ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_48344
O xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena discrimina entre os acusados e concede a liberdade condicional eludíbel con fianza de 100.000 euros a todos os consellers agás Joaquin Forn, titular de Interior. Oriol Junqueras -vicepresident-, Joaquin Forn -conseller de Interior- e os Jordis continuarán en prisión incondicional, tal e como demandaba a fiscalía.
O argumento do xuíz do Supremo é que existe un risco de reiteración delictiva no caso dos catro dirixentes que mantén en prisión, perigo que non acha probábel nas persoas dos outros consellers. Llarena, porén, non apreza risco de fuga en nengún dos encausados, aos que se lles imputa os delitos de rebelión, sedición e malversación de fondos públicos. Que razonamento utiliza o xuíz para discriminar entre os acusados e para determinar a continuidade entre reixas dos presos políticos Junqueras, Forn, Sànchez e Cuixart? Basicamente o argumento é que os catro tiveron a ver co que cualifica de "asedio" da sede da consellaría de Economía, no centro de Barcelona, durante o 20 de setembro, cando miles de persoas terían obstaculizado a saída do edificio dos axentes da garda civil que estaban a realizar un rexisto. O xuíz entende que existe risco de reiteración dese tipo de condutas especificamente nestas catro persoas, embora dúas delas -Junqueras e Forn- xa non dispoñan de competencias executivas -foron destituídas ao se activar o artigo 155- e as catro teñan declarado perante o Supremo a súa disposición a participar na campaña desde o pleno respeito á legalidade. Ao tomar esta determinación, Llarena pasa por enriba do direito á participación política que asiste a Junqueras, Forn e Sànchez -non así Cuixart- por eles tres seren candidatos nas eleccións do 21-D. Destarte, Oriol Junqueras convértese no primeiro candidato á presidencia dun goberno na historia do actual réxime político que vivirá a campaña en prisión.
NOS_39715
A situación agrávase pola falta de recursos e a chegada a semana pasada do inverno.
Os casos de coronavirus en América Latina aproxímanse aos 2.5 millóns, co que a rexión se coloca como a segunda máis afectada pola pandemia, despois de América do Norte. A COVID-19 propagouse a un ritmo especialmente rápido entre maio e xuño, o que levou a OMS a situar a rexión, como o novo epicentro mundial da pandemia. A situación agrávase pola falta de recursos e a chegada a semana pasada do inverno. Segundo as últimas cifras, América Latina ─cuns 650 millóns de habitantes─ rexistra 2.480.821 contaxios e 112.104 falecidos desde o inicio da pandemia. Os casos aumentaron nun millón nos últimos 18 días, debido ao avance xeneralizado dos contaxios principalmente no Brasil, que é o país máis golpeado con máis da metade dos contaxios (1.345.254) e das mortes (57.658). Perú é o segundo país da rexión en número de contaxios, con 279.419 casos desde que se rexistrou o primeiro no país, o pasado 6 de marzo. Segundo unha recente enquisa, 58% da poboación cre que a corentena xeral debería continuar. México é o terceiro país latinoamericano máis afectado pola pandemia, con 216.852 casos acumulados e 26.648 decesos. Con todo, as autoridades sanitarias advirten de que a cantidade real de persoas infectadas pode ser máis alta do que se puido confirmar mediante as probas. En Chile, o Ministerio de Saúde informou de que a cifra de contaxios chegou a 271.982. A respecto das mortes, 6.089 pacientes pereceron, con confirmación de laboratorio, e 2.846 perderon a vida sen confirmación diagnóstica, é dicir, como sospeitosos e probábeis da COVID-19 En Europa, con 750 millóns de habitantes, hai actualmente 2.566.907 casos acumulados do total mundial de 10.168.657, segundo datos recollidos pola Universidade Johns Hopkins.
NOS_9454
A delegada territorial do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, falou con representantes de colexios privados dunha lei que quere "impoñer un único tipo de ensino". A Lomloe é a norma que abre a porta a que o castelán non sexa a única lingua vehicular na educación.
A Xunta, por boca da súa delegada en Vigo, comentou hoxe que o seu obxectivo é "reducir ao mínimo posíbel" a aplicación da Lei Celaá -que, entre outras cousas, abre a porta a que o castelán deixe de ser a única lingua vehicular no ensino- na educación galega. Así o comentou Marta Fernández-Tapias nunha xuntanza de traballo con representantes de distintos centros concertados das proximidades. Respecto á Lomloe (ou Lei Celaá) insistiu en que aplicarán o mínimo dos seus articulados na medida "en que o permita" a norma. A delegada estivo na reunión coa plataforma Más Plurales a petición do propio colectivo que quería coñecer o punto de vista do Executivo galego ante a oportunidade de que o galego gañe peso nas escolas, entre outras cuestións. Despois dese achegamento de posturas, Fernández-Tapias subliñou que a Lomloe é "reducionista" por cuestións como "impoñer" o centro escolar no que deben estudar as crianzas. Neste sentido, a Xunta critica que se afecte á decisión das familias. A modificación da LOE, que saíu aprobada do Congreso e está agardando a ser verificada no Senado, implica "impoñer un único tipo de ensino, deixando sen elección ás familias". Por iso entende que promove unha "minoración da calidade educativa" e a "desigualdade" entre o alumnado. Confrontación polo idioma Desde o punto de vista da representante do Goberno galego a debatida lei quere "crear unha confrontación no ámbito da lingua, que na Galiza é inexistente". Ao fío desta consideración, que xa manifestara hai semanas o concelleiro de Educación, Román Rodríguez, a delegada defendeu que "a Xunta cre na calidade educativa, no plurilingüismo e no dereito dos pais e nais a decidir". Contrapuxo este discurso ao suposto interese do Executivo estatal. Sobre o equipo de Pedro Sánchez, dixo que perdeu unha "oportunidade histórica para o consenso" ao facer as modificacións "ás costas das comunidades autónomas". No entanto, non toda a sociedade galega coincide con esta visión, pois esta mesma quinta feira movementos de renovación pedagóxica, colectivos de profesorado, Anpas e A Mesa pola Normalización Lingüística xuntáronse para instar ao presidente, Alberto Núñez Feixoo a dialogar "para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa".
NOS_54295
A asociación Morreu o Demo está a publicar tutoriais en Youtube para facer marionetas con "materiais mínimos"
Ás veces, chégannos á redacción novas fermosas da segunda vida de Nós Diario. E se o transformamos en monicreque? Pero como? Un videotutorial de 20 minutos déixanos todas as instrucións que debemos seguir, explicadas paso a paso na conta de Youtube da Asociación Cultural Morreu o Demo. As mans que hai tras esta metamorfose son as dun dos seus integrantes, Anxo García, monicrequeiro de Viravolta, que decidiu facer unha "marioneta de variñas" empregando o noso xornal para "darlle apoio á prensa en galego". Para alén desta proposta, van xa outras dúas achegas na canle para fabricar unha "marioneta de papel" e unha "marioneta hixiénica". Segundo nos revela García, teñen en mente subir máis durante os próximos días. "Xa teño un par deles pensados", asegura un dos promotores desta iniciativa que nace co gallo de ter os monicreques presentes nos lares. Unha alternativa de ocio que implica creatividade e que ademais serve para manter viva a tradición galega. A idea xurdiu no chat grupal de Morreu o Demo, de maneira orgánica e espontánea, para sumárense ao diluvio de respostas da cidadanía e do mundo da cultura para facer máis levadío este tempo de confinamento. A pesar dos medios escasos cos que conta, García quixo achegar o seu gran de area. A proposta contempla o uso de "materiais mínimos", que mal que ben se poden atopar practicamente en calquera fogar. De tal maneira, trátase dunha fórmula accesíbel e que pon en valor a reciclaxe. Os monicreques, un patrimonio esquecido "Morreu o Demo naceu para recuperar a figura de Barriga Verde e do monicreque tradicional galego", explícanos García. Pois mentres que noutros lugares existiu continuidade con este elemento, na Galiza desapareceu e produciuse unha ruptura entre os monicrequeiros de antes e o que poderiamos chamar monicrequeiros cultos, esas persoas que coma el se dedican agora a rescatar do esquecemento este labor. "Houbo oito anos de carencia", conta García, que no seu caso procurou suplir volvendo ás orixes, pois "quería saber a que me estaba dedicando". Aínda que procurou atopar as persoas que manipulaban antes as marionetas, xa era tarde. Boa parte delas morreran e as que ficaban eran testemuños indirectos, tamén valiosos, das súas familiares. Desde Morreu o Demo desenvolveuse un importante esforzo de recuperación e divulgación arredor dos monicreques, que sumado a outros proxectos conseguiu que a situación deste patrimonio esquecido mellorase notabelmente, segundo valora García. Neste senso, destaca a actividade doutras dúas entidades que traballan tamén no eido, como son Alakrán e Babaluva, esta última promovendo unha visión en chave de xénero. Unha das súas integrantes, Larraitz Urruzola, asina outro dos vídeos. Cunha adaptación dos materiais, os tutoriais que están a partillar contribúen en boa medida a difundir a noción de marioneta. Neste senso, outro dos focos de acción de Morreu o Demo céntrase nos obradoiros que imparten en colexios. Unha das actividades estrela é ese desembarco na escola que fan coa "barraca-aula", divulgando os monicreques entre as máis cativas. O ano pasada levaron a cabo accións en Teo e este ano estaban traballando tamén en San Cristovo de Cea, mais a corentena interrompeu o proxecto didáctico co que concluirían representando os guións escritos pola rapazada. En compensación, grazas á súa achega, calquera pode inventar desde o lar a súa propia historia.
NOS_10169
Doce cidades e vilas galegas acollen nesta sexta concentracións contra o repagamento farmacolóxico convocadas pola Iniciativa Galega pola Gratuidade na Sanidade.
"O repago mata. Nin unha persoa morta por falta de recursos. Por unha sanidade galega pública e gratuíta". Baixo este lema, a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública convoca para esta sexta feira, 8 de novembro, concentracións diante da entrada dos principais hospitais das áreas sanitarias. A convocatoria é unha resposta á decisión do goberno do PP de modificar o financiamento dos medicamentos de dispensación en farmacia hospitalaria -para tratamentos de cancro, enfermidades infecciosas ou crónicas- dos que en diante haberá que pagar o 10% por caixa, até un máximo de 4,20 euros. Pasar unha liña vermella Desde a Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública considérase que isto supón o traspaso dunha liña vermella, onde a Sanidade deixa de ser pública, universal e gratuíta, discriminando aos usuarios/as do sistema en función dos seus recursos, gravando aínda máis aos doentes crónicos e rompendo coa equidade do sistema. Denuncia que tanto o Goberno do Estado, como o Goberno da Xunta están implantando esta e outras normativas co obxectivo de desmantelar a Sanidade Pública, reducindo a carteira de Servizos gratuítos e incorporando medidas de repago. Lugares e horas das concentracións 8 de novembro: A Coruña: Dirección Provincial Sergas (Durán Loriga), 20 h Santiago: Hospital Clínico, porta principal 10:30 h Ferrol: Hospital Arquitecto Marcide, 20 h Vilagarcía: Hospital do Salnés, 20 h Pontevedra: Hospital Provincial, 20 h Vigo: Hospital Xeral, entrada de urxencias, 20 h Ourense: CHUO, entrada principal 20 h Lugo: HULA, porta principal, 11:15 h Monforte: Praza de España, 20 h Burela: Hospital da Costa, 20:30 h Ribeira: Hospital Barbanza, porta principal, 12:00 h
PRAZA_491
O Museo da Automoción da Fundación Jorge Jove, que deixará inutilizable unha parte importante deste espazo verde coruñés, inclúe unha serie de instalacións complementarias, coma unha zona todo terreo, unha pista técnica e un circuíto no que realizar presentacións de novos modelos
A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que cada cidade teña un rateo de, cando menos, entre 10 e 15 metros cadrados de zonas verdes por habitante. Hai cinco anos Compostela (21,6 metros cadrados por habitante), Pontevedra (19,86) situábanse claramente por riba do mínimo recomendado; A Coruña (11,8) e Lugo (11,3) atopábanse no intervalo suxerido; e Ferrol (9,6), Ourense (8,4) e Vigo (6,8) tiñan aínda deberes por facer. En xeral, as urbes galegas fixeron nos últimos anos un esforzo por mellorar as súas cifras, e aínda que habería que analizar outros factores cualitativos (coma o carácter centrico ou excéntrico destes espazos), o certo é que unha cidade coma A Coruña pasara de contar con 3,8 metros cadrados de zonas verdes en 2002 a triplicar esa cantidade unha década despois. En boa medida fíxoo grazas á delimitación de grandes áreas verdes nas aforas, coma punta Herminia, San Pedro e Bens. O parque de Bens, cunha superficie total de 390 mil metros cadrados, foi inaugurado en xuño de 2001 no lugar que ocupaba o antigo vertedoiro. "O Parque de Bens é proba viva do compromiso da cidade co desenvolvemento sostible", destácase na web do Concello, na que tamén se debullan outros datos, coma que o lugar suma "case 13 quilómtros de sendeiros para percorrer, 2000 m2 de estanques con patos, 230 puntos de luz, abundante mobiliario urbano". Unhas cifras que "revelan a firme aposta da Coruña por dotarse dun extraordinario espazo de recreo no que se conxugan a conservación e a recuperación da natureza coas actividades de ocio e aire libre propias dunha cidade moderna", engádese. Porén, a pasada semana o Concello anunciaba a cesión de 107.000 metros cadrados de espazo público no parque de Bens á Fundación Jorge Jove para poñer en marcha o seu Museo da Automoción. Trátase dun proxecto nacido hai xa seis anos, cando o anterior goberno municipal asinou coa Fundación Jorge Jove o convenio para a construción deste museo. Un proxecto definido por Ángel Jove, presidente da Fundación Jorge Jove, como "unha opción de ocio cultural familiar" e cualificado polo alcalde Carlos Negreira como "un centro de referencia a nivel nacional e internacional" que converterá A Coruña "nun destino de primeiro nivel" e "nun centro de peregrinación para todos os amantes do motor". Porén, o proxecto espertou xa numerosas críticas, principalmente das moitas persoas que utilizan este parque para correr, camiñar, andar en bicicleta ou pasear os seus cans. E tamén de persoas que non entenden que se ocupe unha parte importante dunha zona verde, dun espazo público, para instalar nela un proxecto deste tipo. "A construción deste museo supón a destrución de boa parte do mesmo, non só polo terreo que ocupará, senón pola alteración que entraña. Non nos opoñemos á construción do museo, senón a que se realice neste entorno verde do que tantos coruñeses gozamos", destaca unha petición online lanzada a pasada semana. As voces críticas co proxecto subliñan que se finalmente se leva a cabo, deixará inutilizable a maior parte do parque As voces críticas co proxecto subliñan que se finalmente se leva a cabo, deixará inutilizable a maior parte do parque, pois ademais dos 107.900 metros cadrados ocupados polo Museo, unha porción semellante do espazo verde permanecerá aínda uns anos pechada por motivos de seguridade referidos ao antigo vertedoiro e unha boa parte do parque restante pódese considerar inaccesible. Na rede pódense consultar os detalles do proxecto de construción deste complexo, que vai máis aló dun só edificio ou dun espazo expositivo. De feito, o edificio principal ocupa soamente 20.000 dos 107.900 metros cadrados totais. Os restantes 87.900 metros cadrados corresponden a outra serie de instalacións moi afastadas do obxectivo de amosar "a evolución da automoción e a historia do século XX". Estas instalacións complementarias ao Museo "concibidas como espazo educativo, deportivo e de ocio" están formadas por un circuíto, un parque xuvenil, unha instalación deportiva todo terreo e unha pista técnica. Habilitarase "unha zona específica para a práctica de deportes en motocicletas, quads e 4x4, que na actualidade se atopa moi limitada por razóns medioambientais" Lendo con detemento a descrición que se fai dos usos que terían todas estas instalacións, chégase á conclusión de que o espazo público que o Concello lle cede á Fundación Jorge Jove, no que se construirán tres circuítos automobilísticos, vai ter un aproveitamento privado e uns fins moi afastados de funcións educativas. O Circuíto, por exemplo, servirá para o "mantemento do patrimonio industrial dos fondos museísticos" pero tamén para "a realización de presentacións tanto de unidades adquiridas do Museo, coma a efectos comerciais de novas unidades que se incorporen ao mercado". Ou a Zona todo terreo, na que se habilitará "unha zona específica para a práctica de deportes en motocicletas, quads e 4x4, que na actualidade se atopa moi limitada por razóns medioambientais". Ou, finalmente, a Pista técnica, que servirá de "escola de condución", dirixida "tanto a profesionais coma a particulares" e que incluirá un circuíto handling, un circuíto deslizante e unha plataforma de exercicios dinámicos. Dossier de prensa do Museo da Automoción (.pdf)
NOS_44432
A última filtración de Wikileaks estuda os documentos internos de Hazte Oír, plataforma ultra católica de extrema dereita desde a que naceu Vox. Entre os nomes das persoas que financiaron a entidade destacan os de empresarias e empresarios españois, que impulsaron as campañas do odio.
David Álvarez, propietario do grupo Eulen; Esther Koplowitz, xa presidenta naquela altura de Fomento de Construcións e Contratas (FCC); o ex presidente do Corte Inglés, Isidoro Álvarez; ou o ex ministro de Facenda no final do franquismo e presidente da construtora OHL, Juan Miguel Villar-Mir, doaron nalgúns casos até 20.000 euros para financiar actividades da plataforma de extrema dereita Hazte Oír, desde a que se xestou o partido político de Vox. Esta información forma parte dos 17.000 documentos filtrados pola organización internacional Wikileaks -despois do parón pola detención e illamento nunha prisión de Londres (Reino Unido) do seu fundador, Julian Assange- en colaboración co medio alemán Taz, o italiano Il Fatto Quotidiano, o mexicano Contralínea e o estatal Público. En 2012, Hazte Oír, organización fundada once anos antes por Ignacio Arsuaga Rato, amigo de Santiago Abascal, líder de Vox, e familiar de Rodrigo Rato, organizou o evento que os impulsou entre a extrema dereita europea e mundial: o Congreso Mundial de Familias. Esta reunión anual das asociacións ultra católicas do mundo está organizada pola entidade estadounidense The Howard Center for Family, e ademais do Estado español, pasou por distintos lugares como Hungría en 2017, coa presenza do primeiro ministro Viktor Orban, ou Italia, onde contou coa intervención do daquela vicepresidente, Matteo Salvini. 18 millóns para o odio Desde 2008, a plataforma gastou máis de 18 millóns de euros en campañas como o denominado "autobús do odio", o acoso a clínicas onde se practican abortos ou a casa de Pablo Iglesias e Irene Montero, dirixentes de Unidas Podemos, en contra do que denominan "axenda radical Lgtbi". Para financiar estas campañas servíronse de doazóns de cidadáns entre os que destacan altos executivos como Bernard Meunier, vicepresidente executivo de Nestlé S.A.; Ignacio Esquer de Oñate, de Fertiberia; ou Javier Javaloyes, de Reacciona. O PP deu ás á plataforma antes de que se lanzara a promover a Vox A partir de 2013 multiplícanse os ingresos da plataforma de extrema dereita Hazte Oír, cando o ministro de Interior de Mariano Raxoi (PP), Jorge Fernández Díaz, lle concedeu o título de "asociación de utilidade pública", cuxos beneficios fiscais lle permitiron recadar en 8 anos 17 millóns de euros. Porén, ese ano apareceu Vox en escena, presentándose cunha rolda de prensa desde a canle dixital de Hazte Oír, desvela un estudo da fundación Rosa Luxembourg, que explica como o seu presidente, Ignacio Arsuaga, chegou a recoñecer reunións coa cúpula de Vox para debater estratexias comúns. Tamén está rexistrada a entrada constante en Vox desde o seu nacemento de membros da plataforma de extrema dereita e as súas entidades vencelladas.
PRAZA_6736
Quin leva uns días teimando en que os problemas de Galicia non se van resolver no ámbito da dicotomía esquerda-dereita. Para gozar dun maior nivel de Benestar, a solución pasa por unha medra significativa do espazo político nacionalista.
""Que é vento, e que passa,/ E que já passou antes,/ E que passará depois./ E a ti o que te diz?". (O Guardador de Rebanhos, Alberto Caeiro -heterónimo de F. Pessoa-). No que vai de mes, despois de cinco anos de silencio, apareceu varias veces na palestra Anxo Quintana Ás veces –só ás veces- para fuxir do maléfico vendaval que nos infesta, fechamos os ollos máis tempo da conta e non vemos os nubeiros de po que nos atoldan os miolos, ata deixarnos cegos de remate. Semellante actitude espantadiza, mesmo nos fai renunciar á luz imprescindible, ata rillarnos a mínima existencia vital, ata perdermos os escasos migallos da propia identidade. No que vai de mes, despois de cinco anos de silencio, apareceu varias veces na palestra Anxo Quintana, para teimar en que non son tempos para laissez faire et laissez passer, le monde va de lui même (Deixen facer e deixen pasar, o mundo vai só). Alomenos aos galegos non nos convén que o mundo vaia só. Se queremos seguir existindo como tales, deberiamos mudar o rumbo para que as cousas non sigan por esa corga retorta que sempre vai ter a ningures. Quin leva uns días teimando en que os problemas de Galicia non se van resolver no ámbito da dicotomía esquerda-dereita. Para gozar dun maior nivel de Benestar, a solución pasa por unha medra significativa do espazo político nacionalista Coa clareza que o caracteriza, Quin leva uns días teimando en que os problemas de Galicia non se van resolver no ámbito da dicotomía esquerda-dereita. Para gozar dun maior nivel de Benestar, a solución pasa por unha medra significativa do espazo político nacionalista. Mesmo considera necesario que deixemos de medir a galeguidade só arredor da nosa xenuína sinal de identidade –o idioma-, para sermos capaces de dirixirnos á maioría social da nosa Terra. Para elo propón artellar unha revolta cidadá que free en seco a alarmante desgaleguización política que padecemos, ata revirar a actual situación, para incidir nas decisións que lle afectan á propia existencia de Galicia como País. A piques de abrirse o debate sobre unha nova organización territorial do Estado, para solucionar os problemas de Euskadi e Catalunya, Galicia non pode ficar á marxe do mesmo, se non quere ver máis agrandados os seus problemas endémicos. Cómpre que alguén nos avive a memoria, que o obvio agrome coa forza e coa nitidez suficiente, para vermos se somos capaces de crebar os andazos que actualmente nos invaden Ás veces –só ás veces- non é dabondo coñecer as graves doenzas que padecemos para aplicar o antídoto que nos permita alcanzar certo grao de melloría. Cómpre que alguén nos avive a memoria, que o obvio agrome coa forza e coa nitidez suficiente, para vermos se somos capaces de crebar os andazos que actualmente nos invaden, e que non se deberían repetir no futuro inmediato. Ah! O meu tío Lisardo coida que chegou o momento de ser algo menos modestos e mudar o dito de que, "ninguén é imprescindible" por outro máis acaído para os tempos que se aveciñan: "todos somos necesarios". Pois iso.
PRAZA_20742
MAPA INTERACTIVO | Os incendios revelados no que vai de ano suman unhas 7.000 hectáreas, pero o balance é necesariamente incompleto. Medio Rural admitiu que esta semana se produciron case 100 incendios en días dos que informou sobre apenas unha quincena deles Os tres principais incendios da nova vaga de lume en Ourense achéganse ás 1.000 hectáreas
No que vai de mes de agosto arderon en Galicia arredor de 4.000 hectáreas e o groso destes incendios concentráronse en montes da provincia de Ourense. É unha das conclusións que cabe tirar da información que a Consellería do Medio Rural forneceu durante as últimas semanas. Sumada á dos meses anteriores, incluída a que transcendeu durante o inverno e tras a vaga de lume de abril, permite concluír que no que vai de 2017 as hectáreas ardidas son arredor de 7.000, unha cifra que semella ser inferior á suma acadada na mesma altura do pasado ano, pero que a política informativa do Goberno torna necesariamente en incompleta, facendo imposible situar no mapa todos os incendios que se declaran e extinguen. Os incendios revelados no que vai de ano suman unhas 7.000 hectáreas, pero o balance é necesariamente incompleto Atendendo aos datos acumulados do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), o país transita en agosto e ata finais de setembro polas semanas que habitualmente concentran maior número de incendios, un período de risco que adoita volver ás portas do outono. Así sucedeu, por exemplo, no pasado 2016, cando en apenas unha semana de setembro arderon unhas 7.000 hectáreas, un terzo de todo o ardido durante o ano e de novo con Ourense como principal campo de batalla para os equipos de extinción. Partindo das devanditas carencias de información é posible trazar un mapa do lume dos meses de xullo e agosto, nos que Medio Rural ofreceu datos concretos de arredor dunha corentena de incendios forestais entre os que destaca como o maior ata o momento o de comezos deste mes en Verín, cunhas 1.400 hectáreas ardidas. Xinzo de Limia, Laza, Montederramo, Celanova, Vilariño de Conso ou Maside foron outros nomes de municipios ourensáns nun mapa de incendios no que esta semana destacan Monterrei -con 350 hectáreas ardidas, segundo os últimos datos-, Chandrexa de Queixa -300 hectáreas- e Castro Caldelas, cunhas 250 hectáreas. Medio Rural admitiu que esta semana se produciron case 100 incendios en días dos que informou sobre apenas unha quincena deles Así e todo, todos estes balances de datos resultan ser parciais non só polo feito de que equipos de extinción e concellos estean a revelar por medios propios algúns dos incendios dos que a Xunta non informa, senón tamén porque a propia conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, vén realizando en declaracións aos medios balances xerais nos que admite que os incendios declarados son moitos máis que os incluídos na información oficial que o seu departamento fornece á prensa e ao conxunto da cidadanía. Así, por exemplo, Vázquez admitiu esta semana os pasados 21 e 22 de agosto foron "os peores días do ano" en materia de loita contra o lume, con ata 200 alertas das que 98 se concretaron en incendios. Neses mesmos días a Xunta deu conta de apenas unha quincena de incendios. As razóns que hai xa oito anos esgrimiu a Xunta para non informar sobre todos os incendios foron a necesidade de non xerar "alarma social" e a intención de evitar que os medios non publicasen os datos "tal e como se dan", argumentaran daquela. Este xeito de proceder contrasta co implantado durante a etapa do bipartito na Xunta, coa publicación de dous partes diarios con todos os incendios, pero tamén coa política informativa que desenvolven gobernos de territorios que se enfrontan a vagas de incendios cada verán, caso de Valencia ou de Castilla y León, onde o Executivo do PP informa cada día da temporada de alto risco de todos os incendios que se producen.
NOS_41879
Lanzan mísiles contra o Exército dos EUA en represalia polos bombardeos en localidades da fronteira de Siria e o Iraq o pasado domingo. Siria reclámalle que remate cos ataques e coa violación da súa soberanía.
Unha "flagrante agresión que demostra unha vez máis a temeridade das políticas estadounidenses e a necesidade de que retire as súas forzas hostís para dar resposta á vontade do pobo e as institucións constitucionais" de Siria, así cualificou o Executivo do país árabe os bombardeos do Exército dos Estados Unidos o pasado domingo en localidades do Iraq e Siria situadas na fronteira común entre ámbolos estados. No atentado faleceron sete persoas segundo o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos, mentres que SANA, a axencia de novas siria, comunicou a morte de cinco persoas, incluído un cativo. "A presenza militar dos EUA na rexión sirve basicamente para beneficiar os intereses israelís e das forzas separatistas, en contra dos intereses da poboación", afirmaron fontes do Ministerio de Defensa a SANA, reclamando que os Estados Unidos "respecte a integridade territorial de Siria e o Iraq" e "poña fin inmediatamente a estes ataques contra a súa independencia". En resposta a agresión, as tropas dos EUA foron atacadas con mísiles o serán desta segunda feira no campo petroleiro de Al Omar, sen que se reportaran vítimas mortais. Forzas Populares A xustificación que esgrimiu o Goberno dirixido por Joe Biden para violar a soberanía do Iraq e Siria é a loita contra as Forzas Populares, unha organización nada da unión de milicias chiíes, suníes, cristianas e iazidíes en 2014 para loitar contra a expansión do Estado Islámico na rexión. Esta organización reclama a saída das tropas dos EUA de Oriente Medio, e está sendo acusada por Washington de atacar as instalacións diplomáticas e militares que manteñen na zona. As Forzas Populares apoiaron o Goberno de Bashar al-Assad contra o Estado Islámico e o Exército Libre Sirio, que aglutina a oposición siria e está conformado principalmente por forzas islámicas consideradas terroristas polos estados occidentais até o comezo do conflito en 2014, como Tahrir al-Sham, antigamente chamada Fronte Al Nusra, a póla de Al Qaeda en Siria. Estes grupos recibiron millóns de dólares, armas e entrenamento de Estados Unidos, Arabia Saudita, Catar, Kuwait e Turquía, recoñeceu en 2014 o secretario adxunto do Departamento do Tesouro dos EUA.
NOS_56312
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) repetiu convocatoria e participación con numerosas persoas que foron a pé desde Pontevedra e Marín até Lourizán.
Das alamedas de Pontevedra e Marín sairon, como cada ano, dúas marchas en dirección o complexo de ENCE en Lourizán. Numerosos colectivos apoairon a convocatoria realizada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) que exixe a marcha inmediata da pasteira do seu emprazamento actual. Segundo a actual lei de Costas, a concesión estatal dos terreos que ocupa a Celulosa remata no 2018 mais desde a APDR reclaman un adianto desa data. Nestes últimos días esta asociación entregou un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que solicitn que se paralice o proceso de renovación dos permisos e que se reinicie o procedemento deconcesión coa solicitude do Informe de compatibilidade co planeamento urbanístico do Concello de Pontevedra. A xustiza desestima o recurso de ENCECorenta e oito horas antes da celebración da Marcha anual contra a Celulosa de Lourizá, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) recibía unha boa noticia. A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra desestimara o recurso do Grupo Ence contra o auto do Xulgado de Instrucción número 2 de Pontevedra. No seu día non admitira a trámite a querela por supostas inxurias e calumnias presentada pola empresa contra os voceiros da APDR, Antón Masa e Benito Andrade, e ENCE teimara en seguir o proceso xudicial. o intento de criminalizar este colectivo que ven denunciando os perxuizos ambientais, urbanísticos, económicos e para a saúde das persoas derivados da actividade industrial da pasteira de Lourizán e denunciaron o incumplimiento da legalidade vixente dos verquidos da factoría. A Audiencia ampara a lexitimidade da asociación ecoloxista para participar no debate público e pronunciarse sobre cuestións de interese público, como neste caso, é o presente e o futuro de Ence en Pontevedra.
NOS_18420
Green Capital Development aumenta a súa aposta na Galiza e tramita máis de 400 novos megawatts a través do Estado.
A Delegación do Goberno na Galiza someteu nesta quinta feira a información pública, a través da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) seis novos parques eólicos que a enerxética Green Capital Development —filial de Capital Energy—, propiedade do magnate madrileño Jesús Martín Buezas, prevé construír na Galiza. Sumarían, en total, 69 aeroxeradores —cuxas aspas alcanzarían en altura entre 145 e 170 metros— e unha potencia de 401 megawatts (MW). Os tres primeiros, malia se tramitaren de forma individual, preséntanse no BOE de forma conxunta e compartirían parte das infraestruturas de evacuación e verterían a enerxía á rede eléctrica a través da subestación do Mesón do Vento. Os parques denomínanse Monte de Portochán —once turbinas e 66 MW—, As Castiñeiras —nove muíños e 54 MW— e Monte Silvariño —once e 66 MW—, e situaríanse nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra. Por outra banda, o parque eólico Sete Fontes constaría de nove aeroxeradores e unha potencia de 54 MW, nos termos municipais de Negreira e Outes. Aliás, o proxecto Ruliña, segundo a documentación achegada pola empresa, tería trece muíños e un total de 65 MW instalados, e afectaría Abadín, Barreiros, Cospeito, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza e Trabada. Por último, o parque Fonte Barreiros comporíase de 16 turbinas e unha potencia de 96 MW, en Barreiros, Cervo, Foz, Ribadeo e Xove. Capital Energy está a tramitar actualmente unha vintena de parques eólicos na Galiza. Contra estes seis últimos proxectos eólicos pódense presentar alegacións até o vindeiro 26 de novembro.
PRAZA_6240
Acepta o recurso presentado polos traballadores e suspende o decreto polo que o goberno local elevaba do 50 ao 100% eses servizos mínimos.
A xustiza vén de anular os servizos mínimos que o pasado 21 de xullo o Concello de Lugo para a folga de lixo que manteñen os traballadores de Urbaser na cidade e que acumula máis de cincuenta días de paro. O goberno local tomara a decisión hai máis dunha semana, polo que os elevaba do 50 ao 100% no caso da limpeza viaria e da recollida de residuos sólidos, así como de todo o material reciclable, agás o vidro. A xustiza suspende o decreto que elevaba ao 100% os servizos mínimos na folga do lixo Tan só un día despois da publicación deste novo decreto de servizos mínimos, o comité de empresa presentou un recurso contencioso-administrativo co que solicitaba a adopción de medidas precautorias en relación a esta resolución administrativa e, xa que logo, a suspensión deste decreto. Agora, segundo o auto ao que tivo acceso Praza, o xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Lugo estima esta solicitude e suspende o devandito decreto de servizos mínimos que leva vixente máis dunha semana no intenso conflito que manteñen traballadores e a empresa de servizo de recollido de lixo. "Os servizos mínimos están lesionando o dereito de folga", di o auto No auto, o maxistrado argumenta a súa decisión en que "o dereito de folga atópase mediatizado polo contido imposto polos servizos mínimos, de forma que se na resolución de fondo se chegase á conclusión de que estes están lesionando ese dereito, resultaría que chegaría tarde para a súa reparación". Ademais, e en canto á situación de risco sanitario á que alucía o Concello, a xustiza asegura que "a constatación dunha situación pola vía de feito non pode levar neste caso a unha modificación da situación de dereito, máxime cando se produce en detrimento dun dereito fundamental". O auto aclara tamén que, logo da documentación achegada, "onde se dá conta das rúas afectadas, non se pode deducir un estado de grave risco para a saúde en todo o termo municipal de Lugo, que xustifique a elevación dos servizos mínimos ata o 100%". "Tampouco é admisible a consideración de que a falta de determinados equipamentos ou preparación de vehículos deba dar lugar ao incremento de servizos mínimos, porque non se xustifica en qué medida a falta de preparación estea relacionada coa situación de folga ou en qué medida isto impide cumprir cos servizos mínimos antes decretados", continúa. "Non se pode deducir un estado de grave risco para a saúde en todo o termo municipal de Lugo que xustifique a elevación dos servizos mínimos ata o 100%" "Se a situación de risco é sempre localizada e concreta, aínda que poda variar dunhas rúas a outras, e precisamente por isto, non se comprende por qué razón a elevación de servizos mínimos se produce indiscriminadamente en todo o territorio do municipio cabe concluír que se pretende presentar o argumento da saúde pública, sen dúbida ben necesitado de protección, como xustificativo da neutralización de toda acción visible que supón o exercizo do dereito de folga, o que non pode ser admitido", continúa, tras aclarar que no xuízo de ponderación de intereses "debe resolverse a favor do exercizo do dereito de folga das traballadoras e traballadores de Urbaser, xa que indiciariamente, sen prexuízo do que no seu día se resolva, non se considera proporcionada a limitación que do dereito á folga se fai mediante a limitación a mesma mediante uns servizos mínimos como os contidos no decreto". Ademais, o xuíz impón as custas procesuais á parte demandada e aclara que contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación.
NOS_39598
En resposta a unha pregunta formulada polo BNG no Congreso español, o executivo sinala que a lingua propia só será válida en documentos que se dirixan a organismos con presenza no territorio galego e ampara o rexeitamento daquelas que se dirixan en galego a organismos españois.
A resposta achegada polo Goberno español ás deputadas do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, deixa claro que o executivo de Mariano Rajoy non admitirá o uso das linguas propias para alén das fronteiras dos seus respectivos territorios. Para Madrid, o uso do galego --mais tamén do catalán ou o basco-- fóra de Galiza, Euskal Herria ou os Països Catalans non é válido. Así o explica nunha resposta enviada por escrito ás representantes do Bloque nas Cortes cando se fixeron eco das queixas presentadas por estudantes aos que lles foran rexeitadas solicitudes de bolsas pre-doutorais por estaren redixidas en galego. Segundo o executivo español a lingua galega non poderá ser empregada neste tipo de procedementos administrativos se os organismos aos que se dirixen se atopan fóra do territorio autónomo. Aliás, coida que esta decisión non constitúe unha discriminación lingúística "dado que o procedemento administrativo ten a súa sede fóra de Galiza". Segundo o goberno español "non poden aplicarse regras diferentes segundo os solicitantes" polo que as solicitudes deben ser presentadas "en español ou inglés" mais non en galego, euskera ou catalán.
PRAZA_9903
Villares aproveitou para reivindicar no Barco o sector mineiro e das canteiras pero "nunhas coordenadas xustas laboral e ambientalmente". Pola súa banda, Iván Olmos culpou ao PP do despoboamento da provincia de Ourense.
Luís Villares, voceiro de En Marea, e Iván Olmos, candidato ao Congreso pola provincia de Ourense, visitaron este xoves o Barco de Valdeorras para expoñer as medidas de formación política destinadas ao desenvolvemento industrial da comarca."En Marea quere poñer enriba da mesa un plan industrial da comarca, algo que está sendo negado polas políticas do Partido Popular"En Marea propón aproveitar a concesión feita polo Parlamento Europeo para a aprobación da ampliación do corredor atlántico ferroviario que pasa polo Barco para facer unha promoción industrial que favoreza o asentamento de industrias na comarca. "En Marea quere poñer enriba da mesa un plan industrial da comarca, algo que está sendo negado polas políticas do Partido Popular", dixo Villares.O voceiro de En Marea afirmou así mesmo que "os problemas laborais actuais que obrigaron á emigración ante a falta de oportunidades laborais" son "responsabilidade do Partido Popular", que "defendeu a reforma laboral de PSOE" e despois aprobou unha nova reforma que xerou un "empeoramento das condicións laborais das canteiras". Villares aproveitou para reivindicar o sector mineiro e das canteiras do Barco de Valdeorras pero "nunhas coordenadas xustas laboral e ambientalmente"."O PP creou unhas condicións de desfeita ambientais que ata o día de hoxe non están restauradas e foi o que deu lugar á imputación do Director Xeral de Minas", dixo Villares, que reiterou a esixencia de dimisión do Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, trala súa imputación polas "falcatruadas medioambientais e por desenvolver unha política incorrecta de desenvolvemento mineiro polo que non pode seguir ocupando o seu posto un minuto máis".Villares aproveitou para reivindicar o sector mineiro e das canteiras do Barco de Valdeorras pero "nunhas coordenadas xustas laboral e ambientalmente""A necesidade de que os traballadores gocen dunhas condicións laborais e dun salario digno para poder chegar a fin de mes" é algo "compatible co medioambiente, apostando pola restauración ambiental daquelas canteiras que se pechan, un compromiso das empresas e unha obriga legal. Isto é unha oportunidade laboral e de reciclaxe de emprego", sinalou En Marea.Pola súa banda, Iván Olmos culpou ao Partido Popular do despoboamento da provincia de Ourense. Segundo o candidato, "é preciso poñer o foco en medidas para revitalizar o rural e combater o despoboamento, que é un dos principais problema da provincia". "Somos os únicos que estamos poñendo enriba da mesa a loita contra o despoboamento desde unha perspectiva transversal e defendemos que para asentar poboación ten que haber servizos públicos de proximidade e oportunidades laborais dignas", dixo.
PRAZA_2793
Non podemos permitir que se siga mirando para outro lado mentres o goberno marroquí viola os dereitos humanos da poboación Saharauí. Temos que esixir que se poña fin a este sufrimento que se prolonga demasiado no tempo.
O 10 de decembro está marcado no calendario como o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Conmemórase o día en que, en 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. No Sahara Occidental non é un día de celebración, senón de reivindicación. Tras o abandono do Sahara por parte de España hai xa 40 anos, Marrocos practicou unha política de terror, de exterminio e xenocidio contra o pobo saharauí. Durante os primeiros días da ocupación a poboación civil saharauí, que fuxía do exercito marroquí, foi bombardeada con napalm e fósforo branco. Centos de nenos, mulleres e anciáns faleceron vítimas de terribles queimaduras producidas por estes bombardeos. Os saharauís que non puideron fuxir e quedaron nos territorios ocupados por Marrocos levan corenta anos sufrindo a diario as consecuencias desta cruel ocupación carentes de todos os seus dereitos. Non teñen acceso aos postos de traballo, reservados para os colonos que paulatinamente foi introducindo Marrocos no Sahara. Os saharauís que se dedicaban á pesca viron como son privados de licenzas que caen en mans dos amigos do réxime marroquí. Os poucos que mantiveron os seus postos de traballo nas minas de fosfato de Fos Bucraa sofren unha clara discriminación con respecto aos traballadores marroquís que gozan de mellores condicións de traballo e soldos. Os saharauís non teñen dereito a unha sanidade digna e cando acoden a un centro médico son discriminados por ser saharauís ou directamente, non son atendidos. Se necesitan ser trasladados a un hospital lonxe da súa residencia teñen que pagar do seu propio peto as ambulancias. Hai casos documentados de falecementos por esta falta de atención. Cando son feridos de gravidade nas manifestacións pacíficas por bandas armadas de colonos marroquís, expúlsaselles das urxencias médicas ou se lles inxecta sustancias perigosas que os deixan paralizados durante horas ou días. Algúns son denunciados polos médicos para que a policía os leve nese estado ás comisarías, sen cometer delito algún. Nos territorios ocupados do Sahara Occidental está prohibida calquera representación cultural saharauí. Os nenos saharauís nas escolas son marxinados e non se lles permite falar en español. Os mozos son rexeitados nas universidades e só poden acceder a determinadas especialidades, outras as teñen vetadas para eles, non para os marroquís ou doutras nacionalidades. Para levar a cabo estudos superiores teñen que pasar filtros moi específicos de tipo político e deben trasladarse por centos de quilómetros a unha cidade marroquí, xa que no Sahara Marrocos non creou ningunha universidade. As asociacións e organizacións saharauís sobreviven na clandestinidade, xa que están prohibidas polo réxime marroquí. Os seus membros son continuamente acosados, perseguidos e detidos, sufrindo torturas e vexacións durante o seu presidio. A día de hoxe, hai máis de medio centenar de presos políticos cumprindo condena en cárceres marroquís. Son xulgados sen as mínimas garantías procesuais, condenados por declaracións obtidas baixo tortura e mesmo xulgados por tribunais militares sendo civís. Moitos deles sofren graves enfermidades debidas ás torturas e non reciben a atención médica que a súa situación require, dereito que diferentes convenios internacionais recoñécelles. A Comunidade Internacional, coñecedora desta situación, prefire mirar para outro lado mentres os saharauís, nun exemplo único de compromiso, determinación e resistencia pacífica sae ás rúas para esixir os seus dereitos. A MINURSO, Misión Internacional de Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental, leva desprazada na zona desde o ano 92. Ten a vergoñosa característica de ser a única misión das Nacións Unidas que non ten entre os seus labores a vixilancia do cumprimento dos dereitos humanos, debido ao continuo veto que recibe cada vez que se vota a inclusión deste labor entre as súas funcións na IV comisión das Nacións Unidas. Non podemos permitir que se siga mirando para outro lado mentres o goberno marroquí viola os dereitos humanos da poboación Saharauí. Temos que esixir que se poña fin a este sufrimento que se prolonga demasiado no tempo.
NOS_3736
Bota a andar a comisión para a reactivación económica, social e cultural da Galiza, após os grupos políticos acordaren os informes e comparecencias que se solicitarán. A pesar da gravidade da situación, o PP non apoiou a solicitude efectuada polo BNG para que o presidente da Xunta acuda á comisión.
A comisión para a reactivación económica, social e cultural da Galiza creada pola crise do coronavirus bota a andar coa aprobación do seu plan de traballo após a discusión entre as forzas políticas para pactar a documentación que se solicitara ás Administracións para o seu estudo e após acordarse a listaxe de persoas que serán chamadas a comparecer. Distintos referentes da sociedade acudirán a esta comisión para dar a súa visión desde o seu campo da situación e perspectivas de futuro. Mais quen non comparecerá nela será o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, xa que os populares se negaron a incluír o seu nome na lista, tal e como demandaba o Bloque Nacionalista Galego. Acudirán pois representantes de sectores económicos afectados, dos colectivos sanitarios, da investigación e da ciencia, do ámbito económico e do mundo académico, representantes dos municipios, das universidades e das organizacións sindicais, entre outros. Así, estarán os secretarios xerais dos sindicatos CIG, CCOO e UXT, o Clúster de Turismo da Galiza, os reitores das tres universidades galegas, representantes da rede InvestiGal, catedráticos profesores universitarios como Edelmiro López ou o Fernando González Laxe (ex presidente da Xunta). Comparecerán tamén o alcalde de Lalín, José Crespo (PP), o de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), e o de Vigo, Abel Caballero (PSdeG). Do ámbito sanitario participarán da comisión representantes de colectivos como Enfermeiras en Loita, SOS Sanidade Pública ou o presidente da Sociedade de Urxencias e Emerxencias da Galiza, entre outros. BNG e PSdeG logran que responsábeis de empresas xeriátricas teñan que comparecer A oposición fixo fincapé en que comparecesen na comisión representantes de sectores afectados pola crise que se viviu e agromou de novo nas residencias de maiores: familiares de usuarias e representantes do persoal. Mais a oposición tamén logrou que compareceran máximos responsábeis empresariais destes centros, beneficiados polo modelo privatizador da Xunta. Ao Parlamento terán que acudir Josefina Fernández, CEO de DomusVi, e José Luís Gavela, presidente da Fundación San Rosendo Así, ao Parlamento terán que acudir Josefina Fernández, CEO de DomusVi, corporación dun fondo voitre francés, propietaria de 29 centros na Galiza e xestora de residencias públicas da Xunta. Tamén comparecerá José Luís Gavela, presidente da Fundación San Rosendo, segundo operador de servizos de xeriatría na Galiza, próximo ao PP e cuxo fundador, o cura Benigno Moure, foi condenado por estafar unha residente con alzhéimer. Caballero pide máis tempo Todas as comparecencias teñen previsto producirse no mes de novembro, xa que en xaneiro, o máis tardar, os traballos da comisión han de finalizar -non así a elaboración das conclusións-. A ese respecto pronunciouse o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, no seo da comisión. O socialista puxo o foco na importancia de estender a vixencia da comisión máis alá de xaneiro, "xa que o prazo pactado por PP e BNG remata antes de que cheguen os fondos da UE", dixo. Pontón urxe a mudar o modelo para saír da crise Para a xefa da oposición e portavoz do BNG, Ana Pontón, é esencial desenvolver un novo modelo económico e social asentado en tres eixos: reforzo dos servizos públicos, aposta pola economía verde e fortalecer a capacidade produtiva do país. "A Covid-19 está a pór en evidencia que para superala é necesario a intervención pública na economía, servizos públicos e fortalecer os dereitos sociais. Non podemos permitir que o medo ou o 'sálvese quen poida' triunfen", advertiu. Nese sentido, ao contrario que Caballero, prefire apremiar os prazos, sostendo que a comisión debe traballar "sen perder tempo porque as persoas que se atopan no paro, en ERTE, as autónomas ou a mocidade que se enfronta a unha segunda crise non poden esperar a solucións dentro dun ano". Puy, con pouca ambición "Cremos que o obxectivo desta comisión non debe ser tan ambicioso como para mudar o mundo e converter esta comisión no que non é", retrucou a Ana Pontón o portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy. Quen si comparecerán a proposta dos populares na comisión serán o vicepresidente segundo do Goberno e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o director xeral de Planificación Orzamentos, Miguel Corgos. Estado de alarma Pontón criticou que Feixoo considerase "demoledor" o estado de alarma e non fixese o mesmo cos 374 falecementos pola Covid-19 nos xeriátricos, os cales volven ser zona cero da pandemia. Mais alén do estado de alarma, que "por si só non vai frear a pandemia", dixo Pontón, a nacionalista instou Feixoo a adoptar as decisións políticas "que lle corresponden como presidente para combater o virus: reforzar a Atención Primaria, desenvolver un plan de rastrexadores e blindar as residencias cunha intervención pública". Sobre o estado de alarma Caballero pediu a Feixoo que "deixe de estar agochado" e apoie a medida para loitar contra o virus.
NOS_333
Após safar do breve incidente en Serbia -foron detidos na fronteira acusados de non teren os papeis en regra-, os enviados especiais de Sermos Cristian López e Felipe Carnotto chegaron a Grecia para cobriren a campaña eleitoral. Isto é o que viron. Oferecémosvos aquí un avanzo da reportaxe que asinan no semanario Sermos Galiza, nos quiosques esta próxima quinta feira.
. As eleccións helenas transcorreron entre a apatía xeneralizada e a sensación de imposibilidade de facer outras políticas fronte á Troika. En Tesalónica, a segunda urbe máis importante do país, a presenza de turistas no centro da cidade contrastaba coa desafección da poboación local perante os comicios. Os comercios fechados, o alto paro e a privatización de servizos públicos son os símbolos das políticas austericidas. As portas da oficina de Syriza en Tesalónica parecían as dun partido que acabara de perder as eleccións. Pasaran tres horas desde o peche dos colexios electorais e apenas había movemento. As televisións esperaban nas portas da sede, situada fronte á estatua de Aristóteles, na zona máis cara da cidade, para conectar en directo. As enquisas a pé de urna avanzaban a vitoria do partido liderado por Alexis Tsipras e os primeiros resultados apuntaban que esta sería aínda maior. Mais non houbo festa entre a militancia de Syriza. Só algún leve sorriso asomaba nas facianas dos seguidores e seguidoras que baixaban aos poucos da oficina. A desafección marcou a terceira votación en menos de doces meses en Grecia, a quinta en seis anos. A apatía foi a nota predominante entre a poboación de Tesalónica, unha sensación que se extendeu a un país sumido na resignación. Unha realidade que contrastaba coas transitadas rúas do centro da urbe. Decenas de turistas camiñaban polo paseo marítimo e desfrutaban nas terrazas alleos ás eleccións, mentres moitos gregos e gregas vivían este 20 de setembro como un domingo máis. Mais non houbo festa entre a militancia de Syriza. Só algún leve sorriso asomaba nas facianas dos seguidores e seguidoras que baixaban aos poucos da oficina. "Nada vai cambiar. Estas eleccións non servirán para nada, igual que pasou coas anteriores", opina un mozo na porta dun colexio cercano a Egnatia, unha longa avenida chea de hoteis e tendas de souvenirs, e unha das arterias desta cidade de dous millóns de habitantes. "Hai só tres meses un 60% votou non ao rescate. Valeu de algo? Para a maioría estas eleccións non deciden quen goberna, porque o goberno está fóra de Grecia". Se che interesou este texto -o comezo dunha reportaxe de tres páxinas-, podes ler a súa íntegra a próxima quinta feira, cando saia do prelo o número 164 do semanario Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.
NOS_46909
Pasou á historia como A Beltranexa pero para nós será sempre a raíña que puidemos ter e nos roubou o malfado da historia.A excelente señora para os galegos e portugueses, a monxa tola para os cataláns e aragoneses, dona Xoana exemplifica nun tempo histórico a vontade do noso pobo de conformar unha Galiza arredada de Castela, achegada a Portugal e ligada ao espazo atlántico. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 345 de Sermos Galiza.
Será sempre para nós dona Xoana. Sometida á roda da manipulación historiográfica que precisaba xustificar a unión dinástica de Isabel e Fernando, chegou até a nós como A Beltranexa, apelativo imposto polo relato que a tentou converter nunha raíña ilexítima, resultado dunha relación extraconxugal da súa nai, Xoana de Portugal, co valido de Henrique IV Beltrán de la Cueva. Non tardou en ser combatida polo mesmo bloque oligárquico que enfrontou o reinado do seu pai, Henrique IV, e apoiaría posteriormente a causa dos seus tíos Afonso e Isabel, conformada polos grandes da nobreza propietaria da terra de Castela, os señores eclesiásticos e o papado, que chegou mesmo a declarar nulo o matrimonio dos seus pais. Apoiada polo reino portugués, nunha operación de diplomacia matrimonial, remataría por casar co monarca Afonso V, que non dubidaría en facer valer os seus dereitos ao trono, nun contexto internacional claramente adverso para a súa causa, con Aragón, Inglaterra e Roma apoiando a Isabel e Fernando. O apoio galego a dona Xoana exemplifica a existencia dun movemento na nosa sociedade de carácter nacional popular que respondía á vontade de tronzar a dependencia do país dunha Castela hexemónica na área peninsular que aspiraba a reforzar o seu dominio mediante a conquista doutros reinos. Non foi a defensa da lexitimidade da raíña Xoana fronte a súa tía Isabel o elemento central que dinamizou a protesta galega nas décadas finais do século XV, senón o convencemento de que a primeira representaba os intereses da maioría social galega. A alternativa dunha Galiza arredada de Castela, unida a Portugal e ligada ao espazo atlántico veuse formalizando de xeito reiterado no país desde 1230 e volveu expresarse con grande apoio social e posibilidades de éxito no contexto das excepcionais circunstancias abertas no espazo ibérico no marco da loita sucesoria que seguiu a morte de Henrique IV. Primavera de 1475 As hostilidades entre o partido oligárquico e castelán representado por Isabel a Católica e a opción galega-portuguesa de Xoana I comezan á volta da primavera de 1475, acompañando Pedro Madruga a infanta na súa coroación e sendo nomeada a súa compañeira Teresa de Távora como camareira real. Porén, mentres a súa causa non atopaba apoios no espazo castelán e se sucedían os fracasos militares nesa área das tropas de Afonso V, Galiza sumábase masivamente á causa de Xoana comandada por Soutomaior, que non paraba de sumar éxitos políticos e militares. Á volta de 1476 estaba en mans de Pedro Madruga a práctica totalidade do sur de Galiza, sinalándose localidades como Vigo, Pontevedra, Redondela, Tui, Baiona, Caldas, Padrón, as terras do Morrazo e do Salnés e amplas zonas do bispado de Ourense. Ao tempo, Pedro Álvarez de Soutomaior prestaba o seu concurso nalgunhas das accións de guerra máis importantes libradas fóra da Galiza, como o cerco de Zamora ou a batalla de Toro, onde segundo as crónicas portuguesas aparece como o principal conselleiro de Afonso V. A derrota galega A derrota galega confirmaríase a comezos de 1479. A dura ofensiva lanzada polos Reis Católicos contra Pedro Madruga, cuxos capítulos máis significados foron a intervención na Galiza da armada naval de Ladrón de Guevara actuando contra Pardo de Cela en Viveiro e contra Soutomaior en Baiona, Vigo e Pontevedra ou o cerco terrestre da localidade polas tropas do arcebispo Fonseca, non funden a resistencia, que comeza a debilitarse a partir de 1477 coa retención de Soutomaior polo conde Benavente e posteriormente cos acordos de paz entre Portugal e Castela. [Podes ler a información íntegra no número 345 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_29663
No Estado español as prazas de financiamento público en residencias para persoas maiores suman un total de 242.206 das 389.031 existentes en todo o territorio, é dicir, até 62% do total. Mentres na Galiza, a porcentaxe de prazas públicas sobre o total é de 41%, cifra máis baixa de todas as comunidades, o que implica que a maioría sexan privadas.
Así o reflicten as cifras oficiais do Imserso (Instituto de Maiores e Servizos Sociais) recollidas entre as 5.542 residencias do Estado, con 1.435 públicas e 4.107 privadas, e que a Asociación de Directoras e Xerentes analizou na segunda feira a través dun informe. Galiza, ademais de ser o territorio con maior proporción de prazas privadas, segundo o documento recollido por Europa Press, o noso país é a terceira área con maior déficit de prazas residenciais. En concreto, sae á luz unha carencia de 14.902 prazas, tan só superada por Andalucía (28.457 prazas) e pola Comunidade Valenciana (21.900 postos). Do mesmo modo, Galiza sitúase entre os catro únicos territorios que non superan 3% de prazas residenciais por cada 100 persoas maiores, e isto a pesar de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda 5%. En canto ás cifras de todo o Estado, 62% do total das prazas nestes centros son de financiamento público e o 38% son prazas de financiamento privado, e Euskadi é a área cunha maior porcentaxe de prazas públicas, até 74%, fronte a 41% no caso da Galiza, situación totalmente oposta.. O informe indica ademais que, o índice de cobertura de prazas por persoas maiores de 65 anos no Estado español é de 4,2%, con 2,6% de prazas de financiamento público propias ou concertadas, e 1,6% de financiamento privado. No referido ao prezo público anual por persoa usuaria, a asociación indica que é de 20.686 euros e o da concertación 19.324, o que supón que a achega media é de 36% e de 40%, respectivamente, segundo o informe.
NOS_35727
Os espazos públicos –rúas, prazas, travesías e estradas– constitúen un servizo público da mesma categoría que a educación ou a sanidade e son un dereito fundamental das persoas que están nas cidades e nas vilas, xa que estas deben entenderse como un espazo de encontro para a construción da vida colectiva.
Nun territorio como Galiza, pola súa dispersión poboacional, prodúcese en moitas ocasións a continuidade de actividades ao longo dunha grande travesía, convertendo en estradas rúas que foron abducidas polo tránsito de paso non local a pesar de que nesas vías se articula a vida cotiá e son o principal espazo público para a cidadanía. Houbo unha especialización da superficie da rúa, cun ensanche das calzadas e estreitamento das beirarrúas priorizando a circulación do automóbil e marxinando a presenza cidadá, a marcha a pé e a circulación doutros medios de transporte como a bici, sobre o vehículo privado. O dereito á cidade e á vila A política de Mobilidade que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra persegue, fundamentalmente, un cambio de criterio sobre as anteriores premisas: poñer as persoas como centro das súas actuacións e acadar o dereito á cidade e á vila, aos lugares de encontro e de vida, tendo en conta que existen usos moi dispares e que só unha pequena parte teñen que ver coa mobilidade. Os proxectos nas estradas e espazos públicos da Deputación de Pontevedra avanzan na progresiva recuperación de gran parte da multifuncionalidade que tivo outrora a rúa sen excluír a ninguén –nin sequera o vehículo privado–, establecendo prioridades diferentes ás actuais. Quérense deixar fóra aqueles condicionantes culturais polos que a maioría da poboación –motorizada e non motorizada– considera que o progreso e o benestar demandan unha circulación fluída dos automóbiles e que as molestias que estes supoñen deben de ser toleradas. É fundamental recuperar a conciencia de que todas as persoas somos peóns, incluídas aquelas que conducen. Tamén hai que subliñar que hai persoas que pola súa idade, condición física ou condición económica son sempre peóns e que, fronte aos dereitos da persoa condutora e propietaria dun vehículo están os dereitos dos e das viandantes e dos colectivos máis vulnerables. As cidades e vilas deben entenderse como un espazo de encontro para a construción da vida colectiva Dende a Deputación de Pontevedra estase a actuar con medidas novas de deseño ao proxectar elementos que vertebran itinerarios e rutas peonís e ciclistas, prestando especial atención ás técnicas e procedementos que axudan á coexistencia dos distintos medios de transporte no espazo público. Estase a traballar para que os peóns gocen de maior prestixio que as persoas usuarias do automóbil e dunha superficie moito maior na rúa que os demais medios de transportes, devolvendo ás persoas o seu espazo: se antes a tendencia era que a calzada e os espazos de aparcadoiro ocupaban o 80% do espazo público, a aposta agora pasa a ser xusto a inversa. Recuperar o territorio para as persoas O deseño dos espazos públicos pasou a ser un dos instrumentos do cambio da filosofía, porque actuar sobre a mobilidade dos vehículos é moito máis que racionalizar a súa circulación: é dar o primeiro paso e recuperar as vilas e o territorio para as persoas. De feito, a mellora da calidade nas estradas, en canto á estancia e da circulación das persoas viandantes, fai actuar no deseño non só nas beirarrúas, senón tamén nos cruces, na calzada… no conxunto das vías de fachada a fachada para transmitirlle ás persoas condutoras a existencia doutras usuarias e usuarios principais que son os peóns. Trátase de mudar claramente a prioridade no uso da rúa sen ter como obxectivo final a exclusión do vehículo privado, senón compasar a velocidade deste e fomentar e impoñer o respecto estrito entre os medios de transporte, aplicando unha visión integradora do uso e goce do espazo público, xa ben mediante espazos de preferencia peonil con plataformas únicas, beirarrúas ou sendas de 2,5 metros de largo mínimo, regulación de estacionamentos, iluminación, ou calmado de tráfico sobre todo nas zonas rurais. Se antes a tendencia era que a calzada e os espazos de aparcadoiro ocupaban o 80% do espazo público, a aposta agora é a inversa A aplicación destas técnicas incide en tres grandes apartados: a diminución dos ruídos, a redución da contaminación atmosférica e o aumento do atractivo paisaxístico e a mitigación do impacto visual na contorna tanto no ámbito urbano como no rural. Así, comezan xa a ser un referente os traballos realizados pola Deputación de Pontevedra en Sanxenxo, coa reurbanización da avenida Luís Rocafort, e os proxectos existentes para A Guarda (rúa Concepción Areal), Campelo (Poio), Cerdedo-Cotobade, Salceda de Caselas, O Grove… e tamén moitas actuacións de menor entidade para facer máis seguras e cómodas as estradas de toda a rede provincial, onde están a instalarse máis dun milleiro de 'lombos', que limitan a velocidade dos automóbiles para garantir a seguridade da marcha a pé ou en bicicleta. Unha filosofía exportábel O modelo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, baseado na prioridade total para as persoas nas estradas e no calmado de tráfico para evitar a sinistralidade, foi cualificado como "un clásico na lista de éxitos mundial contra a violencia viaria" polo presidente do Instituto Vial Ibero-Americano, Jacobo Díaz Pinal, durante a celebración do Congreso de Seguranza Viaria de Perú, onde participou unha delegación pontevedresa que explicou o traballo realizado nos últimos tres anos. Díaz Pinal instou os representantes das administracións presentes no congreso –de países como Arxentina, Costa Rica, México, Bolivia, Ecuador, Panamá, Brasil…– a incluír na súa axenda as medidas expostas polo deputado de Mobilidade Uxío Benítez, quen explicou o Plan de Mobilidade e Velocidade Seguras (Plan Móvese), polo que se levan implantado máis dun milleiro de redutores de velocidade, e que ten visos de continuidade para unha terceira edición. Fernando Verdaguer: "Non miremos tanto a Miami e miremos máis a Pontevedra. O horizonte non está tan lonxe: fai falta máis compromiso político que técnica" O Plan Móvese ten xa contrastada a súa eficacia como modelo máis efectivo para garantir unha maior seguranza viaria, xa que nos impactos entre vehículos e peóns nove de cada dez persoas sobrevive cando os coches circulan a 30 quilómetros hora, mentres que case ninguén o fai se a velocidade sobe a 60 quilómetros hora. No VI CISEV foron moitos máis os seguidores do modelo pontevedrés, como o conselleiro do Plan Urbano Ambiental de Bos Aires e investigador do Centro de Estudos de Mobilidade Sustentable da Facultade Rexional de Avellaneda, dentro da Universidade Tecnolóxica Nacional de Arxentina, Fernando Verdaguer, quen puxo o foco de maneira enérxica no modelo Pontevedra da Deputación, asegurando que para atopar un modelo de seguranza viaria que priorice as persoas e exportable a outros territorios como os latinos non é preciso ir a Suecia: "Quero ir a Pontevedra a ver como catro tipos con compromiso, polbo e albariño arranxaron as cousas. Pódese facer. Non miremos tanto a Miami e miremos máis a Pontevedra. O horizonte non está tan lonxe: fai falta máis compromiso político que técnica", subliñou. [Este contido foi publicado no A FONDO especial da Deputación de Pontevedra sobre mobilidade, acompañando o Sermos Galiza número 321]
NOS_25358
Unhas 12.000 sinaturas recollidas a través da plataforma Change.org avalan as demandas que o profesorado do IES Rodeira de Cangas venlle reclamando á Xunta para unha volta segura ás aulas en setembro.
O docente Sérgio Nunes, impulsor da iniciativa, xunto con máis profesionais que apoian a petición, fará entrega mañá na Delegación da Consellaría de Educación en Pontevedra do resultado desta acción online, que resume as demandas que, de forma unánime, aprobaran e plasmaran nun manifesto as 91 docentes do centro en xullo. Estas pasan por unha redución do alumnado por aula para garantir as distancias de seguridade que recomenda a OMS –un metro entre mesas, metro e medio entre persoas–, dotación de persoal docente e non docente e infraestruturas para facer posíbel esa diminución das ratios, material para que as clases se desenvolvan con seguridade e un acordo coa comunidade escolar sobre medidas pedagóxicas e organizativas para o inicio do curso, ademais da posta en marcha de reformas tecnolóxicas que permitan dar unha resposta "correcta" a un posíbel escenario de confinamento, sexa total ou parcial. "A Consellaría está delegando, porque tiña na súa man aceptar calquera das medidas que propuxemos desde o centro, mais o único que acepta é manterse como se non pasase nada", lamenta Nunes, aludindo ás diferentes propostas organizativas que se trasladaron desde xullo á Inspección, desde a contratación de 2,5 docentes –o número que, segundo analizaron, sería necesario para baixar as ratios a 20 estudantes por aula–, a separación de quendas de mañá e tarde, de acordo coa ANPA, ou o uso de recintos municipais próximos ao centro de ensino. "O que vemos é que á Consellaría o que lle interesa, porque resulta máis barato e máis fácil, é confinar. Fechando o centro, aforra en persoal de limpeza, en proxectos e contratacións extraordinarias en outubro, como as previstas para o programa PROA… e por iso non acepta ningunha alternativa", razoa. Reunión interterritorial A decisión de trasladar agora á Xunta as sinaturas, dentro da campaña #VueltaSegura, coincide coa xuntanza prevista para o día 27 do Ministerio de Educación cos Gobernos territoriais para analizar as actuacións para a volta ás aulas. Con todo, o presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, fixo pública onte a súa intención de manter tanto os prazos como as condicións da presencialidade no reinicio do curso, defendendo, fronte as críticas do BNG e do PSdeG de "inacción", o que as ratios de alumnado-profesorado na Galiza son "bastante razonábeis" e apelando a un "protocolo único", malia que é a Xunta e o resto de gobernos territoriais quen ostentan a competencia educativa. "Tememos que esa xuntanza non vai valer para nada. Todo vai quedar en nada", aventura Chus Míguez, docente tamén no IES Rodeira e parte do profesorado mobilizado para exixir á Xunta a asunción de responsabilidades de cara a setembro, quen argumenta que o protocolo galego para a adaptación do novo curso a setembro "debe ser retirado porque non satisfai ninguén e está pensado para non investir un peso en educación". Para seguir presionando por maior seguridade nas aulas, docentes e Consello Escolar retomarán o 1 de setembro as súas concentracións de protesta contra o actual protocolo.
PRAZA_7786
Hoxe o goberno de Mariano Rajoy ten á opinión pública totalmente descontrolada. A súa desafortunada declaración, nada menos que tres días despois de destaparse o seu suposto enriquecemento ilícito, non fixo máis que darlle fol á chama do regueiro de indignación que se estende como a pólvora por todo o Estado. Merecémonos algo mellor, sen dúbida. Empreguemos aquela forza da que falaba Hume para reclamar un cambio, unha situación máis acorde cos sacrificios que realizamos cada día.
Coñecín a Mariano Rajoy na World Fishing Exhibition de 1997. Por aquela época era Ministro de Administracións Públicas no goberno de Aznar. Cargo que lle foi asignado para xestionar a prometida transferencia competencial a Catalunya (Pujol) e a Euskadi (Arzalluz) a cambio da firma do pacto de investidura parlamentaria. Tiña un aspecto relaxado, o dun tipo ao que lle ían ben as cousas. Era afable e moi educado. Si, estaba nun bo momento. Agora sabemos que a vida lle sorría máis do que nos podíamos imaxinar. Chamoume a atención, daquela, que a visita que realizou á Feira Mundial foi rápida e superficial. Era evidente que non lle interesaba. A min esa actitude, vindo dun ministro, sorprendeume moito. A World Fishing era e segue a ser un proxecto de grande envergadura que cada 6 anos sitúa a Vigo e, polo tanto a Galiza, como referencia mundial da industria do mar. Pero o noso protagonista, políticamente máis ocupado en meterlle o freo aos nacionalistas que continuaban pedindo máis competencias para os seus respectivos países, decidiu pasar a maior parte da súa visita ao recinto ferial, tomándose varios mojitos nun stand de Cuba. Teño escoitado dicir que no Estado español acabarán como en Italia, poñendo a un equipo de tecnócratas a ordenar a casa. E precisamente trátase do contrario. Os tecnócratas xa están metidos dentro (tecnócratas corruptos, ademais) Nunca pensei que aquel home, con aire de bon vivant e máis preocupado polos ingredientes dun cóctail tropical que por todo o que alí se estaba cocendo en beneficio do país e do conxunto do Estado, acabaría sendo presidente do goberno español. Estes días de resaca, despois de que se confirmara case oficialmente que estamos gobernados pola mafia, teño escoitado dicir que no Estado español acabarán como en Italia, poñendo a un equipo de tecnócratas a ordenar a casa. E precisamente trátase do contrario. Os tecnócratas xa están metidos dentro (tecnócratas corruptos, ademais). O que precisamos son políticos con verdadeira vocación, con auténtica capacidade de compromiso e liderato. Hoxe máis que nunca debemos reclamar como cidadáns a figura do político entregado e culto no senso europeu, austero e comprometido que perciba a súa laboura como a prestación dun servizo de xeito incondicional á cidadanía. Hoxe o goberno de Mariano Rajoy ten á opinión pública totalmente descontrolada. A súa desafortunada declaración, nada menos que tres días despois de destaparse o seu suposto enriquecemento ilícito, non fixo máis que darlle fol á chama do regueiro de indignación David Hume, un prolífico e intelixente escocés que viviu hai uns 300 anos, sorprendíase da facilidade con que uns poucos gobernan a moitos. Abraiábase da implícita submisión con que os homes e mulleres se entregaban aos gobernantes, cando para el, a forza sempre estaba do lado dos gobernados. Pensou, entón, que a opinión pública tiña que xogar un papel fundamental, concluíndo que quen a controlase, había ter o consentimento das masas para ser gobernadas. Hoxe o goberno de Mariano Rajoy ten á opinión pública totalmente descontrolada. A súa desafortunada declaración, nada menos que tres días despois de destaparse o seu suposto enriquecemento ilícito, non fixo máis que darlle fol á chama do regueiro de indignación que se estende como a pólvora por todo o Estado. Merecémonos algo mellor, sen dúbida. Empreguemos aquela forza da que falaba Hume para reclamar un cambio, unha situación máis acorde cos sacrificios que realizamos cada día As palabras adicadas á Ministra de Sanidade Ana Mato demostran a súa incapacidade para ser un estadista e o seu carácter pueril e superficial de enfrontarse á realidade: "Non te preocupes, sabemos polo que estás pasando Ana…". Cando o lóxico sería dicir: "Anuncio a dimisión da ministra". Pero non, no fondo non son un presidente e unha ministra, non son dous políticos de verdade, son dous amiguetes que, xunto con outros membros da "familia", decidiron axudarse a eles mesmos, sen vocación de servizo aos demais, deshonestos e amorais que levan varios anos incrementando a súa fortuna a costa do esforzo honrado dos gobernados. Merecémonos algo mellor, sen dúbida. Empreguemos aquela forza da que falaba Hume para reclamar un cambio, unha situación máis acorde cos sacrificios que realizamos cada día.
NOS_37945
Tamén criticou as actitudes homófobas da Igrexa e as declaracións públicas realizadas en contra da anticoncepción e do aborto.
O Comité de Dereitos Humanos das Nacións Unidas arremeteu con dureza en contra do Vaticano por permitir que os curas violaran milleiros de crianzas. Nun informe emitido a respeito da aplicación da 'Convención sobre os dereitos do neno', a organización insta a Igrexa a "expulsar de inmediato" os sacerdotes sospeitosos de abusaren de menores e instou a abrir os arquivos vaticanos sobre pedófilos e os eclesiásticos que ocultan os seus delitos. Para alén de criticar a adopción de políticas que permitiron aos relixiosos violar e abusar de decenas de miles de crianzas, a ONU tamén criticou as actitudes homófobas da Igrexa e as declaracións públicas realizadas en contra da anticoncepción e do aborto. Após entrevistarse con integrantes do Comité, o Vaticano admitiu ter coñecemento de que nas bancadas do clero hai pederastas. "Existen abusadores entre os membros das profesións máis respectadas do mundo, tamén entre membros do clero e outro persoal da Igrexa", recoñeceu Silvano Tomasi, representante da Santa Sé perante a ONU en Xenebra. Foi a primeira vez que a Igrexa participou nun escrutinio público sobre as violacións de crianzas cometidas por sacerdotes en todo o mundo, pois a alta xerarquía católica intentou sempre tapar ou minimizar os escándalos que saíron á luz pública nos últimos anos.
NOS_48868
Só 9 persoas están contratadas por Organizacións non Gobernamentais Galegas fronte ás 44 de 2009. O descenso do 80% de cooperantes débese segundo a Coordinadora Galega de ONGD ao recorte por parte da Xunta do 64% de cartos destinados á cooperación internacional.
En decembro de 2009 en América Latina, África e Asia 44 persoas exercían como cooperantes contratadas por ONGD galegas. Na actualidade son só 9 as contratadas como expatriadas, segundo fixo saber a Coordinadora Galega de ONGD na conmemoración do día do Cooperante. O dato correspóndese co que denuncian como "reiterados recortes da Xunta nos orzamentos de cooperación". En 2009, o goberno galego destinara 11,6 millóns de euros á cooperación internacional que se correspondían co 0,1% do PIB galego, "a maior cifra destinada nunca á loita contra a pobreza" din desde a Coordinadora Galega. Desde entón, a Xunta rebaixou nun 64% os cartos destinados á cooperación. "O orzamento de cooperación galega se atopa en cifras como as de 2001, o 0,05% do PIB" sinalan, o que leva a que as 46 entidades integradas na Coordinadora só conten con 9 persoas contratadas como cooperantes. Para as ONGD galegas, os recortes en cooperación da Xunta conducen a que haxa "menos proxectos en marcha e milleiros de persoas excluídas de procesos de desenvolvemento que ían garantirlles unha mellor calidade de vida a través da promoción e defensa dos dereitos humanos, da construción de infraestruturas básicas e da loita contra a discriminación e a desigualdade de xénero".
PRAZA_19265
O caso é que o propio Presidente dicía hai só unha semana que ninguén en España entendería unha tarifa eléctrica propia para Galicia. Ben chocante que a persoa a quen lle encargamos a defensa dos intereses galegos adopte a actitude do colonizado e defenda esa tarifa eléctrica que fai posíbel o espolio enerxético galego
Dicíamos na finde pasada, noutro foro, que a tarifa eléctrica única (todos pagan igual no Estado, mesmo os consumidores galegos pagamos 23 M€/ano máis ao nos obrigar a pagar adicionalmente o canon eólico que recada a Xunta) prexudicaba grandemente ao noso País fronte a territorios de grande consumo e nula produción como Madrid. Nós somos os que sufrimos os custos ambientais, paisaxísticos, de expropiacións, derivados da produción e nós non podemos usar o noso excedente eléctrico (máis do 38%) para atraer investimentos industriais que incrementen substancialmente o noso PIB e o emprego de calidade. Estes días vivimos outra faciana da mesma realidade: os cortes eléctricos que sufriron 176.000 fogares galegos e que este domingo aínda sofrían 28.000. É verdade que a meteoroloxía sempre pode xerar efectos prexudiciais, mais non se diga que non houbo aviso desta volta. O que ocorre é que as redes de media e baixa tensión presentan un grao de pésimo mantemento e que o monopolio distribuidor no territorio, Gas Natural Fenosa, externalizou e reduciu substancialmente os seus servizos até o extremo de non ser quen de restablecer a subministración eléctrica despois de máis de 72 horas de curte. No país que máis enerxía produce do estado sufrimos os peores curtes por padecer os peores servizos de mantemento. Correspóndenlle á Xunta as competencias de inspección e sanción no eido da subministración enerxética. Pero, como adoita pasar, non soubemos nada do Conselleiro de Economía e Industria. Para máis a Xunta non usou dos seus propios medios persoais para reducir os danos causados pola climatoloxía adversa. Os bombeiros forestais de Galicia veñen de denunciar, pampos e indignados, que a Xunta non os mobilizou nesta crise. Nesta crise de emerxencias non soubemos tampouco de Feijóo. O caso é que o propio Presidente dicía hai só unha semana que ninguén en España entendería unha tarifa eléctrica propia para Galicia. Ben chocante que a persoa a quen lle encargamos a defensa dos intereses galegos adopte a actitude do colonizado e defenda esa tarifa eléctrica que fai posíbel o espolio enerxético galego. Ao mellor nos explicamos agora aquela aperta co presidente de Iberdrola na sua toma de posesión en abril do 2009.
NOS_44360
O delegado do Goberno, Javier Losada, espera que cheguen "ao maior número de traballadores" para "mellorar a protección" contra a COVID-19.
Membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, así como de Protección Civil e policía local, comezaron a distribuirán na mañá desta segunda feira máis de 600.000 máscaras enviadas polo Goberno español para distribuír no transporte públicona Galiza para "mellorar" protección "contra a COVID-19. Así o informou a Delegación do Goberno na Galiza nun comunicado no que explica que se repartirán perto de 250.000 unidades na provincia da Coruña; outros 210.000 na de Pontevedra; 74.000 en Lugo e 68.000 en Ourense. O delegado do Goberno, Javier Losada, destacou que espera que "as 602.000 máscaras enviadas polo Executivo español a Galiza e cuxa distribución comeza hoxe chegarán "ao maior número de traballadores" para mellorar a protección. fronte á COVID-19. "Esta mañá comezamos a distribución de máscaras para os que volven ao traballo. Onte (domingo) o Goberno de España enviou 602.000 máscaras a Galiza", resaltou. Na distribución faise especial énfase nos grandes nodos de transporte público das cidades, así como nos accesos aos accesos aos centros de emprego máis relevantes. "Facémolo nunha acción coordinada coas subdelegacións do goberno e coa colaboración da Policía Nacional e da Garda Civil, así como co apoio da policía local e dos grupos de protección civil dos municipios", especificou. Así mesmo, Losada subliñou que, coa colaboración da Xunta , a distribución está presente "en estacións de autobuses, autobuses, estacións de tren e accesos aos principais polígonos industriais e empresariais, así como en grandes centros de traballo de Galiza". Zonas de reparto Na provincia da Coruña, o centro de distribución está concentrado na cidade herculina, Santiago de Compostela e Ferrol, así como nas cabeceiras de comarca. En concreto, na cidade da Coruña, a distribución de máscaras centrarase na estación de autobuses, na estación de tren e nas lanzadeiras de Entrexardíns, Praza de Pontevedra e Catro Camiños, así como nas entradas aos polígonos comerciais. En Santiago, a distribución chegará ás estacións de autobuses e trens e ás entradas aos polígonos do Tambre, Fontiñas e Costa Vella. En Ferrol tamén se distribuirá nas estacións de autobuses e trens, nas principais paradas de transporte urbano, nos accesos ao porto e nas entradas aos polígonos de Narón, Río Pozo e A Gándara, entre outras. Noutras localidades da Coruña distribuirase no acceso ao polígono industrial de Sabón (Arteixo); empresas conserveiras en Lorbé (Oleiros); polígonos na comarca do Barbanza e accesos aos estaleiros de Fene. No que respecta á provincia de Lugo, está previsto distribuír máscaras nas estacións de tren e autobuses da cidade de Lugo, así como nas entradas a polígonos industriais como As Gándaras, Chao e liñas de autobuses interurbanos destinados a hospitais. . Na provincia de Lugo tamén se distribuirá nas estacións de Monforte de Lemos, Viveiro, Sarria, Chantada e Vilalba, entre outros concellos. Mentres tanto, na provincia de Pontevedra tamén se distribuirá nas estacións de tren e autobuses de Pontevedra e Vigo e nas transbordadoras de autobuses en ambas as cidades. Así mesmo, distribuiranse máscaras entre os traballadores e traballadoras que acoden ao seu traballo en polígonos comerciais como O Vao, O Campiño e Monteporreiro (en Pontevedra), e Valadares, Aeroporto e Zona Franca (na cidade olívica). Na mesma provincia tamén se repartirán máscaras ás persoas que retomen a súa actividade laboral nos accesos ao porto de Marín, así como nas estacións de Vilagarcía, nos seus polígonos e nos accesos portuarios. Pola súa banda, na provincia de Ourense, a operación da cidade de Ourense terá lugar principalmente nas estacións de tren e autobuses e nas principais transbordadoras de autobuses urbanos. Tamén se distribuirá en estacións de concellos como O Carballiño, Allariz, A Rúa, Verín, O Barco e Celanova. Nestes municipios tamén se distribuirá en polígonos industriais e áreas de servizo.
PRAZA_990
O PP utiliza a figura da proposición non de lei, encamiñada a instar a Xunta a tomar medidas, para instar o Goberno de Venezuela a cumprir a súa constitución.
As declaracións institucionais son o mecanismo parlamentario a través do cal a Cámara galega se pronuncia oficialmente a respecto dun asunto concreto, especialmente se non entra directamente nas súas competencias, caso por exemplo dun conflito internacional, e a súa aprobación require da unanimidade dos grupos. Así, por exemplo, este mesmo mércores o Parlamento apoiou oficialmente a autodeterminación do Sáhara Occidental a través dunha destas declaracións e hai semanas non puido manifestarse na defensa do pobo palestino porque o PP se negou. Apenas dúas horas antes dese apoio ao pobo saharauí o pleno debateu unha proposición non de lei, figura parlamentaria destinada a instar á Xunta a tomar unha medida determinada, que non se dirixía ao Goberno galego, senón ao de Venezuela. A apenas unha semana do inicio da campaña das eleccións municipais e mentres medios e dirixentes políticos ligan a forzas políticas da esquerda estatal co Goberno venezolano, os populares galegos apoiáronse nun recente debate do Parlamento Europeo para trasladar o asunto ao lexislativo galego. O PP considerou "necesario que o Parlamento de Galicia exprese a súa solidariedade coa cidadanía venezonala en xeral e a comunidade galega nese país en particular" e se "sume ás iniciativas que outras institucións democráticas están a aprobar para que reclame que se respecte en Venezuela os dereitos fundamentais". Así, redactaron e aprobaron unha proposta pola que o Parlamento galego debe "solicitar do Goberno de Venezuela que cumpra o disposto na súa Constitución" no que atinxe a dereitos como "liberdade de expresión" ou "pluralismo político". Beiras pregúntase "quen é o PP para falar de dereitos humanos" e o BNG ve os populares como "imperialistas fracasados" Alén do paradoxo de que os populares reclamen o cumprimento da constitución bolivariana aproveitando un recuncho do regulamento parlamentario a iniciativa suscitou un duro debate que derivou na foto procurada polos conservadores: a de AGE e BNG votando en contra. O rexeitamento máis irado foi o protagonizado polo voceiro de Alternativa, Xosé Manuel Beiras, que entre lecturas de textos de Eduardo Galeano e Celso Emilio Ferreiro lamentou que o PP pida promocionar os "dereitos humanos" en Venezuela mentres practica "políticas racistas e xenófobas" coa emigración africana. "Quen son vostedes para vir falar de dereitos humanos?", preguntouse antes de lembrar que en 2003 o propio Grupo Popular "nin sequera aceptou dous minutos de silencio" polas vítimas da guerra de Irak. O PSdeG votou a prol pero ve "lamentable" a actitude do PP Ademais das de Beiras, apercibido -pero non expulsado- por dirixirse aos escanos dos deputados populares para increpalos, a iniciativa tamén foi rexeitada polo Bloque, cuxa deputada Montse Prado parafraseou a Castelao para considerar os populares uns "imperialistas fracasados" e censurar que apelen á liberdade de expresión do pobo venezolano mentres impulsa a "lei mordaza" en España. Tamén a voceira socialista, Marisol Soneira, considerou "lamentable" a actitude do PP, que procurou "chinchar" coa única "finalidade" de "examinar" a AGE e BNG". Os socialistas, non obstante, votaron a favor porque, din, o goberno de Nicolás Maduro "está perseguindo á oposición". Tellado (PP) sentencia que Alternativa e Bloque "non merecen representar os galegos" Tras as tomas de posición dos diferentes grupos o voceiro do PP, Miguel Tellado, saíu en tromba contra Alternativa e Bloque. "Acuden a teorías conspirativas internacioanis para non sumarse á defensa da democracia e as liberdades", di, mentres degradou as emendas presentadas á categoría de "insulto á intelixencia dos demócratas". Para ambos grupos, acusa, as "vidas" dos "galegos que viven en Venezuela non valen nada". "Non merecen ocupar o escano no que están sentados, non merecen representar os galegos e galegas", acrecentou, atribuíndolles a abmos grupos unha "escasa vontade democrática" e recomendándolle concretamente a Beiras que "marche e non volva" para "facerlle un favor á democracia". Seguir lendo en Propósito de emenda, o espazo de crónica política do Obradoiro de Praza
PRAZA_3053
O ditame desestima a protesta de Asempleo, a patronal do sector de Empresas de Traballo Temporal, contra o convenio provincial de limpeza de edificios da Coruña. A CIG celebra que a decisión "crea un precedente importante" para futuras negociacións
En marzo de 2017 asinouse o novo convenio de Limpeza de Edificios e Locais da provincia da Coruña. O texto incluía no seu artigo 35 a prohibición de realizar contratos eventuais con empresas de traballo temporal "por circunstancias do mercado", subliñando que "o presente contrato só será de aplicación para o persoal que preste servizos directamente para as empresas do sector, nunca aos de empresas de traballo temporal".O TSXG recoñece a legalidade dos convenios que limiten a contratación eventual a través de ETTsAsempleo, a patronal do sector de Empresas de Traballo Temporal, presentou unha demanda contra o convenio, afirmando que a exclusión das ETT era ilegal e reclamando a súa modificación. Porén, o TSXG vén de reafirmar a legalidade destes documento, apoiándose ademais na xurisprudencia creada ao respecto na Unión Europea, tanto na sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea tras unha denuncia de Shell Aviation como na propia propia directiva 2008/104/CE.A sentenza recoñece a falta de lexitimación das ETT para demandar por ilegalidade os convenios que inclúan este tipo de cláusulas, ademais de non acreditar lesividade á patronal denunciante. "A propia directiva europea 2008/104/CE admite restricións e excepcións ás ETT por motivos lexítimos, como son a protección das persoas traballadoras en materia laboral ou por saúde; non hai que esquecer que o preocupante aumento nos accidentes laborais e a alta mortalidade ten que ver co precario mercado laboral español, onde as ETT teñen especial incidencia", sinala a sentenza do TSXG a este respecto.A sentenza "crea un precedente importante" ao desmontar a estratexia da propia patronal Asempleo de atacar todos os convenios que inclúan limitacións ás ETTA CIG celebrou o ditame do TSXG, subliñando o secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Paco Sío, que "con esta decisión xudicial quedan limitada as posibilidades de impugnación dos nosos convenios por parte destas asociacións". O propio TSXG xa lle dera tamén a razón á CIG na sentenza do 11/12/2014 e validara a limitación da contratación por ETT no sector do Metal da provincia de Pontevedra, agás nos supostos de substitución por IT, vacacións ou licenzas.O sindicato salienta que a sentenza "crea un precedente importante" ao desmontar a estratexia da propia patronal Asempleo de atacar todos os convenios ao longo do Estado español que inclúan limitacións ás ETT. "Esta estratexia fixo efecto en diferentes convenios fóra de Galiza, xa que os sindicatos españois decidiron retirar estas cláusulas dos seus convenios, aceptando os argumentos de Asempleo sen necesidade de sentenza", afirma Paco Sío.A CIG denuncia que a Xunta está a favorecer a campaña de Asempleo para desregular o uso de ETTA CIG iniciou en 2017 unha campaña de loita contra as novas formas de explotación laboral e a precariedade, "das que as ETT forman parte activa deses mecanismos de empobrecemento da clase traballadora", sinala Paco Sío. Unha das medidas adoptadas pola CIG foi introducir nas plataformas dos seus convenios a prohibición desta forma de explotación laboral.O sindicato denuncia, así mesmo, que a Xunta está a favorecer a campaña de Asempleo para desregular o uso de ETT. A CIG advirte de que o Goberno galego "ten paralizados sen rexistrar convenios galegos por incluír este tipo de cláusulas" e denuncia que se comporta "a favor da patronal das ETT" e "indo en contra do que acordan a patronal galega e os traballadores/as galegos/as nos seus convenios".
PRAZA_18620
Debería coñecerse mellor a realidade andaluza. Desde as culturas nacionais do norte da Península predomina un desprezo inconsciente, que vincula erroneamente Andalucía coa cultura oficial española e co folclorismo de ínfima calidade que esa cultura oficial inoculou historicamente
Na campaña electoral andaluza os partidos da esquerda fundamentan a mensaxe e a reivindicación no andalucismo. Iso supón que o eixo central previsto, o do patriotismo español agraviado por Cataluña, non está funcionando nada máis que na dereita e con dificultades; que está a ser subalterno. Gabriel Rufián non ten escenario alí e iso tamén axuda moito. Adelante Andalucía ten ancoraxe andalucista; dalgún xeito posúe a lexitimidade, recolle o fluxo principal da tradición andalucista. E Susana Díaz decide sumarse á reivindicación para competir con ese discurso, quizás por oportunismo, porque detecta que ese flanco non pode ficar descuberto, pero benvida sexa a aproximación se serve para romper a outra dinámica, primaria e destrutiva. Debería coñecerse mellor a realidade andaluza. Desde as culturas nacionais do norte da Península predomina un desprezo inconsciente, que vincula erroneamente Andalucía coa cultura oficial española e co folclorismo de ínfima calidade que esa cultura oficial inoculou historicamente. Ese mesmo clixé chusco que se lle impón desde o Poder á civilización do sur, aos seus habitantes, adoptámolo os galeguistas. Debería coñecerse mellor a realidade andaluza. Desde as culturas nacionais do norte da Península predomina un desprezo inconsciente, que vincula erroneamente Andalucía coa cultura oficial española e co folclorismo de ínfima calidade que esa cultura oficial inoculou historicamente Adentrarse en Blas Infante, considerado o pai da patria, quizás cambiase a percepción e quizás enriquecese, seguramente, a nosa visión de nós mesmos. Unha personalidade riquísima, autor dos fundamentos da patria andaluza, da bandeira e do escudo, cunha obra teórica dispersa e complexa, pouco concreta, que non chegou ao seu corolario, pero chea de luz. Mira tan lonxe que é difícil abranguelo, moitas veces esvaécese como a auga nas mans. Pensa en grande, dunha orixinalidade grandiosa, pero faltoulle tempo para pulir o diamante, pois foi fusilado en 1936, relativamente novo. Indómito e insurrecto, uns envéxano e outros fanse parasitos del, segundo din os seus estudosos. As vías para entrarlle son moitas; unha subxectiva é a de escoller varios aspectos do seu pensamento, que quizás non son os decisivos, en catro liñas. Cre na democracia directa e popular, e na soberanía social. Intúe que a crise de Occidente non é nin política nin económica, senón humana, unha crise de humanidade, absoluta. Os andalucistas van celebrar estes días o centenario da Asamblea de Ronda, a primeira reunión rexionalista, que segue, igual que o galeguismo, o ronsel do movemento catalanista, inclusive desde o concepto de rexionalismo Nega o principio das nacionalidades, porque a nación é un ente político que posúe ou aspira a un Estado. E o Estado non pode chegar a elaborar unha nova Historia; a Humanidade aspira a outro resultado e esa aspiración só pode chegar mediante a aplicación do Principio das Culturas. Cando fundamenta Andalucía non se propón unha nación senón un Ser. Sendo así, brinca nos seus escritos por riba das problemáticas nacionais e das súas concrecións tácticas, aínda que participe delas. Ao cabo os andalucistas van celebrar estes días o centenario da Asamblea de Ronda, a primeira reunión rexionalista, que segue, igual que o galeguismo, o ronsel do movemento catalanista, inclusive desde o concepto de rexionalismo. Andalucía, di, non copia nin copiará xamais. Existe desde hai varios miles de anos, adquiriu a forma de Tartesia, de Al-Andalus, é a patria dunha das civilizacións orixinais máis antigas do mundo e quen sabe, di, se o berce da Civilización non partiu dese Occidente. Por iso establece profundos vínculos espirituais e influenzas con outras civilizacións, coa islámica, coa oriental e tamén coa europea, que considera filla, dito moi axiña, de Andalucía. -Andalucía. Teoría y fundamento político. Blas Infante. Manuel Pimentel, Antonio Manuel (EDS.). Almuzara. Publicidade
NOS_22642
Fonte do Milagro, SOS Courel e Redenasa organizan o evento, que terá lugar o 10 e 11 de agosto
O Courel volverá, este 11 de agosto, a erguer a voz para reclamar respecto e dignidade, por boca da súa veciñanza e de moitas persoas amantes deste espazo único do país, que se suman á reivindicación do Parque natural. A II Festa da Revolta decorrerá en Froxán e no programa figuran unha manchea de actos, desde roteiros combinados con intervencións artísticas, até concertos, proxeccións de documentais, faladoiros e mesmo emisións de radio en directo. A organización fan un chamamento a toda a cidadanía da Galiza para formar parte desta festa da Revolta: "Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, onde diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación en que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Trátase tamén de crear un nó de atención cultural fóra dos circuítos habituais, modificar o mapa de festivais, optar por un traballo de colaboración entre a veciñanza e axentes culturais. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos cómpre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia" Un avanzo do programa, aínda provisional, está dispoñíbel aquí.
NOS_34116
A cifra de casos activos segue á baixa na Galiza, onde unha nova morte elevou este sábado as vítimas mortais do coronavirus até 616
Galiza mantén 732 casos activos de coronavirus COVID-19, 17 menos que este sábado, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.958, o que implica 22 máis que a xornada pasada. Así o constatan os datos actualizados este domingo pola Cosellaría de Sanidade, que tamén precisan o aumento de número de pacientes ingresados na UCI até os 4, un máis que onte. Mentres tanto, 33 seguen noutras unidades de hospitalización e 695 en seguimento domiciliario, datos que descenden con respecto ao sábado. Segundo as cifras deste domingo, na Comunidade galega hai 9.958 pacientes curados, fronte aos 9.936 contabilizados onte. E as vítimas mortais chegan ós 616, co falecemento onte dunha muller de 82 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario dá Coruña (Chuac). Por áreas sanitarias, dos 732 casos activos, 266 corresponden á de Vigo (tres menos que o sábado); 167 á da Coruña (tres menos); 135 á de Santiago (un menos); 75 á de Ourense (sete menos); 41 á de Lugo (tres menos); 28 á de Pontevedra (un menos) e 20 á de Ferrol (un máis).
NOS_21239
O documento do Ministerio de Sanidade propón restrinxir ao máximo os contactos sociais durante a Semana Santa e fixar o toque de recoller entre as 22:00 e as 6:00 horas
A Cadea Ser tivo acceso ao documento co que o Ministerio de Sanidade pretende atopar un marco de medidas común para a Semana Santa. O Ministerio vai propor ás comunidades autónomas aplicar fechamentos perimetrais e restrinxir ao máximo os contactos sociais durante a Semana Santa. Este documento vai debater esta quinta feira na comisión de Saúde Pública para que as propias comunidades poidan analízalo de cara a aprobalo definitivamente a semana que vén, a pesar de que Madrid segue negándose a pechar perimetralmente a comunidade. Segundo o documento, as medidas estarían en vigor entre o 26 de marzo e o 9 de abril. Estas son algunhas das medidas que propón Sanidade: - Feche perimetral de todas as comunidades autónomas para que non haxa viaxes entre elas, limitando deste modo os desprazamentos aos imprescindíbeis. - Os universitarios non volvan a casa para Semana Santa. - Toque de recoller, entre as 22:00 horas da noite e as 6:00 horas da mañá. - Non celebrar eventos masivos que impliquen aglomeracións. - Limitar as reunións sociais a entre 4 e 6 persoas, así como tamén evitar que se produzan reunións en domicilios. - Unha campaña institucional para combater a fatiga pandémica derivada da crise do coronavirus.
NOS_13559
Con poucos meses de diferencia cúmprense dez anos da desaparición inesperada de dúas das poetas máis singulares da súa xeración. Xela Arias e Luísa Villalta deixaron na memoria unha obra intensa e unha lembranza viva que agora a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega revisita nunha xornada que terá lugar o próximo día 26 de marzo.
"Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, interartes, proxectos na fin de século",é o título da xornada coordinada por Ana Romaní e Arturo Casas que traerá á memoria dúas figuras claves da cultura galega contemporánea dea anos despois do seu falecemento. Poeta e tradutora, Xela Arias tiña nacido en 1962 e a morte sorprendeuna en 2003. Poucos meses despois a cultura galega perdía a Luísa Villalta, poeta, música e ensaísta que nacera en 1957. A Comisión de Igualdade do CCG lembra agora ás dúas creadoras de maneira conxunta, como "representativas da representativas da progresión que desde mediados dos anos 80 supuxo a presenza das mulleres como axentes, referentes e xestoras culturais no país". Maiormente desde Vigo, Xela Arias, e desde A Coruña, Luísa Villalta, "participaron en intervencións colectivas, promoveron iniciativas, exploraron relacións interculturais a través da tradución e doutras vías experienciais e discursivas e sentiron, ademais, a atracción por indagaren nos espazos intersticiais en que as diferentes artes converxen por uns ou outros motivos e derivas". Poetas, persoas que se teñen achegado as súas obras e mesmo amizades de cada unha delas compoñen un programa que se iniciará cun achegamento aos seus perfís estéticos, intelectuais e políticos da man de Chus Nogueira para Xela Arias e Xosé Mª Álvarez Cáccamo no caso de Luísa Villalta, nunha mesa moderada por dolores Vilavedra. Achegas e novas linguaxes "As mulleres nas prácticas culturais dos 80 e os 90" será o título do encontro no que Helena González e María Ruído, partindo das dúas figuras protagonistas, arrancarán a reflexión arredor do tempo no que as súas traxectorias se desenvolveron, alentadas tamén polo pensamento feminista, cun coloquio moderado por Margarita Ledo Andión. "Andar a cidade, andar o corpo. Achegas críticas sobre poéticas, topografías, xénero (s), mundos" xuntará na mesa a tres nomes da creación contemporánea como Estíbaliz Espinosa, Rexina Vega e Antón Lopo, presentada por Carme Vidal, xa na sesión de tarde para rematar a xornada con "Interartes: laboratorio e experiencias", a presentación dun conxunto de propostas artísticas creadas arredor da obra das poetas por Antía Otero nenoescuro, Maribel Longueira e 2US moderada por Uxía Senlle, deixando á vista a vixencia das obras das dúas autoras en linguaxes artísticas actuais. Illa Bufarda prepararon para a xornada o audiovisual "Xela e a palabra/ Música e poesía en Luísa Villalta", que se presentará ás 13.30 horas.
PRAZA_11190
Máis de 20.000 persoas participaron este mércores nas 'Marxes per la llibertat', que avanzan dende varios puntos de Catalunya. Varias localidades sufriron disturbios durante a noite, con especial incidencia en Barcelona. Tras reunirse cos líderes de PP, Podemos e Ciudadanos, Sánchez advertiu de que non vai "sobreactuar" e subliña a "coordinación" dos Mossos coas forzas de seguridade do Estado
Àngel Ibáñez, 61 anos, traballa para o departamento de estranxeiría do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Ou, como el di, é un "funcionario do Reino de España". O martes pola tarde despediuse dos seus compañeiros até o luns polo que el considera unha causa maior. Gastará uns días das súas vacacións para poder participar nas numerosas mobilizacións a prol da liberdade dos líderes independentistas condenados polo Tribunal Supremo: tres xornadas camiñando polas estradas catalás, durmindo no chan, para chegar o venres a a Barcelona e participar nunha manifestación que coincidirá coa folga convocada polos sindicatos independentistas.Ibáñez é unha mostra dos participantes nas Marxes per la llibertat [Marchas pola liberdade], as mobilizacións que arrincaron este mércores desde cinco puntos distintos de Catalunya e colapsaron varias estradas durante toda a xornada. Nelas participan miles de camiñantes que o deixaron todo uns días para protestar contra a condena aos políticos independentistas e veñen desenvolvéndose sen incidentes reseñables.Máis de 20.000 persoas participaron este mércores nas 'Marxes per la llibertat', que avanzan dende varios puntos de Catalunya para chegar a Barcelona o venres, cadrando coa folga convocada polos sindicatos soberanistasSegundo os organizadores, máis de 20.000 persoas participaron este mércores nesta nova maneira de manifestarse. As marchas que saían de Vic e Girona -a esta última sumouse mesmo o president da Generalitat, Quim Torra- congregaron 10.000 persoas cada unha. A que saíu de Tàrrega contou cuns 3.000 asistentes e as que partiron de Tarragona e Berga reuniron unhas 1.000 persoas cada unha. Esgotadas practicamente todas as demais opcións de protesta, o independentismo puxo en marcha esta nova proposta que se inspira, segundo a ANC e Òmnium, noutras "mobilizacións históricas" como foi a chamada marcha do sal dirixido por Mahatma Gandhi en 1930. Son moi numerosas, pero fóra de Catalunya aglutinan menos focos mediáticos que os disturbios, que se repetiron por terceira noite consecutiva, neste caso tras concentracións convocadas polos CDR, e con especial incidencia en Barcelona.Como informa Pol Pareja para eldiario.es, os enfrontamentos foron especialmente intensos entre grupos de persoas encapuchadas e os Mossos d'Esquadra e a Policía Nacional na parte dereita do Eixample barcelonés despois de que un grupo de membros dos Comités de Defensa da República (CDR) rompese as barreiras que custodiaban a Conselleria de Interior, onde se concentran os mandos dos dispositivos policiais. Algúns manifestantes montaron barricadas e queimáronse polo menos cinco coches na rúa Roger de Flor. 20 persoas foron detidas polos incidentes e o número de atendidos polos servizos de emerxencias é de 52, segundo un balance difundido pasada a medianoiteOs disturbios, con colectores incendiados e cargas da policía, propagáronse polos arredores da Consellería. Os Mossos, que aseguran que lles lanzaron obxectos con ácido -entre outros, como cristais e petardos-, cargaron contra os manifestantes cando estes retiraron os valos do cordón co que blindaban a sede oficial.Nos disturbios da pasada noite en Barcelona destaca a presenza de persoas moi mozas; o balance de detidos rolda a vintena A tensión nas rúas continuou até pasada a 1 da madrugada. As furgonetas de Mossos e Policía non deixaron de perseguir a grupos dispersos de encapuchados que seguían percorrendo varias rúas do Eixample, onde se sucedían as fogueiras de colectores e barricadas que mantiñan o centro da cidade cortado. Boa parte dos participantes neses incidentes eran moi mozos, de apenas 25 anos. Explican que causan os altercados porque cansaron das protestas pacíficas, e a pesar de que constatan que os disturbios non traerán a independencia, sosteñen que con mobilizacións "pacíficas" tampouco se conseguiu.Intervencións de Sánchez e TorraCando os disturbios recruaban nas rúas de Barcelona chegaba a primeira intervención pública da xornada por parte do presidente do Goberno de España en funcións, Pedro Sánchez. Tras recibir na Moncloa a Pablo Casado (PP), Pablo Iglesias (Unidas Podemos) e Albert Rivera (Ciudadanos), o líder socialista asegurou que a súa intención é actuar con "serenidade, firmeza e proporcionalidade", sen concretar posibles medidas.Tras reunirse cos líderes de PP, Podemos e Ciudadanos, Sánchez advertiu de que non vai "sobreactuar" e subliña a "coordinación" dos Mossos coas forzas de seguridade do Estado"Non imos sobreactuar, a moderación na resposta é outra forma de fortaleza", reiterou Sánchez, que eloxiou en reiteradas ocasións a "coordinación" e o "traballo conxunto" da Policía Nacional, a Garda Civil e os Mossos d'Esquadra na resposta ás mobilizacións. O Goberno central, afirma, "contempla todos os escenarios e traballará con tres principios: firmeza democrática, a unidade dos partidos políticos e a proporcionalidade".Sánchez dirixiuse tamén ao presidente da Generalitat. Torra, reclamou, ten o "deber político e moral de condenar sen escusas e sen paliativos, con máxima claridade e determinación o uso da violencia en Catalunya". "Ningún gobernante pode camuflar o seu fracaso tras cortinas de fume e de lume", advertiu.Torra: "O movemento independentista non é violento, sempre condenamos a violencia"Quen falaba contra a media noite era precisamente o titular da Generalitat. Nunha mensaxe emitida por TV3, Joaquim Torra fixo un chamamento á calma ante a terceira noite de disturbios cunha condena explícita das actitudes violentas. "O movemento independentista non é nin foi violento. Sempre condenamos e estamos a condenar a violencia", dixo. "Non se poden permitir os incidentes que estamos a ver nas rúas do noso país", agregouTorra achacou os disturbios a "infiltrados e alborotadores" e indicou que se "teñen que parar agora mesmo". Para o presidente catalán, "non hai razón nin xustificación para queimar coches nin ningún outro acto vandálico". "A protesta debe ser sempre pacífica e cívica. Canto máis masiva, mellor, pero sempre pacífica", dixo, porque "é así como non perdemos a razón"."O 1 de outubro derrotamos o estado sen esnaquizar nada", considerou na súa mensaxe, para concluír que "o independentismo constrúe, non esnaquiza. Non vai contra ninguén, vai a favor de todos". O pronunciamiento de Torra este mércores pola noite é a primeira vez que o president se refire directamente aos disturbios e chegou despois de que fose reiteradamente acusado de non "condenalos".
NOS_13633
Como tantos outros tímpanos do románico rural galego, as figuras de San Miguel do Monte, situada en Chantada, teñen unha factura propia da arte popular, sen os alardes técnicos da escultura que pode verse nas portadas das grandes catedrais galegas. Esta falta de calidade na execución artística non debe levarnos a menosprezar o valor destas portadas. Pola contra, faremos ben en aprender a mirar unha estética que, no fondo, non está tan lonxe da nosa. Por outra parte, estas obras teñen un valor incalculábel como restos da cultura visual que acompañou a xente do medievo e do seu pensamento acerca da organización da sociedade.
As probas documentais máis antigas da existencia da igrexa de San Miguel do Monte, en Chantada, remítennos a mediados do século XIII. Porén, tendo en conta os trazos de estilo e a posíbel datación das esculturas da portada, pode afirmarse sen temor que o templo románico se construíu, como moi tarde, a finais do século XII. Con todo, tanto a fachada da igrexa como a súa cabeceira deberon ser reformadas moito máis adiante. Da primitiva igrexa románica non restaría demasiado, quizais nada máis que o corpo da súa única nave. Máis ou menos na parte central do muro meridional da nave ábrese a portada sur da igrexa. O pequeno oco da porta componse de tres arquivoltas. As dúas interiores están separadas por acanaladuras. A exterior decórase cun axadrezado. Lixeiramente máis resaltada que as demais arquivoltas, cúbreas como se fose un dosel. A cada lado da porta dúas pezas con forma de cimacio marcan a liña de imposta, é dicir, son a base desde a que arrincan as arquivoltas. Ambas as pezas adórnanse con motivos de rolos. O mestre Paio Aínda que tardásemos en chegar a ela, o tímpano é a peza máis senlleira do conxunto. Debemos explicar antes de nada que esta é unha das poucas obras do románico rural galego en que coñecemos o nome do seu posíbel autor: Pelagius magister, o mestre Paio. A súa sinatura aparece no tímpano de Santa María de Taboada dos Freires, no veciño concello de Taboada. Ben-Cho-Shey foi o primeiro en aventurar, a partir das coincidencias de estilo, que este artista –ou o seu obradoiro– sería o mesmo do tímpano de San Miguel do Monte ou de Santa María de Ucelle, entre outras obras da área do val do Miño. Dado que Paio asina o tímpano de Taboada no ano 1190, pénsase que a súa actividade se desenvolve nas últimas décadas do século XII, tempo no que se construirían tamén as respectivas igrexas. Teremos ocasión de falar de Paio cando tratemos de Santa María de Taboada. Volvendo a San Miguel do Monte, son tres as figuras que saltan, bailan e tocan música. A pesar da súa aparente simplicidade, non resulta tan doado interpretar as figuras. A escena está dominada polo home de embaixo, á esquerda. Está sentado, coas pernas de perfil e os pés apoiados no lintel da porta. O corpo e a cara, porén, xiran na nosa dirección, a nos interpelar, como faría calquera músico en plena actuación. Na súa man esquerda sostén o mastro dun instrumento de corda de caixa ovalada. Trátase, seguramente, dunha fídula en 8, semellante ás que portan os anciáns 11, 14, 15 e 16 do Pórtico da Gloria. Coa man dereita agarra o arco con que tanxe o instrumento. Na parte superior dereita, co lombo dobrado para se adaptar á curva do arco, derreadiño, un home toca un adufe. Ten a man sobre unha esquina do instrumento; na outra esquina colean as cintas ou as borlas con que era tradicional adornalos. Por último, na parte inferior dereita do tímpano, a carón das pernas do músico, unha figura feminina dóbrase en dúas nunha contorsión imposíbel. Coma sempre no románico, non é doado saber se se trata da representación dun movemento concreto, ou máis ben dunha representación convencional do baile e das acrobacias. Desta figura, que viste unha longa túnica anoada no van, resalta o peito, a cabeza e as mans. Nestas últimas ben poderíamos imaxinar unhas castañolas coas que seguiría o baile e a música. A simple vista, a escena ten unha interpretación moi doada. Trátase dunha actuación de xograres, de artistas da rúa, que acompañan as súas cancións con danzas, acrobacias e contorsións. Como debemos pórlle música á escena, imaxinemos que soa na nosa cabeza algunha das obras da lírica galaico-portuguesa que coñecemos da escola. Secasí, na figura que toca a viola o profesor Moralejo viu o rei David. Esta interpretación apoiaríase no asento, que sería o trono do rei, ben molido coa pelica de león, cuxa cabeza disecada colga do respaldo, a rentes do chan. Cóntase na Biblia, no libro de Samuel, que cando David se ofreceu a Saúl para matar o xigante Goliat, o rei dubidaba do valor do mozo. David retrucou que sendo pastor dos seus rabaños no deserto, un león se achegara a comer as ovellas. David, agarrando o león pola queixada, degolouno e puxo a salvo o rabaño. Para imaxinar o rei David, o artista inspirouse en calquera das actuacións de xograres que tería visto ao longo da súa vida. Tamén é posíbel que tomase como modelo algunha miniatura dalgún códice ou escenas semellantes que tivese ocasión de contemplar noutros templos, pois esta era unha práctica habitual na arte románica. En calquera caso, a presenza do rei David santifica o que doutra forma sería unha escena completamente profana. Unha soldadeira? Falemos agora da muller que danza a carón do rei. Nun estudo sobre a representación das mulleres na literatura e na arte medievais, a investigadora Tania Vázquez García atreveuse a identificar a figura cunha soldadeira, como calquera das que aparecen nas cantigas. Será moi difícil que nunca teñamos algunha proba documental que confirme esta interpretación, pero desde logo é unha hipótese suxestiva e pertinente. Aínda que as soldadeiras –baste lembrar María Balteira– aparecen representadas nas cantigas con trazos grosos, relacionadas coa prostitución e cun desexo sexual insaciábel, hoxe temos por seguro que moitas delas eran persoas cultas, que compuñan os seus propios poemas e cantigas, admitidas na corte dos reis, como se pode ver nas ilustracións que acompañan as Cantigas de Santa María. Como conclúe a investigadora, a presenza desta muller nun tímpano a carón do rei David revelaría unha apreciación positiva das soldadeiras, moi distinta da que coñecemos polas cantigas. Unha imaxe semellante repetiríase en Santa María de Ucelle, no concello de Coles, onde aparecen de pé, acaroados, unha muller cun adufe e un home tanxendo unha viola. Quer que sexa unha soldadeira ou unha figura inspirada en calquera danza popular das que se celebraban nos adros das igrexas nas festividades, a súa presenza no tímpano revela que non era automática a identificación entre a muller e o pecado na cultura medieval. Cómpre lembrar que hai moito tempo que se desterrou a idea da represión sexual no medievo: non foi até como mínimo o século XIV cando os patróns de conduta sexual empezan a se limitar á beizón do matrimonio heterosexual. A igrexa, así mesmo, foi gradualmente identificando o pecado e o corpo, nun proceso que tivo altos e baixos até se fechar a partir do século citado e que se alcanzaría o seu cénit a partir do século XVI, após o concilio de Trento. A este respecto, Tania Vázquez lembra que a participación de xograres nos oficios divinos non se prohibiu expresamente na Península até o Concilio de Toledo, en 1324. Aínda que en vindeiras entregas teremos ocasión de afondar nos trazos de estilo do mestre Paio, será bo que insistamos no encanto das figuras. Como xa indicamos, trátase dunha arte para a devoción popular, da mesma raíz que a dos cruceiros ou a dos petos de ánimas. Son figuras esquemáticas, de ollos saltóns escasamente expresivos, mais vigorosas nas súas posturas, na rotunda curva da silueta do brazo co que o rei David sostén o arco, ou no gracioso xesto con que o artista recolle o seu pé esquerdo por detrás do dereito. Ademais o artista é capaz de combinar o escaso resalte das figuras e a perspectiva xerárquica –dar maior tamaño aos personaxes máis relevantes da escena, o rei David neste caso– cun tímido intento de conseguir a representación da perspectiva, da profundidade. Seguro que en cómics ou deseños contemporáneos atoparemos trazos semellantes, sen que por iso pensemos que son obra de persoas ineptas.
PRAZA_8359
O académico presenta oficialmente a súa candidatura á Academia e insta a Manuel González a propoñer dous nomes para completar o seu equipo directivo.
Xesús Alonso Montero presentou este luns oficialmente a súa candidatura para presidir a Real Academia Galega (RAG) nunha carreira na que competirá con Manuel González, actual tesoureiro da institución. Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Rosario Álvarez, Henrique Monteagudo, Xesús Ferro Ruibal e Margarita Ledo, o académico tendeu a man para un consenso parcial, que implicaría a conformación dunha única lista na que se poderían negociar as responsabilidades da nova directiva, pero non a presidencia, que dixo ser "innegociable". Alonso Montero abre a porta a que González propoña dous nomes para completar a lista, pero di que a presidencia é "innegociable" Confirmados Rosario Álvarez e Torres Queiruga na súa candidatura, a idea de Alonso Montero é "deixar abertas as outras dúas prazas e os cometidos a desenvolver por cadaquén", co obxectivo de "acadar un consenso parcial, posto que o total non parece posible". Así, o escritor vigués deixou claro que a presidencia "non é negociable", pero que si estaría disposto a que Manuel González propuxese nomes que completasen as dúas vacantes no seu equipo directivo. "Aínda hai tempo a acadar un consenso" que o catedrático cualifica de "non perfecto", pero si "útil". "Se non existe unha candidatura de consenso, non é pola nosa culpa", di o académico vigués Alonso Montero aclarou que a súa intención sempre foi a de presentar unha única lista, pero que o obxectivo foi imposible porque "antes de que se chegase a un acordo entre os académicos foi presentada a cadidatura de Manuel González". "Se non existe unha candidatura de consenso, non é pola nosa culpa", insistiu. En canto aos motivos que o levaron a presentar a súa candidatura á presidencia da RAG, Alonso Montero asegurou que pensou "moito tempo" sobre o tema, para acabarse "decantando polo ben público e non pola satisfacción privada", baseándose no seu "elemental marxismo". A celebración do plenario no que se elixirá o substituo de Méndez Ferrín terá lugar, case con toda seguridade, a principios da vindeira semana. Antes, Alonso Montero exporá publicamente o seu programa, no que inclúe ofrecer á sociedade galega unha gramática e un diccionarios, así como estudos sociolingüísticos para expertos.
NOS_30029
Sanidade activou a pasada semana o protocolo para a detección de casos após decretarse a alerta sanitaria.
A Consellaría de Sanidade detectou recentemente dous novos posíbeis casos de varíola do mono, que se enviaron ao Instituto de Saúde Carlos III (Madrid) para a súa análise. Así, son xa un total de tres os supostos que apareceron na Galiza e están en estudo, todos eles á espera da diagnose definitiva. Na pasada sexta feira, Sanidade enviou a Madrid as mostras da primeira das persoas que presentou no país un cadro compatíbel coa definición da varíola do mono. Agora, a dirección xeral de Saúde Pública comunicou ao Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias outros dous casos. Primeiro caso sospeitoso de varíola do mono na Galiza Segundo destaca esta segunda feira a Xunta a través dun comunicado, á espera dos resultados definitivos, estas tres persoas atópanse nunha situación estábel. Após a alerta internacional sobre varíola do mono decretada o pasado 17 de maio, Sanidade adaptou o protocolo para a detección de posíbeis casos ao recibido do Ministerio Sanidade a pasada semana. O novo documento estabelece unha nova definición para buscar e detectar novos casos e concreta a consideración de contacto, á vez que incorpora as medidas de prevención e precaución que debe adoptar a cidadanía e o conxunto de profesionais dos centros sanitarios. Álvaro Mena, médico internista: "A vacina da varíola protexe contra a do mono, mais non se dispensa desde 1980" A OMS demanda máxima prudencia A Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de advertir que nas vindeiras datas seguirán a aumentar os casos de varíola do mono no mundo, unha doenza da que alertou o Reino Unido o pasado 14 de maio após detectar varios positivos, que xa se estenderon a unha ducia de países, entre eles o Estado español. "A situación evoluciona de tal modo que a OMS cre que haberá máis casos identificados a medida que a vixilancia se estende en países que non son endémicos", precisou, ao tempo que salientou que aínda non foi posíbel estabelecer o foco e a ruta desta vaga de contaxios.
PRAZA_7259
ENTREVISTA Tras anos de loita social contra os desafiuzamentos Ada Colau agora é un dos rostros visibles de Guanyem Barcelona, a plataforma cidadá que aposta por "recuperar" a capital catalá. De visita en Galicia para compartir senllos actos con Anova e a Marea Atlántica, Colau apela a "actualizar as formas de participación" e á "altura de miras" nos procesos de confluencia. Subliña que "gañar de verdade é que, goberne quen goberne, se faga o que a cidadanía queira".
A figura de Ada Colau (Barcelona, 1974) está asociada, posiblemente para sempre, á loita contra os desafiuzamentos a través da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Tras moitos anos de traballo social e tras diversos ofrecementos para se incorporar á política partidaria agora é tamén un dos rostros máis visibles de Guanyem Barcelona, a plataforma cidadá que aposta dende hai meses por "recuperar" a capital catalá e, en última instancia, gobernala. De visita en Galicia para compartir senllos encontros e actos públicos con Anova e a Marea Atlántica, Colau reitera a necesidade de "confluencia" a partir de "prácticas e obxectivos concretos". "Estamos nun momento de cambio histórico", asegura. Visita Galicia para compartir actos con Anova e coa Marea Atlántica coa confluencia no centro do debate. Que ten a confluencia que non teñan as coalicións de partidos ou a incorporación a eles de persoas procedentes dos movementos sociais? Por que non outras fórmulas? O suxeito é a cidadanía na revolución democrática que está en curso. Houbo un espertar cidadán, desgraciadamente a partir dunha experiencia traumática, como foi o estourido desta estafa chamada crise. Houbo unha conciencia xeralizada de que delegar a política foi a nosa ruína, de que ou a democracia se exerce cada día ou senón, outros se apropian dela con fins diferentes ao interese xeral. Esta non é unha reflexión de dous días, é un proceso longo con moitos froitos e expresións: o 15-M, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, as mareas... E agora hai unha necesidade de ocupármonos das institucións que están secuestradas por poderes económicos e intereses privados que, claramente, son un teito de cristal para esa defensa do interese xeral e para exercer unha democracia real. Nese proceso están a buscarse ferramentas desde a cidadanía para intervir, e é lóxico que en función que dos diferentes contextos vaian xurdindo propostas que son moi afíns na formulación xeral: que hai que actualizar as formas de participación política, que o deseño institucional que tivemos ata agora é insuficiente, que temos un problema xeralizado de corrupción... Temos tamén un problema que non é só desa confusión do interese privado co público, senón tamén da participación política. Na Transición e na Constitución os partidos conságranse como única forma de participación. Nese momento seguramente tiña sentido histórico, saíndo dunha ditadura, cunha transición que en aras da paz non fai xustiza e non xulga os verdugos. Con todo ese medo refórzanse os partidos políticos, debilitados tras corenta anos de ditadura. Corenta anos despois hai que actualizalos, porque a forma de participación a través dos partidos é claramente insuficiente. É nese contexto no que empezamos a facer ensaios e no que, non é casualidade, o máis avanzado sae da periferia do reino: as CUP, Anova, o Procés Constituent... Agora, no contexto das municipais xorde Guanyem e rapidamente se xera a Marea Atlántica, Ganemos... O nome é o de menos, son síntomas dun cambio profundo. "Non hai que facer unha crítica 'facilona' aos partidos nin é certo que non se conseguise nada, pero hai que actualizar as formas de participación" Desde diversos partidos, sobre todo desde a esquerda, adóitase dicirlles: "Escoiten, nós tamén somos cidadáns"... Estou de acordo. Non hai que facer unha crítica facilona aos partidos políticos, hai que distinguir entre estruturas de poder e persoas. Nos partidos políticos hai moitísima xente honesta que entregou a súa vida, non todos son uns ladróns e non é certo que non se conseguise nada. Conseguíronse moitas cousas e grandes conquistas sociais. Pero unha cousa é iso e outra, que esas formas de participación política que se consolidaron como estruturas opacas e electoralistas quedaron, como mínimo, insuficientes, por non dicir caducas. A cidadanía está a reclamar protagonismo e temos os medios para facelo, é cuestión de vontade política. Non é cuestión de que todo o que existiu até agora non vale, a experiencia acumulada é un dos tesouros que debemos aproveitar, pero hai que actualizar as formas de participación. É por este motivo polo que dixo "non" cando, caso por exemplo de Iniciativa per Catalunya, se lle propuxo sumarse e agora si? Agora hai unha posibilidade de ver a Ada Colau facendo política institucional... O que sempre descartara é a fichaxe individual por un partido político clásico. Porque entendía que non é que non fose lexítimo, pero para a miña vocación de transformación da sociedade e dunha conquista de máis e mellor democracia era máis útil fóra das institucións. Pero agora por fin se abre un contexto de repolitización da sociedade no que é posible cambiar as institucións e experimentar con esas fórmulas de confluencia non en base a declaracións e negociacións, senón incluíndo o máximo de xente posible sobre prácticas e obxectivos concretos. Esas experiencias presentan a posibilidade de abrir as portas das institucións e que a xente sexa protagonista. Non se trata de chegar ao poder para actuar en lugar doutros, senón de transformar as institucións, democratizalas. Canto hai nestes movementos de tentación, por parte de forzas políticas xa existentes, de controlar ou teledirixir? "É normal que quen leva moito tempo en política teña resistencia a diluírse, pero aí se vai demostrar a grandeza de apostar por conquistar máis democracia" Evidentemente, cando se están experimentando cambios profundos, non se fai en dous días. Hai vellas inercias que se manteñen, o vello e o novo conviven e están en tensión permanente. Iso é predicible, de aí a importancia de centrar o proceso de confluencia nos obxectivos e nas prácticas. Xa todo o mundo fala de participación e rexeneración democrática. Onde se ten que notar a diferenza é nas prácticas e os obxectivos. Onde se demostrará canto está disposto cada un a apostar por esa profundización democrática será no que estea disposto a transformarse, a cambiar e a compartir con xenerosidade e valentía. Quen leva moito tempo en política é normal que teña resistencia a diluírse, hai receos que son razoables. Pero aí se vai demostrar a grandeza e a altura de miras de quen aposte por conquistar máis e mellor democracia. Están a convivir con forzas políticas recentes, de pouca dimensión a nivel de cadros como Anova, pero tamén cunha en plena expansión orgánica e territorial, como Podemos, que se está constituíndo como partido... Non está nada escrito e irémolo vendo a medida que os procesos se vaian construíndo colectivamente. Non hai unha fórmula única no municipalismo que se poida aplicar por definición, porque está enraizado na realidade local. A análise de fondo que facemos en Guayem Barcelona é o diagnóstico de emerxencia social e sobre todo, de oportunidade, de repolitización, de fenda histórica que a miña xeración non coñecera nunca e que hai que tentalo, porque nos vai a vida e o futuro niso. E para conseguir transformación da realidade hai que sumar ao máximo de xente posible, aí está como prioridade chegar á inmensa maioría da xente, tamén a moita xente honesta que estivo participando politicamente. Tamén necesitamos esa experiencia, sería moi arrogante pola nosa banda pensar que, polo feito de non estar manchados pola corrupción, o imos facer mellor que outros. A maior virtude á que podemos aspirar é á de saber xuntar a experiencia de xente honesta que xa o estivo tentando e de xente nova que busca novas formas. A súa experiencia non é de política partidaria, pero si de política no ámbito dos movementos sociais. Durante estes anos chamáronlle moitas cousas: radical, filoterrorista... Foi demasiado banal ou gratuíto asociar determinadas loitas sociais á violencia ou ao terrorismo? "Que nos tenten asociar a unha barbaridade como o terrorismo, cando é obvio que as prácticas cidadás non teñen nada que ver con el, non deixa de ser síntoma da nosa forza" Desde logo, saíulles demasiado de balde. Nunha democracia real isto non sería posible. Nin sequera en democracias que non son perfectas, como a francesa ou a alemá. Alí sería impensable un abuso de poder sistemático por parte do partido do goberno con moitas expresións, unha delas a criminalización da disidencia e a vulneración de dereitos fundamentais. Despois van criticando a países estranxeiros dicindo que non son democráticos e aquí teñen unhas prácticas autoritarias desmedidas e sen pudor. Quen hoxe ten o poder teno de forma absoluta e afíxose á impunidade; iso é un síntoma da falta de democracia real e, ao mesmo tempo, de debilidade. Que o último argumento que quede sexa a criminalización e a ridiculización da disidencia política é un síntoma de debilidade que non hai que infravalorar, porque ten o monopolio da forza policial, xudicial e económica e poden facer moito dano. Pero, sobre todo, non hai que ter medo, porque estamos no bo camiño. Que nos tenten asociar a unha barbaridade como o terrorismo cando é unha obviedade que as prácticas cidadás non teñen nada que ver co terrorismo non deixa de ser un síntoma da nosa forza. Mirouse cara a outro lado desde a esquerda social e política cando estes fenómenos eran máis concentrados e dicíase, por exemplo, que todo en Euskadi era ETA, que todo o independentismo catalán ou o sindicalismo andaluz era violento? Si, podería ser. Foi unha dinámica máis ampla; houbo unha relaxación política xeralizada. O erro da esquerda tradicional, un de varios, foi analizar a realidade como basicamente económica e facer unha crítica ao capitalismo e ao neoliberalismo como unha realidade económica, cando en realidade o seu triunfo é que se converteu nun sistema de valores hexemónico, un inimigo interior que nos atravesa e nos constrúe como suxeitos. Un dos grandes emblemas sería o capitalismo popular de Thatcher e aquí, a sociedade de propietarios na que se nos tentaba convencer de que todo o mundo saía gañando. Agora ese espellismo rompeu coa situación traumática xerada pola crise e ese sistema de valores, que determina as nosas relacións persoais e as nosas emocións, fai que esteamos desarmados cando todo salta polo aire, que esteamos na casa sen saber como reaccionar. E é doado que quen ten o poder cometa abusos e que nós nin sequera teñamos ferramentas para analizalos e facerlles fronte. Houbo unha falta de análise por parte das esquerdas e, afortunadamente, movementos cidadáns están a lle dar a volta a iso. Expresións como o "si, pódese" da PAH ou o "non temos medo" do 15-M teñen que ver coa construción dunha detemrinada cultura que era o noso maior inimigo, o noso propio medo, que nos tiña en casa e desarmados. Houbo que deixar de 'ser ricos' para que se producise esa "repolitización" da que fala? Cústame, filosoficamente, renderme ao argumento de que ata que non nos vai mal, a xente non esperta. Non quero resignarme a ese argumento. É certo que cando se toca fondo se abre un contexto de oportunidade para cuestionar o modelo, pero sería un erro pensar que iso é dabondo. Demostrouse como falso historicamente. Ao noso ao redor, na Europa en crise, hai xermolos de xenofobia e ultradereita e aquí non se dá, en parte porque a ultradereita está amplamente representada polo PP, pero en parte porque houbo unha reacción cidadá para darlle outro tipo de resposta á crise. Temos que estar orgullosos de que se fixese esa aposta e de que, a pesar das dificultades, haxa unha ampla mobilización cidadá que estea a buscar reescribir o final da historia para que saiamos da crise con máis e mellor democracia no canto de ir a unha versión contemporánea do feudalismo. A seis meses das eleccións municipais unha das críticas que se lles fai é a do adanismo. Hai quen prognostica que a súa 'mística' rematará cando teñan que tocar o primeiro expediente municipal ou decidir se se instalan ou non unhas tubaxes nunha rúa. Como preveñen ese risco? "As nosas propostas saen de experiencias concretas, de pelexar coa realidade moito máis que as institucións" Non é certo, ao contrario. As propostas que están a xurdir, e en concreto a de Guanyem Barcelona, saen dun realismo extremo, de persoas que vimos de experiencias moi concretas e de pelexar moito máis que as institucións coa realidade social da crise. Sabemos perfectamente o difícil que é e demostramos que, desde a cidadanía, sabemos ir moi por diante das institucións e dos partidos políticos para dar resposta a problemas concretos. As institucións dicíannos que non se podían parar os desafiuzamentos e parámolos, que non se podía paralizar a privatización de hospitais e fixémolo. Dende ese pragmatismo sabemos que, cos recursos existentes, poderíase estar a facer moito máis. Non temos a fórmula máxica nin a arrogancia de pensar que podemos resolvelo todo, pero sabemos que con vontade política e sen dependencia dos grandes poderes conómicos se pode facer moito mellor. En Catalunya o debate soberanista está no centro da vida política. Como están a conciliar ese debate nacional coas cuestións máis cotiás ou co eixo esquerda-dereita? "Non imos comprar o discurso de non poder falar dos dereitos sociais se falamos dos dereitos nacionais; a min impórtanme os dous" Para min sería un erro, e así o cremos en Guanyem, contrapoñer dereitos. Nunca imos comprar ese discurso, no que o poder sempre tentou facernos caer: se falas dos dereitos nacionais e do dereito a decidir non podes falar dos dereitos sociais. Evidentemente, non, a min impórtanme os dous. Non son sacrificables uns polos outros. Son debates perfectamente compatibles. O dereito a decidir gañou en tres anos en Catalunya un protagonismo que non tiña, politizouse e a moita xente que nunca fóramos nacionalistas nin independenistas importounos o dereito a decidir. Por unha banda, por un goberno do PP que é a principal fábrica de independentistas, pero tamén con esa revolución democrática transnacional da que forma parte o dereito a decidir en Catalunya. Cando no Estado non había ningún Podemos aí xorde para moita xente unha oportunidade de ruptura, de proceso constituínte e revolución democrática. Hai esa reacción a un poder absolutista do PP e tamén un sector nacionalista máis tradicional. Xúntanse varias cousas e a clave foi que o debate avanzou fortemente mentres o protagonismo foi cidadán. En cambio, agora estamos vendo que, en canto ese liderado cidadán se delegou nos partidos tradicionais e nas institucións, volveuse enquistar. Hai moitos actores e moitas arelas distintas nese proceso, que non se pode reducir a un debate de proceso soberanista contra proceso polos dereitos sociais. Hai moita xente que participamos nas mobilizacións polo dereito a decidir que o fixemos, precisamente, porque queremos avanzar nun proceso de ruptura democrática. Desde a CUP din iso de "independencia para cambialo todo". Vai por aí o debate? Claro. Hai moita xente que quere cambialo todo, sobre todo hai iso, máis que unha mobilización propiamente identitaria. E algunha xente viu unha oportunidade no debate sobre a independencia para cambialo todo.
NOS_6573
Os Weston viven nas aforas dun pequeno pobo de Oklahoma. Un tráxico acontecemento fará que a familia se reúna ao completo tras anos sen verse. Após un encontro marcado pola normalidade e tratando de manter as aparencias, pouco a pouco van ir saíndo á luz a verdades máis ocultas de cada membro da familia.
Título orixinal: August: Osage County Ano: 2013 Duración: 121 min. País: Estados Unidos Director: John Wells Guión: Tracy Letts Fotografía: Adriano Goldman Música: Gustavo Santaolalla Reparto: Meryl Streep, Julia Roberts, Chris Cooper, Ewan McGregor, Abigail Breslin, Julianne Nicholson, Juliette Lewis, Benedict Cumberbatch, Margo Martindale, Dermot Mulroney, Sam Shepard, Misty Upha Sinopse Os Weston viven nas aforas dun pequeno pobo de Oklahoma. Un tráxico acontecemento fará que a familia se reúna ao completo tras anos sen verse. Após un encontro marcado pola normalidade e tratando de manter as aparencias, pouco a pouco van ir saíndo á luz a verdades máis ocultas de cada membro da familia. Crítica "Agosto" está baseada na obra de teatro de Tracy Letts, gañadora do Pulitzer no 2008 e que ela mesma encárgase de reescribir para a gran pantalla. Comeza cunha frase do premio Nobel T.S. Eliot e que nos prepara para o que vai vir: a vida é moi longa, di o señor Weston, un home coa faciana marcada polo paso do tempo, interpretado polo sempre solvente Sam Shepard. Pouco despois aparece a señora Weston, interpretada Meryl Streep cunha imaxe moi degradada froito dun cancro de boca. Pero a historia non trata do cancro en particular, xa que se trata coma unha circunstancia, senón das relacións humanas e tensións internas no seno dunha familia un tanto peculiar. Desenvólvese no condado de Oklahoma. Un lugar onde as chairas parecen non terminan nunca e fai un calor de mil demos. Detalle que a fotografía, de tons ocres e cálidos, do brasileiro Adriano Goldman encárgase de potenciar. A fotografía logra transmitir moi ben, apoiado na música de aires country do arxentino Gustavo Santaolalla, o ambiente sureño no que se desenvolve a trama. Unha trama que fala dunha familia que se xunta para un funeral (como soe pasar) e que, como non podería ser doutra maneira, comezan a saír os trapos sucios. Esa calor de agosto xoga un papel determinante xa que incrementa, máis se cabe, as angustias e tensións familiares. A destacar a catarse colectiva que se produce na comida familiar na que hai un xogo extraordinario de miradas cómplices… e de miradas que matan. A priori a trama dunha familia que se reúne, xunto co insulso título do filme, podería non ser moi atraínte que digamos. Pero os irmáns Weinstein, produtores xunto a un George Clooney que tamén viu que a cousa pintaba ben, foron ben listos ao facer unha campaña potente arredor de Meryl Streep. Actualmente a mellor actriz de Hollywood de lonxe. Xunto a ela un ben escollido casting no que apoiar a súa interpretación. Logra que nos esquezamos que estamos a ver a actriz Meryl Streep e vexamos á personaxe que interpreta: unha nai neurótica, posesiva, manipuladora, sen filtro e adicta ás pastillas. Conseguir facer ese papel sen caer no maniqueísmo, e incluso con toques de humor, está ao alcance de poucas actrices. Tamén merece un destaque Julia Roberts, probablemente motivada por ter ao monstro Streep ao seu carón. Un auténtico tour de force interpretativo entre ámbalas dúas actrices. E aínda que gaña por goleada Meryl Streep, si que se nota un gran traballo de Julia Roberts que acada un dos papeis máis verosímiles da súa carreira. Completan o reparto estrelas coma Ewan McGregor, Chris Cooper ou Dermot Mulroney. Tamén sae unha crecida Abigail Breslin, a nena de "Pequena Miss Sunshine" (2006, Jonathan Dayton, Valerie Faris), e unha recuperada Juliette Lewis, ("O cabo do medo", "Días estraños") que non facía nada medianamente decente desde a década dos 90. Segue cos seus tics de sempre pero aporta unha personaxe interesante. Xunto con Roberts e Julianne Nicholson, completa o trío de irmás da familia Weston. Outro que ultimamente está en todas é Benedict Sherlock Cumberbatch, e coma de costume e para variar constrúe unha personaxe sobreactuada (léase "Star Trek: na escuridade", "12 anos de escravitude" ou "O quinto poder") que ademais aporta un dos momentos máis ridículos e de vergoña allea, do filme. Pero é unha mancha pequena que tampouco desmerece o conxunto. O director John Wells está máis que experimentado en series e películas para televisión. "Agosto" supón o seu segundo filme da súa carreira coma director (aínda que coma produtor ten unhas cantas máis). Nótase que procede do medio televisivo pero ten o acerto de filmar coa cámara fixa, case tódalas tomas, coma se conformara un postais ou fotografías xustaposta a modo de imaxes da vida que vemos pasar; subliñando de paso a frase inicial de T.S. Eliot e dándolle un toque teatral en homenaxe á obra na que se basea. Pódese achacar que a familia Weston é bastante atípica e o que lle acontece está máis preto do folletín novelesco que dunha historia coa que nos sintamos identificados, pero o feito de poder ver a transformación que fai Meryl Streep ante os nosos ollos xa fai que pague a pena. A película toca en profundidade as interrelacións familiares, o paso do tempo, a vellez, a parella, a soidade. En fin, que fala da vida. Non é redonda pero ten unha correcta factura e conta cun reparto de luxo. Ademais, considerando que fai xa tempo que estamos ante unha carteleira cada vez máis fagocitada polos efectos dixitais, as luceciñas de cores, o "máis difícil aínda", os remakes, as precuelas e os spin-offs… ver unha película que simplemente fale de persoas, con franqueza e sen artificios, penso que merece cando menos unha oportunidade.
NOS_16677
Os positivos están a ser analizados para concretar o grao de patoxenicidade, é dicir, o dano que poden chegar a causar.
A Xunta identificou dous casos de gripe aviaria en dúas aves silvestres que estaban de paso pola Galiza e que non aniñan nin teñen colonias en todo o territorio, informou a Consellaría de Medio Rural. Os resultados positivos están a ser analizados polos técnicos da Administración galega, que avalían os informes de laboratorio e as circunstancias e lugares de recollida das aves contaxiadas. En estudo Segundo traslada o Goberno da Xunta, no caso de que se confirme a "alta patoxenicidade" dos casos, estes "serán declarados e comunicados ás autoridades competentes, aos efectos oportunos". A Xunta prohibe a cría ao aire libre e confina as aves de curral en 34 localidades para evitar a gripe aviaria A Xunta resalta nun comunicado que o subtipo de virus de gripe aviaria declarado en Europa "non ten carácter zoonósico", é dicir, que non pode transmitirse desde os animais ás persoas a través da carne cociña, ovos ou produtos procesados. Así mesmo, remarca que a detección de casos en aves silvestres "non afecta ao status sanitario das explotacións avícolas, nin aos movementos dos seus animais". Algo de historia Esta enfermidade vírica infecciosa identificada hai máis dun século, reapareceu en 2003 en Asia, momento no que comezou a súa propagación mundial. Na actualidade coñécense máis dunha ducia de subtipos do virus da gripe que afecta ás aves, dos cales, o máis preocupante é o H5N1, responsábel da alerta declarada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 2005. O pasado mes de xaneiro Medio Rural prohibiu a cría ao aire libre de aves de curral en 34 localidades despois da detención de varios focos de gripe aviaria en diversos países da Unión Europa e incrementarse a situación de alerta no estado español. As medidas afectaron ás zonas de especial risco (ZER), constituídas polos concellos da Illa de Arousa, Cambados, Meaño, O Grove, Sanxenxo, Ribadumia e Vilanova de Arousa mais ás de especial vixilancia (ZEV): Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Ribeira, Vimianzo, Zas, Ribadeo, Trabada, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.
NOS_58280
O sindicato incide en que "é un desplante á lei, ás formas e, sobre todo, ao persoal docente e investigador galego que decidiu cos seus votos que a CIG sexa o primeiro sindicato no sistema universitario galego".
CIG, sindicato maioritario do ensino en Galiza denuncia a súa exclusión "reiterada" por parte do Ministerio de Universidades na negociación ou na rolda de contactos da futura Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU). A reiteración, apunta, non é produto da casualidade "Nin en tempos do PP se deu un trato tan discriminatorio ao sindicato, tal como a cronoloxía dos feitos mostra", apunta a central nacionalista. O 10 de maio de 2021, o secretario nacional de CIG-Ensino, sinala o sindicato, púxose en contacto co gabinete da secretaría xeral do Ministerio de Universidades para trasladar o malestar a central "ante a falta de convocatoria á nosa representación para unha primeira toma de contacto sobre a futura LOSU, cando por estas datas outros sindicatos xa foran convocados. Estas reunións fórannos anunciadas no mes de febreiro polo propio Ministerio. Ante a falta dunha reacción nos seguintes días o sindicato enviou un email o día 13 do mesmo mes". "Ao día seguinte, o 14 de maio, a CIG-Ensino recibiu un correo de Alejandra Calvo, coordinadora de participación e investigación no gabinete do ministro de Universidades, no que nos pide desculpas polo erro e nos propoñen que teñamos esa reunión. Esta tivo lugar na primeira semana de xuño. Posteriormente remitimos un documento con todas as propostas da CIG sobre os temas centrais da futura LOSU propostos polo Ministerio". "O 21 de setembro, tivo lugar unha reunión, xa co anteproxecto da LOSU a debate, á que fomos convocadas as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF e CIG. Ao termo desa reunión indicouse que habería outra o día 28 para falar sobre o apartado da gobernanza, coa participación dunha representación das CC.AA. e outras entidades, ademais das sindicais". "O día 22 enviamos un email ao Ministerio de Universidades indicando que deberiamos ser convocados. Os precedentes facíannos sospeitar que se decidise o contrario, como foi ao final. En resposta ao noso correo, Alejandro Albillo, director do gabinete técnico da Secretaría Xeral, indicábanos que polo Ministerio "determinouse que a participación de cada un dos sectores correspondentes sexa representativa, co obxecto de que sexa unha reunión que se desenvolva o máis axilmente posible". A CIG-Ensino mostrou o seu absoluto abraio e perplexidade diante dunha xustificación na que se afirmaba que esa suposta axilidade se vise afectada por sermos catro os sindicatos convocados en vez dos tres finalmente "seleccionados", desprezando a representación da CIG". "Posteriormente, algunhas organizacións sindicais de implantación estatal e o propio Ministerio informaron dunha nova reunión para tratar temas da LOSU relacionados directamente co PDI que estaría tendo lugar o mércores 13 de outubro. A CIG-Ensino foi novamente excluída, non se nos remitiu ningunha documentación nin se nos deu resposta tras as chamadas ao gabinete técnico, obtendo unicamente a resposta verbal de que non se non vai a convocar". "Chegados a este punto vergoñento desde o sindicato remitimos un escrito ao ministro para recordar novamente que a CIG é, con arranxo á Lei de Liberdade Sindical (LOLS), organización sindical máis representativa. Sómolo pola nosa condición de sindicato maioritario en Galiza e a LOLS non fai ningún tipo de distinción entre os sindicatos máis representativos a nivel estatal (CCOO e UGT) e os que o somos a nivel de comunidades autónomas, como é o noso caso. Tal é así, que a CIG-Ensino forma parte de todas as Mesas de Negociación a nivel estatal, desde a Xeral das Administracións Públicas a, por exemplo, a de Educación e, cando se facían as cousas de xeito correcto e se constituían formalmente, tamén da de Universidades". "A pesar de que a lexislación nos avala o sindicato maioritario no ensino galego tivo moitos problemas co Ministerio de Universidades á hora de ser convocados, tanto na etapa anterior do ministro Duque como na actual. "Nunca foi peor a desconsideración ao noso sindicato a efectos de convocatorias con épocas pasadas. Dóenos porque estas decisións de excluírnos dun foro no que temos todo o dereito a estar van máis alá das nosas siglas, son un desplante á lei, ás formas e ao persoal docente e investigador das universidades galegas", afirma o secretario nacional da CIG-Ensino".
NOS_36365
Nun contexto de reivindicación da independencia do territorio do antigo reino de León, nunha enquisa lanzada polo xornal ás súas lectoras, e na que votaron 1.718, 32% optou pola anexión do Bierzo a Galiza.
En decembro de 2019 o pleno do Concello de León aprobou unha moción, presentada polo partido local Unión del Pueblo Leonés (UPL) a favor da autonomía das recións de León, Zamora e Salamanca. PSOE e Podemos respaldaron a proposta, rexeitada por PP e Ciudadanos. No medio das novas que analizaban as posibilidades de que a proposta virase realidade, e as súas posíbeis consecuencias, InfoBierzo decidiu preguntar directamente ás súas propias lectoras polas súas preferencias . E a opción que acadou máis votos, arredor de 32%, foi a "anexión do Bierzo a Galiza". Na enquisa de InfoBierzo participaron 1.718 persoas, das que 551 optaron pola unión da comarca do Bierzo ao territorio galego. A segunda opción máis votada, con 541 votos ou 31% do total, foi a creación dunha comunidade autónoma; diferente á de Castela, que englobase as rexións de León, Zamora e Salamanca. É dicir, a proposta presentada no Concello de León por UPL. En terceiro posto; a "independencia da comarca do Bierzo, acadou 19% dos votos , escollida por 319 persoas. A maiores, 165 votantes manifestaron o seu desacordo con calquera tipo de independencia, 105 optaron pola "independencia da provincia de León", e 38 marcaron a casilla de "indiferente". No Bierzo, entidades como o colectivo cultural Fala Ceibe reivindican os lazos que unen esta comarca con Galiza. "O Bierzo ten loitado historicamente por acadar un maior recoñecemento territorial e bilingüe. Velaí que non se admita ben ese comprobado ocultamento do Bierzo fronte á relevancia da provincia leonesa. Ademais, levamos séculos falando galego sen o abeiro das institucións foráneas. Tanto a Deputación leonesa coma a Junta de Castela e León non son protagonistas na protección do galego, senón O Bierzo", escribíu o seu voceiro Xabier Lago nun artigo para Nós Diario.
NOS_34209
O veterano político participou na mañá do sábado en Vilalba nun acto político de En Marea no que tamén tomou a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, quen reivindicou o traballo realizado pola coligazón nestes cinco meses no Congreso.
O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, interveu na mañá do sábado nun acto político de En Marea en Vilalba no que se comprometeu a "apoiar e contribuír até o límite das miñas forzas" a coligazón. Sinalou que Galiza é "unha nación sometida" e "un conxunto plural de masas traballadoras agredidas é o motor de autodefensa". Apelou entón a "convivir e unirse". "A unión non é líquida, temos que seguir articulándonos", afirmou, cando as súas discrepancias coa coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, son cada vez máis evidentes. "Esta marea combinada coa que se artella no conxunto do Estado será a que nos fará respirar de novo", engadiu. Fernán Vello reivindica o traballo de En Marea-Podemos Tamén participou do acto Miguel Anxo Fernán Vello, número 1 por Lugo, quen cargou contra os que "faltan á verdade" e "negan a realidade do traballo realizado, con tanta presenza", en alusión ao labor de En Marea-Podemos no Congreso. "Nunca Galiza en tan pouco tempo tivo tanta presenza e recoñecemento", salientou a raíz das críticas que xurdiron polo nivel de actividade parlamentar do grupo confederal de Podemos nos que se inseriron os deputados e deputadas de En Marea. Porén, o cabeza de lista por Lugo quixo recoñecer expresamente o "traballo político histórico realizado polos representantes do BNG nestes últimos 20 anos". No acto de Vilalba tamén tomou a palabra Lidia Senra, europarlamentar de AGE, quen censurou as políticas de PP e PSOE que "atacan a democracia e a soberanía". "Priorizan os intereses dos poderosos mesmo á nosa saúde", denunciou, e finalizou chamando a plantar cara á "débeda inmoral, inxusta e odiosa". "O Goberno que saia ten que impagala, porque é impagábel".
NOS_16789
No acto no Palacio da Ópera da Coruña só falaron a número 3 por Madrid, Marta Rivera de la Cruz, e a portavoz do partido en Catalunya, Inés Arrimadas.
O único mitin previsto por Ciudadanos esta campaña electoral en Galiza non contou coa participación dos cabezas de lista da formación nas provincias galegas, presentes no acto. Falaron no seu lugar a portavoz en Catalunya, Inés Arrimadas, e a escritora galega e número 3 por Madrid, Marta Rivera de la Cruz, ante decenas de persoas Arrimadas centrou o mitin –celebrado no Palacio da Ópera da Coruña– no debate que esta segunda feira celebraron os líderes de PP e PSOE, Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. A voceira da formación laranxa considerou que o cara a cara foi "a maior demostración de que se acabou unha era política" e presentou a Ciudadanos como o único partido "capaz de unir aos españois". A número 3 por Madrid saíu ao paso das críticas pola falta de propostas para Galiza, como afirmara o cabeza de lista pola Coruña, Antonio Rodríguez. "Galiza ten unha parte moi importante no programa de 400 páxinas de Ciudadanos", defendeu Rivera de la Cruz, que apuntou a mellora das infraestruturas internas do país e o fomento de negocios sostibles no rural. Tampouco estivo presente o líder Albert Rivera, que onte declinou acudir ao mitin. Participou a través dun vídeo onde apelou á participación "se non queremos ver o que vimos onte nese debate do bipartidismo decadente".
NOS_41233
Days of Poetry and Wine, un dos festivais de poesía de máis prestixio en centroeuropa, celébrase en Eslovenia. En 2017 iniciou o proxecto Carta Aberta a Europa, unha carta dirixida a Europa e ao mundo coa vontade de levar a linguaxe da arte e da poesía ao discurso público. O festival selecciona cada ano un poeta, a quen lle dá a oportunidade de abordar os temas que considera máis apremantes. A carta envíase aos membros do Parlamento Europeo, do Consello de Europa e da Comisión Europea e publícase en medios de comunicación internacionais. Chus Pato foi a poeta escollida este ano para redactar a carta que reproducimos aquí na versión orixinal galega.
No mes de agosto do 2009, e á hora prevista, o avión no que viaxaba aterrou en Lviv. Un aeroporto níveo que me cegou coa súa brancura Erin Moure, a poeta canadiana -que un bo día decidira traducir un dos meus libros ao inglés e que co tempo se converteu nunha das miñas mellores amigas-, quería enterrar as cinzas da súa nai no camposanto da súa aldea natal, Velyki Hlibovychi. Eu desexaba acompañala e ademais ver a embocadura dun dos brazos do Danubio no Mar Negro. A sorte estaba decidida e a sorte chamábase Ucraína. Europa? Si, isto é tamén Europa. De Europa sempre marchamos Europa é este territorio que, na primeira metade do XX, expulsou sen tregua a súa poboación (sobrante?) cara ás Américas. É así como dúas poetas que residen en continentes distintos poden reunirse en Lviv. A que chega do Quebec e agarda por min no aeroporto provén por liña materna da Galitzia austrohúngara/polonesa -na actualidade, ucraína- e pola paterna da Galicia española. Eu vivo nesta última. Tres dos meus avós foron emigrantes en Cuba e na Arxentina, un deles está enterrado en Camagüey. Erin e mais eu temos a mesma idade, somos do 1955; ambas temos antepasados que naceron ben nunha Galicia, ben noutra Galitzia. Somos o resultado dese ir e vir, dese cruzar e volver cruzar o Atlántico. A distancia entre Velyki Hlibovychi e Lviv é de trinta quilómetros, que facemos en tren. A vila de referencia é Bibrka. Nela, pouco despois da chegada dos nazis, 200 xudeus foron enviados ao campo de exterminio de Belzec. O 13 de abril do 1943, 1300 foron fusilados na estrada de Volove. A maioría dos xudeus ucraínos foron asasinados nas cunetas, preto das súas aldeas. A maioría dos republicanos galegos tamén foron asasinados polos falanxistas de Franco nas cunetas, preto das súas aldeas. Existe unha tendencia a considerar que as zonas das que proceden os emigrantes son atrasadas. Non só economicamente: tamén son xulgadas como illadas e case fóra da Historia. Gustaríame anotar que padecer a Historia, ser tratado como mao de obra barata e exportable, é unha forma de vivila. E tamén quero engadir que as zonas das que son nativas familias como as destas dúas poetas -que se atopan na que foi en tempos a capital da Galitzia austrohúngara- tiveron e teñen un contacto continuo co continente americano, así coma cos Estados europeos aos que emigraron na década dos anos sesenta do século pasado; neles formaron parte do proletariado que axudou á súa reconstrución logo da Segunda Guerra Mundial. Europa? Si, Europa está chea de pobos. Dos pobos nunca marchamos Un pobo -a humanidade- é un ser que xorde como abrollan os ríos. Érguese e, porque se ergue, pode caer. É un indestrutible, é dicir: pode ser sacrificado un millón de veces, pero nunca destruído. É un inesquecible, é dicir: un vivente que non precisa das nosas persoas para existir. Non se sitúa nunca do lado do poder, sexa cal sexa ese poder, sitúase do lado da potencia, da posibilidade, e ante esa posibilidade responde. Non se confunde cos seus representantes nin cos seus gobernantes, porque non é unha representación, é unha presenza sobre a Terra. Un pobo ten memoria de moitos tipos de gobernos, de todos os modos de produción que o atravesaron, pero o seu corpo é anterior. É unha forza que abate calquera réxime antigo, e calquera réxime o é. É esa acción de erguerse, de brotar, de cantar, de ser derrotado ou vencer, pero nunca de gobernar. É incompatible co goberno, con calquera tipo de goberno. Un pobo é unha intensidade que non se confunde cun Estado, nin cunha nación-Estado, nin con ningún tipo de división administrativa. É un rizoma e medra estendéndose sen ter en conta ningún tipo de impedimento burocrático. Un pobo sempre carece de papeis. As institucións, calquera tipo de institucións, non o emocionan, pero coñece o seu xusto prezo. Unha humanidade é, presentase, abate, pode caer, é contemporánea, avanza. Europa? Si, Europa está chea de pensamento. Do pensamento nunca marchamos A Esperanza sabe agardar, pero a nós, pobo sapiens, adéstrannos para desesperar. Desesperamos porque ás veces non somos quen de idear un porvir diferente á actualidade. Desesperamos porque nos adestran para a crenza. A crenza anula o incerto, pero non pode impedir a catástrofe. Afacémonos a vivir na catástrofe e non sabemos agardar máis ca outra catástrofe. Jean-Luc Nancy, no ensaio "Do futuro ao porvir: A revolución do virus" que publicou inicialmente o xornal Le monde, contrapón crenza e fe. A fe é aquela virtude coa que enfrontamos o feito de non poder ter todo baixo control. A fe agarda e espera porque sabe que o risco é a raíz da liberdade. A fe consiste nun pensamento capaz do único acto que na vida podemos realizar: arriscarnos a vivir. Consiste en abrírmonos a un porvir diferente ao da submisión e ao da catástrofe. A fe move montañas porque nos permite actuar desde unha potencia que non emboca na ilusión do control e do poder. Se cadra poderiamos entender desde aquí que a democracia é a proposta de entrar xuntos no porvir. O que nos ofrece a democracia é o feito de compartir, en igualdade, o peso da finitude e do non saber, xa que todos e todas nos enfrontamos á mesma incerteza. "En definitiva é o abatemento o que nos funda", conclúe o filósofo. Europa? Si, Europa está chea de arte. Das imaxes nunca marchamos E agora soñarémolo de novo. Soñaremos de novo a esperanza, soñaremos o gravado de Andrea Pisano nas portas do baptisterio de Florencia. Soñarémola no fresco da capela Scrovegni onde Giotto tamén a pintou e pensarémola de novo. A utopía -a esperanza- ten alas pero non as usa, estende as maos e descoñece se logrará coroar o esforzo de agardar. Vive na incerteza e espera. No mes de agosto do 2021 aceptei escribir esta carta. Daquela sabiamos da peste. Escríboa agora, cando finaliza a primavera e do fermoso libro da Apocalipse vemos de novo saír o cabalo vermello da guerra. A primeira guerra da que teño memoria é a dos Seis Días. Era unha meniña que quedou imantada ante as imaxes dos carros de combate, imaxes en branco e negro porque así emitía a televisión naquel tempo. Para min era imposible establecer a relación entre aqueles tanques e os nomes dos territorios polos que avanzaban. Aqueles nomes eran os que coñecía pola Historia sagrada que estudabamos no colexio. A miña curta idade non tiña palabras para dicir o que me acontecía; hoxe podo soster que unha das posibles definicións da guerra é a fractura que sucede entre a linguaxe e o territorio. Unha linguaxe que, sexa cal sexa o idioma que falemos, quedará atravesada por esa guerra e non volverá ser o que foi. Amarga é Troia, amarga a cólera que canta a musa. O 17 de marzo do ano en curso foi bombardeado o aeroporto de Lviv. Penso nas bombas de fósforo branco, penso nas aldeas de Hostomel e Irpin e volven a min, incesantes, as lembranzas da viaxe a aquela Ucraína do 2009. Asegúrovos que un dos momentos máis emocionantes da miña vida foi baixar cara ao porto de Odesa polas escaleiras nas que Sergei Eisenstein filmou algunhas das imaxes máis inesquecibles d´O acoirazado Potemkin. Desde Odesa puxemos rumbo ao quilómetro cero que marca a embocadura dun dos brazos do Danubio no mar Negro. Igor, un home lipoveno, achegounos na súa embarcación a tan extraordinaria rompente. Na rúa Avhhustyana Voloshyna vivimos, si, e fomos felices, en Ucraína, en Lviv. Europa? Si, Europa está chea de imperios que queren unificala, ter baixo o seu dominio único occidente e oriente. Dos imperios, dos cismas, sempre marchamos Non preciso lembrarvos nada disto, estudámolo na secundaria. Só quixera arriscar un pensamento -seguramente insensato- e contarvos unha historia. O pensamento insensato, resumindo, é o seguinte: Europa segue a ser dúas, a Roma occidental e a Constantinopla /Moscova oriental. Occidente é unha colonia dos EEUU. Oriente unha colonia chinesa. Mentres occidente non recoñeza o oriente e viceversa, mentres non se unan as dúas metades do símbolo, Europa seguirá sendo esa mociña raptada pola luxuria dun deus antigo e patriarcal. E agora a historia, que se conta así: unha rapaza, ben puido ser a que lle serviu de modelo a Giotto, entra nunha estación deserta. Polos farrapos que loce sabemos que é unha mendiga. Alí, nese deserto, o Tempo derrama os seus dons sobre ela. Canda eles dous (a Utopía e o Tempo), un home que todas as noites escribe a rabuños a súa cólera nun paralelepípedo de madeira. Trátase dun home maior. A súa vida transcorre nun país onde con facilidade medran as árbores. Na mocidade traballou como madeireiro. Vive nunha casa con horta. Nunha das paredes que pechan a propiedade instalou un paralelepípedo de madeira maciza, tallouno cando traballaba nas sacas. Todas as noites se dirixe á parede e rabuña o paralelepípedo con toda a súa forza. É o seu amortecedor. É o seu tope. O que desexa é golpear coa cabeza a parede ata escachar o cranio e poder así ceibar do horror da vida, malia ser esta unha vida feliz. Rabuñar a madeira unha noite e outra permítelle controlar a cólera e non converterse nun asasino. Os tres alzan os brazos como os alza a Esperanza, tamén coñecida como Utopía, e descoñecen se o froito que desexan será logrado; descoñecen se algún día poderán usar as súas alas e voar felices. Os seus actos moverán as montañas porque saben agardar, porque saben idear un porvir diferente deste que os somete. Escollen o seu lugar entre os que rexeitan ser contados cos asasinos. Ogallá poidamos ver o abrente no que Europa non padeza o capricho dun deus patriarcal nin os celos da súa consorte divina. Ogallá se cumpran mil primaveras máis para estes eidos que compartimos e para os idiomas, aínda hoxe desprezados, que algúns e algunhas de nós escribimos e falamos e nos que intensas amamos.
NOS_55672
A segunda xuntanza dos partidos polas eleccións vascas finaliza sen acordo. O representante do Goberno vasco continúa apuntando a xullo e insiste en que os informes avalan esa escolla.
Segunda xuntanza entre os partidos vascos polas eleccións en Euskadi e segunda reunión que finaliza sen acordo. Non hai consenso. O PNV aposta porque os comicios sexan en xullo ais a principal forza da oposición (EH Bildu), e non só ela, consideran que o lehendakari Iñigo Urkullu está a xogar ao electoralismo. Arnaldo Otegi considera que a xuntanza "é un teatro" pois a decisión de convocar as eleccións "está tomada" por Urkullu dentro das súas competencias como presidente vasco e que apostará por facelas en xullo. O portavoz do Goberno vasco, Josu Erkoreka, compareceu para reiterar que a situación sanitaria avala que os comicios sexan en xullo. "A interinidade non pode prolongarse máis", afirmou. Erkoreka dixo que se está a superar a crise sanitaria e que cómpre recuperar a situación socioeconómica, indicando que ir coas eleccións a outono supón un escenario de "incertezas" Feixoo Arnaldo Otegi chamou a atención sobe o feito de que Urkullu, dixo, teña falado máis das eleccións con Núñez Feixoo que cos partidos políticos vascos. "Todo isto parécenos unha irresponsabilidade", concluíu, após lembrar que convocar eleccións require desmontar a declaración de emerxencia.
NOS_28414
O Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV pechou na noite do 7 de decembro a súa cuarta edición premiando Los que no sienten, 16 de decembro, The distance between us and the sky, e Places.
O Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV pechou na noite do 7 de decembro a súa cuarta edición tras unha semana de intensa programación. O director do certame, Carlos Montero, destacou a "grandísima calidade" das obras presentadas, pois "moitas das pezas exhibidas este ano recibiron premios a nivel nacional e internacional". Na gala de clausura celebrada no Auditorio de Verín déronse a coñecer as obras gañadoras dentro de cada unha das catro categorías do festival: Los que no sienten, de Alba Carnero, Carlota Mojica, Marta Porto e Débora Vargas, na sección Horizonte; 16 de decembro, de Álvaro Gago, na sección Raia; The distance between us and the sky, de Kekatos Vasilis, na sección Nova e Places, de Claudia Barral Magaz, na sección Outra Mirada. As curtas gañadoras nestes catro apartados foron escollidas por un xurado conformado por Nora Sola, Raquel Anido, Neves Rodríguez e Claudia Expósito. Xunto a isto, entregouse o Premio Especial do Público a Santa Baia de Montes, de Sabela Souto, e un Premio da Crítica a KIDS, de Micahe Frei e Maria Von Rickerback. Ademais, Leyenda dorada, de Ion de Sosa e Chama García Ibarra, levou o premio NUMAX á exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.
NOS_57303
16% das persoas que no noso país teñen de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación.
O abandono educativo temperán en Galiza foi en 2018 de 16 por cento, unha porcentaxe que se vén reducindo de maneira paulatina desde hai anos mais que segue moi por riba da media dos estados das Unión Europea, que foi nese ano de 10,6% por cento, catro puntos e medio menos que no noso país. No Estado español supera 18%. O abandono educativo temperán fai referencia á porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos que ten como titulación máxima o certificado da ESO e non cursa ningún tipo de formación. É dicir, que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación, regrada ou non. E en Galiza esa porcentaxe é do 16% por cento. Houbo, desde 2010, un descenso paulatino -naquel exercicio estaba no 22,8 por cento mentres que no Estado español andaba na beira de 28 por cento-. O territorio do Estado español con menor abandono educativo é Euskadi, con menos de 8 por cento. Temos peores dados en abandono (dados 2016) que os territorios da nosa contorna: Asturies, Castela, Cantabra, Euskadi... O abandono educativo temperán no noso país é moi superior ao de países como Irlanda, Lituania ou mesmo Polonia. Aí a taxa de abandono temperán dos estudos non supera o 7 por cento. No primeiro trimestre de 2018 o abandono educativo temperá entre os homes abeiraba 18% mentres entre as mulleres situábase en 14%, unha diferenza de catro puntos.
PRAZA_234
Humildemente, aplaudirei e achegarei o brazo e a cabeza a calquera movemento que busque refundar o nacionalismo, incorporar olladas novas á tradición galeguista, revisar as tácticas e as estratexias. Nun intre no que todo pode mudar no Estado, Galicia non pode correr o risco de desaparecer do debate. Non debemos resignarnos a ser unha cuestión secundaria.
Calquera vía de transformación política, social e económica en Galicia ten que camiñarse, obrigadamente, a través do nacionalismo galego. E se a palabra nacionalismo é unha aresta, retirámola e substituímola por galeguismo. En realidade os dous conceptos significan o mesmo desde que a inventaran as Irmandades da Fala hai cen anos. Calquera vía de transformación política, social e económica en Galicia ten que camiñarse, obrigadamente, a través do nacionalismo galego. E se a palabra nacionalismo é unha aresta, retirámola e substituímola por galeguismo A ideoloxía política non é unha marca tatuada na pel, é unha ferramenta; debe ser útil para quen a defende, necesaria para cambiar o mundo. E o mundo empeza polo máis próximo. O galeguismo ten que recuperar o seu fundamento primixenio: ser un mecanismo pensado para a maioría de Galicia que favoreza o noso desenvolvemento baixo os parámetros da Revolución francesa do 1789. Galicia ten dous desafíos demográficos particulares: unha moi baixa taxa de natalidade e un envellecemento progresivo Liberdade entendida como a capacidade de participar na vida pública cun sentido crítico. Iso só é posible se contamos con servizos públicos universais e cualificados, se temos posibilidade de traballar no propio país e construír o noso proxecto de vida, sexa cal for, coas necesidades vitais cubertas. Galicia ten dous desafíos demográficos particulares: unha moi baixa taxa de natalidade e un envellecemento progresivo. Esta realidade fai precisas políticas a diferentes prazos que eviten que a sociedade se estanque. Primeiro asegurando unha rede de asistencia pública ás persoas dependentes. O deseño debe ser galego porque só así se entenderá a dimensión global do tema. Non chega con construír residencias nun país con miles de núcleos de poboación, cun arraigamento tradicional moi sentido á casa de cada un. Cómpre converter a debilidade nunha potencia: un forte investimento público na área socio-sanitaria combatería o desemprego, fixaría poboación e dinamizaría outros sectores para así asegurar que a xente nova, a que produce, a que paga as pensións e os impostos, teña traballo. O modelo produtivo galego non existe porque se constrúe moi lonxe de aquí. Non se teñen en conta as áreas nas que somos máis competitivos (enerxías renovables, alimentos de calidade, recursos forestais...) nin a nosa posición xeoestratéxica, no centro de todas as vías marítimas que comunican África, América e Europa. O esforzo do noso país debe beneficiarnos a nós. O aforro dos galegos debe servir para estimular a economía galega e non a especulación. Como pode ser que haxa empresas que non poidan operar polo alto custo da electricidade cando ao seu carón hai saltos ou taravelas eólicas? Igualdade para os galegofalantes. É inxusto que eu teña dereito a usar e coñecer o meu idioma e obriga de coñecer o castelán Igualdade para os galegofalantes. É inxusto que eu teña dereito a usar e coñecer o meu idioma e obriga de coñecer o castelán. Eu podo ir á miña médico e explicarlle o que me doe en galego mais ela non ten obriga ningunha nin de entenderme nin de falarme na mesma lingua. Nunha era na que moitas riquezas se poden deslocalizar, o patrimonio cultural permanece sempre no mesmo lugar. O galeguismo estende o respecto cara ao propio. Durante moito tempo levan insistindo en dicirnos que o noso idioma é sinónimo de atraso, que se nos liberamos do estigma da lingua desaparecerán a pobreza e o cheiro a aldea. Clasismo puro disfrazado de modernidade. Mais en algo tan moderno como a internet e o teléfono móbil, vemos que triunfa a única empresa que soubo ver, xa hai tempo, que debía atender os usuarios con proximidade e que mellor proximidade que usar o mesmo idioma ca os seus clientes. O grande exemplo de R obrigou a outras operadoras a a remedaren o seu método. Igualdade entre galegos urbanos e galegos do rural. O interior non é un lastre para a Galicia dinámica da costa Igualdade entre galegos urbanos e galegos do rural. O interior non é un lastre para a Galicia dinámica da costa. Investiuse moito diñeiro público en infraestruturas viarias; a tecnoloxía permite que unha persoa de Trives ou da Pastoriza poida vivir coas mesmas comodidades ca en García Barbón (Vigo). Manter as aldeas e vilas galegas en risco permanente de desaparición forma parte dun sistema que prefire clientes a cidadáns, que converte a xustiza en caridade, en favores que logo hai que pagar co voto para que sigan a gobernar os que inventaron tan cruel xogo. Os exemplos de xestión do turismo hai que buscalos en países atlánticos onde o que se vende non é o clima nin o descanso senón a beleza da paisaxe e a súa historia Só porque o modelo produtivo se deseña desde fóra se entende que o turismo en Galicia leve décadas perdido, entre os soños da marbellización, en Sanxenxo ou na Mariña, e a burbulla do turismo rural que subvencionou con diñeiro público centos de construcións cuxos propietarios nunca tiveron intención de procurar un verdadeiro negocio. Os exemplos de xestión do turismo hai que buscalos en países atlánticos onde o que se vende non é o clima nin o descanso senón a beleza da paisaxe e a súa historia. Pero claro, para iso hai que ordenar o territorio, non converter o feísmo nun estigma dos pobres senón en promover un urbanismo harmónico e o coidado dos miles de monumentos, grandes e pequenos, dos que poderiamos presumir. É preciso deixar de pensar no rural galego como unha ferida que un día parará de sangrar porque xa non quedará ninguén que se queixe. Absorbidos pola estandarización mundial das experiencias, aqueles territorios que teñan cousas únicas para amosar serán moito máis atractivos. Fraternidade significa neste tempo diálogo, entendemento, capacidade para fixarse no 90% que nos une fronte a esoutro 10% que nos separa. O galeguismo non pode seguir atrapado nin no esencialismo nin nos biosbardos. A súa primeira obriga é buscar ser referencia para a maioría social, convencer se fai falta un por un os galegos de que se nós termamos da rédea do noso modelo, habemos vivir mellor. E iso só se consegue falando dos temas reais, explicándolles que cousas en aparencia tan distantes como o saqueo e entrega das caixas galegas e o feito de que a mocidade emigre a Londres son en realidade fíos que están entrelazados. Humildemente, aplaudirei e achegarei o brazo e a cabeza a calquera movemento que busque refundar o nacionalismo, incorporar olladas novas á tradición galeguista, revisar as tácticas e as estratexias Humildemente, aplaudirei e achegarei o brazo e a cabeza a calquera movemento que busque refundar o nacionalismo, incorporar olladas novas á tradición galeguista, revisar as tácticas e as estratexias. Nun intre no que todo pode mudar no Estado, Galicia non pode correr o risco de desaparecer do debate. Non debemos resignarnos a ser unha cuestión secundaria. Temos que unirnos, subir a voz, desfacer a maleta, tripar ben forte os pés na terra e mudar os vellos lemas: morriña, mágoa polos novos: paixón e entusiasmo.
NOS_27006
O colectivo amosou a súa satisfacción pola decisión do Estado de recorrer a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que, ademais de obrigar a indemnizar á familia Franco, estabelece a boa fe no proceder do ditador e a súa descendencia.
Para Iniciativa Galega pola Memoria o cambio de parecer do Goberno estatal mais tamén da Xunta da Galiza mostra "a forza da loita pola memoria que o pobo galego vén exercendo desde hai décadas". "Sen o esforzo maratoniano realizado no últimos quince días por milleiros de persoas e ducias de colectivos galegos e estatais, as Administracións avalarían unha sentenza que resulta totalmente inasumíbel desde o punto de vista democrático", manifesta. "Relato edulcorado" "Non só por pretender institucionalizar o espolio a través da entrega de diñeiro público a quen o realizou, senón tamén por dar por bo un relato edulcorado da ditadura xenocida que suporía unha nova burla ás vítimas", sostén o colectivo nun comunicado. Segundo recolle o escrito, "a loita social foi chave para finalizar coa incomprensíbel pasividade que as institucións democráticas mantiveron durante máis de corenta anos respecto ao espolio da familia Franco". "O cambio que supuxo a interposición en xullo de 2019 da demanda para a recuperación de Meirás veu provocado por anos de mobilización social", recalca a entidade nun comunicado no que destaca o traballo dos integrantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña mais dos investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez. Iniciativa Galega pola Memoria agradece, en particular, o esforzo de ambos os dous, "así como de todas as persoas que, a través da súa sinatura, do seu traballo nas diferentes organizacións memorialísticas ou co seu discurso nas redes ou no seo das súas respectivas agrupacións políticas, empurraron para lograr, de novo, cambiar o que parecía inamovíbel", sinala sobre o cambio de criterio do Estado.
NOS_514
A directora de Turismo, Nava Castro, confirmou que remitirán o acordo co cantante polo que se pagaron máis de 300.000 euros para a gravación dun vídeo.
"Agora estamos en Semana Santa e despois colgarase, claro que si". Así de concisa foi a directora de Turismo da Galiza, Nava Castro, interpelada sobre o polémico contrato da Xunta coa produtora de Enrique Iglesias. O compromiso chega despois de aprobarse no Parlamento unha proposición non de lei do BNG para que o acordo sexa público. Castro confirmou que o contrato polo que se pagaron máis de 300.000 euros para a gravación dun vídeo do cantante no país será presentado a próxima semana, aínda que asegurou que se trata dunha "cuestión administrativa". O Executivo galego terá que presentar os pregos técnicos e administrativos que fundamentaron a elección do cantante, sen relación coa Galiza. O BNG pide que se demostre o retorno A proposición defendida pola deputada nacionalista Ana Pontón na Comisión de Industria logrou o apoio de todos os grupos parlamentarios, incluído o PP, que rexeitara anteriores peticións. O Executivo galego terá que presentar o contrato coa produtora xunto aos pregos técnicos e administrativos que fundamentaron a elección do cantante, sen relación coa Galiza. O BNG pediu ademais que se presente o informe que demostra o suposto retorno económico do investimento que defende a Xunta. Pontón considerou que o contrato será a proba do "despilfarro" de cartos públicos e dos "agasallos económicos" ao "millonario de Miami", en referencia a Iglesias.
NOS_20523
Alexandra Fernández (En Marea) instou Pedro Sánchez a saír da postura "covarde" e procurar apoios entre as forzas "progresistas".
Após a segunda rolda de contactos que mantivo o xefe de estado, Felipe de Borbón, coas forzas políticas con representación no Congreso, os portavoces do PNV e de CDC, Aitor Esteban e Francesc Homs, amosáronse partidarios de conversar co PSOE para favorecer unha eventual investidura do seu candidato, Pedro Sánchez, á presidencia do goberno español. PNV e CDC acusan o PSOE de estar instalado no "inmobilismo" e avanzan que estarían dispostos a o apoiar nunha eventual investidura Así o aseguraron en senllas comparecencias públicas logo do encontro con Felipe VI porén, non descartan que o bloqueo no que se atopan actualmente derive nunhas terceiras eleccións. En boa medida polo "inmobilismo" no que cren está instalado o PSOE. En todo caso, ambas as dúas formacións anunciaron un "non" a Rajoy en primeira e segunda instancia. Un inmobilismo que tamén ve a portavoz de En Marea. Alexandra Fernández asegurou, en declaracións aos medios de comunicación, que trasladou ao monarca a vontade de "diálogo" da súa organización para favorecer unha "alternativa" ao goberno do Partido Popular conformada por "forzas progresistas, de esquerda e nacionalistas". Unha "porta aberta" que agardan abra o PSOE a quen atribúen esa responsabilidade. En Marea quere coñecer o "proxecto político" do PSOE pensando nas eleccións galegas de outono Fronte á postura "covarde" que En Marea entende está a manter o PSOE e que podería carrexar unha terceira convocatoria electoral, Alexandra Fernández aseguro que é a Sánchez a quen lle "toca mover ficha". Porén, acrecentou, "a estas alturas ninguén descarta nada", tampouco uns terceiros comicios. Así as cousas, instou o grupo socialista a explicar cal é o seu "proxecto político" pensando tamén nas eleccións galegas deste outono na Galiza. A este respeito pediu que Sánchez "non dea oxíxeno ao PP" de Alberto Núñez Feijóo apoiando un goberno de Mariano Rajoy no estado. Grupo parlamentar En relación ao grupo parlamentar solicitado por En Marea no Congreso e que lle foi denegado pola Mesa do Congreso, segundo avanzou a TVG, Alexandra Fernández asegurou pola mañá que de ser así --como finalmente foi-- iniciarán conversas con Unidos Podemos para que o "grupo confederal" que xa se constituíu na pasada lexislatura recoñeza os "dereitos" de En Marea a se rexer como unha forza política autónoma. Unhas conversas que, en todo caso, aprazan até a Mesa do Congreso se pronunciar formalmente sobre o futuro das cinco persoas de En Marea eleitas polas circunscricións galegas. En declaracións aos medios a deputada non sinalou que fosen acudir ao Constitucional para o reclamar. Tamén rexeitou o de Compromís, como fixera en decembro, e adía a decisión a respeito do de Convergéncia.
NOS_19881
Muras acolle este sábado unha romaxe que pon en valor o rural. Participan artesás e artesáns da madeira, olaría, ferraría, cestaría... e moito máis. A xornada completarase coas actuacións musicais de Ce Orquestra Pantasma e de Caxade.
A proposta da Asociación de Obradoiros Artesáns da Terra Chá, o Concello de Muras impulsa este ano a II Romaxe, unha cita na que se porá o valor o traballo de persoas artesás moi vinculadas ao mundo rural na que se poderá ver o labor que desenvolven afiadores, artesáns do coiro, luthiers, ferreiros, teceláns, carpinteiros, escultores... toda unha representación de oficios tradicionais. "Vai haber unha serie de obradoiros infantís e tamén para adultos e familias, como o impartido por Idoia Cuesta sobre cestaría, e conferencias sobre sustentabilidade. Tamén haberá mostras de xogos populares, como chave, billarda, bolos...", sinala Manuel Requeijo, alcalde de Muras. Exposicións, baile tradicional e conferencias completarán un cartel que fecha coa presenza de Ce Orquestra Pantasma, Caxade e Radio Cos. "A idea é poñer en valor o medio rural, que a xente vexa que no rural hai futuro", sinala o rexedor nacionalista, que informa de que a romaxe terá lugar a partir das 11h na área recreativa da Veiga. Podes consultar toda a programación nesta ligazón.
PRAZA_6968
A meirande satisfacción dos organizadores e dos comprometidos cos Bacelos non vai vir polo merecido recoñecemento. Virá cando poidan gabarse de non ter destinatarios dos galardóns, cando o uso da etiquetaxe en galego se converta en algo tan normal que, o realmente estraño, sexa pór os prospectos en castelán.
"Da minha aldeia veio quanto da terra se pode ver no Universo.../ Por isso a minha aldeia é tão grande como outra terra qualquer". (O Guardador de Rebanhos, Alberto Caeiro). O vindeiro sábado 15 de novembro, na véspera do Día Internacional da Tolerancia, a Asociación Álvaro das Casas vai materializar por décima vez –e xa non é puco!- a entrega dos premios Bacelos de Prata a dúas adegas galegas, por facer algo tan natural como é usar o galego na etiquetaxe das súas botellas de viño. A teimosía dos organizadores de tan natural e considerable evento e, por suposto, a loable decisión de moitos adegueiros –e doutras empresas do sector agroalimentario- de etiquetar os seus produtos en galego, debería ser merecente dunha maior atención da cidadanía galega, pois non é doado atopar noutros sectores empresariais esa ansia por dignificar o noso idioma, usándoo con naturalidade na identificación das súas mercadorías. Persoas e asociacións comprometidas coa normalización da lingua perseveran arreo para que os empresarios do País comprendan que o uso do galego no etiquetado non só non prexudica os seus produtos, senón que, ese matiz dunha maior identificación coa Terra, ao trocar a condición do propio nun factor de calidade, contribúe a dotar o seu xénero dun inmensurable valor engadido que, á parte de non minguar para nada a súa competitividade, repercute decididamente na conformación da nosa autoestima como cidadáns galegos. Nun mundo no que a globalización tanto axuda a esluír a diversidade, nun tempo no que a desgaleguización que nos ensume está a piques de facerse raíña e señora dun País que observa impasible como o seu Benestar se engruña por cada migallo que perde de identidade, iniciativas coma a que nos ocupa axudan decididamente a acender un facho de esperanza. Mais a meirande satisfacción dos organizadores e dos comprometidos cos Bacelos non vai vir polo merecido recoñecemento. Virá cando poidan gabarse de non ter destinatarios dos galardóns, cando o uso da etiquetaxe en galego se converta en algo tan normal que, o realmente estraño, sexa pór os prospectos en castelán. Daquela, no canto de premiar adegas coma Arco da Vella (Beade) e Terra de Asorei (Cambados) por fomentar o uso do noso idioma, o encontro de Esposende só servirá para celebrar que o esforzo pagou a pena. Ah! O repugnante do meu tío Lisardo anima á Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros e nomeadamente aos dous Pepes –González e Carballido- a que acometan o reto de levar o asunto unha chisca máis adiante, porfiando cos hostaleiros a que propoicien o consumo dos artículos etiquetados en galego e, de paso, que perdan o vezo que teñen algúns de responder, "un café con leche?", ao pedirlle, "un café con leite, por favor". Pois iso, se nos entendemos na nosa lingua, que necesidade temos de mudar o nome natural das cousas?
NOS_19990
A condena polo magnicidio de Thomas Sankara pon fin a 34 anos de impunidade.
Os tres principais acusados de matar ao líder revolucionario e presidente de Burkina Faso Thomas Sankara (1984-1987) foron condenados a cadea perpetua no histórico xuízo que pon fin a case 34 anos de impunidade do magnicidio. Trinta e catro anos despois comeza o xuízo polo asasinato de Thomas Sankara Nunha audiencia nun tribunal militar en Uagadugú, dous dos acusados pola morte de Thomas Sankara, Blaise Compaoré, presidente de Burkina Faso entre 1987 e 2014, e Hyacinthe Kafando, xefe do dispositivo de seguridade de Compaoré en 1987, foron condenados in absentia por fuxidos. O terceiro, o xeneral Gilbert Diendéré, o inculpado máis esperado no xuízo en ausencia de Kafando e Compaoré, xa cumpre unha condena de vinte anos de prisión por liderar o intento de golpe de estado en Burkina Faso de setembro de 2015. Un ataque dun grupo armado en Burkina Faso remata co asasinato de dous xornalistas vascos O histórico xuízo pola morte de Sankara comezou o pasado 11 de outubro nun tribunal militar de Uagadugú, case 34 anos despois dun magnicidio que deu a volta ao mundo. Sankara foi tiroteado o 15 de outubro de 1987 aos 37 anos xunto a 12 dos seus colaboradores despois de que un comando golpista, liderado polo agora xulgado Compaoré, asaltase o seu despacho. O carismático líder revolucionario panafricanista Sankara chegou ao poder en 1983 nun golpe de estado organizado con Compaoré, entón o seu mellor amigo e compañeiro de armas. Al Qaeda mata arredor de 30 persoas en dous ataques en Burkina Faso A investigación sobre a súa morte estivo bloqueada desde que Compaoré substituíse a Sankara na xefatura do Estado, desde o magnicidio até outubro de 2014, cando dimitiu e fuxiu á veciña Costa do Marfil, despois das revoltas civís cando intentou modificar a Constitución para manterse no poder. Outros nove acusados foron condenados a penas que van desde os tres anos de prisión ao condutor de Diéndére, por manipulación de testemuñas, aos 20 anos de prisión para dous dos acusados de complicidade de asasinato e de axudar e incitar a atentar contra a seguridade do Estado. A deliberación do tribunal militar coñécese após seis meses de audiencias nas que se escoitou a máis de 110 testemuñas. Dous dos 14 acusados, médicos militares aos que se lles imputaba falsificación de escritura pública por indicar no certificado de defunción de Sankara que a causa da morte foi natural, foron declarados non culpábeis.
NOS_16753
As denuncias de varios operarios dunha empresa auxiliar de Stellantis na Zona Franca de Vigo pon en evidencia, segundo os sindicatos, a situación de precariedade laboral que viven as auxiliares da automoción coa entrada das empresas de traballo temporal (ETT).
Varias operarias e operarios dunha empresa situada no interior da Zona Franca de Vigo denunciaron a semana pasada na CIG as súas condicións laborais, que, desde a central sindical, cualificaron de "propias doutros séculos". A compañía en cuestión, TKRW Automotive, é a encargada da adaptación de vehículos de Stellantis (PSA Citroën) para transformalos en coches policiais para o Goberno alxeriano. Este persoal foi contratado a través dunha empresa de traballo temporal (ETT) cun convenio de comercio do metal cando terían que estar polo convenio provincial, polo que deixaron de percibir algo máis de 200 euros ao mes. Segundo a central nacionalista, trátase de "infrasalarios, con categoría de mozo-peón, que non gozan dos descansos que ten o persoal do metal que traballa con altos ritmos". O que máis sorprendeu o sindicato foi que desenvolven o seu traballo "nunhas condicións deplorábeis, colocando os diferentes compoñentes dos vehículos tirados polo chan, nunha nave de chapa dentro das instalacións da Zona Franca, sen ningunha medida de seguridade contra a calor e o frío, sen vestiarios e cun baño de obra fóra das instalacións da nave". Ademais, denuncian que non contaban con elementos de vestiario obrigatorio para circular pola zona e tiñan que levar eles mesmos os equipos de protección individual (EPI). Centros especiais de emprego Este tipo de situacións "comezan a ser máis habituais do normal", asegura Paco González Sío, da CIG. A problemática viría, segundo explica este sindicalista a Nós Diario, "por unha sucesión interminábel de subcontratas que abaratan o servizo". O panorama complícase pola introdución de ETT, que "non se preocupan de que se respecten unhas condicións mínimas legais". Salienta que, neste caso, saltaron todas as alarmas por tratarse dunha empresa situada no interior das instalacións da Zona Franca de Vigo e a cargo dunha compañía "de prestixio" como é Stellantis que, segundo Sío, "debería dignificarse da situación do traballo e da actividade que se fai". Ademais das ETT para Sío "o máis grave é o abuso que fai Citröen dos centros especiais de emprego". É o caso de Ilunion, que pertence ao grupo Once. "Contrata persoas con discapacidade, porque conta con vantaxes nas cotizacións e unhas subvencións e debería ser persoal sensíbel e non explotado", asegura Sío, "agora mesmo ten 400 persoas traballando cun salario que é algo máis do mínimo e sen as mesmas condicións", engade. Precariedade coas ETT Para Celso Carnero, de CCOO, a alta presenza de ETT nas empresas auxiliares na comarca "é un problema serio". Explica a Nós Diario que habería entre 1.500 e 2.000 persoas traballando de "maneira eventual" no sector da automoción a través destas intermediarias laborais. Indica que entre as máis grandes con este sistema estarían Benteller e Denso. Entende que "para a automoción, polas súas características de formación, cualificación e ritmos de traballo, deberían contar con traballadoras e traballadores das propias empresas e non de ETT". Este sindicalista denuncia que ademais da precariedade que implica este tipo de contratos, algúns por días ou semanas, "cando comezaron a activarse os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), á xente que tiña estes contratos suspendéronselles", polo que "quedaron na casa dun día para outro sen dereito a desemprego nin a ningún tipo de prestación". Os sindicatos aseguran que teñen dificultades para denunciar este tipo de trato laboral. Carnero recoñece que "dependemos moito dos comités das empresas principais, que ademais de prestar atención ao que lle sucede ao seu persoal tentan botar unha man ao colectivo de eventuais". As denuncias parten das propias traballadoras e traballadores, mais coa incerteza, como apunta este sindicalista, "de que a ETT igual xa non te chamará outra vez".
NOS_46787
Endesa volve activar un dos grupos da central térmica das Pontes, en dispoñibilidade desde o pasado mes de xullo, mentres agarda polo feche definitivo.
O fume volveu saír onte da cheminea da central térmica de carbón das Pontes. Endesa, ante o previsíbel aumento da demanda pola chegada da primeira vaga de frío invernal á Península, retomou a actividade da instalación, en situación de dispoñibilidade desde o pasado mes de xullo, mentres agarda pola autorización do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o seu fechamento definitivo. A eléctrica levaba semanas almacenando carbón no porto exterior de Ferrol. En total, unhas 142.000 toneladas que os transportistas comezaron a carrexar cara ás instalacións de Endesa hai agora unha semana a razón dunhas 4.000 toneladas ao día. Segundo fontes da propia compañía "non é posíbel determinar canto tempo permanecerá nesta situación de todo excepcional, xa que Endesa segue co seu compromiso de clausura das súas centrais de carbón e continúa coa tramitación da autorización administrativa para o feche da instalación, en cumprimento dos obxectivos europeos de descarbonización e pola falta de competitividade da propia planta". O feche estaba inicialmente previsto para o pasado 1 de xullo, pero as alegacións da Xunta e do Concello das Pontes ao plan de fechamento levaron o Ministerio de Transición Ecolóxica a modificar o trámite administrativo e alongar o proceso coa petición de novos informes que, no caso de Endesa, segundo confirman estas mesmas fontes, xa foron entregados o pasado verán. Decisión "precipitada" Desde a Xunta, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, sinala que a reactivación da planta de Endesa nas Pontes evidencia que a decisión do Goberno estatal de fechar todas as centrais ─realmente foron as empresas as que tomaron esta decisión─ "foi unha precipitación". "Fomos os primeiros en fechar todas as centrais térmicas e agora somos os primeiros en reactivalas. É unha situación incoherente que só está a pasar en España e que desde logo ponnos nunha situación de enorme dificultade, tanto para garantir o prezo eléctrico competitivo ás familias e ás pemes, como para garantir a subministración", resumiu Conde. Nesta liña, cualificou de "erro" o feito de que o Estado español vaia "en contra dos criterios" doutros países europeos "que non están a depender exclusivamente do gas", o que instaura tamén a "dúbida razoábel" de que, se non estivese As Pontes, as garantías de subministración "non son tan sólidas" como o eran até o de agora. O anuncio de feche por parte de Endesa colleu o departamento de Conde co pé cambiado. O Executivo galego aferrouse entón á opción de queimar nas Pontes lodos de depuradora, unha alternativa que xa foi desbotada pola propia empresa pola súa inviabilidade desde o punto de vista económico, xa que requiriría dun forte investimento e, ademais, non solucionaría o problema das emisións e dos seus custos asociados. Con todo, a reactivación da central supón que estes días estean a traballar no grupo activo perto de 70 traballadores e traballadoras propias de Endesa e outras tantas das empresas contratistas que prestan os seus servizos para a súa explotación.
NOS_32543
Mestura de ingredientes equivocados na fabricación.
As autoridades federais estadounidenses informaron á multinacional Johnson&Johnson de que preto de 60 millóns de doses da súa vacina Janssen non poden ser administradas por risco de posíbel contaminación, segundo informaron ao The New York Times fontes próximas ás conversas. As doses foron fabricadas nunha planta da compañía Emergent BioSolutions situada en Baltimore, que leva dous meses fechada. Unha investigación púxose en marcha despois de que se descubrise que os seus empregados mesturaran ingredientes equivocados na fabricación dunha remesa de vacinas. Precisamente, dez millóns de doses creadas por Emergent forman parte do paquete de doazóns de vacinas que a Casa Branca quere facilitar á comunidade internacional. Johnson&Johnson non se pronunciou de momento sobre a información. Aínda que a FDA, a axencia do medicamento estadounidense, confirmou que esa remesa en particular é adecuada para o seu uso, deberá ir acompañada do aviso de que non poden confirmar que Emergent siga as "boas prácticas recomendadas" na manufactura da vacina. A FDA determinou que varios outros lotes non son adecuados para o seu uso e algúns máis estanse a analizar. A axencia dixo que irá informado a medida que se completen esas análises. Data de caducidade Ademais, a FDA estendeu a data de caducidade da Janssen tras revisar a información enviada e determinar que a vacina se pode almacenar entre 2-8ºC durante catro meses e medio en lugar de tres meses. Pola súa banda, a Axencia Europea do Medicamento (EMA) informou esta sexta feira de que tiña coñecemento dun lote de Janssen "contaminado con materiais para outra vacina fabricada no mesmo lugar", en referencia á planta de Baltimore, "mais [Emergent] precisou que o lote en cuestión non estaba destinado ao mercado da UE". A EMA indicou, segundo a información dispoñíbel, que os lotes da vacina de Janssen na UE "non se viron afectados pola contaminación cruzada". Non obstante, "como medida de precaución e para salvagardar a calidade das vacinas", as autoridades supervisoras recomendan non empregar os lotes elaborados "aproximadamente ao mesmo tempo que se produciu a contaminación".
NOS_24278
Máis un semanario na rúa. Entrevistamos Suso Seixo, que deixa a secretaria xeral da CIG após 16 anos nesta responsabilidade, Yolanda Díaz, no fin do seu mandato como coordenadora de EU, e Francesco Tonucci. Pilar García Negro e María Xosé Queizán debaten sobre se traer ou non a Galiza a 'Derradeira lección do mestre'. Todo isto, e máis, nun número que xa podes ler na nosa loxa.
Galiza xa non é ese país dos mil ríos que con tanta paixón describira Otero Pedrayo a mediados do século pasado. A progresiva humanización de amplas áreas do país e o descontrol sobre os vertidos domésticos e industriais que trouxo consigo transformaron ao longo dos últimos anos a imaxe idílica da paisaxe fluvial galega. Adentrámonos neste tema en 'Ríos, un deterioro reversíbel?'. Entrevistamos Francesco Tonucci, pedagogo e investigador italiano, defende o modelo de cidade de Pontevedra por facer as crianzas, e tamén as persoas adultas, protagonistas. "Cando nenas e nenos están na rúa, estas fanse seguras". 'A biosfera Gerês-Xurés, centro da especulación enerxética'. Fins Eirexas, de Adega, analiza as consecuencias da nova concesión de 360 megavatios da que se beneficia Gas Natural Fenosa na reserva da biosfera GerêsXurés. "Non imos ir ao plenario de xullo a cuestinar a Villares" Yolanda Díaz protagoniza outra das entrevistas deste número do semanario. Díaz falando é un torrente. Fala con todo, tamén coas mans. E non é das persoas que che esquiva o ollar. Falamos na redacción de Sermos e damos repaso á trepidante actualidade política. Nótase ben que detrás da súa praxe hai toneladas de teoría. Yolanda Díaz deixa de ser a coordenadora de Esquerda Unida na asemblea desta formación política, a realizar o 3 de xuño, mais non está en absoluto de retirada. E móstrase conciliadora con Luís Villares. "Non imos ir ao plenario de xullo a cuestionar a Villares". 'O triunfo de Sánchez achanza o camiño a Pilar Cancela'. O susanismo é puramente residual na Galiza. O triunfo de Sánchez foi incontestábel, ultrapasando todas as expectativas. A xestora sae reforzada. Internacional O movemento República en Marcha! podería atinxir a maioría absoluta na Asemblea Nacional. O novo goberno, en que se incorporan perfís do PS e dos Republicanos, será o brazo executor do proxecto presidencial de Macron. A nivel internacional o Elíseo aposta en profundar a integración europea e en recuperar papel a nivel mundial como potencia dentro da OTAN. 'Macron pon en marcha o novo bonapartismo republicano'. 'Tsipras impón máis recortes para volver resgatar a débeda'. O goberno heleno (de coligazón entre Syriza e Anel) aprobou novos retallamentos que inclúen a redución de salarios e pensións, unha reforma fiscal regresiva, a liberalización do despedimento e novos procesos de privatización. A oposición popular a estas medidas expresouse nunha nova xornada de folga xeral. Os recortes impostos polo executivo de Alexis Tsipras non lograron polo momento desbloquear os 7 mil millóns de axudas que demandan da Troika. "Na situación actual non vale calquera tipo de sindicalismo" Suso Seixo (Curtis, 1952) estivo á fronte da Confederación Internacional Galega 16 anos, un período no que se deron importantes cambios non só no sindicato, tamén no país e na clase traballadora. Chama a manter o pulso da realidade e dos novos retos e salienta que a CIG está a piques de ser a primeira central en representación na Galiza ("xa o somos en afiliación e capacidade de mobilización") sen para iso renunciar nin aos principios nin ao seu modelo de práctica sindical. "Isto é unha obra colectiva", insiste. Construída a pesar dos "poderes fácticos" existentes no país e "aos que non lles somos gratos". En Análise debullamos a cadea láctea de Galiza perante o novo contexto. Non falta neste semanario o Fóra de Serie, coas súas achegas, suxerencias e propostas. No selfie-entrevista falamos con Ana Cabaleiro, o distrito Xermar lévanos polos 'selfies', da man de Tareixa Navaza viaxamos pola Galiza da olaría e do viño. Co Colectivo Xea imos pola lagoa de Sobrado, que acolle unha rica representación da flora e a fauna dos lugares húmidos. 'A derradeira leición do mestre' O Guernica galego, A derradeira leición do mestre, o impresionante óleo de dous metros de altura co que Castelao homenaxeou o seu amigo Alexandre Bóveda, está nas dependencias do Centro Galicia de Bos Aires. Xuntamos a María Xosé Porteiro (delegada da Xunta na Arxentina durante o bipartito) e a María Pilar García Negro (profesora da UDC e especialista na vida e obra de Castelao) para discutir sobre o destino ideal desta obra. A Galicia de Maeloc é o primeiro disco de Milladoiro. Combinábanse por vez primeira nun álbum, falamos de 1980, gaita galega e irlandesa, zanfona, arpa, frauta... Mais lonxe de ser o nome dun disco ou dunha sidra, Mailoc, ou Maeloc, foi o bispo do pobo bretón que se asentou no século V na Galiza. Cóntannos máis os historiadores Anselmo López Carreira e André Pena Graña en 'A Galiza de Mailoc, máis que un disco'. E a achega das colaboracións de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Guillerme Vázquez, Nachortas e Tokio, Mario Regueira, Andrés Castro, Iolanda Gomis, Beatriz Gómez... Todo isto, e máis, xa neste semanario, o número 247.
NOS_21629
O portavoz de Galicia en Común (GeC) e líder de Podemos na Galiza, Antón Gómez-Reino, conversa con Nós Diario sobre os retos que este espazo político encara a nivel organizativo e social, agora, desde fóra do Parlamento galego. A reflexión, a mobilización e o traballo noutras institucións é chave neste momento.
—Como ve a lexislatura que acaba de principiar na Galiza? Con moita prevención e temeroso do que pode significar unha nova maioría de Alberto Núñez Feixoo nun momento como este, en que a economía, a sanidade e os servizos públicos no noso país están como están. Galiza precisaba dun cambio político, mais tristemente o conxunto de forzas progresistas non o conseguimos e toca agora fiar ben para construír nos vindeiros catro anos a alternativa a Feixoo e estar en todas as demandas da sociedade galega. Máis ala do resultado electoral, defendo a existencia dunha maioría social que non está de acordo coas políticas do PP, mais lamentabelmente non conseguimos mobilizala electoralmente. —Que fallou na oposición para non gañar a Feixoo? O PP e Feixoo xogan dopados e co terreo de xogo alterado. Nos meses máis duros da pandemia fixeron un uso maniqueo dos medios de comunicación públicos e invisibilizaron a alternativa. Traballaron sistematicamente para tratar de alterar a visión que a sociedade galega puidera ter da Xunta. —E en que fallou GeC? Non fomos quen de mobilizar o electorado. Alén do votante de GeC que foi a outras opcións progresistas, é evidente que unha parte se abstivo. A incapacidade para xestionar as diverxencias internas dos últimos anos pasounos factura, invisibilizou o noso traballo e non fomos capaces de expor con claridade o noso proxecto para o país. —Podemos anunciou un proceso de reforzo organizativo. En que se concreta? Seguirá a liderar o partido na Galiza? Estamos nun proceso de reflexión que culminará nunha conferencia política a finais de mes. Estudaremos as eivas e a folla de ruta. No que ten a ver coa miña participación, considerei que non había maior irresponsabilidade que, ante un resultado moi negativo nas urnas, tirar a toalla. A miña responsabilidade é colaborar e reforzar Podemos na Galiza. —Seguirá no Congreso? Puxen a miña continuidade a disposición do partido e considerouse necesario que eu seguise a traballar no Congreso. É unha lexislatura transcendental. Se saen avante os orzamentos xerais, para os que se está a traballar tendo en contra os poderes económicos e mediáticos, teremos tres anos para consolidar un momento histórico de Goberno, plural e progresista, que atenda ás singularidades nacionais do Estado. —Agora toca oposición desde fóra do Parlamento. Veo difícil? Se ben é certo que non estamos aí, si estamos noutras institucións onde as problemáticas das e dos galegos tamén se dirimen e continuaremos sendo a súa caixa de resonancia. A nosa presenza no Goberno estatal e noutros ámbitos estase notando e imos traballar para que se note máis en favor das e dos traballadores dos pobos e, particularmente, da Galiza. —Por onde pasa a solución a Alcoa? Defendemos a necesidade dunha intervención pública decidida nos sectores económicos e industriais estratéxicos, e a planta de San Cibrao é estratéxica para a Mariña e o país. Nas negociacións o Ministerio de Industria chegou a pór enriba da mesa a participación por parte da SEPI da compra da fábrica. O problema fundamental é que a multinacional Alcoa non quere deixar unha empresa competidora no país. Agora toca que a autoridade laboral competente impida que se efectúen os despedimentos, que non paren as cubas e empregar todas e cada unha das ferramentas da Xunta e o Estado para intervir e salvar eses postos de traballo. Non me cabe dúbida de que ao longo das vindeiras semanas, se non muda a situación, o Goberno estatal porá todas as ferramentas para garantir a continuidade dos empregos.
PRAZA_1889
Estaremos o domingo en Conxo, que chova que non, a brindar novamente pola liberdade das persoas e da nosa nación. Quen pense só en términos de candidatura de unidade non pensa xa cabalmente, iso xa está para nacer: vaina haber, desde o día 23 sairá de círculos reducidos e grupos de debate e comezará a estenderse pola xente e polo país todo.
Hai momentos nos que o tempo acelera, iso está a ocorrer na política galega desde as pasadas elecións locais: tanto os presupostos das candidaturas municipais como o mesmo resultado desas elecións xa envelleceu e o que foi novo xa é pasado. Aqueles resultados abriron incógnitas e, sobre todo, esperanzas no resultado de sumar forzas para un cambio desde aquí. Mais a dereita tomou nota da súa derrota e xa reaxe e está a revisalo todo: Rajoy está disposto a revisar a súa Constitución, un PP que teme perder a Xunta e está disposto a apartar a Feijóo e buscar candidato novo…Mais todo segue en movemento e dentro dun mes, tras as elecións catalanas, todo será aínda moito máis vello. O resultado desas elecións non só cuestiona a forma do estado e abre sen volta un proceso de negociación e remodelación que afecta á existencia mesma do noso país, tamén vai someter a proba a viabilidade dos partidos estatais en Catalunya. O qué vai acontecer co PP, PSOE e Podemos alí está por ver. Dentro deste tempo no que todo está a ser revisado, a historia vai marcar os días que van entre o pasado 25 de Xullo pasado, pola unidade da nación galega, e este 23 de Agosto, do Banquete de Conxo 2.O. no que se cerra todo un proceso aberto de deliberacións. Non ten sentido xa vir con retesías resesas, con acusacións de contas vellas, usar as desconfianzas como pretextos. Se temos visión de país e se estamos a altura das esixencias da historia só cabe incorporarse a este proceso de creación política de envergadura E ninguén pode dicir que ve as cousas hoxe como as vía hai dous meses, cando puxemos a correr esa arela de unidade. Tras o vivido estes días ninguén pode honradamente dicir que todo está como estaba e que un se mantén no que estaba, pois os futuros que imaxinabamos hai tres meses xa son pasado. Ten sido un verán de transformación. Non ten sentido xa vir con retesías resesas, con acusacións de contas vellas, usar as desconfianzas como pretextos. Se temos visión de país e se estamos a altura das esixencias da historia só cabe incorporarse a este proceso de creación política de envergadura. Unha candidatura nacional galega cun programa social que non só nos vai representar nun novo tempo político no estado senón que é o comezo dun proceso máis amplo, a modificación do mapa político galego cunha forza social emerxente que debe gobernar a Galiza. Porque outras políticas sociais son precisas e porque este país o precisa. Porque non haberá democracia nin ideais de xustiza social se non son construidos desde aquí e sen submisión. E para iso non é preciso ser nacionalista galego, nin sequera galeguista, abonda con non ser españolista, con ser demócrata e constatar as inxustizas desde aquí. Estaremos o domingo en Conxo, que chova que non, a brindar novamente pola liberdade das persoas e da nosa nación E xa estamos para parir, a urxencia histórica obríganos e está a ser a parteira dunha sobrevida ilusión. E digo da historia porque este país noso non ten estado pero temos capacidade para levar conta da nosa historia. Estamos a facelo e os nosos feitos serán lembrados dentro dun relato histórico. A historia pode estar feita por mans e bocas alleas ou polas nosas, a Galiza non consta como tal na historia española, son catro provincias da corte, porén na nosa historia constan e constarán estes días que estamos a vivir. Nos momentos históricos decisivos somos sometidos a proba e vémonos obrigados a escoller de que lado estamos, e nós tomamos partido e escollemos estar da parte galega. No inmediato futuro seremos interrogados por onde estivemos cada un, cada unha de nós, nestes momentos. Estaremos o domingo en Conxo, que chova que non, a brindar novamente pola liberdade das persoas e da nosa nación. Ese día remata un tempo de deliberacións e arranca un proceso político creado desde aquí e con raíces na nosa historia e no noso país. Quen acuda terá o honor de partillar na construción dun novo tempo, quen non queira estar ese día sempre terá as portas abertas para sumar. Quen pense só en términos de candidatura de unidade non pensa xa cabalmente, iso xa está para nacer: vaina haber, desde o día 23 sairá de círculos reducidos e grupos de debate e comezará a estenderse pola xente e polo país todo Quen pense só en términos de candidatura de unidade non pensa xa cabalmente, iso xa está para nacer: vaina haber, desde o día 23 sairá de círculos reducidos e grupos de debate e comezará a estenderse pola xente e polo país todo, construindose de abaixo arriba e de cidadán a cidadá, de aldea a vila a cidade. Trátase de moito máis que dunha candidatura nacional galega, non se trata de facer contas de resultados electorais, nesta conxuntura histórica iso é unha cativeza indefendíbel, hai que pensar a Galiza no Estado, no mundo e no noso tempo en termos históricos. Se non se comprende isto é que non se comprende por que asasinaron naquel Agosto a semente que lembramos neste Agosto. A única distorsión que vexo nese proceso de debate son as mensaxes que chegan desde a política madrileña, a man de "Podemos" a enredar por atrás e debaixo con mensaxes confusas. Quen pretende verdadeiramente a unidade, a participación da cidadanía e as deliberacións públicas non teme falar claro e en alto, así pois cómpre situar o papel deste novo partido entre nós. "Podemos" naceu aproveitando as enerxías desencadenadas polo 15-M e upandose na crítica á política practicada e aos partidos existentes, porén nesta altura e xa antes de comparecer nunhas primeiras elecións ten mostrado unha práctica non só distinta do que prometeu senón mesmo contraria nalgúns aspectos fundamentais. Isto provocou un enfriamento e un distanciamento de sectores que inicialmente puxeron nesa equipa de profesores madrileños as súas esperanzas. Hoxe xa se ten mostrado como un partido de ambición política desmedida, antipático e desprezativo da esquerda existente, a que, cos erros e defectos que teñan, ten loitado polas causas sociais. Segue a ser aínda unha marca con certas perspectivas no mercado electoral que pode ofrecer oportunidades a persoas que queiran incorporarse á política como actividade e tamén como profesión. Mais xa están moi lonxe do soño dunha maioría para gobernar e resituada nunha franxa que era a que tivo antes IU, de feito hoxe o seu obxectivo real é conseguir ocupar o seu espazo. A única distorsión que vexo nese proceso de debate son as mensaxes que chegan desde a política madrileña, a man de "Podemos" a enredar por atrás e debaixo con mensaxes confusas A equipa dirixente dese partido, que desde que apareceu demostrou gran capacidade de mutar e adaptarse en cada momento e en cada lugar ofrecendo unha cousa e a contraria, vive angustiada o momento electoral. O que para nós é un momento decisivo na historia da Galiza que afronta unha nova revisión da estructura do estado e como lle afecta para "Podemos" é a súa reválida electoral, o seu éxito ou o seu fracaso dependen do resultado electoral. Arestora co que soñan é cun número de deputados suficiente para, de perder o PP a maioría absoluta, condicionar ao PSOE e obrigalo a pactar un goberno de coalición. De non ter deputados bastantes ficarían fóra do goberno e terían que conformarse con dar os seus votos para a investidura dun goberno socialista. Ese é o problema dese partido angustiado polos seus resultados e que está disposto a prometer unha cousa ou a contraria, xa se verá logo, e non o das clases traballadoras e do conxunto da sociedade galega. Por iso resultaría inconcebíbel que ninguén que fale de unidade, unión ou do noso país axude a dividir e entregar recursos políticos galegos á submisión ao centralismo. Os enredos por atrás e as conversas entre cúpulas non terán froito entre nós. Ese sería o triunfo da máis vella política que tanto se ten criticado e con razón. Nós traeremos desde abaixo a nova política: diálogo, transparenza, participación cidadá e unidade. Sumaremos o que é diverso, distinto e vaino seguir a ser. Uniremos as diversas tendencias culturais, organizativas, que comprenden que é preciso construir xuntos. Como esa candidatura xa é unha realidade aí nas portas hai que enxergar futuro práctico, pensar programas de construción social e nacional E como esa candidatura xa é unha realidade aí nas portas hai que enxergar futuro práctico, pensar programas de construción social e nacional. Programas para a candidatura que vaian máis aló dunha cita electoral. Pensar a nosa economía, o mar e o campo, o sector lácteo e agro industrial, a nosa cultura, as nosas comunicacións, a ordenación do territorio, pensar a relación con Portugal, o resto da fachada atlántica peninsular, a conexión por terra con Europa, as comunicacións todas, os aeroportos e os dous grandes portos, o teatro, o audiovisual, a literatura, a asistencia social,…A vida enteira nunha nación que se pensa por ela mesma, non submetida a visións e estratexias alleas e contrarias a nós. Non se trata dunha candidatura soberana, trátase de deseñar un país, estamos convocados a soñar unha nación. Que ninguén teña medo a soñar, os nosos soños son o noso combustíbel e o único que verdadeiramente temos.
NOS_51958
Paula Quinteiro debe renunciar ao seu cargo após o seu xa célebre episodio coa policía local compostelá. Así o pensa a esmagadora maioría das bases de En Marea que tomaron parte na consulta promovida pola dirección da confluencia, contra o criterio da maioría do grupo parlamentar. Na consulta votou 40 por cento do censo, 928 persoas. 85 por cento delas a prol da demisión de Quinteiro.
O resultado da consulta é incontestábel: 790 votos a prol da demisión da parlamentar, apenas 135 en contra. En percentaxes, 85 face o 15 por cento. Nun comunicado enviado aos meios ao fío das 00.56 horas desta quinta feira, a confluencia pon en destaque que a participación no referendo ten sido superior "a outras consultas previas", en alusión á realizada hai un ano para determinar se En Marea apoiaba ou non a moción de censura a Raxoi formulada por Podemos. "Esta resolución [o resultado da consulta] seralle comunicada á deputada para que obre conforme ao código ético de En Marea e aos seus principios fundamentais que depositan o poder nas bases. O Consello das Mareas avaliará conxuntamente estes resultados na súa vindeira xuntanza", afirma a organización no comunicado. E agora? Ben, a dirección -que invoca os estatutos- xulga que o resultado da consulta é vinculante, mais Quinteiro ten dito por activa e por pasiva que non considera lexítimo o procedimento e que, por tanto, non ía recoñecer o seu desenlace. Quinteiro non vai demitir e ten o apoio dos sectores críticos da confluencia (a Anova oficial, Esquerda Unida, Podemos e marés locais como a atlántica ou Compostela aberta). A crise, por tanto, non só non se resolve con este referendo interno, senón que mesmo entra nun novo estadío. Ninguén a día de hoxe, nen crítico nen oficialista, é quen a predicer como e cando o partido instrumental dará saído do labirinto. A oposición a Villares argumentará que as asinaturas recollidas polo manifesto @CoidandoUnidade -838- superan os votos emitidos a prol da demisión de Quinteiro -790. Desde a dirección de En Marea contra-arguméntase que o texto crítico foi referendado até por conselleiras do PP, isto é, por idéntidades falsas, o cal deitaría dúbidas sobre a autenticidade dos respaldos á parlamentar de Podemos-Anticapitalistas. Nota: na redacción orixinal desta noticia partiuse dun dado non actualizado sobre o número de asinaturas do manifesto Coidando a Unidade, polo que a peza foi corrixida.
NOS_51939
A superficie queimada ascende, polo de agora, até as 220 hectáreas.
Un dos incendios que se mantiñan activos esta quinta feira no concello de Larouco está xa estabilizado, segundo informou no seu parte diario a Consellaría de Medio Rural esta mañá. Concretamente, trátase do lume que afecta á parroquia de Seadur, e que onte queimara unhas 110 hectáreas. Dous incendios permanecen activos en Larouco, un deles de 110 hectáreas No momento de ser estabilzado, ás 0.36 horas, a superficie total queimada por este incendio era de 120 hectáreas. Para controlar este lume, tiveron que ser desprazados un técnico, 12 axentes, 24 brigadas, 22 motobombas, unha pala, catro helicópteros e dous avións. Segundo lume activo Por outra parte, o segundo dos incendios no concello de Larouco segue no momento de escribir esta información activo. Este, situado na parroquia de Freixido, mantense nunha superficie afectada aproximada de 100 hectáreas, após 26 horas activo. O incendio de Quiroga e Larouco destruíu 500 hectáreas de superficie Nas tarefas de estabilización e extinción das lapas están desprazados no terreo 15 axentes, 23 brigadas, 17 motobombas, dúas palas, cinco helicópteros e dous avións.
NOS_3853
A saída de Reino Unido supón 12.000 millóns de euros menos para as arcas comunitarias. O que unido ao cambio de prioridades na UE (atrás fica a cohesión, as preferencias agora pasan pola seguridade e a inmigración) anuncia tesoiradas importantes para Galiza.
A Comisión de Europa presentou o Marco financeiro plurianual, é dicir, a súa proposta de orzamento europeo para o período 2021-2027. Unha proposta na que hai recortes en fondos tan significativos para Galiza como os da PAC (Política agraria común) ou os de cohesión. No primeiro caso, de por volta de 5% e no segundo de 7%. Ambos os dous son fondos que supoñen para Galiza unha importante inxección de recursos monetarios. Falla por coñecer o impacto concreto desas tesoiradas para o noso país. Mais nunha primeira valoración, as distintas formacións xa mostraron a súa preocupación. Ana Miranda, eurodeputada do BNG, afirmou que "non queremos arranxos contabilísticos que reduzan as políticas de cohesión", alertou do "forte impacto" que para o noso país traerían os recortes e anunciou que o Bloque "traballará para que [os recortes] non se produzan". A eurodeputada Lidia Senra (AGEe) denuncia que desde a Comisión se está a apostar en "empregar os cartos en machacar as vítimas das súas propias políticas económicas". Denuncia o "desvío" de orzamento público, con recortes en pesca e agricultura, a favor da industria militar. Os recortes son malas novas", manifestou o eurodeputado socialista José Blanco, que considera que o orzamento proposto pola Comisión parte dun "erro na análise de prioridades" ao marxinar os fondos para políticas de cohesión. Apela a "manter o financiamento" en políticas comúns de agriculura e pesca. Intereses A proposta de orzamento parte de dúas chaves. Por un lado, o 'Brexit'. Reuno Unido deixa un burato nas contas comunitarias de 12.000 millóns de euros. E o resto os Estados non está polo labor de poñer cartos dos seus petos para suplir esa cantidade. A isto engádese que Bruxelas está nun cambio de paradigma: a cohesión xa non é a bandeira do discurso da UE, xa non é o 'motor' que antes apelaban para os fondos. Agora as prioridades son defensa e inmigración, que engolen máis recursos. Desde Farm Europe, unha organización de análise da política agrícola comunitaria que cita campo galego, calculan que a PAC perderá un 7,2% do presuposto no periodo 2021-2027 e un 11,2% a partir do 2027. O orzamento comunitario debe ser aprobado por unanimidade entre os estados da UE, ademais de ter a aprobación do Parlamento Europeo. Por conseguinte, espérase unha forte negociación nos próximos meses, algo que era previsíbel após a división entre os estados membros favorábeis a aumentar o orzamento da UE e os que apostan en reducilo.
NOS_32616
BNP...G? Non, BNP..EH. Non é un xeroglífico nen unha brincadeira. É a aposta estratéxica coa que Sortu fechou hoxe o seu congreso constituínte. A organización independentista e socialista basca chama a criar un "Bloque Nacional Popular" para conquistar a independencia. Hasier Arraiz (1973) foi eleito presidente.
A conformación dun bloco político e social a prol da independencia e a construción do socialismo en Euskal Herria. Con ese propósito nace Sortu, que hoxe realizou o seu congreso constituínte e elixiu Hasier Arraiz, ex preso independentista, parlamentar de EH Bildu, como o seu primeiro presidente. A secretaría xeral ficou vacante, ao continuar o líder histórico Arnaldo Ortegui entre reixas. Os textos son de máximos vindo da forza maioritaria dentro de EH Bildu, segundo grupo parlamentar en Vitoria e primeiro grupo parlamentar basco no Congreso. "Sortu nasce para facer e instar a facer. Sortu tamén nasce para criar. As mellores condicións políticas e sociais tamén poden derramarse se non houber organización e loita popular. Queremos facer a revolución", afírmase enfaticamente nos textos aprobados neste congreso. Revolución nacional. Ou sexa, independencia. Revolución social, ou sexa, socialismo. Sortu quer un Estado basco independente e socialista. Na dirección de Sortu aparecen figuras históricas de Batasuna, entre elas Rufi Etxebarria, ideólogo con Otegui do cambio operado no Movemento Basco de Liberación Nacional. Presenza galega No congreso houbo, entre as delegacións internacionais convidadas, presenza galega. Montse Prado, secretaria de Organización do BNG, acudiu en representación da organización frentista. Por Anova estiveron Mario López Rico e Mariano Abalo.
PRAZA_14915
Pero que foi o que fixeron ben en AGE? Basicamente dúas cousas. A primeira que o electorado ve moi positivamente que as forzas políticas se unan porque entende que non están a ter un comportamento partidista de competencia estéril no mesmo ámbito ideolóxico senón un apoio xeneroso entre todas para derrotar a quen está a destruír as conquistas sociais. Isto se ve reforzado na medida en que o discurso de transformación real resulta crible e o de AGE o era sobradamente, en parte grazas á figura política de Beiras.
Desexaba antes das eleccións un éxito contundente para a Alternativa Galega de Esquerda, de tal xeito que lles impedise aos seu compoñentes (Esquerda Unida, Anova, Espazo Ecosocialista Galego e Equo) caer na tentación de rachar a coalición desde cálculos partidistas. As previsións máis optimistas foron superadas e non deixan sitio para algo que non sexa manter unha fórmula que tan bos resultados deu: a responsabilidade co compromiso asinado coas persoas que lles votamos e a intelixencia de apostar por unha solución que demostrou que funciona só poden levar a potenciar aínda máis esta coalición no futuro, deixando de ser unha coalición técnica para converterse en algo estratéxico, que incluso debería estenderse ó resto de España con IU, ICV, Compromís, Chunta, etc. Pero que foi o que fixeron ben en AGE? Basicamente dúas cousas. A primeira que o electorado ve moi positivamente que as forzas políticas se unan porque entende que non están a ter un comportamento partidista de competencia estéril no mesmo ámbito ideolóxico senón un apoio xeneroso entre todas para derrotar a quen está a destruír as conquistas sociais. Isto se ve reforzado na medida en que o discurso de transformación real resulta crible e o de AGE o era sobradamente, en parte grazas á figura política de Beiras. O segundo acerto de AGE consistiu na comprensión por parte de Anova de que a situación actual precisaba dunha resposta esencialmente económica e social, sen abandonar as reivindicacións nacionalistas, pero tendo claras as prioridades. Ningunha das catro forzas que compoñen AGE nega o carácter de nación para Galicia e apoia nitidamente un aumento do autogoberno para esta terra, pero todas perciben que que te boten da casa por estar no paro resulta moito máis básico que que non te deixen falar a túa lingua, aínda que ámbalas dúas cousas representen agresións dos de sempre. Os dous partidos pequenos integrantes de AGE, o Espazo Ecosocialista Galego e Equo poden ter unha función aglutinante na coalición e deberían empezar a traballar nela conxuntamente porque non hai sitio para dúas forzas ecosocialistas en Galicia Os dous partidos pequenos integrantes de AGE, o Espazo Ecosocialista Galego e Equo poden ter unha función aglutinante na coalición e deberían empezar a traballar nela conxuntamente porque non hai sitio para dúas forzas ecosocialistas en Galicia. En caso contrario algunha delas terminará máis pronto que tarde por converterse en algo marxinal e irrelevante na política galega (non teñen máis que mirar cara ó estrepitoso fracaso de CxG por empeñarse en ir en solitario). Que ningunha das dúas se deixe cegar polo resultado acadado nas autonómicas porque o éxito só lles pertence na proporción que lles corresponde ó que representan. Equo ten a vantaxe de que conta cunha marca a nivel de España, pero non está claro que esta marca sobreviva ás europeas ou ás municipais. O Espazo Ecosocialista Galego ten a vantaxe de que conta cuns cadros con máis experiencia na política e nos movementos sociais, e que defende máis claramente un elemento imprescindible en Galicia como é o galeguismo, o que lle permite ter un discurso e unha estratexia máis claros, fundamentados e coherentes, co que cabe preverlle máis capacidade de crecemento. Pero non ten sentido esperar a ver cal dos dous sobrevive se poden colaborar para estender as ideas que defenden ambos. A vitoria do PP pode resultar sorprendente, pero non é unha maldición que pesa sobre Galicia senón o resultado da incompetencia maiúscula do PSdG e do BNG A vitoria do PP pode resultar sorprendente, pero non é unha maldición que pesa sobre Galicia senón o resultado da incompetencia maiúscula do PSdG e do BNG. Non imos repetir o que xa se dixo ata a saciedade tralos resultados electorais, que o PSdG e o BNG fixeron unha oposición desastrosa que impediu que o electorado vise en eles unha alternativa real. Polas declaracións trala derrota electoral non cabe esperar cambios en ningún deses dous partidos. O PSdG segue a comportarse como un partido vello sen conexión coa realidade social nin capacidade de reacción para volver a resultar atractivo para a xuventude e os sectores máis dinámicas. Resulta incomprensible que o seu candidato e secretario xeral non dimitise na noite electoral para abrir un proceso de renovación imprescindible se quere seguir a presentarse como alternativa ó PP. As declaracións de varios dirixentes na liña de acusar de traizón a Beiras por darlle entrada a Esquerda Unida na política galega, obviando calquera autocrítica, demostran que o BNG segue encerrado nunha percepción autista da realidade No caso do BNG ocorre unha situación similar: viulle as orellas ó lobo, pero aínda non sentiu os seus dentes como para reaccionar de verdade. As declaracións de varios dirixentes na liña de acusar de traizón a Beiras por darlle entrada a Esquerda Unida na política galega, obviando calquera autocrítica, demostran que o BNG segue encerrado nunha percepción autista da realidade; crer que o BNG pode acadar en Galicia o papel de CiU ou do PNV significa non comprender que estas forzas só son maioritarias nas súas comunidades porque están apoiadas pola dereita económica propia, cuxos intereses representan. O BNG segue sen entender que o problema agora é de supervivencia económica da xente, de perda acelerada de dereitos sociais en sanidade, en educación, ..., e persiste en obsesionarse coa cuestión nacional como se os países que son independentes non estivesen tamén en crise. Acaso non son Grecia, Portugal e Irlanda independentes e, sen embargo, están sometidas ás mesmas agresións neoliberais que Galicia? E que cree que faría CiU nunha Cataluña independente? Exactamente o mesmo que está a facer o PP en España. Os cantos de serea para unha reunificación do nacionalismo son prematuros porque non se ve intención algunha de rectificar no BNG e resultaría suicida para Anova volver con el Os cantos de serea para unha reunificación do nacionalismo son prematuros porque non se ve intención algunha de rectificar no BNG e resultaría suicida para Anova volver con el. Parece que aínda fai falla que o BNG sufra máis castigos electorais nas europeas e nas municipais para que esperte á realidade. A reunificación é xa posible se así o desexan: o BNG non ten máis que integrarse na Alternativa Galega de Esquerda na que ten as portas abertas de par en par De tódolos xeitos, a reunificación é xa posible se así o desexan: o BNG non ten máis que integrarse na Alternativa Galega de Esquerda na que ten as portas abertas de par en par. Pero para iso faría falla que se dese conta de que o problema central que estamos a padecer é o da contradición dereita/esquerda, cousa que aínda está lonxe de suceder vistas as declaracións dogmáticas e sectarias coas que se puxeron en evidencia os seus líderes tralas eleccións, exceptuando o seu portavoz nacional que soubo apuntar cara á autocrítica e presentar a súa dimisión.
PRAZA_12303
Comisións e UGT acatan pero "discrepan" da decisión do sindicato nacionalista de convocar mobilizacións en solitario. Os tres preparan, en calquera caso, a coordinación de "todo o traballo previo á xornada de folga"
Só pasaron catro días despois de que UGT e CCOO anunciaran a convocatoria de folga a nivel estatal e que, por tanto, se sumaban á xa anunciada pola CIG. Pero xa se produciu un pequeno roce entre as tres centrais. O secretariado confederal da CIG decidiu este martes acordar con CCOO e UGT a coordinación de "todo o traballo previo á folga xeral e o do propio día 29 de marzo, para garantir o máximo éxito posible da convocatoria". Haberá accións conxuntas, tamén, no tocante ás sesións informativas nos centros de traballo e convenios colectivos. O organismo confederal do sindicato nacionalista decidiu celebrar manifestacións propias o día 29 O problema xurde coas mobilizacións. O organismo confederal do sindicato nacionalista decidiu celebrar manifestacións propias o día 29. De novo, como é xa habitual, haberá dúas manifestacións por separado: as que encabezarán os carteis de UGT e Comisións Obreiras e as da CIG, ás que previsiblemente se sumarán a CUT e máis a CGT. CCOO e UGT non tardaron, a través dunha nota aos medios, en responder a esta decisión do sindicato que dirixe Suso Seixo. As centrais que comandan José Antonio Gómez (UGT) e Xosé Manuel Sánchez Aguión (CCOO) aseguran "respectar" da negativa da CIG diante da proposta "que se lles fixo para a celebración de xeito conxunto e unitario de manifestacións e actos en contra da reforma laboral e contra os recortes nos servizos públicos, que desembocaran na Folga Xeral o 29 de marzo". Iso si, "discrepan". Ambas as dúas centrais "fixeron esta proposta entendendo que conseguir a unidade de actuación de todas as centrais sindicais era o sentir unánime de todos os traballadores". CCOO e UGT manifestaron a súa "vontade de traballar para conseguir o obxectivo común de que a Folga Xeral do 29 de marzo sexa un éxito e sirva para frear a reforma laboral" Gómez e Aguión cren que "é moito máis importante a unidade nos obxectivos que as diferenzas puntuais que se poidan ter coa central nacionalista" e, neste sentido, "máis aló de que se realicen manifestacións conxuntas ou por separado", manifestaron a súa "vontade de traballar para conseguir o obxectivo común de que a Folga Xeral do 29 de marzo sexa un éxito e sirva para frear a reforma laboral e para evitar que a crise a paguen sempre os máis débiles".
NOS_29457
O grupo dirixente que lidera Luís Villares afirma non ter recibido "notificación ningunha" da proposta formulada pola marca que encabeza Martiño Noriega. Mais entra a avaliala pola súa "repercusión mediática" e porque Compostela Aberta tena pendurada na súa páxina web.
A Coordenadora de En Marea —o equivalente a unha executiva nacional— saúda como "moi positiva" toda "iniciativa que persiga a intensificación do diálogo no espazo político", mais convida a que as persoas que o queiran promover o fagan dentro das canles orgánicas da confluencia. Nese sentido, pon en valor que EM se ten dotado dunha estrutura "horizontal e sen restricións" que permite a participación de "toda persoa inscrita, con independencia da súa marea ou partido de procedencia, se os tivese". Estima a dirección do partido instrumental que é no Consello das Mareas —órgao abandonado na práctica polos sectores críticos— e nos plenarios —homólogos a unha asemblea nacional, realízanse dous ao ano— onde se pode participar na formación da vontade política da organización. O discurso de villarismo é que En Marea supera formulacións organizativas anteriores —coalicións tipo AGE— porque nestas "as persoas que non militaban en partidos políticos ou en determinadas mareas quedaban excluídos da participación", afirma a coordenadora. Con base nese argumento, a dirección da confluencia rexeita a proposta de Compostela Aberta de constituír unha Mesa da Confluencia —formada polos partidos fundacionais (Anova, EU, Podemos), as mareas gobernantes das tres cidades (A Coruña, Ferrol, Compostela) e a propia En Marea. A iniciativa impulsada por Martiño Noriega sería, a ollos do grupo dirixente liderado por Luís Villares, "incompatíbel" cunha "decisión de abaixo arriba e sería admitir un lugar de decisións tomadas por unha sorte de aristocracia política que nega a capacidade de decisión do conxunto das inscritas". Dar paso a esa Mesa da Confluencia levaría a confluencia, de acordo coa súa coordenadora, a un "retroceso na construción democrática e participativa do espazo, porque nega a voz de todas aquelas inscritas na Marea que non pertencen a un grupo de elixidos". "Precisamente a elección democrática directa [por parte das persoas inscritas] dos órgaos de dirección de EM superou estas deficiencias democráticas e participativas", esténdese a dirección do partido instrumental. Critica tamén a coordenadora que na proposta de Compostela Aberta se privilexie o papel de "tres mareas gobernantes", en alusión ás das cidades, a incorrer no "esquecemento de que espazos municipalistas do cambio exercen funcións de goberno en moitos outros concellos do país". E canto ao adianto do calendario eleitoral de En Marea —CA propón que a cúpula se renove en setembro e non en xaneiro como está axendado—, a dirección argumenta que esa é unha competencia do Consello das Mareas e do plenario. En todo caso, a decisión sobre a alteración da axenda mareante sería "algo que se pode discutir e acordar no marco da intensificación do diálogo nos órgaos de construción democrática das decisións de EM, nunca nunha Mesa que constrúa decisións que afectan En Marea fóra da propia En Marea".
NOS_34488
Achégase o comezo da campaña das eleccións á Presidencia, ao Congreso, ás Gobernacións e ás Asembleas estatais no Brasil. Desde hai meses, estes comicios pivotan arredor da volta do ex presidente Luz Inácio Lula, do Partido dos Trabalhadores, que podería obter o seu terceiro mandato presidencial e devolver a esquerda ao Goberno.
Os resultados do máis recente estudo demoscópico brasileiro, o Datafolha, prestixioso instituto electoral do Grupo Folha, axústase ás conclusións da maioría das enquisas anteriormente publicadas sobre a intención de voto no Brasil e prognostica unha vitoria folgada de Luiz Inácio Lula da Silva. O inquérito sinala que Lula supera en 19 puntos en intención de voto ao actual presidente, Jair Bolsonaro (Partido Liberal), de cara ás eleccións presidencias do próximo 2 de outubro. A intención de voto a favor de Lula é de 47% e a de Bolsonaro 28%. A media dos máis representativos traballos demoscópicos publicados este mes desvelan unha vantaxe de Lula de entre 8 e 16 puntos porcentuais na primeira volta con respecto a Bolsonaro, que aumentaría até un rango de entre 10 e 18 puntos na segunda volta. No tocante á progresión de intención de voto, os datos comparados entre os candidatos reflicten que desde comezos de 2021 Lula mantería unha vantaxe semellante á actual co presidente no caso de que decorreran de forma anticipada as eleccións presidenciais. Xa nas eleccións nas que Bolsonaro chegou ao Palácio do Planalto, Lula encabezaba as sondaxes até que o proceso legal -que acabou por anularse- dirixido polo xuíz e ministro na actual Administración, Sergio Moro, impediu que presentara a súa candidatura. Por outra parte, de acordo coa enquisa de Datafolha, 53% da poboación non confiou en ningún momento no que expresa Bolsonaro. Juntos polo Brasil Marcando como pauta princIpal a "reconstrución" do Brasil tras a etapa de Jair Bolsonaro e de Michel Temer, que tomaron o poder após impeachment contra Dilma Rousseff, Luiz Inácio Lula da Silva (PT) e Geraldo Alckmin (Partido Socialista Brasileiro) lanzaron a base do seu programa de Goberno baixo a plataforma Juntos polo Brasil. Nun acto no que participaron representantes de todas as formacións que integran a coalición onda as forzas políticas dos candidatos a presidente e vicepresidente (o Partido Comunista, Verde, Solidariedade e a Rede de Sustentabilidade Socialismo e Liberdade), fíxose fincapé en que desde a presentación do documento a pasada terza feira comezou un proceso no que, por medio de comités populares, aplicacións tecnolóxicas e conversas cos distintos colectivos sociais e económicos, búscase redactar "o maior programa de Goberno participativo da historia". No texto faise énfase na "defensa da igualdade, da democracia, da soberanía e da paz", apostando por un desenvolvemento económico sustentábel a nivel ambiental e que controle a suba dos prezos, pola xustiza social e polo recoñecemento da diversidade. No plano económico, o foco ponse no fortalecemento da estrutura produtiva e das empresas estatais, acelerando a transición ecolóxica e desenvolvendo unha reforma tributaria que xere unha distribución da renda cara aos sectores sociais máis vulnerábeis. Asemade, os candidatos comprométense a aumentar o salario mínimo e os dereitos laborais, e aplicar políticas que combatan o racismo e a lgtbifobia, ou protexan as comunidades indíxenas e poboacións tradicionais. O Brasil hoxe O 56% das arredor de 213 millóns de brasileiras e brasileiros sofren "inseguridade alimentar, con escaso ou ningún acceso a asistencia social", mentres que no nivel máis grave, directamente de fame, atópanse 19 millóns de persoas, "afectando de modo desproporcionado a persoas afrodescendentes e indíxenas", conclúe o informe sobre o país de Amnistía Internacional (AI). Ademais dos efectos das políticas económicas ultraliberais aplicadas por Bolsonaro, un exemplo paradigmático da xestión do mandatario de extrema dereita é o acontecido coa Covid-19, que provocou 670.000 mortes no país americano. Un grupo de senadoras e senadores elaborou unha investigación e lanzou até nove imputacións contra o presidente por esa xestión, incluíndo crimes contra a humanidade por negacionismo, violación das medidas de prevención sanitaria, impor na sanidade pública remedios sen aprobación científica ou corrupción co material médico, polo que recomendou que fora enviado a xuízo con catro dos seus ministros. Ademais, o Supremo Tribunal Federal prosegue unha investigación contra el por difundir novas falsas sobre a Covid, facilitando a súa propagación. Organizacións da sociedade civil estiman que a falta de políticas públicas axeitadas provocou 120.000 falecementos por coronavirus só no primeiro ano da pandemia. Deforestación Entidades como AI corroboran que o presidente "alenta a deforestación e a extracción de recursos naturais no Amazonas, agravando o impacto da crise climática nos territorios indíxenas", ao expoñelos a "desastres, violencia e abandono". Con todo, é a seguridade pública un dos ámbitos máis afectados pola súa xestión, cun aumento do 65% no acceso a armas de fogo, xusto no país que lidera a clasificación de mortes por disparos no mundo.
NOS_33281
As embarcacións vascas fichan vogadores da Galiza.
Rematada unha nova tempada de traiñeiras xa se traballa na seguinte, tanto no que atinxe á LGT, Liga Galega de Traiñeiras, como á da ACT, onde compiten a 'elite' das embarcacións do Estado. Nesa exixente competición haberá a vindeira tempada dúas traiñeiras galegas en categoría masculina, Cabo de Cruz e Meira; e outras tantas na feminina, Cabo e Tirán. Mais en ambos os dous casos a presenza galega non se limita ás embarcacións da Galiza que compiten nestas ligas. Desde hai anos, remeiros e remeiras galegas fan parte de tripulacións de traiñeiras vascas, 'fichados' para reforzar uns planteis cada vez máis competitivos e exixentes. Importancia Así, se ben na Liga ACT masculina só hai dúas traiñeiras galegas —dun total de 12—, a presenza de remeiros galegos dáse en sete embarcacións. Para alén das embarcacións da Galiza, hai músculos galegos a vogar nas traiñeiras vascas de Ondarroa, Urdaibai Santurtzi, Orio e Zierbana. Nas tres primeiras esa presenza limítase a un remeiro mentres que no caso de Zierbana, son catro: dous deles do Grove, un da Coruña e un de Vigo. Esta presenza non é nova, desde logo. Na tempada de 2017 oito dos doce barcos que competían nesta Liga ACT tiñan galegos no seu plantel embora só tres embarcacións eran da Galiza. Eran, daquela, 14 remeiros en traiñeiras non galegas, cifra que na última tempada baixou a unha decena. Na actual ACT só hai cinco barcos sen ningún galego a bordo: Hondarribia, Donostiarra, Getaria, Lekitarra e Kaiku. O ascenso de Meira á ACT evita a soidade de Cabo na representación da Galiza na elite das traiñeiras Feminina Maior presenza galega hai na elite do remo feminino. Na tempada que se despide non había ningunha traiñeira galega competindo —si haberá en 2023, Cabo e Tirán—. Mais das catro embarcacións vascas que disputaron a última Liga feminina, tres contaban con presenza de remeiras galegas. A gañadora da tempada, Orio, ten tres vogadoras da Galiza. O mesmo número que teñen as traiñeiras de Arraun Lagunak e Ur Kirolak."En Euskal Herria o remo vívese dun xeito moi especial e moi distinto a aquí", confesa a Nós Diario Nerea Cerqueira, remeira da traiñeira de Chapela, que en setembro pasado participou na regata da Kontxa, a 'copa do mundo' das traiñeiras. Sandra Piñeiro, de Boiro, levaba desde 2018 vogando na traiñeira de Orio, a onde chegou procedente da embarcación de Cabo de Cruz. Sabe ben o que é gañar ligas de remo e salienta que as facilidades para vogar en Euskal Herria son moito maiores que na Galiza, así como o ambiente co que se vive este deporte. "O remo non é só un deporte. É unha cultura. Nerea Cerqueira: "En Euskal Herria o remo vívese dun xeito moi especial e moi distinto a aquí" Cada pobo costeiro vasco víveo dunha maneira incríbel, cheo de bandeiras e ese ambiente non se vive noutros sitios. Mesmo até a xente te recoñece pola rúa. Todo isto non significa nin que sexan mellores nin peores, senón simplemente diferentes", manifesta. David Fernández, de Ferrol, voga na traiñeira de Ondarroa. "Teño envexa sa, como galego gostaría que houbese o mesmo sentimento que aquí", confesa, a respecto de como se viven as traiñeiras nese país. Un deporte en auxe e coas mulleres gañando presenza Non hai tantos anos, pensar nunha traiñeira feminina era, simplemente, imposíbel. Este era un deporte asociado á forza e masculinidade onde as mulleres non tiñan cabida. Iso mudou e hoxe en día na Galiza cada vez máis clubs teñen unha embarcación de mulleres. Na Liga Galega de Traiñeiras feminina que finalizou en setembro participaron nove embarcacións, todo un récord e o mellor exemplo do que evoluiu nestes anos.
NOS_17777
A aprobación no Consello Europeo de xullo dun paquete de axuda financeira aos Estados da Unión Europea para enfrontar a situación creada polo coronavirus volve colocar en primeiro plano o debate sobre os fondos europeos. Onte reuniuse a comisión Next Generation Galicia, un día despois de o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciase a remisión de 108 propostas ao Goberno español que fai temer a priorización das grandes empresas e a exclusión das pemes.
As dúbidas sobre o uso do diñeiro procedente dos diversos programas europeos foron unha constante no debate académico e político da Galiza das últimas décadas. As críticas aos proxectos impulsados desde a Administración galega e a política de subsidios que afondou na especialización produtiva nun modelo de escaso valor engadido chegaron desde diversos sectores da sociedade. A día hoxe son moitas as dotacións públicas programadas a cargo das liñas de axuda comunitaria en situación de abandono ou que mesmo non chegaron a entrar en funcionamento. Outro tanto aconteceu coa fiscalización e control do diñeiro achegado, cuestión denunciada por organismos públicos como o Consello de Contas da Galiza. As dúbidas sobre o uso do diñeiro dos programas europeos foron unha constante As propias autoridades comunitarias someteron a investigación diversos proxectos financiados na Galiza a cargo de fondos europeos. Así, por exemplo, á volta de 2012, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (Olaf) abriu unha investigación á Deputación de Ourense ao entender que "existen sospeitas dabondo fundadas de que se teñen cometido actos de fraude, corrupcións ou outros actos ilegais que afectan a intereses da Unión Europea" en relación co Plan Daredo e o Plan Deputrans, dous proxectos destinados a sufragar a adquisición de depuradoras de augas residuais domésticas para diferentes concellos ourensáns. Porén, non se tratou dun feito illado como demostraron procedementos posteriores. Unha xestión baixo sospeita O Tribunal de Contas da Unión Europea cuestionou, tamén, actuacións en infraestruturas executadas con fondos achegados por programas comunitarios. Concretamente, en relación ao porto exterior da Coruña sinalou que as contribucións "financiaron obras inutilizadas ou infrautilizadas", que "non representaron un aumento da súa actividade" e que "requirirá de diñeiro público adicional para dotarse das infraestruturas de comunicación básica". As asimetrías dentro do espazo europeo e o papel dos fondos é obxecto de vivas controversias Unhas advertencias moi semellantes recolléronse en referencia ao novo peirao de Ferrol e sobrecustos en varias obras cometidas no porto de Vigo. Os problemas identificados nestes equipamentos galegos foron homólogos a outros sinalados para o conxunto da Unión Europea. O impacto das achegas procedentes dos diversos programas comunitarios na economía galega é discutíbel. O profesor da Universidade de Compostela (USC), Gonzalo Rodríguez, considera en declaracións a Nós Diario que "Galiza é un país que segue as inercias e en lugar de utilizar os fondos estruturais para investir máis e superar os déficits estruturais, seguiu gastando o mesmo. O Goberno galego non empregou o diñeiro para gañar posicións relativas, recuperar a capitalización da economía nin para subvencionar novas industrias para gañar capacidade económica". "Non se activaron os proxectos máis estruturais", lamenta Rodríguez, que urxe a Administración a "liderar o mercado e non seguir o mercado, porque non superamos os déficits estruturais e non temos capacidade de converter o coñecemento científico en coñecemento aplicado". A economista da USC María Cadaval entende que "os fondos foron positivos no seu conxunto pero puideron ter un aproveitamento mellor, xa que sendo o obxectivo dos fondos estruturais crear unha estrutura non o conseguiron". "Os fondos anteriores repartíronse en forma de aspersor que botaba auga en moitos sitios e iso axudou a que moitos pequenos proxectos medrasen e se salvasen pero esa auga non chegou ao fondo", di, en conversa con este medio. "Agora toca cambiar o aspersor pola mangueira, que os fondos se liguen a dous e tres proxectos que poidan servir para empuxar o seu arredor outros proxectos máis pequenos", agrega Cadaval, que lembra como xurdiu o sector do automóbil na Galiza arredor da implantación de Citroën e que agarda que as novas iniciativas xurdidas a carón do fondo de recuperación poidan actuar como auténticos tractores de novas propostas. [Podes ler a reportaxe completa no Nós Diario en papel, que podes atopar nos quioscos e puntos de venda habituais ou na loxa. Se aínda non es subscritora ou subscritor, podes sumarte aquí]
PRAZA_18739
Puidemos constatar con tristura que a única suxestión do PP de Xove era a de botar abaixo as instalacións da baleeira e facer unha "zona verde e un parque". A nosoutros a simpleza desa actuación pareceunos un auténtico crime patrimonial.
É xusto recoñecer o esforzo dos demais, pero no noso país hai representantes públicos que se negan a isto por sistema. Uns por simple ignorancia (o Partido Socialista non ten actualmente representación en Xove e, cando a tiña, era como se non a tivera) e outros por verdadeira malicia (o Partido Popular, en todos os eidos, é a formación política máis corrupta de Europa).Para unha mellor ilustración do que estou a falar, direilles que na páxina 58 da acta plenaria do día 18/08/2014 quedou recollida a solicitude formal do grupo municipal nacionalista para que o Goberno municipal de Xove xestionara a creación do Conxunto Etnográfico da Baleeira de Morás. Nesta iniciativa propuxemos conservar a rampla de remonte, a plataforma de despece e as instalacións de procesamento do aceite (deixando estes dous últimos emprazamentos ao aire tras proceder á derruba da factoría). O noso traballo como oposición consistiu nunha valoración rigorosa deste tema, onde incluso nos estrevistamos con algunhas antigas traballadoras da Baleeira de Morás. O resultado foi que, dende o BNG de Xove, instamos a que se promovera unha área etnográfica en Morás na que figuraran paneis informativos. De feito, o equipo de goberno local fíxonos preguntas no Pleno coa finalidade de ilustrarse sobre esta proposta. Tamén puidemos constatar con tristura que a única suxestión do PP de Xove era a de botar abaixo as instalacións da baleeira e facer unha "zona verde e un parque". A nosoutros a simpleza desa actuación pareceunos un auténtico crime patrimonial.Quixera facer fincapé en que fomos nós os que promovimos o Conxunto Etnográfico da Baleeira de Morás. Que tamén fomos nós os que propuxemos os paneis informativos. Que mesmo lles advertimos que deberían conter información sobre o xeito no que as baleas eran remontadas cuns ganchos espetados no lombo do cetáceo. Así como sobre a maneira de realizar o esfolado e despece do animal polos homes, calzados cuns zocos especiais con cravos. Que despois se procedía a separar o magro da graxa, recortando grandes anacos para levalos a fundir. E que, para rematar, pasaban a carne destes mamíferos mariños a unas mesas altas onde as mulleres a triscaban e a envolvían cunha rede. Por último, os do PP tampouco sabían que na baleeira de Moras se conxelaba a carne mentres agardaban a chegada dos camións para transportala ata Vigo, dende onde se procedía á súa posterior distribución internacional.Foi moita a xente de toda a Mariña que traballou na Baleeira, por iso nos escornamos para que se promovera a colaboración coa veciñanza que traballou na fábrica co obxectivo de facela partícipe da creación do Conxunto Etnográfico da Baleeira de Morás, incluso sendo conscientes de que o noso esforzo sería rendibilizado unha vez máis por quen non o merece. Así a todo, diante desta nova ausencia de ideas do Goberno local, centrámonos en evitar que este destacado ben de interese social e industrial ficara no esquecemento tras a recuperación da súa titularidade pública.Xa sei que en Xove temos o que nos merecemos. Seino. Pero tamén sei que é de xustiza darlle a César o que é de César e a Deus o que é de Deus. Queiran ou non.
NOS_54150
'Follas Novas' (1880) é o segundo volume que Rosalía de Castro publica en galego logo de 'Cantares Gallegos' (1863), libro co que se inaugura a renacida expresión literaria na nosa lingua. Estamos ante un cume das nosas letras posto que, como é ben sabido, nestas composicións de tema tan universal como íntimo, patrióticas, comprometidas, ousadas e radicais, está reflectida non só a mestría da autora senón tamén a nosa propia e particular idiosincrasia como nación. A inusitada profundidade que contén, a valentía da poeta e o extraordinario dominio da expresión lírica farán que hoxe 'Follas Novas' provoque tanto abraio como sorpresa causou no seu tempo.
Follas Novas publícase en 1880 na Habana grazas ao interese de Alejandro Chao, editor galego emigrado na capital cubana e amigo íntimo de Murguía e Rosalía. Hoxe sabemos que a maioría dos poemas que o compoñen levaban escritos case 10 anos e, de feito, está anunciado con este título xa en 1872. Estudosos como Francisco Rodríguez apuntan a que o momento político adverso (fracaso do Sexenio Revolucionario, Restauración monárquica, falta de concreción de medidas democráticas logo da 1ª República, centralismo españolizador…), xunto coa marcha irregular da (re)nacente literatura en galego, serían causas dabondo para explicar que un libro como Follas Novas tardase en ver a luz. Nesta altura, en Madrid estaba triunfando no teatro José Echegaray, quen sería o primeiro premio Nobel, hoxe esquecido, das letras españolas, comezaban as representacións por Europa da Casa de Bonecas de Ibsen e aparecía a derradeira obra de Dostoyevski, Os irmáns Karamazov. Como autoras daquela altura podemos falar de Cecilia Böhl de Faber (que escribiu co pseudónimo de Fernán Caballero e foi a dedicataria de Cantares Gallegos), Gertrudis Gómez de Avellaneda, a popular George Sand, todas elas falecidas uns anos antes da publicación de Follas Novas, e de Carolina Coronado. Rosalía de Castro supera calquera comparación. É, como veremos, un caso á parte. Comeza o libro que nos ocupa coa débeda de gratitude que a autora expresa ter coa Xunta directiva da Sociedade de Beneficencia dos naturais de Galicia na Habana. É por iso que lles dedica Follas Novas, que, segundo ela di, "trata das cousas da terra, e vai escrito na nosa léngua". E remata: "Recíbana, non polo que val, sinón polo que significa". Nunha breve frase aparecen condensados algúns dos eixos fundamentais desta obra: a reivindicación nacional, tanto a través dos temas reflectidos como, e sobre todo tendo en conta a novidade que isto supón naquela altura, pola lingua empregada, así como a conciencia da empresa na que a autora, propositadamente, se embarcaba, que é a da criación dunha literatura propiamente galega, o cal se xustifica, e volvemos ao comezo, precisamente polo emprego da lingua galega. A edición orixinal conta cun prólogo de Emilio Castelar, xornalista, novelista e político progresista que fora o 4º (e último) presidente da breve I República española. Unha sinatura, pois, de grande renome que foi solicitada por Murguía para que servise de barreira protectora ao libro de Rosalía. Presenta Castelar un "conjunto de tal suerte nuevo y original" que aínda que "la literatura gallega no tuviese ningún otro libro más que las Follas Novas de Rosalía Castro, bastábale para su lucimiento y su gloria". É de salientar tamén nas palabras deste autor que naturaliza o emprego da lingua galega para a expresión literaria e que cando fala eloxiosamente da escritora non a adxectiva en feminino senón en masculino, o cal neses momentos ten unha intención claramente prestixiadora. Antes de presentar a obra poética, compón Rosalía "Duas palabras d'a autora", que Pilar García Negro ten definido como un dos primeiros ensaios da nosa Literatura (xunto co prólogo de Cantares). Nel fai unha reivindicación da súa valía como escritora e explícanos que falará de temas que non só asume como propios senón dos que se converte en portavoz, como a denuncia dos males que acarretan "a emigrazón e o rei", ou como as penurias económicas derivadas do despoboamento forzado dunha Galiza, que, afirma, se aínda segue en pé é grazas ás mulleres que, esforzada, solidaria e solitariamente, traballan arreo para que así sexa. E todo isto faino en galego, consciente de que foi ela quen se atreveu a empregalo nun libro, Cantares, e agora noutro, Follas, coa indisimulada intención de (re)construír a nosa Literatura. Ratifícase en que ao ser ela quen enarborara esta bandeira non pode desertar dela. Estrutura Rosalía os poemas que compoñen esta obra en cinco libros. O primeiro, "Vaguedás", amosa a autora fronte á escrita que practica comezando cun poema definitorio: "Daquelas que cantan as pombas i as frores / todos din que teñen alma de muller. / Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma, / ¡Ai!, ¿de que a terei?". Posiciónase fronte á realidade, reflexionando sobre os seus propios sentimentos e pensamentos e imbricándose na terra caracteristicamente galega que a acompañará durante todo o volume sendo a súa interlocutora, confesora e compañeira. En "¡Do Íntimo!", o segundo libro, mergúllase na súa propia psique analizándoa non só desde un punto de vista estritamente persoal senón tamén na súa relación coa humanidade, a relixión e a xustiza. Nesta parte é onde aparece o famoso poema "Cando penso que te fuches". As interpretacións que se lle teñen dado son moi variadas, desde Carvalho Calero a Marina Mayoral pasando por Bouza Brei, só por mencionar unha mínima parte. Desde logo que se trata dunha expresión do seu ser máis íntimo, ben sexa da parte oculta que cadaquén posúe, ben da memoria do pasado. A súa popularidade medrou a partir da música que lle compuxo Xoán Montes en 1892 e que leva, popularizado como "Negra Sombra", coñecendo versións de todo tipo até hoxe mesmo: Os Tamara, Amancio Prada, Albano, Narf, Maria do Ceo, Pilocha, Luz Casal, Astarot, Andrés Suárez, Uxía... Con orquestra sinfónica, ao piano, clarinete, saxofón, theremin (!)... O libro III, "Varia", é tanto o elo entre os temas do anterior e do posterior, como un libro en si mesmo dada a variedade e, sobre todo, a rechamante novidade, de temas que acolle: o amor pasional, as prácticas relixiosas hipócritas, a morte igualadora, o fatum... En "Da terra" en só 9 poemas fai Rosalía un percurso polo noso ser característico coa intención de reafirmar o valor e o futuro da patria galega. Finalmente, o libro V, "As viudas dos vivos e as viudas dos mortos", condensa o tema da emigración, que é identificada descarnadamente como a morte, tanto a física dos que a padecen, como a social, a do país que a soporta. Faino sempre, ademais, desde unha óptica inconfundibelmente feminina e feminista. E todo o anterior sen perdermos de vista que Rosalía emprega cunha admirábel soltura as máis variadas estrofas e metros, chegando mesmo a crear combinacións inéditas na altura. Se ben ficou lonxe do entusiasmo que concitara con Cantares Gallegos, no seu momento foi acollida esta obra de Rosalía con admiración pola minoría que compartía o seu ideario de reivindicación patriótica e foi maiormente ignorada pola crítica española. Andando o tempo, e unha vez superada a interpretación que a terxiversou á mantenta como un intento de subverter a súa poderosa mensaxe, foi obxecto de estudo desde fóra das nosas fronteiras (Claude-Henri Poullain, Machado da Rosa, Kathleen March, Catherine Davies...) e foi analizada pola crítica galega salientando os nomes de Francisco Rodríguez e de Pilar García Negro. Son variadas, tamén, as traducións que se teñen feito deste volume (ao búlgaro, catalán, francés, inglés, xaponés...). Follas Novas, por tanto, é un libro e son cinco. Cinco libros con temas variados que funcionan como un só e que teñen, na nosa opinión, dúas bases principais. En primeiro lugar, a da reivindicación de Galiza como pobo, feita, por un lado, a través da crónica do seu tempo sinalando á emigración como causa (e consecuencia) da pobreza á que se ve sometido, e, en segundo lugar, a través da práctica dun feminismo consciente e vertebrador da conciencia de nación. Como chan no que se asentan as anteriores bases teriamos a revelación do ser máis íntimo da autora; descárnase Rosalía nestas composicións confesando, compartindo, os seus máis profundos temores e padecementos, amosando a súa dor persoal para conformar, como indicou Francisco Rodríguez, un proceso ascendente do eu individual ao colectivo. E todo isto ao servizo consciente da construción dunha literatura nacional empregando o seu elemento máis caracterizador neste sentido (e case inédito na altura), a lingua (galega). Por primeira vez, un autor, unha autora (¡!), atrévese a tratar calquera tema propiamente noso que é á vez humano e universal. Lembrándomos palabras de Otero Pedrayo (1971), o xenio poético de Rosalía descobre un universo novo que até ela non tivera na arte completa realización. Follas Novas é, en suma, en si mesmo, unha literatura: a Literatura Galega. Escolma de textos Libro I, 'Vaguedás' ¡SILENCIO! A man nerviosa e palpitante o seo,as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidosi un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo como loitanen sin igual batallainmortales deseios que atormentan e rencores que matan,mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a vena hinchada,i escribo…, escribo…, ¿para que? ¡Volvede ô máis fondo da ialma,tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas!¡Que a man tembrosa no papel só escribapalabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura¿donde quedou velada? Libro II, 'D'o íntimo' 1º Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa. Cando maxino que es idano mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brilai eres o vento que zoa. Si cantas, es ti que cantas; si choran, es ti que choras, i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. 2º A XUSTICIA POLA MAN Aqués que ten fama de honrados na vila, roubáronme tanta brancura que eu tiña; botáronme estrume nas galas dun día,a roupa decote puñéronma en tiras. Nin pedra deixaron en donde eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas; ô raso cas lebres dormín nas campías;meus fillos…, ¡meus anxos…!, que tanto eu quería,¡morreron, morreron ca fame que tiñan! Quedei deshonrada, mucháronme a vida, fixéronme un leito de toxos e silvas;i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían.-¡Salvádeme, ouh, xueces!- berrei… ¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia.-Bon Dios, axudaime- berrei, berrei inda… Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. Estonces, cal loba doente ou ferida,dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño… ¡Ne as herbas sentían!I a lúa escondíase, i a fera dormíacos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida. I o lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día. I estonces…, estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira. Libro III, 'Varia' Para uns, negro, pra outros, branco; E para todos, traspoleirando. I - Se astuto se é que sabes;Víngate das ofensas se é que podes; ó que che sirva, págalle;mais a quen non che de, nunca lle dones;Porque a moral dos santosnon reza sempre ca moral dos homes. Esto un gallego montañés e rudo, farto de humillaciós e de rencores, ó agonizar lle aconsellaba a un fillo,herdeiro dos seus mals e de seu nome. II -Sé inxenuo e leal sempre, perdoa a quen te ofendafai ben decote a amigos i enemigos i á porta franca, sin temor, espera:n'hai máis que un Dios i unha moral que salve ós tristes fillos de Eva. Esto a probe viudado montañés, morrendo antre a miseria, resinada ó seu fillo lle dicía…I a Dios o esprito lle entregou serena III E fíxolle el as honras,mais tan só con xemidos e con bágoas; crego non houbo ó rededor que á probe o enterro da limosna lle cantara.Nun corruncho do adroe onde as ortigas ásperas medraban, sin cruz, señal, nin lousa.Alí quedou perdida e sepultada; e triste o fillo e soiotornou sañudo a solitaria casa.'Meu pai doume un consello -iña pensando- miña nai doume outro;e se ela tiña santidá e conciencia, esprencia el tiña e sabidá dabondo. Son fillo del e dela…Partirei, pois, a hirencia de dous modos. Ña nai, fareille ben a quen cho fixo.Meu pai, vinganza piden os teus ósos. Libro IV, 'D'a terra' ¡CALADE! Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias e nos penedos ásperos do noso inmenso mar,fadas de estraño nome, de encantos non sabidos, que só con nós comparten o seu prácido folgar. Hai antre a sombra amante das nosas carballeiras, e das curtiñas frescas no vívido esprendor,e no romor das fontes, espritos cariñososque só ôs que aquí naceron lles dan falas de amor. I hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos, en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser, cores de brilo soave, de trasparencia húmida, de vaguedade incerta, que a nós só dá pracer. Vós, pois, os que naceches na orela doutros mares, que vos quentás á llama de vivos lumiares,e só vivir vos cómpre baixo un ardente sol, calá, se n´entendedes encantos destos lares, cal, n'entendendo os vosos, tamén calamos nós. Libro V, 'As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos' Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ô monte, soia a vexo arder no lar.Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax,el non ha de virme a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ô seu compás…; ferve o pote…, mais, meu caldo, soíña te he de cear.cala, rula; os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soidás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai… Anduriña que pasachecon el as ondas do mar; anduriña, voa, voa,ven e dime en onde está.
PRAZA_6346
A Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía salienta a "diferenza de trato" entre o "despregamento de medios" do Estado para atender o misioneiro enfermo de ébola e a negativa a subministrar tratamentos contra o cancro desatendendo o criterio médico e priorizando os motivos económicos. Falamos coa súa voceira, Montse Recalde.
A Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía do Clínico de Santiago (AUSO CHUS) é un dos colectivos máis activos do país na defensa dos dos dereitos dos pacientes das enfermidades que comunmente coñecemos como cancro. A súa voceira, Montse Recalde, tivo unha mestura de sentimentos ao observar o "despregamento de medios" co que o Goberno central atendeu o misioneiro español enfermo de ébola, Miguel Pajares, esencialmente pola "diferenza de trato" entre este paciente e os "enfermos graves que non pertencen a un lobby de presión", como os galegos e galegas a quen "se lles negan tratamentos" contra o cancro desatendendo o criterio médico e priorizando, unicamente, "razóns económicas". Causoulles extrañeza a celeridade do Goberno central en facilitarlle un tratamento ao misioneiro enfermo de ébola? Por que? Máis ca a celeridade, por ser unha enfermidade de curto percorrido, causounos extrañeza que fosen tan pouco rigorosos ao aplicarlle un tratamento nunha fase moi primaria de investigación nunca antes testado en persoas. Para este tipo de medidas requírese o consentimento informado do afectado, e non sabemos se Miguel Pajares, xa moi afectado polo virus, estaba en condicións de asinar ese consentimento, nin de entender a información que estaban obrigados a darlle sobre os posibles efectos adversos. Tamén causou extrañeza que puxesen á disposición de dúas persoas tal despregamento de medios económicos e materiais (un avión do exército, unha planta dun hospital, un equipo médico enteiro, as necesarias medidas de seguridade…), cando poderían ter mandado persoal a tratalo in situ, sobre todo polos graves recortes que está sufrindo a sanidade pública coa escusa da crise. As asociacións de enfermos sabemos dende hai tempo cantas trabas existen por razóns económicas para acceder a tratamentos recomendados polos especialistas cando aínda non están comercializados en España, polo que non entendemos por que neste caso decidiron tirar a casa pola ventá. Supoño que para entendelo debemos velo dende unha óptica política e non sanitaria. Porque a maioría da xente, que non sabe o que está sucedendo con outros enfermos graves que non pertencen a un lobby de presión, como pode ser a Orden de San Juan de Dios, non percibiu a contradición dada pola diferenza de trato. O goberno tratou de obter un tanto ao seu favor coa publicidade humanitaria, pero na situación en que a sanidade pública está actualmente, tamén puido saírlles o tiro por tras. Ao cabo, tiveron que acondicionar ás présas un hospital especializado en enfermidades infecciosas que desmantelaran uns meses antes. Isto debería ser unha cura de humildade, pero non confío en que saiban vela. Non é a primeira vez que protestan ao respecto, xa en 2012 denunciaron atrasos en tratamentos oncolóxicos no Clínico de Santiago por razóns económicas, en que consistiron? "O CHUS deixou de subministrar o medicamento cando tivo que pagalo" Si. No 2012 un paciente dirixiuse a nós para contarnos que a dirección médica do CHUS lles estaba denegando un tratamento que lle solicitara o seu oncólogo. Era un paciente de 69 anos que deixara de responder positivamente á quimioterapia contra o cancro de próstata, polo que o oncólogo solicitara permiso para tratalo con Abiraterona, autorizada polo Sistema Nacional de Salud en setembro de 2011 pero aínda non autorizada en Galicia. Curiosamente, este tratamento estivérase dispensando no mesmo hospital mentres o financiaba o laboratorio, na fase previa á comercialización, pero deixaron de facelo en canto tiveron que pagalo a 3.400 euros por envase. Este enfermo con cancro metastásico quedou sen tratamento durante meses, pese a que noutras autonomías se estaba dispensando. Logo soubemos que había outros casos coma o seu. Agora seguen aparecendo casos relacionados con este mesmo tratamento, porque ampliaron as súas indicacións a enfermos pre-quimio. O Ministerio de Sanidade xa aprobou esta nova indicación, pero parece que aínda está renegociando o prezo co laboratorio, o que lles serve de escusa a algunas administracións autonómicas para non subministralo. Hai unha gran desigualdade neste sentido entre unhas comunidades e outras, o que nos deixa unha sensación de arbitrariedade do sistema, porque, aínda que a sanidade estea transferida, todo o Sistema Nacional de Salud se financia cos nosos impostos. Eu non pago impostos para que unha enferma de Valencia ou do País Vasco poida beneficiarse da Eribulina e unha galega non, como é o caso. Isto é absurdo e debería chegarse a un acordo estatal para eliminar estas desigualdades, sempre en beneficio dos enfermos claro, non nos vamos igualar co que está peor. Na actualidade semella que se pasa de atrasos a negativas. Cantos casos coñecen? "Para un enfermo de cancro metastásico avanzado un atraso é sinónimo de negativa, porque non pode esperar" Bueno, para un enfermo de cancro metastásico avanzado, un atraso é sinónimo dunha negativa porque ese enfermo non pode esperar. En sentido estrito, os atrasos proveñen da demora do Ministerio de Sanidade en fixar o prezo para os medicamentos autorizados pola Axencia Europea do Medicamento, ao que hai que engadir a demora das autonomías en incorporalos aos seus catálogos. Entre unhas cousas e outras poden pasar ata tres anos. As negativas refírense máis ben ao permiso das autoridades sanitarias para que enfermos en situacións especiais se beneficien de medicamentos fóra dos ensaios clínicos ou que están a piques de ser aprobados, así como de medicamentos estranxeiros, tal como recolle o Real Decreto 1015/2009. É o que se chama autorización por uso compasivo ou autorización temporal de utilización. Non sabemos moi ben en que situación está un enfermo para o que se solicita un medicamento autorizado pero non comercializado en España. Non responde estritamente ao uso compasivo, pero a autorización haina que pedir igual ás direccións médicas dos hospitais. Na nosa asociación, que é local, coñecemos media ducia de casos de enfermos aos que se negaron os tratamentos solicitados. Imaxínese as persoas que non coñecemos e que poden estar nesta situación, mesmo sen elas sabéreno, porque as situacións das persoas e a súa capacidade para comprender o que sucede son moi variables. Podemos concluír, polo tanto, que hai doentes de cancro con peor atención que a que necesitan unicamente por motivos económicos? Si. A atención dos profesionais oncolóxicos é excelente e non podemos menos que agradecelo e manifestalo publicamente. Pero os recursos humanos e económicos son limitados. Ata que empezou a crise notabámolo na saturación do hospital de día, a falla de persoal de enfermaría, especialmente no verán, a ausencia dun teléfono de atención directa, as horas mortas entre a chegada e o tratamento... A día de hoxe, as trabas para que os enfermos en situacións criticas se beneficien de medicamentos aínda non comercializados en España son enormes. A isto engádaselle o copago dos medicamentos de farmacia hospitalaria, que inclúen tamén medicamentos contra o cancro por vía oral. Vai haber enfermos que decidan non tomalos por cuestións de recursos. Ao final, as políticas de austeridade van reducir a esperanza de vida dos máis pobres a cifras de hai 30 anos. Non fará falla cruzar o Estreito para ir a África. Estas cuestións prodúcense contradicindo o criterio dos profesionais da Oncoloxía, non si? "A última palabra non a emite un oncólogo, senón un xestor nomeado a dedo e máis permeable ás presións políticas" Completamente. Son as oncólogas e os oncólogos quen deciden se un enfermo é un bo candidato a beneficiarse dun tratamento e non o fan a capricho. Nalgúns casos é a última opción terapéutica. Noutros, trátase de tratamentos que melloran ostensiblemente a calidade de vida dos pacientes ao reducir os efectos secundarios. No caso dos medicamentos aínda non comercializados ou non incorporados ao catálogo do Sergas a dirección médica do hospital debe dar a súa conformidade. É aquí onde está o filtro que leva a que na mesma comunidade autónoma, o mesmo tratamento se conceda nun hospital e noutro non. Cabe dicir que ultimamente en Galicia as direccións médicas están unificando o seu criterio de forma restritiva. A conclusión á que chegamos é que, paradoxalmente, nas situacións médicas máis graves e delicadas, como as que afectan a enfermos de cancro avanzado, a última palabra non a emite un profesional sanitario con 11 anos de formación e moitos outros de experiencia, senón un xestor nomeado a dedo, moito máis permeable ás presións políticas ca un oncólogo que obtivo a súa praza a través dun concurso público. Velaí as bondades do funcionariado. Teñen constancia de que algún destes casos rematase no falecemento do paciente? O día 19 comunicáronnos a triste noticia de que o pasado 9 de agosto faleceu Antonio Alcolado Vani, un paciente ao que o Hospital Lucus Augusti de Lugo lle denegou o tratamento con Regorafenib contra un tumor GIST metastásico. No mes de maio a súa oncóloga solicitara permiso para suministralle ese tratamento, dado que deixara de responder aos outros dous tratamentos autorizados. Despois de case tres meses sen recibir nin medicación nin resposta, veulle denegado. A razón foi que aínda non está comercializado en España. No HULA dixéronlle que non podían facer máis nada por el. Nunca saberemos canto tempo viriría Antonio se lle concedesen o Regorafenib. Non quixeron darnos a oportunidade de sabelo. Antonio era un enfermo anónimo, inservible para efectictas campañas publicitarias que se algo nos ensinaron foi que non todas as vidas valen o mesmo. Páxina de AUSO CHUS en Facebook Enderezo electrónico da asociación
NOS_53709
Detido o pasado mes de febreiro en Málaga por un presunto delito de branqueo de capitais, o que fora director de Petróleos Mexicanos (Pemex) acepta a súa extradición ao país azteca para ser xulgado. A operación de compra do estaleiro Barreras está na lista de presuntas irregularidades que investiga a Fiscalía.
O que fora director xeral da petroleira mexicana Pemex entre 2012 e 2016 está máis preto de responder ante a xustiza do seu país por un presunto delito de branqueo de capitais durante a etapa na que a empresa estatal estaba baixo a súa dirección. O fiscal xeral de México, Alejandro Gertz, anunciou a pasada terza feira que o ex directivo accedera á súa extradición desde España, onde foi detido o pasado febreiro após ser declarado prófugo da xustiza, até o país azteca. O xefe do Ministerio Público indicou que, ademais de dar "o seu consentimento expreso para ser entregado ás autoridades mexicanas", Lozoya ofreceu "a súa colaboración para estabelecer e esclarecer os feitos que lle foron imputados". Desde a Fiscalía de México xa traballan para facer efectiva a extradición o antes posíbel, garantindo en todo momento as máximas medidas de seguridade. "Unha vez que esta etapa se teña cumprido", apuntou Gertz, "iniciaranse de inmediato as dilixencias procedentes para esclarecer as responsabilidades de todos os involucrados e os seus beneficiarios, [...] incluíndo persoas de relevancia ou grupos políticos que participaran ou se beneficiaran destes despoxos á nación mexicana". Emilio Lozoya está a ser investigado en dous casos por corrupción, un deles vinculado á construtora brasileira Odebrecht e outro á empresa de fertilizantes mexicana Agro Nitrogenados. Está acusado dun delito por "operacións con recursos de procedencia ilícita" polo que podería ser condenado a quince anos de prisión. Desde a súa detención en Málaga o pasado 12 de febreiro, o ex directivo está baixo custodia da Audiencia Nacional, que decretou o seu ingreso en prisión provisional incondicional e comunicada, e que será a encargada de proceder á súa extradición após Lozoya así o solicitase. Cando compareza ante a xustiza, o empresario deberá dar conta de varios contratos da petroleira, entre eles a compra do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, baixo sospeita. As conexións mexicanas entre a petroleira e a Xunta de Feixoo O nome de Pemex comezou a soar na Galiza pouco antes das primeiras eleccións nas que Feixoo saíu reelixido presidente da Xunta. Entón, un contrato para a construción de dous floteis para a petroleira mexicana, no que os Mouriño xogaran un papel chave, prometía salvar o naval galego. Nada máis lonxe da realidade. Anos máis tarde, a petroleira volveu intervir para saír ao rescate do sector, desta vez coa compra do estaleiro Hijos de J. Barreras. Precisamente, esta última é a operación que está a investigar a Fiscalía mexicana. De feito, cando se coñeceu a suposta trama corrupta, os medios do país azteca non tardaron en destacar os "vínculos e negocios" de Lozoya con Núñez Feixoo e Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios desde 2009 e unha das asesoras de confianza do presidente da Xunta.
NOS_4337
A número 2 de Nós pola Coruña reivindica unha campaña "artesá, feita coas nosas mans" e "inspirada no día a día das galegas e galegos" fronte á "maquinaria pesada" das forzas estatais.
Como estás vivindo a campaña? Moi intensamente. Por un lado con moito orgullo de formar parte dunha organización incrible, que cre no seu pobo e no seu país, e que facemos todo nós. É unha campaña artesá, feita coas nosas mans, a todos os niveis. Desde a parte audiovisual á parte máis prosaica de ensobrar, repartir ou 'buzonear'. E por outro lado, vivila desde Nós, que é un reflexo do pobo galego. Esa capacidade de traballo e de implicación, mentres outros veñen aquí de turistas ou paracaidistas, pois nós vivimos o noso país intensamente, porque formamos parte del e porque queremos mudar as cousas. Aquí aparecen algúns personaxes en momentos determinados e logo desaparecen. Apoiados polos mass media, que moitas veces parecen como un Prozac, todo o día inoculando. E contra iso estamos nós, que somos o que se ve, somos nós. Fronte a iso, unha campaña moi centrada nas redes... Son as ferramentas que temos. Hai xente que ten maquinaria pesada e nós temos as ferramentas de labranza, as ferramentas para ir ao mar, para tallar a madeira... Só hai que ver a cobertura que está facendo a TVG. E na estatal que nos dan esmola, uns minutos, cando temos representación no Congreso. Poñen a Callón pola mañá, cando a xente que ten sorte de traballar non pode velo, e a quen non ten esa sorte igual está buscando traballo, ou acampada en San Caetano, ou co tractor aparcado rodeando a muralla de Lugo. É como un David contra Goliat, é así. "Nós vivimos o noso país intensamente, mentres outros veñen aquí de turistas ou paracaidistas" Es a autora de boa parte dos vídeos do Nós. En que te inspiraches? É un traballo en equipo. A inspiración vai xurdindo entre unhas e outras. Xa non só quen formamos parte da candidatura ou estamos dunha organización, en xeral nos inspiramos do que vemos no día a día do país, das loitas, das protestas, que tamén son fonte de inspiración. Queríamos mostrar a capacidade que temos para transformar. Como no caso dos monólogos, transformando textos clásicos do cinema e do teatro para extrapolalos á nosa realidade. Que buscabas con eles? Mostrar que temos a capacidade de ser modernos e transgresores, facer cousas distintas. Cando falo de modernidade non falo de esta modernidade efémera, que parece moitas veces unha pose. Porque a modernidade tamén está no rural. Por exemplo, xente como Elena Ferro ou mesmo Sanín, que transforman o máis tradicional en algo moi moderno. A modernidade está na raíz, e esa raíz vai arriba. E despois que contamos con moita axuda e achegas de moitas persoas. Como o último vídeo de Martín Camiña; foi el quen nos ofreceu a súa maxia branca, un agasallo incrible. "Cos vídeos queríamos mostrar que temos a capacidade de ser modernos e transgresores" Se pensas no 20D, que escenario ves? Eu visualizo esa estrela encarnada que lle dicía unha muller afectada polas preferentes a outra. Falaban de que antes vían o BNG como un partido radical, e cousas así, pero que desde que as estafaron se deran conta de que eran os únicos que estaban sempre nas rúas e nas institucións con eles. Que agora se chaman doutra maneira, e van con máis xente, pero que só teñen que seguir a estrela encarnada para non descoidarse. Unha estrela que nos guíe pola xustiza social e a liberdade. Que vaia deixando un pouso no pobo galego. E que estea o 21 D no Congreso, entendo. Por suposto. Eu non apelo xa a un sentimento máis ou menos nacionalista. Apelo a un sentimento de supervivencia. Na medida en que sintas galega ou galego, quererás que o teu país exista. E quererás poder vivir na túa terra, con traballo, con dignidade, e non ver como a túa xente marcha. E se Nós estamos, Galiza está.
NOS_3144
Uma das grandes figuras contemporâneas do fado, Ana Moura, visita Galiza esta fin de semana. O sábado 10 de março atuará em Ferrol, no auditório, e o domingo 11 no Paço da Cultura. Apresentará o seu disco Moura, publicado em 2015, o último dos seus seis trabalhos.
Reconhecida como uma das fadistas mais relevantes da sua geração, Moura (Santarém, Portugal, 1979) alcançou como o seu trabalho homónimo o Disco de Ouro. Nele colaboram nomes fundamentais da música portuguesa como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Cruz, Edu Mundo ou Sara Tavares. Mais de 300.000 exemplares vendidos das suas obras põem Ana Moura no olimpo do fado.
NOS_32962
O deputado de En Marea Gómez-Reino chegou instar o partido de Beiras a deixar a plataforma se insistían no tema do partido instrumental. O prazo para rexistrar coligazóns finaliza esta sexta feira.
Anova tira a toalla e En Marea non concorrerá o 26X como partido instrumental (fórmula que os de Beiras xa rexistraran perante Interior), fórmula coa que confiaban en blindar xuridicamente a obtención de grupo parlamentar para as e os deputados que saian das urnas nas eleccións xerais. En Marea irá a esa cita do 26 de xuño como foi á do 20-D, como unha coligazón, pois así o queren Podemos e Esquerda Unida, perante os que os de Anova tiveron que ceder, segundo informa La Voz de Galicia, após unha xuntanza de 5 horas nas que se viviron, segundo as fontes consultadas polo xornal de Sabón, momentos de tensión. Segundo este relato, Anova insistía na reunión en que as bases deberían ter opinión e poder votar baixo que fórmula concorrería En Marea ás eleccións. Algo que Antón Sánchez xa propuxo esta segunda feira, ao apontar que o acordo acadado entre Anova, Podemos e EU no verán de 2015 para concorrer ao 20-D debería ser sometido agora á valoración das bases para ver se desexaban mantelo ou cambialo. Os de Beiras reiteraron na xuntanza a necesidade de facer de En Marea un partido instrumental, unha insistencia que non gostou a Gómez-Reino, de Podemos e cabeza de lista pola Coruña nas eleccións de decembro pasado, que instou Anova a deixar a plataforma se mantiñan esa liña. Anova, porén, optou por transixir e ceder, para afastar así a tensión e o risco de ruptura. Mais o pulso mantense, tamén coa vista posta nas eleccións galegas e co cruce de declaracións entre Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Grupo parlamentar Anova semella que fica soa na teima nun grupo parlamentar para En Marea. Nin desde Esquerda Unida nin desde Podemos consideran que ese sexa un tema importante e vense cómodos como 'subgrupos' do grupo parlamentar que teña Podemos-Izquierda Unida. Rubén Perez, secretario de Organización de Esquerda Unida, chegou, nun programa de Vtelevisión, a afirmar que "se alguén se presenta a unhas eleccións para ter grupo parlamentar é un cretino"
NOS_10771
Este persoal laboral presta os seus servizos nunha ducia de centros da provincia da Coruña. A Xunta fixou quendas de 7 días de traballo seguidos ou a libranza dun único domingo ao mes.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) confirmou por segunda vez a ''ilegalidade'' das quendas de traballo duns 1.300 integrantes do persoal laboral da Consellería de Traballo e Benestar nunha ducia de centros da provincia da Coruña. A primeira sentenza favorábel a estes traballadores e traballadoras non tivo efecto algún, recoñeceron os sindicatos, posto que obrigaba a Benestar a negociar as quendas e esa negociación non se deu. Desde centrais como UXT critican que a conselleira Beatriz Mato presuma de promover a conciliación laboral e que na realidade impulse quendas que imposibilitan iso. Desde a CIG, Xan Carlos Ansía lembrou que as quendas fixadas pola Consellería incluían 7 días de traballo seguidos, a cobertura de 14 festivos anuais sen ningunha compensación económica ou de descanso, e a libranza dun único domingo ao mes. Uns horarios "escravistas" que non só impiden a conciliación laboral e familiar, senón que tamén causan prexuízos físicos e psíquicos aos e as traballadoras, e tamén repercute na atención das persoas usuarias dos centros.
NOS_1172
Un inquérito de Ipsos realizado este mesmo domingo proxecta a clara vitoria do social-liberal Emmanuel Macron na segunda volta, con 62 por cento do voto, face o 38 de Marine Le Pen. Na votación deste domingo, primeira volta, aínda sen resultados oficiais, as estimacións outorgan a Macron 23,9 por cento e a Le Pen, 21,7.
79 por cento do eleitorado de Hamon (Partido Socialista) decantaríase por Macron na segunda volta, axendada para o 7 de Maio. Tamén serían para el 62 por cento dos votos obtidos este domingo por Mélenchon (Franza insubmisa). Os sufraxios que hoxe foron para Fillon, en troca, irían máis repartidos: 48 para Macron, 33 para Le Pen. En realidade, e dada a correlación de forzas da política francesa, o que se decidía este domingo é que candidato iría receber na segunda volta o chamado voto republicano contra a ultra-direita. Esta mesma noite, François Fillon e Benoît Hamon xa anunciaron que o 7M votarán Macron, virtual sucesor no Elíseo de Holland. Mudanzas na política francesa? Non demasiadas. Lembremos que Macron foi ministro de Economía no gabinete Holland, durante o período agosto 2014-agosto 2016. Primeira volta das presidenciais francesas. Estimación de resultados. Create column charts
NOS_1867
O grupo de profesionais independentes que analiza a crise do coronavirus desde hai meses a petición da Organización Mundial da Saúde avisa de que o mundo ten que prepararse para evitar que unha futura enfermidade desemboque nunha pandemia.
"O mundo precisa un novo sistema internacional de preparación para unha pandemia e resposta, e necesita unha rápida, para deter no futuro os brotes de enfermidades infecciosas antes de converterse en pandemia catastróficas". Esta é unha das conclusións que tirou un panel de expertas e expertos independentes contactados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) despois de estudar a actual crise sanitaria. Así o aclarou esta cuarta feira a co presidenta do grupo, Ellen Johnson Sirleaf, que ademais advertiu de que o "desastre global" que provocou a Covid-19 era "evitábel". Explicou que a estratexia de protección non funcionou ben e "se non actuamos para cambialo agora, non nos protexerá da próxima ameaza". Para a representante das profesionais se as advertencias tiveran sido atendidas, se evitaría "a catástrofe na que nos atopamos hoxe". Sobre os erros cometidos, falou por exemplo de que desde a notificación dos primeiros casos até a declaración de Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional pasou un tempo "demasiado longo". Na opinión do colectivo, febreiro de 2020 xa puido ser un mes no que moitos estados tomaran as primeiras medidas de control. No documento que presentaron aclaran que "a preparación foi inconsistente e con fondos insuficientes" e puntualizan que o sistema de alerta "era demasiado lento e demasiado dócil". Ao tempo que vían "pouco poder" da OMS para encabezar a estratexia tamén notaban "ausente" o liderado político global na procura de solucións eficaces para xestionar os efectos do virus. En canto á distribución da vacina, os expertos laméntanse de que é "descaradamente inxusta e non estratéxica". Ante as novas variantes, exixen reducir prazos. Liberar licencias e prepararse Doutra banda, opinaron que os principais países produtores de vacinas e os fabricantes deberían reunirse, baixo os auspicios conxuntos da Organización Mundial da Saúde e a Organización Mundial do Comercio, para chegar ao acordo de liberar as licencias dos fármacos e transferir a tecnoloxía a outras zonas do mundo para acelerar a produción. De cara ao futuro, no estudo insistiron en que "o mundo non pode permitirse o luxo de centrarse só na Covid-19. Debe aprender desta crise e planifique a próxima. Por iso nosas recomendacións céntranse na futuro". Ao seu parecer, o coronavirus "foi unha terríbel chamada de atención". "O mundo necesita espertar e comprometerse con obxectivos claros, recursos adicionais, novas medidas e un forte liderado para prepararse para o futuro", resumiron.
NOS_34631
Nun comunicado publicado esta cuarta feira no seu web, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) contesta as acusacións do PP de Lugo e nega que a entidade teña afinidade con ningún grupo político.
A AS-PG sae ao paso das acusacións verquidas polo PP de Lugo. Através dun comunicado pendurado no seu web, a entidade aclara que todas as actividades programadas en base ás partidas obxecto de convenio se desenvolveron na provincia de Lugo e que todas as facturas foron validadas polos servizos de intervención da propia Deputación. Postos en contacto coa entidade, a AS-PG índicanos que non van facer máis declaracións que as que figuran neste texto distribuido xa a todas as persoas asociadas, centros educativos e subscritores do seu boletín dixital. Engaden que tamén se vai remitir ás entidades públicas e privadas coas que a AS-PG ten desenvolto algunha iniciativa ou mantido colaboracións e que se dirixirán por carta ao grupo do PP na Deputación de Lugo para o convidar a unha reunión na Coruña co fin de lles poder presentar o traballo realizado pola AS-PG e presentar outros proxectos e iniciativas.
NOS_27656
Galiza achegou 23% do total de incremento do desemprego o pasado mes de setembro.
No mes de setembro Galiza achegou un aumento de 3.164 persoas desempregadas ao incremento total no Estado, no que o paro incrementou en 13.907 persoas nese mes. Polo tanto, 22,85 por cento do total da suba do paro rexistrado no Estado foi na Galiza. En termos porcentuais, setembro deixa no noso país un aumento de 2,1% no número de persoas en desemprego mentres que no conxunto do estado esa alza foi de 0,45% O paro rexistrado na Galiza en setembro foi o terceiro maior aumento no conxunto do Estado, só superado por Estremadura (4.025 persoas) e Andalucía (4.866). No cómputo interanual, o número de persoas rexistradas nas oficinas de desemprego descendeu en 9.336. O número de persoas desempregadas é de 156.984. A suba do paro rexistrado en setembro débese principalmente ao sector servizos, coa fin dos contratos temporais de agosto. Neste sector aumentou o número de persoas no paro en 2.847. Na industria a suba foi de 167 e na Construción de 19. O número de contratos rexistrados situouse en 106.735, dos cales case 97.000 foron temporais. No que atinxe a afiliación á Seguridade Social, houbo nese mes un descenso de 7.353 afiliacións, 0,7%, unha porcentaxe tamén moi por riba da media española, onde a baixada foi de 0,02%.
PRAZA_18915
En cabalgatas tradicionais, pero adaptadas ás medidas sanitarias na Coruña, Ourense e Ferrol ou en recepcións e cabalgatas "estáticas" en Vigo, Lugo, Pontevedra ou Santiago, os Magos de Oriente garanten que reciben ás nenas e nenos que queiran achegarse a eles en vésperas do seu día. Repasamos os seus plans nas sete principais cidades
Unha ducia de contos para ler coa cativada nas vacaciónsPor segundo ano consecutivo, os Reis Magos chegan a Galicia, como a tantos outros sitios, condicionados pola pandemia da COVID-19. A actual vaga do virus obrigou a modificar parte dos seus plans en vilas e cidades, virando en "estáticas" algunhas das cabalgatas ou adaptando os desfiles e recepcións ás medidas sanitarias. Así e todo, as súas maxestades xa confirmaron que nenas e nenos poden agardar por eles, porque van chegar. Velaquí algunhas das súas previsións para este 5 de xaneiro de 2022 nas principais cidades galegas.A CoruñaO Concello da Coruña confirmou cos Reis Magos que neste 2022 recuperan a tradicional cabalgata, aínda que adaptada aos protocolos sanitarios. Sairá ás 18h dende o aparcadoiro da Sardiñeira, nos Mallos, e finalizará contra as 20:30h na praza de María Pita. Teñen previsto desfilar pola rolda de Outeiro, avenida Alcalde Pérez Ardá, rúa Ramón y Cajal, avenida do Exército, avenida de Primo de Rivera, avenida de Linares Rivas, praza de Ourense, Os Cantóns e mais pola avenida da Mariña ata chegar á Porta Real e acceder a María Pita, onde haberá un control de acceso para garantir que non se sobrepase a ocupación permitida polos protocolos. LugoEste ano, a parada dos Reis en Lugo será na explanada exterior do auditorio Gustavo Freire, no parque da Milagrosa. Alí recibirán ás nenas e nenos de 12h a 14h e de 17:30h a 19:30. O Concello lucense detalla que, "para amenizar a espera" do encontro cos reis, a veciñanza máis miúda da cidade contará con varios espectáculos e tamén con criaturas fantásticas como cisnes, cebras, bonecos, unicornios ou o curioso Rancho de Reis Xeitoso, da compañía Reviravolta.OurenseNa cidade de Ourense os Reis tamén saudarán ás nenas e nenos co formato tradicional da cabalgata, que ademais se celebrará "con ou sen chuvia", asegurou o Concello. Sairá da estación da ponte ás 18h e chegará ao Xardín do Posío arredor das 19:15h tras percorrer a avenida das Caldas e a rúa do Progreso. Nesta ocasión non haberá recepción "por protocolo COVID", sinalan, pero si anticipan que irán acompañados "dun grande espectáculo" durante o desfile.PontevedraAnte a previsión de chuvia, os Reis Magos adaptaron os plans que tiñan en Pontevedra. Co formato de "cabalgata estática", as súas maxestades pasan de citar as nenas e nenos na Praza do Concello a facelo no Recinto Feiral. Alí estarán dende as 11 da mañá e ata as dúas da tarde, e despois de 16h a 20:00. O Concello pontevedrés subliña que as nenas e nenos que estean no interior do recinto no momento do peche non deben preocuparse, porque quen estean a esperar serán atendidos polos Reis. Grupos de animación musical e artística tamén amenizarán a espera.SantiagoPor segundo ano consecutivo, os Reis Magos optan en Compostela por recibir ás nenas e nenos en San Domingos de Bonaval e alí, se o desexan, "poderán entregarlles persoalmente a súa carta". Sinala o Concello que, malia ao inicialmente previsto, tiveron que cancelar a cabalgata por motivos sanitarios. Para acceder á recepción en Bonaval cómpre retirar convites no sitio web de venda de entradas de Abanca.VigoTamén en Vigo os Reis Magos tiveron que refacer os seus plans e virar en "estática" a súa cabalgata. Recibirán os nenos e nenas na Avenida de Castelao nun horario aínda pendente duns últimos axustes pola chuvia pero que, en todo caso, será a partir das 14h como mínimo, explica o Concello. Os Reis Magos e toda a súa comitiva estarán alí ata as 21:30h. Para acceder ao recinto é preciso reservar un pase no sitio web do Concello.FerrolEn Ferrol os Reis Magos desfilarán en cabalgata segundo o previsto polo Concello. O desfile partirá arredor das 17h da rúa Pardo Bazán, no barrio de Caranza, e finalizará fronte ao Teatro Jofre, onde está previsto que os Reis saian ao balcón para saúdar os nenos e nenas arredor das oito e media. O percorrido da cabalgata será pola avenida do Mar, polas Telleiras e mais pola avenida de Esteiro. Oito carrozas, agrupacións musicais e diversas accións de animación acompañarán unha cabalgata que, por mor da COVID, non incluirá recepción baixo teito. Este desfile chega despois do dedicado á zona rural do Concello, que se celebrou este martes, día 4.
PRAZA_17362
O Concello de Ferrol publica a listaxe dos asasinados polo fascismo na súa comarca e na de Eume e Ortegal, elaborada polos historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez. A nómina será plasmada nun monumento de homenaxe.
Tal día coma hoxe, Xaime Quintanilla nacía na Coruña, nun 13 de xuño de 1898. En 1931 converteríase no primeiro alcalde republicano de Ferrol, destituído en 1934 e restituído tras a vitoria da Fronte Popular en 1936. Renunciou ao cargo aos poucos días para logo ser detido en dúas ocasións e fusilado o 18 de agosto polos fascistas xunto con outras 14 persoas nas tapias do cemiterio de Canido. O seu nome é un dos máis de 950 que conforman xa a listaxe elaborada polos historiadores Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez para culminar o proxecto impulsado polo Concello ferrolán para a elaboración dun memorial de homenaxe ás vítimas do franquismo na súa comarca, ademais de na do Eume e o Ortegal. Os historiadores Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez completaron a listaxe dos máis de 950 asasinados polo franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal Será nese mesmo lugar onde mataron a Quintanilla e outras persoas onde se prevé erguer un monumento, tal e como aprobara o pleno municipal o pasado 29 de setembro do 2017 nunha moción presentada precisamente por Bernardo Máiz en representación dun amplo grupo de historiadores, familiares das vítimas e activistas sociais de Ferrolterra e aprobada cos votos a favor de todos os grupos e a abstención do PP. O memorial, segundo a moción, deberá "recoller dignamente a nómina alfabética e cronolóxica" das vítimas do franquismo nos 25 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, recompilación que levan tempo facendo Máiz e Suárez e da que xa hai resultados logo de "dificultades para pescudar as identidades de todas as vítimas", como destaca o Concello de Ferrol. A listaxe, agora pública, é froito do xa feito antes e do "contrastado na análise dos sumarios dos consellos de guerra que produciu a represión", así como da "investigación en rexistros civís e parroquiais". A listaxe dos asasinados será pública durante 15 días para que se poidan advertir de "inexactitudes, omisións, erros ou ausencias" A listaxe é xa pública e permanecerá quince días pendurada na web do Concello de Ferrol para que aqueles familiares ou coñecidos das vítimas poidan comunicar a través dun formulario as "inexactitudes, omisións, erros ou ausencias" que poida haber. É, segundo a administración local, unha base de datos "moi fiable e completa de persoas represaliadas" e na que se comoprobaron amén as datas e lugares dos asasinatos. "Do Ortegal ao Eume, o número de vítimas de fusilamentos e de paseos entre 1936 e 1939 supera con moito as 800", advirte o Concello, que lembra que, "tristemente, a represión continuou durante toda a ditadura e aínda sobrepasou a morte do ditador, de xeito que a cifra total de persoas asasinadas ata 1976 achegase ás mil". En Ferrolterra, Ortegal e Eume o franquismo fusilou e 'paseou' unhas 800 persoas entre 1936 e 1939 Na listaxe, 968 nomes, ademais de 16 "descoñecidos" dunha sublevación militar e posterior represión que, só entre o 20 e o 25 de xullo de 1936, deixou en Ferrolterra-Eume-Ortegal 41 persoas mortas en enfrontamentos directos entre os grupos sublevados e os defensores da legalidade republicana. Porén, unha vez que as novas autoridades franquistas se fixeron con control total do territorio iniciouse "a terrible secuencia cotiá de asasinatos irregulares e de execucións en aplicación dunha normativa militar sempre ilegal por derivar dun golpe de estado", segundo destacou o propio Bernardo Maiz na presentación na moción aprobada. A maioría dos asasinatos producíronse entre 1936 e 1939, case un cento entre 1940 e 1954 e algúns máis despois. Entre eles tamén se atopan os 42 ocupantes do mercante Udondo, executados en setembro no cemiterio de Serantes. O historiador lembrou que nesta área foron sete os rexedores executados (Cabanas, Cedeira, Fene, Mañón, Monfero, Mugardos e Serantes), ademais de 40 concelleiros ou do simbólico caso de Quintanilla.
PRAZA_15179
O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda acusa a Cámara de funcionar de maneira "caciquil" e de discriminar a coalición no reparto de dependencias. Os representantes nas comisións parlamentarias redúcense a 12, cun único representante para AGE e BNG.
O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento galego, Xosé Manuel Beiras, cargou contra o trato que recibe o seu grupo da Cámara autonómica e que considera discriminatorio á hora, sobre todo, do reparto de dependencias. O líder da formación acusou o Parlamento de funcionar como "un organismo supraprovincial caciquil" e insistiu en que "semella que non se poden producir trastornos" máis que a AGE, que xa amosara o seu enfado por non dispor de instalacións no Pazo do Hórreo para desenvolver o seu traballo ordinario a menos dunha semana do debate de investidura. Beiras comparou a Cámara "cunha comunidade de propietarios que xa ten todo repartido" e que funciona de forma "caciquil" Logo da reunión da xunta de portavoces do Parlamento, Beiras comparou a Cámara "cunha comunidade de propietarios que xa ten todo repartido" e na que se busca "ver como se fai sitio aos recentemente chegados" aos que se dá tratamento de "alborotadores, respondóns e rabudos" e incluso de "intrusos". Así, amosouse sorprendido e cargou contra o feito de que "haxa coincidencias" entre PSdeG e BNG en propostas que, segundo di, deberían ser "inverosímiles" para a oposición. PP, PSdeG e BNG uníronse nas súas críticas cara ao líder de AGE Unha das cuestións que máis indignou a Beiras, moi enoxado, foi a distribución de dependencias no Parlamento galego que AGE considera "un insulto", posto que na súa posición de terceira forza reclama maior espazo que o BNG. En concreto, denuncia que a proposta da Mesa é de "180 metros cadrados" de espazo para os parlamentarios de AGE fronte a "230 metros cadrados" do Bloque. PP, PSdeG e BNG uníronse nas críticas ao líder de Alternativa. Pedro Puy, voceiro dos populares, amosou a súa sorpresa polo feito de que "a primeira preocupación" da coalición "sexa o tamaño dos seus despachos". AGE e BNG só terán un representante nas comisións parlamentarias Por outra banda, as comisións parlamentarias pasarán na nova lexislatura a ter 12 representantes dos catro grupos da Cámara, fronte aos 13 da pasada, e cun reparto que será de sete para o PPdeG, tres para o PSdeG, un para AGE e outro para o BNG. A decisión chega a proposta da Mesa e de acordo coa xunta de portavoces, logo de que non chegase a bo porto a iniciativa do BNG, que propoñía 17 membros (nove para PP, catro para PSdeG, dous para AGE e outros dous para BNG). A rebaixa recibiu as críticas de Alternativa e Bloque, que critican a escasa operatividade deste reparto, ao ter que traballar cun só membro en cada comisión, aínda que os socialistas amosáronse dispostos a chegar a acordos para ceder postos aos outros dous grupos da oposición. HABERÁ AMPLIACIÓN
NOS_52634
O dúo Acordeireta presenta o seu primeiro disco, 'Loitar cantando', no que a música de raíz se concilia cos versos comprometidos de diferentes poetas galegas, de Rosalía de Castro a Luz Fandiño. Unha homenaxe feita desde o agarimo por aquelas que as acompañan na loita, coa lingua sempre como bandeira.
Pódese Loitar cantanto. Así o queren demostrar desde o título, toda unha declaración de intencións, do seu primeiro disco o dúo Acordeireta, cuxo nome vén dun apócope que xa anticipa as sonoridades que imos atopar, aínda que non só. O grupo naceu da unión de Patricia González Iglesias (voz e pandeireta) e Alejandro Balbuena Ojea (acordeón, bombo e voz), alá por 2016. "Pódese loitar coa música, é unha maneira moi bonita", acredita Balbuena. "Pódese loitar con todo o que se fai", engade González, "eu loito coas miñas costuras", di a dona do obradoiro Saiáns (Vigo). Sobre estas premisas érguese un álbum, e un proxecto, que foxe premeditadamente das "letras insípidas", como lles chama Balbuena, para reafirmar o seu compromiso coas causas xustas, e o seu agarimoso con aquelas persoas que as defenderon e as defenden. "Tiñamos claro desde o principio que queriamos facer música de raíz, pero estabamos algo fartas de cantar coplas que non sentimos", explica a pandeireteira. "Hai moitas que hoxe xa non deberiamos interpretar", di en referencia especialmente a aquelas que teñen contidos machistas, "négome a alimentar esa tradición". Acoden, pola contra, á poesía como base para a inmensa maioría do seu repertorio vocal. Unha homenaxe ás loitadoras O disco traza un percorrido que homenaxea moitas persoas que as músicas queren e admiran, como a inesgotábel Luz Fandiño ou o sempre sabio mestre Luís Prego. Algunhas son coñecidas directas. Outras, figuras tan recoñecidas das nosas letras como a omnipresente Rosalía de Castro ("Miña Rumbiña, Miña Rumbasa"), Curros Enríquez ("A Rosalía") ou Ricardo Carvalho Calero ("Aperta"), que continúan vivas en verbas que aínda poden ser, e de facto son, tamén banda sonora do noso tempo. "Queremos que a súa luz continúe acendida mentres soen as súas cancións e poemas", aseguran. A escolma de Loitar Cantando abre así cunha das voces da poesía social por antonomasia da lírica galega da posguerra, a do "Deitado frente ao mar" de Celso Emilio Ferreiro. Neste senso, aseguran que quixeron acompañarse de textos que foron importantes para elas ao longo da vida. No caso do de Celanova, González lembra que o leu por primeira vez no instituto, mais no momento non valorou o que as súas palabras supuñan. A este súmanse outras voces que nos chegan a través da súa música con afectuosas dedicatorias no libriño que acompaña o CD. Lembran así o acordeonista diatónico de Merexo (Muxía) Manuel Xosé Pazos Redonda, falecido en 2019; os gaiteiros Suso Comesaña e Ricardo Santos; ou o señor Julio (Pérez Campos), que emigrou ao Uruguai procurando unha vida mellor e non lle daba chegado o momento de volver á terra. Descubrir a poesía Balbuena recoñece que toda esta experiencia lle serviu para achegarse á poesía, pois "sempre estiven máis ligado á música como instrumentista, pero agora estou moi enganchado", brinca. "Luz Fandiño abriunos a porta", comenta González, ao que o seu compañeiro engade que os seus versos ofrecen "verdades como puños". Un dos seus poemas é o que lle dá precisamente título ao álbum, que sempre tiveron claro que se algún día publicaban se tiña que chamar así. Dela musican tamén "Rumba para Cuca". Porque a tradición tamén pode cantar poemas "Normalmente asociamos o de musicar poemas a outra clase de xéneros, como o rock ou o jazz. Por que non bailar muiñeira coas nosas poesías?", reivindica González, opinando que esa expansión era tamén unha das pretensións do proxecto. Desta maneira, Acordeireta non quere restrinxir a tradición a coplas que falen só do campo e do mar, con letras superficiais (sen subestimar a retranca), que para elas en moitos casos non se corresponden coa realidade actual. "Xa non imos ao muíño", comenta González. Queren, xa que logo, alimentar "aquilo que está vivo", como os poemas de Rosalía, que malia seren escritos hai máis de 100 anos, seguen para elas vixentes.
PRAZA_9318
O líder do PSdeG asegura que asumiu como "un compromiso persoal e político" con Carlos e Serafín ante o Goberno de Pedro Sánchez a petición do indulto, que tamén reclamara por unanimidade o Parlamento galego
D.L.O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou este luns a súa satisfacción pola confirmación do indulto do Goberno central a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. Caballero, que xa avanzara a pasada semana unha decisión inminente ao respecto por parte do gabinete de Pedro Sánchez, ve nesta decisión unha nova mostra da necesidade dun "goberno de esquerdas" no Estado.O líder do PSdeG asegura que asumiu como "un compromiso persoal e político" con Carlos e Serafín ante o Goberno de Pedro Sánchez a petición do indulto, que tamén reclamara por unanimidade o Parlamento galegoPara o líder dos socialistas galegos a decisión publicada no BOE deste luns é mostra da "sensibilidade dun goberno que cumpre cos traballadores" e contrasta co feito de que esta mesma solicitude "foi denegada" durante anos polo Executivo de Mariano Rajoy". "Por motivos coma este precisamos un goberno de esquerdas, progresista e sensible coas causas dos traballadores", resume Caballero.Caballero, que lembra que el mesmo xa participara "antes de ser secretario xeral" nas mobilizacións a prol do indulto, afirma que "asumiu esta cuestión como un compromiso político e persoal con estes dous veciños de Vigo" ante o Goberno de Pedro Sánchez. "Era a hora de quitarlles esta lousa de enriba" e por iso, subliña, está "moi satisfeito" ante un indulto que, lembra, tamén fora reclamado por unanimidade dende o Parlamento galego.
NOS_2406
O convenio asinado coa Xunta de Galiza polo que se dota de funcións ás oficinas liquidadoras expira do 31 de decembro e, após a creación da Axencia tributaria galega, non hai intención de renovalo. Empregad@s negocian coas novas atribucións que terán ao privatizar Gallardón os rexistros civís, e coa táboa de retribucións vixente: o 60% do recadado vai para @ rexistradora ou rexistrador, e co 40% restante páganse os gastos fixos e os soldos d@s traballador@s
Traballador@s dos rexistros de propiedade iniciaron esta quinta feira as mobilización para protestar polos despedimentos que se están a producir após concluír o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a realización de todas as xestións relacionadas coa presentación de impostos, a recadación destes e a comprobación de se as operacións de compra-venda se axustan aos prezos de mercado. O convenio expira o 31 de decembro. Porén, a raíz da creación da Axencia tributaria galega o convenio, en vigor "desde hai décadas", segundo advirten @s empregad@s das oficinas de liquidación, verase reducido a "unha mera caixa do correo" destinada á presentación de impostos, realizando desde a consellaría de Facenda as funcións restantes que viñan desempeñando estas oficinas. Destaca tamén o labor de arquivo de escrituras privadas que veñen realizando, gardando un exemplar de cada documento privado que é obxecto dalgún trámite na devandita oficina. Con todo, a carga de traballo dos rexistros da propiedade verase incrementada con toda probabilidade após a reforma dos Rexistros civís que prepara o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, pola cal este servizo público pasará a mans de rexistrador@s da propiedade. Serán estas oficinas as encargadas de cobrar a taxa que se imporá para obter un certificado de nacemento ou de defunción, funcións que asumirían a partir de mediados do ano que vén, segundo a información que manexan @s traballador@s. Mais as súas reclamacións inmediatas xiran ao redor do reparto de beneficios que contempla o convenio colectivo deste sector. En virtude deste documento, o 60% do recadado é para @s rexistrador@s, quedando o 40% restante para facerlle fronte aos gastos correntes e para pagar os soldos d@s empregad@s. Desde a CIG, sindicato que apoiou o peche desta semana no decanato en Compostela para exixir unha xuntanza do seu responsábel, reclaman "que dean marcha atrás nos despedimentos e inicien negociacións" para aplicar unha táboa retributiva "máis axustada á realidade". 10 mil sinaturas para que as oficinas non fiquen desmanteladas A federación de Banca da central nacionalista entregou en xa no mes de outubro máis de 10 mil sinaturas recollidas en todo o País para instar o Goberno galego a revocar a súa decisión de suprimir as oficinas liquidadoras, medida que suporía a destrución de 150 postos de traballo ao lle ripar as funcións que veñen acometendo. De proceder por parte do goberno da Xunta de Galiza á desaparición destas oficinas, quen requira dos servizos que prestaban verase obrigad@ a os procurar nos rexistros da propiedade da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra, polo que CIG-Banca interpreta a decisión do PP como "máis un golpe de graza á poboación que vive fóra dos grandes núcleos urbanos", nomeadamente @s veciñ@s do rural.
NOS_56913
O espazo de serigrafía Do Paraná, en Compostela, fundado por Teófila Ruiz Kulianos, é algo máis que un obradoiro. Concibido como escola de estampación e coworking, conta ademais cunha biblioteca de libros e catálogos de arte, pensamento e literatura. Del saíron nos últimos anos algunhas das máis importantes edicións singulares de artistas actuais. Froito do traballo e a paixón desta galega de corazón, co sentimento entre Arxentina e Grecia, mantense viva esta técnica en tempos dixitais.
Como chega o seu obradoiro de serigrafía á cidade de Compostela? Nacín na Arxentina por accidente. Meu pai era galego e pola parte de miña nai, filla de grego, tiña a avoa que era da Costa da Morte. Pódese dicir que tiña Galiza, e algo de Grecia, por todos os lados. En 1995 vin por primeira vez e estiven en Santiago... e non chovía. De volta na Arxentina, a situación púxose moi mal e decidín vir en 2002, cando xa miña filla era maior. Vivir aquí foi unha promesa que me fixen. Ao chegar, a experiencia primeira foi horríbel. Cadrou días antes do naufraxio do Prestige e logo choveu seis meses seguidos. Iso si, agora estou encantada. E a súa relación coa serigrafía...? Na Arxentina tiven durante 10 anos un obradoiro que se chamaba "La Mancha" até que me vin na obriga de fechar. Daquela facía moitas actividades, tamén no ámbito da poesía. Ao ser serígrafa, cando cheguei presentei un proxecto na Fundación Incyde polo que accedín a un microcrédito. Como definiría o espazo serigráfico Do Paraná? Por unha parte é escola. Unha escola que democratiza a técnica. A miña idea é non ter segredos de fabricación. Eu transmito e contaxio o entusiasmo por estampar. Penso que calquera pode estampar. Moitos din que estou formando a miña propia competencia mais eu creo que non. Busco pluralizar a técnica. Por outro lado, ao non ter moito traballo, comparto as máquinas coa xente que ten experiencia ou que foi alumna, e logo pode vir a empregalas pola súa conta para producir. Con esta facilidade remato coa idea de que non paga a pena aprender por non contar coas ferramentas. A maiores, outra das patas do proxecto é a edición de obra gráfica. É algo moi coidado. Na realización de obra gráfica que me confía un artista, eu son quen estampa e el quen asina. Xa realicei obra para Antonio Murado, Olmo Blanco e cantidade de xente. Lembro unhas carpetas do Centro Galego de Arte Contemporánea con obra de Suso Fandiño, Álvaro Negro, Tamara Feijóo e Carla Andrade. Teñen que estar conforme co que asinan. A serigrafía é algo máis que unha técnica de estampación? Foi Andy Warhol quen a converteu en arte pop como tamén fixo Corita Kent na orde católica das Irmás do Inmaculado Corazón de María en Los Ángeles. Pola súa realización totalmente artesanal é unha das pólas do gravado. Como é a experiencia que teñen as e os que pasan polo obradoiro? Cada persoa que pasa por aquí ten un interese diferente. Se é artista, busca experimentar. Se é de deseño gráfico, quererá aprender como deseñar para despois non ofrecerlle a un cliente algo que non se vai poder realizar. As persoas que fan moda procuran concibir a arte téxtil e presentar os seus traballos.Son linguaxes diferentes. Hai cantidade de soportes. Fago as visitas guiadas para facilitar que se coñeza a variedade de soportes que hai e para que consideren engadir a serigrafía ao seu propio traballo. O futuro da serigrafía segue camiños diferentes ao das novas tecnoloxías? Co adianto das técnicas dixitais queda en experiencia artística. Non é rendíbel. Cando comecei en 1990, a serigrafía era unha antigüidade, era o Corel 2 e había unhas máquinas enormes para facer as transparencias. Faciamos todo con serigrafía, mais agora non se crea practicamente nada. Quen realiza serigrafía é porque valora o traballo manual e artesanal.
NOS_5750
A asociación anuncia a súa desaparición perante a "falta de saída" que viven as mulleres e crianzas en situación de violencia.
A asociación Ve-la luz, de loita contra a violencia machista, vén de anunciar o seu feche logo de seis anos de traballo. O colectivo, impulsado por "sobrevivintes" da violencia de xénero adoptou esta decisión após "visibilizar" unha realidade que, coidan, "un grande negocio para os que gobernan e gobernando". Ve-la luz subliña que "nunca se facilitou unha saída ás vítimas". Na véspera do 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación de todas as formas de violencia contra as mulleres, un dos colectivos máis activos nos últimos anos remitiu un comunicado de imprensa no que debulla as razóns polas que decidiu dar por rematada a súa actividade. "Durante todos estes anos tentamos visibilizar o que consideramos un gran negocio", subliñan, "visibilizar que as vítimas non accederon a esas irrisorias axudas económicas, que remataran nas ringleiras de Cáritas, denunciar eses negocios espúreos que se crearon como puntos de encontro ou semellantes, amosar o rexeitamento das casas de acollida con réxime penitenciario así como visibilizar a normalización da violencia en sede xudicial", afirman. Folga de fame e denuncias aos puntos de encontro A asociación Ve-la luz iniciou o seu traballo en 2009. Desde aquel momento desenvolveu numerosas accións para denunciar a "falta de intención evidente de todos os estamentos" á hora de "atallar este grave problema que asasina, tortura, mutila a mulleres e menores, impedindo unha sociedade libre de violencia". En outubro de 2013 o colectivo iniciou unha folga de fame coa que demandaron "un sistema de protección real de mulleres e crianzas vítimas de violencia de xénero". Unha acción que contou co apoio e solidariedade do movemento feminista galego e que rematou após a hospitalización de varias das activistas por complicacións derivadas da non inxerencia de alimentos. Na súa loita contra a "desprotección" das mulleres e crianzas en situación de violencia machista, a asociación Ve-la luz foi imputada por denunciar irregularidades nun punto de encontro que, finalmente, foi fechado. A súa presidente Gloria Vázquez representaba a Ve-la luz por un suposto delito de "revelación de segredos" logo de daren a coñecer un video tomado de maneira clandestina na Coruña en que @s traballador@s sociais condicionaban as crianzas nas sesións de terapia. "Ímonos, si" mais "tendo visibilizado dados molestos, situacións reais, procedementos anómalos, normalización/aceptación da violencia", salientan. Así as cousas, explican, continuarán adiante coas "accións xudiciais emprendidas" durante este ano así como os compromisos adquiridos previamente. A comezar pola súa intervención na Comisión parlamentar sobre violencia machista.
PRAZA_9513
O movemento feminista está a preparar un gran número de mobilizacións para a xornada de folga do 8 de marzo. Nas cidades, pero tamén en vilas e concellos pequenos. Manifestacións, concentracións, pasarrúas, xantares colectivos, palestras e outras actividades. Consulta aquí as que che quedan máis preto.
Despois do éxito da manifestación unitaria deste domingo en Lugo, o movemento feminista prepara xa a folga do 8 de marzo, que inclúe un gran número de convocatorias: dende manifestacións e concentracións a pasarrúas, xantares colectivos e outro tipo de eventos lúdicos, informativos e formativos. Ao igual que sucedeu o pasado ano, os chamamentos van máis aló das sete grandes cidades. Tamén en moitísimas vilas e concellos de pequeno tamaño organízanse mobilizacións que buscan repetir e incrementar o éxito do pasado ano.As manifestacións, convocadas pola plataforma Galegas8M comezarán a última hora da tarde na maior parte dos casos. Podes consultar os horarios e lugares no mapa, que está en construción, incorporando novas convocatorias. Estas son as principais convocatorias:Vigo: 20:00. Manifestación dende a Praza de España (Praza dos Cabalos) á Porta do SolA Coruña: 19:30. Manifestación dende o Obelisco á Praza das Cigarreiras Ourense: 20:00. Manifestación dende a Subdelegación do GobernoLugo: 20:00. Manifestación dende a Explanada da Xunta á Praza de Santa MaríaCompostela: 20:00. Manifestación dende a Praza 8 de Marzo á Praza do ObradoiroPontevedra: 20.00. Manifestación dende Praza do Hospital ao Monumento aos Heroes de PontesampaioFerrol: 19:00. Manifestación dende a Praza Amada García (diante do Edificio da Xunta) á Praza da AmboageBurela: 20:00. Manifestación dende a Estación de Tren á Praza do ConcelloCarballo: 20:00. Manifestación dende os XulgadosVilalba: 20:30. Manifestación dende a Praza da ConstituciónSon moitas máis as convocatorias, que Galegas8M vai publicando na súa páxina web e tamén a través do Facebook. Ademais das manifestacións da tarde, en varias ducias de concellos levaranse a cabo concentracións ao mediodía. Ademais, nalgunhas localidades están programados eventos máis singulares. En Compostela, por exemplo, ás 11.30 terá lugar unha Treboada Feminista, isto é, un pasarrúas, que comezará en varios lugares: Rotonda da Galuresa, rotonda Paz (San Caetano), Praza Rodriguez Cadarso (Campus Sur) e rotonda de Concheiros, confluíndo todos os grupos na Alameda. Estas son as convocatorias na provincia da Coruña.As mulleres de Baiona, Nigrán e Gondomar tamén confluirán nun acto conxunto, nun lugar xa habitual nas mobilizacións nesa comarca: a ponte da Ramallosa. Alí está convocada unha concentración ás 13 horas, onde chegarán as manifestantes dende os tres concellos, en columnas convocadas ás 11:50 horas. Estas son as citas programadas na provincia de PontevedraEn Ourense destaca o xantar colectivo convocado ás 14 horas na Praza Maior da cidade, que seguirá á concentración prevista para as 13 horas. Estes son os eventos programados na provincia de Ourense.Tamén o movemento feminista da Mariña concentra a súa manifestación principal nun lugar, en Burela, onde chegarán mulleres de Viveiro, Xove, O Vicedo, San Cibrao, Ribadeo ou Foz, convocadas previamente en distintos lugares. En cada unha destas localidades (ao igual que en Vilalba) haberá distintas actividades durante a mañá e e a tarde: obradoiros, xantares, faladoiros... Estes son, de forma detallada, os eventos programados na provincia de Lugo.
NOS_17412
Na 'comisión técnica' estarán secretarios locais de varias cidades galegas. Nos vindeiros días decorrerán asembleas dos círculos do partido de Pablo Iglesias en Galiza.
A dirección estatal de Podemos fechou a configuración da 'comisión técnica', a xestora que dirixirá a fase do partido de Pablo Iglesias en Galiza aberta após a disolución da súa dirección. Formarán parte da mesma os secretarios locais de Podemos en cidades galegas, como Compostela, Ourense ou A Coruña. Estará presidida por García Buitrón, o senador galego de Podemos. A xestora reducirá aínda máis a capacidade de manobra de Riobóo. Non só se encargará da xestión do partido, mais tamén de marcar o discurso político. A estratexia pasa por arrinconar ou 'pontear' Breogán Riobóo toda vez que o coruñés aposta en se manter no cargo, apelando a que foi eleito polas bases. Integran a 'comisión' os secretarios locais da Coruña, Isabel Faraldo; de Ourense, Víctor Ferreiro; de Lugo, Javier Folgueira; e de Compostela, Víctor Casas Pou; así como a integrante do círculo de Pontevedra e até o de agora presidenta do Comité de Garantías disolto, Noemí Martínez; e os do círculo de Ferrol, Eduardo Nieto; e de Vigo, Nicolás Legido. Círculos de Podemos Galiza realizarán nos vindeiros días asembleas, xuntanzas nas que a crise que atravesa o partido terá un lóxico protagonismo. Hainos, como A Coruña e Oleiros, que xa se posicionaron aberta e publicamente a favor de que Breogán Riobóo deixe o cargo, cesando o pulso que mantén con Madrid e con parte da organización en Galiza. Mais tamén hai responsábeis de círculos que o apoian (Ames, Neda ou Valdoviño). E un sentir moi amplo no seo do partido de Iglesias é que a fórmula de concorrencia ás eleccfións galegas terá que ser fixada e decidida pola filiación. Un tema para nada menor -o de como e con quen ir aos comicios- foi o detonante que resultou en disolucións de direccións e anuncios de primarias. Desde Madrid, e desde o sector que en Galiza se artella en torno aos 3 parlamentares de Podemos Galiza nas Cortes, apóstase na Marea. O deputado Gómez Reino cualificou aínda esta semana os resultados de "espectaculares" e até Pablo Iglesias reiterou en público, e en máis dunha ocasión, que En Marea era a súa opción "para gañar na Xunta".
NOS_33588
A ratio máis elevada de persoas encarceradas corresponde a Estados Unidos, con 716 pres@s por cada cen mil habitantes. En EUA hai case 2.300.000 persoas encarceradas. No que atinxe o Estado español, supera (e de largo) a media de Europa Occidental de persoas presas.
O mundo carcereiro ten por volta de once millóns de habitantes. Esa é a cifra calculada pola International Centre for Prison Studies (ICPS) de persoas en prisión que hai no planeta e recollida nun relatorio dado a coñecer no noso país por Esculca, o Observatorio para a defensa dos dereitos e as liberdades. Unha cantidade porén, á que habería que acrescentar, indica a ICPS, un "elevado número de persoas presas non incluídas na listaxe por falta de dados". En 2013 había máis de 10 millóns douscentos mil pres@s. A inmensa maioría destas persoas están en cárceres de Estados Unidos (2.240.000 pres@s), China (1.600.000) e Rusia (680.000). A ratio de persoas presas máis elevada corresponde a EUA. Hai 716 encarcerad@s por cada 100 mil habitantes. Na Federación Rusa esa media é de 475. Na Europa occidental a ratio media é de 98. No Estado español e en Portugal o número de persoas presas por cada 100.000 habitantes é de 147 e 136 respectivamente.
NOS_7061
María Lorenzo é investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, na Universidade de Vigo e, a finais de 2019, presentou a súa tese Educación, sustentabilidade e xénero. Un traballo no que leva a cabo unha análise crítica dos currículos de Primaria e Infantil e no que destapa ameazas como a acidificación oceánica ou a invisibilidade dos traballos femininos no mar.
Como chegou á idea dunha tese na que confluísen a educación, a sustentabilidade e o xénero? Os currículos de Infantil e Primaria non contemplan directamente o que é educación para a sustentabilidade como materia específica, de maneira que ten que ser integrada de forma interdisciplinaria desde o resto de materias. Quixemos abordalo desde o ensino das ciencias e tentar estabelecer sinerxías entre a educación científica, a educación para a sustentabilidade, onde ademais incluímos a perspectiva de xénero, e tamén as ciencias do mar. Neste caso en concreto, falar de sustentabilidade é moi grande e centrámonos no efecto que ten o cambio ambiental global nos océanos, e falamos ademais do proceso de acidificación oceánica, que é un problema ambiental grave que está a afectar aos océanos. Como foi o proceso de investigación? No camiño da investigación tiñamos unhas perspectivas pero tamén fomos atopando outras cousas. Un dos descubrimentos foi que nos currículos oficiais de Infantil e Primaria había unha dobre invisibilidade, por un lado os océanos e polo outro as mulleres. O medio mariño está desaparecido dos elementos curriculares, e iso supón un gran problema porque estamos na Galiza, rodeados en boa parte polo mar. De maneira que os coñecementos sobre o mar non chegan ao alumnado, non se recollen. En moi poucas ocasións aparecía o mar e cando o facía era con aspectos moi conceptuais. Non se afonda no funcionamento nin na importancia que teñen os océanos para a vida no planeta. Era algo moi anecdótico. E logo, como non se trataban os mares, os traballos vencellados a eles tampouco, por iso se facía invisíbel o traballo, neste caso, das mulleres, porque as mariscadoras, as redeiras, as persoas que traballan nas conserveiras... son mulleres. E estes oficios teñen unha importancia moi grande, desde o punto de vista da sustentabilidade, por exemplo, as redeiras están a aproveitar que esa rede non se tire, porque no momento que a repara estalle a dar outra vida. Igual que o marisqueo, que supón o coidado dos terreos do mar. Iso levounos a querer crear recursos didácticos que resolvesen esta dobre invisibilidade. Desde o punto de vista didáctico eran susceptíbeis de seren usados en cursos como os de Primaria, e desde o punto de vista divulgativo foron creados e recollidos na web de Sustentabilidade en Feminino. E como é a posta en práctica, a divulgación destes coñecementos e recursos? Traballamos con profesorado en formación porque o que queremos é formar persoal docente para que sexan competentes á hora de levar ás aulas de Infantil e Primaria actividades que estabelezan a sinerxía entre a educación científica, para a sustentabilidade con perspectiva de xénero, e as ciencias do mar. A partir destas experiencias percibimos que había moita xente interesada en facer traballos fin de carreira vencellados con esta temática. É dicir, a mensaxe foi, "fixen esta formación contigo na aula, agora axúdame a deseñar unha actividade que lle poida levar ao meu alumnado". Esta é a parte máis gratificante, sen dúbida, e xa levamos a cabo bastantes este ano. Decatámonos de que non sabiamos nada sobre o mar vivindo en moitos casos ao lado, e de que se quería que o alumnado non descoñecese a súa contorna próxima e, por iso, a acollida do traballo e da formación está a ser moi boa. Ese era o noso obxectivo: levar aos centros educativos as propostas que se viron con nós na Facultade, e cada vez únese máis xente profesional.
NOS_43848
Superheroína, figura pop, minimalista... É Rosalía de Castro reinterpretada en 2017. Todas as formas que adopta teñen unha característica en común: a modernidade. E é que a máis recoñecida autora da literatura galega está máis viva que nunca. Poderemos comprobalo no Festival Rosalía que organiza a Deputación da Coruña, xunto co Concello de Santiago, a AELG e a Fundación Rosalía, o 29 e 30 deste mes en Compostela.
Camisolas, sacas, axendas, láminas, cadernos, bixutería, mochilas, pandeiretas, velas... até cervexa. Son ducias as formas que adoptan os produtos protagonizados por Rosalía de Castro. Unha Rosalía que chega máis moderna que nunca e á que a Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Fundación Rosalía de Castro, lle dedica unha gala os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela. O propio cartaz oficial do festival –cunha imaxe da escritora como unha superheroína de banda deseñada– xa deixa ver o que atoparemos o 29 e o 30 en Compostela. Dúas xornadas para homenaxear unha Rosalía "moderna, reivindicativa, revolucionaria, con mensaxes contundentes e defensora dos dereitos da Galiza e das mulleres", en palabras da vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Goretti Sanmartín. Entradas de balde Alén da autora, as protagonistas deste festival, que conmemora o centenario da inauguración do monumento da Alameda de Compostela, serán a música e a poesía. Así, o Teatro Principal acollerá unha gala o venres 29 de setembro, ás 21h, en que actuarán Abe Rábade xunto con Nastasia Zürcher; Najla Shami; Uxía Senlle con Sérgio Tannus e Santi Cribeiro e Xiana Lastra con Andrea Porto. A poesía virá da man de Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG), Marta Dacosta e Rosalía Fernández Rial, ambas as dúas escritoras. Para acceder á gala, que estará presentada pola poeta e actriz Lorena Conde e que será dirixida por Avelino González, a organización pon a disposición de quen quixese entradas de balde, previa retirada no Teatro Principal (até o venres, incluído, en horario de 18-21h). No seguinte día, o sábado día 30 de setembro, terá lugar a feira de produtos coa "marca Rosalía". Participará unha vintena de empresas que fan camisolas, bixutería, cervexa, sacas, libros ou discos coa escritora como protagonista. O mercado rosalián instalarase na Praza de Cervantes e estará aberto de 11 a 20 horas. Nas imaxes que acompañan este texto pode verse unha selección de produtos que estarán á venda. A música tamén fará acto de presenza o sábado, da man da Banda Municipal de Santiago, que inaugurará a feira, e Habelas Hainas e da compañía de Larraitz Urruzola, tamén con monicreques arredor de Rosalía. Na presentación deste festival, Goretti Sanmartín puxo de manifesto a intención de "recoller a idea de Rosalía como o noso maior símbolo identitario, a nosa maior icona que, ademais de ser a escritora máis musicada e que máis influíu nas xeracións posteriores, é tamén obxecto de mercadotecnia". Traspasa así, engadiu, xeracións e fronteiras cunha "mensaxe comprometida, contundente e enérxica". A nacionalista apelou á necesidade de reivindicar "unha Rosalía viva e do noso tempo". Nese sentido, a vicepresidenta da Deputación parabenizou Xiana Iglesias, de Maos, autora da imaxe do cartaz do acto, por ter mostrado a Rosalía como "unha superheroína que ten os libros como arma, chea de cores e diversidade, que se achega ao público infantil, enérxica e feliz, alegre e transgresora" e mostrou a toalla comercializada nos anos cincuenta por unha empresa de Padrón conmemorando o monumento de Santiago que atopou na casa familiar, "un referente en moitas casas que mostran tamén a Rosalía como pioneira nese ámbito comercial".
PRAZA_5582
A formación liderada por Rosa Díez solicitou que os medios públicos galegos sigan o criterio fixado pola Xunta Electoral, para a que o Bloque non se presentou ás últimas eleccións europeas. Os nacionalistas responden con retranca.
UPyD remitiulle unha solicitude á Xunta Electoral da Coruña para que suprima a cobertura informativa que a CRTVG realiza do BNG, e que en principio se axusta de forma proporcional aos votos obtidos na anterior convocatoria electoral. A formación liderada por Rosa Díez quere que a Xunta Electoral cumpra tamén aquí o criterio seguido para a asignación dos espazos electorais gratuítos, segundo o que o Bloque debe ter un tempo mínimo, ao entender que non se presentou aos anteriores comicios europeos. Na actualidade, a CRTVG dedica 27 segundos diarios a informar sobre a candidatura de Ana Miranda (fronte aos 150 segundos do PP, os 105 do PSdeG e os 14 de AGE), e UPyD quere que se reduzan a cero. No seu recurso, esta formación solicita que se elabore un novo plan de cobertura informativa "con exclusión do BNG, en tanto non ten neste proceso a consideración de forza parlamentaria". UPyD solicita que se elabore un novo plan de cobertura informativa "con exclusión do BNG, en tanto non ten neste proceso a consideración de forza parlamentaria" Obviamente o Bloque si participou neses comicios, formando coalición con ERC, Aralar ou Eusko Alkartasuna e obtendo en Galicia 103.000 votos, un 9,08% dos sufraxios galegos. A diferenza de Galicia, o criterio seguido polas xuntas electorais de Euskadi ou Catalunya foi o de computarlles a estas formacións o número de votos obtidos en 2009 no seu territorio, calculando en función deses votos o tempo correspondente nos medios públicos. "O BNG admite publicamente que Ana Miranda non existe, que non é máis que unha invención da formación nacionalista coa intención de rendibilizar esta ficción con fins electoralistas e coarse nos informativos dos medios públicos galegos" O BNG xa presentou unha alegación a este recurso de UPyD, sobre o que a Xunta Electoral deberá pronunciarse nas vindeiras horas. Porén, ademais, respondeu a esta petición con retranca, admitindo a través dunha nota de prensa que "Ana Miranda non existe": "O BNG admite publicamente que Ana Miranda non existe, que non é máis que unha invención da formación nacionalista coa intención de rendibilizar esta ficción con fins electoralistas e coarse nos informativos dos medios públicos galegos", din e engaden que "o Bloque vese forzado a admitir este "engano á cidadanía" despois de que UPyD presentase este 9 de maio un recurso contra o plan de Cobertura da CRTVG aprobado esta semana polo Consello de Administración do ente público". A nota engade que Miranda "é unha creación ficticia desta organización, un produto de mercado na procura dun rostro en que poder simbolizar as aspiracións do nacionalismo galego" e que "Ana Miranda nunca estivo no Parlamento europeo en representación do BNG. Os centos de documentos, fotografías, vídeos, escritos que mostran a súa presenza na Eurocámara entre xaneiro de 2012 e xuño de 2013 son un o resultado dunha manipulación masiva, posible grazas ás novas tecnoloxías". Na manifestación de preferentistas e os emigrantes retornados Miranda subliñou que "foi o BNG o que denunciou en Bruxelas o roubo e a estafa á que están sendo sometidos os preferentistas e os emigrantes retornados" Ana Miranda participou este sábado xunto ao portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, na manifestación convocada en Pontevedra por colectivos de afectados polas preferentes e plataformas de emigrantes retornados. Na marcha, Miranda criticou "este modelo de Unión Europea de casino" que prima "aos bancos fronte ás persoas" e subliñou que "foi o BNG o que denunciou en Bruxelas o roubo e a estafa á que están sendo sometidos os preferentistas e os emigrantes retornados", aos que animou a "saír á rúa a defender os seus dereitos". "O BNG está coas persoas que sofren as consecuencias desta Unión Europea que afoga á xente mentras o PP os deixa tirados", dixo. Miranda reclamou a devolución do 100% do aforro dos afectados por preferentes e subordinadas e afirmou que en Galicia 35.000 estafados non recuperaron aínda todos ou parte dos seus aforros. O BNG tamén considera "un roubo" as multas que o Ministerio de Hacienda está a mandar aos emigrantes retornados galegos. A candidata do Bloque advirte de que esta é "unha decisión recadatoria, que ningún outro Estado membro da Unión Europea adoptou", polo que está convencida de que "Bruxelas terá algo que dicir". Por iso, vén de presentar unha denuncia en Bruxelas en defensa das pensións destes emigrantes.
NOS_20635
A Asemblea Republicana de Vigo e os grupos políticos de Marea de Vigo e BNG cuestionan esta obra pública que consideran un "desexo persoal" do alcalde "con intereses electorais".
A instalación dunha grande estatua dun Cristo do Sagrado Corazón no alto da ermida da Guía (Vigo), con cargo a fondos municipais, desatou as críticas tanto da Asemblea Republicana da cidade como dos grupos políticos de Marea de Vigo e BNG. Esta sexta feira representantes da Asemblea compareceron ante os medios para denunciar o "desvío" de fondos por parte de administracións públicas como a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para sufragar esta actuación, nun inmóbel, a ermida da Guía, que é titularidade da Igrexa, e co pretexto de que a imaxe estaba no proxecto orixinal do arquitecto que deseñou a ermida, Manuel Gómez Román. Celso López-Pazos, portavoz da Asemblea Republicana de Vigo, cuestionou o argumento de que a obra de Gómez Román estivese inconclusa e lembrou que, malia que é certo que a estatua aparece nos bosquexos do arquitecto, tamén é certo que este "asinou a entrega da obra" e faleceu anos despois sen que se colocase, "e tampouco o reclamou [en vida]". ENQUISA | Estás de acordo coa instalación con cartos públicos do Cristo da Guía? "Retómano agora un alcalde e unha presidenta da Deputación do PSOE. Non houbo nin durante o franquismo nin no posfranquismo ningún alcalde que o fixese", apuntou López-Pazos, que atribuíu a actuación a un "desexo persoal" de Abel Caballero, "o mesmo" que o levou a manter a Cruz dos Caídos no monte do Castro, porque "é unha máquina rexistradora de votos e busca os votos". Finalmente, a Asemblea Republicana lamentou que o Concello non teña en conta as "connotacións" da imaxe do Sagrado Corazón, "vinculadas ao golpismo franquista e á ditadura". Críticas de BNG e Marea Canda el estiveron o portavoz municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, e o do BNG vigués, Xabier Pérez Igrexas. O primeiro cualificou de "bochornoso desde o punto de vista da memoria histórica" o papel de Concello e Deputación, e lembrou que durante a posguerra española "a Falanxe promovía peditorios populares para encher España de imaxes do Sagrado Corazón". Pola súa parte, o nacionalista Pérez Igrexas afirmou que "o que non logrou a ditadura complétao Abel Caballero", construíndo "un skyline reaccionario" na cidade, con esta estatua e coa cruz do Castro. "É intolerábel destinar diñeiro público a isto. Aquí non hai interese público, só afianzar o interese electoral do alcalde nalgúns sectores", concluíu.
NOS_50519
Máis unha violación da lexislación por parte da Xunta da Galiza á hora de tramitar un proxecto eólico en áreas protexidas, denuncia a Federación Ecoloxista Galega.
A Federación Ecoloxista Galega (FEG), conformada por unha ducia de entidades como a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza, Loita Verde ou Néboa, vén de presentar un escrito no Parlamento Europeo para solicitar unha investigación sobre o proxecto eólico de Xesteirón, nos concellos de Chandrexa de Queixa e Montederramo. Este parque eólico programa erguer 10 aeroxeradores con 4,5 MW de potencia cada un, e cunha altura de 200 metros. No caso de que este proxecto acabe por levarse a cabo, acabaría con hábitats protexidos pola Directiva da Unión Europea 92/43/CEE en materia de conservación, o que non impediu que fora tramitado pola Administración, sinalan. Nestre intre, máis de 2.500 aeroxeradores están situados en Rede Natura. Hábitats especificamente protexidos A zona na que se pretender executar o parque Xesteirón destruiría hábitats, defende a FEG, especificamente protexidos, como os "ríos dos pisos basal a montano", "ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.", "queirugais secos europeos" e "carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica", hábitats que a Xunta da Galiza ten identificados nesta rexión, inciden. A entidade ecoloxista confía en que "o Parlamento Europeo force ao goberno da Xunta ao cumprimento da lexislación europea en materia de conservación", ou de non ser así que "inicie un expediente sancionador por este incumprimento". Lembrando que xa apelaron en "varios proxectos de dubidosa legalidade", a Federación reitera a importancia de evitar "que se produza a degradación dos máis importantes ecosistemas de montaña", así como que "se ameace o medio de vida dos habitantes da zona ou os recursos hídricos de todas e todos". Alerta polos ecosistemas de montaña "A proliferación de parques eólicos en zonas de montaña supón unha seria ameaza para a biodiversidade", apuntan, advertindo do "elevado número de proxectos que se están tramitando" e o seu efecto na flora, fauna, e os recursos das poboacións da contorna. Con respecto a outros hábitats, no caso dos de montaña "presentan un proceso de evolución especialmente lento e dificultoso", o que aumenta os efectos sobre o medio ambiente destes parques eólicos. Por mor das "baixas temperaturas e a acidez que proporcionan aos solos as rocas silíceas sobre as que se desenvolven", os chans de montaña "acumulan grandes cantidades de materia orgánica que poden contribuír á diminución da concentración do CO2 da atmosfera". Freo da Xustiza á proliferación de proxectos eólicos A FEG fai fincapé en que a "controvertida" produción eólica, "ocupando áreas de especial interese de conservación", implica que unha vez instalada a infraestrutura é "imposíbel" recuperar o hábitat, polo que o considera "unha cuestión de urxencia a tratar". En xaneiro, nunha sentenza pioneira, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) anulou a repotenciación do parque eólico do Roncudo, na parroquia de Corme, en Pontecesures, ao violar a Xunta da Galiza a lexislación comunitaria. Nesa ocasión, trataron de tramitar pola vía de urxencia ese proxecto e reduciron á metade o prazo para presentar alegacións ao informe de impacto ambiental, e mais non presentaron os informes sectoriais, o que é ilegal baixo as normativas da UE. A pesar do veredicto, o Goberno está a estudar se recorre a sentenza ao Tribunal Supremo, ao tempo que a oposición de Bloque Nacionalista Galego e Partido dos Socialistas de Galicia denuncia as reincidentes actuacións "irregulares" do Executivo que dirixe Alberto Núñez Feixoo e o Partido Popular.