ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_10955 | A Asociación Española de Profesionais dos Servizos Funerarios (Aesprof) vén de facer público un informe que indica que na Galiza morreron a causa do coronavirus 7,9% máis de persoas sobre o que indica o Goberno galego. | A Asociación Española de Profesionais dos Servizos Funerarios (Aesprof) vén de facer público un informe que indica que na Galiza morreron 658 persoas a causa do coronavirus, máis do que indica a Xunta. Así, a asociación de funerarias revela unha diferencia de datos que xustifica alegando que nas primeiras fases da pandemia non se realizaban tests para comprobar se a persoa falecida padecía a COVID-19. Ademais, indican que o número que achegan "inclúe os falecidos en residencias de anciáns, domicilios e centros hospitalarios desde o 23 de marzo até o 23 de maio de 2020". O estudo da Aesprof cita outro paper elaborado polo Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III no que se asevera que a COVID-19 "entraría ao país por até 15 vías distintas e xa se atopaba entre nós o 14 de febreiro", polo que se laian das distintas concentracións de persoas celebradas desde esa data, apuntando especialmente ao encontro de Champions League entre o Valencia e o Atalanta en Bérgamo, que cualifican de "un dos detonantes da expansión do coronavirus". A nivel do Estado español, a Asociación Española de Profesionais dos Servizos Funerarios detectou até un 62% máis de mortes pola COVID-19 que as indicadas polo Goberno estatal, que se contabilizan en 43.985 persoas entre o 14 de marzo e o 25 de maio, 16.858 máis que as cifras oficiais, que se disparan especialmente na Comunidade de Madrid e en Cataluña, até case 50% máis. |
NOS_37721 | Analizamos os viños Nove Queipos barrica 2018 e Capricho de sousón 2018 | Os tintos do Ribeiro non teñen cancelas Nunca deixaremos de recomendar Ribeiros tintos pola sorprendente experiencia, sobre todo nas persoas máis descridas. Este Nove Queipos leva meses agradando o gusto de moita xente disposta a redescubrir os tintos desta zona, empeñada en reconquistar o seu prestixio histórico internacional da man do bo facer das súas viticultoras e viticultores. A combinación de castes segue a ser ingrediente básico de equilibrio e complexidade desde a viña. Neste caso con caíño, sousón, brancellao e mencía, e unha elaboración con 14 meses de crianza en barrica. Nove Queipos barrica 2018 / DO Ribeiro / Solaina Minei / 13€ Os bos viños fanse con boas uvas Ponte da Boga, a histórica adega de Castro Caldelas hoxe propiedade de Hijos de Rivera, segue apostando por poñer en valor algunhas das nosas variedades autóctonas máis destacadas, pero minorizadas nas últimas décadas. Un novo antollo do enólogo Dominique Roujou de Boubee derivou neste Capricho de Sousón, variedade tinta galega con gran potencial para viños de garda. Proporciona viños escuros e concentrados, de boa acidez e, como é común noutras das nosas mellores uvas, necesitada de coñecemento e pericia humana na viticultura e na adega. Feito. Capricho de sousón 2018 / DO Ribeira Sacra / Ponte da Boga / 24€ |
NOS_53348 | Documentos, datas, imaxes... todo un conxunto documental a través do que se explican corenta anos do movemento feminista a loitar polo dereito ao aborto libre. O Álbum de Mulleres da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura galega publica as probas dunha longa reivindicación que o ministro Gallardón quere botar abaixo. | Unha colección documental única do movemento feminista móstrase no especial que o Álbum de Mulleres da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega publica nestes días nos que se agarda a contrarreforma promovida polo PP a través do ministro Gallardón contra a loita de corenta anos polo dereito ao aborto libre. Documentos de colectivos feministas que van desde panfletos, imaxes, cartaces, chapas, materiais diversos e datas significativas compoñen este especial que o Álbum de mulleres disponibiliza xa na rede. A loita pola legalización do aborto desde a década dos setenta resúmese por medio dos propios documentos que se xeraron. Desde os inicios dos anos setenta, as mobilizacións para reclamar o aborto libre estiveron no centro do movemento feminista e, en especial desde o inicio do proceso xudicial contra as "11 de Bilbao" en 1979 cando as campañas se intensifiquen e se fagan máis visíbeis, como queda constancia na documentación do especial do Álbum das Mulleres. Organizacións e activistas O material, que procede de activistas e organizacións do propio movemento feminista, revisa tamén a actividade na década dos noventa e no que vai do novo século. Desde o enfrontamento ao apoio da Xunta á Red Madre até a aprobación da nova lei co PSOE no goberno en 2010. O último dos episodios recolle, claro está, a nova campaña do feminismo contra a Lei de Protección de los Derechos del Concebido y de la Mujer Embarazada que o PP por medio do seu ministro Gallardón está a piques de aprobar. Para acceder ao informe coa documentación pódese premer aquí. |
PRAZA_17597 | CON VÍDEO Vén de quedar sentenciado o caso "do holandés de Petín". Juan Carlos Rodríguez foi condenado a dez anos de prisión polo homicidio de Martin Venfondern en 2010, despois de que un xurado popular o declarase culpable desta morte, fatal desenlace de anos de desencontro entre a única familia que habitaba a aldea de Santoalla e a parella de holandeses que elixiron iniciar alí un proxecto de vida neorrural. Outros dous estranxeiros, os cineastas neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer son os autores dun documental que narra o sucedido | O pasado 6 de xullo quedou sentenciado o xuízo polo crime de Santoalla, tamén coñecido como o caso "do holandés de Petín". Juan Carlos Rodríguez foi condenado a dez anos de prisión polo homicidio de Martin Venfondern en 2010, despois de que un xurado popular o declarase culpable desta morte, fatal desenlace de anos de desencontro entre a única familia que habitaba a aldea de Santoalla e a parella de holandeses que elixiron iniciar alí un proxecto de vida neorrural. Outros dous estranxeiros, os cineastas neoiorquinos Andrew Becker e Daniel Mehrer son os autores dun documental que narra o sucedido case en tempo real, mentres nos ofrece unha ollada nada compracente á idiosincrasia do rural galego.Non é a primeira vez que Santoalla, en Petín de Valdeorras, aparece no cine. Foi nada menos que a aldea escollida por Chano Piñeiro para rodar Sempre Xonxa no ano 1989. Contan que Jovita González, a veciña que se converteu en escura personaxe protagonista de Santoalla, cociñaba o xantar para o equipo de rodaxe da película de Piñeiro. Vinte e cinco anos despois, ponse diante das cámaras do documental para amosarnos a aldea na que quedaron sós ela, o seu home Manolo e o seu fillo Juan Carlos, xunto co fillo máis vello, Julio, que os vén axudar nos traballos agrícolas. Jovita ten as chaves da ermida de Santa Olalla e é a encargada de mantela limpa e de poñerlle velas á santa.'Santoalla' narra a historia de como a parella holandesa decidiu quedar e como a realidade se foi torcendo ata a desaparición do home, da que os principais sospeitosos eran os veciños cos que ela aínda tivo que convivir uns anosA vida de Jovita e da súa familia imitábase á de moitas outras que van ficando soas a medida que o resto de veciños abandona as aldeas para ir vivir ás cidades. Todo o que quedaba en Santoalla estaba na práctica para eles. Ata que unha parella de holandeses chegou un verán e decidiu mercar unha das casas que caía a cachos para vivir alí, lonxe da vida complexa das cidades, criando animais e practicando agricultura ecolóxica. Querían darlle a aquel paraíso unha nova vida, traballando coas súas propias mans, tratando de recuperar as terras para que outras persoas no futuro puidesen ver naquela zona un lugar desexable para vivir de maneira tranquila e sinxela, aproveitando o potencial económico dos recursos que lles daba a natureza. Os veciños da outra casa nunca o chegaron a entender. E non tardaron en aparecer os problemas.Santoalla, o documental, narra esta historia a partir do testemuño de Margo Pool, a viúva de Venfondern, que no momento no que se inicia a rodaxe, 2012, aínda estaba desparecido. Ela conta como se coñeceron cando eran dous hippies activistas dunha cidade perto de Amsterdam. Como casaron e decidiron viaxar por toda Europa, ata atopar un lugar que lles fixese dicir "este é o noso sitio". Como empezaron a traballar para acondicionar minimamente a casa e as terras que viñan con ela. E como a realidade se foi torcendo ata a desaparición do seu home, da que os principais sospeitosos eran os veciños cos que ela aínda tería que convivir uns anos.De Brooklyn a ValdeorrasComo acaban dous realizadores de Brooklyn contando esta historia? Pois tamén de casualidade. O irmán de Daniel, Paul Mehrer, chegara para traballar de voluntario na granxa de Margo e Martin xusto ao día seguinte de que el desaparecera, e estivo coidando do rabaño nos primeiros días da busca. Regresou a Nova York impactado coa historia e alí escribiu un guión de ficción. "Cando viñeron gravar por vez primeira a idea era respaldar ese guión. Atoparon que a historia real era suficientemente potente e decidiron facer unha longa documental", relata Cristina de la Torre, realizadora audiovisual veciña de Valdeorras, a quen contactaron os cineastas porque precisaban unha tradutora, e que se acabou convertendo nunha peza clave na produción da película. Agora é a encargada de distribuíla en Galicia, alá onde se queira proxectar.A familia agora sentenciada como culpable non tivo problemas en falar cos cineastas nin en dar a súa versión como testemuñas ante as cámarasOs directores chegaron por primeira vez á aldea en 2012, cando aínda non se sabía nada do paradeiro de Verfondern, que levaba case 3 anos desaparecido. Gravaron moitas entrevistas, entre elas a Margo, mais tamén a varios membros da familia veciña, sobre a que xa existía a sospeita por parte da viúva. Estes non tiveron problema en falar cos cineastas nin en dar a súa versión como testemuñas diante das cámaras. Agora que os sabemos culpables, impacta a naturalidade coa que falaban do caso ocultando a realidade.En 2014 o equipo tivo que volver a Santoalla, canda moitos outros cámaras e xornalistas: o corpo do holandés acababa de aparecer, carbonizado desde hai tempo, cabo do seu coche nun monte do concello da Veiga, a uns 20 quilómetros da aldea na que desapareceu. Os directores seguiron gravando e acompañaron a Margo no difícil proceso de recoller e enterrar os restos do seu home, algo que finalmente lle daba paz tras catro anos de incertidume, mentres os principais sospeitosos aínda seguían a vivir a pé da súa casa.Coa axuda de Cristina de la Torre, Becker e Mehrer puideron acceder así mesmo ao arquivo de TVG e La Región TV, así como a moito material que deixara Martin gravado coa súa cámara. Nel documentaba escenas cotiás da súa vida e do fogar que estaban construíndo, pero tamén os problemas que empezou a ter cos veciños. Esta é unha das principais riquezas do filme, xunto coa fotografía que se para a contemplar a beleza sobrecolledora da paisaxe, para nos facer entender por qué Margo e Martin elixiron vivir alí naquel paraíso que se convertiría no seu inferno.'Santoalla' estrouse en xullo de 2017 en cines comerciais dos EUA; a fita mesmo foi solicitada polo fiscal e admitida na instruciónTamén destaca, quizais demasiado, unha música moi de documental televisivo americano, que marca un tono de thriller acaído para contar esta historia, e que se desmarca das tendencias da non ficción a facer un cine máis observacional ou naturalista. A narrativa é clásica neste sentido. Abondo desafiante é a historia en si e o feito de que os acontecementos se fosen desenvolvendo mentres o filme aínda se estaba a gravar. De feito, o crime estaba aínda pendente de xuízo cando Santoalla iniciou a súa andaina en festivais no outono de 2016, coa súa estrea no Festival de Edimburgo e mais no Festival de Cine de Ourense. O 7 de xullo de 2017 estreouse en cines comerciais nos Estados Unidos, e tamén tivo unha pequena estrea máis tarde en salas da zona de Valdeorras. Non foi ata o pasado mes de xuño cando o xuízo por fin se celebrou, coa sentenza que se publicou o venres, 6 de xullo. A fita mesmo foi solicitada polo fiscal e admitida na instrución para que o xurado puidese contextualizar o conflito e o lugar, mais finalmente rexeitouna o maxistrado.Un espello nada benévoloAdemais da presenza fantasmal de Martin Verfondern como protagonista e autor de algunhas das imaxes máis inquietantes do filme, Santoalla ten catro grandes protagonistas: Margo, unha gran narradora, e o retrato da dignidade de quen quixo quedar na aldea a pesar de todo o sufrido, sabendo que tiña dereito e que non fixera nada malo. Jovita, un dos personaxes máis sinistros da historia do noso audiovisual, e o máis estarrecedor é que podería ser calquera veciña da nosa aldea. E Santoalla, o paraíso hippy para uns, a propiedade a custodiar para outros, e o lugar do que fuxir para o resto de veciños que foron abandonando as súas casas e terras en busca dunha vida mellor noutro lado.Co simpático que nos parece aínda que a xente se pelexe por uns marcos e co pouco que nos gusta que veñan os de fóra a contar as nosas cousas, o retrato que fai Santoalla produce un arrepío de ruindade que non vemos nos "outros", senón que recoñecemos en nós mesmosO cuarto protagonista somos nós, os aborixes, vistos desde fóra. Non hai nesta película ningún desprezo por parte dos directores, iso hai que deixalo claro. O tratamento que lle dan á realidade deste lugar e destas familias é do máis respectuoso. Como tampouco hai ningunha condescendencia, e isto é importante porque non estabamos afeitos a velo en ningunha pantalla. Co sacralizada que temos a antropoloxía rural, co moito que mitificamos os avós e as avoas da aldea, co autoexotismo imperante na nosa cultura popular, co simpático que nos parece aínda que a xente se pelexe por uns marcos e co pouco que nos gusta que veñan os de fóra a contar as nosas cousas, o retrato que fai Santoalla produce un arrepío de ruindade que non vemos nos "outros", como fan os directores, senón que recoñecemos perfectamente en nós mesmos, na nosa tribo.Hai frases que di a familia culpable que escoitamos mil veces na boca de parentes e veciños nosos. Hai razoamentos que parecen xustificar a sorte do holandés (algo faría!), pero que tamén explicarían algúns motivos de por que o noso rural vai ficando deserto. Entre os que marchan desentendéndose, e os que quedan asumindo un destino de deterioro e abandono constante, calquera se atreve a facer un intento de repoboar o rural. Ou de volver a Galicia. Ou de apostar un peso por este país, máis alá de explotar o seu potencial para a crónica negra, o "terrorismo rural" e o turismo de sucesos. A aldea que foi esquecida tras acoller a rodaxe da longametraxe fundacional do cinema en galego queda agora para sempre asociada a este crime, e mitificada polo poder narrativo dun thriller documental feito, e con boa nota, por un par de cineastas ianquis.Santoalla pode verse online en Movistar Plus e Vimeo e está incluída no catálogo de Cinemas de Galicia para a súa exhibición en vilas galegas. Este 10 de xullo proxectouse de balde no Patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, dentro do ciclo 'Marxes fílmicas'.Santoalla, baixo demanda en Vimeo |
NOS_31189 | "Están empeñados en destruír este grupo parlamentar, a convivencia e a confluencia", afirma o portavoz. | Luis Villares lamenta a desavinza no grupo parlamentar en relación á designación de Mariló Candedo como senadora autonómica e responsabiliza a dirección española de Podemos, "con Pablo Iglesias á fronte", dos desencontros producidos no seo do grupo. "Están empeñados en destruír este grupo parlamentar, a convivencia e a confluencia. Mais En Marea como proxecto político non é propiedade de Pablo Iglesias. É un proxecto que nace plural e que quere seguir sendo plural", manifestou Villares. Villares defendeu que a escolla de Candedo axustouse ás normas internas da organización e reiterou a súa chamada a que todas as representantes da formación respecten o compromiso adquirido cos estatutos de En Marea. Luís Villares afirmou que a situación que se vive hoxe en día no seo do grupo parlamentar hai que entendela desde a perspectiva de que "hai dous anos en Vistalegre II Pablo Iglesias decidiu rachar coas confluencias para construír un partido único a nivel de todo estado. Unha idea á que En Marea se opón". |
PRAZA_4496 | Este colectivo de sanitarios presentará a finais de mes un texto moi crítico co recorte deste dereito. Hai unhas semanas a Federación de Planificación Familiar xa sinalou que o proxecto de Gallardón supón "un retroceso de 30 anos" | O colectivo de profesionais da Xinecoloxía está preparando un manifesto moi crítico coa reforma da Lei do Aborto promovida polo ministro Gallardón. O texto, que se presentará a finais deste mes de xaneiro, busca influír na decisión do Goberno de recortar este dereito, e ven precedida de distintos posicionamentos realizados neste senso por distintas entidades e profesionais deste ámbito da saúde. Luis Enrique Sánchez, presidente da Federación de Planificación Familiar, asegurou nunha entrevista na Cadena SER que "imos impulsar un manifesto consensuado de profesionais da xinecoloxía e outras especialidades na que imos tentar que o Goberno dea marcha atrás, propoñendo outras medidas alternativas". Entre estas alternativas estaría, fundamentalmente, o fomento da educación sexual, pero Sánchez lembrou en calquera caso que España é un dos países do mundo no que se levan a cabo menos abortos. A taxa anual de interrupción do embarazo non supera as 12 por cada mil mulleres, mentres que mientras en Suecia chega até as 21 por mil, en Francia 16 e en Inglaterra 17. A Federación de Planificación Familiar xa fixo público antes de nadal un comunicado no que amosaba a súa posición contraria á reforma, denunciando que as intencións de Gallardón supoñían un retroceso de máis de trinta anos en materia de saúde. Nun comunicado sinalaban que o proxecto "pretende acabar co dereito a decidir das mulleres e coa concepción integral da saúde sexual e reprodutiva que a actual lei contén". A Federación tamén rexeitaba "o segredo co que esta reforma lexislativa se está levando a cabo, sen participación ninguna das organizacións da sociedade civil especializadas en saúde reprodutiva e sen a información pública preceptiva en todo proceso democrático". "Unha lei restritiva non vai facer que diminúan os abortos, senón que se estes se produzan baixo unha inseguridade xurídica para as mulleres e para os profesionais" Engadían que "estudos da Organización Mundial da Saúde (OMS) mostran que o número de interrupcións voluntarias do embarazo en países con leis restritivas e noutros con leis baseadas en prazos non varía en exceso" e que, polo tanto, "unha lei restritiva non vai facer que diminúan os abortos, senón que se estes se produzan baixo unha inseguridade xurídica para as mulleres e para os profesionais que terán que xustificar os supostos, nun proceso máis longo e difícil que vai engadir sufrimento e risco para a saúde das muleres". Non é a primeira vez que xinecólogas, obstetras ou expertas en diagnóstico prenatal fan oír a súa voz nun asunto no que son expertas e acumulan anos de experiencia. Xa hai máis dun ano, cando o ministro Gallardón comezaba a lanzar globos sonda sobre unha hipotética reforma da lei, que incluiría a prohibición de interrumpir o embarazo para evitar unha malformación grave do feto, elaboraron un manifesto que alertaba de que a medida provocaría "un grave problema de saúde pública". O texto afirmaba que aínda que moitas destas enfermidades e malformacións "acababan co falecemento do neno, requiren con frecuencia cirurxías complicadas e custosas, estancias hospitalarias longas, decote en unidades de coidados intensivos, e, en definitiva, producen un sufrimento para o neno e o seu núcleo familiar moi elevado". Hai un ano expertos e expertas elaboraron un manifesto que alertaba de que a medida provocaría "un grave problema de saúde pública" O documento, encabezado polas xinecólogas Pilar Martínez Ten e Begoña Adiego, sinalaba tamén que "a decisión de interrumpir o embarazo causa moito sufrimento. Se a lei non permite a interrupción da xestación nestes casos (de anomalías fetais graves), á dramática situación sumarase o desamparo legal que sufrirán as xestantes". |
NOS_43226 | Trinta anos despois da primeira sentenza en galego a presenza da lingua propia do país no ámbito xudicial abala entre o residual e o testemuñal. Un ermo que tentan reverter iniciativas e voces que queren facer xustiza ao galego. | En marzo cumpríronse 30 anos da primeira sentenza en galego, unha resolución ditada pola Audiencia Provincial da Coruña en 1985 a raíz dun pleito no que estaba inmerso o Concello de Redondela, que foi quen solicitou que fose redactada no idioma propio de Galiza. "Causou estupefacción" lembraba hai uns días Gonzalo de la Huerga, un dos maxistrados que elaborou aquel texto. Quizás non sexa estupefacción a palabra, mais si abraio ou certo pasmo o que segue a producir hoxe en día atopar unha sentenza en galego. As resolucións escritas no noso idioma non chegan ao 5 por cento do total, o que leva a preguntar, tres décadas despois daquel auto da Audiencia da Coruña, se aquela sentenza foi un primeiro paso para inaugurar unha etapa de normalización do idioma na xustiza ou foi máis ben un feito puntual. "A presenza do galego na xustiza é testemuñal, non só no que atinxe a sentenzas, senón tamén a calquera formulario, programa... e non só na escrita, tamén é testemuñal no oral", afirma Xesús Sánchez, secretario nacional de CIG-Xustiza. Nunha liña semenllante, Martín Ramos, do Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Compostela, recoñece que estamos perante un panorama "bastante ermo". Carlos Varela, ex-Fiscal Superior de Galiza e membro da Irmandade Xurídica Galega, ten recoñecido sen ambaxes que "a situación do galego neste eido é aínda precaria e pode acreditarse que o dereito do cidadán a recibir servizo na súa lingua de elección non esta actualmente garantido". Motivos dun baleiro Temos, pois, que a presenza do galego na xustiza é cativa. Embora na Lei de Normalización Lingüística (1983) e mesmo na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, artigo 9, se garanta o dereito dos cidadáns a que o procedemento sexa en galego, isto non se cumpre. Non hai unha única razón. "A administración de xustiza non quere poñer as ferramentas para que o galego sexa un idioma normalizado nese ámbito", sostén Xesús Sánchez Costa. Para Martín Ramos, o lingüista do Colexio de Avogados da capital de Galiza "a maior barreira ao uso do galego está no propio contexto". Un contexto no que, por exemplo, o coñecemento do galego non é un requisito para ser xuíz en Galiza. Así que ser atendido no idioma propio está condicionado pola aptitude -e actitude- d@s funcionari@s ou maxistrad@s, fiscais. Só unha trintena de xuices empregan habitualmente o galego en xuízos e sentenzas. A reportaxe completa podes lela no Sermos Galiza nº139, disponíbel nos pontos de venda habitual e na nosa loxa |
NOS_12384 | No 76,7% das vivendas galegas non hai mocidade por baixo dos 16 anos. En troca, o 22,11% está formado por persoas de 65 anos ou máis. | O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo público a Enquisa estrutural a fogares correspondente a 2014. Neste senso, o 91,28% das vivendas galegas non contan con crianzas de menos de 5 anos. Asemade, en 7 de cada dez (76,77%) dos fogares non hai persoas menores de 16 anos. En troca, no noso país, 234.568 vivendas contan con persoas de 65 anos ou máis. Isto é, o 22,11%. Os dados evidencian o avellentamento poboacional que atinxe Galiza e que se sitúa como un dos principais trazos da crise demográfica. Desde 1986 Galiza encadea un saldo vexetativo negativo, encabezando o ránking do Estado español como o territorio con maior diferenza entre mortes e nacementos (-10.706, en 2014). Por provincias, o interior conta cunha poboación máis envellecida. Neste senso, a cifra de fogares sen ningunha persoa menor de 16 anos ascende ao 81,41% en Ourense e a 80,75 en Lugo, embora non ser moito inferior no eixo atlántico co 76,38% na Coruña e o 74,02% en Pontevedra. |
NOS_18249 | A combinación é 05, 09, 16, 33, 36 e 43. | Un boleto da Primitiva selado en Muros resultou gañador de máis de 1,4 millóns de euros no sorteo deste sábado. En concreto, segundo a información de Lotarías e Apostas do Estado, a papeleta corresponde ao local situado no número 13 de rúa Ribeira de Maio. O gañador ou gañadora acertou a combinación de números 05, 09, 16, 33, 36 e 43, e recibirá a cantidade de 1.459.087,72 euros. |
NOS_57633 | Rusia comprometeuse a "garantir a vida" dos militares ucraínos alí apostados de "depor as armas". | Escalada de tensións. O exército ruso, ante a catastrófica situación que se está a vivir na fábrica siderúrxica Azovstal, en Mariupol, anunciou que estaba disposto a "garantir a vida" dos militares ucraínos alí apostados de "depor as armas". De facelo, Rusia respectaría "as normas da Convención de Xenebra no referente ao trato dos prisioneiros de guerra". Non obstante, o Ministerio de Defensa de Rusia engadiu que "os militantes dos batallóns nacionalistas e os mercenarios estranxeiros" tiñan até "as 6 da mañá" de hoxe, hora de Moscova -onde teñen unha hora máis que na Galiza- para "cesar as hostilidades e depor as armas", dada a "situación desesperada" dos resistentes, "practicamente sen comida nin auga". Ademais, Moscova fixo un chamamento a Kiev para que desen "mostras de prudencia", convidando a ordenar aos milicianos a que cesasen na "inútil resistencia". A estratéxica Mariupol, xunto ao Mar de Azov, é unha das principais metas dos rusos no seu esforzo por lograr o total control da rexión do Donbás e formar un corredor terrestre no leste do país desde a península de Crimea. O xefe do Centro de Control de Defensa Nacional ruso, Mikhail Mizintsev, tamén afirmou que desde o Goberno ucraíno "prohibiron as negociacións de rendición, ordenando aos nazis de Azov fusilar os militares e mercenarios que queiran renderse". |
NOS_47793 | Evitou mencionalos directamente ao se referir o sucedido en Charlottesville. As críticas chegáronlle tamén desde as propias fileiras republicanas. | Donald Trump recibeu nas últimas horas duras críticas, tamén desde dentro do seu propio partido, pola súa postura morna a respecto dos sucesos do sábado en Charlottesville, onde unha persoa faleceu e varias resultaron feridas nun atropelo masivo contra unha marcha antifascista que protestaba contra un acto de supremacistas brancos, racistas e neonazis. Trump limitouse nun primeiro momento a condenar a violencia de ambas as dúas partes, evitando mencionar directamente os supremacistas. Na comparecencia de prensa condenou nos "termos máis fortes" o odio e a intolerencia, apontando que "veñen de todos lados", co que equiparaba atacantes e atacados, antifascistas e nazis. As palabras do presidente non gostaron a ninguén. O senador por Colorado, Cory Gardner, republicano, pediu a Trmp que "chame ao mal polo seu nome. Son supremacistas brancos e isto foi terrorismo doméstico". O presidente da Cámara de Representantes, Paul Ryan, tamén republicano, criticou a "praga" que supón a "supremacía branca", cargando contra "o seu terrorismo". |
NOS_19444 | A Deputación de Pontevedra anunciou a pasada semana a desaparición do Museo Provincial como organismo autónomo e a eliminación do seu órgano reitor. Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, vén de instar a Louzán, presidente da Deputación e do Padroado provincial, a reunírense co obxectivo de atoparen conxuntamente, unha "solución satisfactoria para a supervivencia do Museo". | Sermos Galiza avanzaba a pasada sexta na súa edición en papel, o control político exercido pola Deputación provincial sobre o Museo de Pontevedra, o anuncio da súa desaparición como ente autónomo, así como a conversión da sala nobre -espazo destinado á exposición de pezas arqueolóxicas, nun restaurante. Así mesmo, distintos movementos sociais denunciaban a redución dos horarios da biblioteca, a supresión de fondos de arquivo ou o ataque aos seus puntos fortes, tales como o fomento da investigación. Ante tan grave situación, o Concello de Pontevedra a través do seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, vén de convidar co envío dunha misiva a Rafael Louzán, Presidente da Deputación e do Padroado provincial, a unha xuntanza a vindeira sexta, 29 de xuño, para trataren a disolución do Padroado do Museo. Nunha carta aberta anterior, enviada ao presidente da Deputación, Lores entendía que a decisión adoptada por Louzán non se correspondía coa súa traxectoria senón que provén do "o asesoramento e presión de quen non lle quere ao Museo ". Como antigo membro do Padroado, Fernández Lores agarda chegar a unha solución conxunta que garanta a supervivencia do Museo na súa forma xurídica orixinal. O alcalde, irá á xuntanza acompañado doutros patróns e Amigos do Museo. Segundo fontes do Concello, a xuntanza posúe un carácter de urxencia pois o Presidente da Deputación solicitará a disolución da institución como ente autónomo con personalidade xurídica propia, no vindeiro Pleno da Corporación Provincial, 29 de xuño. "En defensa do Museo de Pontevedra" Personalidades da cultura enviaron hoxe ao Concello de Pontevedra, como patrono do Museo e á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza, un escrito polo que socilitan a devanditas institucións, o mantemento do Museo como organismo autónomo, o cese das interferencias políticas na xestión e a reactivación do mesmo, como institución cultural e científica. Entre @s asinantes do manifesto atópanse personalidades da cultura como, Fernando Martínez Vilanova Catedrático de Debuxo; Ramón Regueira.Catedrático de Filosofía; Engracia Vidal Promotora da Revista "Encrucillada"; Xosé Abilleira Sanmartín, Presidente da Asociación Cultural Maio Longo; Francisco Carballo, Historiador e teólogo e Andrés Torres Queiruga, Teólogo e escritor. O Museo Provincial foi creado en 1927 por persoeiros tan ilustres como Castelao, Casto Sampedro, Daniel de la Sota, Losada Diéguez ou Filgueira Valverde, e conta cunha importante colección de pezas artísticas entre as que se atopan pinturas, documentos históricos, esculturas, debuxos, gravados, xoias, moedas e instrumentos musicais. Asemade, abrangue un longo percorrido histórico nos seus fondos, dende pezas prehistóricas até unha colección de arte galega pertencente a autoras-es da diáspora como Maruja Mallo ou o propio Castelao. |
NOS_11259 | A operación decorreu esta mañá a cargo de axentes da Policía nacional. Dous dos detidos, un deles menor, están acusados do homicidio do seareiro deportivista | Axentes da Policía española detiveron na mañá desta cuarta feira a 17 persoas pola súa suposta relación ou implicación no asasinato do seareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada, 'Jimmy'. Dous dos detidos están acusados do homicidio do coruñes, sendo ambos menores no momento dos feitos acontecidos á beira do Manzanares. Fontes da investigación citadas por EFE indican que os arrestos tiveron lugar en Toledo, Valencia e, principalmente, en Madrid (15 detencións), no marco da 'Operación Neptuno'. A investigación segue aberta, polo que non se descartan máis detencións. Nos dous operativos anteriores da 'Neptuno' foron detidas un total de 82 persoas. Entre elas atopábanse as supostas catro homicidas (Ismael López Pérez, Sergio Santiago Martínez, Francisco Javier Jiménez Linares e José Luis Zarzoso).Mais o 21 de maio o xuíz, após escoitar 2 testemuñas, deixaba en liberdade os 4 presuntos asasinos. |
NOS_35653 | Baixo o lema "Contra o imperialismo, pola paz e a soberanía dos pobos" constituíuse esta cuarta feira en Compostela. | A Plataforma Galega contra a OTAN está integrada inicialmente pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), o Bloque Nacionalista Galego, a Confederación Intersindical Galega, Erguer-Estudantes da Galiza, Galiza Nova e Mar de Lumes- Comité Galego de Solidariedade Internacionalista. O colectivo fai un chamamento a outras organizacións a colaborar no deseño e desenvolvemento dunha axenda galega anti OTAN coa ollada posta na próxima cimeira da organización, que terá lugar en Madrid os días 29 e 30 de xuño. Entre as accións que ten previsto impulsar nas próximas datas está a celebración dunha "contra-cimeira de carácter internacionalista e antiimperialista e na defensa da soberanía dos pobos", así como diversas actividades para difundir o "carácter agresivo e expansivo da OTAN e o papel dos países que fan parte dela", entre eles o Estado español, precisa, "tal como se está a ver na actual crise na Ucraína". 'Galiza contra a OTAN' A Plataforma critica que, "mentres os gobernos occidentais chaman cinicamente a estabelecer parcerías e acordos de cooperación, coa outra man empregan a OTAN para impor unhas relacións internacionais asimétricas e baseadas na ameaza da forza militar". No seu manifesto de presentación, o movemento anti OTAN rexeita, ademais, o uso de infraestruturas e equipamentos en territorio galego para dar soporte á Organización do Tratado do Atlántico Norte e a cesión do porto de Ferrol como base militar. Lembra, ademais, como os aeroportos de Santiago e Vigo xa foron empregados para escala de voos secretos relacionados coas guerras imperialistas en Afganistán e Iraq. |
NOS_18697 | A actual vixencia do Certificado Dixital Covid remata en xuño deste ano, polo que Bruxelas pretende que o Parlamento Europeo e o Consello de Europa a prolonguen, cando menos, durante un ano máis. | A Comisión Europea presentou unha proposta para poder prorrogar, cando menos até xuño de 2023, a vixencia do Certificado Dixital Covid. Este documento permite viaxar por todos os países da Unión Europea (UE) sen máis restricións. O voceiro de Xustiza da Comisión Europea, Christian Wigand, xustificou a petición pola "prevalencia" que segue a ter a Covid no día a día da poboación. "Non é posíbel determinar nesta fase o impacto dun posíbel aumento dos contaxios na segunda metade de 2022 ou da aparición de novas variantes", incidiu Wigand. O voceiro tamén insistiu en que Bruxelas mantén o carácter "temporal desta medida, mais prefire manter a prudencia e non avanzar na reducción de prevencións como a do Certificado Covid. Agora, deberá ser o Parlamento Europeo e despois o Consello de Europa quen validen esta proposta para que poida ser efectiva. Wigand sinalou que a Comisión Europea espera ter lista e aprobada a medida antes de que expire o actual período de vixencia do certifcado, que remata en xuño deste ano. Oportunidade para "controlar" a pandemia A proposta de Bruxelas chega nun momento que a Organización Mundial da Saúde (OMS) define como "unha oportunidade para tomar o control da transmisión" da Covid-19 debido á "unha gran inmunidade derivada da vacina e natural por parte de Ómicron, unha pausa estacional favorábel ao saír do inverno e a menor gravidade de Ómicron" Así o apuntou o director da Oficina Rexional para Europa da OMS, Hans Kluge, quen apunta que Europa atópase ante a "posibilidade dun longo período de tranquilidade", debido ao alto nivel de vacinación e de concienciación da poboación europea. Se nalgo coinciden a maioría de investigacións e persoas expertas en pandemias é que a pandemia provocada polo coronavirus podería estar próxima a entrar nunha fase "endémica", que suporía o remate da mesma. Mentres iso non ocorre, institucións como a Comisión Europea optan por manter a prudencia e seguir a observar "como evoluciona a pandemia" no contexto do continente europeo. |
NOS_49416 | Rueda ve importante "fortalecer" a competitividade das empresas. | O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira a Axenda de Minaría Sostíbel 2020-2030, unha aposta, en palabras do presidente galego, Alfonso Rueda, por fortalecer "a competitividade do sector" mineiro, a quen situou como un dos polos de desenvolvemento da economía galega. Alfonso Rueda avanzou que nestes tres anos, entre 2022 e 2024, ao abeiro deste proxecto destinaranse 32 millóns de euros a diferentes actuacións e iniciativas, entre as que citou a creación dunha oficina para captar fondos europeos para estas empresas, ou avanzar na dixitalización das mineiras e da propia Administración en relación aos trámites mineiros. A recuperación ambiental de zonas mineiras que xa non están en explotación ou a captación de novos recursos e xacementos tamén se enmarcan nas finalidades desta axenda mineira da Xunta. O presidente incidiu en que a Galiza "é líder" a nivel de Estado na minaría de lousa, granito, seixo ou rochas ornamentais. "Un sector que xera de media 250 millóns de euros anuais", 10% do total do Estado, engadiu o titular da Xunta, que indicou que a axenda aprobada tamén marca como obxectivo "dar a coñecer a importancia deste sector". É posíbel a "minaría sostíbel" en Touro? Este apoio do Goberno galego ao sector mineiro non é unha novidade. A Xunta asina anualmente convenios coa Cámara Mineira Oficial da Galiza que teñen entre os seus obxectivos "a promoción social e divulgación do sector". En 2021 a Consellaría de Economía destinou a ese convenio 80.000 euros. Oposición veciñal e social Certos proxectos mineiros estiveron nos últimos anos no albo de movementos veciñais e sociais, que alertaban do seu impacto ambiental, social e mesmo económico nas comarcas onde se proxectaban. Corcoesto (Cabana de Bergantiños), Touro, San Finx (Lousame)... foron algúns dos escenarios desta oposición. En novembro de 2020, o Consello da Xunta cesaba o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Ángel Bernardo Tahoces —alto cargo do Goberno galego desde 2009— que estaba pendente de varias denuncias e investigacións xudiciais en relación a iniciativas e proxectos mineiros. A Xunta presume de minaría "sostíbel" entre críticas dos colectivos ecoloxistas Desde plataformas como Contraminaacción alertaban xa en marzo de 2021 do uso do concepto "minaría sostíbel ou sustentábel" por parte da Administración e empresas do sector: "Son campañas de enxeñaría social e green washing para dar carta de natureza a proxectos inviábeis desde o punto de vista técnico, xurídico e ambiental". Novo anuncio dun proxecto estratéxico Na súa comparecencia ao finalizar a reunión semanal do Goberno galego, Alfonso Rueda informou da declaración como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE) da proposta de Trisquelium impulsada por Forestal do Atlántico en Ferrolterra para xerar metanol verde. A empresa prevé investir 176 millóns de euros. Rueda lembrou que este é o terceiro PIE aprobado polo Goberno galego. O anuncio realízase mentres seguen no ar outros proxectos, anunciados no seu día como "chaves" para a economía galega, caso da fábrica de viscosa de Altri para Palas de Reis. Cando decidirá Altri a ubicación da súa fábrica de viscosa? Recurso contencioso contra o Goberno estatal polo lobo O primeiro anuncio que fixo o presidente galego na súa comparecencia de prensa de onte após o Consello da Xunta foi a interposición dun recurso contencioso administrativo contra o Ministerio de Medio Ambiente pola "exclusión unilateral e sen fundamento legal" da Galiza do reparto de fondos para axudas polos danos do lobo. "Quedamos sen 4,5 millóns de euros", lamentou Alfonso Rueda, que anunciou que a Xunta habilitará no Orzamento para 2023 unha partida de 2,5 millóns con esta finalidade, "triplicando as partidas doutros anos". Por que o debate en Bruxelas sobre a protección do lobo crea controversia? Axudas a persoas con ELA Outro dos anuncios realizados foi o de destinar 3,2 millóns de euros en axudas para persoas afectadas pola ELA, Esclerose Lateral Amiotrófica. Na Galiza hai entre 250 e 300 persoas con ELA, informou Rueda, e cada ano detéctanse entre 40 e 50 casos. |
NOS_38375 | Considera unha "broma" que o PSOE lle pida non pactar coa formación de Abascal cando goberna con Podemos en España e se apoia en Bildu e ERC. | O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, considera unha "broma" que o PSOE lle pida non pactar con Vox en Castela e León cando goberna con Podemos en España e ten como socios a Bildu e ERC. É máis, subliñou que en Navarra os socialistas están a gobernar coa esquerda abertzale. "Entendo que iso é unha broma. Que o PSOE nos diga 'aquí hai que romper con Vox' e o PSOE gobernando con Bildu en Navarra, con Podemos no Goberno de España e cos apoios de ERC e Bildu para sacar orzamentos e leis. Supoño que o manual de coalicións do PSOE é xusto o manual do que non se pode utilizar", recalcou Feixoo nunha entrevista na Cadena Ser. Feixoo adopta o discurso de Vox e considera agora a violencia vicaria "violencia intrafamiliar" O debate de investidura de Alfonso Fernández Mañueco como presidente da Xunta de Castela e León, tras o acordo de Goberno asinado con Vox, terá lugar a segunda feira 11 de abril, case dous meses despois das eleccións autonómicas do 13 de febreiro. A toma de posesión está prevista despois de Semana Santa, o 19 de abril. Obxectivo: reagrupar o centrodereita Preguntado se haberá máis pactos do PP coa ultradereita como o de Castela e León, Feixoo indicou que o obxectivo do seu partido é "conseguir o reagrupamento do centrodereita en España". "O obxectivo é gañar as eleccións", proclamou, para deixar claro que el non aspira a ser un partido "bisagra" para sumar con outras formacións poder chegar á Moncloa ofrecendo "inestabilidade política e económica" ao país. Pacto PP-VOX en Castela e León: Feixoo abre por primeira vez as portas dun goberno á extrema dereita Neste sentido, subliñou que o PP gañou en Castela e León e pediu ao PSOE a súa abstención na investidura, mais dixo que "non". Por iso, cualificou de "broma" que o PSOE lle pida non chegar a acordos con Vox cando os seus socios son Podemos, Bildu e ERC. Vox Sobre se cre que Vox é un partido democrático, Feixoo asegurou que a formación de Santiago Abascal "preséntase ás eleccións, ten votos e ten escanos". "E isto é a democracia", apostilou. En canto a se as declaracións do deputado de Vox no Congreso comparando a Pedro Sánchez con Adolf Hitler e ao ministro Félix Bolaños co xerarca nazi Joseph Goebbels, Fexoo admitiu que non lle gustaron esas palabras. "As cousas que oio no Congreso dos Deputados moitas veces non me gustan. O que pasa é que me parece máis grave cando iso o fai o partido do Goberno". Neses casos, engadiu, hai un "plus de irresponsabilidade". Adeus á Xunta en maio Por outra parte, Feixoo situou en maio a súa sucesión á fronte da Xunta da Galiza. Sen dar unha data concreta sinalou "o mes de maio" e engadiu que no Parlamento hai un procedemento para seguir coa sesión de investidura e votacións. Baltar move ficha e insiste nun congreso extraordinario do PP galego para acordar a sucesión de Feixoo O líder do PP tamén deixou a porta aberta a ser senador. "Primeiro gustaríame falar cos grupos parlamentarios e dunha forma moi especial cos portavoces. E, despois, loxicamente dunha forma xa moi determinante, co comité de dirección do Grupo Popular no Senado", asegurou ao respecto a pasada quinta feira. |
PRAZA_10451 | Os soldos galegos medraron por riba da media estatal no último lustro, pero neste tempo creceron as desigualdades: os máis ricos aproveitan máis a saída da crise e os traballadores pobres e as novas xeracións levan unha década cos seus ingresos practicamente estancados | Rematou a crise económica? Para quen? De que xeito está afectando a cada grupo social o crecemento económico dos últimos ano? É agora Galicia un país máis desigual que nos peores anos da recesión? O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este luns os datos da súa Enquisa Anual de Estrutura Salarial correspondente ao ano 2017.Os datos globais revelan un incremento do 2,1% nos salarios entre 2016 e 2017 no conxunto do Estado, un aumento que en Galicia se eleva ata o 2,5%. De feito, o noso país está entre as comunidades nas que máis creceron os salarios no último lustro, cun aumento do 11%, semellante ao de Navarra e Cantabria e moi por riba da media española (4%). Esta mellora compensa a evolución do período 2008-2012, no que os salarios medraron un 1% fronte a un aumento do 4% en España.Os salarios galegos medraron por riba da media estatal no último lustro, pero neste tempo creceron as desigualdades: os máis ricos aproveitan máis a saída da criseIso si, os salarios en Galicia continúan moi por debaixo da media estatal. O salario medio en Galicia (21.606 euros brutos anuais) é dous mil euros inferior á media española e é superado polos datos de dez comunidades autónomas. Con todo, cómpre salientar que o diferencial co salario medio estatal (3.700 euros en 2008 e 3.400 euros en 2012) veu descendendo na última década.Ata aquí as boas novas. Este crecemento dos salarios no último lustro en Galicia agocha un incremento das desigualdades entre os soldos máis altos e os máis baixos e tamén entre os distintos grupos de idade. De igual xeito, a fenda de xénero entre os ingresos de traballadores e traballadoras mantívose case inalterable.O salario do 25% de traballadores que gaña máis creceu un 16% dende o 2012. Pola contra, o salario do 25% que gaña menos so medrou un 4%As medias estatísticas para un universo grande e diverso pode agochar as desigualdades existentes entre as súas partes. Os datos do INE revelan que durante os últimos cinco anos os traballadores e traballadoras con salarios máis elevados incrementaron notablemente as súas contías, mentres que aqueles e aquelas que gañan menos case non viron mellorar os seus ingresos. Así, o 25% dos galegos e galegas con maiores soldos tivo un aumento do 16% nos seus salarios dende o ano 2012. E, pola contra, o 25% que gaña menos só recibiu un incremento do 4%, semellante á evolución do IPC.Nos últimos cinco anos a diferenza entre o salario medio dese cuartil inferior e o salario medio do cuartil superior pasou de 9.969 a 12.838 euros anuais, un incremento de case tres mil euros entre os traballadores que gañan máis e os traballadores que gañan menos, ou o que é o mesmo: un 30% máis.Estas desigualdades crecentes reprodúcense no conxunto do Estado. A metade dos traballadores e traballadoras españolas (49,96%) ingresa menos de 19.816 euros brutos anuais, ou o que é o mesmo: 1.415 euros brutos mensuais, aos que hai que descontar os distintos impostos e retencións, ficando o salario mensual por debaixo dos 1.150 euros netos.Fronte a un aumento salarial medio do 11% entre 2012 e 2017, os traballadores e traballadoras de 25 a 34 anos só tiveron unha suba do 4%A desigualdade salarial tamén se incrementou entre os distintos grupos de idade, sendo as xeracións máis novas as máis prexudicadas. Fronte a un aumento salarial medio do 11% en Galicia entre 2012 e 2017, os traballadores e traballadoras de 25 a 34 anos só tiveron unha suba do 4%. Naqueles asalariados de máis de 55 anos a suba foi do 11%. No grupo de idade entre 25 e 34 os salarios levan practicamente conxelados dende hai unha década. O soldo medio no ano 2008 era de 16.169 euros brutos anuais, e aínda que no ano 2010 se elevara ata os 17.549 euros, durante a recesión chegou a caer ata os 16.277 euros (2013). Catro anos despois o incremento é tan cativo que o nivel segue lonxe do acadado en 2010, ficando a media nos 16.932 euros.A diferenza salarial entre homes e mulleres en Galicia rolda os 5.500 euros brutos anuais, exactamente a mesma que había no ano 2008En canto á fenda salarial de xénero, mantense practicamente inalterable ao longo da última década. O salario medio dos traballadores galegos era no ano 2008 un 27% superior ao das traballadoras. A diferenza chegou a incrementarse ata o 32% no ano 2012 e dende entón experimenta un leve descenso, ata ficar no 29% en 2017, aínda por riba dos datos de hai unha década. A diferenza salarial entre homes e mulleres en Galicia rolda os 5.500 euros brutos anuais, exactamente a mesma que había no ano 2008. |
NOS_15773 | Denúnciao a CIG, que xa puco as feitos en coñecemento de Inspección | Un aseo de diminutas dimensións é o lugar escollido polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar como zona de illamento para as persoas maiores dependentes do centro de día de Dodro, no caso de seren sospeitosas de padecer Covid19. É a denuncia que se fai desde a CIG-Autonómica, que fala de "falta de humanidade e o trato indigno e humillante que se lle vai dar neste centro os usuarios e usuarias que se atopen nesa situación". Iso sen contar, engade Cristina Terrón, do sindicato nacionalista, "coas consecuencias que pode ter para a saúde dunha persoa maior esta situación estresante e delicada". O mencionado aseo non dispón, afirma o sindicato, de ningunha clase de fiestra, ventilación nin aire acondicionado, que a súa vez funciona como sistema de calefacción do centro. "Nesa zona de illamento, segundo o protocolo, estará a persoa maior afectada e un membro da equipa, ataviado cun EPI". Denuncian que a situación do centro de día de Dodro non é un caso excepcional, "xa que no Centro de Día de Boiro tamén se optou por un wc como lugar de illamento, aínda que nese caso polo menos dispón dunha pequena fiestra para ventilar". Sinala Terrón que noutros centros optaron por escoller como zona de illamento os despachos sanitarios ou de enfermaría. Para a CIG-Autonómica esta actuación denota "unha falta de humanidade e de respecto que non se pode consentir" polo que estes feitos xa foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña. Imprimir |
NOS_39210 | O presunto responsábel dos disparos entregouse á Policía. | Once persoas mortas e seis feridas -entre elas 4 axentes da policía- como consecuencia de disparos de armas de fogo nunha sinagoga de Pittsburgh, en Estados Unidos. O presunto tirador tentou fuxir mais finalmente entregouse á Policía.Trátase de Robert Bowers, de 46 anos, que adoitaba poñer mensaxes antisemitas nas redes sociais. A Policía confirmou que unha persoa entrou na sinagoga por volta das 15:30 horas (hora galega) e procedeu a disparar contra os presentes antes de atrincheirarse para posteriormente tentar fuxir. Testemuñas sinalaron a medios de comunicación locais desta cidade do leste de Pensilvania (EUA) que esta persoa berrou "os xudeus deben morrer" antes de disparar. O presidente de Estados Unidos, Dolad Trump, pronunciouse a favor dun endurecemento das leis para que este tipo de accións impliquen para os responsábeis a pena de morte. |
PRAZA_2785 | O presidente galego comparte mitin co barón ourensán e mais co titular da Junta de Castilla y León no Barco, e defende a autovía A-76 que atentaría contra a Ribeira Sacra | O BARCO DE VALDEORRAS O presidente da Junta de Castilla y León, Juan Vicente Herrera, desprazouse este mércores ata O Barco de Valdeorras para compartir mitin co seu homólogo galego, Alberto Núñez Feijóo, e defender xuntos o proxecto da nova autovía A-76 Ourense-Ponferrada, que podería afectar de xeito irreversible á Ribeira Sacra e as súas aspiracións de ser Patrimonio da Humanidade. "Máis España e máis emprego é a oferta sinxela pero significativa que presenta o PP", salientou Herrera na súa intervención. Desconfiade dos mesías da política e confiade nos obreiros da política", pediu Feijóo. Nunha comarca que tradicionalmente é feudo socialista, o acto -"mitin interautonómico", denominárono- congregou unha cantidade significativa de candidatos e líderes populares. Estiveron tamén o presidente da deputación e do PP de Ourense, José Manuel Baltar, nun novo mitin con Feijóo tras ser denunciado por unha muller por supostamente ofrecerlle emprego a cambio de sexo, así como os candidatos provinciais, incluída Miri Barrera, man dereita da vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría, orixinaria de Verín e aspirante ao Senado. Os cargos populares reivindicaron a autovía que atravesaría a Ribeira Sacra En maio, tras os malos resultados do PP nas autonómicas en toda España, Herrera, que en Castela e León salvou o tipo, recomendou a Rajoy "mirarse ao espello" e responderse a si mesmo se debía volver presentarse ás actuais eleccións xerais, igual que el mesmo barallaba a posibilidade de non presentarse á investidura como presidente autonómico. Medio ano despois Herrera segue a ocupar a presidencia da Junta á que chegou hai case 15 anos e fai campaña por Rajoy como "el valor de futuro" que necesita España. Onte Herrera salientou que o Goberno "debe estar en mans serias", "as mans limpas dun galego limpo, Mariano Rajoy". O presidente castelán-leonés eloxiou a Feijóo como "referente" e cargou contra Compostela Aberta por, ao seu xuízo, non apoiar as peregrinacións a Santiago O castelán presentouse como un "modesto peregrino", "viejo castellano", que "todos os anos" fai o Camiño de Santiago e que o seguirá a facer aínda que "algúns", en referencia a Compostela Aberta, supostamente non queiran apoiar, ao seu ver, o fenómeno da peregrinación xacobea. "Nada bo podemos esperar desas propostas baleiras, improvisadas" que, segundo dixo, cando poden gobernar a través de pactos, "alianzas de perdedores" denominounas, o que pasa é que "lévao todo a marea". Fronte a esas propostas, o castelán salientou que o que ofrece o seu partido son "dous 'es': máis España e máis emprego é a oferta sinxela pero significativa que presenta o PP", dixo. Feijóo gaba a Castela e León por ser berce da lingua castelá e non ter, di, aspiracións nacionalistas Herrera tamén asegurou que, na nova lexislatura, pedirá ao Goberno "que se revisen os sistemas de financiamento autonómico e local" para que teñan en conta a dispersión e o envellecemento da poboación, para o que dixo contar coa complicidade de Feijóo e Galicia. Segundo o presidente castelán e leonés, "no marco do PP, Feijóo é unha referencia necesaria" que defende a Galicia. Para Feijóo, "Herrera é a guía dos presidentes autonómicos do PP" xa que é "o que máis veces gañou as eleccións", e contrapúxoo ao "tripartito" de PSOE, En Marea ou Podemos, aos que se referiu indistintamente, e Ciudadanos. "Desconfiade dos mesías da política e confiade nos obreiros da política", pediu Feijóo. Nunha intervención realizada integramente en castelán, como a maioría das do resto de participantes, o presidente da Xunta louvou a Castela e León por ser berce desa lingua e non ter, ao seu xuízo, aspiracións nacionalistas. Defensa do AVE nunha vila sen estación Na maioría dos seus mitins, Feijóo está salientando que o AVE galego correría perigo se o PP non segue a gobernar. Tamén o fixo en Valdeorras, onde a estación de alta velocidade máis próxima estará a máis dunha hora en coche, sexa en Ourense ou en León. Pero no Barco, onde a cidade de referencia, á metade de distancia que Ourense, é Ponferrada, o protagonismo levouno a autovía A-76 Ourense-Monforte-Valdeorras-Ponferrada, polémica pola súa posible afección sobre a Ribeira Sacra. Un cartel coa numeración da infraestrutura serviu aos cargos populares, entre eles a alcaldesa da cidade berciana, para defender a necesidade dunha obra que, segundo Herrera, desbloqueouse nesta lexislatura. Na súa breve intervención Baltar evocou a Fraga como "garante da unidade nacional" Na súa curta intervención, José Manuel Baltar asegurou que Feijóo e Herrera son "os dous mellores presidentes autonómicos de España". O presidente ourensán asegurou que Galicia e Castela e León comparten problemas e lembrou a Manuel Fraga como "garante da unidade nacional". Pola súa banda, o presidente local do PP, o deputado autonómico Moisés Blanco, que nas pasadas eleccións municipais colleitou uns resultados especialmente malos que o levaron a renunciar a tomar posesión como concelleiro, alertou contra os "populistas", que identificou co chavismo e o kirchnerismo e do que dixo que "non o queren nin onde gobernaron". |
NOS_19162 | Mario Regueira (Ferrol, 1979) é o crítico literario de Sermos Galiza. O seu último libro é O silencio (Xerais, 2012). En xaneiro de 2015 defendeu a súa tese de doutoramento, A narrativa na reconstrución do campo literario de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia. Nesta entrevista, fálanos do contido da súa tese. | Como autor literario, Mario Regueira debutou no ano 2004 co volume de relatos, Rebelión no inverno. Desde entón ten publicado varias novelas, tres poemarios e un ensaio. O seu último libro é O silencio (Xerais, 2012). A súa tese de doutoramento ten sido dirixida por Arturo Casas dentro do programa de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela Que foi o que o levou a elixir a narrativa galega entre 1936 e 1966 á hora de abordar a súa tese? O meu interese inicial era o panorama da narrativa de posguerra. En parte, porque sempre considerei que os seus repertorios e o conflito político ao que ían ligados eran bastante específicos e non tiñan un correlato evidente noutros contextos peninsulares. Porén, ao comezar a tese tiven que facer dúas matizacións. A primeira, situar en 1936 a gran modificación no campo literario galego. Como é sabido, na Galiza non houbo fronte, e xa nos primeiros momentos da guerra se consuma a destrución de todo o escenario editorial precedente. A literatura que se publica durante o conflito ten unha serie de características que a fan relevante para o que vai acontecer despois. Se cadra o máis destacábel é que existe unha mínima permisividade por parte das autoridades franquistas cara a estas obras, sempre que non se movan dun contido lírico ou folclórico. Comeza, deste xeito, a caracterización da cultura galega nuns termos rexionalizadores e que apelan a elementos supostamente inherentes ao pobo galego, unha caracterización que non deixa de ter fortes connotacións coloniais. A segunda matización que realicei foi fixar dúas etapas na posguerra, cunha fronteira fluída e que pode localizarse entre os anos 1963 e 1966, coincidindo cun relaxamento das políticas represivas da ditadura e cun momento no que o proxecto de Galaxia comeza a consolidar o seu poder simbólico. " A novela de Carvalho Calero é publicada por gañar un concurso cunhas bases bastante peculiares, onde aparece xa unha das problemáticas: Que é a literatura galega?" Que caracterizou esta etapa? Houbo que agardar até 1951 para que saíse a luz a primeira obra narrativa posterior á guerra, A xente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero. Xustamente esa publicación é moi indicativa de como foron as cousas neste contexto. A novela de Carvalho Calero é publicada por gañar un concurso cunhas bases bastante peculiares, onde aparece xa unha das problemáticas de delimitación da literatura galega neste período. Que é a literatura galega? A escrita en galego, a escrita por persoas galegas ou a que trata sobre temas galegos? O concurso permite a participación de obras que teñan polo menos unha destas características. A novela de Carvalho Calero gaña por reunir simultaneamente estes tres elementos, aínda que é o primeiro o máis relevante e o que ten unha carga política máis grande nese contexto. A novela do ferrolán é a única escrita en galego que se presenta a ese certame, algo que é aproveitado polos galeguistas do xurado para propiciar a publicación da primeira novela en galego desde 1936. Tamén é rechamante que a entidade que convoca o premio sexa a editorial Bibliófilos Gallegos, promovida por persoas próximas ao franquismo como Filgueira Valverde e Sánchez Cantón coa intención, ao igual que outras das súas iniciativas, de xestionar a identidade cultural galega baixo a ditadura. Que implica esa xestión? Esa xestión implica a asociación da literatura galega á lírica, ao folclórico e á bibliofilia, isto é, a un pasado máis ou menos brillante do que non se agarda continuidade nin futuro. A editora é bastante fiel a este programa excepto por dous dos premios que convoca, o de "novela gallega", gañado de forma bastante inesperada por Carvalho Calero, e o de tradución, que propicia a aparición da tradución, realizada por Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega, dun volume de poesías célticas recollidas (e traducidas á súa vez ao alemán) polo estudoso Julius Pokorny. Estes dous ámbitos, a narrativa e a tradución, tensionan un tanto os límites nos que a nova situación situara a literatura escrita en galego e son precedentes directos do que despois será a actividade de Galaxia. "Galaxia arrebatou a Bibliófilos Gallegos o papel de xestora da identidade galega ante o franquismo" Aliás, estuda a importancia da editorial Galaxia na eclosión da narrativa. Como foi ese papel dinamizador de Galaxia? O papel de Galaxia nesa conquista de ámbitos para a literatura escrita en galego é, como dis, innegábel. Aínda que a editora non publica esa primeira novela de Carvalho Calero, as persoas que a conforman participan do seu proceso e inflúen en Bibliófilos para adoptar unha política aperturista que eles mesmos continuarán desde Galaxia. Ademais da narrativa, Galaxia tamén apunta a outros xéneros e ámbitos, como o ensaio, que permite a divulgación dun pensamento con certa base galeguista, ou as publicación periódicas, que teñen na Colección Grial, prohibida polas autoridades tras catro números, a súa primeira tentativa. O realmente peculiar da actividade de Galaxia é como esa conquista de novos ámbitos vai parella a unha caracterización da identidade galega que ten moitos elementos en común coa que está promovendo unha parte do franquismo. Galaxia renuncia a centrarse na lírica para privilexiar a narrativa e os ensaios. Pero son ensaios e narrativas os que subliñan a natureza lírica do pobo galego. Esta toma de posición sitúa a editora a medio camiño entre a resistencia ante a ditadura e a convivencia posíbel con ela. Poderíamos dicir que Galaxia, entre a década dos cincuenta e mediados dos sesenta, arrebata a Bibliófilos Gallegos o papel de xestora da identidade galega ante o franquismo, cunha aposta máis ambiciosa, pero que segue cedendo ante este en moitísimos aspectos. A participación de figuras que colaboraron ou, cando menos, participaron dalgunha forma no bando franquista, como o polémico Álvaro Cunqueiro, poden ser analizadas tamén baixo esta perspectiva. De que modo o legado ideolóxico condiciona as primeiras narrativas publicadas por Galaxia? Galaxia é un proxecto cultural xestionado por antigos dirixentes das Mocedades Galeguistas e persoas vinculadas a outras organizacións xuvenís do galeguismo. Estas organizacións manteñen certas discrepancias co Partido Galeguista, en especial no referente ao pacto deste coa esquerda republicana. Pódese dicir que as organizacións xuvenís están, en liñas xerais, moito máis próximas ao legado do primeiro Vicente Risco, máis en sintonía cun nacionalismo inmanente, que entende a nación como un fenómeno natural ao que se accede por unha revelación que a aproxima a unha especie de relixión. Estas tendencias son moi escépticas respecto da noción social das comunidades nacionais e tamén respecto do materialismo histórico que defenden as teorías marxistas. O proxecto de Galaxia continúa esa liña ideolóxica, tanto nos repertorios literarios que defende, como no seu proxecto ensaístico ou nos seus artigos e entrevistas. É notábel a proximidade das nocións de Ramón Piñeiro e outros membros da editora ao pensamento de figuras como Martin Heidegger, ao que editan traducido ao galego, e a outros filósofos vinculados ao que se coñece como "revolución conservadora", unha corrente próxima á extrema dereita europea na que non custaría moito encadrar o propio Vicente Risco. A galeguidade é definida así como algo baseado nunha serie de esencias inmanentes e como un elemento que permanece alleo ao curso histórico. Por outra parte, os repertorios literarios tamén deben axustarse a este programa étnico. A literatura galega ten que definirse, como di Piñeiro nunha entrevista dos anos 50, pola súa "galicidade", é dicir, ten que estar virada cara ás esencias como o lirismo, o humorismo, a imaxinación e o sentimento da paisaxe e non contaminarse da influencia das literaturas estranxeiras. Nun momento inicial, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole conforman dous repertorios privilexiados para a editora. O primeiro representa a fantasía inherente ao pobo galego e o segundo a vinculación a un mundo rural que reflicte esa realidade a-histórica onde afloran as características da verdadeira identidade galega. "A gran discrepancia virá, inicialmente vinculada á xestión da influencia doutras literaturas europeas na literatura galega" Que ten en común a Nova Narrativa? A Nova Narrativa non parte, polo menos inicialmente, dunha postura completamente contraria nun sentido ideolóxico. Algunhas dos postulados filosóficos defendidos dende Galaxia son compartidos por autores como Gonzalo Rodríguez Mourullo, e o propio Xosé Luís Méndez Ferrín fai gala dunha grande influencia cunqueiriana. A gran discrepancia virá, inicialmente vinculada á xestión da influencia doutras literaturas europeas na literatura galega. Os primeiros autores novos que se expresan en galego acusan especialmente a condena que Galaxia fai das súas influencias foráneas e do emprego de correntes experimentais procedentes de Europa, tamén da obriga de remitirse constantemente a unha única realidade, a galega, e o deber de presentala como detida nun tempo arcaico. Na década dos sesenta, co achegamento dalgúns destes autores ao marxismo, as diferenzas literarias tomarán aspecto de confrontación política. De todas formas, máis alá das tensións destas novas voces con Galaxia, hai que resaltar tamén as propostas, a miúdo infravaloradas, que proceden do exilio galeguista e da emigración, especialmente no que respecta a figuras como Luís Seoane e a propostas literarias como a de Eduardo Blanco Amor. Este contexto era moito máis fiel ao legado do Partido Galeguista e ao seu compromiso republicano e parte dunha distancia ideolóxica con Galaxia moito máis marcada que a que inicialmente teñen os novos autores do interior, que aínda tardarán anos en confluír ideoloxicamente con eles. Non existe un criterio uniforme á hora de delimitar que autores pertenceron a este movemento. A que se debe? Eu mesmo preferín a denominación "novas narrativas". "Nova Narrativa" é unha etiqueta creada a mediados dos anos sesenta dende a revista Vieiros, é dicir, dende un medio da emigración, probabelmente coa intención de acentuar a confrontación entre un grupo de escritores marxistas e a editorial Galaxia, xa identificada cunha postura conservadora. É polémica porque persoas como Carlos Casares, que fan unha literatura de ambición innovadora pero que manteñen boas relacións coa editora, non se senten nunca integradas nela, a pesar de que outros autores si que os inclúan. Tamén porque os primeiros roces entre as novas propostas do campo literario e Galaxia non forman parte dun movemento coordenado nin coherente. Aínda así, boa parte da crítica literaria galega aceptou e empregou a etiqueta nas últimas décadas, moitas veces distinguindo esas dúas fases que estarían delimitadas pola propia aparición desta. "A propia Galaxia acaba aceptando o criterio filolóxico nun proceso longo que queda indiscutibelmente fixado en Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carvalho Calero" Na tese defende que a configuración das fronteiras do campo literario galego neste período segue vixente a día de hoxe. Por que? Dentro da propia Galaxia, que nos seus primeiros anos publica varias obras en castelán, existen vacilacións respecto do que se considera literatura galega. Piñeiro e Fernández del Riego valoran en distintas fontes as posibilidades de fixar un criterio territorial (que incluiría autores como Valle-Inclán ou Pardo Bazán), repertorial, baixo o que se consideraría literatura galega aquela que se axustase ao programa étnico do que falamos antes, ou filolóxico. As novas voces, pola súa parte, sempre farán unha defensa fechada do criterio filolóxico, en parte porque é o que mellor pode combater a asimilación rexionalizadora que propugna unha parte da crítica literaria franquista. A propia Galaxia acaba aceptando o criterio filolóxico nun proceso longo, que comeza cun par de antoloxías de poesía que aparecen en 1955 e que queda indiscutibelmente fixado en Historia da Literatura Galega Contemporánea de Ricardo Carvalho Calero, en 1963. Ese criterio, que marca as fronteiras do campo literario galego en función da lingua, segue sendo maioritariamente aceptado nos nosos días. É certo que a súa validez é impugnada ciclicamente e, aínda que non existe unha razón científica para defendelo (como se ten dito algunhas veces), creo que é relevante analizar o seu proceso de conformación e destacar as súas raíces como unha ferramenta de anti-colonial que ten un papel relevante na resistencia da cultura galega a ser asimilada polo centralismo. |
NOS_57987 | A actuación do órgano prodúcese a raíz dunha queixa de 'Dereitos Civís' por "incumprimento da legalidade vixente" no que atinxe á identificación dos axentes que procederon aos arrestos de 9 militantes independentistas. | O Defensor del Pueblo deu comezo a un expediente perante a Garda Civil en relación ás detencións da 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional e executado polo Instituto armado no que se detivo 9 membros de Causa Galiza. O motivo do expediente, segundo confirmaron a Sermos Galiza desde a plataforma Dereitos Civís, é que os axentes que tomaron parte no operativo non portaban a obrigatoria identificación. "Neste tipo de operacións, a persoa albo da detención non pode ficar en indefensión absoluta", sinalan, pois os axentes adoitan ir encarapuchados. Poñen un exemplo: de se dar un caso de mao trato na detención, a quen denuncia o detido? Carece de calquera referencia para identificar ao presunto responsábel. Dereitos Civís presentou por estes feitos unha denuncia na Garda Civil, "que nin sequera a tramitou", e tamén unha queixa perante o Defensor del Pueblo por entender que os axentes "vulneraron a legalidade vixente" e que "incumpriron unha recomendación do propio Defensor" de levar as identificacións en todo tipo de operativos. DDCC afirma que "non hai xustificación algunha para non levala", e indica que así o ratifican resolucións da Unión Europea e do Defensor del Pueblo. A través deste expediente, o Defensor del Pueblo pide á Dirección xeral da Garda Civil que explique os motivos polos que os axentes non levaban a obrigatoria identificación. "Teñen que levar o número en zona visíbel", retieran desde DDCC. |
NOS_19138 | "Cada día chegan máis nenas e nenos ás nosas clínicas con síntomas de desnutrición e isto é só o principio. De agardarmos até que as clínicas estean cheas, será demasiado tarde", advertiu Save the Children. | O grave impacto que está a ter a pandemia da Covid-19 na alimentación da poboación no África subsahariana deixa 67.000 crianzas en risco de morrer de fame antes de que acabe o ano, arredor de 426 ao día, a menos que se adopten medidas para o evitar, alertou Save the Children, en base a un estudo publicado por The Lancet. A ONG salientou que a inseguridade alimentaria se viu agravada en distintas partes do continente polas inundacións, as pragas de lagostas e a suba dos prezos dos alimentos nos últimos meses. A isto sumouse a pandemia, que paralizou a economía e destruíu os medios de vida de miles de fogares. De acordo coas primeiras estimacións, agárdase que a pandemia provoque un aumento da pobreza na África subsahariana de 23% e que para 2030 o número de persoas desnutridas alcance os 433 millóns. As crianzas, salientou Save the Children, teñen un alto risco de sufrir desnutrición aguda nesta situación. Antes do coronavirus, xa había 2,6 millóns de nenas e nenos que padecían desnutrición aguda severa, a forma máis mortal de desnutrición. Agora, prevese un aumento de 20%. "As medidas contra a Covid decimaron os medios de vida e a produción dos cultivos, polo que os alimentos, cando están dispoñíbeis, son extremadamente caros. En poucas palabras: moitos pais e nais xa non poden pór comida na mesa para seus fillos", explicou Ian Vale, director rexional de Save the Children en África Oriental e Meridional. Clínicas cheas Xa antes da pandemia, África subsahariana era unha das rexións do mundo con maior inseguridade alimentaria e témese que, de continuaren as tendencias actuais, sexa o fogar de máis da metade das persoas que padecen fame crónica do mundo. "Cada día chegan máis nenas e nenos ás nosas clínicas con síntomas de desnutrición e isto é só o principio. De agardarmos até que as clínicas estean cheas, será demasiado tarde", advertiu Vale, subliñando que "a crise alimentaria podería matar ducias de miles de crianzas de non recibiren asistencia humanitaria de inmediato". Neste sentido, Save the Children, que xa está a axudar sobre o terreo as familias máis afectadas, solicitou a Gobernos e doadores a mobilización urxente de fondos para axudar á infancia máis pobre e vulnerábel do mundo. |
NOS_18867 | Os servizos sanitarios que tiñan en 2013 a cualificación de "regulares" nun estudo de asociacións para a defensa da sanidade pública baixxaron a "deficientes". | O clamor de profesionais e usuarios contra o deterioro e precarización da sanidade galega após estes anos de recortes está abalado non só pola propia realidade e experiencia diaria de ambos os dous colectivos senón tamén por estudios e informes que certifican esa perda de calidade asistencial. Un deses documentos é o que periodicamente elabora a Federación de asociacións para a defensa da sanidade pública (Fadsp). Un informe no que radiografía e toma o pulso aos servizos sanitarios dos diferentes territorios no Estado español en base a datos concretos, como o gasto sanitario per cápita, número de camas por habitante ou duración de listas de agarda. Galiza baixa no último informe, correspondente ao 2018, tres postos no taboleiro que fai a Fadsp en base á combinación de todos estes criterios. A sanidade galega estaba de oitava en 2017 e agora está de décimo primeira. No informe de 2013 era o sexto territorio en calidade de servizos sanitarios. Abandona o grupo de "servizos sanitarios regulares" para pasar a facer parte dos "servizos sanitarios deficientes". As comunidades con mellor puntuación, e que lideran o grupo das que teñen mellores servizos sanitarios, son Euskadi e Nafarroa, con 94 e 83 puntos respectivamente. Galiza ten 71 puntos (5 menos que o ano pasado), a 23 do territorio mellor valorado. Na radiografía indican que o orzamento sanitario por habitante é en Galiza de 1.380 euros. Cantidade inferior aos perto de 1.350 de media no Estado español. Desde 2009 os servizos sanitarios públicos sofren unha "agresión continuada" cun proceso de recortes moi graves. "Entre 15.000 e 21.000 millóns de euros menos de orzamentos anuais", informan estas asociacións de defensa da sanidade pública. Á hora de valorara a satisfacción da cidadanía dos diferentes territorios coa súa sanidade pública, a galega dá 6,6 (nunha escala de 0 a 10). |
NOS_68 | A multinacional está disposta a seguir negociando, pero confía en que Liberty faga propostas "razoábeis". | Pasan os días e as negociacións entre Alcoa e GFC Alliance, o grupo no que se integra Liberty Home, manteñen o distanciamento nas súas posturas sobre a venda da factoría de aluminio primario de San Cibrao (Cervo). Desde a multinacional estadounidense afirman que o feito de que se sobrepasase a data límite estabelecida para acadar un acordo sobre as condicións xerais dun acordo co grupo británico responde á negativa do grupo británico a avanzar na consecución dunha transacción "en termos comerciais razoábeis". Neste senso, segundo explicaron nun comunicado, Alcoa ofreceu transferir a planta de aluminio primario por 1 euro, mais GFG exixe tamén opcións exclusivas para controlar a refinaría de alúmina de San Cibrao. Tamén inciden en que a proposta dun contrato de subministración de alúmina por 20 anos que reclama o grupo está "á marxe das prácticas comerciais actuais", como tamén queda fóra do razoábel a exixencia de contar cun inventario de alúmina de 90 días (valorado en 30 millóns de dólares), xa que non hai capacidade na planta para almacenalo. Desde a multinacional estadounidense afirman que outro dos puntos de fricción está no feito de que GFC Alliance "se nega a comprometer fondos propios para asegurar a viabilidade da planta". Aínda que vende que está disposta a asumir todas as perdas en curso e responsabilidades da planta de aluminio, "GFG só ofreceu pagar un máximo de 1 millón de euros ao mes, suma substancialmente menor que as perdas mensuais actuais, até un máximo de 6 millóns de euros en total", apuntan desde Alcoa no comunicado. Boa disposición Na súa opinión, Alcoa realizou "movementos importantes" para chegar a un acordo sobre a folla de condicións da venda pactada cos traballadores o 13 de agosto e ofreceu condicións "extremadamente razoábeis" a Liberty Home. Pese a estas reticencias, Alcoa asegura que continúa negociando "de boa fe" e "permanece aberta ao diálogo" con GFG Alliance para chegar a unha venda "responsábel" da planta de aluminio de San Cibrao "en condicións comerciais razoábeis". O prazo para fechar un acordo de venda vence o vindeiro 27 de setembro. |
NOS_48905 | Fanse 850 anos do Foro de Pontevedra, un documento medieval do ano 1169 que recoñece a vila do Lérez coma tal e que foi de fulcral relevancia para o seu desenvolvemento e florecemento. | En 1169 a vila medieval de Pontevedra recibe dos reis da Galiza o seu Foro, símbolo do esplendor que a cidade do Lérez e o país lograran na época. Fanse 850 anos deste fito histórico, e para recuperar e difundir a historia o concello de Pontevedra vén de apresentar a publicación "Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169)" nun acto coa presenza da concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o autor e coordinador da obra, Xosé Abilleira. Outras persoas que tamén colaboraron neste estudo son Alberte Lago Villaverde, Anselmo López Carreira, Francisco Calo Lourido, Ana Acuña, Mercedes López Mayán, Francisco Rodríguez Sánchez, Cilia Torna, Silvia Cernadas Martínez, Miguel García Fernández, Marina Aurora Garzón Fernández, Ricardo Pichel Gotérrez. O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media Xosé Abilleira sinala para Sermos Galiza os principais obxectivos desta publicación, que radican en dar a coñecer o Foro desde distintas perspectivas e relacionándoo coa historia de Pontevedra e do país, sen vocación localista, cunha perspectiva nacional e encadrándoo na historia da Galiza. En segundo lugar, o obxectivo foi revisar o que se coñecía do Foro, facendo un novo estudo, xa que o anterior data de 1942 e desde entón non se volveu cuestionar ese estudo. Fíxose desta vez, pois, unha nova lectura a partir do Foro que se garda no Museo Provincial de Pontevedra. O Foro significa o esplendor e a normalidade política a todos os niveis que tiña Pontevedra cando nace na Idade Media. Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade non só a nivel peninsular, senón tamén a nivel europeo. Este documento parte do rei galego Fernando II e a raíña Urraca no período de máximo esplendor medieval en que Galiza tiña centralidade Abilleira tamén matiza que o Foro orixinal perdeuse para sempre e o que se conserva no museo de Pontevedra, sobre o que traballaron para o estudo, é a confirmación que un século após fai o rei Afonso o Sabio do Foro. É un documento máis amplo que o orixinal e recolle tamén o contido do extraviado. |
NOS_15120 | O voo de Iberia Express viña cheo, aínda que só se ordenou o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse que dos que sentaron máis perto do contaxiado. | Doce pasaxeiros que viaxaban nun avión que aterrou no aeroporto de Vigo o sábado procedente de Madrid están en illamento domiciliario despois de que un home que ía no voo dese positivo. Fontes do Sergas confirmaron a Europa Press a información que avanzou 'Galiciapress', quen cita a versión dun dos viaxeiros illados. Segundo o mesmo, o voo de Iberia Express viña cheo, aínda que só se ordenou o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse que dos que sentaron máis perto do contaxiado. O home que deu positivo, segundo as fontes sanitarias consultadas por Europa Press, non está hospitalizado, e estaría a centralizar o seguimento do caso a área da Coruña. En canto a que non se realizaron PCR ás persoas illadas, o Sergas explicou que se aplica estritamente o protocolo sanitario previsto para estes casos. Así, a directriz é facer un control telefónico dos contactos estreitos e valorar, en función da clínica e se presentan síntomas ou non, a realización da proba. |
NOS_44022 | Nos seus anos no cargo tiveron lugar mobilizacións sociais en contra de proxectos mineiros en Corcoesto, na Costa da Morte, Touro ou San Finx, en Lousame. Entidades veciñais ou ecoloxistas veñen denunciando trabas do departamento que dirixiu no acceso a expedientes e outra información. | O Diario Oficial da Galiza (DOG) recolleu onte o cesamento de Ángel Bernardo Tahocesda Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Tahoces está pendente de declarar como investigado por un posíbel delito de prevaricación ambiental nunha causa aberta no xulgado de Noia a raíz da reapertura da mina de San Finx, no municipio de Lousame. O Partido Popular rexeitou coa súa maioría, e mais a abstención do PSOE, solicitar o seu cese. A maiores, o partido descartou esta posibilidade tamén en boca dos seus altos cargos na Administración, caso do propio presidente, Alberto Núñez Feixoo. Tahoces asegurou que a reactivación de San Finx se axustara "estritamente á legalidade". Daquela, colectivos veciñais e ecoloxistas sumáranse ao BNG e mais a En Marea reclamando a destitución do ex director xeral. Os mesmos que teñen denunciado as facilidades que, aseguran, o departamento que dirixiu concedeu a empresas para a implantación de proxectos extractivos. Algunhas delas foron paralizadas posteriormente pola propia Xunta tras meses de intensas mobilizacións cidadás. É o caso da iniciativa dunha filial da canadense Edgewater para extraer ouro en Corcoesto (Cabana de Bergantiños) ou da reactivación dunha mina de cobre nos municipios de Touro e O Pino. Falta de transparencia A mesma veciñanza tamén ten denunciado as trabas ao acceso á información do departamento que dirixiu Tahoces. En 2017, o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) fallou en contra da Dirección de Minas por denegar a un veciño o acceso, solicitado a finais de 2012, a expedientes do proxecto de Corcoesto ao consideralo "contrario ao dereito". En maio de 2018 a entón Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, anunciou que actuaría de oficio para solicitar de urxencia información do expediente administrativo do proxecto mineiro de Touro. Otero admitira previamente a trámite unha queixa da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non e da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa sobre as dificultades para acceder a dito informe. En 2019, o colectivo Columna San Finx solicitou a través de Transparencia os expedientes das subvencións destinadas á Cámara Mineira en 2019. Unha parte serviu para a creación de unidades didácticas sobre minaría para crianzas, moi criticadas por colectivos ecoloxistas. A Xunta permitiu un acceso parcial, mais a Cámara respondeu cun proceso contencioso-administrativo no que o colectivo non se puido persoar por falta de recursos. Máis recentemente, en maio de 2020, un organismo da ONU admitiu a trámite unha queixa das asociacións Petón do Lobo e O Ouriel dos Anllóns pola "obstaculización" da Administración galega no acceso a información de proxectos mineiros, concretamente o de San Finx e mais o da mina de Varilongo, en Santa Comba. Concurso eólico Entre outras cuestións, Tahoces propuxo a suspensión do concurso eólico do bipartito recollida nunha resolución do 7 de agosto de 2009, con Javier Guerra á fronte da Consellaría de Economía e Industria. O TSXG declarou a anulación desta suspensión, posteriormente ratificada polo Tribunal Supremo tras o recurso da Xunta da Galiza á sentenza. O TSXG advertira a Administración galega de que incorrera en "desviación de poder". Outras substitucións Paula Uría relevará Tahoces no seu posto, agora baixo o título da Dirección Xeral Planificación Enerxética e Recursos Naturais. Enxeñeira industrial na especialidade enerxética, Uría ocupaba desde 2015 o cargo de subdirectora xeral de Enerxía. Ademais, tal e como fora anunciado no Consello da Xunta da pasada semana, o DOG recolle o nomeamento de Manuel Heredia Pérez como responsábel de Comercio e Consumo. Heredia substitúe a Sol María Vázquez Abeal. O novo director xeral traballou previamente no sector privado en empresas como Pull and Bear, PVH Arrow ou Zara. Por último, Marcos Gómez Román foi nomeado director xeral de Comunicación. Desde xaneiro traballaba como xefe de prensa da Presidencia da Xunta. |
NOS_56344 | Presencialidade, 1,2 metros de distancia nas aulas a partir de secundaria e máscara desde os seis anos no novo curso escolar. Mentres, a CIG cuestiona a redución da distancia interpersonal e os recortes de profesorado e aulas. | O curso escolar 2021-2022 comezará na Galiza mantendo as principais medidas acordadas co Ministerio de Educación e Formación Profesional, con ensino presencial e o uso obrigatorio da máscara a partir dos seis anos, segundo recolle o protocolo definitivo publicado esta cuarta feira pola Consellaría de Cultura, Educación e Universidade. No documento, sinálase a posibilidade de que, excepcionalmente, na educación de réxime especial e na Formación Profesional as materias poidan ser estudadas de maneira semipresencial. A pesar de que desde secundaria a distancia entre alumnos será de 1,2 metros dentro da aula, nas interaccións no centro a distancia mínima ten que ser de 1,5 metros, agás nos grupos burbulla. Tamén indica o protocolo que despois dunha entrega inicial da Consellaría, os centros terán que asumir o gasto para completar os equipos de protección que precisen ao longo do ano. Outro dos aspectos que inclúe o escrito, é a garantía de que estará aberto todo o curso o servizo de comedor e o apoio lectivo a menores con necesidades especiais ou de familias en situación de vulnerabilidade social. Criterios científicos Pola súa banda, a sección de ensino da Confederación Intersindical Galega criticou o Ministerio e a Xunta por reducir a 1,2 metros as distancias nas aulas, "en contra de criterios científicos que alertan sobre as consecuencias da incerteza coa que vai comezar o curso escolar". Ao tempo, reclama que a Xunta deixe de feche aulas en infantil e primaria, que autorice os desdobres de aulas do curso pasado, e que deixe de usar "datos falseados para enganar a opinión pública sobre contratación de docentes". |
NOS_57250 | O fútbol é un dos piares nos que se sostén o movemento independentista en Catalunya, onde o compromiso do primeiro equipo do país (Fútbol Club Barcelona), da Federación Catalá de Fútbol, da súa selección nacional, de figuras de primeira orde en activo ou xa retiradas, como Piqué, Pep Guardiola ou Xavi Hernández, e mesmo dun sindicato de futbolistas configuraron un panorama que dista radicalmente do que acontece na Galiza, onde unicamente os e as seareiras desde as bancadas reivindican Galiza como nación. | Minuto 17 e 14 segundos de partido entre o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, correspondente á décima xornada do campionato ligueiro. O público, que ateigaba o Camp Nou nun 'clásico' por primeira vez desde o inicio da pandemia, prorrompe en cánticos repetindo ao unísono varias veces aquilo de "in, inda, independència". Desde hai xa varios anos, cada vez que o Barça disputa un encontro como local, as seareiras e seareiros expresan -de modo case unánime- o seu anhelo de independizarse do Estado español lembrando o asalto das tropas borbónicas á cidade de Barcelona. Ademais, adoitan engalanar as bancadas con pancartas que mostran mensaxes como "Welcome to the Catalan Republic", "Independència", "Spain, sit and talk" ou "Catalonia is not spain". Ese apoio ao movemento nacionalista non é exclusivo da afección do Fútbol Club Barcelona, pois as sucesivas directivas blaugranas comezaron a identificarse máis e máis co mesmo xa desde antes da morte de Franco. O ditador aínda gozaba de boa saúde en 1968, ano no que o presidente Narcís de Carreras acuña no seu discurso de toma de posesión a histórica frase "més que un club", que desde entón define a transcendencia social dun Fútbol Club Barcelona que non tardaría en recuperar o catalán como o seu idioma oficial, a senyera como parte do seu escudo e a súa condición de símbolo do país, como recoñeceu o president Josep Tarradellas en maio de 1979: "O Barça gañou [a Recopa de Europa] por Catalunya. Agora o que queremos é o Estatut!". Esta posición dunha institución tan importante en Catalunya como é o Fútbol Club Barcelona foi cuantificada nun informe encargado en 2014 polo Gabinete español, que por aquel entón presidía Mariano Raxoy, chegando á conclusión de que influía á hora de configurar unha posición a prol da independencia en arredor de 40% do electorado No século XXI, e máis concretamente desde o acceso á presidencia de Joan Laporta en 2003, o club deu un paso adiante máis e identificouse abertamente co independentismo, apoiando o referendo de 1 de outubro de 2017, denunciando nun comunicado o encerro dos presos políticos cataláns ou cedendo as súas instalacións para eventos con indubidábel carácter político como o 'Concert per la Llibertat'. Esta posición dunha institución tan importante en Catalunya como é o Fútbol Club Barcelona foi cuantificada nun informe encargado en 2014 polo Gabinete español, que por aquel entón presidía Mariano Raxoy, chegando á conclusión de que influía á hora de configurar unha posición a prol da independencia en arredor de 40% do electorado. Tal é o peso do fútbol na construción das identidades nacionais. Ademais, o Barça non está illado nesta loita, pois moitos outros clubs dentro de Catalunya -coa principal excepción do segundo equipo do país, o Real Club Deportivo Español- adoptaron expresa, pública e institucionalmente unha postura similar á blaugrana, casos de Girona, Olot, Sabadell, Lleida ou Llagostera. Iconas como Xavi Hernández e Gerard Piqué tamén expresaron o seu apoio -aínda que con matices- ao procés. Tamén outros futbolistas de elite como Sergi Roberto e Carles Aleñá abrazaron publicamente a causa catalanista, o mesmo que lendas estranxeiras do fútbol catalán como o dianteiro búlgaro Hristo Stoichkov e o maior ídolo na historia do Barça tanto como técnico como xogador, o neerlandés Johan Cruyff. Porén, a vinculación do fútbol co nacionalismo e mesmo co independentismo non se circunscribe aos equipos e ás súas afeccións. Tamén os xogadores e adestradores profesionais se significan, en maior ou menor grao. O caso máis paradigmático é o de Pep Guardiola, ex futbolista do Barcelona e actual técnico do Manchester City da Premier League inglesa. Din os que foron compañeiros do de Santpedor na súa etapa como xogador que, a pesar de ser case 50 veces internacional por España, no eido privado nunca ocultou as súas ideas políticas, que saltarían á luz pública unha vez que colgou as botas. Desde entón, o lazo amarelo converteuse no inseparábel toque de cor das súas solapas, e nas roldas de prensa de toda Europa deixa claro con frases como "Catalunya é a miña patria e Catalunya non é España" a súa condición nacionalista e independentista. Non é o único. Iconas como Xavi Hernández e Gerard Piqué tamén expresaron o seu apoio -aínda que con matices- ao procés. Tamén outros futbolistas de elite como Sergi Roberto e Carles Aleñá abrazaron publicamente a causa catalanista, o mesmo que lendas estranxeiras do fútbol catalán como o dianteiro búlgaro -e ex técnico do Celta- Hristo Stoichkov e o maior ídolo na historia do Barça tanto como técnico como xogador, o neerlandés Johan Cruyff. Con todo, o máis claro sempre foi Oleguer Presas, defensa central de conxuntos como Barcelona e Ajax de Amstertam que, como o galego Nacho dez anos antes, rexeitou en 2005 a posibilidade de defender as cores do combinado español por non sentirse "representado" por unha selección que lle xeraba "rexeitamento" e "aversión". As directivas dos principais clubs do país -Celta, Deportivo, Lugo, Pontevedra, Rácing de Ferrol...- nunca se significaron politicamente a prol da Galiza como nación, e moito menos da súa independencia A importancia da federación e dunha selección nacional O panorama descrito até o de agora contrasta radicalmente co que acontece na Galiza. As directivas dos principais clubs do país -Celta, Deportivo, Lugo, Pontevedra, Rácing de Ferrol...- nunca se significaron politicamente a prol da Galiza como nación, e moito menos da súa independencia, alén de detalles puntuais como o tríscele que loce o Celta ou a camisola coas cores da bandeira galega que viste o Dépor desde hai uns anos. Este panorama contrasta co defendido por un sector non pequeno das súas afeccións, que sempre axitan a bandeira da Patria en Balaídos, Riazor ou o Ángel Carro para tratar de animar os seus futbolistas. Este último colectivo tampouco tomou unha posición ao nivel da dos seus homólogos cataláns, coa excepción do devandito José Ignacio Fernández 'Nacho', un dos mellores laterais esquerdos do seu tempo, quen en novembro de 1995, logo de que o seleccionador español -Javier Clemente- sinalase publicamente o seu nome como un candidato a ser convocado para participar na Eurocopa de fútbol de 1996, deixou moi clara -na lingua galega na que sempre se comunicaba- a súa negativa ante as cámaras da Televisión da Galiza: "Nin me interesa nin me apetece". Sen chegar á rotundidade do carreileiro focego, hai apenas un ano outro galego, que curiosamente se desenvolve na súa mesma posición, Angeliño, esquivou non sen certa retranca desde Alemaña -onde triunfa como unha das estrelas do Red Bull Liepzig, semifinalista da pasada edición da Liga de Campións- a pregunta de se a selección española era "un soño" para el, respondendo que o seu auténtico soño era "marchar para A Coruña e xogar no Dépor". Máis dolorosa resulta a comparación con respecto ao compromiso da Federación de Fútbol e á selección nacional. Se na Galiza o organismo responsábel do fútbol do país está controlado por un barón do Partido Popular -Rafael Louzán- e, antes que el, por un alcalde do Partido Socialista, José García Liñares, polo contrario, en Catalunya, na federación -deixando a un lado os escándalos de corrupción económica dos que non está máis salpicada que a súa equivalente galega- existe un indubidábel soporte da acción nacionalista, como demostrou o 14 de outubro de 2019 suspendendo todos e cada un dos partidos previstos nesa fin de semana en territorio catalán como mostra de repulsa pola sentenza do procés. "Como federación deportiva máis importante de Catalunya, decretamos o paro de toda a actividade federativa, tanto na sede central como nas delegación territoriais, en solidariedade cos políticos e actores sociais cataláns condenados e coas súas familias", sinalou a Federación Catalá de Fútbol (FCF), engadindo que, desde o seu punto de vista, "a única vía de solución da actual situación en Catalunya pasa pola democracia e o diálogo entre todas as partes implicadas". A maiores, desde a FCF levan promovendo de modo case ininterrompido xa desde a época da Transición española a disputa dun partido anual -chegando a ser dous nun mesmo exercicio, como aconteceu en 2002, 2004, 2006, 2008 e 2013- ante seleccións de primeiro nivel internacional como o Brasil ou a Arxentina, eventos que tornan non só nunha festa do fútbol catalán, senón nun exercicio de reivindicación dos dereitos políticos do conxunto do pobo de Catalunya. Aquel partido contra o Uruguai tornou, segundo o definiu Xurxo Souto, "nun logro colectivo, na resposta a un clamor desde a base ante o que as altas instancias se facían as xordas". Na Galiza intentouse seguir eses pasos en 2005, logo do desafiuzamento de Manuel Fraga de San Caetano e o acceso ao poder dun Goberno de coalición entre BNG e PSdeG. Deste modo, a Irmandiña regresaba o 29 de decembro dese ano, logo de case 70 anos de ausencia. Aquel partido contra o Uruguai tornou, segundo o definiu Xurxo Souto, "nun logro colectivo, na resposta a un clamor desde a base ante o que as altas instancias se facían as xordas". Lamentabelmente, o maior exercicio de reafirmación do orgullo nacional que se lembra no presente século non puido prorrogarse moito no tempo, pois a selección galega tan só competiría en tres partidos máis, finalizando esa segunda etapa da súa traxectoria coincidindo coa volta do Partido Popular ao poder en 2009. Un puntual e descafeinado regreso en 2016 ante Venezuela, no que a Irmandiña perdera varias dos seus principais sinais de identidade -como a camisola deseñada por Pepe Barro en 2005, substituída por outra no que o máis destacado era a enorme publicidade no peito dunha entidade financeira- foi a última vez que a afección puido observar os progresos da que está considerada como a mellor xeración de xogadores galegos de todos os tempos, con estrelas de talle internacional como Diego López, Angeliño, Brais Méndez, Denis Suárez, Borja Iglesias ou Iago Aspas. E, a pesar de que a finais de 2019 a Federación Galega de Fútbol recoñecera a Nós Diario que "un regreso no ano 2020" sería posíbel, case dous anos máis tarde o ente presidido por Rafael Louzán non volveu informar sobre esa volta Irmandiña, da que, ignorando a súa relevancia social e o seu impacto na construción nacional, din que provocaría un "problema" orzamentario. A sindicación, última fronteira do compromiso O mundo do fútbol, especialmente no tempo presente, recibe acusacións sobre a súa hiperprofesionalización e o cada vez maior peso dos cartos sobre os sentimentos na toma de decisións de dirixentes e futbolistas. Porén, en Catalunya aínda queda un pequeno reduto para o romanticismo representado por un sindicato "comprometido con Catalunya": Fútbol Sindicat. Opacado pola Asociación de Futbolistas Españois (AFE), inmensamente maioritaria a nivel estatal, esta organización de recente creación (2019) defende "os intereses dos e das futbolistas que xogan en Catalunya" e trata de medrar "apelando aos seus sentimentos nacionais". |
PRAZA_19967 | Os seus impulsores cambian o nome, de Renova a Greenalia, pero manteñen as características da instalación, que necesitaría queimar 546.000 toneladas anuais de eucaliptos e outro material vexetal | O pasado outono a empresa Renova Generación de Energías Renovables S.L presentou un proxecto de construción en Curtis dunha planta de produción eléctrica a partir de Biomasa. A iniciativa foi tramitada pola Xunta, a pesar de que os seus 50 Mw quintuplicaban a potencia máxima permitida pola lei para este tipo de instalacións, o que xerou as denuncias de grupos ecoloxistas, que presentaron alegacións. Dous meses despois o Goberno galego modificou pola porta de atrás a lexislación (a través da Lei de medidas fiscais e administrativas anexa ao proxecto de Orzamentos), eliminando ese tope máximo de 10 Mw para as plantas de biomasa, axustando deste xeito a lei ás demandas de proxectos coma o de Renova. O Goberno bipartito introducira precisamente esa limitación para que a instalación de plantas de biomasa non significase un estímulo á posta en marcha de cultivos enerxéticos nos montes galegos; é dicir, para que non se plantasen masivamente eucaliptos co único obxectivo de queimalos e producir así enerxía limpa. Unha vez que o Goberno galego modificou a lei, os promotores da megaplanta de biomasa de Curtis volven á carga cun novo proxecto, con características moi semellantes (daquela prevían queimar anualmente 568.000 toneladas de materia vexetal e agora a previsión é de 546.000 toneladas) pero cunha nova denominación, Greenalia Biomass Power, como denuncia este venres ADEGA. ADEGA alerta de que "agora nada impedirá á patronal pasteiro-enerxética, coa impagábel cooperación necesaria da Xunta, promover plantas de 50 (xa hai 2 en tramitación), 100 ou 200 MW que precisarán inxentes cantidades de madeira para queimar" A entidade ecoloxista denuncia que a Xunta "lexisla a favor dos intereses empresariais, do lobby pasteiro-enerxético". "Se unha instalación non é legal, pois múdase a norma e arranxado!", di. ADEGA alerta de que "agora nada impedirá á patronal pasteiro-enerxética, coa impagábel cooperación necesaria da Xunta, promover plantas de 50 (xa hai 2 en tramitación), 100 ou 200 MW que precisarán inxentes cantidades de madeira para queimar". "Só as dúas plantas de 50MW en tramitación (a de Greenalia e outra de ENCE) requirirán queimar cada ano máis de 1,2 millóns de toneladas de madeira (entre 20 e 25.000 hectáreas). E este combustíbel sairá dos cultivos enerxéticos, co Eucaliptus nitens como especie estrela", di. O promotor da planta, Manuel García Pardo, salientou o pasado mes de febreiro nunhas xornadas organizadas pola Asociación de Empresas de Energías Renovables que a planta de Curtis "minimizará o risco de incendios forestais nos montes galegos", ao axudar a limpar o terreo de masas vexetais. Grupos ecoloxistas e investigadores universitarios discrepan desta análise e advirten de que a cantidade de biomasa que necesita unha planta coma a de Curtis esixe que se planten moitos máis eucaliptos dos actualmente existentes. O promotor da planta, Manuel García Pardo, salientou o pasado mes de febreiro que a planta de Curtis "minimizará o risco de incendios forestais nos montes galegos" En 2012 o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) no estudo Análisis de la viabilidad del mercado de la biomasa en Galicia y el norte de Portugal calculaba que en 30 quilómetros ao redor de Teixeiro había 51.500 toneladas anuais de Biomasa Forestal Primaria dispoñible, a décima parte do que necesitaría consumir esta instalación. De feito, só sumando a biomasa forestal primaria de toda Galicia se chegarían ás 522.000 toneladas anuais, case a cantidade que necesitaría a planta de Curtis, pero cuns custes de transporte que farían inviable o proxecto. O INEGA tamén calculaba que a produción dispoñible anualmente de Eucalyptus globulus nun radio de 35 quilómetros ao redor de Teixeiro achegaría unhas 31.000 toneladas de biomasa. E que fomentando os cultivos enerxéticos nese espazo se poderían sumar outras 21.200 toneladas. Cantidades, polo tanto, insuficientes, o que obrigaría a mover diariamente centos de camións con madeira de eucalipto por toda Galicia para poder abastecer á central de Curtis. |
PRAZA_7507 | Na axenda oculta do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o Estado de benestar, construído nas últimas décadas con tanto esforzo colectivo e que constitúe un elemento básico para garantir a cohesión social e a igualdade de oportunidades. Mais a facción ultraliberal que nos goberna non cre na igualdade das persoas e desconfía do sector público. | Na axenda oculta do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o Estado de benestar, construído nas últimas décadas con tanto esforzo colectivo e que constitúe un elemento básico para garantir a cohesión social e a igualdade de oportunidades. Mais a facción ultraliberal que nos goberna non cre na igualdade das persoas e desconfía do sector público. Agora están a executar os seus plans sen disimulo, sen que lles importe o sufrimento provocado. Non é certo que non se poida soster o Estado de benestar. O profesor Navarro recorda que España gasta neste terreo menos do que podería: "O PIB per cápita é o 94% do promedio dos países da UE-15, mentres que o gasto público social é só o 72% do promedio". Na axenda oculta do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o Estado de benestar Pero o PP, en vez de tentar aumentar os ingresos, opta por reducir o gasto, por adelgazar o peso do Estado. Así deixan máis espazo para o negocio aos grupos empresariais afíns. Nun só ano de goberno o retroceso foi espectacular. Os números cantan. Arredor de 15.000 millóns de euros xa desapareceron das contas para políticas sociais. A sanidade perdeu 7.400 millóns, a educación outros 6.400. Na prensa internacional (The Wall Street Journal, Der Spiegel) mesmo acusan a Rajoy de "saquear en silencio" o fondo de reserva da Seguridade Social no seu empeño de evitar o rescate. No terreo sanitario o PP non só está a privatizar os servizos senón que, abusando da maioría absoluta e traizoando todos os principios democráticos, entrega diñeiro público (recadado cos impostos) a empresas afíns para producir lucro privado No terreo sanitario o PP non só está a privatizar os servizos senón que, abusando da maioría absoluta e traizoando todos os principios democráticos, entrega diñeiro público (recadado cos impostos) a empresas afíns para producir lucro privado. Non se trata, por tanto, de externalizar a xestión nin de mellorar a eficiencia dos centros sanitarios; o que realmente persigue o PP, desde o poder, é baleirar a caixa dos fondos do Estado destinados ao benestar dos cidadáns. A estratexia. Na sanidade hai unha estratexia, deseñada en potentes laboratorios de propaganda (Faes, Idis, Bamberg etc), financiados polas empresas que agardan obter beneficios coa desregulación e o desprestixio dos servizos públicos. Desde hai tempo veñen pregoando que a sanidade pública é insustentable, que a xestión privada é mellor que a pública e que cómpre separar financiación e prestación (queren unha financiación pública dos servizos mais que a prestación sexa privada). Estas falacias indemostradas constitúen o corpus teórico dos impulsores da privatización sanitaria. Ao pouco tempo de ocupar o poder (abril-2012) o PP impuxo unha norma decisiva para o futuro da sanidade Os feitos demostran o contrario: alí onde se implantaron estas medidas (Reino Unido, Valencia, Madrid) aumentou o gasto sanitario sen que mellorase a calidade asistencial. Os lobbys e os políticos que agora están a impoñer estas medidas (Galicia, Castela-A Mancha, Madrid) en contra do criterio profesional e cidadá, non ignoran a falseade dos seus asertos; saben con certeza que este camiño provoca un claro prexuízo colectivo. Pero insisten: teñen claro que si se afunde o sector público terán oportunidade de facer negocio. A consultora PwC (con estreitos vínculos co PP, e onde traballou De Guindos) fixo público hai pouco un informe, "Temas candentes en la sanidad española para 2012", no que afirma, como conclusión interesada que "en tiempos de crisis es el momento de relanzar la colaboración público-privada". O Real Decreto Lei 16/2012. Ao pouco tempo de ocupar o poder (abril-2012) o PP impuxo unha norma decisiva para o futuro da sanidade. Con absoluto cinismo aprobou, por vía de urxencia e sen debate parlamentario, o "RD 16/2012 de medidas urgentes para garantizar la sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud (SNS)". Con este decreto non pretenden garantir nada senón que, pola contra, representa un auténtico mísil na liña de flotación contra do SNS. O potencial destrutivo deste decreto imposto polo goberno é tremendo. Recupera a figura do asegurado. A saúde deixa de ser un dereito dos cidadáns como garante a Lei Xeral de Sanidade (1986). Retrocedemos tres décadas, de xeito que só poderán recibir á atención sanitaria os que acrediten ter cotizado á Seguridade Social. Provoca a exclusión sanitaria de diversos colectivos. Actualmente están xa sen tarxeta os inmigrantes en situación irregular, un grupo moi vulnerable que non pode utilizar os servizos da rede pública, agás as urxencias. Hai autonomías que non aplican esta norma (Andalucía, Asturias, Cataluña, Euskadi), e o Tribunal Constitucional ven de avalar o dereito dos inmigrantes sen papeis a recibir atención sanitaria. Levantou a suspensión cautelar dun decreto do goberno vasco que garantía a cobertura sanitaria a este colectivo. Mais a ministra Ana Mato non cambia o seu criterio. "Seguimos pensando que el decreto vasco es anticonstitucional", afirmou. En realidade a repercusión económica desta medida é ridícula, mentres que o impacto na cohesión social e mesmo na saúde pública é enorme. E o dano que se está a provocar non ten reparación posible Introduce diversos copagamentos (os fármacos dos pensionistas, o transporte sanitario non urxente, as próteses ambulatorias, determinados produtos dietéticos etc), que veñen representar un segundo pagamento do xa financiado cos impostos. Introduce diversos copagamentos (os fármacos dos pensionistas, o transporte sanitario non urxente, as próteses ambulatorias, determinados produtos dietéticos etc), que veñen representar un segundo pagamento do xa financiado cos impostos. Esta medida significa un tremendo castigo para os enfermos, os vellos e os pobres. A exclusión de máis de catrocentos fármacos de uso común (antitusivos, expectorantes, lágrimas artificiais, antiinflamatorios tópicos etc) é unha carga máis para moitas familias que teñen serias dificultades para afrontar os gastos derivados da atención á saúde. A carteira de servizos do SNS, que ven ser a relación de prestacións asistenciais, aparece dividida en tres niveis: básico, accesorio e complementario. Esta medida, aparentemente anodina, en realidade ven sentar as bases para a futura exclusión de prestacións. Dese xeito, e atendendo ás reclamacións das compañías aseguradoras, o Estado só garantirá a carteira básica, polo que as persoas que queiran ter cobertura dos servizos accesorios e complementarios terán que contratar pólizas de seguro que cubran esas prestacións. Mentres hai cada vez máis xente que sofre e olla o futuro con tremenda incerteza o partido gobernante non cambia o rumbo nin demostra compaixón. Hai moito negocio arredor da sanidade e están a traballar para quen llo haberá de agradecer. |
NOS_38314 | A cantora lisboeta Maria João abre a undécima edición Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons que se desenvolverá do 26 de xuño ao 4 de xullo. Serán nove intensos días de jazz nos que tamén se presentará a Orquestra de Jazz de Galicia. | Nove días de música cun intenso programa no que se darán cita en Vigo figuras consagradas canda os nomes emerxentes do jazz. A cantante portuguesa Maria João abre a undécima edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons no que participará o grupo rock de Marc Ribot, Ceramic Dog ademais da estrea da Orquestra de Jazz de Galicia como algúns dos momentos máis agardados do programa. Coa dirección artística de Nani García e promovido polo concello de Vigo, o festival ofrece nove días de concertos, boa parte deles gratuítos e algúns de pagamento, os que se desenvolven no Marco e no Auditorio Municipal que saen a 3 e 5 euros a entrada. O programa inclúe tamén os obradoiros da Academia de Sons, para os que o 22 de xuño se abre o prazo de inscrición. Marc Ribot con Ceramic Dog Carlos López Quinteto co proxecto "Letters From København", Miguel Lamas Cuarteto, Duology de Marcos Pin e Telmo Fernández son os protagonistas da interesante presenza da música galega no festival, que terá como un dos momentos máis agardados a estrea da Orquestra de Jazz de Galicia coa presentación do seu primeiro disco. Por vez primeira chega ao Imaxinan Sons o compositor e guitarrista americano Marc Ribot que ofrecerá un concerto o día 3 de xullo co seu grupo de rock Ceramic Dog. Considerado unha referencia mundial no jazz, Ribot é colaborador habitual de John Zorn e o seu primeiro disco de estudio foi Rain Dogs de Tom Waits. O proxecto Ogre, no que a portuguesa María João experimenta coa electrónica e o jazz é a potente oferta para a apertura dun festival que conta tamén coa actuación do saxofonista e compositor suízo Ohad Talmor que este mesmo ano foi recoñecido como compositor europeo de jazz do ano pola European Broadcasting Union. Os concertos de L.A.R. Legido, Gil Dionisio e Eli Gras ademais da Academia de Sons con cinco obradoiros en horario de mañá terán o MARCO como escenario da aposta máis arriscada do Festival. O jazz que se está a producir en Vigo sentirase en rúas e terrazas no espazo "Jazz fóra de lugar" que homenaxeará aos críticos Javier de Cambra e Juan Claudio Cifuentes "Cifu", vinculados ao festival e recentemente falecidos. PROGRAMA DE CONCERTOS IMAXINA SONS 2015 VENRES 26 DE XUÑOConcerto de apertura21:00 h. Maria João. "Ogre". Auditorio Municipal do Concello de Vigo SÁBADO 27 DE XUÑO13:00 h. Jazz fóra de lugar. Detrás do MARCO21:00 h. Carlos López Quintet. "Letters from København". Auditorio Municipal do Concello de Vigo DOMINGO 28 DE XUÑO13:00 h. Jazz fóra de lugar. Praciña de Joaquín Yáñez LUNS 29 DE XUÑO11:00 h. Academia de Sons. MARCO20:30 h. L.A.R. Legido. Salón de actos do MARCO MARTES 30 DE XUÑO11:00 h. Academia de Sons. MARCO20:30 h. Gil Dionísio. Salón de actos do MARCO MÉRCORES 1 DE XULLO11:00 h. Academia de Sons. MARCO20:30 h. Eli Gras. Salón de actos do MARCO XOVES 2 DE XULLO11:00 h. Academia de Sons. MARCO21:00. Ohad Tamor Trio. Auditorio Municipal do Concello de Vigo23:00 h. Miguel Lamas Cuarteto. Rúa Londres VENRES 3 DE XULLO11:00 h. Academia de Sons. MARCO21:00 h. Marc Ribot. Auditorio Municipal do Concello de Vigo23:00 h. Chupanconcha. Rúa Londres SÁBADO 4 DE XULLO12:00 h. Acto homenaxe a Javier de Cambra e Juan Claudio Cifuentes. Galería Javier Teniente (Rúa Abeleira Menéndez, 13)13:00 h. Jazz fóra de lugar. Galería Javier Teniente (Rúa Abeleira Menéndez, 13)21:00 h. Orquestra Galega de Jazz. Auditorio Municipal do Concello de Vigo23:00 h Telmo Fernández e Marcos Pin. "Duology". Rúa Londres00:30 h. Jazz na noite. Alvaro Vieito 4. Contrabajo (Rúa Venezuela, 82) |
NOS_21408 | "Non hai ningunha proposta do Estado para superar este conflito político que dicir que é ilegal" afirma o presidente catalán após a reunión. Mais tamén dixo que "hai un clima de diálogo aberto". | Artur Mas comunicou a Mariano Rajoy na reunión de dúas horas e media que mantiveron na Moncloa que está decidido a facer a consulta, de acordo cun marco legal e, "se é posíbel", de acordo co Estado español. Enfronte, asegura o presidente, un Mariano Rajoy que se limitou a lle dicir que a consulta era ilegal e que por iso non se podía facer. "Non teñen ningunha proposta máis que dicir que é ilegal". Mas reiterou na súa comparecencia posterior que de haber vontade política pode haber unha consulta legal. A comparecencia de Mas foi interrumpida brevemente por berros de 'Viva España' Mais Artur Mas tamén dixo que "hoxe non era o final de nada, hai un clima de diálogo aberto". No transcurso do encontro o President entregou a Rajoy un documento con diversas reivindicacións da Generalitat en infraestruturas ou lei de dependencia. |
PRAZA_4453 | O desemprego aumenta en 209 persoas en decembro no país e descende en 7.724 en todo 2013 malia que o país perde case 13.000 afiliados nun ano. Os datos volven ser peores que a media estatal, onde o número de parados descende en máis de 107.000. | Galicia volve rachar a media e volve empeorar os datos do paro do conxunto do Estado. Mentres o número de desempregados en España baixou en 107.570 persoas en decembro -confirmándose a filtración de onte- a cifra aumentou en 209 persoas en Galicia, onde as afiliacións á Seguridade Social caeron en outras 2.000 persoas, ao tempo que os cotizantes se incrementaban en algo máis de 64.000 no Estado. O desemprego aumenta en 209 persoas no país mentres descende en case 108.000 no conxunto de España Ao igual que no pasado mes de novembro, Galicia acentúa a perda do seu diferencial positivo cos datos do conxunto de España. Desta vez, o país é unha das tres únicas comunidades autónomas onde se incrementa o paro, tan só superada por Cantabria e Navarra. Nos outros catorce territorios melloraron as cifras de desemprego. En canto a provincias, tan só sete teñen datos negativos no último mes, e tres delas son galegas: Lugo, Ourense e Pontevedra. O paro en Galicia aumenta en agricultura (597), industria (661) e construción (1.871) e tan só descende no sector servizos (-2.379) e nos demandantes sen emprego anterior (-487), o que volve amosar a calidade do escaso traballo creado, vinculado xeralmente ás festas de Nadal, á temporalidade, ao comercio e á hostalería. Galicia é unha das tres comunidades autónomas onde sobe o paro no Estado e tres das sete provincias onde aumenta son galegas Xa que logo, o número de parados rexistrados nas oficinas de emprego en Galicia sitúase nos 271.063, o que supón un incremento do 0,08% con respecto ao mes anterior fronte ao descenso do -2,24% no Estado, onde a cifra global de cidadáns sen traballo rexistrados é de 4.701.338. En canto a hai un ano, o país tamén empeora os datos do conxunto de España: hai 7.724 parados galegos menos que hai un ano (-2,77%), mentres que a nivel estatal o descenso superou o 3% e supuxo un descenso en 147.385 desempregados. Os datos de decembro en España supoñen o primeiro descenso anual desde 2006 e a caída é a maior neste mes dentro da serie histórica que empeza en 1996 e a segunda máis elevada en calquera mes. Os datos de afiliación, aínda que menos contundentes, tamén son positivos no Estado en decembro ao aumentar o número de afiliacións en 64.097 persoas, o que supón un incremento do 0,39%, o que sitúa a cifra total nos16.357.640. No entanto, a variación interanual indica que se perderon máis de 85.000 cotizantes no último ano, cun descenso do 0,52%. Por provincias, en Galicia tan só na Coruña descende o desemprego, que se reduciu en 358 persoas durante o mes de decembro e en case 4.400 no último ano. En Lugo aumenta en decembro (+175) e descende con respecto a hai doce meses (-324), ao igual que en Ourense (+144 e -1.131) e Pontevedra (+248 e -1.879). Por outra banda, en Galicia formalizáronse 293.596 contratos durante o ano 2013, dos cales tan só o 8% (23.571) foron indefinidos fronte ao 92% dos temporais (270.025), unhas cifras que coinciden coa media do Estado, onde o 7,6% dos contratos totais foron temporais. Galicia perdeu máis de 2.000 afiliados á Seguridade Social en decembro e case 13.000 en todo o ano 2013 seguiu destruíndo emprego É nas afiliacións á Seguridade Social onde Galicia volve destacar polos seus datos negativos, as cifras que indican con certeza se o emprego se recupera ou non. E non é o caso. O país perdeu de media 2.134 cotizantes no pasado mes de decembro (-0,23%), mentres que no último ano o descenso no número de afiliados é de 12.757 e un descenso de 1,38%, unha baixada porcentual tan só superada por catro autonomías que deixa o total en 914.626 cidadáns. Daquela, Galicia conta con 7.724 parados rexistrados menos que hai un ano, pero ten 12.757 afiliados menos á Seguridade Social, unha diferenza dunhas 20.000 persoas que tan só se pode explicar pola emigración masiva ou pola desmotivación daqueles que deciden non inscribirse nas oficinas do antigo Inem. Unha mostra máis de que o emprego nin moito menos se recupera en Galicia, que continúa a perder cotizantes e traballadores que marchan na busca dun mellor futuro fóra da terra. Milleiros de galegos desaparecen dos rexistros do paro porque deixan de buscar, emigran, volven estudar ou traballan en negro Porque o mercado de traballo segue a destruír emprego, unha tendencia repetida durante os últimos meses. O paro rexistrado baixa (ou sobe como no caso de Galicia) pero a afiliación diminúe e, xa que logo, o emprego creado tamén. Aínda que son datos que se obteñen de xeito diferente, e non son exactamente comparables, a enorme diferenza entre uns e outros indica que son moitas as persoas que desaparecen dos rexistros do paro. E non porque atopen un traballo, senón porque abandonan a busca, porque emigran, porque volven estudar, porque traballan en negro ou porque xa non teñen incentivo ningún (como por exemplo o cobro de prestacións) para se apuntar. HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_14381 | O Parlamento galego debaterá o vindeiro 23 de febreiro a primeira revisión do Plan Forestal da Galiza proposto pola Consellaría de Medio Rural. Catorce organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais iniciaron unha campaña de rexeitamento deste texto, que cualifican de "antidemocrático" e advirten de que "privatiza o monte" en beneficio de determinadas empresas. Denuncian, ademais, que incrementará a presenza do eucalipto. | O Plan Forestal da Galiza está a recibir cada vez máis críticas por parte de entidades e organizacións. Unha fronte de colectivos sociais iniciou a pasada sexta feira, cunha xuntanza co PP, unha rolda de reunións cos grupos políticos con presenza no Parlamento galego con vistas ao debate que terá lugar no hemiciclo o vindeiro 23 de febreiro. Para esta terza feira 9 de febreiro están previstas co BNG e o PSOE. Da xuntanza co PP, o coordinador de Fruga, Manuel da Cal, sentencia que foi un "diálogo de xordos". En declaracións a Nós Diario relata que non houbo "nada de puntos de encontro que presaxien un cambio na súa postura". Explica que no Grupo Popular "teñen unha defensa intransixente do eucalipto", até mesmo persoal por parte da deputada Elena Candia "co argumento de que ela é dunha das zonas onde hai moito eucalipto e onde menos arde e pola contra a xente quita unha renda por eles". Entre as alegacións presentadas ao plan destaca a que denuncia o fomento do monocultivo e o aumento de especies pirófitas e invasoras até acadar 1,4 millóns de hectáreas de piñeiros e eucaliptos en 2040, e o aumento de 3 millóns de metros cúbicos de cortas anuais de madeira de baixo valor engadido até os 12 millóns de metros cúbicos de cortas por ano. "Son datos estimados, ao contarmos só co inventario estatal desfasado de 2009", asegura a Nós Diario Belén Rodríguez, portavoz da asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega). Neste caso denuncian que o plan propón aumentar aínda máis a superficie ocupada por Eucalipto nitens, "pese a ter pasado xa en máis do dobre as previsións para 2030, e en detrimento das masas forestais autóctonas que apenas sufrirán incremento nos vindeiros 20 anos". A proposta do Goberno galego, para estas organizacións, "favorecería a proliferación e intensificación dos lumes forestais e a privatización da loita contra os incendios" e pola contra "non formula solucións para as causas estruturais dos incendios". Prexuízo para os montes en man común Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, indica que este plan de Medio Rural causa "un prexuízo xeral que é que non se aposta por un monte multifuncional, senón que deixa a explotación do monte no aspecto forestalista e dálle pé a que determinadas empresas procedan a ordenar o territorio do rural en base aos seus intereses económicos". Entre as alegacións presentadas está a denuncia de que o texto proposto alenta a desaparición dos montes veciñais en man común, favorecendo a eliminación do carácter xermánico da titularidade veciñal. "Para nós o que propón este plan é abertamente a privatización dos montes veciñais", asegura Pereira, "agora son das mulleres e dos homes que viven nese lugar, algo que queren modificar", engade. Outro agravante, para o responsábel desta organización, é que "queren dotar as comunidades de montes de personalidade xurídica, o que significa que o monte veciñal pasa a estar dentro do carácter romano da propiedade e polo tanto poderase herdar, vender e transmitir". Unha das alegacións apunta que "carece de consenso social" posto que "na súa tramitación non se viron representados todos os axentes vinculados ao monte e ao medio rural". Pereira expón que "o Plan forestal debería vir de volta mesmo por unha cuestión de tramitación". Reitera que se fixo "en base a un inventario inadecuado e vello de 2009" que "mesmo indica que non é quen de distinguir entre especies de eucalipto". Por este motivo denuncia que "o conselleiro de Medio Rural está a dicir unha gran mentira cando fala e vende que foi elaborado cun gran consenso, en todo caso foi elaborado co consenso dos empresarios forestais e madeireiros". |
NOS_19360 | O Diario Oficial da Galiza (DOG) sacou esta quinta feira a información pública un parque eólico da empresa enerxética Greenalia entre os concellos de Bande e Verea, na zona da Limia-Celanova, ás portas da serra do Xurés e que prevé instalar 12 aeroxeradores de 112 metros de altura. Vai ser un dos parques que atravese a proxectada liña de alta tensión (LAT) de 50 km, tamén proxectada por Greenalia. | O parque eólico de Fonsanta, proxectado por Greenalia en Bande e Verea, exponse para o coñecemento xeral por un prazo de 30 días durante o cal poderanse presentar as alegacións e observacións que se vexan oportunas. O parque estará composto por 12 aeroxeradores e terá unha capacidade de 50 megawatts e unha produción eólica de 153.163 megawatts hora ao ano. En canto ás características técnicas dos aeroxeradores, terán unha altura de 112 metros e un diámetro de rotor de 150. O orzamento de execución será de aproximadamente 41,5 millóns de euros. O proxecto, ás portas da serra do Xurés, fai parte do conxunto de parques polos que transcorrerá a liña de alta tensión (LAT) da Limia e Celanova proxectada por Greenalia, de 50 quilómetros de longo e que veciñanza da zona rexeita, ao entender que afecta poboacións e a cursos fluviais para dar servizo un "macro-proxecto eólico" formado por varios parques, entre eles o de Fonsanta. Denuncian que máis de 14.500 hectáreas das montañas da Limia e Celanova están "en mans de multinacionais privadas" Afectación de recursos Desde a plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova sinalan a Nós Diario que o proxecto de Greenalia nestes dous concellos afecta zonas de "alto valor patrimonial", como un foxo de lobos ou varias mámoas, así como mananciais dos que se abastecen varias aldeas da área. "E estará moi próximo a varios núcleos poboados, como os lugares de Martiñán, Vilar e Carpazáns", afirma Erik do Baño, do mencionado colectivo, que apunta a que veciños deses puntos están organizándose para presentar alegacións. Debate parlamentar A comisión de Ordenación Territorial do Parlamento galego acolleu esta quinta feira até tres iniciativas sobre diferentes proxectos eólicos. A deputada do BNG Iria Carreira pediu parar o proxecto de Green Capital Power en Vilartoxo, Val do Dubra, ao que a veciñanza presentou 2.500 alegacións polo seu impacto hidrolóxico e patrimonial. Na súa resposta, a directora xeral de Planificación Enerxética da Xunta, Paula Uría, dixo que exixirán a modificación do deseño inicial para preservar varias mámoas. Luis Bará (BNG) criticou a "ocupación masiva na comarca de Terra de Montes", no que están en diferentes fases de tramitación 11 parques eólicos "que se suman aos xa autorizados e aos 254 muíños xa instalados principalmente nas serras do Candán e do Cando". A Xustiza di que as eólicas "ampáranse" no "baleiro legal" da lexislación ambiental Aliás, Pablo Arangüena, deputado do PSdeG, referiuse ás sentenzas do Tribunal Supremo e do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza que supoñen, dixo, unha "emenda de gran parte do modelo eólico da Galiza". Alcoa Por outra parte, Alcoa e Greenalia asinaron esta quinta feira un contrato de enerxía renovábel para o reinicio da produción en San Cibrao (Cervo )en 2024. O acordo está supeditado á autorización de parques eólicos. Greenalia subsministrará 45% da enerxía de Alcoa mais condiciona o acordo aos novos parques eólicos |
NOS_16793 | O presidente dimitirá en "semanas" e anuncia unha "transición rápida" | Alberto Núñez Feixoo vai tardar "semanas" en dimitir como presidente da Xunta da Galiza, segundo el mesmo reiterou onte na sesión de control no Parlamento galego, mais evitou pór unha data concreta para este paso. De pouco valeu a insistencia de BNG e PSdeG, que acusaron o presidente galego de "falta de respecto" a Galiza por se manter na Presidencia galega ao tempo que exerce de presidente do PP español. Era a primeira sesión de control con Núñez Feixoo xa como líder do Partido Popular español e, por momentos, as súas repostas acaían mellor ao líder da oposición a Pedro Sánchez que ao presidente da Xunta. Acusou directamente o Goberno español de ser responsábel da suba de prezos e da inflación, do paro do transporte e dos desabastecementos ou dificultades en determinados sectores. Fronte a iso, situouse el propio, un candidato "que nunca mentirá os españois" e que presentou como a alternativa fronte ao Executivo español, "o que ten a peor política económica de Europa". Núñez Feixoo semellaba dirixir o seu discurso a moitos quilómetros de onde estaba e a oposición afeoullo. "Xa está en Madrid, Galiza para vostede é un slogan electoral hoxe caducado", reprochoulle a portavoz do BNG, Ana Pontón. "Vostede xa non está aquí, está de corpo presente mais a mente deixou de estar na Galiza hai tempo", apuntou Luís Álvarez, portavoz do PSdeG na Cámara. "Goberno paralizado e interino" As intervencións do BNG e PSdeG centráronse en tentar que Núñez Feixoo anunciase cando vai dimitir e en facer unha radiogafía destes 13 anos de Gobernos do PP na Xunta. "Deixa a Galiza peor que cando a colleu", resumiron desde a formación nacionalista, mentres o PSdeG cargou contra un "modelo" que sitúa a Galiza con malos datos en servizos e emprego. O aínda presidente galego limitouse a repetir que deixará a Presidencia en "semanas", e antes da sesión plenaria apuntara a unha "transición rápida". Insistiu en que o proceso non se demorará "meses", facendo referencia ao proceso de reflexión que Ana Pontón fixera o ano pasado; e convidou a portavoz nacionalista a preparar o debate de investidura, que "volverá perder", dixo. "Até cando vai manter un Goberno interino e paralizado?" nun contexto de escala de prezos e crise, preguntoulle Pontón, sen obter resposta do presidente. "As urnas dixeron [en 2020] que querían un Goberno do PP e haberá Goberno do PP até 2024", indicou, e avisou a nacionalista por insistir en que puxese data á súa dimisión: "Vostede non me vai dicir o que teño que facer". "O PP sempre pon o partido por diante da Galiza", respondeulle Pontón. Prezos Tanto o BNG como o PSdeG acusaron o Goberno galego de "non tomara nin unha medida de calado" fronte á escala de prezos e lamentaron que en plena crise, "cos barcos amarrados e produtores tirando leite vostede seguise de mitin en mitin por España adiante". Feixoo nin se inmutou: "Son presidente da Xunta porque me votaron os galegos", dixo. |
NOS_58231 | O xornal El País asegura que os papeis de Bárcenas recollen pagamentos de Pérez de los Cobos entre 2007 e 2011. A propia Constitución prohíbe aos xuíces posuíren afiliación partidaria | O diario español salienta que o actual presidente do Tribunal Constitución pagou cotas de afiliado ao Partido Popular entre 2007 e 2011. Desta maneira, o escándalo que atinxe ao poder executivo español, exténdese agora ao poder xudicial. Francisco Pérez de los Cobos declinou, segundo apunta El País, facer declaración algunha a respeito desta información que lle atribúe o pagamento da cota mínima de afiliación en Barcelona após a asúa entrada no TC e mesmo da súa presidencia na máxima instancia. O artigo 395, lembra o diario español, da Lei Orgánica do Poder Xudicial prohíbe "aos xuíces e maxistrados pertencer a partidos políticos" e neste senso, estaríase a producir unha incompatibilidade clara. |
NOS_12894 | Impúxose este domingo en Portugalete na segunda xornada do play off após ficar segunda na primeira quenda, este sábado en Bermeo. | Cabo de Cruz non estará soa representado a Galiza na vindeira tempada da ACT, a liga na que están as 12 mellores traiñeiras e que reúne á elite do remo. O descenso de Ares abría a posibilidade a que a presenza galega nesa liga se reducise ao mínimo, coa embarcación da beira norte da ría de Arousa como única valedora do remo galego. Cabo e Meira, pois, volverán coincidir na elite do remo para representar a Galiza. Unha liga composta por 12 traiñeiras e na que os vascos manteñen a hexemonía, con 10. Nin cántabros nin asturianos son quen desde hai anos de estar presentes na ACT Mais non foi así e Meira logrou conquistar un posto nesa competición após atinxir unha das dúas prazas en disputa no play off que se disputou en Bermeo e Portugalete. A outra praza foi para os bizkaitarras de Lekeitio. Traiñeiras a rebordar as rías Unha mágoa que Bueu -tamén competindo por un posto- non lograse clasificarse. Eles, San Pedro e Pedreña foron as outras tres embarcacións que disputaron os play off, mais sen lograr ascender a ACT. Cabo e Meira, pois, volverán coincidir na elite do remo para representar a Galiza. Unha liga composta por 12 traiñeiras e na que os vascos manteñen a hexemonía, con 10. Nin cántabros nin asturianos son quen desde hai anos de estar presentes na ACT. E esta fin de semana tamén se fechou a tempada da ACT deste ano, conquistada por Urdaibai Bermeo, que se impuxo á traiñeira de Hondarribia. Cabo finalizou oitava. |
PRAZA_12372 | O presidente da Xunta vólcase no apoio á candidata do PP asturiano despois de apostar publicamente por que Álvarez-Cascos, aspirante de Foro Asturias, fose o cartel electoral dos populares en 2011 | O escenario é unha feira gandeira. O presidente da Xunta, vestido de maneira deportiva, degusta un anaco de polbo á feira nunha mañá fría e anubrada rodeado de cargos e simpatizantes do PP. Esta imaxe, repetida en múltiples ocasións en diversos puntos da xeografía galega é a que atoparon este martes moitos asturianos na prensa publicada no Principado. Pero a información non é referida a ningún acto celebrado en Galicia, senón á campaña das eleccións anticipadas que renovarán o Goberno de Asturias o vindeiro día 25. Aproveitando a fin de semana e a circunstancia de que a xornada do luns foi festiva en Compostela e mentres na opinión pública galega seguen as quinielas sobre un eventual adianto electoral, Alberto Núñez Feijóo desempoou o traxe de campaña electoral á outra beira do Eo para volcarse no apoio a Mercedes Fernández, Cherines, candidata popular aos comicios. Feijóo foi un dos máis ferventes defensores de Álvarez-Cascos, "o político que máis fixo por Asturias" Pouco ten que ver a implicación de Feijóo nesta campaña asturiana coa celebrada nesa comunidade en maio de 2011, cando o PP concorreu ás urnas encabezado por Isabel Pérez-Espinosa. Fronte a ela, ademais do PSOE e Izquierda Unida estaba Francisco Álvarez-Cascos, líder do partido Foro Asturias, acabado de crear. Poucos meses antes o presidente da Xunta fora un dos máis ferventes defensores do "amigo Paco Cascos" como candidato popular por, entre outros motivos, ser "o político que máis fixo por Asturias desde os postos de responsabilidade que tivo". Pero semella que Feijóo xe lla dá completamente as costas, cando menos publicamente, ao que fora o seu xefe no Ministerio de Fomento, na etapa do titular da Xunta como presidente de Correos. Ao arrecendo do polbo na feira gandeira de Tineo o xefe do Goberno galego propuxo estender a "macrorrexión" que a Xunta tenta fiar dende o comezo da lexislatura con Castilla y León e para iso ve imprescindible unha vitoria do PP. Vinte e catro horas antes, gravata e bandeiras oficiais mediante, Feijóo proclamara en Xixón que Asturias non "merece nin un día máis de prórroga" da actual situación política, isto é, do goberno en minoría do outrora "amigo Paco". España precisa de "todos os seus motores" e o motor asturiano "non está funcionando" porque no Principado non goberna o PP, di. Por iso, explica, dende o día 25 os asturianos precisan un "Goberno previsible", que "non tente illar" a comunidade. Neste contexto, xunto á candidata do PP e tamén co presidente de Cantabria, Ignacio Diego, Feijóo puña a súa rúbrica ao que podería ser considerado a cara b do "pacto da liberdade" asinado coa líder do PP en Catalunya, Alicia Sánchez-Camacho, e o presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti, en vésperas das eleccións á Generalitat. Desta volta, o obxectivo é "aunar forzas nunha rexión xeográfica con sete millóns de habitantes" para, entre outros aspectos, reclamar apoio europeo á gandería ou garantir o remate da autovía transcantábrica que, asegura, o goberno de Rajoy realizará -o anterior Ministerio de Fomento xa o asegurara-. Para todo isto, di Feijóo, Cherines ten que se converter na primeira presidenta asturiana. "Porque Asturias ten nome de muller", resume o presidente. Mentres, na mesma cidade de Xixón, Álvarez-Cascos desprendíase de antigas amizades e non dubidada en ridiculizar o picazo de Rajoy no seu mitin en Oviedo: "Algún subiu á tribuna pola escaleira de atrás para que o tiro da cámara da tele non recollese os baleiros nos que os espazos berraban fracaso, fracaso, fracaso", ironizou. |
NOS_4940 | O litoral de Marín conta con moitos lugares de interese arqueolóxico e etnográfico e conta con varias áreas para o paseo e o lecer. | O litoral de Marín conta con varias áreas de interese natural, aínda que está intensamente poboada (cidade de Marín e varias vilas) e explotada, cunha importante ocupación do litoral. Acolle importantes mostras de interese arqueolóxico (petróglifos) e etnográfico (salgas, portos e embarcacións tradicionais...) e conta con varias áreas para o paseo e o lecer. Paraxe: Ria de Pontevedra / Concello: Marín / Percorrido: 12 km (lineal) / Dificultade: Baixa Comezamos na alameda de Marín e temos por diante uns 800 metros de percorrido urbano, rodeando o valado da Escola Naval, para entrar nunha estradiña con beirarrúa acondicionada que transita moi próxima á liña da costa. Por ela baixamos á punta de Debaixo dos Pinos para chegar á praia de Portocelo; pasamos a punta de Rabuñagatos para acadar a praia de Mogor, onde ademais do areal podemos ver os coñecidos petróglifos. Aquí podemos seguir pola estrada, un pouco ao interior para subir e rodear a punta da Moa -na que hai un miradoiro sobre a ría- ou cruzar pola area até o remate da praia onde temos unha subida até a estrada. Camiñamos cara á praia de Aguete e, cando a estrada chega ao pé da praia, temos á dereita un camiño polo que podemos baixar á praia de San Brais e desde ela, pasando polo con de San Brais, entramos na praia de Aguete e, camiñando pola area, chegamos ao porto. Desde o porto de Aguete saímos pola estrada principal, pola que temos que camiñar uns 500 metros, para atopar un desvío á dereita que nos permite ir a Loira e baixar á praia para vela de perto e percorrer a súa acumulación de area, darlle a volta á frecha, seguir o camiño até a punta de Loira e coller por detrás da salgadura para rodear a praia e ir gañando altura até máis de 50 metros sobre o nivel do mar, con varios puntos panorámicos e so algúns carreiros por entre toxos da altura dunha persoa polos que baixan ás rochas os pescadores, no monte Sobareiro. Pasamos logo ao monte da Cova onde aínda subimos un pouco máis para baixar logo a Teoira, onde hai un camiño con piso de cemento que vai dar a outro de terra e que percorre a parte alta da praia, que ten por diante o illote Pinela. O camiño desemboca nunha rúa que nos leva á praia do Santo do Mar e desde ela, se a marea está baixa, podemos pasar á praia da Coviña e á de Lapamán onde remata o termo municipal de Marín. Con marea baixa hai un carreiro que permite subir case no remate da praia do Santo e logo, por entre unhas casas, outro polo que se pode baixar á praia da Coviña. Desde a praia da Coviña hai que volver á estrada e pasar por ela a punta de Lapamán para poder baixar á praia, xa en Bueu. Para facer este percorrido no coche temos que seguir as estradas máis próximas ao mar e os indicadores, aínda que nalgúns sitios a estrada faise moi estreita. |
NOS_11988 | O litixio entre Catalunya e o Estado non vai rematar coa entrega ou non de Puigdemont e os 4 consellers ás autoridades españolas. O president anunciou esta terza feira, nunha entrevista en Catalunya Radio, que o Govern recorrerá á xustiza internacional para denunciar o "golpe de Estado ilegal" perpetrado contra as institucións catalás. "Iremos aos tribunais internacionais e España pasará vergoña", di o dirixente independentista, quen se postula como candidato ás eleccións do 21 de decembro. | "Estamos en Bélxica para defender os direitos do Govern lexítimo de Catalunya", dixo Puigdemont á xornalista Mònica Terribas, a estrela de Catalunya Radio, estes días no albo dos unionistas pola súa pretensa proximidade ás posicións soberanistas. Puigdemont enfatizou que a internacionalización do conflito, que el e os 4 consellers axitan, "axuda os compañeiros encarcerados". Non estaría en Bruxelas, pois, para "eludir responsabilidades", mais para "facer unha tarefa". A entrevista foi realizada en Bélxica e nela tomaron parte tamén os 4 integrantes do Govern que acompañan Puigdemont. O president asume a hipótese de finalmente vir a ser entregado ás autoridades españolas. "Todos sabemos que podemos acabar na prisión, aínda que con iso non remata nada, senón que se complica e se agrava todo", dixo. O encarceramento de todo o Govern simbolizaría "que nos temos de manter no Estado español por obriga", o cal non é "a mellor maneira de construír os estados". Puigdemont considera ilexítimo o seu cesamento como president. "Cesounos un partido que está en minoría en Catalunya", alegou, en alusión a que nas eleccións de setembro de 2015 ao Parlament o PP apenas ultrapasou 8 por cento dos votos. "Non fomos cesados por ningunha causa prevista na lei, senón por un golpe de estado ilegal", acrecentou. Non vai ficar o Govern na pura denuncia política do Estado. Puigdemont anunciou que recorrerán ás cortes de xustiza globais. "Iremos aos tribunais internacionais e España pasará vergoña", dixo. "Europa non pode ter presos políticos porque Europa non pode ter un Govern na prisión ou no exilio", dixo Puigdemont, o que levou a Terribas a lle perguntar se con efeito o executivo catalán está xa no exilio. "Ben, en todo caso, non estamos na casa, eu querería estar no Palau da Generalitat", respondeu. |
NOS_15671 | O concerto tivo lugar a terza feira 1 de novembro no marco do festival de músicas do mundo Tuned In London que se realiza ao longo de todo o ano no sudeste de Londres. O amor, a emigración e a música popular galega estiveron moi presentes no repertorio, con chamadas intelixentes á música inglesa. | A cita é nun antigo celeiro no sudeste de Londres reconvertido agora na sede dunha pequena produtora de cine. A súa sala principal, onde ten lugar o encontro, é un lugar especial, semella saído do imaxinario da Francia do século XVII. Aspecto de cine antigo con butacas de veludo misturadas con cadeiróns e cadeiras que rememoran outras épocas. Nas paredes adivíñase un delicado papel de flores entre faixas de veludo vermello das que colgan suntuosos retratos e escenas teatrais. A luz é tenue. A "viaxe" que prometen Uxía e Sérgio Tannus iníciase en Galiza e lévanos até o Brasil de Tannus, pasando por Portugal e sen esquecer as notas de cor africanas. Un repertorio variado para máis de dúas horas de concerto no que se deron cita unha boa representación da comunidade galega e brasileira de ∞Londres, ben como veciñas e veciños ingleses interesados na cultura galega. Eleonor Thorn, organizadora de Tuned In London, descubriu Uxia hai dous anos en Santiago. "Estaba de viaxe en Santiago e intereseime por unha das tantas actuaciones que neses días había na cidade, eu non coñecía Uxía e ao entrar na sala impactoume a intensa sensación de amor que desprendía entre o público", lémbralle á audiencia ao rematar o fermoso e colorista concerto de Uxía e Sérgio en Londres. As casualidades fixeron que un oco na súa xira europea concidise co ciclo de concertos. "Hoxe, como hai dous anos en Santiago, volveu amosar esa gran sensación de amor co seu sorriso xeneroso para todos". Repertorio variado O repertorio de Uxía en Londres comeza con chamadas ao amor sinceiro a través de Zeca Afonso, Pepe Sendón e Uxío Novoneyra, sempre presente na súa paleta de cancións. Cos poemas de Rosalía e Narf en Bos amores, Uxía recordou que os bos amores son aqueles que "veñen suavemente, non estrondosamente" para dar paso a ese Heiche dar un bico, de Manuel María, que fixo animarse definitivamente á parroquia londinense. O famoso Garufa, de Víctor Soliño, trasladou ao público por uns minutos as rúas de Bos Aires e ao xardín xaponés. A conexión entre Uxía e Tannus é evidente, o cantar sinceiro e conmovedor de Uxía móvese acompasado das notas da guitarra e a viola caipira de Sérgio. As 'instrucións' improvisadas das cancións con axuda dos tradutores espontáneos convidaron a xente a deixar fóra o sempre frío e distante carácter inglés para sumarse á animada sesión. E como non hai festa galega sen pandeireta, Uxía, co seu selo e voz propias, sacou a súa arma "máis poderosa e pacífica" para iniciar unha andaina pola música tradicional galega con Xente da festa. A música tradicional brasileira tivo un espazo especial coas letras de Noel Rosa e serviulle a Uxía para agradecer a afinidade e continuos sorrisos do seu partner brasilego. Vai tu vai ela serve para comezar a segunda parte do concerto cunha adicación especial a Xelís de Toro presente no teatro. Nesta visita a Londres, Uxía non se esqueceu, ademais, de todos os galegos e galegas que "antes e agora" habitaron as rúas londinenses dedicándolles unha canción que fala desa inmigración dura dos galegos coa "bonita e triste" Unha noite na eira do trigo, que arrincou os admirados aplausos do público. Agradeceulles ademais o esforzo para que a cultura galega siga viva en Londres cantándolle á "resistencia dos pobos por conservar a identidade e cultura propia contra vento e marea" cos Alalás encadenados para (case) pechar unha noite única en Londres. Bises e máis Digo case porque o público quería máis e Uxía e Sérgio foron quen de gañar aínda máis o seu favor cunha versión xenial do Blackbird dos Beatles que fixo a xente levantarse dos asentos. A resposta ao cariño chegou cun fin de festa digno cunha volta á tradición cunha fermosa versión de A Virxe de Guadalupe cos coros dunha emocionada e entregada parroquia galega para seguir coa Muiñeira de Chantada e a aparición estelar de David Carril, o gaiteiro 'oficial de Londres. O Alalá das mariñas puxo o punto e final a unha noite chea de cor, sorrisos, emocións e moita e boa música. Uxía e Sérgio deixaron unha fonda pegada entre os espectadores que agradeceron o seu esforzo por adaptar o repertorio a propios e estraños, e aos que desde Londres viramos de esguello as nosas paisaxes e as nosas cores, con saudade perenne. |
NOS_29124 | Son os autores do vídeo do momento, da parodia "galega" do videoclip de Enrique Iglesias que arrasa nas redes. Daniel Moreiras explícanos canto gastaron e como elaboraron a nova produción da Páramo Pictures, autores tamén do vídeo máis visto da historia da música galega. | -Con tantos éxitos, preguntámonos que hai detrás da Paramo Pictures? Pois é un xogo de palabras, buscando paralelismo coa gran produtora que todos coñecemos. Unha das compoñentes, María, é do Páramo e por iso lle puxemos este nome. -Por que se botan a facer parodias á galega de cancións de suceso mundial? Empezamos por casualidade. Iván, un dos compañeiros, é moi afeccionado ao cine e eu son cantante de orquestra. Fixen unha parodia de Gangnam Style, o videoclip máis visto na historia de youtube que tiña para cantar coa miña orquestra e animámonos a facer unha curta para pasalo ben. Gustounos a experiencia e continuamos. Fixemos a parodia do Wrecking Ball de Miley Cyrus, que lle chamamos Ferti mon e a parodia de Adrenalina á que lle puxemos Bertolina. Comezamos tamén unha webserie da que estreamos só un capítulo. Ah! De cara a fin de ano publicamos unha canción propia pero tivo menos repercusión. De todas maneiras, pasámolo ben igual que é o que buscamos. Iso e reivindicar o noso. Facemos humor galego e en galego e diso non nos queremos mover. -Estamos a falar de milleiros de visitas en cada un deles... Bertolina é o vídeo musical en galego máis visto da historia. Supera o millón e medio de visitas. O Ferti mon anda preto das 700.000. Que eu saiba, o que máis tiña é o de "Un canto a Galicia" de Julio Iglesias que debe andar por algo menos. -E con ese aval do público, por que non se profesionalizan? Porque os nosos políticos subvencionan artistas que non son galegos. A verdade é que ninguén nos chama e nós temos o noso traballo así que non nos imos dedicar a isto polo de agora. Eu son cantante de orquestra, Iván é profesor de Instituto e María, que tamén foi cantante de orquestra, rematou Enxeñeira Agrícola e agora está a estudar Psicoloxía. "Bertolina é o vídeo musical en galego máis visto da historia. Supera o millón e medio de visitas. O Ferti mon anda preto das 700.000". -Como decidiron "atacarlle" ao vídeo de Enrique Iglesias? Desde que nos enteramos de que Enrique Iglesias ía vir a Galiza rodar o vídeo comezamos a pensalo. Logo vimos o da subvención e quedamos á espera de se o resultado merecía a pena. Cando o vimos pensamos que se lle podía sacar partido e era tamén unha forma de dar a coñecer o vídeo orixinal, para que a xente soubera o que fixeran. Era para facer o paralelismo entre os 302.000 que lle deron a Iglesias e os 150 que nós gastamos en bebidas e uns aperitivos que lle dimos aos voluntarios que participaron. -Como foi a elaboración da parodia? Fixeron convocatoria, guión previo...? Nada máis saír a canción fixen a letra, en pouco tempo. Expúxenlla aos meus compañeiros e gustoulle. Dous músicos, Sueiro e Chis, ofrecéronse a colaborar con nós e fixemos a gravación da música. Logo fixemos tamén unha convocatoria en facebook para que asistira xente pero non todo o que quixera porque a palleira ten un límite. Ao final aceptamos unhas 80 persoas, menos das que querían colaborar no vídeo. -Converter a palleira nunha discoteca leva os eu esforzo... Eu traballo nunha orquestra e pedinlle colaboración aos meus xefes que me axudaron tamén a preparar a palleira, adecentala, colocarlle as luces... Logo metemos un remolque enganchado a un tractor servindo de escenario aos djs e a xente bailando. -Se o obxectivo era pasalo ben, conseguírono? Por suposto. Ese é o primeiro motivo para facelo. Desde que comezamos segue a ser o mesmo obxectivo, mentres non haxa alguén que nos pague... -A palleira, o fertimón, o tractor... o seu é humor rural? Humor rural, humor galego.. un tipo de humor que estaba sen explotar e aí radica o éxito do que facemos. Do primeiro ao último están cargados de retranca. -Cantos días tardaron en producir a parodia de Iglesias? Se falamos de días intensivos serían catro ou cinco mais realmente non foi todo seguido porque cadaquén ten o seu traballo e Iván está en Cee, onde é profesor, durante a semana. O que é a gravación do audio foi unha tarde e o vídeo foron dous días case completos. -O videoclip levantara moito enfado, é bo tornalo risa? É o máis san que hai. Desde aí pódese facer reflexionar, desde o humor. Desde a ira non se resolve nada. -A Xunta xustifica os 302.000 euros dados a Enrique Iglesias polas veces que é visto compartido nas redes sociais. Canto habería que pagarlle a vostedes? Que sei eu! Nós facemos isto porque non hai quen o faga. Nós non contamos con que nos paguen nada, agora, ver os vídeos vense moito. É unha mágoa que sexamos tres chavales da provincia de Lugo os que fagamos isto e non haxa ningún apoio das institucións. Nós facémolo porque nos sae así, para reivindicar a nosa terra e as nosas cousas. A retranca é moi propia da Galiza. -Contan con que a TVG os chame visto o público que sigue as súas producións? Agora imos facer unha colaboración co programa Land Rover de Roberto Vilar e Touriñán facendo unha parodia, mais son cousas eventuais das que non cobramos nada. |
NOS_6106 | "Nin a España nin a Europa impórtalles a nosa frota", lamenta Paulo Carril. | O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, chamou esta terza feira a articular unha ofensiva "xudicial, institucional e de mobilización" contra o veto de Bruxelas á pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico. Ao seu entender, esta decisión, que entrará en vigor o próximo domingo, supón un "duro golpe" para a frota galega e ameaza "millóns de empregos" no país. Por iso, Carril anunciou que a CIG prepara xa a presentación dun recurso contra a decisión da Comisión Europea, á vez que reclamou a adopción de medidas compensatorias inmediatas para as persoas e as empresas afectadas. En rolda de prensa, Carril e o responsábel de CIG-Mar, Xavier Aboi, destacaron a urxencia de facer unha "fronte común" que dea unha resposta "contundente" ante a inminente aplicación deste regulamento "devastador" para a pesca galega. "O veto á pesca de fondo afectará máis de 50% da produción da frota de Celeiro" Por iso, a organización sindical mantivo contactos nos últimos días con diferentes asociacións de armadores para abordar a situación. Aliás, tratou de contactar, "sen éxito", co Goberno estatal e a Xunta para artellar unha ofensiva xudicial coa presentación de tres recursos: un por parte dos sindicatos, outro polas empresas e outro polas institucións. O sindicato xa está "preparado" para a presentación do recurso, "tendo en conta que se atacan os intereses dos mariñeiros galegos", polo que consultou coa Universidade da Coruña e a de Santiago para abordar o apartado xurídico. Carril recoñeceu que este recurso non vai impedir a entrada en vigor do regulamento, "mais pode solicitarse a adopción de medidas cautelares, tal e como demanda o propio sector". A Comisión de Pesca da UE elude debater o veto á pesca de fondo "Preocúpanos moito que a desidia dos gobernos se traduza nun amarre da frota ou no seu desprazamento no peor dos casos, que é o que parece que busca a Unión Europea", lamentou. "Nin a España nin a Europa impórtalles a nosa frota", engadiu. Para Carril, a mobilización vai ser un "elemento fundamental" neste conflito, polo que chamou todos os galegos e galegas a sumárense á manifestación convocada en Ribeira o vindeiro sábado, día 8, ás 19 horas. |
PRAZA_10268 | Novas investigacións poderían reabrir o caso de Déborah Fernández, a moza viguesa desaparecida en 2002 despois de saír correr pola zona de Samil e cuxo corpo foi atopado sen vida dez días despois no Rosal. A policía pechou provisionalmente o expediente en 2010 sen ningún imputado e agora a familia volve reclamar xustiza para un crime que podería quedar definitivacamente sen castigo en tres anos, cando prescribirían os delitos. | Vigo, 30 de abril de 2002: unha rapaza de 21 anos desaparece na zona da praia de Samil. Dez días despois, o seu corpo é atopado na beira dunha estrada no municipio do Rosal. Comeza entón unha investigación policial sen resultados. Moitas pistas falsas e ningunha persoa imputada pola morte de Déborah Fernández ata que se pecha o caso provisionalmente. 17 anos despois, a familia non se rende e traballa en novas investigacións para acadar a reapertura do caso antes de que prescriban os delitos, o que pode acontecer dentro de tres anos.O pasado 30 abril, coincidindo co 17 aniversario da desaparición desta moza viguesa, o nome de Déborah e o seu rostro foron ben visibles no centro de Vigo nun acto que a familia tiña planificado como unha protesta, pero acabou sendo de homenaxe. Música, poesía e arte urbana para recordar a esta rapaza de 21 anos que unha tarde de primavera en 2002 saíu correr pola zona de Samil e xa nunca regresou á casa. O seu corpo foi atopado o 10 de maio preto dunha gabia no municipio do Rosal (a uns 50 km de Vigo) nunha escena ficticia ateigada de probas falsas.As investigacións policiais nunca derivaron na imputación de ninguén como responsable dos feitos e en 2010 a policía arquivou provisionalmente o caso. Evidentemente houbo interrogatorios e un sospeitoso principal, pero nunca unha proba sólida que permitise a imputación xudicial. Agora, segundo explica Rosa Fernández, irmá de Déborah, "a urxencia é extrema pois en tres anos prescriben os delitos" polos que se podería xulgar a persoa ou persoas responsables da desaparición e morte de Déborah.Rosa Fernández, irmá de Déborah, asegura que están pendentes dunha proba biolóxica que podería ser un detonante moi importante da investigaciónNeste punto, o obxectivo da familia é a reapertura xudicial do caso. Non foi ata 2017 cando Rosa consegue unha copia do sumario e atopa que na investigación que a policía daba por pechada hai moitos baleiros "suficientes para que se siga a investigar". Actualmente hai novas informacións, froito das investigacións familiares, que están a trasladar á policía. "Xa tivemos dúas reunións coa Unidade Central de Homicidios de Madrid, e xa lle contamos moito do que sabemos, pero queda moito por explicar", indica Rosa Fernández, quen asegura que están pendentes dunha proba biolóxica que podería ser un detonante moi importante da investigación. Ao mesmo tempo, a policía está tomando declaracións a novas testemuñas que atopou a familia e, de momento, prudencia. "Hai que deixar que os profesionais traballen e esperar os resultados. Desde logo a familia non vai ceder e vamos seguir moi pendentes do caso". E nesa liña seguen a buscar informacións e apelan á colaboración pública cunha nova pegada de carteis por Vigo e a súa área na procura de pistas. A familia ve necesario volver revisar toda a investigación "porque se fixeron as cousas mal desde o comezo" e volver valorar todo. "Os indicios para os xuíces non son suficientes, ten que haber unha proba que os fundamente e no caso de Déborah a complexidade reside en que a escenografía onde depositan o corpo é totalmente ficticia. Nunca vai haber na escena do crime unha proba que apunte directamente cara ao seu sospeitoso co cal aí reside a verdadeira complexidade do caso", lamenta Rosa Fernández. As accións levadas a cabo pola familia para a reapertura do caso incluíron unha forte campaña con presenza nas redes sociais e a petición directa a través de change.orgRosa explica que, por desgraza, son moitas as familias en España que ven que os indicios non son suficientes e non chega a haber nin imputados. "Hai moitos casos, como foi por exemplo o de Diana Quer; como o Chicle tiña a coartada da súa muller, non había forma de meterlle man. Se non chega a tentar outra agresión nunca o apresarían. Atopámonos nesa situación. Parece que é necesario que haxa unha segunda vítima para poder imputar a xente. Vivimos nun Estado de Dereito relativo, hai dereito para o teórico acusado pero para as vítimas non. As vítimas non teñen dereitos porque xa non son persoas, están mortas", afirma.As accións levadas a cabo pola familia para a reapertura do caso incluíron unha forte campaña con presenza nas redes sociais e a petición directa a través de change.org, con máis de 230.000 sinaturas acadadas ata o momento. Os medios nacionais volveron recordar o caso e o venres 3 de abril La Sexta emitiu un programa especial de Equipo de Investigación para dar voz a esta familia que pide saber a verdade e acadar á fin xustiza para Déborah. |
PRAZA_11244 | Sindicalistas da CUT reciben os participantes no acto con críticas ao sector: "A vosa riqueza, a nosa miseria" | A Cidade da Cultura acolleu desde as 10 da mañá o VI Encontro Ageo, onde participan varios representantes do sector do xogo en Galicia, ademais de cargos da Xunta de Galicia. Os asistentes foron recibidos por varias sindicalistas da CUT que protestaron contra o acto ata que foron desaloxadas pola Policía Nacional. Vestidos con perrucas e traxes negros, as activistas amosaron o seu rexeitamento ao acto e á patronal que logo explicaron nun comunicado. "A vosa riqueza, a nosa miseria", rezaba a pancarta. Varias sindicalistas da CUT protestaron no cumio da patronal na Cidade da Cultura: "Os xogos e o azar con como a mesma vida; as pobres sempre perden""Sodes unha patronal valente onde as haxa, porque cando dicimos que a patronal xoga coas nosas vidas, só vos lles dades sentido pleno a esa verdade. Á ruleta, compapeiros. Ao póquer", din nun duro comunicado no que se dirixen a Ageo asegurando que só eles "computan as vítimas da miseria, do suicidio, dos desafiuzamentos, da ludomanía, da explotación, do alcolismo, da bancarrota ou da soidade, como auténticos resultados dos libros contábeis". "Os xogos e o azar son como a mesma vida. As pobres sempre perden. E vostedes nunca erran unha tirada de dados", remata a CUT. |
NOS_5488 | Ademais, no Ecuador desenvolveuse unha operación contra a corrupción sanitaria relacionada coa pandemia. | O presidente do Brasil, Jair Bolsonaro, decidiu na cuarta feira (madrugada de onte na Galiza) vetar a transferencia duns 8.600 millóns de reais (aproximadamente 1.500 millóns de euros) procedentes do Fondo de Reserva Monetaria (FRM) e destinadas ás autoridades estatais e municipais para combater a pandemia da COVID-19. Creado en 1966, o FRM tiña o fin de ser utilizado para facer fronte ao pago da débeda pública, aínda que non recibía fondos desde 1988, cando se promulgou a Constitución e considerouse irregular polo Tribunal de Contas en 2016, polo que estaba prevista a súa disolución. É por iso que, desde o Congreso, se propuxo unha emenda para utilizar ese diñeiro que quedaba no FRM na loita contra a pandemia O Goberno xustificou a decisión alegando que esa proposta parlamentaria, aprobada en maio amplamente polo Congreso e polo Senado, contradí o obxectivo orixinal deste fondo, polo que se podería incorrer nunha acción inconstitucional, xa que ademais ese tipo de medidas que contemplan un aumento de gasto son iniciativa exclusiva do presidente. Con todo, a iniciativa ─que xerou sorpresa mesmo no entorno de Bolsonaro─ volverá ao Congreso, onde se deberá discutir o veto presidencial, podendo ser revogado se así o considera. Corrupción no Ecuador Por outra banda, un total de 17 persoas foron detidas no Ecuador, entre estas o ex presidente Abdalá Bucaram, nunha grande operación que se desenvolveu en Quito e Guayaquil, con 37 rexistros, contra a corrupción, incluída a malversación de fondos e o tráfico de influencias, asociada á pandemia de coronavirus. |
NOS_37465 | A enquisa do CIS, en plena resaca do debate electoral da Comunidade de Madrid, presenta un bloque progresista máis forte e mellor posicionado para facerse coa vitoria nas eleccións do vindeiro 4 de maio, mentres Ciudadanos continúa por debaixo do 5% mínimo para poder entrar na Asemblea de Madrid nesta lexislatura. | A sondaxe publicada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) no día de hoxe, na mañá seguinte ao debate entre as candidaturas que se presentan ás eleccións de Madrid o próximo 4 de maio, deixa a porta aberta a un hipotético goberno progresista, dándolle á suma de PSOE, Más Madrid e Unidas Podemos un rango entre 67 e 73 escanos, moi preto dos 69 que determina a maioría absoluta. As 2.304 entrevistas feitas entre a segunda e a terza feira desta semana manteñen Isabel Díaz Ayuso, candidata do PP, como a primeira en intención de voto, ao outorgarlle entre 54 e 56 escanos, cunha estimación do 36,7% de voto, quedando moi por enriba dos 30 escanos das eleccións de 2019 e recuperando case todo o voto de Ciudadanos. Porén, segundo os datos do CIS, tería menos posibilidades que o bloque progresista de recuncar no Goberno de Madrid, ao atinxir con Vox, liderado na rexión por Rocío Monasterio (8,2% do voto e entre 11 e 13 deputadas), entre 65 e 69 escanos. Por outra banda, o PSOE sería a segunda forza parlamentar, cun 23,4% de voto, que lle permitiría chegar até 34-36 deputadas á candidatura encabezada por Ángel Gabilondo. Como terceira forza consolidaríase Más Madrid, no seu segundo proceso electoral rexional, cun 15,1% para Mónica García e unha estimación de 22 a 24 escanos. A última formación que se integraría na alternativa a un goberno do PP é Unidas Podemos, que coa candidatura de Pablo Iglesias conseguiría un 8,7%, alcanzando 11-13 asentos no parlamento. A enquisa do CIS tamén recolle até un 30% de indecisas ou que non queren revelar o voto. Con respecto ao barómetro preelectoral do CIS, publicado a comezos de abril, baixan lixeiramente tanto PP como o PSOE: 3,5% perde Ayuso e 2% perde Gabilondo nestas dúas semanas. Segundo a enquisa só Vox capitaliza estas baixadas ao medrar un 3% neste tempo, Más Madrid medra un 0,3% e Unidas Podemos mantense igual. Ciudadanos (4,6%) non superaría a barreira do 5% para acceder ao parlamento rexional. Debate electoral A noite da pasada cuarta feira, Telemadrid organizou o único debate da campaña madrileña ao que acudiron todas as candidaturas con opción de entrar na Asemblea de Madrid. Cunha marcada división entre bloques, podemos situar entre os intres máis importantes do debate o recoñecemento de Gabilondo de que Iglesias e Unidas Podemos son imprescindíbeis nun goberno alternativo ao do PP, "Pablo, temos 12 días para gañar", chantoulle o candidato do PSOE, despois de defender até o de agora a súa preferencia por un acordo de goberno con Ciudadanos e Más Madrid no que excluía o grupo de Unidas Podemos. Tamén hai que salientar a defensa da ciencia e a investigación por parte de Mónica García, candidata de Más Madrid, diante dos argumentos negacionistas de Rocío Monasterio (Vox). |
NOS_14882 | Foi a única das 5 traiñeiras galegas que logrou clasificarse para a regata máis importante do remo. Competirá na final coa anfitroa (Donostiarra), Urdaibai, Hondarribia, Orio, Kaiku, San Juan e San Pedro. | Finalmente só Tirán foi quen de entre as 5 traiñeiras galegas de se meter na tanda final da Concha, a regata de traiñeiras por antonomasia, a cita que os afeccionados ao remo agardan todo o ano. Máis dun século de historia ten esta regata na Bahía de Donostia, a competición que soñan con desputar todos os remeiros. Os domingos 6 e 13 deste mes decorrerán as 2 quendas que compoñen a final desta mítica cita. Cabo de Cruz, Amegrove, Mugardos e Ares non lograron pasar a clasificatoria, sendo os crucenses os que estiveron máis perto de conseguilo, mais non foi posíbel e foron os de San Pedro os que lograron conquistar o boleto para a final. Un total de 24 embarcacións competiron nesta quinta feira na regata de clasificación. A única non vasca que logrou un pase para a final é a de Tirán. Tirán representará en solitario a Galiza na Concha e será quen tentará por primeira vez na historia – en modalidade masculina- traer a mítica bandeira donostiarra para o noso país. Batirase para iso coas outras seis traiñeiras clasificadas (Urdaibai, Hondarribia, Orio, Kaiku, San Juan, San Pedro) e a anfitrioa, a Donostiarra. Como favoritas parten Hondarribia, que esta tempara leva 12 bandeiras conquistadas das 17 nas que compiteu; e Urbaibai, actuais campións de Euskadi e do Estado de traiñeiras. Mais nunca se pode perder de vista a embarcacións como Orio, que conquistou a Concha en 31 ocasións. Tirán sabe ben o que é competir na Concha, un reto que afrontou en varias ocasións. De feito en 2012 Tirán conquistou para Galiza a nosa mellor clasificación nesta regata até a actualidade, un máis que meritorio terceiro posto. Naquel ano a vitoria fora para a traiñeira de Kaiku. En 2013 o triunfo foi para Hondarribia -nunha polémica final con descalificación de Urdaibai incluída- e en 2014 a bandeira da Concha foi ondeada por Urdaibai. Na categoría feminina non haberá representación galega ao non lograr Chapela clasificarse. Na final da Concha para as traiñeiras femininas competirán Zumaia, Orio, Hibaika e San JUan. |
NOS_31746 | Esta sexta feira Caxade representa a Galiza no festival de linguas minorizadas Suns Europe, que celebra a súa primeira edición en Udine (Friul, Italia) con dez bandas europeas. | Caxade elixiu o tema 'Gente pota' para loitar por un premio cunha dotación de 2.000 euros e a participación en varios festivais europeos. A súa banda enfrontarase ao trío folc rock vasco Kasernarat; o rock psicodélico dos irlandeses Tuath; a banda 'crossover' de hiphop bretón Rhapsoldya; o dúo pop frisón Marit&Nigel; os samis (lapóns) Ozas, que mestura pop, blues e canto tradicional; o cantautor friulano Loris Vescovo; o dúo pop Me & Marie do cantón de Grigioni; e dous grupos da federación rusa: Zaman da comunidade lingüística bashkir e Ilmu de Carelia. A banda gañadora levará un premio de 2.000 euros e a participación en varios festivais europeos. Logo do Festival, Caxade ofrecerá un concerto no Teatro Verdi da cidade friulana de Pordenone. Primeira edición do Suns Europe Esta será a primeira edición do Suns Europe, que substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acolleu diversas actividades desde o pasado 25 de novembro até o 11 de decembro deste ano, con proxección de filmes (exhibiuse A Esmorga de Ignacio Vilar) e mostra de literatura en linguas minoritarias, aínda que o maior evento é este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias. Novo CD/DVD coa Banda de Bandeira Ademais da súa participación no Suns, Caxade vén de presentar no Culturgal o CD/DVD A Dança dos Moscas ao Vivo xunto coa Banda de Música de Bandeira. Neste traballo, gravado hai un ano na anterior Feira das Industrias Culturais, os músicos de Caxade reintrepretan o seu primeiro disco acompañados por esta formación. |
NOS_8701 | Marea Atlántica entende que é de interese procurar sinerxias e cooperación entre aquelas iniciativas de 'marcado carácter cidadán' que se están creando nestas semanas en diferentes cidades e comarcaras galegas | A Marea Atlántica é un proceso "de carácter municipalista e ámbito municipal". Mais non é localista. Eles e elas propios recoñecen que o paso dado na comarca coruñesa prodúcese nun marco en que outros e outras están, "atendendo as singularidades de cada vila, concello ou cidade", apostando por un camiño semellante. Cunha intención común e compartida, indican: "Construír fórmulas que, baixo a fórmula da marea cidadá ou non, busquen a confluencia da cidadanía e as organizacións sociais e políticas". A Marea Atlántica celebra a aparición de procesos destas características por distintas localidades do país. "Sen vocación de tutelaxe nin de validación, a Marea Atlántica buscará cooperar e colaborar con aquelas iniciativas que entendan a democratización, o protagonismo social, a confluencia e a vontade expresa de devolverlle o poder municipal á cidadanía como elementos nucleares do seu proceso". Afirman que procurarán sinerxías e colaboracións, "con aquelas iniciativas que teñan un marcado carácter cidadán, que como procesos de confluencia por abaixo estean atentos a desenvolver protocolos que eviten a monopolización e a tutela de organizacións políticas, e que comprendan que o compromiso ético que queremos trasladar ás institucións fundaméntase en mecanismos de transparencia abertos á cidadanía". Unha proposta que se amplía, sinalan, "a recoller o valioso de experiencias municipais que demostrasen estar contra a destrución do público e pola transformación e mellora efectiva da vida dos cidadáns". Por todo iso, Marea Atlántica empraza "a aquelas iniciativas cidadás e populares de confluencia política que se recoñezan nos elementos comúns descritos a un espazo de encontro e diálogo onde intercambiar obxectivos e experiencias". |
NOS_52866 | Ana Pontón solicitará que se reprobe a presidenta da Cámara española, Ana pastor, "por aldraxar este país" ao vetar a proposición de lei aprobada por unanimidade do Parlamento de Galiza. | O BNG vai levar ao Parlamento de Galiza a proposta de que se presente un recurso perante o Tribunal Constitucional polo veto á tramitación no Congreso da proposta de lei aprobada por unanimidade na cámara galega na que se solicitaba o traspaso da AP9 a Galiza. Un veto interposto polo goberno español e ratificado esta terza feira pola Mesa do Congreso. A iniciativa do BNG foi anunciada pola súa portavoz, Ana Pontón, no transcurso da sesión de control ao presidente. Fíxoo após reprochar a Núñez Feijóo que non sexa quen de facer valer os interes galegos fronte ao executivo central, "nin no AVE nin na AP9". Mais non foi o único anuncio que realizou a portavoz do BNG, que tamén adiantou que solicitarán que se reprobe a presidenta do Congreso, Ana Pastor (eleita pola provincia de Pontevedra) "por aldraxe a este país" ao vetar ese debate. Propostas que a formación nacionalista formula por entender que Feijóo "aceptou que o ministro dese carpetazo ao traspaso da AP9 a Galiza". O BNG considera que o presidente da Xunta non exerce como tal e que "se supera a si propio cando se trata de ser servil ao goberno de Madrid". Pontón emprazou Feijóo a exercer como presidente de Galiza fronte a unha traxectoria na que cuestións como a AP9, os contantes retrasos no AVE ou o fracaso do "acordo estratéxico" de Pemex marcan "incumprimentos escandalosos". Na quenda de resposta, Feijóo botou man dun argumento que xa empregou na anterior sesión de control: acusar o nacionalismo de estar en contra da construción da autopista do atlántico e, de paso, lembrar que votaron non á Constitución española, "que é a que nos permite estar aquí". Sostivo que a trasferencia desa infraestrutura "é irrenunciábel" para o goberno galego e que van seguir a traballar por ela, defendendo que o logrado na xuntanza co ministro, xestión partillada, é un paso importante. Floteis De falta de palabra e incumprimentos tamén acusou a Feijóo o portavoz parlamentar de En Marea, Luís Villares, ("actúa máis como rapaz dos recados de Madrid que como presidente") que fixo especial fincapé nos acordos con Pemex. "Vosté prometeu cousas cuxo cumprimento non estaba na súa man", reprochoulle, lembrando que se fixo iso foi para anotarse un tanto político. Preguntouse Villares que fica agora de todas aquelas promesas e proxectos. Feijóo botou balóns fóra, referíndose aos cambios no mercado do cru e a queda nestes anos dos prezos do petróleo. O que non convenceu Villares, que o cualificou como "relacións públicas de Pemex". O de En Marea reiterou que Feijóo quixo sacar rédito político no seu momento dunha serie de cuestións cuxo cumprimento non dependía do goberno galego. E agora que cambiaron as tornas, debe apandar e dar explicacións. Boa sintonía A sesión de control ao presidente comezou coa intervención do portavoz socialista, Fernández Leiceaga, interpelando o presidente sobre o posicionamento e estratexia da Xunta de cara á revisión do modelo de financiamento autonómico que se va a dar en 2017. Un modelo, 'caducado' no 2014, e do que o socialista destacou que para Galiza tivera uns resultados "que non son despreciábeis". Con esta entrada, Feijóo sentiuse cómodo. Dixo que ía defender un modelo que tivese en conta factores como a dispersión ou envellecemento, tan importantes para Galiza, e emprazou Leiceaga a sumar forzas "para ter unha posición reforzada". Aliás, engadiu, o debate sobre o modelo é político, recoñeceu, mais non ten nada a ver con "soberanismo e elementos identitarios". Leiceaga, por se ficaban dúbidas, lembrou que o seu plantexamento non tiña nada de relación con "elementos identitarios". |
NOS_48561 | En ningún territorio do Estado español a incidencia dos lumes é tan poderosa como na Galiza. Éo agora, no presente, mais tamén é así desde hai máis de 40 anos, cando comezou a sistematizarse o estudo destas catástrofes e principiou o proceso de análise estatística nun marco supranacional. A conclusión é un segredo a voces: Galiza sofre como ninguén as consecuencias dos incendios. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 252. | A estatística que elabora cada ano o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente reflicte a traxedia que para Galiza veñen supoñendo os lumes no último medio século. Así, hoxe sábese que desde o ano 1968 ardeu unha superficie equivalente a 55% do país, isto é, 1,6 millóns de hectáreas das 2,9 millóns que conforman o territorio galego. As cifras son estarrecedoras. Ben é certo que na última década os efectos dos incendios se reduciron sensibelmente, mais, con todo, Galiza segue a liderar este dramático ranking. As causas deste desastre ecolóxico –e non só, pois hai que contar as vítimas persoais e os danos patrimoniais– son ben coñecidas e os sucesivos planeamentos para combater a lacra non foron quen de lle dar unha solución óptima. A irregular e moitas veces difusa xestión do monte, unida ás dificultades para desenvolver e complementar as leis, manteñen a Galiza na cimeira dos territorios afectados polas gadoupas dos incendiarios. O último exercicio do que se dispoñen dados provisionais, aínda non publicados pola Xunta de Galiza –que adoita facelo no marco do Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galiza, o Pladiga–, volven situar o país como o territorio máis afectado: 21.112 hectáreas de monte arderon ao longo do pasado ano, moi lonxe das 9.062 de Castela e León ou das 6.913 da Comunitat Valenciana, as seguintes nese podio do desastre. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 252, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_18156 | 43,11 por cento das persoas que votaron na sondaxe mostráronse partidarias do retorno do president. 27,75 por cento apoiaron que se manteña en Bruxelas e que tente a investidura telemática. | Un total de 1.772 persoas participaron na enquisa de Sermos sobre o que debería facer Carles Puigdemont -até o de agora o único candidato soberanista á investidura en Catalunya. A maioría delas -744, 43,11 por cento- inclínanse por que o líder de Junts per Catalunya -destituído do seu cargo o 27 de outubro pasado cando o Goberno do Estado activou o 155- retorne a Catalunya para estar presente fisicamente na sesión do Parlament que elixirá novo president, embora nesa situación é practicamente seguro que será detido polas forzas de seguridade españolas. A segunda opción con máis apoios -477, 27,75 por cento- é a de que Puigdemont non abandone o exilio de Bruxelas e tente desde a capital comunitaria unha investidura telemática, unha vía que neste momento non parece ter o apoio de ERC, socio imprescindíbel de JxCat. Por súa parte, 13,24 por cento -228 persoas- respalda o abandono do escano de Puigdemont e a súa renuncia á presidencia en favor de Oriol Junqueras, a quen o xuíz Pablo Llarena tampouco permite que acuda presencialmente ao Parlament esta cuarta feira na súa sesión constitutiva. Xa con bastantes menos apoios -147 votos, 8,54 por cento- aparecería a opción de retirar a candidatura en favor doutra persoa de Junts per Catalunya. Manifestaron non ter unha opinión formada perante esta complexa situación 7,32 por cento das persoas que votaron no inquérito. |
NOS_34364 | "Verbena Galega" ofrecen un pack completo para montar sen complicacións unha festa das de toda a vida. O lema é "as festas de sempre como nunca as viches" e a proposta trátase dun tráiler que chega, instálase no campo ou torreiro e de aí nacen cinco horas de música e baile en galego. Culturactiva quere con esta iniciativa que a nosa lingua volva ás festas. O seu responsábel de produción, Manuel Vicente, explícanos a filosofía desta singular proposta. | Como xorde "Verbena Galega"? Culturactiva levaba anos producindo espectáculos musicais e démonos conta de que a música en galego estaba relegada a festivais e programacións especiais, mais estaba ausente das festas tradicionais. Pensamos que sería estupendo que a xente volvera bailar con música galega nos torreiros e se nos ocorreu facer un pack que levase xa o tráiler e os equipos de luz e sons, como as orquestras mais cunha proposta galega. Queriamos que a música galega chegase con facilidade, da mesma maneira que o fai calquera orquestra ao uso. Asimilamos a proposta da verbena habitual só que, neste caso, a música é en galego. "Queriamos que a música galega chegase con facilidade, da mesma maneira que o fai calquera orquestra ao uso" Será música para bailar, non? Claro. A proposta artística é música tradicional que sempre se bailou. Sen ser a música que soa agora nas verbenas si son temas coñecido porque antes a música tradicional estaba nas festas. A segunda parte do espectáculo é música de pachanga, con versións de música galega, desde "O tren" de Andrés Dobarro até cumbias, rumbas ou versións de grupos galegos. Trátase dun conxunto distinto á verbena actual que redunda en ritmos latinos, música bailábel. Pechando a proposta levamos un picadiscos con música galega enlatada, que tampouco se adoita ver. O conxunto inclúe un presentador ou presentadora que fan un monólogo e danlle o amparo aos discursos que a festa ten, segundo de que tipo sexa. Unha das vantaxes que ten é que é un pack que chega, móntase e ofrece unha proposta artística singular. "A presenza do español nas verbenas é abrumadora. Por iso nace esta iniciativa" Dánlle entón o traballo feito ás comisións de festas? Efectivamente. As comisións mudan e con esta proposta dáselles moitas facilidades. A proposta é moi cómoda. Pretendemos que se respecte a filosofía de fondo. Ofrecemos como proposta tradicional a Pandeiromus ou Pablo Seoane, "A compañía do Ruido" e "O Sonoro Machine" como pachanga Como está a ser recibida a iniciativa? Visitamos programadores, comisións e xente da cultura e a primeira reacción foi moi boa. O que acontece é que, malia ter iniciado as presentacións en febreiro, chegamos tarde para esta tempada. As orquestras traballan de maneira comercial con anos vistas. A sabendas de que isto era así quixemos probalo e a percepción que temos é boa. Trátase entón de volver ás festas de toda a vida? Iso é, mais actualizadas. O novo é que se trata de música feita agora, viva, actual. A presenza do español nas verbenas é abrumadora. En moitas ocasións, a xente que está no escenario nin sabe a nosa lingua. Se alguén quere montar unha festa non atopa alternativa e por iso nace esta iniciativa. Parte da entrevista publicana no Sermos Galiza número 55 |
PRAZA_3848 | A consellería de Medio Ambiente salienta que as federacións do sector "póñense a disposición do Goberno galego para axudar a retomar a actividade cinexética e pesqueira de forma paulatina e sempre acorde ás decisións das autoridades" | A consellería de Medio Ambiente salienta que as federacións do sector "póñense a disposición do Goberno galego para axudar a retomar a actividade cinexética e pesqueira de forma paulatina e sempre acorde ás decisións das autoridades"A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, mantivo este martes unha reunión por videoconferencia cos presidentes da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, e da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo, tras a que a propia consellería salientou nun comunicado que as dúas entidades "ofrécense a colaborar coa Xunta en tarefas de control da biodiversidade".A reunión prodúcese despois de que entidades ecoloxistas como a Asociación para a Conservación e Estudo do Lobo (ASCEL) criticasen que a Xunta permita autorizacións excepcionais de caza "como medida de control" durante o estado de alarma.No comunicado deste martes a Consellería de medio Ambiente salienta que "os máximos representantes de ambas entidades amosaron a súa disposición a seguir colaborando coa Xunta e lembraron que ambos colectivos poden desempeñar un importante labor de control no territorio que contribúa ao mantemento da biodiversidade". Medio Ambiente tamén salienta no seu comunicado que, "tendo en conta a paralización da actividade cinexética e pesqueira que supuxo a declaración do estado de alarma", as federacións "póñense a disposición do Goberno galego para axudar a retomar a actividade cinexética e pesqueira de forma paulatina e sempre acorde ás decisións das autoridades".A consellería tamén asegura que as instalacións da Xunta de recuperación da fauna e os centros ictícolas seguen a funcionar con normalidade. |
NOS_32388 | As nacionalistas cualifican de "relevantes" os tres acordos aos que chegaron coa formación socialista na reunión da Comisión de Seguimento. | As corporacións locais na Coruña de PSdeG e BNG mantiveron esta terza feira unha nova reunión da Comisión de Seguimento do Pacto de Investidura na que acordaron impulsar a creación do Consello Económico e Social, constituír o Consello Municipal de Cultura e trasladar ao Pleno a Ordenanza do Galego para a súa aprobación. "Na comisión puxemos sobre a mesa cuestións que figuraban no acordo de investidura e que ao noso xuízo non se están cumprindo", expuxo o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, nunha rolda de prensa posterior á reunión que ofreceu xunto ao portavoz do Goberno socialista na Coruña, José Manuel Lage. Porén, salientou que "a cidadanía demanda dos grupos que as diferenzas e o exercicio da crítica non impidan chegar a acordos se estes son positivos para a cidade", e cualificou como "relevantes" os tres acordos materializados neste encontro. A respecto do Consello Económico e Social (CES), Jorquera explicou que o seu obxectivo é ser "un marco de diálogo e consulta permanente cos axentes sociais", a fin de impulsar, "en coordinación cos restantes concellos da área metropolitana e outras institucións", o deseño dunha "estratexia económica de futuro" para A Coruña e a súa comarca. O Consello Municipal de Cultura, así mesmo, actuará como "un órgano de participación cidadá en que o tecido cultural poida dialogar e facer propostas directamente ao Goberno Municipal", segundo indicou o portavoz do BNG. Por outra banda, a Ordenanza do Galego procura "unha norma que regule o uso da nosa lingua, para o potenciar por parte da Administración local", asegurou Jorquera. |
NOS_33825 | Em 2015 o défice público de Portugal foi do 4,4%, o que supõe uma violação do Plano de Estabilidade que obriga os estados membros a não superarem o 3%. O Estado espanhol está na mesma situação ou mesmo pior, seu défice foi do 5,1%. | A sanção a um Estado membro por excesso de défice pode vir a se produzir de duas formas distintas: ou com o pagamento duma multa do 0,5% do PIB ou com a suspensão dos fundos estruturais. No que diz respeito a Portugal, a multa em relação ao PIB poderia ascender no máximo a um total de 762 milhões de euros (menos em realidade que o 0,5% mais se ponderam também factores como a situação económica do país e nomeadamente o diferencial das taxas de desemprego entre Portugal e a média da União Europeia) enquanto que se os fundos forem suspensos a penalização poderia atingir, no pior dos cenários, o patamar dos 1.830 milhões de euros. A decisão sobre se Bruxelas impõe ou não a multa do 0,5% do PIB (esse é o limite máximo, poderia ser uma percentagem inferior) será tomada esta quarta feira pela Comissão Europeia. Quanto à hipotética suspensão dos fundos estruturais, o assunto tem de ser previamente falado entre o executivo e o parlamento europeus. O vice-presidente da Comissão, o finlandês Jyrky Katainen, tem reconhecido em diversos depoimentos o grande esforço realizado por Portugal para reduzir o seu défice: "Tenho de reconhecer que Portugal fez um milagre neste tão curto período de tempo. Três anos depois, o país consegui estabilizar a situação e os cidadãos portugueses conseguiram regressar ao crescimento", disse em Março tal e como foi recolhido pelo Jornal de Negócios. |
PRAZA_14656 | A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta emite un duro comunicado contra "os recortes exclusivos á clase traballadora" do Goberno do PP, ao que acusa de usar o aforro e a austeridade "para desmantelar os servizos públicos". | A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia, órgano que representa os funcionarios neste ámbito, veñen de emitir un comunicado de cara ás eleccións do vindeiro 21 de outubro na que fan "un chamamento xenérico ao conxunto de traballadoras e traballadores públicos con respecto" aos comicios. Nunha decisión inédita, critican a política de austeridade por "traducirse en recortes exclusivamente á clase traballadora co único fin de compensar desmandados financeiros" e, aínda que non pide o voto para ningunha forza política, si chama a exercelo "en consecuencia" vista a situación dos servizos públicos. Non piden o apoio para ninguén pero si "votar en consecuencia" vistos "os recortes á clase traballadora" Así, a Xunta de Persoal denuncia que o actual Goberno, desde a súa chegada ao poder en 2009, "implantou unha política de acoso e derribo ao colectivo de empregados públicos e contra os servizos públicos en xeral", e acusa o presidente Feijóo de "desprezar" o seu labor xunto con varios conselleiros, algo que ven como "constante", ben en forma de "declaracións públicas falsas e argumentacións falaces ou ben impulsando cambios normativos dirixidos a recortar e limar os dereitos adquiridos". "A Xunta implantou unha política de acoso e derribo ao colectivo de empregados públicos e contra os servizos súblicos en xeral" O comunicado, que é moo duro co Executivo do PP, lembra que o Goberno "aprobou en febreiro deste ano unha lei de Medidas de Aforro que recortou" todos os seus dereitos "de xeito brutal" e recorda tamén que "implantou unha por unha e coa máxima celeridade todas e cada unhas das medidas impostas dende o Goberno central" sen procurar nunca " atopar unha saída favorable ou compensatoria para paliar calquera delas". "As chamadas ao aforro e á austeridade do Executivo non se corresponden con indultos millonarios a cargos do partido do actual goberno ou coas subvencións á prensa que non se recortan" Para os traballadores públicos dos servizos centrais da Xunta, as chamadas ao aforro e á austeridade "non se corresponden con indultos millonarios a cargos do partido do actual goberno sancionados por Medio Ambiente, subvencións á prensa que non se recortan, campañas de publicidade institucional, contratación de asistencias técnicas, encomendas de xestión de expedientes administrativos para empresas privadas ou a xestión privada dos Servizos Sociais e a negativa a instalar software libre". "Todas estas actuacións levadas a cabo polo actual Executivo", recordan. "Nestes tres anos e medio o proceso de desmantelamento dos servizos públicos, acelerouse co actual goberno, en base ao antes relatado e apoiándoo principalmente en amortizacións, ausencia das coberturas das baixas, taxas de reposición cero e unha ameaza clara e brutal de despedimentos xerais na Xunta de Galicia", insisten, tras destacar que entre a supresión da paga extra, as conxelacións ou a redución de empregados públicos, "o seu salario minguou máis dun 20 % con respecto ao IPC dende o ano 2009". Esixen que "se garantan uns servizos públicos e de calidade" e que se exerza o voto "desde a responsabilidade" Ante todo isto, a xunta de persoal fai "un chamamento para esixir" cos seus votos "que se garantan uns servizos públicos e de calidade e que este voto se exerza desde a responsabilidade". "Entendemos que as políticas do actual goberno baséanse en recortes á clase traballadora co único fin de compensar desmandados financeiros", finalizan, para aclarar que non piden a participación e o voto a favor de ninguén pero "si para que, tendo en conta o anteriormente exposto e dadas as políticas actuais, se emita un voto en consecuencia". "Así mesmo, esiximos publicamente ao resto de partidos, un compromiso claro e manifesto para que revertan esta situación e que se comprometan a devolvernos todos os dereitos perdidos ao conxunto das empregadas e empregados públicos", rematan. |
PRAZA_9432 | O 1 e 2 de marzo Pontevedra acollerá a segunda edición do encontro de mulleres columnistas As mulleres que opinan son perigosas. Falamos cunha das súas organizadoras, Susana Pedreira, sobre os factores que levan a que as sinaturas femininas sigan sendo minoría nas seccións de opinión | O vindeiro 1 e 2 de marzo Pontevedra acollerá a segunda edición do Encontro de Mulleres Columnistas As mulleres que opinan son perigosas, un foro que volverá analizar o papel das mulleres nos medios de comunicación e, sobre todo, nos seus xéneros de opinión, e que un ano máis está organizado polas xornalistas Diana López e Susana Pedreira. "O columnismo feito por mulleres non é un xénero, é unha mirada universal, exactamente igual que o feito por homes"Chus Gómez, Lorena G. Maldonado, María Xosé Porteiro, Gemma Herrero, Carmen Magdaleno, Ana Requena Aguilar, Ana Romaní, Pepa Bueno, Irene Bascoy, Lucía Mbomio, Tati Moyano, Tareixa Navaza, Teresa Lozano e Zúa Méndez (Towanda Rebels) e Marta Sanz son as 15 convidadas nesta ocasión. Mulleres de diferentes xeracións e especialistas en ámbitos moi diversos. Pódese consultar aquí o programa completo. Falamos con Susana Pedreira sobre os obxectivos desta segunda edición, a recepción que tivo o encontro do ano pasado e preguntámoslle se algo mudou no xornalismo e na sociedade dende o pasado 8 de marzo.O pasado ano o Encontro naceu como resposta a aquel Congreso de Columnistas de León integramente masculino. Sorprendeuvos a boa acollida e o impacto que tivo o foro de As Mulleres que Opinan?A idea de organizar este Foro xurdiu, efectivamente, despois de ver como naquel Congreso de Columnistas de León inicialmente só convidaran a homes. Pero non foi unha reacción improvisada nin apresurada: queríamos ir máis aló da crítica e da indignación que sentiamos. A idea, ademais, era facer aquí un foro de vocación estatal, feito dende a periferia, porque non todo ten que facerse en Madrid ou Barcelona. E si, esperabamos que ía haber unha boa resposta, tanto na cidade coma nas redes sociais, pero o éxito que tivo o encontro superou as nosas expectativas. En canto rematou esta primeira edición tiñamos claro que debíamos organizar unha segunda."Un xornalismo que só ten a visión dos homes é un xornalismo torto, un xornalismo que esta sociedade non merece"Iniciativas como a vosa abríronlles os ollos á moita xente, puxeron o foco sobre determinados temas nos que moita xente non reparaba, por exemplo sobre a ausencia de mulleres nas seccións de opinión ou en determinadas seccións dos medios. Credes que se conseguiu o obxectivo?Nós non reivindicamos un columnismo feito por mulleres como un xénero en si, senón que demandamos un xornalismo exercido por homes e mulleres en igualdade de condicións, de xeito que unha persoa cando vai informarse reciba unha visión completa do mundo. Un xornalismo que só ten a visión dos homes é un xornalismo torto, un xornalismo que esta sociedade non merece. Sen ese 50% que falta, a sociedade está a perder moitos temas dos que os xornalistas varóns non falan. O columnismo feito por mulleres non é un xénero, é unha mirada universal, exactamente igual que o feito por homes. Na edición deste ano recollemos algunhas das suxestións que nos fixeron o pasado ano: por exemplo, reclamáronnos que tratásemos a ausencia de mulleres na opinión no xornalismo deportivo, e por iso este ano vai participar Gemma Herrero, que ten moita experiencia neste campo. Ou tamén nos dixeron que sería interesante falar do papel das mulleres negras, e nesta segunda edición teremos a Lucía Mbomio.Algo cambiou no xornalismo e na sociedade dende o 8 de marzo do pasado ano?Si que houbo cambios, tanto no conxunto da sociedade como no que respecta unicamente ás mulleres e ás mulleres xornalistas. Sobre iso reflexionaremos na primeira xornada, analizando algúns das mudanzas introducidos nos medios: creáronse, por exemplo, figuras como a correspondente de xénero, no caso de El País, ou a redactora de xénero, no caso de Eldiario.es, Ana Requena Aguilar, que participará nas xornadas. Tamén participará o colectivo de Xornalistas Galegas, que naceu nos últimos meses. E Marta Sanz, autora de Monstruas y Centauras, fará unha análise das cousas que cambiaron e as que aínda non.Como foi a reacción dos homes, sobre todo dos xornalistas, ao Encontro celebrado o pasado ano?Temíamos unha reacción negativa por parte dos compañeiros varóns, temiamos que se sentisen excluídos ou atacados. E a realidade foi a contraria: tivemos un gran apoio por parte dos homes, que foron case a metade dos asistentes. No último ano notamos moito respecto por parte deles e atopamos moitos aliados, precisamente porque entenderon que o que facemos é loitar por un xornalismo mellor, non por un xornalismo para mulleres. Por suposto, houbo casos, sobre todo por parte dalgúns xornalistas veteranos, que reaccionaron mal, con artigos de opinión moi críticos, porque viron ameazada a súa parcela de poder."As mulleres estamos moito máis expostas cando damos a cara a través dun artigo. As columnistas reciben críticas feroces, son miradas con lupa, sobre todo a través da rede"Por que hai tan poucas mulleres nas seccións de opinión dos medios? Que ten que cambiar para que isto mude?O que ten que cambiar é que o exercicio de poder no que consiste escribir opinión ou dirixir un medio ten que comezar a equilibrarse. Un dos factores que determinan que tan poucas mulleres escriban opinión é que a maioría dos directores dos medios seguen a ser homes e que escribir opinión é un exercicio de poder e o poder segue a ser masculino. Por iso cando unha muller escribe opinión moitos homes se senten ameazados, porque ven ameazado o seu poder.Hay algún outro factor que explique esta fenda de xénero?Hai outro factor importante e é algo que teño comprobado en min mesma. Moitas veces convídanme a escribir opinión en medios, sempre o penso moito e acabo dicindo que non. As mulleres estamos moito máis expostas cando damos a cara a través dun artigo, tanto as novas coma as máis veteranas. Ás mulleres que opinan esíxeselles un dominio absoluto da materia sobre a que escriben ou falan, algo que está ben, pero que non se lle esixe do mesmo xeito aos homes. As columnistas reciben críticas feroces, son miradas con lupa, sobre todo a través da rede, con comentarios que en moitos casos chegan ao insulto persoal, con referencias sexuais ou meténdose co seu físico. Os homes son máis ousados, decídense máis facilmente a escribir porque non son tan cuestionados. A min gustaríame ser máis ousada, pero se non é un tema que domine á perfección, finalmente rexeito opinar, precisamente polo medo ao que pode vir despois."Non queremos que os pequenos avances que se conseguiron queden en algo anecdótico ou nunha moda violeta"Como ten que ser este 8M?Teñen que consolidarse os pequenos pasos que se foron dando no último ano. Necesitamos seguir gañando espazo e seguir gañando voz. Non queremos que os pequenos avances que se conseguiron queden en algo anecdótico ou nunha moda violeta. Queremos que o feminismo chegue para quedar, que non se limite a nichos creados nos medios para falar de determinados temas, senón que sexa transversal nos medios de comunicación, e que todos os temas se aborden a través dunha visión feminista. |
NOS_15967 | [ACTUALIZADA 12:18H] A muller foi atopada na madrugada da segunda feira en bon estado. | Segundo recolle a axencia de noticias Europa Press o home acusado de secuestrar a súa ex-compañeira e de agredir o actual compañeiro desta foi detido e atópase na comisaría da Policía en Ferrol Fontes consultadas pola axencia sinalaron que a muller foi atopada en bon estado na madrugada da segunda feira e que a súa actual parella, á que lle romperon o radio e cúbito dun brazo cunha barra de ferro, foi dado de alta. Segundo recolle La Voz de Galicia, a muller declarou non ter sido secuestrada e asegurou non ter estado presente durante a agresión ao seu actual compañeiro. Aliás, esta fin de semana foi detido un mozo de 24 anos na Coruña por un delito de violencia machista. A muller denunciou ter sido agredida en presenza da súa filla. No Estado español foi asasinada esta fin de semana pola violencia machista máis unha muller. Aconteceu en Aranda del Duero. |
PRAZA_9034 | Novos freixos, castiñeiros, nogueiras, carballos, cerdeiras e bidueiros chegarán ás áreas forestais próximas ás casas, nas que previamente foron eliminados os eucaliptos | O Concello de Ribadeo concederá unha axuda municipal de 6.500 euros para repoboar terreos forestais con especies frondosas. A medida enmárcase na campaña de limpeza das faixas de protección fronte aos incendios forestais que o Concello veu desenvolvendo nos últimos meses. "Desde o Concello queremos botar unha man na repoboación destes espazos limpos""Queremos recoñecer o esforzo dos propietarios que colaboraron na limpeza", destacou o alcalde Fernando Suárez. "Desde o Concello queremos botar unha man na repoboación destes espazos limpos para evitar que volvan retoñar. Para iso, a mellor maneira é a de repoboar con especies frondosas coma os freixos, castiñeiros, nogueiras, carballos, cerdeiras, bidueiros, etc". O Concello de Ribadeo encargará as árbores a un viveiro e posteriormente entregará estas especies frondosas aos propietarios forestais que o soliciten.Nos últimos meses o Concello requiriu formalmente, individual e colectivamente, aos propietarios de mais de 700 parcelas que estaban a incumprir a lexislación en materia de distancias de plantación de especies altamente combustibles con respecto ás vivendas e aos núcleos rurais. A día de hoxe aproximadamente o 80 por cento destes requirimentos foron cumpridos ou están en fase de cumprimento.A parte restante de monte, un vinte por cento, está a ser identificada estes días para que, posteriormente, o Concello proceda á execución subsidiaria dos traballos a través de empresas especializadas, remitindo finalmente aos propietarios a factura co custo da actuación.Novos freixos, castiñeiros, nogueiras, carballos, cerdeiras e bidueiros chegarán aos montes de Ribadeo"Desde o Concello de Ribadeo levamos mais dun ano cun traballo modélico e que poucos ou case ningún concello nin institución quixo levar adiante. Non se trata doutra cousa que a de cumprir as leis vixentes en materia de protección contra os incendios forestais, especialmente as vivendas e como non as vidas humanas, para que cando se produce un lume forestal non teñamos que laiarnos", destaca o seu alcalde, Fernando Suárez Barcia.O Concello de Ames tamén está a levar a cabo dende hai anos unha campaña de repoboación con especies autóctonas, que serven ademais como protección contra os incendios forestais. |
NOS_29831 | A camiñada decorrerá este domingo pola ruta do canal de Escudeiros, a carón do río Arnoia, zona de influencia dun proxecto mineiro "expoliador" e "agresivo" | CO obxectivo de denunciar o gran impacto ecolóxico e social que suporía para os territorios de Arnoia a posta en marcha do proxecto mineiro Wolfran Aurense, este domingo terá lugar unha andaina popular e reivindicativa. . Os concellos de Ramirás, Cartelle, Gomesende, Arnoia e Castrelo son os que sufrirían de forma directa as consecuencias deste proxecto, por iso a chamada á participación é especialmente para @s veciñ@s dos mesmos. Mais chámase a asistir de toda Galiza. A ruta elixida será a da Canle de Escudeiros, na conca baixa do río Arnoia, con saída do cruceiro de Escudeiros ao lado da igrexa ás 9 da mañá, e prolongarase uns 11 quilómetros, culminando cun xantar cos participantes. A iniciativa está impulsada polo BNG. Ten parte a Asociación Cultural santa Bárbara de Escudeiros. Destruír empregos e territorio Desde a fronte nacionalista ínstase á Xunta de Galiza que á hora de emitir os informes sectoriais para posteriormente decidir se autoriza ou non a instalación deste tipo de mina, emitan informes negativos baseándose en tres premisas: Que se crea menos emprego do que se destrúe, menos riqueza da que se destrúe; que os seus efectos son irreparábeis; e que debe prevalecer o interese das persoas que habitan neste lugar e que o queren seguir facendo por riba do interese das grandes multinacionais que simplemente veñen esquilmar os nosos recursos. O BNG está "diametralmente oposto a este tipo de políticas de espoliación de recursos naturais que benefician a multinacionais e para as que estes beneficios unicamente serven para gañar máis e máis diñeiro especulando con eles a base de destruír un territorio". |
NOS_31298 | El Confidencial Saharaui dá conta do levantamento dunha nova fortificación que se produce nun contexto de máxima tensión no territorio. | Segundo recolle o portal de información El Confidencial Saharaui o goberno marroquí estaría a iniciar a construción dun novo muro no Sáhara Occidental. Trataríase dunha infraestrutura de area situada entre El Aaiún e Smara. A operación iniciouse, segundo informa esta publicación, a pasada semana porén, o goberno marroquí non emitiu ningún comunicado ao respeito. A decisión de Rabat prodúcese no marco dunha crecente tensión no territorio após a expulsión de persoal funcionario da ONU e do fechamento da sede da MINURSO. por orde de Rabat. O Sáhara Occidental está dividido actualmente por un conxunto de muros de máis de 2.700 km. Marrocos mantén o pulso contra as Nacións Unidas logo de que o secretario xeral da organización internacional, Ban Ki-moon se referise á situación que atinxe o Sáhara Occidental como "ocupación", aliás, desde os campamentos de persoas refuxiadas situados no deserto de Arxelia. A reacción do goberno de Mohamed VI foi considerada unha declaración de guerra polas autoridades saharianas e o Frente Polisario lanzou un chamamento aos seus efectivos que iniciaron manobras militares. De facto, é a primeira vez desde a declaración do cesamento ao fogo en que máis forza colle a posibilidade de se reanudar o conflito armado. Francia anuncia que apoiará a renovación da MINURSO Para alén do máis, o secretario xeral das Nacións Unidas solicitou ao Consello de Seguridade a renovación do mandato da MINURSO, a operación especial destinada a garantir a convocatoria dun referendo de autodeterminación no Sáhara Occidental. Encomenda aprobada en 1999 e pendente aínda de cumprir. Malia as reticencias iniciais amosadas por Francia e o Estado español, o executivo de François Hollande asegurou nos últimos días a vontade de apoiar esta renovación. Madrid aínda non se pronunciou. |
NOS_11868 | Esta fin de semana será a última do pub Ultramarinos, un local que nos últimos anos se converteu nunha das referencias da cultura compostelá. | Hoxe os propietarios do pub anunciaban na súa páxina de Facebook o peche, que deixa atrás oito anos de música e programación variada. "Estamos orgullosísimos de ter sido moito máis que un pub, do traballo feito, de ter acollido tantos e tan marabillosos concertos, de ter colaborado activamente na dinamización da cidade vella e na loita por "normalizar" as actividades culturais ao vivo en locais de pequeno aforo, a través da Asociación Cultural Cidade Vella, Clubtura e a Plataforma Compostela Territorio Musical". Noa Díaz, o 50% deste proxecto a medias entre a hostalaría e a cultura, síntese especialmente satisfeita das "iniciativas que levamos a cabo nestes anos, como Dar no Cravo, un xogo que inventamos nós e que conseguiu que formáramos case unha familia cos participantes". Lembra tamén a variada programación, aberta a todo tipo de artes e xéneros. "Por exemplo, os concertos de Nadal, que eran os máis agardados do ano e sempre o petaban. Comezou Espido, logo uniuse Xabier Díaz con Guadi Galego e Guillermo Fernández..." "Nacemos como un local alternativo á oferta que había. Nunca nos encasillamos e tentamos abrirnos a músicas como a electrónica ou o hiphop", destaca Díaz, "e en pouco tempo conseguimos ser un local de referencia na noite compostelá". As razóns do peche enmárcanse na crise e nos cambios de hábitos que esta produciu. "A noite cambiou e baixou moito", explica Noa, quen se apresura a descartar o problema dos concertos ao vivo que hai uns meses provocou un conflicto na cidade. "Iso non ten nada que ver". E, como non gosta das despedidas, non acontecerá nada especial esta fin de semana, pero aseguro que nos agardan "para botar uns bailes e tomar uns chupiños á saúde de tod@s!" . O venres estará aos mandos da nave musical DJ Mil e o sábado DJ Vilouta. E o futuro? Noa Díaz, nome coñecido na cultura por méritos propios e tamén familiares, apunta: "Espero seguir no mundo da cultura. Teño proxectos en mente, pero aínda non é o momento de contalos..." |
NOS_48072 | A oposición busca espazo nesta situación de excepcionalidade provocada pola pandemia do coronavirus. Mentres o Partido Popular continúa nunha longa campaña electoral coa mirada fixa nuns comicios que quere celebrar antes de outono, PSOE, BNG e Galicia en Común lanzan propostas para facer fronte á situación. | Os ataques sen tregua do Partido Popular e Vox contra o Goberno de Pedro Sánchez contrastan co ton da oposición na Galiza. Se as forzas políticas galegas teñen demostrado ao longo da crise a disposición a dialogar e buscar acordos co Executivo de Núñez Feixoo, as dúas dereitas néganse a estabelecer calquera tipo de contacto formal co gabinete formado polos socialistas e Unidas Podemos. O PP estalle demandando a Pedro Sánchez as mesmas medidas que Feixoo se nega a aplicar na Galiza. Así, desde as forzas oposición afean que o presidente galego se negue a aprobar un aumento de salario para as traballadoras da sanidade, na liña do solicitado por Pablo Casado ao mandatario español. Outro tanto acontece co uso dos medios de comunicación públicos no horario de máxima audiencia, algo que desde a dereita lle recriminan a Sánchez, chegando mesmo a acusalo de prácticas de réximes autoritarios. O PP estalle demandando a Pedro Sánchez as mesmas medidas que Feixoo se nega a aplicar na Galiza Gonzalo Caballero está condicionado pola dialéctica política estatal. As posibilidades dos socialistas na Galiza sempre dependen das súas expectativas no conxunto do Estado, polo que a baixada que lle atribúen ao PSOE ás últimas enquisas teñen o seu correlato no país. A este respecto, os datos ofrecidos polo último estudo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) veñen confirmar a perda de apoio dos socialistas e o deterioro da imaxe do seu principal activo electoral, Pedro Sánchez, na liña do xa apuntado por outras sondaxes. O secretario xeral dos socialistas galegos continua centrado na defensa fechada da acción do Executivo estatal. Aínda así, tenta sacar cabeza denunciando aqueles aspectos máis lesivos da xestión da Xunta nesta pandemia, moi particularmente a situación creada nas residencias. Caballero vén de solicitarlle ao Goberno galego que clarifique a cifra de usuarios e usuarias de residencias de maiores que faleceron durante a pandemia sen que se lles practicase a proba do coronavirus e que non figuran no cómputo oficial. Segundo o dirixente socialista, a situación das residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional segue sendo o maior problema na loita contra o virus na Galiza tendo en conta que "seguen existindo residencias con contaxios masivos sen intervir", significando que "cada día que pasa na Galiza hai máis falecidos en residencias, hai que intervir en todas nas que hai situacións de gravidade, a Xunta non se pode pór de costas". Entre o Goberno e a oposición A posición de Antón Gómez-Reino está condicionada pola presenza de Unidas Podemos no Goberno do Estado. A participación de compañeiras da súa formación no Executivo central, entre elas Yolanda Díaz, a outra referente da formación, obriga o candidato da coalición Galicia en Común-Anova-Mareas a modular os termos das súas críticas á acción de Feixoo. Neste sentido, desde diversos sectores da formación demandan unha maior contundencia na denuncia das políticas da Xunta e marcar distancias con Pedro Sánchez. A conxuntura non é doada para Galicia en Común-Anova-Mareas. A crítica da formación á acción de Feixoo perde eficacia ao facer parte do Goberno do Estado, sendo tamén complicada de preservar a equidistancia coas decisións dos ministerios socialistas, actuando a un tempo como Goberno e oposición. Aínda así, Gómez-Reino mantén un perfil moi activo nos medios de comunicación, denunciando na xornada de onte o retraso na tramitación dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) por parte da Xunta da Galiza. Ana Pontón está instalada na proposta. A portavoz nacional do BNG leva lanzando alternativas desde o inicio da pandemia. Porén, a súa incidencia, nunha conxuntura como actual, está por ver. As circunstancias, co Parlamento da Galiza fechado e cun escenario que dificulta o labor da militancia, o principal activo do Bloque á hora de espallar a súa mensaxe, obrigan a facer da necesidade virtude. Neste sentido pódese explicar a conversa realizada onte entre Pontón e o escritor Suso de Toro e transmitida a través de Facebook. A posición do BNG está mudando nos últimos días. A isto ten contribuído a negativa da Xunta da Galiza a atender as alternativas formuladas desde a formación pero tamén os novos datos a respecto dos erros cometidos polo Executivo galego na xestión. A próxima comparecencia de Feixoo na Deputación Permanente vai representar o momento para comprobar o alcance desta viraxe, na liña da evidenciada no Congreso dos Deputados, onde o seu deputado, Néstor Rego, tense amosado moi crítico con Sánchez. Lealdade e responsabilidade Actuar con lealdade obriga a exercer a crítica. Mentres a pandemia segue batendo na sociedade, os retallos aplicados ao sector público impiden unha resposta máis contundente contra a epidemia, as traballadoras da sanidade e dos servizos sociais enfróntanse a ela sen os equipos de protección necesarios e os centros de maiores continúan no seu particular inferno, correspóndelle á oposición ofrecer propostas ás urxencias inmediatas e denunciar a resposta insuficiente do Executivo galego. Ser responsábel implica formular alternativas para os escenarios futuros. O fortalecemento do sistema sanitario público co obxectivo de enfrontar con máis medios as réplicas da pandemia, a reformulación do actual modelo de atención ás persoas maiores, a ampliación da cobertura da protección social e a mudanza do modelo económico impulsando a produción nacional son algunhas das tarefas que non poden agardar. |
NOS_52870 | Celta, Depor e Lugo xogan este sábado coa mesma camisola, a de Nunca Máis, no partido de Galiza contra a decisión xudicial que deixa sen castigo a catástrofe do Prestige. Balaídos e Riazor, no minuto 10 dos respectivos partidos, berrarán contra a impunidade. | Unha sentenza que deixa sen castigo a maior catástrofe ambiental de Europa merece unha resposta contundente e firme. A todos os niveis e ámbitos. Tamén no deportivo. Por iso este sábado o fútbol galego xoga coa mesma camisola, a de Nunca Máis, na defensa da dignidade deste país. "Como afeccións, mais sobre todo como pobo, hai que deixar ben claro que esa sentenza é unha vergoña e un insulto" A plataforma Nunca Máis recolleu e impulsou a iniciativa que xurdiu espontaneamente entre seareiros do Celta, Depor e Lugo e que convidaban ás afeccións a berrar 'Nunca Máis' no minuto 10 dos encontros das súas equipos, así como a acudir os estadios con camisolas e bandeiras de NM. En poucos días, peñas celtistas, deportivistas e do Lugo se sumaban á iniciativa. 18:10 no sur e 18:25 no norte O primeiro partido é en Balaídos. Ás 18.00 horas comezará o Celta-Almería. Peñas como o Colectivo Nós socializaron entre a afección da armada celeste a iniciativa de berrar Nunca Máis. Axiña outras peñas, desde os Carcamáns da Illa de Arousa a Merlengo de Compostela se sumaron a esta iniciativa, así coma Irmandiños, os Celtarras ou Preferencia Celeste, entre outras. "Como afección, mais sobre todo como pobo, hai que deixar ben claro que esa sentenza é unha vergoña e un insulto", salientan desde as fileiras celestes. No estadio vigués será ás 18:10 cando ecoe o 'Nunca Máis' No que atinxe a Riazor, o partido comezará ás 18:15. Non é un partido calquera por que é un derby galego: Depor e Lugo volven enfrontarse nunha cita que promete porque están no cumio da Segunda división. Aquí será ás 18:25 a cita coas berros de Nunca Máis Nos días previos ao encontro, xogadores do Depor e do Lugo fixeron fotos con bandeiras de Nunca Máis, dando así o seu apoio a unha iniciativa que está a colleitar un enorme suceso entre os afeccionados deportivistas e lucenses. |
PRAZA_10125 | A nova Lei do Xogo limitará o seu número aos xa existentes ou en tramitación. A comezos de ano eran 136, sobre todo en Vigo e A Coruña, e a cifra crecera xa ata os 159. O Goberno galego aprobará este xoves a medida para evitar que as empresas "especulen" e abran novos salóns nos vindeiros meses | Nos últimos anos disparouse o número de salóns de apostas abertos en Galicia, especialmente nas cidades. En xaneiro de 2019 eran 136 as casas de apostas abertas, sobre todo na Coruña (24) e Vigo (22), e con cifras importantes igualmente en Ourense (10), Compostela (7), Pontevedra (6), Lugo (6) e Ferrol (5). A alarma social xerada por estes establecementos, sobre todo pola capacidade de adicción ás xeracións máis novas, provocou protestas de formación políticas e tamén veciñais, como a que nas últimas semanas sostiveron os habitantes do barrio vigués de Navia.O número de salóns de xogo e tendas de apostas quedará limitado "aos xa existentes ou con solicitude en tramitación", un total de 159O Goberno central e a Xunta de Galicia xa anunciaran algunhas medidas para limitar os perigos das casas de xogos e das apostas en liña, pero agora o Goberno galego vén de anunciar unha acción decidida para poñer couto á expansión destes salóns nos barrios das cidades e vilas do país. Este mércores, trala xuntanza do Comisión do Xogo de Galicia, o vicepresidente Alfonso Rueda anunciou que o Consello da Xunta aprobará este xoves a limitación do número de salóns de xogo e tendas de apostas "aos xa existentes ou con solicitude en tramitación". Así, quedarían como máximo 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas, un total de 159. É dicir, nos cinco primeiros meses do ano o seu número xa pasara de 136 a 159. Nos vindeiros meses Galicia contará cunha nova Lei do Xogo, no que se manterá esta limitación. O obxectivo da medida que se aprobará este xoves, sinalou Rueda, é "evitar que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e poñer en marcha novas instalacións". A nova norma actualizará a actual lexislación galega na materia, que data do ano 1985.A Xunta busca evitar que se aproveite o período previo á entrada en vigor da nova Lei do Xogo "para especular e poñer en marcha novas instalacións"O texto coñecerase nas vindeiras semanas e o Goberno galego vén anunciando dende comezos de ano que a norma recollerá algunhas das demandas dos colectivos veciñais e das asociacións de afectados polo xogo. Por exemplo, a lei podería prohibirlle ás casas de apostas que ofrezan bonos de benvida para captar clientes. E, de igual xeito, podería establecer limitacións nos terminais de apostas instalados nos bares e nos que o control do acceso de menores de idade é mínimo na actualidade. Implantarase un sistema semellante ao que existe para as máquinas de tabaco: o propietario ou propietaria do bar deberá activar a máquina cada vez que alguén queira xogar, polo que será responsabilidade súa comprobar a maioría de idade dos xogadores.Aos case 150 salóns de xogo en funcionamento ou en trámite en Galicia hai que sumarlle a existencia de 3.853 terminais de apostas en locais de hostalería ou tendasAos case 160 salóns de apostas en funcionamento ou en trámite en Galicia hai que sumarlle a existencia de 3.171 terminais en locais de hostalaría e outros 682 nas propias tendas e salóns de apostas (datos de xaneiro de 2019). Desas 3.853 máquinas, a maior parte localízanse nas provincias da Coruña (1.390) e Pontevedra (1.321); detrás aparece Ourense (665) e Lugo (477). O regulamento de apostas aprobado pola Xunta no ano 2012 fixaba un número máximo de 2000 máquinas de apostas en bares e cafetarías. Porén, no ano 2017 o Goberno galego elevou ese límite ata as 3.600 máquinas, unha cifra que está preto de acadarse.Entidades como a Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA) alertan de que estes terminais dos bares son neste momento tanto ou máis perigosos que os propios salón, pola súa extensión, accesibilidade e pola falta de controis. O 30% dos mozos entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez e calcúlase que o 2% da poboación pode desenvolver unha adicción ao xogo, e esta porcentaxe seguramente pode ser maior nesas idades.Os galegos perderon 28 millóns de euros nas salas e máquinas de apostas no ano 2016 (últimos datos dispoñibles, ofrecidos polo Ministerio de Facenda). En concreto, xogaron uns 134 millóns de euros e obtiveron uns premios duns 106 millóns. Nestes datos non entran os cartos apostados a través de Internet, que nese ano 2016 se elevaran ata os 11.000 millóns de euros en todo o Estado Español |
NOS_50788 | s empresas galegas empezan a notar as consecuencias da expansión do coronavirus (COVID-19 segundo o seu nome técnico) primeiro pola China e agora tamén por Europa. A automoción e o téxtil, os dous sectores que tiran da economía da Galiza, son tamén os que máis poden perder se a propagación do virus esténdese no tempo. | Coas primeiras mortes a causa coronavirus (COVID-19) en Europa, as empresas prenderon a luz de alarma. Algunhas xa están a pagar en bolsa a súa exposición aos mercados onde se teñen detectados casos e outras xa empezan a tomar medidas ante a proximidade do virus. Desde o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a galega Nadia Calviño, afirma que aínda e "prematuro" estimar o posíbel impacto do coronavirus na economía, pero recoñece que pode ser unha ameaza para a mellora da actividade económica. Con todo, após un inicio de semana marcado polos números vermellos no mercado bursátil, a ministra recomenda non deixarse levar "por unha reacción puntual das bolsas". Na Galiza, as empresas xa se están a mover ficha ante unha posíbel expansión do virus. Unhas, ante posíbeis caídas da produción como consecuencia dun eventual parón do consumo, e outras polas oportunidades de negocio que a difusión do coronavirus pode xerar. A semana pasada, o secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime), Enrique Mallón, recoñeceu que a epidemia da pneumonía chinesa estaba a afectar xa á industria galega, e que de estenderse no tempo podería ter "graves" consecuencias. Días antes, Trèves, un provedor histórico da factoría viguesa de PSA, anunciaba un ERE nas súas dependencias en Pontevedra por un problema de desabastecemento de pezas de China. Sectores con risco A automoción, a alimentación e o téxtil son, en palabras do director de Comercio e do ICEX na Galiza, Sergio Prieto, os sectores máis afectados en canto a exportacións. En importacións, a electrónica de consumo. "Estanse parando pedidos a expensas do que poida pasar", recoñece. PSA e as súas auxiliares están, pois, na lista das empresas que se poderían ver afectadas. Pero a que xa está a pagar as consecuencias é outro dos motores da economía galega: Inditex. A multinacional fundada por Amancio Ortega non explica os protocolos que está a adoitar en China coas suas tendas (ten sete na 'zona cero' de Wuhan) e os seus provedores. En Italia, segundo os informes remitidos á Comisión Nacional do Mercado de Valores, ten 8.600 empregadas e en Milán, un dos epicentros do virus, un dos seus maiores estabelecementos. Inditex pagou en bolsa esta exposición. Esta segunda feira, os seus títulos caeron 6,24%, máis que o propio selectivo IBEX35, que perdeu 4,07% na súa maior baixada após o referendo do Brexit. Tamén sufriron as accións de Adolfo Domínguez, que se deixou 3,8%, e PharmaMar, que liderou as caídas dos valores galegos cun 8,4% menos de valoración na xornada. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_4491 | A primeira incógnita que paira sobre 2018 é se Rajoy premerá ou non o botón do adianto eleitoral, sendo que o apoio do PNV aos orzamentos é incerto e que Cs podería verse tentado a lle retirar o apoio para tirar rédito da campaña catalá. Mais esa non é a única chave do novo ano -neste texto debruzámonos sobre 8 máis-, embora si sexa a que pode desenguedellar todo o nobelo. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 278. | No horizonte de 2018 non se albisca nengún proceso eleitoral e ese dado constitúe por si propio unha chave do que poda dar de si este 2018. Mais é realmente seguro que non haberá eleccións xerais no cenario estatal? Non caerá na tentación Albert Rivera de retirar o apoio a Rajoy no Congreso dos Deputados após o grande resultado de Inés Arrimadas en Catalunya? Ou non será o propio Rajoy o que force a disolución para frear en seco a queda do seu partido nos inquéritos e impedir que se consolide a onda ascendente demoscópica de Cs? En realidade todos os indicios disponíbeis apontan a que a hipótese do avanzo eleitoral non é a máis probábel. E iso por no mínimo dous factores. Un ten a ver con Ciudadanos, outro co PP. Vaiamos por partes. Retirar o apoio agora a Rajoy podería ser visto como unha manobra oportunista -realmente o sería- por parte do eleitorado fronteirizo entre as dúas marcas da direita española. Non é seguro que as e os votantes conservadores fosen premiar ese hipotético movimento da escadra laranxa. Por outro lado, se hai algún activo que poda vender Rajoy neste momento é o da estabilidade política e o da súa habelencia para, desde os apenas 137 escanos dos que dispón na Carrera de San Jerónimo, artellar as alianzas políticas precisas para se manter no goberno. Unhas eleccións antecipadas serían tanto como admitir a súa propia fraxilidade parlamentar, a súa condición de minoría. Xusto o que escenario que mellor lle acaería á formación liderada por Albert Rivera. [Podes ler a análise íntegra no número 278 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_9481 | A economía azul centra unhas xornadas dos Grupos de acción costeira. | ''O mar como motor de innovación e crecemento' é o título das xornadas que se van desenvolver en Vilanova de Arousa o 11 de decembro e que se centrarán en dar a coñecer as oportunidades que ofrece a denominada economía azul. A Unión Europea considera os mares e océanos como motores da economía dos territorios costeiros polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento; e aposta na economía azul como alternativa de futuro. A economía azul emprega a máis de 691.000 persoas no Estado español e xera aproximadamente 23 millóns de euros de valor agregado. En toda a Unión Europea representou en 2016 o 1,3% do PIB total. Ese é precisamente o obxectivo desta sesión de traballo na que van participar representantes de orgasnizacións implicadas no desenvolvemento de iniciativas de crecemento azul en Galicia e Portugal. |
NOS_51271 | Chévere volve sobre Eroski Paraíso, desta volta para estrear un filme que adapta a dramaturxia asinada polo propio Xesús Ron. A longametraxe preestréase en Compostela 24 de novembro e no Culturgal 30 de novembro. | Após o éxito de Chévere con Eroski Paraíso, o texto que asinaba e dirixía Xesús Ron dá o salto á gran pantalla. Neste periplo, o autor está acompañado polo director de cinema Jorge Coira. A adaptación da obra de teatro, coa que a compañía percorreu durante varios anos o Estado español, acadando máis de 30.000 espectadores, enmárcase no camiño fronteirizo de artes escénicas e audiovisual que caracteriza a súa recente produción, situándoa na vangarda artística europea. Misión social O filme foca o relato en Álex (Cris Iglesias), unha cineasta novel decidida a realizar unha película sobre a historia dos seus pais. Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira) coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989, casaron e tiveron unha filla. Após sete anos divorciados sen contacto, a antiga discoteca converteuse nun supermercado Eroski. En clave de comedia, a historia explora a memoria colectiva baseándose en historias reais que sucederon no Paraíso, sala de festas que existiu realmente en Muros e pasou o peche en 1990 para se refundar nun Eroski. Un feito que, cambiando os homes, se repetiu en infinidade de lugares de España onde cinemas, salas de festa e outros locais de socialización se volveron espazos de consumo. Chévere non renuncia ao seu estilo comprometido e estabelece no discurso da obra un diagnóstico da sociedade contemporánea. É, nas súas palabras, un «retrato dunha xeración que o tivo todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se recorrese o corredor dun supermercado, unha metáfora viva da transformación social que tivo lugar nos últimos 35 anos en España». Preestreas en Compostela e Pontevedra Tras a primicia mundial no Festival de Cans, o filme, coproducido por Chévere e Ollo Vivo, preestréase este domingo 24 de novembro dentro da programación de Cineuropa en Santiago de Compostela. A entrada é de balde, coa correspondente retirada previa de convite, dispoñíbel a partir da sexta feira no Teatro Principal ou o domingo no Auditorio de Galiza. Antes da estrea en salas o vindeiro 13 de decembro, Eroski Paraíso terá tamén un pase na Culturgal o sábado 30 de novembro. |
NOS_10683 | A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, deu a coñecer o II Plan de rescate. | A Xunta da Galiza, representada pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, deu a coñecer o II Plan de rescate para persoas traballadoras, microempresas e hostalaría á patronal e aos sindicatos CCOO e UXT no marco dunha reunión do chamado Diálogo social. Á saída da xuntanza, Lorenzana non entrou a valorar a proposta das deputacións e os concellos máis alá de sinalar que hai que "sumar diñeiro e non entrar en porcentaxes". Na que foi a súa primeira reunión como presidente da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG), Juan Manuel Vieites pediu coordinación e apuntou que "as partidas orzamentarias previstas neste segundo plan son menores que as do primeiro", aínda que considerou que é "positivo" que se manteña a posibilidade de que sexan compatíbeis coas doutras admistracións públicas. CCOO e UXT valoran a "receptividade" Desde os sindicatos convocados á reunión, a valoración foi positiva pola "receptividade" ás propostas expostas na reunión, na que se emprazou a manter outro encontro mañá. As súas principais demandas foron cara a un aumento da dotación orzamentaria e que se incorporen ás axudas outros colectivos como empresas comprendidas no tramo entre 11 e 25 empregadas e empregados ou os que teñen entre 26 e 50. Desde UXT, José Antonio Gómez, manifestou que gustarían dun "acordo conxunto" de todas as administracións para axilizar e simplificar a solicitude e pago de axudas. a través dun "portelo único". Polo seu lado, Ramón Sarmiento, de CCOO, pediu que se flexibilicen requisitos e simplifiquen os tramos das axudas ademais de que haxa un acordo "canto antes". |
NOS_49088 | Nestes intres iniciais de confinamento, a limpeza constitúe un escape e un ritual de preparación. | Intimamos máis coa casa e, en especial, coas xanelas ao asomarnos, apoiarmos ou entornar as contras. A súa calidade, tamaños e materiais tórnanse vitais agora. En función da nosa fortuna actual, a casa toca gozala ou sufrila, segundo o noso espazo ou compaña. Convócannos nos nosos balcóns, pero para moitas nin nosos, nin balcóns. A metade do país alugado non ten balcón e de telo, só as flores son súas. Pero iso é outra historia. A xanela-balcón é un conxunto que permite saír da casa sen saír. Con todo, o saínte do chan e a varanda serven, sobre todo, para dar intimidade á casa en relación á rúa. O balcón fai posíbel que os vidros cheguen ao chan, convertendo as xanelas en portas e para poder saír e iluminar máis. As fachadas son tamén unha resposta ao que hai en fronte. Sorprende comprobar como, canto máis antigos son os edificios, mellor e máis rica é esta relación co exterior. Xa non se constrúen balcóns, por non falar de amplas terrazas ou galerías profundas. En que momento a nosa arquitectura moderna desbotou o balcón? Xa fose pola claridade formal do volume, por falsas razóns económicas ou pola desconfianza ante o progresivo empeoramento das condicións urbanas, o certo é que desapareceron, convertéronse por consenso en falsas galerías. Ademais, a xanela canto máis pequena máis barata. Resulta cinco veces máis cara que facer un muro e o negocio anteponse á dignidade do habitar. Ai, amigo, éche o mercado! Doutra banda, a televisión e a xanela compiten xa por cal posúe maior tamaño. Todo é publicidade en dúas realidades diferentes. Unha situación semellante á actual padecen os nosos maiores en espazos interiores e exteriores que non están á altura. Baixo pretexto da seguridade ou da comodidade de xestión, xa non se proxectan xenerosos andadeiros exteriores ou, cando menos, amplas terrazas comúns como nos nosos antigos sanatorios. Posíbeis melloras. Entrado o novo século, Francia propuxo demoler gran parte dos bloques sociais dos anos 60. Desconfiados da encomenda, un grupo de técnicos conseguiu conservar e transformar radicalmente as vivendas, pola quinta parte do custo estimado de 30 mil euros por vivenda. Á accesibilidade e mellora enerxética, sumaron maior habitabilidade, ampliando o tamaño das xanelas e incorporando galerías profundas de tres metros e mesmo un balcón corrido á rúa. Todo evitando o radical trastorno de ter que realoxar a veciñanza. A acción renovadora destas primeiras 530 vivendas, ademais do habitual, incrementou a liberdade e dignidade das habitantes. Neste lugar entre a casa e a rúa, que agora redescubrimos, somos en común. Xa que logo, non somos persoas que se relacionan, senón a propia relación. Optemos estes días por exteriorizar e compartir na contra de tentar vixiar e castigar. |
NOS_22485 | A Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi) realizou esta semana unha conferencia internacional de dúas xornadas para avaliar a situación do sector pesqueiro diante das novas propostas da Unión Europea e o cada vez máis salientábel lugar que ocupan consumidoras e consumidores nun mercado globalizado como o actual. | O sector pesqueiro galego segue a vivir con preocupación os cambios que se están producindo a nivel da Unión Europea e mundial. Quedou patente na conferencia internacional sobre o futuro da pesca que organizou a Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi) e que rematou esta terza feira na súa cidade. A primeira das inquedanzas figuraba no propio nome do encontro, 'Level Playing Field' (terreo de xogo equitativo) e constataba toda unha demanda a modo de toque de atención cara ás autoridades da UE nun mercado que na actualidade está globalizado e no que interveñen países con lexislacións máis laxas. Nun dos relatorios do primeiro día, Daniel Voces, director xeral de Europêche, explicou que as diferenzas entre frotas comprometen a competencia entre elas, e non só cando se fala do sueste asiático, tamén entre os propios países da UE. Alertou de que, malia ser a actividade económica máis sustentábel e menos contaminante pola menor pegada de carbono -rebaixou un 48% as súas emisións-, a intención comunitaria, a través da estratexia Fit55 que procura a redución de emisións un 55%, é introducir un imposto mínimo ao gasóleo de 14 euros por cada cen litros de combustíbel. Sobre este tema, o director xeral de Ordenación Pesqueira, Ignacio Gandarias, expuxo que a postura do Goberno español era "continuar como está" agora, sen introducir novas medidas impositivas. Falta de equidade no mercado Sobre a falta de equidade, Annina Bürgin, xerente da Fundación MarinnLeg, sinalou que pode chegar a poñer en perigo a propia pesca sostíbel. Puxo como exemplo as dificultades para cumprir as normas que teñen hoxe en día as embarcacións que traballan no Gran Sol e as facilidades doutras frotas, como a chinesa, que emprega cebo vivo nunha área do Senegal que está vedada para a frota da UE. A falta de igualdade comeza antes mesmo de saír ao mar. José Ramón Regueira, director comercial do estaleiro Nodosa, aseguraba que entre os seus encargos había moitas diferenzas segundo o país que os realizaba e as dificultades para cumprir con toda a normativa. Regueira puxo como caso práctico un barco de Gran Sol que "hai 30 anos contaba con 38 metros de eslora, algo máis de oito de manga, 900 cabalos, adega para fresco e conxelado, depósito para 100.000 litros de gasóleo e espazo para 14 tripulantes" e que hoxe debería contar "con 1.800 cabalos, doce tripulantes e depósito de 140.000 litros". Etiquetaxe e información A xornada final desta terza feira reflexionou sobre a imaxe que dan os produtos pesqueiros de cara ao seu consumo e a importancia que ten o seu coidado. Pedro Ferreira, director de Mercados Pesqueiros en Sustainable Fisheries Partnership (SFP), unha organización sen ánimo de lucro dos Estados Unidos de América que opera a nivel mundial para controlar a pesca sustentábel, explicou o aumento do consumo responsábel na gran distribución como consecuencia da presión dalgunhas ONG e as campañas de sensibilización que fixeron. "A axenda 2030 das Nacións Unidas seguirá guiando as políticas de abastecemento responsábel", advertiu, polo que terá que realizarse "máis comunicación para a consumidora ou o consumidor de como traballa cada empresa" e poder escoller. Alén diso, adiantou que "os dereitos humanos serán en breve un tema moito máis importante que o medio ambiental, do que xa temos ferramentas" polo que as seguintes medidas internacionais irán encamiñadas a protexer no seu traballo as persoas en toda a cadea da pesca. As xornadas remataron cun debate sobre a situación da etiquetaxe e a visibilidade dos produtos do mar nos estabelecementos, singularmente nas grandes superficies, un panorama aínda non resolto. |
NOS_9227 | Albert Rivera deixou entrever que facilitará que Mariano Rajoy volva ser presidente se os populares son a forza máis votada o 20D. Tamén no caso do PSOE, agás que este pacte con Podemos. | Ciudadanos tenta frear a fuga de votos que prognostican as sondaxes no último día de campaña. O candidato da formación, Albert Rivera, deixou entrever que facilitará que Mariano Rajoy volva ser presidente se os populares son a forza máis votada o 20D. Tamén apuntou a unha posible abstención no caso do PSOE, agás que este pacte con Podemos. "Votarei non a quen tente formar un grupo de perdedores para desbancar a unha lista que gaña as eleccións, porque España vai mal pero pode ir peor", sinalou Rivera nunha conferencia organizada por 'El Periódico de Catalunya'. O líder de Ciudadanos asegurou que non vai apoiar un eventual acordo entre "Podemos, Bildu e Compromís xunto co PSOE". Rivera reiterou que non votará a favor de ningún outro candidato á presidencia e adiantou que non presentarán unha lista de esixencias que condicionen o apoio da súa formación. |
NOS_56893 | Pola súa banda, o Celta aspira a asaltar a fortaleza nazarí hoxe ás 21 horas. | A pesar do cambio de dinámicas e dos positivos resultados que nas últimas xornadas lograron tanto o Real Club Deportivo como o Club Deportivo Lugo, a realidade dos representantes galegos na categoría de prata é que ocupan, respectivamente, a 17ª e a 19ª posición na táboa. Descender a Segunda División B segue a ser unha opción moi real para ambos conxuntos, polo que os tres puntos que estarán en disputa mañá a partir das 13 horas en Riazor son fundamentais para lograr o anhelado obxectivo da permanencia. O técnico lucense Curro Torres sabe da "importancia" do partido, gaba o traballo do seu homólogo coruñés, Fernando Vázquez -"excepcional"-, pero indica que van "a polos tres puntos". Pola súa banda, os branquiazuis recuperan o dianteiro Víctor Mollejo -habitual na titularidade- logo da súa sanción, que agarda que a afección contribúa a "levar o equipo até o triunfo". O Celta, a asaltar a fortaleza nazarí Prolongar a boa xeira de resultados e afastar definitivamente a pantasma do descenso. Ese é o obxectivo do Real Club Celta na súa visita ao campo dunha das revelacións do campionato, o Granada, hoxe ás 21 horas. Dirixidos, curiosamente, polo vigués Diego Martínez -co que os andaluces están virtualmente salvados e nas semifinais da Copa do Rei-, o éxito do Granada basease en converter o Nuevo Los Cármenes nunha auténtica fortaleza, até o punto de que só o Fútbol Club Barcelona, líder da categoría, leva máis vitorias no seu domicilio. Logo de que no último partido García Junyent recuperase a defensa de catro, abandonando o 5-3-2 que empregara no empate ante o Real Madrid, non é descartábel que o catalán aposte de novo polo sistema de tres centrais, entre outros factores pola baixa do sancionado Filip Bradaric, expulsado durante a primeira parte do encontro da pasada semana ante o Leganés. Con case total seguridade, o seu substituto será o madrileño Fran Beltrán, que necesita minutos para consolidarse como un xogador importante e confirmar as sensacións que hai dous anos apuntaban a que sería un dos mediocampistas con máis potencial do fútbol no Estado. Así as cousas, o Celta xogaría con Rubén na portería; Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Araujo e Olaza na defensa; o propio Beltrán, Yokuslu e Rafinha no medio; e coa dupla Smolov-Iago Aspas na punta do ataque celeste. |
NOS_16069 | Son 109 os anos que pasaron desde que morreu Lamas, o inventor do xornalismo galego e o defensor da dignidade labrega. | O catro de setembro de 1906 morre Lamas Carvajal, un dos primeiros promotores da prensa en galego. Nacera en Ourense en 1849 e os medios de comunicación foron elemento principal na difusión da súa literatura. E tamén das polémicas políticas e literarias en que participou ao longo da súa vida. A aparición de O Tío Marcos da Portela converteuse nun dos feitos de maior relevancia na historia das letras galegas por se tratar da primeira publicación redixida desde Galiza integramente no noso idioma. Antes de que en 1876 aparecese O Tio Marcos a presenza do galego nos xornais era pouco menos que anecdótica, e correspondía a colaboracións literarias -na súa maior parte poéticas- a seccións de carácter satírico -para reflectir as opinións do pobo máis humilde- ou mesmo a pasatempos de ton máis folclórico. O semanario (nos primeiros meses quincenario) editado en Ourense por Valentín Lamas Carvajal, é o primeiro periódico monolingüe en galego. De marcado carácter literario, esta publicación acadou un grande éxito en todo o país e chegou a tirar catro mil exemplares. Nas súas páxinas incluíanse seccións de opinión e de actualidade. Este catro de setembro fanse 109 anos da morte de Lamas e 126 da aparición do Tio Marcos. Casualmente o aniversario deste defensor dos labregos coincide con eles en pé de guerra, tomando Compostela con millares de tractores.Unha vez máis a nosa literatura tendo valor profético. E sendo Compostela, como é, centro de profesión relixiosa, que mellor que profesarmos na fe do Catecismo do Labrego de Lamas? Deixámolos co comezo Decraracion da doutrina labrega P.- ¿Sodes labrego? R.- Sí, pola miña disgracia. P.-Ese nome de labrego, ¿de quen o recibiche? R.- Do sacho que me fai callos nas maus, da terra que rego co sudor da miña testa, das mouras fames que paso, do aire que brúa nas miñas faltriqueiras, da monteira que levo na chola, da coroza de palla que me libra da chuvia, das cirigolas de estopa que me cobren de medio corpo abaixo, e doutras cativeces entre as que vivo aguniando. P.- ¿Que quere decir labrego? R.- Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabear os que gobernan, ser a quen fan pagar cédula como as persoas pra tratalo como aos cás, que leva faltriqueira no traxe por fantesía, boca na cara por bulra, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que á somellanza dos burros de arrieiro que levan o viño e beben a auga, precuran o trigo pra comer o millo, que anda langraneando por unha peseta sin poder nunca xuntala, e que ven ser considerado polos seus somenllantes como un ninguén que a todo chamar chámanlle Xan Paisano. P.- ¿Que entendes por home de labranza? R.- Unha caste de boi posto de pé, unha máquina de sacar cartiños da terra. P.- ¿Cál é o sinal do labrego? R.- A probeza. P.- ¿Por qué? R.- Porque nela vivimos e morremos. [...] P.- ¿Cáles son os vosos nemigos? R.- Cóntanse por centos. P.- ¿Qué nemigos son eses? R.- A maiores do mundo, do demo e da carne como teñen todalas xentes, temos un fato deles: nove ministros en Madrid, o Delegado da Facenda na provincia, o Adeministrador a Subalterna no partido, o Alcalde, os concellais e o Segredario no Concello, o cacique da parroquia, o veciño de porta con porta, a miseria na casa, os pedriscos nos eidos, a fillosera nos viñedos, o recaudador metido na cabeza, os trabucos e a contribución territorial na cana dos ósos, a de consumos entalada nas gorxas, a creencia de que nos hemos millorar de sorte no esprito, as falcatrúas da curia enterradas hastra o redaño,etc., etc., etc. P.- ¿E o traballo ten virtude contra eles? ... |
NOS_48553 | Mostra en Santiago de cubertas de discos galego | De atender os cantos integrados dos tecnófilos, talvez a exposición Xirarei: deseño de cubertas no disco galego 1955/1995 sexa case arqueoloxía. A extinción dos formatos fonográficos físicos parécelles irreversíbel e, con eles, a das artes da cuberta. Mais o ilustrador Fausto Isorna (Catoira, 1961), comisario da mostra, quixo contar, con todo, a historia deste "obxecto de consumo que se converte en arte". Até o 24 de maio pode visitarse no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela. Popular e industrial, funcional e artístico, comercial e atrevido, o deseño de portadas dos elepés é unha disciplina atada ao século XX. Xirarei comeza en 1955 cun EP de Joselín, outrora célebre contacontos, en realidade unha reedición en vinilo dun disco orixinal de lousa. "É que a gravación fonográfica naceu para rexistrar voces, non música", explica Isorna a Nós Diario, "neste caso, a cuberta era xenérica, debuxada". O pop aínda non irrompera nin na Galiza nin practicamente en ningures. Porén, a mostra, que agrupa 600 pezas, non é cronolóxica.Tampouco conta a historia da música galega. "O que intentamos foi revisar os lugares comúns do deseño gráfico", di. E responder á obsesión do propio Isorna polo que define como "arte popular". "Ademais, as cubertas de discos son escenarios privilexiados para ver ensaios de tipografía, de ilustración, de empacotado... ou para transmitir ideoloxía, mensaxes", engade. O uso da simoboloxía máis ou menos nacional, que ocupa un relevante apartado na mostra, é exemplo desa tese. "A bandeira e o mapa convértense en elementos que aparecen reiteradamente", expón. É o caso do mítico Estamos chegando o mar (1976), obra de canción de autor con ecos progesivos e militancia antifranquista de Bibiano, ou de Na fermosa Galicia (1970), de Los Tamara. Paisaxes, sobre todo mariñas, ou o hórreo, tamén adornaron elepés de toda condición. Igual que a omnipresente imaxe do gaiteiro. "Os discos da Coral de Ruada ou a inxente produción de Cantigas e Agarimos amosan estes recursos, ás veces de maneira traballada e ás veces de maneira máis kitsch", afirma. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_32034 | O lanzamento de foguetes por Hamas traslada o conflito de Xerusalén á Faixa. | O Exército israelí intensificou hoxe, por segundo día consecutivo, os bombardeos sobre o territorio bloqueado de Gaza, tras o novo lanzamento de foguetes desde o enclave cara a Israel por parte do Movemento de Resistencia Islámica (Hamas), informaron axencias internacionais. Polo menos outras dúas persoas morreron, segundo as autorizades sanitarias de Gaza. Os novos bombardeos prodúcense poucas horas despois de que polo menos 28 palestinos ─incluídos dez menores─ perecesen a causa dos ataques aéreos israelís. O lanzamento de foguetes por parte de Hamas, que goberna en Gaza, chegou tras o ultimato a Israel demandando a retirada das forzas de seguridade da praza da mesquita de Al Aqsa, no territorio ocupado de Xerusalén Leste, tras varios días de represión policial de manifestantes que protestaban polo inminente desaloxo de familias palestinas do barrio de Sheikh Jarrah. A Policía israelí asaltou na segunda feira, por terceiro día consecutivo, a "Explanada das Mesquitas", así chamada polos musulmáns ("Monte do Templo, polos xudeus). Os axentes utilizaron granadas de atordamento e pelotas de goma contra os manifestantes que lles lanzaron pedras, zapatos e outros proxectís improvisados. Os antidisturbios tamén usaron gas lacrimóxeno, que chegou ao interior de Al Aqsa, onde os fieis celebran estes días o final do Ramadán. Nas últimas 24 horas máis de 700 palestinos resultaron feridos no territorio ocupado de Cisxordania, informou a canle de TV árabe Al Jazeera. Ademais, os proxectís disparados desde Gaza provocaron a morte de dúas mulleres na cidade israelí de Ascalón así como ducias de feridos, un dos cales está en estado crítico. Al Jazeera contabilizou o lanzamento onte de 70 foguetes en menos de 30 minutos e un total de 300 desde a segunda feira. Silencio diplomático O secretario xeral da Liga Árabe, Ahmed Abul Gheit, culpou ás "políticas imprudentes" do Goberno de Israel da escalada de violencia e solicitou un pronunciamento expreso do Consello de Seguridade da ONU. Fíxoo durante un encontro telemático con ministros de Exteriores da rexión, onde o de Exipto, Sameh Shoukry, manifestou que nas últimas horas tentaran comunicar co Goberno israelí co fin de rebaixar as tensións, mais que non recibiran resposta. Pola súa banda, o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, afirmou nun comunicado en vídeo que "tanto a potencia dos ataques como a súa frecuencia será incrementada". נתניהו בפיקוד הדרום: "אנחנו בעיצומה של מערכה. נגביר עוד את קצב ועוצמת התקיפות - החמאס יקבל כאן מכות שהוא לא ציפה להן. הדבר כרוך גם בסבלנות ובהקרבה מסוימת מצד אזרחי ישראל"@gilicohen10 (צילום: לע"מ) pic.twitter.com/m9hQHfthVw— כאן חדשות (@kann_news) May 11, 2021 |
PRAZA_8133 | A Alianza Rural Galega traballa nun documento no que convida a participar a organizacións e colectivos sociais, políticos, veciñais e plataformas de afectados polos proxectos mineiros que ameazan Galicia. | A Alianza Rural Galega, que forman Adega, CIG, Fruga e a Organización Galega de Comunidades de Montes en Mancomún, veñen de elaborar o Manifesto polo Aproveitamento Sustentábel dos Recusos Xeolóxicos e contra a Minaría Contaminante. Á espera de que se faga público nesta semana o seu contido completo, as organizacións que o subscriben agardan que poida "servir de base para a constitución dunha ampla plataforma social galega contra a minería contaminante", tal e como se acordou tras o encontro de expertos celebrado en Teo o pasado mes. "É un documento para o debate e susceptíbel de ser subscrito, acrecentado e mellorado", din os autores "É un documento para o debate e susceptíbel de ser subscrito, acrecentado e mellorado por parte das organizacións ecoloxistas, gremiais, políticas, plataformas veciñais e demais, sensibilizadas coa problemática da minaría", aseguran os autores, que se mostran no manifesto "a favor dun outro modelo máis respectuoso e xusto ambiental e socialmente" e en contra dos múltiples proxectos mineiros que ameazan Galicia. A Alianza Rural busca "unha resposta global en clave galega á grave ameaza da minería contaminante" Así, os autores do manifesto "convidan" a todas as organizacións e colectivos sociais, políticos, asociacións veciñais e plataformas de afectados "a participar neste proceso, debater as propostas e incorporar no seu eido de traballo estes acordos a xeito de mínimo común que permita dar unha resposta global en clave galega á grave ameaza que a minaría contaminante supón para o noso medio rural". "Trátase de conquerirmos un amplo acordo social arredor dunhas condicións mínimas e irrenunciábeis para garantir un aproveitamento racional dos recursos mineiros, rexeitando determinadas práticas e establecendo os criterios para salvagardar o equilibrio dos ecosistemas, a conservación da biodiversidade e as características do noso medio físico e humano", resume a Alianza Rural Galega, que dediciu dar este paso "dadas as repercusións sobre o ambiente e o tecido social e produtivo do mundo rural galego" que poden xerar estas explotacións mineiras e ante a "crecente conflitividade social que estes proxectos están a provocar". O manifesto será presentado o vindeiro mércores 13 na Coruña e o xoves 14 en Ourense. |
NOS_35846 | A ministra de Traballo traslada o seu "apoio explícito ás mobilizacións sindicais fronte á patronal" nun momento no que a situación económica "é de máxima incerteza" no Estado español. | A vicepresidenta segunda do Goberno español e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou na mañá desta quinta feira que subir o salario mínimo interprofesional (SMI) é agora máis necesario "que nunca" e exixiu ao presidente da Confederación de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi. "Sen ningunha dúbida, imos subir o salario mínimo e ímolo facer máis que nunca, porque estamos nunha situación de absoluta excepcionalidade política", aseverou Díaz, ante preguntas de xornalistas do Congreso instantes antes de entrar no hemiciclo para asistir á sesión plenaria desta quinta. Catro de cada dez traballadores galegos cobraron por baixo do salario mínimo Fontes do Ministerio de Traballo precisaron a Europa Press que coa expresión "máis que nunca" a ministra referiuse á necesidade de aprobar unha subida na conxuntura actual e non á magnitude da mesma, que será determinada polo Comité de Expertos. Neste senso, a vicepresidenta segunda explicou que na reunión do próximo 2 de setembro o Goberno informará ao comité de expertos conformado para a suba do SMI de que, "máis aló" da senda marcada para alcanzar 60% do salario medio, hai que "ser consciente" da situación actual. Así, lembrou que o propio Estatuto dos Traballadores estabelece que a revalorización periódica do SMI debe facerse atendendo os niveis de inflación, a participación dos salarios na renda estatal, a produtividade e a situación económica do Estado español que, dixo Díaz, "é de máxima incerteza". O salario mínimo en Francia ascende até os 1.645 euros Díaz insta Garamendi a non bloquear as negociacións sindicais A continuación, a titular de Traballo e líder de Unidas Podemos no Goberno de coalición exixiu a Antonio Garamendi, máximo representante da patronal, "que se comprometa co seu país". "Creo que o señor Garamendi sabe moi ben o que está a pasar no noso país, e bloquear a negociación dos convenios colectivos hoxe non é unha boa receita", reivindicou, atendendo a que, cos actuais niveis de inflación, os traballadores están a perder poder adquisitivo. Por iso, subliñou o seu "apoio explícito ás mobilizacións sindicais fronte á patronal española" para esixir a negociación da subida dos salarios. |
NOS_33489 | A autora e colaboradora de Nós Diario participou nesta cuarta feira na presentación da súa novela As malas mulleres, que resultara gañadora do 39º Premio Eduardo Blanco Amor | A escritora Marilar Aleixandre, gañadora da 39 edición do Premio Eduardo Blanco Amor de novela, participou hoxe na presentación da obra As malas mulleres, na que tamén estiveron presentes o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da editorial Galaxia, Antón Vidal. Após proclamarse vencedora do certame literario o pasado mes de novembro, Aleixandre acudiu á presentación pública dunha obra que definiu como "un parte de rescate da memoria colectiva", pois alude a historias da prisión "que se dirixen ao pozo da desmemoria". Por exemplo, fala do cárcere da Coruña e trata do tramo final do século XIX contando os pasos de Concepción Arenal e Juana de Vega, especialmente no seu papel de visitadoras doutras mulleres na cadea. O libro, que naceu durante o confinamento, sirve para reivindicar o valor da literatura, mais non só desde un punto de vista social. Na novela tamén hai referencias a ese arte "porque os libros convértense na táboa de salvación para as presas ás que personaxes como Concepción Arenal e Juana de Vega visitan tentando cambiar as súas vidas ensinándolles a ler". A tamén colaboradora de Nós Diario e membro da Real Academia Galega agradeceu á Deputación de Ourense que manteña vivo o premio. Pola súa parte, o presidente da institución, Manuel Baltar, apostou por esta obra e remarcou que "sen cultura non hai pobo nin persoas e de pouco importan as administracións sen ela". Aliás, o dirixente de Galaxia, Antón Vidal, afirmou que As malas mulleres "fai xustiza a moitas mulleres". Tamén agradeceu a Aleixandre o seu traballo non só "por trasladarnos e mostrarnos esa época, senón tamén pola riqueza léxica, cunha linguaxe viva na que recupera termos do galego". |
NOS_18728 | Presentado o informe final sobre a visita á cidade de Wuhan. | A Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou esta terza feira, 30 de marzo, o seu informe sobre a misión na China para descubrir as orixes do SARS-CoV-2, o coronavirus que causa a Covid-19. Segundo as súas conclusións, o escenario máis probábel é que a transmisión do virus desde os morcegos aos humanos se produciu a través un terceiro animal, en tanto que cualifican a teoría de que escapou dun laboratorio como "extremadamente improbábel". O equipo chegou o 14 de xaneiro a Wuhan, considerada a cidade epicentro da pandemia. Tras dúas semanas de corentena, visitou lugares como o mercado de mariscos de Huanan, onde se produciu o primeiro grupo de infeccións coñecido, e o Instituto de Viroloxía, onde se investiga con varios tipos de coronavirus. En declaracións aos Estados membros da OMS, o director xeral, Tedros Adhanom Ghebreyesus, instou a realizar máis estudos para coñecer mellor as orixes do virus. "Permítanme que sexa claro: o que respecta á OMS, todas as hipóteses continúan sobre a mesa", sinalou. "Atopar a orixe dun virus leva tempo e debémoslle ao mundo atopar a fonte para podermos tomar medidas colectivamente co fin de reducir o risco de que isto volva ocorrer. Ningunha viaxe de investigación pode proporcionar todas as respostas", engadiu. Ademais, sinalou que o equipo desprazado á China "manifestou as dificultades que encontraron para acceder aos datos en bruto" dos primeiros casos da Covid, polo que desexou que estudos futuros sexan máis exhaustivos. Alemaña e Astrazeneca Por outra banda, os Gobernos federal e estatais de Alemaña discutían esta terza á noite a posibilidade de recomendar o uso da vacina de AstraZeneca só para persoas maiores de 60 anos. O uso en menores desa idade manteríase "a discreción do médico e coa aceptación do risco individual tras unha explicación detallada", segundo un borrador da Comisión Permanente de Vacinación do Instituto Robert Koch (RKI), organismo médico competente na xestión da pandemia, adiantado polo Augsburger Allgemeine. Esta Comisión, en declaracións ao xornal FAZ, sostivo que "a recomendación de vacinación debe reaxustarse con base nos informes dos últimos días". A reavaliación chega despois de que os länder de Berlín e de Brandeburgo, así como a cidade de Munich, anunciase esta terza que suspendían a vacinación con AstraZeneca en menores de 60 anos como medida de precaución. FAZ tamén incluía nesta listaxe a cidade de Colonia, que esta terza estaba a administrar as últimas doses restantes. Sputnik V en Austria A respecto da vacinación, na veciña Austria, o ministro de Sanidade, Rudolf Anschober, informou de que están a negociar con Rusia a entrega de máis dun millón de doses da vacina Sputnik V. Austria valora "todas as opcións", dixo, para poder inmunizar a cidadanía o antes posíbel, aínda que recalcou que "todas as vacinas" que se vaian utilizar "deben ser eficaces e seguras". Austria asinou un acordo de confidencialidade con Rusia sobre o intercambio de documentación. Segundo a información recollida polo diario Der Standard, Viena negocia a entrega de 300.000 doses en abril, 500.000 máis en maio e outras 200.000 a principios de xuño. A Sputnik V non está aprobada na UE aínda que a Axencia Europea do Medicamento (EMA) avalía darlle luz verde, condición que o Goberno austríaco estabeleceu para a compra. |
NOS_54765 | Traballadoras e traballadores da empresa de Arturo Fernández aseguraron á Cadena Ser que o vice-presidente da patronal española lles pagaba "de maneira sistemática" en diñeiro negro. | O propietario do holding Cantoblanco, vice-presidente da CEOE ex-presidente da patronal madrileña --moi vencellada á dirección do PP nesta comunidade-- tería pagado de maneira sistemática ás súas traballadoras e traballadores en diñeiro negro. O grupo que lidera encárgase do servizo de restaurante na Asemblea de Madrid, do Congreso d@s Deputad@s e dos Ministerios. A noticia foi destapada pola cadena de radio SER a partir das testemuñas de diversas traballadoras e ex-traballadores que denunciaron percibir parte das súas retribución en diñeiro negro. Os pagamentos correspondíanse ás horas extras e aos complementos de responsabilidade. Cantidades que mesmo chegaron a supor nalgúns dos casos un terzo do salario total. Os pagamentos, aseguran nas súas testemuñas as traballadoras e traballadores do grupo Cantoblanco, eran realizados pola xerencia da empresa de maneira mensal e a través de sobres en que se entregaba diñeiro en metálico e a nómina correspondente. Segundo as testemuñas consultadas pola radio española, a dirección da empresa obrigaba @s empregad@s a cobraren así argüíndo que "é a política de Arturo", dicían, "ou en negro ou nada". A través deste procedemento ilegal o vice-presidente da CEOE evita cotizar á Seguridade social parte das retribucións das persoas que traballan para el, polo que incorrería en delitos contra a Facenda pública e a propia SS. Amais de incorrer nun delito contra os dereitos dos traballadores por lles negar a posibilidade de cotizaren o soldo íntegro. A contabilidade en B, era rexistrada en follas de Excel de acordo cos pagamentos percibidos por cada traballador/a e as horas de traballo realizadas. As testemuñas recollidas pola SER aseguraron non denunciar antes por medo a perderen o seu posto de traballo. Porén, as consecuencias derivadas deste tipo de prácticas, a respecto da queda que sufrirán no subsidio por desemprego ou mesmo na futura pensión de xubilación motivoun@s a denunciar esta práctica ilegal desenvolvida sistematicamente na empresa do madrileño Arturo Fernández. |
NOS_54900 | As dúbidas sobre as adxudicacións do servizo de transporte pola Xunta veñen de ser denunciadas en diferentes xulgados desde diversos sectores. Unha peza chave nos procedementos son as entidades subcontratadas pola Xunta para realizar eses traballos. Monbus é a grande beneficiada das súas resolucións. | O Goberno galego ten externalizado todo o proceso de contratación e adxudicación das liñas de transporte regular e escolar. Os traballos de redacción de pregos, de apoio e baremación de numerosos concursos realízaos a sociedade Iplan Mobilidad, que asesorou á Dirección Xeral de Mobilidade da Consellaría de Infraestruturas da Xunta de Galicia, entre os anos 2017 e 2020, en relación ás concesións de transporte público por estrada, algunhas das cales están a ser obxecto de investigación xudicial. Iplan Mobilidad é unha compañía constituída en 2013, cuxo obxecto social é a "prestación de servizos de elaboración e desenvolvemento de informes, estudos, proxectos e consultoría sobre mobilidade", posuíndo desde 2015 a metade do seu capital Tema Grupo Consultor, unha empresa cuns obxectivos análogos participada a 50% pola propia Iplan Mobilidad. Os administradores das dúas compañías son Antonio Jesús Bejarano Vicario e Guillermo Maldonado Riesgo. Bejarano Vicario e Maldonado Riesgo ocupan idénticas responsabilidades en Ticmoveo SL, sociedade con sede en Valencia, fundada en 2019, após coñecerse que a Administración privatizaría a creación dun programa para controlar os quilómetros e os pagos de prazas de transporte escolar. Precisamente, un operario desta empresa, Alberto L.C. traballou no grupo Monbus entre agosto de 2018 e novembro de 2019. Outro tanto acontece con outro empregado do grupo, neste caso de Tema grupo consultor, Luís Manuel R.R., traballador de Monbus desde febreiro de 2019 até xuño de 2020. "Vinculacións entre Tema Ingenieria e Monbus" Os xuristas da Unión Temporal de Empresas (UTE) VIGBUS e da Asociación Empresarial de Transportes de Viaxeiros por Estrada da Galiza teñen denunciado diante dos tribunais a actitude destas tres empresas nos procedementos de adxudicación. Así, sinalan na súa demanda que "existen vinculacións entre Tema Ingenieria, SL e o grupo Monbus. O grupo coñecía de antemán as condicións da licitación, o que lle colocou nunha situación privilexiada para preparar as UTE e cumprir -ou tentar cumprir- os requirimentos do PPT [prego de prescricións técnicas]". "Todos os indicios levan a concluír que se adaptaron concursos ás conveniencias da organización do grupo Monbus, mediante un concerto de vontades con persoas de Tema e Iplan na elaboración das condicións de contratación. Téndese a beneficiar as empresas do grupo Monbus, existen evidencias de non só un coñecemento anticipado e privilexiado das condicións do concurso senón tamén da adaptación das mesmas á súa conveniencia", recolle a denuncia. As demandas xudiciais A demanda pola xurisdición do penal presentada pola Asociación Empresarial de Transportes de Viaxeiros por Estrada da Galiza afirma que "existe conivencia entre Iplan e o grupo Monbus, co aparente consentimento da Xunta da Galiza, tendo o citado grupo acceso a todas aquelas melloras proposta por FAIBUS, coñecedor da concesión mellor que ningún outro, por explotala durante anos como concesionario e por tanto quen entendía que as melloras propostas eran enormemente beneficiosas para os usuarios". Unha parte dos empresarios do sector do transporte veñen denunciando desde hai tempo o suposto trato de favor ao grupo Monbus por parte da Xunta da Galiza. A este respecto, denuncian que "resulta sorprendente que dúas das empresas do grupo Monbus estean a ser financiadas con fondos públicos, pois de acordo co Informe de Auditoría de SODIGA Galiza, Sociedade de Capital Risco S.A, dependente de XES Galiza, consta que no ano 2018 existe un préstamo a Hispano Igualadina SL de cinco millóns de euros e outro ao grupo de Autocares Monbus SL de dous millóns trescentos sesenta mil euros". Curiosamente, a primeira das compañías do grupo Monbus non desenvolve a súa actividade na Galiza, estando a súa sede social en Catalunya. As conexións políticas e empresarias do presidente da compañía, Raúl López, explican en opinións de diversas fontes consultadas por Nós Diario boa parte do éxito do grupo. A este respecto, no marco da operación Condor certificáronse agasallos de López a dirixentes do PP como Alberto Núñez Feixoo, José Manuel Barreiro ou Pilar Rojo e a cadros socialistas como o ministro de Fomento con Zapatero, José Blanco, ou a responsábeis de diversos organismos autónomos dese ministerio que contrataban con empresas do grupo Monbus. Abanca, o socio necesario de Monbus Abanca é propietaria de 33,9% do capital grupo Monbus. A participación, procedente dun paquete de accións comprado no seu momento pola Caixa Nova de Julio Fernández Gayoso, non é precisamente residual. Por iso, a entidade de crédito de Escotet ten un papel moi activo na súa xestión diaria. |
NOS_6909 | A empresa que xestiona o servizo de cafetaría, Armark, é a mesma que ten a concesión no Hospital Clínico, onde tamén se atoparon este tipo de dispositivos. | Após o Hospital Clínico de Santiago, o Hospital do Barbanza. CIG afirma que hai uns días a encargada de Aramark (empresa que ten a concesión da cafetería do Hospital do Barbanza e do Clínico de Santiago) foi vista desmantelando un circuíto de cámaras de videovixilancia do que os traballadores non tiñan constancia. Estes feitos producíronse o mesmo día que a delegada de persoal -a raíz da aparición de cámaras ocultas na cafetería do persoal do Hospital Clínico- se dirixiu por escrito ao xerente da empresa solicitando certificación dos dispositivos instalados, os lugares concretos onde están e se existe algún elemento de gravación de audio. Aramark, lembra a CIG, comunicou en decembro do ano pasado a súa intención de poñer en funcionamento cámaras de seguridade no centro de traballo do Barbanza. Segundo a certificación da empresa encargada de instalar o sistema, prosegue o sindicato, na cafetería do Hospital hai tres cámaras de vídeo visíbeis e que cumpren coa normativa vixente. No escrito tamén se asegura que non existe ningún elemento técnico que permita a gravación de audio. Roberto Alonso, secretario comarcal da CIG-Servizos de Compostela, pregúntase a que vén desmontar o circuíto ás agochadas, o mesmo día que a delegada preguntou polas cámaras e xusto antes de recibir a certificación da empresa instaladora. "Se as cámaras son legais, como se explica o proceder da encargada. Ou é que hai tres cámaras que cumpren a normativa e a maiores un sistema oculto do que non se informou aos traballadores/as?", cuestiona. |
PRAZA_7167 | O PSdeG acusa o presidente da Deputación de Pontevedra de promover actos co mundo do fútbol dende a institución en beneficio da súa candidatura á presidencia. Nun só mandato o ente provincial destinou case 40 millóns de euros a uns 70 campos de herba artificial. | Hai apenas unha semana o actual presidente da Deputación de Pontevedra, confirmaba a súa intención de presidir tamén o fútbol galego. Como adiantara este diario o pasado setembro Rafael Louzán lanzouse á carreira para disputarlle a presidencia da Federación Galega de Fútbol ao alcalde socialista de Cerceda, José García Liñares. Agora o dirixente conservador tenta recabar apoios entre os diferentes sectores do deporte rei en Galicia e faino, segundo o PSdeG, valéndose do seu cargo de presidente da Deputación, posición que utiliza, acusan para "promocionarse como aspirante a dirixir a Federación". A voceira dos socialistas en materia deportiva, Carmen Acuña, vén de presentar no Parlamento unha serie de iniciativas para denunciar que nos últimos tempos "están a ser sucesivamente convocados a amables encontros co presidente da Deputación" os representantes de "clubes, técnicos, árbitros e xogadores" que forman a asemblea que decidirá a presidencia da FGF. Louzán, censura, "utiliza de forma espuria o seu cargo institucional para facer campaña electoral con toda naturalidade, total impunidade e ilimitado descaro", unha actitude que, di, o Goberno galego debería aclarar se "encaixa no código ético que tanto anuncia o señor Feijóo". Louzán protagonizou como presidente da Deputación diversos actos co mundo do fútbol nos últimos meses Esta denuncia do PSdeG chega nun contexto no que, en apenas dous meses, a propia Deputación pontevedresa informa de múltiples actos de Louzán vinculados co fútbol en localidades como Cerponzóns, Ribadumia, Barro ou Cotobade, ademais de na propia sede da institución provincial. Nestes encontros, asegura Acuña, Louzán "explícalles aos asembleístas que imos estar aí defendendo os intereses do fútbol galego, especialmente do fútobl base, do fútbol feminino e do fútbol sala". Ademais, "sen ningún tipo de complexo", o popular explica que "espera contar con moitos apoios en Pontevedra" no proceso electoral federativo. Unha provincia inzada de campos de herba artificial Nun só mandato a Deputación pontevedresa destinou case 40 millóns a uns 70 campos de herba artificial A candidatura de Louzán chega tras varios anos nos que a Deputación de Pontevedra inzou a provincia de campos de fútbol de herba artificial, ata o punto de destinar case 40 millóns de euros a pavimentar con este material arredor de 70 instalacións deportivas nun contexto no que, por exemplo, en Ribadumia, concello natal de Louzán, hai xa dispoñibles catro destes campos malia contar con só 5.000 habitantes. O propio dirixente conservador foi cuestionado no Parlamento ao respecto dende os grupos da oposición, que ven nestes campos unha vía para alimentar a súa rede clientelar. "Mentres os rapaces están aí, ocupados, non están noutras circunstancias que nos preocupan aos que temos fillos", xustificou. Agora os socialistas piden tamén explicacións, precisamente, sobre estes campos. O Goberno galego, explica a parlamentaria, debe detallar as razóns polas que a Deputación de Pontevedra financiou estes campos e, sobre todo, se estes teñen ou non relación coa aspiración de Louzán para presidir a FGF. Por iso Acuña pregúntalle á Xunta cantas destas instalacións "son utilizadas polos asembleístas con dereito a voto e cantas subvencións concede a clubes, técnicos, árbitros ou xogadores que van participar como asembleístas" na elección do presidente da Federación. |
NOS_39498 | Decenas de convocatorias en cidades e vilas de todo o país chaman as mulleres a pararen a produción esta sexta feira 8 de marzo con motivo da greve polo Día Internacional da Muller Traballadora. | O pasado ano 2018, o feminismo fixo historia. Este ano 2019, espérase repetir a afluencia masiva nas concentracións e manifestacións convocadas por todo o país. Para non te perderes, eis a información básica da xornada. Cales son os obxectivos? A Folga de Mulleres do 8 de marzo do 2019 asúmese desde o movemento feminista "como ferramenta para reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa". Reivindícase así a soberanía sobre os nosos corpos e identidades, a soberanía sobre os nosos desexos, a soberanía sobre a vida que escollemos vivir, a soberanía alimentar, a soberanía política para o noso país, unha sociedade xusta na que os coidados sexan tarefa de todas e todos e a vida o centro da axenda política, garantir a igualdade de oportunidades e de dereitos nas condicións de traballo e na esfera social e o dereito a unha vida sen violencias de ningún tipo. Quen convoca? Galegas8M, unha rede de colectivos xurdida ao albor da folga do pasado ano 2018. Ese ano fixeron a súa primeira convocatoria unitaria -daquela fora o 4 de marzo en Vigo- e tras o éxito decidiron apostar de novo por esta fórmula este ano 2019. Non só convocan a manifestación unitaria nacional, senón que se encargan de organizar mobilizacións por todo o país o día 8: percorridos, peches, bloque non mixto ou espazos de coidados, entre outros. A xornada é o resultado do traballo de meses en asembleas que tiveron lugar en distintos puntos. Está composto por máis de 50 colectivos e asociacións, ademais de mulleres a nivel individual. O lema deste ano é "Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista". Que partidos apoian a convocatoria? Na Galiza, En Marea, PSdeG e BNG amosaron o seu apoio á folga de mulleres. Segundo o movemento feminista, a Xunta de Galiza está a poñer trabas e dificultar o desenvolvemento da xornada mediante o incremento dos servizos mínimos e Alberto Núñez Feixoo chegou a aludir a Venezuela para atacar ao movemento. "O 8 de marzo é o día da igualdade en Venezuela tamén", dixo. Ciudadanos, a nivel estatal, sumouse este ano á folga logo de que o ano pasado a rexeitasen nos días previos e se unisen no último momento en vista do éxito. Se ben na Galiza, rexeitaron unirse á manifestación unitaria dado que a independentista María Osorio foi unha das lectoras do manifesto. É legal? É, a greve foi rexistada polos sindicatos perante os organismos correspondentes (Traballo) e cumpre con todos os requisitos legais. "Todas as mulleres que secunden a Folga Xeral Feminista de 24 horas terán cobertura legal para exercer este dereito", indican desde o colectivo. Cal é a duración? Galegas8m chama á greve feminista de 24 horas, se ben non todos os sindicatos se uniron á súa convocatoria. As asembleas de mulleres de CIG, CUT, CNT, e SLG forman parte de galegas8m e convocaron candasúas convocatorias de paros de 24 horas. CCOO e UXT convocan a nivel estatal paros de dúas horas por quendas, aínda que con posibilidade de amplialos. Como se sumar á greve? A folga está planeada como un paro total de eixos da vida diaria nos que as mulleres teñen parte fundamental, polo que se estrutura en folga laboral, folga estudantil, folga de coidados e folga de consumo. Quen se quer unir á folga pode secundar os paros laborais e estudantís, secundar as diferentes mobilizacións e concentracións convocadas por todo o país, deixar de coidar sen delegar noutras mulleres, deixando de mercar e consumir nesta xornada, nomeadamente naquelas grandes empresas símbolo de explotación ás traballadoras ou amosar o seu apoio á greve pendurando mandís e outros elementos nos balcóns. Os homes poden sumarse? O papel dos homes nesta xornada debería ser o de axudar e apoiar as mulleres para que elas poidan levar o protagonismo no seu día de loita sen acumular cargas na súa vida privada. Así, deberían asumir as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, evitando que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Deberían tamén difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións, acudir aos centros de traballo e visibilizar a folga de mulleres nos seus postos, e, de ser posíbel, achegar economicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar as compañeiras que vaian á folga. Todas estas medidas facilitarían inmensamente a asistencia de mulleres á greve. Por que é preciso un bloque non mixto? As mulleres son as artífices e suxeitos políticos destas mobilizacións. O protagonismo da manifestación é para o feminismo e as organizacións de mulleres. Os homes que acoden deberían facelo no papel de aliados, non de protagonistas, polo que non deben ir nas faixas ou portar altofalantes. Que os homes tenten liderar e ser protagonistas nunha folga de mulleres é outro modo de violencia que rexeitar, o seu papel é secundario e ten que ser asumido sen estridencia, sinala o colectivo. Mobilizacións A Coruña Saída da manifestación 19.30 horas Obelisco Fin: Fábrica de Tabacos A Estrada Manifestación, 12 horas Saída da Praza do Mercado A Guarda Concentración, 12:30 horas na Praza do Reló Allariz Manifestación 12 horas Praza da Barreira - Praza do Concello Ames Concentración 12 horas na Praza do Concello A Pobra de Trives Manifestación ás 19 horas As Pontes Concentración e ruada, 12 horas Saída: Praza do Concello Fin: Rúa 8 de marzo Baiona Encontro para ir á Ramallosa 11.50 horas Quedada no Peirao de Baiona para ir xuntas á concentración na Ponte da Ramallosa (13 horas). Betanzos 12 horas Praza da Constitución Concentración. Convocatoria comarcal As Mariñas. Bueu Concentración, 12 horas na Casa do Concello de Bueu Burela Manifestación 20 horas Saída: Estación de Tren Chegada á Praza do Concello Cangas do Morrazo Concentración 20 horas na Praza do Concello Carballo Manifestación, 20 horas Saída: Xulgados Fin: Praza do Concello Castro Caldelas Concentración, 19 horas na Praza do Prado Cee Concentración, 12:30 horas na Praza 8 de Marzo Cedeira Concentración, 12 horas diante do concello Chantada Concentración, 12 horas na Praza de Galiza Compostela Treboada Feminista 11.30 horas Ruadas desde diversas localizacións.Inicio(s); Rotonda da Galuresa, rotonda Paz (San Caetano), Praza Rodriguez Cadarso (Campus Sur) e rotonda de Concheiros. Fin: Alameda Manifestación ás 20 horas. Inicio: Praza 8 de marzoFin: Praza do Obradoiro Cuntis Manifestación 19.30 horas Saída: Centro de SaúdeFin: Praza das Árbores Ferrol Manifestación 19 horas Saída: Praza Amada García (Edif. da Xunta) Fin: Praza Amboaxe Gondomar Encontro para ir á Ramallosa 11:50 Praza de Abastos de Gondomar, quedada para ir xuntas á concentración na ponte da Ramallosa (13 horas) Lalín Concentración ás 12 horas na Praza da Igrexa Lugo Manifestación, 20,00 horas Saída da explanada do edificio da Xunta Fin: Praza de Santa María Marín Manifestación 20.30 horas Saída: Praza do Concello Fin: Praza 8 de marzo Melide Concentración, 20 horas na Praza do Convento Miño Manifestación 12.30 horas Saída: Rotanda da Rúa Raxel Fin: Praza do Parchís 13.30 horas Lectura do manifesto Moaña Concentración, 12 horas na Praza do Concello de Moaña Monforte Concentración, 20:30 horas na Praza España Noia Concentración, 20 horas na Praza do Concello Nigrán Encontro para ir á Ramallosa 11.50 horas quedada para ir xuntas ata a concentración na Ponte da Ramallosa (13 horas). O Barco de Valdeorras 19:30 horas, Flores e palabras para Clara, na Praza Clara Campoamor 20:00 horas, Escoita as mulleres de Valdeorras na Praza do Concello Ortigueira Concentración 12 horas Diante do Concello Ourense 13 horas concentración e xantar Praza Maior. Xantar a partir das 14 horas 20 horas manifestación desde a Subdelegación do Goberno O Valadouro Tendal de mandís ás 10:30 Padrón Concentración, 20 horas na estatua de Rosalía Poio 15 horas, xantar colectivo no fogar armadiña Á 13 e as 20 horas, viaxe xuntas á manifestación en Pontevedra Ponteareas Concentración 12 horas na Praza Bugallal Pontevedra Concentración,13 horas na Praza da Ferrería Manifestación 20 horas Inicio: Praza do Hospital Fin: Monumento Heroes Pontesampaio Redondela Concentración, 12 horas e 19 horas na Praza da Constitución Rianxo Concentración, 20:00 horas na Praza de Castelao Ribadeo Ás 12 horas manifestación con saída da Praza 8 de marzo e chegada á praza do Concello Ás 18.15 horas saída do aparacadoiro de San Lázaro para participar na manifestación comarcal en Burela ás 20 horas. San Cibrao 19.30 horas no Porto, saída cara a Burela para acudir á manifestación das 20 horas. Viana do Bolo Concentración, 12 horas na Praza Maior Trabada Concentración, 18 horas na Praza do Concello Ás 18:40: saída para a manifestación de Burela. Vicedo Saída cara a Burela, 18 horas no porto. 18.30 horas Parada en Xove19 horas Parada en San Cibrao20 horas chegada a Xove e manfestación Vigo Manifestación desde a Praza de España ás 20 horas Vilagarcía Concentración, 20.30 horas Saída praza de Galiza Vilalba Manifestacións 12.30 horas e 20.30 horas 12.30 horas manifestación Praza da Constitución (percorrido circular). Desde as 13.30 horas actividades na carpa (Xantar, proxeccións, palestras, representación teatral)20.30 horas manifestación Praza da Constitución (percorrido circular). Vilamartín 11:30 horas, lectura do manifesto das mulleres na Praza do Concello Vimianzo Concentración, 20:30 horas na Praza do Concello Viveiro Concentración ás 12 horas na Praza Maior Ás 18.30 horas, saída desde a explanada dos institutos cara Burela Xove Xuntanza de mulleres, 17 horas local das Bolboretas (Urbanización Palmeiro). Xantar colectivo e faladoiro feminista. 19 horas, Praza do Concello: Saída cara a Burela para acudir á manifestación ás 20 horas. |
NOS_36127 | Acusado de ataques ao INEM, foi excarcerado tras o pagamento dumha fiança de 3.000 euros | O Comité de Solidariedade e Apoio a Miguel e Telmo informou da posta em liberdade de Miguel Nicolás. O Csamt anuncia, tambem, a organizaçom de um recibimento popular hoje às 19h30 diante do mercado no bairro do Calvario, em Vigo. Miguel Nicolás, sindicalista da CUT, foi detido em dezembro de 2010 acusado de guindar cócteis molotov contra prédios do INEM de Vigo-Coia e Porriño. Logo de passar pola Lama e Villabona (Astúrias), estava na prisom de Zuera, Zaragoza. Nicolás estivo dezasseis meses sem julgamento e, denuncian desd o Csamt, submetido à política de dispersom que provocou o seu paulatino afastamento da Galiza. "Agora Miguel acha-se agora em liberdade provisória a espera de juízo", conclúe o colectivo. Diversas organizaçoes do soberanismo, desde Primeira Linha a Causa Galiza ou Movemento pola Base, entre outras, parabenizáronse da saída em liberdade de Miguel Nicolás. |
NOS_47745 | As entidades financieiras anunciaron o estado do proceso á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Con este interese mutuo, os bancos andan a procurar fórmulas para aumentar a súa rendibilidade dada a recesión actual. | As entidades Caixabank e Bankia están a estudar a opción de fusionarse para mellorar as súas contas debido á afección que supón a crise sanitaria. Fontes do sector foron as que confirmaron este achegamento entre representantes dos dous bancos a Europa Press. Quer Bankia, quer Caixabank rexeitaron facer declaracións públicas ao respecto deste intento de pacto. Mais nos ámbitos económicos as entidades financieiras teñen comunicado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) este posibilidade. Nun pequeno comunicado, Bankia declarou que "no marco do estudo habitual de posíbeis operacións estratéxicas" si están a existir os contactos. Iso si, "co coñecemento e autorización do Consello de Administración". A meta, din na nota colgada na web da CNMV, é "analizar unha eventual oportunidade de fusión entre ambas entidades". Pola súa banda, Caixabank falou nos mesmos términos. Neste momento se "atopa en negociacións con Bankia S.A. para analizar unha fusión, sen que polo momento se alcanzara ningún acordo ao respecto". Non hai nada "máis alá da firma dun acordo de confidencialidade para intercambiarse información para valorar a operación, no seno dunha 'due diligence'". Ambas partes contan con asesores expertos. De confirmarse e executarse esa unión de dous dos bancos máis representantivos do panorama estatal, estaría a darse unha resposta positiva á petición do Banco Central Europeo (BCE) para que se consolide o sector en España. Así o pedía esta semana, novamente, o presidente do BCE, o ex ministro Luis de Guindos, durante o seu paso polos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Na súa intervención o mandatario destacou a baixa rendibilidade das entidades españolas, amosando a súa preocupación pola falta de avances neste sentido. Coas novas especulacións, parece que dous bancos van atender as peticións de De Guindos. |
PRAZA_670 | Varias manifestacións unitarias percorren as principais localidades galegas en protesta contra a medida do Goberno do PP, que suporía, segundo os convocantes, a limitación de acceso aos estudos superiores para as clases populares e a súa privatización. Galería de imaxes no interior. | Centos de alumnos e profesores saíron este martes á rúa nas principais localidades galegas durante a xornada de folga convocada por sindicatos e organizacións estudantís contra do decreto 3+2. Os sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF, así como Comités, Liga Estudantil Galega, Agir, Comités, Sindicato de Estudantes e Acción Universitaria, uníronse nun lema e nunha manifestacións conxunta encabezada por unha pancarta: En defensa do ensino público. Non ao decreto 3+2. Foi a que marcou o paso na manifestación que saíu da Alameda de Compostela e que tamén apoiou a oposición. O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, así como a secretario de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, e o deputado Vicente Docasar estiveron presentes. Sindicatos e organizacións estudantís uníronse no rexeitamento ao decreto 3+2 e na defensa do ensino público Outras figuras políticas achegáronse tamén ao resto de manifestacións que percorreron as cidades galegas en contra dun decreto que suporá a eliminación de titulacións e a fusión de graos, que se reducirán a tres anos e a 180 créditos desde os catro anos e os 240 actuais, unha medida que para os seus críticos suporá a súa devaluación e a obrigatoriedade de cursar dous anos de máster -que agora dura un- e asumir prezos elevados para unha maioría dos alumnos. Desde os sindicatos e organizacións xuvenís fálase xa dun amplo seguimento e dun gran baleiro nas aulas dos diferentes campus universitarios galegos, así como de manifestacións nas que participaron centos de persoas. "Non, non, non á privatización" ou berros contra o ministro Wert foron habituais nas diferentes marchas. Todos os convocantes coinciden en advertir dunha medida que será "letal" para as universidades galegas, afogadas xa polos recortes e a política de austeridade imposta polos gobernos do PP. E todos cren que suporá unha limitación para o acceso das clases populares aos estudos universitarios e un favorecemeto para a súa mercantilización e privatización. CIG-Ensino cualificou a folga de "verdadeiro éxito" coa "maioría de facultades paralizadas" O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, cualificou a xornada de folga de "verdadeiro éxito", coa "maioría de facultades paralizadas" e o apoio da "maioría do profesorado", persoal das universidades e do alumnado. Louzao advertiu tanto ao Ministerio de Educación como á Consellería que deben "tomar nota" e "paralizar" tanto este decreto como a política educativa que implantaron neste ámbito, que leva a "maior privatización. Pola súa banda, Luz López, secretaria xeral de CCOO-Ensino, explicou que esta reforma supón "un agravio máis para a sociedade galega e que levará a "unha fenda maior" nas diferenzas de clase "por motivos económicos". Neste sentido, explicou que co 3+2 os alumnos terán que cursar dous anos de máster para poder estudar carreiras "de calidade", e con iso duplícanse os gastos" das ensinanzas e "non poderán estudar aqueles que queiran, senón aqueles que poidan pagalo". Ademais, o deputado socialista Vicente Docasar quixo deixar claro o "apoio" da súa formación aos estudantes e aos profesores respecto á reforma de titulacións, que "pon en perigo a equidade" e o acceso aos estudios superiores ao conceder máis peso aos estudios de máster, que contan con taxas máis elevadas. Vence advirte de que o 3+2 pretende "degradar" os títulos universitarios e Noriega enviou a súa "solidariedade" a docentes e estudantes Por outra banda, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, advertiu de que esta reforma se enmarca nun proxecto "que pretende degradar" os títulos universitarios, que verán reducida a súa dimensión "nun 40%", e levará a que "miles" de estudantes deixen os seus estudos. "Queremos unha universidade publica e de calidade para todos os que reúnan os requisitos académicos", defendeu, lamentando esta "involución enorme" que forma parte dun "proceso de desmantelamento" do sistema público, impoñendo taxas e prezos de máster elevados, sen bolsas, mentres reduce a tres anos os estudios de grao. O alcalde de Teo e aspirante ao bastón de mando en Santiago por Compostela Aberta, Martiño Noriega, enviou "unha mensaxe de solidariedade" cos profesores e estudantes universitarios que este martes saíron ás rúas para reivindicar "un ensino público de calidade". HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_32103 | Nas últimas décadas o feminismo callou nas institucións, nas rúas, nos colexios ou nas pantallas. Anos de sementar van dando os seus froitos, mais queda camiño para chegar a unha sociedade que non discrimine por sexo, idade, cartos ou pola documentación no peto, entre outros. Na véspera do Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo, preguntamos a sete mulleres como mudou o feminismo o seu día a día, polos machismos cotiáns que perciben na súa contorna ou sobre algúns dos retos que fican nos anos por chegar. | Rosa Rojo: "Decateime de que as mulleres sosteñen o comercio local" Rosa Rojo, 'Rosiña', vive en Ribadavia. Conta que, sendo pequena, observaba como nas tarefas do campo "mulleres e homes encargábanse dos labores man a man". Porén, apunta, "era común escoitar gabar a unha muller afirmando que 'traballa coma un home"."Ademais, ao chegar a casa elas asumen as tarefas do fogar", reflexiona, salientando que percibe as persoas da súa idade "máis concienciadas cara ao feminismo". "Aínda que na xuventude, nas adolescentes, si atopo a quen segue na 'vella escola'", matiza. Hai uns anos, Rojo abriu unha tenda de comercio local, "Brétemas" na vila. "Decateime de que as mulleres sosteñen o comercio local", conta. Paralelamente desempeñaba traballos como fotógrafa e deseñadora, e a falta de horas fixo que virase cara a venda na rede. "É moi complicado compatibilizar a vida laboral como autónoma cos coidados da miña crianza de nove meses. Penso que, dentro do que cabe, fun afortunada porque as persoas para as que realizaba entenderon a miña baixa e as avoas da pequena axudan nos coidados", explica. Hoxe, 'Rosiña' é coñecida polas súas prendas con lemas feministas. "A de 'Estou ata a cona' foi a primeira, é un berro silencioso, penso que precisabamos esas frases na nosa lingua", conclúe. Xiana Melón: "Xa na roupa das crianzas hai un nesgo moi grande de xénero" Xiana Melón traballa nunha tenda da multinacional Inditex. "A miña profesión está moi feminizada, 90% das empregadas somos mulleres", di. A entrada de homes na empresa, engade, en troques de implicar unha igualdade no reparto de tarefas traduciuse nun aumento das dificultades para acceder a postos de responsabilidade. "No traballo temos moito, moito por sachar", resume ela. Melón debulla que o machismo no seu día a día non se limita ás relacións laborais. "Xa na roupa das crianzas hai un nesgo moi grande de xénero nas cores, nos lemas e tamén nas imaxes que empregan para as prendas 'para nenos' e 'para nenas'", di. Os uniformes das empregadas foron mudando co paso dos anos, conta. "Hoxe podes empregar zapatillas de deporte, por exemplo, mais coñezo compañeiras doutras empresas que tiñan que pasar toda a súa xornada subidas a zapatos de tacón", afirma, incidindo en que as prendas que visten os seus compañeiros "son moito máis cómodas". "Tamén existiu moita presión no tema da nosa estética", engade. "Por último, penso que hai que facer ver as dificultades das traballadoras para conciliar", matina Melón para rematar, "e tamén estabilizar os logros que fomos acadando grazas ao feminismo". Vitoria Louro: "Se te desligas dos coidados, é porque unha muller os dá por ti" As mobilizacións deste 8-M poñen os coidados no centro. Para Vitoria Louro, xerocultora, esta decisión foi fundamental. "As traballadoras dos coidados parabenizámonos", asegura. Ela traballa nunha residencia "das donadas polo empresario Amancio Ortega" á rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Porén, como moitas outras, está xestionada por unha empresa privada. E xa sabemos o que isto significa: o público dá servizo e o privado, beneficio", explica Louro, afirmando que as empresas que acceden a estas residencias "fan ofertas baixando os prezos, pero tamén as condicións laborais das traballadoras". O dos coidados é un sector no que a presenza de traballadores "é anecdótica", di esta xerocultora. "A súa mercantilización supuxo a nosa precariedade", asegura. Para Louro unha sociedade máis feminista pasa por "ter claro o dereito de todas as persoas a ser coidadadas, independentemente da súa situación económica ou da ideoloxía política que defendan". "Cando se anunciou o lema do 8-M, 'Sen coidados non hai vida', houbo quen o criticou por machista. Pero é que cando alguén se desliga dos coidados é porque unha muller os dá no seu lugar, moitas veces mulleres migrantes", di Louro. Ela reclama que "a Administración asuma realmente as tarefas dos coidados". Julia Martín: "Moitas denunciantes descoñecen a violencia institucional que poden sufrir" "Como todas as mulleres, atopo no meu día a día distintos comportamentos e actitudes machistas e tamén, concretamente, como avogada", explica Julia Martín, que forma parte da Cooperativa 14 de avogadas en Compostela. Martín comparte un dos exemplos que garda na memoria. "Nun xuízo, cando o avogado da parte contraria se achegou e sentou ao meu carón para explicarme como tiña que interpretar un documento que eu presentara. A xuíza da sala e mais eu quedamos alucinadas", conta. Nos encontros coa clientela, especialmente cando os clientes son homes, afirma que tamén percibe que ten que realizar "un dobre esforzo para captar a súa atención, pois case sempre atenden máis aos compañeiros". Con todo, pertencer a unha cooperativa permítelle "conciliar a miña vida profesional coa persoal". "Sei que non é así en todos os casos e coñezo exemplos nos que as traballadoras teñen que estar dispoñíbeis as 24 horas", expón. No eido da xustiza, Martín carga contra o tratamento dos casos de violencia machista. "Cando deciden dar o paso e denuncian, moitas mulleres descoñecen a violencia institucional que van sufrir e moitas remátanse arrepentindo", narra, "teñen que repetir a súa experiencia unha e outra vez, sen a intimidade que precisan, cubrir papeis, formularios... e penso que urxe mudar isto". Dora Cabaleiro: "Na montaña, a conciliación é máis dura pola falta de servizos" Dora Cabaleiro cultiva e sacha xunto a outra compañeira na cooperativa Ribeiregas, con base en Negueira de Muñiz. "No traballo non percibo machismo, máis do que podemos levar en nós mesmas, pois o patriarcado atravésanos a todas", conta. As dúas son nais, e o coidado das crianzas é o eido no que máis percibe dificultades no seu día a día. "Na montaña, a conciliación é máis dura pola falta de servizos", denuncia. Cabaleiro apunta que xa a hora de sentar as bases da cooperativa tiñan claro que querían "loitar porque a boa alimentación chegue a todas as familias, non só a unha elite". Mais a materialización deste obxectivo é ardua. "No mundo no que vivimos consúmense alimentos chegados de máis de 6.000 quilómetros de distancia a prezos moi baratos, producidos nun contexto de explotación laboral. E nós atopámonos co dilema de se autoexplotarnos a nós mesmas para poder competir", denuncia. Esta labrega lembra que a situación de explotación non é exclusiva doutras latitudes. "As traballadoras do amorodo en Huelva son outro exemplo", critica. Por iso, entre os retos que apunta para o feminismo destacan o coidado da terra, "evitar a explotación do rural", achegar servizos a quen vive fóra das urbes ou "restabelecer os lazos comunitarios". María Xosé García: "O sector automobilístico non é só de homes, senón de persoas" María Xosé García comezou a traballar na industria da automoción en 1991. "Daquela era un sector completamente masculinizado. As mulleres encargábamonos das tarefas que eran consideradas máis delicadas, como manipular pezas pequenas e pulilas, ou das administrativas. Só había unha traballadora pintora", lembra, apuntando que a factoría empregaba arredor de "500 persoas". Co paso dos anos a situación foi mudando. "Demandamos que se contratasen máis mulleres para igualar os cadros", explica García, "para nós isto é moi importante pois sabemos perfectamente que podemos desempeñar as mesmas funcións que os nosos compañeiros, e isto tamén nolo ensinou o feminismo". Esta operaria reclama que o sector automobilístico "non é un eido de homes, é un eido de persoas, sen distincións". "A nosa é unha loita que levamos batallando moitos anos. Na nosa empresa non é tan complexo, pois no comité de traballadoras hai dúas mulleres e tres homes e hoxe moitos compañeiros apoian as nosas demandas", expón García. Actualmente, a súa loita tamén pasa por rachar con teitos de cristal sen esquecer o chan do que partiu. "As mulleres sempre cubrimos as categorías máis baixas, queremos ter postos de responsabilidade", afirma a operaria. Ana Ojea: "A educación hoxe é unha fonte inesgotábel de sexismo" "Na década dos 80 eu era pequena e, aínda así, lembro daquela que os estereotipos non estaban tan marcados", lembra a profesora Ana Ojea. "Na miña mente existiu daquela un oasis, cando eu contaba uns dez anos, e penso que desde entón, a nivel de igualdade, fumos para atrás", apunta. Para Ojea a educación, na actualidade é "unha fonte inesgotábel de sexismo". Sen esquecer a súa imperfección, mais tratando de encamiñala cara a unha sociedade máis igualitaria, propón educar as cativas fóra de roles e estereotipos de xénero. "Penso que cando se procura que as crianzas respondan a estereotipos se agocha un medo á diferenza, que desemboca na homofobia ou a transfobia", destaca. "Na adolescencia os prexuízos xa están incrustados. Non digo que sexa imposíbel combatelos, mais é moi difícil", di. Nos patios, "onde o fútbol, un xogo onde os rapaces son protagonistas, ocupa todos os espazos", na escolla dunha vía de estudos, "cando as rapazas optan maioritariamente pola artísica ou de ciencias sociais, mentres moitos rapaces escollen a tecnolóxica ou as ciencias da saúde, considerándoa a 'dos listos'", ou na construción das relacións adolescentes, "seguindo os patróns do amor romántico e os celos", Ojea percibe exemplos cotiáns do machismo nos centros que "cómpre que desaparezan". |
NOS_4506 | Unha empresa vén de realizar un Plan de Innovación coa axuda de Anfaco e co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN). | Carabuñas, unha empresa de Vilar de Santos, realizou unha exhaustiva análise físico-química para determinar a composición das bagas e das flores do sabugueiro cultivado na Galiza (Sambucus nigra). A iniciativa conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (Anfaco) conclúe que este arbusto, tan habitual na paisaxe galega, ten un alto contido en compostos fenólicos e que a súa capacidade antioxidante "é comparábel á doutras froitas como o maqui e incluso superior á proporcionada polos arandos ou a baga de azaí", segundo apuntan nun comunicado. Estas propiedades e á súa accesibilidade, fan que tanto as bagas como as flores do sabugueiro teñan cada vez máis aplicacións, en concreto "en forma de complementos alimenticios, ingredientes nutracéuticos ou como materias primas para a industria farmacéutica", explican. Produción artesanal Desde o 2011 esta microempresa agrolimentaria produce de maneira artesanal unha polpa coas bagas de sabugueiro maduras e seleccionadas previamente coa que elabora a súa liña de produtos centrada nas marmeladas e nos licores de alta calidade e que se comercializa baixo a marca de Carabuñas. Estes resultados apuntan ao sabugueiro como un "recurso dun enorme potencial de aproveitamento e o seu uso por parte de Carabuñas está completamente aliñado coa tendencia observada no mercado a incorporar en alimentos saudábeis ingredientes procedentes de fontes naturais e con propiedades funcionais", indican. As bagas do sabugueiro compóñense, principalmente, de azucres, ácidos orgánicos, antocianinas e quercetinas. Estes dous últimos compostos forman parte do grupo dos flavonoides que proporcionan a esta planta propiedades antioxidantes, antiinflamatorias e inmunoestimulantes. Plan de innovación Un dos obxectivos do Plan de innovación desenvolvido nos últimos meses por Carabuñas é favorecer a expansión da empresa e abrirse a novos mercados. Por iso, a primeira parte do proxecto consistiu na implementación de protocolos de traballo para a xestión da I+D+i e o seguimento tecnolóxico. Alén diso, a empresa tamén traballou no desenvolvemento de produtos e procesos coa fin de poñer en valor as propiedades saudábeis desta materia prima e a procura de novas estratexias de diversificación. |
NOS_58092 | O día 16 de outubro a plataforma Nunca Máis convocará unha concentración nacional na Coruña, coincidindo co inicio do macroxuízo polo atentado do Prestige. Co obxectivo de demandar "xustiza para o pobo galego" a plataforma cidadá comezará a se reactivar a próxima semana. Realizarán actos comarcais e barallan a posibilidade de convocar tamén unha manifestación en Compostela o 13 de novembro. | O pasado 17 de xullo a plataforma cidadá "Nunca Máis" volvía ser actualidade. O colectivo demandaba que "se fixese xustiza" no xuízo pola catástrofe do Prestige, que iniciará o vindeiro 16 de outubro. Anunciaba tamén que se ía presentar nel como acusación contra José Luis López Sors, director xeral da Mariña Mercante -único responsábel do goberno Aznar imputado grazas, precisamente, a un recurso da plataforma-, contra o capitán Apostolos Mangouras, o seu xefe de máquinas e o primeiro oficial. @s portavoces da plataforma anunciaban tamén --antes do anticipo electoral-- a súa intención de rachar coa "dinámica de silencio", imposta polo goberno central, en relación con este asunto. Onte a Comisión xestora nacional de "Nunca Máis" desenvolveu unha reunión en que se deron os primeiros pasos nesa dirección. Quentarán motores iniciando a próxima semana a reactivación da plataforma en todas as comarcas, con dúas datas no horizonte. A primeira, o 16 de outubro, en que dará comezo o macroxuízo case dez anos despois da maior catástrofe ambiental do noso país. Ese día "Nunca Máis" volverá ás rúas, convocando unha gran concentración nacional na Coruña , cidade que albergará a vista xudicial. A segunda data, o 13 de novembro, cando se cumpre o décimo aniversario do inicio do pesadelo que remataría con milleiros de quilómetros da costa galega cubertos de chapapote, despois do afundimento do petroleiro fronte o noso litoral. Para ese día, ou en datas próximas, a plataforma está a barallar a posibilidade de convocar unha manifestación nacional en Compostela. A bandeira do "Nunca Máis" volverá ás varandas galegas "Dez anos despois, hai aínda moito que aclarar sobre o que aconteceu e sobre @s seus responsábeis" afirman na plataforma Entrementres está prevista a realización de diferentes actos nas comarcas co fin de volver facer visíbel a súa demanda de responsabilidades e para conmemorar o que foi "a maior vitoria cívica" na historia recente do pobo galego. Asemade, a plataforma decidiu volver pór en marcha o seu sitio web, que agardan fique dispoñíbel nos vindeiros días, así como editar diverso material, entre outros a bandeira do "Nunca Máis" --emblema nacional daquel momento-- e que regresará ás xanelas e varandas das rúas galegas, nas que estivo presente por milleiros. Fontes da plataforma sinalaron, en declaracións a Sermos Galiza, que agardan un "grande apoio" e unha resposta "igual de masiva" que en 2002. A razón é ben clara, segundo explican, "dez anos despois, hai aínda moito que aclarar sobre o que aconteceu e sobre @s seus responsábeis". "O pobo galego merece xustiza", sentencian. |
PRAZA_439 | Revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor | ❧ [COPIÓN_'TERTÚLIA REVISITADA' _P/ FERMÍN_ENTREGA 2] 1978, si. Calquera día fago trinta e un anos. Chove, e o da Constitución Española impórtame un carallo porque nela van meter a monarquía, vaia hostia. Kepa: aínda ben que te mataron a tempo, compañeiro. Xa non verás o pelele Bobón a comandar o exército de ocupación de Euskadi... Chove; durante tres días vén chovendo sen parar, longos rosarios de pingas verticais, as mesmas pingas venres, sábado e domingo. O venres fun á tertulia e ninguén falou do concurso, mesmo sabendo todos o principal: prazo ata o 15 de agosto, catro copias, sobre e plica, lema, mínimo de duascentas páxinas mecanografadas a dobre espazo; 250.000 pesetas... O Abel Souto –de quen esperei un acto de honradez– nada comentou do que nos ocupa e lanzouse a dar doutrina das comisións obreiras xusticeiras e as cadeas de transmisión partido-sindicato; o Pereirázar trouxo Amnesty International e o cono Sur, o Pinochet matando e triunfando, a xunta arxentina matando aínda máis e o peso seguindo pautas inflacionistas que o marco alemán trazara ata o advento do Führer. Cameselle e Valcarce atenderon aos disertadores e hoxe non se agrediron polo do enxebrismo versus lusismo. A Xulia tamén calaba, salvo para apoiar desde os nosos cómodos lonxes as mais da Praza de Maio, e eu aproveitei o meu propio silencio para ilos imaxinado a todos no intento de competiren coas artes do Mourín, todos espremendo os miolos, desenterrando historias abandonadas, ou –se cadra– algún a repasar a novela que reserva para a grande ocasión das 250.000 pesetiñas soñadas. Mirei moito o Horacio Pereira e gañei medo. Distante e superior dentro do seu elástico negro e a barba de seis días é o máis escritor de todos nós, o máis posibilitado para competir co Mourín, polo sweater mouriniano e a colección de pipas para mostrar ás mozas que visitan o seu estudio. Imaxinei o galaico-porteño a corrixir frases recocidas en prebe cortazariano, traducíndoas á nosa lingua. Vinme tentado a chamalo á parte e dicirlle "Mirá, che, pasame tu original que le saco la paja y rehago la redacción". Aínda máis, Pereiriña, redáctocho no meu idioma, que eu sei falar porque mo aprenderon a Felisa que me criou e non sabía falar outra cousa e o Tonecho da aldea, que tampouco falaba como falaban na radio porque na súa casa non había radio e nela cheiraba a bosta que fedía, pero era a casa a onde eu sempre escapaba ata que me viña buscar a Felisa, que non quería que eu estivese alí porque a Antonia, a mai do Tonecho, andaba con dous homes á vez. Quero que che dean o premio sen reservas, coa miña axuda, para que o Mourín escriba que "a aplicación e o traballo levan o Horacio Pereira ao punto de encontro onde o estabamos esperando; Pereira, mestre da narración plena de efectos imaxinativos, móstrasenos agora tamén mestre da lingua que aprendeu con máis amor: a dos pais emigrantes...". Non che me importa, Horacio, che, mirá, porque, se todo este guiñol de monicreques non se derruba cun golpe de estado ou un estalar de oxivas nucleares, alguén algún día se decatará de que a prosa é miña e non túa. Pero, no entanto, indo a medias no choio, eu metería no pero 125.000 pesetas coas que volver a Bristol de vacacións sen présa... Calei mirando os vellos lentísimos do Barlovento tomaren café e contemplei reflexos de farola e anuncio luminoso sobre paraugas mollados ao pasaren. Gardei silencio escoitando os demais, cavilando que a obra é de cada un e non se pode compartir con outros; que só un mamalón gordiño e bancario coma o Cameselle é capaz de crer na "literatura colectiva". Non. O traballo de escribir é individual –individualísimo– e propio. Escribir en paralelo é de bobos utópicos. Plaxiar é indecencia... Domingo, señores. E, como dicía, chove, chuviscou toda a xornada. Á procura de sosego fun á aldea cos cativos, abrín o caserón e chovía, gotexaban mansamente pingas verticais dun ceo de chumbo que parecía zumegar auga sen vontade. Prendín a lareira e botei leña nela, toros sen couto porque necesitaba un lume farto e compañeiro. Deixei os nenos xogar coas pezas da "construción" de cortiza que aínda resisten o roer dos anos e fun para a xanela ollar desde o alto como a chuvia encharcaba o xardín espido. No inverno o xardín resulta como un esquema claro e distinto do que fora no verán. Mesmo a cúpula de pólas dos pradairos é iso: ramada ósea, sen carne nin verdor, deixando ao descuberto a mesa e os tallos de granito. Aquí fixo vida o abade ao que lle debemos o apelido, os xenes, a existencia nosa como é. Tal vez el plantou os pradairos e esperou anos a fío, podando e xuntando ramos ata que cubriron de verde teito o lugar das enchentas, dos praceres gástricos con bo tempo. Se cadra, desde esta fiestra chegou a contemplar case o que eu vexo, xardín e valados, roseiras, edras, o emparrado, e, por tras, o mar indiferente. Aquel crego pecador algún día tamén se achegaría á xanela para ollar e non ver nada, xardín e arredores todo baleiro, sen significado ante o que dentro lle petaba: un desexo de deixarse ir brandamente mentres ao tempo se quere vivir o que a vida nos nega. El tamén tería os seus concursos; eclesiásticos quizais pero concursos. Ora, o home non sabía que existen os buracos negros esparexidos polo Universo, que no interior do sol ten lugar constantemente a fusión do hidróxeno, que o sol eterno só vai durar cinco mil millóns de anos... e que algún día se poden disparar os foguetes dos dous imperios do mundo e canto non desapareza de súpeto irá morrendo aos poucos, languidecendo nunha atmosfera cuberta coa capa de po que levante o estourar dos megatóns rusos e americanos. Eu seino e, malia iso, sigo querendo vivir, escribir, gañar cartos, aparecer nos xornais do noso impaís mínimo... A Ana escusouse de vir á aldea dicindo que ten moito traballo pero eu sei que nos botou da casa para chorar tranquila; e onte tamén chorou, dixo que pola tensión baixa, que lle baixa moitísimo cando por fin –¡por fin!– lle volve o período despois dun atraso longo. Chorou. O Avelino di que só temos bulbo raquídeo, que aí empeza e acaba o invento da alma. Por iso, por algo entre a presión arterial o bulbo, Ana Parguiña leva dous días a chorar, marcando en cada contracción do choro os sucos que a idade xa lle manda ter. A miña Ana está triste coma todos, porque este é un inverno frío sen esperanzas nun país imaxinario, e un ponse a pensar e dálle medo. Ana cavilou como poderiamos ser nós, ela e eu, se chegarmos a celebrar o cincuenta aniversario do casamento. Parece imposible que cheguemos ao 2023; mais hai o perigo de alá darmos chegado, ruína contra ruína, vellos enxoitos, incapaces. Díxomo e caleille o que inmediatamente me veu á mente, como e cando haberá ser o noso derradeiro intento de unirnos no íntimo: como chocarán óso contra óso, como tremerán os músculos decaídos transmitindo o tremor a unha miríada de engurras, como a mente nun momento de frieza –sabendo que é a fin– traerá ao presente a lembranza da primeira vez: pel tersa, panículo e músculo facendo túrxidas as curvas que súan co gozo. Ana, compañeira, eu quero vivir o que teño diante, matando a visión de canta tristura nos axexa. Non cho dixen pero levo todo o día perseguido pola canción do Vinícius que ti repites, sen te decatares, cando algo lindo che vén á cabeza: "Que a coisa mais divina que há no mundo é viver cada segundo como nunca mais" Ana, Aniña amada tenramente, ándoche con eses versos a todo momento, tentando lamber a miña ferida. Non che sei como actuar: quero gañar, gozar, e para conseguilo non me atrevo a facer o que, vestido de roupón moralista, eu sempre descualificaría. Mira, muller, enténdeme: a tentación de copiar e arranxar é coma... coma a de se masturbar, mesmo cando un xa está deixando de crer en Deus e sabe que o pene é seu e súa a man e a soidade do retrete da casa ou do colexio. Así é a tentación porque miñas son as follas DIN A4 e a máquina; e porque a ignorancia é dos membros do xurado, que nunca penetrarán no meu retrete literario, no que nin ti entras. "Que a coisa mais divina que há no mundo é viver cada segundo como nunca mais." Enténdeme, comparte, camarada. Trátase de que me chamasen para asistir á cea do concurso, a un restaurante de sona, con mesa presidida polos membros do xurado que, á fin das contas, serían os enviados polo Big Brother Barros, o Mourín entre eles. Imaxina o secretario do xurado erguéndose para ler a acta de acordo de adxudicación do premio, a urxencia por que chegase ao final, ao "resultando gañadora a obra...". Serían tres segundos de gloria, tres, para tres sílabas: "O abri...". Tres segundo de gloria en que eu non vería nin as cortinas e os espellos do restaurante, nin as faces e os cigarros e as evolutas de fume dos comensais, nin sequera as caras dos membros do xurado viradas para min. Vería só os ollos avultados, verdes, do Horacio Pereira pescudando os do Mourín tras dos seus lentes críticos, as pálpebras cortazarianas a contraerse nunha dúbida de traizón para logo se reporen nun xesto de indiferenza. Miraría eu con gusto de gran coñac os ollos pampos, acuosos, abraiados, do Cameselle, a boca torcida e retorcida no tic que lle vén cos sustos; e os olliños renegros, sorridentes, do Abel Souto aceptando por fin, de grado, a derrota que sempre soubo natural porque sabe que a súa arte proletaria, industrial, non se debe estender a máis de cincuenta folios... Deixei que o lume fose consumindo de vagar a madeira, que se fose facendo noite e que a nena adormecese no meu colo. No tempo en que durou esta paz –morneza, crepitar de leña e os ruidiños do cativo teimando coa "custrución" – a tentación volvíame chea de cores, de cheiros e sons coma a propia selva; e con ela a voz, o aceno doutoral da Amanda Coelho: –Mas veja você que ca isso é só subliteratura. Nem tem consideração de obra literária. Eu tentaba defender o autor de "Verde solidão", a súa sinxeleza, o coñecemento da realidade punxente e a súa expresión cunhas pinceladas de poesía. Mais ela voltaba, fea, aindiada e rotunda: –Não, não, João. O que você está me dizendo é mesmo insultante para a nossa Literatura Nacional. Literatura nacional, minada polas modas do boom ao norte e ao sur do inmenso Brasil. Gabo e Cogggtazaggg. En fin, Amandiña, literatos a mexaren polos narradores... Tan logo espertou a cativa no meu colo, deille moitos bicos e dispuxen a marcha. Conducín falando cos filliños, sentadiños no asento traseiro. A Mariña anda coa teima do tamaño dos animais. A Antón someteume a duro interrogatorio sobre as cousas que existen ou non. Pola secuencia das preguntas vin deducir que, en cuestión de existencias, a súa lóxica non é binaria senón ternaria: para el pódese existir, non existir ou existir na televisión. Desisto. Por hoxe abonda. Só me peta, de verdade, redactar o prohibido. ❧ –Ana, ¿ti recolliches as cartas na caixa do correo? –Recollín, si. Deixeinas a xunto do teléfono. –Podíalas ter posto no meu despacho, ¿non? –Viña coas bolsas do súper... Mira, ¿oíches? ¿Sabes o que me pasou co Antón? Púxenlles mazás de sobremesa e, como el non ma daba comido, pregunteille por que non a comía, que a Mariña xa a comera, e díxome "A mazá non existe"... ¿A onde vas? –Vou mirar as cartas. A mazá non existe porque o tolo lindo non a quere comer e bórraa da mente. As cousas existen ou non existen a vontade. Cando non se desexan, esváense e un pasa a través delas. Así durante o mellor da vida; ata que medras e chocas co que non querías e esnáfraste e sentes o sangue a correr polo fociño e a pingar na roupa... Carta da nosa insufrible asociación cultural minada pola guerra entre patriotas e vendepatrias socio-listos. Circular do concello. Recibo da puta Afanosa. Enciclopedia Británica: que pesados, hostia. Xa chega con comprarmos as ampliacións. Ei, ei, ei... velaí, ¡a carta! Isto si que é, si señor, presentido. Seguro que vin polas cartas porque presentía un sobre apaisado, ianqui. Coidado, non estragues o selo. Data de carimbo, data, data, velaquí, media borrada. Catro días: os avións fanche marabillas hoxe. Marabillas, si señor... ❧ Boston, 24 de febreiro de 1978 My dear Xoanolas, Pirolas, Pipirrindolas, En primeiro lugar, literatura, o orixinal que me mandaches, de virxílico título "O mirto e os loureiros". Por favor, comeza por lle mudares o nome, My God! Lino de corrido a partir da páxina 50, cando xa colle folgos a narración, axudada por un idioma moderno, alleo a invencións vacasagrádicas (¿por que serán tan gratuitamente burros? Factor principal da nosa impotencia é o minifundismo, da terra e do idioma; pero o da terra é menos perigoso porque os bancos xa están para dar cabo del). O teu acerto é o idioma posto ao día, mais non acertaches coa trama pois no principio soltas demasiados datos entre os que o lector dificilmente é capaz de navegar. Ou sexa, meu caro, que invalidas a novela porque a narración de nada serve se o lector se ve obrigado a un esforzo de vontade para continuar adiante. OK? E unha crítica teño que facerche á túa fodida necesidade de realismo. O tema é tan aggiornato que lle dará curta vida á narración. O personaxe central é tan autobiográfico que amola. Sempre ten que haber moito de un na obra, aquecido con sangue propio para que teña forza. Mais o exclusivamente persoal debe chegar ao papel ben moído e remoído, inidentificable. Por fin, no enfrontamento dos adolescentes de "O mirto e os loureiros" hai contraposición de clases sociais e ti empéñaste en que gañe "o fillo do pobo". Aí fállache o realismo: normalmente gañamos os burgueses. Ben. Penso que debes refacer o comezo da novela, ocultarte máis e non identificarte cun personaxe que non che corresponde. Porque ti, por fortuna, non es fillo do pobo, que cheira a bravío e non sabe usar o garfo e o coitelo. Un bo repaso, un novo título –breve– e, se cadra, pode pagar a pena publicar ese libro... Outro asunto. Estiven en Montreal co teu amigo Alfredo Pardo, o galaico-lisboeta. Polo que me contaras e polo que falei con el, penso que o desterro o está sublimando. Éche un suxeito de veras peculiar, filosófico. De propósito levoume a un barrio onde se amorean galegos e portugueses en mestura, no que se confunden cheiros de bacallau e groserías comúns das nosas falas. Vagamos por alí, no frío canadense, e falamos do que non puido ser na Historia. O Alfredo culpa de todas as nosas desgrazas á debilidade do poder feudal galego. O feudalismo fracasou porque somos un pobo desobediente, incapaz de organizarse baixo o mando dun señor feudal. Lembroume a Maruxa Veiga coas súas teorías. Os dous comparten visión sobre as raíces do noso mal histórico, alén do cal se afirman de cheo no liberalismo, no laissez-faire para que triunfe o mellor dotado. E ambos son anticlericais (¿que fai dona Maruxa? ¿Escribiu algo máis sobre a Galicia feudal? Cando eu chegue por aí, ela vai ser unha des primeiras persoas que visite). E, xa feito un adianto de intencións, descúbroche logo a segunda razón desta misiva, meu caro e indispensable Xoán. Primeiro a Literatura e despois a Industria: retorno, con experiencia e patentes. Fartéicheme de ianquis gordos, zurdos, negros; de spaghetti, pizza, pantalóns de fibra brillosa e zapatóns de buzo ou de chúchame a punta. Retorno coa idea de fabricar aí os únicos produtos ubicuos no mundo: trebellos electrónicos. Volvo pero sen queimar as naos, porque a empresa seguirá a funcionar aquí. Encontrei fortes resistencias na Peggy, que pensa que en España todos somos "barbarians" (como ves, os ianquis están ben informados, que para iso teñen a CIA e a American Express). Pero, como non vou renunciar a ela porque é unha boa house wife, cociñeira imaxinativa e muller preocupada polos beneficios dunha sexual life ordenada, decidín traela con enganos. Ela anda entregada a un tal Spiritual Improvement Movement e convencina de que en España, cunha relixión caduca, gasta por séculos de sempre predicar o mesmo para nunca o cumprir, hai grande mercado para as súa invencións. Asegureille que os mormóns están a facer furor nas nosas freguesías. Xa me axudarás a montarlle o teatro... Quixera non tardar en aparecervos por aí. Mesmo gustaría de chegar ao show da "Xunta Preautonómica" (¡Cristo, que nome!). Remato. Memorias ao Luís e ás vosas pacientes esposas. Ídevos preparando para unha esmorga de sete estralos. Unha aperta. Fermín. ❧ –Xoán... –¿Que? –Esa carta é do Fermín, ¿non? –É, muller, é. –¿E que che di? –¿Interésache? –Home, non moito, pero sei que a ti che interesa e por iso che pregunto... –Vale... Pois dime que vén, definitivamente. –Vaia, ho. Outro máis que caeu na trampa. –Outro, Aniña, outro... Se cadra, ti querías que quedásemos en Bristol toda a puta da vida, ¿non? Como o imbécil do Sobroso: facéndolles aos fillos aprender a tocar a gaita e plantando grelos no back yard. –Eu non falei de nós. –Dixeches "outro máis", Ana... Sei por onde me vés, seicho ben, que en Bristol ti seguirías facendo carreira na universidade, e eu cobrando todos os meses. –Vai prá merda, Xoanciño, please, anda... ¿Que máis che conta na carta? –Que tamén vén a muller... Podedes montar unha English school entre as dúas. É cousa de lle pedires cartos ao teu vello. –Pois é boa idea, non te rías... ¿E que máis di? –Fálame d'O mirto e os loureiros. –Ah... –Di que teño que reformar a novela, que teño que refacer as primeiras cincuenta páxinas. –Xa... –Todos pensades, Aniña, que unha novela se fai e se refai como quen fuma, e non che é así: se che sae virada non hai quen a endereite. Éche mellor tirar con ela e ao carallo. –Eu sempre che dixen que o principio d'O mirto parecíame espeso, espesote. –Sempre o dixeches. Iso é ben doado de dicir. Pero son eu o que ten que facelo... Voume. –¿Xa te vas encerrar? –Exactamente. Vou ver se escribo un artigo. –Escoita. Chamáronte o Lantaño e mais o Caruncho. Que os chames. –Que lles dean... –que lles dean a eses amigos e a todo. Oxalá rebente todo: a asociación, o partido, a merda das empresas, as miñas novelas, eu e a puta que nos pariu a todos. Un whisky. Non, que vai moito frío. Un coñac, logo. Mellor un viño tinto espeso, espesote... Cago en todo: "espesote" o principio da novela... Fermín, compañeiro, aparéceme axiña; vén rápido que, ata que ti aparezas, xa non paro tranquilo. Necesito falar contigo do que estou a escribir. Pensa que eu tivese vivido as aventuras que conto. Daquela o único que tería que facer sería relatalas, sairíanme frase a frase, fluidamente. O quid estaría en non perder detalle e redactar con xeito, ¿non? Ora pensa que alguén analfabeto, ou cego despois de moito vivir, me pedise relatar a súa experiencia única. Neste caso eu iría imaxinando canto tivese que fabular, ordenándoo e dándolle forma de libro segundo os canons das novelas... Pois, á fin das contas, é o que estou a facer coa historia selvática e salvaxe d'O abrigo do sol (espero que este título che pareza decente). Éche como se alguén me pedise que lle pasase a limpo un manuscrito, ordenándoo para que se puidese presentar a un editor. Son duascentas cincuenta mil pesetas de premio, cincuenta mil pesos, Ferminciño querido... "Então, João, você gosta desse romance selvático? Mas diga lá quando é que já viu referência a sério sobre isso?" "Ó Amanda, mas também nunca se verá na Espanha referência às novelinhas de cow-boys do Marcial Lafuente Estefanía, e elas são uma realidade popular... Vocês têm cá um género de muita maior qualidade, e Verde Solidão é um bom exemplo." "Em fim, meu amigo, não lhe nego que você tem um jeito engraçado de entender a Literatura". Debo telo, si, india renegada. ❧ O ABRIGO DO SOL – Capítulo 2º O relatório do capitán Graça Emílio Ribeiro cumpriu cos seus deberes e compromisos na "cidade" (título que non deixaba de forza-lle un sorriso revirado). Pousara o hidro na enseada do rio, deixara-se remolcar ata o hangar, indicara detalles de revisión aos mecánicos, fora-se bañar e mudar no albergue e jantara co director do banco. Aproveitaron para revisar as contas, que subian en positivo, e volveron falar dos investidores no projecto da liña aérea, cada dia máis numerosos. Todo en orde. Despois dunha grande sesta, fijo repaso á lista de encargos e compras. Ao caer da noite, tivo outra refección de negócios, cos comerciantes sírios e, finalmente, recalou no cabaré que animaba a Walkíria, moza enigmática, beleza nórdica que mastigaba o portugués coma unha nativa do inmenso país tropical "abençoado por Deus". Foi ela quen lle presentou na barra "o profesor Mendes Brito", tipo académico, con lentes grosos, aparentemente seco por fóra mais sempre ben mollado por dentro: engulia whisky que daba génio, caramba. Era portugués, dos anos do Emílio, e agiña entraron en conversa doadamente pois tiñan inimigos comúns, os ditadores ibéricos: o Generalísimo Franco e o Profesor Salazar, os únicos fascistas que o "contubérnio anglo-americano" permitia subsistir na Europa. Embalados na conversa, deixaron a barra e sentaron. Ribeiro contou a sua peripécia de oficial aviador republicano, o seu adestramento con fogo real sobre uns ceos de España que viñeran dominar alemáns e italianos coa superioridade das suas máquinas. A guerra civil española fora a preparación da que ja se via vir na Europa. Mendes Brito sabia-o ben, e apenas se sorprendeu oíndo que nela non se respectasen os pilotos inimigos cando caían co paracaídas: eran cazados a tiros de fusil. Álvaro Mendes Brito era engeñeiro de minas. Fora profesor de universidade. Os valedores de Oliveira Salazar non gustaban das suas ideas demócratas, advertiron-no contra espalla-las entre os alumnos e, para proteger-se, abandonou a facultade e foi para as Áfricas onde todo estaba por descubrir. A guerra de España chegara-lle polas ondas de rádio con sabor a impoténcia, a perda geral para os pobos oprimidos polo fascismo. Despois, durante a guerra mundial, as cousas pugeran-se difíciles nas colónias portuguesas. As boas relacións do engeñeiro Brito con colegas franceses e ingleses converteron-no en sospeitoso para a policia política portuguesa e, tan logo tivo unha proposta de traballo no Brasil, tomou o barco. –Daquelas selvas e aquelas praias de África, amigo Ribeiro, trouxen para aquí unha grande admiración polos descubridores lusitanos –confesou–. ¡Que valentia! Imagine aqueles portuguesiños incultísimos, descoñecedores dos mares do Sur, das costas de África, dos rios, das falas, das relacións entre pobos africanos... Primeiro en Marrocos e despois polos países de negros, dando a volta ao cabo da Boa Esperanza e dominando rutas ata o Japón... E, finalmente, aquí no Brasil. Mesmo aquí, neste mato sen fin, rios adentro. Ata neste rio figeron heroicidades magníficas. –¿Neste rio? –Emílio Ribeiro estrañou-se. –Pois si... –Mendes Brito pareceu non querer esclarecer o detalle, lanzando unha pregunta–: ¿E logo entrou vostede como piloto na guerra mundial? –Entrei, si, de inmediato. Non todos os oficiais da República ficaron en Fráncia. Os ingleses tiñan interese nalgúns de nós. A guerra europea era inminente e os aviadores republicanos loitaramos contra os pilotos alemáns e italianos. Coñeciamos as suas artes... ¿Outro whisky? O ex-profesor aceptou cun sorriso e recolocou os lentes grosos para fixar a ollada na Walkíria, que facia duo en inglés cun mulato da Guaiana holandesa. A branca loura e o moreno tiñan en común os ollos de auga clara, o balanceo e a sensualidade ao interpretaren cancións do sur cálido dos Estados Unidos a onde os escravos africanos levaran estilos tamén própios de Cuba e Brasil. Curioso personage o bebedor de whisky, que se deleitaba co espectáculo. O piloto sentiu enveja del, das paisages que teria visto quizais en Angola e Mozambique. Veria selvas coma as americanas, e tamén sabanas con leóns e elefantes. –O que importa son os tesouros, capitán –o engeñeiro aproveitou un descanso entre toadas–. Como esa muller... ¿Sabe cal é o seu nome verdadeiro? –Non. E debe ser segredo ben gardado, porque esta cidadiña de merda non dá para moito agochar. Terei que lle preguntar ao chefe de policia. –Vou-lle dicir algo, que en parte ja lle digen, amigo Ribeiro: os engeñeiros andamos a descubrir jacementos de minerais rendibles pero, no fondo, devecemos por atopar tesouros. Non é o mesmo tirar gemas da terra que atopa-las nun cofre; como non é igual picar en calquera moza que convencer unha grande muller para amante. –Entendo que os dous somos solteiros. –Seremos... E diga-me: ¿cal seria o tesouro da sua vida? –Unha liña aérea que cubrise o rio desde a boca ata os Andes... –Iso dá traballo, querido aviador –os ollos riscados e grises de Álvaro Mendes Brito pecharon-se–. Eu hai moito que soño cun achado de pedras preciosas, coma os das novelas de aventuras. Por iso lle falaba dos descubridores, e deste rio, desta selva. Esta "cidadiña de merda", como vostede lle chama, sabe dos meus afáns desde 1946. Nese ano cheguei para facer a primeira prospección, e isto non era nin a décima parte do que é hoje. Eramos tan poucos que eu falaba cos misioneiros, mesmo sendo ateo militante como debe ser un científico... Mais, cousas da vida, intimei cun padre portugués. Ese home mostrou-me un libro antigo, un relatório de descubertas. Os misioneiros viñan-no usando polas descricións excelentes que fai da zona. É un libro que fala das condicións do rio, dos ventos da seca que ajudan a subi-lo, algo tan importante para quen viña navegando a vela, e a remo se faltaba o vento. O relatório resultou-lles tan interesante aos frades que chegaron a imprimi-lo para eles... Os descubridores que ajudaron a escribi-lo viñan con licenza real, mandaba-os un capitán Emérito da Graça, e meteron-se na breña á procura da Cidade dos Césares, algo ja soñado de vello. O relator detivo o relato: a Walkíria chiscaba un ollo e apuntaba para duas mociñas novas, mestizas tenras, mal cubertas de tea brillosa. Unha delas achegou-se á mesa cunha bandeja de cigarros finos. Ribeiro colleu dous deles, meteu-lle á rapaza un billete generoso entre os peitiños e despediu-na cunha palmada na coxa. O seu interese estaba longe do que a infeliz podia ofrecer-lle. –¿E de cando é ese relatório, profesor Brito? –Pois de ben dentro do século XVIII. –¿E daquela aínda se mantiña o mito da Cidade dos Césares? –Mantiña-se, pero eu coido que o relatório ten algunha fabulación para confundir e conseguir a licenza real... Probablemente os organizadores e os financiadores da expedición tiñan referéncias previas sobre algunha forma de vida ordenada, superior á dos índios pescadores; falaba-se dos própios incas... Por iso figeron os trámites de permiso exagerando sobre as marabillas da cidade dos tales césares... O escribán do Emérito da Graça fijo relato dunha expedición acertada nas descubertas pero case fracasada no objectivo principal dela: os tesouros, que non conseguiron moitos. Deixou feitas descricións verosímiles, dun grande templo de pedra dedicado ao deus Sol no médio da floresta, e de salvages moi sanguinários, e mesmo de morcegos horrendos a protegeren ese templo. O balance final da aventura do Graça foi de moitas mortes, por febres, por ataques de índios e de animais. Ora, esa gente trouxo ouro, que se vendeu; e un diamante misterioso. Do destino de tal pedra non di nada o escribán, pero, pola época, coincide cunha lenda portuguesa, a do "diamante do gobernador". Foi unha gema que nunca chegou á metrópole, que pasou no alto mar dun navio portugués a outro holandés. En Antuerpe, ao brillante que saiu del chamaron-lle "O rei do rio". Así é... Mendes Brito parou de falar, quizais canso de facer-se escoitar por cima da voz poderosa do mulato que imitaba a Louie Amstrong. Engadiu soda ao vaso de whisky e bebeu como se o matase a sede. Ribeiro fijo que se distraia coa imitación do guaianés, mais tiña na mente no relato interrompido. –¿E o libro indica onde estaba ese templo? –non puido reter a pregunta. –Fala dun número de dias de navegación rio arriba que serve para facer cálculos, tendo en conta que os ajudaba o vento da seca, que vai contra corrente –o engeñeiro agardou a que o piloto figese sinal de coñecer as propiedades dese vento–. O relatório dá unha referéncia que ja debian ter oído o capitán Graça e os seus sócios: un grande furo na selva, á marge esquerda, estribor subindo o rio. Ese furo prolongaba-se nun canal longo, que chegaba a pé do templo nunha clareira grande no médio da floresta... Eu teño percorrido en detalle a zona onde calculo que estaria ese canal e, certamente, Ribeiro, hai algún furo entre o arboredo que daria para imaginar que fose o canal cara ao tal templo do deus Sol; pero non chega moi longe dentro do mato. –E seria canal profundo, tendo en conta as diferenzas de nivel das augas entre tempos de chúvias e de seca. –Sen dúbida. Unha grande obra, dun pobo laborioso... A botella de whisky non tiña ja máis que para un grolo derradeiro e frases cansas dos convivas, unha do Mendes Brito repetida con insisténcia de bébedo: –Máis vale tesouro ca mina. Solícita, amosando en exceso o torneado perfecto do seu busto, Walkíria ajudou a que o profesor se erguese. O piloto ajudou-no a chegar ao hotel sen tropezo; e marchou para o seu albergue entre pensamentos confusos, dos que non se atrevia a culpar o whisky. Non, habia algo máis que o confundia, algo que o sorprendera á vista e se lle mesturaba coa conversa no cabaré... Algo co que espertaria tras dun sono breve. O corazón batia-lle forte cando espertou: soñara que facia despegar o hidro desde un grande furo, un canal case cuberto polo enramado das árbores. Era-lle difícil librar as ás das pólas dos lados, e para fronte pouco podia manobrar pois á fin do canal se erguia unha pagode dourada, chea de pedras preciosas, descomunais. Ja se ia esnafrar contra ela cando acordou; acordaba co susto de espetar a máquina contra o templo cegador. Ergueu-se, bebeu auga e retornou á cama. Custaba-lle coller o sono. Lembraba treitos do que lle contara o engeñeiro portugués... Ata que caeu na conta do que lle bulia na cabeza desde que saíra co Brito do cabaré da Walkíria. Daquela incorporou-se. Mirou a hora no espertador e foi-se duchar cunha decisión tomada. Saíu do albergue. Amañecia. Do rio viña unha brisa amable. Buscou unha cafeteria madrugadora en canto o perseguia unha visión da selva: a da liña recta de lagoas percibida desde as alturas do voo cando se desviara para evitar a tormenta. O recepcionista do hotel de Álvaro Mendes Brito aceptou con dificultade deixar-lle ir esperta-lo pois, insistiu, "o profesor" pedira que non o molestasen. –É por unha emergéncia –porfiou Emílio Ribeiro, para que o recepcionista, somnolento, lle digese o número do cuarto. Logo que o soubo, alancou escaleira arriba e bateu á porta do infeliz. Non obtivo resposta. Volveu petar e daquela sentiu un apagado "Vou". Segundos despois tiña á sua fronte o engeñeiro sen a máscara de carei e vidro con que protegia os ollos. –¡Ribeiro! –sorprendeu-se cando a miopia e a resaca lle permitiron identifica-lo. –Perdoe, profesor Brito: veño busca-lo porque quero que me acompañe a identificar algo que só desde o avión se pode comprender. –¿Como? –Quizais o canal que descubriu o capitán Graça. –¿Como? ¿Que me di, Ribeiro? –Olle, se un canal se abandona e se vai arruinado por partes, pode acabar sendo coma unha sucesión de lagoas, ¿non? O engeñeiro, coas mans nas tempas, os dedos entre o cabelo gris, tardou en responder: –Certamente, si. –Ben... Por favor, tome un baño mentres eu lle pido embaixo un café dobre ben negro... Van ser só unhas horas de voo, e volvemos. Non lle vou roubar moito tempo. ❧ Notas de caderno, curiosa sensación de escribilas a man. A máquina enmascara, distorsiona o discurso verdadeiro. Que lindo era escribir con plumiña mollada no tinteiro do pupitre... Retomo exercicio do íntimo: Houbo anuncio de sol. Parou de chover e un nordés finamente frío tróuxonos o azul dos ceos para mitigar tanta pesadume. A media mañá cobramos. Cando tiven o cheque na man lembreime da Carmichael, das libras que nunca faltaron na miña conta corrente, e saín da oficina ás carreiras. Entrei no banco ledo coma un xílgaro, porque recibira a miña paga. En canto esperaba facer o ingreso, mirando xente que non me parecía tan sórdida coma sempre –ignorante, autodestrutiva e avasalada–, fóiseme o acordo ao Alfredo Pardo e a súa preocupación pola seguridade da vida no caso de que algún día pasase "algo". Lembrei os nosos paseos pola Lisboa que cheiraba a frango ao espeto. Iamos a falar de porvires e seguridades cando ao noso arredor se esboroaba un mundo seguro, colonial, salazarista. En calquera volta daquelas fomos dar a unha praza onde se xuntaban negros xornaleiros á espera de seren contratados. –¿Que têm de diferente un sujeito destes e un paisano galego? –preguntoume o Alfredo. Calei porque me daba reparo comparar o máis montesío dos nosos aldeáns cun africano da Idade da Pedra. –A única diferença é a cor da pel, Joám. Só isso –conluíu el, con aires de mofa fidalgona, de pensador sempre ben mantido. Agora, logo da revolución dos caraveis poéticos, os africanos colonizados polos portugueses son libres (ao menos nos papeis, que xa é algo); e nós seguimos no impaís coma sempre, á espera de ordes de Madrid. Hoxe, en canto facía o ingreso do cheque, tentei imaxinar o que estaría facendo o Alfredo Pardo, lonxe da quente inseguridade revolucionaria portuguesa, entregado á seguranza xélida do Canadá –mais quizais saudoso dos pretos que contrastaban a cor da pel co branco das pedras dunha praza na "Lisboa doutras eras, dos cinco reis das esperas e das touradas reais". El rico alá, e eu na Terra Mai do carallo sen case nada: roupa, libros, a merda do coche e unha parcela hipotecada onde quero construír unha casiña para vivir como se fose inglés. Máis nada. E aínda menos teñen os meus fillos, criaturas: roupiñas e xoguetes, cousas que collen nun caixón (se algunha vez me morrer un neno, queimo todo o seu por xunto, fotos incluídas, para que nada mo faga lembrar). Feito o ingreso dos cartos e coñecido o saldo, volvinme enfriar porque aquilo era pan comido e agora viña gañar máis. Rúa e xente volvéronseme figurar o que son en todo o seu horror: cemento roto na calzada, baldosas levantadas na beirarrúa, papeliños, pavas de cigarro, couces de grelos, ósos de polo e espiñas de peixe. Sucidade polo chan. E casas de oito pisos cubertas de gresite coma piscinas invertidas, xanelas abertas ao sol, señoras de bata floreada tentando sacudir a alfombra mentres non pasan transeúntes que lles poidan protestar. Xa me encamiñaba de volta para a oficina cando vin o director do xornal, cheo e feliz, seguro na súa prepotencia de administrador da información local, e mesmo da rexional que non veña subministrada por teletipo. –A ver, ho. A ver se lle metedes man ao concello –espeteille–. Mira como está a rúa. E a tipa aquela, ¿vela?, coa alfombra preparada: miasmas fóra. –Tranquilo, Castro, que, total, ninguén le nada... Así non merecemos a autonomía –respondeume e, ao dicilo, levantou o canto esquerdo da boca, unha liña fina na redondez da carota rubia. Mais, como nese momento o sol lle daba de cheo nos lentes escuros, non puiden descubrir o cariz do xesto que nos seus ollos se pintase. ¿Mofábase da autonomía? Apostei a que si. Polo gran tema autonómico tirou da Maruxa Veiga: pena dela, caramba, que, sendo alta e loura, non puidese chegar polo menos a "vice-raíña". Canto ao "delfín de Carrero Blanco" fixo tristes prognósticos: que co tempo había quedar so. O director lanzaba criptomensaxes políticas e distrainme recordando un orzamento incompleto enriba da miña mesa de traballo. O home non tiña apuro (apenas amañecería no seu serodio día xornalístico) pero eu si; e deixeino cunha nova promesa de artigos sobre o impaís que el me pide ("unha serie ao teu xeito") e nunca lle escribirei. Porque serían amargos, deprimentes, sempre contra algo: contra os negros de pel branca das nosas oficinas de emprego, contra o tal delfín de Carrero Blanco (quen sexa) e os que ocupan os despachos onde se fabrica a Historia dun pobo sen memoria; contra dona Maruxa e os da súa alianza, contra o Barros e os que non parecen aliados –mais son– aliados da Maruxiña. Uns e outros danzan o mesmo baile de posuídos, enlouquecidos, cegos pola chama dun poder querqueneco, rexional apenas, que aínda non naceu e xa pode estar morrendo de susto, só de imaxinar leves murmurios de cuartelada. A todos odio ou desprezo, non sei; e estou escribindo para un concurso no que pode influír calquera deles –calquera deses personaxes da Batracomiomaquia preautonómica... Cheguei ao xantar amargurado. Xantando, o Antón dixo que quería facer caca. Leveino ao cuarto de baño, volvín e tentei continuar cortando e comendo a costeleta de porco con gusto a allo, pero axiña o rapaz berraba que xa rematara. A Ana non se moveu, tentando así demostrar que está farta de nenos e cacas. Fun eu, engulín a prosa do trámite e, á volta do cuarto de baño, discutín coa Ana pola Ramona, que marcha á súa casa á hora do xantar e que lle bota ese puto allo pailán á carne para fritir. Xa andaba amargurado e enfadado cando a nena espertou da sesta, asomou á sala de xantar e desapareceu. Levanteime tras dela cunha sospeita e, ao ver desde o corredor aberta a porta do meu escritorio, o enfado tornóuseme asaño. Viña disposto a soltar toda a acedume do meu querer e non poder nas cachiñas da criatura... pero o seu sorriso desarmoume. –Mía, papá, mía –apuntou para a alfombra–. A drumí zeñore todo que lindo. Alí, en cadansúa portada de libro, estaban Orwell, Castelo Branco e un caudillo arxentino, arroupados con anacos de folla de xornal. Collín a cativa no colo e aperteina contra min na desesperanza de quen se agarra á derradeira posibilidade de salvación. O Avelino (o "doutor Cagigao") insiste en que os escritores somos todos uns psicópatas máis ou menos controlados... Por non perder o costume, eu non lera o xornal a media tarde, cando me chamou o Luís para me preguntar se sabía que o Blanco-Amor viña falar no ateneo. De súpeto, ao saber que o vello andaba por aquí, deume unha alegría e torneime falangueiro: pregunteille ao Luís como andaban a Laura, os cativos máis vellos e o Dispositiviño; e rinme cando me explicou que "o fillo do DIU" tiña que ir ben á forza porque o condendo viñera ao mundo malia o dispositivo intrauterino, vencéndoo, con el na man facéndolles un corte de manga aos que non querían que nacese. Despois conteille ao Sieiro, o meu colega, mesa con mesa, por que me rira, e rin con el de novo porque todos andamos en ter –e non ter– fillos; en darmos hoxe e mañá unha foda satisfactoria sen consecuencias, ou con elas sen entendermos por que hostia temos que foder con consecuencias. Foder. Castas (tapadas) curvas a da Nucha, secretaria que secretamente con alguén ha deitarse (non se lle sabe mozo). Chameille "bombón" e a parva corou. E xa non fixen papel dereito pensando e repensando no Eduardo Blanco-Amor. Vino vestido de inverno cando nos coñecemos no colexio maior Loyola, onde nacionalistas coma min tentaban ensinar á xente que ser "gallego" non era ser merda. "Doña Eduarda" (que fillos de puta os galegos de Buenos Aires) falounos do exilio de todos os españois escorrentados por Franco. Distinguiu México, Chile (o seu Chile amado, con amantes) e Arxentina. Centrouse na súa procura dunha lingua literaria galega para facer prosa. En Buenos Aires estaban "todos os galegos, de todas as subpatrias galegas". Falto de formación na ciencia exacta da filoloxía, a base de bo oído alá tentara unha coiné, "recollendo retallos do idioma de toda unha etnia que se refundía, que se casaba, que xuntaba familias de Ribadeo con outras de Tui para aglomerar apelidos". Para modernizar esa coiné contaba co idioma "cosanguíneo". Na xornada do Loyola sorprendeu moito estudante de todas as Españas cunha frase histórica: "Al lado de la Argentina, Brasil es un monstruo productor de cultura en portugués moderno". Hoxe paróuseme a memoria naquel encontro. "Admiro a coherencia da túa prosa", dixo para todos –e para min en particular– cando aínda non puidera ler máis que os meus textos iniciáticos. Vinme arroupado por un escritor de grande categoría, de vasta visión. Distraído con planos, cadros, cálculos, chamadas, fun ao pasado e volvín ao presente. Eduardo aparecía por cafés decadentes de Madrid, e de Ourense máis tarde, en gozada compañía de rapacetes, fumando cigarros cunha boquilla longuísima, ceibando fumaradas e mensaxes de literatura e liberdade entre lampexos dun sufrimento que a ninguén revelaría: o de ser "puto" en termos que ben coñece Horacio Pereira. Puto. Pobre Eduardo. Hai dous anos, no verán (aquí, inverno alá) o traballo levoume á Arxentina. En Buenos Aires reencontreime cun señoriño simpático e xeneroso, que un sobriño me presentara había moito, nos tempos da efervescencia cultural contra o Xeneralísimo Cerillita (ou Paquita, o da voz de señorita). Don Rodolfo Prada, o valedor de Castelo na Capital do Exilio, contoume que moitísimos anos atrás (Eduardo e el deben ser eternos) moraba na pensión de don Francisco de Ourense, e certo día achegóuselle na sala de xantar o patrón para pedirlle permiso para que "un rapaz novo e culto, chegado recentemente da Terra" se lle sentase á mesa de veterano. Ese rapaz chamábase Eduardo e o Prada lembraba con emoción o encontro cun ser diferente dos que se lle manifestarían polo marasmo porteño en décadas de filantropía. Don Rodolfo é un filántropo, aínda hoxe, neste ano triste de 1978; e Blanco-Amor é un suxeito diferente, tan diferente coma o seu mentor Prada. O vello Prada soa a diferente no moito que conta; o vello Blanco-Amor, no moito que non conta, que cala. Por iso cheguei cedo de máis ao Ateneo. E non fun o único. Á parte dos de sempre (incluída a señora da perruca con cabelo de plástico) adiantárase un bo feixe de fans do autor de 'A esmorga' (ocorréuseme que nisto das conferencias habería que facer como coas xuntanzas das sociedades, apenas sinalar "ausentes" á marxe esquerda do libro de actas). Entre os ausentes hoxe, o Pepe Lantaño, presidente da nosa asociación cultural militante a prol da Nación. Comenteille esa ausencia ao Caruncho, e el deume a entender (un velado xesto de mofa a alargarlle a cara xovial e sanguínea) que o Pepe está no máis profundo da crise, que vai da casa ao choio e do choio á casa. Seica a muller púxolle condicións: ou a familia ou a política, e o coitado pregouse ("Chi non lavora non fa l'amore". Ao carallo, neno). Todo está preparado para a substitución do Lantaño, acaba unha época; e o Caruncho rematou co chiste ruín de imitar o Pepe eleccionándonos: "Non abonda con ser socialista. Cómpre vivir en socialista". Non abonda con dicirse católico; cómpre vivir en católico. As mesmas tolerías dos carallos dos cregos. Unha mudanza de dominio en termos matemáticos... Deume moita pena do Lantaño, que se queimou vivindo en socialista, fodéndolle os cartos e a paciencia á muller. Deume rabia de nós, todos, os do partido socialista galego e os do colectivo traidor entregado ao PSOE de Madrid, todos, ilusos, aos que se lles perdoa a vida desde as covas dos que sempre mandaron. E gañei medo do Fermín, que está para caer polo Impaís de merda e a quen lle vou ter que explicar polo miúdo o desastre do social-nacionalismo antes de que llo conte o Luís cos seus acenos teatreiros. Con pena, carraxe e receo, busquei a cara chupada e os lentes sen aro do noso Luís. Ao non divisalos, dirixinme á tertulia do Barlovento transplantada a un recanto da sala de entrada do ateneo (ausencia para anotar: a do poeta Valcarce). Do que nela se falou –en canto agardabamos o Eduardo– coido que debo salientar o que segue: Unha intervención do Cameselle, redondamente mantido, con pantalón novo, das rebaixas de xaneiro, e ollando para min de relance en canto os outros evitaban ollarme: "Blanco-Amor non é universitario, e Joyce tampouco o era. Joyce era empregado de banca, coma min". Outra do Abel Souto, a peitear as barbas bravas, vermellosas, cun panfleto de "FÓRA BASES IANQUIS" na man:"Os soviéticos son o pobo máis humano do mundo. Se algunha vez hai unha hecatombe e os meus fillos quedan sos, que mos leven á Unión Soviética". A da Xulia (que cada día se me parece máis a unha efixie da Illa de Pascua con ollos azuis):"O Barros é masón e da CIA" O remate do Pereirázar, falando cos dentes apertados sobre a pipa fría:"Londres é moito máis acolledor ca París". Abriuse un silencio expectante seguindo o rumor de que chegaba o Blanco-Amor. Pero, como se prolongaba de máis, dirixinme ao Horacio: –Polo visto, deixaches medrar barba e cabelo e fumas en pipa para que se note que es escritor. Pero mira que outros andamos rapados e mais escribimos. O porteño tirou da boca a "paipa" (así o dí, "á inglesa") e entrecerrou os ollos avultados para dirixirse a min: –Rapado vas, e dixéronme que eras escritor; pero non sabía que practicases. Engulina. Daquela sentín que me golpeaban no ombro. Era o Luís. A pos del viña o Eduardo, flanqueado polos directivos do ateneo. Acabouse de encher a sala, acabaron de soar as cadeiras arrastradas, o escritor acomodouse dando un toque ao cabelo branco e liso, outro á bufanda. De lonxe, Eduardo Blanco-Amor parecía unha avoa caricaturizable coma paxara de bico ganchudo. Atento aos flashes dos fotógrafos, posou coas mans entrecruzadas sobre a mesa, o sorriso preparado, experto. En canto un perspicaz directivo do ateneo repetía que Mestre Blanco-Amor non precisaba de presentación, eu dei en imaxinar o pequeno Horacio Pereira, fillo de "gayegos patas sucias", a ruar pola casa nunha mañá de xaneiro austral e caloroso, oíndo a radio ao lonxe –Gardel, Gardel, tango rachado– e facendo zumes gástricos co ulido da carbonada que xurdía da cociña, soñando coas papas, o choclo, o zapayo, o durazno cheiroso, a carne..., e pensando idioteces sobre pratos voadores e encontros con marcianos. Realismo máxico e realismo fotográfico. Mourín e Pereira. Barros (que é da CIA, ¡manda nabo coa Xuliña!) no fondo de todos os manexos. Alerta. Blanco-Amor ataca desde o comezo cunha lingua de escalpelo que sarxa e chega rapidamente ao perihostio e, se non alcanza o miolo do óso, é porque se cadra non fai falta para inutilizar o inimigo: Cunqueiro, ¡arriba España! Sempre beneficiado por simpático. Os galeguistas de Buenos Aires, canalla a se beneficiar de saudades e necesidades. Silencio sobre Prada e Castelao. Volta a España (non di que volveu escorrentado por "corruptor de menores"). Represión. O Fraga era un pailán no cume político de Madrid e tiña un "cuñadísimo" eclesiástico, diplomático, censor, inquisidor, "unha madre superiora" (¿que putadas lle faría o Robles Piquer?). Neste país que se soña á beira barrenta do Río da Prata non hai nada que facer. Neste buraco verde, "eles" (usa o pronome de xeito incisivo) fano todo; e non pagan nada. Nada. En Galicia cómpre afacerse a vivir de pobre, da esmola (no que di hai tristeza de vella artistona perdida por un asilo entre outras que só foran donas de casa. No seu ataque vai a defensa; nel a sorna é débil couraza). Falou de si e vai rematando: nunca quixo ser académico. Lembra o caso do Guimarães Rosa como exemplo nefasto de quen recibe honras de vaca académica e axiña morre. Frase final, redonda: "Agora só me resta ir camiñando cara ao Nada, como todos os que non cremos en relixións transcendentes". Aplausos. Invitación ao coloquio por parte do coordinador do acto. Silencio como é normal á conclusión das conferencias, mais desta volta o silencio debe ter moito de grave homenaxe a quen xa está a pasar da vida –con gloria– e sábeo. Érguese un brazo. A incondicional da perruca plástica di ser de Ourense e supor relacións de "Xente ao lonxe" cunha señora misteriosa, dona Angelita Varela, arxentina de orixe mais descendente da nobreza auriense. Responde Blanco-Amor mentindo por dereito de fabulante eterno (mentres fala, contrasto o escoitado por min en longas paroladas co Prada no Centro Ourensán de Buenos Aires); despacha a vella e recolle unha pregunta do Pereirázar sobre vidas e milagres de galego-porteños coñecidos por eles. Agora o Eduardo ataca con artillería grosa. Lanza obuses pesados contra "o refugallo pailaroco e submiso que se fixo cargo do Centro (Galego) ao iren desaparecendo as figuras menos indignas". Alá van restras de nomes, máis ou menos indignos segundo "doña Eduarda" (¡como lle deberon foder a vida!). Pérdome. Levaba eu intención de preguntarlle por García Lorca e Guerra da Cal, pola realidade que todo o mundo quere coñecer e acerca da cal ninguén arrisca preguntas (o Alfredo Pardo aseguraba que o Eduardo conserva os orixinais dos poemas "medios galegos" do Lorca, manuscritos polo Guerra). Mais tampouco me arrisco. Pasa o tempo. Veñen outras preguntas, e respostas en correspondencia, con precisión lóxica e perfecta dicción. O presidente do acto olla con frecuencia o reloxo. Quizais teña pena de cortar porque hai certos praceres que dificilmente se poderán gozar de novo: Eduardo Blanco-Amor é un ancián de dubidosa saúde. Pasadas as 10 da noite fría, lanza o aviso de "última pregunta" e apunta para alguén. Xorde unha cuestión arredor dun neno e unha catedral. Blanco-Amor supérase, di que "a vida do adulto é un continuo intento de involución uterina". Remata separando as palabras, provocando saudade delas na audiencia. Calcula que a derradeira sexa "fin". Rebenta o aplauso e a xente vai saíndo, que os estómagos mandan. Fican algúns con libros para asinar polo xenio. O Luís e eu ficamos, el coa desculpa de lle roubar un minuto ao vello para explicarlle a súa idea dun teatro de farsas, eu apoiándome na desculpa do amigo. En canto asina, un par de veces, o Blanco-Amor fixa o ollada en min. Detectárame e síntome gratificado polo seu ollar simpático. ¿Observaría ese detalle o Pereirázar? El e o Luís son os últimos en recibir o autógrafo de Eduardo. Falan ambos co autor de novelas, poemas e comedias. Eu esperoa un canto. Desfaise a escena da mesa de discursos e sinaturas e avanza unha comitiva cara a olnde estou, o Horacio Pereira ben arrimado ao personaxe retratable; que se achega a min cun sorriso de moitas curvas, moita engurras, e a man tendida. –Xoán Castro, querido amigo –estréitolla e logo el olla arredor, diríxese á comparsa–: Velaquí o noso novo Mourullo... ¿Onde te meteches, ho? Hai anos que non te vexo. –Pois aquí che levo uns cantos, Eduardo; desde o 74. –¿E como non volviches escribir? Ti eras dos que máis prometían... ❧ O ABRIGO DO SOL – Capítulo 3º Explorando por aire e terra Despois de tres pasadas sobre a liña das lagoas e o claro na selva, o piloto e o engeñeiro ficaron convencidos de estaren sobre unha boa pista. Poderia ser certa ou non, mais cumpria-lles verifica-la pé a terra. O visto alimentaba a suposición de sobrevoaren o espazo explorado polo capitán Graça, de onde saíran valores de vulto, en ouro e algún diamante. Quizais mesmo o Rei do Rio, De Koning van de Rivier famoso en Antuerpe. –Profesor Brito, agora impon-se a discreción e un comportamento aparentemente normal –o capitán Ribeiro tentou ser frio–. Non sei o que vostede terá que facer de inmediato, pero si sei o que eu teño que facer para que todo pareza rutineiro: como mínimo, debo volver á vila do garimpo, rio acima, onde teño moito cliente. Teño que ir alá cos pedidos que me figeron. Na vila imos deixar o hidro e collemos un par de canoas con homes de confianza que nos acompañen a explorar esa Cidade dos Césares –cargou o acento sen ton de mofa– ¿E vostede? –A radioactividade tarda séculos en desaparecer, ou milenios. –¿Como? –motor e hélice non ajudaban o piloto a oír ben. –Pois que dia máis, dia menos, o contador Geyger vai seguir funcionando. Ribeiro comprendeu: Mendes Brito buscaba uránio. A figura dos fungos de Hiroxima e Nagasaqui veu-lle á cabeza, mais preferiu non seguir na esculca. –Ben, daquela, imos de volta –levantou a man dos mandos e bateu con ela na do engeñeiro, quen ollaba a floresta, rio abaixo, como se non a vise tras dos lentes grosos... Brito caeu no sono e Ribeiro, entregado ao seu siléncio, deixou-se levar pola emoción vella das saídas á procura dos pilotos inimigos. Mesmo tivo unha confusión ante dous hidros que o precederon en voo á cidade: emocionado, buscou o botón de disparo das metralladoras... Ja no peirao de atraque despediu-se do sócio na nova aventura. Dijo-lle tiña que organizar a recolla de encomendas para a vila garimpeira. Brito respondeu-lle que el habia de comunicar "unha auséncia de dias" á empresa para a que traballaba. Non se podian logo reencontrar ata a noite. Ficaron de face-lo no cabaré onde brillaba a melena loura da Walkíria. E alí se habian atopar, con grande sorpresa do piloto cando viu que a moza reja (¿germánica, escandinava, eslava...?) compartia whiskies co portugués feble. Cando Ribeiro tentou unir-se-lles, a Walkíria foi apeniñas cortés. Saudou-no, bebeu un resto de whisky, remexendo co dedo fino, elegante, no geo; e afastou-se coa desculpa de volver ao escenário, ao micro e os boleros desa noite. Estaba espléndida, embutida nun vestido de abelórios que lle facia parecer unha serea. O público varonil devoraba-a coa vista encirrada polo whisky. O capitán español soubo manter co seu parceiro unha conversa amical. Falaron das posibilidades infinitas da energia atómica. Mendes Brito daba por seguro que esa energia –"ja prevista por Verne"– ia resolver todas as necesidades humanas. Mesmo poderia propulsar os avións; e os foguetes para explorar o espazo. Non falaron do que acordaran manter en secreto. Cando se deron as boas noites, o engeñeiro buscador de mineral uranífero parecia firme nos pés; non se excedera bebendo, contivera a sua posible emoción ante o que semellaba un anúncio de soño. O piloto que soñaba cunha liña aéreo-fluvial colleu camiño para a sua residência, unha sospeita a cantar-lle no oído: parecia rara tanta sobriedade do Mendes Brito. Quizais se contivera pola resaca da noite anterior. Quizais, pero non era dese tipo de homes que, cando as fan, as pagan con peniténcia; máis parecia vicioso, necesitado de beber para esquecer... Tal vez non bebera porque estaba alerta. Habia pois indícios de que crese na Cidades dos Césares brasileira. Non era mal síntoma. A Emílio Ribeiro confundiu-se-lle o mundo na cama do hotel, húmida de suor. Remoía na sospeita e pensaba que, afortunadamente, podia permitir-se o luxo de ir explorar uns quilómetros de selva; o ajudante Corcovinha e calquera colega del pouco lle habian cobrar polo auxilio de remada e camiñata. Ora, ¿de verdade ian descubrir algo semellante a un tesouro? Á mañá o piloto acabou de recoller pedidos pola cidade, incluso o da auga bendita para a coitadiña da Bunda Brava (que lle custou propina a un padre español, bo home mais convencido de que Franco salvara España de "las hordas rojas"). Na hora convida, polo mediodia, ja tiña as compras estivadas no hidro e comezou a pasear polo peirao flotante, ollando o relojo, á espera do Mendes Brito. A sua sorpresa foi magna ao ver achegar-se o engeñeiro vestido para explorar, con roupa forte, botas, chapeu e mochila..., seguido por unha persoa de avio semellante mais con formas ben distintas. Era muller. Unha muller de linda escultura. ¡A Walkíria! ¿Que diaño viña facer a junto deles? Mendes Brito pousou a mochila nas pranchas do peirao diante do hidro e nin deu o bo dia ao piloto. –Ribeiro –asaltou-no empurrando os lentes sobre o nariz–, esta señora vai-nos acompañar á exploración. Ela coñece ben os segredos da floresta e dos seus moradores. O piloto tivo unha reacción estraña para el mesmo: apalpar-se, comprobar que non deixara a pistola no albergue. O profundo ollar azul da cabareteira en roupa rústica inducia-o a precaver-se contra algo incomprensible... Despois, ajudou-na a abordar o bote que os levaria ata o hidro. Ao face-lo, chegou-lle á pituitária un glorioso recendo coa lembranza dunha frase escoitada na guerra de España: "Muller, sempre muller, mesmo sendo guerrilleira". Montaron no avión. O engeñeiro, galante, cedeu o asento de copiloto á rapaza de nome artístico wagneriano. El acomodou-se atrás, entre vultos. Na viage rio arriba á vila dos mineiros pouco falaron os tres. As máis das palabras cruzaron-se no desvio para revisaren a liña de lagoas que haberian explorar; e sobrevoando a beleza brava dos rápidos da Serrinha, onde o rio perdia a sua compostura marrón para virar iradamente branco. Tanta beleza obrigaba á admiración. Máis adiante o engeñeiro calou, caía no sono. Cando o piloto comprobou que durmia, dirigiu-se en baixa voz á Walkíria: –Olle, ja que imos partillar trochas e vaos, polo menos, diga-me o seu nome non artístico. –Úrsula Müller. –¿Alemá, austriaca, suíza? –Digamos que alemá polo apelido. Sobre a fita do rio, vendo praias nas que imaginaba tartarugas e caimáns entre pólas e toradas, Ribeiro sentiu aumentar a sua intriga; e a necesidade de precaución... Chegaron sen incidente. As ondas lanzadas polos flotadores do hidro figeron danzar a canoa do Corcovinha, e divertir o grupo de cativos que nadaban arredor dela. Emílio Ribeiro non gustou de tantos pícaros a dar a benvida, porque todos eles irian espallar vila adiante que no avión chegaran duas persoas raras, un branco de lentes e unha branca loura. –Zé Bento –o piloto dirigiu-se ao Corcovinha polo nome–, os señores van ficar na miña casa esta noite. Veñen moi cansos –ollou para eles cun gesto de adverténcia– e non imos saír a cear. Despois lle digo o que nos vai traer para a cea. Evitando a Rua do Porto, por ruelas de cabanas e ranchos Ribeiro levou os convidados á casa. Explicou-lles as comodidades. Prendeu o gerador de electricidade e pediu-lles paciéncia para sacaren da geladeira cervejas ben frías. Volveu ao rio ordenar co Zé Corcovinha a entrega de pedidos. El reservou-se levar a morfina e a auga bendita á doente grave na casa das mulleres. Alá a Cándida, chefa do negócio, serviu-lle un whisky generoso e contou-lle unha ilusión: aproveitar o capitaliño que fora sumando durante anos de madama. Queria vivir no Rio de Janeiro, por Leblon, nas amplitudes das grandes praias. Esperaba unha benzón da vida logo de tanto vivir malamente nos garimpos. De volta na sua casa, o capitán atopou o Corcovinha no limiar fumando cigarro de palla. Falaron o justo: da cea desa noite, dun home que soubese remar ben e calar a boca; e de saíren pola madrugada a percorrer un treito de selva. Era un capricho daquela gente estraña, que pagaba ben. Haberia boa paga para todos. E non ian demorar máis de catro ou cinco dias na excursión. Amañeceu-lles no rio. Nunha canoa grande ian o capitán á proa, "a gringa" atrás del, o "portuga de óculos" tras dela, e o própio Zé Corcovinha á popa. Noutra canoa, pequena, seguia o Leôncio Faca Longa, levando carga. Corcovinha escollera o Faca Longa por teren compartido escravitude no seringal do coronel Saldanha, de mal recordo. De alí fugiran juntos, en pirágua; juntos chegaran remando á vila dos garimpeiros; juntos se meteran a lavar areas; juntos, despois, traballaran na batea co escafandro, a bomba de aire e os medos cotiáns: ao derrubo de terra sobre o que mergulla e cava na barranca, e á frecha do índio contra o que dá aire e lava o que lle chega de abaixo. O Leô era un compañeiro sen dúbida nin sospeita. Sufrira da mirage dos diamantes, coma todos; soñara co garavanzo que justifica calquera sacrifício; mais cos anos aprendera que na vidiña o mellor é un bo pasar sen quimeras. Faca Longa exercia ofício famoso: puña orde no garito das maiores apostas. Evitaba arroutadas e vinganzas de perdedores. Recibia propinas de gañadores... Na primeira jornada de avance polo rio, contra as rafas de vento da seca que ja comezaba, estableceuse a rutina que habia durar dous dias máis. O capitán Ribeiro marcaba rumbo, sempre afastando-se das aldeas de pescadores. Ribeiro e a gringa "Valquira" (con tal nome lla presentara ao Zé) remaban con jeito mentres o portuga lia libriños receando que os salseiros llos mollasen, ou escribia en cadernos cando o aire calmo llo permitia. Para jantar arrimaban en enseadiñas, e facian noite en areais que xurdian coa seca afastados das barrancas, illados, canle por médio. Os patróns tiñan o costume feo de falaren gringo entre eles, cando mesmo a Valquira falaba portugués. O Zé e o Leô agiña se decataron de que aquela gente non queria partillar propósitos. Por iso eles afastaban-se nos momentos de conversa incomprensible. Nun deses apartes, o Faca Longa deu opinión: –Non están de acordo entre eles, Zé; algo discuten. A Valqui pregunta e pregunta. Pareceria macho se non tivese tal corpo de fémia. Tiñas que ve-la como eu a vin tomando baño... Ao solpor da terceira jornada a discusión foi evidente. Ocorreu na canoa. O "profesor" portuga pasou-lle un papel á gringa, que ela lle pasou ao capitán. Os dous homes berraron-se. Ás veces escapaba-lles unha palabra portuguesa: "referência". O piloto impujo-se: –Alí, por tras do illote... Zé, imos para alá. Imos durmir en terra firme. Vaian vostede e o Leô buscando unha entradiña segura. Non custou moito esforzo achar unha pequena praia sumida nun furo. Armaron fogueira. A muller brava falou de pillar peixe con veleno mais acabou comendo carne de lata. Fumou-se, bebeu-se café e bagazo. Todos contaron algo de si, como se agora fosen membros da mesma partida. A gringa non o fijo claramente: nunca dijo onde nacera; pero si que, seguindo os pais, andara |
NOS_32680 | Numerosas bandas manteñen a chama do xénero | Hai xa catro anos que Javier Prado, detrás da máscara O Cadelo Lunático, transportou a poesía de Celso Emilio Ferreiro ao blues acústico, sureño na terminoloxía do xénero. Axiña formou unha banda coas músicas que logo armarían Vudú -Belém Tajes aos teclados e Maritxiña ao baixo- e mais Olalla Ferga na batería, que levaron o Malos tempos, un disco anoxado e reptante, por todo o país. Pero en 2016 decidiu parar. Agora regresa con nova formación e os mesmos obxectivos: cantar blues en galego e contribuír á cadora máis vizosa escena galega desta música de orixe afroamericana. "Existen moitas bandas e en boa forma", explica Prado a Nós Diario, "hai festivais, locais onde tocar, jam sessions regulares... Galiza é unha terra de blues". Esa é a paisaxe en que naceu O Cadelo Lunático, antes Moondog Blues Party. "Por motivos vitais, o proxecto Moondog disolveuse e parei O Cadelo Lunático. Levaba 22 anos tocando. Mais eu seguían asistindo a jams en Pontevedra ou Vigo. Alí coñecín ao baixista Jorge Arenaz e ao teclista Pedro Gregorio", lembra. Canda o batería Nico Rodríguez conforman a nova versión do Cadelo, que estes meses percorre escenarios por toda a xeografía e mesmo dá saída a novas cancións. O cambio de lingua Prado toca a guitarra blues desde os 13 anos. Chegou ao instrumento grazas a un curmán, activo no territorio musical compostelán dos anos noventa: a Sala Nasa, a Casa do Patín, os grupos do chamado Rock Parrulo. Discos de clásicos totémicos como Muddy Waters ou John Lee Hooker abríronlle o continente blues. O salvaxe irlandés Rory Gallagher mudoulle a perspectiva. "Era raro, porque nesa época triunfaba o grunge, ou os Gun's'Roses", di. Con ese fondo de armario teceu as súas primeiras experiencias propias, sempre no idioma fundacional do estilo, o inglés. Até que optou por ensaiar a súa lingua. "Na casa, coa miña parella, o galego estaba moito máis presente. Ao tempo, admiraba a Víctor Aneiros, que xa publicara blues en galego [Blues do amencer, de 2004; despois Brétemas da memoria, en 2010]", relata, "e influíume moito Narf, a quen coñecera un día despois dun concerto". A partir desa reflexión, o galego apropiouse do blues de Prado "dun xeito natural". A obra de Celso Emilio Ferreiro axudoulle a canalizalo: "A súa musicalidade intrínseca é moi próxima ao blues". Non ou Mentres imos andando, ambas as dúas incluídas en Malos Tempos sobre poemas de Ferreiro, próbano. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.