor de divulgación, Vilalta vén de presentar a súa obra O modelo do Big Bang e a xestación do Universo na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.
Sobre que versa o libro? A obra fala desas dúas temáticas que aparecen no título, que van da man. Por unha banda, o que é o modelo, que podemos dicir que hai un, que non hai ningún ou que hai moitos modelos, de Big Bang, existe unha confusión importante co nome. Outra cousa é como se xestou este universo, como cremos que foi. Mais alá destas cuestións, aproveito tamén para describir algunhas técnicas. Por exemplo, como coñecemos a distancia á que están afastados os astros, como chegamos a saber que o universo está en expansión ou técnicas que se están a madurar e que nun futuro inmediato comezarán a funcionar, así como proxectos a curto ou medio prazo que poden ofrecer máis información sobre o tema. Cal é o principal obxectivo da obra? Basicamente, busco dar información a persoas que non están metidas no mundo da ciencia. A peza parte de cero, da idea de que non sabemos sobre a cuestión. Trátase un pouco de como podemos visualizar o camiño que seguen estes temas hoxe en día. A idea sería achegar un pouco de cultura xeral. Existen outras propostas en galego similares á súa? Eu teño escrito algunha obra máis ao respecto, pero a verdade é que hai un deserto no que se refire ao mundo da ciencia en galego. De feito, o primeiro libro que escribín, Astronomía práctica e outras cousas, téñoo visto na sección de literatura galega, simplemente por estar en galego a pesar de ser unha obra sobre ciencia. Mesmo nas librarías existe un desconcerto sobre o tema. Realmente iniciativas hai moi poucas. Salvando a colección 'Básicos Ciencia' da Editorial Xerais e algún libro particular, non hai gran cousa. É un campo pouco traballado e o galego temos que traballalo en todos os ámbitos, para que siga vivo. Ademais, ao haber pouca divulgación e publicacións, hai pouco coñecemento. Por exemplo, no ensino está prohibido dar Física e Química en galego na ESO desde o decreto do 2010. Non hai moitas fontes para chegar a esta cuestión e se non se espalla esa divulgación, non se pode xerar coñecemento. Anos atrás, a astronomía estaba incluída no plan de estudos dos institutos. Antes era unha materia opcional que había no antigo Bacharelato Unificado Polivalente. Coa reforma, eliminaron esa posibilidade. A Astronomía é un tema que se dá en Ciencias Naturais en 1º da ESO e os rapaces non teñen aínda a madurez axeitada para entender cuestións máis abstractas, como poden ser a astrofísica ou a cosmoloxía. Tamén se pode ver nun tema de Ciencias Sociais, pero repártense aí e non hai unha materia propiamente. Eu nacín no Uruguai e alí a astronomía é obrigatoria. Antigamente só se consideraba como tal en catro países do mundo: Grecia, a Unión Soviética, Alemaña e Uruguai. Neste sentido, si que estou especialmente sensibilizado sobre o tema. É un problema que ten que ver coa formación científica en xeral, pero no caso da astronomía é aínda máis grave. Por que cre que se prescindiu desta materia? Na miña opinión, ten moito que ver co peso que tivo sempre a Igrexa e certos sectores conservadores na sociedade e na educación. Sempre que hai unha reforma educativa, o tema central acaba sendo a revisión da relixión como materia alternativa, obrigatoria... Sabemos os problemas que hai para avanzar na sociedade neste sentido. Vén desde a Ilustración e de como se lle fecharon portas. Coa ditadura tamén se foi prolongando e é un tema que está historicamente pendente de resolución. Non hai un punto de modernización no que se diga que todos nos facemos esta pregunta nalgún momento da nosa vida: De onde vimos e a onde vamos? Cantábao mesmo Siniestro Total nun tema. E como se pode entender entón que non estea presente nos currículos vitais de todo o mundo? Non se trata de meter moita matemática, senón de achegarse ao tema no momento axeitado sen máis pretensión que aprender.
NOS_23941
O BNG propuxera na Comisión de Cultura do Parlamento que o PPdeG defendera este sector contra "ataques que afectan ao conxunto da sociedade". O goberno galego nega que se poñan atrancos e culpa á crise da situación.
Nos últimos meses a suba do IVE do 8% ao 21% tivo un impacto "brutal" segundo o sector da cultura que traballa en Galiza. O Grupo Parlamentario do BNG presentou unha Proposición non de lei para que o goberno galego "responda" con medidas que poñan freo ao aumento do desemprego e precarización do sector. A voceira nacionalista de Cultura, Ana Pontón, asegurou na presentación da proposta que a medida recadatoria "é nociva para o conxunto da sociedade" porque afecta "ás rendas máis baixas cunha maior carga fiscal e non ás rendas máis altas". Para o BNG a medida é "inxusta, inútil e contraproducente". "A Cultura non é un artigo de luxo senón de necesidade" argumentou Ana Pontón na Comisión, "queremos que a Xunta faga algo, a situación económica non xustifica a súa falta de iniciativa". "O PP mentiu" O BNG cuestionou a lexitimidade do PP para incrementar este imposto cando, segundo a portavoz nacionalista, "non levaba esa proposta en campaña electoral". Pontón lembrou as críticas de altos cargos do partido de Rajoy, caso de Cristóbal Montoro, María Dolores de Cospedal ou Esperanza Aguirre, cando o goberno do PSOE subiu ese imposto en 2010. "O propio Rajoy aseguraba nun debate con Rubalcaba que non faría o que non estivera no seu programa". En resposta a esta afirmación o popular Baamonde Díaz falou de "apoio nas urnas" ao seu partido e atacou ao PSOE por cuestionar algo que "tamén realizaron cando gobernaban en Madrid". Pontón: "Falar de paralizar a Rede varios meses e logo afirmar que coa súa apertura vai loitar contra o IVE é tratarnos de imbéciles" Cultura controlada Francisco Caamaño, voceiro do GP socialista, afirmou que era "unha incongruencia" subir o IVE na cultura posto que " non é calquera actividade económica". Falou de "elemento pernicioso" que pretende "controlar" a cultura galega polo "encarecemento" dos produtos culturais colectivos para logo "subvencionar" aqueles que lle conveñan ao PP. Como alternativa propuxo reducir os impostos autonómicos e exixir que as entidades que realicen actividades culturais no noso país e teñan acceso a subvencións "conten coa cultura feita aquí". "A culpa é do propio sector" O voceiro de cultura do PPdeG, Agustín Baamonde Díaz, negou que o goberno galego puxera atrancos á cultura galega. "Hai que facer políticas de control de gasto e priorizar as necesidades". Baamonde chegou a afirmar que a culpa desta crise "é do propio sector que ten que reaccionar". Rexeitou apoiar a Proposición non de lei do BNG "porque Madrid xa rexeitou outras propostas semellantes e a competencia neste tema é estatal". Sobre medidas a tomar con respecto a defender ás empresas culturais desta suba do IVE asegurou que "xa abrimos o circuíto da Rede Galega de Teatros e Auditorios hai uns días". En resposta a esta última afirmación Ana Pontón contestoulle que "o PP non acredita na cultura galega, falar de paralizar a Rede varios meses e logo afirmar que coa súa apertura vai loitar contra o IVE é tratarnos de imbéciles". A Proposición, após a admisión dunha emenda do PSdeG, foi rexeitada cos votos en contra do PP.
NOS_25041
O xigante asiático pasa a ser o primeiro vendedor do Estado español por diante de Alemaña.
Os datos económicos non deixan de dar bos novas á China. Se a pasada semana os analistas de JP Morgan anunciaban que a economía chinesa se tornaba na segunda máis grande do mundo ao superar á da zona euro tras alcanzar en 2019 un Produto Interior Bruto (PIB) de 14 billóns de dólares, onte mesmo coñecíase que o xigante asiático pasaba a ser o primeiro vendedor do Estado español por diante de Alemaña. Na mesma liña, o banco de investimento estadounidense advertía de que a capacidade de recuperación da China durante a pandemia ía achegala máis rapidamente do previsto aos Estados Unidos cun PIB de 21,3 billóns de dólares. O comportamento da economía na China ao longo deste ano está sorprendendo todos os analistas. Após controlar nuns meses a pandemia, o Goberno de Pequín anunciou onte un medre interanual do PIB no terceiro trimestre de 4,9%, unha cifra que xera envexa ao resto dos Estados e que volve demostrar que unha recuperación económica rápida so é posíbel no caso de controlar o virus. "Precisamos facer dos consumidores o piar fundamental da nosa economía. Así melloraremos a nosa capacidade de recuperación" Tras unha caída do PIB de 6,8% no primeiro trimestre e unha suba de 3,2% no segundo, os datos do terceiro sitúano nunha expansión anual de 0,7% e aproxímano a 2% prognosticado polo Fondo Monetario Internacional (FMI) e polo Banco Mundial. Segundo as autoridades chinesas, o crecemento resulta insuficiente, malia a ser a única economía mundial que remata o terceiro trimestre en positivo. O consumo interno é un dos factores que explica esta situación. Neste sentido, o Goberno chinés reúnese esta semana para aprobar o plan quinquenal (2021-2025), onde o consumo interno pasa a ser un eixo central. "Precisamos facer dos consumidores o piar fundamental da nosa economía. Así melloraremos a nosa capacidade de recuperación", avanzou ao Diario do Pobo Qui Baoxing.
PRAZA_3965
O sistema estatal de vixilancia, que obtén datos dos rexistros civís corrixindo os atrasos nas notificacións, sinala que o exceso de defuncións para a época do ano foi superior nos homes e nos maiores de 74 anos
O sistema estatal de vixilancia, que obtén datos dos rexistros civís corrixindo os atrasos nas notificacións, sinala que o exceso de defuncións para a época do ano foi superior nos homes e nos maiores de 74 anosEntre o 21 de marzo e o 8 de abril, coincidindo co pico da vaga do coronavirus, o Sistema de Monitorización da Mortalidade diaria (MoMo) en España, a cargo do Centro Nacional de Epidemiología do Instituto de Salud Carlos III, detectou en Galicia unha mortalidade un 20,3% superior ao previsto para esas datas do ano en función dos falecementos rexistrados en anos anteriores. Segundo os seus cálculos, serían entre 322 e 341 persoas máis as falecidas que o estimado para eses días en circunstancias normais en Galicia, cifras algo superiores aos arredor de 280 falecementos dos que o Sergas informou nese período que se deberan ao coronavirus.Fronte ao exceso do 20,3% en Galicia, a nivel estatal a cifra aumenta ao 69,3% para un período lixeiramente superiorO sistema de monitorización da mortalidade obtén información dos falecementos inscritos nos rexistros civís e realiza os seus cálculos tendo en conta posibles atrasos nesas notificacións, corrixíndoos en función de diversas variables de xeito que canto máis tempo pasa do período no que se detecta un exceso de mortalidade, máis precisos resultan os cálculos. Segundo o último informe do sistema MoMo, divulgado o pasado venres, dez días despois do remate do período de exceso de mortalidade sinalado para Galicia e que polo tanto axusta mellor as cifras e o período que informes de días anteriores, nel produciuse un aumento sobre o previsto do 20,3%, cifra moi por baixo do período de exceso sinalado para o conxunto estatal, entre o 17 de marzo e o 15 de abril, no que foi dun 69,3%.O exceso de falecementos entre os maiores de 74 anos foi dun 24,1%Segundo os datos para Galicia, o exceso de mortalidade foi superior entre os homes (25,6%) que entre as mulleres (14,2%). Canto ás idades, non se rexistrou ningún exceso entre as persoas menores de 65 anos. De feito, rexistráronse tres mortes menos (181) do estimado para ese período (184). Entre 65 e 74 anos o exceso de mortes foi do 4,5% mentres que entre as persoas maiores de 74 anos, se nese período o estimado en función do rexistrado en anos anteriores serían unhas 1.300 mortes, este ano producíronse máis de 1.600, un 24,1% máis.
NOS_54008
O conxunto vigués derrota ao Elxe ao bordo do asubío final grazas a un tanto de Nolito que confirma aos celestes como unha das sensacións do que vai de Liga.
Un magnífico desmarque, un pase ao oco e o gol que supuxo a forma perfecta de comezar a xornada, que xa rematara de xeito inmellorábel para o Celta, que apenas catro días despois de vencer no derbi contra o Dépor puxo o ramo á semana sumando tres puntos (0-1) grazas ao tanto no último minuto de Nolito no campo do Elxe, que fixo xustiza a un conxunto vigués que segue a mirar cara o alto da táboa, xa convertido -por xogo e tamén por puntos- nunha das sensacións do comezo da Liga. Das poucas eivas que se lle viron ao Celta neste arrinque de tempada, unha foi a de non pechar os encontros e perder folgos nas rectas finais. Nada diso foi visíbel no campo alacantino, onde o xogadores de Berizzo amosaron afouteza até o final -tamén en defensa, co porteiro Sergio de novo insuperábel- e mesmo teimaron na procura da meta adversaria até acadar o tanto dun Nolito que chama a metas enormes, seguramente porque estivo acompañado dun once que non se conformaba co cómodo empate, senón que ten mirada longa: a que se está gañando un Celta que transmite ilusión. E suma puntos até os postos europeos.
NOS_33764
Quen se convertera nun dos rostros máis carismáticos e aclamados da sociedade catalá polo seu papel como xefe policial no marco dos atentados das Ramblas e Cambrils en agosto de 2017 e no contexto do referendo de 1 de outubro de 2016, o ex major dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, acudiu onte á sede da Audiencia Nacional para ser xulgado por un delito de rebelión pola súa suposta participación no referendo de autodeterminación do 1-O.
Ás dependencias da Audiencia Nacional en San Fernando de Henares, Madrid, acudiu onte o ex major dos Mossos d'Esquadra Josep Lluís Trapero, para ser xulgado na segunda parte da causa contra o procés. A Fiscalía acúsao dun delito de rebelión pola súa suposta participación no desenvolvemento do referendo de autodeterminación que se levou a cabo en Catalunya a 1 de outubro de 2017. Trapero, que foi destituído cando a aplicación do artigo 155 da Constitución española e substituído polo seu número dous, o comisario Ferrán López, enfróntase a unha solicitude de 11 anos de prisión por ese delito de rebelión, cando as e os líderes políticos independentistas foron condenados polo Tribunal Supremo por sedición. A acusación considera que Trapero puxo o corpo dos Mossos ao servizo do proxecto soberanista do Govern catalán co obxectivo de conseguir a independencia. Mais Trapero xa declarou ante o Supremo o pasado 14 de marzo de 2019, no marco da causa contra as e os líderes políticos e sociais, que os Mossos non desobedeceron a lei española nin as ordes xudiciais, e chegou a afirmar que o corpo que comandaba tiña un plan para deter o daquela president da Generalitat de Catalunya, Carles Puigdemont, e as e os consellers, se así for demandado pola xustiza. No día de onte, ante a Audiencia Nacional, Trapero voltou a remarcar de novo que non seguía ordes do Executivo catalán. Así, preguntado polo fiscal Miguel Ángel Carballo sobre o seu coñecemento do proxecto independentista, o ex major respondeu que "nin o coñecín, nin se me expuxo, nin se me consultou, nin coñezo a ninguén a quen se lle tiver exposto algo similar". En canto ás preguntas sobre a creación dunha comisión para o proceso constituínte pola Generalitat, o ex major respondeu que lle pareceu unha "barbaridade máis das moitas que se estaban a facer" naqueles anos. A comezos de setembro de 2016, segundo relatou onte o ex major, foi convocado a unha reunión da man do entón secretario do Govern, Joan Vidal de Ciurana, no Palau da Generalitat. Naquel momento o Executivo tiña o obxectivo claro de realizar o referendo de autodeterminación e Trapero foi consultado sobre que acontecería nun cenario cunha dobre lexitimidade. "A dobre lexitimidade non existe", dixo Trapero ao secretario do Govern, segundo testificou onte e, ante a insistencia do membro do Executivo, voltou a responder que "o corpo faría sempre o que dixesen os xulgados". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.
NOS_39202
Fixaron 20 de decembro como data para asinar o convenio colectivo.
Os sindicatos AFE, UGT e Futbolistas ON e os clubs da Primeira División feminina achegaron esta segunda feira as súas posicións e fixaron o 20 de decembro como data probábel para a sinatura do primeiro convenio colectivo feminino, o que implica o desbloqueo da folga iniciada polas xogadoras a pasada fin de semana. Após a xuntanza mantida na sede do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) en Madrid, a patronal e os sindicatos confirmaron o acordo que paraliza a folga na máxima categoría do fútbol feminino, despois da folga que protagonizaron as xogadoras en 16 e 17 de novembro.
PRAZA_19213
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 remite unha carta ao presidente do Goberno de España para pedirlle audiencia e instalo a promover senllas investigacións política e técnica sobre o sinistro
Facelo tarde ou facelo ben. É o dilema ante o que sitúa a Plataforma Víctimas Alvia 04155 ao presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy. Vinte e catro horas despois de que Rajoy recibise, con case 14 anos de atraso, unha representación das familias dos militares falecidos no accidente do Yak-42 -sinistro no que, segundo o recente informe do Consello de Estado, influíu determinantemente a xestión do Goberno de Aznar-, a principal plataforma de persoas afectadas polo descarrilamento do Alvia en Santiago pide ao xefe de filas do PP que as reciba. Agora, indican, aínda está a tempo. Nunha carta dirixida ao propio Rajoy e feita pública este mércores a plataforma invita o xefe do Executivo central a reflexionar sobre a súa demora en atender as vítimas do Yak. "Os momentos nos que se fan as cousas teñen a súa importancia" e tanto as investigacións como "a transparencia", a "xustiza" e o "castigo aos responsables" deben producirse "no seu momento", como igualmente "debe pedirse perdón no seu momento". "Cando as cousas chegan tarde, as condutas non teñen o mesmo significado". "Con nós aínda está a tempo" aínda que "non comezase moi ben" nos días e meses posteriores ao accidente no que morreron 80 persoas na parroquia compostelá de Angrois. Primeiro, lembran, coa confusión no primemiro comunicado de condolencia por parte do servizo de comunicación de Moncloa -reproducira o pésame polas persoas falecidas nun terremoto na China-. Despois, no debate de política xeral do ano seguinte, no que non dedicou ao accidente de Angrois "nin un só segundo". "Tívollo que lembrar a deputada do BNG, a señora [Olaia] Fernández Davila", resaltan. As vítimas instan a Rajoy a concederlles unha xuntanza e comprometerse as investigacións política e técnica sobre o accidente Pero nestes anos, evidencian, "pasaron cousas moi graves" en torno ao accidente, "como que a Axencia Ferroviaria Europea ditaminou que o informe realizado polo organismo público español encargado da investigación de accidentes ferroviarios", a CIAF, "non cumpría as directivas europeas" porque "non era independente" e "non investigaba as causas profundas" do sucedido. "A ex-ministra Ana Pastor", acusan, "enganounos, xa que nos dixo que si era independente". Igualmente, lembran, produciuse a mudanza de postura do actual ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, a respecto da apertura dunha comisión política e doutra técnica sobre o accidente, ás que deu "apoio expreso" sendo alcalde de Santander. A constatación na Eurocámara, a pasada semana, da necesidade dunha investigación independente que aínda non se realizou e as revelacións achegadas ao xulgado polo perito independente son, para a Plataforma, outros dous motivos de peso para que esta recepción se produza. E para que nesa xuntanza Rajoy "se comprometa a crear a investigación técnica independente que reclama Europa e impulse a creación dunha comisión de investigación parlamentaria na que se depuren responsabilidades políticas dun accidente no que están implicados o Ministerio de Fomento, Renfe e Adif".
NOS_20875
Xaneiro tráenos unha boa ocasión para localizarmos facilmente o planeta Urano.
M ercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno son os cinco planetas do sistema solar que se poden albiscar a simple vista e, en consecuencia, coñécense ben desde a antigüidade. Os dous planetas do noso barrio, Urano e Neptuno, foron identificados despois da invención do telescopio. En 1781 o músico reconvertido en observador do ceo William Herschel descubriu Urano, un triunfo que lle outorgou a condición de astrónomo do rei George III. Houbo que agardar máis por Neptuno, que foi visto polo alemán Johann Gottfried Galle o 23 de setembro de 1846. Galle foi na súa busca escrutando unha zona concreta do firmamento na cal, segundo as contas do francés Urbain Le Verrier, debía haber un corpo descoñecido que provocaba perturbacións gravitacionais na órbita de Urano: a física e as matemáticas anticipáronse á pura observación. O brillo de Urano chega a estar por debaixo da magnitude 6 e iso convérteo, en teoría, nun obxecto no límite da visibilidade a ollo espido en óptimas condicións, cando se encontra en oposición e en noites verdadeiramente escuras, sen contaminación luminosa, das que xa quedan poucas. Cuns prismáticos normais ver Urano é un exercicio moito menos excepcional; o problema é identificalo con claridade, sen confundilo con algunha outra estrela de parecida luminosidade. Convén aproveitar as ocasións nas que este planeta visita no ceo algún outro obxecto doado de recoñecer que poidamos tomar como referencia. Este mes de xaneiro temos unha desas oportunidades. Os días 19, 20, 21 e 22 de xaneiro Urano estará a menos de dous graos de separación angular de Marte, unha distancia equivalente ao grosor de dous dedos maimiños co brazo estendido. Marte xa non destaca na noite tanto como no outono, mais non ten perda: o seu brillo será nesas datas comparábel ao da estrela Rigel, mais tinguido pola característica cor encarnada. Anda pola constelación do Carneiro, a carón do Touro, bastante máis evidente en ceos urbanos. Se apuntamos a Marte cuns binoculares poderemos distinguir preto del un puntiño un pouco ao sur, tal e como amosa a imaxe que acompaña este texto. Xúpiter e Saturno vanse diluíndo no crepúsculo vespertino para desaparecer durante unhas semanas; recuperarémolos pola mañás moi a finais de febreiro. Venus domina o horizonte sureste ao amencer, cada día a menor altura e menos tempo antes da saída do Sol. Antes da medianoite, o hexágono do inverno érguese sobre o horizonte sur; polo oeste van de retirada os Peixes e a Balea mentres polo leste asoma o León, con Regulus como estrela máis brillante. Logo do solpor viamos o Carro debaixo da Polar; ao longo da noite irá xirando para chegar ao abrente enriba dela, con Mizar a menos dunha cuarta do cénit. O Boiero e Hércules estarán entón xa no ceo, igual que o Serpentario da estrela Rosalíadecastro. Hoxe a Terra pasa na súa órbita arredor do Sol polo perihelio, o punto no que nos encontramos máis perto da estrela, a só 147 millóns de quilómetros, cinco menos do que estaremos en xullo. Iso supón que o Sol amosa hoxe o seu maior tamaño aparente visto desde a Terra, aínda que a diferenza entre o tamaño máximo e mínimo é indistinguíbel polo noso cerebro. Felizmente, aos medios de comunicación sensacionalistas non se lles deu aínda por crear expectación falando de "supersoles" e, case mellor, non lles imos dar ideas. Martin Pawley. Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
NOS_57616
O comité clínico ten sobre a mesa diferentes propostas para afrontar unha quinta vaga que, nunha semana, duplicou o número de casos activos na Galiza.
Hai concordancia no comité clínico sobre que cómpre establecer novas restricións, o debate da xuntanza desta terza feira centrarase en cales serán estas e a súa aplicación. Un dos ámbitos onde este órgano que asesora a Consellaría de Sanidade estuda fixar novas medidas é nas xuntanzas tanto na casa como fóra, así como en aqueles eventos que reúnan máis de cen persoas. Tamén se valorará a posibilidade da presentación do certificado de vacinación en lugares pechados. "Non se desbota que se prohiban as reunións de non conviventes no exterior de madrugada e que durante o día eses encontros se limiten a dez persoas en espazos abertos e seis nos pechados". Segundo indica a CRTVG, "non se desbota que se prohiban as reunións de non conviventes no exterior de madrugada e que durante o día eses encontros se limiten a dez persoas en espazos abertos e seis nos pechados". Tamén, prosegue a canle pública, "o comité clínico vai analizar a conveniencia de recuperar certos usos da máscara en exteriores ou incluso que se esixa certificados de vacinación ou de probas diagnosticas negativas para acceder a locais de hostalería e así evitar decretar peches nos concellos con índices máis altos de contaxios". "Limitacións horarias, redución do tamaño dos grupos, tanto no ámbito privado como no ámbito público, esixencia da realización de probas ou certificados de vacinación para todo tipo de restauración ou celebracións", di Pilar Farjas, membro do comité clínico, na CRTVG. A idea é que estas probas sexan obrigatorias para eventos con máis de dez persoas. "Reunións sobre todo de noite, e si que nos preocupa moito porque é unha forma moi explosiva de moitos casos e tememos que poida repercutir na presión asistencial", manifesta Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo. Os novos contaxios de Covid-19 volveron repuntar por riba do milleiro após o descenso da xornada anterior e ascenden a 1.165 no conxunto de Galiza, así como os hospitalizados, que soben a 149 -nove máis- e os casos activos superan os 12.000. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 10,9% após principiar a semana cun 13,5%.
PRAZA_19829
ENTREVISTA | Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción) interveu este luns pola noite na primeira xornada da XXXIV Semana Galega de Filosofía, dedicada á saúde. No seu relatorio alertou contra as grandes concentracións empresariais na agroindustria e o poder político destas compañías.
Este luns deu comezo en Pontevedra a XXXIV edición da Semana Galega de Filosofía, centrada este ano na saúde. Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción) foi o encargado de ofrecer o relatorio da noite, no que alertou contra as grandes concentracións empresariais na agroindustria e o poder político destas compañías, que presionan a través dunha intensa acción lobbys os Gobernos e os Parlamentos para limitar os controis ao seu negocio. As negociacións dos acordos de libre comercio entre a Unión Europea e os EE.UU. (TTIP) e entre a UE e Canadá (CETA) foron nos últimos anos escenario desas presións. O TTIP foi paralizado, mais o CETA está camiño de ser aprobado polos distintos países da UE e os seus efectos finais poderían ser os mesmos que os do primeiro tratado. Kucharz debullou os efectos dos procesos de concentración sobre o medio ambiente, sobre a alimentación e sobre os e as produtoras, impoñendo un modelo agrario baseado en monocultivos destinados á exportación e longas distancias e un modelo gandeiro dominado polas grandes explotacións industriais. Este mesmo martes está en marcha unha ciberacción sobre este tema, coa etiqueta #CETAnoalimenta. "Esta concentración empresarial aumentaría o control corporativo sobre a agricultura: estas tres megaempresas controlarían o 70% dos agroquímicos e o 60% das sementes comercializadas en todo o planeta" Que efectos teñen as grandes concentracións empresariais na agroindustria? Actualmente estamos vendo unha enorme concentración do mercado agroindustrial no mundo. Non é só a fusión en Monsanto e Bayer, senón que tamén se está buscando a fusión entre Dow Chemical e DuPont e tamén se están fusionando Syngenta con ChemChina, que é a maior empresa química chinesa. Isto incrementaría os problemas causados pola agricultura industrial, con consecuencias moi negativas para a saúde, para as e os agricultores, os consumidores, o medio ambiente e a seguridade alimentaria. Isto é debido a que esta concentración empresarial aumentaría o control corporativo sobre a agricultura: estas tres megaempresas controlarían o 70% dos agroquímicos e o 60% das sementes comercializadas en todo o planeta. "Gañarían tamén poder político, incrementando a súa capacidade de influencia sobre as políticas agrarias e de alimentación de cada país. Xa o estamos vendo co enorme poder que estas empresas e as súas asociacións lobbystas teñen en Bruxelas" Gañarían tamén poder político, incrementando a súa capacidade de influencia sobre as políticas agrarias e de alimentación de cada país. Xa o estamos vendo co enorme poder que estas empresas e as súas asociacións lobbystas teñen en Bruxelas. Ao mesmo tempo, esta concentración reduciría a capacidade dos e das agricultoras para poder elixir e limitaría a diversidade das sementes. Estas empresas están promovendo tamén paquetes tecnolóxicos: todas as políticas agrarias están pensadas para aumentar a complexidade tecnolóxica e dos insumos que son necesarios para a agricultura industrial, uns insumos que tamén están controlados por estas compañías. Que efectos teñen para a saúde dos e das consumidoras finais? As concentracións empresariais reducen tamén as posibilidades de elección dos e das consumidoras. Incrementa ademais o uso de químicos, algún moi perigosos e tóxicos. Entre eles destacan os contaminadores hormonais; un dos principais problemas para a saúde é a aparición dos disruptores endocrinos, que están provocando diferentes cancros, obesidade, defectos nos fetos, problemas de perda de capacidade cognitiva e problemas de fertilidade. E, ademais, un gran custo para os sistemas públicos de saúde, un gasto adicional de 170.000 millóns de euros en todo o mundo. As grandes empresas químicas e da agroindustria levan anos facendo un labor de lobby para que non se prohiban os contaminadores hormonais. Algunhas cartas entre a Comisión europea e estas industrias que se fixeron públicas demostran que esta presión tivo unha grande influencia nas negociacións do CETA. "O CETA é un Cabalo que Troia, polo que Monsanto e outras grandes empresas norteamericanas, a través das súas filiais canadenses, van tentar modificar a lexislación dos distintos países europeos" Paralizado o TTIP, o CETA é agora mesmo o problema máis urxente, o mecanismo que as grandes compañías queren empregar para reducir os controis legais á súa acción? Si, a través do CETA as empresas transnacionais de Canadá poderían demandar o Goberno español antes os tribunais de arbitraxe se este aplicase nalgún momento algunha medida restritiva para a súa acción ou limitase o uso dalgunha substancia que xa se demostrou nociva para a saúde humana ou para o ecosistema, por exemplo as que están acabando coas abellas. O CETA é un Cabalo que Troia, polo que Monsanto e outras grandes empresas norteamericanas, a través das súas filiais canadenses, van tentar modificar a lexislación dos distintos países europeos, desmontando as actuais regulacións que aínda que non sexan perfectas si supoñen unha protección da saúde e do medio ambiente. "O CETA é un auténtico golpe contra a democracia parlamentaria e a soberanía popular que se está discutindo case sen presenza nos medios" Se se ratifica este tratado, que agora mesmo se atopa no seu trámite parlamentario, onde hai un silencio tremendo sobre o asunto, abriríase un buraco enorme por onde se poderían coar cambios lexislativos moi importantes sen participación democrática. O CETA é un auténtico golpe contra a democracia parlamentaria e a soberanía popular que se está discutindo case sen presenza nos medios, en boa medida porque a maioría de PP, PSOE e Ciudadanos na Mesa do Congreso acurtou o período de presentación de emendas. "As actuais políticas públicas favorecen este sistema agroalimentario que está a envelenar unha parte da poboación porque priorizan os intereses económicos dunha minoría sobre a saúde e o benestar da maioría" O camiño para a oposición a este modelo pasa por unha unión de produtores e consumidores, de que estes se decaten de que os problemas da agricultura teñen efectos directos na súa saúde? Si, por suposto. O que pasa é que cando se fala destes e doutros problemas, parece que sempre se delega a solución na responsabilidade dos e das consumidoras, como se fose un problema individual de elección. Pero a realidade é que é un problema político que se soluciona xerando mobilización social, resistencia e cambios radicais na forma de producir e consumir. Isto é o contrario da actual forma mafiosa de facer política que practican tanto a UE coma o Goberno español, onde as políticas públicas só buscan os intereses dunha minoría. Aprobáronse lexislacións que provocaron a morte de milleiros de persoas, sobre todo das persoas que viven na pobreza, que son quen teñen unha peor alimentación e sofren máis os seus efectos. As actuais políticas públicas favorecen este sistema agroalimentario que está a envelenar unha parte da poboación porque priorizan os intereses económicos dunha minoría sobre a saúde e o benestar da maioría. "Ademais da presenza institucional, necesitamos máis autoorganización da sociedade civil, necesitamos redes que empurren dende abaixo" Como se constrúe e fortalece un modelo alternativo ao proposto polas grandes empresas? O máis importante é a organización e a creación de ferramentas dende a sociedade civil organizada. A curto prazo temos que tentar impedir a ratificación do CETA. E a medio prazo o que temos que facer é cambiar o Goberno central e os gobernos autonómicos retrógrados, seguindo o exemplo que están dando dende o 2015 os goberno municipalistas. Hai experiencias moi interesantes en varias cidades de aposta pola compra pública de alimentos para comedores, pola agroecoloxía, a aposta polos mercados locais e os mercados campesiños, o rexeitamento da contratación pública con empresas que actúen en paraísos fiscais... As cidades do cambio están creando redes moi interesantes para apostar pola soberanía alimentaria e por un modelo agroalimentario xusto. Ademais da presenza institucional, necesitamos máis autoorganización da sociedade civil, necesitamos redes que empurren dende abaixo. E necesitamos unha boa coordinación entre todos os países, cun espírito internacionalista.
NOS_35187
García MC, un dos principais representantes do hiphop galaico e ex membro de Dios Ke Te Crew, vén de publicar un videoclip co primeiro single do seu novo traballo. Titúlase 'Cleptocracia'.
Neste primeiro tema, cun claro contido de carácter social marca da casa, participa tamén Gato Persa (Alto Asalto), e o videoclip está asinado por Alberto Lora. Trátase da primeira entrega do novo disco de García MC, cuxo plan é publicar unha canción con videoclip cada mes durante todo o ano. "Quen cre xa no CD?", pregúntase, aínda que remata recoñecendo que probablemente o rematará editando en formato físico. "Cada tema terá cadansúa portada, e serán todos diferentes, con colaboracións diversas e tamén un enfoque musical distinto, dándolle moita importancia á parte audiovisual". García MC deuse a coñecer como membro fundador de Dios Ke te Crew en 2003, aínda que xa rapeaba letras propias desde os 13 anos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. Desde o ano 2006 ata o 2016 participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de "Foliada Rap and Punk" dos Labregos do Tempo dos Sputniks así como no seu proxecto en solitario. Ademais, deixou a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte da Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso). En 2012 edita 'Abaixo e de pé (Vir)', realizando unha ampla xira de presentación que o levou mesmo a México. A comezos de 2016 sae á rúa 'Libremente', o traballo discográfico que pecha unha década de andaina de Labregos do Tempo dos Sputniks.
NOS_41519
Un 70% menos polo Covid, e dispara as súas vendas 'online' un 77%.
Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.106 millóns de euros no seu ano fiscal 2020-2021 (do 1 de febreiro de 2020 ao 31 de xaneiro de 2021), o que supón un 70% menos respecto ao exercicio anterior polo impacto do coronavirus, segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). As vendas do grupo situáronse en 20.402 millóns de euros, limitando a súa caída a 28% (-24,5% sen o impacto divisa), a pesar de que o100% das tendas estiveron pechadas ou con horarios e capacidades restrinxidas durante o exercicio pola pandemia. Así mesmo, as vendas en tendas e 'online' no Estado español representaron o 14,6% do total do grupo, fronte ao 15,7% do pasado exercicio, mentres que Europa sen o estado supón o 48,7%, Asia e Resto do Mundo, o 23,2%, e América, o 13,5%. Pola súa banda, o resultado bruto de explotación (Ebitda) do grupo presidido por Pablo Isla situouse en 4.552 millóns de euros, o que supón un 40% menos. O presidente de Inditex, Pablo Isla, subliñou que após estes resultados o xigante téxtil "sae máis forte deste ano tan difícilgrazas ao enorme compromiso das persoas que integran a compañía". As vendas da compañía a través da súa plataforma 'online' global disparáronse un 77% a tipo de cambio constante, alcanzando os 6.600 millóns de euros, con picos de crecemento por riba do 100% durante o ano. As visitas 'online' no exercicio 2020 creceron un 50%, até os 5,3 miles de millóns.
NOS_9656
Semblanza e pesar polo falecemento de Xosé María Naveiras Escanlar, 'Pepe el Ferreiro', pioneiro da recuperación do patrimonio etnográfico das terras das ribeiras do Navia.
O pasado sábado, celebrado día do "fratello" San Antonio e despois dunha longa loita coa enfermidade, deixou a súa Grandas de Salime, para tomar o derradeiro camiño do Trasmundo que diría Laxeiro, Pepe el Ferreiro, no bautismo Xosé María Naveiras Escanlar. Unha vida que todo galego debe coñecer, ferreiro de profesión, tiña 78 anos. Amante e militante das causas xustas e do común, de canto significan as orixes e as tradicións, entón deses vencellos culturais e históricos que artillan a que foi Gallaecia Asturicense. Ben o sabía e compartímolo. Pepe el Ferreiro foi un referente para canto significa a ecomuseoloxía. Un pioneiro da recuperación do patrimonio etnográfico das terras das ribeiras do Navia, da revitalización integral de espazos e artefactos, devolvéndolle a vida máis alá da exposición, para que funcionasen, "museos onde todo funcionase" teimaba el. E iso é a ecomuseoloxía, unha parte da museoloxía aínda por madurar na Galiza. Pepe el Ferreiro era da caste de sabios ferreiros, loitador incansábel, até espallar e conseguir obxectivos de sentido común. Como batendo e batendo coa dureza do ferro deica rematar moldeándoo. Posuidor ademais da maxia ancestral de tradicións que non traizoan e ansiaba compartir como legado común. Pepe el Ferreiro era da caste de sabios ferreiros, loitador incansábel, até espallar e conseguir obxectivos de sentido común Teimudo, pois, na recuperación das máis remotas orixes, así como de atoparlle a secuencia ao longo da Historia. Alma mater da posta en valor do Castro dos Chaos de Sanmartín de Grandas de Salime, así como dos vellos camiños que seguen o Navia, rutas mineiras en relación coa explotación do ouro na antigüidade castrexa... Un referente para a Galiza nas pescudas e na posta en escena do patrimonio etnográfico O seu saber e boa parte do patrimonio familiar queda como legado para Asturias, para Grandas de Salime e para a Galiza que se busca así mesma en exemplos como o de Pepe el Ferreiro. Así naceu en 1984 o Museo Etnográfico de Grandas de Salime, medrando, recuperando espazos e artefactos, seducindo sen verborrea pedante. Tanto así que ao falar desta vila montesía, gandeira, agraria de Asturias sempre debe vir á cabeza a figura bable, amábel, cuberta baixo a súa boina ancestral, a que nimbaba tanta xenerosidade: Pepe e Grandas, Grandas e Pepe é unha mesma cousa, esencia de Asturias. Fomos moitas veces beber ideas a Grandas de Salime, onde sempre Pepe nos esperaba a pé de estrada, todo lle era pouco para agasallar o visitante. Guiábanos e enxergar as súas iniciativas, insistente en recuperar as orixes, sabendo que nelas radica a orixinalidade, o idioma, os saberes, a cultura... Tradicións que como Murguía, Risco, Xocas ou Fraguas... sabía que corren o perigo de esvaerse e perderse entre a aséptica uniformidade global. insistente en recuperar as orixes, sabendo que nelas radica a orixinalidade, o idioma, os saberes, a cultura... Tradicións que como Murguía, Risco, Xocas ou Fraguas... sabía que corren o perigo de esvaerse Con Pepe el Ferreiro Grandas de Salime fíxose ademais obrigada parada e Fonda no Camiño de Oviedo, o primitivo a Compostela, vila antolóxica na historia da museoloxía mundial. E referente para todos os galegos "bos e xenerosos", aqueles que aman as tradicións, os vellos oficios, os que ansían facer das súas orixes o que fixo Pepe el Ferreiro en Grandas. E velaí a obra parella de Olimpio Liste en Oseira, a de Elixio Rivas nos Milagros de Maceda, a de Narciso Luaces en Meixido de Ortigueira, a de Xosé María López Ferro no Museo Etnográfico das Pontes, a de Secundino García Mera no Museo Etnográfico da Capela, a Casa do Patrón de Doade en Lalín idea e obra de Manuel Blanco Vila... O Museo Etnográfico da Fonsagrada, a coleccións do párroco de Seavia, a perdida de Benigno Eirís... todos tiveron como estrela e referente a Pepe el Ferreiro. Mais non todo era así, tamén tivo detractores ese que el dicía "de libro" e burocracias. Alí onde haxa tradición e corazón galego debe estar a memoria e as soidades de Pepe el Ferreiro de Grandas de Salime. Sabemos que a Terra e o Ceo o acolleran como seu.
PRAZA_20913
Nun caso a titora dunha usuaria nun centro de maiores negárase á súa administración e no outro fora o propio residente o que rexeitara a vacina, fronte ao consentimento informado por substitución prestado pola entidade tutelar F.U.N.G.A., dependente da Xunta. Os dous ditames xudiciais salientan os riscos para a supervivencia destas persoas no caso de non seren vacinadas.
Os beneficios da vacina contra a Covid-19 son superiores aos hipotéticos riscos da súa administración. Ou, o que é o mesmo, o risco xerado pola non vacinación (sobre todo no caso de persoas de idade avanzada) é moito maior que o risco ligado aos seus posibles efectos adversos. Así o determinan dúas sentenzas xudiciais, coñecidas este mércores, que autorizan a administrar a vacina a un usuario e a unha usuaria de residencias de maiores de Santiago de Compostela.Nun caso, a titora legal da residente negárase a que a muller fose vacinada, argumentando o seu "medo a reaccións adversas", a súa "desconfianza cara á vacina por producirse tan rápido" e polo "consello de terceiros"Nun caso, a titora legal da residente negárase a que a muller (que na actualidade "carece de capacidade para decidir sobre a vacina") fose vacinada, argumentando o seu "medo a reaccións adversas", a súa "desconfianza cara á vacina por producirse tan rápido" e polo "consello de terceiros". No outro fora o propio residente o que rexeitara a súa aplicación, fronte ao consentimento informado por substitución emprestado pola entidade tutelar pública F.U.N.G.A., dependente da Xunta. Porén, a propia sentenza subliña "a total ausencia de capacidade de decisión" neste tema, "non estando o paciente en condicións para valorar nin as vantaxes e eventuais riscos e contraindicacións derivados da vacina nin os riscos consecutivos á súa negativa a vacinarse e en particular o risco de contraer a covid-19". Os ditames lembran que mentres un paciente "pode adoptar decisións contrarias á indicación médica que afecta ao mesmo, o substituto ou representante legal non ten semellante marxe de decisión"Estas dúas novas sentenzas engádense aos varios ditames coñecidos nas últimas semanas e que en todos os casos apuntan a conclusións semellantes, permitindo ou obrigando á vacinación das persoas internadas en residencias de maiores, atendendo aos beneficios da vacina, superiores en todos os casos aos posibles riscos. Así o fixo un dos primeiros autos coñecidos no Estado Español ao respecto, ditado tamén en Compostela o pasado 13 de xaneiro e que autorizou a vacinación dunha residente en DomusVi San Lázaro a pesar da oposición da súa filla."A autorización da vacina pola Axencia Europea do Medicamento permite supor que se elaborou coas máximas garantías de calidade, seguridade e eficacia e que por iso mesmo os beneficios da súa administración das mesmas superan notoriamente os riscos derivados da mesma"As dúas sentenzas parten do feito de que a vacinación non é obrigatoria. Porén, ante a ausencia dun pronunciamento directo válido por parte de ambas as dúas persoas, os ditames lembran que "o consentimento por substitución debe outorgarse sempre en favor do paciente", de xeito que mentres un paciente "pode adoptar decisións contrarias á indicación médica que afecta ao mesmo, o substituto ou representante legal non ten semellante marxe de decisión".Partindo desta base, e ante a ausencia de patoloxías que supuxesen unha contraindicación para a súa administración, os ditames limítanse a ponderar os hipotéticos riscos da vacina cos beneficios probables desta. Lembran en ambos os dous casos que "por idade e patoloxías o paciente áchase incluído entre os grupos máis vulnerables que deben vacinarse de maneira prioritaria, sendo superior o risco pola circunstancia do seu ingreso residencial".A vacina permitirá aos pacientes "gozar dun maior réxime de estadías e comunicación cos seus familiares e achegados", atenuando "a grave e continuada separación da súa contorna máis inmediata que padecen dende marzo de 2020"As sentenzas subliñan que "a autorización da vacina pola Axencia Europea do Medicamento permite supor que se elaborou coas máximas garantías de calidade, seguridade e eficacia e que por iso mesmo os beneficios da súa administración das mesmas superan notoriamente os riscos derivados da mesma" e sinalan que "a vacina é a única alternativa actual para superar a pandemia".Os ditames conclúen que "o risco de reaccións adversas debe estimarse moi inferior ao risco derivado da non vacinación e ao consecutivo perigo e risco que debe cualificarse como moi grave e efectivo de desenvolver enfermidade de contraer o virus da Covid-19", incidindo na súa "idade avanzada" e as súas patoloxías e, ademais, no feito de estaren ingresados en residencias de maiores, elemento que incrementa o perigo de contaxio e de falecemento.Ademais, os autos engaden que a vacina, ademais de evitar "o risco de contraer a enfermidade e con iso mesmo de morrer", permitirá aos pacientes, unha vez acadada a súa inmunidade, "gozar dun maior réxime de estadías e comunicación cos seus familiares e achegados", atenuando "a grave e continuada separación da súa contorna máis inmediata que padecen o noso maiores residentes dende marzo de 2020 con presumible menoscabo do seu benestar emocional".
NOS_7811
A conquista conxunta da oposición —a constitución da comisión de investigación sobre a situación da sanidade galega, cuxo detonante foi a morte dun paciente nun PAC da Estrada por falta de rápida atención médica— vai ficar finalmente en nada, após o Partido Popular impor mecanicamente a súa maioría absoluta e rexeitar as peticións de comparecencia de maior alcance formuladas quer por En Marea que polo PSdeG quer polo BNG:
Tal e como está configurado o regulamento da cámara, a oposición pode forzar a constitución dunha comisión de investigación sobre calquera materia, co límite dunha por lexislatura, mais o seu funcionamento acaba sendo sempre determinado pola forza que eventualmente detente a maioría absoluta. Neste caso, o PP. As forzas da oposición eran conscientes de que o PP iría condicionar a marcha da comisión, mais non até o punto de bloquear as súas peticións de comparecencia máis significativas. Esa razón foi a que esgrimiron En Marea, PSdeG e BNG esta cuarta feira para anunciaren o abandono da comisión. Da man da súa maioría absoluta o PP impuxo o nomentamento dos membros da Mesa da Comisión de Investigación e tamén o seu plano de traballo. E só se mostrou disposto, após un tira-puxa, a aceptar 20 das 80 peticións de comparecencia demandadas pola oposición. Entre elas ficaba fóra a dun irmán do paciente morto no PAC da Estrada. En comunicado de imprensa, En Marea denunciou o que considera "nula vontade da formación que lidera Alberto Núñez Feijóo de impulsar unha verdadeira análise das carencias do sistema sanitario", en tanto que o PSdeG manifestou, por boca do seu parlamentar Julio Torrado, que o PP vetaba precisamente aquelas comparecencias –a comezar pola do irmán da vítima da Estrada- que contradín abertamente a "versión oficial" do goberno galego sobre o estado da sanidade pública. Por súa parte, Montse Prado (BNG) cualificou o comportamento do PP na falida comisión de investigación de "gravísimo, antidemocrático e humillante". "O Partido popular, novamente impide que as persoas que padecen os recortes sanitarios poidan aportar a súa experiencia no Parlamento galego", denunciou.
NOS_45396
A Comisión de Saúde Pública, na que están representadas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, acordou "por unanimidade" reducir a corentena de todos os positivos por Covid-19 a sete días, fronte aos dez actualmente fixados.
Segundo informaron fontes sanitarias a Europa Press, igualmente as persoas non vacinadas que foron contactos estreitos dun positivo tamén verán reducido o seu período de illamento até os sete días, en comparación con dez até o de agora.A norma xa estabelecía que as persoas vacinadas que eran contacto estreito non tiñan que facer corentena. Ao respecto desta decisión, a ministra de Sanidade, Carolina Darias, xustificou o cambio no tempo de corentena no feito de que a variante ómicrom precisa dun "menor período de incubación". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reiterou, ás portas da próxima reunirón Interterritorial de Sanidade, a importancia que, a xuízo do seu Executivo, ten adiantar aos tres meses a admnistración da dose de reforzo fronte á covid-19, á vez que tamén considerou "razoable e urxente" abordar o debate sobre a posibilidade de acurtar as corentenas. "Se podemos estar sete días corentenados, non debemos estar dez", dixo o presidente da Xunta na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo. Antíxenos A pandemia da Covid-19 volve a traer situacións de abuso nos prezos de produtos fundamentais para manter lonxe a posibilidade de contaxios na sociedade. Aconteceu coas máscaras cando apareceu o virus e as primeiras medidas sanitarias impuxeron as máscaras. Pouco tempo despois, pasou o mesmo cos xeles hidroalcohólicos. Agora as denuncias por especulación chegan aos test de antíxenos, unha ferramenta sinxela e doada de empregar coa que podemos realizarnos un autodiagnóstico.
NOS_1733
"Non é admisible que cando estamos a defender un novo modelo de funcionamento das deputacións, máis transparente e democrático, o candidato que se presente sexa unha persoa imputada", manifestou a secretaria de política municipal do Bloque, Goretti Sanmartín.
O BNG comunicou este venres ao PSdeG que non apoiará o seu candidato para presidir a Deputación de Lugo, o alcalde de Becerreá Manuel Martínez, por encontrarse imputado. A organización frontista recordou nun comunicado que a súa posición a respecto de cargos públicos imputados "é ben coñecida" e mostrou o seu "desconcerto" pola decisión dos socialistas. "Non é admisible que cando estamos a defender un novo modelo de funcionamento das deputacións, máis transparente e democrático, o candidato que se presente por parte do Partido Socialista sexa unha persoa imputada. Máis aló das responsabilidades legais que se deriven da situación do alcalde de Becerreá, que desde o BNG non xulgamos, é evidente que os tempos políticos son outros e a cidadanía espera a máxima exemplaridade dos cargos públicos", manifestou a secretaria de política municipal do Bloque, Goretti Sanmartín. O anunciou chega despois de que o secretario provincial do PSOE en Lugo, Juan Carlos González Santín, retirase a súa candidatura para presidir o ente. O rexedor de Becerreá recibiu o apoio de 59 dos 96 concelleiros e concelleiras socialistas para ser o futuro presidente. Martínez cualifica a decisión de "cazaría" Manuel Martínez, imputado por un presunto delito de malversación de fondos públicos, criticou a decisión do BNG que cualificou de "cazaría" e asegurou, en declaracións para 'La Voz de Galicia', que "non me van facer un Orozco", en referencia a dimisión do anterior alcalde de Lugo para facilitar o pacto de goberno no concello. Fontes socialistas, recollidas por Europa Press, aseguran que estudan unha terceira vía -sen especificar máis- que nunca estivo descartada. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, optou por non valorar a decisión á espera das negociacións abertas nas tres deputacións.
NOS_28459
O futbolista franquicia do Celta militará na Premier a vindeira temporada.
Aspas, aos seus 25 anos unha das grandes sensacións da liga española, valora neste momento unha substanciosa oferta do Chelsea do multimillonario Abramovic . O club londinense permitiría a Aspas concluír esta temporada nas fileiras do Celta, que recibiría algo máis de 10 millóns de euros pola operación. O Reading, penúltimo na clasificación da Premier, tamén lle está a facer as beiras ao futbolista galego.
NOS_31094
O grupo de expertas que asesora á Xunta sobre a evolución da pandemia da Covid-19 participará esta terza feira nun novo encontro coa Xunta para analizar que actividades teñen que ter máximos de participantes e cales poden prescindir desta limitación. Sanidade procurará "un criterio homoxéneo".
As e os membros do Comité Clínico volven sentar nesta terza feira con representantes da Xunta para avanzar na adaptación das novas limitacións e protocolos á situación epidemiolóxica actual. O obxectivo fundamental da reunión vai ser aclarar a norma dos grupos de 15 persoas que se estabeleceu a semana pasada para as terrazas dos estabelecementos hostaleiros. Malia os anuncios das últimas semanas, non está previsto que o grupo asesor analice a posibilidade de permitir abandonar a máscara en espazos exteriores cando se garanta o espazo de seguridade con outras persoas. Así o confirmou na segunda feira o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que centrou o contido da cita en adaptar a norma dos grupos a todas as actividades. "Queda pouco tempo, pero aínda temos que mantelas", destacou o representante do Goberno galego sobre o complemento de seguridade máis empregado. O que si se pretende é adaptar a limitación de reunións de grupos de 15 persoas nalgúns ámbitos, mentres que noutros desaparecerá o tope. Para García Comesaña, xa se deu "un salto importante" a semana pasada dando a opción de incrementar o uso das terrazas -malia que non en todos os lugares foi posíbel porque non se respectaban as distancias estipuladas en relación a outras mesas-, mais agora é preciso contar cun "criterio homoxéneo". "Trátase de homoxeneizar e trasladar os criterios que fomos aplicando desde a semana pasada á maior parte de actividades. O límite de 15 esténdese a todas as actividades onde teña sentido e ao revés, onde non hai límite", aclarou o responsábel de Sanidade. Engadiu: "É unha forma de harmonizar todas as instrucións á nova situación". Porén, non haberá máis modificacións na hostalaría, de momento. Análise das consecuencias Pola súa parte, a xefa do servizo de anestesioloxía e reanimación do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Mariña Varela Durán, advertiu que "a velocidade da retirada das medidas darana os datos epidemiolóxicos". É dicir, aínda hai que "estudar" o impacto que tiveron os pasos dados na desescalada a partir deste pasado sábado para saber a onde camiñar con garantías de que o coronavirus non volve agromar con forza. "Como facemos sempre, revisaranse os protocolos para avanzar no estudo de medidas posteriores que se poidan levar a cabo", engadiu a experta, que considera que "hai que ser prudentes".
PRAZA_13318
Gañar o premio Xerais con só 26 anos e sendo unha escritora ocasional é algo extraordinario. Que a obra gañadora estea escrita a catro mans con teu pai engádelle aínda máis interese á historia. María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleiron -o irmán de Eusebio- gañaron o Xerais con Tonas de Laranxa, unha narración coral con arrecendo a froita e ronsel cunqueirán.
Gañar o premio Xerais con só 26 anos e sendo unha escritora ocasional é algo extraordinario. Que a obra gañadora estea escrita a catro mans con teu pai engádelle aínda máis interese á historia. E que ademais se trate dunha novela que reivindica a lingua, a prosa poética, e a poesía como un xeito de enfrontar o mundo, comprendelo e, se cadra, transformalo, pois mellor aínda. María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleiron -o irmán de Eusebio- gañaron o Xerais con Tonas de Laranxa, unha narración coral con arrecendo a froita e ronsel cunqueirán. E quen mellor para contalo ca eles mesmos. Tonas de Laranxa nace dun conto escrito por María hai xa uns anos. Como foi? Manuel: Si. A miña filla escribiu un conto hai xa tres ou catro anos. A min gustoume moito, pola súa frescura, a súa linguaxe nova... María estudou Comunicación Audiovisual e o conto tiña algo de relación co mundo do cine, cunhas imaxes moi impactantes... Eu quería que ela o pulise. Insistín ano tras ano, ata que lle dixen que ou o facía ela ou me poñía eu con ela ao lado. E así fixemos. Fomos dándolle forma entre os dous, nun proceso de intercambio e diálogo. Os dous faciamos propostas, chegabamos a acordos... O conto está influenciado polo que María estaba lendo daquela: Cunqueiro, Eusebio -irmán meu e tío dela-, polas novelas de Anxo Angueira... É prosa poética, que cremos que é tan válida ou máis para enfrontar o mundo ca calquera outro medio. É un xeito de tentar comprender o mundo e transformalo. Eu non quería traizoar o espírito do conto, a súa frescura. De todos os xeitos penso que as obras son sempre de todos, e non é falsa modestia: o galego que usamos é da xente..., e os escritores son tamén os lectores... "O conto está influenciado polo que María estaba lendo daquela: Cunqueiro, Eusebio -irmán meu e tío dela-, polas novelas de Anxo Angueira..." María: Foi hai tres ou catro anos cando escribín o conto, si. Fíxeno en quince ou vinte días, e aí quedou. Desde aquela non volvín escribir moito: escribo de xeito ocasional, e para min, textos pequenos. Si nos influenciaron lecturas comúns, como Cunqueiro. De feito o libro comeza cunha cita de Se o vello Simbad volvese ás illas. Eu acababa de ler Merlín e Familia cando o escribín, e interésame moito esa mestura súa do imaxinario co real. O xurado salientou especialmente a lingua da novela, que definiu mesmo como "un acto de amor á lingua". Manuel: A min non me gustan as novelas de dicionario, creo que a lingua ten que ser viva. A novela utiliza unha lingua literaria, e un léxico real, que fomos escollendo entre os dous. É moi importante afondar no léxico patrimonial galego, que está nas nosas aldeas... Iso faino moi ben por exemplo na súa obra Anxo Angueira. Ademais, a lingua é o que nos identifica, o que somos. Coa toponimia ten que ver, precisamente, o libro que tes publicado, e que non é de fición: Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes da auga, non si? Manuel: Se cadra foi por iso polo que din feito con María o traballo lingüístico desta novela. Non son filólogo, pero botei varios meses traballando coa toponimia. Eu escribira algo hai moitos anos, de novo. Pero nada máis. Levaba trinta anos sen escribir. E ti, María? Como é iso de gañar o Xerais con 26 anos e sendo escritora ocasional? María: Pois eu gañara cando tiña doce ou trece anos un accésit no certame Contos para a Mocidade de Ourense por Cabalos azuis, que está editado pola Xunta, e no 2007 o accésit do premio de microrrelatos Carlos Casares por O limoeiro. Gañar o Xerais foi algo sorprendente, inesperado, estamos moi contentos e moi agradecidos. Eu estaba moi nerviosa no acto de entrega dos premios... É certo que fun algo preguiceira coa escrita, e agora escribirei máis, pero con calma, que despois deste premio non sei o que podemos esperar... Manuel: Sentímonos moi contentos e honrados, polo premio e pola atención que en todo momento nos prestou Xerais. E agradecémoslle moito ao xurado a súa escolla, pois neste tempo tan prosaico no que parece que todo ten que ser pragmático, optaron por un libro de soños. Saíuvos unha novela coral, unha historia tecida de historias... Contade. "Hai moita mestura do onírico co real. Non sei se é iso que chaman realismo máxico, pero si que hai unha pegada de Cunqueiro e os outros autores" Manuel: E iso foi o que máis traballo nos deu. Mesturamos moitas historias, a partir da historia dunha vila que se chama Moreira. Desde historias normais dunha vila, ata as máis inverosímis, con círculos e elipses... Hai moita mestura do onírico co real. Non sei se é iso que chaman realismo máxico, pero si que hai unha pegada de Cunqueiro e os outros autores que antes citaba, salvando a distancia. María estaba lendo daquela a Italo Calvino, Alejo Carpentier... sempre se fai literatura da literatura. Iso si, que ninguén espere na novela literatura de vangarda. Non é un relato lineal, pero a aposta vai máis polo poético que por unha estrutura rompedora. E fixémolo, claro, o mellor que soubemos. María: Si, é unha historia que mestura moito o real co fantástico, con moitas historias que se cruzan. E moitos personaxes. Chamarlles secundarios a parte deles sería inxusto porque son igual de importantes que os outros. Entre as personaxes está Uxío Oliveira, a súa avoa Aurora dos Santos, o inmigrante Amir Alfarat e a súa filla Oriana, o desaparecido Amaro e a peixeira Sofía Costa... Procurastes que houbese moito contraste entre eles? Manuel: Hai xente que é da vila e xente que é de fóra, xente que ten que marchar nunhas determinadas circunstancias e que despois regresa, cando a novela xa está avanzada. Entón resólvense as dúbidas sobre o motivo de que marchasen... Así vai avanzando a trama. Si hai contraste nos caracteres, uns son xente máis ríxida e outros moi bohemios, e tamén algúns estrafalarios... Un deles, Tiroliro, está inspirado nunha persoa real. María: Hai personaxes para todos os gustos, si. E non son as principais as personaxes coas que máis me identifico. Hainas moi entrañables... e os soños e as ilusións teñen moita importancia nelas. Dicía xa non sei cal de vós no acto de entrega que o libro era como un convite ao soño nun mundo de pesadelos. É así? "Se tivesen certa conciencia poética non pasarían cousas como o dos bancos e as preferentes, ese xeito de utilizar as palabras, como o eufemismo "preferentes". Na poesía hai tamén un compromiso ético" Manuel: O libro ten que ver moito co mundo dos soños, si. E como che dicía antes co poético como un xeito de enfrontar o mundo, nun tempo de banqueiros, contables e mercadores. Creo que se podería transformar o mundo se tivesen un pouco de sentido poético. Se tivesen certa conciencia poética non pasarían cousas como o dos bancos e as preferentes, ese xeito de utilizar as palabras, como o eufemismo "preferentes". Na poesía hai tamén un compromiso ético, e é un xeito de enfrontar o mundo tan válido coma outro. Co tempo xoga tamén a novela. E co arrecendo a laranxa. Como é iso? Manuel: É como se non pasase o tempo na vila, por cousas extraordinarias que ocorren. Uxío Oliveira herda unha reloxería, nun lugar no que ninguén utiliza calendarios, senón que só se guían polos fenómenos naturais. No pobo hai un perfume a laranxa, que non se sabe de onde procede. Para descubrilo hai que ler a novela, e non podo contar máis... Non creo que a reivindicación da lingua sexa casualidade, nun tempo de ataques e retrocesos, que ti verás ben na túa experiencia como mestre... "Ten que haber unha aposta moi forte pola lingua, que non se está producindo. Ten que ser unha aposta política, poñendo medios..." Manuel: Non é casualidade, non. Se somos algo é porque temos unha lingua, se somos galegos é pola lingua, e para nós o galego é un dereito irrenunciable. Cando eu comezaba unha inspectora veu preguntándome, ¿pero usted imparte las clases en gallego? Ten que haber unha aposta moi forte pola lingua, que non se está producindo. Ten que ser unha aposta política, poñendo medios...
NOS_14190
O ex conselleiro delegado de R regresa ao sector das telecomunicacións da man da portuguesa Nowo/Oni, participada por MásMovil.
Despois da súa saída da empresa galega de telecomunicacións R tras a compra por parte de Euskaltel, Arturo Dopico recupera o posto de conselleiro delegado, desta vez do operador portugués Nowo/Oni, participado polo Grupo MásMovil. Dopico, que desaparecera despois de 18 anos no cargo, chega á firma lusa acompañado doutros dous ex directivos da firma galega. Trátase de Pablo Iglesias e Paco Rodeiro, que pasan a formar parte da equipa directiva nos postos de director financeiro e director de planificación estratéxica, respectivamente. A herdanza de R Nun comunicado, o operador destaca que a volta ao sector destes tres directivos "é de vital importancia para a nova etapa de Nowo/Oni, xa que foron capaces de xerar máis de 1.000 millóns de euros de valor e facer de R o operador integrado cos clientes máis satisfeitos". Agora, R non atravesa o seu mellor momento, xa que Euskaltel, o novo propietario, ten pensado desfacerse da rede galega de cable e ten en marcha varios procesos de deslocalización do persoal e das empresas auxiliares que lle prestaban servizo. Pola súa banda, Dopico amosouse "encantado" de poder sumarse a un proxecto "atractivo e retador" que pasa por converter a empresa nunha das referencias no sector das telecomunicacións en Portugal.
PRAZA_1514
Por primeira vez um governante faz uma declaração pública do calibre que acaba de ser feito por este Papa Francisco. Com certeza, outros governantes têm posto em destaque a problemática ambiental que a Terra está a sofrer. Mas, por primeira vez este governante faze um chamado a toda a sua freguesia. Que implica uma grande parte da humanidade.
Foi uma boa nova termos recebido essa nova encíclica do Papa Francisco.: Laudato si'. Uma encíclica que trata do cuidado da casa comum. Ou seja, da Terra que ocupamos como se nossa própria casa fosse. Há muito de certo nesta Encíclica. E, ainda, muito de sábio no seu planejamento e objetivos. Justificado na doutrina católica, o Chefe dos Estados Pontifícios, chama pola nossa atenção para a co- responsabilidade que todos temos no cuidado da Terra e na sua degradação. Por primeira vez um governante faz uma declaração pública do calibre que acaba de ser feito por este Papa Francisco. Com certeza, outros governantes têm posto em destaque a problemática ambiental que a Terra está a sofrer. Mas, por primeira vez este governante faze um chamado a toda a sua freguesia. Que implica uma grande parte da humanidade. Concretamente, declaram-se católicos, de obediência da Igreja de Roma, (Segundo a Wikipédia) mais de 1,2 bilhões de católicos no mundo. Destes 55 milhões estão em Itália, 47 em França e 42 em Espanha. Suponhamos que destes, apenas o 10% é de obediência papal. Pois resulta bastante. Esta encíclica é potencialmente um alegato ambiental de grande poder de convocatória. A "Carta" distribui-se em vários capítulos, principiando pola justificação do ecologismo dentro da doutrina social da Igreja. Analisa a Raiz humana da Crise Ecológica num segundo capítulo. Esta recomendar-lha-ia a Rajoi ou a tantos governantes da direita se eu não tivesse a certeza do seu cinismo perante qualquer crença de tipo espiritual ou que for algo mais aló do se "bandulho". É importante ter centrado as causas do desarranjo atual do ambiente da Terra nesta componente antropogena. Porque isso implica que pode ser corrigida, modificando os comportamentos humanos. Também é importante o conceito de co-responsabilidade que é tratado em toda a carta, porque isso nós obriga, alomenos moralmente, a agir com mais responsabilidade pelo bem comum. O Comum é um conceito bem manejado em todo o documento: Por exemplo. "O Clima como bem comum," ou a "casa comum", tantas vezes citada nesta obra. Os grandes problemas e a sua transcendência global: "A mudança climática é um problema global de graves conseqüências ambientais, sociais, econômicas, distributivas e políticas... Muitos pobres moram em lugares particularmente afetados por fenômenos relacionados com o aquecimento... dependem das reservas naturais, agricultura, pesca recursos florestais...... Muitos, que têm mais recursos e poder econômico parecem concentrar-se em ocultar os problemas e os sintomas...Mas, muitos destes sintomas poderão ser piores de continuarmos com os atuais modelos de produção e de consumo. O bem comum como água, biodiversidade, ou a falta de equidade no acesso aos bens do Planeta, são vistos desde uma óptica compatível com a visão da ecologia: "Outros indicadores da situação atual têm a ver com o esgotamento dos recursos naturais....Já se têm ultrapassado os limites máximos de exploração do Planeta sem que resolvêssemos o problema da pobreza.. A água potável limpa é de primeira importância, mas agora , em muitos lugares a procura supera a oferta sustentável." Pobreza de água social, da-se em África... A distribuição é irregular e favorece aos mais ricos do Planeta. Pareceu-me de especial interesse o tratamento que se dá ao problema do lixo e dos resíduos, em geral, denunciando a poluição, "o lixo e a "cultura do descarte" como uma das causas graves da atual situação ambiental de desequilíbrio global. O Papa Francisco advoga por uma ecologia integral, polo principio do bem comum, pola justiça inter - geração e polo dialogo e transparência nos processos decisórios. Ainda faz um apelo á educação para a aliança entre a humanidade e o ambiente. Bem. Tudo o exposto concorda com a teoria ecologista, feito no quadro da teoria geral de sistemas e da ética biocêntrica sincrônica e diacrônica. Todos os fundamentos epistemológicos da Educação Ambiental estão cá, nesta carta. Junto com o desenvolvimento sustentável que é a teoria econômica que deveria reger a política global. Parece-me bem. Dado a capacidade de incidência que este Chefe de Estado pode ter a nível mundial. E, ainda, porque representa uma grande novidade aparecer exprimida claramente esta preocupação que ficava, até agora em bocas e atos de grupos ecologistas e contados grupos políticos. Agora eu proponho-lhe ao Papa de Roma, que tome a iniciativa e comece pola própria casa: 1º, Pode construir uma central de compostagem no Vaticano. Pode começar por compostar os refugalhos das cortas dos seus jardins. Isso dá um compost de muito boa qualidade. Logo a seguir a compostagem caseira. Em ADEGA há elementos muito expertos neste tema que poderiam ajudar. 2º Fazer uma auditoria energética dos Estados Vaticanos. Com certeza vai poder aforrar muito e reduzir a contaminação polo consumo de luz, aquecimento e ar condicionado. 3ª Tentar de se servir de energias alternativas, como placas solares térmicas e fotovoltaicas. Ou ventoinhas.Com o sol que faz em Roma , seguro que obtém bastante energia. E, como ele não se tem de preocupar com impostos injustos como os que nos querem por em Espanha, polo uso privado do sol para obtenção de energia ( veja-se a nova normativa em matéria de produção energética que acaba de sacar o Partido Popular que grava o sol com impostos, a toda luz-sic- injustos) , Digo que ele o tem mais doado. 4º, Que limite ou proíba o uso de plásticos no seu estado e, nomeadamente, sacas deste material que inundam os contentores de lixo, os rios e os mares. E, ainda os nossos corpos e os dos animais que comemos. 5º Que utilize detergentes e xabrons ecológicos que nom poluam as águas( Também os há. Eu utilizo e sou menos rica que ele) 6º Que se alimente com produtos de agricultura ecológica, de temporada e proximidade para reduzir a carga de carbono que têm todos os que vêm de longe e fora de tempo. 7º e outros. Deixo a vossa liberdade e nova achega. Com estas medidas contribuir irá a reduzir o aquecimento global, o consumo da sua casa e da sua bolsa. Ainda, não quero acabar sem dar os meus parabéns a este Papa Francisco, e desejar que o seu exemplo se estenda polo Planeta. Só assim teremos hipótese de conjurar esta crise ambiental, humana, política, econômica e de princípios éticos que nos assolaga.
NOS_24876
Novo éxito do Club Natación Ponteareas, desta vez no no XXII Campionato de España Open Absoluto - XXXVIII Campionato de España Júnior, onde a nadadora Sofía Carballo obtivo un segundo posto en 100 braza.
Nova rolda de éxitos para o Club Natación Ponteareas, que participou esta fin de semana no XXII Campionato de España Open Absoluto - XXXVIII Campionato de España Júnior celebrado na localidade malagueña de Torremolinos. Carla Carrón, campioa estatal de natación: "Impacta competir nunha final rodeada das mellores" A participación do equipo da capital do Condado, formada por catro deportistas, demostrou un alto nivel de forma que promete unha interesante segunda parte de tempada. Sofía Carballo no seu mellor momento No encontro, que congregou ás principais nadadoras e nadadores estatais, destacou o papel de Sofía Carballo, que se proclamou subcampioa de España Júnior en 100 braza, parando o crono na mellor marca galega da súa idade. Un logro que xa repetira a xornada anterior, onde marcaba a mellor marca galega nos 50 braza. Por estes resultados Carballo pasa a obter o recoñecemento oficial e formará parte do Grupo de Deportistas Galegas e Galegos de Alto Nivel (DGAN). Notábel alto da natación galega no campionato de primavera No aspecto individual, o resto de deportistas acadaron varias finais júnior que se saldaron con varias das mellores marcas persoais en diversas probas. Ademais, o equipo de remudas femininas, que participou no 4x100 estilos, remataron en cuarta posición con récord do club incluído. Parabéns desde o Concello de Ponteareas Desde o Concello de Ponteareas parabenizaron ao club e á nadadora Sofía Carballo polos resultados conseguidos neste campionato estatal. O propio concelleiro de Deportes, o nacionalista Miguel Bouzó, afirmou que "os nosos mozos e mozas téñennos moi acostumados a acadar grandes éxitos e temos que recoñecerlles e apreciar todo o trabalo que hai detrás, toda a ilusión e todo o esforzo".
NOS_37187
As probas de autodiagnóstico da Covid-19 escasean nas farmacias dada a proximidade das festas, mais son os test de antíxenos fiábeis para as persoas vacinadas?
As xuntanzas familiares con motivo do Nadal e a propagación do virus están a provocar desabastecemento de probas de antíxenos para detectar a Covid-19 nas farmacias. Probas que hai unha semana custaban 2,80 euros triplican o prezo nas boticas con stock dispoñíbel. Á vez, as probas PCR que facilita o Sergas de maneira gratuíta en varios puntos da Galiza demóstranse insuficientes para a demanda que hai dada a falta de recursos e persoal na sanidade pública para realizar estes exames. Os test de antíxenos ofrecen o resultado nun tempo inferior ao das probas PCR e o seu gasto tamén é menor. Porén, a fiabilidade que ofrecen as PCR é maior á da proba de antíxenos, nomeadamente, en persoas coa pauta completa da vacina. O Departamento de Inmunoloxía da Universidade de Oxford explica que a PCR mide o material xenético do virus. Colle unha mostra, multiplícao e detéctao, de maneira que é máis sensíbel e específico que a proba de antíxenos, que só detecta as proteínas do virus da mostra. "Un test de antíxenos precisa ter virus enteiros e se non ten suficiente, o test non os detectará. Non hai un procedemento que amplifique o sinal", advirten especialistas. O Goberno do Canadá dá cifras O Goberno do Canadá é dos primeiros en expor na súa guía de detección da Covid que as probas de antíxenos teñen peores resultados na poboación vacinada. "Como as vacinadas son menos susceptíbeis de teren síntomas e posúen unha carga viral máis débil, podemos agardar que estas probas sexan menos sensíbeis neste grupo de poboación", recolle a guía, que mesmo ofrece cifras. "A sensibilidade é do 95% para as persoas que teñen unha carga viral elevada e do 41% para aquelas que teñen unha débil", engade. As persoas vacinadas teñen menos carga viral As vacinas, como afirman as persoas expertas, non son esterilizantes, de maneira que unha persoa vacinada pode infectarse e transmitir, mais a carga viral das persoas coa pauta completa do fármaco contra a Covid é máis baixa e, en consecuente, ao ser menor, a proba de antíxenos é menos sensíbel porque hai máis dificultades para detectar proteínas dos virus presentes na mostra que se toma do nariz. Malia a dificultade á hora de detectar persoas vacinadas que se contaxiaron, as probas de antíxenos seguen a ser unha ferramenta de importancia para evitar a propagación da Covid-19, pois unha carga viral alta -que os antíxenos son capaz de detectar- implica unha maior transmisibilidade do virus. Isto significa que se unha proba de antíxenos é positiva, a carga viral é o suficientemente alta para detectala e moi probabelmente pode contaxiar os contactos estreitos. Unha proba de antíxenos negativa -e ben realizada- significaría baixa carga viral e, en consecuencia, menor probabilidade de contaxio en casos positivos. As autoridades sanitarias insisten en non ter unha falsa sensación de seguridade e en utilizar outras medidas efectivas, como o uso da máscara, a ventilación dos espazos e a distancia interpersoal superior ao metro e medio.
NOS_47881
A multinacional danesa asegura que de momento non hai "interese" firme pola planta de Chavín (Viveiro)
Non por agardado é menos doloroso. Os traballadores e traballadoras de Vestas en Chavín (Viveiro), tal e como prevían, comezaron esta cuarta feira a recibir as cartas de despedimento. A multinacional danesa, atendendo ao recollido no Expediente de Regulación de Emprego (ERE), indemnizará o persoal da planta da mariña con 28 días por ano traballado e un máximo de 12 mensualidades. "É un golpe de realidade sen dúbida", lamenta o presidente do comité de empresa, David Mariño, que hai tan só uns días instaba a empresa a manter a actividade máis aló de 31 de decembro, data na que Vestas ten previsto parar definitivamente a produción. "Máis ou menos todo o mundo está ao corrente do que serán unhas recolocaciones que afectarán a máis de 20 persoas", engade Mariño, para quen "iso é o curto prazo e iso vai pasar se non hai cambios", tendo en conta que a Xunta mantén aberta a procura de investidores para a factoría. De feito, o Executivo galego anunciara hai uns días que tiña varios fondos de investimento interesados en facerse coa factoría de compoñentes eólicos, mais unha das condicións era precisamente a de adquirir a fábrica mentres estivese activa. Pola súa banda, a compañía segue adiante co seu plan para botar o feche en Chavín o vindeiro 31 de xaneiro, aínda que admite estar disposta a escoitar ofertas durante todo o 2022. De momento, avisou de que aínda non hai "interese firme" para materializar unha operación de compravenda das instalacións. Sen vontade de vender Nesta liña, David Mariño recoñecía a comezos desta semana que pensa que a multinacional "non ten intención de vender". Con todo, están tamén pendentes da resposta á demanda de nulidade que presentaron os sindicatos contra o ERE de Vestas "en base á mala fe negociadora" que houbo por parte da multinacional "durante todo este proceso", como explicaba o presidente do comité entón. Namentres, os traballadores e traballadoras de Vestas botan en falta algo máis de información por parte da Xunta. "É todo confidencial, se soubésemos nomes, cifras... pero é que non sabemos absolutamente nada de nada sobre esas ofertas doutras empresas" lamentaba Mariño, que tamén deixaba aberta a porta a novas mobilizacións.
NOS_34319
As mobilizacións da campaña da CIG en denuncia da situación da industria galega fixeron esta quinta feira parada en Vigo. Unha manifestación desde o estaleiro de Barreras até a delegación da Xunta nesa cidade serviu para visibilizar que o sector naval precisa de medidas urxentes se quere seguir existindo.
As rúas de Vigo lembraron esta quinta feira 12 de marzo que o sector naval, unha das imaxes industriais que temos da comarca, está en perigo. Centos de delegadas e delegados sindicais da CIG xunto a operarias e operarios, partiron da porta principal do estaleiro Hijos de J. Barreras e camiñaron até a delegación da Xunta da Galiza. A mobilización coincidiu con outra xornada de paro de catro horas nese estaleiro e formou parte da campaña de denuncia da "crise industrial" na Galiza que está a levar a cabo a central nacionalista. Na marcha participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que explica a Nós Diario que a realidade actual de Barreras é responsabilidade "da Xunta da Galiza, xunto coa mala, lamentábel e corrupta xestión empresarial que levou a situación de quebra que ten o estaleiro". O lider sindical lembra o "papel lamentábel que tivo a Xunta ao abandeira ese proxecto empresarial que no seu momento se presentou como solución e que hoxe se ten demostrado fracasado". Carril cre que "hai que ter presente que calquera solución non pode ser no camiño que se nos está poñendo enriba da mesa" e afirma que "para nós non hai viabilidade, como se di, por non estar discutida coas traballadoras e traballadores". En relación aos pasos que se están a dar amosa a súa desconfianza. "A viabilidade que se nos pon enriba da mesa para nós non é tal porque nin garante a carga de traballo nin leva unha recuperación do emprego nin do reinicio da actividade no nivel que debería o estaleiro", asegura. Barreras e Vulcano Para César Rodríguez, responsábel do Naval da CIG-Industria de Vigo, a xornada de mobilización que tivo lugar a pasada quinta en Vigo "serve para denunciar a situación de abandono total por parte das administracións do sector naval, un sector por outra banda estratéxico para a Galiza e para comarcas concretas como poden ser Vigo e Ferrol". Explica a Nós Diario que "o abandono" ten como "focos fundamentais" a situación de Vulcano e Barreras. "En Vulcano a administración sempre mantivo a porta aberta a que se había algún inversor que o quixera manter para a construción naval tería o seu apoio", conta, "e aquí vemos que hai toda unha serie de manobras, sobre todo do Porto de Vigo onde se fai todo o posíbel para que non se dea esta situación", engade. En relación a Barreras, para César Rodríguez "o que se fai é unha conta atrás para a liquidación do estaleiro". este sindicalista considera que "non se acadou unha dirección real do estaleiro, hai un acordo que di que o propio cliente se vai facer o control para facer o seu barco mais sen asegurar o pago á industria auxiliar". Para o sindicalista é triste "que se abandonase a carga de traballo, pasou de contar con 900 millóns de euros a traballar nesas condicións nun único barco". Barreras en negro "Vemos o panorama bastante negro", sinala Rafa Pérez, delegado sindical da CIG no comité de Barreras a Nós Diario, "non hai movemento nin sabemos que plans de reestruturación nin de viabilidade para o persoal hai agora mesmo", asegura. A situación no estaleiro vigués é de total incerteza. "Non sabemos nada nin temos claro cal vai ser o noso futuro" indica o sindicalista. Preguntado polo día a día relata que por estar pendentes dun xuízo o material que teñen "non se pode tocar" polo que "non podemos construír embarcacións novas". A imaxe do estaleiro de Barreras mudou moito e queda lonxe dos bos tempos. Pérez sinala que tentan rematar o cruceiro Ritz-Carlton, a carga de traballo que agora mesmo teñen, "o que pasa é que temos moi pouca xente traballando alí, chegamos a ser 900 persoas e agora hai como moito 70 persoas". As empresas auxiliares serían unha salvación para finalizar o buque mais a incerteza tamén afectou o seu funcionamento. "Para conseguir rematar teñen que entrar aínda que moitas non o teñen claro e outras dixeron abertamente que non entran se non lles pagan o que lles deben". Esta circunstancia para o sindicalista da CIG "levan consigo un atraso importante, por moito que queiran sacar o barco en agosto ou setembro". E o peor para este delegado sindical é que "aínda non sabemos nada do plan que se asinou hai máis dun mes".
NOS_46342
Centos de persoas manifestáronse contra a Xunta de Feijóo, á que se lle acusa de "impedir a posta en valor" do rural, nunha marcha con presenza de BNG e AGE.
Centos de persoas desafiaron ao mal tempo e tomaron as rúas de Santiago para saír en defensa do rural e criticar a que consideran "privatización" dos montes veciñais. Organizacións como Fruga, Adega ou CIG estiveron presentes na marcha, así como BNG e AGE. A chuvia non impediu a afluencia á convocatoria, da que participaron Fruga, Adega ou CIG Segundo declaracións de Xosé Alfredo Pereira, da Organización Galega de Montes, "a Xunta ten o dobre obxectivo de usurpar a xestión dos montes comunais á veciñanza e impedir que as comunidades de montes sexan as protagonistas da súa posta en valor". Amplos grupos de afectad@s participaron da marcha, que saíu da estación de Tren de Compostela. Vence acusou ao PP de querer "roubar os montes"; Beiras falou de "crime" Tamén houbo unha ampla delegación, con faixa propia, do BNG, encabezada polo seu voceiro nacional, Xavier Vence, que acusou a Núñez Feijóo que "querer roubar os montes a 3.000 comunidades dos mesmos". Tamén estivo presente o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, que cualificou as intencións da Xunta como "crime contra a identidade deste país"
PRAZA_2524
O comisario europeo de Pesca confirma que non segue adiante coa normativa que ía prohibir o traballo dos 427 barcos dos xeiteiros, que en 2014 viaxaron á Eurocámara con Ana Miranda (BNG) para amosarlles o seu traballo ás autoridades comunitarias.
A comezos de decembro de 2014 unha representación do sector do xeito, a arte pesqueira tradicional que mantén 427 barcos e unhas 1.000 familias en Galicia, paseou unha das súas redes pola sede do Parlamento Europeo en Bruxelas coa intermediación da voceira do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Patróns e mariñeiros amosáronlles a representantes da Eurocámara e, sobre todo, da Comisión Europea, como a súa ferramenta de traballo non pesca masivamente non é perigosa para os fondos mariños nin para especies como os golfiños e, polo tanto, non debía entrar na prohibición das redes de deriva na que traballaba o gabinete de Jean Claude Juncker. Case un ano despois daquela visita, as razóns do sector semellan impoñerse. O comisario europeo de Pesca, Karmenu Vella, vén de lle comunicar ao presidente da comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Alain Cadec, a retirada da súa proposta inicial e elaboración dunha nova, produto dunha maior "reflexión" na que se "teña debidamente en conta o valioso traballo que o Parlamento xa realizou". Esa nova regulamentación, indica Vella na misiva, debería estar preparada no vindeiro 2016 e tamén atinxirá ás redes de deriva pero, en todo caso, xa non terá a formulación da anterior. O comisario de Pesca elaborará unha nova proposta e non segue adiante co texto que prohibía o xeito A xuízo de Ana Miranda, esta comunicación do comisario amosa ás claras que a Comisión "cede por fin e retira a proposta de prohibición total das redes de deriva, que incluía o xeito, o racú e outas artes menores de río". "A presión exercida polo BNG e polo sector do xeito", di Miranda, "tivo os seus froitos e logrou conseguir o obxectivo de que os mariñeiros" das devanditas 427 embarcacións -inicialmente, o Goberno de España indicoulle á UE que eran só 25- poidan seguir pescando coma sempre". "Se non fose porque nos movemos, os gobernos galego e español non reaccionaban ao problema" malia á "posición reacia e inamovíbel que tiña a Comisión". Ana Miranda: "O que non fixo o Goberno central nin a Xunta tivo que facelo o BNG cos mariñeiros" "Dende o minuto cero -lembra Miranda- opuxémonos á pretensión de prohibir o xeito, porque sabiamos que ten escaso impacto sobre os bancos de sardiña" e porque ademais a súa retirada "tería un impacto socioeconómico moi grande na pesca artesanal galega e en moitas vilas" como Rianxo, Redondela ou Cambados. Ese impacto, resalta, tivo tamén especial peso na decisión da Comisión, que grazas ao contacto directo co sector agora ten "claro" que "non se trata dunha pesca expansiva, senón tradicional". "O que non fixo o Goberno central nin a Xunta tivo que facelo o BNG en coordenación cos mariñeiros", afirma. Un ano de espera A retirada da proposta da comisión permite que o sector do xeito "respire tranquilo" tras case un ano a agardar novas de Bruxelas. Como informou este diario dende a capital comunitaria, naquela visita o director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión, Hubert Gambs, admitiu que a proposta inicial de prohibición total se debía, en boa medida, a falta de "información" por parte da Xunta e do Goberno central, déficit e demora que dende San Caetano sempre foi negada. "Cando se estaba preparando a proposta a Comisión Europea non recibiu ningunha información sobre o xeito", resumían as autoridades comunitarias mentres a Consellería do Mar afirmaba que achegara "explicacións detalladas". A Comisión resaltou que "cando se estaba preparando a proposta" non "recibiu ningunha información sobre o xeito" dos gobernos galego e español Neste contexto, o pasado xaneiro esta arte de pesca superaba o primeiro exame ao considerar a Comisión de Medio Ambiente as emendas que, formuladas por Miranda a través do eurodeputado de EH-Bildu, Josu Juaristi, reclamaban excluír o xeito da prohibición xeral. Ese alivio da presión sobre o sector é agora aínda maior coa retirada da proposta no seu conxunto, decisión que tamén foi aplaudida dende os grupos popular e socialista. Así, por exemplo, o eurodeputado galego do PSOE, José Blanco, coida que este anuncio ratifica o "freo a unha decisión lesiva e carente de sentido que puña en risco unha arte tradicional e sostible". Tal e como defendeu perante a Comisión de Pesca, lembra, "a prohibición sería unha irresponsabilidade e unha inxustiza".
PRAZA_10965
O pasado ano podían beneficiarse destas achegas as persoas que gañasen 1.344 euros mensuais ou menos, un límite que agora o Goberno galego rebaixa ata os 1.075 euros. A resolución das axudas da convocatoria publicada o pasado verán acumula xa un ano de atraso
O Plan estatal de vivenda 2018-2021 inclúe dúas liñas de axudas económicas para o pagamento do alugueiro, unha de tipo xeral e outra destinada especificamente ás persoas de menos de 35 anos. O Ministerio de Fomento impulsa e financia a iniciativa, que despois é xestionada por cada comunidade autónoma, que decide se quere aumentar os fondos, algo que Galicia non fixo, a diferenza doutras comunidades autónomas. A Xunta publicou a pasada semana no DOG as bases reguladoras para a segunda convocatoria destas axudas, como informaba este domingo Faro de Vigo. Só poden beneficiarse das axudas as persoas que ingresen menos de 1.075 euros mensuais, ficando fóra aquelas que gañen entre 1.076 e 1.344Nelas, endurécense as condicións económicas para acceder a estas achegas. O pasado ano podían solicitalas aquelas persoas cuxos ingresos se situaban entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM (537,84 euros), isto é, entre 376 e 1.344 euros mensuais. Porén, na convocatoria deste ano o novo límite máximo establécese en dúas veces o IPREM. É dicir, que só poden beneficiarse das axudas as persoas que ingresen menos de 1.075 euros mensuais, ficando fóra aquelas que gañen entre 1.076 e 1.344 euros mensuais.Mantense a contía das axudas e os límites máximos para o valor do alugueiro que pode ser subvencionableMantéñense, iso si, as condicións para as familias numerosas de categoría xeral (2.151 euros mensuais) e categoría especial (2.689 euros mensuais). Tamén se manteñen o resto de condicións e as contías das axudas, establecidas no 40% do prezo do alugueiro, que se eleva ata o 50% no caso das persoas menores de 35 anos e das maiores de 65. Con todo, hai límites máximos para o valor do alugueiro que pode ser subvencionable, que varían en función das localidades de residencia: 500 euros para Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela e Pontevedra, 400 euros en Ferrol, Lugo e ao redor de medio cento de concellos de tamaño medio e 300 euros no resto de Galicia.Este endurecemento das condicións para acceder ás axudas chega nun contexto de rápido encarecemento dos prezos, sobre todo nas cidades. E, ademais, nunha situación nas que son moitas as familias que están a sufrir desafiuzamentos por non ser capaces de pagar os seus alugueiros. Así mesmo, son milleiros os galegos e galegas que seguen a agardar por unha vivenda en alugueiro protexida pola Xunta.Atrasos na resolución e no pagamentoO número total de solicitudes foi de 12.000, o que desbordou as previsións realizadas polo Goberno galegoMáis aló do endurecemento nas condicións económicas, que deixa fóra a unha parte dos posibles beneficiarios e beneficiarias, a cuestión que nos últimos meses espertou máis polémica ao fío destas axudas é o importante atraso que acumula a resolución da convocatoria do pasado ano.En xuño do ano 2018 a Xunta convocou as dúas liñas de axudas: a xeral e a dirixida especificamente a mozos e mozas menores de 35 anos. O número total de solicitudes foi de ao redor de 12.000, o que desbordou as previsións realizadas polo Goberno galego. Delas, 4.000 foron para a liña destinada a mocidade e as restantes 8.000 para a liña xeral. Praza.gal pediu en varias ocasións datos sobre o número de solicitudes non atendidas, pero polo momento non houbo resposta da XuntaMáis dun ano despois, só se resolveu a liña de axudas dirixida á mocidade (dotada con 700.000 euros), que chegou a 330 persoas. Nesta liña, a Xunta admite a existencia de solicitudes non atendidas por falta de fondos. Dende o pasado mes de xullo, Praza.gal pediu en varias ocasións datos sobre o número de solicitudes non atendidas, pero polo momento non houbo resposta.A outra liña, pensada para familias en dificultades económicas e baixos ingresos, aínda non conta coa súa resolución. Os seus tres millóns de euros de dotación poderán beneficiar a unhas 1.600 persoas, un 20% do total de solicitantes. Críticas do PSdeG á negativa da Xunta a achegar financiamentoMáis dun ano despois, só se resolveu a liña de axudas dirixida á mocidadeO pasado venres a portavoz de Vivenda do Grupo Socialista no Parlamento, María Pierres, criticou a xestión desta axudas realizada polo Goberno galego, tanto polos importantes atrasos na súa resolución, como pola decisión de non achegar fondos propios, a diferenza doutras comunidades autónomas. Pierres denunciou que mentres as axudas ao alugueiro en Galicia son de 3,8 millóns de euros, en comunidades con menos poboación, como Aragón ou Castela-A Mancha, as cifras ascenden a 8,9 e 11,45 millóns, respectivamente. Isto permitiu que na comunidade manchega as axudas chegasen a máis de 5.000 familias (o 100% das que o solicitaran) e que en Aragón a porcentaxe fose de máis do 50%. Nestes dous territorios, ademais, a resolución completouse nun prazo moi inferior ao de Galicia.
NOS_40526
A grande dama da literatura brasileira faz 90 anos de idadet. Ela não gosta de festejar aniversário, mas o mundo cultural brasileiro comemora. E a Biblioteca Nacional inaugura, no Rio de Janeiro, uma exposição sobre a grande escritora.
Lygia Fagundes Telles, que completou 90 anos de idade nesta sexta-feira (19) conta que inventava histórias quando era muito menina, antes mesmo ser alfabetizada. Depois, ainda criança, lia seus escritos nos saraus literários que seus pais promoviam em sua residência, na capital de São Paulo, cidade natal da grande dama da literatura brasileira que, com nove décadas de existência, continua escrevendo todos os dias. "Escrever é o meu ofício", disse há alguns anos numa entrevista aos Cadernos de Literatura Brasileira do Instituto Moreira Sales. Um ofício que inaugurou, em letra de forma, quando tinha apenas 15 anos de idade e publicou, com apoio e incentivo paterno, seu primeiro livro, Porão e Sobrado (1938). Seu livro mais recente, Conspiração de Nuvens, foi publicado quase 70 anos depois, em 2007, quando tinha 84 anos. O reconhecimento veio mesmo com o romance Ciranda de Pedra (1954), que o crítico Antônio Cândido considera o marco de sua maioridade como escritora (o livro foi tema de novela, na Globo, em 1981 e em 2008). Ela própria, crítica severa de seus primeiros escritos, gosta de assinalar a publicação deste romance como sua estréia como escritora. "Fico aflita só de pensar nas novas gerações lendo esses meus livros (os dois primeiros) que não têm importância", disse. "Eu não quero que os jovens percam tempo com eles. Quero que conheçam o melhor de mim mesma, o melhor que eu pude fazer, dentro das minhas possibilidades". Além de seus livros, o melhor de Lygia Fagundes Telles manifestou-se também no pioneirismo da mulher que abriu caminhos num mundo fortemente patriarcal como foi o Brasil de sua juventude. Quando, em 1941, começou a estudar na Faculdade de Direito do Largo de São Francisco (em São Paulo), enfrentou a resistência de muitos colegas. "Na minha turma, éramos apenas seis mulheres entre mais de cem homens", conta. "Certa vez, um dos meus colegas me perguntou: 'O que vocês, mulheres, querem aqui na faculdade? Casar?' Respondi, de bate-pronto: 'Também!' Mal sabia ele que me casaria com um dos professores (Goffredo da Silva Telles)", disse em entrevista ao jornal O Estado de S. Paulo. Conheceu então alguns monstros sagrados da literatura, como Mário de Andrade e Oswald de Andrade. E a poeta Hilda Hilst que, mais tarde, tornou-se sua melhor amiga. "O melhor foi o pioneirismo da mulher que abriu caminhos num mundo fortemente patriarcal como foi o Brasil de sua juventude". E também o crítico de cinema Paulo Emílio Salles Gomes, com quem se casaria em 1962, depois de separar-se do primeiro marido. Foi um escândalo: embora oficialmente continuasse casada (a lei brasileira não admitia o divórcio) com Goffredo da Silva Telles, ela juntou-se com Paulo Emílio, enfrentando a maledicência da sociedade da época. Viveram juntos até a morte do escritor, em 1977. Foram os anos de chumbo; o contexto da ditadura militar é o pano de fundo do romance As Meninas (1973), um libelo contra a ditadura; em 1976 ela foi a Brasília para entregar o Manifesto dos Mil, contra a censura, aos agentes do arbítrio. Lygia Fagundes Telles foi, também, a terceira mulher a ser eleita para a Academia Brasileira de Letras, em 1985 (teve 32 votos a sete e ocupou a vaga deixada pelo historiador Pedro Calmon); as anteriores foram Rachel de Queiroz, em 1977, e Dinah de Silveira de Queiroz, em 1980. Hoje, é uma das quatro mulheres que figuram entre os 40 homens da Academia. Teve seus livros traduzidos para o alemão, espanhol, francês, inglês, italiano, polonês, sueco, tcheco, além de inúmeras edições em Portugal. O reconhecimento de sua obra, no Brasil e no exterior, foi atestado pelos inúmeros prêmios que recebeu, entre eles o Jabuti, da Câmara Brasileiro do Livro, e o português Camões, em 2005, pelo conjunto da obra. "Hoje, é uma das quatro mulheres que figuram entre os 40 homens da Academia" Exposição Para comemorar os 90 anos de Lygia Fagundes Telles a Fundação Biblioteca Nacional apresenta uma exposição, que foi aberta ao público em 15 de abril (que pode ser visitada até 10 de junho), em homenagem a esta que é uma das mais importantes escritoras brasileiras. A exposição é composta por documentos do acervo da Biblioteca Nacional - contos e romances e livros selecionados para ilustrar a trajetória de Lygia Fagundes Telles, desde suas primeiras publicações até obras mais recentes, como Invenção e Memória. A exposição reúne também reproduções de periódicos sobre ela e uma foto da autora quando jovem. Livros de Lygia Fagundes Telles Romances Ciranda de Pedra, 1954Verão no Aquário, 1964As Meninas, 1973 (Prêmio Jabuti)As Horas Nuas, 1989 Contos Porão e sobrado, 1938Praia viva, 1944O cacto vermelho, 1949Histórias do desencontro, 1958Histórias escolhidas, 1964O Jardim Selvagem, 1965Antes do Baile Verde, 1970Seminário dos Ratos, 1977Filhos pródigos, 1978 (reeditado com o título A Estrutura da Bolha de Sabão, 1991)A Disciplina do Amor, 1980Mistérios, 1981Venha ver o pôr-do-sol e outros contos, 1987A noite escura e mais eu, 1995Oito contos de amor, 1996Invenção e Memória, 2000 (Prêmio Jabuti)Durante aquele estranho chá: perdidos e achados, 2002Biruta, 2004Conspiração de nuvens, 2007Passaporte para a China, 2011
PRAZA_12439
Este curso é o primeiro no que hai máis galegos matriculados na formación profesional ca no bacharelato, aínda que as cifras de alumnos se manteñen lonxe da media europea e mesmo de Catalunya onde os alumnos matriculados nos ciclos formativos aumentaron un 50 por cento nos últimos catro anos. Os expertos rexeitan o modelo alemán para a FP e reclaman investimento para manter o bo nivel deste ensino.
Este curso é o primeiro no que hai máis galegos matriculados na formación profesional ca no bacharelato, aínda que as cifras de alumnos se manteñen lonxe da media europea e mesmo de Catalunya, onde os alumnos matriculados nos ciclos formativos aumentaron un 50 por cento nos últimos catro anos. Os expertos rexeitan o modelo alemán para a FP e reclaman investimentos para manter o bo nivel deste ensino. Hai unhas semanas o ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciou a súa intención de reformar o sistema español de formación profesional, orientándoa cara o sistema de FP dual, seguindo o modelo alemán ou austriaco. Os expertos non ven a necesidade de realizar esta reforma e cualifican de "irreal" a aposta por ese modelo, polas diferenzas na estrutura produtiva entre España e eses países e polo bo funcionamento obxectivo dos estudos de formación profesional no Estado. Os expertos non ven a necesidade de realizar esta reforma e cualifican de "irreal" a aposta por ese modelo, polas diferenzas na estrutura produtiva entre España e eses países e polo bo funcionamento obxectivo dos estudos de formación profesional no Estado Para Antonio Rial, profesor de Ciencias da Educación na USC, "a formación profesional non necesita ningún cambio neste momento, e creo que os responsables da Consellaría, que coñecen ben a situación, pensan o mesmo. Se cadra se poden facer algunhas modificacións nos ciclos medios, pero os ciclos superiores funcionan moi ben, sobre todo grazas a un profesorado de primeiro nivel e moi comprometido coa formación". En concreto, Rial afirma que a implantación do modelo alemán "non sería posible", porque "Alemaña ten un sistema dual no que as grandes empresas son as protagonistas, e funciona porque estas empresas teñen aulas-talleres, polo que o sistema non é moi distinto ao que temos aquí, e só no último ano os alumnos se insiren no proceso de produción real. Aquí a situación é moi distinta; as empresas non forman os seus propios activos. E en calquera caso as prácticas en empresas en España melloraron moito, por iso non vexo necesarias as reformas". "Alemaña ten un sistema dual no que as grandes empresas son as protagonistas, e funciona porque estas empresas teñen aulas-talleres, polo que o sistema non é moi distinto ao que temos aquí" O mesmo pensa Concha Fernández, profesora de Formación Profesional Específica de Servizos Socioculturais e á Comunidade, que afirma que "o modelo alemán serve para un modelo produtivo e de servizos coma o alemán. Pero en Galicia que persoa entra nunha empresa e dentro dela continuar a súa formación? Sería unha reforma irreal, que poría en mans das empresas persoas cunha cualificación mínima. En Alemaña alguén entra en Siemens nun nivel básico e ir progresando; en Galicia o 95% das empresas teñen menos de sete traballadores". A situación da formación profesional A situación da formación profesional en Galicia é "boa en termos xerais", para Antonio Rial, aínda que advirte de que "hai algúns desaxustes en certas zonas máis rurais, ao teren unha oferta de ciclos formativos que moitas veces non se axusta á realidade produtiva da zona, e cunha oferta escasa, que limita as posibilidades de elección". Porén, destaca, "os centros integrados, a calidade do profesorado e as novas especialidades fan que a formación profesional teña un gran valor. Aínda que as taxas de inserción baixaran por mor da crise, os estudantes de formación profesional están tendo máis aceptación laboral que os universitarios". "Os centros integrados, a calidade do profesorado e as novas especialidades fan que a formación profesional teña un gran valor. Aínda que as taxas de inserción baixaran por mor da crise, os estudantes de formación profesional están tendo máis aceptación laboral que os universitarios" De feito, hai tres ou catro anos sete de cada dez técnicos formados na FP estaban traballando dous anos despois, mentres que agora a porcentaxe é do 43%, superior ao dos licenciados universitarios en todo caso. Rial conclúe que "A FP vai ocupar o espazo que merece e iso levará consigo un incremento das matrículas". Pola súa banda, Concha Fernández salienta que "a FP en Galicia conta con moi bos equipamentos, grazas a que houbo investimentos moi fortes durante moitos anos, cunha grande achega de fondos europeos, e as metodoloxías de traballo, nivel de formación e ratios de alumnado tamén son equiparable aos estándares dos países máis desenvolvidos da UE". Concha Fernández lembra, con todo, que dende o 2007 deixaron de entrar fondos europeos "e polo de agora a situación mantense porque en certa maneira estamos vivindo deses investimentos realizados anteriormente. Pero iso pode non durar". "A FP en Galicia conta con moi bos equipamentos, grazas a que houbo investimentos moi fortes durante moitos anos, cunha grande achega de fondos europeos" De feito, nos últimos anos e malia o descenso global do número de estudantes en todos os niveis do ensino, a formación profesional gañou peso en Galicia en termos absolutos e relativos, mantendo un número de matriculados e matriculadas semellante ao de hai sete anos, pero superando neste curso, por vez primeira, o número de alumnos a alumnas do bacharelato. Estas cifras están aínda lonxe das que se rexistran en Catalunya, onde os e as estudantes formación profesional aumentaron un 50% nos últimos cinco anos e xa é máis dun 30% superior á cifra de matriculados no ensino secundario non profesional. Os datos globais do Estado indican que a porcentaxe de alumnos que optan pola FP é xa do 43%, aínda lonxe das media da UE (ao redor do 50%) e sobre todo da de países como Alemaña, onde case o 60% dos alumnos e alumnos opta pola formación profesional. A formación profesional en Galicia 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 Bacharelato 36390 35227 34467 32762 32249 32180 31901 30790 Formación Profesional 33917 32390 31115 28411 28996 28843 30102 34000 Total de alumnos por ano. Os datos do curso 2011-12 son unha estimación da Xunta. Fonte: IGE A formación profesional en Catalunya 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 Bacharelato 91707 89751 87123 86301 85508 86235 86962 89019 Formación Prfesional 81755 83677 84721 88008 93799 101438 114307 122059 Total de alumnos por ano. Fonte: Generalitat de Catalunya
NOS_16564
Asociacións culturais e cívicas preparan unha pronta resposta á RAG pola decisión de dedicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira Valverde. Proporán unha conmemoración alternativa.
A Mesa pola Normalización Lingüística e a AGAL promoven, en réxime de autoconvocatoria, unha xuntanza de asociacións culturais e sociais que se desenvolverá esta quinta feira en Compostela, na Libraría Couceiro, ás 18.30 horas. Tan só cinco días despois de que se fixera pública a proposta da RAG para o vindeiro Día das Letras Galegas, o movemento social e cultural responde con vontade de artellar unha festa alternativa en sinal tamén de protesta do que consideran un "afastamento" da institución presidida por Alonso Montero dos intereses da cultura galega. Varias entidades e asociacións confirmaron xa a asistencia á xuntanza de Compostela.
NOS_13140
O parque eólico Monte Agrelo e Muriño a instalar en Bergantiños e Zas, contempla 7 aeroxeradores "de 200 metros de alto en punta de pa" nunha zona que o colectivo considera xa saturada destes proxectos.
A asociación de defensa ambiental Salvemos Cabana chama a presentar alegacións ante o proxecto da multinacional EDP Renovables, que pretende instalar entre Cabana de Bergantiños e Zas un total de 7 aeroxeradores de 200 metros de altura en punta de pa. Un proxecto, sosteñen, que prexudica directamente "algunhas das mellores contornas rurais do noroeste peninsular na área de afectación visual de monumentos como o Dolmen de Dombate, as Torres do Allo ou lugares de alto valor etnográfico e patrimonial como San Fins do Castro". Fronte común contra o complexo eólico que ameaza a Costa da Morte A propia empresa promotora, afirma Salvemos Cabana nun comunicado, recoñece un alto nivel de impacto cunha visibilidade total calculada para o parque eólico de 37.359 hectáreas, "o que imposibilita a súa integración paisaxística debido á gran magnitud dos aeroxeradores propostos, de 122,5 metros de altura de núcleo e 155 de diámetro de rotor". O proxecto ubicaríase nunha contorna xa sobresaturada de proxectos con 12 parques eólicos xa en funcionamento e 55 aeroxeradores en 10 km. Ademáis,prosegue este colectivo, a evacuación da enerxía do parque eólico dende a subestación eléctrica transformadora (SET) realizarse a través dunha liña aérea de 220 kV con destino Meirama cunha notable afectación a nivel de territorio. "Resulta imposíbel obviar os fortes impactos sinérxicos e acumulativos do parque eólico Monte Agrelo e Muriño nunha contorna xa sobresaturada de proxectos con 12 parques eólicos xa en funcionamento e 55 aeroxeradores en 10 km. á redonda e nunha área de desenvolvemento que soporta actualmente 22 parques eólicos e un total de 112 aeroxeradores" Doutra parte, "non hai que olvidar a afección directa que o proxecto terá sobre a contorna visual de monumentos como o Dolmen de Dombate, as Torres do Allo ou lugares de alto valor etnográfico e patrimonial como San Fins do Castro pois a parroquia de Cesullas, en Cabana de Bergantiños, é unha das zonas máis prexudicadas. É un feito que o turismo sostíbel, como motor de desenvolvemento a nivel local e comarcal, verase directamente afectado".
NOS_20281
A proposta que levou CiU ao Congreso apróbase agora na cámara catalá por 104 votos a favor, 27 en contra e 3 abstencións. O PSC súmase á maioría da cámara que defende a realización dunha consulta e deixa sós a C's e PP.
O PSC súmase á maioría do Parlament de Catalunya e entra na liña democrática de que sexan as institucións as que cumpran co mandato do pobo. A resolución aprobouse cos votos a favor d@s socialistas, CiU, ERC, ICV-EUiA e a "abstención incrédula" de CUP. En contra quedaron en solitario PPC e Ciutadans. A proposta de resolución presentada polo PSC coincidía coa presentada hai uns días por CiU no Congreso. Daquela causara un grande debate no socialismo catalán, coa ruptura da disciplina de voto e o afastamento da propia Carme Chacón do seu propio partido. No texto afírmase que "o Parlament de Catalunya insta ao Govern da Generalitat a iniciar un diálogo co Goberno do Estado, para posibilitar a celebración dunha consulta á cidadanía catalá para decidir sobre o seu futuro". Pere Navarro, primeiro secretario do PSC, presentou a resolución comparándoa con outras de Canadá e Reino Unido, "e máis sensata que a de CiU e ERC". Reivindicou que o seu partido foi "o que máis arriscou" neste proceso e solicitou "unha negociación de verdade". Explicou que a proposta procura "un referendo no que cada partido defenda a súa postura" e no que "gañarán os cidadáns, sexa cal sexa o resultado" . Apoio de ERC. CiU e ICV-EUiA As tres formacións políticas que apoiaron a Declaración de Soberanía aprobada polo Parlament o pasado 23 de xaneiro deron o seu apoio á resolución do PSC. Todas lembraron que o texto aprobado daquela falaba de diálogo co goberno español para a celebración dun referendo sobre o futuro de Catalunya. "Votaremos as veces que faga falta", sinalou Marta Rovira (ERC), "mais para que exista diálogo ten que haber unha vontade polas dúas partes, non só depende de nós". Rovira preguntou a Pere Navarro sobre cal será a súa posición cando o goberno español "negue ese diálogo". Jordi Turull, por parte de CiU, alegrouse da "ampliación da base da Declaración de Soberanía" e d que sempre "se impoña a democracia e a vontade popular". Lembrou que por parte do Estado español "ofrécese medo e ameazas, primeiro prohibindo preguntar e ahora prohibindo opinar". Para o voceiro de ICV-EUiA, Joan Herrera, a proposta do PSC é "unha boa nova para o país". Sinalou que o debate "ten que estar no Parlament e liderado pola sociedade civil". Segundo Herrera o problema de fondo é de "cultura democrática". Afirmou que "a democracia é quen ordena os marcos legais e non ao revés". O "gosto agridoce" da CUP Para a CUP a proposta do PSC ten un "gosto agridoce". Quim Arrufat, deputado independentista por esta formación, indicou que "o doce é por presentaren esta resolución e o amargo ten que ver polo naïf da mesma ou por ser unha proposta trampa". No debate da proposta CUP alegrouse de que o PSC "deixara aos Bono e Ibarra" e explicou a súa postura de abstención e non de votar a favor. "Pasamos dun sí crítico á Declaración de Soberanía a unha abstención incrédula" nun contexto que podería ser "un paso atrás". Arrufat explicou no Parlament que a proposta do PSC "xa estaba" na Declaración que se aprobou no seu momento polo que é "marear a perdiz". Insistiu en que "ou hai consulta ou será o maior fraude desta democracia". Por este motivo a CUP decidiu "por conciencia e por principios absterse". PPC e Ciutadans en minoría O deputado Santi Rodríguez (PPC) atacou a proposta socialista á que denominou "tola carreira separatista" e acusou a Pere Navarro de "poñer o seu gran de area no proceso independentista" de Catalunya. Rodríguez argumentou que "non é o momento agora de falar deste tema cando a sociedade ten outras inquedanzas" e sinalou que a defensa dunha consulta "é algo deshonesto porque non se pode cumprir o seu obxectivo". Ciutadans, a través do seu voceiro Albert Rivera, repetiu o argumento d@s populares de que "a cidadanía son o paro, a corrupción e a clase política e non procesos separatistas". Rexeitou a resolución presentada polo PSC por ser "un instrumento para a independencia" e entrou no debate con ERC no significado da idea de democracia, "sen saltarse as leis" .
QUEPASA_5
O obradoiro, que concluirá este sábado, ten unha asistencia de 30 alumnos entre os que figuran arquitectos, paisaxistas, xeógrafos e outros profesionais vinculados a este ámbito. O ámbito de estudo céntrase na aldea do Couto e a súa contorna, dende a Praia de Balarés, incluido o esteiro do Anllóns, ata Ponteceso, coa singularidade do miradoiro de Monte Branco.
A sede da Fundación Eduardo Pondal acolleu este mércores a presentación do seminario "Revitalizar a Paisaxe Rural. Aldea de O Couto", organizado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio, que ten lugar desde hoxe e ata o 30 de marzo. O curso, que é de balde, ten unha asistencia de 30 alumnos. Na presentación do seminario, que trata de analizar as posibilidades da paisaxe rural nesta e outras zonas similares de Galicia, estiveron Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; Xosé Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso; Isabel Aguirre de Urcola, directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, e José María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal. O estuario do río Anllóns é sinónimo de solos profundos e fértiles, con predominio de espazos cultivados, Ponteceso e Corme como principais núcleos de poboación, bosques e monocultivos de eucalpitos e Piñeiro e a auga como elemento conformador da paisaxe, con marismas e zonas húmidas. O ámbito de estudo do seminario céntrase na aldea do Couto ea súa contorna, abarcando dende a Praia de Balarés, incluido o esteiro do Anllóns, ata o núcleo de Ponteceso, coa singularidade do miradoiro de Monte Branco. O curso pretende facer unha reflexión desde o ámbito da paisaxe, atendendo aos novos usos e o importante patrimonio rural abandonado xunto coa calidade ambiental de toda esta zona. O obxectivo principal do seminario é contribuir á recuperación de espazos abandoados, a través da divulgación deste territorio e os seus recursos, incorporando o medio rural e a paisaxe coma obxectos de investigación. Así, formularanse distintas propostas para a aldea de O Couto e a súa contorna que poidan poñela en valor para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, considerar a innovación no agro como xerador de emprego e emprendemento, incrementar os valores ambientais e divulgar a cultura e os valores do medio rural. Profesores do curso O arquitecto José Fariña Tojo, catedrático de universidade e autor de numerosos plans de urbanismo e de protección do patrimonio histórico, é o director do seminario, que coordina a arquitecta Mercedes Máquez Roel, quen forma parte do grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe e actualmente realiza a súa tese sobre o espazo público de proximidade. Ademais, tamén intervén a arquitecta Covadonga Carrasco López, do estudio Creus e Carrasco, gañadores en 2016 do Premio Galego de Arquitectura pola súa Casa Chao en Corcubión, e Carlos Ferrás Sexto, profesor de Xeografía Humana e investigador da interacción da Psicoterapia e o Análise Espacial e a tecnoloxía da comunicación con sistemas de información. A actividade, que conta con visitas de campo e comida de picnic e na lareira, está dirixida principalmente a arquitectos, paisaxistas, urbanistas, xeógrafos e outros profesionais que teñan interese por estes temas.
NOS_42497
Porase en andamento o 17 de maio. O sistema permite compartir ficheiros en múltiples formatos así como a subida de maneira simultánea de moitos documentos na mesma solicitude.
O dominio Puntogal en colaboración con Dinahosting pon en marcha este 17 de maio Velaquí, un servizo de intercambio de arquivos. No enderezo velaqui.gal, os usuarios poderán partillar "de maneira sinxela e segura ficheiros de ata 2Gb de maneira gratuíta". Na páxina só hai que indicar quen envía e quen recibe, unha mensaxe para o destinatario e adxuntar o documento. O sistema permite compartir ficheiros en múltiples formatos así como a subida de maneira simultánea de moitos documentos na mesma solicitude. O usuario pode limitar o número de descargas vinculadas a cada envío, cifrar cada solititude por medio dun contrasinal para incrementar a privacidade e enviar o documento ata a un máximo de vinte enderezos de correo electrónico. Trátase un servizo similar que ofrecen outras multinacionais como WeTranfer, pero desenvolvido e localizado en Galiza. Promoción Ademais, PuntoGal informa que celebra este ano o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha nova rebaixa no prezo dos dominios rexistrados. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 17euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes dende o día 17 e ata o 31 de maio. Toda a información atópase na web da plataforma O rexistro, que cumpre agora tres anos dende a súa delegación, conta xa con máis de catro mil dominios rexistrados.
PRAZA_5995
Lugo é o concello máis transparente de Galicia segundo unha investigación de oito universidades no que participa a USC. Todas as cidades galegas agás Ourense logran o 'aprobado' nun estudo que subliña a tendencia á "propaganda" das webs municipais.
Este 30 de xuño fai oito anos a Lei de Transparencia, unha norma pioneira no seu momento que, aprobada entre abondosas críticas do PP, daquela na oposición, implantou preceptos que naquela altura eran inéditos, como a obrigatoriedade de amosar as remuneracións dos cargos públicos ou a prohibición de aceptar agasallos. Aquela norma tamén fixaba a publicación de múltiples datos do funcionamento interno da Administración tanto para a Xunta como para os concellos. Os entes locais, precisamente, seguen a ter moito camiño por diante para acadar estándares aceptables de transparencia, cando menos no que atinxe aos maiores municipios do país, os 22 de máis de 20.000 habitantes. Nestes, apenas tres de cada dez son quen de aprobar. Quen realiza este diagnóstico son os membros de CIDACOM, un grupo de investigación formado por oito universidades de todo o Estado, entre elas a USC, que ten como obxectivo "investigar os recursos, os trazos e as prácticas de comunicación e xornalismo que realizan as administracións públicas locais para facilitar a participación cidadá no seguimento e avaliación da xestión dos gobernos" e explorar as posibilidades que ofrece a tecnoloxía "para melloralos". Aplicando un cuestionario sobre múltiples indicadores de transparencia chegaron á conclusión de unicamente en 7 destes 22 concellos as súas webs "superan o 50% dos indicadores" e acada, polo tanto, "o aprobado". Son o 32% do total e, así e todo, ningún deles supera o 75%. Lugo é o municipio máis transparente do país, segundo o estudo Entre os concellos que superan ese 50% están seis das sete cidades do país encabezadas por Lugo, que co seu 68,29% é tamén o goberno local máis transparente de Galicia, segundo este estudo. Despois do consistorio lugués está A Coruña, cun 63,41%, exactamente a mesma puntuación que Pontevedra e cerca de Vigo, que queda no 60,98%. Pechan o rexistro de cidades aprobadas Santiago e Ferrol, a capital cun 56,1% e Ferrol, cun 51,22%. A única cidade galega que non chega ao 50% é Ourense, na que a información da web municipal lle outorga ao seu goberno un 43,9% de transparencia. No maioritario grupo dos suspensos 13 destes concellos están por riba do 25% e dous non chegan a el. É o caso de Ponteareas, Concello de algo máis de 23.000 habitantes que apenas supera o 24%. É o mesmo que lle acontece a Marín, de 25.500 habitantes e 22%, a peor de todas. O grupo de investigación analiza todos estes concellos baseándose noutras variables, como o feito de que todos agás Marín teñan un home na Alcaldía ou os partidos políticos que gobernan en cada caso, sen que os resultados dean lugar a pensar que algún destes factores inflúe nos seus niveis de transparencia. Os indicadores Para chegar a estes resultados o grupo CIDACOM avaliou catro grupos de indicadores. O primeiro deles, relativo á información sobre os representantes políticos, permítelles sinalar que 20 das 22 webs ofrecen información básica sobre o alcalde ou alcaldesa. O nivel de información é notablemente inferior no referido ao resto de membros do goberno, só dispoñible en 7, e máis aínda no que atinxe á oposición, da que segundo o estudo só se informa en 4 e unicamente nunha delas, a de Vigo, inclúe "biografía e/ou currículo", se ben en Compostela tamén se inclúe esta información. "Unicamente en dúas cidades os gobernos publican un plan de goberno" As competencias dos órganos de goberno e o seu calendario de traballo, actas e ordes do día dos plenos ou contidos das reunións da Xunta de Goberno Local son outros dos contidos que procurou CIDACOM nunha análise que advirte de que "unicamente en dúas cidades os gobernos elaboraron e publican nas súas webs un plan de goberno, un plan de actuación municipal ou un plan estratéxico". Trátase, nomeadamente, das primeiras da lista, Lugo e Pontevedra. Como norma xeral a información menos abondosa é a do ámbito económico. Só Pontevedra e Ferrol detallan "a relación de postos de traballo e as retribucións segundo as categorías" e unicamente Pontevedra, Ferrol, Ourense, Redondela e Ames dan conta das retribucións dos cargos electos. O documento esencial da xestión económica, o orzamento, só está dispoñible en sete webs, a información sobre a súa execución en catro e os informes anuais sobre a conta xeral, en cinco. As ordenanzas municipais, pola contra, están dispoñibles en todas as webs analizadas agás na de Ponteareas. As recomendacións Con estes resultados na man o grupo de investigación conclúe que "todas as webs publican notiicas e a maioría, sobre as actuacións dos membros do goberno relacionadas co rendemento de contas", pero ningunha ofrece novas "sobre as actuacións dos membros da oposición" e "só en cinco se contrastan as informacións de membros do goberno, da oposición e de técnicos no seu caso". Esta ausencia da oposición e "o feito de que na maioría de webs non se contraste a información que se proporciona" fai "sospeitar que esta información pode estar máis orientada cara á propaganda do goberno e da súa máxima autoridade que cara á información para que a cidadanía poida facer seguimento e avaliar as actuacións dos seus representantes", din. "A información pode estar orientada á propaganda do goberno" No capítulo de recomendacións os investigadores e investigadoras ven necesario "un maior esforzo" na aplicación da devandita lei de transparencia e tamén da aprobada polo Goberno do Estado o pasado decembro, "comezando polos municipios máis grandes e os que teñen responsabilidades especiais por seren capitais de provincia ou de autonomía". Nesta liña, CIDACOM advirte da "responsabilidade no cumprimento da lei" que lles corresponde á Xunta e ás deputacións, que deberían "impulsar unha cultura da transparencia" e proporcionarlles aos concellos "recursos" para facelo. Web do grupo de investigación CIDACOM
NOS_14300
Unha grande 'V' unirá a Gran Via e a Diagonal de Barcelona. Ese será o acto da Diada 2014. Así o acordou a Asemblea xeral da ANC onde tamén se aprobou a "folla de rota para os homes e mulleres libres".
A Assemblea Nacional Catalana desenvolveu este sábado (5 de abril) en Tarragona a súa asemblea xeral. Nela, @s integrantes do movemento soberanista catalán acordaron a folla de rota a seguir até a declaración de independencia, que fixan para o 23 de abril de 2015. Un "horizonte plausíbel e mesmo desexábel" afirman desde a ANC. Neste senso, o documento aprobado por unanimidade describr os escenarios posíbeis en que se puider desenvolver a declaración de independencia. Escenarios que estarán marcados polo posicionamento adoptado en Madrid. "Debemos prepararnos por se non se puider celebrar a consulta o 9 de novembro, non é o escenario desexado mais quizais o teñamos que facer por outras vías democráticas", apuntou Jaume Marfany, membro do secretariado da ANC desde a tribuna. Catro escenarios para declarar a independencia Así é que o documento acordado prevé catro hipóteses: (1) que se faga a consulta de maneira máis ou menos tolerada por Madrid e nun clima político que garanta estabilidade e fiabilidade suficientes. (2) que se desenvolva o referendo coa oposición frontal do Estado español. (3) que a Generalitat considere que non se pode levar a cabo a consulta porque a situación política e social non o permitan ou (3) que non se realice porque a Generalitat estea intervida política e xuridicamente polo goberno español --de acordo co estabelecido pola Constitución de 1978. Partindo destes supostos a ANC aprobou por unanimidade que de non se celebrar a consulta popular, tanto se se convocan eleccións ao Parlament con carácter plebiscitario ou non, a ANC promoverá a creación dunha asemblea de cargos eleitos (deputad@s catalás e nas Cortes españolas e o Parlamento europeo) "que procedan á declaración de independencia dos representantes do pobo catalán". Iniciar un proceso constituínte A "folla de rota dos homes e mulleres libres", como se define o texto, insta tamén o Parlament de Catalunya a aprobar un calendario electoral face a constitución da república catalana. A comezar pola creación dunha ponencia de redacción da futura constitución catalá. O obxectivo que se fixa a Assemblea Nacional Catalana é que o 23 de abril de 2015, Día de Saint Jordi, dea comezo "o proceso popular para pór as bases dun novo estado". Un proceso que apuntaría cara ao 11 de setembro de 2015 como posíbel data para levar a cabo a votación en referendo da nova constitución. Desta maneira o movemento civil visa pular non só pola declaración de independencia --mesmo unilateral-- senón que chama a iniciar un proceso constituínte de base popular que remate co referendo da Constitución da república catalá. Diada 2014 Asemade, a asemblea xeral da ANC aprobou o acto que conmemorará a Diada 2014 após o éxito das manifestacións en 2012 e da Via Catalana en 2013. Nesta ocasión a Assemblea chama a unir as céntricas rúas de Gran Via e a Diagonal de Barcelona nunha grande V que poida visibilizarse desde o ar. Un proxecto cobizoso mais non imposíbel perante o suceso recollido en anteriores convocatorias.
NOS_57756
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra alíñase coas numerosas voces do sector que amosan publicamente o seu rexeitamento ao anteproxecto de Lei de Acuicultura que prepara a Xunta, unha lei que ven dirixida "ás grandes empresas".
As Confrarías de Pontevedra, que expresan o seu "profundo rexeitamento" cara ao texto normativo, denuncian nun comunicado que a lei na que traballa a Consellaría do Mar favorece "as grandes empresas acuícolas, con gran capacidade económica". Os pósitos xa presentaron as súas alegacións a unha lei que "non nace do diálogo e do compromiso cos axentes máis representativos do sector". Tamén advirten do seu "temor" arredor da substitución da actividade marisqueira, "existe o temos sobre a implantación futura dunha acuicultura masiva e intensiva no ámbito marítimo terrestre co ánimo de substituír a actividade marisqueira e a pesca artesanal". Ademais, a Federación alerta dos "claros riscos de tipo ambiental", así como da introdución de novas especies alleas ao país. As Confrarías, que piden a paralización da tramitación desta normativa, sospeita que a lei podería supoñer "a transformación do marisqueo a unha transición da privatización do dominio público". O profundo malestar que está a causar este anteproxecto de lei transcende o ámbito sectorial e mesmo produciu as primeiras disensións no Partido Popular, con cargos públicos da comarca do Salnés, unha das máis contestatarias, que se desmarcan do texto legal.
PRAZA_13343
Creo que hai que rescatar a cultura galega. E se os bancos son dignos de ser salvados, o país tamén. E se os partidos políticos -tamén a esquerda nacionalista- elevan a súa voz para amosar o desastre que é que caian determinados sectores como o naval, non estaría mal que tamén a alzasen por esta.
Hai unha semana, o Eurogrupo (que nome máis ridículo; non sei por que pero a vez primeira que escoitei tal nome pensei nun coro de drags queens) rescatou a banca española, é dicir, os directivos da banca, os grandes soldos. Un exercicio do capital salvándose a si mesmo. E nós, como somos tan boa xente, non protestamos, tragamos, montamos unha lea no twitter, metémonos con Mariano, facemos risas e ala, a seguir pringando. Pero non nos enganemos. Diga o que diga o señor de Sanjenjo, isto é para salvarse eles e non vai ter consecuencias positivas para a xente (a ver, algunha si, pero maquillaxe pura, no básico, imos seguir padecendo recortes que nos recortarán a alma). Mais imos pensar por un rato que si. Imos imaxinar que en efecto o goberno de España solicita eses cartiños para salvar a xente, para que gañemos en calidade de vida, para, como dixo Rajoy, ese desaparecido futboleiro fumador de puros taurino e olé, que non tivesen que intervirnos. É dicir, imos dar por verdadeiro, durante un cachiño, que si que é certo que isto se fixo porque estabamos tan mal, tan mal, tan mal, que eramos tan pobres, tan pobres, tan pobres, que estabamos tan ao límite, tan ao límite, tan ao límite, que era necesario pasar pola vergonza de pedir antes que roubar... Os nosos representantes políticos escolleitos con abraiante maioría absoluta pensan en que nós merecemos ser coidados, ben tratados e protexidos Se supoñemos tal cousa temos que dar tamén por verdadeiro que somos dignos de ser rescatados, é dicir, que temos valor, que a xente lle importa ao goberno, que os que mandan sobre nós, os nosos representantes políticos escolleitos con abraiante maioría absoluta pensan en que nós merecemos ser coidados, ben tratados e protexidos. Porque somos algo valioso. E por seguir tirando deste fío argumental -e sabendo como sei que o Eurogrupo de drags queens en nada disto pensaban, pero é mera hipótese de traballo- o paso seguinte sería afirmar que todo aquilo que fose valioso, importante, digno de ser coidado e recheo de aloumiños e mecos porque é algo importante para a vida, debe ser rescatado se a súa situación é de precariedade e de pre-inanición. A industria cultural galega -a saber, a que se fai en galego- xera un Produto Interior Bruto e un volume de emprego maiores que o naval ou o químico Agora póñome serio: a industria cultural galega -a saber, a que se fai en galego- xera un Produto Interior Bruto e un volume de emprego maiores que o naval ou o químico. A pesares de ser un sector atomizado, xera arredor do 2'5 por cento do traballo en Galicia (fonte: Zona Franca de Vigo e Consello da Cultura Galega). Dito en bruto: que non é ningunha coña. E vouno repetir de novo, por se non quedou claro ou se leu moi a correr: a cultura en Galicia, a industria cultural galega, é un dos sectores produtivos máis importantes do país. Dende logo, os que traballamos nela, non temos a forza do naval, e non somos moi dados a sair en masa a defender a nosa carga de traballo. Igual soa ata incómodo que escriba isto pero, a estas alturas da miña vida, como que me dá un pouco igual. Se os partidos políticos -tamén a esquerda nacionalista- elevan a súa voz para amosar o desastre que é que caian determinados sectores como o naval, non estaría mal que tamén a alzasen por esta E todos entendemos, e non vou frivolizar con isto, que é fundamental salvar ao sector naval, e que se cae o naval cae o país enteiro. Mais crédeme, se cae a cultura galega cae tamén o país enteiro. E a industria cultural galega está pasándoo realmente mal. Pechan as librerías. As compañías de teatro esmorecen. Os grupos de música contan os bolos cos dedos da man. A industria editorial, os escritores, os ilustradores, a xente do mundo do libro, está a pasalas canutas... Creo que hai que rescatar a cultura galega. E se os bancos son dignos de ser salvados, o país tamén. E se os partidos políticos -tamén a esquerda nacionalista- eleva a súa voz para amosar o desastre que é que caian determinados sectores como o naval, non estaría mal que tamén a alzasen por esta.
PRAZA_2866
ENTREVISTA O consultor político e media trainer internacional Santiago Martínez analiza algunha das claves comunicativas desta campaña para as xerais
Santiago Martínez é consultor político e media trainer internacional. Licenciado en Dereito e co mestrado de márketing político, decidiu facer da elocuencia a súa profesión e por iso montou en Compostela unha escola de oratoria. Pronosticou o auxe de Cidadáns xa nas municipais nunha entrevista para Praza. Desta volta, analiza os eixos sobre os que pivota a estratexia comunicativa dos partidos políticos e os e as candidatas. Se falamos dos 4 partidos mediáticos, que proposta comunicativa é a que máis che gusta? Hai que recoñecer que quen fai mellor as cousas en cuestións de comunicación son os partidos emerxentes. Podemos detectou fai tempo que hoxe en día o medio que triunfa é a televisión. Se non estás aí, non existes. Mesmo cando se falaba do seu dominio das redes sociais, algúns xa advertíamos que a clave non estaba aí, senón na televisión. Logo Cidadáns tamén ten unha imaxe fresca, en parte aproveitándose do traballo feito por Podemos. En todo caso, se teño que elixir, desde o punto de vista de consultor, quedo con Izquierda Unida, porque teñen recursos limitados, pero úsanos moi ben. Teñen un uso moi orixinal e fantástico. "Se teño que elixir, desde o punto de vista de consultor, quedo con Izquierda Unida" Alberto Garzón é un bo líder que chegou en mal momento? Absolutamente. Eu xa levaba tempo dicindo, igual dous anos e medio, cando empezaba a emerxer que me parecía o mellor político dos últimos tempos. Lembro unha entrevista que lle fixeron nunha facultade, creo que Évole, onde me pareceu brillante nas contestacións e na súa maneira de expoñer o ideario político. Nas Europeas auguraches en Praza Pública o crecemento expoñencial de Cidadáns... Hai unha estratexia de márketing clásico que se usa tamén en consultoría que se denomina Técnica Aída. Digamos que todo acto de persuasión para elaborar un discurso, ou unha campaña ten que pasar por 4 fases: atención, interese, desexo e acción. A acción é agora o 20 de decembro, que te voten, pero esas tres fases previas, Cidadáns leva anos facéndoas desde que Albert Rivera apareceu espido nun cartel e provocou a atención, logo o desexo pola posible fusión con UPyD, logo os pactos de goberno en Andalucía e Madrid. Convertéronse nun obxecto de desexo codiciado. Xeraron unha aureola atractiva a ollos da opinión pública. Agora a seguinte fase é a acción, que voten. Eu considero que nas eleccións vai haber de novo unha sorpresa que as enquisas non recollen. Xa levan tempo fallando e non saben recoller ben este tipo de técnicas. "Cidadáns converteuse nun obxecto de desexo codiciado" Cal é esa sorpresa da que falas? Penso que Cidadáns vai ser segunda forza e cun resultado maior do que nos están contando. Eu póñome, incluso, nun escenario no que o PSOE sexa cuarta forza. Agora mesmo hai un triple empate onde a marxe é de dous puntos. A nivel de enquisas, sociolóxica e estadísticamente falando, é un empate técnico. Tendo en conta que hai unha alta porcentaxe de indecisos, pero que manifestan que queren ir votar, e que seguramente non van votar polo mesmo de sempre, votarán cambio. Iso verémolo o día das eleccións cando a porcentaxe de voto sexa máis alta que nos pasados comicios. "Eu póñome, incluso, nun escenario no que o PSOE sexa cuarta forza" Houbo múltiples críticas do nivel do debate a dous... Son dos que pensa que é a fin dos debates a dous. Había un contexto político no que debatían os partidos que se alternaban no poder e eu creo que isto se desmonta no novo contexto, que tamén é un novo contexto sociolóxico. Logo tamén penso que morreu a forma de debater casposa, vella que representa Manuel Campo Vidal e todo o grupo de persoas da Academia que teñen moita experiencia pero cunha idade elevada, que non saben facer outro modelo de debate, outro plató, outro escenario, outro modelo, outra estrutura temática... Asistimos ao final do tipo de debate deste estilo e impoñeranse formatos máis americanos como o debate a catro. Respecto ao debate en si pois hai que medilo no seu contexto, é dicir, hai que analizalo en función das expectativas e das necesidades dos candidatos. Era un debate do bipartidismo, os candidatos precisaban estimular e motivar á infantería, a súa xente que se lle está fugando a novos partidos. O que foi máis descaradamente a mobilizar o seu electorado foi Pedro Sánchez. Entón, se hai que escoller un vencedor, Pedro Sánchez, porque dixo cousas que o electorado socialista tiña ganas que alguén lle botase en cara a Rajoy. Porén, no momento que pasou ao ataque persoal deulle unha arma ao PP para, no medio do vitimismo, poder xerar un efecto que se chama Underdog, que é a compasión ante quen acaba de perder ou saír noqueado dun envite. De feito xa vimos varias portadas de prensa nas que o titular buscaba, precisamente, ese efecto. "Se hai que escoller un vencedor, Pedro Sánchez, porque dixo cousas que o electorado socialista tiña ganas que alguén lle botase en cara a Rajoy" Foi unha boa estratexia mandar a Soraya Sáez en vez de a Rajoy ao debate a 4? Visto o debate a 2, si. Mesmo Albert Rivera recoñece que Moradas, o xefe de campaña de Rajoy estivo acertado non mandando a Rajoy porque vimos a un presidente moi limitado, pouco preparado, era previsible que Sánchez fose a atacar e os temas que ía sacar e Rajoy sacou argumentos previsibles, pouco elaborados e con pouco peso para poder mudar o marco de debate que establecía Sánchez. Con esa pouca cintura dialéctica que mostrou nun cara a cara, imaxina tendo a tres en contra. Creo que foi un acerto, moi criticable, porque é lamentable que un candidato a presidente prefira ir locutar un partido de fútbol a unha radio que a falar de política. Pero desde o punto de vista estratéxico totalmente. "Mandar a Soraya ao debate a 4 foi unha boa estratexia, aínda que é lamentable que o presidente dun Estado non vaia a un debate" Que opinas da liña de campaña de EnMarea? Desde un punto de vista de márketing paréceme que está a ser frouxa, ten pouco que ver coa de AGE das autonómicas. Creo que tamén é froito da desorganización interna, quero dicir, son unha unidade de diferentes visións e realidades na que cada un tira polo seu e iso nótase á hora de facer a campaña e a estratexia de campaña. Nótase en canto a grafismo, a creación de actividade, podería facerse un cronograma de campaña máis atractivo, a presenza en redes socias é frouxa, aínda que tamén é certo que tiñan o listón alto. "A campaña de EnMarea pouco ten que ver coa de AGE" Nós-Candidatura Galega fixo unha aposta audiovisual forte... En canto á campaña de Nós, nótase a limitación de recursos pero a min particularmente estame gustando. Os candidatos teñen orixinalidade, Carme Adán é unha persoa que fai unha campaña moi distinta, Carlos Callón está metendo un aire fresco de ideas, nótase que é lingüista e domina ese campo... bueno, cando tes poucos recursos, a necesidade agudiza o enxeño. Ao meu ver, en termos xerais, é unha boa campaña, pero veremos se chega con tantos actores políticos que teñen enfronte e coa lei D´Hondt. "A campaña de Nós, nótase a limitación de recursos pero a min particularmente estame gustando". A crítica a Nós, e polo tanto ao BNG é que a mensaxe que lles queda é a do nacionalismo e os ataque da Voz de Galicia. Son argumentos moi repetidos en moitas eleccións e agora, cando realmente si se precisa unha voz galega nunha cámara de representación en Madrid porque vai haber reformas constitucionais importantes, e onde esa mensaxe sería coherente, de tanto que se repetiu, parece que non chega. En termos de vender un produto, sería acertado ter feito a candidatura galega unitaria? O bo dese escenario sería que, probablemente, xeraría ilusión e podería ter un resultado potente. Porén, hai unha parte negativa, porque iso xeraría unha gran incoherencia co que pasou en Amio no 2012. Separámonos, volvémonos unir... E claro, para os líderes das formacións, despois do vivido, sería complicado ceder en certas cousas... E tamén lle estarías dicindo á sociedade: "bueno, catro anos despois estamos onde estabamos e montamos o circo para acabar dicindo que onde residía a forza era na nosa unidade, que había máis elementos de unión que de división". E, certamente, nesa unidade é onde reside a forza deste tipo de forzas, pero seguen sen velo e, lamentablemente, Galicia perde unha representación única forte, independente nun intre que, creo eu, era importante que tivese. "Galicia perde unha representación única, forte, independente, nun intre que, eu creo que era importante que tivese" Acertou Feijóo non destituíndo a Baltar? Se imos a un punto de vista de manual, e isto non é correcto desde un punto de vista democrático, a xente pois si, di "ah non o votaron, isto é terrible, é incrible...", pero claro, isto ocorre moito en España, non todo o mundo dimite nin se lle obriga a dimitir e sempre se buscan máis argumentos para que se quede un cargo a que se vaia. Pero tamén temos que ter en conta que en Galicia o PP está débil, levou un bo pau nas municipais, internamente cónstame que está desmobilizado e claro, xusto na túa provincia máis forte, ter destituído a Baltar sería descabezar a estrutura territorial, a capacidade de mobilización do teu propio exército nunha provincia tan importante a só tres meses das eleccións e a un ano e pouco das autonómicas. "Destituír a Baltar sería descabezar a estrutura territorial nun intre de febleza" O Partido Popular ten motivos para preocuparse pola deriva da súa traxectoria en Galicia? Si, e sábeno. Nas súas cifras e enquisas internas saben que en Galicia non teñen tanto problema con Cidadáns como no resto do Estado, porque non teñen tanta penetración, pero non deixan de ser unha brecha no seu electorado. Perder electorado polo centro-dereita é un problema para eles. A vantaxe que teñen en Galicia é a falta de liderado en fronte, non hai un partido ou un candidato, polo menos de momento, que poida contrarrestar a Feijóo ou a Rueda. "A vantaxe que ten o PP en Galicia é a ausencia dun liderado forte enfronte" Quen é mellor a nivel de oratoria, Iglesias ou Rivera? A Rivera nótaselle o paso pola competición universitaria de debates. Pero eu xa levo tempo advertindo de que a tensión da campaña púxoo moi nervioso. Desde o punto de vista da linguaxe non verbal está fallando, pero á hora das entrevistas é unha persoa hábil, moi áxil. Fóra de entrevistas gústame máis Iglesias, constrúe mellor o relato, o discurso e a posta en escea. Cada un ten as súas fortalezas. No cara a cara con Jordi Évole eu penso que a Iglesias lle pasaba algo, cansazo, que se confiou, ou que fose, porque estaba nun nivel moi baixo impropio del. Rivera preparouno moi ben malia que, insisto, notábaselle tenso. "Para entrevistas, prefiro a Rivera, para debates, Iglesias" Rivera escolleu ben o vestiario no debate a 4? Non, nin no debate a catro nin ultimamente na súa imaxe en xeral. Está errando nas cores, no tipo de gravata, estase convertendo nunha imaxe un pouco rancia ou clasista do que el critica. Pablo Iglesias é todo o contrario. Unha máxima da persuasión é que se ti queres convencer a unha tribo de algo tes que parecerte a eles ou ser da tribo. Sería incoherente que o discurso de Iglesias o dixese alguén con traxe e gravata. O que pon en práctica é o efecto espello, mimetízase coa xente á que quere chegar. Sabe que o seu electorado está na xente que leva vaqueiros, camisa e, como moito, unha americana. "Unha máxima da persuasión é, que se queres convencer unha tribo, mimetízate con ela" Estas eleccións van ser o golpe definitivo ao bipartidismo? Non, non me atrevería a dicir iso. Primeiro porque o sistema electoral foméntao. Se a próxima lexislatura se italianiza, a xente vai querer recuperar ambiente de estabilidade e home, non se vai volver ao bipartidismo brutal de fai anos, pero se PP e PSOE son intelixentes poden, nestes catro anos, recuperar.
NOS_58097
O xornal 'A Nosa Terra' recupera unha entrevista feita a comezos da década de 1990 ao impulsor da cadea de supermercados Froiz.
O empresario Maxín Alfredo Froiz Planes, fundador da cadea de supermercados Froiz, faleceu esta quinta feira aos 78 anos de idade. Este 11 de marzo, un día despois, o xornal A Nosa Terra recupera unha entrevista feita a Froiz na década de 1990 que, polas súas palabras e a pesar do paso do tempo, segue máis vixente que nunca. Entre outras cuestións, o empresario alertaba xa daquela da "colonización" do sector da alimentación da Galiza por parte das multinacionais: "O máis lamentábel non é que se instalen grandes superficies, senón que 98% sexan de fóra, francesas case todas. Non é que teña nada contra os franceses, pero o exceso de multinacionais é algo que, como empresario español e galego, non me agrada". "Non hai leis que protexan o distribuidor pequeno e mediano" Se ben se presentaba como defensor do libre comercio, Maxín Alfredo Froiz pedía unha intervención do Estado neste mercado: "Non hai ningunha lei que protexa o distribuidor pequeno e mediano, e iso cando en Francia veñen de limitar a instalación de grandes superficies para defender ao pequeno. Eu pido unha lei de comercio que permita a competencia con dignidade". Neste senso, instaba tamén a decretar un distanciamento mínimo dos centros urbanos "para non entorpecer o tránsito". "A saturación de grandes comercios non é boa para ninguén porque ao final acaban pechando todos", dixera. "Hai que regular o comercio como tan os cataláns e os franceses. Son consciente de que provoco paro, pero tamén xero emprego e os beneficios fican aquí. Non se pode dicer o mesmo dos grandes hipermercados", engadía o empresario. A distribución galega alíase cos produtores de leite na súa batalla contra a industria Porén, no caso de Froiz non foi así: segundo a información que achega a propia compañía, hoxe conta con 253 puntos de venda —no momento da entrevista tiña menos dun cento—, arredor de 6.000 persoas empregadas e unha facturación neta de 756 millóns de euros en 2020 —sete veces máis que a comezos dos anos 90—. Mais cal foi o segredo do éxito de Froiz? "Empezamos de cero, comprando as mercadorías coa caixa do día. Sabemos moi ben o que custa gañar un peso. Ademais esta é unha empresa moi aforradora, reinvestimos nela 98% dos beneficios. lso non é o habitual. Os meus fillos non andan por aí en cochazos. Tamén tratamos sempre de ofrecer calidade, surtido —temos 8.000 produtos rexistrados— e servizo, porque o cliente non é parvo", apuntaba na entrevista. A respecto dunha sentencia xudicial aprobada naquela altura sobre a liberdade horaria, Froiz esgrimía: "Eu son partidario dun horario flexíbel durante a semana, pero son un loitador nato contra a apertura os domingos e festivos. Ademais, coa crise que hai, se non se vende en seis días tampouco se vai vender en sete. Os meus principios están en non retroceder no benestar social e iso implica que ningún empresario nin ningún empregado teña que traballar os festivos. E o comprador igual, ese día que o dedique a ir á praia".
NOS_51023
A Xunta recoñece a petición do informe xurídico da Universidade da Coruña (UdC) solicitado pola CIG.
O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, admite na Comisión de industria do Parlamento que se requirirá un plan de viabilidade a Ferroatlántica no momento en que formalice a "íntegra" titularidade das centrais hidroeléctricas. A operación de transmisión de toda a titularidade de Ferroatlántica ao fondo de inversión TPG non estaría suxeita a autorización administrativa previa porque non afecta a titularidade das concesións mais si que necesita autorización administrativa previa o exercicio de opción de compra do arrendamento financeiro. Fontes da CIG din coller "con precaución e grande escepticismo" as afirmacións de Bernardo Tahoces e consideran este cambio de postura "o resultado das intensas e continuadas mobilizacións que o persoal está a realizar desde que se anunciou esta operación especulativa". Lembran que o informe xurídico da UdC realizouse a petición da central nacionalista.
NOS_37559
CIG publica as prazas presentadas ás organizacións sindicais ao comezo da mesa para a súa negociación.
CIG vén de publicar as prazas das oposicións repartidas por especialidades tal cal foi presentada ás organizacións sindicais ao comezo da mesa sectorial pola Consellaría de Educación, polo que a central pide que se tomen "co debido coidado debido á rapidez coa que as colgamos". No que respecta a prazas de ingreso a distribución é a seguinte: Son 747 prazas para Infantil e Primaria (52 reservadas para persoas con discapacidade), 781 para Secundaria (55 para persoas con discapacidade), 363 para profesorado técnico de Formacuión Profesional.
NOS_29167
Afirma estar sorprendido de que os antifascistas "non se dean conta de que os fascistas son eles"
O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feixoo, mostrou o seu rexeitamento aos incidentes rexistrados durante a precampaña das eleccións madrileñas en actos de Vox e mostrou o seu respaldo á organización de Santiago Abascal. "Os fascistas son os que tiran perdas, non os que dan mitins solicitando un voto democrático; é xusto ao revés", sinalou. Así se pronunciou a preguntas dos medios na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde cualificou de "fascistas" ás persoas "que interrompen un acto político e mesmo tentan agredir tirando pedras", en referencia aos incidentes rexistrados a pasada semana nun acto organizado por Vox no madrileño barrio de Vallecas. "Iso é o que se parece máis ao fascismo", engadiu Feixoo, que di estar soprendido de que estas persoas "non se dean conta de que os fascistas son eles", á vez que tachou de "decepcionante" que "40 anos despois" da transición desde a ditadura de Francisco Franco continúe este debate aberto. "Isto non lle ocorre á maioría dos países", continuou o presidente do PP galego, que, a continuación, acusou de non ter "nin idea do que están a falar" ás persoas que se sitúan deste xeito, posto que "non naceran" ou "non tiñan uso de razón" durante os anos de ditadura como "a maioría dos políticos" na actualidade. "Un pouco de respecto pola historia e pola verdade. Con independencia de que cada un interprete a historia e teña a súa propia verdade", resolveu Feijóo.
QUEPASA_876
Este sábado, a feira de Santa Comba viviu un episodio combativo. A Plataforma NON + Eólicos Bustelo Campelo Toural, lanzábase á rúa para informar á veciñanza xalleira das consecuencias do chamado "megaparque" eólico comarcal, así como polas liñas de alta tensión que darían saída a enerxía producida cara O Mesón do Vento.
Este sábado, a feira de Santa Comba viviu un episodio combativo. A Plataforma NON + Eólicos Bustelo Campelo Toural, lanzábase á rúa para informar á veciñanza xalleira das consecuencias do chamado "megaparque" eólico comarcal, así como polas liñas de alta tensión que darían saída a enerxía producida cara O Mesón do Vento. No encontro, ademais de escoitarse varios cánticos reivindicando a defensa do rural, leuse un manifesto co que se lembrou que os tres parques previstos, cun total de 27 muíños de 180m de altura. A entidade considérao en realidade "un só megaparque fragmentado en tres para así poder acollerse á lei de Fomento de Iniciativas Empresariais". Tamén se denunciou a situación que tería que vivir a veciñanza, xa que os muíños rodearían núcleos de poboación dos concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba, moi preto das vivendas practicamente enriba de explotacións gandeiras, un sector chave na zona. A entidade recordou que proxecto sería posto en marcha na contorna da lagoa de Alcaián, onde nace a principal fonte de auga do río Xallas e sobreviven especies en perigo de extinción, algunhas, como a Centauria Ultreiae, que só se pode atopar nesta zona. En todo caso, fontes municipais que a Centauria provocou xa a eliminación do proxecto de dous viraventos arredor da lagoa. Así mesmo, a fervenza de Castriz (Santa Comba) tamén se vería afectada polo megaparque, con dous muíños practicamente ao seu carón que modificarían a súa paisaxe e alterarían a paz dunha paraxe natural única na contorna. Ademais, o proxecto levaría aparellada unha liña de anta tensión, de preto de 40km de lonxitude, que iría dende O Campelo (Coristanco) ata O Mesón do Vento (Ordes) atravesando incluso núcleos de poboación polos concellos de Tordoia Cerceda e Carral.
NOS_21790
A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI)da Coruña está a piques de resolver a renovación do Acordo Marco polo que se rexe a contratación da prestación de servizos sanitarios a pacientes usuarias do Servizo Galego de Saúde a empresas externas. Tres hospitais privados da área sanitaria aspiran a un contrato que ascende a 75.723.239,33 euros.
O procedemento non é novo. A externalización da prestación de servizos sanitarios é unha práctica recorrente por parte de Servizo Galego de Saúde "que cede cada vez máis capacidade de atención a clínicas e hospitais privados" das distintas áreas sanitarias do territorio, explica Demetrio Vázquez, membro de SOS Sanidade Pública A Coruña. O trámite de contratación, pendente de fallo, iniciouse en primeira instancia hai dous anos, en febreiro de 2018. Un cambio no procedemento obrigou a desestimalo. En setembro de 2019 a EOXI da Coruña volveuno poñer en marcha. Na súa exposición de motivos, a Xerencia de Xestión Integrada da área sanitaria indica que, na actualidade, "proporciona a cobertura sanitaria a unha poboación de 547.328 persoas" de 37 concellos das comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños, Betanzos e A Coruña. "A privatización da sanidade pública forma parte dos intereses estratéxicos do Goberno da Xunta". "A prestación da asistencia sanitaria lévase a cabo na súa maior parte con medios e recursos propios do Servizo Galego de Saúde", recolle o informe xustificativo da necesidade e da idoneidade da contratación do Acordo Marco. Con todo, razoa a urxencia de promover unha nova licitación ante a exixencia de "garantir a prestación de asistencia sanitaria de xeito eficiente e nos prazos estabelecidos pola normativa vixente" mais "a imposibilidade de que os servizos sanitarios públicos da EOXI da Coruña poidan prestar dita asistencia cos recursos humanos, materiais e infraestrutura cos que conta na actualidade". O obxectivo, mantén a xerencia da área sanitaria, "non é outro que conseguir que os cidadáns continúen a recibir unha asistencia sanitaria de óptima calidade e eficacia". "O sistema non é eficiente", censuran desde a plataforma en defensa da sanidade pública, "pero o problema é que non quere ser eficaz", sentencia Demetrio Vázquez. "A privatización da sanidade pública forma parte dos intereses estratéxicos do Goberno da Xunta e do Partido Popular, que buscan converter os asuntos sanitarios en motivo de lucro e a saúde, en obxecto de negocio para as empresas privadas", recalca. Calidade e servizos Vázquez defende os principios da sanidade pública, con capacidade para garantir a igualdade de acceso, a calidade asistencial e a seguridade da atención ás doentes, "mais hai que dedicarlle cartos, sobre todo cando o envellecemento da poboación, ligado á esperanza de vida, deriva en procesos crónicos e patoloxías múltiples cada vez máis frecuentes. Como portavoz de SOS Sanidade Pública A Coruña, Demetrio Vázquez pon o foco no valor estimado do contrato que o Servizo Galego de Saúde destinará a pagar os servizos sanitarios prestados polos hospitais privados que gañen a nova licitación, perto de 76 millóns de euros nos que se inclúe o orzamento máximo da licitación, as posíbeis prórrogas e as modificacións previstas nun 20% do presuposto de licitación. "Son cartos que prefiren entregarlle á privada antes que investir e mellorar os servizos públicos". "Son cartos que prefiren entregarlle á privada antes que investir e mellorar os servizos públicos. Mais o prexuízo non só é económico, hai patoloxías que xa non pasan polos hospitais do Servizo Galego de Saúde, que van directamente aos hospitais privados. En consecuencia, advirte Demetrio Vázquez, "hai cirurxías que os médicos internos residentes (MIR) en período de formación non teñen oportunidade de ver". A licitación actual recolle que a actividade sanitaria obxecto do acordo marco inclúe estadías, consultas, cirurxías, rehabilitación, uso de quirófanos e procedementos de diagnóstico entre outros servizos. A 13 de xaneiro, foron admitidas a licitación as propostas tres empresas: o Instituto Policlínico Santa Teresa, o Sanatorio Cirúrxico Modelo e o Instituto Médico Cirúrxico San Rafael, os tres centros hospitalarios privados que xa viñan prestando asistencia sanitaria na área da Coruña, pendentes agora, da adxudicación definitiva.
NOS_10797
[ACTUALIZADA ÁS 18.30] Os primeiros dados de participación nas eleccións xerais fornecidos polo Ministerio do Interior reflectían unha suba de apenas medio ponto na Galiza en relación aos comicios do 20 de decembro. Porén, os dados da tarde amosan unha forte queda de perto de 7 puntos, ao pasar do 58,51% do 20D ao 51,70% do 26X.
As últimas cifras de participación nas eleccións xerais, fornecidas ás 18.30h polo Ministerio do Interior, reflicten un gran descenso a respeito dos comicios do 20 de decembro. No caso da Galiza e até as 18h, a participación caeu do 58,51% ao 51,70%, isto é, case 7 puntos. Por circunscricións, na Coruña a participación pasou do 57,69% do 20D ao 51,50% da xornada de hoxe. En Lugo, mudou do 55,46% do 20D ao 49,28% de hoxe. Tamén cae en Ourense, onde pasa do 57,32% ao 50,29% e en Pontevedra, onde a participación cae do 61,03% do 20D ao 53,33%. Dados da mañá Até as 14h o nivel de participación na Galiza situábase no 34,03% e subía apenas medio ponto, un 0,61%, a respeito da participación á mesma hora nas eleccións do 20D, cando fora do 36,91%. Por circunscricións, na Coruña a porcentaxe de participación entre as 9h e as 14h situábase no 33,28%, cando o 20D se situaba no 33,11%. En Lugo caía a porcentaxe a respeito do 20D, así mentres hai seis meses votara o 31,72% das persoas electoras, na xornada deste 26X votaba o 31,20%. En Ourense a participación acadaba o 34,74%, cando no 20D estaba no 33,84%. Foi Pontevedra a circunscrición onde máis crecía a porcentaxe. Votaba, entre as 9h e as 14h, o 35,82%, cando o 20D votara o 34,29%. Estado No total do Estado e até as 18h, a participación tamén sufriu unha gran queda. Pasou do 58,22% do 20D ao 51,21% de hoxe. Diminuíu en todas as circunscricións, agás no caso de Zamora, onde subiu apenas un punto. Os dados da mañá amosaban unha participación a nivel estatal do 36,87%. Era unha porcentaxe practicamente idéntica ao do 20D até as 14h, cando fora do 36,91%. En Catalunya a participación caeu perto de 10 puntos, ao pasar do 56,62% do 20D ao 46,38%. En Euskadi a queda é de algo máis de 7 puntos, xa que baixa do 58,97% do 20D ao 51,36%. O mesmo acontece en Nafarroa, onde a participación pasa do 59% do 20D ao 51,77%. E en Madrid soporta unha queda de case 9 puntos ao pasar do 63,37% ao 54,49%. As seguintes cifras de participación coñeceranse contra as 20h, cando fechen os colexios electorais. Ás 22.30h coñeceranse os resultados provisionais das eleccións.
PRAZA_14585
A Dereita, ao non aceptar o antagonismo constitutivo da sociedade acaba por priorizar unha nova versión de esencialismo revestido de tolerancia post-política cuxa eficacia alicerza na despolitización da economía. Eis o principal atranco ao dereito de autodeterminación e a calquera reivindicación lingüística, ecolóxica, feminista, soberanista... Para dicilo ao xeito lacaniano, no estado español sodes libres de escoller sempre que escollades correctamente.
Bieito Rubido, que ten caracterizado ao ABC como "el único medio monárquico que queda" celebrou o reinado do bourbón como "uno de los mejores momentos de la Historia de España". Presentando na FAES o libro de Edurne Uriarte Desmontando el Progresismo. La izquierda en sus cavernas completou a visión achegando unha nova dose de abeceína nacional: "La derecha és la que ahora mismo está intentando garantizar que sigamos por la senda del progreso, especialmente en España"; "hoy progresar en España es justamente hacer lo que tiene que hacer la derecha a pesar de la lamentable herencia que ha heredado el actual gobierno ...". En Venezuela ao director do ABC, responsábel de redacción da capa que tendes aquí, chámanlle gachupín: "personajillo, fiel representante del periodismo ultraderechista y monárquico". Achegaremos algúns argumentos parciais, a modo de padróns interpretativos, seguindo o pensamento de Zizek: "As ideas dominantes non son NUNCA directamente as ideas da clase dominante". Por exemplo, a idea de progreso Que Rubido non é un xornalista incómodo para a súa empresa é unha evidencia alén mar, mais o que aquí nos interesa non é o percurso de empoderamento dun galego na Villa y Corte, nin recrearnos na exótica dos epítetos que lle adican á figura do xornalista-empresario-do-mercado alén mar, senón que para entendermos o alcance da reflexión dun voceiro do poder español, xornalista de cabeceira da dereita española, cumpriría inserila no marco das diferentes estratexias do triangulo de poderes (político, mediático e financeiro) que deseñou a dereita xunto coa socialdemocracia empresarial (Cebrián e Prisa) na Transición na procura do que Slavoj Zizek chamaría a "apropiación da universalidade da noción de honestidade". Como non temos espazo de abondo para debullar esa reflexión xeral, nin tan pouco como para caermos no erro pouco refinado de identificar sen máis as arelas de Rubido coas "ideas dominantes", achegaremos algúns argumentos parciais, a modo de padróns interpretativos, seguindo o pensamento de Zizek: "As ideas dominantes non son NUNCA directamente as ideas da clase dominante". Por exemplo, a idea de progreso. O que nos interesa é debullar, tirando da capa do ABC, o pensamento que aniña nas palabras de Rubido á presentación do libro de Uriarte, a articulación que o convirte en ideolóxico ao instrumentalizar a arela progresista para compatibilizala coas relacións de poder existentes, quer dicir, para organizar a realidade. Cómpre, porén, fitarmos a fotografía do presidente da Xunta de Galicia e candidato do PP Núñez Feijoó, acaparando a capa do ABC. Fitando a vista no observador, o cidadán Feijoó aparece de pé en mangas de camisa e gravata, americana ao ombro e pose lanzal como se estiver a alzar o tridente da catedral de Santiago que se albisca ao fondo espetándose no titular: Artur Mas se ha rendido. O populismo de dereitas adoita falar en nome das "maiorías silenciosas" ou da "suma de 47 millóns", cando só está a promover os intereses do poder que representa A contradición ideolóxica da mise en scène fornécea o propio Rubido ao formular a ideoloxía da maioría moral propia da dereita populista: "España no es la suma de 17 Autonomías, sino la suma de 47 millones de personas". Non é iso a ideoloxía presentándose sob a forma aparente de non-ideoloxía? España non é Estado ( as 17 autonomías son Estado) senón a suma de persoas. Mais cómpre non precipitarse no xuízo, se ben o fascismo nothing else sería precisamente iso, segundo Zizek, unha "deformación do antagonismo social" que devén agora en simples problemática. O populismo de dereitas adoita falar en nome das "maiorías silenciosas" ou da "suma de 47 millóns", cando só está a promover os intereses do poder que representa (di o director do ABC: "'En España sobran la mitad de los medios. Sobran más de la mitad de los diarios regionales y locales"). Mais como recoñecer a voz dun interlocutor lexítimo e recoñecido como igual de entre os 47 millóns se todos teñen xa o seu lugar asignado? Todos os suxeitos e nengún suxeito. A isto Foucault chamábao "estratexias sen suxeito" das que tira o Poder para reproducirse. O populismo de dereitas adoita falar en nome das "maiorías silenciosas" ou da "suma de 47 millóns", cando só está a promover os intereses do poder que representa Antes de avanzarmos, porén, cómpre sinalar que en España nunca houbo pensamento nin tradición liberal. Portanto, do que aquí se fala é dunha dereita tout court. O que pode semellar simplificador non elimina o seu impacto práctico, xa que esa imaxe de dereita liberal ("dereita progresista") estase a forxar hogano sobre a marcha e conforme van xurdindo as necesidades de nomear as posicións no barullo do combate social, económico e político. Neste escenario, e para liberar á dereita dun apego excesivo a "o que hai" que se enxerga como vergoñenta lexitimación do establishment político-financieiro, a dereita mediática tira man da imaxe para procurar ese necesario "distanciamento" respecto do "fáctico", acadando con esa estratexia éxitos notábeis. Como pode intuírse é doado moverse no eido das xeneralidades se o interlocutor óbvia a definición de " progresista" ou de "conservador", mais a situación pode mesmo complicarse cando a defensa se instala no eido do fetichismo e do marquetin, na total identificación do españolismo co corporativismo herdeiro da imprensa franquista e a socialdemocracia mediática xurdida dos anos da Transición. Esa enxurrada sociopsicolóxica acabou por non entender que só pode haber un centro entre dereita e esquerda. Acontece que a falla de un pensamento liberal de dereitas, o centro adoita estar moito á dereita. O oximorón "dereita progresista" non é senón unha formulación tan radical como absurda do intento de despolitización do político dende a acomodación ou volta ao corpo social pre-político O oximorón "dereita progresista" non é senón unha formulación tan radical como absurda do intento de despolitización do político dende a acomodación ou volta ao corpo social pre-político. Unha dereita, por definición, conservadora, conforme á torsión "de progreso" reclamada polo tandem Rubido-Uriarte, é mesmo unha redución ao absurdo. O proceder da dereita que reivindica enfaticamente - a falta de tradición liberal- valores propios da esquerda, pode identificarse cos que non teñen "lugar de seu" na noción universal abstracta que refiren? Non é todo isto unha deturpación do universal neutro identificado de xeito unívoco coa noción de "España" para estañar asín o privilexio de uns e a exclusión de outros? Se non hai diferencia entre esquerda e dereita, entón tanto ten o que se diga, calquera discurso pode converterse en verdade sen importar cales son os feitos, entón será difícil saber onde iremos parar, madía leva, si que o sei, ao fundamentalismo (fundamentalista do dereito positivo). Hai un esquecemento seminal que alimenta esa visión do estado de dereito identificado coa "nación española": que o dereito é sempre secundario, procedendo sempre dunha idea que o precede e supón unha condición previa de humanidade, de moralidade, de equidade e igualdade. Se o dereito positivo que resulta das leis escritas e dos acordos entre as partes contratantes deriva nunha veneración da lei, da orde e o dereito en detrimento de calquera outra consideración, podendo plantexarse lexitimamente un desacato, unha secesión ou unha revolta. Se as fronteiras inmutábeis veñen definidas por unha política española ben nacionalista, as nacións "internas" deveñen categorizadas cos atributos da nación esencial, entanto a "nación española" sería a da cidadanía, a da liberdade e a da Constitución Para así continuar a axir, este pensamento vai precisar, primeiro, apropiarse das nocións de "cidadanía", da interpretación da Constitución, seguindo agora na quenda de apropiación a idea de "progreso", arrombando ao estigma do inactual-esencial calquera acto de politización. Así, se as fronteiras inmutábeis veñen definidas por unha política española ben nacionalista, as nacións "internas" deveñen categorizadas cos atributos da nación esencial, herderiana, da identidade romántica e vernácula, entanto a "nación española" sería a da cidadanía, a da liberdade e a da Constitución. Un paradoxo, xa que as supostas fronteiras inmóbeis (deseñadas en expresión de Rubert de Ventós, "co sangue dos soldados e o seme dos emperadores") farían parte precisa do artificio do estado-nación e non da plasticidade que se lle supón á posibilidade democrática de reescribir a lei e o dereito segundo o principio de renuncia equitativa. Cumpriría facer algunha consideración verbo desa visión limitada do político ao dereito positivo, só en base ao exercicio das leis. O paradoxo desta estratexia de apropiación é que exclúe o elementos de lexitimación do poder político xa que non se identifica co síntoma que denuncia a falsa universalización neutra. Stuart Mill (en Consideracións sobre o goberno representativo) alicerza a lexitimidade na cidadanía e o poder que dela emana para facer posíbeis mudanzas políticas. "A política - di Mill- igual que na mecánica, o poder que mantén o motor en funcionamento terase de achar fóra da propia máquina, e se este poder non está dispoñíbel ou é insuficiente para superar os atrancos que razoabelmente se poidan albiscar, o mecanismo fallará". O apelo á totalidade indiferenciada da poboación do estado español é a constatación de que "este poder non está dispoñíbel", xa que de entre os 47 millóns só o cidadán español de "dereitos plenos" sería o varón branco, propietario e monolingüe español... Sería doado, porén, amosar como no mapa topolóxico da dereita española segundo a cal "cada un no seu sitio", pouco ou nada fica fóra da propia máquina. Así, o apelo á totalidade indiferenciada da poboación do estado español é a constatación de que "este poder non está dispoñíbel", xa que de entre os 47 millóns só o cidadán español de "dereitos plenos" sería o varón branco, propietario e monolingüe español... Ficando excluídos do "pleno dereito" seguindo, por unha banda, a división prototípica dos habitantes do país por identitificación de orixe, procedencias territoriais, idiomas "vernáculos" de uso e o xénero do suxeito desas atribucións, e por outra, a novísima división derivada da entrada de traballadores inmigrantes con permisos temporais, e o xénero desa atribución. Nesta xerarquía, o proceder da dereita non está a dicir- todos os españois falamos galego!, perante un cotiá acto de marxinación e de exclusión lingüística na administración do estado ou nun xulgado, como tamén non identifica a universalidade, poñamos por caso, ao dicirmos "todos os españois somos inmigrantes ilegais!". A revisión do concepto de progreso no libro de Uriarte fai parte dese mesmo intento post-político de apropiación da vellas divisións ideolóxicas a cambio da xestión do posíbel para que nada se mova A revisión do concepto de progreso no libro de Uriarte fai parte dese mesmo intento post-político de apropiación da vellas divisións ideolóxicas a cambio da xestión do posíbel para que nada se mova. Emmanuel Terray ten deseñado a grella de atributos dun antagonismo que se pretende invisibilizar : mobilidade /estabilidade, innovación/continuidade, nomadismo/enraizamento, hedonismo/austeridade, cosmopolitismo/estado-nación... A capa de ABC esquematiza ben esa grella de valores ao amosarnos ao tecnócrata Feijoó como modelo de negociador empresarial ( experto liberal,...) ao tempo que se escenifica, ao fondo, o retorno do Medievo e do "eterno hispano" agochado tras das mangas da camisa do "home medio" e do guerreiro, dunha extensa cadea de significantes binarizábeis ao servizo da comunicación transparente esixida pola democracia-mercado (G.Chàtellet), do tecnócrata e do experto liberal desacomplexado. Trátase, ao cabo, de meter no mesmo saco o que son formas de resistencia imposíbeis para a lóxica da dereita post-ideo-lóxica española perante a enxurrada da globalización ou capitalismo planetario, as protestas dos indignados e dos traballadores, a proposta soberanista de Cataluña, e o apego da dereita española á herdanza cultural do franquismo, o pretenso universal xacobeo (ethnos), en nome do cal se lexitiman as ameazas ao dereito a decidir, as cargas policiais e os recortes sociais. E a violencia, xa que non existe universal sen conflito, sen o outro arrombado e deslocado como representante do universal. O que neste intre incomoda no curto-circuito da dereita española aparece sublimado no trofeo ou na peza cobrada, na declaración heroica do valedor do "eterno hispano", "Artur Mas se ha rendido", dando conta asín da suposta claudicación da "revolta" soberanista en Cataluña. Neste punto, e a falla dunha tradición liberal - a ninguén lle agrada desempeñar o papel de reaccionario- óptase por deitar cara fóra o cinismo señorial (Sloterdijk). As mobilizacións do 25S ou o millón e medio de cataláns reclamando o dereito a decidir van ser acontecementos políticos de primeira magnitude teimosamente negados dende estas instancias porque son de seu verdadeira política Importa aquí subliñar esa violencia obscena que restrinxe efectivamente a manifestación de conflito a través dunha presenza elidida cando non directamente ocultada: evidente no recoñecemento meramente cultural de Galiza malia tratarse do seu presidente e da capital. O xesto desacomplexado e baril, un bocado chulesco, de levar a americana pendurada do hombro ten a densidade metafórica das torres da Catedral, condensan o peche do particular investido de universal "guerreiro matamouros", a post-política formulada como croisade ou Nova Reconquista. A Dereita, ao non aceptar o antagonismo constitutivo da sociedade acaba por priorizar unha nova versión de esencialismo revestido de tolerancia post-política cuxa eficacia alicerza na despolitización da economía Non debería marabillar, portanto, a liberación de todo o que o excede. Neste sentido, as mobilizacións do 25S ou o millón e medio de cataláns reclamando o dereito a decidir van ser acontecementos políticos de primeira magnitude teimosamente negados dende estas instancias porque son de seu verdadeira política, o que Zizek chama, máis unha vez, a política coma arte do imposíbel. A Dereita, ao non aceptar o antagonismo constitutivo da sociedade acaba por priorizar unha nova versión de esencialismo revestido de tolerancia post-política cuxa eficacia alicerza na despolitización da economía. Eis o principal atranco ao dereito de autodeterminación e a calquera reivindicación lingüística, ecolóxica, feminista, soberanista... Para dicilo ao xeito lacaniano, no estado español sodes libres de escoller sempre que escollades correctamente.
NOS_39885
A comercialización da sanidade galega mantense a velocidade de cruceiro. A externalización de servizos, os concertos económicos ou o financiamento público-privado constrúen un modelo sanitario cuxa primeira pedra púxoa Manuel Fraga en 1995 e que se nutre do desvío de inxentes cantidades de diñeiro público. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 317 de Sermos Galiza.
Povisa debe ser o único hospital privado que ten poboación asignada". María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, incide nunha anomalía que alarga Manuel G. Moreira, médico, cando nos lembra que a construción do novo hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, para alén de facerse en base a un polémico financiamento público-privado, realizouse 'respectando' que esas 137.000 persoas continuasen adscritas a Povisa e non pasasen a seren integradas no novo complexo. O maior hospital privado no Estado español, que se converteu en indispensábel para que non colapse a maior área sanitaria de Galiza, solicitou preconcurso de acredores. Unha noticia que é tamén unha oportunidade para se preguntar que pasa cun sistema sanitario, o galego, que depende da saúde dun centro privado. Galiza foi, con Valencia, un banco de probas das políticas neoliberais do PP para a sanidade. O primeiro paso deste proceso aconteceu en 1995, coa Fundación Hospital de Verín. Era conselleiro de Sanidade Romay Beccaría e tiña como man dereita Alberto Núñez Feixoo, daquela secretario xeral da Consellaría. Case un cuarto de século despois, a comercialización da sanidade galega acada uns niveis que hai tempo que sobrepasaron o de preocupantes. O retorno do PP á Xunta, con Feixoo á cabeza, impulsou un modelo sanitaria baseado nos concertos económicos, a externalización de servizos, os recortes en persoal e investimentos ou a aposta no financiamento público-privado. Este último, cun claro exemplo no novo hospital de Vigo, en funcionamento desde setembro de 2015.As denuncias e queixas acumuladas por este hospital darían para varias reportaxes. Iso si, a empresa concesionaria gañou desde a apertura e até finais de 2017 máis de 5 millóns de euros. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 317 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_16112
O BNG rexistou esta cuarta feira en Xenebra, na sede do Alto Comisionado dos Direitos Humanos da ONU, unha denuncia que persegue a devolución do Pazo de Meirás e a ilegalización da Fundación Francisco Franco. A iniciativa levou á cidade helvética a Ana Pontón e Ana Miranda, portavoz nacional e voceira do BNG perante a Eurocámara, arroupadas por militantes do Bloque en Suíza.
"Esta denuncia quer acabar coa impunidade do franquismo. É o mínimo que lles debemos ás vítimas", explicou Ana Pontón após formalizar a denuncia a meio da cal o BNG pide á ONU que inste do Estado español a implementación das reformas lexislativas precisas para depurar os residuos franquistas que perviven na vida pública do Estado español. Os obxectivos concretos da iniciativa son a restitución ao patrimonio público do Pazo de Meirás, espoliado polos fascistas en 1938, a ilegalización da Fundación Francisco Franco pola súa teimuda apoloxía da ditadura e a abertura de vieiros legais (por exemplo coa derrogación de preceitos da Lei de Amnistía de 1977) que permita a efectiva investigación e reparación dos crimes da ditadura. "É o mínimo que podemos facer a estas alturas, porque é unha débeda ética, política e moral que temos con todas as vítimas do franquismo", enfatizou Pontón, para quen o Goberno Rajoy continúa sen cumprir o mandato do relator especial da ONU, Pablo Greiff, quen visitou o Estado español entre xaneiro e febreiro de 2004 para comprobar se a Lei de Memoria Histórica de 2007 estaba a ser eficaz na persecución da xustiza e a reparación das vítimas da ditadura. As conclusións de Greiff é que a LMH de 2007 non era suficiente e que cumpría adoptar medidas dirixidas a garantir a "restitución das propiedades e documentos incautados a particulares", ao tempo que denunciaba que o Estado español non tiña estabelecido unha política "para a promoción da verdade" sobre os crimes perpetrados polos golpistas a partir de xullo de 1936. Pontón denunciou en Bruxelas a inacción do Goberno español e a que cualificou como complicidade do PP, a comezar pola do presidente da Xunta, cos intereses particulares da familia Franco, que continúa a dispor da propiedade do Pazo de Meirás mesmo, dixo, con aberta violación das súas obrigas como posuidora dun ben de interese cultural.
NOS_24120
O día 5 de abril o Centro Dramático Galego estrea en Compostela Días sen gloria, coa dirección de Fefa Noia. A poucos quilómetros, en Teo, a Ultranoite do Aquí conmemorará ao "compañeiro de escenarios e nocturnidade". Compañías vencelladas ao autor preparan tamén as súas montaxes. A obra de Roberto Vidal Bolaño volve á escena.
Con Fefa Noia como directora, Días sen gloria regresa aos escenarios o día 5 de abril no Salón Teatro de Compostela. A nova produción do CDG contará con Manuel Manquiña, no personaxe de El, e Eva Souto como Ela para lle dar vida aos protagonistas da obra coa que Roberto Vidal Bolaño acadara o Premio Rafael Dieste en 1992. O relato no que se reconstrúe unha historia de amor co Camiño de Santiago como paisaxe completa o elenco con Felisa Segade, Borja Fernández e Sergio Zearreta. O fillo do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Roi Vidal, encárgase da asistencia á dirección. Nesa mesma noite, en Teo, a Ultranoite do Aquí daralle un ton diferente á homenaxe a Vidal Bolaño. Temas de actualidade desta volta cunha "mirada Bolañana" coa que a compañía Chévere se suma á conmemoración do compañeiro do teatro os días 5, 6 e 13 en Teo, o 19 e 20 na Coruña e o 26 e 27 en Pontevedra. A reaparición das súas compañías Dúas compañías fundadas por Roberto Vidal Bolaño volven aos escenarios -en coprodución co CDG- con obras súas e equipos vencellados persoalmente cun autor que está na orixe do teatro profesional e dinamizou o ámbito dramático durante décadas. Teatro do Aquí -a última compañía que Roberto Vidal creara con Belén Quintáns- estreará o 19 de abril en Narón Criaturas con dirección escénica de Evarisco Calvo e un elenco no que participan Belén Constela e Xoán Carlos Mejuto -que xa estiveran na montaxe de 1999- mais Marcos Orsi e Vicente de Sousa. Será pouco despois cando Teatro Antroido leve a escena BailadELAs o 12 de maio na Coruña. Vidal Bolaño fundara a compañia en 1978 canda Laura Ponte que participa na produción dirixida por Roi Vidal, fillo de ambos. Tamén a compañía Espello Cóncavo regresa con Anxeliños baixo a dirección de Arturo Löpez e cun cadro de persoal composto por Fernando Morán, Rodrigo Roel, Estíbaliz Veiga, Manu Fernández Isabel Risco e Luzbel Pardavila. A compañía dirixida por Arturo López volve cunha obra que producira hai seis anos e que fixera xirar de novo polos escenarios galegos a obra do autor que nestes meses ocupará boa parte das próximas estreas teatrais. Teatro do Noroeste de Eduardo Alonso e Luma Gómez recuperará a peza infantil Touporroutou da lúa e do sol, mentres as aulas de teatro universitarias tamén preparan as súas homenaxes sobre o escenario a Roberto Vidal.
NOS_35791
O presidente do Celta recoñece que as negociacións non foron fáciles, posto que o chileno tiña ofertas para adestrar nos grandes clubes do seu país
Hai xogadores que pola súa personalidade no terreo de xogo, pola súa xerarquía e liderado natual, apuntan maneiras como adestradores. Eduardo 'Toto' Berizzo é un dos mellores exemplos. O que fora central do Celta volve a Vigo para capitanear un equipo que esta tempada conseguiu asentarse na máxima categoría do fútbol español. A aposta é de continuidade, segundo aclara a directiva celeste, posto que Berizzo gosta dun fútbol ambicioso e coñece a filosofía do clube. Mais as negociacións non foron fáciles. O adestrador chileno contaba con ofertas no seu país, logo de acadar o Torneo Apertura 2013 e a Supercopa 2014 no O´Higgins. O técnico chileno solicitou xa até cinco incorporacións: un lateral esquerdo, un central, un centrocampista, un home de banda e un dianteiro. "Encontrámonos co mesmo caso que con Luis Enrique, Berizzo vén ao Celta por bastante menos cartos dos que lle ofrecían en Chile. Él transmitiume que necesitaba máis o Celta do que o clube a el. Iso foi moi importante, porque non falábamos xa de diñeiro, senón dun sentimento", aclarou esta cuarta feira o presidente Carlos Mouriño. Berizzo será presentado a vindeira semana e chegará acompañado do seu equipo técnico. Ernesto Marcucci, como axudante; Pablo Fernández, como preparador físico; Carlos Kisluk, como entrenador de gardamallas e Gustavo Onaindía, como segundo adestrador. O técnico chileno xa comezou, ademais, a deseñar o equipo para a nova tempada. Solicitou até cinco incorporacións: un lateral esquerdo, un central, un centrocampista, un home de banda e un dianteiro. Aliás, a estratexia podería verse alterada pola saída de xogadores celestes, que teñen bon cartel e xa recibiron ofertas.
NOS_23012
A viguesa Alicia Toxeiro comezou en Educación Infantil, onde estivo 16 anos, e desde hai cinco imparte aulas en Primaria. Desde o CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros participou por terceira vez, proposta polas familias, no premio Educa Abanca, a nivel estatal. Quedou primeira, polo que está considerada como a mellor educadora da súa etapa de escolarización. O galardón ten en conta o seu traballo en todo o curso que, desta vez, cadrou coas dificultades engadidas de impartir aulas coa pandemia.
Cal é o segredo para ser unha boa docente? Eu traballo coa escola dos valores, a escola da humanidade, a escola do corazón. É dicir, sempre tento que as nenas e os nenos se atopen ben e que teñan ganas de vir á escola. Que queiran aprender. Todo iso con esforzo. O primeiro de todo, para min, é non aburrilos, quero que entendan que aprender é moi divertido. Non aprendemos só na escola, tamén no transcurso de toda a nosa vida. É moi importante non perder esa enerxía, esas ganas. Cando as teñen, esfórzanse e chegan á meta que se propoñen. Na aula teño unha parede pintada con frases motivadoras como, por exemplo, "Non hai nada sen esforzo" ou "Nunca deixes de soñar". Pode semellar algo só bonito mais se se traballan na aula, dan resultado, como me pasou a min coa consecución deste galardón. O primeiro que pensei foi no agasallo ao meu alumnado após un ano tan duro como este coa presenza da Covid-19. Foi un curso para reinventarse e non renderse. Pensa que na docencia hai liberdade abondo para traballar con comodidade? Na escola pública, onde eu traballo, temos liberdade. Sempre pode ser que atopes un equipo directivo que poña algún atranco, no meu caso non é así. Estou moi agradecida porque aceptan as miñas tolarías e enténdenas. Unha vez que o equipo ten esta actitude, o claustro tamén. Non é doado, tamén é certo. Ir contra a corrente, ás veces, custa. A educación pública conta coas mesmas condicións que a educación privada? Eu creo que en canto a recursos quizais non. Mais podes estar fechado nunha gaiola de ouro e seguir fechado. O que fai boa unha escola é o material humano, as mestras, non os seus recursos. Quen fai a escola son as mestras e os mestres. Son as que farán que funcione ou non. Temos ese poder de levar adiante as cativas e os cativos. O poder de traballar en comunidade e formar equipo. Nós non debemos perder nunca o norte. Temos unha gran responsabilidade. Nas nosas mans está a educación e esta pode cambiar o mundo. É moi importante crear alumnado activo, que teñan iniciativas e que se lles deixe crear. Vímolo no confinamento. Que sería de nós sen o mundo científico que crea? E sen doutoras e doutores? Precisamos xente activa e resolutiva, o que se lle pide ás que traballamos na docencia polo ben de mañá. A motivación comeza nas propias familias? É un traballo conxunto. As familias queren traballar coa escola e a escola debería querer traballar coas familias. A educación é algo de moitas e moitos, mais eses son os principais axentes. Teñen que ir da man. No meu caso, somos un equipo e o éxito é sentir comodidade nas dúas direccións. Tamén é certo que nalgunhas ocasións as familias deben reforzar o traballo da docente mais tamén nós debemos considerar as situacións que teñen as familias. Co confinamento vivimos un momento para parar a pensar que estabamos a facer na educación, se era o bo camiño. A tecnoloxía que diciamos que entraría no futuro, de súpeto fíxose presente. Démonos conta de que había que meter a tecnoloxía mais tamén de que había que preparalas e preparalos para o cambio, da necesidade do traballo conxunto coas familias. A realidade non é doada e non se pode exixir determinadas cousas. Tería algún consello para quen decida dedicarse a esta profesión? Ás novas docentes diríalles que sempre gocen co que fan. Se non entras pola porta do centro ben, non podes transmitir aos demais.
NOS_24979
Nunha reunión do comité de empresa de Alcoa co presidente da Xunta e o conselleiro de Economía demandan do Goberno español que acepte unha poxa con "valores de 2018".
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao (Cervo), mantivo unha reunión por videoconferencia onte co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde, na que coincidiron en urxir o Goberno medidas para conseguir un prezo competitivo para empresas electrointensivas con rebaixas do prezo da enerxía ante a situación "límite" que viven. Representantes sindicais da empresa mostraron a súa preocupación pola decisión da multinacional de parar as cubas que cheguen ao final da súa vida útil sen realizar o proceso para un posterior arranque. Avisan de que o impacto da COVID-19 fai que conseguir un prezo competitivo para producir sexa agora "máis necesario". Nun comunicado logo do encontro, o comité de Alcoa San Cibrao require que, "de forma inmediata" e mentres non se aprobe o estatuto electrointensivo, se acepte unha poxa de interrompibilidade "cos valores de 2018", así como a licitación co "máximo valor permitido pola Unión Europea" por compensación por emisións de gases de efecto invernadoiro. Mobilizacións Delegados e delegadas da CIG en Alcoa e nas compañías auxiliares realizaron a pasada terza feira accións de protesta diante dos concellos de Xove e de Burela en contra do desmantelamento da factoría por parte da empresa e para reclamar a intervención dos Gobernos español e galego na defensa dos empregos e da actividade industrial do principal motor económico da Mariña. As operarias e os operarios lembran que as empresas auxiliares representan 50% do persoal da factoría, uns 1.000 postos de traballo.
PRAZA_10430
O éxito ou fracaso dunha eventual candidatura de Feijóo vai depender, nunha medida relevante, do comportamento das forzas políticas que integran agora a oposición. Existe un segmento do electorado que vai esixir probas prácticas de cooperación entre esas organizacións para outorgar crédito nas urnas a un goberno alternativo
Constitúe un lugar común afirmar que unha determinada campaña electoral comeza a mesma noite na que remata a precedente. Seguindo esa lóxica xa estariamos involucrados nos preparativos da consulta para elixir os futuros representantes no Parlamento galego.Alberto Núñez só ten dúas opcións: ou recuncar como candidato o ano que ven ou abandonar a vida política. A presión dos cadros dirixentes do partido para que continúe xa son ben visíbeisNeste sentido, os comicios do pasado 26 de Maio conteñen dados suficientes para tirar algunhas conclusións a respecto do futuro político de Núñez Feijóo.Os resultados acadados polo PP no conxunto do Estado foron moi mediocres pero non deixaron totalmente queimado a Pablo Casado. Se consegue manter a presidencia da Comunidade de Madrid e dirixir o concello da capital do Estado, poderá neutralizar as propostas de substitución que terían xurdido de non obter esa marxe de poder territorial. Xa que logo, Feijóo non ten a saída que se manexaba en distintas análises durante os últimos meses: a hipótese de optar á presidencia dun PP sen Casado fica aprazada "sine die".Por outra banda, as cifras do PPdG nesta última cita electoral son moi preocupantes para o actual presidente da Xunta. Despois de asumir en primeira persoa a realización dunha intensa campaña nos núcleos mais urbanos do País, o balance é demoledor: o seu partido non foi quen de asegurar a posibilidade de gobernar en ningunha das sete cidades e perdeu a única maioría absoluta que conservaba na deputación de Ourense.Nestas circunstancias, Alberto Núñez só ten dúas opcións: ou recuncar como candidato o ano que ven ou abandonar a vida política. A presión dos cadros dirixentes do partido para que continúe xa son ben visíbeis. E unha eventual retirada requiriría un certo tempo para organizar unha transición que, hoxe por hoxe, semella chea de incertidumes e temores. É ben coñecida aquela máxima de que en "tempos de treboada, mellor non facer mudanzas": velaquí o desexo que moitos persoeiros vinculados aos poderes realmente existentes lle poden trasladar nas vindeiras semanas ao político dos Peares. O conservadorismo no sentido mais literal do termo: mais vale o problemático coñecido que unha insegura bondade por descubrir.Existe un segmento do electorado que vai esixir probas prácticas de cooperación entre esas organizacións para outorgar crédito nas urnas a un goberno alternativoTal e como sucedeu no 2012 e no 2016, o éxito ou fracaso dunha eventual candidatura de Feijóo vai depender, nunha medida relevante, do comportamento das forzas políticas que integran agora a oposición no pazo do Hórreo. Existe un segmento do electorado que vai esixir probas prácticas de cooperación entre esas organizacións para outorgar crédito nas urnas a un goberno alternativo. O espello dos concellos vai ter importancia: se dominan os episodios de tensión e confrontación entre aquelas formacións que están chamadas a construír unha nova maioría nas institucións de autogoberno non existirán incentivos para reverter nas urnas a longa hexemonía do PP.E no ámbito dos grupos que se moven á marxe do PSdG, debería existir unha reflexión adicional sobre o nivel de cooperación que require o común obxectivo de facer realidade a derrota de Feijóo. Existen fórmulas políticas e xurídicas para facer compatíbeis as identidades singulares de cada quen coa desexábel rendibilidade dos votos emitidos (lembrese o límite provincial do 5% fixado no seu momento por Manuel Fraga). Se hai vontade, hai tempo.
NOS_5984
O gañador das eleccións ten un "bonus" de 50 deputados, independentemente da diferenza coa segunda forza máis votada
A maioría dos inquéritos realizados a pé de urna outórganlle unha lixeira vantaxe á Syriza do exprimeiro ministro Alexis Tsipras nas eleccións lexislativas celebradas hoxe. Cos colexios electorais xa pechados e co reconto en marcha, as enquisas apuntan a unha vitoria da Coalición da Esqueda Radical, aínda que cunha diferenza menor que a que logrou nos comicios de xaneiro, cando ficou ás portas da maioría absoluta. Segundo os estudos, Syriza obtería arredor do 30% dos votos emitidos, aínda que algúns elevan ese apoio popular ao 34%. Moi perto situaríase o partido conservador Nova Democracia, que aglutinaría entre o 28,5 e o 32,5 dos sufraxios. Hai que lembrar que a lexislación grega contempla un "bonus" de 50 deputados no Parlamento heleno para o gañador, independentemente da diferenza real. Tralos dous partidos maioritarios, os neofascistas de Amencer Dourado podería acadar até o 7% dos sufraxios, máis ca nas eleccións de xaneiro pasado. Sobe tamén o Partido Comunista, que mesmo podería converterse na terceira forza do Parlamento heleno. Os disidentes de Tsipras que marcharon trala aceptación das condicións impostas pola Troika, entre eles a Unidade Popular á que apoia o exministro de Finanzas Varoufakis, ficarían moi lonxe, con porcentaxes de voto irrelevantes (3%), mesmo para a conformación dun novo goberno.
NOS_51152
A figura máis destacada da novela negra nórdica faleceu esta segunda feira en Gotemburgo vítima dun cancro.
Mankell estivo en 2009 en Galiza para recibir o Premio San Clemente á mellor novela estranxeira que conceden os alumnos do Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela pola súa obra 'El Chino'. Diego Ameixeiras, unha das referencias galegas do xénero negro, destaca de Mankell que "vai máis alá da novela enigma, detrás hai unha reflexión social e política. Con el descubrimos a sociedade sueca, que non é tan idílica como parecía. El e Markaris eran os clásicos en vida da novela negra europea". Alén do literario, o ourensán salienta o seu compromiso coa causa palestina (formou parte da flotilla abordada pola mariña israelí): "sempre me pareceu un tipo moi íntegro". Traducido a máis de corenta linguas, Mankell escribiu outras tantas novelas que chegaron a vender máis de 40 millóns de exemplares. As máis populares foron as protagonizadas polo detective Kurt Wallander, un antiheroe a través do cal puidemos coñecer as costuras da sociedade nórdica. Comprometido con numerosas causas sociais, Mankell vivía parte do ano en Mozambique, onde era o director artístico do Teatro Nacional de Maputo. El mesmo foi o fundador da súa propia editorial, Leopard Förlag. Estaba casado coa filla do cineasta Ingmar Bergman. Desde que soubo da súa doenza a principios de 2014 o sueco narrou a súa convivencia con ela a través de artigos en xornais suecos e no británico The Guardian, ademais de na obra 'Areas movedizas'. O xornalista galego Nacho Mirás, que tamén conta no seu blog a súa relación co cáncer, dedicoulle un artigo a Mankell: "Aínda que nos separan a terra, o idioma, a idade e a conta corrente, o cáncer, o puto cáncer, Henning, xúntanos nesta viaxe no que non podemos facernos os suecos."
NOS_42402
Até un 100% de beneficios facturaban as empresas da trama Gürtel na xestión de proxectos para institucións públicas gobernadas polo PP. A cambio, traballaban gratis na organización de eventos do partido, como descubren os documentos da contabilidade da rede.
A contabilidade da rede Gürtel está a deixar en evidencia as actuacións da trama na obtención de beneficios en determinados proxectos negociados con gobernos do PP a cambio de realizar gratis a produción de actos do partido. A trama Gürtel non só se ocupou de balde da iluminación do casamento da filla de Aznar, o xornal El Pais publica hoxe que as carpetas incautadas pola policía demostran que as empresas da rede obtiñan chamativos beneficios de contratos públicos -AENA e concellos do PP- mentres que computaban "perdas" en actos organizados polo partido, como o da presentación da candidatura á alcaldía de Marbella en 2002 que contou coa presenza de Aznar. Segundo consta na contabilidade incautada, as empresas non terían cobrado nada pola xestión da produción deste acontecemento político do PP. Segundo consta nos documentos, o acto ascendería a máis de cinco mil euros mais aparecería rexistrado como "agasallo do Sr. Correa". Contra a "perda" en actos do PP, as empresas da rede beneficiábanse de maneira singular na organización de actos institucionais, recibindo 26 millóns de pesetas pola organización dun acto en Barajas que costou 14, do que queda constancia nos rexistros contábeis. En moitos actos públicos institucionais, a marxe de beneficios supera o 100%.
PRAZA_8124
O Celta caeu onte en Balaídos por 1-2 ante o Real Madrid nun partido moi aberto con infinidade de ocasións claras en ambas porterías. Aínda que o adestrador do Celta eloxiou o contragolpe dos brancos na previa do choque, a súa atrevida aposta era moi arriscada ante o poderío do ataque branco con espazos ás costas da defensa
O Celta caeu onte en Balaídos por 1-2 ante o Real Madrid nun partido moi aberto con infinidade de ocasións claras en ambas porterías. Aínda que o adestrador do Celta eloxiou o contragolpe dos brancos na previa do choque, a súa atrevida aposta era moi arriscada ante o poderío do ataque branco con espazos ás costas da defensa. Funcionoulle nos primeiros vinte minutos, pero despois o Real Madrid contou con ata catorce ocasións claras, das que só transformou dúas pola súa falta de acerto e pola gran actuación do porteiro céltico Javi Varas. Cristiano Ronaldo marcou os dous tantos do Real Madrid, o segundo ó transformar un penalti cometido polo meta celeste sobre Kaká, mentres que Iago Aspas, o mellor no ataque vigués, anotou entre medias o gol celeste. O Real Madrid puido sentenciar despois, pero o Celta tamén puido empatar cun remate de cabeza ó traveseiro de Park. Álex López retirouse mancado ó inicio da segunda metade cunha posible sobrecarga no bíceps femoral que lle pode impedir xogar o derbi galego do próximo venres. O Real Madrid dispuxo un once con moitos suplentes na zona defensiva pero un ataque demoledor con Ozil, Cristiano Ronaldo e Benzema. O Celta comezou o partido apertando arriba e creando perigo na meta do galego Diego López. Só pasaran 13 segundos cando Iago Aspas obrigou a intervir ó porteiro do Real Madrid. Un disparo de Augusto, outro cruzado do moañés e unha volea de Álex López tamén puxeron en perigo a portería madridista nos primeiros dez minutos, nos que a estatística reflectía catro tiros a porta do Celta por ningún do Real Madrid. A defensa adiantada proposta por Abel Resino conseguía deixar en fora de xogo ós atacantes brancos. De Lucas, titular, disparou unha falta escorada á esquerda lambendo a cruceta no minuto 20. Non obstante, a partir de aí o Celta diluíse. O Real Madrid fíxose co mando do partido e empezou a crear perigo. En tres minutos, un disparo de Cristiano Ronaldo, outra xogada na que o portugués cede atrás só ante Varas e unha parada co pé do meta céltico ante un Benzema só que iniciaba o seu recital na portería. As ocasións a favor do Real Madrid sucedíanse no último cuarto de hora do primeiro tempo: un remate de cabeza de Benzema, unha incursión de Marcelo, un disparo de Callejón só ante Varas e un remate de cabeza de Cristiano ó traveseiro. Oito ocasións claras do Real Madrid na primeira metade por cinco do Celta. Era un milagre que o resultado fose de empate a cero. No tempo de descanso entrou Xabi Alonso por Khedira na medular madridista, quen asumiu o control do partido no centro do campo. Álex López mancouse nunha carreira e foi substituído por Pranjic. Entre tanto, o Real Madrid seguía desperdiciando ocasións ante o muro de Varas, que detivo outro disparo de Benzema. Pouco despois Marcelo rematou alto e un novo tiro do francés á rede era anulado por claro fóra de xogo. Bermejo entraba por De Lucas no ataque celeste xusto antes de que, nun córner, Cristiano Ronaldo cazase un rexeite na área con Varas desprazado e o mandase ó fondo das mallas. O Real Madrid poñíase por fin por diante no minuto 15 da segunda metade na súa duodécima ocasión clara. Non obstante, dous minutos despois, un remate de Iago Aspas a un centro de Augusto tocaba en Pepe e entraba con suspense na meta de Diego López. Décimo gol na liga do moañés para un Celta que empataba tras moitos minutos sen aparecer pola área rival. O gol deulle ás ó Celta, que mesmo estivo a piques de marcar tras un erro de Diego López ó intentar atrapar o balón. Pola súa parte, Mourinho metía todo o arsenal ofensivo a falta de 25 minutos: Kaká por Callejón e Higuaín por Benzema. Un pase ó espazo cara ó brasileiro deixouno só diante de Varas, que entrou cos pés cometendo penalti claro. A única dúbida posible reside na posición de Kaká. Cristiano Ronaldo transformaba a pena máxima no 25 do segundo tempo marcando o seu segundo tanto. A partir de entón, o Celta foise cara arriba na busca do gol do empate e o encontro converteuse nun constante ida e volta. Iago Aspas seguiuno intentando para o Celta, que puido empatar cun remate de Túñez nun córner que desviou Essien. Krohn-Delhi deixaba o seu sitio a Park, quen gozou das últimas tres ocasións para o conxunto vigués, entre elas un remate de cabeza ó traveseiro con Diego López batido. Pero o Real Madrid saía á contra como máis lle gusta e Higuaín desperdiciou dous man a man só ante Varas para sentenciar o encontro, un deles cunha nova gran intervención do porteiro do Celta. Así pois, con esta derrota e a vitoria do Mallorca, o Celta descende ata a penúltima posición só por diante do Deportivo. Aínda así, á espera do que ocorra esta noite entre Zaragoza e Granada quédase a dous puntos da salvación. A próxima cita será o derbi galego do vindeiro venres en Riazor. Iso si, volveuse demostrar que a afección está co equipo, pois máis de 25.000 persoas abarrotaron as bancadas do municipal vigués nunha tarde chuviosa. Como dicía unha pancarta: "Un celtista xamais se rende".
NOS_40423
O novo traballo sairá dos 2 concertos que o grupo vai dar no García Barbón de Vigo o 3 e 4 de outubro. As entradas terán o prezo simbólico de 1 euro (destinado a un fin social).
Treixadura é moito máis que os cinco discos gravados e os centos de concertos dados ao longo dos seus case 25 anos de historia. Este grupo de música tradicional hai tempo que deu o salto que convertíu as súas composicións en parte xa do acervo popular, esas que se cantan e tocan pensando que existen desde sempre, que non son duns compositores en particular senón que son 'populares'. Un status que non moitos consiguen. Treixadura celebra o seu 25 aniversario cun novo disco gravado ao vivo e que resume a súa extensa carreira e achegará tamén algunhas novidades. A gravación deste traballo terá lugar no transcurso de dous concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebrarán no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro. O acceso a estes concertos realizarase a través da billeteira Servinova e terá o prezo simbólico de 1 euro (máis gastos do servizo) que será destinado integramente ao Comedor social De Cangas. Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, "co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto".
NOS_49349
O Conselho Nacional de Ética oponse aos proxectos da esquerda para despenalizar a morte asistida.
O Parlamento da República portuguesa vota hoxe cinco proxectos de lei para despenalizar a eutanasia. Hai cinco propostas para regular a morte medicamente asistida: a do Partido Socialista (PS), do Bloco de Esquerda (BE), o partido dos Animais e a Natureza (PAN), os Verdes do PEV e a Iniciativa Liberal (IL). As propostas destas formacións partillan os criterios que deben cumprir as persoas doentes e contemplan tamén o dereito á obxección de conciencia. As cuestións en que se diferencian radican no número de profesionais da medicina que deben avaliar a situación e vontade da persoa que demande a morte asistida, a cantidade de veces que se debe reiterar a petición, a obrigatoriedade de ser vista por un psiquiatra, o nome e a composición da comisión que fiscalice as solicitudes, o espazo onde se pode realizar a eutanasia e quen pode estar presente. O Conselho Nacional de Ética para as Ciências da Vida (CNECV) deu esta semana o seu parecer "ético desfavorável" nunha comunicación social onde emitiu aspectos sobre catro das cinco propostas que hoxe se debaten no Parlamento ao consideralas negativas para as persoas. O único documento sobre o que o Conselho non se pronunciou é o da Iniciativa Liberal. As propostas a debate "não constituem uma resposta eticamente aceitável para a salvaguarda dos direitos de todos/as e das decisões de cada um em final da vida, não considerando nem valorizando os diferentes princípios, direitos e interesses em presença, que devem ser protegidos e reafirmados". Outra das afrontas que as formacións en defensa da despenalización da eutanasia afrontan é a petición para realizar un referendo popular. A solicitude leva xa máis de 40 mil sinaturas, lánzaa a Federação pela Vida, e os seus rostros máis coñecidos son o antigo presidente da República Ramalho Eanes, a ex presidenta do conservador Partido Social Demócrata (PSD), Manuela Ferreira Leite; o politólogo Jaime Nogueira Pinto, a ex deputada do dereitista Partido do Centro Democrático e Social-Partido Popular (CDS-PP), Isabel Galriça Neto; o presidente da Caritas Eugénio Fonseca, o ex bastonário da Ordem dos Médicos Germano de Sousa e o relixioso e profesor de Filosofía Anselmo Borges.Esta semana, o presidente da república, Marcelo Rebelo de Sousa, entrevistouse con representantes de distintas ordes e confesións relixiosas e que son contrarios á eutanasia. A ultradereitistas Chega, o CDS-PP e membros do PSD votarán en contra. Outros conservadores deste último partido estarán a favor, xunto aos partidos da esquerda. Prevese que os escanos comunistas do PCP voten contra a proposta asegurando que a vida e a morte son cuestións políticas e non individuais.
PRAZA_18424
O ex-vicepresidente catalán e líder de ERC levará a peor parte da acusación do Ministerio Público. O criterio da Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que reclama até 12 anos de cadea por sedición e malversación. DOCUMENTO | Escrito de acusación da Fiscalía contra os líderes independentistas cataláns Os líderes de BNG e Anova visitarán na cadea a Junqueras para mostrarlle o seu "apoio"
DOCUMENTO | Escrito de acusación da Fiscalía contra os líderes independentistas cataláns Os líderes de BNG e Anova visitarán na cadea a Junqueras para mostrarlle o seu "apoio" O xesto que esperaban os independentistas da Fiscalía non vai producirse este venres cando o ministerio público presente o seu escrito de acusación ante o Tribunal Supremo. Máis ben todo o contrario. Os fiscais do alto tribunal decidiron manter a acusación por rebelión contra os líderes soberanistas: para o ex-vicepresident Oriol Junqueras, para o exconseller de Interior Joaquim Forn, e para os outros catro ex-consellers encarcerados, Josep Rull, Jordi Turull, Raül Romeva e Dolors Bassa. Mentres o Ministerio Público mantén as acusacións, a Avogacía do Estado reclama até 12 anos de cárcere polos delitos de sedición e malversación para os líderes independentistas, pero descarta a rebelión. O ex-vicepresidente catalán e líder de ERC leva a peor parte da acusación A Fiscalía cualifica o proceso soberanista de Catalunya que desembocou na declaración unilateral de independencia como un delito de rebelión e reclama duras penas de prisión para os seus promotores: 25 anos de cárcere para o ex-vicepresident Oriol Junqueras e 16 para o exconseller de Interior Joaquim Forn, e os outros catro ex-consellers en prisión provisional, Josep Rull, Jordi Turull, Raül Romeva e Dolors Bassa. Nin rastro do xesto implorado por ERC e outros sectores soberanistas. Oriol Junqueras, ex-vicepresidente catalán e líder de Esquerra / ERC O ministerio público acusa igualmente de rebelión ao exlíder da ANC Jordi Sànchez e ao presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, e á expresidenta do Parlament Carme Forcadell, e pide para eles 17 anos de cárcere. Unha pena menor que a solicitada para os exconsellers ao non ser membros do Govern e, por tanto, non manexar fondos públicos para o 1-O. O criterio da Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que acusará por sedición e malversación O escrito do ministerio público, que ocupa 160 páxinas, dedica 120 a realizar un relato dos feitos anteriores e posteriores á consulta do 1 de outubro para xustificar a súa acusación. O criterio adoptado pola Fiscalía non o comparte a Avogacía do Estado, que decidiu acusar os dirixentes procesados por sedición e malversación de fondos públicos. Mobilización pola liberdade dos dirixentes encarcerados polo 1-O / ANC Ademais da rebelión, a Fiscalía concreta este venres as penas para os ex-consellers procesados por desobediencia e malversación, Santi Vila, Meritxell Borràs e Carles Mundó. Tamén para os seis ex-deputados unicamente procesados por desobediencia, delito castigado con inhabilitación no canto de cadea, e que completarán o banco de acusación do Tribunal Supremo con 18 acusados polo 'procés': Lluís Guinó, Lluís Corominas, Anna Simó, Joan Josep Nuet, Ramona Barrufet e Mireia Aboia. Petición de 11 anos para Trapero e os seus superiores Ata agora a Fiscalía non acusara a Trapero de rebelión Tamén este venres confirmouse que a Fiscalía da Audiencia Nacional pide que Josep Lluis Trapero, ex-xefe dos Mossos, sexa condenado a 11 anos de prisión por un delito de rebelión. Solicita a mesma pena o ex-director dos Mossos Pere Soler e ao ex-secretario xeral de Interior da Generalitat César Puig. Para a intendente Teresa Laplana pide catro anos de prisión por un delito de sedición. Até agora, a Fiscalía da Audiencia non acusara de rebelión, un delito castigado con até 30 anos de cárcere, aos acusados neste proceso. A primeira querela presentouse por un delito de sedición, e así se mantivo durante toda a instrución. De feito, a xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela ditou auto de procesamento o pasado 5 de abril polos delitos de organización criminal e dous delitos de sedición polos feitos ocorridos o 20 e 21 de setembro fronte á Consellería de Economía -cando unha concentración dificultou unha operación policial contra os preparativos de referendo- en Barcelona e a xornada do 1 de outubro. A Avogacía do Estado pide até 12 anos de cadea Por outra banda, a Avogacía do Estado reclama até 12 anos de cárcere polos delitos de sedición e malversación para os líderes independentistas aos que acusa de permitir que se votase a secesión ao promover a declaración unilateral de independencia de Catalunya en contra do criterio do Tribunal Constitucional. O delito de sedición castiga a quen se alcen pública e tumultuariamente" co obxectivo de "impedir" pola forza ou fóra da lei o cumprimento de resolucións administrativas ou xudiciais, entre outras cuestións. A Avogacía do Estado descarta finalmente o delito de rebelión, pola que foran condenados os responsables do 23-F O órgano que defende os intereses do Estado descartou finalmente o delito máis grave de rebelión, polo que foron condenados os responsables do intento golpista do 23-F, e que establece de forma moi clara que ese alzamento debe ser público e, por tanto, notorio e manifesto; e tamén violento, é dicir, ir acompañado do exercicio da forza física ou dalgún tipo de amedrentamiento. A reclamación de penas máis altas é para os considerados promotores da declaración unilateral de independencia. En concreto, doce anos para o ex-vicepresident Oriol Junqueras e once anos e medio para o exconseller de Interior Joaquim Forn, e os outros catro exconsellers en prisión provisional: Josep Rull, Jordi Turull, Raül Romeva e Dolors Bassa. A Avogacía do Estado tamén atribúe sedición a ex-presidenta do Parlament Carme Forcadell, para a que reclama 10 anos de prisión; e ao exlíder da ANC Jordi Sànchez e ao presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, para os que pide oito anos. A Avogacía do Estado pediu o pasado agosto que o xuíz abrise xuízo por delitos de rebelión, malversación e desobediencia. Con todo, finalmente descartou o delito máis grave separándose do criterio da Fiscalía. A decisión de que a Avogacía non acusase de rebelión tomouse nunha reunión que mantiveron os membros do Executivo o pasado luns. Diferentes membros do Goberno, empezando polo propio presidente, Pedro Sánchez, xa deslizaran nas últimas semanas que non vían delito de rebelión.
NOS_18959
O proxecto, pioneiro na Galiza, conta coa imprescindíbel colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional de dramaturgas galegas.
O Torneo de Dramaturxia da Galiza segue consolidándose como unha aposta firme da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas para dar a coñecer a dramaturxia galega, creando un nexo directo entre autoras e público. Este proxecto, pioneiro na Galiza, conta coa imprescindíbel colaboración de DramaturGA, a primeira asociación profesional de dramaturgas galegas. O público acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel co texto Utopía, interpretado polas actrices Sonsoles Cordón e Pia Nicolletti A quinta edición do Torneo decorreu esta terza feira na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas, con Esther F. Carrodeguas como mestra de cerimonias da gala. Nela, catro recoñecidas dramaturgas e dramaturgos da Galiza confrontaron os seus textos na procura do voto do público. Os participantes foron Carlos Santiago, co texto titulado Libertalia República Fráxil; Anxo Manoel, con Utopía; Fátima Delgado, con Meniña gaiteira; e Lorena Conde, co texto Bombona de osíxeno. Tras asistir ás lecturas dramatizadas de cada un dos textos, o público acordou que o gañador fose o dramaturgo Anxo Manoel co texto Utopía, interpretado polas actrices Sonsoles Cordón e Pia Nicolletti. A Asociación Galega de Dramaturxia é a plataforma das autoras e autores dramáticos de Galicia. Naceu no ano 2015 coa intención de mellorar, defender e velar polas condicións laborais das profesionais do sector e visibilizar a dramaturxia galega. Así mesmo, promove actividades de formación, edición de pezas teatrais e xera espazos de encontro e debate procurando, sempre, novas fórmulas que incentiven a posta en escena das dramaturxias galegas.
NOS_52421
CIG-Ensino anima a boicotear a censura previa que "fomenta" este grupo "ultracatólico, homófobo e reaccionario" e STEG cualifica de "moi graves os feitos".
A finais de setembro a Rede Educativa de Apoio LGTB da Galiza, na que se integran 85 docentes e profesionais da educación, pedía á Xunta que instase os centros a retirara a "propaganda antiLGTBI" que o colectivo ultra Hazte Oír colocara en centros de ensino galegos. O sindicato maioritario no ensino, a CIG, chama agora ao profesorado "a responder fronte ao machismo e á intolerancia" que representa este grupo. Alerta, así, da campaña que este desenvolve nos institutos. "Entra por medios de cartas dirixidas ás equipas directivas e de folletos […] e está centrada na negación da liberade de elección sexual mais tamén da liberdade de cátedra". Hazte Oír, "unha asociación radicada en Madrid, un lobby ultracatólico cun enorme financiamento económico e con fortes ligazóns ideolóxicas coa dereita extrema española", como a describe a CIG, difunde neste principio de curso un material enviado por correo postal a todos os centros educativos no que novamente amosa "uns posicionamentos ideolóxicos impropios dunha sociedade democrática e que non poden ter cabida nos nosos centros, ao atentar directamente cos principios máis elementais do respecto á identidade sexual ou á igualdade entre homes e mulleres". Afirma a central nacionalista que HO pretende establecer a censura previa nos centros educativos. "Así, nunha carta dirixida ás direccións dos centros chegan ao atrevemento de afirmar que existe un mandato legal para que se respecte a censura do pais e nais sobre os contidos curriculares". De por parte, STEG e Asemblea de Mulleres xulgan "moi graves" estes feitos, que o que difunden é "unha mensaxe de humillación e intolerancia inaceptábel e indigna nunha sociedade democrática. Coñecemos dabondo estas actitudes e esta ideoloxía. Son as que historicamente incitaron as mulleres para aceptaren submisamente a súa subordinación, económica e física, ao home e que aínda hoxe condenan a súa aspiración á igualdade e á non violencia como "ideoloxía de xénero". Son as mesmas que ampararon leis que condenaban a homosexualidade como unha desviación moral puníbel legalmente".
NOS_11812
Aida Saco, pianista e compositora de Rianxo, acaba de recibir a bolsa Fullbright do Ministerio de Cultura, que só concede unha a nivel estatal, para estudar música na Manhattan School of Music a partir do mes de xaneiro. Saco mostra o seu agradecemento ante tal recoñecemento e explica o complicado que resulta abrirse camiño no mundo da música. Ademais, a pianista reivindica a necesidade de que as institucións amplíen a programación de música clásica.
—Que sentiu ao saber que recibira a bolsa Fullbright do Ministerio de Cultura?Non o esperaba. Pensaba aceptar a bolsa que tamén me concederon no Liceo de Barcelona, onde estudei o mestrado, e pasar un verán tranquilo, até que me chegou a noticia de que aceptaran a miña candidatura para estudar na Manhattan School of Music. Soliciteina como quen soña ao grande e ao final saíu ben. O mundo do piano é moi complicado, hai que pelexar sempre por uns obxectivos claros e ser insistente. —A partir de xaneiro, continuará a súa formación con Solomon Mikowsky, un dos mellores pianistas a nivel mundial.Unha das razóns polas que quero estudar alí é precisamente por dar clase con el; está considerado un dos mellores profesores do mundo e ten a fama de transformar o seu alumnado de piano en auténticos profesionais, dándolles o toque que marca a diferenza. Ademais, Solomon é unha persoa moi maior e seguramente a nosa promoción sexa das últimas que se gradúe con el. —Ademais de pianista tamén é compositora. En que lle gustaría especializarse? Como visualiza a súa carreira musical?Hoxe en día, o gremio musical estase a especializar moito e, dentro do mundo do piano, tamén existen moitos tipos de pianistas, polo que cómpre limitarse a un aspecto concreto. A min gustaríame formarme ao máximo para ser competente na faceta de composición de piano, para tocar as miñas propias pezas, e na de interpretación clásica. Ademais, tamén me interesaría participar na musicalización dalgún proxecto audiovisual, pero sempre enfocando a miña carreira como pianista compositora. En canto aos estilos musicais, no referido á composición, gústame a música minimalista e a de banda sonora. Non habitúo compoñer música académica, por iso considero que as miñas dúas facetas se complementan moi ben, pois, mentres que a través da interpretación podo chegar ás obras mestras da historia da música occidental, a composición permíteme afastarme do mundo académico e potenciar a miña parte máis creativa e persoal. A música é moi sacrificada e precísase contar cunha gran vocación e ter uns obxectivos moi claros para ser capaz de levantarse cada vez que unha cae —Que lle diría a unha crianza que quere abrirse camiño no mundo da música co piano?Cando se está fóra deste mundo, non se chega a saber o duro que é. A música é moi sacrificada e precísase contar cunha gran vocación e ter uns obxectivos moi claros para ser capaz de levantarse cada vez que unha cae. Supoño que lle diría que para levar a cabo unha carreira musical cómpre manter a felicidade e a estabilidade emocional distanciándose dos xuízos alleos e abrindo o camiño por vocación propia. Constancia, dedicación e non desistir nunca dos obxectivos. —Como observa o panorama actual da música clásica?Eu penso que hai sitio para todo o mundo. Quizais non todas as persoas que nos dedicamos á música temos que aspirar a ser concertistas ou solistas internacionais porque, entre outras cousas, eses postos non dependen só das nosas habilidades senón de diversos factores externos que non podemos controlar. Existe un espazo para vivir da música pero, se non se atopa, unha ten que crealo. Neste mundo non podemos esperar que ninguén nos veña abrir o camiño, temos que mostrarnos proactivas a probar distintas cousas e estar sempre en constante formación. Tamén considero que, nos últimos anos, o nivel musical no panorama académico galego subiu en gran medida. Hai un gran nivel e as músicas e músicos contan cunha gran formación, e isto irá en aumento. Porén, gustaríame que se lle desen máis oportunidades á programación de música clásica de piano, e abrir esa programación a novos espazos; dalgunha forma "democratizala" e achegala á xente nova, pois é a forma na que a sociedade pode conectar con ela.
NOS_15070
Feijóo pediu durante a campaña ser eleito directamente polo eleitorado, para non depender do apoio de ningunha outra forza política. Mais non é posíbel. Non votamos presidente ou presidenta, votamos deputados e deputadas. É preciso ter o apoio mínimo de 38 escanos para acceder á chefia do Executivo galego.
2.701.837 galegas e galegos están chamados a votar este 25S nas eleccións ao Parlamento da Galiza. Esa cifra descomponse en dous subconxuntos: os eleitores residentes na Galiza e os que moran fóra do país e figuran no CERA (Censo Residentes Ausentes). Son, respectivamente, 2.255.602 e 446.235. Dos residentes no país un total de 78.712 teñen direito a votar por vez primeira, ao superaren os 18 anos. A circunscrición nestas eleccións continúa a ser a provincial e o reparto de escanos é tal como segue: A Coruña, 25 escanos; Pontevedra, 22; Lugo, 14; Ourense, 14. A respeito de 2012 produciuse unha mudanza: por perda de populación, Lugo cedeu un escano á Coruña. Nas anteriores eleccións galegas, outubro de 2012, o Partido Popular obtivo 41 parlamentares; o PSdeG, 18; AGE, 9; e o Bloque Nacionalista Galego, 7.
NOS_1205
Nos spots gratuítos, a formación liderada por Rosa Díaz terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o Bloque, 15 minutos fronte ao 10 minutos da fronte nacionalista para toda a campaña. Un "atraco democrático" en palabras da candidata Ana Miranda. Vídeo no interior do espazo do BNG.
UPyD segue adiante coa súa obsesión co BNG. Non importa que a Xunta electoral da Coruña non lle dese a razón no seu recurso co que quería excluír o BNG da información electoral nos medios públicos. A formación 'maxenta' de Rosa Díaz ("esa nova falanxe rosa" en palabras do Bloque) presenta un novo recurso, desta vez perante a Xunta Electoral Central. Para a candidata nacionalista, Ana Miranda, hai un empeño en "amordazar e borrar" ao BNG dos medios públicos galegos, tanto nos espazos electorais gratuítos como na propia cobertura informativa da RTVG, nunha "conivencia" sen precedentes que o Bloque cualifica de "atraco democrático". "Nos espazos de propaganda gratuítos, UPyD terá máis cobertura nos medios públicos galegos que o BNG, 15 minutos fronte ao 10 minutos do Bloque para toda a campaña" "Estamos ante un ataque antidemocrático perpetrado por esta alianza, por esta entente, por este duo que forman a Xunta Electoral con UPyD, esa nova falanxe rosa. Pero non nos van calar", denuncia Miranda. Que se posicionen PSOE e PP Miranda fixo un chamamento a PP e PSOE a que se pronuncien sobre se consideran que unha forza política con 14.418 votos como UPyD ten dereito a máis espazos gratuítos da RTVG do que outra que obtivo o respaldo de 103.724 galeg@s. Non é debalde esa referencia aos 2 grandes partidos, pois a XEC está elixida polos dous grandes partidos A candidata do Bloque nas eleccións do 25M fixo un chamamento a toda a militancia e simpatizantes "e a xente de ben" para que denuncien esta situación nas redes sociais, nos espazos públicos e privados no que podan expresarse, "porque igual que queren calar a cidadanía que se rebela, tamén queren calar ao BNG".
PRAZA_1483
Podemos semella querer mandar e os demais actores políticos e sociais (e non só os galeguistas) semellan estar por unha candidatura galega con centro de decisión no país e que forme grupo parlamentario de seu e independente
O baño de realidade das pasadas eleccións locais e a velocidade de vertixe á que se moven hoxe en día as tácticas políticas xerou un escenario que ninguén tería prognosticado hai seis meses: o BNG, co seu capital organizativo, social e sindical renunciando ás súas siglas cara ás vindeiras eleccións e Podemos, coa súa marca, recoñecendo que en Galicia habería presentarse ás mesmas en unión doutras forzas sociais e políticas, mentres lle nega a IU outra saída no resto do Estado (agás Catalunya e o País Valenciano) ca a de integrar as fileiras podemitas. O baño de realidade das pasadas eleccións locais e a velocidade de vertixe á que se moven hoxe en día as tácticas políticas xerou un escenario que ninguén tería prognosticado hai seis meses Diríase que está todo feito e que haberá converxencia ou marea galega nos comicios do outono. Mais subsisten algún problemas de solución complexa, aínda que totalmente resolúbel dende a intelixencia e a xenerosidade. É moi posíbel unha candidatura galega que integre galeguistas e non galeguistas. É, tamén, factíbel que esta candidatura teña una orixe máis cidadán ca de partidos, mais tamén precisará destes, dos novos axentes sociais e dos alcaldes-referentes do galeguismo e das mareas cidadás. Mais a chave do asunto é o nivel de relación desta candidatura de converxencia con outras forzas estatais e territoriais. Ou, para sermos máis directos, o seu grao de dependencia de Podemos e do seu candidato nas xerais, Pablo Iglesias. Podemos semella querer mandar e os demais actores políticos e sociais (e non só os galeguistas) semellan estar por unha candidatura galega con centro de decisión no País e que forme grupo parlamentario de seu e independente E aí é onde compre a finezza. Porque Podemos semella querer mandar e os demais actores políticos e sociais (e non só os galeguistas) semellan estar por unha candidatura galega con centro de decisión no País e que forme grupo parlamentario de seu e independente. Sen prexuízo de apoiar Podemos e outras forzas estatais ou territoriais nas súas iniciativas lexislativas ou mesmo cara ao Goberno do Estado. Mais é evidente que o valor da converxencia, da unidade cidadá é superior ao da marca Podemos, polo que as solucións haberían ir máis pola independencia da candidatura galega de país. Unha independencia que tamén afortalaría as expectativas electorais de Podemos no conxunto do Estado. Porque en Madrid, Málaga ou Valladolid o pacto preelectoral de Podemos cos galeguistas ou cos valencianistas de Compromis lles restaría un bo lote de votos.
PRAZA_8537
En setembro de 2009 os conservadores enviaron a membros das súas Novas Xeracións a manifestárense ante a vivenda do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez e Feijóo considerou que "todas as concentracións democráticas teñen un sentido"
No solleiro setembro de 2009 poucas persoas manexaban habitualmente o termo escrache fóra da Arxentina. Tampouco na política galega, que vivía o seu primeiro outono tras o retorno do PP á Xunta. Na última fin de semana daquel mes os conservadores aproveitaron o sábado para agasallar o seu líder cun baño de multitudes no recinto feiral de Silleda. Aparentemente alleos aos avatares que sacudían o partido noutras latitudes, os populares non aforraban eloxios para Alberto Núñez Feijóo, abondosamente fotografado nun mar de bandeiras. Naquela eufórica celebración xa corría o ruxerruxe do que ía acontecer poucas horas despois no pequeno concello ourensán de San Amaro: unha manifestación ante a casa dun político. O que, se cadra, na actualidade sería considerado un "escrache". Naquela mobilización os protagonistas non eran persoas afectadas polos desafiuzamentos nin os colectivos que as apoian. Como nalgúns dos denominados escraches do presente 2013, a convocatoria tampouco tivo excesivo éxito; a ela acudiron dúas ducias escasas de persoas, que se achegaron a ela en vehículos de alta gama e portando enormes pancartas non feitas a man, senón acabadas de saír da imprenta. Como nas protestas que actualmente os populares equiparan ao "nazismo", en verbas da secretaria xeral do partido, Dolores de Cospedal, ao outro lado da porta estaba a vivenda dun deputado, o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. "Todas as concentracións democráticas teñen un sentido", valorou Feijóo en 2009 sobre a protesta ante a casa de Pachi Vázquez "Pachi, así sí hay quien viva", "Hacienda somos todos" ou "La próxima fiesta, en el pazo de Pachi ¡Pásalo!" eran algunhas das consignas que se podían ler nas pancartas transportadas ata San Amaro por integrantes das Novas Xeracións do PP, que con estes lemas aludían ás acusacións que o seu partido lanzaba contra o socialista. Segundo a formación dirixida por Feijóo, Vázquez non pagara as taxas que correspondían por realizar reformas na súa vivenda e por iso as súas mocidades acudiarn a manifestarse. Acudiran á casa, argumentaban dende Novas Xeracións, para evidenciar "o feito de que para o PSOE non todos os cidadáns somos iguais", nunha manifestación desenvolvida "co maior do respectos", aseguraban entre acusacións de "evasión fiscal". Mentres Pachi Vázquez restaba importancia ás acusacións dos conservadores por ter "a conciencia moi tranquila", quen daquela levaba apenas seis meses na Presidencia da Xunta saía na defensa dos seus compañeiros de partido máis mozos. "Todas as concentracións democráticas teñen un sentido", sentenciou ao ser preguntado pola prensa sobre a concentración ante a vivenda privada do líder socialista.