ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_19237 | Unha muller faleceu na súa casa ao caer polas escaleiras, que tivera que baixar ás escuras por mor do corte de luz. O 112 rexistrou máis de mil incidencias dende a tarde do venres. DOCUMENTO | Os técnicos conclúen que é "imposible" usar o estadio de Balaídos con seguridade polos danos do temporal | DOCUMENTO | Informe técnico sobre o estado de Balaídos tras os danos provocados polo temporal no estadio A primeira vaga de borrascas intensas do ano en Galicia deixou dende este venres o país inzado de incidencias encabezadas pola morte de dúas persoas por causas ligadas directamente ao temporal. Unha das persoas falecidas foi unha muller de idade avanzada en Codeseda (A Estada). A ausencia de subministro eléctrico na súa vivenda obrigouna a baixar unha escaleira xunto ao seu marido ás escuras e ambos caeron. Contra as 10 da mañá un panadeiro escoitou berros de auxilio dende o interior da vivenda e avisou os servizos de emerxencia, segundo confirma o 112. A caída provocou o pasamento da muller e deixou o home en estado crítico. O segundo falecemento da xornada ligado ao temporal produciuse este sábado, na localidade lucense de Muras. O falecido foi un home de 80 anos que procuraba retirar árbores que caeran por mor do forte vento na estrada que une Viveiro con Xilán. Unha das pólas caídas provocou que o ancián esvarase e o traumatismo causoulle a morte, segundo apunta a Garda Civil. Unha muller faleceu na súa casa ao caer polas escaleiras, que tivera que baixar ás escuras por mor do corte de luz Estes dous falecementos producíronse nunha nova xornada marcada polos cortes de luz. A mediodía deste sábado case 50.000 clientes de Gas Natural Fenosa, atendendo a cifras da compañía, seguían sen subministro eléctrico tras "elevarse durante a noite o número de usuarios" sen luz. As vivendas afectadas polos cortes xa roldarían, daquela, as 200.000 en apenas dous días. "A maioría das incidencias están ocasionadas polas caídas de árbores, pólas e cortizas sobre as liñas por mor do forte vento", indica nun comunicado Unión Fenosa Distribución, que asegura estar a "priorizar as zonas máis afectadas" e estar a empregar "máis de 50 grupos electróxenos para repoñer o subministro" mentres duran as reparacións. Contra o serán deste sábado as persoas afectadas eran unhas 25.000, indica a empresa. Danos materiais, rede viaria e Balaídos Xunto aos cortes de enerxía eléctrica os problemas para a circulación terrestre sucedéronse tamén neste sábado de temporal. Así, tras xestionar durante a tarde e a noite do venres máis de 800 incidencias, o 112 contabilizaba xa unhas 300 a mediodía. Entre os máis destacados figuraban desprendementos de tellados na provincia de Ourense, a caída dunha torreta eléctrica na contorna de seguridade do aeroporto vigués de Peinador ou o accidente dun camión en Salvaterra pola caída dunha póla na estrada. As caídas de pólas e árbores causaron tamén incidentes en zonas urbanas. Foi o caso da que caeu ás portas do IES A Xunqueira, na rúa Alexandre Bóveda de Pontevedra. No caso dos ferrocarrís os efectos do vento e a chuvia seguíronse traducindo en cancelacións e atrasos de traxe. Así, por exemplo, o Tren Hotel Vigo-Barcelona chegou a acumular a pasada madrugada dúas horas e media de demora "por meteoroloxía adversa" e entre Ourense e Vigo Renfe optou por "un plan alternativo de transportes" por estrada. Tamén botou man dos autobuses, tanto durante a mañá como pola tarde na liña de Ferrol a Ribadeo. O 112 rexistrou máis de mil incidencias dende a tarde do venres Alén das incidencias xerais, uns desperfectos concretos tornaron este sábado en especialmente mediáticos. Menos de vinte e catro horas despois de que os estragos nas cubertas de Riazor obrigasen a suspender o encontro entre o Deportivo e o Betis a situación reproducíase en Vigo, onde os danos causados en Balaídos polo temporal derivaron na suspensión do encontro previsto entre o Celta e o Real Madrid para este domingo, xornada na que todo o litoral galego continuará en alerta laranxa, que será amarela en terra. Mentres que o club vigués di priorizar a seguridade e apoia a suspensión do encontro por esta razón diversos medios aseguran que o club madrileño teima en que o partido se celebre. O uso de Balaídos con seguridade é "imposible", din os técnicos do Concello de Vigo Nesta liña, o informe elaborado por técnicos municipais e asinado polo enxeñeiro Antonio Vivero, xefe de Mobilidade e Seguridade do Concello de Vigo, sinala que "o estado actual da cuberta da grada de Río, con desprendemento de aproximadamente 20 metros cadrados de chapa (...), desprazamentos e falta de seguridade na ancoraxe das outras chapas, fan imposible o uso das instalacións con garantías de seguridade". As reparacións, engade, non poden realizarse con ventos de máis de 40 quilómetros por hora e estenderanse "durante varios días". |
PRAZA_8519 | As enquisas dan como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de diferenza. Os resultados coñeceranse a partir das nove da noite, hora de Venezuela, tres e media da madrugada para nós. | "Non volverán", "Chávez vive a loita segue" e "Chávez, xúrocho, o meu voto é por Maduro", foron algúns dos slogans coreados nos mitins de Nicolás Maduro durante a campaña electoral. As filas chavistas quixeron deixar claro que, aínda que Hugo Chávez marchara, os seus plans continuarán a través da figura de Maduro, elixido polo propio Chávez como o seu sucesor. Isto último é algo moi salientado dentro do Partido Socialista venezolano e o propio Maduro lembrouno estes días. Este mesmo venres o candidato chavista insistía neste aspecto nun artigo publicado no diario británico The Guardian, titulado Baixo o meu mandato a revolución continuará, e no que sinalaba: "Perdemos o noso extraordinario líder, pero o seu proxecto, construído colectivamente por traballadores, campesiños, mulleres, indíxenas, mozas e descendentes de africanos, está máis vivo que nunca". Ao longo da campaña Maduro presentou estas eleccións como un plebiscito entre socialismo e neoliberalismo, entre "revolución e retroceso". "Eu non estou aquí porque me manteñan os cheques económicos da burguesía rancia caraqueña nin porque me axeonlle ante o imperialismo. A miña única aspiración era ver unha patria libre, de pé e socialista, e iso foi o que nos deu Chávez", proclamou nos seus mitins. Xornada electoral As enquisas dan como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de vantaxe. A diferenza definitiva pola que gañe é en realidade a grande incógnita de hoxe e o que determinará en parte o xogo político dos próximos meses Máis de 18 millóns de venezolanos -dos 29 millóns que hai neste país- están chamados hoxe a votar. As enquisas dan como gañador a Nicolás Maduro por unha media de dez puntos de vantaxe. A diferenza definitiva pola que gañe é en realidade a grande incógnita de hoxe e o que determinará en parte o xogo político dos próximos meses. Ao longo da campaña electoral a oposición, con Enrique Capriles á cabeza, expresou desconfianza no árbitro electoral, o Consello Nacional Electoral. "Temos que organizarnos, porque temos un árbitro que non é imparcial", dixo Capriles. "Teñan a seguridade de que nós respectaremos unicamente a determinación dos venezolanos", engadiu. A mensaxe do chavismo É difícil atopar unha rúa no centro de Caracas onde non haxa un cartel, unha pintada ou un escrito de apoio ao candidato chavista Nicolás Maduro Maduro prosegue co legado de Chávez: critica o capitalismo e prescinde de eufemismos. Usa o termo burgués para referirse á oposición política, fala de "patriotismo e revolución", de "socialismo fronte ao neoliberalismo", de "independencia fronte ao imperio", de programas e investimento social. -"Queren un burgués en Miraflores?", pregunta nos seus mitins. -Nooooon, responde a marea humana que o segue. -"Queren un socialismo bolivariano ou un capitalismo neoliberal?" -Socialismoooo, clama o público. Maduro chega aos actos electorais manejando un autobús. -"A dereita métese con el por ser un traballador antigo condutor de Metro, e el quixo facer gala diso, porque é un traballador e non se avergoña diso, e por iso maneja un bus", explica Melisa, simpatizante do partido socialista. A linguaxe popular é parte da aposta política de Maduro. Funcionou con Chávez, até o punto que o líder da oposición, Capriles, optou nesta campaña electoral por unha linguaxe máis próxima e por cambiar a súa indumentaria: agora diríxese á xente ataviado cunha gorra, chándal ou camisa remangada. -"Pero fáltalle chispa, onte só falou unha hora, non ten moita cousa aquí dentro", dicía este mércores Maduro de Capriles, nun acto público en Falcón ante centos de miles de persoas, onde lembrou algunhas das súas promesas electorais: aumento dos salarios dos traballadores entre un 38 e un 45%, subida de soldos de empregados públicos, vivendas para "a clase obreira organizada", "organícense e apoiámolos con vivendas", 360.000 vivendas a nivel nacional. A prensa antichavista criticou estes anuncios, cualificándoos de irresponsables. -Eu a eses xornalistas dígolles que estes anuncios os fago de forma responsable tras revisar como vai estar a economía este ano. Hai que retorcerlle o pescozo á inflación, pero mentres tanto hai que protexer o salario dos traballadores, clama Maduro. A oposición A oposición emprega dúas tácticas diferentes contra Maduro: por unha banda, os xa tradicionais ataques contra o chavismo. Por outro, unha máis nova, na que se insiste que "Maduro non é Chávez", na que os opositores evitan unha confrontación directa co defunto presidente, conscientes da súa enorme popularidade. -"Que gañe Maduro sería terrible" -indica Liliana, residente nun dos barrios máis ricos da capital. E engade: -"Temos unha grave inflación, inseguridade nas rúas e ademais este goberno quítalle as cousas á xente, van aos lugares e aprópianse deles, quítannolos", afirma en referencia ás expropiacións que o goberno de Chávez levou a cabo, nacionalizando o 30% da banca e dos latifundios, así como as empresas eléctricas, siderúrxicas e a principal telefónica do país, CANTV. Chávez, agora de todos Consciente da súa eficacia electoral, a oposición empraga a linguaxe popular cada vez máis, usando termos como pobo ou traballadores, e defendendo os programas sociais e as misións que criticara no pasado A linguaxe popular, que os medios de comunicación europeos atribúen ao chavismo, non é exclusivo deste. Consciente da súa eficacia electoral, a oposición emprégaa cada vez máis, usando termos como pobo ou traballadores, e defendendo os programas sociais e as misións que criticara no pasado. Os adxectivos están presente nos discursos de Capriles, quen nesta campaña insistiu en presentar a Maduro e o seu equipo como "os enchufados". -"Que ninguén se distraia por estas ridiculeces destes enchufados. Este domingo imos desenchufalos con votos!", dixo Capriles en referencia ao equipo de Nicolás Maduro. "Ninguén llo dixo pero eu dígollo: ti (Maduro) es un vago, basta ver a un traballador para saber quen lle bota bóla e quen non". Xunto a Capriles quixo estar esta semana, apoiándoo nun mitin, o cantante Sergio Montaner, quen rezou polos chavistas: "Pai, pídoche que lles fagas cambiar de opinión, que poñas no seu corazón algo de sentido2, clamou mentres o público entrelazaba as súas mans rezando. En referencia a Chávez, a quen tanto criticou durante estes pasados anos, Capriles dixo: Maduro: "O burgués agora di que é máis chavista que Maduro, di que as misións son encantadoras. E eu dígolle: Non se me disfrace de revolucionario" -"Nicolás en cen días está a acabar cos 14 anos do presidente da República (Chávez). Vostedes imaxinan seis anos disto?". A oposición, que tanto demonizou Chávez en vida, converteuno tras a súa morte nunha ferramenta máis para a súa campaña electoral. Fronte a iso, Maduro indicaba onte: -"O burgués agora di que é máis chavista que Maduro, di que as misións son encantadoras. E eu dígolle: Non se me disfrace de revolucionario. Nós podemos cometer un erro, porque ninguén é perfecto, pero eu non pertenzo a ningún grupo de poder económico, non imos traballar polo capitalismo, non me vou axeonllar ante o embaixador gringo". |
NOS_18191 | Aselafem-Estudos Laborais Feministas pón o broche de ouro ao ano 2021 cunha publicación especializada. | Aselafem-Estudos Laborais Feministas ven de pór o broche a un completo programa formativo que culmina coa elaboración colectiva dunha publicación sobre economía feminista onde son moitas as voces que se contan a través das experiencias en primeira persoa de mulleres que lideran proxectos de vida, laborais, artísticos e culturais feministas. Seguindo coa aposta do ano pasado coa feira Laborando II, na que se crearon espazos de formación e encontro para mulleres á cabeza de proxectos empresariais ou sociais, o Espazo de Encontro 2021 permitiu afondar "na visibilización e a denuncia das desigualdades e violencias que o sistema heteropatrialcal continúa perpetuando, no privado mais tamén no ámbito laboral e profesional". En torno aos dereitos laborais, a muller e a tecnoloxía, a captación de fondos públicos, a xestión de conflitos, a facilitación de equipos, a xestión económica de proxectos ou a precarización na contratación pública, xeráronse dinámicas e espazos de intercambio "onde construír redes de apoio entre mulleres para fortalecerse e reclamar colectivamente dereitos e melloras que camiñen cara unha concepción ampla da economía, con perspectiva feminista". Unha perspectiva que, entre outras cousas, "aposta por comprender o eido laboral máis aló do emprego, tomando en conta e revalorizando o traballo de reprodución e coidados". Así culmina un ano aínda marcado pola crise da Covid-19 no que novamente "escoitamos e recollemos testemuñas sobre a necesidade de continuar coa xeración de espazos de encontro seguros onde sentirnos coidadas" e tamén sobre a importancia que ten "crear comunidade " e "contar e atoparse con aliadas" no camiño. Un camiño que este ano Aselafem continuou diversificando, apostando pola conxunción do virtual e o presencial para acoller e ampliar territorialidades e identidades diversas "xunto e coas que seguir medrando e construíndo desde o feminismo". |
NOS_31866 | As estatísticas do Ministerio de Sanidade indican que o tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica na Galiza é de 55 días. É o dato oficial a 31 de decembro de 2019, data na que os rexistros recollían 35.720 persoas pendentes de operarse e 166.827 á espera dunha primeira consulta especializada. | O tempo medio de espera cirúrxica na Galiza é de 55 días, segundo os datos publicados esta semana polo Ministerio de Sanidade. É a cifra oficial a 31 de decembro de 2019, lixeiramente superior á ofrecida polo Sergas no mes de xaneiro. Entón, con 54,5 días de espera acumulada no segundo semestre do ano pasado, apuntou "o mellor dato acadado na súa historia". Mais os detalles das listas de espera para se operar en cada área sanitaria, divulgados polo Servizo Galego de Saúde, esconden unha suba xeneralizada dos tempos medios de agarda, en todas as zonas, salvo na de Vigo, onde decreceron tanto nos hospitais públicos, 13,2 días, como no privado-concertado de Povisa. Esta mellora salva a media de todo o territorio, que, en conxunto, reduciu nun día o tempo medio de espera cirúrxica. Pola contra, subiu tres na área sanitaria da Coruña e Cee; 3,6 na de Santiago e O Barbanza; 4,4 na de Ferrol; 5,3 na de Lugo, Monforte e a Mariña; 9,9 na de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, e 1,2 na de Pontevedra e O Salnés. Os datos recompilados até final de ano polo sistema estatal de saúde confirman o que xa avanzou o Sergas no seu momento. O número de persoas pendentes dunha operación na Galiza é de 35.720, cunha taxa de 13,63 pacientes en agarda por cada 100.000 habitantes, máis elevada que a rexistrada seis meses antes, de 13,1 doentes. 0,9%, sinala o Ministerio de Sanidade, esperan máis de seis meses. Sobrecarga do sistema A teor do estabelecido no Real Decreto 605/2003 para o tratamento homoxéneo da información sobre as listas de espera no sistema estatal de saúde, estas demoras afectan a pacientes de prioridade 3, aquelas cuxa patoloxía permite atrasar o tratamento ao considerar que a súa enfermidade "non produce secuelas importantes". Mais o colectivo médico advirte das consecuencias dunha tardanza excesiva no caso destas cirurxías que non son consideradas unha emerxencia. "Afectan directa e negativamente á calidade de vida das doentes", sinala Manuel González Moreira, médico de familia e voceiro de SOS Sanidade Pública na área Sanitaria de Vigo, e contribúen a sobrecargar o sistema sanitario, nomeadamente as consultas de Atención Primaria. Segundo indica a Nós Dario, adoitan ser casos doados de resolver, e seríano, di "se contásemos con recursos suficientes e organizados de forma eficaz". As pacientes de prioridade 1, informou o Sergas no seu momento, aquelas cuxo tratamento cirúrxico non admite unha demora superior a 30 días, esperan unha media de 16,7 días. Mentres que as pacientes de prioridade 2, cuxa situación clínica ou social admite unha demora relativa, sofren unha espera media de 55,1 días. En canto ás consultas hospitalarias, o tempo medio de espera é de 42 días, segundo o Ministerio de Sanidade, catro máis que no mes de xuño. A finais de 2019 había 166.827 persoas agardando para seren atendidas por unha especialista, cunha taxa de 63,66 persoas por cada mil habitantes. Ademais, a porcentaxe de pacientes que espera máis de 60 días para unha consulta por enfermidade é de 17%, segundo as estatísticas estatais. "A Lei de garantías é unha aberración para a sanidade real" A crise sanitaria provocada polo coronavirus paralizou o sistema e quedará reflectido nas listas de agarda. Mais para SOS Sanidade Pública non fai falla esperar o primeiro informe semestral de 2020 para certificar que os tempos de espera que estabelece a Lei de garantías non se cumpren "nunca". "É unha aberración para a sanidade real", asegura José María Dios. "Hai primeiras consultas solicitadas que pasan do ano. Cando lle sumas probas diagnósticas e a intervención cirúrxica, as esperas dilátanse". E incide en que "a Administración non pon os recursos para atender a demanda". E ao rebasar os prazos legais deriva as doentes á privada "con cartos públicos". "Cada día saen como churros desde as consultas hospitalarias ou de Atención Primaria e, se rexeitan esa vía porque escollen ser atendidas na pública, desaparecen das listas de espera". |
NOS_14978 | Galiza inicia a segunda semana do verán con 1.507 casos activos de Covid -tras aumentar por quinta xornada consecutiva- e 123 novos contaxios -tres menos-, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 52 -catro máis- e a taxa de positividade sobe a un 3,5%. | Segundo os datos publicados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 14 os pacientes ingresados en UCI pola Covid -dous máis- e a 38 os que permanecen noutras unidades -dous máis-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza; descende nas de Lugo; e mantense na de Ourense, Vigo e Ferrol. Pola súa banda, os casos activos aumentaron por quinta xornada consecutiva no conxunto de Galicia a 1.507, que supoñen 56 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (123) que altas (67). Por tanto, sitúanse en niveis de principios da segunda quincena de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas increméntanse en seis das sete: A Coruña e Cee (+20), Pontevedra e O Salnés (+19), Vigo (+10), Ferrol (+4), Santiago e Barbanza (+2) e Ourense (+1), mentres que na de Lugo non hai cambios. En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba arrincan esta semana con 123, tres menos que a xornada anterior, polo que se manteñen desde a quinta feitra pasada por riba do centenar -a pasada segunda feira informouse de 56-. En toda Galiza foron confirmados 124 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, tres menos que a xornada pasada, dos cales 43 corresponden á área da Coruña e Cee; 22, á de Vigo; 21, á de Pontevedra e O Salnés; 13, á de Lugo; nove, á de Ourense; outro nove, á de Santiago e Barbanza; e sete á de Ferrol. Polo seu lado, a taxa de positividade das PCR inicia esta semana cun 3,54%, após reducirse ao 2,7% este domingo, despois de que o sábado estivese no 4,7%. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.435 ao non notificar Sanidade ningunha vítima nas tres últimas xornadas. |
NOS_31935 | A exposición do artista Santiago Sierra consta de 24 retratos, entre eles o do independentista galego Carlos Calvo, o líder de ERC e deputado eleito Oriol Junqueras, ou militantes de organizacións xuvenís vascas. | Secuestro dun libro, prisión para un rapeiro e, para completar o trío, censura dunha obra artística en Madrid que denunciaba a existencia de presos políticos no Estado español. Todo en apenas 24 horas. A Feira de arte contemporánea ARCO retirou a obra "Presos políticos españois contemporáneos" do artista Santiago Sierra. Ifema, onde se desenvolve a actividade, solicitou a retirada da obra. O monarca español, Filipe VI, inaugura esta quinta feira o evento artístico. A obra consta de 24 retratos pixelados de activistas, xornalistas e políticos encarcerados. Entre eles, o independentista galego Carlos Calvo, que figura como "Preso político nº71". Canda el, Oriol Junqueras, Jordi Cuixart e Jordi Sánchez, xornalistas do diario Egin, os titiriteiros encarcerados en Madrid en 2016, mozos vascos militantes da organización xuvenil Segi, o activista do SAT Andrés Bódalo ou os 8 integrantes do colectivo ecoloxista Solidari@s que sabotearon as obras do encoro de Irati (Nafarroa) en 1996. A serie, que veu por primeira vez a luz nos números 1 e 2 de El Salto, consta de 24 retratos valorados en 80.000 euros. Segundo Europa Press, antes de ser expostos ao público, os retratos xa foron retirados e vendidos. Santiago Sierra declara que a retirada da súa obra dana "a imaxe" de ARCOMadrid e lamenta "o clima de persecución" que hai no Estado español. O artista defendeu que, embora traxectorias vitais e políticas moi distintas, as 70 persoas retratadas partillan "ser persoas encarceradas por tentar facer públicas e efectivas as súas ideas sen ningún tipo de violencia". O Concello de Madrid opúxose á retirada desta obra e pediu de ARCO unha "rectificación urxente". |
NOS_31946 | A Mostra de Teatro Infantil de Ourense, unha cita clásica destas datas, comezou onte a súa 18ª edición, que sae adiante malia a drástica redución orzamentaria á metade, ao non ter o apoio do Concello da cidade. A Mostra volve á palestra "igual que cando comezou, con formato pequeno e coidando a calidade". | Un dos grandes eventos culturais destas datas, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI), fai 18 anos coa edición de 2021, mais a celebración desta "maioría de idade" non contará, por primeira vez, co apoio do Concello de Ourense. Na súa particular cruzada contra o mundo da cultura, o alcalde Gonzalo Pérez Xácome retiroulle as axudas á MOTI amparándose na "baixa afluencia de público", un extremo que a organización do festival desmentiu con datos: tanto a MOTI como a Mostra de Teatro Universitario (Miteu), á que o alcalde tamén lle retirou o apoio, cobren habitualmente o 90% dos aforamentos, unha cifra inusualmente alta neste tipo de eventos. O alcalde vén de borrar a palabra cultura da concellaría que xestiona el directamente, e que agora pasará a denominarse Concellería de Artes e Festexos. Pérez Xácome, desta vez, foi máis alá do institucional e permitiuse ataques persoais nas redes sociais aos organizadores da MOTI referíndose ás axudas como "imposto revolucionario" e ás persoas do mundo da cultura como "culturetas", un apelativo que vén empregando desde que tomou posesión do cargo. Non contento con iso, o alcalde vén de borrar a palabra cultura da concellaría que xestiona el directamente, e que agora pasará a denominarse Concellería de Artes e Festexos. Fernando Dacosta, membro da compañía Sarabela e director da MOTI, explica a Nós Diario que "sempre houbo diferenzas sobre a maneira de entender a cultura, cando lle reclamamos un plan cultural para Ourense. Desde que Xácome empezou a exercer o cargo, foi suprimindo canta actividade cultural existía sen ofertar nada a cambio. Xa non falamos só dos festivais de teatro que organiza Sarabela -a MOTI, o Festival Internacional de Teatro e a Miteu- senón tamén festivais de música como Pórtico do Paraíso ou En clave de cámara, de danza como Corpo(a)terra, o de cine, OUFF, ou mesmo a Banda Municipal. A súa acción de desmantelamento tamén alcanza a programación regular: saíuse por exemplo do convenio coa Axencia Galega de Industrias Culturais, o cal significa unha perda de fondos para a cidade". Con este panorama, a MOTI sae adiante "cunha edición pequeniña pero de moita calidade. Hai cousas que se salvan e outras moitas que se perden. O tempo que se poida aguantar nesta situación, non o sei dicir. É moito desgaste: despois de tantos anos de percorrido, estamos igual que cando empezamos, con mostras de formato pequeno e coidando a calidade". Despois da manifestación do pasado novembro, na que máis setenta colectivos da cidade se mobilizaron para alertar contra a "emerxencia cultural" que vive Ourense, Xácome cambiou a súa actitude e decidiu non apoiar ningún destes eventos Represalias tras a manifestación O sector cultural da cidade, porén, insistiu no seu obxectivo de manter as relacións institucionais. O ano pasado, conseguiu que o alcalde mantivese unha pequena axuda para a MOTI e a Miteu, "e este ano estabamos en vías de negociación para que o Concello pagase, polo menos, algunhas das representacións destes festivais", relata Dacosta. Non obstante, despois da manifestación do pasado novembro, na que máis setenta colectivos da cidade se mobilizaron para alertar contra a "emerxencia cultural" que vive Ourense, Xácome cambiou a súa actitude e decidiu non apoiar ningún destes eventos. "Creo que é unha represalia directa por facer unha crítica nun Estado que se considera democrático", apostila Dacosta. A partir de aí, Xácome comezou a verter graves acusacións sobre Dacosta a través das redes sociais de Democracia Ourensá, o seu partido, sen presentar probas que as avaliasen. "El sabe perfectamente as cifras que manexamos, por tanto, mente deliberadamente amparándose nas siglas do seu partido. Por sorte, houbo unha resposta de apoio enorme que fixo que pasase da consternación polo inxusto da situación á emoción por esas réplicas de compañeiras e da cidadanía de Ourense en xeral". Dacosta refírese á defensa que recibiu tanto por parte de personalidades do mundo da cultura como de asociacións e colectivos culturais como a Asociación de Actores e Actrices da Galiza ou a Academia Galega de Teatro, entre outras. Ausencia dun programa cultural A falta dun programa cultural digno de tal nome é un dos puntos fundamentais no que se centran as críticas a Xácome. "Cando elaboras un plan de cultura -e máis cando se trata dun público tan sensíbel como o que forman as cativas e cativos, no caso da MOTI- buscas unha aprendizaxe, un discurso, unha transformación que deixe unha serie de valores como a defensa da diversidade, dos dereitos das mulleres ou da tolerancia. Hai síntomas lamentábeis na nosa sociedade de que regresan a xenofobia e os discursos de odio, e a cultura tamén ten que valer para reflexionar sobre estas situacións. A cambio, o que se nos ofrece é unha programación 'televisiva', de puro entretemento, que non propicia o pensamento crítico. Eu, agora mesmo, xa me atrevo a contestar a ese argumento que di que a ultradereita non ten presenza institucional na Galiza: o que se está a vivir no Concello de Ourense é o máis semellante que hai a un Goberno da ultradereita". Sete espectáculos e nove representacións A MOTI arrincou onte co espectáculo Semente. O home que plantaba árbores, da compañía Emedous e o concerto de A Gramola Gominola As que máis molan da Gramola Gominola. Hoxe, no Teatro Principal, representarase o espectáculo Nina Ninette, da compañía de danza Traspediante. E o Edificio de Ferro do campus acolle o espectáculo do Mago Teto Alquimia. Mañá, no Teatro Principal, poderá verse o espectáculo Quixote, da compañía Pedras de Cartón; e no Edificio de Ferro do campus, O Tesouro, de Trécola Teatro. A mostra volve o día 2 de xaneiro coa estrea no Teatro Principal da obra Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!, da Aula Universitaria de Teatro Infantil do Campus de Ourense Geppetto. Ademais, a programación inclúe accións teatrais promocionais de Lacotre Producións. |
NOS_24154 | Pachi Vázquez comprometeuse desde un mitin en Ourense a "non despedir a ningún traballador público". O candidato socialista insistiu en sinalar as eleccións do domingo como un "referendo ás políticas de recortes". | Pachi Vázquez ven de engadir unha promesa máis ao ronsel de compromisos electorais que está a caracterizar a campaña do PSdeG-PSOE. O candidato socialista á presidencia da Xunta, asegurou no mitin de Ourense --en que estivo acompañado de Alfonso Guerra-- a súa intención de "volver contratar profesores e persoal sanitario" e a non despedir a ningún traballador público". A defensa dos servizos públicos volveu ser o eixo da campaña do PSdeG-PSOE. Pachi Vázquez reiterouse nas súas críticas contra o balanzo de Feijóo en sanidade e educación afirmando que "non hai dereito a que hoxe teñamos 2.500 profesores menos que fai catro anos" e comprometéndose a asegurar o carácter público e universal destes servizos esenciais. Eleccións-referendo Fronte o denodado intento do Partido Popular por separar os comicios galegos da política Estatal, co afán de evitar o rexeitamento social aos recortes do goberno central, a forzas políticas da oposición insisten no contrario. Neste sentido, Vázquez dixo que as próximas eleccións serán "un referendo sobre os recortes de Rajoy e de Feijóo" porque "imos votar sobre os recortes e se queremos que os sigan aplicando". A aspiración do candidato socialista é que tras o 21-O Galiza "sexa a comunidade pioneira na saída da crise pola esquerda". |
NOS_7114 | "Quería facer un festival diferente", di Sés no vídeo de promoción de "Desaramar", un concerto colectivo que busca romper arames que cercan a liberdade e a xustiza. Mercedes Peón, Carlos Blanco, Luis Tosar, Piti Sanz, Tereixa Novo, Luís Tosar, Leo e Martín Sanjurjo subirán ao escenario canda ela o día 7 ás 21 horas. | Sés convida a Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco a participar no festival que ela promove incitándoos a "romper todos os arames que nos están restando liberdade, para que a xente tome conciencia de que sí se poden mudar as cousas". "Vémonos alí", responde cada un e unha deles nun video que serve tamén para animar ao público a participar deste encontro musical. A música toma prestado o título do seu admirado Víctor Jara e a histórica canción que di: "¡A desalambrar, a desalambrar! /que la tierra es nuestra,/ tuya y de aquel,/ de Pedro, María, de Juan y José". Promovido por María Xosé Silvar (Sés), o festival terá lugar a sexta feira 7 de marzo ás 21:00 horas no Centro Ágora da Coruña, como unha mensaxe musical para mostrar "a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar". Convencida de que entre tod@s e "educando na igualdade e facendo arte na igualdade" se pode erradicar a violencia e a inxustiza, Sés decidiu xuntar "mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións" nun singular concerto colectivo que se organizar por volta do Día das Mulleres. O repertorio de Sés será protagonista mais sumaranse tamén temas alleos que contribúan a transmitir a mensaxe dun mundo máis xusto, cunha unión de grandes nomes nun escenario compartido por homes e mulleres de varias xeracións. |
NOS_9407 | A cidadanía, que destaca particularmente a situación da contorna de Ferrol, insta ao resto dos galegos e galegas a denunciar este uso dos espazos naturais como vertedoiros. | Un grupo de veciñas e veciños de Ferrol veñen de denunciar o verquido indiscriminado de todo tipo de materias nos montes da comarca. Nalgúns dos últimos paseos descubriron desde cascallos até colchóns nun espazo natural. O voceiro entende que é "unha situación cotiá que está a acontecer día tras día na nosa contorna rural". No caso concreto de Ferroltera, alertaron ás autoridades locais sen que estas atenderan a reclamación. Mesmo teñen quedado ciscadas ao pé das árbores "pranchas de tellados que conteñen amianto" e que poder danar a zona. O máis preocupante é que están ao alcance da man de calquera que as colla sen protección para aproveitalas. Critican que esta sexa unha situación "por desgraza moi habitual no noso país", porque o lixo non aparece só nunha zona. En calquera monte ou lugar un pouco apartado de calquera localidade pódense atopar refugallos abandonados sen ningún tipo de control. Por iso, instan ao resto das galegas e galegos a que "denuncien situacións similares". Entenden que, desta maneira, se exercerá "presión" sobre as autoridades para que atendan á limpeza e vixien e multes estes comportamentos incívicos. |
NOS_1808 | A titular do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid citou a declarar como investigado o delegado do Goberno estatal na Comunidade de Madrid por permitir as concentracións multitudinarias os días previos á declaración do estado de alarma. | A titular do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid, Carmen Rodríguez-Medel, citou a declarar como investigado o próximo 5 de xuño o delegado do Goberno estatal na Comunidade de Madrid, o galego José Manuel Franco, por permitir as concentracións multitudinarias os días previos á declaración do estado de alarma en Madrid, entre elas, a marcha que o 8 de marzo tivo lugar con motivo do Día Internacional das Mulleres Traballadoras. A maxistrada comezou a investigar o delegado do Goberno após admitir unha denuncia dun particular por un presunto delito de prevaricación administrativa por permitírense manifestacións entre o 5 e o 14 de marzo. A dereita española leva desde entón cargando contra a realización dos actos do 8-M. Marlaska cesa o xefe da Garda Civil en Madrid O ministro do Interior do Goberno español, Fernando Grande-Marlaska, destituíu esta segunda feira, 25 de maio, o xefe da Comandancia da Garda Civil en Madrid, Diego Pérez de los Cobos, por "perda de confianza". Segundo fontes do departamento consultadas por Europa Press, sectores do Instituto Armado relacionan o cesamento cos informes xudicializados e declarados segredos sobre a manifestación feminista do 8 de marzo deste ano en Madrid e a xestión do responsábel de Alertas do Ministerio de Sanidade, Fernando Simón. O propio Simón afirmou esta segunda feira en rolda de prensa estar tranquilo, xa que reiterou que o efecto da manifestación na pandemia non é salientábel comparado co movemento de transporte e actividade diaria da cidade. De los Cobos foi o coordinador do dispositivo policial que actuou con violencia no referendo catalán do 1-O de 2017. |
NOS_27100 | Se eu fose Carlos Boyero escribiría aquí acerca de todas as emocións (ledicia, tristeza, vontade de cantar, desexos de bailar) que experimentei este sábado desde a butaca vendo La La Land. Non o son, tanto ten o que eu pense/sinta!! Ou talvez si, talvez o misterio e o prodixio do cinema consiste niso, en multitude de experiencias persoais, individuais, que se viven nun espazo colectivo, nunha sala escura, e que logo se socializan, se contan, ou se escreben. | Só en pouquísimas ocasións un filme chega a ser un grande evento cultural que trascende o ámbito da cinefilia, un parte-augas, un deses momentos que se poden dicer que marcan un antes e un despois na historia da arte (na historia tamén dun negocio, o cinema éo e carísimo). Sen ser Carlos Boyero anímome a dicer que La La Land fai parte deses rarísimos lances epifánicos e/ou fundacionais, ou sexa, que no futuro habémonos perguntar cando a vimos por primeira vez, que sentimos, se víramos ou non algo antes de Ryan Gosling, que coñecíamos de Justin Hurwitz, que sabíamos da historia de Damien Chazelle, con que engado nos enfeitizaba Emma Stone, digo que o filme ten o pouso do inaugural porque no presente as e os cineastas ollan xa para ese momumento e saben que marca un reto, un desafío, como non o ter en conta á hora de planificar novos filmes musicais que chegarán como unha saga inevitábel (musicais ou non), como incorporar sen que pareza un pastiche a nova narrativa que o filme propón, sabendo que nada é nunca absolutamente novo e que La La Land non sería tal se antes non existise o cinema de Stanley Donen ou Vincente Minnelli ou Woody Allen, Nicholas Ray ou Alfred Hitchcock, que a todos eles de forma directa ou oblicua esta obra eminente homenaxea. Diso realmente vai La La Land, non de homenaxear os clásicos, senón de ser ela propria un clásico La La Land é un canto ao musical clásico, si, mais é, ante todo e sobre todo, unha maxistral declaración de amor ao cinema como arte total, como compendio da pintura, a fotografía, o teatro, a danza, a música... E é un filme feito desde unha voraz ambición artística, non un filme planificado prioritariamente para pulverizar as billeteiras, senón un filme para perdurar, para ollar de igual a igual a An American in Paris ou Singing in the Rain, cimeiras maiores. O tempo, o crítico de cinema máis implacábel, tamén o máis xusto, será o que acabará ditaminando, de aquí a unhas décadas, se o talentoso Damien Chazelle deu materializado ou non o seu soño, o de se colocar á mesma altura que Donen ou Minnelli. Que diso realmente vai La La Land, non de homenaxear os clásicos, senón de ser ela propria un clásico. A miña modesta visión aquí e agora, xaneiro de 2017, é que si, que Chazelle triunfou na empresa. Arríscome, claro, a arrependerme de aquí a dez anos, mais falo desde a emoción primeira, atrapado aínda pola escintilante, deslumbrante, sucesión de imaxes, por unha partitura excelsa e plena de distintos rexistos, ora vibrante ora poética, ora euforizante ora melancólica, a vida mesma no pentagrama de Justin Hurwitz, aponten este nome, este compositor veu para ficar, e si, por que non, por que non soñar en alcanzar algún día o alto patamar en que moraba un Cole Porter, vale a pena intentalo. A factura técnica do filme (formato panorámico, resgate do Cinemascope) abeira a perfección, eses planos secuencia son de visión obrigatoria en calquera escola de cinema A factura técnica do filme (formato panorámico, resgate do Cinemascope) abeira a perfección, eses planos secuencia son de visión obrigatoria en calquera escola de cinema, e logo está o manexo do tempo, un filme excelso é aquel en que nunca sobra nen falta nada, en que todas as secuencias son antolóxicas (niso é superior Singing in the Rain a An American in Paris), en que todo che sabe a pouco, en que non ollas para o reloxo nen un só segundo, en que estás desexando que o filme non acabe. Logra Chazelle todo iso, sinal de mestría só accesíbel para os elexidos, tremendo que acade esa estatura só con 31 anos. Capítulo aparte merece o traballo da actriz e o actor protagonistas. Ambos en estado de graza. Alcanzan un grao de compenetración que remite de imediato para outras duplas míticas. Palabras maiores. Emma Stone, grande na intensidade con que aguanta os planos, ten iso indefiníbel que te obriga a ollar para ela sempre, un pouco o que di Kirk Douglas de Lana Turner en The Bad and The Beautiful. E Ryan Gosling é varios actores nun só. Un pouco Errol Flynn. Un pouco James Dean. Burlón. Atormentado. Non baila como Astaire, tampouco Stone como Cyd Charisse, mais tanto ten, a historia tampouco vai de acrobacias, vai sobre a vida. E, si, a historia non é orixinal. Evoca A Star is Born ou New York, New York, o típico relato dunha parella de talentos que queren triunfar como artistas na devastadoramente competitiva Los Ángeles. Nada que valla a pena comeza de cero nunca. La La Land, tampouco. Porén, estamos ante un filme que abre novos camiños, que sintetiza a tradición e que a moderniza e que, portanto, a supera. Unha obra mestra que convida a cantar e a bailar, mais tamén a pensar sobre que facemos coa nosa vida e para que estamos aquí. Cinema en estado puro. |
NOS_42625 | Ironías da vida, o Ferrol actual do desemprego crónico acolle desde hoxe o V Congreso Europeo de Turismo Industrial. | Sen expectativas nin estabilidade a curto prazo, a cidade foi elixida pola Comisión Europea en setembro pasado sede deste evento de carácter bienal no que se dan cita expertos en turismo, xornalistas especializados, operadores, etc. para, segundo o vicepresidente da institución, Antonio Tajani, amosar "a riqueza industrial de Europa" (sic). Na práctica, e na situación na que se atopa hoxe Ferrol, trátase nin máis nin menos de promocionar a decadencia e o desleixo a respeito do sector naval, con perto de 3.000 empregos perdidos na industria auxiliar nos últimos dous anos. Coincidindo coa celebración do congreso, a Exposición Permanente da Construción Naval –Exponav- inaugurou onte a mostra "Xigantes", na que a través de paneis, maquetas e diverso material audiovidual recupérase a historia dos 38 petroleiros que o estaleiro Astano construíu entre 1964 e 1982, unha demostración do poderío perdido por mor das restricións impostas polo Estado e mais a Unión Europea desde comezos dos anos 80. A exposición, que pode visitarse até o 31 de agosto na sede de Exponav, en Herrerías, faise coincidir co 40ª aniversario dun deles, o máis grande do mundo naquela altura, o "Al-Andalus",de 363 metros de eslora e un desprazamento de 363.000 toneladas de peso morto. Para facérmonos unha idea, o buque militar máis grande construído até o de agora nos estaleiros ferroláns, o "Juan Carlos I", ten unha eslora de 231 metros e un desprazamento de 26.000 Tm. Daquela, en 1974, e até a claudicación do Estado español diante das presións dos países do norte europeu, Astano era un referente mundial no que traballaban máis de 10.000 persoas. Hoxe a penas son 300 e hai xa moitos anos que nas súas gradas non se fai un só barco. |
NOS_35199 | O secretario xeral do PSdeG aludiu a "decisións importantes" do Goberno central con incidencia na Galiza | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, dixo este sábado que el estará "todo o mes de agosto en activo" e reclamou ao Executivo de Alberto Núñez Feijóo que "se poña a gobernar" e que "non siga de vacacións", ante os retos que impón a quinta vaga de coronavirus. Nunha comparecencia conxunta co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral do PSdeG estableceu no ritmo de vacinación e na reactivación económica os dous grandes asuntos que esixen "manter as administracións con total funcionamento" aínda en período estival. Caballero referiuse á denuncia por vía penal que o Colexio de Médicos de Pontevedra interpuxo contra os dirixentes das dúas áreas sanitarias desta provincia para que se depuren responsabilidades pola "saturación" asistencial "Necesitamos un goberno que empece a gobernar. Non pode seguir de vacacións", alertou ao sinalar que os riscos da quinta onda de coronavirus esixen "profundar nun maior control na desescalada", á vez que se pon "en mans dos sectores afectados máis recursos" para impulsar a reactivación económica. Caballero aludiu a "decisións importantes" do Goberno central con incidencia na Galiza, como a implantación da rebaixa das peaxes na AP-9 -que entrou en vigor a pasada quinta feira, en cumprimento do acordo de investidura entre o BNG e o PSOE-, os 25 millóns para rehabilitación do patrimonio ou os 32 millóns de euros que recibirá a comarca ourensá da Limia para a limpeza de canles e mellora dos regadíos. Denuncia dos médicos Así mesmo, referiuse á denuncia por vía penal que o Colexio de Médicos de Pontevedra interpuxo contra os dirixentes das dúas áreas sanitarias desta provincia para que se depuren responsabilidades pola "saturación" asistencial. Por iso, reclamou o reforzo da Atención Primaria para reducir os "15 días de espera" para unha cita, así como manter os profesores de reforzo. "Se queremos reactivar Galiza, hai que cumprir coas competencias", dixo ao subliñar que a comunidade percibirá "máis fondos que nunca". |
NOS_21052 | A vacina contén SARS- CoV-2 que foi inactivada e non pode causar a enfermidade. A vacina tamén contén unha substancia que axuda a fortalecer a resposta inmunitaria á vacina. | A Axencia Europea do Medicamento ( EMA, polas súas siglas en inglés) anunciou que o Comité de medicamentos para seres humanos (CHMP, polas súas siglas en inglés) iniciou a revisión continua da vacina chinesa contra a Covid-19 ' Vero Cell' inactivada, desenvolta por Sinovac Life Sciences, e após ser solicitado por Life' On Srl. A decisión do CHMP de iniciar a revisión continua baséase nos resultados preliminares dos estudos de laboratorio (datos non clínicos) e os estudos clínicos. Estes estudos suxiren que a vacina desencadea a produción de anticorpos que atacan o SARS- CoV-2, o virus que causa o COVID-19, e pode axudar a protexer contra a enfermidade. A EMA avaliará os datos a medida que estean dispoñíbeis para decidir se os beneficios superan os riscos. A revisión continua continuará até que se dispoña de probas suficientes para unha solicitude formal de autorización de comercialización . A EMA avaliará o cumprimento da vacina ' Vero Cell' Inactivada cos estándares habituais da UE en canto a eficacia, seguridade e calidade. Aínda que EMA non pode predicir os prazos xerais, debería levar menos tempo do normal avaliar unha aplicación eventual debido ao traballo realizado durante a revisión continua. Espérase que esta vacina COVID-19 prepare o corpo para defenderse da infección por SARS- CoV-2. A vacina contén SARS- CoV-2 que foi inactivada e non pode causar a enfermidade. A vacina tamén contén unha substancia que axuda a fortalecer a resposta inmunitaria á vacina. Cando unha persoa recibe a vacina, o seu sistema inmunolóxico identifica o virus inactivado como estraño e produce anticorpos contra el. Se, máis tarde, a persoa vacinada entra en contacto co SARS- CoV-2, o sistema inmunolóxico recoñecerá o virus e estará listo para defender ao corpo contra el. |
PRAZA_4317 | As lapas comezaron ás 5 da mañá e todo apunta a que foron provocadas pola explosión dos gases acumulados, que afectou unha zona con restos de amianto. | Un incendio no polémico vertedoiro de Miramontes, en Grixoa (Santiago) mantense activo desde as 5 desta pasada madrugada e nel continúan traballando os bombeiros para extinguir unhas lapas que, segundo contan varios veciños, viñeron precedidas de pequenas explosións provocados polos gases producidos polos residuos acumulados. O incendio está activo desde as 5 da mañá e todo apunta a que xurdiu pola explosións dos gases que provocan os residuos acumuladosO incendio neste vertedoiro volve situar no foco as súas empresas xestoras, contra as que se querelou a Fiscalía de Medio Ambiente hai un ano por un posible delito medioambiental por graves irregularidades e logo das denuncias presentadas polo Concello de Santiago, pola Plataforma de Afectados polo Vertedoiro e mais pola Asociacións Veciñais do Rural de Santiago de Compostela (Ferusa). Segundo denuncia a plataforma de afectados, o incendio vén provocado por algunha das continuas explosións de gas que se producen en días de calor nun vertedoiro que, advirten, ten un proxecto construtivo que non se adapta ao fin para o que foi posto en marcha e que contén "moita máis materia orgánica que a permitida por ese proxecto", o que orixina problemas coma os cheiros procedentes deses gases que "comprometen a seguridade". O incendio, segundo testemuñas, produciuse na zona onde se acumulan restos de amianto, o que "supón aínda maior risco" para a plataforma de afectadosO incendio, segundo testemuñas, tivo lugar na esquina noroeste do vertedoiro e preocupa a veciñanza e á plataforma de afectados por producirse nunha zona onde hai acumulado amianto, o que "supón aínda maior risco". Aínda que con moita menos virulencia xa, o fume puido verse desde varios quilómetros de distancia, aínda que o propio núcleo de Miramontes foi dos menos afectados por uns gases que se espallaron cara a Brins. Desde hai xa anos, veciñanza da zona leva loitando contra un vertedoiro do que a Fiscalía sinala unha xestión que puido supor un posible delito medio ambiental. Así, enumerou unha serie de incumprimentos recollidos nas actas de inspección realizadas pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta, que "demostrarían a súa mala xestión e o perigo potencial para a saúde das persoas e o medio ambiente", destaca a Plataforma.Segundo a Fiscalía, "estaríanse incumprindo todas as prevencións e autorizacións e, por tanto, xerando un perigo para o medio". Ademais, sinala que "os indicios recabados para chegar a esta conclusión son poderosos e proveñen da propia documentación obtida dos organismos oficiais e, por se isto fora pouco, do feito certo de que a poboación está padecendo una situación insoportable de cheiros aos que en ningún caso debería estar exposta, correspondendo ás administracións públicas protectoras do medio ambiente garantir que a súa calidade de vida non se vexa diminuída por unha actividade industrial e lucrativa como é a xestión dun vertedoiro". |
PRAZA_12925 | A Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública chama a un paro de dúas horas este xoves pola mañá para apoiar a folga estudantil convocada na USC contra a suba das taxas, que poderían ascender un 66%, segundo denuncia a Liga Estudantil. Hai manifestacións convocadas ás 12 na Praza do Toural en Compostela e diante da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. | Este xoves dez de maio os e as estudantes galegas están chamadas a unha folga no ensino para protestar contra a política educativa do Partido Popular, a redución das partidas nos Orzamentos Xerais e o Real Decreto-Lei 14/2012, que afecta especialmente ás universidades públicas. Nas mobilizacións non só participarán estudantes, senón de profesores, investigadores e PAS, agrupados na Plataforma Unitaria en Defensa da Universidade Pública (PUDUP) anunciaron este mércores que se sumarán á convocatoria cun paro de dúas hora, que coincidirá co horario previsto (doce do mediodía) para as manifestacións convocadas en dez cidades e vilas galegas. As convocatorias son as seguintes: Santiago de Compostela (Praza do Toural), A Coruña (Praza da Palloza), Ferrol (Praza 10 de marzo), Ourense (Rúa do Concello), Lugo (Biblioteca Intercentros), Pontevedra (Subdelegación do Goberno), Vigo (Praza de América), Burela (Praza da Capitanía), Verín (Praza do Concello) e Vilagarcía (Praza de Galicia). O temor é que o Goberno central e o Goberno galego adopten as decisións definitivas en xuño, nun momento no que é máis difícil realizar unha mobilización masiva e continuada do estudantado e do profesorado universitarios A PUDUP, integrada por colectivos de PDI, PAS e estudantes, así como por numerosas persoas a título individual, decidiu sumarse á folga estudantil, por considerar que as medidas anunciadas son "contrarias ao principio de igualdade de oportunidades e á autonomía da institución académica" e que "prexudican gravemente o modelo de universidade pública". A Plataforma solicita a retirada do RD 14/2012 e o inicio dun proceso de negociación cos reitores das universidades "para dar solución real aos problemas que neste momento ten a universidade pública española"; así mesmo, instan á Xunta de Galicia a garantir "o financiamento público das universidades do sistema universitario de Galicia, sen repercutir a subida dos prezos nos sectores menos favorecidos da sociedade galega". Ademais, saliéntase a escasa eficacia das medidas, que en moitos casos o que conseguirán, unicamente, será limitar a capacidade das universidades de acceder a outras vías de ingreso e financiamento En xeral, todos os colectivos denuncian a falta de rigor do decreto e das medidas anunciadas, a maior parte delas aínda non concretadas con detalle. O temor é que o Goberno central e o Goberno galego adopten as decisións definitivas en xuño ou xullo, nun momento no que é máis difícil realizar unha mobilización masiva e continuada do estudantado e do profesorado universitarios, que se atopan en exames ou co verán moi próximo. Ademais, saliéntase a escasa eficacia das medidas, que en moitos casos o que conseguirán, unicamente, será limitar a capacidade das universidades de acceder a outras vías de ingreso e financiamento; ao impoñerlles un límite de gasto aos centros, estes terán moitas dificultades para participar en concursos competitivos a nivel europeo, onde as universidades obteñen cada ano importantes recursos para proxectos de investigación. Como afirmaba onte Alba Nogueira nunha entrevista en Praza, e como repetiu este mércores na rolda de prensa de PUDUP, "é un intento de cambio de modelo, un intento de privatización das universidades para abrir a educación superior ao mercado privado". Nogueira explicou que "o que dificulta a extensión e proliferación da universidade privada sempre foi o elevado prezo das taxas e a menor calidade do profesorado; xusto o que agora o Executivo pretende cambiar co novo decreto". Suba de taxas A matrícula media roldaría os 1.500 euros en primeira convocatoria, e a partir da cuarta matriculación teríase que sufragar a suposta "totalidade do custe" do crédito (o que implicaría máis de seis mil euros por curso completo) Os sindicatos estudantís denuncian un forte aumento das taxas universitarias, que suporá que a matrícula media rolde os 1.500 euros en primeira convocatoria, e a partir da cuarta matriculación terase que sufragar a suposta "totalidade do custe" do crédito (o que implicaría máis de seis mil euros por curso completo). A Liga Estudantil Galega critica a este respecto que o Goberno estime que na actualizade as matrículas so cobren o 15% do custe dos créditos, xa que "ese baremo (orzamentos dunha universidade por alumnado) non é para nada realista, ao contabilizárense aspectos orzamentarios que nada teñen que ver coa docencia e o progreso académico do alumnado". A Liga sostén que hoxe en día xa se paga máis dun 40% do total do custe total. Ademais, os sindicatos denuncian que se imporá unha diferenciación no pagamento en base ao "custe da titulación", algo que previsibelmente levará aparellado que os prezos nas carreiras experimentais se multiplique. Para Alba Nogueira esta medida en concreto tería o moi negativo efecto de limitar o acceso "a titulacións moi necesarias para a saída da crise" e o cambio de modelo produtivo. Redución dos orzamentos e outras medidas Recórtanse en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia. O recorte en investigación é aínda máis dramático, ao chegar a unha redución de case o 35% En canto aos Orzamentos, recórtanse en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia, unha redución de máis de 600 millóns de euros en programas educativos do Estado. Tamén se reduce en máis dun 10% a partida de bolsas do MEC (166 millóns de euros menos). O recorte en investigación é aínda máis dramático, ao chegar a unha redución de case o 35% en relación ás partidas do ano pasado, 630 millóns de euros menos. Así mesmo, auméntanse as horas lectivas do profesorado en detrimento das titorías, apoio e atención ó alumnado. Ademais, auméntase o tempo necesario para cubrir unha baixa dun docente (agora o mínimo pasa a ser de dúas semanas). Ademais, critícase a previsible masificación das aulas co incremento das cocientes por clase ata un 20%, pasando de 25 a 33 estudantes en primaria e de 30 a 40 en secundaria. |
NOS_8836 | Os populares aplicaron 'rodillo' e deron carpetazo á comisión. BNG, AGE e PSdeG cualifican a decisión de "inaudita" e "humillante" e lembran que responsábeis da desaparición das caixas de aforro non compareceron. | A comisión que naceu para investigar a desaparición das caixas de aforro galegas bota o peche. Así o decidiu o Partido Popular, que fixo valer a súa maioría para dar carpetazo a un organismo que, malia baleiralo de contido re reducilo ao mínimo, non era do seu gosto. Os populares rexeitaron pedir novas comparecencias e nova documentación, tal e como lle solicitaban desde a oposición. Até aquí chegamos, deberon pensar no PP e optaron por botar o ferrollo á comisión. O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, denunciou que "O PP da carpetazo a comisión de Investigación días antes da venda de NCG banco". O nacionalista considera que non hai maior evidencia de que o grupo popular impuxo no seu momento un réxime de 'comparecencias express' buscando a mínima repercusión para logo "meter a comisión no conxelador"."O Partido Popular utilizou a comisión de investigación para que o Goberno e os grupos da oposición se tiren os trastos" e despois utilizar a "súa maioría " á hora de impoñer o relato do que pasou. "A Xunta ten algo que ocultar" Para a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), o peche desta comisión supón un "desprezo" á oposición parlamentar e considera que a Xunta "ten algo que ocultar". O deputado Antón Sánchez considera que, así as cousas, AGE non participará na ponencia da comisión das caixas. "Estamos fartos do escurantismo que o PP aplica, nega información e calquera iniciativa da oposición", conclúe Antón sánchez, "así que non ten sentido participar desta farsa". O portavoz socialista, Abel Losada, denuncia a "nula vontade política" para que compareza Feijóo para explicar "por qué faltou á verdade no Parlamento" ao denunciar falla de información no traspaso de poderes. |
NOS_33535 | Acto institucional polo cuarto aniversario do 1-O en Barcelona co Executivo catalán en pleno. Nel, Pere Aragonès comprometeuse a culminar a independencia. | "Este Goberno declárase herdeiro do referendo do 1-O, e comprométese a continuar o camiño cara á independencia", proclamou esta sexta feira o presidente da Generalitat, Pere Aragonès, acompañado do resto do Executivo no acto institucional polo cuarto aniversario do referendo de autodeterminación en Catalunya, que decorreu no recinto da Maternitat (Barcelona). Para culminar ese proceso, "Catalunya volverá votar", aseverou o president, incidindo en que "o referendo é inevitábel, sábeno as catalás e cataláns, e sábeno o Estado", salientou. Aragonès definiu ese día como "un dos momentos máis relevantes da nosa historia", ao vencellar o pobo catalán o "seu futuro ao exercicio da democracia, algo inimaxinábel sen a forza colectiva". Porén, proseguiu, "a resposta do Estado foi violencia, represión, xudicialización, prisión e exilio forzoso", explicou, rememorando unha xornada que deixou 991 persoas feridas a mans da Policía, segundo datos do Departament de Salut da Generalitat de Catalunya corroborados por investigacións posteriores. Unha delas perdeu un ollo tras recibir un disparo dunha pelota de foam, e até un de cada catro persoas feridas presentaba traumatismos na cabeza. Esta actuación amosa a "impotencia" do Estado, sostivo Aragonès, que advertiu que "nin a violencia nin a intimidación" van frear as aspiracións de liberdade para que "a cidadanía de Catalunya viva mellor". Ademais, fixo un chamamento a "traballar xuntos" e xerar "grandes consensos", que considera o único xeito de avanzar. Para o seu gabinete, asegurou, eses consensos están claros, "fin da represión e referendo, autodeterminación e amnistía". Un referendo marcado pola represión Os resultados oficiais da votación do 1 de outubro de 2017 revelan que participaron 2.286.217 persoas, un 43% do censo electoral. O 90,2% dos votos válidos expresaron un si á independencia (2.044.038 persoas), o 7,8% optou polo non (177.547) e o 2% decidiuse polo sufraxio en branco (44.913), con 19.719 votos nulos. Todo isto a pesar de que a Policía intentou fechar varios colexios electorais desde primeira hora da mañá por medio da violencia, nun operativo con 6.500 axentes. |
NOS_50879 | Europa observa como Alemaña xestiona o avance da extrema dereita, que durante o último ano lle foi comendo terreo á CDU da chanceler nas distintas eleccións rexionais. Onte, ademais, Dresden conmemorou os 75º aniversario do bombardeo aliado. | A inesperada dimisión esta semana da presidenta da alemá Unión Demócrata Cristiá (CDU), Annegret Kramp-Karrenbauer (AKK), protexida de Angela Merkel para pelexar pola chancelería, trouxo incerteza ao partido nun momento en que a ultradereita non para de comerlle terreo. E abriu un debate interno tras votar con Alternativa para Alemaña (AfD) en Turinxia, onde Die Linke ("A Esquerda") mantívose, por pouco, como forza máis votada. O 2 de xuño de 2019, o presidente do Goberno rexional de Kassel, Walter Lübcke, foi asasinado. Lübcke, da CDU, recibira ameazas previas pola súa posición a prol da acollida de persoas refuxiadas, a maioría fuxindo dos conflitos en Siria, o Iraq e Afganistán. Poucos días despois, o neonazi Stephan Ernst confesou o crime. As ameazas a políticas e políticos de todo o abano ideolóxico incrementáronse nos últimos anos en Alemaña, especialmente tras a crise migratoria de 2015-16. Na sociedade alemá, impulsada por organizacións da esquerda, estendeuse a "cultura da benvida", a Willkommenskultur, ás persoas refuxiadas. E a propia chanceler conservadora Angela Merkel ─un referente para toda a dereita europea─ recolleu esas demandas e abriu as portas de Alemaña. Merkel foi a que cualificou de "imperdoábel" que a CDU en Turinxia votase canda a AfD. A incapacidade para evitar esta votación que rompe co histórico cordón sanitario a partidos da ultradereita, nun país que viu nacer o nazismo, foi unha das razóns que levaron á dimisión de AKK, alcumada en Alemaña como "Mini Merkel". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_32578 | A filial de Sacyr leva 2 anos cos preparativos para reactivar a explotación do xacemento. Suspende a actividade até que teña autorización de vertido de augas. A Fiscalía levou ao xulgado actuacións na mina que podían incorrer en delitos ambientais. | Tungsten, filial de Sacyr, comezou a finais de 2015 cos pasos para reactivar a actividade na mina de San Finx, en Lousame. Un proxecto no que investiu estes dous anos en traballos previos e cun obxectivo: extraer volframio e estaño. Desde un primeiro momento, sectores da veciñanza e colectivos ambientalistas denunciaron irregularidades e impactos desta actividade. Agora, Tungsten vén de anunciar que suspende temporalmente a actividade en San Fins, segundo publica a edición de Barbanza de La Voz de Galicia. Un cese que se debe a que está pendente de que Augas de Galiza autorice o vertido da auga que inunda as galerías, o método empregado para extraer os materiais que procura. A empresa indica que mantén o compromiso co proxecto de explotar San Finx e que o retomará cando se autorice o verto de augas. Adega denunciaba xa en 2016 A mineira Tungsten San Finx SL, do grupo Sacyr, solicitara a Augas de Galiza permiso para verter, previo tratamento, por volta dun millón de metros cúbricos de augas residuais mineiras (procedentes das galerías anegadas e escorrentías das entulleiras) ao rego de San Finx. Denunciba Adega que estas augas, con elevada acidez e contidos de metais pesados, son un importante risco. "Malia a que a empresa insiste en que as augas residuais que pretende verter cumprirán cos límites legais de contaminantes, as analíticas que manexa Augas de Galiza (e que figuran na documentación do proxecto) din o contrario". A comezos de novembro Adega informaba que o Fiscal de Medio Ambiente levaba ao xulgado as "graves irregularidades" atopadas na mina de San Fins, xa que "indiciariamente aparecen elementos que puideran significar a existencia ou o risco indicado nos artigos 325 e ss." do Código Penal. Estes artigos fan referencia aos delitos por contaminar o medio tanto de quen provoca a contaminación como de quen a consinte, castigados con penas de prisión de 2 a 5 anos. |
NOS_28176 | Presentan unha moción nos Concellos para exixir o posicionamento favorábel destes aos principios constitucionais e estatutarios. Aliás, demandan o rexeitamento das corporacións "aos afáns independentistas" do BNG. | O Partido Popular presentou unha moción municipal "en relación ao posicionamento do BNG a favor da ruptura democrática do Estado". A iniciativa, rexistrada no Concello de Monforte insta á corporación municipal a amosar o seu rexeitamento "aos afáns independentistas do BNG" e que "declare o seu compromiso" na defensa, din, "do Estado das Autonomías" instaurado coa Constitución de 1978 ao aseguraren que os posicionamentos do Bloque "non reflicten o sentir maioritario da sociedade galega". A moción presentada pol@s populares subliña na súa exposición de motivos aquelas declaracións públicas en que a organización frontista se manifestou a favor dun "proceso de ruptura democrática co Estado". Neste senso, denuncian o acto político desenvolvido de maneira conxunta por BNG, ERC e Amaiur o pasado 5 de xuño en Compostela. As formacións soberanistas con representación nas Cortes españolas presentaron unha PNL reclamando o "respecto ao exercicio do dereito de libre determinación" para as nacións sen Estado, así como demandaron para estas respecto na convocatoria dun referendo de autodeterminación. Desde o PP sinalan que a representante do Bloque no acto, Rosana Pérez, "defendeu a ruptura democrática das nacións sen estado". Neste senso, a iniciativa presentada polo BNG, ERC e Amaiur contempla o recoñecemento dunha "declaración unilateral" perante a negativa do Goberno español a "unha saída pactada e democraticamente administrada". Rachar cun Estado español que é "un lastre" para Galiza Así mesmo --continúa o texto da moción-- "o pasado 22 de agosto" o "secretario de Organización" do BNG, Bieito Lobeira, "deu un paso máis na súa deriva independentista" ao asegurar que "o Estado español é un lastre do que nos temos que liberar" mentres lanzou un chamamento a participar da manifestación convocada pola fronte nacionalista o pasado 15 de setembro. Tamén así, denuncian desde o Partido Popular, a campaña desenvolvida polo BNG durante o transcurso da Volta Ciclista en que chamaron a visibilizar "simboloxía nacionalista", visaba "facer uso político deste evento" e "publicitarse" para "dar", din, "unha imaxe de afán independentista na Galiza" que, subliñan @s populares, "en nada se corresponde co sentir maioritario da sociedade galega". Durante esta campaña vari@s militantes do BNG foron identificadas pola policía española por portaren bandeiras da patria e pintaren murais ao paso da carreira ciclista en que se podía ler 'Galiza Nación'. Así pois, desde o PP instan á corporación municipal a amosar o seu apio "á pertenza da Galiza a España" para que "non quede dúbida", din, do seu rexeitamento aos "afáns independentistas amosados polo Bloque". |
NOS_42175 | O documento recolle 185 medidas para reverter a situación das linguas minorizadas. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o Secretario Xeral de Kontseilua reuníronse co presidente da Real Academia Galega, Victor Freixáns | En decembro de 2016 o Kursaal donostiarra acollía centos de axentes e cidadáns chegados de diferentes territorios de Europa, entre eles Galiza, para a presentación oficial do Protocolo de Donostia de garantía dos dereitos lingüísticos. Un documento, continuidade á Declaración Universal dos dereitos lingüísticos de 1996. Un traballo froito dun proceso de acordo desenvolvido nos anos previos por diferentes grupos de traballo, combinando os enfoques científico, académico e social, para construír unha ferramenta que permita reverter a situación das linguas minorizadas e construír unha Europa baseada na igualdade entre as comunidades lingüísticas. "Somos 40 millóns de persoas, no continente europeo, as que temos unha lingua propia diferente das oficiais dos Estados", lembraba naquela altura Pilar García Negro, membro do comité científico do documento. Esta quinta feira, 20 de abril, o Protocolo de Donostia presentouse á Real Academia Galega. Paul Bilbao, secretario xeral do Kontseilua, a entidade responsable da comisión de seguimento do Protocolo; a profesora Pilar García Negro; e Marcos Maceira e Xela Armas, presidente e responsable comarcal na Coruña da Mesa pola Normalización Lingüística mantiveron un encontro co presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. En declaracións aos medios após esa xuntanza, Marcos Maceira cualificou esta como "frutífera", destacando a intención da RAG en traballar para que o documento teñan unha "práctica real" e non fique simplemente nun protocolo teórico. Para Paul Bilbao, as medidas incluídas no Protocolo, "deberían" de ser asumidas "polos poderes públicos" de ter "verdadeiramente unha vontade para garantir os dereitos fundamentais da cidadanía". O presidente do Konsteilua explicou que o documento contempla toda unha serie de achegas e medidas en diferentes eidos e que cada territorio debe "adaptar á súa realidade". O documento toma como punto de partida o principio de que os dereitos lingüísticos son individuais e colectivos e enumera 185 medidas para protexer o cumprimento da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), e que abranguen desde os ámbitos da educación e da comunicación ao socioeconómico e o da administración pública. O protocolo establece a constitución dunha comisión de seguimento para supervisar a súa. O galego é unha das linguas obxecto de atención canda o éuscaro, catalán, bretón, tártaro, galés, húngaro, irlandés, saami ou occitano, entre outras. Pola tarde, o Protocolo de Donostia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, o o secretario Xeral de Kontseilua presentaranlle ao presidente do Parlamento de Galiza o Protocolo. |
NOS_1803 | O Pleno aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que lle pide ao Goberno unha "proposta alternativa e sustentábel" para depositar eses residuos. | "O Parlamento Galego acorda demandar da Xunta a elaboración, conforme á normativa vixente e ás directrices existentes a respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentábel para o depósito dos lodos procedentes do dragado do Lérez, de tal forma que se garanta que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, nomeadamente a ría de Arousa". Eis o texto aprobado por unanimidade no Parlamento da Galiza esta quinta feira a raíz dunha proposición non de lei presentada por En Marea. A declaración prodúcese após unhas semanas nas que desde sectores produtivos, veciñais e de defensa do territorio se advertira de mobilizacións se finalmente eses lodos ían verterse nun punto situado a 2 millas de Sálvora e 3,7 millas de Ons, ambas as dúas illas do Parque Nacional Illas Atlánticas. "Un despropósito", denunciaba en conversa con Sermos Galiza Xaquín Rubido, Xocas, presidente da Plataforma en defensa da ría de Arousa. Para Miguel Iglesias, patrón maior de Rianxo, "o do vertido dos lodos é outra espada riba da cabeza do sector do mar, e xa non eran poucas" Desde a Consellaría do Mar negouse desde o primeiro momento que estes lodos fosen contaminantes e criticou o "alarmismo" xerado en torno a estes vertidos. |
PRAZA_9880 | Fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado polo fascismo ao pouco de comezar a guerra civil, loitou ata exhumar o seu corpo en 2005 e foi o primeiro asinante do proceso aberto en Bos Aires contra a ditadura. Morreu con case cen anos sen atopar a xustiza que tanto procurou. | Darío Rivas botou décadas exixindo xustiza para seu pai, alcalde de Castro de Rei asasinado en 1937 e cuxo corpo logrou recuperar case 70 anos despois, en 2005. Un lustro máis tarde, un 14 de abril de 2010, presentou ante a xustiza arxentina unha querela por xenocidio e crimes de lesa humanidade contra a ditadura ante a nulidade e falta de progreso das causas abertas contra o franquismo en España. Como primeiro asinante, xunto a Inés García, iniciou unha causa que foi medrando e acumulando milleiros de casos de represaliados, torturados, desaparecidos e asasinados durante o réxime de terror.Fillo do alcalde de Castro de Rei asasinado polo fascismo, logrou exhumar os restos de seu pai en 2005 e en 2010 asinou a querela arxentina contra o franquismoA piques de cumprir cen anos, este galego universal e pioneiro faleceu este luns na Arxentina, agardando aínda pola xustiza que buscan el e milleiros de familiares. Nado en Castro de Rei en 1920, ata o seu último día reclamou a reparación de seu pai, Severino Rivas, republicano, con nove fillos e asasinado aos poucos meses do comezo da guerra civil. O mesmo home que pedía sementes na cidade para que os seus veciños plantasen centeo na aldea, que repartía carne entre os máis necesitados tras a matanza ou que improvisou unha escola na súa casa xunto a outros mestres. Por estas e outras solidarias accións como alcalde da localidade foi asasinado por falanxistas en Portomarín. Darío xa non estaba con el. Con nove anos marchara a Bos Aires, onde se reencontrou cunha irmá que xa emigrara. Xa perderan a nai había tempo. Con 17 anos enterouse do asasinato.Malia que xurou non volver pisar a súa terra, acabou volvendo coa súa dona. Non recibiu explicación ningunha da Administración nin da Igrexa para dar cos restos do pai e buscou e recompilou toda a documentación posible para demostrar o que toda a contorna sabía: que fora asasinado, "por traizón á patria" e "por comunista", como xustificaron os fascistas. Durante unha visita a Portomarín logrou falar con veciños, que non só recordaban o que fora alcalde de Castro de Rei, senón que sabían exactamente o lugar onde o mataran, contra a capela de Cortapezas. Mesmo falou co neno que foi obrigado a velar o seu corpo. O cura non deixou poñer lembranza nin placa ningunha. Darío Rivas recompilou documentación e pelexou ata poder desenterrar a seu pai en 2005Non se rendeu nunca. Pelexou, apañou toda a documentación posible e xunto a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) logrou a exhumación de Severino Rivas, o 19 de agosto de 2005. O seu corpo foi enterrado no panteón da familia e o fillo engadiu unha pequena placa: "Papá, descansa en paz. Te lo pide tu niño mimado, Darío". Pero Darío non descansou. Non podía. Cinco anos despois de enterrar a seu pai impulsou a querela arxentina, que malia os avances segue bloqueada e atrancada polo Estado español, que non atende a requirimento ningún da xustiza arxentina. El asinouna para pedir que se procurasen os nomes e enderezos dos membros dos gobernos existentes entre o 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, así como dos mandos militares, da Garda Civil, de Seguridade e da Falanxe no mesmo período. Consideraba a demanda que os seus delitos son imprescritibles baixo o criterio de xustiza universal e a pesar da lei de Amnistía de 1977. "O de España non se pode comprender, que demorase tantos anos en enxuizar os crimes da guerra", dixo Darío nunha das últimas homenaxes que recibiu da emigración galega na Arxentina, onde advertiu de que "España segue a gobernarse coas leis de Franco". "Era o faro e exemplo de todos, é o que nos seguirá mobilizando na busca de xustiza", din desde a Federación de Asociacións Galegas na Arxentina"Obtivo en vida o que buscou, atopar a seu pai, pero foi por máis e acompañou o resto dos querelantes. Era o faro e exemplo de todos, é o que nos seguirá mobilizando na busca de xustiza", dixo este martes Diego Martínez Duro, presidente da Federación de Asociacións Galegas na República Arxentina. "Era un home dunha vitalidade envexable e cunha sede de xustiza que nos movía a todos", insistiu.Desde a ARMH, Carmen García Rodeja, a súa voceira en Galicia, destaca a "loita incansable" e o "amor á humanidade" de Darío Rivas que o fixo "acredor dos afectos entre todos os que o coñeceron". "Adquiriu o compromiso de estar alí onde o requirían, portando a dignidade de alquén que sempre estivo en pé", insistiu quen recorda que unha das súas últimas accións foi entregar a Angela Merkel nunha visita oficial unha carta esixindo ao seu goberno reparación polos crimes do exército alemán xunto a Franco. En 2014, a Deputación de Lugo homenaxeuno e entregoulle unha placa na que lle agradecía a súa "defensa dos Dereitos Humanos e a súa loita en defensa dos represaliados e familiares das vítimas da represión franquista"."Adquiriu o compromiso de estar onde o requirían, portando a dignidade de quen sempre estivo en pé", di a ARMH Darío dicía sempre que non buscaba castigo, senón que os culpables quedasen sinalados como tal e que os fusilados virasen en "heroes", como el mesmo era considerado entre os que vían como, con case un século ás costas, seguía buscado xustiza e reparación. Os que o coñeceron, como nalgunha das súas últimas visitas a Galicia, quedaban impresionados pola súa enteireza, a súa intelixencia e a emoción que desprendía de todas as súas lembranzas, coas que emocionaba tamén a seus interlocutores. Entre bágoas acabaron varios algunha intervención ante xornalistas. Sempre cun sorriso, buscou a paz a través da xustiza. E marchou agardando por ela. |
NOS_33586 | O Indicador do Foro Económico da Galiza deu a coñecer novos datos sobre conxuntura económica que confirman un retroceso. | A actividade da economía galega deu unha importante freada na súa evolución este comezo de ano, segundo o indicador do Foro de Conxuntura Económica da Galiza. Os datos indican que rexistra un valor interanual de -4,7%, o que supón un retroceso respecto ao mes de decembro de -3,1%. O comportamento máis destacado do exercicio, cunha taxa superior a 20%, é a produción de turismos. Mentres, o comercio exterior mostra taxas de crecemento interanual negativas, en especial no que ten que ver coas importacións, cunha caída que chega a ser superior a 15%. Confírmase que a economía empeora Para o Foro Económico, esta caída de máis de punto e medio en relación ao mes de decembro reflicte un retroceso no primeiro mes do ano "que confirma o empeoramento da conxuntura que arrinca no mes de novembro como consecuencia das medidas de contención adicionais". Foi neste mes, lembran, cando a actividade volveu resentirse despois da melloría experimentada no verán e a comezos de outono. Por tanto, 2021 arrinca "marcado polos efectos da denominada terceira onda da pandemia da Covid-19, con claras repercusións en todas as economías". Crise de envergadura descoñecida "Asistimos a unha crise dunha envergadura descoñecida, polo que o seguimento no moi curto prazo a partir de cada mes da actividade económica dá conta das oscilacións en todas as variábeis recollidas na análise que fai o indicador", apuntan desde a entidade. O Foro Económico da Galiza creouse en 2010 como unha plataforma de transferencia de coñecementos en materia económica desde as empresas e universidades á sociedade. |
NOS_27572 | Erguer fará unha consulta simbólica en centros de 20 comarcas galegas para que o estudantado poida expresar a súa opinión sobre unha lei que a organización estudantil considera nociva para o ensino público. | Este 20 de outubro máis dunha trintena de centros de ensino de 20 comarcas diferentes acollerán un referendo simbólico para que o estudantado exprese a través do voto a súa opinión a respecto da LOMCE. "É unha consulta simbólica na que chamamos o estudantado a votar si ou non a esa lei e así que se visibilice a opinión real que este ten da LOMCE", explica Iria Figueroa responsábel nacional de Erguer, a organización estudantil que impulsa este referendo. Figueroa lembra que ao longo e todos estes meses o estudantado xa veu amosando o seu rexeitamento a esta lei, quer a través de greves, quer a través de mobilizacións. Unha oposición que amplía ao conxunto da comunidade educativa, como o profesorado ou mesmo as familias. "En Galiza deuse a abstención máis alta do Estado na asistencia ás reválidas", sinala. A marxinación do galego, as reválidas, a introdución da relixión como materia que computa na media,... son algunhas das cuestións que Iria Figueroa cita para explicar a oposición na comunidade educativa a esta lei. Unha lei que a Xunta non dubidou en aplicar cando podía optar por non facelo, como decidiron outros territorios. "O goberno galego preferiu seguir os ditados do PP de Madrid a ter en conta o que opinaban profesorado e alumnado galegos", conclúe. |
NOS_20899 | A aparición de novos papeis de Bárcenas que apuntan directamente ao presidente do Goberno fai medrar as diferenzas na dereita española, con Esperanza Aguirre pedindo responsabilidades e o presidente da Xunta vixiando os acontecementos | A espiral de escándalos que abalan o PP nos últimos tempos continúa a medrar baixo a sensación de que o máis grave mesmo está por coñecerse. O partido que máis poder acapara desde a reforma constitucional de 1978 é tamén o máis salpicado por casos de presunta corrupción, nunha situación só algo comparábel á que tivo lugar no PSOE no treito final do felipismo. Mais ao contrario do ocorrido coa outra formación sistémica do bipartidismo estatal na primeira metade dos noventa, nesta ocasión o PP non conta cun líder forte e respectado de forma unánime dentro das súas propias ringleiras, polo que as tensións internas non deixan de aumentar e suxiren a posibilidade dun auténtico estoupido no Goberno se, como parece, o ex tesoureiro Luis Bárcenas continúa a desvelar novas ilegalidades cometidas polo partido nas últimas dúas décadas, durante as cales Mariano Rajoy case sempre ocupou altos postos orgánicos e no Executivo. As tensións internas non deixan de aumentar e suxiren a posibilidade dun auténtico estoupido no Goberno se, como parece, o ex tesoureiro Luis Bárcenas continúa a desvelar novas ilegalidades cometidas polo partido nas últimas dúas décadas Semella que desde dentro do PP tamén hai sectores que pretenden a caída do seu líder. A nunca totalmente pechada cuestión sucesoria ábrese máis que nunca ante un horizonte de enorme inestabilidade interna. Volven aparecer quinielas e escenificarse actitudes. Os ollares diríxense dirixen cara varios cadros altos, como a vicepresidenta Soraya Sáenz, o ministro Ruíz Gallardón, a cabeza da formación en Madrid, Esperanza Aguirre e tamén cara ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outros. Aguirre foi a máis dura nas súas declaracións mentres a versión oficial de Rajoy continúa a ser unha mestura de negación -o xa vello "todo é mentira, agás algunha cousa"- e silencio. "España necesita que o noso partido estea limpo, que o diga e que o demostre. E se houbo corruptos, temos que descubrilos e denuncialos con máis forza da que poida empregar a Xustiza. Se houbo irregularidades no financiamento hai que recoñecelas, explicalas e presentarse ante os cidadáns con toda a sinceridade e con toda a limpeza", afirmou a ex-presidenta da Comunidade de Madrid, coa mira claramente posta en Rajoy, acusado agora con papeis de cobrar miles de euros ilegais cando era ministro de Aznar. E Feijóo? Quere manterse visíbel como posíbel substituto de Rajoy se chega a crise total. Con esa intención, mantén un perfil intermedio que o poida situar como solución admisíbel por todos os sectores do PP, para o cal tamén precisa que se esqueza xa o Caso Dorado. "Hai enormes contradicións neste asunto, que leva xa cinco anos e vai sendo hora de que se coñeza o veredicto da Xustiza", dixo o líder do PP galego, que tamén se sumou sen entusiasmo á versión oficial pero deixando portas abertas ante a posibilidade de que esas "contradicións" logo poidan rematar nos tribunais noutra cousa moi distinta á que defende agora un acurralado Rajoy. |
PRAZA_3496 | Un home de 49 anos, ingresado no CHUAC, acudiu a Urxencias o luns con síntomas que se podían relacionar coa enfermidade. O doente, que se atopa grave pero estable, reside en Madrid e viaxara á cidade herculina para unha entrevista de traballo. O Sergas destaca que todas as persoas que tiveron contacto con el están identificadas e que o virus "non está a circular por aquí" | O doente, que se atopa illado dende o luns, foi probablemente contaxiado en Madrid, dende onde viaxou á Coruña para unha entrevista de traballoUn home de 49 anos, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), é o primeiro caso de coronavirus en Galicia. O paciente, residente en Madrid, acudiu o pasado luns á unha do mediodía a Urxencias atopándose mal e con síntomas que podían relacionarse con esta enfermidade, unha pneumonía bilateral nun contexto clínico de infección vírica. Non procedía de ningunha das zonas de risco, pero o tipo de pneumonía que presentaba obrigou á adopción de medidas especiais. Así, remitiuse unha mostra ao Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda para confirmar ou descartar a doenza. Este mércores ao mediodía vén de ser confirmada a presenza do coronavirus.O Sergas destaca que "aínda que temos un caso, podemos seguir dicindo que aquí non circula o virus", en referencia a que o contaxio non se produciu en GaliciaO doente, que se atopa illado dende o luns, foi probablemente contaxiado en Madrid, dende onde viaxou á Coruña nun coche compartido para acudir a unha entrevista de traballo. O paciente, que non presentaba patoloxías previas, atópase grave pero estable e non se atopa ingresado na UCI, senón nunha unidade hospitalaria convencional. Os responsables do CHUAC destacan que o seu estado non variou nas últimas 24 horas. Un total de 11 empregados do hospital que tiveran contacto con el ao atendelo tamén foron postos en illamento nos seus domicilios como medida de protección, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Ningún deles presenta síntomas.Nunha rolda de prensa que tivo lugar a primeira hora desta tarde, o subdirector xeral de Epidemioloxía, Xurxo Hervada, destacou que "aínda que temos un caso, podemos seguir dicindo que aquí non circula o virus", en referencia a que o contaxio non se produciu en Galicia. A este respecto, a Dirección Xeral de Saúde Pública iniciou xa o estudo de contactos para previr novos contaxios. Todas as persoas coas que este home mantivo contacto nos "1 ou 2 días" que permaneceu en Galicia foron xa censadas para a adopción de medidas de control que eviten a expansión da enfermidade. Nas últimas semanas rexistráronse en Galicia un total de 142 casos sospeitosos, dos que ata agora 141 deran negativoHervada explicou que nas últimas semanas rexistráronse en Galicia un total de 142 casos sospeitosos, dos que ata agora 141 deran negativo. Neste senso o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, quixo agradecer o "excelente traballo" que están a levar a cabo os profesionais do Sergas, dende o 061 ata o persoal de atención primaria, pasando polos profesionais de medicina preventiva. Así mesmo, felicitou ao persoal do CHUAC "pola súa rápida actuación" na detección deste caso e na adopción de medidas de prevención."Estamos aínda na fase de contención, temos aínda a posibilidade de evitar a expansión do virus e a súa propagación á poboación", destacou a xefa de servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área sanitaria da Coruña, María José Pereira.Sanidade ten xa preparado un plan de continxencia ante a posibilidade de que a enfermidade se estenda, un escenario que aínda está lonxe de producirseO conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, lembrou que o Sergas xa reforzou nos últimos días con 60 profesionais os equipos destinados ao control e diagnóstico da enfermidade. Ademais, anunciou que a Consellería de Sanidade ten xa preparado un plan de continxencia ante a posibilidade de que a enfermidade se estenda e afecte a máis persoas no noso país, un plan de continxencia e de reforzo da atención hospitalaria -lembrou- semellante ao que se elabora antes de cada campaña estacional da gripe. Con todo, destacou que este escenario de propagación da enfermidade aínda está lonxe de ser unha realidade.Entre as recomendacións do Sergas tamén figura a "especial protección" para o persoal sanitario, procurando evitar no posible os eventos multitudinarios con traballadores da sáude, como poden ser os congresos ou xornadas profesionais. Neste senso, nas últimas horas a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) anunciou o aprazamento das xornadas tiña previsto desenvolver a finais de marzo en Monforte de Lemos.No conxunto do Estado Español son xa preto de 200 os positivos confirmadosNo conxunto do Estado Español son xa preto de 200 os positivos confirmados, que chegan a case todas as comunidades autónomas (todas, agás Murcia e Aragón). Madrid é o territorio que presenta máis casos activos, cun total de 76.O SERGAS estableceu un protocolo específico para as persoas que sospeiten terse contaxiado co coronavirus. Sinala que é importante que se contacte por vía telefónica con servizos sanitarios (no 061) para que un equipo, formado por persoal de enfermería e persoal auxiliar, poda recoller mostras para analizar no seu domicilio, evitando en caso de infección a propagación do virus. Polo tanto, pide que se evite ir en primeiro lugar a un hospital ou centro de saúde. Ademais, como medida de prevención xeral, recoméndase lavar as mans con frecuencia con auga e xabón cando menos durante 20 segundos e despois do contacto con secrecións respiratorias; así mesmo, tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar cun pano desbotable ou co interior do cóbado. |
NOS_14531 | A plataforma cidadá critica que o único plan feito polo goberno da Xunta nestes tres anos sexa unha simple descrición de medios "para actuar en augas tranquilas, litorais e recollidas". Para alén da sinalada está prevista outra manifestación que se fixará ou o 13 de novembro, cando o Prestige mandou a primeira mensaxe de alerta, ou o 1 de decembro, para revivir a primeira gran mobilización | Case dez anos despois, este 16 de outubro comeza o xuízo oral da causa aberta pola marea negra que o petroleiro Prestige causou ao afundir fronte á costa galega. Cadrando co inicio do macroproceso, a plataforma cidadá Nunca Máis! xurdida en 2002 para manifestar o rexeitamento da cidadanía ao "abandono" e o "desleixo" dos gobernos galego e español, ambos os dous en mans do PP, vén de convocar unha concentración no recinto feiral de ExpoCoruña. Exixirán que as declaracións das máis de 2 mil persoas perante a maxistratura culmine coa atribución das correspondentes "responsabilidades". Nunha conferencia de prensa ofrecida esta sexta feira en Compostela, da cal fixeron parte entre outr@s Uxía Blanco, Isabel Risco, Bieito Lobeira, Rafa Vilar e Xaquín Rubio, representantes da plataforma recalcaron que decidiron presentarse como acusación particular porque "non debe haber espazo para a impunidade". O colectivo fixo un chamamento a todas as persoas que fixeron parte nas manifestacións historicas de 2002 e 2003 para que volvan ás rúas para repetir a estampa dun berro único contra a inoperancia do PP. Para alén da xa confirmada, está prevista outra manifestación. Será ou ben o 13 de novembro, cando o Prestige mandou a primeira mensaxe de alerta, ou o 1 de decembro, para revivir a primeira gran mobilización do Nunca Máis. No manifesto que fixeron público achéganse "dúbidas máis que razoábeis" sobre se a día de hoxe sería evitábel outra marea negra, polo que consideran un compromiso "ineludíbel" para os gobernos galego e español garantír que se realicen "balances transparentes" e abordar "as carencias que persisten aínda" no eido da seguridade marítima e da protección do litoral. Cómpre lembrarmos que nin estas competencias nin aqueloutras que regularían a loita contra a contaminación mariña están aínda transferidas á Galiza, e que a lexislatura do PP que vén de rematar foi a primeira en que o noso país non só non conqueriu novas competencias senón que moitas nin se desenvolveron. Din @s voceir@s de Nunca Máis que o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galiza "non garante os medios suficientes para evitar outra catástrofe", sendo unha simple descrición de medios "para actuar en augas tranquilas, litorais e recollidas". Dubidan na plataforma que esta ferramenta contemple polo menos unha estratexia de coordinación que cumpriría de se producir outra marea negra como a de 2002, cando máis de 60 mil toneladas de fuel ficaron deitadas nas nosas costas. |
NOS_24003 | O PP rexeitou tomar en consideración a iniciativa lexislativa apoiada por máis de 22 mil docentes e defendida pola CIG. | O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu esta terza feira (10 de marzo) a toma en consideración da ILP para a restitución dos dereitos laborais e salariais do profesorado galego. A iniciativa lexislativa contou coa adhesión de 22.918 mil persoas. Porén, a forza maioritaria da Cámara, o Partido Popular, rexeitou a súa tramitación argüíndo que a proposta era, en realidade, "unha emenda á totalidade" á política educativa do PP. Neste senso, embora contaren co voto favorábel das forzas da oposición e co apoio da maioría d@s docentes galeg@s, o Parlamento nen sequer dará trámite á ILP. E non se trabucaba a voceira popular, María Soledad Piñeiro cando asegurou que o debate xiraba arredor de "dous modelos educativos". Certamente, as intervencións no salón de plenos do Pazo do Hórreo evidenciaron dúas formas de entender o ensino. O PP defendeu que o seu modelo educativo é "innovador", "versátil" e "equitativo" E é que, mentres Louzao denunciou a "mercantilización" e "privatización" do ensino que están a supor os sucesivos recortes orzamentarios e a aplicación dun novo marco normativo exemplificado na LOMCe, desde o Partido Popular defenderon a súa aposta no que definen como un "modelo innovador", "versátil" e "equitativo" que, dixo María Soledad Piñeiro, foi "avalado" até en dous procesos electorais pola cidadanía. Da ILP presentada pola CIG-Ensino desde as bancadas populares aseguraron que reflicte unha "visión tremendista" e "destrutiva" que "non se sostén". "Non existiu, existe ou existirá un ataque ao ensino público" aseverou Piñeiro. Mais desde a central sindical nacionalista e as forzas da oposición retrucaron con datos as afirmacións populares. Para alén da taxa de reposición imposta por vía legal, Anxo Louzao deu conta das perto de 4 mil xubilacións que non foron cubertas nos últimos anos provocando a destrución de miles de postos de traballo entre @s docentes. Aliás, sinalou, "máis de 300 unidades escolares" foron suprimidas como tamén escolas rurais ou programas educativos encamiñados á poboación do interior do país, como Pre-escolar na casa. Anxo Louzao deu conta das perto de 4 mil xubilacións que non foron cubertas nos últimos anos provocando a destrución de miles de postos de traballo entre @s docentes Así mesmo, desde a CIG-Ensino lembraron a política laboral que está a aplicar a Consellaría de Educación co profesorado e que deixa se a metade do salario durante os primeiros tres días de baixa a aqueles ensinantes que teñan unha baixa por enfermidade corrente ou accidente non laboral. Para alén, de que moitas destas ausencias non están a ser cubertas. Así é que exixiron un Estatuto da función docente que restitúa os salarios e pagas extraordinarias suprimidas en 2010, tamén a actualización do salario do persoal docente "cando menos" igualándoo á suba do IPC, a supresión das taxas de reposición e a dotación do persoal preciso, quer docente quer administrativo, para facer fronte ás necesidades escolares. Tamén, exixiron a retirada daquelas normas que consideran "perniciosas" para os dereitos do profesorado e a calidade do ensino, a comezar pola LOMCE. A CIG ispe o programa electoral do PP Mais aí, o PP non amosou disposición. "Queren converter os profesores en delegados sindicais" afirmou ao tempo que situou Galiza como o territorio do estado onde a ratio de estudantes por aula é inferior. María Soledad Piñeiro defendeu a xestión e política educativa do seu partido lembrando os resultados electorais de 2009 e 2012. Resultados que presentou como "aval". Mais, Anxo Louzao espiu o programa electoral do PP na quenda de réplica. "Iso é gañar mais con trampas", asegurou dando leitura a algúns dos puntos que compuñan as promesas populares en canto ao ensino. "Non afogar Pre-escolar na casa", "aumentar a escolaridade no rural", "avanzar na redución da ratio de alumnos por aula", "mellorar a consideración social dos mestres", "reducir os horarios ao profesorado maior de 50 anos", explicou. "Cumpriron isto?". |
NOS_26301 | O goberno británico avisa o executivo escocés que, despois da consulta de 2014, non haberá outra nos vindeiros 15 anos. | Despois de comentarios e ruxe-ruxes sobre a posibilidade dun segundo referendo de independencia, a primeira ministra de Escocia e líder do SNP, Nicola Sturgeon, comprometeuse a que a cuestión dunha nova consulta estaría no programa do partido para as eleccións de 2016 ao Parlamento escocés. Sturgeon avanzou que o programa incluiría cales serán as "circunstancias e os termos" nos que se convocaría un novo refrendo. A primeira consulta tivo lugar en setembro de 2014 e nel o 45% dos votantes apoiaron a independencia fronte a un 55% que apostou en manter Escocia dentro do Reino Unido. A derrota, porén, non fixo senón aumentar as filiacións e expectativas de voto do SNP. Mais a primeira ministra escocesa non é partidaria de precipitar unha segunda consulta. A votación faríase só se hai un apoio amplo á independencia. As últimas enquisas de opinión apontan a que a opción independentista atinxiría nun novo referendo entre o 48 e o 53% dos votos (porcentaxe superior á de 2014). O 'Non' Dos aspectos a ter en conta para o novo referendo están nos "termos", como quen terá capacidade de decidir que hai que facer esa consulta. O SNP ten claro que é algo que corresponde exclusivamente ao "pobo de Escocia". Moi diferente é a postura do goberno británico e os partidos que apoian da 'unión'. O secretario de goberno británico para Escocia, David Mundell, avisou que durante os vindeiros 15 anos non habería referendo. Mais Edimburgo non tira a toalla. Mesmo hai no SNP quen indica que se non se producen os traspasos de competencias que Londres se apresurou a prometer na campaña do 'Non' á independencia, abriría á porta para a consulta. Información tirada de Nationalia. |
NOS_31765 | O BNG rexistra iniciativas no Congreso para coñecer os compromisos alcanzados entre o Goberno do Estado e o executivo portugués tras o cumio hispano-luso decorrido en Trujillo. No máis concreto, o deputado Néstor Rego, quere saber se se tratou de maneira específica a conexión ferroviaria da Galiza co norte de Portugal e se o executivo estatal incluirá nos orzamentos partidas suficientes para levar a cabo o novo trazado e o impulso da modernización da liña ferroviaria Vigo-Porto. | Na rolda de prensa posterior ao cumio hispano-luso que reuniu na quinta feira os presidentes do Estado español e portugués fíxose pública a aposta polo tren e o transporte sostíbel. Porén, non transcenderon compromisos concretos de investimento nin acordos sobre prazos. "O presidente de Portugal mencionou nas súas declaracións que unha das súas prioridades en materia ferroviaria era a conexión Vigo-Porto", apunta o BNG nun comunicado de prensa. "A nivel ministerial tamén puxeron o exemplo dos avances que xa está en redacción o estudo informativo do proxecto da saída sur de Vigo, proxecto que leva sen avances significativos desde 2007", mais non fixou prazos, lamenta a formación nacionalista. Pedro Sánchez, xefe do Executivo español, "esqueceuse de citar a conexión do Eixo Atlántico mais si nomeou a conexión Madrid-Lisboa". Por este motivo, o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, quere saber se durante o cumio, ambos os Estados trataron de maneira específica nas conversacións a modernización da conexión ferroviaria, tanto de persoas como de mercadorías, entre Vigo e Porto. Mesmo pregunta sobre se o Executivo español rectificará e incluirá nos orzamentos partidas específicas suficientes para acometer as obras de modernización e a adquisición de máquinas e vagóns mellores, así como a ampliación de frecuencias. "A modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto é vital por tratarse dunha infraestrutura estratéxica para a vertebración das conexións entre a Galiza e o norte de Portugal", explica Rego nun comunicado de prensa no que expresa que "os continuos retrasos na execución e o esquecemento do Goberno do Estado nos OXE de 2022 non contribúe a esa aposta que os dous presidentes anunciaban sobre o transporte sostíbel". O deputado do BNG advirte de que proxectos como a saída sur de Vigo, a supresión dos pasos a nivel, a mellora do trazado e a dotación con sistemas de seguranza máis avanzados "continúan sen contemplarse e sen ter partidas suficientes". O nacionalista considera "imprescindíbel" a modernización e a mellora do servizo desta liña e afirma que debe ir acompañada tamén da integración da liña de mercadorías Vigo-Porto no Corredor Noroeste, garantindo o acceso a fondos europeos para o seu financiamento". Engade que isto implicará unha mellora nas conexións de media distancia da Galiza, vertebrando o territorio e conectando a área metropolitana de Vigo coa comarca do Baixo Miño. |
PRAZA_20405 | O Consello da Cultura acolleu dous días de debates que xuntaron unha trintena de representantes de todos os idiomas que se falan en España. "É preciso un maior esforzo e unha decidida aposta gubernamental para acadar os compromisos adquiridos", sinalou Rosario Álvarez. | O Consello da Cultura Galega acolleu este xoves e venres un Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias, centrado principalmente no seu impacto no Estado español, buscando abrir un espazo para a reflexión respecto do cumprimento dos compromisos adquiridos nos artigos 7 a 13 da Carta. O encontro xuntou unha trintena de representantes de todas as linguas que se falan en España: amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán (Aragón, Cataluña, Illas Baleares, Murcia e País Valencià), éuscaro (Navarra e País Vasco), fala, galego (Asturias, Galicia, Castela e León), leonés e portugués (Estremadura). "Estamos moi lonxe do cumprimento dos compromisos subscritos polo goberno español coa ratificación da Carta", destacou Rosario Álvarez O foro rematou coa lectura dunhas conclusións provisionais que indican, en palabras de Rosario Álvarez -vicepresidenta do Consello da Cultura Galega- que "estamos moi lonxe do cumprimento dos compromisos subscritos polo goberno español coa ratificación da Carta". As conclusións insisten na necesidade dunha maior divulgación social e recoñecemento institucional deste documento aprobado polo Consello de Europa en 1992, así como na importancia de encontros de debate para dar a coñecer a situación real de cada unha das linguas faladas. As conclusións diferenciaron a situación das linguas oficiais da das non oficiais (entre elas o galego de Asturias e Castela e León). Con respecto das linguas non oficiais, o encontro serviu para constatar a necesidade do seu recoñecemento a nivel oficial para a súa supervivencia, así como o incumprimento por parte do goberno central dos seus dereitos lingüísticos. No caso das linguas oficiais, púxose de manifesto que as eivas detectadas no cuarto informe do Comité de Expertos (que analizou o período que vai do 2010 ao 2013) se manteñen e mesmo chegan a empeorar nalgúns casos. Tamén responsabiliza ao Goberno central de non asumir como "causa propia a defensa e a promoción da diversidade lingüística" a que os obrigan os compromisos adquiridos coa ratificación da Carta. Os avances, grandes ou pequenos, que se teñen producido débense ás actuacións dos gobernos autonómicos ou locais de acordo ao seu ámbito competencial. As conclusións responsabilizan o Goberno central de non asumir como "causa propia a defensa e a promoción da diversidade lingüística" a que os obrigan os compromisos adquiridos coa ratificación da Carta Entre as disposicións presentes nos artigos referidos da Carta están, por exemplo, "a necesidade dunha acción decidida de promoción das linguas rexionais ou minoritarias co fin de salvagardalas" (artigo 7), "prever que unha parte substancial do ensino sexa asegurado nas linguas rexionais ou minoritarias afectadas" (artigo 8), "prever que os poderes xudiciais, a demanda dunha das partes, conduzan o procedemento nas linguas rexionais ou minoritarias" (artigo 9) ou "procurar que os axentes da administración que están en contacto co público empreguen as linguas rexionais ou minoritarias nas súas relacións coas persoas que se dirixen a elas nestas linguas" (artigo 10). Dous días de debate Nas dúas primeiras sesións expúxose a situación das linguas non oficiais onde representantes de asociacións de falantes, investigadores e outros expertos describiron un panorama desigual: unhas teñen falta de uso, sobre outras ata hai algunha investigación, outras contan con diccionarios.... Con todo, os relatorios explicaron que estas linguas comparten dous denominadores comúns moi claros: a minusvaloración por parte dos gobernantes así como un incumprimento do artigo 7 da carta europea para as linguas Rexionais ou Minoritarias. Noutras cinco sesións abordáronse as linguas oficiais atendendo a artigos concretos da Carta: na xustiza, nas administracións, nos servizos públicos e tamén nas actividades e servizos culturais e na vida económica e social Noutras cinco sesións abordáronse as linguas oficiais atendendo a artigos concretos da Carta: na xustiza, nas administracións, nos servizos públicos e tamén nas actividades e servizos culturais e na vida económica e social. Ademais, no Foro estivo presente o xefe da Secretaría da Carta Europea para as linguas Rexionais ou Minoritarias, Sitxo Molina que explicou o funcionamento deste departamento e a monitorizacion da carta. A xornada rematou coa exposición das liñas de actuación nesta materia por parte de institucións como o Instituto Ramón Llul ou o Instituto Vasco Etxepare. Elsa Quintas Alborés analizou a situación do galego no ámbito da Xustiza Entre as intervencións relacionadas co galego, podemos destacar a de Elsa Quintas Alborés (A Mesa pola Normaliación Lingüística), que analizou a situación do galego no ámbito da Xustiza ou Héctor Silveiro, que explicou o estado actual do galego en Castela-León ou da Fala en Estremadura. |
NOS_20810 | Os "aliados" existen. Mozos e homes que se senten apelados polo feminismo, que son conscientes de que ostentan certos privilexios dos que non gozan as mulleres do seu redor e que queren desprenderse da "mochila de machismo" que cargan desde que naceron. Como facer para activalos? | Desa pregunta parte "Intermodal", a actividade interdisciplinar que este mes se desenvolve no espazo da Normal da Universidade da Coruña, e coa que as persoas coordinadoras queren reflexionar e facer reflexionar sobre desigualdades de xénero, roles e novas masculinidades. "Os homes, mesmo aqueles sensibilizados co tema, non se implican no feminismo da maneira na que o fan as mulleres. Elas participan, len, reúnense… Eles, nos máis dos casos, limítanse a declararse feministas e non facer nada. Quedan como están", razoa o psicólogo Julio Quintas, coordinador xunto con Patricia Carballal desta iniciativa, que mañá á tarde (18 horas) ofrece unha sesión centrada no urbanismo e o xénero, aberta a inscricións e gratuíta. Segundo explica, para salvar esa eiva nacen as propostas de "Intermodal", que abranguen desde disciplinas artísticas, como a música ou o teatro, ou lúdicas, como o baile informal, ao planeamento do territorio. "Nón se trata só de desmontar roles, senón analizalos desde o lúdico desde as emocións e non só desde perspectivas intelectuais, que tamén", expón o coordinador, que busca fórmulas para atraer públicos masculinos a unhas actividades con afluencia maioritariamente feminina. A xornada de mañá prepara unha dinámica sobre planificación urbana e territorio arredor da configuración da vivenda, do barrio ou da cidade a través da perspectiva de xénero. Roles asignados As alternativas que achega o urbanismo son só un dos exemplos que 'Intermodal' propón para revelar como o xénero ten implicación directa nas vidas. O día 18, o programa ofrece outra perspectiva, a través da sesión de danza "Baila, baila, bendito". "Pensámolo como unha forma de entrar nos roles clásicos. Eses papeis, que nos veñen asignados socialmente, poden verse a través do baile, do movemento, das cancións e mesmo dos xestos da cara, porque, en efecto, movémonos distinto, pero é algo aprendido", adianta o coordinador. Esa mesma idea presidiu a sesión "Á espera dos novos homes" que, a través de dinámicas teatrais, quixo desenmascarar clichés de xénero que se repiten en películas e series de ficción. A actividade, explica Quintas, rematou coa representación de Esperando a Godot: "Porque, como na obra, seguimos agardando por ese home feminista que non acaba de chegar". |
NOS_33416 | Nunca utilizado até o de agora, o polémico vehículo custoulle ás arcas públicas 350.000 euros e foi adquirido, após a aprobación da Lei de Seguranza Cidade, en 2014. | A unidade antidisturbios da Policía Nacional só dispón dun vehículo destas características. Está equipado con 7.000 litros de auga e está concebido para disolver as masas. Desaparecido por espazo de dúas décadas, o camión con canón de auga foi reintroducido ao abeiro da Lei Mordaza e a súa reaparición provocou duras críticas por parte das entidades defensoras dos dereitos humanos e as liberdades cívicas. Interior afirma que o seu envío é preventivo e que non contempla o seu uso. Porén, o noticia do seu desprazamento -que non pasou desapercibido para moitos automovistas, algúns dos cais gravaron vídeos do vehículo en marcha- mostra até que ponto o Estado reforza o perfil represivo da súa estratexia en Catalunya. O camión con canón de auga xa está no porto da Zona Franca de Barcelona a acompañar os miles de vehículos policiais desprazados por Interior a Catalunya nos últimos días. |
PRAZA_10863 | Berta Dávila gañou o XXXI premio de novela García Barros con 'Carrusel', que publicará Galaxia este outono e do que o xurado salientou a depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes | Berta Dávila gañou o XXXI premio de novela García Barros con 'Carrusel', que publicará Galaxia este outono e do que o xurado salientou a depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxesO premio de novela García Barros, que convoca cada ano o Concello da Estrada, recaeu na súa XXXI edición, na autora compostelá Berta Dávila. O xurado elixiu gañadora a súa obra 'Carrusel' destacando no fallo "a depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes" que contribúen á achega "dun mundo interior gobernado pola sensualidade e a autenticidade dos sentimentos".A Editorial Galaxia publicará 'Carrusel' este outono, no que vai supoñer o agardado regreso ao mercado editorial dunha escritora que en 2014, con apenas vinte e seis anos, foi recoñecida autora do ano pola asociación galega de editores tras a publicación de dúas obras de indiscutible éxito de público e crítica: a súa última novela ata a data, 'O derradeiro libro de Emma Olsen' (Premio Repsol), e o poemario 'Raíz da Fenda', recoñecido co prestixioso Premio da Crítica Española.Que nos podes avanzar sobre 'Carrusel'?'Carrusel' é unha novela que pode inscribirse dentro do que ás veces se chama autoficción. Nese sentido, parte dunha voz narrativa en primeira persoa que, ademais, é unha escritora. En concreto unha escritora que enfronta unha etapa na que non é quen de escribir, que é unha situación complicada para calquera que escribe.Experimentaches ti mesma esa situación? É certo que hai seis anos xa da túa última novela."Ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe, e supoño que iso conta a novela"Experimenteina, si, supoño que é o punto de partida da novela. A escritora protagonista decátase de que ten que encarar as súas sombras persoais para poder escribir, como se dalgún xeito esas sombras se interpuxesen entre ela e a escrita, e iso é o que fai no libro. Ela está afectada por unha doenza mental que se lle impón, e que é unha circunstancia que non tratou nunca nos seus outros libros. Decide facelo neste. A experiencia da maternidade e da doenza, así como a perda de seres queridos importantes, haberá de resignificar a vida que lle resta por vivir e tamén a que xa viviu, e daquela elabora unha reconstrución do seu percurso vital e da súa relación co tío Carlos, afectado pola mesma enfermidade, tratando de tender fíos cara unha historia familiar e persoal que a axude a entender e a entenderse no pasado e no futuro. Pero ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe, e supoño que iso conta a novela.O xurado destaca o uso na novela "da lóxica das matemáticas como ancoraxe racional do incomprensible". Faise constante referencia a conceptos ou obxectos como: números perfectos, carruseis, caixas de música, eixes xeográficos de ida e volta que determinan percursos vitais... a propia novela ten en si mesma a necesidade de constituírse nunha sorte de engrenaxe perfecta. A que se debe isto?"Hai algo moi neurótico no meu xeito de escribir e de medir as palabras e os textos. Non sei se é un rasgo de estilo ou se é o meu xeito de afrontar o traballo ou a vida en xeral"Hai algo moi neurótico no meu xeito de escribir e de medir as palabras e os textos. Non sei se é un rasgo de estilo ou se é o meu xeito de afrontar o traballo ou a vida en xeral. Paréceme precisa a palabra engrenaxe. As matemáticas, os números, as cousas que funcionan cunha lóxica mecánica, como as caixas de música, son conceptos que me fan sentir a salvo de algo que me sobrepasa. Son ancoraxes. Funcionan así na novela, como lugares seguros.A idea do carrusel tamén parece un pouco obsesivaTi cres? Por que?Dá voltas sobre si mesmo unha e outra vez, sempre coa mesma melodía...Todo o que se repite pode ser obsesivo, agás cando estás subida na roda, supoño. Daquela o que xira é todo o resto"A doenza pode ser tan hereditaria como a culpa ou a literatura. Nese sentido aparece a idea do carrusel, como un xoguete perverso no que todos xiramos repetíndonos, os membros da familia, algúns destinos"En todo caso este título, 'Carrusel', achéganos algunha outra pista acerca do libro?Cústame moito poñer títulos. A novela afonda na familia como entidade primeira na que se asenta a identidade, e nesa identidade inicial, de estrea, está tanto o hereditario como ambiental. A doenza pode ser tan hereditaria como a culpa ou a literatura. Nese sentido aparece a idea do carrusel, como un xoguete perverso no que todos xiramos repetíndonos, os membros da familia, algúns destinos. Pareceume unha idea que empaquetaba ben este libro, o xiro, a roda e o xogo.Había seis anos que non publicabas unha novela, dende a exitosa 'O derradeiro libro de Emma Olsen', gañadora do premio Repsol de Novela Breve en 2013. Daquel tempo é tamén o teu último poemario, 'Raíz da Fenda', que che valeu o premio nacional da crítica... Sentes vertixe por este regreso á exposición pública?"O éxito é algo moi relativo. Non sinto vertixe no que se refire a ningunha desas cousas, o que sinto con este libro creo que é algo de medo por como o entendan os lectores"O éxito é algo moi relativo. Non sinto vertixe no que se refire a ningunha desas cousas, o que sinto con este libro creo que é algo de medo por como o entendan os lectores. Non por ningunha desas cousas que mencionas, a verdade, senón polo que esta novela significa. Falo de corazón cando digo que significa moito para min, non é unha pose. Apetéceme moito que chegue a mans dos outros. Escribimos para que nos lean.Que significa entón esta novela para ti?Un lugar. Precisaba atopar o meu sitio no carrusel.E atopáchelo?Hai que ler o libro para sabelo.Antes falabas da autoficción, un termo bastante habitual nos últimos tempos. Véñenme a cabeza autoras e autores como Annie Ernaux ou Emmanuel Carrère, que parten do persoal para crear ficción, como parece ser o teu caso en 'Carrusel'. Que achega de novo respecto a 'O derradeiro libro de Emma Olsen'? Interésanme moito os autores que comentas. Tamén, por outros motivos, algunhas cousas que fai Amélie Nothomb e algunhas cousas que fai Juan José Millás. Para min as novelas son artefactos que serven para contar cousas que me urxe contar por razóns que moitas veces me son esquivas. 'O derradeiro libro de Emma Olsen' é o xeito que atopei de falar de como ser capaz de trazar unha liña e pasar ao outro lado. 'Carrusel' conta outra historia, e creo que debía contala así. Non procuraba que fose novidosa, procuraba que fose honesta.Falabamos de vertixe ante a inminente aparición da nova novela, pero polo de agora cando menos xa gañou un premio de prestixio. Que supoñen os premios nunha carreira literaria como a túa? Supoñen que o texto se converta en libro a curto prazo, e tamén comportan unha achega económica. Son dúas cousas se cadra evidentes pero non por iso deixan de ter importancia. Alén diso, son consciente de que os premios dependen de moitas cousas ás veces azarosas, e síntome moi afortunada nese aspecto.Era o García Barros primeiro ao que te presentabas con 'Carrusel'?Non, non foi o primeiro ao que presentei 'Carrusel'. Tamén foi finalista do Xerais en xuño.'Carrusel' editarase antes de que remate o ano, e por esas datas está prevista tamén a aparición da novela gráfica que adapta Emma Olsen. que nos podes contar dese proxecto?A novela gráfica sairá un pouco máis adiante. Eu estou particularmente contenta co traballo que está a facer Pablo Prado, creo que vai ser unha edición moi chula. É moi bonito que o que foi novela se adapte a outros formatos, amplía a experiencia do libro e do personaxe.Empezaches a publicar moi nova polo que a estas alturas tes xa unha obra moi consistente, composta ademais por novelas, relatos, poesía... Botando unha ollada ao conxunto da túa carreira como escritora, como te ves?"Unha vez dixéronme que hai que escribir os libros que non podemos evitar escribir. Iso é 'Carrusel'"Son consciente de que son moi afortunada polas cousas que aconteceron arredor dos meus libros últimos. Eu entendo o traballo de escribir como un oficio, case como unha artesanía. Nese sentido para min é un proceso íntimo, case físico, de indagación, que se fai libro a libro, e diría que palabra a palabra, así que non me observo moito nun sentido global como escritora nin teño unha avaliación que facer sobre min que inclúa conceptos como "carreira". Escribo e trato de facelo de forma rigorosa. E faime moi feliz. Unha vez dixéronme que hai que escribir os libros que non podemos evitar escribir. Iso é 'Carrusel'. |
NOS_47667 | Mestres de Primaria e Infantil son os grupos máis numerosos | A Consellaría de Educación convocou 2.628 prazas para as oposicións deste ano para 61 especialidades. O grupo máis numeroso é o do Ensino Secundario, con 1.171 prazas de 29 especialidades, desde Matemáticas (136 postos, o máis numeroso) a Portugués (4). Séguelle en importancia numérica a convocatoria de mestres e mestras e complétase con 300 postos de promoción interna. "Non imos apoiar esta OPE (Oferta pública de emprego), pois non cumpre o que pediamos no seu momento: saber as prazas que corresponden verdadeiramente aos procesos que vai haber este ano", manifesta a Nós Diario Suso Bermello, secretario nacional de CIG-Ensino, o principal sindicato no ensino público galego. O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, Jesús Álvarez Bértolo, trasladou esta sexta feira os datos da convocatoria aos sindicatos. Mais non os convenceu. Todas as centrais presentes na xuntanza -CIG, UXT, CCOO, CIG, ANPE- mostraron o seu rexeitamento ao proceso, se ben desde posicionamentos non sempre coincidentes. "Negociación seria" Bermello asegurou que, na actual situación creada pola modificación que prepara o Ministerio -e que buscaría facilitar o acceso á función docente do persoal interino- e o anuncio da Consellaría, deberían pórse riba da mesa "todas as cifras que darán lugar aos diferentes procesos selectivos". Na terza feira a Xunta anunciou que este ano fará dous procesos de acceso á función pública docente: un mediante o sistema tradicional e outro que se rexerá por concurso de méritos, este último previsto para o último trimestre de 2022. "O que esiximos á Xunta, con carácter inmediato, é coñecer os criterios dese concurso excepcional. Cando vexamos cantas prazas, avaliaremos o conxunto", insistiu. Unha decisión que, segundo explicou, débese a que, "nalgunhas especialidades, a cifra que se presenta nesta convocatoria é practicamente igual á dos interinos, polo que algunhas persoas poderían perder o seu posto de traballo". "Unha situación extraordinaria require unha negociación seria e global", resumiu. Temporalidade Pola súa parte, José Fuentes, de Comisións Obreiras, solicitou "o maior número de prazas posíbel" e seguir traballando en reducir a taxa de temporalidade, á vez que afirmou que "non se pode negociar a oferta tal e como a traen, sen datos globais". Sandra Montero, de UXT, cualificou a convocatoria de "apresurada". "Sería máis lóxico esperar a que se publicase o Real decreto, sobre todo sabendo que a convocatoria afecta 2021 e 2022", explicou. Ademais, solicitan a eliminación da taxa de reposición, "o que permitiría a baixada de cocientes nas aulas, que ten un resultado positivo". "Igual que o resto de compañeiros, pedimos que se nos acheguen todos os datos das prazas que se van a ver afectadas por ese real decreto, para que podamos facer un estudo e achegar aos docentes os datos globais", concluíu. A ter en conta: 2.628 As prazas convocadas neste ano 2022 para as oposicións de Educación. 87% son de novo ingreso e as restantes de promoción interna. 950 Prazas para o corpo de mestres e mestras. Educación Primaria, 250, é a que maior número ofrece; seguida de Infantil, con 180. 1.171 Prazas para Ensino Secundario. Matemática (136), Inglés (125) e Lingua Galega e Literatura (115) son as que máis postos ofertan. 45 Prazas para as Escolas oficias de idiomas (EOI). O inglés (30) atesoura o maior número de prazas, mentres que para francés hai 7 e para galego, 6. 8 Son as prazas que saen nesta oposición para Artes Plásticas e Deseño. 144 Exceptuaranse desta convocatoria 144 prazas en total correspondentes ás especialidades do extinguido corpo de profesores técnicos de FP, segundo informou a Xunta. 7% Como é normativo, reservarase unha cota de 7% do conxunto para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou su |
NOS_23723 | A venda de vehículos de segunda man medrou 4,7% na Galiza en 2021 mentres que as novas matriculacións descenderon 17,4%. | A Galiza leva anos padecendo o problema da perda de poboación, cun saldo vexetativo negativo, ao producirse máis falecementos que nacementos. Algo similar parece estar acontecendo co parque móbil, cada vez máis avellentado. En 2021, as vendas de vehículos novos experimentaron unha caída interanual de 17,4%, con 25.149 unidades vendidas. Foi o terceiro maior descenso de todo o Estado, por detrás dos da Rioxa (19%) e Euskadi (18,3%). Pola contra, segundo avanzou onte a Asociación de Comerciantes de Vehículos (Ancove), a venda de coches de segunda man ascendeu no mesmo período 4,7%, alcanzando as 121.380 unidades vendidas. Aínda que o incremento é o segundo menor do Estado, só superando ao de Catalunya (3,2%), o dato máis salientábel é que catro de cada cinco coches que se venden no país son usados. As vendas de vehículos novos representan tan só 17,2% do total, un feito que ten moito que ver coa crise de compoñentes que está a afectar ao sector da automoción ─a fábrica de Stellantis en Vigo acumula numerosas paradas por falta de compoñentes─ á que se suman os problemas na loxística internacional, con aumentos significativos nos prazos de entrega. Prezos á alza Este incremento da demanda de vehículos de segunda man ten consecuencias no propio mercado. Por unha parte, a oferta de vehículos é cada vez menor, xa que parte dos coches que se comercializan son os que entregan os condutores e condutoras cando adquiren un automóbil novo no concesionario e os que chegan adoitan ser máis antigos. Por outro lado, esa caída da oferta está a favorecer un incremento dos prezos. O prezo medio destes vehículos (dato de setembro) é de 9.900 euros, 2,8% superior ao do mesmo período de 2020. Esa suba, segundo apuntan desde Ancove, concentrouse nos turismos máis antigos, os de máis de oito anos, que presentan un prezo medio de 7.543 euros. Risco para a seguridade Hai unhas semanas, o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, incidía nunhas xornadas sobre seguridade vial da "necesidade" de frear o avellentamento do parque móbil e puña o foco no mercado de segunda man. "Interésanos renovar para evitar a compravenda de vehículos. Non pode ser que haxa transferencias e compravendas de vehículos de grande antigüidade", alertaba o responsábel da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). En especial, Navarro amosaba a súa preocupación polo auxe das vendas do denominado "coche mileurista", vehículos de segunda man moi económicos, precisamente pola quilometraxe ou a antigüidade, dous parámetros que os afastan dos niveis de seguridade que presenta un coche moderno. Para reverter esta situación, o director xeral de Tráfico instaba ás Administracións ─tanto a galega como a estatal─ a tomar medidas para incentivar as compra de vehículos novos máis aló dos plans Renove e Moves, aínda que tamén recoñeceu que a incerteza sobre o futuro do sector (electrificación, restricións aos diésel, etc) están a facer que moitos condutores e condutoras adíen a decisión de compra. |
PRAZA_3718 | Dende a pasada semana a entidade do Val Miñor está a publicar vídeos de rapaces e rapazas da comarca que recomendan obras infantís e xuvenís en galego, e que comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigo | Espazo Lectura continúa activo, dende as casas e empregando as tecnoloxías da comunicación para seguir promovendo o libro galegoEspazo Lectura leva 14 anos traballando dende o Val Miñor no fomento e a animación á lectura en lingua galega. Habitualmente conta cunha variada programación, na que destacan as súas sesións de contacontos ou os seus clubs de lectura. Hai dous anos falabamos coa súa presidenta, que reclamaba unha biblioteca de calidade.O coronavirus e o necesario confinamento obrigou a deixar en suspenso boa parte das súas actividades, pero o Espazo Lectura continúa activo, dende as casas e empregando as tecnoloxías da comunicación para seguir promovendo a lectura e a consideración do libro "como elemento socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e o ocio das persoas", como destan na súa presentación.Espazo Lectura está a publicar vídeos de varios e varias Letubers, rapaces e rapazas da comarca que gravan pezas nas que recomendan libros, e que comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigoDende a pasada semana Espazo Lectura está a publicar vídeos de varios e varias Letubers, rapaces e rapazas da comarca que gravan pezas nas que recomendan libros, e que comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigo. Así, Inés recomendounos a divertida lectura de Tres princesas namoradas, de Ángeles Ferrer (Galaxia). Sanabela animou a ler A balada dos unicornios, de Ledicia Costas e ilustrado por Mónica Armiño (Xerais). E Vera fixo o mesmo coas aventuras en banda deseñada de Astro-Rato e Lampadiña, de Fermín Solís (El Patito Editorial).A iniciativa comezou con Comba, que recomendou Animalia, de Xosé Tomás (Xerais). No Día da Poesía Maite recomendou Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro e ilustrado por Xan López Domínguez (Xerais). André fixo o mesmo con Mil cousas poden pasar Libro I e Libro II, de Jacobo Fernández Serrano (Xerais).Ademais, a asociación galega do libro infantil e xuvenil (Galix) convida a participar no concurso "Un poema na túa voz" para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil 2020. Nenos e nenas entre 6 e 14 anos poden enviar os seus audios, gravados co móbil ou no ordenador, nos que lean poemas en galego, tradicional ou de autor e autora. Así mesmo, Galix anima a publicar imaxes nas redes sociais coa etiqueta #euleolix "se estades a ler na casa LIX galega". |
PRAZA_524 | O número de autónomas no país máis de 90.000, supón case o 42% do total, malia que no comezo da crise había 10.500 máis. Autónomos de Galicia pide máis pasos "en materia de igualdade e conciliación" para que esta sexa "real e efectiva". | Galicia é a comunidade autónoma do Estado onde o emprego autónomo feminino ten maior peso. É o que destaca a asociación Autónomos de Galicia (AUGA) na conmemoración do Día da Muller Traballadora que se celebra este domingo. O voceiro da entidade, Lisardo Domínguez, destaca que en xaneiro de 2015 había 90.360 mulleres autónomas, "o que supón un 41,8% do total". A porcentaxe de mulleres autónomas en Galicai é de case o 42%, máis de dez puntos máis que a media na UE Domínguez destaca que "os datos galegos son se cabe máis interesantes se temos en conta que a porcentaxe de mulleres no colectivo en España é de 35,2% e a media da UE é de 31,5%". xa que logo, o dato galego é máis de dez puntos superior ao do conxunto de Europa. Ademais, estas últimas cifras son superadas en todas e cada unha das nosas provincias. Dende AUGA apuntan que "en todas as provincias galegas vencemos a media española e a europea, rondamos a barreira do 40% ou a superamos". A provincia na que as mulleres autónomas supoñen unha maior porcentaxe con respecto ao total de traballadores por conta propia é Lugo cun total de 15.592, o que supón un 42,8%, seguida da Coruña con 37.334 e un 42,6%, Pontevedra, con 27.264 e un 40,9% e Ourense con 10.280 e un 39.8%" Lisardo Domínguez destacou a tendencia ao crecemento de autónomas neste último ano pois "con respecto ao mesmo período do 2014 cando contabamos con 89.608 mulleres autónomas, sumamos en Galicia unhas 752 mulleres máis". "O incremento chegou a rexistrarse en todas as provincias menos en Lugo, única na que tivemos que restar ata 203 traballadoras por conta propia, A Coruña sumou 405, Pontevedra, 400 e Ourense 153", destaca. Hai sete anos, no comezo da crise, había 10.500 mulleres autónomas máis en Galicia Malia todo, AUGA destaca que "a pesar destes datos", non se chega a alcanzar as cifras que se rexistraban antes da crise. "Por xaneiro do 2008 tiñamos en Galicia un total de 100.928, 10.568 máis das que contamos neste ano". "Cremos extremadamente importante que o goberno galego se conciencie do peso que a muller autónoma ten na nosa comunidade e aposte encarecidamente polo colectivo das mulleres autónomas en Galicia", din. Melloras para as autónomas Dende AUGA esixen que "se sigan dando pasos adiante en materia de igualdade e conciliación" e propoñen que "se facilite o acceso á financiamenteo, tanto para as mulleres mozas que se dispoñen a emprender como para aquelas que xa levan anos loitando polo seu negocio e que o Goberno desenvolva o dereito á xubilación anticipada aos 61 anos para mulleres autónomas podendo ser beneficiarias da prestación por cesamento de actividade, fomente plans de continuidade nos negocios para mulleres maiores de 55 anos e aumente as bonificacións existentes nas cotas á Seguridade Social para recoñecemento de altas en caso de todas aquelas que realizaron a súa labor como colaboradoras en negocios familiares". Autónomos de Galicia piden "máis pasos en materia de igualdade e conciliación" para as mulleres En materia de conciliación, o portavoz de AUGA lembrou que pretenden que a conciliación da vida laboral e familiar no colectivo autónomo "sexa real e efectiva" e para iso destacan un proxecto pioneiro que se está levando adiante no Concello de Vilagarcía de Arousa, o Proxecto Equilibrio Balance que ten como finalidade a implantación de medidas e plans de conciliación nas empresas e negocios da zona, "un exemplo no que cremos que se deberan reflexar todos ou a maioría dos municipios galegos". |
NOS_44297 | Defendeu a necesidade de "reconstruír a industria do conxunto do Estado" mais rexeitou recorrer á vía das nacionalizacións para evitar peches. | A situación de Alcoa coouse esta quinta feira no debate da Comisión de reconstrución económica e social do Congreso. O vicepresidente de Dereitos Sociais, Pablo Iglesias, defendeu a necesidade de "reconstruír a industria do conxunto do Estado" mais rexeitou recorrer á vía das nacionalizacións para evitar peches. Pablo Iglesias pronunciouse así tras expor Esquerra Republicana e BNG a posibilidade de nacionalizar fábricas, ante os anunciados peches de Nissan en Cataluña e o Alcoa en San Cibrao. Na súa réplica e aínda que declinou referirse especificamente ao caso desta planta, o vice presidente recoñeceu que "os instrumentos xurídicos están aí" e que "son perfectamente posíbeis coa constitución", mais matizou que non é partidiario dese tipo de medidas. Iglesias rexeitou "nacionalizar perdas para privatizar despois os beneficios" e apelou a non caer "na trampa da dereita" para dicir que este tipo de medidas "son de esquerdas". "Non son necesariamente nin de esquerdas nin de dereitas. Quen nacionalizou Bankia?", lembrou, en alusión ao rescate da antiga Caja Madrid por parte do Goberno de Mariano Raxoi, e vaticinou que "dentro de non moito" sectores contrarios á intervención pública na economía "van pedir que por favor se nacionalice". Para o vicepresidente segundo, a crise demostrou "o fracaso do sistema de deslocalizacións". |
PRAZA_2914 | En Marea debe formar agora un grupo parlamentario propio, que lle dea voz a Galiza nese afastado lugar dende o que se dictan as reglas. Pero Nós debería formar parte dese grupo, ou é que aínda pensamos que a confluencia é inviable? | Penso que nós os galegos, somos un pobo maioritariamente de esquerdas. Incluso penso que somos maioritariamente nacionalistas. O problema radica nas connotacións que carrexa consigo a palabra nacionalismo, e o rexeitamento que en moitas persoas produce. O pasado domingo fomos chamados ás urnas, e votamos en marea coma nunca antes se votara en favor de forzas que teñen a súa orixe na nosa nación, porque moitos estamos fartos de ver como partidos con intereses e obxectivos moi lonxe de aquí, teñen o atrevemento de dicirnos como vivir, sen sequera pararse a preguntar que é o mellor para nós. Eu, humilde ignorante, penso que o nacionalismo é facer política para o noso pobo, loitar polo sector agrario, pesqueiro, gandeiro; loitar pola difusión da nosa cultura, do noso idioma; loitar polos nosos pequenos empresarios, e polos grandes tamén; loitar porque se invista na investigación e desenvolvemento das nosas universidades; loitar porque Nunca Máis a xustiza nos deixe de lado se outro Prestige volve tinguir a nosa belísima costa de negro… En definitiva, loitar porque a vida na nosa Galiza sexa mellor do que xa é. Feita esta reflexión, creo que como nacionalistas estamos deixando pasar unha oportunidade única, ou polo menos non a estamos a aproveitar o suficiente. En Marea debe formar agora un grupo parlamentario propio, que lle dea voz a Galiza nese afastado lugar dende o que se dictan as reglas. Pero Nós debería formar parte dese grupo, ou é que aínda pensamos que a confluencia é inviable? De termos xuntado, seriamos un grupo de oito e non de seis deputados, e cunhas posibilidades infinitas de cara ás eleccións autonómicas do próximo ano. É momento de deixar os nosos egos de esquerdas a un lado. A unión fai a forza, e non hai nada no que teña máis fe que na forza do pobo galego. |
NOS_45397 | A Sala de Vacacións do TSXG conclúe que medida non é idónea porque non impide o contaxio, nin necesaria, polo menos, "no grao que resultaría exixíbel". | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza vén de notificar o auto no que argumenta o fallo adiantado o pasado sábado, polo que se rexeitou a petición da Xunta de autorizar xudicialmente que certos estabelecementos tivesen a obriga de pedir aos clientes o certificado Covid. A Sala de Vacación do TSXG conclúe que medida non é idónea, xa que non impide o contaxio, nin necesaria, polo menos, "no grao que resultaría exixíbel". Sobre a idoneidade da medida, afirman os maxistrados que "se as persoas que foron vacinadas ou padeceron a enfermidade, a pesar de desenvolver inmunidade fronte ao virus, poden ser potenciais transmisoras do mesmo", por parte da Xunta "non se explicou como se evitará o posíbel contaxio de quen accedese ao local amparándose na presentación dun xustificante" de PCR ou test de antíxenos negativa, "que só acredita que no momento da súa realización non eran portadores do virus activo, pero non que gocen de inmunización algunha fronte a este". Baixa eficacia Lembra, así mesmo, que conforme aos datos do Ministerio de Sanidade sobre as distintas comunidades autónomas, "na evolución dos últimos catorce días non hai datos significativos que indiquen unha eficacia da medida adoptada na Galiza, único trritorio no que se veu exixindo o denominado pasaporte Covid". Sanidade debería acreditar con rotundidade que o maior número de contaxios da chamada quinta onda ten a súa orixe nos estabelecementos de hostalaría Ademais, os maxistrados fan seu un argumento para o xuízo de idoneidade xa exposto polo TSJ de Andalucía/Granada: "a medida controvertida estabelece un deber exclusivamente a cargo do cliente, consumidor ou usuario, pero non pesa na mesma medida sobre quen se atope desenvolvendo a súa prestación laboral neses mesmos estabelecementos, de maneira que a medida non permite alcanzar o obxectivo de preservar do virus determinados espazos, pois podería darse o caso de que cumprindo todos os clientes dun local coa exixencia, con todo ningún dos empregados estivese en condicións de cumprila, de maneira que a restrición de dereitos da clientela sería en balde". Demonizar a hostalaría Sobre a necesidade da medida, indica a Sala que se se parte da premisa de que, segundo as previsións de vacinación, o seu avance suporá un importante freo a expansión do virus, "non ten moita xustificación que se implante unha medida como a que se examina", e conclúe que a Consellaría de Sanidade debería "acreditar con rotundidade que o maior número de contaxios da chamada quinta onda ten a súa orixe, precisamente, nos estabelecementos de hostalaría e restauración, en bares, cafeterías e restaurantes". Resaltan os maxistrados na súa resolución que non lles parece "ecuánime demonizar ao sector de servizos de hostalaría estabelecendo agravios comparativos con outras actividades mercantís que se desenvolven en lugares pechados, como son os estabelecementos comerciais ou grandes superficies nos que, a pesar do seu uso masificado, non se exixe para o seu acceso a exhibición de ningún documento de carácter médico". Dereitos fundamentais En relación á postura da Administración, que defende que a medida non afecta os dereitos fundamentais relacionados coa intimidade e a protección de datos de carácter reservado, porque a exixencia do pasaporte imponse para o exercicio de actividades que son voluntarias e porque os datos non quedan rexistrados, nin se arquivan, senón que unicamente exhíbese un documento ante outra persoa, o tribunal esgrime que "precisamente o exercicio voluntario é o propio de todo dereito". "Tamén deambular pola vía pública durante a noite é unha actividade voluntaria e non por iso se aceptou que os toques de queda nocturnos non afecten ao dereito fundamental á liberdade", engaden. En canto á non afección do dereito á protección de datos reservados, porque non se prevé que unha determinada información concernente á saúde sexa nin rexistrada, nin arquivada, senón que só se exixa a exhibición dun documento, "este argumento en ningún caso evitaría -defende a Sala- o risco de afección ao dereito da intimidade, que é máis amplo que o de protección de datos persoais, pois o certo é que se tome ou non se tome nota diso, o cliente tivo que desvelar a un terceiro unha información concernente á súa saúde que tiña dereito a manter reservada para si e o seu círculo íntimo". |
NOS_9884 | "Non hai comentarios diso, non insista". Así zanxou Xosé Luís Méndez Ferrín nunha entrevista na RG as preguntas de Kiko Novoa a respecto da contratación pola RAG de súa filla e de seu xenro. A tensión subiu de ton cando o xornalista lle preguntou polo uso de coche oficial. | Nun tira-puxa entre o xornalista Kiko Novoa e o presidente da Real Academia Galega converteuse a entrevista de hoxe no programa "O día por diante" da RG despois de que o xornalista pregutnase pola contratación a través da institución da filla e o xenro de quen é seu presidente. Foi o primeiro choque nunha entrevista na que o nivel de tensión subiría aínda máis cando o entrevistador se referiu ao uso do coche oficial. "Xa sei que é unha entidade privada, mais financiada con cartos públicos", comezou o xornalista para preguntar pola contratación no cadro de persoal da Academia da filla e xenro do seu presidente. "Non hai comentarios diso, non insista" pechou Ferrín un tema que aínda se tensionaría máis ao lle preguntar Novoa polo uso do coche oficial: "Pero de onde sacou isto? A Academia dispón dun coche para o servizo que forma parte do parque móbil da Xunta de Galiza, é un coche do señor Rueda". "Non insista, home, acabo de contestarlle", repetiu cando o xornalista retrucou coa pregunta. Mais Novoa seguiu sobre o asunto até o punto de poñer notabelmente nervioso ao presidente da Academia, o que el mesmo fixo notar cun: "Non se sente cómodo nesta entrevista?"."Señor Ferrín, é difícil manter a coherencia co independentismo e a súa ideoloxía coa Presidencia da Academia?" espetoulle de novo Novoa ao que Ferrín respondeu: "En absoluto, é fácil. Non é fácil manterse nunha actitude diplomática en sede administrativa, mais non é nada imposíbel. Eu teño excelentes relacións co presidente da Xunta, co actual ministro, e proba é que conseguimos, mediante esas boas relacións e esa diplomacia non ser peor tratada que a vasca e española. Neste momento recibimos o mesmo trato económico, grazas a que as relacións foron boas e se explicou ben a situación".Xosé Luís Méndez Ferrín recoñeceu que o tempo da presidencia se lle está a facer "longo" en especial por ter tido a urxencia de reclamar un "estatus económico" que se mellorou a respecto da situación anterior. Lamentou tamén que a galega sexa da das tres nacionalidades históricas a que menos recibe do seu goberno autónomo.A respecto das críticas pola baixa presenza de mulleres no plenario da Academia, o presidente afirmou que é "unha sensación realmente interesada, todo o mundo sabe que hai unha proporción de mulleres superior á española e francesa pero preséntase como unha academia machista". |
NOS_21585 | O soberanismo suma 12 actas en Euskadi e Nafarroa. O PNV recupera unha representación da que non gozaba hai 15 anos. O PP volve quedar fóra do reparto e Vox tampouco entra. Castigo a PSOE e Podemos, que baixan en votos e escanos. | O PNV mellorou os resultados en Euskadi grazas a acta que sumou en Bizkaia, a cuarta por esa circunscrición, o mesmo que todas as demais forzas xuntas, co 35% dos apoios. Ni Gipuzkoa ni en Araba cambiaron as asignacións de actas do 28A. Mais si en Nafarroa, onde Bel Pozueta alcanzou un escano para EH Bildu. A formación que lidera Arnaldo Otegi chegou aos 276.519 nas catro circunscricións. O PNV sumou 377.423 para obter 7 cadeiras no Congreso, o seu mellor resultado desde 2004. Euskal Herria Infogram As enquisas non se equivocaron. O nacionalismo vasco recupera posicións diante de Podemos, que perdeu un escano e 53.000 votos nas catro circunscricións, e do PSOE, que cedeu un escano por Nafarroa, o que gaña EH Bildu. Máis alá do reparto de actas entre as catro principais formacións en competición, Navarra Suma, a marca do PP, volveu gañar en Nafarroa e conseguiu manter os dous escanos. Porén, o PP volveu quedar fóra do reparto en Araba por segunda convocatoria consecutiva. A dereita fica reducida á representación de Navarra Suma, mentres os dous grandes partidos estatais á esquerda, Podemos e PSOE ceden apoios. Como no resto do Estado, a dinámica parece ser a de castigo as dúas forzas que non conseguiron formar Goberno despois do 28A e, en paralelo, un reforzo do nacionalismo polo desafío que o Estado mantén coas forzas independentistas catalás. Precisamente EH Bildu, nesta campaña chamou primeiro á unidade das forzas soberanistas das nacións sen Estado e, despois, Otegi volveu convidar a Podemos a poñerse detrás destas forzas se o que quere e confrontar co Réxime do 78. Podemos, lonxe das vitorias de 2015 e 2016 O resultado das votacións ao Congreso subliña a demanda de Otegi. Podemos quedou por detrás de EH Bildu por primeira vez despois de ter gañado as estatais en Euskadi en 2015 e na repetición de 2016. Pola súa banda, o PSOE, que parecía recuperado das derrotas naqueles mesmos anos, volve baixar en votos despois dun bo resultado en abril. Vox, como na Galiza, segue fóra do reparto de escanos e, no caso de Euskadi, o seu crecemento foi insignificante. O PP apañou todo o voto de Ciudadanos, pero a dereita non dá para máis e o recambio de Javier Maroto, a número un por Araba, Marimar Blanco, só sumou cincocentos votos máis que Maroto hai seis meses. |
PRAZA_16936 | O titular da Xunta evita valorar o impacto da polémica, que a oposición aproveita para lembrar a súa relación con Marcial Dorado. Varios dirixentes do PPdeG ovacionaron a dirixente madrileña pouco despois do estourido do escándalo | "A veces cométense erros e eses erros teñen unha transcendencia pública, os políticos sabemos que erros que na vida privada son erros difíciles de xustificar, na vida pública son absolutamente inxustificables". Así valorou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a dimisión da presidenta da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes, polémica que vén sendo aproveitada pola oposición en Galicia para lembrar, tamén agora, a súa cando era número 2 da Consellería de Sanidade co contrabandista Marcial Dorado. No seu momento o propio Feijóo atribuíu a súa relación con Dorado a un "erro" de xuventude e, ao igual que fixo este mércores Cifuentes, denunciou a existencia dun suposto plan para amedrentalo coa ameaza de imaxes comprometedoras. O titular da Xunta evita valorar o impacto da polémica na imaxe do PP galego, do que destacados dirixentes chegaron a ovacionar en pé á presidenta madrileña Tanto este mércores, en declaracións nada máis coñecerse a dimisión de Cifuentes, como este xoves, na súa rolda de prensa semanal, Feijóo valorou como "correcta" e "procedente" a decisión de dimitir da súa compañeira de partido, cuxas primeiras explicacións considerou suficientes cando eldiario.es comezou a desvelar as numerosas irregularidades na obtención do seu máster. Este xoves a Feijóo preguntóuselle se considera lóxico que Cifuentes tivese que dimitir polo roubo hai sete anos dunhas cremas nun supermercado e non pola polémica do máster, pero o presidente eludiu a pregunta. Tampouco contestou Feijóo á pregunta de se estes feitos están a prexudicar a imaxe do PP, non só en Madrid senón tamén no resto do Estado, incluída Galicia. Un PP no que destacados dirixentes, tamén galegos como a presidenta do Congreso, Ana Pastor, ou o portavoz no Senado, José Manuel Barreiro, chegaron a ovacionar en pé a Cifuentes na convención do partido celebrada en Sevilla, tal e como divulgou o propio PP de Madrid. Dirixentes populares, entre eles varios do PPdeG, ovacionan a Cifuentes na convención do PP A resposta do presidente galego a esas dúas preguntas foi que a decisión de dimitir de Cifuentes é "a máis dura que pode adoptar un político" e que as polémicas que a arrodearon "non eran sobre a súa xestión" á fronte dos seus cargos públicos senón por cuestións persoais. |
NOS_32501 | A área sanitaria de Vigo foi a máis afectada hoxe con 8 falecidos, catro dos cales residían no xeriátrico de Salvaterra do Miño. A Consellaría de Sanidade aclarou que os decesos tamén se corresponden cos da fin de semana que non foran contabilizados. | Fontes da Consellaría de Sanidade informaron hai uns minutos do falecemento de 21 persoas afectadas pola Covid-19. Este número tan elevado de falecementos fai que Galiza superara xa a fronteira do milleiro de vítimas desde que comezou a pandemia. Estes decesos, que igualan en número aos producidos a pasada segunda feira 2 de novembro, fan que a cifra total de pasamentos estea nas 1.009 galegas e galegos. No entanto, as autoridades sanitarias advertiron que nestes 21 decesos contan tamén aquelas doentes finadas durante a fin de semana e que aínda non entraran nas listaxes de danos do virus. Cando menos oito das e dos afectados, residían en xeriátricos de toda Galiza, pero aínda falta que a consellaría concrete algúns datos. Os pasamentos decorreron por todo o país, dándose catro no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Alí faleceron dous homes de 84 anos, outro de 82 e outro de 98 anos de idade. No caso de Lugo, non se puido facer nada por salvar a un usuario de 60 anos da residencia Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada que estaba ingresado no hospital da cidade. En Pontevedra, neste caso no CHOP, rexistrouse a morte dun enfermo de 68 anos. Nas propias residencias Sanidade informou de dous falecidos no centro hospitalario de Ourense: ambos os dous, unha muller de 87 anos e un home de 85, procedían de residencias. En concreto unha era usuaria de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, que xa leva padecido moitas baixas, e outro dos Gozos de Pereiro de Aguiar. Así mesmo, en Barbadás, nas propias instalacións, perdeu a vida un varón de 72 anos. Vigo foi a área sanitaria máis afectada, con até oito finados. Catro persoas finaron no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) -unha muller de 91 anos e tres homes de 78 (usuario do centro residencial de Salvaterra do Miño), 83 e 86 anos. Xa no propio xeriátrico faleceron outras tres usuarias e usuarios de 85, 91 e 91 anos.Por último, o persoal sanitario do hospital de Ferrol non puido facer nada por catro persoas que estaban a ser atendidas: dous varóns de 81 e 74 anos e dúas mulleres de 89 e 84 anos. |
NOS_27329 | Mais unha vez, Israel viola os dereitos das persoas e impide a libre circulacion, neste caso por vía marítima, a un territorio ilegalmente ocupado. A forza naval israelí interceptou esta madrugada o Marianne e desvionou pola forza ao porto de Ashdod. Segundo as fontes disponíbeis, os tripulantes do Marianne non resultaron danados. HORA E LUGARES DAS CONCENTRACIÓNS DE SOLIDARIEDADE NO INTERIOR. | A aventura do Marianne acabou como era previsíbel: coa intervención das forzas navais israelíes. Mais embora non poder chegar a Gaza, o obxectivo da misión -voltar a pór de relevo a existencia dunha ocupación ilegal por parte de Israel- si foi plenamente cuberto. O Marianne é o barco que ía liderando a Flotilla da Liberdade e nel viaxaba a portavoz do BNG face o Parlamento europeu. Ana Miranda. No conxunto da Flotilla da Liberdade, ían 47 activistas pro-palestinianos, entre eles a eurodeputada de Podemos Estefanía Torres e o ex presidente de Túnez Moncef Marzuki. Non parece casual o momento eleito por Israel para realizar o apreixamento: ás 4 da mañá dun día, esta segunda feira, en que toda a atención internacional se vai focalizar na situación de Grecia, en pleno corralito. Reducir o impacto internacional da captura do Marianne estaba sen dúbida entre os obxectivos da misión perpetrada polas forzas armadas do réxime sionista. Esta tarde, concentracións para expresar a condena contra esta acción de Israel Desde a sexta feira pasada, Sermos Galiza tentou infructuosamente pórse en contacto, por vía whatsapp, con Ana Miranda. Para esta tarde están previstas concentracións na Galiza de condena desta acción israelí que procura a impunidade da súa política xenocida nos territorios ocupados.Rumo a Gaza cualifica a acción do Exército sionista de "acto de piratería" e Israel acusa a Flotilla de ser cúmplice de Hamás Israel pronunciouse coa súa retórica habitual e xustificou a intervención militar, a meio dun comunicado do Exército, coa previsíbel acusación de cumplicidade da Flotilla con Hamás: "A Flotilla non é máis que unha mostra de hipocresía que só axuda Hamás e que ignora outras atrocidades na rexión". Rumo a Gaza cualifica a acción do Exército sionista de "acto de pirataría" e Israel acusa a Flotilla de ser cúmplice de Hamás Por súa parte, Rumo a Gaza -a organización que promove a Flotilla- cualificou o atentado contra o Marianne de "acto de pirataría". "A Israel non lle abonda con castigar a 1,8 millóns de persoas no campo de concentración de Gaza coa cumplicidade exipcia. Non só se adonou das augas territoriais palestinianas, senón que extendeu o seu bloqueo no Mediterráneo até as 100 millas náuticas". Tripulantes Xunto coa portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, viaxaban Bassel Ghattas, integrante do Parlamento israelita e político palestiniano, Moncef Marzouki, activista polos Dereitos Humanos e expresidente da Tunisia; Robert Lovelace, profesor universitario canadense; Kajsa Ekis Ekman, xornalista sueca; Dror Freiler, músico e compositor da Suecia; as xornalistas Nadya Kevorkova (Rusia), Ammar Al-Hamdan (Al-Jazeera, Noruega), Mohammed El Bakkali (Al-Jazeera, Marrocos), Ruwani Perera e Jacob Bryant (Nova Zelancia, Maori TV), Ohad Hemo (Channel 2, Israel TV) e @s tripulantes Joel Opperdoes (Suecia), Kevin Neish (Canadá), Gustave Bergstrom (Suecia), Herman Reksten (Noruega), Jonas Karlin (Suecia) e Charlie Andreasson (Suecia). Segundo informaron as autoridades españolas da embaixada en Tel Aviv, ningunha das persoas detidas estaba ferida. Foron convocadas concentracións de solidariedade esta segunda feira: Praza do Toural (Compostela) ás 20.30h. Vigo, ás 20h diante do MARCO. A Coruña, 20h no Obelisco. Ourense, 20.30h na Praza de Ferro. Pontevedra, 20.30h na Praza da Peregrina. BDS-Galiza pide a intervención das autoridades galegas Desde a campaña Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel reclaman após o asalto á III Flotilla da Liberdade e o traslado das persoas que compuñan a súa tripulación á cadea militar Ashdod "protección para todas as persoas que viaxaban a bordo do Marianne e insta as autoridades galegas a actuarde urxencia perante o Ministerio de Asuntos Exteriores español para que sexan tomadas as medidas necesarias para garantir a integridade da nosa concidadá Ana Miranda". Neste senso, BDS-Galiza lembra que o 23 de xuño o colectivo se dirixiu ao presidente da Xunta e a presidenta do Parlamento de Galiza para "lles transladar o seu temor perante o perigo que a actitude ameazadora de Israel puidese significar para a integridade moral e física das persoas que integran esta misión solidaria". Neste senso, reclamaban das autoridades galegas a súa intervención perante o Ministerio de Asuntos Exteriores español á fin de "adoptar as medidas necesarias para garantir a seguranza da cidadá galega e do resto das persoas que fan parte desta misión humanitaria". Unha petición, sinalan nun comunicado de imprensa que "nen o Sr. Núñez Feijóo nen a Sra. Rojo tiveron a ben responder". O Bloque exixe accións no Congreso e o Parlamento O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e a deputada no Congreso español, Rosana Pérez, amosaron en comparecencia de imprensa a "máis enérxica repulsa" polo apreixamento da III Flotilla da Liberdade por parte da armada israelita. Desde a organización frontista denuncian a violación do dereito internacional que supón a abordaxe dunha embarcación civil en augas internacionais e exixiron a "inmediata liberación" da portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, e das demais persoas que viaxaban no Marianne. Neste senso, Rosana Pérez sinalou que xa amosaran o seu posicionamento perante o Ministerio español de Exteriores a quen exixen reaxa a esta "acción ilegal" garantindo a seguridade da tripulación ao tempo que se axilicen os trámites para o regreso Ana Miranda a Galiza. Jorquera: "Feijóo debe dar a cara ante os problemas do país e ante as vulneracións dos dereitos básicos dos cidadáns" Pola súa banda, Francisco Jorquera anunciou que presentarán unha Declaración Institucional esta terza feira (30 de xuño) na Xunta de Portavoces do Parlamento galego demandando "a súa repulsa ante estes graves feitos" e a rectificación a respeito das reclamacións do pobo palestiniano. Cumpre lembrar que o Partido Popular rexeitou apoiar a tradicional declaración de apoio a Palestina promovida por BDS-Galiza e presentada polo BNG. Aliás, o grupo parlamentar nacionalista reclama que o presidente da Xunta garanta os dereitos de Ana Miranda, única galega do barco apreixado polas autoridades de Israel. Ser presidente da Xunta, dixo Jorquera, non consiste só en preparar titulares de prensa e facer de comentarista político, debe "dar a cara ante os problemas do país e ante a vulneracións dos dereitos básicos dos cidadáns" polo que instou a Feijóo a asumir as súas responsabilidades e emprender "cantas accións sexan necesarias" para denunciar este ataque aos dereitos humanos e "garantir a posta en liberdade da nosa compañeira, Ana Miranda, única cidadán galega no buque apreixado polo Estado de Israel". |
PRAZA_11708 | Os profesionais presentan un recurso de alzada ante a xerencia da área sanitaria ao entender que non ten competencia para suprimir un servizo, medida que asegura que só pode tomar a Consellería de Sanidade. | O equipo de Xinecoloxía e Obstetricia do Hospital Público de Verín recorre o peche da atención aos partos no centro. Os tres profesionais presentaron este pasado martes un recurso de alzada ante a xerencia da área sanitaria contra o acordo que impuxo a supresión do paridoiro para que quede "sen efecto" e se proceda a "prover ao servizo de parto dos necesarios recursos humanos para que non quede desatendido". O equipo de Xinecoloxía e Obstetricia do hospital presentou un recurso de alzada ante a xerencia ao entender que non ten competencia para suprimir un servizoOs tres doutores entenden, tal e como explican no recurso ao que tivo acceso Praza.gal, que, "legalmente, nin o xerente executivo nin a xerencia de xestión poden suprimir un servizo xa existente". E tiran de normativa e lei para advertir de que esa facultade "compete aos órganos superiores", en concreto, á Consellería de Sanidade, que debería ademais seguir un curso legal para unha decisión na que deberían intervir o Consello Galego de Saúde, o Consello da Xunta, o Parlamento galego e "mesmo o Ministerio de Sanidade". Nunha extensa argumentación, os doutores Javier Castrillo, Rogelio Viñán e Sonia María García, destacan que o Decreto 168/2010 que regula a estrutura organizativa da xestión integrada do Sergas establece que entre as funcións desta están as de xestionar e organizar os recursos, establecer os obxectivos ou dirixir a actividade, pero non a de acabar cun servizo xa existente. En cambio, advirten de que a Lei de Saúde atribúe á Consellería as competencias para actualizar a carteira de servizos ou prover directamente de servizos sanitarios, así como "a autorización para a creación, modificación, traslado e supresión ou peche de centros, servizos e establecementos sanitarios". Os profesionais entenden que a supresión"foi ditada por un órgano incompetente" e que incumpre coa "equidade e equilibrio territorial" que propugna a Lei de Saúde"Está claro", din no recurso, "que a supresión dun servizo corresponde á Consellería de Sanidade". Xa que logo, consideran que a fin da atención aos partos "foi ditada por un órgano manifestamente incompetente" e sería unha orde "radicalmente nula", que podería provocar "responsabilidades" ao seu autor "polos prexuízos que se poidan producir ás persoas usuarias e á cidadanía en xeral", ademais de "carecer de motivación". O recurso explica tamén que a Lei de Saúde establece a "promoción da equidade e do equilibrio territorial no acceso e a prestación a servizos sanitarios" como un dos principios reitores da administración sanitaria. Segundo o equipo de Xinecoloxía e Obstetricia, isto "impón que unha zona territorial tan extensa como a que cobre o Hospital de Verín (...) non se deba atender só a criterios de números sobre as asistencias anuais aos pacientes, senón a non deixar xamais sen as debidas atencións zonas territoriais extensas como as que nos ocupa". "A súa poboación ten dereito tamén a ser atendida, sobre todo en casos de urxencias". É aí onde os doutores alertan da "improcedencia de fondo do acordo impugnado" ao reparar no feito de que "o primeiro que debe ter cuberto un hospital público son as emerxencias". "Unha placenta previa sangrante non ten tempo de espera", din citando outros casos como "sufrimento fetal agudo ou hemorraxias puerperais" que non se poden atender "no tempo axustado pola supresión do servizo de partos, con grave risco para a vida do paciente". De feito, o equipo médico solicita tamén no recurso que durante a tramitación deste, e para "evitar que se poidan producir males que poidan dar lugar a responsabilidades tanto disciplinarias como penais e/ou civís", se suspenda o acordo impugnado "coa debida provisión dos recursos humanos para atender urxencias sanitarias". O recurso alude tamén á "improcedencia" dun acordo que impide atender emerxencias nun parto e pide que se suspenda ou se dean protocolos claros de como actuarNo caso de que non se acordase esta suspensión, os profesionais reclaman que se lles dean a eles e ás mulleres embarazadas "ordes concretas ou un protocolo concreto de actuación" para cando xurda unha emerxencia "poder proceder en consecuencia e saber quen asume a responsabilidade no suposto de que suceda algún infortunio durante os traslados". No primeiro parto no paridoiro logo de ser pechado, e despois de que se evitase o traslado da nai para evitar riscos, o xinecólogo de garda puxo o caso en coñecemento do xuíz de garda para "salvagardar" a súa responsabilidade. Consultadas por Praza.gal, fontes expertas xurídicas consideran axeitado o recurso e coinciden en que a supresión do paridoiro pode tratarse "dun acto nulo de pleno dereito, tanto por ser adoptado por autoridade administrativa manifestamente incompetente como por omitir o procedemento necesario para variar a carteira de servizos sanitarios". Ademais, advirten de que a nulidade podería basearse tamén na omisión da preceptiva negociación cos representantes sindicais dos traballadores ao ser un acto que muda substancialmente as condicións de traballo dos profesionais. |
NOS_29895 | Cunha nota publicada no taboleiro da súa páxina oficial do Facebook, a organización informa de que "non podemos asumir de ningunha maneira a continuidade do evento en vista dos malos resultados de asistencia". A cita estaba fixada para esta fin de semana | Catro días, dúas horas e corenta minutos. Aí parou a conta atrás colocada na parte superior da páxina web do festival Brincadeira, que esta fin de semana tiña previsto facer retumbar Ordes cun cartaz que incluía até 41 grupos e co terror por bandeira. Así, se hai uns días a organización animaba a asistir con disfraces para facer do municipio unha cidade pantasma (Ghost Town), nesta segunda feira e a través dunha mensaxe colocada no seu taboleiro do Facebook informaron de que esta edición do festival non se realizará. "En vista dos malos resultados en canto á asistencia, non podemos asumir de ningunha maneira a continuidade do evento", sinalan nunha comunicación oficial que arrinca cun "hoxe é o día máis triste para Brincadeira Festival". Hai só dous días que a organización facía unha presentación do evento en que informaban dos prezos dos billetes --15 euros anticipado e 25 no propio día--, enfatizando que se mercaran bonos fóra da Galiza, en Francia ou Inglaterra, e que esperaban por volta de 5.000 persoas. O anuncio en Facebook da cancelación do festival tivo moita repercusión non só entre quen xa mercara os billetes, senón tamén entre @s que refusaran asistir este ano ao non gostar do cartaz. "Non entendo como podedes cancelar un festival unha semana antes" e "Un cartaz moi frouxo comparado cos cartelóns doutros anos" son os dous comentarios que resumen as queixas recibidas pola organización. Porén, tamén hai quen lles agradece a teima en quitar adiante máis unha edición "contra vento e marea" e quen convida aos e ás críticas a "porse á fronte dun evento e dar conta de pagos sen fondos". Terbutalina, Dios ke te Crew, Lydia Bolboreta (a baterista de Labreg*s do tempo dos Sputnik) eran algúns dos nomes que figuraban nun cartaz onde tamén estaba prevista a actuación de Chimo Bayo ou Cañita Brava. A organización encetará esta terza feira, 6 de agosto, a devolución dos cartos a todas as persoas que se fixeron coa entrada por adiantado. Para recuperar o diñeiro deberán dirixirse ao mesmo punto onde fora mercada. |
NOS_48246 | O naval perde 10.000 postos de traballo na última lexislatura, a frota galega de altura é expulsada de caladoiros como o de Mauritania, o Decreto do carbón prexudica toda a actividade auxiliar das centrais de Meirama e As Pontes, e o contrato homologado do leite rubrica a nivel estatal a extorsión das distribuidoras e industrias ás e aos gandeir@s galeg@s. | A falta de defensa política de Galiza como potencia pesqueira perante a UE por parte dos gobernos españois, queda de manifesto na negociación de acordos con terceiros países que supuxeron unha importante redución dos caladoiros de altura e de grande altura. O caso máis recente está no peche do banco de Mauritania, que desde o pasado 31 de xullo obriga 24 barcos conxeladores de arrastre, 20 deles galegos e con tripulacións maioritariamente do Morrazo e Vigo, a abandonar este caladoiro. En concreto, a frota galega que traballaba en augas saharianas foi minguando de 250 barcos, que había no momento da entrada do Estado español na UE, até os 24 que fican na actualidade. A esta cifra hai que lle sumar os 42 buques galegos que pescaban no Gran Sol e que foron para despezamento nos tres últimos anos e medio, así como o descenso da frota galega que faena en augas de xurisdición NAFO (Atlántico Noroeste), cuxo número de buques se reduciu á metade desde a crise do fletán no ano 1995, por mor da baixa de cotas de capturas de fletán e polo veto para capturar bacallau.No naval, patronal, goberno e sindicatos estatais, levan anos prexudicando os estaleiros galegos fronte aos do sur do estado, o que supuxo a perda de 10.000 postos de traballo só na última lexislatura. Neste sentido, cómpre lembrar que o veto á construción naval civil a Navantia Fene foi prorrogado polos sucesivos gobernos do PP e PSOE durante máis de 28 anos, rachando mesmo unha proposta aprobada polo Parlamento español hai dous anos a instancias do deputado nacionalista, Francisco Jorquera, para que o entón presidente socialista iniciase as xestións en Bruxelas para levantar o veto durante a presidencia do Estado español na UE. Unhas xestións que nunca chegaron nin a se iniciar e que manterán esta prohibición na antiga Astano até o ano 2015. Tampouco parece prosperar a construción do dique flotante en Ferrol, que neste caso contou ademais co voto en contra de IU, negando a posibilidade de que a reparación de grandes buques se poida facer en Galiza e favorecendo que esta actividade se realice nas instalacións de Navantia en Cádiz. Tamén a vontade política, por omisión neste caso, determinou a paralización da contratación de construción de novos buques coa cobertura fiscal denominada Tax Lease. Este tratamento fiscal posto en cuestión pola Unión Europea podería terse mantido se o Parlamento español tivese a vontade de o modificar no seu momento para o adecuar ás exixencias de Bruxelas, tal e como fixera o Parlamento francés cando se atopou coa mesma situación.Galiza suma un novo veto produtivo co denominado Decreto do carbón aprobado no ano 2010 e que favorece o consumo de carbón estatal. Unha norma que supuxo un importante balón de osíxeno para 10 centrais instaladas principalmente en León, Asturias e Teruel, en detrimento das galegas, por funcionaren con carbón de importación. Unha normativa sen aparente xustificación económica nin ambiental, toda vez que as centrais de Meirama e As Pontes eran as que producían máis barato e as menos contaminantes do estado, despois dos investimentos feitos para as adecuar aos niveis do protocolo de Kioto. Alén da redución de produción de enerxía, esta restrición está a lles afectar maioritariamente ás e aos traballador@s das industrias auxiliares e da actividade que xira arredor de ambas as dúas centrais.Entrementres o sector lácteo galego tan só conta na actualidade con 10.648 explotacións, tres veces menos que hai dez anos. No último ano pecharon en Galiza máis de medio milleiro, a un ritmo de dez por semana. Vender o leite por debaixo dos custos de produción, ter os prezos máis baixos de todo o Estado español e da UE é a principal causa, á que se chega por non botar man da capacidade sancionadora e lexislativa para salvar a desvantaxe d@s gandeir@s galeg@s. Unha situación que acadou o seu punto máis crítico no momento en que o goberno estatal trata de facer obrigatorio un contrato homologado, tan lesivo para o sector galego que suporía a lexitimación das prácticas de extorsión de industrias e distribuidoras, renunciando á negociación colectiva e a prezos de base que cubran os custos de traballo. A negación da identidade propiaO ministerio de Fomento está na actualidade tratando de regularizar as embarcacións igualando todas as zonas pesqueiras do estado sen atender as especificidades propias de cada unha. Así, as 4.200 embarcacións de baixura galegas están en serio risco de quedar fóra desta nova normativa, ao non se recoñeceren as condicións climatolóxicas especiais de zonas como Fisterra, que cunha media de 120 días ao ano de fortes ventos e temporal, precisa embarcacións con maior potencia para garantir a súa seguranza. Se o goberno central non acepta que máis potencia non equivale a máis actividade, senón a garantir a seguranza en embarcacións percebeiras e de marisqueo en flotación, por exemplo, todas estas embarcacións poderían ser declaradas ilegais.A negación da importancia do idioma propio do país queda, máis unha vez, de manifesto coa concesión do servizo de comunicacións de socorro marítimo á empresa Abertis Telecom, o que está dando lugar a conflitos lingüísticos entre os mariñeiros galegos que precisan cobertura no mar e @s teleoperador@s estranxeir@s contratad@s pola empresa.Especialmente rechamante resulta, doutra banda, que aos percebeiros non se lles recoñezan as condicións de perigo para accederen á xubilación anticipada; que non se inclúan doenzas específicas d@s mariscador@s na táboa de doenzas vinculadas ao traballo recoñecidas na seguridade social para accederen a baixas laborais; ou que os máis de 8.000 mariñeiros galegos de altura e de grande altura sexan os únicos da UE que non contan cunha lexislación específica para poder exercer o seu dereito ao voto. |
NOS_48681 | Sobe o pano a Primeira RFEF, nunha atípica xornada na que o Dépor non xogará por incomparecencia do DUX. Celta B, Rácing de Ferrol e un Pontevedra que acaba de aterrar na categoría queren iniciar a tempada con bo pé. Na Segunda División, o Lugo recibe o Leganés no Anxo Carro. | Rematou a espera. Os representantes galegos na Primeira División RFEF toman a remuda do Celta —nun partido cuxo resultado non se coñecía ao feche desta edición— e proseguen unha xornada que para eles serve de estrea nesta nova tempada. Todos agás o Deportivo, que segundo o calendario recibiría hoxe en Riazor o DUX Internacional de Madrid, equipo que xa confirmou que non xogará a primeira xornada —e probabelmente tampouco o resto da competición, dado que a Federación abriu onte un expediente de expulsión contra o que o clube aínda pode alegar— ao non poder asumir as exixencias económicas da categoría de bronce. Os de Borja Jiménez, quen cualificou de "desastre" o sucedido, buscan rival para manter a forma nun partido amigábel. Debut de alto nivel para o Rácing de Ferrol Si estarán sobre o céspede os xogadores do Rácing de Ferrol, que comezan a liga visitando o Raio Majadahonda (21.30 horas) coa aspiración de repetir a fazaña do curso pasado e pelexar polo ascenso. Os diaños verdes chegan en plena forma após vencer o Compostela no Trofeo Concepción Arenal por catro goles a un. O equipo madrileño preséntase como un dos 'cocos' da categoría, após disputar tamén o play-off de ascenso a Segunda División. Preguntado onte en rolda de prensa pola dureza do rival, o adestrador do Rácing, Cristóbal Parralo, defendeu que "todos os partidos son igual de importantes" dada a dificultade da competición. "Calquera equipo pode gañar, temos que traballar sempre coa mesma seriedade e ir paso a paso, intentando competir ao máximo nivel", dixo. Celta B: ano novo, vida nova Desde Vigo, o Celta B afronta a tempada cun cambio radical nas dinámicas entre o filial e o primeiro equipo derivada da chegada ao banco de Claudio Giráldez —antes no equipo xuvenil de División de Honra— en substitución de Onésimo Sánchez, cuxos enfrontamentos con Eduardo Coudet por mor do papel que debía xogar a canteira propiciaron a súa saída. O filial celeste recupera así a súa filosofía e priorizará a chegada a Balaídos dos seus xogadores e a permencia na Primeira RFEF por riba da aspiración do ascenso a Segunda. "Non prexudicarei os xogadores que adestran co primeiro equipo sen xogar no Celta B, hai que actuar con naturalidade e o obxectivo é que xoguen e adestren co primeiro equipo", subliñou o propio Giráldez. Tamén o dianteiro Iker Losada celebrou este cambio de mentalidade: "Somos un equipo máis novo, de canteira, e é moito mellor porque nos coñecemos desde antes". A estrea será o domingo (12 horas) ante o Sanse en Barreiro, se ben se espera que xogue o resto da tempada en Balaídos. O Pontevedra estrea porteiro na volta ao bronce O equipo comandado este ano por Antonio Fernández regresa ao seu lugar por excelencia —é o cuarto equipo con máis puntos logrados na terceira categoría do fútbol estatal ao longo da historia—, pero desta volta cun formato radicalmente distinto e máis competitivo e profesionalizado. O Pontevedra debuta o domingo en Pasarón (19.30 horas) fronte ao Alcorcón, un vello coñecido da afección granate, pois en 2010 arrebatou o ansiado ascenso á categoría de prata. Fernández admitiu onte que todo equipo que entra nunha nova categoría precisa dunha "adaptación"; porén, precisou: "Somos un equipo humilde e traballador que non dá ningún partido por perdido". O clube, aliás, reforzou onte a portería co búlgaro Viktor Nikolov, de 21 anos e procedente do Xetafe B. A apañar os primeiros tres puntos no Anxo Carro O Lugo comezou a liga caendo na casa ante o Albacete e logrando en Tenerife un valioso punto nun partido no que Alberto Rodríguez marcou o gol decisivo mais foi expulsado contra o final, polo que non estará dispoñíbel hoxe (19.30 horas) para recibir o Leganés e tentar agasallar a afección albivermella co primeiro triunfo do curso. "Hai moito por mellorar. Hai que ter un pouco máis de balón, axustarse mellor aí, e tamén temos que presionar mellor. Son optimista, aínda que son consciente de todo o que nos falta. Necesitamos o apoio da xente", dixo onte aos medios o técnico, Hernán Pérez. |
PRAZA_5389 | En España é perfectamente posible que as leis muden en función da opinión de determinados colectivos relixiosos que manteñen teorías sobre o bo e o malo que arrincan do século V | Nesta Semana Santa (había que lle buscar outro nome que tampouco pasaba nada; esa Sagrada Constitución Intocable que tanto veneran di que este é un estado aconfesional) o ministerio de xustiza indultou, seguindo unha tradición relixiosa impropia dun estado, repito, aconfesional, a 21 persoas, entre outras, un director de banco que roubara unha boa cantidade de diñeiro falsificando a sinatura dun cliente. E algo así (ritualizar relixiosamente o que en todo caso debería decidirse e executarse dun xeito "civil") non debería acontecer. O Ministerio de Xustiza indultou, seguindo unha tradición relixiosa impropia dun estado, repito, aconfesional, a 21 persoas, entre outras, un director de banco que roubara unha boa cantidade de diñeiro falsificando a sinatura dun cliente En España é perfectamente posible xurar -manda truco de aconfesionalidade- un cargo público diante dun crucifixo. E algo así (o posicionamento descarado do aparato do estado á beira dunha relixión concreta) non debería acontecer. En España é perfectamente posible atopar centos de aulas presididas, tamén, por crucifixos. Curiosamente as persoas que mandan ás súas crianzas a estudar a ese tipo de centros, adoitan ser as mesmas que dicían que as Galescolas non debían existir (de feito, xa non existen) porque a escola non está para adoutrinar. Como se non se adoutrinase nos centros confesionais que tolera este estado que, definíndose constitucionalmente aconfesional, non se cuestiona se a escola non debería ser máis neutral... Decididamente algo así non debería acontecer. Ademais, neses mesmos centros "explícase", daquela maneira, teorías como a da evolución ou o Big Bang ao carón doutras acientíficas e irracionais sobre a creación, Adán e Eva e todo iso que, como calquera outra cousa cientificamente demostrada, contan igual para nota e o curriculum. Algo así non debería acontecer porque o que cómpre explicar nas escolas é ciencia, teorías validadas pola razón, nas as crenzas relixiosas sexan esas as que sexan e sexan cridas pola cantidade de xente que as siga. En España é perfectamente posible que as leis muden en función da opinión de determinados colectivos relixiosos En España é perfectamente posible que as leis muden en función da opinión de determinados colectivos relixiosos que manteñen teorías sobre o bo e o malo que arrincan do século V e que, en todo caso, se nelas cren, deberían circunscribirse á esfera do comportamento privado e íntimo e de portas para adentro mais nunca transcender á esfera do público nin moito menos converterse en obrigatorias. Pero pasa. E algo así non debería acontecer. E logo, os curas, dicindo que a relixión está perdendo forza en España. Mágoa non a perdese toda... En España é perfectamente posible que se organicen funerais de estado católicos para homenxear vítimas dun atentado, dun accidente ou o pasamento dun expresidente do goberno. Enténdese como "natural" cederlle a palabra a un sacerdote para que fale en nome de todo un colectivo. Nun estado aconfesional. Algo así non debería acontecer. E logo, os curas, dicindo que a relixión está perdendo forza en España. Mágoa non a perdese toda... |
NOS_55590 | Entrou en campaña Feijóo e o argumentario conservador apunta o BNG. O ataque, previsíbel, veu polo flanco do acordo do Bloque con Bildu. Vence contragolpeou chamándolle submiso por pedir a galegas e galegos que voten como "españois"- | A oferta de pacto non a dirixiu Feijóo a ninguén en concreto. Foi máis ben unha apelación retórica. "Un pacto para continuar a avanzar e non para dividir España nen para confundir a xente con debates fechados; para continuar a defender a democracia e non un pacto con Bildu", dixo. Ese -o españolista- vai ser o discurso de Feijóo, ese é o de tentar ligar o BNG coa esquerda abertzale. Tinta de lura para fuxir das súas responsabilidades políticas como chefe dun partido acosado pola corrupción. Feijóo tamén largou de esguello un torpedo a Beiras: o pacto que ofrece é "para traballar polo que preocupa os cidadáns e non un pacto con quen pide á xente que os apoie ás eleccións, mais que logo case non participa no Parlamento", dixo en alusión ao pretenso absentismo do líder de Anova. Vence ve submiso a Feijóo O corpo a corpo é bidireccional. Tamén o BNG o procura co PP. No mítin de Vilagarcía, Xavier Vence cargou contra Feijóo, despois de que o presidente da Xunta instase onte ás galegas e aos galegos a "votaren com españois". Vence ve nesa apelación españolista de Feijóo unha proba evidente da súa submisión a Madrid e o seu "desprezo" a este país. Lidia Senra, en Lugo En Lugo, a candidata de AGE Lidia Senra reinterpretou o desexo de non retorno ao pasado formulado no comezo da campaña por Feijóo. "Non quere volver ao pasado porque non está disposto a parar a privatización e a destrución dos servizos públicos e a que se recuperen os dereitos perdidos", dixo. |
PRAZA_6912 | Nos próximos días vai saír á rúa o libro La salud como negocio. Plantexouse inicialmente como unha tradución do volume publicado en galego na primavera de 2012, pero a realidade sanitaria mudou de tal xeito neste tempo –a peor- que o que ve agora a luz é un libro novo, con novos textos que analizan a realidade de hoxe, moi diferente á de hai dous anos. | Nos próximos días vai saír á rúa o libro La salud como negocio. Plantexouse inicialmente como unha tradución do volume publicado en galego na primavera de 2012, pero a realidade sanitaria mudou de tal xeito neste tempo –a peor- que o que ve agora a luz é un libro novo, con novos textos que analizan a realidade de hoxe, moi diferente á de hai dous anos. Plantexouse inicialmente como unha tradución do volume publicado en galego na primavera de 2012, pero a realidade sanitaria mudou de tal xeito neste tempo –a peor- que o que ve agora a luz é un libro novo La salud como negocio, que pronto estará nas librarías, conta cun prólogo de Xosé Manuel Beiras e unha introdución de Vicenç Navarro. O libro foi coordinado por Pablo Vaamonde e conta con aportacións de Marciano Sánchez Bayle, María Luisa Lores Aguín, Manuel Martín García e Sergio Fernández Ruíz. A continuación reproducimos algunha frases do libro coas que pretendemos despertar o interese por esta obra que se presenta como unha ferramenta para a militancia a favor da Sanidade pública. La salud como negocio, que pronto estará nas librarías, conta cun prólogo de Xosé Manuel Beiras e unha introdución de Vicenç Navarro -"Esta obra constitúe unha lúcida e valente acción en defensa da cidadanía. A este combate contra a tiranía contribúe, no laboratorio das ideas e na práctica da denuncia valente, este libro, unha obra colectiva dun grupo de profesionais comprometidos na defensa da sanidade pública". Xosé Manuel Beiras. -"Este libro é un dos mellores documentos que se publicaron en España sobre o que está ocorrendo na sanidade pública. É unha mina de información. Escrito dun xeito ameno, fácil de ler e comprender, conxuga paixón e compromiso pola xustiza social cun gran rigor e credibilidade na súa documentación. É, sen dúbida, un libro que se converterá nun punto de referencia para todos aqueles movementos sociais que loitan para conseguir un mundo e unha sanidade mellores. Debería ser unha lectura obrigatoria nas institucións de ensino do país". Vicenç Navarro. "Desde a época de Thatcher e Reagan, a ideoloxía neoliberal partiu da base de que é necesario adelgazar o Estado e facer que sexan as persoas as que individualmente asuman os riscos da súa vida, tamén da súa saúde" -"Desde a época de Thatcher e Reagan, a ideoloxía neoliberal partiu da base de que é necesario adelgazar o Estado e facer que sexan as persoas as que individualmente asuman os riscos da súa vida, tamén da súa saúde. Os seus seguidores propugnan o desmantelamento dos sistemas de benestar e promoven un modelo de sociedade onde o mercado asume a totalidade da provisión de bens e servizos, polo que o acceso aos mesmos está mediatizado pola capacidade económica de cada persoa". Marciano Sánchez Bayle. -"Na axenda oculta do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o estado de benestar, construído nas últimas décadas con tanto esforzo e que constitúe un elemento básico para garantir a cohesión social e a igualdade de oportunidades. Pero a facción ultraliberal que nos goberna non cre na igualdade das persoas e desconfía do sector público. Agora están executando os seus plans sen disimulo, sen que lles importe o sufrimento provocado. Non é certo que non se poida soster o Estado de benestar. O profesor Navarro recorda que España gasta neste terreo menos do que podería: 'O PIB per cápita é o 94% de media dos países da UE-15, mentres que o gasto público social é só do 72% de media'. Pero o PP, no canto de intentar aumentar os ingresos, opta por reducir o gasto para que adelgace o peso do Estado. Así deixan máis espazo para o negocio aos grupos empresariais afines". Pablo Vaamonde García. "Na axenda oculta do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o estado de benestar, construído nas últimas décadas con tanto esforzo" -"O proceso privatizador da Sanidade, impulsado polo Partido Popular, está sendo executado, utilizando diversas fórmulas, en toda a xeografía do Estado. Neste libro analizamos as actuacións realizadas en tres comunidades autónomas (Madrid, Valencia e Galicia) polo seu carácter paradigmático. Os métodos utilizados son similares aos usados nas demais autonomías". María Luisa Lores Aguín. -"Recorrer á colaboración público-privada (PFI) é unha modalidade, para financiar e xestionar os servizos públicos con capital privado, posta en práctica en Reino Unido e Alemaña á calor das políticas neoliberais. Galicia foi pioneira na aplicación das estratexias neoliberais na Sanidade. O Partido Popular utilizou as súas maiorías absolutas nesta comunidade autónoma como laboratorio para experimentar coa privatización dos servizos sanitarios públicos". Manuel Martín García. "Galicia foi pioneira na aplicación das estratexias neoliberais na Sanidade. O Partido Popular utilizou as súas maiorías absolutas nesta comunidade autónoma como laboratorio para experimentar coa privatización dos servizos sanitarios públicos" -"Cando o 27 de xaneiro de 2014 se produce a comparecencia do presidente da Comunidade de Madrid co conselleiro de Sanidade Fernández Lasquetty e anuncian a dimisión deste e a paralización dos procesos de privatización total de seis hospitais semiprivados e dos centros de saúde da Comunidade de Madrid, todo o mundo o viviu como un éxito das mobilizacións da coñecida como Marea Branca". Sergio Fernández Ruíz. -"La salud como negocio é un libro de combate e divulgación, que pretende denunciar o que están facendo os gobernantes coa nosa sanidade: executan un implacable desmantelamento do sistema público para xerar espazos de negocio. Este proceso é de tal magnitude que pode deixar aos nosos sucesores sen a protección sanitaria que tanto custou construír ás xeracións precedentes e a nós mesmos". Os autores |
NOS_42791 | Presentan un estudo que asegura que os pensos que consomen os peixes de granxa conteñen proteínas doutros peixes, converténdose nun risco para o ecosistema mariño. Aliás, segundo ADEGA, apuntan este proceso industrial de "fabricación" dos peixes como orixe de contaminación por metais pesados. | "Criar leóns dándolles de comer lobos". Con esta imaxe gráfica a Asociación para a Defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA) quere denunciar o que aseguran é un proceso "insustentábel" e contaminante na acuicultura industrial. "O mito da acuicultura industrial como alternativa á sobreexplotación das pescarías, fai augas", aseguran. Unha das razóns sería a ineficacia enerxética e ecolóxica de cultivar peixes carnívoros, como salmóns e rodaballos, que hai que alimentar con outros peixes situados en níveis altos da cadea trófica, tamén carnívoros, "en lugar de proteína vexetal". Varias publicacións científicas e informes veñen de ser achegadas como proba no proceso xudicial aberto contra Stolt Sea Farm Metais pesadosADEGA denuncia tamén a presenza de varios metais pesados tanto nos pensos como nos aditivos "profusamente usados nas granxas acuícolas", segundo apuntan @s ecoloxistas. Varias publicacións científicas e informes veñen de ser achegadas como proba no proceso xudicial aberto contra Stolt Sea Farm por contaminación con metais pesados das terras da Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas (Carnota). "Estes estudos demostran", segundo ADEGA, "que tanto nos pensos como noutros elementos e aditivos usados no proceso industrial de cría e engorde están presentes fontes de metais pesados que poden ser a orixe dos atopados nas terras da cooperativa veciñas á piscifatoría de Stolt Sea Farm". Até o de agora a empresa sostén que a contaminación é allea ás súas instalacións e procede dos adubos químicos das terras, aínda que en agricultura ecolóxica se prohibe o uso destas substancias. Para @s ecoloxistas fica demostrado que a fonte de contaminación procede con toda probabilidade da piscifatoría.Para ADEGA a acuicultura industrial, ademais de causar enormes impactos paisaxísticos, "contamina o mar e a terra, contribúe tamén de xeito substancial á sobreexplotación dos caladoiros e á degradación dos ecosistemas mariños". |
PRAZA_19091 | O pasado día 21 de decembro, o Tribunal de Xustiza de Europeo sentenciaba que o Sahara Occidental non forma parte de Marrocos. España debería tomar nota desta sentenza e obrar en consecuencia empezando por declarar nulos os Acordos Tripartitos, nos que España repartiu o territorio saharauí entre Marrocos e Mauritania de forma ilegal. | O pasado día 21 de decembro, o Tribunal de Xustiza de Europeo sentenciaba que o Sahara Occidental non forma parte de Marrocos. Puña así fin aos máis de 40 anos de saqueo das riquezas naturais do pobo saharauí por parte de Marrocos e coa complicidade dos estados membros da Unión Europea. Dita sentenza, que responde a un recurso presentado polo Consello da Unión e a Comisión para evitar a anulación do Acordo de Asociación e de Liberalización con Marrocos, conseguiu salvar o texto, pero tendo que excluír ao Sahara Occidental do acordo de pesca entre a Unión Europea e Marrocos. Esta sentenza que supón unha importante vitoria para a Fronte Polisiario, e en consecuencia para o Pobo Saharauí, infrinxe un duro golpe a Marrocos que ve como a máis alta entidade xudicial europea delimita claramente as fronteiras do Sahara Occidental. Golpe que se suma a outros como a resposta da Unión Africana ás pretensións de Marrocos de integrarse na Organización africana, na que lle lembra o artigo 29 da súa constitución que estipula, entre outros temas, "o respecto das fronteiras existentes no momento de acceder á independencia", condición esta que non cadra de ningún modo co comportamento de Marrocos con respecto ao Sahara Occidental. En relación á conclusión do Tribunal de Xustiza Europeo e en declaracións á Cadea Ser, Gilles Devers, avogado da Fronte Polisario, afirmaba que a Fronte Polisario non está en contra da explotación da pesca, pero que non van renunciar ao seu control. Polo que quen queira facer negocios no Sahara Occidental deberá chegar a un acordo co Polisario que solicitará que se aplique o acordo do tribunal. En palabras de Gilles Devers, xa non se trata de saber se a súa actividade favorece ou non ao pobo saharauí. O que di a sentenza é que se necesita do consentimento da Fronte Polisario, como lexítimo representante do Pobo Saharauí. Non debemos esquecer, que a Corte Internacional de Xustiza da Haia emitiu unha Opinión Consultiva, o 16 de outubro de 1975, solicitada en 1974 pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas a iniciativa de Marrocos e Mauritania que alegaban que a aplicación do principio de autodeterminación do Sahara Occidental afectaba á "súa integridade territorial". Na devandita Opinión a Corte concluíu que non existía ningún vínculo de soberanía territorial de Marrocos ou Mauritania sobre o territorio do Sahara Occidental. A única solución para unha relación comercial legal co Sahara Occidental é a conclusión da descolonización, polo que España debería tomar nota desta sentenza e obrar en consecuencia empezando por declarar nulos os Acordos Tripartitos. Acordos, asinados en Madrid o 14 de novembro, nos que España repartiu o territorio saharauí entre Marrocos e Mauritania de forma ilegal, xa que devanditos acordos son contrarios á Carta das Nacións Unidas e as resolucións da Asemblea Xeral da ONU e contradín o espírito e os principios da descolonización tendo en conta que nunca se contou a opinión da poboación do devandito territorio. |
PRAZA_17714 | Unha festa con música, teatro, danza e exposicións sobre o espazo de memoria servirá para inaugurar a actividade regular do edificio, aberto para os colectivos sociais e entidades culturais que queiran facer uso das instalacións. De momento, pódese utilizar só unha pequena parte, dado o mal estado do inmoble | En novembro do ano 2016 a cidade da Coruña recuperou o edificio da vella prisión provincial, grazas a unha cesión de dous anos por parte do Ministerio de Interior. Un ano máis tarde resolvíase a convocatoria pública para a xestión do espazo, asignado a Proxecto Cárcere, a entidade que levaba case unha década traballado para a recuperación do lugar. A súa proposta para converter o antigo cárcere nun espazo autoxestionado e de memoria dependía duns traballos de acondicionamento que se veñen desenvolvendo dende hai ano e medio, complicados polo mal estado do inmoble. Este longo proceso -iniciado en realidade en 2010 co nacemento do Proxecto Cárcere- está a piques de concluír co inicio da actividade pública e regular no espazo, que se presentará o vindeiro sábado 4 de agosto cunha festa. O evento servirá para celebrar o camiño percorrido e para dar conta do traballo realizado, pero tamén para amosar o edificio e informar do funcionamento que terá no futuro. Están xa confirmadas as actuacións de Samuel Galán, Gonçalo Guerreiro, Marcos Casás ou Alba Fernández. Haberá tamén unha Jam Session de Hip Hop e un espectáculo de swing a cargo de Lindy Hop Coruña. Ademais, a programación incluirá teatro e unha presentación sobre a historia do edificio e sobre a súa importancia como espazo de memoria. Nas últimas semanas as persoas integrantes do colectivo que está a xestionar o lugar estiveron a dar os últimos retoques ao espazo, grazas á axuda de moitos voluntarios e voluntarias que responderon á petición de axuda lanzada semanas atrás. Dende Proxecto Cárcere, Tono Galán destaca que foron moitas as persoas que se achegaron nos últimos meses para saber máis sobre o proceso ou para ver o edificio, entre elas moitos e moitas que estiveron na propia prisión. En paralelo, integrantes do colectivo mantiveron xuntanzas con representantes do Concello, no marco da Comisión de Seguimento, para completar as tarefas burocráticas que esixe o proceso. O mal estado do inmoble limita de momento o espazo que pode ser utilizado a apenas o vestíbulo de entrada e a unhas poucas estancias, pero optouse por dar comezo á actividade regular para non adiar máis a inauguración. Cómpre ter en conta que a cesión acordada entre o Ministerio do Interior e o Concello da Coruña rematará nuns seis meses e que aínda debe ser negociada unha prórroga. As obras continuarán nos vindeiros meses para poder salvar a estrutura dun edificio que ten unha significación histórica evidente na cidade e para toda Galicia e para garantir a seguridade no resto do inmoble, de xeito que unha superficie máis ampla poida ser posta en uso. A concesión outorgada a Proxecto Cárcere para que a entidade poida desenvolver o seu proxecto de xestión ten unha duración dun ano a partir da inauguración do espazo. Proxecto Cárcere mantén aberto o convite a todas as persoas que desexen empregar as instalacións, dando forma así a unha programación permanente de actividades, tanto de tipo público (actuacións, obradoiros...) como privado (xuntanzas, espazos para ensaios ou creación cultural...). |
NOS_37965 | O secretario xeral do PSdeG, expresou a necesidade de resolver "erros do pasado", en referencia á mentalidade "retro" que, segundo indicou, caracterizou as decisións enerxéticas do PPdeG durante o mandato de Manuel Fraga. | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou a falta de "coherencia e responsabilidade" que, na súa opinión, mostra o PPdeG no sector enerxético na Galiza, en concreto, respecto ao sector eólico. Así o indicou Formoso este sábado na xornada organizada polos socialistas sobre a enerxía eólica sustentábel no Hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela. O secretario xeral tamén criticou as "lentas" actuacións no sector. Formoso asegura que dará "todas" as facilidades a Ence para instalarse nas Pontes Por outra banda, Formoso explicou que a Galiza ten o "potencial, as organizacións e os profesionais" para liderar un proceso de cambio cara a enerxías renovábeis, como a eólica. En cambio, sinalou, "non existe vontade política". O líder dos socialistas tamén expresou a necesidade de resolver "erros do pasado", en referencia á mentalidade "retro" que, segundo indicou, caracterizou as decisións enerxéticas do PPdeG durante o mandato de Manuel Fraga. "Trátase dun modelo especulativo que aínda perdura", lembrou Formoso. Ante o obxectivo do PSdeG de instaurar parques eólicos, explicou que "ninguén discutirá unha iniciativa de enerxía eólica se beneficia á sociedade". Ademais, engadiu que os socialistas cren nun modelo "sen custos" para os municipios. Medio milleiro de colectivos piden ao Miteco unha "moratoria científica" aos eólicos nas reservas da biosfera |
NOS_15484 | En resposta a unha pregunta formulada pola deputada de En Común-Unidas Podemos Yolanda Díaz, o Goberno español pon de manifesto que "non é preciso dispor dun laboratorio de referencia da UE para o seguemento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos". Unha decisión que prexudica Galiza. | "Non é preciso dispor dun laboratorio de referencia da UE para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos, toda vez que os laboratorios de referencia da UE existentes poden asumir estas competencias". Así respondeu o Goberno español, liderado por Pedro Sánchez, a unha pregunta formulada por Yolanda Díaz, deputada de Unidas-Podemos, a respeito dun laboratorio para o seguimento dos contaminantes. "Unha vez máis, o Goberno dá as costas á Galiza e ao seu desenvolvemento económico, cando somos o máximo produtor de moluscos do Estado, co 95% da produción e un dos máis fortes na Comunidade Europea, polo que debería localizarse aquí o laboratorio de referencia con todas as súas competencias", lamenta Díaz. Na súa resposta, o Executivo confirma que "o laboratorio de referencia da Unión Europea ubicado en Vigo será o encargado de levar a cabo algunhas das tarefas que se levaban a cabo no Reino Unido". Díaz denuncia que non se concreta cales serán esas tarefas nin canto persoal se precisará para asumir esta nova parte do traballo. Ademais, na contestación, o Goberno español fecha a porta á transferencia ao Intecmar das competencias do citado laboratorio, ao asegurar que "a designación do laboratorio realizouna a Comisión Europea mediante o Regulamento (UE) 2018/222, polo que non se pode transferir". |
NOS_43534 | A Comisión de peticións di que continuará a investigar o calote financeiro a instancias da denuncia presentada polas plataformas galegas através do BNG. | Esta quinta feira (16 de abril) a Comisión de peticións do Parlamento europeo volveu debater sobre a fraude das participacións preferentes e subordinadas. Un calote que atinxe aínda a entre 10 mil e 15 mil familias en Galiza á espera de que se lles devolvan por volta de 110-150 millóns de euros. Através da europarlamentar do BNG, Ana Miranda, o pasado ano representantes das plataformas galegas de afectad@s presentaron unha denuncia na Eurocámara. Hoxe foron escoitad@s na voz de dous dos seus portavoces, Xesús Domínguez e Xulio Vicente que exixiron ás autoridades comunitarias a "devolución dos aforros a todas as familias mais tamén a depuración de responsabilidades políticas e xudiciais polo acontecido. Queren, explicou Domínguez, "que os responsábeis desta estafa senten diante da xustiza, que se depuren responsabilidades políticas" por parte das administracións públicas mais tamén, que se diriman responsabilidades polas "sancións impostas" @s preferentistas ao longo destes anos de conflito. A Comisión continuará investigando Pola súa banda, o voceiro da Comisión de peticións sinalou que continuarán a investigar o calote financeiro ao ser "consciente do problema" e da súa "magnitude" social por ter prexudicado a milleiros de persoas. "É un problema moi grave para os afectados e a sociedade en xeral que precisa atención e acción", sinalou. Neste senso, recoñeceu na súa intervanción a existencia de "indicios masivos" de se ter vulnerado no Estado español a lei "a grande escala" polo que continuará coas pescudas para determinar se se vulnerou a lexislación europea. Porén, sinalou que nos casos aínda pendentes de resolver non pode facer nada mais convidounos a "continuar indo aos tribunais e á arbitraxe" para "recuperar os seus dereitos alí". |
NOS_56612 | Máis de 30 series web, sete delas en versión orixinal en galego. Un repaso polo Youtube ou polos podcasts no noso idioma. Debates sobre a comedia "feminina", sobre mulleres nos videoxogos ou sobre os festivais na era da distancia social e a multipantalla. Un obradoiro sobre como emitir por streaming sen morrer no intento ou un encontro sobre tecnoloxías para a creación de mundos virtuais. Son só algunhas das propostas da VII edición do Carballo Interplay, que se emitirá de maneira totalmente virtual de mañá ao sábado. | A organización do Carballo Interplay estaba xa preparada para o "Plan B", para facelo todo por streaming se facía falta. E aínda ben. Porque, se o festival tivese xa que ser adiado con motivo do primeiro estado de alarma que seguiu á Covid, coa chegada das últimas restricións tornouse "inevitábel", tal como lembra a directora, Sonia Méndez, pasar a programación para internet. Así que desde mañá e até o sábado poderán seguirse todas as actividades a través de plataformas como Youtube, Facebook e Twitch. Unha parte quedarán ademais gravadas, mentres que "os bloques que se podían ver no Auditorio de Carballo", explica a directora, emitiranse só en directo: o galego, o estatal, o internacional e, neste caso, a estrea das series Amnesia 3.0, de Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin, e Xan, de Lucía Estévez, ambas gañadoras do Pitching 2019. O único que muda a respecto do previsto é o concerto de Verto, que se substitúe por un encontro virtual con este dúo, formado por Berto Mira e Fer Peleteiro. A comedia feita por mulleres será unha das protagonistas do Carballo Interplay deste ano. Lorena Iglesias, Penny Jay, Victoria Martín (Living Postureo) e Carolina Iglesias (Percebes y grelos) falarán o sábado sobre mulleres e comicidade, pois "parece que custa asumir que as mulleres son tan graciosas coma os homes". O día anterior poderá seguirse un podcast en vivo con Carolina Iglesias e Victoria Martín, e Necroshow, un espectáculo de humor de Lorena Iglesias con vídeos, música urbana ao vivo e stand-up. "Temos unha mirada que fai que nos fixemos no que fan as mulleres directoras", sinala Sonia Méndez, que participará tamén nunha mesa, xunto con Ana Domínguez do (S8) e Ángel Sánchez do Play Doc, sobre os festivais nos tempos da distancia social e a multipantalla. Sección oficial A sección oficial proxectará sete series galegas, dez do resto do Estado e 14 do resto do mundo. A web do Carballo Interplay inclúe enlaces ás redes sociais e, no seu caso, websites de cada unha destas series. En versión orixinal en galego poderán verse @Destapando_Casares, sobre os segredos do alumnado da "Universidade Carlos Casares"; Os 20 do XX, que explica como era a Galiza dos anos 20; a serie de animación Capitán Breomán; Save e amigos, sobre as aventuras de Save; Mataría, sobre o que o actor Pedro Brandariz non pode aturar; Adegas da Memoria, sobre Vilachá, na Ribeira Sacra e o proxecto de educación sexual para adolescentes S.E.X.. Entre as webseries internacionais haberá propostas chegadas de Portugal, Arxentina, Uruguai, Chile, Canadá, Reino Unido, Austria e Francia. O Carballo Interplay vai xa para a VII edición, polo que a organización ten unha perspectiva para tomar o pulso da evolución do xénero. "Hai menos series de internet, pero son máis profesionais. Hai bastante comedia, bastantes series feitas por mulleres, series que xa se conciben para ser emitidas por Instagram ou por Facebook, ou algunha para o Tik Tok… E outras series máis convencionais…", subliña Sonia Méndez. Poderás continuar con esta lectura mercando o Nós Diario de mañá nos quiosques ou na nosa tenda online. Non fiques máis coa intriga e fai a subscrición premendo aquí! |
NOS_50039 | Ao chegar a primavera toda a realidade toma outra cor, outra perspectiva. Aínda que sigamos vivindo nesta pandemia, semella que o feito de que o sol traia esta calidez, xa é dabondo. Esas pequenas cousas das que falaba Serrat: os toxos floridos, a luz, os días máis longos… esas, noutrora "minucias", agora mesmo parecen tan necesarias como o aire para respirar. | Xunto coa primavera, dá alegría ver como agroman novos proxectos musicais no panorama musical galego. O feito de ter as Letras Galegas á volta da esquina xa garante que algunha artista con astucia aproveitará tal data para homenaxear a escritora ou escritor de cada ano. Estou desexando escoitar todas as músicas que inspirou a figura de Xela Arias. Sempre que vos escribo aquí, tendo a ser moi pesada con isto dos novos formatos nos que a industria musical pretende ofrecernos un novo produto. No caso de Timparrantela, non teño máis remedio que renderme ante a beleza: un impecábel libro disco que o contén todo. Editado e producido por Galaxia, este libro disco ten unha feitura elegante e chea de detalles creados por Nébeda Piñeiro. Se te quixen foi polos grelos é o título deste primeiro traballo que vén desde Ourense. As súas integrantes, todas solventes instrumentistas, formalizan aquí un proxecto de carácter feminista que se nota en cada un dos cortes que integran o disco. Atopamos nel poemas de Séchu Sende, Fina Casalderrey, Helena Salgueiro, Clara Pino, Tamara Andrés, Olga Brañas… todos eles ben arranxados por Pablo e Pedro Pascual (aos que lle debe tanto a música galega destes últimos vinte anos). Destacan para min neste disco "O tío do curruncho", unha peza instrumental con aires balcánicos e tamén o tema que da título ao proxecto que, parece ser, vén inspirado por un cadro da singular artista de Coyoacán, Frida Kahlo. Seica foi o pintor Leandro Lamas quen propuxo esta asociación Frida-Galiza. Non sei se vos pasou tamén a vós, pero eu sobrevivín á corentena grazas ao baile. Era como que o corpo estrañaba esa alegre maxia de chegar a algures e moverse ao compás da música dos concertos. O baile de todo tipo fortalece o corazón e elimina o estrés e neste libro disco de Timparrantela hai moito baile. Hai pezas para bailar en parella despois de cear, como para inaugurar o toque de queda, ou para bailar simplemente por non pensar, por desfrutar do momento. Timparrantela construíu cada tema con melodías alegres e xeitosas, con pinceladas de verbena e música tradicional. En canto ao estilo que propoñen estas mulleres, que din non encaixar en ningún en concreto, eu creo que o estilo de Timparrantela é o agarimo auténtico pola música galega. |
NOS_53987 | Expertas virólogas da USC sinalan que as medidas chegaron antes en relación con outros territorios coa Covid-19 desde había tempo. | Somos menos e a Covid-19 chegou máis tarde. Estas son as principais razóns polas que o número de casos na Galiza é menor que noutras zonas do Estados español. É a conclusión científica que razonan a profesora Isabel Bandín e o profesor Carlos Pereira, especialistas en viroloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago (USC). Após consultar os datos proporcionados polo Ministerio de Sanidade, e "analizando os datos porcentuais, vese que Galiza, en porcentaxe de casos, está tras de Madrid, Catalunya, Euskal Herria, Valencia, as dúas Castelas e Andalucía, e por enriba de todas as demais". Sinalan que "se se consideran os relativos á poboación, Galiza estaría, xunto con Illes Balears e València, só por enriba de Andalucía, Canarias e Murcia" aínda que en mortalidade "estamos, xunto con Murcia, por baixo das demais, sen contar Ceuta e Melilla". A chegada tardía da Covid-19 a Galiza permitiu que a corentena comezara no inicio da epidemia na nosa terra. "Na Galiza e Murcia, as medidas restritivas aplicáronse en etapas iniciais do proceso epidémico", explican. Máis falecementos entre os homes En relación á explicación do maior número de falecementos por Covid-19 entre homes que entre mulleres, sinalaron que "en xeral os homes presentan unha susceptibilidade lixeiramente superior ás infeccións víricas" que as mulleres, "crese que se trata de factores hormonais", engaden. No caso das persoas maiores explican que a causa é "a existencia de patoloxías previas", xa que, a medida que aumenta a idade "é habitual que haxa certos problemas, máis ou menos serios, en diferentes órganos, o que fai que moitas persoas maiores teñan problemas de corazón ou respiratorios". Prevención no fogar A obrigatoriedade de quedar na casa e as poucas saídas permitidas teñen que contar cun mínimo de medidas de hixiene preventiva. O lavado de mans, por exemplo, "son suficientes dentro do fogar", aseguran. No caso de ter que saír sinalan que "esa persoa debe extremar as medidas preventivas". Ao regreso lavar de luvas e mans e airear a roupa nun espazo separado", explican. Os teléfonos móbiles poden ser unha fonte de infección. "Os móbiles e dispositivos electrónicos de manipulación manual son, sempre, fonte de transmisión de bacterias e virus". Por este motivo aconsellan "mantelos limpos como medida de hixiene" e a maneira é "pasarlles un pano de papel suave, humedecido con limpapantallas, ou, na súa falta, con alcol, ou unha solución de xabón moi diluída". |
NOS_39630 | O biólogo e investigador galego Pedro Romero Vidal chama a investir en investigación para controlar o impacto das doenzas de orixe animal, tanto das emerxentes como das coñecidas de vello. | As zoonoses representan unha gran porcentaxe de todas as enfermidades infecciosas identificadas nos últimos anos, mais tamén explican moitas das xa existentes. Segundo a Organización Mundial da Saúde coñécense máis de 200 tipos, doenzas de orixe animal provocadas por diferentes patóxenos que se transmiten a humanos ocasionando un importante problema de saúde pública. A Covid-19 e agora a varíola do mono son os exemplos máis recentes. Unha enfermidade emerxente e outra endémica en África, cuxa alerta global non se produciu até que deu o salto cara o norte. Álvaro Mena, médico internista: "A vacina da varíola protexe contra a do mono, mais non se dispensa desde 1980" "Isto non é novo. Algunhas das doenzas que máis problemas de saúde pública causaron ao ser humano viñeron dos animais, incluída a peste. O que pasa é que as zoonoses son moi diversas e agora semella que se están a facer máis frecuentes". Pedro Romero Vidal (A Coruña, 1990) é biólogo da conservación e traballa na Universidade Pablo de Olavide (Sevilla). Actualmente desenvolve o seu labor na Estación Biolóxica de Doñana e centra boa parte da súa investigación no tráfico ilegal de fauna e nos efectos que esa actividade ten sobre as propias especies, os seus ecosistemas e as comunidades locais. Segundo explica, o auxe das zoonoses ten moito que ver co seu ámbito de estudo, o comercio ilegal de especies animais, mais tamén coa actividade invasiva do ser humano na contorna natural, a perda de biodiversidade e o cambio climático. Unha ameaza en auxe "O tráfico ilegal pon en contacto fauna salvaxe que pode traer enfermedades con seres humanos, mesmo con gando ou animais domésticos que poden converterse en vectores de transmisión, como sucede coa gripe aviaria en Asia". O impacto das persoas no medio natural é outro factor chave. "A deforestación corrompe os ecosistemas e provoca desaxustes na ecoloxía que normalmente posúen estes patóxenos. Se habitualmente infectan determinados animais e nós destruímos os seus hábitats aumentamos as posibilidades de que se produzan saltos de patóxenos a hóspedes pouco frecuentes, como as persoas".Por outra parte, destaca Romero Vidal, estamos accedendo a zonas antes impenetrábeis. "A medida que nos adentramos na selva entramos en contacto con novos patóxenos e abrimos a porta a zoonoses até agora descoñecidas". Elena Ojea, investigadora: "O risco de suba do nivel do mar multiplicarase por 10" O biólogo tamén sinala o impacto do cambio climático, sobre todo no caso das zoonoses transmitidas por vectores. "Se mudan os patróns climáticos pode suceder que certos vectores que antes non vivían nunha zona agora se desenvolvan ben. Por exemplo, no sur da península Ibérica, o mosquito tigre é un vector de transmisión de virus bastante perigosos como o do dengue, o do chikungunya o do zika. Se o clima vira máis cálido este mosquito pode viaxar até zonas onde non era habitual e levar consigo estes patóxenos". Investigación Ante o auxe das zoonoses, Romero Vidal asegura que o máis importante é a investigación. "A estas alturas vai ser difícil frear algúns dos procesos desencadeados pola actividade humana. Se queremos controlar esta alza hai que investigar, tanto posíbeis vacinas contra doenzas emerxentes ou xa coñecidas, como a malaria, como os propios patóxenos, in situ, ademais dos procesos que dan lugar a estes saltos de patóxenos entre animais e persoas". Zoonoses: doenzas diversas de orixe animal "As zoonoses son moi diversas", afirma Romero Vidal. "Poden transmitirse de forma directa, de animal a persoa, como no caso do ébola ou do VIH, por contacto estreito ou consumo; ou poden transmitirse a través de vectores: mosquitos ─dengue─, carrachas ─febre hemorráxica de Crimea-Congo─ ou moscas ─tse-tsé─ que pican as persoas e contaxian os patóxenos zoonóticos". "Histórica" recomendación da OMS ao uso da vacina da malaria en crianzas de África Estes poden ser virus, como o da Covid ou do varíola do mono; pero tamén bacterias, como a Chlamydia psittaci, responsábel "dunhas pneumonías bastante fortes" que transmiten os papagaios; protozoos, como o da malaria; ou parasitos. "Unha das zoonoses máis comúns e descoñecidas en Europa é a toxoplasmose, provocada por un parasito frecuente en gatos cuxo contaxio se dá por contacto directo ou polo consumo de auga ou alimentos contaminados. |
PRAZA_1214 | A CRTVG decidiu supender este programa de Radio Galega Música, un constante apoio para as bandas do país nas súas máis de 1.400 emisións. Está convocada unha concentración, este sábado ás 21.30 horas, ás portas da radiotelevisión pública | O pasado xoves comezaba a estenderse a información de que a CRTVG decidira suprimir Planeta Furancho, o programa de Radio Galega Música presentado por Vituco Neira que fora nos últimos anos, ao longo de máis de 1.400 emisións un constante apoio para as bandas do país. Tal e como confirmaba o propio Neira, a derradeira emisión de Planeta Furancho será o vindeiro sábado 30 de maio. A supresión chegaba xusto o mesmo día que o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, salientaba no Parlamento o traballo de difusión da cultura galega realizado polo ente, a través de programas como Luar ou Bamboleo. A derradeira emisión de Planeta Furancho será o vindeiro sábado 30 de maio A confirmación da suspensión dun dos poucos programas dedicados á música e á cultura galegas na radio pública de Galicia provocou a indignación entre os oíntes do espazo e, sobre todo, entre os e as integrantes dos grupos musicais, que quedan orfos e orfas dun valioso espazo de difusión e promoción, como anteriormente sucedera con Música dispersa ou Aberto x reformas. En consecuencia, a Federación Galega de Festivais lanzou unha convocatoria de concentración para "mostrar o noso desacordo e esixir repoñer o programa de inmediato por ser o único que apoia e programa música galega". A convocatoria, na que se anima a levar "pancartas, disfraces, instrumentos musicais, potas, pitos, etc." é as 21.30 horas en Bando, San Marcos, ás portas das instalacións da CRTVG. A Federación Galega de Festivais lanzou unha convocatoria de concentración para este sábado pola noite en San Marcos A asociación Músicos ao Vivo manifestou por exemplo a súa "máis enérxica condena ante este novo ataque á expresión artística en Galicia", engadindo que "neste planeta que habitamos parece que nos gusta máis destruír, sobre todo se o que albergan eses planetas son formas de vida artística, neste caso musical. Non andamos sobrados de planetas así, e Planeta Furancho, un deses lugares cheos de vida musical, tería que ser espazo protexido". Lembraban, así mesmo, que "foi o programa premiado na pasada edición dos Premios Martín Códax da Música". De igual xeito, Xosé Manuel Eyré escribiu no seu blog que "o Planeta Furancho é como a cabeza da música galega, a referencia, alí onde nos informamos de quen saca disco, cando son os festivais e quen está neles, así como calquera outra actualidade relativa á música galega sen complexos. E quedamos sen ela agora que se aveciña a tempada forte de festivais e actuacións ao vivo". Eyré animaba a participar na convocatoria lanzada pola Federación Galega de Festivais, "convocatoria para quen teña un mínimo amor polo propio, pola lingua, pola música, pola cultura de nós", sinalaba. "Altofalante da escena da música cantada en galego" Vituco Neira: "Tentamos con todo o noso corazón tratar co máximo respecto a todos @s músico@s deste país, ben fosen propostas consolidadas no panorama ou grupos que estaban comenzando a súa andaina" O texto no que Vituco Neira anunciaba a supresión do programa servía tamén de agradecemento e despedida. Neira explicaba que "tentamos con todo o noso corazón tratar co máximo respecto a todos @s músico@s deste país, ben fosen propostas consolidadas no panorama ou grupos que estaban comenzando a súa andaina pola escena e sempre dentro da nosa idea de dar difusión ás músicas que empregan o galego no seu proxecto. A razón da existencia do furancho foi dar difusión e servir de altofalante da escena da música cantada en galego". E destacaba que "foron 1400 noites compartindo con vós a mellor música do mundo e perdemos a conta da xente que se pasou polo programa a falarnos dos seus proxectos, das súas músicas e das súas cousas. Das veces que tivemos música en directo nos nosos estudios. Dos programas especiais que fixemos dende colexios, institutos, festivais, salas de concertos e demais sitios ós que acudimos coa nosa unidade de exteriores". "A razón da existencia do furancho foi dar difusión e servir de altofalante da escena da música cantada en galego" "Non somos nós moito de réquiems nin de ir a enterros así que imos rematando esta nota desexándovos moita alegría, moita vida e moita música" -dicía- "O noso agradecemento máis sentido a tod@s @s músic@s que nos encheron de argumentos cada noite coa súa música, a súa palabra e o seu traballo. O mérito foi todo deles". E despedíase dicindo "non sabemos se algún día voltaremos a estar en órbita pero confiamos en que nos botedes un pouco de menos e en que continuedes sintonizando co traballo excepcional e fascinante que están, e sempre estarán, a facer @s músic@s desta terra". |
NOS_6251 | A retirada das tropas estadounidenses deu carta branca ao Goberno de Erdoğan para unha invasión arelada dende hai tempo. | Máis de 11 mil homes e mulleres das Forzas Democráticas Sirias (FDS), compostas principalmente por combatentes de orixe kurda, perderon a vida na loita contra o Estado Islámico até que en marzo deste ano se deu por derrotado a este grupo paramilitar insurxente na zona. É por iso que a inesperada decisión do Goberno dos EUA de retirar as súas tropas da fronteira entre Siria e Turquía sentou como unha traizón dentro do movemento nacional kurdo. Decisión, dende o punto de vista xeopolítico global, controvertida e criticada tanto dentro como fóra das fronteiras estadounidenses. A primeira e máis obvia consecuencia non tardou en chegar. Turquía anunciou que está lista para lanzar un ataque sobre o nordeste sirio. A rexión está controlada polas Unidades de Protección Popular (YPG, pola súa siglas en curdo), milicias aliadas do Partido dos Traballadores Kurdo (PKK), considerado un grupo terrorista tanto por EUA como por Turquía (e tamén pola UE). Paradoxalmente, o YPG foi un dos principais aliados do Goberno estadounidense na rexión. O obxectivo do Goberno de Recep Tayyip Erdoğan, o presidente turco, é estabelecer unha zona de seguridade de 480 km de lonxitude e 30 km de profundidade ao longo da fronteira con Siria. Nesta área pretende, ademais, relocalizar dous millóns dos máis de 3,6 refuxiados sirios que viven actualmente en Turquía. A FDS xa avanzou que defenderá o seu territorio e acusou os EUA de "converter a área nunha zona de guerra" coa súa retirada. Ademais, consideran que podería trae un rexurdimento do Estado Islámico. |
NOS_43490 | Sanidade incluíu A Laracha. | A Consellería de Sanidade incluíu hoxe o concello da Laracha no nivel máximo de alerta, o 3 -vermello-, pola evolución da pandemia de coronavirus no últimos sete días, unha situación que está vixente noutros 11 concellos galegos. Esta inclusión débese a que A Laracha conta con máis de 21 casos de Covid-19 confirmados por PCR no últimos sete días, co que o seu nivel de alerta elévase ata o 3. Con iso, incorpórase á listaxe de municipios no nivel máximo de alerta por coronavirus, no que están as cidades de Ourense e Santiago de Compostela, que rexistran máis de 120 e 112 casos confirmados por PCR, respectivamente, de Covid no últimos sete días. As outras localidades con nivel máximo de alerta pola pandemia por presentar máis de 21 casos confirmados no últimos sete días son Arteixo, Ames, Narón, O Barco, Verín, Monterrei, Pereiro de Aguiar, Barbadás e O Carballiño. Mentres, en situación 2 -en cor laranxa do 'semáforo' do mapa- sitúanse 16 municipios, 15 dos cales repiten con respecto á xornada anterior no mesmo nivel: Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Oleiros, Culleredo, Teo, Porto do Son, Vilagarcía, Poio, Tomiño, Ribadavia, Lobeira e Xinzo. Cangas, que estaba en nivel amarelo, pasa tamén a laranxa este xoves, mentres que Celanova rebaixa a súa alerta e sae da situación 2. En nivel vermello inclúense os municipios de menos de 50.000 habitantes con 21 ou máis casos novos á semana, mentres que no caso dos concellos de máis de 50.000 habitantes establécese como corte a detección dunha taxa de 112 ou máis casos á semana por cada 100.000 habitantes. No nivel de cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de Covid á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. |
NOS_36506 | Até catro conselleir@s integrados en candidaturas municipais, 2 ex-conselleir@s ao asalto de 2 das principais cidades galegas e outro ex a intentar 'salvar os mobles' na capital do país. | Non son unhas municipais máis. Por activa ou pasiva todos os actores electorais na cita do 25M partillan a idea. A aparición de novos fenómenos políticos, a crise, a proximidade das estatais, a posibilidade de importantes cambios no taboleiro político... fan que os resultados das urnas vaian ter diversas consecuencias e vaian ser analizados desde diferentes prismas. O PPdeG e Núñez Feijóo tamén saben e son conscientes do importante destes comicios. Un exemplo é a implicación do propio presidente na campaña, con varios actos por xornada en apoio aos seus candidatos, con especial incidencia naquelas 'prazas' que lle parecen máis complicadas. Mais non só Feijóo, tamén conselleiros e altos cargos 'políticos' da Xunta están a 'patear' Galiza de norte a sur para arroupar as listaxes do PP. O goberno galego ten unha forte impronta personalista de Núñez Feijóo. Todos e cada un dos conselleiros e conselleiras son da súa absoluta e total confianza, un gabinete sen voces xa non diferentes senón sen sequera un matiz de 'variación' a respecto do discurso, proxecto ou pensamento presidente. Son os 'rapaces' e 'rapazas' de Feijóo, e este mandounos combater na trincheira municipal. Non só Feijóo, tamén conselleiros e altos cargos 'políticos' da Xunta están a 'patear' Galiza de norte a sur para arroupar as listaxes do PP Até catro conselleiros e conselleiras forman parte de candidaturas nestas municipais. O vice-presidente e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, na de Pontevedra; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na listaxe da Coruña; o titular do departamento de Industria, Francisco Conde, vai na de Monforte de Lemos; e, por último, na candidatura dos populares de Brión vai Rosa Quintana, conselleira do Mar e Medio Rural. Que as municipais eran cousa importante para Feijóo ficou claro xa desde hai meses, coa decisión de prescindir no executivo de dúas das persoas da súa maior confianza para encomendarlles a 'conquista' de Ourense e Vigo. Jesús Vázquez, que era conselleiro de Educación e Cultura, ten o mandato do presidente de poñer a pica do PP na cidade das Burgas. E Elena Muñoz, que era a titular do departamento de Facenda, foi enviada a Vigo. Que Feijóo era quen de empregar tamén os seus 'rapaces' para intentar sufocar lumes ou 'endereitar' desfeitas nos concellos xa ficara probado en Santiago de Compostela. Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tragou saliva e acatou as ordes de Núñez Feijóo para asumir as rendas do concello da capital de Galiza na recta final dunha lexislatura escandalosa, con alcaldes e concelleir@s imputados. |
PRAZA_19227 | A Deputación da Coruña lanza un programa de actos para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora e o centenario da súa estatua na Alameda compostelá Ola ríos, ola fontes, ola dominios pequenos: o .gal a 5 euros no mes de Rosalía | Ola ríos, ola fontes, ola dominios pequenos: o .gal a 5 euros no mes de Rosalía En 1917 conmemorábase o octoxésimo aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Dende varios anos atrás un bo número de colectivos e entidades, lideradas pola Liga de Amigos de Santiago, traballaba nunha relevante homenaxe á poeta: lembrala cun monumento que sería instalado en plena Alameda compostelá, a cidade natal da autora. O longo proceso de recadación de fondos acabou sendo exitoso e o 30 de xullo daquel ano a actual capital galega vestiuse de gala para a inauguración da escultura que aínda actualmente destaca no principal parque de Compostela. Ás portas do centenario daqueles actos a área de Cultura da Deputación da Coruña prepara un programa de actos de lembranza do que, en verbas do investigador Miguel Anxo Seixas, pode ser considerado como o primeiro 'crowdfunding' da cultura galega. A Cámara de Comercio, o Monte de Piedade, o Casino, a Asociación da Prensa, o Centro Obreiro ou, moi especialmente, os centros galegos da emigración foron os responsables de impulsar uns traballos a través das súas achegas. "Os cartos foron chegando de Bos Aires, da Habana, de Madrid ou de México, mais tamén das poxas celebradas nas festas de Santiago con obxectos doados pola xente ou mesmo das achegas de nenas e nenos, que contribuíron tamén a sumar forzas para a construción do monumento" ata sumar 30.000 pesetas, explicou Seixas en rolda de prensa coa vicepresidenta do ente provincial coruñés, Goretti Sanmartín. O libro 'Quen fora pedra', asinado polo propio Seixas, será un dos fitos dunha conmemoración que, di o investigador, é especialmente relevante. "Trátase da primeira vez que a cultura galega homenaxea unha persoa que escribiu na súa lingua". "Que se lle faga un monumento con esforzo colectivo é para nós un orgullo", salienta, nun contexto no que sitúa como único antecedente o busto dedicado a Curros Enríquez en Vigo no ano 1911. O programa de actos comeza este mes e culminará en xullo cunha recreación do cortexo cívico que inaugurou o monumento en 1917 A publicación deste libro é só unha parte das conmemoracións do programa de actos de lembranza, que culminará o propio 30 de xullo "cunha recreación do histórico cortexo cívico" que inaugurou o monumento, "un día de festa participativo para o que convidaremos a participar a todas as institucións e colectivos, ademais do conxunto da poboación, ao xeito do pulo que promoveu a instalación" dunha estatua "que é un espazo de especial relevancia na nosa historia", resalta Sanmartín. Antes, o día 23 deste mes de febreiro, na véspera do 180º aniversario do nacemento de Rosalía, celebrarse "un acto arredor da estatua" de "homenaxe á escritora, figura fundamental da nosa historia". Dado que ao longo da historai foron "milleiros" as persoas que pasaron polo monumento e "multitude" os "actos literarios, sociais e políticos" celebrados en torno a el, a Deputación da Coruña anima ademais a "difundir a través das reds sociais fotografías da estatua para conmemorar colectivamente o centenario". Nesta liña, convidan a compartilas cos cancelos #QuenForaPedra e mais #Rosalia1917-2017. |
PRAZA_1246 | Co 100% escrutado, a plataforma cidadá confírmase como a forza máis votada na Coruña logo de que os populares paralizasen o reconto o domingo coas súas reclamacións en quince mesas. Negreira aínda parece confiar en que o PSOE lle facilite a alcaldía. | "Xulio chega en maio". Con este xogo de palabras, a Marea Atlántica anunciaba na última semana o asalto á alcaldía da Coruña. Era unha mensaxe electoral máis dunha plataforma que vía crecer os seus apoios a cada día de campaña, pero que nin nas súas mellores expectativas esperaba o tal resultado. Gañou as eleccións. É a lista máis votada. Co 100% escrutado, a Marea Atlántica supera o PP por 4 votos aínda que os populares aseguraban que os seus datos os situaban diante Confiaba en poder ser alternativa de goberno, pero agora podería gobernar mesmo en solitario. Co 100% escrutado, a Marea Atlántica supera en 4 votos ao PP do actual alcalde, Carlos Negreira, que aseguraba o domingo de madrugada que os datos dos seus interventores e apoderados lle daban a vitoria por 54 papeletas. Os populares paralizaron o reconto coas súas impugnacións en 15 mesas por diferentes "incidencias definitivas", tal e como explicou a Delegación do Goberno, e o vindeiro mércores a Xunta Electoral podería decidir sobre elas. O Ministerio do Interior, non obstante, xa publicou uns resultados definitivos que lle dan 36.842 votos á plataforma cidadá e 36.838 ao PP. Sería unha diferenza importante pero que non parece que vaia ter consecuencias prácticas. Un novo golpe de efecto da Marea no caso de que se confirme o que os datos oficiais xa asumen. "A xente votou cambio e estamos en disposición de liderar un goberno", aclarou Xulio Ferreiro. Sexa como for, a plataforma iguala a dereita con 10 concelleiros, supera o 30% dos votos, lidera con amplitude o espazo da esquerda e da alternativa e contará co apoio -acordo de goberno ou facilitación da investidura mediante- de PSdeG e BNG. Aínda así, Negreira mantén a esperanza de gobernar e aférrase á alcaldía, lanzando un órdago que parece imposible aos socialistas. A plataforma supera o 30% dos votos e coa confluencia superou en case 8.000 á suma de PSdeG e BNG "Hai dous partidos con 10 concelleiros [Marea e PP] e outro partido que pode votarse a si mesmo [o PSOE de Mar Barcón, con 6 edís], co que automaticamente goberna a lista máis votada... Ou facer outro movemento, votar a un ou a outro", reflexionou o aínda alcalde Negreira, que atribúe a perda duns 15.000 votos e máis de dez puntos a "factores externos" e que presume de que os números do PP coruñés están "por riba da media dos resultados electorais" dos seus compañeiros no Estado. No outro lado, a unidade popular conseguida pola Marea superou en case 8.000 votos aos obtidos polo PSdeG e polo BNG xuntos. Esa foi a gran forza da Marea. "É o maior espazo de confluencia do Estado", adoitan dicir os seus impulsores. Liderada por persoas sen militancia en partido ningún -o tres primeiros da lista non pertencen a ningunha formación-, a plataforma conta co apoio de EU, Anova, Podemos, Espazo Ecosocialista, CxG ou Equo, pero logrou o agromar dunha marca propia. Un punto azul que aparece aínda pegado nalgunhas xanelas da cidade e cuxas chapas locen con orgullo moitos coruñeses. Hai partidos, pero non é un partido. Ou non polo menos como se adoita concibir. Negreira lanza un órdago imposible ao PSOE para que apoie a súa investidura Tampouco o seu cabeza de lista se considera un político típico. Elixido por consenso e ratificado polas primarias máis participadas da Coruña, este profesor de Dereito de 40 anos deixou a súa praza de maxistrado suplente na Audiencia Provincial de Lugo para embarcarse neste proxecto político. Antes, como estudante universitario, estivo vinculado aos CAF e posteriormente ao sindicato CIG, chegando mesmo a ser presidente do comité de empresa do profesorado laboral da Universidade coruñesa. Tamén foi militante do BNG, pero apostou pola chamada "nova política", convencido de que os partidos tradicionais non eran dabondo para o cambio. Un movemento de menos dun ano de vida Así, xunto a outras moitas persoas do movemento social, sindical e veciñal da cidade impulsou hai case un ano un manifesto que contou co apoio de ilustres como o escritor e xornalista Manuel Rivas. A Marea Atlántica aparecía no Estado case ao mesmo tempo que Guanyem Barcelona e foi referencia en Galicia de entre os espazos de confluencia partidaria e cidadá. Sumou miles de sinaturas, creou mareas de barrio e sectoriais, percorreu a cidade e foi sumando apoios, tamén os de Ada Colau. Conseguiu en poucos días 12.000 euros para a campaña a través dunha colecta por internet e destapou o asociacionismo e activismo coruñés tantas veces agochado ou censurado. E todos os partidos que sumaron o seu apoio implicáronse na vitoria, tamén -e activamente- Podemos, a pesar de que nas primarias os seus candidatos quedaron relegados a postos testemuñais da lista. A visita de Pablo Iglesias á Coruña deu o impulso definitivo. A Marea rachou cos tópicos dunha cidade envolta na nebulosa creada polo localismo de Francisco Vázquez A Marea rachou tópicos sobre unha cidade envolta desde hai décadas na nebulosa creada polo peculiar cantonalismo localista de Francisco Vázquez e os poderes fácticos. "Eses que teñen secuestrada a cidade e o seu poder simbólico, que a queren facer pasar por cidade provinciana, gobernada por unhas elites e onde a cidadanía non ten nada que dicir", dixo Xulio Ferreiro consciente das dificultades e das pedras que lle porían no camiño. E lanzouse a por un goberno municipal que durante os últimos catro anos en mans do PP estivo salpicado de corrupción, Pokémon e Pikachus ou de polémicas e millonarias obras que chegaban á vez que crueis desafiuzamentos que saltaron a todas as portadas. "É practicamente o único profesor co que podías fumar un cigarro e falar fóra da facultade", dixo tras coñecer a súa vitoria un antigo alumno de Ferreiro. "Teremos que seguir sendo xente normal", advertiu o futuro alcalde ante a posibilidade de que accedese ao poder. "Isto farémolo entre todos e todas", asegurou despois de coñecer os resultados electorais. En galego, claro, nunha cidade onde o idioma propio tamén foi arrinconado e invisibilizado durante anos. Este fiel seguidor do Deportivo xa advertiu que seguirá acudindo a ver os partidos á bancada de General, o fondo máis popular e populoso do estadio de Riazor. "Aínda non somos conscientes do que acabamos de lograr", escoitouse pola sede da Marea en plena celebración Hai catro anos, o PP logrou a maioría absoluta e por primeira vez situou o seu candidato na alcaldía da Coruña. Un día antes, o Deportivo descendera a Segunda División despois de máis de 20 anos ininterrompidos na elite. "Esta vez será todo ao revés, non me cabe ningunha dúbida", dixo a dous días de finalizar a campaña. Pareceu unha arroutada. O equipo salvouse o sábado e a Marea gañou o domingo. Aínda non se sabe cal das dúas cousas parecía máis improbable. "Aínda non somos conscientes do que acabamos de lograr", escoitouse de madrugada nunha sede onde se alongou a festa marcada pola buguina que fixo soar Manuel Rivas. A que indicaba que a marea era pleamar. |
NOS_47568 | O ex presidente boliviano está refuxiado en Arxentina e cualifica a orde como "ilegal". | A Fiscalía de Bolivia emitiu unha orde de detención contra o ex presidente Evo Morales, a quen acusa de supostos delitos de "sedición e terrorismo". O ministro interino boliviano, Arturo Murillo, solicita que sexa trasladado perante a Fiscalía especializada anticorrupción para "prestar declaración". Morales está en Arxentina desde o pasado 12 de decembro após permanecer case un mes como refuxiado político en México. Desde Arxenina, Morales cualificou a orde de detención como "inxusta, ilegal e inconstitucional". |
NOS_42853 | A preguntas do fiscal Mario Piñeiro, Cortabitarte negou que a dirección de seguridade á fronte da cal estaba tivese responsabilidade na "avaliación nin a análise de ningún risco". | O ex director de seguridade de Adif Andrés Cortabitarte, un dos dous imputados polo accidente do tren Alvia ocorrido na localidade santiaguesa de Angrois, sinalou o maquinista como responsábel do sinistro, por ir "falando durante 100 segundos" co interventor de Renfe por teléfono. [VÍDEO] Tensión na saída de Andrés Cortabitarte do xuízo: "Tes as mans manchadas de sangue" "Iso é o impensábel: falar 100 segundos. Ademais, nunha conversa de algo que vai ocorrer hora e media despois. Iso non pode facelo, é ilegal facelo", esgrimiu Cortabitarte, a pesar de que o maquinista asegurou na súa declaración da pasada semana que "era obrigatorio facelo". Na súa declaración, aseverou que tiña que ser el quen adecuase a circulación do tren Alvia ao cadro de velocidades mentres pasaba pola curva da Grandeira, da que negou que tivese algunha "peculiaridade" con respecto ás outras 1.800 curvas que hai no sistema ferroviario "con esas características". As vítimas do Alvia piden que se impute a tres cargos máis do Adif "É impensable que alguén, no sitio máis importante dunha liña como a entrada dunha estación, estea distraído", engadiu Cortabitarte, para despois sentenciar que isto foi o que levou a Garzón a "frear aos 100 segundos". "Se frease catro segundos antes, non estariamos aquí (no xuízo). Estamos aquí por catro segundos", concluíu. Sen competencias O ex director de seguridade Adif asegurou na súa comparecencia desta quinta feira que non tiña competencias na avaliación de riscos da liña. Andrés Cortabitarte declara esta quinta feira após gañar unha semana para preparar a defensa A preguntas do fiscal Mario Piñeiro, Cortabitarte negou que a dirección de seguridade á fronte da cal estaba tivese responsabilidade na "avaliación nin a análise de ningún risco". O ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, e o maquinista Francisco Garzón. (Foto: Europa Press) En calquera caso, admitiu que "si " tiña competencias, "entre outras cousas", na seguridade da liña Ourense-Santiago -precisamente na que se produciu o sinistro no que morreron 80 persoas e resultaron feridas máis dun centenar persoas-. Os avogados das vítimas acusan a xuíza de aceptar probas para "exculpar a Cortabitarte" Preguntado polo certificado de seguridade, sinalou que o que emitiu el "non é o certificado de seguridade da liña", aínda que recoñeceu que sen el, a liña non podería pórse en servizo. "Porque é un máis dos catro, seis... oito certificados que se emiten aí. É un máis. Todos son necesarios", engadiu. Marxe de velocidade Ademais, Cortabitarte alegou que o deseño da curva da Grandeira acometeuse "cunha marxe de velocidade" e "seguridade" de entre 80 e 160 quilómetros por hora. A defensa das vítimas e de Garzón cre que Cortabitarte quere "ter vantaxe e gañar tempo" após escoitar o maquinista Segundo a súa declaración, "non pasaba nada" se o convoi circulaba a máis de 80 quilómetros por hora, porque até os 160 "o administrador e a normativa asume os erros de condución". "Por enriba de 160, xa é outro risco", engadiu o ex responsábel de seguridade de Adif. |
NOS_10402 | A historia permítenos viaxar no tempo e ver outras vidasJuan Luis Arsuaga O castro de Troña sitúase na parroquia de Pías (Ponteareas), no corazón do val do río Tea, afluente pola dereita do Miño, unha zona de penetración de produtos de orixe mediterránea cara ao interior. Ocupado de forma ininterrompida entre os séculos VI-V antes de Cristo e os séculos I-II da nosa era, esta aldea fortificada especializouse na explotación de recursos primarios (agro, gando e pesca), pero tamén na fundición de ferro, material no que os ferreiros moldean por vez primeira na historia as ferramentas e as armas dos galaicos. A explotación de ouro e estaño que, neste territorio, tiña lugar nas ribeiras dos ríos Tea e Miño, completaba a economía deste poboado prerromano. | Breve historia das intervencións As primeiras noticias do xacemento proceden do ano 1900, cando viron a luz algunhas estruturas con motivo da realización dunhas obras na capela e na pista que lle dá acceso. En 1927 a revista Nós dá conta do inicio dos primeiros traballos científicos. Un ano máis tarde, en 1928, a revista La Temporada, que imprimía o Balneario de Mondariz, publica un resumo das "exploracións" levadas a cabo neste xacemento a cargo do arqueólogo valenciano Luís Pericot e do químico galego Isidro Parga Pondal. Enrique Peinador Lines, naquela altura máximo responsábel do estabelecemento termal, foi o promotor das primeiras escavacións. O seu interese pola historia, a etnografía e a arqueoloxía empurraron este empresario galeguista a crear o primeiro museo etnoarqueolóxico da Galiza para exhibir, entre outros obxectos, os achados do castro. O arqueólogo Florentino Cuevillas sumarase ao equipo dirixido por Pericot no ano 1929, o que dará lugar á publicación conxunta dunha memoria das escavacións realizadas durante esa campaña e a do ano seguinte. Segundo Vicente Risco, nas campañas dos anos 1932, 1933 e 1934 participou tamén o debuxante Xurxo Lourenzo. Na década de 1940 os traballos continuaron pero, lamentabelmente, non se conservan as memorias de escavación. Entre 1981 e mediados da década de 1990, grazas ao pulo do Concello de Ponteareas, retómase a escavación e consolidación do xacemento baixo a dirección de J. Manuel Hidalgo Cuñarro. No ano 2019 dotouse o castro dunha nova museografía, da que é responsábel o autor deste artigo. Estruturas defensivas Construír unha muralla supuña un traballo colosal. Había que escavar foxos, levantar parapetos de terra e pedras e, por último, erguer paredes e coroalas con muros ou estacadas de madeira. O obxectivo era dotar a aldea dunha protección en caso de ataque, pero tamén dun elemento simbólico que aumentase o seu prestixio. A primeira muralla de Troña, que abranguía o recinto máis elevado, ten un perímetro duns 360 metros e está formada por pedras irregulares de tamaño desigual. Conserva até 3,60 m de altura por 1,60 m de anchura e dúas caras labradas, unha interna, conformada por cachotes de pequeno tamaño, e outra externa, constituída por anacos de pedra meirandes. A do segundo recinto, que se construíu na ladeira noroccidental como consecuencia do crecemento da poboación, ten uns 327 m de lonxitude total. Unha mención especial merece o foxo defensivo, moi visíbel nos sectores sur e leste do xacemento, onde se extraeu unha gran cantidade de pedra. Estruturas interiores O diámetro das cabanas circulares que podemos ver en Troña oscila entre os 4,5 e os 6,20 m de diámetro e o seu pavimento era de arxila endurecida de tonalidade amarela-vermella. A súa cronoloxía sitúase entre o século II a. C e o s. I da nosa era. O tránsito a través do poboado fortificado realízase mediante canellas estreitas que serpean entre as diferentes construcións e dispóñense de forma aparentemente desorganizada. No rueiro é tamén onde os galaicos tiran os seus refugallos. Construír unha muralla supuña un traballo colosal. Había que escavar foxos, levantar parapetos de terra e pedras e,por último, erguer paredes e coroalas con muros ou estacadas de madeira Isto permítenos concluír que o poboado carecía dunha planificación previa, dunha ordenación urbanística homologábel á que introducirá a civilización romana a partir do s. I da nosa era. Ademais, este modelo de organización espacial evidencia que o castro foi pensado, fundamentalmente, para a circulación de persoas, non para o gando maior nin para vehículos de tracción animal. Xunto a isto, a aparente ausencia de espazos públicos abertos ou ágoras permite deducir que o propósito fundamental dos galaicos que habitaron o noso castro era acoller dentro das murallas o meirande número posíbel de habitantes. Celeiros ou silos Algunhas das construcións de menor diámetro carecen de fogares e de soleira e, xa que logo, de porta de acceso, o que nos fai pensar que puideron ser utilizadas como silos para o almacenamento de landras, cereais (millo miúdo, trigo) e leguminosas (fabas, chícharos, feixóns). Para reforzar o illamento os galaicos utilizaron pavimentos de arxila cubertos por táboas de madeira e cortiza. O interior das paredes revocábase con cal para mellorar o seu illamento. Todos estes cultivos, xunto coa herba para o gando, a madeira de carballo e abeleira, os froitos de arbustos e froiteiras, plantábanse nos terreos próximos ao castro. Un fragmento de torques Na campaña arqueolóxica do verán de 1991 descubriuse no sector sur do castro un fragmento dun colar ríxido ou torques parcialmente fundido en ouro. Non é unha peza completa, senón un fragmento que se documentou no exterior dunha agrupación de estruturas de carácter doméstico datadas no século I a. C. Trátase dunha variña maciza fundida nun metal por determinar (posibelmente prata ou chumbo) de sección case circular que se presenta cuberto por láminas de ouro. A súa función puido ter que ver cos pactos entre as elites do castro. Amarradoiros A maior evidencia material do peso da gandaría na economía de Troña poden ser os múltiples amarradoiros –algúns deles decorados– que se documentaron desde finais da década de 1920. A súa abundancia e tamaño poderían vincularse a termar da facenda das familias, que constituía unha parte fundamental da actividade dos habitantes do castro. Porén, algúns investigadores cren que os amarradoiros, que se colocarían encaixados nas paredes das construcións, puideron ter unha función arquitectónica máis que gandeira, isto é, vinculada á suxeición con cordas das cubertas de colmo das cabanas do poboado. Folclore En 1928 Pericot e Parga recolleron dun veciño da parroquia de Pías esta lenda: "Díxome a defunta miña nai lle contaran seus avós e bisavós que algún tempo había aquí no monte unha serpente que baixaba â terra chan e roubaba para comer unha besta, unha ovella ou o que fose. Por medo e para que non baixase, os veciños puxéronse de acordo e traíanlle ô monte, todol-os días, un animal que sorteaban entre eles. Pasado tempo axuntaron unha morea de novelos que lle deron as tecedeiras e fixeron c-os fíos ben retorcidos unha corda e un novelo grande que lle deron a comer â serpente: Axiña que a serpente enguléu o novelo tiraron da corda e arrastrárona e a mataron e enterraron aquí no adro da ermida, e no sitio do enterramento ergueron o cruceiro que había onde está o que hai hoxe." Outra lenda relata: "Miña avó, que nos contaba moitos contos ô pe da lareira, cando eramos pequenos, díxonos que súa nai sabía que neste monte había unha señorita que se sentaba enriba d-un penedo para peitearse cuns peites de ouro, mais sempre que se querían afirmar nela, a señorita esvaíase". Un terceiro relato fantástico asegura que aquí, no Doce Nome de Xesús, "había unha tecedeira que pasaba todo o santo día tecendo: ¡tras...! ¡tras...! ¡tras...! Cando un estaba na porta, o «tras-tras» do tear ouíase no coro; e cando un se atopaba no coro ouíase na porta, mais nunca se podía dar co tear nin co-a tecedeira traballadora". Pericot e Parga aínda documentaron unha cuarta narración: "Ouílle a miña nai que a defunta da súa tataravó, andando co-as ovellas no monte, atopóu unha varilla de ouro, da feitura d-unha tralla. Outras rapazas que andaban con ela coidando do gando, dixéronlle: - Ana, vai chamar pol-as ovellas que cando volvas atoparás aquí a varilla. - Non, eu non-a deixo porque dimpóis levádesma. - Ninguén cha leva: vaite botar pra acá as ovellas. Foi, e cando voltóu xa non atopóu a varilla de ouro pois agachárona e nunca mais lla deron. Toda a súa vida choróu por ela e endexamais a tornóu ver." Fundición e bens suntuosos Durante a segunda Idade do Ferro (s. V a. C.-s. II d. C) os habitantes dos castros dominaban as técnicas para a fundición e transformación de metais, nomeadamente o ferro. Algunhas das evidencias do traballo metalúrxico en Troña son unha pedra de forxa, un fragmento de barquín, así como outras ferramentas de fundidor. Nos castros tamén traballaron metais preciosos como o ouro e a prata, sobre todo nas aldeas fortificadas do norte da Gallaecia, onde se fundiron obxectos metálicos suntuosos de moita calidade técnica (machados cerimoniais, torques, brazaletes, fíbulas), os máis deles xoias masculinas. Así, en 1989, no sector Sur do noso poboado e baixo un lousado datado a finais do século I a. C, documentouse un lingote de amalgama aurífero de 435 gramos de peso que evidencia o traballo de ourives nesta aldea. A aldea das serpes A partir do século II a. C empezan a xurdir no noroeste peninsular grandes poboados fortificados en altura que, como Troña, deciden dotarse dun sistema defensivo monumental. Trátase de centros neurálxicos que, nun contexto comarcal, aumentan o seu tamaño grazas á concentración de poboación procedente doutras aldeas. Esta nova realidade, que perdurará até o século I d. C. aproximadamente, coñécese co nome de oppida, grandes poboados fortificados protourbanos nos que se centralizan determinadas actividades económicas e funcións políticas. O noso castro ocupa unha extensión de 2,3 hectáreas que engloban dous recintos claramente diferenciados: un superior onde se sitúa a capela e dous magníficos cruceiros figurados, e outro apegado na ladeira noroccidental, que foi levantado con posterioridade como unha ampliación do asentamento primixenio. Ambos os espazos aparecen delimitados por murallas pétreas que os demarcan e protexen, ao igual que o gran foxo defensivo. As estruturas arqueolóxicas visitábeis localízanse ao longo da ladeira, así como ao leste da croa, onde se sitúa o gravado serpentiforme máis coñecido. O segundo petróglifo con este mesmo motivo, descuberto por Xurxo Lourenzo en 1932, atopámolo na ampliación noroeste do castro, formando parte do muro dunha cabana. A partir do século I a. C., as cabanas que se edifican nesta cividade caracterízanse pola inclusión dun adro ou vestíbulo A principal base económica dos habitantes de Troña foi a explotación dos recursos naturais que tiñan ao seu dispor. A elección dun outeiro, con gran dominio visual sobre a contorna, obedece a unha necesidade defensiva e estratéxica: vixiar os castros próximos e o tránsito de bens e persoas polo val, mais sobre todo controlar desde unha posición dominante o territorio inmediato que achega á comunidade os recursos para a súa subsistencia: a agricultura, a pesca fluvial e a gandaría. A partir do século I a. C., as cabanas que se edifican nesta cividade caracterízanse pola inclusión dun adro ou vestíbulo e así se evidencia nas construcións que aparecen na ampliación noroeste da aldea. Trátase dun espazo fechado de planta elíptica de menores dimensións que a edificación principal, que se levanta diante da porta de acceso para aumentar o tamaño do espazo habitábel. O abandono desta aldea fortificada escasamente romanizada, que tería lugar entre finais do século I d. C. e principios do II d. C., debeu producirse de forma pacífica en favor de novos asentamentos no fondo do val. |
QUEPASA_688 | As táboas en www.futboldacosta.com | Descansaba o Outes pero aínda así mantén o liderato pois o Soneira non foi quen de superar a un Sofán que vén cunha traxectriabastante irregular. Os soneiráns sufrían a primeira derrota da tempada e deixan ao Outes líder en solitario, con 2 puntos de vantaxe e un partido menos. O outropartido da xornada disputábase en Malpica, onde o Seaia caía ante o Cabana, aprentando o segundo vagón. No duelo de pechacancelas, foi o Coristanco o que estreou o taboleiro de puntos vencendo a un Camariñas que por fin rompeu o telón de aceiro e marcou os seus primeiros goles na competición. Pichichis Pasadas estas 7 primeiras xornadas, cómpre facer un pequeno balance dos goleadores, destacando ao loureán Isma con 12 goles (o árbitro contoulle 3 na goleada da fin de semana), por diante do soneirán Fran Moreira (11 goles). Con 10 están Luís (Seaia) e Brais Pereira (Soneira) e con 8 Fari (Esteirana), Raúl (Cabana) e Jesús (Os Miúdos). Zas - Corme (3-2) Zas: Pereiras, Xabi, Pablo, Isaac, Damián, Marcos, Eloy (Roi, m.82), Brais (Gabri, m.88), Darío, Martín (Fraga, m.67) e Mario (Anibal, m.46). Corme: Adrián, Miguel, Antonio, Rubén, Mauro, Manu Cancela, Hugo, Luís, Javi Bermúdez, Alex Mato e Noel. Tamén: Gabri, Martín Costa, Xoel, Manu Garrido e Yago. Goles: 0-1, m.20: Hugo; 1-1, m.44: Martín tras rexeite a tiro de Martín; 2-1, m.66: Darío; 3-1, m.74: Anibal tras roubo e pase de Fraga; 3-2, m.89: Alex de penalti. Partido igualado en San Andrés con dous equipos con moitas baixas pero ben prantados e serios. Comezou o Corme adiantándose, pero a lesión de Mauro, e a de Luís, afectaron aos de Ángel Pérez. O Zas foise metendo no partido e despois de salvar Pereiras un bo balón dos visitantes, Martín marcou o gol do empate, dos chamados psicolóxicos, ao fío do descanso. O Zas empezou con máis ritmo a segunda metade, pero o choque era de ida e volta, e en dous erros da defensa cormelán conseguía poñerse cun 3-1 o seu favor. O Corme intentou responder, e tivo boas ocasións por medio de Yago e Hugo, pero os porteiros estiveron acertados, e non recurtaría tras un claro penalti e expulsión, deixandoos minutos de desconto de gran acoso dos cormeláns ante un cadro zaseiro que conseguiu aguantar os 3 puntos. Ponteceso - Cee (1-4) Ponteceso: Adrián Ordóñez; Adrián Lema, Roberto, Pablo, Arturo; Raúl, Marco, Martín; Iván, Eloy e Carlos Suárez (Champi). Tamén: Champi, Lucas, Carlos Márquez, Víctor e Borja. Cee: Pablo, Fran, Iago, Brais, Benlloch, Iago Muíño, Álex Castro, Martín Rey, Martín Ruibal, Leo, Íker. Tamén: Elihu, Xacobe e Adrián. Goles: 0-1, m.2: Íker; 0-2, m.30: Íker; 0-3, m.50: Fran nun córner; 0-4, m.77: Iago Muíño; 1-4, m.87: Iván Rey. Encontro marcado polo tempo na noite de venres no Platas Reinoso, cun Cee, renovado dende a chegada de Abraham ao banquiño, máis intenso e concentrado. Xa de saída se adiantaban os visitantes por medio dun Íker que ampliaría a renda á media hora, despois de bos minutos do seu equipo, tendo varias ocasións para levar máis renda ao vestiario. Despois no descanso entraría Lucas que lle dou máis ocasións aos de Lilo, pero as contras ceenses eran perigosas. Nun córner chegaba o terceiro, e case definitivo. No treito final, un gol para cada equipo, o de Iago Muíño, un auténtico golado pola escuadra. Soneira - Sofán (1-4) Soneira: Joel; Antonio, Jorge, Chasko, Hugo, Rauliño, Dylan, Nico, Brais,Fran e Sergio. Tamen xogaron: Richi, Santi, Dami e Pablo. Sofán: Iván, Alex, Simón (Adrián, m.55), Lucas, Esteban, Mateo, Aarón, Raúl (Cristian, m.68), Rial (Diego, m.78), Kevin, Nachete (Jose, m.71). Goles: 0-1, m.19: Rial; 1-1, m.21: Fran Moreira; 1-2, m.25: Raúl; 1-3, m.30: Raúl; 1-4, m.55: Nachete de penalti. Xusta vitoria do Sofán ante o Soneira que fixo o seu peor partido da tempada. O Sofán sairiría moi enchufado o partido e superaría aos soneiráns en todas as facetas do partido e contarías con moi boas ocasións de gol pero a falta de acerto e Joel evitarían o primeiro tanto. Nun balón ás costas da defensa soneirán e un despiste defensivo permitiría adiantarse o Sofán no marcador, por medio de Rial, e pouco despois Fran tras un balón a espalda no man a man faría o empate.Pero pouco lle duraría a reacción os soneiráns tras un rexeite dun córner o Sofán colga o balón a área e cun remate acrobático Raúk faría un auténtico golazo. Antes de marcharse os vestiarios outra falta de intensidade defensiva dos de vimianzo permitiría o Sofán irse o descanso cun 1-3 moi xusto tras o visto no partido, facendo Raúl o segundo da súa conta persoal. A volta dos vestiarios o Soneira intentaría recurtar distancias pero sempre con máis corazón que cabeza pero nunha contra lanzada polo Sofán, Chasko dórmese e cometería un penalti infantil e non perdoaría Nachete para poñer terra de por medio. Apartir de aí o Sofán replegaríase e o Soneira intentaríao pero non eran capaces de crear xogo salvo un par de chegadas perigosas. Xallas - Esteirana (1-1) Goles: 0-1, m.6: Fari; 1-1, m.70: Kevin. Partido igualado con unha parte para cada equipo nun campo moimoi rápido. A Esteirana comezou na primeira, e adiantouse pronto nunha contra. Puido caer algunha máis pero o Xallas aguantou. Cambiou o guión na segunda, cun Xallas que empataba pronto e puido caer o segundo, se ben o cadro esteirán tamén tivo un bo balñon á cruceta para levar o partido. Ao final, puido caer dos dous lados pero o choque acabou en empate. Coristanco - Camariñas (5-3) Coristanco: Miguel, Chepas, Rubén Álvarez, Rubén Canto; Joel, Cives, Alejandro Nogareda, Casás, Adrián Alvarellos; Marii. Camariñas: Sergio, Arraf, Germán, Eric, Keko, Dylan, Lucas, Ibrahim,Jairo, Fabio e Borja. Temen xojou Israel. Goles: Alejandro Casás (2), Joel, Alejandro Nogareda e o cadete Gabriel polo Coristanco. Lucas, Ibrahim e Dylan para o Camariñas. Duelo de pechacancelas, tan igualado como marca a táboa, cunha parte para cada un. O Coristanco dominou o primeiro tempo e se colocou 3-0. Na segunda puxéronse as pilas os camariñáns, que conseguiron romper a barreira psicolóxica pois marcaron por primeira vez na temporada. De feito, un empate puido ter sido máis xusto pois a recta final foi moi intensa e igualada. Seaia - Cabana (1-2) Seaia: Mario, Anxo, Adrian, Samuel, Joel, Hugo, Mario, Javi, Fabián, Luís, Raúl. Tamén xogaron: Ruben, Pereira e Pablo. Cabana: Roberto (Queiro), Sergio, Cristian (Brais), David, Dani, Samuel (Collazo), Javi (Adrián), Castro (Íker,) Raúl, Simón, Rubén. Goles: 1-0, m.40: Luis; 1-1, m.50: Raúl a pase de Castro; 1-2, m.91: Rubén de córner directo coa axuda do vento. Emocionante partido o das Redondas, ao que o Cabana entrou con máis forza e intensidade, chegando á área local con claridade. A partir do minuto 15, tras un penalti fallado polos cabaneses (provocado por Castro e fallado por Simón), o partido tornouse tremendamente igualado, equilibrando o campo o cadro de Esmorís ata que ao fío do descanso se metía por diante cun golazo de Luís. Nada máis comezar a segunda, unha boa xogada de Castro por banda, chegando a liña de fondo, permite co pase atrás que Raúl fixera o empate. O Cabana, co vento a favor, tiña o control do balón pero os minutos pasaban sen demasiado perigo nas áreas. Polo camiño lesionábase o meta cabanés Roberto e entraba Queiro, xogador de campo, para sobstituílo. E cando o partido esmorecía, un gol olímpico de Rubén daba a vitoria aos de Fernando. Fotos da SD Cabana Os Miúdos - Malpica (15-0) Goles: Isma (4), Yago (3), Alon (2), Jesús (2), Pablo, Raúl e Fran. Partido sen moita historia, no que ademais da goleada clara do cadro muradán, o Malpica quedou descontento coa actuación arbitral. AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM |
NOS_1302 | Publicado o calendario das Ligas feminina e masculina de fútbol sala para esta tempada 2021-22. | Os campionatos de Liga de fútbol sala, tanto o feminino como o masculino, xa teñen emparellamentos para esta tempada 2021-22. A Primeira feminina comezará o 18 de setembro e finalizará o 11 de xuño tras a disputa de 30 xornadas. O Pescados Rubén Burela FS, campión da Liga nas últimas dúas tempadas parte como favorito a 'tripetir'. Na primeira xornada xogará na casa co Torreblanca Melilla, nunha reedición da final da Copa da Raíña que tamén gañou o equipo mariñao. O Atlético Navalcarnero volverá ser, a priori, o gran rival do Burela FS para alzarse como campión da Liga. Veranse as caras por primeira vez o 29 de xaneiro, en Madrid, e de novo o 11 de xuño en Burela, na derradeira xornada da competición regular. Ademais, segundo o comunicado onte pola Federación, o inicio da Copa da Raíña está fixado para o 8 de decembro, mentres que a fase final terá lugar os días 22, 23 e 24 de maio. A Supercopa de España fica reservada para a última fin de semana de febreiro (26 e 27). Esta tempada serán catro os equipos galegos tras o ascenso do Marín Futsal, que se estreará recibindo o Atlético Navalcarnero. Nesta primeira xornada, o Poio Pescamar visitará o Alcorcón, e o Ourense CF o Móstoles. Masculina Na Primeira masculina a competición comezará unha vez finalice o Mundial de Lituania (12 setembro-3 de outubro). A primeira xornada da Liga, que tamén recupera o formato dos 16 equipos, está prevista para o 9 de Outubro. A fase regular concluirá o 4 de xuño. O Pescados Rubén Burela FS é o único representante galego na máxima categoría do fútbol sala a nivel estatal, despois de lograr salvar a categoría a pasada campaña na promoción. Na primeira xornada, recibirá no Vista Alegre ao Zaragoza. |
QUEPASA_108 | A Xunta, a rebufo, anuncia que a semana que vén licitará o Plan de Xestión, tras 12 anos no caixón | Empurrón sen parangón aos Penedos de Traba e Pasarela. Esta mañá os Concellos de Laxe e Vimianzo presentaron en sociedade o traballo que levan facendo nos últimos anos para aproveitar turisticamente este singular espazo granítico. Unha completa expedición política realizou unha completa andaina para ver, de primeira man a Cachuca, o Pato, a Gadoupa e ata pousar no Trono. A expedición estivo formada pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco; o concelleiro do Partido Popular, Kiko Calzas; o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón; o concelleiro de Obras do Concello de Laxe, Eulogio Castiñeira; a concelleira de Turismo de Laxe, Raquel Lema e a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo e os técnicos de Turismo de Deportes de ambos Concellos. Unha experiencia para coñecer a ruta de sendeirismo "Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba", que aproveita sendeiros tradicionais e servidumes de paso, a través das cales é posible percorrer unha dorsal que se alonga dende a Torre da Moa, pasando pola Pena Forcada, ata o Outeiro da Cachucha, con miradoiros naturais únicos sobre o Val de Traba. A rura ten unha posibilidade lineal, Pasarela-Traba e á inversa, e dous percorridos circulares, un con saída de Pasarela e outro desde o aparcamento do cruce do Bañal. As actuacións leváronse a cabo despois de obter a pertinente aprobación por parte do Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia. Sinalética Unha das partes fundamentais é a sinalética permite orientar o tránsito polos Penedos e consiste en paneis de inicio da ruta, paneis informativos (con códigos QR que redirixen a Wikiloc do Concello de Vimianzo) de situación. Pero os Concellos xa están a traballar nas seguintes fases, relativas a obras, equipamentos e medios de divulgación, ademais de descubrir algunha outra forma agora agochada pola espesa natureza. Os políticos agradeceron, sobre todo, a Victor Santos e María José Mato (que ademais acaba de ser nomeada delagada en Galicia da AEPT) polo seu gran traballo. A Xunta rescata o Plan de Xestión Parece, que as alarmas eólicas, e a visita, serviu para que a Xunta desempolvase o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida, esquecido dende o seu nomeamento, con apenas un intento en 2018, que quedou en nada. Porén a Xunta vén de anunciar que licitará nos vindeiros días a Redacción do Plan de Xestión, cunha vixencia prevista de 10 anos e que previsiblemente quedaría aprobado o vindeiro ano. |
PRAZA_3120 | O plan do Concello de Santiago para a cidade histórica concreta o que xa advertira a Catedral: os fogos do Apóstolo non volverán á fachada do templo e tampouco ao Pazo de Raxoi tras causaren danos en ambos edificios históricos. "A efectos de garantir a protección do patrimonio (...) resulta imprescindible eliminar a celebración dos fogos (...)", di o documento sobre un espectáculo cuxas orixes se remontan ao século XVI | Hai anos que era máis ca unha hipótese de traballo e o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, xa a verbalizara durante as obras de restauración da fachada do Obradoiro: a pirotecnia dos fogos do Apóstolo non ía regresar "nunca máis" ao emblemático emprazamento. Tal espectáculo virou en tradición co paso dos anos e mesmo dos séculos, pero tamén é unha agresión ao patrimonio con aínda menos sentido, se cabe, tras uns millonarios traballos de restauración concibidos para protexer aínda máis o templo.O plan do Concello de Santiago para a cidade histórica concreta o que xa advertira a Catedral: os fogos non volverán á fachada do templo e tampouco ao Pazo de Raxoi tras causaren danos en ambos edificios históricosCon este pano de fondo, o Concello de Santiago vén de presentar o seu plan de Actuacións urxentes na contorna da Catedral e zonas anexas da Cidade Histórica, un proxecto que ten como horizonte o Xacobeo 2021 que abrangue actuacións quen van dende a accesibilidade á situación de paradas de autobuses. Pero que tamén inclúe unha decisión aínda máis inmediata: os fogos do Apóstolo saen definitivamente do Obradoiro. Non van regresar á Catedral tras a fin das obras, onde a tradición dos fogos se remonta case cinco séculos. Pero tampouco se van repetir no Pazo de Raxoi, dende onde foron lanzados nos últimos anos.Na noite do 24 de xullo seguirá a haber espectáculos audiovisuais no Obradoiro, pero sen pirotecnia. A razón resúmea o devandito plan: o lanzamento dos fogos "ocupando parte da fachada occidental da Catedral e as cubertas do Pazo de Raxoi provocou danos na fábrica da pedra da Catedral e tamén nos canalóns e revestimentos de tella das cubertas" do edificio que acolle a casa consistorial e dependencias da Presidencia da Xunta. Segundo o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, só os fogos de 2019 provocaron danos en Raxoi por importe duns 700.000 euros."A efectos de garantir a protección do patrimonio (...) resulta imprescindible eliminar a celebración dos fogos (...) na fachada da Catedral e nas cubertas do Pazo de Raxoi""A efectos de garantir a protección do patrimonio cultural resulta imprescindible eliminar a celebración de fogos artificiais na fachada da Catedral e nas cubertas do Pazo de Raxoi, trasladándoa de lugar", conclúe o plan. O propio documento contempla "propoñer outra localización" máis "acaida e respectuosa co patrimonio". Entre as opcións contempladas están o parque de Belvís e as Brañas do Sar "por tratarse de zonas verdes ou espazos públicos situados na contorna da cidade histórica e con boa visibilidade".Case cinco séculos de 'fogos'As pescudas históricas sobre a orixe dos fogos do Apóstolo remontan a tradición a hai uns 475 anos. Unha investigación presentada polo Consorcio de Santiago en 2009, obra do profesor de Historia da Arte da USC Miguel Taín, sitúa en 1545 a primeira "noticia do alumeado da praza" do Obradoiro "con candeas" na noite do 24 de xullo. "Tales luminarias son o precedente máis antigo dos hoxe coñecidos como fogos do Apóstolo", explicaba, o que acredita que tal celebración é mesmo anterior á ofrenda ao Apóstolo, que a Casa Real española comezou no século XVII.Unha investigación do historiador da arte Miguel Taín sitúa o "precedente máis antigo" dos fogos do Apóstolo nunha celebración de 1545; o espectáculo pirotécnico no Obradoiro "consolidouse" durante os séculos XVII e XVIIIFoi, non obstante, nos séculos XVII e XVIII cando se "consolidou" esta celebración, que en ocasións estaba precedida dunha tourada no propio Obradoiro, explica Taín no seu traballo. Ese "espectáculo de luces e fogos artificiais" pasou a ser coñecido como "a queima do castelo" mediante a instalación dunha fachada alusiva a momentos históricos vinculados ao Apóstolo, que era queimada mentres se disparaban fogos artificiais. Dende o século XIX o responsable do espectáculo deixou de ser o Cabido da Catedral e pasou a ser o Concello, que incorporou novos deseños e medios. Así por exemplo, documenta o historiador, en 1852 no espectáculo xa houbo un foco de luz eléctrica.A tradicional queima das fachadas instaladas para a ocasión e o lanzamento dos fogos artificiais na noite do 24 de xullo causaban un impacto evidente na Catedral. A pirotecnia trasladarase agora a outro emprazamentoDende finais do século XIX e ata o Xacobeo 1999 o que se queimou foi "a famosa fachada neomudéxar" e do 2000 en diante recuperouse o deseño de fachada gótica que deseñara para o Ano Santo de 1897 Daniel García Vaamonde, arquitecto municipal do consistorio. Con independencia dos deseños, todos os espectáculos implicaron a abondosa presenza de pirotecnia que, concordan todas as partes, resulta especialmente agresiva para o histórico complexo, que nos últimos anos xa se vén librando da pólvora grazas ás obras de restauración.O anuncio da decisión causou diversas reaccións na capital galega, se ben entre no eido institucional non xurdiron discrepancias, dadas as múltiples advertencias que, dende hai anos e mesmo décadas, existen a respecto do impacto da celebración na Catedral e en Raxoi. Nesas reaccións houbo tamén lugar para a retranca da man do ex-alcalde e voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega. "Non quero nin pensar a de tinta que aforraron" algúns medios ao non producirse a decisión durante o seu mandato, ironizou. |
NOS_6170 | Por parte da Xunta, o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, defendeu na sesión plenaria que as acusacións de recortes por parte de sindicatos de ensino e oposición son "total e absolutamente falsas". | O Executivo galego e a oposición cruzaron acusacións sobre o inicio do curso escolar nun pleno do Parlamento galego con intenso debate acerca do número real de docentes no ensino público galego e sobre os recortes que a oposición vén denunciando nos últimos anos. Por parte da Xunta, o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, defendeu na sesión plenaria que as acusacións de recortes por parte de sindicatos de ensino e oposición son "total e absolutamente falsas". Rodríguez asegurou que no inicio deste curso académico, a Galiza conta con até 11 docentes máis que o ano pasado e con 500 máis do que no último curso prepandemia. Centos de persoas maniféstanse en Compostela contra os recortes en Educación: "As aulas están ateigadas" Con todo, estes datos foron cuestionados polos grupos da oposición, que instaron o conselleiro a dar as cifras desagregadas por cursos para "demostrar a veracidade da información". En opinión do BNG e do PSdeG, o número total dado por Román Rodríguez "esconde recortes nos primeiros niveis", os que "concentran a maioría do alumnado". O portavoz de Educación, Manuel Lourenzo, recriminou ao conselleiro que na Galiza "temos case 1.000 profesores e profesoras menos que no ano 2009 e contamos con 20.000 alumnos e alumnas máis no sistema educativo, como reflicten os datos do Instituto Galego de Estatística". Confronto de datos Lourenzo quixo evidenciar a "manipulación" dos datos de profesorado por parte do Goberno galego ao que acusou de converter a Consellaría de Educación "nun fortín en que os datos son sempre nebulosos, parciais, interesados e no cal son incapaces de ofrecer a información que se solicita". "O seu problema é que veñen aquí vender unha realidade paralela que non ten nada a ver coa realidade que están a vivir as familias", criticou, para engadir que o PP está a "empregar as Administracións para favorecer o ensino privado". "Falta de transparencia" Pola súa parte, a deputada socialista na Cámara galega Noelia Otero lembrou ao conselleiro que esta non é "unha polémica para nada inventada", senón que se trata "dunha situación preocupante" derivada de que "a Consellaría está instalada na máis absoluta falta de transparencia", dixo. As críticas aos recortes marcan o novo curso escolar Outro dato que tamén provocou polémica no pleno foron as 700 prazas menos que figuran na adxudicación de destinos provisionais de profesorado. A este respecto, Otero preguntou ao conselleiro se está "a acusar os centros de inventar os datos" e ademais afeoulle que "desacredite as demandas dos docentes" após dous anos nos cales este colectivo atravesou "o peor momento histórico da súa profesión". Perda de 841 docentes Segundo o informe Datos e cifras do ensino non universitario da propia Consellaría de Educación, de setembro de 2021, a Galiza contaba no ano 2009, cando Núñez Feixoo chegou á Presidencia da Xunta, con 31.375 docentes no ensino público. Esta cuarta feira, o conselleiro na súa comparecencia no Parlamento cifrounos neste curso en 30.534. É dicir, 841 docentes menos que no ano 2009. |
NOS_14842 | A eurodeputada nacionalista Ana Miranda advirte ao presidente da Comisión Europea que a devolución das axudas do 'tax-lease' sentenciará a un sector estratéxico para Galiza | Ana Miranda, eurodeputada nacionalista aproveitou a sesión plenaria do Parlamento Europeo para interpelar ao presidente da Comisión, José Manuel Durao Barroso. Unha interpelación na que Miranda instou a Barroso a que "antes de tomar unha decisión pense nos miles de empregos que están en xogo no sector naval tanto en Galiza, onde xa se perderon máis de 10.000 empregos directos, como noutras partes do Estado español, caso de Asturias ou do País Vasco", salientou a eurodeputada. A representante nacionalista en Bruxelas apuntou a que "é un contrasentido que estea aquí hoxe a falar de políticas de loita contra o desemprego, se dentro dunha semana a Comisión Europea que vostede preside adopta unha decisión de sanción que supón acabar con miles de postos de traballo nun sector estratéxico para Galiza". Para o BNG, faise máis que necesario unha "decisión política" que garante a viabilidade do sector naval galego, e lembra que iso si se ten feito en situación similares con outros Estados membros. "O sector non ten porque pagar a incompetencia política do Goberno español á hora de defender os seus intereses ante a UE, nin ten porque pagar polo mero feito de cumprir coa normativa vixente que representaba o sistema do tax-lease", conclúe. |
PRAZA_12539 | O paro aumenta en Galicia a maior ritmo que no Estado e incrementouse nun 11% desde o pasado ano, especialmente entre os máis novos. Desde a volta do PP á Xunta en 2009, o número de desempregados de longa duración multiplicouse por tres e expertos economistas non albiscan melloras: "Non hai unha política económica definida; non hai plan ningún". | Galicia segue a liderar as estatísticas do paro e ocupa os primeiros postos da fatídica clasificación do desemprego no Estado. Co último dato, o número de desempregados oficiais chega a case os 270.000, unha cifra que en realidade roldaría os 300.000 se se engaden as persoas na procura de traballo non incluídas nas listas. Ademais, e desde a chegada á Xunta de Núñez Feijóo, da que se van cumprir en breve tres anos, o número de parados de longa duración multiplicouse case por tres, mentres segue a aumentar o desemprego xuvenil e continúa a caer o poder adquisitivo dos traballadores e a renda dispoñible nos fogares. A emigración volve ser a alternativa nun país no que varios expertos economistas constatan unha evidente "falta de planificación e de política económica" por parte do Goberno autonómico. E non hai trazas de que a cousa cambie. Coa última suba do 0,77% con respecto ao mes de febreiro, en termos interanuais o país conta con case 28.000 desempregados máis que no mes de marzo do ano pasado, o que equivale a unha suba do 11,05%, polo que Galicia sitúase como a quinta comunidade con máis paro rexistrado en España e cunha evolución interanual peor que a media estatal, que queda no 9,63%. Un dato se cadra máis duro se temos en conta que é o primeiro que se tira tras a aplicación da reforma laboral. Aquela promesa de Feijóo na campaña electoral de 2009 de acabar co paro "en 45 días" tórnase agora en ridícula se non fose pola gravidade da situación. Non só non se reduciu o desemprego, senón que en Galicia aumenta xa por riba da media estatal e con previsións nada optimistas. Máis aínda, unha ollada aos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) amosan como os parados de longa duración case se triplicaron desde a volta do PP á Xunta en abril de hai tres anos. No segundo trimestre de 2009, había uns 23.000 parados de longa duración; agora son xa 62.000 Así, se o número de parados de longa duración con máis de dous anos no desemprego ascendía a 22.900 persoas no segundo trimestre de 2009, a finais de 2011 esta cifra ascendía xa aos 61.600. En canto aos desempregados con entre un e dous anos no paro, a variación vai desde os 22.700 aos 59.500 de decembro do ano pasado, data do último dato rexistrado polo IGE. Nada se lembra do Executivo galego no intento por rematar con esta situación de desemprego que de temporal non ten nada. Nin moito menos."Falla todo, pero falla sobre todo a planificación por parte da Xunta, á marxe da gravidade da crise económica", asegura o economista Enrique Negueruela, técnico especialista no mercado laboral, que advirte tamén da falta de investimento no fomento do emprego. "O primeiro que fixo Feijóo foi prescindir de 100 millóns destinados a este ámbito", lembra. "Galicia non ten unha política económica definida, non ten plan, sobre todo a nivel industrial", insiste outro economista, David Peón, profesor na Universidade da Coruña. Tempo en paro en Galicia (en milleiros de persoas) Ano Trimestre Menos de 6meses De 6meses a 1ano De 1 a 2 anos Máis de 2 anos 2009 T2 75.7 33.5 22.7 22.9 2009 T3 62.7 36.5 26.7 23.4 2009 T4 64.8 35.2 35 24.7 2010 T1 74 43.4 46.2 28.5 2010 T2 69.3 45.3 44.7 32.1 2010 T3 58.3 40 45.9 40.1 2010 T4 68.4 39.7 48.2 39.3 2011 T1 77.9 39.7 52.7 45 2011 T2 66.2 40.3 52.3 48.6 2011 T3 69.4 35.8 55.3 52 2011 T4 78.2 32.7 59.5 61.6 A diagnose dos expertos son duras e contundentes. "En Galicia non se fixo ningún plan para reconverter a todos os parados do sector da construción, que son moitos, nin ningún plan específico para os do textil", engade Negueruela, que cre que "falta planificación de abaixo a arriba porque o pouco que se fai é de arriba a abaixo". E pon algún exemplo máis. "Sempre crin moito nos pactos territoriais porque hai que estudar e centrarse nos mercados de traballo locais; un plan de emprego global para toda Galicia é un conto; os plans teñen que estar pegados ao terreo e aos seus sectores produtivos", di. Para David Peón, o erro está en "non defiinir por que sectores se vai apostar no país". "O fracaso do plano eólico ou no naval son algunhas dos motivos que explican este paro de longa duración, á marxe da fonda crise que sufrimos", advirte, tras lembrar que "en Galicia leva meses medrando máis o desemprego que no conxunto do Estado", uns datos dos que culpa, sen rodeos, "á falta de política económica e industrial" dos gobernos do PP. "Se me preguntas cal é a política económica da Xunta, e incluso do Executivo central, pois non che sabería dicir nada agás o obxectivo de cumprir co déficit", resume. "O erro está en non definir os sectores polos que se vai apostar no país" O erro, segundo os expertos, non só existiu no pasado e no presente, senón que teima en continuar no futuro. "Non é só que non se vexan cambios, senón que xa se cargaron os mecanismos de planificación; o problema é que se teñen máis en conta as cores políticas e os favorciños aos amigos que a efectividade do que fas", explica Negueruela, que se centra nos cursos de formación que, para David Peón, "tamén serven para agochar os datos reais do paro". "As políticas activas fanse en función do que ofrecen os políticos e non en función das necesidades reais", coinciden. En Galicia, por centrarnos nun sector, nos últimos dous anos perdeuse o 10% de afiliados ao sector agrícola-gandeiro. "Resulta surrealista pensar que en plena crise non se fixese plan ningún para que volveran ao sector agrario todos os mozos que marcharon á construción", insiste Negueruela, que afonda na contradición de que sigan existindo cursos de formación "de albanelería, xusto agora que non hai traballo nin parece que o haberá nese sector". "Existen cursos de confección de traxes de bautismo para quince persoas; a realidade é así de triste e semella que nos toman por parvos", engade. A situación é mala, moi mala, en especial para os mozos. Os últimos datos do Eurostat sitúa nun 50,6% o desemprego entre os menores de 25 anos en España, unha cifra record no conxunto da UE e dificilmente aturable. En Galicia, segundo a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a taxa do desemprego xuvenil chega a case o 38%, un dato que considera "non positivo" pero do que chega a presumir ao colocar a comunidade como a cuarta con menos mozos parados. A oposición fala dun número máis alto aínda. Á marxe da guerra de cifras, o último dato do Goberno central fala de 23.345 menores de 25 anos en situación de desemprego en Galicia, case o 10% do total de parados. Se botamos unha ollada ao IGE, no país hai 145.000 persoas de entre 16 e 34 anos sen traballo ou buscándoo activamente desde que finalizaron os seus estudos. Unha xeración perdida e desconcertada. "O paro xuvenil é un calexón sen saída porque os gobernos non usan a cabeza", quéixase Negueruela, que cre que "deberían incentivarse os contratos de relevo ou substitución para suplir aos xubilados". "No entanto, a reforma laboral non fai nada neste aspecto e céntrase en contratos de formación e bolseiros, cando o que se ten que facer é axilizar a entrada dos rapaces no mercado laboral", aclara. "Desde logo, non é un problema de educación porque os mozos están sobradamente preparados na maioría dos casos; o problema é que non se fomenta nada o emprendemento nin se apoia aos cativos desde a Administración", insiste Peón. O catedrático de Economía Aplicada, Xavier Vence, cre que os Orzamentos presentados polo Goberno central non fan máis que empeorar a situación e non logra entender como "xusto agora que se fala de apoiar a actividade emprendedora, recórtase de alí de onde podería vir os recursos e os fondos para fomentar esta innovación". O gasto en I+D civil redúcese nun 25%, mentres que nas transferencias de capital a tesoirada chega ao 34%. "A situación é negra, pero non só pola crise en si, senón polas políticas que se aplican", resume Vence, unha sentenza na que coinciden Peón e Negueruela. "Coas medidas anunciadas, quédanos un ano moi malo e algún máis en fonda crise", resumen. |
NOS_8325 | Chega a VI edición do San Froilán Asociativo, unha iniciativa en que participan 21 colectivos sociais que reivindican a recuperación da rúa e do espírito popular das festas do San Froilán. Este sábado encherán a praza de Santo Domingo de música, baile, teatro, monicreques e xogos tradicionais. | Unha festa popular. Do pobo e para o pobo. Isto é o que reivindican os 21 colectivos que forman parte da iniciativa San Froilán Asociativo, que este sábado organizan a quinta edición da festa alternativa. As actividades, entre as que destacan a música, o baile, monicreques e xogos tradicionais, terá lugar o sábado 8 de outubro a partir das 10h e durante toda a xornada na praza de Santo Domingo. Aliás, a festa servirá para que as distintas asociacións que forman parte do proxecto poidan dar a coñecer as tarefas que desenvolven. Con esta iniciativa, os colectivos promotores pretenden recuperar o espírito de participación popular da festa con máis sona da cidade de Lugo. A novidade deste ano ten a ver coa "oficialidade" do San Froilán Asociativo. E é que este ano, aparece reflectido por vez primeira na programación oficial. Participan do San Froilán Asociativo: ADEGA, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde, Asociación de Nais e Pais Separados, Asociación Parque Rosalía, Ateneo Engranaxe, Bolboretas Fiandeiras, Briga, C.S. Madia-Leva, C.S.Vagalume, CMC, Colectivo Sen Papeis, Cova da Terra, Erguer, Escolas Semente, Galiza Nova, Masa Crítica, Mercado da Terra, Plataforma Feminista de Lugo, Plataforma Lugo de Cara ao Miño, Plataforma Stop Desafiuzamentos e X.C.Galega. |
NOS_53708 | A 'Festa da Fala' decorre entre 15 e 26 de agosto e cun programa con todo tipo de actividades. | Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima, Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares) no que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo cifraba o filólogo e membro da RAG Henrique Costas, uns 5.000 falantes. Unha comunidade orgullos da da súa 'fala', á que festexa e homenaxea estes días. Do 15 ao 26 de agosto decorre en San Martiño de Trebello a 'Festa da fala', cun variado programa no que colaboran diversas institucións e entidades estremeñas e as galegas A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego. Música e gastronomía son o prato forte das festas ("comi, bebi e fala" é o lema desta edición). Os actos rematarán o día 26 coa entrega do premio Boiga do Viñu que se lle dará a unha persoa ou colectivo que destaque polo seu traballo en defensa e promoción do galego. "O 100% dos habitantes do Val falamos na fala. Provén todo do mesmo, falamos o mesmo o que acontece é que en cada pobo teñen as súas alteracións. Así, en San Martiño dise mañego, en Valverde valverdeiro e en Eljas lagarteiro. Hai varios escritores que lle teñen posto valego polo significado da historia que provén de Galiza", afirmaba en entrevista con Sermos Galiza Julián Carretero, un dos veciños implicados na defensa e promoción da fala. |
PRAZA_21042 | O presidente di que "todos os directores das residencias de Galicia foron vacinados" pero deixa no aire se foi correcto vacinar a Josefina Fernández, "directora dun conxunto de residencias" | O presidente di que "todos os directores das residencias de Galicia foron vacinados" pero deixa no aire se foi correcto vacinar a Josefina Fernández, "directora dun conxunto de residencias""Se tivo relación con maiores, a vacina é correcta, e se non a tivo terá que dar as explicacións oportunas". Esta é a valoración do presidente Feijóo sobre a vacinación fronte a COVID que xa recibiu Josefina Fernández, conselleira delegada de DomusVi, o maior grupo de residencias privadas de Galicia.Preguntado pola vacinación de Fernández, máxima responsable da emprega, Feijóo salientou que "todos os directores das residencias de Galicia foron vacinados", pero el mesmo precisou que Fernández é "directora dun conxunto de residencias", co que deixou no aire se considera ou non correcta a súa vacinación. "A pregunta é se algunhas das persoas directivas das residencias tivo relación con enfermos, maiores ou residentes", dixo o presidente, pregunta que non respondeu para o caso da máxima responsable de DomusVi, da que se limitou a dicir que a empresa "notifica que esta persoa ten relación coas persoas das residencias que dirixe e tutela" pero non aclarou se a Xunta avala esa notificación ou non.A resposta de Feijóo chega despois de que a portavoz do BNG, Ana Pontón, cualificase a vacinación de Fernández como "unha labazada na dignidade da xente" pola que considera que é o propio presidente da Xunta quen debe dar explicacións. Sobre a cuestión tamén se pronunciou o número 2 do PSdeG, Pablo Arangüena, que a considerou "inadmisible e lamentable".Defensa de Rajoy ante as revelacións de Bárcenas"Sigo convencido da honorabilidade en toda a súa carreira política do presidente Rajoy", di Feijóo sobre a acusación de Bárcenas de que destruíu probas do financiamento ilegal do PPPor outra banda, Feijóo tampouco quixo pronunciarse sobre as acusacións do ex-tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, contra o ex-presidente do partido e do Goberno central Mariano Rajoy, do que di que destruíu documentación que certificaría o financiamento ilegal da formación. Segundo Feijóo, a acusación forma parte da "estratexia de defensa dunha persoa que está condenada por delitos de corrupción". "Sigo convencido da honorabilidade en toda a súa carreira política do presidente Rajoy", sentenciou o presidente da Xunta e do PP galego. |
NOS_40838 | "A submisión de Feijóo a Rajoy ten un custo: 442 millóns de euros", denuncia Ana Pontón (BNG). Para Manuel Lago, as contas son "antisociais e maltratadoras de Galiza". O PP, por contra, mantén que Galiza recibe "o duplo do que lle corresponde". | Os orzamentos xerais do estado para 2017 non convencen á oposición en Galiza, que coincide á hora de denunciar que o recorte de fondos para o noso país evidencia o escaso peso político de Feijóo. Para Ana Pontón, portavoz do BNG, estes orzamentos supoñen un "agravio e unha discriminación", un exemplo da "falta de peso político" do presidente da Xunta en Madrid. "A súa submisión ten un custo moi elevado: 442 millóns de euros", manifestou. Para a nacionalista, estas contas supoñen "unha labazada na cara dos galegos", para alén de criticar que os mesmos, dixo "consoliden un modelo de recortes e desigualdade". En Marea tamén criticou uns orzamentos que consideran que marxinan Galiza e que continúan a punir as partidas sociais. "Son antisociais e maltratadores de Galiza", afirmou o deputado Manuel Lago, que sostén que son "restritivos en investimentos" e que as contas contradín as mensaxes de que a economía está en recuperación. Gómez Reino, de En Marea no Congreso, cualifica as contas de "un novo golpe ao estado de benestar" e sostén que Galiza sae dos orzamentos do estado "doblemente prexudicada". Por unha banda, porque se inviste menos do que lle corrresponde, e por outra porque as cifras que se adican ao noso país nas contas "non se executan". Tamén advertiu do risco de que Galiza fique reducida en termos orzamentarios "a quilómetros de Ave". Desde o PSdG mantense que os orzamentos confirman "o nulo peso de Feijóo" perante o 'goberno amigo'. Outra visión moi diferente é a do PP, que por boca de Celso Delgado, parlamentar galego en Madrid e presidente da Comisión de Fomento, dixo que Galiza é o segundo territorio con máis investimento por renda per cápita e que recibe "o duplo que lle corresponde". |
PRAZA_9130 | O Goberno galego intenta transmitir unha imaxe institucional de oposición ao "agravio" a Galicia pero vincula as súas peticións coas propostas que poidan realizar os deputados populares | O Goberno galego intenta transmitir unha imaxe institucional de oposición ao "agravio" a Galicia pero vincula as súas peticións coas propostas que poidan realizar os deputados popularesOs orzamentos xerais do Estado que o Goberno central presentou esta semana iniciaron xa a súa tramitación no Congreso e a partir de agora só poderán ser aprobados, rexeitados ou emendados polos seus deputados. Porén, o Goberno galego, que se amosa moi crítico con esas contas, está a anunciar de xeito público que as emendará, algo que non está na súa man e que fontes do Executivo de Feijóo admiten que depende do que fagan os deputados do PP. Así a Xunta, que intenta transmitir unha imaxe de institucionalidade fonte ao que considera un agravio a Galicia, asume como propias as posturas dunha formación política. Este xoves, na rolda de prensa posterior ao encontro semanal do Goberno galego, o presidente Feijóo comezou a súa intervención anunciando que "o Consello dedicou gran parte da reunión a comentar os orzamentos do Estado", feito que non se viu reflectido no listado de asuntos tratados que posteriormente se fixo público. E a continuación fixo desa cuestión o eixo central das súas declaracións como presidente da Xunta para acabar asegurando que, fronte a emendas presentadas en anos anteriores polo PSOE ás contas de Mariano Rajoy, que cualificou como pouco rigorosas, "faremos emendas co mesmo criterio e co mesmo rigor que en exercicios anteriores". Só os deputados poden presentar emendas aos orzamentos do Estado, non a Xunta, malia que así o anunciaron tanto Feijóo como a conselleira de Infraestruturas Este venres quen se pronunciou en similar liña foi a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen tamén aludiu ás "emendas" que pensa presentar o Goberno galego ás contas estatais malia que non está habilitado para facelo. Esas "emendas" ás que se referiron tanto Feijóo como Vázquez, admiten desde o Goberno galego, son as que poidan presentar os deputados do PP, postura de partido coa que así se identifica a Xunta. |
NOS_43125 | "Móvete pola ría" é o lema coa que a plataforma Ence fóra da ría convoca a mobilización que partirá na tarde ás 19.30h do sábado das alamedas de Pontevedra e de Marín. A reclamación, expulsar a pasteira de Lourizán. | Como cada mes de xuño, a veciñanza de Pontevedra e Marín únese nunha manifestación que transcorre á beira da ría e conflúe á altura de Ence para reivindicar, precisamente, a expulsión da fábrica de celulosa do seu emprazamento actual. Porén, a deste sábado non é un protesto máis. Cobra especial relevancia após aprobar o Goberno de Rajoy en xaneiro, cando xa estaba en funcións, a prórroga da concesión de Ence na ría por 60 anos. A Plataforma Ence fóra da ría fai un chamamento para que a xente participe da marcha contra o mantemento da pasteira en Lourizán baixo o lema "Móvete pola ría". Aliás, a convocatoria da manifestación apela ao saneamento integral da ría e a acabar coa eucaliptización dos montes da Galiza. O presidente da Federación de Asociacións Veciñais Castelao, Juan Loureiro, salientou que a "vocación" da ría pasa pola "explotación racional dos recursos marisqueiros, da baixura e do turismo", algo imposíbel de manterse Ence na ría. Tamén apelou á necesidade de acabar con todos os vertidos á ría e cargou contra a decisión do PP de permitir que Ence siga a contaminar durante outros 60 anos. A este respeito, o presidente da federación sinalou que existen posibilidades de revogar a prórroga a Ence –empresa con tres ex cargos do PP no seu Consello de Administración- por vía administrativa e xudicial. Subliñou, a maiores, a importancia da mobilización social. [No semanario Sermos Galiza nº181 publicamos unha ampla reportaxe sobre Ence e os vínculos da empresa co Partido Popular. Está dispoñíbel na loxa] |
NOS_20937 | O novo proxecto político de Yolanda Díaz, Sumar -tras Izquierda Unida, AGE, En Marea e Galicia en Común-, recalou esta quinta feira na Galiza, na que é a súa primeira saída da capital española tras a súa presentación, para "demostrar que se pode vivir nun rural vivo", pero que precisa un "novo contrato social" para acabar co despoboamento da 'España baleirada'. | O lugar escollido pola formación para abordar o tema foron as montañas do Courel, concretamente na Casa-Museo do poeta galego Uxío Novoneira a quen Díaz, que chegou da man da súa filla, garda, dixo, un grande agarimo. A vicepresidenta do Executivo español estivo acompañada polo secretario xeral de Podemos na Galiza, Antón Gómez Reino, xunto á súa familia; así como por Branca Novoneira, a concelleira de Compostela Aberta Marta Lois, ou o cineasta Óliver Laxe. A localización, insistiu, non é casual, pois supón unha forma de mostrar ao resto do Estado español "un gran descoñecido: un pulmón magnífico que se chama Galiza". Alusións á "España baleirada" "Arrincamos Sumar na Galiza sabendo que temos unha tarefa pendente desde hai 60 anos, nos que o cambio do modelo produtivo trouxo consecuencias tan tremendas como o despoboamento rural -a España baleirada-", explicou. A tamén ministra de Traballo relatou como o cambio na agricultura e a gandaría, "que pasou de ser de proximidade, de calidade, humana e sostíbel", a un modelo intensivo, "que non é correcto", desembocou en que, "a medida que se estendían as zonas de monte, se fose perdendo poboación rural". A este respecto, Díaz mostrouse crítica coa xestión das Administracións "de todas as cores políticas". "A cidadanía abandona o rural fundamentalmente porque as Administracións abandónano. Só actúan na extinción de incendios e facer isto, como política pública, é actuar cando o dano xa está feito", argumentou. Insistiu en "atallar" as causas que producen o abandono rural, unha delas a falta de servizos. Sobre este tema, a líder de Sumar instou a subscribir un "novo gran pacto", "un novo contrato social entre o rural e o urbano". "Os habitantes do rural teñen os mesmos dereitos que os que viven nas cidades. Un contrato social coa terra é fundamental", aseverou. Un "acto de escoita" Os temas avanzados por Díaz foron tamén os abordados no 'acto de escoita' -así define a vicepresidenta as reunións que mantén con expertos e profesionais de distintos ámbitos no marco de desenvolvemento do seu proxecto político- que ocupou gran parte da xornada. Nela participaron desde agricultores e gandeiros, a emprendedores no rural, veciños da parroquia e traballadores na extinción de incendios. Todos eles, en quendas de dous minutos, expuxeron os problemas aos que se enfrontan, as súas necesidades e as solucións que lles gustaría recibir por parte de todas as Administracións. Referíronse así a políticas públicas desde o rural, que non só atraian poboación senón que tamén impliquen aqueles que xa viven nesas vilas e aldeas; trámites burocráticos máis simples; máis servizos -principalmente Internet-; e unha xestión adecuada do solo para loitar e, sobre todo, previr os incendios. |
NOS_16228 | A Organización Galega de comunidades de monte (ORGACCMM) pide que parte dos Next generation sexan empregados para acadar un medio rural "multifuncional e sustentabel". | A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que parte dos fondos europeos de reactivación económica se destinen a proxectos para acadar un medio rural "multifuncional e sustentabel". Esta entidade achegou sete propostas sete propostas con esta finalidade. Dotar as mancomunidades e comunidades de montes de aserradeiros móviles, de maquinaria e vehículos para rematar o ciclo produtivo de aproveitamentos non madeirabeis do monte, e de vehículos para a loita contra os lumes forestais son algunha desas propostas Tamén propoñen que se destinen fondos europeos a axudar as comunidades de montes na construción de centros de interpretación da natureza e do patrimonio, á elaboración de unidades didácticas sobre o monte veciñal e as comunidades veciñais ou dotar estas comunidades de infraestruturas necesarias para a creación de un economato comunitario. |
NOS_43144 | Unha multitude -20.000 persoas, segundo a organización- secundou a manifestación do BNG, centrada na defensa da soberanía como eixo para reverter o presente e construír un futuro. O portavoz nacional apela a construír unha alternativa "incorporando ideas e persoas" sobre un "proxecto de país". | Milleiros de persoas, das que "facemos latexar esa outra Galiza que non se resigna", en palabras do portavoz nacional Xavier Vence, tomaron parte este 25 de Xullo na manifestación do BNG polo Día da Patria Galega. Persoas como Carme, de Marín, con 52 anos, desempregada e acudindo ás mobilizacións do 25 "desde ben nova, cando isto era perigoso". Ou como Moncho, mecánico da comarca das Mariñas, con trintaepoucos, e que vén con toda a familia ("o pequeno, a compañeira e os amigos de sempre") a unha manifestación "que é para reafirmar que somos un país, e que o futuro imos afrontalo como un pobo e que non quero que decidan desde fóra por min nin por nós". Son dúas das por volta de 20.000 persoas, segundo fontes da organización, que tomaron parte na mobilización que percorreu Compostela coa lexenda 'En pé por Galiza. Soberanía. Democracia. Dereitos'. "Neste día de festa non estamos todos, faltan máis de 100.000 mozos e mozas, que tiveron que emigrar", denunciou Alberte Mera A mobilización arrancou da Alameda de Compostela entre o bourar dos bombos e gaitas da Treboada do Baixo Miño abrindo paso. Un son poderoso e telúrico tras o que desfilou unha xigantesca bandeira da Patria e, a continuación, milleiros e milleiros de persoas procedentes das diferentes comarcas do País. "Cando dicimos soberanía non é algo así, no ar. É ter traballo digno, ter unha vivenda, non ter que marchar fóra nin que os teus fillos falen español porque na escola non lles ensinen outra cousa". Así se expresaba Carlos de Ourense, empregado da administración pública, outro d@s 20.000 que ateigaron a Quintana A Galiza sen fronteiras: De Gaza a Glasgow A mobilización do BNG por ser nacionalista era internacionalista. Bandeiras de Palestina, Euskal Herria, Catalunya, Eire, Escocia, Palestina, Cuba... Aplausos e berros de apoio para todos e cada un dos representantes das delegacións convidadas. Especialmente sentidos para Palestina, emocionando a Fayed Badawi (FPLP) -que estaba no palco- até case as bágoas. 'Palestina Vencerá' ecoou en miles de voces na Alameda, na Praza de Galiza, na entrada á zona vella e na Quintana. "Nacimos para ser libres" ao son de Carapaos e Faiscas A Quintana íase enchendo mentres a música tradicional de Carapaos e Faíscas de Solobeira puñan a banda sonora da música tradicional desde o palco. Os e as participantes na manife do Bloque ían entrando nesta praza do corazón da Compostela monumental entre coros a prol do aborto libre, do galego como idioma nacional, contra o imperialismo, en soliariedade cos traballadores represaliados en Citroën... "Eu estou aquí porque son un obreiro. E sei, porque o vivín, pono aí ben clariño, porque o vivín, que aquí só o nacionalismo mirou por nós", Carmelo, das Rías Baixas. Bandeira nacionalista no lombo e colante da CIG no peito. Vence apelou á "necesidade e vontade de avanzar" e reiterou que "estamos abertos a todos os que queiran sumar" A quenda de intervencións abriuna Alberte Mera, secretario xeral de Galiza Nova, lembrando "que neste día de festa non estamos todos, faltan máis de 100.000 mozos e mozas, que tiveron que emigrar". Mera enfatizou a necesidade de "mudar o mundo" á vez que lembraba que "este pobo non se vende". Entre aplausos dos milleiros de participantes, finalizou: "Nacemos para ser libres e non súbditos de España". Tomou o relevo Saleta Chao, da Executiva do BNG, cunha intervención na que lembrou a agresión ás mulleres da lei do aborto e a necesidade de desbotar o patriarcado para construír unha Galiza máis soberana. Un "Viva Galiza Ceive e Feminista" puxo o ramo á intervención. De Herman Hesse ás vitorias populares Foi, entón, a quenda do portavoz nacional, Xavier Vence, que comezou despregando unha bandeira palestina sobre o atril e botando man do escritor Herman Hesse para denunciar o proxecto sionista como asasino do pobo palestiniano. Vence denunciou a situación á que a Troika e os gobernos que secundan os seus ditames submeten as maiorías sociais. "Estamos nunha guerra social, na que as grandes empresas seguen a obter beneficios", afirmou. E engadiu: "O centralismo é tamén parte desta guerra". Galiza atravesa unha situación difícil e complicada. "Está no límite", asegurou Xavier Vence, "mais non rendida, porque os nacionalistas galegos non nos resignamos". "Galiza está no límite mais non rendida, porque nos nacionalistas galegos non nos resignamos" E Vence enumerou algunhas desas 'batallas' onde os nacionalistas galegos non se resignaron: "contra a LOMCE, a reforma laboral, as peaxes, os despexos, o desmantelamento do naval, os recortes de dereitos ás mulleres ou as agresións ao galego". E dese compromiso e loita "de todos e todas" saíron vitorias: "Estanmos gañando, aos poucos, a batalla das preferentes, logrouse o parón de Corcoesto". A reivindicación nacionalista, "actual e lexítima" O BNG quere que a "indignación, que é necesaria, vaia máis alá" para se transformar en esperanza e construír un outro futuro para este país. "Esta nación aínda está a tempo de ser outra cousa" dixo Vence citando a Novoneyra. Falou dos procesos en marcha en Escocia e Catalunya como mostra de que as aspiracións e reivindicacións nacionalistas son "actuais e lexítimas", para defender que Galiza precisa unha ruptura "unha ruptura co centralismo". Afirmou que aqueles que decidiron "enguedellarse no discurso federalista" algún día futuro "laiaranse" da súa escolla e chamou a unha "ampla unidade de acción en torno ao proxecto nacionalista". Ensanchar a base e incorporar "ideas e persoas" Vence considera que o proxecto soberanista non é positivo só para nacionalistas, "senón para todos e todas as que queiran vivir neste país". Por iso o BNG está, lembrou, a impulsar "asembleas abertas en todos os concellos e cidades", unha aposta por "escoitar" e por "incorporar ideas e persoas". Defendeu "abrir as portas para ensanchar a base social" mais advertiu contra o perigo e caer "en chamadas de espontaneidade" que varían en función dos días. Foi, a este respecto, claro. O portavoz nacional dixo que "sen organización con conseguiremos nada" e que en troca "a cidadanía organizada cun proxecto de país pode selo todo". Apelou á "necesidade e vontade de avanzar" e reiterou que "estamos abertos a todos os que queiran sumar". E finalizou a intervención lendo a Ramón Cabanillas: "Arredor da bandeira azul e branca / arredor da bandeira ("coa estrela", engadiu) de Galiza /cantemos o dereito á libre nova vida". Entón foi o momento en que agromaron milleiros de puños ergueitos na Quintana para cantar o Himno Galego. |
NOS_10134 | A Asociación Galega de Editores prepárase para a súa festa anual que terá lugar o 15 de marzo en Vigo, na que se darán a coñecer quen gañará cada unha das dez categorías dos seus premios anuais do que veñen de facer públicos os nomes finalistas. | Nun ano especialmente difícil para a edición, con disminución de títulos e tiraxes, a Asociación Galega de Editores, que preside Manuel Bragado, ven de propoñer as candidaturas ás dez categorías que se recollen nos Premios da Edición, galardóns que se coñecerán na VIII Noite da Edición que terá lugar o vindeiro 15 de Marzo en Vigo. Cos premios, o gremio da edición, quere recoñecer os distintos aspectos da produción literaria, desde a creación nos seus distintos xéneros até a mellor libro educativo ou ilustrado. Fina Casalderrey, Marcos Calveiro, Manuel Gago e Xornalistas de Galicia optan a autor/autora do ano. Despois da votación das editoras asociadas, as candidaturas que concorrerán aos premios son as seguintes: PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2012 Outono aquí, de Mario Regueira, editado por Sotelo Blanco.Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, editado por Galaxia.As voces baixas, de Manuel Rivas, editado por Xerais. PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2012 Ruído de fondo, de Daniel Salgado, editado por Xerais.Tigres de ternura, de Claudio R. Fer, editado por Toxosoutos.O Silencio, de Mario Regueira, editado por Xerais.Breizh, de Miro Villa, editado por Toxosoutos.Os ángulos da brasa, de Manuel Martínez Torneiro, editado por Kalandraka.Frase de trema, de Lorena Souto, editado por Espiral Maior. PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2012 Os señores da mentira. Política e Cultura en Galicia, de José Carlos Bermejo Barrera, editado por Lóstrego.Herdeiros pola forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, editado por 2.0 Editora.Compendio de herbas máxicas, de Montse Rubio, editado por Baía Edicións.O Carballo, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.Como falar e escribir en galego correctamente con fluidez, de Carlos Callón, editado por Xerais.O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, de Xerais. PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2012 Diario de inverno, de traducido por Eva Almazán , editado por GALAXIAMiguel Strogoff, traducido por Ánxela Gracián, editado por Baía Edicións.Alén da fronteira: Sete poetas vascos, traducido por Isaac Xuvin, editado por Kalandraka Editora. PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012 Paxaro de mar e vento, ilustraso por Xosé Cobas, editado por Biblos.Compendium de herbas máxicas, ilustrado por Montse Rubio, editado por Baía Edicións.Almanaque musical, ilustrado por David Pintor, editado por Kalandraka Editora.O Carballo, ilustrado por Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.Oso atrapabolboretas, de Susanna Isern & Marjorie Pourche, editado por OQO EditoraVerdedades, ilustrado por Xosé Tomás, editado por Biblos.Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seixas, editado por Xerais. PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012 Paxaro de mar e vento, de Tucho Calvo, editado por BIBLOSO corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, editado por Xerais.A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar, editado por Galaxia.Titiricircus, de Miguel Borines, Tatán, Tanxarina, editado por Kalandraka Editora CARRABUÑAS, de CharlottePardi, e editado por OQO Editora.María Fumaça, de Uxía Senlle, editado por Galaxia.A punta de pistola, de Fran Alonso, editado por Xerais.Cartas de inverno, de Agustín F. Paz, editado por Xerais. PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2012 Peixes. Cociña infantil, de varios, editado por Ouvirmos.Inventario ilustrado de animais, de Virginie Aalakjidi, editado por Kalandraka.Rosa Caramelo, de Adela Turín, editado por Kalandraka.O Carballo, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións-PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2012 COLECCIÓN XORNALISTAS, de 2.0 EDITORA; OQO FILMES, de OQO Editora, GALAXIA TALES, de Editorial Galaxia; e John Balan, un yanqui en la Corte de Breogán, de Teófilo Edicións. PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2012 Manuel Gago, Xornalistas de Galicia (VVAA), Fina Casalderrey e Marcos Calveiro. |
QUEPASA_502 | Todas as crónicas de 1ª Galicia. . | 0-1 e de penalti. Pero 3 puntos que valen ouro para que o Dumbría adiante ao poderoso Pino, o equipo máis ambicioso da categoría. O equipo de Pablo Conde seguen a súa escalada, e con esta, a cuarta vitoria consecutiva, colócanse de líderes empatados co propio Pino. Polo demais, volvía vencer o Soneira, tras derrotas consecutivas, e os de Pedro volven colocarse 3º, coas opcións intactas, a 4 puntos do liderato. Mal xornada para o Volantes, que seguen en postos de descenso; e para o Baio, que segue empeñado en meterse en problemas. Mentres, o Mazaricos sumou un bo punto ante o 4º, quedando tamén moi pendente dos posibles arrastres. Tordoia - Volantes (3-1) Volantes: Bugy, Godo, Rachón, Amoedo, Chua, Kevin, Óliver, Ángel, Jano, Thiago e Berto. Tamén: Tiko, Abel, Caju e Parde. Goles: 1-0, m.19; 1-1, m.21: Jano; 2-1, m.28; 3-1, m.40. Foto: Adriana Con moi pouco fíxolle o Tordoia 3 goles a un Volantes moi agazapado que abusou demasiado dos balóns buscando a Thiago e Berto, nun choque con chuvia e aire. Aos 20 minutos os locais adiantábanse tras aproveitar un rexeite de Bugy. Pero na seguinte xogada empataría Jano cun golazo pola escuadra dende o pico da área.Pouco lle duraría a alegría aos laranxas, pois nun córner en contra, sacan en corto e marcan de tiro cruzado, e preto do descanso, despois de que Thiago tivese o empate nos seus pés, aproveitan un gol en propia meta de Bugy para irse con 3-1 ao desacanso. Na segunda tocaba remar. O equipo de Sil subíu liñas, presionaba ben, pero non chegaba con claridade, dominando pero non puideron poñer en risco a vitoria do equipo local, dirixido polo oleiro Dani Calvete. Xogadores do Volantes celebrando o tanto de Jano. Foto: Adriana O Pino - Dumbría (0-1) Dumbría: Anxo, David, Kanario, Fandiño, Xacobe, Code, Darío, Diego Cespón, Mataso, Marcote e Yuyo. Tamén: Mario, Gusa, Iago. Gol: 0-1, m.67: Marcote de penalti. Diego Cespon co capi do Pino e o trio arbitral Partido serio do Dumbría nun duelo de altura. Os de Conde fixeron unha boa primeira metade, anulando bastante ben xogo do equipo local, e puidendo ter o balón en diferentes fases. Mesmo Marcote e Darío tiveron dúas boas ocasións para poñerse por diante, pero o porteiro local respondeu con sendos paradóns. Na segunda parte, o Pino puido facer un pouco máis ese fútbol directo que intenta e evidentemente, con 2 dos 3 máximos goleadores da categoría, arriba sempre son unha gran ameaza. Un paradón de Anxo ao pouco de iniciar a primeira parte sostivo a un equipo dumbriés que seguíu xogando ao seu, e tras unha boa xogada colectiva, un David coas mans do central do Pino. Penalti e gol de Marcote. Quedaba moito partido e os locais víronse que ir arriba, pero os dumbrieses o suficientemente sólidos para non encaixar. Nunha contra casi sentencian os costeiros, pero ata o final tocou que sufrir, sobre todo polo marcador, máis que polas ocasións concedidas. Soneira - Riveira (4-1) Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, David Agra, Leilán, Pichi, Diego Lois, De la Sierra, Richi, Sandelo, Mayor, Javi. Tamén: Darío, Vía Rápida, Álex Taibo e Alemán. Goles: 1-0, m.36: Javi a pase de Richi; 2-0, m.40: Pichi a pase de Richi; 2-1, m.41; 3-1, m.55: Javi a pase de Richi; 4-1, m.80: Pichi a pase de Richi. Bo partido do cadro de Pedro Gómez que puido acabar cunha goleada de escándalo de estar máis finos de cara porta. A primeira ocasión sería para o Riveira pero Javi faría un boa parada sacando unha providencial perna abaixo. A partir de aí o Soneira enchufaríase e empezaba a crear moito perigo e Pichi e Richi terían dúas claras ocasións. E chegaría o recital de Richi autor das 4 asistencias do encontro. Nunha boa xogada trenzada polos soneiráns Richi chega á liña de fondo e pon un centro raso que Javi empuxaría o gol. Moi parecido foi o segundo gol coutra boa internada de Richi para cederlle a Pichi que define con calidade picándolla ao meta visitante. O Riveira acurtaría distancias cunha boa xogada antes do descanso. Na segunda parte o Riveira intentaría crear perigo con tiros dende fóra da área pero sen crear perigo en exceso. O Soneira atoparía moitos espacios ás costas da defensa, e noutra boa xogada, Richi volve gañar liña de fondo e saca outro bo centro para que Javi remache a gol. Xa no último treito, repítese o guióin: Richi cede para Pichi, e este de media tixeira fai o definitivo 4-1. Richi toparíase coa cruceta tras unha boa vaselina e Vía tamén tería unha inmellorable ocasión de gol na área pequena pero a defensa sacaría na liña de gol. Foto da celebración do cuarto gol co actual presidente mostrando a unión da familia soneirá Lalín - Mazaricos (1-1) Mazaricos: Dani Fedello; Mario, Cutu, Pose, Maroñas (Ricardo); Borja, Adrián (José Ángel), Fano; Barbeira (Yago Dosil), Viturro, Kevin. Goles: 1-0, m.35; 1-1, m.85: Kevin. Salvou un punto importante e esperanzador o Mazaricos de Chicho nun campo tan difícil como o Manuel Anxo Cortizo. O cadro amarelo saíu ben armado atrás, esta vez si moi intenso defensivamente. O Lalín doulle moita amplitude e tiveron os amarelos que traballar en defensa, sacando boas contras con Viturro como referencia arriba, que sempre daba pé a saír da cova aguantando moi ben o balón. Nun erro defensivo despois dun rexeite, nun despiste de Mario e Pose, abría o marcador o cadro local. Aí apareceu a figura de un Dani Fedello, inmenso que mantivo ao Mazaricos no partido con dúas intervencións de moitisimo mérito antes do descanso. Igualaríase o partido na segunda, cun Lalín que cedía algo máis o balón. O Mazaricos ía dando pasos para arriba, sen correr excesivos riscos, e soubo esperar o seu momento. Chegou a só 5 do final, cando nun gañado por Viturro cede atrás e Kevin trasforma. O Lalín envorcouse de novo pola vitoria pero o Mazaricos tirou de oficio para aguantar o valioso empate e saír da dinámica negativa na que se meteran nas últimas xornadas, sendo aínda 5 os partidos sen coñecer a vitoria. Unión - Baio (4-1) Baio Diego Mallo, Rubio, Álex Varela, Peke, Braian, Norberto, Bieito, Javi Suárez, Mario, Manu Santiso e MC. Tamén xogaron: Julián, Guau, Sergio e Porty. Goles: 1-0, m.68; 1-1, m.72: Manu Santiso; 2-1, m.78; 3-1, m.81; 4-1, m.85. Partido marcado polas malas condicións meteorolóxicas, cun campo bastante anegado e moito vento. Primeira parte igualada na que os de Pablo Torreira se puideron adiantar no marcador. Un remate nun córner que saca un defensa baixo paus, un tiro axustado de Javi Suárez e un remate de MC no segundo pau foron as mellores ocasións dos baieses na primeira. Mentres, en defensa estaban seguros e só cun tiro dende o medio campo case sorprenden a Diego. Na segunda parte cando mellor estaban os visitantes, e tras duas ocasións en duas xogadas de Porti por banda, chegaba o gol local. Reaccionou pronto o Baio e empatou de contado por medio de Santiso. Pero en tres contras, en apenas 7 minutos, marcaron 3 goles e sentenciaron o partido, endosando unha inxusta derrota aos baieses. Todas as crónicas de 1ª Galicia. |
NOS_2571 | A descuberta desconcerta aos investigadores do Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN) e ás persoas responsábeis do parque. | Trátase dun petróglifo cunha "arma rodeada por ducias de cervos", explica en conversa con Sermos Galiza Juan Ángel do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Un gravado "inusual e único" nas "aproximadamente 3.500 rochas" que existen rexistradas na Galiza porque se trada dunha "arma asociada unicamente a animais", non a persoas ou outras armas, explica Benito Vilas, un dos investigadores xunto con Alia Vázquez Martínez e Miguel Carrero Pazos. "Trátase de algo inusual non, algo único", sinalan desde a equipa de investigación A descuberta aconteceu no marco das investigacións que desenvolve o Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN) através de técnicas 3D. "Traballando na contorna do parque atoparon nun outeiro un petróglifo moi peculiar" que contén "unha arma" e ocupa polo de agora, á espera de que continúen coa excavación, unha "posición central" e de maior tamaño rodeada por "uns 25 cervos", acrecenta. "Algo inusual non, algo único", enfatiza. En conxunto trátase dun puñal rodeado de ducias de animais polo que o denominaron 'A manada de cervos de Excalibur', en referencia á coñecida espada do rei Artur, sinala Juan Ángel. Aliás, trátase dunha obra que "semella estar en 3D" pois "ten certo compoñente de modelado, como unha pequena escultura" sobre a pedra embora atoparse certamente deteriorado polo tempo, subliña. Se finalmente se confirma a posición central da arma podería indicar unha zona de control O descubrimento supón "un desconcerto" para as persoas que investigan en Campo Lameiro e tamén para o propio parque ao situarse fóra do perímetro de 22 hectáreas que o compoñen actualmente, no monte en man común de Paredes. "Críamos que ao igual que en Toutón ou A Caeira había dous [petróglifos] principais e logo varios que os rodean" porén, as dimensións e importancia deste novo supón "unha pequena revolución científica", sinala Juan Ángel. Sobre o seu significado aínda fica estudar a peza mais "as armas" son habituais en "sociedades guerreiras" e "a caza do cervo pode ser un ritual dos guerreiros", di Juan Ángel. "Se finalmente se confirma a súa posición central" no gravado, "podería indicar unha zona de control, do home dominando a natureza", acrecenta Benito Vilas. As excavacións comezarán entre o mes de setembro e outubro. Desde o parque agardan poder amosalo ao público con posterioridade. |
NOS_27242 | Fichado no mercado de inverno como central reserva, a súa presenza no xogo do combo coruñés ten sido testemuñal. Íñigo López, cunha experiencia efémera tamén no pasado como celtista (estivo cedido no clube vigués en 2011), figura entre os futbolistas detidos esta terza feira nunha operación contra unha trama que pretensamente se dedicaba a arranxar partidos de Primeira e Segunda División. Tamén foi arrestado Borja Fernández, xogador ourensán ex deportivista (militou na escadra riazoreña na temporada 2011-2013) e que recentemente disputou os seus últimos minutos como profisional, na disciplina do Valladolid. | A rede, de acordo cos dados que manexa a policía, tiña como cerebro o ex futbolista do Real Madrid Raúl Bravo e dela facían parte tamén o presidente do Huesca Agustín Lasaosa e o xefe dos servizos médicos do clube aragonés, Juan Carlos Galindo. Os tres foron detidos. Completan a nómina de arrestados Carlos Aranda, un trotamundos con currículo en varios combos de elite, e Samuel Saiz Alonso, xogador do Xetafe, Todos eles son apuntados nos pesquisas policiais como pretensos autores de delitos tales como pertenza a organización criminal, corrupción entre particulares e branqueamento de capitais. A rede operaba manipulando resultados para obter ingresos coas apostas deportivas, de rápida proliferación nos últimos anos. |
NOS_35323 | A guerra entre Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso chega á Galiza. Alberto Núñez Feixoo é o primeiro barón territorial dos populares en tomar posición por un dos dous políticos. | Alberto Núñez Feixoo é o primeiro barón territorial dos populares en tomar posición na guerra entre Pablo Casado e Isabel Díaz Ayuso polo control do PP de Madrid. Preguntado ao remate da reunión do Consello da Xunta de onte deixou claras as súas simpatías. Unha nova fronte interna ábrese no principal partido da dereita. "O habitual é que no PP de España os presidentes autonómicos presidan os seus partidos nas súas comunidades", así respondeu Alberto Núñez Feixoo a un xornalista interesado en coñecer a súa opinión sobre as intencións de Díaz Ayuso de liderar os populares madrileños, en contra do criterio do aparato do Partido Popular e do seu presidente, Pablo Casado. Feixoo foi máis alá nas súas declaracións, afirmando que "o que sería moi sorprendente é que a presidenta da Comunidade non quixese presidir o partido en Madrid. Iso sería moi sorprendente. Cuestión distinta é que o congreso estaba convocado para os primeiros trimestres do ano e entendo que o partido quererá manter a data". O presidente galego apostou por evitar as interferencias do aparato do partido no proceso madrileño e defendeu que "se convoquen os compañeiros de Madrid para que digan quen queren que dirixa o partido". Ao tempo, sinalou que "hai demasiado ruído". A toma de posición de Feixoo por Ayuso explícase no contexto da proximidade entre os dous dirixentes. Este feito vén sendo sinalado desde o mes de xullo polos diferentes medios de comunicación da capital do Estado, sinalando xa á altura de 1 de agosto o cronista político de El País Javier Casqueiro que "ambos mandatarios transformáronse nun eixo de poder popular" e "dispóñense a manter unha relación de forza no PP, cunha liña dura común de oposición" a Sánchez. 83 millóns para linguas estranxeiras As palabras de Feixoo sobre a liorta do PP en Madrid situaron nun segundo plano a axenda de temas tratados no Consello da Xunta. Entres estes destacou a nova Estratexia galega de linguas estranxeiras -Edulingüe 2030-, en base á cal o Goberno galego gastará 83 millóns no ensino en catro anos para a aprendizaxe de idiomas, no marco da "aposta polo plurilingüismo". O anuncio chega cando veñen de coñecerse estudos, como o Mapa sociolingüístico de Ames, froito do acordo entre o Concello e a Real Academia Galega (RAG), que evidencian a caída de galegofalantes nos centros de ensino e que a educación é "un medio hostil" para a lingua propia da Galiza, en palabras do académico Henrique Monteagudo. Ademais, esta quinta feira, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, anunciou, nos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, unha campaña para fomentar o galego en contornas urbanas e no ámbito familiar. Por outra banda, aprobouse o anteproxecto de Lei de áreas empresariais da Galiza, co obxectivo de "axilizar e flexibilizar" a creación de solo para as empresas, "dar coherencia" a todos os instrumentos de planificación de solo empresarial vixentes. |
NOS_26015 | O ciclo resume os traballos que estiveron en Compostela en 2021 | O ciclo de cinema euroárabe 'Amal en ruta Carballo 2022' inaugúrase este 3 de febreiro na Biblioteca Rego da Balsa da vila bergantiñá. A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e o Concello manteñen esta cita cultural desde que se iniciou nesa vila en 2018 como unha versión resumida da última edición da Semana de Cinema Euroárabe Amal, neste caso a que tivo lugar en outubro de 2021 en Compostela. Nesta iniciativa proxectaranse tres ficcións e dous documentais que se ofrecerán na biblioteca e tamén no Pazo da Cultura. Todas as proxeccións realizaranse sempre nas quintas feiras e a entrada é de balde até completar a ocupación dos espazos. Palestina como protagonista Abrirá a cita o documental Gods of Molenbeek da directora finlandesa Reetta Huhtanen (Biblioteca Rego da Balsa, 20.30 horas), unha cinta que fala, a través da mirada duns nenos, do distrito Molenbeek de Bruxelas, coñecido por ser un dos epicentros do yihadismo europeo. Das catro seguintes películas que pasarán por este ciclo de cine, tres teñen como protagonista a Palestina. A primeira que visitará Carballo será 200 metros, longametraxe de ficción de Ameen Nayfeh que poderá verse o 4 de febreiro (Pazo da Cultura, 20.30 horas). A cinta narra a historia dunha familia separada por esa distancia a través dun dos muros instalados por Israel. Despois, o 10 de febreiro, poderase ver o traballo Os informes sobre Sara e Saleem, de Muayad Alayan (Pazo da Cultura, 20.30 horas). Este drama, basado en feitos reais, lévanos ao Xerusalem actual onde unha muller israelí casada, Sarah, mantén unha relación cun palestino tamén casado, Saleem, e as dificultades do seu amor cando interveñen as forzas de seguridade israelís. O 17 de febreiro estará no ciclo o filme O retorno: A vida despois do ISIS da directora catalá Alba Sotorra (Biblioteca Rego da Balsa, 20.30 horas). Este documental narra a historia dun grupo de mulleres occidentais que dedicaron a súa xuventude ao ISIS e que agora queren reconstruír as súas vidas en casa. Esta edición do 'Amal en Ruta Carballo 2022' fechará o día 18 de febreiro coa proxección da longametraxe de ficción Gaza mon amour dos realizadores Tarzan Nasser e Arab Nasser (Pazo da Cultura, 20.30 horas). O filme relata a historia de Issa, un mariñeiro de sesenta anos, namorado de Siham, compañeira de traballo da súa filla, ao que lle cambia a vida ao atopar unha escultura do deus Apolo. |
NOS_56919 | O que fora Xefe de Estado da ditadura mantiña os títulos de Fillo predilecto da Provincia da Coruña e Presidente de honra da Deputación, entre outras distincións. A decisión foi adoptada por unanimidade. | Francisco Franco fica sen títulos honoríficos da Deputación da Coruña. Nin Fillo predilecto na provincia coruñesa nin presidente de honra da entidade provincial. Nada. Ficou despoxado esta sexta feira dos títulos que aínda mantiña, 80 anos despois do seu golpe de estado. Retiráronselle os 'recoñecementos', ademais, un día despois de que a Deputación homenaxeara as corporacións municipais que foron vítimas da represión franquista. Por unanimidade, esta sexta feira, o pleno provincial aprobou iniciar os trámites para a retirada dos honores e distincións á persoa que encabezou o golpe militar e se converteu no Xefe do Estado da ditadura durante case corenta anos. A declaración demanda tamén a aplicación "dunha auténtica política pública da memoria que permita o coñecemento da verdade histórica, a reparación e rehabilitación das vítimas, o exercicio da xustiza e a suspensión da fenda e das feridas físicas e morais causadas polo levantamento militar e a ditadura". O texto aprobado lembra que xa o 30 de decembro de 2015, o pleno da Deputación aprobou unha moción de condena e o rexeitamento, sen paliativos, do golpe de Estado de xullo de 1936. "A Deputación da Coruña reitera, asemade, a importancia de proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida despois do golpe militar de 1936, ao réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e aos crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas", engade a declaración que remata declarando a vontade de "eliminar, suprimir e anular todas as honras e distincións concedidas polo Deputación Provincial da Coruña a Francisco Franco Baamonde". Títulos O pleno da Deputación do 15 de xullo de 1939 outorgoulle ao golpista o título de Fillo predilecto da Provincia. Catro anos despois o ditador ía sumar a medalla do ex-combatente galego, proposta de creación do galardón aprobada na sesión do día 31 de agosto de 1943 e o nomeamento de Presidente de honra ao que o pleno daría o visto bo o 15 de febreiro de 1944, título que sería ratificado o día 15 de xullo de 1945. |
PRAZA_7296 | A xustiza fixa para xaneiro a exhumación do cadáver dun bebé na Coruña e a declaración dun presunto fillo roubado a unha muller en Ferrol. A maior parte dos casos tiveron lugar entre os anos 50 e 80 | Ata 300 nenos puideron ser roubados entre as décadas dos cincuenta e dos oitenta en Galicia. É a cifra que calcula a asociación SOS Bebés Roubados, que volveu neste martes reivindicar máis medios para investigar todos os casos denunciados e para evitar que esta busca da verdade e das persoas das que descoñecen o seu paradoiro non se eternice. SOS Bebés Roubados calcula que ata 300 nenos puideron ser substraídos entre os 50 e os 80 en Galicia O colectivo reclama á Administración central que facilite o seu traballo e achegue medios para resolver casos que levantan serias dúbidas. Ocorre así, por exemplo, con María Jesús Loureda, que deu a luz unha nena o 5 de setembro de 1977 na Coruña. Tanto ela como o seu marido, Francisco Bermedo, está convencidos de que lle roubaron a cativa en canto naceu para entregarlla a outra familia. Mesmo lembran como o pai, estrañado pola cor morada que presentaba o bebé, preguntou aos sanitarios por unha circunstancia que lle dixeron ser irrelevante. Agora sospeitan que aquel era o neno falecido que ensinaban aos proxenitores aos que quitaban os naipelos. O matrimonio vén de presentar unha denuncia contra o xinecólogo que atendeu a muller e contra outra persoa que cren que actuou como intermediaria no presunto roubo. Ademais, aseguran que non hai notificación ningunha do pasamento da pequena no rexistro de defuncións da Coruña. A xustiza fixa para xaneiro a exhumación do cadáver dun bebé na Coruña e a declaración dun presunto fillo roubado a unha muller en Ferrol Así, o xulgado de instrución número 5 da Coruña fixou para o 9 de xaneiro a exhumación do cadáver do bebé, que foi presuntamente soterrado no cemiterio municipal de Santo Amaro para posteriormente facer as probas de ADN. Por outra banda, o 13 do mesmo mes, o xulgado de instrución número 2 de Ferrol citou a declarar ao presunto e posible fillo dunha muller que tamén denunciou hai tempo o roubo do seu proxenitor. Mari Carmen Báez, que así se chama a denunciante, conseguiu que un xulgado lle tome declaración ao que cre que é seu fillo e que lle dixeron que morrera pouco despois de que ela dera a luz nun hospital ferrolán nos anos 70. Ela vén de conseguir que un xulgado de Ferrol lle vaia tomar declaración ao que cre que é o seu fillo e que lle dixeron que estaba morto cando dera a luz nun hospital de Ferrol nos anos setenta. En todos os casos, a asociación SOS Bebés Roubados segue a reclamar medios para que a xustiza poida resolver con maior celeridade as súas investigacións, que adoitan dilatarse no tempo. O colectivo xa tiña rexistrados e confirmados máis de 200 casos en Galicia, como destacara nunha entrevista concedida a Praza a súa presidenta Estrella Vázquez. A previsión agora é que poidan chegar incluso a 300. Naquela entrevista, Vázquez debullaba unha realidade difícil de describir para quen non a vivira: "Hai casos nos que eran os propios familiares, ou algún amigo, que andaban neste mundo, neste negocio, os que se encargaban de roubar os nenos", contaba. De igual xeito detallaba que, segundo os relatos das persoas que se achegan a falar coa súa asociación, "houbo moitos casos de nais solteiras que foron machacadas polas monxas, que as avergonzaban, que lles dicían que ían ser rexeitadas por todos por seren nais solteiras. Facíanlles un lavado de cerebro e dábanlles unha medicación que as deixaban durmidas durante un par de días. E as monxas quedaban cos cativos e dábanos en adopción". "Tamén che contan que non lles deixaban ver os cadáveres dos nenos, ou que non lles deixaban soterralos no cemiterios que os pais querían", engade. "Hai casos que eran os propios familiares, ou algún amigo os que se encargaban de roubar os nenos" Na web da asociación pódense consultar moitas destas denuncias, con detalles sobre as datas e o lugar na que os bebés foron supostamente roubados, imaxes dos pais e nais que buscan fillos e fillas e viceversa, ademais de comentarios sobre a forma en que os pequenos e pequenas foron substraídas e outros detalles que revelan a forma en que funcionaba esta maquinaria. Nos rexistros atopamos casos dende a década dos 50, incluídos algúns nos que dúas irmás xemelgas foron separadas ao nacer, como sucedeu o 31 de xullo de 1959 no Hospital de Lugo ou o 6 de agosto de 1959 no Hospital provincial de Santiago de Compostela. Xa nos sesenta, pódense consultar as denuncias dunha muller roubada en 1962 na Residencia Almirante Vierna de Vigo, un varón desaparecido no mesmo ano no Hospital Provincial de Ourense, unha muller roubada en 1965 no Hogar Santo Ángel de la Guarda de Lugo, un varón desaparecido do Hospital Materno Infantil da Coruña en 1965, e varios casos máis da Coruña, Vigo e Ferrol. Varios corresponden ao Hospital Labaca da Coruña, onde se denuncia, por exemplo, que unha nena foi entregada a uns pais adoptivos por unha Hija de la Caridad, descoñecéndose a súa filiación biolóxica. A meirande parte dos casos denunciados corresponden á década dos setenta, con varias denuncias de desaparicións no Hospital Nóvoa Santos da Coruña, na Cruz Vermella de Vigo, na Residencia Almirante Vierna de Vigo, no Juan Canalejo da Coruña, na residencia Nuestra Señora del Belén da Coruña, no Hospital de Caridad de Ferrol, na Casa Cuna da Coruña, ou no devandito Hospital Labaca da Coruña. A partir dos anos oitenta, sobre todo a partir de 1982, a frecuencia dos casos redúcese. Pero hai aínda algunhas denuncias despois desa data, por exemplo unha dun bebé nacido en 1987 no Hospital de Marina Naval de Ferrol, unhas xemelgas nacidas en 1989 no Materno Infantil da Coruña, ou un varón nacido en 1986 no Hospital Nicolás Peña de Vigo, nun parto atendido polas Siervas de la Pasión da Casa Cuna Santa Isabel. |
NOS_49465 | A Deputación da Coruña falla os premios Rosalía de Castro de Lingua, que premian persoas, entidades e iniciativas e que están dotados con 2.100 euros en cada categoría. | A Deputación da Coruña fallou na xornada de hoxe os XII Premios Rosalía de Castro de Lingua, que recoñecen a "persoas e entidades que traballan na promoción do galego" e que este ano recaeron no debuxante Xaquín Marín, na Agrupación Astronómica Ío e na iniciativa Twitter en galego. O debuxante Xaquín Marín foi o gañador na categoría de persoas que destacan na promoción da lingua por, segundo o xurado, "o compromiso continuado, o alcance social do seu traballo e por facer humor gráfico nun contexto histórico de especial dificultade en plena ditadura franquista e en medios de comunicación nos que a presenza do galego era residual". Na categoría de entidade, o xurado dos Premios Rosalía de Castro de Lingua, destacaron a promoción feita desde a Agrupación Astronomía Ío, "por impulsar a lingua galega nun ámbito tan especializado como a astronomía e sen bagaxe no noso idioma". O xurado tamén destacou que a Agrupación Astronómica Ío a súa "énfase na creación lexical que demanda a especialidade para a normalización do galego nese ámbito e a elaboración de recursos e materiais didácticos para a divulgación da astronomía con grande rigor". Da Agrupación Astronómica Ío tamén se destacou que asesora a Real Academia Galega "no nomeamento de 88 constelacións e promoveu unha campaña social para que a Unión Astronómica Internacional asignase o nome de Rosalía de Castro a unha estrela". En terceiro lugar, a iniciativa Twitter en galego, promovido por Carlos García Vieito, recibiu o galardón na categoría de proxecto de dinamización lingüística, da que o xurado sinalou que "o proceso de tradución para configurar esta plataforma social na nosa lingua fornece un referente nas redes sociais para o público xeral e para a mocidade en particular". Cada un dos premios, dotado con 2.100 euros, "recaeron en persoas e entidades que están a desenvolver un traballo de especial interese para a nosa lingua", afirmou a deputada de Normalización Lingüística María Muíño, integrante do xurado dos galardóns xunto á técnica de normalización da Coruña, Julia Rigueiro; o profesor da Universidade da Coruña, Carlos Caetano; e as gañadoras da edición anterior, Ana Belén Costoya de Nós TV e Inmaculada Seage polo Club de Debate. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.