ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_23954 | Unha política urbanística "insustentábel", ignorar os efectos do cambio climático, inzar o litoral de proxectos de recheos e máis recheos.... os danos e desfeitas causados pola vaga de temporais na costa galega teñen ás veces unha responsabilidade que non pode cinxirse só aos refachos de vento e fortes ondas. Adega pon o dedo na chaga. | A forte presión urbanística sobre a costa, con recheos, peiraos, paseos e portos deportivos feitos sen ter en conta as dinámicas litorais, está a amplificar os efeitos dos temporais provocando unha enorme erosión costeira. A reflexión da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza chega en plena vaga de temporais, galernas e cicloxéneses. "Non podemos deter a suba do mar, pero si prevela e anticipar as posibles consecuencias. Até o de agora, as políticas urbanísticas de construción 'a toda costa' non fixeron máis que acelerar este proceso de erosión". A reflexión de Adega parte de evitar as simples lamentacións e o erro de asumir que nada se pode facer. "Fenómenos meteorolóxicos extremos como a sucesión de borrascas que xa dura máis dun mes son cada vez máis habituais", afirman desde a asociación. Dentro do proceso de mudanza climática que está a vivir o planeta, "é de prever que estes fenómenos meteorolóxicos extremos sexan cada vez máis habituais e que a factura dos danos causados polo cambio climático siga a engordar. Estes efeitos cada vez máis patentes notaranse con máis intensidade nas latitudes medias, especialmente nas costas". Non vale ollar para outro lado Que se ten feito até o de agora para amortecer, xa que é imposíbel evitar, as consecuencias deste fenómeno? Simplesmente, ollar para outro lado. "Como se o cambio climático non fose con eles, en Europa veñen de claudicar fronte ao lobby dos combustíbeis fóseis. No Estado, coa nova Lei de Costas poderase urbanizar a 20m do mar. E en Galiza, o Plano do Litoral (POL) na prática non protexe nada, o Plano de Acción contra o Cambio Climático foi paralisado por Feijóo e nos orzamentos de 2014, o investimento contra o cambio climático será cero". Adega sostén que recoñecer e afrontar "en serio as causas do problema (cambio climático e urbanismo desordeado) resulta chave para reducir os seus efectos". É insensato, apuntan, seguir planificando actuacións na costa, como se a suba do nível do mar e os fenómenos meteorolóxicos adversos non fosen xa unha realidade. Seguir fomentando a ocupación do litoral e aplicar as mesmas inútiles receitas a base de carísimos recheos é insensato e, en todo caso, non fará máis que agravar á corrupción do actual modelo urbanístico. |
PRAZA_18729 | Un informe da UDC achegado pola empresa a requirimento da Xunta confirma que a corta de Vieiro acolleu durante anos materiais que supoñen máis de 110.000 metros cúbicos, segundo desvela Adega. | Unha balsa mineira empregada durante anos como vertedoiro irregular. Esa é a confirmación que acaba de facer a empresa disposta a reabrir a antiga mina de Touro ao responder a algunhas das alegacións presentadas contra o proxecto e aos informes sectoriais da Xunta. Un informe da UDC achegado pola empresa a requirimento da Xunta confirma que a balsa de Vieiro foi vertedoiro irregular durante anos O informe técnico redactado polo grupo de Enxeñaría de auga e medio ambiente da Universidade da Coruña, achegado pola empresa a requirimento de Augas de Galicia, confirma que a balsa mineira de Vieiro foi usada durante moito tempo como "vertedoiro en B", segundo desvela Adega. O documento (Caracterización Hidroquímica del Lago de Vieiro) vén certificar "o que toda a veciñanza de Touro xa sabía", segundo a asociación ecoloxista O informe aclara que parte dos sedimentos depositados nesta balsa mineira son o resultado de verteduras de materiais (entre eles "áridos procedentes da planta de asfalto") efectuadas pola empresa Explotaciones Gallegas SL, propietaria do 80% de Cobre San Rafael, impulsora do proxecto de reapertura da antiga mina de Touro, fortemente contestada tanto política como socialmente na comarca e en toda Galicia. Explotaciones Gallegas, propietaria do 80% de Cobre San Rafael, verteu materiais que supoñen máis de 110.000 metros cúbicos O documento da UDC desvela que a empresa mineira usou os terreos, e concretamente a corta mineira inundada de Vieiro, como vertedoiro. "Esta práctica debeuse desenvolver ao longo de varios anos, dende que a mina pechou en 1986, xa que a cantidade de materiais vertidos supón nada menos que 111.674 metros cúbicos", lembra Adega, que achega certificación documental sobre o desvelado. Parte do informe onde se certifica a presenza de materiais de recheos e refugallos na balsa mineira de Vieiro A asociación ecoloxista solicitou xa á Consellería de Medio Ambiente que achegue información sobre as eventuais autorizacións concedidas entre 1986, data da finalización da actividade mineira e a actualidade, á empresa Explotaciones Gallegas ou a calquera outra, para depositar materiais no fondo da corta inundada de Vieiro. "En caso afirmativo, solicitamos como parte interesada no procedemento, coñecer tamén as datas, tipo e cantidade de materiais, condicións de vertedura e demais aspectos relativos aos permisos concedidos polo departamento competente", di Adega, que chama a atención sobre esta "enésima irregularidade do proxecto mineiro de Touro". "Non é posíbel que a Xunta, mediante unha autorización ambiental favorábel, branquee as presuntas irregularidades" "Non é posíbel que a Xunta, mediante unha autorización ambiental favorábel, branquee as presuntas irregularidades que a empresa concesionaria realizou durante anos nos terreos da antiga mina de Touro", advirte Adega, que destaca que o informe alerta de diversas zonas con material de recheo depositados de restos de construción ou de áridos procedentes da planta de asfalto da mesma compañía, ademais de lodos. Todo xunto supera os 110.000 metros cúbicos nunha superficie de 5,3 hectáreas. |
NOS_47576 | A Mesa do Parlamento galego conta con 5 postos, dos cales tres irían para o PP e os outros dous para forzas da oposición. Os socialistas meditan copar eses 2 representantes, rompendo cunha norma de cortesía parlamentar pola cal a vicesecretaría se cedía á terceira forza | A Mesa do Parlamento de Galiza será unha mesa para dous, PP e PSdeG. Cando menos este sería o escenario se os socialistas levaren a cabo finalmente a opción de quedar cos 2 postos para a oposición. Así, o PP tería tres representantes e o PSdeG, dous. Romperíase deste xeito unha tradición na Cámara galega en que a vicesecretaría recaía na terceira forza, que neste caso lle tocaría á Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Unha aplicación estrita do regulamento, porén, si que permitiria aos socialistas quedar con eses dous representantes. Mais isto non se facía en anteriores lexislaturas para facilitar que a Mesa fose o máis representativa posibel da composición do Parlamento. Noutros organismos autonómicos, en que as forzas políticas parlamentares tamén teñen representación, os socialistas xa optaron por copar os representantes da oposición en anteriores lexislaturas. Foi o caso do Consello de Contas, onde só tiñan presenza PP e PSdeG, deixando fóra o BNG. Esta mesma xogada semella ser a que están a preparar agora os socialistas galegos para a Mesa do Parlamento. |
NOS_42190 | Segundo sosteñen medios estadounidenses o vicepresidente Mike Pence non descarta invocar a 25ª emenda para destituír Donald Trump en caso de que a conduta do mandatario saínte torne máis inestábel nos días que faltan até a toma de posesión de Joe Biden. | O vicepresidente dos Estados Unidos de América (EUA), Mike Pence, non descarta invocar a 25ª emenda para destituír Donald Trump en caso de que a conduta do magnate sexa máis inestábel nos días que faltan até que o demócrata Joe Biden tome posesión como novo presidente dos EUA, un acto previsto para o 20 de xaneiro. Así o avanzou a canle CNN, aludindo fontes achegadas a Pence. Segundo esas fontes, témese que Trump poida tomar decisións que poderían pór en situación de risco os EUA nos días previos á toma de posesión de Biden. Aliás, indícase que Pence e Trump non falan desde o asalto ao Capitolio polos seguidores do magnate o pasado 6 de xaneiro. Pola súa banda, Pence informou que como actual vicepresidente asistirá á toma de posesión de Joe Biden. Quen non o fará é Donald Trump, segundo informou el mesmo a pasada sexta, saltando así a tradición estadounidense na sucesión. O ' impeachment' contra Trump toma forma e presentarase esta segunda feira O ' impeachment' das e dos congresistas demócratas contra o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, segue tomando forma e presentarase esta segunda feira, 11 de xaneiro, ante a Cámara dos Representantes, segundo anunciou en Twitter un dos congresistas demócratas implicados. "Presentaremos o artigo de Impeachment esta segunda feira durante a sesión pro forma da Cámara", publicou o congresista demócrata por California, Ted Lieu. Nunha entrevista en CNN, Lieu pediu a dimisión de Trump e xustificou a apertura do proceso de destitución como unha medida disuasoria para evitar que o presidente faga "algo mesmo máis tolo". |
PRAZA_19054 | Quixera dicirlle a este individuo que as manifestacións que fai no seu artigo teñen un nome: violencia de xénero, e que grazas a personaxes da dubidosa catadura moral que el demostra, non soamente é case imposible erradicar o feminicidio que tantas e tantas vidas de mulleres se está a cobrar, senon que temos o caldo de cultivo perfecto para que medre de día en día | Novamente, coma hai anos, sinto a dor do maltrato. Tampouco nesta ocasión hai pegadas na miña pel. Ningún morado revelador, nin tampouco unha pinga de sangue delator. O que si sinto igual que entón, cando non era quen de reaccionar , cando o terror me paralizaba, é a humillación, o desprezo, a crueldade de quen me considera un obxecto, un obxecto de pouco ou ningún valor, un obxecto que se pode usar, danar e destruír sen o mais mínimo escrúpulo. Alguén que se fai chamar xornalista (será, eu non vou a cuestionalo. A diferenza del eu non xulgo, non son quen) manifestaba hai poucos días que as mulleres maltratadas somos "vítimas do noso sexismo", e mesmo nos tachaba, sen ningún empacho, de "escravas sexuais" que na procura da "éxtase" que os nosos maltratadores nos proporcionan, somos quen de arriscar as nosas vidas nas suas mans. Ou, dito doutro xeito, e para entendernos, que ante a un bo "revolcón" (e perdoádeme a expresión) deses que nos van facer ver, como mínimo, fogos artificiais, non dubidamos en vivir nunha constante ruleta rusa que nos pode costar a vida en calquera momento... Que non e doado atopar un "machirulo" coma o noso verdugo en todas as esquinas e un orgasmo épico ben vale correr o risco... É máis, poida que exerza un efecto afrodisíaco en nós, "vítimas do noso sexismo"!. Eu quixera ter a este señor diante de min, cara a cara, e mirándolle aos ollos, explicarlle como eu, igual que calquera muller que viviu o inferno dos malos tratos, sentín a parálise do pánico mais atroz, da anulación, da vergoña, e como tragando a dor, o terror, e o noxo máis intenso que se pode sentir, me vin na obriga de deixar que meu corpo fose o xoguete de quen tentara matarme non había máis que unhas horas, porque permitir que me sometese, que me violase, porque eso e o que fai o maltratador que te obriga a ter relacións sexuais queiras ou non, violar, era a única e mínima posibilidade que tiña de salvar a miña vida, unha vida que, mais dunha vez, en momentos coma eses, desexei que rematase, e con ela o insoportable sufrimento. Eu non sentín éxtase, nin fun unha "ionqui" do sexo con ese malnacido. Tan so quería sobrevivir, e deixar que me aldraxase era o único recurso e, ademais, tampouco tiña forzas para rebelarme. Quixera dicirlle a este individuo que as manifestacións que fai no seu artigo teñen un nome: violencia de xénero, e que grazas a personaxes da dubidosa catadura moral que el demostra, non soamente é case imposible erradicar o feminicidio que tantas e tantas vidas de mulleres se está a cobrar, senon que temos o caldo de cultivo perfecto para que medre de día en día Ainda así fun afortunada. A miña mente sempre tivo moi claro que non todos os homes actúan igual, e, ao contrario que moitas mulleres, que, con toda lóxica, quedan marcadas para sempre por unha experiencia tan traumática negándose ás posteriores relacións satisfactorias que merecen, fun quen de volver á normalidade. Tamén mirándolle aos ollos, e ben alto e clariño, quixera dicirlle a este individuo que as manifestacións que fai no seu artigo teñen un nome: violencia de xénero, e que grazas a personaxes da dubidosa catadura moral que el demostra, non soamente é case imposible erradicar o feminicidio que tantas e tantas vidas de mulleres se está a cobrar, senon que temos o caldo de cultivo perfecto para que medre de día en día. E mirándolle a os ollos diríalle que vostede si é escravo. Escravo dun machismo letal que provoca e tolera que se sigan asasinando mulleres , escravo duns prexuízos enfermizos que ven as mulleres coma lixo. Foi vostede quen, primeiro, de enfurecerme coas suas barbaridades, cos seus despropósitos, pero agora, refrexionando detidamente, sabe que? Creo que e vostede digno de auténtica lástima. Ten que ser enormemente triste ver a vida, as persoas, do xeito que o fai, e o único que me queda por desexarlle é que un día, cando esperte, teña a lucidez precisa para poñerlle nome a o que fai coas suas manifestacións. É sinxelo: Maltratar. |
NOS_3600 | "Para Galiza unha virada de 180 graos é necesaria como auga de maio", dixo Alexandra Fernández nunha intervención no Congreso na que se referiu a Ence, ao accidente de Angrois e os sectores produtivos galegos. Tivo referencia explicita para o PSdeG de cara a evitar "oportunidades perdidas" para unha alternativa ao PP na Galiza. | Un poema de Xohana Torres, 'Penélope', abriu a porta do primeiro discurso de Alexandra Fernández no pleno do Congreso español. Unha intervención de seis minutos – 3 máis do que lle correspondeu no reparto de tempos no seo do grupo confederal- nos que a portavoz de En Marea anunciou o rexeitemento da súa coligazón a apoiar a investidura de Pedro Sánchez. "Un non ao continuismo", dixo Fernández, que considera que Pedro Sánchez "non quixo ou non soubo" dar resposta á demanda de cambio xurdida do 20-D. Desde as eleccións, dixo, o único que fixo o candidatpo socialista foi "dar voltas e voltas" para acabar "sentado" nas mesmas "burbullas que sosteñen este réxime do 78". Mais este 'non' dado por Fernández non supón un punto e final. Propuxo ao PSOE atopar "un punto de encontro", que pasaría por fechar a etapa de "gobernos contra a xente". Mais iso pasaría por finiquitar o que cualificou de "micro-pacto" entre "un partido social-demócrata que non exerce de tal" e outro neo-liberal, referíndose a PSOE e Ciudadanos. Defendeu no pleno que Ence saia da Ría de Pontevedra, e unha comisión de investigación sobre o sinistro ferroviario de Angrois, "caia quen caia". Tamén que sectores produtivos galegos como o mar ou o gandeiro "teñan voz en Europa" para se defender "das grandes multi-nacionais". "Autogoberno e benestar" "Somos unha nación", afirmou a deputada en varias ocasións ao longo da intervención. Un nación "cuns sectores produtivos que non son estratéxicos para o Estado mais si que son vitais para nós". Para Galiza, sostivo, "autogoberno e benestar son dúas caras da mesma moeda" e enfatizou que "unha virada de 180 grados é necesario como auga de maio" para este país. Así, dirixiuse a Pedro Sánchez para convidar o PSOE a "facer xuntos" un programa "rexido por palabras que de certo coñece: social-democracia e profundización democrática". PsdeG Ao final do discurso, Alexandra Fernández dirixiuse especificamente ao PSdeG para "lamentar" se a "oportunidade perdida" de Pedro Sánchez na investidura provoca que a "xente do común da nación galega" vexa como se empaña a consecución, após as autonómicas, dunha alternativa á "brigada de demolición" do PP. En Marea non contestou á réplica de Pedro Sánchez ao seu discurso, como tampouco o fixo En Comú Podem. Foi Pablo Iglesias, de Podemos, quen falou como representante do 'grupo confederal' |
NOS_43441 | A formación de Beiras, Noriega e Antón Sánchez volve ficar á marxe dunhas xerais, como aconteceu en abril, ao non chegar a acordos con Podemos e EU. | "Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás vindeiras eleccións xerais", informou esta segunda feira Anova nun comunicado de prensa. A formación nacionalista, que o sábado pasado reuniu os seus órganos de dirección para estabelecer as condicións dos pactos electorais, volve ficar á marxe dunha convocatoria ás estatais despois de que tampouco topase aliados cos que concorrer aos comicios do pasado 28 de abril. Anova apostaba por "dar continuidade ao espazo" que se abriu con AGE, as mareas municipalistas, co Pacto de Mazarelos –previo ás estatais do 2015– e coa asemblea de Vigo na que naceu En Marea –antes das galegas do 2016. Mais as diferenzas entre os socios foron minando o espazo e as confluencias cesaron. Con Luís Vilares (e Cerna) por un lado, e Podemos e Esquerda Unida, polo outro, non hai máis actores que sumar á "proposta unitaria de Ruptura co Réxime" de Anova. "No inmediato, traballaremos xa para conseguir que nas vindeiras eleccións autonómicas poidamos conseguir esa unidade de acción que impida revalidar ao PP o goberno do país", di o comunicado. O partido que mantén como referente a Xosé Manuel Beiras e como cabezas visíbeis a Martiño Noriega e Antón Sánchez, empezará a considerar as súas opcións de recuperar os pactos con Podemos e Esquerda Unida de cara as galegas do ano que vén, e precisar o seu papel dentro dunha coalición que polo de agora segue limitada ao Parlamento galego. |
NOS_40478 | O informe remitido pola Policía Xudicial á Audiencia Nacional revela a metodoloxía da trama liderada por José Luis Moreno, que se encargaba de branquear beneficios procedentes do narcotráfico mentres estafaba entidades bancarias cun organigrama que comprendía até 130 empresas pantalla sen actividade real. | "Unha organización criminal moi activa con gran mobilidade, con moitas ramificacións, e que opera tanto a nivel estatal como internacional", así define a Policía Xudicial a trama na que participaba José Luis Moreno, o produtor de televisión detido na Operación Titella. De feito, o oficio do 21 de xuño remitido o Xulgado Central de Instrución 2 da Audiencia Nacional separa a trama en dúas organizacións. Unha delas, encabezada por Moreno, Antonio Aguilera e Antonio Salazar, comezou en 2017 a cometer "fraudes e estafas a entidades bancarias e investidores privados", "falsificación de cheques e notas promisorias", delitos aos que hai que sumar branqueo de capitais. A outra organización está liderada por Carlos Brambilla, e ten, apunta o documento, "presuntamente como actividade principal o tráfico internacional de drogas". Esta parte da trama usaba a organización de Moreno para "branquear os cartos" que proveñen do narcotráfico. Grandes cantidades de diñeiro en efectivo O persoal de investigación da Policía Xudicial sospeita que a trama movía "grandes cantidades de diñeiro en efectivo de maneira regular, aproximando estas cantidades ao millón de euros cada 15 ou 20 días". A Fiscalía da Audiencia Nacional estima en 85 millóns de euros os cartos presuntamente estafados a distintas sucursais bancarias pola trama dirixida por Moreno. O volume dos movementos económicos da trama foi constatado durante a investigación, "como proba diso temos o SMS remitido o 11/11/2020 no que hai unha fotografía na que se aprecia unha cantidade duns 500.000 euros en feixes de billetes", indican. Risco de fuga A Policía Xudicial non descartou até o momento da detención a "existencia de risco de fuga dos investigados se chegasen a ter coñecemento", nun texto días antes das detencións, debido aos "importantes beneficios" obtidos polos membros da trama. O produtor de televisión contaba con 130 sociedades pantalla Até 130 sociedades espalladas polo Estado para "ocultar e desviar os beneficios obtidos ilegalmente", formaban parte da trama liderada por José Luis Moreno, desvela o informe da Policía Xudicial, que sostén que na súa maioría non tiñan ningunha clase de actividade real, sendo "administradas por homes de palla". Estas sociedades pantalla "permitiron que os verdadeiros administradores permaneceran ocultos e no anonimato, lucrándose con impunidade", sinala o texto, que detalla que a metodoloxía dos detidos era asinar notas promisorias a conta das sociedades que tiña a trama noutras entidades bancarias, cobrando os fondos "antes de cumprirse o prazo de devolución interbancario". Deste xeito, conseguían fondos a curto prazo antes de emitir a nota promisoria en favor da seguinte sociedade. |
PRAZA_17320 | Ao actual presidente galego gustaríalle escribir o relato do seu ascenso á cúpula da madrileña rúa de Génova en termos semellantes aos que utiliza para relatar como chegou á cadeira de Manuel Fraga Feijóo dirá se aspira a presidir o PP no prazo que a xunta directiva dea para presentarse | Feijóo dirá se aspira a presidir o PP no prazo que a xunta directiva dea para presentarseO presidente da Xunta non aclarou este mércores no Parlamento, como era previsible, se vai abandonar a presidencia para optar ao liderado estatal do PP. Pero o plan está en marcha. Boa parte da prensa conservadora editada en Madrid olla cara a un Alberto Núñez Feijóo que a priori partiría como favorito por mor da diferenza positiva entre apoios e rexeitamentos internos. O campo no que se librará a contenda deixouno marcado Mariano Rajoy; a sucesión non será produto dunha designación 'dixital' pola banda de quen marcha, como fixo Fraga con Aznar e este, co propio Rajoy. Non haberá primarias porque os estatutos do partido non as contemplan; pero si un proceso congresual rexido polo novo sistema de "dobre volta" -unha votación de toda a militancia e outra, só de delegados que poden manter ou non o voto da militancia- no que caben unha ou varias candidaturas. Isto é, un sistema só lixeiramente distinto ao da anterior carreira sucesoria á que concorreu Feijóo no ano 2006. Nas súas verbas, unhas "primarias".Ao actual presidente galego gustaríalle escribir o relato do seu ascenso á cúpula da madrileña rúa de Génova e facelo en termos semellantes aos que utiliza para relatar como chegou á cadeira de Fraga. Isto é, que no seu expediente conste que venceu nun congreso por unha elevada porcentaxe de votación entre os delegados que conformen o seu plenario. Isto foi o que sucedeu o 15 de xaneiro daquel 2006 no compostelán Palacio de Congresos de Galicia ao que chegou como candidato único. Fíxoo despois dunha dura pugna interna, a batalla final que libraron como tales os sectores alcumados como boinas e birretes. Nela os poderes tradicionais do PPdeG non sucumbiron de vez, pero si tiveron que flexibilizar as súas teses para acomodarse a un escenario no que o aznarismo e as súas pólas en Galicia venceron.Ao actual presidente galego gustaríalle escribir o relato do seu ascenso á cúpula da madrileña rúa de Génova en termos semellantes aos que utiliza para relatar como chegou á cadeira de Manuel FragaA carreira sucesoria de Fraga iniciouse dous anos despois de que a dirección de Aznar elixise a Feijóo para eliminar do escenario político galego ao daquela conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña, en plena crise pola xestión política do naufragio do Prestige. Entre as súas credenciais destacaba o aval de José Manuel Romay Beccaría, baixo cuxa máxima confianza ocupara xa naquela altura unha sucesión de cargos relevantes como secretario xeral do Sergas, presidente do Instituto Nacional de Salud -en vías de extinción polos traspasos autonómicos- e mais de Correos. Na volta a Galicia asumiu a poderosa carteira de Cuíña e un ano despois, a vicepresidencia primeira da Xunta, de nova creación.A vicepresidencia segunda do que deu en ser derradeiro gabinete de Fraga ocupáraa José Manuel Barreiro. Con Barreiro tivo que compartir protagonismo nos meses en que o ex-presidente continuou no Parlamento e con Barreiro estivo na liña de saída da sucesión. Con eles púxose a competir quen xa era agardado, Cuíña, e tamén Enrique López Veiga, antigo conselleiro de Pesca. Os catro lanzáronse á recolleita de avais para o congreso e dende Madrid o xa presidente do partido, Mariano Rajoy, tentaba aparentar indiferencia ante unha loita que o incomodaba. "Mire, yo soy liberal", respondeu á prensa cando o cuestionarion pola existencia de catro candidatos fronte á súa preferencia de que houbese un só.De catro candidatos a unDirixentes como Romay Beccaría ou Louzán foran claves nos movementos de apoios cara a Feijóo e en detrimento de Cuíña, lembran persoas implicadas naquel procesoA batalla estaba lanzada e o primeiro en caer foi López Veiga, que tras a elección de delegados e delegadas para o Congreso admitiu que non lle daban as "contas". Mentres, Cuíña aseguraba que, se gañaba, ía "refundar" o PPdeG "en clave galega sen paliativos e radicalmente democrática" co primeiro obxectivo de frear a "paulatina perda de autonomía" a respecto da dirección estatal. As posibilidades do ex-conselleiro dependían, entre outros factores, dos movementos de José Luis Baltar e os seus afíns, así como das posicións que adoptasen os numerosos alcaldes do partido. Non foron poucos os rexedores, lembran persoas implicadas directamente naquel proceso congresual, que consultaron con Romay cal era a aposta de Rajoy para Galicia e que ponderaron tamén onde os deixaría partidaria e institucionalmente ubicárense con Baltar ou con dirixentes tamén poderosos na época como Rafael Louzán, na altura presidente da Deputación de Pontevedra.A loita era tensa e rebentou de vez nos primeiros días de decembro de 2005. Aproveitando os actos do Día da Constitución en Ourense, Baltar pai fixo o anuncio á prensa: os alcaldes de Pontevedra baixo o influxo de Louzán ían apoiar masivamente a Feijóo e Cuíña, dadas as circunstancias, retiraba a candidatura. E sen Cuíña no congreso, os seus delegados tiñan "liberdade" para apoiar a Feijóo. O mesmo que os ourensáns. Con López Veiga e Cuíña fóra, o de Barreiro era só cuestión de tempo e dúas semanas despois anunciaba a integración da súa lista na de Feijóo; a cambio, o ex-conselleiro sería vicepresidente do partido.Así foi, en síntese, como os catro candidatos quedaron só nun e como o congreso competitivo tornou en conclave de aclamación do actual presidente da Xunta. Aquel 15 de xaneiro Feijóo levou 2.257 votos a prol fronte a uns residuais 90 sufraxios en branco e 8 nulos. "Don Manuel, nunca serei un Xudas", asegurou o novo presidente orgánico no seu primeiro discurso, onde tamén mantivo que se Rajoy "non fose o presidente nacional do partido, eu nunca me presentaría a este congreso", como recollera daquela El País. O daquela atribulado líder do PP español ofreceu en Santiago un balance ao seu xeito de todo o acontecido: "Quizás no se me note, pero estoy muy emocionado. Estoy que me salgo", resumira Rajoy sobre o resultado da elección de Feijóo. |
NOS_31885 | O Executivo estatal comunicou esta cuarta feira ás autonomías a cantidade total que percibirán no marco do financiamento territorial, cun aumento de 24%. A Galiza percibirá unha suba similar na súa asignación. Factores para o cálculo do reparto como o avellentamento e a dispersión poboacional están no albo do debate na Galiza. | A ministra de Facenda e Función Pública do Estado español, María Jesús Montero, comunicou aos Executivos territoriais, no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), que recibirán 134.336 millóns de euros do sistema de financiamento en 2023, 26.130 millóns máis que o ano anterior, o que representa unha suba de 24%. O Banco Central Europeo encarece o acceso ao financiamento Este incremento explícase porque as entregas a conta soben 11%, até os 124.292 millóns, e as liquidacións positivas de 2021 alcanzan os 10.981 millóns. Montero afirmou que o dato positivo das liquidacións débese ás "previsións prudentes do Goberno" e ás medidas adoptadas "para reforzar o emprego e o crecemento económico". Ademais, a ministra lembrou que, incluíndo os datos de 2023, as Administracións territoriais "terán recibido en cinco anos de Goberno de Pedro Sánchez 178.750 millóns máis que nos últimos cinco anos completos do Goberno de Mariano Raxoi", o que segundo Montero significa "un incremento de 40% no financiamento das autonomías". Pola súa parte, a Galiza recibirá en 2023 un total de máis de 9.400 millóns do sistema de financiamento, 24% máis que este ano, dos cales uns 8.788 millóns correspóndense ás entregas a conta durante o exercicio que vén, 9% máis, dous puntos porcentuais menos que o Estado, así como case 700 millóns pola liquidación do sistema de financiamento do ano 2021. Déficit permitido O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, valorou o déficit permitido para 2023, que o Executivo estatal subiu de 0,1% a 0,3% do PIB, como un "mecanismo de flexibilidade para facer frente a posíbeis complicacións" como as "axudas que haxa que desenvolver para familias que sufran máis a suba dos prezos". O financiamento centrará a reunión de Rueda coa oposición Varios Executivos territoriais gobernados polo PSOE expuxeron a Facenda no CPFF a necesidade dun mecanismo de financiamento para as autonomías, parecido ao fondo Covid que dispuxo nos anos 2020 e 2021, para poder facer fronte á crise inflacionista. Debate do financiamento O sistema de financiamento condiciona de forma decisiva o nivel de autogoberno da Galiza e a súa capacidade para definir as súas políticas económicas. María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, ten sinalado a Nós Diario que a proposta do Goberno do Estado "é continuadora coa que no ano 2017 fixera a comisión de expertos, con algunha modificación" e defende que "o novo modelo precisa gañar en suficiencia, equidade, transparencia e simplicidade". A Galiza "debe puxar sobre todo porque se cumpran as dúas primeiras, é dicir, gañar en suficiencia e en equidade", explica a profesora. Xosé Díaz, economista e autor do volume sobre financiamento publicado por Sermos Galiza As contas que nos contan, ten defendido neste xornal un sistema de concerto "polo que a Galiza dispuxese dunha axencia tributaria propia que recade todos os tributos que implica o sistema fiscal español, con capacidade de lexislación sobre eles, de maneira que todas as fontes de riqueza e patrimonio que se produzan na Galiza, por persoas físicas ou xurídicas, sexan galegas ou non, tributen relixiosamente neste país onde os obteñen". Dúas propostas diferentes de financiamento, dous modelos de entender a Galiza Díaz, ademais, tomando como referencia a liquidación dos orzamentos de 2019, certificou un saldo neto negativo para a Galiza nas súas relacións co Estado de 4.500 millóns de euros. "O Estado recada en impostos en 2019 na Galiza un mínimo de 13.212 millóns de euros mais só reintegra 8.650 millóns", afirmou. O Executivo español apostou a comezos de ano por un novo modelo de financiamento que deixaría os servizos públicos galegos en peor posición, pois o modelo de reparto en base ao criterio da poboación defendido non ten en conta cuestións como o avellentamento e a dispersión poboacional, especialmente decisivas para a Galiza. O líder do Partido Popular no Estado español, Alberto Núñez Feixoo, no marco da campaña electoral andaluza, defendeu que o financiamento autonómico debe "ser proporcional á poboación" de cada territorio. Unha postura que contrasta coa que mantiña como presidente da Galiza, cando defendía que había máis criterios a ter en conta, como o avellentamento ou a dispersión poboacional. |
NOS_42691 | O conselleiro de Economía e Industria mostrou a disposición da Xunta a colaborar con Pescanova para facer fronte á situación desta empresa, mais lembrou que deben ser os seus directivos os que atopen "solucións". O valor bursátil da compañía caeu arredor de 300 millóns de euros no que vai de semana. | Após unha nova queda de valor das accións de Pescanova (a sexta feira roldaban os 17,40 euros, esta segunda baixaron a 6,96; e nesta terza feira pagáronse a 3,80 mais fecharon a 5,60), a Xunta falou sobre esta empresa. Fíxoo por boca do seu conselleiro de Industria e Economía, Francisco Conde, e iso si, a preguntas dos xornalistas. Conde sinalou que o goberno galego está disposto a colaborar con Pescanova para saír da situación que atravesa, mais sen especificar en que e como se concretizaría esa axuda. Neste punto limitouse a indicar que "hai que ser prudente". Porén, Conde apuntou a que esta compañía ten unha directiva que é quen de "identificar as necesidades" e "atopar as solucións" e de saber cales son as "necesidades". Nesa liña, o conselleiro dixo que o goberno autonómico estaba "moi esperanzado" con que os executivos da empresa dean endereitado a situación. Pescanova valía na Bolsa após a xornada da segunda feira por volta de 200 millóns de euros. Antes da compravenda deste comezo de semana, a súa capitalización bursátil era de 500 millóns de euros. |
NOS_9630 | O últimato dado por Rajoy para activar o 155 -a suspensión do autogoberno catalán- pretendía achar unha resposta clara á pergunta de se o 10-O Puigdemont declarara ou non a independencia. O president opta por eludir a cuestión e por propor, en troca, a abertura dun diálogo durante os dous próximos meses. | Quería Rajoy unha resposta de lóxica binaria -si ou non- mais Puigdemont moveu peza noutro taboleiro, o da proposta de diálogo ao longo dos próximos dous meses. Está por ver agora se a Moncloa entende a resposta de Puigdemont como un si implícito -o titular do Govern proclamou a suspensión da declaración de independencia a terza feira 10 de outubro- e consuma por tanto a súa ameaza de despregar os efeitos do artigo 155 da Constitución, o que virtualmente suspendería o autogoberno. "Queremos falar, como fan as democracias consolidadas", dille Puigdemont a Rajoy, ao tempo que se refire á "suspensión do mandato político" dado polo pobo catalán o 1 de outubro. Puigdemont formula na súa misiva dúas peticións: a primeira, que se "reverta a represión" que se exerce desde Madrid contra o soberanismo catalán -esta segunda feira comparecen na Audiencia Nacional os líderes dos colectivos soberanistas Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, e o major dos Mosso, Josep Lluís Trapero- e que o Estado cese na súa política de "vulneración dos direitos fundamentais" das catalás e dos cataláns. E aquí o president refere a listaxe de ataques ás liberdades, desde a conxelación das contas bancarias, a censura en internet, a violación do secreto postal, a detención de "servidores públicos" e a brutal policial inflixida ás votantes e aos votantes do 1-O. A segunda petición é a realización dunha "reunión" que "nos permita alcanzar os primeiros acordos". |
PRAZA_14349 | Francisco Jorquera asegurou este domingo que da crise se sae "loitando na rúa e defendendo políticas alternativas". "É posible plantarlles cara aos recortes, facelos recuar", asegurou. | "É posible plantarlles cara aos recortes, facelos recuar", asegurou Francisco Jorquera este domingo en declaracións aos medios de comunicación. E puxo como exemplo a Portugal para afirmar que da crise se sae "loitando na rúa e defendendo políticas alternativas". Jorquera referíase ao cambio de posición do goberno portugués, que presionado polas masivas manifestacións na rúa decidiu anular a súa decisión de rebaixar os salarios a través dun aumento das cotizacións á seguridade social. Jorquera criticou a visita de Mariano Rajoy este sábado a Ourense e acusouno de "vender fume". Tamén salientou que Feijoo quere "fuxir" do presidente do goberno, para o que evitou coincidir con el na cidade das Burgas. E ademais instou novamente ao PP a aclarar se gobernaria co apoio de Mario Conde. O candidato nacionalista reclamou que "Galicia necesita un cambio real" e asegurou que "o BNG é a garantía dese cambio real". Pediulle á militancia do BNG "un último esforzo" para conseguir un goberno galego que sexa "un dique contra os recortes do PP". Previamente á intervención de Jorquera, o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, interveu ante os militantes do BNG para afirmar que prefire "25 deputados sen goberno que tres con goberno". |
PRAZA_883 | Antía Ameixeiras, Alejandro Gándara e David Fontán, lanzan Feísmos?, un proxecto colaborativo sobre urbanismo, territorio, paisaxe e estética, que se interroga sobre este fenómeno, a súa extensión e a pertinencia da súa definición. | "Todo na miña terra é paisaxe, menos traxe, paxe e garaxe", escribiron os Ronseltz. A paisaxe está definida tamén, necesariamente, pola intervención humana e define á súa vez a identidade dunha sociedade, como destacou por exemplo María López Sández en Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio. Nas últimas décadas tense falado moito ao redor dun concepto, o do feísmo, que serviría para definir un tipo de prácticas arquitectónicas afastadas da norma e dos cánones estéticos, e ligadas sobre todo a un choque escasamente harmónico entre tradición e modernidade na construción, por exemplo nos materiais empregados. Un concepto, no entanto, polémico, e que non acadou aínda un consenso sobre a súa definición e extensión. Entre abril e xullo Feísmos? levará a cabo tres accións na Agra do Orzán (A Coruña), Ardemil (Ordes) e Malpica. E o obxectivo final do proxecto, á volta do verán, é a realización dun documental interactivo Antía Ameixeiras, Alejandro Gándara e David Fontán, son estudante do último curso de Comunicación Audiovisual, no primeiro caso, e de Xornalismo nos outros dous. Para o seu proxecto de fin de grao decidiron lanzar Feísmos?, un proxecto colaborativo sobre urbanismo, territorio, paisaxe e estética, que busca afondar neste debate, a través dun traballo de campo "para coñecer o que a xente pensa sobre este termo, para saber se cre que a súa paisaxe está realmente maltratada". "É un tema do que se fala moito, principalmente arquitectos ou xornalistas, pero poucas veces intervén no debate as persoas ás que esta cuestión lles afecta máis, que son os propietarios desas vivendas, ou a veciñanza desa contorna", destacan. Entre abril e xullo Feísmos? levará a cabo tres accións na Agra do Orzán (A Coruña), Ardemil (Ordes) e Malpica. E o obxectivo final do proxecto, á volta do verán, é a realización dun documental interactivo no que intentarán tirar unha serie de conclusións O proxecto ábrese cun vídeo de presentación que ofrece algunha das primeiras preguntas e dúbidas que Feísmos? quere poñer riba da mesa. E tamén cunha enquisa aberta na que queren ir configurando unha definición colectiva de feísmo, das súas causas e das súas posibles solucións. "Son o mesmo unha urbanización pantasma e un hórreo de ladrillo? Unha leira pechada con somieres e unha ringleira de edificios de distintas alturas? Onde remata a reciclaxe e comeza a chapuza?", pregúntanse, destacando que o termo podería ter penalizado en exceso certas prácticas habituais no rural galego, esquecendo outras agresión á paisaxe máis graves coma os numerosos casos de urbanizacións ou edificios sen rematar e sen habitar, froito da burbulla inmobiliaria. "Non cremos que sexa un fenómeno exclusivamente galego" -din- "Cremos que se deu aquí por determinadas circunstancias sociais, económicas e históricas, pero hai exemplos semellantes noutros lugares do mundo". Citan o exemplo do proxecto Pride and Concrete (Orgullo e Cemento), que analiza o caso dunha zona no norte de Romanía "semellante a Galicia en moitas cousas, rural, que sufriu moita emigración, e que recibiu moitos cartos da xente que marchaba fóra; con eses cartos construíronse casas que, ademais de ir facéndose aos poucos, querían imitar certos modelos dunha suposta modernidade que estas persoas viran polo mundo". "Somos un país que sufriu un choque cultural enorme, que pasou en poucas décadas practicamente do medievo á modernidade. E iso ten as súas consecuencias" Din non querer fixar aínda, á espera da realización do seu traballo de campo, unha definición sobre o feísmo ou unha tese sobre as súas causas, pero apuntan que "somos un país que sufriu un choque cultural enorme, que pasou en poucas décadas practicamente do medievo á modernidade, dunha cultura precapitalista a unha cultura capitalista de finais do século XX. E iso ten as súas consecuencias". Ademais, sinalan que "o caciquismo tivo tamén unha influencia grande, condicionando as regulacións urbanísticas, o que tamén tivo un impacto grande". Unhas reflexións semellantes ás que hai uns meses facía Consuelo Castro Rey nun artigo publicado na revista Kardo, no que escribía que a paisaxe "é un libro que fala de nós, que conta a nosa historia; un espello que reflicte a imaxe debuxada polos procesos políticos, económicos, sociais e culturais que se desenvolveron no pasado e que se están a desenvolver no presente". "A emigración, o abandono, a perda das referencias e a desestruturación de familias e comunidades son feas; e feos son tamén o caciquismo, a usura e a inxustiza que durante séculos touparon calquera anceio de desenvolvemento e prosperidade no noso agro", engadía. "Así pois -concluía- "non val botarlle a culpa aos outros. O feísmo é responsabilidade de todos nós, dos labregos, dos que somos fillos e netos deles, e tamén –faltaría máis- das elites sociais, económicas, políticas e culturais coa súa imprescindible contribución a este país". Feismos? quere ser unha achega máis a un debate necesario e que vén xa de vello, unha achega que quere ser, sobre todo, aberta e colaborativa Feismos? quere ser unha achega máis a un debate necesario e que vén xa de vello, unha achega que quere ser, sobre todo, aberta e colaborativa. O debate deu lugar a algúns textos ben interesantes, e que deben ser sempre tidos en conta, coma a publicación Feísmo? Destruír un País, froito do primeiro Foro do Feísmo, realizado no ano 2004. Esa cita, na que participaron exprertos de distintos ámbitos, dende Antón Baamonde, Xosé Manuel Beiras, Manuel Gallego, Xosé Lois Martínez, Teresa Táboas, Chus Pato, Rubén Lois a Xosé Otero Pombo, preguntábase no seu texto introdutoriol: "Que é realmente o feísmo, de onde vén e até onde chegan as súas consecuencias? Hai moitos feísmos diferentes? É un fenómeno único ou multipolar? Despréndese dunha situación socio-política? Aliméntase de orografías imposíbeis? Pódese rastrexar historicamente? É endémico ou inducido? Coñecemos outras sociedades que o padezan? Debe chamarse feísmo?" Web do proxecto |
PRAZA_2848 | O líder de Podemos apoia a candidatura galega e defende un Estado "fundamentado na libre vontade da xente e dos pobos" nunha Facultade de Economía ateigada. Ferreiro e Antón Sánchez presumen da "alianza fraterna" para "decidilo todo" ante os candidatos Gómez-Reino e Yolanda Díaz | En Marea xogaba na casa e aproveitouno. Ateigou o salón de actos da Facultade de Económicas no campus universitario da Coruña, onde unhas 800 persoas -case todas mozas- seguiron o mitin dentro e cando menos outras tantas tiveron que velo desde fóra a través dunha pantalla. Xogou de local a candidatura tamén nunha cidade feudo da Marea Atlántica, nun centro onde o alcalde Xulio Ferreiro daba aulas ata hai pouco e con Pablo Iglesias como atraente dun mitin que rematou no exterior do recinto, agradecendo ao pé do autobús de campaña de Podemos o apoio aos centos de persoas que non puideran entrar no acto. "Adiante porque o estamos tocando coa punta dos dedos! Sí se puede! Hai Marea!", díxolles. En Marea xogaba na casa, no campus universitario e cun público mozo que non colleu no auditorio Foi o único momento no que Iglesias elevou o ton. Dentro, apostou por un moi "calmado" e en claro intento de contrapoñerse aos seus adversarios políticos, aqueles que "berran e se enfadan" e aos que empeza "a notar nerviosos ultimamente". Empregou o acougo o líder de Podemos ante un auditorio que era todo o contrario. Insultantemente novo, recibiuno con berros de "presidente, presidente!", "hai Marea!" e "sí se puede!". Aplaudírono tanto como ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que amosou o apoio das candidaturas cidadás como a que el liderou a En Marea. "O que fagades o domingo vainos apoiar a nós", dixo en referencia aos gobernos de cambio como o da Coruña. "Queremos un grupo parlamentario galego e un presidente con coleta", insistiu tras advertir que "os ollos de Europa están sobre nós". "Téñennos medo porque saben que podemos gobernar mellor", insistiu quen manifestou que o que se fixo nos concellos farase tamén "no Estado e en Galicia en 2016". "Imos gañar as xerais e imos gañar as autonómicas", engadiu. Iglesias apelou ao cambio tranquilo e ao voto silencioso en contraposición a uns rivais "nerviosos" que "berran e se enfadan" Reivindicou Ferreiro, como Iglesias, o "sorriso" da xente que non ve "nos mitins do PP". O líder de Podemos volveu tirar de calma, do cambio tranquilo e "con ilusión". "Hai moita xente que sen facer ruído, collerá a papeleta do cambio; esas formiguiñas son o cambio porque o cambio terá ton de muller e a mesma firmeza que as nais que coidan dos seus fillos", dixo. Aludiu tamén aos maiores e aos "avós" porque "é fundamental que vaian votar cos seus netos este domingo". "O pobo é quen máis ordena", rematou, tras gabar, como todos os participantes no acto, a "alianza fraterna" entre diferentes sensibilidades que supón En Marea. Iglesias aposta pola "libre vontade dos pobos" Esa mestizaxe foi o valor que máis se reivindicou nun mitin onde quedou clara esa mestura de quen di saber que "unidas somos poderosísimas". "Sós somos pingas, pero xuntos somos Marea", asegurou Antón Sánchez, deputado de AGE e dirixente de Anova, que presumiu do espazo de confluencia como "o mellor instrumento para Galiza" e que reivindicou o "dereito a decidilo todo". "Tamén o dereito de Galiza a decidir, a ser o que os galegos queiran ser", insistiu, para alcarar que "ao igual que España quere deixar de ser periferia e Alemaña, Galiza reclama deixar de ser periferia de España". En Marea reivindicou a "alianza fraterna" de sensibilidades e Iglesias apoiou con claridade o dereito a decidir "da xente e dos pobos" Recolleu a luva Iglesias, que renegou dun "centralismo" que "quizais non sirva para construír o futuro" e que apostou por un Estado "que se fundamente na libre vontade da xente e dos pobos". Por iso, aludiu a Beiras para defender o dereito de autodeterminación. "España é un país de países e os acordos deben basearse tamén nos dereitos dos pobos", insistiu nun acto dirixido polo número un de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, e que contou tamén coa presenza de Yolanda Díaz. "A Marea sodes vós", dixo a vicevoceira de AGE, que apelou a unha "alternativa de vida" e lembrou os problemas do naval de Ferrol ou dos traballadores de Alcoa, presentes no acto e que recibiron o apoio da candidatura. Apostou pola retirada das "dúas reformas laborais, a do PP e a do PSOE" e instou a "acabar coas sicav". "Amancio Ortega, a pagar como Juan Pueblo", dixo. Mentres, Antón Sánchez animou a acabar coa "estafa" das preferenes, os desafiuzamentos, o rescate bancario ou a que afecta "aos gandeiros e aos mariñeiros do cerco". Ademais, animou a Rajoy e ao PP a ir collendo os flotadores. "Non sei se haberá suficientes para tanto cargo que naufragará", dixo, tras advertir do "flotador laranxa" aos que algúns se queren agarrar, en referencia a Ciudadanos. |
NOS_19936 | Os de Lugo recibirán ao Gran Canaria, terceiro na clasificación. En Compostela, o Obradoiro terá diante ao FC Barcelona, primeiro na clasificación. | O Breogán xogará este sábado contra o Gran Canaria (18 horas), terceiro na clasificación e rival directo dos de Lugo. Paco Olmos contará con todos os xogadores dispoñíbeis para o encontro, "algo moi importante para poder afrontar o partido" segundo o adestrador. Olmos asegura que "pasaron páxina" dos acontecementos posteriores ao partido da semana pasada e centráronse "no equipazo" que lles visita esta fin de semana. "O Gran Canaria conseguiu ser polivalente" onde "poden xogar bases con bases dando moita intensidade en todo o partido" e que "xoga a bo ritmo". O equipo canario vén de gañar ao Zaragoza e ao Real Madrid mais o Breo "buscará a vitoria, obrigarémonos a competir", en palabras do seu adestrador. Para que aconteza, Olmos apela "ao factor Pazo e á comunión que hai entre o equipo e a afección". O responsábel técnico do equipo lugués recoñeceu que terán diante "un equipo de moita altura" polo que controlar "as situacións de rebote será fundamental". Obra quere recuperarse diante o Barça O Obradoiro quere recuperar o seu estado de forma e pensa facelo este domingo (12.20 horas, Multiusos do Sar) diante do líder na clasificación, o FC Barcelona. O técnico obradoirista, Moncho Fernández, definiu en rolda de prensa ao seu próximo rival como "un equipo moi bo no aspecto defensivo, combinando diferentes estratexias, algunhas delas novas. Ofensivamente teñen moi claro o ritmo de xogo e os obxectivos en cada situación". En todo caso salienta que o equipo adestrou "ben, coa ilusión de xogar un partido tan grande, fronte a un dos equipos máis en forma da liga e do panorama europeo". Este tipo de partidos, asegurou, "é o que fai grande a participación do Obra na liga Endesa, xogar contra estes transatlánticos". |
NOS_42038 | Rastreros e Banda Xangai pecharán a celebración do cuarto de século do bravú en Compostela, na sala Malatesta, 18 de xaneiro. | Rastreros e Banda Xangai porán o ramo na celebración do 25 aniversario do Bravú. Será o sábado 18 de xaneiro na sala Malatesta de Compostela, onde tamén se proxectará o documental de Anna Díz 20 Anos de Bravío. As entradas xa están á venda, despois do éxito de afluencia que se agarda para o concerto dos Diplomáticos de Monte Alto que terá lugar este sábado na Mardi Gras da Coruña, para o que os billetes están esgotados. |
NOS_8874 | Persoas non militantes irán nos tramos altos das candidaturas a través das Asembleas Abertas, anuncia Vence. O portavoz nacional insiste na necesidade de "ensanchar a base do nacionalismo". | O Consello Nacional do BNG que decorrerá o 29 deste mes designará as persoas cabeza de lista e ás do primeiro tramo das candidaturas do BNG-Asembleas Abertas nas grandes cidades e naqueles concellos con goberno nacionalista. Serán listas, afirmou o portavoz nacional da fronte nacionalista Xavier Vence, conformadas sobre as propostas recibidas tras a celebración da segunda ronda de asembleas abertas convocadas en todas as comarcas do país. Vence adiantou que incluirán persoas sen militancia no Bloque nos primeiros postos. "Estamos incorporando persoas que non militan no BNG pero que se incorporan a través das asembleas abertas. Persoas sen militancia estarán nos primeiros postos desas listas", explicou. No almorzo organizado polo Colexio de Xornalistas de Galiza en Santiago, Vence volveu insistir na necesidade de "ensanchar a base social do nacionalismo" incorporando as persoas "que apostan nun proxecto propio para o país" pensado para a maioría social, de aí o diálogo social a través das asembleas abertas e, no persoal, con todos e todas os que queiran contribuír a reforzar un gran polo nacionalista". Fiscalía contra Mas Sobre a decisión da Fiscalía Xeral do Estado de querelarse contra o presidente de Catalunya, Vence salientou que é un erro, "un novo exemplo da miopía de Madrid con esa persistencia nunha vía xudicial, represiva e antidemocrática contra a vontade maioritaria do pobo catalán de expresarse nas urnas. Unha equivocación do Goberno central que impulsa esa denuncia, como xa expresaron os fiscais de Catalunya", argumentou. |
NOS_17631 | Após trascender un whatsapp en que o portavoz do PP no Senado se felicitaba de que o seu partido iría controlar o Supremo co nomeamento de Manuel Marchena, o maxistrado acaba de facer pública a súa renuncia a presidir o Consello Xeral do Poder Xudicial. Naufraga así o pacto PP-PSOE —apoiado por Podemos— de reparto de postos no máximo órgao das e dos xuíces no estado. O paso atrás de Marchena implica que se manterá, en principio, como titular da sala que vai xulgar os líderes independentistas catalás presos. | Unha comunicación interna do PP en que un alto cargo deste partido se gababa do control que a súa formación exercería no Supremo ao se consumar o nomeamento de Manuel Marchena como presidente do CXPX levou a este a formalizar a súa renuncia ao cargo. As implicacións desta decisión son moi graves. En primeiro lugar, salta polos aires o pacto PP-PSOE, respaldado por Podemos, para se repartir os postos da cúpula xudicial. En virtude do acordo, do que só se excluíu Ciudadanos, habería unha maioría progresista no órgao (11 —4 deles a proposta de Podemos— face 9 conservadores) e, en troca, un maxistrado da órbita do PP, Manuel Marchena, accedía á presidencia. Ese pacto é xa historia. Esta mesma terza feira portavoces do PP considerábano roto e abrían a billa a un hipotético bloqueo na renovación do CXPX. A outra secuela da decisión de Marchena é que este se vai manter na sala do Supremo que vai xulgar o procés. Isto significa que non se vai ver alterada a composición do tribunal —Marchena ía ser substituído por unha maxistrada progresista—, o que vai garantir unha maioría conservadora no seu seo. Destarte, cobra máis forza a hipótese dunha sentenza dura —que inclúa o delito de rebelión— contra os presos políticos cataláns. |
NOS_38871 | Desde a declaración da pandemia da Covid-19 e o inicio do confinamento, un dos intereses fundamentais da comunidade científica e social centrouse na análise dos aspectos psicolóxicos asociados ás exixencias da nova enfermidade. Os primeiros estudos son preliminares, mais confirman un empeoramento da saúde mental. | O primeiro estudo que analizou o impacto psicolóxico da co confinamento por mor da Covid-19 presentouse na China cando a epidemia comezaba a estenderse por Europa. Concluíu que os dous factores que máis afectan o benestar físico e psicolóxico son a perda de hábitos e rutinas mais o estrés psicosocial derivado dunha situación extraordinaria. Por primeira vez, o conxunto da poboación vese sometida a unha corentena que restrinxe a súa mobilidade e achica tanto o seu contorno de convivencia como a axenda de actividades habitual. A pandemia axiña se deixou sentir na saúde e no comportamento social, e de maneira decisiva no ámbito laboral e financeiro; catro áreas que a comunidade experta comezou a indagar de seguida. A Universidade do País Vasco vén de publicar un informe de investigación elaborado en colaboración con outras universidades do Estado que busca ampliar as escasas evidencias sobre o impacto psicolóxico inmediato da Covid-19 enunciadas até o momento. A investigación pon de manifesto os cambios experimentados polas persoas durante o estado de alarma. Malestar psicolóxico O informe As consecuencias psicolóxicas da Covid-19 e do confinamento analizou desde a percepción dos espazos de confinamento até os estados de ánimo das persoas. Considerou a actividade laboral, as expectativas de futuro, as rutinas e os hábitos de consumo, as emocións, as relacións e o apoio social, ademais da propia afectación da enfermidade. O estudo conclúe que o malestar psicolóxico aumentou de maneira xeneralizada. Incrementouse o ansiedade e o medo, sobre todo pola incerteza, a preocupación de contraer a enfermidade e perder seres queridos. A esta constatación, o equipo investigador suma un incremento dos sentimentos pesimistas, de desesperanza ou soidade; maior sentimento de culpa, de irritabilidade e enfado; unha tendencia especialmente acusada entre as mulleres en todos os casos. "Estamos ante datos moi preliminares, ao igual que ocorre noutros ámbitos como o da epidemioloxía ou a viroloxía. Moitos deberán ser referendados e ampliados. Mais é outra das consecuencias do coronavirus, que nos permite asistir á ciencia en directo, xa que así é como funciona", sinala Iria Veiga, psiquiatra do Servizo Galego de Saúde no Hospital do Barbanza, quen defende a necesidade de estudos que axuden a corroborar de forma empírica unha conclusión que se comezou a intuír desde o primeiro día do confinamento: o incremento do malestar psicolóxico. Diferenzas de xénero Neste sentido, pon o acento nunha das principais conclusións da investigación: as diferenzas de xénero. "Durante a corentena comezamos a obter datos que xa apuntaban que as mulleres ían levar a peor parte. Calquera colectivo en situación de discriminación sofre máis ante un empeoramento das condicións. Neste caso viuse que as condicións sociais son as propias dunha sociedade patriarcal que discrimina as mulleres". Foron elas quen aumentaron a súa carga laboral facéndoa compatíbel coas tarefas domésticas fronte a unha menor implicación dos homes na conciliación, e foron quen máis sufriron as consecuencias sociolaborais derivada dunha precariedade previa. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da quinta feira, día 6, nos quiosques ou na nube] |
NOS_23738 | Unha de cada tres persoas que en Galiza está en desemprego de longa duración é mozo ou moza. | As persoas asalariadas mozas, de entre 18 e 25 anos, experimentou nestes anos de crise e recesión importantes recortes salariais ao tempo que aumentaba a precariedade e temporalidade dos seus empregos. O seu salario medio anual reduciuse en 25 por cento dende 2008 para situarse apenas nos 6.500 euros anuais de media que cobran actualmente. Outro dato: 70 por cento do novo emprego apenas chega aos 1.000 euros mensuais. 21,1% das mozas e mozos galegos teñen contratos a tempo parcial (fronte a 13,8% do conxunto das idades, máis de 7 puntos de diferenza) e 56,2% din que teñen este tipo de contrato porque non foron quen de atopar un traballo a xornada completa. A xuventude tamén sofre maiores taxas de temporalidade, con grandes diferenzas a respecto do conxunto da poboación asalariada. 50,9% das persoas asalariadas menores de 35 anos teñen un contrato temporal, cando no total de idades esta porcentaxe é de 26,8%. A taxa de paro xuvenil (menores de 35 anos) é de 19,1%. Isto supón 5,1 puntos máis que a taxa de desemprego no resto da poboación. Constátase unha contración da taxa de actividade en termos interanuais. A perda de actividade entre a mocidade está relacionada non só co envellecemento da poboación, senón tamén co efecto desánimo dos mozos e mozas vendo as poucas perspectivas de emprego existentes, polo que deciden ou ben formarse retomando os estudos ou optar pola emigración. . A respecto das persoas paradas de longa duración —aquelas que levan máis dun ano na procura de emprego 30,6% delas son mozos e mozas, 16.900 persoas. |
NOS_49581 | O domingo, día 3, Ponte Caldelas acolle unha mobilización contra o transvasamento de auga do río Verdugo -chamado Verduxo, na súa orixe- ao embalse de Eiras, unha reclamación do concello de Vigo para o que non existe ningún estudo de impacto ambiental, malia estar o río incluído na Rede Natura 2000. | O transvasamento reclamado polo concello de Vigo para aumentar o caudal do embalse de Eiras suporía retirarlle ao río Verdugo –incluído na Rede Natura 2000– case a metade da auga. E é que o caudal medio do río é de 870 litros por segundo á altura de Ponte Caldelas e a actuación para incrementar a presa levaría 350 litros. O 4 de febreiro de 2016, durante un temporal, acadara os 96 mil litros por segundo. A operación impulsada polo concello de Vigo e por Augas de Galiza non contra con ningún estudo de impacto ambiental. Así o denuncia o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz (PSOE), quen critica que malia anunciar o Goberno galego publicamente que encetará a declaración de emerxencia da obra de bombeo non lle fixo ningunha comunicación oficial ao concello, o máis afectado polo transvasamento. A zona na que a Xunta e o Concello de Vigo pretenden facer o transvasamento posúe un incalculábel valor natural, paisaxístico e turístico O rexedor considera unha "salvaxada" e un "espolio ambiental" a actuación que quere desenvolver Augas de Galiza para reforzar o abastecemento de auga aos concellos de Vigo, Baiona, Cangas do Morrazo, Gondomar, Moaña, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, O Porriño, Mos e Oia. O BNG, pola súa banda, critica a "présa" do alcalde de Vigo, Abel Caballero, por facer o transvasamento, "saltándose todos os estudos necesarios sobre o impacto ambiental que isto suporía, xa que implicaría unha diminución importante para o caudal ecolóxico do río". A formación nacionalista ve detrás da operación "o desprezo que se ten do rural, que nos consideran como sucursais das cidades sen ter en conta a dignidade de quen decidimos vivir aquí". Mobilización o domingo O malestar xerado entre a veciñanza após o anuncio dun bombeo que, segundo a Xunta, será puntual, provocou que o Goberno local de Ponte Caldelas –PSOE, Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e BNG– convocara unha manifestación para o domingo, 3 de decembro, ás 12h30 con saída da alameda. Conta co apoio da Plataforma pola Defensa do río Verdugo e da Asociación pola Defensa da Ría. A zona na que a Xunta e o Concello de Vigo pretenden facer o transvasamento posúe un incalculábel valor natural, paisaxístico e turístico. De feito, a praia fluvial de Ponte Caldelas foi a primeira en recibir o distintivo da bandeira azul pola súa calidade. Por outra banda, a operación afectaría nomeadamente os tres saltos de auga e as tres pozas naturais que forman parte da paraxe coñecida como o barranco do Verduxo, un dos mellores lugares de Galiza para a práctica deste deporte (é utilizado nos adestramentos da Garda Civil de Montaña). |
PRAZA_18655 | A xustiza dos Países Baixos rexeita a demanda de paralizar o expediente e a multinacional advirte agora de que "escoitará e analizará" ofertas para a venda das dúas factorías ameazadas co peche. | Alcoa prorroga un mes máis o período de negociación do ERE de extinción presentado para o peche das plantas da Coruña e de Avilés. Iso foi o que pactaron este martes o persoal e a empresa na constitución da comisión consultiva do expediente que afecta case 400 operarios en Galicia. Foi na sexta reunión convocada pola multinacional á que asistiron por primeira vez os representantes da factoría coruñesa. O prazo de negociacion que remataba esta semana conta desde xa 30 días, aínda que a firma mantén aberta a posibilidade de "prorrogalo adicionalmente" até o 15 de xaneiro de haber "avances dabondo nas negociacións". A noticia chegou no mesmo día no que se coñeceu que o xuíz de Rótterdam ditaminou contra a demanda do cadro de persoal de paralizar o ERE. O período de negociación do ERE empeza a contar desde xa 30 días e o persoal da Coruña incorpórase xa ás conversas O comité europeo de Alcoa levara a multinacional ante a xustiza dos Países Baixos ao entender que incumprira a normativa comunitaria ao tramitar o ERE por non ter aberto, entre outras cousas, unha negociación cos sindicatos antes de anunciar o peche das factorías. É un golpe a unha das maiores esperanzas do persoal da Coruña, que confiaba en poder así paralizar o expediente, e logo de que a Inspección de Traballo no Estado se limitase a rifar a empresa pola súa nula vontade negociadora pero sen consecuencias. Ante esta situación, o comité da Coruña decidiu finalmente incorporase á mesa negociadora logo de varias reunións ás que non asistiran por considerar "nulo" o expediente. Pero os traballadores acaban de gañar un mes máis --como mínimo-- de prazo para as conversas. ademais do compromiso de Alcoa de negociar sobre futuros investidores no caso de que teime en pechar as factorías galega e asturiana. O persoal gaña un mes máis para a negociación, que podería mesmo estenderse até o 15 de xaneiro Son sete representantes da planta coruñesa e seis da de Avilés os que compoñen a comisión negociadora cunha empresa que di que "escoitará e analizará propostas de posibles partes interesadas nas fábricas que prsenten unha proposta sólida, viable e respectuosa co persoal". É unha esperanza para uns traballadores que terán a vindeira cita o próximo 4 de decembro, data da próxima xuntanza. Ao tempo, a ministra de Industria, Reyes Maroto, anunciou xa que viaxará aos Estados Unidos para reunirse coa dirección de Alcoa para tratar con ela a posible entrada de investidores nas dúas plantas ameazas cun peche que deixaría na rúa uns 700 traballadores e suporía un duro golpe á industria das dúas localidades afectadas. Pola súa banda, Feijóo amosou a súa "preocupación" polo futuro das empresas electrointensivas en Glaicia e peidu un "marco estable do prezo das enerxías". |
PRAZA_557 | A Rede Galega de Loita contra a Pobreza presentou a campaña Concellos ao servizo das persoas, que busca o compromiso dos candidatos e candidatas ás eleccións municipais para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos dereitos sociais. | David Silva e Xosé Cuns, representantes de Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) presentaron este martes en Compostela a campaña Concellos ao servizo das persoas, que ten como obxectivo buscar o compromiso dos candidatos e candidatas ás eleccións municipais para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e o respecto dos dereitos sociais. A campaña tamén busca a participación activa da cidadanía, "encargada esta de demandar aos candidatos e candidatas municipais que lle poñan fin a unha realidade social cada vez máis alarmante". EAPN-Galicia lánzalles esta pregunta a todas as candidaturas ás eleccións municipais galegas: "Cre que a principal prioridade no seu concello debe ser a mellora da calidade de vida e a dignidade das persoas, especialmente as que se atopan nunha situación de pobreza ou exclusión social?". E proponlles a sinatura do documento Compromiso coas persoas, unha declaración de 15 principios que os candidatos asinantes se comprometen a cumprir. O escrito inclúe medidas como o aumento drástico da coordinación e colaboración para a loita contra a pobreza e a abordaxe da situación cun enfoque inclusivo. De cara a acadar o obxectivo de que en 2016 se reduza nun 15% o total das persoas que se atopan en risco de exclusión no seu concello, o compromiso pide ademais que no 2016 se dedique un mínimo de 110 euros por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social (é a media do dedicado polos concellos e deputacións galegas no 2013). De non ter acadados estes dous principios, a persoa candidata comprométese a dimitir. Ao cabo da lexislatura, o compromiso implica reducir nun 25% as persoas que se atopan en pobreza ou exclusión (cumprindo así o establecido na Estratexia Europa 2020) e aumentar os orzamentos sociais a 160 euros por habitante e ano. "Non abonda con promesas etéreas ou o refuxio nun indecente reparto de culpas políticas entre administracións. Son imprescindibles compromisos firmes e resultados urxentes" "As palabras xa non son suficientes" -destácase no documento- "Nas vindeiras elecións municipais e ante a grave situación que se vive en Galicia, non abondan as boas intencións cunha pobreza e unha desigualdade cada vez máis intensa e crónica". "Non abonda con promesas etéreas ou o refuxio nun indecente reparto de culpas políticas entre administracións. Son imprescindibles compromisos firmes e resultados urxentes na mellora da calidade de vida das persoas", salienta. Os candidatos e canditatas que asinen o documento comprométense tamén a "cumprir no 2015 os prazos establecidos na Lei 13/2013 de Inclusión Social de Galicia para a resolución da RISGA". Ou a "non admitir diferenzas entre pobreza de aquí e de alá", entendendo a cooperación para o desenvolvemento "como unha política social pública mais e dedicando unha partida non inferior ao 0,2% do total do orzamento á loita contra a pobreza en países empobrecidos". No texto ínstase, igualmente, a "non admitir o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión, implantando cláusulas sociais na contratación pública en materia de servizos sociais, recoñecendo así a experiencia e valores das organizacións non lucrativas e asegurando que operan en igualdade de condicións con outros actores económicos". A campaña acompañarase dunha forte difusión en redes sociais e medios de comunicación, a través da web www.pobreza.gal, onde se pode consultar información detallada sobre os datos de pobreza, gasto social e transparencia dos concellos galegos, así como información sobre as candidaturas e partidos que se van unindo a esta campaña a través da sinatura do compromiso. EAPN-Galicia manterá entrevistas cos partidos políticos a nivel galego para que difundan o documento entre todos os candidatos e candidatas. En Galicia o 24,3% da poboación atópase en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un total de 672.123 persoas Segundo destacaron os responsables de EAPN-Galicia, a campaña Concellos ao servizo das persoas "nace como resposta aos elevados datos de pobreza e exclusión social que existen en Galicia e en España, así como ao fracaso das políticas que pretenden facer fronte a esta realidade". En Galicia o 24,3% da poboación atópase en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón un total de 672.123 persoas. No total español, esta cifra ascende a 12.866.430 persoas, o 27,3% da poboación. "Existe un enfoque incorrecto na loita contra a pobreza, xa que se presenta cun carácter asistencialista no canto de avogar por unha actuación inclusiva" O fracaso da loita contra esta situación débese en gran medida, sinalaron, "á falta de compromiso político na atención ás persoas por parte de moitos concellos, ás carencias na coordinación entre os distintos axentes, á corrupción política e á falta de transparencia". Ademais, "existe un enfoque incorrecto na loita contra a pobreza, xa que se presenta cun carácter asistencialista no canto de avogar por unha actuación inclusiva", engadiron. Compromisos para un pacto contra a pobreza e pola inclusión social (.pdf) |
NOS_39403 | O exame das oposicións podíase facer en galego ou castelán. En caso dalgunha anomalía, "erro tipográfico ou de transcrición", nas instrucións da proba indicábase que o texto de referencia é o redixido en español. O Sergas xustifica a observación na pfresenza de aspirantes doutras autonomías. Política Lingüística considera que non houbo intencionalidade discriminatoria. | O exame das probas nas oposicións do Sergas que decorreron esta fin de semana veu con polémica. A proba podía facerse en galego e castelán, as dúas linguas co-oficiais en Galiza, mais na folla de instrucións figuraba unha advertencia: "En caso de erro tipográfico ou de transcrición do texto editado en galego e o editado en castelán, do cuestionario bilingüe, prevalece este último aos únicos efectos da súa comprensión lóxica, sen prexuízo das aclaracións vinculantes que de viva voz poida advertir o tribunal durante a realización da proba." Unha afirmación que desde A Mesa pola Normalización Lingüística, cualificaron como "auténtico compendio de prexuízos baseados no odio ao galego e no supremacismo lingüístico". Política Lingüística descarta que haxa intencionalidade tras a advertencia de relegar o galego Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, opta por tirarlle ferro á polémica. "Non se fixo con ningunha intencionalidade, cónstame", explica en conversa con Sermos Galiza, e considera que a advertencia "non marca diferenza entre Lingua A e Lingua B" e que "pretendía solventar un posíbel erro tipográfico", polo que "non lle vexo maior percorrido" ao tema. García, iso si, considera que cómpre un maior esforzo pola presenza do galego nos temarios e na formación nas materias a exame. Para que así o aspirante teña axilidade, familiaridade e soltura para facer a proba en galego. O Servizo galego de saúde (Sergas), preguntado pola advertencia nos exames das súas oposicións, contestou a Sermos Galiza que eran "probas selectivas abertas" a aspirantes doutros territorios do Estado español, incidindo en que dita advertencia era só "a efectos de comprensión lóxica" e para "garantir a igualdade de dereitos" de todas as persoas aspitrantes. Sergas incide en que son probas abertas a aspirantes doutros territorios do Estado O Sergas lembra que nos exames hai 2 cuestionarios, galego e castelán, "e o galego é o que está en primeiro lugar", para alén de que as instrucións "se len primeiro en galego". O galego, aliás, é "unha proba específica obrigatoria en todas as oposicións ao Sergas". |
NOS_45961 | A cronoloxía e distribución dos petróglifos é complexa pero, para comezar, cómpre preguntarse que son estes gravados. Unha primeira achega é a definición etimolóxica que xorde dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar), que dá orixe ao francés pétroglyphe. Con esta denominación refírense as tatuaxes prehistóricas nas rochas, normalmente graníticas, unha representación gráfica e simbólica ao ar libre, previa á aparición da escritura. Identificalos e catalogalos supón unha dificultade engadida por mor do seu descoñecemento e situación xeográfica, así como polo desinterese das Administracións, que deixan estes labores en mans de asociacións e colectivos. Malia todo, a Galiza é un dos lugares de Europa onde máis se concentran. | Os petróglifos forman parte da arte rupestre galega, realizada desde o Neolítico Final até a Idade de Ferro, co principal desenvolvemento na Idade de Bronce. Milleiros de anos despois da súa execución hai mostras aínda por descubrir. O territorio galego non é unha excepción na continua aparición de mostras dunha: "arte rupestre que se condensa fundamentalmente en tres rexións: a península Escandinava, os Alpes e a península Ibérica. Dentro desta última, a zona de maior concentración de petróglifos é precisamente a Galiza, concretamente a súa metade occidental", explica Manuel Santos-Estévez, experto na materia e investigador na Universidade do Minho. Estes gravados tamén son coñecidos como Grupo Galaico de Arte Rupestre. Calquera pode atoparse con restos deste patrimonio tatuado na pedra e non decatarse de que unha serie de sucos nas rochas teñen moito máis valor histórico do que a primeira vista se pode crer. Este descoñecemento está xerado, en parte, pola súa localización en bosques ou soutos pouco accesíbeis cunha xestión principalmente forestal ou agrícola. Cando aparece un novo achado, normalmente é descuberto por "expertos, cazadores de petróglifos, persoas curiosas con interese na arqueoloxía ou que coñecen o monte e que poden recoñecer unha pedra gravada", afirma Juan Anca, arqueólogo e responsábel de promoción do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. O seguinte paso para unha correcta identificación é empregar unha ficha de catalogación, a modo de informe oficial, na que se indican factores como a localización da pedra, o seu tamaño e das figuras que a compoñen, o número de sucos e a súa profundidade. Para obter unha mostra gráfica do gravado emprégase a técnica da fotogrametría, coa que se obtén unha representación dimensional a través das fotografías. A arte atlántica As representacións dos petróglifos galegos atópanse dentro dun estilo denominado arte atlántica, que fai referencia ás similitudes que estes presentan cos restos arqueolóxicos atopados en Gran Bretaña, no norte de Portugal e na Bretaña. Hai dous tipos de representacións xerais: as naturalistas ou figurativas e as abstractas ou xeométricas. No primeiro grupo inclúense aquelas nas que se pode identificar facilmente o suxeito debuxado: figuras zoomorfas, nas que destacan os cervos, que ás veces están acompañadas de figuras humanas moi esquemáticas en escenas de caza e gravados de armas. Estas estacións, nome co que tamén se coñecen os conxuntos de gravados, son as máis populares debido á súa orixinalidade e facilidade á hora de recoñecelas, aínda que son as que menos abundan. Aliás, destacan no conxunto de arte atlántica europea e poden considerarse como nexo desa propia denominación, cunhas características e personalidade propia. "No século pasado houbo un grupo de arqueólogos galegos, como Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que se decataron dos vínculos coa arte rupestre do Reino Unido e cos gravados dos dolmens da zona da Bretaña. Percíbese como unha familia de arte rupestre que se dá no Neolítico e continúa na Idade de Bronce", comenta Luis Leclere, integrante do Colectivo A Rula, asociación compostelá dedicada á divulgación do patrimonio rupestre. Calquera pode atoparse con restos deste patrimonio tatuado na pedra e non decatarse de que unha serie de sucos nas rochas teñen moito máis valor histórico do que a primeira vista se pode crer. Pola contra, os gravados xeométricos teñen unha repartición maioritaria e desigual, e son continuos os novos achados destas representacións nos últimos anos. Círculos, espirais ou coviñas –ocos escavados nas rochas– son os símbolos máis repetidos neste tipo de arte rupestre ao ar libre. Todas estas características salientan o valor histórico dos petróglifos galegos, o seu carácter e personalidade. "O que fai especial a nosa arte rupestre é esa continuidade que hai de representacións xeométricas simples que incorporan un culto cada vez máis enriquecido introducindo armas, animais e figuras humanas, moi escondida, moi simple e esquemática, como se non estivese valorada", destaca Leclere. Para Santos-Estévez, tamén arqueólogo, as manifestacións de arte rupestre do país non se deben entender como un trazo identitario diferenciador, senón como unha característica que pon de relevo as conexións marítimas posto que "o que marca a forte personalidade da arte rupestre galega é a capacidade para crear unha iconografía propia e para incorporar motivos procedentes de Escandinavia ou dos Alpes en centroeuropa". Engade tamén que esta iconografía propia sitúa a Galiza no mapa internacional, xa que o seu estudo vai máis alá das nosas fronteiras a través de "arqueólogos irlandeses, británicos, portugueses e italianos, por iso cando os profesionais galegos imos a un congreso internacional non é preciso explicar onde está". Localización desigual Catalogación e identificación non son as únicas dificultades que presentan xa non só os petróglifos, senón a arte rupestre en xeral. Outorgar un significado á variedade simbólica que representan é unha tarefa complexa. Mentres que o verdadeiro sentido das tallas nas rochas segue a ser un misterio, atópanse certos patróns que xustifican a súa distribución na Galiza. A principal teoría introduce a meirande parte dos gravados estudados nas comarcas occidentais do sur, preto de 70% aproximadamente, como un fenómeno costeiro e fluvial debido a que a gran maioría se atopan nas proximidades dos cursos dos ríos, ao longo do Lérez e nas Rías Baixas. As correntes fluviais funcionan como unha peza fundamental para explicar tamén a súa expansión en diferentes territorios, pois "hai unha continuidade que chega até o norte de Portugal e o Miño funciona non como fronteira, senón como unha comunicación do estilo atlántico", explica Anca. A concentración nas Rías Baixas xustifica tamén que sexa unha das zonas máis estudadas e exploradas, en detrimento dos achados no interior. Áreas confinantes, como poden ser a comarca do Barbanza ou a de Santiago, tamén son representativas dos diferentes motivos rupestres. Mais, como destaca Leclere, a variedade temática é menor a medida que avanzamos cara ao interior, mais non por iso menos significativa. O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro sitúase nun enclave estratéxico próximo ao rego medio do Lérez. É neste centro de interpretación onde atopamos diferentes mostras das peculiaridades dos petróglifos galegos, tanto das representacións naturalistas como das abstractas. De todos os petróglifos que podemos visitar, o máis recoñecido é a Laxe dos Carballos, estación protagonizada pola figura dun gran cervo con lanzas no costado e acompañado por unha serie de espirais de diferentes tamaños. Esta combinación de elementos zoomorfos e xeométricos é o que o caracteriza como un dos máis destacábeis. Outro dos máis coñecidos desta zona atopámolo en Marín. A pesar de se tratar dun conxunto que agrupa tres estacións –a Pedra do Labirinto, a Pedra dos Campiños e a Laxe dos Mouros– a máis famosa é a que contén representacións labirínticas atípicas na arte galega, o que proporciona a estas coviñas bordeadas con espirais máis recoñecemento. Outra estación destacada polos gravados circulares é a que atopamos en Tomiño, no monte Tetón, no petróglifo das Portaxes, considerado unha das composicións circulares máis grandes de Europa. Ademais, están combinadas con formas cuadrangulares, escenas de monta e figuras humanas. A localización destes petróglifos nas Rías Baixas tamén favoreceu a progresiva popularización das estacións alí situadas, o que non acontece, por exemplo, cos achados na Costa da Morte. Nesta área xeográfica destaca o conxunto do petróglifo das Forcadas, en Corme, por tratarse de catro laxes de diferentes dimensións e motivos: coviñas, espirais, combinacións circulares e cruciformes. A medida que creamos unha ruta cara ao interior, deixamos, se cadra, as representacións máis coñecidas da Galiza por áreas nas que tamén abundan as manifestacións desta arte, non tan mediatizada. O achado en 2018 do petróglifo de Chan de Lamas, no concello da Estrada, continúa os debuxos zoomorfos a través da figura do cervo, característico do Grupo Galaico de Arte Rupestre. Os achados nas comarcas máis interiores da Galiza son máis recentes. Seguindo a teoría da proximidade fluvial, e ao carón do rego de Baldeiros, atopamos o petróglifo da Tapada do Monte, en Sober, no que destacan os motivos circulares, cruciformes e cadrados, similares aos de Corme. Unha mostra especialmente curiosa é a do petróglifo do Coto ou da Bouza, na parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense, xa que o penedo cos gravados circulares e coviñas atópase inclinado cara a un lado, nunha posición un tanto artificial que fai pensar que esa non é a súa colocación orixinal. En contraposición á popularidade que obtiveron ao longo dos anos os gravados occidentais galegos, nas áreas máis orientais da Galiza están aparecendo mostras doutro tipo de representacións prehistóricas rupestres propias da península Ibérica: a pintura esquemática, na que destacan as figuras oculadas, representacións de rostros humanos con grandes ollos. Exemplos destes descubrimentos son as mostras atopadas en Pala de Cabras, na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Estas pinturas, que comezan a aparecer en 2017, definen o territorio oriental como unha posíbel "zona de contacto entre dúas grandes tradicións rupestres, unha máis minoritaria conectada co mediterráneo e outra máis ampla conectada co mundo atlántico", opina Santos-Estévez. Conservación e promoción A arte rupestre é unha manifestación moi exposta e fráxil tanto a factores antrópicos como naturais. Un dos que máis afecta os petróglifos é a exposición á erosión co paso dos anos. É nesta exposición onde residen dous condicionantes negativos: o risco de desapareceren e, en consecuencia, o descoñecemento. Mantelos no tempo, descubrilos, conservalos, informar e concienciar sobre a súa importancia na Galiza son tarefas pendentes para socializar o patrimonio e transmitir o seu valor. No Preinventario do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural son máis de 3.000 os petróglifos identificados, pero moitos seguen aparecendo e aínda non se atopan catalogados. A súa comunicación pública é un factor determinante para facilitar medidas de protección e conservación duradeiras. Cando menos é irónico termos un patrimonio e un legado histórico que, á marxe de ser en si mesmo un enigma, segue a constituír un gran descoñecido para moitas persoas. |
NOS_54426 | Folga do fame en Ferrol, peche no Concello de Boiro, concentracións e mobilizacións. @s estafad@s polas preferentes manteñen nestas datas de Nadal as mobilizacións e protestas na reclamación de que lle devolvan o 100% dos seus cartos. Sen tregua natalicia, seguen a denunciar as responsabilidades, dos bancos e dos gobernos central e autonómico | Pola volta de 70 afectad@s polo calote das preferentes comezaron nesta cuarta un peche no Concello de Boiro. Unha protesta coa que os e as estafadas da comarca da Barbanza reclaman aos políticos que se mollen na solución a esta problemática, que atinxe a perto de 95.000 galeg@s. A mobilización súmase a outras que se están a desenvolver en diferentes puntos do País, como peches en caixeiros. Aliás, esta segunda comezaba en Ferrol unha folga de fame de afectad@s, protesta por quendas que se prolongará até o 30 de decembro. As reivindicacións d@s afectad@s polas participacións preferentes pasan por que o goberno central e o da Xunta recoñezan, "a fraude xeneralizada que supuxo a comercialización deste tipo de produtos financeiros de alto risco e que se recoñeza a estafa que isto significa. Solicitamos a devolución íntegra dos aforros das persoas que se están a demostrar que son claros casos de fraude como acontece en cada caso que se resolve a través dos laudos de arbitraxe". |
NOS_10299 | Era 2010 e Alberto Núñez Feixoo levaba un ano como presidente da Xunta cando expresou o seu compromiso de presentar naquela lexislatura (2009-2012) unha "reforma constitucional" do Estatuto de Autonomía. Máis dunha década despois, aquel "compromiso" non só fica pendente senón que Feixoo é contrario a abordalo. | Desde o seu escano no Parlamento galego, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, rexeitou impulsar a actualización do Estatuto de Autonomía de 1981, asegurando que implicaría "embarcar Galiza" nunha "viaxe a ningunha parte". Pese a pasaren más de 10 anos do seu compromiso pola reforma estatutaria, esta cuarta feira, 24 de novembro, Feixoo apoiouse na pandemia, na crise industrial e na alza dos prezos para aseverar que o contexto non é adecuado para "pór en cuestión o marco constitucional estatutario", á vez que non se podería "garantir" que non houbesen "interferencias soberanistas ou independentistas". Ao tempo, reprochou ao grupo nacionalista que no último intento de reforma estatutaria (no Goberno bipartito 2005-2009) o BNG "conformábase con nación, agora pide unha República da Galiza". Lembrou que entón os nacionalistas eran "máis minoritarios". "Lamentabelmente", engadiu, antes de apostilar que se refería a que é "lamentabelmente para o PSOE", ao ficaren estes por baixo do BNG nas últimas eleccións galegas. Así o trasladou Feixoo na sesión de control que este 24 de novembro transcorreu Cámara galega, onde o portavoz parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, reivindicou o "compromiso galeguista" do PSdeG e defendeu que, unha vez se fechen "as últimas páxinas" da pandemia, sería conveniente "abrir unha nova etapa na autonomía" coa reforma estatutaria. E para logralo, Caballero instou o PP, con Feixoo á fronte, a "separarse de Abascal e Ayuso". Matrix no Parlamento Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou Feixoo de estar desconectado da xente e de vivir instalado nunha realidade virtual construída a base de propaganda: "Vostede está no Matrix de Monte Pío e esa desconexión impídelle escoitar os milleiros de persoas que saen á rúa a protestar contra un presidente que se ten convertido nun problema". Nese sentido, a nacionalista aludiu ás recentes mobilizacións en defensa da sanidade pública e polo traballo e o futuro da comarca da Mariña, aos protestos das e dos produtores que reclaman prezos xustos ou "ás mulleres que este 25-N volverán encher as rúas contra as violencias machistas". Pontón recalcou que hai solucións para os problemas que están detrás da onda de mobilizacións, "o que se precisa é vontade política", dixo. Nese sentido, instou a acordar un plan industrial para a comarca da Mariña que inclúa a intervención pública da fábrica de Alcoa en San Cibrao (Cervo). "Non lle dá vergoña vir a este Parlamento e votar en contra de rescatar Alcoa?, interpelou Pontón. A nacionalista tamén pediu reforzar con 200 millóns a Atención Primaria como "primeiro paso para reverter 12 anos de recortes". "Cantas manifestacións máis precisa para escoitar?". Tamén propuxo "sentar na mesma mesa" industria, distribución e produtores para acabar cos baixos prezos no sector agrogandeiro, "pois eson as persoas que nos alimentan e teñen dereito a que se lles pague un prezo xusto". Ademais, reclamou investir 1% do orzamento da Xunta á loita contra a violencia machista. |
PRAZA_20827 | Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal. | Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal.A historia de fondo é curta: paseando con tranquilidade e tempo, un día frío e con chuvia intermitente, empuñando paraugas e unha bolsa, a rúa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois de deixar unha man libre para manexar o móbil. Volvo sobre os meus pasos ata onde lembro que a tiña posta, revisando coa vista de xeito minucioso o chan, beirarrúa ou calzada ou herba, e mesmo os peches de fincas próximos nos que poidera quedarse trabada nunha caída. Non a atopo, e volvo facer de novo o recorrido. Sen resultado, volvo xa camiño da casa, mais polos mesmos lugares, fixándome unha última vez. Nisto, decátome de que as casas da zona que atraveso nese momento, antigas, teñen un oco das fiestras onde se poden deixar cousas. E se tivera caído por alí e alguén a recollera e pousara? De novo, retrocedo uns metros. Abondos para decatarme de que si tiña habido un alguén que deixou atrapada a luva nun tirador dunha porta sen uso. Non se mollara, e volvín á casa cun exercicio inesperado e coa luva na man acompañando un sorriso na face.Nada que non teña sucedido de xeito máis ou menos parello a moita xente. Mais a comezos de 2021, coas noticias bombardeando con novos casos e novas cepas de covid, terceira onda, contaxios irresponsables polas festas non menos irresponsables, xel de mans para antes e despois de visitar tendas... Só cando levaba varios minutos pensando, dando as grazas de xeito mental a quen recollera a luva do chan e a deixara a salvo, dicíndome a min mesmo que como non se me ocorrera mirar alí xa na primeira pasada, que seguro que xa estaba, que parezo parvo, que que fría tiña a man, pasouseme pola cabeza o tema da pandemia. A cousa rematou cun 'Luva contaminada? Probabilidades próximas a cero, e de calquera xeito, luva posta'. Entre os pensamentos do comezo e o final, a cabeza aínda deu unha volta a como sería o comportamento da persoa este pasado fin de ano: tería posta a máscara no bar? Tería estado en celebracións con máis de dez persoas? Viviría nun concello con restricións de movemento e viría a Ribadeo saltándose o control? Ou sexa, saltaríase as normas, pero sobre todo, o sentido común que indica a protección dos demais e propia? O tema estaba derivando e expandíndose na miña cabeza, de xeitos diversos, á diferencia entre norma e sentido común ou entre deber e responsabilidade, ós pequenos incumprimentos e (ou) irresponsabilidades que todos temos, ao menos, por ser humanos e non máquinas, ás aparentes (ou reais) inconsistencias normativas, á dificultade de estar ó tanto das normas que afectan en cada momento, cando decidín volver ó agradecemento dun acto sinxelo. Un acto humano que pode aledar unha parte de día. E dun noutro de acto sinxelo en acto sinxelo, da vida enteira. Si, por suposto, mentres tentamos poñer os catro sentidos para non ter boletos dunha lotería fatal. Mentres tentamos sorrir e poñemos un gran de area cara ó futuro. |
NOS_9602 | A COVID-19 acaba coa vida dun home membro da Brigada Político Social e obxecto de numerosas denuncias por parte das súas vítimas | O expolicía acusado de torturas durante o franquismo Juan Antonio González Pacheco, alias Billy El Niño, faleceu á primeira hora desta mañá nunha clínica madrileña afectado da COVID-19, segundo informou a axencia a Europa Press. O pasado 11 de febreiro, un mes antes de decretarse o estado de alarma polo coronavirus, o ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, mostrouse convencido de que se poderían retirar as medallas concedidas a Billy El Niño grazas á nova Lei de Memoria Histórica que presentara o PSOE no Congreso. Esta foi unha das esixencias de Unidas Podemos desde a moción de censura que levantou á Presidencia do Goberno a Pedro Sánchez. Grande- Marlaska abriu un procedemento para estudar a retirada das medallas, que retomou tras a investidura en xaneiro e a formación do Goberno de coalición. Historial sanguento Membro da famosa Brigada Político Social, as súas vítimas interpuxeron numerosas denuncias acusándoo de torturas, pero a Xustiza considerou que os delitos estaban prescritos. De feito, o pasado verán -meses despois de que a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica desvelase que González Pacheco gozaba dun suplemento de 15% na pensión, logo de que en 1977 lle fose outorgada unha distinción polo daquela ministro da Gobernación Rodolfo Martín Villa-, a illa de San Simón acolleu un acto no que as vítimas do franquismo esixían ao Estado a non prescrición dos delitos de lesa humanidade. |
NOS_1434 | Malia o comunicado enviado á imprensa desde o Superior galego, activistas de Stop-despexos ficarán na casa desta veciña da Coruña. Advirten de que a nota de imprensa "non ten forza legal" e que tamén no caso da anciá Aurelia Rei fora paralizado o desafiuzamento. Porén, funcionari@s xudiciais presentáronse no lugar unhas horas máis tarde para executar o lanzamento. | "Suspendido até nova data". Así ficou esta terza feira o despexo da veciña da Coruña Elisabeth Sanlés, fixado para as 10.30h da mañá. Unha funcionaria e dous funcionarios xudiciais presentáronse no inmoble, ubicado no nº30 da rúa Antonio Noche, no barrio do Castrillón. Porén, a esa hora eran por volta de cen as persoas que se amoreaban diante da porta e que lle impediron achegarse até ela con berros de 'Fóra! Fóra!'. Após pedir apoio policial para o lanzamento, un comunicado do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza remitido ás 12h aos medios de comunicación informou de que a orde ficaba suspendida porque o persoal do Servizo común de notificacións e embargos así o decidiu "ante a imposibilidade de acceder á vivenda". Acrecenta o Superior galego que "de momento non hai sinalada nova data". Con todo, desde a plataforma cidadá Stop-despexos A Coruña informaron de que o mesmo procedemento foi realizado no caso do desafiuzamento de Aurelia Rei. Tamén o TSXG paralizara a orde, mais cando @s activistas que impediran o lanzamento á hora sinalada comezaron a marchar, persoal dos xulgados presentouse no lugar para botar a anciá da casa. A presión social e a negativa de dous bombeiros a cortar a cadea que freaba o acceso ao portal paralizou o despexo por segunda vez na mesma mañá. Así as cousas, após consultar cun avogado, advertiron de que o comunicado "non ten forza legal" e que seguirán na vivenda de Elisabeth Sanlés para evitar que se repita o acontecido con Aurelia Rei. Entre @s manifestantes estiveron presentes o concelleiro do Bloque na Coruña Xosé Manuel Carril e o deputado da mesma formación política Francisco Jorquera. Enferma de fibromialxia Elisabeth Sanlés convive desde hai tres anos e coas súas tres crianzas no inmoble do que agora queren botala. No desemprego desde agosto de 2012, só puido afrontar desde aquela dúas mensualidades e media máis dos 400 euros que lle cobra o propietario, emigrado en Suiza e que puxo contra ela unha denuncia por impago. Unha sentenza dalle a razón ao caseiro, polo que o lanzamento da muller estaba fixado para esta terza feira. Cos 216 euros mensais que cobra do subsidio por desemprego ten que se manter ela, as tres crianzas e pagar facturas e aluguer. Desde o Concello consideran que esta veciña do barrio do Castrillón non se atopa en risco de exclusión social, malia que unha providencia ditada polo xuíz de instrución --que lle foi comunicada á concellaría de Servizos Sociais e á consellaría de Vivenda-- si advirte da "vulnerabilidade flagrante" que achou na súa situación. Foi en xullo cando Elisabeth entrou en contacto con Stop-despexos. Desde o IGVS, o Instituto galego de vivenda e solo, chegaron a lle ofrecer hai varios anos "leva 11 reclamando unha vivenda de protección oficial-- un piso en aluguer social. Porén, viuse na obriga de a rexeitar e procurar por outra. A muller está enferma de fibromialxia e o inmoble que dispoñibilizaban para ela era un cuarto andar sen ascensor. |
NOS_38031 | O grupo vigués Vicalsa confirma o seu interese polo estaleiro e pide que se manteña e amplíe alén 2027 a concesión outorgada polo Porto de Vigo. | O grupo vigués Vicalsa, experto na prestación de servizos de reparación naval, confirmou o seu interese polas instalacións do estaleiro Vulcano, en proceso de liquidación, aínda que apuntou que, para garantir a viabilidade do seu proxecto, debe manterse e ampliarse a concesión administrativa outorgada pola Autoridade Portuaria de Vigo. Viguesa de Calderería, S.A. informou de que está "a traballar na elaboración dun plan de negocio referente á viabilidade da actividade de construción e transformación naval" nas instalacións do estaleiro, no barrio de Teis. "Para garantir a viabilidade do proxecto, é imprescindíbel e necesario que a concesión administrativa outorgada pola Autoridade Portuaria de Vigo que teñen concedidas esas instalacións (...) continúe en vigor, e cunha ampliación do prazo de concesión máis aló do 2027", advertiu o grupo empresarial. Vicalsa trasladou tamén que, unha vez elaborado ese plan de negocio, presentarase oferta polas instalacións de Vulcano "nas próximas semanas". |
NOS_49945 | Os novos retos requiren "unha nova cultura política", manifestou Hasier Arraiz. Reflexión colectiva, participación e novas prácticas políticas marcarán o proceso. | Máis de 800 persoas procedentes dos diferentes territorios de Euskal Herria tomaron parte na asemblea que Sortu realizou este sábado en Gasteiz coa vista posta na refundación deste partido da esquerda abertzale. Unha cita que decorría baixo a sombra dos malos resultados que EH Bildu rexistrou o pasado 26X e que se suman ao decenso nas urnas que os independentistas vascos xa obtiveran o 20 de decembro. Porén, na xuntanza o debate era outro, como recolle Naiz, de carácter estratéxico e relativo ao presente e futuro da formación creada a principios de 2011. Fíxose balanzo destes meses, recoñecéronse erros, puxéronse en valor os acertos e situouse a mirada no futuro. Hasier Arraiz, presidente de Sortu, recoñeceu que teñen por diante retos importantes e que estes requiren "unha nova cultura política". Os primeiros pasos para esta refundación danse asumindo que hai unha data no calendario que marca a primeira etapa: 17 de novembro, congreso do partido. Desde agora e até entón hai unha nova equipa que vai dirixir o proceso, entre os que están Miren Zabaleta e Pello Otxandiano, que marcaron dous obxectivos claros: unha necesaria reflexión colectiva e impulsar novas prácticas políticas, novas formas de militancia. Para avanzar nese camiño, sinalaron, cómpre a participación activa das bases, a transparencia para recuperar a confianza e que o proceso sexa innovador. O principal do proceso decorrerá pasado o Congreso de novembro e prolongarase até a conferencia política que Sortu prevé facer en 2017. Houbo chamados a esa parte da sociedade vasca que apostou no cambio de estratexia da esquerda abertzale mais que "puido ficar desilusionada". Asimesmo, Sortu renovou o seu compromiso independentista e considera que Euskal Herria "precisa un rexurdimento social e político". O que teñen claro, afirman, é que "Seguir como até agora non é unha opción. Nin para nós nin para o resto. Depender da vontade do Estado é renunciar á nosa nación e á democracia". |
NOS_46581 | A billa das axudas públicas para o tecido empresarial segue aberta, malia cun menor caudal pola crise. Cantas se conceden no Estado? e en Galiza? E a quen?. | A billa das subvencións e axudas públicas está aberta malia crise. Mais cun caudal menor. Se no 2009 a suma de todas as subvencións públicas concedidas no noso país superaba os 370 millóns de euros, en 2010 esa cifra xa caera até os 333 millóns. En 2011 a cuantía das axudas públicas dadas no noso país caeu a un importe de case 211 millóns para se recuperar o ano seguinte e volver a andar pola liña dos 300 millóns. Nun contexto de crise e coas liñas de crédito de entidades financeiras pechadas a cal e canto ("Galiza foi o territorio de todo o Estado español onde máis crédito.se destruíu", afirma o profesor de Economía Financeira na Universidade de Vigo, Francisco X. Martínez Cobas), as axudas e subvencións das administracións son fulcrais para o tecido empresarial. Unha inxección de cartos que se distribúen por diferentes vías (indirectas, directa,...) e en base a conceptos moi distintos e para finalidades ben diferentes, desde a modernización e competitividade até incentivos á exportación ou mesmo á galeguización da empresa. Madrid, 1 de cada 3 euros Segundo o informe Axesor, en todo o Estado houbo 9.351 millóns de euros en axudas e subvencións, o que supón o 0,87% do PIB. En 2009 o peso no Produto Interior Bruto era do 1,27 por cento. En Gran Bretaña andaba polo 8%, en Bélxica no 10,17 por cento e en Alemaña ou Dinamarca andan a rondar o 5%. Segundos os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes o 2011, o tecido empresarial madrileño recibiu o 31,3% do total de subvencións e axudas estatais e autonómicas a sociedades. Case un de cada tres euros. A distancia figuran Euskadi (12,5%) e Catalunya (10,4%). Galiza non figura nin no ranking das 10 primeiras. Grupo Voz Mais, iso si, o noso país ten un organismo a figurar no Top 20 dos convocantes de subvencións que nese exercicio concederon maior financiamento. Cal foi? A Consellaría do Mar con perto de 40 millóns de euros. Cartos para a frota de baixura, bateeiros, mariscadoras, depuradoras, cocedeiros... Mais tamén para grandes empresas piscícolas (19 plantas na Galiza e apenas 600 empregos) e para medios de comunicación amigos: Máis dun millón de euros só en 2011, por exemplo, para convenios coa prensa .Seguindo cos medios de comunicación, o Grupo Voz sumou nos tres primeiros anos de goberno Feijóo perto de sete millóns trescentos mil euros en pagamentos da Xunta, publicidade á marxe. Toda a información foi publicada no Sermos Galiza nº 77 |
PRAZA_8719 | O programa Startup Pirates, dirixido a formar potenciais emprendedores na área da economía social, celebrará unhas xornadas en Vigo a partir do 25 de maio. Con sede no Porto, trátase da primeira actividade que realiza en Galicia. | Programas de formación para emprendedores hai moitos. A particularidade do que Startup Pirates levará a cabo en Vigo do 25 de maio ao 1 de xuño é que se centra en exclusiva no emprendemento social, na área da economía social. Startup Pirates é un programa internacional sen ánimo de lucro dirixido á aceleración de emprendedores. A sede central atópase no Porto pero tamén realizou actividade en Maastricht, Milán, Cracovia, Dublín, Lima, Río de Xaneiro, Bratislava ou Lahore (Pakistán). A de Vigo será polo tanto a súa primeira experiencia en Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de maio e só hai 30 prazas dispoñibles. Juan Antonio Pedreño, presidente da Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES), defende que "as empresas de economía social son o maior exponente de creación de emprego". Durante o 2010, 2011 e parte do 2012, a economía social española creou 6.037 novas empresas, xerando preto de 48.000 postos de traballo, sindo un 42,9% destes empregos para persoas entre 25 e 39 anos. Según Pedreño, "estas cifras son posibles porque o emprendemento colectivo a desenvolver dende a Economía Social presenta unhas diferencias respecto a outros tipos de emprendemento. Son emprendedores que apostan por un modelo de empresa baseada en valores, onde a persoa prima por encima do capital, onde o reparto de beneficios se fíxa con criterios colectivos, onde a democracia, a solidaridade e a cohesión social son factores claves na gestión da nova empresa". Os promotores deste progema sinalan que esta é unha "oportunidade para poñer a Galicia no punto de mira como comunidade xeradora de proxectos de innovación social, e potenciar a súa visibilidade como rexión activa, pese ó escenario crítico que estamos a vivir, na que habita xente válida, solidaria e con talento". |
PRAZA_15237 | A editorial presentará no Culturgal dúas iniciativas que buscan aproveitar as posibilidades que abren as novas tecnoloxías para a difusión dos produtos literarios: Galaxia Tales, unha web de contos interactivos. E Galaxia Cómic, unha aplicación para ler novelas gráficas e en tablets e móbiles. | A Editorial Galaxia presentará no marco do Culturgal dúas iniciativas que buscan aproveitar as posibilidades que abren as novas tecnoloxías para a difusión dos produtos literarios. Trátase de dous proxectos innovadores e que de seguro darán moito que falar nos vindeiros meses. Segundo os responsables da editorial son "dúas propostas que deixan claro que se hai unha editorial en Galicia que aposta polas novas tecnoloxías da información é Galaxia". Un deles é Galaxia Tales, unha páxina de contos interactivos que se poden adquirir e ler dende calquera dispositivo. Son contos en galego español e inglés, que conteñen animación, música e locución, cun prezo de 2.42 euros e dos que se pode ver previamente ao redor dun 20% do seu contido. O proxecto arranca con Unha sorpresa para Goruk de Daniel Landesa con ilustración de María Longa e Así comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán de Joel Franz Rosell con ilustración de Luis Castro Enjamio. Galaxia Tales foi desenvolvida pola empresa galega Imaxin. A outra proposta é Galaxia Cómic, unha aplicación de balde en galego, castelán, inglés e coreano, que permite ler novelas gráficas e en tablets e móbiles. Galaxia Cómic arranca coa versión dixital de Nómades de Xosé Tomás, dispoñiple só para iPhone e iPad por 2.69 euros. Galaxia Cómic foi desenvolvida pola empresa galega Enxenio. |
NOS_36459 | Unións Agrarias (UUAA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) coincidiron onte en dúas roldas de prensa para poñer énfase no problema do prezo que cobran as explotacións agrícolas na Galiza e no seu culpábel: as grandes cadeas alimentarias. A Federación Rural Galega (Fruga) exixe a intervención política | "A capacidade que teño de negociar o prezo do leite ou da froita con Carrefour ou con Alcampo é case inútil, ou vendo como me din ou teño que tirar a produción", aseguraba a primeira hora Roberto García, secretario xeral de UUAA, na Televisión da Galiza (TVG). O sindicato anunciaba horas despois, desde a sede da UXT, a convocatoria dunha mobilización das gandeiras e gandeiros do sector lácteo para o vindeiro 19 de febreiro diante da Delegación do Goberno na Coruña. A razón: o uso do leite "como produto reclamo" por parte das empresas distribuidoras. Roberto García reclama que "se fagan públicos" os prezos polos que a industria oferta o litro do leite ás distribuidoras finais. "Hai unha parte que vende a perdas", asegura en relación ás explotacións agrícolas, polo que o consumidor "non pode pagar" esta ineficacia. UUAA advirte que empregarán "a xustiza para denunciar e os tractores para protestar", como xa ocorreu en 2015. O secretario xeral desta organización asegura que "valora o compromiso" das declaracións do Goberno español mais no caso do leite "só falta vontade política". Neste sentido afirma que o Goberno "ten moitos instrumentos -como a mesa do sector lácteo- para reunirse coa distribución e dicirlle que non se pode seguir empregando o leite como produto reclamo". Dinámica preocupante A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, participaba onte nunha rolda de prensa convocada por En Marea para presentar unha proposición de Lei que incluíra impostos ás grandes superficies. "É preocupante a dinámica de que tres grandes compañías concentren 35% de distribución de alimentos no Estado español", aseguraba Vilalba. Esta organización denuncia que na cadea de valor as persoas produtoras "moitas veces vémonos obrigadas a vender moi por debaixo do prezo de produción e sen garantía de que teñamos ningún ingreso para o propio traballo que desenvolvemos". A concentración en poucas mans do negocio da comercialización da produción do agro centra a crítica do SLG. "Mercadona factura máis de 20.000 millóns de euros", explicaba Vilalba. Esta situación e as condicións que exixen estas grandes empresas provoca, na súa opinión, que "moitos produtos queden fóra da nosa mesa por non ser capaces as explotacións de contar con grandes cantidades de produción". Intervención política Desde a Federación Rural Galega (Fruga) cren que ademais dun "mal funcionamento da cadea alimentaria" falla "a vontade política para resolver o problema". Apuntan que as institucións estatais prefiren "non enfadar a industria e a distribución, que seguen a presentar importantes beneficios nas súas contas de resultados anuais".Para esta organización "é preciso pór en marcha mecanismos de negociación interprofesional que permitan regular e intervir nos mercados agropecuarios, que traben os abusos da industria e da distribución". Fruga demanda que se restabelezan todos os organismos de interlocución que viñan funcionando até a chegada do PP. |
NOS_34176 | García Cardeso recupera así o bastón de mando que xa ostentou durante 24 anos, entre 1995 e 2019. | (En ampliación) O popular Andrés García Cardeso recuperou esta terza feira a Alcaldía da Baña, comarca da Barcala, após prosperar a moción de censura contra o até agora rexedor José Antonio Pereira (PSOE) grazas aos votos dos dous edís de Compromiso por Galicia (CxG). O debate da moción, rexistrada a finais de novembro polo PP e Compromiso por Galicia -que suman seis do once edís da corporación -, tivo lugar na mañá desta terza. García Cardeso recupera así o bastón de mando que xa ostentou durante 24 anos, entre 1995 e 2019, cando o socialista José Antonio Pereira fíxose coa Alcaldía ao contar co apoio dos dous edís de CxG, claves agora para que os socialistas, con cinco concelleiros, perdan o goberno en favor dos populares, que teñen catro asentos na corporación local. O PP da Baña e Compromiso A Baña -ex militantes de Compromiso por Galicia- presentaron a finais do pasado mes de novembro a moción de censura que converterá en rexedor Andrés García Cardeso, do PP. Compromiso defendeu a moción debido aos "continuos desprezos á oposición" do alcalde, a quen acusa de "incapacidade para gobernar". |
NOS_11190 | O aínda alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, até este domingo único mandatario urbano do PP, vén de descartar pacto ningún con Democracia Ourensá e asume que será o PSdeG quen goberne a cidade os vindeiros catro anos. A dereita perde así a única das sete urbes en que mandaba. | "Non o vexo posíbel", afirmaba Vázquez en relación a un entendemento coa Democracia Ourensá (DO), unha estraña formación local dereitista que, malia baixar un edil, mantén sete na corporación municipal. "Jácome non vai apoiar ao PP", dixo Vázquez, quen lembrou "o ocorrido ao longo dos últimos catro anos" e a oposición de DO ao seu Executivo. Así o escenario, o candidato socialista Rafael Rodríguez Villarino é o que máis posibilidades ten de sentar na cadeira de brazos do Concello de Ourense. Segundo o alcalde en funcións do PP, ao do PSdeG mesmo lle "saen as contas" para gobernar en minoría. O PSOE conseguiu 9 concelleiros, o PP 7 -baixou 3-, DO 7 e Ciudadanos e BNG, dous. Este primeiro desaxuste entre PP e Democracia Ourensá pode ter máis implicacións. A principal, relativa á Deputación de Ourense, en que Manuel Baltar (PP) precisa dos deputados provinciais de Jácome e de Ciudadanos para conservar a presidencia do ente provincial. |
NOS_17834 | Garante que aumentará o uso de linguas na Cámara mais, advirte, non se "universalizará" para non coartar "a axilidade do debate". | A portavoz do PSOE no Senado, Eva Granados, garantiu onte que esta lexislatura aumentará o uso das linguas cooficiais na Cámara Alta, como se comprometeu Pedro Sánchez con Pere Aragonés na Mesa de Diálogo, aínda que desbota estender este uso a todos os debates como pide Junts na súa proposta de reforma do Regulamento que está actualmente en tramitación. Nunha entrevista concedida a Europa Press, Eva Granados rexeitou universalizar o uso das linguas cooficiais nas sesións de control alegando que "a inmediatez do debate no parlamentarismo é esencial". "Cando hai unha interpelación, un debate vivo, temos unha lingua que nos une e que nos permite esa inmediatez que hai no parlamentarismo", defendeu. O Parlamento Europeo "estuda as posibilidades de empregar" galego, catalán e euskera nos seus plenos Na actualidade está en tramitación no Senado unha proposta de reforma do Regulamento do Senado para universalizar o uso das linguas cooficiais. Con todo, a portavoz socialista sinalou que a variábel que impide que o PSOE desbote estender o seu uso "non é a económica", senón que, tal e como entende, a universalización das linguas cooficiais podería "coartar a inmediatez do debate". Retiran a palabra a Néstor Rego por empregar o galego no Congreso En calquera caso, Eva Granados tamén lembrou que o uso das linguas cooficiais xa está permitido no Senado na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas e no debate das mocións. Iso si, a dirixente socialista asegurou que durante esta lexislatura producirase un cambio no Regulamento do Senado para que se utilicen máis as linguas cooficiais nos debates, aínda que evitou precisar se esta reforma levará a cabo antes de final de ano, apuntando que "hai outras urxencias encima da mesa". O que non puido concretar é de que maneira se ampliará este uso do catalán, o eúscaro e o galego, que xa se pode utilizar en mocións e nalgunha comisión: "Temos que ver en que iniciativas parlamentarias se utilizará". |
NOS_36954 | Terceiro filme como director, e segundo en solitario, do guionista e produtor Charlie Kaufman, nunha adaptación da novela homónima do canadense Iain Reid, un thriller psicolóxico que Kaufman converte en "outra cousa" moito máis próxima ao seu imaxinario particular. | A trama comeza como o típico filme indie norteamericano. Unha moza algo extravagante, tons pasteis, estética vintage, paredes empapeladas e unha voz en off que nos pon en situación. A moza (Jessie Buckley) reflexiona sobre unha idea que se lle meteu nos miolos: está pensando en deixar o seu mozo Jake (Jesse Plemons). Estou pensando en deixalo / I'm Thinking of Ending Things / Estados Unidos de América / 2020 / Dirección e guión: Charlie Kaufman / 134 minutos Levan pouco tempo de namorados, pero unha vez a idea se mete no cerebro ramifica até que as consecuencias son inevitábeis. O problema é que van viaxar para coñecer os pais de Jake e a inercia impídelle deixalo sen máis. A viaxe en coche (de case 20 minutos de reloxo) serve para coñecer a parella. Denotan un estraño comportamento. Algo non cadra. Teñen conversas demasiado sisudas e moi pouca complicidade. A chegada á casa dos pais non é menos estraña. Cando aparecen en escena os proxenitores de Jake (Toni Collette e David Thewlis) a cousa comeza a despegar. Fantástica escena e inmellorábel interpretación que debería pórse en todas as escolas de cinema. Pero despois da cena a pegada de Kaufman comeza a ensinar as orellas... Todo comeza a ser confuso. Os pais semellan máis maiores de repente. A moza séntese atrapada e quere fuxir, pero ao mesmo tempo empeza a coñecer mellor a Jake. A partir de aquí o surrealismo e o onírico aprópianse sen remedio da historia. O despiste do persoal pode ser monumental se non se ten o día... Escenas musicais, ballet, saltos temporais, néboa, un conserxe, unha desaparición, unha misteriosa chamada telefónica. Todo é un soño? Todo é real? É a moza a que soña... ou é Jake? Están vivos... ou nun limbo? Demasiados bandazos... ou unha xenialidade? Kaufman é un excelente guionista, pero en Estou pensando en deixalo non logra despregar un verdadeiro estilo de seu coma director. Ao barullo de xéneros cinematográficos engade unha mestura de estilos que van de David Lynch (Mullholland Drive) a Terry Gilliam (Brazil) pasando por Spike Jonze (Como ser John Malkovich) e, por suposto, Michel Gondry (Eternal Sunshine of a Spottless Mind), co que gañou un Óscar polo guión orixinal. Un filme de pensar non apto para mentes carentes de inquedanzas e si para quen ande á procura de filmes de tramas profundas e complexas que logren abrir comportas mentais que, normalmente, permanecen fechadas. |
NOS_7067 | O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) preparouse nos últimos días para o impacto do pico da COVID-19 coa conversión da unidade de recuperación post-anestesia nunha UCI. Segundo puido coñecer Nós Diario, buscáronse respiradores na sanidade privada. | O pasado domingo, na intervención pública que tivo lugar após a reunión telemática dos presidentes das autonomías co xefe do Executivo español, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo puña de manifesto a falta de material sanitario na Galiza. Responsabiliza o Goberno de Pedro Sánchez. "No caso da Galiza", dixo entón Feixoo, "apenas chegou nada desde que se decretou o estado de alarma. E temos necesidades imperiosas de máis material sanitario de todo tipo: de protección, tests, respiradores, material de UCI e material de hospitalización". Tres días despois destas declaracións, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, anunciaba que Galiza enviaría á capital española varios respiradores. Un envío que confirmou posteriormente a Xunta e mais Feixoo durante o debate da Deputación Permanente que decorreu a pasada quinta feira. Foi alí, en sede parlamentar e en resposta a unha pregunta do deputado de Común da Esquerda, Antón Sánchez, onde informou de que entregara a Madrid "11 aparellos de UCI". Un material que non sobra na Galiza, segundo as advertencias do persoal sanitario, que vén reclamando máis medios e recursos contra o coronavirus e segundo as declaracións que fixera o propio presidente da Xunta na xornada do domingo. O CHUO recorreu á privada en busca de respiradores Que non sobran aparellos UCI na Galiza evidénciao o feito de que o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) buscou na sanidade privada respiradores de UCI para habilitar a unidade de recuperación post-anestesia, coñecida como URPA, nunha área extra de coidados intensivos. Fontes do hospital, confirmaron esta información a Nós Diario. "Atendendo ás previsións, habilitouse para UCI a unidade onde os pacientes se recuperan da anestesia. Son 18 camas máis que, de momento, non se empregaron mais que van ter que empregarse ante o previsíbel aumento de persoas coa COVID-19 que precisarán coidados intensivos", afirmaron fontes hospitalarias, que sinalan que se están a conseguir respiradores na sanidade privada, "de momento hai", aseguran a respecto da dotación deste material imprescindíbel na UCI para tratar pacientes graves con coronavirus. O feito de que o hospital máis grande de Ourense buscase na sanidade privada respiradores evidencia que non sobran estes aparellos que o Goberno galego enviou a Madrid. Polémica A polémica xurdiu despois de que a homóloga de Feixoo e compañeira de partido, Díaz Ayuso, agradecese a Galiza a entrega do material. Antón Sánchez, portavoz de Común da Esquerda, en declaracións a Nós Diario, criticaba a "contradición" en que incorreu o presidente da Xunta. Sánchez preguntouse se a Galiza, neste momento, pode permitirse enviar material a Madrid. "Feixoo di que polo de agora non é necesario no país, veremos se iso non é así", apuntou. O deputado do PSdeG, Julio Torrado, tamén advertiu das incoherencias de Feixoo a respecto do material sanitario. "Ayuso di que a Xunta envía un material que o Goberno galego di que non ten, o Ministerio envía un material que a Xunta di que non están a enviar, e Feixoo di que Galiza ten un stock de material que o persoal sanitario non ten", denunciou. A portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, fixo alusión á "solidariedade entre os pobos, sobre todo nun momento de emerxencia como este", e á "necesidade de axudar a quen está pasando unha situación crítica en Madrid", un territorio no que se privatizou fortemente a sanidade, lembrou. Pontón criticou que Feixoo dixese que na Galiza "faltaban respiradores e acto seguido os cedese". A portavoz nacionalista, en declaracións a Nós Diario, preguntouse se Feixoo "está facendo propaganda" cando acusa a falla de material na Galiza ou se, pola contra, "está a deixar a sanidade galega en risco para podermos atender a emerxencia". Davide Rodríguez, deputado do Grupo Mixto, sinalou a Nós Diario a este respecto que non ve mal o envío de material a Madrid "sempre que aquí non sexa necesario, pois non falamos de territorios, senón de persoas, pero cando o precisemos na Galiza a ver de onde sacamos nós eses respiradores". |
NOS_37954 | O famoso cellista lanzou na pasada sexta feira o seu novo disco con Silk Road Ensemble, a banda á que pertence Cristina Pato, que inclúe unha nova versión de 'Cabaliño', un tema tradicional popularizado por Davide Salvado. | Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble estreou a pasada sexta feira o seu novo disco 'Sing Me Home', que inclúe unha nova versión de 'Cabaliño', esta fermosa canción tradicional galega que foi gravada xunto cos músicos galegos que formaron parte do proxecto 'Rústica': a propia Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. O novo arranxo de 'Cabaliño' foi realizado por Anxo Pintos e ten como solistas a Yo-Yo Ma, o iraní Kayhan Kalhor e Davide Salvado. O album explora a sempre cambiante idea de fogar a través de melodías folk tanto tradicionais como orixinais interpretadas polo Silk Road Ensemble, Yo-Yo Ma, e unha variedade de salientables artistas convidados, que ademais dos músicos galegos, inclúe outros artistas de renome como Gregory Porter, Bill Frisell, Sarah Jarosz, ou Abigail Washburn. O album foi desenvolvido e gravado en paralelo a The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, o documental do director gañador dun Oscar e un Emmy Morgan Neville que narra a historia do Silkroad, que foi gravado en boa parte en Galiza. Estrearase en xuño nas salas de cinema de todo o mundo e logo poderase ver na canle HBO. |
NOS_23777 | O persoal adscrito á Consellaría de Medio Rural levará as súas protestas a San Caetano | Arredor dun cento de traballadores e traballadoras da Consellería do Medio Rural concentáronse esta cuarta feira ás portas da delegación da Xunta en Lugo para protestar contra a "precariedade e inseguridade xurídica" que padece o persoal do servizo de extinción de incendios. Con esta protesta, segundo explicou o presidente do comité de empresa de Medio Rural en Lugo, Carlos Hermida (CCOO), é reivindicar "un cambio de modelo no sistema de contratacións, xa que, denuncia, o actual "é un sistema de acordeón, con persoal fixo que rolda 40%, e persoal fixo descontinuo de seis a nove meses". Hermida exemplificou a situación co acontecido no recente incendio de Ribas de Sil, que arrasou máis de 1.700 hectáreas, un lume de sexta xeración que se caracteriza por orixinar un microclima que fai moi difícil a súa extinción e pon en risco a vida de moitos traballadores e traballadoras do servizo de incendios. Segundo denuncia, o actual sistema "está obsoleto e é necesario un cambio", xa que, ao seu entender, "non se pode basear só o servizo na extinción, senón tamén na prevención, que hai que facela fóra de tempadas de máximo risco", apuntou. "Antes producíanse moitos incendios, moitos pequenos e algún grande e agora todos os incendios que se producen van ser estes lumes de sexta xeración que fai necesario que o persoal traballe durante doce meses ao ano, e non que haxa persoal en precario de seis meses e persoal de nove meses", lamentou. Neste senso, os persoal de extinción de incendios, que esta quinta feira se concentrará diante do edificio administrativo da Xunta en San Caetano, reclama a Consellaría do Medio Rural "que cubran as vacantes, xa que neste momento hai unha chea de prazas vacantes que están sen cubrir, e que se consoliden os postos de traballo, xa que nestes momentos estamos en torno ao 60% de prazas de persoal laboral temporal". Menos incendios pero máis virulentos Así mesmo, o presidente do comité de empresa recoñeceu que "este ano non está a ser moi prexudicial con respecto aos incendios [...] mais o problema que temos agora é que baixan os incendios, pero os que hai queiman moitas hectáreas", avisou. "Os famosos lumes de sexta xeración fan que estes incendios sexan unha bomba e que sexan perigosísimos para o persoal que traballamos na extinción", alertou o responsábel sindical, que confía en que Medio Rural actúe en consecuencia. |
NOS_25610 | Perante os xulgados, unha masiva concentración reclamou "diálogo" ao goberno central. | Os xulgados de instrucción de Santiago de Compostela acolleron esta mañá unha concentración dos seus xuíces e fiscais no cadro dunha folga -a terceira dos xuíces en democracia, a primeira dos fiscais- que tiña por obxecto denunciar "a carencia de medios na administración de xustiza", así coma chamar a atención sobre "unha serie de medida adoptadas polo goberno central que menosprezan á institución", en palabras do xuíz decano de Santiago, Jorge Cid. "Reivindicamos a supresión ou, canto menos, a redución das taxas; a reforma da lei orgánica que obriga @s maxistrad@s a substituir @s compañeir@s, incluso no caso de baixas de longa duración, en detrimento da súa axilidade e calidade; queremos chamar a atención sobre o drama dos desafiuzamentos e dicerlle á cidadanía que máis de 1000 compañeir@s nos@s fican na rúa cando a súa presenza e traballo son necesari@s; defendemos unha xustiza independente do Ministerio e medios para investigar a corrupción, sen policía e sen Garda Civil, xa que esas son as nosas funcións", manifesta Ana López Suevos, maxistrada do xulgado de instrución número 1. Doutra banda, un manifesto asinado de forma colectiva pola Asociación Xudicial Francisco de Victoria, Xuíces pola Democracia, o Foro Xudicial Independente, a Unión Progresista de Fiscais e a Asociación Profesional Independente de Fiscais, foi lido na concentración pola fiscal Pilar Fernández, quen fixo especial fincapé en que non queren que a protesta chegue á cidadanía como "unha crítica adscrita a unha ideoloxía determinada" xa que, di, esta se concibiu "mediante o consenso" e "debido á gravidade da situación". Amais, a fiscal pide diálogo ao goberno central perante o "rexeitamento xeneralizado de toda a institución" ás reformas promovidas por Gallardón. Neste senso, o xuíz decano Jorge Cid, quixo recalcar que @s funcionari@s da xustiza atópanse coas "mans atadas" por mor da "escasísima marxe de manobra" que permite o goberno español para "procurar solucións equitativas" en casos coma os despexos. @s xuíces e maxistrad@s reclamaron a "paralización inmediata" do proxecto de lei para reformar o Consello Xeral do Poder Xudicial, medida que ve como unha estratexia para converter o dito organismo nun " apéndice do Ministerio de Xustiza". |
NOS_17993 | A fotogrametría pode facilitar a defensa a nivel amador do patrimonio | Aínda que para moitas persoas a palabra fotogrametría soe a tecnicismo sen interese, esta disciplina resulta fundamental para moitos eidos, entre eles o estudo do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, e xa non só a nivel experto. O termo fai referencia a técnicas que permiten coñecer as dimensións dos obxectos no espazo a partir da toma de imaxes. Unha definición que, trasladada a eidos non profesionais, supón unha oportunidade moi boa para a catalogación de bens con especiais utilidades nos petróglifos. Por iso, Simón Peña estudou técnicas de aplicación de baixo custo que permiten escanear obxectos en tres dimensións mediante fotografías, a fin de poder virtualizalos e coñecer as súas características tanto visuais como métricas. "As técnicas de modelado 3D ou de adquisición de datos como a fotogrametría permiten obter a baixo custo unha documentación xeométrica do patrimonio moito máis completa e rigorosa que as que se obtiñan coa metodoloxía tradicional", explica Peña a Nós Diario. A súa tese centrouse nuns fluxos de traballo que amosan a posibilidade de se desenvolveren, en determinadas circunstancias, de maneira colaborativa por parte de profesionais e amadoras con medios e coñecementos limitados. Uso non profesional O feito de poderen empregar a fotogrametría "non expertas nesta tecnoloxía amplía moito o abano de usuarias", co que se pretende fomentar o seu uso por parte de asociacións e colectivos que moitas veces son as que levan a vangarda na catalogación e defensa de patrimonio en estado de abandono. "Na Galiza hai, por exemplo, moitos petróglifos que diversos movementos sociais loitan por conservar e proporcionarlles ferramentas para que o seu labor sexa o máis concreto posíbel é interesante", argumenta Peña. As técnicas de baixo custo pasan, por exemplo, polo uso de cámaras fotográficas de teléfonos móbiles e de software gratuíto de procesamento na nube. Peña é topógrafo, mais sempre lle interesou a arqueoloxía. Da unión do profesional e o amador, comezou a interesarse polo modelado 3D de petróglifos, do que finalmente desenvolveu a tese. Petróglifos "Nos petróglifos é aínda máis interesante que en calquera outro tipo de patrimonio, porque os modelos 3D sacan á luz motivos que a simple vista non se aprecian", argumenta Peña. Os fluxos de traballo que describen os seus estudos melloran os resultados e rendementos de técnicas a priori máis avanzadas, como o láser escáner. O traballo completo mediante software aberto antes mencionado, baseado na aplicación de fotogrametría Structure from Motion (SfM), xera realces e vectorización automática que poderían documentar un número elevado de petróglifos nun período curto de tempo, ademais de dar de modo obxectivo con gravados de arte rupestre que os métodos tradicionais non conseguen detectar. Esta proposta de traballo colaborativo abriría a posibilidade de rexistrar os máis de 3.000 achados desta sorte que hai catalogados actualmente na Galiza, para alén dos que quedan por sinalar. UAV Galicia Finalizado o doutoramento, Peña emprendeu creando UAV Galicia, unindo a técnica da fotogrametría coa posibilidade de tomar imaxes desde o ar mediante drons, que presenta un espectro de posibilidades moi amplo desde o eido da topografía. Entre os vídeos de presentación da empresa, atópase un videoclip de De Lombaos, "Lingua encadeada", co que abren tamén o mercado a estes produtos audiovisuais. |
PRAZA_20914 | Feijóo solemniza un "pacto social pola vivenda" que confía o 60% do investimento preciso a fondos privados e ratifica que o orzamento público na materia apenas vai medrar durante a actual lexislatura. O plan suxire que a Xunta vai subir os "prezos máximos de referencia das vivendas protexidas" porque "levan máis de 12 anos sen actualizarse" e isto "provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción" | "Mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias". Ese foi o obxectivo verbalizado este mércores polo presidente da Xunta na presentación solemne do denominado Pacto Social pola Vivenda 2021-2025. No documento, o Goberno galego recompila medidas xa postas en marcha e engade outras novas ás que destinará "un investimento directo duns 433 millóns de euros" ata 2025, o que implica algo menos de cen millóns ao ano durante cinco anos. Feijóo solemniza un "pacto social pola vivenda" que confía o 60% do investimento preciso a fondos privados e ratifica que o orzamento público na materia apenas vai medrar durante a actual lexislatura Esta previsión implica manter o orzamento público para políticas de vivenda en algo menos da metade do destinado polo Goberno de coalición de PSdeG e BNG nas súas derradeiras contas públicas, as de 2009, que reservaban algo máis de 210 millóns de euros. Tamén continuarán sendo inferiores ás partidas de vivenda do derradeiro orzamento do Executivo do PP de Fraga, en 2005, que as dotaba con 114 millóns de euros. Daquela, o conselleiro con competencias en materia de vivenda era Alberto Núñez Feijóo.Esa contía de investimento público, arredor de 85 millóns ao ano, supón ademais confirmar que o Executivo non prevé incrementos significativos nos seus orzamentos de vivenda a respecto dos previstos para este 2021. O proxecto orzamentario, a piques de ser aprobado polo Parlamento, reserva 85,8 millóns para vivenda e o documento presentado este 20 de xaneiro salienta que as accións ligadas ao Pacto social suman algo máis de 72 millóns de euros neste ano. As partidas futuras, como a actual, están ademais ligadas á concreción de fondos estatais e da UE.O resto do financiamento do plan, ata os máis de mil millóns anunciados polo presidente, o 60% do total, corresponderá a "fondos privados". A Xunta espera que se mobilicen grazas aos fondos públicos que prevé achegar nun plan que chega despois da lexislatura con menos vivendas protexidas construídas en Galicia dende que hai datos. Foron apenas 24 entre 2016 e 2019 (os datos de 2020 aínda non están dispoñibles) fronte ás máis de 10.000 do mandato da coalición de PSdeG e BNG, unha cantidade que tamén foi superada en todas as lexislaturas de Fraga agás na primeira.Vivendas protexidas máis caras e vivendas "concertadas" Na construción de vivenda protexida, tanto para compra como para alugueiro -o arrendamento, din, será potenciado-, detense un dos epígrafes do novo plan da Xunta. O Goberno admite que as vivendas protexidas e, máis concretamente, as vivendas protexidas de promoción pública "constitúen a única forma de acceso a unha vivenda para moitas persoas e familias", especialmente nas sete cidades. O plan suxire que a Xunta vai subir os "prezos máximos de referencia das vivendas protexidas" porque "levan máis de 12 anos sen actualizarse" e isto "provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción"Sen ofrecer cifras concretas sobre as vivendas protexidas -tanto de promoción pública como privada- para os vindeiros anos, a Xunta si adianta algunhas das novidades. Unha delas, referidas aos prezos. Apunta o Executivo que "os prezos máximos de referencia para as vivendas protexidas levan máis de 12 anos sen actualizarse", isto é, dende os tempos do Goberno de coalición. Isto, defende, "provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción", polo que "cómpre actualizar estes módulos co obxecto de impulsar a edificación", di no que semella apuntar a un incremento de prezos.O plan adianta tamén que a "forma prioritaria de actuación" en "localidades medianas e pequenas" onde o rexistro de demandantes "acredite a existencia de demanda" de vivenda protexida serán as denominadas "vivendas públicas concertadas". Tratarase de vivendas construídas "por promotores privados ou outros promotores públicos" diferentes da Xunta "sobre solo público" e que para o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) pasarán a ter a consideración de promoción pública". "A intención desta figura -agrega o documento é establecer unha liña de colaboración público-privada con outros promotores" para que "constrúan as vivendas con recursos propios e o IGVS as cualifique como de promoción pública". A continuación, serían outorgadas "axudas a quen adquire, facilitándolle tamén acceso ao financiamento".Axudas á compraO documento, elaborado con achegas dos colectivos integrantes do Observatorio da Vivenda de Galicia, no que están presentes colexios de arquitectura, empresas promotoras, concellos e ou organizacións de consumidores, ademais da propia Xunta, inclúe medidas de acceso á vivenda, rehabilitación, renovación urbana ou oferta de solo residencial. Segundo a Xunta, entre elas hai "12 iniciativas novidosas" das que o propio Feijóo salientou "a posta en marcha de medidas para dar un novo impulso á adquisición de vivendas protexidas, mediante axudas de ata 20.000 euros. A esas axudas poderían acceder familias con ingresos inferiores a "4,5 veces o IPREM", isto é, o equivalente a un máximo de 2.538 euros mensuais. Destaca tamén Feijóo posibles plans para "o alugueiro con opción de compra para menores de 35 anos" con axudas "de ata 8.000 euros" para as persoas propietarias que se interesen por esta fórmula.O proxecto tamén indica que "cómpre analizar a posibilidade de articular" unha "liña de avais" ou "un seguro de crédito hipotecario, coa participación" de aseguradoras privadas para "garantir" ata o 15% do prezo de compra de vivenda para persoas menores de 35 anos, "xa sexa de nova construción ou procedente de rehabilitación", co condicionante de que o piso ou casa "non superase o prezo de adquisición dunha vivenda protexida de prezo concertado na mesma localidade". "Con este programa perséguese que poidan dispoñer de hipotecas polo 95 % do valor da vivenda: ao 80 % que outorga a entidade financeira súmase outro 15 % cuberto por este aval público. Desta maneira, a persoa compradora soamente tería que facer fronte ao desembolso inicial do 5 %", conclúen. |
NOS_13189 | O ex secretario xeral das Nacións Unidas Kofi Annan morreu este sábado en Suíza. O diplomático ganés dirixira a ONU entre 1997 e 2006 e no 2001 foi distinguido co premio Nobel da Paz "por revitalizar o organismo, por lle dar prioridade aos dereitos humanos" e pola súa oposición ao "terrorismo internacional" e o seu compromiso na loita contra a sida en África. | Annan nacera en Kumasi, Ghana, en 1938. Formouse academicamente no seu país natal e con menos de 30 anos comezou a traballar en organismos internacionais relacionados coas Nacións Unidas. Na década dos 70 tamén participou dos gobernos de Ghana. Como secretario xeral da ONU -sucedeu ao exipcio Boutros-Ghali despois de que Estados Unidos vetase o seu segundo mandato-, impulsou a reforma da institución. Liderou algunha das campañas de máis sona -a medio camiño entre a propaganda e os efectos realis-, como a dos Obxectivos do Milenio. Cando Estados Unidos, co apoio do Goberno británico de Tony Blair e do español de José María Aznar, se botou á invasión de Iraq -baseada nunha infame campaña de mentiras-, Annan instouno a non o facer sen autorización das Nacións Unidas. En 2004 declarou que a acción dos Estados Unidos era "ilegal". Nos últimos anos implicouse na resolución de conflitos, entre eles o do País Vasco. En 2011 amosouse "esperanzado ante a fin do último conflito armado de Europa" durante a súa participación na conferencia de paz do Palacio de Aiete de Donosti. |
NOS_17664 | O 27 de xaneiro de 1945 o exército soviético entraba no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau, no sur de Polonia. Unha data chave para ter presente o horror dos campos de exterminio nazis onde foron asasinadas millóns de persoas. Entre elas, 111 galeg@s: en Mauthausen, Dachau e Sanhsenhausen | "A primeira patrulla rusa veu o campo no mediodía do 27 de xaneiro de 1945...". Así lembraba Primo Leví en A Tregua o inicio do que ía ser a liberación de Auschwitz-Birkenau, o campo de concentración nazi cuxo nome pasou resumir o horror do inferno nacional-socialista e a ser sinónimo de holocausto. Nesta segunda feira cúmprense 69 anos daquel día. Nas semanas seguintes, o Exército Roxo proseguiría o seu avance cara Berlín e iría liberando máis campos de exterminio. Estadounidenses e ingleses farían o propio no seu avanzo desde o oeste hacia a capital alemá. Nos campos de exterminio deixaron a vida anti-fascistas de Viveiro, Carril, As Nogais, Mugardos, Ribadavia, Chapela, Vilasantar, Maceda, Vigo, A Coruña, Ferrol... De Viveiro a Bueu. Das Nogais a Fisterra Así, o 5 de maio de 1945 a 11º División do exército estadounidense entraba en Mauthausen, un conglomerado de campos de concentración situado na vila de ese nome en Austria. Cando os americanos entraron no campo este xa fora 'liberado' polos propios prisioneiros e atopáronse cunha faixa, en español, que daba a "benvida ás forzas libertadoras" en nome dos 'españois anti-fascistas'. Nesta rede de exterminio que os nazis puxeron en funcionamento en Mauthausen estiveron presos centos de republicanos do Estado español. Entre eles, galegos. Segundo os datos de 'Triángulo azul: Los republicanos españoles en Mauthausen, 1940-1945', un total de 111 galegos morreron neste campo de concentración entre o 6 de agosto de 1940 e maio de 1945. Os supervivintes lembraban con horror as escaleiras do campo: lonhas e empinadas, que tiñan que subir cargados de pedras. Nos seus chanzos reventaron milleiros de prisioneiros 42 destes galegos asasinados en Mauthausen eran naturais de vilas e cidades da provincia da Coruña, desde Ferrol e a cidade herculina a Mugardos, Fisterra, ou A Pobra do Caramiñal. Da provincia de Pontevedra eran 18 (Vigo, Carril, Bueu...). Outros 21 asasinados nese campo eran orixinarios de localidades de Lugo (Sarria, As Nogais, Viveiro...). E outros 21, de Ourense (A Veiga, Baltar...). Dachau: o laboratorio dos experimentos con humanos Mais non só en Mauthausen foron aniquiliados presos galegos, internados nese campo pola súa loita antifascista. En Dachau, outro campo sinistro, situado perto de Munich e dirixido por T. Eicke e onde se levaron centos de experimentos con prisioneir@s; foron asasinados 2 galegos: Santiago Durán (de Ribadavia) e Eliberto Fernández Cid (Augassantas). Por aquí pasaron 200.000 prisioneiros de 30 países. No campo de Sanhsenhausen (en Brandenburgo) morreu o veciño de Vilaboa Antonio S. Nogueira. En Sanhsenhausen forona sasinadas por volta de 30.000 persoas. Petición á Xunta de que investigase En 2006 os tres grupos parlamentares aprobaron pedir á Xunta unha investigación sobre os galegos e galegas mortas en campos de exterminio nazis. Segundo apuntara naquela altura o BNG, un total de 119 persoas de Galiza pasaran por eses campos, 111 das cales morreran neles. |
NOS_40788 | A morriña é un mal endémico dos galegos e galegas do que non escapa a futbolista coruñesa Sheila Sánchez (A Coruña, 1994), quen en 2015 emigrou perseguindo o soño de ser futbolista a unha Austria que, igual que acontece aquí, vive inmersa nun día a día totalmente condicionado pola pandemia da Covid-19. | Como é a vida dunha futbolista na Austria da época da Covid-19? Difícil, moi difícil. Temos un lockdown, é dicir, un fechamento total salvo dos servizos primarios: supermercados, farmacias e comida para levar. Non hai nada máis aberto, como centros comerciais ou tendas de roupa, todo isto está fechado desde o día 24 de decembro. A cousa está moi mal... para os estándares de aquí, claro, porque comparado con España vai todo marabillosamente. Como afectou este tema á competición? Este ano a competición foi horríbel. Comezamos no verán, máis tarde do habitual pola Covid-19, e desde entón tivemos que suspender partidos nosos ou noutros equipos, até que a falta de dous partidos para finalizar a primeira volta chegou a parada invernal, que é bastante longa, pois esténdese desde mediados de novembro até mediados de xaneiro. Non obstante, este ano non comezamos o día 18 deste mes, como estaba previsto, así que como mínimo até mediados de marzo está claro que non poderemos xogar. Sinceramente, eu penso que tal e como son aquí de estritos, disputaremos os dous partidos que quedan da primeira volta e darán por rematada a competición. E aos adestramento? Faino todo máis complicado, porque, por exemplo, dúas das nosas xogadoras son suízas e non poden vir connosco porque terían que facer corentena. Está sendo horríbel, porque nunca chegas a coller o ritmo de competición a causa das corentenas constantes. As xogadoras novas non teñen tempo a adaptarse, os adestramentos en grupos de máximo cinco persoas imposibilita o traballo en equipo, o cal se nota no campo... por iso eu considero este ano como nulo, imposíbel de valorar. Transcorridos xa seis anos desde a súa partida, ten a intención de continuar alí ou a morriña fai das súas e pensa en volver á casa? Teño sentimentos encontrados, porque xa teño 26 anos, e este ano fago 27, que para unha xogadora de fútbol é unha idade considerábel. A morriña está aí, pero alá a cousa está moi mal a nivel laboral e aquí teño un traballo no que estou moi valorada. Polo contrario, futbolisticamente cando marchei a cousa estaba moito peor que agora. Entón, que me gustaría xogar ao fútbol? Por suposto. E a un alto nivel? Claro que si, pero á miña idade eu xa valoro outras cousas, como unha certa estabilidade. Vostede é da Coruña, cidade na que está o Dépor, que a día de hoxe é o único equipo galego na Primeira División, aínda que ten toda a pinta de que o ano que vén vaia xogar na Segunda. Tivo algunha vez a posibilidade de asinar polo Deportivo e, se non, existiría a posibilidade de o facer de cara á vindeira tempada? Penseino en moitas ocasións, de feito a nivel futbolístico sería un progreso volver, porque a Liga avanzou moito. E que dicir do Deportivo... eu son do Dépor a morte, como boa coruñesa. Encantaríame levar o seu escudo, pero hai unha persoa en concreto que está no Deportivo coa que debería sentarme a falar e que no seu día xa me tivo ao seu cargo. Non digo nomes, pero cada quen que entenda. Obviamente si que penso niso, polo equipo e porque para min sería unha honra, pero é un tema sensíbel. Tiven a opción no seu momento, pero a día de hoxe aínda quedan asperezas por limar. Pero no Deportivo, teoricamente, sería profesional e non tería que preocuparse de buscar un emprego fóra do fútbol... Obviamente. E, con sinceridade, a que persoa criada na Coruña non lle encantaría xogar no Deportivo? Xogar en Riazor? Riazor... Aínda que só fose un partido... Encantaríame, non o podo negar, pero non podo dicir máis do que xa dixen [ri]. Cada vez hai máis xogadoras galegas que seguen os seus pasos e os de xente como Vero Boquete e marchan xogar ao exterior. Como ve a evolución do fútbol galego nos últimos anos? Falando desde a miña experiencia persoal, cando eu comecei a xogar, con cinco anos, aquilo era unha tolemia, pois estaba eu soa no medio de nenos, recibindo insultos por parte de pais... e agora as nenas teñen equipos para elas xa desde os cinco anos, teñen outras referencias femininas, saben que se queren poden desenvolverse no deporte... todo iso na miña época non pasaba. De feito, vostede tivo que saír da cidade rumbo Pontevedra e Friol sendo só unha adolescente para poder xogar. Como lembra esa situación? Si, eu empecei co Orzán, cando se creou o equipo feminino. Daquela tiña 13 anos e a porteira 32 [ri]. Aquilo era un mix de todas as rapazas que había preto que querían xogar ao fútbol. Agora, por sorte, poden decidir e medrar no deporte, desde a base, formándose e sentíndose integradas no equipo, sen preocuparse do futuro, pois existen alternativas. E a tranquilidade non é exclusiva das nenas, tamén dos pais e nais, porque o fútbol hoxe está ben visto, non é nada raro que a túa filla queira xogalo, porque está normalizado, até o punto de que hai até partidos de mulleres na televisión, mentres que na miña época non saía nin no último recuncho do periódico. |
NOS_43770 | Responsabiliza Caixa Galicia da quebra de NCG e considera que Caixanova podería "vivir por si propia". | A fusión de Caixa Galicia e Caixa Vigo, que derivou nunha nova entidade, NovaCaixaGalicia, que, unha vez transformada en banco, foi vendida por mil millóns de euros ao venezolano Banesco previo desembolso de 9.000 millóns de euros das arcas públicas; continúa a dar que falar. E desta vez quen fala non é un calquera: é a Audiencia Nacional, que a través dun auto do pasado día 1 da súa sala do penal -e desvelado por medios como Faro de Vigo ou El País- cuestiona a fusión das caixas galegas, un proceso que 'dinamitou' o sistema financeiro galego. A Audiencia Nacional sinala un dos actores, Caixa Galicia, como responsábel de que a nova entidade quebrase e tivese que ser rescatada. A entidade financeira dirixida por José Luis Méndez estaba nunha situación de risco "lato" e que comprometía a súa solvencia para ser viábel por ela propia. Diferente era, segundo esta sala, a situación de Caixanova, que, afirma, "podería vivir por si propia", se ben non exenta de dificultades. A fusión de ambas caixas tiña o apoio da ponte de mando da coruñesa e a oposición da viguesa. E aí entrou a Xunta da Galiza, cun informe da auditora KPMG que indicaba que a unión de ambas as dúas entidades daría unha única caixa "solvente" e "viábel". Mais o que aconteceu foi xusto o contrario. KPMG axiña se apresurou a matizar que o que ela fixera non fora unha auditoría. Frances Gibert, un dos responsábeis daquel informe de KPMG encargado pola Xunta sobre as caixas galegas e polo que pagou un millón de euros, recoñece que era un informe "de trazo gordo", que "en ningún caso" fora unha auditoría das entidades e que nunca recomendara a fusión. Todo o contrario do que o goberno de Núñez Feixóo dicía en 2010, cando presentara ese traballo como o aval definitivo que recomendaba fusionar Caixanova e Caixa Galicia. O propio Goberno de Feixoo cóidase moito de que non se afonde no tema da fusión. Até tal punto que o TSXG condenou a Xunta por ocultar información sobre a fusión das caixas a Antón Sánchez. A pantasma da fusión de Caixanova e Caixa Galicia regresa, logo, dez anos logo daquela operación. O resultado, Nova Caixagalicia, tivo un breve percorrido antes do nacemento de Novagalicia Banco, constituído en setembro de 2011 e de trazado igualmente efémero. En 2013 o grupo venezolano Banesco mercouno por 1.003 millóns de euros. No primeiro ano de actividade da xa denominada Abanca os beneficios da entidade ascenderon a 1.115 millóns de euros. Previamente, Novacaixagalicia recibiría por volta de 10.300 millóns de euros de axudas públicas para facer fronte á crise económica e mais ao resultado duns tóxicos investimentos en ladrillo. Do cuarto rescate bancario máis custoso para as arcas públicas, tal e como o cualificou o Tribunal de Contas, só se recuperaron 783 millóns. Paralelamente, a Audiencia Nacional investigou as indemnizacións millonarias das directivas das caixas galegas. Como resultado os ex directivos Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego, Oscar Rodríguez Estrada e Gregorio Gorriarán foron condenados a dous anos de cadea por un delito de administración desleal xunto cun de apropiación indebida na súa modalidade de xestión desleal. |
NOS_8206 | As naves pertencen a seis empresas de transporte, do sector téxtil, de embalaxe e de carretillas elevadoras. Agás dúas das naves, das outras "non quedan nin as portas". | Un total de cinco naves quedaron calcinadas por completo nun incendio declarado na madrugada deste domingo no Polígono do Rebullón, no concello de Mos, que xa foi controlado contra as 10 horas, aínda que polo momento non está extinguido. A alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, confirmou a Europa Press que as naves calcinadas pertencen a seis empresas de transportistas, do sector téxtil, de embalaxe e de carretillas elevadoras. A rexedora mosense cualificou os feitos como "unha auténtica desgraza" e unha "traxedia", xa que asegurou que, excepto dúas das naves, que teñen "algo aproveitábel", das demais non se poderá rescatar nada porque "non quedan nin as portas". Sobre as causas deste incendio, Arévalo quíxose mostrar prudente e precisou que a Garda Civil pediu "prudencia" neste asunto e non caer en especulacións. A Xunta da Galiza activou pola mañá o Plan Territorial de Emerxencias da Galiza (Platerga) no nivel 1, por mor dun incendio rexistrado no Polígono Industrial do Rebullón, en Mos. Así o notificou a primeira hora o 112 Galiza, que explicou que no momento de dar a información o incendio xa se dera por controlado. As lapas afectaron un total de cinco naves, sen que rexistrasen danos persoais, malia que se mobilizaron os servizos sanitarios. A activación do Platerga neste nivel "supón a mobilización de recursos de ámbito local ou supralocal para facer fronte a esta situación de risco e garantir a coordinación entre os organismos mobilizados". Unha avaría nun muíño eólico provoca un pequeno incendio na Serra do Faro Deste modo, un amplo operativo foi posto en marcha para controlar a extensión dos danos e estabelecer un perímetro de seguridade. Contra as 4.15 horas, o 112 Galiza recibiu un aviso da Garda Civil alertando dun incendio nunha nave do polígono dedicada ao mantemento de maquinaria da madeira. Ademais, comezou recibir numerosas chamadas de persoas particulares que aseguraban ver saír lume dunha nave do mesmo lugar. Nada máis ter constancia dos feitos, púxose en marcha un amplo dispositivo para facer fronte ao incendio no que interveñen os Bombeiros de Morrazo, Porriño, Ribadumia e Vigo e os membros do GES de Mos e Val Miñor. Trasladados ao hospital dous operarios da refinaría de Repsol na Coruña por un escape de gas Aliás, no lugar dos feitos atópanse os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axega, que mobilizou unha cisterna cunha capacidade de 25.000 litros para fornecer de auga os medios desprazados e a Unidade de Drons, dotacións do Servizo Provincial de Incendio, así como, os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e as autoridades ambientais da Xunta. |
PRAZA_8414 | A formación galeguista asegura que os conservadores tiveron que abandonar o local por orde xudicial tras "non pagar ningunha mensualidade do alugueiro dende hai dous anos" | "Non pagar ningunha mensualidade do alugueiro dende hai dous anos". Esta é a razón que, segundo Compromiso por Galicia (CxG), levou un xulgado de Ponteareas a ditar unha orde de desafiuzamento contra o PP da localidade. A formación galeguista revelou este venres que os conservadores se viron forzados a abandonar a súa sede na localidade por falga de pagamento, nun contexto no que, di a secretaria de organización do partido, Sandra Araúxo, "o alcalde, Salvador González, non só leva á creaba o Concello, senón que leva por diante o PP local". A xuízo de Araúxo "González debería explicar a que dedica os cartos que ingresa o PP" na localidade "en concepto de representación no Concello", no que teñen nove edís, para non poder facer fronte ao arrendamento. Nun sentido semellante, o coordinador provincial de CxG, Rafael Cuíña, coida que cómpre ter en conta que "o PP, coas súas políticas no Goberno do Estado e na Xunta, desampara os desafiuzados", as "verdadeiras vítimas desta crise", mentres "ampara a banca, mesmo chegando a etiquetar de etarras aos afectados polas súas xustas protestas". Cuíña subliña que o PP "ten ingresos millonarios", polo que a única xustificación para non pagar é "a cara dura dos seus dirixientes" "O PP non está nas mesmas condicións" que as persoas que non poden pagar a súa vivenda, di Cuíña, dado que "é un partido solvente" dende o punto de vista económico, "ten ingresos millonarios no estado e en todas as institucións nas que ten representación", polo que "non te xustificación que non paguen o alugueiro ao lexítimo propietario" do local que ocupaban. A única xustificación posible, ironiza, é "a cara dura dos seus dirixentes", polo que, conclúe, "quen non é quen de gobernar a súa casa é imposible que goberne a casa de todos". |
NOS_57789 | O alcalde de Pontevedra retirou da orde do día o "orzamento da oposición" e anunciou un pleno para o 23D que podería levar, unha semana despois, a unha moción de confianza. Esta sexta feira, irá ao Pleno o orzamento tal e como foi elaborado polo goberno local. Se a oposición teima en rexeitalo, Lores recorrerá a unha cuestión de confianza. Obriga así a oposición a apresentar un candidato alternativo. Se non o fai, o orzamento será aprobado de forma automática. | O Goberno do BNG de Pontevedra non opta por prorrogar as contas de 2016 -entre outras cousas porque iso suporía a perda para a cidade de por volta de 2 millóns de euros- e procura unha saída á situación a través dunha moción de confianza. Este mecanismo, ligado á aprobación dos orzamentos, instruméntase cando as contas que apresenta un goberno municipal son rexeitadas polo Pleno ou, como ocorre neste caso, cando son emendadas por pactos da oposición até as tornaren como irrecoñecíbeis. "Este alcalde non vai gobernar cun orzamento perpetrado pola oposición. Iso non está na lei. O que vostés piden non o piden nen o executan en ningún sitio", dixo Lores no Pleno. O que si está na lei, explicitou, é que "cando non se aproban os orzamentos, o goberno ten direito a que se aproben por medio da moción de confianza". O alcalde nacionalista de Pontevedra voltou a instar a oposición a "apresentar unha moción de censura cando queiran". "Vostés teñen 13 concelleiras e concelleiros. Nós temos 12", recalcou. O "orzamento da oposición" é o produto dunha pinza entre PSOE e a Marea de Pontevedra coas forzas da dereita PP e Ciudadanos. O BNG considérao un ataque a un modelo de cidade que conta con apoio social maioritario desde 1999 e recoñecimento internacional expresado en múltiples premios, o último deles obtido en China. Un orzamento da oposición "ilegal" Na súa intervención perante o Pleno, Lores explicou que sobre a mesa existían dous orzamentos, o do goberno local "que conta con todos os informes favorábeis en tempo e forma" e o da "oposición", "alternativo, pactado polos grupos da oposición, vía emendas cruzadas" e que cualificou de "manifestamente ilegal". O alcalde alegou que "o informe da Intervención, o único preceptivo" indicaría a ilegalidade das contas tal e como foron pactadas pola oposición e que nesa mesma dirección terían apontado tamén "os sucesivos informes da Tesourería e o informe conxunto da asesoría xurídica e a Secretaría Xeral no Pleno". Conscientes das debilidades xurídicas das súas emendas, a sexta feira pasada a oposición apresentou escritos de subsanación no rexisto do concello, o que Lores cualificou de "emendas ás emendas". Mais os informes de Intervención, enfatizou o alcalde, manifestaron que tampouco as novas propostas de alteración dos orzamentos se atiñan á legalidade. "Hai emendas ás emendas e mesmo emendas ás emendas ás emendas que se apresentaron este venres e que continúan a facer que o orzamento sexa ilegal", salientou Lores. Retirada da orde do día Ante as "flagrantes ilegalidades", o titular do goberno local decidiu, en uso das súas atribucións, retirar do ponto do día do Pleno a votación sobre as contas tal e como foron aprobadas pola oposición na Comisión de Economía do Concello. O debate coa Marea Por parte da oposición, foi Luís Rei da Marea quen puxo máis énfase no imperativo de que no pleno do 23D se inclúa na orde do día a votación do orzamento tal e como ficou após a súa pasaxe pola Comisión de Economía. A cabeza visíbel da confluencia en Pontevedra cualificou de "atropelo" que no próximo Pleno "se omitan as votacións que manifestarían a vontade dos grupos a respeito de en que se inviste os cartos deste concello durante 2017". Rei, portanto, asumía a defensa de contas pactadas polo seu grupo con PP, PSOE e Ciudadanos. Os outros portavoces formularon máis ben cuestións de orde, entre outras a plantexada polo voceiro do PP en relación á motivación xurídica de Intervención contraria a considerar legais as emendas formuladas a sexta feira pola oposición ás súas propias emendas. Por que non se submeterá a votación o ditame da Comisión de Economía tal e como reclamaba Luís Rei? "Non se vai votar porque é manifestamente ilegal", espetoulle Lores. "Mentres eu sexa alcalde non se aprobarán uns orzamentos que destrozan o que levamos facendo durante moitos anos. Iso é perversión", enfatizou. O contido do Pleno do 23D Lores anunciou a convocatoria dun pleno para o 23D en que submeterá a debate e votación o orzamento orixinario, tal e como foi redactado polo goberno, antes de ser alterado pola oposición. Caso de PP, PSOE, Marea e Cs manter o seu rexeitamento conxunto ás contas do BNG, o alcalde convocaría un novo pleno, presumibelmente no prazo dunha semana, para nese momento formular a moción de confianza. NOTA DE SERMOS: Na redacción inicial desta noticia incorremos no erro de colocar a moción de confianza no pleno do 23D. Non é así, ese día só irá a debate o proxecto de orzamentos. A moción sería debatida nun Pleno posterior caso do proxecto ser rexeitado. |
NOS_52542 | A candidata do PSdeG ao Congreso defínese, ante todo, como "mestra". Olga Alonso conversa con Sermos Galiza sobre as eivas que sofre o tecido industrial de Vigo e as comarcas circundantes, da necesidade de atender ás pensionistas ou dos retos que enfronta o sindicalismo. Ela foi a primeira muller na Galiza en ocupar o cargo de delegada comarcal, en 2007 con UXT. | Cando foi candidata polo Congreso en abril dixo que non quería perder "a visión da realidade". Eu veño dunha política municipal que está sempre na rúa, atendendo os veciños. Nós saímos elixidos por unha provincia que representamos en Madrid. O que quero é non perder a realidade que teño que defender, polo que estarei tamén na miña provincia para escoitar o que precisa a xente de Vigo, de Pontevedra e de Galiza. En abril as negociacións fracasaron, fallaron os partidos políticos á cidadanía? O que houbo foron uns resultados clarísimos, que deron gañador o Partido Socialista. E quero salientar os resultados na provincia de Pontevedra, que tamén deron gañador ao PSOE. Despois houbo unha estratexia e un bloqueo do resto de partidos para non deixar gobernar ao PSOE. Cando a xente define claramente para este país paréceme mal que isto non se teña en conta. Pero esta é unha nova oportunidade para acadar catro anos de estabilidade cun Goberno de progreso. Os anteriores só recortaron e deixaron atrás as persoas. Esta é unha nova oportunidade para acadar catro anos de estabilidade cun Goberno de progreso Como xestionaría ese Goberno de progreso o debate territorial e as demandas dunha parte da cidadanía catalá? Nun país onde non sobre ninguén. O máis importante é a convivencia, hai que falar, dialogar e convivir. Asistimos a un debate televisivo no que se propoñen políticas que discriminan abertamente unha parte da poboación, a emigrante. Observamos unha ultradereita que volve sacar temas que pensamos que estaban superados e dereitos que considerabamos conquistados. Somos un país de emigrantes, diso sabemos moito os galegos, pero tamén somos un país e acollida. Non podemos retroceder, preocúpanos moito que ese tipo de políticas teñan voz e votos. Precisamente, en 2019 residen 519.646 galegas e galegos no exterior. Moitas persoas novas continúan a emigrar ante a imposibilidade de desenvolver proxectos vitais na Galiza. Cales son as propostas do PSdeG para que isto non aconteza? Esa é unha das consecuencias dos anteriores gobernos. Temos que atender aos mozos e as mozas que, como en anos pasados, tiveron que saír do país para buscar unha oportunidade. Esa oportunidade témoslla que dar no país. As xeracións máis formadas e ganas de loitar para o seu futuro están marchando fóra. O PSdeG conta cun plan de retorno e un plan de emprego xuvenil. Mais temos que contar cos nosos maiores, tamén. As xeracións máis formadas están marchando fóra Cales son as principais preocupacións do PSdeG na circunscrición de Pontevedra? En todos estes anos de Goberno do PP as demandas de Vigo, o núcleo industrial e poboacional máis importante da provincia, foron esquecidas. É importantísimo atender ao tecido industrial, sobre todo ano naval. A industria crea empregos e dinamiza a economía. Son importantísimas as infraestruturas para dar comunicación ás empresas. Onte un empresario sinalábame que carecemos dun tren o suficientemente rápido, no aeroporto temos problemas para atraer voos e contamos cunha estrada de entrada en malas condicións. Tamén as políticas sociais, a provincia non conta con tantos pensionistas como outras áreas galegas, mais si contamos con núcleos rurais, como Lalín ou Silleda, que precisan ser atendidos, para que a xente siga quedando no rural. As empresas teñen que adaptarse á transición ecolóxica Como se compatibiliza o necesario pulo á industrialización coa transición ecolóxica? Temos que traballar para o futuro, axudando ás empresas a darse conta da necesaria transformación que deben levar a cabo. Primeiro no eido dixital, para o que son precisos recursos formativos para os traballadoras, e segundo e máis importante no eido ecolóxico. As empresas teñen que adaptarse. O PSdeG apostou no Parlamento por apoiar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que demandaba a xestión pública dos encoros cuxa concesión caduque, pedindo a maiores a axuda do Ministerio de Transición Ecolóxica. A ILP non foi adiante, mais apoiarán unha iniciativa similar no Congreso? Relacionado co cambio climático hai un problema, que en Galiza non é grave, que é o do abastecemento de auga. Esas poden ser algunhas medidas, nós sempre defenderemos a transformación ecolóxica e o investimento nela pensando en postos de traballo. As xubiladas galegas viven cunhas das pensións máis baixas do Estado. UXT puxo en marcha unha campaña na que solicita que se revaloricen as prestacións das ex traballadoras temporais de xeito retroactivo. Apoiarán esta demanda? A problemática das pensións é moi importante, pois falamos de persoas que traballaron toda a vida, que fixeron un sacrificio nestes anos de crise e que, con esas pensións, mantiveron a moitas familias. Pedro Sánchez deuse conta ao chegar ao Goberno da importancia desta problemática, vai no ADN dos socialistas. Subimos as pensións, mais hai que seguir traballando. Non só actualizándoas co IPC senón aumentando as máis baixas, como as pensións de viuvez. Hai que aumentar as pensións máis baixas, como as de viuvez Foi a primeira muller delegada comarcal de UXT en 2007. Doce anos despois, como incorpora o PSdeG as demandas dos feminismos? No mundo sindical vivín moitas cousas, no mundo sindical conseguimos levar adiante moitas reivindicacións. Melloramos moito as condicións de traballo das persoas, conseguimos a igualdade laboral e salarial entre mulleres e homes. Loitamos por menos horas de traballo, por convenios xustos. E o que me da medo é que todo iso está a perderse. Algún ministro de Gobernos anteriores dicíanos que "vivimos por enriba das nosas posibilidades". Eu penso que o único que fixo a maior parte do país foi traballar, polas nosas crianzas e os nosos maiores. Como afrontan os sindicatos a tarefa de adaptarse a un contexto laboral máis precario, individualista, e con novos sectores no eido da economía dixital como os riders? Os sindicatos teñen problemas desde hai anos porque recibiron ataques directos polo traballo que estaban realizando. Os sindicatos sempre loitaron pola clase traballadora, pero o Goberno do PP atacounos para que tivesen menos forza. Antes tiñamos unhas estruturas laborais moi definidos, á par que os sectores laborais, e as estruturas de traballo fóronse unificando porque os traballos están mudando. Hai novas necesidades e xorden novas posibilidades, pero é verdade que o que xorde non ten as mesmas garantías. É probábel que os riders non cheguen ao mundo sindical, pero o mundo sindical ten que chegar a eles. Ninguén pode quedar desprotexido. Os sindicatos recibiron ataques directos polo seu traballo Vostede é docente de profesión, como están a afectar os constantes cambios lexislativos no alumnado e profesorado? Eu son e sempre fun mestra, o mundo da educación viviu moitos avatares. Non pode ser que os cambios políticos inflúan nalgo tan importante e básico como a educación. Teño ilusión por traballar nun pacto de Estado pola educación pública. Eu vivín recortes en persoal, en salarios, aumento das horas, infraestruturas precarias. A xente sentíase desprotexida, sobre todo na Secundaria, onde as materias afíns facía que o profesorado impartise materias para as que non tiña formación. Iso reduce a calidade da educación, non se pode lexislar sen ter en conta a comunidade educativa, sen escoitala. |
NOS_24811 | Un estudo do Banco de España debulla as consecuencias do veto que Bruxelas prepara aos produtos procedentes de Rusia por mor da invasión de Ucraína. | O Banco de España alertou esta terza feira de que unha hipotética interrupción das importacións de materias primas enerxéticas procedentes de Rusia podería ter un efecto significativo sobre a economía española, que sufriría un impacto sobre o PIB de entre 0,8% e 1,4% e un aumento da inflación de entre 0,8 e 1,2 puntos porcentuais ao longo do primeiro ano, en comparanza cun escenario sen as devanditas restricións. De acordo co informe 'Consecuencias económicas dun hipotético fechamento comercial entre Rusia e a Unión Europea', no escenario considerado como máis probábel para o Banco de España, a redución sería de 1,1% do PIB e o incremento da inflación de 0,9 puntos porcentuais. "A dificultade para substituír os devanditos produtos a curto prazo suporía unha redución na oferta de enerxía e un agravamento do actual episodio inflacionista, o que implicaría, por ambas as vías, un lastre para a actividade económica", advertiu o organismo que encabeza Pablo Hernández de Cos no informe. Bruxelas negocia novas sancións a Rusia mentres o euro segue a perder valor Sexa como for, o Banco de España subliñou que, dado que a dependencia a respecto da enerxía rusa é menor no Estado español que no resto das economías europeas, os efectos sobre a economía serían notabelmente máis reducidos. Así, sinalou que no caso de Alemaña o impacto situaríase entre 1,9% e 3,4%; entre 1,2% e 2% para Francia, e entre 2,3% e 3,9% para Italia. O impacto sobre o conxunto da UE ficaría entre 2,5% e 4,2% do PIB e un incremento de entre 1,6 e 2,7 puntos na taxa de inflación. 3% do gas e carbón consumido no Estado español e mais 2,5% dos derivados do petróleo proceden de Rusia "Estes valores deben considerarse como impactos a curto prazo e cuxa magnitude iría reducíndose segundo aumentase a capacidade de substitución das importacións enerxéticas rusas", apuntou o organismo. De feito, as materias primas enerxéticas procedentes de Rusia son os produtos cuxa restrición de importacións podería ter un maior impacto sobre a actividade e os prezos das economías europeas. A intensidade do impacto sería heteroxénea entre os países da Unión Europea en función da súa dependencia enerxética de Rusia. Arredor de 18% dos produtos da minaría enerxética —gas natural e carbón— e 9% dos produtos derivados do petróleo que se consomen na UE impórtanse de Rusia, fronte a 3% e 2,5%, respectivamente, no caso do Estado español. Agora ben, se a interrupción das importacións afectase só a minaría enerxética, a repercusión sería maior que no caso da suspensión das importacións de produtos derivados do petróleo. En concreto, as proporcións aproximadas dentro dos efectos totais serían, respectivamente, de 70% e 30%. Acordo na UE para embargar o petróleo ruso Esta mesma segunda feira os líderes da UE chegaron a un acordo para embargar parcialmente o petróleo ruso. "Isto cobre inmediatamente máis de dous terzos das importacións de petróleo de Rusia, cortando unha enorme fonte de financiamento para a súa maquinaria de guerra", explicou o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, logo dunha reunión que decorreu en Bruxelas. En liñas xerais, os sectores máis afectados serían aqueles máis intensivos no uso de enerxía, como son o transporte, a industria de metais básicos ou a industria química, mentres que o efecto sería máis limitado para os sectores de servizos, cuxa actividade apenas se vería afectada. Con todo, a contracción do valor engadido en cada un dos sectores débese non só ao impacto directo debido ao encarecemento da enerxía, senón tamén á propagación destes efectos directos a través das cadeas de produción. Que consecuencias terá o "embargo total" de petróleo ruso que prepara a UE? Por este motivo, o aumento de custos nalgúns sectores cun papel central nas cadeas produtivas, como, por exemplo, o transporte ou a industria química, repercutirá tamén sobre o resto das ramas, independentemente da intensidade enerxética destas últimas. A inflación xa está en máximos Esta segunda feira o Instituto Nacional de Estatística (INE) daba a coñecer o dato avanzado do Índice de Prezos de Consumo (IPC) de maio, que situou a súa taxa interanual en 8,7%, catro décimas máis que en abril. E hai un dato que comeza a preocupar as persoas expertas, e é o da estimación da inflación subxacente —sen alimentos non elaborados e produtos enerxéticos, os compoñentes máis volátiles—, que aumentou medio punto en maio, até 4,9%, o seu valor máis alto desde o mes de outubro de 1995. |
NOS_2130 | Organizacións sindicais, forzas políticas e movementos sociais súmase á xornada de mobilización europea o 16 de marzo con motivo do pre-acordo sobre persoas refuxiadas. | Esta cuarta feira (16 de marzo) organizacións sindicais, forzas políticas e movementos sociais convocan concentracións en cidades e vilas galegas para rexeitar o pre-acordo entre a Unión Europea e Turquía sobre persoas refuxiadas. Aliás, reclaman a abertura de pasaxes seguras para as persoas que solicitan acollemento após as imaxes que se reproducen acotío desde os campos gregos, as augas do Exeo ou a fronteira de Macedonia. Chaman a rexeitar o acordo entre a UE e Turquía e a reclamar pasaxes seguras para as persoas refuxiadas A xornada de mobilización será secundada en distintos puntos da UE e visa amosar o rexeitamento popular a un acordo que prevé a deportación colectiva de refuxiadas a Turquía, a fixación de novos criterios para a acollida de demandantes de asilo ou a exclusión deste recoñecemento para persoas que non sexan de nacionalidade siria, entre outras cuestións. As concentracións coinciden coa reabertura das mesas de negociación entre a UE e Turquía, prevista para o 17 de marzo mais tamén coa deportación colectiva, esta terza feira, das persoas que onte cruzaron o río Suva desde Idomeni para chegar a Macedonia. O exército macedonio desprazounas en camións de novo a territorio grego. Horas e lugares A Coruña, 20h diante do Obelisco Ferrol, 20h diante da sede da Xunta de Galiza Compostela, 20h na Praza do Toural Burela, 20h diante do Concello Viveiro, 20h diante do Concello Lugo, 20h diante da Subdelegación do Goberno español Ourense, 19:30h diante da Subdelegación do Goberno español Vilagarcía de Arousa, 20h na Praza Galiza Vigo, 20h diante do MARCO Pontevedra, manifestación, 20h desde a Peregrina até a Subdelegación do Goberno español Retirar a bandeira da UE Desde o BNG a voceira nacional, Ana Pontón, solicitou desde o Parlamento a retirada das bandeiras da UE das institucións como "símbolo" do rexeitamento ao tratamento "indigno" que a comunidade está a dar ás persoas refuxiadas, unha cuestión que a organización frontista demandou xa nos concellos de Lugo, A Coruña e que levará a cabo en Pontevedra, onde gobernan. As políticas imperialistas dalgúns países da propia Unión Europea e de EE.UU, asegurou a deputada, "arrasan poboacións enteiras e provocan un drama humano inaceptable á altura do século XXI". |
NOS_42673 | Terían ofertado máis de 2.500 millóns de euros por Urbaser. | Florentino Pérez medita desfacerse de Urbaser, a filial de ACS adicada a recollida de residuos e lixo e que ten non poucos intereses e concesións en Galiza, algunhas delas envoltas na polémica. Dous fondos chineses, Fosun e Beijing Enterprises, terían ofertado 2.500 millóns de euros en representación dunha serie de grupos ben relacionados co goberno chinés. Así o recolle El Confidencial, que considera que esta oferta está ben situada para se facer con Urbaser, unha filiar que ten unha débeda de 6.000 millóns de euros. Urbaser, con concesións en concellos galegos, estivo nos últimos meses envolta na polémica e con problemas e litixios na Coruña (planta de Nostián), Lugo (conflito limpeza viaria) e Ferrol (depuradora). Fosun é o primeiro grupo industrial privado de China. |
PRAZA_6220 | Impulsará mocións en todos os concellos e unha iniciativa no Parlamento para que goberne o candidato máis votado e se veten os gobernos de coalición. | O PP de Galicia teima en que goberne a lista máis votada e en vetar os gobernos de coalición para gañar así milleiros de alcaldías no Estado e ducias no país. Tomando a iniciativa dunha proposta que abraza como ninguén, a formación conservadora vén de anunciar que levará a cabo mocións en todos os concellos da autonomía así como unha proposición non de lei no Parlamento no mesmo camiño. O PPdeG impulsará mocións en todos os concellos e unha proposición non de lei no Parlamento Así o decidiu o PPdeG logo do seu último comité de dirección antes do novo curso político. Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e secretario xeral do partido, presumiu de que será a súa formación a que dará o primeiro paso para "intentar chegar a un acordo ou impulsalo" para que acabe converténdose "nunha realidade". "Queremos que vaia cara a adiante que nas municipais aquel que sexa o máis votado acabe sendo o alcalde", insistiu, tras explicar unha iniciativa que provocará que, de aquí a setembro, a moción sexa debatida en todos os concellos do país. A idea do PPdeG é que en cada corporación se exprese a vontade de que se adopten "as modificacións legais oportunas" para garantir "o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns e a estabilidade" do concello. "O cabeza de lista máis votado nas eleccións locais debe ser elixido alcalde", insiste. Os populares queren que os concellos expresen que "a estabilidade" gañaría no caso de que goberne o máis votado Nada di dunha segunda volta nin doutro sistema máis xusto. O obxectivo do PP é asegurarse unha morea de alcaldías máis ao tempo que frean opcións emerxentes como Podemos ou AGE, que se verían obrigadas a xuntarse a outras formacións en grandes frontes para acadar as alcaldías no caso de que a reforma conservadora vaia adiante. A base da moción que se presentará logo en todo o Estado naceu en Galicia, que lidera a teima en vetar os gobernos de coalición Tanta é a teima do PPdeG con esta reforma que Rueda quixo destacar que "a base" da moción que se impulsará en todo o Estado está en Galicia, aínda que sufriu algunha modificación en Génova para poder presentala en todos os concellos. "É o paso coherente co aintención dunha participación máis directa", di. Coa iniciativa non hai fisuras. O presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, tamén confirmou as mocións e presumiu dunha "vella reivindicación que xa se recollía no programa co que o actual goberno se presentou ás eleccións xerais" pero tamén, segundo di, "no do PSOE en 2004". Porque o PPdeG foi sempre un dos líderes desta idea. No outono de hai un ano e no de 2012, Núñez Feijóo insistiu nun proxecto que acabou asumindo do PP español. Por pór só un exemplo, con este sistema electoral que pretende a dereita, os populares terían gañado 13 alcaldías urbanas nas últimas catro eleccións municipais, ademais de asegurarse practicamente un monocultivo nos máis de 300 concellos galegos. "Un golpe de Estado" Preguntados por esta proposta PSdeG e AGE, o voceiro parlamentario dos socialistas galegos, José Luis Méndez Romeu, acusou a Xunta de "pretender agora unha cerimonia de confusión para evitar debater sobre a non recuperación económica de Galicia". Juan Fajardo, deputado de AGE, denunciou que "o seguinte paso que pode dar o PP é meter os tanques no Parlamento porque é un golpe de Estado". Méndez Romeu cre que a iniciativa do PPdeG busca poñer sobre a mesa "debates artificais que significan unha clara ganancia de parte". "A reforma electoral de Galicia busca a perpetuación no poder do PP e, sobre todo, a exclusión doutras forzas políticas do propio Parlamento", dixo. Fajardo cre que suporía "un retroceso democrático inaceptable", xa que a reforma implicaría que o PP "seguise gobernando aínda que o votase só un 10% ou 15% do conxunto da cidadanía". Para AGE é innegociable unha proposta que "significa quitar capacidade de representación ao pobo para poñer aos caciques de sempre a gobernar". |
PRAZA_5578 | A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra denunciou esta semana que o incremento das sentenzas de conformidade deixa desprotexidas as vítimas, e anuncia unha xuntanza coa Fiscalía para tratar esta situación. Falamos Carmen Fouces, concelleira de Servizos Sociais | Nos últimos anos o avance na loita contra a violencia machista é innegable: máis conciencia social, máis protección ás vítimas e maiores condenas para os agresores. Porén, tamén hai pasos atrás, ou protocolos e dispositivos que non funcionan todo o ben que poderían. A Mesa contra a Violencia de Xénero de Pontevedra reúnese periodicamente para analizar todos os ámbitos de actuación nos que se busca loitar contra esta lacra. Na súa última xuntanza, esta semana, esta entidade chamou a atención especialmente sobre a Xustiza, e sobre os prexuízos que as sentenzas de conformidade, ligadas aos xuízos rápidos, están tendo para as vítimas. Reclámanlle a xuíces e fiscais unha actuación máis decidida contra os maltratadores que impida situacións nas que se lles impoñen penas ou sancións mínimas. E anuncian que pedirán unha reunión coa Fiscalía de Pontevedra para pedirlle que nestes casos se eviten os preacordos cos acusados e se priorice o dereito das vítimas a seren defendidas. A Mesa tamén amosou a súa preocupación ante o descenso no número de ordes de protección e afastamento ditadas polos xuíces, algo que, lembran, non significa que non haxa violencia. De igual xeito, anunciaron que ao longo deste ano se aprobará a creación dun protocolo de actuación único no ámbito da violencia de xénero, sexual e de acoso que defina o percorrido das vítimas do machismo e facilite o proceso. Falamos con Carmen Fouces, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Pontevedra. "Dende algunhas instancias comunícaselle á vítima que se non chega a ese acordo, a sentenza vai ser moito máis favorable para o maltratador" Que prexuízo están causando as sentenzas de conformidade? As sentenzas de conformidade poden ser útiles en moitos casos. Pero o problema é que a forma en que se está aplicando pode ser favorecedora para o agresor. De xeito que mesmo dende algunhas instancias se lle comunica á vítima que se non chega a ese acordo, a sentenza vai ser moito máis favorable para o maltratador. Preocúpanos que se priorice a economía procesal sobre os dereitos das vítimas e que non se estuden as particularidades de cada caso, quse son diferentes para cada persoa. Esa ferramenta que se creou para ser útil, non se pode distorsionar. Entendemos a situación de colapso que poden estar vivindo. Pero eles tamén deben comprender que o feito de que unha vítima vexa saír pola porta ao seu agresor cun castigo mínimo ten unha consecuencias moi duras. Eu estou de acordo en que este é un problema que non se pode solucionar exclusiva pola vía xudicial, hai moitos factores. Pero a xustiza ten que facer a súa parte e non o está a facer todo o ben que se esperaría dela. En que medida os recortes están afectando á loita contra a violencia machista, por exemplo na axuda que vós prestades dende o Concello? Os recortes están afectando moi directamente a todos os servizo de benestar. Dende hai anos recibimos moitos menos cartos, ao redor dun 30% menos dende o 2009, e iso obríganos a detraer postos de traballo doutras áreas para seguir potenciando a de muller. E estase vendo afectada toda a rede de axudas e protección ás mulleres maltatadas que se fora creando, como o salario da liberdade. Todo o apoio que lle debemos dar a unha muller que decide denunciar unha situación de maltrato ante a policía ou os servizos sociais está moi mermado. "É preocupante que isto siga sucedendo nestas idades, porque os rapaces que aos 15 anos pensan así, van ser os maltratadores do futuro" A Mesa alertou tamén esta semana sobre o incremento de actitudes machistas nos adolescentes. Como se pode reverter esa situación? Si, a través de varios estudos temos detectado unha situación moi curiosa: cando nos achegamos a rapaces de cuarto ou quinto de primaria, que aínda non chegan á idade na que se inician as primeiras relacións de parella ou amorosas, vemos que identifican moi claramente as situacións de violencia, e todos os tipos de violencia. Pero deixas pasar un par de anos, cando se inician as primeiras relacións, aínda que sexan moi iniciáticas, e moitos xa non identifican esas situacións de violencia: os ciumes son símbolo de amor, e aparece como normal o feito de que se espíe a outra persoa ou o seu teléfono móbil, ou que a controle. O último estudo do Instituto da Muller afirma que o 30% das mozas considera que os ciumes son un signo de amor e o 70% do profesorado entende que non debe tratar estas cousas na aula. Un dos poucos datos positivos é que as mozas denuncian, pero é preocupante que isto siga sucedendo nestas idades, porque os rapaces que aos 15 anos pensan así, van ser os maltratadores do futuro. "Non será o mesmo que neste tipo de xuízos a Xunta se persoe de oficio como acusación que que non o faga" Dende a Mesa si se valorou como positivo que a Xunta se persoase como acusación particular no caso de María Luisa Jiménez Jiménez. Un paso naa boa dirección? Parécenos moi positivo que a Xunta se implique nese caso, marca un antes e un despois, pero creo que debería facelo en todos os casos. Non se entendería que non o fixese nos outros dous asasinatos que acabamos de vivir no Coruña e en Foz, por exemplo. Non será o mesmo que neste tipo de xuízos a Xunta se persoe de oficio como acusación que que non o faga. A administración debe facer uso de todos os seus recursos para loitas contra a violencia machista. |
NOS_42486 | No ensaio Cautivério de Fingoi, publicado pela Deputación de Lugo em 2010, Ramom Reimunde investiga e interpreta os anos lucenses de Carvalho Calero entre 1950 e 1965, fundamental para a sua obra literária e científica. | D e justiça é que se dedique o Dias das Letras Galegas a D. Ricardo, porque é uma forma especial de agradecer-lhe tudo o que ele fez por essas Letras, tanto em língua como em literatura. Outro tema é se vai seguir confinado este 17 de maio, e o passamos ao do 2021. Justiça divina por um adiamento injustificado! Todos os galegos do nosso tempo relacionados com a cultura do país conhecemos D. Ricardo, mesmo o tratamos esporadicamente e coincidimos com ele em atos, uns mais que outros, ainda também os que se apontam agora a um bombardeamento mediático oportunista. Não nos enganemos: D. Ricardo teve sempre cara de poucos amigos, realmente só uma dúzia de antigos galeguistas e outra de novos discípulos, sempre com uma careta de sorriso forçado, e isso sim, muita elegância e educação no trato cordial. Eu mesmo estive em um segundo plano como aluno e admirador da sua auctóritas, mas com o pequeno mérito de tê-lo defendido e louvado quando não o fazia quase ninguém, abertamente, e seguindo as suas ideias linguísticas nas aulas de galego, o qual tinha os seus problemas. Também escrevi um livro pouco conhecido com o título de Cautivério de Fingoi, publicado pela Deputación de Lugo em 2010, no qual investigo e interpreto os anos lucenses de Carvalho Calero entre 1950 e 1965. Nesse livro de pouca importância pelo autor, mas de muita relevância pelo protagonista, há uma tese que trata de provar que esses anos que D. Ricardo passou em Lugo, com trabalho docente e fechado em Fingoi, foram fundamentais para a sua obra literária e científica e para a sua projeção em toda Galiza, que afinal atingiu. Com certeza, Carballo já estava feito antes, nos tempos do Seminário de Estudos Galegos, a revista Nós e o Partido Galeguista. Mas após a chamada guerra civil e o pós-guerra, vai a Lugo em 1950 para dirigir o colégio Fingoi privado, e ali acha um refúgio seguro e trabalhoso, mas também as condições favoráveis para executar um ambicioso projeto de investigação e escrita, seguindo uns passos prudentes de homem precavido que vai elaborando cuidadosamente a sua própria imagem. Em Lugo participa nas tertúlias dos cafés, só ao princípio da sua estadia, conhece a sociedade luguesa sobretudo das famílias de alunos de Fingoi, faz literatura em prosa e verso, publica livros muito importantes, escreve para revistas e jornais, e dá palestras cada vez mais longe e mais alto, entra na RAG, e atinge finalmente um nível superior para ir a Santiago e ser o primeiro catedrático de Galego da sua universidade. São passos da sua vida que hoje alguns sabem, mas poucos reconhecem a importância que tiveram aqueles quinze anos que passou em Lugo. Ele mesmo titulou assim uma palestra em Buenos Aires que logo incorporou como capítulo no livro Letras Galegas. Não fala ali do seu cansaço, da sua solidão, nem dos limitados meios para a investigação e leitura de todas as obras literárias galegas que teve que estudar e comentar. Só podemos hoje adivinhar algo disto nos seus epistolários com Pinheiro e Del Riego, ou nos seus poemas de Saltério de Fingoi e no apartado Excalibur de Futuro Condicional, escritos em Lugo, quando já sabe que a sua meta está além da cidade amuralhada. Tive dúvidas sobre o título do Cautivério, sabendo que não era palavra galega dado que o espanhol cautivo é cativo. Podia dar lugar a más interpretações sobre a estatura física, não a moral ou científica, que era muito alta. Na segunda edição, que está corrigida na Deputación de Lugo e espero que pronta para editar, já o intitulo Cativeiro de Fingoi, reescrito com a ortografia internacional que praticamos, com pronúncia galega, a qual sem dúvida seria aplaudida pelo nosso mestre. Tinha também outra dúvida, porque realmente D. Ricardo não esteve preso e cativo numa prisão em Fingoi, mas sim isolado, com um jeito de vida ascético, sem sair a Lugo, como numa cela conventual, dedicado ao estudo, a docência e a escrita. Jogando com o título do seu poemário salmódico Saltério de Fingoi, não achei outra palavra melhor para definir aquele retiro do mundanal ruído. Talvez hoje, desde os duros tempos atuais, houvesse podido empregar as palavras "Confinamento de Fingoi". Ele precisava de aquele lugar retirado, protegido pela família de Antón de Marcos, onde observar boa conduta e passar inadvertido ao regime. Foi posto ali e escolhido por amigos galeguistas para ser o seu baluarte na crítica literária e na língua, como o grande Cunqueiro o era na prosa. Interessa salientar na biografia de Carvalho, quem morou vinte anos em Ferrol, trinta e cinco em Santiago, e quinze em Lugo, que ainda sendo esta a etapa mais curta, não deixa de ser importante para a sua realização total, porque é onde se faz, onde se prestigia. Sem esse tempo em Lugo, não haveria o Carvalho que chegou a ser, nem se dariam as circunstâncias favoráveis para o seu trabalho silencioso com apoio dos galeguistas de Galaxia. Este assunto não é menor, porque os sobreviventes do Partido Galeguista sabiam quem fora Carballo nos tempos da República e onde estava agora. O Colégio Fingoi ficava pequeno para D. Ricardo, que ocupava as poucas horas livres em outras cousas de mais alto nível que a educação primária, ainda que fosse da ILE. É óbvio que aquele homem de fortes convicções e caráter, com disciplina e imensa capacidade de trabalho, não podia ficar encerrado para sempre no Colégio Fingoi. E, portanto, foi-se para Santiago em 1965. Mas antes de ir-se, elaborara desde Lugo algumas obras tão importantes como a Tese Doutoral do 54, a História da Literatura Galega Contemporânea do 63, e a Gramática Elemental del Gallego Común do 66. A Gramática seria algo muito útil então, sobretudo nas aulas. A História da Literatura, reeditada até o 1976, nunca foi superada, ainda que alguns o intentaram sem tanta fortuna para estabelecer as gerações e estudar os grandes clássicos. E a Tese Doutoral, pouco conhecida e nunca editada, lida em Madrid em 1954 com o título de "Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea", que foi mecanografada em 276 páginas de papel finíssimo pelo autor. Talvez algum dia merecesse ser publicada íntegra tal como a apresentou, ou traduzida, porque é um modelo de rigor científico. Os autores estudados nela são precisamente os sete poetas que publicou em livro aparte no 1955 (Rosalia, Curros, Pondal, Noriega, Cabanilhas, Amado e Manuel António) e os dois prosistas que por primeira vez eram analisados como tais (Otero Pedrayo e Castelao), conhecidos daquela em parte por outros motivos. Desgostava a D. Ricardo terem suprimido a palavra "fundamentales" na edição em síntese de Gredos, porque não o eram por ser achegas suas mas desses autores. Centramo-nos aqui nos anos lucenses de D. Ricardo e, porém, a obra mais importante do nosso admirado professor foi realizada em Santiago nos últimos dez anos, desde Problemas da Língua Galega no 1981, com a reedição de toda a sua Obra Completa. Esse era o Carvalho total e o Carvalho final. Tomemos nota os do Carballo anterior. E que foi feito logo em Lugo? Foi feito um Carvalho Calcário, um magnífico exemplar de galego cabal de pés à cabeça como não houve outro igual: o mais valioso e brilhante homem para as Letras Galegas no passado século XX, modéstia fora. |
PRAZA_18831 | Lorena Souto, que gañara hai uns anos o Pérez Parallé de poesía, vén de publicar o seu novo libro, 'Coleópteros' | Lorena Souto, que gañara hai uns anos o Pérez Parallé de poesía, vén de publicar o seu novo libro, 'Coleópteros'Lorena Souto gañara, hai xa uns anos, o Pérez Parallé por 'Fase de trema' (Espiral Maior), unha voz que se rebelaba contra os estereotipos de xénero do patriarcado e, ao mesmo tempo, unha advertencia contra o sometemento. Chan da Pólvora vén de publicar o seu novo libro, 'Coleópteros', que a autora presenta o 20 de decembro na libraría homónima ás 20:30 horas. A dor, como parte do proceso de medrar e formara propia identidade, chocando moitas veces cos imperativos sociais, está presente en ambas obras. Coma o ritual. Relacionado coa imposición social en 'Fase de trema'. E coa reflexión sobre como nos relacionamos co mundo ao que pertencemos en 'Coleópteros'. Souto respondeu as nosas preguntas por correo electrónico desde Bangor, onde vive. Por que o titulaches 'Coleópteros'? Os coleópteros son criaturas fascinantes. Viven apegadas ao chan, furando nas vísceras da terra, ao tempo que posúen a habilidade incríbel de voar. Duros e febles a un tempo, fermosos pero desacougantes. Son en si mesmos unha imaxe que captura ben as ambivalencias que revisten estes poemas.Que son os rituais en 'Coleópteros'? Por que teñen tanta presenza no libro?A nosa vida cotiá está chea de rituais. Na aldea moitos deles teñen que ver cos tempos da colleita e outros aprovisionamentos de comida, coa transmisión desas destrezas de xeración a xeración e dos traballos realizados en comunidade. En 'Coleópteros' a voz poética céntrase naqueles que lle resultan máis difíciles porque teñen que ver coa morte, con atar e desatar lazos cos animais e con matar para comer.A dor está tamén moi presente: a dor das mans xeadas, a posible dor de magoarse cando non se sabe facer ben unha tarefa... Que é a dor neste poemario?"Interesábanme aínda máis outras dores das que non se fala tanto, o mal que se pasa cando se aprenden algunhas tarefas"Algúns dos poemas céntranse na dimensión física das experiencias, no corpo, no tacto. Todo deixa pegada no corpo. Doe, desgástase. Pero interesábanme aínda máis outras dores das que non se fala tanto, o mal que se pasa cando se aprenden algunhas tarefas.Xunto coa dor, a violencia, a vida e a morte e o alimento. "non quero estilizar a violencia", di un dos versos. Faime pensar na matanza de animais e posterior tratamento da súa carne, sangue... Que si conectan a vida e a morte, o alimento e os afectos, (ese tipo de traballo como un acto social, familiar...). Como se relacionan neste poemario a idea do alimento (ao que no principio se di que se renuncia), e a violencia?"A miña nai só comezou a encargarse de matar as criaturas que comemos cando a miña avoa faltou e non o puido facer máis. Custoulle. Eu son a seguinte da cadea e debátome"Varios dos poemas xiran precisamente arredor dese tipo de experiencia. Trátase de reflexionar sobre algo que en si me resulta familiar, pero que precisa de algo de distancia para amosa os debates internos, as emocións e os razoamentos que calquera de nós pode ter nesa situación.A miña nai só comezou a encargarse de matar as criaturas que comemos cando a miña avoa faltou e non o puido facer máis. Custoulle. Eu son a seguinte da cadea e debátome. Hai unha violencia que non se pode negar, pero ao longo do proceso completo tamén hai coidado, e moitas implicacións culturais. Non se expón ningún tipo de xuízo, interésame pensar sobre os mecanismos que desenvolvemos para lidar con iso."desfágome e aprendo a falar. outra vez/ a medida que rompo descoso reformo/ aquí. porque xa son outra"/ "afeita a estar dentro e fóra/ pero nunca o suficiente". Supoño que estes versos poden servir un pouco como resumo do contido do libro: a relación da voz poética co lugar do que procede, e ao que volta, ao mesmo tempo como alguén de alí e como unha estraña. Pode ser así? Por que?"Supoño que teño unha certa obsesión con como construímos a nosa percepción da pertenza"É así en boa medida. Supoño que teño unha certa obsesión con como construímos a nosa percepción da pertenza (a un lugar, a unha comunidade), como nos relacionamos cos diferentes fogares aos que voltamos, como se transforma esa relación a medida que mudamos nós, como convive a identificación e o estrañamento.Tamén se fala, varias veces ao longo do poemario, da ausencia de palabras, do silencio. Das palabras que non se din. Por que?"Hai unha grande parte da comunicación que transcorre fóra do lugar da palabra, que se xestiona a través de hábitos e de rituais"A miña experiencia (que é persoal e non ten por que ser a de todo o mundo que se criase na aldea) é que hai unha grande parte da comunicación que transcorre fóra do lugar da palabra, que se xestiona a través de hábitos e de rituais, con moita información que se intúe ou sobreentende, pero que sinxelamente non se di. Son outros códigos. Mais, para min é importante traducir todo iso á linguaxe porque me axuda a pensar, que é para o que me serve a poesía.Eu percibo unha certa evolución formal entre este poemario, (curto, moi condensado), e 'Fase de trema'. Son proxectos independentes e separados no tempo mais, tentaches dalgunha maneira que houbese máis concreción ou máis contención na palabra?Si que vexo o que dis. 'Fase de trema' describía un proceso longo, os poemas contaban pequenas historias ou recreaban unha atmosfera de cambio e desacougo. En 'Coleópteros' os poemas son moitas veces escenas ou imaxes, tentan condensar unha idea ou un sentimento. De aí tamén a idea do poemario como unha caixa entomolóxica.En 'Fase de trema' hai un diálogo cunhas "elas" que, dalgunha maneira, continúa en 'Coleópteros'. De que xeito? (Aparece en ambos poemarios, por exemplo, a figura da nai)En 'Fase de trema' esa era unha cuestión central, xa que apelaba a unha identificación con moitas Outras no seu proceso de construción e deconstrución identitaria. En 'Coleópteros' tamén hai algunha referencia a iso porque forma parte da miña maneira de ollar. Porén, nestes poemas a nai é literalmente a miña, Irene, que compartiu comigo as súas aprendizaxes, poñéndolle palabras tamén a aquelas máis duras das que falo nos poemas."Non soporto habitarme en ti". É un dos versos de 'Trema', a primeira parte de 'Fase de trema'. Nos poemas desta primeira parte, a voz poética relaciónase co seu eu que é a enfermidade, á que rexeita e pola que é rexeitada. "Esta dor non é miña", di. Resumirías así esta primeira parte? Que é a enfermidade en 'Fase de trema'? Como se conectan a idea da dor en 'Fase de trema' e 'Coleópteros'?"A dor forma parte do proceso de medrar e formara nosa identidade, en como chocamos cos imperativos sociais ou coas obrigas que debemos asumir"'Fase de trema' constrúese en parte sobre a idea da loucura, que ao longo da historia foi un estigma empregado para deslexitimar as mulleres. A enfermidade e a dor veñen da interacción cunha sociedade opresiva. Inicialmente diría que a dor en 'Fase de trema' e en 'Coleópteros' se entende de maneiras diferentes. Porén, coido que o punto de unión é que a dor forma parte do proceso de medrar e formara nosa identidade, en como chocamos cos imperativos sociais ou coas obrigas que debemos asumir, ou en como nos moldean as experiencias e os cuestionamentos internos polos que pasamos.Na segunda parte, 'Apofanía', está a presión social, o medo e tamén a necesidade de rebelarse e ser unha mesma, expresada de distintas maneiras: a idea do xogo, por exemplo. Hai nesa parte unha mudanza nese sentido respecto da primeira? (O comezo desa rebelión). Aquí tamén saen, como en 'Coleópteros', os rituais, pero asociados á máscara, aos "pactos tácitos" que nos permiten, se cadra, conservar os afectos, pero non ser nós. Como se relacionan os dous libros nese sentido? "En 'Coleópteros' os rituais sérvenme máis para pensar en como nos relacionamos con certas cousas"Na segunda parte de 'Fase de trema' a voz poética adquire unha percepción diferente da realidade, o que é imprescindíbel para que poida operar calquera cambio, para rebelarse. E esa ollada nova tamén se volve cara a unha mesma, cara a un mesmo. Interesábame ese momento no que algo fai clic e todo adquire un sentido novo.Teño que confesar que a miúdo me remexo incómoda nos rituais, mesmo sabendo da utilidade dalgúns. En 'Fase de trema' tiñan unha carga negativa asociada á imposición social. En 'Coleópteros' os rituais sérvenme máis para pensar en como nos relacionamos con certas cousas, como funcionan as dinámicas dese mundo do que falan os poemas.Na terceira parte avanza como a resolución do proceso descrito nas partes anteriores. Hai unha idea de morte, pero é quizais como a fin dun camiño e o comezo do outro. Un reconstruírse a partir dos cascallos, como di un dos versos. É esa a idea? Por que?Si, os procesos de deconstrución, de desaprender formas de ser e de facer, implican unha ruptura con parte do que somos, mais é necesario para que poida medrar algo novoAlgo máis que queiras comentar?Agora mesmo estou a traballar nun proxecto co músico David Miranda que me fai moita ilusión. Trátase dun álbum que se chama 'Fenda' no que David pon a música e a voz e eu as letras das cancións. Agardamos que poida estar listo nos próximos meses. |
NOS_47083 | O presidente da Xunta reunirase esta cuarta feira co rei Felipe VI no Palacio da Zarzuela e ao día seguinte con Pedro Sánchez na Moncloa. | O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que "a partir desta semana" empezarase "a falar" dos cambios que se poidan producir no Goberno galego derivados de futura marcha do presidente, Alberto Núñez Feixoo, a Madrid despois de ser elixido líder do PP. Quen é realmente Miguel Tellado? A preguntas do colectivo de xornalistas que o acompañou nun acto no concello do Pino, na comarca de Arzúa, sobre a data na que se prevé que Núñez Feixoo deixe a Presidencia da Xunta e sobre a súa posíbel substitución, Rueda sinalou que se está a cumprir "exactamente o que dixemos que ía suceder, que até esta fin de semana, que foi o congreso en Sevilla, había que ver como quedaba o partido e a nova directiva e que, a partir desta semana, empezaremos a falar dos cambios que se poidan producir". Nova fase Todo iso, indicou, "sen deixar en ningún momento de xestionar, que é o que lle interesa á xente de verdade, xestionar os asuntos públicos desde o Goberno da Xunta". O vicepresidente da Xunta apuntou o inicio dunha nova fase tras o congreso extraordinario do PP desta fin de semana en Sevilla e referiuse ás afirmacións nas que Feixoo situou no mes de abril o inicio da súa substitución á fronte do Goberno galego. En concreto, o aínda presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, sinalou a mediados de marzo que sería "a partir de abril" cando tomaría a decisión de dimitir do seu cargo institucional, tendo en conta que os Estatutos do partido forzárono a renunciar como líder do PP galego para ser ratificado como presidente estatal do Partido Popular. "Previsibilidade" A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, apelou hoxe á "previsibilidade e á responsabilidade" para designar ao sucesor de Núñez Feixoo á fronte da Xunta. Quen son os galegos na dirección do PP español? Neste sentido Candia mostrouse convencida de que a sucesión será "ordenada, responsábel e á altura das circunstancias". "Os galegos esperan de nós que tomemos as mellores decisións con acerto e antepoñendo os intereses xerais, moi especialmente nun momento económico tan complicado", manifestou. Axenda en Madrid Mentres, a axenda do xefe do Executivo galego segue centrada en Madrid. O Consello da Xunta que se habitualmente ten cada quinta feira decorrerá a sexta, esta semana. O rei Felipe VI recibirá por primeira vez en audiencia a Feixoo como líder do PP esta cuarta feira ás 17 horas. Ao día seguinte encontrarase con Pedro Sánchez na Moncloa. |
NOS_8138 | No seu XXXVI Congreso o Partido Comunista Francés abandona o emblema do campesiñado e do proletariado en aras de se enmarcar na nova esquerda europea. | A decisión adoptada do XXXVI Congreso do PCF espertou a ira entre algunha das persoas que o integran. Neste senso, Emmanuel Dang Tran, secretario do partido en París, asegurou que a decisión chocara "a todo o mundo" e que supuña a desaparición da organización que pasará a ser "engolida por outra", aseverou Dan Tran a unha radio francesa, en clara alusión á aproximación que a dirección política do PCF quer facer coa denominada "esquerda europea". Tamén así acusou o secretario e demais dirixentes do partido de se "vender a unha democracia social feita de verdes, socialistas troskistas e eu non sei quen máis". O secretario xeral do PCF, Pierre Laurent, salientou que a decisión de eliminar a fouce e o martelo como símbolo do partido respondía á adaptación deste "ás realidades actuais". "Queremos virar para o futuro", puxo en destaque Laurent, quen considera que o símbolo comunista por excelencia non representa "a realidade do que somos hoxe" e mesmo afirmou que este non é "tan relevante" entre a nova fornada de comunistas. Esta non é a primeira mudanza que trascende das filas do PCF. Neste senso, o partido apoiou publicamente a intervención militar francesa en Mali, o que xerou fortes discrepancias no seo da súa militancia máis crítica ao acusar á dirección de rachar coa solidariedade internacionalista inherente ao ideario comunista. |
NOS_44276 | A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou que os capeláns que prestan os seus servizos nos hospitais galegos sexan considerados persoal laboral do Servizo Galego de Saúde (Sergas). | Nunha sentenza con data do pasado 26 de maio e da que informou esta cuarta feira o alto tribunal galego, os maxistrados destacan que a "actividade pastoral" que realizan os sacerdotes é "allea totalmente ao Sergas". O Goberno galego destina 700.000 euros a pagar a 41 capeláns a xornada completa e 11 a xornada parcial. Así, subliñan que esa actividade "nin coincide coa propia do Sergas -a aconfesionalidade do Estado así o impide- nin o Sergas pode impartir ordes e directrices na súa execución, algo que só cumpre o bispo, que é, ademais, o que designa e cesa os capeláns". O TSXG recalca que, "sen dúbida", as prestacións que derivan da asistencia relixiosa, ao ter natureza espiritual, son "alleas á competencia do Estado e, por iso, a súa fixación corresponde de forma exclusiva ás autoridades eclesiásticas, pois, noutro caso, estar a infrinxir o principio de laicidade do Estado". O alto tribunal galego pronúnciase sobre o asunto nunha resolución na que, do mesmo xeito que o maxistrado do Xulgado do Social número 1 de Ourense, rexeita que a relación que manteñen catro capeláns do Servizo Galego de Saúde (Sergas) que prestan os seus servizos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) sexa de natureza laboral, tal e como demandaban os sacerdotes. Os maxistrados subliñan que "en ningún caso" poden ser considerados persoal laboral do Sergas. Designados polo bispo de Ourense Na resolución, o tribunal explica que, na súa condición de sacerdotes da Igrexa católica, foron designados polo bispo de Ourense para prestar atención pastoral e espiritual aos pacientes ingresados no CHUO. Todo iso no ámbito do Acordo sobre Asistencia Relixiosa Católica en centros hospitalarios públicos, asinado polo Estado e a Santa Sé o 24 de xullo de 1985, así como polo Convenio Marco, de 2 de setembro de 1995, entre o Sergas e a representación dos bispos da Galiza. "Trátase dun convenio que, sen dúbida, pode asimilarse á figura da contrata de servizos", explica o TSXG, á vez que resalta que o responsábel do pago dos salarios é o Sergas e que, en base a ese convenio, debería ser a Diocese a que confeccionase e abonase as nóminas. Con todo, até este ano, era o Sergas o que abonaba directamente as nóminas aos capeláns, algo que, segundo o TSXG, tratábase dunha "mera irregularidade formal" que foi corrixida. Os xuíces aseguran que o feito de que o Sergas, que é o responsábel de pagar os salarios, llos aboase directamente aos sacerdotes, en lugar de pagarllos á Diocese para que esta llos ingresase aos capeláns, "non é máis que un suposto de incumprimento do acordo, pero, en ningún caso, supón a consideración dos capeláns como persoal laboral do Sergas, tendo en conta a inexistencia de fraude na contratación, contando a Administración cunha habilitación normativa expresa", subliña a Sala do Social do TSXG na sentenza, contra a que cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo. |
QUEPASA_279 | Programa da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas. | Co programa xa presentado, Camariñas segue confirmando a presencia de grandes nomes da pasarela estatal na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas. Nomes que demostran a conversión dunha artesanía centenaria nun produto da máis moderna moda. Nomes que demostran que moda e tradición maceran de marabilla convertindo o encaixe nun elemento "diferenciador". Ao longo destas semanas a organización presentou unha serie de nomes que non pasan desapercibidos para os entendidos no mundo da moda. Nomes como Erika Gómez, Ana Cabranes, Edith del Valle, Sara Lage, Amaya Fernández, Noriko Hashizume ou Esteban Freiría non faltarán á cita ca Semana Santa camariñá. Erika Gómez, a deseñadora vasca, alma máter de Twin and Chic, na súa primeira Mostra, traballará as súas composicións con algodón orgánico. Uns artigos para os máis pequenos sempre dende unha persperctiva de sostibilidade. A que nunca falla é a veterana Ana Cabranes repetirá un ano máis, presentando catro conxuntos moi innovadores, que incluirán novos tecidos. Ana é unha devota do encaixe, e así o demostra coas súas composicións. O feito de combinar encaixe con tea é algo laborioso, pero "merece la pena", comentas. Tamén estará Edith del Valle. A deseñadora compostelá estará por segundo ano na Mostra, despois do debut do ano pasado que para ela foi "unha das mellores experiencias que tiven no mundo da moda". Edith considera a Mostra como "un evento importante de exaltación da artesanía galega e dos artesáns xa que mestura moda e tradición, a través do encaixe, nunha pasarela, o que a fai única". Ademais, despois da súa primeira participación, destaca a súa parte humana xa que "atopei xente moi profesional e o cariño que se transmite no backstage e fóra de pasarela é de admirar". A deseñadora galega Sara Lage estará por terceiro ano, despois de comezar no concurso de 'Jóvenes Diseñadores', que este ano conta con 29 participanrtes. Lage traerá unha colección de noiva, sector ao que se dedica habitualmente, pero "cun toque un pouco diferente ao habitual", afirma. Tamén será a terceira Mostra de Amaya Fernández. A deseñadora viguesa considera que "actualmente a Mostra é o mellor escaparate de moda que hai a nivel Galicia" e nesta edición presentará unha colección de traxes de noiva (nesta imaxe), a súa especialidade. Do encaixe como complemento opina que "é unha das partes máis importantes. Eu creo que é como a guinda do pastel, enriquece moitísimo xa que é unha cousa propia da nosa terra". Un dos veteranos, que xa leva 6 Mostras, é Esteban Freiría. O deseñador galego, afincando en Marbella, traerá unha colección innovadora de alta costura feita integramente con materiais e encaixe reciclados. A reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés, que debutou o ano pasado na Mostra, repetirá asistencia eamosouse "encantada de que me invitaran después de lo vivido el año pasado, me encantó Camariñas y sus alrededores, no lo conocía y disfruté mucho". Unha das que está inmersa nun proceso de expansión, é a deseñadora granadina Claudina Mata. A pesar da súa curta idade, con esta xa é a cuarta participación na Mostra, un evento no que está totalmente consolidada. Claudina amósase namorada de Camariñas e da súa tradición e afirma que "si colaborando con la Mostra puedo aportar un granito y hacer que el encaje no se pierda por supuesto que voy a hacerlo. Me pareceimpresionante que desde un pueblecito tan pequeño sean capaces de movilizar al mundo entero". E en clave internacional, a Mostra contará coa presencia de Noriko Hashizume. A deseñadora xaponesa repetirá por terceiro ano consecutivo. cunha colección de kimonos de verán con encaixe. |
NOS_7704 | InvestiGal, a Rede Galega pola Investigación, e a Asemblea de Investigadoras de Compostela denuncian que as declaracións da Secretaría Xeral de Universidades a respecto dos contratos predoutorais e posdoutorais "son falsas e imprecisas". | A última convocatoria de contratos predoutorais e posdoutorias do Goberno galego reafirmou as críticas das investigadoras e investigadores galegos que viron empezar 2021 "co desmantelamento do principal programa de contratación do sistema galego de ciencia". Para o colectivo, as modificacións introducidas pola Xunta precarizan "aínda máis" o sector da investigación. "Limitan o acceso das persoas solicitantes, reducen o salario en máis de 6.000 euros anuais e minguan as horas de docencia", afirmaron desde InvestiGal tras o anuncio da Administración no caso particular dos contratos posdoutorais. Desde a Consellaría de Cultura, Educación e Universidades, aseguraron esta semana que as críticas do persoal científico "non se corresponde coa realidade". Así, desde a Secretaría Xeral de Universidades puxeron o foco no reforzamento dunha convocatoria que é "a maior da historia de Galicia, tanto a nivel orzamentario como de número de contratos". Dimisión "Os argumentos utilizados pola Consellería de Educación afástanse da realidade e son falsos ou imprecisos e manifestan un descoñecemento total do programa", afirman desde InvestiGal, polo que solicitan "a dimisión inmediata da persoa que os emitiu e unha xustificación pública dos mesmos". Na mesma liña expresouse a Asemblea de Investigadoras de Compostela, que noutro comunicado amosan a súa "indignación ante a manipulación dos feitos realizada por José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade". 175 contratos Ambos os dous colectivos recorren ás declaracións da Consellaría para contradicir as súas palabras. De entrada, negan que se trate da "maior convocatoria da historia" xa que en 2016 a oferta constou do mesmo número, !un total de 175 contratos entre predoutorais e posdoutorais", aclaran desde InvestiGal, para facer fincapé en que tanto 2015 como 2020, foron "anos en branco". "Un bo negocio para a Xunta que cun só presuposto cubre dous anos cun aumento irrisorio no número de axudas, nefasto para as investigadores que ven como unha convocatoria anual se converte en bianual de maneira cíclica". 2020, sen axudas Ademais, engaden, "afirman que en 'en 2020 non se suprimiu nada', mais é rotundamente falso, xa que en 2020 non foron convocadas as axudas para contratos posdoutorais, ofertadas anualmente dende o ano 2016 até o 2019", cando outros programas como o Postdoc Berri do Goberno Vasco, o 'Juan de la Cierva' ou o 'Ramón y Cajal' si o fixeron, detallan. Neste sentido, atenúan o éxito da "extensión dos contratos para que ninguén se vise prexudicado pola pandemia" da que se gaba o Goberno galego "xa que só afectou a investigadores e investigadoras predoutorais ou posdoutorais que tiñan un contrato en vigor". Dunha banda, inciden, esa ampliación non xustifica a "non convocatoria de axudas posdoutorais no 2020" e doutra, "fomentou a precariedade e a fuga de cerebros". Salarios Fronte á afirmación da Administración de que os salarios "en ningún caso se reducen nestas convocatorias con respecto ás anteriores", desde a Asemblea de Investigadoras de Compostela apuntan que a realidade é outra. "Mentres que na convocatoria actual o financiamento para o custo total do contrato (salario bruto + custos sociais) para os tres anos de duración é de 28.600 euros brutos anuais, en de 2019 esa contía durante a fase de retorno era de 38.000 euros brutos anuais". Galiza é unha "excelente formadora de talento para o desfrute doutros territorios" conclúen desde investiGal. "O salario recibido na Galiza sitúa os seus investigadores e investigadoras mesmo por baixo dos mínimos salariais fixados por algunhas institucións como a USC ou o CSIC", recalcan. Reunión urxente O colectivo científico tamén discute os cambios introducidos pola Xunta en materia de docencia e advirte que baixo as novas condicións "o programa de axudas posdoutorais está abocado ao fracaso. Lonxe de coidar e incentivar o crecemento dun sector estratéxico para o futuro do país, constitúen unha nova ofensa por parte da Xunta da Galiza cara ao seu desmantelamento gradual". "Isto supón que se tiren ao lixo cada ano case 7 millóns de euros de diñeiro público por unha xestión nefasta na contratación de doutores e doutoras para o sistema galego de ciencia". Co fin de corrixir esta eiva e reconducir a situación, insisten en manter unha reunión urxente cos responsábeis da convocatoria "dado que aínda existe marxe antes da súa publicación definitiva no DOG". |
NOS_27578 | Os grupos políticos da oposición criticaron o plan de cobertura da CRTVG para a campaña electoral do 10-N durante a comisión de control da Corporación no Parlamento de Galiza. Piden mellorar as condicións laborais das traballadoras e, como servizo público, respectar os dereitos da cidadanía. | «Hai nove anos do peche das delegacións de Pontevedra, Ferrol e A Mariña». É un dos lemas que o movemento Defende a Galega escolleu para celebrar o seu 80 Venres Negro en defensa da radio e da televisión públicas e do «cumprimento íntegro da Lei de Medios», tamén de aniversario. Hai oito anos da aprobación da norma e moitos dos seus mandatos non pasaron do papel. As traballadoras non ceden ante a pasividade da dirección da CRTVG e o incumprimento de compromisos básicos como a creación dun consello de informativos. Cobertura do 10-N O 80 Venres Negro coincidiu cunha nova sesión de control do ente público, onde os partidos da oposición amosaron o seu descontento co plan de cobertura da campaña electoral do 10-N. O BNG expuxo criticou a escolla horaria da TVG para a emisión do único debate electoral dos comicios. Foi, segundo afirmou a viceportavoz parlamentaria Olalla Rodil, unha decisión «imposta» nun intento claro de «furtar» o dereito da cidadanía a ter acceso á información das diferentes opcións políticas e de reducir ao mínimo a difusión do debate. Neste sentido, subliñou, que «os debates non son un dereito das forzas políticas senón un dereito da cidadanía», máxime cando se trata dos medios públicos. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, xustificou a actuación do ente e remarcou que se «axustou a dereito» á vista do perfil de campaña de só dez días de duración, tal como recolle a Lei en caso de repetición dos comicios. E engadiu que nunhas eleccións xerais «a xente quere escoitar os grandes líderes» estatais. A Radio Galega, demantelada Pola súa banda, o Grupo Común da Esquerda expuxo o informe elaborado polas traballadoras da Radio Galega que, ademais de describir as súas condicións de traballo, que apunta cara o desmantelamento deliberado da emisora. As traballadoras da Radio Galega denuncian a progresiva desaparición da información local, as condicións laborais da sección de Deportes e a organización caótica do departamento de Informativos. Xan Xove referiuse tamén á deterioración da calidade do servizo derivada das circunstancias exhibidas polas traballadoras no seu escrito. Neste sentido sinalou a progresiva desaparición da información local, a falta de medios e de técnicos nas delegacións locais; e destacou varias denuncias recollidas no informe que poñen o foco nas condicións laborais da sección de Deportes e na organización do departamento de Informativos. No caso de Deportes, Xove remarcou que se «recorre de xeito excesivo a colaboradores en detrimento do persoal fixo, non se respectan as doce horas de descanso entre xornadas laborais, sobre todo cando hai desprazamentos, e non se están a cubrir as prazas de persoal xubilado e prexubilado». A respecto dos informativos, explicou, as traballadoras denuncian unha organización caótica, o privilexio á información política que provén de fóra da Galiza e o tratamento favorábel cara o PPdeG. Neste sentido, o deputado do Grupo Común da Esquerda instou a Sánchez a «escoitar as reivindicacións das traballadoras, porque teñen a intención de mellorar a calidade dos contidos da Radio Galega» co fin de devolverlle a esta emisora e a toda a Corporación o servizo público de calidade que teñen comprometido coa cidadanía galega. Defende a Galega O colectivo de traballadoras e traballadores da CRTVG en defensa da televisión e da radio públicas organiza a vindeira terza feira, 3 de decembro, unha conversa con representantes dos distintos grupos políticos do Parlamento galego sobre a situación dos medios públicos, baixo o título Medios públicos e calidade democrática. A cita, moderada por Luís Álvarez Pousa, terá lugar ás 19.30 horas no Museo das Peregrinacións de Compostela. |
NOS_33781 | Distintas organizacións políticas, sociais e sindicais da esquerda nacionalista participan na organización do concerto "Chávez Sempre, homenaxe nacional à Revolución Bolivariana", que terá lugar o próximo sábado 15 de marzo en Vigo. | Sés, Liska!, Os Tres Trebóns, Ondas del Caribe, Xosé Constenla, Zurrumalla e Uxia e Sérgio Tannus colaboran de maneira solidaria no concerto de apoio á Revolución Bolivariana que se celebra no teatro García Barbón de Vigo o próximo 15 de marzo ás 19 horas, cando se cumpre o primeiro aniversario da morte de Hugo Chávez. O coordinador xeral da AGARB (Asociación Galega de Apoio á Revolución Bolivariana), Xavier Moreda, defendeu a necesidade de apoiar o proceso venezuelano nun momento no que a manpulación mediática está a terxiversar a realidade do país. Mostrou o apoio ao goberno lexítimo de Nicolás Maduro fronte ao que definiu como estratexia de golpe de estado promovido desde a oligarquía que non acepta os resultados das eleccións de abril e decembro. Convidou Moreda a participar no concerto solidario do día 15 en Vigo pola urxencia de manifestar un forte apoio a un goberno que está a padecer unha campaña desestabilizadora promovida pola pola oligarquía do país máis coa conivencia dos Estados Unidos e Colombia. "A mellor forma de solidarizarse coa Venezuela bolivariana e chavista é lotar até a bandeira o teatro García Barbón mediante a colaboracións simbólica de 5 euros", dixo Xavier Moreda. No acto de presentación participaron representantes das distintas organizacións que promoven a iniciativa, Alberte Mera, de Galiza Nova, Xosé Colazo, do PCPG, Serafin Otero, secretário comarcal da CIG Vigo, Carlos Morais, de Primeira Linha, Manuel Caride, do BNG de Vigo, Jurjo Diz, de AGIR , Diego Santório, de Mar de Lumes, Pablo Romero, da Liga Estudantil Galega, e Iago Moreno, de NÓS-Unidade Popular de Vigo. Homenaxe da Asociación Galego-Boliviarana Tamén esta cuarta feira, día 5 de marzo, ás 20 horas no García Barbón a Asociación Galego-Boliviarana renderá unha homenaxe a Hugo Chávez ao se cumprir un ano do seu falecemento. Xosé luís Méndez Ferrín e xosé Manuel Beiras intervirán na homenaxe na que haberá un recital poético e rematará coa interpretación dos himnos de Venezuela e Galiza. Confirmaron a súa asistencia os cónsules de Venezuela, Cuba, Uruguay e Arxentina. |
NOS_33301 | O plan de cobertura da CRTVG para as eleccións estatais sitúa o debate electoral no informativo matinal o 8 de novembro a partir das 10.00 horas, cunha reposición na segunda canle do ente público, de menor audiencia que a principal. BNG e Galicia en Común anunciaron que recorrerán ante a Xunta electoral provincial o plan de cobertura informativa | A CRTVG vén de achegar ao Parlamento a súa proposta de cobertura das eleccións estatais do10 de novembro. Nela, o debate electoral ocupa o espazo das 10.00 horas a sexta feira 8 de novembro, unha franxa afastada do prime time, cunha repetición na TVG2, de menor audiencia que a canle principal. O ente público porá o foco nos partidos políticos que obtiveron representación na convocatoria de abril polas circunscricións galegas. Entón o PSdeG obtivo 10 escanos, o PP 9, En Común-Unidas Podemos 2 e Ciudadanos tamén 2. A maiores, incluirase na cobertura ao BNG pola súa condición de "forza política significativa", atendendo os seus resultados nos comicios locais, cando obtivo 12,47% dos votos. O debate electoral O informativo matinal da televisión pública "Bos Días" acollerá a sexta feira, 8 de novembro, o debate electoral a partir das 10.00 horas. Dous días antes da cita electorais, pero moi lonxe do horario do "prime time" e coincidindo cunha gran parte das xornadas laborais. Terá unha duración aproximada dunha hora e volverase retransmitir ese mesmo día na TVG2 "e horario de máxima audiencia". A segunda canle da televisión pública obtivo en maio de 2019 un 0'8% de cota de pantalla, segundo datos de Kantar Media, lonxe do 10.1% da canle principal nese mesmo mes. No debate participarán candidatas ou candidatos das forzas políticas con representación no Congreso polas circunscricións galegas: PSdeG, PP, En Común-Unidas Podemos e Ciudadanos. O BNG tamén contará con representación, dada a súa condición de "forza política significativa". A orde de intervención arrancará co PSdeG, seguido do PP, En Común-Unidas Podemos, Ciudadanos e, por último, do BNG. A segunda volta realizarase coa orde inversa. Unha vez iniciado o debate, segundo indica a corporación, os tempos non serán marcados e será o moderador "quen vele polo equilibrio das intervencións". A campaña nas pantallas e nas ondas Alén do debate electoral, o ente o público realizará unha cobertura completa de toda a campaña electoral nos telexornais do mediodía e do serán. A duración da información diaria axústase aos resultados obtidos na cita electoral de abril, con espazos destinados a emitir "as mensaxes electorais que difundan as forzas políticas, incluíndo información específica da campaña electoral tanto da Galiza como de España". O ente público realizará unha cobertura especial dos actos de apertura de campaña, que terán lugar o 1 de novembro, así como no feche, o 8 de novembro. Ademais emitirá unha programación específica durante a xornada electoral. A canle pública ofrecerá unha enquisa sobre os resultados unha vez pechen os colexios electorais. A Radio Galega tamén emitirá programas especiais de apertura e peche de campaña e na xornada electoral. A maiores entrevistará os candidatos e candidatas das forzas políticas con representación e máis o BNG. A páxina web da corporación, crtvg.gal, tamén contará cun seguimento específico da campaña electoral. Nela estarán dispoñíbeis as entrevistas realizadas pola Radio Galega, o debate organizado pola corporación e, no día da xornada electoral, a emisión a tempo real dos resultados dos comicios. BNG recorre: "Cada vez é menos televisión da Galiza e cada vez é máis teleFeixóo" O BNG decidiu presentar un recurso ante a Xunta electoral provincial da Coruña contra o plan de cobertura da CRTVG relativo ás eleccións ao Congreso e ao Senado do 10 de novembro. A formación nacionalista entende que nun proceso electoral á cidadanía ten dereito a maior información e contraste das alternativas políticas porque, como recolle a propia lei do ente público, este ten entre as súas finalidades "contribuír á formación dunha opinión pública informada". Para a formación nacionalista estamos perante "unha proba máis do control e da utilización partidista que o Goberno do PP fai dos medios públicos, convertidos nun gabinete de comunicación bis do Executivo de Feixóo, cunha manipulación abafante a favor do PP". "A TVG é cada vez menos televisión de Galiza e cada vez máis teleFeixóo", sintetizou o coordinador de campaña do BNG, Rubén Cela. Galicia en Común denuncia: "O plan vulnera brutalmente os dereitos da cidadanía" Pola súa banda, fontes de Galicia en Común anuncian que os seus estudos xurídicos están estudando "tanto o contido do plan como a xurisprudencia da Xunta Electoral Central e das Xuntas Electorais Provinciais, así como os plans de cobertura do resto de televisións autonómicas do Estado, para formalizar un recurso con garantías de gañar e de obrigar á CRTVG a repoñer a legalidade". A proposta do ente público, salientan, "vulnera brutalmente o dereito da cidadanía galega a ter cumprida información sobre as propostas de formacións políticas no período electoral, así como os principios máis básicos do pluralismo ideolóxico, político, social e cultural da Galiza que, como organismo público, a CRTVG está obrigada a defender". A formación denuncia que a televisión pública non inclúa na súa proposta "entrevistas coas candidatas, nin un debate en horario de audiencia". Sinalan a posíbel cobertura como "unha burla intolerábel ao dereito das cidadás galegas a formarse unha opinión propia sobre a ofecta electoral". |
NOS_7507 | Convocados pola CIG, demandan tamén un sistema público de atención ás persoas para unha vellez digna | O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse esta quinta feira en todas as cidades galegas e vilas como Cangas, en demanda dun servizo público galego de atención ás persoas; o incremento dos orzamentos destinados á atención á dependencia e un aumento de prazas públicas de Centros de Día e Residencias. O colectivo está pendente dos contidos da anunciada reforma das pensións, logo de se aprobar no Congreso as recomendacións do Pacto Toledo, que veñen consolidar os peores aspectos das reformas de 2011 e 2013. As pensións galegas seguen sendo as segundas máis baixas do Estado. Máis da metade das persoas pensionistas na Galiza cobran menos de 706 euros. Unha situación que empeora no caso das mulleres porque a pensión media dun galego é case 300 euros maior que a dunha galega. Das persoas que teñen as pensións máis baixas, máis do 60% son mulleres. |
QUEPASA_554 | Confraría e concello recordan a recomendación e advertencia de non facer botellón coincidindo coa data da festa do Percebe | Este sábado 11 de xullo ía ter lugar a Festa do Percebe do Roncudo. Pero o covid levouna por diante, como tantas outras celebracións, deixando a 28ª edición para o 2021. Así e todo dende a confraría chaman á prudencia ante as posibles quedadas da mocidade da comarca que andan viralizando nas redes un "botellón" para celebrar a data. "Xa virán os tempos de festa o ano que vén", sinalan dende a confraría cormelá facendo unha chamada de atención á cidadanía. Precisamente o Concello de Ponteceso recordan a recomendación e advertencia de non facer ningunha festa nin banquete, tanto a veciñ@s en xeral como a propietarios de locais privados. En todo caso, no pósito están satisfeitos porque este verán vaise abrir a zona do Roncudo a pesar de non ter festa. Vai ser a primeira que acontece isto dende o Prestige, pois normalmente só se abre para a propia Festa e por Nadal. O vindeiro xoves 16, un día polo día do Apóstolo e outro por agosto (xa quedaría para nadal), os percebeiros cormeláns poderán recoller "o mellor percebe do mundo". Unha moi boa nova porque hai pedras ás que no Nadal non se puido ir polos temporais, e deixalo ata agosto é un perigo polo furtivismo. É un momento ideal para "darlle un raleo", aproveitando ademais os bos prezos na lonxa para particulares e hostalería para a temporada estival. Así, non fallará ningún dos arredor de 30 percebeiros do pósito (estes días non saen todos á zona do Canteiro, unha das menos boas) para ir traballar ao Roncudo. Sen esquecer a problemática da mexilla O final de temporada, despois das tensas situacións provocadas polos bateeiros arredor da mexilla, pasou con bastante tranquilidade. Iso non implica que os percebeiros, que as confrarías do país baixen a garda para loitar ante a ridícula a proposta da Xunta para protexer apenas 50 dos 1700 km de costa que ten Galicia da extracción sen control da mexilla. Por iso, xa están pensando na creación dunha mesa de negociación para que non pase coma sempre, que chegue o mes de nadal e volvan aparecer os extractores de mexilla por onde lles apeteza. |
NOS_16061 | Organizacións humanitarias do país traballan sobre o terreo para protexer e garantir os dereitos básicos de millóns de persoas vítimas da invasión rusa. | Desde o inicio da invasión rusa sobre o país veciño, o 24 de febreiro pasado, os equipos especializados en urxencia puxéronse a traballar para axudar a poboación civil, tanto dentro de Ucraína, como nas fronteiras. Durante as últimas semanas, a Coordinadora Galega de ONG de Desenvolvemento non parou de recibir chamadas telefónicas de cidadáns que queren colaborar para paliar os graves efectos humanitarios da guerra. Guerra que, por darse ás portas da UE, xerou unha resposta masiva da poboación que non sabe como canalizar ese sentimento de solidariedade. Desde a Coordinadora chaman a pórse en contacto coas entidades especializadas en axuda humanitaria e xestión de crise para que poidan ter recursos e apoio para realizar o seu traballo sobre o terreo. "Somos conscientes que é complexo entender que fan este tipo de organizacións e como traballan neste momento en Ucraína. Así que cremos que é mellor que sexan estas entidades e os profesionais desprazados a Ucraína quen o expliquen", comenta Sara García, directora da Coordinadora. Atención directa de urxencia A maioría do traballo céntrase en distribución de produtos de primeira necesidade, atención directa sanitaria e psicolóxica ás persoas que foxen dos bombardeos e coordinación da acollida de persoas refuxiadas, en primeira instancia na fronteira, e posteriormente a súa distribución por diferentes países. Especial atención, pola súa vulnerabilidade, están a ter os menores de idade e os adultos maiores. Algunhas das ONG galegas que agora mesmo están a traballar sobre o terreo de forma coordinada con outras entidades de urxencia son Médicos do Mundo, Axuda en Acción e Farmamundi, xa curtidas en atención de urxencia; e Terra de Homes, Educo e Entreculturas, que tiveron que adaptar as súas accións en terreo á situación actual e puxeron a disposición as súas infraestruturas e persoal para atender a urxencia. |
NOS_52802 | A Plataforma do Hospital da Mariña denuncia que o centro só conta cun especialista en cardioloxía para "atender en caso de urxencia" a 70.000 persoas. | Un único cardiólogo que só atende urxencias para unha poboación de 70.000 habitantes. Esta é a situación que denuncia a Plataforma Sanitaria da Mariña, que hai uns días era coñecedora da "situación caótica" na que se atopa o servizo de cardioloxía do Hospital da Mariña. O cadro de persoal deste servizo estaba formado por tres especialistas que, tras unha excedencia e unha baixa, se ve reducido a un só doutor porque "o Sergas di que non atopa profesionais", sinala en declaracións a Nós Diario a coordinadora, Montse Porteiro. A plataforma denuncia que a comarca queda "moi deficitaria nesta prestación básica e cunha alta incidencia tanto de patoloxía, que require seguimento, como de eventos urxentes, que fan perigar a vida das persoas". Por iso exixen á xerencia que se "repoña e restabeleza o servizo de cardioloxía en tres especialistas, aínda que tamén é un nivel precario", expón Porteiro. Déficit en case todo Porteiro salienta que "desde que a Mariña deixou de ser área sanitaria e pasou de ser distrito a calidade da sanidade foi a peor". Comenta que o Hospital da Mariña non conta cunha máquina de resonancia magnética fixa, "un camión vén de vez en cando facer estas probas", sinala. Noutras especialidades como reumatoloxía tamén tiveron problemas. Despois de que a especialista do servizo aceptase outra oferta de traballo, "facíanos o favor de vir unha vez á semana pasar consulta". Agora mesmo "parece que temos un substituto estábel para esta especialidade, que xa pode atender pacientes a diario", comenta Porteiro. Denuncia, así mesmo, que existe un "amplo déficit en case todo, desde médicos especialistas, enfermeiras, celadores e axuliares técnicos ". |
NOS_32458 | Cantares de Reis, Apalpador, bacallau con coliflor, o Natarego ou tizón de Nadal... Tradicións que se manteñen a través do tempo e que van da man con outras que se recuperan após períodos de esquecemento e ostracismo. | Ao longo de décadas, os galegos e galegas foron creando diferentes e diversas maneiras de conmemorar o solsticio sen necesidade de centros comerciais, nin de inxentes investimentos en luces de Nadal nin importadas modas comerciais. 1.- Os cantares de Nadal e Reis Así como noutros ámbitos as tradicións non están moi arraigadas, nos cantos, a raíz é fonda. Segundo as celebracións, a historia musical popular ofrécenos panxoliñas, arrolos ou romances para o 24 e 25 de decembro: xaneiras ou aninovos e manoeles para o fin e inicio do ano e os cantares de reis ou aguinaldos para o 6 de xaneiro. Para se achegar a esta tradición musical é moi recomendábel o volume 'O Quiquiriquí' que publicou a Asociación de Gaiteiros Galegos recollendo a cultura e a tradición do Nadal Galego. O certame de Cantares de Reis de Boimorto é sempre unha posibilidade de sentilos ao vivo. 2.-Sobremesas non só de améndoa De ir á tradición, en moi escasas ocasións a améndoa aparece nas sobremesas. Por este tempo, os doces galegos acostumaban ser compotas de peras ou mazás, a torta de chicharróns ou o arroz con leite. En Verín era tradición tomar unha sopa de améndoa, nada a ver, en todo caso, co turrón que agora está presente en todas as mesas. 3.- Bacallau con coliflor, o prato que se mantén Malia que as datas mudaron moito e tenden á homoxeneizarse, cos mesmos adornos, adobíos e mesmo ementas, o bacallau con coliflor á moda galega continúa impóndose na cea de Noiteboa. A orixe está en que a véspera de Nadal foi durante moito tempo vixilia no calendario eclesiástico e iso facía que as carnes quedaran fora da mesa dese especial día. A vixilia desapareceu mais o costume ficou e son aínda moitas as casas nas que nesta noite se sinte o arrecendo forte da verdura mesturada co bacallau ao que logo se acompaña de aceite de oliva cru. O capón de Vilalba, a galiña de Mos ou o galo de Arzúa teñen tamén presencia no Nadal con prestancia galega. Poden non ter tanta historia nas nosas mesas agora, son produto de calidade e estanse a impoñer con forza. Dos mariscos, malia non seren antes tan apreciados convertéronse agora no produto estrela das festas. 4.- O Apalpador A gran figura que cada ano se volve máis forte, O Apalpador ou Pandigueiro. O carboeiro que baixa nestas datas do Courel e apalpa as barrigas dos nenos para deixarlles unha presada de castañas ten xa unha chea de libros e cancións para recuperalo. A figura é sempre a mesma, grande, bonachón, con gorro, roupas remendadas e gorro. Unha personaxe nada a ver co home de branco e vermello que chega con moito barullo e repítese até a saciedade. 5- O Belén Por toda a xeografía atopamos beléns con algún interese agora, de ter que quedarnos con un, tiramos para Ourense e alá nos atopamos con esa alfaia do escultor Arturo Baltar, toda unha institución que mostra en escala a arquitectura tradicional galega. Moita sabedoría, moita man artesán e moito amor á Terra neste belén de Baltar. 6.- O Natarego ou tizón de Nadal Pode ser que a do tizón de Nadal ou Natarego sexa unha das tradicións máis esquecidas do Nadal mais, tal e como está a facerse grande o Apalpador quen sabe se, daquí a uns anos, non lograremos que o tizón alumee tamén nas nosas casas. Para saber en que consiste, nada mellor que acudir ao parlamento de Otero Pedrayo para coñecela: "É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano pra cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla pra botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman o tió, no que baten os nenos da casa pra que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos." 7.- Agasallos con conciencia Quen máis quen menos deixase levar nestes días polo lado escuro do consumismo. De non poder resistir a tentación, sempre será mellor para todos e todas facelo ao xeito e, para iso, convidamos a botar unha ollada a agasallo.eu, a páxina que ten recomendacións a esgalla para, de mercar, mercar produtos bos e na nosa lingua. Moi de tradición non é, agora, nada mellor para un Nadal de noso. 8.- Consellos para non 'consumirte' no Nadal Preciso realmente mercar isto? De que está feito? Canto vai durar? Pode ser reciclado? Hai alternativas mellores? Son algunhas das preguntas que desde a entidade recomendan que a xente se faga antes de mercar algo. Incitan a procurar alternativas en todos os ámbitos que permitan un consumo máis responsábel no Nadal e tamén todo o ano. Publicaron un manual de boas prácticas de consumo para estas festas natalicias. 'Por un Nadal máis verde', disponíbel na súa páxina web. |
NOS_44949 | "Fóra as vosas suxas mans de Bolivia" é o lema das mobilizacións, convocadas por Mar de Lumes en varias cidades galegas | Catro cidades galegas acollerán esta quinta e a sexta feira concentracións de rexeitamento do golpe de Estado en Bolivia. "Fóra as vosas suxas mans de Bolivia, non ao golpe de estado imperialista!" é a palabra de orde das concentracións, convocadas por Mar de Lumes. Mar de Lumes chama "a sair á rúa para denunciar o golpe de estado contra o lexítimo goberno de Evo en Bolivia, patrocinado e apoiado polo imperialismo ianqui, e o ataque que supón para os dereitos dos pobos indíxenas e os sectores populares". Lugar e hora: A Coruña, quinta feira. 20:30 horas. Obelisco Compostela, quinta feira. 20:00 horas. Praza Roxa Vigo, sexta feira. 20:00 horas, Marco Ourense, sexta feira. 20:00 horas, subdelegación do Goberno |
NOS_38079 | Resgatamos, a través de imaxes, a figura de María Dolores Jaso Ramírez, sor María Ángeles, máis coñecida como Lolita Jaso, unha das persoas que mellor representou a ética sobre a represaliada cidade de Tui, onde nacera en 1923. Eis un extracto da peza publicada no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza. | Unha amiga comprometida en restaurar a memoria comentou que lle parecía unha traizón que unha filla de Enrique Jaso, irmá de Evangelina e de Enriquito, se metese monxa. A monxa, filla de Enrique Jaso Paz, agrarista, fundador de Esquerda Republicana e interventor no Concello de Tui, e de Josefa Ramírez Sanjuán, era María Dolores Jaso Ramírez, sor María Ángela, Lolita Jaso. Existe un libro, María Dolores Jaso Ramírez (María Ángela), Clarisa. Un tesoro escondido, asinado por María del Rosario Álvarez Domínguez, a monxa clarisa que coidou sor Ángela, que escribe ao ditado as memorias da protagonista. Para min, Lolita Jaso representou a ética sobre a represaliada cidade de Tui, vetusta e levítica; ela era o espello da súa culpa, a súa propia expiación. Para min, un tesouro agochado. O apelido Jaso é sinónimo de represión e morte en todo o Estado español, tamén de exilio e dignidade. Lolita Jaso Ramírez naceu no Tambre, en Tui, o 2 de xullo de 1923. Foi a segunda filla, despois de Josefita, do segundo matrimonio do seu pai; logo viñeron Luís, Carmen e Manolito (que morreron de meses), Ramonita, Lucita, a única que vive e en México, e Carmiña. Formaban parte da familia a irmá Evangelina e o irmán Enriquito, a descendencia do primeiro matrimonio do pai que librou dunha tuberculose que lles matou a nai e tres dos seus irmáns; a mesma tuberculose que vai matar a Josefita con 17 anos. Na fotografía, cun futuro prometedor da nova familia de Jaso, que se coñece, figuran os pais, Evangelina, Enriquito, Josefita e Lolita, sentada no colo da súa nai, con seis meses de idade. Noutra imaxe, o retratista púxolle unhas flores a unha Lolita de nove anos, onde resplandecen o seu tempo feliz de nena lista, prodixiosa memoria, un pouco traste, divertida, amante da música e dos libros e que facía gozar cando lía as outras raparigas na escoliña de dona Irene. [Podes ler a peza íntegra no número 350 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_46659 | Foi o mesmo palco que utilizaron os Rolling Stones no Wanda Metropolitano de Madrid o pasado 1 de xuño. | Na mañá da pasada sexta feira, mentres se realizaban os labores de montaxe, caeu a estrutura do escenario principal do festival O Son do Camiño e varios traballadores quedaron atrapados. Agora, mentres un deles fica ingresado na UCI pola gravidade dos danos sufridos, persoal técnico do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e da Inspección de Traballo está a estudar as causas do sinistro. Derrube no palco do Son do Camiño: Catro traballadores dados de alta e dous en prognóstico reservado O vento... culpábel? O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, atribuía a "un refacho de vento" a caída do palco, se ben precisaba que aínda se estaban a investigar as causas e non pasaran entón nin 24 horas do accidente. Mais preguntado tamén este sábado sobre se o motivo puido ser ese 'efecto vela', o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, optou por non pronunciarse para evitar "elucubracións" para "non dicir cousas que non son reais" e agardar á presentación dos informes definitivos. A Xunta atribúe a un "refacho de vento" a caída do escenario do Son do Camiño O escenario dos Rolling Stones Segundo transcendeu nas últimas horas en diferentes medios de comunicación —e puido confirmar este xornal—, o escenario que caeu no Monte do Gozo de Compostela foi o mesmo que só uns días antes, o pasado 1 de xuño, utilizaron os Rolling Stones no Wanda Metropolitano de Madrid. É un palco frecuentemente montado e desmontado —e desprazado— por diferentes cidades. Caída desde unha altura elevada A maioría dos operarios hospitalizados recibiron xa a alta, mais quedan outros tres ingresados, un deles, o que presenta un prognóstico de maior gravidade, na UCI. Porén, desde a Administración galega apuntaron que os tres evolucionan "favorabelmente". O traballador que máis danos sufriu tería caído desde unha altura de 20 metros cando se derrubou o escenario, mentres os demais tiveron lesións após caerlles enriba a estrutura. O festival non se cancela A organización confirma que O Son do Camiño se celebrará nas datas previstas mentres segue un traballador na UCI A organización do Son do Camiño confirmou este sábado que o festival se celebrará nas datas previstas: 16, 17 e 18 de xuño, no Monte do Gozo de Compostela. Con todo, após o accidente, sinalaron que están a traballar "nos axustes pertinentes", que darán a coñecer "proximamente" e que pasarían esencialmente por habilitar un escenario máis pequeno. |
PRAZA_5330 | O presidente da Xunta desbota as treguas invernais e asegura que o Goberno financiará parte da factura das familias que ingresen menos de 530 euros ao mes. Jorquera subliña que os problemas do sector eléctrico parten dunha lei de Aznar. | Non hai moito que a pobreza enerxética está, como tal, na axenda política de Galicia. No entanto, nalgúns puntos do Estado e, sobre todo, do resto da Unión Europea, hai tempo que se están a abordar as dificultades para facerlle fronte aos gastos para prender a luz e, sobre todo, para manter quente a casa durante o inverno. Nesta liña, en novembro de 2013 o Comité Económico e Social e Europeo, organismo consultivo de referencia da UE, emitía un completo diagnóstico sobre a cuestión e propuña medidas concretas, entre as que destacaba a recomendación de aplicar as denominadas "treguas invernais", isto é, a prohibición de que as compañías de enerxía corten o subministro por falta de pagamento nos meses de máis frío. Neste contexto a Xunta aposta por outro camiño, o das axudas parciais. Como avanzou Praza Pública, o pasado febreiro o Goberno xa anunciara a través dunha resposta parlamentaria que estaba "estudando a posibilidade de habilitara lgunha axuda en concepto de subsidio eléctrico e social", xa que era "consciente" de que en Galicia "existen persoas que viven en fogares con pobreza enerxética". Non obstante, non o ía facer ata que o Goberno central definise "claramente os parámetros que van ser necesarios cumprir para que un consumidor eléctrico teña a consideracón de consumidor vulnerable". A Xunta segue a desbotar as treguas invernais e ratifícase nas axudas parciais a familias que ingresen menos de 530 euros ao mes Case dous meses despois daquela resposta o tema volveu ao Parlamento da man do BNG, que a través de Francisco Jorquera cuestionou o presidente da Xunta a respecto dos seus plans "concretos" para paliar a pobreza enerxética. "Prohíba os cortes ás persoas en pobreza enerxética ou que a Xunta se faga cargo" do pagamento dos seus recibos, instou o nacionalista. Neste punto, Feijóo profundou un chisco máis no que xa avanzara por escrito a Consellería de Economía e Industria. "As familias que teñan ingresos inferiores ao Iprem -532,51 euros ao mes- e cargas familiares" van ter "unha rebaixa" no seu recibo da luz "financiada pola Xunta". A culpa foi do BNG Á marxe deste anuncio e da súa concreción a resposta do presidente á petición de explicacións transcorreu polos vieiros habituais neste tipo de sesións, con Feijóo instando a oposición a render contas. Neste caso, o xefe do Executivo adxudícalle ao Bloque a responsabilidade das subas da factura da luz na década pasada e do consabido déficit tarifario do Estado español. "A luz en España subía un 77% co Goberno bipartito en Galicia e con vostede nas Cortes Xerais", espetoulle a Jorquera, a quen acusa de "ocultarlles aos galegos" que o problema da suba da luz vén "da frívola política eléctrica que vostedes apoiaron". Jorquera: "Os problemas do sector eléctrico parten dunha lei de Aznar" "Vou facer unha confesión; admito que como ministro de Industria cometín importantes erros", ironizou Jorquera antes de adveritr de que "os problemas do sector eléctrico", déficit incluído, parten "dunha lei eléctrica do período Aznar" elaborada "á medida das grandes eléctricas". O Bloque, asegura, "denunciouno" e, ao tempo, propuxo medidas como unha tarifa eléctrica galega acorde co carácter "excedentario na produción de electricidade" que ten o país. "Nós defendemos os intereses de Galicia" e a de Jorquera é a posición da "frivolidade", mantén o presidente. |
PRAZA_6597 | Os conservadores tomban unha iniciativa socialista apoiada por toda a oposición para instar a Xunta a publicar as remuneracións de todo o seu persoal de gabinete, como marca a lei de transparencia. Paula Prado insiste en que o Executivo xa cumpre a norma, aprobada no mandato do bipartito. | O artigo 17 da Lei de Transparencia de 2006, a mesma que mantivo a Galicia durante anos nos primeiros postos dos rexistros de boas prácticas administrativas, establece que "a páxina web da Xunta de Galicia publicará nominalmente as retribucións públicas percibidas" polo presidente, os conselleiros e conselleiras e diversos altos cargos, así como "o persoal eventual" que "exerza funcións" de "confianza e asesoramento especial" nos "gabinetes do presidente e demais membros do Consello da Xunta", isto é, dos asesores e asesoras. O actual Executivo galego vén incumprindo reiteradamente esta obriga ao informar só dos salarios dalgunhas das persoas que o asesoran e o PP vén de evitar cos seus votos que o Parlamento inste o gabinete de Feijóo a cumprir a lei. O pasado mércores a comisión de Economía da Cámara debateu, a instancias do PSdeG, unha iniciativa para instar a Xunta a cumprir non só a Lei de Transparencia, senón tameń a obriga de "publicar a información referida á totalidade" dos soldos deste persoal de gabinete que se incluíu nas leis de Orzamentos de 2013 e 2014. "Estas cuestións foran introducidas como consecuencia dunha emenda do Grupo Socialista e aceptada polo resto de grupos, entre eles o PP", lembra o autor da proposta, Juan Carlos González Santín. Este precepto da lei orzamentaria leva "vinte meses" vixente pero a información dispoñible nas webs oficiais amosa ás claras que o Executivo non detalla todos os soldos dos seus asesores e asesoras. A Presidencia da Xunta ten 1,5 millóns para persoal de gabinete, pero os soldos dos que informa só suman 291.000 euros Así, por exemplo, só na Presidencia da Xunta as partidas orzamentarias para persoal eventual e de gabinete suman arredor de 1,5 millóns de euros, pero na súa web só dá conta de que ten seis membros no seu gabinete, o que implicaría que cada unha delas cobra anualmente case 245.000 euros ao ano. Realmente os salarios destas persoas suman, en total, 291.000 euros ao ano, polo que hai un millón máis en salarios de asesores cuxo destino a poboación non pode coñecer aínda que as leis obrigan a que así sexa. Para os socialistas resulta especialmente rechamante que "o propio presidente destaque" nunha "desinformación" que o sitúa "lonxe da transparencia que tanto predica". "O mesmo acontece con todas as consellerías da Xunta", abondan, nun contexto no que a web do Goberno "ofrece información de persoal eventual de confianza de soamente arredor de 25 persoas" pero "ocúltanse máis de 85 persoas", sempre e cando se "supoña" que os seus soldos son "similares á media" dos que si se coñecen. En total, sempre segundo os Orzamentos Xerais, o custe deste persoal asesor para as arcas públicas é "de, aproximadamente, 6,4 millóns de euros ao ano", o que implica, como en anos anteriores, un importe moi superior ao que a Xunta di querer aforrar recortando o número de escanos do Parlamento. Paula Prado: "A Xunta está cumprindo o establecido na lei de transparencia" Neste contexto foi no que o PSdeG propuxo aprobar unha resolución para que o Parlamento "instase a Xunta a cumprir coa normativa vixente e publicar na súa páxina web a información completa referida á totalidade do persoal eventual de gabinete da Xunta de Galicia". Enfronte, o PP, representado por Paula Prado, mantivo que o Goberno "está cumprindo o establecido na lei de transparencia a respecto da publicación das retribucións do persoal eventual de gabinete" engadindo, ademais, que o Executivo ten tempo para adaptarse a esta normativa ata finais do ano que vén. Finalmente, os votos de AGE e BNG apoiaron a iniciativa, pero a maioría absoluta dos conservadores tombouna. |
NOS_47460 | A Federación ecoloxista galega lamenta que o goberno pense máis en "satisfacer os intereses de navieiras e hosteleiros" que na conversión e sustentabilidade deste parque nacional. | A Federación ecoloxista galega (FEG) entende que a Consellería de Medio Ambiente ten como "meta" e "obxectivo" para o parque nacional das Illas Atlánticas (do que fan parte Cíes, Sálvora, Cortegada, Ons) o desenvolvemento turístico, por riba do que son a conservación dos seus valores naturais. Unha denuncia que fan, nomeadamente, no que se refire ás Cies, onde se dá no verán "unha masificación insoportábel". Os ambientalistas mesmo se preguntan como a Consellería de Medio Ambiente "centra as súas internevcións" e ámbitos económicos e de infraestruturas ("que non son as súas atribucións") para "acadar cifras disparatadas de turistas". Para a Federación os feitos amosan que "non existe nin unha mínima preocupación" da administración en relación a cuestións relativas co parque nacional como "que as colinias de aves mariñas se reducisen á metade", que especies como o corvo cristado mariño colla o camiño "da extinción no Parque como antes ocorreu co arao". É máis, en relación a arquipélagos como as Cíes, a FEG lamenta que sexan "as navieiras as que decidan o número de visitantes en función dos seus intereses", mentres que a Consellería de Medio Ambiente "agrava o problema". O colectivo fai estas denuncias após Beatriz Mato, conselleira de Medio Ambiente, apostase por aumentar o número de turistas neses espazos protexidos. |
NOS_14669 | Juan Bello Llorente é, desde 1985, profesor de Formación Profesional na familia de Edificación e Obra Civil. Na actualidade traballa no CIFP Someso da Coruña onde creou un recurso didáctico para dar a coñecer os principios fundamentais da bioconstrución, o Módulo Bioclimático 'A Vieira'. En 2004 recibíu o Premio Innovación Educativa en Enerxías Renovábeis na Galiza. | En que consiste e cal é a función do Módulo Bioclimático "A Vieira"? A Vieira é un recurso didáctico experimental para o aprendizaxe de principios fundamentais de deseño bioclimático e bioconstrución. O deseño, a orientación, as solucións construtivas e os materiais empregados fan posíbel unha construción que, practicamente, non precisa calefacción no inverno, aire acondicionado no verán nin deshumidificador en todo o ano. Bioclimática é a disciplina que estuda como climatizar as edificacións con recursos naturais como o sol, o vento, a auga ou a terra, e bioconstrución é a forma de construír respectuosa coa vida das persoas, do entorno e do planeta; en resumo, construír respectando a saúde e o ambiente. A Vieira é resultado do proxecto de innovación na FP "Recursos didácticos para la construcción bioclimática" premiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no que participaron xunto co CIFP Someso da Coruña outros dos centros de FP de Euskadi e outras tres organizacións de diferentes lugares do Estado español. A realización material é a fase práctica do curso internacional "Ecological Building with straw bales in Vocational Training" (Construción ecolóxica con balas de palla na FP) con profesorado, alumnado e especialistas da Galiza, Berlín, Brandenburgo e Letonia. De que maneira se podería popularizar a bioconstrución na sociedade, espallar a súa presenza no territorio? A través dun proceso educativo en todos os niveis: as persoas teñen que coñecer da súa existencia e das súas características para demandalo, os técnicos teñen que formarse axeitadamente para incorporalo nos seus proxectos e propostas, as e os profesionais teñen que estar preparados para a súa materialización, as administracións teñen que recoñecer as súas vantaxes para incorporalo no desenvolvemento dos territorios... A función actual da Vieira é a divulgación, un recurso público visitábel que recibe unhas 50 visitas por curso nos últimos anos. No ámbito da formación profesional, na que traballo, preséntanse numerosas oportunidades de especialización. Tomando a Vieira de exemplo, a estrutura é de madeira, os fechamentos son de palla cun elevado nivel de illamento, a súa cara interior está cuberta con morteiro de barro e a exterior leva dúas capas de barro e dúas de cal hidráulica, as pinturas e vernices son transpirables e libres de tóxicos, o illamento da cuberta é de cortiza e o teito é un xardín. O chan está feito cun formigón experimental con cunchas de mexillón. A electricidade é solar... Cales son os verdadeiros "inimigos" da bioconstrución? Non me gusta falar de inimigos, prefiro pensar nun feito evolutivo. No século XX, fundamentalmente, deuse prioridade a un desenvolvemento tecnolóxico orientado a "dominar" a natureza, ignorando que o ser humano tamén forma parte dela, somos unha especie máis. Desprezar o medio natural sobre-explotando os recursos e xerando toxicidade en múltiples dimensións non leva a un futuro viábel. A construción, como calquera outra disciplina, ten que incorporar a sustentabilidade como unha compoñente esencial. Xa hai exemplos interesantes e, sen dúbida, é unha tendencia en crecemento. O desexábel sería que esta evolución fora áxil para contribuír axeitadamente na loita contra a crise climática. A bioconstrución fai "casas sas e ecolóxicas", pero a maioría da xente non é deste sector, mais mudando unha vogal pódense facer "cousas sas e ecolóxicas" e con iso bioconstruír todas as especialidades profesionais. Entón, a cousa cambiaría. |
PRAZA_8859 | Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipúscoa, explicou en Compostela o modelo de xestión de residuos porta a porta que Bildu puxo en marcha, e que substitúe un polémico proxecto de incineradora, que foi paralizado. | "Cando chegas a un goberno tes que tomar estas decisións. Sabes que vai haber xente en contra e que podes perder as seguintes eleccións. Pero co paso do tempo isto consolídase e xera cambio social. En política é importante ter perspectivas a medio e longo prazo porque a medio e longo prazo é cando as cousas dan os seus froitos. En Hernani, dous anos mais tarde da implantación do porta a porta xa non hai polémica". Iñaki Errazkin, conselleiro de Medioambiente da Deputación de Guipúscoa, explicou na xornada sobre Defensa do Territorio organizada polo BNG o modelo de xestión de residuos porta a porta que Bildu puxo en marcha despois de acceder ao goberno da Deputación Foral. "Sabes que vai haber xente en contra e que podes perder as seguintes eleccións. Pero co paso do tempo isto consolídase e xera cambio social. En política é importante ter perspectivas a medio e longo prazo" En marzo do 2011 comezarn as obras de construción da planta incineradora de Zubieta, destinada a xestionar os residuos de toda a provincia, particularmente os da capital, Donostia, da que se sitúa a escasos quilómetros. A iniciativa espertou a protesta cidadá, e de forzas políticas como Bildu, Aralar ou Alternatiba, tanto polos prexuízos directos que podía causar na zona, como polo modelo de xestión de residuos escollido, que consegue a recuperación de menos do trinta por cento do lixo, no mellor dos casos. A planta tiña prevista a súa entrada en funcionamento en 2014, pero a vitoria electoral de Bildu nos comicios locais e forais de maio cambiou todo, ao facer co goberno da capital da provincia e das Xuntas Xerais de Guipúscoa. Algúns concellos como Usurbil, Hernani, Oiartzun e Antzuola apostaron de inmediato polo sistema alternativo de recollida porta a porta dos residuos, e pouco despois unironse outros, entre eles Pasaia, Arrasate, Tolosa, Legazpi, Azpeitia, Bergara, Villabona, Zarautz ou Oñati, gobernados por Bildu. Este sistema, fronte á incineración ou a compostaxe, consegue a recuperación do 80% dos materiais e é defendido por distintas plataformas e colectivos en todo o Estado. En Catalunya un cento de concellos (gobernados por CiU, ERC, PSC, PP, ICV e independentes) xa funcionan con este sistema, que tamén apoiou o PSOE en Madrid. E no resto de Europa é un modelo moi habitual, maioritario por exemplo en Alemaña ou Italia. No canto de colectores, nestes municipios fixáronse uns postes duns dous metros de altura para que cada veciño colgue no seu sitio prefixado a súa bolsa do lixo. E todo depende da educación e da responsabilidade dos veciños e veciñas. Se non separan axeitadamente os residuos non reciben ningún tipo de multa ou amonestación pero o seu lixo non é recollido. Segundo o protocolo establecido, os veciños deben depositar o lixo dentro do horario establecido; en Hernani, por exemplo, entre as 20.00 e as 23.00 horas, pero para orgánicos só os mércores, venres e domingo; o luns e xoves pódense sacar os envases; e o martes é o día do papel. As vantaxes son claras: o 80% dos materiais é recuperado, fronte ás taxas de recuperación que se acadan nos contedores, do 30% ou do 40% como máximo. Tamén se incide na prevención e na recuperación e por exemplo os gobernos de Bildu promoven que os consumidores leven tuppers aos supers e aos mercados para mercar os produtos sen necesidade de envases desbotables. O plan de recollida porta a porta en Guipúscoa tería un custe de ao redor de 180 millóns de euros e xeraria máis de 700 postos de traballo directos e públicos, e ademais localizados en cada unha das vilas Por outra banda, esta alternativa conseguiu a paralización da cara e contaminante planta incineradora, que ía supoñer un gasto de máis de 400 millóns de euros. Pola contra, o plan de recollida porta a porta en Guipúscoa tería un custe de ao redor de 180 millóns de euros e xeraria máis de 700 postos de traballo directos e públicos, e ademais localizados en cada unha das vilas. Ademais, tamén aumenta a corresponsabilidade dos cidadáns, e de feito Errazkin salienta que só será posible grazas ao traballo de "700.000 superheroes guipuscoanos". "Ao comezo supón un cambio nos hábitos das persoas e xera receos. Pero co tempo a cousa adóitase tranquilizar e o que custa é revertelo. Sobre todo porque a xente se sente moi orgullosa dos obxectivos que se van conseguindo", destaca. Os ecoloxistas tamén apoian o novo sistema. "Hai que facer obrigatoria a reciclaxe", é a xustificación de Josetxo Álvarez, de Ekologistak Martxan. Greenpeace é da mesma opinión. A súa alternativa é a biometanización e o tratamento mecánico-biolóxico. Porén, o plan dos gobernos de Bildu topou cun rexeitamento frontal de PNV, PSE e PP, que politizaron o debate con fortes ataques mediáticos e acusacións de "imposición". Outros municipios adoptaron un método mixto: a materia orgánica almacénase en colectores e só a fracción non reciclable recóllese porta a porta un único día á semana. E outros, sobre todo os gobernados por PNV, PP e PSE-EE, apostan polo quinto colector para a materia orgánica. "A polémica que se xerou tamén está servindo para que a xente fale da problemática dos residuos, e isto está favorecendo que a medio a e a longo prazo callen a reciclaxe e a conciencia de que cada un de nós nos debemos responsabilizar dos residuos" Que efectos positivos ten o sistema de porta a porta? O máis positivo é que xa non imos necesitar ningún tipo de incineradora en Guipúscoa. E tamén vai conseguir que Guipúscoa sexa un referente en toda Europa na xestión de residuos. E sobres estamos demostrando que hai alternativas e que son viables. A polémica que se xerou tamén está servindo para que a xente fale da problemática dos residuos, e isto está favorecendo que a medio a e a longo prazo callen a reciclaxe e a conciencia de que cada un de nós nos debemos responsabilizar dos residuos. "Se temos éxito nisto demostraremos que hai alternativas e que son viables. É unha loita de hexemonías entre dous modelos: o de PNV, PSE e PP, que é o que provocou a crise, e o noso" As críticas de PNV, PSE e PP debíanse á diferenza de modeloso ou agochaban outros temas? Unha das claves é o uso que fan do tema estes partidos, que levaban 30 anos gobernando en Guipúscoa, e que agora teñen un instrumento para desgastar o Goberno de Bildu. Outra clave por suposto é que temos modelos moi distintos tanto na xestión de residuos coma no noso modelo de desenvolvemento sostible. A incineradora é moi contaminante, non reciclas e tampouco evitas a existencia de vertedoiros, mentres que a nosa alternativa é ir á raíz do problema: á xeración dos residuos. Eles están atacándonos moito, porque se temos éxito nisto demostraremos que hai alternativas e que son viables. É unha loita de hexemonías entre dous modelos: o de PNV, PSE e PP, que é o que provocou a crise, e o noso. O centro da polémica é que lle estamos metendo o dedo no ollo ao sistema. Temos que manter a tranquilidade e a determinación. "Se pensamos que cando pase a crise imos volver ao mesmo de antes estamos moi equivocados. En Europa xa nada vai ser igual e polo tanto tampouco en Galicia ou no Pais Vasco" Ademais, este é un modelo moi estendido en Europa... Moitos pechan os ollos á realidade de que ese modelo é o que vai vir antes ou despois. Se pensamos que cando pase a crise imos volver ao mesmo de antes estamos moi equivocados. En Europa xa nada vai ser igual e polo tanto tampouco en Galicia ou no Pais Vasco. En Europa teñen claro que estivemos desaproveitando os nosos recursos dunha maneira brutal. E a única forma de aproveitar os recursos é reutilizar e reciclar. Son moito máis rendibles economicamente os modelos nos que entra en xogo a responsabilidade persoal. Ademais, neste modelo xéranse moitísimos postos de traballo no que se denomina economía verde. En toda Europa calcúlase que se poden crear 400.000 empregos e só en Guipúscoa imos crear 700 postos directos e a custe cero, pois imos gastar menos cartos dos que custaría a incineradora. E postos de traballo locais e públicos, ademais. Economía verde, pero de verdade? As grandes multinacionais gañan cando as actividades se centralizan e se centran no poder tecnolóxico que eles detentan. Son infraestruturas que custan moitisimo e que tardan moitos anos en se amortizar. Unha vez que entras nesas débedas, tes que devolver durante máis de 20 anos eses cartos e os intereses xerados. E, paradoxalmente, se vas mellorando os teus niveis de reciclaxe e recuperación, esa infraestrutura ten un custe maior, porque en realidade amortízase cos residuos que non recuperas. Eles chámanlle economía verde ás incineradoras, que non teñen nada de verde, e que ademais impiden que as administracións dispoñan de recursos para levar a cabo as súas políticas. "Eles chámanlle economía verde ás incineradoras, que non teñen nada de verde, e que ademais impiden que as administracións dispoñan de recursos para levar a cabo as súas políticas" Como é a relación que establecedes cos cidadáns, que son a clave deste proceso? O que se fai é abrir procesos de información e participación. En cada barrio fanse asembleas, fórmase e edúcase, con charlas portal a portal. A idea é que contaminar non é un dereito. Polo tanto reciclar tampouco é unha elección. Non podemos andar discutindo eternamente se a reciclaxe ten que ser voluntaria. O que nós dicimos é: temos un problema, así que temos que reciclar. Do mesmo xeito que se exerce un control sobre as empresas que fan vertidos nos ríos, tamén ten que haber un control sobre o que cada persoa fai cos seus residuos. Non falamos de control social senón de responsabilidade social. E iso non é algo que inventáramos nós, senón que está en todas as lexislacións. En calquera concello de España ti non podes deitar o lixo onde queiras: hai contedores. É o mesmo que a lei do tabaco: hai sitios onde non se pode fumar. E a oposición fala de imposición. Levar o cinto no coche é unha imposición? |
PRAZA_15748 | A forza das mulleres. De Galiza, de Guiné e de todo o mundo. Foi un dos eixes do Cantos na Maré deste ano, que xuntou a Thaïs Morell, Karyna Gomes, Jorge Palma, Alceu Valença, Uxía e Narf. | Lembrouno Uxía nada máis comezar a edición de 2016 do Cantos na Maré. A lingua é, como dixera Manuel María, a nosa chave para abrir as portas do mundo. O galego-portugués ábrenos as portas do mundo lusófono, do mesmo xeito que o Cantos na Maré é, cada ano, a casa de artistas chegados de diferentes lugares da lusofonía, que desta volta foron Portugal, Brasil e Guinea Bissau. Unha das máis simbólicas mostras dese intercambio foi Terra di Galego, interpretada por Karyna Gomes, de Guinea Bissau, e Thaïs Morell, do Brasil. Unha canción que, -explicou Karyna-, é froito da influencia das pandereteiras galegas, unha tradición que viaxou de aquí a Guinea Bissau e que volveu, ao Cantos na Maré, trasformada. Mesturada. A lingua é, como dixera Manuel María, a nosa chave para abrir as portas do mundo Thaïs Morell abriu o encontro con Uxía, co xa ben coñecido Cantos na Maré. Comezou despois cunha canción do seu disco Amaralina, Vestida de Kenté, homenaxe á forza das mulleres. "Quem foi que disse que eu não sei dançar/ De noite-e-dia eu danço sem parar/ Quem é você pra me fazer sofrer/ Quem é você pra me fazer chorar/ Eu sou mais eu e venho te dizer/ Eu tô na minha e visto de Kentê". Despois, un tema dedicado aos seus "musos", -explicou-, Eles, e Passa, repassa, do seu primeiro disco, Cancioneira, un tema sobre a importancia de vivir o momento e tentar ser feliz. "Quem vive a vida, o presente, e quem sabe o que é o viver?/ Eu gosto tanto da vida que a vida é minha, eu consigo perceber/ E canto em todos os cantos, a alegria vem me bendizer/ Que a vida passa, repassa quem chora sem ter porque". O público, -que ateigaba, coma sempre no Cantos na Maré, o Pazo da Cultura-, xa cantara con Thaïs Morell, -desde a primeira canción-. Despois chegaron Uxía e Narf, que fixeron tres temas do seu proxecto conxunto Baladas da Galicia imaxinaria, froito dunha xira de ambos por Chile, Arxentina e Uruguai. Primeiro, Bos Amores, co poema de Rosalía de Castro. "E sin romor nin queixa, nin choros, nin cantares,/ brandos así e saudosos, cal alentar dos ánxeles,/ en nós encarnan puros, corren coa nosa sangre/ i os ermos reverdecen do esprito onde moraren". Logo Encontrarte: "Non ouvira de ti/ non te chamaba/ e nin sequera te imaxinaba/ Mais hai algo en ti, algo en min/ Algo en nós que me di/ que te vou recoñecer/ no momento de verte" e Esta noite, "Oín dicir que non ías andar máis por aquí/ que querías voltar, voltar, voltar./ Pois non, meu irmán,/ foi simplemente un momento de abatimento/ pero xa tomei folgos…/Teño toda a forza pra loitar/ teño cada noite pra soñar e cada minuto pra lembrar/ quen eu son/ pra lembrar de onde eu son". O público, -que ateigaba, coma sempre no Cantos na Maré, o Pazo da Cultura-, xa cantara con Thaïs Morell, -desde a primeira canción- Uxía presentou os músicos da banda: Quiné, Paulo Silva, José Díaz, Roberto Comesaña e Paulo Borges, e Narf celebrou despois a forza das mulleres de Guiné, o seu compromiso e intelixencia, para presentar a Karyna Gomes. Ela contou que, cando Narf visitou Guiné, namorou de Cacheu, onde chorou de emoción. E con Cacheu comezou a actuación de Karyna con Narf, que seguiu con Mindjer i mame, do álbum Mindjer, que significa Muller e que está dedicado ás mulleres pola súa forza, determinación e coraxe. Despois veu Amor livre, tema de Zé Manel Fortes: "Teus olhos boiavam de mimos num mar de tranquilidade… quando nos amávamos e chovia lá fora, lágrimas escorriam dos teus olhos, foi profundo mas a alegria durou pouco porque está no teu sangue apenas um affair….", antes de Terra di Galego, un dos momentos máis aplaudidos do concerto. A guitarra de Narf xa o anunciaba, dalgunha maneira, mais chegou despois o rock con Jorge Palma e algunhas das súas cancións máis coñecidas, como Frágil, Só e Bairro do Amor, coas que o acompañou Uxía. Logo viñeron Dá-me lume, Portugal, Portugal e A gente vai continuar, con Narf. Dá-me lume foi outro dos momentos, se cadra, de maior intensidade do Cantos na Maré. E o ritmo seguiu subindo coa enerxía contaxiosa de Alceu Valença, quen trouxo Morena Tropicana, Como dois animais e Anunciaçao. Remataba o concerto, foran case dúas horas e soubera a pouco. Os bises foron Luar de Prata, de Alceu Valença con Uxía, Karyna e Thaïs e, coma sempre ao peche, Cantos na Maré. |
PRAZA_19410 | A plataforma contra o proxecto de máis de 30 quilómetros entre Abegondo e A Coruña anima a alegar ao marco regulativo da Xunta por permitir o tendido eléctrico na reserva da biosfera e ir contra o convenio europeo que o impulsa. O prazo remata o vindeiro xoves 2 de marzo. | O proxecto de Red Eléctrica de España (REE) para a construción dunha liña de alta tensión que cruzará boa parte da área metropolitana da Coruña mantén en alerta a veciñanza. Organizada arredor da plataforma As Mariñas Sen Alta Tensión, diversos colectivos e cidadanía apuran os últimos días na primeira e urxente iniciativa coa que intentan deter as intencións de REE: alegar en masa ás Directrices da Paisaxe de Galicia. O borrador deste regulamento atópase en exposición pública até o vindeiro xoves 2 de marzo, data na que remata o prazo para alegar, e permite, segundo o colectivo, a instalación de tendidos de alta tensión mesmo en espazos protexidos. A plataforma anima a alegar masivamente contra as Directrices da Paixase, que permiten instalar liñas de alta tensión aéreas en espazos protexidos A plataforma considera estas alegacións unha "arma poderosísima" da veciñanza ao ser as Directrices un proceso de participación pública que debe ter en conta, sobre todo, a opinión da cidadanía e que "está por riba de calquera outro plan". Son xunto ao Catálogo das Paisaxes, como lembra a Xunta, un dos documentos que integrarán o Atlas das Paisaxes, que se completará neste ano e que "se converterá nun novo e importante instrumento para a ordenación, mellora e restauración dos elementos que compoñen o territorio" en Galicia. Ademais, son documentos que veñen impostos pola aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, concluído no ano 2000 e en vigor en España desde 2008. Nel ínstase a autoridades públicas, como lembro o Goberno central, a "adoptar políticas e medidas a escala local, rexional, nacional e internacional para protexer planificar e xestionar as paisaxes europeas con vistas a conservar e mellorar a súa calidade". E aí é onde As Mariñas Sen Alta Tensión considera que as Directrices da Xunta, ao permitir ou non impoñer polo momento restricións aos tendidos eléctricos aéreos sobre espazos protexidos, estarían incumprindo este convenio. "Nin conservaría ni melloraría", insisten. Por iso anima a alegar contra un proxecto que afectaría de cheo á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas - Terras do Mandeo. A plataforma considera que permitir tendidos eléctricos na reserva da biosfera iría contra o Convenio Europeo da Paisaxe A liña prevista pasará por Cerceda, Carral, Culleredo e Arteixo ata chegar á Coruña; e sairá de Abegondo, onde na parroquia de Folgoso prevese unha subestación de entre 4 e 8 hectáreas que podería ser ampliada no futuro. Aínda en estudo e sen o visto e prace definitivo, a plataforma censura uns trazados que afectarían o Monte Xalo, camiños históricos, castros ou petroglifos, ademais de unha importante área rural. Tería uns 32 quilómetros de lonxitude e con piares cada 500 metros. Como calquera destas características, o cableado require dunha distancia de afección de entre catro e seis metros de ancho a cada lado, mentres que as obras para postes e instalacións esixirán a actuación de maquinaria pesada e o tronzado de árbores. Un tendido eléctrico aéreo ata pouco antes de entrar na urbe coruñesa, onde pasaría a ser subterráneo. Desde o colectivo contrario á liña tamén se destaca que nas Directrices da Paisaxe que prepara a Xunta lévanse a cabo "contradicións", ao anunciar medidas para eliminar as liñas de alta tensión aéreas pero tamén prever actuacións ante as "novas" que se dispoñan. Segundo As Mariñas Sen Alta Tensión, o regulamento iría contra o Convenio Europeo que prevé accións "encamiñadas a conservar e manter os aspectos significativos ou característicos dunha paisaxe, xustificadas polo seu valor patrimonial derivado da súa configuración natural e/ou a acción do home". Por todo isto, a plataforma insta á veciñanza a continuar presentando alegacións e facilita a ligazón á web da Xunta onde se poden levar a cabo, así como follas para presentalas e puntos de recollida das mesmas, en localidades como Abegondo, Cambre e Culleredo. Ao tempo, lamenta "a falta de interese respecto da ameaza" mostrado desde o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) AS Mariñas-Betanzos, "sobre o que non ten noticias se presentou ou vai presentar alegacións ás Directrices". |
PRAZA_12347 | Mentres no Estado español a investigación e reparación dos crimes cometidos pola ditadura fascista do xeneral Franco sofre continuos retrocesos e a opinión pública segue sometida a un constante exercicio de propaganda sobre a suposta exemplaridade da transición política española, son cada vez máis numerosos os lugares do mundo onde crimes semellantes son obxecto de investigación e xulgamento. Neste artigo, faise un repaso dos casos máis recentes, tanto daqueles que revisan o seu pasado (Brasil, Guatemala e República Democrática do Congo) como doutros onde a sociedade civil loita en presente para mudar o curso dos acontecementos (México). | Mentres no Estado español a investigación e reparación dos crimes cometidos pola ditadura fascista do xeneral Franco sofre continuos retrocesos e a opinión pública segue sometida a un constante exercicio de propaganda sobre a suposta exemplaridade da transición política española, son cada vez máis numerosos os lugares do mundo onde crimes semellantes son obxecto de investigación e xulgamento. Neste artigo, faise un repaso dos casos máis recentes, tanto daqueles que revisan o seu pasado (Brasil, Guatemala e República Democrática do Congo) como doutros onde a sociedade civil loita en presente para mudar o curso dos acontecementos (México). Brasil Un grupo de xovens fiscais de varios Estados brasileiros, integrados no grupo Justiça de Transição, está a presentar recursos para deitar abaixo a impunidade a respecto dos crimes cometidos durante a ditadura militar que se estendeu de 1964 a 1985, período durante o cal 475 persoas foron vítimas de asasinato ou desaparición forzada, 50.000 foron presas por motivos políticos e máis de 20.000 foron sometidas a torturas. No Brasil, a Lei de Anistia, aprobada en 1979 baixo o goberno do xeneral Figueiredo, impide as denuncias de torturas, secuestros e asasinatos cometidos por motivos políticos desde 1964 até a altura da aprobación da lei, fora por parte de axentes do Estado fora por membros das guerrillas de esquerdas. A tese defendida polo grupo Justiça de Transição consiste en que os crimes contra os dereitos humanos non son cousa do pasado, senón que continúan a ser cometidos aínda hoxe. Para iso, recorren á figura dos crimes permanentes, como son por exemplo o secuestro continuado ou a ocultación de cadáver: se a vítima non aparece, viva ou morta, o crime de secuestro segue vixente; se aparece, despois de que os responsables se negasen a informar do paradeiro dos corpos, daquela incorren no delito de ocultación de cadáver. No Brasil, deféndese a tese dos crimes permanentes, que continuarían a ser cometidos aínda hoxe e por tanto non terían prescrito A iniciativa non pretende derrogar a Lei de Anistia, ratificada en 2010 polo Supremo Tribunal Federal, polo que conta con serias posibilidades de éxito: o primeiro test ocorrerá no Estado do Pará, escenario nos anos 1970 dos máis violentos confrontos da época entre o Exército brasileiro e a Guerrilha do Araguaia –formada por militantes armados do PCdoB– e agora do primeiro proceso xudicial que pode levar un oficial da ditadura ao banco dos reos, concretamente o coronel da reserva Sebastião Curió. Esta inédita estratexia conta co apoio da Ordem dos Advogados do Brasil e de diversas organizacións sociais implicadas na Campanha pela Memória da Verdade. Paralelamente, en 2011 o Congreso brasileiro decidiu crear unha Comissão da Verdade, que iniciará os seus traballos en 2012 e cuxo cometido será o de traer á luz pública as violacións dos dereitos humanos cometidas no país desde 1954, mais sen responsabilizar penalmente os seus autores, no caso de que aínda vivan. Guatemala A activista indíxena Rosalina Tuyuc vén de recibir o Premio Niwano, que desde 1983 distingue anualmente unha personalidade comprometida coa paz. Tuyuc lidera a loita do pobo maia polo recoñecemento e a reparación do xenocidio sufrido entre 1960 e 1996, que se saldou coa morte ou desaparición forzosa de 250.000 persoas, das cales se calcula que polo menos unhas 200.000 eran indíxenas maias en loita pola propiedade das súas terras. O ex ditador Efraín Ríos Montt sentará no banco dos reos para responder polo xenocidio do pobo maia A finais do pasado mes de xaneiro, foi iniciado en Guatemala o primeiro proceso xudicial contra a ditadura militar, que sentará no banco dos reos o xeneral golpista Efraín Ríos Montt, quen presidiu o goberno militar entre 1982 e 1983. En entrevista concedida á axencia IPS, Tuyuc afirma que este proceso, xunto con outros xa realizados nos últimos anos, colocan a sociedade guatemalteca "no camiño de derrotar a impunidade". República Democrática do Congo Este mesmo mércores, día 13, a Corte Penal Internacional emitiu un fallo condenatorio contra Thomas Lubanga, líder dunha das faccións enfrontadas no conflito ocorrido entre 1999 (masacre de Blukwa) e 2003 na rexión de Ituri, inicialmente enfrontando os povos Lendu e Hema, mais que derivou na que xa é coñecida como II Guerra do Congo. Lubanga –que en 2006 se converteu no primeiro preso en virtude dunha orde ditada pola Corte Penal Internacional– fundou e dirixiu a Unión de Patriotas Congoleses e as Forzas Patrióticas para a Liberación do Congo, organizacións reiteradamente acusadas por organismos sociais e institucionais de defensa dos dereitos humanos de seren responsables de millares de casos de asasinatos, torturas, violacións, escravitude sexual e mutilacións, ben como da comisión de repetidos masacres e do recrutamento masivo de nenos soldados. Thomas Lubanga, o primeiro preso pola Corte Penal Internacional, pode recibir unha sentenza de entre 30 anos de prisión e cadea perpetua Precisamente foi este último aspecto o que xulgou e condenou a Corte Penal Internacional con sede na Haia, o que provocou que diversos colectivos consideren insuficiente o proceso. De feito, Lubanga foi considerado culpable unicamente de recrutar nenos soldados e obrigalos a participar no conflito armado entre setembro de 2002 e agosto de 2003, polo que as vítimas de todos os demais delitos cometidos baixo a responsabilidade de Lubanga se senten excluídas tanto da reparación moral como das posibles indemnizacións a que haxa lugar. A sentenza aínda non foi ditada, mais espérase que Lubanga reciba unha pena que pode oscilar entre un mínimo de 30 anos de prisión e cadea perpetua. México Human Rights Watch publicou nesta semana o informe "Ni Seguridad, Ni Derechos: Ejecuciones, desapariciones y tortura en la 'guerra contra el narcotráfico' de México", no cal dá conta das violacións dos dereitos humanos cometidas polas forzas de seguridade do Estado. Esta ONG acusa os axentes da orde de teren perpetrado polo menos 170 casos de tortura, 24 execucións estraxudiciais e 39 desaparicións forzosas. A inmensa maioría deses crimes non están a ser investigados, e cando chegan a selo, é un tribunal militar o encargado do seu xulgamento, polo que Human Rights Watch reclama que sexa a Xustiza ordinaria quen reciba e procese as denuncias, de acordo coa doutrina tanto nacional como internacional sobre o asunto. O propio presidente mexicano, Felipe Calderón, admite que polo menos o 10% dos mortos na guerra contra o narco son civís inocentes, cifra que HRW considera máis alta Desde que o presidente mexicano, Felipe Calderón, declarou a "guerra contra o narco" en 2007 e até 2011, foron abertos 1.615 procesos por violacións dos dereitos humanos, mais até agora nin un só soldado foi condenado. Ademais, a dependencia do Ministerio Fiscal a respecto do poder político ten paralisada a iniciativa pública de denuncia dos abusos cometidos. De feito, de facer caso das declaracións do propio Calderón, un 10% dos mortos na guerra contra o narco serían civís inocentes. O informe de HRW pon en dúbida esa cifra, indicando que podería ser sensiblemente maior. Información elaborada con noticias proporcionadas por IPS e Human Rights Watch. |
PRAZA_11813 | Praza Pública nace para romper un cerco de silencio que afoga tantas voces valiosas, para crebar o pesimismo que se nos intenta impoñer como fe fatal. Praza Pública (ou simplemente Praza, a vosa praza) nace porque cremos no país e nas súas xentes, nesa Galicia moderna e sen complexos que ten todo o futuro que sexa capaz de atreverse a soñar e a facer seu. | Praza Pública nace para romper un cerco de silencio que afoga tantas voces valiosas, para crebar o pesimismo que se nos intenta impoñer como fe fatal. Praza Pública (ou simplemente Praza, a vosa praza) nace porque cremos no país e nas súas xentes, nesa Galicia moderna e sen complexos que ten todo o futuro que sexa capaz de atreverse a soñar e a facer seu. Desde Praza desexamos contribuír a deseñalo, a construílo e a conquistalo, con humildade e sendo conscientes das nosas capacidades, mais tamén coa ambición de crecer ao voso lado e de ofrecervos un traballo ben feito, no que vos sintades recoñecidos e recoñecidas. Praza nace tamén para a pluralidade. Para aumentar o pluralismo informativo, que hoxe está moi lonxe de ser un reflexo da diversidade social do noso país; e tamén para exercer a pluralidade de voces, de visións e de perspectivas, sen máis liñas vermellas que aquelas que nos definen como proxecto comunicativo: a defensa do autogoberno, do progreso e do benestar da cidadanía galega, e mais a reivindicación da lingua e da cultura galegas como valores esenciais desa Galicia que vén. Praza nace para dar difusión a todo o talento que temos no país, a todas as experiencias innovadoras, a todas as xeracións. Porque Galicia non necesita ter voz propia: precisa de voces propias, múltiplas e diversas como o propio país. Voces consagradas, voces novas, voces femininas, voces que até hoxe carecían de canais de difusión onde expresar e transmitir as súas experiencias na creación artística, no asociacionismo, no emprendedorismo, na tecnoloxía, nos movementos sociais... Queremos ser un punto de encontro desa comunidade de persoas e de sectores que senten a necesidade de diálogo, de coñecemento e de recoñecemento mutuos, esa mesma necesidade que nós detectamos e que nos impulsou a construír esta praza. E imos facelo desde a máis absoluta independencia, para que xente diversa se sinta a gusto frecuentando esta praza, a viva como propia e se vexa reflectida nela. Para garantir a nosa independencia, escollemos non ser de ninguén, para así sermos de moitos e moitas. Por iso, nin dependemos dun mecenado nin do diñeiro público nin de ningún grupo de poder. Dependemos de vós, de ti que nos estás a ler. Praza é un proxecto comunitario que basea a súa sustentabilidade a medio e longo prazo nas achegas cidadás, polo que chegaremos tan lonxe como decida o público implicado no proxecto. A nosa forma xurídica é a dunha fundación, sen ánimo de lucro e aberta á participación da comunidade, pois non nos move o ánimo de repartir ningún outro dividendo nin de deixar outra herdanza que non sexa unha Galicia máis libre e máis dona de si. Queremos ser un punto de encontro desa comunidade de persoas e de sectores que senten a necesidade de diálogo, de coñecemento e de recoñecemento mutuos, esa mesma necesidade que nós detectamos O que nos gustaría ter de vós é un compromiso de fidelidade: lendo, comentando e criticando; difundindo nas redes sociais e nos teus círculos de influencia; e, quen poida e na medida en que poida, contribuíndo economicamente para facer deste un medio sustentable e con capacidade para durar e crecer. Xa coñecemos os modelos que fracasaron e toca construírmos un modelo novo, no cal o público lector sexa o propietario do medio; e iso pasa por unha implicación a todos os niveis, incluído o económico. Praza supón tamén un convite e un desafío: o de superar o individualismo no consumo da información, xa que ao colaborar conosco non comprades un xornal para cada un(ha) de vós, senón que estades a financiar un xornal para Galicia. Para un país sen censuras e cuxa forza reside no afán colectivo de ser e de facer. En fin, Praza nace para sumar. Somos un medio con vocación de cooperación, moi nomeadamente no atinente á colaboración con outros medios en lingua galega: a campaña Vitaminas para o Galego, a integración de contidos doutros medios e a vontade de constituír fórmulas compartidas de xestión, sen exclusións, é unha necesidade que Praza fai propia e á cal dedicaremos os nosos mellores esforzos, como xa vimos facendo nos últimos meses. Poderíamos dicir moitas máis cousas, pero preferimos mostralas no traballo do día a día, coa vosa participación e a vosa axuda indispensable. Introducindo melloras como unha riquísima comunidade de blogs e o uso dos patacóns, a nosa moeda comunitaria, que xa implementaremos o día 15 deste mes; e moitas outras que co tempo poremos en marcha. A Galicia que vén xa está aquí e non acepta a negación nin o desleixo, nin as doutrinas uniformizadoras veñan de onde veñan. Para esa Galicia inquieta, chea de vida e talento, foi feita esta praza. Para vós todas, para vós todos. Benvidas e benvidos á Praza! Facédea vosa, porque vosa é. |
NOS_28786 | "A prioridade agora é retomar a mesa de negociación co fin de acadar un novo acordo de condicións de traballo para este persoal empregado público". | O persoal técnico forestal do SPIF acorda a suspensión da folga mentres se manteñan as negociacións coa Consellaría que veñen de principiar. Logo das tres reunións mantidas cos representantes da Consellería de Medio Rural, nas que se concretaron varios dos compromisos acordados na Asemblea de traballadores e, os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, xunto co comité de folga, veñen de acordar a suspensión da folga indefinida, convocada o 1 de agosto de 2020. "A prioridade agora é retomar a mesa de negociación co fin de acadar un novo acordo de condicións de traballo para este persoal empregado público", indican nun comunicado. A negociación vaise realizar por bloques e contase con rematar cun novo Acordo de condicións de traballo o vindeiro 31 de decembro de 2020, "no que ademais das melloras das condicións de traballo tamén se abordarán o plan formativo, a segunda actividade ou a inclusión do colectivo nun acordo estatal de coeficientes redutores para a xubilación anticipada". |
NOS_34874 | El desconocido –que aspira a oito premios- Maimiño e Holy Night poderían traer á Galiza un total de dez estatuíñas da cerimonia dos premios Goya, os máis relevantes do cinema a nivel estatal. | As miradas do cinema galego céntranse esta noite en El desconocido, o thriller de Vaca Films rodado na Coruña, que aspira a oito galardóns. Trátase do terceiro filme con maior presenza no conxunto das categorías, por detrás de La novia, con doce candidaturas e de Nadie quiere la noche, con nove. O propio director de El desconocido, Dani de la Torre, é candidato á mellor dirección novel. Ademais, Jorge Coira opta á mellor montaxe; Luís Tosar, ao mellor actor protagonista; Alberto Marini, ao mellor guión orixinal e Elvira Mínguez á mellor actriz de reparto. As outras candidaturas do filme son á mellor dirección de produción (Carla Pérez), ao mellor son (David Machado, Jaime Fernández e Nacho Arenas) e aos mellores efectos especiais (Isidro Jiménez e Pau Costa). Na categoría de mellor longametraxe de animación xóganse o Goya dúas fitas galegas. Son Noite de paz? Tamén coñecida como Holy night, da produtora coruñesa Dygra, e Maimiño, de Ficción Producciones, que xa se fixo co Mestre Mateo nesta categoría no mes de abril de 2015. |
NOS_43567 | As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo co director de cinema Ignacio Vilar, unha reportaxe sobre as historias en torno a animais que poboan Galiza e falamos sobre o nome fascista do estadio do CD Lugo. | Volve Sermos Galiza este sábado á súa cita cos lectores e lectoras de Nós Diario. O semanario de 32 páxinas volve convidar á lectura pausada e a adentrármonos en temas que precisan ser tratados de vagar. O desexado desconfinamento descóbrenos paisaxes coñecidas que se presentan novas, cheas de luz no solleiro da liberdade recuperada. Nesas paisaxes, neses ecosistemas sostidos por forzas miúdas de valor universal aniñan, crían, voan e nadan estes animais obxecto de lenda, sabedoría e relato na intrahistoria da explicación ao inexplicábel en tempos pasados. Os animais salvaxes como corpo para os conflitos, amores, sucesos históricos e explicacións climáticas de todo aquilo por onde voltamos a pasar os ollos na saída do fogar. Sermos Galiza fala con tres expertas no natural –e no romance biolóxico da lenda– arredor da convivencia e historias cos animais que poboan a Galiza. En 'Fauna que fala. Historias da ollada humana sobre os animais'. Entre os feitos insólitos que trouxo a pandemia, algúns non semellan tan malos: María Solinha, o último filme de Ignacio Vilar, chegará antes ao rural que ás cidades. Ante o adiamento da estrea en salas, prevista para maio, a equipa optou por levar a película de xira polos concellos da Galiza, comezando a sexta feira por Redondela e este sábado en Cangas. O filme nútrese da lenda traída ao presente, nos espellos dos xogos coa realidade que procuran un público activo e denuncian a presenza deses dragóns que mudan de forma, mais seguen a acosar a liberdade das "solinhas" de hoxe. Neste número falamos co director, Ignacio Vilar. Baixo a máscara dun benfeitor do deporte local, Ángel Carro Crespo, un dos elementos máis relevantes do franquismo na fase inicial -e máis dura- da ditadura na cidade de Lugo, definido por un informe da Policía como "de extrema dereita" e "adherido con entusiasmo ao Movemento Nacional", continúa a dar nome ao estadio no que xoga os seus partidos o conxunto lucense transcorrida máis dunha década desde a aprobación da Lei de memoria. Un tema que tratamos en 'Ángel "Anxo" Carro'. O Colectivo Xea convídanos a coñecer e percorrer a costa de Baiona, no sur do país. " O seu litoral está formado pola enseada e o esteiro do Miñor, onde a costa é protexida, baixa e areosa, e o mar aberto, entre Monterreal e o cabo Silleiro, rochoso e exposto. Pódese percorrer doadamente pola estrada, que discorre apegada á beira do mar, a non ser na contorna da praia Ladeira e arredor de Monterreal". Non remata aquí este número do semanario. Oito páxinas centradas na literatura, música, cinema, cociña achégannos novidades, debullan propostas, informan, propoñen e convidan da man de Mario Regueira, Inma Otero, Mauro Borrazás, Andrés Díaz, Andrés Castro, Mercedes Espiño, Vide Vide. |
NOS_26749 | Manel Grandal Anca e Xesús Anxo López Pintos renovaron os seus postos de voceiros da central nacionalista en Ferrol, ao igual que Etelvino Blanco como secretario en Ourense. | As VI Asembleas Comarcais da CIG en Coruña, Ferrol e Ourense que se celebraron o pasado sábado culminaron cun relevo histórico na primeira e a reelección nas outras dúas, en todos os casos mediante enormes maiorías que tamén amosaron o seu apoio aos respectivos informes de xestión e chamaron a manter a loita contras as actuais políticas neoliberais e centralistas. Na Coruña, Xabier Filgueira foi designado novo Secretario Comarcal á cabeza da única lista presentada, que acadou 194 dos 197 votos d@s delegad@s. Na súa intervención, Filgueira chamou a continuar na loita e a manter a tensión mobilizadora; "unha senda na que a acción sindical da CIG debe seguir apegada aos centros de traballo, mantendo a iniciativa á hora de dar alternativas, para promover e estar á fronte da contestación social e impulsar a conformación de movementos sociais amplos, en definitiva, unha central sindical con formulacións e métodos de loita alternativos e actuais". "En Ferrol a VI asemblea comarcal da CIG nomeaba de novo a Manel Grandal Anca e Xesús Anxo López Pintos como voceiros comarcais, nun proceso que se desenvolveu baixo o lema "Porque a comarca o necesita: Organización, Loita, Soberanía", Os momentos máis emotivos da asemblea coruñesa tiveron como protagonista a Paulo Carril, que abandonaba o posto de secretario comarcal após doce anos de traballo no mesmo. Agora ocupará o de Secretario Confederal de Organización a nivel nacional. Ao defender o informe de xestión, Carril lembrou que a CIG "demostrou ser unha central sindical diferente e alternativa por termos no fomento da participación e no asemblearismo a base do noso funcionamento". A súa figura tamén foi posta en valor por Xesús Seixo, secretario xeral do sindicato, que ademais denunciou que "o capital está aproveitando a crise e a situación de debilidade da clase traballadora para quitarnos dereitos conquistados e xerar novas fontes de negocios e recursos". Pola súa banda, en Ferrol a VI asemblea comarcal da CIG nomeaba de novo a Manel Grandal Anca e Xesús Anxo López Pintos como voceiros comarcais, nun proceso que se desenvolveu baixo o lema "Porque a comarca o necesita: Organización, Loita, Soberanía", e no que se presentou unha candidatura unitaria. Así mesmo, procedeuse ao debate do informe presentado pola Executiva saínte, que resultou aprobado con 105 votos, 3 en contra e 36 abstencións. No mesmo faise unha análise diferenciada entre o período 2007-2011, e os primeiros meses deste 2012. Así, destácase que no primeiro tramo temporal, a CIG consolidouse como primeira forza sindical na comarca, incrementando o número de delegad@s nun total de 43 con respecto ao proceso anterior. Outro apartado relevante do informe está dedicado ao Plan de Axuda Alimentar posto en marcha pola CIG para a afiliación con menos recursos. "Un plan que na comarca de Ferrolterra, pola grave situación socio-laboral existente, está a ter un destacadísimo funcionamento e é dos que maior número de usuari@s atende", afirman. Na súa intervención, López Pintos fixo referencia á histórica folga xeral comarcal do pasado 12 de xuño, impulsada pola central nacionalista. Un éxito que demostra, aseverou, "que o sindicato ten o aval para ser representante lexítimo na loita contra as políticas que abafan á comarca e contra o conxunto de políticas de recortes". "En Ourense reelixiuse a Etelvino Blanco como secretario comarcal" Por último, en Ourense a CIG reelixiu a Etelvino Blanco como secretario comarcal, ao tempo que renovou a Executiva e aprobou o informe de xestión. A candidatura de Blanco -que foi a única que concorreu ao proceso ao igual que no caso da Executiva e do Consello- acadou un total de 136 votos a favor e 10 en branco. No peche, o secretario comarcal do sindicato nacionalista amosouse moi crítico co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, do que lembrou que durante a campaña electoral "asegurou que habería discriminación positiva coas zonas do interior do país". Nesta liña, indicou que o Plan Impulsa posto en marcha pola Administración autonómica "non é máis que propaganda" e adiantou que lle proporá á nova Executiva Comarcal abandonar a comisión de seguimento "porque non serve para nada". Tamén chamou a fortalecer a CIG fomentando a participación das bases e involucrando os cadros sindicais "para facer fronte coas maiores garantías aos difíciles anos que veñen para a clase traballadora". |
NOS_25835 | Compromiso por Galicia conmemorou o Día da Patria Galega cun acto público no parque compostelán Eugenio Granell. Música, xantar popular e intervencións políticas constituíron a actividade do partido liderado por Xoán Bascuas este 25 de Xullo. | Na súa intervención no acto político de Compromiso polo Día da Patria, o secretario xeral da organización, Xoán Bascuas, reclamou o espazo do galeguismo para o partido diante dun PP que ten "ocupado o galeguismo en fraude de lei". Bascuas, que chamou a desenmascarar o PP, tamén cargou contra o PSOE: "na Galiza non hai PSdeG, senón PSOE". Nunha nota de imprensa, Bascuas apelou á necesidade dunha "forza propia" e sen dependencias" e salientou que "o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis". O candidato á presidencia da Xunta insistiu na súa intervención en que CXG obterá representación no Parlamento galego, algo no que fixeron fincapé as outras persoas que tomaron a palabra, os candidatos Juan Carlos Piñeiro (Lugo), Xosé Mosquera (Ourense) e Andrés Núñez (Pontevedra), así como Anabel Pereira, da Mocidade Nacionalista Galega. Protagonismo do PNV No acto de Compromiso, que foi presentado por María Xosé Alfonso, alcaldesa de Muros, desenvolveu un papel relevante Aitor Esteban, portavoz do PNV no Parlamento español, quen salientou a "relación especial" entre a formación galeguista e o partido vasco. "Compromiso é o noso aliado e amigo en Galicia e estou seguro de que así vai ser no futuro". |
PRAZA_13616 | O colectivo estuda iniciar accións legais contra o banco, ao que acusa de romper o fecho dunha vivenda en Cambre da que a entidade só ten o 50% da propiedade e sen notificalo previamente. | Stop Desahucios Compostela estuda iniciar accións legais contra Novagalicia Banco, ao que acusa de romper, o pasado 19 de xuño, o fecho dunha vivenda en Cambre da que a entidade só ten o 50% da propiedade e sen notificalo previamente. Na casa residen unha muller e as súas dúas fillas menores, e NGB posúe a metade da propiedade da vivenda, a través dun crédito impagado polo ex marido e pai, e para o que a casa servira como aval. Stop Deshaucios Compostela acusa o banco dun presunto delito de usurpación de propiedade. O home (GP) contratara en 2008 unha póliza de crédito con Caixa Galicia. Stop Deshaucios afirma que esta débeda é privativa, xa que GP estaba xa separado, polo tanto, coa sociedade de gananciais disolta dende o ano 2002, quedando a vivenda por sentenza xudicial como domicilio das súas dúas fillas menores e da súa ex muller. Cando o banco lle reclamou a débeda, a súa situación impediulle facer fronte ao pagamento nas condicións impostas por Caixa Galicia. Unha participación dunha vivenda é algo que non pode ser obxecto de desafiuzamento GP tratou de negociar co banco a posibilidade de pagar a débeda en prazos asumibles para el, pero segundo o colectivo, "o banco foi implacable e negouse a negociar". A entidade comunícalle entón que vai ser embargada a súa única propiedade, o 50% da vivenda, cousa que el acata. Unha participación dunha vivenda é algo que non pode ser obxecto de desafiuzamento. O 19 de xuño pasado, cando a ex muller de GP chegou á súa casa, descubriu que lle cambiaran o fecho da porta e cunha nota co selo do xulgado que lle dicía que lle deixaban as chaves nunha caixa de correo. Stop Desahucios denuncia que "o banco, no seu intento de quedarse coa vivenda, e en presenza dun representante do xulgado que actuou de forma presuntamente neglixente, rompeu o fecho da vivenda e só cando xa a romperan, se decataron que alí vivían a exmuller e as fillas, menores de idade, de GP e se deron conta de que o que estaban a facer era ilegal, que a exmuller de GP era propietaria do 50% do piso e que o que estaban a facer era un posible delito, co que cambiaron o fecho e lle deixaron unha nota na porta e as chaves na caixa de correo". Salientan, ademais, que "en ningún momento se recibira notificación por parte do xulgado de que se ía proceder ao cambio de fecho e ao desafiuzamento da vivenda". "En ningún momento se recibira notificación por parte do xulgado de que se ía proceder ao cambio de fecho e ao desafiuzamento da vivenda" GP foi ao xulgado, onde tomou acta de todo o asunto e onde a procuradora de NGB recoñeceu o erro cometido. Ante a gravidade dos feitos e ao abeiro da lei, a familia estuda emprender accións legais polo que considera un presunto delito de violación de morada e unha violación do dereito á intimidade. |
PRAZA_4136 | A artista ferrolá recibirá o Premio Honorífico de Músicas ao Vivo. A gala de entrega dos galardóns celebrarase en Pontevedra á volta do verán, se a situación sanitaria o permite. | Trátase dunha "homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa"Os Premios Martín Códax da Música Galega xa teñen a súa primeira galardoada. Trátase da ferrolá María Manuela, que recibirá o premio honorífico nesta sétima edición, marcada pola pandemia do coronavirus. A gala de entrega, aínda sen unha data fixada, celebrarase en Pontevedra á volta do verán, sempre que a situación sanitaria así o permita.O premio recoñece a longa traxectoria da artista, que en palabras de Músicas ao Vivo, deixou unha "fortísima pegada" na nosa música e "fixo dela e da nosa lingua as ferramentas para loitar por un mundo mellor". Trátase dunha "homenaxe especial a unha muller igual de especial, querida e admirada por todo o que representa". A entidade, que organiza os galardóns, vén de publicar tamén un vídeo que repasa a carreira da artista.Xuto co seu home, Miguel Tranquilo, converteuse nun dos referentes da canción protesta, promocionando de forma importante a lingua galega e musicando textos de numerosas e numerosos poetas do paísMaría Manuela naceu na Coruña en 1945 e criouse no barrio obreiro de Recimil, en Ferrol, cidade na que segue vivindo e da que constitúe todo un símbolo. Ademais da súa carreira musical, María Manuela Díaz Orjales dedicouse tamén á pintura, expoñendo en numerosos lugares ao longo da xeografía galega, española e europea.Comezou a súa carreira musical en solitario en 1974 coa gravación dun single que incluía as cancións Pedro Chosco -poema musicado da poeta Ana Caxiao- e Ana Mariña. Un ano despois publica o seu primeiro LP, Cantigas ao meu xeito. En solitario gravou tres discos máis nos anos 70 e outro nos anos 90.Formou parella musical co seu home, Miguel Tranquilo, de xeito que o dúo -María Manuela e Miguel- se converteu nun dos referentes da canción protesta, promocionando de forma importante a lingua galega e musicando textos de numerosas e numerosos poetas do país, en discos como Ergueremo-la espranza. Chegaron a realizar xiras internacionais acadando un gran éxito. Xa na década dos 90 publicaron dous álbums máis, Barco na Alba, que incluía dúas pezas compostas pola propia María Manuela sobre cantigas medievais, e mais Imos cantar xuntos, disco de música infantil realizado en colaboración co grupo Ledicia do colexio Manuel Masdías de Caranza.A cidade naval incluíu no seu rueiro a Rúa de Manuela e Miguel no barrio obreiro de Recimil, onde medrou a artistaEn 1999 María Manuela publica o seu último traballo en solitario, Para Miguel, dedicado ao seu compañeiro, que finara un ano antes, máis nos anos seguintes e ata a actualidade seguíu colaborando en diferentes proxectos musicais e audiovisuais.O 4 de decembro de 2008, coincidindo os 35 anos da súa carreira musical, o Concello de Ferrol organizou unha homenaxe de recoñecemento ao seu valor artístico como cantante, pintora e defensora da lingua galega. Ademais, a cidade incluíu no seu rueiro a Rúa de Manuela e Miguel no barrio obreiro de Recimil, onde medrou a artista.A mediados de abril Músicas ao Vivo anunciou os e as 60 finalistas dos galardóns, tres por cada unha das 20 categorías. Foron elixidas por un xurado profesional entre un total de 577 propostas recibidas. Nas últimas semanas as socias e socios de MAV votaron cales serán os proxectos premiados de entre os tres finalistas en cada categoría. |
NOS_55364 | O Goberno español quere mudar o sistema de cotizacións. Desde ATA cren que non é momento de modificacións mais desde UPTA e Uatae aseguran que urxe facelo. | As organizacións estatais de autónomas e autónomos, ATA, UPTA e Uatae, reuniranse esta terza feira co Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para falar do novo sistema de cotización por ingresos reais. A semana pasada, o seu responsábel, José Luis Escrivá, informou no Congreso de que presentaría ás asociacións de autónomos as súas "primeiras ideas" para o novo sistema de cotización por ingresos para este colectivo, que segundo o Goberno, permitirá que "a gran maioría de autónomas e autónomos" cotice menos. "Os que van ter que cotizar menos porque teñen ingresos menores supera amplamente aos que van cotizar máis", asegurou Escrivá, sinalando ademais que os que terán que abonar unha cotización superior, "moitos se deron conta na pandemia de que cotizar máis é máis prestación". A súa proposta, indicou, pasa por "un sistema moi gradual", tanto nos tramos de cotización como no despregamento deste sistema. Discrepancia entre as organizacións estatais A Federación Nacional de Asociacións de Traballadoras e Traballadores Autónomos (ATA) advirte ao Goberno español de que, aínda que ten "todo o sentido" adecuar progresivamente as súas cotizacións aos seus ingresos reais, non é o momento de facelo nin parece "factíbel" desde un punto de vista operativo e práctico. Aseguran que se traduciría nun aumento das cotizacións para 70% deste sector. Desde ATA cren que non existen os medios nin os procesos para determinar os ingresos reais deste colectivo e aplicar a proporcionalidade na cota en tempo real. Desde a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) discrepan e aseguran que é fundamental que as cotizacións se regularicen segundo os ingresos reais, mais piden que haxa "xustiza contributiva". Sinalan que o sistema actual é "absolutamente inxusto e pouco solidario". Por parte de Unión de Autónomos (Uatae), reclaman tamén que se comece por "acelerar a reforma xusta e solidaria" da cotización que reforce o Estado do Benestar. Deixan claro que "sen un traballo autónomo decente, non haberá recuperación económica xusta". Aseguran que leva anos defendendo un novo sistema de cotización por ingresos reais. |
NOS_49634 | Denuncian que o curso vindeiro comezará con menos profesorado, con máis masificación das aulas e unha calidade do ensino máis mermada. Anuncian novas mobilizacións se non hai rectificación por parte da Xunta. | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse hoxe diante da Consellaría de Educación para amosar o seu rexeitamento aos recortes que a Xunta está a realizar. Cántigas contra a política de Jesús Vázquez, algunhas verdadeiramente "artísticas" (Escoiten señoras/ e non se nos rían/ recortes e axustes/ da Consellería/ Ai sí, da Consellería/ Ai sí, da Consellería) e con contido crítico (É barbaridade/ que ninguén encaixa/ non se sustitúe/ aos profes de baixa/ Ai si, aos profes de baixa/ Ai si, aos profes de baixa). Co remate deste curso a Plataforma xa conta cos datos de como vai ser o seguinte e, segundo denuncian, confírmase a redución de prazas de profesorado e unidades. "O 14% dos centros de Primaria e Secundaria estarán afectados por algún tipo de supresión, máis de 115 centros suprimirán unidades, de 12 a 14 unitarias van a pechar e que realmente a orientación escolar vai ser totalmente deficitaria naqueles centros con supresión de servizos de orientación", asegurou Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. A Plataforma xa conta cos datos de como vai ser o seguinte e, segundo denuncian, confírmase a redución de prazas de profesorado e unidades Favorecer ao ensino privadoUnha das queixas da Plataforma é que a Xunta está a favorecer ao ensino privado fronte ao público. "Educación non só recorta senón que beneficia ao ensino privado e concertado", denunciou Louzao. En relación ao ano vindeiro xa aseguran que teñen constancia que se "incrementarán os concertos co ensino privado e haberá zonas nas que absorba todo o alumnado". Nesta situación podería darse o caso de que "haberá zonas nas que a privada absorba todo o alumnado". A Plataforma asegura que estará "a de pé de obra" e se non hai cambios "só nos queda a mobilización", apuntou. Polo de agora a resposta da Xunta foi "realizar recortes sen ningún tipo de diálogo". |
NOS_18150 | O acordo denunciárono Barça, Madrid e Athletic | O pasado mes de decembro de 2021 os 42 clubs que integran a asemblea de Liga de Fútbol Profesional (LFP) -entre eles Real Club Celta e Club Deportivo Lugo- aprobaron cos únicos votos en contra de Real Madrid, Barcelona, Athletic e Ibiza e a abstención do Real Oviedo o acordo que ligará a competición co fondo británico CVC durante 50 anos, tempo no que este percibirá 8,2% dos ingresos do negocio comercial e tecnolóxico e 11% dos dereitos audiovisuais a cambio de 1.994 millóns de euros a repartir entre uns clubs que están obrigados a investilos en infraestruturas e desenvolvemento estratéxico e de marca (70% do total), pagar débedas financeiras (15%) e fichaxes e pago de salarios (o 15% restante). Debido a que milita na terceira categoría, a primeira RFEF, o Real Club Deportivo non tivo nin voz nin voto neste acordo xa denunciado civilmente ante a Xustiza por Real Madrid, Barcelona e Athletic por considerar "que vulnera os principios máis elementais do dereito deportivo e os propios estatutos da Liga" e que non é máis que unha transacción ilegal que causará un prexuízo irreparábel a todo o fútbol". Non obstante, e ante a nada descartábel posibilidade dun regreso branquiazul este verán ao fútbol profesional, Juan Carlos Escotet -presidente de Abanca, entidade que controla a maioría das accións do conxunto coruñés-, sinalou que "non hai ningunha pretensión de usar esa oferta que fai a Liga". A pesar de que manifestou que "a xestión profesional" do Deportivo sería quen debería pronunciarse sobre esta cuestión, enumerou distintas razóns para xustificar ese "non" apuntando que a entidade branquiazul "traballa cunha liña estratéxica e de profesionalización marcada polo máximo rigor orzamentario". |
NOS_946 | Convocado polo Concello de Fornelos, está dedicado a artigos xornalísticos de denuncia social. | O Concello de Fornelos vén de convocar a terceira edición do premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey, un galardón que quer honrar o legado do escritor ao tempo que contribúe á promoción xornalística en galego. Poderán concorrer a este certame todas as persoas que o desexen e cada participante deberá facelo cun único artigo. Os artigos serán inéditos, deberán estar escritos en galego e estaren redactados nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 450 e 600 palabras, aproximadamente). O prazo de presentación rematará o día 31 de agosto de 2019. A dotación do premio único e indivisíbel que será de 1.000 euros. Máis información, na web do Concello de Fornelos. |
PRAZA_17118 | O Goberno galego anuncia a contratación de 51 profesionais durante seis meses para axilizar o proceso e o conselleiro de Política Social pon como exemplo de redución de trámites que o impreso pasará de ser un tríptico a un só folio | "O tempo medio de espera nestes momentos que a lei di que son tres meses está en termo medio por baixo dun ano" na maioría de Galicia mentres que "Vigo e Pontevedra están superando ese ano". Así admitía este xoves o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o amplo incumprimento por parte a Xunta da lei que obriga á Administración a avaliar os graos de discapacidade nun máximo de tres meses. "O noso obxectivo é acercarnos ao que marca a lexislación que son eses tres meses", dixo o conselleiro. O Goberno galego anuncia a contratación de 51 profesionais durante seis meses para axilizar o proceso e o conselleiro de Política Social pon como exemplo de redución de trámites que o impreso pasará de ser un tríptico a un só folio Rey Varela admitía o incumprimento da Xunta na súa comparecencia ante a prensa tras a reunión do Goberno galego deste venres que publicitou un informe, documento sen validez xurídica e que non require a súa aprobación oficial, que detalla unha "batería de medidas" para reducir eses prazos. A principal segundo salientaron tanto o conselleiro como o propio Feijóo, é o aumento dos equipos técnicos de valoración coa contratación de 51 novos profesionais (médicos, psicólogos, traballadores sociais e auxiliares) pero só durante un período de seis meses cun custo dun millón de euros. Segundo a propia Xunta, eses 51 profesionais a maiores de xeito temporal supoñen un incremento do 74% sobre os existentes. O Goberno galego tamén enumerou outra serie de medidas para axilizar a tramitación dos expedientes e tentar reducir as demoras acumuladas. Entre as medidas salientadas polo propio conselleiro, que brandiu os dous modelos, está a da modificación do formulario de solicitude, que pasa de ser un tríptico a só un folio. "Reducimos a un terzo", salientou Rey Varela. |
PRAZA_9753 | O paro descendeu no mes de marzo en Galicia en 2.868 persoas con respecto ao mes anterior, quedando a cifra total en 170.841 tras baixar en máis de 14.000 en doce meses. No mesmo mes asináronse de 75.000 contratos, dez por cada novo emprego creado. | Galicia pechou o mes de marzo con 14.262 persoas menos paradas e 19.521 afiliados máis á Seguridade Social que hai un ano tras o primeiro trimestre co novo salario mínimo. Xa que logo, estes tres primeiros meses co SMI de 900 euros rematou con máis emprego e menos desempregados apuntados nas antigas oficinas do INEM logo de que, respecto ao mes anterior, o paro rexistrado descendese en 2.868 ata quedar en 170.841 persoas. O paro descendeu no mes de marzo en Galicia en 2.868 persoas con respecto ao mes anterior, quedando a cifra total en 170.841Estes son os últimos datos do paro feitos públicos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, nos que se comproba como o número de persoas desempregadas en Galicia descendeu en todos os sectores en marzo (especialmente nos servizos con 1.752 máis) agás no colectivo sen emprego anterior, onde se incrementou en case 200. Remata así o primeiro trimestre logo de que se aplicase a suba do salario mínimo interprofesional de 735,90 a 900 euros. No entanto, a tendencia do mercado laboral non muda, nin no Estado nin tampouco en Galicia. Así, o número de contratos asinados no mes de marzo mantense estable, cunha lixeira suba, ata chegar aos 75.535, dos cales só 7.180 (o 9,5%) foron indefinidos, que caen en máis de 800 con respecto a un ano antes, mentres que os temporais se incrementan en case 700 con respecto ao mesmo mes de 2018. En marzo asináronse en Galicia máis de 75.000 contratos, dez por cada novo emprego creadoSon, con todo, dez contratos por cada novo emprego creado en Galicia, o que volve pór sobre a mesa a elevada rotación, temporalidade e precariedade dos traballos. Así, e tal e como destaca a CIG, no que vai de ano xa se asinaron no país un total de máis de 226.000 contratos, unha cifra maior ao número total de desempregados. O 61% destas contratacións foron no sector servizos. En canto ás afiliacións á Seguridade Social, Galicia volve superar o millón de cotizantes (1.004.405) logo dunha suba no mes de marzo de 7.094 e tras sumar case 20.000 máis (+19.521) no último ano. Na súa primeira reacción, a Xunta destacou que Galicia é "a terceira comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual e cun mellor comportamento có Estado". A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou que o emprego "continúa caendo, case cinco anos e medio de xeito consecutivo".Por outra banda, en febreiro de 2019 constaban 159.433 persoas paradas nas oficinas do servizo público de emprego con experiencia laboral e, desas, só o 59,4 % percibían unha prestación por desemprego. Xa que logo, 64.803 persoas paradas con experiencia laboral carecen de cobertura por desemprego.Ademais, menos da metade das persoas que estaban percibindo unha prestación de desemprego reciben prestacións contributivas, as de máis calidade. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.