ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_49780 | O Tribunal Europeo entende que a exención do pago do IBI polos terreos sobre os que se asenta en Ferrol pode "falsear a competencia". | Máis unha mala nova para Navantia e o naval de Ferrol, sector que de ser chave e trabe no tecido industrial e social da comarca está desde ai uns anos a sufrir golpe tras golpe. Desta vez a mala nova vén desde o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TSXUE), que ditamina que a exención do pago do imposto de bens inmobles (IBI) da que se beneficia Navantia pola superficie que ocupa na cidade departamental pode ser unha axuda pública ilegal. O TSXUE tamén di que é ao xulgado contencioso-administrativo de Ferrol a quen lle corresponde confirmar ou non esta consideración. Este organismo europeo emitiu a súa opinión a raíz dunha cuestión que lle trasladou o xulgado ferrolán."A exención do imposto sobre bens inmóbeis pode constituír unha axuda do Estado, prohibida con arranxo a esta disposición". Este litixio deu comezo pola negativa do Concello de Ferrol ás peticións presentadas desde o 2008 polo Estado español e a propia Navantia para ficar exentos do IB que gravaba a superficie na que estaba o estaleiro. Até 2007 pagáranse perto de 600.000 euros (en concreto, 590.308) por ese concepto. O caso foi dar perante o TSXG, que en 2012 ditaminou que procedía conceder a exención fiscal solicitada e devolveu o asunto ao xulgado de Ferrol, que se dirixiu entón a Bruxelas. |
NOS_29411 | A CIG convoca esta terza feira manifestacións e concentracións para exixir que o "cambio de goberno" leve aparellado un "cambio de políticas", comezando pola derrogación das reformas laborais. | A moción de censura que desbancou o goberno de Mariano Rajoy e propiciou a chegada dun executivo socialista xerou un novo escenario político, polo que a CIG decidiu suspender a greve xeral que convocara para o 19X e transformar esa data nunha xornada nacional de mobilizacións. O secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, entende que o cambio de Goberno ten que levar aparellado tamén un cambio das políticas. Doutro xeito, afirma, "a moción será unha fraude se o cambio de políticos non se acompaña cun cambio de políticas". Por iso exixe do Goberno un calendario para a derrogación inmediata de todas esas reformas que saquean e rouban á clase traballadora. Considera o sindicato que non será posíbel recuperar os dereitos mentres non se derroguen as reformas laborais, da negociación colectiva ou das pensións. Por iso chama á mobilización este 19 de xuño, "para forzar o Goberno e as forzas que o elixiron a cambiar as políticas que provocaron a precarización e o empobrecemento da clase traballadora ". O secretario xeral lembra que a CIG retomará a convocatoria de greve se nos próximos meses o novo Goberno do PSOE, e a correlación de forzas políticas que o fixo posíbel, non efectivizan o calendario para anular todas as reformas "que nos levan a unha situación social sen saída". "Na CIG acreditamos en que a mobilización social é a que vai conseguir a posta en marcha de políticas alternativas e que o goberno faga reais eses cambios", aseverou. Lugar e hora das mobilizacións: A Coruña: Praza de Vigo, 20h Cee: Praza 8 de marzo 20h Ferrol: Praza de España, 20h Santiago: Praza Roxa, 20h Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h Vilagarcía: Casa do Mar, 20h A Estrada: Praza do Mercado, 20h Vigo: A Doblada, 20h Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h Monforte: Praza de España, 20h As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h |
NOS_57597 | Após as denuncias de que se estaba a retirar patrimonio e bens do interior do Pazo. Estableceuse no inmóbel en Sada un dispositivo da Garda Civil. O responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, demanda que a Xunta custodie os bens de especial interese que se atopan no interior do Pazo | A Avogacía do Estado exporá ao Xulgado de Primeira Instancia número uno da Coruña -que condenou os Franco á devolución do Pazo de Meirás- a realización dun inventario dos bens que hai no mesmo. Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, farano a través dunhas medidas cautelares despois de que por parte dos Franco trasladásese a intención de proceder á mudanza dos bens que hai no interior. Fixérono tras comunicar que non se opoñerían á entrega do inmóbel de forma "provisional", á espera de que se resolva o recurso contra o fallo que lles condenou á súa devolución. E é que, a pedimento do Estado, o xulgado acordou a execución provisional da sentenza que declara ao Pazo de Meirás propiedade pública e condena aos Franco á súa devolución. A maxistrada fixou a entrega voluntaria do Pazo por parte da familia Franco o 10 de decembro, ás 11 horas. Por outra banda, paralelamente ás medidas cautelares que expoña a Avogacía do Estado, para a protección dos bens no interior de Meirás, desde a Delegación do Goberno confirmaron que se estableceu en Meirás un dispositivo da Garda Civil para vixiar as entradas e saídas que se poidan producir. Tamén precisaron que, polo momento, non se trasladaron camións ao lugar, algo que tamén ratificou o alcalde de Sada, Benito Portela, que explicou que por parte da Policía Local pásase polo lugar para comprobar se se produce algún movemento. Ademais de obras de arte, pezas de valor histórico ou o fondo bibliográfico da autora Emilia Pardo Bazán, no Pazo atópanse, entre outros bens, as estatutas de Abraham e Isaac. Sobre as mesmas, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade lembrou que a lei galega de patrimonio cultural establece que o traslado de bens de interese cultural (BIC), como é este caso, debe ser "autorizado" pola Administración galega. Custodia O responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, demanda que a Xunta custodie os bens de especial interese que se atopan no interior do Pazo de Meirás. De maneira especial,referiuse ás esculturas de Mestre Mateo, mais tamén ás pías de Moraime e á biblioteca de Pardo Bazán. |
PRAZA_878 | A plataforma cidadá da Coruña reparte polas rúas 15.000 xornais para explicar de maneira "sinxela, accesible, transparente e seria" as súas propostas de cara ás eleccións municipais. A formación achega as súas 99 medidas "realizables" e "para o 99%". | 15.000 xornais gratuítos repartidos en trinta puntos da cidade. Esa foi a forma que escolleu a Marea Atlántica para presentar o seu programa electoral á cidadanía da Coruña. Un xeito "sinxelo, directo, traballador, serio e amable" para trasladar á xente as "99 propostas para o 99%" da plataforma cidadá, tal e como explicou o seu candidato, Xulio Ferreiro, na presentación á prensa destas medidas. É, segundo o candidato da Marea, un "programa diferente" presentada tamén nun "formato diferente". A través da publicación O 15, "o xornal do ano do cambio" que tamén se pode ler e descargar a través de Internet. "É un programa diferente, eminentemente participativo, froito das achegas das diferentes mareas de barrio e sectoriais", dun banco de ideas e perfilado "a través do encontro aberto" celebrado hai unhas semanas na Coruña. Así o lembrou Xulio Ferreiro, que ve nestas propostas uns obxectivos "realizables" baseados na idea de "abandonar a vella política de obras, cemento e promesas incumpridas". A Marea elixiu un xornal gratuíto -O 15- para presentar o seu programa á cidadanía "Apostamos por un modelo de cidade diferente, co máis democracia, participación e transparencia", engadiu Ferreiro, que resumiu os "cinco eixos" nos que se dividen esas 99 medidas deste programa electoral. O primeiro deles baséase na "radicalidade democrática" e no que se inclúen algunhas propostas xa adiantadas como a redución dun 50% no custo do goberno muncipal, a implantación dos orzamentos participativos, a auditoriaía e fiscalización das concesións municipais, a instauración de mecanismos revogatorios para os concelleiros da Marea que incumpran o programa ou sufran unha "imputación motivada" ou o respecto á "laicidade da institución municipal". A segunda parte do programa céntrase no modelo territorial e urbano e incúe propostas para tomar "un camiño diferente" ao marcado pola administración local e que prevé unha revisión do PXOM, "poñer os espazos públicos ao servizo da cidadanía" así como o fortalecemento do transporte público ou a posta en marcha de roteiros prioritarios para peóns e bicicletas. "Non se pode apostar pola construción de 20.000 vivendas cando xa hai case outras 20.000 baleiras na cidade", destacou Ferreiro, que avanzou tamén as propostas no ámbito da "xustiza e cohesión social", que inclúe a creación dunha renda social municipal, a rebaixa das taxas da auga ou unha estratexia de inclusión laboral para os colectivos en risco de exclusión. A plataforma cidadá di propor 99 medidas "realizables" co obxectivo de "abandonar a vella política" En canto ao modelo económico e enerxético, a Marea aposta por un "radicalmente diferente ao que pon o automóbil como transporte prioritario ou prioriza os centras comerciais". "Queremos reactivar a economía local a través dos mercados municipais, de redes de comercio local e de formas de economía social e cooperativa", ademais de impulsar o I+D+i, o software libre e a colaboraicón coa Universidade. Para a cultura, memoria e dientidades, a plataforma cidadá propón, entre outras cousas, "ampliar e propagar a programación de Viñetas desde o Atlántico", a activación dun plan de residencias artísticas, o fomento da lingua galega, a eliminación da simboloxía franquista ou a celebración en 2016 do Ano das Irmandades da Fala. A Marea destaca a boa acollida da campaña de doazóns: "Só imos responder diante da cidadanía e non ante lobbys nin grupos de presión" O programa debullado, xunto con entrevistas co candidato Xulio Ferreiro, artigos de Manuel Rivas, Ada Colau ou Íñigo Errejón e un repaso ao camiño trazado pola Marea inclúese no xornal O 15 que, tal e como quixo destacar, foi froito "do traballo voluntario de ducisas de persoas ilusionadas cun cambio" Ademais, o líder da plataforma destacou tamén a campaña de achegas aberta á cidadanía para financiar a campaña electoral e que suma xa preto de 3.000 euros a través de 93 mecenas. "É un orgullo, vai moi ben e é unha proba de que hai marea", explica, tras aclarar que "é esencial chegar ao Concello sen hipotecas porque é a única forma de facer política para o cidadán". "Só imos responder diante da cidadanía e non ante lobbys nin grupos de presión", rematou. |
PRAZA_20703 | O sindicato alerta de que a medida "fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies, as grandes beneficiadas, e o pequeno comercio de proximidade" e, ademais, precariza a situación do persoal. Entre 2008 e 2015 perdéronse máis de 20 mil empregos no comercio galego | Como cada ano, a Xunta de Galicia, en cumprimento da Lei de horarios comerciais, solicitoulles aos sindicatos que presentasen unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse de posible apertura comercial. A resposta da Federación de Servizos de Comisións Obreiras foi o rexeitamento á apertura comercial nesas datas, por considerar que "o horario habitual abastece suficientemente as necesidades da poboación e dos negocios". A medida "non beneficia o emprego", pois "o prolongamento dos horarios faise á custa de precarizar o traballo existente, non mediante a contratación de máis persoas" Para CCOO, a apertura en domingos e festivos "fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies, as grandes beneficiadas, e o pequeno comercio de proximidade". O sindicato engade que a medida "non beneficia o emprego", pois "o prolongamento dos horarios faise á custa de precarizar o traballo existente, non mediante a contratación de máis persoas". CCOO denuncia que a apertura dos comercios dez festivos ou domingos ao ano faise en numerosos casos "pola vía de incrementar de xeito abusivo a xornada laboral"; sinala, ademais, "o incremento do número de horas irregulares" e "a imposibilidade de conciliar a vida persoal, familiar e laboral". Finalmente, segundo o sindicato, a apertura comercial en festivos "potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido", ao tempo que "contribúe a xerar un prexuízo notorio aos traballadores e traballadoras do sector". Entre 2008 e 2015 perdéronse máis de 20 mil empregos no comercio galego, pasándose de 194.551 traballadores e traballadoras a tan só 173.424 Entre 2008 e 2015 perdéronse máis de 20 mil empregos no comercio galego, pasándose de 194.551 traballadores e traballadoras a tan só 173.424. O número de establecementos tamén descendeu notablemente (de 62.268 a 55.293). Pola contra, o volume de negocio incrementouse dende os 40.354 millóns de euros ata os 43.218 millóns. |
NOS_48079 | As sospeitas pairan sobre a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) desde a súa fundación. A compañía, na que a Xunta da Galiza conta con 51% do seu capital, está recibindo fortes críticas pola súa política de adxudicacións. O grupo Valtalia é o gran beneficiado dos contratos. | O 13 de decembro de 2021, Sogama fixo pública a resolución pola que adxudicaba a concesión do servizo da operación e mantemento da planta de coxeración, planta termoeléctrica e comúns do complexo ambiental de Cerceda. Outorgou por unha contía de 238 millóns de euros e un prazo de 10 anos a xestión da incineradora de Cerceda a unha unión temporal de empresas (UTE) formada pola Sociedad Gallega de Polímeros SA, Setec Building SLU e Espina Obras Hidraúlicas SA, mercantís ligadas ao grupo Valtalia. A UTE gañadora do concurso impúxose a outra promovida polas construtoras madrileñas Fomento de Contrucciones y Contratas (FCC) e Sacyr, malia que a oferta destas foi 21,2 millóns de euros máis barata. A este respecto, o enxeñeiro de camiños, canais e portos e vicepresidente executivo da Asociación pola Excelencia dos Servizos Públicos, Ramiro Aurín, sinala a Nós Diario que "a este contrato só se presentaron dúas compañías e unha delas, FCC, estivo valorando até o final formalizar a súa oferta porque tiña moitas dúbidas de que lla concedesen". "O prego deste concurso é extremadamente perverso", continúa Aurín, quen critica que as "bases fixan para acreditar a solvencia técnica da oferta estar traballando na planta nos últimos anos". Na mesma liña, o director de comunicación de Galiza Ambiental, Benito García, indica a Nós Diario que "o criterio de valoración subxectiva empregado por Sogama amosa a preferencia 'inxustificada' da empresa polo actual explotador e concesionario de case todas as seccións de Sogama, xa que non valorou medidas innovadoras nin as consecuencias derivadas da entrada en vigor da nova Lei de residuos". As queixas con este concurso chegan de diversas partes. Así, o presidente do Instituto de Enxeñaría de España, José Trigueros, entende que "pasaron 30 anos e o problema que vin no último concurso que se presentou é que non aprendemos do pasado e seguimos sacando os mesmos pregos, onde a innovación brilla pola súa ausencia". Na mesma dirección, asegura que os pregos están "obsoletos totalmente", e "non se pode valorar unha mellora técnica que está en 3 puntos sobre 50". Aurín vai máis alá e asegura que "se analizamos os pregos dos últimos 10 anos de Sogama, case sempre gañan os mesmos". O vertedoiro de Areosa A historia do contrato de mantemento do complexo de Sogama en Cerceda presenta similitudes con outras adxudicacións da empresa na última década. En novembro de 2019 Sogama sacou a concurso a xestión integral do vertedoiro de Areosa (Cerceda) por unha contía de 40.889.132,13, resultando gañador Setec Building, unha das mercantís do grupo Valtalia. Outro tanto aconteceu en 2015, cando Sogama licitou por 335.086.802 de euros a construción dunha planta de clasificación de materiais contidos nos residuos urbanos e o seu servizo de operación, mantemento e limpeza, a obra de modificación da planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustíbel para a clasificación de materiais. Máis unha vez, unha UTE de sociedades do grupo Valtalia fíxose co contrato. Benito García responsabiliza desta situación o "modus operandi" de Sogama. "Defínese unha puntuación técnica e unha puntuación económica. Sempre existe un corte técnico, que implica obter unha mínima puntuación para non resultar descualificado. A valoración económica tamén conta cunha fórmula de temeridade. En caso de entrar en baixa temeraria, require dun informe xustificativo que a mesa de contratación é soberana para aceptalo ou non. Outórgase unha puntuación técnica moi alta á oferta gañadora, e moi baixa ao resto de licitadores, de tal forma que se abre unha fenda imposíbel de recuperar na valoración económica sen entrar en baixa temeraria", conclúe García. O grupo Valtalia é o gran beneficiado das adxudicacións de Sogama na última década. O conglomerado empresarial con sede en Ourense declarou unha facturación de 122 millóns de euros e un cadro de persoal de 900 persoas nos seus diferentes centros de traballo do mundo onde está presente. César Pereira O primeiro directivo, máximo accionista e fundador de Valtalia é Cesar Pereira, un enxeñeiro industrial que en diversos momentos apareceu como administrador único de sociedades como Setec Building, Sociedad Gallega de Polímeros SA ou Espina Obras Hidraúlicas SA, marca histórica comprada por Valtalia en decembro de 2019. Pereira está vinculado familiarmente ao presidente da construtora ourensá Copasa, José Luis Suárez. |
NOS_53793 | O cadro está afectado por un ERTE aprobado a finais de marzo pasad e a dirección xa advertiu que haberá que negociar "outro". | A planta do grupo Stellantis en Vigo volve paralizar a súa produción de forma parcial debido á falta de suministros derivada da crise global dos microchips, segundo trasladaron fontes da empresa ao cadro de persoal. Así, a dirección da factoría informou da suspensión de actividade na cuarta quenda do sistema 1 (o que monta o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o C-Elysée) esta segunda feira, e en todas as quendas dese mesmo sistema desta terza e cuarta feira, 2 e 3 de novembro. A previsión é renovar a actividade na quenda de mañá da quinta. Os problemas de falta de microcompoñentes obrigaron a factoría viguesa a suspender a súa produción en numerosas ocasións ao longo dos últimos meses e eliminar de forma temporal a quenda de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolumes). De feito, o cadro está afectado por un ERTE aprobado a finais de marzo pasado para afrontar esa continxencia e o propio director da fábrica, Ignacio Bueno, admitiu hai uns días que "con toda seguridade" haberá que negociar outro expediente de regulación de emprego para o ano 2022. Esta opción xa foi rexeitada polos sindicatos. Desde a CIG e a CUT a reacción a estas declaración foi inmediata. "Con que alegría se toma unha decisión que non vincula o persoal, máis ben son decisións das compañías que externalizan a fabricación de compoñentes e logo a proposta é que os traballadores pasemos a un ERTE", sinalaba o secretario da sección sindical da CIG en Stellantis, Manuel Domínguez, a Nós Diario. Esta falla de subministración será, segundo apuntan fontes do sector, unha constante nos vindeiros meses. Mais malia estes impeitizos, o grupo Stellantis obtivo un beneficio de 6.926 millóns de euros no primeiros seis meses do ano, fronte ás perdas de 1.234 millóns de euros que presentou no mesmo período de 2020. Os analistas prevén que o grupo resultante da fusión de PSA e FCA continúe na senda dos beneficios millonarios. Exportacións Non hai crise que non teña as súas consecuencias. No caso da Galiza, a difícil situación pola que atravesa o sector da automoción, con paros constantes por falla de subministración na principal industria, Stellantis, está a pasar factura no comercio de bens a terceiros países, en parte pola caída da produción derivada destes paros. Segundo os datos de comercio exterior recollidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), as exportacións rexistraron en xullo a segunda maior caída do Estado español (-10,9%), cun valor de 1.744 millóns, mentres que as importacións aumentaron na mesma porcentaxe, até os 1.643,9 millóns de euros, o que deixa un saldo comercial positivo de 100,4 millóns de euros, 78,9% inferior ao de xullo de 2020. |
NOS_47322 | A portavoz do BNG lembra no debate do estado da nación os "fracasos" destes anos de Gobernos do PP en política industrial, agraria ou os recortes en servizos; e insta o presidente "a deixar de vetar todo o que é bo para Galiza". | Non é a primeira vez que Ana Pontón define o modelo que o PP ten para Galiza como 'Galiza bonsai'. Un modelo de país limitado, pequeno, case acomplexado, sen ideas nin confianza para aproveitar e facer uso de toda a súa potencialidade. Este debate do estado da nación, o primeiro desta lexislatura, a portavoz do BNG empregou como eixo do discurso sobre o que significaron estes 12 anos de Gobernos do PPdeG unha nova versión desa 'Galiza bonsai', a 'Galiza pequena'. Como exemplo, o ramo que puxo a portavoz do BNG aos seus 45 minutos de intervención no debate: "Galiza é un gran país e non se merece un presidente que pensa e actúa en pequeno" "Galiza non é un satélite de Madrid. Galiza non é un slogan electoral. Somos unha nación con historia que ten que mirar cara o futuro. Cando miro Galiza vexo un país con recursos, con sectores con potencial e con xente creativa e traballadora", manifestou Ana Pontón. Unha Galiza, "pensada en grande" e que fica lonxe dese país produto dun presidente e un Goberno que, apuntou, "leva 12 anos improvisando". O presidente do 'non' Para a nacionalista, a "moderación" coa que se viste Feixoo non é tal. Sitúa o presidente como un dos actores dun PP "centralista e ultra" que fai constantes aloumiños a Vox e que se abona ao 'non': "non á tarifa eléctrica galega, non a un sistema público de residencias, non a reforza a atención primaria...". Un PP, lembroulle, con escaso respecto pola lingua e cultura galegas. A portavoz do BNG repasou o acontecido estes anos en sectores como a industria, a pesca ou a agricultura, con destrución de empregos e peches de empresas. "Nestes anos non houbo nin unha soa empresa en crise que vostede fose quen de salvar", reprochoulle a Feixoo, a quen acusou de estar máis interesado por agradar Casado e "os lobbies do PP" que en resolver os problemas da Galiza. "Feixoo fai Galiza máis pequena", iniciaba Pontón cada unha das frases acompañadas de datos para exemplificar os resultados das políticas do PP nestes anos en servizos sociais, en política demográfica ou en cultura". Na súa intervención saíu a AP-9 e Domus Vi, o oligopolio eléctrico, o "perigo" de que os Fondos Next genmeration acaben en mans das multinacionais no canto do desenvolvemento produtivo... "En definitiva, deixa unha Galiza máis pequena e urxe un cambio de rumbo", concluíu a portavoz, que dixo que chamou a rachar cun "centralismo" que se traduce en recortes e menos riqueza. "Galiza necesita máis autogoberno. Necesitamos gañar máis peso político e capacidade para decidir sobre o noso. Temos que pedir a transferencia de todas as competencias pendentes". Pontón acusou o presidente da Xunta de situarse "á beira dos lobbys económicos". E así, quixo "lembrar algúns dos nomes das portas xiratorias que encabezan, por méritos propios, os ex presidentes González e Aznar". "Fátima Báñez (Iberdrola), Isabel García Tejerina (Iberdrola), Ana Palacios (Enagás), Ángel Acebes (Iberdrola), Elena Salgado (Endesa), Gonzalo Solaina (Enagás), José Folgado (Red Eléctrica), Josep Borrell (Abengoa), Luis Carlos Croissier (Repsol), Manuel Marín (Iberdrola), Pedro Solbes (Enel), Pio Cabanillas (Endesa), Luís María Atienza (Red Eléctrica), José Montilla (Enagás), José Blanco (Enagás), Isabel Tocino (Ence, Enagás), Beatriz Corredor (Red Eléctrica), Cristina Garmendia (Naturgy), Arsenio Fernández de Mesa (Red Eléctrica), Ramón de Miguel (Iberdrola), Carlos del Álamo (Ence), Beatriz Mato (Greenalia)...", recitou. Decálogo de propostas A portavoz puxo durante a súa intervención sobre a mesa un 'decálogo' de propostas do BNG: desde avanzar cara a un concerto económico "que nos dea a chave sobre os nosos cartos" ("o actual modelo de financiamento é prexudicial. O Estado recadou 13.132 millóns e recibimos polo sistema de financiamento 8.158 millóns") até un acordo para que os Fondos Next Generation revertan na economía produtiva galega ou un acordo de aposto pola industrialización da Galiza son outras propostas enmarcadas nese decálogo. Desde un plan de choque de 200 millóns de euros para a Atención Primaria até un plan para a saúde mental ou destinar o 1% dos orzamentos á loita contra a violencia machista. |
PRAZA_20856 | Os sucesos do 6 de xaneiro en Washington revelaron con toda a súa crudeza o que hai detrás da máquina política que situou a Donald J Trump no vértice da presidencia dos EE.UU. e do poder mundial. Farsa dunha farsa, o autogolpe de Trump lembra aquel momento en que o presidente Luis Napoleón Bonaparte sabedor do apoio popular, dáse un golpe de estado a si mesmo e transforma a República no malfadado Segundo Imperio | Tomar o CongresoFarsa dunha farsa, o autogolpe de Trump lembra aquel momento en que o presidente Luis Napoleón Bonaparte sabedor do apoio popular, dáse un golpe de estado a si mesmo e transforma a República no malfadado Segundo Imperio: aquel momento de crise que Marx definiu coma una repetición paródica da toma de poder de Napoleón BonaparteOs sucesos do 6 de xaneiro en Washington revelaron con toda a súa crudeza o que hai detrás da máquina política que situou a Donald J Trump no vértice da presidencia dos EE.UU. e do poder mundial. A última representación, na que Trump convoca a través de redes sociais alternativas, coma Parler, a unha maré mesta de xente incondicional, cítaos moi preto de onde se estaba a proceder á certificación dos resultados e envíaos, nas súas propias palabras, a presionar aos deputados e senadores do seu propio partido e ao seu mesmo vicepresidente é a imaxe dun autogolpe co que o presidente dos Estados Unidos intentou sobordar a lexislación electoral e a constitución do seu país para se perpetuar no poder e abrir un tempo político de vertixe e incerteza que non terá lugar.Farsa dunha farsa, o autogolpe de Trump lembra aquel momento en que o presidente Luis Napoleón Bonaparte sabedor do apoio popular, dáse un golpe de estado a si mesmo e transforma a República no malfadado Segundo Imperio: aquel momento de crise que Marx definiu coma una repetición paródica da toma de poder de Napoleón Bonaparte, e na que "a loita de clases creou en Francia as circunstancias e condicións que permitiron que un personaxe mediocre e grotesco representase o papel de heroe". No século 21, ano 21, o golpe de estado feble non se representa coma unha violenta toma do poder para botar a baixo á constitución senón coma unha defensa da constitución na súa versión máis pura, no seu senso "orixinal", no que a defensa da república require que o pobo, "we, the people", cuestione as formas de representación e os procedementos burocratizados e invista con todo o poder a un tribuno que defenderá a soberanía do país contra os inimigos interiores e exteriores para facer a America grande, outravolta.É preciso ter en conta este contexto para entender non só o atrezzo dos actores da toma do capitolio, senón tamén a lóxica das súas accións que non son só o froito dunha loucura ou dunha irracionalidade incomprensible, senón dunha secuencia racional que eles perciben como verdadeira, como a única verdade de factoO complexidade do sistema electoral de aparencia arcaica fai evidente a base fortemente federal do país, na que os estados son verdadeiros suxeitos políticos mesmo sen ter a lexitimidade que outorgan os relatos nacionais. Cada estado autoorganiza os seus procesos e establece unha lóxica política propia que, nos estados dos Sur, permitiu durante moitos anos deixar á marxe do proceso de representación electoral a grandes grupos de poboación negra, mesmo despois da caída da América de Jim Crow, como de grupos latinos hispanofalantes que son percibidos como alleos á república dos país fundadores, mesmo se levan vivindo no país dende moitas xeracións antes de eses mesmos fundadores, e dende logo se apenas falan inglés e acaban de chegar do outro lado do Río Bravo. Hai un eco dos sucesos de Mississippi, e da tráxica campaña de censo dos activistas da esquerda, na loita por exemplo polos votos negros no estado de Georgia, o escenario non azaroso de Foise co vento, e da principal tensión encriptada debaixo da batalla da superficie: impugnar á certificación de voto non congreso, sexa como for, mesmo empregando a intimidación física e non é só os discursos que os grupos supremacistas que foron artellando a protesta, senón e, sobre todo, o significativo resultado dunhas votacións no que as minorías maioritarias foron efectivamente mobilizadas, do mesmo xeito que Donald Trump conseguira hai catro anos mobilizar a clase baixa branca, á quen lle prometeu non só unha mellora das súas condicións materiais de vida, senón e sobre todo unha visibilidade e unha representatividade que estaban perdendo pola progresiva aceptación da imaxe da América multicultural. Podían aceptar a súa miseria, vivían á marxe da política, en poboados de caravanas nos suburbios de Dallas e de Pittsburgh, pero non deixar de se recoñecer coma os herdeiros da América real, e da defensa da fronteira, porque é na fronteira onde se constrúe a identidade "xenuinamente americana", onde se separa da facto o nós do eles, e non podía pasar: é a hora de sacar o Winchester do alpendre e de dar un paso adiante en defensa da Nación, do que América é. A defensa, só aparente, da clase branca traballadora foi o "banderín de enganche", o significante que apuntaba a "América real".É preciso ter en conta este contexto para entender non só o atrezzo dos actores da toma do capitolio, senón tamén a lóxica das súas accións que non son só o froito dunha loucura ou dunha irracionalidade incomprensible, senón dunha secuencia racional que eles perciben como verdadeira, como a única verdade de facto. Quen pode salvar América?É na fronteira onde se constrúe a identidade "xenuinamente americana", onde se separa da facto o nós do elesPara Marx, dúas forzas sostiñan ao Bonaparte: os propietarios campesiños e o campesiñado en xeral, e un clase, unha subclase, nova, heteroxénea e contraditoria, o lumpenproletariado. Agora as cousas non son exactamente así, pero a análise de Marx axuda a botar luz sobre os apoios sobre os que Trump aspira a conformar un novo bloque que a súa retórica patriótica recobre pero tamén constitúe, forxando un novo suxeito político nacional. Nese proceso inacabado, que non é unha regresión, Trump identificou ben aos descontentos e soubo construír un antagonismo entre o campo e a cidade, e, en especial, entre a América "real" e os "políticos de Washington" que lle permitiu revestir de linguaxe antipolítica a súa proposta política. Sen este esforzo non se entende o simbolismo da súa "marcha sobre Washington" que el mesmo denominou coma o "Save America Rally". Este esquema sinxelo permitía obxectivar o descontento dos traballadores brancos pero tamén, e sobre todo dos reaccionarios, dos cristiáns ultraconservadores e de veteranos do exército e da policía que, escoltados por unha milicia de "proud boys", atravesaron á avenida Pennsylvania e chegaron ao capitolio. O gran mérito do discurso trumpista foi convencelos de que a súa causa era a mesma que a dos grandes propietarios, a causa da liberdade, a liberdade negativa sobre a que se construíu gran parte do imaxinario da nación, "the land of the free", e a causa da nación, metaforicamente representada pola constitución no seu sentido "orixinal": a batalla en torno ao significado da constitución convértea nunha metonimia dos país fundadores que a redactaron, homes brancos, protestantes e patriotas. As palabras e os xestos desta loita fortamente simbólica ecoan aínda agora nos Estados Unidos, en América e en Europa.Sen comprender este dobre xogo, a retórica campo/Washington, e a conformación dese novo suxeito político, non se pode entender o que pasou o día 6 de xaneiroNada de irracional, nin de mistificación hai neste razoamento: identificado o nós, o eles son todos os outros que non encaixen co nós, e nun contexto de maior politización das minorías, que pasaron de facer cultura expresiva a crear unha cultura política e cívica, a ameaza do seu ascenso, case dun modo reflexo provoca a reacción dos patriotas, que teñen que defender América. O que mellor representa esta batalla cultural é a traxectoria e as intervencións de Stephen Miller, silandeiro estes días, pero o asesor aúlico máis constante de Trump, o home que deliñou a política migratoria e redactou os seus discursos máis agresivos. Incapaz iso sí de conformar grandes proxectos lexislativos, as "executive orders", os decretos convertéronse na regulación de facto dun case permanente estado de excepción na fronteira con México.Sen comprender este dobre xogo, a retórica campo/Washington, e a conformación dese novo suxeito político, non se pode entender o que pasou o día 6 de xaneiro, que non é só unha protesta ou un motín, senón que resposta a unhas tensións políticas de fondo que Trump foi quen de manexar con grande habilidade ao longo destes anos. Representándose como político antipolítico, a retórica desta aparentemente abortada revolución reaccionaria, implica tamén un baleiramento do concepto de representante político que foi posible en grande medida polo traballo do mesmo partido republicano que é agora devorado polo seu monstro: a conversión da política nunha "técnica", nunha forma de xestión pragmática e de "sentido común", cunha retórica compartida polas escolas de negocios e os intelectuais orgánicos do conservadurismo, converte ao representante, sempre sometido a un permanente mandato imperativo. Carente de contido político, o representante é un voceiro sen autonomía nin capacidade de deliberación.Trump e a súa equipa percibiron que unha masa heteroxénea só podía ser definida polo seu contrario, por un opoñenteEsta lóxica envelenada, que está presente por todas partes tanto en América como en Europa, levou ao partido republicano, golpeado duramente polos éxitos de Obama, a entregar o poder a Trump. Foi a súa equipa a que identificou os puntos febles discursivos, as pezas que abaneaban no mapa electoral e, a través de estratexias retóricas ben orientadas conseguiu reverter a guerra cultural. Unha clave do seu discurso, coma no caso da apropiación do concepto de liberdade, foi por exemplo a denuncia da "ditadura do politicamente correcto", un paradoxo e, ao tempo, un concepto clave e baleiro, que está no centro do seu discurso, e serve para mobilizar a unha masa de poboación branca desafecta e despolitizada que era incapaz de recoñecerse en políticos tradicionais, fosen republicanos ou demócratas, como podían ser Romney, McCain, os Clinton ou Biden. De novo con certa intuición post-marxista, Trump e a súa equipa percibiron que unha masa heteroxénea só podía ser definida polo seu contrario, por un opoñente, xa que entre os veteranos da armada, os grandes propietarios do midwest, os puritanos relixiosos da américa arcádica, os campesiños pobres de Wisconsin e os obreiros das deslocalizadas industrias do vello cinto do aceiro, non podía haber nada substantivo en común, salvo un inimigo: é preciso facer un muro que represente materialmente esta tensión. A visita de Trump ao muro esta mesma semana en Texas é perfectamente consecuente coa lóxica da súa acción e unha representación teatralizada de cal é a cerna do trumpismo: a defensa da fronteiraA visita de Trump ao muro esta mesma semana en Texas, e nas que o seu lumpen-proletariado ameaza con se constituír en milicia armada, é perfectamente consecuente coa lóxica da súa acción e unha representación teatralizada de cal é a cerna do trumpismo: a defensa da fronteira, tanto da interior coma da exterior, na medida en que a fronteira marca ao outro e define o que somos. Pode suceder aquí?O paso inicial do discurso trumpista, hai catro anos, foi a apropiación do proletariado branco: esquecidas as súas tradicións políticas e substituídas por formas de cultura lixo que se consumen compulsivamente xa non ten, xa non pode ter, esa posición revolucionaria privilexiada que Marx lle atribuíra; convértese nun lumpen-proletariado no que xunto a traballadores pobres van ter cabida todo tipo de figuras marxinais: logreiros, tafures, trampóns, vendedores de fume, que teñen no seo desta nova multitudes en conciencia pero con capacidade de acción, un grupo que atopou en Steve Bannon o seu intelectual orgánico. A súa loita, o seu antagonismo, paradoxalmente, é equivalente ao dos grandes propietarios e todos defínense contra ese marco de "vella política" que é preciso sobordar. O paso inicial do discurso trumpista, hai catro anos, foi a apropiación do proletariado brancoA reflexión de Marx, por último, procura deixar á marxe da análise os grandes homes e substituíla pola análise das súas condicións de posibilidade: Trump non é causa única de nada, senón que é efecto e causa á vez, nun proceso continuo difícil de desenliar. É posible por moitas razóns: pola desafección, que en grande medida está perfectamente motivada, pola falta de educación política das clases populares, que nun país sen política educativa común, na que inda é posible o self-schooling das minorías relixiosas, contribúe a abrir inda máis ás división de clase; é posible pola abdicación da prensa, convertida nun lumpenxornalismo subvencionado, pagada por grandes corporacións, disposta a dicir o que faga falla, e a poñer o lecer por riba de todo. E foi posible, sobre todo, porque o partido republicano entregou o seu poder a un grupo fascista, desesperado porque a súa linguaxe vella non conseguía chegar aos votantes: é esta alianza de goberno a que, en última instancia, converteu a Trump en presidente e acabou capturada pola súa retórica reaccionaria e a súa forma de goberno autoritaria e supremacista. Dun xeito nada sorprendente, senadores republicanos de sólida formación xurídica, coma Ted Cruz ou Josh Hawley seguen a ver este discurso como a chave do poder.Esta coalición entre dereita conservadora e fascismo é a que en países coma España pode desencadear a espiral imparable que aupou a TrumpEsta coalición entre dereita conservadora e fascismo é a que en países coma España pode desencadear a espiral imparable que aupou a Trump. Nada que ver coa pantasmática referencia a un populismo co que os medios intentan aproveitar a crise americana para deslexitimar a esquerda, igualando, paradoxalmente a Podemos con Trump, mentres ignoran a relación do trumpismo coas retóricas e as prácticas da ultradereita europea. Esa ultradereita que ven como un dócil apoio parlamentar, cando en realidade é un detonador, o detonador dunha bomba. |
PRAZA_6149 | (S8) Mostra de Cinema Periférico e o espazo NORMAL da UDC organizan o segundo Encontro para a Creación dun Arquivo Común de Cinema Doméstico con participantes de Estremadura, Salamanca, Madrid e Galicia. | (S8) Mostra de Cinema Periférico e o espazo NORMAL da UDC organizan na Coruña o segundo Encontro para a Creación dun Arquivo Común de Cinema Doméstico con participantes de Estremadura, Salamanca, Madrid e Galicia. A última sesión do encontro (estes venres a partir das 17.30 horas) consistirá nunha proxección aberta ao público dunha selección de arquivos recuperados polos colectivos e organizacións participantes, quen amais nesta sesión falarán sobre os seus respectivos proxectos. O encontro, moderado por Ángel Rueda, director de (S8) Mostra de Cinema Periférico, porá en común o labor das institucións (públicas ou privadas), colectivos e individuos que na actualidade traballan na conservación deste material, fráxil e perecedoiro, arquivo crucial para comprendermos e pensarmos. Entre os participantes están o Proxecto Socheo (Galicia), a Filmoteca de Extremadura, co seu proxecto La Mirada de los Extremeños Archivo de Cine Familiar y Amateur, Memorias Celuloides (Murcia), Carlos Tmori (Home Movie Day – Salamanca) e Clara Sánchez-Dehesa Galán (conservadora e restauradora cinematográfica). O cinema doméstico é unha das fontes máis importantes para a memoria audiovisual. Alén da industria cinematográfica e televisiva, o cinema amateur documenta as vidas privadas de miles de persoas anónimas, que amais de ofrecer un revelador testemuño de como se vivía noutros tempos, representa unha lectura da historia lonxe das canles oficiais e dos intereses económicos e políticos que moven os fíos da ficción e o documental industrial. Cintas que acumulan unha memoria e unha narrativa do pequeno e o particular. Ao longo das dúas últimas décadas, numerosos artistas e investigadores traballaron intensamente para recuperar este material coa fin de outorgarlle novas dimensións culturais ou de preservalo para as futuras xeracións. Moitos destes actores do panorama de cinema doméstico nacional reuníronse en 2013 no I Encontro para a creación dun arquivo común de cinema doméstico, celebrado en Murcia e organizado por Cendeac, Medusa Mediación e Retrovisor. Esta primeira cita serviu para poñer en contacto os colectivos e persoas interesadas para traballar en rede. Proxecto Socheo Socheo é un vocablo mariñeiro que significa a última fase da preamar. O Proxecto Socheo ten como obxectivo localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer o patrimonio audiovisual da Guarda coa colaboración de todas as persoas que garden imaxes de caracter histórico e con valor cultural. O proxecto, dirixido por Xurxo Chirro (autor de Vikingland), que encabeza un grupo de técnicos e especialistas no eido da historia e dos audiovisuais, terá tres fases: nun principio abrirase á xente para que esta colabore aportando material que pode ter por casa. En contrapartida, estas imaxes analóxicas se dixitalizarán e se editarán adecuadamente sen ningún custe para o particular. O proxecto quere facer fincapé na necesidade de salvagardar este material "para o orgullo de todas as xeracións de guardeses" e ao mesmo tempo sinalar a "fraxilidade" da memoria, que pode ser salvada e difundida grazas ás novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles. Xurxo Chirro afirma que "vivimos nunha sociedade onde hai unha profusión desmesurada de imaxes e, para darlles maior utilidade, hai que atopalas, clasificalas, ordenalas e poñelas a disposición de posibles interesados. A idea e intentar rescatar o pasado, reestruturalo no presente e redimensionalo cara ao futuro". |
NOS_25512 | O presidente abre a porta a un cuarto mandato nunha resposta ao portavoz socialista: "Estaremos até 2020, como mínimo". A oposición ínstao, una vez finalizada a 'aventura madrileña' a se centrar nos problemas de Galiza. | Fechada a aventura madrileña, Feixóo non desbota prolongar o seu futuro político en Galiza. Xa non hai salto a Madrid así que Galiza preséntase como o único campo de xogo que lle queda ao presidente. Na sesión de control desta cuarta feira, Núñez Feixóo abriu a porta á posibilidade dun cuarto mandato. Fíxoo durante a resposta á intervención do portavoz socialista, Fernández Leiceaga, cando manifestou: "Estaremos até 2020, como mínimo". Ese engadido', "como mínimo", semella apuntar a una nova candidatura de Feixóo á fronte do PPdeG para aspirar á Xunta. "Son español. É o que somos os galegos, españois" (Núñez Feixóo) A renuncia de Feixóo a se candidatar para o PP español foi un dos temas presentes nesta sesión de control, así como (na boca dos portavoces do BNG, PSdeG e En Marea) a situación de manipulación dos medios públicos galegos, evidenciada na demisión de dous presentadores de telexornais. Axenda Galega Ana Pontón, portavoz nacionalista, foi a primeira en intervir. Instou Feixóo a dar portazo ao "servilismo a Madrid" e centrarse na defensa dos intereses de Galiza, poñendo sobre a mesa cuestión como a transferencia da AP-9, un sistema de financiamento xusto para o país, a derrogación da prórroga de Ence, entre outras cuestións. "Será un gusto poder derrotalo en 2020" (Luis Villares) O presidente cargou con dureza contra a nacionalista, á que acusou de ter una axenda que "defende a ideoloxía nacionalista por riba dos galegos". Sacou peito como "único presidente constitucionalista dunha nacionalidade histórica" e mesmo apuntou que en Galiza "hai vida intelixente" e por iso "[os votantes] entenden que vostedes son o peor para o país". A maiores, defendeu que a intervención desta segunda feira perante a xunta directiva do PPdeG foise integramente en español: "Son español. E por ser español teño dereito e obriga de usar o castelán. É o que somos os galegos, españois". Rectificar o rumbo Xaquín F. Leiceaga (PSdeG) emprazou Feixóo a aproveitar os dous anos que fican de lexislatura: "ten que cumprir o que prometeu, sanear o seu balanzo". Convidouno a facer actuacións en diversos campos, desde a política forestal até a de servizos públicos ou lei de dependencia. A se centrar nos "problemas" do país. "Houbo un momento que lamentei que Feixoo marchase para madrid: por se ficaba Tellado de presidente" (Fernández Leiecaga) Feixóo quixo agradecer o ton de Leiceaga e instouno a que colaborase para conseguir do novo goberno español, socialista, avanzos para Galiza. "Confórmome con que o PSOE faga caso á metade das cousas que vostedes pediron aquí". 2020 Luis Villares preguntou sobre a mina de Touro e os seus posíbeis efectos e prexuízos na ría de Arousa. Instou a Xunta a se posicionar neste tema "coa cidadanía" e non cos intereses da empresa. O portavoz de En Marea tamén meteu o dedo na renuncia de Feixóo a competir pola presidencia do PP ("onde haxa un bo paseo pola Ría de Arousa [en referencia ás polémicas fotos en iate co narco Marcial Dorado], que se quite o Manzanares". "Recoñece o erro do seus servilismo como presidente de Galiza a Madrid? vai facer propósito de emenda?" (Ana Pontón) Que Feixóo continúe en Galiza ten un punto positivo, considera Villares: "Será un gusto poder derrotalo en 2020", dando por sentado que Feixóo optará a un cuarto mandato. O presidente entrou ao trapo do ton do debate e respondeulle cun "asinaría todos os avais que fagan falla para que vostede continúe a ser o líder carismático de En Marea". Non sen antes atacar con dureza o portavoz por "non respectar as institucións" e por "crear alarma social". |
NOS_1885 | Unha delegación do primeiro sindicato na Galiza reunirase en Madrid o 10 de febreiro coa ministra de Traballo. | Precariedade, pobreza salarial, falta de emprego e de negociación colectiva... son algúns dos problemas na Galiza que centrarán a actividade da CIG para este ano. Estes serán tamén os eixos das demandas que o sindicato trasladará á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, no encontro que manterán o 10 de febreiro e que irán da man dunha petición firme para derrogar integramente a reforma laboral. Para a CIG "non poderá haber empregos e salarios dignos" mentres estea vixente "un só artigo" desta reforma, para a que non caben accións "parciais" e "en diferido" nin "falsidades" como as que entende que se deron ao redor do Salario Mínimo Interprofesional. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, advertiu en rolda de prensa que a mobilización social e a negociación colectiva vai ser "clave" para a recuperación dos salarios e para pór fin á precariedade laboral. A CIG denunciou que o número de convenios sectoriais negociados foi 50 % inferior aos anos anteriores á crise, e moitos están "paralizados" pola falta de negociación ou da implantación sindical. Galiza é o territorio coa xornada máis alta após Andalucía e aínda está "lonxe" de empezar a camiñar cara á recuperación do poder adquisitivo anterior aos recortes, sobre todo da baixada salarial do de 9% desde 2009, segundo o sindicato. Os ingresos salariais na Galiza mantéñense, ademais, 3,3 por cento por baixo da media estatal e a participación da poboación asalariada na renda segue descendendo. Entre o 2009 e o 2018, os salarios aumentaron 5,2 por cento, pero a perda de poder adquisitivo real ascendeu ao 6,6 por cento, tendo en conta a inflación, segundo a CIG. Isto transcorre, en paralelo, a unha "consolidación" das negociacións no marco estatal. Así, buscan incentivar e potenciar o marco galego, loitando pola a aplicación do rexistro de xornada contra os "abusos" nas empresas, contra as novas formas de explotación laboral, como as empresas multiservizos; a defensa dos dereitos do persoal falso autónomo; e afrontar a precariedade e a pobreza laboral, sobre todo coa brecha entre os mozos e as mulleres respecto ao resto da clase traballadora. Algunhas das características que rexistra o mercado é o aumento da diferenza entre os que perciben máis e menos ingresos, a idade como factor de gran diferenza entre salarios, o aumento da desigualdade por sectores e o estancamento daquelas relacionadas co xénero ou entre a Galicia interior e o litoral. Unha das reclamacións do sindicato radica na consecución dun salario mínimo que alcance o 60 por cento da media salarial e que sexa "de aplicación directa", é dicir, que non poida absorberse a través de complementos na nómina, ademais da eliminación do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). Así mesmo, incidirase na a aplicación do SMI na negociación colectiva, cláusulas de garantía salarial e a igualdade retributiva, sen discriminacións por razón de sexo. Para facer fronte á precariedade, reclaman un control da subcontratación e ETT, da contratación a tempo parcial e das empresas multiservizos, ademais de cuestións de importancia como o rexistro de xornada ou do teletraballo. |
NOS_11794 | A diplomacia estadounidense pediu en privado ao Goberno ucraíno que "deixe aberta a posibilidade" de negociar un acordo de paz con Rusia | A diplomacia estadounidense pediu en privado ao Goberno ucraíno que "deixe aberta a posibilidade" de negociar un acordo de paz con Rusia para convencer os países aliados dos EUA de que a guerra en Ucraína non se está eternizando e hai unha opción de saída, segundo explicaron fontes próximas ás negociacións ao Washington Post. Estas fontes falan dun "intento calculado" por parte dos EUA para garantir a Kíiv o respaldo de Gobernos cuxos electorados comezan a ficar cansos do conflito e das consecuencias económicas que comporta. "Fatiga" "A fatiga sobre Ucraína é unha realidade para algúns dos nosos socios", recoñeceu ao medio un responsábel estadounidense baixo condición de anonimato. Rusia e Ucraína pactan un novo troco para liberar máis de 200 prisioneiros Con todo, o Goberno estadounidense tamén trasladou a Kíiv o seu convencemento de que ningunha das ofertas rusas para negociar teñen "credibilidade ningunha dadas as súas esaxeradas demandas". Posíbeis negociacións no inverno Porén, responsábeis estadounidenses consultados polo diario non descartan a posibilidade de que Zelenski apoie unha reapertura das negociacións unha vez chegado o inverno, cando as baixas temperaturas practicamente imposibiliten os combates e se abra unha xanela á diplomacia. Rusia céntrase en Donetsk e Ucraína trata de avanzar en Khersón Un posíbel punto de inflexión na guerra segundo o Washington Post sería un achegamento ucraíno a Crimea: "Algúns dos países do G7 que pediron unha paz xusta e negociaron ven un posible punto de inflexión se as forzas ucraínas achéganse a Crimea". |
PRAZA_5453 | A Enquisa de Poboación Activa adapta o seu cálculo aos datos do censo de 2011 e indica que en Galicia hai 3.100 persoas máis sen traballo pero unha taxa de desemprego unha décima menor á indicada ata agora. | Menor taxa de paro pero máis persoas en situación de desemprego. O método de cálculo dos resultados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) vén de variar porque, de agora en diante, para elaborala téñense en conta as cifras de poboación do censo de poboación e vivendas do ano 2011 e non do 2001, como viña acontecendo ata agora. Baseándose neste novo criterio o Instituto Galego de Estatística (IGE) está a actualizar as súas bases de datos e ese proceso xa ofrece resultados como que a taxa de paro no cuatro trimeste de 2013 pasa do 22% ao 21,9%, pero tamén sinala, por exemplo, que as persoas que perderon o seu traballo en tempos da coalición de PSdeG e BNG foron menos e ás que lle aconteceu o propio dende 2009 ata a actualidade son algunhas máis. O que é o principal indicador en materia de emprego reflicte, coa nova base de cálculo, que a finais do pasado ano había en Galicia 280.900 persoas desempregadas e non 277.800, como indicaba o método vello. Trátase, polo tanto, dunha variación de 3.100 persoas. Tamén existen cambios, aínda que menos relevantes, ao observar o terceiro trimestre de 2009, o primeiro gobernado integramente polo gabinete de Alberto Núñez Feijóo. Ata agora a EPA indicaba que os conservadores tiñan 168.400 parados e paradas no inicio do mandato e realmente eran 167.600, isto é, 8.000 menos. Coa nova base de cálculo ao bipartito corresponderíanlle 46.700 parados e ao actual Goberno, 113.300 Tomando como referencia estes valores é posible calcular que no tempo en que lle leva correspondendo a Feijóo comandar o Goberno galego o continxente de persoas en situación de desemprego incrementouse en 113.300 persoas e non en 109.400, como indicaba a EPA anteriormente. Isto querería dicir, dando por boa a dialéctica de que os parados e paradas son responsabilidade do Goberno autonómico de quenda, que ao actual Executivo lle corresponden case 4.000 parados e paradas máis das que se calculaban ata agora. As novas táboas tamén provocan variacións nas cifras de desemprego que PSdeG e BNG atoparon ao chegar ao Goberno. A EPA agora indica que no cuarto trimestre de 2005 había 114.400 persoas no paro, 1.000 menos, e que no segundo trimestre de 2009 esta situación afectaba a 161.100 persoas, 1.100 menos que as calculadas coa base de 2001. Así as cousas, cumpriría asignarlle ao bipartito 46.700 parados e paradas e non 47.900, polo tanto, 1.200 menos. Milleiros Base 2001 Base 2011 DIFERENZA 2005/IV 114,3 114,4 0,1 2009/II 162,2 161,1 -1,1 DIFERENZA 47,9 46,7 -1,2 2009/III 168,4 167,6 -0,8 2013/IV 277,8 280,9 3,1 DIFERENZA 109,4 113,3 3,9 Diferenzas na ocupación A nova EPA tamén dá lugar diferenzas nas cifras de ocupación en Galicia en ambos períodos. Segundo a base de cálculo de 2001 o bipartito comezara o seu mandato con 1,1 millóns de persoas con traballo e rematárao con 10.000 máis. Atendendo ao novo método ese período de goberno comezou cunhas 100 persoas menos ocupadas e rematou cunhas 5.500 máis, polo que o balance total foi que no segundo trimestre de 2009 había 15.600 persoas máis traballando que no remate do mandato do Executivo de Fraga, que vicepresidía Feijóo. O novo cálculo indica que en Galicia hai 10.200 persoas ocupadas máis No que atinxe ao actual Executivo as cifras de ocupación tamén fluctúan cos novos datos de base. Ata o momento considerábase que no terceiro trimestre de 2009 había traballando en Galicia 5.100 persoas menos das que considera o novo cálculo, segundo o cal a finais de 2013 a poboación ocupada era de un chisco máis dun millón de persoas e non 987.300, como indicaba o método antigo. Así as cousas, o balance dos cinco anos de Feijóo serían 153.600 persoas ocupadas menos e non 163.800, como reflectía a EPA ata o momento. |
NOS_13301 | A plataforma presentará recurso de casación contra a sentenza de Prestige ante a máxima instancia. Unha decisión que se adopta para poder chegar o Tribunal Europeo pois a confianza en que o Supremo rectifique o fallo da Audiencia é pouca. | Nunca Máis presentará recurso de casación ante o Tribunal Supremo español contra a sentenza do Prestige, segundo confirmaron a Sermos Galiza fontes da propia plataforma. Unha decisión que Nunca Máis adoptou, máis que pola confianza en que a máxima instancia revise o fallo da Audiencia Provincial, para poder manterse no proceso de apelacións e chegar até o Tribunal Europeo. É nesta instancia onde está a confianza de que bote por terra a sentenza que deixou sen castigo unha das maiores catástrofes ecolóxicas europeas. A propia Plataforma explicará esta cuarta feira en rolda de prensa os pormenores desta decisión. Segundo puido saber Sermos Galiza, tamén anunciará a realización de manifestacións nas sete cidades galegas o vindeiro 1 de decembro. Data na quetivo lugar en 2012 a xigantesca manifestación de Nunca Máis con ducias de milleiros de persoas a ateigar as rúas de Compostela. |
NOS_39716 | Na presentación da candidatura por Ourense Ana Pontón defendeu o proxecto nacionalista como "serio" e con "ideas, alternativas e propostas para saír adiante". | Esta terza feira (16 de agosto) o BNG presentou as persoas que fan parte da candidatura por Ourense, encabezada por Noa Presas. Na súa intervención, a candidata do Bloque á presidencia da Xunta, Ana Pontón, fixo un chamamento dirixido ás "persoas desencantadas coa vella política de promesas incumpridas e á desencantada dos líos, as loitas de poder, os personalismos e os intereses das cúpulas" ás que tendeu a man para "camiñar xuntas" cara á unha "nova etapa". Con elas, dixo, "compartimos cansazo mais tamén afirmamos que contamos coa forza e a confianza dun proxecto sólido, solvente e definido coas ideas, alternativas e propostas para saír adiante porque hai futuro para Galiza se tomamos as decisións correctas para un cambio político no noso país", subliñou. Pontón defendeu o proxecto do BNG como "sólido, solvente e definido" con "ideas" para "saír adiante" Nese senso, subliñou algunhas das propostas defendidas pola organización frontista de cara ás eleccións de setembro. Un proxecto, dixo, pensado "dende Galiza e non deseñado nun laboratorio nin ao servizo de ningunha forza estatal" baseado no apoio aos sectores produtivos e na posta en marcha de "políticas innovadoras" como a creación dun contrato de sustentabilidade con axudas para as persoas que viven no rural que se comprometan a "conservar e custodiar o territorio". Aliás, Pontón defendeu un cambio no financiamento que dote a Galiza da autonomía integral invertendo o modelo no que o Estado recada todos os impostos e decide en que se deben investir. Así, asegurou que cos 3 mil millóns de euros que anualmente recada o goberno central "mellorariamos a sanidade e a educación, atenderíamos a dependencia e crearíase emprego para a xente, en troques de seguir financiando institucións caducas como a Casa Real, o Exercito e mesmo a caixa B do Partido popular", afirmou. Pola súa banda, a cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, asegurou que as eleccións do 25 de setembro "non son unhas eleccións máis" polo que "o nacionalismo debe ser determinante para condicionar cambios profundos". "Non abonda con xestionar ben", remarcou. |
NOS_4525 | Medio cento de mulleres percorreron vestidas de negro a zona vella de Compostela na noite do sábado para desbotar "a idea de pasividade fronte as agresións machistas". | Medio cento de mulleres percorreron na noite do sábado a zona vella de Compostela para denunciar, as "agresións machistas que as mulleres viven de noite", como afirman nun comunicado. Vestidas de negro, coa cara cuberta, e levando fachos, apostaron polo que cualifican como unha "estratexia de combate" e situarse no sitio das que "din que non": "non obedecemos, non calamos, non nos subordinamos". Deste xeito, proseguen, rexeitan a idea da pasividade fronte as agresións machistas para dar paso "á rebelión e construcción doutras vidas posibles máis vivibles e horizontais, onde entremos todas e onde teñamos todo". Tras a faixa 'Devolveremos até o último golpe', lembraron que "a violencia patriarcal enchoupa a vida das mulleres" en toda a súa vida sexan os "baboseos", ser nomeadas como "fillas de, compañeiras de, nais de", "os abusos sexuais", "as malleiras", "a etiquetaxe da moda capitalista e patriarcal dos corpos das mulleres a través das tallas", "o masculino xenérico" ou mesmo que "se nos mire mal por berrar". Unha dinámica que ten nos feminicidios a súa expresión máis violenta. |
NOS_29802 | O Cenima de Foz acolle unha exposición colectiva e, desde a próxima terza até a sexta feira, mesas de debate diarias sobre o momento actual da arte | A asociación cultural A Pomba do Arco organiza as II Xornadas "Sentirmos a Arte" no marco do Mes das Artes Plásticas da Mariña, unha iniciativa que aglutina unha serie de actividades dos artistas plásticos mariñáns, entre as que destaca unha exposición colectiva de Adri Pardo, Carmen Llonin, Pilar Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova, Cris Basanta, Lucía Vila, Eva Rivas, Alicia Puchades e Renata Otero. Ademais, a asociación focega propón unhas mesas de debate entre o martes e o venres ás 20.30 horas no salón de actos do Cenima (Centro de Interpretación da Mariña) nas que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte. "O oco que non acouga" é o título da primeira charla, a terza feira, que contará coa intervención de Jorge Salgado Cortizas, arquitecto recoñecido en mostras como a Bienal de Venecia de 2000,a Galicia XXI Architecture de Washington en 2004 ou o "Avance dunha continxencia" do CGAC de Compostela en 2007. O coloquio da cuarta feira, no mesmo lugar e á mesma hora, correrá a cargo de Mercedes Rozas, licenciada en Xeografía e Historia, membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e crítica de arte. Rozas participou tamén no catálogo da exposición "Mes da Arte da Mariña" e foi a comisaria das exposicións de Carlos Maside, Xulio Maside ou "Camiño de Volta", celebrada en 2016 na Casa da Parra. O debate xirará arredor da muller e a arte da resistencia. A quitna feira é a quenda da fotografía como xogo creativo. Nela participará o mariñán Daniel Río Caxigueiro, un dos artistas plásticos máis destacados da súa xeración. Coñecido polos seus traballos no ámbito da cerámica e das instalacións, Caxigueiro ten tocado tamén o eido da fotografía artística. A palestra irá acompaña dunha proxección e explicación dalgunhas das súas fotos, onde están presentes os elementos procedentes da natureza e do cotián. A última das charlas organizadas pola Pomba do Arco terá como convidada a Olga Osorio, fotógrafa e cineasta vencellada familiarmente á Mariña luguesa, e abordará o noso audiovisual. Osorio é unha recoñecida directora galega, merecedora de premios como o Mestre Mateo, o cine globe de CERN, en Suíza, ou o Cortisoni en Italia, en ambos os dous casos coa curtametraxe "Einstein-Rosen". |
PRAZA_20328 | ENTREVISTA | Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e un dos maiores expertos no monte galego, analiza a traxedia de Pedrógão Grande: "Reparamos de máis na especie que arde cando o importante é a estrutura, a disposición da biomasa ou a xestión da plantación" Cambio climático, eucalipto e política: leccións para Galicia no inferno de Pedrógão Grande | Cambio climático, eucalipto e política: leccións para Galicia no inferno de Pedrógão Grande Juan Picos é profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra e antigo director da Asociación Galega Monte Industria. Recoñecido como un dos maiores expertos do sector forestal en Galicia, sobre o que realizou un completo informe hai dous anos, analiza agora o grave incendio de Portugal logo de que hai un ano puxese o foco no monte galego noutra entrevista en Praza.gal. Pero, como el mesmo recoñece, as comparacións son inevitables ante un territorio agora afectado polo lume que é "un continuo" do país e que, en boa medida, sofre das mesmas eivas en canto ao abandono, o despoboamento e a ordenación territorial no rural. Ante unha traxedia coma esta, a discusión vira en moitas ocasións exclusivamente cara á eucaliptización das zonas afectadas polo incendio. É tan sinxelo o debate? Nestes casos adoita haber posicións moi enfrontadas e seguramente todas elas teñen algo de razón pero tamén algo de engano. Obviamente, o que arde é combustible vexetal e esa acumulación de combustible ten que ver co lume; isto é un feito. O que ocorre é que reparamos de máis na especie que arde cando en realidade o importante é a estrutura, como está disposta esa biomasa e como está xestionada a plantación. E precisamente nestes momentos cando xorden as oportunidades de mellora. Obviamente, o eucalipto ten unha importancia económica que ninguén vai negar, pero tamén é certo que o despoboamento levou a que moita xente o plantase en lugares onde o normal é que non estea nin viva. Aínda así, moitas veces o gran problema, que debemos afrontar xa, é o abandono xeral e a falta de actividade en moitas zonas. "Reparamos de máis na especie que arde cando o importante é a estrutura, como está disposta esa biomasa e como está xestionada a plantación" Cal é o principal problema? Cando unha plantación de crecemento rápido se abandona -mesmo as que non o son tamén- e esa é unha dinámica que se fai extensiva nun territorio, aí temos o problema, pero tamén a oportunidade de mellora. Eu sempre tendo a ser racional á hora de facer certas apreciacións porque, ademais, creo que é a forma de facer chegar a mensaxe aos propietarios. "O debate sobre se eucaliptos si ou non é moi apaixonado, pero se queremos mudar as cousas debemos achegar alternativas" A que se refire? O que non podemos é chegar e dicirlle a un propietario que iso que está plantando non o pode plantar porque o que xeramos de primeiras é rexeitamento. Esa non é unha boa estratexia. Pola contra, debemos achegarnos a eles para intentar que melloren a súa actividade. Estas melloras moitas veces veñen coa diversificación da especie, pero moitas outras tamén co tipo de selvicultura. Nestes casos, a resposta que nos dan é pedir axuda, moitas veces con cartos, pero tamén con formación, información ou extensión. É aí onde temos as oportunidades para mellorar. Logo, o debate sobre se eucaliptos si ou non adoita ser moi apaixonado, pero se o que queremos é mudar as cousas temos que achegar exemplos para que a xente vexa que hai outras alternativas. Mesmo se hai quen elixe esa opción, debemos proporcionarlles tamén formación e axuda para que a situación do monte sexa mellor. "Ninguén vai defender as repoboacións de eucaliptos preto das casas ou de lugares de importancia nautral ou patrimonial pero non pensemos que imos ser quen de facer desaparecer as plantacións" Pero o problema cos eucaliptos existe... Evidentemente, o que ninguén vai defender son repoboacións de eucaliptos preto das casas ou de lugares de importancia medioambiental, natural ou patrimonial: Pero tampouco podemos pensar que agora mesmo seriamos capaces de quitar de diante as plantacións de eucaliptos e ter outra alternativa que xere o mesmo movemento económico cando, ademais, ninguén quita que provoque o mesmo abandono no monte. Este debería ser o enfoque ante o problema, pero coa traxedia de Portugal diante nosa, entendo que é difícil tratar o tema con frialdade. Comprendo todo o que se di. Que fixo que o incendio de Portugal fose tan importante e tivese consecuencias tan tráxicas? No que atinxe directamente a esta traxedia, o que nos impacta a todos, loxicamente, non é que leven ardidas tantas hectáreas porque xa o vimos outras veces, senón que o lume levou por diante a vida de máis de 60 persoas. Neste caso de Portugal, todo o que podía saír mal saíu mal, As circunstancias meteorolóxicas eran extremas, a situación de abandono do monte e a acumulación da biomasa máis sensible era grande, a orografía do lugar era complicada e con moitos vales e desniveis que dificultan o control do incendio e, ademais, era un lugar con accesos difíciles aos núcleos de poboación, con xente moi envellecida e nunha fin de semana onde hai máis persoas do que é habitual e que non saben que facer no caso de que veña o lume... O peor de todos os escenarios posibles pasou. "Mentres á xente de Portugal e de Galicia non se lle ensine o que debe facer ante un incendio así, estaremos xogando á unha lotaría perigosa" E ese escenario pódese repetir? Mentres á xente desta zona de Portugal e de Galicia non se lle ensine o que ten que facer ante un lume destas proporcións, estaremos xogando a unha lotaría bastante perigosa. Non imaxino unha persoa de San Francisco, nos EUA, que non saiba que facer ante un terremoto. De improvisar determinadas actuacións ante unha traxedia, o que pode ocorrer é que multipliquemos os seus efectos negativos. No caso de Portugal xuntouse todo: a situación climática, o abandono agrario e forestal da contorna, a poboación envellecida e tamén un sistema de protección civil que non foi quen de tomar unha boa decisión de evacuación pola dispersión da poboación. As semellanzas da zona afectada son evidentes con Galicia, precisamos preparar a xente ante posibles incendios así de perigosos? Si que se precisa. Unha das ensinanzas ou mensaxes que nos manda esta traxedia é que debemos gastar certo tempo en explicarlle á xente que debe ou non debe facer se ocorre algo como isto. Sen sobreactuar nin esaxerar, pero si hai que facelo. A min tenme pasado de ir por Galicia e ver como xente se despraza a ver un lume, que é como quen vai facer fotos á praia do Orzán na Coruña cando hai un temporal. Temos que aproveitar a situación para formar a xente en catro ou cinco cousas moi básicas. Mesmo naqueles sitios nos que sabemos que hai máis risco, deberiamos establecer zonas seguras onde as persoas saben que deben ir para estar a salvo e logo ser evacuadas facilmente. Isto vai haber que tomalo en serio porque case nunca pasa e o risco é remoto, pero cando xogas moito ás veces acaba tocándoche e unha vez que che toca xa non podes facer nada. Fai falta estar un pouco preparado porque temos centos de incendios ao ano en Galicia, afortunadamente non deste tamaño, pero nunca se sabe. Unha mala decisión como a de coller o coche e escapar pode desencadear problemas máis graves. "Unha das mensaxes da traxedia é que debemos gastar tempo en explicarlles aos galegos que facer cando ocorre algo así" O territorio afectado en Portugal e todo o norte do país é semellante a Galicia en masa arbórea, posibilidades de incendios, dispersión... É tan idéntico como parece? Si, si, totalmente. Se un colle un coche en Ortigueira e vai baixando Galicia, logo pola AP-9 e cara ao sur, todo é un continuo. Se borrásemos o río Miño non saberiamos dicir onde estamos porque van cambiando algunhas cousas pero clarisimamente estamos nun medio natural e socioeconómico practicamente idéntico, así que as cousas hainas que tomar en serio. "O risco cero nunca existe; o mínimo que lle debemos á xente que sofre en Portugal é tomarnos as cousas en serio" Pode pasar algo como o de Pedrógão Grande en Galicia? O risco cero nestes casos nunca existe. Pode ser remoto que ocorra porque é difícil que se xunte todo o malo como en Portugal, pero a mensaxe máis importante que nos manda esta desgraza e que debemos comprobar se estamos en condicións de afrontalo e evitalo. Esa reflexión hai que facela. O mínimo que lle debemos á xente que o está a pasar mal e mesmo á que faleceu en Portugal é tomarnos en serio todo isto. Con todo, como xa comentou tantas veces, o problema é estrutural e de fondo e non se arranxa nin nun ano nin en dous... É que calquera outra cousa é ser un vantaxista. Se alguén tivese a solución para arranxar isto nun ou dous anos, xa non digo que o votaría senón que lle pagaría directamente. O problema é que todas estas circuntancias de fondo veñen pasando desde hai bastantes décadas e temos que ser capaces de reveretelas día a día e cun traballo moi de fondo no medio rural en xeral que implica tamén evitar o despoboamento das aldeas. É unha problemática moi global. Con todo, a sociedade galega debería pensar todas as noites na casa antes de deitarse que fixo nese día para mellorar o medio rural, porque todos podemos facer algo, cada un desde a súa responsabilidade. Seguro que todo o mundo ten algunha finca por aí abandonada ou que pode facer algo, por pequeno que sexa, para mellorar. Debémolo tomar así de en serio. |
NOS_32602 | O ministro de Facenda anuncia o recorte do teito de gasto para 2017 en 5.000 millóns de euros. Feijóo, en troca, quer aumentar o seu limiar en 259. Terá que discutilo co Estado no Consello de Política Fiscal e Financeira. | Na súa investidura, Feijóo anunciou o fin dos recortes e o comezo dunha era de expansionismo orzamental. A chave de bóveda, o incremento do teito de gasto para 2017. Ignoraba naquel momento que o dono das finanzas tiña outros planos. Esta terza feira, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, anunciou no Senado que o teito de gasto para 2017 íase reducir en por volta de 5.000 millóns de euros. Nun Estado como o español, onde os recursos fiscais están basicamente centralizados (a excepción de Euskadi e Nafarroa), un anuncio deste tipo atinxe todos os entes políticos, desde os concellos até as comunidades autónomas. Montoro apañou nas patacas Ciudadanos, a formación laranxa que trombeteara alegremente, en declaracións á imprensa, que os recortes remataran e que en 2017 as administracións públicas irían contar con máis recursos para gastar e para, consecuentemente, mover a economía. Montoro non fixo o papel de polícia mao. As súas declaracións foron respaldadas, tamén na Cámara alta, por Mariano Rajoy, quen botou man do coñecido expediente de que non se pode gastar o que non se ten. O presidente do goberno español ten na cabeza as exixencias de recorte de défice de Bruxelas para 2017: 5.500 millóns menos, practicamente a mesma cantidade anunciada por Montoro como redución do teito de gasto. Desde 2012, a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamental atinxe tamén as comunidades autónoma En realidade, fontes do ministerio de Facenda apresáronse a esclarecer que o recorte non será de 5.000 millóns de euros porque esa cantidade absorbe a diminución dos xuros da débeda pública (o Estado terá de pagar 2.000 millóns menos por créditos financeiros, o cal significa que en realidade a tesourada ao gasto público será por volta dos 3 mil millóns). En que afecta isto Galiza? En moito, desde 2012, ano en que a maioría absoluta impuxo a modificación da Lei Orgánica 2/2012 de Estabilidade Orzamental e Sustentabilidade Financeira, o teito de gasto atinxe non só o Estado, mais tamén as comunidades autónomas e as corporacións locais. Antes non era así. Antes o teito de gasto decidido por Facenda só concernía a administración estatal. O problema, por tanto, teno neste momento Feijóo. A Xunta anunciou un incremento do teito de gasto en 259 millóns de euros para 2017. O Parlamento terá aínda de o aprobar. Como conxugar ese incremento na Galiza co decrecimento no Estado? Do ponto de vista teórico, non hai problema. En 2016, o teito de gasto no Estado decreceu (4,4 por cento), mentres que si aumentou na Galiza (5,2 por cento, en boa parte por ser ano eleitoral). Con todo, o anuncio de Montoro xera dúbidas sobre o cumprimento das previsións de Feijóo, xa cuestionadas polas forzas da oposición, nomeadamente porque o aumento para 2017 (o 2,9%) é inferior ao producido no actual exercicio. En 2016, o teito de gasto no Estado decreceu (4,4 por cento), mentres que si aumentou na Galiza (5,2 por cento, en boa parte por ser ano eleitoral) Facenda terá de convocar agora as comunidades autónomas o Consello de Política Fiscal e Financeira para dar audiencia aos entes subestatais. A situación política é neste momento moi instábel no Congreso dos Deputados -como se viu esta terza feira ao aprobar a oposición, coa abstención de Cs, unha proposición de lei de Unidos Podemos para incrementar o salario mínimo interprofisional-, así que tampouco sería desbotábel que unha presión desde os territorios puidese obrigar Montoro a reconsiderar a súa decisión. Tensións Montoro-Guindos En realidade, tampouco dentro do goberno Rajoy hai consenso fechado sobre esta cuestión. Cs revelou esta terza feira que foi o departamento de Economía, liderado por De Guindos, o que lle filtrou que o teito de gasto para 2017 ía se incrementar. Isto indicaría que as tensións entre Montoro e o ministro de Economía, que xa marcaron a pasada lexislatura, estarían moi lonxe de se amorteceren. Quen podería desequilibrar a balanza, nunha dirección ou noutra, podería ser Bruxelas, mais tamén desde as autoridades comunitarias se envían sinais contraditorios. Por unha banda, está a indicación de que o Estado español debe reducir o seu déficit público en 5.500 millóns de euros, mais ao mesmo tempo se preconiza un aumento do gasto no conxunto da Unión por volta dos 50 mil millóns, un novo estímulo fiscal para dar impulso a unha economía que non acaba de repuntar e que continúa a se ver lastrada por un paro masivo (esta conversión keynesiana da Comisión europea en parte pode verse como unha resposta aos planos de incremento do gasto público en infraestruturas anunciados polo presidente eleito dos EUA, Donald Trump). |
NOS_15172 | O número de desempregados descendeu en 8,32%, tres puntos menos que a media española (11,3%). É o único territorio do norte do estado español onde a taxa de desemprego supera 16%. | O paro baixou en Galiza un 8,32% ao longo de 2016, o que supón que hai 18.200 persoas menos demandantes de emprego a finais de ano que nos seis comezos. Un descenso importante mais que fica lonxe da media española. Neses 12 meses, o paro reduciuse no estado en 11,3%, ou sexa, tres puntos máis. Son datos que vén de publicar o Instituto nacional de estatística (INE) na súa Enquisa de poboación activa (EPA). A taxa de paro de Galiza está en 16,3%, por baixo da española, que se sitúa en 18,6%. Ora ben, o noso país é o que peor rexistro ten de todo o norte do estado. O único cuxo desemprego supera 16%. En Euskadi, Nafarroa e Cantabria non chega ao 13%. En Asturies, Castela-León, Madrid, Aragón e Catalunya anda entre 13 e 15 por cento. Hai no noso país máis de 200.00 persoas no paro: 204.200, segundo a EPA. Volvemos superar o millón de persoas ocupadas: 1.049.600. Mais a taxa de actividade (poboación activa a respecto da poboación en idade de traballar) de Galiza está en 53,37%, a distancia do perto de 59% que ten a media do estado español. Desde a CIG lembran que o cuarto trimestre de 2016 rematou cun total de 204.200 persoas desempregadas en Galiza, o que supón un descenso do paro do 2,6% respecto do trimestre anterior. Hai 2.600 persoas desempregadas menos que no trimestre anterior pero esta cifra é consecuencia da significativa caída da poboación activa que aínda fixo caer en maior medida o número de ocupados. |
NOS_46013 | O proxecto, con contidos dixitais, fai parte na Rede da Galilusofonía | A canle de comunicación Rádio Pessoas -no ar hai escasas semanas- naceu para dar voz á comunidade lusófona a nivel internacional e incluíu a Galiza como un dos territorios con principal protagonismo. O país figura como creador e destinatario das músicas e contidos culturais xunto con outras zonas do mundo con presenza do idioma portugués como Brasil, Cabo Verde, Angola, Timor Leste, Mozambique e o propio Portugal, entre outras. E conecta con ese mundo a través dun cadro de 50 colaboradores. A través desta iniciativa que fai parte da Rede da GaliLusofonía, a Galiza amplía os lazos coa fala do país veciño, algo que o director xeral da iniciativa, Eron Quintiliano, considera totalmente normal e mesmo lóxico. "Levamos nove meses co proxecto e temos e teremos programas e músicas de todos os países de fala portuguesa; incluímos a Galiza pola relación histórica da lingua galaico-portuguesa", sinala. Desde o seu punto de vista, malia que en Rádio Pessoas estean representados territorios tan afastados como o país e San Tomé e Príncipe, por exemplo, cre que o público vai detectar os puntos en común. "Portugal e Galiza é unha cousa soa, non facemos diferenza: temos unha cultura, un clima e unha gastronomía semellantes...", reflexiona, ao tempo que destaca que no Brasil antes de "oficializarse" o portugués "falábase moito galego". Por iso, a axenda galega das industrias e eventos culturais e as músicas da terra terán a mesma cabida, de pleno dereito, que propostas de Guinea Bissau ou Angola. De feito, a radio difundirá contidos especiais con motivo do Festival Maré, que decorre en Compostela do 22 ao 26 de setembro. "Do Brasil a Cabo Verde, pasando por Colombia, Mozambique, Catalunya, Angola, Portugal ou Galiza, Maré aposta de xeito decidido pola diversidade, o achegamento e intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais", di a organización do certame, e algo parecido quere ser esta nova emisora que aínda non ten dial. Quintiliano avanza que o obxectivo é chegar tamén ao espazo tradicional deste medio (e lograr un millón de ouvintes diario), mais de momento a súa programación de 24 horas os sete días da semana está dispoñíbel unicamente na rede a través da páxina web radiopessoas.net. Con ese altofalante que é a rede, o país xa está detrás de programas como Gotas de Galego e Grandes Vozes. |
NOS_14418 | Gonzalo Caballero conversou esta mañá en Ourense co ex presidente do Congreso e ex lehendakari, Patxi López. Ambos chamaron a xuntar o voto no PSOE para evitar que a ultradereita teña forza no Parlamento Europeo. | Quen fora lehendakari e presidente do Congreso, Patxi López, visitou a cidade das Burgas xunto ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. Ambos sinalaron que o grande reto das eleccións europeas do próximo 26 de maio está en vencer a ultradereita. Alertou López de que "por primeira vez na historia, Europa terá que facer fronte a esa extrema dereita nacional, populista, xenófoba e racista, encarnada en figuras como Salvini, Orban, Abascal ou Le Pen" e engadiu que se están organizando para presentarse xuntos. López acusou as formacións de ultradereita de querer destruír "os alicerces europeos" O ex lehendakari e actual secretario de política federal do PSOE acusou as formacións de ultradereita de querer destruír "os alicerces europeos" e sinalou que "para facerlles fronte estamos os socialistas". A ese respecto, engadiu que as prioridade do PSOE é "devolver a Europa os dereitos e liberdades, así como as oportunidades colectivas". Afirmou tamén que a extrema dereita "vén precisamente a destruír os alicerces europeos". " Nese mesmo sentido, Gonzalo Caballero acusou o Partido Popular de "seguir a estratexia do avestruz", metáfora que empregou para criticar a Feixoo por "un día dicir que a que a ultradereita non vai entrar nos concellos e, o mesmo día, o secretario xeral do PPdeG, Tellado, asegurar que non descarta apoiarse en Vox para recuperar cidades". Caballero alertou de que se ao PP "non lle dan as contas o 26M Fexoo, Tellado e o seu cinismo político abrazaranse coa ultradereita" É por iso que Caballero alertou de que se ao PP "non lle dan as contas o 26M Fexoo, Tellado e o seu cinismo político abrazaranse coa ultradereita con tal de manter o poder custe o que custe". Engadiu o secretario xeral do PSdeG que "Feixoo está fóra de xogo, cada vez máis pequeno, máis asustado e máis descolocado" en alusión ás enquisas que lle prognostican unha enorme perda de poder en toda Galiza. Os dirixentes do PSOE arrouparon nun pecorrido por Ourense o candidato á alcaldía da cidade, Rafael Rodríguez Villarino. Tirando de enquisas, Caballero tamén resaltou as posibilidades de conseguir a alcaldía da cidade das Burgas. |
PRAZA_13444 | Nun contexto de desesperanza como o actual faise máis preciso que nunca mobilizar á cidadanía. Para solucionar a pobreza é fundamental que a cidadanía do Norte cambie dun papel pasivo (consumista, desinteresado, prexuizoso) a un papel activo (crítico, feminista, aberto) nas súas propias sociedades e no mundo en xeral. Baixo esta perspectiva, Implicadas no Desenvolvemento propón a campaña Cambia de papel como unha iniciativa que traballe os campos estratéxicos da representación e as estruturas políticas da pobreza e do xénero. | Cada día nos chegan por distintas canles (medios de comunicación, publicidade, consellos, conversas na rúa...) mensaxes derrotistas que afirman que son tempos difíciles, que as cousas están moi mal, que hai que nadar con coidado. No momento actual a clima de crise de valores e de maior incidencia dos actores lucrativos nos recortes sociais (apoio aos bancos e "reflote" das economías a costa de dereitos laborais) ten importantes consecuencias na mentalidade da poboación, que mira aínda máis cara ao propio e que non busca establecer lazos coa situación de explotación planetaria que se padece dende a época colonial nos países do Sur. O consumismo como principal modo de vida das sociedades do Norte leva a que haxa pouco interese en cuestionar os modos de vida propios, algo sen o cal é imposible loitar contra a pobreza Os sistemas de axuda gobernamental están neste momento nunha crise de valores sen precedente, subordinados a recortes inxustificados que fan que sexa prioritario, por unha banda exercer presión sobre eles, e pola outra, asegurar a independencia das súas circunstancias. Igualmente, o consumismo como principal modo de vida das sociedades do Norte leva a que haxa pouco interese en cuestionar os modos de vida propios, algo sen o cal é imposible loitar contra a pobreza. Finalmente, no campo crucial da representación, as nosas sociedades seguen promovendo visións das comunidades do Sur que infantilizan, problematizan ou totalizan as experiencias e polo tanto mediatizan a cooperación. Esta situación vese exacerbada no caso das mulleres, que se converten en ferramentas do imaxinario para establecer ao mundo occidental como o sistema de valores modelo para todas as sociedades. As mulleres do Norte vemos minguados os nosos dereitos e aquelas axudas que dende o Estado nos protexían da violencia, da sobrecarga laboral ou nos permitían entrar a ocupar postos de dirección en condicións de igualdade. O recorte das axudas á cooperación afecta ás mulleres do Sur facendo imposible a continuación de proxectos de desenvolvemento que lles resultan vitais para enfrontarse a situacións de pobreza extrema. Para solucionar a pobreza é fundamental que a cidadanía do Norte cambie dun papel pasivo (consumista, desinteresado, prexuizoso) a un papel activo (crítico, feminista, aberto) nas súas propias sociedades e no mundo en xeral Nun contexto de desesperanza como o actual faise máis preciso que nunca mobilizar á cidadanía. Para solucionar a pobreza é fundamental que a cidadanía do Norte cambie dun papel pasivo (consumista, desinteresado, prexuizoso) a un papel activo (crítico, feminista, aberto) nas súas propias sociedades e no mundo en xeral. Baixo esta perspectiva, Implicadas no Desenvolvemento propón a campaña Cambia de papel como unha iniciativa que traballe os campos estratéxicos da representación e as estruturas políticas da pobreza e do xénero. O obxectivo é que a cidadanía cambie o seu papel, de pasivo a activo, implicándose na promesa do traballo a prol dunhas relacións máis xustas entre os pobos dende un compromiso feminista e crítico. Pero, que significa cambiar de papel? Cambiar de laiar a facer: son moitas persoas as que se queixan de que o mundo vai mal pero, que fan estas persoas que se laian para cambialo? Cambiar do papel individual ao colectivo: resulta complicado que unha soa persoa poida cambiar as cousas, pero moitas persoas unidas fanse fortes. Cambiar o noso consumo: as persoas do Norte consumimos a maioría dos recursos mundiais, e ademais disto as nosas empresas explotan a millóns de mulleres, crianzas e homes. Se cambiamos os nosos patróns de consumo podemos cambiar tamén o mundo no que vivimos. Promover un cambio ambiental: o que facemos aquí afecta a persoas que están moi lonxe. Dende pechar a billa ata apagar a luz e desconectar regletas non só aforran para o noso peto senón que evitan a contaminación ambiental que logo provoca secas e afecta ás nosas compañeiras do Sur. É preciso cambiar de papel no consumo e no comportamento ambiental. En Implicadas no Desenvolvemento pensamos que o cambio está nas nosas mans En Implicadas no Desenvolvemento pensamos que o cambio está nas nosas mans. A retroalimentación entre o que facemos no Norte e as consecuencias que os nosos actos (a gran escala... e a pequena tamén) teñen nos países do Sur é incuestionable. Cambia de papel é unha campaña que busca un mínimo de 50 novas/os socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo da organización, e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que contribúa á superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte. Porque da desigualdade á xustiza hai só un paso, a vontade, CAMBIA DE PAPEL! |
PRAZA_4853 | O PRD leva ante a Procuraduría General a empresa estatal pola adxudicación dos buques aos estaleiros galegos, que considera "un acto ilegal e arbitrario". "A compañía actúa como xuíz e parte nas licitacións", advirte. | O Partido da Revolución Democrática (PRD), segunda forza política en México, vén de denunciar a Pemex ante a Procuraduría General de la República (PGR) polos contratos que a compañía estatal adxudicou aos estaleiros galegos Hijos de J. Barreras e Navantia o pasado 28 de xaneiro para a construción dos dous floteis e que hoxe se asinan na capital azteca. O PRD denuncia os funcionarios que asignaron o contrao por consideralos responsables de "corrupción, traizón á patria e violación da Lei" Segundo informa a prensa do país, o PRD denunciará ante a PGR -un organismo semellante á Fiscalía Xeral do Estado, aínda que con competencias máis amplas- os funcionarios da Rexión Mariña Noroeste de Pemex Exploración e Produción (PEP) que asignaron o contrato a PMI Norteamérica en asociación coas empresas galegas. A oposición leva ante a xustiza, xa que logo, a aqueles que consideraba responsables por "actos de corrupción, traizón á patria e por violar a Lei con coñecemento dela". Para esta formación de esquerdas, principal alternativa ao gobernante PRI de Peña Nieto, a área de PEP adxudicou o contrato a PMI Norteamérica, malia que esta empresa está integrada pola mesma Pemex, de acordo á documentación notarial que a oposición mexicana di ter no seu poder, tal e como declarou o secretario xeral do Comité Executivo Estatal, Luis Alonso García, no diario Campeche Hoy. "Pemex contrata a Pemex, polo que actúa como xuíz e parte nas licitacións", asegura o PRD, que considera a adxudicación "un acto ilegal" "Pemex contratando a Pemex; se isto é posible, daquela Pemex actúa como xuíz e parte nas devanditas licitacións", destacou Alonso García, que cre que, ao ser PMI Norteamérica e PMI Trading Limited parte da empresa petroleira estatal, a compañía tería obviado as regras das licitacións e permitido que se incumprisen as bases da adxudicación ao non presentar o anexo E-1, requisito obrigatorio par pasar á seguinte etapa. Para o PRD, o ditame nesta licitación pública internacional foi "un acto ilegal e arbitrario, co que se entregou a esa filial de Pemex e aos seus socios españois os servizos de alimentación e hotelería co apoio dunha unidade habitacional flotante". A sinatura do contrato Precisamente, PMI, que foi quen representou no concurso internacional a Navantia e Barreras, asinará este luns 17 no paíz azteca o contrato con Pemex. O coordinador de asesores da Dirección Xeral de Pemex, Carlos Roa, aclarou que Navantia "está case listo para iniciar o traballo" e advertiu de que en 29 meses "cumprirase en calidade e tempo" o encargo. Pemex confirma que os floteis serán construídos en 29 meses e que os traballos iniciaranse axiña A concreción da data produciuse durante unha visita institucional a Galicia na que os máximos responsables de Pemex (Carlos Roa e o director de Pemex Comercio Internacional, José Manuel Carrera) estiveron en Navantia e Barreras. A oferta dos estaleiros galegos "resultou gañadora en ambas as dúas partidas co prezo máis baixo solvente entre as ofertas das sete empresas que cualificaron á última fase", dicía o comunicado de Pemex sobre unha adxudicación de 300 millóns e que en Barreras se daba xa por segura logo de que Pemex se fixese co 51% da empresa viguesa o pasado mes de novembro. Eran os traballadores de Navantia os que agardaban con máis expectación un flotel que a Xunta e o Goberno central prometeran hai ano e medio e que deran por adxudicado desde un principio. Competían desde Ferrol con algunha oferta que reducía en 50 millóns o importe ofrecido por PMI en unión con Navantia. A construción deste buque hotel non é nin moito menos a solución para os estaleiros da ría de Ferrol, pero si suporá carga de traballo para máis de dous anos -30 meses segundo a firma estatal- e para uns 500 operarios, o que supón tan só unha quinta parte dun cadro de persoal |
NOS_33587 | O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza considera "inadmisíbel" que non se convoquen prazas para a especialidade de psicoloxía clínica na OPE do Sergas e afirma que é imprescindíbel crear 26 prazas para equipararse exigua media estatal. | Na Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde non se incluirá máis unha ningunha praza para especialistas en psicoloxía clínica. Para o Colexio oficial de Psicólogos isto supón "un verdadeiro abandono da atención psicolóxica no sistema público de saúde, con tan só tres prazas convocadas desde 2010". Tan só se convocaron tres prazas desde 2010. Actualmente, non se chega a cen especialistas exercendo no Sergas, é dicir, 3,34 por cada 100.000 habitantes "Actualmente, non se chega a cen especialistas exercendo no Sergas, é dicir, 3,34 por cada 100.000 habitantes, o que significa que para aproximarnos á media estatal de 4,3 é imprescindible e urxente convocar 26 prazas como mínimo", afirman desde o Colexio. Con esta "infradotación de psicólogos e psicólogas clínicas é imposíbel prestar os tratamentos psicolóxicos que se recollen na carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde, o que implica desatender a saúde mental da poboación galega e vulnerar os seus dereitos recollidos por lei". A prevalencia de trastornos mentais con carácter crónico en Galiza, como a depresión ou a ansiedade crónicas, supera con moito a media estatal O colexio denuncia que é "inadmisíbel" que se sigan cubrindo as carencias asistenciais en psicoloxía clínica do sistema e tratan de cubrir esas eivas con bolsas de investigación e con convenios con oenegués para a prestación de asistencia, "como vimos constatando nas áreas de atención a vítimas de tráfico, oncoloxía, coidados paliativos ou neuroloxía". Ademais, en Galza a prevalencia de trastornos mentais con carácter crónico, como a depresión ou a ansiedade crónicas, supera con moito a media estatal, (sobre o total de persoas con enfermidades crónicas, a prevalencia en Galicia 12,06% fronte ao 7,83% estatal no caso da depresión crónica, e dun 12,57% fronte a un 7,6% no da ansiedade crónica), o que esixe unha dotación de profesionais superior a media española. |
NOS_42204 | Para ADUR e Vellez e Dignidade, o acordo suporía apostar por un modelo que "está obsoleto e mesmo pode resultar inhumano". | A Asociación pola Defensa dos Dereitos das Usuarias de Residencias da Galiza (ADUR) e a Federación Vellez e Dignidade veñen de amosar a "preocupación" das familias por mor das negociacións que estarían a producirse entre a residencia de maiores San Carlos de Celanova e a Fundación San Rosendo, un dos principais grupos do sector. As organizacións en defensa das e dos residentes fan referencia ás "diversas informacións" que apuntan a unha posíbel integración do centro na rede de San Rosendo, unha cuestión que a propia empresa confirmou á axencia Europa Press. Neste senso, censuran a "falta de información" por parte da dirección do centro sobre as negociacións e as alternativas que están sobre a mesa, e salientan a importancia de "afondar no carácter público da residencia e dar participación ás familias na xestión". "Preocúpanos que o órgano xestor da Residencia San Carlos e a dirección do centro perdan capacidade de decisión ao se integrar nun grupo que xestiona 71 centros e 3.700 prazas (no conxunto do Estado). As decisións sobre Celanova xa non se tomarán en Celanova", denuncian, a través dun comunicado. O modelo residencial do futuro Aliás, Vellez e Dignidade e ADUR lamentan que o centro fique en mans dun "grupo de funcionamento empresarial", renunciando, deste modo, "á posibilidade de converter San Carlos nun exemplo do que ten que ser o modelo futuro". Ambos os colectivos reclaman un modelo de residencias pequenas, "con mellores ratios e máis perfís no persoal, e cunha vocación de servizo público integradas nun modelo público de coidados". Para as familias, a opción da Fundación San Rosendo suporía "optar polo modelo privado de grandes centros con atención despersonalizada e insuficiente, como se revelou durante a pandemia, no que cadrar as contas está por riba de calquera outra consideración". Para elas, ese modelo "está obsoleto e mesmo pode resultar inhumano". "De se concretar un acordo, camiñaremos cara a un modelo de 'aparcadoiro de anciáns', que foi claramente ineficaz durante a crise da Covid-19 porque xa o era antes", conclúen. |
NOS_47971 | A Xunta asegurou que o lume estaba perto de estar estabilizado. | O incendio que arrasou o concello de Moaña desde a segunda feira xa foi extinguido, segundo informou a Consellaría do Medio Rural no seu parte matinal, con datos solicitados até as 9 horas desta quinta feira. Orixinado na parroquia de Meira, apagouse arredor das 8.45 horas desta mesma quinta e para iso empregáronse 16 axentes, 38 brigadas, 34 motobombas, oito avións e cinco helicópteros. Queimou 23 hectáreas. O incendio de Lobeira afecta xa 93 hectáreas e entrou no parque natural da Baixa Limia-Xurés Aliás, detectouse un novo incendio no municipio de Lobeira, concretamente en San Xes de Vilariño. Permanece activo desde as 21.15 horas da cuarta feira e queimou xa 410 hectáreas. Situación actual del #IFSanxeslobeira pic.twitter.com/PflFTbf37c— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) August 24, 2022 Indica tamén a Consellaría que este lume afecta o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, pero que "evoluciona favorabelmente cara á súa estabilización". Na zona traballan cinco axentes, 14 brigadas, seis motobombas e unha pa. Por outra parte, o fogo forestal que axexou Ponteareas, coas chamas "ao límite das vivendas", declarouse extinguido na cuarta feira após arrasar unha superficie dunhas 21 hectáreas. E no Val de Santa María (Otero de Bodas, Zamora) un incendio obrigou a cortar as conexións ferroviarias entre a Galiza e Madrid nesa altura, mais o servizo restabeleceuse contra as 21 horas desta cuarta feira grazas ás choivas, que frearon o seu avance. |
NOS_42320 | Após do pronunciamento da Xustiza comunicado esta quinta feira, as forzas de seguridade agardan unha resolución do Ministerio de Sanidade e a Comunidade de Madrid. Representantes das dúas institucións reuniránse no marco do Grupo Covid-19. | A Xustiza tombou o confinamento de Madrid imposto polo Ministerio de Sanidade, mais neste terceiro día laboral no que habería restricións os axentes da Policía Nacional continúan a blindar as rúas. Os controis para comprobar que a mobilidade só se dera por motivos xustificados xa foron retirados das dez cidades da comunidade, pero dado que a situación epidemiolóxica segue a ser preocupante, mantense o control doutras obrigas. Malia que a Xustiza di que o feche "non contén unha habilitación legal para o estabelecemento de medidas limitativas dos dereitos fundamentais", non suprimiu a obriga de levar máscaras nin a limitación do número máximo de persoas nun encontro. Igualmente, seguen activas as prohibicións ao respecto dos horarios de distintos estabelecementos. Dispositivo especial Os corpos de seguridade -Policía Nacional e Garda Civil- tiñan planificado un amplo dispositivo para garantir as restricións ás entradas e saídas na rexión para a ponte do Pilar. No entanto, despois da resolución xudicial, agardan instrucións. Estas deberían saír da reunión do Grupo Covid-19, convocada de urxencia polo ministro de Sanidade Salvador Illa, no que a Administración do Estado español e o Goberno autonómico de Isabel Díaz Ayuso volverán a verse as caras nun clima de tensión. Até o cambio de situación comunicado esta quinta feira, as e os axentes levaban feitas 11.785 identificacións e pararan a 5.978 vehículos en máis de 1.628 controis. |
PRAZA_4758 | Vicepresidencia deixa varias tituladas en Psicoloxía fóra do proceso de selección para dirixir o Centro de Recuperación de Vítimas. Afectadas, sindicatos e oposición pregúntanse se a praza "ten nome e apelidos dende o inicio do proceso". | A lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, aprobada en 2007, contempla no seu artigo 49 a creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero. O Goberno de coalición de PSdeG e BNG puxo en marcha en 2008 o expediente para a creación deste centro que, tras múltiples tirapuxas co Concello de Santiago e unha longa tramitación, vai abrir as súas portas neste 2014. O centro non é exactamente como o concibira o bipartito, coa diferenza fundamental de que só atenderá as vítimas das agresións machistas de xeito ambulatorio e non residencial. Esta é unha das primeiras críticas que recibiu a Secretaría Xeral de Igualdade recibiu ao respecto dun centro que agora se atopa baixo a sombra da dúbida polo procedemento que o Goberno está a seguir para nomear a súa primeira directora. O pasado xaneiro o vicepresidente da Xunta, de quen depende organicamente a Secretaría de Igualdade, asinaba a convocatoria para a selección da persoa que dirixirá o centro. Nese momento, sindicatos como a CIG xa alertaron da posibilidade de que as condicións do decreto promulgado por Alfonso Rueda fosen "irregulares", toda vez que "contempla que poida ser cuberto por persoal alleo á Administración" aínda que "se trata dunha unidade encadrada na Administración xeral", concretamente en Igualdade. Atendo á Lei de Administración promovida polo actual Goberno, ao tratarse dunha unidade administrativa non habería lugar a contratar persoal directivo alleo, senón que habería que seleccionar persoal laboral ou funcionario. A Xunta deixa fóra da lista de persoas admitidas varias tituladas en Psicoloxía Partindo desta dubidosa base, a Vicepresidencia inclúe entre os aspectos a valorar para seleccionar a directora que as aspirantes realizasen "cursos de formación en materia de igualdade, xénero, violencia de xénero ou materias equivalentes", así como másteres ou cursos de posgrao na mesma materia. No entanto, entre os requisitos para o posto figura tamén "estar en posesión de titulación superior universitaria en ramas de coñecemento de arte e humanidades ou ciencias sociais e xurídicas". Fican fóra, polo tanto, titulacións como Psicoloxía, Educación Social ou Traballo Social, carreiras con formación específica en materia de igualdade. Erro da Xunta e petición de explicacións A partir destas bases, hai escasos días Igualdade publicaba a primeira lista de aspirantes admitidas no proceso de selección, deixando fóra ata nove tituladas en Psicoloxía por encadrarse esta carreira no ámbito das ciencias da saúde. Non obstante, esta adscrición só se produce "dende que existe o grao de Psicoloxía", explica unha das afectadas, xa que todas as titulacións anteriores a esta nova regulamentación están enmarcadas, precsiamente, no ámbito das ciencias sociais". Na Universidade de Santiago, por exemplo, o nome completo do título era "licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación, sección Psicoloxía". O Goberno terá que responder se "a praza tiña nome e apelidos dende o inicio do proceso" Estas exclusións só serviron para alimentar aínda máis as sospeitas dos sindicatos e de parte das persoas que optaban ao posto, en cuxa opinión a Xunta deseñou unhas bases "á medida" dun determinado perfil profesional. As protestas chegaron tamén á oposición política, concretamente á voceira do BNG en materia de Igualdade, Carme Adán, que vén de rexistrar no Parlamento unha batería de preguntas para tentar aclarar o que está a acontecer. "Todo apunta -di Adán na súa iniciativa- a un interese por parte do Goberno por dirixir a praza para un perfil", limitando así " a libre concorrencia de persoas formadas e con experiencia" no ámbito da violencia machista. As bases, subliña Adán, "esquecen a importancia da formación específica en igualdade e violencia de xénero, que xa existe e está recoñecida por diferentes universidades". Pero, aínda máis, resulta "incríbel" a exclusión "de persoas que posúen a titulación de Psicoloxía", porque isto é sinónimo de que Igualdade "descoñece a legalidade vixente de homologación de títulos universitarios". Así as cousas, a Xunta terá que responder "por que optou por incumprir a lei" na convocatoria da praza, "por que se eliminan titulacións determinantes na natureza do centro" e aclarar se "a praza xa tiña nome e apelidos dende o inicio do proceso". Ao tempo, a Secretaría Xeral terá que aclarar "por que o centro está centrado no ámbito xudicial, cando a propia lei o circunscribe ao apoio e protección" e "por qeu se eliminou o seu carácter residencial". |
NOS_7994 | Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se desenvolverá o 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. | Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se desenvolverá o 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco premios. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo Con tres finalistas, atópanse seis espectáculos: O empapelado amarelo, da compañía A quinta do Cuadrante; Despois das Ondas, de ButacaZero; Hemos venido a darlo todo, de Voadora; Vida de Cans, de Talía Teatro; MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excéntricas; e Neorretranca e Posmorriña, do Centro Dramático Galego, que fica con tres finalistas. Diplomas e trofeos Así se deu a coñecer durante a tarde de onte en Compostela, durante a tradicional Festa de Finalistas, que tivo lugar no Auditorio da Galiza. O acto, que foi conducido por Mónica García e Rubén Porto, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Miguel Diéguez, director da SGAE para o Noroeste, e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia. As finalistas recibiron unha serie de trofeos e diplomas da man das representantes das institucións que patrocinan os galardóns do teatro galego, organizados pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG) dende 1997. |
NOS_27141 | Pide un aumento das achegas da institución provincial aos municipios, na liña da porcentaxe que se destina nas outras deputacións galegas, e que se introduzan criterios de reparto obxectivos, como marca a propia Fegamp. | Acabar coa discrecionalidade nas axudas e subvencións da Deputación de Ourense aos concellos, fixar criterios obxectivos para regular esas axudas e que haxa un aumento nestas achegas económica da institución provincial aos municipios para situarse no nivel no que se moven as outras tres deputacións galegas. Estas son as tres peticións que saen da xuntanza do grupo provincial do BNG de Ourense coas alcaldías e co-gobernos nacionalistas na provincia. O BNG trasladará a proposta dun Plan Único que estea dotado con 30 millóns de euros e que os repartos de fondos de cooperación da Deputación se faga en base aos criterios marcados pola Fegamp: poboación, superficie, índice de avellentamento e dispersión. Criterios e baremos obxectivos para evitar o reparto clientelar e discrecional que, denuncian os nacionalistas, fai a entidade presidida por Baltar. A Deputación de Ourense destina a fondos de cooperación menos de 10% do seu orzamento, unha porcentaxe moi inferior ao das institucións provincias da Coruña, que reparte 41%, Lugo, 25%, ou Pontevedra, con 27 por cento. Como exemplo da situación actual puxeron Allariz, municipio que recibe da Deputación menos de 70.000 euros. Concellos galegos con características semellantes a este concello reciben cantidades moi superiores. E de se aplicar os criterios de reparto obxectivos marcados pola Fegamp, tería que recibir por volta de 480.000 euros. |
NOS_819 | O Tribunal Supremo ditou dúas sentenzas que confirman a anulación dos proxectos que serviron de base para a posta en funcionamento dos parques eólicos no concello de Mondoñedo. | O Tribunal Supremo ditou dúas sentenzas que confirman a anulación dos proxectos que serviron de base para a posta en funcionamento dos parques eólicos Sasdónigas fase I e fase II, no concello de Mondoñedo. O alto tribunal rexeitou os argumentos da empresa e considerou que a Xunta debía ter en conta o contido da 'Declaración de Impacto Ambiental' (DIA). Así, o Supremo ratifica as sentenzas xa ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) que considerara que a división do parque en dúas fases era "artificial" xa que no "Parque Eólico Sasdónigas Fase II" deberíase realizar a Declaración de Impacto Ambiental incluíndo a Fase I, posto que a fase II "carece dos elementos e equipamentos necesarios para ser considerada unha instalación independente da propia Fase I". Non se valoraron "elementos de especial protección" Ao dividir o proxecto, o Supremo considera que "tampouco se tiveron en conta os efectos acumulativos de senllas fases do parque eólico en conxunto, o que comporta a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental". En todo caso, o alto tribunal tamén remarca que a DIA "non valorou de forma correcta elementos de especial protección, tales como o Camiño de Santiago, un xacemento arqueolóxico e dúas lagoas". Séntase xurisprudencia Os demandantes iniciais estiman que "con estas dúas sentenzas o Tribunal Supremo senta xurisprudencia e obriga os poderes públicos a observaren con maior exixencia e pulcritude a xestión da análise de riscos ambientais acumulados que afectan o territorio sobre o que se asentan este tipo de instalacións". Ademais, nun comunicado, engaden que "non é admisíbel que a avaliación ambiental admita como posíbel un uso que conculque abertamente a Lei de Patrimonio Cultural da Galiza e a protección propia do Camiño de Santiago". |
NOS_31824 | A continuidade dos máximos dirixentes de Podemos após o affaire do chalet dos 600 mil euros foi sancionada nunha consulta cunha participación superior á rexistada en Vistalegre II, o 38,57 por cento das persoas inscritas no partido morado. Dous terzos votaron a favor de Iglesias e Montero reteren os seus cargos -secretario xeral e portavoz do grupo parlamentar, respectivamente-, un terzo a prol da súa demisión. Que un terzo da túa militancia che exixa a renuncia é sinal dun desgaste significativo. | 128.300 persoas inscritas -68,42 por cento- votaron a prol da continuidade da dupla Iglesias-Montero ao fronte da terceira formación política con máis escanos no Congreso dos Deputados. Votaron en contra 59.224, isto é, 31,58 das bases da marca morada. Tiñan direito de sufraxio 487.772 persoas e exercérono 188.176, 38,57 por cento. Unha cifra histórica dentro de Podemos -até agora as súas consultas téñense caracterizado pola súa baixa participación-, mais inferior por exemplo á rexistada (40 por cento) no recente referendo interno realizado na Marea por volta do affaire Paula Quinteiro. A dirección considera os resultados un suceso, sendo que Pablo Iglesias colocara como obxectivo superar o índice de participación de Vistalegre II, proceso en que tomaron parte 155 mil persoas. Daquela o politólogo da Complutense conseguira tamén 128 mil votos a favor e foi reelexido secretario xeral co 89 por cento (21 pontos máis que os obtidos agora). Conscientes da dimensión da súa oposición interna -até o de agora esta expresábase a favor doutras candidaturas á dirección, non directamente a prol da súa demisión- Iglesias e Montero afirmaron este domingo "tomar nota da mensaxe", o que os levou a se comprometeren a corrixir algúns elementos da súa "práctica política". |
NOS_21813 | Dos 12 meses do ano pasado, 7 foron catalogados como cálidos. Choveu no noso país un 26% menos do habitual. Son dados do Laboratorio de Medio Ambiente de Galiza. | O 2015 foi un dos anos máis cálidos do último medio século, con especial mención para decembro, con temperaturas máis altas que a media habitual nesa época no noso país. Así o manifestou a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, após unha visita ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galiza. Sete dos doce meses de 2015 foron catalogados como cálidos e choveu durante 2015 un 26% menos do que é habitual no noso país. Mato puxo como exemplo da 'anomalía' que a temperatura media en decembro foi de 14 graos. Tivemos, pois, un inverno seco, ao igual que o outono, mentres que a primavera foi a máis cálida desde 1997 e o verán foi seco. Porén, e embora haber até un cuarte menos de choivas que o normal, non fixo falla que a Xunta decretase pre-alertas por sequía. Como contrapunto, o Labotario aponta que choveue máis nestes 12 días de mes que en todo un xaneiro normal no noso país. |
PRAZA_8322 | A oposición pide que os 3 millóns que suporían eses concertos sexan destinados á mellora da educación pública e, máis concretamente, a sufragar os comedores escolares. | A Xunta non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula os concertos cos centros educativos que segregan por sexo. Así o anunciou este mércores o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, que contestou ás preguntas da oposición asegurando que o Goberno "acatará" o ditame, polo que deixará de subvencionar os colexios que separan segundo o xénero. Os 3 millóns de euros destinados a estes concertos equivalen a 650.000 menús escolares Os cálculos dos sindicatos educativos e dos grupos da oposición coinciden en que, atendendo aos orzamentos autonómicos e á orde de concertos de 2009, as achegas de fondos públicos aos colexios que separan os nenos das nenas viñeron supoñendo uns 3 millóns de euros anuais. Así, BNG e AGE reclaman xa que estes cartos -que equivalerían a 650.000 menús escolares- sexan destinados á mellora da educacióno pública e, máis concretamente, a este servizo sobre o que agora a Xunta ampliou o copago. A Consellería de Educación anunciou hai tan só unhas semanas a suba de ata un 40% nas taxas dos comedores escolares e fixou un prezo máximo de 4,50 euros por estudante e día, o cal ten que ser abonado polo alumnado en cuxas familias os ingresos per cápita sexan superiores a 9.000 euros anuais. "Que se destinen os cartos a financiar os comedores escolares", reclama AGE Alternativa Galega de Esquerda esixe que eses 3 millóns de euros "se destinen a mellorar o sistema educativo público financiando por exemplo os comedores escolares" para que "non sexan as familias as que teñan que pagar porque os seus fillos e fillas coman no colexio". Tamén o BNG e o PSdeG optan porque eses fondos se destinen ao ensino público. De feito, a decisión anunciada da Xunta de non recorrer a sentenza chega un día despois de que o PP rexeitase no Parlamento apoiar unha moción presentada polo Bloque na que se defendía anular os concertos do Executivo cos centros que segregan o alumnado por razón de sexo |
PRAZA_15878 | Milleiros de persoas toman o centro de Pontevedra para rexeitar a prórroga á permanencia da pasteira na ría que vén de conceder o Goberno de España en funcións. Vídeo no interior. | "A ría é nosa, non de celulosas". O xa clásico berro contra a permanencia de ENCE na ría colleu este venres novos folgos nas rúas de Pontevedra. As décadas de mobilizacións contra a pasteira fixeran que só unhas cantas ducias de persoas respondesen con constancia ás múltiplas convocatorias na súa contra. Pero a prórroga concedida polo Goberno de España en funcións para permitir que o fume de ENCE siga a agromar no paisaxe pontevedrés foi todo un revulsivo. Desta volta non foron ducias, senón milleiros as persoas que se botaron á rúa para clamar contra a herdanza que Mariano Rajoy deixa na que sempre presenta como a súa cidade. Asociacións veciñais e ecoloxistas e todas as principais forzas políticas agás do PP manifestáronse por tras da faixa da plataforma ENCE fóra para sempre, en cuxo centro marchaba o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), flanqueado polo presidente da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa, e polo representante da Federación de Veciños Castelao, Juan Loureiro, ademais de por membros de En Marea, PSdeG, e outras formacións e colectivos chegados tamén dende outros puntos de Galicia. A praza da Ferraría rebordou cando a comitiva inicial se formou e as rúas fixeron o propio cando a manifestación comezou a avanzar. Milleiros de persoas clamaron na rúa contra a "imperdonable e deleznable" prórroga decidida polo Goberno de España en funcións Como salienta Pontevedra Viva, foron uns 90 minutos de percorrido nos que a cabeceira da manifestación tivo que realizar algunhas pausas para, dada a abundancia de persoas, permitir que a parte final da marcha puidese comezar a camiñar. A satisfacción pola resposta popular mesturábase coa "tristura" que, di Masa, inocula na cidade unha resolución "imperdonable e delenzable" que atribúe, en última instancia, a un presidente "desaparecido e derrotado" que mesmo se arriscou a "rozar a prevaricación", porque a concesión de ENCE "ten aberto o expediente de caducidade". A APDR lamenta que "un veciño" da cidade a condene a 60 anos de "cheiro a ovo podre" Os postos de traballo aos que o PP aludiu para desbotar a súa promesa de impulsar o traslado da pasteira, indica a APDR, non son máis que unha "milonga" dos populares que, salienta, teñen destacados membros sentados no consello de administración da empresa. O emprego xerado podería ser moito máis, afirma, se o lugar de ENCE pasase a estar ocupado por actividades marisqueiras ou turísticas. No entanto, lamenta o manifesto lido ao remate da protesta, a veciñanza de Pontevedra e bisbarra semella condenada aturar ata 2073 "o cheiro a ovo podre" e tamén o das "cloacas do Estado" alimentadas por "un veciño, Mariano Rajoy". O Concello advirte de que fará "todo o posible" para frear o "pelotazo" Tanto a plataforma convocante como a APDR e o propio alcalde advirten de que a deste venres non será a última acción contra a prórroga. Foi unicamente a primeira e "en quente", resalta Lores, quen di negarse a que Pontevedra teña que seguir "cheirando esta merda" ata dentro de máis de medio século. O goberno local, ratifica, presentará o recurso que legalmente ten a posibilidade de formular e seguirá a facer "todo o posible" para frear un "pelotazo" que, asegura, tamén terá consecuencias electorais para o PP, toda vez que este venres ficou claro que "a maioría" da poboación pontevedresa e a súa contorna non quere seguir convivindo coas consecuencias de "defender o poder económico que ENCE representa. Remate da marcha, na Praza da Ferrería / GZ Foto |
NOS_9425 | O editor optará á reelección cunha candidatura conformada polo groso do equipo que mantivo durante o catro anos anteriores, no que repetirán Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Henrique Monteagudo. A principal novidade será a inclusión da cineasta Margarita Ledo Andión | O editor e docente Víctor Freixanes optará á reelección como presidente da Real Academia Galega cunha candidatura continuista e na que integrará á escritora e cineasta Margarita Ledo Andión como parte do seu equipo. O proceso de elección da nova executiva da Academia concluirá finalmente sen sorpresas. O prazo de presentación de propostas pechouse esta quinta feira e Freixanes foi o único académico en presentar candidatura para liderar o proxecto da institución durante os próximos catro anos. Segundo as fontes consultadas por Europa Press, a RAG celebrará este mesmo sábado o pleno do que sairá a nova executiva da institución e está prevista, como en anteriores ocasións, unha convocatoria pública ante os medios de comunicación para dar a coñecer o resultado da votación. O editor optará á reelección cunha candidatura conformada polo groso do equipo que mantivo durante o catro anos anteriores, no que repetirán Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Henrique Monteagudo. A principal novidade será a inclusión da cineasta Margarita Ledo Andión, que xa formara parte da executiva presidida por Xesús Alonso Montero. As mesmas fontes confían en que a candidatura obteña un "gran respaldo" entre os membros do pleno da institución, aínda que a continuidade xa se daba por feito nestas últimas semanas. O final do mandato de Freixanes oficializouse o mes pasado no pleno da institución académica, tras cumprirse catro anos desde que o 28 de marzo de 2017 se situase á fronte do posto deixado polo seu antecesor no cargo, o escritor e intelectual Xesús Alonso Montero. A partir dese momento abriuse o proceso para a elección da nova comisión executiva, que culminará finalmente esta mesma fin de semana coa votación do novo equipo e a reelección de Freixanes como presidente da Academia. Ato é momento, o secretario saínte, Henrique Monteagudo, exerceu ao cargo da Presidencia en funcións e da responsabilidade de pór en marcha o proceso electoral. |
NOS_45049 | Representantes das familias reuníronse co ente comunitario e coa portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e volveron reclamar unha investigación independente. | A plataforma de vítimas do Alvia 04155 sinalou esta cuarta feira que confía en que Bruxelas realizará unha auditoría antes de final de ano sobre o procedemento de infracción aberto contra o Estado español polo incumprimento da normativa europea de seguridade ferroviaria, un expediente que esta asociación vincula á falta de investigación sobre o accidente de tren de Angrois, no que faleceron 80 persoas. Tras unha reunión co director da Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte da Comisión Europea, Kristian Schmidt, na que tamén participou a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, o portavoz da plataforma de vítimas, Jesús Domínguez, indicou ante os medios que se lles confirmou que haberá unha auditoría a finais de ano. Irán membros da Axencia Ferroviaria Europea a chequear se realmente España está a cumprir co que di". No encontro en Bruxelas, a plataforma de vítimas do accidente ferroviario reclamaron "unha investigación independente por parte do Estado español", indicou Miranda, así como "que non se peche ese procedemento de infracción que conseguimos abrir en 2019 e que se atrasou dunha maneira totalmente escandalosa". Porta aberta a unha nova investigación "independente" do accidente de Angrois ás portas do xuízo En 2019, a Comisión Europea abriu un expediente sancionador contra o Estado español ao considerar que os seus procedementos de control da seguridade ferroviaria "non cumpren os requisitos" que esixe a normativa comunitaria. Nese momento, Bruxelas identificou "deficiencias" na forma en que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) "analiza e investiga os accidentes e incidentes", segundo informou a institución comunitaria nun comunicado. "O informe aínda non chegou. Agora infórmannos de que en agosto virá outra parte do informe", indicou a portavoz do BNG en Europa sobre a documentación que ten que enviar España relativa a ese procedemento de infracción, iniciado en 2019, polo que Bruxelas lle pediu a certificación de que se cumpren cos criterios de independencia da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF). Miranda lamentou que esa información non se proporcionou "en tres anos e medio" e denunciou que España enviase o informe "por partes". Nun paso máis, manifestou a súa satisfacción por que a Comisión Europea dixese que o procedemento de infracción non se pecha porque hai "indicios" de que aínda non se está cumprindo a lexislación ferroviaria europea. O xuízo polo accidente de Angrois sofre un novo aprazamento A Axencia Europea Ferroviaria publicou un informe en 2016 no que determinou que a análise sobre o accidente de tren Alvia, no que morreron 80 persoas, era incorrecto e que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios non era independente. Por mor diso, Bruxelas pediu en varias ocasións a España que efectúe unha nova investigación técnica que cumpra cos requisitos europeos. Nun paso máis, Miranda destacou que o director da Dirección Xeral de Transporte e Mobilidade asegurou que se dirixirá á comisaria de Transporte, Adina Valean, para que envíe unha carta ao Estado español "para insistir na investigación independente" sobre o accidente ferroviario na localidade galega de Angrois o 24 de xullo de 2013, unha investigación que corresponde realizar aos Estados membros. "Elemento positivo de presión" "O director xeral comprometeuse a falar con ela agora en setembro e que, antes de fin de ano, a comisaria envíe ao Estado unha carta emprazando unha investigación independente", asegurou a portavoz do BNG. "Parécenos un elemento positivo de presión", dixo Miranda que razoou que "a comisaria aínda non se manifestou sobre o tema e cremos que vai sendo hora". Aliás, a portavoz do BNG lembrou que en 2017 a Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte da Comisión Europea xa enviou unha carta a España na que convidou a reabrir a investigación e levala a cabo con independencia á CIAF. Así Miranda incidiu na demanda da plataforma de vítimas do Alvia de que "haxa unha investigación independente como esixe a normativa comunitaria" e estea realizada por "un organismo que sexa imparcial e non a CIAF", que "na práctica non o é". |
NOS_39187 | As principais reformas aprobadas nos últimos anos contaron coa complicidade dos dous grupos políticos maioritarios. PP e PSOE pactaron boa parte das medidas que supeditaron a economía aos intereses do capital financeiro. Estes acordos atenuarán, e moito, o contraste electoral no cara a cara entre os candidatos do PSdeG e PP á Presidencia da Xunta que TVG e RG retransmitirán desde as 21:30h. | A poucas horas de comezar o primeiro debate electoral que poñerá fronte a fronte aos candidatos do PP e do PSOE, recuperamos os grandes acordos aos que ambas as dúas forzas políticas chegaron nestes últimos anos e que ensombrecen o contraste que terá lugar no cara a cara. Os pactos asinados polos que din ser os dous grandes partidos, dan conta da complicidade ideolóxica que comparten. Desde o estourido da crise económica e financeira en 2008 --após a caída dunha das maiores entidades financeiras mundiais, Lehman Brothers, da que o agora ministro de economía Luis de Guindos foi director no Estado español-- o Partido Popular e o PSOE mantiveron importantes consensos nas cuestións fulcrais para as economías galega e española. Porén, algunhas das principais fraudes financeiras como a das preferentes, foron autorizadas con anterioridade por estes dous partidos. Neste senso, foron diversas as ocasións nas que os dous partidos políticos con maior representación parlamentar mantiveron idénticos posicionamentos e sacaron adiante medidas que, aínda contrarias aos intereses das maiorías sociais, foron apoiadas polo que algunhas persoas denominan 'PPSOE'. Lei 19/2003: a orixe da fraude das preferentes Se botamos a ollada atrás, en 2003, o daquela goberno liderado por José María Aznar, aprobaba coa compracencia do PSOE e CiU, a Lei 19/2003 pola que se regulaba a emisión de Participaciós Preferentes. Após debateren e aprobaren de maneira conxunta a devandita lei, ambas as dúas forzas políticas facían extensíbel a comercialización deste tipo de produtos financeiros entre as persoas aforradoras --para alén dos inversores--. Aliás, PP e PSOE acordaron que a nova norma introducise varias disposicións encamiñadas a salvagardar os intereses das entidades financeiras fronte ao carácter fraudulento das participacións. Neste senso, aprobaron a aplicación dunha amnistía fiscal e penal para as preferentes emitidas con anterioridade á aprobación da lei impedindo que as investigacións abertas pola Fiscalía Anticorrupción puidesen pór fin ao que, anos despois, se amosou como unha das maiores estafas do noso país que conta a día de hoxe con máis de cincuenta mil persoas afectadas. A reforma da Constitución e o sometemento da economía aos intereses dos mercados A aprobación na Comisión Europea --en xullo de 2012-- do Tratado de Estabilidade, Coordinación e Gobernanza na UE --que xa contaba nas institucións comunitarias co visto e prace dos dous grupos políticos-- amosou un dos acordos de maior trascendencia política dos últimos anos entre PP e PSOE. De acrodo co disposto no TECG, os gobernos comunitarios ou "partes contratantes" debían incorporar as disposicións do tratado aos seus ordenamentos xurídicos --preferentemente con rango constitucional-- e fixar un teito de gasto público que non superase o 0,5% do seu PIB, aliás, o acordo fixaba a orbriga de priorizar o pagamento da débeda contraída con entidades financeiras privadas, a calquera outro investimento e gasto público (pensións, ensino, sanidade, dependencia...) de acordo co disposto no artigo 3.2 do Tratado de Estabilidade tamén coñecido como Pacto fiscal. Neste senso, o goberno español encabezado por José Luis Rodríguez Zapatero, pactaba unha reforma de urxencia da Constitución española --cunha tramitación de 48 horas-- pola que se modificaba o artigo 135 da Carta magna. O cambio introducido no texto constitucional --que unicamente contou co apoio das dúas organizacións políticas maioritarias-- exixía a adecuación das actuacións de todas as administracións públicas ao 'principio de estabilidade orzamentaria', limitando a súa capacidade de investimento. A reforma da Lei de caixas. O desmantelamento do aforro galego En xullo deste mesmo ano, PP e PSOE votaban a favor nas Cortes españolas da reforma da Lei de caixas. A norma permitiu a entrada de inversores privados no seu capital pasando estes a obter dereitos políticos proporcionais ás súas cotas de participación. A privatización das caixas puxo fin ao límite que tradicionalmente condicionaba a tenencia de cotas por un mesmo partícipe ao tempo que se impedía a participación de cargos eleitos nos seus consellos de administración. A aprobación desta reforma foi aplicada ás dúas princpais caixas galegas --Caixa Nova e Caixa Galicia-- que serían bancarizadas con posterioridade até se converter en Nova Galicia Banco. Núñez Feijóo foi alén do que o seu propio partido no Parlamento español, e modificaría --de urxencia-- a lei para permitir que os directivos das caixas puidesen perdurar nos seus cargos após a fusión. |
PRAZA_17186 | María Costas difunde unha carta a través de En Marea na que lamenta a falta de atención nos momentos posteriores ao falecemento da súa nai e coida que que "as autoridades" acudiron con celeridade a Tui "porque consideran que non teñen ningunha responsabilidade no ocorrido" HEMEROTECA | Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós" | HEMEROTECA | Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós" "Por que diferenzas?". María Costas Otero é filla de Ángela Otero, unha das dúas falecidas no incendio que arrasou os montes de Chandebrito (Nigrán) o pasado outubro, un dos máis violentos da vaga na que arderon unhas 50.000 hectáreas de monte en toda Galicia en apenas dous días. Esa alusión ás "diferenzas" son o título dunha carta que María Costas remitiu a En Marea e que a formación divulgou este venres, no marco das súas xornadas parlamentarias Territorio queimado, territorio silenciado, que trataron diferentes aspectos dos incendios forestais. A "desgraza ocorrida en Tui" esta semana, co estourido dun almacén pirotécnico que matou dúas persoas e feriu unha corentena máis, fixo que Ángela "revivise con maior intensidade o que sufrimos dende o pasado 15 de outubro", pero tamén que detectase disparidades de trato por parte das autoridades. "A Tui acudiu o vicepresidente da Xunta o mesmo día dos feitos e ao día seguinte, ao parecer, o presidente da Xunta", relata María na carta, e engade: "penso que cumpriron coa súa obriga". "Tamén, case dende o primeiro momento, enviaron equipos de axuda psicolóxica e considero que tamén isto é o correcto". Así e todo, lamenta, "pregúntome a que se deben tan substanciais diferenzas a respecto das actuacións e comportamento das autoridades" con relación "ás que tiveron co pobo de Chandebrito e cos familiares das dúas vítimas mortais". "O incendio -lembra- na tarde do domingo 15 de outubro". O día 16, afirma, "a Chandebrito non acudiu ningunha autoridade" e "tampouco se enviaron equipos de axuda psicolóxica". "O mesmo ocorreu o día 17". Na xornada posterior aos falecementos só "se puxeron en contacto cos familiares das dúas vítimas" os "axentes da policía xudicial, para que lles facilitásemos fotografías e acudísemos a prestar declaración", así como para "recoñecer obxectos persoais e outras dilixencias". María Costas: "Pregúntome a que se debe a diferenza e a resposta non pode ser outra que, no caso de Tui, as autoridades consideran que non teñen ningunha responsabilidade no ocorrido e por iso se presentan sen problemas" Neste escenario, lembra, o martes 17 "acudimos ao centro de saúde a pedir axuda psicolóxica, que foi concertada cos medios do propio centro para o día seguinte" e nesa mesma xornada "recibimos a primeira chamada dun conselleiro, ao que lle trasladamos o noso enfado". "Finalmente -relata- enviaron o equipo psicolóxico o mércores 18 a media tarde, cando estabamos acompañados polos nosos familires, amigos e veciños no tanatorio". Nese momento si "acudiron, entre outras autoridades, o presidente" e tamén o alcalde da vila. "Antes non existiamos, non tiñamos necesidades", censura. María Costas lembra nesta carta que á contorna de Chandebrito tamén se achegaron outros "políticos" de "ámbito estatal", pero "só viñeron facer a foto". Mentres, láiase, "o presidente Rajoy nin sequera apareceu no Concello", o que a leva a pensar que "son incapaces de diferenciar entre o partido político do que é o alcalde e o desastre ocorrido" -o rexedor de Nigrán é Juan González (PSOE), que na noite dos incendios se atopaba en Madrid por mor da recuperación da doazón dun ril ao seu fillo, ausencia que Alberto Núñez Feijóo deu en reprochar no Parlamento-. "Por como vivimos nós a nosa traxedia é polo que comparo como están facendo con esta de Tui" e "pregúntome a que se debe a diferenza", sinala a carta María Costas. "A resposta", ao seu xuízo, "non pode ser outra que a de que, no caso de Tui, as autoridades consideran que non teñen ningunha responsabilidade no ocorrido" e "por iso se presentan no lugar sen problema", reprocha. |
PRAZA_12270 | O secretario xeral dos socialistas fai do seu informe de xestión ante o Congreso Nacional un adianto do discurso co que pedirá o voto para seguir á fronte dun partido que ve como o "corazón" da "irmandade da esquerda galeguista". Enfronte, os partidarios de Elena Espinosa amosan confianza na vitoria. | No trixésimo quinto congreso do PSOE, no ano 2000, José Luis Rodríguez Zapatero comezou metendo no peto os delegados cunha proclama que levou como sinal de identidade durante non pouco tempo: "non estamos tan mal". No seu informe xestión ante o duodécimo Congreso Nacional do PSdeG, Pachi Vázquez botou man dunha fórmula semellante: "estamos mellor do que nos pretenden facer crer". Nunha combinación de contidos, no que combinou o propio informe de xestión co que podería ser un adianto do discurso co que pedirá o voto para seguir á fronte da secretaría xeral, Vázquez lanzou unha mensaxe sobre o estado de saúde do partido que moitos interpretaron como un recado á súa opoñente, Elena Espinosa. "Repetir que estamos mal é parte da estratexia da dereita, nunca lle axudemos á dereita". A primeira grande ovación chegou ao reivindicar Vázquez o principio "unha persoa, un cargo" Mentres nas redes sociais os partidarios de Espinosa censuraban a chamada do candidato a reelección a "non alimentar a estratexia do PP", Vázquez aseguraba que a súa proposta é "un debate en positivo" tras "tres anos de confianza". "Hai case tres anos movíame o que me move agora, a forza para sacar adiante este país" e por iso, di, "non marchei para a casa", senón que fixo "o que fai un bo socialista, cantos máis problemas, máis hai que dar a cara". Nesa clave de balance xurdiu o primeiro grande aplauso do Congreso ante a mención do que foi un dos grandes cabalos de batalla de Vázquez: "Cumprimos a norma de incompatibilidades, unha persoa, un cargo, para que todos esteamos onde temos que estar, sen repetirnos". Xunto á reivindicación da propia xestión, Pachi Vázquez esforzouse en subliñar que o partido "non o está facendo mal" grazas aos seus militantes e representantes institucionais. "Baixo condicións estremas estámoslle marcando a axenda política" e "conseguindo que lle caia a máscara ao PP". O PSdeG, asegura, é o responsable de que "lle caia a máscara" ao Goberno de Feijóo. "Estamos logrando que os galegos empecen a saber a verdade, que están sufrindo o maior ataque ideolóxico" e "un recorte de dereitos sen pudor" para "converter nun negocio a sanidade e a educación". Neste contexto e cun ton próximo ao mitin, Vázquez ponse unha meta ambiciosa: "liderar a grande irmandade da esquerda galeguista que saque a Galicia deste problema". Entre as súas receitas para logralo, outra posible mensaxe á súa rival: o PSdeG debe ser "un partido en clave de país, coa máxima autonomía, onde as decisións se tomen en Galicia e pensando no que pase en Galicia", proclamou, nunha chiscadela que tamén saíu ben parada do aplausómetro. "É tempo de recoller o sementado" e non dunha "volta aos nosos problemas nin aos vicios do pasado", conclúe Vázquez. |
NOS_55740 | Europa Laica na Galiza presenta unha queixa ao considerar que se vulnerou a opción de non recibir formación relixiosa durante o confinamento. | A asociación Europa Laica na Galiza advertiu unha "vulneración" das leis de ensino "no tocante á liberdade de escolla da materia de relixión" durante o tempo da aprendizaxe a distancia provocado polo confinamento e a crise sanitaria do coronavirus. Veñen de rexistrar unha queixa na Consellaría de Educación após realizar un estudo "en 230 centros de ensino primario" de Pontevedra e constatar que no "69% dos centros" se compartiu contido da materia de relixión en aberto para todo o alumnado, non só para o matriculado nela. "A nosa alarma foi en aumento ao comprobarmos que en 48 centros as tarefas de relixión aparecían misturadas coas doutras disciplinas mostrando os seus contidos en aberto (como debuxos relixiosos) sen discriminación de ningún tipo e sen respectar a vontade das familias que escolleran e manifestaran a sua vontade de que as súas crianzas non accederan a estes contidos", salientan nun comunicado. Desde o colectivo Europa Laica na Galiza afirman que non poden "considerar ensino os contidos relixiosos", polo que instan "a separar, de vez, os campos das crenzas individuais da aprendizaxe científica". Ensino baseado no "método científico" "As institucións do Estado non deberían privilexiar unhas crenzas sobre outras, ou a ausencia delas, por un principio básico de non discriminación e respecto á totalidade da cidadanía", aseveran no seu informe sobre o acceso do alumnado aos contidos relixiosos durante o confinamento. Así, inciden en que "o ensino dun país moderno debería estar baseado no método científico e no estudo dos achados que permiten, e permitirán, un maior dominio das nosas posibilidades de desenvolvemento como seres humanos". Reclaman que os contidos relixiosos se distribúan de maneira "privada" ao alumando que así o solicitou e que non se difunda ao conxunto do alumnado. Desta maneira, agardan unha "rectificación" da Consellaría de Educación "para que corrixan esa anomalía e non volvan incorrer nunha situación que vulnera os dereitos dos menores". |
NOS_44185 | A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) recupera a 'Copa Galiza' coa lembranza do etnólogo e antropólogo sueco Staffan Mörling. | A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) decidiu retomar a extinta 'Copa Galiza de dornas a vela', rebautizándoa co nome de 'Copa Mörling', como mostra de agradecemento a todo o labor realizado a prol da salvagarda das embarcacións tradicionais galegas polo etnólogo e antropólogo sueco Staffan Mörling. Para esta organización "non hai mellor forma de homenaxear a figura deste bueuense de adopción que fomentando a exhibición de saberes de navegación tradicional e de embarcacións que supoñen as regatas de dornas a vela". As dornas homenaxean Rosalía de Castro A competición consistirá en cinco regatas que terán lugar entre os meses de xullo e agosto nas vilas de Portonovo, Sanxenxo (18 de xuño), Cambados (2 de xullo), O Grove (30 de xullo), A Illa de Arousa (6 de agosto) e Combarro, Poio (27 de agosto). As probas serán de, aproximadamente, dúas horas de duración e terán lugar os sábados pola tarde, excepto a de Combarro, que será pola mañá. Na procura de maior difusión das dornas As regatas de dornas a vela son unha demostración de saberes tradicionais que forman parte do rico patrimonio inmaterial que supón a navegación tradicional con vela de relinga. Co obxectivo de promover e estimular a participación neste tipo de eventos, Culturmar conseguiu unificar catro regatas de dornas a vela que xa existían na Galiza (Portonovo, Cambados, O Grove e A Illa de Arousa) e engadir unha en Combarro para crear a 'Copa Mörling'. A organización deste evento persegue, sobre todo, conseguir unha maior difusión entre o público xeral das dornas como patrimonio material e da súa maneira de navegar como patrimonio inmaterial, así como dar a coñecer para que se empregaban estas embarcacións profesionalmente e en que contexto xorden estas competicións informais. Do Ulla cara o Sar, as dornas homenaxean Rosalía "A finalidade última é a convivencia e a cooperación entre embarcacións e colectivos de diferentes partes da Galiza", sinalaba o presidente de Culturmar, Xosé Luis Sacau na presentación do evento. Na organización das regatas participan a Asociación A Torre de Cambados, A Reiboa de Combarro, a Asociación Amigos da Dorna de Portonovo, a Asociación Cultural e Deportiva Dorna da Illa de Arousa e a Dorna Meca do Grove. |
NOS_14361 | Malia a espectacularidade das imaxes e o temor que trasladaron á cidadanía, o Instituto Volcanológico de Canarias (Involcan) quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade. Afirma que o sucedido entra dentro do comportamento normal dun volcán. | A actividade do volcán de Cumbre Vieja, na illa de La Palma, non cesa e o poder destrutivo da lava mesmo vai a máis por momentos. Na tarde desta quinta feira o Instituto Volcanológico de Canarias (Involcan) informou de que a colada que saía do cono principal desbordou afectando a novos espazos. A pesar de que o volcán leva activo xa 25 días, hoxe detectáronse novas imaxes que incrementan o medo da poboación. "Nada preocupante por agora", aseguran desde Involcan Segundo algunhas informacións, o avance do material saído de Cumbre Vieja implicou a destrución dun campo de fútbol e dun supermercado nun lugar que fora desaloxado esta mesma semana. As autoridades sinalaron que perto de 1.200 veciñas e veciños tiveron que ser desprazados pola ameaza da lava, o que eleva o número global de persoas que están fóra dos seus fogares a case 7.000. Desborde de la colada de lava en el cono principal a las 14,15 hora canaria / Outflow on the lava flow at the main cone at 14,15 canarian time pic.twitter.com/X1S6Pupi8M— INVOLCAN (@involcan) October 14, 2021 No entanto, desde Involcan garanten que este suceso "é común polas flutuacións do caudal de lava". "Nada preocupante por agora", engadiron as mesmas fontes. De feito, desde o Instituto Xeográfico Nacional (IGN) tamén quixeron tranquilizar á xente confiando en que esa lava desbordada acabe regresando ao caudal da colada principal. |
PRAZA_821 | Menten. Menten sen reparos e sen remordemento. Porque, aínda que tamén o neguen, esta lei provocou e provoca moito sufrimento a miles de cidadáns coa saúde precaria e coa angustia de carecer de medios para facerlle fronte á doenza. Non lles importa. | En abril de 2012, aos tres meses de ocupar o poder, o PP publicou no BOE un Real Decreto Lei (RDL 16/2012), teoricamente orientado a garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público, aínda que, en realidade, tratábase dun atentado frontal contra o mesmo. Esta celeridade do Ministerio, dirixido por Ana Mato, só se pode explicar dun xeito: ese texto xa estaba escrito cando, na campaña electoral, pregoaban que nunca tocarían a sanidade, a educación e os servizos sociais. Estaba na súa "axenda oculta" e recolle as medidas que querían impoñer en sanidade (recortes e privatizacións) calquera que fose a situación herdada. Este RDL suprime o dereito universal da cidadanía á sanidade e recupera as casposa figura do "asegurado" dos anos setenta Este RDL suprime o dereito universal da cidadanía á sanidade e recupera as casposa figura do "asegurado" dos anos setenta. Xa que logo, as persoas serán atendidas en canto coticen para conseguilo: a saúde deixa de ser un dereito e convértese nunha mercadoría que hai que pagar. Este RDL provocou a exclusión de preto dun millón de persoas da cobertura sanitaria (inmigrantes), pero hai outros colectivos que se poderán ver afectados no futuro. Alfonso Alonso, entón portavoz do PP, intentou xustificar esta exclusión dicindo que era necesaria para evitar o colapso das urxencias. Agora, como ministro de Sanidade, utiliza o mesmo argumento para todo o contrario, xa que anunciou que os inmigrantes excluídos poderán ser atendidos en Atención Primaria, aínda que non recuperan o dereito á tarxeta sanitaria. Esta tarxeta, co seu Código de Identificación Persoal (CIP) é imprescindible para poder "circular" polo sistema sanitario nos seus distintos niveis, sen discriminacións. É como o DNI na vida ordinaria: imprescindible para realizar calquera trámite civil, administrativo ou xurídico. O contrario é ofrecer unha asistencia de segunda división, unha atención de beneficencia, unha prestación caritativa. Trátase, de novo, dunha gran mentira, preocupados como están polas malas perspectivas electorais. Para rectificar de verdade só hai un camiño: derrogar o RDL 16/2012, que provoca a exclusión e carrexa outros danos e prexuízos a todos os cidadáns (copagos, retirada de fármacos ou prestacións, fragmentación da carteira de servizos). Pero non o van facer -como reclamaron recentemente todos os partidos agás o PP e Cidadáns-, porque esa lei é a pedra angular que utilizan para desmantelar o sistema sanitario público e xerar espazos de negocio para as aseguradoras e empresas afíns. Só lles interesa xerar beneficios privados a costa do orzamento sanitario. Nun debate televisado sobre o tema escoitei ao representante do PP afirmar que non se podía devolver a tarxeta sanitaria aos excluídos porque "provocan moito gasto sanitario no exterior" que despois hai que reembolsar. Tamén afirmou que a medida fora aprobada no Consello Interterritorial do SNS (CISNS), onde están representadas todas as Comunidades Autónomas. Nada disto é verdade. Os inmigrantes non provocan maior gasto sanitario (nin aquí nin no exterior) xa que son, na súa maioría, persoas novas e sas que veñen traballar e a gañar a vida (e se os ilegais non teñen contrato non é pola súa decisión: é o contratador quen incumpre a norma). Ademais este RDL nunca foi aprobado no CISNS; nin sequera foi discutido no Parlamento. Ao tratarse dun "Real Decreto" foi remitido directamente ao BOE polo goberno do PP, tras ser asinado polo Rei cazador de elefantes. Os inmigrantes non provocan maior gasto sanitario (nin aquí nin no exterior) xa que son, na súa maioría, persoas novas e sas que veñen traballar e a gañar a vida Menten. Menten sen reparos e sen remordemento. Porque, aínda que tamén o neguen, esta lei provocou e provoca moito sufrimento a miles de cidadáns coa saúde precaria e coa angustia de carecer de medios para facerlle fronte á doenza. Non lles importa. Só lles interesa o negocio e cumprir as instrucións do lobby empresarial. Cando pase o tempo electoral volverán, si non son desaloxados do poder, coas súas políticas de desmantelamento do Estado de benestar, co saqueo das arcas públicas. |
PRAZA_16962 | Non existía a TVG nin recibiamos a emisión de TVE dende Compostela; na tele botaban o 'Panorama Regional' asturiano e os luns era imprescindible botarlle un ollo ao resumo da xornada dos equipos de Asturias | Agora que xa nin a peixeira me chama "chaval" podo dicir que sendo eu un neno non é só que non existise aínda a TVG, é que na miña vila nin sequera recibiamos a emisión de Televisión Española vía Compostela. Nada de Xoán Barro nin de Tareixa Navaza, cero noticias da heroica preautonomía galega e si moitas da durísima reconversión industrial e mineira do Principado. Cada día, entre as clases da mañá e as da tarde, facía tempo xogando cos coches Guisval sobre a alfombra mentres na tele botaban o Panorama Regional asturiano. Seguramente sexa unha estupidez intranscendente, pero son incapaz de facer unha serie de cousas do día a día sen recordar a época. Cada vez que me explican algo e logro entendelo, digo: "Lo veo todo claro con Óptica Navarro"; non consigo pasar xunto aos estantes das fabas no supermercado sen cantar "Legumbres La Muyerina, así cualquiera cocina" nin facer unha foto panorámica co teléfono sen recordar a cortinilla do "pa-pa-pa-pa... Panorama"; e como daquela os 40 Principales tamén se recibían vía Radio Asturias FM, 97.5 FM, sigo tendo entre os meus grupos favoritos aos Ilegales, aos Stukas de Langreo ou a Los Locos. Estou tamén seguro que vén de aí a miña preferencia polo fútbol pedestre e esforzado da época sobre o de cellas depiladas da actualidade. Os luns a mediodía era imprescindible botarlle un ollo ao resumo da xornada dos equipos asturianos. As épicas lameiras do Hermanos Antuña, o aire estirado do Tartiere, as batallas case navais baixo chuvias torrenciais e os nomes inconfundibles do Caudal, o Unión Popular, o Mosconia, o Ensidesa, o Lealtad, o Marino ou o Titánico... Non existía a TVG nin recibiamos a emisión de TVE dende Compostela; na tele botaban o 'Panorama Regional' asturiano e os luns era imprescindible botarlle un ollo ao resumo da xornada dos equipos de Asturias E o Sporting, por suposto, que na época era toda unha potencia, capaz de discutirlle títulos ao Real Madrid, o Barcelona, o Athletic e a Real (poden poñerse vostedes nostálxicos: daquela había máis de dous aspirantes ao título). Aquel era un equipazo, con nomes como Ablanedo, Mino, Quini, o arousán Jiménez, Maceda, Eloy ou Joaquín, un club orgulloso representante dun país do que sempre admirei o aprecio polo propio. Se un repasa a biografía destes futbolistas verá que hai un dato coincidente e hoxe imposible: todos pasaron oito, dez, dezaseis temporadas defendendo a camiseta vermella e branca. Perdoen que me poña Cebolleta, pero antes todo era máis sinxelo. Porén, o meu xogador favorito no Sporting non era asturiano: era un dianteiro contrafeito, mesmo chepudo, con melena de teclista de rock progresivo, epítome dunha maneira de entender o fútbol na que non era necesario que cada partido fose coma unha película de Schwarzenegger. Todos os domingos, o gaditano Manolo Mesa, alcumado "sete pulmóns" pola súa capacidade de traballo, gradaba o céspede embarrado do Molinón; os luns eu víao galopar pola banda esquerda esquivando zapatazos para despois colocar o centro na área pequena, na busca dun cabeceador. Hai unhas semanas, cando morreu Quini, moitos recordaron un gol que este fenómeno lle marcou ao Rayo Vallecano na temporada 1979/1980, demasiado pronto para que eu recorde nada, certamente. A xogada, que se pode atopar na Rede, resume en dez segundos aquela época do fútbol: nun campo embarrado a máis non poder, Manolo Mesa corre pola banda esquerda, recorta e, antes de que o defensa poida botárselle encima, manda un dereitazo ao segundo pau. A pelota pasa por encima de media ducia de rivais melenudos ata atopar a Quini, que, voando e de xeito expeditivo, chanta o balón na portería para delirio dunha grada que non pasaría ningún control de seguridade hoxe en día. Sublime. |
PRAZA_10957 | A opinión xera opinión. A opinión guía a quen camiña polas moreas de información que asaltan cada día. A opinión é xornalismo. E a opinión, en Galicia, é fundamentalmente masculina. Así o acreditan as cifras dun estudo das seccións de opinión dos principais xornais impresos galegos elaborado no seo da asociación Xornalistas Galegas. De preto de 27.000 pezas analizadas, só un 15,5 % levaban sinatura feminina | Foi un cartaz. Un anaco de papel, unha morea de píxeles, o que precipitou todo. O gran congreso de columnistas de España que enfiaba nada máis que nomes masculinos. Agromou o cartel, abrollou a pregunta: as mulleres, opinan? Opinan. E son perigosas. Para elas crearon un espazo propio as xornalistas Diana López e Susana Pedreira en Pontevedra. Pero seguían amoreándose as dúbidas: cantas son as mulleres columnistas? Onde están? De que opinan as que opinan? Velaquí outra pescuda, un repaso polas páxinas da prensa galega á procura de respostas para ese ronsel de preguntas. A que está a comezar é unha travesía por sete portos, os dos xornais galegos con maior difusión segundo o Estudio General de Medios (EGM): La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e La Opinión A Coruña. Unha expedición polas súas seccións diarias ao longo do 2018, agás as páxinas locais. Unha análise só das columnas. Deixando á marxe xéneros interpretativos como a crónica política. A opinión é xornalismo. E a opinión, en Galicia, é fundamentalmente masculina. De preto de 27.000 pezas analizadas, só un 15,5% levaban sinatura femininaA opinión xera opinión. A opinión guía a quen camiña polas moreas de información que asaltan cada día. A opinión é xornalismo. E a opinión, en Galicia, é fundamentalmente masculina. Hai sete artigos asinados por homes por cada muller que opina. Das preto de 27.000 pezas que se analizaron, só un 15,5 % levaban sinatura feminina. Sábeo ben quen opina, a quen se lle foi requirida a súa opinión a través dunha enquisa, que responderon 38 persoas. E quen opina hoxe na prensa galega cre maioritariamente que hai que reforzar a presenza de mulleres alí onde se opina. Na sección de Galicia, por cada muller hai quince homes guiando a lecturaPero, onde opinan as que opinan? Moi pouco en Deportes, Galicia e o Tema do Día. De cada cen columnas deportivas, só catro son de mulleres. Unha proporción que sobe lixeiramente, ata o 5 %, nas páxinas que analizan o asunto máis importante da xornada. A estatística é estarrecedora tamén na sección de Galicia: por cada muller hai quince homes guiando a lectura. As voces femininas son tamén residuais en Economía, onde non chegan ao 10 %. Mulleres hai un chisco máis en Sociedade (30 %). E en Nacional e Internacional e na contraportada a súa presenza roza, inda que sen tocala, a paridade. Así que si, as columnas femininas existen. Pero son poucas e están afastadas, en termos xerais, dos centros de poder: a política autonómica e a elite económica. Onde están as voces femininas? As mulleres ocupan seis de cada dez postos nas facultades de Comunicación e son máis da metade das persoas que exercen o xornalismo, pero a súa presenza nos postos de dirección dos medios segue a ser testemuñal (10 %). E as que chegan, como o caso de Soledad Gallego Díaz no xornal El País, recoñecen que é a Opinión "o produto no que menos mulleres participan e no que costa máis rachar os estereotipos de xénero". Contar coa opinión formada de máis mulleres é imprescindible para que a prensa cumpra coa súa esixencia innata de pluralidade e represente de forma máis fiel a sociedade á que serve. Os xornais galegos analizados publicaron en todo 2018 un total de 67 opinións de mulleres na sección de Galicia, 66 en Deportes e apenas 30 en Economía. En tódolos casos por debaixo do 10 % do total. As mulleres seguen sendo franca minoría na análise, por exemplo, dos orzamentos autonómicos ou das causas das tensións comerciais entre EUA. e ChinaAs cifras son alarmantes. É hora de reclamar espazo para que as profesionais galegas conten cun altofalante tan potente como o que teñen á súa disposición os seus colegas homes. Non pode ser asumido pola sociedade galega, exemplar na súa mobilización pola igualdade nos últimos anos, que haxa temas practicamente vedados ás mulleres. E non falamos dunha temática concreta ou dun día illado. En xornais como La Opinión A Coruña non atopamos ningunha análise firmada por mulleres nas páxinas de Economía ou Mar en todo o 2018, e na sección de Deportes de El Correo figura só unha fronte a 172 masculinas. A realidade diaria dos medios muda moi lentamente, e aínda que hai exemplos como os do Diario de Pontevedra e El Progreso, que teñen incorporado mulleres ás seccións de política nacional, ata o punto de que xa ocupan o 60 % dos espazos, o certo é que as mulleres seguen sendo franca minoría na análise, por exemplo, dos orzamentos autonómicos ou das causas das tensións comerciais entre EUA e China.Este estudo pon de manifesto severas disfuncións nos medios galegos con respecto á repartición dos espazos. Fontes consultadas nas sete redaccións dos xornais analizados coinciden en que non hai causas obxectivas que xustifiquen que só un 8 % dos artigos de opinión na sección de Galicia leven unha sinatura feminina. A opinión das mulleres permanece lonxe do poder, do debate sobre as infraestruturas clave para o país e das empresas que máis empregos xeran en Galicia. O ano pasado estes xornais galegos publicaron 280 artigos de opinión sobre temas de saúde, estilo de vida e benestar asinados por mulleres, fronte a 656 escritos por homes. O dato é alarmantemente baixo, e aínda máis preocupante se temos en conta que Sociedade é a segunda sección na que máis voces femininas se contabilizan (30 %). E non é suficiente con mellorar as cifras. Desde a redacción do Faro de Vigo destacan que o importante é a calidade das opinións publicadas e que non vale de nada incorporar sinaturas de mulleres que se manteñen á marxe, non alentan debates a prol da igualdade nin buscan rachar cos estereotipos. A opinión das mulleres permanece lonxe do poder, do debate sobre as infraestruturas clave para o país e das empresas que máis empregos xeran en Galicia. A utopía da paridade en Opinión A paridade na opinión segue a ser unha utopía nos sete xornais galegos esculcados. En todo o 2018 só se contabilizaron nove días nos que o número de opinadoras e opinadores fora o mesmo (ou incluso algo superior). Un equilibrio rexistrado en El Progreso de Lugo (catro días), no Diario de Pontevedra (dous días), La Voz de Galicia (dúas xornadas, unha delas con catro mulleres fronte a cinco homes) e La Opinión A Coruña, que rexistrou esta mesma cifra no Día Internacional da Muller (8 de marzo). Mero anecdotario ao que se suma a sección de Opinión, onde nin sequera se chega á presenza diaria de rúbricas femininas. De media, as mulleres desaparecen destas páxinas durante case un terzo do ano (113,84 días de 363 nos que houbo xornal). O caso máis salientable é o do Faro de Vigo, onde durante 260 días (o 71,62 % do ano) non se incluíron sinaturas de mulleres en Opinión. Seguido de La Opinión A Coruña (159 días, un 43,81 %); La Región (134 xornadas, un 36,91 %) e Diario de Pontevedra (113, un 31,13 %). Mentres que en El Progreso de Lugo (77) e La Voz de Galicia (54) houbo menos de cen días sen sinaturas de mulleres en Opinión. Non é de estrañar, pois, que ás 38 persoas colaboradoras consultadas a través dunha enquisa lles resultase máis sinxelo mencionar nomes de opinadores masculinos. En conxunto, mencionáronse máis de 50 nomes de homes (34 sinaturas diferentes) fronte a 40 mulleres (28 opinadoras). Desde as redaccións indican que, en ocasións, os coordinadores acoden a unha redactora para incorporala á sección de Opinión 'in extremis'Como contraste, El Correo Gallego é o único xornal que inclúe na súa sección de Opinión unha sinatura feminina, polo menos. Unha situación que responde a unha "pioneira cruzada", segundo se indicou desde a dirección deste medio no seu día, iniciada en setembro do 2015, a prol dunha progresiva inclusión de mulleres para cubrir esa cota mínima. Mera maquillaxe, pois no tocante á paridade, este xornal non rexistrou nin unha soa xornada de equilibrio en opinións de mulleres e de homes nas súas páxinas (o máximo foron tres sinaturas femininas fronte a sete masculinas o día 26 de xullo). E para manter esa cota mínima non é infrecuente, segundo fontes das redaccións, que se chame a unha colaboradora para que remita unha columna a última hora; como tamén se recorre ás mulleres para cubrir ocos libres. Desde as redaccións indican que, en ocasións, os coordinadores acoden a unha redactora para incorporala á sección de Opinión in extremis, algo común nas épocas de vacacións. Fóra de xogo na opinión deportiva Abondaría con tirar de intuición para confirmar o desequilibrio existente entre o espazo que o xornalismo deportivo lle outorga aos homes e o que lle cede ás mulleres. Unha asimetría idéntica á que tratan de frear nos terreos de xogo cada vez máis profesionais. Facer opinión no ámbito deportivo non é cousa de mulleres. E sobra a intuición cando os datos o corroboran. Ao longo do 2018, a presenza de mulleres que opinan nas páxinas deportivas é nula en dous dos sete xornais analizados e residual nos outros cinco. En total, 66 artigos de opinión firmados por mulleres fronte aos 1.092 rubricados por homes. Ao longo do 2018, a presenza de mulleres que opinan nas páxinas deportivas é nula en dous dos sete xornais analizados e residual nos outros cincoFaro de Vigo e La Región non publicaron ningunha columna de opinión deportiva asinada por unha muller en todo o ano pasado. La Voz de Galicia imprimiu 33, fronte ás 377 escritas por homes. La Opinión A Coruña incorporou 16, o Diario de Pontevedra editou 11 opinións femininas e 276 masculinas. El Progreso deulle voz a cinco mulleres dun total de 80. Mentres que El Correo Gallego tirou unha soa opinión feminina na súa sección de Deportes fronte ás 172 firmadas por homes. En resumo, só o 5,9% das opinións sobre deportes publicadas polas sete cabeceiras galegas con máis público lector están asinadas por mulleres. Son os homes quen reparten o xogo xornalístico. Segundo fontes de La Voz de Galicia, "Deportes sempre foi un nicho moi masculino, tanto na práctica das disciplinas deportivas coma no exercicio do xornalismo. As mulleres incorporáronse máis tarde e en menor medida a esta sección. Ademais, a maioría dos expertos tamén son homes. As xeracións máis brillantes de árbitras, futbolistas e padexeiras aínda están en activo. Hai que esperar para que poidan facer opinión". "Hai menos mulleres analistas porque tamén hai menos mulleres deportistas de referencia"Coinciden desde o Diario de Pontevedra. A lóxica masculina impera nos deportes e no xornalismo deportivo: "Hai menos mulleres analistas porque tamén hai menos mulleres deportistas de referencia. O deporte feminino está moito menos profesionalizado que o masculino, sobre todo no ámbito colectivo, que é o que enche as páxinas deportivas durante a temporada regular". Desde ambos medios reivindican a incorporación de máis mulleres ás redaccións de deportes, ás competicións de elite e ás páxinas deportivas. Como protagonistas e como autoras de opinión e de información, esenciais para remudar as voces nesta sección dos xornais. Pero tamén piden acabar cos tópicos, co "ti nunca xogaches ao fútbol". Maior confianza por parte das xefaturas e "atrevemento". Unha chamada a rachar coa síndrome da impostora, esa eiva que coarta ou castiga cun exceso de presión e carga de traballo a quen non se ve coa confianza abonda para desempeñar o seu oficio en espazos tradicionalmente masculinos.Os brotes verdes agroman nas contraportadas A última páxina acostuma a ser unha das seccións máis mimadas dos xornais. Por iso, a pescuda sobre a presenza da muller como opinadora neste espazo merece unha análise propia. E as cifras non deixan ningunha dúbida, pois marcan unha diferenza importante respecto ás demais seccións. Nas contraportadas a paridade non aparece, aínda que agroman brotes verdes, xa que cómpre recoñecer que o desequilibrio fica moi lonxe da estatística dos casos de Opinión ou Galicia. No ano 2018 estas sete cabeceiras publicaron 1.096 artigos de opinión nas súas últimas páxinas, dos que 404 estaban asinados por mulleres e 692 por homes. Cifras que evidencian unha situación pouco igualada, cun 36,8 % de autoría feminina fronte ao 63,13 % da masculina. Alarmante, si, mais supón o reparto máis equitativo de todo este estudo. Malia que ningún dos xornais analizados alcanza a paridade, é certo que as diferenzas non son tan evidentes no caso do Diario de Pontevedra, con 121 firmas femininas e 144 masculinas; e de El Progreso, con 122 artigos asinados por columnistas mulleres fronte aos 135 con sinaturas de varóns.Ao reflexionarmos sobre o que ocorre coas contraportadas dos xornais galegos a conclusión é que estamos ante unha pregunta retórica, xa que o resultado é que outra das seccións máis lidas e mimadas dos xornais, tamén é delesLa Voz de Galicia é o único xornal do estudo que publica todos os días do ano artigos de opinión na súa contraportada, pero a paridade está máis lonxe (159 artigos asinados por mulleres fronte a 203 por homes). Aínda que é destacable que a contraportada deste xornal, os domingos, leva unha firma feminina. A cabeceira que escacha calquera achegamento á paridade é o Faro de Vigo, no que apenas varían as firmas da última páxina e adoitan ser masculinas. Ata o punto de que o pasado ano este xornal só pechou as súas páxinas en dúas datas con artigos asinados por mulleres, e fíxoo un total de 210 días do ano con artigos rubricados por homes.Tanto El Correo Gallego, como La Región e La Opinión A Coruña non levan columnas de opinión nas súas contraportadas. O de Compostela publica unha sección cun formato interpretativo que, de novo, volve a estar protagonizado na meirande parte das datas por homes (273 fronte a 36 mulleres). Pola súa banda, o diario coruñés opta polas entrevistas a toda páxina e o de Ourense dedica a última á publicidade. Por iso, ao reflexionarmos sobre o que ocorre coas contraportadas dos xornais galegos, a conclusión é que estamos ante unha pregunta retórica, xa que o resultado é que outra das seccións máis lidas e mimadas dos xornais, tamén é deles. O 'postureo' de marzo e as sentinelas de agosto O Día Internacional da Muller supuxo en 2018 o altofalante definitivo para as reivindicacións das xornalistas. Secundamos masivamente a folga e as manifestacións desa xornada a prol dunha igualdade afastada dos medios onde, a pesares de ser maioría, estamos condenadas ás trincheiras e afastadas dos consellos. Porén, os medios xa tiñan cavilado que nese mes tinguido de lila cumpría facerlles un oco excepcional ás mulleres. O Día Internacional da Muller supuxo en 2018 o altofalante definitivo para as reivindicacións das xornalistasDos sete xornais analizados neste estudo, cinco suman opinións femininas por enriba da media mensual no mes de marzo. La Voz de Galicia e o Faro de Vigo incorporan oito opinadoras (86 e 23 fronte ás 78 e 15 de media no resto de meses); La Opinión A Coruña engade sete (28 ante as 21 habituais); El Progreso catro (84 das 80 que ten de media), e o Diario de Pontevedra dúas (78 dunha media de 76). Pola contra, El Correo Gallego resta seis mulleres (das 45 habituais baixa a 39), e as opinadoras de La Región son oito menos (redúcense de 34 a 26). Poñendo o foco na data concreta do 8 de marzo, as mulleres son maioría na opinión en catro das sete cabeceiras do estudo. Para La Opinión supón o único día no que a presencia de mulleres é maior cá dos homes (cinco a catro), namentres que son menos en La Región, El Correo e El Progreso que, a pesares de seren o máis paritario en datos xerais, non conta con voces femininas neste día. Con todo, o mes de marzo (cun 16,1 % de opinións de mulleres), non é a mensualidade con máis columnas en feminino senón a cuarta, por detrás de setembro (16,8 %), xullo (16,7 %) e novembro (16,3 %).Do noso reconto desprendeuse outro caso a salientar: o mes de agosto, os días de lecer por excelenciaDo noso reconto desprendeuse outro caso a salientar: o mes de agosto, os días de lecer por excelencia. Aínda que observamos unha tónica xeral á baixa (as columnas de homes e mulleres descenden por igual e, no caso feminino, chega a ser o segundo mes con menos opinións por detrás de febreiro, un 14,7 %), en dúas das cabeceiras presentan unha subida espectacular. El Correo aumenta 25 columnas de mulleres (70 en total dunha media de 45 por mes), e La Voz suma 19 pezas con sinatura feminina, cun total de 97 opinadoras nese mes cando a media é de algo máis de 78 no resto de meses. Trátase dunha suba que non atopamos noutros meses e que pode estar vencellada co cambio de paradigma que supoñen os períodos de vacacións nas redaccións e co descanso dos propios opinadores habituais, que favorece a incorporación de novas voces. Son elas, somos nós, as que velamos coma se foramos sentinelas para que as follas dos xornais mingüen o menos posible, soñando co día no que os nomes de homes e mulleres se repartan por igual nas manchetas. A autoridade de quen (non) opina Neste punto, e xa cos datos enriba da mesa, cómpre engadir unhas últimas reflexións. Desde un punto de vista xornalístico e académico está clara a importancia da opinión como xénero propio (separado da información e dos chamados textos interpretativos) que se caracteriza, como explica Rocío Ovalle, xornalista e docente da materia 'Xéneros interpretativos e de opinión' na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC), "por ter unha importante carga valorativa e argumentativa, así como polo posicionamento e subxectividade da persoa que a elabora axustándose a algún dos distintos subxéneros que a compoñen: editorial, artigo, columna, tribuna libre, crítica, etc.". "A opinión está nas orixes mesmas do xornalismo e, aínda que perdeu peso de xeito progresivo a medida que se estandarizaban as técnicas xornalísticas de tratamento da información, desde a aparición da radio e da televisión, e agora aínda máis con Internet, vivimos un auxe, de novo, deste xénero: a inmediatez coa que recibimos información fai que cada vez máis precisemos da súa interpretación", engade. "Cando a maior parte da opinión está asinada por homes, asistimos a unha dobre invisibilización"Do mesmo xeito, e pensando nas lectoras e lectores, sabemos que a capacidade de influencia das opinións publicadas nos xornais ten que ver co prestixio do propio medio, pero tamén co da persoa que asina o artigo. Polo tanto, dalgún xeito, enténdese que quen firma unha opinión é unha autoridade. "Cando a maior parte da opinión está asinada por homes, asistimos a unha dobre invisibilización: a das mulleres que son autoridades nos seus ámbitos e a da interpretación que, se cadra, podería reflectir a realidade das persoas pertencentes a esa maioría poboacional que compoñemos as mulleres", destaca Ovalle. "Ao ler as columnas que habitualmente se publican na prensa diaria decatámonos de que a ausencia (ou mínima presenza) das mulleres nas páxinas de opinión non se debe a unha cuestión de calidade", sinala a profesora da USC. A presenza de artigos de opinión asinados por mulleres e homes na prensa galega sofre unha salientable disfunción. Unha anomalía coñecida entre as persoas que forman parte dos medios de comunicación, e tamén por quen colabora neles con asiduidade. Talvez as cifras deste estudo axuden a que, por fin, falemos do elefante rosa que está no medio das redaccións. |
NOS_452 | O animal, propio de augas tropicais, morreu varado na praia. | Unha femia adulta de quenlla solraio (Odontaspis ferox), unha especie nunca vista até o de agora na Galiza, foi localizada na pasada xornada na ría de Arousa. Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) informaron esta quinta feira de que o exemplar, de case tres metros e medio de lonxitude, foi capturado accidentalmente por un pesqueiro e liberado, pero posteriormente penetrou na ría e, pola tarde, morreu varado en Vilanova de Arousa. Este tipo de quenlla, segundo trasladou Cemma, vive en augas de todo o mundo, pero normalmente en zonas tropicais ou de augas mornas. É frecuente no Mediterráneo e nas illas Canarias. As quenllas da Galiza: E as crías que visitan cada ano as nosas praias A oceanógrafa do Cemma Uxía Vázquez, en declaracións á TVG, apuntou que a presenza deste animal pode deberse ao "quecemento das augas". "Hai animais que empezan a chegar porque poden vivir nestas augas que antes eran máis frías, ou pode ser por algún erro na súa migración, ou polas borrascas que poden achegalos á costa", precisou. A zona máis ao norte na que fora avistado un até o de agora no Estado español é no Golfo de Biscaia, polo que desde Cemma subliñaron que se trata dun "achado único" na Galiza. Xaime Beiro: "Para nadar con quenllas grandes toca viaxar" O exemplar de femia é adulto e non se puido facer nada por salvalo unha vez que baixou a marea e quedou varado, segundo trasladou Cemma. Esta sexta feira, persoas expertas encargáronse de realizar a necropsia. |
NOS_17146 | Carolina García é unha das integrantes de O faiado de Aracne, un proxecto de reutilización que se presentou a través das redes sociais. | Carolina García, participante do proxecto O faiado de Aracne, conta como foi a creación da marca e a acollida que tivo tras a súa presentación nas redes. García traballa no proxecto con dúas compañeiras máis, e as tres concordan na necesidade de darlle unha segunda vida a obxectos usados. Os produtos que venden caracterízanse por seren feitos a partir de materiais reciclados ou doados por persoas próximas ao proxecto. Entre estes destacan as bolsas de tea así como libros, prendas de roupa ou bixutería. E coa lingua galega por bandeira. Avante Pouca Como xurdiu a idea de constituír esta marca?Foi a partir do Erasmus en Alemaña que fixo unha compañeira do proxecto. Ela decatouse da importancia que teñen as tendas de segunda man alí e cando retornou á Galiza comentounos o incríbel que sería levar a cabo un proxecto como aquel aquí: crear unha plataforma na que poder atoparmos diferentes obxectos que normalmente non atoparíamos. Nós o que queriamos conseguir con esta marca era demostrar que se lle pode dar unha segunda vida a produtos reciclados. Con esta iniciativa buscamos que a xente se decate do que ten. Moitas persoas pensan que os obxectos que non son de primeira man non valen ou que xa están moi gastados e acábanse tirando. Nós pensamos que todo pode ter unha segunda vida. Levan o proxecto tres mulleres. Como traballan?Si, somo tres compañeiras: unha encárgase da costura, outra dos deseños e a terceira de pintar as bolsas de tea. Os nosos produtos principais son as bolsas feitas a partir de materiais reciclados. Ademais tamén temos libros e prendas de roupa de segunda man, así como bixutería que nos doan diferentes persoas. Co tema dos modelos das bolsas de tea, comezamos con deseños propios, pero pronto engadimos a posibilidade de facer deseños particulares, como, por exemplo, con motivo Do día da Visibilidade Bisexual, que fixemos debuxos en relación ao tema. As bolsas con este tipo de deseños fixémolas tamén para conseguir cartos para organizacións a prol do colectivo LGTBI, entre outras cousas. Recentemente tamén comezamos a facer deseños personalizados deixándolle á xente que elixa o que queira. Estamos intentando ter moita interacción coas nosas seguidoras para ver que ideas interesan máis. Traballamos con diferentes medios, principalmente vendemos a través das redes sociais, pero tamén colaboramos cunha tenda de Mougás (Oia) que se chama Pedra Rubia. Os pedidos danse maioritariamente na cidade de Compostela, aínda que tamén temos para toda a Galiza. Avante Media Se a acollida foi boa, cren que é un proxecto que pode durar no tempo? A acollida foi boísima, sorprendeunos moito. Abrimos a conta de Instagram en xullo e en poucos días xa moitas persoas compartiran o proxecto, tamén por Twitter. Tivemos moito apoio, gustounos moito ver como se implicou a xente. Se a xente continúa a darnos tanto ánimo, claro que pensamos que pode ser un proxecto duradeiro. Agora estamos compaxinando os nosos estudos coa marca, polo que nos leva algo de tempo sacar cousas novas; pero nun futuro conto con que o proxecto estea máis asentado e cunha mellor organización pola nosa parte. Estamos pensando en lanzar novos produtos relacionados, principalmente, coas teas, que é o que mellor funciona. Quizais deseñemos pequenas bolsas coa tea que nos sobra para levar o almorzo ou mesmo para gardar as máscaras e, deste xeito, non desperdiciar nada do produto sobrante. Avante Toda Que importancia cren que teñen este tipo de proxectos?Penso que a xente necesita ver que existen proxectos que dan visibilidade ao mercado de segunda man. Ademais, penso que é moi importante a necesidade de transmitir unha información ao respecto. Nós non só vendemos un produto, senón que tamén informamos sobre a necesidade da venda do mesmo. Con frecuencia a xente non sabe que este mercado existe. Nós non somos as primeiras nin as últimas en levar a cabo este tipo de iniciativas, pero a maior parte das persoas non coñecen a súa existencia. Estamos intentando demostrar que se poden cambiar moitas crenzas que temos demasiado interiorizadas. |
NOS_15929 | Malia que a unhas persoas compénsalles máis esta cita coa Axencia Tributaria que a outras, anúnciase que a presentación telemática comezará para todo o mundo o próximo 6 de abril. | Unha vez que comeza o ano, sábese que o tempo de facer a declaración da renda está máis perto. A Axencia Tributaria xa vén de anunciar que a cita coas persoas constribuíntes comezará o próximo 6 de abril. Se es das persoas que sempre quere acabar pronto coa burocracia, poderás atender á Campaña da Renda 2021 o propio 6 de abril pero por vía telemática. Probabelmente sexa a escolla de moitas outras cidadás, polo que poderías atopar atascos na páxina web de Facenda nalgún momento puntual. Fontes desta Administración explica que xa reciben por internet as achegas do IRPF de nove de cada dez contribuíntes. En calquera caso, se prefires agardar a ser atendido de forma presencial para rendir contas polos ingresos e patrimonio do ano que vén de rematar, o prazo ordinario será do 1 ao 30 de xuño. Con resultado a ingresar e con domiciliación bancaria, a marxe temporal que fornece a Axencia Tributaria conclúe o 27 de xuño. Aliás, segue vixente a opción telefónica, que estará activa desde o próximo 5 de maio até o 30 de xuño. Novidades deste ano Unha das principais novidades de cara a este exercicio é a alza do imposto para as rendas a partir dos 300.000 euros e para os patrimonios que superen os 10 millóns de euros. No entanto, estas cuestións van afectar a un número reducido de persoas. Segundo os cálculos do Ministerio de Facenda, serán 36.194 as persoas que se vexan afectadas por estes cambios.Aliás, o ano pasado víronse rebaixadas as desgravacións de plans de pensións privados individuais a 2.000 euros como achega máxima, mentres que se elevou o límite conxunto de redución (partícipe e empresa) de 8.000 a 10.000 euros nos plans de empresa para potenciar as contribucións empresariais e corrixir a "regresividade" destes beneficios. |
NOS_43233 | O 32º Cumio da OTAN converte Madrid en epicentro da ollada internacional do 28 ao 30 de xuño. Aos 30 líderes da alianza militar sumaranse os de Suecia e Finlancia -que comezaron o proceso de adhesión-, así como de Australia, Corea de Sur, Xapón e Nova Zelandia, así como de Austria, Chipre, Irlanda, Maltam Georgia e Ucraína. Tamén participarán os presidentes do Consello Europeo e da Comisión Europea. | Con motivo do Cumio da OTAN que decorrerá en Madrid do 28 ao 30 de xuño e que provocou protestas en distintos puntos do Estado español, recollemos as principais preguntas e respostas máis descoñecidas ao redor desta alianza atlantista. Forman parte da OTAN todos os Estados da UE? Non. Austria, Chipre, Irlanda e Malta, membros da UE, non están integrados na OTAN, da que forman parte un total de 30 Estados: Os 12 fundadores -EUA, Canadá, Bélxica, Dinamarca, Francia, Holanda, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, o Reino Unido e Portugal-, Grecia, Turquía, Alemaña, España, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía, Bulgaria, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Letonia, Lituania, Albania, Croacia, Montenegro e Macedonia do Norte. Que países formaron parte da OTAN e xa non participan dela a día de hoxe? Chipre e Malta, como colonias británicas, formaron parte da OTAN, mais ao recuperar a súa independencia, en 1960 e 1964, respectivamente, acordaron non unirse á alianza. Que aconteceu tras a disolución do Pacto de Varsovia? A fin da guerra fría non supuxo a disolución da OTAN. De feito, case a metade dos 30 socios actuais adheríronse após a disolución do Pacto de Varsovia, en 1991. Como se sucedeu a extensión da OTAN cara ás fronteiras rusas? En 1999 foron admitidas as ex repúblicas soviéticas Hungría, Polonia e a República Checa; en 2004, fan parte as tres repúblicas Bálticas, Estonia, Letonia e Lituania, así como Bulgaria, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia. En 2009 súmanse Albania e Croacia, en 2017 Montenegro e en 2020, Macedonia do Norte. En que condicións fai parte o Estado español na OTAN? En 1982, baixo o Goberno da UCD dirixido por Leopoldo Calvo Sotelo materializouse o ingreso do Estado español na OTAN. A cidadanía do Estado español aprobou por referendo en 1986, da man de Felipe González, entrar na estrutura civil na OTAN. O enunciado da pregunta vinculante da consulta popular recollía explicitamente: "A participación de España na Alianza Atlántica non incluirá a súa incorporación á estrutura militar integrada" "Manterase a prohibición de instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio español" "Procederase á redución progresiva da presenza militar dos EUA en España". Incumpriu o Estado español os termos do referendo? En 1995, co nomeamento de Javier Solana -un dos membros do PSOE que fora máis contrario á OTAN- como secretario xeral da alianza, o Exército español xa estaba a participar na guerra dos Balcáns, onde as forzas da OTAN bombardearon Serbia. En 1997, José María Aznar acordou que os EUA poderían instalar armas nucleares no Estado español e en 1999 incorporouse á estrutura militar integrada. En definitiva, incumpríronse as tres condicións recollidas no referendo impulsado polo PSOE: non facer parte da estrutura militar, non permitir instalar armas nucleares e a redución da presenza militar dos EUA. Por canto gañou o "si" no referendo? No referendo participou 59,4% do electorado. 52,5% votou o "si" á permanencia na OTAN, porcentaxe que Felipe González, que en 1982 abandeirara unha intensa campaña contra o ingreso do Estado español na organización, cualificara de "un éxito de todo o pobo español". O non concitou o 43,1% dos votos. Votou en contra algunha autonomía? Si. En Euskadi, o non impúxose por 67,55%, en Nafarroa, alcanzou o 56,72%, en Catalunya, o 53,72% e nas Canarias o 53,69%. Na Galiza opúxose a entrar na OTAN 40,9% do electorado. É o desta semana o primeiro cumio da OTAN que decorrerá en solo español? Non, o 8 e o 9 de xullo de 1997, Madrid acolleu o seu primeiro cumio. Cal é o balance da participación militar do Estado español na OTAN? O Estado español comezou a participar en misións da OTAN en 1992 e desde entón interveu nun total de 22 misións, con 125.000 militares. Segundo datos do Goberno estatal, perderon a vida 119 españois. Nada se sabe dos falecementos causados no bando contrario. As tropas españolas foron despregadas en Bosnia, Kosovo, Afganistán, no Golfo do Adén e no Corno de África. Na actualidade, o Exército español participa en sete misións da OTAN: na Policía Aérea do Báltico, nos Grupos Navais Permanentes, na Operación 'Sea Guardian' do Mediterráneo, na Presenza Avanzada Reforzada, na Operación Apoio a Turquía e na Operación Resolución Inherente no Iraq. En que guerras interveu a OTAN? A OTAN estivo implicada en varios conflitos bélicos ao longo da súa historia. Os máis significativos foron as guerras dos Balcáns, a do Afganistán, a do Iraq e a de Libia. Por que foi polémica a participación na guerra de Iugoslavia? A OTAN interveu na guerra de Bosnia entre 1992 e 1995, sen violar, formalmente, o Dereito Internacional, xa que xustificou a participación en garantir unha zona de exclusión aérea en aplicación da resolución 781 do Consello de Seguridade da ONU, e en levar a cabo ataques aéreos contra as forzas iugoslavas en cumprimento das resolucións 816, 836 e 958 do citado órgano. Porén, en 1999, a OTAN atacou Iugoslavia sen contar con aval xurídico ningún do Consello de Seguridade da ONU e sen poder invocar tampouco o dereito á lexítima defensa. Entre os avións que participaron no ataque atopábanse oito F-18 e dous KC-130H, do Exército español. E a intervención no Afganistán? Segundo o artigo 5 do Tratado do Atlántico Norte, o ámbito xeográfico de actuación da OTAN, no exercicio do dereito de lexítima defensa, limítase a América do Norte e a Europa, mais o Concepto Estratéxico non estabelece límite xeográfico ningún. A de Afganistán foi unha intervención fóra da zona de actuación que os aliados pretenderon xustificar baseándose no Concepto Estratéxico de 1999. A expansión ilimitada do ámbito de actuación recóllese no Concepto Estratéxico de 2010, onde se recolle que "as crises e os conflitos máis alá das fronteiras da OTAN poden representar unha ameaza directa á seguridade do territorio e á poboación da Alianza. Por tanto, a OTAN involucrarase onde sexa posíbel e necesario, para previr crises, xestionar crises, estabilizar situacións pos conflito e apoiar a reconstrución". |
NOS_14855 | Estaba prevista a participación como convidados da cónsul xeral de Venezuela en Galiza, e o galego Farruco Sesto, arquitecto e poeta e ministro durante o goberno de Hugo Chávez. A organización non podía garantir a integridade física dos asistentes | A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) e Mar de Lumes anuncian a suspensión do acto público que sobre a situación actual de Venezuela tiñan convocado para esta sexta feira, 25 de maio, na Biblioteca Pública da localidade. Mónica Sánchez, Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, e o galego Farruco Sesto (Vigo, 1943), arquitecto e poeta e ministro de Cultura e tamén de Vivenda durante o goberno de Hugo Chávez, ían participar no acto que vén de se cancelar. O motivo da suspensión é, informan os organizadores, "a imposibilidade de garantir a integridade física do público e dos convidados, despois de que ambas organizacións teñan recibido ameazas por parte de grupos de residentes venezuelanos en Galiza". O obxectivo do acto era dar a coñecer a realidade do país "máis alá das distorsións e falsidades que certos grupos paragolpistas tentan difundir na nosa sociedade, transfirindo toda a responsabilidade das vítimas mortais, as feridas e a destrución das protestas das últimas semanas ao goberno de Nicolás Maduro e obviando o papel golpista da oposición e o xogo inxerencista das potencias que a apoian: dos Estados Unidos á Unión Europea, pasando pola Organización de Estados Americanos". Desde Agabo e Mar de Lumes denuncian a "hipocrisía" dos que "se lles enche a boca falando de democracia e liberdades civís en Venezuela mentres fan chamamentos públicos a rebentar o acto organizado en Marín pola solidariedade galega". Como organizacións convocantes, afirman, "non estamos dispostas a dar a estes grupos violentos a satisfacción dun titular neste sentido, máxime cando sabemos que se trata dunha minoría e que a maioría da comunidad venezuelana no noso país, a favor ou contra o goberno, ten unha actitude moito máis civilizada que o que isto quere dar a entender". Ambos colectivos critican tamén a "connivencia do Estado español e do goberno municipal de Marín", autorizando, por medio da subdelegación do goberno, unha concentración pública destes grupos "no mesmo lugar e á mesma hora que o acto que estaba previamente convocado". |
NOS_1524 | As mulleres viguesas xogaron un papel chave naquelas históricas mobilizacións que foron duramente reprimidas pola policía franquista e que provocaron milleiros de despedimentos. | O nacemento do movemento obreiro galego contemporáneo está gravado na memoria colectiva da sociedade cunha data, o ano 1972, e dous lugares —aínda que non únicos—, Ferrol e Vigo, e nesa memoria tamén resoan nomes como Daniel, Amador, Suso, Waldino, Eulogio ou Rafael e, con algo menos de eco, os de mulleres como Margarita, Pilar, Luisa ou Isabel. Este mes de setembro fai 50 anos a folga histórica que paralizou a industria da cidade de Vigo, en plena ditadura franquista, e que tivo o seu preludio nas mobilizacións de marzo do 72 en Ferrol, nas que foron asasinados Daniel Niebla e Amador Rei a mans da policía franquista. Co paso dos meses, a tensión foi en aumento e o despedimento a principios de setembro de varios traballadores da factoría de Citroën, no marco dunhas protestas para reclamar unha xornada semanal de 44 horas, foi a faísca que acendeu un episodio transcendental para entender non só a mobilización obreira na Galiza, senón tamén a loita polas liberdades e a democracia. A folga de Vigo de 1972, un punto e á parte na historia contemporánea da Galiza O 11 de setembro de 1972, hai xusto medio século, os traballadores concentrados ás portas de Citroën inician unha marcha cara a outras factorías da cidade, e a eles súmanse operarios de Reyman —fábrica de gomas no barrio de Coia—, dos estaleiros Santo Domingo, Hijos de J. Barreras e Vulcano, e doutras empresas. Nos días posteriores, decenas de miles de traballadores e traballadoras únense ás protestas —os medios chegaron a cifrar nunhas 20.000 as persoas que pararan en diferentes sectores— e lograron manter o pulso durante dúas semanas, nas que se sucederon as detencións, o acoso das forzas policiais —con efectivos chegados de León e Valladolid— e máis de 5.000 cartas de despedimento enviadas. Como foi posíbel, nun contexto como o de entón, manter ese pulso durante tanto tempo? A resposta para moitos dos que viviron eses acontecementos é clara: grazas ás redes de apoio e solidariedade tecidas por milleiros de persoas, a maioría anónimas, mais, especialmente, grazas ás mulleres. "A historia sempre silenciou o papel das mulleres, e coas folgas do 72 pasou o mesmo", sinala a secretaria xeral de CCOO na Galiza, Amelia Pérez, que engade: "Pero sen elas, a folga de setembro, e outras, serían imposíbeis". "Fíxose o que se tiña que facer". Esa é a reflexión de varias das persoas que participaron activamente das protestas, algunhas nun segundo plano. Pilar Lago, daquela militante do PCE, explica que, á marxe da conciencia política que puidesen ter homes e mulleres máis ou menos vinculadas a algunha organización, o que permitiu unha folga como a de hai 50 anos foi "unha inmensa e espontánea solidariedade". Carlos Barros: "A represión da folga de 1972 foi desproporcionada" Só así pode entenderse que ducias de familias puidesen saír adiante eses días, e nos meses posteriores, co pai ou nai —ou ambos os dous— detidos, despedidos ou agochados. Tanto Pilar, como Matilde Refojos —rexente dun posto de froita no Mercado de Teis e traballadora dunha fábrica téxtil e dunha floraría—, ou Mari Carmen Caride —cuxo futuro marido militaba no 72 no PCE e en CCOO, e traballa en Factorías Vulcano— coinciden nos seus recordos. As veciñas deixaban alimentos ás portas das casas onde sabían que había problemas; as pescantinas, como a señora Maruja de Teis, regalaban o xénero aos que foran despedidos; outras quedaban cos fillos das que acudían a asembleas clandestinas; ou as mulleres que rexentaban bares, como a señora Ramona en Pousafoles, que sempre tiña un prato de comida preparado para quen levaba días sen cobrar. "Había xente organizada, pero as redes de apoio xurdiron espontaneamente e, máis que coa conciencia política, tiñan que ver coa humanidade e a dignidade das persoas", lembrou Matilde, que tamén rememorou "o medo" da xente e a presenza constante de axentes da Brigada Político-Social "por todas partes". Luisa Cuevas, que entón tiña 17 anos e estudaba no Instituto San Tomé de Vigo —só para mozas—, rememora esas semanas apuntando a visión dunha rapaza estudante e comprometida politicamente. No seu barrio, A Salgueira, tamén se respiraba a indignación pola represión aos obreiros, o medo e a expectación sobre o resultado dunha mobilización que puxo en xaque o réxime. "Case toda a cidade estaba implicada, moitos estudantes tamén. As tendas e comercios fecharon, a solidariedade foi total", explicou. "Os heroes do 72 foron os traballadores galegos" "Pagou a pena" Na primeira liña da organización clandestina estiveron tamén algunhas mulleres, como Margarita Rodríguez Montes —infiltrada de CCOO no Sindicato Vertical do Grupo de Empresas Álvarez— ou Pilar Pérez —ex traballadora de Álvarez e da cooperativa Cogalco—. "Eu non pasaba medo porque non me cría importante, só facía un traballo para o partido e o sindicato, mesmo o xuíz ante o que comparecín após a miña detención no 72 díxome con desprezo que marchase á casa, que eu non era 'dos que mandaban'", lembrou Margarita, se ben matizou que, con todo, esa folga "foi un golpe" ao réxime. "Creo que foi un éxito. Non logramos o que pretendiamos, que era estender a folga a todo o Estado, mais metemos moito medo", salienta, antes de proclamar: "Pagou a pena. Non me arrepinto de nada, porque todo estaba por facer". "O 10 de marzo non era só a negociación dun convenio" Pilar Pérez, pola súa parte, lembra o especial sacrificio que fixeron as mulleres que estaban organizadas politicamente porque, a pesar de teren —con carácter xeral— o apoio dos seus 'camaradas', moita xente "colgábache rapidamente o cartel de puta, ao verte chegar de madrugada á casa, ou por non estar encerrada atendendo os fillos ou o marido". No seu caso, aliás, chegou á folga do 72 'bregada' na loita, porque xa fora detida e encerrada en maio do 69 no cárcere da rúa do Príncipe, onde coincidiu co seu marido, malia que en salas separadas. Alí Pilar soubo que estaba embarazada da súa primeira filla e alí mesmo llo comunicou ao seu marido, a través dunha reixa e a berros: "Estou preñada!". Honra a quen "racharon co medo" Medio século despois daqueles acontecementos en Vigo, Amelia Pérez proclama con contundencia que esa folga "foi un triunfo" e insiste en pór o valor o papel das mulleres que, "sabendo que non ían formar parte da historia oficial, nin saír nos libros", tiñan claro que "o seu papel era imprescindíbel". [VÍDEO] Remata a rodaxe do filme '10 de marzo' O seu rol eses días, destaca, tiña "un dobre valor" porque a sociedade da época "reserváballes outro papel". Así, non só estaban a dar un paso adiante "nun mundo de homes", como era o da loita obreira clandestina, senón que, en moitos casos, "a súa contorna non as comprendeu" porque "se supuña que tiñan que estar na casa, coidando do fogar e os fillos". "As novas xeracións debemos aprender delas valores como a xenerosidade e a prioridade do colectivo", subliñou. Na mesma liña, Montse Carrera, responsábel comarcal de CCOO en Vigo, engade que, en xeral, a cidadanía viguesa "descoñece" a transcendencia deses feitos, e o valor dunhas mulleres que, en plena ditadura e nunha sociedade patriarcal tutelada de forma opresiva pola Igrexa, "racharon co medo". |
PRAZA_60 | O señor Feijóo non quere que se saiba a verdade. Ten moitas vergoñas que tapar. Hai máis poderes aos que lles interesa que non se saiba. Pero unha sociedade realmente democrática non pode permitir este silencio. Estamos a tempo de impedilo. | A chamada comisión de investigación das caixas, creada no Parlamento de Galicia para deitar luz sobre un dos episodios máis escandalosos da política e da economía galegas, continúa paralizada. Ano e medio despois da fin das comparecencias, o Partido Popular non quere retirar o cadeado do órgano parlamentario. O seu bloqueo impide que a cidadanía se achegue ao que realmente sucedeu na liquidación do sistema financeiro galego. Nas caixas de aforro houbo quen xestionou mal, houbo quen roubou, houbo quen tivo comportamentos pouco ou nada éticos –fundamentalmente Méndez e Gayoso. E houbo quen, cómplice de toda esta desfeita, o permitiu: a Xunta, porque a Consellaría de Facenda tiña competencias para vixilancia e xestión das mesmas, e mais o Banco de España. Houbo quen, cómplice de toda esta desfeita, o permitiu: a Xunta, porque a Consellaría de Facenda tiña competencias para vixilancia e xestión das mesmas, e mais o Banco de España Unha comisión de investigación parlamentaria, polo menos no plano teórico, debera servir para determinar as responsabilidades políticas de quen tiña competencias no control das entidades e non as exerceu. E amais de non as exercer, permitiu o saqueo do aforro de galegas e galegos. Tamén debera traballar por identificar os responsábeis, directos e indirectos, do roubo ás preferentistas, e os detalles documentais polos que se autorizou a fracasada fusión entre as vellas Caixa Galicia e Caixanova. En troques, a cidadanía topa cun Partido Popular que manipula para os seus propios intereses esas institucións que tanto asegura –retoricamente- defender e insiste na súa estratexia de ocultación. O escurantismo antidemocrático que presidiu o proceso de liquidación das caixas seguiu, e segue, na investigación parlamentaria. O escurantismo antidemocrático que presidiu o proceso de liquidación das caixas seguiu, e segue, na investigación parlamentaria Porque o pecho que pretende por o PP á comisión de investigación da fracasada fusión das caixas significa impedir que a cidadanía coñeza: A determinación de responsabilidades dos cargos políticos da Xunta, que segundo a Lei de Caixas, tiñan competencias para o control da xestión dos aforros dos galegos e galegas. Non toda a responsabilidade se pode reducir, como por razón obvias lle interesa á dereita gobernante, ao Banco de España. A depuración das responsabilidades de quen afirmou publicamente que a fusión estaba avalada por unha auditoría –que custou máis dun millón de euros públicos- que nin era auditoría nin avalaba a fusión. O presidente da Xunta e a daquela conselleira Marta Fernández Currás mentiron. A carta en que a Xunta encargou á consultora KPMG a denominada due dilligence, que non auditoría, e na que se especificaban os puntos que a empresa debía analizar. Esta desapareceu misteriosamente da documentación entregada á comisión. Malia que Alternativa Galega de Esquerda solicitou unha vez e outra este papel fundamental para saber o que aconteceu, este segue no limbo. Se cadra correu a mesma sorte que os contratos coas empresas de Marcial Dorado. O acordo do Consello da Xunta de novembro de 2010 que, asinado pola daquela conselleira de Facenda Marta Fernández Currás, autorizaba a fusión, e mais os informes técnicos da consellaría. De novo, o ocultismo como modo de goberno do PP. O señor Feijóo non quere que se saiba a verdade. Ten moitas vergoñas que tapar. Hai máis poderes aos que lles interesa que non se saiba O señor Feijóo non quere que se saiba a verdade. Ten moitas vergoñas que tapar. Hai máis poderes aos que lles interesa que non se saiba. Pero unha sociedade realmente democrática non pode permitir este silencio. Se non, a armazón política, financeira e empresarial que campou nas caixas durante os anos do saqueo, vencerá. Estamos a tempo de impedilo. |
PRAZA_13570 | O arrecendo preelectoral cobra forza no entorno do presidente mentres o PP prepara unha demostración de forza en Santiago, cunha convención dun milleiro de cargos conservadores de todo o Estado | "A noticia é que non hai noticia". O presidente da Xunta respondía así cando, este xoves, foi cuestionado por enésima vez a respecto dun posible adelanto electoral en Galicia. Co curso parlamentario acabado de finalizar o país arrecende, aínda máis se cabe, a unha longa precampaña da que só resta saber cando concluirá e na que a literalidade das mensaxes gobernamentais falan de normalidade no calendario, pero os seus xestos e accións políticas apuntan a todo o contrario. Coa crise económica e os recortes arreciando, os cálculos dos conservadores variaron notablemente e xa poucos se atreven a asegurar que o ciclo alcista e hexemónico do PP non comezará o seu declive en Galicia. Neste contexto Alberto Núñez Feijóo non confirma, pero tampouco nega, que estea a pensar en anticipar a chamada ás urnas e, ao tempo, prepara unha viaxe a un territorio especialmente significativo en escenarios electorais apertados: Sudamérica. O periplo poderíase estender tamén á Arxentina, previo visto e prace do Goberno central polo contencioso de YPF Ao remate do Consello da Xunta deste xoves Feijóo esforzábase en restarlle importancia ao "tan manido asunto" do adianto xa que "neste momento os galegos non creo que estean moi preocupados" por el. "Ninguén me pregunta", asegura, nun contexto no que "se fixésemos unha quiniela sobre todo o lido e contado sobre adianto electoral, completaríamos unha quiniela de quince triplos". "O único que nos interesa da quiniela -procura ironizar- é o que vai pasar o domingo, se España lle gaña a Italia ou Italia lle gaña a España", engade. Pero, na mesma quenda de preguntas, o xefe do Goberno detallou un chisco máis o que avanzara na sesión de control parlamentaria do pasado mércores: en xullo toca cruzar o Atlańtico. Tras queixarse reiteradamente de non ter podido dar "ningunha boa noticia" ao longo de todo o seu mandato nos últimos meses Feijóo tenta invertir esa tendencia esencialmente con dous argumentos: a "solvencia" de Galicia, polo seu 1,62% de déficit do pasado exercicio, e a posibilidade de lograr pedidos para o sector naval a través dun contrato coa mexicana Pemex cuxo contido a oposición reclama, polo momento sen éxito, coñecer integramente. É precisamente esa captación de investimentos, "abrir mercados", o asunto que oficialmente motiva a viaxe. Segundo Feijóo a única razón de que se produza en xullo é que neste mes hai "menos actividade parlamentaria" e os destinos están configurados en base aos intereses das empresas galegas, di. Así, bosquexa, no roteiro estará Uruguai, cidades brasileiras como São Paulo e Rio de Janeiro e "tamén, probablemente" a capital colombiana, Bogotá. No entorno presidencial non se descarta que o periplo se estenda á Arxentina, pero as tensas relacións diplomáticas co Estado español pola expropiación de YPF requiren o visto e prace do Goberno central, dado que o motivo do desprazamento de Feijóo é, precisamente, económico e empresarial. En xullo o PP sacará músculo en Santiago, cunha convención que xuntará a máis de mil cargos conservadores Nese mesmo entorno cobra forza a posibilidade de que, xunto ás reunións empresariais, o programa da viaxe inclúa tamén encontros coa colectividade galega neses países ou, o que é o mesmo, cos continxentes de emigrantes galegos que, en virtude da reforma da Lei Electoral, só poden participar nas eleccións a través do sistema de voto rogado, isto é, solicitando explicitamente que desexan exercer o seu dereito ao sufraxio. A reforma pactada por PP e PSdeG no pasado pleno do Parlamento non terá ningún efecto nas vindeiras eleccións galegas. Mentres isto acontece sobre os cuarteis xerais dos populares en Santiago e Madrid pairan tamén outros factores a ponderar e emítense outros sinais. Entre os primeiros figura, por exemplo, o desgaste do Goberno galego como consecuencia da descomposición do sistema financeiro galego e, nomeadamente, da xestión en Novacaixagalicia, que levou ao propio presidente a dar o visto e prace á activación dunha comisión de investigación que ficaría en nada se, precisamenate, se adiantan as eleccións. Igual e fundamentalmente, tense en conta tamén a onda expansiva en Galicia dos recortes de Rajoy, os xa efectuados, como o novo copagamento farmacéutico, e os que están por vir, como a máis que probable suba do IVE. Polo momento, e mirando de esguello a procesos internos doutras formacións, como as primarias do PSdeG ou a conformación dunha nova forza no nacionalismo, os conservadores sacarán músculo en Galicia tamén no mes de xullo, cunha convención intermunicipal que xuntará en Santiago a máis de 1.000 cargos do partido e que, previsiblemente, contará coa presenza de Rajoy. |
PRAZA_17962 | O concellero Xiao Varela acusa a Autoridade Portuaria de teimar nunha proposta propia que mantén o protocolo asinado entre Xunta e Fomento de costas ao Concello e que blinda a venda do peirao de San Diego. | O concelleiro de Rexeneración Urbana e representante do Concello da Coruña, Xiao Varela, plantou esta tarde a xuntanza extraordinaria do consello do Porto da Coruña para reclamar ao Goberno central a condonación da débeda que a Autoridade Portuaria ten con Puertos del Estado. Tal e como explicou á súa saída da reunión, unha hora despois do seu inicio, o Concello chegou á reunión disposto a negociar a súa proposta coa que achegaba a propia Autoridade Portuaria. Segundo dixo, o Porto limitouse a votar o seu texto, no que se reclamaba tamén manter o acordo de abril asinado de costas á administración local entre Feijóo e Fomento e que blinda a venda dos terreos de San Diego. Varela acusa a Autoridade Portuaria de non querer negociar un texto conxunto e teimar en manter o protocolo de abril entre Xunta e Fomento Ante a negativa á súa petición de retirada dese punto, Varela abandonou a xuntanza, pero esta continuou e sen representantes de Puertos del Estado, que desculpou a súa ausencia porque o obxecto das negociacións xa se debate noutros foros. Malia todo, o consello da Autoridade Portuaria aprobou pedir a condonación da débeda, pero mantendo o protocolo que asinaran Xunta e Fomento. "O grao de endebedamento do Porto, por causas medioambientais e de seguridade ligadas á construción do porto exterior, non parece proporcionado para que o asuma a Autoridade Portuaria", dixo o presidente da entidade, Enrique Losada. A proposta do goberno local instaba o Goberno do Estado a condonar a débeda ligada á construción do porto exterior de punta Langosteira ou, no seu caso, a conceder axudas económicas equivalentes, así como a deixar sen efecto o protocolo asinado por Fomento, Xunta e Puertos del Estado o pasado abril de costas ao Concello e constituír un consorcio público onde participen todas as administración implicadas no futuro da fachada atlántica coruñesa. Xa antes da entrada na reunión extraordinaria do consello da Autoridade Portuaria, Xiao Varela pedía ao PP que "non estorbe" e ao PSOE que fose "valente". A xuntanza, impulsada polo Concello, pensaba debater un único punto da orde do día: aquel no que se insta o Goberno do Estado a que condene a débeda e dea "igual trato" ao Porto da Coruña e ao de Valencia, ao que perdonou a débeda de 350 millóns de euros derivada da construción das infraestruturas necesarias para a Copa do Mundo de vela e para o circuíto da Fórmula 1. A Autoridade Portuaria dixo unirse ás propostas que impulsaba o Concello, nas que se propón tamén ao Estado que manteña os compromisos sobre prazos e financiamento do desexado enlace ferroviario a punta Lagosteira. Pero o Porto da Coruña insistiu en manter o polémico acordo de abril entre Feijóo e o antigo Goberno do PP no Estado. A Comisión Aberta en Defensa do Común mobilizouse esixindo que os terreos portuarios tornen en públicos Foi hai xa 14 anos cando os convenios do Porto incluíron unha cláusula pola que Xunta e Concello da Coruña comprometíanse a indemnizar ao Porto se as decisións que tomaban impedían urbanizar os terreos que tiñan pensado vender. O protocolo do pasado mes de abirl confirma esa cláusula, que impediría ao goberno a opoñerse á edificación dos peiraos. A proposta de de Xiao Varela para pactar un texto común atopou o non da Autoridade Portuaria. Ao tempo, ás portas da sede do Porto da Coruña, a Comisión Aberta en Defensa do Común manifestábase esixindo que os terreos portuarios, logo de que se libere a súa actividade actual, tornen en municipais e sexan dedicados a equipamentos públicos. Ademais, volveu reclamar unha consulta popular entre a veciñanza para que esta decida sobre o futuro dos peiraos. O PSdeG cre que Feijóo e Losada deben "render contas ante a cidadanía" Tan só unhas horas antes, o deputado coruñés do PSdeG no Parlamento, Juan Díaz Villoslada, reclamou unha auditoría da xestión de tráficos e económico-financeira e comercial do porto exterior da Coruña. O responsable socialista esixiulle a Feijóo e ao presidente da Autoridade Portuaria que "rendan contas ante a cidade e o conxunto da cidadanía". Díaz Villoslada cuestiona a "capacidade de xestión" que non demostraron "na posta en marcha de Punta Lagosteira", e lembra o informe de fiscalización elaborado polo Tribunal de Cuentas, quen analizou os exercicios 2012 a 2014. Daquela acreditárase a "incapacidade de xerar ingresos previstos", o que impedía mellorar os resultados de explotación e os niveis de endebedamento, daquela estancados dende 2011. Villoslada esixiulle tanto ao presidente da Xunta como ao presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, que "asuman responsabilidades na xestión do sistema portuario de A Coruña e que conten coa cidade para deseñar o futuro da nova fachada interior", e non "ninguneando" como fixeron, dixo, no protocolo asinado en abril. |
PRAZA_9304 | A dixitalización supuxo unha creba, ou polo menos un revulsivo, para a industria cultural tradicional, mais aínda non chegou a consolidarse un modelo económico que sustitúa o intercambio comercial nos soportes tradicionais. As institucións culturais carecen dunha estratexia de apoio á creación e distribución dixital e a realidade é que o voluntariado dixital esgótase | Por máis que poidamos pensar que neste final dos anos dez o dixital xa é unha característica que atravesa todo o ámbito cultural, o certo é que en Galicia o mundo da cultura aínda é bastante analóxico. Os seus axentes dirán que non, que xa viven a tope na sociedade da información, mais na realidade falar de cultura dixital na maioría das institucións deste país aínda é unha rareza, un exotismo, cousas da rapazada friqui.Por máis que poidamos pensar que neste final dos anos dez o dixital xa é unha característica que atravesa todo o ámbito cultural, o certo é que en Galicia o mundo da cultura aínda é bastante analóxicoAsí que empecemos por situarnos e definir que entendemos por cultura dixital. Para o que quero expoñer, e de maneira moi simple: o conxunto de discursos e prácticas que se producen, e reproducen, nos medios dixitais. Se falamos de cultura dixital galega, podemos referirnos a aquela que se produce no noso idioma, aínda que isto é moi matizable: por un lado cada vez máis manifestacións culturais son multilingües, e, por outro, hai manifestacións culturais que non usan lingua ningunha, pois non é a palabra o seu medio de expresión. Mais a cultura dixital non é só o medio que acolle estas manifestacións. É o conxunto de consecuencias da aparición deste medio, que transformou de forma irreversible, aínda que aínda non nos decatásemos, as prácticas culturais nos últimos anos. Ao mudar a canle mudou o xeito de recibir e o xeito de emitir información. Mudou tamén, e este é o maior cambio no paradigma dixital, o suxeito da cultura: quen produce e quen consome, e a relación xa non unívoca entre eles.Fálase do efecto "democratizador" de internet porque nos dá acceso a ferramentas de creación, de publicación e de consumo que antes só estaban en mans duns poucos. Pasamos dunha cultura de masas ou broadcast, na que un axente emisor chega a moita xente, a unha cultura distribuída ou p2p, onde a comunicación circula entre pares e maioría das mensaxes que nos chegan en internet fano a través das redes sociais, dos contactos dos nosos amigos ou persoas ás que seguimos. Todos somos, en potencia, 'prosumidores'.Pasamos dunha cultura de masas ou broadcast, na que un axente emisor chega a moita xente, a unha cultura distribuída ou p2p, onde a comunicación circula entre paresCada un de nós é o nodo dunha rede horizontal de transmisión que nos converte, ao mesmo tempo, en emisores e en receptores. En termos de produción cultural, todos somos, en potencia prosumidores (productores + consumidores, en inglés prosumers). Calquera de nós que participe activamente na conversa nas redes sociais, mesmo cando reenviamos un vídeo simpático de gatos polo whatsapp, somos participantes da cadea de transmisión cultural.Quen produce daquela a cultura dixital en Galicia? Principalmente, un conxunto de individuos e comunidades de interese que o fan de maneira voluntaria e horizontal, aínda que haxa algunhas iniciativas que tratan de abrir camiño na profesionalización destas tarefas. Poñendo o punto de arranque na aparición da web 2.0 nos albores da década pasada, podemos mencionar desde os blogs, a Galipedia e outras moitas iniciativas de activismo cultural -incluídos medios de comunicación non profesionais- ata a gran cantidade de discursos que se producen hoxe en día nas redes sociais, marcados pola arquitectura destes medios, pola súa inmediatez e efemeridade e pola voráxine que alimentan cada día.Quen produce cultura dixital en Galicia? Individuos e comunidades que o fan de maneira voluntaria e horizontal, aínda que haxa iniciativas que tratan de abrir camiño na profesionalizaciónFalamos de voluntariado e activismo na rede e nisto hai que incluír a produción anónima e espontánea: a que se dá no chamado folclore dixital. Está formada polos memes, que son un unidades de contido creadas, reproducidas e versionadas por unha comunidade, e que está máis próxima ás formas de transmisión da cultura oral tradicional que á cultura de masas, se ben a súa materia prima parte desta última. O que fan os memes é mesturar o imaxinario popular con elementos extraídos da cultura de masas para crear novas versións que poidan ser modificadas libremente, partindo dunha raíz común, como aconteceu durante séculos coas coplas, os chistes, os refráns, as receitas de cociña. Son a principal unidade de transmisión a cultura popular en internet, e funcionan como calquera outra manifestación cultural, como sinal de identidade e pertenza a distintas subculturas que poden ser temáticas, políticas e tamén territoriais, e que, cando collen moita forza, poden acaban transcendendo ao mainstream.Estamos traballando todos de forma voluntaria para os señores de Facebook, Twitter e Google, xerando unha morea de información a cambio de nada, ou como moito a cambio de recoñecemento e atenciónA canle pola que se transmite este folclore son as redes sociais, públicas e privadas. Todos sabemos cales son, mais deteñámonos un minuto a analizar o seu papel na produción cultural galega. Por un lado, a cantidade de horas, enerxía e esforzo intelectual que deixamos nestas redes axuda a crear unha conversa moi dinámica, a ocuparmos tamén ese espazo que xa traballa a nivel global, axuda a conectar xente, a crear comunidades, a que estas se organicen. Con todo, este movemento non reverte demasiado no interese público. Porque non están pensadas para iso, e porque as instancias que se supón deberían preocuparse por el (institucións culturais, medios de comunicación, etc) non fan moito para conectar esa vibrante cultura que se produce nas redes co que se supón que é o interese público en Galicia. Estamos traballando todos de forma voluntaria para os señores de Facebook, Twitter e Google, xerando unha morea de información a cambio de nada, ou como moito a cambio de recoñecemento e atención, que algúns se cadra ata monetizan de xeito particular, pero que como país non estamos recollendo nin aproveitando ben.Da democratización á precarización da creación dixital.Falamos de traballo voluntario e temos que volver ao tema da falta de profesionalización da cultura en internet. A dixitalización supuxo unha creba, ou polo menos un revulsivo, para a industria cultural tradicional, mais aínda non chegou a consolidarse un modelo económico que sustitúa o intercambio comercial nos soportes tradicionais por outro que poida manter unha nova cadea de valor para produtores e distribuidores de contido. Algo que, por outro lado, é normal, se partimos da idea de que a produción voluntaria en internet é algo intrínseco ás novas prácticas culturais, á nosa maneira de estar no mundo. O problema vén cando se quere acometer a produción dixital como un medio de vida e a persoa creadora se atopa cunha falla grave de estruturas económicas, públicas ou privadas, que sustenten esa produción.A dixitalización supuxo unha creba, ou polo menos un revulsivo, para a industria cultural tradicional, mais aínda non chegou a consolidarse un modelo económicoCoa globalización, ademais, vemos como se van asentando modelos de éxito que distribúen as industrias culturais na rede máis alá dos espazos de cada país. É o caso de Youtube, Spotify, Netflix… Mesmo a nivel estatal é cada vez máis difícil crear un espazo propio de comunicación que sustente os contidos creados nun territorio. Inténtano a nivel local os novos medios xornalísticos, que se van reciclando e buscando novas formas de publicidade, de pago por consumo online ou membresía, ou outras vías como o crowdfunding. Nacen así novas editoriais, novos selos, novas distribuidoras, comunidades de creadores e consumidores moi de nicho que se promocionan nas redes e que monetizan traballos dixitais a partir da venda de obxectos físicos, merchandising, etc.Mais a precarización é a tónica, e especialmente naqueles creadores máis vangardistas ou experimentais que buscan innovar na linguaxe, que axudan a prestixiala, e que non poden depender das novas dinámicas comerciais (nin das vellas, por outra parte) para gañar o seu sustento. Ante isto é vital o papel do sector público, como o foi sempre na cultura e as artes. E cal está a ser este papel? Pois en Galicia, case calquera cousa menos dinámico. As institucións culturais carecen dunha estratexia de apoio á creación e distribución dixital. Neste aspecto van moi por detrás da industria, que tamén é conservadora. Non hai neste momento ningunha liña de apoio a nivel autonómico ou local que incentive a produción de contidos en internet, con algunhas pequenas excepcións.A precarización é a tónica, e especialmente naqueles creadores máis vangardistas ou experimentais que buscan innovar na linguaxe, que axudan a prestixialaSi que pode haber, sobre todo desde concellos, iniciativas destinadas á cultura participativa na rede, como poden ser a dixitalización de arquivos fotográficos doméstivos, ou os certames de fotografía dixital ou outras convocatorias asociadas a campañas de promoción nas redes. Pero non hai ningunha iniciativa, e menos ningunha estratexia de país, destinada a combater a precariedade das creadoras e creadores dixitais, ou o que é o mesmo, a fortalecer unha industria da cultura dixital incentivando a produción, a distribución, o mecenado e, sobre todo, o consumo máis alá do gratuíto.A consecuencia disto vémola día a día, pero estamos tan afeitos á dinámica que parece que xa a interiorizamos. A realidade é que o voluntariado dixital esgótase. Coñecemos ben o ciclo. Cando xorden iniciativas para crear cousas en internet, sexa de maneira individual ou de maneira autoxestionada e comunitaria, hai un momento inicial de entusiasmo, que é finito. Co tempo moitos proxectos acaban morrendo porque son precarios, consumen moitos recursos e, aínda que están producindo un ben para todos, dos que o resto nos beneficiamos, non reciben ningún apoio para seguir. Que fan as institucións do público ante isto? Deixalas morrer, no mellor dos casos.As institucións culturais carecen dunha estratexia de apoio á creación e distribución dixital. A realidade é que o voluntariado dixital esgótaseComo consecuencia do esgotamento xeral e da pouca consistencia dos medios de produción, o patrimonio cultural dixital desaparece. Quen arquiva estes proxectos? Como se entende que partes fundamentais da historia xornalística contemporánea deste país, como Vieiros, non estean en ningunha hemeroteca? Ou publicacións enteiras que, por non estar, non están nin en Archive.org? Se non gardamos o pasado recente de internet parece que sempre temos que estar empezando de cero. Hai moitísimas referencias, textos, blogs, webs, podcasts ou pezas audiovisuais que simplemente desapareceron do mapa. Pode permitirse unha cultura como a nosa esa perda? Está moi ben sacar a cultura galega das vitrinas a que lle dea o aire, pero non podemos deixar que o aire a leve.O público na rede: algunhas preguntas para o sector culturalEstámoslle atendendo o suficiente ao público dixital? Estamos accedendo aos famoso 'big data' que nos permite coñecer, segmentar e achegarnos a novas audiencias en internet?O sector público ten moito que reflexionar sobre estas cuestións, como tamén a nosa feble industria cultural, a quen lle temos que facer esta pregunta: Estámoslle atendendo o suficiente ao público dixital? Estamos accedendo aos famoso 'big data' que nos permite coñecer, segmentar e achegarnos a novas audiencias en internet? A impresión é que cada pequena empresa fai o que pode á hora de chegar a estes públicos con precarias ferramentas de marketing dixital, mirando cadaquén polos seus resultados a curto prazo. Ante isto, preguntamos: existe algún xeito de potenciar estes estudios de públicos, audiencia e mercados dixitais para beneficiar ao conxunto da industria cultural, e do que non é industria? Cales son os intereses e necesidades que podemos detectar no público galego? Son os datos que xeran as grandes corporacións globais útiles para unha cultura como a nosa ou temos que buscar maneiras de xerar datos específicos sobre o noso comportamento cultural?Aos dirixentes das institucións culturais gústalles moito falar da sociedade da información, pero están bastante perdidosMáis cuestións: Como podemos usar estes datos de audiencia, intereses e fluxos de consumo para crear un entorno onde os medios dixitais poidan ser sustentables? É posible crear contornas de comunicación que se apoien, como todos, nos social media pero que sexan autónomos na xestión da publicidade e das vendas? É posible crear e detectar audiencias a nivel galego que xeren interese e xustifiquen o investimento en medios e contidos dixitais por parte de empresas privadas e institucións?E, cinxíndonos ao interese público (fóra do interese comercial), temos que preguntarnos: Que datos e arquivos temos que producir e conservar como país? Con que criterios se prioriza o investimento en produción, difusión e conservación da cultura dixital? Quen decide que contidos ou produtos culturais deben ser patrimonio público e cales non? Como cuantificamos os recursos necesarios para facelo? De onde quitamos estes recursos? A través de que mecanismos o facemos?Do que se trata é de ter unha visión de país e de crear unha estratexia dixital comúnEn definitiva, non temos conclusións pero si unha intuición a xeito de resumo: que aos dirixentes das institucións culturais gústalles moito falar da sociedade da información, innovación e do mundo dixital, pero cando chega a hora de formular ou dar resposta a estas preguntas, que non son doadas pero son as que temos que facer, están bastante perdidos. Porque tampouco é algo que supoña unha prioridade política a curto prazo.No fondo do que se trata é de ter unha visión de país e de crear unha estratexia dixital común encamiñada a que esa visión se cumpra, poñendo os recursos e facendo a mediación necesaria entre as institucións públicas, as empresas privadas e todo ese traballo en rede, voluntario e invisible que, por puro instinto de supervivencia, fai que a nosa lingua e a nosa cultura siga estando viva en internet. |
NOS_9688 | O rexedor nacionalista insiste en que os sistemas antinéboa non son os axeitados logo do accidente múltiple que provocou unha morte e máis de 50 persoas feridas e que puido ser unha traxedia moito maior. | O alcalde de Mondoñedo, o nacionalista Orlando González, cre que os "sistemas antinéboa" da autovía A-8, ao seu paso por este municipio lucense, "non son suficientes". De feito, sostén que o accidente múltiple que ocorreu este sábado entre Abadín e Mondoñedo, no que faleceu unha muller e máis de 50 persoas resultaron feridas, é unha proba diso. Só a decisión d@s afectad@s de abandonar os seus vehículos evitou unha traxedia de xigantescas dimensións. "Quen é de aquí xa sabe que con néboa é mellor non usar ese tramo da autovía, pero segue sen solucionarse o problema", afirma Orlando González O rexedor mindoniense asegurou que os "dous problemas" que ten a A-8 ao seu paso por Mondoñedo son "a néboa e o vento". Indicou que o vento, en ocasións, "fai voar o toldo" dos camións. Por iso, @s condutores que xa coñecen a zona "non van" por ela cando "hai moito vento". No que respecta á néboa, González asegurou que @s mindonienses non utilizan o tramo da autovía A-8 ao seu paso por Mondoñedo cando hai néboa. "Non o usamos por precaución", dixo o alcalde. Así as cousas, o rexedor do BNG reclamou unha "solución efectiva", pois sostén que os actuais sistemas antibéboa, "non son suficientes". Aínda así, confesou que, ao non ser un "técnico", non sabe cal debería ser a solución. Ademais das críticas aos actuais sistemas contra a néboas da A-8, o alcalde de Mondoñedo denunciou as condicións do acceso 124, en Curros. Orlando González cre que a Xunta ten "esquecida", a Mondoñedo e os seus habitantes. |
NOS_11438 | As primeiras mobilización do oito de marzo ateigaron este domingo as rúas en cidades como A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense ou Ferrol, que secundaron a convocatoria do feminismo galego, coa consigna de visibilizar o traballo de coidados que recae nas mulleres. | En Compostela, centos de mulleres axuntaron as súas forzas xa desde a mañá para homenaxear, reivindicar e visibilizar a todas "as que tecen a vida cada día", nas actividades previas á manifestación que dará comezo ás 19.30 horas, mentres que na Coruña foron miles as que acudiron ao chamado do feminismo nunha mobilización multitudinaria entre o Obelisco e a praza de Tabacos. En Vigo, ducias de participantes representaron a acción feminista "Un violador no teu camiño". Na Coruña as #FeministasGalegas enchendo as rúas!#8M #feminismogalego #SenCoidadosNonHaiVida pic.twitter.com/Zu6Quyueyj— Galegas 8M (@Galegas8M) March 8, 2020 Este Día Internacional da Muller Traballadora quere facer especial fincapé no rol coidador que historicamente desenvolven as mulleres. Por iso, baixo o lema "Sen coidados non hai vida", feministas agrupadas baixo o paraugas de Galegas 8-M centraron os seus discursos naquelas que se fan cargo das crianzas, das maiores, das persoas dependentes e dos traballos aínda invisibilizados e non recoñecidos. Ferrol!! Feminismo Galego Imparable!!!#8M2020 #8M #feminismogalego #FeministasGalegas #SenCoidadosNonHaiVida pic.twitter.com/tXwbVhBI4Y— Galegas 8M (@Galegas8M) March 8, 2020 O manifesto de Galegas 8-M, lido hai unha semana en Verín e vixente tamén nos actos deste domingo, chama a "visibilizar o que está invisibilizado" baixo o argumento de que a meirande parte do traballo de coidados realízase "sen remuneración algunha, malia que a gratuidade do seu labor aforra custes de saúde, coidado de crianzas, do fogar, das persoas con dependencia, da labranza das terras". Ourense!!!Batuke e feminismo galego neste #8M #feminismogalego #FeministasGalegas #SenCoidadosNonHaiVida pic.twitter.com/BqqKEq2I2X— Galegas 8M (@Galegas8M) March 8, 2020 "O traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida", escoitouse nas concentracións, marcadas pola maquillaxe e as prendas violeta, os símbolos feministas en alto e as pancartas con consignas que lembran que "non é non"e que amosan a sororidade feminina contra o "machovirus". Todo o territorio galego está marcado nesta xornada por numerosos actos conmemorativos a nivel local e comarcal impulsados desde o movemento de base, e secundado por Administracións, sindicatos e outras entidades. |
PRAZA_2797 | Os datos melloran lixeiramente con respecto ao pasado ano, pero seguen sendo moi altos: 1387 execucións e 1822 lanzamentos de xaneiro a setembro. Si se rexistrou un descenso dos concursos (un 45% menos) e dos despedimentos (un 20% menos). | O Consejo General del Poder Judicial fixo público este venres o informe Efectos de la crisis económica en los órganos judiciales correspondente ao terceiro trimestre do ano, con datos relativos a execucións hipotecarias, lanzamentos, concursos presentados ou despedimentos. Os resultados acumulados dos tres primeiros trimestres do ano amosan unha certa mellora, sobre todo no que se refire a concursos e demandas de despedimentos, pero indican igualmente que se segue producindo un número moi elevado de execucións hipotecarias e lanzamentos en Galicia. De xaneiro a setembro houbo 1.387 execucións hipotecarias na nosa comunidade, un 5,8% menos que no mesmo período do pasado ano (1.473). Porén, no que se refire a lanzamentos, a cifra (1.822) é practicamente idéntica á de 2014 (1.824). A realidade é que nos nove primeiros meses do ano houbo cada día en Galicia 5 execucións hipotecarias e case 7 lanzamentos. Dende 2008 producíronse 16 mil execucións hipotecarias nas catro provincias galegas. Si se rexistrou no que levamos de 2015 un descenso dos concursos: un 45% menos con respecto ao mesmo período de 2014, de 395 a 247; e tamén dos despedimentos: un 20% menos: de 5.539 a 4.449. Tamén se reduciu o número de EREs presentados: dos 75 de 2014 aos 59 de 2015. 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015* Galicia 701 1.369 2.053 1.942 2.003 2.528 2.576 2.106 1.387 España 25.943 58.686 93.319 93.636 77.854 91.622 82.680 80.749 52.350 Execucións hipotecarias presentadas en Galicia e no conxunto de España. Datos de 2015 de xaneiro a setembro. Fonte: CGPJ |
NOS_54273 | A asociación de afectados indica que están redactadas por por especialistas en bioloxía, herpetoloxía, botánica, tramitación ambiental ou urbanismo, entre outras especialidades. Explican que a construción do vertedoiro é contraria aos intereses sanitarios, medioambientais e socioeconómicos de Ordfes | A Asociación de afectados polo vertedoiro de Lesta, Ordes, presentou esta cuarta feira as alegacións contra este proxecto, acompañadas de 7.111 sinaturas contra a construción deste vertedoiro. Tamén se presentaron alegacións por parte de veciños particulares, pola Asociación de Cazadores "A Chimenea" de Lesta, polo BNG de Ordes, e por Amigos da Terra, Federación Ecologista Galega, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Ornitoloxía e Verdegaia. Nas alegacións, redactadas por especialistas en bioloxía, herpetoloxía, botánica, tramitación ambiental, urbanismo,… argumentan que a construción do vertedoiro é contraria aos intereses sanitarios, medioambientais e socioeconómicos do Concello e da Comarca de Orde. Entre outras cuestións afirman que a enquisa na que se basea o estudo socioeconómico do EIA (Estudo de impacto ambiental) é, aparentemente, ficticia. "Non se analiza o impacto acumulado coas instalacións de tratamento e vertido de residuos existentes no concello de Cerceda e situadas a uns 250 metros do vertedoiro que se pretende construír". |
NOS_17443 | Uns orzamentos "rutineiros", de "desidia", que "consolidan a precariedade" e centrados nunha "rebaixa de impostos aos máis ricos". Así califica a oposición galega o proxecto de lei de orzamentos para Galiza no 2020 que se vota hoxe no Parlamento e que sairá adiante grazas á maioría do Partido Popular | O proxecto de lei de orzamentos para Galiza no ano 2020 que se debate hoxe no Parlamento galego é o último antes de que se realicen as eleccións á Xunta. Os partidos da oposición coinciden en que son unhas contas pensadas para os máis ricos. A socialista Teresa Porritt, presidenta da Comisión de Economía, Facenda e Presupostos na cámara galega, será a primeira en intervir no Pleno desta mañá para ler o ditame da lei orzamentaria que, nas súas palabras, "pecha once anos de desidia" e supoñen o "fin de ciclo do proxecto esgotado de Feijóo". Porritt fai fincapé en que as contas da Xunta para 2020 "non resolven o grave problema demográfico" do país, agora co peor saldo vexetativo desde 1941. "Non coñecen a realidade do país e, polo tanto, non poden transformala", sinala a deputada socialista antes de criticar a nula aposta do PP pola creación de emprego e por artellar un plan de vivenda. Defende que a Xunta "debería ser o maior empregador do país" como unha medida para loitar contra a crise demográfica. Tamén expón a necesidade de que as contas atendan non só á fractura que existe entre as cidades e o rural, senón tamén á fractura de xénero e á xeracional. "Da resignación" Para o voceiro do Grupo Común da Esquerda, Manuel Lago, estes son uns presupostos "de resignación" que terán "graves consecuencias" no emprego e na economía do país. "A economía galega iniciou un cambio de ciclo e a desaceleración pode levarnos de novo á recesión", argumenta Lago, quen defende que o Partido Popular persegue "unha obsesión neoliberal para reducir os impostos aos máis ricos". Lago especifica que "a taxa de crecemento da economía galega é a máis baixa da Historia con Feixoo" e que a débeda pública aumentou en "7.500 millóns de euros nos últimos dez anos". "Feixoo vai deixar o país con 50.000 empregos menos que cando chegou ao Goberno", apunta como indicador do "fracaso" da política económica e orzamentaria da Xunta. Por outra banda, o Bloque Nacionalista Galego estima que estes orzamentos "consolidan a liña precarizadora" do Goberno de Feixoo, que está "desgastado" e "sen ideas novas". Desde o BNG presentan varias propostas para "priorizar" o gasto e "recuperar" investimentos en servizos públicos especialmente castigados como a Sanidade. A deputada Noa Presas explica que "blindar os hospitais comarcais" é unha das súas demandas, aparte da creación de emprego. Precisamente, hoxe ás 12:00 horas está convocada unha concentración en defensa do paridoiro do hospital de Verín diante do Parlamento. O voceiro do Grupo Mixto, Luís Villares, destaca que os orzamentos non atenden a "emerxencia feminista e climática" que atravesa o país. "Hai un maltrato institucional e sanitario ás mulleres por parte do PP e un claro estrangulamento do medio rural", di. Así mesmo, Villares critica que o Goberno galego deixou de gastar "945 millóns de euros en políticas de emprego activas dos orzamentos" entre os anos 2011 e 2018. Desde o PP aseguran que este debate vai servir para "ver onde estamos todos politicamente". O portavoz popular no Parlamento, Pedro Puy, salienta a redución no imposto de sucesións e que estas contas "promoven a adquisición de vivendas en zonas pouco poboadas" coa menor tributación de todo o Estado. Ademais, o PP insiste en reclamar ao Estado os 200 millóns de euros do IVE de 2017 e os 170 de compensación por cumprir coa sustentabilidade financeira. |
NOS_13363 | Ensaísta, político, Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) é un dos participantes na 'Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo', o primeiro dos monográficos da colección de cadernos que edita Sermos Galiza e que esta segunda feira vai presentarse en Ferrol. | O salón de actos da Escola Oficial de Idiomas(EOI) acolle esta segunda feira, día 12, ás 20:00 horas a presentación do libro Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo, editado por Sermos Galiza. Falamos con Francisco Rodríguez, un dos autores deste monográfico e que estará presente no acto da cidade departamental, canda Eliseo Fernández, Xoán Costa e Leandro Lamas. Rodríguez escribe o capítulo 'A revolta de Trasancos de 1918', uns feitos aínda descoñecidos en grande medida, embora a súa importancia. "Nas revoltas pola carestía de 1918 en Barcelona participaron 500 mulleres. En Ferrol, con moita menos poboación, foron máis de 500. E con cortes de accesos e asaltos a trens, o que non se deu en ningún outro sitio". -Como explica que uns feitos desta gravidade, cun número tan importante de mortes, puideran estar practicamente 80 anos agochados tanto na historia de Galiza como na memoria popular da comarca? -Dáse pouca importancia na historia de Galiza ao que é historia política, é dicir, os fenómenos sociais entendidos desde a súa dimensión ideolóxica e contestataria; interesa dar a imaxe de Galiza como país resignado. Nese esquema xeral para a historia de Galiza de ocultación, de agochamento, hai tres cuestións específicas neste caso particular. Primeiro: todo o que acontece nesta comarca dentro da historia xeral de Galiza é moi pouco considerado, pártese do prexuízo de que isto é menos Galiza ou, se queres, que é unha finca do Estado español. En segundo lugar, e derivado disto, Ferrol non pode relocer na historia de Galiza nin de España nada máis que naquilo que o coloque como apéndice de España. E en terceiro lugar, a represión brutal que se deu e que acaba converténdose en autocensura social. Hai que ter en conta que houbo un golpe militar que afondou máis no esquecemento. Na II República ergueuse en Sedes un monumento aos mártires da Revolta de Trasancos e cando chegou o franquismo iso destrúese, o que acrecentou o temor que xa había. Pero tamén teño que dicir que queda xente, pouca, que por tradición ou memoria familiar quedoulle a idea de que algo grave pasara, de que houbera mortos. -Cales son os motivos estruturais e coxunturais da protesta e as razóns dunha resposta tan desmedida no uso da forza contra a poboación? -Había un malestar xeral nas clases populares galegas, obreiros e labregos. Non se podía facer unha distinción moi grande entre eles, sobre todo nos núcleos máis industrializados, os obreiros eran tamén labregos, porque o eran eles propios ou a familia. Era , logo, unha clase obreira simbiótica. Ao mesmo tempo, nesa comarca había un movemento agrario que viña do XIX, con capacidade reivindicativa e de loita. Tamén está o factor dos impostos, que eran brutais e consideraban os labregos galegos como propietarios e tratábaos como tales; cando moitos non o eran. Tratábanos como un latifundista andaluz. En concreto, o imposto de consumos, que era unha especie de IVE pois iso era moi opresivo e había moitas protestas contra iso. Despois estaban as protestas derivadas de que pervivía o foro, o que facía que a drenaxe sobre a terra que un labrego traballaba fose tremenda: había que pagar os impostos, había que subsistir e había que pagar a quen che tiña a terra aforada… A pinga que veu provocar un estourido social cun protagonismo feminino como non houbo, en termos relativos, en ningunha outra parte do Estado español foi a carestía da vida que tivo lugar co estourido da Primeira Guerra Mundial. O goberno español dedicouse a protexer a especulación aínda que aparentase poñer prezos de taxados a produtos de primeira necesidade. Mais non se respectaban: o pan, o aceite custaban moitisimo, o carbón tamén… E os grandes almacenistas centrábanse en especular con todo iso. Houbo un estoupido social espectacular ao berro de "Temos Fame!", encabezado por mulleres e nenos. A protesta foi en toda a comarca. Comezou entre 5 e 6 de marzo e xa no 9 houbo disparos contra obreiras e labregas que se manifestaron en Xubia, e onde houbo feridas de moita gravidade. A partir de aí, xa foi como unha carreira de pólvora que se estendeu por toda a comarca, cunha importante autoorganizaión popular: corte de estradas de acceso, corte de liña do tren, asalto dos vagóns con alimentos… Após as mortes en Ferrol e en Narón, as autoridades establecesen o estado de sitio. O exército tomou a cidade e aínda así non puideron acabar coas manifestacións. Chegaron a colocar soldados e garda civís en todos os trens para que estes puideran circular. Aplicaron unha censura brutal para que no resto de Galiza non se soubese nada do que pasaba aquí. -Como acabou toda esa revolta popular? -Ao final as autoridades tiveron que baixar os prezos de primeira necesidade, se ben o fixeron de maneira simbólica. Quen tiña capacidade legal para facer iso efectivo era o goberno de España, as xuntas locais non podían. Os intermediarios que tiñan almacéns grandes facían o que lles petaba. A revolta acabou con mortes e cunha vitoria moral: tiveron que destituír o responsábel da policía municipal, o que non se fixo co da policía gubernativa, cando el foi quen disparou directamente á cabeza a un mozo de 16 anos, traballador da Constructora. O día 16 de marzo hai crise de goberno, chega o que chaman un goberno de unidade nacional, do que fai parte Cambó, e ao mes decretan unha amnistía e soltaron a todas as mulleres presas. Mulleres foron as que asaltaron os vagóns, as que cortaban as estradas de acceso, as que se manifestaban á fronte… -Destaca no traballo o protagonismo e importancia das mulleres naquela loita. -É lamentábel que aquelas mulleres que loitaron por defender a dignidade e unha vida digna non teñan un recordatorio, mesmo polo movemento feminista. -Que papel xogaron nese estourido outros sectores populares da comarca, como a clase operaria? -Xa falei antes de que non se podía facer unha gran distinción entre labregos e obreiros. Mais a clase obreira, cando matan dous rapaces traballadores, fai unha folga que afecta todos os estaleiros, toda a industria, fechan os comercios… No enterro das vítimas participaron entre 4.000 e 6.000 persoas, e iso coa cidade en estado de sitio! A represión provocou unha reacción de solidariedade e denuncia por parte do nacionalismo, mostra do cal son por exemplo os deseños de Castelao… O nacionalismo estaba máis introducido do que parecía, nas cidades non tanto mais si no campo. Por exemplo, unha das vítimas dos sucesos estaba vinculada ao movemento agrario e as Irmandades da Fala. De feito en A Nosa Terra cando morre colócanlle un cadro de honor resaltando os valores da muller traballadora galega, e denunciando as barbaridades feitas polo goberno español. E faise neses momentos en que a censura era tan grande que non se podía denunciar nada directamente. É entón cando Castelao fai esa imaxe, que para min continúa a ter actualidade: 'patrioteiros' que defenden España asasinando o seu pobo. -Non é a primeira vez que escribe sobre este tema… -Vivimos nun país que é unha anormalidade continua. Afortunadamente fíxose unha comisión popular e os obxectivos marcados estanse cumprindo. Na comarca os alcaldes tiveron que poñerse á fronte dos actos que se fixeron, en Valdoviño, en Fene, en Pontedeume, en Narón, en Ferrol… -Cre que iniciativas e actos como publicacións como esta de Sermos Galiza ou as promovidos pola Comisión Revolta Popular, Marzo 1918 axudan a provocar un cambio de percepción sobre os feitos na zona? -Creo que si, nos sitios máis pequenos e tamén entre a xente máis interesada. O que non podemos aceitar é a idea de que a desmemoria do pobo galego é cousa da chamada Guerra Civil, iso é falso. O que hai é desmemoria histórica e que lle afecta moito a moitas etapas deste país, como a Idade Media, por exemplo. E iso condiciona a vida do país. Este traballo vai na recuperación da memoria histórica de Galiza, no seu sentido máis amplo. E que aínda que o franquismo sexa a manifestación máis aguda do crime e o asasinato; represión sobre Galiza houbo sempre… Na Restauración foi incalculábel, a que se viviu durante máis de século e medio na transición da Idade Media á Moderna, iso foi brutal. |
NOS_56374 | Formaliza esta semana a súa candidatura e inicia a súa campaña polas comunidades para explicar o seu proxecto a afiliados do PP. | É compatíbel ser presidente da Xunta da Galiza e percorrer todas as comunidades do Estado español facendo campaña para ser presidente do PP español? Alberto Núñez Feixoo considera que si. E iso é o que vai facer: 10 días de campaña nos que ten previsto percorrer as diferentes autonomías para explicar o seu proxecto aos afiliados do PP antes do congreso extraordinario que terá lugar en Sevilla os días 1 e 2 de abril. Feixoo formalizará esta semana a súa candidatura para liderar o PP -o prazo expira o 9 de marzo- e despis iniciará a súa particular campaña electoral partidista. Os candidatos á Presidencia do PP deberán oficializar a súa candidatura entre 8 de marzo e até as 20 horas do día 9 de marzo, segundo recolle o Regulamento do XX congreso do PP aprobado na Xunta Directiva Nacional do pasado 1 de marzo. Para ser proclamado candidato é necesario presentar o apoio de, polo menos, 100 militantes. Campaña O propio Feixoo confirmou que fará campaña nos próximos días e percorrerá todas as comunidades autónomas. "Reunireime cos meus compañeiros e explicareilles por que din ese paso, que creo que podemos facer e, sobre todo, trasladareilles a enorme responsabilidade na que incorremos", dixo na cadea Cope, un día despois de anunciar a súa decisión de optar a liderar o PP. De acordo aos prazos establecidos, a campaña electoral interna comezará 11 de marzo e terá unha duración de 10 días. 21 de marzo é o día elixido para que os afiliados do PP ao corrente de pago poidan votar ao seu candidato á Presidencia do Goberno. Até o de agora, ademais de Feixoo, só unha valenciana de Gandía, Alexia Herranz, anunciou que presentará tamén a súa candidatura para optar a "converterse na primeira muller transexual presidenta do Partido Popular en España O presidente da Xunta xa deixou caer que marcará o seu propio sinal á dirección do PP ao subliñar que non cre "en ministerios de recheo" nin no "tweet de cada día" ou "laboratorios políticos". "Teño o meu modo de ser, de facer e de pensar", avisou. Unha das principais incógnitas é ate cando estará á fronte da Xunta. Polo momento, xa confirmou que non impulsará unha substitución apresurada ao asegurar que non deixará a Galiza "nun mes". No PP galego aseguran que será un proceso "ordenado, tranquilo e sosegado" no que saberán estar "á altura das circunstancias", en palabras do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado |
NOS_49846 | Malia non haber ningunha sentenza en firme que así o determine nin ter sido ningunha persoa nin xulgada nin condenada por pertenza, esta marca que o ministerio de Interior español e a imprensa dan en chamar "organización terrorista" aparece máis un ano no informe anual da policía europea | A organización Resistencia Galega "mantivo un número semellante de ataques terroristas entre 2011 e 2012". Dío o último informe da Europol, a oficina europea da policía, que atribúe á actividade deste colectivo "danos á propiedade de carácter menor" en propiedades de titularidade estatal e sedes de partidos políticos. Malia non achegar proba ningunha da existencia mesma da organización, máis aló das catro accións que lle pode atribuír directamente porque foron reivindicadas no seu nome (entre 2010 e 2011), no diario ABC fregaron as mans. A cabeceira conservadora e monárquica, que nas últimas semanas publicou varias informacións realizadas sen citar ningunha fonte máis aló dun xenérico "expertos antiterroristas" e nas cales criminaliza o movemento independentista galego e a súa contorna, desde o sindicalismo combativo até o "ecoloxismo radical" pasando polos refrescos de cola e mesmo polas propias familias d@s pres@s, fíxose tamén eco do informe da Europol e leva ao titular un dado que non aparece por ningures: que Resistencia Galega "é unha ameaza" e "o único grupo terrorista que se mantén en activo en España". Con todo, cómpre lembrar que non existe aínda ningunha sentenza firme en que se fale desta organización como "terrorista" e non hai ningunha persoa que fose xulgada por "pertenza". |
NOS_1063 | Até o vindeiro mes de xuño, o Auditorio de Galiza acolle a mostra "Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", máis de medio cento de obras dun dos grandes nomes da historia da arte galega. | Comisariada por Mercedes Rozas, a mostra de Leopoldo Nóvoa aberta no Auditorio de Galiza recolle máis de medio cento de obras en papel e cartón do que está considerado unha das grandes figuras da arte galega. A exposición "Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns" é a primeira aberta nun centro público desde a morte do artista hai tres anos en París. Un poema do propio Leopoldo Nóvoa a modo de despedida atopado recentemente pola súa muller Susana Carlson nun libro na súa casa de Armenteira abre unha mostra na que, ademais da obra inclúense poemas de Catherine Topall recollidos no libro Temps de soufre que ilustrou o artista. "Por uns meses en Santiago xúntanse as trazas de execución do gravado e os pochoirs á actuación híbrida da pintura, colaxe e exercicio matérico (...) Leopoldo foi consciente de que para que a memoria perdurase nos seus cadros tiña que atala con "mecates" e alentala coa fraxilidade da luz trepidando sobre as cinzas, e, sobre todo, inmortalizala co silencio", di a comisaria Mercedes Rozas dunha mostra na que se mesturan os materiais cos que o artista traballaba entre os que se atopan tamén arames, cordóns ou areas. De muros ao papel Leopoldo Nóvoa naceu en Salcedo, Pontevedra, en 1919 mais con só sete anos marcha para a Pampa arxentina de onde regresaría tres anos despois, instalándose en Vilagarcía onde seu pai exerceu de cónsul. En 1938 marcha de novo desta volta a Uruguai e en América comeza a forxar a súa traxectoria artística, fascinándose coa obra de Torres García que influiría de maneira decisiva na súa primeira etapa creativa. Da man de Luís Seoane, a quen coñece a través de Ramón de Valenzuela, abre a súa primeira exposición individual que será na galería Velázquez en Buenos Aires en 1953. Dese tempo é tamén a súa colaboración coa revista Galicia emigrante. En 1965 instálase definitivamente en París, despois dunha estadía en Uruguai na que, entre outros traballos, realiza o monumental Mural del Cerro en Montevideo. A camiño entre París e a súa casa de Armenteira vive os últimos anos da súa vida, converténdose nunha das principais figuras da arte galega do século XX con obras públicas como o Mural de Santa Margarita da Coruña, o cromlech do parque de Bonaval en Compostela ou o "Pousadoiro das letras" do Campus de Vigo. Desde hai uns meses abriuse na rede un espazo dedicado á obra, biografía e noticias arredor da figura de Leopoldo Nóvoa. |
NOS_10642 | O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, será candidato á Xunta de Galiza. Así o proclamou oficialmente o PSdeG na mañá deste sábado. O Partido Socialista é a primeira das catro formacións parlamentarias en designar candidato a uns comicios que, en principio, serán en 2020. | Segundo a Comisión de Garantías do PSdeG, Caballero presentou "a única candidatura formalizada en prazo e que cumprise os requisitos esixidos", en concreto o 2% de avais de militantes. Só falta o trámite da ratificación do Comité Federal do PSOE. Gonzalo Caballero non ten escano no Parlamento de Galiza. Alí é Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato en 2016 -cando os socialistas galegos ficaron en terceira posición, por detrás de PP e En Marea- quen exerce como portavoz parlamentario. O secretario xeral e agora xa oficialmente candidato tampouco amosa maior interese por se incorporar ao Hórreo. A súa ausencia no Hemiciclo desdebuxa o papel do PSdeG e dificulta a escenificación de Caballero como alternativa a Feixoo, toda vez que é Fernández Leiceaga quen protagoniza as sesións de control ao presidente da Xunta. Candidatas Nin PP, nin En Marea, nin BNG decidiron aínda os seus candidatos á presidencia do Goberno galego. Se ben nos populares hai voces que xa lle piden a Núñez Feixoo que repita -sería a cuarta vez-, con certo temor ao baleiro e entre os nacionalistas Ana Pontón parece non ser discutida, En Marea atópase mergullada nunha das súas xa habituais, cíclicas e convulsas, crises de liderado. O actual portavoz da confluencia de esquerdas, Luís Villares, é cuestionado polos tres partidos do espazo e por algúns dos máis importantes cargos institucionas, como os alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol. No último plenario, o villarismo perdeu as votacións máis importantes. |
NOS_54391 | Nunha era na que os equipos deportivos son vítimas do desarraigamento en proporcións cada vez maiores, exemplos como o do Seis do Nadal son unha 'rara avis'. Este equipo de baloncesto, fundado por unha ANPA no barrio vigués de Coia en 1983, creceu sen dar as costas ás súas orixes e hoxe conta cun equipo na Primeira División. | Do Vigo dos 80 está todo escrito a estas alturas da película, mais o seu legado continúa aberto a interpretacións, positivas ou negativas segundo quen realice a lectura. Unha desas herdanzas que continúan até a actualidade, e que indiscutibelmente se enmarca no seu haber, é o Club de Baloncesto Seis do Nadal. Fundado en 1983 como unha actividade extraescolar da escola do mesmo nome pola Asociación de Nais e Pais (ANPA) e o saharauí Aalí Mohamed -aínda hoxe vinculado ao equipo aos seus 70 anos-, a súa creación "respondeu á necesidade das familias de Coia de sacar a mocidade das rúas do barrio, que por aquel entón estaban moi castigadas por unha das grandes lacras da sociedade, a droga", explica Sergio González, actual director deportivo do Seis do Nadal e adestrador do conxunto masculino sénior. Case catro décadas máis tarde, aquel modesto proxecto foi evolucionando e crecendo, até o punto de ser na actualidade a entidade máis grande en canto a estrutura baloncestística da Galiza, sendo asemade a número un en licenzas, cunha cifra que supera as 700. Nese cómputo, máis de 300 corresponden ao deporte federado, no que o Seis do Nadal dispón de 27 equipos integrados por rapaces e rapazas de todas as idades, e entre os que destaca o feminino sénior, que vén de conseguir o ascenso a Primeira División Nacional por primeira na súa historia. A Primeira, consecuencia do traballo ben feito "Para un equipo que se estrea nunha categoría o obxectivo é moi claro, trátase de manter a praza", recoñece Sergio Gonzalez, quen a medio e longo prazo aspira a "crecer dentro da mesma, con base no traballo, esforzo e sacrificio das xogadoras, sen pórlles ningún límite pero sen perder o espírito de formación, sempre anteposto á competición, porque o que máis importa é que xogadoras, xogadores e mesmo familias crezan como persoas, aínda que estean en categorías importantes". De feito, González considera unha situación como a que actualmente está vivindo o equipo senior feminino como "un agasallo, ou mellor dito, unha recompensa, porque quere dicir que as cousas se están facendo ben". "Eu sempre poño o exemplo comparándonos co Celta, un conxunto especializado no baloncesto feminino. Que nós conseguísemos estar tan só unha categoría por debaixo, mirándoos tan de preto, quere dicir que estamos traballando adecuadamente, dando os pasos correctos, demostrando que se poden combinar nun mesmo club equipos de formación e de competición sen perder a esencia, algo do que nos damos conta cada vez que ollamos para Aalí Mohamed, que personifica ese espírito co que naceu a entidade a principios dos anos 80". Un conxunto con tradición familiar e obreira que pasa de xeración en xeración O director técnico do Seis do Nadal, Sergio González, compatibiliza esa tarefa coa dirección do equipo sénior masculino. El é xa un dos veteranos -leva desde 2003 dirixindo o club- dun cadro técnico que inclúe máis de 40 adestradoras e adestradores de diferentes niveis, que ao longo dos anos se reencontra en categorías superiores con nenos e nenas coas que coincidiron nas categorías inferiores. "Teño xogadores no sénior cos que xa traballei cando tiñan 11 ou 12 anos -apunta González-, e precisamente ese é un dos atractivos do Seis do Nadal como entidade. As familias e as crianzas saben que poden facer carreira aquí, e que os cartos non son un aspecto determinante. Nós aspiramos a contar sempre cunha base de xente que creceu con nós". |
NOS_4368 | O caso remóntase a cando era alcalde do Carballiño e a Fiscalía pide dez anos de inhabilitación para cargos públicos pola suposta contratación "irregular" de 60 persoas. | Manuel 'Pachi' Vázquez, o que fora líder do PSOE galego e mesmo formara parte do Goberno bipartito, enfróntase a partir da próxima semana á Xustiza. Será xulgado a partir da segunda feira por un presunto delito de prevaricación continuada cando era rexedor do municipio do Carballiño (entre os anos 1995 e 2005). O xuízo, no que hai outras catro persoas acusadas, decorrerá no xulgado do penal número 2 de Ourense a partir das 10.15 horas. Sábese que o Ministerio fiscal pide para o ex alcalde unha pena de inhabilitación para cargos públicos que dure 10 anos. A Fiscalía sostén esa demanda nun presunto delito de prevaricación por unha serie de 60 contratos a empregadas e empregados públicos. Nun escrito de decembro do ano pasado ao que tivo acceso Europa Press, tanto ao fundador de Espazo Común (que na actualidade exerce como concelleiro no municipio do que foi rexedor) como aos outros catro acusados -entre os que se atopa Carlos Alberto Montes, que sucedeu a Vázquez na Alcaldía até 2011- ese delito por firmar "un gran número de contratacións de persoal laboral de duración determinada para o desempeño de labores de competencia municipal". Fálase de que estas operarias e operarios ocupan postos de peóns, conserxes, carpinteiros, no servizo de limpeza, monitores na oficina de turismo, encargado de instalacións deportivas... Mesmo hai algún axente da Policía Local. "Os acusados procederon á contratación destas persoas coa conciencia de que faltaban os requisitos básicos de toda contratación pública", incide a Fiscalía. Desta maneira alude a cuestións como "a publicidade para que calquera persoa puidera acceder á mesma de acordo aos principios de mérito e capacidade". Para o resto dos posíbeis implicados pide 9 anos de inhabilitación e 8 anos e 9 meses. |
NOS_54749 | Albert Memmi deixa unha elaboración teórica que permite explicar as consecuencias últimas da dominación dun pobo por outro. Analiza os efectos sociolóxicos e psicolóxicos da opresión para abrir camiños de liberdade e achega categorías doutrinais decisivas na conformación do pensamento galego. | O pasado 22 de maio finaba en París, onde residía desde había décadas, Albert Memmi. A súa morte prodúcese nun contexto de silencio da oficialidade pero tamén das correntes políticas e de pensamento debedoras das súas importantes contribucións e dos seus esforzos por ofrecer un marco de comprensión da condición dos dominados. A súa obra teórica contextualízase nun movemento da historia da humanidade no que as nacións explotadas polo colonialismo inician un novo camiño liberadas dos grillóns das metrópoles. A súa achega doutrinal emparenta coa produción de autores como Frantz Fanon, Aimé Cesaire ou Paul Baran, e responde á mesma preocupación de dotar de razóns os movementos de liberación nacional. Memmi enfronta desde neno as contradicións da realidade colonial. Nado en Túnez en decembro de 1920, fillo de xudeus de posición acomodada, persoa de cultura e lingua árabe e educado nos rigores do uniformismo que caracteriza o réxime de dominación francés. Os seus primeiros anos pásaos en diversas institucións educativas francesas en Tunisia, Alxeria e Francia, onde ao igual que outros dirixentes dos movementos anticoloniais toma conciencia da súa condición en debate cunha esquerda francesa enfrontada a calquera de concesión de liberdade ás súas colonias. O camiño de Memmi, escribe o seu amigo, o presidente do Senegal, Leopold Senghor, é o de "todos aqueles mozos que vimos a luz no ventre da besta" e a súa obra é "unha especie de documento á cal todos os historiadores da colonización deben referirse". 'Retrato do colonizado' A obra máis coñecida de toda a produción ensaística de Albert Memmi é Retrato do colonizado precedido do retrato do colonizador. O volume editado en 1966 toma como base unha serie de artigos publicados polo autor á volta de 1957 nas revistas Esprit e Les Temps Modernes e está acompañado dun prólogo de Jean Paul Sartre, un dos poucos intelectuais da esquerda francesa que asume a causa das nacións dependentes e que aposta pola independencia de Alxeria. "Após este libro todo está dito sobre o colonialismo", sinala Sartre no limiar, para continuar afirmando que "na medida en que os oprimidos aprenden a ver na súa inferioridade a causa da súa opresión, debilítase a súa capacidade de oposición". A publicación revela os mecanismos comúns á maioría das opresións e debuxa con exactitude a conduta do colonizador e do colonizado. O autor significa o colonialismo como un "sistema baseado na explotación política, económica e cultural" que "esnaquiza economicamente o país dominado" e "impide o seu desenvolvemento". Ao tempo, sinala que "o desgarro esencial do colonizado atópase particularmente expresado e simbolizado no bilingüismo", destaca "o conflito lingüístico no que vive o colonizado, coa súa lingua nai humillada" e cualifica "o bilingüismo colonial" como "un drama lingüístico". As conclusións son evidentes, "non hai outra saída para a colonización que a súa destrución e a independencia para os colonizados". Explotación do ser humano Os traballos de Memmi representan o primeiro esforzo por tentar explicar, empregando as categorías do pensamento anticolonial, as diversas formas de explotación que enfronta o ser humano. Son varias as súas achegas á problemática da muller, destacando Defensa dun tirano, onde segue as formulacións de Simone de Beauvoir e fai súa a expresión de Marx, "as mulleres son os proletarios do home". Na mesma liña, ocúpase da cuestión da homosexualidade cando o debate está excluído da esfera pública e non fai parte aínda da axenda dos movementos sociais e políticos. As súas contribucións doutrinais non van escapar ás críticas da dereita e da esquerda eurocéntrica. A discrepancia con esta última non é unha cuestión exclusiva de Memmi, senón común aos teóricos do movemento anticolonial. A este respecto, destaca a xa clásica Carta a Maurice Thorez, de Aimé Césaire na que critica o "asimilacionismo inveterado ou o chovinismo inconsciente" do Partido Comunista Francés, afirmando que "se a meta de toda política progresista é devolver a liberdade aos pobos colonizados, precísase, cando menos, que a súa práctica non entre en contradición con estes obxectivos". Memmi cargou contra a esquerda europea por "adoptar unha actitude de crecente rexeitamento fronte ao colonizado", por "reaccionar negativamente fronte ás súas demandas" e porque "segue crendo que a revolución verdadeira virá da metrópole". |
NOS_14110 | A Universidade Santiago de Compostela (USC) anunciou esta segunda feira a descuberta da ermeloíta no monte Ermelo de Bueu, un mineral inédito até o de agora no mundo. A ermeloíta foi recollida nun traballo de campo de José Carlos Rodríguez Vázquez, Moisés Núñez e Manuel Cerviño. Nós Diario conversa con Óscar Lantes Suárez, responsábel da Unidade de Arqueometría e Caracterización de Materiais da USC, para saber máis sobre este novo mineral e a mineraloxía na Galiza. | A descuberta deste novo mineral, ocorreu de maneira fortuíta? Como foi o proceso? Fortuíto foi atoparse con algo novo. Nós levamos moitísimo tempo facendo análise de minerais e análises sistemáticas, porque traballamos cun programa dirixido para non facer análises soltas cada vez que nos traen unha mostra. Estamos especializados desde hai bastantes anos en facer este tipo de estudos, e temos un grupo de persoas interesadas na mineraloxía que nos axuda a conseguir mostras. Contamos cunha ampla colección de minerais que foron sometidos a diferentes análises para caracterizalos. Descobren na Galiza un mineral inédito no mundo, a ermeloíta Cando caracterizas un mineral e obtés os seus datos, podes comparar cos datos de estudos anteriores noutros minerais. Se non atopas nada nas bases de datos, comezas a sospeitar que atopaches algo diferente. De vez en cando pasa algo así, como é o caso da ermeloíta. Cando xa estábamos seguros de que era unha mineral novo, trasladamos unha proposta á Asociación Internacional Mineralóxica, o organismo internacional encargado de certificar este tipo de descubertas. Despois de varios meses, a asociación confirmounos que aprobara a nosa proposta. Que características fan singular a ermeloíta? Todos os minerais contan cunha serie de características e propiedades físicas, mecánicas; de cor, forma, cristalización... Da ermeloíta, o que podemos dicir por agora é que semella un mineral masivo, compacto, de cor abrancazada. É un fosfato de aluminio monohidratado. Existen máis variedades deste tipo de fosfatos, pero cristalizan de maneira diferente e presentan un grao distinto de hidratación. Despois de varios meses, a asociación confirmounos que aprobara a nosa proposta. A mostra obtida é moi pequena, polo que aínda non se pode falar nin de posíbeis aplicacións nin deste tipo de cuestións. O maior interese agora mesmo é que é un peza que se acaba de descubrir. Pensan que pode ter unha presenza masiva, no monte Ermelo (Bueu) ou noutras zonas? Todo este tipo de minerais aparecen asociados a un tipo de rochas, as pegmatitas. Non están presentes en cantidades moi grandes, xa que son minerais secundarios. Cando as pegmatitas cristalizan, son outros os elementos que compoñen a estrutura principal, pero minerais como a ermeloíta están aí. O que pasa é que non sempre se investigan e non se lles da moito valor porque case non se ven. Pero si teñen un gran interese para a ciencia, porque permiten coñecer como foi o proceso de formación deste tipo de rochas. Galiza, á cabeza na presenza de gas radon Pode ser que haxa máis cantidade de ermeloíta? Por suposto, pero cunha presenza moi mínima, e non ten que ser xusto alí, xa que pode estar presente noutros lugares cunha estrutura xeolóxica semellante. Para nós, o interesante a nivel científico é que este mineral fose atopado noutros lugares do mundo en formacións similares. O que si, desaconsellamos que se comecen a facer prospeccións masivas na zona do monte Ermelo. Sobre todo por protexer o patrimonio mineiro e xeolóxico galego. Isto é un achado científico e deben ser os científicos os que traballen sobre o terreo. Eu pediríalle á xente que non vaia alí e comece a escavar, porque hai que ser moi cautelosos e moi coidadosos con esa contorna. Na Galiza descubríronse en total catro minerais. Tres no século XIX e a ermeloíta agora. De que depende que se produzan este tipo de descubertas? Puramente do azar, dos recursos destinados polas administracións...? Depende un pouco de todo. Un factor importante é ter en conta o contexto da evolución da ciencia mineralóxica. Os séculos pasados foron moi prolíficos porque aínda estaba todo por facer. Entón comezouse a recompilar toda a información dos minerais maioritarios, pero hoxe en día quedan cada vez menos por descubrir. Pasa igual coas especies animais e vexetais. Viaxe á biodiversidade mariña Que sucede? Que nos últimos tempos non se fixeron análises sistemáticas en microminerais presentes nesta zona da península. Os grandes minerais teñen maior visibilidade, e estes pequenos elementos, a pesar de ter unha importancia científica moi importante porque nos permiten afondar na xeoloxía rexional de cada territorio, pasan máis desapercibidos. |
NOS_6910 | Quedan suspendidas as visitas individuais ou colectivas a dependencias xudiciais que non estean directa e exclusivamente relacionadas coa actividade xurisdicional. | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anuncia que se suspenden "as visitas individuais ou colectivas a dependencias xudiciais que non estean directa e exclusivamente relacionadas coa actividade xurisdicional ou as condicións para que esta se poida realizar". Pospóñense, desta maneira, as actividades do programa Educar en Xustiza e as visitas colectivas de institucións, colexios, centros universitarios e calquera outra que implique presenza nas dependencias xudiciais de persoas que non teñan sinalamentos de carácter xurisdicional ou administrativo aos que acudir. O presidente do TSXG, José María Gómez y Díaz-Castroverde, trasladou esta cuarta feira á carreira xudicial galega as instrucións publicadas, tras o acordo da Comisión Permanente, polo Consello Xeral do Poder Xudicial relativas á prestación do servizo público ante a situación xerada polo COVID-19, facendo constar que a súa aplicación é de carácter inmediato. Así mesmo, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza tomou a decisión, ratificada hoxe pola Sala de Goberno, de suspender as visitas individuais ou colectivas a dependencias xudiciais que non estean directa e exclusivamente relacionadas coa actividade xurisdicional ou as condicións para que esta se poida realizar. O acordo tamén indica que "a asistencia do persoal xudicial a actos organizados por corporacións, institucións ou Administracións que impliquen presenza masiva de persoas déixase á responsabilidade individual das persoas asistentes", aínda que se lembra "a importancia que ten o exercicio da función xurisdicional e a necesidade de evitar situacións que poñan en risco de contaxio ás persoas que a desenvolven e a quen con elas se relacionan". Neste sentido, e no ámbito da Galiza, "dispensarase a avogados/as e procuradores/as do uso de toga en actos xudiciais". Desde a Presidencia do TSXG entenden que estas medidas serven "para garantir a saúde de quen intervén na función xurisdicional" e para que esta "se poida desenvolver adecuadamente". |
NOS_21602 | A Asociación ecoloxista Amigos da Terra desenvolve estes días a segunda fase do proxecto Camariñas Composta, para formar e acompañar a veciñanza no manexo de composteiros e na xestión dos residuos orgánicos do seu fogar. Unha tarefa que en 2023 será obrigada para os municipios pola nova Lei de Residuos. Sobre este tipo de actividades e a importancia e os beneficios do tratamento doméstico da materia orgánica, conversamos coa técnica de Amigos da Terra, María Durán. | Fálenos da importancia da compostaxe e dos beneficios que achega. Para nós a compostaxe é a maior alternativa sustentábel que se pode levar a cabo na Galiza, en canto á xestión e ao tratamento da materia orgánica. Por unha banda, pola dispersión poboacional, porque a xestión de residuos debe primar a proximidade, tratar o residuo onde se xera. Desde ese punto de vista a compostaxe é a mellor iniciativa posíbel. Por outra banda, é un sen sentido que na Galiza estean a viaxar os residuos para seren queimados na planta de Sogama, cando o compost é un produto necesario para as nosas terras e non sobra, aínda que compostásemos toda a materia orgánica que se produce na Galiza non íamos ter sobrante, xa que temos montes queimados, canteiras que recuperar... É a mellor alternativa. Levamos xa moitos anos buscando concellos que se sumen e hai municipios do rural como Camariñas pero tamén urbanos como Pontevedra ou A Coruña. Vivendas unifamiliares cun pequeno xardín ou cun pequeno terreo... E os resultados son moi bos, non só en canto á xestión da materia orgánica senón tamén da satisfacción das participantes e do aforro que supón para os propios concellos. En que consiste o programa? O concello facilita os materiais necesarios, como é o composteiro, e o noso papel é o de formar e acompañar as familias, para darlles unhas pautas como controlar a temperatura e a humidade do compost. Capacitámolas para que a compostaxe sexa correcta e, entre os beneficios inmediatos está a comodidade da xestión dos propios residuos, o beneficio para o propio xardín... E no aspecto global, o concello aforra cartos porque ti estás deixando de usar o colector xenérico, xa que o orgánico é a metade da bolsa do lixo. Serve todo para o compost? Compóstase toda a materia orgánica, os restos da cociña, do café, das infusións, restos do xardín, da colleita da horta, as follas que caen... Todo o que unha persoa pode xerar na súa casa, de orixe animal ou vexetal, pode compostarse. Para evitar que haxa demasiada humidade, por exemplo, úsase materia estruturante, materia máis seca, e tamén é importante o papel do osíxeno, por iso os composteiros teñen que deixar que pase o aire. No compost non hai cheiro, é hixiénico, dalgún modo. Mais a compastaxe non é algo novo na Galiza... Parece que ao falar de compost estamos a inventar algo novo, e o único que estamos a facer é recuperar unha práctica que tiñan as nosas familias non hai tanto pero que se foi perdendo, polo abandono do rural e das prácticas agrícolas... Isto deu lugar a que se perdese esa sabedoría ou se desprezase, quitóuselle valor a unha técnica que é moi importante recuperar. Tamén no eido urbano. Hai moita xente que quere volver ao campo por mor da pandemia, así que estamos a vivir o proceso contrario e hai interese por aprender estes métodos para a horta e ter certa soberanía para xestionar os propios residuos e a horta e fechar o ciclo da materia orgánica. Como podemos facer compost na cidade? Hai na Coruña familias que teñen na terraza un composteiro doméstico. Hai tamén verde-composteiros, máis pensados para o ámbito urbano, que están activados por lombrigas que se denominan californianas, pero non son de California senón galegas e máis voraces do común, dixiren moi rápido a materia orgánica e transfórmana en compost. É unha solución boa para quen vive nun piso porque son composteiros pequenos. |
NOS_289 | O xiro discursivo do PP estatal repercutirá no Parlamento de Galiza. A oposición obrigará Feixoo a responder pola virada recentralizadora que, con radicalismo, está a adoptar Pablo Casado. Lingua, autogoberno e precariedade laboral protagonizarán a sesión de control do vindeiro pleno. | Será o BNG quen interrogue o presidente da Xunta a respecto da "proposta estrela" de Casado de "impor a través dunha lei orgánica que o castelán sexa indispensábel para acceder a un emprego público pero o galego só un mérito". Para a portavoz nacionalista Ana Pontón, isto é "un disparate". "O PP volve utilizar en campaña mentiras contra o galego", engadiu en referencia a 2009, cando o partido de Núñez Feixoo se sumou ás campañas de axitación españolista do colectivo Galicia Bilingüe xusto antes de gañar as eleccións pola mínima. O PSdeG tamén quere que o presidente da Xunta explique "a década de parálise do autogoberno". Feixoo suma dez anos sen recibir, nin sequera reclamar, competencia algunha. Tan só nos últimos meses o PP apoiou iniciativas de traspaso da AP-9. O líder dos socialistas no Hórreo, Xaquín Fernández Leiceaga, tamén criticou as posturas españolistas dos populares no que respecta ao galego. "Sabemos que hai distintas visións sobre que se debe facer coas linguas propias, mais a Xunta debe ser absolutamente firme e contundente na defensa do noso marco de convivencia lingüística", afirmou, en liña semellante a Pontón, que pedira que Feixoo "defena o que di o Estatuto de Autonomía". En Marea, porén, usará a súa quenda na sesión de control para expoñer "a precariedade laboral" que, a xuízo do seu voceiro Luís Villares, afecta Galiza, "especialmente en sectores feminizados". Escolleu como exemplo o centro de chamadas Bosch, en Vigo, cuxa dirección vén de formular un ERE para 800 das 2.000 traballadoras da planta. "A Xunta debe intervir", sinalou Villares, "non existen motivos obxectivos para este ERE en Bosch, expoñente dun sector moi precariazado". |
NOS_39098 | O artista, natural de Lugo, faleceu aos 80 anos de idade "por causas naturais", segundo o alcalde de Friol. A súa obra está adscrita á Nova Xeración Expresionista e Uxío Novoneyra definiuna como "o silencio da terra" | O pintor Alfredo Labajjo Grandío, natural de Lugo, faleceu esta segunda feira con 80 anos de idade na leira da casa-palloza onde residía, nunha aldea de Friol. Así o confirmou o alcalde do municipio, José Ángel Santos, quen apuntou que se trata dunha noticia "triste" e "non esperada" por parte dos veciños. Aparentemente, o artista levaría dúas semanas morto. Labajjo Grandío vivía só, nunha vivenda "illada" da parroquia de Vilafiz, tal e como explicou o rexedor friolés, polo que os veciños "non o vían demasiado". O pintor adoitaba chamar un taxista de confianza que o levaba ao centro do municipio unha vez cada semana ou cada dúas. Precisamente foi esta persoa quen, ao non ter noticias do pintor en días, decidiu ir á casa e alí escoitou como os seus cans non paraban de ladrar. Tras iso, decidiu avisar a Garda Civil. Todos os indicios, tal e como asegurou o alcalde, indican que se trata "dun falecemento normal por mor dun infarto". "O Picasso galego" Formado na Escola Superior de Belas Artes de Madrid, Grandío saltaba as normas e os canons estabelecidos, pintando o que quería e cando quería. Logo de deixar os estudos continúa a súa formación viaxando por toda Europa, onde en 1969 coñece a Picasso na exposición celebrada no Pazo dos Papas de Avignon. Alí dille que é de Lugo e fala en galego con el, e o artista malagueño examina varios debuxos de Grandío, felicitándoo polo seu traballo e animándoo a seguir traballando. Logo de pasar unha tempada de auto-reclusión nos Ancares, onde conecta coa natureza e as súas xentes, en 1974 inaugura a súa primeira exposición individual no paraninfo da Deputación Provincial de Lugo, presentada por Ánxel Fole e Uxío Novoneyra, que definiu a súa arte como "o silencio da terra". O xornalista e académico de número da Academia Galega, Trapero Pardo, considera o traballo de Labajjo como representación da "nova xeración expresionista", pero outros expertos, como o marchante Lorenzo García-Diego, matizan apuntando a que está máis "entre un expresionismo-bucólico e un fauvismo-violento, polos temas mitolóxicos e simbólicos e pola forza da cor e a súa vigorosa policromía O Concello de Friol custodia as pinturas "Era un pintor bastante importante e considerado neste sector. De feito, as súas pinturas tiñan un valor importante no mercado", segundo José Ángel Santos. As obras de Labajjo Grandío foron trasladadas pola Garda Civil e permanecen custodiadas polo Concello, nunha zona segura dunhas instalacións municipais, á espera do que ditamine a xustiza ou de que a súa familia decida facerse cargo delas. Este falecemento chama a atención sobre a problemática da soidade das persoas maiores que viven e morren en aldeas illadas. O alcalde de Friol, que recoñece que se trata dunha realidade "bastante triste", asegura que no seu municipio, non obstante, se trata de "casos illados", posto que os maiores se atopan "ou ben a cargo dos seus familiares, ou ben nun centro de día". |
NOS_14811 | O comité de empresa sinala que é o único centro que non conta con suplemento salarial que si teñen en Sogama e Albada. | A planta de tratamento e recollida de lixo de Lousame rexistrará unha xornada de folga o día 7 de decembro para exixir que se cumpra o convenio estatal e contar co suplemento de tóxicos de 25% que teñen todas as traballadoras e traballadores no sector do lixo. Segundo explica Paulo Rubido, representante de CIG, no mes de abril o comité de empresa xa advertira de que estarían dispostos á folga para "corrixir as diferenzas que existen nesta planta respecto das outras plantas de tratamento de lixo de Galiza". O representante da CIG salientou ademais que na planta de Lousame "existe un contacto máis directo co lixo, dado que a separación faise manualmente". Este é un dos motivos polo que "é a que ten mellor resultado do Estado español e sexa considerada a segunda mellor planta de recuperación e reciclaxe de Europa". Salario inferior a outras plantas Paulo Rubido explica que as traballadoras e traballadores en Lousame cobran até case un 45% menos que o persoal que desenvolva o mesmo traballo, na mesma categoría, nas instalacións de Sogama, en Cerceda; ou que cobre un 16-17% menos que unha traballadora ou traballador da de Albada, na Coruña. A vontade do persoal é, xa que logo, asinar un convenio colectivo do que xa levan un ano de retardo, e que ese convenio cumpra os obxectivos marcados polos sindicatos CIG, CCOO e UXT e traballadoras e traballadores na plataforma de negociación. A convocatoria de folga afectará á recollida de lixo dos concellos da mancomunidade e adheridos, un total de nove, entre os que están Noia, Muros, Carnota, Porto do Son, Ames, Rois, Brión, Lousame e Pontecesures. |
NOS_2689 | O Ministerio de Sanidade daquel país falou de 380.000 contaxios activos e preto de 3.700 mortes nas últimas 24 horas. Á marxe desta cuestión, o representante da OMS tamén invita á cidadanía europea a non confiarse. | O director da Organización Mundial da Saúde (OMS) para Europa, Hans Henri P. Kluge, vén de reclamar aos estados europeos que apoien á India neste momento da pandemia no que as cifras son alarmantes. O mandatario animou a fornecer "todo o que poidan" para frear a onda de contaxios coa nova mutación do virus, cuxa posíbel chegada a Galiza xa está a ser investigada. "Os nosos pensamentos e oracións están, en particular, co pobo da India e a súa loita contra a horrible onda de COVID-19. Fago un chamamento aos países da Rexión Europea da OMS para que fagan todo o que poidan, como sexa, para apoiar á India, e agradezo aos que xa prestaron axuda", incidiu. A necesidade é tal porque tan só nesta quinta feira as autoridades do estado informaron de cifras máximas de casos activos, mais tamén de mortos con 3.700 decesos. As e os pacientes abeiran os 380.000, o que implica que xa estean preto dos 18 millóns de contaxios desde que comezou esta crise sanitaria. No que se refire aos óbitos, o Ministerio de Sanidade local falou de 204.832 nese mesmo período. O problema é que a evolución epidemiolóxica coa nova cepa está a superar todas as cotas detectadas con anterioridade. Aliás, a situación fixo saltar as alarmas a nivel nacional e internacional, con varios países ofrecendo axuda a Nova Deli para facer fronte á presión no seu sistema sanitario, no medio das críticas ao primeiro ministro, Narendra Modi, pola xestión desta pandemia. Por outra banda, Kluge amosou a súa satisfacción porque o número de vacinadas e vacinados continúe en aumento en Europa. No entanto, advirte de que non é o momento para confiarse. "O virus segue a ter o potencial de inflixir efectos devastadores. Cerca da metade de todas as infeccións por Covid-19 en Europa notificáronse durante os primeiros catro meses deste ano", remarcou, intentando trasladar á sociedade a idea de que a prevención segue a ser básica. |
NOS_20653 | A asociación cultural, que participa na festa desde 2014, sinala que o aspecto histórico e divulgativo do evento foi perdendo terreo en prol da "cultura do alcol" | A pasada fin de semana, Negreira celebrou a súa Feira do Románico. A festa, que chegaba á súa duodécima edición, contou cun mercado e espectáculos varios de cetrería e fogo, alén dunha exhibición de oficios e obradoiros infantís. A ambientación musical non faltou en ningunha das tres xornadas, cun concerto folk de Wyrdamur e as actuacións dos Atrevidos de Barcala, grupo vinculado á asociación cultural Afonso Eanes. A entidade leva catro anos a participar activamente na organización da festa, quer coas colaboracións musicais, quer coas actividades de divulgación como a recreación –en colaboración coa Escola Municipal de Teatro– da coroación do rei García II. Un día despois de finalizar a feira, Afonso Eanes facía público un comunicado na súa web no que criticaba como "a cultura do alcol lle foi gañando terreo á Cultura". Segundo apuntan, o actual Románico é agora " outra ocasión na que beber até caer de cu ao son de Juan Magán, sen importar moito máis o que haxa alén das barras das cantinas". De feito, a asociación non se fixo cargo este ano da Cantina do Reino de Galiza, que acostumaba rexentar durante a celebración, dotando o espazo dunha ambientación de carácter divulgativo sobre a historia da Galiza e, en particular, da comarca da Barcala. "Decidimos que non queriamos montar a cantina porque estabamos algo queimadas coa feira, non nos sentimos representadas por ela", explican desde a asociación cultural negreiresa. A crítica do colectivo polo "desleixo e apatía" do Concello de Negreira á hora de coidar a feira entraba en contradición co mantemento dunha caseta. "Loitamos varios anos para que se destaque o aspecto cultural e histórico e non queriamos criticalo se tamén estabamos contribuíndo a iso", resume unha das integrantes. As casetas, localizadas no Pazo de Cotón, son tamén un tema que define como "un pouco polémico". A asignación das construcións, que son cedidas polo propio pazo, é xestionada polo goberno local. "Hai moitas peticións e non se sabe que criterio segue o Concello, nin porque, se teñen prioridade as asociacións, hai casetas concedidas a particulares ou alugadas directamente ao Pazo de Cotón", comentan na Cultural. Falta de sensibilidade cultural A deriva da festa ten a ver, segundo apuntan desde Afonso Eanes, coa "falta de sensibilidade cultural" que provoca un descoñecemento e marxinación da historia do país. Durante as pasadas feiras, o Concello ten buscado "infantas en Castela para promocionar o medievo galego", empregado "a imaxe dun rei doutra época para promover o Románico" ou mesmo publicado cartelaría onde se fai fincapé en que Afonso Eanes escribía "cantigas de Escarnio y Maldecir". Esta clase de feitos non só desfavorece o proceso de normalización da lingua galega "que precisamente deben impulsar as organizacións públicas", senón que converten a Feira do Románico "nunha das moitas feiras medievais que se producen en serie por toda a Península, banalizando o aspecto máis cultural e reproducindo unha serie de estereotipos que non son tal, despoxándoa de identidade propia", conclúen desde a asociación cultural. |
NOS_57128 | O ex dirixente do PP integra a nova disciplina dentro da estrutura da RFGF. | O fútbol a pé xa é deporte federado. A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), presidida por Rafael Louzán, acaba de integrar esta nova disciplina dentro da súa estrutura, nun movemento que pretende dar "o empurrón definitivo para o asentamento dunha modalidade que naceu en Cangas en decembro de 2019 e que ten clara vocación de ampliarse a outros puntos do territorio". Isto significa que, de agora en diante, todos os xogadores e xogadoras de fútbol a pé contarán cunha mutualidade similar á de calquera futbolista federada, tendo ao seu dispor "todos os servizos médicos propios e concertados, como clínicas, médicos, fisioterapeutas e outros especialistas". Mais, en que consiste exactamente o fútbol a pé? Trátase dunha pintoresca variante do deporte rei "que naceu orientada a un público veterano" na que dous equipos de sete xogadores cada un disputan un encontro dividido en dúas partes de 20 minutos cada unha baixo a dirección dun colexiado que vela polo respecto dunha normativa que prohibe correr, que as xogadoras dean máis de tres toques ao balón antes de pasalo, as entradas -todas as recuperacións deben ser vía interceptación- e que non suban ao marcador os goles que se marquen sen que a totalidade das integrantes do equipo atacante estean en campo contrario. A Segunda, o campionato máis aburrido de Europa Un estudo do observatorio futbolístico CIES, no que se analizaron variantes como o tempo de xogo efectivo e o número de ocasións de gol por partido nos 36 principais campionatos do continente, concluíu que a Segunda División española, na que milita o Club Deportivo Lugo, é a liga máis aburrida de Europa, pois unicamente se xogan 55 minutos e se materializan 8,7 tentativas de perforar a meta rival. |
NOS_5039 | Até 202 persoas foron expulsas de Grecia esta segunda feira en aplicación do acordo asinado entre Ankara e a UE. | En barco e desde os portos de Lesbos e Quios. Así foron deportadas 202 persoas solicitantes de asilo a Turquía en cumprimento do acordo asinado entre a UE e Ankara após aprobar o Parlamento grego, co apoio de Syriza, Gregos Intedependentes (ANEL), Pasok e Potami, a consideración de Turquía como 'país seguro'. Segundo reportan xornalistas deslocados en Grecia terían sido expulsas máis de dúas centas persoas, principalmente procedentes de Afganistán, Paquistán e dúas sirias. Após cruzaren o Exeo chegan a Dikili, o leste de Turquía, onde son rexistradas pola policía e enviadas a algúns dos 28 campos que existen no país. Atracando en Dikili el primer ferry de devolución de #refugiados de #Grecia a #Turquía pic.twitter.com/aQzk0Zqad8— Javier Triana (@javi_triana) 04 abril 2016 En troca, Alemaña recibiu, segundo informan as axencias de noticias, 16 persoas sirias procedentes de Turquía de acordo co principio 'un por un' que rexe o acordo. Colectivos que traballan desde hai meses nas illas gregas resgatando persoas refuxiadas amosaron o seu rexeitamento á política comunitaria e reclamaron embarcacións para un acceso seguro e non para deportacións. Ferries for Safe Passage not for deportation. SHAME on you Europe!!! pic.twitter.com/a1lSmsGNIH— PROACTIVA OPEN ARMS (@PROACTIVA_SERV) 04 abril 2016 Malia as denuncias de diversas organizacións internacionais, entre elas o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos e Amnistía Internacional, o goberno grego iniciou as deportacións. Nos últimos días déronse a coñecer casos de asasinatos por parte do exército turco na fronteira con Siria na que, cando menos, terían sido disparadas 16 persoas. Aliás, Amnistía Internacional fixo pública unha investigación na que dá conta de deportacións masivas ilegais desde Turquía de persoas refuxiadas aos seus países de orixe en contra do disposto polo dereito internacional. Así mesmo, unha reportaxe publicada polo xornal La Directa amosa como se están a producir as deportacións por parte das autoridades gregas. Nun vídeo pódese ver como as persoas refuxiadas son esposadas con bridas en procesos de expulsión que datan do sábado 2 de abril. |
NOS_33556 | O Ministerio de Consumo pretende que as empresas deixen de cobrar pola atención e ofrezan como contacto un número xeográfico de tarifa básica | O Ministerio de Consumo quere acabar coa práctica de moitas empresas de empregar números de tarificación adicional (entre os que se inclúen os que empregan o prefixo 902) nos servizos de atención ao cliente. O departamento que dirixe Alberto Garzón busca con esta medida que a clientela destas empresas dispoña sempre dun número xeográfico de tarifa básica para as súas relacións coas empresas e acabar así con "abusos e sobrecustos nas facturas mensuais", o que beneficiará toda a poboación e, en especial, aquela con menos recursos. "Os servizos de atención ao cliente non poden ser un custo para o peto de consumidores e un negocio para unhas poucas empresas. É unha medida de xustiza social, que porá fin a un abuso xeneralizado e agravado no contexto da Covid polas restricións de capacidade, mobilidade e presencialidade", inciden desde o Ministerio. Desta maneira, evitarase que as compañías poidan aplicar ás chamadas aos seus servizos de atención ao cliente prezos que excedan o custo de chamada a unha liña telefónica xeográfica. Satisfacción en Facua A asociación de consumidores Facua mostrou a súa satisfacción pola decisión do Ministerio de Consumo de prohibir nos servizos de atención ao cliente o uso de calquera número de tarificación adicional, unha práctica que, segundo lembran, custou 99 millóns de euros ás persoas consumidoras en 2019. Facua celebra a decisión do Goberno, aínda que lamenta a "pasividade" das autoridades de consumo territoriais ante esta fraude, a pesar dunha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) de 2017, que recollía que as liñas de tarificación especial para a atención ao cliente vulneran a normativa europea de protección aos consumidores. A asociación advirte de que o negocio das liñas 902 é "dobremente fraudulento", xa que supón grandes ingresos para as compañías de telecomunicacións e tamén para as empresas, que gañan diñeiro con cada chamada que reciben. |
PRAZA_1873 | As explotacións galegas reclamarán este martes no Ministerio de Agricultura un sistema de prezos mínimos semellante ao francés e advirten de que xa valoran "endurecer" as mobilizacións. O prezo do leite caeu un 30% en Galicia no último ano e é o máis baixo do Estado. | Este martes o sector lácteo do Estado en xeral e galego en particular teñen unha cita "clave" no Ministerio de Agricultura. Xunto á titular do departamento gobernamental, Isabel García Tejerina, sentarán todas as partes implicadas: produtores, industria e distribución, e sobre a mesa estará a posibilidade -ou non- de poñerlle freo á caída dos prezos do leite que se vén producindo mes a mes e que se agudizou dende a fin das cotas lácteas. Para o sector leiteiro galego esta non é unha xuntanza máis. A disxuntiva é clara: ou se instaura un sistema de prezos mínimos semellante ao francés ou as mobilizacións arreciarán e serán notablemente máis "duras". O lácteo galego está nunha situación límite que os seguintes gráficos poden axudar a entender. As explotacións galegas reclamarán este martes no Ministerio un sistema de prezos mínimos semellante ao francés Galicia é, con diferenza, a principal produtora de leite do Estado. Os datos máis recentes, os de xuño, indican que as explotacións do país produciron algo máis de 225.000 toneladas de leite, que supoñen case o 40% da produción estatal -a seguinte autonomía que máis produce é Castilla y León, cunhas 75.000 toneladas-. As granxas galegas teñen a maior produción e, ao tempo, rexistran os prezos máis baixos do Estado, con pouco máis de 27 céntimos por litro de leite. Estes baixos prezos do leite abonados pola industria que, segundo veñen denunciando as organizacións agrarias, están obrigando as explotacións a vender por baixo do custo de produción, son o resultado dunha tendencia á baixa que xa dura máis dun ano. Segundo datos da Consellería do Medio Rural a caída dende xaneiro de 2014 foi de case o 30%. Naquel mes o prezo do leite roldara os 40 céntimos por litro e agora, un ano despois, os pagamentos están ao nivel de hai media década, cando a produción láctea galega apenas chegaba ás 200.000 toneladas mensuais. Os prezos do leite galego son os máis baixos do Estado e tamén dos máis baixos da Unión Europea. Atendendo ás cifras da Comisión Europea o prezo medio do litro de leite no continente rolda os 30 céntimos, tres máis que en Galicia, e en ata dezasete Estados da UE o leite se paga mellor que o galego. Estes números danse nun contexto no que a propia Comisión reflicte unha caída xeral de prezos en toda a Unión. O retroceso medio é dun 20%, se ben en países como Estonia, Letonia ou Hungría se achega ao 30%. Estas son algunhas das cifras que as organizacións agrarias levarán este martes a Madrid. Alí, indica o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a reclamación será clara: unha suba "inmediata" dos prezos, porque os gandeiros xa non poden "agardar". Cando menos en Galicia, advirte, o sector xa non atura máis esperas nin "análises" porque está a ser "estrangulado". Se o Goberno de España non cede e adopta un sistema semellante ao francés os gandeiros están "unidos e dispostos a dar a batalla", comezando por "reconverter" as protestas previstas para os vindeiros días en Vilalba, Ordes, Sarria e Teixeiro para optar un un modelo de mobilización máis "duro". |
NOS_35096 | O primeiro disco do barítono Gabriel Alonso xunto co pianista Aurelio Viribay, No Camiño. Dous séculos de canción galega, é un traballo que ofrece un percorrido pola lírica galega desde o século XIX até a actualidade. | Semella que cada vez é máis perentoria a necesidade de coñecer algo mellor a nosa música culta, unha historia moitas veces agochada ou, peor, relegada a unha especie de curiosidade de segunda categoría que só merece atención como anécdota, nunca como obxecto de estudo. Abonda con lembrar os manuais escolares que enumeran os diferentes nacionalismos musicais europeos -Glinka e o grupo dos cinco en Rusia, Smetana e Dvorak en Chequia, Bartok e Kodaly en Hungría, Chopin en Polonia, Grieg en Noruega e por aí- para, a continuación, reunir compositores como Marcial del Adalid, Baldomir ou mesmo Bal e Gay (!) baixo o epígrafe do "rexionalismo". A proposta de Alonso e Viribay -que ademais supón a estrea do selo discográfico do Grupo Beroly con GeBé Music- é fresca e responde aos parámetros dunha interpretación contemporánea, esquivando o risco de caer no historicismo A óptica baixo a que se ve a tradición culta da Galiza, non obstante, vai cambiando grazas a novos estudos e, sobre todo, grazas ao interese de moitos compositores e intérpretes que non renuncian a pescudar nunhas orixes que ofrecer moitas chaves para entender o presente. A última iniciativa que visa a deitar unha nova mirada sobre a música culta galega é tamén o primeiro disco do barítono Gabriel Alonso (Ferrol, 1991) quen, xunto co pianista Aurelio Viribay, vén de editar No Camiño. Dous séculos de canción galega, un traballo que ofrece un percorrido pola lírica galega desde o século XIX até a actualidade. O álbum trata de estabelecer algunhas liñas de continuidade que abranguería os renovadores do XIX -en sincronía co Rexurdimento literario- como Marcial del Adalid ou o esquecido Berea; os creadores da 'canción galega' -que nace como variante da mélodie francesa e que se desenvolveu incorporando influencias italianas- como Xosé Castro "Chané", Xosé Baldomir ou Xoán Montes (de quen se ofrece unha versión nada tópica da ubicua "Negra Sombra"); os creadores dunha tardía música dramática, que se utilizou como medio de protesta social e reivindicación nacional, como Gustavo Freire ou Xosé Fernández Vide; ou os compositores que, na actualidade, continúan un camiño cheo de obstáculos, como Juan Durán, Margarita Viso, Fernando Buíde ou Octavio Vázquez. A proposta de Alonso e Viribay -que ademais supón a estrea do selo discográfico do Grupo Beroly con GeBé Music- é fresca e responde aos parámetros dunha interpretación contemporánea, esquivando o risco de caer no historicismo. Propoñendo, en definitiva, unha lectura que sexa quen de mostrarlle ao público a actualidade dos clásicos e a súa confortábel convivencia coa música máis avanzada do noso tempo. Alonso -que comezou a súa carreira en 2015 e que xa estreou obras de Fernando V. Arias, Juan Durán ou Borja Mariño- declarou que o disco permite ver a evolución da composición ao longo de case dous séculos (a composición máis antiga data de 1834 e a máis nova de 2020), deixando comprobar así a riqueza e a continuidade dunha historia que aínda debe ser peneirada e reconsiderada para poder valorala con certa obxectividade. Recuperar todo o repertorio que discos coma este deixan albiscar, publicalo, gravalo e interpretalo en público son tarefas que se van realizando só de maneira moi parcial e que precisaría dun apoio institucional xeneroso e comprometido para recuperar esa parte da nosa historia. Velaí a tarefa. |
NOS_15910 | 10 partidos sen ver porta son unha eternidade para un punta. Acabou o pesadelo para Florin Andone en Granada, mais non por iso o Dépor tivo un día inteiramente feliz. Esta equipa está abonada a encaixar goles parvos. Voltou a acontecer este sábado. O árbitro Undiano Mallenco tampouco xogou a favor da escadra galega. | Aconteceu unha improbabilidade estatística -un gol de Florian Andone, o primeiro en once xogos de liga-, o episodio de case todas as xornadas -un gol parvo ou rocambolesco, o encaixado por Tyton- e un novo erro arbitral -o segundo no que vai de campionato- que nega un gol legal ao combo treinado por Gaizka Garitano. A combinación deses lances fructificou nun novo empate dun Deportivo que foi superior a un Granada que ten o inequívoco aspecto de ser un intruso da Segunda División a xogar en Primeira. O xogo tivo dúas metades moito diferentes. A primeira foi só para seareiras e seareiros a proba de bocexos. Non pasou apenas nada, con dúas equipas atrapadas polo medo a perder. O Deportivo ten máis calidade da que el proprio pensa, así que combina menos a bola do que debería. Alén diso, hai un futbolista outrora clave que non está neste momento no campionato, o galego Pedro Mosquera. Aquel pivote imperial da primeira volta da pasada temporada está de vacacións e a equipa sofre a súa ausencia. O seu parceiro na medular, o costarricense Celso Borges, é un futbolista invisíbel. Os clásicos dirían que o seu traballo é xordo ou suxo. Talvez sexa así, mas a impresión é que con el no campo nunca pasa nada. Garitano debería reparar en que ten na bancada Álex Bergantiños. A segunda parte mudou totalmente o decorado. Emre Çolak filtrou un balón letal ás costas da defensa andaluza e Florin Andone pelexou por el como se lle fose a vida. Gañou a posición, desequilibrou o central e chutou sen acerto ante Ochoa. Mais porfiou tanto que cazou o rexeitamento. Estreaba o taboleiro de marcas e a súa conta de resultados no campionato. O gol revolucionou o xogo porque o Granada asinaba con el a súa sentenza de morte e iso que aínda non levamos nen un terzo do campionato. Abriu tanto as liñas que o Deportivo puido matar o encontro. De feito fíxoo, cun gol case debaixo da trabe de Ryan Babel. O holandés, que acababa de entrar no campo após a lesión do colombiano Marlos Moreno, estaba perfeitamente habilitado, mais o xuíz de liña asubiou un fóra de xogo que só existía na súa imaxinación. Co gol anulado, o Deportivo reencontrouse co seu fantasma de case todos os domingos, esa acción estraña que se acaba traducindo nun gol en contra Co gol anulado, o Deportivo reencontrouse co seu fantasma de case todos os domingos, esa acción estraña que se acaba traducindo nun gol en contra. Neste caso foi unha xogada desas que poden devir virais, polo rocambolescas, até tres disparos a gol no mesmo lance, misil á trabe incluída, con Tyton tentando tapar todos os buracos posíbeis á vez, tan estresado estaba o porteiro polaco que até deu a impresión de que se autogoleaba co disparo final, inverosímil, de Barral. Despois do 1-1, calquera puido gañar, houbo ocasións a esgalla, incluída unha literalmente infallábel de Guilherme. O Deportivo suma o seu décimo ponto. Ou pon fin aos goles parvos ou sufrirá até o último partido para manter a categoría. Granada: Ochoa; Isaac Cuenca, Vezo, Lombán, Saunier (Boga, m.64), Gabriel Silva; Jon Toral (Kravets, m.69), Uche (Sergi Samper, m75), Carcela-González, Andreas-Pereira; e Barral. Deportivo: Tyton; Juanfran, Arribas, Sidnei, Luisinho; Mosquera, Borges (Faycal, m.86); Bruno Gama, Marlos Moreno (Babel, m.61), Çolak (Guilherme, m.75); e Andone. Goles: 0-1, min 64: Andone. 1-1, min 80: Barral. Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (C. Navarro). Amostou cartóns a Saunier, Borges e Luisinho. |
NOS_53799 | Rego ve inxustificados os despedimentos. | Diante do anuncio do fechamento da fábrica da multinacional eólica Vestas en Chavín (Viveiro), o BNG chama a Xunta a deixar de "situarse de perfil" e "parar o ERE" que afecta aos 115 empregados da factoría. O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, e mais Daniel Castro, parlamentario nacionalista na Cámara galega, reuníronse esta sexta feira, 8 de outubro, co comité de empresa de Vestas, nunha xornada en que os traballadores protagonizaron unha nova protesta diante da factoría. Rego declarou que non hai razóns para un ERE extintivo pois "non é unha empresa que estea a dar perdas" e, pola contra, estase a vivir un "boom eólico". Por iso, reclamou ás Administracións que traballen para que se manteña activa a fábrica co emprego a 100%. Tamén emprazou o Goberno estatal a intervir para frear a pretensión da multinacional danesa de fechar a actividade, así como a derrogar a reforma laboral, dado que cre necesario recuperar a autorización previa da Administración para os ERE. Pola súa banda, Daniel Castro remarcou que o Bloque iniciou unha "ofensiva" institucional no Congreso e na Cámara galega para que se dea marcha atrás ao ERE e haxa unha plan de emprego de industrialización na Mariña. Igualmente, o BNG requiriu que se garanta que os proxectos eólicos que se autoricen conten cunha "alta porcentaxe" de construción, compoñentes e emprego radicado na Galiza. Sanidade en Ferrolterra Noutra orde de asuntos, o deputado do BNG na Cámara galega Ramón Fernández demandou esta sexta feira "a mellora da asistencia sanitaria" nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal "cun reforzo do persoal, a ampliación dalgúns centros de saúde e a redución das listas de agarda". O parlamentario pronunciouse deste modo en declaracións aos medios ante o ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol. Denunciou que neste centro de saúde "hai problemas de espazo" para poder situar os médicos na quenda de mañá, cuestión que motiva que "algúns profesionais pidan destino noutros sitios". Unha problemática que Fernández extrapolou a outros consultorios con problemas situados en Cabanas, Monfero, Pontedeume ou mesmo Mugardos e que, segundo indicou, convertéronse "nun clamor social ante as deficiencias sanitarias que nada teñen que ver coa pandemia". "Isto vén de doce anos de Goberno de Feixoo", dixo. Sostivo que a situación "está a provocar prexuízos graves ás persoas enfermas" debido ás demoras que mesmo "poden ter graves consecuencias", como "na lectura de probas diagnósticas". |
NOS_8137 | Organizadas polo Foro de Vida Independente terán lugar o 24 de novembro na Facultade de Educación da USC. | Unha completa xornada arredor do dereito ao pracer e a diversidade funcional. Eis a aposta do Foro de Vida Independente para lanzar o debate da asistencia sexual na Galiza. Terá lugar na Facultade de Educación da USC o 24 de novembro e a entrada é libre até completar aforo. A programación componse de palestras e coloquios arredor dun "asunto moitas veces ignorado" e "considerado un tema tabú", explican desde o Foro. Neste senso, afondarán na sexualidade como un dereito inherente a todas as persoas e na figura da asistencia sexual como o "apoio" ou "soporte" para poder exercer o devandito dereito. Isto é, unha ferramenta para garantir o dereito ao pracer. Desde o Foro de Vida Independente sinalan o seu traballo na defensa do "empoderamento" e "dos dereitos humanos" das persoas con diversidade funcional polo que queren promover o debate e contribuír á promoción das políticas necesarias a prol do recoñecemento dos desexos sexuais das persoas con discapacidade. O Foro de Vida Independente quere abrir o debate arredor dun tema que, din, é "considerado tabú" e foi "moitas veces ignorado" Nas xornadas colabora a Secretaría Xeral de Igualdade cuxa responsábel, Susana López Abella, participará na abertura das mesmas. A programación, ampla e variada, fará un percorrido por diversas temáticas vencelladas á diversidade funcional e as sexualidades e incorporan palestras con proxectos como o documentario Yes, we fuck (Si, nós fodemos) da man do seu co-director Antonio Centeno; ou Tandem Team BCN, a primeira experiencia de intermediación entre utentes e acompañantes íntimos. Podes consultar o programa completo no portal web do Foro de Vida Independente. No número 168 do semanario en papel publicamos unha reportaxe a dupla páxina arredor da sexualidade e diversidade funcional da man de Toño Nóvoa, integrante do Foro de Vida Independente; Anxela López Leiceaga, protagonista do documentario Yes, we fuck (Si, nós fodemos) e de María Clemente e Francesc Granja, de Tandem Team Barcelona. |
NOS_18785 | Johnson chama a prepararse para unha saída sen acordo. | A falla de menos de 100 días para que remate o período transitorio aberto tras a decisión do parlamento británico de facer efectivo o acordo do referendo de saída da Unión Europea, as distancias entre as dúas partes semellan cada día maiores. Tanto é así, que o primeiro ministro inglés, Boris Johnson ven de chamar á cidadanía do Reino Unido a prepararse para unha saída sen acordo e acusar a Bruxelas de non querer "negociar seriamente" o marco de relacións políticas e comercias entre ambos bloques. Nunha liña semellante, o número dous do seu Goberno e responsábel da comisión negociadora, Michael Gove considera que "as negociacións están rematadas" e sinala que "a pelota está no campo da Unión Europea". "Así, con toda a dor de corazón, mais coa confianza plena, ímonos preparar para alternativa e imos prosperar como unha nación comercial libre e independente, controlando e definindo as nosas propias leis. A non ser que haxa un cambio fundamental no tratamento da cuestión por parte da UE", afirmou Johnson, quen puxo a atención nas diverxencias existentes en relación ao marco de goberno común, ao aceso aos mercados internos de cada un dos bloques, o famoso level-playing field e á política pesqueira. Precisamente a pesca tense convertido nun punto especialmente sensíbel das negociacións, dado a súa importancia para o Reino Unido e para algúns Estados comunitarios, como Francia ou Países Baixos. Un grupo de Gobernos europeos con fortes intereses en augas británicas encabezados por Francia están defendendo manter o estatus actual, posición partillada pola flota galega, moi presente nos caladoiros desa nacionalidade e con preto 1.800 mariñeiros pendentes do resultado dos contactos. Ao tempo, para o Reino Unido este é un tema moi conflitivo por razóns de política interna, xa que o sector pesqueiro é moi crítico coas políticas comunitarias, até o punto que 100 das 120 circunscricións parlamentarias costeiras do Reino Unido teñen votado no referendo de 2016 a favor de abandonar a Unión Europea. A posición respecto da pesca está abrindo fendas dentro da UE. Unha aparte de Estados, onde esta actividade non é importante na súa economía defenden rebaixar as esixencias comunitarias nesta cuestión. Nesta liña, sitúase Alemaña que a través do seu ministro de Asuntos Europeos, Michael Roth amósase partidario de facer cesións nesta cuestión. |
NOS_8605 | A Consellería de Política Social admitiu esta terza feira que, no ámbito dos Servizos Sociais, está a detectarse "unha falta xeneralizada" de equipos de protección individual contra o contaxio por coronavirus, tanto en atención a domicilio como nas residencias. | A Consellería de Política Social admitiu este martes que, no ámbito dos Servizos Sociais, está a detectarse "unha falta xeneralizada" de equipos de protección individual contra o contaxio por coronavirus, tanto en atención a domicilio como nas residencias. En resposta a Europa Press, fontes da consellería lembraron que a subministración de equipos de protección individual "está centralizada" polo Goberno do Estado. O vicepresidente Pablo Iglesias convocou esta tarde ás comunidades a unha videoconferencia na que a Xunta confía que se "dea resposta a esta situación". Do mesmo xeito, Política Social tamén expresou a súa preocupación ante a posibilidade de que os efectos do coronavius e da situación de alarma leven a algunhas familias con maiores en residencias a non poder abonalas. |
NOS_14467 | A cimeira bilateral entre os territorios mediterráneos busca forxar unha alianza estratéxica que lles permita aproveitar do mellor xeito os fondos europeos Next Generation. | Esta terza feira remata a cimeira bilateral entre os gobernos das Illes Balears e do País Valencià, deseñada para impulsar unha alianza estratéxica entre ámbolos dous territorios con amplos vencellos culturais, sociais e económicos, que lles permita tirar o maior proveito posíbel dos fondos europeos. A xuntanza, que comezou na segunda feira no Palau de Congressos de Palma e porá mañá o seu punto final, foi inaugurada polos presidentes dos parlamentos territoriais, Vincenç Thomas de Balears e Enric Morera das Corts Valencianes, que coincidiron na defensa dunha sociedade solidaria cunha política común nas materias que lles afectan. Malia que clausurarán a cimeira as presidentas territoriais, Francina Armengol (Balears) e Ximo Puig (País Valencià), xa participaron no primeiro día de reunión. "Reivindicamos a igualdade, a periferia dentro desta España real, que é moi plural. Moitas veces as decisións tomadas desde o centro, desde a centralidade, non teñen en conta a diversidade e a riqueza da periferia", salientou Armengol. "Hai vida máis alá de Madrid" Pola súa banda, Puig lanzou a idea dunha "alianza desde o Mediterráneo" que impulse un Estado "con respecto ás identidades e singularidades", "hai vida máis alá de Madrid, incluso vida intelixente", explicou. No encontro desenvólvense nove táboas redondas nas que ademais das forzas que integran os dous executivos tripartitos, participan sindicatos, reitores das universidades dos territorios, escritores e empresarios. O encontro foi anunciado o 21 de abril pasado no palau da Generalitat valenciana, confirmando a boa sintonía entre os presidentes do PSOE. |
PRAZA_7950 | Milleiros de persoas participan nas manifestación convocadas en todas as cidades galegas, particularmente masivas na Coruña e Vigo e moi numerosas tamén en Ourense e Pontevedra. Berrouse en contra do "golpe de estado financeiro" e pola defensa dos servizos públicos. Galería de imaxes no interior. | O 23 de febreiro de 2003, hai hoxe dez anos, centos de milleiros de persoas encheron as rúas de Madrid nunha marea cidadá que protestaba contra a xestión que o Goberno fixera da catástrofe do Prestige. Nesa manifestación algunhas das reivindicacións principais tiñan que ver coa transparencia e coa dignidade. Nas manifestacións que hai 32 anos seguiron ao intento frustrado de Golpe de Estado demandouse, ante todo, democracia. Todas esas demandas van estar moi presentes tamén nas marchas convocadas este sábado en todo o Estado para protestar contra o "golpe de estado financeiro". A da Coruña foi a primeira das moitas manifestacións deste 23F. Milleiros de persoas, ao igual que o 15M de hai dous anos, ou no 15O, ou no 29S, volveron encher as rúas, superando as espectativas previas, nunha marea cidadá de indignación e protesta "contra os recortes, a corrupción e o expolio programado do público". Ao longo da tarde estaban convocadas marchas en Pontevedra, Compostela, Ourense, Vigo, Ferrol, Lugo, Redondela e Vilagarcía de Arousa. Baixo a proclama de "Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos" as manifestacións pedirán xustiza social e ambiental, transparencia e democracia participativa, a defensa duns servizos públicos e universais, e unha auditoría cidadá da débeda en protesta contra "a débeda ilexítima". En Vigo a manifestación reuniu ao redor de 12 mil persoas. Os colectivos de todo tipo que convocan as marchas no marco dunha marea cidadá chaman "á confluencia de aqueles colectivos e persoas que nos vemos violentamente afectadas polas políticas de recortes e polo saqueo do público que se está a exercer desde o poder político institucional". De feito, na Coruña puideron verse numerosas faixas en defensa da sanidade, do ensino público, de afectados polas preferentes -que fixeron con converxer o final da súa marcha co inicio desta manifestación- ou de colectivos feministas. A marcha fixo sucesivas paradas ante a sede do Banco de España, un centro de ensino onde se lle plantou lume a un boneco do ministro Wert, o TSXG, a vivenda de Aurelia Rey e a Delegación do Goberno, onde finalizou. Nas manifestacións da cada cidade confluiron outras reivindicacións. Estiveron moi presentes, dende logo, os desafiuzamentos e as preferentes, pero moi especialmente tamén a defensa do ensino público e a crítica ao proxecto de reforma educativa do ministro Wert Nas manifestacións da cada cidade confluiron outras reivindicacións. Estiveron moi presentes, dende logo, os desafiuzamentos e as preferentes, pero moi especialmente tamén a defensa do ensino público e a crítica ao proxecto de reforma educativa do ministro Wert. As mareas verdes deixaron oír a súa voz en todas as marchas, mestres e estudantes, de ensino medio e universitario. No manifesto lido ao remate da marcha en Pontevedra tamén houbo un espazo para esta problemática: "priorizan o lucro sobre o dereito á educación e sobre a vida das persoas. E esta situación repítese na xustiza, no transporte ou na vivenda", xunto con outras máis locais coma a demanda do traslado da planta de ENCE, de novo de actualidade pola reforma da Lei de Costas, ou a paralización do proxecto eólico do Morrazo. Pero tamén se criticou a limitación do debate nos Parlamentos a lei electoral ou o proceso de recentralización: "non aceptamos que o goberno do estado e a Xunta de Galicia fagan demagoxia aproveitando o descontento coa clase política para reducir aínda máis a calidade democrática, eliminando representantes, capacidade de decisión local e silenciando minorías; nin unha lei electoral inxusta que favorece e beneficia o bipartidismo e aos grandes partidos, e que torna ilexítimas as accións dun goberno que, ademáis, non pode ter un cheque en branco durante catro anos para gobernar de costas ao pobo baixo a dictadura de maiorías aritméticas". Entre as esixencias figurou tamén a posta en marcha dun proceso constituínte: "esiximos maior capacidade de decisión, participación e control popular; a dimisión do goberno e a posta en marcha dun proceso constituínte radicalmente democrático, previo exercicio do dereito a decidir dos pobos, que conclúa cunha nova Constitución baseada na democracia real" |
NOS_47619 | Durante moito tempo, a existencia do reino da Galiza pasou desapercibida para a historiografía dominante. Aínda sendo discutíbel o seu significado desde o punto de vista político, á luz da documentación é innegábel que houbo unha entidade chamada Gallaecia que ocupou unha posición de centralidade na Idade Media no aspecto demográfico ou territorial. Anselmo López Carreira é coautor, xunto con Xosé Miguel Andrade, da última das achegas que analizan esta realidade, o libro O Reino Medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria (Xerais). Publicamos unha longa entrevista con el no semanario Sermos Galiza. | Con que obxectivo se publica este libro? Como xorde? Foi unha proposta que Isidro Dubert fixo a Xerais. É unha colección sobre a historia de Galicia e o noso libro é a primeira achega. Non é unha historia do reino de Galicia, senón un libro de divulgación sobre a existencia do propio reino e sobre o seu tratamento historiográfico, é dicir, sobre o seu esquecemento. Ao comezo falan dunha polémica: Sánchez-Albornoz repróchalle a Castelao a súa castelánfobia e Castelao a Sánchez-Albornoz o seu excesivo castelanismo. Por que é significativa? Os dous representan visións contrapostas da historia medieval de Galicia. Castelao non é historiador: bebe do que escribiran Risco ou Vilar Ponte, pero ten claro que Galicia ten unha historia de seu e reivindica, a través dela, a nacionalidade galega. Sánchez-Albornoz é a versión historiográfica da Xeración do 98, moi castelanista. Sánchez-Albornoz recoñece que se chamaba Galiza a todo o noroeste da Península e Modesto Lafuente que ao reino de Asturias se lle chamaba Galiza. Mais iso non muda nada… Ambos os dous recoñecen ese feito, pero en notas ao pé de páxina. Eles sabíano. As crónicas árabes chamaban a todo o noroeste Galicia, pero a historia oficial feita por Modesto Lafuente e despois por Sánchez Albornoz, xa no século XX e con máis fontes, opta por chamarlle reino de Asturias e reino de León. A documentación, en realidade, é interpretábel, alén dos motivos ideolóxicos. Aparecen expresións moi distintas para definir os reis e os seus territorios. É interpretábel, si, pero os motivos ideolóxicos pesan moito. Cando se comeza a facer unha historia académica normativa, a mediados do século XIX, non hai aínda unha historia de Galicia. O traballo de Murguía e Vicetto chega despois. A historia de España herda unha interpretación que vén de moi atrás, do século XIII, relacionada coa unión do reino de Castela co de Galicia-León e co proceso de hexemonización de Castela. Os historiadores do XIX traballan coas crónicas do século XIII, sobre todo as feitas na corte de Afonso X, ou coas do XIV e XV, que salientan a historia de Castela por enriba dos demais reinos. Non é así no caso de Catalunya e Aragón, que teñen unha historiografía de seu moi potente. Ademais, Galicia pasa a ser xa o territorio da Galicia actual: non é a antiga Gallaecia, que tiña a capital en León. Modesto Lafuente continúa a tradición historiográfica do século XIII, que era a que había. Sabían que houbera un reino de Galicia, pero para eles era un título baleiro de contido. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza que acompaña este sábado, 7 de novembro, Nós Diario, nos quiosques ou ben para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte ás distintas modalidades que achegamos] |
NOS_46855 | A marcha, convocada por CIG, CCOO, UXT e CXT, xa recibiu o apoio de organizacións sociais, culturais e políticas e duns 35 comités de empresa. | A solidariedade co ex secretario comarcal da CIG en Ferrol, Xesús Anxo López Pintos. segue a medrar. Esta sexta feira CIG, CCOO, UXT e CXT convocaron unha manifestación co lema 'Contra a represión sindical. Xustiza para Pintos!' para pedir a súa absolución e rexeitar a persecución da mobilización social. A marcha, que xa recibiu o apoio de organizacións sociais, culturais e políticas e duns 35 comités de empresa, terá lugar o 29 de outubro e sairá ás 20 horas de diante do edificio da Xunta e rematará no Cantón. Loita polos dereitos e liberdades fundamentais Os responsábeis sindicais que participaron na presentación da iniciativa, que fai parte da campaña iniciada pola CIG en contra da represión sindical, subliñaron a importancia de manter a unidade na loita pola defensa dos dereitos e das liberdades fundamentais. Reclamaron a derrogación inmediata da chamada Lei Mordaza e do artigo 315.3 do Código Penal para frear a vaga represiva que se intensificou nos últimos anos de xeito paralelo á imposición das políticas de recortes. Consideran que o proceso contra Pintos supón un ataque descarado contra o sindicalismo e a mobilización social como ferramenta básica da clase obreira para a defensa dos seus dereitos e a mellora das condicións de vida. Denuncian que non é un caso illado e que hai máis traballadoras e traballadores na Galiza que están a ser perseguidos por defender os seus dereitos e liberdades. Apoio de corporacións locais e comités A convocatoria de manifestación xa recibiu o apoio de entidades sociais e culturais da comarca, de partidos políticos e dos alcaldes e alcaldesas dos concellos da ría. Recolléronse uns 35 pronunciamentos solidarios de comités de empresa e seguen a chegar adhesións a diario. Do mesmo xeito, promovéronse declaracións institucionais nos concellos chamando a participar na manifestación, pedindo a absolución de Pintos e manifestando o compromiso, no caso de ser necesario, de acudir a todas as instancias nacionais e internacionais precisas para evitar que teña que ingresar na cadea. Para os días 12, 13 e 14 de novembro, en que se celebrará o xuízo, realizaranse concentracións diante das dependencias da Audiencia Provincial entre as 09:30 horas ás 11 horas. |
NOS_17871 | O seu nome aparecía nas 'listas de sangue' que os falanxistas terían utilizado no caso de ter triunfado o golpe de Estado de Tejero. | O sindicalista vigués Waldino Varela Martínez faleceu esta segunda feira aos 92 anos de idade, deixando atrás un legado de toda unha vida loitando na defensa do movemento obreiro. Desde CCOO choran o pasamento do que foi un dos seus fundadores: "Waldino fóisenos, pero os seus principios e as ideas que defendeu están moi vivas nas Comisións Obreiras", subliña esta terza feira a secretaria xeral do sindicato na Galiza, Amelia Pérez. Varela, que comezou a traballar nos estaleiros de Vulcano con só 14 anos, "forma parte da valiosa memoria da loita obreira", e a súa figura e traxectoria "inspiraron e guiaron varias xeracións de sindicalistas", afirma a dirixente de CCOO. Folga de 1972 Waldino Varela foi unha das cabezas visíbeis do sindicalismo nos últimos anos da ditadura e xogou un papel importante na histórica folga xeral de 1972, que o próximo mes de setembro fará medio século. "Os heroes do 72 foron os traballadores galegos" As mobilizacións obreiras foron duramente reprimidas pola Policía española, que detivo e torturou numerosos dirixentes sindicais e varios centos, entre eles o propio Waldino, perderon os seus empregos. "Compañeiras e compañeiros como Waldino construíron os piares sólidos sobre os que asenta a nosa organización, protagonista indiscutible no tránsito da nosa sociedade da ditadura cara á democracia e unha referencia para a clase traballadora galega", sostén Amelia Pérez. 'Listas de sangue' do 24-F O nome de Waldino Varela aparece tamén nas 'listas de sangue' que os golpistas do 23 de febreiro de 1981 elaboraran para sinalar as persoas que serían fusiladas ao día seguinte, no caso de ter triunfado o golpe de Estado. Fragmento das 'listas de sangue' no que aparece o nome de Waldino Varela. Nesta listaxe podían lerse tamén os nomes doutros referentes do sindicalismo como o ferrolán José Cagiao ou activistas políticos como Xosé Luís Méndez Ferrín, Valentín Paz Andrade ou Camilo Nogueira, así como escritores como Manuel Rivas ou María Xosé Queizán. |
NOS_49050 | Hai unha media duns 308 suicidios ao ano, case un ao día. | A Galiza rexistrou un total de 3.083 suicidios entre 2010 e 2019, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Entre o total, 192 persoas que se quitaron a vida na última década tiñan menos de 30 anos, das cales cinco eran menores de 15 anos. Esta cuarta feira o INE publicou os datos definitivos de causas de morte en 2019, no que figura que 292 persoas suicidáronse ese ano en Galiza, 220 homes e 72 mulleres. De tal forma, hai unha media duns 308 suicidios ao ano na Galiza, case un ao día. De feito, nesa década só tres anos ficaron por baixo da cifra de 300. O aforcamento foi o principal medio empregado, segundo os datos de INE. Profesionais da saúde mental defenden un rexistro "preciso e rigoroso" do suicidio. O Movemento Galego da Saúde Mental urxía hai unhas semanas ao anonimato e confidencialidade no tratamento de datos persoais sobre suicidios e tentativas autolíticas. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña anunciaba a mediados de abril no Parlamento a creación dun rexistro de intentos de suicidio e de dano autoinfrinxido de ámbito galego co obxectivo de coñecer a incidencia, a prevalencia e os factores asociados a este problema de saúde pública. Desde as organizacións piden máis "visualización sobre este tema tabú". "Os problemas lévanse mellor se os socializamos" mais para o lograr "precisamos unha sociedade que fale con respecto e cariño e que non cedan a prexuízos ao tratar sobre o suicidio; non queremos escoitar iso de 'ti estás tola, tes que ir ao médico' ante este tema", sinalaba en marzo o presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes) da Galiza, Xosé Ramón Girón, a Nós Diario. No tocante ás causas de morte de 2019, publicadas esta cuarta feira, en Galiza houbo 31.268 falecementos ese ano. As enfermidades do sistema circulatorio foron a principal causa de falecemento (9.215 mortes), seguidas dos tumores (8.362 mortes) e as enfermidades do sistema respiratorio (3.548). |
PRAZA_12976 | Institucións oficiais, colectivos sociais e formacións políticas celebran esta semana actos e reivindicacións en defensa do que, segundo os datos estatísticos, é idioma preferente do 56% da poboación de Galicia | "Semana das letras". É o nome oficioso que dende hai anos se lle vén aplicando aos días colindantes co 17 de maio, data de reivindicación do idioma e, cunha intensidade variable segundo o ano, dunha figura da literatura do país. A proximidade dun novo Día das Letras xa multiplica o número de actos, publicacións, manifestos e reivindicacións de diverso ton en torno á lingua galega. Moitas delas apóianse en dous piares, un festivo, de celebración do idioma propio, pero tamén de alerta. O segundo piar está sustentado, á súa vez, en indicadores tan fríos como ilustrativos, números que din que o galego pasa por un mal momento, cando menos no que atinxe ao número de falantes nos límites administrativos de Galicia e tamén no vencellado á tradución práctica da súa protección legal. Esas cifras máis que frías son xélidas cando o obxecto de estudo son as persoas máis novas. Atendendo aos últimos datos dispoñibles, difundidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) en 2010 máis do 60% dos nenos e nenas de entre 5 e 14 anos falan "en castelán sempre" ou "máis castelán ca galego" e máis do 55% fan o propio entre os 15 e os 29 anos. Só a preponderancia do galego entre a cidadanía de entre 50 e 64 anos e, sobre todo, entre os maiores de 65, permite que o cálculo global sexa aínda positivo para a lingua propia, podendo afirmar que o 56% da poboación é monolingüe en galego ou, cando menos, emprega máis o galego ca o castelán. Os rexistros do IGE amosan tamén un panorama no que o emprego ou non do idioma é alleo, nos máis dos casos, ao coñecemento que se ten del. No mesmo estudo fica reflectido que un 89% dos enquisados aseguran falar galego "moito ou bastante", fronte un raquítico 10% que o empregan "pouco ou nada". Estes indicadores, unidos aos de cambio de idioma por razóns de traballo ou amizades permiten tamén bosquexar un cadro no que os condicionantes sociais son a pedra angular da supervivencia ou non do idioma. Reivindicacións, festa e retranca Con estes datos no horizonte a "semana das letras" supuxo xa o sinal de saída para os múltiples actos no eido literario, social e político. A figura do homenaxeado nesta edición do Día das Letras, Valentín Paz Andrade, é lembrada xa en ámbitos diversos, dende o ensino á política. Así, por exemplo, este luns o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciaba, no marco da Executiva Nacional do partido, a elaboración dun manifesto "a prol da cultura e da lingua de Galicia" que o día 16 lerán ante a tumba de Paz-Andrade. Do mesmo xeito, este martes preséntase na Real Academia Galega o volume Valentín Paz-Andrade. Xornalista para un país, elaborado por Tucho Calvo e Xosé Luís Axeitos. Os actos reivindicativos culminarán na manifestación de Queremos Galego, en Compostela Pero o inicio da semana foino tamén da recta final dos actos reivindicativos, que culminarán o 17 na manifestación de Queremos Galego en Compostela. Precisamente en Santiago este luns o BNG celebraba un "acto de compromiso" coa lingua ao carón do monumento a Rosalía, centrado nunha "lectura reivindicativa" de textos a cargo de diferentes representantes do tecido sociocultural da cidade. A plataforma en defensa da lingua desenvolve ao longo da semana actos en todo o país baixo o lema Paremos os ataques contra o galego, cunhas reivindicacións sintetizadas no manifesto que se lerá na propia marcha, redactado por Agustín Fernández Paz. Como xa acontecera en anteriores edicións a esa marcha unirase o "bloco laranja", formado por diversos colectivos reintegracionistas. A estas accións de promoción e reivindicación da lingua propia uniuse tamén unha retranqueira iniciativa que, fundamentalmente a través das redes sociais de Internet, aposta por sacarlles punta ás contradicións do Día das Letras conmemorando La semana del gallego. |
NOS_36728 | "Era o meu protector, o meu guía". Así lembra Manuel Reboiras o seu irmán Xosé Ramón Reboiras, a quen chamaban Pepe na familia e 'Moncho' ou 'Rianxo' na militancia clandestina. Dirixente da Unión do Povo Galego (UPG), tería na actualidade 71 anos se aquel 12 de agosto de 1975 a policía da ditadura franquista non o asasinase. | O 12 de agosto de 1975 recibiu unha chamada para ir a Ferrol. Que recorda de aquel día? Sobre as 11 da mañá avísanme para que vaia axiña a casa e dinme que miña nai agardaba por min e que algo grave pasara. Meu pai estaba embarcado e tardaría algún tempo en recibir a noticia. Aviso o meu contacto da UPG para que dese a alerta de que algo acontecera. Viaxamos de Vigo a Ferrol, conduzo eu, imos pendentes da radio. No parte das 12 falan dun enfrontamento armado nas rúas de Ferrol e a morte dun mozo. Ao chegar, lévannos ao cemiterio e enriba dunha fría mesa de pedra, vemos o corpo de Pepe [nome familiar de Moncho Reboiras] con tres impactos de bala nas costas. Aplícannos lei antiterrorista e paso cinco días na comisaría con interrogatorios pola noite para evitar que durmise. Xogaban coa pistola xunto á miña cabeza facendo que disparaban. En 2009 o Goberno español repara oficialmente a memoria de Moncho. Mais bota en falta recoñecementos institucionais na Galiza? O recoñecemento oficial do Goberno español encadrouse dentro do proxecto de lei da Memoria Histórica dun Goberno socialista e os apoios das forzas nacionalistas. Foi importante en canto se recoñecía o meu irmán como vítima do franquismo fronte ao relato de guerrilleiro urbano ou terrorista. Sobre o recoñecemento institucional na Galiza, se non o houbo cando gobernou o bipartito... O recoñecemento na Galiza que eu valoro positivamente son os actos que todos os 12 de agosto se lle fan en Ferrol, Imo (Dodro) e tamén en Teis (Vigo). Tamén feitos como o de 2004, cando a CIG impulsou a súa figura creando a Fundación Moncho Reboiras; ou en 2009 cando a Fundación Bautista Álvarez editou Moncho Reboiras, O nacionalismo galego nos 70, con artigos de persoas que o coñeceron e situaban o seu compromiso político en todas as frontes (lingüístico, cultural, sindical, organizativo e de combate), pondo as bases para unha biografía máis obxectiva e desbotando ideas que pululaban pola cabeza de algúns sectores nacionalistas (que o presentaban como un guerrilleiro urbano) ou reaccionarios (que o chamaban terrorista). En 2010 a comisión 35 aniversario, promoveu diversos actos e en 2020 a revista Terra e Tempo editou Reboiras, das ideas aos feitos, co filme Reboiras. Acción e corazón, transmitindo un perfil humano e político mais completo. Agora vén de publicarse Reboiras. O camiño da rebeldía, de Xurxo Martínez e Xosé Manuel Pereiro, cunha extensa documentación. Cando viu o seu irmán por última vez? En 1975, en Madrid, cando xa se sentía perseguido e eu regresaba da mili. Levaba bigote de mentira, perruca... tiven que fixarme en como andaba para atreverme a falarlle, non sabía se era el. Falamos de nós, da familia e do partido. Estaba preocupado por algún tema sindical en Vigo. A represión non acaba no 12 de agosto. Nos seguintes días militantes da UPG son apresados, torturados... Mesmo anos despois, en 1976 vostede é detido. O ano 75, e tamén o 76, foron especialmente represivos. Había que deixar todo 'atado e ben atado' para un posfranquismo con algunhas reformas e pequenos cambios, e os nacionalismos non estaban ben vistos e querían acabar con eles e os seus dirixentes. O réxime estaba en descomposición e Franco quería morrer matando. Eu tiña que facer algo para liberarme e denunciar o asasinato do meu irmán, estaba nunha situación anímica de rabia e impotencia. Fun a Imo a concertar cunha funeraria a lápida para a súa tumba. No camiño fixen o que sabía facer moi ben: realicei pintadas en todos os valados que atopei de Vigo a Imo. En Padrón fixen unha grande no campo de fútbol: Policía asasina. Abaixo a ditadura. Galicia ceibe e socialista. Alguén controlou a matrícula e déronme o alto no camiño de Buxán (Rois). Comezaron cos interrogatorios e ameazas. Os gardas civís mallaron en min até ben entrada a noitiña, cando me trasladan á central da Coruña, onde me encerran nun calabozo porcallento e continúan coas vexacións. Estaban a escoitar pola radio a noticia dos fusilamentos de Humberto Baena, Sánchez Bravo e os seus compañeiros e berraban: "a estes fillos de puta, había que matalos ". En xuño de 1976, no Castro, en Vigo, detéñenme con Elvira Souto, que facía pouco que retornara do exilio portugués. Aplícannos lei antiterrorista e paso cinco días na comisaría con interrogatorios pola noite para evitar que durmise. Xogaban coa pistola xunto á miña cabeza facendo que disparaban. Como era o seu irmán? E como cre que sería hoxe? Era disciplinado e traballador, estudoso. Escoitaba os vellos falar e lía moito. Analizaba as cousas con criterio e trataba de sacar conclusións positivas. En política sempre dicía: "Aquí non sobra ninguén, todos somos necesarios, cada quen segundo as súas posibilidades e circunstancias". Entendía a educación e formación como base de calquera progreso social, e daba gran importancia á formación de cadros políticos ben documentados e con criterios propios. Pepe tería agora 71 anos e sería un inquedo xubilado preocupado pola evolución do idioma, cultura e política galegas, así como pola falla de unidade do nacionalismo. O mellor recoñecemento que hoxe se lle pode facer, é que as forzas nacionalistas e progresistas sexan quen de organizar unha alternativa de Goberno galego con poder de decisión para a defensa, desde as institucións locais, nacionais, estatais e europeas, dos dereitos dos pobos e as persoas. O réxime quixo que o asasinato de Moncho parecese un suicidio Manuel Reboiras recorda como, após o asasinato de Moncho, a maioría da prensa escribía "o que ditaban as ordenanzas", é dicir, que Moncho se suicidara após un enfrontamento armado coa policía. Manuel estivo anos tentando obter os expedientes policiais e da autopsia sobre o acontecido aquela noite, mais non llos daban. En 1979 o sacerdote Francisco Carballo foi procesado por escribir que Reboiras fora asasinado pola policía. Foi entón cando por fin puideron acceder aos expedientes de Reboiras, xa que o avogado Nemésio Barxa os reclamou como proba para a defensa de Carballo. Estes documentos deixan patente que Moncho non se suicidou e que morreu desangrado no portal en que se refuxiou logo de recibir tres balas polas costas mentres fuxía. Habería ademais dúbidas sobre se chegou a disparar nalgún momento a súa pistola. |
NOS_20508 | Até o 23 de bril e en diferentes lugares da nos costa, como as Rías Baixas ou Ferrol. | As unidades da armada española que constitúen a capacidade de Forza de Guerra Naval Especial (FGNE) veñen a Galiza para se adestrar "en ambiente marítimo e terrestre en clima atlántico". Así informa o Ministerio de Defensa nun comunicado, indicando que do 11 ao 23 de abril e como parte do seu programa anual de adestramento, a Forza de Guerra Naval Especial, trasládase a Galiza "para realizar exercicios e adestramentos"en augas e clima frío atlántico". Durante este período, a unidade, indica Defensa, "realizará diversos adestramentos e exercicios propios dunha unidade da súa índole", como son saltos paracaidistas á auga, mergullo de combate, colaboración con diferentes plataformas navais para adestramento en operacións marítimas e outros. Por tanto, durante o seu despregamento en terras galegas, instalarán a súa base de operacións na Escola Naval Militar en Marín e realizarán exercicios en diferentes localizacións das Rías Baixas e desprazaranse a Ferrol para realizar exercicios e colaboracións cos alumnos das escolas da armada desa localidade coruñesa. A Forza de Guerra Naval Especial, sinala Defensa, "aumenta as súas capacidades operativas grazas ao apoio de diferentes helicópteros da Flotilla de Aeronaves da Armada Española, nesta ocasión, helicópteros SH-60 F e SH-60 B das 5ª e 10ª Escuadrillas". A FGNE, indica Defensa, "está capacitada para realizar Operacións Especiais". |
NOS_17241 | Nun comunicado a formación da esquerda independentista catalá valora "positivamente" o "bon resultado" da coligación integrada por EH Bildu e BNG ao tempo que coida "esperanzador" o apoio recibido no Estado español por Podemos. | A CUP emitiu esta terza feira (27 de maio) un comunicado de valoración dos resultados deitados polos comicios europeos do pasado domingo. Para a formación independentista --que decidiu non concorrer ao proceso electoral-- o "bon resultado" colleitado pola coligación Os pobos deciden há ser analizado "positivamente". Neste senso, a CUP lembra que a decisión adoptada polas súas bases promovía a abstención ou ben votar por aquelas opcións que se posicionaren "a favor da independencia dos pobos e en contra da UE dos estados e do capital". Neste senso, coidan que os perto de 300.000 votos obtidos por Os pobos deciden --que finalmente resultarán nun escano no Parlamento Europeo-- supoñen un "bon resultado" mais, acrecentan, tamén resultan "esperanzadores" os apoios colleitados no Estado español pola "candidatura con elementos anticapitalistas Podemos" que aliás, sinalan, "incluía entre os seus postulados o dereito ao exercicio de autodeterminación de todos os pobos de Europa". Segundo a CUP os resultados das eleccións europeas reflicten "o rexeitamento ás políticas antisociais impostas pola UE" e o aumento do apoio social ao dereito a decidir dos pobos. |
NOS_26284 | Máis de trescentas persoas manifestábanse diante do xulgado de Palma á espera da entrada do xenro do Borbón. Iñaqui Urdangarín tentou na segunda declaración diante do xuiz desvincular o Rei dos seus negocios contra as probas apresentadas polo seu socio Diego Torres que o situaban como "xefe" do entramado de Nóos. | En apenas meia hora, o xenro do Rei leu un escrito encamiñado a desvincular á Casa do Rei dos negocios polos que está acusado de seis delitos. Segundo Urdangarín, o Rei "nin opinou, nin asesorou" as actividades de Nóos polas que está acusado de desvío de case seis millóns de euros de distintas administracións públicas. Contra o que declarou o seu ex-socio no Instituto Nóos a pasada semana, a estratexia de Urdangarín diante do xuiz Castro está a ser salvar á Casa do Rei das acusacións e afirmar que desde a xefatura do Estado se lle recomendou deixar de realizar as actividades que o conduciron aos xulgados. O xenro do Rei terá que responder agora ás preguntas da fiscalía e agárdase que teña que dar algunha explicación tamén ao feixe de correos electrónicos apresentados por Diego Torres na súa intención de implicar ao máximo representante da xefatura do Estado nos delitos polo que está a ser xulgado o home da infanta Cristina. A declaración de Torres deu un xiro na investigación da trama ao apresentar ampla documentación e testificar sobre a implicación directa de Cristina e o Rei nas operacións de Urdangarín. A continuación terá que declarar o secretario das infantas, un episodio máis que pon á casa do Rei na diana da investigación. Urdangarín anunciou que impugnará os correos do seu ex-socio Torres para que non formen parte da causa. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.