ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_36076 | As novas promesas do país xogan en Murcia. | As seleccións galegas Sub-15 e Sub-17 xa están en Cartaxena (Murcia) para estrearse hoxe na fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, onde aspiran a lograr o título no Grupo Ouro tras clasificarse en primeira posición na primeira fase que tivo lugar o pasado mes de abril en Pastoriza (Arteixo). O primeiro dos combinados debutará ás 9.30 horas contra as Illas Canarias, mentres que as maiores entrarán en acción ás 12 ante Asturias. A RFEF non paraliza o 'play-off' de ascenso O Alxeciras, sexto clasificado do Grupo 2 na Primeira RFEF, solicitou a pasada fin de semana a paralización do play-off de ascenso a Segunda División por unha teórica aliñación indebida do Castela no encontro que enfrontou ambos os equipos. Agora, o Comité de Apelación da Real Federación Española de Fútbol informou de que non acepta o recurso presentado polo club, que xa anunciou que interporá recurso ante o Tribunal de Arbitraxe Deportivo (TAD) esixindo, ademais, esa paralización dunha fase de ascenso que debe arrancar este sábado "para evitar danos maiores no caso dunha futura resolución favorábel". Convenio para reformar o estadio da Malata O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, asinaron esta quinta feira un convenio para o financiamento das obras de renovación do sector norte do estadio municipal da Malata. A Deputación destinará 488.026,92 euros, 80% do orzamento total da obra, que ascende a 610.033,65 euros, e que permitirá corrixir as deficiencias que presenta a instalación no sector norte baixo as gradas. Por outra parte, ambas as institucións lamentaron que a Xunta da Galiza "non poña nin un euro" nas obras de rehabilitación do estadio ferrolán. Swedberg, en Vigo Nun movemento pouco habitual no mundo do fútbol o prometedor mediocentro sueco Williot Swedberg aterrou esta quinta feira en Vigo, mais non para asinar un contrato co conxunto celeste, senón para coñecer de primeira man como é o Celta antes de emprender viaxe até Bélxica para facer o propio co Bruxas, outro dos equipos que pretenden facerse cos seus servizos. |
PRAZA_3487 | A ambulancia máis cercana era a de Chantada, a uns 40 quilómetros, porque as dúas que se ocupan da zona estaban atendendo outros servizos nese momento | Un home faleceu este luns en Lalín despois de esperar 36 minutos por unha ambulancia que se tivo que trasladar desde Chantada para o atender, debido a que as dúas asistenciais coas que conta a comarca do Deza estaban ocupadas. O paciente foi levado ao PAC de Lalín, onde morreu.Para atender a urxencia desprazouse unha ambulancia desde Chantada, a uns 40 quilómetros, porque as dúas da zona estaban ocupadasO 061 confirmou que recibiu unha chamada ás 21:09 horas deste luns na que se solicitaba atención para un home de 74 anos da parroquia lalinense de Catasós, que padecía varias patoloxías e cuxo estado fora empeorando nas últimas semanas. Un médico coordinador ocupouse do caso e mobilizou "a ambulancia de soporte vital básico máis próxima", que era a que se atopaba no concello de Chantada, a uns 40 quilómetros de distancia. O centro urbano de Lalín está a uns cinco quilómetros do lugar onde estaba o home.As ambulancias asistenciais que se ocupan da comarca do Deza, unha con base en Lalín e outra en Silleda, estaban nese momento trasladando pacientes no Hospital Clínico Universitario de Santiago. Un terceiro vehículo con base en Lalín, que non ten a categoría de asistencial, estaba xa fóra do seu horario de funcionamento, que conclúe ás 20:00 horas.Esta é a segunda morte nunha situación semellante na comarca en menos de cinco meses, despois da ocorrida a mediados de outubro de 2019 en Dozón. Daquela, un home tivo que esperar 46 minutos a que unha ambulancia se desprazase ao campo da festa da parroquia de Sisto, onde o só se puido confirmar o falecemento. Algo máis dun ano antes, en agosto de 2018, outra persoa morreu no PAC da Estrada mentres esperaba a ser atendido. O equipo de garda tivera que saír para ocuparse dunha urxencia.Hai menos de cinco meses un paciente faleceu en Dozón, na mesma comarca, despois de esperar 46 minutos a que chegase a ambulanciaNo caso acontecido en Lalín, 17 minutos despois da primeira chamada o estado do paciente empeorou e o médico deu á contorna do doente instrucións sobre como actuar ata que chegase a ambulancia, o que ocorreu 19 minutos despois. Neste punto "o paciente respira con normalidade" e "ten unha diminución do nivel de conciencia", segundo o relato do 061. Foi trasladado ao PAC de Lalín, onde o equipo de garda estaba xa advertido da situación, e finalmente faleceu no centro sanitario.Nese momento o PAC contaba cunha "dotación completa de persoal", integrada por dous médicos, dous enfermeiros e un traballador de servizos xerais. O 061 sinala que non foi ata o empeoramento do home que se comunicou 17 minutos despois de recibir o aviso que o caso pasou a "considerarse unha situación de emerxencia sanitaria".A mellora do servizo de ambulancia é unha das demandas da comarca do Deza dende hai anos. Dez días despois do falecemento rexistrado en Dozón, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que habería "unha nova ambulancia no Deza situada en Lalín". |
NOS_57331 | Propón un plan de rescate de 28 millóns para cubrir as necesidades máis urxentes e reorientar os fondos destinados ao Xacobeo 2021 na reactivación da cultura galega. | Un Plan de rescate dotado con 28 millóns de euros para sacar ao sector da cultura galega da "Unidade de Coidados Intensivos". É a proposta que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou após un encontro con representantes da cultura do país. Nel abordaron a situación de "desesperación" á que se atopan polo efecto das medidas de seguridade que limitan, ou prohiben segundo o concello, os espectáculos e outros actos culturais. "A situación é crítica e precisa de medidas urxentes no inmediato", valorou a líder nacionalista. E resaltou a necesidade do plan de rescate como unha vía para atender as urxencias máis inmediatas, como os gastos derivados da cancelación de actos, o alugueiro de locais ou as cotizacións sociais. A maiores, o BNG propón "reorientar" unha parte dos fondos destinados ao Xacobeo 2021, un total de 85,2 millóns de euros, e destinalos a apoiar aos sectores culturais galegos. Tanto o plan como a suba do presuposto de Cultura a 1% do total inclúense na emenda aos orzamentos da Xunta para 2021 que presentou a forza nacionalista. "Temos talento, capacidade, potencial e non podemos deixar que a crise se leve por diante un sector que está nunha situación desesperada", destacou Pontón. |
NOS_20266 | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que o seu Goberno traballa no deseño de tres alternativas ao viaduto da A-6 caído e que será trasladada nunha reunión convocada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, á que acudirá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na próxima quinta feira. | Na rolda de prensa posterior ao Consello desta quinta feira, día 23, Rueda desvelou que falou coa secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, quen lle trasladou "que ía ser a encargada de coordinar as actuacións" relacionadas con esta ponte que xa sufriu dos derrubamentos -o 7 e o 16 de xuño-. Derrúbase outro tramo do viaduto da A-6 Neste contexto, o delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns, confirmou que a quinta día 30, no marco da reunión, o Ministerio presentará tamén o seu propio plan de mobilidade que elaborou para pór en marcha as "melloras alternativas" posíbeis que transiten por esta autovía. En concreto, o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Javier Flores, manterá un encontro con Ethel Vázquez e coa conselleira de Mobilidade do Goberno de Castela e León, María González, ás que informará do seu plan de desvío. Tamén a Xunta preparou a súa propia alternativa con tres propostas. Segundo informan fontes da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, a Axencia Galega de Infraestruturas leva "días traballando" na procura de alternativas ao corte da A-6 en ambos os sentidos, xa que os transportistas vense agora obrigados a atravesar o núcleo de Pedrafita do Cebreiro pola N-VI. As tres alternativas A primeira das opcións propostas pola Xunta, ás que accedeu Europa Press, é a construción dun ramal que conecte a N-VI e a A-6, de modo que se poida volver á autovía tras pasar o viaduto e antes dos túneles de Pedrafita, o que implica transitar pola nacional "a mínima lonxitude posíbel". Esta alternativa, cuxo custo se estima en 1,46 millóns de euros, permitiría o tránsito dos transportes especiais e podería estar lista nun prazo de tres meses, segundo os cálculos da Consellaría de Infraestruturas. O Estado tamén reduciu custos na construción da autovía das Rías Baixas A segunda solución, que custaría apenas 150.000 euros porque empregaría estradas xa existentes, consistiría en habilitar unha 'variante de Pedrafita' para que os transportes especiais circulen por ela e non atascar a N-VI en caso de avaría. De acordo coa Xunta, evitaría o tránsito pola parte máis poboada da localidade, pero ten a desvantaxe de que non aproveita os túneles. A terceira opción deseñada pola Consellaría implicaría habilitar en dobre sentido de circulación o ramal de saída da A-6 en sentido Galiza, de modo que os vehículos poderían reincorporarse á autovía antes dos túneles de Pedrafita. O custo, segundo Infraestruturas, sería "moi pequeno" e "practicamente poderíase facer con medios da conservación de estradas". Sobre se hai plans do Goberno estatal para derrubar o que queda do viaduto, o titular da Xunta non pediu que se faga, pero si apremou a "non estar a esperar" sen facer nada. |
NOS_16223 | Unha intepretación do rostro de María Casares a cargo da ceramista Paula Pereira (Arcade, 1986) será o trofeo da 23ª edición dos premios de teatro María Casares, outorgados pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza. As pezas substituirán ás tradicionalmente empregadas de Sargadelos. | A xunta directiva da agrupación "anunciou o pasado decembro a súa intención de prescindir das tradicionais figuras co rostro de María Casares asinadas por Sargadelos debido ás decisións empresariais e ás declaracións ao respecto da acción sindical da actual dirección do grupo", indica un comunicado da Asociación de Actores e Actrices. Desde a defenestración de Isaac Díaz Pardo hai xa 12 anos, a compañía Sargadelos adoptou unha serie de decisións que, ao ver de propios e estraños, a separaron dos seu espírito orixinario, galeguista, preocupado pola cultura e vencellado á tradición republciana e do exilio. "Con esta decisión iníciase unha nova etapa dos Premios María Casares", indican desde a organización dos mesmos. A gala de entrega será o vindeiro xoves 21 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. |
NOS_40180 | Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso e baixan a 15.546. Minguan tamén os pacientes hospitalizados, que se reducen a 317, once menos que o día anterior. Mentres, os novos contaxios mantéñense por baixo do milleiro desde o inicio da semana, pero ascenden lixeiramente a 766. | Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta quinta feira con rexistros de até as 18 horas da cuarta, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI descenden a 51 -dúas menos- e as hospitalizadas noutras unidades baixan a 266 -nove menos-. Con estas cifras, Galiza mantén en centros sanitarios 15 doentes cunha PCR positiva máis que hai unha semana. Pola súa banda, 15.229 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente na da Coruña, onde hai 18 pacientes Covid en UCI -un máis- e 76 ingresados noutras unidades -un máis-; e na de Ourense, na que seguen catro en críticos e soben a 34 os hospitalizados noutras unidades -un máis-. No resto, a presión asistencial descende. Menos casos activos Os casos activos de Covid-19 descenden por sétima xornada consecutiva até os 15.546, o que supón 560 menos que o día anterior. Con respecto a hai unha semana, Galiza conta con 3.097 casos activos de Covid-19 menos que o pasado 5 de agosto. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas: Vigo (-157), Santiago (-96), Lugo (-82), Pontevedra (-82), A Coruña (-75), Ourense (-56) e Ferrol (-12). Así, a área da Coruña mantense á cabeza con 4.504 infeccións activas, seguida da de Vigo, con 3.810; Pontevedra, con 1.825; Lugo, con 1.676; Santiago, con 1.614; Ourense, con 1.120, e Ferrol, a única por baixo do milleiro, con 997. Novos positivos Os novos contaxios de Covid-19 continúan por cuarto día seguido por baixo do millar aínda que aumentan lixeiramente a 766 a respecto dos notificados a xornada anterior. Con todo, suman 344 menos que hai unha semana. Do total rexistrado polo Sergas, A Coruña anota 230 novos contaxios; Vigo, 188; Pontevedra, 101; Santiago, 68; Lugo, 66; Ferrol, 59, e Ourense, 54 Incidencia acumulada A taxa de positividade mantense por riba de 10% lonxe do limiar recomendado pola OMS para dar por controlada a pandemia, de 5%. Porén, a evolución da incidencia da mostras de mellora. Redúcese en todas as áreas sanitarias a 7 e 14 días e polo tanto no conxunto do territorio, para situarse na controna dos 227 casos por 100.000 habitantes a 7 días e dos 508 a 14. Ourense, Lugo e Ferrol melloran eses valores; Pontevedra, achégase aos rexistros da media galega mentres que Vigo, e sobre todo A Coruña superan esa cota, con perto de 370 e 700 casos a sete e 14 días. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 na Galiza ascenden a 2.504 despois de notificar Sanidade outras cinco vítimas mortais. |
PRAZA_13287 | Cando menos 70.000 galegos foron "estafados" coa emisión de participacións preferentes. Como mínimo, 27.000 non tiñan os seus cartos en Novagalicia, senón noutras entidades que, en moitos casos, derivaron eses produtos a empresas como Repsol, Fenosa, Telefónica ou SOS Cuétara. Os "enganados" piden a mesma atención que os clientes de NCG Banco. | Ana decidiu acudir á masiva manifestación dos afectados polas preferentes celebrada na Coruña o pasado 2 de xuño. Alí luciu un cartel contra un banco, pero este non era Novagalicia, senón o BBVA. "Mirábanme raro ao ser a única persoa que facía referencia a unha entidade diferente ás caixas galegas", recoñece agora. Ela pertence a ese grupo de milleiros de galegos afectados por unha "estafa masiva", pero non a esa da que todos falan. Tendo en conta os cálculos máis optimistas, en Galicia hai cando menos 70.000 persoas afectadas polo engano da emisión masiva de participacións preferentes. Unhas 43.000 contratáronas a través das antigas caixas, agora NCG Banco, cunha emisión de máis de 1.000 millóns de euros. Pero polo menos uns 27.000 foron "enganados" -tal e como eles critican- por outras entidades, ben sexa o Santander, BBVA ou o Banco Popular. Quéixanse de que a maioría de accións institucionais e políticas van destinadas aos problemas cos produtos de Novagalicia e reclaman a atención sobre "unha fraude" perpretada por moitos máis bancos no país. Preto de 30.000 persoas, como mínimo, foron afectadas por preferentes de entidades diferentes a NCG Banco Ademais, e ao contrario que no caso das antigas caixas, estas entidades bancarias acababan derivando os aforros destes clientes a outras empresas. Fenosa, Repsol, SOS Cuétara, Telefónica, Fagor ou Eroski, tal e como denuncia a delegación galega de Adicae (Asociación de Usuarios de Bancas, Caixas e Seguros). "O método de comercialización utilizado era o mesmo", aclara esta asociación, que pide aos afectados de entidades diferentes a NCG "que acudan ás manifestacións e que sinalen perfectamente a quen lles enganou". Os aforros dos clientes eran derivados a outras empresas como Fenosa, Repsol ou Telefónica, das que moitos posúen emisións preferentes Solucións insuficientes A única diferenza estaba na solución que daban as entidades bancarias, normalmente trocos por accións ou bonos convertibles en accións, algo que "non deixa de ser renda variable e nada parecido ao que os clientes querían". "Digamos que a situación é menos mala porque, aínda que fose perdendo unha porcentaxe do valor, a xente podía acudir á Bolsa e non perder tantos cartos", explican desde Adicae, que aclaran que hai xente que segue cobrando algo polos intereses ao depender as amortizacións desas empresas das que agora moitos clientes teñen preferentes que non querían. Iso se non ocorre como con SOS Cuétara, que entrou en quebra. No entanto, é imposible atopar a alguén conforme. Ningún dos consultados sabía que os seus aforros acabaron metidos noutra compañía ou, incluso, noutras entidades bancarias. Así lle ocorreu a Manuel Álvarez, cliente monfortino do Banco Popular. "Meteron os meus aforros en Caixa Terrassa e no Paribas francés, 70.000 euros en cada un deles", denuncia, tras criticar o "engano, a falsidade e a mentira" á que foi sometido polo seu banco. "Eu quería un produto sinxelo, sen riscos e nunca me dixeron que os meus cartos acabarían onde acabaron; agora non me devolven nin un peso", asegura Álvarez, que denuncia que na súa entidade lle aseguraron que lle "reembolsarían os cartos ao pasar cinco anos". "Eu só quería gardar uns aforriños e ter algo de rendemento, pero aproveitáronse da xente máis humilde", engade. "Díxenlles claramente que quería un produto sen risco ningún, pero coláronma" Tamén Ana se sentiu enganada e estafada. Ten participacións de Unión Fenosa desde o ano 2006. "Tiña un depósito a prazo fixo que xa me vencera e no BBVA dixéronme que optase por outra opción que non tiña risco ningún e que era o mellor para min; díxenlles claramente que non quería ningún tipo de risco, pero insistíronme e coláronma", explica. O produto dáballe intereses, pero esta muller quixo sacar os cartos para facer fronte a unha hipoteca. Nunca llos deron. "Ofrecéronme, como un enorme favor, darme a metade". Falamos de 50.000 euros, os aforros dunha familia que agora non pode acceder a eles. "Son ama de casa e o meu perfil non cadraba nada no produto que me ofreceron porque non se me ocorrería na vida asinar algo así; incluso asinei que lera un folleto que non lin, pero fieime do banco", lamenta unha muller que aclara que o diñeiro faille "moitísima falta", pero que non cheirou peso ningún. Nin no BBVA nin en Fenosa lle dan solución ningunha e ela só confía nas accións xudiciais, na Fiscalía e na loita dos afectados. É tamén unha das únicas esperanzas que lle quedan a Marta, outra muller afectada, neste caso polos produtos do Santander. "Tiñamos uns aforros e buscabamos un prazo fixo, algo seguro que nos rendise un pouco; saímos do banco convencidos de que tiñamos os cartos seguros, ata que nos chamaron para ofrecernos un troco por accións", explica. "Non queríamos ese produto; coláronnolo", denuncia, malia que a entidade segue dicíndolles que lles explicou todo perfectamente. "A maioría dos afectados aceptaron as accións, pero nós non; quero o meu diñeiro porque, ademais, se queremos facer líquidas esas accións, teremos que pagar a Facenda, así que nunca poderiamos recuperar todo o que metimos no Santander", aclara. Apoiada en Adicae, Marta enviará unha reclamación á CNMV. É a esperanza que lle queda mentres pide apoio. "Só se fala dos afectados por NCG Banco, pero non de nós; parece que non existimos" "Só se fala de NCG Banco, pero non de nós, parece que non existimos", recorda Ana, que prométese "meterse máis en serio" en todas as accións que haxa para para reivindicar os seus dereitos e os de milleiros de afectados. "Creo que isto vai acabar rebentando porque somos moitos os afectados en Galicia e en España", di Manuel Álvarez, que confía nunha solución e pronto. "Non quero pensar noutra posibilidade". Mentres, piden a atención da sociedade, da política e das administracións. "Enganáronnos", recordan. |
PRAZA_13000 | A Iniciativa Lexislativa Popular contén unha serie de medidas concretas, coma a progresiva incorporación do portugués no ensino, o fomento da participación das institución e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, ou a recepción aberta das televisións e radios lusas. Se é admitida, necesitará 15 mil sinaturas para ser debatida na cámara. | Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Día das Letras deste 2012, era un claro defensor do achegamento de Galicia aos países da lusofonía, sobre todo a Brasil, que coñecía ben polas súas actividades empresariais. E son o empresariado e o ensino os ámbitos que os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular que esta mañá se rexistrou no Parlamento consideran fulcrais para o fomento da lingua portuguesa en Galicia. Contén unha serie de medidas concretas, coma a progresiva incorporación do portugués no ensino, o fomento da participación das institución e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, ou a recepción aberta das televisións e radios lusas A ILP, que leva o nome de Valentín Paz-Andrade, contén unha serie de medidas concretas, coma a progresiva incorporación do portugués no ensino (nun prazo de catro anos), o fomento da participación das institución e empresas galegas nos foros económicos, culturais e deportivos lusófonos, a recepción aberta das televisións e radios lusas e o recoñecemento desta competencia linguística para o acceso á función pública. Salientan que son peticións realizables, tanto no caso do ensino -a través de pasarelas ou das propias materias de galego-, coma no da recepción das televisións portuguesas en Galicia -xa aprobada polo Parlamento-, coma no da participación de entidades galegas en foros empresariais ou culturais, aos que que xa foron convidadas en varias ocasións. Unha vez admitida, necesitará 15 mil sinaturas para ser debatida na cámara, sempre dentro desta lexislatura e despois pasaría a ser debatida polos grupos políticos. Un dos seus promotores, Xosé Morell, asegura, con todo, que se non hai tempo para que a ILP se debata antes das vindeiras eleccións autonómicas, se volverá presentar na vindeira lexislatura. "Unha iniciativa asumible por todos" Os promotores, entre os que están Valentim Fagim ou Isaac Alonso Estravis, indican que "a iniciativa parte da sociedade civil, non nace dun esquema ideolóxico ou académico previo- É asumible por todos os galegos e galegas independentemente da concepción que teñan do idioma, tanto se pensan que o galego e o portugués son a mesma lingua, ou son nai e filla ou linguas irmás". "Queremos concienciar á sociedade civil, especialmente ao empresariado, de que Galicia non debe desaproveitar unha das súas principais riquezas. Castela-León, Extremadura ou Arxentina teñen aulas de Portugués e nós en Galicia vivimos de costas a isto. É un luxo que non nos podemos permitir, xusto nun momento no que hai que aproveitar todos os recursos", di Morell. "Queremos concienciar á sociedade civil, especialmente ao empresariado, de que Galicia non debe desaproveitar unha das súas principais riquezas" Os demandantes argumentan que "é coñecido que a economía do Brasil é a quinta maior do mundo e a primeira de toda a América Latina, respondendo por tres quintas partes de toda a produción industrial da América do Sur" e que "a vantaxe competitiva que para as xentes da Galicia representa a lingua non se limita á potencialidade de establecer novas relacións comerciais ou culturais directas, mais en acadar un estatuto de mediador entre bloques xeográficos e lingüísticos". Morell conclúe que "non é nada que vaia contra ninguén" e lembra que esta iniciativa non parte de ningunha ideoloxía concreta, polo que lles pediu aos voceiros dos tres grupos políticos con representación parlamentaria que sacasen esta cuestión dos seus debates partidarios. Valentín Paz-Andrade e o reintegracionismo Consideran que esta proposta se une ao espírito da conmemoración de Valentín Paz-Andrade, que, ademais de ser un dos principais impulsores da industria pesqueira moderna galega, foi tamén vice-presidente da Comisión Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, que posibilitou a participación de Galicia nas reunións para o acordo ortográfico da lingua portuguesa que tiveron lugar no Río de Janeiro (1986) e Lisboa (1990). Foi tamén vice-presidente da Comisión Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, que posibilitou a participación de Galicia nas reunións para o acordo ortográfico da lingua portuguesa No seu artigo "A evolución trans-continental da lingua galaico-portuguesa" de 1968, Paz-Andrade cuestionaba e respondía afirmativamente á pregunta "O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na sua evolución como idioma, ou ha de pender a máis estreita similaridade coa lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e o Brasil?". Consciente do potencial "transcontinental" da nosa lingua non só para a súa consolidación como tamén para favorecer a potencialidade económica da Galiza, cualificouna "de una lengua con la cual pueden entenderse millones y millones de personas, aunque lo hablen con distinto acento o escriban de forma diferente cierto número de vocablos" (en Galicia como tarea, 1959). Para a Comisión Promotora da ILP, "esse potencial global é ainda mais evidente e relevante no momento atual, onde a crise económica em que está a Galiza contrasta com o auge de novas potências como o Brasil na América, Angola na África ou a China, com o enclave de Macau, na Ásia". Texto completo da ILP (.pdf) |
NOS_28386 | O tamén presidente da Deputación de Pontevedra e do PP desa provincia reuniu 80 votos por 65 do seu rival García Liñares, que no proceso electoral denunciou presións e caciquismo. | E máis unha. Rafael Louzán era até a media-noite da quinta feira presidente da Deputación de Pontevedra e presidente do Partido Popular desa provincia. Agora ten unha presidencia máis, a da Federación Galega de Fútbol, obtida pasada a media-noite ao se impor por 80 votos fronte 65 ao seu rival para o cargo, García Liñares, anterior presidente da FGF. Coñecidos os resultados o tripla presidente recoñeceu que "non é unha vitoria fácil, dicíase que eu estaba obrigado a gañar" e anunciou que se vai adicar "a traballar polo ben do fútbol galego" xa que hai, dixo, "moito que cambiar". O seu contrincante presentou tres días antes das votacións unha denuncia perante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta contra a candidatura de Rafael Louzán por empregar o seu cargo na Deputación para se "aproveitar" e recadar apoios e votos. |
NOS_14810 | O feche da fábrica de PSA Peugeot Citroën de Vigo alóngase sine die debido ao afundimento do mercado. A empresa ten pactado un ERTE con parte do comité para cando remate o estado de alarma. | As plantas de PSA permanecerán fechadas, entre elas a factoría de Vigo, até que non se reactive o mercado de vendas, tal e como trasladaron fontes da empresa, que se remiten ás palabras do director financeiro do grupo, Philippe de Rovira. Fontes da fábrica de PSA Peugeot Citroën en Vigo trasladaron a Europa Press que, tal e como adiantou o director financeiro nas últimas horas durante a presentación de resultados do grupo, a planta seguirá parada e a decisión da volta ao traballo adoptarase "cando se reactive o mercado". Philippe de Rovira xa sinalou que PSA volverá á actividade nas súas plantas "cando se poidan vender coches", un escenario que aínda non se albisca nun futuro próximo, en plena crise sanitaria polo coronavirus e con medidas de confinamento en gran parte de Europa. A dirección da fábrica viguesa, no entanto, trasladou nos últimos días que está "preparada" para esa volta ao traballo e, de feito, presentou o seu protocolo de hixiene e saúde pensado para o retorno dos operarios á planta. Nas últimas reunións cos sindicatos puxéronse sobre a mesa varias posíbeis datas para volver ao traballo. Así, chegaron a valorar a posibilidade de reactivar a planta na pasada segunda feira, ou o día 27 deste mes, aínda que agora o feche alóngase sine die debido ao afundimento do mercado e ás dificultades para garantir subministracións. Ademais das medidas de seguridade para evitar contaxios na fábrica, a dirección da factoría viguesa chegou a un acordo cos sindicatos SIT (maioritario no comité) e UXT para aplicar un ERTE, que entraría en vigor cando acabe o estado de alarma e se retome a produción. |
PRAZA_7525 | Un ano despois do peche das instalacións a Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense segue denunciando o que entenden que foi "un desafiuzamento sen hipotecas" e "o maior atentado contra a sanidade pública ourensá". | O 16 de xaneiro do pasado ano o hospital psiquiátrico de Toén pechaba as súas portas despois de décadas de actividade e os seus pacientes eran trasladados ao Hospital de Piñor. As amplas instalacións do centro de Toén ficaban baleiras e inutilizadas. Esta semana o Sergas anunciaba que estaba negociando a posta en marcha dun hospital de crónicos no lugar que xestionar a a a cooperativa Hogares geriátricos gallegos. Sexa este o destino do centro ou non, as críticas que se iniciaran co peche do hospital de Toén mantéñense un ano despois. A Asociación Pro Sanidade Digna de Ourense segue denunciando o que entenden que foi "un desafiuzamento sen hipotecas" e "o maior atentado contra a sanidade pública ourensá". Pro Sanidade Digna salienta "as vantaxes que ofrecían as instalaciónes de Toén, amplias e luminosas, con cociña in situ, zonas verdes e tranquilas". A asociación afirma que o cambio se enmarcou nun "modelo neoliberal que xera o desastre co único fin de substituir benestar por beneficio" e equipárao ao modelo Alcira de Valencia. |
NOS_7555 | Medio cento de traballadores e traballadoras de Correos con vehículo propio denuncian que o IPC e o prezo do carburante fan imposíbel levar a cabo o seu servizo. | No día de hoxe case un cento de carteiros e carteiras rurais chegados de toda a Galiza manifestáronse en Compostela para denunciar a súa "crítica situación" pola suba do conbustíbel e a conxelación, "desde hai 11 anos xa", do complemento por achega do vehículo particular que lles abona Correos. Na Galiza rural existen aproximadamente 800 carteiros e carteiras de Correos que para repartir o correo diariamente empregan o seu vehículo particular, a cambio dunha compensación "totalmente insuficiente e anacrónica que foi marcada no ano 2011 e que ascende á pírrica cantidade de 23 céntimos por quilómetro". "A conxelación desde hai 11 anos da mesma e o terríbel encarecemento do combustíbel de case 60% en seis meses fai que para prestar o servizo coa gasolina por enriba dos dous euros unha grande parte do persoal rural teña que, literalmente, pór diñeiro do seu peto, o que aboca a unha situación insostíbel que pon en perigo o servizo postal nas nosas vilas e aldeas", apuntan. A comezos do ano Correos subiu os prezos dos servizos postais case 20% á cidadanía, pero ese aumento non o empregou para aumentar a compensación por quilómetro percorrido para o persoal que reparte con vehículo propio. "É urxente que se actualicen estas cantidades ata chegar a unha cantidade digna, suficiente e que garanta que permita prestar o servizo coa calidade esixida", demandan. Ademais, tamén denuncian que son numerosas as persoas que teñen solicitado que Correos lles achegue un vehículo de empresa para levar adiante o servizo, "tal como se comprometeu a empresa a facer hai máis dun ano, pero os vehículos non chegan ás persoas que os pediron". O sindicato CGT, xa no mes de marzo, dirixiuse ao presidente de Correos, Jose Manuel Serrano, para pedirlle que sentara coa representación do persoal para tomar estas medidas con urxencia, "petición que, a día de hoxe, segue sen resposta". Os e as manifestantes sinalaron que, se non teñen unha solución inmediata, levarán a cabo "todas as accións e medidas que sexan necesarias para deter canto antes esta auténtica bancarrota do persoal rural". |
PRAZA_20603 | CON VÍDEO Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade, di que a causa do accidente foi o "exceso de velocidade por erro humano do maquinista" e nega que a normativa o obrigase a el a prever o risco da curva Os dous peritos xudiciais reiteran as súas visións opostas sobre se Adif cumpriu as normas | Os dous peritos xudiciais reiteran as súas visións opostas sobre se Adif cumpriu as normas Tres días despois do cuarto aniversario do accidente do Alvia, no que morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, quen foi director de Seguridade na Circulación de Adif entre 2006 e 2013, Andrés Cortabitarte, compareceu este xoves no xulgado de Santiago como investigado -antiga figura de imputado- como presunto responsable "dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" sobre o perigo que supuña a curva de Angrois. Na súa declaración, a primeira que fai tras negarse previamente dúas veces a declarar, Cortabitarte dixo que a causa do accidente foi o "exceso de velocidade por erro humano do maquinista" e negou que a normativa o obrigase a el a prever o risco que existía nesa curva. Andrés Cortabitarte, que foi director de Seguridade, di que a causa do accidente foi o "exceso de velocidade por erro humano do maquinista" e nega que a normativa o obrigase a el a prever o risco da curva A Audiencia Provincial da Coruña considerou a Cortabitarte para imputalo responsable "indiciariamente" dos homicidios por imprudencia do accidente do Alvia xunto co maquinista do tren, Francisco José Garzón, xa imputado desde o primeiro momento por despistarse e non frear a tempo antes da curva de Angrois sen que estivese activo ningún sistema automático capaz de evitar ou paliar o seu erro humano. Os xuíces atribúenlle a quen foi director de Seguridade de Adif con PSOE e PP a responsabilidade de non analizar correctamente o risco da curva de Angrois e non implantar medidas que evitasen ou paliasen o erro humano que sufriu o maquinista. Este xoves, nunha comparecencia de máis de dúas horas, na que só respondeu as preguntas do xuíz, o fiscal e o seu avogado, pero non do resto de partes, Cortabitarte salientou que el só participou nun momento determinado ao final dun longo proceso de posta en servizo da liña de AVE Ourense-Santiago. Un proceso de validación da seguridade no que desviou responsabilidades a outros departamentos de Adif e Renfe así como ás construtoras adxudicatarias da obra e consultoras externas como a pública Ineco. Cortabitarte asegurou que a avaliación de riscos de cuxa ausencia se lle responsabiliza non era necesaria segundo a normativa daquela vixente. Segundo dixo, a responsabilidade de "mitigar e facer tolerables" os posibles riscos que existisen na liña, correspondía a "Ineco e o construtor". Cortabitarte chegou a dicir que descoñecía que outros departamentos de Adif cambiaran previamente o proxecto orixinal e rebaixaran a seguridade da curva antes de que el validase a seguridade de toda a liña para a súa posta en servizo. Cortabitarte insistiu na súa comparecencia en que o maquinista circulaba ao dobre da velocidade que debía e cando se lle preguntou expresamente cal é para el a causa do accidente dixo que un "exceso de velocidade por erro humano do maquinista". Porén, cando o novo fiscal do caso, Mario Piñeiro, lle preguntou que medidas había activas para evitar ese erro humano, o imputado limitouse a sinalar a documentación de a bordo que lle indicaba ao condutor a que velocidade ir por cada treito e os sinais visuais xunto á vía para orientarse da súa posición, o que fixo que o fiscal lle lembrase que aquel maquinista non circulaba por unha vía convencional senón por unha liña de alta velocidade. En recursos previos contra a súa imputación, o avogado de Cortabitarte xa tentou desviar a responsabilidade lonxe do seu defendido cara outros departamentos do Ministerio de Fomento En recursos previos contra a súa imputación, o avogado de Cortabitarte xa tentou desviar a responsabilidade lonxe do seu defendido de distintos xeitos. Nun primeiro escrito atribuíu a responsabilidade final das autorizacións para a posta en servizo da liña por riba del á Dirección de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento e por baixo á consultora pública Ineco. Nunha segunda ocasión, pedíndolle ao xuíz que pescude como se analizaban os riscos noutros países da UE e se Renfe debía facer tamén unha análise propia de riscos. Esta é a terceira vez que Cortabitarte comparece ante o xuíz, despois de que nas dúas anteriores se negase a declarar. Na última ocasión, o pasado 4 de abril, recorrera a súa imputación ante a Audiencia da Coruña. Agora, despois de que a Audiencia veña de ratificar esa imputación, está pendente de coñecerse o que poida dicir a Axencia Ferroviaria Europea, á que xa preguntou o xuíz instrutor, ao respecto de como Adif, con el á fronte, analizou os riscos da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o sinistro. Unha visión, a da axencia europea, que servirá de desempate ante as visións contraditorias ao respecto que este mesmo xoves deitaron no xulgado os dous peritos xudiciais da causa, un deles independente que di que Adif non analizou como debía os riscos de Angrois e outro designado pola Xunta que di que a empresa pública cumpriu co que esixía a normativa. Sete anos no cargo Un ano antes do sinistro, en xuño de 2012, Cortabitarte autorizara en persoa desconectar a bordo dos Alvia o sistema de control constante da velocidade propio do AVE, o ERTMS, porque ás veces fallaba e provocaba demoras dos trens Cortabitarte, que foi director de Seguridade entre 2006 e unhas poucas semanas antes do accidente de Santiago, non só era para o xuíz instrutor e a Audiencia o máximo responsable de supervisar esa análise de riscos que peritos e maxistrados botan en falta sobre a curva de Angrois, senón que estivo implicado en decisións que, segundo os peritos, incrementaron eses riscos. Un ano antes do sinistro, en xuño de 2012, el mesmo autorizara en persoa desconectar a bordo dos Alvia o sistema de control constante da velocidade propio do AVE, o ERTMS, porque ás veces fallaba e provocaba demoras dos trens. A autorización emitiuna durante unha fin de semana e deixando toda a responsabilidade do freado en mans dos maquinistas, xa que o sistema convencional de control puntual da velocidade, o ASFA, non estaba alí programado para actuar sobre un exceso de velocidade como o ocorrido no accidente. Cortabitarte xa fora imputado previamente polo primeiro xuíz instrutor da causa, xunto con outra vintena de directivos e técnicos de Adif. Porén, todos se negaran a declarar e a Audiencia da Coruña retirara aquelas imputacións por consideralas xenéricas e carentes de probas suficientes, pero matizando que, de concretarse, Cortabitarte sería a figura á que apuntar e non o resto daqueles imputados, que non serían coñecedores das características de seguridade da liña. Por outra banda, como director de Seguridade, Cortabitarte está tamén imputado por outro accidente ocorrido en Arévalo (Ávila) en 2010, no que un maquinista morreu cando o seu tren chocou por detrás contra outro despois de que fallase un semáforo no que Adif estaba a realizar probas. Cortabitarte, no cargo de máximo responsable de Seguridade na Circulación tanto co goberno do PSOE como do PP, deixou o departamento poucas semanas antes do accidente de Santiago, pero foi recolocado noutros cargos de libre designación da empresa pública, que o defendeu. |
NOS_6676 | A Xunta insiste na necesidade de limitar a asistencia ás ceas e comidas e avanza que podería ofrecer melloras á hostalaría. Porén, non se quere "adiantar ningunha decisión" até que non cheguen as semanas máis importantes das festas. | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, vén de insistir na petición ás galegas e galegos de que non celebren as festas de Nadal con máis de dúas unidades familiares. Esa é a "recomendación" do Goberno do país malia que o acordo da Comisión Interterritorial de Saúde falase dun máximo de dez asistentes con independencia de a que familia pertenzan. Feixoo destacou hoxe que a incidencia da Covid-19 na Galiza continúa en niveis baixos e que de manterse "a boa evolución epidemióloxica" hai "esperanzas de poder mellorar a situación da hostalaría". Por contra, négase a cambiar a recomendación para as e os particulares á hora de planificar ceas e comidas de Nadal, como as de Noiteboa ou Ano Novo. A idea é limitar os contactos "para tentar evitar unha terceira onda" da pandemia unha vez chegue xaneiro. "As cousas van mellor" pero o consello "claro" é pasar estas celebracións coas persoas coas que se convive ou, "se se teñen que mesturar, como máximo que o fagan dúas unidades familiares". "Dez persoas parécenos arriscado e moi indefinido o concepto de achegados", subliñou, insistindo na mesma idea de evitar un terceiro pico de contaxios. A mellora para os negocios de hostalaría será en función da responsabilidade persoal da cidadanía e da prudencia. Así, o presidente pediu prudencia e no caso de que a curva continúe á baixa haberá "esperanzas" de reducir a presión sobre as zonas onde estes negocios teñen unhas "restricións máis severas". Mesmo poderían abrir a man en canto aos horarios de apertura. No entanto, "mentres non cheguen esas semanas non se vai adiantar ningunha decisión". |
PRAZA_17854 | Guitiriz, o lugar no que foi detido, acollerá os actos. Tras un encontro entre o clube local e os Riazor Blues, terá lugar unha ofrenda floral para este ex-xogador do Deportivo executado o 29 de xullo de 1936 e para os seus irmáns, "Os da Lexía", dous deles igualmente asasinados polo fascismo. | "Bebel é zurdo para xogar e para pensar. No estadio, pon a camisola do Dépor. Á saída do estadio, pon a camisola das Xuventudes Socialistas...". Así comeza o relato que Eduardo Galeano lle dedicou a Bebel García García en Espejos, una historia casi universal, un breve texto no que o autor uruguaio relata o fusilamento deste futbolista coruñés e no que comenta o detalle de que, xusto antes de ser asasinado, mandou deterse ao pelotón de fusilamento para poder mexar por última vez. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Bebel foi detido, recluído no cárcere provincial (recentemente recuperada e reaberta), xulgado por rebelión militar e finalmente fusilado o 29 de xullo no Campo da Rata. Tiña 22 anos. Canda a el foi executado tamén o seu irmán France, de 24 anos. Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado e aínda que nun comezo non foi fusilado por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata. Un cuarto irmán, José, de 25 anos, foi xulgado por sedición pero conseguiu fuxir nun barco pesqueiro e uniuse ás tropas republicanas; trala remate da guerra, exiliouse a Sudamérica. Nacidos en Ribadeo, eran alculmados "Os da Lexía", xa que traballaban nunha fábrica de produción e distribución de lixivia, un negocio familiar creado polo seu pai. Foi executado xunto co seu irmán France o 29 de xullo de 1936. O seu irmán Jaurés sería asasinado no Campo da Rata pouco despois Bebel pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas, formou parte das milicias antifascistas, participou na defensa do Goberno Civil e moi activamente na defensa da cidade contra os sublevados, por exemplo protexendo o Goberno Civil, sobre o que disparou unha batería de Artillería colocada no Parrote. Tamén trasladou a milicianos a puntos de defensa e a feridos ao hospital Labaca e fixo chegar alimentos a este hospital. Foi detido o 25 de xullo pola Garda Civil en Guitiriz, mentres tentaba poñerse a salvo en Asturias. Bebel e os seus irmáns serán homenaxeados o vindeiro 26 de agosto en Guitiriz, precisamente, no denominado I Memorial "Irmáns da Lexía". Na homenaxe haberá, por suposto, fútbol. Primeiro cun partido alevín e xuvenil no Campo Suso Cruz entre equipos da Coruña e de Guitiriz. E, ademais, cun enfrontamento entre un combinado dos Riazor Blues e o propio equipo do Guitiriz. A continuación, realizarase unha ofrenda floral no monumento erixido aos Irmáns da Lexía e na foxa común de Santa Mariña de Lagostelle. Alí intervirán Selva García, filla de José García (Pepín da Lexía), e Alfonso Blanco Torrado, da Asociación Cultural Xermolos. A xornada completarase cun xantar colectivo e cos concertos de Nuada e Bloquinho de Xermolos. Os actos foron presentados este venres no vello cárcere provincial da Coruña por representantes das tres entidades que organizan a homenaxe: Irmandade Manuel María, Xermolos e os Riazor Blues. Bebel pertencía ás Xuventudes Socialistas Unificadas, formou parte das milicias antifascistas, participou na defensa do Goberno Civil e moi activamente na defensa da cidade contra os sublevados Bebel non foi o único deportista da familia. Pepín destacou en atletismo e ciclismo e France en boxeo. Dende hai uns anos os Irmáns da Lexía contan cunha rúa en Monte Alto, a carón do cárcere provincial, precisamente."Era un tipo genial, una gran persona, oro de ley, muy valiente, todo un idealista. Lo quitaron de en medio por eso. Antes de que le dispararan se puso a mear delante del pelotón (….) Bebel siempre hablaba de lo mismo, había que transformar el mundo porque es injusto con los oprimidos", destaca unha das testemuñas recollidas no blog Memorias do Cárcere. |
NOS_41942 | O resultado deica "unha maioría soberanista clara" nunha xornada "con partici`pación histórica". | O BNG considera que o 21D constatou "unha maioría soberanista clara, reforzada por unha participación histórica", un escenario que debe levar o goberno español "a rectificar e facilitar a única saída posíbel a este conflito: o recoñecemento do carácter plurinacional do estado, é o dereito de autodeterminación". Así o sinala nun comunicado no que afirma que "in as porras, nin a inxusta cadea, nin a aplicación do 155 foron quen de dobregar a vontade maioritaria dun pobo" ao tempo que parabeniza ao conxunto da sociedade catalán por unha xornada na que "gañou a democracia e a liberdade" |
PRAZA_12497 | O partido encabezado por Xoán Bascuas fai un "chamado" aos irmandiños e ao "colectivo capitaneado por Teresa Táboas" para iniciar un proceso que conflúa nunha nova estrutura "de asdscrición individual" centrado "na defensa do Estado de Benestar e os sinais de identidade da nación". | Unha nova estrutura "de adscrición individual" cos "alicerces na defensa do Estado do Benestar e dos sinais de identidade que nos definen como nación". Son as liñas básicas que o Consello Político Nacional de Máis Galiza definiu este sábado para lanzar en palabras do seu secretario xeral, "un chamado ao Encontro Irmandiño e ao colectivo denominado Acción Galega, capitaneado por Teresa Táboas". O obxectivo dese contacto é ofertar a celebración dunha "primeira reunión" na que se deseñen "obxectivos, procedementos e calendario" para configurar unha nova "proposta político-electoral" en Galicia. Unha vez concluída a reestruturación interna de +G, derivada da súa marcha do BNG e constitución en partido político, a formación encabezada por Bascuas aposta por que o diálogo comece "á volta da Semana Santa" cos dous colectivos que, na súa opinión, deberan desempeñar "un papel central" na conformación dunha nova alianza política. Sen prexuízo de que, paralelamente, continúen os encontros abertos que se están a celebrar en diversas comarcas do país, así como "encontros bilaterais" con outras forzas políticas e correntes, +G coida que cómpre iniciar a constitución dunha organización sobre a que asegura non ter "preconceptos" ni posturas pechadas en canto á súa forma, se ben coidan que o camiño a tomar non debe ser o do frontismo "nin o do frontismo sen fronte". Neste sentido, esa alusión á "adscrición individual" lanzada por Bascuas concorda co proposto hai escasas semanas polo portavoz nacional do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras. O principio da "adscrición individual" foi lanzado tamén hai escasas semanas por Xosé Manuel Beiras Con independencia desta rolda de contactos, Bascuas sinala que +G mantivo xa xuntanzas tamén co Espazo Ecogaleguista e co Partido Galeguista Demócrata. Trátase, di, de "non excluír a ninguén" nas conversas previas. A conformación final dunha nova organización, explica, debe vir dada pola asunción por parte de todos os que a conformen dun mesmo "fío argumental" e do principio de que é "o momento do compromiso e da xenerosidade". De xeito paralelo a este proceso de diálogo o Consello Político Nacional de Máis Galiza tivo sobre a mesa a estruturación territorial do partido, coa elección das diversas responsabilidades nas comarcas. Nas vindeiras semanas comezarán tamén a nomear "comisións de traballo" que traten temáticas concretas, tanto de liña política de fondo como máis conxunturais, caso por exemplo das posibles fusións de concellos. |
NOS_47381 | Como se produce a nosa comida? Onde se produce e onde a mercamos? Estas son algunhas das preguntas que compartimos co alumnado da ESO dos diferentes institutos de Galicia a través da guía "Máis aló do prato". Nesta Guía propoñemos que as comunidades educativas (nas que tamén están incluídas as familias) pensen de forma colectiva sobre cal é a forma dominante de alimentación na contorna, sobre cales son os efectos que sofre o medio rural nesa mesma contorna, e que, a través dese exercicio de reflexión colectiva que propoñen as diferentes actividades didácticas, se pense criticamente sobre como construír outro sistema alimentario. | Cun total de 12 actividades propostas, a Guía invita as comunidades educativas a unha viaxe de descubrimento, investigación participativa e diversión entorno á creación dun modelo alimentario coherente e respectuoso con todas as formas de vida. Nunha primeira parte, centramos a reflexión sobre como se produce a nosa comida. Na primeira actividade, o alumnado participa nunha investigación inicial sobre as etiquetas dos produtos industrializados que comemos, para coñecer e reflexionar sobre a información ou a desinformación que temos como consumidoras de alimentos industrializados. Cantos dos ingredientes teñen esa característica de non parecer un produto comestíbel? Que significan eses produtos nos alimentos? Que sabemos sobre os colorantes, conservadores e demais aditivos? En contraste con esta orixe industrial dos alimentos, a actividade 2 consiste nunha invitación ao cultivo ecolóxico e de proximidade, en concreto, a través da construción dunha horta vertical. O alimento con menor pegada de carbono será aquel que logramos cultivar preto de nós. Que tal se poñemos en práctica a soberanía alimentaria? Sería posíbel? É moi difícil? Directamente conectada con esta reflexión, temos a seguinte actividade titulada "As persoas que nos alimentan". Esta actividade busca a reflexión crítica por parte do alumnado a partir da interpretación dos diferentes axentes implicados no proceso de produción dos alimentos que comemos na nosa zona. Valóranse todos os aspectos que fan posíbel que a nosa sociedade poida comer como come, é dicir, avalíanse as consecuencias da produción agrícola e gandeira ambientais, sociais e económicas, así como as dificultades que se atopan no seu día a día estas persoas produtoras. Despois destas actividades introdutorias, mergullámonos na reflexión sobre "Onde se producen e onde mercamos o alimento que consumimos". Iniciamos esta aventura cun xogo no que o alumnado debe poñerse na pel de diferentes personaxes da sociedade na tarefa cotiá de facer a compra, coñecendo en primeira man as dificultades sociais ás que se enfrontan moitas persoas e valorando as consecuencias sociais e ambientais das súas decisións. Continuamos a viaxe "Explorando o territorio que nos alimenta". Esta actividade está bastante vinculada coa anterior, pero máis centrada na actualidade. O obxectivo principal consiste en coñecer o territorio e investigar onde poderiamos atopar o alimento que precisamos na nosa contorna. Para conseguir esta información, o alumnado entrevista os seus familiares e achegados para coñecer o que se cultiva actualmente na zona e cales son as dificultades existentes, coñecendo as experiencias reais da xente que é produtora. Así, chegamos a actividade "Investigando os nosos hábitos alimentarios", a través da cal o alumnado poden revisar a súa propia dieta cotiá para tomar decisións asertivas e compromisos realistas para mellorar a súa alimentación de acordo coa súa realidade. Neste exercicio a creatividade colectiva é clave para propoñer esas alternativas reais, que son deseñadas polo propio alumnado. As últimas cinco actividades Finalmente, deseñáronse cinco actividades sinxelas para facer divertido este exercicio de pensar como se produce o que comemos, de onde vén a nosa comida e onde a mercamos, e que comemos. É o caso do xogo de mesa no que, cada grupo representa unha vila que terá un terreo concreto (produtivo para diferentes materias primas/alimentos). Cada grupo deberá conseguir uns obxectivos determinados relacionados coa produción, experimentando as consecuencias sociais e ambientais. Cada grupo-vila ten que tomar decisións para acadar os obxectivos pero sen perder de vista a economía. Para isto, deberán buscar colaboracións, cambios na produción etc. Tras rematar a partida, realízase un debate para valorar todos os aspectos do xogo e a súa relación coa vida que vivimos. Xerminando ideas Tamén se presenta a dinámica do "Xerminadoiro de ideas", que consiste en facer grupos de traballo, de 3 a 6 persoas, para xerar ideas vinculadas a mellorar os hábitos alimentarios. Así, créanse diferentes espazos de diálogo e de creatividade, onde tecer redes e "xerminar as ideas" que poidan reverter problemáticas vinculadas cos modelos de alimentación pouco sostíbeis. Directamente conectada co Xerminadoiro, temos a proposta de "Alimentar a Acción", centrada en apoiar e desenvolver as propias ideas do alumnado que poden chegar a converterse en «Iniciativas de acción local». Por exemplo: se queremos alimentar a clase de forma sostíbel... Como o poderiamos facer? Que alimentos precisamos? Que cantidade? Onde podemos conseguilos? Esta actividade está especialmente deseñada para fomentar o pensamento crítico a través da implicación do alumnado, motivando que sexan "axentes de cambio". Pros e contras das mudanzas Chegando á final da viaxe, proponse unha mirada cara as raíces a través da actividade "Alimento ancestral", ilustrando como se vivía non hai tanto tempo nas aldeas de Galicia. Analízanse os pros e os contras dos cambios que aconteceron nas últimas décadas, así como as repercusións sociais e medioambientais e os cambios acontecidos na situación concreta das mulleres. Para conseguilo, o alumnado é o axente investigador, entrevistando aos os seus familiares para coñecer o que se cultivaba antes fronte ao que se cultiva agora na contorna local. Por último, a Guía propón o "Xogo do sistema agroalimentario", simulando a produción, distribución e comercialización de todo o sistema alimentario, para que o alumnado reflexione sobre os problemas e as solucións ante este sistema. Cada grupo ten a súa función dentro do sistema produtivo: produtoras, distribuidoras, comercio e consumidoras, cada un ten unhas tarefas que cumprir para poder levar a cabo o seu traballo; estas tarefas serán probas e xogos. O alumnado visualizará que, cando unha peza da cadea falla, as consumidoras non obteñen o seu alimento. Na primeira partida deixase que o xogo se desenvolva sen criterios de sostibilidade, mentres que na segunda partida si se integrarán os obxectivos de redución dos impactos sociais e ambientais. Desta forma, o alumnado comprenderá as dificultades existentes e a necesidade de transición cara a un sistema alimentario máis equitativo e cuxa pegada ecolóxica sexa a mínima. Podes descargar a guía gratuíta no blog do Grupo de investigación de economía ecolóxica da UVigo Con esta guía, os seus autores pretendemos devolver á sociedade unha parte do que esta nos deu cando nos formamos no sistema universitario público galego. Ao mesmo tempo, convidamos as comunidades educativas dos centros de ensino medio de Galicia, para que pensen criticamente sobre o sistema alimentario. Só desta forma seremos capaces de construír unha sociedade diferente, máis sostíbel e máis equitativa. E iso só o podemos facer de forma cooperativa e inclusiva: desde o medio urbano e o medio rural para construírmos un futuro diferente, un futuro onde os alimentos deixen de ser mercadorías, un sistema alimentario que antepoña a seguridade alimentaria das persoas e a conservación dos recursos ao crecemento económico e á acumulación de beneficio empresarial. Podes descargar a guía gratuíta no blog do Grupo de investigación de economía ecolóxica da UVigo. |
NOS_23310 | Máis unha vez, o presidente cubano, Raúl Castro, puxo de manifesto que o embargo ao que os EUA someten Cuba é a principal traba para o desenvolvemento do país caribeño. Para Castro, o restabelecemento das relacións entre ambos os países é un avance, mais advirte de que é preciso levantar o bloqueo. | Na súa intervención durante o cumio do foro desenvolvemento sustentábel, no Cumio da Axenda pos-2015 da ONU, que se celebra hoxe en Nova York, Raúl Castro advertiu de que o bloqueo estadounidense é a principal traba para Cuba, pois continúa a prexudicar os intereses do pobo. Castro, que volveu solicitar o levantamento do bloqueo dos EUA a Cuba, lembrou que xa máis de 180 países se pronunciaron contra o bloqueo. Pola outra banda, o presidente cubano solicitou unha mudanza da orde económica internacional para evitar as altas cifras de mortalidade nos países do sur. A inestabilidade en destacadas rexións ten a súa raíz, sinalou, na situación de subdesenvolvemento na que viven dous terzos da poboación mundial. "Estamos aínda moi lonxe de contar cunha verdadeira asociación mundial para o desenvolvemento", porque a brecha entre o norte e o sur e a polarización das riquezas increméntase máis de cada vez, concluíu o mandatario cubano, que cualificou de "insuficientes" os avances dos últimos 15 anos. |
NOS_1367 | En nome do PP, os avogados de Álvaro Lapuerta e Pablo Crespo ofreceron un pacto ao ex-tesoureiro para declarar nula a súa causa. A cambio do silencio de Bárcenas, o presidente do Goberno español teríalle ofrecido a cabeza do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón | Podería ser parte do guión da serie Os Soprano. mais non é unha historia da mafia siciliana. O 'caso Bárcenas' deita hoxe novas informacións publicadas --máis unha vez-- polo diario de Pedro J. Ramírez e deixa o PP e o presidente español nunha situación insostíbel. El Mundo leva esta segunda feira á súa capa as chantaxes que emisarios enviados polo Partido Popular lle terían feito a Luís Bárcenas. Segundo recolle o diario madrileño, Javier Iglesias -o avogado do tamén ex-tesoureiro do PP, Álvaro Lapuerta- ameazou a Bárcenas con mandar a súa compañeira á cadea se este teimaba en facer pública a documentación que acredita unha trama de financiamento irregular no partido. Emisarios do PP ofereceron a cabeza de Gallardón e a nulidade do seu proceso a cambio do seu silencio A cambio do seu silencio, continúa El Mundo, Javier Iglesias ofreceu a Bárcenas a cabeza do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. "Será destituído no último Consello de Ministros antes de vacacións", asegura o rotativo, "e o teu tema resolverase en setembro por nulidade". Segundo o artigo publicado polo diario español, Iglesias --un dos nomes de confianza en Génova-- tentou fechar este pacto con Bárcenas hai unha semana cando este se atopaba xa na prisión de Soto del Real. Porén, non só o avogado de Álvaro Lapuerta ofreceu a Bárcenas un trato para impedir que o ex-tesoureiro continuase tirando da manta en relación coa contabilidade B do PP. Tamén Miguel Durán, defensor de Pablo Crespo, tería instado a Bárcenas a manter a boca fechada. Desta volta, o avogado defensor do que foi secretario de Organización do PPdeG durante a era Fraga e número dous da Gürtel, tería asegurado falar "en nome de Rajoy". Durán ofereceu aínda a cabeza de Gallardón. Comunicou a Bárcenas que co actual ministro de Xustiza fóra da escena sería máis doado manexar a Fiscalía. Os avogados de Álvaro Lapuerta e Pablo Crespo advirten a Bárcenas que de continuar tirando da manta, a súa compañeira podería rematar na cadea Guerra aberta no Partido Popular As últimas informacións publicadas evidencian unha fenda insalvábel no seo do Partido Popular. Ex-dirixentes e mesmo deputados do partido aseguran que o cobro de sobresoldos era vox populi como tamén o era a trama de financiamento ilegal que fornecía fondos ás campañas electorais a través dun entramado empresarial. Segundo o rotativo dirixido por Pedro J. Ramírez, esta segunda feira Luís Bárcenas podería facer chegar ao xuíz Ruz numerosos documentos que acreditan a veracidade das súas declaracións e mesmo unha memoria dixital na que se detalla polo miúdo a contabilidade B do PP. O ex-tesoureiro prestará declaración hoxe. Moncloa non desmente a información publicada Entrementres, desde Moncloa, o Goberno español di que foi o ex-tesoureiro quen tentou ameazar o mandatario español mais que este, aseguran nun comunicado, "non conseguiu nada". Polo demais, até o momento nin o PP nin o executivo desmentiron a veracidade das mensaxes de texto publicadas por El Mundo nas que Rajoy pedía calma a Bárcenas, alén de enfatizar que sempre estaría ao seu carón. O presiente do Goberno español podería falar hoxe sobre o escándalo nunha comparecencia de imprensa con motivo da cimeira hispano-polaca. |
PRAZA_17686 | O Ministerio Público pescuda nas eivas detectadas nunha visita sorpresa ao psiquiátrico compostelán do Mecanismo de Prevención da Tortura, que advertiu prácticas como "sobremedicación" ou "uso de medidas de inmobilización como castigo". Colectivos de profesionais e doentes vén constatadas as súas reiteradas denuncias HEMEROTECA | O Defensor del Pueblo denuncia vulneración de dereitos dos pacientes e falta de recursos no psiquiátrico de Conxo | HEMEROTECA | O Defensor del Pueblo denuncia vulneración de dereitos dos pacientes e falta de recursos no psiquiátrico de Conxo O 29 de novembro do pasado 2017 unha delegación do Mecanismo Nacional de Prevención de la Tortura (MNP), organismo dependente do Defensor del Pueblo, presentouse por sorpresa no psiquiátrico de Conxo, centro dependente do Servizo Galego de Saúde en Santiago que actualmente alberga 221 persoas con diversas doenzas mentais. Algunhas, constataron, levan alí "períodos moi dilatados", entre "30 e 50 anos" e moitas delas padecen diversas vulneracións de dereitos. "O perfil da maioría dos pacientes -sinalaba o documento-, afástano da concepción actual das unidades hospitalarias psiquiátricas" e achégano a un modelo teoricamente xa desbotado da sanidade pública galega. Conxo era "o derradeiro dispositivo dos chamados antigamente manicomios", salientaba o MNP no encabezamento dunha denuncia pública que agora vén de asumir como propia a Fiscalía. Como adiantou El País, a Fiscalía da Coruña vén de abrir unha investigación sobre o tratamento que os pacientes reciben en Conxo despois de que as pescudas do MNP lle fosen remitidas dende a asociación El Defensor del Paciente. Aquela inspección, desenvolvida por cinco persoas de perfil técnico, incluíu entrevistas co equipo directivo do psiquiátrico e con "algúns pacientes" e a análise de numerosa documentación. Como informou Praza.gal, as conclusións foron contundentes: as instalacións están "obsoletas" e presentan carencias evidentes como o feito de dispoñer dunha única psicóloga clínica. Esta precariedade, resaltaba o informe, deriva en "casos de sobremedicación de psicofármacos" nas "persoas de máis difícil manexo" ou no "uso de medidas de contención-inmobilización" como "castigo". A Fiscalía da Coruña pescuda nas eivas detectadas nunha visita sorpresa ao psiquiátrico de Conxo do Mecanismo de Prevención da Tortura, que advertiu prácticas como "sobremedicación" ou "uso de medidas de inmobilización como castigo" O persoal, dependente do Sergas, "trata os pacientes con respecto, agarimo e cercanía", subliñaba o informe. Pero non dá feito. A carga de traballo desbórdaas e, aínda por riba, carecen de medios adecuados para traballar. Diante destas acusacións e despois de que o Goberno galego optasen por non responder formalmente o informe, a Xerencia da área sanitaria de Santiago retrucou á súa publicación afirmando que "a ratio de persoal" de Conxo é "axustada ás necesidades e singularidades do centro, dentro dos estándares consensuados" e que ademais o centro "experimenta constamente obras de mellora e mantemento". En canto ás denuncias de sobremedicación e uso abusivo da "contención mecánica", encadraba as prácticas nas dinámicas habituais aplicadas baixo prescrición facultativa". "Unha resposta vergoñenta do Sergas" Os feitos denunciados dende o MNP e a resposta do Sergas causaron estupor en colectivos profesionais de atención a estes pacientes, como o Movemento Galego da Saúde Mental. Alén de ver constatadas as súas propias denuncias dos últimos anos, o MGSM considerou "inconcibible" que a resposta á "grave situación" reflectida no informe chegase dende "un órgano do nivel administrativo dunha Xerencia" e só como "reacción" á publicación do informe en medios como Praza.gal. "A inexistencia dunha resposta dende o máximo nivel" do Goberno galego, sinalou o Movemento a finais de xuño, supuña unha "desconsideración" que ademais evidenciou que Sanidade pouco máis achega que "vaguidades" ao respecto para "protexerse dunha posible esixencia de responsabilidades. A Xunta respondeu ao informe "enmascarando os feitos máis graves e falseando os datos", di o Movemento da Saúde Mental O Sergas, subliñou esta organización profesional, reaccionou á denuncia combinando "obviedades, como que as indicacións das medicacións dependen do persoal facultativo" con "faltas á verdade cando se di que os recursos profesionais existentes son os adecuados e se corresponden con estándares consensuados". Para que o Hospital de Conxo "cumpra a súa misión rehabilitadora" e non outras "propias de épocas pasadas", advertía o MGSM, cumpría comezar por incrementar o persoal e velar polos "dereitos das persoas" alí ingresadas. Pero Xunta, laiábanse, limitouse a tentar frear a controversia mediática "enmascarando os feitos máis graves e falseando datos obxectivables". "A situación de Conxo non é máis ca un síntoma da decadencia do sistema de saúde mental de Galicia" Tamén a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes Galicia) amosou a súa "fonda preocupación" polos feitos nos que agora indaga a Fiscalía. Nesta federación o informe do Defensor causou "estupor", a comezar polo feito de que o psiquiátrico de Conxo "sexa investigado" polo departamento encargado de previr a tortura. "Os manicomios -subliñou Feafes tras coñecer o informe- representaban unha realidade vergoñante" e tras os peches de centros deste tipo como os de Castro de Rei en Lugo ou O Rebullón en Vigo, "se non hai unha solución rápida e axeitada, o psiquiátrico de Conxo debe ser calusurado" e os seus pacientes, "derivados a recursos alternativos dignos e integrados na comunidade" tras unha "avaliación individualizada". Ao cabo, advirten, "a situación de Conxo non é máis ca un síntoma da decadencia do sistema de saúde mental de Galicia". |
PRAZA_8479 | Afirma que esta "fragmentación" é inasumible economicamente para moitos concellos "e só vai xerar un dispositivo máis lento, ineficaz e desprofesionalizado". Tamén denuncia a contratación de brigadas privadas. | A asociación APROPIGA, que agrupa os profesionais da prevención e a extinción de incendios forestais do Servizo Público en Galicia, denuncia a intención da Consellaría de Medio Rural, despois da reunións mantidas coa Fegamp, de crear brigadas municipais de defensa e extinción contra incendios forestais. Amósanse "preocupados" pois esta fragmentación é inasumible economicamente para moitos concellos "e só vai xerar un dispositivo máis lento, ineficaz e desprofesionalizado". Tamén denuncia a contratación de brigadas privadas que a Xunta vai realizar "a través dunha consultoría con nula experiencia na creación de brigadas ata a chegada do PP nas últimas lexislaturas" en referencia á privatización das brigadas helitransportadas que a consellería pretende levar a cabo a través dunha adxudicación directa despois de declarar deserto un concurso público. Tamén denuncia a contratación de brigadas privadas que a Xunta vai realizar APROPIGA lembra que a comisión de estudo que se constituiu no Parlamento de Galicia no 2006 destacou nas súas conclusións que "a falta dun mando único de control engadiu dificultades ás tarefas de extinción" e que "as brigadas municipais obedecen en maior grado as instrucciones dos alcaldes", o que creou graves disfuncións no operativo. Este informe reclamaba "unha maior profesionalización dos traballadores do lume cun mando único, en mans da Xunta de Galicia" e, polo tanto, aconsellaba a desaparición das brigadas en mans dos concellos. Os concellos van ter que asumir unha porcentaxe do custe do dispositivo de entre o 20% e o 30%, un custe "inasumible" para a meirande parte deles A asociación considera que este proxecto é "unha cesión envelenada de competencias" pola que os concellos van ter que asumir unha porcentaxe do custe do dispositivo de entre o 20% e o 30%, un custe "inasumible" para a meirande parte dos concellos galegos para, ademáis, "ofrecer un servicio defectuoso". Por este motivo auguran que a Consellería terá que achegar o 100% do financiamento, "o que suporá financiar unha fragmentación inaceptable asi como un incremento do gasto incomprensible". Reclámanlle á FEGAMP e á Consellería "responsabilidade" e "altura de miras" para "máis alá do mercadeo duns centos de contratos" Reclámanlle á FEGAMP e á Consellería "responsabilidade" e "altura de miras" para "máis alá do mercadeo duns centos de contratos" pensar "na seguridade e na profesionalidade do persoal contratado" e na prestación do servizo. Lembran que dende sectores profesionais e ecoloxistas "xa advirten de que este ano debido á cantidade de vexetación existente e os recortes en prevención, se prevé un ano complicado de incendios no período de alto risco". |
NOS_9683 | A multitudinaria mobilización partiu da Praza da Ferrería para solicitar a revogación da prórroga por 60 anos concedida á pasteira polo goberno español en funcións. | Había ganas de protestar contra a prórroga de 60 anos a ENCE. E esas ganas tomaron forma esta sexta feira como maré humana que ateigou Pontevedra de miles de persoas nunha impresionante manifestación para mandar unha mensaxe clara á pasteira e goberno galego e español: "ENCE fóra da Ría para sempre", tal e como recollía a faixa de cabeceira. Ateigada a Praza da Ferrería, punto de partida da mobilización, e rúas adxacentes, o éxito da convocatoria da plataforma 'ENCE Fóra da Ría' ficaba claro desde o minuto un. Nada estraño, recoñecían convocantes e veciñanza, visto o profundo malestar que a concesión da prórroga de 60 anos polo goberno en funcións causou na cidade e no país. "O goberno español supeditou unha cidade, un país, aos intereses do consello de administración dunha empresa", denunciara o alcalde pontevedrés, o nacionalista Fernández Lores, presente na mobilización. "En 60 anos hai quen vai estar viaxando a Marte e nós aquí cheirando a merda de ENCE", manifestara o rexedor horas antes da manifestación. A Plataforma en Defensa da Ría anunciou que presentará un recurso xudicial por entender que a concesión da prórroga a ENCE é ilegal. Un chanzo máis nesa resposta "social, política e xudicial" que a plataforma 'Ence fóra' pedira nada máis coñecer a concesión da prórroga para revogar a medida do goberno. Na mobilización, lemas novos ("Ence cheira, o PP tamén", "Ence e PP a mesma merda é", "Se é tan boa, que a leven pra Moncloa!") daban a man cos históricos ("A Ría é nosa e non da celulosa"). Amplo rexeitamento Na mobilización tomaron parte un amplo abano de axentes sociais, sindicais, ambientais, así como representantes de diferentes formacións, como o BNG, En Marea, PSdeG, Cerna, Agora Galiza ou Compromiso entre outras. O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, considera que a prórroga é un exemplo "de libro" das "nefastas consecuencias da recentralización a ultranza emprendida polo PP nos últimos anos que está deixando o noso autogoberno nunha cáscara baleira coa axuda inestimable e vergoñenta de quen debería exercer como presidente do país e non como súbdito dos lobbies madrileños". Na coligazón 'En Marea' a súa portavoz, Alexandra Fernández, trasladou esta sexta feira a Felipe VI o malestar pola prórroga. "Dixémoslle que nos parece unha cacicada e un nefasto exemplo de como funcionan as portas xiratorias pois casualmente xente que hoxe ocupa postos no consello de administración de ENCE foron destacados cargos do Partido Popular". A manifestación non foi a fin, senón o principio dunha vaga de accións en diferentes ámbitos destinadas a lograr que se revogue a concesión, lembraron os convocantes. Os aplausos e ánimos das miles de persoas que, procedentes de diferentes partes de Galiza, sairon ás rúas pontevedresas amosaron que a vontade de lograr o traslado de Ence segue máis viva que nunca. Imaxes: GZ Fotos, Podemos Galiza e @parrulinha |
NOS_26388 | O total na Galiza é de 163. | O número total de casos activos de coronavirus na Galiza baixa mais mantense o aumento nas áreas sanitarias de Vigo e A Coruña, nunha dinámica que acumula xa varios días. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 163. Deles 39 son da área da Coruña (2 máis ca onte), 74 da de Lugo (24 menos), 4 da de Ourense (1 menos), 9 da de Pontevedra, 27 da área de Vigo (7 máis), 10 da de Santiago (1 menos), e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 155 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.187 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 238.786. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza non hai xa ningún vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade. |
PRAZA_5254 | Protestan dende hai seis días polo incremento da tarifa, que se triplicou o pasado ano. Vixilancia Aduaneira solicitou, no marco na Operación Pokemon, a imputación do ex alcade por irregularidades na adxudicación do servizo a Aquagest, acusada ademais de ignorar, ao igual que a Xunta, a concentración ilegal de arsénico na auga. | Punxín é un pequeno concello de menos de mil habitantes situado a apenas 18 quilómetros da cidade de Ourense. Porén, ás veces esta distancia semella moi superior. Por exemplo no que respecta ao seu servizo de augas que, nunhas terras cruzadas por ríos e regatos -comezando polo Barbantiño-, virou un pesadelo nos últimos tempos para os seus veciños e veciñas. Dende hai máis de cinco días manteñen un encerro na Casa do Concello para protestar polo incremento do prezo da xestión de augas, que se triplicou dende 2010, e demandar que se reduza, cando menos, até a metade. Os veciños explican que pagan até 28 euros mensuais nas súas facturas, fronte aos 7 que abonaban hai tres anos ou os 3,5 ou 3,7 que se pagan nos concellos limítrofes de Cenlle ou Amoeiro. Este incremento únese ás denuncias que durante os últimos meses a veciñanza realizou pola calidade e salubridade das augas, que contiñan máis do dobre de arsénico do máximo recomendado pola OMS. A pesar do evidente anoxo dos veciños e veciñas mobilizadas, as distintas administracións (concello, deputación e Xunta), todas gobernadas polo Partido Popular, decidiron ignorar as súas demandas A pesar do evidente anoxo dos veciños e veciñas mobilizadas, as distintas administracións (concello, deputación e Xunta), todas gobernadas polo Partido Popular, decidiron ignorar as súas demandas, argumentando o ente provincial e o Goberno galego que o asunto é exclusivamente de competencia municipal. E defendendo o Concello que ten que aterse aos contratos asinados con Aquagest pola anterior corporación, que obrigan a un pagamento de máis de 100.000 euros anuais, o que leva ao incremento de tarifas. "Pagamento encuberto" a cambio da concesión En 2010, o Concello, gobernado polo socialista Alfredo Cruz Gago, privatizou o servizo de augas, outorgándollo a Aquagest e máis que triplicando o custe total, que pasou dos 38 mil euros anuais aos 107 mil euros O conflito mesmo se mistura coa operación Pokemon e no seu sumario atopamos moitas das claves que axudan a entender como se puido chegar a esta situación. En 2010, o Concello, gobernado polo socialista Alfredo Cruz Gago, privatizou o servizo de augas, outorgándollo a Aquagest e máis que triplicando o custe total, que pasou dos 38 mil euros anuais aos 107 mil euros, o que representa ao redor do 30% do orzamento total do Concello. A pasada semana axentes de Vixilancia Aduaneira solicitáronlle á xuíza Pilar de Lara a imputación do ex alcalde e do apoderado de Aquagest, Casimiro G.F., ao acusar a Alfredo Cruz Gago de ter acelerado o procedemento de adxudicación da xestión do abastecemento de auga, a pesar de contar con informes contrarios dos servizos xurídicos da Deputación e da interventora municipal, que xa sinalaba a súa sorpresa polo incremento tan importante do custe do servizo. Vixilancia Aduaneira cre ver "indicios de factura simulada para un pagamento encuberto" a cambio da concesión do servizo de abastecemento de augas O informe tamén sinala que en 2009 Aquagest subcontratou a empresa de calefacción do alcalde para un traballo por un custe superior (26.622 euros) ao que Aquagest cobrou polo traballo completo (20.468 euros). Vixilancia Aduaneira cre ver neste acordo o "indicio de factura simulada para un pagamento encuberto" a cambio da concesión do servizo de abastecemento de augas. Tamén sospeitan da contratación por Aquagest, nesas mesmas datas, dun dos fillos do ex rexedor. O sumario da Pokemon tamén revela que outra das empresas que se presentou ao concurso, Esconsu, ofrecía realizar o servizo de abastecemento por vinte mil euros menos ao ano e que, a pesar diso, o Concello optou por adxudicarllo a Aquagest O sumario da Pokemon tamén revela que outra das empresas que se presentou ao concurso, Esconsu, ofrecía realizar o servizo de abastecemento por vinte mil euros menos ao ano (e levando unha porcentaxe de beneficio industrial moi inferior) e que, a pesar diso, o Concello optou por adxudicarllo a Aquagest. Nos documentos sinálase, ademais, que Aquagest xa viña recibindo previamente do Concello (entre 2007 e 2009) ao redor de 50 mil euros anuais por asistencia técnica e a realización de analísticas, unha concesión que recibira sen pasar polo preceptivo concurso público. O arsénico, tamén na Pokemon O Seprona denuncia que a Consellaría de Sanidade non lle abriu expediente sancionador ningún a Aquagest, a pesar de ser igualmente consciente de moitas destas irregularidades a través de varias inspeccións Foi o incremento desproporcionado das taxas, produto deste acordo, agora baixo investigación, con Aquagest, o que levou os veciños a realizar analíticas da auga que recibían nos seus domicilios. Foi grazas a esas análises que descubriron que a concentración de arsénico era de 23 microgramos por litro, máis do dobre do límite recomendado pola Organización Mundial da Saúde. O arsénico, velenoso en concentracións elevadas ou consumo prolongado, pode causar enfermidades na pel, vómitos e mesmo cancro. A comezos de 2012 os veciños denunciaron a situación ante a Xunta, e en agosto dese ano a delegada do Goberno galego en Ourense prohibiu o consumo de auga. Porén, a través do sumario da Pokemon podemos coñecer que o Seprona de Lugo realizou análises de todas as captacións de auga de Punxín e detectou un posible subministro consciente de auga contaminada con arsénico, a través dun pozo contaminado, pechado en 2011 pero aberto pouco despois sen realizar comunicación ningunha ás autoridades sanitarias. O Seprona tamén denuncia que a Consellaría de Sanidade non lle abriu expediente sancionador ningún a Aquagest, a pesar de ser igualmente consciente de moitas destas irregularidades a través de varias inspeccións (dúas en 2010 e outras dúas en 2011), como se recollen en actas documentais. |
NOS_29297 | En resposta a unha interpelación de Francisco Jorquera, o presidente da Xunta di no Parlamento que farían "un alto" e que procurarían consensuala co sector do mar. | Feijóo bota o freo á polémica Lei de Acuicultura impulsada pola súa conselleira do Mar, Rosa Quintana. O presidente anunciouno no Parlamento, onde dixo que farían "un alto" á espera de dialogar e consensuar o proxecto co sector do mar. Afirmación que recoñece implicitamente que non houbo tal (negociación, diálogo) co sector, algo que este denunciou por activa e pasiva nestes meses. Feijóo fixo o anuncio en resposta a unha pregunta do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, que lle pedira a retirada do ante-proxecto e que "deixen de vender Galiza por parcelas,agora até o mar" A Xunta dá así marcha atrás a un ante-proxecto que provocara unha rebelión entre os diferentes sectores do mar e que chegou aa os concellos, mesmo naqueles gobernados polo PP e que apoiaron mocións pedindo a retirada de devandita lei. Para o sector é unha lei para privatizar o mar galego en beneficio das multinacionais acuícolas. Confrarías, mariscadoras, frota de baixura e mexilloeiros criticaron con dureza o ante-proxecto da lei de acuicultura da Xunta, un borrador que procura, denuncian, desprazar os sectores produtivos tradicionais en beneficio das grandes corporacións da acuicultura industrial. "Que non cre falsas expectativas" Desde a Plataforma en defensa da Ría de Arousa (PDRA) sospeitan que Feijóo o que procura é "crear falsas expectativas, dividir o sector e calmar os ánimos". Este colectivo, que encabezou a oposición do sector do mar a este ante-proxecto, lembra que a lei, "nunca foi demandada" e fíxose "de costas" ao sector. A PDRA pide á Xunta que se sente a falar e a resolver os problemas concretos. |
NOS_19673 | O presidente constitucional de Bolivia aterrou esta quinta feira, 12 de decembro, no país. Até o de agora, permanecía exiliado en México, a quen agradeceu o apoio ofrecido. | "Acaba de aterrar en Ezeiza (o aeroporto de Bos Aires). Vén para se quedar na Arxentina porque entra en condición de asilado e despois pasará a ter a de refuxiado", anunciou á primeira hora da mañá (hora local) desta quinta feira, 12 de decembro, o novo ministro de Asuntos Exteriores arxentino, Felipe Solá. Hace un mes llegué a México, país hermano que nos salvó la vida, estaba triste y destrozado. Ahora arribé a Argentina, para seguir luchando por los más humildes y para unir a la #PatriaGrande, estoy fuerte y animado. Agradezco a México y Argentina por todo su apoyo y solidaridad.— Evo Morales Ayma (@evoespueblo) December 12, 2019 O chanceler arxentino confirmaba oficialmente deste xeito a chegada ao país do presidente constitucional de Bolivia, Evo Morales, que cun chío na súa conta do Twitter agradeceu todo o "apoio e solidariedade" recibidos por México, "país irmán que nos salvou a vida", e polo seu presidente, Andrés Manuel López Obrador. Mi eterno agradecimiento al presidente @lopezobrador_, al pueblo y al Gobierno de #México por salvarme la vida y por cobijarme. Me sentí como en casa junto a las hermanas y hermanos mexicanos durante un mes.— Evo Morales Ayma (@evoespueblo) December 12, 2019 Morales chegou acompañado da súa ex ministra de Saúde, Gabriela Montaño, e esta sexta feira está previsto que cheguen tamén o ex vicepresidente, Álvaro García Linera, e o ex ministro de Exteriores, Diego Pary Rodríguez. |
QUEPASA_548 | Papaver rhoeas - Carl von Linné, 1753 Lugar de compra: EMILE DEYROLLE (PARÍS) Cronoloxía: 1890-1891. | A papoula silvestre é unha especie fanerógama do xénero Papaver pertencente á familia Papaveraceae (Papaveráceas). É unha planta de ciclo anual que pode acadar uns 50 cms de altura. Posúe talos erectos e pouco ramificados, con peliños moi finos. As follas que nacen alternas ao longo do talo, sen pecíolo, son pinnadas e moi dentadas nos marxes, cunha única nervadura central. As flores, de cor escarlata intensa, case esféricas, posúen 4 finos pétalos e 2 sépalos peludos. Os pétalos son moi delicados polo que as flores non poden usarse en adornos florais. O froito é unha cápsula verde pálida, de forma cónica, cunha especie de tapa na parte superior (opérculo), contendo numerosas sementes que escapan a través das fendas do opérculo. Florecen de principio a fin da primavera. A papoula asociouse á agricultura dende épocas antigas. O seu ciclo vital adáptase á maioría dos cultivos de cereais, florecendo e engraecendo antes da recolección das colleitas. Os pétalos e as cápsulas das papoulas úsanse para combater a tose en nenos e maiores. Tamén, debido a que conteñen un alcaloide de efectos lixeiramente sedantes, chamado rhoeadina, empréganse para facilitar o sono. Os pétalos úsanse tamén en forma de tisana ou de xarope. Os herbarios da Fundación Dentro das coleccións que formaban parte do gabinete de Historia Natural da Fundación, mercadas na casa de material científico Emile Deyrolle de París no 1890- 1891, algunhas chegaron á actualidade practicamente intactas (fósiles, minerais), mentres que outras perdéronse por completo, debido ao inexorable paso do tempo (bolboretas, insectos, crustáceos). Polo que se refire aos herbarios, dos 9 iniciais compostos por máis de 1000 especies, chegaron a hoxe en día 892 especies, algunhas das cales se atopan en bo estado de conservación. En botánica, un herbario (do latín herbarium) é unha colección de plantas ou partes de plantas desecadas, preservadas, identificadas e acompañadas de información sobre o sitio de recolección, nome común e usos. Este concepto de herbario é relativamente moderno. De feito, nos séculos XV e XVI, a palabra herbario tiña unha dobre acepción. En primeiro lugar empregábase para designar un libro no cal se enumeraban, describían e ilustraban principalmente plantas medicinais e os seus usos. En segundo lugar, tamén se usaba o termo herbario para referirse a un conxunto de plantas vivas cuxo propósito era o estudo ou o ensino da botánica. Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN Pirómetro de Cuadrante. Pila en columna de Volta. Gravado "A Virxe do Peixe". Custoria ou Ostensorio. Cristo Crucificado (óleo). Monumento dedicado a Fernando Blanco de Lema. Gramófono. Modelo Locomotora de Crampton. Telégrafo de Morse. Cámara escura fotográfica. Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). Óleo de Fernando Blanco de Lema. |
PRAZA_2328 | A plataforma Salvemos a Fracha, acompañada de comunidades de montes e outras entidades sociais e ecoloxistas, protestan ante a visita da ministra de Fomento ás obras da autovía, que iniciou os traballos a pesar de que a Audiencia Nacional non se pronunciou sobre as peticións de paralización. | A ministra de Fomento, Ana Pastor, colocou esta mañá a primeira pedra das obras da criticada autovía A-57, no treito A Ermida-Vilaboa. Ás críticas que este proxecto ven espertando dende o seu anuncio, polo prexuízo medioambiental e social que pode producir e polo seu carácter "innecesario" en opinión de numerosas organizacións, únese a polémica polo inicio das obras a dous meses das eleccións e sen agardar ao pronunciamento da xustiza sobre a súa legalidade. A Audiencia Nacional debe aínda responder á petición da plataforma Salvemos A Fracha de que se paralicen de forma cautelar os traballos ata que se resolva o recurso contencioso-administrativo presentado polas presuntas irregularidades do proxecto. O inicio das obras e a visita de Ana Pastor motivou a convocatoria dunha concentración por parte da plataforma veciñal Salvemos A Fracha, que foi apoiada por trece comunidades de montes do Concello de Pontevedra, a Asociación de Veciños de Figueirido, a Comunidade de Montes de Vilaboa, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) ou Vaipolorío, ademais de organizacións políticas, coma Marea de Pontevedra ou Podemos. O Goberno municipal de Vilaboa tamén expresou a súa oposición ás obras e, en consecuencia, comunicou que non asistiría ao acto de colocación da primeira pedra dos traballos, malia estar convidado. Os representantes de Salvemos A Fracha esperan que a visita de Pastor sirva para ser recibidos pola responsable de Fomento, á que lle solicitaron formalmente unha entrevista en varias ocasións dende o pasado ano, sen que a ministra accedese en ningún momento a manter unha xuntana con eles. Salvemos A Fracha ten reiterado en numerosas ocasións as razóns da súa oposición a un proxecto moi custoso que consideran "un desbalde de cartos públicos en tempos de recortes", sinalando que a vía non funcionará como unha circunvalación da cidade de Pontevedra, como argumenta o Goberno central, senón como unha vía de alta de capacidade paralela á AP9 que non unirá as parroquias afectadas: "É unha falsa circunvalación que os e as pontevedresas deberán ir coller a sete quilómetros da cidade e que nin sequera comunica as parroquias polas que pasa". Apostan, como alternativa, por liberar de peaxe a propia autoestrada AP9. "O plan inicial da autovía é da época de Cascos, das vacas gordas, como presunta alternativa gratuíta á AP-9", explicou Cruz Villaverde no Parlamento galego o pasado mes de xullo. O colectivo alerta, igualmente, do "enorme" impacto ambiental das obras, pois haberá "recheos e noiros que non respectan a orografía da zona e que cegan numerosos puntos de auga". O pasado ano a SGHN presentou un estudo que cuestionaba a necesidade da construción de novas vías de alta capacidade na provincia de Pontevedra, que coexisitirían con trazados paralelos ás xa existentes, sobre todo a AP-9, en referencia á autovía A-59 (Vilaboa-Peinador), á autovía A-57 (Pontevedra-conexión Ourense) e á reforma da autovía A-55 no treito Vigo-Porriño. En concreto, cualificaba a A-57 de "sinrazón cun coste inmenso tanto ambiental como social, cando por con moitos menos cartos, pódese conseguir algo mellor para a cidadanía e o medio ambiente". Como alternativa, a SGHN propoñía ampliar a AP-9 a tres carrís e liberala de peaxes entre Caldas e Vigo. |
PRAZA_17743 | CON VÍDEO En 1981 Hinault decidiu que xa estaba ben de romper a cabeza coa Paris-Roubaix, que a correría unha vez máis e a gañaría, para que calasen por fin os que o consideraban un covarde | Hai moitos, moitos anos que un ciclista dos que se dedican a disputar as clasificacións xerais das grandes voltas non gaña a Paris-Roubaix. Mesmo hai moito tempo que nin sequera se presentan, quizá coa excepción de Wiggins na edición de 2015. Disque para eles é moito risco e moi pouco beneficio, porque nunha carreira dominada polos especialistas, por tipos musculosos que dobran as bielas a base de forza, os escaladores e os corredores versátiles non teñen posibilidade ningunha de vitoria e si moitas de romper algún óso. Non sempre foi así. Merckx (por suposto!) gañouna tres veces e participou moitas máis. Unha delas, a de 1976, filmouna un equipo de cine danés para a que quizá sexa a película de ciclismo máis bonita que haxa, Un domingo no inferno. Tamén Bernard Hinault se atreveu en varias ocasións, e non é que atopase especialmente atractivo correr sobre o empedrado. Segundo din, a Volta a Flandres parecíalle "un circo", e nunca chegou a tomar a saída. Pero sendo francés, coa Paris-Roubaix debeu haber quen lle apertase as porquetas para que a disputase, mesmo suxeríndolle que se non competía é porque lle tiña medo á carreira. El di que a preparou porque "un campión de verdade ten que adaptarse a correr ciclocross, na pista, en bici de montaña, en Dubai ou en Hong Kong", pero a min apetéceme imaxinalo coma os bravos da miña vila, tumbando na mesa da taberna, poñéndose de pé e dicindo: "Que non hai collóns a que?". As tres primeiras veces que correu non entrou no podio pero fíxoo bastante ben. Mal a gusto, iso si, porque consideraba que o percorrido era "unha herexía" e que estaba pensado para que os espectadores gozasen vendo como os ciclistas se espetaban na lama do norte francés. En 1981 Hinault decidiu que xa estaba ben de romper a cabeza coa Paris-Roubaix, que a correría unha vez máis e a gañaría, para que calasen por fin os que o consideraban un covarde En 1981 decidiu que xa estaba ben de romper a cabeza con esa proba, que a correría unha vez máis e a gañaría, para que calasen por fin os que o consideraban un covarde. Iso si, o Teixugo era arroutado pero non inconsciente. No fabuloso arquivo do Institut National de l'Audiovisuel francés, un tesouro para os amantes do ciclismo de vello, pódese ver que aquel ano adestrou cun coidado especial. Enfundado no xersei de campión do mundo conseguido o outono anterior, Hinault percorreu o pavé unha e outra vez ata lograr polo menos odiar un pouco menos aquel terreo. A carreira foi espantosa, como era de esperar. Durante o día choveu e as pedras das corredoiras sobre as que pasaban os ciclistas estaban especialmente esvaradías. O mesmo Hinault sufriu tres rodas picadas e media ducia de caídas. Unha delas padeceuna a só 13 quilómetros do final tras chocar cun cadelo de nome Gruson. Para outro menos afouto tería sido o final, pero o bretón apertou os dentes e conseguiu enlazar co grupo que chegaría en cabeza ao velódromo de Roubaix, á liña de meta. Nel estaban nada menos que Roger de Vlaeminck, Francesco Moser e Marc Demeyer, gañadores todos eles de varias Roubaix e tipos tan grandes que case poderían levar a Hinault en brazos. E, porén, o campión mundial comezou a esprintar nada máis entrar no velódromo e non parou ata que cruzou a meta en primeiro lugar. Relaxado e con medio sorriso de galán rural, Hinault subiu ao podio a recoller o trofeo. "Gañei porque tiña gana de gañar", dixo alí mesmo. Ao baixar do estrado, conta Christian Laborde en L'épopée du Blaireau, un xornalista preguntoulle: "Que pensas da Paris-Roubaix agora que a gañaches?". "Pois o mesmo que antes", respondeu el, "que é unha carreira para idiotas". |
NOS_15772 | Unha exposición en Santiago exhibe unha parte dos fondos da Colección Abanca vertebrados arredor das propostas literarias suxeridas por Italo Calvino na súa obra Seis propostas para o próximo milenio. A mostra inclúe pezas de artistas como Kandinsky, Maruxa Mallo, Picasso, Lugrís, Juan Muñoz ou Euxenio Granell. | "Entre as súas moitas virtudes, Chuang Tzu tiña a de ser destro no debuxo. O rei pediulle que debuxase un caranguexo. Chuanzg Tzu respondeu que necesitaba cinco anos e unha casa con 12 servidores. Pasaron cinco anos e o debuxo aínda non estaba empezado. 'Preciso outros cinco anos', dixo Chuang Tzu. O rei concedeullos. Transcorridos os 10 anos, Chuang Tzu tomou o pincel e nun momento, cun só aceno, debuxou un caranguexo, o caranguexo máis perfecto que nunca se vira". Este breve relato fecha a conferencia que Italo Calvino dedicou á rapidez, a segunda da serie Seis propostas para o próximo milenio, que a morte lle impediu rematar. Se cadra, este conto é a proba que demostra o que Calvino repetía: que cada unha das súas propostas incluía a súa contraria. As seis características que, segundo o autor italiano, impregnarían o milenio que xa habitamos eran levidade, rapidez, exactitude, visibilidade, multiplicidade e consistencia. E visto o que levamos de século, de milenio, non pareceu errar moito. A mostra conta co aliciente suplementar de exhibir pezas que hai moito tempo que non se lle mostran ao público. Abanca vén de inaugurar unha exposición na súa sede de Santiago de Compostela que, composta por obras pertencentes aos fondos da súa colección, ten como fío condutor, segundo explican, esas seis propostas de Calvino, aínda que baixo o título dun inédito que se atopou entre os papeis do autor despois da súa morte e que se publicou como apéndice ás conferencias: "A arte de comezar e a arte de rematar". A mostra conta con obras de autores como Kandinsky, Picasso, Dalí, Maruxa Mallo, Ángelo de Sousa, Washington Barcala, Urbano Lugrís, José María de Labra ou Euxenio Granell, entre outros, e conta co aliciente suplementar de exhibir pezas que hai moito tempo que non se lle mostran ao público. Sobre a lectura Cando Calvino faleceu, Internet estaba aínda en fase de desenvolvemento, pero na serie de conferencias que proxectou xa se pode albiscar un futuro que agora é o noso presente ("as máquinas de ferro seguen existindo, mais obedecen aos bits sen peso"), dominado pola velocidade, pola levidade, pola multiplicidade de estímulos, pola loita pola visibilidade. En canto á exactitude e a consistencia, talvez haxa que buscar neses bits que se agochan detrás da máquina en que se converteu na sociedade para atopar a súa influencia. Unha sociedade na que a preeminencia da imaxe e a loita contra a fugacidade do tempo se erixe en patrón de comportamento precisaría dunha literatura que manexase eses valores para estar á altura dos tempos. Unha literatura "que fixese seu o gusto pola orde mental e a exactitude, a intelixencia da poesía e, ao mesmo tempo, da ciencia e da filosofía". A cultura como sistema social depende, en gran parte, desa acción de ler, de interpretar Na mostra de Abanca, esas propostas queren proxectarse na dimensión plástica, ao ámbito da pintura e a escultura. Pero máis alá da literalidade que se pretende aplicar á hora de observar a presenza das suxestións de Calvino nas obras concretas (a levidade na pintura de Sean Scully, a exactitude nas esculturas de Jorge Oteiza ou Luís Caruncho, a rapidez nos lenzos do Equipo Crónica ou a visibilidade nas pezas de Urbano Lugrís), talvez ten máis interese pescudar na forma en que nos enfrontamos a cada unha desas obras, como efectuamos a lectura do que nos queren dicir. A cultura como sistema social depende, en gran parte, desa acción de ler, de interpretar, e polo tanto, a rapidez e a fragmentación ás que estamos afeitos na vida cotiá debe influír necesariamente na maneira en que aprehendemos as mensaxes que se nos transmiten, xa sexa desde a literatura, desde as artes plásticas ou desde as redes sociais. Se nos deixamos levar por unha lectura superficial das propostas de Calvino, será fácil confundir levidade con superficialidade, visibilidade con exhibicionismo, multiplicidade con desintegración ou rapidez con atordoamento. Mais se temos en conta a fábula de Chuang Tzu e o debuxo do caranguexo, veremos que a rapidez só pode nacer da lentitude, a multiplicidade da coherencia, a visibilidade do recollemento, e a levidade da consistencia. Xa se sabe que todo documento de cultura pode selo tamén de barbarie, e por iso cómpre ter presente que a rapidez dos fluxos de capital non é a mesma que a dos impulsos que moven o pensamento. As coleccións de arte de Abanca e Afundación, declaradas BIC |
NOS_4724 | Compostela acollerá este sábado unha nova manifestación nacional de afectad@s "contra o calote e á expropiación" dos seus aforros. Entrementres seguen os actos e protestas polas diferentes cidades e vilas da Galiza | Este sábado, 22 de setembro, a partir das 11:30 e na Alameda de Compostela, @s afectad@s polo calote das preferentes e subordinadas teñen unha nova cita. Unha manifestación nacional con que lembrar a entidades financeiras e goberno que seguen aí e non están dispost@s a que lles "rouben" os aforros de tantos anos. Baixo a palabra de orde de "Estafad@s polos bancos, Expoliad@s polo goberno", @s afectad@s exixirán, máis unha vez, a devolución do 100% dos seus aforros e emprazarán o goberno a dar unha solución ao problema que atinxe a milleiros de galeg@s. "Contra o calote e a expropiación", manteñen os convocantes da mobilización, á que acudirán persoas de diferentes comarcas da Galiza. A arbitraxe xa reuniu 16.000 solicitudes. Mais Novagalicia Banco (NGB), entidade á que pertencen a metade do total de afectad@s na Galiza (pola volta de 90.000), rexeita someterse á arbitraxe en 3 de cada 4 casos. Mobilizacións permanentes Mais as mobilizacións dos e das afectadas non se reducen a grandes convocatorias nacionais, senón que case todos os días hai algún pequeno acto ou protesta destes colectivos e plataformas en concellos do país. Así, e por poñer un exemplo, esta quinta un grupo de afectad@s volveron concentrarse en Compostela perante a sede do Instituto galego de consumo para denunciar a súa situación. Negocio Cómpre lembrar que a solución preferida por NGB e Xunta para intentar tapar este escándalo é a arbitraxe. A CIG-administración xa denunciou hai uns días que o persoal posto a dedo para tramitar a arbitraxe, "entre eles altos cargos da Xunta", están a obter uns bos pecunios pola tarefa, entrementres se destina a bolseir@s sen formación a traballar para Consumo facendo tarefas administrativas nas preferentes, algo que non lle corresponde |
NOS_29503 | ADIF Alta Velocidade (ADIF AV) adxudicou o proxecto construtivo do acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña, por 123.575.552 euros e un prazo de execución de 48 meses. | ADIF Alta Velocidade (ADIF AV) adxudicou o proxecto construtivo do acceso ferroviario ao Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira, por 123.575.552 euros e un prazo de execución de 48 meses, á UTE formada por Sacyr Construción, Cavosa Obras e Proxectos e Construcións e Obras Taboada Ramos. A conexión do porto da Coruña dá cumprimento ao acordo de investidura entre BNG e PSOE Estas obras, explican nun comunicado, son froito dos acordos estabelecidos no convenio asinado entre Mitma, ADIF AV, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña (APAC), nos que se estabelece que ADIF AV licitará e executará as obras promovidas pola APAC. A nova infraestrutura ferroviaria, que dá cumprimento a un dos puntos do acordo de investidura entre BNG e PSOE, incorporarase á Rede Ferroviaria de Interese Xeral, asumindo a APAC a súa titularidade e administración. Inditex quer instalar eólicos no porto exterior da Coruña O trazado, cunha lonxitude total de 6,7 km de lonxitude, dos que 5,3 km discorren en túnel, está deseñado en vía única sen electrificar, sobre a que nunha primeira fase montarase vía con ancho ibérico (1.668 mm). Porén, existe previsión dunha posterior adaptación ao ancho internacional (1.435 mm). Ademais, o deseño proposto é compatíbel cunha futura electrificación do acceso ao Porto Exterior da Coruña. O proxecto será financiado na súa totalidade con cargo ao Mecanismo de Reconstrución e Resiliencia (MRR) da Unión Europea (UE) con fondos que serán asignados á Autoridade Portuaria da Coruña. Néstor Rego reclama na Coruña que o Estado asuma o custe do porto exterior Así mesmo, e segundo recolle o convenio, a APAC será a responsábel da licitación e execución das obras para o desenvolvemento da Fase 1 da rede ferroviaria no Porto Exterior, que darán continuidade ás obras do novo ramal de acceso. O investimento estimado para esta actuación é de 14 millóns de euros, financiados tamén no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con cargo ao MRR. |
PRAZA_15455 | Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon: As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón; En vías de extinción, de María Reimóndez ou Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. | Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon: As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleiró; En vías de extinción, de María Reimóndez ou Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. Nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en Todoebook, en formato epub, sumándose aos xa existentes; e tamén no iBookstore de Apple. A partir de agora, Xerais irá incorporando ao seu catálogo e en distintas plataformas títulos literarios en formato dixital. Os seguintes, xa en preparación, son Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; e Ninguén, de Fran Alonso. |
NOS_26686 | Co feche dos centros de día e de ocupación, a comarca da Limia queda sen recursos especializados de atención á dependencia e á diversidade funcional. Profesionais do sector denuncian a supresión do dereito fundamental a participar da vida en comunidade, en igualdade e respectando o principio de inclusión | A decisión da Xunta de clausurar escolas infantís, centros de día e centros ocupacionais até o 1 de setembro deixa sen alternativas asistenciais a centos de persoas con diversidade funcional e ás súas familias. "Levamos tres meses pechadas e o noso colectivo non pode estar máis tempo na casa", denuncia Patricia Lamas, traballadora de Limisi Diversidade Funcional, asociación sen ánimo de lucro que atende 56 familias das comarcas da Limia, Allariz e Verín. "Pedimos que non se demore máis o desconfinamento da discapacidade. A atención domiciliaria, cos risco que implica, non é suficiente. As usuarias necesitan volver ás súas terapias individualizadas e as familias, recuperar un apoio fundamental na prestación dos coidados", incide Lamas. Sen participación comunitaria Limisi dispón dun centro ocupacional e dun gabinete educativo rehabilitador dirixidos á veciñanza dunha vintena de concellos que non dispoñen de máis servizos, nin públicos nin privados, que cubran as súas necesidades específicas salvo que se despracen perto de 50 quilómetros até a cidade de Ourense. "O noso centro loita pola inclusión de todos os colectivos, dándolles a oportunidade de ter acceso a profesionais e terapias especializadas sen recorrer grandes distancias, sen importar a súa situación económica e nun contorno rural no que a clausura dos centros de día e dos centros impide a creación de redes comunitarias firmes e en igualdade de condicións", explican desde a asociación. As traballadores de Limisi censuran que os centros privados leven un mes coas portas abertas mentres desde a Dirección Xeral de Maiores e Discapacidade non acaban de explicar porque atrasan a apertura os centros públicos ou privados sen ánimo de lucro, como é o seu caso, até o primeiro de setembro. Nalgunhas usuarias, seis meses de paro e espera poden ser anos de retroceso. Esta espera vai ser moi prexudicial tanto para as usuarias do seu centro como para as súas familia; nais, pais e titoras sobrecargadas polas exixencias do confinamento mais das fillas e fillos "con problemáticas moi serias". "E temos papás e mamás de máis de 70 anos, coidadoras, que transmiten niveis de angustia moi altos". Sen Limisi, as persoas dependentes e con diversidade funcional da Limia quedan privadas de vida social. "Isto repercute no emocional, no psicolóxico, nas habilidades da vida diaria. Nalgunhas usuarias, seis meses de paro e espera poden ser anos de retroceso", alerta Patricia Lamas, quen recalca, ademais, que as familias precisan máis este apoio directo por parte das profesionais dos servizos sociais e da atención á dependencia, que as axudas económicas que a Xunta está pendente de confirmarlle ás usuarias, penalizadas polo feche dos centros ocupacionais e os centros de día. |
NOS_17527 | O antigo cinema ubicado na zona antiga de Compostela fora ocupado por segunda vez hai cinco días e recuperara a actividade cultural. | Cinco días. Foron os que durou a segunda ocupación da Sala Yago, un vello cinema ubicado na zona antiga de Compostela e que fora, até 2007 e durante 1.955 días, sede dunha programación cultural estábel e aberta á cidadanía. Estas cinco xornadas de actividade veñen sumarse ás outras cinco que decorreron en 2011. Eran por volta das 9.30 da mañá desta segunda feira cando dúas ducias de antidisturbios, sen ensinaren nengunha orde xudicial e sen se identificaren, acordoaron a contorna do edificio e entraron nel polo balcón para proceder ao seu desaloxo. Coas cargas de hai dous anos aínda na retina, as poucas testemuñas que presenciaron o operativo policial aseguran que desta volta non se rexistraron máis incidentes que unha activista foi conducida á comisaría porque non levaba enriba o documento de identidade. Para alén diso, describen tamén como os axentes esixían que @s ocupantes da Yago se dirixisen a eles en castelán "por educación", argumentando que non eran quen de comprender o galego. Desde o 12 de febreiro o edificio acolleu desde xantares compartillados a proxeccións de documentarios, espectáculos de breakdance, obradoiros para crianzas, charlas literarias, representacións teatrais, asembleas pensadas para o debate e púxose a funcionar o vello proxector, que data do ano 1934. Após o desaloxo, o vello cinema continuará polo camiño do derrubamento. |
PRAZA_9331 | Jesús Vázquez reprocha que o que fora un dos seus edís de confianza "poña os seus intereses por riba dos de Ourense" e o coordinador de Ciudadanos na cidade dimite por ver este movemento como propio "da vella política" | O pasado 29 de xaneiro José Araújo, edil clave do goberno local de Ourense e unha das referencias do PP local durante lustros, anunciaba a dimisión de todos os seus postos no consistorio e tamén a militancia no partido. Araújo deixaba de ser o voceiro e o titular dunha das principais áreas do goberno de Jesús Vázquez, o único dos populares nunha cidade galega porque "non se pode gobernar a base de selfies ou de insultos" nunha cidade que "non avanza", xustificou, ademais de anunciar un período de reflexión sobre o seu futuro político.Todo apunta a que Araújo, edil clave do único goberno do PP nas cidades galegas, será o aspirante do partido de Albert Rivera á alcaldía ourensáEse período de reflexión foi breve, como avanzara. E, na liña do xa insinuado por el mesmo na comparecencia na que anunciou a súa dimisión, vén de concluír coa súa incorporación a Ciudadanos. Acompañado polo secretario de organización do partido de Albert Rivera en Galicia, Laureano Bermejo, Araújo anunciou que xa é militante desta formación co ánimo de ser "coherente" e a intención de "buscar unha nova fórmula para sacar adiante esta cidade".Como no anuncio da súa dimisión, o ex-concelleiro do PP non aforrou críticas ao goberno do que formou parte ata hai apenas dúas semanas, nin tampouco ao resto de grupos. El, di, non é partidario de "estar todo o día bromeando, facendo vídeos de coña, ninguneando o goberno municipal ou ninguneando á oposición". Esa, ao seu xuízo, é a "forma de traballar" na actualidade, que "non está achegando nada en positivo a esta cidade", conclúe.Jesús Vázquez reprocha que o que fora un dos seus edís de confianza "poña os seus intereses por riba dos de Ourense" e o coordinador de Ciudadanos na cidade dimite por ver este movemento como propio "da vella política"Aínda que a súa candidatura á alcaldía aínda non é oficial -decidirase dentro dun mes, segundo o partido, esa é a posibilidade que cobra máis forza e tamén a que xa está a traer consigo as primeiras consecuencias. Así, case ao mesmo tempo que Araújo anunciaba o seu paso a Ciudadanos, o ata agora agora coordinador do partido na cidade, Alberto Rodríguez, anunciaba a súa dimisión porque, segundo recolle La Región, ve esta operación como propia "da vella política". Tamén porque Ciudadanos, asegura, criticou en numerosas ocasións o "total abandono da cidade" por parte das concellerías que dirixía Araújo no goberno do PP.Tampouco aforrou críticas a este movemento o alcalde da cidade e candidato á reelección polo PP. Araújo, a quen recoñecía como un dos edís da súa máxima "confianza", está a "pór os seus intereses por riba dos de Ourense", censura Jesús Vázquez, mentres que el mesmo, asegura, "vai poñer sempre a cidade por riba dos intereses persoais e do partido". Do seu punto de vista, o feito de que Ciudadanos "se dedique a ir fichando en base a intereses e sen un programa" é a mostra de que "non hai alternativa ao grupo de goberno do PP".Esta non é, así e todo, a primeira ocasión en que Ciudadanos conforma parte dos seus cadros municipais con ex-membros do PP e doutras forzas. Así, por exemplo nas eleccións de 2015 os de Rivera ficharan, entre outros, a un ex-concelleiro do PP de Santiago na etapa de Gerardo Conde Roa como candidato á alcaldía da capital galega |
PRAZA_13512 | O 1 de xullo entra en vigor o novo sistema de achegas económicas para a prestación farmacéutica, co adianto de cartos por parte dos pensionistas como punto máis controvertido. O Estado baralla pór límites para as rendas baixas e autonomías como Euskadi e Andalucía xa traballan en medidas para paliar o recorte. | O pasado 18 de abril o Consello Interterritorial de Saúde, o ente que agrupa o Ministerio de Sanidade coas autonomías e no que, polo tanto, o PP ostenta unha folgadísima maioría absoluta, dáballe luz verde ao que días despois se convertería no Real Decreto-lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. A medida, presentada pola ministra do ramo, Ana Mato, como unha fórmula para a "viabilidade" do sistema, ten entre os seus puntos máis controvertidos a reforma do copagamento farmacéutico. As modificacións afectan a todos os perfís de persoas usuarias da sanidade pública pero ten especial incidencia naquelas que reciben unha pensión de xubilación. Dende o vindeiro 1 de xullo deixarán de ter subsidiados pola Administración sanitaria -no caso galego, polo Sergas- todos os medicamentos que consuman, e estarán obrigadas a achegar un 10% do seu prezo, con límites de 8 ou 18 euros ao mes en función da renda, que se aplicarán a posteriori. A unha semana da entrada en vigor da norma estas son algunhas das preguntas que están sobre a mesa: Pagarán os pensionistas galegos só 18 euros como máximo? Non. Cando menos de momento a Xunta non prevé introducir excepción ningunha a respecto da norma xeral ditada polo ministerio e, polo tanto, as persoas que perciben pensións de xubilación terán que pagar, sen límite, o 10% de todos os medicamentos que retiren das oficinas de farmacia, con independencia de que lles fosen ou non receitados por profesionais da medicina. Será a posteriori cando a Administración realice cálculos e tramite a devolución correspondente para aqueles pacientes que tivesen que achegar máis de 8 ou máis de 18 euros nun mes, en función da renda. Segundo ten adiantado a secretaria xeral de Sanidade e ex conselleira, Pilar Farjas, o plan do Goberno central é que estas devolucións se realicen "cada dous ou tres meses", se ben a normativa aprobada permite estendelas ata seis. Haberá límites para persoas con poucos recursos económicos? Polo momento, non, aínda que non se descartan. Un dos principais temores reinantes entre os profesionais sanitarios é que o efecto "disuasorio" exposto pola ministra ao presentar o Real Decreto teña especial incidencia en pacientes polimedicados de maneira crónica, perfil moi habitual en pensionistas de avanzada idade, os cales perciben en Galicia unha pensión media de 776,94 euros ao mes, a cantidade máis baixa do Estado que é aínda inferior nas provincias de Lugo e Ourense. Por este motivo sindicatos como a CIG e medios especializados na área sanitaria fixéronse eco nos últimos días de que o Consello Interterritorial do día 27 abordará a posibilidade de que os pensionistas con rendas máis baixas non teñan que adiantar máis de 30 euros ao mes. Como saben as farmacias cal é a renda de cada usuario? Mediante o cruzamento de datos con Facenda. A cada un dos 44 usuarios e usuarias do sistema sanitario público en todo o Estado asignóuselles un código resultante de cruzar os seus datos sanitarios e tributarios. Esta referencia, incorporada ao sistema de receita electrónica, informará as farmacias de canto deben cobrarlle a cada paciente. Segundo afirmou este luns a propia Ana Mato todas as tarxetas sanitarias están xa "postas ao día", polo que non hai lugar a establecer "moratoria" ningunha para a entrada en vigor do novo copagamento. Os problemas que se poidan producir serán "puntuais", anticipa, nun contexto no que se amosa convencida de que, se algo falla, "se trataría máis ben dunha cuestión política" e non técnica. Poden as autonomías non aplicar o recorte? Euskadi prepara un decreto de urxencia para evitar a aplicación práctica do recorte e Andalucía limitará os adiantos de cartos A efectos prácticos, si. Un Real Decreto Lei é lexislación básica do Estado e, polo tanto, de obrigado cumprimento, pero o feito de que a xestión da sanidade pública estea transferida ás comunidades permite que os gobernos autonómicos poidan ter certa marxe de manobra. Neste contexto, o Servizo Galego de Saúde estará obrigado a achegarlle ao Estado as cantidades correspondentes ao novo copagamento, pero a normativa non establece que os cartos teñan que saír directamente do peto dos doentes. Así, por exemplo, colectivos como SOS Sanidade Pública xa teñen suxerido unha posible solución: que a Xunta abone a cantidade correspondente ao pagamento que deben realizar os pensionistas e así impida o prexuízo económico para estas persoas sen incorrer nun incumprimento legal. Este é, precisamente, o camiño elixido polo Goberno de Euskadi, que xa traballa nun decreto de urxencia para evitar a aplicación práctica do recorte. Mentres, en Andalucía, o gabinete bipartito de PSOE e IU decidiu que os seus pensionistas non terán que adiantar nada máis que os 8 ou 18 euros, segundo a súa renda. A reforma aféctalles só aos medicamentos? Non. O Real Decreto Lei inclúe tamén a que fora unha das propostas máis reiteradas polo PP en campaña electoral, a homoxeneización das políticas sanitarias autonómicas. Trátase, segundo o Ministerio, de "asegurar que todos os españois teñen acceso ás mesmas prestacións" e para isto traballa na aprobación dunha "carteira común" de servizos sanitarios, clasificados en "básicos", "suplementarios" e "accesorios". Estas dúas últimas categorías traen consigo novos copagamentos en ámbitos como o transporte sanitario non urxente, cuxo correspondente repagamento estará regulado no outono. Ademais, poderían chegar a Galicia novos copagamentos importados doutras autonomías, xa que se "unificará o criterio de participación dos usuarios en produtos farmacéuticos, ortoprótesis e dietoterápicos Canto se recada? Hai alternativas para lograr os mesmos ingresos por outra vía? No caso galego, uns 50 millóns de euros ao ano, cifra voluminosa pero raquítica en comparación cos máis de 3.000 millóns de orzamento que manexa anualmente o Sergas. Dende o anuncio do novo copagamento farmacéutico a oposición parlamentaria galega, tanto pola banda socialista como pola nacionalista, apostou por evitar impoñer taxas nos medicamentos e substituílas por unha reforma fiscal que traia consigo taxas para, por exemplo, as transaccións bancarias ou un incremento do IRPF para as rendas superiores a 100.000 euros anuais. Nun sentido semellante a CIG Saúde defendía este luns que o financiamento necesario se logre "a través dos impostos, tanto dos ligados ao nivel de renda como á actividade económica e financeira", isto é, ás "grandes empresas" e aos "grandes bancos", para que pague máis sanidade quen máis ingresos teña, con independencia do seu nivel de saúde". "A administración non pode pretender incrementar os seus ingresos cebándose nos que máis problemas de saúde teñen", conclúe a central sindical. Nova estrutura do copagamento farmacéutico Perfís Antes Agora Tope Pensións -18.000 € 0% 10% 8€/mes Pensións +18.000 € 0% 10% 18€/mes Persoas activas -18.000 € 40% 40% - Persoas activas +18.000 € 40% 50% - Persoas activas +100.000€ 40% 60% - Persoas desempregadas con prestación 40% 50% - Persoas desempregadas sen prestación 40% 0% 0€ Pensións non contributivas e Risga 0% 0% 0€ Real Decreto-lei de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións |
PRAZA_16576 | A coordinadora da formación asegura que o documento a debate sobre as eleccións municipais pretende poñer En Marea "á disposición" das mareas locais sen "mingua de autonomía" | As eleccións municipais son o principal reto que todas as formacións políticas do país teñen por diante. No caso de En Marea, os comicios locais de 2019 serán os primeiros nos que as mareas municipais nadas en 2015 convivan coas estruturas creadas posteriormente a outros niveis, dende a coalición coa que as formacións que a apoian concorreron ás dúas eleccións xerais ata as xurdidas do partido instrumental posto en marcha para as eleccións galegas de 2016. Este será o principal dos debates do plenario -asemblea- ao que están convocadas as persoas inscritas en En Marea este 17 de marzo. Aínda que serán seis os documentos a debate, o relativo ás eleccións municipais, admiten dende a coordinadora da formación, "será o tema central". Neste sentido, o responsable de coordinación, Gonzalo Rodríguez, aseguraba este xoves en rolda de prensa que as teses que estarán sobre a mesa do plenario teñen como única intención "traballar en común" co ámbito local. E sempre, asegura, "dende a máxima independencia dos movementos municipais" cara aos que a coordinadora, asegura, garante "respecto, diálogo e colaboración". Ante a previsible ausencia no conclave dos alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol a vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, afirma que no seo da coordinadora "estaríamos encantados de que tanto eles como outros alcaldes e concelleiros veñan ao plenario e axuden a construír", se ben, resalta, este "é un espazo político de adscrición individual", polo que non existen "pesos preferentes" das posturas políticas duns cargos sobre outros. "Non é unha cuestión de preeminencia", afirma. A coordinadora asegura que o documento a debate sobre as eleccións municipais pretende poñer En Marea "á disposición" das mareas locais sen "mingua de autonomía" Neste sentido, Seijas pon o foco en que a redacción final dos textos foi "construída" a partir das emendas recibidas, entre elas as formuladas por "un grupo de Compostela Aberta" que introducía matices no xeito de coordinar a estrutura de En Marea coas mareas municipais. En calquera caso, resalta, sexa cal sexa a redacción aprobada no plenario, non existirá "ningunha mingua da autonomía" dos espazos locais, dos que a coordinadora está "á disposición" para "erradicar as políticas regresoras da dereita", agrega Rodríguez. Entre os asuntos a tratar figura o xeito en que estas candidaturas poderían, eventualmente, sumar entre diferentes concellos para accederen máis facilmente ás deputacións provinciais. Alén das eleccións municipais, o outro principal foco do debate político do plenario será, previsiblemente, o relativo ao documento 'En Marea e o seu grupo parlamentar nas Cortes do Estado'. O espírito deste texto, afirma o responsable de coordinación, é "perfeccionar" o xeito en que a representación no Congreso e no Senado, elixida pola vía da coalición, pode "cooperar" coa esturtura galega. "Valoramos" que cómpre "incrementar" o "proceso de traballo en común", mantén. Os debates do plenario, que desta volta non inclúe aspectos orgánicos a respecto da coordinadora ou da portavocía que exerce Luís Villares, complétanse, en clave interna, coa abordaxe do regulamento para constituír mareas sectoriais e o do propio plenario. Ademais, a formación abordará dous documentos políticos, un sobre infraestruturas e outro, centrado no devalo demográfico. |
NOS_19065 | Por volta de 50 minutos durou o interrogatorio que o fiscal Antonio Roma practicou a Francisco José Garzón, o maquinista do tren que descarrilou en Angrois a noite do 24 de Xullo. O traballador sostén que "aínda agora non comprendo" o acontecido e continúa a falar en presente: "a curva xa vexo que non a paso, non a paso, non a paso" | Francisco José Garzón, o condutor do Alvia sinistrado en Angrois, declarou no serán deste domingo perante o xuíz encargado da instrución do caso, Luís Aláez, rozando o linde máximo das 72h de que dispuña a policía para deixalo en liberdade ou poñelo a disposición xudicial. Após prestar testemuño quedou en liberdade, imputado por 79 homicidios por imprudencia profesional. Aláez ordenou tamén a retirada do seu pasaporte e inhabilitouno durante seis meses para conducir comboios. A gravación coas súas palabras publicouno esta cuarta feira o xornal español El País. Coa voz trémula, asegura que "aínda non comprendo agora" o que aconteceu nos minutos anteriores ás 20.42h do 24 de Xullo e enfatiza que "cando activei o freo era inevitábel xa". "Sinceramente, dígolle que non sei o que pasou", reitera Garzón, quen informa de que activou o sistema de freado antes de chegar á curva da Grandeira. Porén, "xa vexo que a curva non a paso, non a paso, non a paso..." Á pregunta do fiscal sobre se consumiu alcol ou algunha substancia que mermase a súa capacidade para manexar o comboio, o maquinista responde que "o único, café" e que "se soubese o que estaba a pensar non o pensaría porque non estou tan tolo para non frear". Recoñeceu saber que a velocidade na curva estaba limitada a 80km/h, se ben el viaxaba no tramo previo "a 180-190" (a velocidade estaría limitada a 200km/h) e cando quixo frear "non me deu tempo a nada". Garzón tamén explicou que o Ipad "lévoo para traballar e non saio da páxina de Renfe" onde consulta o mapa dos traxectos. O maquinista subira ao comboio só uns corenta minutos antes do sinistro, en Ourense, para relevar o outro condutor do comboio. Hai xa varios anos que Renfe determinou que en cada tren só irá un maquinista en cabina --antes ían dous--, aínda que entre @s pasaxeir@s viaxe un segundo condutor que fará o relevo nos traxectos longos. |
NOS_43208 | A posta en funcionamento dos campos de concentración de Muros responden ás necesidades derivadas da política represiva instaurada polo franquismo e da propia lóxica do conflito bélico no norte peninsular. A caída da fronte norte, tras a derrota do exército popular en Asturias e Cantabria, impulsa a apertura dunha rede de centros de reclusión ao longo de toda a xeografía galega. Eis un extracto da peza publicada ao respecto no número 337 de Sermos Galiza. | A comezos de novembro de 1937 entran en funcionamento os dous campos de concentración no concello de Muros. Un deles, o campo de Anido, situarase na parroquia de Serres, nunha fábrica conserveira propiedade de Xosé Romaní, formada como a práctica totalidade das conserveiras dos cataláns por unha casa habitación para uso dos propietarios e unha nave anexa á vivenda próxima á ribeira. O inmóbel, actualmentereconvertido nun negocio hostaleiro, carecía naquela altura de actividade industrial, sendo acondicionado para acoller os presos cun cercado de arame de espiño no terreo exterior. O outro, o campo de Vieta, instalado no cabo de Muros, era outra fábrica de conserva propiedade tamén dunha familia catalá, neste caso de Xaquín Vieta, dono do primeiro navío que entrou cunha bandeira galega no porto de Vigo,formada como a anterior por unha vivenda e nave contigua e que naquel momento tampouco contaba con actividade. Os campos de concentración de Muros chegaron a acoller máis de oitocentos detidos. Segundo os dados fornecidos por Xesús Costa e Xesús Santos, as persoas que máis e mellor estudaron os centros de confinamento franquista na zona da Barbanza, o campo de Anido chegou a sumar cincocentos detidos, pasando o de Vieta dos trescentos reclusos. O primeiro continxente de reclusos chegou a Muros o 6 de novembro de 1937 no vapor Llodio, engadíndoselle aos poucos días outros grupos deles desprazados por estrada desde A Coruña, manténdose abertos até finais de febreiro de 1938, candoo groso dos detidos son dislocados ao campo de concentración de Rianxo e de Camposancos en Tui. A maioría dos reclusos confinados en Muros correspondíanse con soldados do exército popular que tiñan participado en accións de combate nos diversos escenarios da fronte norte, sendo na súa maioría de orixe asturiana e vasca, porén outra parte estaba formada por detidos gobernativos, neste caso con presenza importante de galegos. Apoio veciñal As condicións de vida dos reclusos eran pésimas. Unha mala alimentación, o frío, a ausencia de condicións hixiénicas mínimas -se ben contaban cunha bacía para o aseo persoal-, a falta de medicinas e a ausencia de espazos para ouriñar e defecar -que se realizaba directamente sobre o mar- son exemplos de abondo ilustrativos do día a día dos detidos. A penuria dos reclusos só era minguada pola solidariedade da veciñanza de Muros, efectiva desde o primeiro momento da chegada a localidade, até o punto de que o alcalde abriu expediente a diversas persoas por "organizar colleitas para os roxos presos en Vieta" xa en novembro de 1937. [Podes ler a peza íntegra no número 337 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_15436 | A reconversión xa comezou e pillounos cautivos y desarmados. Noqueados, máis ben. Normal: a crise está sendo utilizada interesadamente coma unha escusa para segar o ánimo. Feijóo sabe que a meirande parte dos seus votantes falan galego pero tamén que falan castelán cando teñen unha cámara da TVG diante. Entón respira. | Cando vou a Madrid por cuestións de lecer, acostumo a comprar violetas en La Mallorquina, unha pastelería con solera que resiste na Porta do Sol. Son caramelos insuficientes, como todo o aquilo que alguén decide que ten que ser típico para o turisteo. Mais de volta, como fuxindo dunha especie de Operación Nécora para diabéticos, traio de contrabando –con medo a ser cazado na fronteira por un independentista radical- caixas de violetas para a familia, amigos, clientes, ou sexa, afumo o meu territorio coa halitose castiza de Sarita Montiel. Deste xeito contribúo ao proceso de españolización da comarca. Eficaz coma un hobbit. Tórnase todo moi wertlanguiano: os señoritos saen de caza, o boticario négase a vender condóns e as señoras de peles caras, con desgana pero por status, convidan a mendigos a cear nas súas mesas polo Nadal Durante días, infecto o Val do Louro co arrecendo a violetas imperiales e as gaivotas carroñeiras que acostuman a sobrevoar o matadoiro convértense en aves precursoras de primavera. Tórnase todo moi wertlanguiano: os señoritos saen de caza, o boticario négase a vender condóns e as señoras de peles caras, con desgana pero por status, convidan a mendigos a cear nas súas mesas polo Nadal. Españolizar, dende a perspectiva histórica de Wert, é retroceder cincuenta anos. Nunca pode ser positivo Españolizar, dende a perspectiva histórica de Wert, é retroceder cincuenta anos. Nunca pode ser positivo. E o proceso –planificado por ideoloxía- non se fai dun día para outro, realízase con xestos máis ou menos perceptibles que motivan a sensación na cidadanía de que o retroceso é algo natural. Ademais, non é que advirtan que queren españolizar, é que xa temos dende hai un par de anos ministras con mantilla. A reconversión xa comezou e pillounos cautivos y desarmados. Noqueados, máis ben. Normal: a crise está sendo utilizada interesadamente coma unha escusa para segar o ánimo. É sabido. E aquí deixámonos facer. Grazas á prepotencia que outorgan as maiorías absolutas, non só se permite que se atente contra unha cultura e unha lingua propias, senón que se aplauden e aplican sen miramentos as medidas que propician que este país comece a parecerse máis a Don Hilarión que a Celso Emilio. Nin a cultura galega merece a escusa rastreira da austeridade, nin a lingua merece a consigna mastigada e falsa de que o galego só é falado por independentistas e catro paletos nacionalistas. Feijóo sabe que a meirande parte dos seus votantes falan galego pero tamén que falan castelán cando teñen unha cámara da TVG diante. Entón respira. Feijóo sabe que a meirande parte dos seus votantes falan galego pero tamén que falan castelán cando teñen unha cámara da TVG diante. Entón respira En fin: antes, das reunións dos colegas no bar saían correntes artísticas, manifestos históricos; hoxe, das resacas, gobernos inmerecidos. E como hay un gallego en la luna e Díaz Ferrán gasta parcelas en Baralla, estamos condenados a envexar con resignación a iniciativa de Cataluña e Euskadi de automasturbarse mentres nós brindamos con Ponche Cuesta e vemos como Galicia cada vez se pareza menos ao que debería ser. Hai unhas semanas os fillos decidiron levar a mamá a facer un chequeo médico a Madrid. Días despois, cando a trouxeron de volta a Mos, deixouse caer no sofá e, mentres se daba aire co típico abano que leva ilustrado un canastro, unha vaca e unha moza co traxe rexional, suspirou: "Ai, que ganas tiña de volver a España". |
NOS_37496 | Os compromisos de Alcoa en materia labroral e de investimentos, moitos por cumprir, vencen o vindeiro 31 de xullo. | O próximo 31 de xullo vencen o compromiso de investimento e as garantías laborais adquiridas por Alcoa no momento da venda das plantas da Coruña e Avilés ao fondo suízo Parter. Mentres, ambas as plantas están practicamente paradas. "Se a produción estaba en mínimos históricos antes da intervención xudicial, a partir de aí a fábrica entrou nunha dinámica de entrar en funcionamento un día ou dous, pero se para enseguida porque non hai entrada de materia prima". Así o explica a Nós Diario o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, quen apunta que os actuais xestores, Grupo Riesgo, "ante as dúbidas" sobre o futuro da planta, prefiren non gastar en materiais. A situación da factoría da Coruña, ao igual que a de Avilés padece un "deterioro grandisimo na xestión", sinala o responsábel sindical, que agarda que "dunha vez por todas, despois do auto da Audiencia Nacional, se proceda a nomear un administrador xudicial, máis aló da intervención que hai agora". "Para nós tiña que estar nomeado hai xa unhas semanas", apunta. Falta de mantemento Pero a falta de actividade non é o único que preocupa nas fábricas de Alu Ibérica. Tamén se están a atrasar os mantementos. "Parter non tocou nada, e desde que entrou Riesgo xa non é que non se manteñan as instalacións, é que tampouco se manteñen os certificados necesarios para producir, nin os consumíbeis para garantir a seguridade dos traballadores, como o líquidos para frear a lexionela, carencias que xa están constatadas por Inspección de Traballo", sinala Corbacho. O peor, como destaca, é que "os parámetros para a produción de aluminio son excelentes neste momento" e as fábricas seguen paradas. Con todo, dubida que os xestores actuais "teñan a capacidade de poñela en marcha aínda que quixeran". As cubas de electrólise seguen paradas. Alcoa comprometera investimentos para a súa activación e renovación, xa que sofren moito nas paradas e arranques, que, como denuncia o presidente do comité, son partidas que non están gastadas. "Alcoa comprometera 20 millóns de dólares en investimentos para cada planta. Ademais de estafarnos a todas as partes neste proceso e constatarse todo isto na sentenza da Audiencia Nacional, agora está a facer caixa con eses investimentos que non se executan", lamenta. Eses investimentos estaban incluídos no compromiso que vence o vindeiro 31 de xullo, cando se cumpren dous anos da operación de venda a Parter. "Achégase esa data límite con todo incumprido. Non só non se executou ningún investimento, senón que tampouco se respectaron as condicións laborais e salariais que se negociaron. Son múltiples as demandas dos traballadores ante a Inspección de Traballo. Fálase de blindaxes e a realidade é que non hai ningún. Desde que entrou Riesgo incumpriuse todo de forma drástica", critica o representante sindical, que afirma que, aínda que lles queda "unha blindaxe menos", aínda están respaldados polo convenio colectivo, o estatuto dos traballadores e a lei de prevención de riscos laborais. |
NOS_47326 | A central nacionalista convocou 13 manifestacións en cidades e vilas do país, marchas nas que tomaron partemiles de persoas baixo o lema "Pola recuperación dos nosos dereitos. Contra a pobreza e a precariedade. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas". Un Primeiro de maio que ten un horizonte: a greve xeral do 19 de xuño. | De Ourense a Ribadeo, de Cee á Coruña, Compostela, Ribeira ou Lugo. Miles de persoas tomaron parte nas 13 mobilizacións convocadas pola CIG neste Primeiro de Maio e que tivo a súa marcha máis multitudinaria en Vigo, onde unha maré percorreu algunhas das arterias da cidade olívica para denunciar o empobrecemento e precariedade, así como exixir salarios e empregos dignos. Todo nunha xornada marcada polo anuncio de greve xeral, o vindeiro 19 de xuño. Nas mobilizacións tamén estiveron presentes representantes de organizacións políticas como BNG e En Marea, cos seus portavoces nacionais, Ana Pontón e Luis Villares –que tamén estivo na de CCOO e UXT-como principais representantes. A data da greve non é fechada. Carril abriu a porta a consensuar outro día no caso de que o resto de sindicatos se sumen á iniciativa e opten por propoñer unha data alternativa "Contra o goberno, contra o capital, folga xeral", "Contra o paro, loita obreira" ou "Nin pacto social nin reforma laboral" foron algunhas das palabras de orde que as persoas manifestantes corearon nas mobilizacións da CIG, así como o de "Queremos traballar e non emigrar" ou "Traballo digno na nosa Terra" ou "Non é non, goberno demisión!". A loita feminista e a das pensionistas, así como a de diferentes sectores en conflito laboral, tiveron un protagonismo especial nas mobilizacións da central nacionalista. Pensionistas, traballadoras da conserva, traballadores de telemarketing, mariñeiros, persoas no desemprego, estudantes, electricistas, opositores, empregados públicos, asalariados na construción... As manifestacións da CIG reflectían a propia heteroxeneidade do mundo do traballo de Galiza e da sociedade galega. Estes anos de discurso de "recuperación económica" baten cunha realidade na que a poboación ocupada descende, os salarios devaluáronse en máis de 11%, os beneficios empresariais aumentaron e a temporalidade (por riba de 26% é canda Polonia das máis altas da Unión Europea. "Intensificar a mobilización" A CIG defende neste Primeiro de Maio "intensificar as mobilizacións" de cara á greve xeral que convoca para o 19 de xuño, un paro que sitúan como a resposta necesaria por parte da clase traballadora. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, emprazou CCOO e UXT a se sumar a este paro, "a que estean á altura das circunstancias", e a que mesmo o paro "sexa no conxunto do Estado" español. A data da greve non é fechada. Carril abriu a porta a consensuar outro día no caso de que o resto de sindicatos se sumen á iniciativa opten por propoñer unha data alternativa O máximo responsábel da CIG lembrou que a central fai este chamamento de greve xeral "porque estamos convencidos de que estas políticas podémolas cambiar, debémolas cambiar, e porque temos moi presente que os dereitos non se regalan, non se compran, nin veñen do pacto social: os dereitos conquístanse coa loita e a mobilización; e é a loita da clase traballadora e do pobo galego a vía fundamental para a defensa e conquista de dereitos, para alcanzar políticas alternativas coas que na Galiza teñamos emprego, salarios e pensións dignas". |
PRAZA_11625 | SOS Sanidade Pública acode este luns a Verín para apoiar a persoal e veciñanza na protesta contra o peche da sala de partos, pero tamén para avaliar a posibilidade unha gran mobilización unitaria | A mobilización en Verín non só non cesa, senón que se espalla. O movemento de rexeitamento ao peche da sala de partos do hospital comarcal de Verín vai camiño de tornar no gran conflito político da recta final da lexislatura para o Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Non só por incomodar o PP de Ourense, transcendental gardián dun indispensable celeiro de votos, senón tamén por reactivar e mesmo fomentar a unidade das diferentes reivindicacións contra a política sanitaria da Xunta, que en certo xeito esvaecera dende a mobilización unitaria do pasado febreiro, aínda entre ecos do concorrido rexeitamento á reforma sanitaria de 2018.SOS Sanidade Pública acode este luns a Verín para apoiar a persoal e veciñanza na protesta contra o peche da sala de partos, pero tamén para avaliar a posibilidade unha gran mobilización unitariaÉ precisamente esa reforma sanitaria de 2018 a que ecoa agora en Verín. Os populares galegos e o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, reduciran daquela a "mentiras" acusacións da oposición e de plataformas como SOS Sanidade Pública sobre o "desmantelamento" de servizos nos hospitais comarcais. Agora, cren estes colectivos, o peche do paridoiro de Verín non fai máis que lles dar a razón.Este luns, 9 de decembro, colectivos integrados en SOS Sanidade Pública avaliarán sobre o terreo a posibilidade de que a mobilización verinesa sexa a faísca dunha nova mobilización unitaria de rexeitamento global á política sanitaria da Xunta. A visita a Verín terá unha parte simbólica, para "apoiar as mobilizacións e peches da poboación e persoal contra o peche do paridoiro e o desmantelamento de servizos do hospital comarcal", explican. Pero outra, máis práctica: testar a posibilidade desa gran mobilización.Contra ás cinco e media da tarde deste luns, o auditorio de Verín acolle unha xuntanza con dous puntos a tratar alén da "solidariedade coa área de Verín das numerosas organizacións que veñen loitando dende hai anos na defensa do sistema sanitario público galego". Pasarán revista aos efectos da reforma sanitaria de hai dous anos, toda vez que agora ven ratificado que estaba "destinada a recentralizar o sistema" e favorecer "privatizacións". E tamén proporán esa "gran mobilización unitaria".Se en Verín existe apoio a trasladar a protesta a unha manifestación global, os detalles abordaranse esta mesma semana, o día 12, nunha reunión xeral de SOS Sanidade Pública. Tamén estará sobre a mesa "o resultado da negociación da reforma da Atención Primaria" e o acontecido en Povisa, unha vez confirmado o paso a mans dun grupo multinacional estadounidense deste hospital privado-concertado, o de referencia para unhas 130.000 persoas na área de Vigo.Unha mobilización xeral na sanidade galega que transcenda os límites das loitas sectoriais é o que dende hai tempo procuran outros colectivos como o das enfermeiras eventuaisUnha mobilización xeral na sanidade galega que transcenda os límites das loitas máis sectoriais é, precisamente, o que dende hai tempo procuran outros colectivos que saltaron os marcos das organizacións como esta plataforma ou os sindicatos, pero que procuran a colaboración con elas. Sucede moi especialmente coas enfermeiras eventuais, que apostan abertamente dende o outono por teceren alianzas para unha gran mobilización na que se dá por descontado o apoio das forzas da oposición política galega.Este domingo a Xunta subliñaba que Galicia "consolida a súa posición nos primeiros postos" con "mellores resultados nas lista de espera cirúrxica"Mentres, dende o PPdeG e a Xunta, non se disimula o receo cara a estes movementos, que consideran asentados na mentira e na "demagoxia" fronte aos datos "científicos". Nesta liña, este domingo a Consellería de Sanidade facía público un comunicado no que subliñaba que "Galicia consolida a súa posición nos primeiros postos das comunidades autónomas con mellores resultados na lista de espera círurxica". O departamento de Jesús Vázquez Almuíña afírmao botando man dos datos publicados polo Ministerio de Sanidade publicados o pasado 29 de novembro que, no caso galego, recolle o dato de 56 días de espera media a finais de xuño, xa publicado polo propio Sergas en xullo. |
NOS_35764 | Publica na súa páxina web un modelo de escrito e chama a todas as entidades de memoria e particulares a presentalo por rexistro electrónico ou mediante un email ante a Consellería de Cultura. | A Iniciativa Defende Meirás pediu á cidadanía que realice un envío masivo de escritos á Consellería de Cultura, Educación e Universidade para solicitarlle que incoee o expediente para ampliar a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) das torres aos mobles. Precisamente, esta pasada sexta feira a entidade remitiu un escrito ao devandito departamento para solicitar a ampliación da declaración a "todos os bens mobles asociados á categoría de sitio histórico" do interior e o exterior do pazo e a publicación inmediata do catálogo dos mesmos para "preservar e salvagardar a integridade do BIC Torres de Meirás". Neste sentido, a Iniciativa Defende Meirás difundiu un escrito mediante as súas redes sociais para pedir que se actúe do modo preciso "para impedir que os herdeiros do ditador poidan retirar eses bens" e afirmou que "a mera incoación dese expediente outorgaría a todos os bens a protección á que fai referencia a Lei de patrimonio cultural da Galiza". Deste modo, publicou na súa páxina web un modelo do escrito e chamou a todas as entidades de memoria e particulares a presentalo por rexistro electrónico ou mediante un email ante a Consellería de Cultura. Esta semana, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña suspendeu o prazo dun mes concedido á familia Franco para retirar bens do Pazo de Meirás nunha resolución na que deixou paralizada a decisión adoptada o pasado 28 de abril nese sentido. Pola súa banda, a Xunta requiriu á familia Franco a presentación de documentación adicional para tramitar a súa solicitude de traslado referida ás estatuas do Mestre Mateo, situadas actualmente nas Torres de Meirás, dada a súa consideración como Ben de Interese Cultural (BIC). Previamente, pedira ao Estado que habilitase á Xunta para ampliar o BIC do Pazo de Meirás. |
NOS_31022 | [EN ACTUALIZACIÓN] Once focos fican activos na cidade, principalmente en varias parroquias do cinturón periurbano. Desde hai horas prodúcense desaloxos de vivendas con carácter preventivo. Non se ten constancia de danos humanos. Dúas persoas fican baixo custodia policial en Comisaría por estaren, presuntamente, relacionadas cos lumes. Ás 2:40h o alcalde, Abel Caballero, aseguraba que todos os focos "urbanos" estaban controlados e na súa maioría extinguidos. Só fica un lume importante activo, na zona de Roteas en dirección a Nigrán, e varios focos no ámbito rural. | A cidade olívica fica arestora encollida e coa ollada a se repartir entre as fiestras e as redes sociais. O lume que comezou atinxindo as parroquias circundantes, avanzou nas últimas horas cara o casco urbano. Neste momento, a información confirmada recollida polo xornal Faro de Vigo refire a existencia de once focos activos. O alcalde da cidade, Abel Caballero, nunha breve declaración en La Sexta asegurou que eses ámbitos estarían "controlados". No entanto, continúan a producirse desaloxos de vivendas con carácter preventivo diante da proximidade das lapas. Aliás, vías como AG57 e a circunvalación VG20 fican na práctica cortadas. Tamén a Avenida de Europa, que conecta o litoral con Coia, atravesando o barrio de Navia. Pasadas as 0:30h nas redes alértase da existencia de dous focos de lume en pleno centro da cidade, na Praza dos Cabalos e nas inmediacións do Monte do Castro. Ás 2:40h o alcade confirmaba que todos os focos "urbanos" estaban controlados e na súa maioría extinguidos. Unicamente ficaría activo un lume importante na zona de Roteas, en dirección a Nigrán. Restan por sufocar tamén os focos das áreas rurais, caso da parroquia de Valladares, que en principio xa non ameazan a poboación. O fume é omnipresente en todo termo municipal. Os colexio da Sobreira e o IES de Valadares fican fechados polo efecto do lume e non celebrarán aulas esta segunda feira. O lume chegou a aproximarse até o campus universitario de Vigo, onde se desaloxou a residencia. O alumnado foi recolocado en hoteis e mañá non haberá clase. O efecto do fume provocou tamén que o Centro Comercial Travesía de Vigo, en pleno casco urbano, decidise fechar as portas. A factoría de PSA Peugeot Citroen e da auxiliar GKN Driveline, foron desaloxadas e fican arestora sen actividade. Veciñanza con baldes Neste momento a maior preocupación está nas inmediacións da zona vella de Navia e nas súas proximidades coa contorna da Avenida da Florida. Alí, volveron reproducirse as imaxes de veciñanza organizada cos seus propios medios (baldes e mangueiras) para tentaren sufocar as lapas e frear o avance do lume. A mesma situación que se está a vivir en diferentes puntos da parroquia de Valadares. Ante a insuficiencia de medios, a xente tomou a iniciativa para evitar que o lume devore as vivendas. Sen información A falla de información oficial alimenta o nerviosismo. O Concello de Vigo non conta a esta hora inda cunha canle oficial a través da que ofrecer información verificada e actualizada. O rexedor, Abel Caballero, limitouse polo momento a breves declaracións nalgúns medios de comunicación, con chamamentos xenéricos á calma e a serenidade, e nos que aseguraba que –en principio-- os focos estarían controlados e que as autoridades municipais fican coordinadas coa Xunta. Porén, o propio Caballero vén de facer un chamamento á veciñanza que vive nas proximidades das zonas máis afectadas a que "fechen as casas e marchen delas cara a un hotel". O Concello habilitou tres hoteis da cidade e mais un pavillón para albergar as persoas afectadas. O Goberno municipal declarou non ter constancia de que se teñan producido danos persoais "polo momento" (sic). Incendios provocados e focos extraños A hipótese de que a vaga de lumes que envolve a cidade olívica sexa provocada por incendiarios é a predominante. Aliás, os focos isolados que se rexistraron sobre todo ao longo da noite en diferentes puntos do casco urbano (praza dos Cabalos ou Monte do Castro), sen conexión aparente cos outros lumes en curso, alimenta esa sospeita. A policía confirmou, contra as 1:25h, a varios medios de comunicación que dúas persoas foron detidas en relación aos lumes e que ficaban baixo custodia en comisaría. [Información actualizada ás 2:48h] |
NOS_10903 | A data por antonomasia para defender os dereitos da clase obreira, o día 1 de maio, virá este 2020 profundamente marcado pola situación creada pola pandemia e o estado de alerta. Accións virtuais e seguimento domiciliario farán que esta edición non se mida pola asistencia ás manifestacións e si pola incidencia, segura, nas redes sociais. Nas reivindicacións o tema central é a actual situación económica e as consecuencias que traerá a nivel laboral. A crise actual prepara sorpresas. As forzas sindicais adiantan algunhas posíbeis solucións. | O confinamento do estado de alarma non foi quen de impedir que Galiza teña, como outros anos, un Día da Clase Traballadora reivindicativo. Este 1 de maio é especial polas fórmulas escollidas nas organizacións sindicais para facer chegar a súa voz a unha poboación fechada nos seus domicilios mais tamén por estarmos nunha situación económica, laboral e social extrema. CIG exixe protexer á clase traballadora, no ao capital A campaña da CIG arredor da que xirará este ano a súa conmemoración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, ten como lema Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro. A primeira forza sindical na Galiza fixo un chamamento a manter o carácter reivindicativo da data malia as dificultades e participar pendurarando das xanelas e balcóns das vivendas bandeiras da patria e vermellas así como a cantar, ás 12 horas, a Internacional. "A mobilización social e laboral é a vía pola que dar resposta e evitar que volvamos a pagar a factura desta crise as mesmas", afirmaba o seu secretario xeral Paulo Carril entrevistado por Nós Diario, "polo que este 1 de maio non hai que autoconfinarse mentalmente e desactivarse socialmente". As demandas deste 1 de maio son para a central nacionalista "urxentes" pola actual situación que vai da emerxencia sanitaria á emerxencia social. "É imprescindíbel derrogar as reformas laborais de 2010 e 2012", polo que non se deben renovar os ERTE actuais que activou o Goberno español. Asegura que urxe "axilizar o pago das prestación" para que non cause "empobrecemento na clase traballadora" e ter en conta para una prestación "a aquelas persoas que foron despedidas ou que desde 1 de xaneiro estiveran no desemprego", entre outras medidas. A CIG fixo un chamamento a manter o carácter reivindicativo da data Carril é moi crítico coa actuación do Goberno español e tamén co galego. No primeiro caso por adoptar medidas que provocaron "despedimentos masivos", algo que desde a central nacionalista xa alertaron no seu momento, e no segundo caso "por xogar a ampliar o caos", en referencia aos atrasos "que provocou Feixóo na aprobación dos ERTE". Por este motivo afirma que "cómpre movilizarse para exixir políticas que garantan os nosos dereitos como clase traballadora". CCOO e UXT piden outro modelo social e económico As organizacións sindicais CCOO e UXT na Galiza celebrarán este 1 de maio conxuntamente baixo o lema Traballo e servizos públicos. Outro Modelo social e económico é necesario. Polas restricións do estado de alarma trocaron as manifestacións por actos virtuais que difundirán nas súas páxinas web a partir das 12 horas. As organizacións sindicais CCOO e UXT na Galiza celebrarán este 1 de maio conxuntamente "Esta crise puxo de relevo que os servizos públicos, que sufriron os recortes da crise de 2008, son un piar esencial do estado do benestar", asegura a Nós Diario o secretario xeral de CCOO Ramón Sarmiento, "e deben ser considerados un ben esencial polo que hai que blindalos", engade. Valora a actitude do Goberno español que "debía parar a actividade económica por seguridade e así aconteceu" e agarda que haxa a mesma resposta en relación ás axudas sociais "tamén por parte da Xunta e as entidades locais". O líder de CCOO carga contra a actuación da Alberto Núñez Feixóo cando afirma que o seu goberno "foxe da interlocución cos axentes sociais e non foi receptivo a ningunha das propostas que lles fixemos". Demanda "un gran pacto social" que conte "co compromiso do conxunto de forzas políticas e sociais". Desde UXT o seu secretario xeral na Galiza, José Antonio Gómez, salienta que nunha data tan sinalada como a de hoxe as demandas "xiran ao redor dunha maior protección para as persoas e un recoñecemento aos traballadoras e traballadores dos servizos esenciais neste país". Da actual situación creada pola pandemia asegura a Nós Diario que saca a conclusión de que hai que apostar "por crear unha rede de protección para todas aquelas persoas que non reciben ningún tipo de percepción" polo que demanda "unha renda mínima vital que lles permita subsistir". Manifesto fronte ao rearme do capital A situación de emerxencia sanitaria centrou tamén as reivindicacións doutros sindicatos. As organizacións CUT, CXT, Sindicato da Elevación, Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical, STEG e PROSAGAP fixeron público un manifesto no que critican a xestión que está a facer da pandemia da COVID-19 por parte dos Gobernos español e galego así como dos partidos políticos da dereita e a Unión Europea (UE). "A xestión da crise que está a desenvolver o Goberno do PSOE-Unidas Podemos non difire máis ca en matices coa que se enfronta o coronavirus no resto dos países da contorna", aseguran, ao tempo que poñen como exemplo a situación da sanidade pública. "É rechamante a acción do Goberno de Feixóo que ostenta as competencias en sanidade e nos últimos dez anos eliminou 11 hospitais públicos", afirman. Tamén denuncian que todos os pasos dados até agora pola UE non se deron "sen que antes falara o Banco Central Europeo (BCE) e non precisamente para beneficiar aos sectores mais golpeados pola crise sanitaria". Denuncian que todos os pasos dados até agora pola UE non se deron sen que antes falara o Banco Central Europeo (BCE) Salientan estes sindicatos que "de fondo temos o ruído incesante da dereita e da extrema dereita que ven a ocasión perfecta para tombar un goberno xa moi feble e asestar o golpe definitivo á clase traballadora". Por último fan un chamamento a estar alerta diante do sistema que tentará "facernos corresponsábeis con novos recortes salariais despedimentos masivos e represión policial e xudicial para asegurar manter axeonllada á clase traballadora". CUT denuncia "sentenza política" do Constitucional A Sala Primeira do Tribunal Constitucional non admitiu a última hora do día 30 de abril o recurso de amparo que presentou a Central Unitaria de Traballadoras (CUT) contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que desestimou a súa solicitude de manifestación en Vigo para hoxe, 1 de maio. Tratábase dunha marcha a celebrar en coche pola cidade, cunha única persoa por vehículo. A CUT estuda a posibilidade de recorrer a Estrasburgo "Xa nos esperabamos esta decisión", explica a Nós Diario o secretario xeral desta sindicato, Ricardo Castro, "estamos diante un auto de carácter ideolóxico, unha sentenza política que vén a referendar que non hai separación de poderes e si unha orde directa do Ministerio do Interior", engade. "Desde que empezou esta historia da COVID-19 hai unha orde do Estado español de máis unidade de España e acabar coa discrepancia", asegura Castro. Para a CUT a idea é "previrnos do que vai vir, a crise económica que trae esta pandemia virá con moitos recortes e queren evitar calquera tipo de contestación". Este sindicato estuda a posibilidade de recorrer a Estrasburgo. CNT reivindica o orgullo da clase traballadora A Confederación Nacional do Traballo (CNT) na Galiza afirma nun comunicado que este 1 de maio "excepcional e diferentes dos anteriores" ten "máis claro que nunca a importancia da unidade e a organización da clase traballadora". Reivindica o "orgullo" de que sexa esta a que "está facendo fronte á situación de emerxencia sanitaria" e "arrisca as súas vidas e manten as actividades produtivas e non produtivas". A CNT rexeita o "pactismo da clase dominante e a globalización" e asegura que "os últimos Pactos da Moncloa significaron capitalismo salvaxe, desindustrialización e despedimento libre". Consideran desde este sindicato que "non se pode deixar que a clase política volva a utilizar unha nova crise para enriquecer ás que máis teñen reducindo os nosos dereitos". |
PRAZA_11299 | A sentenza do TS interpreta por primeira vez a sedición dende a vixencia do CP 1995 e faino nun sentido claramente limitativo das liberdades, nomeadamente a de manifestación | Na primeira xeira deste artigo non albiscábamos a conexión entre os feitos do 20-S na Consellería de Economía da Generalitat e os incidentes nos colexios electorais o 1-O e o delito de sedición. Mais, á vista dos termos da sentenza do TS, o problema está na propia definición dese delito.Dende 1995, a rebelión atende á violencia dirixida á subversión constitucional e a sedición á violencia dirixida a impedir a aplicación da lei ou das resolucións administrativas e xudiciais. A redacción do delito é absolutamente indeterminada e interpretábel. De feito este delito de sedición foi derrogado hai xa 50 anos na Alemaña e constitúe un elemento estraño á comunidade xurídica europea.A sentenza do TS interpreta por primeira vez a sedición dende a vixencia do CP 1995 e faino nun sentido claramente limitativo das liberdades, nomeadamente a de manifestación. A restrición da liberdade é tan grave que no futuro poderase condenar por sedición ás persoas que baixen á rúa para protestar contra despexos, regulacións de emprego e despedimentos, medidas cautelares de cárcere, copagamentos sanitarios, suba do prezo de servizos públicos…A nova interpretación xurisprudencial e máis a "lei mordaza" ( vixente por mor da inutilidade da esquerda española) restrinxirá substancialmente os nosos dereitos. Non se trata xa de independencia, senón de liberdade.Canto á malversación, o ex ministro de Facenda estatal, Cristóbal Montoro, negou de todo calquera aplicación de fondos da Generalitat ao referendum do 1-O. Ninguén mellor ca él para sabelo, pois que controlou directa e rigorosamente todos os gastos da Administración catalá entre o 13-S de 2017 até fins de maio de 2018. Na sentenza do TS considéranse malversacións propostas de gasto nunca concretadas, axudas de custo de convidados do Diplocat (organismo consorcial autónomo da Generalitat) ou o uso de centros cívicos na fin de semana. A malversación requiría neste caso dun uso manifestamente ilegal dos cartos da Generalitat no prexuízo do seu patrimonio. Non meras dúbidas de legalidade administrativa no exercicio da administración do erario público.O que latexa na sentenza como verdadeiro pecado d@s pres@s polític@s era convocar ou darlle pulo ao referendum do 1-O, mais dende o 2005 non existía o delito de convocatoria dun referendum ilegal, introducido por Aznar dous anos antes como arma contra o goberno do PNV e o seu Plan Ibarretxe.Como dixemos no antronte, a lóxica da sentenza do TS é política (represiva) e non xurídica. |
NOS_29023 | A Coordinadora Galega de ONGD e Intermón Oxfam organizan os días 5 e 6 de outubro, na Facultade de Filosofía da USC, as xornadas 'Vivir mellor con menos: alternativas para un consumo crítico e responsábel'. Ademais de actividades varias participarán Carlos Taibo, Marta Pascual, Antonio Hernández e Lourdes Benavides. | Co nome de "Vivir mellor con menos: alternativas para un consumo crítico e responsábel" a Coordinadora Galega de ONGD's e Intermón Oxfam realizarán os días 5 e 6 de outubro en Compostela unhas xornadas de concienciación abertas ao público. "Xorden da necesidade das ONG's de Desenvolvemento de abrirnos e adaptarnos ao novo contexto social e económico", sinalan na Coordinadora, "o traballo de sensibilización que levamos a cabo en Galiza non só pasa por falar das desigualdade Norte-Sur, senón tamén das alternativas que temos nas nosas mans como cidadanía activa e transformadora". A primeira experiencia deste tipo foi organizada o ano pasado nas xornadas 'Dereito á alimentación e soberanía alimentaria' en que participaron Esther Vivas e Gustavo Duch e que contaron cunha boa participación. "Este ano quixemos ir máis alá e implicar colectivos de Galiza que están a traballar para ofrecer alternativas de consumo, produción, distribución, finanzas; para poñer en valor o rural; para visibilizar que outro xeito de vivir en sociedade". Na Facultade de Filosofía da USC falarán Carlos Taibo, escritor, editor e profesor Titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, Marta Pascual, Grupo Ecofeminismos de Ecologistas en Acción, Antonio Hernández, representante do Mercado Social Madrid, e Lourdes Benavides responsábel de Xustiza Económica do departamento de campañas e estudos de Intermón Oxfam. "Este ano quixemos ir máis alá e implicar colectivos de Galiza que están a traballar para ofrecer alternativas de consumo, produción, distribución, finanzas" Feira na Praza de MazarelosAs xornadas contarán tamén cunha feira de produtos de consumo responsábel e alternativo con postos de venta e información na praza Mazarelos os días das xornadas. Participarán no Mercado "entre lusco e fusco", cooperativas de produtoras (Milhulloa, Millo e Landras, Raíña Lupa, O carabelo, Como cabras, O sequeiro de Portelas), ONGDs de comercio xusto (Panxea, SI Galicia e Intermón), tendas de produtos ecolóxicos (Equisol, Cousas da Terra), grupos de consumo (Eirado, Nabiza Ceibe, Fabas Lobas, Zocaminhoca), banca ética (Fiare, Coop57, AIS O Peto) e software libre (AGASOL, GPUL). Os horarios serán de 16:00 a 21:00 horas esta sexta e o sábado, de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. |
NOS_33345 | Compostela; Narón; Moaña; Ferrol; Lugo; Redondela e Chantada son os próximos lugares que acollerán as presentacións de Sermos O Diario Galego esta semana. | Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego, para o que son precisas 3 mil subscricións antes do 31 de xullo. Esta semana, logo do acto que tivo lugar na tarde desta segunda feira en Ourense, recalaremos en Compostela; Narón; Moaña; Ferrol; Lugo; Redondela e Chantada. Convocada pola Asociación Cultural O Galo, a presentación de Compostela terá lugar a cuarta feira, día 20, ás 20.30 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego. Intervirán Mercedes Espiño, secretaria do Galo; Pilar Bispo, labrega, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. Tamén na cuarta feira, día 20, e ás 20 horas, decorrerá o acto de Moaña, convocado polo Concello. Terá lugar no salón de plenos e contará coas intervencións de Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; Xosé Daniel Costas Currás, poeta, e Xoán Colazo, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Ademais, a cuarta feira, día 20, presentarase Sermos O Diario Galego en Narón, no Café Teatro (Pazo da Cultura), ás 20.30 horas. Convocado pola Concellaría de Promoción Económica, no acto tomarán a palabra Pablo Villamar, concelleiro de Promoción Económica; Lidia Romero, presidenta da A.C. Xebra, e Nicolasa Castro, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Na quinta feira, día 21, ás 20 horas, o antigo Hospicio de Ferrol acollerá a presentación do diario. Convocado pola Sociedade Cultural Medulio, no acto intervirán Elia Rico, presidenta de Medulio; Leandro Lamas, pintor e ilustrador; Paula Carballeira, actriz, e Nicolasa Castro, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Tamén a quinta feira, ás 20 horas, decorrerá a presentación en Lugo, na Casa do Saber. Trátase dun acto convocado polo Clube Cultural/ Cineclube Valle Inclán. Intervirán Carmen Longarela, secretaria do clube; Marica Campo, escritora, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. Aliás, na quinta feira faremos parada en Redondela da man da Asociación Cultural Alén Nós. A presentación, na que tomarán a palabra Andrés Couñago Laxe, membro da entidade; Elsa Quintas Albores, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xabier Pérez Igrexas, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza, encetará ás 20.30 horas en Fotografía Cal 3. Fechamos os actos da semana a sexta feira, día 22, ás 20.30 horas na Casa Sindical de Chantada. Convocado pola Asociación de Veciños Torre de Arcos, o acto contará coas intervencións de Olga Otero, membro da asociación; Xosé Lois García, escritor e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. [Adiouse ás 20.30 horas o acto de presentación de Compostela para facilitar a asistencia á concentración contra o asasinato machista do Porriño, que terá lugar ás 20 horas na Praza 8 de Marzo] |
NOS_31582 | Ecoloxistas e sindicalistas, comuneiros e forzas políticas piden en Compostela que se revisen o Plan Forestal galego e a Estratexia Galega contra o Cambio Climático para promover un uso do monte sustentábel e beneficioso para a veciñanza, non para as grandes empresas. | Centos de persoas volveron concorrer en Compostela nunha manifestación en defensa do monte galego dous anos despois da última gran vaga que provocou mortes, perdas e un desastre ambiental no sur-oeste do país. Convocadas por asociacións ecoloxistas, sindicais e colectivos de defensa do patrimonio e comunidades de montes, as manifestantes reclamaron un monte "noso" e con "futuro" e lanzaron consignas con críticas á política de prevención e extinción da Xunta de Galiza que se revelou inútil (cando menos para o monte e as veciñas e veciños que viven no rural) e moi gravosa. "Defendendo a terra, sementando o futuro", dicía a faixa de Verdegaia, unha das máis de vinte entidades organizadoras. Nunha mañá de chuvia, as organizacións sindicais, ecoloxistas e do mundo rural, unidas na plataforma Por un monte galego con futuro, volveron lembrar as recomendacións da FAO e da Unión Europea para camiñar cara unha tenencia máis xusta destas terras e cara á compensación ás colectividades locais polos impactos. Demandan a anulación da actual proposta de revisión do Plan Forestal de Galiza e a elaboración dun novo documento "que parta de información actualizada sobre a situación do monte galego" e "dunha participación equilibrada de todos os axentes sociais". Desde a plataforma, consideran que a nova política forestal debe ter como principios reitores "a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos, o fomento do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos, a non privatización dos montes veciñais, o emprego e a sustentabilidade económica e social". Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, que participou na marcha xunto as candidatas número un por Pontevedra (Carme Da Silva) e A Coruña (Néstor Rego), comentou que unha das contribucións que se pode facer desde Galiza á loita contra o quecemento global é "acertar na xestión dos nosos montes e dos ecosistemas". Pontón advertiu que o problema ambiental no monte galego ten que ver "cunha política que se vén facendo desde a Xunta de Galiza e que pon por riba os intereses de empresas como Ence fronte aos intereses xerais do país". A líder nacionalista dixo que "cambiando as políticas, onde hoxe hai un problema poderemos ter unha oportunidade". Na manifestación tamén tomaron parte outros líderes políticos, como Antón Sánchez (Anova), portavoz do grupo Común da Esquerda no Parlamento. Ecoloxistas e sindicalistas, comuneiros e forzas políticas coinciden ademais na necesidade de revisar a Estratexia Galega contra o Cambio Climático, que parece potenciar o cultivo do eucalipto e doutras especies de crecemento rápido. En actualización |
NOS_21871 | O Real Club Deportivo da Coruña confirmou no serán de onte o nome do home que substituirá Fernando Vázquez no banco branquiazul: Rubén de la Barrera. | Radical golpe de temón nese barco á deriva que é o Dépor. A veteranía de Fernando Vázquez (66 anos) deixa paso á xuventude dun Rubén de la Barrera, que celebrará na vindeira semana o seu 36 aniversario. E que mellor regalo que dirixir o conxunto da súa cidade, converténdose así no primeiro coruñés que exerce como primeiro adestrador deportivista desde José Manuel Corral, que ocupou a vacante deixada polo brasileiro Carlos Alberto Silva na sexta xornada e até o final de Liga na convulsa tempada 97/98. A pesar da súa idade -será o adestrador máis novo do Dépor nos últimos 45 anos-, leva desde os 25 dirixindo equipos en solitario, concretamente desde que se fixo coas rendas do Villaralbo de Zamora, equipo que por aquel entón militaba na Terceira División de Castela e León. O seu bo desempeño co conxunto zamorano levouno a facerse un nome por esas terras, abríndolle as portas do Guijuelo -en dúas etapas diferentes- e do filial do Real Valladolid. Pero cando realmente Rubén de la Barrera comezou a coller sona no mundo do fútbol foi polo seu bo facer no bienio que estivo á fronte da Cultural y Deportiva Leonesa (2016/18). Alí, cun fútbol alegre e moderno por bandeira, fixo dun equipo que a campaña anterior fora o sétimo clasificado do Grupo I da Segunda División B o campión da categoría de bronce, logrando ademais o ascenso a Segunda, que a entidade leonesa levaba sen pisar desde 1975. Ese é o maior aval dun técnico que, logo dun dramático descenso no último partido na seguinte campaña, abandonou León para exercer como axudante de Garitano na Real Sociedade e, posteriormente, iniciar dúas aventuras tan exóticas como breves no Al Alhi catarí e o Viitorul rumano. Agora asume a responsabilidade de adaptar á súa idea do deporte un cadro de xogadores conformado con base nunha concepción do fútbol moi afastada da súa, pero se algo demostra a traxectoria vital de Rubén de la Barrera é que non lle asustan os retos, senón todo o contrario. |
NOS_37331 | José Ramón García, fundador da extinta compañía tecnolóxica Blusens e presidente da empresa de iluminación Moonoff, que interveu na loxística para transportar máscaras da China ao Estado español cando se declarou a pandemia da Covid-19, é un dos interesados en facerse con El Correo Gallego após declararse a Editorial Compostela en concurso voluntario de acredores. | O auto do Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña polo cal se abre a fase de liquidación da empresa Editorial Compostela, propietaria do medio de comunicación El Correo Gallego e Radio Obradoiro, recolle a proposta vinculante da compra por parte dun terceiro. Así, o documento afirma que "o solicitante achega proposta escrita vinculante de adquisición da unidade produtiva en funcionamento". Segundo puido saber Nós Diario, José Ramón García, fundador de Blusens, sería o principal interesado na compra. Participou do negocio das máscaras O creador da empresa tecnolóxica é hoxe en día presidente, entre outras, da compañía de iluminación Moonoff, que intercedeu mediante as autoridades para facilitar os envíos de máscaras sanitarias da China ao Estado español cando escaseaban os protectores ao inicio da pandemia. García, coñecedor do mercado chinés, do que forman parte provedores da súa empresa de iluminación, recoñeceu nunha xornada organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección, en abril de 2020, que até entón "trouxemos máis de 35 millóns de máscaras a España". O empresario compostelán, Premio Nacional ao Mozo Emprendedor, fundou Blusens en 2002 e só catro anos despois fixo da compañía un referente no mercado tecnolóxico, nomeadamente de mp3 e reprodutores de DVD e audio. A compañía galega, que patrocinou o club de baloncesto Obradoiro, un equipo de motociclismo e o programa de televisión "Operación Triunfo", chegou a facturar en 2011 un total de 56 millóns ao ano. Porén, a situación da empresa foise complicando ao caer a facturación e aumentar a débeda e en 2014 entrou en concurso de acredores. En 2017 Blusens foi declarada definitivamente en creba e liquidada. Problemas coa xustiza En 2018, a Audiencia da Coruña ordenara a inhabilitación do empresario para exercer cargos de administrador ou apoderado en empresas durante un ano e medio por defraudar 800.000 euros na declaración do IVE da filial de compras de Blusens. Ademais, foi detido en marzo de 2018 no marco da operación relacionada cun receptor da firma tecnolóxica que facilitaba o visionado de contidos "pirata". A Fiscalía chegou a pedir para o fundador de Blusens un ano de cadea e unha multa de 3.200 euros por un delito contra a propiedade intelectual, mais as partes -a empresa que subministraba contidos de pago e o compostelán- chegaron a un acordo. Resoltas as citadas causas, García é hoxe propietario de Visualiza Business, unha sociedade de investimento da quen fan parte un total de 20 empresas vinculadas, na súa maior parte, ao mundo tecnolóxico. Segundo declara na súa conta de Linkedin, totaliza "facturacións acumuladas superiores aos 500 millóns de euros" nas empresas fundadas por el. 'El Correo Gallego', en concurso de acredores Esta quinta feira o Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña declarou nun auto en concurso de acredores Edicións Compostela, a petición desta, debido ao seu estado de insolvencia. O grupo propietario de El Correo Gallego fica agora en mans da administración concursal, a quen os acredores deberán comunicar os créditos no prazo dun mes. 'El Correo Gallego' creba e entra en fase de liquidación A empresa, promotora dos premios "Gallego del Año", tamén solicitou a apertura da fase de liquidación. |
NOS_41881 | Pola súa traxectoria e, en especial, polo seu labor na defensa da lingua e a literatura galega o xurado escolleu á escritora Marica Campo como gañadora da XIII edición do Premio Ramón Piñeiro "Facer País". | O xurado do Premio Ramón Piñeiro "Facer País" composto por representantes de once colectivos culturais, decidiu outorgar a décimo terceira edición do galardón á escritora Marica Campo pola súa obra e o seu traballo na defensa da lingua, a literatura e a cultura do país. O seu nome foi o escollido entre as 29 candidaturas que foron propostas na presente edición. Destácase de Campo o seu contributo á "dignificación e consolidación do galego como lingua vehicular", de maneira especial tamén como ensinante en distintos centros así como o seu compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres. A escritora recibirá o premio nun acto que terá lugar na localidade de Láncara no mes de outubro. Marica Campo sucede no premio convocado pola Asociación Cultural Val de Láncara á Mesa pola Normalización Lingüística. Para a escritora o premio supón o "recoñecemento de asociacións que traballan a pé de obra para espallar e producir cultura". O xurado destaca tamén na acta de concesión do galardón que "a actitude comprometida de Marica Campo e a súa obra contribúen a enriquecer a lingua e a literatura galegas como expresión dos mellores valores do pobo galego". Marica Campo foi recoñecida tamén en 2013 co premio Escritora na súa Terra da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Natural de O Incio, a escritora é autora dunha ampla obra en poesía, narrativa, ensaio ou teatro cunha manchea de títulos entre os que se atopan Tras as portas do rostro, Confusión e morte de María Balteira, Pedinche a luz prestada, Memoria para Xoana ou Abracadabras. |
NOS_35533 | Á desaparición de "Alalá" súmase o eliminación da grella de "Eirado", "Heiche cantar, queridiña" e "No bico un cantar". A TVG reduce a súa programación cultural, desatendendo a propia lei de creación que contemplaba como un dos seus obxectivos favorecer a "difusión cultural, intelectual e artística". | A CRTVG botou a tesoira sobre a programación cultural e tira da grella a maior parte de espazos dedicados á difundir a creación artística, musical ou literaria galega. A gadaña da compañía levou da programación o "Eirado" presentado polo xornalista e escritor Pemón Bouzas, un espazo dedicado á literatura, artes plásticas, espectáculos, música ou cinema Presentábase como "encontro dos artistas galegos de todas as disciplinas" e emitíase case cando o sábado estaba a piques de rematar. Deixa de producirse despois de catro tempadas. Despois da desaparición do programa de música tradicional "Alalá", a CRTVG dálle un golpe de graza aos espazos centrados na nosa música ao eliminar "No bico un cantar" e "Heicho cantar queridiña". O equipo de "Alalá" desaparecía da TVG despois de 210 capítulos dedicados á promoción da nosa tradición musical. "Quedan moitos músicos, grupos ou eventos de folk e de música tradicional de merecemento ós que non lles puidemos facer un Alalá, pero confiamos en que a música galega, como parte fundamental da nosa cultura, atope as plataformas necesarias para amosar a súa riqueza e formar parte da nosa vida cotiá" lamentaba o equipo a través do facebook no anuncio da súa recente despedida. Sen "No bico un cantar" nin María Solar Canda "Alalá" pasa á historia da TVG o programa "No bico un cantar", un espazo que dedicaba cada capítulo a unha das cancións galegas máis populares. A Rianxeira, Negra Sombra, A Carolina, Unha noite na eira do trigo, Quen puidera namorala ou O Tren foron algúns dos temas que protagonizaron "No bico un cantar que revisitaba as distintas interpretacións e contaba coa colaboración de expertos e coñecidas persoas da cultura galega como Abe Rábade. López Calo, Helena Villar Janeiro, Marica Campo, Neira Vilas ou Méndez Ferrín. De vez marcha tamén das emisións o programa musical "Heicho cantar queridiña" programa presentado por Lucía Pérez que mesturaba música e humor no que as cancións convivían coas intervencións de persoas da rúa. Nos cambios con respecto á programación cultural, a dirección da TVG despois de catro tempadas e varios premios recibidos decidiu deixar de contar coa xornalista e escritora María Solar na presentación do Zigzag. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega manifestou nun comunicado o seu pesar e a súa "gratitude e recoñecemento polo traballo que desenvolveu ela ao longo destes anos, e que foi premiado de maneira reiterada polo seu labor cultural e pola súa pluralidade e calidade na divulgación da literatura galega en concreto". |
PRAZA_10768 | O novo filme de Eloy Enciso (Arraianos, 2012) narra con actores e actrices non profesionais a historia dun home que regresa a súa terra natal trala Guerra Civil, descubrindo como a ditadura franquista transformaron as relación entre as persoas. | Longa Noite, o novo filme de Eloy Enciso, converteuse na primeira película galega na Competición Oficial do Festival de Locarno (Suíza), optando ao prestixioso Leopardo de Ouro. O primeiro pase tivo lugar este mércores ao mediodía, e haberá dous máis este xoves e venres. A película, ademais, vén de ser seleccionada para o Festival de Toronto, xunto con O que Arde (Óliver Laxe).O filme busca amosar "unha imaxe" da Galicia da posguerra, "en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias"O filme narra con actores e actrices non profesionais a historia dun home que regresa a súa terra natal anos despois da Guerra Civil, descubrindo a través de conversas durante a súa viaxe como a propia guerra e a ditadura franquista transformaron as relación entre as persoas. O guión parte de fragmentos de obras de autores como Max Aub, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela e a partir deles busca "reconstruir o tempo da posguerra a través de narracións e memorias desa época". Trátase dun filme coral, onde un conxunto de personaxes e voces amosan "unha imaxe da Galicia daqueles anos, en especial os mecanismos do poder nas sociedades totalitarias", destaca o director.Entre os actores e actrices aparecen Misha Bies Golas, Nuria Lestegás, Manuel Pozas, Verónica Quintela, Manuel Pumares Suso Meilán, Celsa Araújo e Miguel Calvo Ulloa. A película de Filmika Galaika foi rodado en diferentes escenarios da provincia de Lugo -Lugo, Meira, Becerrea, Chantada ou Sarria- e Pontevedra.O prestixioso Festival de Locarno conta este ano cunha importante participación galegaO prestixioso Festival de Locarno, onde hai anos xa estivo presente Eloy Enciso con Arraianos (na sección Cineasti del presente), conta este ano cunha importante participación galega. Ademais de Longa Noite, Alvaro Gago presenta a súa curtametraxe 16 de decembro na sección Pardi Di Domani, na que tamén compite Camila Kater con Carne, unha curtametraxe documental producida entre Brasil e a compañía galega Abano Producións. Así mesmo, Filmika Galaika presenta tamén Those Who At a Distance Resemble Another de Jessica Sarah Rinland, na sección Moving Ahead.Eloy Enciso estudiou Dirección de Documental na Escola de Cine de San Antonio de Baños en Cuba. As súas anteriores longametraxes Pic-nic (2006) e Arraianos (2012), foron seleccionadas e premiadas en festivais internacionais e museos de referencia como BAFICI (Bos Aires, Arxentina), Locarno (Suiza), FICUNAM (México), Montreal World Film Festival (Canadá), Viennale (Viena, Austria), MoMA ou o Reina Sofia. Longa Noite está producida por Filmika Galaika e conta co apoio do Agadic, a Universidade de Harvard, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. |
PRAZA_7018 | Xunto á protección do entorno e a conservación da diversidade biolóxica precisamos dunha ecoloxía social que pasa por frear o deterioro progresivo dos modos de vida e das relacións sociais, e por redistribuír a riqueza; e precisamos tamén dunha ecoloxía individual, subxectiva e mental que incida nos nosos hábitos cotiáns | O medio ambiente é un dos grandes prexudicados da crise. Tanto nas políticas dos gobernos, apremiadas por necesidades máis inmediatas, como na vida cotiá tamén apremiada por restricións económicas sen fin, o conservacionismo queda relegado e tende incluso a ser visto como un luxo superfluo ou unha ocupación de xente acomodada. Diante das urxencias do presente, deixámonos vivir no esquecemento da Terra e non a queremos oír. O medio ambiente é un dos grandes prexudicados da crise Pero hai datos que son abraiantes, cifras que a ciencia vai convertendo en inapelables. Por exemplo 10.000 millóns, a cifra crítica da poboación mundial da que fala Stephen Emmott, director dun equipo multidisciplinar de Cambridge no que traballan biólogos, climatólogos, inmunólogos, ecólogos e informáticos (Diez Mil Millones, Anagrama, 2013). Dos 3.000 millóns de habitantes en 1960 pasamos aos 6.000 millóns en 2000, e agora somos máis de 7.000 millóns; a demografía global avanza a un ritmo ao que é previsible chegar a tal funesta cifra dentro deste medio século. O ecólogo vasco Ramón Fernández Durán adiantou a cifra do colapso do capitalismo global a 2030 O ecólogo vasco Ramón Fernández Durán adiantou a cifra do colapso do capitalismo global a 2030, que marcaría o límite de esgotamento dos combustibles fósiles (sen entrar nos aprazamentos que se poidan obter pola técnica do fracking, que está a trastocar o comercio mundial do petróleo). Outra cifra clave son os 2ºC de quecemento global Outra cifra clave son os 2ºC de quecemento global, marxe para conter os efectos das emisións globais de dióxido de carbono sobre o cambio climático, e que será alcanzado en 30 anos sen crecemento dos niveis de emisión (que non é o caso: desde os compromisos de redución en Kyoto en 1997 o incremento foi do 30%, e as previsións para este 2014 son de outro 2,5%). Para manter o cambio climático por baixo desde nivel crítico habería que reducir cada ano as emisións mundiais durante varias décadas, pero eso non é en absoluto previsible; ao contrario, a cada novo informe se constata un incremento dos efectos do cambio climático na agricultura, na saúde humana, nos ecosistemas terrestres e marítimos e no abastecemento humano de auga e medios de vida. O último informe IPCC (Panel Internacional sobre o Cambio Climático) de setembro de 2014 detalla impactos nos ecosistemas nos próximos 20-30 anos. As cifras repítense e conflúen formando una figura sinistra do futuro. O mesmo informe IPCC documenta o impacto humano en seguridade alimentar (previsións de perdas do 25% en colleitas de millo, arroz e trigo, e do 50% da pesca nos trópicos e na Antártida, de aquí a 2050), o impacto en secas e inundacións, en taxas de mortalidade, en incremento de migracións, en conflitos e ameazas á seguridade. "Non é casualidade –afirma Emmott- que en case todas as conferencias científicas sobre o cambio climático haxa unha nova categoría de asistentes: os militares". "Non é casualidade –afirma Emmott- que en case todas as conferencias científicas sobre o cambio climático haxa unha nova categoría de asistentes: os militares" Polo tanto o cambio climático é xa un problema político de primeiro orde, como recoñecen organismos de todo tipo, desde institucións e gobernos a empresas (incluíndo as que fan negocio coa avaliación dos efectos do cambio climático). Pero a relevancia política da perspectiva ecolóxica non é algo novo, a ecoloxía sempre tivo aspiración de novo paradigma epistémico e marco inescusable da acción política. Xunto ao feminismo, o ecoloxismo é a achega teórica máis incuestionable e transversal dos tempos recentes, e a de maior relevancia práctica. O concepto da finitude da Terra, que constrinxe os desenvolvementos demográfico e económico, a interdependencia dos seres vivos na ecosfera e a inserción na mesma dos seres humanos, dos seus recursos vitais e produtivos e dos desperdicios resultantes, todo eso son evidencias que ningún pensamento global nin planeamento económico ou político de alcance poden ignorar. Xunto ao feminismo, o ecoloxismo é a achega teórica máis incuestionable e transversal dos tempos recentes, e a de maior relevancia práctica Entre os seus efectos teóricos, o ecoloxismo é o único fundamento posible dunha ética non antropocéntrica, por fin desligada da concepción metafísica tradicional do humano como excepcional e sobrenatural, acredor de dereitos de explotación e dominio. Explotación do home polo home e espolio da Terra son parámetros dun mesmo marco epistémico periclitado, como tamén a consideración puramente utilitaria das demais especies animais. Como dicía o filósofo Hans Jonas no célebre O principio de responsabilidade (1979), a ética debe vincularse ao fenómeno xeral da vida, considerar tamén o non humano e ter en conta os dereitos das xeracións futuras. Explotación do home polo home e espolio da Terra son parámetros dun mesmo marco epistémico periclitado Agora ben: que un marco teórico estea conceptualmente superado non quere dicir que non siga sendo operativo na práctica (de feito é habitual que teña lugar ese desfase, ata que as novas ideas sexan efectivas ou atopen acomodo na realidade); sobre todo cando os dirixentes son "negacionistas" (Rajoy) e como moito promoven unha práctica económica que se limita a "decorar de verde" o discurso dominante. Esta contradición entre práctica e discurso afecta ao fondo do movemento ecoloxista e ten que ver co seu alcance anti-capitalista. Os problemas ambientais resultan da mesma lóxica que universaliza os procesos de acumulación e reprodución do capital e a busca maximizadora de beneficios. Pero é posible ese punto arquimédico, en último termo a compatibilidade entre ecoloxía e capitalismo? Como poñer límites a iso? O concepto de sustentabilidade –que forma parte do discurso oficial desde o informe Brundtland de 1987 e a Conferencia de Río de 1992– xoga ese papel que trata de conciliar crecemento económico e respecto ao medio ambiente, progreso material e equilibrio natural. Pero é posible ese punto arquimédico, en último termo a compatibilidade entre ecoloxía e capitalismo? Polo de pronto, ese punto medio –o desenvolvemento sustentable- tense integrado plenamente no discurso da corrección política, pero non pasa de ser un convidado incómodo no momento de decidir, por exemplo, como se asignan os recursos ou onde van os beneficios do consumo enerxético. Sen embargo, a sustentabilidade como idea –polo tanto a posibilidade mesma de compatibilizar ecoloxía e capitalismo- vese moi comprometida cando a sustentabilidade xa forma parte do discurso dominante, pero sobre todo cando se utiliza ademais como pretexto para, en tempos de crise, postergar a xustiza no presente en aras da sustentabilidade no futuro. Ese é un perigo que afronta o movemento ecoloxista, e o ecoloxismo corre o risco de ser unha escusa acaída para a desprotección aquí e agora da existencia, e darlle un verniz ético ao espolio organizado. Cabalgamos no esquecemento da Terra, cara o abismo. Iso si, convidados a un uso ornamental da ecoloxía Cabalgamos no esquecemento da Terra –cara o abismo. Iso si, convidados a un uso ornamental da ecoloxía, e a practicar unha reciclaxe sen fin que ignora adrede o destino final dos nosos lixos, sen preocuparnos moito por eles. A crise ecolóxica manifesta os límites da civilización do crecemento. Precisamos do que Félix Guattari chamaba "ecosofía", unha articulación ético-política de tres rexistros ecolóxicos diferentes: ambiental, social e subxectivo. Xunto á protección do entorno e a conservación da diversidade biolóxica precisamos dunha ecoloxía social que pasa por frear o deterioro progresivo dos modos de vida e das relacións sociais, e por redistribuír a riqueza; e precisamos tamén dunha ecoloxía individual, subxectiva e mental que incida nos nosos hábitos cotiáns, na redución do consumo e na recuperación existencial de prácticas non lucrativas. Unha reconquista do humano que antes ou despois haberá de ter un alcance político. |
NOS_1278 | A deputada do BNG no Congreso Rosana Pérez solicitou hoxe a comparecencia do ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, e dos presidentes da SEPI. | A nacionalista quer saber se o Executivo de Rajoy considera que a comarca de Ferrolterra é unha zona en situación de "subemprego" e, polo tanto, susceptíbel de poder recibir axudas estatais sen que se consideren ilegais ou incompatibles co mercado interior comunitario. Alude, deste xeito, o artigo 107 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea no que se contemplan as excepcións á norma e na que entraría a bisbarra de Ferrol, que ten un índice de paro próximo ao 30%. Para o BNG é prioritario que o Goberno central clarexe cal é a decisión que vai tomar a respecto da construción desta infraestructura clave para potenciar a área de Reparacións, na que Navantia Fene-Ferrol ocupa o terceiro posto do mundo, logo de que a Xunta de Galicia, a través do conselleiro de Economía, renunciase a valorar outras alternativas, entre as que se atopa tamén a posibilidade de financiala con fondos propios de Navantia. Até o día de hoxe, nin o presidente da Xunta nin o alcalde de Ferrol –este probabelmente o faga mañá- fixeron declaración ningunha a respecto da resposta desfavorábel da Dirección Xeral da Competencia á construción do dique, silenzo que contrasta coa elocuencia e solemnidade coa que se presentou un flotel que, a diferenza do dique, non garantirá o futuro dos estaleiros públicos da ría de Ferrol. |
PRAZA_3262 | Unha renda universal non solucionaría todos os problemas de Timor Oriental, pero supoñería moitas máis oportunidades no terreo produtivo, cohesión e inclusión social en comunidades locais reforzadas, maior participación política e unha gran redución da pobreza e dos problemas relacionados con ela. | Os berros están a facerse cada vez máis fortes e proveñen dunha inusual combinación de xente non particularmente dada a xogar o papel de Casandra [1] . Doutores, máximos representantes da ONU, colexiais e 11.258 científicos de 153 países están a corear o que todos deberiamos saber: a pesar de corenta anos de cumes mundiais do clima, as cousas seguen como sempre. Puntos de inflexión irreversibles, efectos fervenza, desxeo, crecentes niveis de CO2, CH4 e N2O, acidificación dos océanos, aumento de temperaturas, incendios, extinción masiva de especies e moito máis, levaron a salientar que a catástrofe non só refire ao derretemento de glaciares e temperaturas mortais, senón que se trata dun problema político e social. Piden un "cambio transformador, con xustiza social e económica para todos".Philip Alston, relator especial da ONU en pobreza extrema e dereitos humanos, avisou que os impactos do quecemento global ameazaban dereitos como a vida, a auga, a comida e a vivenda para centos de millóns de persoas, así como a democracia e o estado de dereitoEn xuño, Philip Alston, relator especial da ONU en pobreza extrema e dereitos humanos, avisou que os impactos do quecemento global ameazaban dereitos como a vida, a auga, a comida e a vivenda para centos de millóns de persoas, así como a democracia e o estado de dereito. O xefe de redacción de The Lancet, pola súa banda, apoiando a Extinction Rebellion, urxiu aos profesionais sanitarios a participar na protesta social non violenta, pois "a medicina trata da protección e fortalecemento das especies humanas". Alumnos de escola, avanzando onde os adultos fallaron, entenden moi ben que a crise non vai só de salvar osos polares. Eles tamén están a chamar a un cambio social.A crise climática amosou que o capitalismo é incompatible coa saúde do planeta e que é esencial apartarse do crecemento do PIB. Con todo, en lugar de atender ás alarmas, os gobernos están a volver á violencia contra as manifestacións e, como o Príncipe de Salina no Gatopardo, están a optar polo gatopardismo («as cousas deberán cambiar se queremos que nada cambie»), preferindo protexer o statu quo antes que cambiar un sistema que destrúe o planeta. Esta situación é un terreo fértil para grupos de extrema dereita que, explotando os medos da xente, están a regresar a gobernos de estilo fascista nos cales os dereitos humanos son cada vez máis ameazados.Nunha recente entrevista, Srećko Horvat, do Movemento Democracia en Europa 2025 (DiEM25), exhorta á "cooperación internacional, pois aqueles contra os que loitamos traballan transnacionalmente". No seu Green Strategy, Marc Brodine escribe: "Necesítase un movemento masivo, de alcance mundial, para emprender batallas defensivas contra a degradación ambiental e o desenvolvemento explotador". Alexia Ocasio-Cortez e Bernie Sanders recoñecen a necesidade de reformas revolucionarias. Pero un feito esencial é que case non existen no seu discurso. A crise climática é unha crise de dereitos humanos e os máis afectados son os cidadáns dos países máis pobres do mundo, quen fixo menos en contribuír a este desastre.Necesitamos cooperación transnacional, pero a metade das persoas do mundo non poden participar porque se atopan loitando literalmente por sobrevivirOnde están os mecanismos para levar a cabo esas reformas? Si, necesitamos cooperación transnacional, pero a metade das persoas do mundo non poden participar porque se atopan loitando literalmente por sobrevivir. Como se pode abrir esta cooperación a todos? Os "dereitos humanos" son unha narrativa política universal, pero, en ausencia de dereitos básicos, a xente non pode operar politicamente xa que non existe socialmente. E a Declaración Universal de Dereitos Humanos estivo morta desde o primeiro día, en especial porque non veu con mecanismos para realizar eses dereitos proclamados, nin sequera os máis básicos deles, os da existencia material. O único instrumento que coñecemos que podería garantir de maneira viable este dereito a escala global é unha renda básica incondicional universal por encima do limiar da pobreza (de calquera lugar en que se introduza). E trátase de algo máis que un instrumento. En si mesmo, é un dereito que pode ser rastrexado ata os principios dos bens comúns. Se queremos un cambio no sistema e sociedades máis fortes e sas para combater a crise do cambio climático, entón garantir este dereito básico universal será seguramente un primeiro paso decente e radical.Sen un foco nos pobres, os desposuídos daqueles recursos naturais que foron apresados polo norte global ao que lle importa un carallo o desenfreo destrutivo do seu "progreso", non pode haber un cambio real do sistema. Os pobres nos países en desenvolvemento están a pagar o prezo dun 75-80% dos custos da catástrofe climática. Tenden a vivir en áreas expostas a desastres, en casas menos resistentes e adoitan perder todo o que posúen; teñen menos recursos para mitigar eses efectos; reciben menos apoio dos sistemas sociais para recuperarse do impacto; teñen medios de vida precarios; e atópanse vulnerables fronte á enfermidade, malas colleitas, aumento de prezos de alimentos, morte e discapacidade. As respostas á catástrofe ligada ao clima teñen a miúdo a forma de intervención humanitaria cínica ex post. Por exemplo, tras o ciclón Idai, o FMI acordou un préstamo de emerxencia sen intereses de 118,2 millóns de dólares para Mozambique –o sexto país máis pobre do mundo, onde o habitante medio é responsable de 55 veces menos emisións de carbono que o cidadán medio estadounidense– pero descartou o alivio do pago dos préstamos preexistentes. Adiviña quen se beneficia. O cambio sistémico require medidas ex ante e unha renda básica sería esencial entre elas, en canto distribución de recursos para potenciar cambios da poboación en orde de aplicar o coñecemento local apropiado para combater o cambio climático antes dos desastres. Isto permitiría, por exemplo, ás mulleres agricultoras en países pobres ter mellores ferramentas. Os científicos calculan que entón poderían cultivar un 20-30% máis de comida na mesma terra e así evitar dous mil millóns de toneladas de emisións para 2050. Só isto parecería ser un bo argumento para a renda básica.O cambio de sistema precisa de pensamento sistémico, especialmente sobre decrecemento, que non é alleo á redistribución. A renda básica representa obviamente unha forma de redistribuciónAgora ben, a renda básica significa bastante para non poucas persoas. Un ingrediente interesante dentro de (pero nas marxes de) a presente conxuntura de chamamentos ao cambio de sistema é a candidatura de Andrew Yang para a presidencia de EE.UU., prometendo unha renda básica de 1.000$/mes para todo estadounidense maior de dezaoito anos. Con todo, o seu investimento para facer fronte ao cambio climático é só un cuarto da que Bernie Sanders propón. O enfoque de Yang é máis tecnocrático que preocupado pola pobreza. Favorece a enerxía nuclear e dubidosas solucións geo-inxenierís como espellos espaciais, dispersión estratosférica de dióxido sulfúrico e plantar plancto no océano. Yang é un claro exemplo das divisións no debate da renda básica, onde algúns entusiastas son realmente de dereitas. A renda básica á que nos referimos nós é só unha medida no dominio da política económica. Para ser efectivo necesítase de fortes políticas públicas en saúde, vivenda, educación, transporte, etc. Por que diaños non inclúe Bernie a renda básica na súa campaña?O cambio de sistema precisa de pensamento sistémico, especialmente sobre decrecemento, que non é alleo á redistribución. A renda básica representa obviamente unha forma de redistribución, e en termos de Gini tamén, xa que pode financiarse con impostos progresivos facilmente. O pensamento sistémico esixe tomar en conta a saúde de todo o sistema, tal e como certas culturas indíxenas han sabido facer desde hai moito tempo. A concienciación desde este punto de vista non só fomentaría a redución do consumo, senón que tamén incorporaría un elemento de respecto aos pobos indíxenas do mundo pendente, quen foi vistos, desde a época do imperialismo, como un obstáculo para ser desprazado do camiño da explotación dos recursos.Así que, como podería unha renda básica favorecer un cambio sistémico? Xa que os pobres deben ser o foco, daremos uns cuantos exemplos dun detallado estudo que fixemos en 2010 sobre os efectos hipotéticos dunha renda básica en Timor Oriental. Atopamos que un ingreso básico parcialmente financiado por ingresos do petróleo e gas permitiría a distribución inmediata dunha micro-renda (en oposición a micro-crédito), recibida cada mes sen interferencias externas. Unha renda básica sobre a liña da pobreza (alá entón de 20$/mes por persoa), para toda a poboación, significaría que unha familia con seis persoas ao seu cargo recibiría un ingreso mensual garantido de 160$/mes. Nunha aldea de vinte familias similares a cantidade sería de 3.200$/mes ou 38.400$/ano.O que isto podería representar en termos de soberanía alimentaria está ilustrado por un proxecto de cultivo de arroz con búfalos na área devastada de Uatulari, cunha poboación dunhas 20.000 persoasO que isto podería representar en termos de soberanía alimentaria está ilustrado por un proxecto de cultivo de arroz con búfalos na área devastada de Uatulari, cunha poboación dunhas 20.000 persoas. Traballando cunha ONG timorense, o goberno catalán financiou o proxecto por valor duns 142.680$ nos anos 2000-2003 (47.560$ por ano), ou aproximadamente 2,38$/ano por persoa. A zona logrou a autosuficiencia en cultivo de arroz antes de que o período acabase, e foi capaz de fornecer sementes para as zonas próximas. Os búfalos foron a "maquinaria" para preparar os campos de arroz abandonados (pisando o chan para compactalo antes de plantar as sementes) e tamén produciron esterco, leite, carne e peles, á vez que reforzaban as relacións sociais, xa que estes animais son tradicionalmente propiedade común. Con todo, co cambio de goberno en Cataluña, o financiamento cesou e o proxecto nunca foi máis aló dunha exitosa fase piloto do proxecto. Unha renda básica de 20$/mes por persoa achegaría 4,8 millóns de dólares garantidos a Uatulari cada ano, unhas cen veces o que o goberno catalán concedeu. O impacto dunha fonte estable de ingresos sería notable en termos de desenvolvemento local.Unha estratexia de desenvolvemento agrícola que consolide a produción local co desenvolvemento xeneralizado das redes comerciais resulta moito máis beneficiosa que unha política de monocultivo orientada ás exportaciónsEn termos de dereitos humanos, unha estratexia de desenvolvemento agrícola que consolide a produción local co desenvolvemento xeneralizado das redes comerciais resulta moito máis beneficiosa que unha política de monocultivo orientada ás exportacións, concentración de latifundios e desigualdade sistémica, por non mencionar os efectos ambientais negativos. Os pequenos cultivos non só contribúen ao mercado local, senón que tamén fortalecen a seguridade social e alimentaria e ofrecen unha maior difusión dos medios produtivos, ademais de ser mellor para a xestión ambiental. Así mesmo, a migración masiva á capital timorense, Dili, creou un problema permanente de desequilibrio demográfico, con grandes cifras de desemprego e descontento xuvenil, con grandes capacidades destrutivas. Evidentemente, non poden ser reintegrados en comunidades rurais que non existen pola carencia dunha base produtiva. O incluílos nun esquema de renda básica sería un gran avance na súa reintegración como cidadáns e no establecemento dunha coexistencia pacífica.De novo, as familias máis pobres tenden a ter un maior número de fillos. A taxa de fertilidade de 2019 foi de 5,5 nacementos por muller, unha das máis altas do mundo. Independentemente da ausencia de servizos de planificación familiar e educación sanitaria básica, o ter máis fillos adoita ser visto como unha forma de substituír aos irmáns que morren na infancia, e como unha especie de plan de seguro social para os pais. Que a saúde da nai véxase gravemente prexudicada por tantos embarazos é unha consideración menor en circunstancias desesperadas. Unha forma garantida de cobertura social como a renda básica diminuiría a taxa de nacementos a longo prazo, corrixiría o rumbo contra os mozos, membros dependentes da sociedade, melloraría a saúde das nais e os nenos e levaría máis nenos ás escolas.O noso modelo de renda básica é exportable e con algúns axustes pode ser aplicado en calquera lugar do mundoUnha renda universal non solucionaría todos os problemas de Timor Oriental, pero supoñería moitas máis oportunidades no terreo produtivo, cohesión e inclusión social en comunidades locais reforzadas, maior participación política e unha gran redución da pobreza e dos problemas relacionados con ela. As boas noticias son que o noso modelo de renda básica é exportable e con algúns axustes pode ser aplicado en calquera lugar do mundo. E debería ser aplicado se realmente preocúpannos os dereitos humanos e queremos un cambio sistémico, especialmente cando se trata de combater a crise climática e os seus efectos sobre os habitantes máis pobres do planeta. Nota:[1] Na mitoloxía grega, Casandra foi unha muller á que Apolo outorgou o poder de adiviñar o futuro a cambio de sexo. Ao non cumprir esta o pacto, Apolo condenouna coa incredulidade dos mortais. [ N. do T.] |
NOS_40363 | A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria prepara un concerto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento, o 14 de xuño no Centro Cultural Novagalicia de Vigo, con entrada de balde. | Ataque Escampe, Coke Céspedes, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide, e a Coral de Beade poranlle música a un recital conducido por Yolanda Castaño, que contará con Iolanda Zúñiga, Rexina Vega, Inma López Silva e Alonso Montero, amais das alumnas da Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e mais estudantes de bacharelato do IES Álvaro Cunqueiro. No 2012, Ano Celso Emilio Ferreiro, fanse cen anos do nacemento do escritor e cincuenta do seu poemario máis coñecido, Longa noite de pedra. Concertos, edicións conmemorativas, xornadas e unha mostra interactiva, son algunhas das propostas para celebrar esta efeméride.A exposición, actualmente na Casa da Xuventude de Ourense, poderá visitarse desde o 11 ata o 28 de xuño na biblioteca nodal de Vigo. Pola súa banda, a Real Academia Galega celebrará mañá na Celanova natal do poeta un pleno extraordinario no Auditorio Municipal, en que intervirán Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Salvador García-Bodaño e Xosé Luís Méndez Ferrín. |
NOS_21623 | Nalgunhas como Lugo ou Compostela desenvolvéronse representacións da coroación do rei porco ou Cuco I, rei dos burros. | Esta quinta feira Galiza estaba chamada a se mobilizar con motivo da coroación de Felipe VI. O rexeitamento popular á sucesión monárquica ou a simple indiferenza foi palpábel ao longo da mañá na capital do Estado español, onde poucas persoas se achegaron até a praza de Oriente para recibir o novo rei. Mais na Galiza o fastío cara á monarquía como institución fíxose notar nas concentracións e manifestacións que decorreron ao longo do serán. A máis concorrida foi a da Coruña. Nunha convocatoria promovida desde a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) e secundada por BNG, EU, Anova, Equo, Espazo Ecosocialista, CxG, Fronte Cívica, PCG, Corrente Vermella, Nós-UP, Galiza Nova, XCG, Nuevos Republicanos, Ateneo Republicano, A.C. O Facho, CIG, COG, Comités, C.S. Gomes Gaioso, 15-M de Monte Alto, 15-M da Ría, A.C. Alexandre Bóveda, miles de persoas clamaron polo dereito a decidir e a República. "A soberanía reside no pobo, non somos súbdit@s" No manifesto, ao que deu leitura o escritor Manuel Rivas, @s convocantes denunciaron "o atraso, o escurantismo" e a "imposición" reclamándose "seres ceibes" e non súbdit@s. A multitude fixo súa polas rúas da cidade herculina a proclama das Irmandades que reza cun contundente Deus fratesque Gallaeciae: Ninguén por riba de nós. Coma daquela, afirma o texto lido por Rivas, reivindicaron que "a soberanía reside no pobo", ese que ten "dereito a decidir" fronte a "hipocrisía estupefaciente" do discurso dominante que se impuxo nos pasados días. "A monarquía é incompatíbel cun sistema democrático", afirmaron con contundencia desde A Coruña ao tempo que exixiron "unha ruptura democrática" na que "decidir sobre o noso futuro". Coroan a Cuco I rei dos burros e até o rei dos porcos Mais as mobilizacións non ficaron aí. Burela, Vigo, Ferrol, Ourense, Noia, Pontevedra, Vilagarcía... Até 13 vilas e cidades se manifestaron en rexeitamento á sucesión borbónica. Nalgunhas, como Lugo ou Compostela, @s manifestantes mesmo tiraron da retranca para representar a coroación do rei porco ou Cuco I, rei dos burros. Con sorna e alegría combativa @s manifestantes rexeitaron a participación popular nun "circo" como o vivido esta quinta feira nas Cortes españolas e proclamaron, na capital da Galiza, a "República galega" por parte dun "pobo galego ceibe" que rexeita unha institución, dixeron, "feudal", "anacrónica" e "anti-democrática". |
NOS_27920 | "As pessoas que hoje comparecemos aquí -sinalan- somos militantes legítimas, de umha estrutura legítima que se chama Causa Galiza. A nós ninguém nos expulsa da militáncia independentista | Días despois do anuncio de que Causa Galiza daría inicio a "unha nova xeira política" logo dun "irreparável deterioçom da confiança e coesom interna" na organización independentista após cualificar de "ilegítima" á asemblea nacional convocada por "unha fraçom do Comité Executivo", este protagonizou unha rolda de prensa na Gentalha do Pichel respondendo a estas verbas. "As pessoas que hoje comparecemos aquí -sinalan- somos militantes legítimas, de umha estrutura legítima que se chama Causa Galiza e que celebrou um plenário legítimo o passado 9 de Maio. A nós ninguém nos expulsa da militáncia independentista, muito menos um comunicado de Internet. A legitimidade ganhámo-la a pulso em muitas ocasions ao longo de décadas, nom hai que enumerar nada. E desta volta, volveremos ganhá-la com o nosso trabalho e a confiança que nos outorgue a base militante". Tamén explicarón que non é o seu desexo entrar "em batalhas estéreis de siglas nem respostas cruzadas de internet", e por iso comparecerán "o estritamente necessário" e darán a benvida "a quem queira aportar, porque a base independentista tem agora a voz e a palavra, e nós, com humildade, oferecemos um espaço de convivência e luita comum". |
PRAZA_11260 | Concellos e partidos de toda cor foron sumándose nos últimos anos á idea de aproveitar a AG-55 A Coruña-Arteixo xa existente en vez de construír unha nova infraestrutura | Concellos e partidos de toda cor foron sumándose nos últimos anos á idea de aproveitar a AG-55 A Coruña-Arteixo xa existente en vez de construír unha nova infraestruturaExcepto os técnicos do Ministerio de Fomento, administracións e partidos de toda cor xa asumiron nun ou noutro momento que en vez de construír unha nova estrada de acceso ao Porto Exterior da Coruña é mellor aproveitar as infraestruturas xa existentes, en particular a autoestrada autonómica AG-55 no seu primeiro treito entre A Coruña e Pastoriza, en Arteixo. A esa postura vén de sumarse agora a Xunta. Porén, as diferenzas canto a como materializar esa opción ameazan con impedir unha fronte común que exerza a suficiente forza como para deter a maquinaria dun ministerio que leva anos planificando duplicacións de infraestruturas, como xa está a suceder coas novas autovías paralelas xa en construción no eixo Vigo-Pontevedra-Vilagarcía ou coas planificadas entre Ourense e Valdeorras e Monforte e Chantada.O fondo da cuestión do acceso ao Porto Exterior está na esixencia de que todo porto de interese xeral teña un acceso directo á rede de estradas estatal. No caso da Coruña, as máis próximas son a autovía A-6 e a Terceira Ronda (AC-14), pero a estrada de alta capacidade máis próxima aos peiraos é a autonómica AG-55, pola que xa veñen circulando os camións por un treito de pouco máis de 3 quilómetros ata enlazar en Arteixo coa A-6. A solución de que as administracións pagasen a peaxe dese treito da AG-55 para os tráficos portuarios acordada hai uns anos entre Xunta e Fomento non acabou de convencer no ministerio, que insiste en construír unha nova estrada que conecte directamente o porto coa rede estatal, en concreto coa Terceira Ronda á altura do polígono de Pocomaco. Sería unha estrada que atravesaría unha das poucas zonas non urbanizadas da periferia da Coruña e que non solucionaría os problemas de mobilidade doutros tráficos distintos aos portuarios existentes na zona, polo que nos últimos anos foron aumentando as voces de apoio a algún tipo de solución que pase por aproveitar a AG-55 xa construída en vez de executar a nova infraestrutura.O Concello de Arteixo, do PP, puxo en marcha un pleito xudicial contra Fomento, daquela tamén en mans populares, en contra da nova estradaUnha das posturas máis belixerantes contra a nova estrada é a do Concello de Arteixo, gobernado polo PP pero ao que non lle importou iniciar un pleito xudicial contra o Ministerio de Fomento daquela gobernado tamén polos populares. Ademais de argumentar que a nova estrada tería un gran impacto, o que está por tras da proposta de Arteixo é o seu desexo de eliminar a peaxe da AG-55, a principal vía de comunicación do concello. Xunta e Arteixo cuantifican nuns 20 millóns o rescate da concesión dese treito da AG-55 pero Fomento elévao a 61 millónsPero se cando o PP estaba á fronte de Fomento a Xunta mantiña un perfil baixo sobre esa cuestión, esta semana a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, vén de sumarse á idea de Arteixo e, xunto co alcalde, presentou unha proposta para que o ministerio asuma a titularidade dese primeiro treito da agora autonómica AG-55 (o que permitiría cumprir co criterio de conectar o porto por unha vía estatal) e se faga cargo tamén do custe de rescatar a súa peaxe, uns 20 millóns que se repartirían en pagamentos de 3,81 millóns durante cinco anos. A cambio, a Xunta limitaríase a autorizar ese cambio de titularidade e os prazos financeiros do rescate, mentres que o Concello de Arteixo renunciaría aos impostos locais sobre a autoestrada. O custo, sinalan Xunta e Concello, sería inferior aos 32 millóns en que está orzamentada a nova estrada. Pola contra, Fomento xa discrepara deses cálculos e estima o rescate da AG-55 nuns 61 millóns.PSdeG, Marea Atlántica e BNG reclamaron que fose a Xunta quen suprimise a peaxe da AG-55 e agora o BNG critica que o Goberno galego estea disposto a trasferila ao EstadoFronte á proposta do Goberno galego, PSdeG, Marea Atlántica e BNG impulsaron a nivel provincial unha moción na que reclamaron que fose a Xunta a que suprimise a peaxe da AG-55, o que non paliaría por si só a esixencia de Fomento de que o acceso ao porto sexa por unha vía de titularidade estatal. Agora, ao ofrecer a Xunta a súa transferencia, o BNG xa se pronunciou en contra considerando un agravio que o mesmo Goberno galego que leva unha década sen recibir unha soa transferencia de competencias do Estado estea agora disposo a entregarlle a competencia sobre a autoestrada. O propio Ministerio de Fomento salienta a limitada utilidade da nova estrada: "O vial de acceso deséñase para atender unicamente a demanda do tráfico portuario"E ese, o da competencia sobre a estrada, segue a ser o principal obstáculo para Fomento. Na avaliación ambiental da nova infraestrutura proposta sinálase que o menor impacto sería non facer a estrada e aproveitar a AG-55, pero o principal argumento de Fomento é que o resto de administracións non están capacitadas para opinar: "Compete ao Ministerio de Fomento o adecuado acceso dun Porto de Interese Xeral do Estado á Rede de Estradas do Estado", sinala o ministerio nunha declaración de impacto ambiental na que admite a limitada utilidade desa nova infraestrutura: "O vial de acceso deséñase para atender unicamente a demanda do tráfico portuario". |
NOS_196 | O Global Times, tabloide centrado en temas internacionais que pertence ao Diario do Pobo (periódico oficial do Partido Comunista de China), respondeu cun vídeo no Twitter no que cuestiona a "dobre vara de medir de Occidente cara á violencia e os disturbios" nun e noutro lugar. | Centos de cidadáns e cidadás de Catalunya e de Hong Kong realizaron esta quinta feira, 24 de outubro, unha manifestación conxunta como mostra de solidariedade mutua. As persoas concentradas portaban pancartas nas que se podían ler lemas como "A autodeterminación non é delito", "Liberdade presos políticos" ou "A represión non nos parará", escritos en catalán e cantonés. A manifestación de Hong Kong contou coa presenza da presidenta da Assemblea Nacional Catalá (ANC), Elisenda Paluzie, mentres que a catalá, organizada pola ANC e Picnic pola República, levouse a cabo diante das portas do consulado chinés en Barcelona. A poucos metros desta concentración, outro grupo tamén se manifestou para defender a pertenza de Hong Kong á China. Ao respecto, o xornal Global Times, tabloide centrado en temas internacionais que pertence ao Diario do Pobo (periódico oficial do Partido Comunista de China), respondeu cun vídeo na súa conta de Twitter cuestionando a "dobre vara de medir de Occidente cara á violencia e os disturbios" en Hong Kong e Catalunya. Isto é, criticando o que considera a criminalización do Estado chinés e a defensa do español, nomeadamente nos principais medios de comunicación anglosaxóns. #HongKong and #Catalonia on Thursday launched a campaign to support each other, simultaneously at Charter Garden and Barcelona, reflecting their ignorance of geopolitics and indicating the West's double standards toward violence and unrest in HK and Catalonia. #香港 pic.twitter.com/0qy5RwMbU1— Global Times (@globaltimesnews) October 24, 2019 Ademais, esta mesma quinta feira, o Parlament de Catalunya aprobou unha moción presentada por ERC –co apoio de JxCat e, parcial, da CUP– na que se denuncia que a xestión do presidente do Tribunal Supremo, Manuel Marchena, "é máis propia dun sistema xudicial autoritario que dunha democracia". A proposición tamén esixe a paralización do traslado de axentes da Policía Nacional á Catalunya "co único obxectivo de crear un clima excepcional" e "limitar os dereitos de protesta". Análise da sentenza Por outra banda, Mar de Lumes, Erguer e a ANC-Galiza anunciaron a organización para a vindeira terza feira, 29 de outubro, dunha mesa de análise xurídica e política da sentenza do Tribunal Supremo no xuízo ás e aos líderes do procès na Facultade de Ciencias Políticas da USC, en Compostela. Será a partir das 19 horas e contará coa presenza do avogado Héctor López de Castro. |
NOS_55180 | As listaxes feitas por asociacións para a defensa do patrimonio como 'Patrimonio Galego' ou 'Hispania Nostra' engrosan mes a mes con novos elementos patrimoniais do noso país que están en risco de desaparecer ou degradarse. | 'Hispania Nostra' naceu hai 40 anos para defender e poñer en valor o patrimonio do Estado español desde a sociedade civil. En 2007 impulsou a coñecida como 'Lista vermella do patrimonio', unha listaxe na que se inclúen aqueles bens e elementos do patrimonio que estén en grave risco de degradación, deterioro ou desaparición. Unha 'comisión científica' integrada por especialistas na materia é quen elabora esta lista en base a criterios como a importancia histórica e arquitectónica do ben ou o estado no que se encontra. En 2014 un total de 12 bens galegos figuraban nesta táboa de 'HN'. Dous anos despois, ese número aumentou a 18, seis máis. A maior parte deles están na provincia de Pontevedra (7) e da Coruña (6). A Lista Vermella contempla tamén 3 elementos en Lugo e outros tantos en Ourense. Torres, pazos, dólmenes A Torre de Taboi, en Outeiro de Rei, a basílica de Santa Mariña de Augasantas, a Torre Fortaleza de Sarria ou o sanatorio de Cesuras (estilo modernista) son algúns dos elementos sobre os que HN advirte do risco no que se atopan. Mais a lista é máis grande: as pinturas murais da igrexa de S. Xulián de Moraime (Muxía, o Forno dos Mouros (Dolmen de Moruxosa) ou o Mosterio de Santa María de Monfero tamén entran nesta triste clasificación. O pazo episcopal de Diomondi, no Saviñao, é outro dos bens de patrimonio sobre os que advirte esta asociación de HN (que ten como presidenta de Honra a Sofía de Grecia, consorte do Borbón). A casa dos Duques de Terranova (Vilagarcía de Arousa) é unha das últimas inclusións 89 bens en risco para 'Patrimonio galego' Máis completa e traballada é aínda a lista vermella (definición empregada a nivel internacional para se referir a aqueles en estado de abandono ou risco) que fai Patrimonio Galego, que leva catalogados 8.500 bens culturais por todo o país. Na súa lista vermella figuran 89 bens culturais "en perigo inminente". De conventos a cruceiros, pasando por pontes, igrexas ou círculos líticos, diversos elementos integran esta lista de Patrimonio Galego, que di que "está formada por aqueles bens que corran grave perigo, xa sexa de destrución, alteración ou desaparición". O Convento de Montecubeiro (Castroverde), a Ponte Cabirta (Bugallido-Ames), o Círculo Lítico de Castrotión (Oca-A Estrada) ou a Igrexa de Santo Estevo de Pardollán (Rubiá) son só catro exemplos de bens patrimoniais galegos que figuran na 'lista vermella' elaborada por 'Patrimonio Galego'. A principios de 2015 figuraban nesa lista por volta de 40 elementos, e un ano e medio despois ese número duplicouse. |
NOS_52528 | A CIG asegura que a empresa pretende introducir unha rebaixa salarial "pola porta de atrás". | A multinacional española con sede en Alcobendas Indra ten intención de realizar un paquete de recortes que inclúe expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), reducións de xornada e unha baixada dos salarios para os traballadores e traballadoras non incluídas na regulación temporal. Desde a CIG amosan o seu "total rexeitamento" a estas medidas que consideran "unha fraude , posto que se trata dunha modificación substancial que legalmente non foi comunicada á representación social sendo os dous procesos diferentes non podendo negociarse conxuntamente". Indra presta na actualidade soporte técnico a servizos públicos (como é o Sergas e a Consellaría de Xustiza) e privados (R Cable e Abanca, entre outros) de vital importancia para o funcionamento dos servizos básicos e esenciais. Segundo a central nacionalista o ERTE afecta ás súas sociedades Indra Producción de Software e Indra Soluciones Tecnologías da Información, polo que afectarían nesta última 373 traballadoras e traballadores dun cadro de persoal total de 1.132. A CIG xa solicitou a retirada do ERTE, das reducións de xornada e do que INDRA denomina medidas complementarias por considerar que o que pretende a multinacional é meter pola "porta de atrás" unha modificación substancial das condicións salariais. O sindicato asegura que a multinacional non acredita as causas produtivas alegadas por non demostrar que baixada de carga de traballo se estea a producir. Fontes da CIG aseguran que "o que busca INDRA é un ERTE preventivo en base á previsión dunha caída da produción no futuro, que agora mesmo non existe". Explican que "a empresa ten 90% do persoal teletraballando e hai servizos nos que se está a rexistrar unha sobrecarga de traballo". |
PRAZA_15539 | O colectivo 'Cremos en Paco 2012' recolle sinaturas e reclama ao PSOE que levante a suspensión cautelar de militancia de Francisco Rodríguez, imputado na operación 'Pokemon'. Critican a "dobre vara de medir" dos socialistas e lembran que nin Orozco nin José Blanco foron sancionados. | Xa hai dous meses e medio que o que era alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, dimitiu como alcalde da cidade ao verse implicado na operación Pokemon. Suspendido cautelarmente da militancia do PSOE, a súa situación segue sen ser clara. Está suspendido pero segue a recibir e a pagar as cotas de afiliado. Pero en Ourense, son moitos os veciños e militantes socialistas que seguen a confiar no ex alcalde. Tanto que crearon a Plataforma Cremos en Paco 2012, pola que piden "o levantamento da suspensión cautelar de militancia" do político e aseguran que o ex rexedor "terá que agardar a demostrar a súa inocencia a que se celebre o xuízo". Ademais, critican que el fose suspendido de militancia pola Executiva Nacional do PSdeG, "mentres que noutros casos semellantes, como os de José Orozco, imputado na mesma operación, ou José Blanco, implicado na operación Campeón, non se tomaron ningún tipo de medidas similares". A plataforma cre que existen "dúas varas de medir" no PSdeG Para esta plataforma, "existen dúas varas de medir" e incluso acusan o PSdeG de "esquecerse dos resultados electorais conseguidos" por Paco Rodríguez na cidade de Ourense "e da súa xestión á fronte da Agrupación Local da cidade, que é unha das máis numerosas de Galicia". "O PSOE non responde despois de tres meses, cando no seu día comprometeuse a revisar a suspensión cautelar a petición do propio PSdeG, nin sequera aos recursos expostos para ese efecto", asegura o colectivo, que cre "fundamental nos momentos en que estamos saber rectificar os erros cometidos para seguir adiante, tanto por este partido, como polos seus militantes, simpatizantes e cidadáns". "Por iso, e por que aínda estamos a tempo de recuperar a credibilidade perdida pedimos a adhesión a esta reivindicación popular a través da recollida de sinaturas", explica o grupo, que pide o apoio a través da plataforma change.org. O colectivo recolle sinaturas para entregarllas a Rubalcaba A Plataforma Cremos en Paco 2012 aclara que desde o 16 ao 27 de Decembro os cidadáns poderán adherirse á devandita petición e que logo se entregarán as sinaturas á Comisión Executiva da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense "co fin de que se lle dea traslado urxente ao secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e tamén solicitando unha resposta urxente á devandita petición, lembrando unha vez máis o tremendo erro cometido no seu día". O colectivo mantén "a esperanza e a confianza de que desde a dirección deste partido saiban analizalo, reconsideralo e dar unha resposta importante polo ben desta Agrupación Municipal de Ourense, do Partido dos Socialistas de Galicia, do Partido Socialista Obreiro Español e por suposto de todos os cidadáns". "Paco Rodríguez, unha das persoas máis comprometidas e leais co ideario socialista en labores orgánicos e institucionais durante toda a súa vida non poida seguir achegando a súa experiencia e traballo baixo as siglas do PSOE", finalizan. |
PRAZA_5562 | No seu informe Coidemos os dereitos lembra que en Galicia hai case medio millón de pobres, 120 mil deles en situación de pobreza severa. Sinala que "só poderemos considerar o noso sistema democrático se garantimos os dereitos dos máis vulnerables". Falamos co seu voceiro, Miguel Fernández. | 296.900 persoas sen emprego, 160.000 deles desempregados e desempregadas de longa duración, 101.500 familias con todos os seus membros en paro, 34.300 familias que non perciben ingreso ningún, 465.000 pobres, 120.000 deles en situación de pobreza severa. Son as cifras da crise en Galicia, a foto fixa da sociedade tirada pola estatística do INE, unha realidade sobre a que esta semana Cáritas quixo volver chamar a atención, a través do seu documento Coidemos os dereitos. Neste informe a entidade subliña as consecuencias da "fonda crise de paro" que está a producir ademais "unha situación de empobrecemento e exclusión social para moitos millóns de cidadáns e cidadás". O texto lembra que neste tipo de contextos "as persoas en situación de especial vulnerabilidade son as primeiras excluídas do mercado laboral e/ou as que se sitúan nunha posición máis lonxana para acceder ao mesmo". Cáritas demanda "o compromiso e a solidariedade" da sociedade civil coa "multitude de dramas cotiáns que está a xerar esta crise" e, sobre todo, a implicación das administracións públicas, nun momento en que "os recortes orzamentarios nas políticas sociais están a provocar a perda de dereitos sociais e cidadáns para moitas persoas, dereitos que configuran a base do chamado Estado Social do Benestar, que corre serio perigo de desaparecer na práctica". O voceiro de Cáritas-Santiago, Miguel Fernández, destaca que "cando o desemprego afecta a un número tan grande de persoas, e cando hai persoas que levan tanto tempo nesta situación, acaba xerando situacións de exclusión social. Porque as persoas van entrando nunha serie de dinámicas que lles impiden levar unha vida normalizada. En toda España hai dous ou tres millóns de persoas que ao longo destes anos de crise foron pasando dunha situación de desemprego a unha situación de exclusión social". "Cando o desemprego afecta a un número tan grande de persoas, e cando hai persoas que levan tanto tempo nesta situación, acaba xerando situacións de exclusión social" Cáritas alerta tamén do "dobre proceso de empobrecemento da sociedade española: caída das rendas e aumento da desigualdade no seu reparto, cun afundimento das rendas máis baixas". De feito, dende 2007, segundo o INE, o grupo de renda baixa pasou de concentrar do 32% ao 40% da poboación; o grupo de renda media pasou do 60% ao 52%; e o grupo de renda máis alta pasou do 9% ao 8% da poboación. O informe lembra que 6 de cada 10 familias galegas (o 56%, exactamente) chegan con dificultades a fin de mes, segundo datos do IGE, e que o 45 % dos fogares galegos teñen como principal fonte de ingresos ás prestacións. E Cáritas chama a atención sobre a realidade crecente de persoas que a pesar de traballar a tempo completo viven en situación de pobreza, ante o descenso dos salarios. Tamén sinala que os propios datos oficiais da Xunta revelan un aumento dun 24% entre as persoas perceptoras da RISGA, "a pesar do farragoso e lento que é o proceso para chegar a obter esta prestación". O perfil da persoa excluída ou en risco de estalo sería unha muller maior de 35 anos, especialmente con cargas familiares non compartidas, con escasa formación ou vítima da violencia de xénero A partir dos datos estatísticos analizados, correspondentes aos efectos económicos e sociais da crise, Cáritas elabora un perfil da persoa excluída ou en risco de estalo, que sería unha muller maior de 35 anos, especialmente con cargas familiares non compartidas, con escasa formación e experiencia laboral, e/ou vítima da violencia de xénero. No perfil máis habitual tamén entrarían persoas con situación de desemprego longo e estrutural, persoas con diferentes graos de discapacidade física ou intelectual ou persoas que sofren enfermidades mentais, reclusas e exreclusas. Perda de dereitos No informe Cáritas denuncia a perda de dereitos sociais provocada polos recortes e as políticas de austeridade e subliña que "só poderemos considerar o noso sistema como democrático se garantimos os dereitos dos máis vulnerables". Denuncia, en concreto "o cambio do modelo sanitario acompañado dun claro proceso de privatización da sanidade pública" e "a exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, que probablemente sexa a maior e a máis significativa das eliminacións de dereitos básicos constitucionais e humanos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos". O informe denuncia a perda de dereitos sociais provocada polos recortes e as políticas de austeridade e subliña que "só poderemos considerar o noso sistema como democrático se garantimos os dereitos dos máis vulnerables" Tamén sinala "o cambio de modelo dos servizos de benestar social, pasando da súa concepción moderna como dereitos cidadáns á súa consideración como mero asistencialismo dirixido ás persoas en situación de pobreza". Solucións propostas Entre as medida que Cáritas reclama para paliar esta situación, Miguel Fernández destaca a necesidade de que existan "rendas mínimas" garantidas por lei, de xeito que "por exemplo o que temos en Galicia, a RISGA, deixe de ser unha prestación de servizos sociais, que necesita un informe dun traballador social e que está suxeito a limitacións orzamentarias, para pasar a ser un dereito obxectivo". "Ademais" -engade- "así evitaríase o grave problema que está sucedendo e que a mesma Xunta recoñece, o atraso de varios meses á hora de conceder estas axudas, por mor do procedemento administrativo. Estas rendas mínimas son imprescindibles para evitar situacións de exclusión social". Cáritas demanda a "definición e posta en marcha dun novo modelo económico e produtivo", centrado sobre todo no "decrecemento económico, que permitiría propoñer políticas de redistribución do traballo" Cáritas demanda así mesmo a "definición e posta en marcha dun novo modelo económico e produtivo", centrado sobre todo no "decrecemento económico, que permitiría propoñer políticas de redistribución do traballo". A entidade lembra a este respecto que "en épocas de bonanza económica e de forte crecemento económico, como o período 2002-2007, mantívose un alto nivel de pobreza entre a poboación española e un alto índice de precariedade laboral". Deste xeito, Cáritas sinala que "o emprego non se xera exclusivamente dende as políticas de emprego" senón que é "o resultado dunha acción integral que inclúe: políticas de fiscalidade con criterios claramente progresivos; regulación dos sistemas financeiros que eviten abusos e fugas de capitais a paraísos fiscais; desenvolvemento de hábitos de consumo responsable e ético que nos obriguen a preguntarnos en que condicións laborais se producen os bens e servizos que consumimos". Cáritas pide "que o problema da pobreza e da exclusión social deixe de ser un apartado marxinal das políticas públicas e dos orzamentos. Ten que ser unha prioridade de calquera goberno" Miguel Fernandez tamén reclama "que se manteñan os recursos públicos para programas coma o que levamos adiante dende Cáritas, que buscamos alternativas de tipo laboral para estas persoas: accións formativas, autoemprego...", pois "as axudas de tipo asistencial son necesarias, pero non cambian a vida da xente". Por último, o voceiro de Cáritas-Santiago pide "que o problema da pobreza e da exclusión social deixe de ser un apartado marxinal das políticas públicas e dos orzamentos. Ten que ser unha prioridade de calquera goberno, porque agora mesmo é o primeiro problema da sociedade". "Rebelión cidadá" contra o desemprego Cáritas lanza este documento como base dunha campaña para promover "unha rebelión cidadá e solidaria fronte ao mantemento de altas taxas de desemprego" Cáritas lanza este documento como base dunha campaña para promover "unha rebelión cidadá e solidaria fronte ao mantemento de altas taxas de desemprego". Dentro desta campaña a entidade levará a cabo un acto, o vindeiro sábado 10 de maio na praza do Toural, en Santiago de Compostela. Cáritas sinala que "diante dunha realidade dura e difícil, a alternativa é a solidariedade activa e comprometida das persoas de boa vontade, xunto coa esixencia clara aos responsables políticos que as políticas sociais son unha prioridade absoluta neste momento de crise económica". A entidade quere tamén potenciar o labor de apoio ás persoas sen emprego que xa vén realizando nos últimos anos, a través de formación ocupacional, itinerarios de Inserción e Integración socio-laboral, empresas de inserción, obradoiros prácticos de emprendemento e apoio a proxectos de autoemprego. |
NOS_16934 | A intervención de Olaia Fernández Davila no Congreso criticou a política anti-social e re-centralizadora de Rajoy, levando á tribuna do Congreso colectivos galegos afectados polas medidas e desleixos do executivo español. | Olaia Fernández Davila xa anunciara que a súa intención neste Debate do Estado (#DEN2014) ía ser dar voz a Galiza na cita máis importante do ano no Congreso español. Unha voz, aclarou, que non sería en abstracto senón concretada en colectivos afectados pola crise e/ou por decisións do executivo español. A parlamentaria por Pontevedra comezou reprochando a Mariano Rajoy que "todas as súas reformas foron recortes: de salarios, de liberdades, de servizos públicos...". Unha aposta do PP que levou, afirmou a deputada do BNG, a que "o estado español é o que ten peor protección laboral da UE" e que o único que fixo o goberno foi "entregar todo o poder á patronal". Defensa Davila puxo voz ás demandas das vítimas do accidente de Angrois, criticando a Rajoy polo feito de o seu partido negarse "sistematicamente" en Galiza a constituír unha comisión de investigación malia as revelacións que apuntan á responsabilidades alén do maquinista. Davila criticou a marxinación do sector agro-gandeiro galego nos fondos da PAC ou a discriminación coa pesca de Galiza no reparto de cotas A venda "apresurada e opaca" de NGB tamén estivo no discurso do BNG. A nacionalista criticou que o PP vendese "a prezo de saldo" unha entidade financeira que "non quixo declarar sistémica, como Bankia". Alén de perder os e as contribuíntes 8.000 millóns de euros coa venda, Davila incidiu que con ela perdeuse a posibilidade de crear unha banca pública galega ao servizo do tecido produtivo e da cidadanía galega. Nesta liña, Olaia Fernández Davila lembrou ao goberno que aínda hai 35.000 preferentistas galegos que non recuperaron os seus aforros, e tamén citou os emigrantes retornados: "milleiros son tratados por Facenda como estafadores". A deputada lembroulle a Rajoy que hai aínda 38.000 preferentistas galeg@s @s que non se devolveron os aforros Sector agro-gandeiro Na súa exposición, a parlamentar falou ante Rajoy da "enorme decepción dos sector agro-gandeiro galego coa PAC: son o 9% do estado e só reciben o 3% dos fondos. Vostedes seguen a primar os latifundios". Tamén citou Olaia a pesca galega, "discriminada" en repartos de cotas como as do xurelo e a xarda. Soberanía dos pobos "Desde o BNG aspiramos a que se recoñeza a realidade nacional de Galiza. Rexeitamos a súa intransixencia ao impedir o dereito a decidir", dixo a deputada do BNG, que denunciou que "o sistema actual está deseñado para integrarse nunha UE desigual e centralizada". Defendeu a realidade nacional de Galiza e cualificou de "intransixente" que o goberno español non deixe decidir a Catalunya o seu futuro Por último, centrou Fernández Davila nas leis de Gallardón os recortes e pasos atrás que está a dar este goberno en materias de dereitos e liberdades: desde o aborto até a lei de seguridade cidadá, pasando polas taxas xudiciais e a privatización dos rexistros civís. |
PRAZA_20259 | O SLG organiza este sábado en Arzúa un foro de debate para amosar a diversidade afectivo-sexual que existe fóra das cidades, e, ao tempo, "desurbanizar a axenda LGTBI" e combater a "ruralfobia latente" dentro e fóra do movemento, destaca Ángel Amaro | "As persoas LGTBI do rural somos vistas como exóticas. Ou se nos ignora ou se nos ridiculiza" O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza este sábado en Arzúa o Foro LGTBI O rural galego entende. Faite ver, que busca debater colectivamente a situación actual das persoas e comunidades LGTBI que residen no entorno rural ou que teñen relación co campo. O encontro busca amosar a diversidade que existe fóra das cidades e, ao tempo, "desurbanizar a axenda LGTBI" e combater a "ruralfobia latente" dentro e fóra do movemento. O Foro foi presentado en rolda de prensa polo sociólogo e activista LGTBI, Ángel Amaro e pola responsable da Secretaría das Mulleres e membro da Executiva do SLG, María Ferreiro. "A pesar de que se pretende dar unha imaxe do campo coma un eido retrógrado, atrasado e LGTBIfóbico, existen moitos rurais, e nós queremos reivindicar aquel que ten vida, que ten futuro e que é un espazo onde sempre houbo sexodiversidade" En primeiro lugar quérese "socializar a idea de que o rural é diverso, xa que no rural sempre houbo diversidade afectivo-sexual", sinalou Amaro. "A pesar de que moita xente pretende dicir o contrario e dar unha imaxe do campo coma un eido retrógrado, atrasado e LGTBIfóbico, existen moitos rurais, e nós queremos reivindicar aquel que ten vida, que ten futuro e que é un espazo onde sempre houbo sexodiversidade", destacou. Ademais, búscase "visibilizar as posibilidades e potencialidades que ten o rural para xerar alianzas e espazos de creación colectiva". "O rural, ademais de ser diverso, dá cancha para desenvolver moitas iniciativas e proxectos de ámbito comunitario", engadiu. Porén, ao tempo, o Foro tentará "desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruír a ruralfobia latente dentro e fora do movemento LGTBI", salientou Amaro, que subliñou que "hai diversidade máis alá das cidades, máis alá do barrio de Chueca ou de Madrid e doutras grandes cidades". No encontro participarán tanto activistas galegos e galegas, como Ximena González, Natalia Devesa ou as entidades Ultreia LGTBI, Nós Mesmas e o Colectivo Agrocuir da Ulloa (ademais de Amaro e Ferreiro), pero tamén de fóra como Paula Gioia, que vén de Alemaña en representación da Vía Campesina; Nicola Durán, de Cataluña; Isabel Álvarez, do País Valenciano; ou Esti Redondo, de Euskadi. O Foro quere propiciar o tecido de alianzas estratéxicas entre sindicatos agrarios, colectivos LGTBI e activistas neorrurais, achegando a agroecoloxía, o movemento labrego e o ecoloxismo á axenda LGTBI, construíndo un movemento sexodiverso vinculado ao medioambiente. "Este foro" -concluíu Ángel Amaro- "é unha aposta pola interseccionalidade e pola mestura. En definitiva, unha aposta pola diversidade de activistas, movementos e espazos de creación colectiva e popular. A nosa aposta pasa porque, a partir de aquí, o rural entenda mellor que a xente saia do armario; que lesbianas, gais, trans e bisexuais se fagan visibles tamén no contexto do sindicalismo agrario". "Trátase, en definitiva, de que o propio Sindicato Labrego Galego se abra en canal á cuestión LGTBI e saia tamén do armario", engadiu. María Ferreiro destacou que é a primeira vez en Europa que unha organización agraria trata abertamente a cuestión LGTBI, "pois só temos un precedente a nivel global neste senso: o encontro "O MST e a diversidade sexual", que organizou o Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil en agosto de 2015". Porén, Ferreiro recoñeceu que "a cuestión LGTBI non estivo até agora nas nosas axendas de traballo. Si é certo que xa ten xurdido en debates e experiencias que levamos a cabo, especialmente no ámbito feminista. Por iso, con este foro pretendemos abrir unha fenda de traballo importante para o futuro". O Foro tentará "desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruír a ruralfobia latente dentro e fora do movemento LGTBI", salientou Amaro O pasado ano Nova Escola Galega organizou unhas Xornadas sobre coeducación rural e diversidades, coordinadas polo propio Ángel Amaro, que xa avanzaron un chisco nestes debates, dende o ámbito da educación. Daquela, Amaro salientaba en conversa con Praza que "no rural galego sempre houbo sexodiversidade e proxectos de vida non heteronormativos, que foron polas marxes. Hoxe en día o rural está en constante dinamismo e interlocución con outras realidades". De igual xeito, subliñaba a "ruralfobia" existente nos ámbitos urbanos: "As persoas LGTBI que vivimos no rural somos vistas como exóticas, utópicas ou residuais. Ou se nos ignora ou se nos ridiculiza" e criticaba o que denominaba "capitalismo rosa": "Todo xira en torno a Chueca, un ocio determinado e uns tipos de identidades moi determinadas e comercializábeis. Moitas galegas LGTBI do rural non nos sentimos reflectidas nin recoñecidas en prototipos ou estilos de vida concretos que nos negan ou asimilan. Pódese dicir que existe unha invisibilidade dentro da invisibilidade", dicía. |
NOS_51623 | Ucraína e a OTAN anunciaron que non recoñecerán o resultado das votacións | Donetsk, Luhansk, Kherson e Zaporiyia viviron no día de onte o inicio do que serán un total de cinco días de votación nos referendos de adhesión á Federación Rusa -convocados a pasada terza feira-. Este comicios enmárcanse nun contexto de tensión ante posíbeis novos ataques, especialmente despois dos bombardeos de antonte por parte das tropas ucraínas á cidade de Donetsk que deixaron sete civís mortos. A votación deu comezo ás 8 horas e estendeuse até as 16 (ambas horas locais), algo que acontecerá nos seguintes catro días de referendo. Do mesmo modo, o Goberno ruso abriu tamén colexios electorais no seu territorio para que as persoas refuxiadas poidan votar. As autoridades locais en Kherson apuntaron á aperturas das urnas, que esperan que perto de 750.000 persoas acudan votar mentres que en Zaporiyia o censo electoral é de 500.000 persoas. En Donetsk e Luhansk revélase máis difícil estimar o número de persoas que tomarán parte na votación. China pide ás partes implicadas na guerra en Ucraína que retomen o diálogo "sen condicións" Vladimir Putin, presidente da Federación Rusa, sinalou onte a respecto do inicio do referendo que apoiará "a decisión sobre o futuro, que será adoptada pola maioría dos residentes das repúblicas populares de Donetsk e Luhansk e as rexións de Zaporiyia e Kherson". Pola súa parte, o Goberno ucraíno reafirmou que non recoñecerá o resultado desta consulta, algo que se oficializou coa aprobación da coñecida como 'declaración de inadmisabilidade' no Parlamento ucraíno. Nunha liña parecida pronunciouse a OTAN que, a través dun comunicado, anunciou que o referendo "carece de lexitimidade" ao tempo que fixo un chamamento a todos os Estados membro a non recoñeceren tampouco o resultado da consulta. Desenvolvemento das votacións Cada territorio está a organizar de diferente maneira a votación. Así, no Donbás -rexión que comprende as repúblicas de Donetsk e Luhansk- as comisións electorais están desprazándose ás vivendas da poboación civil para que esta vote sen saír das súas moradas, logo dos bombardeos do exército ucraíno desta semana en Dontsk. Pola súa parte, en Kherson e Zaporiyia, si que hai colexios electorais abertos para exercer o dereito ao sufraxio. Así o confirmou onte o corresponsal de Nós Diario no Donbás en declaracións exclusivas a este xornal, Bruno Amaral de Carvalho. "Em Kherson si que vi que as pessoas estão a fazer filas para votar e há lugares específicos para votar, como acontece em Portugal ou na Galiza. Mas em Donetsk, como é moi perigoso e as autoridades têm receio dos bombardeamentos ucranianos, os primeiros días as votações vão ser casa por casa com uma comitiva eleitoral", explica Carvalho. Crônica desde o Donbass: Os baloiços de Gorlovka Sobre se os referendos poderán decorrer con certa normalidade e sen maiores incidentes, Carvalho asegura que "é verdade que há um histórico de atentados nestes territórios e pode haver algum ataque durante as votações, ademais há muita gente com medo de sair de casa, como é evidente". Adhesión Carvalho indica que "no Donbass é muito provável que a vitória seja a anexão, mas quase ninguém vai reconhecer os resultados na comunidade internacional e também não podemos saber quantas pessoas é que vão votar finalemnte nos referendos, pelo que é difícil sabermos que é que vai acontecer nestes próximos dias". A papeleta de cada territorio formula preguntas diferentes Papeletas electorais que se están a utilizar nos referendos. (Foto: Bruno Amaral de Carvalho). As papeletas electorais que se están a utilizar nos referendos de adhesión varían en cada territorio. En Donetsk a pregunta é a seguinte: "Apoia vostede a adhesión da RPD [Donetsk] a Rusia como suxeito da Federación Rusa?" En Luhansk, pola súa parte pregúntase "Está vostede a favor de que a RPL [Luhansk] se converta nun suxeito da Federación Rusa?". Nas rexións de Kherson e Zaporiyia hai dúas preguntas, primeiro unha sobre a separación de Ucraína e outra sobre a adhesión a Rusia. |
NOS_40250 | Idurre Eskisabel visitou Compostela a comezos do mes para formar parte do encontro da Libraría Lila "Afinidades electivas", que consistiu nunha profunda conversa entre ela e a escritora María Reimóndez. | —"Afinidades electivas" pon en contacto autoras das diversas linguas do Estado. Como foi o encontro con María Reimóndez? Para nós ese proxecto foi a escusa ou o instrumento para propiciar algo que tiñamos pendente. Coñecémonos haberá un par de anos en Guipuzkoa, no marco dunhas xornadas sobre a intersección entre xénero, clase e lingua. Sabiamos da obra de María e convidámola, e xurdiu esa afinidade que intuíamos por eses puntos de sensibilidade común respecto da lingua, do xénero... das nosas subalternidades. As nosas vivencias levábannos a lugares semellantes e esa intuición a priori de poder compartir e conspirar xuntas fíxose realidade, tamén no persoal. Tiñamos pendente outro encontro que se materializou agora en Compostela. Con mágoa porque as circunstancias non nos deixaron que o formato fose propicio para cruzarnos con máis xente en directo, pero a emisión en liña permitiunos, polo menos, chegar. —Na conversa, vostedes falaron moito dos corpos. Cal é o motivo desa importancia? O corpo é fundamental porque dalgunha maneira a feminidade, desde unha visión patriarcal, defínese a través do corpo, é dicir, o sustento da nosa subalternidade vén a través del, é o que nos fai o outro ou a outra, o que nos determina fóra do universal, o que nos converte en particular, en cidadás de segunda, e o que nos limita ou o que nos limitou moitas veces á hora de crear o noso camiño e de ter acceso á nosa soberanía. Pero á vez o corpo tamén é o que somos e o único lugar polo que podemos subverter toda a orde. Coido que as mulleres temos que facer e estamos a facer ese camiño, resignificar o corpo, darlle outro contido, outra forma e outro movemento. —E hai algunha fórmula para facer esa resignificación? Non creo que haxa unha única fórmula, senón que vexo moitas subversións diferentes. Hóuboas que consistiron en escapar do que se nos definiu como feminidade, incluso empezando desde o que se considera corpo axeitado ou non axeitado, a vestimenta, o movemento... Unha forma de subvertelo é escapar desa feminidade estabelecida e outra forma, que igual é máis sutil, é resignificar esa feminidade, porque na outra forma, moitas veces, a escapada da feminidade leva a un corpo totalmente masculino, por iso é interesante resignificar desde o noso o que é a feminidade e incluso buscar intermedios e interseccións. —Explíquenos a que se refire cando fala de subalternidade. Falo de situacións nas que as persoas non podemos exercer plenamente os nosos dereitos, e tamén os nosos deberes, e sobre todo temos moitas dificultades para decidir sobre nós mesmas e nós mesmos. Dalgunha maneira as circunstancias socio-políticas e socio-económicas sitúanos en lugares distintos e a capacidade de decisión sobre a propia vida é diferente. Ter unha mingua importante de capacidade de decisión sobre a túa propia vida é para min a subalternidade. Esa carencia de poder sobre a túa propia vida, que normalmente vén determinada pola túa posición de clase, polo xénero, pola lingua, pola orixe... — Fala vostede tamén de tomar a "voz pública"... Iso é importante porque as mulleres aínda arrastramos unha negación histórica, que se nos pega nas entrañas como se tivésemos un fallo xenético que nos impide falar das cousas que denominamos importantes. Hoxe en día, a maioría das subalternidades teñen como característica común unha negación da palabra, da voz, da posibilidade de estar no espazo público... A democracia, se tivese un sentido pleno, basearíase en ter a capacidade de ter voz nese espazo público pero, o que ocorre, en realidade, é que a maioría da xente se ve incapaz e incapacitada. Falo de cousas pequenas, por exemplo, canta xente ten dificultades para tomar a palabra no consello escolar, ou nun pleno municipal... Como cidadanía non se nos adestra nin se nos dan ferramentas para esa participación, para esa autoxestión de nós mesmas. Iso, no caso das mulleres, é un engadido. Historicamente hai un pensamento de fondo que consiste en que as mulleres, á hora de pensar, tendemos moito máis ao emocional e ao irracional, a fin de contas, que o noso pensamento e a nosa palabra non son da mesma calidade que a voz masculina. E falo das mulleres pero podería falar das persoas que no seu ámbito sociolingüístico fagan uso do galego e atopen dificultades para falar o castelán correctamente. En Euskadi pasa, e para tomar a palabra telo que facer en castelán e ten que ser correcto, senón xa es catalogada como incapacitada para ter esa participación. "A lingua activa a memoria ancestral" A poeta e antropóloga é coñecedora da poesía galega e ao ler a Olga Novo ou a María Reimóndez, di, "atopei cousas que me unen a elas, conexións vivenciais". Sobre este vínculo, a autora vasca explica que "sempre teño a impresión de ter vivido e de seguir a vivir nun lugar moi híbrido, esa mestura entre un sitio industrializado e á vez rural". Unha dualidade que para Idurre Eskisabel "vén por vivir en lugares onde hai un conflito de linguas" e que xustifica tamén esa unión sentida coas poetas galegas. "Vivir este conflito na nosa propia carne fainos mulleres moi situadas no contemporáneo, porque vivimos con certa incomodidade e esta faiche estar na busca dentro da contorna, e por outra parte temos a memoria ancestral moi activada pola lingua, porque o tema do idioma está moi unido á identidade, non só nacional senón tamén persoal", expón. |
PRAZA_7027 | O presidente da Xunta desfaise en eloxios ao presidente do Goberno central, que na entrega dun premio loubou, á súa vez, o papel de Xosé Luís Barreiro, a quen o Goberno galego que el vicepresidía denunciou en 1987 para tentar frear a moción de censura que deu lugar ao tripartito. | Este xoves, como adoito, o Goberno galego celebraba a reunión semanal do Consello da Xunta co presidente á fronte. No entanto, non foi Alberto Núñez Feijóo quen informou a prensa dos asuntos tratados na xuntanza. Foi o vicepresidente, Alfonso Rueda, o enviado ante os xornalistas mentres Feijóo se dirixía á outra sede da Presidencia, no Pazo de Raxoi, para recibir a quen noutrora ocupou o posto que agora exerce Rueda, Mariano Rajoy. O número dous do Executivo tivo que facerlles fronte ás diversas, incómodas e aínda por contestar preguntas sobre a trama Zeta mentres Feijóo compartía con Rajoy unha escena politicamente ben máis confortable. Nunha comparecencia sen posibilidade de preguntas que a prensa tivo que seguir dende o chan -as cadeiras reserváronse para cargos gobernamentais e eclesiásticos- os dirixentes intercambiaron xenerosos eloxios que, no caso de Feijóo, o levaron a equiparar a política económica do seu xefe de filas coa construción da Catedral de Santiago. A Catedral e, nomeadamente, a "intención" do Executivo estatal de achegar 17 millóns de euros para a súa rehabilitación, segundo cifras da Xunta, foi o motivo da xuntanza deste xoves. A basílica compostelá "puido ser simplemente un soño" pero "non foi así", glosa Feijóo, porque antes da súa construción "xurdiu un incipiente galeguismo que non se conformaba con imaxinar un país", un "galeguismo de feitos" no que enmarca ao propio Rajoy, "un galego e un compostelán" que "predica con decisións" que "configuran a historia", caso por exemplo da finalización da autovía transcantábrica ou a construción do AVE, di. Feijóo asegura que "nacer preto da Catedral" deixou un "selo" no "carácter" de Rajoy para, por exemplo, "evitar o rescate de España" Como en datas recentes, caso por exemplo das súas valoracións sobre Podemos, Feijóo aproveitou para lembrar que "eu son dunha aldea na que hai moitas pontes", neste caso para explicar que "esa circunstancia me marcou". No caso de Rajoy "nacer preto da Catedral" tamén "deixou un selo" no seu "carácter". O templo compostelán é "unha vitoria sobre o tempo", un "triunfo da vontade humana" que "demostra que a tenacidade pode ser invencible". "Evitar o rescate de España podía parecer algo imposible", "pero certos analistas e certos políticos descoñecían a enerxía que pode atesourar un galego, sobre todo se aprendeu" da Catedral "a lección de que nada é imposible". Entre as gabanzas polo seu compromiso "persoal e económico" coa restauración catedralicia Rajoy tamén botou man da elástica tradición xacobea para presentala como confirmación da "nosa condición de galegos e españois" e, en xeral, da unidade de España. Ese mesmo discurso unionista levouno o presidente español á outra das súas citas do día no país: a entrega do premio Fernández Latorre a quen o sucedeu en 1987 na vicepresidencia da Xunta, Xosé Luís Barreiro Rivas. Eloxio ao vicepresidente denunciado Rajoy enxalza o "papel relevante" de Barreiro, ao que o Goberno do que formaba parte denunciou para frear a moción de censura do tripartito Xa na sede do xornal coruñés e despois de que os seus servizos de seguridade evitasen, en Compostela, que a prensa se lle achegase, Rajoy optou por un eloxio do xornalismo e tamén de Barreiro Rivas, a quen o Goberno do que formaba parte denunciou en 1987 para tentar, sen éxito, frear a moción de censura que deu lugar ao tripartito de PSdeG, Coalición Galega e PNG. Tres décadas despois de descargar sobre el a ira política de Alianza Popular -naqueles debates chegou a sinalar, tamén, que abandonaría a vida política en pouco tempo- Rajoy explica agora que "Barreiro foi, como todos vostedes saben e eu son o que mellor o sabe, vicepresidente do Goberno encabezado por Fernández Albor" e "tivo un papel moi relevante na conformación das primeiras institucións galegas e na súa posta en marcha". "A vocación de servizo que implica dedicarse ás tarefas públicas, aínda que algúns non o crean, deixa sempre pegada en calquera biografía", di. Neste contexto, Rajoy peneira os acontecementos daqueles días de finais dos 80 para sinalar que "o noso galardoado pode ver con satisfacción algunhas cousas, entre outras, como a Galicia que el contribuíu a transformar acadou unha voz propia nunha España diversa e integradora" na que "collen todas as nosas aspiracións de liberdade e benestar". Nesta sociedade, di, o diario La Voz de Galicia "é toda unha institución" que "amplía día a día os límites da liberdade" e "permite o exercicio real da cidadanía", un "claro exemplo de responsabilidade social empresarial que quero destacar publicamente", destacou. |
NOS_47469 | Andrés Ollero Tassara, que herdou as ponencias da maxistrada saínte do TC Elisa Pérez Vera, entre elas o recurso do PP contra a lei de prazos do aborto, é coñecido polos seus estudos contrarios ao dereito ao aborto e ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. | @s catro nov@s maxistrad@s do Constitucional asignáronselles as ponencias de pleno d@s maxistrad@s saíntes: a Encarnación Roca, as de Javier Delgado Barrio; a Fernando Valdés, as de Eugeni Gay; a Juan José González Rivas as do falecido Roberto García-Calvo; e as de Elisa Pérez Vera, entre elas a da lei de prazos do aborto, da que deixa un estudo avanzado, a Andrés Ollero. Ollero, catedrático na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rey Juan Carlos, na área de filosofía do dereito, ex deputado do PP por Granada, escribiu varios capítulos de libros e artigos a respecto do dereito ao aborto. Xurou o cargo de maxistrado do Constitucional o 23 de xullo, e, en declaracións a El País, afirmou descoñecer a ponencia sobre o matrimonio homosexual, que seguramente se debata o 13 de setembro, e sobre a posibilidade de se abster con respecto ao do aborto, non o pensou aínda, á espera de que se confirme que lle corresponde a el esa ponencia. No mesmo periódico, fontes do Constitucional afirman que deliberar o recurso do PP á lei de prazos do aborto "non é un tema urxente", ao anunciar Gallardón a promulgación dunha nova lei, desactivando de cheo a lei actual. No entanto, a lei do matrimonio homosexual do 2005, que quedou interrompida pola renovación do Tribunal, será debatida no primeiro pleno á volta das vacacións, o 13 de setembro. A ponencia favorábel do maxistrado Pablo Pérez Tremps podería ser reforzada pola incorporación da especialista en Dereito de Familia Encarnación Roca, do sector progresista. Nova convocatoria polo dereito ao aborto esta tarde Como todas as terzas deste mes, a Marcha Mundial das Mulleres continúa convocando unha concentración ás 20.30 diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, para reclamaren o dereito das mulleres a decidiren sobre o seu corpo, perante o anuncio destes cambios lexislativos que supoñen a volta á criminalización. |
NOS_26963 | Javi Camino impartirá o obradoiro gratuito sobre webseries que terá lugar en Carballo en marzo, creando ambiente para o Carballo Interplay Festival que se desenvolverá en abril. | Se tes entre 16 e 35 anos, gustas do audiovisual e es de Carballo, ao longo do mes de marzo terás a posibilidade de participar na elaboración dunha webserie con Javi Camino, un dos novos talentos do audiovisual galego e todo un experto niso de, con moi pouco conseguir moito, como aquela longametraxe, Maldito Bastardo, que fixo durante tres anos no garaxe da casa da súa familia e que percorreu festivais de todo o mundo No Carballo Interplay Festival, que se realizará en Carballo do 24 ao 27 de abril, presentará o terceiro capítulo da súa webserie "El viudo quiere mimos". Nesta entrevista danos as claves deste obradoiro gratuíto. O prazo de inscrición está aberto até o 3 de marzo. Podes inscribirte na páxina web do festival. Como vas enfocar o obradoiro? Está enfocado cara a que a xente que se apunte logre facer unha webserie de catro episodios ao longo dun mes, que saia de aí cun traballo feito, que se poida ver: en internet, no propio festival e en todas partes. Nun mes, facer unha webserie con xente que está aprendendo, non é un reto demasiado alto? Realmente nun mes é posible facelo? Si, home, unha webserie pequena, con poucas localizacións, de episodios pequenos, de aproximadamente tres minutos, é factible. Ademais de facela, o interesante é ver como é o proceso de facelo, as limitacións que existen (como o tempo) e a posta en práctica do exercicio creativo de facelo, de escribir algo que se poida facer nese pouco tempo, que é unha das cousas graciosas do obradoiro. Que lles vas ensinar nestas catro semanas? Todo o proceso creativo dunha obra audiovisual, dende a elaboración do guión, a preprodución dese guión, a rodaxe, a posprodución, a edición, a montaxe e a difusión. Cantos sesións terá o obradoiro? As sesións presenciais serán catro, os sábados, pero durante a semana terán que seguir traballando pola súa conta. Por exemplo, o primeiro día abordaranse unhas nocións sobre guión, e ao longo da semana terán que escribir eses guións, que se revisarán na semana seguinte para ver se se poden producir. O alumnado vai tamén actuar? Se queren, si. Unha vez alí, distribuiremos o traballo. Se alguén quere ser actor, serao. Se a alguén lle interesa máis a parte de cámara, dedicarase á camara. É unha das virtudes do traballo audiovisual, o traballo creativo. Si, é unha das virtudes, aínda que ás veces tamén xera problemas, pero pódense resolver. É parte do proceso, e é divertido. Impartiras nalgunha outra ocasión algún obradoiro deste tipo? Sobre webseries, non. No LAV de Vedra, que organiza a asociación Sen un Peso, fixera un obradoiro de dirección artística low cost, sobre como lograr facer con pouco algo bonito. Ti es un exemplo de como, con poucos recursos, se poden facer produtos de gran percorrido, como a longametraxe Maldito bastardo, que fixeches no garaxe da casa da túa familia ao longo de tres anos e circulou por festivais de medio mundo. Si, como eu nunca tiven un peso, non me quedou outra que traballar con orzamentos moi pequenos, e algo vas aprendendo. Por unha parte, non mola non ter cartos para facer as cousas, pero por outra, tamén é un exercicio divertido porque é moito máis creativo. Tes que buscar a maneira de facelo co que tes. É coma un xogo. A falta de recursos agudiza o enxeño… Totalmente (risos). E despois, cando ves que sae ben, é un orgullo, máis que se tiveras moitos recursos para facelo, porque o reto é maior. Cal é o segredo de facer algo con calidade pero con recursos limitados? Ti como o fas? O segredo é ter ganas de facelo, que che guste, ter un poco de gusto e creatividade, e querer facelo ben, querer sacalo adiante sexa como sexa. Se o número de persoas inscritas supera o de prazas, haberá unha selección. Que vas ter en conta para facer esa selección? A idea é coller á xente que amose un maior interese, e tamén certo gusto polo audiovisual. Mais eu creo que se poderá coller a todo o mundo. Magnetova, a túa produtora, tamén vai presentar a súa webserie, "El viudo quiere mimos" no Festival de Carballo? Si, tamén se presentará. Ademais, imos sacar agora o noso terceiro capítulo, e está ben que se vexa no festival Como creador dunha webserie, cal cres que pode ser o papel que pode xogar un festival deste tipo? Creo que é interesante sobre todo para obter unha panorámica xeral de todo o que se está a facer en España, e tamén como punto de encontro, para coñecernos uns a outros, e tamén para coñecer a persoas que se queren introducir no mundo das webseries, como aquelas que se apunten ao obradoiro, e que elas poidan coñecer a xente que xa as está facendo… A webserie que se fará no obradoiro será sobre Carballo. Se che din, como creador, que tes que facer unha webserie sobre Carballo, que se che ocorrería? Non sei. Iso terano que decidir os alumnos. Creo que Carballo ten moitas posibilidades para facer calquera tipo de historia. É unha vila ou cidade que se presta para todo, tanto para unha historia rural como urbana, e mesmo para un compoñente máis turístico, ao redor dalgunha lenda ou monumento relacionado con Carballo. Pero a ti que che inspiraría como creador? A min hai algo que me chama moito a atención de Carballo, a cultura moinante. Iso podería dar xogo con outras cousas. O obradoiro vai ser fundamentalmente práctico, nonsi? Si, si. Vai ser algo totalmente práctico. Só haberá algo de teoría nas primeiras sesións, para poñer en contexto á xente sobre que tipo de webseries hai, nocións de guións para poder facer algo viable en pouco tempo. Mais despois será todo absolutamente práctico. Que camiños abren, para aquelas persoas que queiran traballar no audiovisual, as webseries? Para min resultan moi interesantes, porque unha webserie é currículo. Eu teño unha produtora pequena, Magnetova, e moitas veces chéganme currículos. O que che di máis dunha persoa non é cantos títulos ten, senón o que fixo, e ter unha webserie feita é toda unha proba. As webseries tamén se caracterizan pola liberdade creativa. O feito de que non haxa unha televisión por atrás que a difunda e a apoie, como acontece coas series televisiva, tamén ten esoutra vantaxe: a liberdade creativa… A liberdade é absoluta porque non hai ningún intermedio e, polo tanto, non hai que pasar ese filtro. |
NOS_12631 | Conversamos con Manuel Xestoso, crítico e xornalista de Nós Diario, após recibir este domingo o prestixioso Grande Prémio de Jornalismo Internacional Carlos Porto, no Festival de Almada, en Portugal, pola crónica publicada en Nós Diario en 2020, "O público é quen máis ordena". | -Que significa para vostede recibir este premio do Festival de Almada? Cales son os lazos que o unen a ese encontro? Pois supoño que é algo tópico, pero sobre todo sorpresa. Sorpresa e agradecemento, claro, porque non é moi habitual que as persoas que nos dedicamos á crítica obteñamos un recoñecemento. Coñezo o festival desde hai moitos anos, como espectador e como crítico, e Almada propicia sempre o encontro, o coñecemento e o intercambio entre as persoas que acoden alí. É un dos poucos lugares onde podes discutir de teatro con profesionais que veñen de todas as partes de Europa, e mesmo de América. Mais de aí a que che recoñezan o traballo... non o esperaba. -Vive o teatro. Que representa para vostede? O teatro é a continuación da vida por outros medios. Probabelmente o teatro sexa a arte, a actividade artística ou a expresión artística que máis se parece ao que nós vivimos día a día porque se dirixe á comunidade. O ser humano, gústelle ou non, é un ser social. No teatro aprendemos un pouco a marcar as regras da vida en comunidade. A marcalas, modificalas, reflexionar sobre elas... -Desde "O público é quen máis ordena", o traballo co que gañou o galardón, desde esa Grândola, que valoración fai do festival no artigo premiado? Na crónica premiada destácase principalmente o compromiso do público de Almada co Festival, de aí o título. O ano pasado, cando estabamos aínda saíndo do máis duro da pandemia, os responsábeis do Festival fixeron unha enquisa entre as persoas abonadas e máis da metade responderon que, no caso de que o festival tivese lugar, renovarían a súa subscrición. Mesmo algunhas persoas de idade responderon que non acudirían aos espectáculos por precaución, mais que comprarían o abono igualmente. Naquel momento de incerteza, pareceume algo formidábel: o festival era do pobo de Almada, que o ía defender incondicionalmente. Creo que iso é o máis extraordinario que se pode dicir de calquera evento cultural. -Para quen non o coñece, que destacaría deste encontro? É un bo espello no que mirarse o teatro galego? Se cadra, o que debemos "copiar" de Almada é precisamente que as fórmulas que teñen éxito son as que non copian modelos. Existe un "circuíto" de festivais de verán que case sempre responde ao mesmo patrón, que repite as mesmas pautas en calquera lugar de Europa. Almada afástase desa forma de facer e conseguiu un gran prestixio internacional a base de combinar autores internacionais que poden achegar pistas sobre novas formas de facer teatro e un apoio constante á escena portuguesa. É ademais un lugar de reflexión onde se discute sobre o teatro do noso tempo e onde se tenden pontes entre os creadores do pasado e os do presente, asegurando a continuidade da escena nacional. Almada é un espazo de debate que vai máis alá da exhibición de espectáculos para converterse nun foro de pensamento sobre o teatro e sobre a sociedade. -Hai "público" na Galiza para as artes escénicas? Remítome ao informe que presentou o Consello da Cultura Galega (CCG) o ano pasado sobre o teatro, no que se consultaron os creadores, os produtores, o público... Eu creo que hai público, e hai aínda máis público potencial. O que fai falta é unha política que acompañe o público. Hai que darlle certas facilidades para que se achegue ao teatro. O público hai que motivalo para que chegue ás salas de teatro e aquí carecemos diso, a verdade. En canto se dan as condicións mínimas para unha programación teatral cunha certa coherencia, o público medra, e non tarda moito. O que ocorre é que iso non se dá na Galiza. -Comenta a falta de apoio institucional. Cales son, desde o seu punto de vista, os deberes pendentes? Os deberes pendentes son todos. O primeiro que fai falta é un plan de teatro, como o que se elaborou xa un par de veces. Nunha delas quedou colgado en 2009 co bipartito (o Goberno bipartito caeu e aquel plan esqueceuse) e a outra, en 2016, foi cando toda a profesión teatral (creadores, representantes da crítica, da distribución...) se reuniu e elaborou conxuntamente un anteproxecto de Lei do teatro para que se debatese no Parlamento. Todo aquilo esqueceuse, non se debateu nunca e, por tanto, estamos faltos dun plan, é dicir, de que haxa uns obxectivos que se poidan avaliar periodicamente, e basicamente dunha política cultural sensata que non sexa repartir diñeiro arbitrariamente, unha política cultural seria. Falta ter un rumbo e saber onde queremos chegar, nin sequera é unha cuestión de diñeiro. Actualmente, no Goberno ninguén ten un modelo serio de como debería ser o sistema teatral galego, é todo improvisación. -Como crítico teatral, cal diría que é a situación do teatro en Portugal? E na Galiza? Este ano de pandemia, loxicamente, afectou moito á creación teatral en todas as partes, mais en Portugal aínda existe ese pouso que deixou unha Revolución que puña a cultura nun lugar de privilexio no desenvolvemento da vida social. Na Galiza, as institucións seguen desconfiando da cultura: non é xa que non a consideren unha prioridade, é que ás veces semella que a consideran un inimigo a bater. En xeral, iso provoca moitos problemas para o intercambio: Portugal segue a ser un mito para a Galiza, mais do mito á realidade hai unha gran distancia. Para que a relación funcionase sería fundamental que houbese un acollemento aquí: programar espectáculos portugueses na Galiza, invitar creadores portugueses a participar en proxectos realizados aquí... e iso non ocorre. En Portugal, porén, si que existen moitos proxectos nos que se invita a participar a persoas e compañías da escena galega. Hai unha asimetría no intercambio que ten a ver non con falta de ganas pola parte galega, senón con esa maior fraxilidade das nosas estruturas que provoca a falta de apoio institucional. -O domingo decorreu a entrega do Premio e o feche do Festival de Almada. Como o recibiu? Nesta edición do festival cales foron as liñas temáticas que marcaron o encontro? Foi un momento moi emotivo, e máis aínda recibindo o galardón un 25 de Xullo. O nivel das propostas teatrais é en xeral moi bo. Como adoita ocorrer neste Festival, trátanse temas que son de interese social, máis ben directo (sen ser necesariamente teatro combativo). Sempre hai algo para reflexionar desde o palco sobre a convivencia. Por exemplo, desde un texto ao principio moi vangardista e moi cachondo, irónico, o Discurso sobre o filho da puta, de Alberto Pimenta. Nesta obra fai unha clasificación arredor dos distintos tipos de fillos da puta que hai e acaba dando unha lectura moi política da relación do poder coa sociedade. Logo, en Viagem a Portugal de Joana Craveiro, reflexiónase sobre que é un país. Este é un espectáculo que estaría moi ben poder ver na Galiza porque o debate sobre a identidade nacional non é exclusivo da Galiza, existe en todas as partes, tamén en Portugal, e dá unhas cantas pistas das cousas sobre as que habería que pór o acento. Mais gustaríame destacar un espectáculo, Um gajo nunca mais é a mesma coisa, da Companhia de Teatro de Almada. Um gajo tocou un tema que até o de agora foi moi tabú en Portugal porque puxo o foco nos soldados que combateron nas guerras coloniais e que volveron a Portugal após Revolución dos Cravos, xa outro país. Foron case 800.000 ex combatentes, un debate que segue vivo. Ademais, viñeron moitos ex soldados ver este espectáculo, para comprobar como eran tratados, e foi unha das grandes pezas da edición deste festival. Logo está a representación internacional, que sempre é de primeira orde e da que, neste ano, quedei particularmente fascinado con Molly Bloom, a adaptación do último capítulo do Ulysses de Joyce que dirixe Jan Lauwers e que constitúe unha auténtica lección de teatro. |
PRAZA_1411 | Cómpre ollar esas outras realidades que nos foron demostrando como si era posíbel construír e dar pasos para situar o obxectivo soberanista como o centro da nosa acción por riba das siglas ou proxectos concretos, como demostrou o soberanismo xuvenil os dous últimos anos | As persoas organizadas no BNG sabemos que o proxecto daquelas que aspiramos a unha Galiza libre e popular é partillado por múltiples actores sociais e políticos que van alén destas siglas, cun peso altamente desigual entre si no conxunto do soberanismo galego. Aínda máis, somos conscientes da existencia de moitos e moitas nacionalistas e independentistas aínda non organizadas, ou que o estiveron noutro momento e se encontran decepcionados coas diversas traxectorias dos actores orgánicos, ou que escolleron outros espazos de participación entre os moitos existentes para a acción social. Independentemente do noso xeito de ver esta realidade, somos moitas quen hoxe constatamos a debilidade social do soberanismo en diversos campos, e observamos con preocupación o momento complexo que atravesa o proxecto nacional, onde os problemas e necesidades do país fican opacados por prioridades externas e proxectos que non ofrecen futuro a longo prazo para Galiza mais que contan hoxe con ampla difusión. Neste contexto os pasos a dar adquiren unha importancia aínda maior. Por iso, se antes non foi posíbel, urxe actuar para mostrar colectivamente ao conxunto da sociedade un proxecto autónomo e autocentrado. Un proxecto que efectivamente vaia alén de siglas partidarias, que sofren hoxe en día, interesadamente, unha desvalorización na súa percepción social como elemento vertebrador, mais que continúan a ser imprescindíbeis como máis unha ferramenta para a transformación social. Un proxecto con capacidade de resolver os problemas que afectan a sociedade galega desde unha óptica liberadora e de esquerda, con miles de persoas como corpo organizado, o maior do país, e unha ampla base social. Cómpre non desaproveitar, pois, unha data tan referencial como o Día da Patria para esa tarefa como expresión da ligazón da loita pola liberación nacional e a social. Explicar claramente, e explicitar todo o posíbel, que a unión de ambas cuestións na Galiza é fundamental para construír un futuro digno e que non imos renunciar a ningunha delas. Neste sentido, un dos retos que temos colectivamente é elevar a confianza do propio pobo nas capacidades de seu, nas solucións que pode ofrecer o soberanismo e en todas as vitorias que nos quedan por conquistar. É pois unha necesidade, mais tamén unha responsabilidade, ser quen de andar todo o camiño posíbel con aqueles e aquelas que partillan con nós eses mínimos irrenunciábeis. E ser quen de facelo dependerá, por riba de moitos outros factores, de que se faga desde o respecto ás diferenzas e coa lealdade nas actuacións como un piar inquebrantábel. Sen superar as experiencias frustradas que individual ou colectivamente podemos ter é complicado construír en positivo: por iso cómpre ollar esas outras realidades que nos foron demostrando como si era posíbel construír e dar pasos para situar o obxectivo soberanista como o centro da nosa acción por riba das siglas ou proxectos concretos, como demostrou o soberanismo xuvenil os dous últimos anos. Quen vivimos este proceso de preto non podemos negar as súas dificultades, e para moitas é un espazo que neste momento non cumpre todos os obxectivos aos que aspiramos, mais tampouco se pode negar que sen lugar a dúbidas supuxo un paso adiante histórico. Un paso adiante, ademais, que na altura non parecía posíbel mais que finalmente si o foi, con valentía e esforzos por todas as partes. Porque sabemos que, en calquera campo, avanzar é posíbel cando existe a vontade, cando prevalece a xenerosidade, que non a renuncia, cando se actúa con lealdade e en base ao respecto mutuo superando preconceptos sobre as partes, e situando as prioridades políticas por riba da conxuntura de cada axente. |
PRAZA_8659 | O secretario de organización federal dos socialistas, Óscar López, asegura que o partido prevé un cambio de estatutos para permitir a renovación dos liderados en votación directa pero que a federación galega non pode adiantarse | Primarias si, pero non antes do verán. A dirección federal do PSOE move devagar as súas posicións dende a negativa total a que os seus liderados sexan renovados a través de votación directa ata a aceptación desta premisa, pero non polo momento. O pulso lanzado dende o PSdeG, co seu plan para designar secretario ou secretaria xeral mediante primarias o vindeiro xuño, semella que impulsou a cúpula que encabeza Alfredo Pérez Rubalcaba a flexibilizar as súas posturas, pero non o suficiente como para que a axenda do socialismo galego non varíe. Primarias, si, pero despois do outono. O secretario de organización do PSOE, Óscar López, confirmaba na mañá deste xoves, durante un almorzo informativo en Madrid, que a dirección do partido está aberta a un cambio estatutario para que as primarias non só se limiten á elección de candidatos electorais. "Se todos os cidadáns poderán elixir o candidato á secretaría federal, o lóxico é que os militantes o fagan directamente", explicitou López, en referencia á previsión de celebrar primarias abertas. Pero esta mudanza, advirte, esixe unha reforma estatutaria e esta non culminará ata a conferencia política que a formación celebrará no outono. Á dirección galega correspóndelle decidir se mantén o pulso con Rubalcaba ou se tenta convencer ao Comité Nacional de adiar a renovación ao outono Neste contexto, e co Comité Nacional do PSdeG convocado para, este mesmo venres, botar a andar as primarias galegas, o número tres de Rubalcaba advirte de que "ningunha dirección, nin a federal nin as rexionais, poden cambiar as normas do partido, pero si poden iniciar un debate e é o que temos aberto agora". Deste xeito, López vén admitir que, en boa medida, o reto lanzado dende Galicia forzou o cambio de rumbo, pero que o veto se manterá ata que haxa novos estatutos. Así as cousas, o interrogante agora sitúase sobre o líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, a quen lle corresponde agora decidir se mantén o pulso con Rubalcaba ou, ao contrario, tenta convencer o Comité Nacional Galego -que apoiou as primarias co máis do 95% dos votos- de que cómpre agardar ao outono para a renovación interna. Isto implicaría, polo tanto, atrasar as primarias e tamén o Congreso Nacional, xa fixado para o 6 de xullo. Este adiamento era, precisamente, o que temían algúns dos sectores máis críticos coa actual dirección do PSdeG. |
NOS_17353 | Conversamos con Flor Baena, a irmá pequena de Humberto, quen na súa derradeira carta, con tan só 24 anos, escribía: "Papá, mamá. Executaranme mañá. Quérovos dar ánimos. Pensade que eu morro, mais a vida segue". Xunto José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Ángel Otaegui e Juan Paredes Manot, "Txiki", Humberto Baena foi executado após un proceso xudicial acelerado e ateigado de irregularidades. | O 27 de setembro cumpríronse 40 anos dos últimos fusilamentos da ditadura. Tres militantes do FRAP, Xosé Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz, e dous da ETA, Ángel Otaegui e Juan Paredes Manot, "Txiki", foron executados após un proceso xudicial acelerado e ateigado de irregularidades. Conversamos con Flor Baena, a irmá pequena de Humberto, quen na súa derradeira carta, con tan só 24 anos, escribía: "Papá, mamá. Executaranme mañá. Quérovos dar ánimos. Pensade que eu morro, mais a vida segue". Flor confesa que a peor parte foi "o dano moral que sufriron os seus pais. Iso non hai xeito de revertelo", lamenta emocionada. "Teño a esperanza de que Peter fique na historia como un asasinado e non coma un asasino", expresa esta activista da memoria, quen nos explica que as feridas seguen sen cicatrizaren, "é imposíbel que fechen porque non se fixo xustiza". Como viviu a súa familia o fusilamento de Humberto Baena? Eramos tres irmáns: Fernando, Peter (como lle chamabamos na casa a Humberto) e mais eu. Sempre foi moi serio, mais encantáballe vacilarme. Metíase moito comigo, mais sempre me protexía, por ser a pequena. Criámonos xuntos na casa de meus pais (Fernando criárase coas miñas tías), quizais por iso tiñamos unha complicidade enorme. Peter estudou o bacharelato no instituto Santa Irene, onde coñeceu a Ferrín. A partir de entón, xurdiron nel as inquietudes políticas.A súa primeira detención tivo lugar cando estudaba Filosofía e Letras en Santiago. Foi logo de participar nunha sentada para protestar polos métodos do reitor. Ese día a policía detivo perto de 200 estudantes, pero entre eles non estaba meu irmán. Con todo, esa fin de semana a policía foi á casa de meus país e levouno. Supostamente, ía á comisaría de Vigo, mais mandárono para A Coruña e tivérono dous meses detido alí. Nin sequera lle permitiron facer os exames e perdeu o curso. Meu pai tivo que pagar unha fianza de 15.000 pesetas (eran moitos cartos daquela e tivo que pedilos prestados) para poder traelo para a casa. Que aconteceu no xuízo pola participación na sentada? O xuízo tivo lugar dous anos após de pasar iso. Saíu absolto porque o único que fixera fora ficar sentado. Malia saír absolto, deixáronlle antecedentes penais. Foi moi inxusto, pois era inocente. Soubo que lle deixaran antecedentes cando quedou sen un posto de traballo en Citroen debido ao certificado de penais. Daquela, os antecedentes penais duraban cinco anos e por iso tivo que traballar de peón de fundición nunha empresa na que todos os días había algún accidente laboral. Ese 1 de maio de 1975 meu irmán non foi á manifestación dos traballadores por motivos persoais. Agora xa pode contarse o porqué: a súa moza era a filla dun señor da Falanxe. Contaba que recibía unhas malleiras terríbeis. Escapou da casa e meu irmán e os amigos, que a axudaron a escapar, decidiron non ir aos protestos porque ese señor estaba á espera de os coller. "Non quería volver pasar polas malleiras que recibira na Coruña e marchou. Esa noite pasouna na casa dos pais de Suso Vaamonde en Vigo" E nesa manifestación, acabou morto un operario de Fenosa… Un policía de paisano disparou ao aire e matou un empregado de Fenosa, aínda que a esquela dicía que morrera por un accidente laboral. Cando meu irmán e os amigos souberon disto, foron ao Faro de Vigo e contrataron unha esquela que indicaba que morrera pola represión policial. No Faro, pedíronlles os carnés de identidade e cobráronlles a esquela, mais nunca chegaron a publicala. Ao día seguinte, comezaron a deter as 13 persoas que se identificaran no Faro. Entre estas persoas atopábase José Pablo, o curmán do meu marido. Estabamos comendo na casa de meus pais cando dixen que algo pasara con José Pablo e, de seguido, Peter dixo: "entón veñen a por min". Non quería volver pasar polas malleiras que recibira na Coruña e marchou. Esa noite pasouna na casa dos pais de Suso Vaamonde en Vigo. O pai de Suso e un familiar levaron María –a súa moza- e Peter a Madrid. [Esta entrevista foi publicada a dupla páxina no caderno A Fondo nº127, que podes mercar xa na nosa loxa] |
NOS_9059 | No traballo por secuencias que aplicamos en 1º ESO a prensa protagoniza todo un proxecto. O obxectivo é a creación de noticias sobre o contorno para realizar colectivamente un noticiario radiofónico. | O amplo abano de xéneros xornalísticos e o seu valor para estear a aprendizaxe nuns tempos de saturación e terxiversación no que as redes están a substituír os medios tradicionais, outórganlle a este recurso xa clásico aínda maior relevancia no ensino. E a súa presenza no currículo xa desde a primaria non se limita aos aspectos formais, senón que nos impele a formar persoas competentes na lectura e na composición de textos. A proposta que desenvolvemos no Milladoiro leva por título Outras novas e segue o proceso que deseñan os obradoiros posibilitadores dunha produción final. Neste caso trátase de saber recoller e contar feitos con relevancia no noso día a día, colectivos ou emocionais, non necesariamente locais. A maiores, trasládase a expresión máis complexa da escrita a un guión radiofónico que a aproxime á fala. Malia esas implicacións, actívanse as habilidades para evitar calquera fórmula valorativa. Nese labor, empregamos fundamentalmente fontes dixitais, tanto escritas -mediante capturas- como radiofónicas e televisivas. Mais, a achega final do Nós en papel serviu para profundar na estrutura do xornal, nos elementos paratextuais e, sobre todo, na diversidade de xéneros e temas, presentes desde unha perspectiva de noso. O interese que espertou o diario físico, xa desde os aspectos estéticos e da distribución dos contidos, percibiuse claramente e quedou plasmada nos comentarios do alumnado. Abordamos de xeito transversal o mito da obxectividade plena dos xéneros informativos. Incidimos en primeiro lugar na propia escolla do que merece ser contado, mais tamén na relevancia outorgada ás novas publicadas e, por suposto, nas intencións comunicativas e as fórmulas básicas da modalización inseridas nun aparente ton obxectivo. Realizamos tamén un mínimo contraste entre medios no referente á escolla dos feitos noticiábeis e á perspectiva, visíbel xa nos propios titulares. Foi rechamante a ausencia de determinadas novas de entidade na CRTVG, nomeadamente a contaminación da auga da Limia por macrogranxas impulsadas polas institucións. Todas as demais cabeceiras empregadas si atenderon esa situación que se fixo pública en 2020. Nesa liña, o alumnado tamén advertiu un veto inexplicábel a este xornal, ao único en papel en galego, nun coñecido programa da televisión pública na sobremesa, no que se comentan temas de actualidade co apoio de novas da prensa. Todos os recortes que se amosan, agás os dos informativos da propia TVG e mais dalgún caso illado comarcal, son de publicacións en español. Nós Diario non existe. A lingua propia é unha excepción. Así, a procura de explicación a feitos coma este, á marxe dos temas tratados, e a debulla das consecuencias sociolingüísticas fanse especialmente rendíbeis. A denuncia pública e a apertura dunha campaña convértense en novos obxectivos de produción. Opera unha vontade ideoloxizadora na maioría da prensa; mais cómpre ter as ferramentas necesarias para ler tras liñas tan grosas O marco é doado de apreciar. Estamos ante uns medios supostamente galegos que dedican un obituario de fin de ano a "celebridades" como Ruíz Zafón ou Armando Manzanero e que obvian nese informativo a Luz Pozo ou a Lino Braxe, este mesmo ligado estreitamente como actor ao ente público. Situámonos fronte a decisión de xestores dos cartos de todas e todos de reprimir a creatividade coa ameza de feche do espazo de regueifas en Luar. Ou estamos diante da ausencia flagrante de determinadas cantantes e grupos na cadea autonómica. Son só algunhas formas (iso si, das máis vergoñentas) de guiar a substitución lingüística. De por parte e de xeito case espontáneo, co uso didáctico dunha publicación periódica en galego non submisa na aula actívanse dúas estratexias de normalización elementais. Unha delas é a aproximación ao amplo abano de creacións culturais en lingua galega, a referentes con valor para a identificación, a sedución e a modelación. Un xornal de país é unha auténtica solaina aberta -entre outras- á música, ao cinema, á literatura, ás artes, para superar os prexuízos e poder gozar da nosa cultura. As xaneliñas da contraportada do Nós, a modo de pílulas ilustradas, amósanse especialmente atraentes. A outra estratexia que vén dada é o seguimento analítico da actualidade da lingua, desde as iniciativas que liberan o orgullo até os reiterados pasos atrás nesa promoción do idioma que deberan realizar as institucións. Así mesmo, dentro do nivel de desenvolvemento cognitivo do alumnado, acabamos por explorar vías de confrontación racional dos discursos supremacistas e lingüicidas actualmente reactivados. En todo caso, a atención á realidade do contorno social e a presentación dos feitos mantendo un ton obxectivo son máximas que a práctica totalidade do alumnado de doce ou trece anos demostra que é quen de cumprir. Ou sexa, sitúase no exercicio dun xornalismo honesto do que tamén puido ver modelos na lingua do país. Non se precisan máis evidencias para concluírmos que opera unha vontade ideoloxizadora na maioría da prensa. Mais cómpre ter as ferramentas necesarias para ler tras liñas tan grosas. |
PRAZA_8283 | Non é a próxima de Bardem; é o camiño que se percorre dende a sospeita até a certeza. Os mesmos que piden a cabeza do imputado cando non é da súa corda, serán os que queiran agardar até a sentenza se é dos seus. | Imputado é un dos termos de moda, agora que os informativos tiveron que incluír un apartado "Corrupción" na subsección "Tribunais", parte do que antes era "Nacional". Seguro que se facemos unha "nube de tags" coas palabras máis habituais na prensa, sería unha das máis gordas, das que máis se repiten. Utilízase habitualmente como arma arreboladiza ("ten que dimitir, está imputado"), ou como defensiva ("non ten por que dimitir, só está imputado"). En suma, parece un vocábulo maleable, voluble, que pode usarse para confundir e despistar. E ese é, precisamente, o cabalo de batalla deste blog, tratar de manter baixo control as ambigüidades, e os equívocos a que dá lugar a utilización coloquial ou xornalística da linguaxe técnica xurídico. Por simplificar, vou recorrer a unha explicación baseada en tres círculos concéntricos, un dentro doutro, cada un máis pequeno que o anterior. O circulo exterior sería o da "posibilidade". Alguén presenta unha denuncia contra alguén. Fulanito contrata un avogado e se querela contra Menganito. A policía investiga un delito, e presenta un atestado no xulgado de garda, sinalando como autor a Zutanito. Este tres supostos supoñen a aparición de indicios de criminalidade que apuntan a unha persoa concreta, como posible autora dun feito previsto na Lei como delito. É dicir, xerouse unha dúbida sobre a honradez dunha persoa. Foi imputado. A nosa Constitución esixe que se recupere o equilibrio que foi alterado coa aparición destas sospeitas, concedendo ao imputado a posibilidade de explicarse, de alegar o que estime oportuno, se o estima oportuno. Por iso, en canto unha persoa aparece como imputado nun procedemento penal, o primeiro que debe facer o xuíz de instrución é tomarlle declaración como tal. Ao tratarse da primeira actuación xudicial posterior a que as sospeitan apunten cara a unha persoa concreta, instalouse na opinión pública a idea de que é o xuíz quen converte a esa persoa en imputado. En realidade, é coma se o diagnóstico que o médico lle dá a un paciente convertéselle en enfermo. Enfermo viña de casa, pero agora sabemos o que ten. Xerouse unha dúbida sobre a honradez dunha persoa, foi imputada Pero falabamos de recuperar o equilibrio. Ao comparecer ante o xuíz, o imputado non ten a mesma condición que unha testemuña. A testemuña vai a pelo, ela soíña, mentres que o imputado ten que estar asistido por un avogado. E se non hai avogado diante, a declaración é nula, non se pode ter en conta. Da mesma maneira, mentres a testemuña está obrigada a dicir a verdade, e se a collen en mentira responderá por un delito de falso testemuño, o imputado non está obrigado a declarar contra si mesmo, nin a declararse culpable. Aínda que o sexa, non ten por que recoñecelo. Isto estirouse un pouquiño máis da conta, e chegouse ao extremo de afirmar que o imputado ten dereito a mentir. Na práctica, teno. Ao que non ten dereito é a que os demais se crean as súas mentiras. Cando o procedemento avanza, e reúnense elementos incriminatorios suficientes (documentación, informes periciais, declaracións de testemuñas...), penetrámonos nun segundo círculo, o da "probabilidade". Agora a cousa xa non queda en meras sospeitas, denuncias ou atestados policiais. O xuíz dita un auto, no que reúne os datos dispoñibles: o bicho parece ter pelo, catro patas e ladra. E a continuación, pásalle o asunto ao fiscal. O fiscal, despois de mirar a causa de arriba a abaixo, presenta un escrito que recibe os nomes de "cualificación", "conclusións provisionais" ou "acusación", pero que é o mesmo: se o bicho ten pelo, catro patas e ladra, a Fiscalía entende que é un can. E chámallo. Acúsao. A continuación, van as acusacións particulares e populares, se as hai, que realizan a mesma operación. Por iso, deixa de ser un mero imputado e pasa a ser acusado. Iso non significa que sexa un can, só que é probable que o sexa. Pode ser que, en realidade, os indicios sexan erróneos. Pode que non teña pelo, pode que se contasen mal as patas, e pode que o ladrido viñese doutro sitio. Ou mesmo pode que, reunindo o tres características, sexa un lobo ou un raposo, que tamén son cánidos, pero non son cans. De pór en dúbida a condición canina é do que se encargará o avogado, a través do seu escrito de defensa. Unha vez presentados os distintos escritos de acusación e defensa, entramos no xuízo propiamente dito. O xuízo oral. Aquí teñen que pasar as testemuñas, examínase aos peritos e lense os documentos que faga falta. Neste punto, os que até agora eran indicios, convértense en probas. Se a testemuña se contradí ou non declara, o informe do perito é impugnado con éxito, ou o documento resulta non ser válido, esa proba non servirá para fundamentar unha sentenza condenatoria. E na sentenza é cando entramos no círculo interior: o da "Certeza". Cando o político de quenda resulta imputado, os seus correlixionarios esixirán que se respecte a súa presunción de inocencia, os seus adversarios esixirán a súa cabeza Cando o xuíz, ou o tribunal, dita sentenza, xa non "cre", "sospeita" ou "barrunta". Está seguro ao cento por cento. Aínda que se equivoque, que para iso están os recursos. Ao razoar a sentenza, o xuíz vese obrigado a explicar como as probas practicadas no acto do xuízo conduciron a destruír a presunción de inocencia do acusado, convencéndolle da súa culpabilidade máis aló de calquera dúbida razoable. Por iso, desde o momento en que se dita a sentenza condenatoria, presunto só significa "xamón" en portugués. E aquí, o que temos xa é "chourizo" condenado. Cando o político de quenda resulta imputado, os seus correlixionarios esixirán que se respecte a súa presunción de inocencia, ata que haxa sentenza. Os seus adversarios, en cambio, esixirán a súa cabeza desde o mesmo momento en que apareza imputado, sen esperar a que sexa condenado. É necesario situarse nun destes dous extremos? Non sería máis ecuánime esperar, polo menos, a que alguén formule acusación" Non teño resposta a esa pregunta, pero agora vostedes teñen os conceptos básicos para formarse unha opinión propia. P.S: non me metín nas procelosas augas do sumario, o procedemento para delitos castigados con máis de nove anos de prisión, e a súa decimonónica institución do "procesado", por non castigarlles máis as meninges. |
NOS_23528 | Organizacións, colectivos e asembleas estudantís chaman á mobilización o 26 de febreiro. É o TEMA DA SEMANA no número 134 de Sermos Galiza. | Agir, Comités e a Liga,Acción Universitaria, AEOP, ARDE, Asemblea Aberta de Lagoas, Asemblea Campus Histórico, Asemblea Campus Sur, Asemblea EcoAde, Asemblea de Estudantes de Burela, Asemblea Estudantil do Couto, Asemblea Filoloxía, Asemblea FP Politécnico e CEL chaman a baleirar as aulas o 26 de febreiro. A convocatoria, embora fose lanzada a finais de 2014, coincide poucas semanas despois de se aprobar máis unha reforma educativa. E van unha ducia desde 1970. Esta semana no número 134 debruzámonos sobre as razóns do estudantado para secundar a greve e facémolo dándolles voz a alumnado do ensino medio, da universidade e dos ciclos de Formación Profesional. Noela, Ramón, Tamila, Daniel e Alfredo explícannos os motivos para deixar baleiras as aulas en defensa dun ensino "público, popular, científico, antipatriarcal e de calidade". Aliás, repasamos as reformas educativas aprobadas no Estado español desde 1970. A íntegra da reportaxe podes achala no número 134 de Sermos Galiza, xa nos quiosques do país, e disponíbel aquí na nosa loxa. |
NOS_19367 | O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, responde ás críticas da CIG-Ensino que revelaron que case un terzo do persoal docente con destino provisional impartirá materias diferentes ás da súa especialidade o próximo curso. | O goberno galego respondeu a denuncia realizada pola CIG-Ensino a respeito da crecente precarización laboral no profesorado e dos efectos desta na calidade do ensino público. Fíxoo por boca do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que en declaracións aos medios de comunicación defendeu como algo "absolutamente normal" que case un terzo do profesorado se vexa obrigado a impartir materias diferentes ás da súa especialidade. Rodríguez negou que tal situación vai en detrimento da calidade educativa e defendeu a medida alegando que en moitos casos se trata de "materias afíns". "Un profesor de matemáticas pode dar física e química e viceversa, porque é moi próxima á súa formación", defendeu. Segundo datos ofrecidos pola CIG-Ensino, 1.195 das e dos 4.250 docentes –isto é, o 28%--con destino provisional en institutos de ensino secundario, de FP, escolas oficiais de idiomas ou ensinanzas de réxime especial que haberá no curso 2017/2018, van ter que impartir unha ou dúas materias afíns, e en moitos casos ámbitos propios da formación profisional básica e dos programas de mellora de aprendizaxe e rendemento da ESO. Unha cifra ue, alertan, elevarase cando se coñeza a adxudicación definitiva de prazas no mes de setembro, por non se incluíren as suprimidas polo fechamento de centros nin as interinaxes excluídas por erros da adxudicación. O conselleiro non fixo referencia ningunha a outros aspectos denunciados pola federación educativa da CIG, como o alargamento da xornada lectiva de 18 a 20h, o continuado retallamento do cadro docente, a masificación de aulas ou o feito de que o 60% do profesorado con destino provisional sexa interino. Circunstancias que, para a central nacionalista, inciden nunha maior precariedade das e dos docentes do ensino pública. |
NOS_22603 | A Federación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia mantén unha férrea loita na defensa das usuarias destes centros. | —Algunhas das persoas residentes en DomusVi O Barreiro (Vigo) estiveron, temporalmente, acollidas nunha residencia de Panxón, en Nigrán, durante o confinamento. Como foi a súa experiencia alí?Foi moi boa, porque o número de persoal traballador era, para as usuarias do Barreiro, incribelmente alto. Así que estaban ben coidadas, o médico falaba con elas, a algúns mesmo lles sacaron algunha medicación, tomaban peixe fresco... —Alí deriváronse persoas que deran negativo pola Covid-19 pero ao pouco houbo problemas, que pasou?As probas PCR non se fixeron nas condicións axeitadas porque puido producirse contaminación. Cando foron como negativas, claramente os resultados non eran correctos. Houbo que repetir as probas, coas 22 persoas. Deron todas as usuarias negativo agás dúas que ían contaxiadas do Barreiro, unha delas, desgraciadamente, faleceu e a outra foi trasladada de novo ao Barreiro. Alí xa estaban a chegar outros negativos da residencia de Crecente, así que esa DomusVi estaba converténdose nunha residencia na que convivían contaxiados e non contaxiados. —E que pasou cando todas as usuarias tiveron que volver á residencia do Barreiro?Nós falamos de maltrato institucionalizado, é dicir, hai cuestións de malas prácticas que se converten en costume. —A que se refire ao falar de malas prácticas?A calidade alimentaria segue a ser ínfima, a pesar de que o centro posúe unhas boas instalacións de cociña. O servizo de comidas estalle concedido á empresa Serunión, que nos últimos anos recibiu graves críticas, e mesmo lle retiraron a concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro. Pásase fame e vense na obriga de mercar na cafetaría da resi-dencia, por exemplo, e non se teñen en conta as problemáticas alimentarias de ninguén. Hai un completo abandono. —E como están a ser o verán e as fins de semana?Nesta última fin de semana teño coñecemento de que non había ninguén da dirección do centro, ningún médico de garda e, nin sequera, alguén para asistencia social. Quéixanse de que non hai unha soa persoa que quede un sábado ou un domingo polo que poida pasarlles ás persoas usuarias e que pagan por estaren atendidas. Deixan as persoas maiores soas e se, por exemplo, unha non quere cear non cea... ninguén dirixe o centro. —E se hai unha emerxencia? Téñense dado casos de persoas que, por exemplo, padeceron unha caída fortuíta, pola noite, na súa habitación. Neses casos houbo que ir ao hospital e á persoa doente houbo que porlle puntos de sutura, ou fa- cerlle curas, revisala en xeral. Ten pasado iso sen que ninguén do persoal se ocupase ata bastante tarde. Hai usuarias que permaneceron varias horas de madrugada, literalmente tiradas no chan, agardando que alguén fora na súa axuda, nun baño ou nun dormitorio no que non funcionaba o timbre e sen persoal que oíse as súas queixas. Por se isto non fose suficiente, cando se reincorpora o médico titular da residencia as persoas usuarias, que confían en min, cóntame que se ten dado o caso de que nin sequera as revise, que nin pregunte que foi o que aconteceu... Traballan con persoas maiores que poden ter problemas de insomnio, atoparse mal no medio da noite, que poden querer ducharse, ou que poden decidir saír e non hai ninguén que as atenda. —Pero como consecuencia dun incidente así, pode estar pauta- da unha medicación...No último caso do que tiven coñecemento, unha das persoas usuarias ademais de ter que fa- cer curas, tiña dor de cabeza, o médico do centro nin a revisou, e o resto de persoal auxiliar, segundo me comentan sempre as residentes, para calquera tipo de dor o único que administran é Nolotil. Así está a cousa. —Esa situación lévaos a reclamar con urxencia unha serie de medidas. Cales son?Desde a Asfareba pedimos, en canto ao Barreiro, en primeiro lugar a dimisión da directora, Sara Iglesias, e en xeral , pero tamén en xeral para as 30 residencias DomusVi que hai na Galiza, queremos un cambio drástico das condicións nas que malviven as persoas usuarias; un persoal acorde co momento que estamos a vivir. É preciso que se actualicen as ratios óptimas, porque o que temos agora está obsoleto, data de 1996. E, por suposto, unha lei de resi- dencias, que aquí a Xunta pode sacala adiante porque temos as competencias transferidas. "Sufrimos 47 mortes en Vigo e 38 en Aldán" No inicio da pandemia a residencia DomusVi do Barreiro (Vigo) foi das primeiras con contaxios. Paulino Campos fala do "forte impacto emocional que iso supuxo", e despois chegaron a ter "200 positivos entre Aldán (Cangas) e O Barreiro, dúas residencias que suman 300 persoas usuarias". O peor foi cando chegaron as mortes, "o 17 de marzo solicitamos a intervención pública destas residencias", di o presidente da REDE, unha intervención que "se produciu 13 días despois da alarma e do SOS que lanzamos naquel momento". Desta dilación as familias, di Campos, "responsabilizamos a Xunta, porque a carga viral nesas residencias foi en claro aumento", asegura. Agora, meses despois do traslado de usuarias sans de xeito temporal a outros lugares, a situación do centro vigués segue a supor, nas súas palabras, "o mesmo abandono de sempre". |
PRAZA_14684 | Cans e Curtocircuito pasan de recibir dez mil euros na convocatoria de 2011 a non recibir nada na deste ano. A achega do ICAA supoñía o 12% do orzamento do festival porriñés e a súa eliminación complica a organización do décimo aniversario a espera de concretar o apoio de Agadic. | O Ministerio de Cultura vén de retiralle a axuda económica á organización do Festival de Cans, o Curtocircuito compostelán, a Gala dos Premios Mestre Mateo e a Mostra de Cine Periférico da Coruña (S8). Cans e Curtocircuito pasan de recibir dez mil euros na convocatoria de 2011 a non recibir nada na deste ano. A achega do ICAA ao festival porriñés supoñía o 12% do orzamento e a súa eliminación é "un duro golpe á liquidez do festival" e complica a organización do décimo aniversario a espera de concretar o apoio de Agadic. O Festival de Cans está agardando desde hai máis dun mes unha resposta da Axencia Galega das Industrias Culturais para manter unha reunión na que abordar o apoio económico desta entidade á decima edición. Polo festival, convertido nun referente para o audiovisual galego, este ano pasaron 11.000 persoas. A resolución do Ministerio de Cultura, publicada este martes, concede 5 mil euros ao Play-Doc de Tui, fronte aos 10 mil que recibiu este ano. E deixa sen apoio a Cans, o Curtocircuito compostelán, a Gala dos Premios Mestre Mateo e a Mostra de Cine Periférico da Coruña (S8) por non chegar "á puntuación minima esixida". |
NOS_14063 | O xornal monárquico defende a Casa Real, tenta desacreditar as revelacións de Torres na súa declaración perante o xuíz ("o xefe é o Rei", chegou a dicer o ex socio de Urdangarín) e, iso si, continúa batendo contra Chávez. | Esta mañá, o xornal madrileño evitou levar á capa da súa edición dixital as revelacións de Torres en relación á presunta implicación do propio Juan Carlos I no caso Nóos. Os novos datos sobre a presunta trama de corrupción que agora implica a un dos membros da Casa Real, Iñaki Urgangarín, publicounos a xornalista Alicia Gutiérrez en InfoLibre.es. Na edición en papel o editorial de ABC fala de "estratexia" e de "cumprir a ameaza" de Diego Torres en relación ao seu caso e defende a postura do Rei "que afirmou na mensaxe de Nadal de 2011 que a xustiza é igual para todos". Finaliza asegurando que "por defectuoso que sexa o sistema xudicial este non pode caer na chantaxe". Após oito páxinas adicadas á renuncia do Papa, o xornal madrileño trata o tema dos novos datos achegados por Torres como unha "fuxida cara adiante". para desautorizar as últimas probas do ex-socio de Urgangarín achegan a declaración de Francisco Camps, ex-presidente da Generalitat Valenciana e imputado en 2009 pola trama Gürtel. Ataques a Chávez O xornal que dirixe Bieito Rubido continúa cos seus ataques contra Hugo Chávez. Segundo o xornal madrileño "as fotos de Chávez non convencen" en relación ás imaxes que o goberno venezolano fixo públicas o sábado. Realiza un seguimento das protestas diante da embaixada cubana en Venezuela que o goberno dese país denominou "tarantín golpista". |
NOS_14943 | Alcalde da Coruña de 1979 a 1981, dirixente de Esquerda Galega e posteriormente do Bloque Nacionalista Galego -parlamentar coas dúas formacións políticas-, varias veces campión galego de xadrez, Domingos Merino, nado na Coruña en 1939, foi tamén vicevaledor do Pobo Galego. "Era moi boa persoa. Un tanto reservado. Tiñamos plena confianza o un no outro", evoca Camilo Nogueira. | Nas eleccións de 1979, a candidatura de Unidade Galega encabezada por Domingos Merino obtivo 5 concelleiros, un menos do que o PSdeG. A alcaldía foi para Domingos Merino, após un acordo nacional de Unidade Galega co PSOE, que obtivera en troca os bastóns de mando de Vigo e Ferrol. Unidade Galega foi a marca coa que concorreron naqueles comicios o Partido Obreiro Galego, o PSG e o Partido Galeguista. A capela ardente instalarase no Salón de Sesións do Pazo de María Pita esta quinta feira entre as 13.00 e as 20.00 horas, cando terá lugar un acto aberto para despedilo Domingos Merino mantívose ao fronte do goberno municipal até 1981, ano en que prosperou unha moción de censura promovida pola UCD. Foi, portanto, o primeiro alcalde da Coruña no actual réxime político, após a ditadura, e tamén o primeiro alcalde nacionalista da cidade. Parlamentar no Pazo do Hórreo nas filas de Esquerda Galega na III lexislatura, pasou a integrar as do BNG -siglas coas que tamén foi deputado, nas lexislaturas V e VI do Parlamento galego- no momento en que Unidade Galega se sumou á fronte soberanista. Persoa de talante afábel, tiña, alén da política, unha paixón, o xadrez, deporte-ciencia en que brillou até o ponto de alcanzar a categoría de maestro nacional. Nas filas do Deportivo (naquela altura o clube coruñés tiña sección de xadrez), Domingos Merino conquistou o campionato galego até en 5 ocasións e foi medalla de bronce no torneo estatal en 1972 e 1973. O actual alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, dedicou palabras de lembranza a Merino ao coñecer a noticia do seu pasamento: Fóisenos o alcalde Domingos Merino, con quen volveu a democracia ao Concello da Coruña. Chegou nun día alegre e histórico e trouxo a ilusión e a esperanza a unha cidade que debía ser un faro e un orgullo para Galicia. Déixanos nun día tristísimo. Grazas, Domingos, e até sempre. pic.twitter.com/6LY8AqjMxX— Xulio Ferreiro (@XulioFerreiro) 31 xaneiro 2018 Se alguén coñece ben no plano político e humano Domingos Merino é Camilo Nogueira, con quen partillou militancia e labores de dirección. Camilo Nogueira: "Era unha boa persoa. Un tanto reservado. Tiñamos unha confianza plena o un no outro" En declaracións a Sermos, veladas pola emoción, Nogueira deixa este retrato de Domingos Merino: "Era moi boa persoa. Un tanto reservado. Tiñamos unha confianza plena o un no outro". "A nosa amizade viña xa desde o franquismo", afirma. "Sofreu acometidas tremendas durante a etapa na alcaldía da Coruña. Viñamos dunha ditadura e os perdedores daquelas eleccións nunca llo perdoaron. El actuou con moita dignidade en todo momento", evoca. Tamén Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, reaxiu nas redes perante a noticia do falecimento: Recibo con tristeza a marcha de Domingos Merino. Quero lembralo como o home dialogante, sereno e honesto que foi. Un galego de nación que defendeu e amou o seu país: Galiza. Sempre na memoria amigo e compañeiro de loitas! pic.twitter.com/NKzwlFAu11— Ana Pontón (@anaponton) 31 xaneiro 2018 A homenaxe de 2014 O BNG rendéralle homenaxe a Domingos Merino en 2014 co motivo do 35 aniversario da súa chegada á Alcaldía. O Bloque, por meio dun comunicado, lembra esta cuarta feira "o seu papel democratizador no concello coruñés abrindo as súas portas á participación cidadá, facilitando a súa asistencia con plenos vespertinos". Valoriza aínda o feito de ter sido "pioneiro na utilización da lingua galega no Pazo de María Pita". O Bloque quer salientar que Domingos Merino foi "un deses políticos que sempre actuou en defensa do interese colectivo, con honestidade e rigor, para conseguir unha Galiza orgullosa do seu pasado e con futuro". |
NOS_34836 | O alcalde de Ourense asegurou que a súa xestión de Democracia Ourensá (DO) é "impoluta". | O Xulgado de Instrución número 2 de Ourense decretou o sobresemento provisional da causa por un suposto delito de malversación de fondos públicos contra o rexedor municipal de Ourense por Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Xácome. Xácome contrata como asesora a muller do xuíz que o investiga por malversación Os feitos investigados partían dunha denuncia anónima que acusaba o rexedor dun posíbel desvío de 100.000 euros das contas do seu partido entre 2015 e 2018, nos cales Xácome era edil na oposición. En concreto, o Ministerio Público estudaba a retirada de dous cheques por parte do líder de Democracia Ourensá dunha contía de 20.000 e 30.000 euros cada un. Ademais, tamén investigaba os pagos do grupo municipal pola licenza do espazo de televisión de Auria TV, propiedade do actual rexedor municipal. A Fiscalía pide o arquivo da denuncia por malversación de fondos públicos contra Xácome Xa no pasado mes de marzo a propia Fiscalía solicitaba o sobresemento da causa. Anunciábao o rexedor municipal a través das súas redes sociais e tamén DO mediante un comunicado, afondando en que, "a través dun informe claro e contundente", a Fiscalía "examinara todos e cada un dos movementos" considerando que "estaban xustificados e que non existía ningún indicio incriminatorio" e por iso pedían o sobresemento. Nese mesmo comunicado, engadían que a Fiscalía afirmaba que "todas as facturas foron achegadas no seu momento ao Tribunal de Contas e non formulou ningunha obxección respecto diso". Para o alcalde, isto confirmaba "o que sempre se mantivo, que as acusacións non tiñan ningunha base". Xestión "impoluta" Nun comunicado publicado esta terza feira, Xácome relata que tivo que declarar en calidade de investigado polos presuntos indicios de malversación de fondos públicos e que, cando o fixo, "a propia Fiscalía retractouse e pediu o sobresemento", así que agora celebra que "a xustiza arquiva a causa", aínda que sexa de forma provisional. "Non lle dei demasiada importancia no seu día, xa sabía que era unha denuncia máis sen base e tampouco me sorprende agora", manifestou, engadindo que si que lle "chama a atención" como "sen base algunha" a oposición "criticou e pediu a miña dimisión sen sentido". Ademais manifestou que "queda demostrado" que a xestión do seu partido "é impoluta". Xácome cualifica o seu mandato de "histórico" Nesta mesma liña, afirmou que no Partido Popular "queda en dúbida o seu criterio e responsabilidade" xa que, "por unha causa previa case idéntica, tamén arquivada" abandonaron o grupo de goberno. No novo auto, con data do 15 de xuño, o escrito recolle que "non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito", que deu motivo á formación da causa polo que se procede a decretar o sobresemento provisional das actuacións. |
PRAZA_15241 | O 44,7% dos seus proveedores son asiáticos pero a multinacional non desvela que empresas traballan para ela en ningún país do mundo nin cales son as condicións dos seus traballadores subcontratados. | En Bangladesh, 223.000 persoas traballan indirectamente para Inditex. É o mesmo país onde hai só uns días faleceron máis de 100 traballadores no incendio de dúas fábricas téxtiles. Esa traxedia volveu pór de relevo a falta de seguridade laboral no segundo produtor mundial de pezas téxtiles por detrás de China. Inditex non desvela que empresas traballan para ela nin en Bangladesh nin en ningún outro país. Non publica nin o nome dos seus provedores, nin cales son as condicións dos seus traballadores subcontratados. Pero abonda un dato para comprobar a relevancia que Bangladesh ten no seu modelo de abastecemento. O persoal en nómina da multinacional galega era de 109.000 empregados ao peche de 2011, practicamente a metade de persoas que traballan para ela no país asiático. En Bangladesh, o salario medio dun traballador téxtil é de 31 euros ao mes, segundo destacaron os sindicatos locais tras o incendio do pasado sábado. Para a empresa propietaria dona de Zara, Bershka ou Massimo Dutti, a súa presenza en Asia é esencial, como o é para o resto de multinacionais téxtiles como H&M, GAP ou C&A. Todas aproveitan os baixos custos de produción en China, India, Paquistán ou Cambodia para poder manter a súa competitividade e os seus prezos de venda o máis reducidos posibles, máis aínda en tempos de crises de consumo. A empresa fundada por Amancio Ortega ten nese continente 625 dos seus 1.398 provedores. Esas sociedades deben cumprir un requisito: elaborar para ela máis de 20.000 pezas anuais O 44,7% dos provedores de Inditex son asiáticos. A empresa fundada por Amancio Ortega ten nese continente 625 dos seus 1.398 provedores. Esas sociedades deben cumprir un requisito: elaborar para ela máis de 20.000 pezas anuais. En total, a cadea de subministración abrangue máis de 40 países. Trátase de provedores a grande escala que, segundo sinala a compañía, deben cumprir o código de conduta e os estándares de produción fixados desde a sede de Arteixo. Na súa memoria anual, a matriz de Zara engloba os seus provedores por áreas xeográficas (Asia, Unión Europea, Europa non comunitaria, América e África) e só detalla o número de traballadores subcontratados en sete países: Bangladesh, China, India, Turquía, Marrocos, Brasil e India. Neles traballa a través dunha figura denominada clúster. Trátase dun modelo de asociación integrado por provedores, patronais e sindicatos co obxectivo de producir baixo estándares de produción "sustentables" e cumprindo "dereitos laborais fundamentais". Segundo un portavoz da compañía, "o conxunto dos clústers representa case o 90% da produción total de Inditex". Grazas a estas asociacións coñecemos que en Bangladesh contaba a 31 de xaneiro de 2012 (data na que pecha o seu exercicio) con 150 fabricantes, en China alcanzaba os 761, pero con menos traballadores subcontratados, 166.000. En India, os fabricantes que traballan para a empresa española teñen 51.600 empregados, cifra que se reduce aos 48.000 tanto en Marrocos como en Turquía, a algo máis de 15.000 en Portugal e a preto de 10.000 en Brasil. Menos fabricantes na Unión Europea Mentres Inditex traballa cada vez máis con empresas asiáticas reduce progresivamente o número de fabricantes dentro da Unión Europea. En 2009, traballaban para ela 512 provedores que deben cumprir os estándares de fabricación comunitarios. A finais de 2011 esa cifra reduciuse até as 457 sociedades. Non sinala cantos deles eran españois. Mentres, en Europa do Leste (fóra da UE e incluída Turquía) traballaba con 130 provedores. En canto a África e América o seu volume de produción é menos relevante. No continente africano conta con 122 provedores, mentres que en toda América traballa con 64 empresas. A compañía presidida por Pablo Isla xustifica esta distribución pola necesidade de abastecerse en "áreas de proximidade ás sedes das súas cadeas, onde se atopan os equipos de deseño e loxística, o que permite unha rápida e flexible reposta ao mercado". Críticas pola súa falta de transparencia "Falta transparencia, é unha vella demanda no caso de Inditex, que non fai pública a listaxe de provedores, como si fan outras empresas téxtiles" Estes datos son insuficientes para a ONG que perseguen a mellora das condicións laborais dos traballadores téxtiles. "Falta transparencia, é unha vella demanda no caso de Inditex, que non fai pública a listaxe de provedores, como si fan outras empresas téxtiles", asegura Eva Kreisler, coordinadora estatal da Campaña Roupa Limpa, coordinada pola ONG Setem, unha das organizacións máis críticas co modelo de produción de Inditex. O xigante español afirma que todas as empresas que traballan para ela deben cumprir un código de conduta que a compañía supervisa a través de auditorías. "Aplicamos unha política de tolerancia cero con determinadas prácticas, como pode ser o traballo de menores, o traballo forzado ou o incumprimento de políticas salariais adecuadas", afirma Inditex. O ano pasado realizou 2.739 auditorías que, segundo a empresa, pon de manifesto que case o 90% dos seus provedores cumpren o seu código de conduta ou incumpren algún aspecto do mesmo considerado "non relevante". O ano pasado, o Ministerio de Traballo de Brasil denunciou as condicións laborais dunha das empresas subcontratadas por Inditex, onde detectou "deficiencias nas instalacións que supuñan un risco de saúde e seguridade no traballo e irregularidades no rexistro laboral dos seus empregados" Con todo, para Eva Kreisler, as medidas correctivas cara aos provedores prodúcense case sempre a posteriori. Por exemplo, o ano pasado, o Ministerio de Traballo de Brasil denunciou as condicións laborais dunha das empresas subcontratadas por Inditex, onde detectou "deficiencias nas instalacións que supuñan un risco de saúde e seguridade no traballo e irregularidades no rexistro laboral dos seus empregados", segundo asume a propia compañía. O provedor asegurou entón que Inditex era alleo ás irregularidades na subcontratación. A dona de Zara pechou o asunto a través dun acordo co Goberno brasileiro para financiar a ONG locais que amplíe a supervisión das fábricas subcontratadas nese país. Tamén hai pasos na boa dirección. En maio deste ano, Inditex chegou a un acordo coa Federación Internacional de Traballadores do Sector Téxtil (agora rebautizada como IndustriALL) co obxectivo de reforzar o control da súa cadea de produción e recoñecer a liberdade sindical dos seus provedores directos e subcontratados. Os incendios de Bangladesh volveron pór sobre a mesa o traballo aínda pendente. Nese país, as melloras pasan por un proxecto de reforma estrutural da industrial téxtil para mellorar as condicións laborais de forma consensuada entre fabricantes e multinacionais. O proxecto, impulsado pola Campaña Roupa Limpa, conta co respaldo dos sindicatos pero require o apoio de, polo menos, catro das grandes empresas téxtiles que producen no país. Os incendios de Bangladesh volveron pór sobre a mesa o traballo aínda pendente. Nese país, as melloras pasan por un proxecto de reforma estrutural da industrial téxtil para mellorar as condicións laborais de forma consensuada entre fabricantes e multinacionais Polo momento, só o apoiaron a alemá Tchivo e a estadounidense PVH, matriz de Calvin Klein e Tommy Hilfiger. Inditex non valora esta proposta. Asegura que xa traballa con asociacións locais que tratan de mellorar os dereitos dos traballadores e que, por exemplo, o ano pasado visitou e formou a 116 fabricantes locais. Tamén o ano pasado finalizou o pago de indemnizacións polo accidente ocorrido en 2005 nunha fábrica bangladesí chamada Spectrum Garments, cuxo derrubo provocou máis de 60 mortos e que, entre outras compañías, fabricaba para Inditex. |
NOS_14161 | A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentesdenuncia que os traballadores denuncian salarios "ínfimos" e unha carga de traballo "brutal". | A Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes, conformada por asociacións de familiares, usuarios e traballadores de residencias, mostrou o seu apoio á folga convocada polos empregados dos centros de maiores privados a partir do 17 de marzo. Nun comunicado, os colectivos confirman que participarán nas mobilizacións de persoal das residencias privadas que terán lugar a próxima semana en Santiago e Vigo en protesta pola "precariedade das condicións salariais e laborais" que "caracterizan o traballo do persoal das residencias". A Alianza manifestou que os traballadores denuncian salarios "ínfimos" e unha carga de traballo "brutal". Ademais, a asociación explicou que o actual convenio colectivo de Residencias Privadas de Terceira Idade expirou a finais do 2019 e que desde entón "a patronal négase a renovar o convenio ou a actualizar as táboas retributivas". Manifestaron que son conscientes de que só uns traballadores ben pagos e cunhas condicións de traballo "dignas" poderán "achegar aos usuarios uns coidados que se caractericen pola súa calidade e humanidade no trato" Por iso, desde a Alianza manifestaron a súa solidariedade e apoio á loita dos traballadores, así como a súa "vontade de apoiar e participar nas mobilizacións públicas que convocan os sindicatos". A organización galega explicou que recoñecen "plenamente que é aos sindicatos a quen lles corresponde a tarefa de protagonizar as negociacións" e o labor de programar as manifestacións. Ademais, manifestaron que son conscientes de que só uns traballadores ben pagos e cunhas condicións de traballo "dignas" poderán "achegar aos usuarios uns coidados que se caractericen pola súa calidade e humanidade no trato". Por iso, aseguraron que participarán nas distintas mobilizacións e fan un chamamento a que tamén se somen todas aquelas organizacións que defenden uns servizos dignos de dependencia. |
NOS_53261 | Era unha mera cuestión de tempo, nas distintas acepcións do termo. A cunca de Lérez está dende a semana pasada, de maneira oficial, en alerta por seca. Así foi ratificado polo consello reitor de Augas de Galicia, ademais de anunciar unha convocatoria de reunión para todos os concellos afectados que se realizará esta segunda feira. Pontevedra convértese no sétimo sistema hidrolóxico galego que está en alerta pola ausencia de precipitacións. De momento, chámase á tranquilidade e ao consumo responsable. | Polo momento, Augas de Galicia asegura estar realizando un seguimento, así coma os controis habituais nestes casos, e pediu aos concellos afectados que informen da situación aos seus respectivos veciños. Con todo, a situación actual do río Lérez, após as intermitentes chuvias dos últimos días, é "menos má" que a de hai unhas semanas, en palabras do portavoz do goberno local de Pontevedra, Raimundo González. As cifras falan por si soas. No ano 2013, a estas alturas, o principal río da bisbarra presentaba un caudal de 48,72 metros cúbicos por segundo; agora só leva 4,88 (900 % menos que a media rexistrada nos últimos anos). A situación de seca tan extrema vén dada pola suma de diferentes factores. Un deles é o incremento do consumo de auga que están a realizar os concellos do entorno de Pontevedra e que se abastecen directamente do Lérez. Isto vén acompañado das altas temperaturas dos últimos meses e o descenso de precipitacións, o que incide negativamente nos acuíferos e, alén do máis, obriga coller a auga do río. As estimacións realizadas polo goberno local estiman que, cara final de ano, o consumo de auga vaise incrementar por volta de 25 por cento a respeito do ano pasado. O portavoz municipal recalcou, nas súas declaracións, que hai que pensar que 2016 "xa foi un ano malo". Concretamente, os concellos que máis aumentaron o seu consumo de auga no que va de ano foron Bueu (43,4 %), Sanxenxo (41,3 %) e Ponte Caldelas (31,5 %), aínda que neste último o incremento ten a ver coa instalación de novas empresas no parque empresarial de A Reigosa. Marín e Poio mostran aumentos máis moderados. Por outra banda, Raimundo González tamén apunta a presenza da factoría de Ence como determinante na alerta por seca. En caso dalgunha toma de medidas en particular, a empresa debería ser obxecto de recortes no seu subministro. Segundo o portavoz, Ence consome o dobre de auga que todos os municipios da ría xuntos, polo que "non hai que ser moi espelido" para entender que se se actúa sobre o líquido que usa a fábrica de Lourizán na súa produción "non habería ningún problema de auga" para o resto. O concello de Pontevedra apunta a presenza da factoría de Ence como determinante na alerta por seca Segundo os dados recollidos, os habitantes de Pontevedra, Marín, Poio, Bueu, Ponte Caldelas e Sanxenxo consomen por volta de dez millóns de metros cúbicos de auga, mentres que a factoría situada ao borde da ría pontevedresa chega até os vinte millóns. Todo iso "sen contar a auga que se perde polo camiño", sinala González, tendo en conta as más condicións da rede que abastece a fábrica. A conclusión definitiva á que chega o Concello de Pontevedra que simplemente cun plano de fugas por parte de Ence, o caudal do Lérez aumentaría nunha grande medida e de maneira case inmediata. O certo é que Augas de Galicia tamén chegou a unha conclusión similar, sendo que durante a fin de semana mandou reducir á metade a cantidade de auga que Ence ten permitido captar para desenvolver a súa produción. Esta orde terá unha duración "indeterminada", segundo sinalaron dende o organismo da Consellaría de Medio Ambiente, e todo dependerá da evolución do Lérez nas vindeiras semanas. Anteriormente, dende a factoría anunciouse unha redución da toma de auga de vinte por cento mentres durase a seca. Entre a preocupación e a tranquilidade O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recoñece a súa preocupación pola situación na que se encontra a cunca do Lérez, ao comprobar como acuíferos que nunca secaran agora carecen de auga. Aínda así, Lores fai un chamamento á tranquilidade e lembra que existen mecanismos para garantir o abastecemento de auga á poboación. Tamén sinala a responsabilidade colectiva que supón o consumo do prezado líquido, e alude a un gasto "razoable". A prioridade do Concello sempre se centrará no consumo doméstico por encima do industrial, e espera non ter que restrinxir o abastecemento ás empresas. Polo momento, e segundo os dados de MeteoGalicia, a Boa Vila non verá choiva ata o domingo que vén. Si rexistrará temperaturas más baixas, propias da época. |
NOS_52678 | Da cita coas urnas do vindeiro 26 de maio sairán os novos gobernos locais. Todo fica aberto nas cidades galegas, cun PP moi á baixa e cun PSdeG que aspira a beneficiarse do tirón de Sánchez. O BNG amósase forte, con presenza en case todos os concellos galegos e após duplicar os seus votos nas xerais. As mareas están confiadas na Coruña, Santiago e Vigo, as únicas cidades onde acoden sen fragmentarse. No resto de urbes, un abano de candidaturas nadas da chamada confluencia competirán polos restos. | A Coruña. As enquisas debuxan un tripartito Marea Atlántica-PSdeG-BNG Cos resultados de maio de 2011 sobre a mesa –Marea Atlántica e PP, 10 asentos no salón de plenos; PSdeG, 6; BNG, 1–, a dirección da confluencia local tomou unha decisión ben arriscada que acabaría por marcar o desenvolvemento de todo o seu mandato: a de gobernar en solitario. Ficaba fóra a outra opción politicamente racional, o bipartito coa lista encabezada por Mar Barcón. "Houbo dous factores básicos que pesaron sobre esa decisión", relata para Sermos unha fonte ben familiarizada con esa parte da historia. "O primeiro, a consciencia de que o PSdeG de Mar Barcón estaba tomado polo vazquismo, co que iso representa de intereses urbanísticos e demais. O segundo, a idea de que os bipartitos co PSOE con frecuencia acaban mal para as forzas non sistémicas. Aí pesou, por exemplo, o recordo dos gobernos do BNG co Partido Socialista en Vigo e Ferrol", acrecentan as mesmas fontes. Todos os agoiros demoscópicos permiten predicir que ningunha forza política poderá gobernar en solitario A Marea Atlántica decidiu, pois, gobernar en minoría. 10 sobre 27 edís. "O problema para nós", di a Sermos un dirixente do PSdeG crítico coa corrente vazquista, "é que demos o si na investidura a Xulio Ferreiro sen negociar nada a cambio. Foi un erro estratéxico que pagou caro o partido e que tamén pagou caro a cidade. Teriamonos aforrado boa parte do bloqueo institucional destes anos, coas interminábeis negociacións arredor dos orzamentos se tivésemos posto como condición para o si a Ferreiro a nosa entrada nun goberno de coalición". Salvo sorpresa maiúscula ese problema non se vai volver presentar unha vez que se abran as urnas o 26 de maio próximo e se conten os votos emitidos. Todos os agoiros demoscópicos e as impresións recollidas por Sermos de distintas fontes permiten predicir que ningunha forza política poderá gobernar en solitario a cidade no próximo mandato. O pacto vai ser inevitábel e alén de máis, moi probabelmente vaia ter de ser a tres e non a dous, xa sexa polo flanco do progresismo e o nacionalismo (Marea Atlántica, PSdeG, BNG), xa sexa polo da dereita, agora máis fraccionada que nunca (PP, Ciudadanos e Vox). O pacto vai ser inevitábel e alén de máis, moi probabelmente vaia ter de ser a tres e non a dous Os ventos da política estatal sempre foron quen de facer tremer os alicerces que soerguen o palacio de María Pita. Sen eles non se entende o extraordinario resultado que obtivo a Marea Atlántica en 2015 (pasar de cero a 10 escanos), como tampouco o triunfo do PP por maioría absoluta en 2011. O principal referente histórico do PSOE coruñés, Francisco Vázquez, xoga xa as súas bazas, e sen complexo, no campo da dereita, ao se aliñar con Ciudadanos. Non só partillou actos públicos con Albert Rivera, senón que participou activamente na procura dunha persoa candidata para o partido na cidade. A elixida é Mónica Martínez Lema. E Vázquez por que non deu o paso de encabezar a candidatura? "Porque sabe que non tiña posibilidades de gañar e el xa non está para exercer a oposición despois de ter sido todo na cidade durante tantos anos", din a Sermos fontes do PSdeG. O preocupante para o partido socialista xa non é tanto que o seu antigo líder vista agora as cores de Cs, senón o que poida facer o sector vazquista que aínda aniña nas filas do PSdeG. "Se o barconismo [partidarios de Mar Barcón] non colabora na nosa campaña, daquela non temos nada que facer", acrecentan as mesmas fontes. Compostela, cittá aperta Nas municipais de hai catro anos Compostela protagonizou un dos principais capítulos da vaga de mudanza política que se vivía na Galiza e no Estado. O PP era descabalgado da alcaldía após unha lexislatura con tres alcaldes, escándalos varios e episodios de corrupción. Entraba con forza (34,6% dos votos e 10 concelleiros) Compostela Aberta (CA), a articulación a nivel municipal do que se denominada como 'espazo do cambio' e que se situou como primeiro partido. O PP ficaba con 9, o PSdeG suaba ao perder a metade dos apoios (tivo 14%) e ficar en 4 edís; e o BNG, con 2 representantes, embora baixar, tiña o seu mellor resultado nas cidades galegas despois de Lugo. E catro anos despois, que? Van deixarnos as eleccións do 26 de maio un escenario diferente, van propiciar un novo cambio do calado do que pasou hai catro anos? En principio, non parece que vaia experimentar importantes variacións, o que non quer dicir que as que haxa non vaian ter a súa importancia. O PP vai perder votos e Ciudadanos -que en 2015 ficou ás portas- podería entrar na corporación compostelá Ninguén acredita en que unha forza acade a maioría absoluta, fixada en 13 concelleiros e concelleiras. Iso, coa composición actual, desbota que a dereita poida gañar a non ser con alianzas contranatura. Mesmo, e así o indican enquisas e estudos de opinión, o PP vai perder votos e Ciudadanos -que en 2015 ficou ás portas- podería entrar na corporación compostelá. Así pois, o campo de xogo sitúase na esquerda e na correlación de forzas dentro dela: Compostela Aberta, PSdeG e BNG. CA confía na xestión feita nestes anos, incidindo en que se desenvolveu nun acoso mediático e político que non tivo precedentes na historia política da capital galega e na que xogou un papel clave o PP galego vía Sánchez Brunete (ex-asesor de Conde Roa). Son conscientes de que agora xa non sopran aqueles 'ventos favorábeis' de hai catro anos a nivel supramunicipal (punto álxido de Podemos e marés) mais confían en que o feito na lexislatura pese. E que tamén se dea, en certa medida, un voto útil da esquerda cara a CA. O que si que se ten claro é que, fronte a certa opinión estendida en non poucos sectores de que as cousas van ficar como están, cómpre implicar a base social para que non desconecte. "Non nos interesa a calma podre", resumen fontes de CA. "Non nos interesa a calma podre", resumen fontes de CA PSdeG e BNG non partillan ese relato. Socialistas e nacionalistas coinciden á hora de considerar que estes catro anos de Compostela Aberta na cidade foron de "decepción" e "desencanto". Falta por ver, sosteñen, como se concreta esa desafección que consideran que se dá entre parte da cidadanía que en 2015 escolleu a papeleta da lista que lideraba Martiño Noriega. O BNG estrea candidata, Goretti Sanmartín, concelleira na capital e vicepresidenta da Deputación. A organización nacionalista está centrada, explica unha fonte interna, en "traballar e pisar os barrios". A lista para o 26A incorpora voces e rostros do movemento veciñal picheleiro. "Hai ilusión", inciden. En outubro pasado irrumpía a noticia de que Sánchez Bugallo ía ser o candidato do PSdeG ás eleccións municipais do 26 de maio. Era, apontaban non poucos, a noticia política con maiúsculas que variaba o escenario electoral. Meses despois, todas as forzas políticas -agás PSdeG- consideran que, até o de agora, non se deu o 'efecto Bugallo'. "Hai xente que tiña bo recordo del como alcalde, que considera que no seu momento fíxoo ben, sobre todo ficou esa imaxe pola desfeita que deixou o PP que veu despois. Mais, sinceramente, creo que a Bugallo xa se lle pasou o arroz", confesa un membro do movemento veciñal compostelán. Parece que a candidatura de Bugallo non está a lograr entrar na base de votos de Compostela Aberta ou BNG Parece que a candidatura de Bugallo non está a lograr entrar na base de votos de Compostela Aberta ou BNG, ou polo menos non en cantidades significativas, mais si que o fai nas do PP. O candidato popular, Agustín Hernández, non logra desfacerse da imaxe de que foi posto aí a dedo polo PP (e sen moitas ganas no seu momento por parte do propio Hernández, cómodo no seu posto de conselleiro) e de certas meteduras de zoca moi mediáticas (a imaxe del tirando lixo ao río Sar deu a volta á Península). Iso, combinado con que Bugallo está a apostar nun discurso 'de orde' fai que a súa candidatura sexa ben vista por parte do electorado da dereita local. Ferrol, a cidade da oportunidade única O caso de Ferrol é único en Galiza. Existen diversos motivos que fan da sétima cidade do país en poboación unha praza peculiar e con serias dificultades para reverter o seu incuestionábel deterioro. O devalo demográfico non ten parangón no país; a histórica presenza militar condiciona a súa propia configuración sociolóxica; a dependencia do Estado no que respecta ao seu sector estratéxico limitou a súa capacidade para se diversificar no plano económico e o crónico déficit de infraestruturas de comunicación ten aínda cuestións urxentes por resolver (un acceso ferroviario de comezos do século XX). As posibilidades de que Jorge Suárez recunque semellan remotas cando o propio espazo do que se deu en chamar confluencia ten saltado polo ar Estas circunstancias, e algunhas outras, proxéctanse tamén na súa gobernabilidade. Un dato ilustra esta teoría, aceptada de xeito maioritario: ningún alcalde ten recuncado no posto dous mandatos, aínda que gañara as eleccións, desde os anos 80. A historia, e tamén a lóxica demoscópica, fai presaxiar que tampouco acontecerá nos comicios do vindeiro 26 de maio. A febleza do actual goberno en minoría de Ferrol en Común (FeC), un heteroxéneo conglomerado formado por Esquerda Unida, Anova e inscritos de Podemos liderado por Jorge Suárez, dá esperanzas ao José Manuel Rei Varela, un dos homes de confianza do presidente da Xunta, de recuperar o bastón de mando que perdera, canda a súa maioría absoluta, en maio de 2015. De feito, o político ferrolán pode presumir de ter obtido os mellores resultados do Partido Popular na cidade desde as primeiras eleccións municipais: maioría absoluta en 2011 (13 de 25 concelleiros e concelleiras que forman a corporación ferrolá) e gañador en 2015 con 11 edís, cinco máis que a segunda opción, FeC, que finalmente, grazas ao apoio do PSdeG (5) nun pacto que resultou ser o segundo máis breve da democracia en Ferrol (o primeiro tivo tamén o PSOE e IU como protagonistas) e os dous votos do BNG na sesión de investidura, levaron Rei Varela á bancada da oposición, na que apenas duraría uns meses, xusto até que Núñez Feixoo o chamou para dirixir a, daquela, recentemente creada Consellaría de Política Social. Ás dificultades do goberno bipartito FeC-PSdeG –con 11 edís igualaban os que conseguira por si mesmo o Partido Popular– uníronse os desencontros que desembocarían na ruptura do pacto en setembro de 2016, despois de que o rexedor rexeitase retirarlle as competencias a unha das persoas independentes que integraban a lista dos socialistas, a edil de Urbanismo María Fernández Lemos. Outra concelleira socialista, Rosa Méndez, responsábel de Patrimonio, decidiu tamén seguir como membro do grupo de goberno malia as presións que recibiu da asemblea socialista local, en mans da ex deputada Beatriz Sestayo, quen as acusou de tránsfugas. Meses despois, unha das concelleiras de FeC, Esther Leira, decidía abandonar o goberno e pasar a ser non adscrita por fortes discrepancias con Suárez. Un Goberno que xa nacera con fortes eivas foise desintegrando até quedar reducido á mínima expresión Así pois, un Goberno que xa nacera con fortes eivas foise desintegrando até quedar reducido á mínima expresión (sete concelleiras e concelleiros, incluíndo a alcaldía) e sen posibilidades de acometer algúns dos proxectos máis importantes do seu programa electoral (taxa de saneamento e convenio con Defensa, entre outros). Só foi quen de aprobar o orzamento do exercicio 2018 e de principiar unha das súas propostas urbanísticas máis ambiciosas: a reforma da Praza de Armas, onde se localiza o consistorio, que tamén ten suscitado as críticas feroces dunha parte importante do sector comercial da cidade. Tampouco na casa común marchan ben as cousas, co enfrontamento vivido nos últimos tempos coa xunta de persoal. As posibilidades de que Jorge Suárez recunque na Alcaldía semellan remotas Con este panorama, as posibilidades de que Jorge Suárez recunque na Alcaldía semellan remotas. E máis cando o propio espazo do que se deu en chamar confluencia ten saltado polo ar, preséntandose as candidaturas de Ferrol en Común-Son en Común, a da Marea de Ferrol (co apoio de Luís Villares) e Xuntos Actúa (formada por persoas que se escindiron de Podemos). Ben é certo que tampouco en 2015 houbo unha única candidatura: Ferrol en Común compartiu espazo electoral coa chamada Marea Ártabra, que a piques estivo de entrar na corporación (acadou 4,95% dos votos) e que, dalgún xeito, impediu tamén que a opción maioritaria da denominada esquerda rupturista lograra un resultado maior. Neste escenario tan atomizado pola esquerda, a única formación que semella ter unha folla de ruta clara é o BNG Neste escenario tan atomizado pola esquerda, a única formación que semella ter unha folla de ruta clara é o BNG. Ao seu candidato, Iván Rivas, dérono por morto as enquisas pre-electorais de 2015, que auguraban que ficaría fóra da Corporación. Non foi así e puido manter os dous edís cos que o BNG conta –malia unha lixeira caída de apoios– desde 2007. A favor de Rivas xoga o feito de ter desenvolvido un papel chave: apoiou FeC para impedir que gobernara o PP, mais decidiu, malia os ofrecementos públicos do alcalde, non integrarse no Goberno. Sen ataduras, puido levar adiante unha política independente, ás veces mesmo máis dura coa equipa do rexedor que cun Partido Popular que bloqueou sistematicamente toda a acción de goberno. Mellores expectativas se presentan para o PSdeG, que en 2015 conseguiu cinco edís, dous menos que nas eleccións anteriores. Daquela liderou a lista Beatriz Sestayo. Mellores expectativas se presentan para o PSdeG que en 2015 O outro partido con representación na corporación local é Ciudadanos, ao que as sondaxes lle outorgan unha suba, desde logo provocada polos ventos favorábeis do exterior, pois a acción política da concelleira Ana Rodríguez Masafret pode resumirse nunha moción presentada para modificar a ordenanza de normalización lingüística. Fóra diso, pouco máis, o que non significa que un aumento de votos non sexa posíbel. Lugo, un partido a oito con final incerto Está todo aberto. A falta de poucos días para que a veciñanza de Lugo proceda á elección da nova Corporación, ninguén se atreve a facer un prognóstico de quen gobernará a cidade durante os vindeiros catro anos. Trátase dun partido sen favoritos que se resolverá no tempo de desconto. Até agora a práctica totalidade dos estudos de opinión coñecidos coinciden en debuxar un escenario aberto, sen maiorías absolutas, cun goberno que xurdirá dos pactos postelectorais. Competirán nas urnas o PSdeG da actual alcaldesa Lara Méndez, cuxo obxectivo é revalidar á fronte do goberno, co PP encabezado por Ramón Carballo, o BNG con Rubén Arroxo á fronte, a candidatura de Lugonovo-Mareas Locais con Xosé Chorén como candidato, a lista de ACE-Esquerda Unida-Equo que encabeza Carlos Portomeñe e a maiores preséntase Podemos cunha candidatura propia, sen confluencia con outras forzas. Ciudadanos con María Olga Louzao pelexará tamén por manterse no pleno municipal e a ultradereita de Vox aspira a entrar no concello. Lugo semella que terá un escenario aberto, sen maiorías absolutas, cun goberno que xurdirá dos pactos postelectorais A chegada á presidencia local do PP e o posterior desembarco na cabeza da candidatura electoral do antigo subdelegado do goberno Ramón Carballo non conseguiu inverter a tendencia destrutiva na que se atopa a organización na cidade nos últimos anos. As dificultades que atopou para fechar a candidatura, a consecuencia das liortas de familia que cuestionan día si e día tamén o seu liderado ou os bandazos nas súas posicións públicas non son máis que síntomas dos problemas que está atopando para conservar un electorado tradicionalmente fiel. Foron significativas as declaracións de Carballo nas que expresou a súa vontade de pactar con Vox após os comicios Nese sentido foron significativas as declaracións aos medios de comunicación de Carballo nas que expresou a súa vontade de pactar con Vox após os comicios, auténtica confirmación da fuga de votos que sofren os populares e da vontade deste partido de gobernar co programa de Vox. A asunción do discurso máis reaccionario por parte do Partido Popular está a apartar da organización a un sector da súa afiliación e do seu corpo electoral crítico coa súa deriva. Mentres o partido de Abascal semella estar próximo a entrar na vindeira corporación amosando unha importante suba nos seus apoios, a formación de Albert Rivera fica estancado, segundo todas as enquisas, na súa actual representación de dous concelleiros, malia a boa percepción social da súa cabeza de cartaz, Olga Louzao. As propias fontes da organización laranxa non dubidan en sinalar que "as boas expectativas de Ciudadanos na cidade están víndose abaixo a medida que se fortalece Vox", un dado que tamén confirman as diversas sondaxes, onde Vox aparece como segunda opción de voto entre o electorado de Ciudadanos. O éxito dunha e doutra forza política dependerá da súa capacidade para condicionar o goberno da cidade nos vindeiros catro anos, dándose por descontada a súa participación nun tripartito co PP no caso de que as forzas da esquerda non sumen maioría absoluta. As boas expectativas de Ciudadanos na cidade están víndose abaixo a medida que se fortalece Vox O descontento coa xestión de Lara Méndez, a súa falta de vontade por afrontar os grandes temas da cidade, o seu desleixo diante da problemática diaria do concello, a súa incapacidade para dialogar coa oposición ou a súa ausencia de sintonía coa cidadanía non van provocar a hecatombe agardada nas filas socialistas. A estrutura organizativa do PSOE na cidade, o tecido social articulado polo partido ao longo de practicamente vinte anos de goberno e a rede de intereses construída arredor da etapa de José López Orozco semella que paliasen os efectos da xestión de Méndez e da súa equipa. A continuidade da actual alcaldesa dependerá da súa capacidade para tecer acordos co bloque de esquerdas e particularmente co BNG, pero tamén da súa disposición a mudar a actitude mantida nos últimos catro anos. Remata un mandato en que se lle notou un nulo interese pola alcaldía, unha alcaldía que asumiu de rebote após a renuncia obrigada de Orozco e, segundo o seu círculo de confianza, chorando, no que algúns consideran o día máis triste da súa xa longa carreira política. Lugonovo semella que pagará as consecuencias dunha accidentada lexislatura. A marca luguesa da En Marea de Luís Villares, Lugonovo, semella que pagará as consecuencias dunha accidentada lexislatura. A dimisión como concelleiro do seu candidato á alcaldía e portavoz municipal, Santiago Fernández Rocha, após ser desautorizado pola asemblea do colectivo; a renuncia á acta de Iñaki García a consecuencia das leas internas; as críticas de Anova e do Espazo Ecosocialista ao dirixismo do sector maioritario procedente de Compromiso por Galicia ou o posterior abandono da plataforma por parte de Podemos son algúns dos aspectos que remataron por debilitar a grande sorpresa das pasadas eleccións locais. Ademais, a candidatura xa escollera a Cristina Pérez como número un, mais ao esta presentarse como cabeza de lista de En Marea ao Congreso, decidiuse que o alcaldábel fose o ex concelleiro do BNG Xosé Chorén. Os obxectivos de Lugonovo pasan por garantir a súa presenza na Corporación, unha representación que se ve ameazada pola fuxida dunha parte do seus votantes ao BNG, que xa aparece como segunda opción de voto entre o seu electorado, e pola saída da candidatura dunha parte significativa dos seus impulsores. Os resultados do intenso labor de oposición desenvolto polo membro do comité executivo do PCE e dirixente de Esquerda Unida na cidade, Carlos Portomeñe, que contra todo prognóstico acadou unha acta hai catro anos, están aínda por confirmarse. Se ben algunhas enquisas o sitúan de novo na Corporación, mesmo por riba de Lugonovo, outras déixano fóra, o que semellaba que ía favorecer o acordo coa franquía local de Podemos, situada en terra de ninguén após a súa ruptura con Lugonovo. Todo apuntaba a que as e os inscritos lugueses do partido morado ían superar as reticencias iniciais a formar unha coalición electoral con Esquerda Unida, mais ao final non callou. Haberá pois nos colexios electorais a candidatura de ACE-Esquerda Unida-Equo separada da papeleta de Podemos, que concorre coas súas propias siglas. Haberá nos colexios a candidatura de ACE-EU-Equo separada da papeleta de Podemos O ciclo político aberto polo BNG coa conformación dunha nova equipa electoral liderada por Rubén Arroxo demostrouse máis exitoso do que ninguén agardaba. Os mesmos resultados electorais de 2014, conservando a representación municipal do Bloque nun contexto particularmente adverso; a experiencia desta lexislatura, onde se logrou salvar da queima dos outros grupos da oposición, e as perspectivas electorais actuais son exemplos ben elocuentes do que vimos de referir. Arroxo salienta como o candidato á alcaldía con mellor valoración entre as e os lucenses A forza nacionalista está en condicións de superar o seu punto de partida, xogando ao seu favor a consideración da súa alternativa entre os votantes do PSOE e Lugonovo e a percepción social de Rubén Arroxo. Así, Arroxo salienta como o candidato á alcaldía con mellor valoración entre as e os lucenses. O futuro de Ourense a proba: inestabilidade e incerteza Ourense é o terceiro núcleo de poboación máis grande do territorio galego. O vindeiro 26 de maio, a cidadanía elixirá as 27 persoas que a representarán os vindeiros catro anos. O futuro da cidade, após catro anos de inestabilidade, fica pendente da participación da cidadanía. Féchase o ciclo na urbe das Burgas e a súa cidadanía analiza estes catro anos de goberno en minoría do Partido Popular. O alcalde, Jesús Vázquez, ocupa o posto desde 2015, sendo o único rexedor popular de entre as sete cidades de Galiza. Tamén é a única que nestes catro anos de goberno non foi quen de aprobar uns orzamentos para o municipio. O mandato fundamentouse na prorrogación das contas estabelecidas en 2014 por parte do Partido Socialista. Ningunha das formacións alcanzaría a maioría absoluta en solitario Esas mesmas contas que o PP cualificara no pasado como "vergoñentas e irreais" convertéronse no piar fundamental da política municipal ourensá en materia económica. A incapacidade de aprobar os orzamentos forzou os populares a aplicaren esta estratexia. Con só dez postos no concello de Ourense, a equipa liderada polo ex conselleiro de Educación viu como cada ano a proposta de orzamentos decaía pola oposición que aglutinaba o PSdeG, Democracia Ourensana e Ourense en Común. Esta oposición non conseguiu poñerse de acordo para mudar a situación de Ourense a pesar de ter atravesado unha moción de confianza. O líder da oposición, Gonzálo Pérez Jácome, candidato por Democracia Ourensana e con oito escanos no consistorio, ofreceuse varias veces para ser alcalde e botar o PP do poder, mais nin PSdeG nin Ourense en Común aceptaron as súas propostas. Jácome ofreceuse varias veces para ser alcalde e botar o PP, mais nin PSdeG nin Ourense en Común aceptaron A inestabilidade no consistorio tamén se trasladou ao grupo popular e provocou tensións entre as persoas que compuñan o grupo de goberno do PP. Recentemente, o voceiro do partido no concello, José Araúxo, renunciaba á súa acta como edil e a todas as responsabilidades que ocupaba como concelleiro. Horas despois do suceso, tamén solicitaba a súa baixa na formación azul alegando un notorio desacordo coas dinámicas que se estaban marcando así como a desmobilización do partido durante estes catro anos de mandato. Araúxo deixa atrás a organización conservadora por irresponsabilidade e inacción e as súas responsabilidades nunha das concellarías de máis peso e sen ter conseguido aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A oposición non conseguiu poñerse de acordo para mudar a situación de Ourense a pesar de ter atravesado unha moción de confianza A agrupación que ocupa neste momento o goberno, o Partido Popular, semella que será castigado por estes catro anos e que baixará algún escano. O executivo do PSOE no Estado favorecería un aumento da representación do PSdeG e, pola contra, Democracia Ourensana, após catro anos de inacción lexislativa e axitación xudicial –cos xuízos abertos onde a formación local se presentaba como acusación– baixaría en concelleiros. O antigo espazo da chamada confluencia preséntase agora dividido, por unha banda a candidatura de Ourense en Común, por outra Ourense Mellor e unha terceira de Unidas Podemos-Izquierda Unida. A sorpresa electoral viría da man de Ciudadanos a quen os estudos publicados dan posibilidades de estrearse na cidade. Un BNG en alza, que vén de duplicar os seus apoios nas eleccións xerais, pugna por recuperar a representación no consistorio. Todo apunta a que ningunha das formacións alcanzará a maioría absoluta en solitario. Todo apunta a que ningunha das formacións alcanzará a maioría absoluta en solitario Un Partido Popular que se atopa sometido a unha atmosfera de presión, como a auga cando se solidifica a baixas temperaturas, tras os desacordos e as tensións internas na formación. A formación de centro dereita repite candidato para estas municipais con Jesús Vázquez á cabeza e "para poñer fin ao bloqueo que a oposición mantivo durante a actual lexislatura". Durante a campaña electoral estará moi presente o debate sobre o proxecto da estación intermodal e outras infraestruturas das que non se chegou a ningún acordo entre a formacións do concello. Rafael Rodríguez Villarino encabeza a lista do PSdeG após José Ángel Vázquez Barquero dimitir como concelleiro e como candidato á alcaldía. A súa renuncia estivo motivada no seu desacordo co Comité Federal Socialista e a modificación da súa proposta para as municipais do 26 de maio, onde acordou incluír á actual edila Concha García no posto catro da lista, en substitución de Juana Ageitos. Rafael Rodríguez Villarino encabeza a lista do PSdeG após José Ángel Vázquez Barquero dimitir Desde o PSdeG presentan a campaña como a alternativa aos anos de inacción do goberno popular e intentando recuperar o goberno que perderon nos pasados comicios. Entre as primeiras medidas que impulsan, estaría a aprobación do PXOM e a continuación das obras de remodelación da Praza de Abastos, proxecto que apoiaron para "poder sacar a concurso a obra e que non se perdese o investimento realizado". Gonzálo Pérez Jácome, candidato por Democracia Ourensana, continúa o seu papel como "político xusticeiro contra a rede de corruptela do concello de Ourense e a Deputación". Desde as primeiras eleccións ás que se presentou Democracia Ourensana, en maio de 2003, Gonzálo Pérez Jácome foi o cabeza de lista. Agora repite a posición e moitas das propostas máis vistosas do seu programa electoral anterior, como é a creación dun parque acuático na cidade. En Ourense preséntanse tres candidaturas rivais do espazo denominado de confluencia En Ourense preséntanse tres candidaturas rivais do espazo denominado de confluencia: a de Unidas Podemos-Izquierda Unida que presenta a David Alvarado, a de Ourense en Común con Martiño Xosé Vázque Mato á fronte (esta candidatura foi impulsada por David Bruzos, próximo a Podemos e candidato á portavocía de En Marea nas eleccións primarias que perdeu fronte a Luís Villares) e a candidatura Ourense Mellor-Mareas Locais (apoiada pola dirección de En Marea ) con Etelvino Blanco. É posíbel a aparición de Ciudadanos no consistorio, cuxa lista encabeza José Araúxo, antigo concelleiro e portavoz do PP no concello. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) está encabezado por Luís Seara. Coas "ideas claras" busca reaparecer no concello de Ourense para reactivar a cidade. Por outra banda, Compromiso por Galicia (CxG) ten o obxectivo de entrar para "non mendigar en Santiago ou en Madrid". A formación pretende adxudicar as concesións municipais como a do lixo ou o transporte público. O partido de ultradereita Vox preséntase tamén aos comicios municipais, así como Espazo Común, a candidatura promovida polo ex secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez. Pontevedra, un dos escenarios menos emocionantes das cidades A principal incógnita é saber se Miguel Anxo Lores acadará a súa primeira maioría absoluta tras 20 anos na alcaldía. Cinco mandatos leva Miguel Anxo Fernández Lores profundando naquel modelo de cidade, antes deostado polos seus rivais políticos e sociais e hoxe encomiado até polo candidato do PP. Hoxe en Pontevedra, máis que do modelo de cidade fálase do "modelo de Lores". As últimas reformas urbanas xa levan o modelo a cada recuncho da urbe. O alcalde viaxa cada pouco polo mundo enteiro recibindo premios e explicando en foros internacionais como os gobernos do BNG, durante algúns mandatos participados polo PSOE, aplicaron aquel sistema que hoxe moitas e moitos queren copiar. Así as cousas, as enquisas dinlle que esta vez ten a maioría absoluta ao alcance da man. Pode acadar a croa da súa vida política neste mes de maio. As enquisas dinlle a Lores que esta vez ten a maioría absoluta ao alcance da man Tras o susto das municipais de 2007, que case lle custan a alcaldía, o equipo do BNG pontevedrés decidiu non volver durmirse nunca máis nos loureiros. Iso foille levando até as doce concelleiras e concelleiros de 2015, rompendo un eterno empate co PP, ao que deixou con sete. O mandato que termina foi o desexado por calquera alcalde: máis premios, encontro coa alcaldesa de París nun congreso no que Pontevedra actuaba como estrela invitada; numerosos artigos de prensa, un deles en portada de The Guardian, visitas de equipos de televisións que chegan desde lugares que nin sabiamos que existían para facer reportaxes sobre esa cidade da que tanto se fala. Todo iso elevou cada día máis a autoestima de veciños e veciñas, que amosan o seu orgullo cada vez que lle ensinan a cidade a alguén de fóra. Esa é a fortaleza de Lores para estas votacións: a xente pasea tranquilamente polo seu programa electoral, percórreo cada día. As nenas e os nenos camiñan sos, a diario, polo programa de Lores cara á escola. Os únicos sons que se escoitan en Pontevedra son os dos músicos da rúa, algún que outro paxariño e os berros do alcalde cando se enfada nos plenos. Con maioría absoluta ou sen ela, que seguirá catro anos máis como alcalde é algo que non discuten nin os seus maiores inimigos. Moi lonxe de sufrir o desgaste propio dos mandatarios de vida política alongada, Lores e o seu equipo, formado principalmente por concelleiros e concelleiras veteranas, parece que pode rachar outra vez o seu teito. A grande aposta do PP de Pontevedra para maio é Rafa Domínguez. Fará un par de anos, o seu partido celebrou unha enquisa entre tres posíbeis candidatos. O mellor situado non quixo sabernada do tema e os outros dous non contaban coa menor aceptación entre a vecindade. Así foi como xurdiu o nome de Rafa. Domínguez é o mellor candidato do PP desde que goberna Lores e pode ser o que logre o peor resultado Médico como Lores, dunha familia coñecida e respectada, algo que en Pontevedra vale moito, Domínguez é o mellor candidato que presentou o PP desde que goberna Lores e pode ser o que logre o peor resultado. Domínguez escenifica como ninguén as dificultades de medirse con Lores. É un bo candidato, pertence a un partido de tanta tradición en Pontevedra que chegou a colocar ao mesmo tempo un presidente do goberno do Estado e a presidenta do seu parlamento; que conta cunha estrutura sólida e boa base social, pero as súas expectativas electorais son as que son. O peso de Lores e do seu equipo fixo de Raxoi o único presidente español que non logrou que o seu partido gobernase na súa cidade. O grande obxectivo do PP para 2019 era comezar unha remontada que lle puxese a alcaldía a tiro en 2023, cando o BNG de Pontevedra terá que afrontar unha gran renovación xeracional que levará por diante boa parte do equipo actual, con Lores á cabeza e Mosqueira, o grande arquitecto do modelo. Pero a realidade é que neste momento, Rafa Domínguez loita máis contra a caída que pola remontada. Dadas as expectativas, se logra repetir o dramático resultado do seu partido en 2015, Rafa Domínguez poderá consideralo unha vitoria, pero seguirá moi lonxe da agardada vitoria de 2023. Tino Fernández repite como candidato socialista. Bota de menos os tempos nos que era concelleiro do Goberno en sociedade co BNG. Catro anos na oposición moldeáronlle o carácter e fixéronlle sentir morriña do despacho desde o que podía tomar decisións que afectaban ás cidadás e cidadáns. A súa esperanza é que as matemáticas permitan que volte a asociarse con Lores. Todo o ten que fiar a unha baixada do BNG que obrigue os nacionalistas a buscar outra vez un socio. Fernández conta con alcanzar o cuarto concelleiro. Actualmente é o único membro da oposición que ten experiencia de goberno e considérase o aliado natural do BNG, por riba da Marea. Confía tamén o socialista en que a marca PSOE o axude a medrar. O peor que lle pode pasar é a maioría absoluta de Lores, que o deixaría fóra do Goberno aínda que crecese. Depende máis dos resultados do BNG que dos seus. Quen tamén aspira a medrar é Ciudadanos, partido que en 2015 entrou no Concello cunha acta. Non tivo gran relevancia na actividade municipal, pero igualmente confían en que os resultados andaluces os das xerais de abril os empurren cara arriba. O candidato de Marea procurouse para estas eleccións un par de paraugas: un, a cobertura de En Marea, pois nas anteriores eleccións presentábanse pola súa conta. O outro paraugas é Tere Casal, antiga líder do PSOE e tenente de alcalde en dous gobernos do BNG, que vai de número dous. Está por ver como reaccionará o seu electorado ante esta imposición, pois aínda que é unha líder moi valorada, é a única da lista que non tivo que pasar polo proceso de primarias, algo que non ocorreu con outros que levaban catro anos traballando pola candidatura e que quedaron fóra polos votos das bases. Tamén está por ver o efecto que provoca a candidatura de Podemos, algúns de cuxos membros estaban integrados na súa lista de 2015. Durante o actual mandato, Marea Pontevedra e o seu cabeza de lista, Luís Rei, movéronse a bandazos. Comezaron fustigando a Lores e votando unha e outra vez con PP, Ciudadanos e PSOE. Ao ver que aquela estratexia era como mínimo dubidosa desde calquera punto de vista, decidiron cambiar e pasaron a aprobarlle os orzamentos ao BNG sen pedir nada a cambio. Marea Pontevedra pasou pola vida municipal sen saber o que quería, e iso pode pagalo Parece ter perdido o apoio dalgúns colectivos que lle deron soporte en 2015, decepcionados ao ver que a práctica totalidade das súas demandas quedaron nun caixón de que non saíron nin cando Luís Rei tivo a oportunidade de negociar os orzamentos con Lores e votounos sen negociar. Marea Pontevedra pasou pola vida municipal sen saber o que quería, e iso pode pagalo. A actual distancia entre o BNG e o PP de cinco concelleiros, que previsibelmente pode aumentar, deixa moitas actas soltas. A quen as recolleron en 2015, Marea Pontevedra e Ciudadanos, aspiran a sumarse os ultradereitistas de Vox. Crecidos tras as eleccións xerais e o impulso que lles agasallan os medios de comunicación estatais, souberon buscar por todo o Estado caladoiros que estaban deixados da man de Deus. Contan cos votos de militares, cazadores, taurófilos e machistas, e así, sumando, sumando, aspiran a obter representación. Ese será outro dos problemas do PP, os votos que se lle desvíen á dereita máis extrema. Iso, que vale para Pontevedra, vale tamén para calquera municipio do noso país. Podemos-EU-Son en Común medirá as súas forzas con Marea Pontevedra Podemos-EU-Son en Común é a outra lista que aspira ás migallas. Medirá as súas forzas con Marea Pontevedra. Ademais do desencontro en todo o país, que veu crecendo nestes últimos anos, e que sen dúbida afectará aos seus resultados, nesta cidade os de Podemos empezaron as súas discusións con Marea en plena campaña de 2015 e desde entón non se voltaron a falar. Aquí sempre nos preguntamos cantos dos votos que obtivo Luís Rei pertencían a Podemos. Farémosnos unha idea o 26 de maio. Vigo: Caballero aférrase ao seu 'viguismo' para manter a maioría absoluta Tense descrito a cidade viguesa como carente de auto estima, froito do seu rápido crecemento industrial e urbanístico que, en cuestión de moi poucos anos, borrou gran parte do seu pasado e da historia arquitectónica e cultural. Mais o certo é que na actualidade, son moitas as novas xeracións de viguesas e vigueses que naceron e medraron na cidade e que teñen cara a ela un sentimento de pertenza e querenza. Desde a alcaldía, con esta diagnose ou con outra, Abel Caballero vén mantendo un marcado discurso localista fronte a un PP ao que tacha de "antiviguista", confiando en así revalidar a maioría absoluta. O alcalde confía no seu "viguismo" e actualizou a política localista liderada noutrora por Paco Vázquez na Coruña O alcalde confía no seu "viguismo" e actualizou a política localista liderada noutrora por Paco Vázquez na Coruña, a quen describiu como "un modelo na súa forma de entender as alcaldías". Caballero enfróntase ao PP situando a batalla entre "viguistas contra antiviguistas". Así, as causas dos problemas da cidade (como a situación no Hospital Cunqueiro ou o colapso nos PACs) son, para o alcalde, froito da marxinación coa que Feixóo trata a Vigo fronte a outras urbes. Mentres, co permanente conflito mediático entre ambos, as carencias estruturais da cidade seguen sen resolverse, como o feito de continuar sen Plan Xeral, a precariedade en infraestruturas ou as inoperatividade de contar con dúas estacións de tren separadas por escasos metros, e aínda sen a intermodalidade prometida. No contexto da fama acadada en todo o estado co alumeado de nadal, Caballero declarou aos medios que en maio alcanzará os 21 asentos dos 27 cos que conta a Praza do Rei. Todo prognostica que a do PSOE será a candidatura máis votada, aínda que semella difícil ampliar o número de concelleiras e concelleiros acadados en 2015, que situaron a cidade olívica como o único concello dos 20 máis poboados do estado en conseguir unha maioría absoluta. Para obter unha nova maioría absoluta, Caballero precisa reter consigo ao votante de dereitas Para obter unha nova maioría absoluta, Caballero precisa reter consigo ao votante de dereitas que nel confiou nas anteriores municipais, grazas ao seu discurso en clave localista e cun PP carente de liderazgo e sen mensaxe municipal. Desta volta, tanto o alcalde como o PP terán que competir con outras opcións de dereita máis novas. O goberno de Caballero, con medidas como o gasto de 1,6 millóns de euros en alumeado de nadal, ergue sectores da poboación descontentos coa falla de política social, principalmente no que ten a ver co desemprego e o acceso á vivenda, na urbe onde alugueiro se tornou o máis caro e inaccesíbel de toda Galiza. Outros conflitos da acción de Caballero versan coa súa concepción de concello, cunhas denominadas humanizacións que non supoñen un cambio de modelo de cidade nin gañar espazo de aproveitamento público, e coa defensa da construción de macrocentros comerciais nos barrios e parroquias, cos problemas que conleva para o comercio local e os usos do solo. Así mesmo, o movemento asociativo e cultural vense organizando contra a política municipal, maiormente a raíz do conflito arredor do desmantelamento do MARCO coma museo de arte contemporánea, do peche do Centro Fotográfico Galego e ante carencia de política lingüística e cultural. Cuestións, todas elas, que deixan en bo punto de partida á Marea de Vigo e ao BNG. De feito, o Bloque, pese a non lograr representación en 2015, conseguiu manter durante os catro anos o pulso político á alcaldía e situarse como alternativa. As rivalidades internas de Caballero foron postas a remollo Mentres, os conflitos abandeirados polo alcalde dentro do seu partido deixaron de visualizarse publicamente. Dun tempo a esta parte, as rivalidades internas de Caballero foron postas a remollo. O seu bo trato con Sánchez fai esquecer o apadriñamento que exercera por Susana Díaz nas primarias; da mesma maneira que aparcou as diferenzas co seu sobriño, Gonzalo Caballero, a quen louva agora coma líder do PSdeG. A Elena Muñoz, que repite como cabeza de lista polo PP, cústalle que o partido erga cabeza na cidade. Os últimos inquéritos publicados dábanlle unha perda de 2 asentos, o que suporía pasar de 7 a 5, inaugurando un novo chan electoral para os conservadores. Muñoz agarda reter o voto das últimas municipais e evitar unha nova caída. Mais desta volta teno complicado, xa que as frontes de fuga de votos triplícanse. Así, ademais de enfrontarse a un Caballero atractivo para un sector do votante do PP, terá que lidiar cos emerxentes Ciudadanos e Vox. A diferenza de votos obtidos polo PSOE nas municipais de 2015 (73.533) ás galegas de 2016 (33.492), supuxeron unha perda de 40.000 papeletas en tan só un ano. Ollando a subida colleitada por Feixoo e Villares respecto aos seus homólogos nas municipais, leva a entender que os votos perdidos do PSOE foron parar practicamente a medias para En Marea e PP. É aquí un auténtico graneiro manifestado nas eleccións galegas que Elena Muñoz terá que motivar para manter a representación actual. A entrada da Marea de Vigo no concello foi con tres asentos, un resultado importante para unha formación de novo cruño, pero a moita diferenza dos resultados obtidos polas súas candidaturas irmás noutras urbes galegas. Rubén Pérez, portavoz municipal da Marea de Vigo e secretario de organización de Esquerda Unida, volve encabezar a candidatura. O obxectivo para 2019 é incrementar os seus 3 escanos actuais, recollendo o voto de esquerdas descontento coa xestión de Caballero, e cos ollos postos en repetir o número de votos acadados na cidade pola Marea nas eleccións galegas. Mais o contexto interno estatal e gaelego non pon as cousas doadas para esta formación. A cuestión está en se as crises de Podemos, En Marea e as súas confluencias mollarán a candidatura local ou se aguantará a súa aparente harmonía. O obxectivo do nacionalismo é recuperar a representación no pleno municipal O obxectivo do nacionalismo é recuperar a representación no pleno municipal, despois de quedar fóra en 2015, e anos despois de ter gobernado a cidade desde a alcaldía. Para afrontar este reto, deron unha importante renovación xeracional, elixindo como cabeza de lista a Xabier Pérez Igrexas, que con 34 anos xa leva dúas décadas participando na política local e no movemento veciñal. Para o Bloque, tan crucial é recuperar representación como incidir na liña política municipal ante un posíbel contexto sen maiorías absolutas. A cohesión interna no BNG e a suba de case 3000 votos acadada nas eleccións galegas respecto ás municipais en Vigo, dá azos ao nacionalismo para enfrontar a súa recuperación na cidade e incluso entrar con varios escanos. Durante esta lexislatura lograron estar presentes no taboleiro político, posicionándose como alternativa de esquerdas e nacionalista ante as políticas de Caballero, e acompañándose de movementos sociais e coa propia representación do Bloque no Parlamento Galego e Europeo. O alcalde de Vigo vén de estrear na política local galega o efecto da viralidade O alcalde de Vigo vén de estrear na política local galega o efecto da viralidade, unha estratexia de mercadotecnia baseada en que as e os receptores da publicidade son quen propagan ditas mensaxes. Fano a través de múltiples canles (redes sociais, televisión, radio, xornais, así como como na rúa e nos espazos de socialización). O obxectivo é claro: chegar ao maior número de persoas no espazo de tempo máis curto posíbel. Lonxe quedan aquelas manifestacións convocadas persoalmente por Caballero para defender a Caixanova ou o aeroporto de Peinador ante o "anti-viguismo da Xunta". O que o alcalde leva agora é precisamente a viralidade. Para iso, é quen de anunciar durante o verán que o alumeado do nadal sería visíbel desde a Galaxia, e non ten medo a chapurrear inglés na inauguración das luces, cando coñece perfectamente esta lingua mais sabe que desta maneira multiplica as reproducións de vídeos en redes e acapara os prime time das televisións estatais. Un Abel capaz de telonear cada concerto do verán de Vigo, conseguindo unha intervención política en clave localista perante milleiros de persoas. Non o dubida á hora de encabezar a cabalgata do nadal ou chocar as mans a centos de motoristas vestidos de Papá Noel. Cada un destes eventos son gravados en vídeo e circulan de móbil en móbil sendo conversa diaria. Será o show, o número de visualizacións dos vídeos e os memes de Caballero porporcionais ao número de votos que acadará? [Esta información foi realizada por Xosé Mexuto. X.M. Piñeiro, Xosé Lourenzo, Lucía Rodríguez, Marcos Ferro, Rodrigo Cota e Alberte Mera] |
NOS_57720 | Pontón a Feixoo: "se non é capaz de facer o que ten que facer debería deixar sitio". A inflación disparada, a suba de prezos e o aumento da pobreza aumentaron o confronto na sesión de control ao Goberno galego. | Coa inflación disparada na Galiza en 4,6% (a máis elevada desde setembro de 2008, hai 13 anos), a suba de prezos, os impostos e o aumento da pobreza centraron este 10 de novembro a sesión de control ao Goberno galego no Parlamento. "É o momento de apoiar unha baixada estratéxica dos impostos", proclamou o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, ao ser interpelado pola líder da oposición, Ana Pontón, que lle espetou que o que preocupa na súa formación, o BNG, é que Feixoo siga na Galiza "o catecismo do PP máis ultra da súa historia: baixar os impostos ás rendas altas" no canto de impulsar unha fiscalidade "xusta"."Pida ao Goberno [español] que baixe impostos", dixo o titular da Xunta a Pontón, "polo menos en tempo inflacionista", ao tempo que resaltou o impacto do IVE "cada vez que sobe un prezo". A nacionalista respondeu aseverando que "é tal o escapismo" de Feixoo "que recibín no meu correo electrónico unha petición do conselleiro de Medio Rural pedíndome que faga o seu traballo [o de Feixoo] e que negocie con Madrid os prezos". A nacionalista concluíu recriminado ao mandatario galego que "se non é capaz de facer o que ten que facer debería deixar sitio". A líder do Bloque considerou "sorprendente" que Feixoo, após "levar 12 anos gobernando", vaia á Cámara para dicir "que a culpa é do BNG". Finalmente, insistiu en defender as propostas do BNG como o impulso dunha tarifa eléctrica galega, fronte ao "escapismo" de Feixoo ou a "receitas que xa fracasaron no pasado, como baixar impostos aos que máis teñen". "Hai que axudar á reactivación e achegar recursos para as familias, que son as que máis están a sufrir o impacto da subida de prezos", resolveu. Fondos Next Generation Tamén os fondos europeos de recuperación Next Generation foron obxecto do debate na Cámara, neste caso entre o cara a cara protagonizado polo portavoz do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, e o titular da Xunta, que se volveu queixar de que a Galiza non coñece "as condicións concretas" que acompañarán o acceso a estes recursos e advertiu de que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez podería usalos para beneficiar "os seus socios" a fin de "paliar a inestabilidade parlamentaria" que o sustenta. Así se pronunciou despois de que Caballero o instara a actuar con "valentía para orientar o futuro" no canto de "apatía para xestionar o presente". O socialista pediu a Feixoo "aproveitar o dobre incremento de 30%" dos fondos que chegan á Galiza "como principal motor de construción dunha nova etapa pos Covid-19". En concreto, aludiu "a un 29% máis" que a Galiza recibirá no investimento territorializado dos orzamentos do Estado e "a un 31% adicional" de fondos europeos que se destinarán aos orzamentos da Xunta. "Comprométase coa modernización, coa cohesión, coa equidade e póñase a gobernar no canto de dicir 'pasapalabra' ante cada un dos retos fundamentais do país", aseverou, mentres que Feixoo lle replicou que, polo do momento, a Galiza, dos fondos Next Generation, recibiu "cero" e, no seu conxunto, menos recursos europeos -distribuídos polo Estado- dos que lle corresponderían segundo o sistema de financiamento. Caballero deixa claro que dará a batalla desde o Parlamento O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, aproveitou o seu primeiro cara a cara co titular da Xunta tras as primarias socialistas para reafirmar que, a pesar de saír derrotado da súa batalla interna con Valentín González Formoso, prevé "seguir traballando polos galegos" desde o Parlamento. "O meu compromiso coa Galiza e con este Parlamento é e vai ser inquebrantábel. Vou seguir traballando polos galegos alí onde nos puxeron, na oposición ao PP", dixo. "E se as condicións que marquen as institucións europeas expoñen que hai que estabelecer peaxes nas autovías galegas, eu xa lle digo que iso non vai estar nas miñas prioridades nin na miña forma de estabelecer a reactivación", espetou a Feixoo. Con todo, en decembro será o congreso do PSdeG. Del sairá unha nova dirección que pode comprometer o futuro de Gonzalo Caballero. |
PRAZA_11437 | O Sergas acusou de alarmista ao alcalde, do PSOE, cando denunciou hai unha semana que as consultas demoraban dez días, pero agora tardan aínda máis | O Sergas acusou de alarmista ao alcalde, do PSOE, cando denunciou hai unha semana que as consultas demoraban dez días, pero agora tardan aínda máisA falta de profesionais está a provocar problemas en todo tipo de centros de saúde. No rural, porque a reducida poboación fai que o Sergas reduza á súa vez a súa oferta de servizos argumentando que non hai demanda ou que esta pode ser cuberta noutras vilas próximas. Nas cidades, porque aumentos puntuais do volume de consultas non sempre poden ser atendidos con reforzos dos servizos. Pero tamén as vilas intermedias, como Baiona, na área metropolitana de Vigo, onde vive e foi alcalde o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, están a sufrir problemas. Como recibir cita para unha consulta de atención primaria doce días máis tarde. A falta de profesionais e a consecuente demora na atención non é un problema novo en Baiona senón que vén empeorando nos últimos anos. Tras o cambio de goberno das pasadas eleccións municipais, o novo rexedor, o socialista Carlos Gómez, vén denunciándoo de xeito recorrente. Cando o fixo a pasada semana porque a espera para ser atendido acadaba os dez días, a resposta que deu o Sergas, segundo Faro de Vigo, foi que estaba a xerar "alarma na poboación". Este mércores a espera xa era de doce días sen que este diario puidese obter unha resposta directa do Sergas. Varios carteis explican que os problemas durarán "meses" xa que "parte do persoal ausente non será substituído"A explicación que da o persoal do propio centro de saúde aos doentes é que ás vacacións de varios profesionais nas pasadas semanas engádense tamén baixas e que o Sergas non cubre esas ausencias ou faino menos días. Isto é, se a doutora titular que atende aos seus pacientes de luns a venres casa baixa, a substitución que se lle dá é só durante un par de días á semana. E a situación non é puntual. Ás portas do centro, varios carteis explican que os problemas durarán "meses" xa que "parte do persoal deste centro estará ausente, non será substituído". Os carteis piden a "colaboración" dos doentes "para un uso responsable das consultas".O PP deita a responsabilidade no Goberno cenral por non permitirlle contratar máis profesionaisEste mesmo mércores, no Parlamento de Galicia, nun debate sobre as eivas da atención sanitaria, o PP volvía deitar a responsabilidade da falta de persoal sobre o Goberno central, esixindo que lle permita contratar máis profesionais que a actual taxa de reposición. Pero esa taxa de reposición que limitou a substitución dos profesionais que se van xubilando dificultando que as comunidades autónomas poidan aumentar os seus cadros brutos de persoal foi precisamente restrinxida polo Goberno central do PP durante a crise. |
NOS_46832 | Xuntanza extraordinaria da AECT Río Miño, esta segunda feira, para analizar as medidas restritivas asumidas por Portugal e España e avanzar novas accións de protesta pola defensa dos intereses do persoal traballador transfronteirizo. | Os 26 municipios do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño convocan para a vindeira segunda feira unha nova reunión, de carácter urxente, para analizar o que clasifican de "total e persistente descoñecemento" dos gobernos centrais de Madrid e de Lisboa sobre a realidade do territorio miñoto, o de maior circulación de toda a fronteira ibérica. A intención do encontro, segundo apunta o vicedirector Uxío Benítez, é avanzar con novas accións de protesta en prol da defensa dos intereses das traballadoras e dos traballadores transfronteirizos e de transportes de mercadorías, así como das moitas empresas afectadas "polo calvario diario de afunilamento no paso de Tui-Valença". A publicación do despacho do Ministerio de Administración Interna de Portugal, no que se mantén a ponte internacional Tui-Valença como único punto de paso autorizado 24 horas entre Galiza e Portugal, está detrás da necesidade urxente de levar a cabo a citada xuntanza. O despacho contempla tamén, a apertura parcial da ponte Arbo-Melgaço durante tres horas en horario de mañá e outras tres en horario de tarde, e do mesmo modo na conexión Salvaterra-Monção. As e os mandatarios de ambas as marxes do río Miño "asumen de maneira unánime as dificultades froito da pandemia Covid-19 e a necesidade dunha actuación eficaz" para o seu combate. Sen embargo, subliñan que a apertura de todos os pasos "en nada contradí o obxectivo de salvagardar a saúde pública". "Este cambio nos pasos autorizados polo despacho é 'lanzar area aos ollos' dos alcaldes e alcaldesas e das súas poboacións, pois non satisfai en absoluto as pretensións anteriormente expostas, alén de manter o calvario de afunilamento de tránsito en Valença-Tui", expuxo Uxío Benítez. Ademais, a medida non fai máis que "reiterar a indispoñibilidade do Goberno de soportar os custos de máis puntos de paso autorizados controlados, querendo traspor para os traballadores grande parte desa carga", subliña o vicedirector da AECT, que engade que só se pretende facilitar o tránsito ás persoas autorizadas. Benítez destacou que non hai razóns obxectivas para non abrir todos os pasos "senón só razóns mesquiñas que toman gobernos desde a lonxe e sen coñecemento", polo que pediu un "esforzo superior" a Madrid e a Lisboa tanto en comprensión da realidade da fronteira miñota como á hora de dotar de medios os controis dos puntos de pasaxe autorizada. Neste sentido, lembrou que a ponte de Tomiño-Vila Nova de Cerveira, que polo de agora permanecerá fechada, é a quinta con máis movemento de vehículos das 64 de toda a raia entre os estados español e portugués. Uxío Benítez citou que nas inmediacións deste viaduto se sitúa o parque empresarial de Cerveira, con 4.300 traballadoras das que máis dun milleiro son galegas. "Hai unha relación comercial umbilical entre unha e outra beira, Tui-Valença está a 16 quilómetros e A Guarda a 27, o paso a través da ponte da Amizade recorta as distancias acumuladas que todo o persoal laboral ten que percorrer de maneira obrigada", subliñou. "Non abrir todos os pasos é un castigo para exercer a súa actividade laboral aos milleiros de traballadores e traballadoras que son considerados esenciais para a dinámica económica de ambos países", insistiu o nacionalista, que destacou que a situación está a crear unha "enorme preocupación e inquietude tanto nos alcaldes, alcaldesas e presidentes de cámara como nos empresarios da zona e no transporte de mercadorías". Apuntou que tras coñecerse a decisión do ministerio portugués, os municipios de fronteira xa recibiron un importante número de correos de traballadoras transfronteirizas e de empresarias "para compartir o relatorio da súa situación, desgastada e aflitiva a nivel persoal, económico e profesional por ter que percorrer decenas de quilómetros de rodeos". "Unha vez máis, as poboacións da raia miñota están a ser tratadas como o 'parente pobre' polos Gobernos de Portugal e de España", finalizou Benítez. |
NOS_32604 | As distintas formacións que concorren ao 21-O xa presentaron as súas candidaturas para unha cita que vai alén de coñecer simplemente quen sentará en Ajuria Enea | Esta segunda remata o prazo de presentación das candidaturas para as eleccións vascas o vindeiro 21-O, unha cita en que todo está aberto, a nivel electoral, como había tempo que non pasaba nuns comicios autonómicos vascos. Enquisas e sondaxes vaticinan unha ampla vitoria do nacionalismo sobre o constitucionalismo, quedando por ver se vai ficar por diante o PNV (cunha lixeira vantaxe, como indican esas enquisas) ou EH Bildu. Entrementres PSE-PSOE e PP pulan polo espazo constitucionalista e por, sobre todo @s socialistas, ter un posto de privilexio cara a un pacto pos-electoral co PNV que desactive calquera entrada no goberno de EH Bildu e a apertura así en Euskal Herria dun camiño claro e directo cara á soberanía. O PNV encabeza a súa candidatura por Bizkaia con quen é tamén o seu candidato á lehendakaritza, Iñigo Urkullu, o home que arestora posúe sobre as súas costas o encargo de recuperar Ajuria Enea. Os jeltzales configuráronse nestes 30 anos como un partido-goberno en Euskadi. A súa campaña combina a reafirmación de que el@s son @s abertzales zaharras (os patriotas vellos, os de sempre) así como quen nestes 30 anos amosaron presumir de saber, din, como manexar o goberno en beneficio do avance do país e sorteando crises. O cabeza de listaxe do PNV por Gipuzkoa é Joseba Egibar, a quen sempre se sitúa no sector independentista do partido (e como o fiel albacea de Arzalluz), entrementres por Araba vai de número 1 Xabier Agirre. Tempo de solucións Doutra banda, Eh Bildu xa comezou hai tempo a preparar a cita coas eleccións, mesmo antes de saber que estas ían adiantarse ao 21-O. A formación da esquerda abertzale mesmo presentou o seu grupo de goberno, como sinal de que ían en serio e con responsabilidade para gobernar Euskadi en base a tres eixos: soberanía para o pobo vasco, xustiza social e pular pola concreción do proceso de paz aberto. Laura Mintegi, candidata a Lehendakari, encabeza a listaxe de EH Bildu por Bizkaia, seguida de Maribi Ugartuburu (voceira da esquerda abertzale), Leire Piñedo e Dani Maeztu (de Aralar) e Oskar Matute (de Alternatiba). Por Gipuzkoa (territorio forte da esquerda abertzale, onde todas as enquisas lle vaticinan que, como nas anteriores municipais e forais, e, en menor medida, antes da ilegalización, o que era a esquerda abertzale, vai ser a forza máis votada con diferenza), a listaxe encabézaa o profesor Xabier Isasi. De segundo vai o secretario xeral de EA, Pello Urizar, e de terceira Marian Beitialarraugoiti (que foi alcaldesa de Hernani por ANV). E xa por Araba, a candidatura leva de primeira a Belen Arrondo (do sindicato STEE-EILAS), seguida de Hasier Arkaiz (quen foi voceiro de Batasuna) e Eva Blanco (concelleira de Bildu en Amurrio). Constitucionalistas No bando dos constitucionalistas (ou unionistas como, en semellanza á xerga irlandesa se denominan non só na esquerda abertzale senón tamén nos sectores do PNV) son tres as forzas en litixio que actualmente teñen representación: PSOE, PP e UPyD. @s socialistas avogan agora por se presentaren como baluarte aos recortes do PP a nivel de goberno español (malia gobernaren en coalición neste mandato en Euskadi, nun pacto por riba da forza máis votada, PNV, e cunha ilegalizada Batasuna que alterou o mapa electoral). Patxi López é candidato a Lehendakari, e Jose Antono Pastor e Iñaki Arriola encabezan as listaxes polas diferentes circunscripcións. O PP xoga a presentarse como o derradeiro parapeto que garante o Estado español fronte ao caos secesionista. Antonio Basagoiti vai de número 1 por Bizkaia, entrementres Arantza Quiroga (presidenta parlamento vasco) e Iñaki Oyarzabal encabezarán as listaxes de Araba e Gipuzkoa. E UpyD leva a Gorka Maneiro como candidato a Lehendakari, confiando en revalidar o escano obtido hai tres anos e medio. O seu discurso é claro: España, España e máis España. E todo o que non sexa Estado español é terrorismo ou do entorno, mesmo o PSOE ou o PP. No que atinxe a IU-Euskadi, as súas posibilidades de entrar no Parlamento vasco son máis que escasas. As crises e escisións que derivaron na marcha do sector que conformou Alternatiba (e que asumindo a autoderterminación como principio básico entrou en Bildu-Amaiur- Eh Bildu) deixou a marca IU seguidista de Madrid con máis que escasa marxe de manobra. Seguen a falar dun federalismo dentro do Estado español ao tempo que defenden a necesidade de políticas claramente de esquerdas no social, eido este último en que EH Bildu é mellor percibido pola sociedade (Euskobarómetro). |
NOS_18482 | O Partido Comunista Português e o Bloco de Esquerda apresentaram moções de censura contra o governo luso e o pacto de agressão. | A realidade económica, social e política em Portugal está a se agravar em resultado da política desenvolvida pelo governo de Passos Coelho. As múltiplas amostras de rejeição à implementação das medidas neoliberais impostas pela troika, depois do resgate à economia do país, motivaram a apresentação de uma moção de censura que o PCP considera "necessária e indispensável para o país e para um futuro melhor para todos os portugueses" . Um país afogado pelo cumprimento do déficeO denominado Pacto de Agressão - formado pelo memorando de resgate assinado pelo Partido Socialista, o Partido Social Democrata e o CDS (ou Partido Popular português) com a troika - antepôs o pagamento da dívida e do défice público às necessidades do país. O aumento do desemprego - que abrange 1 milhão 250 mil pessoas - a redução do investimento público, os cortes nos serviços sociais e benefícios, a perda de direitos dos trabalhadores após a aprovação da reforma trabalhista e do Código do Trabalho, a desindustrialização e o abandono dos sectores produtivos, colocam o país à beira do desastre. Neste sentido, o PCP vem de apresentar uma moção de censura perante a Assembleia da República portuguesa com o objectivo de "pôr fim à destruição económica e social que o país sofre", pois, de acordo com o Secretário-Geral do Partido Comunista, Jerónimo de Sousa, já a moção de censura que apresentaram em Junho deste ano, "demonstrou que a política do governo apenas servia os interesses dos mais ricos, do grande capital e das grandes potências da UE, mas também que esta falharia até nos objectivos que serviam de pretexto para a sua aplicação - a contenção da dívida e do défice das contas públicas - ". O aumento dos lucros económicos das grandes empresas transnacionais - mil e quinhentos milhões de euros no último semestre - e os mais de cinco mil milhões de euros entregues à banca privada sem limitações, demonstram que a política desenvolvida pelo Governo português - liderado pelo Primeiro-Ministro Passos Coelho - "visa transferir riqueza para os grupos económicos e financeiros nacionais e estrangeiros, o aumento da exploração sobre quem trabalha, retirar direitos sociais, mutilar o regime democrático e pôr em causa a soberania nacional", afirma o texto da moção apresentada pelo PCP . A resposta social e da necessidade de alternativasApós meses de mobilizações entre as que ocorreram algumas das maiores respostas populares - como a Greve Geral de 22 de Março, as maciças mobilizações desenvolvidas em 15 de Setembro e a grande manifestação convocada pela CGTP-IN, que encheu o passado dia 29 de Setembro o Terreiro do Paço de Lisboa -, refletem a oposição popular à "agressão da troika, a política de direita e do governo que a concretiza", dizem do PCP, que exige uma mudança de rumo e a adoção de alternativas para "reverter o desastre". Neste sentido, De Sousa, afirmou que a moção apresentada pelo PCP organiza uma "política patriótica e de esquerda" assentada na (re) negociação dos prazos, juros e montante da dívida, a defesa e promoção da produção nacional, a geração de emprego com direitos para @s trabalhador@s que melhore as condições de vida, a aplicação de uma reforma fiscal, a recuperação do controle público nos sectores estratégicos e serviços sociais e a defesa da soberania nacional como eixos centrais. O Bloco de Esquerda vai apresentar uma outra moçãoO coordenador da comissão política do Bloco, Francisco Louçã, anunciou que avançariam também com uma moção de censura ao governo PSD / CDS pois dizem, "deixou de ter condições de credibilidade para dirigir o País". Louçã avaliou em conferência de imprensa a realidade económica do país como "a pior em sua história moderna" e afirmou que Portugal é hoje um "protetorado" em que se cumpre a vontade dos mercados financeiros. O coordenador do Bloco, disse que as medidas "foram tomadas neste contexto de dificuldade não têm qualquer um a capacidade de resolver as nossas dificuldades" ao mesmo tempo que sublinhou, "agravam a crise e acentuam o decrecimento" como mostram as informações coletadas nos últimos meses. Neste sentido, o Bloco de Esquerda apresentou uma moção de censura ao governo perante a suposta consagração à Comissão Europeia um conjunto de medidas que inclui um "colossal aumento de impostos", disse Francisco Louçã, após ter afirmado o Primeiro-Ministro, Passos Coelho , que retirava a subida das cotações sociais para os trabalhadores e trabalhadoras. Aliás, desde o Bloco afirmam que o governo já não tem credibilidade nem conta com o apoio da maioria dos cidadãos pois, "as medidas que levam a cabo só deixam a certeza de que a dívida, o défice, o desemprego e o desespero são os resultados da sua intervenção. "Neste contexto, a decisão de apresentar a moção perante a Assembleia da República portuguesa procura fornecer uma política alternativa que "faça forte para o país" e recoloque na Europa através de uma economia "ao serviço das pessoas" que rompa com o "memorando da troika" e reestruture a divida. |
NOS_49807 | A enquisa de poboación activa (EPA) do segundo trimestre sitúa en 58.100 os fogares con todos os seus membros do desemprego e un aumento da temporalidade. As organizacións sindicais piden a derrogación da reforma laboral, medidas por parte da Xunta e emprego de maior calidade. | Os fogares galegos nos que todos os seus membros activos están en paro aumentou en 3.000 unidades no segundo trimestre de ano, até chegar a ser 58.100. É un dos datos que reflicte a enquisa de poboación activa (EPA) sobre o período que vai de abril a xuño de 2021 e que publicou esta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). En termos xenéricos o desemprego baixou en 5.900 persoas, o que supón un 3,75% menos que no trimestre anterior, até situar o total en 152.400 desempregadas e desempregados. Porén, en variación anual, do segundo trimestre de 2021 respecto ao mesmo período de 2020, hai 9.800 persoas no desemprego máis, un 6,9%. Máis temporalidade e desigualdade Na Galiza había 867.000 persoas asalariadas no segundo trimestre, 657.400 delas con contrato indefinido e as 209.600 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 4.400 asalariadas máis indefinidas, o que supón un incremento de 0,7 puntos en termos relativos. As temporais tamén aumentaron, neste caso en 10.800, o que representa en termos relativos unha suba dun 5,4% en comparación co primeiro trimestre. En variación interanual, diminúen os indefinidos, mentres aumentan os temporais un 11,5%. A taxa de temporalidade está agora no 24,2%. Por outro lado, o desemprego rexistra unha taxa máis baixa en homes (11,27%) que en mulleres (13,61%) e de igual modo, a taxa de actividade é superior entre homes na comunidade galega, do 56,88%, que entre mulleres, que se sitúa no 48,51%. Aumenta a Construción e baixa a Agricultura A actividade económica rexistrou un aumento de persoas ocupadas en todos os sectores, excepto no primario. Na industria, incrementouse en 300 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano, a construción rexistra un aumento de 8.000 traballadoras e traballadores e nos servizos a alza cífrase en 8.700 persoas. Pola contra, na agricultura e na pesca produciuse unha caída na ocupación de 100 persoas. En relación ao desemprego xuvenil, de 320.300 mozas e mozos de entre 16 e 29 anos, 101.500 (o 31,7%) están ocupados, 37.700 (un 11,8%) no desemprego e os 181.200 restantes (un 6,6%) considéranse inactivos. CIG: avance da precariedade laboral A CIG avalía os datos da EPA como "desalentadores" e indican que evidencian "o deterioro progresivo das condicións laborais e o empobrecemento xeneralizado da clase traballadora". Para a central nacionalista deixan ver "o imparábel avance da crise industrial" nun mercado laboral "asentado na precariedade, como evidencia o incremento de persoas asalariadas con contrato temporal". Neste contexto, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apela á "necesidade e á urxencia de derrogar a reforma laboral para poder encetar a creación de emprego en condicións dignas e a recuperación dos dereitos roubados" diante o anuncio de duras e severas medidas como requisito para acceder aos fondos de recuperación da Unión Europea. Carril reclama tamén a posta en marcha dun plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego, no que a intervención pública "ten que ser fundamental". CCOO: a Xunta ten que tomar medidas Desde CCOO instan a Xunta a tomar medidas diante do que consideran unha "mellora conxuntural do emprego que non evita o aumento da pobreza no noso país". Para a secretaria de Emprego e Política Social de CCOO, Maica Bouza, os datos da EPA evidencian "unha vez máis" que Galiza segue a reproducir un modelo produtivo e de relacións laborais "obsoleto" e que cómpre mudar "canto antes". Para a sindicalista, o máis grave é, como se indicou, que o emprego creado "non abonda para saían do desemprego e da pobreza" moitas galegas e galegos. UXT: crear emprego de calidade O sindicato UXT cre que "a saída da crise pandémica so pode ser creando emprego de calidade e con dereitos". Opinan que "a baixa taxa de actividade e a forte contracción no Sector Industrial, sinalan a estrutural debilidade do tecido industrial galego". Mar Martín, secretaria de Política Sindical de UXT, sinala a Nós Diario que os datos viñan marcados pola crise da pandemia. "O aumento do emprego é positivo mais segue o desemprego de máxima duración", asegura. Desde este sindicato piden que os fondos europeos "comecen pola orientación para animar a ese sector". |
NOS_9184 | Dúas das referencias 'indies' do país presentarán o 24 de febreiro os seus respectivos novos discos, contraprogramando así o entroido e o Día de Rosalía. Son Ataque Escampe e Emilio José. | Non todo vai ser Rosalía. O 24 de febreiro na compostelá Sala Capitol verán a luz en directo dúas novidades discográficas. A primeira é 'Primeiros bicos', o oitavo disco de Ataque Escampe, que fai referencia á serie francesa do mesmo nome que botou a TVG nos anos 90. Novo cantante, novas incorporacións e novo disco, que sacarán a luz o 14 de febreiro en plataformas dixitais. No concerto poderedes facervos coa peza física, un vinilo. Tamén amosará en directo o seu novo disco Emilio José, que presentará 'Nativos digitais', o seu novo traballo, esta vez de rap. Completamente á marxe dos usos e costumes da industria fonográfica, Emilio José leva publicado 'Chorando apréndese' (2009) e 'Agricultura Livre' (2015, en tres CDs). Hai uns meses presentou só en dixital un novo traballo 'Ilhas Virgens', e nunhas semanas poderemos coñecer o próximo. Ilhas Virgens by Emilio José |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.