ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_56598 | A poucos días da chamada ás urnas, a corporación santiaguesa comeza o seu desfile xudicial: sete dos seus membros, acusados de prevaricación, terán que dar contas esta segunda-feira, cunha posíbel pena de nove anos de inhabilitación- e aínda faltan as vistas doutros casos como os dous polos que está imputado o alcalde. Polo de agora, ningunha dimisión e Feijóo mirando cara outro lado. | Sete edís do Concello de Santiago, imputad@s por pagar con cartos públicos a defensa de outro concelleiro, Adrián Varela -investigado na Operación Pokémon- sentarán esta segunda-feira no banco dos acusados nun proceso no que se enfrontan a unha pena de nove anos de inhabilitación para cargo público por prevaricación. Malia o suposto código ético do PP, que obrigaría a dimitir ás persoas implicadas, o líder do partido en Galiza e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non interveu e mesmo amosa o seu apoio aos imputados e imputadas. A vista chega na semana das eleccións europeas, en plena recta final de campaña. O xuízo, que se celebrará nos xulgados de Santiago de Compostela a partir das 10,30 horas, confirmouse despois de que a Audiencia Provincial da Coruña desestimase o recurso d@s concelleir@s -Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Castelao, Francisco Noya, Luis García Bello e María Pardo-, que defenden a súa inocencia e que "actuaron conforme á legalidade". @s edís do PPdeG, que se enfrontan a nove anos de inhabilitación especial para o exercicio de emprego ou cargo público, basearan o seu recurso contra o auto de apertura en que ningún funcionario se opuxo ao acordo e en que non houbo vontade de prevaricar. Ademais do de Feijóo -que dixo que si terían que dimitir se fosen condenados, algo ao que non terían remedio xa que serían inhabilitad@s- @s concelleir@s contarán co apoio -mesmo presencial- do alcalde, Ángel Currás, que di estar convencido dunha sentenza absolutoria, como o presidente da Xunta. O alcalde substituíu ao condenado rexedor anterior e agora está imputado por dúas causas, a Pokémon e a denuncia dun policía local O rexedor, que non está imputado nesta causa aínda que si en outras -a Operación Pokémon e o caso a raíz da denuncia dun policía local- non acudiu a aquela xunta de goberno local extraordinaria do 30 de maio de 2013 na que se adoptou o acordo polo que agora se xulgará aos seus compañeiros de corporación. A estes edís procesados, hai que engadir que un total de tres membros do actual equipo de Goberno compostelano están salpicados pola Operación Pokémon, que investiga unha suposta trama de obtención de contratos públicos en diversos concellos a cambio de subornos, co que dez dos 13 membros do goberno local están imputados nalgunha causa. Conde Roa Na operación derivada da 'Pokémon' tamén foi imputado Gerardo Conde Roa, quen dimitiu en abril de 2012 como alcalde da cidade acusado dun delito fiscal por non aboar á Axencia Tributaria máis de 291.000 euros correspondentes ao IVE da venda de 61 vivendas, unha causa pola que xa foi condenado. Outra causa na que permanece imputado o actual rexedor de Santiago é a aberta a raíz dunha denuncia dun axente da policía local, na cal tamén atopan nesta situación o ex-alcalde Gerardo Conde Roa e á ex-asesora para a coordinación dos corpos de seguridade en Santiago, Mar Hinojosa. Tamén estase á espera da moi posibel imputación de Paula Prado, antiga concelleira e agora deputada no Hórreo e portavoz do PP en Galiza, que nas conversas gravadas da Pokemon fala de facturas falsas no departamente que dirixía. Feijóo aínda non fixo dimitir á súa número 3. |
NOS_29087 | O Goberno da Xunta anunciou hoxe, por boca do vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde, que presentará recurso contra a anulación, por parte do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) do parque eólico de Norvento en Sasdónigas (Mondoñedo) e que afecta o Camiño de Santiago. | Hai tan só un mes que transcendeu nos medios a decisión do TSXG de estimar o recurso interposto por 10 particulares contra a aprobación definitiva deste proxecto. No pleno do Parlamento da cuarta feira, Conde rexeitou que se acuse a Administración "dunha política de fraccionamento de parques", en resposta á interpelación do deputado socialista Martín Seco, a pesar de que a resolución do TSXG concluíra que Norvento pretendía realizar "unha división artificial dun único parque eólico en dúas fases". "Nós analizaremos esa sentenza e presentaremos o recurso correspondente respectando a posición do TSXG", afirmou Conde na Cámara. Mentres, Martín Seco amosaba a súa "preocupación" polo que ocorre na Galiza nas "negociacións entre propietarios e empresas promotoras" de instalacións de enerxía eólica. "Por que lle teñen medo á transparencia? A Administración non fomenta eses mecanismos... Por que prefiren pórse de costas á nosa veciñanza?", interrogou Seco ao conselleiro, quen respondeu que o deputado tentase "xerar confusión sobre normativas que se están a cumprir e que repita os argumentos do BNG". O BNG lembra a necesidade de solución nas Pontes A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Noa Presas preguntoulle ao vicepresidente segundo, Francisco Conde, por un "plan B" para As Pontes tras o fechamento da planta térmica de Endesa. "Preocupa o que vemos do Goberno do Estado pero tamén a pasividade da Xunta da Galiza" porque aparentemente non hai outro plan, subliñou. Mais para o titular de Economía da Xunta, "que veña o BNG a intentar trasladar a súa preocupación pola situación das Pontes é verdadeiramente sorprendente" posto que lle atribúe "o fechamento precipitado" da térmica aos que chama "socios" de Goberno en Madrid, en referencia ao Partido Socialista. |
PRAZA_16216 | O dato de agarda do terceiro trimestre era anualmente o máis incómodo para o Goberno, ao dispararse por reflectir os efectos dos peches de camas e da menor actividade cirúrxica no verán. A Xunta autorizouse a si mesma a suprimir información cunha lei aprobada en 2013 A espera para operarse segue por riba dos 60 días que fixou a lei en 2014 e empeora aínda máis na Coruña e Povisa | A espera para operarse segue por riba dos 60 días que fixou a lei en 2014 e empeora aínda máis na Coruña e Povisa A pasada semana a Consellería de Sanidade fixo públicos os datos das listas de espera no Servizo Galego de Saúde, datados no 31 de decembro de 2017. No que atinxe á agarda para operacións cirúrxicas o dato medio situouse en 66,4 días, uns dous días menos que no remate de 2016 e máis de seis por riba do límite que a Xunta introduciu na lei. O cómputo vai, en calquera caso, na liña descendente da última media década, cando ademais o Goberno galego se librou a si mesmo de facer públicos os que adoitaban ser os dous peores datos de cada ano, os que arrastraban os efectos dos picos da gripe no inverno e dos peches de camas no verán. A lei de garantías de prestacións sanitarias, en vigor dende 2014, inclúe mecanismos cuestionados dende a oposición e plataformas na defensa da sanidade pública como o que facilita o transvasamento de pacientes do Sergas a centros privados, pero tamén trouxo consigo unha redución da información sobre as listas de espera que a Consellería comezou a aplicar en 2015: pasou de informar trimestralmente a facelo semestralmente e elixiu como xanelas informativas o 31 de decembro e o 30 de xuño. Suprimiu, daquela, os datos correspondentes ao 31 de marzo e ao 30 de setembro, e esta eliminación suavizou moi notablemente a curva estatística anual: xa non hai un pico no verán e o do inverno é moito menos pronunciado. O dato do terceiro trimestre era anualmente o máis incómodo para o Goberno, ao dispararse por reflectir os efectos dos peches de camas e da menor actividade cirúrxica no verán Un repaso da base de datos completa -a información divulgada na web do Sergas tamén foi recortada e a serie histórica comeza agora en 2014, aínda que o IGE segue a ofrecela íntegra, dende 2005- e debullada por trimestres amosa ás claras por que o dato do terceiro trimestre, o que reflectía o impacto da menor actividade cirúrxica do verán, era o máis incómodo para o Goberno galego e, daquela, o máis proclive a ser eliminado da difusión pública. Agás nunha ocasión -o 2006-, o do terceiro trimestre sempre foi o dato de espera media cirúrxica máis elevado e nunca baixou dos 90 días de media. O último coñecido, o de 2013, achegábase aos 100. O outro dato suprimido, o do primeiro trimestre, foi o segundo máis elevado da serie anual ata 2008 e volveuno ser en 2014, último coñecido, cando estivo por riba dos 82 días. Os que o Sergas foi divulgando nos últimos tres anos -os de decembro e xuño- tenderon á baixa, se ben só o do segundo trimestre -agora, primeiro semestre- se achega aos 60 días do límite legal. Sanidade non especifica, non obstante, ata que punto inflúe neste cómputo total o feito de que o propio Goberno se facultase a si mesmo para remitir á sanidade privada aos doentes que superasen ese limiar de dous meses a agardar. Durante o trámite parlamentario da lei que amparou esta supresión de información pública sobre as listas de espera o PP defendeu o novo modelo como unha decisión "valente" que permitiría que a demora cirúrxica "pasase a un segundo plano" do debate político no país. A imposibilidade de observar os efectos na espera dos peches de camas durante o verán comezou pouco antes da remuda na persoa titular da Consellería e, dende que Jesús Vázquez Almuiña substituíu a Rocío Mosquera, o novo conselleiro vén defendendo que a cuestión destes peches é un debate "anticuado". Así e todo, a Consellería vén negando ao Parlamento información ao respecto de xeito sistemático, polo que os datos que manexan oposición e colectivos de doentes son só estimacións realizadas a partir da información que manexan os sindicatos. |
NOS_57920 | O debuxante de banda deseñada Cristian F. Caruncho publica o seu primeiro traballo longo con Demo editora. Chámase Grandarroiba e capta a alma do rural galego que habita no imaxinario do creador. | Cristian F. Caruncho é coñecido entre o público dos festivais galegos como vendedor de banda deseñada, autoeditada por el. Esta semana, o seu primeiro cómic longo, Grandarroiba, chega ao xeral das librarías galegas baixo o selo Demo editora, coa que xa publicara na antoloxía Licor Café, libro colectivo no que colaboraban 13 novos creadores da banda deseñada galega. Imbuído por total liberdade creativa, o guión inicial de Grandarroiba foi medrando das 15 páxinas pensadas até as 56 que finalmente tivo. O libro segue a traxectoria dun home que vive no profundo da montaña, na parroquia do Couzadoiro (Ortigueira), da que Caruncho é natural. Desde os sete anos até os 50, mostra a relación desta solitaria personaxe coa veciñanza e a súa mudanza de personalidade, unha historia de marxinalidade que se cadra non lle é tan intrínseca. David Rubín destaca a capacidade de Caruncho para falar «da Galiza esquecida ou autoesquecida» O relato sérvelle ao ilustrador para recrearse no entorno e mostrar a contorna da súa comarca. «Pero non en modo turista», brinca, «senón as paisaxes, abertas, como nun western». Iso mesmo destaca o recoñecido debuxante David Rubín no prólogo que escribe desde o exilio madrileño, a capacidade de Caruncho para falar «do noso, da Galiza esquecida ou autoesquecida, das aldeas, dos camiños, das leiras, da natureza, da fala, do xerme que nos fai ser e sentir galegos». A vida na autoedición Rubín coñeceu Caruncho cando este comezaba a facer cómics, por volta dos 13 ou 14 anos, que o cativo imprimía nunha tenda de fotocopias de Lugo, a prezo de estudante. O mozo ía despois vender a festivais e feiras, onde agora moitas veces «xa me chaman e me reservan todos os anos o mesmo sitio», conta o ilustrador. O máis interesante deste modelo é que «chegas a un perfil diferente», afirma Caruncho O seu obxectivo non era «gañar cartos, senón mostrar o teu traballo á xente», di. Neste senso, Caruncho apunta que estes espazos de venda directa son o seu verdadeiro mercado: «Un cómic nunha libraría non se vende tanto. Se vou a unha feira e a xente me coñece en persoa, ve como traballo e como debuxo, aí é onde máis se vende». Un público que, ademais, se volve fiel e acode ao seu posto buscando as novidades. Créase así un vínculo que logo pode manterse polas redes sociais. O máis interesante deste modelo é que «chegas a un perfil diferente», afirma. Este ano, por exemplo, sacou Dorotea, un fanzine de 10 páxinas. As quintas feiras, cando lle ía botar unha man a seu irmán no posto de verduras, conta Caruncho que «tiñamos unha caixa no medio cos exemplares. Cómics e verduras do Couzadoiro». Na feira accede a un público ao que doutro xeito a banda deseñada dificilmente chegaría: «Mercábame unha señora de 80 anos e despois volvía coas súas amigas». Na feira accede a un público ao que doutro xeito a banda deseñada dificilmente chegaría Futuros proxectos O sábado 7 de decembro ás 19 horas preséntase no teleclube de Couzadoiro, nas que se anuncian como «grandes festas de Grandarroiba». Entrementes, Caruncho xa está coas mans nun novo proxecto, do que aínda non pode dar moitos detalles. Porén, a fase de documentación lévao á Costa da Morte, o que nos adianta cando menos o escenario. Este, apunta, «será un traballo a longo prazo, mínimo un ano, máis elaborado, igual a cor ou probando con acuarela». Mentres agardamos, sairán outros relatos breves aos que Caruncho nos ten afeitas. |
NOS_3341 | O estadio de Riazor, din, "recibirá a visita dun equipo coñecido pola fama neonazi da súa afección, con grupos paramilitares que participan activamente no Batallón Azov". | A peña deportivista Riazor Blues vén de amosar o seu rexeitamento ao convite do Concello da Coruña e o Real Club Deportivo ao equipo ucraíno Metalist Kharkiv para disputar o Teresa Herrera, algo que ao seu entender busca "fomentar unha hipócrita ligazón co pobo ucraíno". Así, os Blues anuncian que non asistirán ao partido porque o estadio "recibirá a visita dun equipo coñecido pola fama neonazi da súa afección, con grupos paramilitares que participan activamente no Batallón Azov". O Teresa Herrera, ao servizo de Ucraína "Lamentamos a situación da poboación civil que tivo que fuxir da súa terra, mais consideramos que este partido segue a mesma liña política que xa vimos desde as institucións", precisan. Así, fan alusión a "unha solidariedade moi selectiva, que ignora as vítimas doutros puntos de planeta e apoia réximes de carácter neonazi, con masacres e asasinatos ás súas costas desde 2014". Desde Riazor Blues aseguran non esquecer as vítimas do Donbass e din que expresarán, "unha vez máis", a súa "solidariedade antifascista con este territorio". Aliás, lamentan que a 'fila 0' de doazóns vaia destinarase ás vítimas perante a Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA Ucraína), "que nas últimas semanas procurou a censura dunha actuación musical na Coruña", en alusión ás peticións de cancelación dun concerto do músico serbio Emir Kusturica. Apoio ás vítimas dos incendios Por outra parte, os Blues consideran unha "verdadeira vergoña" que o clube e o concello "non aproveiten este trofeo para habilitaren unha colaboración económica coas localidades galegas máis afectadas polos incendios". "Este verán estamos a sufrir unha vaga de lumes que deixou imaxes desoladoras con familias que viron arder o seu fogar", salientan, ao tempo que avanzan o seu desexo de "estabelecer unha rede de apoio para esas familias, tanto a nivel económico como material". |
NOS_50237 | A Confederación Europea de Sindicatos exixe á Comisión Europea que revise a súa proposta de non colocar a COVID-19 entre o grupo de máis alto risco dos axentes biolóxicos. | A Confederación Europea de Sindicatos (CES), que agrupa 90 organizacións nacionais de 38 Estados do continente, solicitou á Comisión Europea que revise a súa proposta de non colocar a COVID-19 entre o grupo de máis alto risco dos axentes biolóxicos. A Comisión e expertos dos Estados membros deciden hoxe no Comité de Progresos Técnicos se a enfermidade que provoca o coronavirus debe cualificarse desta maneira na Directiva de Axentes Biolóxicos, unha medida que ten potenciais consecuencias para a saúde nos postos de traballo e para a seguridade da poboación, segundo sinalou o CES. Actualmente, a Comisión considera que a COVID-19 non cumpre os requisitos para ser incluída na máis alta cualificación de axentes de risco das catro categorías existentes. Esta é: "Un que cause enfermidades humanas severas e supoña un risco serio para os traballadores; pode presentar un alto risco de estenderse á comunidade; habitualmente non hai profilaxe efectiva nin tratamentos dispoñíbeis". En troques, a Comisión prevé colocar a COVID-19 noutra categoría máis baixa de axentes biolóxicos: "Un que cause enfermidades humanas severas e supoña un risco serio para os traballadores; pode presentar un alto risco de estenderse á comunidade; habitualmente hai profilaxe efectiva e tratamentos dispoñíbeis". Para o CES "non é críbel defender que a COVID-19 non represente un risco serio para os traballadores ou un alto risco de estenderse á comunidade", dada a situación actual. Considera que "unha clasificación máis baixa podería resultar en menor protección da saúde dos traballadores e polo tanto un maior risco e un moi probábel aumento da pandemia entre a forza laboral europea". Para esta organización "é extremadamente insensíbel cos traballadores que poñen as vidas en risco na primeira liña da crise e coas familias daqueles que morreron por causa do virus". Neste sentido, advirten que a cualificación do Executivo comunitario podería ser recorrida ante o Tribunal de Xustiza da UE. Ademais, din estar "particularmente preocupados" dado que a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo "non foi consultada". A decisión que hoxe se tome no Comité serviralle á Comisión Europea para poder tomar medidas sen necesidade de consultar coa Eurocámara. |
PRAZA_11191 | María Barrera: "En varias ocasións puxen en alerta ao grupo de goberno, non podo mirar a outro lado; pero aquí quen decide é político, non o técnico" | A xefa da Policía Local de Ourense, María Barrera, sae ao paso das acusacións do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, que este mércores a fixo responsable da decisión, que el mesmo anunciou para despois recuar, de retirar o Concello do sistema VioGén de protección ás vítimas de violencia machista. Nunha entrevista concedida ao xornal La Región, a intendente policial aclara que alertou da "precariedade" na atención ás vítimas da violencia machista nun informe tras o cal chegou a posibilidade da retirada, unha "decisión política, non técnica".María Barrera: "En varias ocasións puxen en alerta ao grupo de goberno, non podo mirar a outro lado; pero aquí quen decide é político, non o técnico"O que lle trasladou a Jácome, advirte a responsable policial, foi "un informe obxectivo e descritivo dunha situación de precariedade importante nun tema moi sensible". "Non quero desatender as vítimas, quero que non quede ningunha desprotexida" pero "non me dan os medios", denuncia Barrera, que evidencia que coa redución sostida de axentes -acrecentada polas restricións estatais para contratar persoal- ficou un só para atender o sistema VioGén."O problema vén de lonxe, agravouse pola falta de persoal e vai a peor", resume a xefa da Policía ourensá, que subliña que a decisión última sobre o que facer "é política" porque os seus propios informes "non son vinculantes". "En varias ocasións puxen en alerta ao grupo de goberno, o que fose, de que non podemos ter unha soa persoa aí, non podo mirar a outro lado". Agora, "quen decide aquí é o político, non o técnico", conclúe nun contexto no que admite que a controversia chega nun contexto de conflito aberto por Jácome co corpo policial. |
PRAZA_9457 | Non son poucos os líderes políticos ou representantes de altas instancias que non dubidan en sinalar a chegada destas persoas como unha serie ameaza ao noso "Estado do Benestar". O seu discurso xenófobo vai calando pouco a pouco entre un nada desprezable número de cidadáns e cidadás | [Situación real vivida recentemente nunha entrevista] Muller, de 56 anos, acaba de ser despedida tras varios anos limpando unha casa dunha "importante" empresaria da cidade. "Sempre foi boísima comigo, axudoume moito". Traballaba sen asegurar e non puido continuar no traballo por mor de varios problemas de saúde importantes. Fixo o correspondente recoñecemento de discapacidade pero non chegou nin ao 33%. Solicita información sobre posibles axudas e quere saber cal é o importe que lle correspondería da RISGA. "403,38€/mes, máis 53,78€ polo alugamento do aluguer", respóndolle eu. Alterada, contéstame: "Só lle dades as axudas aos negros e aos xitanos". Logo volverei a tratar esta historia.Non son poucos os líderes políticos ou representantes de altas instancias que non dubidan en sinalar a chegada destas persoas como unha serie ameaza ao noso "Estado do Benestar"Por desgraza, vivimos tempos difíciles no que son moitas as persoas que se ven arrastradas a abandonar os seus países de orixe e a tratar de buscar un futuro mellor para poder sacar adiante ás súas familias. Nalgúns casos, incluso non se trata só de buscar un futuro mellor, senón que se trata basicamente dunha cuestión de pura supervivencia, polo simple feito de que son perseguidos por razóns políticas no seu país ou que sen querelo están metidas no medio dunha guerra na que elas son simples vítimas. A pesar disto, desde Occidente, non son poucos os líderes políticos ou representantes de altas instancias que non dubidan en sinalar a chegada destas persoas como unha serie ameaza ao noso "Estado do Benestar", ése mesmo que en moitas ocasións algúns destes cargos non tiveron problemas para intentar tratar de dinamitalo: "Os españois primeiro", refiren mentres levan os seus millóns de euros a paraísos fiscais. "Os españois primeiro", reiteran mentres privatizan a sanidade pública para obter concesións millonarias a empresas afíns aos seus intereses. "Os españois primeiro", insisten mentres venden vivendas públicas a fondos 'voitre' e desafiuzan a persoas maiores. O seu discurso xenófobo vai calando pouco a pouco entre un nada desprezable número de cidadáns e cidadásEles son a verdadeira ameaza ao noso estreito e ferido Estado do Benestar. Pero a desgraza, é que o seu discurso xenófobo vai calando pouco a pouco entre un nada desprezable número de cidadáns e cidadás, e cada vez é máis común escoitar esa clase de argumentos contra as persoas que chegan procedentes doutros países ou que pertencen a algunha minoría étnica. E nese sentido, as redes sociais funcionan como un altofalante estupendo para botar máis leña no lume. Non son poucas as publicacións que circulan en Facebook, Twitter ou Whatsapp nas que se alerta dos supostos beneficios que teñen as persoas inmigrantes: desde vivendas públicas ata prestacións que superan os mil euros. Nese sentido, á traballadora social Irene Blázquez Merino foille publicado un artigo no xornal elperiodico.com baixo o título "Las falsas ayudas a inmigrantes de las que todo el mundo habla" que acertadamente desmonta todo este tipo de falacias. Isto é debido a unha política comunicativa que con moito éxito está conseguindo desviar o foco da atención, un foco que debería estar apuntando cara aos poderososPese a todo isto, non son poucas as persoas usuarias as que atendemos diariamente que cando por algunha razón se lles explica o incumprimento dalgún requisito para ter dereito a unha axuda, sentencian con algunha frase do estilo "é que lle dades todo aos de fóra". Este tipo de afirmacións, contemplan dous graves problemas. O primeiro, e máis obvio, é que son afirmacións falsas, pero o segundo e non menos preocupante, é a identificación por parte destas persoas dun "inimigo" erróneo. Porque aínda supoñendo que fose certo que as axudas fosen sempre "para os de fóra", o feito de retirarllas non suporía en ningún caso a solución ao seu problema. E isto é debido a unha política comunicativa que con moito éxito está conseguindo desviar o foco da atención, un foco que debería estar apuntando cara aos poderosos, pero que interesadamente se está a poñer en persoas inmigrantes que se atopan nunha situación moi desfavorecida. Non son poucas as noticias que saen a diario nos medios de comunicación nas que se informa de que ano a ano aumenta o número de ricos e o número de persoas en situación de exclusión social. Vivimos nunha sociedade cada vez máis desigual, na que nin sequera o acceso a un emprego logra garantir unha cobertura digna das necesidades vitais, pero resulta que o problema desa situación e as responsables de que isto pase son as persoas que foxen das guerras e da miseria. Sen dúbida, un claro éxito por parte das elites que dirixen os fíos do actual sistema capitalista. O individualismo da nosa sociedade e a falta de conciencia de clase que existe na actualidade, provoca a incapacidade de visualizar a necesidade de pelexar por unha mellora nos dereitos da cidadanía en lugar de buscar falsas cabezas de turco. Supón que moitas persoas, pese a atoparse nunha situación de exclusión social provocada pola precariedade, os recortes en materia de protección social e a falta dunhas garantías mínimas para poder subsistir dignamente, de maneira sorprendente sinalen como responsables a outras persoas cuxa situación tamén é de vulnerabilidade e non aos auténticos culpables. E mentres existan estas "guerras entre pobres", estes verdadeiros responsables seguen aumentando os seus privilexios e sorrindo ante o bo funcionamento dos seus discursos de corte racista. Mentres existan estas "guerras entre pobres", os verdadeiros responsables seguen aumentando os seus privilexios e sorrindo ante o bo funcionamento dos seus discursos de corte racistaA señora do caso co que abrín este artigo foi quen de buscar un culpable da súa situación: "os negros e os xitanos". Cero críticas á empresaria que a tivo na súa casa limpando sen asegurar, e cero críticas aos responsables dun sistema no que unha persoa limitada fisicamente para traballar non acada o mínimo esixido do 33% de discapacidade e ningunha mención tampouco aos responsables de fixar que con 403,38€/mes unha persoa pode subsistir dignamente. O 'precariado', a nova clase social coa que nos agasallou a crise económica, está conformada polos traballadores que teñen un contrato de tres horas e traballan oito, polos xubilados que non poden chegar a final de mes, polos estudantes universitarios que tiveron que emigrar, polas empregadas domésticas que traballan sen asegurar, polos miles de obreiros do sector da construción que tras máis de vinte anos cotizados agora non teñen cobertura a través de ningunha prestación na Seguridade Social, e un longo etcétera no que tamén, como non, están as persoas inmigrantes que son vítimas da miseria que os intereses económicos e as guerras foron sementando nos seus países. |
PRAZA_631 | O futuro pode vernos alienados e felices, convenientemente endebedados, artellando artificios contables para soster a ficción dunha vida boa; pero xa non será produto da autodeterminación humana senón da programación social e, en definitiva, das redes | Díxitos en lugar de muros; redes sociais en troques de medios de información; precariedade no traballo e na vida fronte á permanencia das funcións sociais e as relacións persoais. O mundo foi cambiando ao fío de avances tecnolóxicos que afectan aos modos de produción e comunicación, ás prácticas educativas, aos conflitos bélicos. Pero non se trata solo de tecnoloxía. É unha mutación histórica da que aínda non vemos ben a contorna, e que leva xa unhas décadas entre nós. O mundo foi cambiando ao fío de avances tecnolóxicos que afectan aos modos de produción e comunicación, ás prácticas educativas, aos conflitos bélicos Hai un breve e esclarecedor texto do filósofo francés Gilles Deleuze que apareceu en 1990, Post-scriptum sobre as sociedades de control, que é pioneiro en reflectir esa mutación histórica. Deleuze fala da transición do que seguindo a Foucault chama "sociedades disciplinarias" a cara un novo rexime de control, transición que con 25 anos de globalización neoliberal non se pode máis que confirmar. O modelo das sociedades disciplinarias era o modelo da fábrica, que acadou o seu apoxeo co ideal científico positivista do século XIX e principios do XX, e ese modelo é hoxe claramente insuficiente, non se compadece ben coa circulación do capital nin coa circulación dixital, e foi substituído a todos os efectos polo modelo da empresa. A empresa é a forma organizativa do control e a vixilancia, modelo que funde hoxe os intereses corporativos e os militares con tecnoloxías cada vez máis próximas ás películas de ciencia ficción A empresa é a forma organizativa do control e a vixilancia, modelo que funde hoxe os intereses corporativos e os militares con tecnoloxías cada vez máis próximas ás películas de ciencia ficción: a enxeñaría xenética, a nanotecnoloxía ou o ciberespazo, e tamén a vida urbana e os grandes espazos naturais do planeta devastados por conflitos sen fin, todo conforma un mesmo e único campo de batalla no que proliferan a espionaxe e o autoritarismo. O control e a vixilancia son instrumentos principais nunha guerra sen obxectivos claros nen liñas ben definidas pero dos que as nosas sociedades xa non poderían prescindir, a risco de conceder vantaxes aos potenciais inimigos. O control e a vixilancia son instrumentos principais nunha guerra sen obxectivos claros nen liñas ben definidas pero dos que as nosas sociedades xa non poderían prescindir, a risco de conceder vantaxes aos potenciais inimigos O control e a vixilancia son dispositivos cada vez máis normalizados na experiencia cotiá que os individuos estamos dispostos a aceptar como parte da nosa seguridade. A inseguridade é un grande obxecto de promoción mediática e de manipulación interesada, que sirve para implementar novas medidas de seguridade; un efecto utilizado a conveniencia polo contraterrorismo, especialmente despois do 11-S. A nova lei de seguridade cidadá reflexa esa nova tesitura penal, que substitúe a idea dunha culpabilidade que debe ser certificada polo concepto máis lábil de perigosidade, acorde cunha cultura da prevención pero tamén da sospeita xeneralizada. Sentirse vixiado para sentirse seguro pero sen poder evitar a sensación de que o ollo que nos vixia está á espera, agardando que se faga real a nosa condición de potencial infractor. O imperativo de felicidade é outro dispositivo de control, ligado ao hedonismo do consumo e á expresividade das emocións. Nas sociedades disciplinarias os códigos de conduta pública impedían a exteriorización do pracer, que quedaba reservado ás esferas íntimas e grupos de iguais. O totalitarismo do segundo cuarto do século XX levou esa proscripción ao paroxismo, edificando unha auténtica industria do sufrimento. Kafka, a dicir de Deleuze, estaría no vértice entre disciplina e control, leva a disciplina o absurdo pero xa anuncia outra cousa, o futuro dun control sen descanso. Despois da caída do muro, co triunfo da axenda neoliberal, a apoteose da globalización e o crecemento das tecnoloxías da información, que foi das sociedades abertas? Nos anos 30 e 40 a loita pola democracia tiña unha clara liña de demarcación, como loita anti-fascista e defensa das sociedades abertas. Nas décadas seguintes de guerra fría ese motivo de confrontación pasou pola vixilancia mutua de capitalismo e socialismo real; comezábase a sospeitar da liberdade das "sociedades libres", pero desde moi pronto quedou claro o carácter totalitario do estalinismo, e que a disciplina soviética creara sociedades burocráticas, grises e kafkianas como ningunha outra. A liberdade occidental non era un simple engado senón unha lexítima aspiración das poblacións do leste, como se viu no desmoronamento vertixinoso dos seus réximes. Despois da caída do muro, co triunfo da axenda neoliberal, a apoteose da globalización e o crecemento das tecnoloxías da información, que foi das sociedades abertas? Vendo as atrocidades do Estado Islámico se pode trazar unha demarcación que hoxe pasaría pola liña entre fundamentalismo e pluralismo, pero se non esquecemos o devir das sociedades abertas e flexibles no réxime de control. Do mesmo xeito que o mundo soviético era unha ficción que non podía evadirse da circulación global do capital, a ironía máis sorprendente da guerra fría foi que as sociedades abertas, libres e pluralistas acabaron desenvolvendo métodos propios das sociedades disciplinarias. Son as novas "sociedades abertas de control". Os caso dos documentos de Wikileaks e as revelacións de Arthur Snowden poñen de manifesto un novo umbral na vixilancia e o control que fan de CIA, KGB e Stasi os modelos primitivos dunha espionaxe masiva. Hoxendía non podemos negar os obxectivos comerciais do tráfico de datos, pero tampouco se pode obviar que a sofisticación dos mecanismos disciplinarios fai que a disciplina se poida considerar como a verdade profunda da liberdade. O modelo disciplinario da fábrica se encarnaba en escolas, hospitais e prisións, institucións que administraban unha función social acoutándolle un espazo pechado e illado do corpo social. Representaban a pulsión social do encerro. Pero hoxe están desbordadas polas novas dinámicas sociais. Na educación, a saúde, a seguridade, o traballo, as institucións disciplinarias están abocadas a abrirse, ser empresas e competir no campo social con procesos de novo cuño, e a sociedade é fagocitada por esa competencia: a vida social colonizada polas esixencias do traballo; as formas variadas da existencia convertidas en patoloxías rendibles; as escolas que se enchen de cámaras de vixilancia pero que eso non consigue evitar que languidezan, incapaces de adaptar a súa raíz disciplinaria a tempos de extrema fluidez, desbordadas pola esixencia constante de actualizar coñecementos e a necesidade de formación continua que advirte da inapelable obsolescencia do saber; e a vida social toda, que por obra da hipervixilancia se converte nunha enorme prisión invisible. A desintoxicación tecnolóxica debería ser parte hoxe da máis básica pedagoxía, se queremos reter parcelas de liberdade Educación, saúde, traballo, seguridade serán bens de difícil acceso, obxecto de disputa e de obsesións enfermizas, apetecibles nichos de mercado. Serán tamén vividos como tormentos inacabables máis que como simples condicións da existencia social. Malia todo as nosas sociedades combinan (e combinarán aínda por moito tempo) os métodos físicos das vellas disciplinas co control maiormente dixital, como esas urbanizacións exclusivas nas que os setos enormes retroceden ante as barreiras intelixentes e as cámaras de vixilancia. Neste panorama o plan de vida debe incluír os necesarios marxes de desconexión tecnolóxica. Os adolescentes (e non tanto) que camiñan pola rúa absorbidos polos teléfonos móbiles, abertos ao espazo exterior do ecosistema dixital, pero deixando en modo silencio a comunicación cos pais (cos amigos, cos fillos), non reparan en engrosar un Big Data que se presta a todo tipo de usos (algúns ilegais, a maioría comerciais, moitos sospeitosamente preocupados pola nosa saúde, o noso benestar, a nosa seguridade). A desintoxicación tecnolóxica debería ser parte hoxe da máis básica pedagoxía, se queremos reter parcelas de liberdade. O futuro pode vernos alienados e felices, convenientemente endebedados, artellando artificios contables para soster a ficción dunha vida boa; pero xa non será produto da autodeterminación humana senón da programación social e, en definitiva, das redes Pero non será fácil conter o proceso tecnolóxico. Cando as cámaras de vixilancia incorporen sistemas de identificación automática da identidade e se xeneralice o pago con pegada dactilar dixitalizada o réxime de control terá acadado un escalón superior. Conectándonos e desconectándonos a pracer buscaremos ser habitantes dun universo clónico, ben adestrados e normalizados, parecernos ás máquinas. Cal será o límite da maleabilidade humana, da capacidade de manipulación da nosa natureza? O futuro pode vernos alienados e felices, convenientemente endebedados, artellando artificios contables para soster a ficción dunha vida boa; pero xa non será produto da autodeterminación humana senón da programación social e, en definitiva, das redes. Cos nosos perfís, historiais e rexistros serán as redes as que formarán o tecido da nosa existencia vixiada; pero será un tecido virtual, propio dunha existencia que só a efectos prácticos aínda chamaremos real. |
NOS_41050 | As persoas falecidas soben a 780 tras rexistrar unha máis na residencia de maiores Ballesol de Oleiros. As infeccións diarias continúan en niveis de finais de marzo, coa área de Ourense como epicentro ao sumar outros 191 positivos diarios. | Segundo os últimos datos achegados pola Consellaría de Sanidade, detectáronse na Galiza 405 contaxios por Covid-19 nas últimas 24 horas, o que supón volver superar por segundo día consecutivo a barreira dos 400 e situarse en cifras de finais de marzo, ao comezo da pandemia. Case a metade das novas persoas infectadas, un total de 191, concéntranse na área sanitaria de Ourense. Ademais, segundo a última actualización do novo portal da Consellaría para informar sobre a incidencia da pandemia da Covid-19, houbo un novo falecemento nas últimas horas, o que sitúa a cifra total en 780. En concreto, a última vítima é unha muller de 93 anos que morreu na residencia de maiores Ballesol de Oleiros. En canto ás altas, nas últimas 24 horas producíronse 319 --73 máis que o día anterior- e o total de persoas curadas desde o inicio da pandemia é de 21.425. Aumentan os casos de persoas aínda están enfermas Deste xeito, de acordo cos datos deste sábado, o número de casos activos da Covid-19 -é dicir, persoas que aínda padecen a enfermidade- é de 4.358, uns 94 máis que este venres. Alén diso, Sanidade informa de que até o momento realizáronse 543.138 probas, o que supón que se realizaron 5.936 PCR en 24 horas, máis que no comunicado anterior. De todas elas, 7,9% deu un resultado positivo, unha porcentaxe similar a esta sexta feira, e que se sitúa en valores de principios de abril. Desde o inicio da pandemia, Galiza sumou un total de 26.563 casos de coronavirus. Áreas sanitarias Por áreas sanitarias, a de Ourense, Verín e O Barco segue disparada con 191 novos contaxios, o que supón a segunda cifra máis alta de toda a pandemia, só por detrás deste venres, e case a metade dos detectados en toda a Galiza nas últimas 24 horas. Ademais, a porcentaxe de positividade das probas realizadas na provincia volveu a crecer e sitúase xa en 22,5%. Ademais, as persoas coa enfermidade subiron, até as 1.474. A segunda área con máis contaxios diarios, 65 nas últimas 24 horas -fronte ás 49 do día anterior-, é a de Santiago e Barbanza, que conta con 581 pacientes. Seguen a estas as áreas da Coruña-Cee, con 36 novos positivos (+5) e 747 casos activos, e a de Lugo-Monforte-A Mariña, con 38 diagnósticos diarios (+20) e 466 persoas coa enfermidade activa. Tamén soben os contaxios diarios na de Pontevedra-O Salnés, con 28 rexistrados en 24 horas (+8) e 541 pacientes, e na de Ferrol, que se duplican ata as 16 (+8) novas infeccións e acumula 114 casos activos.A única área sanitaria que anota un descenso na incidencia da pandemia é a de Vigo, que nas últimas 24 horas detectou 31 novos casos de coronavirus, unha vintena menos que no parte anterior. Nesta zona, hai 435 pacientes da Covid-19. |
PRAZA_1989 | O pasado día 3 saíron en tromba, non en manifestación, que acostuma ser unha demostración de protesta pública ordenada, senón nunha aglomeración que nunca se viu, de masas amoreadas, invadindo rúas, beirarrúas, sen deixar espazo. Non cabía un alfinete. | Non, aínda que o nome así o presupón, non vou falar dun prostíbulo, un lugar onde algunhas mulleres son compradas e usadas como cousas, mercadorías, corpos sen identidades persoais. Hai quen paga e goza con iso, e son humanos, din. Pois non, o estrafalario é que o slogan: Apetéceme. Vén con nós a gozar, é o texto gravado nos uniformes das camareiras do novo hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro, xa famoso. Quen pode gozar nun lugar onde hai pena, dor, sangue, morte. Unicamente Drácula. Mais, de acordo coa efusión das camareiras, nesa cafetería serven alcohol!! Non, non é para matar os fungos, nin os ratos que seica teñen un alimento pladurento recubrindo as paredes que lles rechifla, e que arde mellor que o monte, e rodeado de monte está o edificio. Nunca se viron tantas expresións de asombro nas caras das persoas da cidade que chegan a coñecer estas e outras excentricidades dese susodito Centro de Saúde. O hospital está no monte. Mal está, pero sobra espazo ao redor para que as persoas doentes que alí acudan poidan deixar os coches. Imposible. A estrada remata nun funil que conduce o vehículo, irremisiblemente, a un aparcadoiro privado de onde xa non pode saír sen pagar. Unha rateira. Claro! Por iso hai tantos ratos. Non son a xente realista deste país da que se deixa baleirar os petos así como así. Colleulle gusto ao público e, con razón, non está disposta a perder os servizos que tiña nin os xantares que lles ofrecían nos outros hospitais da cidade. Por iso, o pasado día 3, saíron en tromba, non en manifestación, que acostuma ser unha demostración de protesta pública ordenada, senón nunha aglomeración que nunca se viu, de masas amoreadas, invadindo rúas, beirarrúas, sen deixar espazo. Non cabía un alfinete. O feito daba para dimisións. Aquí non hai costume, nunca dimite ninguén. Pero hai certo costume: votar o partido conservador que lles parece o máis adecuado para conservar as propiedades. Agora ben, o peto que non llo toquen. Que isto non é Madrid, eh! Quedan avisados. |
NOS_35077 | Roberto Moreno e Rafael Pol, segundo adestrador e preparador físico, serán os técnicos axudantes do asturiano | Roberto Moreno e Rafael Pol, segundo adestrador e preparador físico, serán os técnicos axudantes do asturiano no Celta de Vigo. Ambos os dous son persoas de confianza de Luis Enrique co que traballaron na AS Roma. Luis Enrique fichou polo Celta por dúas temporadas, no que constitúe unha clara aposta do clube celeste nun técnico que sempre aloumiñou e potenciou a canteira. O asturiano desembarcará nos vindeiros días en Vigo para ser presentado oficialmente. |
NOS_32159 | O novo número do caderno Gozar, que atoparás este sábado 13 de febreiro nos quiosques xunto con Nós Diario, ofrece unha viaxe arredor do mundo a través da gastronomía, un paseo máis calmo polas ribeiras do Tambre, unha marcha ao pasadao para descubir as horixes de Terras Mancas e unha expedición ao futuro para tratar de adiviñar o Lugo do século que vén. | Este sábado no quiosque, Nós Diario ofrece unha nova edición do semanario Sermos Galiza mais tamén do suplemento Gozar, onde expertas e expertos achegan os mellores produtos, viaxes e propostas de ocio e gastronomía da Galiza. Anxo Fole abre o suplemento cunha escolla gastronómica moi persoal que servirá de guía para unha viaxe internacional da man de cinco pratos de moda da cociña asiática, suramericana e de Oriente Medio. Unha achega para ampliar a mirada e facerse con novos sabores, que completa Eva Cameán cunha visita máis próxima, á parroquia de Seavia, en Coristanco. Imaxinar o Lugo do futuro "Como será Lugo en 2100?, pregunta Guido Álvarez Parga no 'Descubrir o país' deste mes. O guía turístico aventura unha viaxe ao futuro que, en realidade, debuxa un percorrido pola cidade actual, seguindo as pegadas dos vestixios arqueolóxicos, das sendas verdes, dos treitos que se poden facer a pé e en bicicleta, dos espazos renovados pola arte urbana e a música ao vivo. "Algo está a cambiar na mentalidade da cidade. Nos últimos anos é perceptíbel unha maior sensibilidade, un maior amor, un maior afecto polo noso" afirma o autor na recta final dun artigo que busca imaxinar o Lugo do século XXII. E a canda este texto, 'Verde periferia' , unha reflexión da actriz e artista visual María Roja. Paraíso de viñedos Javier Pereira Chao convídanos a coñecer as orixes de Terras Mancas, o soño de Camilo Castiñeiras Boan, quen "quixo recuperar o rastro dos monxes oito séculos despois e iniciou, cos seus propios viñedos paternos, un camiño cara á excelencia". 'Paraíso de viñedos' conta a historia dunha da adega e do viño que en 2019 "foi merecedor da Medalla de Ouro no concurso Vin España, organizado pola federación de asociacións de enólogos de España, e da Medalla de Prata no Cinve". A cando o texto de Pereira Chao, outro asinado pola escritora de viños Lorena Costas, quen baixo o título 'En memoria da vida tabernaria' agradece ás tabernas de Compostela "case todo o que sei de viño", ademais de moitas risas e "a deliciosa sensación de fogar". Polas ribeiras do Tambre Desde o Proxecto Ríos de Adega, Ramsés Pérez proponnos saír de ruta polo río Tambre "á procura da flora nemoral", un adxectivo, escribe, "que vén do latín nemorale, que significa relativo ou pertencente aos bosques ou que existe nos bosque." Este convite cadra coa benvida á primavera que a bióloga ambiental Verónica Torrijos Pérez resume nun artigo que tira de refraneiro para achegarnos a un tempo distinto e mesmo a imaxes que por moi comúns, chegan "nun tempo que lles é propio", advirte, como a das froiteiras en flor. A contra do Gozar é para José Luis Videira López, adegueiro de Videiras no Mar. |
PRAZA_17946 | ENTREVISTA | Benito Portela, alcalde de Sada, demandou dúas veces por carta a Pedro Sánchez que a mudanza lexislativa para poder exhumar a Franco inclúa tamén a devolución das Torres ao patrimonio público. Malia non recibir resposta, confía en que o proxecto de lei inclúa esta demanda. | REPORTAXE | De visita no Pazo de Meirás: unha oda ao ditador Franco Benito Portela, alcalde de Sada, demandou dúas veces por carta a Pedro Sánchez que a mudanza lexislativa da Lei da Memoria Histórica que permitirá exhumar a Franco do Valle de los Caídos inclúa tamén a devolución das Torres ao patrimonio público. Malia non recibir resposta aínda, confía e espera que o proxecto de lei inclúa a demanda, así como que o Executivo central presente a demanda civil que o Parlamento galego reclamou por unanimidade para recuperar a propiedade do Pazo. Respondeulle o presidente do Goberno central ou o Executivo á última carta que lle enviou? Polo momento non tivemos resposta ningunha de ningún tipo por parte do Goberno central. Tampouco da carta que enviamos en xuño, aínda que si falamos coa subdelegada do Goberno en Galicia para que trasladase o tema e así debeu facer. "Non tiven resposta ningunha do Goberno ás dúas cartas que enviei a Pedro Sánchez sobre Meirás" Confían que a modificación da Lei de Memoria Histórica acabe finalmente tendo en conta o Pazo de Meirás? Nós esperamos en que no proxecto de lei se inclúa tamén a recuperación do Pazo de Meirás. Xa que o Goberno central tivo a sensibilidade de mudar o marco xurídico da Lei de Memoria Histórica, coidamos que o Pazo non pode quedar fóra desta modificación. Confiamos en que vai acabar sendo así. Fálase moito do Valle de los Caídos, cre que a atención á anomalía do Pazo de Meirás é a necesaria? Os medios estatais dedícanlle moito tempo ao Valle de los Caídos, tamén porque o Goberno apostou claramente por ese tema ao incluír unicamente ese aspecto no decreto lei. Aínda así, vemos como hai outros partidos políticos que propoñen a anulación das sentenzas franquistas, que tampouco se recolle, e que eu espero que tamén sexa incluído na tramitación porque os diferentes grupos hano acabar incluíndo. Por iso, coido que a unanimidade que se deu no Parlamento galego para recuperar o Pazo para o patrimonio público tamén se dará no Congreso. "Creo que a unanimidade que se deu no Parlamento galego para recuperar o pazo tamén se dará no Congreso" Considera esa unanimidade unha das claves para a recuperación do Pazo? É importante. É certo que non era habitual e houbo un cambio no sentido do voto por parte do PP, que pensa tamén que a demanda civil que recomendou a comisión de expertos debe presentarse para incorporar o Pazo ao público. O camiño parece encarreirado, confía en que Meirás sexa axiña parte do patrimonio público? Espero que acabe canto antes pero non podo facer un prognóstico de como vai ser o devir xudicial porque a familia xa anunciou que vai pelexar polo Pazo e reclamalo na Xustiza. Desde o Concello de Sada intentaremos finalizar con esta vergoña canto antes e intentar recuperar a memoria e a dignidade de todas as vítimas do réxime franquista. Supoño que o conxunto de todas as forzas democráticas intentarán recuperar o Pazo para o patrimonio público antes de que os herdeiros do ditador poidan especular cun ben que ten que ser de todos. "Supoño que as forzas democráticas intentarán recuperar Pazo antes de que os herdeiros do ditador poidan especular con el" Houbo algún problema coas visitas durante este verán? Ao teléfono non atenden, pero si funciona a petición de citas por internet. Ao Concello de Sada non lle constan queixas de que se suspendesen visitas ou non puidesen ir. Tampouco cambiaron as datas de visita cando antes concentraban os días ao principio ou ao final de mes sen consultar con ninguén. "O que fai a Fundación Franco nas visitas a Meirás é o que anunciaron que ían facer: exaltar a figura do ditador e o seu réxime" Vostede foi a unha visita guiada xa hai tempo, que lle parecen as denuncias sobre a apoloxía do franquismo que denunciaron, por exemplo, varios europarlamentarios hai pouco? Fun a visita guiada hai dous anos cando aínda non as xestionaba a Fundación Francisco Franco. Daquela, certamente, non se facía apoloxía do réxime franquista porque era o propio vixiante da casa o que facía o percorrido. Sei que o que fan desde que as visitas as dirixe a Fundación Franco é o que anunciaron que ían facer: exaltar a figura do ditador e o seu réxime. Por iso nós xa instamos a Xunta a que investigase a que comprobase se era certo que se facía esta apoloxía fascista, ao igual que reclamamos que fixera algo cando se incumpriu o réxime de visitas por parte da familia, o que ía en contra da lei. Ten o Concello de Sada algún contacto coa familia Franco? Non temos contacto ningún. |
NOS_31293 | Esta cuarta feira comezan as probas avaliativas en 3º de Primaria. Familias e comunidade educativa rexeitan esta medida. | As crianzas de 8 anos galegas enfrontan o 27 e 28 de maio a primeira das probas previstas pola LOMCE. Trátase de exames nos que se avaliarán as "habilidades" e "capacidades" do alumnado nas materias de lingua e matemáticas. Para alén desta, a nova lexislación prevé a implementación doutras en secundaria e bacharelato que, desta volta, si terán efecto sobre a obtención do título académico. Após coñecerse a data concreta en que se faría efectiva a proba en 3º de Primaria organizacións sindicais, a Confederación de ANPAS galegas e a Plataforma galega en defensa do ensino público iniciaron unha campaña para promover o boicote activo á mesma. Neste senso, numerosas familias acordaron non levar as súas crianzas neses días á escola. Aliás, unha concentración á porta da Consellaría de Educación lembrará ao goberno galego a súa oposición ás reválidas mais tamén á LOMCE. "Entendemos que o control do grao de adquisición das habilidades e destrezas adquiridas polos nosos nenos e nenas na súa vida escolar compételle exclusivamente aos seus profesores e profesoras", sinalan desde as ANPAS galegas ao aseguraren que "son quen realizan o inxente traballo de personalizar o ensino para que cada neno e nena reciban o que precisan atendendo a individualidade e capacidades" do alumnado. Discriminación Desde as familias coidan que é a avaliación continuada o método acaído para dar conta dos coñecementos adquiridos polo alumnado en troca dunha "proba externa" que, sinalan, "non vai dar resultados fiábeis porque refire a posíbel diagnose a unha circunstancia descontextualizada na vida dun escolar". Aliás, denuncian, "discrimina o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que fará a proba mais non computará para o cálculo dos dados globais que son os que realmente importan ao lexislador". "A intención non é outra que o estabelecemento de categorías nos centros públicos, de profesionais do ensino e mesmo de zonas xeográficas" Para a Confederación de ANPAS galegas a proba que se iniciará esta cuarta feira advirten da "intención" que, aseguran, ocultan estas probas. "Non é outra que o estabelecemento de categorías nos centros públicos, de profesionais do ensino e mesmo de zonas xeográficas". Pois delas emanarán listaxes nas que se comparen os resultados obtidos polo alumnado dos distintos centros educativos. O obxectivo "futuro", din, "diversificar discriminadamente os investimentos educativos creando centros e alumnos beneficiados ou prexudicados na procura dunha excelencia" que, denuncian, "non se consegue así senón traballando dentro da equidade e da igualdade de tratamento e oportunidades". Desde as organizacións sindicais denuncian que, para alén dos prexuízos ao alumnado, supón o cuestionamento d@s profesionais do ensino ao externalizarse a avaliación e, para as familias, supón un "estrés" para as crianzas que non deberían experimentar. |
PRAZA_15080 | O decreto que este venres publica o BOE resume, en linguaxe administrativa, o espírito do comunicado da Asociación Española da Banca. O Executivo non achega detalles sobre o parque de vivenda social para o aluguer | O Goberno e os bancos queren evitar durante dous anos a mala prensa que a ambos lles estaban xerando as informacións de desafiuzamentos a familias en situacións de exclusión social. Tras o decreto aprobado este xoves polo Consello de Ministros, o Executivo ofrécelles a estas familias dous anos máis para abandonar as súas vivendas, non dous anos máis para buscar o diñeiro que lles permita seguir pagándoas. O decreto que hoxe publica o BOE resume, en linguaxe administrativa, o espírito do comunicado da Asociación Española da Banca O decreto que hoxe publica o BOE resume, en linguaxe administrativa, o espírito do comunicado da Asociación Española da Banca. O que os banqueiros dixeron o pasado 12 de novembro naquel comunicado é practicamente o mesmo que di o Goberno a través do BOE. A medida aprobada polo Executivo non ofrece ningunha alternativa para que quen non poida pagar o faga. Durante ese prazo de dous anos, os afectados pola medida terán dereito a quedar nunha vivenda que xa non será súa pola graza dunha entidade bancaria coa que seguirán mantendo a súa débeda. Ademais o prazo de dous anos de moratoria é discutible. Serán dous anos para quen solicite hoxe acollerse á medida, quen o faga dentro de seis meses, tan só poderá gozar de ano e medio dos beneficios do decreto. O 15 de novembro de 2014 acaba o prazo marcado polo goberno e a partir desa data os desafiuzamentos volverán ser executados con normalidade para todas as familias, á marxe do delicado da súa situación. O Goberno aproba o seu decreto despois de tres días negociando co PSOE, sen chegar a ningún tipo de acordo. Segundo o texto que recolle o BOE, a moratoria de dous anos "será de aplicación unicamente para aqueles que xa perdesen a súa casa cando esta se adxudicou ao acredor". Ambigüidade O BOE non ofrece ningunha cifra relativa ao número de inmobles que se destinarán a aluguer social e apenas ningún detalle sobre o prezo deses alugueres Ademais, o Executivo prometeu este xoves a creación dun parque social de vivendas. Sobre esa iniciativa, o BOE non ofrece ningunha cifra relativa ao número de inmobles que se destinarán a aluguer social e apenas ningún detalle sobre o prezo deses alugueres. A vaguidade do BOE limítase a aludir a "contratos de arrendamento con rendas asumibles en función dos ingresos que perciban". Segundo o BOE, "esta norma será de aplicación aos procesos de execución que se iniciaron á entrada en vigor deste real decreto-lei, en caso de que non se executara o lanzamento". A medida polo tanto non ten carácter retroactivo. |
NOS_9748 | As clínicas psicolóxicas atenden cada vez a máis mozas e mozas nesta etapa da vida que están a pasar momentos difíciles polas condicións de vida que lles impuxo o coronavirus. Tamén algúns institutos empezan a crear grupos de apoio para que expresen os seus sentimentos ante a inestabilidade e a imposibilidade de socializar nun contexto normal. | A violencia de xénero é unha das problemáticas máis graves ás que se enfrontan na actualidade as adolescentes, senón a peor, pero este colectivo tamén está a padecera crise sanitaria de maneira directa. Así o confesan en privado na sanidade pública, onde as listas de agarda de moitas psiquiatras e psicólogas se dispararon. No entanto, dada a realidade social para toda a xente, son as consultas privadas as que teñen que xestionar a maior parte das doenzas mentais da mocidade. A psicóloga Laura Amigo é unha desas profesionais que, xunto con outras compañeiras e compañeiros, está vendo mudar parte da axenda por membros dun colectivo que considera máis esquecido agora que sempre. "Tanto as crianzas como as adolescentes están a implicar un aumento da demanda de atención psicolóxica, sobre todo desde despois do Nadal", explica a experta consultada por Nós Diario. Sen entrar a analizar cada caso en concreto -porque hai perda de traballo dos proxenitores, malo rendemento académico, falecementos de familiares por mor da Covid-19...- pódese dicir que hai unha sintomatoloxía predominante. "Os trastornos son ansioso depresivos", indica Amigo. Ademais, a adición ás tecnoloxías foi a máis durante o tempo de confinamento estrito polo que nunha etapa "na que son cruciais as relacións e a socialización" o contacto directo foi substituído polo que se permitía a través das pantallas. A uns adolescentes achegounos máis a ese mundo dixital e a outros a falta dese cambio nas dinámicas vitais, coas saídas coas amizades, levounos a estar deprimidos. "Notamos unha falta de motivación", reflexiona tamén a psicóloga, que pensa que quizais agardouse até despois das festas para acudir a consultas profesionais "porque rematou a primeira avaliación e, ao ver as nosas, quizais non acadaron os seus obxectivos". "A incertidume" e a "presión escolar" como se non pasara nada afecta, e moito, na adolescencia galega. Tanto é así que, segundo puido saber este medio, tamén hai centros educativos nos que docentes máis liberadas se puxeron á fronte de grupos de apoio para que as crianzas falen, compartan o que senten e desafoguen. "É importante dar voz ao que senten e validalo, dicirlles que é normal", resume Amigo. |
NOS_10624 | A porcentaxe de indecisos que reflicten últimas enquisas e sondaxes, entre un 12 e un 17%, será decisivo para o resultado definitivo da consulta que vai ter lugar o domingo no país heleno. No serán desta sexta feira decorrerán 2 grandes actos políticos en Atenas, aprol do Si e do Non | O 'Si' ten unha lixeira vantaxe nas enquisas e sondaxes que estes días están a se realizar sobre o referendo grego do domingo. No inquérito de Ethnos o 'Nai' (si á proposta de acordo presentada polos acredores) ten un apoio do 44,8% fronte ao 43,4% do 'Oxi' (non). Hai un 12% de persoas indecisas. Esta sondaxe tamén reflicte que hai unha ampla maioría (74 %) das persoas enquisadas que é partidaria de que Grecia se manteña no euro. A enquisa da Universidade de Macedonia para Bloomberg apunta que habería un empate técnico entre o Si e o Non (43% cada un), e os indecisos roldarían o 14%. Alexis Tsipras, primeiro ministro grego, declarou que votar Non na consulta axudaría a Grecia a lograr mellores condicións e unha posición negociadora máis forte ante os acredores. Mais o presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, xa advertiu que a vitoria do Non na consulta non vai fortalecer Atenas e vai colocar ambas as dúas partes nunha situación "moi difícil". E a social-democracia europea? Esta semana foi patente a soidade de Atenas entre os gobernos europeos. A social-democracia (alemá, francesa, española ou italiana) apenas se desmarcaron das mensaxes máis duras da dereita de atacar o goberno de Syriza e deitar nos seus ombros toda a responsabilidade da crise. |
NOS_34010 | Coa saída do novo xornal fixemos unha serie de vídeos de promoción dirixidos por Marcos Paino e Miguel Mosqueira, e protagonizados por coñecidos personaxes. [Vídeos no interior] | Os filmes, que foron publicados no Facebook obtendo milleiros de visualizacións, foron dirixidos polos tamén músicos Marcos Paino e Miguel Mosqueira, que tamén se ocuparon do guión e da montaxe. Neles convídase a mudar de perspectiva con axuda do humor. Están protagonizados por coñecidos personaxes, como o polifacético artista Leo Arremecaghona, as actrices Susana Sampedro ou Cristina Collazo, Odilo González e Moncho Mariño, entre outros. Velaquí podedes velos en orde de aparición: |
NOS_49297 | Exixen a publicación oficial do prego de condicións que a Xunta xa fixo circular internamente e a paralización do proceso. | A federación de sanidade da CIG tivo acceso ao prego de condicións co que a Xunta pretende poxar o servizo de esterilización do material sanitario do Sergas. Un proceso que xa fora denunciado após facerse pública no Diario da Unión Europea (DUE) a contía pola que sería externalizado: 132 millóns de euros. Desde a CIG-Saúde advirten que a privatización deste servizo será "irreversíbel" de se executar nos termos en que aparece recollido nun prego de condicións que aínda non se fixo público mais que si circula polos despachos da administración. Con el, sinalou María Xosé Abuí, "veñen confirmarse os nosos peores temores". Amortizar máis de 150 prazas De acordo co articulado do prego a empresa adxudicataria deberá, entre outras cuestións, "aportar as instalacións, equipamento, persoal e produtos necesarios para realizar o proceso" de esterilización (artigo 5.7). Neste senso, desde a central sindical nacionalista alertan das consecuencias que suporá a incorporación dos medios humanos por parte dunha empresa privada e que devirá na "amortización de 157 postos de traballo na sanidade pública". Traballadoras e traballadores que poderían ser desprazad@s a outras áreas e departamentos ou despedid@s. Aliás, o prego contempla a "obriga" da adxudicataria de actualizar e renovar "as instalacións e o equipamento empregado para a prestación do servizo" (artigo 6.4). Porén, será o Sergas quen "porá ao dispor" da empresa "todo o instrumental reutilizábel que sexa da súa propiedade" para a súa "xestión e custodia". Algo que para a CIG supón investir diñeiro públuco en "pagar a unha empresa privada para que faga a reposición dos seus propios efectivos" en troca de "renovar o material que precisa o sistema sanitario". "O material que hoxe ten o Sergas, dentro de 8 anos estará obsoleto e todo o material novo será da empresa privada", subliñou María Xosé Abuín. Desde a CIG exixen á Consellaría de Sanidade que "a inmediata paralización do proceso de privatización" e, en todo caso, "que se faga público o prego de condicións" para actuar "coa transparencia que se lle debe exixir a toda administración pública". Pois, lembran, o pasado 23 de maio CIG-Saúde xa remitiu un escrito á conselleira para lle solicitar que anulara o concurso público, de acordo coa vontade maioritaria d@s profesionais que rexeitaron "de maneira unánime" a externalización dun servizo público "esencial e de alta calidade" premiado mesmo co ISO 9001. |
NOS_33875 | Hai xa onde procurar comida do lixo é obxecto de sanción. O presidente de Esculca, Fernando Blanco, fálanos sobre a criminalización da pobreza. Coordena o A Fondo desta semana, nos quiosques a vindeira quinta feira. | -Cal é a pertinencia e a actualidade de reflexionar, neste momento, sobre a criminalización da pobreza en Galiza? -A crúa realidade económica que estamos a padecer fai que o foco de debate recaia sobre novas formas de pobreza... mais existen importantes colectivos na nosa sociedade que, previamente a este axuste económico, viñan padecendo unha situación de exclusión social, hereditaria nas máis das ocasións. Unindo esta realidade social ingrata e visíbel-ocultada, sempre en risco de esquecer, cunha perspectiva de dereitos, pareceu oportuno abordar dende unha perspectiva variada estas formas de estigmatizacion "legal" da pobreza -Que colectivos sofren, no noso país, en maior medida criminalización? -Dentro do campo abordado neste A Fondo, os nosos relatores destacan a fonda estigmatización que sofre o pobo cigano e os nacionais romaneses. -Que temas se abordarán neste A Fondo? -Hai unha dupla análise do fenómeno do acoso ás persoas que recollen comida do lixo: un máis de contido técnico-xurídico verbo das normas de aplicación e outro que asina o profesor Brandariz, de desvelamento da ideoloxía que ampara estes actos de violación de dereitos. A experiencia de Arquitectos Sen Fronteiras permite facer relacionar casos de criminalización indignantes como as de As Mulleres Colleiteiras (proxecto lanzado por ASF), cun pano de fondo estrutural ben coñecido por ASF como a exclusión e criminalización do pobo cigano no acceso a vivenda. -Un dos artigos chega dende Portugal e aborda outro tipo de violencia, máis oculta, de carácter simbólico, como a practicada polas representacións feitas dende os medios de comunicación… "Neste A Fondo destacamos a fonda estigmatización que sofre o pobo cigano e os nacionais romaneses" -A reflexión procedente de Portugal desvela os discursos de creación de inimigos sobre os que aplicar mais doadamente a criminalización. -É isto aplicábel a Galiza? -Infelizmente si, mesmo o artigo parece lembrar como se abordan as informacións de "sucesos" sinalando orixes nacionais moitas das veces de nulo interese informativo, na procura de crear un discurso social xenófobo e excluínte. -Por que escollestes como entrevistada a Belén Arranz, do colectivo Diversidades? -A do colectivo Diversidades é a análise dende unha asociación que traballa a "pé de obra" mantendo un discurso crítico da actuación dos poderes cos nacionais romaneses, abordando realidades que moitos descoñecemos desta poboación no noso país. Estimabamos esencial una visión real da situación das persoas romaneses, tanto no seu contexto nacional como na súa situación aquí para romper estereotipos que o discurso "oficial" fomenta. -Incidides sobre todo en dous concellos: A Coruña e Betanzos. Por que? É extensíbel o problema a outra partes de Galiza? -É posibel que haxa casos tan ou máis graves que os da Coruña e Betanzos. Mais quixemos destacar a duplo raseiro de quen dita normas cunha finalidade (que termina por ser simbólica) para acadar fins materias espúreos como o hostigamento da pobreza para que desapareza. Por outra banda, a análise dos casos da Coruña e de Betanzos permiten un punto de partida para un sólido achegamento teórico a estes fenómenos como o que fai o profesor Brandariz no seu traballo para o A Fondo. "Non só non fomos quen na nosa sociedade de eliminar pobreza "hereditaria" senón que a falta de medidas estruturais "preventivas" permite a aparición de novas formas de exclusión social" -As medidas criminalizadoras optan por penalizar a pobreza no canto de atender o problema estrutural do que parte. Hai realmente un interese político por abordar medidas estruturais? -A resposta é a titulo meramente persoal. Non, non só non fomos quen na nosa sociedade de eliminar a pobreza "hereditaria" senón que a falta de medidas estruturais "preventivas" permite a aparición de novas formas de exclusión social -En que medida a Risga ou as medidas de acceso á vivenda para colectivos marxinalizados serían mellorables? -Recentemente a Oficina de Dereitos Sociais-ODS Coia analizaba criticamente a RISGA, sinalando que os orzamentos a ela adicados rozan a miseria, con prestacións con contías mínimas, longos tempos de espera que se prolongan até os oito meses, incompatibilidades absurdas, esixencias a modo de contraprestación de participar en proxectos de inserción sen seguimento e inútiles. Nomeadamente, sinalaba este colectivo que un dos aspectos máis crueis é o que ten que ver cos atrasos na concesión da RISGA, cunha demora totalmente inaceptable por tratarse dunha axuda dirixida a persoas e familias nunha situación de verdadeira emerxencia social. A finais de agosto deste ano a Xunta recoñecía que estaba a resolver as solicitudes de decembro do 2013, cando a Xunta ten 2 meses para resolver dende a entrada de toda a documentación, mentres que os concellos teñen un mes para enviar a documentación completa á Xunta. |
NOS_38151 | A Academia Galega do Audiovisual informou de que un erro notarial no reconto de votos alterou os resultados anunciados a pasada segunda feira e que Sermos publicou o mesmo día. Hai trece candidaturas afectadas polo erro. | A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual informou onte quinta feira de que "un erro notarial no reconto dos votos para a elección dos finalistas na décimocuarta edición dos premios Mestre Mateo alterou o resultados anunciados o pasado luns. A xunta directiva lamenta profundamente a situación que este erro orixina e os prexuízos que os cambios supoñen para os artistas e as obras que foron sinaladas como finalistas como consecuencia deste erro". Aínda así, os filmes con máis nomeacións seguen a ser O Descoñecido (16 nomeacións, antes 15), Lobos Sucios (14, sen cambios), a serie de televisión Hospital Real (10, antes 11) e Serramoura (9, antes 7). A Academia Galega do Audiovisual solicitou do notario unha revisión do reconto dos votos emitidos e unha comprobación co reconto inicial e cos resultados rexistrados na primeira acta notarial. O resultado das comprobación sinalou que hai trece candidaturas afectadas polo erro no primeiro reconto notarial: Comunicador/a TV, Dirección, Guión, Interpretación feminina protagonista, Interpretación masculina de reparto, Montaxe, Música orixinal, Programa de TV, Realización, Serie TV, Vestiario, Videoclip e Anuncio publicitario. En cada unha das categorías mal recontadas, o erro afecta a un dos finalistas anunciados, excepto no caso de Anuncio publicitario, que afecta a dúas. Segundo a AGA, "o erro no reconto foi detectado no momento de preparar a plataforma dixital de votación para a fase final dos premios Mestre Mateo. A plataforma, que se utilizou por primeira vez como sistema único do voto nesta edición, ordena automaticamente as catro obras ou artistas máis votados en cada categoría antes de colocalas nas páxinas nas que votan os socios da Academia. No momento de preparar a segunda rolda de votación, os datos incluídos na acta notarial e os que ofrecía a plataforma dixital non coincidiron polo que se realizou un novo reconto cun resultado diferente do que rexistraba a acta notarial inicial". Como consecuencia do problema, ademais de informar á prensa de forma inmediata, a Xunta Directiva convocou unha asamblea extraordinaria urxente para mañá sábado (11.00 horas, Auditorio de Galicia), na que se dará conta do erro e da súa resolución e na que, ademais da directiva, dos responsables da plataforma de votación, participará o notario responsable do reconto. |
NOS_36111 | Associaçom Galega da Língua (AGAL) solidariza-se com o presidente da Mesa, Carlos Callón, que será julgado no vindouro 30 de Novembro por defender o topónimo oficial de A Corunha | O Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL) solidariza-se com o presidente da Mesa, Carlos Callón, que será julgado no vindouro 30 de Novembro. O motivo, ter criticado em 2008 o uso de toponímia deturpada por parte do juiz decano da Corunha, Antonio Fraga Mandián. Para o presidente da AGAL, Miguel R. Penas, "algo falha quando a justiça se dedica a julgar os que defendem o cumprimento da legalidade". Por esta razom, o conselho da associaçom manifesta o seu apoio a Carlos Callón e deseja que a sentença seja pública o antes possível e em sentido favorável ao acusado. "Umha resoluçom deste caso em sentido contrário", afirma Penas, "seria negativa tanto para imagem da justiça como para todo o movimento de defesa da nossa língua". Do Conselho da AGAL também apelam às autoridades políticas e judiciais para que "deixem de ver a nossa língua como um problema e comecem a participar das estratégias que promove a sociedade civil para procurar o aproveitamento das oportunidades que nos dá". A língua galega "é um bem de toda a cidadania e um forte elemento de unidade da nossa coletividade", insiste Penas, razom pola qual rejeita as tentativas de instrumentalizar o galego para dividir a sociedade. |
PRAZA_12364 | A iniciativa Vitaminas para o Galego chega ás 25 cabeceiras asociadas e prepara un festival de música e poesía para o 27 de abril, así como varios eventos para o 17 de maio. Podería camiñar cara á constitución dunha asociación de medios en lingua galega. | A iniciativa Vitaminas para o Galego chega ás 25 cabeceiras asociadas e prepara un festival de música e poesía para o 27 de abril, que terá lugar na Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela (coa presenza xa confirmada de Terbutalina), así como varios eventos para o 17 de maio. No horizonte tamén está a posibilidade de constituír unha asociación de medios en lingua galega que sirva para incrementar a capacidade de influencia destes medios diante das administracións, facilite a posta en práctica de sinerxías, tanto a nivel comercial como creativo, e contribúa á promoción do labor xornalístico de todos eles. A iniciativa, impulsada dende un inicio por Galicia Confidencial, Tempos Novos, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta, conta xa con 25 medios asociados, pois as devanditas cabeceiras se lles uniron con posterioridade Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras, Crónica3 da Mariña Lucense, Radio Nordés (Cadena Ser Costa da Morte), Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf SurfGZ, Cadernos de Comunicación e Análise; O periódico de Lalín e Comarca; Hermes e Atenea, xornal en galego de deporte e cultura; Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia; o xornal De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello; Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira, o programa radiofónico Plástico Elástico e os mensuais Gaceta de Fene e Cerne, xornal da terra de Melide. O obxectivo da campaña, en palabras dun dos seus principais impulsores, Henrique Sanfiz, director de Radiofusión, a rede de emisoras municipais de Galicia, é dobre: "sensibilizar sobre a necesidade de que haxa medios de comunicación en galego para garantir a transmisión interxeracional", ademais da "procura de recursos económicos para axudar á supervivencia dos medios". Polo de agora a iniciativa, que botou a andar pouco antes do nadal, vai cumprindo obxectivos, recadando case sete mil euros a través de douscentos micromecenas na web de crowdfunding Verkami. Pero ademais, como salienta Sanfiz, a campaña tivo xa outros beneficios: "Só o feito de divulgar a existencia destes 25 medios é xa un ben en si mesmo. Destes 25 medios, a inmensa maioría teñen carácter local ou comarcal, cunha notable incidencia no seu ámbito, pero son moi descoñecidos no resto de Galicia" Web de Vitaminas para o Galego |
NOS_21154 | Un percorrido pola serra da Groba, pasando pola Ruta Máxica de Oia: petróglifos, castros, pozas, fervenzas, o sobreiral do Faro... | Percorrido histórico-arqueolóxico e paisaxístico pola serra da Groba, camiñando pola Ruta Máxica de Oia, entre Mougás e Oia (O Arrabal) para gozar de numerosos puntos panorámicos e diferentes perspectivas dos montes e dos vales de Mougás e Viladesuso, achegarnos a dous castros, nove grupos de rochas gravadas, ás coñecidas Pozas de Mougás, ver varias fervenzas polas que caen os ríos Broi e de Mougás e case todos os seus afluentes, e o sobreiral do Faro, o primeiro espazo natural particular protexido da Galiza. Paraxe: Serra da Groba / Concello: Oia / Dificultade: Baixa / Percorrido: 20 quilómetros(lineal) Un percorrido sen moitas dificultades, ben sinalizado en calquera das direccións, aínda que se bota de menos algún indicador (falla accidental ou intencionada?). En total, arredor de vinte quilómetros, incluídos os desvíos necesarios para poder pasar por todos os lugares de interese, aos que hai que botarlle horas para facelos devagar e deténdose en cada sitio. Facendo o percorrido de norte a sur, o primeiro tramo é en subida até o castro da Cabeciña e os petróglifos que hai ao seu pé, logo a pista mantén a altura e desde ela temos fermosas vistas do val de Mougás. Despois atopamos o desvío ao petróglifo de Pedra Lan: hai que baixar a costa e volver subila (800 metros en total) e continuar até as pozas de Mougás. Outro curto desvío para velas, e un pouco máis para achegarse aos petróglifos do Pousiño, e volta á pista principal. Uns 600 m máis adiante atopamos a fervenza máis alta da contorna e comezamos a subida até o Outeiro da Cheira. Entramos na estrada asfaltada e seguimos subindo -á altura do picadeiro está o petróglifo das Goteiras- até o castro do Cano dos Mouros, onde cambiamos de val. Aquí deixamos o asfalto e comezamos a camiñar polo val de Viladesuso e a baixar cara ao sobreiral. Cando chegamos ao río Broi temos percorrido a metade do camiño. Desde esta situación temos o tramo máis longo sen puntos de interese até chegar ao miradoiro e aos petróglifos da Pousadela, xusto de fronte das illas Orelludas, e deixamos a pista principal para continuar por outra máis estreita e menos transitada até chegar aos Outeiros do Morouzo, curto desvío, uns 200 m, para achegarse ao miradoiro e aos petróglifos. Seguimos baixando até o Viveiro, ao pé da captación de auga, onde temos que facer outros desvíos para ver os petróglifos da Xestosiña e, de volta, o da Auga dos Cebros ao pé do río do Vilar, e volver ao Viveiro. Logo subimos á pista principal e un pouco máis adiante chegamos ao último desvío, que en 100 metros nos pon no miradoiro e nos petróglifos da Pedreira. De volta na pista, xa só nos quedan uns 400 m para chegar á estrada onde rematamos o traxecto. |
NOS_40583 | Narón acolle hoxe a gran final da Copa de fútbol sala | A tensa espera chega á súa fin. Narón xa vela armas para ser testemuña da gran festa do fútbol sala feminino con motivo da disputa da gran final da XIV Copa Galiza de fútbol sala, que disputarán hoxe ás 17 horas no Pavillón da Gándara Pescados Rubén Burela e Ourense Envialia. Coas cámaras da TVG2 retransmitindo un evento que contemplarán as 200 espectadoras autorizadas para presenciar o partido e que enfronta dous dos representantes galegos na elite do fútbol sala feminino estatal, ambos os equipos reeditarán, ademais, a eliminatoria de cuartos de final da Copa da Raíña que recentemente se desenvolveu en Madrid e que concluíu co triunfo das Guerreiras Laranxas. A escuadra da Mariña, convertida nunha máquina de conquistar títulos, busca seguir colapsando a súa avultada sala de trofeos coa que sería a súa sexta Copa da Galiza, torneo do que é a vixente campioa. O Ourense Envialia FSF, pola súa banda, non ten problema en dar o papel de favorito ao bloque preparado por Julio Delgado. Sen presión e coa ambición por bandeira, as de Gonzalo Iglesias 'Morenín' plantaranse en Narón con ganas de dar batalla na procura da que sería a súa quinta Copa Galiza. O camiño cara a final Os dous equipos chegan á final do Pavillón da Gándara despois de completar un gran percorrido. O vixente campión eliminou nas semifinais o Viaxes Amarelle da Coruña, mentres que o Ourense Envialia superou Poio Pescamar. Cómpre salientar, ademais, que a de Narón será unha reedición da última final da Copa Galiza que se disputou no Palacio dos Deportes de Riazor. Entón, as Guerreiras Laranxas leváronse o título tras gañar por 3-0 ás da cidade das Burgas. |
PRAZA_11205 | A clientela xa está a recibir facturas incrementadas en algo máis dun euro ao mes polos "suplementos territoriais" cos que o Goberno de Rajoy decidiu compensalas polos impostos autonómicos que tiveron que pagar en 2013 | A clientela galega xa está a recibir facturas incrementadas en algo máis dun euro ao mes polos "suplementos territoriais" cos que o Goberno de Rajoy decidiu compensalas polos impostos da Xunta que tiveron que pagar en 2013As compañías eléctricas están a remitir xa á súa clientela en Galicia facturas correspondentes a este mes de outubro nas que comezan a aplicar unha suba media de algo máis dun euro, cun novo concepto identificado como "suplemento territorial", coa que compensarse a si mesmas impostos ambientais autonómicos que tiveron que pagar en 2013. Segundo as estimacións do ministerio, a compensación en Galicia, para un consumidor medio cunha factura anual duns 600 euros será de arredor de 16 euros nun ano, algo máis dun euro ao mes.Son as consecuencias derivadas dunha sentenza do Tribunal Supremo de 2017, cuxa execución práctica foise adiando ata agora, que determinaba que as compañías poderían aplicar un "suplemento territorial" á factura da luz para repercutir nela o custo dos tributos específicos mediambientais que se fixaran nas diferentes comunidades autónomas, entre elas Galicia. Dábase vía libre para que as eléctricas recuperasen estes gravames mentres estivo en vigor o decreto-lei de estabilidade orzamentaria aprobado por Rajoy en 2012. Aquel decreto fixaba como obrigatoria a posibilidade de recuperación deses impostos por parte das compañías aberta pola Lei do sector eléctrico, que permitía incorporar suplementos territoriais aos consumidores de autonomías con recargos sobre os tributos estatais. Era un risco do que advertía a oposición e que o Goberno galego negaba ou non quería crer.En vigor durante todo aquel ano 2013, aquela posibilidade convertida en obriga non se chegou a aplicar e a finais de ano outra lei para o sector botou por terra todo o anterior, pero as compañías eléctricas acudiron ao Tribunal Supremo, que lles recoñeceu o dereito a cobrar o que deixaran de ingresar durante 2013.A Xunta demorouse ao facilitar os datos dos seus impostos e quedou fóra das primeiras tandas de cobro desa compensación, pero agora finalmente chegan tamén aquí as subas. Con elas as empresas eléctricas recuperarán o que en 2013 pagaron ao Goberno galego polo canon eólico, o canon de saneamento, o imposto sobre contaminación atmosférica (ecotaxa) e o imposto sobre dano medio ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga en encoros. En total, uns 40 millóns de euros.As empresas son compensadas, no caso galego, por tributos como o canon eólico ou o imposto sobre o dano medioambiental dos encorosSegundo informou no seu momento o ministerio, unha vez aplicados todos os criterios que marca a normativa, a compensación traducirase en Galicia, a comunidade na que máis se notará, para unha "factura media anual dun consumidor doméstico" que estea contorna dos 600 euros, nun incremento duns 15,75 euros, uns 1,32 euros ao mes. Agora as eléctricas están a acompañar as súas facturas cunha carta na que explican á clientela que "no ano 2013 a normativa contemplaba que no caso de que [as súas] actividades eléctricas fosen gravadas con tributos de carácter autonómico, á peaxe de acceso se lle incluiría un suplemento territorial para os consumidores desa Comunidade Autónoma, se ben dito suplemento non se chegou a aprobar polo Goberno". As eléctricas sinalan que tras ver recoñecido polo Supremo o dereito a cobrar ese suplemento, o Goberno central concretou as contías e agora cada comercializadora "vai proceder a regularizar as cantidades" aplicando ese suplemento "en próximas facturas, sobre os consumos que realizou no ano 2013". |
NOS_18528 | Se desexares participar deberás enviar un correo a [email protected] indicando nome e apelidos, documento de identidade e correo electrónico | Durante o mes de agosto Sermos Galiza publica un xogo de pistas sobre a figura de Castelao e a súa produción artística. Se desexares participar neste xogo de pistas sobre Castelao deberás enviar un correo a [email protected] indicando nome e apelidos, documento de identidade e correo electrónico. Sermos Galiza utilizará só o correo electrónico como medio de comunicación coas persoas participantes. O derradeiro día para se inscribir é o día 15 de agosto e para enviar a resposta a todas as pistas é o 31 de agosto. As pistas faranse públicas os días 1, 8, 15 22 e 29 de agosto no semanario Sermos Galiza. Haberá tres premios. A atribución será da seguinte forma: 1.- Un premio de unha subscrición por un período dun ano (52 números) para a persoa que indique correctamente todas as pistas 2.- Un segundo premio de unha subscrición por un período de seis meses (26 números) para quen acerte todas menos unha 3.- Un terceiro premio de unha subscrición por un período de tres meses (13 números) para quen acerte todas salvo dúas Se houber máis de unha persoa que acerte, o gañador ou gañadora decidirase por sorteo entre os acertantes de cada categoría Calquer outra cousa non explicitada anteriormente será interpretada e aclarada por Sermos Galiza, non cabendo contra ela ningunha reclamación. A participación no certame supón aceptar as bases. Galiza, 31 de xullo de 2013 |
PRAZA_7154 | O negro é pobre, marginal, e com tendência a incorrer em práticas delituosas. Nom trabalha, deambula polas ruas sem rumbo aparente. Vive das ajudas sociais e de cartos obtidos ilegalmente. É molesto. Porque os Estados Unidos som umha naçom branca, cristá e anglo-saxona. O negro, o latino, o chinês, som convidados. | Demasiadas vezes repete-se a história. Um negro saia do supermercado e caiu abatido polos disparos da polícia. Acontece com freqüência. Demasiadas vezes um pacote de chicles, um bolo ou a caixa de um dia custarom umha vida segada polas balas da polícia racista. Demasiadas vezes o negro que sai do supermercado acaba morrendo numha história atemporal, que se desenvolve há quarenta, trinta, vinte, dez anos, ou hoje mesmo Demasiadas vezes o negro que sai do supermercado acaba morrendo numha história atemporal, que se desenvolve há quarenta, trinta, vinte, dez anos, ou hoje mesmo. Umha história constante a travês das décadas. O negro é pobre, marginal, e com tendência a incorrer em práticas delituosas. Nom trabalha, deambula polas ruas sem rumbo aparente. Vive das ajudas sociais e de cartos obtidos ilegalmente. É molesto. Porque os Estados Unidos som umha naçom branca, cristá e anglo-saxona. O negro, o latino, o chinês, som convidados. Convidados que se comportam mal, que som conflitivos, que nom dam encaixado. E a polícia, nom gosta dos negros. Nom gosta desse negro varom de entre quinze e cinqüenta anos. É lacaçám e brigom. Violento muitas vezes. O polícia branco odia-o por genética, porque cresceu na hostilidade contra os negros. O polícia negro, vê no negro umha ameaça. O negro para o polícia negro, representa aquilo que deixou atrás um dia e ao que nom quer voltar. O polícia negro é um negro integrado e odia a gente negra, da que acha que se sente cómoda na sua marginalidade, instalada no vitimismo. Esta constante histórica apenas se rompe quando os negros que som candidatos a ser acrivilhados a balaços à porta do supermercado umha tarde qualquer, se negam a continuar interpretando essa cena e saim à rua zangados com as suas famílias os seus amigos e vizinhos O polícia negro e o polícia branco, disparam sem perguntar ao negro que sai do supermercado. Nom importa demasiado se há motivos para disparar ou nom. Disparam-lhe ou espancam-no até a morte. Esta constante histórica apenas se rompe quando os negros que som candidatos a ser acrivilhados a balaços à porta do supermercado umha tarde qualquer, se negam a continuar interpretando essa cena e saim à rua zangados com as suas famílias os seus amigos e vizinhos. Só entom, o negro marginalizado, às vezes sem sabê-lo, deixa de ser vítima para se converter na esperança da revoluçom dentro do coraçom do império. |
NOS_42634 | Falamos con Luis Quintas, o xornalista da TVG que pediu amparo ao comité de empresa ao retirarse dunha noticia que el elaborou aquelas partes críticas coa Xunta. Quintas vai cumprir 30 anos como profesional na compañía pública e defende que "os xornalistas temos que ser aliados da sociedade, máis aínda se traballamos nun medio público". | "Calquera que vexa os informativos da Televisión de Galiza pode ver que estes non van asinados por ninguén. Non figura nin editor, nin director... Iso é unha anomalía, até o informativo da canle máis pequena pon esas cousas. Nos da TVG, non. Que cada quen tire as súas conclusións mais iso quere dicir moito. Pode ter moitas intepretacións mais ningunha delas é boa". Falamos con Luis Quintas ao remate da súa xornada laboral na TVG, unha casa na que está a piques de facer 30 anos como profesional. El é o redactor que solicitou o amparo do comité de empresa após que nun informativo da tarde da Televisión de Galicia, denuncia, emitiran unha noticia "premeditadamente recortada" – en palabras do Comité- para eliminar partes que si apareceran na edición do mediodía e que eran críticas co goberno galego - Pediches amparo ante o que denuncias que é unha 'mutilación' dunha noticia feita por ti e que se emitiu nun dos informativos sen as partes críticas coa Xunta. Mutilaron a noticia que estaba completa e difundírona coa miña voz e así, mutilada, na edición da tarde dos informativos, sacando unha parte da peza. Non sacaron calquera, claro, sacaron aquela que era crítica co goberno. Nela, un técnico explicaba por que non tiñan esperanzas de que unha investigación que acababa de facer a USC sobre a ostra prosperara en Galiza. Falaba de que se crearan varias empresas para ter cría de ostra nacida en Galiza e que, porén, desde a Xunta preferían mercar esa cría fóra. - É a túa primeira vez? - Non, xa me pasou hai uns anos, cunha información sobre o paro. Os datos da evolución do desemprego en Galiza eran malos comparados co resto do estado e quitáronos. Pensei que ese tipo de prácticas ficaran eliminadas mais xa se ve que non. Ten que haber un mínimo respecto profesional (...) que non empreguen a miña voz para contar o que a eles lle convén e deixar sen contar o que non lles interesa. - Este tipo de casos son feitos illados ou ben deberiamos preocuparnos seriamente porque son moito máis habituais do que se podería pensar? - Calquera espectador minimamente crítico que vexa a TVG poderá sacar as súas propias conclusións, é doado ver que as perspectivas críticas co goberno non abundan, por dicilo dalgunha maneira. E non é porque non as haxa ou non se produzan. Mesmo hai entrevistados ou persoas ás que acodes para completar unha información que xa che din "total, o que vos diga non o ideas emitir". Desgraciadamente non é a primeira nin a segunda vez que acontece. Ten que haber un mínimo respecto profesional. Se fas unha peza e non lle gustan como a fixen, pois aí está o material bruto e que a elaboren como lles pete, mais que non empreguen a miña voz para contar o que a eles lle convén e deixar sen contar o que non lles interesa. - No comunicado emitido polo Comité falaban de que este tipo de situacións danse con moita frecuencia. Por que, entón, non hai máis denuncias ou máis reaccións? - Porque na TVG tamén hai emprego que non é estábel, porque cada quen ten o seu concepto do que é a dignidade profesional e o respecto polo seu traballo. Eu creo que hai que denunciar tamén para que te respecten profesionalmente, se tragas con todo acabas sendo un 'pepele' e non sendo o que temos que ser, servidores da cidadanía, que ao fin e ao cabo é quen nos paga. Somos unha empresa pública ao servizo de todos e non ao servizo do goberno de turno. - Cando se produce unha situación así, como se recibe e afronta? - Son cousas que xeran desacougo. Ti traballas coa esperanza de que cambien as cousas e ser algún día un medio de referencia informativa para a cidadanía, e ves que iso fica lonxe. Cando se denuncian este tipo de situacións fórmase un balbordo e semella que é a primeira vez que acontecen e non é así. Na TVG houbo unha etapa na que creo que se traballaba con máis liberdade e respectando os profesionais da casa. Ultimamente creo que hai demasiada 'chafallada' - Este 2017 fas 30 anos na TVG. A censura, o control ou manipulación son algo que houbo sempre na canle ou é algo característico destes últimos anos? - Houbo unha etapa na que creo que se traballaba con máis liberdade e respectando os profesionais da casa. Ultimamente creo que hai demasiada 'chafallada'. E estes anos pode que sexan os peores da TVG neste sentido. É moi triste. A utilización partidista dos medios... O director xeral é elixido polo partido que goberna e non por unha maioría cualificada do Parlamento, como pedimos a través dunha ILP anos atrás, unha iniciativa lexislativa popular que a maioría do PP tombou. - Desde os profesionais demándase a posta en andamento dun Consello de Informativos. Serviría isto para cambiar a situación? - Pois non sei. Si que sería un órgano que polo menos canalizaría as protestas que se desen, as denuncias terían máis contundencia. Mais teño certas dúbidas, tal e como funcionan as cousas alí. Non serían a solución total a estes problemas. - Consideras que un espectador que vexa a TVG, nomeadamente os informativos, terá unha imaxe veraz de cal é a realidade de Galiza? Creo que a resposta é obvia. Cóntannos unha parte, a bonita, e ás veces exaxeradamente bonita e ocúltase esa outra parte da realidade, que non vai ben contar porque non satisfai a egolatría dos gobernantes. Desde o momento en que ocultas cousas, como medio estás a facer unha fraude á sociedade á que pertences - A través de que mecanismos se exercen no seo da TVG esas situacións de control, censura ou manipulación? Iso habería que preguntarllo aos que están na cociña dos informativos (ri). Os que traballamos na redacción traballamos practicamente por encarga. Dinche: vas facer isto, vas facer aquilo e ti falo o mellor que podes. Os criterios que teñen para facer as escaletas ou seleccionar as noticias, enfocalas dun xeito ou doutro, dar unhas de pasada e afondar noutras, todo iso son estratexias. Estratexias que non son xornalísticas. Os xornalistas temos que ser aliados da sociedade, máis aínda se traballamos nun medio público. Debémonos á pluralidade da sociedade galega e non só á parroquia dos que gobernan. Desde o momento en que ocultas cousas, como medio estás a facer unha fraude á sociedade á que pertences. |
NOS_36073 | O conselleiro de Economía e Industria cualifica de "responsábel" a administración galega neste tema. | "O proxecto, tal e como está, non é viábel". O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, recoñeceu no Parlamento de Galiza con esta frase que a estas alturas a proposta de Cobre San Rafael para reactivar a mina de Touro e O Pino non conta co visto bo da Xunta. "A decisión non está tomada", engadiu o conselleiro, que pediu agardar á fin da tramitación para coñecer o pronunciamento da administración galega ao respecto. Conde realizou estas declaracións en sede parlamentar no mesmo día en que se entregaban por rexistro máis de 26.000 sinaturas recollidas a pé de rúa por toda Galiza contra o proxecto mineiro. A plataforma veciñal que se opón á reapertura da mina anunciou que activa agora unha recollida de firmas a través da rede. Para alén do importante movemento social de rexeitamento e oposición a esta mina, hai 35 institucións – concellos e deputacións- que xa se posicionaron contra o proxecto. |
NOS_11431 | O prezo do metro cadrado, pola contra, sobe máis na Galiza que no conxunto do Estado español. | A Galiza rexistrou a compravenda de 25.220 vivendas en 2021, o que supón un incremento de 29,8% a respecto de 2020, segundo o Consello Xeral do Notariado. Este aumento está por baixo da media de 38,1% que se computa no Estado español. O da Galiza supón o sexto menor avance entre territorios. No conxunto do Estado alcanzáronse as 676.775 unidades e o prezo medio do metro cadrado situouse nos 1.507 euros por metro cadrado (euros/m2), 5,3% máis, mentres que a concesión de préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda incrementouse en 35,7%. Estas variacións positivas responden, en parte, á comparación fronte a 2020, un exercicio anómalo polo impacto da crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19, segundo o Consello Xeral do Notariado. Por tipo de vivenda, as compravendas de pisos aumentaron 38,2% interanual, alcanzando as 507.209 unidades, mentres que as unifamiliares incrementáronse 37,8% interanual, até chegar ás 169.566 unidades. Os prezos dos pisos tiveron un ascenso de 3,6% a respecto de 2020, até alcanzar os 1.701 euros/m2, mentres que o prezo das vivendas tipo unifamiliar promedió os 1.195 euros/m2, rexistrando un aumento de 10,2%. A Galiza, dos territorios que menos medran A compravenda de vivenda en 2021 creceu en todos os territorios con taxas de dous díxitos. En concreto, as rexións onde se rexistrou unha evolución por encima da media estatan foron Balears (+51,3%), Canarias (+43,7%), Andalucía (+43,1%), País Valencià (+41,7%), Cantabria (+40,1%) e Catalunya (+39%). Mentres, por baixo da media situáronse Castela-A Mancha (+37,1%), Madrid (+36,4%), Castela e León (+35,8%) e A Rioxa (+33,8%). O resto de territorios rexistraron incrementos de entre 20% e 30%. Pola súa parte, o prezo do metro cadrado subiu 5,3% anual a nivel estatal. En trece territorios rexistrouse un encarecemento no prezo da vivenda e nas catro restantes diminuíu. O maior incremento consignouse en Balears (+14,2%), seguido por Andalucía (+8,1%), Canarias (+7,9%), Nafarroa (+7,4%), Madrid (+7,1%), País Valencià (+5,6%) e Galiza (+5,6%). Mostrando tamén aumentos, mais por baixo da media do Estado, situáronse Castela-A Mancha (+4,6%), Murcia (+4,5%), Cantabria (+3,9%), Catalunya (+3%), Euskadi (+0,6%) e Estremadura (+0,4%). Porén, rexistraron retrocesos en 2021 os prezos na Rioxa (-5,9%), Asturies (-1,9%), Castela e León (-0,7%) e Aragón (-0,4%). Noutra orde, os préstamos hipotecarios para adquisición de vivenda creceron 35,7% anual a nivel estatal, até as 344.432 operacións, e unha contía media que ascendeu 2,9% anual, até os 147.654 euros. Ademais, subscribíronse 100.122 operacións con outras fins, de forma que a cifra total de novos préstamos hipotecarios alcanzou en 2021 os 444.555, 32,1% máis que o ano previo. As hipotecas concedidas aumentaron en todos os territorios, tamén con taxas de dous díxitos. Por riba da media situáronse Murcia (+41,3), Catalunya (+40,9%), Cantabria (+40,1%), País Valencià (+39,2%), Andalucía (+38,4%), Madrid (+36,6%) e Canarias (+36,2%). O resto de rexistraron aumentos por baixo da media pero superiores a 20% anual. Mentres, a contía media dos novos préstamos para adquisición de vivenda oscilou entre os 233.026 euros en Balears e os 91.227 euros en Estremadura. Segundo os notarios, a evolución anual foi dispar, ao crecer en 13 autonomías e decrecer nas catro restantes. Destacou o incremento en Balears (+11,7%), seguido pola Rioxa (+6,5%) e Cantabria e Andalucía (+5,3% cada unha). Os retrocesos na contía media rexistráronse en Canarias (-3,9%), Aragón (-3%), Galiza (-1,5%) e Estremadura (-0,7%). |
NOS_24491 | A Asociación Docentes de Português na Galiza denuncia o desleixo do Goberno co ensino do portugués, reservando só catro prazas nas oposicións de 2022 para impartir esta materia. | A Asociación Docentes de Português na Galiza, apoiada pola Associaçom Galega da Língua, a Academia Galega da Língua Portuguesa e A Mesa pola Normalización Lingüística, denunciou a cuarta feira que a convocatoria de oposicións de 2022 apenas inclúe catro prazas para a especialidade de portugués na Educación Secundaria Obrigatoria. A entidade traslada a súa contrariedade por unha política de "mínimo desenvolvemento" no que atinxe á oferta de clases de portugués, e salienta que xa remitiron un escrito conxunto á Consellaría de Educación. En setembro, só 12 docentes foron contratados para impartir esta materia nos máis de 75 centros de ensino onde está presente, polo que critican "que a maioría do ensino da lingua portuguesa continúa a ser realizado e mantido a través do voluntarismo dos docentes". Nese sentido, subliñan que este compromiso é anterior á aprobación da Lei Valentín Paz-Andrade, polo que agradecen "o esforzo a prol da materia". As e os docentes reclaman un aumento significativo da oferta de portugués na ESO "como unha urxencia para non desaproveitar os consensos" xerados pola aprobación da Lei. Lembrando que o Estado entrou na Comunidade dos Países de Língua Portuguesa grazas ás xestións do Goberno, apuntan que é preciso que continúe a liderar os espazos de integración na lusofonía. Oito anos sen desenvolver a Lei Asemade, advirten que se o Executivo "non ocupa un lugar destacado na promoción do ensino de portugués", serán outras entidades as que ocupen ese lugar, cando xa son oito os anos "sen desenvolver a Lei coa convicción que se agardaría". |
NOS_18642 | Non é doado determinar como os acontecementos históricos inflúen na cultura. Mais facelo, fano. Foi o caso do Prestige e o movemento popular posterior. "Socializou-se a vontade de nos expresar politicamente como umha forma de criaçom cultural", afirma o escritor Séchu Sende (Padrón, 1972), activista hai 15 anos e activista hoxe. Daquela efervescencia queda un espectro, unha sombra, a experiencia tatuada e as incertezas de se podería repetirse un intre así. | "A influência do Prestige sobre a cultura foi percetível basicamente en dous ámbitos", considera o profesor e ensaísta Isaac Lourido (Ferrol, 1981) vía correo electrónico, "a projeçom social de intelectuais e artistas por um lado, e a diversificaçom ou reconfiguraçom de prácticas artísticas polo outro". Alén de poemas de combate, narracións ambientadas nos días da catástrofe ou concertos solidarios, que os houbo e abondosos, a cultura -como agoiraban as vangardas históricas- fundiuse coa vida. Así o lembra Xabier Camba (Vilagarcía de Arousa, 1955), batería dos Resentidos e de Na Lúa, e cabeza visíbel de Burla Negra na Arousa. "Tratábase de non parar, que non cesase, que a cultura fose unha caixa de resonancia e que a resposta ao que sucedía non fose unicamente ir a unha manifestación", di, "era unha especie de mobilización permanente". E co cuartel xeral na súa propia casa, onde axudaron a organizar acontecementos tan singulares como o Concerto Expansivo. Aquela xornada, o 1 de febreiro de 2003, ducias de grupos e bandas en ducias de locais e bares en ducias de localidades de todo o país actuaron a prol da plataforma Nunca Máis. "A dispoñibilidade da xente foi total", asegura Camba. O que cadra co recordo de Séchu Sende sobre aquel período axitado: "Estou orgulhoso de ter feito cultura junto a milheiros de persoas com um obxectivo: democratizar a sociedade". Lourido, sempre atento ás praxes culturais heterodoxas, fala de accións "en geral desantendidas dos critérios de qualidade estética e das convençons da instituiçom artística": intervencións no espazo público "nom só urbamos", alteración de códigos artísticos ou "umha representaçom em tempo presente, processual, com resultados efímeros, inclassificáveis". Cando a Burla Negra -organización lábil de xentes da cultura contrarias á xestión dos gobernos do PP co Prestige- decidiron envolver a estatua Luz Salgada -situada nunha rotonda de entrada á vila- en bandeiras de Nunca Máis non pensaban en imitar ao artista búlgaro Christo. Ou si. "Aquilo provocou un tremendo impacto, tamén visual", relata Camba, "burlabamos as autoridades". O músico traballaba, e traballa, no ámbito cultural do Concello de Vilagarcía. Dous axentes da Policía Local achegáronse aos activistas que empapelaban a escultura. "Díxenlles que era unha instalación artística e marcharon, un pouco coa mosca detrás da orella", conta divertido. Nun sentido (artístico) análogo, Sende menciona a Cadea Humana de 50 quilómetros no litoral da Costa da Morte. Murais, cartaces, faixas, consignas, manifestacións dentro das manifestacións, disfraces ou cancións entran, para Isaac Lourido, dentro do repertorio que axudou a construír un relato de oposición política e social á Xunta de Fraga Iribarne e ao Goberno de Aznar. Ao tempo, engade, non se desactivou a máis convencional figura do intelectual. En diversas variantes: a clásica comprometida, o grupo de traballo en rede, ou aquela que se dilúe "numha dinâmica de participaçom cultural em que importa menos o 'quem' e muito mais o 'que". A cultura en pé contra a Burla Negra, como adoitaban proclamar, tamén contribuíu a catalizar a mudanza política a nivel institucional. Para Séchu Sende, é fundamental non esquecelo: "Foi esse movimento social quem botou a Fraga. Marchou morrer a Madrid derrotado polo povo galego mais activo". Quince anos despois, o rastro daquela fervura político cultural non resulta doado de apreixar. "É difícil perceber nestes processos causas e consequências nítidas, influências e restos que ficam para o futuro", entende Lourido, quen pide remitirse ao "ciclo de protesto completo" que enlaza as revoltas contra a Lei Orgánica de Universidades, pasa polo Nunca Máis e o Non á guerra de Iraq e remata nas redes de activistas culturais encadradas no Hai que botalos contra o derradeiro Executivo de Fraga Iribarne. E advirte de que non existe continuidade entre os "repertórios culturais, artísticos ou estéticos, usados para a movimentaçom sócial". Xabier Camba non é optimista. Ten sensación de "certa caducidade". "O artisteo agora non querería involucrarse desa maneira", considera, "e o cambio de estatus dalgún axuda a saber por que". Iso si, a bandeira de Nunca Máis -"fascismo nunca máis", exclama a propósito de certa actualidade- segue a ser a súa. "A bandeira con fondo negro gústame máis que con fondo branco, é a hostia de sincera, para este país de loito", conclúe cunha miga de sorna. E, porén, moitos dos métodos empregados polo mundo cultural para protestar contra a catástrofe do petroleiro, e a posterior actuación das administracións, permanece vixente. "En primeiro lugar", di Lourido, "como fito que pode ser somado a un determinado relato histórico emancipador, com chaves nacionais e de classe, articulado á volta da ideia de dignidade popular". Algunhas obras literarias, non moitas, colocan tixolos nesa dirección: Veu visitarme o mar (2004), de Rosa Aneiros, O corvo de chapapote (2003), de Luís Rei Núñez, ou Orixe (2004) do propio Séchu Sende. "Fica a experiência dos logros, os erros e as oportunidades", resume Sende. Para quen a loita continúa e hai un fío subterráneo -a imaxe da vella toupeira- que une Nunca Máis con "projectos persoais, locais ou nacionais para a mudança do país". Con aquela nación cultural que emerxeu cando o Estado se esboroou. |
NOS_9818 | Desenvolveron unha concentración en Talleres Fontán en Vigo para esixir a reapertura das negociacións. | CIG, CCOO e UGT desenvolveron esta segunda feira a primeira das protestas do calendario de mobilizacións convocado en resposta á decisión da patronal do metal pontevedrés de suspender as negociacións para renovar o convenio colectivo provincial. Delegados e delegadas das 3 centrais sindicais levaron a cabo unha concentración en Talleres Fontán en Vigo, mentres que o día 11 trasladaranse a Valga para facer o mesmo diante de Urovesa. E o 24 de marzo teñen previsto celebrar unha asemblea de traballadores/as do sector fronte ao Náutico de Vigo. Os concentrados criticaron a actitude dunha patronal á que responsabilizan de rachar as conversas tras 14 xuntanzas, "levantándose da mesa e mantendo as súas imposicións e actuando con pasividade e inmobilismo dende o inicio das reunións". Tamén se interrompeu o tráfico durante uns minutos. As centrais inciden na necesidade que teñen os traballadores do sector "dunha modernización do convenio, con redución de xornada, subrogación, licenzas, limitación dos centros especiais de emprego, acoso laboral, contratación indefinida, categorías, plans de igualdade, dietas, plus de gardas e unha suba salarial acorde o esforzo que os cadros de persoal fixeron durante todo este tempo de pandemia". |
NOS_22432 | O Bloque Nacionalista Galego (BNG) iniciou este sábado a primeira mesa de traballo xunto a profesionais e expertos do sector I+D+i para "enriquecer, ampliar e mellorar" o programa do partido de cara ás eleccións galegas | A iniciativa 'Pensar Galiza' do BNG comezou a andar este sábado cunha xornada de traballo na que a formación nacionalista reuniu a diversas voces do mundo da universidade e a investigación para "facer partícipe" a este sector do proxecto que o partido quere presentar á cidadanía. Desta maneira, a viceportavoz do Bloque no Parlamento, Olalla Rodil, e o ex reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, trasladárono este sábado ao medios de comunicación. Rodil considera que "defender e apostar" pola "innovación, ciencia e investigación" debe ser "un eixo central" á hora de crear "unha proposta alternativa" de Goberno. Para ela e o seu partido, trátase "dun sector fundamental" para o desenvolvemento social, económico e cultural" da Galiza. Así, o I+D+i postúlase como un dos alicerces fundamentais "sobre os que pivotará o programa para pór en marcha o país" que os nacionalistas queren construír. Após esta reunión, o vindeiro sábado 15 de febreiro celebrarase unha sobre feminismo, con activistas, asociacións e outras personalidades competentes neste ámbito. Ademais, as mesas de traballo intercambiarán "opinións e coñecemento" durante tres meses para achegar ese plus ao programa do BNG. A estas dúas primeiras mesas, sumaranse outras sobre medio rural, políticas lingüísticas, políticas sociais ou cultura. Perspectivas diversas do mundo da ciencia Este primeiro encontro está coordinado por Salustiano Mato, quen asegura que esta "nova experiencia contrasta a maneira de ver, pensar e sentir de distintas persoas do mundo da ciencia". A través das diferentes perspectivas pretenden clarificar "como debe tecerse o ecosistema de innovación" na Galiza para "lograr unha alternativa con futuro", desde "os máis veteranos até os mozos que empezan o camiño da investigación" e sofren as "incertezas e dúbidas" de "un mundo precarizado". Ao mesmo tempo, marcouse o obxectivo de "construír un ecosistema galego" que poida dar pé a "unha Galiza do 2030" que "cumpra todas as metas do desenvolvemento sustentábel". |
NOS_17582 | Segundo un inquérito publicado por El Periódico e realizado antes de o Goberno do Estado activar o artigo 155. | As forzas abertamente partidarias da independencia de Catalunya voltarían a ter a maioría absoluta do Parlament de se realizar agora unhas novas eleccións ao Parlament. Isto é o que se tira da publicación dun inquérito por parte de El Periódico de Catalunya, o segundo rotativo en tiraxe do Principat, claramente aliñado coas teses unionistas. Segundo a sondaxe, a forza política máis votada neses comicios sería a ERC de Oriol Junqueras, que obtería entre 43 e 44 escanos. Por súa parte, o Partit Demòcrata Europeu Català do president Puigdemont sería a cuarta forza política con entre 18 e 19 asentos na cámara. Completaría o elenco indepedentista unha CUP que na práctica mantería os seus resultados dos comicios de 2015 ao conseguir entre 9 e 10 parlamentares face os 10 actuais. A maioría absoluta da Cámara está en 68 escanos. Segundo este inquérito, o independentismo acadaría entre 70 e 73 asentos. Neste momento a suma de JxSí (a coligazón de ERC e PDeCAT que non se manterá nas próximas eleccións) e a CUP é igual a 72 escanos. Hai que lembrar que alcanzar esa cifra a partir de 3 ofertas eleitorais -e non de dúas, como nas eleccións de 2015- é máis difícil en función de como actúa a lei eleitoral. Canto ao unionismo, o inquérito rexista un significativo aumento das expectativas eleitorais do PSC, que pasaría dos 16 escanos de 2015 a entre 20 e 21, até o ponto de ameazar a condición de segunda forza dun Cs, que podería ceder até 4 asentos (pasaría de 25 a entre 20 e 21). Quen baixaría sería o Partido Popular (paradoxalmente o partido chamado a gobernar Catalunya durante a aplicación do 155), que cedería entre 1 e 2 actas a respeito de 2015 (os seus 11 escanos actuais poderían se tornar en 9 ou 10), en tanto que Catalunya sí que es Pot (a confluencia irmá de Podemos) ou repetiría resultado (11) ou aumentaría un parlamentar (12). O inquérito ten neste momento un valor predictivo relativo tendo en conta que se fixo antes da entrada en vigor do 155. Todo indica que, en todo caso, a posición eleitoral do independentismo é moi firme. A incógnita focaríase máis ben no PSC e en se o seu aliñamento oficial co Sánchez na suspensión da autonomía lle pode traer ou non custos eleitorais, dos que en teoría se podería acabar beneficiando unha Catalunya sí que es Pot que continúa a estar estancada nas sondaxes. |
NOS_18769 | A actual lexislación só categoriza como delitos de violencia de xénero aqueles que se producen no ámbito das parellas. | "A lexislación estatal ten que avanzar para que a violencia sexual contra as mulleres fora do ámbito da parella tamén sexa recollida como violencia machista", afirmou esta terza feira a parlamentar do BNG Olalla Rodil, quen ofereceu unha conferencia de imprensa no Parlamento galego. "Estamos diante dun feminicidio, un problema estrutural que atinxe milleiros de mulleres no noso país máis alá das relacións de parella", avaliou a deputada nacionalista. O problema radica na actual lexislación estatal -Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero-, unha norma que, a diferenza da lei galega de 2007, limita a consideración de crimes de violencia de xénero aqueles que se producen no seo de parellas estabelecidas como tais. Unha agresión brutal como a sofrida por Diana Quer -un ataque que, enfatizou Rodil- se produciu contra esta moza polo simples feito de ser muller- ficaría, portanto, fóra da tipificación dos delitos contra as mulleres estabelecida no ordenamento xurídico español. A parlamentar frontista -que expresou as condolencias á familia e persoas achegadas desta nova vítima da barbarie machista- voltou a reclamar un maior compromiso da Xunta de Galiza no combate contra esta forma de "terrorismo" e nese sentido reiterou a proposta -non asumida polo PP- de dedicar no mínimo 1 por cento do orzamento da Administración autonómica ás políticas públicas contra esta "sistemática violación dos direitos humanos". De ser aceitada a proposta do BNG, os fondos a disposición da Administración galega nesta materia multiplicaríanse por 20 até alcanzar a cifra de 90 millóns de euros. "Ningún acordo político, social ou institucional se pode facer efectivo sen os recursos suficientes para poñelo en práctica", salientou Rodil. Reflexión aos meios A parlamentar debruzouse tamén sobre o tratamento informativo dado durante estes meses por determinados meios de comunicación ás circunstancias que arrodearon o desaparecimento de Diana Quer. Nese sentido, pediu unha "reflexión profunda" após criticar que se "xulgase a súa conduta, até a súa forma de vestir". Rodil instou a imprensa a aplicar as recomendacións do Colexio de Xornalistas de Galiza de 2004, -Declaración de Compostela-, a xeito de guía para realizar unha cobertura informativa ponderada e respeitosa con todos os direitos das mulleres. Denunciou Rodil que a violencia machista é un "problema estrutural" dunha sociedade que "non é capaz de garantir que as mulleres podamos volver as nosas casas sen o temor a ser atacadas e agredidas cando volvemos de festa". |
PRAZA_10096 | A formación celebrou neste primeiro sábado de campaña unha romaría na que Xulio Ferreiro destacou que a cidade se xoga "seguir cara adiante" pois "os nosos rivais propoñen retroceder". | A Marea Atlántica celebrou neste primeiro sábado de campaña unha romaría no Paseo das Pontes da Coruña. No acto político, completado con outras actividades lúdicas, charlas e un xantar popular, a formación quixo celebrar "a alegría de vivir na Coruña" e criticou "as campañas electorais baseadas na tristeza e o afán de revancha"Ferreiro dixo que nestas eleccións A Coruña "xógase seguir cara adiante. Os nosos rivais propoñen retroceder"Na súa intervención o alcalde e candidato á reelección, Xulio Ferreiro, alertou contra "os que queren que A Coruña retroceda". Ferreiro dixo que nestas eleccións A Coruña "xógase seguir cara adiante ou non". "Nestas eleccións, os nosos rivais propoñen retroceder. Queren quitarnos tempo. Son ladróns de tempo, os homes grises dos que falaba Michael Ende en Momo", engadiu, sinalando que "uns queren que volvamos a 2010 e outros a 2014"."Naqueles anos, A Coruña e a súa comarca perderon 15.000 empregos. Moitas persoas nesa cidade perderon a súa vivenda. Naqueles anos, os que gobernaban facíano para eles, para os seus intereses. Non se acordaron de nós, da cidadanía, da xente do común, até que lles quitamos o poder hai catro anos", afirmou Ferreiro.O candidato da Marea Atlántica destacou que a formación "é a única que se presenta ás eleccións do 26 de maio cun modelo de cidade en construción, cun modelo de futuro". E puxo en valor algunhas das medidas postas en marcha durante este mandato, como a baixada no prezo do autobús urbano, xunto coa gratuidade para os e as menores de 13 anos."Cando un vota por medo e gaña, sente alivio. Pero cando un vota con confianza e gaña, o que sinte é a satisfacción de ser parte dun proxecto"Xulio Ferreiro fixo un chamamento a votar "con confianza" e non con "medo". "Cando un vota por medo e gaña, sente alivio. Eu sentín alivio o 28 de abril, e sei que moita xente nesta cidade o sentiu tamén", dixo. "Pero cando un vota con confianza e gaña, o que sinte é a satisfacción de ser parte dun proxecto, parte dos acertos e dos desacertos, dos cambios e das dificultades", engadiu, concluíndo que "estamos ante unhas eleccións clave para A Coruña""Somos valentes e temos dereito a votar en positivo. E ese é o voto verdadeiramente útil: o voto cara adiante", rematou, facendo fincapé en que "o partido é desigual e non temos padriños, pero a nosa forza é a xente". "A Coruña é unha cidade capaz de cousas extraordinarias", concluíu. |
NOS_43009 | O aumento de testemuños deste tipo de trastornos obrigou a EMA a revisar toda a investigación previa e a revisar se realmente as vacinas supoñen algún condicionante directo. | O Comité de Avaliación de Riscos de Farmacovixilancia, da Axencia Europea do Medicamento (EMA en inglés) informou na sexta feira de que vai volver revisar os casos de persoas menstruantes que sofren trastornos de irregularidades durante o período, após a inoculación da vacina contra a Covid-19 de Pfizer e Moderna. Desde o comezo da vacinación, numerosas persoas notificaron nos seus centros sanitarios casos de hemorraxias menstruais abundantes ou de amenorrea (ausencia de menstruación durante tres ou máis meses). Nunha primeira revisión, a EMA ditaminou que non contaban con probas que demostrasen "unha relación causal entre estas vacinas e os trastornos menstruais". Agora, con novas evidencias e con máis testemuños de persoas menstruantes que viviron algún trastorno deste tipo, a EMA decidiu revisar a súa investigación, polo que avaliará "en profundidade todos os datos dispoñíbeis, incluídos os informes dos sistemas de notificación espontánea, os ensaios clínicos e a bibliografía publicada". Case 60% dos efectos secundarios Organismos como a propia EMA ou a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios teñen realizado estudos que mostran que as mulleres contabilizan 60% dos efectos secundarios producidos pola inxesta de medicamentos. No caso das vacinas poal Covid, ese dato elévase por enriba de 75% nas doses de AstraZeneca, 83% na vacina de Pfizer, e 84% na de Moderna. En moitos casos, esta gran diferenza entre mulleres e homes débese a que as farmacéuticas só levan a cabo os testeos de medicamentos xerais no segundo grupo, e extrapolan os resultados obtidos ao conxunto da poboación a pesar de que as diferenzas metabólicas de homes e mulleres poidan cambiar o resultado do fármaco. O caso das píldoras anticonceptivas Outra situación que denuncian numerosos colectivos feministas e unha parte da comunidade científica é a dupla vara de medir dos órganos de control de medicamentos á hora de avaliar os efectos secundarios de fármacos destinados a homes ou a mulleres. É o caso da píldora anticonceptiva, un medicamento empregado por moitas persoas menstruantes desde o comezo dos seus períodos, e que ten contabilizados numerosos trastornos adversos, como acné, variacións na líbido e irregularidades hormonais que afectan ao estado de ánimo. Pese a isto, o seu consumo está aprobado e moi estendido. Pola contra, as píldoras anticonceptivas para homes están sometidas a un control máis exhaustivo. En 2016, o comité de seguridade da Organización Mundial da Saúde paralizou un estudo en fase II con noretisterona e testosterona, que reportaba unha eficacia de 96%, debido a que os homes que participaron na proba queixáronse de sufrir os mesmos efectos secundarios que provoca a píldora anticonceptiva feminina. |
PRAZA_6279 | Despois do acontecido nas pasadas eleccións europeas, emitiron ditame –e aínda seguen porfiando- os egrexios e infalibles oráculos do noso País, autosituados na esquerda auténtica, empeñados en converter desexos en dogmas, para pontificar que chegou a hora de encetar o melón dun proceso constituínte | Se as cousas fossem diferentes, seriam diferentes: eis tudo./ Se as cousas fossem como tu queres, seriam só como tu queres. (Poemas inconjuntos, Alberto Caeiro). Os egrexios e infalibles oráculos do noso País, autosituados na esquerda auténtica, empeñados en converter desexos en dogmas, para pontificar que chegou a hora de encetar o melón dun proceso constituínte Despois do acontecido nas pasadas eleccións europeas, emitiron ditame –e aínda seguen porfiando- os egrexios e infalibles oráculos do noso País, autosituados na esquerda auténtica, empeñados en converter desexos en dogmas, para pontificar que chegou a hora de encetar o melón dun proceso constituínte, aparcado sine die dende a morte do outro. Hai que pensa que xa se dan as condicións obxectivas para mudar o inmutable. Mais, ren de ren! Home, algo está mudando. Muda todo o que ten que mudar para alancar cara a atrás. A pesar do cuspe que gastan os predicadores do conto, pretendendo convencernos do contrario, cada mutación que promoven os gardiáns do sistema é unha navallada no medio e medio do fígado das liberdades, da xustiza, das conquistas sociais e do dereito a saber a verdade das cousas que acontecen. As mudanzas son para iso, para darlle unha capa de pintura á fachada, sen rasparlle antes a cotra acumulada, e así evitar que a podremia do chintófano, instalado no sistema, deixe de feder durante algún tempo para perpetuarse in saecula in saeculorum. O pintado de fresco sempre cheira a novo do trinque, aínda que a cerna siga podrecendo. A actitude austera –e a supervivencia- do goberno e compañía recomendan non gastar cartos nos milleiros de vascullos de arame que cumprirán para acabar coa couza. O pai abdicou do cargo (agás das prebendas) para deixarlle a praza da xefatura do Estado á súa propia estampa. Iso si, o de agora camiña máis teso. O Pesoé substituíu a Rubalcaba por un tipo máis novo –en anos- e tan español ou máis có propio Pablo Iglesias. O fulano presume de ter sintonía xeracional co novo/vello monarca. Hai que goderse! Rajoy –e o Pepé- seguen mudando as leis vixentes, a base de decretazos cheos de veleno ( e de prebendas) para que o respectable público se vaia empondo a que, para saír da crise, non se precisan parlamentos nin deputados nin farrapos de gaitas. Na tribo nacionalista tampouco está a festa para tirar foguetes. O asunto non colle trazas. Tamén mudaron as cousas. Antes a culpa dos males era dos outros e agora hai un novo culpable: o irmán que foi vivir fóra da casa Na tribo nacionalista tampouco está a festa para tirar foguetes. O asunto non colle trazas. Tamén mudaron as cousas. Antes a culpa dos males era dos outros e agora hai un novo culpable: o irmán que foi vivir fóra da casa. Os nostálxicos botan de menos a unidade organizativa, esquecéndose de que, forzar a convivencia de matrimonios mal avidos, non é o mellor remedio para resolver os problemas da familia. Outra cousa sería levarse ben para facer algo polos fillos. Ah! Díxome o meu tío Lisardo que xa é hora de que vaiamos pensando en buscar algún modo -e alguén- que sexa capaz de atinar no espazo nacionalista/galeguista para que o País sexa País, no canto de Terra queimada e sen identidade. E sen xente. |
NOS_9955 | A 'Golden Cup' reunirá os 12 mellores equipos de Europa. | A Galiza, e máis concretamente A Coruña, será sede doutro gran torneo internacional no ano 2022, neste caso na modalidade de hóckey sobre patíns. Desde o día 11 e até o 17 de abril a cidade herculina tornará no centro neurálxico continental desde deporte co gallo da Golden Cup, competición que conmemora o 50 aniversario do Deportivo Liceo. Esta sorte de Copa de Europa oficiosa reunirá os 12 mellores equipos do planeta, pois ademais dos verdibrancos serán da partida os portugueses Porto, Benfica, Oliveirense e Sporting de Portugal; os cataláns Noia, Reus, Caldes e Fútbol Club Barcelona; o italiano Forte dei Marmi e o francés Saint-Omer. Segundo informaron desde o Liceo, o formato será "tan sinxelo como atractivo", pois logo dunha fase de grupos con catro equipos en cada un, os dous mellores avanzarán até uns cuartos de final que preceden ás semifinais e á gran final. O Liceo recorta distancias co Barcelona Milagre! O Barcelona, logo de 17 vitorias consecutivas, deixou os seus primeiros puntos da tempada na casa de Pas Alcoi (3-3). Este resultado, unido a unha nova vitoria do Liceo (6-2 ante Igualada) permite os coruñeses recotar distancias e xa están a só cinco puntos dos cataláns cando quedan apenas tres semanas para a disputa do gran clásico do hóckey estatal entre primeiro e segundo clasificado da OK Liga. O Liceo feminino 'molla' nunha pista difícil No referente ás mulleres do Liceo, que representan o país na OK Liga feminina, estas lograron un triunfo de mérito na pista de Bigues i Riells, lugar no que só puntuaran dous equipos no que vai de campionato. Logo deste resultado, as verdibrancas consolídanse na zona media da clasificación con 16 puntos. A vitoria ante as catalás estivo cimentada na paciencia, pois non foi até o minuto 17 cando María Sanjurjo -que a pasada semana expresaba nunha entrevista nas páxinas de Nós Diario a súa intención de ir "a por todas"- logrou bater Helena Saldaña, conseguindo unha vantaxe que ela mesma se encargaría de aumentar no minuto 35 (0-2) e no 43 (1-3, logo de que Erika Ghirardello reducise distancias no 40). Finalmente, Bea Gaete subiu ao marcador o definitivo 1-4 no minuto 49. |
NOS_14852 | Unha ducia de localidades acolleron concentracións para denunciar o terrorismo machista que asasinou no Carballiño esta fin de semana. | De Vigo a Lugo e de Ourense a Ribeira, pasando por Compostela, Ames. As Pontes, Pontevedra, Carballiño... e así até máis dunha ducia de localidades. Volveron as concentracións convocadas polo movemento feminista para denunciar a violencia machista, que esta fin de semana se cobrou a súa primeira vítima no Carballiño: Vixinia F.V, de 55 anos de idade, asfixiada presuntamente pola súa parella. Foron 8 as mulleres asasinadas no estado español ao longo do mes de xaneiro As mobilizacións volveron denunciar a violencia machista, "É unha situación insostíbel" denunciaban na concentración que decorreu en Vigo. "Este sistema patriarcal que perpetúa a premisa de que non somos donas de nós mesmas", afirmouse no manifesto, que recoñecía que as mulleres "estamos fartas da violencia mais tamén da resposta das institucións ás agresións". |
PRAZA_4699 | A Deputación de Ourense vese obrigada a reiniciar un contrato de 50.000 euros para mercar bancos e marquesiñas ao advertir o secretario da mesa de contratación que dúas das empresas candidatas non formularan ofertas económicas e o ente provincial non se decatara. | Entre as múltiples críticas lanzadas polo PP galego ao Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero sempre houbo un lugar destacado para o Plan E, o proxecto lanzado polo Executivo do PSOE en plena crise económica para o "estímulo da economía do emprego" e que tiña como parte esencial as obras canalizadas a través das administracións locais. Mentres concellos e deputacións gobernadas polos propios populares financiaban traballos con cargo a este fondo dirixentes como Alberto Núñez Feijóo cargaban con dureza contra os millóns de euros para "beirarrúas e xardíns". Seis anos despois daquel plan a historia segue o seu curso e as administracións locais seguen investindo en mobiliario urbano, aínda que a menor escala. A Deputación de Ourense está inmersa nun deses plans, aínda que cunha xestión un chisco accidentada. O pasado outono o presidente da institución, Manuel Baltar, convocou a través dun decreto o procedemento para a "contratación e subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2014". Cun importe total de 50.000 euros, o contrato prevía gastar ata 32.000 euros en bancos que non debían custar máis de 200 euros cada un e destinaba 18.000 euros ás marquesiñas, cun máximo de 3.000 euros para cada unha. Eran, polo tanto, arredor de 160 bancos e 6 marquesiñas nos que se valoraría, ademais do prezo, as dimensións ou os materiais, que cada peza leve "gravado o o distintivo da deputación (escudo e lenda "Deputación Provincial Ourense") de forma permanente, de xeito que para eliminalo sexa preciso sustituir a peza de soporte na súa totalidade". Con estas condicións, a Deputación dispúñase a mercar estes clásicos do interior galego ata que o xefe do negociado de Subministracións e Servizos, Fernando Rodríguez, que actuaba como secretario da mesa de contratación, advertiu que algo non ía ben. O proceso para mercar 160 bancos e 6 marquesiñas tivo que reiniciarse porque dúas empresas non presentaran oferta económica e a Deputación non se decatou Nun informe Rodríguez chama a atención sobre que o 12 de decembro, no acto de apertura dos sobres de documentación administrativa, dúas das empresas candidatas, Urbabil 2000 e Artepolitan Equipamientos Urbanos, ambas con sede en Bizkaia, "non procederan á presentación da súa oferta económica". "Dita circunstancia -asegura- non foi advertida non acto de dita apertura, sendo admitida a súa participación no procedemento". Segundo este informe, "tal circunstancia" tampouco "se puxo de manifesto" o día 18, cando se abriron as propostas económicas de todas as compañías. Así quedou a situación ata o 9 de xaneiro, co "procedemento xa moi avanzado, en concreto na fase de informe técnico". Nese intre "aprézanse as circunstancias expostas, existindo dese xeito unha infracción non subsanable". O procedemento de contratación estaba "viciado" e, polo tanto, facíase "preciso o desestimento" e a celebración dunha nova convocatoria. Do contrario, a Deputación estaría infrinxindo a lei de contratos do sector público. Este informe foi abordado pola mesa de contratación o 14 de xaneiro. Dirixida polo vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández, a mesa acordou por unanimidade "propoñer que se proceda ao desestimento do procedemento" e á convocatoria dun novo, reinicio que xa está en marcha dende o pasado día 22. Aínda que con atraso, a provincia de Ourense terá novos bancos e marquesiñas. |
NOS_54059 | Vigo e Sanxenxo acompañan no podio ao 'Astur' | O Real Club Astur de Regatas de Xixón, cunha tripulación composta por Raquel García Monteagudo, Marta Duran Cardeli, Covadonga Fernandez Diez, Carmen Ayuela Ronzon, Carmen Simal Veira, Marta Suarez Calvo, Raquel García Monteagudo e Elena Quevedo Pasarin proclamouse vencedora da Regata Isabel Zendal-Gran Premio Concello da Coruña de tripulacións femininas, na que competiron dez clubs e institucións no marco do calendario da Semana Abanca. Con respecto á representación galega, o Real Club Náutico de Vigo -que formou con Paula Gonzalez Esteban, Paloma Gonzalez Esteban, Marta Torres Gestal, Estrela Campos Rodriguez e Patricia Saez Borreguero- subiu ao segundo chanzo do podio. Foi bronce un Real Club Náutico de Sanxenxo que navegou con Paula da Rocha Iglesias, Sofia Martinez-Almeida Cuiña, Clara Vaquerizo, Irene Maria Martinez-Almeida e Paloma Martinez De la Riva. A ría da Coruña e a meteoroloxía contribuíron con ventos de 12 nós de compoñente sur que facilitaron a tarefa das xuízas e permitiron completar con rapidez e sen problemas as cinco mangas previstas, nas cales as deportistas de Xixón e de Vigo lograban senllas vitorias, mentres que a quinta foi para as de Sanxenxo. O Gran Premio Deputación da Coruña de RemoMar, será xa o 12 de novembro Así, no cómputo total o Astur de Regatas de Xixón totalizou 14 puntos -catro primeiros, dous segundos e dous terceiros, rexeitando un cuarto- e o Náutico de Vigo tivo só un punto máis, 15 -catro primeiros, dous segundos, un terceiro e un cuarto que descartou-, polo que as asturianas gañaban ás galegas por un único punto de diferenza, o que dá idea da tremenda igualdade da competición. Outro tanto aconteceu na loita polo bronce, pois o Náutico de Sanxenxo sumou 17 puntos -tres primeiros, tres segundos e dous cuartos, dos que dun deles prescindiu- e as anfitrioas do Náutico da Coruña alcanzaron a cifra de 18, produto de dous primeiros, dous segundos e catro terceiros. O próximo acto da Semana Abanca, o Gran Premio Deputación da Coruña de RemoMar, será xa o 12 de novembro, e ten previsto congregar na ría de Betanzos numerosos clubs do Cantábrico, Portugal e o Mediterráneo para ser da partida na derradeira proba da Liga Española de Futuro Remo Olímpico. |
NOS_43585 | O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, salientou na mañá deste domingo que Nós-Candidatura Galega decide todos os nomes en Galiza e que non lle impoñen as forzas estatais nin os candidatos, nin os anagramas nin os programas. | "O que a xente vota hoxe –este domingo- é o que vai ir na papeleta e non o que outros cociñan en Madrid e acordan por riba sen consultarlle á xente nin á militancia. Penso que é un exemplo de cómo se elabora unha candidatura de país", sinalou esta mañá Xavier Vence, portavoz nacional do BNG en declaracións aos medios ao participar nas votacións primarias para elixir as listas de Nós-Candidatura Galega. A de Nós é a "representación xenuína de Galiza" sen "candidatos, anagramas nin programas impostos desde as forzas estatais". "É o único programa e a única candidatura netamente galega que se decide polos galegos e galegas, centrada integramente na defensa deste país. É a candidatura galega 100%, representa o BNG e moito máis, outras forzas políticas e, sobre todo, a cidadanía que quere unha voz potente en Madrid, que defenda Galiza por riba de todo", engadiu. Preguntado sobre a papeleta da coligazón de Anova, Podemos e EU, o nacionalista, que foi votar acompañado de Carlos Callón e Tereixa Novo –candidatos nas primarias pola provincia da Coruña- puxo de manifesto que "son esas forzas quen deben explicar o perfil da súa candidatura e por que non quixeron sumarse a unha candidatura autenticamente galega. |
NOS_39781 | Os bonos culturais implementados polo Goberno español e pola Xunta da Galiza provocaron acusacións cruzadas de electoralismo. Porén, talvez a cuestión sexa definir como debe relacionarse a cultura coas lóxicas de mercado. | "Ten unha intención electoralista", ou esa polo menos é a "percepción xeral". Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, referíase así ao "bono cultural" anunciado polo Goberno español -que entregará 400 euros a todas as mozas e mozos que cumpran dezaoito anos en 2022- ao tempo que presentaba... un bono cultural. Efectivamente, a Xunta da Galiza, tal e como prometera o propio presidente Alberto Núñez Feixoo en setembro, aprobou esta iniciativa para "incentivar a demanda cultural, dinamizar o consumo seguro e favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto da Covid-19". Non obstante, as diferenzas entre as propostas do executivo galego e do Goberno de Pedro Sánchez son evidentes: o proxecto da Xunta conta con só 1,95 millóns de euros de orzamento -fronte aos 210 millóns do estatal- o que reducirá os beneficiarios a 39.000, un 2% escaso da poboación ao que vai dirixido, mentres que o Estado cubre a totalidade da franxa de idade que se escolle como obxectivo. Por outra banda, o bono da Xunta é, en realidade, un cupón de desconto do 50% que obriga o usuario a gastar a metade restante, mentres que o ofertado polo Goberno estatal non precisa de ningún desembolso por parte do beneficiario. Dos 51 millóns de euros que o Executivo galego orzamentou para este ano para o fomento de actividades culturais "apenas se executaron o 18% Esas diferenzas foron obxecto de discusión durante o Debate do estado da nación que se desenvolveu a partir do 13 de outubro: o presidente Feixoo asegurou que o bono estatal tiña unha orientación electoralista porque entrega a axuda "ás persoas que aínda non votaron e que están a piques de votar", aínda que non explicou por que razón implementar unha medida dirixida aos votantes en xeral non o é. A oposición, desde o principio, asumiu que a medida era propaganda. Mercedes Queixas, voceira de Cultura do BNG no Parlamento, cualificou a medida de "claramente insuficiente" e de ter un "orzamento mínimo". Ademais, introduciu un novo aspecto na discusión ao reprochar ao Executivo que a medida non estivese dirixida a priorizar o consumo "da produción cultural, audiovisual e literaria galega e en galego". Noa Díaz, portavoz de Cultura do PSOE, pola súa banda, centrou a súa crítica na natureza de "cupón de desconto" do bono galego e sacou a relucir unha cifra moi substanciosa: dos 51 millóns de euros que o Executivo galego orzamentou para este ano para o fomento de actividades culturais "apenas se executaron o 18%". O feito de que soamente se poida acceder ao bono anunciado polo Goberno galego a través dun código QR descargábel na web da Xunta, tamén suscitou críticas, xa que prexudica as persoas que non estean familiarizadas coas novas tecnoloxías, as que non poden permitirse unha conexión á rede, ou as que viven en zonas cun acceso á internet de mala calidade. "Concíbese a cultura como un mercado que hai que dinamizar", di Davíd Rodríguez O obxectivo das políticas culturais En realidade, tanto o bono do executivo galego como o do central parécense moito ao que habitualmente entendemos como unha medida electoralista. Mais talvez o debate debería centrarse noutro punto: a necesidade deste tipo de alicientes para que a mocidade, ou a cidadanía en xeral, se achegue á cultura non significa o fracaso das políticas culturais? David Rodríguez, escritor e analista autor de O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega, apunta, máis que ao seu éxito ou o seu fracaso, á natureza das políticas culturais que se levan a cabo: "Que este tipo de iniciativas sexan implementadas por un Goberno [o estatal] sostido por un partido que se di socialdemócrata en alianza con outro que di situarse á esquerda da socialdemocracia indica que o marco do posíbel está moi instalado na concepción liberal da sociedade. Unha concepción na que non pode haber unha idea colectiva de que políticas culturais hai que potenciar ou non, e na que todo se fía á decisión do individuo. Concíbese a cultura como un mercado que hai que dinamizar". A idea de cultura como mercado, non obstante, non sempre debe xulgarse como algo completamente negativo. Marcos Lorenzo, xestor cultural e autor de varios libros sobre a cuestión, encadra teoricamente o debate sobre esta cuestión: "As políticas culturais que se levaron a cabo desde o nacemento do Estado das Autonomías foron fundamentalmente de oferta: isto encádrase en termos teóricos, no paradigma da democratización da cultura, que non é o mesmo que a democracia cultural, que significa case o contrario. A democratización da cultura ten como obxectivo que o conxunto da cidadanía poida acceder aos contidos da "alta cultura", dito entre aspas: que a xente poida acceder a unha exposición, a un concerto... A democracia cultural estaría máis enfocada a fomentar a participación activa da cidadanía na creación cultural, que poida ser a protagonista da vida cultural". E continúa: "Dentro deste paradigma de democratización da cultura, que empecen a agromar este tipo de medidas que se fixan na demanda, aínda que sexa nestes formatos, creo que é enriquecedor. Creo que saír do bucle que enlaza políticos e programadores coas empresas que teñen mellor acceso a eles e incorporar a cidadanía -que é a destinataria natural das políticas culturais- é positivo". Porén, as liñas que separan o consumo da cultura e a cultura do consumo vólvense tamén moi indefinidas, sen que as institucións se atrevan a estabelecer prioridades nin a contradicir as lóxicas de mercado. David Rodríguez explica que "se parte de que a Administración non ten a prerrogativa de propoñer un modelo de cultura determinado e que, por tanto, todo é susceptíbel de ser consumo. Mais tamén sería posíbel un tipo de apoio que escollese, por exemplo, o cine de autor por riba do cine chamado comercial, porque no mercado eses dous tipos de cine teñen un desenvolvemento desigual. Na actualidade, non é o mesmo protexer unha compañía de teatro que unha empresa de videoxogos. Isto non é un menoscabo das empresas de videoxogos nin do cine comercial, nin moito menos: simplemente é constatar que hai aspectos culturais que funcionan ben dentro das dinámicas de mercado e outros que non, e iso hai que telo en conta á hora de deseñar a política cultural para un país". "Oxalá, que houbese un mercado máis sólido, iso beneficiaría a todo o sistema cultural galego. Desde ese punto de vista, paréceme moi interesante a acotación de Mercedes Queixas no Parlamento: eu tamén creo que debería priorizarse o consumo da produción galega", declara Marcos Lorenzo Unha ollada galega Desde unha perspectiva galega, facer escollas á hora de conceder axudas tamén debería ser -se aplicamos a obriga de estatutaria de defender a lingua e a cultura propias- un deber da Xunta da Galiza. Marcos Lorenzo apunta que "a min, no momento histórico no que vivimos, non me asusta que exista un mercado cultural e que as empresas culturais da Galiza teñan un apoio que lles permita ser máis solventes e gañar en dimensión para que os produtos culturais galegos poidan ser coñecidos a escala global, como xa sucede con algúns deles. Oxalá, que houbese un mercado máis sólido, iso beneficiaría a todo o sistema cultural galego. Desde ese punto de vista, paréceme moi interesante a acotación de Mercedes Queixas no Parlamento: eu tamén creo que debería priorizarse o consumo da produción galega. En realidade, o beneficiario último destes bonos é o empresariado da cultura. Foméntase a demanda para que, en último termo, poidan subsistir as empresas que operan neste campo". "Iso non significa que haxa que reducir as políticas culturais a unha visión economicista", matiza. "Tamén se debe traballar co tecido asociativo, na escola, coas persoas maiores, cos novos valores... Crear espazos de fomento da creatividade non é incompatíbel co mercado". Mais o paradigma é outro: "Estamos nunha sociedade que non permite definir o que é bo ou malo de forma colectiva: é bo apoiar unha manifestación artística minoritaria e a Administración debe facelo. Pero como o único baremo é o mercado, pois as axudas tamén se guían polo mercado: douche cartos e ti consumes o que queres", resume David Rodríguez. "Se queres redistribuír constrúes un auditorio nun barrio desfavorecido ou unha biblioteca nun núcleo do rural", propón David Rodríguez Dúas claves: redistribución e planificación Outra cuestión a debater é a falta de criterios redistributivos na concesión das axudas: ou ben se dan ao grupo con mellor acceso ás ferramentas tecnolóxicas, como no caso do bono da Xunta de Galiza, ou ben se lle concede a todo aquel que pertenza a unha determinada franxa de idade, sen ter en conta a súa capacidade adquisitiva. Toda manifestación cultural esixe unha serie de ferramentas de descodificación que non están dispoñíbeis para todo o mundo: o seu manexo é patentemente diferente dependendo do grupo social do que proceda o individuo. David Rodríguez móstrase moi crítico neste aspecto: "As políticas culturais da socialdemocracia partían deses criterios: se queres redistribuír constrúes un auditorio nun barrio desfavorecido ou unha biblioteca nun núcleo do rural. Medidas de intervención que visan á redistribución de recursos e de poder. Pero dar créditos universais só por pertencer a unha franxa de idade determinada ou aos primeiros que cheguen a solicitalo é unha idea moi liberal: apóiase a través da repartición de recursos para que cada un escolla no mercado o que quere". En todo caso, medidas deste tipo xa foron probadas noutros países como Italia ou Francia con resultados desiguais dependendo das condicións nas que se ofreceron e da filosofía que había detrás da proposta. Como resume Marcos Lorenzo: "Todas estas ferramentas son solucións perfectíbeis que se poden traballar para mellorar. O verdadeiro problema vén cando se dan como medidas illadas. Se non forman parte dun modelo, dunha aposta ben articulada que traballe as diferentes dimensións da cultura, van ter un resultado moi limitado, non van xerar un efecto transformador, e quedarán en medidas efectistas, en flor dun día". |
NOS_30505 | A Alianza Social Galega convoca para o domingo en 9 cidades e vilas galegas actos contra a reforma da 'Lei de Seguridade Cidadá'. | A Alianza Social Galega (ASOGA) convoca mobilizacións para o domingo día 23 de novembro para rexeitar a reforma da Lei de seguridade cidadá. Un proxecto lexislativo que procura, afirman, "silenciar a protesta social". As case sesenta organizacións que compoñen a Alianza denuncian que a reforma do Código Penal e da Lei de seguridade cidadá pretenden converter o conflito social nun problema de orde pública, "camiñando cara a un Estado de carácter policial para impoñer con maior facilidade un sistema económico, laboral e social totalmente negativo para as clases populares e os países periféricos." MANIFESTACIÓNS: - A CORUÑA, 12 h, saída da praza de Pontevedra - FERROL, 12 h, saída da praza de España - SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 h, saída da Alameda - LUGO, 12 h, saída do edificio sindical - OURENSE, 12 h, saída da praza Maior - PONTEVEDRA, 12 h, saída da praza da Ferrería - VIGO, 11:30 h, saída da Vía Norte CONCENTRACIÓNS: - MONFORTE DE LEMOS: ás 12 h, na praza de España - VILAGARCÍA DE AROUSA, 12 h, na praza de Ravella |
PRAZA_5510 | Libera entregou este venres no Parlamento os apoios recibidos á súa petición pública para actualizar a norma galega de protección, que data de 1993. O martes debaterase na cámara a toma en consideración dunha proposición de lei impulsada por AGE neste sentido. Falamos con Rubén Pérez Sueiras. | A Lei 1/93 de Protección dos Animaís de Galicia é unha das normas máis antigas e desfasadas de España nesta materia. Nos últimos anos, en paralelo cun crecemento da sensibilidade social cara ao benestar animal, a meirande parte das comunidades autónomas e dos países da nosa contorna actulizaron a súa lexislación, endurecendo as sancións para aquelas persoas que por acción ou omisión causan dano e sufrimento a este seres. Unha das entidades que nos últimos anos máis pulou en Galicia a prol dun cambio normativo neste campo foi a Asociación Animalista Libera, que hai dous meses iniciou unha recollida de sinaturas para esixir unha nova lei. Este venres Libera fixo entrega no Parlamento dos máis de 118 mil apoios recibidos. "Nos encontros que tivemos con todos os grupos observamos que o convencemento básico de todos é que hai que modificar e actualizar a lei" A campaña de Libera buscaba ademais servir de apoio á proposición de lei impulsada pola Fondation Franz Weber e AGE, ademais de pola propia entidade animalista. O vindeiro martes debaterase na cámara a súa toma en consideración. Rubén Pérez Sueiras, voceiro de Libera en Galicia, amosa a súa confianza en que a proposta conte co apoio maioritario da cámara e poida seguir o seu camiño lexislativo: "Nos encontros que tivemos con todos os grupos observamos que o convencemento básico de todos é que hai que modificar e actualizar a lei". Sinala, iso si, que "temos puntos de fricción referidos á graduación das sancións e outros temas", pero cre que o martes se vai aprobar a toma en consideración "e despois cremos que na ponencia que se cree no Parlamento para debater a proposición de lei se poderá debater con seriedade". Pérez Sueiras subliña que "temos un marco normativo que ten 21 anos. Hai leis que se foron actualizando co tempo e o pulo da sociedade, pero esta lei quedou apartada. Comunidades como Andalucía, Catalunya ou Aragón actualizaron a súa lexislación nos últimos anos, poñendo as sancións á altura do tempo social, e cunha maior implicación das administracións". "Agora mesmo deixar morrer de fame un animal, telo atado todo o día ou non garantirlle unha asistencia veterinaria axeitada pode ser sancionado unicamente con 30 euros. E, en cambio, por unha infracción de aparcamento as sancións son moito maiores" Un dos obxectivos da proposición de lei é incrementar o abano de infraccións sancionadas, e tamén a contía económica destas, para que maltratar un animal non saia tan "barato" como até agora."Se tomamos como referencia o tope máximo e mínimo das sancións, vemos as diferenzas dunha comunidade a outra. En Catalunya ou Andalucía o tope mínimo das sancións está nos 100 euros, mentres que en Galicia hai multas de 30 euros. E tamén no máximo, con diferenzas entre os 12 mil euros de Galicia e os 90 mil de, por exemplo, Aragón", destaca. "Agora mesmo deixar morrer de fame un animal, telo atado todo o día ou non garantirlle unha asistencia veterinaria axeitada pode ser sancionado unicamente con 30 euros. E, en cambio, por unha infracción de aparcamento ou por non poñer o ticket da ORA, as sancións son moito maiores", explica o voceiro de Libera, que conclúe que "as sancións deben cumprir unha función disuasoria, que as persoas que se dedican a maltratar ou a abandonar animais saiban que non lles vai saír barato". Porén, o obxecto desta proposición de lei non é só actualizar o marco normativo relativo ás sancións, senón tamén "incluír un bloque pedagóxico no que o Goberno galego quede obrigado a desenvolver campañas e políticas públicas de protección animal, e a investir aí todos os cartos que se recaden por sancións", afirma. Este "bloque pedagóxico" e a incorporación á lei das políticas públicas de benestar animal son algúns ds temas nos que existen diferenzas entre as distintas formacións políticas, pero mesmo neste punto Pérez Sueiras cre que finalmente se contará cunha maioría de apoios no Parlamento. "Noutras comunidades autónomas e noutros países os gobernos interveñen directa ou indirectamente, apoiando distintas entidades, para garantir que esas políticas públicas de protección dos animais saian adiante" "Hai unha vontade cidadá e unha maioría social que demanda unha actualización da lei e que as administracións públicas se impliquen" -salienta- "Noutras comunidades autónomas e noutros países os gobernos interveñen directa ou indirectamente, apoiando distintas entidades, para garantir que esas políticas públicas de protección dos animais saian adiante e impedir que se produzan as situacións de violencia cara a eles". Esta venres, tamén a deputada de AGE Eva Solla manifestou que se trata "dunha proposta asumible por todos os grupos parlamentares, mesmo polo PPdeG". Solla destacou que se incide de xeito significativo na prevención para non ter que volver a ter que falar de graves casos de maltrato animal como os recollidos nos medios de comunicación galegos nos últimos meses". |
NOS_19913 | Resulta paradoxal que moitas arquitectas vexan a madeira como un dos materiais do futuro, cando se leva usando desde sempre. Na construción tradicional era moi empregada, presente en tellados, vigas, portas, fiestras ou pisos. A industrialización fixo que se fose substituíndo por aluminio, aceiro, formigón ou plástico. Na actualidade, coas novas tecnoloxías aplicadas ao material e aos derivados, está a recuperar o protagonismo perdido. | Galiza é unha das principais produtoras de madeira da Península. Mais até hai pouco construír neste material era algo excepcional. As nosas plantacións destínanse a facer pasta de papel ou outros produtos de baixo valor engadido. Isto comeza a cambiar, grazas a que se está volvendo construír co froito dos nosos montes. Arrokabe é un estudio que ten a madeira como material fetiche. Formado por dous irmáns retornados de Euskadi, está apostando moi forte polos seus múltiples usos. Como produto, ofrece unha fonte renovábel, gran resistencia, fácil mecanizado, lixeireza e un bo comportamento térmico. Iso si, precisa profesionais ben formadas para que dure moitos anos. Óscar Quintela, o maior, asentouse en Compostela hai 25 anos, cando se comezaba a intervir no casco vello. O encargado, o Consorcio, foi unha escola para moitas profesionais. Rehabilitar vivendas con séculos ás súas costas permitiulles entrar en contacto co uso ancestral da madeira. Os artesáns que coñecían ben o oficio fixeron pezas que duraron séculos en perfectas condicións. Nas rehabilitacións aprenderon moitas leccións do traballo anónimo dos vellos carpinteiros. Un alpendre ben feito é fonte de coñecemento, pois na arquitectura máis humilde tamén hai sabedoría. Cos anos tamén volvería Iván Quintela, e xuntos forman o actual Arrokabe cun grupo de colaboradores habituais. Unha fiestra de madeira feita por un bo carpinteiro local pode chegar aos estándares máis altos, se a queres facer en aceiro ou aluminio dependes da grande industria O saber da tradición combinado coa investigación e a experimentación pode dar resultados moi bos, sobre todo porque permite compaxinar tecnoloxía con pequena escala. Os arquitectos comentan como o material favorece os pequenos talleres e as redes de proximidade: "Unha fiestra de madeira feita por un bo carpinteiro local pode chegar aos estándares máis altos, se a queres facer en aceiro ou aluminio dependes da grande industria". A madeira, como material illante, é ideal á hora de proxectar unha vivenda pasiva. A casa en Cachóns (Teo) fíxose baixo o "estándar passivhaus". Este selo a nivel mundial certifica que a vivenda ten un consumo enerxético case nulo. A estratexia pasiva pasa por orientar ben o edificio e procurar que toda a enerxía do sol que entre non se perda, polo que hai que illar moi ben. A vivenda ábrese ao sur, para quentarse co sol no inverno. Aliás, conta cunha parra, para estar frescos no verán, e está moi ben illada para que o gasto en calefacción sexa practicamente nulo. Usouse madeira en parte da fachada, neste caso un revestimento de piñeiro termotratado. Esta técnica xaponesa consiste en enfornar as táboas até quitarlles a humidade interior, garantindo unha maior estabilidade á intemperie. Os rueiros de Compostela A procura constante de boas condicións térmicas e de humidade interior faise urxente cando se intervén en vivendas antigas. Os rueiros do barrio de San Pedro (Compostela) están compostos por vivendas con muros de pedra e pisos de madeira que con frecuencia teñen problemas de humidade e falta de luz natural. Na rúa do Medio rehabilitaron unha desas vivendas. A casa precisaba máis luz natural e mellorar o illamento. Para o primeiro, abriron un lucernario sobre o oco da escaleira. Por non facer sombra ás plantas inferiores, segundo ascende a escada vaise alixeirando. Na última planta os chanzos está colgados dunhas finas barras e semellan flotar. A casa contaba con outra fonte de luz , unha vella galería de formigón moi deteriorada que miraba ao patio. Foi reconstruída en madeira pintada, como o faría un carpinteiro tradicional. O uso de castiñeiro e cedro no interior crea unha atmosfera máis acolledora e mellora o illamento de toda a vivenda. A escasos metros, na rúa San Pedro, está a Casa do Taberneiro, nunha vivenda de orixe medieval que os donos pretendían transformar nunha taberna. As plantas superiores dedicáronse a un local social, como dinamizador da vida cultural do barrio. O inmoble ten entrada pola rúa posterior, pero a diferente altura, o que dificulta o uso e conexión de todos os espazos. Para evitar que e estrutura fose un obstáculo, decidiron "colgar" a escaleira e os pisos posteriores. Na última planta, dispúxose unha tesoira sobre o este elemento, do que baixan tirantes de madeira, que permiten suxeitalo, e forxados, sen vigas. No interior, conserváronse todos os elementos da vivenda orixinal en pedra, como as lareiras de cada planta, que potenciadas por un lucernario no tellado, realzan o contraste entre a orixe do edificio e a intervención actual en madeira. Intervencións sobre monumentos A complexidade de actuar sobre o patrimonio histórico vólvese un reto cando a obra a rehabilitar é un monumento catalogado. A escola infantil de Santa Susana estaba construída dentro dun pavillón deseñado por Antonio Palacios en 1909. O edificio orixinal tiña unha planta nobre cun salón de grande altura. Nos anos 60 engadíuselle unha planta intermedia no cambio de uso, que cortou e desfigurou o edificio. A intervención do estudio consistirá en rehabilitar o edificio e recuperar a súa identidade. Como non podía volverse ao edificio orixinal, o que fixeron foi perforar a planta engadida. Así, en parte, recupérase a altura dese salón deseñado por Palacios. Iso permite tamén que as crianzas de diferentes idades se vexan, e mesmo interactúen, co que se potencia o xogo entre elas. Ademais, recuperáronse as fiestras de castiñeiro nunha recreación do deseño orixinal, o que lle devolveu o esplendor á fachada modernista. Un dos monumentos máis importantes do país son as paisaxes da Ribeira Sacra. Nesa contorna é onde a bodega de Abadía da Cova ten a súa sede. Os donos precisaban un lugar para facer eventos, que á súa vez debería facer de recepción e de miradoiro. O local atopábase próximo á zona de traballo da adega, polo que a obra debía durar o mínimo para evitar molestias. Ao estaren sobre os viñedos, non podían usar produtos químicos. E claro está, a impoñente paisaxe, non debería desentoar nela. Así, deseñouse unha plataforma e cuberta lixeira en madeira que voase sobre os viñedos. Foi fabricada con tecnoloxía de máquinas de corte 3D. As pezas chegaban xa preparadas e tan só había que montalas no sitio, a obra foi moi rápida. Ao non poder usar tratamentos químicos, escolleron unha madeira acetilada: un tratamento para protexer a madeira sen xerar residuos. Desde lonxe, sobre a paisaxe das viñas, a lixeira construción intégrase á perfección coas árbores e viñas que nacen nas ribeiras do Miño. |
NOS_14663 | Jorquera denunciou no acto de presentación da candidatura nacionalista en Ourense a "pésima" xestión da Xunta de Feijóo. Acusa o popular de non ter sido quen de dar resposta "a ningún dos principais problemas d@s galeg@s". | O BNG prosegue coas presentacións das candidaturas aos comicios do 21-O. Esta terza feira foi a quenda de Ourense. Na cidade das burgas Jorquera denunciou a "pésima" xestión da Xunta de Feijóo, sinalando que malia os duros recortes en servizos públicos acometidos polo Partido Popular, Galiza é a sexta comunidade autónoma do estado con maior débeda despois de se multiplicar por 2,5 nos últimos catro anos. En palabras do candidato nacionalista o balanzo do goberno Feijóo é "un libro en branco", dado que "non foi quen de dar resposta a ningún dos principais problemas d@s galeg@s". Como exemplos citou a elevadísima taxa de desemprego ou o estancamento produtivo en numerosos sectores, o que para Jorquera describe "unha economía ao borde da ruína". "O BNG ten ideas fronte a un PP que só propón máis recortes e privatizacións" asegurou Tereixa Paz A solución pasa, para a fronte nacionalista, por apostar por políticas que defendan os servizos públicos, rexeneren a democracia e avancen no autogoberno. Para ese fin, Jorquera afirmou que no BNG teñen "o mellor programa, as mellores listaxes e a convicción de que 'en bloque' podemos acadar un novo tempo político" No acto do BNG en Ourense tamén interviñeron a cabeza de listaxe provincial d@s nacionalsitas, Tereixa Paz, e o número dous, Xose Manuel Cid. Paz puxo en valor que "o BNG ten ideas fronte un PP que só propón máis recortes e privatizacións". Pola súa banda, Cid defendeu que a candidatura nacionalista reflicte a pluralidade, tanto interna como social. Retruque a Feijóo sinalando a división da dereita Respodendo as declaracións de Feijóo en que se presentaba como "garante da unidade e da estabilidade" fronte ao "caos" que suporía, para o popular, un novo goberno de coalición, Jorquera espetoulle que non pode ofrecer nin a solvencia nin a estabilidade de que presume, despois do fracaso da súas políticas e da forte división na dereita. "Aí están a dimisión de Esperanza Aguirre e algúns ex altos cargos do PP apoiando a Mario Conde ou as leas en Ourense con Baltar" dixo. |
NOS_26493 | Non é que este espía teña simpatía cara Corea do Norte, pero dentro das súas afeccións está a de comparar como fala a imprensa mediática daquel país e trasladalas aquí, para matinar en como sería a resposta. | Non é que este espía teña simpatía ningunha cara Corea do Norte, pero dentro das súas afeccións e obsesións está a de comparar como fala a imprensa mediática daquel país e as súas vicisitudes e trasladalas aquí, para matinar en como sería a resposta. Por exemplo, cando morre un "amado líder" norcoreano, os medios do estado español teñen sempre preparado o seu escaso sentido do humor para atopar de súpeto un perfil retranqueiro co que facer risitas sobre as mulleres que choran no enterro. Obrigadas, histéricas ou alienadas, adoitan ser os cualificativos que acompañan estas imaxes de enterro oficial en Corea do Norte, no entanto, por suposto non falan así os periódicos hexemónicos cando quen chora esaxeradamente é unha madrileña a conto de Adolfo Suárez. Ou cando sexa polo Borbón, que moito non ha faltar. Aí non se chancearán, senón que as protagonistas desconsoladas das imaxes serán "boas cidadáns", claro que si. Porque hai bágoas e bágoas, algunhas obrigatorias. A imposición dos sentimentos. Debido ao asasinato dunha dirixente leonesa do PP, a imprensa saíu á procura d@s que non choran, para denuncial@s, chamarlles terroristas. Porque había que lamentarse desconsolad@, non chegaba con simplemente respectar a dor -o que tamén provocou debate, entendíbel- había que berrar como se morrese o "amado líder", iso que noutras latitudes lles parece tan bochornoso. E así, chegamos ao ABC, onde se acusa ao BNG de non chorar, de complicidade con non se sabe ben que, e -sempre nomeando tamén a Bildu- afírmase que "non respectou a dor polo ocorrido e seguíu cos actos electorais como se nada". Todo falso, posto que a formación nacionalista suspendeu a campaña, tamén pola morte dunha muller en Arteixo. Pero ao ABC non lle vale. Hai que alcanzar a dor histérica ou nada, que para silencio ou miradas cara outro lado xa están eles e os da súa corda cando morre un pobre ou unha persoa desafiuzada guíndase pola ventá. |
NOS_15118 | A Fundación Civio vén de publicar unha investigación sobre posíbeis fraudes de lei na licitación de contratos menores. Nela destaca que a Deputación de Ourense adxudicase até sete contratos de obras a unha mesma empresa en febreiro ou cinco a outra en abril de 2019. Moitos deles, por importes próximos aos 40.000 euros de límite que permite a norma. | O 1 de febreiro de 2019 a Deputación de Ourense, presidida polo popular Manuel Baltar, adxudicou cinco contratos, con importes que se aproximaban aos 40.000 euros, á empresa Camiños de Ourense S.L. para a mellora de camiños e estradas nos municipios de Pontedeva, Boborás, Ourense ou Amoeiro. O 2 de abril, a Deputación adxudicou a Construcións e Almacéns Manuel Viso e Fillos S.L. outros sete contratos, dous de 40.000 euros e tres próximos a esa cifra para obras similares. En ambos casos, a Administración podería estar incumprindo a lexislación vixente para adxudicar contratos 'a dedo'. A Deputación de Ourense podería estar incumprindo a lei de contratos do sector público Este e outros datos foron destacados esta semana pola Fundación Civio, que desde hai oito anos analiza a información sobre contratación pública no Estado, no marco dunha investigación sobre contratos menores. Nela, analizan os licitados nos sete primeiros meses de 2019, concluíndo con que moitos poderían ter sido adxudicados en fraude de lei. A investigación, coordinada pola xornalista Eva Belmonte, sitúa nese período a Deputación de Ourense como a Administración que máis tería empregado a fragmentación de contratos de obra e servizo para a súa adxudicación sen pasar por un concurso público. No caixón dos contratosEn 2017 aprobouse a Lei de Contratos do Sector Público, norma que estabelece os criterios que rexen os denominados contratos menores. As Administracións poden adxudicalos "directamente a calquera empresario coa capacidade de obrar e que conte coa habilitación profesional necesaria para realizar a prestación". É dicir, non é necesario convocar un concurso público. A norma tamén fixa un teito orzamentario para estes contratos, de 15.000 euros no caso da licitación dun servizo e 40.000 euros no dunha obra. "Se aplicamos a lei nun sentido estrito, nos primeiros meses de 2019, teríase incumprido en máis de 6.500 adxudicacións", di Belmonte A propia lei prevé medidas para evitar que as Administracións abusasen dos contratos menores, esixindo unha xustificación de que non se altera o obxecto do contrato. O texto tamén prohibe a adxudicación de varios contratos menores a unha mesma empresa se o orzamento destinado total supera os teitos xa mencionados. Exactamente o que fixo a Deputación de Ourense nos casos citados ao inicio. "Se aplicamos a lei nun sentido estrito, nos primeiros meses de 2019, teríase incumprido en máis de 6.500 adxudicacións", abunda a xornalista Eva Belmonte a Nós Diario."Analizando os datos atopamos que a posíbel fragmentación dos contratos menores é moi habitual nas Administracións. E hai casos moi rechamantes, como o da Deputación de Ourense", engade. Os sistemas de control interno semellan bastante laxos, analiza Belmonte A coordinadora da investigación engade que non todos os casos obedecen a un incumprimento da norma, "haberá algúns nos que exista esa xustificación", mais que a Fundación Civio solicitará a súa revisión."Apenas se controlan de forma externa e os sistemas de control interno semellan bastante laxos", analiza. Os millóns da DeputaciónA Deputación de Ourense é primeira no ranking estatal de fragmentación de contratos menores. Entre xaneiro e xullo de 2019 asinou 120; 55 deles de obra cun importe total de case 21 millóns de euros e adxudicados a un total de 10 empresas. Os datos tamén devolven a predilección deste organismo polas cifras próximas aos 40.000 euros, o límite legal dos contratos menores. En total, 32 dos contratos concedidos teñen un orzamento de 39.669,42 euros. 32 dos contratos concedidos teñen un orzamento de 39.669,42 euros No alto do podio de adxudicacións empatan Camiños de Ourense S. L. e Construcións e Almacéns Manuel Viso e Fillos S. L., con quince asignacións cada unha. Ambas empresas, como lembra a investigación de Civio, están incluídas nas denuncias á Deputación de Ourense por financiamento ilegal que presentou Democracia Ourensana (DO) perante a Fiscalía en 2016. En novembro de 2019 o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza obrigou a anular un concurso da Deputación O grupo acusaba a Administración dirixida por Baltar de fragmentar contratos, outorgando o 75% deles a "dedo" a "cinco empresas". O "desfalco podería estar arredor de 2 millóns", denunciaba o portavoz de DO e hoxe alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O feudo da dinastía Baltar non só acumula reclamacións por adxudicar obras a dedo. En novembro de 2019 o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza obrigou a anular un concurso da Deputación a través do que promocionou a 69 traballadoras e traballadores. Daquela o PSOE demandou a dimisión de Manuel Baltar. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
PRAZA_6770 | O primeiro informe de goberno corporativo de Novacaixagalicia ante a CNMV reflicte créditos, avais e garantías de Caixa Galicia e Caixanova a membros dos seus consellos por importe de case 80 millóns de euros. No seu derradeiro ano as antigas caixas aumentaron un 1.700% o importe das hipotecas outorgadas aos directivos e as súas empresas. | ADICAE ve nalgúns dos créditos condicións máis vantaxosas que as do mercado No ano 2010 Galicia estaba xa inmersa na crise económica e as súas entidades financeiras de referencia, Caixa Galicia e Caixanova, estudaban como enfrontar o futuro paliando as súas dificultades financeiras, especialmente preocupantes no caso da primeira. A ameaza do rescate comezaba a pairar sobre o Estado español e as caixas de aforro eran forzadas a reestruturarse nun proceso no que a Xunta, xa presidida por Alberto Núñez Feijóo, pulaba dende finais de 2009 por forzar a unión entre as dúas entidades do país. As caixas que durante décadas administraran como propias Julio Fernández Gayoso e José Luis Méndez aceptaban formalmente en marzo dese ano iniciar o proceso que, no outono, daría lugar a Novacaixagalicia. Tratábase, dicían, de garantir a saúde das caixas e, sobre todo, o crédito para familias e pequenas empresas. Pero, nese derradeiro ano, os préstamos para a poboación xeral seguíronse reducindo mentres os membros do consello de administración das antigas caixas multiplicaban por sete o seu acceso ao crédito. Os datos do Banco de España sinalan 2010, precisamente, como o ano no que comezou o desplome do crédito bancario á poboación galega por, entre outros factores, a crise das caixas. No entanto, o primeiro informe de goberno corporativo remitido por Novacaixagalicia á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), que recolle as actividades do derradeiro exercicio de Caixa Galicia e Caixanova por separado, reflicte ata 54 operacións de crédito, aval ou garantía a favor de membros do consello de administración da entidade, das súas empresas ou dos seus familiares directos. Son 20 operacións máis que en 2009 e 21 máis que en 2008, pero o rechamante non é o incremento do seu número, senón do seu importe: o de 2010 multiplica case por tres o de 2009 e por sete o de 2008. No 2010 os créditos, avais e garantías para membros do consello achegáronse aos 80 millóns e dous anos antes apenas superaban os 11 Nomedamente, a documentación da CNMV reflicte que durante 2010 conselleiros e conselleiras do que xa consta oficialmente como Novacaixagalicia gozaron para si mesmos e para as súas empresas de préstamos, avais, hipotecas e outros produtos semellantes por importe de 79,9 millóns de euros. Un ano antes, en 2009, a suma de Caixa Galicia e Caixanova chegaba aos 27,5 millóns neste tipo de concesións e en 2008 apenas acadaba os 11,2. A escalada é aínda máis evidente ao comparala cos créditos, avais e garantías que os membros dos consellos das caixas obtiveron en 2007: 2,2 millóns de euros. Foron 19 persoas as que se beneficiaron destas concesións -o consello tiña 22 membros pero moitos deles cesaron en decembro de 2010, cando NCG iniciou a súa actividade- , cinco das cales o fixeron por importe de máis de un millón de euros. Nesta relación destaca especialmente o empresario José García Costas, actual presidente do estaleiro Barreras -agora propiedade de Pemex-, dirixente doutras compañías do naval e máximo responsable da Cámara de Comercio de Vigo. Chegou a NCG procedente de Caixanova, entidade que nos seus derradeiros meses de vida lle concedeu 60,7 millóns, dos que case 40 se corresponderon con créditos ás súas empresas. Outros 11 millóns de euros foron en avais ás súas compañías -o informe non detalla a cales- e case 9, en liñas de comercio exterior. Un só conselleiro logrou operacións crediticias por importe de máis de 60 millóns de euros O segundo conselleiro con máis fondos concedidos foi nese ano Edelmiro Manuel Añón, o empresario da metalurxia que puxera 100 millóns de euros na área industrial de Caixa Galicia e que despois recuperou case totalmente a cambio de achegar 25 millóns a Novagalicia Banco, cantidade que perdeu cando o FROB decidiu a denominada 'operación acordeón' para paliar minimamente as perdas da entidade. No caso do propietario de Hierros Añón as cantidades obtidas en 2010 ascenderon a 8,5 millóns de euros, 7 dunha liña de comercio exterior a doce meses e 1,5 máis nunha liña de desconto, ambas a favor das súas sociedades. Por riba do millón de euros estivo tamén naquel ano o empresario da madeira Juan Ramón Iglesias Álvarez, con 4 millóns de euros que son resultado da suma dunha liña de comercio exterior e unha hipoteca para a súa actividade empresarial. A continuación sitúase Alfonso Paz-Andrade, o industrial pesqueiro agora imputado polo caso Pescanova, que naquel ano obtivo a través do Banco Gallego -dependente de Caixanova-, case 3 millóns de euros por unha "liña multifinanciamento", un crédito empresarial e un aval persoal. O último conselleiro ao que naquel ano se lle concedeu máis de un millón foi Guillermo Alonso Jáudenes, empresario conserveiro falecido o pasado mes de maio. Máis de 2 millóns en hipotecas en plena seca Se os datos dos créditos, avais e garantías concedidos aos conselleiros durante a agonía das caixas son rechamantes en xeral, se cadra aínda o son máis ao debullar cantas destas operacións se corresponden con hipotecas. Mentres o número de hipotecas constituídas en Galicia se reducía en case un 7% en apenas dous anos e o seu importe minguaba en, practicamente, un 30% segundo o INE, no consello de Novacaixagalicia o volume dos créditos hipotecarios medrou a un ritmo de case o 1.700% interanual. Mentres o importe das hipotecas concedidas en Galicia descendía un 30%, no consello da caixa aumentaba case un 1.700% Nos seus dous derradeiros anos por separado, 2008 e 2009, os créditos hipotecarios concedidos polas caixas aos membros do seu consello foron de 52.000 e 125.000 euros, cantidades correspondentes en ambos casos a Caixa Galicia. Pero no ano da fusión estas operacións experimentaron unha verdadeira eclosión, tanto para vivendas particulares como para empresas de conselleiros e conselleiras, chegando aos 2,25 millóns de euros. O préstamo hipotecario de maior importe foi o concedido para a actividade empresarial do madeireiro Juan Ramón Iglesias, con 1,3 millóns, seguido do de Francisco Loimil Garrido, que logrou unha hipoteca de 300.000 euros. A outra hipoteca máis avultada, de 245.000 euros, concedéuselle ao economista Gonzalo Ortiz, que estaba no consello en representación das persoas impositoras. Un importe semellante, 230.000 euros, foi o dun préstamo hipotecario para as empresas de García Costas. A lista de hipotecas complétana os 114.000 euros do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, e os 60.000 de María José Ferreiro, que representaba o persoal da entidade no consello. Este gran aumento na concesión de créditos, avais e garantías en plena crise do sistema financeiro galego e español non está, cando menos polo momento, entre as operacións presuntamente irregulares das antigas caixas que o FROB remitiu recentemente á Fiscalía. O organismo estatal detecta movementos "que deron lugar a importantes perdas para as entidades" unicamente entre 2005 e 2008. Refírense a cancelacións de débeda ou vendas de inmobles pero tamén, precisamente, á concesión de créditos ou refinanciamentos. |
NOS_23920 | A poucos días da reincorporación do profesorado aos centros e menos de tres semanas para o inicio do curso escolar multiplícanse as voces que exixen á Xunta que asuma as súas competencias en materia educativa e estabeleza as medidas que dean seguridade sanitaria ao alumnado e o persoal que se incorpore aos centros de ensino en setembro, no canto de ampararse na Administración estatal, á mesma á que lle reclamaba hai uns meses a fin do estado de alarma e a devolución das súas competencias. | Nunha cousa concordan os distintos axentes implicados no proceso educativo coas últimas declaracións do presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a respecto do inicio do curso escolar: existe unha fonda preocupación, tanto nas familias como no profesorado, por como se presenta setembro nos centros de ensino. Outra cousa é o enfoque. Na súa comparecencia após a xuntanza co comité clínico do Sergas, o conselleiro de Sanidade e a conselleira de Educación para analizar a evolución epidemiolóxica e valorar medidas ao efecto, Feixoo aludía esta pasada cuarta feira á conciliación das familias e á cuestión económica como os aspectos que máis preocupan á Xunta de cara á volta ás aulas, ademais da situación sanitaria. Nese contexto, reclamaba do Goberno español "criterios claros e homoxéneos" e un protocolo único, "imprescindíbel" para a volta ás aulas. "A Xunta ten claramente as competencias educativas. Non vale que agora bote balóns fóra pedindo ese protocolo único cando hai tres semanas vendíanos o documento da Consellaría de Educación –que contén as súas directrices para adaptar o inicio do curso ao contexto sanitario– como sólido e avalado polas Autoridades sanitarias" opón, desde a plataforma Profesorado en Pé, unha das súas portavoces, Alexandra Cabana, docente no IES da Terra Chá. En espera de que teñan lugar a xuntanza sectorial entre o Ministerio de Educación e os Gobernos territoriais para avaliar os mecanismos para unha volta a clase segura, a Federación Galega de Directivos de Centros Públicos tamén censuraba onte as "incertezas" que suma a tardanza na planificación por parte da Xunta e as reformulacións que comezaron estes días, e continuarán previsibelmente unha vez se coñeza o protocolo do Ministerio de Educación. Os sindicatos do ensino levan desde finais do curso pasado reclamando ao Goberno galego que asuma as súas competencias educativas, e denunciando a súa delegación –pola vía do protocolo– nos centros de ensino, que están chamados a deseñar, de facto, a adaptación da súa actividade ás circunstancias sanitarias antes de setembro. "É vergoñento que non exerzan as súas funcións, a poucos días de que o profesorado se reincorpore e a poucas semanas do inicio das clases. Que non haxa unha rectificación completa do protocolo é unha temeridade", censura Suso Bermello, secretario nacional de CIG Ensino, a organización maioritaria no sector educativo a nivel galego, despois de coñecer as actuacións anunciadas pola Xunta esta semana para afrontar a volta da actividade escolar perante a evolución da pandemia, e que se resumen na proposta, lanzada ao Goberno central, para facer obrigatorio o uso da máscara por parte do alumnado dentro da aula, unha medida que non incluíu no seu protocolo, publicado hai apenas un mes. Chamada á mobilización Nesta conclusión, o responsábel da CIG fai un chamado para unha "resposta social contundente" contra a actuación da Xunta nesta materia, no caso de que non haxa unha modificación substancial da planificación. "Setembro ten que empezar desde o primeiro día con mobilizacións, concentracións do profesorado, e tamén apelamos as familias, para que dean unha resposta mobilizadora. Non podemos sermos cómplices da neglixencia, irresponsabilidade e temeridade na que cae a Xunta e temos que poñer todo o que estea nas nosas mans para que se tomen medidas básicas, desde a perspectiva sanitaria, para que nas aulas haxa un distanciamento físico que limite no posíbel os contaxios", expón Bermello. Asociacións de nais e pais encadradas na Confederación Anpas Galegas lanzaban estes días un manifesto para demandar da Xunta liderado, recursos e pautas coherentes diante "dun próximo futuro que se albisca incerto, inestábel, inseguro, mal organizado e enormemente perigoso para as nosas fillas e fillos, e por extensión para toda a sociedade galega coa que se relacionen, que é practicamente a totalidade", ao tempo que a confederación Confapa elaboraba unha completa batería de cuestións que o protocolo educativo galego deixa no aire. Para a CIG, as incipientes modificacións que o Goberno galego está a realizar na súa folla de ruta –como a obrigatoridade da máscara ou a decisión de realizar PCR ao profesorado, aínda que non ao persoal non docente, antes da reincorporación– non responden a parámetros sanitarios, senón que buscan "unha coartada para evitar a redución do alumnado por aula", seguindo o que Bermello denomina a "doutrina de custo cero", pola que a Xunta "non quere investir nada en profesorado e non atende as demandas de redución de ratio por aula". Menos alumnado na aula Na súa comparecencia de hai dous días, Feixoo apuntou á contratación de 240 docentes e garantiu un máximo de 25 menores por aula desde setembro. "Esa é xa a ratio máxima para o alumnado de Infantil e Primaria. Da declaración poderíamos entender que tamén se vai baixar a de Secundaria e Bacharelato –que chegan ás 32 alumnas e alumnos–, pero é unicamente unha declaración, non ten sustento oficial, e o único que temos por escrito é o protocolo, que non di iso", advirte a integrante de Profesorado en Pé, quen advirte que para rebaixar as ratios "hai que contratar profesorado, e con ese 240 dos que fala o presidente non dan as contas", tendo en conta que Galiza conta con perto de 1.500 centros públicos de ensino non universitario. "Pero ademais, esas contratacións son falsas. Non e unha medida para rebaixar ratios pola Covid-19 senón que é o profesorado que se estabelece na base de matrícula de cada ano para non superar as ratios legais, que chegan a 32", apunta. "Non toca nin a un cuarto de profesor por centro educativo. É unha medida que non serve para dar resposta ás demandas da comunidade educativa", denunciou onte a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen urxiu medidas "reais e eficaces" para o inicio de curso. Igualmente, desde o PSdeG, o vicesecretario xeral, Pablo Arangüena, reclamou á Xunta que asuma as súas competencias educativas. Con todo, as rectificacións ao protocolo son, a ollos da portavoz da plataforma educativa, positivas "porque non hai por onde collelo", mais deben facerse "con xeito" e a tempo, dado que as direccións levan semanas traballando para adaptarse a este documento. "Queremos volver ás aulas e facelo de forma presencial, pero con seguridade e en igualdade, porque se está discriminando a todas as persoas que participan na vida dos centros e estamos falando a unha cuestión que afecta miles de familias e, de forma indirecta, a case toda a poboación, polo que debe ser unha prioridade", opina Cabana. [Podes ler a reportaxe íntegra no Nós Diario en papel, á venda a partir da terza feira, día 28, nos quiosques ou na nube] |
PRAZA_4945 | Xa está dispoñible para dispositivos Android esta aplicación de mensaxería instantánea, compatible con Telegram, en galego e cunha personalización gráfica con elementos do país. Dende hai dúas semanas, ademais, xa se pode usar Telegram na nosa lingua. | Se estabas pensando nunha aplicación de mensaxería instantánea alternativa a WhatsApp, e dubidabas entre Line e Telegram, dende agora podes escoller tamén Galegram, que emprega a estrutura de Telegram e é totalmente compatible con ela, e non só está en dispoñible en galego (Telegram xa foi traducida hai un par de semanas), senón que ademais incorpora unha personalización gráfica con elementos do país. Galegram foi desenvolvida por Mc'Apps e pódese descargar de balde para calquera dispositivo que empregue Android. Para comezar a utilizar Galegram hai que desinstalar primeiro Telegram (se estivese instalado), o que permitirá -ao instalar o Galegram- conservar as conversas, contactos, etc, previos. Os seus desenvolvedores salientan que Galegram mellora as características de Telegram, ao permitir ocultar o estado en liña ou introducir o modo walkie-talkie. E engaden que "os teus contactos con Telegram non notarán ningunha diferenza", ao contar a aplicación con todas as restantes características da aplicación orixinal, coma a súa gratuidade, o encriptamento das mensaxes, o seu funcionamento baseado na nube (o que permite o envío de arquivos de gran tamaño) e a súa velocidade de envío. Hai unhas semanas, ademais, anunciouse que un grupo de usuarios levara a cabo a tradución ao galego de Telegram na súa versión Android. En paralelo, Pablo Belay levara a cabo unha tradución ao galego da aplicación web non oficial, que se pode probar nos servidores de chuza.gl. |
NOS_22526 | A ex deputada Noela Blanco estuda encabezar a delegación ourensá para o Congreso Federal do PSOE. | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento a que as e os socialistas galegos presenten listas de integración en todos os territorios para a elección de delegadas e delegados para o Congreso Federal do PSOE que terá lugar a mediados de outubro en Valencia. Caballero lanzou esta mensaxe esta terza feira, 31 de agosto, en Santiago, nunhas declaracións aos medios convocadas fronte á estatua que o fundador do Partido Socialista, Pablo Iglesias, ten no compostelán barrio de Vite. Remarcou que "se todos" os militantes e cargos do partido na Galiza apoian o líder do PSOE e presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, "non hai motivo" para que concorran a este proceso interno varias candidaturas. "Se non hai ningunha división real ao redor do proxecto de Sánchez non podemos aparentar divisións artificiais", sentenciou. Tamén quixo desligar o proceso estatal para o que hoxe abre o rexistro de candidaturas do que vivirá a organización a nivel galego (o Congreso do PSdeG prevese para decembro). De feito, matizou que o seu chamamento ás listas de integración está referido ao proceso federal. "Cando haxa que falar doutras formulacións haberá que falar", dixo sobre as primarias galegas nunha xornada en que volveu evitar concretar se optará á reelección. Con todo, a ex deputada do PSdeG no Parlamento galego Noela Blanco desvelou esta terza feira a través das redes sociais a súa intención de presentar candidatura para encabezar a delegación de Ourense para o Congreso Federal do PSOE. Blanco, que deixou o seu escano no Pazo do Hórreo tras non ser elixida para conformar a lista dos socialistas para as eleccións galegas de xullo 2020, perdeu en 2017 as primarias á secretaría provincial ourensá fronte a Rafael Villarino, próximo a Gonzalo Caballero. |
NOS_52331 | Unhas tarifas que non deixan de subir a pesar da crise e os grandes beneficios das concesionarias e a demanda de recuperación da titularidade pública da AP-9 continúan a provocar actos reivindicativos e iniciativas parlamentares contra o negocio "desmedido" das autoestradas galegas. | Para alén das polémicas que provocou no seu día a construción da Autoestrada Norte-Sur, desde que se abriron os primeiros tramos hai 35 anos o sistema de autoestradas galegas nunca puido afastarse da liorta social e política. Especialmente, desde que a principal, a AP-9, que discorre polo chamado eixo atlántico, foi privatizada en 2003 polo goberno de Aznar e Rajoy en Madrid, co aplauso do de Fraga en Galiza. Ficou así Audasa -a empresa que a xestiona- en mans de Sacyr, unha das construtoras que aparece entre os presuntos doantes do PP, que despois lla vendeu a Citibank, unha filial dos xigantes das finanzas globalizadas. A maiores, os gobernos decidiron daquela -no que era o miolo da operación- ampliar a concesión 25 anos máis -até 2048- a cambio dunha cantidade insuficiente en vista da previsión de ingresos e da suposta gratuidade de pequenos treitos, que logo non é tal, xa que tamén se paga con cartos de tod@s. As empresas concesionarias das autoestradas galegas nunca van perder diñeiro. Teñen o aval dos goberno, facendo bo o axioma neoliberal de "beneficios privados, perdas públicas". Toda a información, de Rodri Suárez, no número 92 do Sermos Galiza |
NOS_42758 | Alberto Núñez Feixoo será reelixido por quinta vez líder do PP no 17º congreso da formación na Galiza. Un conclave que foi trasladado de Pontevedra a Santiago de Compostela debido á evolución da pandemia. | Neste conclave, que decorre entre a sexta feira e o sábado, o tamén presidente da Xunta estará arroupado por numerosos dirixentes da súa formación, co xefe de filas do PP, Pablo Casado, que acudirá á clausura na última xornada, á cabeza. Coa lema 'Un camiño por percorrer' e na semana na que se conmemora a cuarta vitoria electoral de Feixoo nas urnas, o congreso arrincará na sexta feira ás 16.30 horas no Multiusos do Sar. Nesta primeira tarde debateranse os relatorios e intervirá o secretario xeral do PP a nivel estatal, Teodoro García Egea. Tamén terán voz o dez líderes autonómicos do partido que se desprazarán á Galiza con motivo do conclave: Andalucía, Madrid, Castela e León, Murcia, Castela-A Mancha, Estremadura, Euskadi, Aragón, Asturias e Cantabria. O principal punto de interese da xornada chegará a partir das 19 horas, cando Feixoo desvele a lista completa que o acompañará á fronte da formación nos próximos anos. Con todo, para o cargo con principal protagonismo no organigrama popular, a secretaría xeral, Feixoo xa desvelou que quere seguir contando co ferrolán Miguel Tellado, con quen sumou dúas maiorías absolutas desde que o 'fichou' para o cargo no último congreso galego, decorrido en 2016. Candidato por quinta vez? O pasado 16 de xuño, cando entregou os avais, Feixoo evitou desvelar se será ou non candidato á Presidenciad a Xunta por quinta vez en 2024. Se ben os estatutos do partido dan lexitimidade ao presidente ante a chegada dun proceso electoral, concorrer "non é obrigatorio nin automático". Polo de agora, o que el quere, dixo, é seguir "a liderar o partido" e "nada máis". |
PRAZA_19858 | A Real Academia Galega presenta ata o 28 de abril unha mostra de libros históricos sobre viaxes por Galicia dende o século XVI ata o XX | "Como de Vögue dixo dos poetas rusos, Les poetes Russes no sont et ne seront jamais traduits, o mesmo acontece coa poesía de Galicia. Tanto o ruso como o galego están cheos de doces e tenros e diminutivos intraducibles infinitamente musicais e vivamente expresivos. Cando intentamos interpretalos nunha lingua estranxeira a súa música morre e as súas almas evapóranse". A comezos do século XX a británica Annette M. B. Meakin plasmou as súa visión do territorio e a poboación galega en Galicia: the Switzerland of Spain, un resumo en letra e imaxe da historia de Galicia, da súa literatura e mais do seu carácter. Neste 2017 é posible recuperar aquelas impresións na mostra organizada pola Real Academia Galega co gallo do Día do Libro. O libro de Meakin sobre Galicia, cun capítulo sobre Rosalía, compleméntase nesta exposición da RAG, aberta ata o día 28 deste mes de abril con outro volume con sinatura doutra autora británica: Catherine Gasquoine Hartley, que poucos anos despois describiu Galicia, paisaxes e terra, pero tamén xente. E, nomeadamente, as mulleres do país. Non en van, no capítulo titulado 'Las gallegas: the women of Galicia', debulla a súa visión das "tres grandes mulleres galegas": Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e a propia Rosalía. Xunto ás viaxes por Galicia de visitantes ilustres nos primeiros anos do século XX esta mostra da RAG retrocede ata a segunda metade do XVIII, concretamente ata 1765, para amosar un libro editado nese ano, pero escrito no século anterior. Trátase da Viage de Ambrosio de Morales por orden del Rey D. Phelippe II a los Reynos de León, y Galicia y Principado de Asturias, un traballo elaborado "por encargo do monarca", explica a Academia" para "elaborar unhar elación dos santos, os sepulcros reais e os libros manuscritos custodiados nas catedrais e nos mosteiros". A intención non era só realizar un inventario, xa que parte dese valiosos volumes acabaron no mosteiro do Escorial. O interese de frei Martín Sarmiento pola lexicografía, a toponimia e a botánica ou as escenas recollidas por Ruth Mathilda Anderson na viaxe realizada por Galicia nos anos 20 do século pasado están tamén presentes nunha exposición con obras variadas en canto a épocas e procedencias de quen as asinan. Entre elas a RAG destaca A corner of Spain (Londres, 1910), de Walter Wood; Northern Spain (Londres, 1906), do pintor Edgard T. A. Wigram; Impresiones de un viaje por Galicia (Vigo, 1910), de Mister Geissler; Por las Rías Bajas: (notas de viaje por Galicia), de Alfonso Pérez Nieva (A Coruña, 1900) ou La familia real en Galicia: 1900. Álbum Recuerdo (Pontevedra, 1900). As persoas que visiten esta exposición na biblioteca da RAG levarán como lembranza un libro sobre Francisca Herrera Garrido escrito por Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras. A mostra pode visitarse de 9:00 a 14:45 horas e, de luns a xoves, tamén de 16:30 a 19:45 horas. |
PRAZA_1651 | O Concello da Coruña inicia os trámites para a finalización do contrato da Feira Taurina. Representantes municipais reúnense co promotor do espectáculo para negociar a indemnización á que podería ter dereito, un 10% da contía do contrato. "O ano pasado había máis xente manifestándose en contra das touradas que como público", resalta Xulio Ferreiro. Domingos Merino, outravolta en María Pita | "O IMCE vén de iniciar o expediente de finalización de contrato e suspensión da Feira Taurina". Con este breve texto, publicado na súa conta de twitter, o Concello da Coruña confirmaba a fin das touradas na cidade, poñendo remate a un espectáculo que ao longo das últimas dúas décadas fora sostido economicamente polos cartos públicos, primeiro de forma directa e, nos últimos anos, de maneira indirecta. A subvención indirecta que o Goberno municipal de Carlos Negreira viña entregando aos organizadores da feira ascendía a 95 mil euros, sumando o aluguer do Coliseum, o custe da montaxe da praza de touros ou a cesion da banda de música. Esta subvención case igualaba os 104 mil euros que, por exemplo, en 2013 se recadaron pola venda de entradas. O concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, e o empresario Tomás Entero, propietario de Tauro Siglo XXI, concesionaria da Feira, mantiveron á unha do mediodía unha xuntanza na que os representantes do Concello reiteraron unha vez máis a súa intención de finalizar o contrato asinado o pasado ano polo Goberno de Negreira, que incluía a cesión do Coliseum. Concello e empresa manterán unha nova reunión ás cinco desta tarde para seguir negociando a contía da indemnización á que Tauro Siglo XXI ten dereito pola suspensión da feira, e que dende María Pita se calcula nun 10% do valor do concurso, de ao redor de 60 mil euros. Ferreiro subliña que o Goberno local non "prohíbe" a celebración das touradas pois non ten "competencias" para facelo, senón que simplemente se limita a non ceder un recinto municipal para este uso En rolda de prensa o alcalde, Xulio Ferreiro, afirmou que o Concello vai actuar "segundo o interese común", destacando que as corridas de touros contan cun apoio moi pequeno na cidade, algo constatado por "enquisas" (coma a realizada por Obradoiro de Socioloxía para Galicia mellor sen touradas) e pola propia asistencia (moi escasa nos últimos anos) ao espectáculo. "O ano pasado había máis xente manifestándose en contra das touradas que como público nas mesmas", sinalou. O rexedor destacou que o custe da rescisión do contrato será inferior á subvención indirecta que o Concello viña entregando: "Os cálculos son diversos, pero pensamos que para o Concello a Feira Taurina supón un desembolso aproximado duns 60.000 euros; dos que esperamos aforrar 50.000". Subliñou ademais que o Goberno local non "prohíbe" a celebración das touradas pois non ten "competencias" para facelo, senón que simplemente se limita a non ceder un recinto municipal para este uso. Deste xeito, por suposto, se algún promotor taurino atopa outro recinto, de propiedade privada, e considera que a organización dunha corrida de touros podería ser economicamente rendible (algo moi improbable sen axudas públicas), podería organizala na cidade. A Marea Atlántica sempre sostivo que a supresión das touradas na cidade era un punto "innegociable" do seu programa: "Nin un euro do concello, nin un metro cadrado de bens municipais para o maltrato animal. O goberno municipal non será cómplice de eventos como as touradas baseados no maltrato a un ser vivo. Rematou a vergoña de que un concello que representa ao xeral da cidadanía coruñesa preste apoio económico (ou facilite bens como o Coliseo) para o maltrato animal", dicíase no programa da formación. A empresa difundira nos últimos días unha proposta de programación para a Feira Taurina, que tiña prevista a súa celebración o 1 e 2 de agosto no Coliseum. Porén, a feira finalmente non se celebrará. Era cuestión de tempo. Xa o pasado ano o concurso para a licitación deste espectáculo de tortura animal quedara deserto antes do verán, e na repetición da convocatoria, en setembro, o Concello só recibira a oferta de Tauro Siglo XXI. E iso, a pesar das facilidades outorgadas polo Goberno local e do mantemento das axudas indirectas. A subvención indirecta que o Concello viña entregando aos organizadores da feira ascendía a 95 mil euros As touradas continúan polo tanto o seu proceso de desaparición en Galicia. Este ano xa non se organizaron en Sarria, grazas á marcha do PP do goberno municipal, e tamén en Pontevedra a súa continuidade podería comezar a estar no aire, se se confirma a eliminación das subvencións que a Feira Taurina que se celebra nas festas da Peregrina viña recibindo da Deputación. No programa marco de goberno para as deputacións provinciais asinado por PSdeG-PSOE e BNG prevese "a eliminación de subsidios dedicados á organización de touradas". As reaccións dos protaurinos no twitter Pouco despois de confirmarse a intención do Concello da Coruña de finalizar o contrato da Feira Taurina, algúns defensores deste espectáctulo de tortura animal deixaron mostra do seu descontento nas redes sociais, na propia conta de twitter da administración municipal ou empregando o hashtag #SiALosTorosEnACoruña. As críticas facían referencia, sobre todo, a unha suposta prohibición das corridas de touros por parte do Concello, inexistente, e apelaban á liberdade e á cultura: "No nos pueden quitar la libertad", "¡Basta ya de totalitarismos encubiertos!", "#SiALosTorosEnACoruña y en todos los lugares donde la represión de infames seres pretende dejarnos sin cultura!", "Harto de q siempre los partidos políticos usen a los toros para ganar votos y asi disimilar cosas mas importantes", "La tauromaquia ni tiene colores ni pertenece a ningún partido, la tauromaquia es del pueblo". Algún tuit mesmo responsabiliza da decisión a Pablo Iglesias ("El coletas de Podemos venía de progre y es un dictador. Ahora también destruye empleo") e outro chega a meter polo medio a gastronomía (No tienen derecho a quitar los toros mientras ellos maltratan pulpos"). |
NOS_21992 | No Día da Animación, desde 'Nós Diario' facemos un achegamento á orixe deste día, un recordatorio dos primeiros pasos dos filmes animados no mundo e na Galiza e conversamos con creadores e produtoras que están, hoxe en día, levando a animación feita na Galiza e en galego polos festivais do mundo. | O 28 de outubro conmemórase a primeira proxección pública do Théâtre Optique de Émile Reynaud e que tivo lugar no Museo Grevin de Paris en 1892. Tratábase dun aparello que permitía proxectar imaxes animadas, claro antecedente deste tipo de cinematografía e polo que se deu e dedicar este día á Animación. Aquela célebre xornada, o museo parisino proxectaba "Pantomimas luminosas", un programa que incluía tres películas: Pauvre Pierrot, Clown et ses chiens e Un bon bock, e convertíase Reynaud no creador dos debuxos animados. A animación na Galiza comezou a ter pulo a comezos dos anos 2000, como lembra a produtora Chelo Loureiro, de Abano Producións, "había unha situación moi benigna e o Goberno decidiu tomar a animación como un sector estratéxico para a Galiza". Naquela altura creábase Dygra e máis tarde Bren, a área de Fílmax centrada neste tipo de ficción. Pero desde entón, a crise económica de hai unha década, mudou o panorama e, segundo aprecia Chelo Loureiro, "deixou de haber apoios especiais e a animación precísaos porque, crea moitos postos de traballo, pero o desenvolvemento dun guión de animación é moi custoso, moito máis que o da ficción". Nesta liña pronúnciase tamén o director Alberto Vázquez, que proximamente estreará con Abano a súa longametraxe Unicorn Wars, coa que levan a traballar arredor de catro anos. "A animación é moito máis cara que a ficción ou o documental porque as producións son moi longas", apunta Alberto Vázquez. "Unha produción media é de case tres anos e tes que dispor de local, infraestrutura e da contratación dun equipo dunha vintena de persoas", explica. Financiar e co-producir O elevado custo da realización de filmes animados moveu o sector a combinar o financiamento público co privado. "Cando imos aos lugares nos que buscamos financiamento temos que levar algo debaixo do brazo algún personaxe feito, un clip dun minuto... e todo iso é moi caro, falamos de centos de milleiros de euros", recalca a este respecto a produtora de Abano. Algo ao que Chelo Loureiro lle engade que "os directores e as directoras de animación non son tan coñecidas aquí, algúns igual o son, como pode ser o caso de Alberto Vázquez, pero sono máis en Europa". Sobre esta proxección da animación galega a produtora destaca que "50% dos Premios Goya de animación son galegos, cando a nosa produción representa unha porcentaxe mínima no Estado, iso débese a que hai moitísimo talento". "Somos grandes contadoras de historias e temos persoas magníficas no eido da ilustración" explica, "pero diso os políticos non se decatan... como é posíbel?", interrógase Chelo Loureiro. A realidade é que os filmes galegos de animación percorren os festivais do mundo e conseguen galardóns, é o caso de Homeless home, de Alberto Vázquez, recentemente premiado polo xurado de Annecy 2020. Grazas a que, o dos festivais, é un dos principais circuítos de distribución de curtametraxes, é posíbel estabelecer coproducións, como é o caso de Unicorn Wars unha produción galego-vasca-francesa que se realizará en galego, aínda que se dobrará a castelán, francés e inglés. A este respecto, o director Alberto Vázquez di, "a versión orixinal da longametraxe será en galego, porque me parece interesante que en Francia poidan escoitar o idioma galego, ou que se vai a un festival como o de Cans, no Porriño, se poida exhibir sen dobrar". Animación e divulgación Alén da creación artística e do entretemento, tamén se fan na Galiza proxectos de animación gráfica vencellados á divulgación. É o caso do traballo de motion graphics que realiza Xaime Beiro. "Do que se trata é de realizar gráficos moi explicativos animados, para o que en xeral usamos 2D, aínda que tamén de vez en cando 3D", explica Beiro. Este creador autónomo afirma que "cada vez é máis habitual que me contraten vídeos dun par de minutos para explicar, de maneira moi sinxela, cuestións de carácter científico". Nesta liña publicábase hai unhas semanas o vídeo de animación médica con calidade 8k, que difundía na rede a Clínica Médica Dental Pardiñas, e recoñecido por Youtube como o máis visitado no eido da odontoloxía en todo o mundo". |
NOS_46932 | Antón López (Vigo, 1960) é un dos membros fundadores de Treixadura, un dos grupos musicais que máis persoas move no país. Falamos con el do novo disco que veñen de lanzar, Inda Canto!, o sétimo da formación, no que botan a ollada aos seus comezos para concluír que o camiño pasa por seguir "tocando a gaita, cantando e facéndollo pasar ben á xente". Eis un extracto da conversa, publicada no Sermos Galiza 299. | Cal foi a evolución de Treixadura? Eu compároo sempre cun río que comeza sendo un regato pequeniño e acaba sendo un gran río. No mesmo muíño onde nos reuniamos fixemos a presentación do grupo, cun colectivo de amigos. En canto saíu ao público, no mundo dos gaiteiros, vimos que acollida era moi boa. Pero tardamos catro anos en estar convencidos de que se podía gravar; como ves tomamos as cousas con calma. Tivemos ofertas, até que chegou unha que nos convenceu moito, que foron os propios de Milladoiro. Cos gaiteiros de Milladoiro tiñamos boa relación, posto que son os mestres dos gaiteiros que temos hoxe. Gravamos ese primeiro disco Obrigado, que é un disco de gaita. Logo dese primeiro disco, sentimos a necesidade de darlle un pouco de gama, de colorido, á música. E pensamos nun acordeón, porque permitía cambiar tonalidades, ampliar o abano. Foi cando pensamos en César Longa, que viña dun grupo folk, facendo o camiño á inversa. Normalmente empezan gaiteiros e acaban no folk. Que supuxo ese salto? Inmediatamente despois gravamos Unha noite no muíño. Daquela xa pensabamos nunha cuatriloxía, pero parecíanos unha utopía. Tiñamos outro posíbel título que nos gustaba, Martes pechado, pero era un nome algo rompedor para un grupo de gaiteiros. No seguinte disco, Unha noite non é nada, outra volta do grupo. Queriamos gravar unha suite sobre temas populares que aparece nunha zarzuela, na Chula de Pontevedra, e acababa cunha foliada. E chegamos a gravala, pero non nos convencía porque era moi pouca voz. Pensamos na posibilidade de contar cun coro. É algo que sempre nos gustou, somos moi amantes da música tradicional, da música dos coros, das bandas de música, e ademais coñecemos ese repertorio. Collemos uns cantos amigos, que cantaba ben, xente coa que cantabamos habitualmente. E ese foi o xermolo do Orfeón Treixadura. Hai xente que cre que parte do voso repertorio é popular. A que se debe? Están feitas desde a base. As creacións de Treixadura están feitas por xente que viviu e mamou a música tradicional. Cando ti naces aí, o que ti creas está inspirado niso. É así de sinxelo. A música tradicional non ten ningún segredo: ten que ser fácil de entender, fácil de cantar e que a xente se identifique rápido con ela. E por iso a xente acaba asimilando a música de Treixadura, é moi similar ao que podes escoitar de hai cen anos, pero feito hoxe. É algo que non pensabamos que chegase a suceder e que reafirma a idea que tiñamos nun principio. Non foi doado, foi un camiño no que loitamos moito a contracorrente. Pero feito con tranquilidade, sen ningún tipo de expectativa. O único obxectivo era pasalo ben, facerllo pasar ben á xente, e se iso non ía adiante, marchar á casa. Pero resulta que a idea non era tan desatinada. [Podes ler a entrevista íntegra no número 299 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_16141 | Bello Maneiro nega as acusacións de En Marea, que di que a administración local contratou "de maneira irregular" o secretario e o interventor municipal para "agochar" polémicas actuacións nunha administración sinalada xa por ser investigada por presuntas dietas irregulares | O alcalde Valga, José María Bello Maneiro (PP), respondeu este mércores á denuncia pública de En Marea sobre unha "trama de corrupción" no Concello negando "todas" as acusacións da formación política e advertindo da posibilidade -estúdiano xa os asesores xurídicos- de interpoñer unha querela contra o seu portavoz, Luís Villares, ao que acusa de verter "insultos e descualificacións", non só contra o grupo de goberno, senón tamén contra "funcionarios e traballadores municipais". O alcalde de Valga anuncia unha posible querela contra Villares polos "insultos e descualificacións" contra o equipo de goberno e traballadores municipais En Marea denunciou a pasada semana a existencia desa suposta trama de corrupción no Concello de Valga, na que implicou o alcalde, así como o secretario e o interventor municipais, ambos os dous ocupando os seus cargos por acumulación, ao exercer normalmente no municipio onde teñen praza e algúns días á semana nesta localidade pontevedresa. En rolda de prensa, Villares advertiu de varias irregularidades, a primeira delas o mantemento tanto do secretario, Juan Manuel Salguero, como do interventor, Juan José Vidal, nos seus postos de maneira "irregular" e "ofertando salarios moi por baixo da súa categoría para evitar que ninguén máis concorra ás dúas prazas". Segundo a formación política, o obxectivo de manter estes funcionaros no posto non é outro que lograr "que fagan a vista gorda á activade do rexedor". En Marea acusa o Concello de manter dous funcionarios de maneira "irregular" para "agochar" polémicas decisións administrativas En Marea considera que a permanencia destes dous funcionarios no posto débese á necesidade de"agochar" decisións como adxudicar un contrato de reforzo administrativa a unha socia do interventor na compañía Iglesias Lago Vilanova Asesores, muller que, segundo denuncian, "nunca pisou o Concello porque quen fai o traballo, mesmo dende o mostrador de atención ao público, é Luís Nieto, outro dos socios da empresa, que está xubilado". Ademais, a formación asegura que ambos os dous traballadores, con praza en Ribeira e Sanxenxo, cobran "dietas de xeito irregular" e asegura ter proba documental de todo o denunciado. O rexedor, José María Bello, negou todas as acusacións. "En política non todo vale. Hai que ser serios e respectuosos e xa é hora de que alguén empece a tomar medidas contra as descualificacións e os insultos", dixo en rolda de prensa, acompañado polas concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez. "Todo o que fai o Concello está dentro da legalidade", insistiu, logo de asegurar que "é falso" que se contratara a empresa sinalada por En Marea. "Contratouse durante un ano por 1.000 euros ao mes a unha persoa autónoma, precisamente para garantir o bo funcionamento da administración e para axilizar temas atrasados que o anterior responsable non logrou poñer en día. Este contrato remata en xuño e é un traballo que, na meirande parte, non se fai físicamente no Concello de Valga, senón de xeito telemático a través da Sede Electrónica que implantou o Concello", dixo. "Son profesionais que defenden a legalidade e cumpren coas súas obrigas e deberes", insistiu. Bello Maneiro nega todas as acusacións de En Marea: "Todo o que fai o Concello está dentro da legalidade" En canto á denuncia de "irregularidades" nas dietas percibidas, o alcalde asegurou que "tamén están recollidas na lei" e afirmou que ambos os dous cobran 37,40 euros por cada día que visitan o Concello. "Só faltaría que tivesen que pagar do seu peto as comidas e os desprazamentos dende Ribeira e Sanxenxo", engadiu. Concello sinalada pola investigación sobre dietas irregulares As acusacións realizadas por En Marea chegan a un Concello sinalado xa por ser onde un xulgado investiga dietas presuntamente irregulares cobradas durante décadas polos edís do goberno local. A partir da apertura deste caso, foron varios os municipios onde se descubriron pagos semellantes aos postos en dúbida pola xustiza en Valga: primeiro en Outes, Curtis ou Noia e logo en Neda, Cabanas ou Porto do Son. O xulgado de primeira instancia de instrución número 1 de Caldas de Reis citara a declarar como investigados sete dos nove edís do PP na localidade pontevedresa, entre eles o seu alcalde. A maxistrada investiga un presunto delito de malversación de fondos e prevaricación polo cobro por parte dos edís de dietas pola asistencia a unhas reunións denominadas comisións de coordinación, unha peculiar figura allea aos órganos colexiados habituais, instaurada nesta localidade desde hai máis de dúas décadas. Teríanse gastado unha media de 15.000 euros anuais e un total duns 400.000 euros desde 1992 e o ex-interventor no municipio xa ratificou ante a xuíza que estes cobros estaban á marxe da lei. Fontes coñecedoras do caso e das presuntas irregularidades no Concello advirten a Praza.gal da posible relación destas coa contratación do secretario e do interventor agora sinalados por En Marea e reparan no feito de que algún deles teña relación con anteriores episodios polémicos en municipios gobernados polo Partido Popular. Catro secretarios e catro interventores pasaron polo Concello de Valga neste mandato municipal Ademais, son xa un mínimo de catro secretarios e catro interventores os que traballaron na administración local de Valga neste mandato municipal, desde as eleccións de maio de 2015. Até oito funcionarios públicos destes postos claves pasaron cando menos polo municipio desde que o PP revalidase a súa maioría absoluta. Foron varias as mudanzas e renuncias no persoal, que coincidiron coas dúbidas que desde a oposición que exerce o PSdeG se deitaron sobre determinadas actuacións administrativas. Unha delas levou á denuncia sobre as polémicas comisións de coordinación. Agora, outras dúbidas levan a En Marea a denunciar publicamente tamén presuntas irregularidades. En decembro de 2016, tomaba posesión no Concello de Valga un novo secretario. Facíao tras a marcha da anterior secretaria en setembro e logo de que se anulase un proceso selectivo para o posto que foi finalmente adiado. Incorporouse así para ocupar o cargo por acumulación, exercendo normalmente no municipio onde ten praza e un día ou dous á semana nesta localidade pontevedresa. O elixido foi Juan Salguero, un dos funcionarios incorporados ao Concello de Santiago polo goberno de Conde Roa en condicións irregulares, segundo o TSXG. En 2011 e con menos de medio ano gobernando no Concello de Santiago, o PP -con Conde Roa na alcaldía e Ángel Espadas como responsable do seu gabinete- esforzouse en prorrogar o contrato que o consistorio tiña con Aquagest. Naqueles días Espadas explicáballes aos responsables da empresa en Galicia e Compostela que a operación estaba practicamente feita e as únicas dificultades eran que o secretario e a interventora municipal "nos están torpedeando todo" e por iso traballaron para afastalos dos seus cargos. Esa remuda levouse a cabo e logo o TSXG anulouna, ordenando "o cesamento dos nomeamentos litixiosos", naquel caso de Juan Manuel Salguero e Vicente Calvo, e a reincorporación dos anteriores funcionarios. O secretario Juan Carlos Salguero elaborou o informe clave para a absolución de sete edís do PP na Pokémon Para o posto de secretario a "primeira opción" para o goberno de Conde Roa era Francisco Cacharro, fillo do ex-presidente da Deputación de Lugo, "que non quixo vir por unha cuestión persoal". "Pero traemos a outro que non é peor, eh?", sinalaba Ángel Espadas nas conversas relatadas no sumario da Pokémon. Salguero foi, logo, quen elaborou o informe clave para a absolución de sete edís do PP, que nun principio foran condenados a nove anos de inhabilitación por prevaricación ao aprobaren o pagamento da defensa xurídica doutro edil, imputado no caso, sen atender aos requisitos legais. |
NOS_47936 | As investigadoras Patricia Alonso Ruído, Cristina Varela Portela e Iris Estévez Blanco insistiron en que "hai que ter en conta que se fala de violencia e entender os datos desde unha perspectiva humana". | 12% das 3.470 persoas que forman parte do estudantado de primeiro e segundo de carreira da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que participaron nunha investigación sobre ciberviolencia, confesou sufrir acoso sexual a través de Internet por parte dun adulto cando era menor de idade e 88% dos mozos recoñece consumir pornografía. O estudo, cuxos datos son aínda preliminares, foi feito polo grupo de investigación Esculca da facultade de Ciencias da Educación, ten como obxectivo avaliar as novas formas de ciberviolencia sexual derivadas das condutas sexuais en liña no ámbito universitario. As investigadoras Patricia Alonso Ruído, Cristina Varela Portela e Iris Estévez Blanco insistiron en que "hai que ter en conta que se fala de violencia e entender os datos desde unha perspectiva humana". Centos de mulleres saen ás rúas para exixiren a fin da violencia machista Deste modo, sinalaron que a idade media dos estudantes enquisados, dunha poboación universitaria total que supera os 19.000 estudantes, é de 18,3 anos. Ademais, o informe especifica que 30% identifícase como home, 68,8% como mulleres e 1,2% como persoas non binarias. Os resultados preliminares presentados esta sexta feira indican que 12% dos estudantes foron vítimas de groomig, é dicir, a acción deliberada dun adulto de acosar sexualmente un menor a través dun medio dixital. Ademais, puntualizaron que 80% das vítimas foron mulleres, fronte a 18% de homes e 2% de non binarias. Consumo de pornografía Así mesmo, os datos recollidos mostran que 52,6% dos estudantes de primeiro e segundo de carreira consome ou consumiu pornografía e empezou a unha idade media de 14 anos. De forma desagregada, 37% das mulleres recoñeceron na enquisa ver porno, fronte a 88% dos homes e o 64% das persoas non binarias. Nesta liña, os resultados preliminares subliñan que 60,3% buscou material sexual na internet e 4% recoñece ter algunha páxina sexual gardada en favoritos. O 'Sexting' O informe revela que 45% dos estudantes enviaron vídeos ou fotos de carácter sexual e 61% enviou textos eróticos. Así, 7,35% revela ser vítima de presión ou chantaxe antes ou despois de realizar sexting, sendo 87% mulleres. Os delitos sexuais subiron 22% na Galiza no ano 2021 Estes datos preliminares tamén indican que 3% dos enquisados foron presionados ou obrigados algunha vez pola súa parella afectivo-sexual a tirar fotos ou vídeos durante unha relación sexual. Ademais, 2,4% sinala que unha ex parella ensinou a terceiras persoas ou difundindo vídeos de carácter sexual. |
NOS_41527 | Xurxo Souto entregará un galardón a Manuela Ribeiro | Estamos de noraboa, porque hai un novo evento que resiste a terríbel vaga de adiamentos e cancelacións que asola o panorama cultural galego, á que onte mesmo se unía o Festival 27373 de Música en Galego de Begonte por "non poder garantir a seguridade das persoas" ante o feito de que "as recomendacións sanitarias van cambiando día a día". Trátase das Xornadas Arraianas de Cine Rural de Entrimo, que da man do Concello, Arraianos Produccións e o Colectivo Arraianos desenvolverán a cuarta edición dun certame que terá lugar nesta localidade da Baixa Limia entre os días 7 e 8 de agosto. Como non podía ser doutro modo, o cinema é o absoluto protagonista, e inmediatamente despois da inauguración, que será ás 22.30 horas da sexta feira 7 de agosto, proxectarán tres filmes: Olelas-O Ribeiro. A rota das concertinas; A malhada do centeio de Pitoês das Junias; e un terceiro título que non se descubrirá até o momento mesmo da proxección. Por outra banda, no segundo e derradeiro día do certame está programado o nomeamento de Manuela Ribeiro como Arraiana Maior na Casa do Concello de Entrimo. Natural de Navais (Póvoa de Varzim), esta profesora e xornalista é distinguida polo seu labor como coordinadora do Encontro de Escritores de Expressão Ibérica ou de directora do Cine-Teatro Garrett e da Feira do Libro de Póvoa de Varzim. A portuguesa recibirá o galardón da man do Arraiano Maior de 2019, Xurxo Souto, nun evento ao que sucederá unha sesión de narración oral de Celso Fernández Sanmartin ás 20 horas e un espectáculo dedicado a Carvalho Calero, nunha sesión ao aire libre na Alameda da Terrachán, que precederá ao feche definitivo destas IV Xornadas Arrianas ás 23.30 horas. |
NOS_52278 | É o incidente máis grave desde que Kiev iniciase a operación militar no leste do país. EUA advirte a Rusia con "máis sancións". | Arsen Avakov, ministro do Interior ucraíno, confirmou que a Garda Nacional matara tres rebeldes, ferira outros13 e detivo 63 na cidade de Mariupol, no leste de Ucraína. A versión do Ministerio é que 300 "terroristas" (como Kiev define os alzados) atacaron unha comisaría con cócteles molotov polo que a Garda Nacional tivo que responder. É o incidente máis grave desde que Kiev comezase a operación no leste do país. Unha ofensiva que foi freada polos rebeldes sen moita dificultade na maioría das cidades. De feito, o exército ucraíno só tomou un aeródromo en Kramatorsk. A única praza 'conquistada'. Mais perdeu media ducia de blindados, que pasaron a mans dos pro-rusos. Mentres, a OTAN anuncia que vai aumentar os seus efectivos na zona de Europa Oriental e Estados Unidos ameaza con novas sancións a Rusia. Moscova alertou de que Ucraína está á beira dunha guerra civil e desde a Unión Europea insisten en que o goberno de Kiev (saído de 'Maidan' e coa participación de elementos neo-nazis) é lexítimo. A ONU limitouse a dicir que non enviará cascos azuis ao leste ucraíno. |
NOS_19779 | O presidente do comité de empresa da factoría de San Cibrao, José Antonio Zan, entende que os requerimentos da proposta á SEPI son "razonábeis" | O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, vén de avanzar que instará á multinacional a ampliar as negociacións coa SEPI para chegar a un acordo que permita vender a planta situada en Cervo. Ademais, incidiu en que seguen a rexeitar a imposición dun ERTE ou dun ERE, pois pensan que é "un despido en diferido" para o cadro de persoal. Así se manifestou no último descanso da mesa negociadora con Alcoa que está a decorrer en Nigrán. Para Zan é inaceptábel que a empresa propuxera a medida de despedimentos a través dun correo electrónico e non na negociación cara a cara. O representante das e dos traballadores xa denunciou esta mesma tarde o intento da compañía de condicionar a venta das instalacións de San Cibrao á SEPI a ese expediente de regulación de emprego, temporal ou definitivo. "O ERTE nunha planta de aluminio significa o mesmo que o ERE porque é parar cubas e, se paras as cubas, matas a planta igual. É un despido en diferido", reiterou, nunha reflexión que recordaba bastante á do comité de Alu Ibérica (na Coruña), antes da venda. En medio das críticas, reclamou que Alcoa dea marxe de "15, 20 días ou un mes" para chegar a un acordo coa SEPI porque, sostén, que os parámetros da proposta son "razonábeis". |
PRAZA_8653 | As sospeitas de uso de programas de política social con fins electorais, denunciadas polo principal partido da oposición, provocan a suspensión das actividades públicas do Pacto por México e sementan a incerteza sobre o seu desenvolvemento | Moitas das múltiples expectativas que Feijóo trouxo na súa maleta ao regresar da súa última viaxe por México están fiadas ao desenvolvemento do Pacto por México, un plan de reformas e investimentos públicos acordados polo presidente do país centroamericano, Enrique Peña Nieto, coas principais forzas políticas desa república. Segundo Feijóo, ese pacto contempla 40.000 millóns de dólares de investimento anual que son "unha gran oportunidade para a economía galega, máis aínda cando dese total, 25.000 millóns se corresponden a investimentos de Pemex". Apenas unha semana despois do regreso do presidente, ese pacto non pasa polo seu mellor momento. Segundo detallan diversos medios de comunicación mexicanos o consenso que presidiu o nacemento deste plan está en risco de saltar polos aires despois de que o Partido de Acción Nacional (PAN) dese a coñecer "trece horas de audios e vídeos", segundo reflicte o xornal Proceso, nos que "exhibiu unha rede de funcionarios de la Sedesol [a Secretaría de Desenvolvemento Humano] e do goberno de Veracruz que acordaron accións para usar electoralmente os programas sociais" incluídos no pacto. As denuncias do PAN afirman, recolle o xornal Informador, que o partido o presidente Peña Nieto, o PRI, planeaba "beneficiarse" destas prestacións sociais "nas próximas eleccións en Veracruz" chegando, por exemplo, a "condicionar a entrega de cadeiras de rodas" a persoas necesitadas "coa intención de obter votos". O escándalo estourou despois de que o principal partido da oposición fixese públicas gravacións que amosaban unha estratexia para usar plans sociais con fins electorais No medio desta polémica o presidente do PAN, Gustavo Madero, esixiu a dimisión da ministra de Desenvolvemento Social, Rosario Robles, unha das dirixentes que se reuniu con Feijóo durante a súa viaxe e que é situada polo partido opositor como unha das responsables do escándalo. Robles respondeu "co despedimento de sete funcionarios", informa a prensa mexicana, pero non dimitiu. Este é, a grandes trazos, o panorama previo a decisión do PAN de non participar en ningún acto público do Pacto por México ata que se aclare a situación. Isto implicaba a ausencia dos panistas na presentación da reforma financeira, programada para o pasado martes e que supón o terceiro acordo pechado, despois da reforma educativa e da centrada nas telecomunicacións. Neste contexto, Peña Nieto reaccionou inicialmente limitándose a apoiar á ministra de Desenvolvemento e instándoa a non preocuparse polas "críticas", se ben acto seguido decidiu "suspender temporalmente as actividades públicas relacionadas co Pacto por México, coa fin de abrir un espazo para o diálogo franco que permita superar os desencontros", sinalou nun comunicado remitido á prensa. Vinte e catro horas máis tarde, este mesmo mércores, o tamén líder do PRI mudou o ton e, nunha aposta por arrefriar a situación, asegurou que "non tolerará o uso electoral dos programas sociais", ademais "refrendar" o "compromiso de vixiar que ninguén se lucre coas carencias e necesidades das persoas". Neste contexto, di, vai "contribuír a que prevalezan as condicións do diálogo e acordo con todas as forzas políticas, das que gabou a "madurez, reponsabilidade e vontade" á hora de asinar o pacto agora en crise. Horas antes, a responsable de Desenvolvemento Social asegurara no Senado do país ter a "conciencia tranquila" mentres a oposición reclama un "xuízo político" contra ela polo escándalo electoral. O pacto e os investimentos que eventualmente puidesen chegar a Galicia están, como mínimo, a expensas da resolución ou non desta crise. |
PRAZA_1447 | Non importa que un sexa anti-racista, a cuestión é non verter na rede nada que poida ser descontextualizado. Máis aló do particular, das descontextualizacións e do mal gusto dos chistes, o caso pon de relevo un problema político de máxima envergadura e que ten que ver coa disciplina neoliberal na Sociedade da Transparencia | Guillermo Zapata non é racista, tampouco antisemita, nin negador do Holocausto, senón todo o contrario. De feito, sempre condenou as políticas xenófobas, como as de caza ao mendigo e o encarceramento do inmigrante por indocumentado, implementadas precisamente por aqueles que desde o PP acúsano do que non é. E, no entanto, por mor dunha conversación por Twitter sobre os límites do humor, que tivo lugar fai catro anos e na que reproducía a maneira de ilustración exemplos extremos de humor cruel, foi linchado mediáticamente véndose obrigado a dimitir do seu cargo de Concelleiro de Cultura do concello que goberna Agora Madrid. Máis aló do particular, das descontextualizacións e do mal gusto dos chistes, o caso pon de relevo un problema político de máxima envergadura e que ten que ver coa disciplina neoliberal na Sociedade da Transparencia Á denuncia destes tweets sumouse a doutros con sarcasmos que tempo atrás empregou para criticar a instrumentalización das vítimas do terrorismo por parte do PP; e un último tweet desafortunado á mantenta dunha desas vítimas, Irene Villa. Agora ben, máis aló do particular, das descontextualizacións e do mal gusto dos chistes, o caso pon de relevo un problema político de máxima envergadura e que ten que ver coa disciplina neoliberal na Sociedade da Transparencia. Neoliberalismo, capital humano e axencias cualificadas Calquera que sexa a súa forma, austríaca ou británica, da Escola de Chicago ou de Friburgo, o neoliberalismo establece como imperativo tanto a flexibilidade como a plasticidade do suxeito. En tanto que empresario-de-si medido como capital humano, investidor en si mesmo e en busca de constantes investidores1, ao suxeito esíxeselle: 1) a continua reinvención de si mesmo en vistas a maximizar a súa adaptabilidade en contextos cambiantes; 2) a diversificación dinámica de si mesmo mediante o deseño e a xestión da súa portfolio, do seu capital e cartafol de produtos, co fin de alcanzar sempre maiores niveis de empregabilidade e banqueabilidade (accesibilidade ao crédito e capacidade de atracción de investidores). As redes sociais non son alleas ao neoliberalismo cotián2. Son, entre outras cousas, tecnoloxías de produción, xestión e deseño do portfolio, monitorizable polo propio usuario, para medir o seu desempeño, en termos de likes e tweets, visualizacións das súas páxinas e número de fans, followers e amizades, todo iso ranquinizado con índices de impacto e estatísticas que cualifican a información en bruto. O auto-estima ou auto-apreciación é o que está en xogo. A cuestión é manexar o teu stock como un capital bolsista; lograr que non perda valor e a poder ser incrementalo cos investimentos correctos. Non se trata só de Facebook ou de Twitter, senón tamén de redes sociais que funcionan de maneira análoga noutros sectores do capital humano: Tinder para a autoxestión en rede do capital erótico-amoroso dun; Academia.edu para o capital de investigación; Linkedin para xestionar a túa identidade profesional, etc3. Todo iso forma parte das transformacións da gubernamentalidade neoliberal que acompañaron ao auxe do capitalismo financeiro e da economía dixital nas últimas décadas, inscritas, por tanto, na financiarización e ranquinización da vida cotiá. Do capitalismo financeiro á vida cotiá As redes sociais son ambivalentes. Contribuíron a dar luz e a animar os procesos de revolución democrática, pero son tamén unha vasta tecnoloxía de control As redes sociais son ambivalentes. Contribuíron a dar luz e a animar os procesos de revolución democrática, pero son tamén unha vasta tecnoloxía de control que mediante a transparencia extractiva e almacenable por o Big Data engorda a información dispoñible de cada cal, da súa práctica cotiá, ao longo do seu timeline. Almacénanse as amizades e contactos, as operacións comerciais, cada acto de consumo, a participación en eventos, as opinións de todo tipo, os hobbies, os gustos musicais, sexuais e políticos. A vida, calquera vida, devén transparente, obxecto do marketing, continuamente auditable e avaliable segundo o seu desempeño actual e previsións futuras. Michel Feher fala de rated agencies para definir a condición neoliberal4. O neoliberalismo impón unha existencia onde cada cal está suxeito, en cada vez en máis dominios, ás axencias de avaliación e cualificación, similares a as rating agencies do capitalismo financeiro. Tinder é a Standard & Poor's das finanzas do amor e do sexo; Thompson Reuters, o Moody's do capital académico. Facebook e Twitter funcionan como extensións dos departamentos de Recursos Humanos. Disciplina e formalización Non importa que un sexa anti-racista, a cuestión é non verter na rede nada que poida ser descontextualizado O caso de Guillermo Zapata ilustra o exercicio político da disciplina na Sociedade da Transparencia. Serán premiados quen teñan o seu historial limpo. Un hixienismo extremadamente perverso pois, como demostra o caso mencionado, impón unha autocensura tenaz: non importa que un sexa anti-racista, a cuestión é non verter na rede nada que poida ser descontextualizado. Antes de internet, o medo do político ou calquera outra persoa pública consistía en utilizar as palabras exactas nunha entrevista ou ante as cámaras, de forma que os medios opositores non puidesen descontextualizarlas. O efecto sobre o discurso foi notable. Cada vez converteuse máis nunha chea de frases feitas, unha ridícula formalización ou estandarización que, paradoxalmente, tentando defenderse cada político da descontextualización, contribuíu ao descrédito dos políticos no seu conxunto: "falan como o fai un xogador de fútbol ao terminar o partido, cunha linguaxe extremadamente artificial, baleiro e previsible". Tentando defenderse cada político da descontextualización, contribuíu ao descrédito dos políticos no seu conxunto: "falan como o fai un xogador de fútbol ao terminar o partido, cunha linguaxe extremadamente artificial, baleiro e previsible" O efecto desta hiperformalización do discurso e a súa relación coa perda de lexitimidade foron estudados por Alexei Yurchak e Dominic Boyer para o caso do discurso post-stalinista en varios países do socialismo real. Estes antropólogos salientan ademais o útil que resultaba nesta situación comunicacional o humor como ferramenta de combate5. A súa tese é que a caída do socialismo real soviético e alemán tivo bastante que ver coa rixidez desta hiperformalización. Noutro lugar analicei esta cuestión en relación á irrupción do movemento dos indignados (15M) e a situación lingüística que atopou. Tamén aquí o humor xogou un papel decisivo6. Transparencia e disciplina Moi a miúdo foron cuestionadas varias formas de disciplina implícitas nas políticas neoliberais: disciplina mediante a débeda privada, que fará que o traballador tema perder o seu posto e non poder pagar as súas mensualidades; disciplina do desempregado, que aceptará someterse ao control e á formación continua para non quedar fóra da carreira pola empregabilidade7. Pero en verdade esta vai máis aló. Chega até o auto-disciplinamiento moral que é o correlato de exposición mediática esixida para cada cal na súa cotidianeidade. O político que non queira arriscarse a desvalorizar o seu capital debe censurarse desde o comezo, mesmo moito antes de poder imaxinar chegar ao seu cargo Dado que o timeline rexistrado se remonta ao primeiro uso de internet, o político que non queira arriscarse a desvalorizar o seu capital debe censurarse desde o comezo, mesmo moito antes de poder imaxinar chegar ao seu cargo. Será premiado quen desde o seu máis temperá mocidade, na súa continua reinvención de si mesmo e exposición, minimice ao longo da súa vida a posibilidade de entrar en contradición consigo mesmo, quen minimice os cambios de opinión, quen non se preste a excentricidades, quen non emita opinións arriscadas. En verdade, o devandito para o político, ou calquera outra persoa pública, será igualmente válido para case calquera: o banqueiro terá o rexistro da vida cotiá do cliente que pida un préstamo, e o empregador de quen buscan emprego e quen xa ten ao seu cargo. O ideal neoliberal dun suxeito emprendedor, creativo, que rompe co establecido, que se enfronta ás convencións e acepta o risco de crear o novo aínda que desconcerte e incomode, choca co disciplinamento moral e a autocensura asumida ao responder á esixencia de prestarse a unha continua exposición, avaliación e cualificación dos actos propios, as palabras e a imaxe. O que o caso até aquí comentado ilustra é, precisamente, esta aporía, así como a dimensión distópica das utopías da transparencia e o suxeito neoliberal. Notas 1. M. Foucault. 2007. Nacimiento de la biopolítica. México D.F./Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica. 2. P. Miroswki. 2013. Never Let a Serious Crises Go to Waste. Londres/New York: Verso. (Publicado en español por Deusto co título Nunca dejes que una crisis te gane la partida). 3. W. Brown. 2015. Undoing Demos. Zone Books: New York. 4. M. Feher. 2009. "Self-Appreciation; or The Aspirations of Human Capital" en Public Culture, 21(1): 21-41. Véxanse tamén a serie de conferencias que ditou no Goldsmiths da Universidade de Londres. O libro Rated Agencies: Political Engagements with Our Invested Selves, que próximamente publicará Zone Books, desenvolve estas cuestións. 5. A. Yurchak. 2005. Everything Was Forever, Until It Was No More: The Last Soviet Generation. Princeton: Princeton University Press; A. Yurchak. 2003. "Soviet Hegemony of Form: Everything Was Forever, until It Was No More" en Comparative Studies in Society and History, 45(3): 480-510; A. Yurchak e D. Boyer. 2010. "American Stiob: Or, What Late-Socialist Aesthetics of Parody Reveal about Contemporary Political Culture in the West" en Cultural Anthropology, 25(2): 179-221. 6. A. Fernández de Rota. 2013. "El acontecimiento democrático. Humor, estrategia y estética de la indignación" en Revista de Antropología Experimental, 13: 1-21. 7. Por exemplo, C. Laval y P. Dardot. 2013. La nueva razón del mundo. Gedisa: Barcelona; e M. Lazzarato. 2011. La fábrica del hombre endeudado. Madrid: Akal. |
NOS_20742 | O Kremlin advirte dos "riscos" de "involucrar terceiros países" na guerra, malia que Biden afirma que "non" busca "unha guerra entre a OTAN e Rusia". | O presidente dos EUA, Joe Biden, vén de anunciar que enviará novos sistemas de lanzamento múltiple de foguetes de medio alcance a Ucraína, a fin de "facer fronte á invasión rusa e bater en obxectivos chave". Estes dispositivos, segundo afirmaron desde a Casa Branca, permitirán o Exército ucraíno lanzar foguetes a arredor de 80 quilómetros de distancia, isto é, coa opción de alcanzar Rusia, dado que ambos os países comparten boa parte das fronteiras. "Non buscamos unha guerra entre a OTAN e Rusia", di Biden Porén, Biden precisou: "Non buscamos unha guerra entre a OTAN e Rusia. Por moito que estea en desacordo co presidente de Rusia, Vladimir Putin, e considere que as súas accións son unha aldraxe, os EUA non tratarán de provocar a súa destitución en Moscova". Así, salientou que Washington non mobilizará soldados neste conflito "mentres os EUA ou os aliados [da OTAN] non sexan atacados", "nin enviando tropas estadounidenses a loitar en Ucraína nin atacando as forzas rusas". Rusia advirte dos "riscos" desta "tolemia" Pola súa parte, o ministro de Exteriores ruso, Sergéi Lavrov, informou dos "riscos" existentes de "involucrar terceiros países" nesta guerra. "Na Unión Europea, especialmente no norte, hai políticos que están dispostos a ir a esta tolemia para satisfacer as súas ambicións, pero os países serios, por suposto, son moi conscientes da inaceptabilidade de tales escenarios", dixo. Lavrov tamén se referiu ás recentes declaracións do alto representante da UE para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, quen dixo que o ente comunitario debería converterse nunha forza militar. "Probabelmente, isto é principalmente un xogo de palabras, pero non hai fume sen lume. Realmente hai unha á rusofóbica tan forte na Unión Europea que durante moitos anos, de feito, impuxo a súa posición a todos os demais, especulando sobre o principio de solidariedade e consenso", asegurou. |
NOS_1787 | A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro bota a andar a súa axenda de actividades cunha conferencia sobre Álvaro Cunqueiro e Lezama Lima, impartida por César Cunqueiro, o domingo 22 de decembro, coincidindo co cento oito aniversario do nacemento do polígrafo mindoniense. | Álvaro Cunqueiro convidaba, ás viaxeiras e viaxeiros que se achegasen a Mondoñedo, a que se deixasen aloumiñar polo silencio enriquecedor desa cidade e do val que a arroupa, pola antiga música do aire, o ruído das augas e o repenicar das campás. Agora, o mesmo domingo 22 de decembro, o escritor mindoniense faría 108 anos. Para conmemorar tal efeméride desde a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro dan un paso máis alá e inauguran as actividades da súa Casa coa conferencia "Álvaro Cunqueiro e José Lezama Lima: a luz dun mundo que se arreda", impartida polo tamén escritor César Cunqueiro. Un relatorio que fará dialogar en total igualdade ao polígrafo mindoniense cun dos máximos expoñentes da literatura hispanoamericana, Lezama Lima (A Habana, 1910-1976). A Casa dos Cóengos auspicia a conferencia Acolle a disertación a Casa dos Cóengos en Mondoñedo, o domingo día 22 de decembro ás 12.45 horas, coincidindo co cento oito aniversario de nacemento do autor de Merlín e familia (1955). Acompañará ao palestrante, César Cunqueiro, a alcaldesa da cidade Elena Candia, que presidirá a mesa de intervenientes, Pedro Díaz, presidente do cabido catedralicio, e mais Armando Requeixo, coordinador de Publicacións e Actividades da CMAC. Como agasallo, ao final do relatorio, as persoas que asistan ao acto recibirán un exemplar do primeiro caderno da Colección Selva de Esmelle, publicado pola Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. César Cunqueiro O escritor César Cunqueiro González-Seco (Mondoñedo, 1941), fillo maior de Álvaro Cunqueiro, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en medios diversos con textos de carácter literario e de opinión, foi tamén presidente do Ateneo de Vigo e da Asociación Cultural de Vigo. Como narrador en galego publicou en 1988 o relato "A morte de Nancy Reagan" e en 1993 a novela Beatum Corpus, reeditada por Galaxia no ano 2011. Como poeta en castelán deu á luz Mtesis (1998), Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011). O evento conta co apoio do Excmo. Concello de Mondoñedo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. |
NOS_50531 | Carballo celebrará, do 24 ao 27 de abril, o único festival de webseries existente en todo o estado até o de agora. O I Festival de Webseries Carballo Interplay (CIP) repartirá 5.000 euros en premio e situará Carballo na vangarda do audiovisual apostando por un xénero en plena eclosión. A organización está xa poñendo a funcionar as máquinas a pleno rendemento. | Que é o I Festival Webseries Carballo Interplay? As webseries son todo un fenómeno en eclosión nos últimos anos. Webseries galegas como "Ángelica e Roberta" conseguiron gran aceptación. Mais até o momento, este xénero non contaba cun festival propio. Como moito, dispoñían de sección propia nalgún festival, como os Mestre Mateo, sensibles ao novo burbullar creativo do audiovisual na rede. Así que, con este festival, Carballo sitúase en plena vangarda das novas tendencias do audiovisual. A capital bergantiñá será o primeiro lugar do Estado onde se celebre un festival deste tipo. Por que a eclosión das webseries? En momentos complexos para o audiovisual, pola crise e o recorte de axudas públicas, internet supón un escaparate co que poder chegar de modo rápido e eficaz á audiencia e sen necesidade dunha televisión que aposte polo teu produto para emitilo. Os creadores, as creadoras, poden controlar así o proceso de difusión, abarátanse os custes e dáselle entrada, ademais, a novos modos de produción, como o crowfunding, o financiamento en función das achegas particulares de todas aquelas persoas que queiran apoiar o proxecto. Quen organiza o Carballo Interplay? Organízao o Concello de Carballo, a través da súa concellería de Promoción Económica. Tal e como se explica na web, dende o Concello quérese apostar pola creatividade, a cultura e o desenvolvemento das industrias culturais, aproveitándoo ademais para darse a coñecer como unha vila dinámica e acolledora. E farao apoiando ese rico caldo creativo que burbulla na rede. E que profesionais están pondo a funcionar a máquina? O Carballo Interplay ten por detrás a un equipo forte de mulleres do audiovisual galego. Sonia Méndez, a directora, é realizadora e actriz. Xunto con Sandra Lesta, a responsable de actividades paralelas do festival, é creadora, guionista e actriz da serie online "Angélica e Roberta". Que te vas atopar? Ademais do propio festival en si, no que as webseries serán proxectadas e entrarán a concurso, haberá obradoiros, charlas, master class, mesas redondas e mesmo concertos. Con anterioridade ao festival, organizarase un obradoiro de webseries con mozos e mozas de Carballo. O resultado proxectarase tamén no festival. E a quen te vas atopar? O Carballo Interplay contará con algunha e algún dos máis destacados profesionais no ámbito das webseries no eido do Estado. Terá un padriño e unha madriña de luxo: David Sáinz e Teresa Segura, de "Malviviendo", unha das webseries estatais máis exitosas. E tamén estará en Carballo Julio Garma, da recoñecida serie de animación "Freaklances", que presentará o Freaklances Project, un proxecto de distribución de webseries que suscita non poucas expectativas. Do obradoiro gratuíto que se impartirá en marzo encargarase o director galego Javi Camino, da produtora Magnetova, e responsable á súa vez da webserie "El viúdo quiere mimos". Quen pode participar? Poden participar todas aquelas webseries producidas entre os anos 2012 e 2014 en calquera punto do Estado que teñan ao menos tres capítulos emitidos no momento de presentarse ao festival, de calquera duración, temática ou xénero, tanto de imaxe real como de animación. Onde podo atopar as bases? Podes consultar as bases na páxina web do Carballo Interplay. Cales van ser os premios? O festival, que está organizado pola concellería de Promoción Económica de Carballo, premiará á mellor webserie de imaxe real con 1.500 euros, á mellor webserie de animación con outros 1.500 e á mellor webserie galega con 1.000 euros. Haberá tamén un Premio do Público dotado con 1.000 euros e dous galardóns sen dotación económica para a mellor actriz e o mellor actor. |
NOS_47527 | Galiza achegou 142 euros por habitante, segundo a Asociación de Directores e Xerentes en Servizos Sociais en 2019. | Galiza situouse en 2019 como a segunda comunidade que menos investiu en dependencia en relación á súa poboación, cun gasto de 142 euros por habitante, segundo a Asociación de Directores e Xerentes en Servizos Sociais. Os datos achegados por esta entidade tamén revelan que o galego é o territorio que maior porcentaxe de investimento recibiu por parte do Estado. Concretamente, segundo os datos achegados por esta asociación, o gasto público certificado en dependencia ascendeu, en 2019, 382,6 millóns, un cálculo no que non se detrae a achega dos usuarios -co pagamento en servizos-, que se calcula para o conxunto do Estado nun 20,07%. Deste total, 288 millóns correspóndese a Galiza e 94,5 millóns co mínimo de achega da Administración do Estado, de forma que a Xunta fíxose cargo do 75,3 % e o Estado do 24,7 %, o que sitúa Galiza como a comunidade que máis percibiu, en termos porcentuais, do Estado, por diante de Castela e León, cun 22%. Outro dato facilitado polos xerentes é que o gasto media por dependente atendido en 2019, foi de 7.948 euros ao ano dos cales, a Administración estatal achegou só 1.276 euros en concepto de nivel mínimo garantido, do que se deduce que financia con 106 euros ao mes por cada persoa beneficiaria da lei. No caso da Galiza, son 142 euros por habitante, de maneira que é a segunda que menos inviste en relación á poboación, só por diante de Canarias, que gasta 95 euros. Pola contra, as comunidades que máis invisten por habitante e ano foron País Vasco (368 euros), Estremadura (286 euros) e Castela e León (261 euros). As que máis incrementaron o orzamento no último ano foron Baleares (+32%), Comunidade Valenciana (18%) e Canarias (16%). Galiza subiuno un 5,6%, por baixo da media estatal do 6,9% e situándose como a oitava no ranking con menor subida. "O valor máis baixo" A Asociación de Directores e Xerentes en Servizos Sociais alertou da redución do financiamento estatal do sistema de dependencia, que é na actualidade "o valor máis baixo da historia" e da acusado desigualdade territorial. A asociación sostén que, segundo as certificacións anuais das comunidades autónomas en 2019 o investimento público no Sistema de Atención á Dependencia foi de 8.607 millóns, dos cales as comunidades autónomas financiaron o 83,9 por cento e a achega estatal "reduciuse no 16,1 por cento, a porcentaxe máis baixa desde o inicio da lei, con 1.386 millóns de euros". "Sistema en retroceso" "O sistema atópase en retroceso e a lista de espera baixa polos 43.275 falecidos nas listas de espera da dependencia neste ano e existen 27.116 falecidos no 'limbo da dependencia', persoas que tiñan dereito a recibir unha prestación e faleceron sen recibila e 16.159 que morreron á espera de ser valorados", consideran. O financiamento da dependencia recortouse pola vía dun Decreto-lei en 2012 co goberno de Mariano Raxoi, segundo lembran os xerentes, apelando a circunstancias de "extraordinaria e urxente necesidade". Na súa opinión, "a aparente imposibilidade de atender ás persoas máis vulnerables está a xerar unha situación tan cruel como a que provocou aquel decreto". Postos de traballo "Deberíase considerar que ese investimento xeraría 25.000 postos de traballo directos e que se obterían uns retornos de 240 millóns de euros sen contar cos retornos inducidos", precisan. Até entón, lamentan, "aos atendidos insuficientemente, aos desatendidos e aos que mesmo non foron aínda valorados, non queda outra que seguir desaparecendo como até agora, discretamente e en silencio". |
NOS_40473 | O histórico combo vigués, volve con novo traballo baixo o brazo en forma de EP no que recupera un vello tema e inclúe material novo. | Que Siniestro Total é unha banda que evoluciona estilisticamente cada momento é algo indubidábel. Que esa evolución sexa a gusto de todos é algo máis moito máis difícil de conseguir. Dende logo xa non son esa banda e punk de principio dos 80, xa non fan esas letras buscando a broma fácil e tan irreverentes como nos seus primeiros traballos, pero seguen a ser un das bandas máis carismáticas do panorama actual. Collín a escoita deste traballo con moito escepticismo, xa que tras escoitar o Country&Western do 2010 e os temas posteriores (Chico de ayer, etc) non me gustou a liña musical que levaban e practicamente perdera a esperanza dun reencontro estilisticamente compatíbel, pero por sorte, estaba trabucado e a vida as veces da agradábeis sorpresas. O título do EP, "Paseando sobre el agua", corresponde a un dos temas incluídos no existoso "En beneficio de todos" de 1990 do que fan un revisión e utilizan para abrir o EP. Unha revisión adaptada aos tempos actuais da banda, no que toman un papel moi importante os teclados por riba das guitarras e destaca o sitar de Hardy, que axuda a darlle un aire máis místico ao tema. Un tema que como o bo viño, gañou cos anos e que xa de aquelas era un dos meus favoritos. O tema "Luis Tosar", dedicado ao actor, deixoume atrapado. É para min do mellor que fixo a banda en anos "Black Jack" é un tema no que volven ao blues rock. Cunha letra na que volve a falar de deus, mais esta vez confirmando a teoría de Einstein de que deus non xogaba aos dados co universo, coa engádega de que fai trampas xogando ao Black Jack. Un bo tema divertido e pegadizo que parece feito para ser desfrutado sobre todo en directo. "Luis Tosar", é un tema adicado ao actor galego, que colabora coa súa voz no mesmo. Un tema diferente cuxa primeira parte lémbrame moito a Javier Krahe e que vai medrando en intensidade após do primeiro retrouso un riff que creba toda a tranquilidade da canción e funciona como carril de aceleración do tema. Este tema deixoume atrapado, para min do mellor que fixo a banda en anos. Como sempre digo, agradécese este tipo de formatos no que se inclúen bos temas sen cancións de recheo. Neste caso ademais gratamente sorprendido polo bo resultado do traballo. gardo que vaia por este camiño e que lembren que nos escenarios non hai radares e poden pisar o acelerador sen medo lembrando o que dicían anos atrás: "Somos un grupo de rock e tocamos a toda hostia". Video: Siniestro Total – Luis Tosar https://youtu.be/IWGpDPB4B80 Listaxe de Temas Paseando Sobre el AguaBlack JackLuís Tosar Siniestro Total na rede:Web: www.siniestro.comTwitter: @Siniestro_Total |
NOS_44127 | As propostas do goberno de Feijóo para reducir os contaxios por VIH, desveladas polo Faro de Vigo, xeran a resposta das redes. | Antón Reixa escribiu nos 80 'Contra a Sida, rock´n´roll' e a Xunta de Galiza vén de publicar en 2015 unha guía que se podería resumir nun 'contra a Sida, se es homosexual, nada de xogos', que está a xerar comentarios, chanzas e denuncias nas redes sociais. O xornalista Daniel Domínguez desvelou esta terza feira en 'Faro de Vigo' que a Xunta quer evitar o sexo entre homes descoñecidos, así como diversas prácticas sexuais, na súa cuzada contra a Sida e para reducir os contaxios de VIH. O goberno do PP galego considera que determinadas prácticas, explica Domínguez, "favorecen o sexo desprotexido con descoñecidos" e supoñen maios risco de contaxio. No 'Plan Galego anti-VIH/Sida e outras infeccións de transmisión sexual 2015-2018", hai un apartado que se propón "evitar o sexo entre adultos en lugares públicos, modalidades como o uso do puño como xoguete sexual -coñecido como "fisting"-, "a penetración con xoguetes sexuais ou obxectos non hixiénicos ou que poden causar feridas", así como fomentar "habilidades para aumentar a capacidade de negociación co compañeiro para un sexo seguro" ou reducir o consumo de alcohol e drogas. Como lembra o xornalista na nova do Faro, as únicas alusións a prácticas "que se saen das convencións sociais limítanse ao colectivo homosexual. Reaccións Nas redes xa se estenderon as reaccións á noticia. Chíos como o de @franplorenzo ("A Xunta de Feijóo quere agora prohibir o cruising que é xustamente o que practican todos os señores casados do PP infelices coas súas vidas") ou o de @cascarelo ("Alegar motivos de «higiene» para atacar o cruising é parecido a amparar-se na «nom violência» para sancionar que se apupe o hino. Noutras palavras, o poder instrumentaliza valores comuns da sociedade para reprimir as liberdades de pessoas ou grupos dissidentes ") foron só algúns dos moitos que se produciron. |
NOS_48510 | Ao redor do 15% dos homes cre que as mulleres que sufriron algún tipo de agresión sexual ou ben a provocaron ou non tiveron o suficiente coidado para evitala. Ademais, só o 56,9% considera que as mulleres vítimas de violencias sexuais son tratadas de forma inxusta pola sociedade ou que a súa veracidade é posta en cuestión cando o denuncian. | O estudo demoscópico que acompaña o balance anual sobre violencia de xénero, realizado pola Secretaría Xeral de Igualdade a través de case 3.900 enquisas e que foi debullado pola secretaria xeral, Susana López Abella, ante a Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, achega datos como que os homes presentan unha maior tendencia a vincular a personalidade do agresor, problemas psicolóxicos, falta de autocontrol ou o abuso de drogas e alcol coas agresións sexuais. Do outro lado, as mulleres consideran en maior medida que este tipo de violencias teñen como orixe un machismo estrutural na sociedade. No entanto, esta percepción é compartida pola maioría dos enquisados, especialmente entre os máis novos. O estudo apunta que o 92% das persoas entre 18 e 29 anos cre que o machismo estrutural é o causante das agresións sexuais, unha porcentaxe que cae ao 76,4% no grupo de maiores de 65 anos. Ademais, os mozos ven deficiencias no nivel de educación sexual e vinculan este feito á existencia deste tipo de accións. Unha percepción que, de igual modo que na consideración sobre o machismo na sociedade, baixa en grupos de maior idade (86% por 69%). A enquisa reflicte que a maioría da poboación galega opina que as vítimas de agresións sexuais son tratadas de forma inxusta e que a lexislación actual non as protexe o suficiente. Por ambas as afirmacións decántase máis do 60% dos cuestionados. Con todo, hai un 12,5% da sociedade que considera que estas mulleres "non tiveron suficiente coidado" ou "en ocasións provocaron o agresor dalgunha forma". Unha porcentaxe que se eleva se se extraen os datos en homes, que comparten a primeira afirmación nun 16% e a segunda nun 13,2%. Informe 2020 O informe sobre o 2020, ano marcado pola pandemia e cuxos datos principais foron avanzados pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, hai dúas semanas durante a entrega do documento no Parlamento, reflicte unha caída no número de denuncias por violencia de xénero que, segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), pasaron das 5.023 de 2019 ás 4.653 de 2020, o que supón unha baixada do 7,3%. As estatísticas, segundo apuntou López Abella, reflicten unha tendencia ascendente a medida en que o ano foi avanzando. Así, durante o primeiro trimestre foron 1.397, que pasaron a 1.489 no segundo e 1.767 no terceiro. Todo iso nun ano que terminou con tres mulleres asasinadas. As medidas de protección comunicadas polos xulgados (cautelares e ordes de protección e afastamento) tamén se sufriron un descenso, máis aguilloado que nas denuncias, respecto das cifras de 2019, ao pasar das 1.539 ditadas en 2019 ás 1.131 do ano pasado, un 26,5% menos. Pola súa banda, o servizo telefónico de atención e protección móbil para vítimas de violencia de xénero rexistrou outro descenso, aínda que menos pronunciado, nas atencións levadas a cabo, cunhas 13 menos que en 2019 (630 polas 617 do pasado ano). O número de beneficiarias de axudas económicas creceu en 2020. Foron 60 máis que en 2019, ao alcanzarse 639 mulleres, un incremento que foi máis notábel nos apoios de pago único, que dobraron as súas beneficiarias ao pasar de 188 en 2019 a 341. Servizos de atención psicolóxica e CIM Os servizos de atención psicolóxica prestaron atención a un total de 913 vítimas, das cales 625 eran mulleres, 243 menores de idade e 45 persoas dependentes. Neste apartado tamén hai unha diminución, posto que 2019 terminou con 955 vítimas atendidas por estas oficinas. Ademais, en 2020 deriváronse 100 casos (52 mulleres, 46 menores e dúas persoas dependentes) aos Centros de Recuperación Integral. Foron 79 máis que en 2019, unha escalada que, como resalta Igualdade, non ten reflexo nos ingresos neste tipo de centros, posto que só houbo sete máis que en 2019 (92 por 85). En canto ás consultas xestionadas polo servizo de asesoramento online, este sistema recibiu 47 solicitudes, todas de mulleres. A violencia de xénero representou o asunto da consulta no 34% dos casos, mentres que nun 17% as persoas puxéronse en contacto con este servizo para recibir información sobre leis. Nos 82 Centros Integrais de Atención á Muller (CIM) houbo 13.235 consultas en materia de violencia de xénero, 3.000 máis que as realizadas en 2019, o que para a Xunta "dá boa conta da reputación e a confianza que teñen as galegas nestes centros". |
NOS_6303 | O club coruñés suma outro dianteiro pero está á espera de pechar o plantel con outro atacante máis veterano e quizais tamén un defensa e un home de banda. | Fernando Vázquez xa ten un dianteiro máis na que espera que non sexa a última incorporación do Deportivo na presente campaña. Á espera do recoñecemento médico, o equipo coruñés contará co dianteiro Borja Bastón para toda a campaña, nunha cesión do Atlético de Madrid por un ano a pesar de que un principio se comunicou que a intención da directiva era a de fichar ao xogador en propiedade. Pero as importantes limitacións económicas terían pechado esta opción, de feito o anuncio da chegada de Bastón -fillo do porteiro galego de idéntico nome- só se puido realizar após obter o visto e prace dos administradores concursais. Borja é un dianteiro de 21 anos que disputou xa dúas tempadas en Segunda -Murcia e Huesca, onde marcou nove goles- e que no seu día foi unha das maiores promesas do fútbol estatal, truncada por unha grave lesión o día en que debutaba en Primeira co Atlético. Agora chega ao Dépor coa intención de seguir medrando. Porén, a intención da directiva e do corpo técnico do Dépor é que de Borja non sexa a última incorporación dun plantel que se pechará cando vaian xa tres xornadas disputadas. Así, o desexo é sumar un dianteiro experimentado, que estaría chamado a ser o titular por diante de Borja e o galego Luís. Álex Geijo é o favorito para esa posición, pero segue sen pecharse o acordo nin co Udinese nin coa administración concursal e a LFP, que cren que o Deportivo xa podería ter alcanzado o seu teito de gasto, situación que seguramente se resolverá con rapidez, posto que o mercado de fichaxes pecha o día 2. Ademais dun goleador de referencia, Vázquez espera poder incorporar un defensa central que supla a Aythami -fálase do veterano Marchena- e tamén un centrocampista de banda, no estilo do portugués Salomao, cuxo regreso a Riazor semella moi difícil. |
PRAZA_14452 | O Espazo Ecosocialista Galego presenta unha serie de propostas para promover as tecnoloxías libres, no marco da celebración en Compostela da "Libre Software World Conference 2012, que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de outubro. | Os vindeiros 18 e 19 de outubro terá lugar en Compostela a Libre Software World Conference 2012, o maior evento que se desenvolverá no Estado relacionado con este tema. Coincidindo con el, o Espazo Ecosocialista Galego, integrado en Alternativa Galega de Esquerda, presenta unha serie de propostas para promover as tecnoloxías libres, relacionadas tanto co fomento empresarial, o seu uso na administración pública e no ensino, ou o establecemento de licencias copyleft para os traballos culturais, científicos, de investigación ou calquera outro resultantes e financiados na súa totalidade ou en parte, con fondos públicos. O obxectivo principal é axudar a reducir e eliminar a "fenda dixital" entre sectores sociais e hábitats, promovendo o desenvolvemento global do uso das novas tennoloxías O obxectivo principal é axudar a reducir e eliminar a "fenda dixital" entre sectores sociais e hábitats, promovendo o desenvolvemento global do uso das novas tennoloxías: "a realidade amosa que namentres o seu emprego medra de xeito exponencial nas sociedades ou núcleos máis desenvolvidos, outra parte da sociedade ten dificultades de acceso, o que provoca o coñecido como "fenda dixital" que aumenta na cidadanía as diferenzas sociais, económicas, xeracionais, profesionais, formativas...". Para os Ecosocialistas "as actividades neste sentido da administración pública en xeral e da galega en particular teñen sido erráticas, dubitativas e lentas, propias dunha actividade interesada puntualmente en obxectivos concretos e non na consecución da meta final". Proponse apoiar a pequena e mediana empresa produtoras de software e hardware libre As propostas comezan por un chamamento a asegurar a participación do conxunto da sociedade nos diferentes procesos (identificación de problemas, estudo de solucións, definición de obxectivos a curto e medio prazo...) para "construír unha política inequívoca da tecnoloxía e coñecemento libre". En canto ás iniciativas concretas, apóstase polo apoio "ás plataformas que garantan unha industria localizada de software e hardware libre, a través da incorporación de empresas". Tamén se defende a posta en marcha de "mecanismos efectivos para incrementar e axilizar o uso no ámbito empresarial, con especial apoio aos autónomos e pequena e mediana empresa a través de axudas para a formación, instalación, migración, mantemento...". Proponse por último apoiar a pequena e mediana empresa produtoras de software e hardware libre, así como ás vinculadas que completan a actividade (formación, asesoramento, instalación, migración, mantemento...). Tamén se demanda un desenvolvemento do marco normativo que favoreza o seu impulso e axilice a súa implantación no conxunto da sociedade. Esta lexislación, segundo a proposta, ten que incluír o establecemento do pleno aceso ás novas tecnoloxías e ao seu libre emprego como un dereito da cidadanía con especial atención na eliminación das dificultades de acceso sexan: xeográficas, sociais, culturais, económicas, físicas (motrices), ou sensoriais (visuais, auditivas...) ou calquera outra. Reclámase igualmente o establecemento do software libre como o estándar de utilización na administración pública Reclámase igualmente o establecemento do software libre como o estándar de utilización na administración pública. Deste xeito proponse definir os mecanismos polos que a administración pública partillará entre si o seu propio software e o porá a disposición da cidadanía. E tamén establecer o emprego en todos os ámbitos e niveis da administración pública dos formatos de arquivos estándares e abertos, "definindo os prazos de implantación e o procedemento sancionador". Pídese así mesmo establecer as licencias tipo copyleft para a documentación resultante dos procesos e traballos da administración pública e tamén para os traballos culturais, científicos, de investigación ou calquera outro resultantes e financiados na súa totalidade ou en parte, con fondos públicos. Apóstase por "asegurar e incluír as tecnoloxías libres na educación a tódolos seus niveis" Finalmente, apóstase por "asegurar e incluír as tecnoloxías libres na educación a tódolos seus niveis: primaria, secundaria, profesional, universitaria e formación continua, fomentando metodoloxías de traballo comunitario e colaborativo que promovan a formación dunha cultura reflexiva e responsábel da tecnoloxía". Documento completo (.pdf) |
NOS_24579 | Raúl Blanco Vila (1996, Lugo) adestra seis horas diarias no clube Terras de Lugo e vén de se proclamar campión de España de Biatlón, en Xixón. Adestrado por Javier García Morado, conquistou dous ouros e conversou con Sermos após do seu logro. | -Como te sentiche após te proclamares campión de España de Biatlón, en Xixón? -Quedar primeiro en calquera competición sempre é unha boa noticia e unha alegría. A verdade é que me sentín moi ben comigo mesmo, porque vin como o meu traballo diario e o meu esforzo obtiveron recompensa. -Como afectou a baixa de última hora de dous compañeiros? -Obviamente foi unha pena que non puidesen competir, pero a nivel individual non afecta. Cada un de nós vai competir na categoría que lle corresponde, estamos concentrados. -Remataches o primeiro sector [carreira a pé] en quinta posición, como te atopabas neses primeiros mil cincocentos metros? -Sentinme moi cómodo en toda a competición porque ía ben preparado, amais sempre é bon ir de menos a máis. -Comezaches o segundo segmento nesa quinta posición e saíches en primeiro lugar. Que pasou? Cal foi o segredo da remontada? -A verdade é que tiña preparada unha estratexia a seguir. Ía mentalizado en como desenvolverme en cada un dos sectores. Primeiramente, comezaría suave na proba dos primeiros mil cincocentos metros, gardando forzas para o tramo final. En natación entrei forte e xa continuei co mesmo ritmo até o final. -Canto tempo dedicas ao día a túa preparación física? -Máis ou menos seis horas ao día de segunda feira a domingo, cando non hai competición na fin de semana. Cando teño competición, adestro de segunda feira a sábado e o domingo é día de descanso. -Cando se fala de biatlón a xente dubida sobre que disciplinas o conforman, que che di isto? -O biatlón é un deporte minoritario. Cando se fala de atletismo ou mesmo de tríatlon, a xente coñece, pero non se trata só de coñecer, tamén é o feito de participar. As competicións de biatlón non conta con patrocinadores, a diferenza do que ocorre co atletismo e o tríatlon, penso que é algo que debería cambiar. É un deporte moi bonito, pero se non hai quen lle dea visibilidade, a xente seguirá sen saber en que consiste e, portanto, non poderá ser partícipe. -En xeral, Terras de Lugo obtivo moi bos resultados neste campionato, resaltas algún amais do teu? -Destaco todos. Cada logro meu e das miñas compañeiras e dos meus compañeiros é importante para o clube. |
NOS_1970 | O presidente norteamericano aposta no belicismo para tentar salvagardar a discutida hexemonía imperial norteamericana, aumentando o risco dun conflito armado a grande escala. Publicamos unha información ao respeito no número 242 do Sermos Galiza en papel. Eis un extracto. | Só dez días. Entre o 7 e o 17 de abril. Ese breve lapso de tempo foi abondo para que o presidente norteamericano, Donald Trump, tirara a carauta, rachase as promesas electorais de reducir a intervención militar no exterior e sacudise o planeta até colocalo ao bordo dunha eventual guerra a grande escala. Acosado polos seus detractores internos e após varias semanas de perda de popularidade, Trump optou por se vestir o uniforme de comandante en xefe e, despregando o belicismo que criticaba en Obama, atacou unha base aérea do exército sirio, lanzou a "nai de todas as bombas" no Afganistán e enleouse con Corea do Norte nun intercambio de ameazas que aumentou a xa elevada temperatura na rexión. Ás 4:45h da madrugada do pasado día 7, a mariña norteamericana atacaba a base aérea de Shayrat en Homs (Siria), lanzando 59 mísiles Tomahawk. Era o primeiro ataque explícito e deliberado dos EUA contra Siria, desde o inicio da guerra nese país. A ofensiva, ordenada por Donald Trump mentres ceaba co presidente chinés Xi Jinping en Florida, custou a vida a nove persoas, entre as que se contaban catro crianzas. Washington xustificou a acción, contraria á legalidade internacional e que non fora autorizada polas Nacións Unidas, como represalia ao ataque químico producido na localidade de Jan Sheijún a terza día 4, e do que os EUA responsabilizan o goberno de Bashar Al Assad. Damasco negou taxativamente a súa implicación e Rusia urxiu desde o primeiro momento unha investigación independente e imparcial. A tese dun ataque de 'falsa bandeira' cobra, pois, cada vez maior forza e é asumida como hipótese plausíbel por analistas como Nazanim Armanian ou Pedro Guerreiro. Neste senso, Guerreiro denuncia que a operación norteamericana se desenvolveu no medio dunha propaganda de guerra e dunha intensa campaña de intoxicación. "Nas guerras imperialistas a verdade é a primeira vítima. A agresión dos EUA e seus aliados á Siria e ao seu pobo non son excepción. Desde o primeiro momento a falsidade, nomeadamente en forma da provocación, acompañou a acción dos agresores que constantemente procuran crear calquera pretexto que favoreza a escalada de intervención externa contra ese país", explica. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 242, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_26814 | A novela Hora Zulú de Santiago Lopo resultou gañadora da XXIV edición do Premio Manuel García Barros que concede o Concello da Estrada. | A variedade de rexistros literarios, ademais da tensión que amarra ao leitor foron algúns dos valores que o xurado destacou da novela de Santiago Lopo, unha obra que, segundo indicaron conta "unha historia de actualidade científica que cuestiona as fronteiras espazotemporais e reivindica valores ecoloxistas". Hora Zulu será a terceira novela que se fai pública de Santiago Lopo despois de gañar con Game Over o Premio de Novela por Entregas de La Voz e publicar en 2009 Peaxes, a súa segunda novela. A nova obra, como todas as gañadoras do García Barros sairá publicada en Galaxia.Profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, comezou traducindo guións cinematográficos para a televisón. Xunto Xavier Queipo traduciu dúas obras do escritor francés Hervé Guibert e é colaborador da revista Unión Libre de Lugo.Santiago Lopo (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión, e en 1998 cotraduciu ao galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert (Citomegalovirus e O meu criado e mais eu). |
NOS_22819 | Será o 14 de setembro e como tripulantes irá a irlandesa Premio Nobel da Paz, Mairead Maguire. | A IV Flotilla da Liberdade iniciará a súa viaxe cara á Faixa de Gaza o 14 de setembro. Así o comunicou a coligazón internacional que tamén desvelou finalmente o porto de saída. Será o de Barcelona. O lugar foi elixido polo traballo desenvolvido por esta cidade desde 1998 cando asinou un triplo acordo de irmandade xunto con Gaza e Tel Aviv para alén de ter construído con fondos locais de cooperación o Parque da Paz de Barcelona en Gaza (2005) que sería derruído polo exército istaelí durante a Operación Chumbo Fundido (2009). A tripulación estará composta integramente por mulleres co obxectivo de visibilizar a tripla opresión que as atinxe en Palestina Nesta ocasión a Flotilla da Liberdade estará conformada por dúas embarcacións Amal (Esperanza) e Zaytun (Oliveira) que serán tripuladas integramente por mulleres co obxectivo de "traer ao primeiro plano mediático o xenocidio cometido en Gaza contra case dous millóns de seres humanos que sofren diariamente castigos colectivos, que son crimes de lesa humanidade segundo o IV Convención de Xenebra". Porén, nesta ocasión Mulleres Rumbo a Gaza visa simbolizar a loita do pobo palestiniano através das mulleres "que son bastión de resistencia e loita contra a ocupación e o bloqueo istaelís". Mairead Maguire xa viaxou en 2009 a Gaza a bordo do Spirit As embarcacións irán tripuladas por mulleres de diversos países. Entre elas, a irlandesa Premio Nobel da Paz, Mairead Maguire, que xa viaxou até a Franxa de Gaza en 2009 a bordo do Spirit of Humanity. Naquela altura a embarcación foi interceptada pola Marina israelí e a súa tripulación detida. Aliás, tamén estarán a escritora americana Naomi Wallace e a parlamentar dos Verdes de Nova Zelandia, Marama Davidson, entre outras. Durante os días previos á partida decorrerán no porto de Barcelona distintas actividades de apoio e solidariedade coa Flotilla mais tamén co pobo de Palestina. |
PRAZA_4420 | A Xunta poderá acordar co Goberno central os desprazamentos entre provincias tras a aprobación da sexta prórroga do estado de alarma e tras a ampliación da cogobernanza que o Executivo pactou con ERC e PNV. | A mobilidade interprovincial en Galicia poderá ser aprobada coa entrada da comunidade autónoma na fase 3 do desconfinamento. De cumprirse as previsións, o vindeiro luns o país daría este novo paso da desescalada, momento no que a Xunta asumirá as competencias e poderá acordar co Ministerio de Sanidade os desprazamentos da poboación entre as diferentes provincias.De confirmarse o paso á fase 3 o vindeiro luns, a Xunta asumirá as competencias e poderá acordar co Estado a mobilidade entre provinciasAsí o contempla o decreto remitido polo Consello de Ministros e aprobado polo Congreso que aproba a prórroga o estado de alarma pola crise do coronavirus. Nel aclárase que os presidentes autonómicos daqueles territorios que estean en fase 3, á que a Xunta solicitou pasar a partir do luns, poderán decidir cales son as restricións ou como flexibilizar as medidas aplicadas no seu ámbito. Será, daquela, o Goberno autonómico quen terá competencia sobre o groso do desconfinamento grazas aos pactos do Executivo central co PNV e con ERC para sacar adiante esta sexta prórroga. Os acordos coas dúas forzas nacionalistas repercuten así directamente en Galicia e a pesar do non a prorrogar o estado de alarma por parte do PP no Congreso. Así, o decreto aprobado aclara que "a autoridade competente delegada para a adopción, supresión, modulación e execución das medidas correspondentes á fase 3 do plan de desescalada será, en exercicio das súas competencias, exclusivamente quen ostente a Presidencia da comunidade autónoma". Segundo o decreto, o Goberno central "poderá acordar conxuntamente con cada comunidade autónoma a modificación, ampliación ou restrición das unidades de actuación e as limitacións respecto á liberdade de circulación das persoas, das medidas de contención e das de aseguramento de bens, servizos, transportes e abastecemetnos, co fin de adaptalas mellor á evolución da emerxencia sanitaria". Xa que logo, o presidente da Xunta, tal e como advertiu que faría así que Galicia entrase na fase 3, poderá pedir que a unidade territorial de referencia sexa a comunidade, o que deriva na mobilidade da cidadanía entre as provincias galegas. O Estado abre a porta a acabar coa limitación provincial se así o decide a Xunta, aínda que mantén as restricións de movemento entre comunidades"En caso de acordo", como detalla o decreto, as novas medidas "serán aplicadas por quen ostente a Presidencia da comunidade autónoma, como representante ordinario do Estado no territorio". Así, o Executivo central abre a posibilidade de acordar a fin da limitación de mobilidade provincial, unha opción que non existía até agora, no caso de acordalo coa Xunta, que leva xa semanas reclamando esa posibilidade. A opción de saír da comunidade quedaría aínda en mans do Goberno do Estado, que abriu tamén a porta a permitir os desprazamentos entre territorios na mesma fase pero que aínda non concretou a medida. En todo caso, o remate da fase 3 logo de dúas semanas, e xa que logo "de todas as fases previstas no plan para a desescalada", determinará "que queden sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma" nas unidades territoriais correspondentes. Xa o pasado martes, a Xunta demandou ao Ministerio que "todo o territorio de Galicia" avance o luns 8 de xuño á fase 3 por presentar "condicións adecuadas epidemiolóxicas". Na proposta enviada, a Consellería de Sanidade reclama a mobilidade interprovincial pola "boa evolución" da pandemia en toda Galicia, "cunha tendencia descendente en todas as provincias".Por outra banda, no debate no Congreso no que se aprobou a sexta prórroga do estado de alarma, Pedro Sánchez, en resposta a unha pregunta do deputado do BNG, Néstor Rego, asegurou que consultaría ao Ministerio de Interior se hai desprazamentos non permitidos a Galicia de poboación de comunidades en distinta fase de desconfinamento. Ademais, o pleno non admitiui ningunha das propostas presentadas polos grupos parlamentarios para mudar as condicións da solicitude de autorización da prórroga do estado de alarma. Durante a súa intervención, o presidente do Goberno central lanzou unha petición de "responsabilidade individual" á cidadanía. "O virus non desapareceu, contivémolo, pero continúa entre nós, non atopamos a vacina", dixo Sánchez, que advertiu da importancia de que cando se levante o estado de alarma a poboación "sexa consciente de que as normas son fundamentais para evitar recaídas e recuperarnos economicamente". |
PRAZA_12000 | O presidente da Xunta solventa a primeira sesión de control do ano asegurando ter "da súa parte" á "inmensa maioría do pobo galego". Mentres, a nacionalista Ana Pontón e o socialista Pachi Vázquez ínstano a "gobernar" e a dar explicacións sobre o parón eólico e os recortes sanitarios. | "A historia me xulgará" ou "teño a inmensa maioría do pobo galego da miña parte". Son algunhas da sentenzas que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deixou na primeira sesión de control parlamentario tras o inhábil mes de xaneiro, un debate con cambios nas bancadas do hemiciclo e mesmo nunha das portavocías, a do BNG, aínda que sen excesivas mudanzas no argumentario presidencial. Tanto a nacionalista Ana Pontón como o socialista Pachi Vázquez chegaron ao Pazo do Hórreo co descontento pola suba do paro e os recortes sanitarios baixo o brazo e na banda do titular da Xunta atoparon toda unha artillería de atribucións á "herdanza" de Zapatero e do bipartito, así como á situación interna dos grupos da oposición. Pontón pregúntase onde van os 14.000 empregos prometidos por Feijóo para o plan eólico A primeira en abrir fogo dialéctico foi a voceira do Bloque. No seu primeiro cara a cara co xefe do Goberno, Pontón optou por unha intervención inzada de datos que gañou en impacto contra ao final. A alusión aos 23.000 fogares galegos sen ingresos, ao descenso do índice de produción industrial nun 7% ou a o parón do sector eólico derivado da fin das primas estatais ao sector semellou non callar no presidente. Ben ao contrario, Feijóo fiou unha intervención con afirmacións xa reiteradas por el mesmo tanto no Parlamento como noutros foros: "se España tivese a mesma taxa de paro que Galicia, habería un millón menos de parados" ou a situación económica de España é "pésima" por mor "da política do PSOE", da que o BNG "foi cómplice", insiste. Ademais, e á marxe das trabas legais impostas polo Goberno central, o presidente insiste en que o seu plan eólico "vai seguir creando 14.000 empregos cun investimento de 6.000 millóns de euros". "Se hoxe lle aplicásemos a reforma laboral do PP, poderíamos despedilo", resumiu Pontón. Tampouco o secretario xeral do PSdeG logrou apartar a Feijóo do seu argumentario habitual, que só abandonou para tentar pescar no río revolto do proceso congresual dos socialistas galegos. Vázquez, armado con enquisas e titulares de prensa que, nos últimos días, reflectiron os recortes da Xunta, apelou o líder conservador a non seguir tentando "tapar coa man o sol da verdade de Galicia". "Vai gobernar dunha vez este país?", cuestionou. "Non lle vou lembrar o que poñen os medios de comunicación sobre o seu partido", deu en respostar o presidente quen, ademais, lle puxo deberes ao socialista: "dicía que tiña unha proposta para crear 20.000 postos de traballo, levo 55 días esperando". Feijóo: "Pasarei á historia como un defensor da sanidade pública" En opinión de Pachi Vázquez, Feijóo pasará á historia como o primeiro presidente "co que cada ano co que os galegos viven peor" sen dicir no Parlamento o que "di por fóra", como que "non estaría mal cobrar a comida e as duchas" nos hospitais ou que" un señor ou unha señora que cobra 532,21 euros ten que copagar o 10%" dos servizos sociais. "Non diga aquí unha cousa e cando sae fóra se esconde por baixo da alfombra. Xa que vostede non ten solucións, nós si as temos", asegura Vázquez, quen, ademais, asegura sentirse "moi orgulloso" da situación do seu partido, no que "non se herdan nin as deputacións nin os partidos". Vázquez: "Vostede di que non estaría mal cobrar a comida nos hospitais" Non entrou tampouco o presidente na alusión socialista á Deputación de Ourense. "Non vou entrar na política de familiares", di Feijóo, recuperando ao tempo un dos clásicos das sesións de control; o PP, reitera, "só goberna cando gaña e outros gobernan despois de perder". Á marxe diso, o titular da Xunta está convencido de que será lembrado como "un defensor da sanidade pública do meu país" que deixou "blindados os servizos públicos". E iso farao, di, malia herdar a "peor situación económica da nosa historia" e tamén malia a que "nos deixaron sen caixas de aforro", xa que a fin de Novacaixagalicia tamén é, ao seu xuízo, responsabilidade socialista. |
PRAZA_17012 | O Goberno galego si detalla a achega ao Ministerio de Defensa para a participación do Exército en labores de vixilancia do monte, pero evita aclarar se paga polas intervencións da UME na extinción de incendios A UME volve esquivar a comisión de incendios e convida o presidente do Parlamento a unha visita "se vén por Madrid" | A UME volve esquivar a comisión de incendios e convida o presidente do Parlamento a unha visita "se vén por Madrid" Dende finais do século pasado o Exército participa no dispositivo de prevención de incendios forestais en Galicia. Esta colaboración, reformulada tras a gran vaga de lume de 2006, sempre implica financiamento por parte da Xunta concretado en convenios anuais que superan o medio millón de euros. Con estes fondos o Ministerio de Defensa paga as sucesivas edicións da chamada Operación Centinela, isto é, o "despregamento" para a "vixilancia e disuasión" de posibles incendiarios, que no seu nivel máis amplo está composto por ata 75 patrullas militares e dous helicópteros. Estes acordos anuais non inclúen as actuacións excepcionais da Unidade Militar de Emerxencias (UME), o departamento do Exército creado en 2007 para actuar en situación sde "grave risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades" e cuxo financiamento para intervir na extinción de incendios a Xunta evita aclarar. O último intento por coñecer se a Xunta sufraga as intervencións da UME en Galicia e, en caso de facelo, cal é a contía deste pagamento, partiu do grupo parlamentario de En Marea a través dunha pregunta oral e outra escrita formuladas polo deputado Davide Rodríguez, bombeiro forestal de profesión. A pregunta oral dirixida no pleno parlamentario do pasado 11 de abril á conselleira do Medio Rural rematou sen aclaracións, toda vez que Ángeles Vázquez se limitou a debullar os devanditos convenios para a vixilancia do monte. "Para vostede, a UME está suplindo as carencias" do dispositivo de extinción ou "supondo un exercicio de intrusión profesional?", cuestionara o deputado. A Xunta si detalla a achega ao Ministerio de Defensa para a participación do Exército en labores de vixilancia do monte, pero evita aclarar se paga polas intervencións da UME na extinción de incendios Nos primeiros días de maio Medio Rural respondeu á pregunta escrita que En Marea formulara ao respecto a finais de marzo, na que igualmente reclamaba coñecer o "custo real que supuxo ás arcas públicas galegas a prestación de servizos por parte da UME e a operación Centinela nos anos 2016 e 2017". Novamente a resposta refírese só aos conveniso de vixilancia que, evidencia a Consellería, o Goberno galego "mantén dende o ano 2008" co obxectivo de controlar o monte e "disuadir" os posibles incendiarios. "Este reforzo, que se centra fundamentalmente na vixilancia e na disuasión nas zonas máis afectadas polos incendios, está tendo moi bos resultados", polo que "este ano o convenio volverase renovar" por "un importe similar ao dos últimos anos", isto é, arredor de 500.000 euros, detalla. A UME rexeitou en dúas ocasións acudir á comisión de estudo sobre os incendios no Parlamento galego para explicar o seu traballo Tanto o deputado Davide Rodríguez como organizacións que representan os bombeiros forestais manifestaron nas últimas semanas outra volta a súa contrariedade pola opacidade que arrodea o financiamento da UME, receos que nin os responsables desta unidade nin o propio Ministerio de Defensa, do que dependen, constribúen a minorar. Non en van, como informou Praza.gal, o tenente xeneral xefe da UME, Miguel Alcañiz, rexeitou formalmente ata en dúas ocasións que un representante deste departamento do Exército comparecese ante a comisión do Parlamento galego que estuda o sucedido na última vaga de incendios para explicar o seu traballo. Tras unha primeira negativa o lexislativo galego volveu formular a solicitude e a UME volveuna rexeitar, incluíndo xunto ao seu segundo "non" un convite ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a visitar as súas instalacións "se vén por Madrid". No Rexistro de Convenios da Xunta non consta, cando menos polo momento, ningún acordo específico polo que a Xunta achegue fondos do erario autonómico a estas intervencións, pero Medio Rural tampouco inclúe nas devanditas respostas ningunha negativa ao respecto. No último orzamento do Ministerio de Defensa, pola súa banda, tampouco figuran referencias a inxeccións económicas das comunidades autónomas cara á UME, que nas últimas contas estatais aprobadas tivo unha asignación inicial de 30,1 millóns de euros. Esta nova negativa a informar sobre o financiamento da UME prodúcese nun contexto no que o Goberno de España xa confirmou que non atenderá a proposta de instalar unha base desta unidade militar en Galicia, nomeadamente na provincia de Ourense, como propuxera o PP a través da Deputación. Unha vez lanzada esa proposta o PSdeG ourensán, que a apoiaba, dirixiuse ao gabinete de Mariano Rajoy para preguntar se prevía atendela. O escrito formulado polo secretario provincial do partido, Rafael Rodríguez Villarino, foi respondido o pasado 12 de abril dende Presidencia do Goberno, que aclarou que "o Ministerio de Defensa non considera necesario" instalar esta nova base. |
PRAZA_19750 | Señores de Erimsa, non queremos a súa minaría sustentable. Queremos que o seixo siga onde está e queremos vivir dignamente do noso traballo, algo que xa nos poñen difícil de abondo como para que veñan agora vostedes fozar nos nosos prados. A terra é nosa e o seixo tamén! | En 2006, aprobáronlle a Erimsa tres concesións para a extracción de seixo en preto de 6.000 hectáreas na Terra Chá. Pasou unha década e, dende aquela, sucedéronse xuízos, recursos, escritos, centos de alegacións, festivais de denuncia, manifestacións, xuntanzas e charlas, moitas charlas por todo o pais contando o que estaba a acontecer. Paseniño, conseguimos irlle pechando as portas ás intencións desta empresa norueguesa integrada na multinacional chinesa Blue Star. A pesares de pretender comezar a executar os seus proxectos en primavera de 2007, chegamos á primavera de 2017 sen que Erimsa dese iniciado extracción ningunha en terras chairegas e asistindo á publicación de sentenzas contrarias á súa actividade por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. As máis recentes, de xaneiro e febreiro deste ano. A día de hoxe, o conflito con Erimsa na Terra Chá dá os seus últimos estertores coa polémica da caducidade das concesións, que a Consellaría de Industria se nega a declarar. Todo fai prever que ese silenzo administrativo que só beneficia á empresa rematará tamén nos tribunais. Unha década de loita tecendo alianzas Nesta década de loita, no Sindicato Labrego Galego fomos coñecendo moitos proxectos mineiros, uns que xa existían e outros que foron xurdindo. Desta maneira, moitas loitas invisibilizadas foron vendo a luz a raíz do conflito entre Edgewater e a veciñanza de Bergantiños polo proxecto mineiro de Corcoesto. Polo camiño, tamén estivemos e estamos por idénticos motivos en Xinzo, Triacastela, San Fins, na Gudiña, Forcarei, na Fonsagrada, etcétera contra a minaría destrutiva e en defensa da terra. Ao redor destas loitas xurdiron moitos lazos, amizades, colaboración entre colectivos e, sobre todo, unha rede de apoio: Contraminacción. Hoxe en día, a rede Contraminacción está integrada por máis dunha vintena de asociacións de afectados e afectadas, grupos ecoloxistas, organizacións agrarias e outros colectivos do país Xa choveu dende que eu entrei en contacto con isto da minería, pero seguimos nas mesmas: Ao tempo que aparecen novas ameazas de proxectos, reviven outros conflitos xa existentes. E nestas, volvemos con Erimsa á comarca de Ordes. A base territorial de 200 granxas ameazada O 6 de marzo publicábase no DOG unha nova resolución da Xefatura Territorial na Coruña da Consellaría de Industria para "someter a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda, número 7138, situado nos concellos de Frades e Mesía (A Coruña), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA)". Desta vez, tocoulle á comarca ordense con máis de 6.000 hectáreas afectadas nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes. De primeiras, está en fase de alegacións o proxecto Xanceda, que abrangue 781 hectáreas e pretende explotar unha superficie de 210. Dende o SLG, levamos vixiando estes proxectos dende o ano 2013, cando se publicaron as solicitudes dos permisos de investigación. Que muda nos proxectos da comarca de Ordes con respecto aos da Terra Chá? Basicamente, nada; pero, á hora de enfrontalo, moitas cousas. Por exemplo, grazas ao seguimento que lle fixemos a estes proxectos, na comarca de Ordes comezamos co labor de oposición na fase previa á aprobación da concesión, cando na Terra Chá a loita comezou coa concesión xa aprobada. Cambiou tamén que Erimsa agora fracciona os proxectos para agachar as súas intencións reais e evitar o rexeitamento social. Por iso, estamos dando a coñecer á veciñanza que esta primeira concesión de 781,29 hectáreas podería seguir ampliándose con outros proxectos até abranguer 6.000. Polo demais, os proxectos de Erimsa en Ordes son unha copia dos da Terra Chá por moito que os enfeiten. Outra novidade é que, en Ordes, Erimsa ensaia novos xeitos de confundir á xente. Diante do rexeitamento social, na Terra Chá vendéronnos un protocolo asinado coa Consellaría de Industria onde reducían a zona a explotar, pero en ningún lado falaban de reducir a concesión e, con trinta anos por diante, xa se vería o que pasaba co protocolo no futuro. Agora, na comarca de Ordes, Erimsa vén con que renuncia ao dereito de expropiación. Que significa isto na práctica? O mesmo que na Terra Chá: a lei e a lei, e as declaracións de boa vontade dunha empresa lévaas o vento. Unha vez que calmen a veciñanza e a Xunta aprobe o proxecto, con trinta anos de concesión por diante e a lei da súa man, hase ver se expropian ou non. En calquera caso, dende o Sindicato Labrego témolo claro: o problema non é a forma de adquirir a terra, o problema é que a minaría e a agricultura son incompatibles. A veciñanza da comarca de Ordes non vai comungar rodas de muíño A semana pasada tivemos unha xuntanza informativa na Casa da Cultura de Xanceda, onde un cento de veciños e veciñas asistiron para informarse do proxecto. Tamén viñeron tres empregados de Erimsa para defender as bondades da empresa. Increpáronnos dicindo que nos tiñamos que dedicar a conseguir mellores prezos para o leite. Dende o SLG, temos que dicirlles aos señores de Erimsa que, ao defender a base territorial das explotacións, estamos a defender unha mellor rendibilidade para a actividade gandeira. Defendendo a produción de leite e carne en base á terra, minimizamos a dependencia das granxas á hora de mercar forraxes, cereais ou insumos para alimentar o gando. Quizais a mentalidade extractivista coa que pensan os partidarios da industria mineira non o dea entendido, pero defender a terra das granxas afectadas polos proxectos de Erimsa é defender o futuro e a rendibilidade da profesión gandeira. Pola contra, a minaría é miseria para hoxe e fame para mañá, na medida en que a súa actividade destrúe os recursos doutras profesións como a agricultura, xa que, decotío, esa destrución de recursos é irreversible. No caso que nos ocupa, quitarlle o seixo ao solo -aquí preténdese extraer un 8% fronte ao 3% previsto da Terra Chá- supón deixalo sen estrutura. Por experiencias coñecidas, sabemos que as fincas explotadas tardan uns oito anos en volver producir a niveis semellantes previos á extracción e, con choiva, a terra enlámanse como moita facilidade, dificultando o acceso de tractores e gando maior. A actitude da Consellaría de Industria denota unha rechamante permisividade con Erimsa Que doado é incitar ao enfrontamento entre a veciñanza, mentres a Administración recibe a representantes con gravata dunha empresa que, evidentemente, só busca o seu beneficio. De seguro que estes representantes coñecen á perfección a decoración dos despachos dos altos cargos da Consellaría de Industria, os mesmos altos cargos que se negan a conceder unha entrevista ao Sindicato Labrego Galego para tratar a caducidade das concesións a Erimsa na Terra Chá e que se negan a darlle información á Valedora do Pobo respecto deste tema. Os feitos lévannos a pensar que a Administración non está a ser o suficientemente dilixente nin respectuosa coas súas funcións públicas nin coa necesaria ecuanimidade que se lle presume. E é que nos consta a existencia de expedientes de denuncia por extracción de seixo sen permiso que remataron arquivados. En 2013, por exemplo, Erimsa realizou extraccións en Oroso cunha pala e unha peneira mecánica Powerscreen Warrior 1400, maquinaria pesada propia da industria mineira. Así o denunciamos formalmente, diante da inexistencia de permisos para extraccións, con numerosas probas como fotografías da escavación. Días despois da denuncia, aparecía un permiso solicitado por un particular para realizar simples movementos de terras. A resposta da Consellaría de Industria foi que "non queda suficientemente probado que alí houbese aproveitamento dun recurso mineiro". Fronte a esta versión, a fiscalía de Medio Ambiente, onde acabamos por levar a denuncia, dixo nas dilixencias que "a simple alegación da empresa Erimsa (que podería ser obxecto de sanción e, polo tanto, interesada, e moito, no expediente sancionador), é validada sen máis comprobación polo órgano sancionador, sen contrastala coa información policial...". E seica debemos fiarnos da boa vontade de Erimsa. Velaí a súa minaría sustentable! Señores de Erimsa, non queremos a súa minaría sustentable. Queremos que o seixo siga onde está e queremos vivir dignamente do noso traballo, algo que xa nos poñen difícil de abondo como para que veñan agora vostedes fozar nos nosos prados. A terra é nosa e o seixo tamén! |
NOS_33929 | O 28 de xuño de 1984 os restos de Daniel Castelao chegaban a Santiago de Compostela no marco dunha operación política dirixida a lexitimar o réxime autonómico. Mentres o cadaleito do intelectual era conducido a San Domingos de Bonaval custodiado polos herdeiros políticos dos seus represores, os continuadores do seu proxecto político eran golpeados polas forzas da orde no entorno do mosteiro exclaustrado. A batalla evitou finalmente a manipulación do pensamento e da obra do galego máis senlleiro de todo o século XX. | A decisión de devolver a Galiza os restos de Castelao remóntase aos anos posteriores á morte de Franco pero non se fará efectiva até o primeiro goberno da autonomía. A idea de repatriar os seus restos desde a Arxentina é recollida por primeira vez en diversos artigos publicados na revista Teima, non tardando en recoller a luva en Bos Aires Rodolfo Prada, antigo secretario de Castelao no exilio, naquela altura en aberta disidencia co Consello de Galiza e que mantiña desde os anos sesenta unhas relacións privilexiadas con Ramón Piñeiro, outra peza chave na trámolla na súa condición de deputado do PSOE e valedor da candidatura de Albor dentro de AP. Así é todo, a proposta non se formalizará até a primeira lexislatura da autonomía, cando o Parlamento de Galiza acorda xestionar a traída dos restos, sinalándose no labor o presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor, unido nunha relación de amizade coas irmáns de Castelao a través da familia da súa compañeira Asunción Baltar e ligado de vello ao grupo de Piñeiro. Unha operación política para lexitimar a autonomía A traída dos restos de Castelao respondía ao cuádruplo obxectivo de dotar de apoio social ao réxime autonómico, de manter o combate e a exclusión contra o nacionalismo, de avanzar na idea de reconciliación entre as vítimas e os verdugos e de outorgar natureza democrática e galega aos xestores da autonomía. A data, escollendo para a súa chegada a Bonaval un 28 de xuño, a fin de facelo coincidir co aniversario do referendo do estatuto de 1936. O momento, cos deputados do BN-PG-PSG, Lois Diéguez, Bautista Álvarez e Claudio López Garrido, expulsados do Parlamento de Galiza em 1982, nun contexto de forte represión ao nacionalismo, iniciado após o 23F, continuado polos primeiros gobernos do PSOE e que respondía a tentar eliminar aquelas alternativas non confesionais co modelo da Constitución de 1978. O tempo, cunhas institucións autonómicas cuestionadas na súa utilidade e no seu carácter democrático, cun Estatuto que merecía a indiferenza maioritaria do pobo galego, como se demostrou no referendo de 1980 e cuns responsábeis, á fronte, carentes de calquera tipo de lexitimidade democrática. A manipulación de Castelao As tentativas de manipulación do legado de Castelao son anteriores ao período autonómico. Porén neste momento acadan un carácter máis evidente pola necesidade de convertelo no avalista do proxecto político en marcha. O proceso de adulteración do pensamento e da obra de Castelao arranca dos anos inmediatamente posteriores á súa morte, sendo obxecto de vivas polémicas entre os seus compañeiros de exilio e unha parte dos galeguistas de interior liderados por Ramón Piñeiro, decididos a impugnar o seu corpo ideolóxico, botar terra polo seu labor político e desligar do anterior o seu traballo de creación artística e literaria. A polémica continuará ao longo da década dos sesenta e setenta, neste caso enfrontando o nacente nacionalismo e os núcleos que continuaban fieis a Piñeiro, estoupando nos albores da autonomía cando tentan presentar Castelao como unha sorte de inspirador do texto estatutario de 1981. As achegas doutrinais do de Rianxo presentaban o autonomismo e o federalismo como antitético co nacionalismo, explicando o estatuto de 1936 como un punto de partida e non de chegada, situando a súa reivindicación como un paso para avanzar na liberación nacional da Galiza. A batalla de Bonaval O 28 de xuño de 1984 Daniel Castelao estaba de novo na Galiza tras unha viaxe de volta non exenta de sobresaltos, con ameaza de bomba incluída, o que provocou retrasos no voo do avión e no seu recibimento, case clandestino de Lavacolla, e posteriormente en Bonaval. O Bloque Nacionalista Galego, que amosara desde o primeiro momento a súa oposición ao retorno de Castelao naquelas circunstancias políticas e que denunciara a operación que se agochaba tras aquela decisión, desenvolveu unha campaña de explicación do seu pensamento político e organizou diversos actos de protesta. O 24 de xuño arredor dunhas cinco mil persoas manifestábanse polas rúas de Santiago de Compostela, baixo o lema "Castelao sen manipulación" O 24 de xuño arredor dunhas cinco mil persoas manifestábanse polas rúas de Santiago de Compostela, baixo o lema "Castelao sen manipulación", nunha marcha que remataría na Praza do Toural cunha intervención de Avilés de Taramancos e Bautista Álvarez. Álvarez acusou o goberno da autonomía de ser "fillos ideolóxicos dos que noutros tempos empuñaron fusil e pistola en contra da Galiza" e cualificou a traída dos restos como "máscara institucional, afronta deshonrosa para Galiza e para o seu pobo". Chamara os presentes a concentrarse o 28 de xuño para "facerlle a Castelao o desagravio que merece". O mosteiro de San Domingos de Bonaval sería testemuña dunha brutal carga das forzas da orde pública contra os manifestantes que protestaban contra o secuestro de Castelao, nunhas imaxes que xunto a unha narración vibrante da xornalista Tareixa Navaza chegarían a milleiros de galegos ao ser retransmitidas en directo polas cámaras da delegación na Galiza da Televisión Española. Mentres Daniel Castelao chegaba ao antigo templo exclaustrado, en palabras de Bautista Álvarez, "ao lombo dos herdeiros políticos daqueles que o mandaran ao exilio, escoltado polos mesmos que perseguiran a súa obra e pensamento durante o franquismo", os militantes e simpatizantes nacionalistas que responderan á convocatoria do BNG eran disolvidos a porrazos e con pelotas de gomas, deixando ducias de feridos e persoas que requiriron atención médica, entre eles o propio Bautista Álvarez, agredido cando ensinaba a súa credencial de deputado á policía. A maré represiva non rematou cos incidentes de Bonaval, continuando nas semanas e nos meses seguintes coas multas e procesamentos a algúns dirixentes nacionalistas, baixo a responsabilidade de ter promovido estes actos. A homenaxe nunha Quintana recuperada A manifestación Día da Patria Galega de 1984 converteuse nunha grande xornada de homenaxe a Castelao. O ciclo recentralizador iniciado nos últimos anos do goberno da UCD, agudizado após o golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 e consolidado coa chegada ao goberno do PSOE, veu acompañado dun paquete de medidas represivas contra o nacionalismo do que son exemplos paradigmáticos na Galiza a expulsión do Parlamento dos deputados do BNG e a prohibición de entrada na cidade vella de Santiago de Compostela da marcha do 25 de xullo. As protestas desenvolvidas polos nacionalistas nos anos anteriores e particularmente a resistencia e os enfrontamentos nas rúas da capital da Galiza no Día da Patria Galega de 1983 torceron a vontade do goberno, obrigando a permitir a volta á praza da Quintana após catro anos de ausencia á mobilización patriótica. Nunha praza ateigada de pancartas con lendas recollidas do Sempre en Galiza, con consignas preparadas para a ocasión, como "Aquí está, vivo en pé, o noso irmán Daniel", cun panel de grande tamaño coa imaxe de Castelao presidindo a concentración, os asistentes ao acto do BNG realizaron unha inesquecíbel homenaxe con ofrenda floral de caraveis vermellos ao patriota. |
NOS_4581 | O BNG vai levar o asunto do Pazo Meirás -a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco- á Unión Europea e á comisión de Dereitos Humanos de Nacións Unidas. Anunciárono esta segunda feira en conferencia de imprensa Ana Pontón e Ana Miranda. | Cómpre pór en marcha "unha frente democrática" para o Pazo de Meirás non se tornar nun "parque temático de fascismo", enfatizou esta segunda feira a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. A quen ten que combater esa frente democrática? A unha Fundación Francisco Franco que fai apoloxía do totalitarismo e que conta "coa connivencia do goberno galego e o seu presidente Núñez Feijóo". Para a líder do BNG, a xestión das visitas ao Pazo de Meirás por parte dunha fundación que enxalza a figura do ditador constitúe un feito "inconcebíble e incompatíbel coa democracia" que "supón unha labazada ás vítimas do franquismo e as súas familias". Se a Fundación Francisco Franco consumar a toma de control deste BIC -ben de interese cultural- será porque existe unha clara "connivencia do Partido Popular co franquismo no Estado español", dixo Pontón. A Xunta podería pór fin a esta "aberración" co uso das súas competencias, enfatizou a líder soberanista, quen lembrou que esta terza feira se reanudarán as visitas ao Pazo, polo que o goberno galego debe parar "esta barbaridade" e evitar que a súa "pasividade" se torne en "complicidade". A conferencia de imprensa serviu para o BNG publicitar unha batería de medidas visando a restitución do Pazo de Meirás ao "pobo de Sada". O Bloque levará mocións aos concellos e ao Parlamento galego co obxectivo de que se produza a devolución dunha propiedade "roubada" durante o franquismo. Alén diso, a formación nacionalista instará a abertura dun expediente para ilegalizar a Fundación Francisco Franco por facer "apoloxía do fascismo". Denuncia perante institucións internacionais O asunto non ficará aí. O Bloque vai levar a Fundación Francisco Franco perante o Parlamento europeu e a Comisión de Direitos Humanos de Nacións Unidas por atentar contra "os valores europeus" e os principios máis elementais da democracia, anunciou nesta conferencia de imprensa a portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda. Miranda puxo en destaque que en Europa non existe ningunha entidade equiparábel á Fundación Francisco Franco que sexa legal, un claro indicio de que, 42 após aos o falecimento do ditador, "o franquismo continúa con vida". A democracia non será completa, resaltou, até se abrir definitivamente paso a "xustiza, a verdade e a reparación das vítimas". A portavoz da formación frentista perante o Parlamento europeu aproveitou o encontro cos meios para anunciar que en novembro deste ano, cando se cumpriren os 42 anos do deceso do ditador, o BNG organizará no Parlamento europeu un encontro con diversas entidades relacionadas coa recuperación da memoria histórica de Galiza e do Estado español. |
NOS_36441 | Cando antes de finalizar o ano o gasoduto Nord Stream 2 estea operativo, Rusia poderá duplicar os 55.000 millóns de metros cúbicos de gas anuais que envía ao resto de Europa, ofrecendo unha alternativa máis sostíbel que o gas licuado dos EUA. | Ás 6.45 da mañá desta sexta feira, a construción do gasoduto Nord Stream 2 quedara completamente rematada, anunciou Rusia, co cal "antes de final de ano", detallou Maria Zajarova, voceira do Ministerio de Asuntos Exteriores, o gas licuado estaría percorrendo os 1.230 quilómetros que unen o país con Alemaña. A infraestrutura -"unha das maiores construcións enerxéticas do mundo", gabouse Zajarova- permitirá enviar ao resto de Europa 55.000 millóns de metros cúbicos de gas máis, duplicando a capacidade actual do gasoduto orixinal, o Nord Stream 1, á beira do que se construíu o Nord Stream 2. O final da obra chega despois dun investimento de arredor de 10.000 millóns de euros, cofinanciado pola rusa Gazprom e cinco empresas do sector: Uniper (Alemaña), BASF (Alemaña), Shell (Inglaterra - Países Baixos), OMV (Austria) e Engie (Francia) Desde o primeiro momento, os Estados Unidos (EUA) fixeron pública a súa oposición ao proxecto, mantendo que a dependencia rusa poñía en risco a seguridade enerxética da Unión Europea (UE) e debilitaría Ucraína, que recibe máis de 1.200 millóns de euros ao ano polo tránsito do gas ruso, indica France24. Aliás, apuntaron que os 110.000 millóns de metros cúbicos de gas que poderían enviar anualmente a Alemaña, dotaría a Federación Rusa dunha arma xeopolítica. En 2019, durante o goberno de Donald Trump nos EUA, foi aprobada unha norma que impoñía sancións ás empresas que forman parte da iniciativa. Porén, nin el nin Joe Biden, novo presidente, quixeron aceptar as sancións para o Goberno alemán de Angela Merkel, que apoia o proxecto e considera que é unha parte imprescindíbel da súa transición enerxética. Dependencia "Eu creo que todo son vantaxes", asegurou esta sexta feira o economista Santiago Niño Becerra, catedrático de Estrutura Económica da Universidade Ramon Llull de Barcelona, a medios internacionais. O economista desacredita os argumentos dos EUA e salienta que a UE "sempre vai depender do gas doutros", polo simple motivo de que na rexión non hai. A principal causa da animadversión estadounidense á obra é que "os EUA venden gas e pretenden que a UE o merque". Asemade, Niño Becerra destaca que o impacto ecolóxico con respecto ao gas licuado procedente do outro lado do océano Atlántico é "entre 3 e 5 veces menos". |
NOS_34477 | A Coordinadora Galega de Atención Primaria rexistrou esta sexta feira a convocatoria de greve neste servizo para os días 9, 10 e 11. Un dos voceiros da Coordinadora, Xosé Dios, médico en Outes, indica que a "situación insorportábel" na que está instala Atención Primaria levou a convocar este paro. | O 9, 10 e 11 de abril Atención Primaria irá á folga na Galiza. Unha convocatoria feita desde a Coordinadora Galega de Atención Primaria e que conta co apoio de seis sindicatos (CIG, CCOO, UXT, CSIF, O´Mega e CESM), de colectivos en defensa da sanidade pública e da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, entre outros. Esta sexta feira rexistrouse oficialmente a convocatoria. "Feixoo xoga ao divide e vencerás mais a folga vai adiante", sinala en conversa con Sermos Galiza Xosé Dios, médico e membro da Coordinadora, que aponta a que agarda que haxa máis adhesións a este paro. "Máis de mil profesionais estamos na Coordinadora", lembra, e considera que a folga "vai ser histórica". Xa o é, apunta, desde o momento en que é a primeira que se fai na sanidade galega que nun servizo engloba a todos os sectores: médicos, persoal administrativo, matronas, enfermeiras (se ben o sindicato de enfermería Satse non apoia)... O vindeiro luns a Coordinadora comparecerá ante a prensa para explicar polo miúdo os motivos da greve, o calendario e obxectivos. Xosé Dios recoñece que a situación que se vive en Atención Primaria leva empeorando desde hai anos até chegar a ser "insorportábel": demoras, sobrecargas, falla de medios e de persoal... As propostas feitas desde a Xunta para este servizo non convencen a Dios, que considera que non son abondo para facer fronte ao problema, para alén de criticar a actitude da Consellaría, "que un día promete máis de 100 medidas, uns días despois son sete, despois outras...". Tamén mostrou o seu malestar a respecto das últimas declaracións de Feixoo, que di que non ten coñecemento da folga. "Pois se non sabe, que se informe, e que saiba como está a sanidade", instouno. |
NOS_54254 | Este sábado CIG-Ensino realiza en Compostela o seu VII Congreso. Unha cita no que se renovará 40% da Executiva da federación e na que Anxo Louzao porá o ramo a 16 anos como secretario nacional, pasando o relevo a Suso Bermello. Louzao deixa o cargo mais non o compromiso e pulso militante. "Estamos nun período de involución, nun período letal para o ensino galego, e iso hai que combatelo", afirma. | -Este sábado deixas a secretaría nacional da CIG-Ensino após 16 anos, un período de tempo abondo amplo como para facer complicado intentar resumilo en poucas liñas. Mais, mirando eses 16 anos, que valoración fas? -Pódese facer unha valoración dese período desde moitas perspectivas. Por exemplo, desde o ámbito da propia organización, CIG-Ensino, creo que foi moi positiva, consolidamos e agrandamos este proxecto sindical de contrapoder. Fomos quen de situármonos como primeiro sindicato do ensino público en Galiza, aumentando representación en cada cita electoral. Iso axuda a ter unha aposta reivindicativa, transformadora. Ademais, logramos unha base de afiliación que nestes momentos é maior que todo o resto de organizacións actuantes no ensino en Galiza. Iso é a credencial máis potente que temos de que somos un sindicato referente na defensa do ensino galego, do profesorado. Que unha organización como a nosa, de combate permanente, sen renunciar nin un ápice ao que son os seus principios; chegue a este nivel de representatividade e a ter unha base de afiliación tan importante; é moi positivo. -Ademais da sindical, falabas doutras perspectivas... -Estes foron anos nefastos para o ensino na Galiza. Certo é que houbo unha paréntese, cando gobernou o nacionalismo co progresismo malia que tamén houbo conflitos e a CIG impulsou mobilizacións, lográndose conquistas laborais e no ensino. Mais coa 'Era Feijóo' padecemos unha involución total en todo o eido educativo, desde a persecución do noso idioma e a españolización até a falla dun proxecto educativo galego. A única política do goberno galego é a vasalaxe a Madrid. Esa e apostar en modelos privatizadores e neoliberais no ensino ao tempo que amosar unha total desconsideración polo profesorado. Foron, pois, anos de involución, de desmantelamento do ensino público, de recortes de dereitos, de marxinación do galego, de recortes en orzamentos... Todo iso sitúanos cada vez máis lonxe dese principio que é o de igualdade de oportunidades e sitúanos cada vez máis afastados dun ensino como servizo público que minore a fenda social. -Estamos hoxe máis lonxe dun verdadeiro ensino público en Galiza do que poderiamos estar hai 16 anos, cando accediches á secretaría nacional? -Sen dúbida. O propio marco do Estado non mudou nestes anos, mesmo houbo novos retrocesos, como coa Lomce, procurando un ensino centralizado, españolizador e privatizado. A isto engadimos un goberno, o de Feijóo, que nestes anos supuxo un retroceso en todos os parámetros. En termos de concepción do que debe ser un ensino público, galego, democrático; hoxe non estamos nin moito menos en mellor momento que daquela. Se falamos do profesorado, estes anos foron moi duros: os nosos salarios son 18% menos que hai 6 ou 7 ano; empeoráronse as nosas condicións de traballo... De centrármonos no galego, estamos moito peor que daquela. O 'decreto de plurilingüismo' supuxo un retroceso enorme para o noso idioma. Calquera parámetro que collamos indica que estamos nun período de involución, nun período letal para o ensino público. O PP aposta de maneira descarada no privado, de aí que acabe de comprometer máis de 1.500 millóns de euros para os vindeiros seis anos para o privado concertado. Necesitamos un cambio radical e precisamos un marco xurídico-político que nos respecte como país para poder ter así un ensino propiamente galego. -Neste VII Congreso vaise renovar 40% da Executiva. Unha renovación para coller pulo para novos retos e etapas? -Na CIG-Ensino hai renovacións permanentemente. As que estamos aí somos persoas que temos o noso traballo, o noso destino, e hai persoas que teñen vontade de se incorporar á vontade diaria do ensino. Hai persoas de grande valía e que sería importante que continuasen, mais que optan por recuperar o seu traballo como docente. Por outra banda, esta renovación non supón unha ruptura, nin moito menos. A sorte de ter un equipo de traballo moi amplo é que hai moita xente da que se botar man para asumir responsabilidades. Todas elas son persoas que nestes anos amosaron a súa capacidade de traballo e o seu compromiso. Temos a certeza de que o van facer de marabilla. Somos unha organización moi cohesionada e coherente. Iso o profesorado sábeo e venos como referente. Aquí cando hai un conflito persoal ou colectivo, cando se alcanzan as situacións máis extremas, até persoas que están noutra organización sindical acoden a nós. -Sentiuse cómodo Anxo Louzao nesa imaxe que como de unha especie de 'besta negra' se lle adxudicou nestes anos por parte da Consellaría? -(Ri)Home, pois até diría que si. Somos un sindicato de contrapoder, non do sistema, combatemos a política educativa que se nos aplica por este goberno galego. Estamos para facer esa función, non estamos para que desde o poder nos dean louvanzas. Non estiven aquí para que me pasasen a man polo lombo. Todo o contrario. A falta dun modelo educativo galego, os ataques ao ensino, ao profesorado, ao noso idioma...é obvio que iso ao PP e ao poder non lle gusta. Se por nos enfrontar a iso eles vennos como 'bestas negras', pois perfecto. E, bon, algo hai: creo que somos a organización no ámbito educativo que máis condiciona a política do PP neste eido. Outra cuestión é que gostariamos de que a condicionásemos moito máis, pero tamén é certo que estamos seguros que o PP gostaría de que tivésemos menos forza e representación. -Nestes 16 anos de secretario nacional, de que estás especialmente satisfeito? E, por outra parte, que consideras que ficou sen facer? -Isto é un proxecto colectivo, polo que todo o que se conseguiu é produto do traballo, compromiso e entrega de moitos. Estou satisfeito de achegar o grao de area para consolidar esta ferramenta imprescindíbel para o ensino público de Galiza. Unha ferramenta que se asentou e foi agrandando. Unha organización sindical que é útil e necesaria para o profesorado galego e para o ensino. E iso dá azos para continuar e para avanzar, por riba de frustracións, impotencias ou barreiras que nos poñan. -E algo que non se foi quen nestes anos de facer? -Tamén hai, claro. Nestes anos houbo e hai situacións de impotencia. Ver que tes en fronte un goberno que é incapaz de actuar como goberno galego, que non é quen de apostar nun sistema educativo galego, pois é duro. Houbo moitas cousas nestes anos que gostariamos de ter conseguido mais non foi posíbel. Mais non por iso baixamos os brazos. A ilustración é de Xoán Andrade |
NOS_43103 | As folgas de 1972 en Ferrol e Vigo marcaron un punto de inflexión na historia recente da Galiza. A un tempo, amosaron a combatividade e o espírito de loita da clase obreira e testemuñaron o rexeitamento á ditadura de amplas capas da sociedade galega. As loitas obreiras de 1972 seguen a ser futuro. | A capacidade de loita do proletariado vigués ficou testada ao longo de 1972. Os asasinatos o 10 de marzo dese ano de Amador Rei e Daniel Niebla, mentres participaban nunha mobilización operaria en Ferrol, deron paso a unha folga xeral de solidariedade en Vigo, paralizándose importantes centros de traballo, como Citroën, e convocándose grandes manifestacións na cidade, como a decorrida na Porta do Sol, onde chegaron a xuntarse máis de 1.000 persoas. O 9 de maio volveron á carga os operarios vigueses a conta dun conflito no estaleiro Barreras que se alongou até o día 25, como consecuencia da decisión da empresa de retallar as condicionais laborais do cadro de persoal, respondendo os traballadores coa demanda dun novo convenio. As manifestacións de 23 e 24 de maio de máis de 3.000 obreiros do estaleiro polas rúas da cidade foron respondidas por diversas cargas da policía armada, sumándose ao paro en apoio a Barreras os obreiros dos estaleiros e fábricas Vulcano, Freire, Álvarez ou Yarza. O conflito trouxo como resultado o expediente a 46 empregados de Barreras, porén a empresa rematou por aceptar as principais reivindicacións dos folguistas. Outro 9, neste caso 9 de setembro de 1972, os traballadores de Citroën convocaron un paro parcial demandando melloras no convenio. A empresa respondeu despedindo varios traballadores, seguido da paralización total da factoría esixindo a súa readmisión e a extensión do conflito a outros centros de traballo, como Santo Domingo, Barreras, Vulcano, Álvarez e Yarza, en solidariedade cos expedientados. Os rostros da represión toman ás rúas A folga estaba lanzada en toda a cidade. Así, na tardiña de 11 de setembro comezaron a erguerse barricadas no centro de Vigo, iniciándose os primeiros enfrontamentos coas forzas da orde, reforzadas pola chegada á cidade de unidades da policía armada de León e Valladolid, que mesmo non dubidaron en disparar contra os manifestantes. Cinco días máis tarde, chamouse á folga xeral en toda á aérea de Vigo, porén a partir do 21 a represión endureceuse aínda máis, iniciándose o 25 a volta ao traballo, ficando atrás centos de traballadores detidos e 4.000 despedidos. As protestas de Vigo só puideron ser derrotadas mediante a represión. A primeira, executada pola patronal, concretouse nos despedimentos masivos, sinalando A Voz do Pobo e Terra e Tempo, que se tiñan enviados máis de 4.000 notificacións de cesamento de contrato, ficando 400 operarios na rúa até 1977. A segunda, desenvolta polo aparato do réxime, tivo como protagonistas as forzas de seguridade do Estado, pasando polas comisarías da cidade centos de traballadores. As comisarías de Vigo funcionaron nese momento como centros de tortura. Significáronse neste cometido algúns dos máximos responsábeis da policía e da Brigada Político Social (BPS) na cidade como Waldo López Mazaira ou Benito Alejos, números destes corpos como Carou, Manolo Rivera, París, ou Mosquera, sendo reforzados por efectivos desprazados desde Ferrol e o resto do Estado. [VÍDEO] Remata a rodaxe do filme '10 de marzo' Homenaxe da CIG A Confederación Intersindical Galega (CIG) quere lembrar esas loitas e homenaxear os traballadores que as fixeron posíbeis. Nese sentido, programa un amplo calendario de actos que arrancarán o 13 de setembro coa proxección dun audiovisual e rematan o 22 de setembro cunha manifestación nacional. A este respecto, o filme preparado pola central sindical baixo o título de 1972. Unha folga que mudou a nación galega recolle o testemuño de varios dos protagonistas directos daquelas loitas. Paulo Carril O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, afirmou que os actos impulsados por este sindicato baixo o lema 'Somos clase. Somos Nación. A loita continúa' buscan "agradecer, homenaxear e expresar a admiración aos traballadores que fixeron posíbel esas loitas, como exemplo de resistencia, coherencia e de convencemento na autorganización da clase traballadora e do pobo galego en xeral, na creación de instrumentos que a fixeran posíbel e na loita como medio para garantir e conquistar dereitos". Paulo Carril e mais o secretario da CIG en Vigo, Alberte Gonçalves, denunciaron onte a negativa do Goberno municipal de Vigo a instalar na cidade un monumento elaborado polo escultor Javier Diéguez e sufragado polo sindicato para homenaxear os protagonistas das loitas de 1972. Carril lamentou que "o Concello de Vigo estea convertendo esta data en motivo de confrontación" e solicítalle que acolla "todos os actos e as diversas iniciativas de recoñecemento dunha data tan importante como o de setembro de 1972". Eis a proposta dun grupo de sindicalistas ao Concello de Vigo para conmemorar as folgas de 1972 Un conflito chave para o sindicalismo galego O presidente da Fundación Moncho Reboiras, Xesús Seixo, sinala a Nós Diario que "as folgas de 1972 en Vigo demostraron a capacidade de loita do proletariado galego, a súa decisión de enfrontarse á ditadura e o seu alto sentido de solidariedade de clase". Seixo entende que aquel conflito "resultou chave para a conformación do sindicalismo nacionalista. Antigos membros de Galiza Socialista ou da propia Organización Obreira integráronse na Fronte Obreira da Unión do Povo Galego, non tardando en comezar coa articulación dos xermes sindicais que foron a base para a fundación do Sindicato Obreiro Galego en 1975". O responsábel da fundación Moncho Reboiras considera que "o pouso de 1972 está presente na práctica sindical da CIG, sobre todo no que ten de combativa, de non pactista e de ir a un cambio de sistema, ir ao socialismo, e loitar pola soberanía nacional". |
NOS_3136 | Hoxe a Galiza pasa á fase dous do desconfinamento. Que cambios vai traer? | Galiza amence esta segunda feira 25 de maio na seguinte etapa do proceso de desconfinamento. Na fase 2 atopamos algunhas novidades que flexibilizan a mobilidade, mais aínda non é posíbel o movemento entre provincias. Algúns medios apuntaban o sábado a posibilidade de desprazamento na Galiza entre municipios limítrofes situados en diferentes provincias para o desenvolvemento de actividades socioeconómicas, mais esta excepción recollida no Boletín Oficial do Estado responde unicamente ao territorio de Euskadi. Paseos Na Galiza, aínda na fase 2, non estará permitido ese grao de mobilidade. Con todo, desaparecen as franxas horarias para os paseos, que poderán realizarse en grupos de até 15 persoas. As menores de 14 anos poderán ir acompañadas de dúas acompañantes adultas en troques de unha, segunda estaba regulado até o momento. Exercicio físico O deporte non profesional no exterior está autorizado en grupo se non require de contacto físico, entre as 6 e as 23 horas, agás na franxa horaria que corresponde ás persoas maiores de 70 anos: de 10 a 12 horas e de 19 a 20 horas. Hostalaría O consumo dentro de bares e restaurantes xa está permitido, en principio até o 40% do seu aforo normal. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, anunciou onte que se contempla que na segunda semana da fase dous se aumente até o 50%, seguindo a liberdade outorgada a tal respecto polo Goberno estatal. Para manter as condicións de seguridade, só se poderá estar sentado nunha mesa, ou agrupamentos de mesas, con reserva previa (preferibelmente). En ningún caso se aceptará o autoservizo. As terrazas deben manter a limitación de 50% das mesas, cunha ocupación máxima de 10 persoas. Discotecas e pubs continuarán fechados. Residencias de maiores A partir desta segunda feira as residencias de maiores abren os seus réximes de visitas, unha medida de alivio que só poderán levar a cabo os centros que leven 15 días sen ningún caso de COVID-19 e se atopen en concellos cun baixo índice de contaxios, contando ao tempo cun informe favorábel da área sanitaria. A meirande parte dos complexos entrarán na fase 1 do plan desenvolvido polo Sergas, se ben os máis pequenos e catalogados como "fogares residenciais" e "vivendas comunitarias" poderán acceder directamente á segunda etapa. No primeiro tramo, as visitas deberán ser semanais e con cita previa, co acceso único dun familiar de referencia que non presente síntomas. As visitantes deberán levar máscara. Por outra banda, o persoal dos centros poderá organizar actividades en grupos de até 10 persoas en interiores e cinco en exteriores. Para as instalación máis pequenas, as familias poderán visitar as persoas residentes dúas veces á semana. Permitirase tamén a saída das usuarias á farmacia e ao banco a primeira hora da mañá. Reapertura dos centros de ensino Os centros galegos abren as portas esta segunda feira. O retorno, que será parcial e voluntario, atinxe só a estudantes de 2º de bacharelato e segundos cursos de Formación Profesional media e superior. As estudantes poderán acudir presencialmente ás aulas para recibir reforzo ou permanecer nos seus lares e seguir asistindo ás clases de forma telemática. A Xunta xustificou a decisión pola proximidade das probas de selectividade por se tratar de alumnado de fin de ciclo. O resto de etapas educativas non recuperarán a formación presencial neste curso. O Goberno galego aínda ten pendente adoptar unha decisión sobre se permite a reapertura das escolas de infantil (de cero a tres anos) nesta fase do desconfinamento. O presidente, Alberto Núñez Feixoo, xa avanzou que hoxe haberá unha reunión entre Política Social e representantes das escolas para tomar unha decisión. Alumnado e profesorado estarán obrigados a usar máscaras no centro, aínda que se pode prescindir dela cando se garantan as medidas de distancia estabelecidas. O corpo docente terá que controlar os movementos do alumnado á entrada e saída, mediante filas, e no interior ou nos recreos. Cines, teatros e outros espectáculos Son varios os espectáculos culturais que poderán recuperar a actividade esta semana. Cinemas, teatros e monumentos abrirán a un terzo do seu aforo, así como aqueles locais e estabelecementos destinados a actos culturais. Se o espectáculo é nun lugar fechado, deberá preasignarse a butaca e non poderá excederse en ningún caso das 50 persoas. Ao aire libre, o público deberá permanecer sentado, coa pertinente distancia de seguridade, e non poderá excederse a cifra de 400 persoas. Recoméndase, ademais, a venda online ou telefónica dos billetes. Mosterios e catedrais Nos recintos de culto relixioso, como igrexas, colexiatas, catedrais, mosteiros, abadías ou conventos, recoméndase estabelecer percorridos obrigatorios para separar a circulación. Só estarán permitidas as visitas individuais ou de persoas que convivan xuntas. Exposicións As salas de exposicións tamén poderán reabrir ao público, mantendo todas as recomendacións sanitarias e absténdose de celebrar eventos de inauguración que impliquen aglomeracións. Praias As piscinas poden abrir cun aforo limitado ao 30%, considerando que debe respectarse en todo momento a distancia de seguridade. O acceso estará regulado por cita previa e cada entidade estabelecerá horarios por quendas. Da mesma maneira, permítese o tránsito, a estancia e o baño en praias. Porén, aínda existe debate sobre a maneira en que se vai xestionar o acceso. Autoescolas e academias Autoescolas e academais tamén recuperan a actividade, limitanto o aforo a un terzo e priorizando a formación a distancia. Terán que ter en conta as medidas de hixiene e prevención do pequeno comercio. Nos vehículos, durante as aulas prácticas, será obrigatorio o uso de máscara quer pola profesora quer pola alumna. O espazo deberá desinfectarse antes e despois de cada uso. Vodas e velorios Na fase 2, os velorios poden ter lugar en instalacións públicas ou privadas, cun máximo de 25 persoas ao ar libre e 15 en espazos fechados. Neste caso, non é exixencia que as congregadas convivan xuntas. Nos enterros ou nas cerimonias de cremación o límite é de 25 persoas, para alén da persoa que leve a cabo o rito funerario. Desde esta segunda feira tamén se poden celebrar vodas cun aforo de até 100 persoas ao ar libre ou 50 en lugares interiores, sexan instalacións públicas ou privadas. |
NOS_56585 | Galiza rexistra un pequeno descenso do número de casos Covid-19 activos e de persoas hospitalizadas, pero experimenta unha repunta dun 4% de novos contaxios | Galiza comeza a semana cun pequeno descenso do número de pacientes Covid-19 rexistrando un total de 264 persoas hospitalizadas, dúas menos que onte, e 2.481 casos activos, un dato semellante ao de agosto. A tendencia é descendente pero avanza de forma moi pausada. Ademais, segundo os datos actualizados esta mesma mañá pola Consellería de Sanidade, descende o número de persoas ingresadas nas UCI a 49, dúas menos, e mantense a cantidade de 215 pacientes hospitalizados e hospitalizadas noutras unidades. Porén, aínda que a tendencia sexa positiva os datos parezan minguar, a presión hospitalaria aumenta en tres das sete áreas sanitarias da Galiza: Ourense, que ascende a 24 persoas ingresadas; Pontevedra e O Salnés, que rexistra cinco pacientes críticos; e Vigo que, se ben descende a cifra de persoas ingresadas nas UCI a 11, aumenta a 55 noutras unidades, dous puntos máis ca onte. Estas dúas últimas áreas sanitarias, as referidas a Pontevedra e Vigo, sufriron un aumento dos casos activos, sumando 8 e 14 persoas infectadas máis, respectivamente. Por outra parte, mantéñense as cifras de pacientes Covid-19 na área de Santiago e Barbanza, tamén na de Ferrol, e descenden na área de Lugo. Con todo, a área sanitaria que rexistra unha maior diminución de casos activos é a da Coruña e Cee, con 39 casos menos. No referido ás probas PCR realizadas na Galiza, destaca a repunta dun 4% da taxa de positividade. Un dato que podería chegar preocupar pois, aínda que a OMS dea a pandemia por controlada nos lugares que rexistren unha cifra menor á do 5%, como é o caso da Galiza, o pasado domingo a porcentaxe de infeccións por test PCR feitos no territorio galego era dun 2,8%. Pequeno gromo detectado este domingo na residencia Coviastec de Silleda que deixou un morto e 46 positivos Isto último puido deberse ao pequeno gromo detectado este domingo na residencia Coviastec de Silleda que deixou un morto e 46 positivos, dos cales cinco eran persoas traballadoras. A pesar desta repunta, en xeral, a tendencia de casos Covid-19 nas residencias de maiores é tamén descendente. |
NOS_57673 | Como cada véspera do Día da Patria Galega terá lugar no parque de Bonaval e máis no interior do Panteón de Galegos Ilustres a homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao que Galiza Nova organiza. Ana Pontón, Claudia Quintela e Navia Rivas intervirán nun acto conducido polos youtubeiros Brais Doval e Miguel Silva. Tamén estará o grupo de rock en galego The Lelli Kellys. | O 24 de xullo, na véspera do Día da Patria Galega, realizarase a anual homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao que convoca Galiza Nova, organización xuvenil do BNG. Intervirán no acto a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, a responsábel de organización de Galiza Nova Claudia Quintela e máis Navia Rivas, responsábel de Internacional da organización xuvenil. Ademais contará, ao igual que nos últimos anos, cunha actuación musical, desta volta a cargo do grupo de rock en galego The Lelli Kellys. O acto será conducido polos youtubeiros galegos Brais Doval e Miguel Silva (Aquel-e). Esta quinta feira 18 de xullo Galiza Nova apresentou publicamente a programación deste acto de homenaxe que leva máis de dúas décadas de celebración. Trátase "dun acto festivo e político de defensa dos dereitos nacionais e sociais das galegas e galegos, especialmente da mocidade", sinalou Rodil Olalla Rodil, membro da dirección nacional de Galiza Nova e parlamentaria do BNG no declarou que esta homenaxe "é un día de lembranza a dúas persoas irrepetíbeis sen cuxo pensamento, obra e acción non podería entenderse nin o nacionalismo galego nin a Galiza mesma", e engadiu que tamén se trata "dun acto festivo e político de defensa dos dereitos nacionais e sociais das galegas e galegos, especialmente da mocidade". A deputada nacionalista salientou tamén a situación de precariedade e o empeoramento das condicións de vida da mocidade galega após esta década de goberno do Partido Popular na Xunta, "unha mocidade que merece un país con futuro, con oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida e condicións de traballo dignas. O mesmo polo que loitaron Castelao e Rosalía", afirmou Rodil. Rivas puxo en valor os 26 anos que levan realizando esta homenaxe así como o novo formato co que contará esta edición Pola súa banda, Navia Rivas, membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e concelleira do BNG en Santiago de Compostela, puxo en valor os 26 anos que levan realizando esta homenaxe, así como o novo formato co que contará esta edición, que tenta poñer en valor "as potencialidades da mocidade galega á hora de utilizar novos métodos de comunicación e acción cos que chegar ao conxunto da xuventude", dixo Rivas en referencia aos youtubeiros Brais Doval e Miguel Silva (Aquel-e) que conducirán o acto. "Dúas persoas que a través das súas canles en Youtube están a amosar a potencia creativa da mocidade galega mais tamén un discurso que, con retranca, reflexiona sobre a realidade do noso país e das mozas e mozos da Galiza", sinalou Rivas. A homenaxe iniciará o 24 de xullo ás 17:30h no Parque de Bonaval e após as intervencións políticas e a actuación musical realizarase unha ofrenda floral a Rosalía e Castelao no Panteón dos Galegos Ilustres. Por terceiro ano, ao remate da homenaxe realizarase unha Ruada pola Independencia ás 19:00h, onde a mocidade de Galiza Nova reivindicará a independencia da Galiza. |
NOS_14314 | Xunto coa cacheira a organización xuvenil entregou na Xunta de Galiza unha batería de medidas para a creación de emprego entre as faixas de idade máis novas onde o desemprego supera o 50%. | "A todo o porco lle chega o seu San Martiño". Ese é o lema que se puido ler na caixa enviada esta sexta feira por Galiza Nova ao presidente da Xunta. Desta maneira, @s moz@s da organización xuvenil quixeron denunciar o seu rexeitamento á política de emprego do goberno galego que deixa tras de si "70 moz@s" emigrad@s ao día entre 20 e 34 anos, "máis de 26.000" só o pasado ano, indicou o seu secretario xeral, Alberte Mera. Para Galiza Nova "Feijóo e [Beatriz] Mato son os máximos responsábeis políticos do drama social que está a padecer a mocidade galega" polo que lles exixen un cambio de rumbo nas súas políticas. Neste senso, @s moz@s entregaron no Rexistro de San Caetano unha batería de "medidas urxentes" encamiñadas a reverter as cifras de emigración e desemprego entre as que se atopan a "derrogación das últimas reformas laborais", a "nacionalización das empresas estratéxicas" ou a elaboración dun Plan galego de emprego xuvenil que inclúa un "programa de inserción laboral"; a "promoción de novos espazos de actividade", a recuperación d@s investigador@s emigrad@s ou a promoción do "auto-emprego" a través de "empresas de economía social". Desde Galiza Nova aseguran que "si hai outro camiño" na loita contra o desemprego xuvenil polo que exixen a toma en consideración das súas propostas e mesmo a súa aplicación real. |
NOS_29057 | Solicita a mesma medida para Josep Rull, Raül Romeva, Carme Forcadell e Dolors Bassa, que esta sexta declaran no Supremo. Tamén para Marta Rovira, que non se presentou e marcha para o exilio. A Fiscalía cursou unha orde de busca e captura contra a secretaria xeral de ERC. | A Fiscalía pide prisión provisional para o candidato a president da Generalitat, Jordi Turull, os deputados Josep Rull e Raül Romeva, así como Dolors Bassa, Carme Forcadell e Marta Rovira, que esta quinta feira anunciaban que deixaban os seus escaños. A secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, non se presentou esta sexta feira no Supremo e anunciou nunha carta á militancia republicana que marchaba para o exilio. A Fiscalia pide para Marta Rovira unha orde de busca e captura internacional, petición que fai extensiva ao resto de políticos exiliados, entre eles Carles Puigdemont e Anna Gabriel. O maxistrado Pablo Llarena realiza unha breve vista conxunta para revisar as súas medidas provisionais e debe decidir agora se envía ao cárcere máis líderes independentistas. A acusación popular, representada polo partido de extrema dereita Vox, tamén pediu prisión provisional. No seu escrito de procesamento, o maxistrado do Supremo recorda que, en particular, os acusados que serán procesados por rebelión enfrontan sentenzas de prisión tan grandes que poderían ter a "tentación de fuxir". Llarena sinala tamén que a investigación deixou claro o "desprezo" dos procesados ás ordes e ás decisións xudiciais, que foron "sistematicamente" desatendidas nos últimos anos. Denega liberdade a Jordi Cruixart Llarena tamén aproveitou o interlocutorio de procesamento para negar a liberdade ao presidente de Omnium, Jordi Cuixart. Llarena argumenta tamén co inminente risco de fuxir. Cuixart está na prisión de Soto do Real desde o 16 de outubro. |
NOS_16781 | Nunha misiva enviada esta terza aos directores de campaña do Partido Popular e do PsdeG-PSOE, Montse Prado propuxo a Alfonso Rueda e Pablo García reunírese para determinaren os termos en que poderían celebrar os debates entre as tres forzas políticas. | No BNG, a directora da campaña electoral remitíu esta terza unha carta aos directores do PP e do PsdeG-PSOE para lles propor unha xuntanza "sen ningún tipo de condición previa" co obxectivo de estudaren calquera das fórmulas posíbeis en que se poida desenvolver o debate electoral entre as tres forzas políticas con representación parlamentar. "É o que agarda de nós a sociedade galega" @s nacionalistas aseveraron na misiva enviada que a celebración de debates electorais é unha "condición esencial para que a cidadanía se forme unha opinión ben fundada" ademais de que "fan parte da mellor tradición democrática". A proposta achegada polo BNG conecta cunha das principais demandas da sociedade que exixe maior transparencia e proximidade ás forzas políticas á hora de formularen as súas políticas e alternativas. Carme Adán lembrou esta mañá en rolda de prensa que é tamén obriga dos medios de comunicación públicos "sirviren para amosar as ideas e posturas" dos distintos partidos políticos. Segundo manifestou a nacionalista, o BNG xa mantivo esta mesma postura nos comicios de 2009, malia que finalmente o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, se negase. Para Adán, "o mínimo é ter unha xuntanza para falar deste tema" nun momento de emerxencia nacional como o actual en que consideran fundamental para o exerccio dunha boa práctica democrática que o debate se desenvolva, cando menos, entre as tres forzas con representación no Parlamento de Galiza. "O PP si que lle fallou a Galiza" Na súa comparecencia Carme Adán avaliou o comezo de curso escolar aseverando que este ano o ensino público galego contará con menos unidades e coas portas fechadas do programa Preescolar na Casa. Segundo Adán, esta situación débese "á insidia do señor Feijóo e do Partido Popular". Segundo a nacionalista, este ano académico comeza con menos docentes, menos unidades escolares, menos axudas para o estudo e máis gasto familiar. |
PRAZA_20410 | Un terzo do territorio galego sitúase a menos de 4 minutos de voo destes medios aéreos e outro 48% está nun radio de 4 a 8. Porén, nestas dúas comarcas (moi afectadas polo lume) o tempo de chegada elévase por riba dos 10 minutos e mesmo supera os 14 nalgún punto. | Esta semana presentouse o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia para 2017, o coñecido como Pladiga, documento que detalla o dispositivo de loita contra o lume no país. Un texto que presenta moi poucos cambios con respecto ao pasado ano, co mesmo persoal (5.767 efectivos), 303 medios de actuación -brigadas terrestres e aéreas-, 12 medios aéreos do Estado, 177 medios terrestres da Xunta e 17 medios aéreos dependentes do Goberno galego, un menos que no ano anterior. O Pladiga incorpora un detallado mapeado da localización deses efectivos, comezando pola situación das bases deses medios aéreos. E, ademais, calcula o tempo de chegada dos avións e helicópteros a calquera punto do país onde puidese estar activo un incendio. Un terzo do territorio (33,3%) sitúase a menos de 4 minutos de voo destes medios aéreos e outro 48,21% está nun radio doutros catro minutos. Polo tanto, os avións e helicópteros do dispositivo chegarían en 8 minutos ou menos ao 81,51% da superficies de Galicia. Porén, hai tres comarcas na que a cobertura é máis deficiente, incrementándose o tempo de chegada previsto dos medios aéreos. Unha delas é a Mariña lucense (dende Queixeiro, Rozas ou Reboira os medios aéreos poderían tardar case 20 minutos). Con todo, esta é unha das zonas con menor risco de incendio, debido en boa medida á súa climatoloxía; de feito, ningún dos seus concellos está caracterizado como zona de alto risco. As outras dúas son o Barbanza e o Baixo Miño, lugares nos que si se producen con frecuencia incendios de importancia e que, con todo, tampouco contan con bases próximas de medios aéreos previstas no Pladiga. No Barbanza, todos os seus concellos son considerados Zonas de Alto Risco de incendios (ZAR) e mesmo atopamos seis parroquias "de alta actividade incendiaria": Tállara (Lousame), Ribasieira (Porto do Son), Boiro (Boiro) e Carreira, Palmeira e Ribeira (todas en Ribeira). Porén, a todo o concello de Ribeira e de Rianxo e parte do de Porto do Son e Boiro os medios aéreos tardarían entre 10 e 14 minutos en chegar. O mesmo sucede en parte do Baixo Miño, igualmente con todos os seus concellos cualificados como Zonas de Alto Risco. Ao Rosal, Oia e Tomiño os medios aéreos tardarían entre 10 e 14 minutos en chegar e á Guarda o tempo moveríase entre os 14 e os 16. Cómpre sinalar así mesmo que a parroquia de Santa María de Tomiño tamén está considerada "de alta actividade incendiaria". |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.