ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_57988
Nas quinielas sobre a decisión da executiva do partido aparecen varios nomes pero destácase o deputado Luís Álvarez.
Após o relevo na executiva do PSdeG, unha vez que Valentín González Formoso gañou as primarias nas que competía con Gonzalo Caballero, a formación política segue a dar pasos na renovación do partido na Galiza. Este sábado está programado un dos movementos importantes: apear Caballero do seu papel de voceiro no Parlamento. Malia a vitoria de González Formoso, Gonzalo Caballero seguía acaparando certo protagonismo quer na Cámara galega, quer na vida política do país, ao pronunciarse sobre os máis diversos asuntos. No entanto, está previsto que esa especie de dupla na dirección pase á historia este sábado, cando a nova executiva planea designar ao deputado que substituirá ao ex secretario xeral do partido como portavoz socialista no Parlamento. O recambio chega dous meses e medio despois da vitoria de Formoso nas eleccións internas, pois aínda foi no XIV Congreso Nacional do PSdeG decorrido en decembro cando se deu por fechado o groso do cambio de ciclo coa designación de novos cargos. Recambio a un "compañeiro moi respectado" Pasou tempo para buscar outro portavoz, se ben nas quinielas aínda aparecen varios nomes a unhas horas de anunciar quen ocupará o cargo actual de Caballero. Por exemplo, segundo explicaron fontes do partido a Europa Press, poderían ser protagonistas Julio Torrado, leticia Gallego ou Begoña Rodríguez Rumbo. Porén, o nome que tomou máis forza desde o principio para liderar o grupo socialista no Pazo do Hórreo foi o do deputado Luís Álvarez. Trátase dunha peza chave na vitoria de Formoso, como o foron co seu apoio a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, José Tomé. Precisamente, interrogado nesta sexta feira sobre o futuro de Caballero nun acto que tivo lugar en Guitiriz, Formoso destacou que o vigués é un "compañeiro moi respectado" e "querido" no partido, polo que terá "papel" como outros compañeiros e compañeiras dun grupo político que representa a tantos galegos.
PRAZA_4034
Ricardo Cao, matemático galego presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, lamenta a escasa comunicación cos gobernos, os diferentes criterios á hora de rexistrar os datos ou a falta de información sobre os estudos epidemiolóxicos polas administracións.
Ricardo Cao é un matemático galego mebro do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación (Citic) da Universidade da Coruña (UDC). O Comité Español de Matemáticas nomenouno presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, grupo que intenta axudar e achegar recomendacións, plans e propostas ás diferentes administracións co obxectivo reducir ou paliar os efectos da pandemia. O comité de expertos pon a disposición das autoridades a súa capacidade de análise e modelización para comprender a Covid-19 e as súas consecuencias e, a partir dos datos facilitados polos gobernos, elaborar a modelización matemática da pandemia para estimar a evolución e permitir planificar da mellor maneira os recursos. Como está a funcionar a colaboración entre o grupo que dirixe e as administracións?Estamos tendo contacto e demandas de maneira irregular. Nós informamos a todas as autoridades, en particular ao comité que dirixe Fernando Simón, pero non estamos conseguindo un dos obxectivos principais: ter interlocutores claros que nos identifiquen problemas relevantes e urxentes nos que poidamos, con certo tempo, traballar para intentar solucionalos ou palialos. Entendemos que nesta situación todo o mundo está estresado co que é máis importante: a crise sanitaria, a atención aos enfermos... Pero creo que poderíamos estar sendo moito máis útiles malia estar facendo unha chea de cousas. "Non conseguimos un dos obxectivos principais: ter interlocutores claros que identifiquen problemas relevantes para que traballemos en intentar palialos"En que axudan os coñecementos matemáticos e estatísticos a paliar esta crise?Desde a Matemática e a Estatística o básico é a modelización da epidemia, ver como se produce, como evoluciona... Para isto é moi importante ter información de moita calidade e datos claros en moi diferentes ámbitos. No caso do coronavirus, por exemplo, son moi importantes os datos de mobilidade, ver como se move a xente duns lugares a outros, cara a onde se despraza para ir traballar e como pode transmitir o virus... Estes datos de mobilidade basébanse en enquisas do INE, que agora tira de datos dos móbiles, unha fonte de información moito máis fiable e mellor que as anteriores, pero á que non podemos acceder porque son datos controlados por unha Secretaría de Estado que non os fixo públicos. Ao final, estamos utilizando datos de moita peor calidade. Cales son os principais atrancos á hora de analizar os datos?Nas series que saen todos os días na prensa (número de mortos, hospitalizados, casos activos..) temos un problema de homoxeneidade e harmonización dos datos porque ata a última publicación do BOE ao respecto, unha mesma magnitude estaba a ser comunicada e rexistrada de diferente maneira segundo a autonomía. Todo isto pode parecer algo moi técnico, sen importancia, pero si que a ten. Son atrancos que habería que evitar para que o noso traballo fose mellor e máis útil. De todos os xeitos, estamos sendo proactivos e anticipándonos. "Botamos en falta que haxa moita máis comunicación porque podemos ser máis útiles; as administracións non sempre responden"Colaboran coa enquisa epidemiolóxica que prepara o Goberno central?Dentro do Comité Español puxemos a traballar varios expertos que fixeron algunha proposta, pero botamos en falta que haxa moita máis comunicación porque podemos ser máis útiles. Facemos chegar as nosas recomendacións ás administracións pero logo non sempre responden. Manteñen colaboración coa Xunta?Coa Xunta temos algún contacto, pero digamos que non a nivel institucional. O presidente do Comité mandou correos a responsables sanitarios de todas as autonomías e tan só obtivo resposta de dúas ou tres; do resto, nin tan sequera acuse de recibo. Iso non é moi positivo. Estabamos ofrecéndonos e a Xunta acabou contactando con nós, pero como grupo de investigación e non como comité porque non contestaron á proposta. Digamos que temos relación como investigadores, pero non como Acción Matemática contra o Coronavirus. O estudo de seroprevalencia do virus a nivel estatal constará de 60.000 test para toda España e o de Galicia utiliza os 100.000 que lle mandou o Goberno central, ou un é moi escaso ou outro é excesivo, non é?É unha magnfíca pregunta, pero para respondela deberíamos ter claro cal é o obxectivo preciso e técnico dos estudos, e en ningún dos casos temos os datos técnicos concretos. Se o que se quere é ter unha información moi boa da prevalencia da enfermidade a nivel dunha parroquia pequena con mil habitantes, precísase un tamaño mostral tremendamente grande, pero se abonda cunha información boa a nivel de sección censal ou de concello, cambian as cousas. A cuestión é que non temos claro cal é o obxectivo. "Gustaríanos saber cal é o obxectivo preciso dos estudos epidemiolóxicos da Xunta e do Goberno central, pero en ningún dos casos temos os datos"Cal sería o mínimo?O mínimo que querería un saber é cal é a porcentaxe de poboación en España que pode ter ou tivo o virus. Para iso, con 60.000 persoas testadas pódese facer cunha fiabilidade moi alta porque estamos falando de menos do 1% de marxe de erro. Outra cousa é que queiras estimar a porcentaxe de poboación que pasou a enfermidade en Mazaricos, por poñer un exemplo. Daquela, o erro sería moito maior, claro. En todo caso, sería moi importante que contasen cos investigadores porque hai métodos que permiten mellorar os datos en áreas pequenas se tes pouca mostra, e en Galicia temos expertos internacionais. Se cadra, nalgún concello, aínda que a estimación fose moi variable, podíase mellorar. Pero non sei que é o que se vai facer con todos os test que se van facer en Galicia. Vanse dedicar 100.000 a isto? Haberá máis?Que tipo de enquisa sería a máis axeitada?Nós deseñamos un plan de mostraxe denominado en bóla de neve, porque unha cousa é comprobar a prevalencia do virus e outra é o que se fai cando se detectan positivos con estes test. Quedamos de brazos cruzados e non tiramos cara a atrás na historia deste positivo para detectar máis posibles contaxiados entre os seus contactos? Isto sería combinar a estimación coa detección e foi o que propuxemos ao Goberno central, que o desbotou. Non sei cal é a idea en Galicia, porque se fose esta si que podería ser preciso ese número grande de probas. O problema non é que non se explique o obxectivo concreto do estudo, senón que non hai ningún documento onde se poida ver. Aquí é rendible usar 50.000 test se consegues achar outros casos positivos. Fóronse cumprindo as previsións matemáticas que fixeron?En xeral, si, sobre todo nos datos que dan unha panorámica xeral, pero é relevante ter en conta a importancia de modelos precisos que nos serven para saber que vai acontecer nos días vindeiros, por exemplo para saber se vai haber problemas nas UCI ou se van chegar as camas. O certo é que a comunidade matemática deu un paso á fronte e hai ducias de equipos de investigación que achegan os seus datos e da que tiramos unha previsión combinada, sacando o mellor de cada unha. A curto prazo, estes modelos funcionan ben; tamén a longo prazo, pero neste caso é moi importante ter información fiable e o máis detallada posible. "Non nos podemos permitir o luxo de ter sistemas de información diferentes e con diferentes criterios nas autonomías e nos Estados de Europa"Non a teñen?Precisamos saber cal é a calidade dos datos para poder homoxeneizalos, pero non somos quen de obter esa información. Cómpre tirar leccións de cara ao futuro porque non pode ser que teñamos sistemas de informacións diferentes e con diferentes criterios en diferentes comunidades autónomos ou nos diferentes Estados de Europa. Non nos podemos permitir o luxo de facer as cousas así porque a información é vital. Estamos achicando auga como podemos, pero temos que pensar nos protocolos que nos permitan pechar a chave de paso. Temos que aprender esta lección. No caso da mobilidade tamén hai atrancos?Por exemplo, agora estamos nunha situación de confinamento, polo que os modelos para analizar a mobilidade cambian ao non estarse transmitindo o virus libremente como acontecía antes. Nesta situación, é fundamental obter datos sobre a mobilidade da cidadanía e os de antes xa non valen, precisaríamos os actuais. Bastante ben o estamos facendo, pero poderíamos facelo mellor con mellor e máis detallada información. Ve a luz ao final do túnel desta pandemia?O descenso da famosa curva xa o estamos vendo, evidentemente. En Galicia, o día con máis casos foi o 29 de marzo, o que ocorre é que nos últimos días, ao facerse máis test, aparecen máis casos positivos dos que tocarían para continuar con esa evolución descendente, pero iso non significa que a cousa vaia a peor. Aquí tamén botamos en falta poder ter información moito máis precisa dos criterios que se seguían antes para facer as probas e os que se seguen agor, porque nos permitiría analizar mellor a tendencia, facer estimacións máis ricas e prescindir de perturbacións que alteran os datos.
PRAZA_3583
Pechan escolas infantís, bibliotecas e instalacións deportivas municipais. Ademais, suspéndense festas, feiras e outros eventos. Aínda que non se estableceron restricións para os locais de hostalería e ocio, varios establecementos comezan a anunciar o seu peche
As administracións locais están a decretar na maior parte dos casos o peche de escolas infantís e tamén de bibliotecas, ximnasios e outros espazos deportivos municipaisPouco despois das restricións e recomendacións aprobadas pola Xunta e polo Goberno central para tentar frear a propagación do coronavirus, concellos e deputacións comezaron a anunciar limitacións semellantes, que afectan ao servizos, instalacións e actividade que depende da súa xestión. En xeral, as administracións locais están a decretar na maior parte dos casos o peche de escolas infantís e tamén de bibliotecas, ximnasios e outros espazos deportivos municipais. Ademais, practicamente todas as festas e celebracións públicas fican suspendidas, comezando polas Pepitas de Ferrol, onde tamén se valora a suspensión das procesións e demais actividades ligadas á Semana Santa. Neste senso, Xunta de Confrarías de Lugo anunciou na tarde deste venres a decisión de "suspender todos os actos e procesións da Semana Santa 2020" por "responsabilidade" para "salvagardar a saúde" xeral ante o coronavirus. En Santiago, a Xunta de Confrarías adía os actos previstos para os días 27 e 28 e polo momento, "continúa con normalidade os preparativos" das procesións, indicou nun comunicado.Practicamente todas as festas e celebracións públicas fican canceladas, e en Ferrol valórase a suspensión das procesións de Semana Santa, unha decisión que xa adoptou LugoOs comercios e instalacións privadas de todo tipo fican de momento á marxe das medidas (máis aló das restricións ligadas ao aforo). Porén, en varios lugares discotecas, bares e pubs comezaron a anunciar xa o seu peche.A CoruñaO Concello da Coruña, a localidade galega cun maior número de persoas infectadas, anunciou esta tarde as medidas específicas que adoptará para tentar evitar a propagación da enfermidade. A alcaldesa, Inés Rey, anunciou o peche das escolas infantís, os centros cívicos e as instalacións deportivas e culturais durante 14 días a partir deste venres, entre elas as bibliotecas e museos. No referente ao transporte público, habilitarase unha entrada directa dos autobuses na estación para evitar o confinamento e que as pasaxeiras e pasaxeiros poidan adquirir o ticket xa no propio autocar.De igual xeito, fican suspendidos concertos coma os da Orquestra Sinfónica de Galicia, o de Brothers in Band no Pazo da Ópera e os que Ara Malikian e Chayanne tiñan programados no Coliseum nas vindeiras semanas. Pola contra, os mercados municipais non cesarán a súa actividade e distribuiranse entre as praceiras e praceiros unha serie de medidas de autoprotección para que a compra-venda se realice con total seguridade.CompostelaEn Santiago, pechan as escolas infantís de xestión municipal, suspéndense as actividades organizadas nos centros socioculturais e adíase toda a programación prevista no Teatro Principal ou no Auditorio de Galicia. Neste senso, a Real Filharmonía de Galicia cancela todos os seus concertos do mes de marzo.Máis aló das medidas municipais, en Compostela tamén pecha as súas portas a Catedral "ata novo aviso". Xa este luns os bispados de toda Galicia anunciaron unha serie de medidas. Ademais de prohibir os "abrazos" á figura do apóstolo os bispos tamén pediron evitar "contacto físico con cruces, medallas, escapularios... Que fosen bicadas por outros fieis" e "substituír" as "mostras de devoción" cara a imaxes e esculturas por "unha inclinación de cabeza".FerrolFerrol anunciou este xoves a cancelación de todas as actividades culturais, deportivas e institucionais organizadas polo Concello. Entre elas destaca o aprazamento ata o mes de setembro da Noite das Pepitas e todo o seu programa asociado; e tamén da Mostra Musical do Eixo Atlántico e do concerto de James Rhodes no Auditorio, que estaba programado para o día 21.Sobre a Semana Santa, evento de gran tradición e asistencia de público na cidade naval, o alcalde Ángel Mato explicou que aínda que queda fóra das datas establecidas inicialmente pola Xunta (prorrogables, en todo caso), hai unha probabilidade "moi elevada" de que se cancele. O asunto foi xa tratado coas propias confrarías. Ferrol pecha, ademais, todos os centros cívicos, bibliotecas, o Centro Cultural Torrente Ballester, o Teatro Jofre, o Auditorio de Ferrol, os locais de propiedade municipal nos que desenvolven a súa actividade entidades veciñais e os polideportivos, piscinas, campos de fútbol e calquera instalación deportiva.LugoEn Lugo, o Concello suspendeu todas as súas actividades a partir do sábado e pechou aquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario, entre elas todas as instalacións culturais, deportivas, sociais, garderías, ociotecas, a Escola Municipal de Música ou a Casa da Xuventude. Ademais, co fin de evitar aglomeracións, activará a cita previa en todos os servizos e pide á veciñanza que acudan só en caso de estrita necesidade e que as consultas sexan telefónicas.En canto á Praza de Abastos e o Mercado Municipal, serán os placeiros os que decidan se abren os seus postos. Finalmente, o Concello tamén manterá a organización das vodas, aínda que estas se celebrarán unicamente nas dependencias da Casa do Concello e só poderán acompañar aos contraentes testemuñas e familiares directos.PontevedraNa cidade de Pontevedra, unha das medidas de maior importancia é a suspensión do Salón do Libro, que se estaba desenvolvendo dende o pasado 6 de marzo e cuxa programación chegaba ata o día 28. Pechan ademais todas as instalacións municipais, como o Teatro Principal, o Pazo da Cultura, centros deportivos de xestión municipal ou locais sociais.VigoNa cidade olívica, ademais da maior énfase na limpeza e desinfección, do peche de instalacións municipais e da suspensión de todas as actividades xestionadas polo Concello, o Goberno local anuniciou a adopción de medidas complementarias. Por exemplo, desde Benestar Social vaise realizar unha chamada diaria a todos os usuarios para coñecer posibles situacións de risco. Ademais, no ámbito do transporte, os e as taxistas de Vigo puxeron en marcha medidas específicas, como a limpeza de todos os elementos de contacto logo de servizo, o uso de xel desinfectante por parte dos condutores, incentivar pagos con tarxeta, que o cliente se sente sempre atrás ou que sexan os propios taxistas os que abran e pechen as portas do vehículo. Ourense Na cidade das Burgas, o Goberno local anunciou a cancelación de todas as actividades de cursos e actividades organizadas polo Concello na que participen grupos de persoas. Tamén se decretou a suspensión das festas de San Lázaro e o peche de termas e pozas, valorando o baleirado das que teñen libre acceso, para así impedir o seu uso.As restricións están sendo adoptadas por todo tipo de concellos, dende as cidades e as grandes vilas ata as localidades de menor dimensión. Na Mariña lucense, concellos como Viveiro, Mondoñedo, Foz ou Xove decretaron o peche de bibliotecas, escolas infantís, campos de fútbol, polideportivos e outras instalacións municipais.O mesmo fixeron na provincia de Pontevedra lugares como A Estrada, Silleda, Nigrán, Ponteareas, Cangas, Moaña ou Tui, concellos onde só se mantén aberto ao público o rexistro municipal. Suspendéronse ademais festas coma a de Raxó (Poio), a Festa dos Callos (Silleda) ou o Enterro do Salmón (A Estrada). E igualmente localidades como Padrón, Ordes, Arzúa ou Melide decretaron o peche de escolas infantís, bibliotecas ou espazos deportivos, así como a suspensión das feiras e festas previstas para os vindeiros días.En Camariñas o Concello cancelou a Mostra do Encaixe e en Pontecesutes adiouse a Festa da Lamprea Na Ribeira Sacra, onde varias localidades están celebrando as súas festas e feiras do viño, os concellos están optando pola súa suspensión ou aprazamento. É o caso de Sober ou Quiroga.Bares e discotecasAínda que non se estableceron restricións para os locais de hostalería e ocio, varios establecementos comezan a anunciar o seu pecheAínda que non se estableceron restricións para os locais de hostalería e ocio, varios establecementos comezan a anunciar o seu peche. Así, na Coruña o Grupo Pelícano, que xestiona a discoteca do mesmo nome, a Moom, o Playa Club, a Sala Inn-Club; os pubs Amura, Andén, Brit, Dux, My e Pier e o restaurante Atlántico 57, anunciou o peche de todos os seus locais para colaborar no freo á enfermidade.De igual xeito, en Pontevedra anunciaron o seu peche temporal as salas Karma, Jackson e El Pequeño, a Discoteca La Luna e os pubs Fetiche, Aranda e Banana. En Sanxenxo fixo o mesmo o Buddha Sanxenxo.
PRAZA_14238
O ministro Ruiz-Gallardón presenta, entre apelacións a "casos que están na mente de todos", unha dura reforma do Código Penal que introduce novos supostos de "atentado" a membros da Policía e tipifica a difusión de "convocatorias" para ir contra a "orde pública"
"Non porei nomes sobre a mesa, pero na mente de todos están supostos destes casos". Suxeriuse durante a campaña das eleccións xerais, durante meses axitouse con intensidade en diversos ámbitos mediáticos, especialmente televisivos, entre nomes como Mari Luz Cortés, Marta del Castillo ou José Bretón. E este venres chegou á mesa do Consello de Ministros. En plena treboada interna no seo do PP pola excarceración por razóns humanitarias do membro de ETA Iosu Uribetxeberría o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, presentaba ante os medios un informe do que será o proxecto de reforma do Código Penal, unha dura modificación normativa que ten como punto estrela a instauración, por primeira vez en democracia no Estado español, da cadea perpetua. Oficialmente presentada como un modelo de "prisión permanente revisable", esta nova sanción é xustificada por Ruiz-Gallardón como unha vía para abordar os delitos nos que "non basta con que transcorrese o tempo" para que as persoas que os cometan estean xa orientadas cara á "fin da reinserción" que a Constitución establece para as penas de cárcere. Segundo o gabinete que preside Mariano Rajoy a decisión tómase despois de "escoitar a expertos" e sempre tendo en conta o "dereito comparado", con "países do noso entorno" como referencia. Neste contexto a cadea perpetua "revisable" será aplicable a "homicios terroristas", a asasinatos "cometidos contra o rei, o príncipe herdeiro ou xefes de Estado estranxeiros" e tamén ao "xenocidio e crimes de lesa humanidade con homicidio". "Non porei nomes sobre a mesa, pero na mente de todos están supostos destes casos", di Ruiz-Gallardón E xunto a estes supostos, os máis mediáticos, os que Ruiz-Gallardón denomina "asasinatos agravados", a saber: "cando a vítima sexa menor de dezaseis anos ou se trate dunha persoa especialmente vulnerable", cando o asasinato se produza tras un "delito contra a liberdade sexual", nun asasinato múltiple ou "nos cometidos por membros dunha organización criminal". Respóndese así, polo tanto, ás reclamacións xurdidas en foros diversos sobre os casos aos que o ministro prefire "non poñer nome". Como se concretará este novo tipo penal? Mediante o establecemento dunha período mínimo de privación de liberdade de entre 25 e 35 anos que deberá ser cumprido "integramente" e "só despois deste se aplicará o sistema de revisión, que permitirá a posta en liberdade do condenado se cumpre unha serie de requisitos", aínda non revelados polo Goberno. A revisión poderase realizar "a petición do reo" e, en calquera caso, "de oficio" cada dous anos por parte do tribunal que o xulgase. "Custodia de seguridade" e novos tipos de "atentado" á autoridade Non é a cadea perpetua o único ámbito no que Ruiz-Gallardón se propón facer máis férreo o sistema penal español. Dende o convencemento de non estar atentando contra "dereitos fundamentais" o ministro avanza tamén a instauración da denominada "custodia de seguridade", unha "medida privativa de liberdade para casos excepcionais" que se "aplicará unha vez cumprida a pena de prisión", no caso de que o tribunal correspondente considere que "se mantén a peligrosidade do penado". A súa duración poderá chegar ata dez anos e aplicarase en delitos "contra a vida, a integridade física, a liberdade, a liberdade ou indemnidade sexual, os cometidos con violencia ou intimidación, contra a comunidade internacional, terrorismo ou tráfico de drogas". Calquera suposto de "acometemento, agresión, emprego de violencia ou ameazas" contra un axente será un "atentado" Outro dos aspectos que, a priori, se presenta como especialmente controvertidos é a nova regulación do "delito de atentado" contra a autoridade. Coa, segundo o Ministerio, vontade de "clarificar" esta conduta delitiva, cando o novo Código Penal estea en vigor será un atentado calquera suposto de "acometemento, agresión, emprego de violencia ou ameazas graves de violencia sobre o axente". "A falta de desobediencia desaparece, pero sancionarase como infracción administrativa" e a resistencia pasiva manterase, "como ata agora, penada con entre seis meses e un ano de cárcel". Xunto a esta modificación Ruiz Gallardón introduce outra, especialmente sensible en tempos de convulsión social e protestas, a inclusión "na definición de alteración da orde pública" dunha "referencia ao suxeito plural e á realización de actos de violencia", xa sexa "sobre persoas" ou "sobre cousas". Neste sentido o Goberno central prevé "castigar" a "difusión de mensaxes que inciten á comisión dalgún delito de alteración da orde pública". Non se trata, afirman, da "simple convocatoria de mobilizacións", senón da "incitación a cometer actos de violencia constitutivos de desordes graves nesas convocatorias". Estes tamén están aínda por definir. Os "dereitos fundamentais", insiste Ruiz-Gallardón, permanecen intactos.
NOS_42131
Todos os grupos da oposición apoian a iniciativa de AGE que solicitaba unha medalla institucional para o bombeiro que se negou a participar no despexo de Aurelia Rei, que non prospera por culpa da negativa do PP, que resta importancia á súa acción
De novo o PP en solitario. O grupo popular foi o único que se negou na Comisión Institucional e de Interior do Parlamento de Galiza a apoiar a iniciativa presentada por AGE segundo a cal se pedía un recoñecemento institucional -propúñase a Medalla ao Mérito da Protección Civil- ao corpo de bombeir@s da Coruña polo seu "xesto de solidariedade" na negativa, simbolizada por un dos seus membros, a colaborar no desafiuzamento da anciá coruñesa Aurelia Rei, que provocou unha importante resposta social en contra durante o pasado mes de febreiro, até conseguir paralizalo, o que lles custou a algúns manifestantes -entre eles o bombeiro que ergueu un cartel de Stop Desafiuzamentos, o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e dous concelleiros da Coruña- sancións administrativas por parte da subdelegación do goberno español. Porén, o deputado popular Gonzalo Trenor -sen chegar aos insultos contra @s activistas pola vivenda digna que son habituais na súa formación- amosou a posición contraria do seu grupo, laiándose de que a proposición non de lei "non fixera mención a todas as actuacións exemplares que fan os bombeiros, senón unicamente a unha de carácter político" para logo entrar en comparacións. "Parece que aquilo non era A Coruña e que máis que da Praza de Ourense semella que vostedes falan da Praza de Tiananmen, onde si que se reprimiu a oposición a un réxime ditatorial". Dereito á obxección Pola contra, a proposta defendida pola deputada de AGE Yolanda Díaz baseouse en gabar a actuación do funcionario que "exercendo o dereito á obxección de conciencia púxose ao carón das vítimas dunha crise que é unha estafa, actitude que debe ser condecorada, non multada nin reprimida con cargas policiais como ocorreu". En resposta á referencia do deputado popular á Tianamen, Díaz tamén dixo lembrarse de forma positiva do que significou a URRS. Pola súa banda, Beatriz Sestayo, do PSOE tamén amosou o apoio do seu grupo á proposición, engadindo queixas á "represión aos dereitos" e cualificando de "vergoñento o desafiuzamento dunha anciá". Así mesmo, o BNG mostrou a súa posición favorábel por medio da deputada Tareixa Paz, que dixo "valorar o necesario exemplo ético desa actuación" do bombeiro coruñés á vez que denunciou a estratexia dos gobernos de "criminalizar os movementos sociais" e defendeu "os actos de insubmisión a prol da xustiza social".
PRAZA_11297
O ex-secretario comarcal da CIG sufriu feridas nunha dura carga policial en 2012 contra unha protesta dos traballadores de Navantia. Porén, foi acusado de agredir a un axente. CIG, CC.OO., UGT e CGT convocan unha mobilización apoiada por 35 comités de empresa
O 4 de outubro do ano 2012 traballadores de Navantia e de Poligal manifestáronse en Ferrol en demanda de carga de traballo para o estaleiro e esixindo tamén "claridade" sobre os contratos prometidos por Núñez Feijóo. Era o inicio da campaña das eleccións autonómicas e o Partido Popular realizou a súa pegada de carteis na Praza de Amboaxe. Os traballadores dirixiron alí a súa mobilización, consistente nunha sonora cazolada, o que obrigou os populares -escoltados pola policía- a mudar o acto cara o interior do Hotel Almirante, onde tamén recibiron as protestas. Pasadas as doce da noite chegaron os antidisturbios, que cargaron contra os 300 traballadores concentrados. O ex-secretario comarcal da CIG sufriu feridas nunha dura carga policial en 2012 contra unha protesta dos traballadores de Navantia. Porén, foi acusado de agredir a un axenteEntre eles estaba Xesús Anxo López Pintos, daquela secretario comarcal da CIG en Ferrol, que resultou ferido na carga policial e que despois foi trasladado á comisaría, onde denunciou ter recibido malos tratos. Porén, López Pintos foi denunciado por agredir un dos axentes, en concreto por por "agarrar pola roupa un policia e pegarlle no casco". O xuízo contra el terá lugar os días 12, 13 e 14 de novembro na Coruña, momento no que terán lugar concentracións ante os xulgados e mais nas portas de Navantia. Pero na cidade de Ferrol iniciouse xa un movemento de solidariedade con López Pintos e de denuncia da "represión sindical". Este martes 29 de outubro está convocada unha manifestación convocada por CIG, CCOO, UGT e CGT e apoiada por entidades políticas, sociais e culturais de todo tipo e por un total de 35 comités de empresa, entre eles o de Navantia. CIG, CCOO, UGT e CGT consideran que "o proceso contra Pintos supón un ataque descarado contra o sindicalismo e a mobilización social"CIG, CCOO, UGT e CGT consideran que "o proceso contra Pintos supón un ataque descarado contra o sindicalismo e a mobilización social como ferramenta básica da clase obreira para a defensa dos nosos dereitos". Manuel Anxo Grandal (CIG) sinalou a este respecto que a represión contra Pintos "reviste un carácter exemplarizante, xa que coa súa detención pretendíase enviar unha mensaxe a toda a clase traballadora da comarca, que naquel momento se estaba a mobilizar intensamente para esixir solucións á crise laboral e social".Os catro sindicatos coincidiron en subliñar a importancia de "manter a unidade na loita pola defensa dos dereitos e das liberdades fundamentais" e reclamaron a derrogación inmediata da Lei Mordaza e do artigo 315.3 do Código Penal, "xa que son dous mecanismos que se están a utilizar para acalar a resposta social".A carga policial e o trato recibido polo sindicalista López Pintos marcaron o inicio daquela campaña electoralA carga policial e o trato recibido polo sindicalista López Pintos marcaron o inicio daquela campaña electoral e foron duramente criticadas por Francisco Jorquera (BNG) e Yolanda Díaz (AGE). E, igualmente, polo secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, que sinalara que "o Partido Popular recorre a todos os medios: criminalización da mobilización social, uso da represión e brutalidade dos elementos máis fascistas da policía, manipulación na prensa ou a utilización dos xuíces afíns para tentar desprestixiar calquera oposición activa".
PRAZA_8127
Unha muller pide ao rexedor que deteña o proxecto que destruiría o manancial que subministra auga á parroquia de Cereo.
Carme Varela, natural de Cereo, parroquia do Concello de Coristanco, escribe ao alcalde da localidade pedíndolle que non dea o visto e prace á Mineira de Corcoesto para operar na zona. A balsa de lodos que prevé construír a compañía destruiría o manancial de Baralláns, que subministra de auga aos veciños. Estimado Sr. Pensado. Son unha veciña de Cereo, aínda que hai máis de vinte anos que non vivo alí. Creo que uns poucos menos dos que vostede leva gobernando o concello. Recórdanme meus pais que unha das grandes cousas que vostede fixo, e da que toda a parroquia aínda lle segue moi agradecida, foi a traída da auga do manancial de Baralláns. Antes de entrar vostede no Concello, todos os veráns había problemas coa auga, conflitos entre os veciños e, a parte que a min máis me tocaba, moito traballo carrexando caldeiros de auga da fonte, costa arriba cara ao Barreiro, para a casa e os animais. Eu tamén lle agradecín moito o seu logro. Paradoxalmente, esa auga vai ser o primeiro que desapareza cando Mineira de Corcoesto-Edgewater teña o seu visto e prace para operar. O manancial de Baralláns -do que miña nai fala como se describira o ceo: "a auga sae dunhas pedras brancas que é unha marabilla velas"- vai ser destruído para meter a balsa de lodos. Si, cambiamos manancial de augas puras por lodos contaminados… Está vostede seguro de que os da mina lle fixeron un bo "trato" ou faceríanlle un bo "truco"? Sabe vostede como vai abastecer a parroquia de Cereo? Con cisternas que subministren auga 2-3 horas ao día como fan nos pobos mineiros do Perú? Se xa ten esa información, non cree que os veciños, afectados directos, teñen dereito a coñecela? E, se non a ten aínda, non cre que sería importante saber como se vai suplir a falta do manancial antes de que o destrúan?. Moitos dos veciños que hoxe seguen calados confían en vostede, deféndeno, porque non conciben, non se cren, non entenden que vostede non os vaia defender a eles, as súas terras, as súas casas, a súa saúde. Cando lle conto a meu pai que vai haber 196 voaduras "tipo A" ao ano (saen 4 á semana) que cada unha arranca 37.800 m3 de material, perforando máis de dous quilómetros e medio de barrenos en cada voadura, levantando unhas nubes de po que poden chegar ata 50 quilómetros á redonda, sepultando colleitas, prados, hortas,… El, confuso, dime "pero, se iso é tan malo como dis, por que non nos defende o noso alcalde?" Pódelle contestar vostede, señor Pensado? Un cordial saúdo, Carmen Varela
NOS_665
A empresa galega de xestión cultural, Sirgo Torcendo, producirá o I Festival Internacional In Spiritum- Música e Contemplação na Cidade do Porto que toma como referente o modelo do festival "Espazos Sonoros". A proposta de música en espazos de interese artístico e patrimonial interesou ás institucións culturais portuguesas.
Seis edicións leva xa o festival "Espazos Sonoros", unha proposta da empresa Sigo Torcendo dirixida por Belén Bermejo que ten como obxectivo a descuberta de diferentes músicas no marco de espazos de interese do noso patrimonio cultural. O programa interesou ás institucións culturais de Porto que encargou a Sigo Torcendo a produción do I Festival Internacional In Spiritum- Música e Contemplação que se desenvolverá do 23 ao 27 de abril en distintos espazos da cidade e que incluirá na súa programación a artistas da Galiza. Na rota de música e patrimonio O festival propón, como Espazos Sonoros, a contemplación do patrimonio histórico e artístico de Porto por medio dunha programación musical que dirixen o organista Marco Aurélio Brescia e a soprano Rosana Orsini que foron quen solicitaron a participación de Belén Bermejo, de Sigo Torcendo, na produción do Festival, seguindo como referencia o modelo deseñado para o festival galego. O obxectivo era tamén incluír a cidade de Porto na rota europea de festivais de música e Patrimonio. In Spiritum ofrecerá seis concertos durante a Semana de Pascua que responden, segundo os directores artísticos a un repertorio "amplo, diverso e libre de fronteiras artísticas arti?cialmente constituídas, cunha oferta ampla de posibilidades de expresión e apreciación estética, sempre na liña de favorecer o encontro e a introspección". Na vontade de que o intercambio cultural vaia alén da produción galega do festival e supoña un paso adiante no intercambio cultural, o programa inclúe a participación de figuras vencelladas con Galiza como o arpista Manuel Vilas ou a organista e profesora do conservatorio de Ourense, Marisol Mendive.
NOS_7237
O Foro Económico de Galiza presentou un traballo sobre a internacionalización da economía galega elaborado por Joam Lopes Facal coa edición de Albino Prada. Entre outras propostas, aposta por profesionalizar as complementariedades entre Galiza e Portugal ao máximo nivel.
Tres son as propostas que Joam Lopes Facal e Albino Prada, economistas, poñen sobre a mesa para internacionalizar a economía galega no seu traballo 'Galicia, a perspectiva internacional', que publica o Foro económico de Galiza. Crear unha oficina galega de apoio para captar investimento estranxeiro e apoiar o investimento das empresas galegas no exterior é unha delas. As empresas galegas invisten no estranxeiro cinco veses máis do que as doutros países invisten en Galiza: 10.800 millóns de euros fronte a 2.600 millóns. Esta oficina, recóllese no documento, sería "áxil, competente, desburocratizada" e tería como principal finalidade "estudar, analizar e acompañar a totalidade de iniciativas empresariais galegas no exterior como tamén a avaliar o entorno empresarial galego da industria auxiliar implicado en implantacións no exterior e tamén as relacións empresariais tecidas nos países receptores". Aprender Tomar como referencia a experiencia vasca, tanto no funcionamento da súa axencia SPRI (Axencia vasca de desenvolvemento empresarial) como na atracción de investimento xerada polos seus polígonos tecnolóxicos é outra das propostas feitas neste informe. E, por último, proponse un tratamento "serio e profesionalizado das complementariedades económicas da cooperación Galiza-Portuga", unha abordaxe que se faga, aponta, "concedendo a máximo rango político e simbólico ás relacións da Xunta co Goberno portugués". Convidan a superar a retórica e propaganda nas relacións para se centrar en tratar "de frente unha estratexia de medio prazo con mellora das comunicacións ferroviarias Vigo-Porto e unha axenda de cooperación no ámbito portuario e aeroportuario". É neste ponto no que Joam Lopes Facal chama a "superar dunha vez o complexo madrileñista que atenaza a actividade exterior da política económica galega asumindo o decisivo papel das relacións transfronteirizas en materia de intercambios comerciais e de capital".
NOS_33874
A través dun burofax, escrito en español, remitido por un bufete de avogados privado, a CRTVG, que conta con asesoría xurídica de seu, diríxese a Sermos Galiza para exixirlle unha rectificación na entrevista realizada a María Xosé Silvar, Ses, mais non desmente a existencia dunha orde interna de non emitir contidos relacionados coa artista que estaban xa programados.
Con data de 9 de abril de 2019, Sermos Galiza recibiu un burofax do despacho Ferro Abogados en calidade de representante da CRTVG -o ente público dispón dun departamento de asesoría xurídica propio- no que se lle esixe ao medio unha rectificación a respecto da entrevista realizada a María Xosé Silvar, Ses, publicada o 3 de abril de 2019 e na que se informaba do veto á artista nos medios públicos galegos. O burofax, redactado en lingua española, nega que o veto procedese da coordinación de Cultura, como publicou Sermos Galiza -a raíz de conversas con traballadoras do ente-, pero non desmente a existencia dunha orde interna de non emitir contidos relacionados coa cantante que estaban xa programados. No documento sinálase que "é incerto que a coordinación de Cultura da CRTVG transmitira orde algunha de anulación sobre a artista María Xosé Silvar, Ses, que foi ademais entrevistada o 14 de marzo na TVG e na RG". Fontes consultadas por Sermos Galiza aseguran que a música tiña acordada unha entrevista no programa de televisión A Revista e que foi cancelada unilateralmente pola CRTVG despois de que Ses acudise ao programa de televisión Zigzag diario e ao espazo radiofónico Galicia por Diante. Fíxoo cunha camisola co lema reivindicativo #DefendeAGalega, o movemento impulsado por traballadoras e traballadores dos medios públicos contra a manipulación, feito que provocou malestar na dirección do ente. Por outra banda, traballadoras da CRTVG informaron a Sermos Galiza de que en Zigzag fin de semana, presentado por María Solar, estaba prevista a emisión dun videoclip en que participaba Ses e que recibiron a orde de substituílo por outro. É o terceiro burofax que recibe este medio do citado despacho de avogados en representación da CRTVG en relación a distintas informacións publicadas en Sermos Galiza sobre a manipulación no ente público. 48 Venres Negro Este terceiro burofax, que ameaza co inicio das "accións legais que en Dereito procedan en defensa dos intereses da CRTVG", chega na semana en que as traballadoras e traballadores convocan o 47 Venres Negro e días despois de facerse público que a CRTVG sanciona un locutor activista deste movemento contra a manipulación.
PRAZA_11083
Medio Ambiente anuncia que tamén permitirán a propietarios de terreos afectados polo xabarín capturar estes animais con gaiolas e avanza unha nova reforma da lei de caza un ano despois da anterior, que tiña o mesmo obxectivo
A presenza de xabaríns en contornas urbanas é, nos últimos anos, a parte mediaticamente máis visible dun problema que, non obstante, ten o seu maior impacto nos datos que estes animais provocan en explotacións agropecuarias e nos riscos que a súa presenza na contornas das estradas implica para o tráfico. Neste tempo a Xunta anunciou esporadicamente diversas medidas, dende a caza destes animais utilizando arqueiros na contorna da cidade de Lugo ata unha reforma ás présas da lei de caza do ano 2013 aproveitando o trámite dos Orzamentos da Xunta para 2018.Pero as protestas non cesaron e os xabaríns seguen a causar problemas. Neste escenario a Consellería de Medio Ambiente anunciaba o pasado luns un novo paquete de accións entre as que destaca o levantamento case total das restricións para cazar xabaríns en 33 concellos. Son municipios das comarcas de Betanzos-Eume, Terra Chá, Viana e Deza que dende esta semana estarán oficialmente en "emerxencia cinexética temporal".Segundo avanzou a directora xeral do Patrimonio Natural, Belén do Campo, entre as consecuencias desta declaración destaca que, nas zonas xa habilitadas para cazar, "permitirase a caza" de xabaríns "todos os días da semana" e "sen límites de cupo" de exemplares abatidos. No resto de zonas -as denominadas "zonas libres"- poderán cazarse xabaríns ata o 6 de xaneiro todos os días da semana agás xoves e sábado "sempre que non sexan festivos". Dende o 7 de xaneiro os días habilitados serían luns, martes, mércores e venres laborables.Segundo detalla a Consellería, o trámite para a caza do xabarín consistirá nunha "comunicación previa" á propia Xunta "cunha antelación mínima de dez días". No caso dos tecores societarios -áreas habilitadas para a caza-, só terán que comunicar as batidas que non teñan previamente aprobadas.Medio Ambiente anuncia que tamén permitirán a propietarios de terreos afectados polo xabarín capturar estes animais con gaiolas e avanza unha nova reforma da lei de caza un ano despois da anterior, que tiña o mesmo obxectivoAdemais de abrir a man para a caza do xabarín no que atinxe a días e límites de exemplares, a Consellería tamén "autoriza medidas de agarda", a utilización de visores ópticos de aumento ou alumeado para cazarías nocturnas. Mesmo os propietarios de terreos afectados por xabaríns poderán "capturar exemplares mediante o emprego de gaiolas". A alto cargo de Medio Ambiente avanza ademais que, apenas un ano despois da devandita reforma, o Goberno galego prevé utilizar outra volta a lei de acompañamento dos Orzamentos Xerais -un mecanismo cuestionado recorrentemente pola oposición que permite modificar múltiplas leis dun golpe cun trámite abreviado- para introducir outra reforma na lei de caza. Neste caso, farano para "que se poida autorizar a caza" do xabarín "mediante outras modalidades que se adoitan empregar na caza menor, como a caza en man ou ao salto".
PRAZA_18639
Saudei con fervente entusiasmo a proposta de Arnaldo, a quen felicito por elo, sobre a conformación dunha alianza dos nacionalismo indenpendentistas das tres nacións periféricas galeuzcanas. Coincide con unha teima miña longamente acariñada e profusamente investigada como historiador.
Saudei con fervente entusiasmo a proposta de Arnaldo, a quen felicito por elo, sobre a conformación dunha alianza dos nacionalismo indenpendentistas das tres nacións periféricas galeuzcanas. Coincide con unha teima miña longamente acariñada e profusamente investigada como historiador. Non en van lle dediquei os meus afáns pescudadores, farturentamente concretados en numerosos artigos, libros e palestras, a última delas en Santiago o 5 do outono encol do Galeusca e o IX Congreso de Nacionalidades Europeas de 1933. Non nego, ademais, que semellante desideratum concorda cos meus ideais e preferencias políticas, un soño aínda inconcluso e apetecido, mais excesivamente dilatado. Xa sei que á xente, se lle das tempo, morre e, de feito, non coñezo a ninguén que sobrevivira, pero gustaríame ver o día en que as tres nacións gozaran definitivamente do sol da liberdade para decidir por si mesmas a articulación dunha confederación ibérica, libre, reversible e voluntariamente pactada, de nacións soberanas en pe de igualdade, como arelaba o insigne galaico, Castelao. O BNG é partidario da suxestión arnaldiana e xa remitiu ás bases unha consulta nese senso. Ana Pontón, no discurso pronunciado o 17 de novembro co gallo da conmemoración do centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala en Lugo, reivindicaba o dereito de autodeterminación, a Tripla Alianza de 1923 e os Galeuzcas posteriores. ERC parece que tamén está estudando a proposta. PdeCat e o PNV non semellan seareiros do acordo. Porén, o mesmo que aconteceu en 1998 coa Declaración de Barcelona, e de elo fun testemuña privilexiada, inmediatamente tocaron a rebato as campás de tódalas igrexas partidarias, localizadas no páramo mesetario e templos estremeiros, incluíndo as badaladas da espadana suprema da Xunta de Galiza. Todo iso é un sinal nidio de que a cabalería cabalga na boa dirección, pois é saudada ó seu paso por destemperados ladridos, Desexaría, porén, realizar unha curta excursión analítica polo tripado, maxisterial e por desgraza ignorado, cando non desprezado, territorio da historia para subministrar sementes de reflexión, que iluminen o camiño, presente e futuro, desa interesante proposición. O primeiro fito dunha avinza trinacional foi a Tripla Alianza, selada o 11 de setembro de 1923 en Barcelona durante a Diada, por practicamente tódolos partidos políticos do abano nacionalista das tres nacións, agás a Lliga Catalana: Irmandades da Fala e I.N.G, por Galiza, Acció Catalana, Estat Català e Unió Catalanista, por Cataluña, e PNV e ANV, por Euskal Herria. O pacto apostaba directamente pola independencia e procuraba o recoñecemento internacional da Sociedade de Nacións. O segundo referente, deixando aparcados os proxectos, case anecdóticos, de 1924 e 1925 no exilio galo, foi, durante o bienio reformista da II República, o Pacto de Compostela, asinado o 25 de xullo de 1933, xa coa denominanción de Galeuzca, e os compromisos subsecuentes adquiridos en Barcelona durante a viaxe triangular a primeiros de agosto. A finalidade interna dos acordos era o retorno da República a unha estrutura orixinal de carácter federal e /ou confederal e o obxectivo exterior procuraba o ingreso do bloque galeuzcano in totum no Congreso de Nacionalidades Europeas, creado en 1925. Estaba adscrito á Sección de Minorías Nacionais da Sociedade de Nacións, fundada en 1919 en virtude do Tratado de Versalles, subscrito após da I Guerra Mundial co obxectivo de solucionar os contenciosos entre Estados e nacións sen ter que chegar a un novo episodio bélico. Cataluña xa ingresara en 1926 e Euskadi en 1930. Galiza faríao ao mes seguinte do Galeuzca, o 16 de setembro de 1933, acudindo Plácido Castro, segredario de relacións internacionais do PG, quen presentou un informe elaborado por Vicente Risco. Podemos constatar nesta xeira unha notable diferencia a respecto as actualidade. As tres nacións a altura do outono de 1933 estaban recoñecidas internacionalmente e pertencían a unha sección da Sociedadde de Nacións (1919-1946), que podería considerarse un antecedente da ONU. Esta foi fundada en 1945, despois da II Guerra Mundial, na Conferencia de San Francisco, na que, por certo, intentou participar, coa delegación expresa de Castelao por carta, para presentar o contencioso galeuzcano, sen obter éxito na súa pretensión. Hoxe ningunha das tres nacións está recoñecida pola ONU. A coarta xeira galeuzcana veu determinada polo prolongado exilio durante a longa noite de pedra franquista. Producíronse varios acordos, anteproxectos e propostas galeuzcanas, pero nun contexto xeopolítico desaxeitado, dada a conxuntura bélica internacional primeiro e máis tarde a Guerra Fría, o espallamento das comunidades exiliadas galezcanas e a distancia do Estado español, sometido, ademais, a unha ditadura. Asináronse acordos en Bos Aires, en maio de 1941, en decembro de 1944 en México, e elaboráronse numerosos anteproxectos no trípode xeográfico, Bosaires-Nova Iorque-Londres no bienio 1945-46. So no de México de 1944 participou toda a gama de partidos e sindicatos existentes daquela nas tres nacións. Sen embargo, todos eles contemplaban o dereito de autodeterminacións e os subscritos ou confeccionados durante o bienio 1945-46 desenvolvéronse nun contexto internacional e estatal moi esperanzador. A derrota do nazifascismo e o trunfo dos aliados en 1945, a quen apoiaran os republicanos exiliados, especialmente o PNV, facían presumir que axiña se produciría o derrubamento do réxime franquista e o restabelecemento dunha III República en España. Por conseguinte era preciso configurar un bloque trinacional galeuzcano coa finalidade de instaurar inmediatamente os Estatutos de Autonomía, xa conqueridos ou plebiscitados durante a II República e ir decontado á conformación dunha estrutura confederativa mediante a aplicación do dereito de autodeterminación. Pero as previsións faliron. Os EEUU e principalmente a Gran Bretaña, abandeirada polo ferreño anticomunista Churchill, co inicio da Guerra Fría, decidiron manter a autocracia hispana com o baluarte e vixía de occidente fronte ao avance comunista. O Concordato co Vaticano e o Tratado con EEUU, asinados en 1953, e entrada de España na ONU en 1955 suporían o aval internacional definitivo para a consolidación do satrápico réxime español. Outra vaga de convenios foron asinados a finais da década do 50, mesmamente en 1958-59 en Bos Aires e 1959 en Caracas,. Participaron neles personalidades máis ou menos representativas dalgúns partidos nacionalistas das tres nacións ou persoeiros outsiders radicalizados, que ían por libre ou estaban descontentos da política posibilista dalgúns partidos nacionalistas tradicionales, como foron o galego Xosé Velo Mosquera, o vasco Andima Ibinagabeitia e o catalán Joaquim Juanola Massó, residentes en Venezuela. Os acordos de Bos Aires contiñan unha nidia referencia ao dereito de autodeterminación e o caraqueño de 1959 sustentaba con claridade o camiño cara a independencia. Este contiña, ademais, a intervención duns "grupos de acción", que rematarían coa posterior creación do DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) coa finalidade de loitar contra a dupla ditadura peninsular, a franco salazarista. Algunhas das súa accións máis coñecidas foron a colocación de bombas en edificios oficiais en Madrid, de un artefacto explosivo na estación donostiarra de Amara, que se saldou con unha vítima mortal, falsamente atribuída a ETA, a nena Begoña Urroz, e o famoso secuestro do buque Santa María no Atlántico en xaneiro de 1961. O capelán deste trasatlántico era o daquela sacerdote, Xabier Irigoien, natural de Oiartzun. A comezos do anos 70 o catalán, radicado na Garn Bretaña, Josep Mº Batista i Roca, un dos impulsores de redactores do Galeuzca de 1933, en previsión do próximo final de réxime franquista, enviou en París, ás sedes do goberno vasco e da delegación oficiosa do Consello de Galiza, novas propostas galeuzcanas, que non obtiveron resposta positiva. Desaparecido fisicamente da vida terreal o Perenne, subscribíronse en distintas ocasións algúns acordos parciais partidarios co gallo da participación nos comicios europeos, dadas as dificultades para acadar un escano en virtude da circunscrición única. Pero ese acordos non poden ser considerados pacto galeuzcanos stricto sensu. Un convenio galeuzcano máis amplo foi asinado polo BNG, PNV e CIU na Declaración de Barcelona de 1998, máis tarde rebautizado en 2004 como Galeuscat. A Declaración suscitou unha enorme resonancia, porque coincidiu con unha tregua de ETA e o acordo de Lizarra (Estella). Pero axiña o gozo caeu nun pozo polo empuxe de tirios e troianos e o cambio de tesitura no Estado coa implantación do aznarismo. Ademais, ficaran fóra da declaración importantes forzas políticas dos ámbitos vasco e catalán, como HB e ERC. En definitiva, deste rápido repaso histórico, como magistra vitae, deberían ficar evidentes, ao meu modesto e sempre discutible entender, algunhas conclusións e características que debería reunir a tripla alianza galeuzcana para conseguir a completa eficacia cobizada e desexable: -É que necesario que nela se integren tódalas forzas políticas nacionalistas das tres nacións. -Resulta preciso fuxir de toda vana dispersión e centrar os esforzos nun so obxectivo claro, concreto e conciso: o recoñecemento e exercicio do dereito a decidir, único punto común e aglutinador a incluír en un posible pacto e no que os auténticos nacionalistas deberían concordar. -Obriga ineludible sería abandonar os intereses partidistas a curto prazo, tanto ad intra como ad extra. -Tamén sería conveniente non deixarse influenciar polas críticas e patadas de propios e de adversarios, aínda que sexan insignificantes e afecten so aos nocellos, pois, ás veces, devén en verídico o axioma:" ao chan que veñen os nosos", xunto coa desunión, o peor vicio que pode axexar a un acordo deste cariz. Publicidade
NOS_52564
Pon o ramo a múltiples iniciativas desenvolvidas durante os últimos meses polo Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara.
Ernesto Guevara de la Serna foi asasinado a 9 de outubro de 1967, en Bolivia, nunha operación dirixida pola CIA. O revolucionario arxentino, ícone da revolución cubana, tiña apenas 39 anos. Con motivo do 50 aniversario da súa morte, un Comité Internacional de Conmemoración fixo un chamamento para en todo o planeta se realizaren actos de tributo á memoria e ao legado desta figura referencial das loitas anti-imperialistas. O apelo foi recollido na Galiza por distintas organizacións que deron en constituír un Comité Nacional Galego de Homenaxe ao Che Guevara. A entidade artellou nestes meses diversos eventos, basicamente palestras e debates, visando dar a coñecer os aspectos menos coñecidos da poliédrica personalidade -revolucionario, guerrilleiro, filósofo, poeta, economista- de Guevara. O acto final de tributo ao Che vai ter como palco, esta sexta feira, o Teatro Principal de Compostela (20 horas). O evento será apresentado por Iria Sobrado e contará coas intervencións políticas do consul de Cuba José Antonio Solana e do economista e especialista na obra de Guevara Carlos Tablada. Haberá tamén espazo para a poesía -a cargo de Manolo Pipas e Farruco Sesto- e para a música -coas achegas de Roberto Sobredo, Mini e Mero e Orlis Pineda.
NOS_32112
Esta quinta feira foi posto en liberdade provisional con medidas cautelares e o seu pasaporte quedou retido pola Xustiza.
A Policía Nacional española vén de confirmar a detención esta cuarta feira en Tarragona (Catalunya) do xornalista e blogueiro ucraíno Anatoli Sharii, acusado polo Goberno que preside Volodimir Zelenski de "alta traizón" pola súas posicións favorábeis a Rusia. O anuncio fixérano previamente os Servizos de Seguridade de Ucraína (SBU), cuxas pesquisas a respecto de Sharii remontaríanse ao ano 2021. O xornalista, defendido polo avogado Gonzalo Boye, pasou esta quinta feira a disposición xudicial perante a Audiencia Nacional, que decretou a liberdade provisional con medidas cautelares. No auto, recollido por Europa Press, indícase que Sharii deberá comparecer os días 1 e 15 de cada mes no xulgado máis próximo ao seu lugar de residencia. Aliás, retiróuselle o pasaporte, xa que o xuíz prohibiu que abandone o Estado español. Polonia pide dez anos de prisión para Pablo González, acusado de ser un axente da Intelixencia rusa O SBU argumenta que Anatoli Sharii participou de "actividades contrarias á seguridade nacional de Ucraína" a través do seu labor como xornalista, "actuando ao servizo de intereses estranxeiros". Acúsao, aliás, de promover un "discurso de odio". As autoridades ucraínas afirmaron que farán "todo o posíbel" para que o blogueiro "renda contas" polos seus presuntos delitos. "É outra proba de que os traidores recibirán o seu castigo tarde ou cedo", subliñaron. Sharii advertira da súa posíbel detención esta mesma cuarta feira a través do seu perfil en Twitter: "O conselleiro do ministro de Interior de Ucraína decidiu ameazarme hoxe. Díxome que a Intelixencia ucraína me atoparía en Europa e... [...] O meu único crime é que os descubrín demasiado pouco, ladróns", proseguiu. Esta quinta feira, após ser posto en liberdade provisional, agradeceu o labor do equipo de avogados de Boye e ironizou sobre a súa detención, que a Policía Nacional defendeu que se axustou ao Dereito internacional após demandalo Ucraína: "Expreso o meu agradecemento á Fiscala Xeral de Ucraína, Irina Venediktova. Es a mellor! Non só es fermosa e intelixente, tamén es incríbel. Grazas".
PRAZA_11639
O ente provincial lanza a campaña "Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero", animando a "cambiar as regras" para que as novas xeracións se desenvolvan "de forma igualitaria"
"Os xoguetes e os xogos non teñen xénero, como imaxinar tampouco ten xénero". Deste xeito presentou Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, a campaña 'Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero', unha iniciativa do ente provincial que busca rachar os prexuízos que aínda existen ao redor dalgúns xoguetes e xogos. A Deputación anima a "cambiar as regras" nas compras que se realicen nestas festas para que as novas xeracións se desenvolvan "de forma igualitaria, inclusiva, respectuosa da diversidade e de forma non violenta", como sinalou Silva."Os xoguetes e os xogos non teñen xénero, como imaxinar tampouco ten xénero""Queremos que as nosas nenas e os nosos nenos aprendan xogando, sen prexuízos, e así destruír ese muro no que hai xoguetes para nenos e para nenas en distintos corredores das tendas, hai envoltorios distintos para cada un deles, e onde os xoguetes rosas son só para nenas e o fútbol parece que só é para nenos", dixo Silva.A Deputación subliña a necesidade de traballar en rede entre as institucións, fabricantes e familias para propiciar que as nenas e nenos se eduquen, xoguen e medren sen obstáculos e con total liberdade e en igualdade de condicións. Esta é, ademais, unha das metas fixadas pola Axenda 2030 de Nacións Unidas, que determina como un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) acabar con todas as formas de discriminación existentes e empoderar ás mulleres e ás nenas. "Cando a unha nena lle regalamos bebés, cociñas, vasoiras... e pasa toda a súa infancia con eses elementos, está aprendendo que o seu lugar no mundo é o privado e coidar e manter o fogar"Para Carmela Silva, "hai unha clara irresponsabilidade social en non tomar en serio o que ten que ver co mundo do xogo e do xoguete" e "hai que rachar co muro da desigualdade". A campaña parte da base de que a transmisión dos estereotipos de xénero comeza desde a infancia, onde nenas e nenos verán marcadas "as súas aptitudes e actitudes, en función das características que lles atribuamos a cada un". "Ata os cinco anos as nenas e os nenos soen xogar a todo e soñar con todo. Xa comezan desde os dous anos a visibilizar que non son iguais, pero a partir dos cinco vese con toda claridade que elas xogan a unhas cousas e eles a outras", engadiu a presidenta provincial. "Cando a unha nena lle regalamos bonecas, bebés, cociñas, vasoiras, fregonas e se pasa toda a súa infancia con eses elementos, está aprendendo que o seu lugar no mundo é o privado e coidar e manter o fogar. Cando a un neno lle regalamos escopetas, balóns, instrumentos científicos para investigar, bicicletas moi potentes para correr, estamos dicindo que o seu lugar no mundo é o da forza, a valentía, a decisión e, desde logo, que non se lle ocorra ter nada que ver cos coidados", incidiu."Os xogos e os xoguetes son ferramentas imprescindibles e básicas para a educación como persoas"A campaña, deseñada por Isabel Blanco e Luz Beloso, pon o foco en rachar coa desigualdade. "Xogar é unha actividade universal que debe transcender categorías de xénero", sinalan as súas creadoras. A iniciativa conta cun cartel deseñado para a ocasión e tamén cun vídeo, que anima a "cambiar as regras do xogo", porque "nós, así, non xogamos". Ademais da difusión en medios, a campaña estará presente en mupis e se decorarán con vinilos dous autobuses urbanos en Vigo.Na presentación, Isabel Blanco destacou que "xogar ensínanos a vivir" e subliñou que "os xogos e os xoguetes son ferramentas imprescindibles e básicas para a educación como persoas". "Se non podemos salvar o mundo como fan eles nin derrotar monstros, nin inventar un remedio, se eles son sempre os heroes que constrúen o mundo, as nenas, as mulleres, quedarémonos fóra dese mundo que se está a construír", dixo.
PRAZA_18963
A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Púbica, e que engloba a todalas Asociación Autonómicas, está levando a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o estado español de como mellorar a AP, pilar básico da asistencia sanitaria ás persoas.
A Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública, da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Púbica, e que engloba a todalas Asociación Autonómicas, está levando a cabo unha iniciativa para promover un debate en todo o estado español de como mellorar a AP, pilar básico da asistencia sanitaria ás persoas. Este Manifesto, avalado por múltiples profesionais que traballan neste sector, elaboramos un Documento que, primeiro, a nivel individual e que logo estará aberto a diferentes entidades, asociacións de pacientes, de familiares de pacientes, colexios profesionais, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, veciñais, organizacións profesionais, científicas, etc. e que ten por obxetivo: instar ás autoriadades sanitarias a recoñecer que temos un problema: o desmantelamento sistemático da AP dende fai moitos anos, xunto a falta de inversión. Esta iniciativa, levará a unha segunda fase: poñer solución, entre todxs e por consenso, a este problema de saúde, empezando por unha administración cicateira nos seus orzamentos para o ben máis preciado que temos que é a saúde!No momento actual, non se albisca un paradigma alternativo á AP, pero hai moitas decisións que minan a súa estructura, as súas capacidades e o seu prestixio; por iso pensamos que hai que facer algo. O documento, fai unha análise crítica da situación e propón medidas concretas para lograr unha AP aberta, accesible, equitativa e de calidade, que responda aos problemas e necesidades de saúde da poboación. O obxectivo final é promover unha gran Alianza Social e Sanitaria para evitar o colapso da nosa AP.O informe, pretende suscitar un debate amplo entre xs profesionais, ca esperanza de influir nas políticas públicas.1.- Recuperar o recortado nos últimos anos, incrementando o orzamento ata o 25% do total, así como as plantillas de personal, eliminando as trabas de acceso a probas diagnósticas e terapéuticas. Ofertar Empleo Público Estable e de Calidade ca suficiente periodicidade e dando Estabilidade ás plantillas. 2.- Garantir uns Centros de Saúde abertos, accesibles, próximos a toda a población e sin listas de agarda.3.- Dar prioridade as consultas presenciais, fundamentais para lograr unha eficaz relación profesional/paciente e unha atención de calidade. As consultas telefónicas e telemáticas deberán ter un papel complementario.4.- Incorporar novos profesionais aos equipos de AP (fisioterapia, matronas, saúde mental, logopedia, atención temperá, farmacoloxía clínica…).5.- Incrementar o persoal das áreas de admisión, formalo adecuadamente para mellorar a relación ca comunidade e garantir, en estreito contacto co persoal asistencial, a distribución das demandas de atención nos Centros. 6.- Desmedicalizar e Desburocratizar a AP. 7.- Mellorar a relación co nivel hospitalario, potenciar os Procesos Asistenciais como base da atención de saúde, coordinados desde a A P, incrementando a súa capacidade resolutiva. 8.- Desenrolar a orientación comunitaria nos centros de saúde ca colaboración de Saúde Pública e a consideración dos Determinantes Sociais de Saúde. 9.- Trasformar as Áreas Sanitarias para que se convirtan no espazo para a integración de todalas actuacións e actividades asistenciais. 10. Garantir a participación e empoderamento dxs cidadáns.11.- Promover o nivel de intelixencia da A P potenciando as actividades formativas, docentes e de investigación, con recursos e equipamento propio e suficiente. Esperamos, dende a FADSP que a apertura deste debate, leve á mellora da AP o que significará que seguimos protexendo o ben máis preciado que temos: a saúde!
NOS_25239
Entra para ocupar o cargo que deixa José Francisco Leyte.
A empresaria Sandra Ortega Mera, filla do fundador de Inditex, Amancio Ortega, e da tamén empresaria Rosalía Mera, vén de entrar no Consello de Administración de PharmaMar en substitución de José Francisco Leyte. Ortega Mera entra como nova representante persoa física da sociedade patrimonial Rosp Corunna Participaciones Empresariales, organismo conselleiro dominical da compañía de biotecnoloxía. Ademais, segundo publicou Europa Press, este brazo inversor da empresaria coruñesa dimitiu dunha vogalía da comisión de Auditoría da empresa, manténdose só no consello. A firma é dona dunha participación do 5% en PharmaMar. Coa marcha deste cargo, esa comisión queda conformada por Valentín de Torres-Solanot del Pino como presidente. Ana Palacio Vallelersundi, Carlos Solchaga Catalán e José Féliz Pérez-Orive Carceller seguirán como vogais e Juan Gómez Pulido é secretario non conselleiro. Aliás destas modificacións, o consello aprobou esta sexta feira a modificación do regulamento e un novo texto coa "finalidade de incorporar determinadas recomendacións previstas na reforma do código de Bo Goberno das sociedades cotizadas aprobada pola CNMV o pasado 26 de xuño de 2020". Tamén saíu adiante o cambio de nome da comisión de Nomeamentos e Retribucións, que agora será denominada comisión de Nomeamentos e Retribucións e de Sostenibilidade.
PRAZA_2751
Rematou a vixésimo novena edición do festival compostelań e, despois duns días para dixerir todo o visto, propoñemos un palmarés coa vista posta no trixésimo aniversario.
Rematou xa unha edición de Cineuropa, que sen descoidar un chisco a súa calidade habitual, pareceu transcorrer coa vista posta no próximo ano, cando se celebrará a edición número trinta. Cando xa pasaron uns días para dixerir todo o visto neste 2015 non está de máis facer balance. Ademais dos merecidos e reivindicables premios a Arturo Ripstein e Miguel Gomes, o público co poder que se sabe nun festival tan democrático levou inequivocamente ao cumio (9,53 de nota media) a Frankstein-04155 o documental de Aitor Rei sobre o accidente do Alvia que veu alimentar, aínda máis se cabe, a fame de xustiza e reparación das vítimas e a sociedade. No referido ás películas da sección oficial e internacional, a calidade de moitos dos traballos e a imposibilidade de velos todos xera como sempre conversas acerca de se se vai a estrear segundo que título e laios por non acudir a aquela película das que todos falan tan ben agora. Sen ánimo de profundar na ferida pero si coa intención de continuar o debate propoñemos un palmarés para Cineuropa. Como toda lista de premiados esta tamén é discutible, defendible, fundamentada e/ou inxusta; hai tantas posibilidades como espectadores capaces de determinar a súa. Sendo conscientes das limitacións dun exercicio deste estilo, velaquí un palmarés de Cineuropa, sen máis ambición que a do xogo e co convencemento de que a crítica de cinema, se serve para algo, é para que sigamos falando sobre as imaxes mesmo cando desapareceron da pantalla. Mellor película peninsular Nunha edición onde a produción galega estivo copada por documentais e curtametraxes, son as ficcións doutras latitudes as que se disputan este inexistente pero defendible galardón. A primeira película que poderiamos colocar no podio sería Isla bonita, a pequena e luminosa comedia de Fernando Colomo, un posto por arriba poderiamos atopar a José Luis Guerín con La academia de las musas, un novo exercicio cinematográfico dun director inigualable e maxistral, pero se hai unha película que merece todos os recoñecementos nesta edición, pola súa orixinalidade e ambición, é a triloxía As mil e uma noites do recente Premio Cineuropa Miguel Gomes. Mellor actor Nesta categoría ben poderiamos apostar por actores xa premiados noutros festivais como o excelso Gúnnar Jonsson de Virgin Mountain ou mesmo permitirnos a licenza de recoñecer o novísimo reparto de Le nouveau, con todo é de xustiza destacar a Elmer Bäck en Eisenstein in Guanajuato que realiza unha extravagante, hilarante e festiva interpretación do cineasta ruso Sergei Eisenstein. Mellor actriz Non xeraría moita controversia aquí un ex-aequo ás irmás de Mustang e outras irmás, as de Kore-eda en Our little sister. Pero se nos centramos en actuacións individuais poucas fixeron tantos méritos como a actriz Margherita Buy que en Mia madre de Nanni Moretti interpreta a unha directora de cinema que camiña entre a comedia e o drama demostrando a súa excelencia en todos os rexistros. Mellor fotografía Aqueles que puidesen ver Macbeth de Justin Karzel seguramente destacarán o tratamento radical da súa fotografía para ben ou para mal. Igualmente importante, sobre todo pola influencia que ten na película, é o traballo do director de fotografía Mátyás Erdély na claustrofóbica Son of Saul. Por riba de ambas queremos situar o traballo de Sergio Amstrong en El club, dotando á imaxe dunha personalidade propia como xa fixera en traballos anteriores do director Pablo Larraín. Mellor guión De entre as grandes historias que puidemos ver nesta edición de Cineuropa non podemos deixar de destacar tres delas por diversos motivos. A primeira, Mountains may depart do director chinés Jia Zhangke que estrutura unha historia ambiciosa en tres actos, o último dos cales non pode ser máis arriscado. Outra que merece a nosa atención é Taxi Teherán de Jafar Panahi por radiografiar un país enteiro coas súas contradicións, sorteando a censura e sen apenas baixarse do taxi que el mesmo conduce. A última das películas que neste caso se alzaría co recoñecemento sería Lobster de Giorgios Lanthimos, o salto internacional do valorado director grego onde satiriza sobre a sociedade e a vida en parella sen deixar de exercer a súa característica violencia psicolóxica sobre o espectador. Mellor director Non deixa de ser paradoxal que nun festival que se chama Cineuropa esta edición destaque pola programación de cinema asiático. Reuniuse un auténtico all-star de directores orientais. Sen esquecer aos xaponeses Naomi Kawase e Hirokazu Kore-eda, son outros tres directores os que cremos destacan sobre o resto. O primeiro deles, o tailandés Apichatpong Weerasethakul que non defrauda á súa lexión de seguidores con Cemetery of Splendour, posiblemente o máis accesible dos seus filmes. Outro que é necesario citar é ao taiwanés Hou Hsiao-Hsien pola profundamente bela e inabarcable -para ben e para mal- The Assassin. Pero se hai que quedar con un, e poderíamos ter moitos motivos para facelo, ese é o surcoreano Hong Sang-Soo, que establece un xogo moi estimulante para o espectador na orixinal Right now, Wrong then. Mellor película O máis discutible e persoal dos premios podería recaer nas citadas As mil e uma noites ou Right now, Wrong then pero para ampliar o abano de posibilidades son dous filmes latinoamericanos os que queremos poñer en valor. Un é o documental El botón de nácar do chileno Patricio Guzmán, que do mesmo xeito que fixera no seu anterior traballo Nostalgia de la luz, realiza un maxistral exercicio de memoria histórica e poesía cun resultado absolutamente conmovedor. O outro dos traballos, que levaría o máximo recoñecemento deste ficticio palmarés, é Paulina (La patota) de Santiago Mitre. Este remake dun clásico arxentino non só posúe un pulso e unha narración talentosa senón que ademáis expón un profundo dilema por mor dunha violación e pon sobre a mesa cuestións que transcenden o meramente cinematográfico como a xustiza social e a igualdade.
NOS_15045
Esta é a historia dun rapaz de 20 anos, labrego e sindicalista, que soñaba na primavera galega do 36 cun mundo máis xusto. Que acabou sendo protagonista, sen querelo, de guerras e derrotas, de estadías en campos de internamento e exterminio nos que coñeceu todas as formas do espanto e da degradación humana. Esta é a historia de como sobrevivir ao horror e como sobrelevar a pesada carga do trauma e do pesadelo. Esta é unha dolorosa lección de vida e de dignidade, neste tempo no que as ideas herdeiras daquel fascismo volven percorrer Europa. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza.
Juan Lago Collazo, Juan da Ferreira, veciño de Paredes (Vilaboa), era secretario da Sociedade de Oficios Varios de Vilaboa. Ese foi o delito que lle cambiou a vida, que lle fixo percorrer entre xullo de 1936 e maio de 1945 un tempo de batallas, de derrotas, de fame, de confinamento e exterminio. Unha existencia no límite, habitada por todas as formas non imaxinadas do espanto e da ignominia. Un tempo de soños e ideais que ficaron arrombados máis alá dos arames cando o único desexo, a única verdade, a única misión era sobrevivir, que chegase o día seguinte, asistir a un novo mencer. Nos días finais de xullo prendérono e torturárono para que entregase os libros do sindicato. E pouco despois sobreviviu a unha tentativa de paseo no cemiterio de Ponte Sampaio (Pontevedra). E para seguir vivindo colleu un tren en Redondela para formar parte dun exército que non era o seu, un exército ilexítimo que abandonou para manter a vida e a dignidade. E foi así como sobreviviu ás batallas e ás trincheiras do Ebro e á derrota que veu despois. Levaba con el, prendido na pel, o instinto de supervivencia. Amaba a vida e a liberdade e a xustiza e non ía renunciar, non ía deixar de loitar. Coa forza desa convición, con esa pulsión primaria, superou a intemperie dos campos de refuxiados en que os franceses recluíron os sobreviventes da derrota. E para aferrarse á vida acabou enrolándose como tenente nun dos batallóns auxiliares do exército francés, coa promesa da nacionalidade gala ao final da contenda recén iniciada. Para el era a maneira natural de proseguir a batalla contra o fascismo que comezara nas trincheiras do Ebro. Trasladado á fronte de guerra no norte de Francia, foi feito prisioneiro polos alemáns e conducido o 13 de decembro de 1940 desde Estrasburgo ao campo de concentración de Mauthausen, onde estivo preso durante catro anos e medio, até o 5 de maio de 1945. Para sobrevivir naquel inferno, mudou a súa identidade pola dun compañeiro morto, o cubano Alberto Martínez Sánchez, coa convición de que aqueles documentos eran unha credencial para evitar a deportación a España. Desempeñou todo tipo de tarefas, traballou nas canteiras e como perruqueiro, formou parte do Comité Internacional do Campo e da precaria resistencia que se foi artellando ao longo dos anos. E seguiu aprendendo a sobrevivir, a completar a dieta con restos de comida, a manter a cordura despois da morte de ducias de compañeiros e de presenciar atrocidades inimaxinábeis. A finais do ano 1943 foi trasladado a Ebensee, un kommando ou campo satélite de Mauthausen no que viviu dous anos de extrema dureza e viu morrer centos de compañeiros. [Podes ler a peza íntegra no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_13179
Nas últimas horas producíronse varias noticias no seo da UE que poñen en cuestión os alicerces sobre os que foi erixida, ao tempo que deixan unha raiola de esperanza: en Croacia, a policía está a pintar cruces na cabeza dos migrantes, e en Hungría, a xustiza resolveu contra a segregación escolar dos menores xitanos.
"A Unión fundaméntase nos valores de respecto da dignidade humana, liberdade, democracia, igualdade, Estado de Dereito e respecto dos dereitos humanos, incluídos os dereitos das persoas pertencentes a minorías. Estes valores son comúns aos Estados membros nunha sociedade caracterizada polo pluralismo, a non discriminación, a tolerancia, a xustiza, a solidariedade e a igualdade entre mulleres e homes". Son palabras textuais do artigo 2 do Tratado da UE, que ben podería ser o principal artigo do texto en que se fundamenta o proxecto comunitario (o artigo 1 é unha introdución legalista). Son palabras textuais que nalgúns Estados da UE se perciben como un vago e distante eco. Co primeiro ministro Viktor Orbán ao temón, Hungría leva unha década navegando polos mares da extrema dereita. Especialmente no último lustro, a partir da crise migratoria de 2015, o seu partido, o Fidesz, e o seu Goberno estabeleceron unhas coordenadas de maior radicalización. Viktor Orbán ─"Viktátor" Orbán, para os seus críticos, xogando co seu nome e a palabra húngara para ditador, diktátor─ está embarcado no que el chama a "revolución conservadora", que cuestiona a separación de poderes ao tempo que se apropia da bandeira húngara. Mais son os discursos antiinmigratorio e que abomina do multiculturalismo, co apoio dos medios de comunicación e cunha oposición que aínda está a render contas por erros pasados, os que lle permitiron gañar nestes últimos dez anos tres eleccións lexislativas consecutivas con folgadas maiorías absolutas. En setembro de 2018, o Parlamento Europeo aprobou por unha ampla maioría abrir un procedemento sancionador a Hungría pola súa política migratoria, unha medida que aínda está en proceso ─ao igual que as denuncias contra Polonia polas ameazas á independencia xudicial─. Un Orbán plenipotenciario Sumouse a esa denuncia a realizada pola Eurocámara hai un mes, criticando as medidas excepcionais adoptadas polo Executivo húngaro ─e o polaco─ para facer fronte á pandemia. Orbán, hostil coa UE ─a que acusa, por exemplo, da "invasión de inmigrantes"─, recibiu plenos poderes para gobernar por decreto e por tempo indefinido tras o Parlamento aprobar no 30 de marzo unha lei de emerxencia. O Goberno pode, por exemplo, suspender leis. Ou bloquear a divulgación de informacións contrarias á acción contra o virus, con penas de prisión para os infractores. Mais a singradura populista e autoritaria de Orbán bateu esta semana co farallón da xustiza. O Tribunal Supremo húngaro condenou nas últimas horas autoridades locais e educativas e ordenou o pago de 280.000 euros a familias xitanas vítimas da segregación das súas crianzas. Durante 13 anos, uns 60 nenos e nenas foron escolarizados en clases separadas e prohibíuselles participar nas aulas de natación e de informática, así como nas excursións escolares. A segregación de alumnos por razóns étnicas é ilegal en Hungría, mais está expandida, sobre todo en zonas cunha importante poboación xitana, a minoría máis numerosa do país (7% dos 9,7 millóns de habitantes). Non sentou ben a sentenza no Goberno húngaro, que anunciou unha consulta nacional. A oposición teme que poida abrir a vía a reformas para limitar a independencia da xustiza e a avivar os prexuízos contra a poboación xitana. Cérbero fronteirizo Tamén nas últimas horas se produciu noutro Estado membro da UE un episodio que atenta contra os seus principios fundacionais e contra os dereitos humanos. En Croacia ─Estado que ostenta a presidencia rotatoria do Consello da UE─, a policía está a ser investigada tras ser acusada de rapar e pintar con spray cruces na cabeza de inmigrantes. Varias ONG do país denunciaron a situación nas últimas horas. A organización No Name Kitchen colgou fotografías na conta do Twitter. Os inmigrantes, di, denunciaron que ademais deste acto de humillación ─que é dobre, polo simbolismo de pintar unha cruz en persoas de credo musulmán─, os axentes quedaran con móbiles, diñeiro e zapatos deles antes de devolvelos ilegalmente a Bosnia, desde onde cruzaran a fronteira. ONG como Human Rights Watch levan anos denunciando as políticas migratorias de Croacia, con devolucións "en quente" e maltrato físico por parte das forzas policiais. Precisamente a cuestión migratoria ─máis exactamente, a protección da fronteira exterior comunitaria nos Balcáns─ foi un dos principais temas na axenda croata durante este semestre de presidencia do Consello da UE. Porque malia os seus valores de solidariedade fundacionais, a realpolitik de Bruxelas fai de Croacia un fiel cérbero.
NOS_25061
O público asistente ao Palexpo de Locarno, en Suíza, esta cuarta feira 14 de agosto ás dúas da tarde, será o primeiro en ver Longa noite, o último filme de Eloy Enciso. A obra, unha indagación formalmente rigorosa e emocionalmente dura na memoria histórica, compite no concurso internacional do prestixioso certame polo Leopardo de Ouro. Outras 15 fitas optan a el.
Construída a partir de textos literarios de Ramón de Valenzuela, Max Aub, Jenaro Marinhas del Valle ou Alfonso Sastre, Longa noite relata o regreso á terra dun home escapado despois do 36. Silencios e feridas, ocultacións e certa poética do desarraigo poboan un filme en que a maior parte dos actores e actrices non son profesionais: Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Manuel Pozas, Verónica Quintela, Manuel Pumares, Suso Meilán ou Celsa Araújo. Enciso escolleu para rodar localizacións en Pontevedra e en Lugo. A anterior longametraxe do cineasta de Meira, Arraianos, apoiábase nunha peza dramática de Marinhas del Valle. Tamén se estreara en Locarno, mais na sección paralela Cineastas do presente.
PRAZA_6182
O 7,5% das familias con menores de 18 anos no país atópanse en situación de carencia material grave, segundo un informe presentado polo Goberno, unha situación que afecta sobre todo ao sur da comunidade e ás cidades e as súas áreas metropolitanas.
Uns 18.000 fogares con rapaces menores de 18 anos ao seu cargo sofren carencia material severa en Galicia, segundo recoñece a Xunta baseándose no informe sobre pobreza infantil no país que foi presentado pola directora xeral de Familia, Amparo González. O documento, segundo o Goberno galego, servirá ao Executivo para elaborar unha nova estratexia de inclusión social ata o 2020 no que se inclúan medidas de loita contra esta situación. A carencia material severa supón que unha persoa ten, cando menos, unha das seguintes eivas: non pode ir de vacacións nin tan sequera unha semana ao ano, non pode comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días, non pode manter a vivenda na temperatura axeitada, non pode afrontar gastos imprevistos, tivo atrasos en pagamentos relacionados coa vivenda ou non pode ter coche, teléfono, televisión en cor ou lavadora. O 7,5% das familias con nenos en Galicia teñen carencia material severa A taxa no caso dos fogares sitúase a nivel xeral en Galicia no 4,1% -fronte ao 5,8% no conxunto do Estado e o 9,9% da UE- pero elévase ao 7,45% en canto ás familias con nenos ao seu cargo. As áreas con máis concentración de poboación en risco de carencia son a Costa da Morte, Barbanza-Noia, Caldas-O Salnés e Vigo-Pontevedra sur. En canto á carencia material en global, refírese á persoa que ten carencia polo menos en tres dos seguintes conceptos: non pode ir de vacacións cando menos unha semana ao ano, comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días, manter unha temperatura axeitada na casa, afrontar gastos imprevistos, ter atrasos nos pagos da vivenda principal, non ter coche ou non ter ordenador persoal. Neste caso, en Galicia afecta o 21,12% dos fogares pontevedreses con menores, ao 19,05% dos ourensáns, ao 18,34% dos coruñess e ao 13,18% dos lucenses. O informe da Xunta comeza constatando que no período de crise "intensifícase" o risco de pobreza en Galicia. No entanto, resalta que "a pesar diso, os principais datos sobre risco de exclusión para Galicia son mellores que os do conxunto do Estado e converxen coas medias europeas". Así, fixa a taxa Arope -o principal indicador utilizado no ámbito europeo- no 26,02% para familias con nenos en 2012, fronte ao 23,22 de 2011 (2,8 puntos máis). Este dato, no conxunto do Estado, sobe até o 33,8%, mentres a UE dos 27 está no 28% e baixa ao 25,6% na zona euro. O risco de pobreza infantil "concéntrase nas grandes áreas urbanas", advirte. "O rural está mellor", recoñece a Xunta, que destaca o maior risco de pobreza no sur de Galicia "O rural está mellor", recoñece a Xunta, que sitúa a taxa Arope que fixa a maior proporción de fogares con menores en risco de pobreza no sur de Galicia, nas áreas de Caldas-O Salnés e Pontevedra sur (en Pontevedra), O Carballiño-O Ribeiro e Ourense sur (en Ourense) e Lugo sur. "En Galicia existe unha rede de apoio familiar e veciñal importante e máis intensa que noutras comunidades", asegura o Goberno, que recoñece a necesidade de atender a cronificación da pobreza e situacións de risco nas que poida previrse a transmisión interxeracional. O estudo asegura que en Galicia "hai unha menor desigualdade de ingresos entre os fogares", aínda que asume que a existencia de nenos "supón un foco de desigualdade en relación aos fogares con só persoas adultas". Ademais, é o desemprego a "principal causa" do aumento do risco de pobreza infantil, así como o réxime de vivenda en aluguer un indicador de risco "máis intenso".
NOS_26113
Sons de Breogán é unha plataforma de difusión da música en galego, con tenda online incluída, que acaba de abrir un crowdfunding. Detrás dela atópase Daniel Fiaño, que debulla o proxecto para Nós Diario, confesando a idea de que máis adiante rematen por se constituír en asociación cultural.
Sons de Breogán naceu como un traballo de fin de grao. Como evolucionou? Xurdiu dunha idea de dúas estudantes de Comunicación Audiovisual que querían facer algo diferente. Como ambas apoiamos a música galega, lanzámonos con Sons de Breogán. Nun principio comezamos con varios programas de radio online, para os que contamos coa colaboración de Cuac FM, nos que faciamos un repaso da actualidade musical, comentabamos a axenda, tiñamos un espazo para música de fóra da Galiza... O principal contido era unha entrevista, para a que contamos con grupos como Ezetaerre ou Trapallada. Estes podcasts estaban acompañados na web de entrevistas audiovisuais a grupos como Dakidarria, Samarúas ou Skandalo Gz, para as que visitamos o festival Ourenrock, o Elviña Sons e os locais de ensaio da Coruña. Outros contidos da web eran artigos sobre novas ou recomendacións de eventos, a axenda e unha base de datos de grupos e artistas. Tamén organizamos unha festa no CSO A Insumisa con concertos de Ezetaerre, Ponxa Intenso e Samu Acaracán. Tras a defensa do traballo, unha das promotoras deixou o proxecto e, despois dun descanso, redefiniuse como iniciativa de autoemprego. Comezamos a prestar servizos ao sector, desde audiovisual a merchandising. Con todo, continuamos igualmente a dar difusión á música galega e comezamos a realizar eventos. Cales son as principais liñas de traballo? A difusión da música galega, que queremos potenciar con máis artigos —e quen sabe se voltando aos nosos inicios na radio. Para isto gustaríanos contar cunha redactora contratada, á que destinaremos a maior parte do recadado na campaña de micromecenado que temos aberta. Outras liñas son a nosa tenda online, que potenciaremos con novidades, a prestación de servizos e a realización de eventos. Como o festival que están a organizar na Malatesta? Si, será o vindeiro 13 de marzo na Sala Malatesta de Compostela e contaremos con Rebeliom do Inframundo, Cuarta Xusta e Samu Acaracán e Os Tintafemia. Esperamos poder dar unha sorpresa incorporando algunha artista máis. Como describirían a actualidade da música galega? Como todo o panorama musical, o galego está nun proceso de cambio e adaptación. Temos por seguro que isto non vai deixar de lado os ideais da música galega, de loita pola cultura e pola igualdade, con referentes coma Sés, Nao (aínda que se despedisen) e outras bandas ou artistas que levan menos tempo, como Pauliña ou Grilo.
NOS_10270
Impón unha taxa @s utentes que posúan plantas para o autoabastecemento enerxético das súas moradas, empresas ou explotacións gandeiras. A medida elevará o custo da electricidade autoxerida un 27% máis que a fornecida pola rede xeral
Así o anunciou o ministro español de Industria após a xuntanza semanal do Consello de Ministr@s decorrida a pasada sexta feira. A través do Decreto sobre o autoconsumo enerxético o executivo de Mariano Rajoy imporá unha 'peaxe de respaldo' coa que gravará a enerxía eléctrica producida en plantas autoxestionadas e a través de enerxías renovábeis. A medida encarecerá a enerxía autoxerida nun 27% fronte á das compañías eléctricas Desta maneira, a factura eléctrica incrementarase até nun 27% en relación coa electricidade fornecida a través da rede xeral empregada polas compañías eléctricas. O Goberno español argüe que mesmo esta modalidade conecta @s utentes co sistema eléctrico e, polo tanto, gozan do respaldo que este ofrece mesmo "cando estea consumindo electricidade producida pola súa instalación" autoxerida. A medida permitirá ao executivo español controlar a diminución e incremento desta nova peaxe en función da evolución do mercado. Asemade, prevé frear o "descontrol" na implantación deste modelo de produción eléctrica que --ao entender do oligopolio enerxético-- podería "colapsar o sistema". O Decreto sobre autoconsumo enerxético favorece os intereses das 5 compañías que controlan o 80% do suministro eléctrico no Estado español Co Decreto sobre autoconsumo enerxético, o Ministerio de Industria comprace --máis unha vez-- os intereses das 5 grandes empresas (Endesa, Iberdrola, Gas Natural, Fenosa e E.On) que controlan o 80% da electricidade xerada no Estado español. Para rexistrar as plantas de autoconsumo, o executivo obrigará @s utentes a se inscribiren nunha listaxe habilitada após a aprobación do novo decreto. De non se rexistraren, @s consumidor@s poderían afrontar cortes no suministro eléctrico e mesmo sancións que poderían chegar aos 30 millóns de euros. A nova norma, impedirá que as plantas autoxeridas vendan --como viñan facendo-- o excedente á rede eléctrica para logo recuperala cando a precisen. O anteproxecto presentado polo Ministerio de Industria estabelece que ese vertido "non poderá levar aparellada unha contrapestación económica". Pequenas empresas e explotacións gandeiras optaran por este modelo eléctrico para abaratar custos A nova taxa, súmase á suba da factura prevista para o mes de agosto e que incrementará máis dun 3% o prezo da luz. Aliás, supón unha contradición coas políticas desenvolvidas na maior parte dos Estados membros da UE, cuxos gobernos pulan e mesmo incentivan a implantación do autoconsumo eléctrico e as enerxías renovábeis.
NOS_39038
O presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, anunciou que se declara o estado de alarma a partir deste sábado.
O estado de alarma será declarado polo Goberno estatal este sábado mediante un decreto acordado polo Consello de Ministras por un prazo máximo de 15 días, dando conta ao Congreso das Deputadas. No caso de precisar unha prórroga, o deberá haber unha votación na Cámara baixa en Madrid. Así o recolle o artigo 116 da Constitución do Estado. Neste caso, o estado de alarma é decretado por mor da "crise sanitaria", un suposto dos que se recollen na Constitución, cando se propagan epidemias, pandemias ou situacións de contaminación. As condicións que se dan nun estado de alarma están reguladas pola Lei Orgánica 4/1981. Unha situación só prevista en "circunstancias extraordinarias" nas que resulte "imposíbel o mantemento da normalidade", como sucede agora coa enfermidade provocada polo coronavirus, a COVID-19. Cando este sábado entre en vigor o estado de alarma en todo o Estado os dereitos fundamentais da cidadanía non van sofrer ningunha alteración, pois só implica algunhas limitacións temporais en aspectos como a circulación de vehículos e persoas, o requiso de bens temporalmente, a posibilidade de intervir en industrias ou fábricas, ou o estabelecemento de límites ao emprego de servizos ou consumo de artigos de primeira necesidade. En crises sanitarias a lei especifica que o Executivo estatal poderá adoptar todas as normas estabelecidas para a loita contra enfermidades infecciosas, como está a suceder con este virus. De aí as peticións de "illamento social" por parte das Administracións para toda a cidadanía. No artigo 116.6 da Constitución do Estado se estabelece que non se modificará o "principio de responsabilidade" do Goberno estatal e dos seus axentes coa declaración do estado de alarma. Polo tanto, o estado de alarma pode implicar estes escenarios: -Limitación da circulación ou permanencia de persoas ou vehículos a horas e lugares determinados. -Poderanse requisar temporalmente todo tipo de bens e impoñer prestacións persoais obrigatorias. -Poderase intervir e ocupar temporalmente industrias, talleres, explotacións ou calquera outro local dando conta aos Ministerios interesados. -Pódese limitar ou racionar o uso de servizos ou o consumo de bens de primeira necesidade. -Pódense impartir ordes necesarias para asegurar o abastecemento dos mercados e o funcionamento dos servizos e dos centros de produción afectados. E pode haber sancións por incumprimento dunha norma? Si. Incumprir ou resistirse ás ordes aplicadas polo estado de alarma supón unha sanción como está recollido nas leis vixentes. Se fose unha funcionaria a persoas que incumprise unha norma, podería ser suspendida de inmediato do exercicio dos seus cargos. Asemade, como consecuencia da aplicación dos actos e disposicións adoptadas durante a vixencia do estado de alarma, a lei recolle que quen sofra na súa persoa, dereitos ou bens prexuízos por actos que non lles sexan imputábeis, terá dereito a ser indemnizada de acordo co disposto nas leis. Esta é a segunda vez que se declara o estado de alarma no Estado, a primeira foi no ano 2010, co Goberno do socialista José Luis Rodríguez Zapatero, debido á crise provocada pola folga de controladores aéreos.
NOS_45940
A última hora da quinta feira os ministros de Economía e Finanzas da eurozona chegaban a un acordo para mobilizaren 540.000 millóns de euros en empréstitos e para pór en marcha a medio prazo un plan de impulso da economía. Porén, decidiron aparcar os eurobonos.
Non haberá eurobonos. A petición do Estado español, Italia ou Francia decaeu do acordo ao que chegaron na noite da quinta feira os ministros de Economía e Finanzas da eurozona, que deron luz verde a mobilizar 540.000 millóns de euros en empréstitos após días de negociacións frustradas. En virtude do acordo, o fondo europeo de rescates outorgará até 240.000 millóns en liñas de crédito aos Estados membros (cada país que recorra a el obterá un empréstito equivalente ao 2% do seu PIB, co cal o Estado español podería utilizar uns 25.000 millóns); o Banco Europeo mobilizará 200.000 millóns e o fondo contra o desemprego porá a disposición dos Gobernos outros 100.000 millóns. O Eurogrupo logrou este pacto sobre a base dun documento previo pactado entre Francia, Alemaña, o Estado español, Italia e os Países Baixos. O texto acordado estabelece como requirimento para acceder aos fondos que se destinen a financiar custos sanitarios relacionados co coronavirus. Non se fai mención ningunha á emisión da débeda conxunta que reclamaban o Estado español, Francia e Italia. A vicepresidenta de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Estado español, Nadia Calviño, asegurou acoller "con satisfacción" o "bon acordo" alcanzado para mobilizar ese medio billón de euros. Porén, advertiu de que o Goberno español seguirá traballando para conseguir un mecanismo de mutualización da débeda, o que se coñece como eurobonos ou coronabonos.
NOS_31080
O 'Manifesto 25N' reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, desde a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller. A idea xurdiu a partir dunha iniciativa singular, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba, que traballa en Cospeito. 'Nós Diario' fala coa súa actual presidenta, Montserrat González Álvarez, desta particular iniciativa e da entidade que a levou a cabo, formada por escritoras e escritores que loitan por conservar e espallar o patrimonio e a cultura tomando como eixe emblemático a fortaleza símbolo da resistencia da nobreza galega.
Cando inicia a súa andaina a asociación Caldaloba? Como asociación sen ánimo de lucro nacemos en novembro de 2019. A nosa misión principal é a preservación da historia e a memoria da torre de Caldaloba, aínda que o ámbito de actuación esténdese a toda a comarca. A nosa idea é realizar actividades multidisciplinares en espazos variados co afán de conservar e promover o noso patrimonio artístico cultural sexa a nivel musical, literario, arqueolóxico ou de pintura. Que é o 'Manifesto 25N'? É o noso primeiro proxecto. Pensámolo en novembro de 2020 mais non chegamos a tempo de telo para o 8 de marzo. Procura remover consciencias ao redor da situación de desigualdade a nivel laboral e a nivel económico xunto coa lacra do maltrato. Queremos que as institucións tomen consciencia de realidades que moitas veces rematan en traxedia, que se decaten de que o que estiveron facendo até agora ou non serve. Hai unha educación machista con moito pouso de antes, mesmo vemos como hai denuncias que se retiran, hai medo. Que cada suceso non quede nunha nota de prensa. Penetraría na sociedade mais como son tan repetitivos non queremos que o vexa como algo normal cando non o é. Ademais da violencia contra a muller hai violencia infantil nas familias por sufrir directamente o maltrato. Esta situación en realidade é unha pandemia. Casos como o de Rocío Carrasco chega a moitos fogares e serve para que outras mulleres anónimas se decaten e teñan forza para erguer a voz para denunciar. O libro nace xusto cando hai ese debate intenso a nivel social. Como se materializou esta publicación? Fixemos unha convocatoria que foi anónima, non a modo de concurso como se fai noutros casos, e chegaron poemas e debuxos. A proposta tiña unha temática única, era para traballos que estivesen relacionados coa violencia de xénero. A resposta final foi moi positiva e recibimos moitos máis dos que pensabamos. A primeira idea que tivemos era facer unha selección de 25 para publicar, por ese motivo o nome do libro. O resultado foi que ao final engadimos 5 máis no volume que agora temos á venda nas librarías de todo o país. O libro coincide coa idea de que a literatura e a arte seguen comprometidas coa realidade? Desde logo. Comprobeino en moitas ocasións. Traballando nun programa de radio sobre poesía en Lugo vin como as e os escritores, a poesía galega actual, está comprometida sempre co momento social no que vive. Temos que rexeitar a idea de que son intimistas por natureza e só tratan os temas universais da poesía como o amor, o desamor, a soidade, a morte ou a familia. Lembro que cando foi a vaga de incendios forestais moitas e moitos poetas trataron o tema nas súas obras. Tamén entran en política con todos os recursos para non mencionar a quen non se quere mencionar. Falan das desigualdades, a pobreza, a pandemia... Outro caso semellante foi un certame de narrativa que tivo lugar en Lugo e a maior parte dos traballos presentados trataban sobre a pandemia da Covid-19. Para min o poeta é un xornalista que narra en verso. Emprega os seus recursos estilísticos mais non está allea nin alleo aos problemas sociais. Tamén é certo que se nutre deles para chegar á xente. Os poemas de amor e desamor nunca caducarán, son temas universais mais os temas sociais están sempre presentes.
NOS_11807
Acadou case 3 de cada 10 votos emitidos; seteiro rozou o 20%; gromo fíxose con pouco máis do 17%; pandemia chegou ao 15%; e máscara e vacina sumaron, cada unha delas, pouco máis do 10% dos votos.
Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. A voz gañadora vén da man celebración do centenario da xeración Nós, "e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: vacina". Seteiro, en referencia ao grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina), foi a segunda palabra máis votada tras resultar unha das seis finalistas pouco despois de que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións. Os outros catro termos finalistas teñen, de feito, que ver con esta realidade e quedaron nas seguintes posicións: gromo, na acepción que incorporou o dicionario da RAG neste 2020, a referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, acadou o terceiro posto; pandemia foi a cuarta palabra máis votada; máscara, a protección que deu o salto dos quirófanos á rúa, ocupa o quinto posto; e vacina, a grande esperanza que fixo máis levadío este annus horribilis e que comezou a subministrarse onte mesmo en Galicia, fica no sexto. Os votos estiveron, iso si, máis repartidos ca noutras ocasións. Nós acadou case 3 de cada 10 votos emitidos; seteiro rozou o 20%; gromo fíxose con pouco máis do 17%; pandemia chegou ao 15%; e máscara e vacina sumaron, cada unha delas, pouco máis do 10% dos votos. A palabra gañadora é tamén a voz que designa a publicación aparecida en outubro de 1920, que lle daría igualmente nome ao grupo galeguista organizado arredor dela. En palabras do profesor Ricardo Carvalho Calero, os integrantes da xeración Nós europeizaron a cultura galega e déronlle á nosa prosa "un pulo nunca visto nos tempos modernos". O protagonista das Letras Galegas 2020 dedicoulles un capítulo enteiro aos seus principais membros na súa Historia da literatura galega, onde explica que a orixe desta denominación está no álbum Nós de Castelao, director artístico da revista. E Nós é tamén a palabra que bautiza o diario en galego que botou a andar este 2020.
NOS_4414
Quique Costas, voceiro do colectivo, redixiu por correo-e unha misiva ao grupo parlamentar do PP na que demanda explicacións polo rexeitamente dunha iniciativa encamiñada a garantir o acceso ao tratamento d@s doentes.
Após tombar o PP unha moción presentada polos grupos parlamentares do BNG e AGE na que instaban a Xunta e o goberno español a "garantir o acceso a novas terapias para os doentes de hepatite C", a plataforma de afectad@s dirixiuse através do seu voceiro, Enrique Costas @s deputad@s do Partido Popular que votaron en contra. Nunha carta remitida por correo electrónico ao grupo parlamentar, o colectivo de doentes solicítalles unha "explicación" pola súa "conduta" ao considerar que "o seu voto semella máis un asañamento ou unha vinganza" en troca dunha "decisión consciente ou meditada". "O feito de ter votado en contra, sen ternos feito ningunha proposta de modificación do redactado aparenta unha especie de manobra traizoeira e deliberada", denuncian "Acudimos ao Parlamento hai algo máis dun mes", relata Costas en referencia á xuntanza mantida con todas as forzas parlamentares, crendo que "o Parlamento mantiña a función coa que esa institución naceu hai séculos: a defensa da cidadanía contra o poder", afirman. Porén, continúa, "atónitos asistimos ao terríbel e cruel espectáculo de ver como a maioría da cámara (vostede e as persoas da súa bancada) votaban contra unha proposición que parecía do máis elemental sentido humanitario (até común diría eu)", recolle a misiva. "O feito de ter votado en contra, sen ternos feito ningunha proposta de modificación do redactado aparenta unha especie de manobra traizoeira e deliberada", denuncian desde a Plataforma de Afectad@s pola Hepatite C. Neste senso, solicitan lles sexan explicadas as razóns polas que rexeitaron a proposta. "Podería Vostede explicarnos que parte, palabra, xiro ou expresión do texto o moveu a premer un botón que nos fixo tanto dano?", din.
NOS_30036
A Kathleen March (Rochester, Nova York, 1949) debésenlle algunhas abordaxes pioneiras sobre a obra de Rosalía de Castro. Ao respecto, esta catedrática de Linguas Modernas na Universidade de Maine confésase seguidora das teses de Francisco Rodríguez e María Pilar García Negro. "A súa maneira de falar de Rosalía como feminista e nacionalista impactou en min", lembra. Atada a Galiza e á súa cultura desde que nos Estados Unidos recibiu clases dun profesor galego, March foi, entre 1982 e 1985, a primeira presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Eis un extracto da conversa publicada no Sermos Galiza 287.
A súa estancia en Galiza coincidiu co Día de Rosalía de Castro. Nota mudanzas no impacto social da figura da poeta? Non sei exactamente, porque non vexo a televisión. Mais a xente amiga paréceme que se vai agrupando, festexan, celebran, participan en actos. E non sei se había tantos antes. Desde a Fundación Rosalía de Castro, a AELG, e un pouco a Mesa pola Normalización. E o Caldo de Gloria, que non sei se é novo ou non. Penso que si. Logo a libraría Lila de Lilith [en Santiago de Compostela], A Sega [asociación de crítica literaria feminista] fixo tamén un evento íntimo e curioso. Penso que si, que o impacto medrou. Non só no senso de Rosalía, senón no vínculo coa literatura galega, a lingua galega e a literatura de mulleres. É cousa do xénero, da nación, da lingua. Digo que si porque son optimista e son estranxeira. Os galegos, as galegas poderían se cadra dicir outra cousa. E a maneira en que se percibe transformouse? A Rosalía choromiqueira quedou moi atrás. Penso que desde o congreso do ano 1986 [refírese ao Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo] quedou atrás para case todo o mundo. Felizmente. Para os estranxeiros, para os de fóra, para os non coñecedores, non o sei. Mais os de aquí xa non falan diso. Rosalía xa é outra figura. Sei que existen moitas imaxes dela. Antes unicamente había as fotografías da casa museo de Padrón. Agora hai imaxes modernas, e nos congresos imos vendo máis traballos, xente que traballa arreo na súa figura. Como María Pilar García Negro ou Francisco Rodríguez e outra xente. Nos últimos anos houbo algunha lectura ou investigación sobre a escritora que chamase a súa atención? A maneira de Rodríguez e García Negro de falar de Rosalía como feminista e nacionalista sempre tivo impacto en min. Admito as teses deles. As ideas de Rosalía eran moi pro Galiza, pro lingua galega. Antes dicíase que escribía un galego con castrapo, pero Rosalía estaba a facer unha lingua, a construíla. Era lóxico que metese na lingua escrita as palabras que meteu. Non se lle pode esixir que sexa como unha persoa de hoxe. Eu non o sei porque non estou nun instituto, non falo con nenos nin con mestras, pero Rosalía ten outra imaxe hoxe. [Podes ler a entrevista íntegra no número 287 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_5476
Desde a súa progresiva reapertura en xuño tras o confinamento, as salas de cinema pasaron por distintos niveis de restricións, sobre todo no que atinxe á capacidade. As pequenas parecen ser as que están a resistir "mellor", mais non sen trabas. A chave: modelos de proximidade e programación menos dependentes das grandes estreas. Varias persoas responsábeis dalgúns destes proxectos explican a Sermos Galiza as dificultades que están a atopar e as perspectivas de cara a 2021.
O 6 de xuño comezaban a abrir timidamente os cinemas na Galiza, após tres meses fechados. Logo, setembro aterraba como un dos meses con maior concentración de festivais de audiovisual no país, entre as citas habituais e aquelas que buscaban acubillo en novas datas despois de seren adiadas, renegociando distintos formatos que conxugaban presencialidade e virtualidade. Con limitacións á capacidade que foron variando, a segunda vaga do coronavirus trouxo tamén unha polémica e moi criticada redución a 30 prazas como máximo nos espazos culturais, independentemente do seu tamaño, modificada a semana pasada. Neste contexto, moitas salas de cinema botaban o feche. Curiosamente, as pequenas, lonxe de tirar proveito da situación, parecían capear mellor a treboada. Polo menos até agora. Por que? Restrición de capacidade As salas de cinema, de maior ou menor dimensión, tiveron que adaptarse á situación de pandemia coa instauración dos protocolos que hoxe rexen en case todas as dimensións da vida: hixiene de mans, distancia de seguridade, evitar aglomeracións de entrada e saída, desinfeccións entre sesións, adecuada ventilación... Isto obrigaría nalgúns casos a facer certo investimento, por exemplo, en axeitar mecanismos para a renovación do aire. Foi o caso de Duplex, en Ferrol, que cambiou os filtros no mes de xuño, antes do retorno tras o dilatado período do confinamento. A isto sumaríanse "todos os produtos de hixiene, deseñar os sinais e un plan de comunicación específico", conta o director e programador, Ramiro Ledo, sumando por volta de 5.000 euros. Noutros casos, a adaptación ás medidas pasa por unha volta a costumes perdidas. "Estamos recuperando a figura do acomodador, que son eu", conta Luis Rivadulla. Nos Minicines Central da Estrada xa non dan entradas físicas, procurando evitar o intercambio de materiais, e é o dono quen se ocupa de levar as asistentes ás súas localidades. Tamén tiveron que adaptar o local cun baño a maiores, para telo dispoñíbel mentres proceden á desinfección do outro. Todo isto permite configurar os espazos de exhibición cinematográfica "como un dos máis seguros", asegura Rivadulla. "A xente está quieta, sen falar, coa máscara posta...", enumera, en referencia ao baixo risco que a actividade comporta. De feito, non se rexistrou ningún contaxio nestes lugares. "Cunha pequena concienciación e a asunción de nsabilidades por parte da Administración de defender determinado tipo de modelo de exhibición, as independentes son salas máis facilmente recuperábeis", opina Ledo Para algunhas salas non implicou grandes cambios. É o caso que refire Ana Belén Carballo nos cines Seixo, en Marín, un "negocio familiar" que subsiste por vocación. A sala máis antiga do territorio galego, fundada en 1943, foi, casualmente, a primeira en reabrir tras o longo impasse. Ocorría nos últimos momentos da fase 2, o 6 de xuño, coa capacidade limitada a un terzo, que axiña se incrementou á metade ao pasar a semana seguinte á fase 3. Ao pouco foron as salas independentes e outras pequenas de vilas, mentres as instaladas nos centros comerciais demoraron máis. Unha das restricións que máis está a repercutir no sector, aínda que non a única, ten a ver coas capacidades dos espazos. As limitacións neste aspecto pasaron por distintos estadios, se ben o máis criticado foi a redución a 30 persoas vixente durante máis dun mes, independentemente do tamaño das salas, que coa entrada en vigor das novas medidas a semana pasada se viu modificada, como se demandaba desde hai tempo -tamén noutras áreas do sector cultural- a un tanto por cento do total, que quedou fixado en toda a Galiza a un terzo, co límite de 250 persoas en concellos coas medidas máis duras e 500 coas máis laxas. E igual foi peor o remedio que a enfermidade. Nalgúns casos, a nova norma é máis restritiva que a anterior. O cinema Codex, en Lugo, funciona agora mesmo con só 18 butacas operativas nun espazo de 74 e 29 noutro de 144. Aínda que de momento permanece aberto, Eloi Caldeiro, o seu promotor, sinala o pouco sustentábel deste corte, que fai ademais difícil atopar o equilibrio na programación: acontece con facilidade que "no filme da pequena queda xente fóra e no da grande sobran prazas". Numax, en Compostela, pasou a ter a súa única sala, con 70 butacas, a 20, co que non chega a 30% da capacidade. A situación repítese ao longo dos locais, dependendo das características. Para as salas de menos de 150 butacas, esta actualización da norma obriga a traballar con entre 82% e 65% de redución, resume Ledo, un dato que non se dera nin nos momentos máis críticos. Carballo conta que a afluencia de público está a ser tan baixa, por volta de 15 persoas nunha única sala preparada para acoller 200, que non nota especialmente as mudanzas nas restricións. Porén, os tres cinemas independentes (Duplex, Codex e Numax) si que están a notalo. Segundo conta Caldeiro, xa remitiron por medio da rede Promio na que están inseridos un escrito á Consellaría de Sanidade e á Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) no que piden que as medidas se adapten e, cando menos no caso de salas tan pequenas, volvan ás 30 persoas anteriores. "Cos protocolos actuais, nunha fila de 6 butacas só poden sentar dúas persoas non conviventes", retrata Caldeiro, en referencia á introdución da obrigatoriedade de distanciar 1,5 metros cada unha das persoas asistentes que introduciu a última modificación do Diario Oficial da Galiza. "Isto contradí as recomendacións estatais, que estabelecen un asento libre a cada lado de non conviventes en espazos con butacas fixa", apunta Ledo. Con independencia da adopción desa demandada porcentaxe, que finalmente semella máis prexudicial, o certo é que abrir para un público tan reducido continúa a ser un reto. "É o mesmo pór unha película para unha persoa que para 100", resume Rivadulla, aludindo aos gastos fixos dunha sesión. Ledo concorda nese custo invariábel, ao que se suman outros impedimentos. Coloca o exemplo da limitación de mobilidade nocturna fixada ás 23 horas, pois para "os cinemas de proximidade implica reducir unha sesión por día en cada sala". Isto pode supor entre 25% e 30% menos das posibilidades de asistencia, dado que se traballa con tres ou catro pases ao día. En Codex tamén tiveron que quitar sesións, das seis que viñan facendo andan agora polas catro. "A partir das 22.15 horas non pode rematar o filme, se non co toque de recoller é inviábel", argumenta Caldeiro. "Igual que houbo medidas compensatorias co investimento [a través do do ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais) ou do Igape (Instituto Galego de Promoción da Economía], faltan medidas compensatorias para estas restricións", di Ledo. As pequenas resisten Con todo, até o momento as salas pequenas eran as que estaban logrando manter, non sen as súas dificultades, mellor o funcionamento. "Sofren máis situadas en grandes áreas comerciais, das que eran o motor principal de atracción", di Rivadulla que, aínda así, opina que "se fallan, para os pequenos non vai haber películas". Isto non só ten a ver coas restricións de capacidade, senón que outros factores son mesmo máis determinantes. Ledo sinala o tipo de programación: "Nós traballamos con filmes distribuídos por grandes estudios, pero tamén con moitas distribuidoras independentes e de moitas nacionalidades". E é que o principal problema é de "subministración de produto, por dicilo dalgún modo", engade. Rivadulla tamén pon aquí o foco, explicando que a parálise do mercado norteamericamericano afecta con máis forza os espazos nos que a programación se asenta basicamente sobre esas estreas. "Cos cinemas fechados nos Estados Unidos de América, as grandes produtoras prefiren agardar a que as contas lles vaian ben na casa e non facer unha campaña específica para outros territorios, polo que non están chegando eses grandes títulos que lles permiten sobrevivir ás grandes salas", indica. Porén, "os máis pequenos non precisamos tanto iso, podes aguantar con filmes máis pequenos. Nós estamos proxectando moito galego", asegura Rivadulla. Mais esta é unha aposta que xa viña de antes, froito da teima do dono dos Minicines Central da Estrada polo cinema do país como, nos últimos meses, Lúa Vermella ou A illa das mentiras, e tamén o de autor. "As grandes salas non poñen un filme deses nin de coña", comenta. Un compromiso que reiteran as salas independentes. "Non pode ser que só se bote pola TVG ás dúas da mañá un filme que ten subvención de agadic", denuncia rivadulla Ledo apoia que son as salas dos centros comerciais as que están sufrindo máis nestes momentos, pois "fan unha programación menos activa e máis dependente das sinerxías das grandes estreas". Así, baséanse neses catro ou cinco títulos que adoitan encabezar cada semana as listas de recadación. Sen xulgar mellor ou peor este modelo, o que fora un dos socios fundadores de Numax apunta que a dependencia "do que se decida nun despacho de Los Angeles" crea hoxe "un problema de falta de produto para este tipo de espazos". Se a baixada de asistencia comparada co ano pasado é de 80% aproximadamente para os espazos maiores, Ledo apunta que no seu caso rolda o 50%, polo que aínda que ningún é sustentábel, o impacto resulta bastante menor. "Cunha pequena concienciación e a asunción de responsabilidades por parte da Administración de defender determinado tipo de modelo de exhibición, as independentes son salas máis facilmente recuperábeis", opina. A baixada é pois importante e fai inviábel un proxecto sen medidas compensatorias dalgún tipo, mais non é unha cifra tan mala considerando precisamente as restricións de capacidade (até a semana pasada de 30 persoas, actualmente dun terzo, ou menos na práctica) e unha sesión menos. A programación Cada cinema segue a súa propia fórmula. Na Estrada están programando moito para a cativada, sen descoidar o público adulto. Cos catro títulos en carteleira procuran cubrir todas as franxas de idade, aínda que, segundo apunta Rivadulla, "os adolescentes non sei onde andan metidos". O dono dos Minicines di que van "tirando como podemos", reducindo algúns gastos con menos sesións. Con 150 espectadores terían para cubrir, aínda que, segundo explica, depende tamén do prezo do filme: con Tenet (Christopher Nolan), un dos últimos taquillazos, malia pasar catro semanas en cartel apenas gañaron 30 euros, recoñece Rivadulla. Segundo conta Caldeiro, a ausencia de estreas está obrigando a ilas dosificando para ter algunha todas as semanas. A chegada de Ons (Alfonso Zarauza) ás salas o próximo 18 de decembro contaba con ser un dos puntos fortes do Nadal en Codex. "Estamos facendo un esforzo moi grande para poder estar abertos, atraer a xente, manter programación, facer eventos con convidados... nun escenario no que temos todo en contra", asegura Ledo. Un 2021 máis incerto A subministración de filmes non acusa aínda moito problema para as salas que traballan con cinema europeo ou estatal. "Poderá ser máis complicado en 2021", comenta Ledo, "porque hai que ter en conta que este ano houbo moitas paradas nas rodaxes e producións, os festivais traballaron dunha maneira moi pouco habitual -non se fixeron ou foron online- e isto afecta moito as campañas de promoción". Cannes, por exemplo, non tivo lugar, só se desenvolveu o mercado. Moitos filmes perderon ese foco de atención que supón o festival. Ons estaba preseleccionada para a Quincena dos Realizadores, segundo contaba Zarauza en Sermos Galiza, e foi un duro golpe que finalmente non tivese lugar, estreándose ao cabo en Sevilla. Outro filme galego, A illa das mentiras, de Paula Cons, apostou noutra das fórmulas que están a ser máis recorridas nestes tempos de pandemia, unha estrea virtual a través de Filmin, unha das plataformas máis prestixiosas da sétima arte a nivel estatal. E fíxoo cuns datos moi bos, que a converteron na fin de semana do lanzamento no contido máis visualizado dun espazo que, por certo, se está a transformar en complementario a moitos festivais. Se cadra os modelos están cambiando, pero o obxectivo, declaraba a propia Cons, seguía a ser chegar ás salas. O presencial era tamén fundamental para Ignacio Vilar, que tivo que adiar a estrea de María Solinha prevista para maio e finalmente optou por unha fórmula inédita de proximididade que inverteu o habitual proceso de distribución. En troques de comezar polas salas, o filme xirou por máis de 100 concellos galegos -e máis alá- en proxeccións ao ar libre ou autocine. "O maior período de incerteza ábrese a partir do 1 de xaneiro", manifesta Ledo, referíndose tamén a medidas de apoio que lles permitiron acabar o ano, pendente de ver que acontece con elas no próximo. A piques de fechar o exercicio de 2020, Codex rexistra unha baixada de 70% en relación a 2019, en todo o volume de negocio, que comprende moito máis que o cinema. E iso grazas á forza que a estrea de O que arde tivo en Lugo, con moita asistencia de concellos da zona, destaca o xestor. Pero nin iso logra manter un nivel que permita a supervivencia. Neste senso, Caldeiro salienta a importancia das salas para que xustamente ese cinema galego chegue ao público, unha fenda entre a creación que comezaba -para as máis optimistas- a rachar cunha película como a de Laxe (e lembremos que o filme se estreou en 2019!). Rivadulla tamén insiste na necesidade de promover a exhibición de cinema galego, algo que entende que non se apoia actualmente desde as insititucións públicas, polo que depende moito do compromiso do espazo co feito no país. "Non pode ser que só se bote pola TVG ás dúas da mañá un filme que ten subvención de Agadic", denuncia. O medo, o peor inimigo O que aconteza en 2021 obsérvase sen moito optimismo. Co medo presente, Caldeiro pensa que os primeiros meses do ano, aínda coa hipotética chegada dunha vacina, non van mudar moito. E o inverno é a época forte para este negocio. Ademais, se se retoman hábitos sociais, o impulsor dos Codex pensa que a xente se vai centrar noutras actividades, polo que o que en breve entra non parece que vaia ser un ano fácil. Con todo, Carballo intenta observar con certo optimismo o futuro. Malia a ausencia de contaxios en cinemas e a seguridade da actividade grazas aos protocolos, Rivadulla detecta falta de confianza no público. Caldeiro tamén. De feito, nota unha baixada do seu público habitual, cun perfil entre 50 e 70 anos, que nos casos máis achegados sabe que é "porque non se atreven a vir". Estas impresións partíllaas Ledo: "a pesar de que unha sala de cinema é un lugar con todas as garantías de minimizar as posibilidades de contaxio, é lóxico que a xente teña reparos". Por iso, anima as persoas a asistir ao cinema, unha actividade que pode tamén "ser moi sa a nivel mental". Ou permitir, brevemente, como rezaba a campaña de Cineuropa do pasado novembro, "volver ao mundo real". Ou a aquela ficción idealizada do pasado coa que aínda teimamos en soñar.
NOS_30082
Da súa man chegaron ao galego a Divina Comedia e a Vida nova de Dante, o Cancioneiro de Petrarca ou Os tres Mosqueteiros de Dumas. A Asociación de Tradutores Galegos recoñece coa súa homenaxe anual o papel de Darío Xohán Cabana á hora de incorporar á nosa lingua obras literarias do patrimonio universal.
A Asociación de Tradutores Galegos destaca na súa homenaxe anual celebrada arredor do Día da Tradución o traballo de Darío Xohán Cabana á hora de verquer ao galego obras clásicas do patrimonio literario da humanidade cun "coidado labor e sensibilidade poética". O acto de homenaxe terá lugar no salón de plenos de Lugo, a súa cidade, o día 23 ás 20 horas e nel intervirán Marica Campo e Paco Martín, o presidente da Asociación, Xavier Senín e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco. A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual. Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012. Fernando Pérez-Barreiro Noia, Marilar Aleixandre, Valentín Arias ou Henrique Harguindey recibiron en edicións anteriores a homenaxe anual da Asociación de Tradutores Galegos.
NOS_11010
A depreciación agravouse desde o inicio da guerra en Ucraína. Pola contra, o rublo vale hoxe case o dobre que en febreiro.
A depreciación do euro segue a bater marcas históricas. A moeda oficial en 19 países da Unión Europea (UE) principiou a semana marcando o valor máis baixo nas dúas últimas décadas, cotizando a 1,0281 dólares estadounidenses. Mais ese rexistro queda agora superado polo que se vén de alcanzar na mañá desta sexta feira: por vez primeira desde finais de 2002, o euro cotizou por baixo dos 1,01 dólares. En concreto, contra as 9.30 horas, a moeda da UE intercambiábase a 1,0072 dólares dos EUA, e a media da xornada fica, até o momento de escribir estas liñas, en 1,0111. A paridade entre ambas as dúas moedas podería alcanzarse antes de que conclúa o presente ano, segundo varios informes elaborados, entre outros organismos estadounidenses, pola axencia de noticias Bloomberg. O euro cumpre 20 anos sumido nunha nova crise Que consecuencias ten a depreciación do euro? Unha das principais consecuencias de que o euro e o dólar dos EUA alcancen a paridade é que o mercado enerxético para a Unión Europea sufrirá un encarecemento pronunciado nas vindeiras semanas e meses. Isto débese a que o mercado enerxético depende na súa gran maioría da moeda estadounidense, polo que os euros da UE serven para pagar cada vez menos petróleo e gas natural importado polos EUA. Máis cando os prezos de ambos produtos xa está en niveis históricos por mor da situación bélica en Ucraína e das medidas sancionadoras da meirande parte da comunidade internacional a Rusia. O rublo medra De feito, a moeda rusa, o rublo, incrementou considerabelmente o seu valor desde o inicio da invasión de Ucraína. Así, un euro intercambiábase en febreiro por 106 rublos, mentres hoxe cotiza a 61,83.
PRAZA_12970
A plataforma Vitaminas para o Galego, que agrupa 29 medios de comunicación na nosa lingua, prepara distintas accións para o Día das Letras. Na véspera, 16 de maio, o manifesto a prol do xornalismo en galego lerase en 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e traducirase ás 17 linguas máis faladas.
A plataforma Vitaminas para o Galego, que agrupa 29 medios de comunicación na nosa lingua, prepara distintas accións para o Día das Letras, englobadas baixo o título de Vitaminas 17. Na véspera, 16 de maio, o manifesto a prol do xornalismo en galego, elaborado pola plataforma, lerase en 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e traducirase ás 17 linguas máis faladas. O 16 de maio o manifesto a prol do xornalismo en galego, elaborado pola plataforma, lerase en 17 escolas e institutos de Galicia, diante de 17 Casas dos Concellos, en 17 cidades de todo o mundo e traducirase ás 17 linguas máis faladas Esta semana, a iniciativa presentouse en Lugo. Alí, o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura Antón Bao subliñou a importancia de promover o idioma galego como "elemento de cultura, comunicación, tolerancia e respecto". No acto anunciouse que os alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días Lapis para escribir en galego. A este respecto, Henrique Sanfiz, responsable de Radiofusión, afirmou que "os lapis pretenden ser unha chiscadela de humor e ironía para propiciar a reflexión arredor da utilización da nosa lingua". Pola súa banda, Alfonso Ribeiro (De luns a venres) indicou que segundo os dados do EGM, o 40% dos seus lectores teñen como primeira lingua o castelán, o que demostra "que a utilización do idioma galego non é en absoluto un obstáculo para chegar a todo tipo de públicos". O dia 16 celebrarase ademais, o festival Vitaminas para o galego, organizado polo Concello de Carballo e que presentará a actriz e escritora Paula Carballeira contando coa actuación de María Xosé Silvar Ses. Ademais realizarase a entrega do Premio de Artigos Normalizadores, que este ano recaeu en Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización. Vitaminas para o galego
NOS_279
A acción simbólica desenvolveuse nunha sucursal da entidade financeira de Ribadeo.A fronte nacionalista da Mariña quixo con ela chamar a atención sobre as consecuencias e implicación dos bancos na crise económica
Militantes do BNG da Mariña procederon nesta mañá a realizar a ocupación simbólica dunha sucursal de Novagalicia Banco (NGB) en Ribadeo, unha acción para denunciar a implicación do entramado financeiro na crise que golpea milleiros de familias galegas. Nun comunicado, o BNG sinalou que presentará na Deputación de Lugo e naqueles concellos en que ten representación iniciativas para que esas institucións deixen de traballar "con aquelas entidades bancarias que apoien e executen novos desafiuzamentos". A fronte nacionalista apunta que "tras a situación de recesión e depresión se agocha a mala praxe dos bancos e a súa irresponsábel política de créditos", ao que engade "estafas como a das participacións preferentes, que deixaron máis de 90.000 galeg@s sen os seus aforros" ou "as indemnizacións millonarias dos ex-directivos das desaparecidas caixas galegas". Exemplos Concellos como o de Silleda ou Ares acordaron que non terán conta en bancos que leven a cabo desafiuzamentos d@s veciñ@s, unha iniciativa que se está a debater noutros concellos de Galiza.
NOS_29316
O barco acumulaba sancións por infraccións graves de pesca ilegal de fletán negro.
A Audiencia Nacional abriu unha investigación para dirimir se existe responsabilidade penal no afundimento do pesqueiro 'Vila de Pitanxo', que naufragou o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terra Nova (Canadá). Segundo confirman a Europa Press fontes próximas ao caso, a Garda Civil de Pontevedra mantén aberta unha investigación que dirixe o xulgado de Instrución número 1 da Audiencia Nacional. O fin é dilucidar se existe responsabilidade penal no naufraxio do pesqueiro con base no porto de Marín, no que faleceron nove tripulantes, 12 permencen desaparecidos e houbo tres sobreviventes. A información adiantada por La Voz de Galicia asegura que o testemuño solicitado polo Instituto Armado do tripulante Samuel Kwesi contradi o relato dos outros dous sobreviventes, o patrón do pesqueiro, Juan Padín, e o seu sobriño Eduardo Rial, ambos os dous veciños da localidade pontevedresa de Cangas. O testemuño solicitado polo Instituto Armado do tripulante Samuel Kwesi contradi o relato dos outros dous sobreviventes, o patrón do pesqueiro, Juan Padín, e o seu sobriño Eduardo Rial, ambos os dous veciños da localidade pontevedresa de Cangas. A pasada cuarta feira, o tres sobreviventes declararon en Vigo ante a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), órgano dependente do Ministerio de Transportes que deberá emitir un informe sobre o sinistro no prazo máximo dun ano. Esta comisión comezou coas súas pescudas após o naufraxio nunha primeira fase na que formou un equipo de investigadores e solicitou "evidencias documentais e electrónicas" sobre o buque, a súa tripulación e a súa viaxe. Para iso, recompilou: certificados do buque, proxecto de construción, reformas, listas de tripulantes, titulacións e certificados dos tripulantes, rexistros electrónicos dos sistemas de localización do buque (caixa azul de pesca e rexistros do Sistema de Identificación Automática), previsións meteorolóxicas, radiocomunicaciones e sinais de emerxencia. A investigación da Ciaim (independente da aberta pola Audiencia Nacional) entrou na súa segunda fase, que pasa por entrevistas á tripulación sobrevivente, que chegou a Santiago na madrugada do 21 ao 22 de febreiro nun voo procedente de Terra Nova. Tamén foron entrevistados os familiares dos desaparecidos, que prestaron declaración esta sexta feira. Versións da armadora e dúbidas das familias O grupo Nores, armadora da 'Vila de Pitanxo', informou hai uns días de que, "conforme ao trasladado polo patrón", Juan Padín (un do tres sobreviventes do naufraxio), "o accidente produciuse durante a manobra de virada do aparello". Con base neste relato, o pesqueiro afundiuse "de forma moi rápida" polos golpes de mar que o escoraron, despois de sufrir unha parada no motor principal durante unha manobra de virada do aparello. Porén, desde as propias familias dos superviventes tiñan dúbidas a respecto desta versión e mesmo sopesaban presentar unha denuncia penal para avriguar as causas do naufraxio. A 'Vila de Pitanxo' acumulaba varias sancións por infraccións graves de pesca ilegal, entre elas, capturas de fletán negro sen declarar. Así o adiantou Economía Dixital Galicia, con base nunha serie de sentenzas da Audiencia Nacional, ás que tivo acceso Europa Press, a última delas con data do 17 de xullo de 2020.
NOS_39965
Cando María Xosé Queizán chega a París a comezos dos anos 60, xa descubrira o pensamento galeguista e de esquerdas a través de Antón Beiras e xa entrara en contacto con algunhas das figuras máis destacadas da súa xeración. Tamén coñecía o existencialismo, mais será na capital francesa onde remata por descubrir a obra de Jean-Paul Sartre e de Simone de Beauvoir e onde queda fascinada polo Nouveau Roman. Desa modalidade narrativa xorde a súa primeira novela, A orella no buraco, escrita entre Tenerife e Lugo e publicada en Galaxia en 1965.
Non é até 1977 que aparece o seu segundo libro: A muller en Galicia, que Ramón Piñeiro rexeitou publicar, como tamén fará despois coas Cartas a Rosalía de Teresa Barro. De Sartre aprende Queizán a concibir a literatura como actividade pensante e con Beauvoir iníciase na escrita feminista. Na literatura galega hai un antes e un despois de María Xosé Queizán. Será, ademais, unha das pioneiras do movemento feminista na Galiza, onde exerce unha grande influencia. Tomar a palabra como muller, ocupar un espazo propio no mundo intelectual galego, intervir na política e na sociedade e facelo desde unha perspectiva nacionalista e feminista vai ser a súa principal tarefa durante toda a súa vida, até hoxe. E a súa obra, propia dunha grande polígrafa, é a expresión de todo iso. O ensaio, a narrativa, a poesía, o teatro, o xornalismo ou a tradución foron canles creativas que María Xosé Queizán utilizou sempre para expor, defender e divulgar as súas teses feministas. A súa pretensión como escritora foi construír unha obra que servise para derrubar as estruturas mentais que aínda existen sobre o amor, a sexualidade ou a maternidade e abrir as mentes a unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre. A súa escrita é un rotundo e constante manifesto feminista, unha literatura que, con maior ou menor fortuna literaria, procura sempre a transgresión e a subversión. Do conxunto da obra de María Xosé Queizán, nós quedamos con Ten o seu punto a fresca rosa. Cremos que é a súa mellor novela e unha das grandes obras da narrativa galega actual, aínda que, na nosa humilde opinión, sóbranlle varios capítulos, concretamente os que máis teñen a ver coa novela negra. Coa cidade de Vigo como pano de fondo, e tamén coa historia política e social do noso país nos anos 70 e 80, a autora dános unha obra protagonizada por mulleres e polo discurso feminista. O resultado é unha prosa brillante, unha historia moi ben tecida, que desmitifica a visión do amor e que nos somerxe na dependencia sentimental, nas relacións lésbicas, na cuestión da maternidade, na fecundación in vitro, nos abusos sexuais e na pedofilia. En definitiva, unha novela fundamental na literatura galega contemporánea.
NOS_44522
A alternativa ás políticas de austeridade da troika é a conquista da soberanía. As forzas nacionalistas e de esquerdas reunidas na cimeira convocada en Bilbo -entre elas o BNG- coinciden á hora de rexeitar ás políticas impostas pola UE e defenden a súa vía diante da troika: "cambio social e soberanía".
Troika go home! Foi a lenda que congregou en Bilbo membros de forzas soberanistas e de esquerdas de toda Europa, convocadas por EH Bildu. En representación do BNG asistiu o membro da executiva Xavier Campos que definiu o modelo da UE como "xeneticamente antidemocrático e antisocial". "Non é posíbel reformar a Unión Europea", defendeu o representante galego na cimeira. "O modelo da UE é xeneticamente antidemocrático e antisocial", defendeu Xavier Campos. O discurso de Xavier Campos centrouse en transmitir a posición histórica do BNG a respecto de Europa como un "problema e non a solución", afirmación que argumentou aportando datos dos efectos negativos que as políticas de austeridade impulsadas pola troika están a ter sobre os nosos sectores produtivos. "As políticas da UE son un fracaso e secuestran a soberanía. O que nós defendemos é poder producir para poder vivir", dixo Campos. "O social e o nacional teñen que ir xuntos. Para o BNG a soberanía é fundamental para facer fronte ás políticas que veñen impostas desde Madrid e desde a troika", afirmou Xavier Campos. De Syriza ao Sinn Fein Canda o BNG participaron nas xornadas promovidas po EH Bildu representantes do Sinn Fein (Irlanda), UDB (Bretaña), Die Linke (Alemaña), Syriza (Grecia), Bloco de Esquerda de Portugal, Sinistra Ecologia Liberta (Italia), Die Linke (Alemania), CUT-Bai (Andalucía) ou UDB (Bretaña) "EH Bildu instou os estados a favorecer "o proceso de paz e normalización política" No inicio do encontro internacional, EH Bildu instou os estados a cambiar de actitude e favorecer "o proceso de paz e normalización política". Foi o candidato por EH Bildu ás eleccións europeas Josu Juaristi quen iniciou unha xornada que reunía as ponencias baixo o título "Ante a Troika, a nosa vía: cambio social e soberanía". Juaristi referiuse á cimeira convocada en Bilbo para o día 3 de marzo como "a data elixida pola elite financeira e económica, a mesma que é responsábel da actual vulneración de dereitos sociais e laborais, para escenificar en Bilbo o respaldo institucional e dalgunhas multinacionais ás políticas de austeridade e recortes impulsadas pola troika". Optou pola democracia social fronte á imposición das políticas de austeridade desde os centros de poder de decisión da troika. Reclamou tamén Juaristi unha urxente e necesaria "rexeneración democrática para rematar coa supeditación das decisións políticas aos interese das corporacións privadas". Os representantes das organizacións de esquerda europea convocados en Bilbo deron conta de como as políticas da troika están a provocar un maior empobrecemento das clases populares.
NOS_49364
As escavacións realizadas o pasado verán descubriron unha monumental muralla con seis metros de ancho e até catro de altura. Daquela recolleron mostras para datar a súa construción, que sería anterior á Idade de Ferro.
O xacemento de Penas do Castelo, situado na ladeira do Río Lor na parroquia de Salcedo, A Pobra do Brollón, segue dando resultados únicos e sorprendentes. Na escavación realizada o pasado verán descubriuse unha monumental muralla con seis metros de ancho e até catro de altura. Os seus foxos monumentais, escavados na rocha, deron pé a moitas especulacións ao lembrar ao do Castrillón en Larouco e outros do Courel. Durante a escavación, a edafóloga Cruz Ferro tomou unhas mostras de terra "en puntos clave do momento de construción da muralla", segundo comenta. Tras ser analizadas por Carbono-14 no laboratorio BETA de Miami, afirma que os resultados das datacións sería dos séculos VIII–IX antes da nosa era. Segundo Ferro, "a coherencia de resultados entre as tres mostras son altamente fiábeis" polo que desde o equipo arqueolóxico sinalan que se trata dun castro "extremadamente temperán" non comparábel con outros máis "clásicos" de épocas posteriores. "Isto reflíctese na propia toponimia; non é casual que se lle chame castelo e non castro. Para a sociedade tradicional, isto non era un castro como pode ser o da Roda, tamén en Salcedo", aseguran. Con esta datación, Penas do Castelo situaríase na transición da Idade do Bronce á Idade do Ferro, no momento da construción dos primeiros castros no noroeste peninsular, é dicir, o momento no que as comunidades comezan a asentarse de forma sedentaria no territorio e a facer construcións permanentes en pedra. Interrogantes e retos Estes resultados provocan no equipo arqueolóxico novas preguntas. "Temos que entender que mentres esta comunidade está a dotarse dunha muralla de pedra de seis metros de ancho, noutros lugares da Galiza aínda están construíndo con paus, palla e barro", apunta o director arqueolóxico, Benito Vilas. Ademais descoñecen como souberon a maneira de realizar "unha muralla de seis metros de ancho e cunha técnica tan depurada". O Concello proponse, como reto, apostar pola arqueoloxía en comunidade como estratexia de creación de recursos turísticos. "Sen dúbida aumentará o interese en visitar este xacemento", sinala o seu alcalde, Xosé Lois Maceda.
PRAZA_9296
A asociación querENDO lembra que 30.000 mulleres que sofren esta doenza teñen dificultades para quedar embarazas e denuncia as dificultades para acceder aos servizos de fertilidade no SERGAS, que entrega estas funcións á sanidade privada. A Xunta anunciou esta semana unha Lei de impulso demográfico
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou esta semana a través da TVG que o Goberno galego comezará nas vindeiras semanas "a tramitación da Lei de impulso demográfico", destacando que "seremos a primeira Comunidade Autónoma que elevará a rango de lei as súas políticas neste ámbito" e subliñando que "a demografía é un dos principais retos" que ten por diante a Xunta, para o que pide "a implicación do conxunto da sociedade".QuerENDO leva anos denunciando o esquecemento ao que se ven sometidas por parte do SERGASA asociación querENDO. Mulleres con Endometriose tardou apenas unhas horas en responder ás palabras da conselleira, lembrando que unha das doenzas que máis afectan á posibilidade de ter fillos e fillas é a endometriose, que en Galicia sofren ao redor de 60.000 mulleres, das que a metade teñen por este motivo problemas de fertilidade. QuerENDO leva anos denunciando o esquecemento ao que se ven sometidas por parte do SERGAS, criticando a invisibilidade desta doenza e reclamando unha serie de medidas para avanzar no seu estudo, no seu diagnóstico precoz e na mellora do seu tratamento.O documento fai fincapé en que os actuais 8 anos de media no atraso diagnóstico da endometriose "empeoran as posibilidades de sermos nais de xeito natural"Esta semana rexistraron un escrito, dirixido ao presidente da Xunta e á conselleira de Política Social no que lembran que algunhas desas 30.000 galegas con endometriose e problemas de fertilidade "non quererán ser nais pero outras moitas pelexan durante anos por selo e atopan na sanidade pública uns servizos de fertilidade que non dan resposta ás súas demandas ou dan unha resposta tan tardía que cando chega xa é inútil". O documento fai fincapé en que os actuais 8 anos de media no atraso diagnóstico da endometriose "empeoran as posibilidades de sermos nais de xeito natural". "Se a Xunta quere fomentar a natalidade debe mellorar a atención ás enfermas de endometriose. Elas son as nais que vostedes están buscando", engaden.Entre as demandas que realiza querENDO está a de dar solución ás "longas lista de espera dos servizos de fertilidade", lembrando que "o acceso aos sistemas de reprodución asistida non nos contemplan ás mulleres con endometriose como persoas con prioridade de acceso, polo que a nosa fertilidade, xa diminuída de por si, vai empeorando durante os períodos de espera"."As futuras nais están aí, nas súas casas aforrando para que unha clínica privada lles resolva o que a sanidade pública non fai"Reclaman igualmente "que se contemple a preservación de tecido ovárico para as mulleres con endometriose antes dunha cirurxía ou dun tratamento do que posiblemente saian estériles de por vida". Piden tamén que se fomente a doazón de óvulos na sanidade pública, criticando que a axencia pública de doazóns se desentenda da captación de doadoras de óvulos, "entregando ese tipo de doazón á sanidade privada".Demandan así mesmo que se contemple a ovodoazón para as mulleres con baixa reserva ovárica. "As futuras nais están aí, nas súas casas aforrando para que unha clínica privada lles resolva o que a sanidade pública non fai. As futuras nais somos nós, as mulleres con endometriose, as nais rexeitadas", din. "Nós non somos a solución ao problema demográfico de Galicia pero podemos ser parte da solución. Poden mirar por nós?", conclúen.
NOS_31914
O autor Xaquín Núñez Sabarís, doutor en Filoloxía Hispánica e profesor asociado (titular) do departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho, conversa con 'Nós Diario' arredor da súa obra máis recente, o libro 'Cartografías da narrativa galega contemporánea', editado por Galaxia após facerse co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2019.
—Desde o propio título da obra coa que levou o Premio Ramón Piñeiro o pasado ano, Cartografías da narrativa galega contemporánea, fai referencia a ese xiro espacial das humanidades. Por que escolle este enfoque para achegarse ao feito literario? Creo que nos permite identificar, por unha banda, unha serie de repertorios que se centran de maneira moi obvia nos espazos que seleccionei, mentres, pola outra, me interesa analizar os procesos culturais que están arredor desas ficcións e como estes modifican as propias percepcións da cidade ou dinámicas que van ao fío desa lectura. Xustamente, Nós Diario sacaba onte a lista de obras máis lidas nos clubs de lectura escolares, que son na miña opinión un factor dinamizador moi importante. Se vemos o consumo que tiveron libros de Domingo Villar, de Pedro Feijóo, de Suso de Toro... creo que se aprecian aí unha dinámicas moi interesantes. Aliás, todos os roteiros turísticos e literarios que hai, por exemplo, arredor de Fariña, a serie, ou d'A praia dos afogados, suscitou o meu interese desde a dimensión espacial da narrativa, literaria e non só literaria. —Elabóranse tres eixos -a Compostela máxica, Vigo noir e a narcoficción-, mais cales son os criterios que se seguen para chegar a esta proposta? A investigación non é algo que xorde por xeración espontánea. Neste caso o libro está moi vencellado coa miña traxectoria profesional e co grupo da Universidade do Minho no que estou inserido, de Identidades e Intermedialidade. Dentro dos comportamentos intermediais que teñen as artes actuais e desas identidades colectivas comecei a traballar, primeiro de maneira illada, en cada un deses estudos de caso, e logo vin que había un comportamento que permitía extraer conclusións máis globais, que son as que tezo quer no capítulo inicial quer no final. —Faise referencia desde o comezo ao concepto de campo literario e ao de literatura en expansión. Como se relacionan estas dúas dimensións? O de campo é un concepto moi asentado, de feito os estudos sobre a narrativa galega que eu cito -de González Millán, Dolores Vilavedra ou Antón Figueroa- están arredor das ideas de campo ou sistema, que é o que [Itamar] Even-Zohar traballou en polisistemas. O que acontece é que a partir dos anos 90 e da entrada do novo século as expresións artísticas diversifícanse de maneira moi notábel, en diferentes códigos e linguaxes, en moitos soportes. Por iso penso que hai que buscar outros paradigmas, como dos estudos intermediais comparados. "A partir dos anos 90 e da entrada do novo século as expresións artísticas diversifícanse de maneira moi notábel" Ao que me refiro co da literatura en expansión, que tamén está adoptado nun dos diversos estudos que cito, é que hai tempo que a literatura é unha expresión que ficou dalgunha maneira secundarizada en todo este novo proceso de series de televisión ou de banda deseñada. Porén, ten unha matriz importante para entender todo este xogo intermedial no que nos movemos. Estes códigos e estes imaxinarios que a literatura nos proporcionou seguen tendo moito que ver á hora de formatar e consumir eses novos produtos culturais. De feito, no terceiro capítulo, interésame achegarme á narcoficción porque falamos moito da serie Fariña ou Vivir sen permiso, pero detrás hai toda unha facturación literaria e autóctona que creo que non se pode perder de vista. Sen ela, dificilmente entenderiamos moitos aspectos do libro de Nacho Carretero ou de Manuel Rivas, sen ter en conta toda esa reflexión e práctica anterior de Todo é silencio ou as novelas de Carlos Reigosa. Cando falo de literatura en expansión refírome a isto, ao diálogo con outros medios e artes pero conservando unha óptica que nos proporciona unha ollada privilexiada como lectores, en canto a estéticas, imaxinarios, códigos... "Cando falo de literatura en expansión refírome ao diálogo con outros medios e artes, pero conservando unha óptica que nos proporciona unha ollada privilexiada como lectores, en canto a estéticas, imaxinarios, códigos..." Eu teño traballado varias series de televisión, como Black Mirro ou Breaking Bad, e cando se queren lexitimar culturalmente incorporan de maneira ben perceptíbel códigos de clásicos cinematográficos ou mesmo literarios. Máis alá de seren produtos masivos, desde o punto de vista do espectador, tamén interesa que sexa aceptado desde o canon. —Imaxino que, neste senso, a propia influencia que a literatura tivo no desenvolvemento do cinema como arte narrativa tamén están presentes en influencias de linguaxes que son mutuas. Por suposto. Pero cando nace o cinema, a literatura segue a ter un papel aínda hexemónico. O que a min me interesa, non tanto neste traballo, mais si no conxunto da miña actividade investigadora dos últimos anos, é ver como a tradición e os códigos literarios continúan presentes. —Desde a Compostela máxica pásase a falar dun thriller Xacobeo, en que medida influíu a propia creación de premios literarios ou axudas centradas en promover o Xacobeo en que aparecese esta modalidade? Moitísimo. Se botamos a vista un pouco atrás, as pezas de Roberto Vidal Bolaño ambientadas nesa temática foron textos premiados cando o Xacobeo comeza a ter unha dimensión institucional importante, o cal non significa que non sexan obras magníficas. —E críticos coa propia institución eclesiástica. Claro. As actas escuras, que é do 1994, non se leva até 2009 ao Centro Dramático Galego, precisamente pola propia temática e polas liortas que o autor ten coa Institución con maiúsculas. O factor dos premios estimula obras e dalgunha maneira tamén crea repertorios. Está despois como último elo de toda esta cadea Camiño de Paixóns, de Carlos Meixide, que tamén é un texto premiado por esta temática específica. —E no que atinxe a ese Vigo noir, que trazos comúns atopamos? Mais que trazos comúns, que case parece que compromete a forza creativa dos autores, hai un fenómeno que desde o meu punto de vista é moi notábel e moi obvio. Nos últimos anos existe unha serie de novelas ambientadas en Vigo que lle dan un protagonismo cartográfico, voltando ao título, á cidade olívica e a súa contorna, e cuxa temática podería encaixar nese policial/negro, sen entrar en polémicas nas clasificacións do xénero. Dentro deses ámbitos, perceptíbeis en todos os textos, vounos analizando en relación a como iso está a estimular dinámicas culturais na propia urbe: roteiros, clubs de lectura... —No caso da narcoficción, ao que xa fixo referencia, entra tamén en xogo segundo recolle o libro a dimensión xornalística. Si, sobre todo no boom da narcoficción galega co libro de Carretero, que, con todo, cando sae en 2015 non vai ter o impacto que acada logo de ser embargado. Sae daquela a serie de televisión, nun lapso de tres anos no que tamén xorde Narcos en Colombia, que se converte nun fenómeno global. Hai unha conxunción de factores que colocan a narcoficción como un repertorio importante. "Cando sae en 2015 ['Fariña'] non vai ter o impacto que acada logo de ser embargado" —Falamos de fenómenos inseridos nunha dimensión global. Que papel pode aspirar a desenvolver a nosa literatura neste contexto? Esa é unha cuestión que formulo como pregunta nas miñas conclusións, pois son aspectos que transcenden as capacidades dun investigador a nivel individual e requiren facer estudos máis sistémicos do que está a acontecer. Pero eu tento dar algunhas pistas. Por unha banda, paréceme que a globalización achega moitas oportunidades. Volvendo ás series de televisión, está O sabor das margaridas, que pasou a Netflix sen ter que renunciar ao galego, a lingua na que fora rodada. Temos Auga Seca, que non puiden incorporar, pois é posterior ao libro, unha coprodución entre a RTP e a TVG que xa está na HBO. Penso que todo este universo intermedial do que falei ao principio, en xeral, é unha boa oportunidade. Que ocorre? Ten os seus riscos. [...] "Paréceme que a globalización achega moitas oportunidades" Eu remato cunha cita de Bolaño que me parece moi representativa: "O meu teatro represéntase en Andalucía, no Brasil, en Portugal... Pero está feito desde aquí, porque se non funciona aquí non funciona en ningún lado". Creo que é importante manter ese pulso, sen entrar nun folclorismo ou localismo fechado, pero que sirva para narrar e expresar todo o que a cultura galega é, tamén en relación coa tradición literaria, e facelo aproveitando todas as vantaxes que a globalización nos trae. Entre elas, creo que hai un interese xeocultural polo máis local, por historias ambientadas espacialmente en lugares que non sexan Nova York, Londres, París ou Madrid. Iso é unha grande oportunidade. A cada pouco temos no Netflix producións que recollen ecosistemas máis pequenos. —E máis singulares, se cadra. Si, exactamente. Por iso é tan importante dentro da singularidade manter ese pulso creativo que non nace de musas nin de inspiración, que tamén, pero sobre todo xorde dun bo tecido cultural, editorial e onde as artes escénicas e audiovisuais promovan e consoliden o talento. Hoxe estamos moi fachendosos de ver La Unidad en Movistar, con actores, guionista, director e produtora galegos, mais sen todo o que creou e se cimentou aquí a partir de finais dos anos 70, coas artes escénicas e Ribadavia e todo o desenvolvemento do audiovisual, non se chegaría a isto. Creatividade, si. Inspiración, si. Pero o tecido e a industria tamén son moi importantes. E a creación de públicos!
NOS_4980
Acusa a maxistrada de imputarlle delitos a sabendas de que non puido cometelos e pide que sexa afastada da carreira xudicial.
José Ramón Gómez Besteiro, ex-presidente da Deputación de Lugo e até a pasada sexta feira secretario xeral do PSdeG, presentou unha querela perante o TSXG contra a xuíza De Lara. Acúsaa dun presunto delito de prevaricacíon xudicial que, de prosperar, podería afastar a maxistrada da carreira xudicial. A defensa de Gómez Besteiro considera que a xuíza acusouno de financiar desde a Deputación viaxes para funcionarios a Eurodisney, Alemaña, Arxentina ou India, cando esas viaxes foron organizadas pola entidade provincial na época en que gobernaba Cacharro Pardo, e supostamente a maxistrada sabía ese dato. A querela considera que De Lara coñecía o que estaba a facer posto que solicitou á Deputación todas esas facturas, citando cantidades e datas, que ían de 2004 a 2006. Besteiro entrou na Deputación no verán de 2007.
NOS_51081
A organización de produtores Ulega, que agrupa un milleiro de explotacións, aposta na negociación colectiva fronte a uns contratos que ofrecen prezos por baixo de custos
A organización de produtores Ulega, impulsada por Unións Agrarias, denuncia que Capsa Food, o grupo asturiano que comercializa firmas como Larsa ou Central Lechera Asturiana, está a "boicotear" a negociación dos novos contratos de abastecemento do leite, que está a ter lugar nestes meses. Segundo explican desde Ulega, Capsa está a evitar a negociación colectiva e tentando forzar aos produtores a asinar de xeito individual contratos que "a todas luces ignoran o seu dereito a cobrar por enriba de custos de produción", tal e como recolle a Lei de Cadea Alimentaria. "Están tentando obrigar aos gandeiros a asinar contratos ameazándoos coa non recollida do leite", denuncia o presidente da organización de produtores, José Manuel Liñares, que insta a Ministerio de Agricultura e Xunta da Galiza a "actuar canto antes para facer cumprir a lei" cunha actuación "inmediata, contundente e exemplarizante" contra Capsa para que sete tipo de actitudes non se repitan. Nesta liña, Liñares insiste na necesidade de impulsar a figura do mediador público, que xa existe noutros países europeos, para dotar de maior transparencia e equilibrio as negociacións entre industrias e produtores e garantir o cumprimento estrito da lexislación vixente. A oferta de Capsa Segundo avanzan desde Ulega, a "oferta" de Capsa fixa un prezo base de 31,5 céntimos por litro, unha cifra que queda lonxe dos custos de produción das explotacións que, tal e como recoñecen tanto o Ministerio como a propia Xunta, roldan os 40 céntimos. Advirten tamén que os contratos non recollen referencia algunha aos custos de produción, senón van ligados á evolución das cotizacións dos derivados industriais que, se ben é certo que neste momento rexistran prezos altos, "poderían devaluarse en calquera momento, forzando aos gandeiros a entregar o leite por menos do que lles custa producilo", alertan. "O obxectivo está claro: saben que Ulega non está de acordo co contrato que poñen enriba da mesa e por iso evitan a negociación colectiva", indica o asesor técnico da organización e responsábel do Sector Lácteo de Unións Agrarias, Óscar Pose. "E Capsa sabe que Ulega non acepta ningún tipo de chantaxe", conclúe o responsábel sindical.
PRAZA_6714
A Autoestrada do Atlántico regresou ás perdas de tráfico entre xullo e setembro tras unha lixeirísima recuperación do período estival de 2013. Audasa segue a negarse a erguer as barreiras cando provocan atrancos no tránsito mentres as chamadas de atención da Xunta e de Fomento seguen sen dar resultado ningún.
A AP-9 perde tráfico sistematicamente dende o ano 2007, cando transitaban por ela, de media, máis de 27.000 vehículos ao día. Esa caída implicou tamén unha rebaixa nos seus ingresos, aínda que non directamente proporcional, toda vez que Autopistas del Atlántico, Concesionaria Española, S.A., veu subindo sistematicamente as súas tarifas co visto e prace do Ministerio de Fomento. Paralelamente, a empresa reduciu o seu cadro de persoal a niveis de hai 20 anos malia recadar un 170% máis que daquela. Esa redución ten moito que ver coa extensión das cabinas de cobramento automático, as mesmas que favorecen quilométricos atascos como os do pasado verán, cando Audasa recibiu uns 1.000 vehículos diarios menos que no mesmo período de 2013. O agregado dos datos de intensidade media diaria de tráfico na AP-9 durante os meses de xullo, agosto e setembro deste 2014 indica que transitaron pola principal vía de comunicación terrestre do país algo máis de 22.100 vehículos cada xornada. No mesmo treito temporal do 2013 esta cifra superaba os 23.700 automóbiles. Mentres que o mes de xullo foi un chisco mellor que o do ano pasado -pasaron pola autoestrada uns 100 vehículos máis ao día- as grandes perdas producíronse en agosto e setembro, cando a rebaixa de tráfico superou os 2.000 vehículos diarios. A AP-9 perdeu un 10% de tráfico en agosto e un 11% en setembro Esta fuga de usuarias e usuarios na época do ano na que, tradicionalmente, a autoestrada é máis utilizada, pon fin á lixeirísima recuperación do verán do 2013, cando a AP-9 remontou o seu tráfico en agosto e setembro un 0,96% e un 0,16% interanual tras perder un 5,59% en xullo. Pola contra, en 2014, en xullo transitaron un 0,24% máis de vehículos diarios que no mesmo mes do ano anterior, pero en agosto o desplome foi de case o 10% e en setembro xa superou o 11%. Deste xeito, Audasa regresa á tendencia á baixa de 2011 e 2012. Isto sucede nun contexto no que a chegada do outono meteu nunha gabeta as protestas gobernamentais do verán, cando a Xunta reprendeu a Audasa pola súa negativa a abrir as barreiras cando provoca atascos e, polo tanto, cobra por un servizo que non ofrece. Como en anos anteriores, as chamadas de atención do Executivo galego non deron ningún resultado e algo semellante aconteceu co expediente aberto polo Ministerio de Fomento a causa das "demoras excesivas" nas cabinas de peaxe. As chamadas de atención da Xunta e o expediente de Fomento non deron ningún resultado Neste contexto, o propio departamento que dirixe Ana Pastor péchalle a porta a unha das reivindicacións históricas da oposición galega que a propia Xunta di tamén asumir: a transferencia da autoestrada á comunidade autónoma. Menos disposición aínda é a que ten o Goberno de España a rescatar a concesión da AP-9, prorrogada primeiro polo Goberno de Felipe González e despois, polo de Aznar. Desta maneira, todo semella indicar que Galicia seguirá sendo refén de Audasa, cando menos, ata o 18 de agosto do ano 2048.
PRAZA_177
ENTREVISTA Claro que Podemos, unha das tres candidaturas que compiten por liderar Podemos en Galicia, presentouse este domingo en Compostela. Falamos con Breogán Riobóo, candidato á Secretaría Xeral da formación.
Breogán Riobóo Lois (Narón, 1986) encabeza Claro que Podemos Galicia, unhas das tres candidaturas que dende este luns competirán por integrar o Consello Cidadán galego de Podemos e por ocupar a Secretaría Xeral, posto para o que tamén se presenta un candidato non incorporado a ningunha candidatura. As votacións terán lugar do 9 ao 13 de febreiro. Na presentación da candidatura, este domingo en Compostela, os seus impulsores defenderon unha política feita "dende aquí e para aquí" sen "renunciar ao ADN" de Podemos, e apostaron por "colocar Galicia nun lugar protagonista" no proceso de "cambio democrático" e no actual proceso constituínte. Por que decidides lanzar a candidatura? Que obxectivos a definen? Chega un momento en que é preciso construír Podemos a nivel territorial e achegar xente de distintos sectores da sociedade que se comprometa para poder vertebrar a organización a nivel galego. Pretendemos tecer fíos e ter unha comunicación estable coas distintas entidades sociais e movementos que operan na sociedade, para que as políticas alternativas que levan tempo defendendo se poidan trasladar ás institucións. Queremos que se comprometa co proxecto xente que non necesariamente estea participando activamente nos círculos, xente que se identifica con Podemos pero que ata o de agora se cadra non dera ese paso adiante para colaborar máis activamente. Que criterio primou á hora de escoller as persoas que conforman candidatura? O criterio fundamental para nós era o dos ámbitos sectoriais. Na lista está, por exemplo, José García Buitrón, ex director do CHUAC da Coruña, e unha persoa moi comprometida coa defensa da Sanidade. Outro ámbito que para nós é fundamental é o da investigación e por iso contamos cun investigador en Xenética do campus de Lugo. Tamén hai xente con moita experiencia previa nos movementos sociais. "Cremos que a xente que participa acotío nos círculos é moi importante, pero tamén cremos que para estender socialmente Podemos é necesario seguir achegando xente" Que diferenzas cres que hai, a primeira vista, coas outras dúas candidaturas? A diferenza pode estar nesa apertura de portas que fixemos, de cara a conectar coa sociedade en xeral, para que se puidese achegar xente que non era tan activa nos círculos. Cremos que a xente que participa acotío nos círculos é moi importante, pero tamén cremos que para estender socialmente Podemos é necesario seguir achegando xente. Ademais, nunha das outras candidaturas prímase máis a representación territorial, de xeito que a metade dos postos no consello correspondan a persoas que representen unha comarca determinada. Nós, en cambio, cremos que debe primar a representación de distintos sectores. "Pretendemos tecer fíos e ter unha comunicación estable coas distintas entidades sociais e movementos que operan na sociedade, para que as políticas alternativas que levan tempo defendendo se poidan trasladar ás institucións" Vai participar na vosa campaña algunha das caras máis coñecidas de Podemos a nivel estatal? Aínda non está confirmada a presenza de ninguén, aínda estamos traballando no deseño da campaña. Que posición ides manter con respecto á confluencia de Podemos e as candidaturas cidadás que se están conformando nas distintas cidades e vilas galegas? Cales van ser as liñas vermellas para acadar un acordo? É unha cuestión que se irá vendo vila a vila e cidade a cidade. Ademais, as candidaturas cidadás son distintas nun lugar ou noutro. A día de hoxe teño clara a cuestión na Coruña, onde a Marea Atlántica está bastante definida e a xente de Podemos estámonos informando para ver se a Marea cumpre con eses canons ou liñas vermellas que comentabas. Tamén Ourense en Común ten bastante avanzada a súa proposta. En cambio noutros lugares, como Vigo, hai varias plataformas. Finalmente cada asemblea de Podemos decidirá a súa participación en cada lugar. As liñas vermellas están claras: o código ético de Podemos, as primarias abertas, a presenza cidadá..., son cuestións fundamentais que no caso de estar ausentes, Podemos non vai participar. "Nos sitios nos que non haxa plataformas ou candidaturas cidadás, Podemos podería potenciar candidaturas" Se nunha vila non hai ningunha plataforma deste tipo ou se a que hai non é aceptada pola asemblea de Podemos, apostaríades por impulsar unha nova plataforma dende Podemos? Esa é outra posibilidade: nos sitios nos que non haxa plataformas ou candidaturas cidadás, Podemos podería potenciar candidaturas. Haberá que velo en cada vila, non é algo que se poida decidir a nivel de toda Galicia. Outra posibilidade tamén sería non participar nas eleccións municipais. Terá que decidilo a xente en cada lugar. Como valoras o sucedido en Ferrol coas irregularidades detectadas e a solución ditada pola Comisión de Garantías, a de adiar seis meses unha nova votación? Se se detecta unha irregularidade, como fixo a Comisión de Garantías, que para iso está, é lóxico que se paralice o proceso, repetindo as votacións nun prazo determinado. O positivo disto é a constatación de que os sistemas funcionan, que o sistema de voto electrónico que propón Podemos é un sistema fiable. É normal que a xente de Ferrol estea desgustada, pero a decisión do Comité evitou unha fraude electoral. A xente de Ferrol debe seguir traballando, organizándose, para dentro de seis, sete ou oito meses escoller o Consello Cidadán e a Secretaría Xeral, e cunha garantía plena de que non haberá irregularidades. Como valoras a xestión realizada á fronte da Xunta polo PP e por Alberto Núñez Feijoo? A situación en Galicia é dramática, sobre todo no que respecta ao exilio económico que sofren milleiros de mozos e mozas galegas que non poden traballar na súa terra. Ademais, hai moitísimas persoas que viven na pobreza ou en risco de exclusión social. É dramática tamén pola desmesura que houbo historicamente por certas cuestións localistas: tres universidades, tres aeroportos..., cartos que se poderían ter destinado a outras cuestións. Levamos seis anos de recortes en Galicia, dunha política en contra da maioría. Iso é o que hai que cambiar. O país non pode seguir así. "A xente que en Galicia estamos en Podemos somos galegos e galegas, levamos aquí toda a nosa vida e entendemos cales son as necesidades da sociedade para poder mudar as cousas de xeito radical" Que pensas das críticas que recibe Podemos por parte dalgúns sectores do nacionalismo, que o acusan de importar dinámicas políticas alleas? Levamos tempo escoitando críticas que nos acusan de introducir dinámicas políticas externas, ou de que as nosas decisións se toman en Madrid. Pero a realidade é que o nacionalismo en Galicia non deu nas claves para poder ser hexemónico. Podemos defende un novo proceso constituínte, plurinacional. Non se trata de posicionarse no nacionalismo, como tampouco se trata de posicionarse na esquerda ou na dereita, senón de facer políticas dende a cidadanía e para a cidadanía, que é o que necesita Galicia. A xente que en Galicia estamos en Podemos somos galegos e galegas, levamos aquí toda a nosa vida e entendemos cales son as necesidades da sociedade para poder mudar as cousas de xeito radical. Non é unha cuestión de nacionalismo si ou nacionalismo non. A política non virá de Madrid, senón que nacerá aquí porque para iso estamos a constituír un Consello Cidadán galego e realizando un traballo importante de análise social e política da realidade galega. Como valoras a política lingüística levada a cabo pola Xunta nos últimos seis anos? Está claro que a política lingüística en Galicia foi errada. Só hai que ver os datos do INE, que amosan que segue a descender o número de galegofalantes, e sobre todo na mocidade. Hai que chegar a acordos, hai que chegar a consensos para todas e todos defender o galego, para que perdure e non se perda e para que ocupe o lugar que ten que ocupar. A lingua promociónase na escola e tamén con produción cultural en galego, coa produción literaria ou con filmes coma A Esmorga. Que expectativas tedes con respecto á mobilización do día 31? Queremos que a do 31 sexa unha gran mobilización, que se vexa nas rúas o sentir da xente, que se vexan as ganas de cambio. É unha manifestación que chega ademais nun momento moi importante, despois da aprobación da Lei Mordaza, e no comezo dun ano que debe ser o ano do cambio, tanto a nivel municipal coma estatal. E un cambio que comezará esta fin de semana en Grecia. "É unha manifestación que chega no comezo dun ano que debe ser o ano do cambio, tanto a nivel municipal coma estatal. E un cambio que comezará esta fin de semana en Grecia" Que efecto tería unha vitoria de Syriza nas eleccións deste domingo? Para nós o proceso é o mesmo. O cambio comeza a xerarse no sur de Europa. A unión dos países do sur é fundamental para quitarnos de enriba a presión dos poderes políticos e económicos. Entendemos que o proceso que se inicia este domingo coa vitoria de Syriza, seguirá na manifestación do día 31 e irá consumándose ao longo do ano nas distintas citas electorais. Como valoras o cambio de estratexia que semella estar producíndose no PSOE con respecto a Podemos, incrementando as críticas contra a formación e contra os seus líderes? Hai un cambio evidente na actitude do PSOE, e entendemos que é un cambio normal, xa que o bipartidismo saído do 78 está vendo que se lle acaba o xogo. Vemos o que sucedeu, precisamente en Grecia, onde o PASOK pasou de gobernar a ter un 5% de intención de voto. O PSOE estalle vendo as orellas ao lobo, pero o seu descrédito é tan grande que as súas críticas a Podemos non teñen impacto.
NOS_51929
Ana Pontón, a líder do BNG, abriu a campaña na súa vila natal, en Sarria, xunto á familia. Nós Diario acudiu ao encontro para coñecer de perto a candidata. "Que non vos estrañe se me chaman Belén", avisou en referencia ao seu segundo nome, polo que a chaman na casa. Alí foi onde comezou a tomar conciencia sobre o país, as causas xustas e a loitar polo futuro.
Chorente (Sarria), a parroquia natal de Ana Pontón, foi o lugar escollido pola candidata nacionalista para iniciar a campaña. Esta sexta feira, 26 de xuño, abriu as portas da súa casa familiar, construída polo seu bisavó en 1904, para recibir os medios de comunicación e botar a ollada atrás, lembrar a cativa que medrou tomando conciencia do país desde Chorente e que hoxe aspira a ser a primeira muller e nacionalista en presidir Galiza. A súa nai, Aurita, e o seu pai, Luís, acompañaron onte con orgullo a súa filla. "Galiza precisa unha presidenta coma ti", díxolle a nai, "es honrada, boa persoa, boa política, traballadora e honesta. Eu diríalles ás galegas e aos galegos que lle desen unha oportunidade votándoa, non se van arrepentir". "Galiza precisa unha presidenta coma ti", díxolle a nai E é que xa de nena, contou Aurita, Ana tiña moitas inquedanzas. "Gustáballe ler, estudar e tiña unha gran capacidade de concentración. Facía trasnadas pero era boa". Na casa eran catro irmáns e compartir era o día a día, "mesmo as habitacións", lembrou Pontón. "Marcoume vivir nunha familia que me inculcou o valor do traballo e do esforzo, ensináronme que para conseguir as cousas hai que esforzarse, loitar polo que cres e levar a cabeza alta, orgullosas de quen somos". A familia tamén influíu na súa conciencia feminista, sinalou. "A miña avoa ensinoume a non aceptar discriminacións por sermos mulleres, e meu pai sempre me dixo que nunca dependese dun home e que fose unha muller independente". "Meu pai sempre me dixo que nunca dependese dun home e que fose unha muller independente" Desde nova tivo inquedanzas políticas ao ver "que as cousas non ían ben", e que había discriminación sobre a lingua e Galiza. No instituto viviu unha da súas primeiras loitas por mor dun conflito co director, que censurou a revista que facía con outras estudantes por levar un relato erótico homosexual redactado por un alumno. Pelexaron, buscaron financiamento pola súa conta e gañaron, facendo realidade a revista. Con 16 anos afiliouse á mocidade do BNG, Galiza Nova, estudou Políticas, aínda que dubidaba entre Xornalismo e Dereito, foi parlamentaria e en 2016 liderou o BNG nas eleccións galegas. Agora, catro anos despois, vese "con solidez e coñecemento do país" para presidilo. O colectivo como referente "Nunca fun mitómana", confesou Ana Pontón ao ser preguntada por líderes da política que tivese como referencia. "O que máis me inspira é o exemplo colectivo de moita xente que non é protagonista", sinalou en referencia á base nacionalista, galegas e galegos a quen responsabiliza da recuperación social e electoral do BNG. "Como na pandemia, quen me inspirou tamén foron todas esas persoas que traballaron na sanidade e servizos esenciais, como as caixeiras de supermercado", entre ás que citou a súa propia irmá.
NOS_36270
O Consello Ministerial español validou no día de onte o proxecto de lei orgánica coa que se considerarán agresións sexuais as accións e condutas que atenten contra a liberdade sexual. Esta lei afectará o Código Penal incluíndo nel o coñecido como "só si é si". Con esta expresión enténdense que non hai consentimento cando a vítima non manifeste libremente por actos exteriores concluíntes e inequívocos, conforme as circunstancias, a vontade expresa de participar no acto.
Oanteproxecto de Lei Orgánica Integral de Liberdade Sexual obtivo onte luz verde no Consello de Ministras e Ministros do Goberno español. O texto, elaborado polo departamento de Igualdade que dirixe a líder de Unidas Podemos Irene Montero, sinala como agresións sexuais toda acción e ou conduta que atente contra a liberdade sexual, e serán castigadas con penas de prisión que poderán ir de 1 a 4 anos. As condenas por violacións irán de 4 a 10 anos, aínda que se poderán elevar a 12 se concorre unha circunstancia agravante e a 15 se concorren dúas ou máis. O proxecto de lei elimina a diferenza entre abuso e agresión, logo dunha longa batalla do feminismo perante reiteradas sentenzas xudiciais que teñen favorecido homes violadores considerando que cometeran abuso en lugar de agresión sexual; sendo o último caso máis soado o recollido na primeira sentenza da "Manada", coa que se condenara os violadores dunha muller nos Sanfermíns de 2016 a nove anos de cadea por un delito de abuso cando o que cometeran fora violación múltiple. Será agresión sexual cando non haxa consentimento da vítima O anteproxecto recolle así o "só si é si", expresión que se refire precisamente ao consentimento para manter relacións sexuais. É aquí a cerna deste anteproxecto pois, desta maneira, pásase a considerar agresión se non hai consentimento da vítima, independentemente de que haxa ou non violencia explícita ou intimidación. "Entenderase que non existe consentimento cando a vítima non manifeste libremente por actos exteriores concluíntes e inequívocos, conforme ás circunstancias concorrentes, a súa vontade expresa de participar no acto", recolle o texto. "Xa non se trata de que as mulleres poñamos resistencia cando hai unha agresión, senón que se trata de que poidamos dicir 'non' a ter relacións sexuais. É un xiro copernicano e feminista do Código Penal", sinalaron fontes de Igualdade a Europa Press. Considerarase legalmente como violencia sexual a mutilación xenital feminina Precisamente a polémica interna desatada no seo do Goberno a pasada semana debeuse ao "bloqueo" que o Ministerio de Xustiza estaba a realizar sobre proxecto de lei de Igualdade debido a que o PSOE prefería reformar o Código Penal de maneira unitaria e non por partes, tal e como implica esta lei de Irene Montero. Isto é o que apuntaron as informacións que transcenderon a pasada terza feira, 25 de febreiro, desde a contorna de Igualdade. Porén, onte, tanto desde o PSOE como desde UP reivindicouse o novo texto e incidiron en que é do Executivo e non dunha parte do mesmo. O acoso na rúa A proposta de texto aprobada afectaría tamén ao Código Penal á hora de incluír como delito leve o acoso na rúa e en espazos privados como bares ou discotecas. Castigarase a quen cometa este delito con localización permanente e traballos comunitarios durante un mes ou ben, con multa. O acoso na rúa e neses espazos refírese ás situacións en que as mulleres son agredidas mediante comportamentos ou proposicións sexuais ou sexistas que crean na vítima unha situación intimidatoria ou humillante. Nese sentido, desde as mesmas fontes ministeriais sinalaron que "este delito require de denuncia por parte da vítima. Se a muller o entendese como unha loa ou piropo non o denunciará, mais se lle xera unha situación hostil, humillante ou intimidatoria, chamalo piropo é un problema do patriarcado". Igualdade tamén quer incluír no Código Penal a posibilidade de que nas condenas por matrimonio forzado se poida anular o casamento, para así non obrigar a vítima a ir a outro procedemento para mudar a situación civil. No anteproxecto de lei, ademais dos delitos sexuais contemplados no Código Penal, considéranse violencias sexuais a mutilación xenital feminina, o matrimonio forzado e a trata con fins de explotación sexual. Xulgados especializados en violencia sexual O Ministerio de Igualdade avoga por que existan xulgados especializados en violencia sexual, mais márcase un tempo dun ano para revisar as competencias dos xulgados de violencia sobre as mulleres, da Fiscalía e dos equipos técnicos, co obxectivo de analizar se estes poden asumir a especificidade ou non. A lei tamén implicará a creación dunha rede de servizos de información e asistencia integral especializada, con "centros de crises" para dar atención ás vítimas de delitos sexuais as 24 horas do día. Tamén se quere garantir o acceso a axudas económicas das vítimas destes delitos e inclúese por primeira vez nunha norma estatal o dereito á reparación integral, é dicir, a unha indemnización. O proxecto ha de remitirse agora aos órganos consultivos para a súa avaliación e, posteriormente, aprobarase como proxecto de Lei para chegar ao Congreso para a súa tramitación parlamentaria. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube
NOS_17390
Esta semana cun especial sobre o Día da Galiza Mártir ademais das seccións habituais.
No número once de Sermos Galiza dedicamos un especial de 12 páxinas ao Día da Galiza Mártir con textos de Uxío-Breogan Diéguez Cequiel, David Otero e Xoán Carlos Garrido. Ademais entrevistamos a Amalia Bóveda e publicamos un texto inédito de Ben Cho Sey. Esta semana revisamos a reforma lexislativa que quere realizar o PP para controlar o Parlamento galego e na crónica política a rebelión municipal ás políticas de recortes. Entrevistamos a Isabel Rauber. Falamos de Zara e o seu imperio e dos recortes de FEVE que poñen en perigo o fuuro da Mariña e a comunicación de todo o norte do país. A nivel internacional tratamos o Mercosur e en Deportes repasamos como foron as Olimpíadas a nivel galego cos mellores resultados da nosa historia.En Cultura falamos da situación do teatro galego e en Andar a Terra viaxamos á Costa da Morte e co Okapi revisitamos a tradución de Miguel Strogoff de Ánxela Gracián. A entrevista da contra é para Najla Shami.
NOS_44895
O presidente do Goberno español participa hoxe na sesión de control no Congreso ao Executivo estatal.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, acaba de anunciar no Congreso que o Executivo ten pensado aprobar unha rebaixa no Imposto do Valor Engadido (IVE) da luz, que pasará de 10% actual a 5%. O anuncio tivo lugar na sesión de control ao Goberno do Estado que decorre esta cuarta feira na Cámara baixa española, como resposta a unha pregunta de Esquerra Republicana (ERC). O prezo da luz aumentou en 1.025% no último ano O portavoz no Congreso de ERC, Gabriel Rufián, preguntou a Sánchez polas medidas que ten pensado adoptar o Executivo estatal para paliar a situación económica do Estado español, xa que "a xente non pode chegar a comprar froita en verán". Rufián asegurou que, de non atacar a inflación, "pódelles arrasar a vostedes e a nós no verán", en alusión a unha posíbel convocatoria anticipada de eleccións pasado o período estival. "Basta de parches, de cheques. Impostos ás grandes fortunas deste país, ás grandes empresas eléctricas e petroleiras. Fagan o que prometeron", sentenciou o deputado de Esquerra Republicana. A inflación castiga a cidadanía galega: o custo da vida subiu 9,6% no último ano, un punto por riba da media estatal Pola súa parte, o presidente español volveu sinalar a guerra en Ucraína como causante do encarecemento da vida, e mantivo que o seu Goberno está a tomar medidas para axudar a familias e empresas. Tamén lembrou que o pasado ano o Executivo estatal xa aprobara unha rebaixa do IVE da luz, que naquel momento estaba en 21%, a 10% actual. Rego ve a medida "insuficiente" Néstor Rego, portavoz do BNG no Congreso, entendeu que a medida "é insuficiente e que chega tarde". Lembrou que a formación nacionalista leva anos e, con insistencia nos últimos meses en relación coa suba de prezos, demandando a baixada do IVE da luz a 4% por ser un ben esencial, sempre defendendo que esa medida debe ir á par doutras que garantan que non se perdan ingresos e unha fiscalidade máis xusta. "É unha medida insuficiente se non ven acompañada dun imposto aos beneficios extraordinarios das eléctricas, que fan negocio con bens públicos como a auga ou o vento. Ou con medidas como unha modificación global da regulación do sistema eléctrico para rematar cos beneficios chovidos do ceo", puxo de manifesto o nacionalista, incidindo na necesidade de eliminar o mercado marxinalista e pasar ao pagamento polos custos de produción. Lembrando a proposta do BNG dunha empresa pública galega de enerxía e dunha tarifa eléctrica galega, Rego insistiu en que hai que camiñar "na creación de empresas públicas que dean marxe ás administracións para actuar no mercado eléctrico. Parécenos que é positivo que o Goberno do Estado escoite e execute as propostas do BNG mais se non se anuncian outro tipos de medidas, serán insuficientes" conclúe. Consello de Ministras e Ministros extraordinario Segundo explicou o presidente, esta rebaixa do IVE da luz será aprobada polo Consello de Ministras e Ministros extraordinario convocado para este sábado. Que medidas recolle o plan do Goberno español contra a crise? Esta xuntanza de carácter urxente dos integrantes do Executivo de Sánchez servirá tamén para aprobar outras medidas contra a inflación, recollidas no novo decreto para facer fronte ás consecuencias da alza dos prezos.
NOS_12021
A folga de transporte por estrada entra no seu sétimo día. Os efectos déixanse notar en diferentes esferas da economía e os transportistas insisten en continuar coas súas reivindicacións. O incremento do prezo do gasóleo en 52,5% no último ano fai "inviábel" continuar coa actividade a moitas empresas e autónomos.
Os custos de produción do transporte de mercadorías por estrada atópanse en máximos históricos. Mentres en marzo de 2021 o prezo medio do gasóleo na Galiza estivo en 1,18 euros, a día de onte marcou 1,80 euros, rexistrando unha suba no período de 52,5%. A este respecto, Silvia Chaves, administradora dunha pequena empresa de transporte en Rois, comenta que "a situación que vivimos é asfixiante, sendo imposíbel coa alza do último mes repercutir os custos ao cliente". "O paro é para nós unha necesidade, porque estas subas lévannos á ruína e iso obríganos a parar", asegura a Nós Diario. A suba dos custos Chaves lembra que "non só é que se estea a incrementar o prezo do gasóleo, senón tamén o doutros produtos e materiais necesarios para que funcione o vehículo". Neste sentido, refírese á suba do adblue, un líquido de uso obrigado que reduce as emisións e a contaminación dos camións, cuxo custo é 200% máis elevado que hai un ano. Asemade, pon o foco na suba de equipamentos como as rodas, 43% superior a marzo de 2021, e defende continuar coa folga até que "o Goberno do Estado interveña para fixar unhas condicións que nos permitan traballar". 'A folga vai seguir' José Angel Rodríguez é un autónomo de Narón que participa do grupo de transportistas concentrados no polígono da localidade. En declaracións a Nós Diario amósase convencido de que "a folga vai seguir e vaise endurecer aínda máis nos vindeiros días, porque a cada momento se está sumando máis xente" e adianta que "vimos de elaborar un documento coas nosas reivindicacións para achegalas ás Administracións". Na mesma liña, sinala que "o grupo concentrado no polígono empresarial do Río de Pozo, en Narón, está formado por autónomos, unha parte importante deles dedicados ao sector forestal". Natalia Blanco é a coordinadora xeral da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada da Galiza (Apetamcor). A entidade, fundada hai máis de 30 anos e integrada a nivel de Estado na Federación Nacional de Asociacións de Transporte de España (Fenadismer), agrupa autónomos e pequenas e medianas empresas do sector, sendo unha das organizacións convocantes do paro do transporte na Galiza. Blanco destaca a "independencia política da asociación", nega calquera vinculación coa extrema dereita e afirma que "só estamos dando voz aos nosos asociados". 'Poder traballar' Blanco sinala Nós Diario que "reivindicamos poder traballar por enriba de custos, por iso é necesario que o Goberno do Estado interveña, porque non podemos deixar que sexan as cargadoras as que fixen os prezos dos portes". "As grandes empresas teñen máis remanente e máis capacidade de presión para repercutir os prezos aos seus clientes, porén as pequenas compañías ou os autónomos carecen desa capacidade de negociación, empregando as grandes empresas moitas veces aos autónomos para realizar os servizos e actuando elas como operadores loxísticos", explica. "O sector do transporte de mercadorías por estrada está pasando por un dos momentos máis críticos dos últimos tempos, no que a precariedade e a desesperación son protagonista" afirma Blanco, que significa que "o transporte profesional non é culpábel da inflación de prezos nin do desabastecemento social, nin moral nin legalmente. Nós somos os prexudicados, e non imos permitir que caia nas nosas costas unha responsabilidade que é do Goberno do Estado", di. Nese sentido, aposta pola "intervención dos prezos do carburante por parte do Goberno" estatal.
NOS_37266
Jordi Sànchez vai recorrer perante o Tribunal Supremo, mais tamén perante o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos, o veto do xuíz Llarena á súa presenza física no pleno de investidura.
Roger Torrent, president do Parlament, resolveu a pasada sexta feira aprazar a sesión de investidura de Sànchez, inicialmente prevista para esta segunda feira 12M. O adiamento é sine die, á espera de o Tribunal Europeu de Dereitos Humanos resolver sobre as medidas cautelares instadas polo preso político. En todo caso, nos ambientes políticos e mediáticos do independentismo dáse por amortizado que a sala segunda do Tribunal Supremo resolverá en contra de Sànchez e, portanto, inviabilizará a súa elección como president, pois que previamente o Tribunal Constitucional se preocupara de colocar como requisito previo para calquera investidura a presenza física do candidato no hemiciclo. Se o TS viñer a confirmar a decisión de Llarena, que alternativas ten perante si o bloco soberanista? Basicamente tres: a) propor un candidato alternativo a Sànchez envolvido no dossier xudicial contra o independentismo, podería ser Jordi Turrull; b) propor un candidato non comprometido polas investigacións do Supremo e c) ir a novas eleccións. Nas hipóteses a) e b) o bloco JxCat e ERC ten un problema previo a resolver: precisan do apoio da CUP. A candidatura anti-capitalista vetou Sànchez por ver nel un perfil autonomista, mais a formación reúne o sábado 17M para avaliar a nova oferta "republicana" realizada conxuntamente polas formacións de Puigdemont e Junqueras. A hipótese da que menos gostan as marcas soberanistas é a de voltar a convocar as urnas, nomeadamente porque o máis probábel é que para a altura en que se realizarían -unha incógnita- nen Puigdemont nen Junqueras poderían ser candidatos, sendo que todo indica que no curso do actual proceso xudicial acabarán sendo inhabilitados polo Tribunal Supremo.
NOS_31238
Queren reunir medio millón de firmas para unha ILP que blinde o ensino do español en todo o Estado. Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, é tamén presidenta de Hablamos Español. "En Galiza apróbanse normas que eliminan o español de materias clave".
Trinta mil sinaturas reunidas en apenas unha xornada e en Madrid para 'blindar' o español no ensino e nas institucións públicas en todo o Estado e contra a 'imposición' de galego, catalán e euskera. A plataforma Hablamos Español, que preside Gloria Lago (Galicia Bilingüe) iniciou a pasada sexta feira unha recollida de firmas para levar ao Congreso español unha iniciativa lexislativa popular (ILP) con ese obxectivo. Según afirma, reuniu 30.000 sinaturas na xornada de inicio da campaña. "Os españois cada vez están máis concienciados do problema lingüístico que existe en moitas comunidades", afirmou Gloria Lago, que asegurou que a recollida de sinaturas vai estenderse por todo o Estado español. A seguinte parada após Madrid é Barcelona. Ademais desas 30.000 sinaturas que Hablemos Español afirma que reuniu en Madrid nun único día (o pasado 8 de decembro, entre as 10:00 e as 22:00 horas), tamén logrou, aseguran, que 516 persoas se fixesen "fedatarias" para recoller sinaturas por todo o Estado español. "En Cataluña xa non se pode estudar ningunha asignatura en español. En País Vasco entorpécese a elección na nosa lingua. En Baleares, Galiza ou Valencia apróbanse normas que eliminan (o español) de materias clave, disfrazando esta imposición baixo nomes como 'plurilingüismo'", afirman desde a plataforma. Formacións como Vox ou UPyD colgaron nas súas contas nas redes sociais imaxes de representantes destas formacións asinando a proposta.
NOS_50316
A EPA sinala un incremento do número de persoas desempregadas (11.900), un dos territorios onde a suba é maior. Aliás, descende a ocupación que volve situarse por baixo do millón de persoas.
Esta quinta feira (23 de abril) fíxose pública a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre de 2015. Segundo os dados do estudo, Galiza sitúase entre os territorios onde máis se incrementou. Neste senso, Galiza conta con 11.900 persoas máis no desemprego que no último trimestre de 2014. A taxa de paro é do 21,83% e en cifras absolutas atinxe a 275,7 mil persoas. A taxa de ocupación sitúase no 41.8%. Menos dun millón de persoas Aliás, nos primeiros meses do ano continuaron a se destruír postos de traballo caendo a ocupación por baixo do millón de persoas (987,5 mil persoas). A taxa de ocupación sitúase no 41,8%. A queda prodúcese en ambos os dous sexos, porén, é maior a súa incidencia entre as mulleres. Neste senso, o número de homes ocupados cae en 3.400 persoas mentres que entre as mulleres pérdense 9.500 ocupadas. En termos interanuais a ocupación aumentou en 4.700 persoas o que supón o 0,5%. En troca, no conxunto do Estado español o número de persoas desempregadas descendeu tendo atopado emprego nos últimos meses 504.200 persoas. Porcentualmente o paro sitúase no promedio español no 23,75%, 2,15 puntos menos que no último ano, segundo a EPA. No primeiro trimestre de 2015 hai 19.400 contratos temporais máis que no mesmo período de 2014 Por sectores, a EPA reflicte un incremento no número de empregad@s correspondente ao sector da construción (4,6%), mentres que caen na agricultura e pesca (-0,3%), a industria (-1,5%) e nomeadamente o sector servizos (-1,9%). Aumenta a temporalidade En relación coa modalidade contractual na Galiza continúan a ser maioritarios os contratos indefinidos que atinxen 591,5 mil persoas dun total de 774 mil asalariadas. Porén, en relación cos primeiros meses de 2014 o número de contratos indefinidos descendeu o 1,6% (9.400 menos). Pola contra, o número de contratos temporais (182,5 mil, na actualidade) aumentaron case o 12%, é dicir, 19.400 persoas. 6.500 novos fogares sen ocupación No primeiro trimestre de 2015 aumentaron as vivendas nas que ningunha persoa activa ten ocupación atinxindo 94.900 fogares en todo o país. A Enquisa de Poboación Activa fotografía a realidade económica dos máis dun millón de fogares galegos. No primeiro trimestre de 2015 aumentaron o número de familias que teñen todos os seus integrantes activos no desemprego. Isto é, 6.500 novos fogares non obteñen renda do traballo dos seus membros. Unha realidade que se reproduce en 94.900 casos. Porén, esta cifra reduciuse a respeito do mesmo período de 2014 representando o 6,5% menos que a comezos do pasado ano. No noso país hai 517,8 fogares nos que todas as persoas activas teñen traballo fronte ás 747,5 familias nas que polo menos hai un activo ocupado. A cifra que continúa a se incrementar de maneira constante é a de fogares nos que todas as persoas que moran son inactivas --nomeadamente xubilados-- que ascende a 332,5. Trátase de 2 mil 200 máis que o trimestre pasado e 7.900 máis que no mesmo período de 2014.
PRAZA_11098
Os fogares con "moitas" dificultades para chegar a fin de mes baixaron ao seu mínimo histórico, pero os que admiten ter dificultades aumentan case dez puntos en tres meses. O empeoramento das economías familiares chega nun contexto de incertezas económicas no ámbito internacional acompañadas, no caso galego, por varias e preocupantes frontes abertas na industria
A economía global da síntomas de "arrefriamento", segundo advirten diversas autoridades políticas e financeiras nos últimos meses. As guerras comerciais emprendidas polo goberno dos Estados Unidos, a incerteza provocada polo caótico Brexit ou as tensións xeopolíticas en torno a países produtores de petróleo son as luces vermellas nun panorama que, por veces, evoca o de hai unha década. Mesmo con algún xigante empresarial a caer na quebra -aparentemente- de xeito repentino. Será Thomas Cook á década dos 20 o que simbolicamente foi Lehman Brothers á dos 10?Os datos da economía dos fogares chegan nun contexto de incertezas económicas no ámbito internacional acompañadas, no caso galego, por varias e preocupantes frontes abertas na industriaAs inquietudes económicas, que no caso galego veñen acompañadas por varias e preocupantes frontes abertas en varias industrias, teñen como pano de fondo o bloqueo político estatal. Todos estes factores semellan impactar xa na economía cotiá, nos medos a unha nova crise que, como veñen de alertar a Fundación FOESSA e Cáritas, collerían a gran parte da poboación galega moito máis desprotexida que hai dez anos. Este é o contexto no que chegan os datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE) a respecto da economía dos fogares galegos, segundo os cales os fogares galegos con problemas para chegar a fin de mes veñen de rexistrar o seu maior incremento en oito anos.Os fogares con "moitas" dificultades para chegar a fin de mes baixaron ao seu mínimo histórico, pero os que admiten ter dificultades aumentan case dez puntos en tres mesesA enquisa divulgada polo IGE apunta un descenso dos fogares que din chegar con "moita" dificultade a fin de mes, ata apenas o 5,22% -o mínimo da serie histórica- no terceiro trimestre de 2019. Pero tamén detecta un incremento de case dez puntos con respecto ao trimestre anterior daqueles que admiten teren dificultades para chegar con recursos dabondo ao remate do mes. O resultado de agregar os fogares que chegan con dificultades e con moitas dificultades a fin de mes dispara o resultado ata o 42,37% do total. Ou, o que é o mesmo, 7,86 puntos máis que tres meses antes. Non se producía un incremento intertrimestral superior aos 7 puntos dende o ano 2011, en plena recesión económica.O crecemento interanual dos fogares con problemas económicos é o maior dende 2014, ano no que o paro tocou teito en GaliciaEn termos interanuais o incremento non é tan pronunciado, pero tamén é rechamante. Os fogares con dificultades ou con moitas dificultades para chegar a fin de mes en Galicia aumentan 2,5 puntos con relación ao mesmo trimestre do ano anterior. É un valor semellante ao de mediados do ano 2014, cando o desemprego viña de tocar teito en Galicia, tamén en plena crise.Estes síntomas de pesimismo económico a nivel de rúa prodúcense nun contexto no que, así e todo, os fogares nos que se chega "con facilidade ou moita facilidade" a final de mes son, cando menos polo momento, máis da metade do total. Sitúanse, segundo o IGE, na contorna do 58%. Experimentan, non obstante, un descenso de case oito puntos con relación ao trimestre anterior. Con estes datos sobre a mesa, coñecidos no mesmo día en que os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social apuntaban á destrución duns 7.000 empregos nun mes, a Xunta pon o foco na lectura máis optimista das posibles. "O número de fogares galegos que chegan con moita dificultade a fin de mes baixou" ata a "menor cifra de toda a serie histórica", subliñou nun comunicado a Consellería de Economía. Ademais, o Goberno galego apunta tamén a outros indicadores como "un aumento do indicador da capacidade futura de aforro".
NOS_51848
O Viaxes Amarelle, recén ascendido, aspira a manter a categoría e facer un bo papel.
O vindeiro 17 de outubro comeza a competición oficial na Primeira División do Fútbol Sala feminino, que esta edición contará con cinco representantes galegos. Divididos en dous subgrupos, veremos a Cidade das Burgas GLS, Ourense CF Envialia, Pescados Rubén Burela, Poio Pescamar FS e o ascendido Viaxes Amarelle FS. A competición estreará un novo sistema a través de subgrupos "baixo o formato de cremalleira", segundo informan desde a Federación Galega de Fútbol. Desta maneira, facilitaríase máis xornadas de descanso e os desprazamentos entre semana. Os grupos constarán de 9 equipos cada un, 18 en total, que nunha primeira fase disputarán unha liga regular a dobre volta en cada subgrupo con 18 xornadas e 16 partidos. Na segunda fase, coa clasificación final dos subgrupos, conformarase outra na que os equipos se enfrontarán a aqueles cos que non xogou. Os catro primeiros equipos disputarán o Playoff polo Título de Campión de Liga e os que descendan serán os que queden nas catro últimas posicións. Composición dos grupos A máxima categoría estatal do fútbol sala feminino quedará, desta maneira, co Subgrupo A confeccionado por CD Leganés, Atlético Navalcarnero, Poio Pescamar FS, Cidade das Burgas GLS, Ourense CF Envialia, Viaxes Amarelle FS, AE Penya Esplugues, Gran Canaria FSF Teldeportivo e STV Roldán FS. No Subgrupo B enfrontaranse Pescados Rubén Burela FS, Sala Zaragoza, Intersala Promesas Zaragoza, Rayo Majadahonda, FSF Móstoles, Xaloc Alacant FS, Universidad de Alicante, Melilla Sport Capital Torreblanca FS e AD Alcorcón FS. A xornada 18, última do campionato regular, realizarase o día 13 de marzo de 2021. Ilusión no Viaxes Amarelle por voltar a Primeira O adestrador do Viaxes Amarelle, Jorge Basanta, recoñece a Nós Diario que afrontan a volta a Primeira división "con ilusión" mais sabendo que "son un equipo humilde e co orzamento máis baixo da categoría". En relación ao calendario proposto asegura que o anterior "era un pouco irreal" por non contar con xornadas nas que incorporar partidos suspendidos. "Levamos mes e medio traballando e adaptando as xogadoras que viñeron novas para comezar nas mellores condicións", indica Basanta. Nas espectativas para esta tempada está a experiencia de hai dous anos cando non conseguiron manter a categoría competindo con xogadoras moi novas. O adestrador queda coa pasada na que "rematamos sen perder nin un só partido" polo que cre que están preparadas para manterse na categoría.
NOS_6759
Musk prevé recortar o cadro de persoal en perto de 75%.
O magnate estadounidense Elon Musk confirmou esta quinta feira o feche da compra da rede social Twitter por un total de 44.000 millóns de euros. Nun vídeo subido na súa conta, Musk ensina como entrou nas oficinas da compañía asegurando que fai a transacción "polo futuro da civilización". Elon Musk compra Twitter: que pasará agora? En realidade, o dono de Tesla e SpaceX, entre outras, estaba obrigado a realizar a compra por orde xudicial. Unha xuíza estabelecera un prazo para que Musk finalizase o proceso de adquisición de Twitter. Un prazo que remataba esta sexta feira. No caso de que Musk non levase a cabo a compra, Twitter xa anunciara que levaría o magnate dos EUA aos tribunais, despois de que este intentase reducir o prezo inicialmente pactado e mesmo se botase atrás na compra da rede social. Twitter. Gorida dos pedófilos O obxectivo final desta compra sería o desenvolvemento dun ambicioso proxecto de Musk, consistente en artellar unha rede social "multiusos" que el mesmo deu en denominar 'X, a aplicación para todo'. Primeira medida á fronte de Twitter Segundo informou A, a primeira medida de Elon Musk como dirixente de Twitter será recortar o cadro de persoal en perto de 75%, tal e como el mesmo trasladou aos investidores nunha recente reunión. A primeira medida de Elon Musk após comprar Twitter: despedir 75% do persoal A propia compañía xa contaba con prescindir de parte dos seus traballadores e traballadoras debido ás circunstancias económicas; porén, e con base na mesma información, nos seus plans non entraba despedir o que serán case tres cuartas partes do total, isto é, unhas 5.500 persoas das máis de 7.500 que ten en nómina. Os recortes anunciados por Musk, aliás, non só afectarían as e os empregados, senón tamén á infraestrutura de Twitter e os centros de datos que permiten o funcionamento da rede social, polo que tamén se verían prexudicados os millóns de persoas usuarias, por mor do "risco de posíbeis hackeos e exposición maior a material ofensivo".
NOS_32105
Neste 2012 na Galiza disolvéronse perto de 1.500 empresas. Aliás, os concursos de acreedores incrementáronse nestes meses nun 46%
Un total de 1.449 empresas disvolvéronse na Galiza entre xaneiro e setembro, segundo os datos da consultora D&G. Isto supón un incemento do 26 por cento en firmas que pasaron por este proceso, mentres que a media a nivel de estado español está no 17%, case dez puntos menos. Comercio, construcción e inmobiliarias foron os sectores nos que máis empresas se disolveron nestes últimos meses. Ramos onde a crise económica bate con especial intensidade. Mais tamén na industria Nestes nove meses, os concursos de acreedores que se presentaron en Galiza foron 385, o que supón un incremento do 49% en relación ao mesmo periodo de 2011, 20 puntos máis que a media do estado español, onde o aumento foi do 28%. Destrución de empresas a ritmo de vertixe Entre 2008 e 2010 Galiza perdeu 4.500 empresas, na súa gran maioría pemes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). Nese mesmo período, a destrución de emprego no noso país xerou que houbese perto de 70.000 novas persoas desempregadas. O Consello Económico e Social (CES) alertaba xa en 2010 que pola volta do 8% das empresas disoltas no conxunto do estado eran galegas. Paralelamente, nestes anos o desemprego disparouse. A destrución de emprego e o aumento do número de persoas desempregadas produciuse en todos os sectores, aínda que foi máis marcada na construción e industria (con especial incidencia en eidos fulcrais para o país, como o naval ou a automoción) . Aliás, desas 276.000 persoas que están desempregadas, 76.000 son de longa duración. Na construción, durante o mandato de Feijóo o desemprego aumentou en 4.000 persoas. Mais foi en servizos onde o desemprego se disparou nestes tres anos e medio, ao pasar de 58.000 desempregad@s a máis de 85.000. Ademais, co capítulo en que figuran as persoas que procuran o seu primeiro traballo ou ben pederon o anterior hai máis dun ano, pasouse das 60.400 que había cando Feijóo asumiu a presidencia da Xunta ás 141.100 dese verán. Menos capital investido Nestes mesmos meses creáronse 3.200 empresas. A suma total do capital investido nelas é de 184 millóns de euros, o que supón un descenso do 58% a respecto de 2011.
NOS_30101
O Festival Internacional de Documentais de Tui, que arrinca esta cuarta feira, exhibirá 12 filmes de autoría galega que representan distintas formas de se achegar ao cine de non ficción. O convidado especial deste ano é o controvertido director franco-canadiano Dominic Gagnon.
A organización do Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui presentou hoxe, segunda feira, a programación da súa décimo terceira edición, que se desenvolverá do 22 ao 26 de marzo, e que incluirá unha sección titulada 'Cinema galego' con 12 filmes que representan distintas formas de entender o cine de non ficción e entre as que destaca, así mesmo, unha forte presenza feminina. Esta semana poderá verse en Tui a multipremiada nos recente Mestre Mateo 'Esquece Monelos', de Ángeles Huerta, xunto con cinco estreas mundiais ('Aysha', de Fon Cortizo; 'Una vez fuimos salvajes', de Carmen Bellas; 'Lenda Negra', de Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vincentelli; 'Quiasma', de Tono Mejuto, e 'O equilibrio dous opostos', de Alberto Baamonde) e unha preestrea ('Rapa das bestas', de Jaione Camborda. Completan a selección galega 'La fuga de los 45', de Cristina Caamaño; 'Montañas ardientes que vomitan fuego', de Helena Girón e Samuel M. Delgado; 'Rust', de Eloy Domínguez Serén; 'Manuel Vilariño. Ser luz', de José Manuel Mouriño; e 'Vai chover', de Santiago D. Risco. Dominic Ganhon Alén da programación galega, haberá estreas mundiais, óperas primas e xoias do pasado rescatadas para a ocasión. A maiores da súa especial atención á produción galega, o festival desenvólvese arredor da competición internacional e de diferentes seccións especiais, como a que lle dedica ao franco-canadiano Dominic Gagnon, director tan innovador como polémico, quen visitará Tui para a exhibición de cinco dos seus filmes e a preestrea da súa última obra, así como para impartir unha masterclass e para presentar un programa especial de Cinéma Direct canadense. Ademais, froito da colaboración da Xunta de Galicia co Play-Doc, esténdese tamén á actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia), que contribúe á difusión das figuras internacionais que cada ano visitan Tui. Neste caso, a filmoteca galega dedicaralle a Dominic Gagnon unha retrospectiva do 27 de abril ao 7 de marzo na súa sede da Coruña.
NOS_50242
O equipo de letrados que defende a familia do mozo coruñés asasinado en xaneiro de 2020 en Manila, presuntamente a mans da Policía filipina, quere que o xuízo decorra na capital do país e urxen evitar "presións sobre o xuíz".
O equipo de avogados que leva o caso de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado en Manila (Filipinas) en xaneiro de 2020, solicitará ao tribunal responsábel unha orde de prohibición de abandono do país para os tres policías acusados nesta causa. Nun comunicado advirten a este respecto, aliás, que esta medida podería ir acompañada do lanzamento dunha alerta á Interpol. Tentarán así "dar un novo impulso ao procedemento e conseguir que decorra, á fin, o ansiado xuízo para o esclarecemento dos feitos". Con ese obxectivo, alén da orde de non abandonar o país, os letrados contratados pola familia presentarán perante o xulgado que tramita o procedemento na provincia de Surigao do Norte a solicitude de cambio de xurisdición ante o Tribunal Rexional de Surigao. Os letrados queren evitar "posíbeis presións sobre o xuíz" "De acordo cunha nova circular recente da Corte Suprema, as solicitudes de cambio de xurisdición xa non se presentan ante a Corte Suprema senón ante os Tribunais Rexionais, e é o xuíz encargado do tribunal correspondente quen resolve", explican. A solicitude será presentada persoalmente polos letrados "para evitar posíbeis presións sobre o xuíz" e pedirán que o caso sexa levado á capital, Manila, "ao tratarse dun asunto de suma importancia e cunha gran relevancia internacional". Por outra parte, reuniranse cos responsábeis dos bancos onde Diego tiña fondos para ver se se poden liberar finalmente, "após máis de dous anos de continuas trabas administrativas e burocráticas". Tanto a familia como os seus achegados móstranse "sorprendidos" de que malia o cambio de goberno en Filipinas —o pasado xuño— non se produciron aínda detencións. Lembran que se lles concedeu aos tres policías acusados do asasinato unha suspensión de emprego con soldo desde o momento en que se coñeceu a súa imputación. Segundo apuntan, manteñen activas as súas redes sociais e a xente da illa é coñecedora do paradoiro dos policías. A ONU denuncia o "asasinato" de activistas pola Policía de Filipinas "A imaxe que traslada o Goberno filipino é de total impunidade fronte aos presuntos asasinos do coruñés, debido a que a Policía nacional filipina non está polo labor de executar a orde xudicial que, a pesar dos recursos interpostos polos letrados dos policías, é firme ao desestimarse todos e cada un deles", censuran.
PRAZA_14461
A vinte e catro horas da Conferencia de Presidentes o titular da Xunta e candidato á reelección evita, ante o seu xefe de filas, censurar unhas contas que "non lle gustan a ninguén" pero son "responsables". PSdeG e BNG censuran a súa "compracencia" e "submisión"
Disque a crise e as súas derivadas mudan practicamente todo, tamén moitos conceptos e tamén na política. Isto semella a ser o que está a acontecer cun dos lugares comúns máis reiterados dende que existe o Estado das autonomías: o "goberno amigo", xeralmente invocado para definir o fenómeno consistente en que o Goberno central e o dunha autonomía estean xestionados pola mesma forza política, polos beneficios que pode a comunidade en cuestión pode tirar desta coincidencia. Dende o inicio das estreiteces económicas o fenómeno do goberno amigo comezou a debilitarse. Aconteceulle en certa medida a Zapatero e semella reproducirse, aínda que con maior intensidade, baixo o mandato de Rajoy. O último destes episodios ten que ver coa presentación dos recortadísimos Orzamentos Xerais para 2013, unhas contas que non deixan satisfeito practicamente a ninguén, ata o punto de que varios baróns do PP apostan por censuralos abertamente. Así e todo, tamén existen dirixentes autonómicos populares que manifestan o seu apoio cara a estas contas, caso por exemplo do presidente da Xunta e candidato a reelección. Feijóo: "Por fin temos un orzamento que non mente nos ingresos e que se enfronta aos principais problemas con rigor" A primeira oportunidade de valorar en público os Orzamentos tívoa Feijóo este luns en Madrid, na quenda de preguntas posterior a un almorzo informativo no que Mariano Rajoy exerceu de presentador. Sentado ao carón de Rajoy, Feijóo foi cuestionado pola súa opinión sobre as contas, que prevén unha baixada de 400 millóns de euros para Galicia a respecto de 2012. E o actual xefe do Goberno galego considerou que os Orzamentos "non lle gustan a ninguén, nin sequera ao que os fixo", pero son "responsables e realistas" e, ademais, "por fin temos un orzamento que non mente nos ingresos e que se enfronta aos principais problemas do país con rigor e seriedade", di. Segundo Feijóo a todos os gobernos autonómos "lles gustaría ter máis investimento" pero ve "priorizados" os "gastos inaprazables" e "os servizos públicos esenciais". Valencia, Baleares e Aragón censuran abertamente as contas por "inxustas" e reclaman máis fondos A vinte e catro horas da Conferencia de Presidentes que reunirá en Madrid a todos os mandatarios autonómicos, a valoración de Feijóo actuou cun pano quente no Goberno de Rajoy mentres lle chegaban xerras colmadas de auga fría dende as filas do seu propio partido. Así, por exemplo, dende a Comunitat Valenciana o seu presidente, Alberto Fabra, recoñece abertamente que "quere máis" duns Orzamentos que ve "inxustos". "Se hai poucos cartos ten que haber para todos; non pode haber para algúns, que son case os de sempre" e que "outros sigamos discriminados". Neste contexto, Fabra anuncia que tentará "presionar" para cambiar as partidas económicas de 2013, o mesmo que a presidenta aragonesa, Luisa Fernanda Rudi, que insta a "mellorar" o proxecto, ou o seu conselleiro de Economía, Roberto Bermúdez de Castro, que se confesa "perplexo e ata un punto indignado" cuns orzamentos "nada positivos". Nun sentido semellante se pronuncia o presidente de Balears, José Ramón Bauzá, para que as contas elaboradas polo Goberno do seu xefe de filas son "absolutamente inxustas. Para Bauzá "os cidadáns non merecen de ningunha maneira" unhas contas coma estas, as segundas de Rajoy como presidente, menos aínda tendo en conta que o seu gabinete "está cumprindo os obxectivos orzamentarios e de déficit". Por todo isto, afirma, xa lle transmitiu o seu "disgusto" ao ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. En plena rebelión a bordo, ademais de Feijóo a única voz autonómica do PP que saíu en defensa dos Orzamentos é a da presidenta de Castilla-La Mancha e secretaria xeral do partido, Dolores de Cospedal. Para a número dous de Rajoy cómpren "responsabilidade" e "altura de miras" porque os Orzamentos "poden non gustarlle a moita xente" pero "son responsables e coherentes". "Ou saímos todos ou non saímos ningún", proclama De Cospedal, nun panorama no que "hai cousas que, aínda que non gusten, hai que facelas".
NOS_38287
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que a proposta "de Carolina Bescansa" dunha mesa de diálogo con esta formación e o PSdeG é unha "cortina de fume para tapar a grave crise" de En Marea.
A oferta feita desde En Marea e avanzada por Carolina Bescansa de propor unha "mesa polo cambio político" a PSdeG e BNG será avaliada polos órganos de dirección da fronte nacionalista, que serán os que dean a resposta á mesma. Así o afirmou esta segunda feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que tamén advertiu que o Bloque "non será a sucursal de Podemos nin parte do decorado electoral de Bescansa". Para Pontón, a proposta feita pola dirixente de Podemos é "unha cortina de fume para tapar a grave crise de En Marea". Dixo que o BNG amousou durante todos estes anos que propiciou gobernos "alternativos ao Partido Popular" mentres que nestes seis meses foi comprobábel, dixo, que "Podemos non tiña esa mesma prioridade". "Os seus intereses partidistas estiveron por riba da defensa de esa consigna que agora axitan". Pontón manifestou que Podemos ten unha estratexia de carácter estatal e nesa confluencia Galiza está desaparecida e sen voz, tendo nas eleccións do 26X os galegos e galegas unha segunda oportunidade para recuperar a "voz propia no Congreso" a través do BNG. Ana Pontón fiscalizará Feijóo Na comparecencia ante os medios de comunicación, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou cambios no grupo parlamentario no que resta de Lexislatura adiantando unha coportavocía na que a deputada Ana Pontón formulará as preguntas ao Feijóo e Francisco Jorquera asumirá a coordinación do grupo parlamentario e a representación do BNG na Xunta de Portavoces.
NOS_3969
Esta cuarta feira comezou a novena edición do Festival Internacional de Arpa de Noia cun primeiro Encontro das Escolas de Arpa da Galiza. O festival dedicado a este instrumento conta cun programa internacional de primeiras figuras que mostrarán a versatilidade e diversidade da creación musical contemporánea.
A estratexia da maioría dos festivais consiste en competir por ter máis audiencia e máis "visibilidade" a base de programar artistas que se repiten nos carteis das diferentes citas do verán. Outros, porén, loitan por crear unha personalidade única que lle permita ao público confiar nun programa menos cheo de estrelas mediáticas mais cunha calidade contrastada que permite aventurarse en territorios musicais exquisitos fuxindo da estandarización. O Noia Harp Fest -o Festival Internacional de Arpa Vila de Noia- que iniciou onte a súa novena edición, é destes últimos. O seu director, Rodrigo Romaní, destaca, precisamente, "a variedade e a calidade. Puxemos o listón moi alto para participar e iso dános un programa con primeiras figuras. Os concertos da tarde teñen unha vocación máis íntima e os da noite máis festiva, pero non me atrevería a destacar nada porque xustamente o que buscamos foi que houbese diversidade", explica en conversa con Nós Diario. O programa iniciouse onte cun concerto do alumnado das escolas de arpa da Galiza, que dan unha medida do estado de saúde da música para este instrumento no país. "Neste momento hai cinco escolas de arpa, cando hai poucos anos só existía a de Vigo. Iso quere dicir que existe interese polo instrumento e polo seu repertorio. Temos un referente internacional no campo da música antiga que é Manuel Vilas, que ofrecerá un concerto o día 5 xunto con Paulina Ceremuzynska. Dentro do que se podería achegar máis á música tradicional temos a Beatriz Martínez, que vén de publicar o seu primeiro disco, que xa se converteu na figura máis relevante da arpa céltica na Galiza e que tocará o día 4 con Diego Langarika ao buzuki e guitarra acústica. Agora existe un abano de intérpretes que nos permite dicir que a saúde da arpa na Galiza evoluciona favorabelmente", brinca Romaní. Beatriz Martínez, arpista: "A arpa ten algunhas características moi curiosas, unha delas é que enseguida atrae" Fusión de estéticas O programa deste ano inclúe concertos tan singulares como o de Kora Jazz Trío -o día 6 ás 23 horas-, unha formación que inclúe a kora, un instrumento africano semellante á arpa tradicionalmente tocado pola etnia mandinga. Ou o que dará o Trío Clepsidra, que explora o repertorio existente para arpa, viola e frauta traveseira en todas as súas modalidades, antigo, clásico e contemporáneo. "Calquera persoa que estea un pouco atenta pode comprobar que na actualidade os límites que definen os xéneros son moi flexíbeis, e iso é marabilloso", comenta Romaní. "Hai unha xeración de músicos que está moi preparada tecnicamente e que non entende de fronteiras xenéricas: xente con formación académica que non ten ningún problema en tocar outras músicas -desde o jazz até o hip hop, pasando por todas as variantes que queiras- e, ao revés, xente que procede de xéneros máis urbanos pero que comprende que o académico proporciona unhas ferramentas moi importantes. Hai moitos artistas que pasan dunha estética a outra, ou que fusionan estilos, cun respecto moi grande por todos os modos de enfrontarse á creación musical. Iso hai uns anos non ocorría e creo que é moi positivo para a música". O feito de dedicar o festival a un instrumento e non a unha estética particular propicia esa mestura de estilos que se pode atopar no Noia Harp Fest, no que o público pode atopar os relatos de Anna Amigó -o día 7- que explica e canta historias tradicionais de Catalunya; ou o dúo formado por Savourna Stevenson e Steve Kettley que rompen as barreiras entre o clásico e o popular desde as súas raíces escocesas; ou o Lune Bleue Trio, liderado por Clotilde Trouillaud, que desafía a forma de entender a música para arpa nun país de longa tradición arpística como é a Bretaña. O trío do guitarrista Rafa Fernández xunto coa arpista Bleuenn Le Friec, pola súa parte, explorarán as posibilidades de integrar o audiovisual nun concerto que oscilará entre o contemporáneo e a música ambient, o día 6, no Teatro Coliseo Noela. Alba Barreiro amplía co seu novo disco o repertorio galego para arpa Premio de Composición Esta edición do Noia Harp Festival, ademais, presenta como novidade a convocatoria da primeira edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. "É un premio que está dirixido a ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra, neste caso, no campo da música académica", declara o director do festival. "Sempre é complicado convocar un premio destas características, porque unha recompensa en metálico que aquí se ve como tentadora, para un músico noruegués pode non ser atraente. Por iso, ademais do premio en metálico, ofrecemos a estrea da obra da man da Real Filharmonía da Galiza na tempada 2022-2023. Esperamos que teña éxito e que poidamos contar con boas obras". Sons femininos na catedral de Tui
PRAZA_6997
A regra D'Hondt, que permite unha moi importante corrección a prol das candidaturas máis votadas, de xeito que votacións do 43 ou 44 por cento, que en termos de censo resultaron andar polo 26%, permitíronlle no 2011-por exemplo- ao PP desfrutar a maioría absoluta municipal acadada na Coruña ou en Compostela
O sistema electoral adoptou a fórmula da proporcionalidade que, non por acaso, resultou ser a menos proporcional de todas: a regra D'Hondt, que permite unha moi importante corrección a prol das candidaturas máis votadas, de xeito que votacións do 43 ou 44 por cento, que en termos de censo resultaron andar polo 26%, permitíronlle no 2011-por exemplo- ao PP desfrutar a maioría absoluta municipal acadada na Coruña ou en Compostela. Se a isto lle engadimos a obrigatoriedade de que as candidaturas acaden un mínimo do 5% dos votos para obter representación no Congreso, no noso Parlamento e nos concellos, teremos un mapa aproximado das moi restritivas condicións que as leis impuxéronlle á proporcionalidade enunciada teoricamente na Constitución e no noso Estatuto. Por que non apostamos por reflectir unha representación real da sociedade, de xeito que un 3% ou un 12 % dos votos se poida traducir en porcentaxes aproximadas de representación? Non se trata de que as regras do xogo beneficien ao PP, ao PSOE ou au sursum corda. Trátase de recuperarmos a proporcionalidade. Por que non apostamos por reflectir unha representación real da sociedade, de xeito que un 3% ou un 12 % dos votos se poida traducir en porcentaxes aproximadas de representación? Fica a cuestión dos gobernos. Na Europa o normal son os gobernos de coalición e non os de maioría absoluta, porque as sociedades son plurais e as maiorías absolutas haberían ser puramente episódicas. Xa que logo, o normal será que os partidos dialoguen dende o veredicto da cidadanía e acaden acordos que xunten unha maioría da representación que faga posíbeis gobernos estábeis. Claro que, quizais, habería comezar a plantexarse se todas as forzas que acaden representación teñen que entrar nos Gobernos, malia que non se dea unha maioría absoluta a prol dunha única opción. Ao mellor as forzas emerxentes poderían reservarse na oposición sen prexudicar as súas opcións de remuda futura da gobernanza. Mais isto haberíao decidir cada opción en cadanseu momento. Compromiso rexeita participar nas Deputacións Se hai consenso político nalgún asunto na Galicia é na nocividade destes entes desbaldidoras do carto público pola súa xestión caciquil e ineficiente Os galeguistas de Compromiso acordaron este domingo no seu Congreso non participar nas Deputacións, por ser organismos inútiles e lesivos para a Facenda de todos e para a boa gobernanza deste País. Se hai consenso político nalgún asunto na Galicia é na nocividade destes entes desbaldidoras do carto público pola súa xestión caciquil e ineficiente. Que mesmo poderían caer nunha próxima reforma constitucional.
PRAZA_12438
A principal lectura que deixan as eleccións rexionais en Andalucía e Asturias é que Rajoy está a dilapidar o seu crédito cunha rapidez insólita. O presidente do goberno español cumprirá cen días de goberno este xoves –coincidindo nada menos que cunha folga xeral na súa contra– e xa conseguiu nese breve período de tempo derramar as expectativas electorais do seu partido en Andalucía e en Asturias, onde o descenso do partido casquista non vai acompañado dun ascenso do PP. Se algo fica demostrado é que acabou o tempo en que o PP gañaba as eleccións con só sentar a esperar que caesen de maduras.
1. A principal lectura que deixan as eleccións rexionais en Andalucía e Asturias é que Rajoy está a dilapidar o seu crédito cunha rapidez insólita. O presidente do goberno español cumprirá cen días de goberno este xoves –coincidindo nada menos que cunha folga xeral na súa contra– e xa conseguiu nese breve período de tempo derramar as expectativas electorais do seu partido en Andalucía e en Asturias, onde o descenso do partido casquista non vai acompañado dun ascenso do PP. Se algo fica demostrado é que acabou o tempo en que o PP gañaba as eleccións con só sentar a esperar que caesen de maduras. Rajoy está a dilapidar o seu crédito cunha rapidez insólita 2. Québrase o mito de que a baixa participación produce indefectiblemente maiorías de dereitas. Como ben lembramos en Galiza co gallo do ocorrido en 2009, tampouco unha alta participación garante maiorías de esquerdas. O electorado cada vez é máis maduro e menos predicible, especialmente en contextos de volatilidade económica que necesariamente acaban tendo un reflexo no comportamento electoral. 3. A partir de agora, quen queira gañar eleccións vai ter un arduo traballo por diante. Primeiramente, para convencer a participar a unha cidadanía que cada vez se afasta de maneira máis evidente da política institucional. Así, mentres os votos brancos e nulos diminuíron tanto en porcentaxe como en números absolutos, a abstención disparouse (un 10,5% a máis en Andalucía e un 11% en Asturias), o que indica un deslizamento importante: a protesta deixa de exercerse a través do voto e pasa a exteriorizarse mediante a abstención. A protesta deixa de exercerse a través do voto e pasa a exteriorizarse mediante a abstención 4. O PP chegou ao seu teito electoral e dá claros sintomas de estancamento. En Andalucía, aumentou a súa porcentaxe en 2,2 p.p. como consecuencia da sangría de votos do PSOE, mais mesmo así perde 170.000 votos (-10%) a respecto das anteriores eleccións autonómicas. En Asturias, gaña 1,6 p.p. perdendo 12.000 papeletas (-10%) e sen lograr capitalizar o descenso do FAC. 5. O crecemento do PP cara ao centro semella ter chegado ao seu fin. Ese sector do electorado, decisivo para compor maiorías, deulle as costas ao PP en Andalucía, o que explica que a caída do PSOE non sexa moito maior; e probablemente tamén en Asturias, aínda que nese caso haxa que esperar enquisas poselectorais para confirmalo. A viraxe á esquerda xa comezou 6. A viraxe á esquerda xa comezou no Estado español, do mesmo xeito que está a suceder na parte de Europa onde a dereita política aplicou o seu programa de goberno á xestión da actual crise, converténdoa primeiro en recesión continental e máis tarde en depresión dos Estados máis vulnerables, ben como en fractura social interna en toda a UE. A consolidación do que pode ser un novo ciclo político pasará por conseguir atraer boa parte do electorado abstencionista, mais resulta innegable que a esquerda sae do 25-M cunha inxección de moral que hai tempo non tiña e co convencemento de que se lle poden gañar eleccións á dereita. É necesario –e desexable para recuperar apoios perdidos e construír unha hexemonía progresista duradeira e con capacidade transformadora– que esa vitoria non se cimente só no rexeitamento á profundización nas medidas antisociais adoptadas polo PP, senón tamén na adhesión a un programa alternativo de actuación desde o poder. Especialmente paradigmático do novo momento político que hoxe se inaugura é o caso andaluz, xa que IU duplica os seus escanos, recollendo 6 das 9 actas que perde o PSOE e sendo a única forza –das tres que entran no Parlamento andaluz– que sobe en porcentaxe (+4,3 p.p.) e en votos (+37% e 120.000 votos a máis). Tamén en Asturias IU aumenta votos (7.000, un 11% a máis) e porcentaxe (3,5 p.p.), aínda que neste caso só gaña un escano e pasa de 4 a 5. Hai que ter en conta, con todo, que en Asturias o PSOE case non tivo castigo, polo que o incremento de IU mesmo non dando os mesmos froitos que en Andalucía –onde teñen a chave da gobernabilidade– igualmente ten mérito. 7. O cainismo na esquerda non vende nin rende. De feito, a mensaxe clara e rotunda de IU-CA de que en ningún caso permitirían o goberno do PP, renunciando a pinza á moda estremeña, foi esencial para impulsar o trasvase cara a IU dunha parte significativa de (ex)votantes do PSOE. 8. Os movementos rexionalistas/protonacionalistas andaluz e –moi especialmente– asturiano permanecen na irrelevancia electoral. O PA fica por debaixo dos 100.000 votos pola primeira na historia autonómica, mentres que as forzas asturianistas consideradas conxuntamente fican lonxe de chegar nin sequera ao 1% dos sufraxios. En época de crise económica, de recentralización política e de decidir entre un rumbo de esquerdas ou outro de dereitas, os movementos cunha caracterización política débil ou carente de asentamento social suficiente saltan polos aires. 9. UPyD só é unha forza política a ter en conta, ao menos por agora, en macrocircunscricións. O único escano que conseguen é no distrito central de Asturias, que escollía 34 dos 45 que compoñen a cámara autonómica, mais en Andalucía (onde a maior circunscrición é Sevilla, con 18 deputados) fican fóra do Parlamento. Feijoo ten moitos e serios motivos para preocuparse 10. Feijoo ten moitos e serios motivos para preocuparse. Se adianta as eleccións á primavera, o clima da folga xeral pode levalo por diante. Se as convoca para o outono, terá que gobernar cun orzamento capitidiminuído; e se as deixa para 2013, ponse nas mans de Rajoy e da evolución económica a nivel estatal. Suméselle a todo iso a inxección de moral que as eleccións de hoxe supoñen para o PSOE; o punto de inflexión que pode marcar o 29-M na reconexión entre a esquerda social e a esquerda institucional; e o aumento da oferta electoral galega, que pode provocar a participación de sectores que en 2009 se refuxiaron na abstención. Con todos eses ingredientes, o resultado das Eleccións Galegas está máis aberto que nunca e a convicción –até hai pouco unánime– dunha folgada maioría feijooniana pode esvaírse moi axiña. E xa se sabe que non hai acicate mellor para o voto de esquerdas que a certeza de que se pode gañar. E pódese, claro que se pode. Se alguén tiña dúbidas, hoxe deberon ficar despexadas.
NOS_20960
Este mes de xullo, a organización nacionalista dará inicio a unha batería de actividades para festexar a súa fundación
Na véspera do día da Patria Galega do ano 1988, Galiza Nova celebraba a súa Asemblea Constituínte. Este ano, a organización de mocidade nacionalista galega chega ás 30 décadas, motivo polo cal inaugura a campaña "30 anois de loitas", que lembra a historia da organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego. "Queremos por en valor a historia da nosa organización, que estivo presente na grande maioría das loitas sociais que se deron no noso país ao longo destas tres décadas, nalgunhas mesmo tendo un papel destacado a nosa militancia", afirman desde Galiza Nova nun comunicado público. Dentro da súa traxectoria, a propia organización destaca reivindicacións como o movemento da insubmisión contra o servizo militar español obrigatorio, as loitas feministas, as demandas por un traballo digno para a mocidade, a defensa dun ensino público galego ou as mobilizacións na defensa da terra co Nunca Máis. Esta homenaxe á historia da organización terá como eixo central o Día da Patria, que coincidirá coa segunda edición da Semana da Patria. Este ano , o evento contará cun programa de actos e conferencias encadrados na celebración deste aniversario. Desde Galiza Nova explican que a súa militancia amósase orgullosa do "legado dos milleiros de mozas e mozos que participaron en Galiza Nova ao longo da súa historia achegando o ideario nacionalista á xente nova e reafirman o seu compromiso no camiño de acadar unha Galiza ceibe e popular na que a xente nova poida vivir dignamente".
NOS_56197
Uma nova página pessoal na rede e um disco de homenagem comemoram o 70 aniversário do cantor brasileiro Caetano Veloso.
Nesta terça-feira a edição do disco coletivo será o presente de aniversário para um dos cantores mais representativos da música popular brasileira. Músicos de toda partes contribuem ao reconhecimento dum dos autores e intérpretes mais conhecidos e queridos da música portuguesa, irmã da também grande artista María Bethania. Nascido na Baia em 1942, os inicios da sua trajetória profissional situam-se no 1965, quando nasce "Cavaleiro/Samba em Paz" e acompanha asua irmã Maria Bethânia. A camaradagem da música estabelece-se com João Gilberto, Gilberto Gil, Gal Costa ou Tom Zé naqueles primeiros anos, artistas com os que protagonizaria a explosão da música popular brasileiras. Domingo é seu primeiro LP, publicado em 1967, um ano antes de se ponher á fronte do movimento conhecido como Tropicalismo. O disco Caetano Veloso nascerá em 1971 no exílio de Londres e marca também o início da dilatada carreira musical do autor, de já cassecinquenta anos subindo aos cenários e também meio cento de trabalhos discográficos publicados. O disco que comemora o aniversário leva por nome "Tributo a Caetano Veloso" e conta com a colaboração de artistas como Marcelo Camelo,Tonhino Horta, Mutantes, Ana Moura, Beck e Chrissie Haynde. No seu novo site na web (http://www.caetanoveloso.com.br/), pode-se ver a biografia, a discografia e mesmo o blogue pessoal de um dos cantores que mais promoveu a música doBrasil e que se converteu em uma figura da música mundial.
NOS_11966
O tratamento dos miles de toneladas de refugallos vertidos ao mar e as praias, un dos asuntos chave.
Ás portas de facérense 20 anos do afundimento do Prestige (13 de novembro de 2002) entidades ecoloxistas alertan de que, dúas décadas despois, a catástrofe podería volver ocorrer porque non se aprendeu "nada". A asociación ecoloxista Adega critica as "contas pendentes" que deixou o desastre do Prestige hai 20 anos. Aínda que "os impactos da vertedura sobre os ecosistemas naturais fóronse diluíndo co tempo", apuntan desde a asociación, o balance realizado sobre a mortalidade efectiva-estimada das especies atinxiu a máis de 300.000 animais, principalmente aves. "As poboacións dalgunhas aves peláxicas, como o arao dos cons, non se recuperaron despois do Prestige, considerándose actualmente extintas", sinalan desde Adega. A asociación tamén denuncia o tratamento dos refugallos. "Desde Adega seguímoslle a pista ao proceso de tratamento das 90.000 toneladas de refugallos do Prestige recollidas na costa. Do total, 60.000 foron almacenadas en Sogarisa [un parque empresarial das Somozas], 20.000 en Cerdeda e outras 10.000 en diferentes puntos". 'Sermos Galiza' recupera a memoria do 'Prestige' 20 anos despois da catástrofe Ecoloxistas en Acción, que lembran o día en Vigo coa presentación do documental Alegría, insistiu esta sexta feira na necesidade de mellorar a coordinación de medios operativos permanentes e unidades de vixilancia marítima, así como de aumentar a cantidade e a calidade das inspeccións. A plataforma Nunca Máis estrea este domingo no Pazo da Cultura de Pontevedra o documental 20 anos de dignidade, dirixido por Jose Aragunde, que relata o ocorrido no afundimento do Prestige e a protesta social. Pola súa parte, Greenpeace recorda que miles de buques con millóns de toneladas de mercadorías perigosas, como o petróleo, seguen pasando fronte ás costas da Galiza.
NOS_5606
As candidaturas serán aprobadas definitivamente o 23 de xullo polo Consello Nacional da organización frontista.
O BNG deu a coñecer a proposta de candidaturas ás eleccións deste outono elaborada pola dirección da organización nacionalista e que serán debatidas nas asembleas comarcais antes da súa aprobación definitiva, polo Consello Nacional, este sábado (23 de xullo). Os nomes foron achegados pola militancia através das asembleas comarcais decorridas por todo o país ao longo das últimas semanas. Xosé Luís Rivas, Mini, será o nº2 da Coruña Para alén de Ana Pontón como cabeza de lista pola circunscrición da Coruña e candidata á Presidencia da Xunta, encabezan a candidatura de Ourense, Noa Presas, Luís Bará en Pontevedra e Olalla Rodil por Lugo. Desde o Bloque sinalan que a composición das candidaturas mestura a "renovación xeracional" coa experiencia achegada por persoas como Montse Prado, nº2 por Pontevedra ou Rosana Pérez, nº3 pola Coruña. Aliás, subliñan a incorporación de Xosé Luís Rivas, Mini, como nº2 da Coruña e a presenza do portavoz parlamentar durante esta lexislatura que remata, Francisco Jorquera, que fecha a candidatura. Montse Prado é a número 2 da lista por Pontevedra Tamén aparece a deputada Tereixa Paz que clausura a listaxe da provincia de Ourense, o deputado Daniel Rodas en Pontevedra e o parlamentar Cosme Pombo no caso de Lugo. "A proposta de candidaturas está integrada por homes e mulleres dun amplo espectro profesional e laboral, na súa maioría cun amplo compromiso en movementos sociais, feministas, sindicais e de reivindicación de servizos públicos, e dereitos individuais e nacionais, que reflicten a diversidade da sociedade galega, mesmo recollendo situacións como a da emigración da xente moza", afirman desde a organización frontista.
NOS_51867
O lume de Ponteareas permanece estabilizado.
A Consellería de Medio Rural deu esta tarde por controlado o incendio que desde a segunda feira afecta o municipio de Moaña, onde foi necesario activar a alerta por proximidade das lapas ás vivendas na parroquia de Meira. Estabilizados os incendios de Moaña e Ponteareas A conta de Twitter @incendios085 informou arredor das 17.30 horas que o lume, estabilizado desde a medianoite de onte, está baixo control dos servizos de extinción. O lume queimou unhas 20 hectáreas, e nas tarefas de extinción traballan oito avións, cinco helicópteros e 27 brigadas, entre outros efectivos. Apuntan a uns labores de roza como causa do incendio que ameazou vivendas en Moaña Este incendio obrigou a cortar a autovía do Morrazo durante unhas horas da tarde de onte. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicou que se viviron situacións críticas, "cos veciños apagando o lume desde terra", aínda que apuntou que non houbo desaloxos porque os habitantes traballaban na zona con caldeiros e mangueiras. Incendio en Ponteareas Por outra parte, o incendio tamén declarado esta segunda feira no concello de Ponteareas continúa estabilizado. Segundo as estimacións provisionais, este lume calcinou unhas 25 hectáreas de terreo forestal. [VÍDEOS] "Os veciños apagan o lume desde terra" porque "aínda non chegan os medios": 16 hectáreas calcinadas en Moaña Ao igual que no caso de Moaña, a evolución do lume obrigou a estabelecer a Situación 2 de risco de emerxencia pola proximidade das lapas a núcleos habitados. Sobre o terreo traballan nove helicópteros, seis avións e 17 brigadas, entre outros medios. Desactivada a alerta pola proximidade do lume ás vivendas en Moaña A rexedora municipal de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, explicou na segunda feira que "o lume chegou moi perto, ao límite das vivendas". Da mesma forma que en Moaña, a veciñanza viuse obrigada a colaborar cos seus medios mollando a contorna das vivendas para evitar que as lapas se aproximasen aos seus fogares.
NOS_16430
O A Fondo deste Sermos 184 debrúzase sobre o galego no Val do Ellas, tamén chamado Val de Xálima ou os Tres Lugaris. Nesta zona de Estremadura existen tres concellos onde se falan unhas variedades derivadas da nosa lingua chamadas alí valverdeiro, lagarteiro e mañego.
O A Fondo desta semana, xa dispoñíbel na loxa, debulla as características do galego que se fala nun recanto noroccidental de Cáceres, no Val do Ellas ou Val do Xálima. En tres Concellos desta provincia, Valverde, San Martiño de Trebello e nas Ellas, emprégase A Fala –tamén coñecida cos nomes de xalimego ou valego- unha variedade derivada do galego. Así, en Valverde falan valverdeiro, nas Ellas, lagarteiro e en San Martiño, mañego. O 90% dos 5.000 habitantes destes Tres Lugaris empregan a diario algunha destas variedades. O monográfico está coordinado por Henrique Costas, director do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo e especialista en sociolingüística e dialectoloxía das falas exteriores do galego. Publicou unha trintena de libros e artigos especializados sobre A Fala do Val do Ellas. O propio Costas advirte na contracapa do caderno que o "valego debería ser obxecto de especial respecto e protección", mais lamenta que "non o é en absoluto". Costas sinala que "non se adoptou ningunha medida de protección por parte das autoridades españolas e estremeñas. De pouco valeu a etérea declaración da "Fala" como Ben de Interese Cultural en 2001 por parte do goberno estremeño porque en 2011 os parlamentarios estremeños rexeitaron unha emenda do BNG para que na reforma do Estatuto de Estremadura o portugués de Olivença e "A Fala"(sic) fosen recoñecidos sequera como "riqueza lingüística de Estremadura". Os colaboradores e colaboradoras deste A Fondo son Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da USC, director do Arquivo do Galego Oral do ILG e académico da RAG; Juan M. Carrasco González, catedrático de Filoloxía Portuguesa da Universidade de Cáceres que ten investigado e publicado diversos artigos sobre as falas portuguesas e galego-portuguesas de Estremadura; Alicia Manso Flores, filóloga valverdeira doutoranda na Universidade de Extremadura que ten defendido traballos sobre o valverdeiro en congresos e revistas especializadas, e Rita Pereira, filóloga catalá con ascendencia mañega autora de artigos sobre o valego no diario dixital sierradegatadigital.com. O debate sobre a normativa da Fala é un dos temas que inclúe o A Fondo Ademais de ofrecer unha visión completa arredor da creación da Fala e da súa situación actual, o A Fondo inclúe artigos do Grupo Xálima e da Asociación A Nosa Fala sobre cal debería ser a normativa a adoptar polo galego, un debate no que tamén dá a súa visión a citada Rita Pereira. Entrevista con Domingos Frades, correspondente da RAG no Val do Ellas O A Fondo tamén incorpora unha entrevista de Tamara Flores, lingüista mañega licenciada en Filoloxía pola Universidade de Salamanca que imparte cursos sobre a Fala na Escola Oficial de Idiomas de Cáceres, a Domingos Frades, poeta, investigador e historiador mañego, fundador da asociación Fala i Cultura –entidade que promove a preservación da lingua, da cultura, do patrimonio e da historia dos Tres Lugaris- e correspondente da RAG para o Val do Ellas. Domingos Frades expón na entrevista a necesidade de estabelecer unha normativa da Fala: "unha norma é necesaria. Mentres non a haxa, non se pode pretender un recoñecemento como lingua minoritaria", defende.
NOS_54510
Catalunya encara a recta final do seu procés soberanista. O domingo 1 de outubro as catalás e os cataláns están chamados ás urnas para participar nun referendo de autodeterminación. Do seu resultado poderá nacer, se así o determina a vontade democrática, a República catalá. Eis un extracto da información publicada no número 266 de Sermos Galiza.
Cando restan poucos días para o referendo de autodeterminación do 1 de outubro, analizamos a situación con dúas galegas e dous galegos que viven e traballan en Catalunya. Cos seus testemuños radiografamos desde abaixo, a pé de rúa, como enfronta a comunidade galega o referendo do 1-O, que estado de ánimo social perciben e que cren que pasará o domingo e, tamén, o día despois. Alexandre ten 27 anos, traballa como enxeñeiro electrónico nunha importante factoría da automoción en Martorell e leva afincando en Catalunya pouco máis dun ano. Para el o procés e o referendo están a lograr que "a xente sexa moito máis consciente do peso político que ten, faise consciente do que importan e de que poden mudar as cousas". Dío con certa envexa, recoñecendo que como galego lle gustaría que ese empoderamento popular "se espallase por outras nacións oprimidas". "Como Galiza", acrecenta. Iolanda leva 24 dos seus 47 anos residindo en Catalunya, onde traballa como carteira. "A Catalunya sempre din que a estiman non porque sexa a mellor nación, senón porque é a súa. O referendo vén a ser a resposta a un clamor moi sentido", explica. Unha opinión que comparte Silvio, de 28 anos. Este profesor asociado na Universidade de Barcelona logo de levar literalmente máis de media vida alá, salienta que "a reivindicación do dereito a decidir, ademais de maioritaria, foi sostida no tempo". "O que quere unha ampla maioría é tomar unha decisión democrática como pobo", explica. Un proceso que xulga será beneficioso "para toda a xente que vivimos en Catalunya" e que lles brinda a oportunidade de se converteren en "cidadanía fundacional da República catalá". A de Nerea é tamén unha opinión positiva. Esta moza de 24 anos, que traballa desde pouco máis dun ano como técnica de apoio á investigación en Blanes, valora que "calquera ferramenta que desprace o poder de decisión cara á cidadanía é sempre positiva". [Podes ler a información íntegra no número 265 de Sermos Galiza, á venda na nosa loxa e nos quiosques]
PRAZA_11157
A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca unha gran manifestación para o vindeiro 26 de outubro e paros totais nos centros de saúde a finais de novembro mentres continúan as protestas en varias comarcas ou das enfermeiras eventuais
O conflito sanitario non só non cesa senón que aumenta de temperatura a menos dun mes da vindeiras eleccións xerais e a menos dun ano das autonómicas. Logo das mobilizacións, folgas e protestas nos PAC, en diferentes servizos de Urxencias, dos usuarios, en subcontratas, nos hospitais, na enfermaría eventual –onde continúan-- ou nas ambulancias, a Atención Primaria segue a erguerse ante a que consideran "insuficientes" medidas por parte da Xunta. A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca unha gran mobilización o 26 de outubro en Santiago e unha folga o 27 e 28 de novembro en toda a Atención PrimariaA Asemblea Galega de Área Sanitarias, que une as asembleas das diferentes zonas, acordou esta semana reiniciar as concentracións de cinco minutos diante dos centros de saúde, que se celebrarán desde este mes de outubro cada xoves ao mediodía. Ademais, o colectivo acordou levar a cabo unha gran mobilización o vindeiro sábado 26 de outubro en Compostela, que será tamén ás 12 horas e na que chaman a participar "a todos os colectivos profesionais e á poboación" en protesta pola precaria situación da sanidade pública que denuncian en Galicia. Ademais, e logo da exitosa folga do pasado mes de xuño e dos paros de médicos en Vigo en maio, a Asemblea Galega convoca outra folga de dous días, o 27 e 28 de novembro, en toda a Atención Primaria (AP) do Sergas. Prevese outro importante seguimento ante unha convocatoria que reclama a "recuperacion da estrutura de xestión de Atención Primaria en tres meses", máis tempo para atender aos pacientes e unha limitación de 30 citas por día ante a "sobrecarga asistencial" que levan denunciando os profesionais nos últimos meses. Ademais, demandan "estabilidade e non precariedade" e unha oferta e convocatoria de todas as vacantes e de todas as categorías mediante Oferta Pública de Emprego (OPE). Ao tempo, os profesionais organizados da Atención Primaria reclaman a "cobertura do 100% das ausencias de todas as categorías" e un "orzamentos específico e propio" para a AP "ata acadar o 25% a razón dun incremento mínimo anual de tres puntos porcentuais".O persoal mobilizado da Atención Primaria reclama máis persoal, máis tempo para atender os pacientes ou menos carga asistencialAlén disto, a táboa reivindicativa solicita tamén unha "atención homoxénea en todas as áreas sanitarias" que implique "garantir a derivación de presenza física a todos os servizos hospitalarios", "teleconsulta" en todos eles e "resposta en menos de sete días" e o "acceso a todas as probas diagnósticas". A Asemblea Galega, ademais, propuxo tamén a creación da asociación Foro Galego de Atención Primaria, onde se xunten todos os colectivos profesionais que traballan nela na procura de solucións. A folga, prevista nun principio para os días 7 e 8 de novembro, terá lugar finalmente na última semana do mes para evitar coincidir coa toma de posesión de OPE e os traslados e coa período máis intenso da campaña antigripal. Ademais, advirten na Asemblea, o aumento no prazo da convocatoria "dá tempo a que se coñezan os resultados do chamado Consello Técnico" creado polo Sergas, así como para que "a Consellería de Sanidade teña tempo para decidirse a falar e negociar". As protestas na Atención Primaria únense ás que manteñen desde hai meses as enfermeiras eventuais que loitan por mellores condicións para o seu colectivoAs protestas na Atención Primaria únense ás que a enfermaría leva realizando tamén desde hai meses da man de Enfermeiras Eventuais en Loita, un colectivo que mobiliza máis de 7.000 persoas e representa unhas 10.000 e que busca convocar unha gran manifestación contra a "depreciación da sanidade pública" e pola fin da precariedade, ademais de esixir tamén unha macro oferta de emprego ou acabar coa taxa de reposición.A loita das enfermeiras eventuais rachou os marcos da protesta sanitaria en Galicia, onde os movementos de protesta na Atención Primaria foron tamén variados e cambiantes.O conflito sanitario en Galicia non rematou tan sequera coa creación desa ampla mesa de diálogo impulsada polo Sergas para abordar o futuro da Atención Primaria, unha das medidas que sindicatos e colectivos reclamaran para desconvocar a folga de tres días que estaba prevista en abril. O Consello Técnico, a inclusión de cinco puntos "irrenunciables" nas conversas e o cambio no modelo de negociación detiveron aqueles paros, pero non o malestar xeral, que agromou en poucas horas. Tampouco o plan con máis de 100 millóns anunciado por Feijóo en plena campaña electoral. A Coordinadora Galega de Atención Primaria (CGAP), que agrupaba sindicatos, sociedades científicas e diferentes entidades profesionais, dividiuse até quedar case sen funcionamento. Profesionais das áreas sanitarias galegas constituíronse nesa nova organización, Asemblea Galega de Áreas Sanitarias, que apoiou os paros dos médicos da área de Vigo do pasado mes de maio e convocou outra exitosa folga en xuño que a Xunta reduciu a un 21% de apoio. As mobillizacións sucédense en diferentes zonas; persoal e cidadanía en Verín volveu protestar contra o "desmantelamento" do hospital comarcalO malestar chega a diferentes colectivos como a asociación Batas Blancas, que a pasada semana advertía nun comunicado dunha crise sanitaria "moito máis fonda e de moito máis calado que o que transcende á opinión pública". "É unha crise de valores, de identidade, de respecto, de orgullo...", di o colectivo, que aposta por un "redeseño total do sistema" que, advirten, "nunca poderá ser levado a cabo polo conselleiro Vázquez Almuiña, "un político que chegou ao seu máximo nivel de incompetencia". As mobilizacións sucédense en diferentes comarcas. O pasado venres, cidadanía e persoal do hospital comarcal de Verín concentráronse, na terceira das convocatorias da comisión delegada, ás portas da entrada para denunciar o "desmantelamento" do centro por mor dos "recortes" levados a cabo pola Xunta de Galicia. Ese mesmo día, tamén fronte aos diferentes complexos hospitalarios de Galicia, Enfermeiras Eventuais en Loita volveu concentrarse contra a "precariedade" do seu colectivo e pola mellora das súas condicións retributivas e de traballo.
NOS_4943
O presidente da Xunta defende a ampliación do copagamento nos comedores escolares a 20.000 escolares máis o vindeiro curso e e defende que con esa medida evitarase que os parados financien a comida de nenos cuxos pais traballan. Finxe ignorar que o lóxico é que os servizos públicos sexan universais e se financien vías impostos, gravando máis a aqueles que máis teñen.
O presidente da Xunta defendeu o copagamento nos comedores escolares. Con vehemencia. Mesmo afirmando que "cambiamos o sistema de cobro nos comedores para facelo máis equitativo". O novo sistema implica que por volta de 20.000 alumnos pasen a pagar o vindeiro curso por este servizo. "O que era gratuíto, vai seguir sendo gratuíto; e o que era máis barato, seguirá sendo barato" sentenciou Núñez Feijóo nesta quinta feira. Defendeu o mandatario autonómico que co pagamento "o 60% dos nenos non pagarán comedor". Unha porcentaxe que actualmente atinxe o 90%. Feijóo asegurou que a decisión de estabelecer o copagamento parte da filosofía de que "pague máis o que máis teña" e, asegurou, esta aposta do goberno popular vai evitar "que co diñeiro dos parados se financie a comida de nenos cuxos pais traballan". Mais o novo sistema vai obrigar a pagar igual pola comida do seu fillo a unha nai que cobre 1.500 euros ao mes que a un Amancio Ortega. Aliás, unha de cada catro familias pasarán a pagar xa no vindeiro curso o baremo máis alto (81 euros/mes por fillo) por este servizo. E nese grupo darase unha gran diferenza de ingresos. Nada a ver co que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, califica de "redistribución" e "progresividade". Contra o ensino público Sindicatos e Anpas critican unha decisión que, entenden, vai contra o propio dereito a un ensino público. O comedor escolar é indispensábel para garantir o dereito á educación dos nenos que teñen que utilizar o transporte público para a recibir. Unha situación nada rara nun país como Galiza, cun alto garo de dispersión poboacional. "Se obrigamos a pagar a eses nenos polo comedor, estamos a atacar o seu dereito á educación", sosteñen desde CIG-Ensino.
NOS_55501
O evento pode seguirse ao vivo a través do portal web do Reino medieval da Galiza.
Após un ano de preparativos e con moita expectación ao seu redor, na mañá desta segunda feira deu comezo o primeiro Congreso Internacional sobre o Reino medieval da Galiza, nun acto de apertura no que participaron a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; o curador científico do Congreso, Anselmo López Carreira, e o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto. "Hoxe é un día transcendental na nosa historia, porque este Congreso é o primeiro que se celebra sobre a nosa época medieval, esa realidade que a pesar do seu esplendor e das evidencias históricas de todo tipo, foi sistematicamente relegada e negada pola historiografía oficial e directamente ocultada nos materiais educativos e divulgativos", dixo Couto na súa intervención. Ao mesmo tempo, subliñou que é "o momento" de rematar coa "ocultación do Reino da Galiza", algo que acontecerá desde esta segunda feira e até a quinta, día 22, a través de diversos debates e relatorios. Xurxo Couto: "Temos dereito a coñecer a nosa propia historia" O obxectivo, precisou, non é "reconstruír a historia"; lonxe diso, é "exercer o dereito a saber de nós, de poder estudar e investigar, desde o rigor e o compromiso científico, a historia dun período absolutamente central para o noso país". López Carreira, pola súa parte, lembrou que hoxe fai 911 anos e dous días "a coroación de Afonso VII, aínda infante, por parte do bispo Xelmírez", un evento do que "temos cumprida información na Historia Compostelá" e cuxa efeméride fíxose coincidir con este congreso. Concha Losada, alén de agradecer a escolla do Museo do Pobo Galego como sede do simposio, vinculou a temática que se aborda cunha nova liña de traballo que está a desenvolver a institución museística e que consiste na posta en marcha de "novas salas de exposición dedicadas especificamente á historia da Galiza". Alexandre Peres Vigo: "Galiza foi un reino poderoso recoñecido en toda a Europa" Após o acto inaugural, o primeiro relatorio, titulado 'Historiografía catalá versus historiografía española: un exemplo historiográfico alternativo', correu a conta de Jaume Sobrequés, da Universidade Autónoma de Barcelona. Logo foi a quenda de Simon Doubleday (Universidade Hofstra de Nova York), cuxa intervención versou sobre a 'Historia de dúas fronteiras. Reflexións sobre as relacións con Al-Ándalus durante o reinado de Fernando I e Sancha da Galiza-León', mentres Pablo Díaz Martínez (Universidade de Salamanca) falou sobre 'Fontes e historiografía do reino suevo'. Os relatorios van seguidos dun coloquio moderado pola xornalista Charo Lopes. Raíñas e reis galegos, protagonistas do mes de setembro da man de 'Nós Diario' Todas as sesións están a ser retransmitidas ao vivo a través da páxina web www.reinomedievaldegalicia.gal, que centra nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas.
NOS_4122
O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións "contrarias ao dereito"
O Tribunal superior de xustiza de Galiza --TSXG-- vén de facer pública unha nova resolución en que tamén bota abaixo os dous alicerces do decreto do plurilingüismo en que o PP materializaba a súa política lingüística. Nunha sentenza semellante á ditada en relación aos recursos presentados pola Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino, a máxima instancia xudicial do país entende que a consulta vinculante ás familias para que escollan a lingua materna en Infantil --artigo 5.2-- é "contraria a dereito", ao igual que o apartado terceiro do artigo 12 da norma 79/2010, en que se sinalaba que o alumnado tiña liberdade para se expresar nas aulas no idioma da súa preferencia. Así as cousas, o Superior galego anulou as disposición sinaladas ao entender que "a Administración debe exercer a súa competencia e fixar a lingua predominante", ao tempo que devolve ao tellado da Xunta a pelota da lingua que o estudantado empregará nas aulas, ao subliñar que debe ser determinada polo goberno nacional. Di o Tribunal que a participación das familias debe garantirse a través dos centros educativos, mais que as súas consideracións non poden ter un carácter vinculante. Ao respecto, recalca que "non cabe dúbida" de que a consellaría de Educación "abandonou a potestade de ordenación xeral do ensino" no momento en que o decreto entrou en vigor, ao determinar "decisivo" o resultado dunha pregunta que se lle fai ás nais e aos pais sobre a lingua en que queren que as crianzas sexan educadas na etapa de Infantil, até os seis anos. Lembra ademais que a Constitución española só lle recoñece posibilidade de escolla @s proxenitor@s con carácter vinculante nos supostos "de formación relixiosa e moral". Respecto do artigo 12.3, sinala a sentenza que "é ilegal desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Constitucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario". Cómpre lembrar que tal disposición situaba o galego nunha postura menos favorábel non só que o español senón tamén que a lingua estranxeira, nomeadamente inglés, ao sinalar que o alumnado escollería a lingua da súa preferencia en que se expresar na aula agás nas materias de lingua e literatura galega e española, e na lingua estranxeira. Acrecenta o TSXG que tal artigo "non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia" na medida en que permite que non a fale nin a escriba.
NOS_50991
Unha xornada lembra no pazo do Hórreo experiencias de igualdade.
O Parlamento da Galiza acolleu esta segunda feira a xornada 'Catro décadas de autogoberno. A igualdade, un camiño sen retorno', unha iniciativa reuniu tres das primeiras deputadas galegas e tamén mulleres de relevancia no mundo da empresa, da ciencia e do deporte. Como primeiras parlamentarias participaron María del Carmen Lovelle Alén, da primeira lexislatura (por Alianza Popular); Rosa Gómez Limia, da segunda lexislatura (PSdeG-PSOE); e María Pilar García Negro, da terceira lexislatura (BNG). Na súa intervención Carmen Lovelle remarcou a necesidade de acabar cos "prexuízos" sobre as mulleres e contar coa "coeducación", baixo a advertencia de que ás veces as leis "van por diante" da propia sociedade e non se consegue nesta trasladar a igualdade lexislativa. "Os prexuízos son unha discriminación, es discriminada cando estanche prexulgando", advertiu e puxo como exemplo unha muller que está fóra por motivos laborais. Aborto e xestación subrogada Pola súa banda, Pilar García Negro lamentou que iniciativas "pioneiras" como unha lei sobre a interrupción voluntaria do embarazo que ela mesmo impulsou quedase nos 90 no camiño. Neste sentido, a nacionalista defendeu esa lexislación que se ideou para que a "muller fose o centro de decisión", tanto en interromper un embarazo ou non como en non verse obrigada a deixar un embarazo. "Que haxa moitas mulleres de representación é un tributo á realidade, realismo puro e duro, a humanidade divídese en elementos con barba e sen barba", dixo noutro momento da súa intervención, na que engadiu que "de aí para abaixo", dese "tellado", está "o gran edificio social", algo que pediu ter en conta. Por último, Gómez Limia, após lembrar a complicidade no hemiciclo con Emma González (PP) a pesar de pertencer a partidos opostos, apelou a batallas que tivo que dar dentro do seu partido para que un 25% das listas estivesen ocupadas por mulleres. A que foi deputada socialista defendeu loitar contra a "autodiscriminación" e referiuse tamén á situación actual para preguntarse "porque as mulleres teñen que ser as criadas" dos homes, non só en relación á "prostitución" senón á "nova forma de prostitución" que supón a xestación subrogada: ter un fillo "a cambio de diñeiro".
PRAZA_4468
Luis Rodríguez Patiño, responsable de varias parroquias entre Monfero, Xermade, Aranga e Guitiriz adoita amosar a súa posición crítica con moitos asuntos de actualidade, tanto coas súas palabras coma nas instalacións dos beléns. Este ano carga contra a lei de seguridade e contra as palabras de Casimiro López Llorente.
Luis Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, tennos afeitos ás súas intervencións públicas de denuncia de distintas realidade sociais, unha posición crítica non habitual entre os sacerdotes. Faino nas súas misas, a través dos medios de comunicación e, tamén, nos beléns que instala nalgunha das parroquias que atende no Val do Xestoso, entre os concellos de Monfero, Xermade, Aranga e Guitiriz. Xa hai uns días sorprendeu facendo nacer o neno entre reixas, detida a súa familia despois de realizarlle un escrache a Herodes, nun acto simbólico de protesta pola Lei de Seguridade que prepara o Goberno e que podería restrinxir o dereito de manifestación. "É unha vergoña escoitar isto dun bispo que lle debería ter máis amor ao próximo e sobre todo, aos desprezados" De igual xeito, situou uns cartaces na representación do nacemento instalada en Xermade nos que se explicita a prohibición de acceso aos gais, ante a sospeita de que un dos Reis Magos poida ser homosexual. Rodríguez Patiño denuncia deste xeito as palabras pronunciadas hai uns días polo bispo de Castellón, Casimiro López Llorente, nas que afirmaba que o matrimonio gai "deriva en violencia" e en fillos "con perturbacións". "É unha vergoña escoitar isto dun bispo que lle debería ter máis amor ao próximo e sobre todo, aos desprezados". O belén inclúe outros elementos reivindicativos, coma referencias ás vallas e concertinas instaladas en Ceuta para impedir o acceso dos inmigrantes. O cura de Xestoso "Se Xesucristo vivise hoxe en día sería desafiuzado", dixo o ano pasado Luis Rodríguez Patiño non cala o que pensa. Nos últimos anos foron moitas as veces en que saltou á primeira plana dos medios de todo o Estado por realizar declaracións que na boca doutra persoa non serían excesivamente noticiables, pero que si sorprenden en moitos ámbitos cando veñen dun crego, coma neste caso. Unhas declaracións que xa lle custaron máis dunha sanción por parte da xerarquía eclesiástica. "Se Xesucristo vivise hoxe en día sería desafiuzado", dixo o ano pasado, no que precintou o seu belén, simulando que os seus personaxes foran desaloxados. "Os que fan a usura e os que cooperan coa usura non poden pertencer á Igrexa", sinalou igualmente. Noutras ocasións denunciou o sufrimento do pobo palestino e a represión israelí, pedíndolle "a todos os sacerdotes que non queiran ferir os fillos de Deus, que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino, que no mencionen Israel nas súas celebracións, e menos cun sentido dun pobo que ama a verdade". Pediu tamén a excomuñón para os políticos e banqueiros corruptos, criticou o celibato, denunciou "a actuación dos sacerdotes pederastas e o silencio da xerarquía eclesiástica ante os abusos". E, de igual xeito, permitiu que nas misas que oficiaba no Entroido a xente fose disfrazada á igrexa, sinalando, simplemente, que "no Entroido, a xente disfrázase".
NOS_35920
Esta semana levamos á capa do semanario o mito da transición recuperado polo españolismo con motivo do pasamento de Adolfo Suárez. No tema da semana, a enchufada contorna de Mariano Rajoy, o pulso a a Navantia e nas páxinas interiores, novas seccións. Podes mercalo xa na nosa loxa.
A morte do ex-presidente español, Adolfo Suárez, serviu aos poderes fácticos para recuperar o discurso da "unidade de España", o mito desa transición que serviu para lavar a faciana do réxime franquista (re)instaurando a monarquía e unha Constitución que negaba as aspiracións das nacións sen Estado que, coma a galega, defendían o seu dereito a existir como suxeitos de pleno dereito. Aproveitando a ocasión do pasamento de Suárez, as elites políticas, mediáticas e financeiras do Estado quixeron desempoar o manido "espírito" de 1978. No número 90 do Sermos Galiza falamos do panexírico interesado de Suárez mais tamén do aproveitamento que da súa figura fixo o juancarlismo e o Goberno español. Camiño de Europa Sen saír das páxinas de política achegámonos aos últimos movementos no camiño cara ás europeas. As organizacións políticas preparan todo para comezar a pre-campaña após deseñaren as súas candidaturas e política de alianzas. O BNG presentou xa a súa listaxe, coa ex-eurodeputada Ana Miranda á cabeza e preséntase como "a antítese da UE". En troca, @s de Beiras elixirán as dúas persoas que tomarán parte na candidatura de Izquierda Unida este domingo. A priori, a ex-secretaria xeral do SLG, Lidia Senra, parte como favorita apoiada polo sector maioritario da formación. O cerco volve ao mar Na sección de Galiza conversamos con Andrés García, patrón maior de Sada, após a frota do cerco volver faenar esta segunda feira. García advirte que presentarán recurso xudicial ao reparto de cotas deseñado por Bruxelas co visto e prace de Madrid e a conselleira do Mar. No tema da semana, a enchufada contorna de Mariano Rajoy Como tema da semana revisamos a "enchufada contorna" de Mariano Rajoy, unha reportaxe que desvela @s moit@s representantes da elite próxima a Rajoy que obtivo cargos públicos desde que o de Pontevedra é presidente. En Comarcas achegámonos até Cedeira e Sarria da man de dous movementos veciñais que loitan en defensa do patrimonio natural galego. Unha batalla que tamén dan @s operari@s da industria auxiliar de Navantia mais, desta volta, a prol dos seus postos de traballo. Nas páxinas de internacional focamos a ollada na decisión emitida polo Tribunal Constitucional a respeito da Declaración de soberanía do Parlament de Catalunya e coa axuda Pilar Fernández repasamos o ascenso do apoio á independencia en Escocia. Estreamos sección con 'Mesa e Mantel' Na sección de Cultura falamos do aniversario de Carvalho Calero, dos Faros da costa Ártabra, estreamos a páxina 'Mesa e Mantel' e imos ao teatro coas crianzas e Gatuxo. Todos estes contidos e moitos máis, coma sempre, cada semana nos quiosques e librarías do país. Tamén, desde xa, na nosa loxa.
NOS_55674
A crise dos colectores dificulta as exportacións e xera desabastecemento.
O tráfico marítimo é a trabe loxística que sustenta os intercambios económicos a nivel internacional. Un problema no mesmo trasládase inmediatamente ao mercado, provocando o desabastecemento de produtos básicos, limitando a actividade exportadora ou encarecendo os bens de servizos ou equipos. Os sectores produtivos galegos e as diversas ramas da actividade notan de maneira moi acusada a denominada "crise dos contedores" provocada pola ruptura dos fluxos comerciais durante a pandemia e, tamén, polo conflito aberto entre os Estados Unidos e a China. A preocupación pola situación chegou a diversos organismos internacionais. Así, a Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (Unctad) advirte de que "o custo de contedores de transporte alcanzou máximos históricos" e responsabiliza do acontecido "a alta e inesperada demanda tras a pronta recuperación da China", os retrasos derivados da obrigatoriedade de cumprir coas novas normativas sanitarias e de distanciamento social e o desfase entre a capacidade de oferta e as necesidades da demanda. As consecuencias das limitacións do tráfico marítimo afectan de cheo na Galiza a aquelas actividades económicas moi dependentes das exportacións. Segundo puido saber Nós Diario, transportar un contedor desde China á Galiza achégase actualmente a 11.000 euros cando antes da pandemia esta operación situábase entre 1.200 e 1.700 euros. A este respecto, desde o sector da loxística dan por feito que esta tendencia vaise manter nos vindeiros anos e Unctad suxire que "as cargas sitúanse probabelmente por riba da media anterior durante un prazo de cinco anos". Porén, a axencia dependente da organización das Nacións Unidas entende que "estamos no peor momento da crise e as primeiras baixas nos custos dos portes non van tardar en percibirse". A crise dos contedores pon en risco a competitividade de moitos grupos empresariais pero tamén cuestiona a viabilidade de certas compañías cuxo funcionamento depende dos mercados exteriores. Neste sentido, non só preocupa a dificultade de repercutir ao cliente final os custos dos produtos senón de atender as demandas que chegan doutros países polas limitacións loxísticas. Así, algunhas compañías medianas denuncian que o tempo de agarda para conseguir enviar un pedido a un cliente está entre dúas ou tres semanas cando con anterioridade a 2019 a operación formalizábase en días. A outra cara do parón no transporte marítimo é o desabastecemento e o encarecemento de moitos produtos. Un caso paradigmático é a falla de bicicletas, cuxa fabricación se concentra en Asia, sendo necesario até un ano de espera para conseguir algúns modelos. Outro tanto acontece no sector dos electrodomésticos e da electrónica, téndose reducido nos últimos meses a oferta de determinados aparellos como ordenadores, lavadoras, frigoríficos ou determinados xogos, destacando neste caso a imposibilidade de atopar nos mercados europeos determinadas series da Play Station. A suba do prezo de determinados artigos de ferraxaría está, tamén, asociada a esta realidade. Sen descartar o impacto do aumento dos consumos nos mercados asiáticos e as propias lóxicas especulativas innatas ao sistema económico, os problemas loxísticos inciden negativamente na alza de parte destes produtos.
NOS_33833
Máis voces sobre O Diario Galego, o proxecto que prepara Sermos para 2019. Desta volta a da profesora e poeta Marta Dacosta, quen aposta nun diario que fale "do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade".
-Que esperas do O Diario Galego? -Un medio que desterre a práctica actual da maioría da prensa escrita de converternos en simples espectadores do que pasa noutros territorios, e sempre dito noutra lingua. -Por que é necesario? -Considero que é necesario e urxente contarmos cun medio de comunicación que sexa realmente noso, é dicir, que fale de nós, do que nos preocupa ás galegas, que analice a nosa realidade, que utilice en exclusiva a nosa lingua e que dea conta de toda a actualidade do noso país, visibilizándonos tal e como somos. -Que importancia ou que impulso podería dar O Diario Galego no ámbito lingüístico e da creación literaria -Precisamos este diario que faga do galego a lingua normal de comunicación e que visibilice a nosa literatura.
NOS_41888
Varias ducias de persoas concentráronse para exixir que non se sancione ás alumnas que protestaron contra o profesor Luciano Méndez. "Fano en base a unha norma franquista", afirman.
Varias ducias de persoas concentráronse nesta quinta feira perante o edificio do reitorado da USC para exixir que a Universidade non sancione as alumnas que en marzo pasado protestaron "pacificamente" contra o profesor Luciano Méndez polos seus "repetidos comentarios machistas". As persoas concentradas demandaron, tamén, que se afaste da docencia na USC a este mestre, ao que responsabilizan dun "discurso de odio" do que non se retracta. Un acto que decorreu con motivo da presentación das alegacións por parte das alumnas ameazadas de expediente. "A normativa á que recurre a USC para intentar sancionarnos data do ano 1954, e foi promulgada polo dictador Francisco Franco" A concentración estaba convocada por 'Teteiros Ceives', alumnado do Máster de Igualdade, Xénero e Educación. Dúas faixas ('Luciano fóra da USC' e 'USC:normativa franquista') presidían a concentración. "Nin aulas existas nin normas franquistas", un dos lemas máis coreados polas concentradas. Por que esta referencia á norma frabnquista? "A normativa á que recurre a USC para intentar sancionarnos data do ano 1954, e foi promulgada polo dictador Francisco Franco. A universidade pública non pode rexirse por unha normativa franquista e aínda menos utilizala para perseguir unha protesta ideolóxica en favor da igualdade", afirman. A isto engaden que "todo o proceso disciplinario deuse de xeito opaco, sen garantías legais, imputando feitos inespecíficos". Tpor iso, entenden que se atopan nunha situación de indefensión. Máxime cando a sanción pode acarrearlles, din, a perda da matrícula. Luciano Méndez Pola contra, consideran que a sanción que establece a USC a Luciano Méndez, 2 meses sen emprego e soldo, é "insuficiente", pois o docente "tense reafirmado repetida e publicamente no seu discurso de odio". Entenden que Méndez demostrou a súa incapacidade para dar aulas, "especialmente a mulleres novas". O pasado mes de febreiro Luciano Méndez proferiu repetidos comentarios machistas contra unha alumna, diante dela e do resto do alumnado,. Esta, acompañada doutras compañeiras, presentou unha denuncia na universidade Escotímetro No acto que decorreu na Praza do Obradoiro, unha moza caracterizada como se for Luciano Méndez adicouse a medir, cun "escotímetro", o escote das participantes na concentración para ver se cumprían cos requisitos e desexos "machistas" do docente. Outra compañeira, caracterizada como Franco, axudáballe na tarefa e gababa as bondades da norma franquista que serve para sancionar as alumnas que protestaron contra Luciano Méndez.
NOS_45197
A Mesa denuncia que a presidenta da Cámara galega non acatou o compromiso selado con esta asociación na liña de garantir a atención na lingua propia para a que fose a próxima adxudicataria da concesión. O noso idioma nin sequera se exixe como opción nos terminais
A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, faltou á súa palabra ao non colocar a atención en galego como requisito fundamental para a que fose a próxima concesionaria do servizo de telefonía móbil na Cámara. Así o denuncia a Mesa pola normalización nun comunicado que fixo público esta sexta feira, en que detalla o "compromiso concreto" que o seu presidente, Carlos Callón, arrincou de Rojo nunha reunión mantida en abril de 2011 e que a conservadora non chegou a cumprir. Segundo detalla a asociación, nestes momentos estase a negociar o contrato de telefonía móbil "sen incluír nin sequera a opción de que o galego estea presente nos terminais", e isto a pesares de que tal servizo "existe no mercado". Por conseguinte, Callón reproba que o PP "considere prescindíbel" a posibilidade de escoller a lingua propia do país, e entende que tal situación manifesta "un relevo simbólico moi grande e moi negativo". Ao fío, a Mesa chamou a atención sobre o feito de que a actual empresa concesionaria, Movistar, infrinxe unha lei aprobada por unanimidade no propio Parlamento e que recolle como a adxudicataria do servizo de telefonía móbil no Hórreo debe garantir que calquera persoa poida falar en galego. Con todo, a día de hoxe, nin as liñas da Xunta nin as da Cámara galega teñen a nosa lingua entre as súas opcións. Si que permiten, sen embargo, falar desde Galiza en español, en catalán, en italiano, en francés, en inglés e en alemán.
NOS_21328
Ante a estación de tren Lugo, Pontón e Ferreiro denunciaron o "agravio" que padece Lugo en materia ferroviaria e anunciaron as medidas que defenderán no Congreso para dotar a Lugo dun "servizo do século XXI".
A cidade de Lugo é a única de Galiza que continúa sen conexión directa coa capital galega. Unha situación que o BNG denunciou como "agravio" ante a propia estación de ferrocarrís de Lugo. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto á número un por Lugo nas eleccións xerais, Maite Ferreiro, presentaron as propostas que o nacionalismo defenderá no Congreso para reverter a falta de servizos. Segundo Ferreiro, esta situación poderíase resolver cunha obra sinxela de 27 quilómetros de vía que conectase as paradas de Curtis e Ordes, creando un traxecto directo Lugo-A Coruña. Así mesmo, desde o Bloque defenden que, electrificando e modernizando a liña e os trens da actual vía Lugo-Curtis, e enlazando coa liña do eixo atlántico a través de Ordes, sería posíbel realizar o traxecto Lugo-A Coruña entre 45 e 50 minutos. Para Maite Ferreiro, esta obra pequena axudaría a solucionar o día a día das persoas que se desprazan de Lugo a Compostela por motivos laborais. Pontón cualificou de "odisea" o traxecto actual entre Lugo e Compostela, xa que "é máis rápido chegar desde París a Londres que desde Lugo a Santiago, o que evidencia até que punto falta unha visión galega de como vertebrar o territorio por tren e, de feito, os trens que pasan por esta provincia están pensados sobre todo para ir a Madrid". Aliás, Ferreiro e Pontón tamén se comprometeron a defender a electrificación e modernización do FEVE, que valoraron como unha opción estratéxica para o transporte de viaxeiros e de mercadorías.
NOS_56460
O Concurso Exposición Internacional da Camelia volveu abrir este sábado as súas portas en Pontevedra coa especie consolidada como unha das flores ornamentais máis recoñecidas do país. A Deputación de Pontevedra quere promover a súa plantación no monte.
Flor ornamental mais non só. A camelia gaña adeptas e adeptos nas súas múltiples formas, entre as que destacan o té e o aceite. A Deputación de Pontevedra busca difundir as investigacións atesouradas na Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) entre as comunidades de montes para obter outros aproveitamentos do seu cultivo asociadas ao sector forestal. Así o explicou a deputada delegada da EFA, Eva Vilaverde, na inauguración da LV Mostra Internacional da Camelia, cuxo obxectivo pasar por reunir as mellores flores de camelia do país e por trasladar á sociedade o traballo técnico que se realiza na EFA. A LV Mostra da Camelia, logo do seu paso por Vigo e Vilagarcía, pretende volver destacar a flor "e todo o que este cultivo significa no noso país, que en realidade vén sendo todo un universo que abrangue un amplísimo abano de posibilidades ornamentais, turísticas e produtivas". Desde 2016 até hoxe, percorreuse "un importante camiño na popularización dos usos da camelia, a través da difusión dos produtos derivados do seu cultivo, como son o té cento por cento galego, que xa é unha realidade, ou as investigacións sobre a obtención do aceite a partires das sementes", sinalou Vilaverde. Despois da inauguración da mostra, tivo lugar o showcooking a cargo do chef do Grupo Nove Iñaki Bretal, que preparou un menú degustación a base de camelias como ingrediente formado por un entrante –vieira afumada coas follas da camelia–, un primeiro prato –peixe con allada de aceite de camelia–, un segundo –carneiro con prebe de camelia e pétalos– e unha sobremesa –biscoito con camelia– A degustación de 180 pratos por parte das persoas participantes xerou unha grande expectación por parte do público, ao igual que na pasada edición. A xornada de mañá domingo comezará ás 10 horas coa apertura de portas, hora desde a que se poderán contemplar as flores presentadas a concurso polas 42 persoas cultivadoras, chegadas de diversos puntos do país. Ás 11 horas, terá lugar a xornada técnica 'Patoloxías e afeccións sanitarias máis habituais na camelia, métodos de control', a cargo do doutor enxeñeiro de Montes Pedro Mansilla. A media mañá (12h) realizarase a entrega de premios aos mellores cultivares de camelia presentes no LV Concurso Exposición Internacional, co agasallo da tradicional 'Camelia de Ouro' á mellor composición floral, e con esculturas especificamente realizadas para a ocasión ao resto das composicións máis destacadas. Xa pola tarde, ás 17 horas, realizarase outra xornada técnica sobra 'O cultivo da camelia como especie restauradora en zonas forestais', a cargo da xefa do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Carmen Salinero. Será ás 18.30 horas a quenda para a presentación do libro 'Xardíns históricos na provincia de Pontevedra', editado pola Deputación de Pontevedra. Durante todo o día estará habilitado un espazo infantil para crianzas maiores de tres anos atendidas por monitores e monitoras. O peche de portas será ás 21 horas.
NOS_11096
O material será distribuído a todo o país, mais con carácter prioritario Sanidade enviaráo a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias.
Galiza recibiu esta quinta feira o terceiro envío das máscaras de protección adquiridas pola Xunta, trátase dun millón de unidades que xa están na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde (Sergas), situada en Negreira, para loitar contra a expansión do coronavirus. Segundo informa a Consellaría de Sanidade, o material sanitario que se reparta a partir de agora levará ilustracións doadas polo artista cambadés Francisco Leiro e polo toledano Rafael Canogal. O material será distribuído desde este centro a todo o país, con carácter prioritario Sanidade enviaráo a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva. Francisco Leiro (Cambados, 1957) dedícase á escultura, mais tamén practica, esporadicamente, o debuxo e a pintura. Aínda que nunca abandona o granito, o seu material preferido foi sempre a madeira; tamén traballou sobre mármore, formigón, ferro ou aceiro. É o autor de grandes esculturas como o Sereo da Porta do Sol de Vigo ou o Astronauta da Glorieta do Universo de Valdemoro (Madrid). Rafael Canogar (Toledo, 1935) é un dos principais representantes do arte abstracto no Estado e forma parte da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Empregou inicialmente unha técnica escultopictórica: con as súas mans arañaba ou espremía a pasta que facía vibrar sobre fondos de colores planos; para ao longo da súa carreira ir, progresivamente, volvendo á realidade dunha figuración complexa cada vez máis narrativa. Este material de protección súmase ás 700.000 máscaras recepcionadas o pasado domingo e aos 2 millóns de máscaras da pasada cuarta feira.
NOS_31663
Esta sexta feira será unha xornada histórica nas salas de cine galegas. A estrea da película A Esmorga levará a nosa lingua ás salas comerciais de todo o país, feito que non ocorrerá até agora.
Unha película en galego que se proxecta nas salas de todo o país. Este é un dos feitos que converterán ao filme A Esmorga nun fito dentro da historia do cine galego. A partir desta sexta feira día 21, a película dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada nos seus principais papeis por Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira e Karra Elejalde poderase ver en salas comerciais de Ourense -Pontevella-, Vigo -Gran Vía, Praza Elíptica, Multicines Norte, Yelmo Travesía de Vigo-, Santiago de Compostela -As Cancelas-, A Coruña -Os Cantóns, Marineda City e Yelmo Os Rosales-, Lugo -As termas-, e Pontevedra -Cinexpo- ademais de nas salas de Carballo, Vilagarcía, Monforte de Lemos, Cee, Ribeira e Leiro. En total, serán 50 copias as distribuídas esta fin de semana en todo o país. A adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor chega ás pantallas grandes cunha gran produción rodada integramente na nosa lingua. A produtora fixo, posteriormente, unha versión dobrada xa que, tamén singularmente, o filme foi mercado pola TVE para a súa emisión. A Esmorga é a cuarta longametraxe dirixida por Ignacio Vilar, que con anterioridade levou ás pantallas Pradolongo e Vilamor, tamén rodadas en galego e na Galiza, cunha forte marca de identidade na creación dun cinema propio que o autor defende. "Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición", explican arredor dunha película intensa que tivo a súa preestrea no Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF), onde acadou unha grande ovación polas máis de mil persoas que formaban parte do público. Para que deixe de ser noticia A continuidade nas salas comerciais dependerá da afluencia de público da fin de semana da estrea. Por esta razón, o equipo artístico co seu director á cabeza desenvolveron nesta semana unha intensa campaña de promoción en centros de ensino e asociacións, con actos nos que convidaron ao público a asistir ás salas de cine. A Esmorga é tamén a película do cinema galego que conta coa maior campaña de promoción da súa historia. Ademais da comunicación directa, dos encontros co equipo do cine e da presenza en medios, a imaxe da película repítese en grandes carteis e autobuses ao longo de todo o país. A Mesa pola Normalización Lingüística animou tamén a acudir á estrea do filme e destacou "a importancia de que o público amose o seu apoio ao cine galego e en galego nas salas comerciais para que este tipo de estreas deixen de ser noticia".
NOS_47110
Gozarmos desta festa a través das sobremesas.
O pasado domingo fareleiro deu comezo a unha das celebracións con maior tradición popular do noso pais. E mentres agardamos a que as rúas se enchan de pantallas, máscaras, cigarróns, peliqueiros, boteiros, damas e galóns, convídovos a facer unha viaxe polas sobremesas típicas da nosa contorna para gozarmos da nosa gastronomía e vivirmos un Entroido de noso. A nosa primeira parada fica en Ourense. Unha das receitas que sempre se repite nas cociñas galegas é a bica. Ben sexa a de Trives ou a de Laza, a bica é un biscoito esponxoso cunha fina capa crocante que se torna unha delicia para os nosos padais. No entanto, noutras zonas da Galiza, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz e a zona do Ribeiro, esta sobremesa non é doce, senón que se semella máis a unha empanada. De viaxarmos un pouco máis por terras galegas, non nos resultará difícil desgustarmos unha boa filloada. As filloas ou freixós son unha sobremesa doce feita con ovos, leite ou auga e fariña que se frite nunha filloeira e á que se lle pode engadir azucre ou mel. Porén, en moitos fogares galegos as filloas teñen un amoado salgado que se fai coa auga do caldo. Sexa como for, sen dúbida, as filloas son a receita estrela destas datas. Continuando coa nosa andanza, outro doce que non pode faltar e que vai facer que o noso fogar arrecenda a Entroido son as orellas. Estes anacos de masa fritidos en aceite tamén se acostuman tomar en Catalunya e en Euskadi e reciben o nome de orelletes. Na Franza, chámanlles oreillettes ou merveilles e, ao igual que na Galiza, son típicas no Entroido. Outra das paradas obrigadas neste percorrido culinario son as roscas. Podemos encontralas en todas as festas, feiras e romarías do país, xa que o seu consumo é case de obriga nas celebracións populares. Así que non hai escusa para non probarmos unhas este Entroido. Do mesmo modo que a viaxe que fixeron Manuel Curros Enríquez e Francisco Añón n'O Divino Sainete en tren tivo o seu fin en Roma, o noso percorrido remata coas chulas. Esta sobremesa que asolaga de ledicia os nosos fogares ano tras ano é a escusa perfecta para xuntarnos arredor dunha mesa e gozarmos destas datas. Finalmente, cómpre lembrarnos que ao longo do noso territorio esta festividade pode recibir o nome de Entroido, Entruido, Antroido, Antruido, Introido ou Entrudo e que, con certeza, esta festividade está para vivirmos as nosas tradicións a través de figuras como os volantes, os maragatos ou os mecos, estes últimos, ao igual que fixo Curros Enríquez na súa obra, escenifican os problemas da sociedade baixo un ton burlesco. Sexa como for, o Entroido está para comermos a lingua.
PRAZA_11637
Abel Caballero coa súa actitude o único que fai e fomentar o consumismo e o malgasto enerxético o que supón contaminación e esgotamento dos recursos non renovables.
O Concello de Vigo foi -agás erro- o primeiro concello galego en aprobar a declaración de EMERXENCIA CLIMÁTICA mais tamén foi o primeiro en deixar claro que unha cousas son as declaracións e outra cumprir os compromisos.Abel Caballero, o alcalde de Vigo, ou mellor dito ou showman da cidade máis populosa de Galiza ven de dicir a toda a veciñanza de Vigo e a todas as persoas de "Vigo, Galicia, España y la vieja Europa" que el é político no sentido mais pexorativo da palabra : mentireiro, populista, manipulador, megalómano, ególatra e con absoluta ausencia de empatía. Abel Caballero coa súa actitude e discurso demostra que non pretende deixar un mundo e un Vigo mellor para as xeracións futuras. A el chégalle con que non se derrube todo antes da súa morte; manténdose -como non- instalado no centro da atención mediática e por suposto no poder.A campaña de nadal de promoción do CONSUMISMO impulsada de xeito persoal polo alcalde de Vigo non deixa a case ninguén indiferente. A maioría dos vigueses e viguesas aplauden a actitude e o discurso do seu alcalde ate bordear un comportamento mais propio de membros dunha seita que a de cidadáns libres, intelixentes e críticos. A esta maioría dálle igual o que o seu líder diga ou faga e, ademais, considera que ter unha postura crítica coa programación municipal do nadal sitúate no anti-viguesismo. A imaxe de millares de persoas adultas aplaudindo e apampando diante do prendido dunhas lámpadas fainos dubidar se estamos na época das pantallas dixitais ou se demos un salto temporal cara atrás e estamos nos inicios da chegada da iluminación eléctrica.Pregúntome eu se a histeria colectiva na que se instalou unha boa parte da veciñanza de Vigo non os levara a soprar as lámpadas coa intención de apagalas como se de candeas se tratase, tal e como se di que fixeron moitas persoas cando ollaron lámpadas acendidas por primeira vez. Despois está a minoría local que coincidindo coa maioría dos non vigueses escandalizámonos non só co malgasto dos cartos municipais en facer publicidade e favorecer as grandes empresas instaladas no centro de Vigo, senón tamén coa bochornosa posta en escena que fixo o showman é presidente da Federación Española de Municipios e Provincias intentando competir, igualar e mesmo gañar a cidades como New York. Para darse conta do ridículo da carreira internacional na que se obrigou a participar á veciñanza de Vigo chega con dicir que New York ter aproximadamente 20.000.000 de habitantes é un presuposto que ronda os 85.000 millóns de dólares/ano. Está cidade gasta máis na súa iluminación do nadal que orzamento ten a cidade de Vigo para todo un ano. Abel -o Showman de Vigo- rise dos seus veciños e veciñas facéndolles crer que grazas a el e as súas lámpadas a cidade de Vigo xoga na mesma liga internacional que cidades como París ou a mesma NY.Abel Caballero coa súa actitude o único que fai e fomentar o consumismo e o malgasto enerxético o que supón contaminación e esgotamento dos recursos non renovables. Abel Caballero e os seus fans deberían saber que hai un consumo enerxético -polo tanto de emisións de CO2- que se chama enerxía embebida que non é outra cousa que o consumo enerxético necesario para a fabricación dun ben. Case sempre este consumo enerxético no proceso de fabricación chega a superar varias veces a enerxía consumida por ese mesmo ben/artiluxio na súa vida útil.De facer caso á irresponsabilidade medioambiental e co clima a que nos chama e mesmo incita Abel Caballero e outros moitos alcaldes lograremos que a finais deste século o planeta teña uns 6 grados mais de temperatura media. Este incremento de temperatura terá feito que a corrente mariña do golfo de México teña desaparecido facendo que as temperaturas de Europa sexan similares ás da cidade de NY e do Canada. Son as que nos corresponden por latitude. Grazas as actitudes que Abel Caballero -Alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias- fomenta teremos logrado que a finais de século todos os municipios e provincias do interior da península sexan un deserto. As do sur correran unha sorte similar agás os situados na zona litoral. En Murcia as temperaturas serán tan elevadas que a vida da persoas non será compatible. Iso si a finais de século nin Abel Caballero nin eu teremos que preocuparnos das mortes por golpes de calor, pois xa non estaremos aquí. Do que si teremos que preocuparnos os que vivamos entorno ao 2050 será da falta mundial de alimentos, de millóns de desprazamentos e de conflitos sociais e militares que sendo supostamente políticos serán produto do caos climático no que estará instalado o noso planeta.Abel Caballero o que realmente debería de dicir, coa fachenda de superioridade que o caracteriza é que a súa intención final é un FUTURO DISTÓPICO que converta a parte baixa de Vigo –aquela que se sitúa por debaixo dos 20 metros do actúa nivel do mar- nunha especie de Venecia, ao mesmo tempo que se destrúe esta cidade Italiana, para evitar competencia. Seguramente que no FUTURO DISTÓPICO que Abel Caballero pretende para "Vigo, Galicia, España, la vieja Europa y todo el Planeta" a "futura Venecia de Vigo" creara centos de novos postos de traballo e riqueza económica ao igual que o fai actualmente a prostitución, a trata de persoas, o narcotráfico, a venda de armamento militar, o tráfico de órganos e tantas outras actividades clandestinas ou non que moven millóns de euros a costa da liberdade, dignidade, vida e futuro das persoas.O problema político que existe hoxe no tócante ao clima non ven da man dos negacionistas, dos Donald Trump, senón que ven da man do discurso e das actitudes dos Abel Caballero. Persoas estás que din asumir a emerxencia climática mais que despreza e negan coa súa actitude as consecuencias desastrosas que os informes científicos vaticinan que veñen aparelladas a este feito. Pensan e din desde o privilexio do seu posto de poder que a mudanza climática só significan mais meses de verán e unha temperatura un pouco máis elevada. Os Abel Caballero ignoran que a súa calidade de vida está baseada en que as xeracións pasadas se esforzaron en deixar unha vida mais fácil aos que lles seguían. Xustamente o contrario do que eles están facendo. O que están facendo non é outra cousa que roubarlle o futuro as xeracións dos actuais nenos e nenas só co obxectivo do momento mediático, de manterse no poder ou co deleite infantil do acendido dunhas lámpadas e do consumismo exacerbado,Señor Abel Caballero, se mo permite, vóolle dar unha suxestión retranqueira para que organice un final de nadal acorde co seu despropósito consumista. Finalice a realidade distópica na que instalou a súa cidade facendo un evento final que consista en prender lume nunha gran fogueira todos os plásticos, papeis e embalaxes diversos que a veciñanza de "Vigo, Galicia y el estranjero" vai acumular durante estes 2 meses de "gasolina á vena" e desenfreo consumista. Non se corte. Sexa pro-activo na construción do FUTURO DISTÓPICO; desa futura "Venecia Viguesa" de rúas conxeladas no inverno. Nelas patinaran os seus descendentes. E como colofón faga unha conta atrás coreada por unha multitude de fans e groupies 10, 9, 8, 7, 6 ,5, 4, 3,2, 1 soprido colectivo e apagado de luces. "No se olviden ustedes de consumir cosas inservibles para generar puestos de trabajo y hasta el año que viene"
NOS_57373
Os camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa, nas Pontes.
Son os transportistas afectados polo peche da central térmica das Pontes os que volverán a pecharse a partir do sete de xaneiro no concello, ao tempo que prevén levar a cabo máis protestas. "Quietos non imos quedar", avisa Manuel Bouza, un dos camioneiros que fai parte do colectivo de transportistas, en declaracións a Europa Press este sábado. "A cousa non vai quedar así", afirma sobre o peche da planta de Endesa, se ben apunta que se preparan máis mobilizacións que fagan "o menor dano posíbel á cidadanía". Así mesmo, Bouza confía en que as probas para o uso de biomasa como alternativa ao carbón dean resultados. Ao respecto, el considera que a Xunta "ten que apostar forte polos lodos", xa que "non hai onde botalos" e existe unha problemática con eles en Galiza. Bouza considera que a Xunta "ten que apostar forte polos lodos", xa que "non hai onde botalos" e existe unha problemática con eles en Galiza. "Se os lodos se comportan e son rendíbeis, hai esperanzas de que se poida activar un grupo, dous ou catro (da central)", afirma Manuel Bouza. De feito, Endesa resérvase o dereito de desistencia desta petición de peche, no seu conxunto ou parcialmente, no suposto de que, como consecuencia das probas adicionais de combustión con distintas mesturas de combustíbel, que se realizarán nos próximos meses, puideran variar os resultados e garantir a viabilidade da planta.
NOS_53505
Durante os últimos anos, o xigante carboeiro pasou de se lembrar unicamente en zonas de montaña como o Courel ou Trives a se apousentar como unha figura de Nadal propia da Galiza. Un salto que Gerrmám Ermida debullou en traballos como A recreación urbana do Apalpador, do Museo do Pobo Galego.
"A recreación do Apalpador traballouse desde o comezo apostando pola difusión desta figura por todo o país. Con este fin, os membros do centro social compostelán A Gentalha do Pichel aproveitaron o contacto que manteñen con colectivos homólogos (Fundaçom Artábria en Ferrol, Mádia Leva en Lugo...) para introducir a celebración en diferentes lugares. Estes colectivos conforman unha rede de centros sociais e de asociacións que traballan a nivel local actividades de recuperación de patrimonio, defensa da lingua e outras propostas en gran medida de carácter identitario. Tal e como apunta André Seoane a definir este suxeito colectivo, "o Apalpador renasceu e continuará vivo enquanto nós, e com este nós incluímos todas aquelas pessoas que tenhem a Galiza e o Galego como o seu universo cultural de referência, decidamos mantê-lo". Pola súa banda, B. Paços sinala que "o resurgimento do Apalpador é -devemos dizê-lo abertamente- um ressurgimento essencialmente independentista, e o seu parto foi assistido polos braços do movimento associativo". A partir de 2008, asociacións vinculadas a moitos destes centros sociais adoptaron a figura e recreárona nos seus propios contornos locais. Este contexto resulta fundamental para entender a rápida extensión acadada por esta iniciativa, ao contar cunha rede preexistente de persoas voluntarias dispostas a participar no proceso de recreación. Ademais, existían nestes colectivos dinámicas de traballo previas en procesos de recuperación patrimonial e de dinamización social e cultural. A experiencia iniciada na Gentalha foise espallando en anos consecutivos por Ourense, Ferrol, Pontevedra, Boiro, Lugo, Xinzo, Vigo, Ponteareas, Santa Comba ou Ordes, entre outros lugares, empregando fórmulas similares de representación. Neste tempo concellos como Compostela, Teo ou A Coruña incorporaron (nalgúns casos sen continuidade) o personaxe ás súas programacións de Nadal e empresas así como diferentes particulares, vinculárono ás súas felicitacións e campañas para esta época. Canda a isto, o Apalpador fíxose habitual en medios de comunicación de carácter local e autonómico (prensa, televisión, radio) nas datas de Nadal, presentado como tradición propia do país. En 2011 a súa presenza en televisións estatais, presentado como unha figura tradicional, en programas informativos e como disfrace nun concurso amosan a pegada que está a conseguir na sociedade galega actual. (…) Aqueles que agora teñen menos de sete anos e levan varios coñecéndoo consideran con total naturalidade que o Apalpador leva aí toda a vida e sitúano ao mesmo nivel do que outras figuras do Nadal, o que fai pensar na posibilidade dun longo percorrido do personaxe na memoria colectiva. O Apalpador na cidade A recreación do Apalpador na cidade colle características fundamentais das celebracións públicas do Nadal propias da sociedade contemporánea. Nas mesmas, pódese citar o desfile dos Reis Magos, a repartición de lambetadas ou a recepción destes personaxes por parte de autoridades públicas. De xeito semellante, o Pai Nadal/Santa Claus é exposto publicamente en diferentes localizacións, nomeadamente centros comerciais, onde tamén interactúa coas crianzas. Segundo explica Paulo Rico, membro da Comissom de Memória Histórica da Gentalha, no colectivo apostaron desde o comezo por identificar o Apalpador como "o Pai Natal galego". A súa intención confesa era aproveitar as semellanzas para facilitar a implantación social do carboeiro. Deste xeito, o Apalpador recupérase en parte como equivalente das figuras do Nadal urbano, converténdose tamén nun ser sobrenatural que lles trae agasallos aos nenos. O Apalpador represéntase en vilas e cidades, de xeito semellante a outras figuras, nun desfile. Neste evento o carboeiro recréase mediante un disfrace e vai a miúdo acompañado por un cortexo de música tradicional. No transcurso do desfile, os nenos e as nenas poden ver o mito corporizado que vai facer unha visita á cidade desde a súa morada no Courel e dálles castañas ao tempo que lles imparte a súa particular beizón para o ano desexándolles fartura e apalpándolles a barriga. Este encontro supón o principal xeito de representación ao vivo do personaxe nas diferentes urbes. Neste contexto, os asistentes a esta representación anual do Apalpador son participantes no rito e supoñen unha parte fundamental para a súa recreación e difusión"
NOS_30130
A presidenta da xestora do PSdeG admite que após máis dun ano "sen unha dirección sólida", a formación política necesita facer "unha oposición máis contundente".
"O PSdeG debe ser un partido forte que desenvolva un proxecto político consistente" para facer unha oposición ao PP "non vou dicir dura, pero si contundente e construtiva". Nestes termos pronunciouse Pilar Cancela, a presidenta da xestora do PSdeG, nunha entrevista en Cadena Ser. Aínda que non citou Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz parlamentar, sinalou: "É certo que o grupo parlamentar está a facer un traballo excepcional, pero creo que temos que endurecer o noso discurso político nun sentido positivo". "Galiza non ten unha voz que a defenda", dixo Pilar Cancela a respeito dos orzamentos do Estado Aliás, acusou Alberto Núñez Feijóo de se pregar aos posicionamentos de Madrid en relación aos "600 millóns" perdidos para Galiza nos orzamentos xerais do Estado, "parece que non existe [por Feijóo] e Galiza non ten unha voz que a defenda", sinalou ao respeito. "Non hai ningún sector estratéxico do que Feijóo poida facer un balanzo positivo", subliñou, e engadiu, "como é posíbel que non haxa unha oposición contundente enfronte? É a nosa obriga, estamos para iso". Sobre a situación "de interinidade" no PSdeG, Pilar Cancela cre que aínda é "apresurado" falar de decisións sobre Galiza, pero após a cita do 18 de xuño, chegará o momento de tomar unha decisión. Aínda que, inicialmente, non habería congreso do PSdeG até setembro, a dirección de Pedro Sánchez podería elixir outra data. Sinalou, ao respeito, que "o PSdeG leva demasiado tempo nunha situación de interinidade" e "canto antes se resolva, moito mellor". Sobre a súa posíbel candidatura á Secretaría Xeral, asegurou que non a analizou, "non forma parte da miña preocupación nin ocupación".
NOS_13823
Fundador e máximo accionista do xigante Inditex, Amancio Ortega costumaba colocar os seus investimentos en imóbeis de luxo. Aos seus 82 anos, fai unha pequena excursión ao sector tecnolóxico ao comprar por 378,8 millóns de euros 10 por cento de Telsiux, unha filial de Telefónica.
Desde que en setembro de 2005 fracasou no seu asalto a Unión Fenosa —nunha operación con apoio do bipartito e de CaixaVigo en que finalmente se acabou cruzando a ACS de Florentino Pérez— Amancio Ortega puxo a maior parte dos seus ovos —os dividendos que obtén de Inditex— no mesmo niño, a compra de inmóbeis de alto porte, investimentos faraónicos en cidades como París, Miami, Londres, Nova Iorque, Seúl e Madrid, con activos valorados en máis de 8.000 millóns de euros. Agora, e relativamente por sorpresa, Ortega incorpora un novo negocio á súa carteira de investimentos, ao se facer co 10 por cento de Telsiux, unha filial de Telefónica criada en febreiro de 2016 para agrupar activos como as torres de telefonía móbil, as redes de fibra óptica e as de cabo submarino. Os números de Telsiux son impresionantes: posúe arredor de 15 mil antenas de telefonía móbil só en territorio español e 31.000 quilómetros de fibra óptica submarina. Ortega compra a súa participación en Telsiux a 15,2 euros por acción e entra como parceiro minoritario na compañía, cuxo control operativo continuará nas mans de Telefónica.
NOS_52318
"Estou Lá" foi uma grande festa musical dentro dos XVIII Colóquios da Lusofonia organizados pola AILC (Associação Internacional dos Colóquios da Lusofonia) a Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), a Pró- AGLP e a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e fez parte da programação da FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Contou com o apoio e o patrocínio da Concelharia de Cultura do Concelho de Ourense.
Galiza acolheu por primeira vez estes Colóquios que já foram ao Brasil e a Macau, na China, e agora visitaram a terra berço da língua galego-portuguesa. O nosso mais sincero agradecimento a todas as pessoas que o fizeram possível. Grão a grão a galinha enche o papo. Obrigado por achegardes o vosso, de todo coração.Estivemos lá para estreitar laços e tender pontes...e que melhor lugar para isso que Ourense, essa cidade-ilha que nos deu acobilho e arrolo: desde a Ponte Maior, também conhecida como Ponte Romana, ou Ponte Velha, que tem a sua origem no século I, até a Ponte do Milénio, a quinta e última. Há alguns anos Camilo Nogueira expressava um sentimento que muit@s compartilhamos: "Oxalá algum dia houver tantas pontes sobre o Minho, como em Paris sobre o Senna". O pai Minho, o rio que abraça e namora Galiza e Portugal. Canté que assim seja. O Tema elegido para estas jornadas foi "Galiza e Açores: duas insularidades culturais". A mim faz-me pensar na Islândia, que faz parte da cordilheira submarina que se estende, precisamente, para o Sul e Sudoeste até as ilhas dos Açores, um outro cume do mesmo sistema montanhoso. Islândia, uma ilha na que os banqueiros são arrestados e enviados à cadeia e os ex-presidentes julgados por má gestão... Ai! que inveja, verdade?! e, musicalmente, numa mulher poderosa, a pequena viquingue Björk, como diriam os Ataque Escampe. Porque... o tamanho, certamente, não importa neste caso, mais bem ao contrário. Penso na Galiza tantos séculos isolada, mais que possui uma forte personalidade linguística, cultural e musical, comparável a outros lugares, talvez pequenos no mapa, mas imensos nos nossos corações, como Cuba, Jamaica, Irlanda ou Cabo verde.A Guiné-Bissau, o lugar do que procede uma das artistas convidadas, Eneida Marta, é um país da costa ocidental de África que além do território continental, integra cerca de oitenta ilhas que constituem o Arquipélago dos Bijagós, onde topamos algumas das melhores praias do continente. Praia é a capital de Cabo Verde, que no passado pôde chegar a formar um só país junto à Guiné, como sonhou Amílcar Cabral. Não me digam que não dá vontade de ir viver num país cuja capital tem por nome praia! O passado sábado 6 de outubro nadamos nas águas do auditório municipal de Ourense com 9 cantoras, cantores e músicos e com as 24 espécies de baleias e golfinhos que visitam os Açores e infelizmente, cada vez menos, a nossa querida Galiza. Com o espírito de Natália de Oliveira Correia poeta açoriana, lutadora contra a Ditadura de Salazar que destacou na defesa da cultura, dos direitos humanos e das mulheres. Autora da letra do Hino dos Açores, inventou o matricismo, identificador da mulher como arquétipo da liberdade erótica e passional e fonte matricial da humanidade. Dizia: "Sou até um ser profundamente afetivo. Coloco o amor na sua totalidade -o Amor que compreende Eros, Ágape (ou amor sublime), Líbido e Fília (amizade). Este amor é a própria essência da cultura portuguesa", e eu engadiria "e da galega, da brasileira, da africana, da palestiniana..."Viajamos à Ilha Brasil, que misteriosamente aparece, desaparece e muda de lugar, como uma mancha vermelha em milhares de mapas desde o século XIV até meados do XIX. O antigo paraíso dos celtas, sempre cara o sol poente. Desde o oeste da Irlanda, a sua posição originária, migrou para os Açores, onde a atual ilha Terceira aparece por vezes com esta designação e onde, muito antes de 1500, data da descoberta "oficial" das Terras de Santa Cruz, o atual Brasil, já a península fronteira à cidade de Angra, um antigo vulcão extinto, ostentava o nome de Monte Brasil. Este vocábulo é o nome popular dado em gaélico irlandês ao sulfuro de mercúrio, mineral de cor vermelha brilhante utilizado desde a antiguidade como base para colorantes e usado em pintura corporal.A lenda da ilha Brasil estava em boca dos marinhos atlânticos da Idade Media (escoceses, irlandeses, bretões, galegos, portugueses...) e é possível que a aplicassem ao paraíso que toparom, cheio, por outra banda, duma madeira chamada pau-brasil que, pola sua coloração avermelhada parecia estar incandescente ou "em brasa", o que sen dúvida contribuiu a unir ambos nomes num, como acontece com o enigmático texto do basco Lope Garcia, que sobre 1475, situa na ilha do Brasil, ao mesmíssimo rei Artur, identificando-a com Avalon, ilha lendária da lenda arturiana, famosa por suas belas maçãs, lugar onde a espada do Rei Arthur Excalibur foi forjada e posteriormente para onde Arthur é levado para se recuperar das feridas após a Batalha de Camlann.O magnético Xoán Curiel, recém chegado da sua turnê por California, outro lugar com nome mítico, foi o encarregado de começar, após a minha apresentação. Ensinou-nos a conectar-nos na brisa, a descobrir na língua o sabor do beijo e a voar de um jeito diferente no azul. Aliás "atlantizou" o uquelele no tema intitulado Babel. O uquelele tem sua origem no século XIX tendo como ancestrais o braguinha ou machete e o rajão, instrumentos levados pelos madeirenses, nomeadamente João Fernandes, quando estes emigraram para o Havai para trabalhar no cultivo da cana-de-açúcar naquelas ilhas. Uquelele, no idioma havaiano quer dizer "pulga saltitante".Com Xoán assistimos à consolidação de um grande criador, de um músico que parece estar a chegar a um estado de forma dificilmente melhorável e que sabe contagiar a alegria de viver sem medos, de transmitir o talento e a solidariedade. Rimos a cachão lembrando a sua experiência no Brasil ao ver a reação do público quando cantava o refrão do seu tema Rapás, rapás!: "que fas com um grelo, metido no pelo...". Além da sua simpatia e das suas canções, foi omnipresente durante toda a velada e os seus duetos foram marcantes, quer com Najla Shami, quer com João Afonso. Sua foi também a direção musical e artística deste espetáculo.Najla Shami levou-nos com a sua vibrante voz desde as ruas de Compostela às selvagens montanhas de Lugo e daí à fértil Palestina. Sentimos o calor do seu pessoal e inconfundível estilo que navega entre a MPB, a nova música galega e os sons de raiz, das suas raízes. Coração estaladiço soou mais africano que nunca graças à sua capacidade para enfeitiçar com a palavra e a melodia, e à magnífica banda e percussão mestiça de alento baiano que seguiram as suas pegadas. Surpreendeu-nos com o Alalá das Pedras, acompanhada unicamente polo baixo de Norton Daiello, deixando-nos quase sem respiração. Ficamos à espera da sua evolução que parece ainda não ter limites.Eneida Marta, mulher de doce mel que, dito seja de passagem, tem cantado também em árabe, atreve-se com todo o tipo de ritmos desde os tradicionais da sua terra de nascença, a Guiné-Bissau, de Cabo Verde ou de Angola, passando polo jazz, o flamenco e até o gospel! Nesta noite, além do seu espetacular vestido amarelo, que não deixou ninguém indiferente, realizou uma interpretação magistral do apaixonante tema És um Fidju. Os seus duetos com Najla Shami (A Velha Chica) e Luanda Cozetti (Mindjeris di panu pretu) foram a confirmação da qualidade e variedade das vozes femininas lusófonas. Estas três mulheres iluminaram a noite orensã e fizeram-nos sentir que a nossa língua e as nossas almas ressoavam noutras latitudes, inesperadamente próximas.Tomamos um café bem carregado de talento e boa onda junto a Luanda Cozetti e Norton Daiello. Com o aroma da sua sofisticada proposta e o açucre da sua natural comunicação com o público...Cople Coffee demonstraram com temas próprios como Sambinha cliché ou com versões como a mítica Dindi (junto a banda e coreada por todo o público assistente) que o seu nome na música atual não é por acaso. Luandamos com saudade e orgulho, com uma proposta que refresca e vigora a nossa imaginação e a nossa sensibilidade. Luanda e Norton souberam durante todo o concerto embalar ao público e ao resto dos participantes.João Afonso, trouxe-nos cartas cheias de compromisso e de esperança, de boas canções e de abraços sinceros porque sabia que lá, nessa noite não ia encontrar "fronteiras a dividir corações". Quis fugir com o cientista, mas felizmente ficou connosco e deleitou-nos junto a Xoán Curiel com a aconchegante Carteiro em bicicleta. A memória do seu tio, o Zeca, e da música tradicional galega, apareceu ao interpretar junto a Luanda Cozetti o Cantar galego, que foi cantarolado até polos técnicos de som e iluminação. A voz de João tem o sabor do bom vinho, da conversa com @s amig@s mais achegados. A banda esteve composta polos magníficos Paulo Silva, Serginho Sales e Pablo Vidal, garantia de profissionalismo, entrega, generosidade e momentos inesquecíveis. Teclados, baixo, contrabaixo, bateria, sementes, acordeão... encheram de magia a cidade das Burgas. A Bahia, Minas Gerais e a Galiza fazendo tremer de emoção a todo um auditório. Às vezes o pessoal exclamava "mas, a sério que a banda são só três?!!". Quanto desfrutámos junto a eles, minha gente! Esta maravilha não teria virado realidade sem o excelente trabalho, o carinho e a ilusão de Noemi Pinheira e Irene Veiga, sem a produção sempre atenta e inspirada de Inês Portela e sem o bom fazer de Eski no som (nem um só acople!), dos técnicos do auditório municipal e do pessoal do Concelho. A insubstituível Uxía não pôde acompanhar-nos desta vez, já que estava a espalhar a nossa cultura e a nossa música na Tunísia junto ao brasilego Sérgio Tannus, mas sua foi a energia que nos impulsionou e o ánimo que nos uniu nesta aventura. Seremos muitos, seremos alguém... com amig@s assim um outro mundo sim que é possível. Gozemos pois da lusofonia, também conhecida por galeguia, à que @s galeg@s pertencemos por direito próprio. Em palavras de Jimmy Hendrix: "Quando o poder do amor superar o amor do poder, o mundo conhecerá a paz"... ou em palavras da nossa Rosalia de Castro "É feliz o que sonhando, morre. Desgraçado o que morra sem sonhar". Continuaremos a sonhar, a amar e a fazer realidade os nossos sonhos... Damas e cavalheiros, rapazes e raparigas, pequenos e grandes, avós e crianças, meigas e lobisomens... com todos vocês... Estou lá!
NOS_42878
Cando si e cando non resulta imperioso levar a máscara.
O uso da máscara é obrigatorio desde o día de hoxe no Estado español, unha medida proposta polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aos dirixentes territoriais na Conferencia de Presidentes celebrada na pasada cuarta feira e que entra en vigor un día despois da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do real decreto que a regula. Esta obrigatoriedade de máscara en espazos exteriores chega meses despois de que o seu uso decaese e no medio da escalada de casos ocasionada pola variante ómicron. Concretamente, foi o pasado 26 de xuño cando o Goberno central decidiu poñer fin a ese uso da máscara nos exteriores se había máis de metro e medio metro de distancia entre persoas. O regreso desta medida suscitou as críticas dalgúns líderes, caso da dirixente madrileña, Isabel Díaz Ayuso, mentres que os mandatarios da Galiza, Euskadi, Andalucía e Catalunya considerárona insuficiente e instaron á adopción de máis medidas complementarias. O Goberno xustifica a adopción desta medida no "aumento exponencial de casos" que "está a facer que os servizos de atención primaria, nalgúns casos responsábeis da trazabilidade dos contactos ou a cargo da implantación da estratexia de vacinación, non poidan realizar estas funcións nin a súa actividade habitual de forma adecuada". "Por iso –engade- á intensificación da vacinación deben engadirse outras medidas non farmacolóxicas para o control da transmisión na situación epidemiolóxica actual como é o uso correcto da máscara por parte da cidadanía". Mais, cales son as excepcións a ese uso obrigatorio da máscara en exteriores? Deporte ao aire libre O decreto estabelece o suposto da práctica deportiva como excepción ao uso da máscara Paseos Andar, pasear... xa sexa en solitario ou con algún familiar ou amigo, sempre que se manteña ese mínimo de metro e medio de distancia. Espazos naturais Mesmo escenario que o anterior, incluso con non convivintes, aínda que hai que manter o metro e medio.
NOS_28687
A sentenza contra o cantante mallorquí supera en tres meses a petición da Fiscalía.
O rapeiro mallorquín M.A Arenas, Valtonyc, vén de ser condenado a tres anos e 6 meses de cárcere a raíz dunha canción sobre Juan Carlos de Borbón. A Audiencia Nacional áchao culpábel de inxurias á coroa, ameazas e de enaltecemento do terrorismo. A sentenza supera en tres meses a petición da Fiscalía contra o cantante, nunha decisión que xa xerou non poucos rexeites por entender que é un ataque á liberdade de expresión. Durante a vista oral do pasado 9 de febreiro, o rapeiro afirmou que só era "un poeta" e "un artista". En declaracións a xornalistas após declarar, Valtonyc asegurou que ía continuar "denunciando o capitalismo" así como que seguiría "dicindo que os borbóns son uns mafiosos, son republicano e por iso non teño que reprimirme nin pedir perdón". "A min pódenme encerrar mais as ideas non se encerran e as ideas continúan aí", manifestou. O cantante foi detido en agosto de 2012 pola Policía a raíz dunha denuncia do círculo de empresarios das Balears por algunha das súas cancións. Non é o único rapeiro no estado cuxas letras o levan perante a xustiza. Pablo Hassel é un dos exemplos máis coñecidos. En Galiza, Volk GZ foi xulgado e condenado a unha multa por mor dunha canción denunciada por Galicia Bilingüe.
NOS_15785
Marilar Aleixandre, profesora ad honorem da Universidade de Santiago e colaboradora de Sermos Galiza, acaba de ser galardoada co premio á Contribución Sobresaliente 2019 que outorga a organización mundial de investigación en didáctica das ciencias. É a primeira investigadora do Estado español en recibilo.
Ademais das numersoas publicacións, Aleixandre dirixiu proxectos de investigación financiados e ten ampla proxección internacional nas áreas de argumentación e prácticas epistémicas. Tamén salienta o seu papel na comunidade de investigadores ibero americanos e no estabelecemento da Asociación Europea de Investigación en Educación Científica. Todos estes foron méritos valorados pola National Association for Research in Science Teaching (NARST), promotora do galardón. O Distinguished Contribution to Research Award [Premio á Contribución é "o máis importante na área de didáctica das ciencias". Desde a súa creación, en 1986, só o recibiron catro investigadoras europeas. Recoñece cada ano "a traxectoria de quen a través de investigacións durante un longo período de tempo fixo contribucións continuadas e sobresalientes, forneceu un notábel liderado e tivo un impacto substancial na área de didáctica das ciencias".
NOS_18287
A Plataforma Sarriana polo Río convocou unha mobilización para rexeitar o proxecto, cuxas obras xa comezaron. Din que non só non vai evitar as anegacións nas marxes dos ríos Sarria e Celeiro, senón que as vai agravar ao tempo que destruirá patrimonio etnográfico e arrasará un bosque autóctono dunha especie protexida: o ameneiro.
Até 6.700.000 euros para unha actuación nunha área de 300 metros. É o investimento que vén de adxudicar o Concello de Sarria para un proxecto que fora presentado xa en 2007 mais que ficara nunha gaveta até xaneiro de 2013, cando a exposición pública do documento confirmou o que a veciñanza xa temía: que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil expropiaría o muíño do Toleiro argumentando que parte da súa finca se atopaba en zona anegábel e era o principal escollo para o cauce do río en caso de desbordamento. E é que o devandito proxecto ten por obxectivo evitar as anegacións nas marxes dos ríos Sarria e Celeiro. Porén, o propio informe, que recibiu alegacións xa en 2007 por parte da asociación ecoloxista Adega, sinala expresamente que as anegacións poderán minimizarse, mais que non se van eliminar. Afectado o bosque de ribeira e patrimonio cultural e etnográfico A cidade vella de Sarria, construída até os anos 50 e 60, non respectou o refraneiro, pois hai un dito que advirte de que "nen casa á beira do río nen viña á beira do camiño". Se ben se construíron vivendas na zona de risco de anegacións, este proxecto, cuxas obras comezaron en decembro de 2013 derrubando a vivenda que estaba a carón do muíño do Toleiro, non é a solución. A Plataforma Sarriana polo Río esixe que se realice outro proxecto onde si se interveña sobre os ríos Sarria e Celeiro, mais tamén sobre os regatos que van desembocar a eles e que sexa respectuoso co patrimonio Así o defende a Plataforma Sarriana polo Río, constituída para aglutinar a veciñanza que se ergueu contra o proxecto do Concello. Non están de acordo cos traballos que se están a acometer porque non se abordan "de maneira integral" as causas das inundacións de maneira integral, isto é, as actuacións están a se levar a cabo na zona do Malecón, que non se anegou nunca, e son principalmente obras de ornamentación e de urbanización. Proba disto é que se vai substituír a baranda do Malecón, deseñada por un artista local, por outra de metacrilato "cunha finalidade que aínda descoñecemos". Porén, non se actúa por tanto sobre os regatos que constribúen en grande medida ás anegacións que cómpre frear e que se rexistran na zona do centro escolar ou a estación de autocarros. A respeito do río Celeiro "non se fai absolutamente nengunha actuación", sosteñen fontes da Plataforma en conversa con Sermos Galiza. Un proxecto "moi agresivo" coas ribeiras e que dana "gravemente" o patrimonio Para alén de supor unha inversión millonaria nunha zona de actuación moi reducida, o colectivo veciñal sostén que "as causas da inundacións non só non se corrixen senón que se agravan". Logo defenden que o Concello de Sarria, gobernado por José Antonio García (PP), vai desembolsar por volta de 7 millóns de euros para facer "nada". Mais ben, e segundo a opinión da Plataforma, para desfacer. Porque as mesmas fontes consultadas explican que o proxecto é "moi agresivo" coas ribeiras e dana "gravemente" o patrimonio histórico-artístico, cultural, ecolóxico e etnográfico da vila. Por que? Porque a Confederación Hidrográfica levará por diante dúas pontes --o do Toleiro e o de Calvo Sotelo-- e elimínase unha illa que forman os muíños e que está habitada por ameneiros, especie arbórea ameazada e protexida que se dá por perdida en toda Europa. Todo un exemplo de bosque de ribeira autóctono da Galiza que sobreviviu á urbanización acometida xa noutrora nas marxes do río Sarria e que agora se pretende intensificar. O Concello está a vulnerar o seu propio proxecto O proxecto sinala, aliás, que só se debe actuar nas marxes do río en épocas de estiaxe (cando o seu nível é máis baixo), polo que agora mesmo non se podería estar a realizar obra nengunha. O propio proxecto sinala que en época de enchente non se poden encetar traballos nas marxes do río Adega solicitou tanto a copia completa do estudo de impacto ambiental como a información relativa ao proceso de adxudicación dos traballos, pois a día de hoxe non se sabe cal é a empresa que os está a desenvolver. Sosteñen que o achegado polo goberno local é "un mal parche" que persegue un único obxectivo: o seu uso como instrumento para un plan de urbanismo ad hoc. Por todo isto, a Plataforma Sarriana polo Río ten convocada para o domingo 23 de febreiro ás 13h unha concentración de protesto no propio Malecón. Que esixen? Que se paralicen as obras "de maneira inmediata", que se realice outro proxecto onde si se interveña sobre os ríos Sarria e Celeiro, mais tamén sobre os regatos que van desembocar a eles e que sexa respectuoso co patrimonio sarrián. Por derradeiro, unha vez que o proxecto coas condicións que propón a veciñanza fique elaborado, que se execute "con urxencia".
NOS_33858
A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.
O sábado 16 de xuño terá lugar unha nova edición da tradicional marcha contras as celulosas, a mobilización multitudinaria que ano tras ano reúne miles de persoas en Pontevedra convocadas pola Plataforma en Defensa da Ría para solicitar a fin na Ría dos complexos de Ence e Elnosa. Nesta edición o lema é 'Debaixo da fábrica están as praias'. A marcha partirá ás 19:30 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra. Entre as reivindicacións, a caducidade de Elnosa, a derrogación da prórroga a Ence e a loita contra a eucaliptización. A xornada reivindicativa completarase nesta ocasión cunha festa previa na Alameda de Pontevedra, aínda sen definir pero na que a idea é organizar unha comida e diferentes actividades previas á marcha, con obradoiros para nenos e animación musical.
PRAZA_1337
O índice de produción industrial caeu en Galicia en abril un 1,4% fronte ao ascenso do 2,7% no conxunto do Estado. No que vai de ano, Galicia continúa cinco veces por baixo da media española.
Galicia segue sen recuperar o seu pulso na industria e no pasado mes de abril rexistrou a quinta peor posición de entre todas as comunidades autónomas no Índice de Produción Industrial (IPI). Descendeu un 1,4% fronte ao ascenso do 2,7% que se deu no conxunto do Estado, segundo os datos que vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE). A produción industrial en Galicia caeu un 1,4% en abril e no que vai de ano continúa cinco veces por baixo da media española No que vai de ano, Galicia continúa cinco veces por debaixo da media española de produción industrial, xa que conta cun descenso acumulado do -0,3%, mentres que o conxunto do Estado aumentouno nun 1,7%. No pasado mes de abril, o dato galego constata co de territorios veciños como o de Asturias, onde o IPI ascendeu un 8,3%. O índice de produción industrial galego ten a terceira peor evolución no que vai de ano e a quinta peor do mes de abril Galicia forma parte así do grupo de cinco autonomías con dato negativo no que vai de ano, ao mesmo nivel que Navarra e Andalucía e tan só mellor que Cantabria (-1,6%) e Castela e León (-1,8%). No que se refire ao mes de abril, o descenso só é superado polo de Canarias (-3,4%), a comunidade navarra (-2,3%), Baleares (-2%) e o índice castelán-leonés (-1,6%). A variación interanual negativa mantense logo da experimentada en abril de 2014 (-8,1%) e logo de que ese mesmo ano pechase cunha taxa negativa de -2,2%, un dato tamén moito máis negativo que o do conxunto do Estado (+2,1%).
PRAZA_6281
Acabo de vir do enterro do gato Manchiñas. Estaba na flor da vida, aínda sen destetar de todo, e pasaba o día a xogar cos seus irmáns no xardín, a pillar, ao agache, a pés quietos ... Pero levouno o demo
Acabo de vir do enterro do gato Manchiñas. Estaba na flor da vida, aínda sen destetar de todo, e pasaba o día a xogar cos seus irmáns no xardín, a pillar, ao agache, a pés quietos ... Pero levouno o demo. Foi unha cerimonia rápida e sinxela, na mais estrita intimidade, pero moi sentida. O meu fillo Cibrán cavara xa o nicho a golpes erráticos de sacha, nun clareiro do viñedo e a tres pasos da pereira; eu metín o corpo teso no burato e boteille enriba a terra eterna; a miña filla Helena espetou unha hortensia azul no sitio e esparexeu unha petada de uvas albariñas, aínda non sei o por que. A miña santa non tiña presencia de ánimo para tanta desolación e agardou por nós fóra do camposanto. Pola parte gatuna asistiron Mamá Cloti e Grisiño, nai e irmán do meu pobre. Grisiño semellaba non entender moi ben o que pasaba, e permanecía en silencio e inmóbil a carón da nai. Mamá Cloti tocou coa pata dianteira varias veces o corpo inerte do fillo; logo, recuou un pasos e deixoume encher de terra o burato. Non somos nada. A unha idade incerta e por motivos ou pecados que descoñecemos, a princesa Clotilde fora expulsada da Torre de Lobeira e debandara monte abaixo sabe Deus canto tempo. Á nosa casa chegou a finais do outono e víase ás leguas que era de sangue azul: obedecía á primeira e sen chistar, pero sempre mantendo un aceno de orgullo e dignidade; discreta e agarimosa, falaba se lle preguntabas, pero sen caer nos excesos da confianza; e xamais, na nosa presenza, amosou comportamentos bastos e arrabaldeiros. Tanta era a súa discreción que andou á xaneira e nós nas verzas asubiando, ata que ben entrada a primavera (e xa fóra de prazo para calquera actuación drástica) sorprendeunos coa súa barriga inchada. Aí por Maio pariu catro gatiños e converteuse na Mamá Cloti. Agás nos ollos azuis, as crianzas eran distintas unhas das outras, coma se fosen cada unha de seu pai (abraiado, mirei na wikipedia e semella que pode ser certo). Un era todo negro, outro todo branco, outro era branco con manchas negras (ou negro con manchas brancas, que non sei), e o que faltaba era agrisado todo el. A miña santa pediunos que lle puxeramos nomes e a miña filla resolveuno decontado, coa lóxica e mailo pragmatismo dos seus oito anos: Negriño, Branquiño, Manchiñas e Grisiño. Asunto resolto e un problema menos. Despois dos días calmos de mamar e durmir viñeron outros de rebrinca tola polo xardín adiante. E cando comezaron a petiscar eu non lle daba feito a repoñerlle os cereais do prato e maila area do escusado. Era un comer e cagar sen traza. Como non había Risga que termara de tanto gasto vímonos na tesitura de facer recortes. Eu deixei caer que de cativo, aló nas terras bravas da Balouta, tiña enterrado vivas camadas enteiras de michiños e guaguaus non desexados. Polas miradas que me botaron penso que fora mellor estar calado. Había que pensar noutra solución. Nunha primeira inspección descubrimos que todos eran machos agás o Negriño (seguimos a chamarlle Negriño, non sei por que). "Se nos quedamos con algún ten que ser macho ou axiña montamos unha granxa", dixo a muller. Xa que logo, o Negriño estaba sentenciado e sen facelo de menos nas atencións, penso que daquela comezamos a despedirnos del. Por outra banda, o Grisiño era o fillo vinculeiro: enchíanos o ollo a todos e ninguén falaba de desfacerse del. Uns amigos pedíronnos un gato para a súa filla, sen especificar cores nin feituras, iso si, que fora macho. Para aló foi o Branquiño. Xa só nos quedaba buscarlle destino a Manchiñas e Negriño. Con este (que en realidade era esta) iámolo ter complicado por ser femia. Onte, a media mañá, cando lle ía repoñer o alpiste, viñeron ás carreiras Mamá Cloti e mailo Grisiño; pero os outros dous non apareceron. Onde andarían os malandríns? Mirei polo nabal e axexei nas leiras veciñas, pero nada; pola tarde seguían sen dar sinais por ningures. Comecei a preocuparme. Tanto, que me parecía que aos demais lle daba igual. O día antes collera ao Manchiñas mexando nas caléndulas de Mati e zoupáralle unha boa patada. O meu fillo lembroume o asunto e que se cadra os gatos marcharan por mor do meu carácter violento. "O Negriño sempre fuxía de ti, por algo sería ...", deixaba caer a filla; e a nai chuzaba: "Ti o que tés é mala conciencia ..." Pero que xente mais ruín! Eu co corazón nun puño pola ausencia e eles xa a buscar culpables (De Zapatero non dixeron nada, que raro ...) Hoxe pola mañá seguían sen aparecer. Cando ía baixar o café da doce, vin o corpo inmóbil de Branquiño na beira da estrada, entre as herbas altas dunha plantación de albariño. Tiña a cabeziña esmagada e unha petada de moscas arredor. Xa non dei chegado á taberna. Busquei un escampado e botei a chorar sen parar (Isto último que non saia de aquí, que no Partido non está ben visto).