ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_44916 | Nunha operación sen o aval das Nacións Unidas, os EUA, o Reino Unido e Francia atacan Siria e deixan, cando menos, tres persoas feridas. A ofensiva tripartita escúdase no suposto ataque químico que non foi demostrado. | Os EUA, o Reino Unido e Francia atacaron na madrugada do sábado Siria, concretamente, u oeste de Homs, unha operación na que deixaron tres civís feridos. O presidente estadounidense, Donald Trump, informou de que o obxecto da ofensiva eran "as capacidades químicas" do Exército sirio, co pretexto dun suposto ataque químico que tería lugar o pasado sábado, 7 de abril, perto de Damasco e que estaba pendente de investigación por parte da Organización internacional pola Prohibicion de Armas Químicas, prevista para este 14 de abril. A operación, sen o aval das Nacións Unidas, só causou danos materiais a un centro de investigación científica no distrito de Barzeh, en Damasco, e destruíron un edificio que albergaba o equipamento de aprendizaxe e os laboratorios, segundo informa a axencia Siria SANA. De acordo coa axencia, algúns dos mísiles dirixidos foron interceptados e desviados e deixaron feridas tres persoas. Tanto o presidente de Francia, Emmanuel Macron, como a primeira ministra británica, Theresa May, confirmaron a súa participación no ataque. O Reino Unido participou na operación sen o control parlamentar, ao evitar May verse abocada a unha derrota como a que sufrira David Cameron, o seu antecesor, en agosto de 2013, cando o Parlamento tombara a petición para unha intervención militar en Siria. Un rexeitamento que abrira unha crise institucional de dimensións no Reino Unido. As intencións de Trump Trump, que durante a campaña presidencial apostara nun acordo con Moscova para a pacificación en Siria, xa advertira a pasada terza feira dun posíbel ataque a Siria. Un pronunciamento que contou coa oposición de Rusia, que xa anunciara que respondería. Esta é a segunda ofensiva dos EUA contra Siria, após a perpetrada en abril de 2017, que se limitara ao lanzamento de 59 mísiles tomahawk contra a base aérea de Al Shayrat. O secretario de Defensa dos EUA, Jim Mattis, afirmou que os ataques foron "máis duros" que os de 2017, mais que foron "un só disparo" co obxectivo de enviar "unha mensaxe forte ao presidente do país", Bashar Al Assad. O xefe do Pentágono acusou o Goberno de Al Assad de realizar un ataque químico contra Siria, mais, al ser consultado polos medios de comunicación, nin sequera precisou o tipo de axentes utilizados. Mattis sinalou que o ataque contra Siria tiña como obxectivo "defender os intereses dos EUA" e asegurou que haberá máis ofensivas "se Assad decidise usar máis armas químicas". De momento, dixo, non teñen outros ataques planificados. Rusia convoca sesión extraordinaria na ONU O presidente ruso, Vladimir Putin, anunciou que Rusia convocou unha sesión extraordinaria do Consello de Seguridade das Nacións Unidas "para discutir as accións agresivas dos EUA e os seus aliados". Putin acusou os tres país de actuar "cinicamente" e de facer "caso omiso" ao traballo da Organización para a Prohibición de Armas Químicas, sen esperaren o resultado da investigación cuxo inicio estaba previsto para este 14 de abril. Coas súas accións, engadiu o presidente ruso, "os EUA agravan aínda máis a catástrofe humana en Siria, afecta a poboación civil, e de feito consiente os terroristas que estiveron atormentando o pobo sirio durante sete anos". A respeito do suposto ataque con armas químicas, o embaixador ruso nas Nacións Unidas, Vasili Nebenzia, salientou ante o Consello de Seguridade do organismo que nos hospitais de Duma non hai paciente ningún con síntomas de intoxicación nin hai probas que evidencien o uso de sarín ou cloro. Ademais, o 13 de abril, o ministro de Exteriores de Rusia, Serguéi Lavrov, deu conta de que Moscova ten "dados irrefutábeis" de que o presunto ataque químico "é unha nova posta en escena e nela participaron os servizos secretos dun dos Estados que se desvive por estar na vangarda da campaña rusófoba". Sirios saen á rúa Tras o ataque, centos de cidadáns saíron ás rúas de Damasco este sábado para celebrar que a defensa antiárea siria fose quen de lograr repeler a acción bélica. "Resistimos o ataque", afirmou un representante do Exército sirio citado pola axencia Reuters, "os rusos advertíronnos con antelación e evacuamos todas as bases militares hai uns días". |
NOS_39589 | E-Monte comezou a perfilarse a mediados do 2014 mais non foi até dous anos despois, 2016, cando se materializou e saíu á luz. Desde entón, esta ferramenta dixital para a compra-venda de madeira foi un alicerce do que xurdiron novas ideas e plataformas, todas elas co rural como protagonista. | - Como xurdiu a idea de crear unha plataforma on line para a venda de madeira, detectabades que había necesidade dunha ferramenta deste tipo? - Nós detectabamos que había un tipo de propietario forestal, que residía nas cidades e que non tiña tanto contacto co rural, e que tiña dificultades á hora de vender a súa madeira. Non sabía canto podía ser o valor da madeira que tiña, descoñecía a quen lla vender... Entón decidimos crear unha especie de mercado para facilitar estas transaccións. - A partir desa idea e desa plataforma fostes desenvolvendo outras... - E-monte é a primeira, unha plataforma on line de compra-venda de lotes de madeira entre os propietarios forestais e a empresa. En vez dos propietarios poñerse en contacto directamente cos madeiristas, ensinarlles a finca... rexistran a finca na nosa plataforma cun formulario moi sinxelo e os madeiristas a través dunha aplicación poden localizar a finca e visitala. A raíz de E-monte houbo propietarios forestais que se poñían en contacto con nós para preguntar canta madeira podían ter na súa finca. Creamos un grupo operativo e incorporamos novas ferramentas, entre elas unha que permite estimar nas propiedades forestais canta madeira hai. Tamén había outros propietarios forestais que querían vender a finca ou parcela. Entón puxemos en andamento un portal, vendofinca.es, onde se poñían á venda e todas ben localizadas xeograficamente. - Son ferramentas que teñen entre entre os seus destinatarios un tipo de xente non tan ligada no día a día ao rural - Facilita as cousas. Eu sempre poño un exemplo, o dunha propietaria que estaba en Catalunya e puido vender a súa finca en Arzúa sen ter que perder días en vir e ensinar madeira aos contratantes. Creamos tamén unha ferramenta ao detectar que había lotes reducidos, pequenos, de madeira, e que tiñan dificultades para atopar compradores de madeira, eran lotes que ficaban desertos, polo que esa ferramenta facilita agrupar eses propietarios para que poidan vender conxuntamente a madeira e así lles compense. - Como foi neste tempo o recebemento destas plataformas? - Están a marchar ben, cada unha ao seu ritmo. A que mellor acollida ten é a de vendofica.es, pois é máis similar a cousas que existen no mercado, como os portais inmobiliarios mais este con fincas. E - O que si que non vos faltou neste tempo foi o recoñecemento a través de diversos premios e galardóns... - Pois si (ri). Tivemos agora o premio da Deputación da Coruña á mellor iniciativa da provincia. Gañamos o Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Compostela. O primeiro que recibimos fora en 2015 da asociación Semente de Monforte, no Concurso de proxectos empresariais. Ese foi o primeiro impulso que tivemos. - Experiencias e proxectos deste tipo sitúan o rural fóra desa vaga de imaxes e novas nas que este só aparece para falar de despoboamento, abandono... - O rural precisa de novas iniciativas que o dinamicen. As cousas cambian moi rapidamente e hai que darlles resposta. Hai unha importante porcentaxe de propietarios de monte que viven nas cidades e non teñen vinculación co rural, polo que precisan de axuda para a xestión e a venda de madeira. Ofrecer ese servizo permite que esas parcelas non acaben no abandono. |
NOS_547 | Esta quinta feira, en seis cidades galegas, convocadas polo colectivo de xubilados e pensionistas da CIG. | O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG chama a mobilizarse nesta quinta feira, día 28 de novembro, dando continuidade a campaña "Por unhas pensións públicas dignas e garantidas". O colectivo lembra que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e que as mulleres son as máis prexudicadas. Entre as demandas, exixen a derrogación das reformas de 2011 e 2013 para que se garanta o futuro para as pensións. Hora e lugar: Compostela: 19:00 horas Praza do Toural Vigo: 19:00 horas Farola de Urzaiz A Coruña: 12:00 horas Obelisco Lugo: 19:00 horas Praza Maior (concello) Ourense: 20:00 horas Parque de San Lázaro (diante do INSS) Pontevedra: 20:00 horas Praza da Peregrina |
QUEPASA_202 | A Xunta explicoulles aos alcaldes os motivos do restraso dun mes na apertura dun carril | Tralas queixas, primeiros dos rexedores e despois dos empresarios, a Xunta recibía a Lolo Muíño, alcalde de Zas, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, para explicar os retrasos nas obras da Ponte de Baio. O director da Axencia Galega de Infraestruturas explicou que foi imposible abrir uncarril ao tráfico o pasado 17 de xullo, xa que "unha vez iniciadas as obras, se comprobou que a antiga beirarrúa, que estaba nun voadizo sostido por un contrapeso sobre a propia ponte, era de maiores dimensións que as previstas, o que obrigou a facer demolicións de maior alcance". Ademais, sinalou que "apareceron irregularidades na fábrica de pedra do interior do arco, que obrigaron a modificar a disposición das conducións de servizos", polo que houbo que "recalcular a estrutura de apoio e a futura lousa". En fin, que a Xunta intentará traballar fins de semana incluídos, para poder abrir ao tráfico un carril de circulación da ponte, regulado por semáforos, a partir do día 16 de agosto. O paso peonil na ponte mantense aberto en todo momento. Mónica Rodríguez recoñece que "Non nos gusta este retraso, pero se é forza maior pois…" Lamenta, dende logo que "estes cambios técnicos perxudican moito, sobre todo os negocios", pero "esperemos que agora poidan camiñar coa execucion e podan traballar os findes para cumplir plazos".Lolo Muíño pola súa parte valora a explicación. |
PRAZA_20546 | O escritor africano residente na Coruña presenta este xoves 'Ser Modou Modou', unha obra na que reflexiona sobre os seus 14 anos no país e as motivacións que o trouxeron a Galicia, onde residen máis de 2.000 compatriotas, a maioría deles no barrio da Agra do Orzán | En Galicia viven na actualidade algo máis de 2.000 senegaleses, 800 deles na Coruña e a inmensa maioría na Agra do Orzán. Alí chegou tamén, hai 14 anos, Cheikh Fayé, que este xoves presenta no epicentro deste popular barrio, a praza das Conchiñas, o seu libro Ser Modou Modou. Na obra, editada pola Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG), relata a forma de vida del e dos seus compatriotas no país, os motivos da súa chegada ou as semellanzas e diferenzas culturais entre as dúas terras. E faino en galego, converténdose no primeiro nativo de Senegal en escribir nesta lingua. Cheikh Fayé relata a súa vida en Galicia e os motivos da súa chegada en 'Ser Modou Modou', primeiro libro en galego escrito por un senegalés Este "senegalego", como el di, comezou hai dous anos a recoller as súas reflexións nun blog para logo decidirse a afondar nelas nun libro. "Falo da inmigración senegalesa, da nosa cultura, de Galicia, do que aquí nos ocorre", explica quen cre que a obra "pode axudar ao recoñecemento mutuo dos pobos e á convivencia". Iso é o que pretende Fayé, que estivo xa hai ben tempo empregado algúns meses na ferralla ou na electrónica pero que gaña a vida percorrendo as feiras de Galicia coa venda ambulante. Acaba de chegar de Muros e medita cal será a seguinte parada analizando os diferentes prezos que os concellos lle cobran por instalar o seu posto. "Hainos que che cobran dez euros por montalo e outros que che piden 50 por cada metro que ocupes", conta. Todo, agora, élle algo máis complicado que nos seus inicios. "Cando cheguei en 2003 non era difícil atopar traballo; conseguín os papeis dous anos despois e ía tirando, pero a crise fixo todo máis difícil", conta a quen a venda ambulante dálle para "ir tirando" e para enviar cartos á súa familia, toda ela en Senegal, país que visita cada ano "se a situación económica o permite". "Cremos que Europa é o 'Dourado', que é chegar aquí e atopar traballo fácil, pero a realidade é outra" "A idea que temos nos países subdesenvolvidos é que Europa é o Dourado e que chegar aquí xa é o éxito, que vas atopar traballo fácil e a cobrar un soldo, pero a realidade é outra", reflexiona Cheikh, que repara nas "dúas grandes barreiras" que os inmigrantes senegaleses atopan: "o idioma e a residencia". "Para chegar a algo hai que suar moito", engade quen saíu do seu país coa intención de residir en Italia. "De camiño aló un compañeiro recomendoume vir a España e cando xa ía cara a Murcia, desde alí dixéronme que probara en Galicia porque a situación para a xente sen papeis era máis doada e tranquila", di. "Así foi e así o din moitos senegaleses", conta. Impactado e encantado aínda hoxe pola paixaxe galega -"cheguei dun país seco e aquí todo está verde sempre", di-, Fayé define Galicia como "unha terra boa e de acollida" e amósase convencido de que "o feito de que o pobo galego sexa emigrante" inflúe no bo trato que reciben el e os seus compañeiros. "Algo de racismo sempre hai en todas partes, pero se facemos un balance global, Galicia é un lugar con xente moi acolledora; os problemas de discriminación que hai no mundo son, en realidade, de ignorancia; a cultura é o máis importante", explica. Fayé presentouse ás municipais polo BNG na Coruña pero a súa candidatura foi anulada por non ter a nacionalidade española Implicado como poucos na sociedade e cultura galegas, Cheikh Fayé foi un dos dous candidatos do BNG nas últimas eleccións municipais aos que a xunta electoral impediu ir nas listas por non teren a nacionalidade, esa que aspira a conseguir no vindeiro mes de setembro. "É preciso implicarse; somos nós os que podemos explicar mellor que ninguén os nosos problemas e os que debemos involucrarnos para intentar conseguir solucións", argumenta. Na presentación deste xoves na Coruña colaboran o Foro Galego da Inmigración, SOS Racismo Galicia, Viraventos e Ecos do Sur, así como a asociación de veciños do barrio a onde chegou hai 14 anos e onde a comunidade senegalesa é das máis importantes. "Aquí estamos moi ben", di Fayé mentres saúda un coñecido compatriota, ex-futbolista do Senegal que leva as súas dúas pequenas coruñesas da man, que lle dá a noraboa polo libro, un dos máis vendidos xa na tenda da AS-PG. Nas case 150 páxinas, ademais das historias de Cheikh, pódese gozar das ilustracións dos nenos cun colexio coruñés. |
NOS_17689 | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, repróchalle que manteña as "vellas políticas fracasadas" e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamenta que tivese sen atención "o medio rural". O popular Pedro Puy defende a xestión e advirte ás e aos incendiarios. | Os representantes do BNG e do PSdeG comezan reaccionar á vaga de incendios que afecta a varias comarcas do sur da Galiza. Tanto un como outro partidos da oposición entenden que a imaxe de miles de hectáreas queimadas estes días nos terreos forestais galegos é unha mostra dun Goberno da Xunta "incapaz" e "esgotado" ante esta lacra do país. Mentres o PP avoga por traballar para "mellorar o sistema de prevención", pero incide en que "os incendiarios" aproveitaron "a difícil situación" no meteorolóxico para prender as lapas. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, subliñou hoxe no Parlamento que a fotografía dos "incendios arrasando zonas do sur" da nazón "son exemplo" de como a aplicación de "vellas políticas fracasadas conducen aos mesmos resultados". "Mentres o PP careza dunha auténtica política de prevención, os 365 días do ano, e mentres non se poña en marcha unha estratexia de limpeza e ordenación do monte, os incendios serán tristemente unha noticia que se repite", advertiu. Após trasladar o seu "apoio" tanto aos efectivos das brigadas contra incendios como á veciñanza que vive con "angustia" esta complexa situación, opinou que "é importante que compareza o conselleiro" de Medio Rural, José González, "porque debe explicar que ano tras ano ardan os mesmos concellos sen que a Xunta tome medidas eficaces". Sobre este tema tamén se manifestou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que pensa que é "insuficiente" a política do Goberno de Feixoo neste ámbito, polo que "hai que esperar a que chova para ter garantías fronte ao lume". Un medio rural abandonado Ao seu xuízo, "o coidado dos montes ten que ser unha prioridade" en San Caetano e "é o momento de facer os deberes". "Hai que pasar páxina para facer unha auténtica política de prevención", subliñou. E é que, para o líder socialista, pasaron catro anos nos que a Xunta "abandonou ao medio rural" e agora é precisa unha "política vertebración territorial que pasa por coidade o patrimonio interior".Por contra, o voceiro do PP na Cámara, Pedro Puy, reiterou a disposición a aplicar "todos os medios" ao alcance "para que os incendiarios paguen" ante unha onda de incendios na que, desde o seu punto de vista, aproveitouse "a difícil situación meteorolóxica destes días para prender lume ao monte".Puy, que trasladou "ánimo ás familias e os veciños", ademais de agradecer o traballo "importante" dos equipos de extinción de incendios, avogou tamén por traballar para "mellorar o sistema de prevención de incendios". |
PRAZA_1252 | A Coruña reduce practicamente á metade os votos brancos e nulos e ficou nunhas cifras que non rexistraba dende finais dos 90. Santiago recolle o testemuño de Pontevedra como cidade con máis participación. | Menos voto orfo na Galicia urbana. A vaga de cambios que ditaminaron as urnas o pasado domingo deixaron nun segundo plano un dos indicadores que máis se viña observando en anteriores convocatorias electorais, a cantidade de votos brancos e nulos. Aínda que, obviamente, a opción de emitir o sufraxio pero non outorgarllo a ningunha candidatura pode ter tantas motivacións como votantes o certo é que nos últimas convocatorias electorais adoitou ligarse á indignación cidadá, á súa desconexión coas forzas políticas ou á ansia de parte da poboación por expresar que ningunha candidatura a representaba. Sexa como for, o certo é que nestas eleccións municipais catro de cada dez votos brancos ou nulos de hai catro anos foron parar ás forzas políticas. Emitíronse 16.300 votos brancos ou nulos nas sete cidades Segundo o reconto provisional do 24-M as sete principais cidades do país sumaron algo máis de 16.300 votos brancos ou nulos, un 39% menos que hai catro anos, cando se achegaron aos 27.000. A cidade na que máis descendeu este tipo de voto foi unha das que este luns foi noticia polo cambio político que se aveciña: A Coruña. Alí os votos nulos e brancos foron practicamente a metade que hai catro anos, 3.900 sufraxios que supoñen un 48% menos que en 2011 e que devolve este indicador a finais dos anos 90, cando Francisco Vázquez aínda contaba as municipais por maiorías absolutas. A Coruña reduciu practicamente á metade os votos brancos e nulos e ficou nunhas cifras que non rexistraba dende finais dos 90 O descenso do voto branco e nulo do electorado coruñés produciuse despois de rexistrar un máximo histórico en 2011, o mesmo que en Vigo, onde nas anteriores municipais se emitiron 7.200 destes votos e o pasado domingo, poucos máis de 4.000, un descenso do 43% que é o segundo maior das sete cidades. Tamén houbo un notable retroceso do voto branco e nulo en Ferrol e Santiago, urbes que tamén viron alterada notablemente a composición da súa corporación municipal e nas que os votos que non sumaron o rexistro de ningunha candidatura caeron un 40% e un 39%, respectivamente. Nas restantes tres cidades do país tamén se contabilizaron menos votos brancos ou nulos, pero o descenso estivo, en todo caso, por baixo do 30%. No convulso panorama electoral ourensán estes votos minguaron un 26% e ficaron en 1.900 e en Lugo descenderon un 23% ata quedar en 2.000. O menor descenso de voto nulo e branco produciuse na cidade na que historicamente menos votos brancos e nulos se viñeron emitindo en eleccións municipais, Pontevedra. Nesta ocasión foron 4.000, un 19,6% menos que hai catro anos. A Coruña, única urbe na que aumentou a participación O retroceso dos votos brancos e nulos prodúcense nun contexto no que o comportamento do electorado urbano de Galicia foi dispar en canto a participación, se ben un dato sobresae por riba dos demais: A Coruña foi a única cidade do país na que acudiu maior porcentaxe do censo que nas anteriores eleccións municipais. Segundo o reconto provisional a nova corporación coruñesa foi elixida polo 60,07% do censo, case un punto máis que en 2011. Santiago recolleu o testemuño de Pontevedra como cidade que máis participou nos comicios Mentres que A Coruña foi a única cidade na que aumentou, Santiago recolleu o testemuño de Pontevedra como cidade con máis participación ao acadar un 62,21%, apenas dúas décimas menos que nas anteriores municipais. No resto de contornas urbanas o retroceso da participación foi máis acusado; en Ourense, segunda cidade máis participativa cun 62%, a mingua foi de case catro puntos e en Lugo, a terceira con máis participación, caeu practicamente seis. En Pontevedra, que hai catro anos foi a cidade con máis afluencia ás urnas, a participación pasou do 67% ao 60%, a maior caída. Mentres, en Vigo o retroceso foi uns dous puntos, ata o 60% e en Ferrol, a cidade con menor participación electoral do país, pasou do 57% de 2011 ao 56,66% en 2015. |
NOS_5637 | Crítico no semanario e máis no dixital de Sermos Galiza, Andrés Castro promove a través da rede un concurso no que a persoa que resulte gañadora escolle o filme que critica na sección de papel. O seu obxectivo é facer unha sección máis dinámica e participativa e facer "mover" o semanario na rede. | A través dunha páxina en facebook, cada semana o crítico Andrés Castro convida os internautas a participar nun concurso a través do que se escollerá o filme do que fará a crítica no semanario Sermos Galiza. O concurso consiste en adiviñar a que película pertence un fotograma que pendura na rede. Quen acerte poderá elixir o filme que sairá criticado no semanario na sección de Andrés Castro nos vindeiros números. Con este concurso, Andrés Castro busca que a sección "sexa participativa e que o público interaccione nunha sección que, a miúdo, depende só dunha persoa. O que posibilita ter un soporte en papel e outro na rede é que un e outro se entremesturen e se poidan desenvolver propostas como esta, crear unha comunidade cinéfila arredor de Sermos Galiza". A Chamada Andrés Castro mantén dúas seccións de crítica semanal en Sermos Galiza. No xornal dixital, cada sexta feira publica unha crítica dun filme de estrea, dos que están nas carteleiras de cinema en todo o país. No semanario, de maneira máis demorada, escolle filmes que non respondan a tan urxente actualidade e é nesta sección, en papel, na que busca a participación dos internautas a través da rede. "Polo de agora, deuse unha clara aposta polos clásicos, aínda que non moi coñecidos. A xente participa e é unha maneira de difundir tamén os contidos do papel na rede", explica Castro que reside en Pontevedra e agarda a que este Nadal as pantallas grandes de cinema volvan á cidade para non se ter que desprazar a salas comerciais de cidades próximas. Con experiencia no mundo da publicidade, márketing e deseño gráfico, Andrés Castro está vinculado ao sector audiovisual desde moi novo, desenvolvendo diversos traballos de crítica e produción. O pasado ano, realizou unha curtametraxe que se proxectou en festivais como o I Festival Por amor al Arte da Coruña, Cine 365 de Antena3, Meetinars de Canal+ , no Festival internacional de Cine de Alcalá de Henares, no Valle de Bravo en Corto de México ou no Cor3Fest de Tegucigalpa. A curta ten por título "A Chamada". |
NOS_31256 | Nun informe, os socialistas piden ao Ministerio de Agrigultura que teña en conta a posición das explotacións gandeiras galegas a norma de fertilización da terra. | O PSdeG pediu ao Ministerio de Agricultura que teña en conta as alegacións das organizacións agrarias da Galiza ao borrador do decreto de fertilización da terra. Fíxoo, segundo informou a través dun comunicado, cun informe un informe de apoio a esas alegacións para que se "atendan con sensibilidade". No texto reflíctense "inexactitudes" nas medicións das emisións das explotacións de vacún. Ademais, avalíase a prohibición da aplicación de xurros por vía do prato ou abanico sen facer un tratamento diferenciado das zonas, os tipos e o tamaño das explotacións, coas "dificultades" que implican para as pequenas explotacións gandeiras e as complicacións na orografía galega. |
NOS_19943 | Se non hai novas mudanzas, o desta noite foi o penúltimo adianto horario no continente. O Parlamento Europeo ten aprobado un informe da eurodeputada Marita Ulvskog no que se fixa un calendario para rematar co cambio de hora e que cada Estado membro opte definitivamente por un dos dous horarios actuais "da forma máis coordinada posíbel", En calquera caso, o devandito informe marca 2021 como data límite. | Aínda que hai unha data fixada, o certo é que a convulsión política que vive Europa e a inminencia dos propios comicios na UE (26 de maio) convidan a pensar que o límite de 2021 para rematar cos cambios horarios non ten por que ser definitiva. No caso concreto de Galiza, que é territorio do Estado cun maior desfase horario, o feito de optar por un ou outro non resolvería o problema de desincronización a respecto do horario natural. O astrónomo Martin Pawley sinala que "en Galiza vivimos moi desfasados do horario solar; co horario de inverno, hai practicamente unha hora e media de desfase tendo en conta que o mediodía solar -o momento no que o Sol está máis alto- a nós cáenos arredor das 13:30 horas pasadas. Pero é que a partir de mañá nos vai caer unha hora máis tarde, co que temos dúas horas e trinta minutos de diferenza", explica a Sermos Galiza. "Somos", prosegue, "un dos territorios do mundo que ten máis desfase en termos de horario solar e horario civil: erguémonos máis de noite ca o resto dos españois e deitámonos máis de día". Esta circunstancia, que no debate sobre o cambio de hora e o fuso semella non ten o peso que debera, está xa o suficientemente estudada pola comunidade científica. "As persoas expertas en cronobioloxía", apunta Pawley, "aconsellan como norma xeral o achegamento o máximo posíbel ao horario solar, que no caso europeo pasaría por adoptar como permanente o horario de inverno, como solución mínima, aínda que os galegos quedariamos aínda desfasados, pero mellor iso que nada". Para o membro da Agrupación Astronómica Ío, "o idóneo para os galegos e galegas é a adopción do horario de inverno, combinado isto un cambio de fuso horario". "Hai que asumir que vivimos no planeta no que vivimos e no lugar do planeta que nos toca", insiste. "É unha obviedade, pero fagamos o que fagamos o que non vai mudar nunca é que no verán imos ter até quince horas de luz e no inverno nove", polo que, engade, "a idea de desprazar o reloxo non ten sentido. Cando temos que gañar horas de luz é polas mañás, pois é o lóxico desde o punto de vista fisiolóxico, para a nosa saúde física e mental. Pegar saltos nesas mudanzas para supostamente adaptarnos a horarios máis beneficiosos non se sabe moi ben para que é un disparate". Sobre os prazos marcados pola Unión Europea, Pawley asegura que "estamos nunha confusión absoluta, coa posibilidade de que cada Estado faga o que lle pete", aínda que, para el, "o desexábel é que calquera decisión que se tome se fundamente en criterios científicos e analice as cuestións prioritarias, que para min son os efectos sobre a saúde". FUSO HORARIO Rematar cos chimpos horarios é un dos elementos do binomio para resolver o desfase horario de Galiza. O outro é o cambio de fuso. "Non é cuestión de que nos corresponda ou non un fuso horario determinado, pois esta división non deixa de ser unha arbitrariedade humana. A cuestión é asumir a conveniencia de que a xente viva o máis pegada posíbel ao horario solar. E iso no caso galego aconsella claramente cambiar de fuso horario, como mínimo un". Con todo, Pawley é consciente de que esta mudanza "ten unha connotación política máis ca outra cousa. Vai permitir España que unha parte do seu territorio peninsular teña un fuso horario diferente nun momento de exaltación bandeiril como o que vivimos?", pregúntase. |
NOS_55973 | Unha representación parlamentaria afectada polas iniciativas de rexeneración política e xudicial impulsadas pola Presidencia e un sistema político que favorece a aprobación de mocións de censura provocaron a caída de Martín Vizcarra, até a pasada segunda feira xefe de Estado do Perú, acendendo as rúas de Lima e de todo o país. | Polo menos 27 persoas foron detidas en Lima durante as protestas contra a investidura de Manuel Merino como novo presidente do Perú, un día despois de o Congreso aprobar a destitución de Martín Vizcarra, acusado de recibir 2,3 millóns de soles (uns 543.000 euros) a cambio de contratos de obras públicas cando era gobernador de Moquegua (2011-2014). Segundo relatou a prensa peruana, os enfrontamentos entre manifestantes e Policía foron intensos. Os primeiros tentaron chegar até o Congreso, mais foron freados con gases lacrimóxenos e bólas de goma. Tamén houbo concentracións ante a sede de Acción Popular, o partido de Merino, e noutras localidades do país. O conflito xorde tras a aprobación da "vacancia" (unha especie de moción de censura ou xuízo político) a Vizcarra por "permanente incapacidade moral". O Congreso aprobaba na segunda feira por 105 votos a favor, 19 en contra e 4 abstencións a súa destitución debido a esta suposta trama de corrupción. Porén, existen dúbidas sobre a acusación ─con base en delacións a cambio de beneficios legais─ e sobre a actuación parlamentaria. En primeiro lugar, os cargos que se lle imputan a Vizcarra aínda non foron xulgados nun tribunal. En segundo lugar, este xuízo político ─como o "impeachment" de hai uns meses ao presidente estadounidense, Donald Trump─ ten unha peculiaridade no Perú con respecto aos Estados Unidos: no país norteamericano hai unha Cámara que acusa (a de Representantes) e outra que xulga (o Senado); no país suramericano, pola contra, o Parlamento é unicameral, peculiaridade na rexión canda a Venezuela e ao Ecuador. Presidentes na corda Neste Congreso peruano, dos 130 deputados, máis da metade (68) están investigados por corrupción. Así, os críticos e algúns expertos citados polos medios locais consideran que a moción responde a intereses partidistas. Ademais, expresouse a preocupación por que se poña en perigo o equilibrio de poderes se entre os ministros de Merino hai membros das bancadas parlamentarias que destituíron a Vizcarra. Tampouco pode gobernar sen designalos, á espera das eleccións previstas para o mes de abril: a Constitución sinala que "son nulos os actos do presidente da República que carecen de referendo ministerial", explicaron os constitucionalistas Violeta Bermúdez, Samuel Abad e Natale Amprimo en El Comercio. Tamén o ex presidente do Tribunal Constitucional Óscar Urviola sinalou que se debe garantir a división de poderes para evitar que o Perú se torne nunha autarquía. Precisamente as modificacións que se foron introducindo no sistema político peruano, tentando evitar un réxime hiperpresidencialista, son as que sumadas á circunstancia da unicameralidade fan que o posto de presidente sexa moi inestábel, dado que depende dunha maioría sólida no Congreso, tal e como acontece nos sistemas europeos cos presidentes de Goberno ou primeiros ministros. A maiores engádese o mecanismo capcioso da "vacancia", orixinado na Constitución de 1839 e ratificado en todas as posteriores até a actual de 1993. Unha ferramenta destinada a verificar as capacidades do presidente para exercer o cargo, mais cunha definición ambigua e un proceso de execución relativamente sinxelo: 20% dos deputados pódena solicitar, 40% admitila a trámite, e 66% (87 de 130 lexisladores) aprobala. A contracorrente Todo isto favorece que poida ser usada con intereses políticos espurios. Iso é o que se denuncia nesta ocasión, con acusacións nas rúas de "golpe de Estado". A estima a Vizcarra entre a poboación, con cifras de aprobación que rozan 80%, e a zuna que produce no Parlamento explícase, entre outras cousas, polos seus intentos de reforma política e xudicial e pola loita ─paradoxalmente─ contra a corrupción. En 2018 promoveu un referendo que incluía a prohibición da reelección de congresistas e a presentación de candidaturas de procesados por corrupción, reforma aprobada con 85% dos votos. E en 2019, disolveu o Congreso ─dominado desde o cárcere por Keiko Fujimori─ tras lle ser rexeitada tres veces unha reforma na elección dos membros do Tribunal Constitucional. O xa novo Parlamento, cos mesmos partidos, buscou minar o labor dun presidente sen apoios nas bancadas. Se ben a liña ideolóxica de Vizcarra ─centrodereita liberal─ en moitos aspectos é coincidente cos seus verdugos, tamén é certo que algunhas das súas actuacións chocan coa corrente conservadora no continente. Así, por exemplo, acudiu o pasado domingo á toma de posesión do presidente de Bolivia, Luis Arce, e solicitou durante o pasado inverno austral a axuda das brigadas médicas cubanas para loitar contra a Covid, enfermidade que no Perú fixo estragos. Con todo isto, Vizcarra tivo que afrontar xa en setembro un primeiro proceso de vacancia, do que logrou zafar. Desta volta, non gozou da mesma sorte. A Presidencia peruana, á sombra da corrupción A inestabilidade política é unha constante no Perú das últimas décadas. Igual que o é a corrupción. Vizcarra sucedeu no cargo de presidente a Pedro Pablo Kuczynski en marzo de 2018, que renunciou tras ser vinculado coa Operação Lava Jato, iniciada no Brasil, e pola que actualmente cumpre arresto domiciliario. Neste mesmo caso foi investigado o seu antecesor, Ollanta Humala (2011-2016), que tamén acabou en prisión, aínda que na actualidade está en liberdade. Alan García (2006-2011) suicidouse en abril de 2019 cando ía ser detido por asuntos relacionados co caso Odebrecht (parte da Lava Jato). Ao igual que Alejandro Toledo (2001-2006), que chegou a ser prófugo da xustiza. Caso á parte é Alberto Fujimori (1993-2000), condenado a 25 anos por delitos de lesa humanidade e a outros sete por corrupción. |
NOS_29051 | Convocada polo grupo local da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto @s manifestantes rexistraron un escrito no que demandan a ocupación da praza de xinecoloxía e de auxiliar de enfermaría. | "En defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" esa foi a razón pola que un cento de persoas se concentraron esta quinta feira (23 de outubro) perante o Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo, na Coruña. Convocad@s polo grupo de traballo local da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto, as persoas concentradas presentaron cadanseu escrito dirixido á Xerencia da área sanitaria para demandar a reposición "inmediata" da praza de xinecoloxía e máis de auxiliar de enfermaría que foron recortadas do COF en 2013. O seu obxectivo, sinalaron desde a Plataforma, é "recuperar as prestacións anticonceptivas e as revisións xinecolóxicas no propio centro". A Xunta declinou reemprazar a vacante argüíndo que facía parte do plan de reestruturación destes centros que estaba a desenvolver o goberno galego. |
NOS_7052 | Confírmanse as dúbidas sobre a legalidade da central hidroeléctrica de bombeo prevista pola empresa aragonesa Atalaya Generation no Valadouro. Aos informes de diferentes Administracións galegas que denuncian os seus incumprimentos da normativa, súmase agora a opinión de diferentes xuristas. | A legalidade da central hidroeléctrica de bombeo do Xistral é cuestionada desde diversos ámbitos. De feito, Augas da Galiza, organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente, emitiu un informe vinculante desfavorábel ao proxecto. Porén, segundo puido saber Nós Diario, por medio de fontes dos concellos afectados, a empresa promotora da hidroeléctrica, a aragonesa Atalaya Generation, estuda presentar outro proxecto para poder ver a luz verde da Xunta da Galiza. De feito, malia a decisión de Augas da Galiza, veciñanza do Valadouro segue mantendo a mobilización social contra este proxecto, de modo que a Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral ten convocada para o domingo 13 de marzo unha manifestación en contra do proxecto, presentado tamén, como é preceptivo, perante o Ministerio de para a Transición Ecolóxica, pola empresa Atalaya Generación. Segundo indican os organizadores, "a marcha reivindicativa percorrerá unha distancia de nove quilómetros de dificultade media-baixa entre Vilacampa e Recaré, lugares onde irían instaladas as balsas superior e inferior". O informe de Augas da Galiza, chave O xurista e socio director de Pérez-Lema Avogados, Xoán Antón Pérez Lema, afirma a Nós Diario que "a primeira consideración xurídica a termos en conta, e con certeza a máis relevante, é a protección ambiental do espazo de localización do proxecto. Neste sentido, cómpre sinalar que este proxecto ocuparía espazos incluídos dentro da Rede Natura 2000 e das designadas Zonas de Especial Conservación (ZEC), en concreto, da Zona de Especial Conservación do Xistral". "A ZEC do Xistral foi declarada pola Xunta da Galiza no Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria da Galiza e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 da Galiza", continúa Pérez Lema, que lembra que nesta "norma estabelécense os usos e actividades autorizadas nas ZEC, entre as que se recollen no relativo ás enerxías renovábeis a instalación, reforma ou modernización de pequenas instalacións non industriais de produción de enerxía renovábel destinadas ao autoconsumo tanto de particulares como para o servizo das explotacións". Pérez-Lema destaca que "o proxecto industrial proposto, polas súas características, non entra dentro dos usos autorizados para espazos declarados ZEC como a Serra do Xistral". Asemade advirte que "tal e como manifestou Augas da Galiza, o proxecto proposto sería, aínda, incompatíbel cos obxectivos de planificación hidrolóxica co Plan hidrolóxico 2021-2027, ao cortar o curso os regatos Recaré, Vilacampa e Balsadas, que se verían gravemente afectados". O informe desfavorábel de Augas da Galiza á central hidroeléctrica de bombeo do Valadouro é moi relevante para Pérez-Lema. O documento apunta que "o encoro non está pensado para as necesidades da comunidade senón para o transporte de enerxía, cando a viabilidade futura desta pasa por achegar a produción aos consumidores". "Precisamente o transporte é sempre ineficiente e un dos aspectos que máis encarece a factura da luz. Augas da Galiza con este informe está dicindo que as necesidades de produción eléctrica non poden pórse por riba das necesidades de consumo de auga dos particulares e das empresas", agrega Pérez Lema. Augas da Galiza Augas da Galiza, cuxo informe ten carácter vinculante, considera que a central "afecta e interrompe as canles fluviais" e conclúe que "ese aproveitamento hidroeléctrico reversíbel no Xistral é inviábel, porque é incompatíbel cos obxectivos da planificación hidrolóxica da Galiza-Costa". Nesta liña, denuncia que "as instalacións recollidas no proxecto presentado para o río Ouro, con balsas ocupando os leitos de varios regos existentes na zona, supoñen novos elementos que comprometen a continuidade fluvial destes cursos de auga". Xa antes de facerse público o informe desfavorábel de Augas da Galiza, o profesor da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Emilio Díaz sinalaba, en declaracións a Nós Diario, que "o artigo 68 do Decreto 37/2014 marca que os únicos usos e actividades autorizábeis de carácter enerxético nas áreas de protección son a instalación, reforma ou modernización de pequenas instalacións non industriais de produción de enerxía renovábel (fotovoltaica, solar térmica, biogás autónoma...) destinada ao autoconsumo tanto de particulares como para o servizo das explotacións". Díaz entendía que "a posta en marcha dunha central hidroeléctrica de bombeo para a produción industrial choca coa normativa de aplicación". "É evidente que unha actuación deste tipo choca cos usos autorizábeis", continúa Díaz, que en relación con toda a rede de canalización subterránea prevista na instalación -que nalgúns casos está formada por túneles de 10 metros de diámetro- sinala que "se escavas acabas coas turbeiras de cobertor, que son uns solos moi finos. Unha actuación deste tipo nestes hábitats é irreversíbel, isto non é céspede, son sistemas moi fráxiles e complexos", remataba Díaz. |
NOS_22992 | Significa a capacidade de loita do pobo galego, a conciencia do espolio e da discriminación do país e o convencemento das súas fortalezas para valerse por si mesmo. Os sucesos vividos nos últimos días de xuño de 1931, que remataron coa proclamación da república galega en diversas cidades e vilas, supera a anécdota histórica para informarnos das potencialidades do país. | A suspensión das obras do ferrocarril Madrid - A Coruña nos seus tramos galegos polo goberno provisional republicano foi o detonante do estoupido social que remataría coa proclamación da república galega. A decisión de paralizar os traballos decretada polo ministro de fomento Álvaro de Albornoz, atendendo aos recortes orzamentarios ordenados polo máximo responsábel de facenda Indalecio Prieto, implicaba deixar sen emprego ao arredor de quince mil traballadores empregados nos tramos galegos da obra e paralizar unha actuación que acumulaba décadas de retrasos. O camiño de ferro Madrid - A Coruña fora proxectado en 1855, correspondéndolle a autoría do trazado ao destacado político liberal Práxedes Mateo Sagasta, porén a súa execución no se iniciaría até décadas máis tarde, sendo retomado á altura de 1926, no marco do programa de obras públicas impulsada pola ditadura de Primo de Rivera, e rematado á volta dos anos cincuenta. O goberno central paraliza as obras do ferrocarril galego As protestas de xuño de 1931 non se explican sen a existencia dunha conciencia de agravio e marxinación na sociedade galega. Alén das reivindicacións inmediatas concretas de orde laboral, neste conflito será decisivo o malestar polos retrasos nas obras dunha infraestrutura que se consideraba chave para o país e a decisión do goberno republicano de priorizar actuacións en infraestruturas noutras partes do Estado, como por exemplo en Bilbo, a cidade do dirixente socialista e ministro de facenda Indalecio Prieto. A este respecto son ben significativas as opinión editoriais recollidas en diversos medio de prensa galegos, sinalando El emigrado d´A Estrada, que " a suspensión formulará un problema aterrador para 15.000 obreiros condenados ao paro forzoso, e o que aínda é máis lamentábel para nos os galegos, coincidira esta paralización das obras do noso ferrocarril cunha concesión que se lle fillo ao de Bilbo". O mesmo xornal estradense sintetizará o problema afirmando que "o pobo galego non podía nin debía consentir que o humillasen privándoo dunha das súas maiores aspiracións e dándolle trato de desigualdade respecto a outras rexións". O conflito acadou unha dimensión nacional malia que a súa intensidade foi maior naquelas comarcas onde se estaban executando as obras do ferrocarril. A este respecto, outra vez El emigrado sinalaba, após dar conta da proclamación da república galega en Ourense e Santiago de Compostela o 27 de xuño, que "tamén se tería secundado este último día aquí n´A Estrada e noutros pobos de Galiza de non recibirse un telegrama de Madrid comunicando a continuidade das obras". Na mesma liña, sabemos da declaración da independencia de Galiza n´O Carballiño, capitalidade da comarca considerada como auténtica zona cero da protesta, onde tras a dimisión do alcalde e dos concelleiros da corporación en sinal de protesta, unha manifestación formada por operarios das obras e poboación da vila toma o concello o 23 de xuño, promulga o Estado galego e planta lume á bandeira española, nuns feitos nos que se sinalará Ernesto Atanasio "O Corcheiro" na altura militante da CNT, posteriormente afiliado a Sociedade Nacionalista Pondal e andado o tempo militante da AN-PG e do BNG Ourense declara a independencia de Galiza o 25 de xuño O 25 de xuño de 1931 Ourense acolle a proclamación da república galega. As resolucións das asembleas de traballadores na area ourensá das obras e os acordos dos plenos da corporación chamaban a poboación da provincia a concentrase na capitalidade da provincia para facer máis patente á presión ao gobernador civil, na súa condición de representante do Estado. Malia a boa disposición de López Bouza, que chegaría a dimitir das súas responsabilidades en 1932 por uns feitos análogos, a cerrazón do goberno central provocaría unha primeira situación de tensión o día 23, acordándose posteriormente nunha xuntanza dos manifestantes solicitar a dimisión das súas responsabilidades de todos os concelleiros electos, a negativa a pagar impostos ao estado e a renuncia a comparecer ás eleccións xerais previstas para o 28 de xuño. O día 24 sucédense os contactos entre as forzas políticas, cargos electos e dirixentes obreiros que acordan convocar unha asemblea masiva para o día 25 en Ourense e reciben o respaldo de varios concellos zamoranos, algúns dos cales, concretamente da comarca da Seabra, solicitaran nos días seguintes a súa incorporación a Galiza. A xornada do día 25 sucedese entre asembleas, mitins e protestas. A media tarde, nun acto organizado na Alameda, acordase decretar a folga xeral no conxunto da provincia e formalizar a dimisións dos cargos electos, citándose de novo no goberno civil, onde permaneceran os manifestantes até media noite. Arredor da unha da madrugada unha grande manifestación, conformada por persoas chegadas de todas as comarcas de Ourense así como do Deza, desprazase á casa do concello, onde penetran un grupo de persoas que retiran a bandeira española, izan a galega e da por proclamada a república galega. Os sucesos de Ourense acadaran un grande seguimento na prensa peninsular, europea e americana, merecendo a atención dalgúns correspondentes estranxeiros tan significados como o escritor Jhon dos Passos, que redactará crónicas para algúns medios norteamericanos como o Chicago Tribune, onde sinala que "Na esquina noroeste de España, naceu unha nova nación, a República da Galiza, que aspiraba a dignidade dun estado federal", afirmando noutro lugar que "en Ourense, un pequeno grupo de conspiradores, tocou campas e fixo sonar sirenas antes do amencer desta mañá, proclamando a República de Galiza. Con Cataluña esixiron autodeterminación no marco federal". Santiago de Compostela proclama o estado galego o 27 de xuño O 27 de xullo Santiago de Compostela declara a República de Galiza. O xoves 25 de xuño, nunha asemblea obreira celebrada na cidade, segundo recolleu El pueblo gallego , xa se acordou "a idea de imitar o exemplo de Cataluña, proclamando o Estado galego como medio de evitar no sucesivo as continuas desatencións a Galiza por parte do poder central" porén a decisión faríase efectiva dous días máis tarde. Á volta das sete da tarde, celebrase un mitin masivo na Alameda coa participación do militante de Esquerda Galeguista, Xosé Carnero Valenzuela, o dirixente sindical asasinado en 1936 Eduardo Puente "O Necoras" e os nacionalistas retornados da emigración arxentina Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos. Mentres o primeiro afirma que "Galiza está en pé, en aberta revolución, para conseguir a súa liberdade, a autonomía e a independencia absoluta", o segundo sinala que "neste momento non nos interesa a república española senón a galega chamando a demandar unha Galiza soviética se fai falla", rematando Campos Couceiro que "é preciso recadar de xeito revolucionario e intenso, a autonomía como Portugal e Cataluña, porque o Estado central atounos sempre, sempre nos oprimiu baixo todos os sistemas e formas de goberno". Alonso Ríos presidente da xunta revolucionaria de Galiza Os manifestantes decidiron saír en manifestación ao remate do mitin cara o pazo municipal. Segundo recolle El pueblo gallego " a manifestación dirixiuse ao concello, izándose a bandeira azul e branca no edificio e proclamándose o Estado galego. O pobo pediu clamorosamente que Alonso Ríos ocupase a presidencia da Xunta revolucionaria e entón, dixo que esta era do pobo". A intervención de Alonso Ríos nesa xornada non deixa dúbidas sobre as súas intencións, afirmando que "a verdadeira vontade galega, democraticamente revolucionaria, aínda non deixou ouvir a súa voz, e eu conxúrovos cidadáns a que fagamos a nosa revolución por riba de todos os poderes centrais, proclamando a nosa independencia e abrazándonos, se fai falla, a Portugal a nosa irmá". A proclamación da república galega é o nomeamento de Alonso Ríos como presidente veu precedido de todo un movemento de mobilización social que mesmo provocou a dimisión de practicamente de todos os cargos institucionais da comarca. A república galega de 1931 non pode ser reducida a unha mera anécdota sen ningunha significación histórica. Malia que abondou coa decisión do goberno central de retomar as obras para rematar coa protesta, o mero recurso á independencia certifica a existencia dun estado de opinión no país consciente da súa marxinación e da capacidade para valerse por si mesmo. Mesmamente, nesta liña, non se explicaría a proposta dunha Galiza separada de España como medida de presión fronte a Madrid, se non fose socialmente hexemónica a consideración de que o país saía prexudicado na súa relación no estado e que este operaba como un impedimento para a mellora das condicións materiais de vida do pobo galego. |
NOS_46368 | O ex deputado de En Marea será o candidato a presidir o Goberno galego pola coalición Marea Galeguista, na que a formación se integra xunto a Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista para concorrer o 12 de xullo. | A Marea Galeguista presentou esta mañá, na data límite para rexistrar as listas na Xunta Electoral, a súa candidatura para as eleccións do 12 de xullo. A coalición decidiu que o seu candidato á Presidencia da Xunta sexa o ex deputado de En Marea na lexislatura que acaba de rematar Pancho Casal, que vai de número un pola Coruña. No reparto de cabezas de lista figuran tres persoas pertencentes a En Marea, ou ás mareas municipais vencelladas ao partido, salvo nun dos casos que vai unha representante de Compromiso. Así, o Partido Galeguista non ten cabezas de lista na coalición. Peque González Nóvoa, coordinadora da Marea de Pontevedra e mestra de profesión, encabeza a lista pontevedresa; Iván Rodríguez Lombardero é o número un por Lugo, onde está implicado na política municipal como promotor de Ribadeo en Común e a Marea de Ribadeo; mentres que Milagros Corral Surribas, membro da Executiva Nacional de Compromiso por Galicia, será a candidata por Ourense. Pancho Casal (A Coruña, 1955) é enxeñeiro industrial, mais a maior parte da súa carreira desenvolveuse no eido audiovisual como produtor. Conta con seis premios Goya a proxectos nos que participou e a produción de máis de 40 longametraxes. Foi elixido deputado por En Marea en 2016 e forma parte do Consello das Mareas do partido desde 2018. |
NOS_5438 | A primeira comunicación do presidente de Venezuela Nicolás Maduro a través das redes sociais despois do intento de golpe de Estado foi para explicar que os comandantes militares fican "leais ao Pobo, á Constitución e á Patria". | Chile confirma que Leopoldo López está na súa embaixada en Caracas O ministro de Relacións Exteriores de Chile confirma que o opositor e prófugo da xustiza Leopoldo López, xunto á súa familia, atópase refuxiado na embaixada chilena en Caracas con condición de "hóspedes". O ministro de exteriores chileno, Roberto Ampuero, informou que a muller de López, Lilian Tintori, e máis a súa filla, ingresaron como "hóspedes" na sede diplomática. Nas súas redes o ministro chileno afirmou que López permanece xunto á súa familia na embaixada e que "Chile reafirma o seu compromiso con demócratas venezolanos". Lilian Tintori y su hija ingresaron como huéspedes a residencia de nuestra misión diplomática en Caracas. Hace minutos se sumó su cónyuge, Leopoldo López, que permanece junto a su familia en dicho lugar. Chile reafirma compromiso con demócratas venezolanos.— Roberto Ampuero (@robertoampuero) 30 de abril de 2019 O ministro de Defensa de Venezuela declara xa fracasado o golpe de estado Vladimir Padrino López, ministro de Defensa venezuelano, afirma que o golpe foi freado. Informou tamén de que o intento de golpe arrincou "cun minúsculo grupo de policías e membros da Garda Nacional que secuestraron vehículos militares e que se armaron con metralladoras, fusís de asalto e pistolas". Padrino López afirmou en declaración aos medios que un 80 por cento destes policías e gardas, acudiron enganados ao distribuidor viario que atrancaron en Caracas. Video: Vladimir Padrino: Frenamos intento de golpe de Estado en Ve... https://t.co/Keo4XVehNR #TrumpHandsOffVenezuela #30Abr #HandsOffVenezuela— teleSUR Venezuela (@teleSURvzla) 30 de abril de 2019 Nese sentido, vense de distribuír na rede unha testemuña dun militar que narra como ás tres da mañá foron mobilizados baixo o engano de acudir a un acto para recibir condecoracións. Posteriormente ordenáronlles atrancar a vía e informáronos de que se estaba a tratar dun golpe de estado. O militar dá nomes das persoas ao mando, entre os que se atopan dous maiores e un comandante. Asegura que en canto se puideron organizar abandonaron o grupo golpista. Video: Soldado venezolano: Así nos engañaron para sumarnos a inten... https://t.co/gFe53N7OAe #TrumpHandsOffVenezuela #30Abr #HandsOffVenezuela— teleSUR Venezuela (@teleSURvzla) 30 de abril de 2019 Maduro chama á "máxima mobilización popular para asegurar a vitoria da Paz" "Conversei cos comandantes de todas as REDI [Rexións de Defensa Integral] e ZODI [Zonas de Defensa Integral] do País", escribiu na conta de twitter, que seguen máis de 3,6 millóns de persoas, "quen me manifestaron a súa total lealdade ao Pobo, á Constitución e á Patria". ¡Nervios de Acero! He conversado con los Comandantes de todas las REDI y ZODI del País, quienes me han manifestado su total lealtad al Pueblo, a la Constitución y a la Patria. Llamo a la máxima movilización popular para asegurar la victoria de la Paz. ¡Venceremos!— Nicolás Maduro (@NicolasMaduro) 30 de abril de 2019 Maduro empregou esa mesma comunicación para chamar á "máxima mobilización popular para asegurar a vitoria da Paz" e rematou cunha exhoratción: "Veneceremos"!. Morales condena "enerxicamente" o golpe O presidente de Bolivia Evo Morales condenou "enerxicamente o intento de golpe de Estado" en Venezuela "por parte da dereita que é submisa a intereses estranxeiros. Seguro que a valerosa Revolución Bolivariana á cabeaza do irmán Nicolás Maduro imporase a este novo ataque do imperio". Morales acusou directamente a Estados Unidos de inxerencia e de promover golpes de Estado que buscan "provocar violencia e morte en Venezuela". Ademais convocou os gobernos sudamericanos a condenar o movemento de Guaidó. Bolsonaro sae en apoio de Guaidó O ultradereitista Jair Bolsonaro, presidente do Brasil, informou nas súas redes que segue de perto a situación en Venezuela e expresou o apoio do Estado brasileiro a Juan Guaidó e tildou ao goberno de Venezuela de ditatorial, acusando tamén aos partidos brasileiros PT e PSOL de dar soporte. O Brasil se solidariza com o sofrido povo venezuelano escravizado por um ditador apoiado pelo PT, PSOL e alinhados ideológicos. Apoiamos a liberdade desta nação irmã para que finalmente vivam uma verdadeira democracia.— Jair M. Bolsonaro (@jairbolsonaro) 30 de abril de 2019 |
NOS_1818 | A oposición exixe que se retire o veto imposto á cidadanía e rexeita un acordo na primeira xuntanza coa presidenta do Parlamento. | Após unha hora de xuntanza, PSdeG, BNG e AGE rexeitaron un acordo con Pilar Rojo ao consideraren "irrenunciábel" o dereito da cidadanía a asistir aos Plenos. Os grupos da oposición aseguraron na xuntanza que non "actuarían como a policía do Parlamento" polo que exixiron o levantamento do veto imposto por Pilar Rojo o pasado sábado. Malia que a presidenta da Cámara valorou "positivamente" que os grupos tivesen participado na xuntanza convocada por ela, asegurou que achegará unha proposta formal á Mesa do Parlamento que se reunirá a vindeira semana na procura do acordo. Francisco Jorquera exixiu o restabelecemento da práctica habitual da Cámara co levantamento do veto Neste organismo da Cámara só teñen representación PP e PSdeG após evitar a entrada dos outros grupos da oposición --BNG e AGE-- ao seren cubertos os dous postos correspondentes pol@s socialistas e negárense @s populares a procurar novas fórmulas que permitisen reflectir a pluralidade do hemiciclo na Mesa. Porén, a presidenta comprometeuse a elevar a proposta á Xunta de portavoces. "Un dereito irrenunciábel"Os voceiros de BNG, AGE e PSdeG argüíron o seu rexeitamento á proposta de Pilar Rojo á "restrición" que supón o veto imposto á cidadanía. Neste senso, Méndez Romeu (PSdeG) considerou "unha conquista histórica" a presenza das cidadás e cidadáns nos Plenos polo que "non pode ser limitado". Pola súa banda, Francisco Jorquera (BNG) denunciou que a decisión adoptada por Rojo converte "o Parlamento nun clube privado con dereitos de admisión" polo que, malia "valorar" a "certa rectificación" amosada pola presidenta do Parlamento coa convocatoria da xuntanza, insistiu en que o veto sexa retirado. Beiras asegurou que os incidentes na cámara reflicten "os problemas gravísimos que existen na sociedade" "Non é bo", asegurou Francisco Jorquera, "establecer restricións no acceso de público ás sesións plenarias" pois "non entorpece o labor do Parlamento, senón que o enriquece", acrecentou o voceiro socialista, Méndez Romeu. Pola súa banda, os representantes de AGE, Xosé Manuel Beiras e Xabier Ron, aseguraron o posicionamento da coalición "é claro" e que continuarán a exixir o levantamento do veto. Beiras Torrado advertiu á presidenta da Cámara --segundo recollen as axencias de noticias-- que os incidentes vividos na Cámara "non son o resultado dunha dinámica interna do Parlamento" senón o reflexo "dos problemas gravísimos que existen na sociedade". |
PRAZA_18111 | A formación morada convoca a súa Asemblea Cidadá, un proceso interno que rematará a finais do próximo mes de outubro coa elección dun novo equipo de dirección, antes de que o espazo de confluencia renove a súa dirección. | Podemos Galicia votará a súa nova dirección e farao antes da renovación dos órganos de En Marea. A formación morada en Galicia convocou a súa III Asemblea Cidadá, un proceso interno que rematará a finais do próximo mes de outubro coa elección dun novo equipo de dirección a través dunha votación por vía telemática na que están chamados a participar as preto de 11.000 persoas inscritas que ten o partido no país. Carmen Santos, a actual secretaria xeral, non desvelou se se presentará á reelección Así o avanzou en rolda de prensa a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, que non desvelou se a actual dirección se presentará á reelección ou se ela mesmo o fará tamén. Anunciarao proximamente, aclara. Quen si que parece que concorrerá seguro é o actual portavoz de En Marea no Congreso e un dos impulsores de Podemos en Galicia, Antón Gómez-Reino, Tone, cuxa contorna dá por segura a súa candidatura a liderar o partido. Segundo explica a formación, a decisión de convocar eleccións foi adoptada polo Consello de Coordinación de Podemos Galicia o pasado domingo nunha xuntanza na que se aprobou tamén o calendario para a renovación dos órganos internos do partido, que, ademais da Secretaría Xeral, están formados polo Consello Cidadán Autonómico, composto por 35 membros. Antón Gómez-Reino, actual portavoz de En Marea no Congreso, ten previsto concorrer nas primarias de Podemos Galicia O proceso iníciase este martes co inicio da recollida de avais necesarios para conformar candidaturas, cuxo prazo de presentación quedará aberto dende o luns 8 de outubro até o día 12. As votacións levaranse a cabo de maneira telemática entre os días 18 e 24; e o resultado será público o 25 de outubro. En Marea, pola súa banda, inicia o vindeiro sábado 29 de setembro a renovación dos seus órganos de dirección, que estará rematada antes de decembro. Este próximo sábado celebraranse encontros provinciais para fomentar a participación e tras recoller todas as achegas de todas as persoas inscritas para elaborar as teses políticas, estas levaranse a votación ao plenario que terá lugar o sábado 27 de outubro. Nese encontro aprobarase tamén o regulamento para a elección do novo Consello das Mareas. Posteriormente, na semana do 19 ao 25 de novembro, celebraranse de xeito telemático as votacións temáticas "nas que todas as persoas inscritas exercerán o seu dereito a expresar a súa opinión sobre quen pensan debe dirixir o espazo político". |
NOS_37413 | Tres militantes de Isca! están acusad@s de danos en bens inmóbeis que se terían producido no desenvolvemento da campaña Traballo digno na nosa terra. Aliás, a fiscalía de menores da Audiencia Nacional española chamou a declarar un integrante de Briga sen informar do delito que se lle imputa. | O vindeiro 18 de febreiro decorrerán na Coruña e en Madrid máis catro xulgamentos contra independentistas galeg@s. Desta volta trátase de tres persoas integradas en Isca! imputad@s por un delito de danos en bens inmóbeis e unha cuarta, militante de Briga, que está chamada a declarar pola fiscalía de menores da Audiencia Nacional española sen ser informada dos feitos polos que foi encausad@, tal e como informaron a Sermos Galiza fontes da organización xuvenil. Trátase de tres persoas integradas en Isca! imputad@s por un delito de danos en bens inmóbeis e unha cuarta, militante de Briga, que está chamada a declarar pola fiscalía de menores da Audiencia Nacional española sen ser informada dos feitos polos que foi encausad@ Os danos que, segundo o escrito da acusación, causaron @s membros de Isca! teríanse producido no decorrer da campaña Futuro digno na nosa terra, desenvolvida nos últimos meses en todo o País. Na cidade da Coruña, as tres persoas agora imputadas foron identificadas e retidas pola policía, para alén de rexistrar as súas pertenzas e o carro en que se desprazaban. Os axentes incautáronse de material diverso, desde voandeiras a pintura e plantillas para realizar grafittis. Naquela altura foron multad@s polo Concello da Coruña, que impuxo unha sanción de 600 euros. Agora recibiron unha citación para declarar en calidade de imputad@s por un delito de danos en bens inmóbeis. Isca! rexeita o encausamento ao argüiren que se está a vulnerar o principio do non bis in idem, isto é, que un mesmo feito non pode ser enxuizado dúas veces. Para o 18 de febreiro, ás 10h, hai convocada unha concentración solidaria diante dos xulgados da Coruña. Declarar como imputado e non saber por que No mesmo día está chamado a declarar en Madrid e en calidade de imputado un veciño do Condado militante de Briga. A citación recibiuna con dez días de antelación e nela non se explica o motivo que o leva a sentar no banco d@s acusad@s da Audiencia Nacional española, segundo denuncian fontes da organización. Así as cousas, condenan a decisión da fiscalía de menores da AN e atribúena a unha práctica "represiva" que procura "un efecto intimidatorio para sufocar a rebeldía". |
NOS_4147 | O programa educativo arrincou en 1977 e sobreviviu a todas as maiorías da dereita na Galiza. Hoxe penden dun fío os postos de traballo das súas 3 mestres e 29 mestras "por razóns ideolóxicas" e polo desvío de fondos a organizacións "máis próximas ao PP". PnaC non traballa só coas nenas e nenos, senón tamén cos e coas proxenitoras, que deben implicarse nas aulas, afondando así no empoderamento delas e na equidade de xénero | Case 26.000 persoas rexeitaron cunha sinatura o seu rexeitamento á desaparición do programa educativo Preescolar na Casa. Nos últimos dous meses, a CIG andou á procura dos apoios que cumprían para presentar perante o Parlamento galego unha ILP --Iniciativa Lexislativa Popular-- de proposición de Lei 'Para confluencia do programa preescolar na casa e o ensino público galego', para a que era preciso xuntar 15.000 sinaturas. Segundo explicou o secretario nacional do sector do Ensino na central nacionalista, Anxo Louzao, "agardamos que sexa debatida neste periodo de sesións, antes do 31 de xuño". E é que o que está en xogo é a continuidade dun programa "innovador e inserido na realidade cultural e social do país", que a día de hoxe agoníza "por cuestións políticas e ideolóxicas" do Partido Popular. Garabatos que sobreviviron ás maiorías de FragaCómpre lembrar que Preescolar na Casa foi creado en 1977 polo finado Antonio Gandoy Díaz, coñecido en Lugo como o cura da bicicleta, para axudar ás nais e pais a educar ás crianzas durante o período previo á escola --até os 6 anos--, naquelas zonas onde non había centros de educación infantil. Mais é algo máis que un programa educativo, xa que para beneficiarse del --é de balde para todas as familias-- é condición necesaria que os e as proxenitoras se impliquen directamente na formación. "Facemos traballo social, cunha contribución importante ao empoderamento das mulleres no rural", apuntou Inés Novo, mestra de PnaC e delegada no Comité de Empresa, confesando que o clima de confianza que se crea entre as nais que acoden ás aulas "favorece o intercambio de experiencias entre elas, aprenden unhas das outras e axúdanse". Pois ben, este programa educativo está en perigo polo afán do Partido Popular "de perseguir todo aquilo que nos identifica", sinalou Louzao. Preescolar na Casa sobreviviu a todas as maiorías absolutas da dereita na Galiza até o día de hoxe, cando lle foron retiradas "todas" as subvencións, houbo despedimentos e un ERE --Expediente de Regulación de Emprego-- sobrevoa sobre o persoal docente, 29 mestras e 3 mestres. Xa no 2008 houbo unha campaña de recollida de sinaturas --xuntáronse máis de 22.000-- en que nais, pais e persoas vinculadas co programa manifestaron a súa preocupación pola continuidade deste servizo ás familias. Durante os anos do Goberno bipartito, Vicepresidencia apoiou a PnaC, mais a consellería de Educación --dirixida por Laura Sánchez Piñón (PSOE)-- reduciu de 22 a 17 o número de mestras e mestres que achegaba ao colectivo no 2007, e ao ano seguinte suprimiu outras catro prazas. Sobre a situación actual dos e das traballadoras falou Xosé Ferreiro, responsábel comarcal da CIG en Lugo, e dixo que a maior parte acumulaban entre 15 e 25 anos entregados a este programa educativo, polo que as súas idades rondan os 50 anos. "A incertidume é moita xa que só temos financiamento para chegar a xullo, mais non imos ceder", anunciou Ferreiro, informando de que as axudas que chegaron dalgúns concellos e da Deputación de Lugo "non chegan para preparar o curso do ano que vén". Unha labazada ao ensino no ruralPerante esta situación, cómpre dicir que deste programa se benefician ao redor de 4.100 familias en toda Galiza, especialmente no rural, e conta cun recoñecemento internacional tal que inspirou proxectos similares en Francia, Portugal, Catalunya e en varios países de América Latina. No país, tal e como contou Ferreiro, o que lle queda á Fundación é presentar un concurso de acredores --prevendo que terá problemas de pago de aquí a dous meses-- ou presentar un Ere de non-extinción. "Sexa como for, a nosa intención é manter vivo o programa até as vindeiras autonómicas", alertou, e completou a apreciación de Louzao sinalando que, alén dun motivo ideolóxico, a Xunta quere ver desaparecer Preescolar na Casa "porque é un programa que nunca puido controlar nin usar como arma electoral, pese a ser un bocado moi apetitoso". Ao argumento da crise para practicar recortes contestou Inés Novo. "Non é que non haxa cartos, é que os cartos se desvían a organizacións afíns ao PP", dixo. E engadiu a súa opinión sobre os porqués para mantelo: é o único programa educativo que se fai en galego e é "un prestixio para a nosa lingua e a nosa cultura". Da consellería de Traballo chegaba o 60% do financiamento que sostiña esta iniciativa de educación familiar pioneira que foi parida na Galiza hai 35 anos. |
PRAZA_17740 | O paro iniciarase no mediodía deste luns e rematará o mércores. Os profesionais galegos decidiron nunha asemblea celebrada da Coruña apoiar as reivindicacións do sector, ante a xuntanza que manterán os seus representantes co Ministerio de Fomento para buscar unha solución ao conflito aberto polos vehículos con licenza VTC | Os taxis galegos únense á folga que o sector está a levar a cabo en Madrid ou Barcelona e que xa se estendeu por boa parte do Estado, de Euskadi ou Aragón a Valencia ou Andalucía. A asociación maioritaria en Galicia, Fegataxi, tomou a decisión na mañá deste luns nunha asemblea celebrada na Coruña. Os paros iniciaranse ás 12 do mediodía de hoxe e continuarán durante 36 horas, ata a medianoite do martes ao mércores. Estableceranse, iso si, servizos mínimos. Os taxistas de Galicia súmanse á mobilización iniciada polos seus compañeiros de Barcelona o pasado sábado, á que despois se uniron os profesionais de Madrid. Protestan contra o incremento da actividade de vehículos con licenza VTC, operados por multinacionais como Uber ou Cabify. O Ministerio de Fomento manterá xuntanzas este luns e martes con representantes do sector do taxi. O taxistas esíxenlle ao Goberno central que non autorice novas licenzas de VTC e que modifique o regulamento de transporte terrestre para blindar a proporción dunha licenza deste tipo por cada 30 de taxis. O taxistas esixen ao Goberno que non autorice novas licenzas de VTC, que blinde a proporción dunha licenza por cada 30 de taxi e que se transfiran ás comunidades autónomas as competencias na materia O conflito iniciouse despois de que o director xeral de Transporte Terrestre, Joaquín del Moral Salcedo (nomeado polo PP en 2012) presentase un recurso contra o novo regulamento aprobado en Barcelona polo Goberno de Ada Colau, que buscaba limitar a expansión das licenzas VTC. O recurso foi presentado xusto despois da toma de posesión de Pedro Sánchez e foi unha decisión persoal do alto cargo popular, adoptada "sen avisar" nin tan sequera á secretaria xeneral de Transportes, María José Rallo. De inmediato o Ministro de Fomento, José Luis Ábalos, cesou a Joaquín del Moral Salcedo, pero a presentación do recurso, que segue o seu camiño nos tribunais, imposibilita a aplicación do regulamento que conseguira un consenso no sector do taxi en Barcelona. Hai dúas semanas a Xunta iniciou a tramitación da orde que regulará os distintivos identificativos dos vehículos dedicados ao arrendamento de vehículos con condutor cuxa autorización se atope domiciliada en Galicia. Na xuntanza co Ministerio de Fomento, os representantes do sector do taxi esixirán igualmente "a transferencia de competencias ás Comunidades Autónomas para que o equilibrio que determina o Tribunal Supremo na sentenza de xuño de 2018 sobre a proporcionalidade 1/30 se cumpra en todas as comunidades". Hai algo menos de cinco mil taxis en Galicia (4.727), unha cifra que vén descendendo nos últimos anos, sobre todo no rural Na actualidade hai algo menos de cinco mil taxis en Galicia (4.727), unha cifra que vén descendendo nos últimos anos, sobre todo nas zonas rurais. No ano 1994 superábanse as seis mil licenzas de taxi no país. |
NOS_18352 | O dirixente de Anova, que esta semana fai 80 anos, considera a súa candidatura pouco verosímil, mais non a desbota por enteiro. | Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Xosé Manuel Beiras non desbotou a posibilidade de ser el a persoa que encabece a candidatura que se estruture arredor de En Marea ás eleccións galegas deste ano. Así, sinalou que vive o "epílogo" da súa vida política, mais advertiu de que "o epílogo dunha obra pode ser máis longo que calquera outro capítulo". Lembrou, a continuación, que na política institucional xa dera por descartada a súa presenza nas eleccións galegas de 2012 –ás que finalmente concorreu á cabeza da listaxe de AGE- porque houbo "unha serie de razóns que me presionaron para facelo". Nesta ocasión, asegura que non sería "verosímil" situarse como candidato de En Marea á Xunta". "Podería cometer unha irresponsabilidade cos electores se non podo asumir ao que me comprometo con eles" "Podería cometer unha irresponsabilidade cos electores se non podo asumir ao que me comprometo con eles", afirmou en alusión ás súas "capacidades físicas e enerxías" -o día 7 de abril fai 80 anos-. Porén, engadiu que "non dou as cousas por certas". Así, salientou que "en todo proceso social hai un compoñente aleatorio moi grande. Sería estúpido dicir non, non, non vou ser candidato". Tamén recoñeceu que erixirse como candidato contribuiría á unidade: "a cuestión é que hai moita xente que di que Beiras sería asumido como candidato por todo o espectro amplo da esquerda plural. Sería factor de unidade, e iso si que é certo". Beiras, sobre a integración do BNG en En Marea: "Se un non quere, dous non casan" O portavoz de Anova explicou que En Marea traballa por ampliar a candidatura das eleccións galegas ás mareas e candidaturas municipalistas. Sobre o BNG, apuntou que "está por ver que o queira, pero se un non quere, dous non casan". "Se eles persisten na liña de non querer saber nada de forzas non estritamente nacionalistas que recoñecer Galiza como nación, isto é, como suxeito político, saberán o que fan", engadiu. Preguntado pola convivencia no seo de En Marea, respondeu: "a longo prazo, todos calvos, dicía Keynes". "Do que se trata é de artellar toda aquela pluralidade contra o inimigo común", expuxo. |
PRAZA_15801 | O líder de Podemos quere un diálogo público con Pedro Sánchez e Alberto Garzón para un "goberno de cambio" que inclúa o seu partido, os socialistas e IU. O líder do PSOE cre que os seus votantes "non entenderían que non nos entendésemos con Iglesias". | Pablo Iglesias toma a iniciativa. O líder de Podemos comunicou este venres ao xefe do Estado a súa predisposición a formar parte dun "goberno de cambio" presidido polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, con el mesmo como vicepresidente e no que se integrase o candidato de Izquerida Unida-Unidad Popular, Alberto Garzón. O rei Felipe VI foi, "por lealdade institucional", a primeira persoa en coñecer a súa oferta dun "goberno do cambio" que, cre Iglesias, lograría unha ampla maioría no Congreso. Iglesias presentou ao rei a súa proposta dun "goberno de cambio" presidido por Sánchez, con el de vicepresidente e Garzón integrado O secretario xeral de Podemos compareceu logo de reunirse durante 90 minutos con Felipe de Borbón e acompañado do que sería o seu equipo negociador. O seu número dous e portavoz de Podemos no Grupo Plurinacional, Iñigo Errejón; a súa xefa de Gabinete e portavoz adxunta, Irene Montero; o número tres do partido, Carolina Bescansa; o portavoz de En Comú, Xavi Domènech; a deputada e xuíza en excedencia Victoria Rosell ;e o xeneral retirado Julio Rodríguez. Algúns deles tamén formarían parte dese futuro Goberno. Pablo Iglesias expuxo que a negociación entre Pedro Sánchez e el se faga "en público" e a través dos medios de comunicación. "Ter un diálogo con cordialidade fronte a millóns de espectadores pondo enriba da mesa que hai que facer con este país é algo que España se merece", sinalou o deputado de Podemos. "España non se pode permitir esperar a Rajoy", sentenciou Iglesias: "Imos falar de gobernos, de equipos e tarefas, e nós non debatemos con liñas vermellas". O líder de Podemos si expuxo os puntos que Podemos e as confluencias coas que concorreu o pasado 20 de decembro levarán a esa negociación. Podemos propón medidas urxentes para os 100 primeiros días: para os desafiuzamentos e cortes de luz ou non deixar sen alternativa habitacional as vítimas de violencia machista Primeiro sinalou a urxencia de pór en marcha nos 100 primeiros días unha batería de medidas de inmediata necesidade e que atalle "a situación de centos de miles de cidadáns": parar os desafiuzamentos, os cortes de subministracións (luz e gas) ou non deixar sen alternativa habitacional ás mulleres vítimas de violencia machista. Son as medidas que Podemos reflectiu na súa proposición de Lei 25 de Emerxencia Social o mesmo día en que se constituíu o Congreso. Ademais, Podemos levará á negociación sete eixos programáticos. En Economía, Iglesias propón un equipo e un ministro "que defenda a xustiza social e poña freo aos recortes e as privatizacións" e que derrogue as reformas laborais e impulse o emprego de calidade. Ademais, quere "unha RTVE independente" despois dos "exercicios de manipulación intolerable" que, dixo, se viron co Goberno de Mariano Raoy. "Á fronte de RTVE fan falta profesionais independentes", sinalou. En Educación, Sanidade e Servizos Sociais "o futuro Goberno ten que garantir os dereitos sociais e reverter as privatizacións". Iglesias cre que o novo Executivo debería "asumir a plurinacionalidade" e volve defender "que haxa un referendo en Catalunya" Iglesias tamén apuntou que este hipotético Executivo debería "asumir a plurinacionalidade" de España e pór en marcha un "novo acordo de convivencia". "A vitoria de En Comú Podem en Catalunya debe ter unha translación concreta no futuro Goberno", sinalou. Esta "translación" a personificaría probablemente Xavier Domènech como ministro de Administracións Públicas. Neste sentido, Iglesias foi explícito sobre unha consulta para os cataláns: "Claro que defendemos que haxa un referendo en Catalunya" En quinto lugar, e en materia de Defensa, Iglesias pediu un ministro "que nos libre de lobbistas" e que traballe cos socios europeos "nun sistema integral" de defensa común. No ámbito de Interior, o líder de Podemos apelou a que "nunca máis un ministro reciba corruptos no seu despacho e que traballe en interese do seu partido nin que se encomende á virxe". Por último, en materia de política exterior, Iglesias apostou por dar un xiro ao "proxecto europeo" para asocialo "á democracia, os dereitos sociais e a liberdade" que potencie a cooperación ao desenvolvemento e "poña freo ao TTIP, que é un cabalo de troia", contra os dereitos dos europeos. Un Goberno proporcional "Debe ser un goberno plural cunha proporción dos resultados e paritario", anunciou Pablo Iglesias. O secretario xeral de Podemos lembrou que o pasado 20 de decembro o seu partido e as confluencias catalá, galega e valenciana lograron cinco millóns de votos, máis do 20% dos sufraxios e a só 300.000 do PSOE. Ademais, o millón de votos logrado por IU-UP merecen, en opinión de Iglesias, polo menos un asento no Consello de Ministros. Garzón xa falou con Iglesias e mostrou a súa disposición a explorar este goberno de cambio "co programa por diante", mentres que con Sánchez a conversa estaba prevista para despois do seu encontro co rei. Nas redes sociais, En Marea reaccionou á proposta asegurando que "as maiorías dixeron non ás políticas de Rajoy" e anunciando que a coalición "responsabilízase co cambio". "Agora é o PSOE o que debe virar á esquerda", di. En Marea anuncia que se "responsabiliza co cambio" e que "agora é o PSOE o que debe virar á esquerda" Iglesias descartou un apoio do seu grupo a unha investidura de Pedro Sánchez e do PSOE en solitario. "O resto das opcións serían formulables noutras circunstancias", sinalou. Na súa opinión, o PSOE "non está en condicións de propor un Goberno exclusivo" e dirixiulle un dardo envelenado ao líder dos socialistas: "A posibilidade de ser presidente é un sorriso do destino que sempre terá que agradecer". "Non temos unha gran confianza nas elites que gobernan", asegurou Iglesias. O líder de Podemos insistiu: "Non nos fiamos das boas palabras porque o PSOE entregou 'ás dereitas', como di Pedro Sánchez, o control da Mesa". "Fan falta persoas que aseguren que o que se di, faise", insistiu. Igrexas denunciou que están "a sufrir unha presión enorme para que o PSOE non goberne connosco", pero dirixiuse a Pedro Sánchez para dicirlle que "a xente está co cambio". |
PRAZA_636 | A outra novidade –novidosa!- vai vir pola irrupción nos concellos dunha inaudita categoría de colectivos que farán agromar unha nova cultura política na dinámica das corporacións locais. As denominadas "mareas" chegarán con forza –a fortaleza está por ver- para tentar darlle plasticidade ou colorido aos monótonos –ou inertes- concellos galegos | "Um barco parece ser um objeto cujo fim é navegar; mas o seu fim não é navegar, senão chegar a um porto. Nós encontramo-nos navegando, sem a idéia do porto a que nos deveríamos acolher." (O livro do desassossego, Fernando Pessoa). Os diplodocos que amalloan o bipartidismo reinante, van gastar a escasa creatividade que posúen en porfiar, sen acougo, para seguir agarrados, coma carrapatos, ao asunto municipal, sen outro obxectivo ca o de estar porque si A piques de celebrarmos eleccións nos concellos, para renovar os mandatos das corporacións locais outros catro anos, non sería malo ir debaendo aquilo que vai pasar irremediablemente daqueloutro que aínda nin sequera tivemos vagar para cavilarmos como pode acontecer, e así pornos a ensarillar as madeixas que nos permitan tecer o lenzo no que poidamos debuxar a paisaxe que se aveciña. A principal novidade do que vai acontecer nos concellos galegos, despois do 24 de maio, é que vai haber moi poucas novidades. Os diplodocos que amalloan o bipartidismo reinante, van gastar a escasa creatividade que posúen en porfiar, sen acougo, para seguir agarrados, coma carrapatos, ao asunto municipal, sen outro obxectivo ca o de estar porque si. De maneira que, cando lle espeten outra vez o ferrete ao chintófano da praza maior, a rutina, a compangada e o topeneo converteranse no seu manual de cabeceira, sinxelamente porque non saben, porque non queren, ou porque lle faltan as habilidades, aborrecéndonos coas súas andrómenas habituais ata a extenuación. A outra novidade –novidosa!- vai vir pola irrupción nos concellos dunha inaudita categoría de colectivos que farán agromar unha nova cultura política na dinámica das corporacións locais A outra novidade –novidosa!- vai vir pola irrupción nos concellos dunha inaudita categoría de colectivos que farán agromar unha nova cultura política na dinámica das corporacións locais. As denominadas "mareas" chegarán con forza –a fortaleza está por ver- para tentar darlle plasticidade ou colorido aos monótonos –ou inertes- concellos galegos, que levan anos invadidos pola couza que rilla arreo no esvaecido arco da vella que conforman os servizos públicos, que tanto traballo lle deu á veciñanza poder conquistalos. A angueira non vai ser doada, por mor da amálgama de sensibilidades, procedencias, hábitos, pareceres –e mesmo vezos- difíciles de ensamblar. A concorrencia –xa veremos o grao de converxencia- de individualidades moi definidas, con persoas procedentes do asociacionismo veciñal, cultural, etc. e disciplinados militantes que non teñen pensado darlle as costas ás organizacións ás que pertencen, vai requirir que todos os participantes estuden cada mañá, antes de saír da casa, cada unha das desinencias nominais e verbais, e mesmo aprendan de memoria o pluscuamperfecto de todos os nomes e verbos que conforman un compromiso común que adquiriron. A angueira non vai ser doada, por mor da amálgama de sensibilidades, procedencias, hábitos, pareceres –e mesmo vezos- difíciles de ensamblar Ah! Malgre lui, o meu tío Lisardo sigue teimando coa idea de que nunca choveu que non escampara, e como despois da tempestade, sempre acaba vindo a calma, máis pronto ca tarde, haberá que inxectarlle unha dose de normalidade á cousa pública, tan convulsa nestes tempos cheos de incerteza e escuridade aparentes. |
QUEPASA_145 | Anova tamén denuncia o PE Monte Chan pola afectación aos Penedos de Traba e Pasarela | Nova denuncia contra o Parque Eólico Monte Chan polo seu impacto directo nos Penedos de Traba e Pasarela. Desta volta é o grupo Anova o que pide a Xunta que paralice a tramitación do Parque, e denuncia a "práctica fraudulenta de permitir a ubicación deste tipo de proxectos na contorna da Rede Natura". Afirman que a zona dos Penedos debería estar nunha "proposta de ampliación da Rede Natura dende 2011, unha ampliación paralizada precisamente para favorecer a ubicación irregular de eólicos nestas zonas que deberían contar cun grao máximo de protección", declarou Antón Sánchez, voceiro de Anova. Nese sentido lembra que hai unha sentenza previa, que anulou a autorización ambiental do parque eólico do Oribio, nunha situación semellante. "A paisaxe, así coma os valores culturais, ambientais e científicos dos Penedos de Pasarela e Traba son piares fundamentais para un futuro sostible da Costa da Morte, onde o turismo respectuoso co medio tamén supón unha oportunidade de presente e de futuro se a preservación do territorio é axeitada", explican. E "así consta, por exemplo, no PXOM do Concello de Laxe, que aposta por un turismo baseado nos seus valores naturais e culturais". Lembran que falamos dun total de nove aeroxeradores de 200 metros de altura en punta, que se situarán a escasa distancia das zonas protexidas ZEC Costa da Morte e ZEPA Costa da Morte Norte. E recordan que "o propio proxecto recoñece o impacto negativo que o parque eólico suporía para a actividad turistica". Novas sobre Os Penedos O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos. O BNG oponse ao PE Monte Chan, "unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos". Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos. 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros. Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte. 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos. PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos. PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo. Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos. Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela. Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster. Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos. Setembro 2018: Os penedos cobran vida. 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras. 2018: Augusto Pérez-Alberti: "É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida". 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba. 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela. Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela. 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida. |
NOS_49651 | As vendas ao exterior acumulan unha caída de 8% despois de reducirse en 0,4% no mes de agosto. | As vendas ao exterior non levantan cabeza. Así se pode describir a evolución das exportacións galegas, que segundo os datos publicados esta terceira feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE) acumulan unha caída de 8% nos oito primeiros meses do ano despois de reducirse en 0.4% no mes de agosto con respecto ao mesmo período do ano anterior, até quedar nos 1.656 millóns de euros. Francia e Portugal, os dous principais mercados, seguen a gañar peso na balanza comercial galega, xa que incrementan as súas compras en 17,2% e 7%, respectivamente, mentres no conxunto da Unión Europea baixan en 0,3%, cunha alarmante caída nas exportacións aos Países Baixos (-54,3%). No estranxeiro, destaca o aumento das vendas aos Estados Unidos, que se poden ver afectadas nos vindeiros meses polos aranceis impostos polo Goberno de Trump, e o descenso a Turquía. Seis meses de caídas Con este son xa seis os meses consecutivos nos que Galiza rexistra un retroceso interanual nas vendas ao estranxeiro, aínda que desta vez modera a súa baixada respecto doutros meses. Nos oito primeiros meses do ano, as vendas de automóbiles e de combustibles acaparan os maiores descensos 4,3 e 2,3 puntos, respectivamente. No mes de agosto o peor comportamento rexistrárono os aparellos e material eléctrico (-2,1), mentres que os combustibles e aceites minerais tiveron o mellor comportamento (+2,3). |
NOS_44189 | O director de Boyhood e da saga Antes de... ben merece un punto de consideración en todas as súas achegas pois, se ben non todo o que fai está á altura das mencionadas, si que logra sempre unha calidade narrativa e unha dirección de personaxes impecábel. | Onde estás, Bernadette non só continúa con esa dinámica, senón que ademais conta cunha espectacular Cate Blanchett, que estivo nomeada aos Globos de Ouro (Mellor actriz de comedia), e cada vez está máis preto do nivel de Meryl Streep pola súa capacidade de interpretar calquera papel, e de facelo ben. Onde estás, Bernadette / EUA / 2019 / Richard Linklater / 109 minutos Nesta ocasión ponse na pel de Bernadette Fox, unha famosa arquitecta retirada cun carácter antisocial. Non lle gusta a xente en xeral, pero adora a súa filla, o seu can e o seu marido, aínda que este comece a estar algo preocupado polo estado mental da súa parella. Un día organizan unha viaxe familiar á Antártida que porá a proba a ansiedade latente de Bernadette para relacionarse con xente descoñecida, que tamén fará aflorar as razóns enquistadas da súa deriva psicolóxica e dos verdadeiros motivos do repentino abandono dunha carreira brillante para dedicarse en exclusiva á familia. Unha comedia intelixente, con fondo dramático, repleta de diálogos mordaces pero, ao mesmo tempo, dunha naturalidade e sinxeleza extremadamente difíciles de alcanzar, en gran parte, grazas a unhas personaxes (principais e secundarias) coas que é moi doado xerar empatía. Un mérito compartido entre o elenco, a dirección e un guión baseado na novela homónima de Maria Semple, novelista e guionista de series de televisión como Sensación de vivir, Ellen ou do programa Saturday Night Live (SNL). A influencia de SNL é bastante notábel, tanto pola presenza de Kristen Wiig, como polo estilo de moitas das brincadeiras, algunhas de esmendrelle total. Outro punto destacábel son os cameos e o fantástico falso documental sobre a vida de Bernadette Fox, a impresionante dirección de fotografía de Shane Kelly e un pequenísimo belisco de ciencia ficción ao estilo Black Mirror que, se ben non achega nada á historia, si engade unha capa máis nesta clase maxistral de narrativa subxugante e magnética. Cada elemento, xiro, situación, diálogo, elipse ou flash-back está distribuído na medida, tempo e momento xusto para que o público atenda á película sen pensar sequera en boquexar. |
NOS_3435 | Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é o autor dunha investigación sobre os vitimarios nas comarcas do Courel, Lemos e Quiroga que a terceira e a cuarta feira se distribúe de xeito conxunto co diario Nós dentro do coleccionábel Os nomes de terror. | Antes de entrar a falar dos vitimarios nas comarcas do Courel, Lemos e Quiroga imos facer unha achega ás vítimas, que destaca do proceso represivo nestes tres territorios e cal foi o seu alcance? Foi unha represión durísima. Segundo os dados fornecidos por María Xesús Souto no seu estudo sobre a represión franquista na provincia de Lugo, o partido xudicial de Monforte situouse á cabeza da represión paralegal nesta área. Outro tanto podemos afirmar do partido xudicial de Quiroga, onde o número de execucións foi tamén moi elevada. A este respecto, aínda meten medo hoxe o número de encarcerados por motivos políticos na prisión de Monforte no período 1936-1939 , con máis 1.500 persoas detidas en diversos momentos e con porcentaxes de escándalo para localidades como Sober, Ribas de Sil, Saviñao ou a propia capitalidade da comarca Lemos. A cantidade de reclusos do cárcere de Monforte chegou a sorprender en 1936 ao fotografo Erich Andres, un alemán ligado aos servizos secretos alemáns que fotografou a retagarda franquista, deixando testemuño gráfico e escrito do suceso. E podemos seguir coa represión económica, certificando o comandante militar de Monforte, Carlos Aranguren sancións económicas na zona para o último cuadrimestre de 1936 por un monto superior a 850.000 pesetas Sinala no seu traballo que a preparación do golpe de Estado contra o réxime republicano e a represión posterior estivo dirixida polos militares, cal foi o papel desenvolvo polos mesmos nestas tres comarcas? Os militares foron a peza central no conglomerado represivo posto en marcha após o golpe de Estado de xullo de 1936. A un tempo participaron da represión legal, ditando e inspirando as disposicións normativas do novo réxime, presidindo os consellos de guerra nas diversas xurisdicións, asinando as sentenzas de morte ou impoñendo as sancións administrativas. Por outra banda dirixiron a represión paralegal, determinando os obxectivos das milicias de dereita, autorizando as sacas dos cárceres e ordenando a execución dos demócratas. Así, por exemplo o comandante militar de Monforte, Emilio Cortes Reyes ditou oficios ordenando as sacas no cárcere da cidade pero tamén presidiu consellos de guerra en Lugo ou Asturias sentenciando a morte aos demócratas. Outra tanto aconteceu co seu sucesor, Carlos Aranguren Roldán, irmán de José Arangueren, o xeneral da Garda Civil que se mantivo leal á República en Barcelona. Unha consideración especial merece a Garda Civil cun papel chave na preparación da trama golpista, no derrocamento da legalidade republicana e na institucionalización do novo réxime. Os axentes da benemérita da zona, curtidos na represión á revolución de outubro de 1934, unha sorte de ensaio xeral do acontecido en 1936, non só participaron na trama golpista senón que destituíron á corporación republicana, declararon o estado de guerra e levaron o peso das operacións de castigo aos demócratas. Os gardas civís estiveron na diversas fases do proceso represivo, sendo moi habitual a súa participación nos paseos e na aplicación da lei de fugas, como aconteceu no caso de Jesús Rodríguez Silvosa e de Ramón Somoza Álvarez. Cuestiona a existencia dun "terror quente" nos momentos posteriores ao golpe de Estado e defende a represión paralegal como un "proceso regrado e formalizado", en base que elementos sustenta esta tese? A documentación do propio réxime que temos manexado deixa poucas dúbidas ao respecto. Neste sentido, os libros do cárcere de Monforte custodiados no arquivo Histórico Provincial de Lugo deixan claro que a totalidade das sacas no cárcere de Monforte son ordenadas pola máxima autoridade militar da zona, a maiorías das veces polo comandante militar de Monforte, outras, as menos, polo comandante militar de Lugo e nalgunha ocasións polo delegado da Orde Pública. Ao tempo, a entrega do preso aos milicianos de dereita ou os gardas civís que van proceder a súa execución responden a unha formalidade que se repiten na totalidade dos casos e xeran unha abondosa documentación, até o punto que o responsábel de milicias ou da Garda Civil vese obrigado a asinar a recepción das vítimas diante do xefe da prisión. Neste esquema argumental, cal foi logo a función das milicias de dereita no conglomerado represivo nas comarcas do Courel, Lemos e Quiroga e a que lóxica respondeu a súa actuación? A actuación represiva das milicias da dereita respondeu ás ordes dos militares, executando boa parte do traballo sucio encomendado por estes. As mesmas organizáronse e estiveron dirixidas por destacados representantes dos sectores economicamente abastados que dirixiron durante décadas a política dos seus concellos e estiveron ligados ás vellas elites da Restauración. Malia que no meu traballo céntrome no operativo de milicias de Monforte, Quiroga e Courel para dar unha visión do conxunto do territorio do estudo e tamén pola súa significación , na practica totalidade dos concellos destas comarcas funcionaron estruturas paramilitares. Pensemos sen ir máis lonxe, na escuadra de Bóveda dirixida polo xefe local da Falanxe, Ramón Salgueiro e da que fixo parte o temíbel Louredo. Ou nos diversos grupos que operaron no Saviñao, nun dos cales xogou un papel chave o cura de Vilacaiz, Daniel Rodríguez, en Ribas de Sil ou en Sober. As pegadas do terror dos paramilitares de dereitas ficaron en múltiples crimes cometidos ao longo e ancho das comarcas do Courel, Lemos e Quiroga como ficaron recollidos nun número importante de causas militares Son abondosas nas súas respostas as referencias ás fontes documentais xeradas polo propio franquismo, moi concretamente aqueles procedentes dos consellos de guerra, que veracidade lle podemos dar as mesmas e que importancia de lles concede? Con independencia da importante información que, directa ou indirectamente, proporcionan as numerosas causas xudiciais seguidas diante de tribunais militares, non convén deixar pasar o carácter e natureza que estas tiveron na construción do relato xustificador da acción represora do exército golpista, da posterior acción sostida polo aparato do Estado e as súas institucións, aspecto que se evidencia na condena dos que se cualifican como desafectos " ao Glorioso Movemento", primeiro, pero que logo se lle aplica aos que no seu propio bando van caendo en desgraza ou é necesario sacar do medio polas guerras de poder como acontece co caso do xefe territorial da Falanxe galega, Mario González Zaera. A liña argumental que se seguiu nas causas sempre é o mesmo de modo que no curso das altisonantes manifestacións que se verten nas causas onde o réxime establece o seu veredicto. Desafecto para os demócratas, traidor ao gloriosos principios inspiradores do movemento liberador, para os que van caendo en desgraza, ou falsario e usurpador de autoridade da que carecía para os que xa realizaron o traballo sucio e agora incomoda a súa presenza. |
PRAZA_7646 | Os pedáneos e fidalgos da provincia, que vían perigar os seus bens e herdanzas por mor da voracidade dos ratos, reuníronse en Consello Universal e acordaron dar unha recompensa de cen moedas de ouro (cen mil pesetas dos anos oitenta) a quen os librara de tanto divino rato, e que serían entregadas en sobre negro nalgún recanto inaccesible da orografía ourensá, a salvo de miradas viciosas e metomentodo. Pois nin con esas apareceu mais ca un voluntario: un trombonista baixo e arredondado, de carácter festeiro e desenfadado, que ninguén coñecía de antes e que dicían os ruxeruxes que se cadra viña do país dos Ananos. | Hai moito tempo, se cadra vinte anos ou mais, nas prósperas e vizosas terras do rural ourensán, aconteceu algo moi estraño: unha mañá, cando os seus gordos e satisfeitos habitantes botaron pe fóra das súas casas –non antes das once, por suposto-, atoparon os camiños e congostras ateigadas de milleiros de ratos, que entraban e saían de canto recuncho había, devorando insaciables todo o gran gardado nas tullas e nos hórreos, e maila comida toda almacenada nos celeiros e artesas. Ninguén acertaba a comprender a causa de tal invasión, e o que era aínda peor, ninguén sabía que raios facer para rematar con tan inquietante e misterioso andazo. Por mais que pretendían exterminalos, ou cando menos, espantalos, mesmo semellaba que cada vez eran mais e mais os ratos que había. Tal chegou a ser a cantidade deles que ata os propios gatos puxeron terra por medio e marcharon todos para non se sabe onde. Atoparon os camiños e congostras ateigadas de milleiros de ratos, que entraban e saían de canto recuncho había, devorando insaciables todo o gran gardado nas tullas e nos hórreos, e maila comida toda almacenada nos celeiros e artesas Ante a gravidade da situación, os pedáneos e fidalgos da provincia, que vían perigar os seus bens e herdanzas por mor da voracidade dos ratos, reuníronse en Consello Universal e acordaron dar unha recompensa de cen moedas de ouro (cen mil pesetas dos anos oitenta) a quen os librara de tanto divino rato, e que serían entregadas en sobre negro nalgún recanto inaccesible da orografía ourensá, a salvo de miradas viciosas e metomentodo. Pois nin con esas apareceu mais ca un voluntario: un trombonista baixo e arredondado, de carácter festeiro e desenfadado, que ninguén coñecía de antes e que dicían os ruxeruxes que se cadra viña do país dos Ananos. Non é que lles ofrecera moita confianza ós membros do Consello, pero non tiñan outra opción e remataron poñendo tódalas súas esperanzas naquel músico lerchán. Non apareceu mais ca un voluntario: un trombonista baixo e arredondado, de carácter festeiro e desenfadado, que ninguén coñecía de antes e que dicían os ruxeruxes que se cadra viña do país dos Ananos O músico lera de cativo o conto do frautista de Hamelín e cavilou que a cousa podía ter éxito tamén co seu trombón de varas. Pero fora pola melancolía que desprendían as notas mais agudas, ou fora polos endemoniados versos "Oé, oé, oé, se non es do pepé, fodeté, fodeté", ou polo feitizo rítmico de cumbia da melodía; fora polo que fora, o caso foi que, no canto de ratos, os que saían das casas e seguían apampados os pasos do trombonista, eran os propios veciños dos lugares por onde pasaba. Percorreu incansable toda a provincia, dende O Irixo ata Vilardevós, e dende Lindoso ata O Barco; e a cada paso que daba, a procesión medraba asemade baleiraba de xente os pobos. Agás en Allariz, onde a comitiva foi recibida a pedradas, guindadas dende o penedo da Vela por un fato de mozos comandados polas feras e sanguinarias irmás Fernández, Xonxa e Margarita, e mailo afoutado rubio de Muíños. Case un ano despois de comezar, a procesión era unha cobra quilométrica e cando o trombonista reviraba a cabeza xa non era quen de verlle a punta do rabo. Entón pensou que precisaba poñerlle fin a tanta música e tanta andaina. Aproveitando que acampaban nas beiras termais do Río Grande, pensou que alí podía ser un bo sitio, así que agatuñou ata un cómaro e dende alí anunciou que a longa travesía do deserto rematara, que aquela que pisaban era a terra prometida. Un dos peregrinos, canso e cos pes cheos de bochas, berrou entre a multitude: "De puta madre! Horas era!" O trombonista, que ademais de músico, era listo coma un allo e pillaba as moscas no aire, berrou aínda mais alto: "Levas razón, irmán. A esta terra, miña e vosa, chamarémoslle logo Deputación" O trombonista, que ademais de músico, era listo coma un allo e pillaba as moscas no aire, berrou aínda mais alto: "Levas razón, irmán. A esta terra, miña e vosa, chamarémoslle logo Deputación". Xa co pobo asentado, o trombonista xuntou os doce membros do Consello e pediulles que cumpriran a súa parte do trato. O que custodiaba o sobre coas cen moedas de ouro, un pedáneo de Verín demasiado exquisito e de nome Xan, amosoulle as súas dúbidas: "Contratámoste para que marcharas cos ratos e marchaches con nós. Non teño claro que debamos pagarche" "Ai, home de pouca fe! Mira arredor túa e dime onde ves os ratos. Se tiveras mais luces, saberías que a orde dos factores non altera o produto. Os ratos quedaron aló, nós estamos acó e entremedias, unha nada infinda." |
PRAZA_2839 | A continuación facemos, en sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións. | O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións. 1.- Redución do orzamento sanitario público Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria (AP) cun 22.3% menos respecto ao ano 2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto a 2009, e un crecemento dun 2.9% respecto ao ano pasado). Este diferencia deixa ben ás claras que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo da alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); esto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento das actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS). 2.- Recortes de persoal Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que ven ser un 24,5% inferior á media estatal; esto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só superada por Catalunya. O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal, un 30.67% fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 2009: pasou do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano. En total Galicia perdeu 1.795 prazas na sanidade pública (1.154 en AP e 641 nos hospitais). Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121 en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, loxística, mantemento, cociñas, etc). Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade asistencial e mesmo representan un risco para os pacientes. Sabemos que o persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias contundentes de que a redución de persoal de enfermería nos hospitais por debaixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria. 3.-Recorte en camas: Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia. Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias. 4.- Suspensión do Plan de Mellora de AP No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas de persoal. Dos 66 centros previstos só se plantexa a construción de sete. Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios: eso representa a perda de 193 prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería. 5.-O desmantelamento e a privatización do Sistema Privatización de hospitais: *Para a construción do novo hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración Público-Privada, o que representa un incremento no custe, que pasa de 450 a 1.400 millóns de euros, ao tempo que reduciron as camas operativas (de 1.230 a 850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos, consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, nos accesos e nas prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes. *A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha prima de Núñez Feijoo), e mellorou as condicións á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital do Salnés á multinacional Cofely-Suez que, xunto con La Caixa, posúe o fondo de inversion "Hisusa holding", que é propietario da aseguradora privada Adeslas. Renovación do concerto singular co hospital privado Povisa de Vigo, que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península do Morrazo, Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste hospital o Sergas paga un canon anual de 75 millóns de euros (despois da última renovación e mellora do concerto, asinado sendo conselleira Rocío Mosquera, quen foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa). Privatización do Laboratorio Central de Galicia, que foi adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decisión pon a disposición dunha multinacional datos moi sensibles da poboación galega (como o VIH e outras doenzas). Continuidade da empresa de xestión privada Galaria S.A., co que incumpren o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas ten denunciado o abuso de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do Estado). Privatización da alta tecnoloxía por media da figura do "socio tecnolóxico". Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se ubican. Esta entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, con repercusión negativa polos efectos iatroxénicos). Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiando só o software (moito máis barato). Privatización da investigación, por medio dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas. Estes Institutos acóllense ao modelo empresarial, son participados e coxestionados pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega. O Sergas adxudicoulle fondos á Fundación Ramón Domínguez, para ampliar o laboratorio ubicado no CHUS, por un total de 1.2 millóns de euros. Esta fundación é de xestión privada e ten persoalidade xurídica propia (está integrada pola Fundación IDI-CHUS, Fido-Xeral Calde, a empresa farmacéutica Jhansen, a Fundación de Medicina Xenómica e a farmacéutica Biogen IDE). 6.-Externalización-privatización de recursos e servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión Faremos un repaso telegráfico das distintas áreas de actividade que foron entregadas a mans privadas polo goberno de Núñez Feijóo, a maioría delas mediante concesións a longo prazo, o que dificultará o seu retorno a dominio público cando haxa un cambio de goberno. -Servizo de ambulancias: foi adxudicado por 236 millóns de euros (a pagar en catro anos) á UTE Ambulevante, empresa valenciana á que Fabra (ex-presidente de Valencia) tamén lle entregou este negocio, e que está denunciada pola súa vinculación co PP. -Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, empresa que foi privatizada por Aznar e Rato. Esto supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega. -Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa agora gobernada por La Caixa, BBVA e Bankia. -A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte. -O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede. -O servizo de suministro e loxística foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil (que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial sen licencia, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade, quedando o hospital sen documentación clínica). -O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de Mantenimiento SA. -A xestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008, que foi unha das principais causas do desplome de Novagalicia Banco). -O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar á Facenda, de pagar aos traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caja Madrid). -Os servizos de protección radiolóxica foron cedidos a General Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade. -A esterilización de instrumental medico e cirúrxico: o goberno de Núñez Feijóo ten prevista a súa adxudicación por un período de 12 anos e un custe de 160 millóns de euros. De levarse a cabo suporía, ademáis dun grave risco de incrementar as infeccións nosocomiais, unha severa redución de postos de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que funcionan cun elevado nivel de calidade. -Centro de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo suporía un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria. -Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fnodo de inversión CVC-Capio). -Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos, especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a produtividade dos traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que tamén xestionan a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica electrónica. Esto supón que estas tarefas propias da función directiva, que deberían estar estritamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión (moitos deles radicados en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de Galicia a mans privadas. 7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal. A empresa seleccionada pola Xunta para auditar a implantación das UXC é a axencia de calidade europea EFQM, que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial. Está claro, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con presa e coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desaloxar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos públicos. |
NOS_51295 | Afirma que o proxecto tal e como está "non cumpre cos requisitos técnicos e financeiros necesarios" para obter a aprobación, polo que insta a subsanalos | A Consellería de Economía e Industria vén de emitir un comunicado polo que afirma que "non autoriza o proxecto mineiro de non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica". Algo que se lle comunicou á compañía. A Xunta sinala que "trala análise levada a cabo polos técnicos da Consellería, considérase que o proxecto mineiro non cumpre cos requirimentos técnicos e económicos esixidos, polo que a empresa deberá acreditar as garantías necesarias para asegurar a viabilidade e a solvencia do proxecto". En concreto, a Consellería de Economía e Industria solicitou á empresa que acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo. |
NOS_21073 | Despois da paréntese nadalenca, volta o Sermos á rúa e faino con novidades no deseño. Xa non temos unha capa, temos dúas! Ti decides por onde abres o semanario, ou pola páxina 1 ou pola páxina 40. Arranxamos o mellor que soubemos este Sermos228 para abrirmos o quinto ano do semanario. | Un Sermos anovado e bifronte, que tanto o podes encetar pola primeira como pola última páxina, cunha primeira, a de abertura tradicional, e unha contra que é tamén primeira, a que abre o bloco Fóra de Serie. Así vén este Sermos228, o primeiro dun novo ano, o quinto do único semanario en lingua galega nos quiosques do país. No Fóra de Serie, propoñémosvos, entre outras viaxes, unha polas tradicións e as distorsións do nadal galego, conducidos pola man experta de Felipe Senén. En Andar e Ver faremos un percurso polo Parque do Pasatempo en Betanzos. E introducimos unha sección nova, unha entrevista En Primeira Persoa, desta volta co físico e divulgador Jorge Mira, con seguranza o científico máis coñecido do país. 2017 será un ano fóra de serie para a música galega e iso merece un destaque na nosa capa. Os palcos galegos a bon seguro que bourarán forte este ano, con xente como Agoraphobia, Radio Cos, Terbutalina, Mercedes Peón, García MC, Susana Seivane ou Xabier Díaz. No semanario que se abre pola páxina 1, debullamos o negocio da defensa, co Estado español como sétimo exportador mundial, analizamos o estado de saúde da sanidade galega -atacada polo virus da privatización-, pasamos revista ao ano 2017 como o ano dos congresos das distintas forzas políticas, vemos as perguntas que o mundo terá que contestar neste ano novo no axitado taboleiro internacional e facemos unha radiografía a como a crise esfarelou o tecido industrial do país. Tes todo ao teu dispor nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa! |
NOS_45912 | Diego Gago afirmou nunha entrevista que a emigración entre a mocidade contribúe a "coñecer novas realidades, culturas e idiomas". | O líder de Novas Xeracións, Dieg Gago, defendeu nunha entrevista concedida á axencia de noticias Efe a emigración xuvenil. Para Gago que perto de 100.000 moz@s abandonasen Galiza nos últimos 3 anos na procura dun proxecto de vida non é algo negativo. Máis ben o contrario. Segundo o presidente da organización xuvenil do Partido Popular coa emigración "adquírese experiencia" e boa parte da mocidade, sinalou, "be con bos ollos" o feiro de "coñecer novas realidades, culturas e idiomas". Un feito que lles permite, di, acadar un maior "enriquecemento persoal". Para o líder de NNXX a emigración supón "un enriquecemento persoal" para a mocidade Para Diego Gago, asemade, o drama do desemprego xuvenil, que atinxe en Galiza o 50% das persoas menores de 30 anos, era "peor" fai un tempo e defende as teses de recuperación económica pregoadas polo PP. "Comézase a albiscar unha tendenza de cambio de ciclo", acrecentou. Unha mudanza, asegura, que devén das políticas económicas da Xunta dirixidas ás faixas de idade máis novas, como o Plano de Emprego Xuvenil. Unha medida que desde as organizacións sindicais e xuvenís nacionalistas critican pola "precariedade laboral" que promove, por exemplo, cos contratos de formación e aprendizaxe. No programa da Radio Galega, 'Galicia por Diante', Gago mudou as súas declaracións e asegurou que "os mozos non emigran por gusto" mais, acrecentou, "as condicións son diferentes a cando o facían os nosos avós". |
NOS_7614 | 'Proceso xudicial' en Nova York a máis de dúas décadas de "Guerra contra o terror". | Foi o 13 de novembro de 1966 que os distinguidos escritores e filósofos Bertrand Russell e Jean-Paul Sartre estabeleceron o Tribunal Internacional de Crimes de Guerra en Estocolmo. Tamén coñecido como Tribunal Russell, ou Tribunal Russell-Sartre polos dous intelectuais inglés e francés, o obxectivo era investigar e xulgar a política internacional dos Estados Unidos e a súa intervención militar no Vietnam. Un tribunal sen "precedentes históricos", presentouno Russell. Un tribunal en representación de ningún Estado e sen capacidade para sentenciar o acusado. "Coido que estas aparentes limitacións son, de feito, virtudes. Somos libres para levar a cabo unha investigación solemne e histórica para ser entregada á conciencia da humanidade", argumentaba. O veredicto foi de culpabilidade. Esta semana, inspirado por aquel 'proceso', desenvolverase en Nova York o Tribunal Belmarsh para xulgar os supostos crimes cometidos polo Goberno estadounidense nas máis de dúas décadas da súa "Guerra contra o Terror". Foi hai 20 anos tamén que chegaron ao cárcere militar de Guantánamo os seus primeiros 20 prisioneiros. O 11 de xaneiro de 2002, xusto catro meses despois dos ataques con avións comerciais contra obxectivos militares e civís dos EUA, o Goberno do entón presidente, George W. Bush, decretou o seu estabelecemento. Desde entón, 779 homes e mozos de 49 países pasaron por esta prisión. Na actualidade, 39 persoas permanecen en Guantánamo, das que 27 non foron acusadas de ningún delito nin foron levadas diante dun xuíz, algo que expertos en dereitos humanos da ONU e de organizacións humanitarias consideran que constitúe unha flagrante violación do dereito internacional. Os detidos tamén denunciaron torturas e humillacións; moitos dos que por alí pasaron padecen graves problemas mentais; algúns suicidáronse. Assange Non son as autoridades estadounidenses, porén, as que afrontan o peso da lei. Sono quen denunciou eses abusos, como o xornalista encarcerado Julian Assange, que o vindeiro mes de abril fará tres anos de encerro no coñecido como o "Guantánamo do Reino Unido": a prisión londiniense de máxima seguridade HMP Belmarsh, que dá nome ao novo Tribunal Russell. Os documentos publicados por Wikileaks en 2011, filtrados pola ex militar Chelsea Manning, foron os que revelaron as torturas en Guantánamo; os que revelaron que entre os detidos había moitas persoas que, oficialmente, non supuñan un risco para a seguridade dos Estados Unidos. Por iso, no xuízo que se desenvolverá na quinta feira en Nova York, exixirase a clausura de Guantánamo, mais tamén a liberación inmediata de Julian Assange. Dobre moral Trátase da segunda sesión do Tribunal Belmarsh ─a primeira foi o 2 de outubro de 2020─ e realízase a iniciativa da Internacional Progresista, en colaboración co Movemento Democracia en Europa (DiEM25), a Courage Foundation, The People's Forum, Socialistas Democráticos de EUA (DSA), as publicacións The Intercept e People's Dispatch, e a Asemblea Internacional dos Pobos (IPA-AIP). Ao igual que en 1966, contará co testemuño de intelectuais, expertos en dereitos humanos ou xornalistas. Algúns repiten, como a activista e escritora estadounidense Alice Walker, autora de A Cor Púrpura (1982). Entre outros, contará coa presenza do correspondente de guerra Chris Hedges; do músico Roger Waters; do ex ministro ecuatoriano Guillaume Long; ou da avogada Nancy Hollander (interpretada pola actriz Jodie Foster no filme The Mauritanian). Tamén do intelectual Noam Chomsky, que cualificou Guantánamo como "unha das máis horríbeis cámaras de tortura". En 1966, Bertrand Russell xustificou o estabelecemento do tribunal sobre o papel dos EUA na Guerra do Vietnam citando as palabras de Robert H. Jackson, o fiscal xefe nos xuízos de Nuremberg aos crimes nazis: "Se certos actos e violacións de tratados son crimes, son crimes, cométaos Estados Unidos ou cométaos Alemaña. Non estamos dispostos a impor a outros unha norma de conduta criminal que non queremos que sexa invocada contra nós". |
PRAZA_3380 | O novo auditorio de Lugo foi inaugurado por Feijóo en abril de 2016, cando aínda non fora equipado; mantelo pechado custaba xa daquela uns 6.000 euros mensuais en mantemento. A Xunta resta importancia ás deficiencias atopadas por persoal municipal e asegura que as reparará antes da entrega ao Concello do edificio, un proxecto xa pasou polas mans de sete conselleiros distintos, entre eles Feijóo | A primeira vez que o Concello de Lugo tivo un desencontro coa Xunta a respecto do novo auditorio da cidade, esta infraestrutura cultural íase construír no antigo cuartel de San Fernando, un recinto do século XVIII no centro da cidade, o Goberno galego estaba presidido por Manuel Fraga e o conselleiro con competencias na obra era Alberto Núñez Feijóo. Sete conselleiros e case 16 anos despois, o consistorio lucense está a piques de recibir o novo auditorio, finalmente construído no barrio de Magoi tras múltiples avatares e nunha das últimas revisións técnicas detectou que no recinto xa abrollan as humidades.O novo auditorio de Lugo foi inaugurado por Feijóo en abril de 2016, cando aínda non fora equipado; mantelo pechado custaba xa daquela uns 6.000 euros mensuais en mantementoEn realidade, o novo auditorio leva case anos rematado. Non en van, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chegou a inauguralo oficialmente en abril de 2016. Daquela aínda non estaba equipado e aínda estaba por decidir quen e como pagaría o equipamento do edificio, construído pero baleiro. Finalmente, o Goberno galego accedeu a sufragar o equipamento cuns 3,5 millóns a cambio de que o consistorio lle perdoase unha cantidade equivalente en impostos municipais. Durante o tirapuxa, a Administración autonómica seguía destinando uns 6.000 euros mensuais en gastos de mantemento do edificio pechado.Técnicos municipais atribúen as filtracións e humidades a que o edificio leve catro anos rematado e pechadoSexa como for, o certo é que semella que a entrega do auditorio está a piques de concretarse e, non sen tensión previa entre Xunta e Concello, esta semana persoal técnico municipal "inspeccionou as instalacións" para "comprobar o estado de conservación no que se atopa o inmoble antes da súa próxima entrega", toda vez que a Administración local terá que asumir tamén o mantemento en canto se produza a transferencia. "Á espera de que se presenten os informes de cada un dos departamentos" encargados, o goberno local xa avanza que detectou diversas deficiencias que, di, a Xunta debe amañar."Os técnicos apreciaron deficiencias relacionadas coa presenza de humidades e filtracións de augas en teitos e paredes", explican dende o Concello, gobernado por PSdeG e BNG. En boa medida, aclaran, é moi posible que estes problemas sexan produto da "ausencia de actividade" do auditorio, "xa que a construción do edificio rematou hai catro anos", evidencian. Polo mesmo motivo, algúns equipamentos exteriores, como un xerador, están xa afectados pola ferruxe e con maleza a medrar ao redor.A Xunta resta importancia ás deficiencias atopadas e asegura que as reparará antes da entrega ao Concello do edificio, un proxecto xa pasou polas mans de sete conselleiros distintos, entre eles FeijóoAdemais das humidades, o persoal do Concello "apreciou danos na tarima e nas escaleiras do patio de butacas do salón principal", tamén en billas "dalgúns aseos". O goberno local asegura que "dará prioridade á elaboración dos informes técnicos" para "axilizar ao máximo a recepción do inmoble despois de 15 anos esperando". Neste sentido, especifican, a alcaldesa lucense, Lara Méndez, mantén "dende xuño un contacto permanente" coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez -a sétima conselleira con competencias neste proxecto- e foi con ela con quen tratou a comisión de seguimento do proxecto que se reuniu o pasado novembro.A Xunta, pola súa banda, resta importancia ás deficiencias atopadas por tratarse de problemas de "pequena entidade" debidos fundamentalmente á condensación que padece un edificio pechado. Segundo recolle El Progreso, a delegación territorial do Goberno galego asegura que se dispón a eliminar de xeito "inmediato" as humidades e a realizar unha "limpeza integral das instalacións" antes de integrar ao Concello unhas instalacións nas que "todos os equipos están a funcionar". Ademais, asegura, acondicionará as zonas verdes da contorna da obra antes de que sexa recibida pola institución municipal. |
NOS_15050 | O XIV Encontro Galego de Embarcacións Tradicionais, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo, abre a súa inscrición | Está xa aberta a inscrición para aquelas embarcacións tradicionais que queiran partictipar no Encontro Galego que se vai realizar na Guarda do 11 ao 14 de xullo e que prevé reunir barcos de diferentes zonas europeas nunha nova edición dunha cita que se celebra desde hai 26 anos. Os colectivos involucrados na organización do Encontro Galego de Embarcacións Tradicionais (Culturmar, Piueiro, Instituto de Estudos Miñoranos e Concello da Guarda) agardan que participen ao redor dun cento de embarcacións, aínda que Manuel García Sendón, presidente de Culturmar, cre que o evento poderá superar as 120. Un dos elementos máis vistosos desta cita vai ser a peregrinación de embarcacións. "Será unha espectacular peregrinación que terá o seu punto de partida en Muros, onde a frota local e a da Coruña reunirase con embarcacións norteñas para poñer rumbo sur o día 29 de xuño. Cando a procesión pase por Sálvora, recollerá ás unidades procecentes das Rías de Pontevedra e Arousa. E xa toda a frota achegarase ata as Cíes, onde esperan os barcos da Ría de Vigo para realizar a última etapa ata a sede do encontro deste ano", explica a organización A navegación destes barcos ata A Guarda será documentada en vídeo xa que se trata dunha viaxe pola práctica totalidade da costa atlántica galega. Será máis dunha semana de circunvalación costeira. Na Guarda o Encontro vai propicioar catro días de festa, lecer, cultura e convivio en torno ao mundo das embarcacións tradicionais. Música, palestras, gastronomía, artesanía, navegacións... Este encontro bianual reúne en cada edición miles de visitantes, procedentes de Galiza e tamén doutros territorios, de Portugal a Bretaña, de Euskal Herria a Italia ou Francia. |
PRAZA_1258 | Será moi difícil que o PP teña maioría absoluta no parlamento galego. Pode ser o inicio dun novo ciclo. Ou non. Depende de como as distintas fozas xestionen os escenarios que se abren | O que sucedeu o 24 de maio era parcialmente previsible, e dende hai moito tempo. Que o PP ia ser o partido máis votado, pero perdendo a práctica totalidade das maiorías absolutas nas distintas Comunidades Autónomas, e nas grandes cidades de España estaba cantado. O que non podía prognosticarse con tanta facilidade era a magnitude da catástrofe para os conservadores. Cos datos na man, o grande vencedor da noite foi o PSOE. Non só porque o PP perdera en torno aos dez puntos mentres eles se manteñen relativamente estables. Sobre todo, porque nas CCAA o PSOE revalidou a súa condición de primeira forza e Podemos aparece case sempre en terceira posición. O asalto aos ceos terá que esperar, o mesmo que a hipótese de ruptura co réxime do 78. O que anuncian os resultados de onte é a reforma dentro da reforma. Haberá cambios, pero matizados. O asalto aos ceos terá que esperar, o mesmo que a hipótese de ruptura co réxime do 78. O que anuncian os resultados de onte é a reforma dentro da reforma Polo demais, á vista dos resultados, o máis probable é que nas próximas Xerais o PP sexa o primeiro partido, pero sen capacidade de formar goberno e por tanto que a alternativa, tal vez moi plural, sexa liderada polos socialistas. Unha certa italianización de España, pois. Podemos verase na dificultade de decidir se entra nun hipotético goberno das esquerdas, ou contribúe a el dende o exterior. Veremos que decide. Outras opcións son pensables: que o PP goberne con Ciudadanos ou que o PSOE faga o propio. Pero xulgo o máis probable a primeira opción. Será algo inédito en España. Así, parece que a baraka sorriulle onte a Pedro Sánchez. Será moi difícil que o PP teña maioría absoluta no parlamento galego. Pode ser o inicio dun novo ciclo. Ou non. Depende de como as distintas fozas xestionen os escenarios que se abren En Galicia hai que destacar que o ciclo non acaba nas Xerais, senón nas autonómicas de 2016. As Xerais, especialmente as coalicións que se formen ou non, incidirán nas galegas, pero estas preservarán a súa relativa autonomía en relación ao ciclo español. Ao grao: o que sucedeu onte foi un desastre para o PP en Galicia. Moito maior do esperado. Será moi difícil que o PP teña maioría absoluta no parlamento galego. Pode ser o inicio dun novo ciclo. Ou non. Depende de como as distintas fozas xestionen os escenarios que se abren. Para empezar, os pésimos resultados de Ciudadanos farán, previsiblemente, que esa parella de baile tampouco compareza na festa no papel de soporte en caso de apuro. Iso devolve a iniciativa -e a responsabilidade- ao conxunto de forzas alternativas. O PSOE e o BNG como partidos tradicionais que son baixaron, pero non se desfondaron. O seu problema constitúeno as Mareas, que de repetir fórmula nas Xerais e Autonómicas –loxicamente alguén estará pensando niso agora- ocuparían un espazo non menor e, mesmo, poderían chegar a ser o epicentro dun posible goberno galeguista e progresista. As Mareas son un fenómeno urbano e periurbano: iso constitúe a súa forza e tamén os seus límites. Por outra banda, son dabondo diversas como para resultar sinxela a súa articulación máis xeral. Cabe temer que a mala experiencia de AGE se prolongue. As Mareas son un fenómeno urbano e periurbano: iso constitúe a súa forza e tamén os seus límites. Cabe temer que a mala experiencia de AGE se prolongue Por outro lado, parecería que as Mareas, para dar o salto, necesitaran simplificar o seu espazo. En breve: que Podemos non concorra. Pero Podemos aprobou en Vista Alegre concorrer con marca propia nas autonómicas. Prescindirá desa directriz en Galicia? Pódese inferir con certo fundamento que resultados poderían acadar PSOE e BNG, pero en Galicia e nese momento, dentro dun ano, Podemos será toda unha incógnita. Sexa como for, sucede que ANOVA, EU et altri terían complicado presentarse en competencia con Podemos e viceversa. Ademais, a dimensión nacional pesará nun sentido que non foi o caso o domingo nin o será tampouco nas Xerais. En definitiva, ninguén o ten fácil, do punto de vista dos seus estreitos intereses de partidos. A modestia debería impoñerse. A modestia e o sentido común En definitiva, ninguén o ten fácil, do punto de vista dos seus estreitos intereses de partidos. A modestia debería impoñerse. A modestia e o sentido común. Se preguntan pola miña opinión servidor sería partidario dunha fórmula excepcional, que a ninguén gustará, nin a min mesmo, pero que tería a virtude de ocultar as dificultades electorais ou de articulación social e de discurso que sofren as distintas organizacións, amén, naturalmente, de darlle esperanza aos sufridos electores que ven as súas expectativas de transformación social defraudadas por perspectivas e intereses de corto alcance. No período que se abre Galicia debería de deixar de estar inerte. Iso só pode conseguirse agregando, con boa vontade, xentes e perspectivas diversas pero coincidentes nalgúns puntos básicos. No período que se abre Galicia debería de deixar de estar inerte. Iso só pode conseguirse agregando, con boa vontade, xentes e perspectivas diversas pero coincidentes nalgúns puntos básicos Esa fórmula implica tres aspectos A) Un candidato independente, non ligado a organización algunha. Tamén o goberno tería que estar a salvo das liortas estreitas e sectarias contando, moi especialmente, con xente cualificada. B) un programa de consenso, pensado para poñer en práctica. Se gañas tes que cumprir as expectativas, polo menos medianamente. C) unha base de apoio de amplo espectro, idealmente dende o BNG a Podemos, pasando por ANOVA; EU, CxG, etcétera, pero, sobre todo, incorporando saiva, nova ou vella, pero distinta. Teremos outra vez que ver o que virá e lamentarnos amargamente mentres sementamos todos os froitos da discordia entre a débil parte de Galicia que quere iniciar un novo rumbo? Non debería volver a pasar o que pasou É unha fórmula improbable, que aos nacionalistas non gustará por facerlle perder intensidade á súa presenza, á xente das mareas –hoxe crecidas- tal vez sentirán que se lles arrebata unha posibilidade de facer hexemónica a súa visión. Os partidos con mando en praza non amarán perder o control que é o que máis aman por riba de todas as cousas. E os candidatos in pectore –que seguro que agora xa hai- chorarán por perder a súa oportunidade. Iso, por non mencionar os que argumenten que esta é unha hipótese reformista, socialdemócrata, neoliberal e españolista. Sucede, sen embargo, que o tripartito tivo lugar, e despois veu o que veu, e que o bipartito tivo lugar, e que despois veu o que veu. Teremos outra vez que ver o que virá e lamentarnos amargamente mentres sementamos todos os froitos da discordia entre a débil parte de Galicia que quere iniciar un novo rumbo? Non debería volver a pasar o que pasou. |
PRAZA_8593 | O Tribunal Supremo contacta coa Real Academia Galega para informala de que o Goberno de Feijóo aínda ten un mes para decidir se mantén ou retira o seu recurso contra os ditames do TSXG que ilegalizan parte do decreto do plurilingüismo | O pasado 14 de marzo o presidente da Xunta anunciaba que o seu Goberno decidira non dar a batalla xudicial contra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que ilegalizan parte do denominado decreto do plurilingüismo, o que equivalía a non presentar un recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Máis dun mes despois dese anuncio o Executivo de Alberto Núñez Feijóo aínda non renunciou formalmente a esa posibilidade. Isto é, cando menos, o que o propio Supremo lle vén de comunicar á Real Academia Galega, que si presentou recurso. A Presidencia en funcións da RAG recibiu unha dilixencia, con data de 15 de abril de 2013, na que "se lle abre un prazo de trinta dias á Xunta" para "manifestar se sostén ou non o recurso de casación" que ten "preparado". Isto, di a Real Academia nun comunicado, deixa claro que "pese ás manifestacións públicas do presidente da Xunta" nas que asumía "as distintas sentenzas xudiciais sobre o decreto do plurilingüismo, a Xunta preparou recurso de casación ante o Tribunal Supremo en tempo e forma contra a sentenza do TSXG". "Na data desa providencia" o Executivo "non tiña desistido do seu recurso e por tanto está en prazo para completar a súa formulación", toda vez que "a día de hoxe non nos consta ningunha notificación en sentido contrario". Feijóo asegurou o 14 de marzo que o Goberno galego renunciaba ao recurso, pero un mes despois aínda non o fixo formalmente Neste contexto, a RAG informa ademais de que, "como corporación de dereito público", está "exenta de pagamento de taxas" xudiciais na presentación do recurso. Isto, unido a que "os servizos xurídicos" da Academia "seguen a facer un traballo responsable, xeneroso e desinteresado en defensa da lingua galega, sen percibiren ningún tipo de remuneración", implica que o procedemento xudicial non terá custo ningún para a entidade. En calquera caso, subliña, este é "un dos escasos recursos nos que o conflito lingüístico chega ao Tribunal Supremo de Madrid". Neste alto tribunal "os idiomas catalán e vasco foron defendidos en numerosas ocasións", pero "polos seus respectivos gobernos". |
NOS_5762 | A batalla continúa para o autor de 'Un pazo, un caudillo, un espolio'. En vindeiras datas, Carlos Babío terá que afrontar en Madrid a enésima demanda da familia do ditador, que chega nun contexto no que a Galiza, en xeral, e A Coruña, en particular, loitan pola recuperación doutro edificio histórico en mans dos Franco: | Carlos Babío afronta unha nova demanda por parte dos Franco. O xuízo será en marzo, e as familiares do ditador piden 50.000 euros por intromisión na súa honra e imaxe a el e a outras demandadas –entre os que se inclúe un ex parente seu como é Jimmy Giménez Arnau– polas declaracións vertidas nun programa de televisión. Un novo intento de silencialo?Si, é o mundo ao revés. Mesmo intentan imputarnos un delito de odio polo mero feito de denunciar os seus privilexios, abusos... Os Franco están levando a cabo un acoso e derribo contra todas aquelas persoas que denuncian esa impunidade e eses abusos, vémonos sometidas a un acoso xudicial inaudito, xamais visto nos tribunais de xustiza. Un deses denunciantes, Francis Franco, identificaba as "culpábeis" de que a súa familia perdera o Pazo de Meirás: "El Bloque Nacionalista Gallego y un señor que escribió un libro sobre el Pazo, el Carlos Babío este". Un afago para vostede? Eu dediquei moitas horas da miña vida a documentar e rescatar información, reconstruíndo a verdade do que acontecera en Meirás, desde a súa construción até practicamente os nosos días. Diso trata o libro Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio, de Manuel Pérez Lorenzo, que xunto a min é o autor dun volume que contribuíu a demostrar en sede xudicial os abusos, a extorsión e o espolio que supón toda a historia de como chega o Pazo de Meirás a Franco e despois á súa familia. O neto de Franco ten claro quen son as responsábeis do que aconteceu co Pazo, mais parece que outros actores emerxeron nos últimos tempos para atribuírse méritos que non lle corresponden e gañar –se me permite o uso dese termo tan mal adaptado á nosa lingua– o 'relato' do acontecido co Pazo de Meirás. Como analiza esta situación?Ante iso está a sentenza de Meirás, que reflicte o que verdadeiramente aconteceu. Hai unha serie de actores e un relato fundamental, que é o da memoria histórica, o dos movementos sociais e das persoas que durante anos reivindicaron a devolución do Pazo de Meirás. Se algo queda de manifesto nas máis de 300 páxinas da sentenza é iso. Agora parece que algúns comezan a dar a batalla de Meirás, a pesar de que non estiveron durante os case 45 anos que durou todo este proceso, e xorden falando dos usos futuros de Meirás, sobre a memoria dunha escritora que ninguén nega que ten que estar presente, mais non podemos deturpar o relato de Emilia Pardo Bazán en conveniencia de determinados discursos que conveñen no século XXI. A irrupción deses novos actores levou a que, sobre o futuro de Meirás, xurdise un bando que di que hai que construír o futuro do Pazo arredor da figura de Emilia Pardo Bazán, en contraposición a outro que defende a posta en valor da memoria histórica e do espolio. Cal se imporá?Isto non o podemos converter nun Pardo Bazán, si, ou Pardo Bazán, non. Ela é a creadora das torres de Meirás, quen as deseña e constrúe, e ten unha vinculación literaria con ese lugar. Polo tanto, ten que estar en Meirás, ninguén o nega nin o discute. Agora ben, se o Pazo pasa a patrimonio público é por unha loita da memoria democrática contra a impunidade franquista, e ese relato ten que estar en Meirás de maneira prioritaria, porque o Pazo non vén pola memoria literaria de ninguén. E tamén porque houbo unha reivindicación social que durante moitísimos anos loitou por iso, e Meirás debe reflectir ese proceso de devolución, ese exemplo democrático. Está vostede a traballar nun proxecto de musealización ou aínda hai que avanzar nese tema?Hai que andar máis aínda. A min non me corresponde traballar nese campo da musealización, pois o responsábel último de que o Pazo de Meirás cumpra coa súa función de Ben de Interese Cultural é o Estado. Pero, na medida en que me pida colaboración, opinión... por suposto que estou á súa disposición. O Pazo xa está en mans do Estado. Cando remate o procedemento xudicial será transferido á Xunta e volverá, polo tanto, a mans dos galegos e das galegas, ou comezará outra loita, esta vez co Estado, para conseguilo?Se somos consecuentes, o Pazo debe ser propiedade dos galegos e das galegas, e unha vez que remate todo este proceso de devolución debe pasar á nosa Administración, pois o seu lexítimo dono é o pobo galego. Para rematar, falemos da Casa Cornide. Agora mesmo está en proceso de que a declaren BIC, ao mesmo tempo que BNG e a veciñanza da Cidade Vella da Coruña denuncian que se están retirando obxectos do seu interior. Que se pode facer para evitalo? Ten a situación paralelismo co sospeitoso incendio padecido por Meirás en 1978, no que se "perderon" tantas cousas?Na Casa Cornide perdéronse catro anos marabillosos nos que non se moveu un papel. En Meirás xa desde o ano 2007, estando Abel López Soto na alcaldía, instouse á tramitación de BIC do Pazo de Meirás, que logo resultaría fundamental. Así, mentres que en Meirás os Franco notaron na caluga o traballo feito, os Gobernos da Coruña só se dedicaron a facer propaganda. "Un exemplo dunha Galiza que ten consciencia de seu" En Madrid hai un Goberno, o estatal, que ten xente que se fai chamar de esquerdas, antifascista, e no que están integradas formacións como o propio Partido Comunista. Porén, aínda permanece activo o Ducado de Franco. Preguntado por esta cuestión, Carlos Babío pensa que a súa anulación, así como a do Señorío de Meirás, chegará non como unha graza concedida desde a capital do Estado, senón "cando o pobo galego teña consciencia de ter que loitar contra iso". O investigador sadense pon como exemplo a devolución do Pazo de Meirás, "un modelo do que podemos conseguir os galegos e as galegas se tomamos consciencia de seu", pois "se non loitamos polo noso, non o vai facer ninguén desde fóra, nin sequera xente que se sitúa na esquerda española ou na súa forma galega, as Mareas. |
NOS_20176 | A líder de Esquerda Unida na Galiza deitou unha manchea de gabanzas a Lidia Senra (Anova), de quen dixo que "vai loitar contra os poderosos". | Yolanda Díaz é o referente de Esquerda Unida na Galiza e viceportavoz parlamentar de AGE. Nas súas primeiras declaracións en campaña -compareceu en conferencia de imprensa na Coruña, na compaña do seu portavoz municipal, César Santiso- expresou a súa convicción de que "a esquerda unitaria europea" ten unha "tendencia á alza". Porén, evitou o ton triunfalista á hora de avaliar as enquisas, após o CIS ter outorgado cinco escanos á candidatura de IU -na que se integra en posto de saída Lidia Senra, de Anova. A líder de EU dixo de Lidia Senra que irá "loitar contra os poderosos", en alusión a "eses senvergonzas que desde Bruxelas din que nos teñen que baixar os salarios". Yolanda Díaz definiu Senra como unha "muller loitadora que representa o pobo galego e que ten claro que vai loitar contra os poderosos". |
NOS_57849 | Galiza acollerá a próxima asamblea deste organismo, que representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. | A cidade de Roazhon -Rennes-, na Bretaña, acolle esta fin de semana a Asemblea Xeral da Rede Europea pola Iguldade das Linguas (ELEN), na que participa unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística formada por Isabelle Kerdudo e Neal Baxter. Este organismo aprobou, a proposta da entidade galega de defensa dos dereitos lingüísticos, una resolución na que amosa a súa preocupación polo descoñecemento da lingua galega en menores de 15 anos, e insta a Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular en todas as etapas do ensino. Galiza acollerá a proxima Asamblea Xeral de ELEN A próxima Asamblea Xeral de ELEN celebrarase a finais do mes de novembro de 2020, en Galiza, segundo se aprobou hoxe mesmo por unanimidade. A Rede Europea para a Igualdade das Linguas ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. Representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU. |
NOS_56316 | A evasión e elusión de impostos é unha industria, un verdadeiro sector económico que coñecen moi ben as grandes empresas españolas. As firmas do exclusivo IBEX35 teñen 1.285 filiais en paraísos e nichos fiscais, un 40% máis das que posuían no ano anterior. Banco Santander, ACS, Repsol, OHL.... saben ben tirar proveito dos ángulos mortos da regulación para que unha parte considerábel dos seus inxentes beneficios non teñan que tributar. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 261. Eis un extracto. | A indignación e malestar social cara á evasión de impostos e o recurso por parte de grandes fortunas e empresas a paraísos fiscais para non pagar impostos semella que non afecta nin o máis mínimo a vontade destas, que non dubidan en crear novas sociedades en territorios que algúns cualifican tamén como 'cavernas financeiras'. Pono de relevo o informe do Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), onde se cifran en 1.285 as filiais en nichos ou paraísos fiscais das empresas que fan parte do IBEX35. Un número que supón un 40% máis que no ano anterior, contabilizando sociedades operativas e non operativas. Estamos a falar de miles de millóns de euros non declarados, de impostos e tributos que non se pagan, coas súas negativas consecuencias para as arcas públicas. Para Xavier Casanovas, da Plataforma por unha fiscalidade xusta, non se debe perder de vista que "os beneficios das empresas no Estado español volveron a niveis previos á crise, mais a través do Imposto de Sociedades estase a recadar a metade". Un desfase, un gran burato que obriga a se preguntar onde está logo ese diñeiro de ganancias que non deixa pegada na recadación de impostos. Diñeiro que non se tributa. Desas 1.285 sociedades das grandes empresas, o 36% delas están radicadas en Delaware, nos Estados Unidos de América. Son 463 filiais, o 81% delas domiciliadas en dous enderezos específicos de Wimington, unha cidade de apenas 70 mil habitantes. Aquí atopamos 50 sociedades dependentes da ACS de Florentino Pérez, matrices de Ferrovial, 6 sociedades da OHL de Villar Mir, 4 de Sacyr... Delaware é o paraíso para as filiais creadas por estas empresas: os impostos que se pagan son moi baixos; protexe o secreto de privacidade dos propietarios; pódese crear unha sociedade nun día e sen estar fiscalmente radicados nese estado; se non ten actividade en Delaware, a firma non paga impostos... [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 261, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
PRAZA_11168 | O Supremo di concordar con que é "perfectamente lexítimo" protestar fronte a unha decisión xudicial, pero deixa de selo cando esa protesta "provoca un levantamento popular", do que acusa entre outros a Sànchez e Cuixart. Argumenta que a "resistencia" para frear a actuación policial en casos como o do 1-O xa é "por si soa apta e idónea" para que exista un delito de sedición | O Código Penal contempla ata quince anos de cadea para quen "se alce publica e tumultuariamente para impedir, pola forza ou fóra das vías legais, a aplicación das leis ou a calquera autoridade, corporación oficial ou funcionario público, o lexítimo exercicio das súas funcións ou o cumprimento dos seus acordos ou das resolucións administrativas ou xudiciais". Así é como fica definido o delito de sedición, polo que veñen de ser condenados nove dos doce líderes independentistas cataláns xulgados polo Tribunal Supremo nunha sentenza que, alén do caso concreto de Catalunya, semella bosquexar novas restricións para as protestas cidadás en xeral.Para subliñar que os líderes políticos e sociais condenados cometeron sedición, o tribunal detense en momentos concretos de mobilizacións como as do 1 de outubro de 2017 nos locais habilitados como colexios electorais do referendo prohibido polo Tribunal Constitucional. "Os contornos do delito de sedición", di a sentenza, "quedan cubertos cando do simple requirimento a quen permanecían aglomerados e compactados se pasa ao necesario intento de anular a súa oposición" ou "cando os axentes teñen que claudicar e desistir de cumpriren a orde xudicial" por mor dunha "constatada actitude de rebeldía" dun "conglomerado de persoas en clara superioridade numérica".O Supremo considera que a "resistencia" para frear a actuación policial nos locais habilitados para votar o 1-O xa é "por si soa apta e idónea" para que exista un delito de sediciónO Supremo considera que mesmo no caso de non existir violencia -di parafraseando á defensa de Jordi Cuixart, condenado a 9 anos de prisión pola súa participación nas protestas como presidente de Ómnium Cultural-, a "resistencia" promovida para frear a actuación policial nos colexios xa é "por si soa apta e idónea" para que exista un delito de sedición. É neste punto onde o Supremo describe un camiño que vai alén dos feitos en Catalunya. "O dereito á protesta -di a sentenza- non pode mutar nun exótico dereito ao impedimento físico aos axentes da autoridade a dar cumprimento a un mandato xudicial", e menos se se produce de forma "xeneralizada" nun territorio como toda unha comunidade autónoma, sinala.Para o Supremo, insto non foi o mesmo unha "oposición puntual e singularizada" , senón un "levantamento multitudinario, xeneralizado e proxectado de forma estratéxica" e por iso é sedición. Esta interpretación da lei é especialmente relevante para as condenas de Cuixart e mais de Jordi Sànchez, que na altura presidía a Assemblea Nacional Catalana. Porque ambos son acusados na sentenza de "alentar os cidadáns a través de mensaxes en Twitter e nos medios de comunicación" a "ocupar os centros de votación" ou "acudir masivamente a votar", subliña.O Supremo di concordar con que é "perfectamente lexítimo" protestar fronte a unha decisión xudicial, pero deixa de selo cando esa protesta "provoca un levantamento popular", do que acusa entre outros a Sànchez e CuixartEsta tese acrecéntaa o propio Supremo advertindo de que, ao contrario do alegado pola defensa de Cuixart durante o xuízo, "non é suficiente invocar o exercicio dun dereito fundamental" como "protesta, asociación, manifestación ou expresión" para "neutralizar a aplicación do Código Penal". Se ben o tribunal considera "perfectamente lexítimo discrepar" das resolucións xudiciais como as encamiñadas a deter o referendo e mesmo "protestar e alentar a outros a protestar fronte a elas", esa "lexitimidade (...) cesa cando, sexa cal sexa a intensidade das propias conviccións (...) o que provoca é un levantamento popular que busca (...) a rebeldía fronte a concretos pronunciamentos xudiciais".A sentenza considera que a desobediencia civil tornou en "tumultuaria, colectiva e acompañada de resistencia ou forza" e por iso foi sedición; quen opta por ela debe "asumir as consecuencias", proclamaQuen opta pola "desobediencia civil", proclama a sentenza, debe "asumir as consecuencias da súa desobediencia" e "se o ordenamento liga unhas consecuencias penais a esa conduta", deben tamén ser "aceptadas" como "forma de reivindicar o valor das súas conviccións". É por iso que rexeitan a petición de absolución de Cuixart. "Existiu unha desobediencia penalmente típica" e como foi "tumultuaria, colectiva e acompañada de resistencia ou forza", converteuse en sedición. E ao que fora líder de Ómnium, conclúe, non lle queda outra que "asumir o castigo en virtude da lei penal que violou para poñer así en valor a intensidade da súa discrepancia fronte á orde legal".Por afirmacións coma estas, algunhas das primeiras análises xurídicas da sentenza divulgadas en medios de comunicación e redes sociais durante o pasado luns -caso por exemplo da formulada por José Luis Martí, profesor de Dereito da Universitat Pompeu Fabra, ou do maxistrado Joaquim Bosch- advirten nesta sentenza procedente do Supremo unha primeira base xurisprudencial para futuros recortes do dereito á protesta cidadá. |
NOS_8918 | Galicia Press recolle a denuncia achegada por traballadoras da Xunta destinadas a este centro, o segundo con máis casos de coronavirus na Galiza, na que detallan fendas nas medidas de prevención que a Consellaría de Política Social nega. | O 31 de marzo, a residencia xestionada por Domus VI en Aldán, no municipio de Cangas, situábase como o principal foco de contaxios por coronavirus na rede de centros de maiores. Sumaba daquela 108 positivos de 17 traballadoras afectadas, ademais de 4 falecementos de usuarias coa enfermidade. Os datos de onte dan conta de 102 positivos nas usuarias e 17 entre as profesionais, mentres que as mortes se elevaron a 9. Este centro e a residencia de Domus Vi no Barreiro, no Concello de Vigo, foron os primeiros en ser intervidos polo Goberno galego, potestade aprobada polo Executivo estatal para afrontar a xestión da COVID-19 nestes centros que concentran poboación de alto risco. A Xunta tomou a decisión de trasladar paulatinamente ás maiores non contaxiadas a un centro da terceira idade situado en Panxón, no municipio de Nigrán, a pesar da oposición de REDE, a federación que reúne as asociacións de usuarias e familiares de residencias na Galiza. Galicia Press recolle unha denuncia anónima cuxas autoras, segundo detallan, traballan na residencia Domus VI de Aldán. O diario asegura que comprobou que, efectivamente, fose asinada por persoal destinado pola Administración galega a ese centro para reforzar o cadro da empresa privada. Nela denuncian que maiores contaxiados partillan habitación con sanos ou a falta de Equipos de Protección Individual e de medidas de seguridade para evitar novos contaxios. A Consellaría de Política Social, cuestionada ao respecto, negou os feitos. Fendas na protección e prevención As traballadoras, que no documento afirman pertencer ao eido sanitario, detallan ao longo de oito páxinas as presuntas irregularidades detectadas nesta residencia do municipio de Cangas. Nel, escriben que as Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermaría non teñen acceso aos Equipos de Protección Individual obrigatorios para o contacto con doentes da COVID-19. "O que é máis grave, temos constancia foi dotado de ditos EPIs pero téñenos gardados baixo chave, reservándoos para quen goza do beneplácito de quen os distribúe", engaden. As testemuñas do documento censuran que non se respectan os protocolos de seguridade para a xestión de centros con casos positivos. "Non se seguen os procedementos de illamento para prever que os pacientes infectados transmitan a infección aos demais", critican. A Consellaría de Política Social, cuestionada polo contido da denuncia, asegura que tras a intervención da Xunta o persoal do centro duplicouse, sumada a incorporación de traballadoras sanitarias. Nese sentido, admite un "choque de culturas" entre as profesionais "asistenciais" e as "sanitarias", mais asegura que se reforzaron as medidas de hixiene e limpeza, que os circuítos de limpo e sucio mantéñense "independentes". |
QUEPASA_165 | Inventor: THOMAS RUSSELL CRAMPTON (1816-1888). Fabricante: G. FONTAINE (PARÍS) Cronoloxía: 1890-1891 | Modelo mercado, como a case maior parte dos aparellos que formaban parte dos gabinetes de física e química do antigo centro de segunda ensinanza da Fundación Fernando Blanco de Cee, na casa de material científico G. Fontaine da capital de Francia, durante o curso académico de 1890-1891. Estaba destinado este modelo a observar, na práctica, o funcionamento das máquinas de vapor que movían as locomotoras, así como a mostrar como se transforma a enerxía calorífica do vapor en movemento das rodas mediante un mecanismo de biela-manivela. O modelo consta de dobre máquina de alta presión, unha a cada costado. O vapor, formado na caldeira, distribúese nas caixas laterais para impulsar o émbolo nos cilindros. Este movemento transmítese pola biela ás rodas motrices que, apoiadas nos raís, e polo rozamento debido ao seu peso, arrastran o tren. Thomas Russell Crampton (1816-1888) Thomas Russell Crampton foi un enxeñeiro británico que comezou a súa carreira na construción do Great Western Railway de Brunel. É principalmente coñecido como o deseñador das locomotoras Crampton, pero estivo interesado noutros moitos campos da enxeñería, como o telégrafo eléctrico, sendo responsable do tendido do primeiro cable submarino internacional no mundo montado no estreito de Dover en 1851, e tamén o proxecto do túnel do Canal da Mancha que une Francia e Inglaterra, para o que deseñou unha máquina hidráulica perforadora automática. Coas súas máquinas, que serán a base das locomotoras non só en Inglaterra, senón en toda Europa, particularmente en Francia e en Alemaña, Thomas Russell Crampton marcou unha época na velocidade ferroviaria. Cun só eixe motor de gran diámetro de roda e dous ou tres eixes portadores dianteiros, as "Crampton" tiñan a particularidade de dispoñer dun bo circuíto de vapor para a época. Outra peculiaridade das locomotoras Crampton era o uso dunha caldeira de sección oval, para baixar o centro de gravidade, o que lles proporcionaba moi boa estabilidade. Locomotora Crampton de 1846 As primeiras foron fabricadas en 1846-1847 pola compañía Tulk e Ley de Whitehaven para o ferrocarril belga de Namur a Lieja. En Francia, onde se puxeron en servizo as primeiras entre 1848 e 1849, gozaban dunha estabilidade asombrosa, ata tal punto que un decreto do emperador Napoleón III , do 30 de xuño de 1853, autorizou a súa circulación a 120 km/h. Thomas Russell Crampton foi membro da Institución de Enxeñeiros Civís, da Institución de Enxeñeiros Mecánicos e membro da Orde Prusiana a Aguia Vermella. Morreu na súa casa de Westminster (Londres) o 19 de abril de 1888, e hoxe en día ten dedicado un museo na súa localidade natal de Broadstairs, en Kent, onde se conmemora a súa vida e obra como enxeñeiro. Darío Areas, Secretario da Fundación Fernando Blanco. OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN Tesouros da Fundación: Telégrafo de Morse. Tesouros da Fundación: Cámara escura fotográfica. Tesouros da Fundación: Placa conmemorativa dedicada a Vicente Vázquez Queipo. Tesouros da Fundación: Máquina de escribir Underwood Nº5 . Esquema orográfico e hidrográfico de Galicia. Fonógrafo de Edison Estación Telefónica Interurbana (O primeiro teléfono de Cee). óóleo de Fernando Blanco de Lema. |
PRAZA_3121 | O Consello de Ministros aprobou 7.372 millóns que corresponden a Galicia polo financiamento autonómico de 2020 e deixa no aire se chegará a abonar os 198 non ingresados por mor dos cambios introducidos no IVE polo Goberno do PP en 2017. A ministra Montero argumenta que incluíra a compensación por ese "dano" de 2017 nos Orzamentos de 2019 que foron rexeitados no Congreso e por iso "non a puidemos atender" | O segundo Consello de Ministros ordinario do Goberno de España da coalición do PSOE e Unidas Podemos aprobou este martes as entregas a conta ás comunidades autónomas para 2020. Isto é, activou a transferencia dos fondos que cada mes perciben as autonomías polos impostos estatais dos que perciben unha parte, tales como o IRPF ou o IVE, entre outros. Son 103.000 millóns de euros dos que 7.372,77 corresponden a Galicia, un 3,9% do previsto inicialmente hai un ano, cando foran 276,08 millóns menos.O Consello de Ministros aprobou 7.372 millóns que corresponden a Galicia polo financiamento autonómico de 2020 e deixa no aire se chegará a abonar os 198 non ingresados por mor dos cambios introducidos no IVE polo Goberno do PP en 2017Esta aprobación prodúcese sen aclarar, non obstante, se finalmente os gobernos autonómicos chegarán a cobrar a débeda xerada pola reforma do IVE aprobada polo Goberno de Rajoy en 2017. No caso galego son 198 millóns de euros que a Xunta incluíu nos seus Orzamentos como previsión de ingresos.A finais de 2017 entrou en vigor a reforma da xestión do IVE que aprobara o Executivo do PP con Cristóbal Montoro como ministro de Facenda. Entre as consecuencias do cambio de sistema estaba que o recadado por IVE en decembro de 2017 non computase nas arcas estatais ata xaneiro de 2018 e por iso Galicia, como o resto de autonomías, ingresou aquel ano so 11 meses da súa parte do IVE -a metade vai para o Estado e o outro 50%, para a autonomía-. Os cartos pendentes supuñan eses case 200 millóns que seguen no aire.Apenas dous meses despois da moción de censura que desbancou a Rajoy a nova ministra de Facenda, a socialista María Jesús Montero, asegurou nunha xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o MInisterio xa estaba a traballar nunha "proposta" para que "as comunidades recuperasen" eses cartos. Os mesmos que, segundo o PP galego, Pedro Sánchez "quitara aos galegos" para "dárllelos aos independentistas cataláns", teorizara o secretario xeral dos conservadores, Miguel Tellado.Cando, o pasado outubro, o Goberno en funcións aprobou os cartos pendentes polas entregas a conta de 2019 -uns 300 millóns para Galicia-, o IVE pendente de 2017 seguía no aire. E este martes, tras a aprobación das de 2020, a propia Montero respondeu a prensa en termos que convidan a pensar que eses ingresos non chegará, toda vez que ligou a eventual compensación aos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, cuxo rexeitamento no Congreso propiciou as eleccións xerais de abril do pasado ano.A ministra Montero argumenta que incluíra a compensación por ese "dano" de 2017 nos Orzamentos de 2019 que foron rexeitados no Congreso e por iso "non a puidemos atender"A compensación que ela mesma anunciara, dixo, "correspondía ao ano 2019", porque o sistema de financiamento autonómico, -caducado dende 2014-, prevé que esas liquidacións se realicen "dous anos máis tarde do exercicio no que se produce", constata. Por iso, agregou, segundo recolle La Vanguardia, "o dano de 2017 tíñase que reparar en 2019", que foron rexeitados polo Congreso e "por iso non a puidemos atender", xustifica, tras lembrar que ese era o motivo polo que aquelas contas contemplaban 13 meses de IVE. Neste sentido, e preguntada especificamente polas reiteradas reclamacións de Feijóo ao respecto, a tamén voceira do Goberno de España coida que chama "a atención" que o titular da Xunta "pida o que negou co voto contrario do seu partido", en referencia aos Orzamentos estatais de 2019. En calquera caso, agrega, as "cuestións de interese" relativas a Galicia serán tratadas na xuntanza que Pedro Sánchez manterá con Feijóo na rolda coas presidencias autonómicas que vén de anunciar. Resta saber, non obstante, se o Executivo de socialistas e UP contemplará outra vía de pagamento para compensar os devanditos 198 millóns. Nunha primeira reacción, o PP galego afirmou que este é un "ataque ao autogoberno e aos servizos públicos". |
NOS_50990 | O aeroporto de Vigo desconectou esta semana o sistema de sinalización para aterraxes. Só un avión conseguiu tomar terra este sexta feira. | Unha ducia de voos tiveron que desviarse esta sexta feira por dificultades para aterrar no aeroporto de Vigo. A desconexión do sistema ILS, que facilita as aproximacións en casos de condicións meteorolóxicas adversas, provocou o caos en Peinador ante a intensa néboa que cubría a terminal viguesa. Máis de 1.300 persoas foron afectadas polos desvíos, a maioría cara o aeroporto de Lavacolla. Seis voos de chegada e outros seis de saída, con dirección Madrid, Barcelona e París, tiveron que cambiar a ruta de viaxe pola "falta de visibilidade" para aterrar en Peinador, segundo informou a páxina non oficial do Aeroporto de Vigo. Horas antes, a propia Aena confirmara as incidencias. O sistema ILS non estará operativo de novo até xullo, para actualizarse a normativa europea Só un avión de Iberia Express, que viña da capital do Estado, conseguiu tomar terra tras dous intentos de aterraxe. Os demais, dirixíronse a terminal de Compostela e a de Porto por seguridade. A desconexión do sistema ILS, que tería evitado os desvíos, produciuse esta mesma semana. Non estará operativo de novo até xullo, para actualizarse a normativa europea. O sistema serve de guía as e os pilotos en situacións de mala visibilidade, habituais no aeroporto vigués. |
NOS_40823 | Se a batalla é superar o limiar dos 68 escanos -o que marca a maioría absoluta- a carreira do 21-D vaise decidir na photo finish. A última mostra do tracking eleitoral de ElNacional.Cat mostra como o independentismo supera o constitucionalismo en por volta de 4 pontos, mais o bloco soberanista ten a hexemonía no Parlament en perigo. | O bloco soberanista (ERC, Junts per Catalunya, CUP) sumaría neste momento 47,21 dos apoios, face 43,80 que reuniría o conglomerado constitucionalista (Cs, PSC e os restos da antiga Unió, PP). No meio fica 7,97 por cento de Catalunya en Comú, formación unionista (non respalda a independencia) mais crítica co réxime de 1978 (das unionistas é a única que defende un referendo pactado con Madrid). A tradución en escanos colocaría o bloco soberanista entre os 66 e os 70, isto é, a maioría absoluta (68) non está garantida e depende exclusivamente de se ERC e Junts Per Catalunya son quen de optimizar os seus resultados (o prognóstico é neste momento 33-35 asentos para a formación republicana e 24-26 para a candidatura encabezada por Carles Puigdemont). CUP estaría agora mesmo cravada en 9 actas. No Parlament xurdido das urnas de 2015 as formacións independentistas reuniran 72 escanos (62 de JxSí -coligazón de ERC e Convergència- e 10 da CUP). Segundo o inquérito non se verifica a tese de que a maior participación menor percentaxe de voto independentista O bloco constitucionalista, por súa parte, obtería entre 56 e 59 escanos, con Cs a abalar entre 30 e 32, PSC entre 20 e 21 e o PP a alcanzar un resultado francamente residual para a formación que goberna no Estado, con apenas 6 asentos no Parlament. Se o bloco independentista non superar o limiar do escano 68, o árbitro do Parlament sería Catalunya en Comú, a listaxe que lidera Xavier Domènech, que obtería un resultado discreto (entre 9 e 10 escanos), mais que podería acabar desequilibrando a balanza entre soberanistas e constitucionalistas. 1,6 millóns de persoas irán votar mais fican indecisas sobre a quen En percentaxe de voto a previsión do inquérito é a seguinte: ERC, 23.07 por cento; Cs, 22.99 por cento; Junts per Catalunya, 17,02 por cento; PSC, 15,33 por cento; Catalunya en Comú, 7,97 por cento; CUP, 7,12 por cento; PP, 5,48 por cento. Feedback prevé unha participación altísima, por volta de 80,84 por cento (74,95 por cento en 2015), o que significa que, tendo en conta que o bloco soberanista practicamente repete o resultado de hai dous anos, non se verificaría a tese segundo a cal a menor grao de abstencionismo, menor apoio para as teses independentistas. 1,6 millóns de eleitores afirman a esta altura que irán votar, mais manifestan dúbidas sobre a quen. Como sempre, o exército de persoas indecisas pode vir a ser a chave da contenda eleitoral. |
NOS_49289 | O Goberno escocés do SNP acaba de aceitar que a Comisión Eleitoral para o Referendo imposta por Westminster mude a pergunta do referendo programado para 2014. O corpo eleitoral escocés deberá responder esta pergunta: "Escocia tería de ser un país independente, si ou non?". | A Comisión Eleitoral para o Referendo determinou hoxe que a pergunta debería ser o máis sinxela posíbel. Cae así o encabezamento "está vosté de acordo con..." que figuraba ao comezo da primeira versión que manexou o Executivo escocés. A pergunta terá de ser aprobada en Marzo polo Parlamento de Escocia, como parte integrante da Lei de Referendo. Na cámara dispón de maioría absoluta o Scottish National Party. A Comisión Eleitoral para o Referendo non é un órgao escocés, mais si criado polo Parlamento de Westminster. En círculos nacionalistas escoceses considérase unha concesión do primeiro ministro de Edimburgo, Alex Salmond, a David Cameron. A Comisión Eleitoral xulgou que a redacción orixinaria da pergunta -encabezada por "está vosté de acordo con..."- non era neutral, por favorecer máis o voto positivo do que o negativo (ao estar mellor visto estar de acordo con algo do que en contra, segundo a interpretación deste órgao). |
NOS_26144 | A superficie agraria útil da Galiza xa está por baixo das 600.000 hectáreas e o número de explotacións segue minguando. Os datos recollidos no recentemente publicado Censo Agrario de 2020 apuntan a unha caída da actividade no complexo agrogandeiro, na liña do acontecido desde a integración na Unión Europea. | A perda de terras de cultivo é un bo termómetro para coñecer a saúde do complexo agrogandeiro galego. O Censo Agrario, un documento elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) seguindo unha metodoloxía común a todos os Estados do espazo comunitario, analiza cada 10 anos a situación da agricultura na área da Unión Europea. Precisamente, o INE vén de facer público o documento referido a 2020, practicamente 11 anualidades despois do anterior estudo -que fora realizado con datos de 2009-. A superficie agraria útil (SAU) suma 597.933 hectáreas na Galiza. Ao tempo, rexístranse 75.451 explotacións, situándose o tamaño medio das mesmas en 7,93 hectáreas. Neste sentido, a extensión das explotacións galegas sitúase á cola do Estado, cunha dimensión só superior a das Illes Balears e cunha redución da súa superficie desde 2009 en 0,66 hectáreas. A este respecto, só as explotacións agrogandeiras da Rioxa e Illes Balears perderon nestes últimos 11 anos máis tamaño que as galegas, nun marco de incremento xeneralizado da base territorial das mesmas As terras de cultivo reducíronse 15,9% A SAU galega non deixou de diminuír desde a integración do Estado español no espazo comunitario. Segundo as cifras do INE, a Galiza perdeu nos últimos 35 anos 131.181 hectáreas para a actividade agraria e 151.908 explotacións, cunha base territorial media de 3,12 hectáreas. Así, desde 1987 as terras de cultivo reducíronse en 15,9% e o número de explotacións en 72,9%. A Fruga recimina a Feixoo por considerar non "preocupante" a redución de explotacións lácteas A última década veu confirmar a tendencia do ciclo aberto após a incorporación ao Mercado Común Europeo, antecedente da actual UE. Sen ir máis lonxe, desde 2009 reducíronse as terras de cultivo en 49.605 hectáreas, isto é en 7,66%, e destruíronse 23.158 empregos agrarios, pasando de 87.433 a 64.275. Nesta dirección, foi significativo no referido período o incremento da SAU en boa parte dos Estados da UE, até o punto de representar como media no espazo comunitario o dobre da galega, rexistrándose Estados desta área onde as terras agrarias traballadas representan máis de 50% do seu territorio A falla de base territorial é curiosamente un dos principais problemas que deben enfrontar as explotacións leiteiras no país. Mentres as granxas no conxunto europeo dispoñen dunha extensión de aproximadamente 40 hectáreas, a superficie das galegas é de 7,93 hectáreas, o que provoca unha desvantaxe comparativa como consecuencia da alza dos custos de produción. O agro galego segue denunciando perdas Precisamente, a maior dependencia de pensos ou do mercado de forraxes provoca que as explotacións deban destinar 65% dos seus ingresos a facer fronte aos gastos de alimentación dos animais, situación inédita mo contexto comunitario. O último Censo Agrario certifica o fechamento de 17.690 explotacións de gando bovino desde 2009. Aínda así, a Galiza conta con 27.596 explotacións bovinas, que suman 994.515 cabezas, xerándose 40% da produción láctea de todo o Estado español, en 220.000 hectáreas de superficie agraria útil, correspondente con 8% do conxunto do territorio galego. 62.600 explotacións leiteiras menos desde 1995 A produción láctea galega sitúase en 2,7 millóns de toneladas. Malia pasar de 70.000 explotacións de leite en 1995, cun rendemento de 1,5 millóns de toneladas, a 7.400 na actualidade, a cantidade de leite non deixa de medrar. A supresión do mercado de cotas imposto pola UE en 2015 contribuíu á suba da produción. Porén, a Galiza soportou os prezos en orixe máis baixos de toda a zona euro, deixando de ingresar os gandeiros un mínimo de 50 millóns cada ano. A nova PAC desmantela o agro galego en beneficio das grandes corporacións A Galiza ocupa postos de relevo na produción de polos e coellos. Neste sentido, o Censo Agrario 2020 recolle a existencia de 9,048 explotacións avícolas, cun monto de 3.624.697 galiñas de curral para unha poboación total avícola de 24.825.124, sendo o terceiro produtor do Estado neste ámbito, só por detrás de Catalunya e Castela. |
NOS_58587 | Cada 12 de agosto o nacionalismo homenaxea a Ramón Reboiras Noia, Moncho, militante da UPG asasinado en Ferrol polo fascismo. Xunto co asasinato de Alexandre Bóveda, agosto convértese no mes da memoria. | Moncho Reboiras contaba só con vinte e cinco anos cando foi abatido a tiros nun portal de Ferrol. Dirixente da Unión do Povo Galego (UPG) e membro destacado do seu comando de accións especiais, dedicara plenamente os últimos anos da súa vida á liberación nacional galega e á loita contra o fascismo. Na actualidade, a súa persoa correspóndese cunha das figuras máis importantes do nacionalismo galego.Ramón Reboiras Noia, Moncho, comezou a súa andaina política no movemento obreiro en Vigo mais axiña se convertería no primeiro liberado da UPG –unha tarefa chave na loita contra o franquismo e pola liberación nacional da Galiza--. Desde a clandestinidade, Moncho, dirixiría o comando de accións especiais, do que tomaban parte Elvira Souto ou Margarida Ledo. Sen practicamente ningunha relación directa a máis das persoas que integraban o comando, Reboiras dedicaría a súa vida á loita política, tanto, que pagaría con ela o custo dunha terra liberada.As compañeiras e compañeiros de Moncho Reboiras, –persoas que o coñeceron, outras que, como di a frase que se lle atribúe, son a semente da súa loita-- homenaxéano, máis un ano, en Ferrol, localidade onde caería o 12 de agosto de 1975 no número 27 da Rúa da Terra. Tamén o farán outras organizacións, das que el é guieiro na loita.17 de agosto, Día da Galiza MartirAgosto foi chamado o mes da memoria por se celebraren diversos actos ao longo do País (Cerdedo, Teo ou O Vicedo), en homenaxe ás vítimas daditadura franquista. Especial é a celebrada nos concellos de Poio e Pontevedra conmemorando o fusilamento de Alexandre Bóveda. Ilustregaleguista, pai do Estatuto de 1936 e destacado membro do Partido Galeguista, Bóveda foi sentenciado a morte na Caeira mentres o seucompañeiro Castelao fuxía para o exilio, do que máis nunca volvería. O vindeiro día 17 a Fundación que leva o seu nome, lembrará a figuradeste ilustre galego. |
PRAZA_15041 | As persoas que levan anos loitando polo dereito á vivenda conseguiron moitas vitorias a través da desobediencia, pero considéranas insuficientes. V de Vivenda, o Taller contra a violencia inmobiliaria e urbanística ou Miles de Vivendas son algúns dos antecedentes da Plataforma de Afectados pola Hipoteca. | Tan só desde finais de 1997 até a actualidade os prezos dos pisos subiron máis dun 150%, mentres que os ingresos netos salariais nos sectores con convenio subiron só un 34,5%. O endebedamento medio dos fogares pasou do 45% en 1990 a máis do 60% en 2004. [...] Ao mesmo tempo continúa aumentando o número de pisos baleiros: segundo o censo de 2001, só na provincia de Barcelona a cifra superaba os 300.000 (e continuou crecendo cunhas taxas excepcionais). [...] E cada vez hai máis persoas obrigadas a xornadas laborais extenuantes en traballos cada vez máis precarizados para pagar a súa hipoteca ou aluguer. Pero aínda así para moitos non alcanza: só en 2002 houbo 3.675 desafiuzamentos en Barcelona. Aínda que o tema é de rabiosa actualidade, estas liñas proveñen da Carta de medidas contra a violencia inmobiliaria e urbanística, asinada en setembro de 2005 "nalgún lugar da selva inmobiliaria", unha das poucas iniciativas que albiscaban o estalido da burbulla e a actual crise. Foi un de moitos capítulos dunha loita polo dereito á vivenda que empezou antes, e que aínda dura. Sete anos despois, algunhas das persoas que asinaron esta carta seguen a súa loita na Plataforma de Afectados pola Hipoteca e hoxe ven que, aínda que a súa reivindicación -medidas para garantir un dereito universal, contemplado na Constitución- parece lonxe de cumprirse, conseguiron moitas vitorias. Grazas á mobilización, xuíces, policías, os dous partidos maioritarios e até a banca, víronse obrigados a deixar de esquivar a problemática. A rifa aos partidos O posicionamento dos grandes partidos está moi lonxe das solucións que propón a iniciativa lexislativa popular que xa recolleu medio millón de firmas. Agora, mentres representantes de PP e PSOE expresan a súa preocupación por este drama, a PAH publica un comunicado no que lles rifa. "A súa arrogancia non ten límites", aseguran, e lémbranlles que "son os últimos en chegar a este debate". Os activistas que levan anos nisto dedicáronse a loitar contra o silencio, político e mediático. E pensaron formas moi diversas de facelo, pero parece que ningunha con tanta forza como a actual. Supervivenda era a cara do movemento V de Vivenda. "Foi un movemento moi novo, moi espontaneista, para o bo e para o malo, pero a crítica de fondo era a mesma que fai a PAH, evidenciar que era un fracaso o modelo de acceso á vivenda a través do sobreendebedamento" Unha delas foi un superheroe. Supervivenda era a cara do movemento V de Vivenda. "Foi un movemento moi novo, moi espontaneista, para o bo e para o malo, pero a crítica de fondo era a mesma que fai a PAH, evidenciar que era un fracaso o modelo de acceso á vivenda a través do sobreendebedamento", di Ada Colau, que está nesta batalla desde hai unha década. Supervivienda levaba na súa capa un 47, o número do artigo da constitución que di que "todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada" e tamén que "os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación". Pero a traxectoria do heroe foi curta. "V de Vivenda tivo un grandísimo impacto en pouco tempo, durante 2006 e 2007, pero igual que subiu, baixou como a escuma", conta Colau. Co movemento tamén despareceu o heroe, sen cumprir a súa misión. A activista explícao: "Un dos problemas máis importantes foi que esa aposta polo espontaneismo, que tiña unha forza brutal á hora de facer intervencións creativas e sumar moitísima xente, cae cando se alarga no tempo e non consegues os obxectivos máximos; se non tes obxectivos a curto prazo a xente vaise desmobilizando". "A Plataforma non se xestou só coa vontade de dar resposta ás persoas afectadas, que tamén, senón que o viamos como unha ocasión única de politización masiva de persoas que non se moverían por espazos activistas" Foi unha lección aprendida cando se impulsou a PAH, e cando se conseguiu a primeira pequena vitoria das moitas que virían, o 3 de novembro de 2010, non había antefaces nin capas, pero si estaba o artigo 47 da Constitución, esta vez en forma de panfletos. Adrià Alemany, que participara en V de Vivenda e vestido a capa, leullo á oficial do xulgado que non puido executar o desafiuzamento de Lluís, na Bisbal do Penedès. Foi o punto de partida de Stop Desafiuzamentos. "A Plataforma non se xestou só coa vontade de dar resposta ás persoas afectadas, que tamén, senón que o viamos sobre todo como unha ocasión única de replantexamento do modelo actual, que levabamos anos denunciando, e de politización masiva de persoas que non se moverían por espazos activistas", explica Colau. Por iso os afectados convertéronse nos protagonistas deste novo capítulo, que buscou dotalos de ferramentas. Iso conseguiuse, na medida que se implican nos problemas de todos, non só nos seus, e, a partir da experiencia adquirida, puidéronse crear moitos núcleos locais da PAH. Para eles a desobediencia foi fácil, "na medida que o movemento xa tiña moi traballado o tema da lexitimidade, porque estamos ante unha lei inxusta e é unha obriga moral desobedecer", asegura a portavoz da PAH. Neste proceso, algúns conseguiron que lles condonaran a débeda, outros, uns meses máis baixo teito, e todos xuntos lograron pór o tema na axenda pública e obrigar os grandes partidos a situarse despois de anos de silencio. A desobediencia vén de lonxe Todos xuntos lograron pór o tema na axenda pública e obrigar os grandes partidos a situarse despois de anos de silencio Non se trata de ningún invento da PAH. A desobediencia vén de lonxe -desde Antígona na antiga Grecia, din algúns-. Ada Colau non é nin moito menos a primeira en falar da obriga de desobedecer ás leis ás leis inxustas. "A lei xamais fixo os homes un chisco máis xustos; e, en razón do seu respecto por ela, incluso os mellor dispostos convértense a diario en axentes da inxustiza", escribiu Henry David Thoreau o ano 1849 na desobediencia civil. "A acción directa non violenta trata de crear unha crise tal, e de orixinar tal tensión, que unha comunidade que se negou constantemente a negociar vese obrigada a facer fronte a ese problema. [...] Temos que comprender a necesidade de 'tabáns' non violentos creadores dunha tensión social", escribía Martin Luther King dende o cárcere de Birmingham. De feito, a desobediencia é unha vella amiga dalgúns dos implicados na Plataforma, que no seu momento optaron pola ocupación, non como solución para reacoller familias que non teñen onde vivir, como fan agora, senón como opción de vida para denunciar un modelo que consideran inxusto. É o caso de Miles de Vivendas. Primeiro viñeron os "espazos liberados contra a guerra", unha serie de ocupacións xurdidas das protestas contra a Guerra de Iraq que abriron o debate sobre a precariedade e "da precariedade na cidade, un dos principais temas que máis che determina a vida é o da vivenda, e de aí saíu a iniciativa de Miles de Vivendas", conta Colau. Están a conseguilo as persoas máis vulnerables da nosa sociedade. As que a través da resistencia parecen conseguir converterse no "tabán" que dicía Luther King. De feito, aos afectados díselles desde a PAH que teñen que converterse "no peor pesadelo do banco" "Na Barceloneta ocupamos un edificio enteiro que fora da Garda Civil. Aí vivimos unhas trinta persoas e formáronse distintos colectivos que traballan temas diversos, pero a vivenda sempre foi un tema central", di. Desa ocupación e da iniciativa da xa citada carta, saíu o Taller contra a violencia inmobiliaria e urbanística que, asegura, serviu de corpus teórico para V de Vivenda. O movemento tivo os seus altos e baixos, pero o que non conseguiu o superheroe do "movemento novo e espontaneista", están a conseguilo as persoas máis vulnerables da nosa sociedade. As que a través da resistencia parecen conseguir converterse no "tabán" que dicía Luther King. De feito, aos afectados díselles desde a PAH que teñen que converterse "no peor pesadelo do banco". Supervivenda é cousa do pasado, pero nunha entrevista no diario El País, o heroe aseguroulle á xornalista Clara Blanchar que "Supervivenda somos todos e todas os que sufrimos os problemas de acceso á vivenda: os hipotecados, os que non chegan a fin de mes, os mozos que non poden emanciparse, que pagan alugueres abusivos, os expulsados dos seus barrios... os que non nos conformamos." Así que a idea é a mesma, sexan os protagonistas anónimos ou colectivos, e prometen mantela. No seu último comunicado, a PAH asegura que "ata que todas estas persoas non poidan condonar as súas débedas e teñan garantido o dereito á vivenda, a cidadanía vai manter todas as súas protestas desobedecendo as leis inxustas e sinalando aos responsables". |
PRAZA_12721 | A reforma lexislativa que promove o Goberno do Estado, que obrigará ao equilibrio orzamentario das TV autonómicas que continúen en réxime de xestión directa, non se lle debería aplicar á nosa Radio e TV públicas. Pero, asemade, constitúe unha violación inconstitucional das competencias autonómicas. Porque crear unha radio e TV publicas é unha competencia exclusiva de Galicia, recoñecida no Estatuto | Os representantes do pobo galego crearon por unanimidade, no 1984, a CRTVG como instrumento fundamental para a normalización lingüística, cultural e informativa deste País. No 1999, outro Parlamento, tamén unanimemente, encargoulle a función de axente mobilizador do sector audiovisual e das industrias culturais, que xeran un 2,5% do PIB galego. A CRTVG non se atopa na creba técnica do Canal Sur andaluz ou do Canal Nou valenciano Nestes máis de 25 anos, canda moita luz e novidades, existiron sen dúbida sombras e despropósitos na xestión da Radio e TV públicas de Galicia. Mais a CRTVG non se atopa na creba técnica do Canal Sur andaluz ou do Canal Nou valenciano. Nin resposta ao exclusivo desexo de contar cun altofalante gobernamental, como a Telemadrid que goberna a ultradereitista Esperanza Aguirre. Constitúe unha violación inconstitucional das competencias autonómicas. Porque crear unha radio e TV publicas é unha competencia exclusiva de Galicia, recoñecida no Estatuto Xa que logo, a reforma lexislativa que promove o Goberno do Estado, que obrigará ao equilibrio orzamentario das TV autonómicas que continúen en réxime de xestión directa, non se lle debería aplicar á nosa Radio e TV públicas. Pero, asemade, constitúe unha violación inconstitucional das competencias autonómicas. Porque crear unha radio e TV publicas é unha competencia exclusiva de Galicia, recoñecida no Estatuto. E, nese marco, temos dereito a definirmos se pagamos a nosa Radio e TV públicas con publicidade, a medio dunha contribución publica (de certo ponderada ao que esixan as circunstancias económicas) ou mesmo a unha taxa ou canon polo seu uso, ao xeito do Reino Unido. Velaí como o PP estatal e, en xeral, a opinión madrileña amosan que non entenden a pluralidade do Estado e as singularidades galega, catala e vasca. Métanlle man ás TV de Madrid ou Murcia e deixen que os galegos gobernemos na RTVG. Se a totalidade do NG Banco vai á pública poxa o grande responsábel será Mariano Rajoy A arincadeira: Mafo contra NG Banco NG Banco e o seu plan de recapitalización parcial teñen dous grandes inimigos: o gobernador Fernandez Ordoñez e o ministro De Guindos. Semella que MAFO quere regalarlle o noso Banco ao BBVA antes de marchar do cargo, en maio. E De Guindos quere activar a poxa de NG Banco o mes vindeiro. Castellano precisa de tempo para que desapareza Mafo da escena e Rajoy controle ao seu Ministro. Terá Rajoy o valor e sentido común a facelo? Se a totalidade do NG Banco vai á pública poxa o grande responsábel será Mariano Rajoy. |
NOS_17790 | O xefe do Executivo español, Pedro Sánchez, compareceu esta quinta feira no Congreso para anunciar novas medidas que busca "protexer 40% dos fogares do Estado" da actual suba dos prezos da electricidade e do gas. | O Executivo que dirixe Pedro Sánchez mobilizará un total de 3.000 millóns adicionais dos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) para "paliar" a suba da luz e o gas. O presidente español avanzou que no próximo Consello de Ministras e Ministros aprobarase o decreto, co que se pretende "protexer a 40% dos fogares do Estado". Entre as medidas incluirase un maior apoio do actual bono social, ao que están acollidos 1,3 millóns de fogares, cun aumento do desconto para as persoas consumidoras vulnerábeis de 60 a 65% e un incremento do desconto para vulnerábeis severas de 70 a 80%. Neste sentido, prevese un incremento de 15% na cantidade de enerxía con dereito a eses descontos. O Executivo español prevé un maior apoio ao bono social térmico. A axuda crecerá desde o intervalo actual de 35 euros a 350 euros anuais, a un intervalo de 40 euros a 375 euros ao ano. Tamén recolle no seu plan a creación temporal dunha nova categoría de consumidores eléctricos con dereito a un desconto de 40% nas súas facturas para 1,5 millóns de fogares con baixos ingresos. O Goberno estatal aproba 73 medidas para aumentar entre 5 e 13% o aforro de gas Sánchez tamén anunciou medidas sobre o consumo de calefacción e auga quente dos fogares que contan con caldeiras de gas comunitarias. En concreto, estenderase a protección que xa outorgan as tarifas reguladas aos fogares que formen parte de comunidades de veciñanza con calefaccións centralizadas de gas natural, creando unha nova tarifa regulada para limitar até finais de 2023 o incremento trimestral de prezos. Así, con esta medida, un total de 1,7 millóns de fogares beneficiaranse da redución de máis da metade do recibo, indicou o presidente. Segundo Sánchez, o Goberno estatal aforrou 35.000 millóns, case 3% do Produto Interior Bruto (PIB), ás persoas consumidoras desde xuño de 2021, con medidas como a redución de impostos ou a 'excepción ibérica', que estabelece un tope ao prezo do gas natural para a xeración de electricidade. As facturas eléctricas dos fogares son 33% máis baixas do que serían sen as medidas aprobadas, afirmou Sánchez. "As persoas consumidoras vulnerábeis pagan o mesmo que antes da guerra en Ucraína", asegurou o presidente. Así mesmo, sinalou que as facturas eléctricas das pequenas e medianas empresas (pemes) son 23% máis baixas que sen as medidas, e as da industria entre 18% e 20%. A factura da luz encareceu 44% respecto ao ano 2021 e 102% en relación a 2020 Pola súa parte, Unidas Podemos, rexistrou dúas emendas ao decreto que contén o denominado plan anticrise co obxectivo de limitar os prezos dos alugueres e das hipotecas. Así o anunciou o seu portavoz no Congreso, Pablo Echenique, após a comparecencia do presidente. O PP afirma que "as contas non cadran" Durante a súa intervención, a portavoz do grupo popular no Congreso, Cuca Gamarra, afirmou que o Estado español está "moito peor no económico" desde que Sánchez é presidente. "As súas contas non cadran", reprochoulle a popular. "Mentres toda Europa recuperou o seu nivel de PIB previo á pandemia, o Estado español ocupa o último posto europeo en recuperación", continuou. "Vostede é incapaz de reverter as tres dinámicas negativas que lastran a nosa economía: a elevada inflación, o baixo crecemento e a desorbitada débeda pública", recriminou Gamarra ao presidente. O BNG pide nacionalizar as grandes eléctricas O portavoz do BNG no Congreso español, Néstor Rego, instou Sánchez a levar a cabo reformas estruturais "imprescindíbeis" como a nacionalización das grandes eléctricas e defendeu a creación dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa propia como país produtor excedentario de enerxía eléctrica. O BNG reclama nacionalizar as grandes eléctricas: "A enerxía é un ben esencial e debe ser público" "Dicían que non era posíbel un imposto ás enerxéticas, á banca e ás grandes fortunas até que o foi, aínda que sexan aplicados de maneira parcial e temporal" lembrou o deputado nacionalista, para despois insistir na necesidade de que estes impostos sexan aplicados de forma permanente. |
PRAZA_11648 | Veciñanza de Verín e persoal do hospital comarcal mobilizarase o 17 de decembro ante o Parlamento coa vontade de que non esmoreza a reivindicación contra o peche. A venda de Povisa ou a situación da Atención Primaria estarán tamén presentes na nova mobilización que prepara SOS Sanidade | O peche da sala de partos do hospital de Verín segue a proer na vila ourensá e a súa comarca. Veciñanza, persoal e colectivos mobilizados non queren, malia ao cansazo polas protestas das últimas semanas, que o asunto caia da axenda política e social galega. Por iso traballan xa en novas mobilizacións e xa teñen marcada en vermella unha nova data, a do 17 de decembro, cando trasladarán a súa reivindicación ao Parlamento de Galicia mentres, ao tempo, segue a xermolar unha nova mobilización unitaria contra a política sanitaria da Xunta para despois do Nadal.Veciñanza de Verín e persoal do hospital comarcal mobilizarase o 17 de decembro ante o Parlamento coa vontade de que non esmoreza a reivindicación contra o pecheCadrando co desenvolvemento dun dos últimos plenos do ano, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Comarca de Monterrei concentrarase nesa xornada durante dúas horas -de 12h a 14h- ante a sede do lexislativo galego. Unha empresa local de autobuses está a facilitar, con billetes a baixo prezo, unha mobilización que impulsa tanto persoal do hospital comarcal como veciñanza da vila e que tamén foi abordada o pasado luns na asemblea celebrada no auditorio verinés, onde comezou a bosquexarse xunto á plataforma SOS Sanidade Pública a que, con toda probabilidade, será a vindeira manifestación unitaria.Os participantes na mobilización no Parlamento recibirán ante o pazo do Hórreo o apoio dos grupos da oposición parlamentaria, que nas últimas semanas tamén se desprazaron a Verín e participaron nas mobilizacións da propia localidade ourensá. Mentres, dende a Xunta o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, reiteraba este martes que -malia a oposición do PP de Ourense- o peche o non está en cuestión, volvendo poñer o foco na carencia de persoal para cubrir o servizo. "Hoxe por hoxe, non teño solución", reiterou, na liña do manifestado a pasada semana tras o Consello da Xunta.Mobilización no comezo de 2020O peche da sala de partos de Verín, pero tamén outros conflitos ligados ao Sergas, estarán sobre a mesa este xoves na xuntanza xeral da plataforma SOS Sanidade Pública. O colectivo, do que participan organizacións do eido sanitario, pero tamén centrais sindicais e formacións políticas, regresa de Verín co convencemento de que existe impulso para unha nova mobilización unitaria.A venda de Povisa ou a situación da Atención Primaria estarán tamén presentes na nova mobilización que prepara SOS SanidadeO "apoio ás mobilizacións de Verín contra o peche do paridoiro" e contra "o desmantelamento dos hospitais comarcais" estará na cerna dunha mobilización que, adiantan, abordará tamén outros conflitos. Concretamente, subliñan a situación do hospital privado-concertado Povisa tras ser mercado por Ribera Salud, do grupo multinacional estadounidense Centene. Ademais, o estado das negociacións e movementos no eido da Atención Primaria, para a que a Xunta presentou ata tres plans diferentes de mellora. |
NOS_37557 | O BNG defendera na Cámara galega unha proposición non de lei para que esta "acorde por resolución a reprobación do director xeral da CRTVG". | A deputada do BNG, Olalla Rodil, anunciou que defendera no Parlamento unha proposición non de lei para que a Cámara galega "acorde por resolución a reprobación do director xeral da CRTVG pola continua manipulación informativa e vulneración dos principios de pluralidade, veracidade, independencia e obxectividade dos contidos informativos que deben rexer nos medios audiovisuais públicos de Galiza." A parlamentaria e portavoz do BNG na comisión de control da indica que a dimisión como presentadores do Telexornal 2 de dous xornalistas da TVG como mostra do seu desacordo coa liña informativa e por razóns profesionais son unha pinga máis nas denuncias deste tipo que levan realizándose nestes anos. Desde o cadro de persoal da CRTVG e organizacións sindicais que representan a todos os traballadores e traballadoras da compañía, demandan desde hai tempo a aprobación do Estatuto profesional (artigo 36) e a creación do Consello de informativos previsto na Lei 9/2011 de medios audiovisuais públicos de Galiza. Nos últimos anos, reitera Rodil, sucédense as denuncias por "manipulación informativa, pola falta de pluralismo social, político e ideolóxico e polos incumprimentos reiterados da propia Lei de medios audiovisuais públicos así como pola "deriva", especialmente da televisión, que "non cumpre coas funcións que lle corresponden como difusora e promotora da cultura galega ou a súa contribución ao proceso de normalización da lingua galega, entre outras obrigas". |
NOS_25158 | A recuperación dun parlamento sen exclusións e con ampla maioría abertzale farán que na lexislatura entrante se lance o diálogo político para un novo marco. Até aí chega a certeza. O resto -se suporá un simple «lifting» do Estatuto ou se desembocará no recoñecemento do dereito a decidir, se haberá consulta ou non, se manterá o status ou abrirá a porta á independencia- dependerá moito da relación de forzas entre PNV e EH Bildu. | En apenas sete días, nun mesmo escenario -o BEC-, Iñigo Urkullu e Arnaldo Otegi debuxaron cales son as súas propostas para o próximo debate político sobre o marco. Un diálogo multipartito que se dá por seguro por tres cuestións endóxenas (a recuperación dun parlamento sen exclusións, a segura e rotunda maioría abertzale e a coincidencia en que o Estatuto de Gernika está cando menos obsoleto) e por outras máis exóxenas (a crise do Estado español, a deriva catalá, o punto cuarto da Declaración de Aiete...). Articúlese como se articule, sexa onde sexa, resulta indubidábel -e imposíbel de impedir unha vez concluída a acción armada de ETA- que ese diálogo se producirá, así que todos os partidos van tomando posicións nesta campaña. Volvendo ao principio, Urkullu e Otegi coinciden en que fai falta un novo marco xurídico, en que a cuestión ten que abordarse e en que o dereito a decidir debe ser a nova chave de bóveda. Mais a partir de aí chegan as diferenzas. Así, o dirixente do PNV recuperou a formulación de entrada de Juan José Ibarretxe que incidía no dereito a decidir vasco mais o abocaba irremediabelmente ao pacto co Estado español. É o que se desprende da súa intervención no Bizkaia Area, onde dixo que o novo status que expón o PNV para 2015 debe manter a liña histórica de «cohabitación responsábel» co Estado español, dentro dun esquema de «bilateralidade efectiva» e «soberanías compartidas mirando a Europa». Todo isto o etiqueta Urkullu así: «Dereito a decidir suxeito a pacto». Fronte a esta ambigüidade, Otegi foi moito máis claro na intervención gravada desde o cárcere de Logroño para o acto central de EH Bildu. O líder independentista preso animou ao diálogo para buscar un novo acordo, mais dixo que primeiro os independentistas de esquerda deben facerse unha pregunta: «Tras décadas de oferta permanente ao Estado español para un acordo de mínimos democrático, é posíbel aínda? Podemos dar por bo un marco que non acepte a plena soberanía?». E respondeuse a si propio deseguido: «Non. O ciclo da autonomía acabouse». [Cronoloxía: De Anoeta a día de hoxe] Este cruzamento de mensaxes reflexa pois cales son as dúas opcións principais en xogo para a próxima lexislatura: reformar o actual Estatuto sobre a base dun dereito a decidir restrinxido, o que podería ser un certo avance mais en ningún caso un salto no esquema deseñado fai 35 anos, ou cambiar de raíz ese marco para abrir ao fin as portas a todas as opcións, incluída a independencia.Hai outras propostas, claro, mais ás cales se augura moito menos apoio electoral: desde o PP que quere deixar todo como está ao PSE que abre a porta a unha reforma estatutaria continuista e prevense contra unha consulta. Ezker Anitza postula o federalismo e UPyD unha recentralización. Outra opción a Madrid ou non? A formulación de Urkullu foi eloxiada por medios españois como exemplo de moderación nas actuais circunstancias de crise económica que abura o Estado, e tacticamente xustifícase como un intento de non asustar o PSE para evitar a repetición do choque de «frontes» producido tras o Acordo de Lizarra-Garazi e prolongado até mediados da pasada década (desde 2007, o debate político sobre o marco simplemente estivo desaparecido). Con todo, resulta evidente tamén que ambas as situacións históricas non son equiparábeis. Se as previsións se cumpren, a cidadanía da CAV xa non está dividida en dúas metades, senón que os soberanistas terán unha porcentaxe histórica de dous terzos no Parlamento. Tamén é notorio que en todos estes anos o Estado español non deu opción algunha de acordo, coa portada do Congreso a Ibarretxe en 2005 e o rexeitamento do PSOE ao acordo político no último intento do proceso de negociación en 2007 como exemplos máis nítidos. E, xunto a iso, resulta obvio que o contexto xeral cambiou, pola crise global do Estado español ou os procesos soberanistas en marcha en Catalunya, Escocia, Flandes ou Quebec. Todo iso levou a Otegi o sábado a deixar caer que o tren vasco escapóuselle ao Estado español, que tras rexeitar as opcións de finiquitar o conflito vasco mediante unha solución política pactada, agora abocouse a si propio a se enfrontar a unha demanda independentista pura e dura. Loiola, no programa jelkide A contundencia das voces de Urkullu e Otegi sobrepúxose por riba dos programas, que son máis matizados. Así, a candidata a lehendakari de EH Bildu, Laura Mintegi, centra máis o seu discurso en propor acordos amplos para avanzar cara ao dereito a decidir, sempre tendo a «Euskal Herria libre» no horizonte como opción preferida. Pola súa banda, no programa do PNV non existen tantas matizacións e adxectivos para o dereito a decidir como as que verbaliza Urkullu. Ademais, chama a atención que no programa do PNV se inclúe unha reivindicación de «as bases do que puido ser Acordo de Loiola», negociado a tres bandas polos jelkides, o PSE e a esquerda abertzale en 2006. O PNV expón aí cousas que non coinciden co discurso do seu líder, como esta: «Necesitamos un acordo de maiorías con ampla base, que debe incorporar a igualdade de condicións para materializar calquera proxecto político, algo que non ocorre na práctica, porque mentres o PP ou o PSOE teñen constitucionalizada a súa nación, a sociedade vasca non ten recoñecido o dereito». |
NOS_52687 | A enquisa do Belfast Telegraph indica que un 56% quere que se convoque unha consulta por un 43,8% que se opón. A mocidade, a máis partidaria de poder decidir. | 'Ninguén poderá tirarlles nunca da cabeza que a súa illa é unha única nación". O poeta nor-irlandés Seamus Heaney resumira con esta frase a teimosía dos seus compatriotas republicanos, unha teimosía na que desde hai un século combaten a división da vella Eire: 26 condados na República de Irlanda, seis baixo dominio da Súa Graciosa Maxestade Británica. Eles mesmos exemplifícano en murais, colantes, camisolas... 26+6 = 1. A suma dos 26 condados que aniñan no 'Estado Libre' e os 6 do 'Ulster' dan 1 República, "unida e soberana". Até o de agora nos seis condados do Ulster a maior parte da poboación é partidaria de se manter en Reino Unido (unionistas) fronte aos partidarios de reunificar Irlanda. Mais as realidades varían, mesmo na vella Eire. A progresión demográfica (maior na comunidade católica-nacionalista que na protestante-unionista), un novo escenario post-violencia armada no que o Sinn Féin fica como a forza claramente de esquerdas no Ulster (sen renunciar para nada ao soberanismo) e que é quen de atraer voto protestante... As cousas mudan e as enquisas reflícteno. A maioría quere unha consulta. Mais nesa consulta gañaría a opción de se manter no Reino Unido. 'Só' o 40,2% votarían pola reunificación de Irlanda Unha recente sondaxe de LucidTalk para o diario Belfast Telegraph amosa que unha maioría de nor-irlandeses e nor-irlandesas quere unha consulta sobre a reunificación de Irlanda. Algo impensábel non hai moito tempo. Para a enquisa entrevistáronse a 1.089 persoas en idade de votar e da mesma despréndese que o apoio ao referendo ten especial arraigo entre a mocidade. Unha vez que se tiran as persoas indecisas, o 56,2% das que responderon a este estudo queren que haxa un referendo nun futuro próximo sobre o status político destes seis condados: se se manteñen baixo soberanía de Reino Unido ou ben se reunifican cos 26 condados irlandeses. Un 43,8 por cento oponse a esta idea. Eire Nua A comezos de setembro o Sinn Féin volveu poñer sobre a mesa a necesidade de avanzar para consultar democraticamente a poboación sobre que futuro político queren para os seis condados. Cómpre lembrar que hai uns meses e baixo o lema 'Unha nova república: Máis fortes xunt@s'.o SF realizou o seu Ard Fheis. Unha cita na que tomaron parte centos de delegad@s do veterano partido republicano procedentes dos 32 condados da Illa, os 26 da República e os 6 do Ulster, sob goberno británico. Soberanía, sen aditivos No Ard Fheis, e segundo informaron desde An Poblacht e da RTE, a radio televisión pública irlandesa, as máis de 250 mocións a debate céntranse en cuestións como a economía produtiva, a defensa do dereito a vivenda ou do rural da Illa, nunha situación de despoboamento e forte crise (como en Galiza), así como o reforzamento da educación e sanidade pública. "Debatimos e analizamos como tecer as estratexias para ir construíndo unha Irlanda unida, que sexa soberana, dona de seu, e en beneficio da sociedade", sinalan desde a executiva. Referendo O voceiro republicano, Gerry Adams, afirmara que xa é hora de dar a voz ao pobo. Entende que unha Irlanda unida e soberana "xeraría emprego, prosperidade e investimentos", incidindo na soberanía como unha ferramenta acaída para combater a crise e optar por un outro modelo de desenvolvemento, en beneficio da maioría social da illa. "Xunt@s somos máis fortes", asegurou o responsábel do Sinn Fein. |
NOS_34594 | Venezuela declarou en 2002 esta data como un día para o recoñecemento da diversidade cultural e humana, reivindicando tanto aos pobos indíxenas vítimas da colonización española como as achegas doutros pobos e culturas que contribuíron á conformación da nacionalidade venezolana, baixo o espírito do diálogo, a paz e a xustiza social. | O 12 de outubro o Estado español conmemora o seu 'Día Nacional', aquel que baixo a ditadura fascista levou por nome o de 'Día da raza'. Cada ano, esta data festexa a chegada de Cristóbal Colón ao continente americano e exalta a colonización. Con desfiles militares e viños de honra nos cuarteis, os sucesivos gobernos foron mantendo no tempo e no imaxinario colectivo que a morte e sometemento de milleiros de persoas era digna dos máis grandes festexos. En aras da 'españolización' que séculos despois aínda se promove e practica, o Estado español rende hoxe homenaxe aos verdugos. Porén, América Latina --e especialmente Venezuela -- vive esta sexta, unha xornada de recoñecemento á "constancia dos pobos na súa loita pola liberdade", como o propio Hugo Chávez o definiu. Venezuela recoñece neste día a autoafirmación americanista pola unidade e a diversidade cultural e humana do país. En 2002, pouco despois de sobrevivir a un golpe militar, o presidente venezolano asinaba o Decreto 2028 polo que aprobaba a proclama do 12 de outubro como 'Día da Resistencia Indíxena'. O obxectivo do goberno bolivariano era reivindicar a quenes foran oprimid@s e asasinad@s coa chegada dos europeos --nomeadamente españois-- a terras americanas e garantir as debidas modificacións lexislativas para que os pobos orixinarios do país gozasen de recoñecemento na Constitución Nacional. Neste senso, o goberno venezolano valorou os pobos indíxenas como unha prioridade desde o inicio da revolución bolivariana. Mostra diso foi, entre outros aspectos, a aprobación da Lei Orgánica dos pobos e comunidades indíxenas, unha ferramenta xurídica creada para regulamentar todos os asuntos relativos aos dereitos dos pobos orixinarios. Bolivia, Ecuador, Perú e ArxentinaCo inicio dos procesos de cambio en América Latina, outros foron os países que seguiron o camiño bolivariano e mudaron radicalmente a orientación do 12 de outubro para a converteren nunha xornada de loita e respecto á multiculturalidade. Asi, Evo Morales fixo o propio en Bolivia o pasado ano 2011. No marco do Día Continental da Descolonización --celebrado polos países membros da Comunidade Andina--, o primeiro presidente indíxena de América Latina estabelecía mediante decreto supremo o 12 de outubro como data de conmemoración do proceso de cambio iniciado no país. Pola súa banda, Perú declarou o 12 de outubro 'Día dos Pobos Orixinarios e do Diálogo Intercultural', Ecuador o 'Día das Culturas' e Arxentina o 'Día do respecto á diversidade cultural'. |
NOS_14256 | Após o último ataque de Gallardón á autodeterminación das mulleres, impondo a maternidade en supostos de malformación do feto, propoñen un bloco conxunto do movemento feminista para visibilizar tamén as reivindicacións propias. Sería durante as concentracións do 30 polo emprego público | Perante o último ataque á autodeterminación das mulleres, feita pública polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, no diario español de extrema dereita La Razón, o movemento feminista chama na Galiza a unha mobilización conxunta na segunda feira día 30, facendo un bloco común ao secundaren as concentracións convocadas polas centrais sindicais nas sete cidades en defensa do emprego público "para dicir alto e forte que non estamos dispostas a perder os nosos dereitos". De saír adiante a proposta, as horas e lugares das protestas serían os que seguen: A Coruña, saída ás 19:30 horas dende a Praza de Pontevedra Ferrol, saída ás 20:30h dende a Praza de España Santiago de Compostela, saída ás 19:30 horas da Praza Roxa Lugo, saída ás 19:30 horas dende o Edificio administrativo da Xunta Ourense, saída ás 20:00 horas dende o Pavillón dos Remedios Pontevedra, saída ás 20:30 horas dende a Praza da Ferreiría Vigo, saída ás 20:30 horas dende a Vía Norte Así as cousas, Gallardón anunciara hai tempo que a nova regulación do aborto nos devolvería até a lei de supostos de 1985, cando o exercicio deste dereito ficaba dentro do legal se a muller fora violada --e denunciara--, se había malformacións no feto ou ante un grave risco para a súa saúde. O atraso, de clara tintura ideolóxica, era xa importante, fronte a lei de prazos de 2010 actualmente vixente, onde este dereito pode exercerse libremente durante as 14 primeiras semanas de xestación, e até as 22 se existise "grave risco para a saúde da nai ou graves anomalías no feto". As mulleres podían abortar a partir dos 16 anos sen consentimento da nai nin do pai, e garantíase a confidencialidade das pacientes. Nin os prazos nin os supostos convencían a moitas feministas. Querían ir máis aló, a unha postura de máximos, e pugnaban polo aborto libre partindo do argumento de que a responsabilidade das mulleres --para frear o falso discurso de que se alentarían abortos aos sete ou oito meses-- non se consegue regulando nunha lei, para alén de que a despenalización deste dereito deberá ir acompañada do reforzo da educación afectivo-sexual. Mais a labazada asestada por Gallardón é tal que toca formular máis unha vez a eterna pregunta: a quen lle pertence o corpo das mulleres? Dixo o ministro español que non se pode discriminar un ser non nato porque traia malformacións, polo que este suposto desaparecerá da lei e o retroceso no tempo devólvenos 30 anos atrás. Tamén dixo o titular de Xustiza que é a protección do feto a razón que o move a lexislar contra a soberanía das mulleres sobre os seus propios corpos, mais non especificou como garantirá a protección desa crianza unha vez fóra do útero materno. Mentres a tesoura segue a avanzar polos dereitos que contemplaba a lei de dependencia, devolvendo as mulleres ao rol que manda o xénero: nais e coidadoras.NOTA: no nº8 do noso semanario poderedes ler O corpo das mulleres, campo de batalla. Encarna Otero, María Xosé Queizán e Begoña Caamaño analizan a última ofensiva da Igrexa católica executada polo Goberno español |
NOS_24629 | Fernando Vázquez afirma que a súa destitución como adestrador do Deportivo non responde a razóns deportivas nin disciplinarias. ''Non merezo este golpe'', considera. E apunta:"Fernando Vázquez volverá con forza" | Fernando Vázquez compareceu ante a imprensa apenas unhas horas despois de que a dirección do RC Deportivo lle notificase que non cobntaba con el para a nova etapa do clube en Primeira, categoría á que o Dépor retornou da man do de Castrofeito. O xa ex-adestrador deportivista dixo que "co meu suor gañei a posibilidade de adestrar o Dépor en Primeira. Deixei a vida. Pasei o ano máis difícil. Case de balde". "É unha inxustiza" opina Vázquez, "non me merezo este golpe". Fernando Vázquez considera que a decisión de botalo vén dunhas declaracións súas sobre fichaxes. "Non marcho por razóns deportivas ou disciplinarias. Marco por unhas palabras mal interpretadas e non se me deu oportunidade de explicalas antes de que se emitise a sentencia. Non houbo xuízo". "É como se roubas un chourizo e che caen 50 anos de cárcere. Só te poden traicionar aqueles que son os teus amigos. Cando mo dixo, sentín una sensación de que algo se me clavaba dentro. Traballei case gratis polo Dépor, no ano máis dificl da miña vida no Dépor. Estou súper agradecido a afección. Que me digan que fixen mal. O Dépor non morre aquí e Fernando Vázquez volverá con forza", concluiu. |
NOS_16416 | O pobo peruano xa están votando a que será a súa vindeira presidenta ou presidente, co aspirante de esquerda, Pedro Castillo, liderando as enquisas. En México, as eleccións intermedias están marcadas pola violencia en campaña. | Ás 7 da mañá hora local (14:00 na hora oficial galega), 11.918 locais de votacións no Perú xa estaban abertos para a segunda volta das eleccións peruanas, nas que máis de 25 millóns de persoas terán que elixir entre Keiko Fujimori e Pedro Castillo. Fujimori, filla do ex ditador Alberto Fujimori que se presenta por Forza Popular, de dereita neoliberal, enceta o seu terceiro balotaxe perseguida por varias acusacións de corrupción e diante da que poder ser a súa derradeira oportunidade. Porén, a campaña baseada no terruqueo contra a opción "comunista" que suporía Pedro Castillo, levou a que boa parte da dereita peruana a apoiara, incluído o premio Nobel peruano nacionalizado español, Mario Vargas Llosa, que encabezou unha multitude de actos contra o candidato de esquerda. Da outra banda, o mestre sindical Pedro Castillo, da organización de esquerda Perú Libre, encabezou as enquisas até o último intre despois de gañar na primeira volta do 12 de abril. Despois do goberno de Ollanta Humala, o último de esquerdas, Castillo propón un salto adiante na socialización da economía, enfocándose na superación da pobreza e na estabilización dun Estado que está a piques de elixir o que será o seu cuarto presidente nun ano. Os medios peruanos informan de que antes de que abrisen as urnas xa había fileiras de votantes en cidades como Puerto Maldonado agardando para exercer o dereito a voto. México vota marcado pola violencia Unha hora despois do comezo da segunda volta das eleccións peruanas, era México o que anunciaba o comezo dos comicios para elixir máis de 21.000 cargos de elección popular, entre eles 15 gobernacións, 500 deputadas e deputados federais, 1.063 cargos en congresos locais, 1.900 alcaldías e 17.000 cargos nos concellos. Estas eleccións están marcadas pola violencia, con entre 90 e 167 asasinatos vencellados os comicios, segundo as fontes, e até 782 agresións contra persoas candidatas ou do mundo da política. As últimas enquisas apuntan a que Andrés Manuel López Obrador, presidente mexicano, impulsará a ampliación da representación de Morena, a súa organización. |
NOS_3243 | A relación do gran poeta do Courel coa música foi maiormente oblicua. E non moi prolífica. Bibiano Morón, animador de Voces Ceibes, adubiara de rock progresivo aquel haicú estremecido polo asasinato de Amador e Daniel. Era 1975. O cantautor Suso Vaamonde, Emilio Cao ou, máis tarde, Xabier Díaz tamén o intentaron. Pero a delicadeza da poesía de Uxío Novoneyra non achou excesivo acomodo musical. Ate que chegou Uxía. | A cantante de Mos, acompañada do guitarrista Sérgio Tannus e unha banda en que forman Quim Farinha, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Ana Isabel Días e José Manuel Díaz, presentará este sábado no Teatro Colón da Coruña o seu traballo dedicado aos poemas de Novoneyra. Uxía-o é o título da obra, en que Uxía adubía a escrita do autor de Os Eidos (1955) con ritmos reggae, de alalá, ragtime ou de muiñeira. "Quería que a visión sobre a poesía de Novoneyra fose o máis actual e universal posíbel", explica a intérprete, "colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da súa obra". Uxía-o inclúe, amais de novidosas adaptacións, unha versión de Cain as follas, con melodía de Emilio Cao, e a relectura do seu propio Alalás encadeados -orixinal do seu disco Meu canto (2011). Este sábado, ás oito do serán no Teatro Colón da Coruña, será a estrea en directo do proxecto. |
NOS_20103 | "Véndese rececho de rebezo selectivo na reserva da biosfera dos Ancares Lugo. Tamén se pode cazar xabarín e lobo. Prezo 1000+taxas (negociábel). Urxe!". Anuncios coma este poden atoparse na rede como ofertas de trofeo de lobo, cuxa venda está prohibida e pode ser causa de delito penal. | Adega vén de poñer en coñecemento da Fiscalía ambiental e da Dirección Xeral de Conservación as ofertas de montarías de lobo, xabaríns ou rebezos en distintas páxinas de anuncios da internet, con "naturalidade e absoluta impunidade". Nalgúns casos trátase de particulares que achegan un teléfono móbil e noutros casos os anuncios están publicados por empresas relacionadas co turismo cinexético, como é o caso de Cazaribeirasacra.es, que oferta na súa web a caza dun lobo por 2.800 euros. Adega advirte de que a venda de trofeos de lobos está prohibida en Galiza e pode ser causa de delito penal. E é que o lobo fica sometido ao Decreto 297/2008, de 30 de setembro, polo que se aproba o Plano de xestión do lobo en Galiza. Este plano non permite que o lobo poida ser motivo de aproveitamento comercial nin permite a súa venda como trofeo. "Desde Adega consideramos que este tipo de prácticas, de se consumar, estarían incorrendo nun delito tipificado no artigo 335 do Código Penal, do que o lobo está sometido a unha norma específica sobre a súa caza, que é o Plano de conservación", sinala a asociación. Segundo a normativa citada, a caza do lobo en Galiza, no caso de demostrarse necesario, será xustificada mediante informe técnico. O Plano autoriza que a caza só se poderá acometer coa colaboración das asociacións de caza. Ademais, é obrigatoria a supervisión por parte dos axentes ambientais da Xunta de Galiza. Caza de lobos "á carta" Na páxina web de Cazaribeirasacra.es, que oferta a caza do lobo por 2.800 euros, convídase as persoas que o desexen a vivir "a experiencia única da inigualábel montaría española", nun marco de "paraxes impoñentes e fermosos mosteiros". "Proporcionámoslle ao cazador un servizo integral desde a súa chegada até que finaliza a súa estanza na nosa hospitalaria terra galega", recolle a web, que tamén oferta "unha coidada gastronomía". |
NOS_15316 | Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. | 🔴 [EN DIRECTO] 18.58 | As autoridades de Donetsk acusan o exército ucraíno de bombardear casas e infraestruturas A Garda Popular de Donetsk acusou o exército ucraíno de bombardear varias residencias familiares e infraestruturas básicas en varias vilas da República Popular de Donetsk. 15.25 | Rusia anuncia a matanza dun líder neonazi ucraniano As Forzas Armadas rusas liquidaron a Tarás Bobánich, un dos líderes do grupo neonazi radical Pravy Séktor, responsábel de centos de mortes de civís en Donbass, incluídos nenos, informou esta segunda feira Ministerio de Defensa de Rusia. Un grupo especial ruso eliminou un líderes do chamado 'corpo ucraíno de voluntarios Pravy Séktor', recolle Russia Today. Bobánich "ordenou persoalmente o bombardeo de zonas residenciais en Donetsk e Lugansk con armas pesadas" e é culpábel de "centos de mortes de civís nas Repúblicas Populares, incluídos nenos". Ademais, foi "ideólogo da chamada teoría da 'superioridade da raza ucraína'" e responsábel de "participar persoalmente en ataques e asasinatos da poboación rusoparlante en Ucraína", precisou o departamento de Defensa. 10.12 | Borrell alerta dunha grande ofensiva rusa no leste de Ucraína "As tropas rusas están a se concentrar no leste para lanzar un ataque contra o Donbás. Témome que a guerra se vai incrementar no Donbás os próximos días", alertou antes da reunión do Consello de Asuntos Exteriores que ten lugar en Luxemburgo. A UE aprobou elevar o financiamento do envío de armas até os 1.500 millóns e os aliados da OTAN xa buscan formas de facer chegar tanques a Ucraína. 09.59 | Finlandia e Suecia estarían a planear unirse á OTAN en xuño Segundo informou o diario británico The Times, Finlandia e Suecia estarían a valorar solicitar o seu ingreso na Alianza Atlántica o próximo mes de xuño, após o encontro dos titulares de Exteriores dos países membros da OTAN e de ambos os dous países nórdicos. Funcionarios destes territorios terían sinalado o "grande erro estratéxico" de Rusia coa invasión de Ucraína, pois Finlandia e Suecia "están listas para unirse á OTAN no verán". 09.37 | A Unión Europea inicia esta segunda feira o debate sobre sancionar o gas e o petróleo rusos Os ministros de Exteriores reúnense para dar resposta á invasión rusa de Ucraína e ao agravamento dos combates no leste do país. Opcións como aplicar aranceis á enerxía ou pagar as subministracións a través dun fidecomiso pairan no Consello de Asuntos Exteriores que ten lugar en Luxemburgo, mais sen propostas fechadas sobre a mesa. Os 27 están aínda lonxe do consenso necesario para impor estas restricións, subliñou un alto cargo da UE. |
NOS_25351 | O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, advertiu do risco de retomar a actividade económica sen que se dean as condicións de seguridade necesarias e censurou o uso partidista da centralización da xestión da crise sanitaria por parte do Goberno galego. | O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, advertiu do "erro" de retomar a actividade económica a partir da vindeira segunda feira, xa que o Goberno non está en condicións de garantir a protección adecuada das traballadoras. "Reanudar a actividade nos centros de traballo, en moitos casos masificados e sen as debidas condicións de seguranza, supón abocar os traballadores e traballadoras ao risco de contaxio", expresou. Rego censurou a tardanza do Goberno á hora de adoptar e decisión de suspender toda a actividade non esencial e criticou que o fixera por económicas e non sanitarias. "Anunciou ao mesmo tempo o inicio e o fin desta medida, antes de poder avaliar a necesidade de prolongala en función da evolución da epidemia", dixo. Neste sentido, o BNG avoga por darlle preferencia á saúde das traballadoras antes que aos "intereses empresariais". "A prioridade é salvar vidas, non contas de resultados", manifestou Néstor Rego, quen tamén defendeu a precipitación da volta ao traballo ao considerar que aínda non se acadou un control claro da epidemia nin existe un plan de desconfinamento avalado pola comunidade científica. Centralización Doutra banda, o voceiro nacionalista no Congreso tamén lle recriminou ao Goberno estatal a centralización da xestión da crise sanitaria, un proceso que "se demostrou fallido e ineficaz" ante a incapacidade do Estado para xestionar unha situación para a que non estaba preparado. "Foi unha mala decisión a pesar de quen goberna na Galiza", declarou, para destacar acontinuación o esforzo das profesionais do Servizo Galego de Saúde aínda nas situacións máis difíciles, despois de anos de maltrato da sanidade pública. Así, Rego cuestionou a "actitude inaceptábel" do presidente Alberto Núñez Feixoo ao aproveitar esta crise polo coronavirus "en beneficio propio e do Partido Popular". "A determinación de centralizar as decisións en Madrid foi aproveitada de forma descarada e impúdica por Feixoo, quen leva 11 anos de recortes, precarización e privatización da sanidade pública galega, para agochar a súa inacción, inoperancia e incapacidade co pretexto de que carece de competencias". Dereitos e liberdades Néstor Rego tamén se referiu durante a súa intervención no Congreso, no marco do debate para prorrogar o estado de alarma até o 26 de abril, aos riscos "para os dereitos democráticos e as liberade públicas" derivados do proceso a centralización. O portavoz do BNG referiuse á "escenificación militarizada" que se despregou en todo o Estado para cuestionar o papel político que o Goberno lle deu ao Exército durante esta crise, "máis propia dun estado de excepción" que dunha situación de emerxencia sanitaria. Neste sentido, concluíu, O BNG está vixilante para que non se "confinen os dereitos laborais, sociais nin democráticos" da cidadanía. |
PRAZA_17161 | Reclaman mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade e maior seguridade legal. Critican que na elaboración da norma "non se tivo en conta aos músicos como colectivo". "Queremos que se acabe o curtopracismo, que se estableza o marco legal dunha vez. E que nel se nos teña en conta", destacan | O vindeiro 2 de xullo entrará en vigor a nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, unha norma que recibiu importantes críticas por parte dos grupos da oposición, de concellos e entidades sociais, que critican as dificultase engadidas para a programación de actividades culturais e, en xeral, a falta de consenso e diálogo na súa elaboración por parte da Xunta. Este mércores tamén a Sección Compostela de Músicas ao Vivo fixo oír a súa voz, reclamando que o seu colectivo sexa tido en conta á hora de desenvolver e aplicar a norma, na procura de mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade e de maior seguridade legal. "Non se trata só de poder tocar, senón de tocar conforme a dereito, queremos tocar en condicións" Xabier Mera, membro da directiva de Músicos ao Vivo e da Sección Compostela, explica que "queremos facer un chamamento a todas as partes implicadas -a administración autonómica, a administración local, a parte veciñal e os programadores- para que nós poidamos traballar dun xeito seguro e legal". "Queremos visibilizar a precarización do noso sector. Non se trata só de poder tocar, senón de tocar conforme a dereito, queremos tocar en condicións: Dereito á música e música con dereito", resume. "As salas e programadores deben contar cun marco legal estable, pero os músicos queremos lembrar que o noso marco legal non se cumpre no día a día", engade. De acordo co último Censo Compostela é Música case que 200 formacións musicais desenvolven regularmente o seu traballo na cidade. Mera critica que na elaboración da Lei de Espectáculos "non se tivo en conta aos músicos como colectivo nin se tivo en conta a música ao vivo. Non se contou con nós nin nas primeiras etapas nin na redacción final, na que non aparece ningunha das nosas achegas". "Non atopamos resistencia directa nas institucións ás nosas demandas, pero si invisibilización e ninguneo", di. "Queremos que se acabe o curtopracismo, que se estableza o marco legal dunha vez. E que nel se nos teña en conta" "Agora a Xunta vai desenvolver esa lei en diferentes normativas. E aí queremos incidir. Debería terse feito antes, pero é importante que agora se conte con nós para avanzar na loita contra a precariedade no sector", explica e tamén "para evitar poñer máis parches no marco xurídico". A inseguridade xurídica e o retorno de forma periódica de debates sobre a legalidade das actuacións na rúa ou en locais e as condicións en que deben ser realizadas é outro dos problema nos que incide o colectivo. "Cada certo tempo volve o debate concertos si/concertos non. Queremos que se acabe o curtopracismo, que se estableza o marco legal dunha vez. E que nel se nos teña en conta", destaca. O colectivo esixe "compromiso e valentía por parte das institucións implicadas" que permitan que "a música ao vivo na nosa cidade sexa unha realidade que poida ser compatibilizada co descanso e o respecto a toda a cidadanía, a través dunha normativa sensible e clara, adaptada á realidade social e cultural do século XXI, propia dunha cidade moderna como é Compostela". "O tema da música ao vivo entronca coa situación xeral do sector cultural e co modelo de turismo que se quere para o país. Un modelo que fala de encher e subvencionar grandes festivais" Finalmente, Mera explica que "o tema da música ao vivo entronca coa situación xeral do sector cultural e co modelo de turismo que se quere para o país. Un modelo que fala de encher e subvencionar grandes festivais pero que esquece a realidade do sector cultural do país, un sector estratéxico que achega o 2% do PIB de Galicia". "Un exemplo pode ser o festival O Son do Camiño, que non ten nada de malo en si mesmo, pero que é sintomático do modelo cultural escollido para o país", denuncia. |
PRAZA_15781 | Quanto ao galeguismo, o pais continuará precisando da sua discrição, persistência e generosidade. Reforçar as iniciativas orientadas a pensar Galícia e melhorar a sua viabilidade económica, política e cultural no longo prazo deve continuar a ser a prioridade. | Confirmou-se a pior das expectativas: não haverá grupo parlamentar galego no Congresso. Exigir explicações às cúpulas dos partidos implicados nesta fraude e reconhecer o mérito de quem alertou do problema a tempo resultará útil para separar o grão da palha de cara à seguinte colheita eleitoral. A promessa da Marea de formar grupo galego nas Cortes era umha quimera jurídica. Quando os partidos dessa coalição ainda ocultavam a negociação das suas cúpulas, o jornalista David Lombao informava em Praza sobre a inviabilidade jurídica em caso de concorrer junto a Podemos. A impossibilidade dessa opção era constatada no Faro de Vigo pouco depois por Carolina Bescansa, destacada dirigente desse partido. Ainda mais, a informação da imprensa era consistente com as referências que os quadros técnicos da União do Povo Galego se ocuparam de achegar sobre a jurisprudência na interpretação do regulamento, no contexto do processo de confluência galeguista. Pésie a todo, Martiño Noriega, dirigente de Anova, acabaria por reconhecer a existência dum pacto de cúpulas com Podemos negociado em secreto com exclusão do BNG e Compromiso por Galicia. As opções eram claras: ou grupo próprio ou integrar-se no de Podemos. O pacto das cúpulas truncava assi o processo aberto de confluência galeguista cara à constitução dum grupo galego nas Cortes. Não foi a 'casta', nem tampouco o 'regime do 78', quem decidiu concorrer ás gerais em coalição com Podemos, fazendo inviável a constitução dum grupo galego no Congresso. Por que os políticos da Marea teimaron então numha promesa eleitoral fraudulenta? Puido ocorrer que a cúpula da Complutense mentira oferecendo falsas garantías com o propósito de capturar o voto galeguista, ao tempo que os rupturistas mantinham a ficção do grupo para beneficiar-se do impulso mediático populista. Ou se quadra a culpa não foi de Madrid, senão de Ámio, e pesou mais a pulsão freudiana de matar o pai que a paciência e humildade precisas para cauterizar feridas e mirar juntos cara adiante. As conjecturas são múltiplas, mas o problema de fundo é o mesmo: os amanhos das cúpulas impedirom que a sociedade civil galega puidesse ajudar os partidos a configurar umha alternativa viável construída sobre estas duas décadas de aprendizagem nas Cortes. Frustração, decepção e desconfiança são as crebas que começam a deixar as coalições com Podemos em Galícia. O fracasso nas Cortes soma-se às dificuldades que as mareas estão a experimentar com a tramitação dos orçamentos municipais e a sua integração nas deputações provinciais. Compre atalhar a extensão desses sentimentos porque minam a coesão que precisamos para melhorar os mecanismos de gestão e representação de Galícia. Os líderes das cúpulas rupturistas podem ajudar acometendo un exercício de autocrítica que nos ajude a entender o acontecido, evitando se é possível o uso da palavra 'aldraxe'. Precisamos separar o grão da palha para que a próxima sementeira eleitoral permita recolher os fruitos prometidos à cidadania. Quanto ao galeguismo, o pais continuará precisando da sua discrição, persistência e generosidade. Reforçar as iniciativas orientadas a pensar Galícia e melhorar a sua viabilidade económica, política e cultural no longo prazo deve continuar a ser a prioridade. No curto prazo, devemos exigir responsabilidades polo pacto entre cúpulas e ao mesmo tempo apoiar a deputação galega nas Cortes para maximizar a sua capacidade representativa. Seria positivo poder involucrar tamém os deputados galegos de PP, PSOE e Ciudadanos. Polo demais, sairemos reforçadas desta situação se somos capazes de reconhecer o mérito de quem se ocupou de alertar a tempo da quimera jurídica que supunha a coalição com Podemos, pois essas persoas e organizações demostrarom conhecer melhor que os demais as regras do jogo. E conhecê-las é requisito ineludível se do que se trata é de transformá-las. PS: Falando de regras, fago notar a minha dificuldade coas ortográficas. O meu agradecemento á comunidade reintegrata (a todas as variantes, especialmente á do 'nom') por facilitar a internacionalização do galego. |
NOS_28356 | Os problemas acumúlanselle a José Manuel Baltar. Malia fechar a posibilidade dunha moción de censura na Deputación de Ourense, tras sumar o apoio da ex representante de Ciudadanos Montse Lama e de recuperar o favor Democracia Ourensá, o barón do PP enfronta a contestación dunha parte dos rexedores do partido. | José Manuel Baltar libra a súa guerra en varias frontes. A unha banda, tenta recuperar a estabilidade na Deputación de Ourense, colocada nunha situación inédita após perder o Partido Popular a maioría absoluta no organismo despois dos resultados dos pasados comicios locais. Por outro lado, precisa tecer acordos co alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, asumindo os custos desa operación diante dunha parte da súa parroquia, convencido de que a súa continuidade política está nas mans do rexedor. Ao tempo, debe responder ao malestar de parte dos alcaldes do PP na circunscrición, descontentos co trato recibido desde a Deputación. O malestar dun grupo significativo de rexedores populares con José Manuel Baltar non é novo, mais nunca se ten manifestado tan abertamente como agora. Estes alcaldes critican o trato discriminatorio aos seus concellos por parte do Goberno da Deputación de Ourense e acusan Baltar de favorecer só aqueles municipios presididos por persoas que, ao tempo, son deputados na corporación provincial. A este respecto, pon como exemplo os investimentos recibidos polos seus concellos no Plan único da institución, nas súas palabras moi inferiores a aqueles municipios dirixidos polas persoas do círculo de confianza de Baltar. Diferenza de trato Os alcaldes populares pon tamén o foco nos dirixentes do partido que partillan con Baltar responsabilidades de Goberno. A este respecto, un alcalde do PP dun concello ourensán que quere preservar a súa identidade critica como o seu municipio "recibe unhas axudas da Deputación non moi superiores aos dos concellos gobernados polo PSOE ou o BNG" e contrapón estes investimentos cos achegados "a Boborás, Oímbra ou Muíños, onde os alcaldes son membros da Xunta de Goberno da Deputación". "Definitivamente é certo aquilo de que quen parte e reparte leva a mellor parte pero a responsabilidade é de Baltar, que é quen ten a última palabra e debe mirar polos seus por igual", afirma este rexedor. "Baltar non ten a capacidade nin a calidade humana do pai", lamenta outro alcalde da circunscrición, quen se queixa de que o actual presidente dos populares ourensáns "tarda en recibirnos, non nos colle o teléfono e obríganos a gastar corredor na Deputación para nada". "É o día e a noite co pai. O vello era accesíbel, servizal, sempre disposto a botar unha man e preocupado pola xente. Este é soberbio, prepotente e vai ao seu. Nótase que llo deron todo feito", continúa este rexedor, moi crítico coa xestión de José Manuel Baltar, a quen responsabiliza dos problemas do PP. "Na política non se pode ser caprichoso porque os caprichos acaban por pasar factura cando menos o pensas", conclúe este veterano alcalde do PP. As formas de Baltar As queixas contra Baltar non se cinguen aos cargos institucionais do partido. Malia que ninguén cuestiona abertamente a súa xefatura nunha organización articulada arredor do Goberno da Deputación e da lealdade persoal ao seu pai, a súa falla de sintonía cunha parte da afiliación e dos cadros da formación é clara. Mesmamente, fontes populares explican o descenso de voto das pasadas eleccións locais como consecuencia da "política de brazos caídos" de sectores da militancia contrariados co seu estilo. "A ourensanía non chega para gañar eleccións", sinala un vello militante do PP. As discrepancias con Baltar e as reunións que están mantendo algúns destes alcaldes críticos son unha expresión da debilidade do barón popular. Precisamente, xorden após diversos procesos electorais onde o PP retrocede na circunscrición e tras unha tentativa de moción de censura promovida desde as filas do PSOE, que ten obrigado Baltar a pactar con Gonzalo Pérez Jácome, apoiándoo no concello, e na Deputación coa antiga representante de Ciudadanos Montse Lama, na pasada lexislatura deputada do PP e concelleira en Xinzo de Limia. Segundo diversas fontes, o pacto de Baltar con Lama anticipa o retorno desta ao PP. A organización local do PP de Ourense representa outra fronte aberta para Baltar. A cidade é a tradicional pedra no zapato da clan Baltar, onde historicamente os cabezas de cartel dos populares resisten o control do mandatario da Deputación. A propia situación do grupo municipal na cidade, co ex alcalde, Jesús Vázquez, e a portavoz, Flora Moure, -ambos os dous próximos a Feixoo- confrontados ao barón provincial é un exemplo doutra ferida interna, agrandada pola necesidade de garantir a maioría a Jácome. Feixoo, o avalista de Baltar A Deputación é o pau de palleiro sobre o que o PP articula o control político da circunscrición de Ourense. É a ferramenta política empregada desde décadas polo clan Baltar para asentar unha sorte de réxime orientado a perpetuarse no poder e que ten posibilitado aos populares as súas maiorías na Galiza. En definitiva, manter o seu Goberno é unha cuestión central para o propio Feixoo, avalista necesario en todas as decisións de Baltar. |
NOS_39083 | "Quedaron de manifesto as circunstancias de Garzón, que non foi formado, que non circulou nunca pola vía 1 nas condicións do accidente e que tampouco o formaron no tren que ía circular, senón nunha locomotora illada", dixo o avogado do maquinista, Manuel Prieto. | Tanto o avogado do maquinista do Alvia, Manuel Prieto, como o da Plataforma de Vítimas, Manuel Alonso Ferrezuelo, censuraron esta quinta feira a posposición até a próxima quinta, día 13, da declaración do ex alto cargo de Adif imputado no xuízo, Andrés Cortabitarte, porque consideran que así gaña "tempo" para preparar a súa intervención. En concreto, ao concluír a declaración do maquinista, Francisco José Garzón, a defensa de Cortabitarte solicitou pospor a súa —que estaba prevista para esta mesma quinta feira—, alegando o golpe que lle propinara na cuarta o pai dunha das vítimas mortais á saída da sesión de cuestións previas. A xuíza, Elena Fernández Currás, accedeu a esta petición "para que poida reporse" tras este incidente. [VÍDEO] Tensión na saída de Andrés Cortabitarte do xuízo: "Tes as mans manchadas de sangue" O avogado de Garzón, Manuel Prieto, en declaracións á prensa ao concluír a segunda xornada do xuízo, queixouse de que o outro acusado "sacase isto", en alusión á agresión. "Protestei e díxenlle [á xuíza] que se [Cortabitarte] ía facer isto e se sabía desde o principio, que se deixasen as dúas declaracións para o próximo día", criticou. Prieto recoñeceu que ao ex responsábel de Seguridade de Adif non lle facía falta presentar ningún parte de lesións porque "a agresión ou o toque" que lle propinou o pai dunha das vítimas foi "público" e está gravado polos medios. Con todo, deduciu que, logo do testemuño achegado polo maquinista, os representantes de Cortabitarte "necesitan tempo para preparar outra declaración que a que tiñan xa preparada". Para a defensa de Garzón, Cortabitarte "quere ter vantaxe" pero "vaille valer de pouco", porque "o tema está moi claro". Pospoñen a declaración do ex director de Seguridade de Adif para que "poida reporse" do golpe na cabeza que lle deu unha das vítimas Así, destacou a declaración do seu defendido: "Quedaron de manifesto as circunstancias de Garzón, que non foi formado, que non circulou nunca pola vía 1 —formárase pola vía 2— nas condicións do accidente e que tampouco o formaron no tren que ía circular, senón nunha locomotora illada". Prieto mostrouse "satisfeito" porque as palabras do maquinista deixaban clara "a carencia e a orfandade das medidas de seguridade" na infraestrutura. "Gaña unha semana" Na mesma liña, Manuel Alonso Ferrezuelo, avogado da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155, lamentou que a defensa de Cortabitarte busque "aproveitar unha circunstancia" que, aínda que "nunca" vai xustificar, permítelle "gañar unha semana para preparar a conciencia a súa declaración en función do que declarou Garzón". O maquinista, subliñou o letrado, "deu datos moi precisos sobre a sinalización na vía". "E aí é onde está, para nós, parte da responsabilidade do señor Cortabitarte", engadiu. Alonso Ferrezuelo insistiu en que a declaración do ex alto cargo de Adif "podía facerse mañá [por esta sexta feira], que para iso estaba o día habilitado" de acordo co calendario. Pero a xuíza, sen acordalo "con ninguén", decidiu deixala para o día 13. Preguntado sobre se o maquinista, na súa comparecencia desta quinta, eludira asumir o seu propio erro —"Non puiden evitalo", chegou a asegurar Garzón—, o avogado das vítimas explicou que el recoñece isto "desde o momento que dixo que se desubica" mentres manexa o convoi. O maquinista do Alvia sinala o ex ministro do PP Jorge Fernández Díaz como responsábel da súa detención "Entón, como na vía non hai nada que lle indique que ten que reducir a velocidade, el fíxose a si mesmo unha referencia e con esa chamada [co interventor de Renfe] perdeuse esa referencia", resumiu. Por iso, Alonso Ferrezuelo recalcou que o maquinista "vai cumprindo cos sinais" que hai instalados. "Niso non se lle pode dicir nada. Que non cumpre co libro de velocidades? Por suposto, por iso o imputamos e imos pedir a súa condena", recoñeceu finalmente. Tamén o presidente da plataforma, Jesús Domínguez, concluíu que o ex responsábel de Adif o que conseguiu é "gañar tempo e que se poña de vítima con 80 mortos", algo que "é lamentábel". "Onte [pola cuarta feira] houbo un lapote e non se pode permitir, é intolerábel, pero alguén que perdeu á súa filla... Hai que porse na súa pel. Eu falei con el e pediu perdón. Nós pedimos perdón por un lapote e esta persoa, con 80 mortos, con todo o que sabemos, coa cadea de chapuzas e neglixencias que fixo, non se dignou a pedir perdón", censurou. O avogado do maquinista do Alvia sinistrado en Angrois acusa Renfe de "pasar do seu empregado" Para Domínguez, "o máis importante" da intervención de Garzón é que "se demostran unha vez máis as présas que houbo por inaugurar" a liña de alta velocidade e que a formación que recibiu o maquinista "foi pola vía 2, na que o semáforo estaba en amarelo" e na que "o accidente nunca ocorrería". "Unha vez máis pediu perdón. Nós somos un colectivo con todo tipo de sensibilidades. Haberá xente que o perdoe e haberá xente que non, é un tema que eu non podo valorar", sentenciou Domínguez, preguntado polas palabras de perdón pronunciadas polo maquinista. |
NOS_33132 | Segundo os dados que vén de facer públicos o Ministerio do Interior, un total de 1.127 mulleres foron violadas no Estado español durante o 2015, o que significa que cada día teñen lugar unha media de algo máis de tres violacións. | Os últimos dados do Ministerio do Interior apuntan a que en 2015 tiveron lugar 1.127 violacións de mulleres no conxunto do Estado español –non existen dados clasificados por territorios—, o que significa que cada día tres mulleres foron violadas. As últimas cifras eran as de 2014, cando o número de violacións ascendera a 1.239. A respeito do balanzo de violacións ao longo da lexislatura de Mariano Rajoy á fronte do Goberno, o ministro de Interior en funcións, Jorge Díaz, presumiu dun descenso do 19%. "Cada violación é incualificábel, é unha traxedia, pero comprácenos que esta tipoloxía tan abominábel experimentara un descenso", apuntou na presentación dos dados relativos aos últimos catro anos. O da violación é o menor descenso do conxunto de tipoloxías penais asociadas á criminalidade Aínda que o Ministerio do Interior destacara a caída no número de violacións, trátase do menor descenso do conxunto de tipoloxías penais asociadas á criminalidade. Así, segundo os dados da comparativa coa fin da anterior lexislatura –que foron as cifras ofrecidas por Interior—, mentres as violacións caeron un 18,9%, os homicidios baixaron un 21,3%, os delitos contra a orde pública, un 25,4%, os roubos con violencia e intimidación, un 25,9% e o roubo de vehículos, un 30,9%. O ministro do Interior apuntou que a loita contra as violacións require dun "protocolo específico" e asegurou que o departamento, cando o seu mandato se atopa en funcións, "está traballando nese ámbito". A polémica dos consellos contra as violacións Precisamente, na lexislatura que remata o Ministerio do Interior viviu unha forte polémica relacionada coas violacións. E é que na súa páxina web recollía uns "consellos" que responsabilizaban a muller das violacións. Entre os "consellos" de Interior atopábanse "mercar un asubío para escorrentar o delincuente", "non entrar nun ascensor con estraños", "botar as cortinas para evitar miradas indiscretas" ou "non facer auto stop". Após a vaga de protestos, o Ministerio do Interior saíra ao paso advertindo de que eses "consellos" foran elaborados pola Garda Civil había dez anos, cando Alfredo Rubalcaba era ministro do Interior. O departamento de Fernández Díaz comprometérase entón a "actualizar" os consellos. Porén, desde o ano en que estoupara a polémica, o 2014, non se volveu saber dos consellos e a páxina web para a prevención da violación está desactivada. |
NOS_30014 | A Policía Municipal de Vigo paralizou onte á mañá os traballos que se estaban a desenvolver en varias fachadas da rúa Elduayen, dentro das actuacións previas para o soterramento do tránsito rodado mediante un túnel entre esta vía e a de Policarpo Sanz incluído no ambicioso proxecto de peonalización da Porta do Sol. | A actuación policial foi resultado da chamada de varias persoas propietarias de pisos nesta rúa, ante os traballos que a empresa encargada estaba a realizar nas fachadas de varios dos seus edificios para instalar sensores, e sen contar co seu permiso. "Estaban a taladrar nos edificios desde unhas plataformas elevadoras sen autorización e sen ter tampouco permiso das veciñas", censura Rute Pallares, residente nesta rúa, quen salienta que os inmóbeis "atópanse dentro da zona Pepri (o plan especial da Cidade Vella), nun ámbito con consideración BIC (Ben de Interese Cultural), e que están protexidos por Patrimonio". Como advirte Santiago Vidal, propietario dunha das vivendas da rúa Elduayen e membro da asociación pola defensa do Vigo Histórico, o seguinte paso será trasladar o Atestado policial levantado onte ao xulgado. "E se volven intentar tocar as nosas fachadas, volveremos avisar á Policía", avanza. Pola súa banda, o Concello asegurou onte que "en ningún caso se realizou perforación algunha en fachadas" e que se limitou a colocar sistemas de vixilancia e seguridade "que xa figuran como requisito no propio proxecto para o control das edificacións" aproveitando perforacións xa existentes. "A gran praza da cidade de Vigo" A chamada á Policía paralizou as actuacións nos edificios de Elduayen, aínda que non as da calzada e das beirarrúas, que continúan, dentro da planificación das obras que inclúe o proxecto,"seguramente, a obra civil simbolicamente máis importante que se fixo nunca en Vigo", segundo a cualificaba esta terza feira o alcalde, Abel Caballero, durante o acto para a colocación da primeira pedra. Se o Concello salienta que o soterramento do tráfico e a humanización do centro histórico resolverá unha "lagoa histórica" da cidade ao dotala da "gran praza" cidadá da que carece actualmente, para Vigo Histórico as obras, nin se están a facer seguindo os procedementos, nin están ben planificadas nin xustificadas. "Non somos do 'non polo non' ás obras, pero queremos que sexan coherentes e, neste caso, entendemos que o túnel non é necesario", estima Vidal, quen prioriza un plan para retirar o tránsito en superficie de forma paulatina e coordinada, sen necesidade dunha obra de tal impacto. A asociación chegou presentar o ano pasado un recurso contra a adxudicación do proxecto diante do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Galiza (o TacGal) polos prexuízos ambientais e económicos do plan de soterramento, se ben este foi inadmitido por non tratarse dunha das licitadoras no procedemento. "Fálannos moito da pegada de carbono, da transición ecolóxica, pero o alcalde gabouse de que o túnel vai servir para fluidificar o tráfico, e iso significa que vai atraer máis tráfico, é un contrasentido", censura o intergrante de Vigo Histórico, e avanza que a entidade presentará un recurso contencioso administrativo ante a "total falta de respostas e incumprimentos" por parte do Goberno municipal coa veciñanza. |
NOS_41194 | Campaña da área de Cultura da Deputación da Coruña co protagonismo de artistas, profesionais do sector e cidadanía para defender que a cultura "constrúe unha sociedade viva". Vídeo no interior. | O mundo da cultura é dos que máis forte está a sufrir o impacto da pandemia do coronavirus. Un impacto que non se cinxe só no eido laboral, con miles de profesionais afectados, senón en canto á cultura como dereito social, como alierce dunha sociedade. A nova campaña de promoción da área de Cultura da Deputación da Coruña quere ser un apoio cunha mensaxe clara: o dereito social de acceso á cultura, "a cultura é un dereito". Con este obxectivo, o proxecto contou coa participación dun amplo grupo de artistas e profesionais de distintos ámbitos culturais que poñen voz á mensaxe que se dirixe a apoiar o sector e a o dereito social de acceso a cultura, en calquera situación. O actor teatral e director, Quico Cadaval, e o grupo de música Pesquedellas sobre o escenario do Teatro Colón da Coruña é o punto de inicio do vídeo que se difunde nas redes sociais. A seguir, persoas e grupos de distintos ámbitos da cultura participan no vídeo que traslada unha mensaxe de ánimo ao sector e da necesidade de que a cultura continúe vive nun momento en que as limitacións impostas pola Covid está a "cancelar" grande parte da actividade ao vivo nos últimos meses. Ademais de Quico Cadaval, a actriz Isa Risco e o actor Miguel Pernas do ámbito das artes escénicas; os directores Alfonso Zarauza e Lois Patiño, a muralista e ilustradora Lidia Cao e a deseñadora gráfica Isabel Vila; Pesquedellas e Xacarandaina da cultura tradicional e popular ademais do Coro Cantábile; a directora da MICE, Ana Estévez, a música Belén Bermejo ou a Escola Unitaria como proxectos de xestión culturais, o grupo musical Verto ou Isma e Suso de Toro, Antía Yáñez e Antón Lopo desde a escrita literaria compoñen a nómina de participantes no vídeo promovido pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A mensaxe que ser quer trasladar é a de que a cultura constrúe unha sociedade viva, dinámica, consciente, orgullosa da súa identidade e sabedora do seu potencial. "Ao noso ver, a cultura é fundamental para a sociedade, é un dereito para todos e todas e tamén un sector de especial relevancia non só para a economía do país senón tamén para a nosa calidade de vida", sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto. |
NOS_54836 | A taxa de positividade repunta ao 3,4% no conxunto da Comunidade galega e os casos activos baixan a 2.744. | Galiza chega ao ecuador desta semana cun lixeiro aumento dos novos contaxios de Covid-19 a 128 -doce máis que a xornada anterior- e un alivio na presión hospitalaria cun descenso a 162 dos ingresados -14 menos-, mentres que os casos activos reducíronse a 2.744. Segundo os datos actualizados na mañá desta cuarta feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas deste martes, aínda que aumentaron a 38 os pacientes Covid en UCI en Galicia -un máis- se reduciron a 124 os que permanecen noutras unidades -15 menos-. Por áreas sanitarias a presión hospitalaria redúcese en seis das sete, xa que unicamente increméntase lixeiramente na de Lugo, onde hai un paciente en UCI -un menos- e nove noutras unidades -dous máis-. Os casos activos de Covid volveron descender tras o lixeiro incremento da xornada anterior despois de cinco consecutivas en descenso e sitúanse en 2.744, que implican 61 menos, ao haber máis altas (185) que contaxios (128), aos que se engaden catro falecementos. Por áreas sanitarias as infeccións activas deste coronavirus redúcense en seis: Vigo (-26), Pontevedra e O Salnés (-21), Lugo (-10), A Coruña e Cee (-7), Ferrol (-3) e Ourense (-2), mentres que aumentan na de Santiago e Barbanza (+8). En canto aos novos contaxios de Covid-19 incrementáronse de novo até os 128 , tras iniciar esta semana con 107 e rexistrar 116 esta terza feira, o que supón unha ducia de infeccións máis. Do total, 108 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas -tres máis que a xornada anterior- dos que 29 corresponden á área da Coruña e Cee; 28, á de Santiago e Barbanza; 19, á de Vigo; 11, á de Lugo; 10, á de Ourense; nove á de Pontevedra e O Salnés; e dous, á de Ferrol. Pola súa banda, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- repuntou a un 3,4% n, após se manter por baixo do 2% desde o inicio da semana. No entanto, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. A última vez que Galiza excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro. As persoas falecidas diagnosticadas de Covid-19 ascenden a 2.409 despois de notificar esta terza feira a Consellería de Sanidade a morte de catro persoas. |
NOS_36366 | A viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, reuniuse no Parlamento cunha delegación da Plataforma galega en defensa do ensino público | A viceportavoz nacionalista, Olalla Rodil, e unha representación da PGDEP (Plataforma galega en defensa do ensino público) mantiveron unha xuntanza na que a Lomce e as reválidas foron dúas das cuestións principais. A deputada nacionalista afirmou a "disposición absoluta" do BNG para sumar esforzos e traballar de cara a lograr a derrogación destas probas. Neste sentido, apuntou, na xuntanza acordouse que o BNG instaría Parlamento e Goberno a mover ficha a raíz do anuncio feito por Mariano Rajoy na sesión de investifura e no que dixo que as reválidas ficaban sen efectos académicos. "Debemos traballar para que o goberno galego adquira o compromiso para intentar resolver a situación canto antes", manifestou Rodil, que incidiu na situación de "indefensión" na que ficaba o alumnado que na actualidade estuda segundo de bacharelato, que se "atopa nun limbo", pois "non teñen nin idea" de cal vai ser a proba que os examine para acceder universidade. "Non saben cal vai ser a nota de corte ou como vai ser a avaliación". Desde a Plataforma protagonizaron nestas semanas diferentes iniciativas e accións para pedir a derrogación da Lomce e as reválidas. Anxo Louzao, da CIG-Ensino e da PGEDEP, tense manifestado en termos moi crítico coa Consellaría de Educación, á que ten cualificado como unha administración "submisa" aos mandatos do Ministerio de Educación. A Plataforma considera que as reválidas "supoñen un prexuízo para o alumnado e atenta contra a igualdade de oportunidades porque os máis afectados serán os alumnos e alumnas das clases populares, que terán máis dificultades para acceder a niveis superiores no sistema educativo". Libre elección Rodil tamén defendeu que deben ser garantidas as materias de libre elección para que na escolla das mesmas "ningún ou ningunha estudante se vexa obrigado a elixir relixión", e explicou que nalgúns centros hai alumnos que deben optar por esta materia para completar as horas preceptivas. Criticou que a aplicación da LOMCE diante do decreto do plurilinguismo repercute moi negativamente nas horas impartidas en lingua galega polo que reclamou a derrogación do Decreto. A parlamentaria e a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público defenderon "a gratuidade do ensino público, dos libros de texto, comedores escolares e transporte escolar" |
NOS_51192 | As chaves principais do conflito aberto no mar da China | Nas últimas semanas, a sucesión de exercicios militares, visitas de políticos estranxeiros á illa e unha alianza para expandir cara aos Estados Unidos a industria de semicondutores taiwanesa, está a xerar un alto grao de tensión no estreito de Taiwán que repunta periodicamente, desde Nós Diario ofrecémosche as chaves principais dos acontecementos. Recoñecemento internacional En 1949, o Partido Comunista gañou a guerra civil chinesa e fundou a República Popular China, acabando as forzas do conservador Kuomintang de Chiang Kai-shek fuxindo cara á illa de Taiwán, onde mantiveron o nome de República de China. Pouco despois, os Estados Unidos enviaron a súa Armada ao estreito, o que permitiu que Chiang mantivera o poder, e sostiveron a representación internacional de Taiwán, que ocupou o asento chinés na Organización das Nacións Unidas (ONU) e no Consello de Seguridade até 1971. Naqueles anos, a política de Taipei obrigaba a non recoñecer a República Popular para poder ter relacións con eles, o que agora aplica Beijing baixo o nome de política "dunha soa China". Na actualidade, apenas 14 Estados recoñecen Taiwán, máis as súas relacións políticas informais e os vencellos comerciais atinxen arredor de 70 Estados máis. Periodicamente, as autoridades de Taipei reclaman a súa integración na ONU, como fixeron nas últimas xornadas, facendo un chamamento a participar na Asemblea Xeral da entidade, que decorrerá a semana que vén. Así e todo, o dereito de veto de Beijing no Consello de Seguridade fecha a porta a calquera recoñecemento da institución. Autonomía Aínda que Taiwán de facto exerce como un Estado soberano, a illa non proclamou a súa independencia do continente, o que está considerado como unha liña vermella pola República Popular e que avalaría unha intervención militar. Para a China, a illa é un ente autónomo e fixa a reunificación como un obxectivo irrenunciábel, sen descartar se fose preciso a vía militar, mais salientando a preferencia por un acordo semellante ao que teñen Macao e Hong Kong, denominado "un país, dous sistemas", e que lles garante manter o seu sistema político e económico até 50 anos despois da integración no país. No que respecta a súa política interna, o Kuomintang é máis proclive á posibilidade dunha reintegración da illa co continente, e mantén xuntanzas periódicas con Beijing. Non obstante, a forza que lidera a coalición gobernante é o Partido Progresista Democrático, partidario da independencia e máis ligado á poboación orixinaria, mentres que o poder do Kuomintang, que non permitiu máis partidos políticos até finais da década de 1980, construíse arredor dos chineses que chegaron do continente con Chiang. Semicondutores Os dispositivos semicondutores son imprescindíbeis para o funcionamento dos aparellos electrónicos, e reciben ese nome dos materiais semicondutores, que permiten ou bloquean o paso de electricidade. A principal empresa do sector é a Taiwan Semiconductor Manufacturing Company (TSMC), que controla 54% do mercado mundial. Outras empresas elevan a cota de mercado da illa no sector a 63%, recolle TrendForce. Entre a China, Taiwán e Corea do Sur acumulan 87% do mercado, nunha industria moi dependente dos pescozos de botella do comercio mundial, pois require un alto grao de interconexión ao precisar múltiples compoñentes e tecnoloxías. Con todo, TSMC está a construír en Arizona a súa primeira planta fóra de Taiwán, após chegar a un acordo con Washington, que non quería depender da situación política na illa para obter uns dispositivos que precisa. Esta industria é a principal baza de Taipei. O papel dos Estados Unidos Malia aceptar formalmente a política dunha soa China, a falta de relacións oficiais non impide que os Estados Unidos sexan o principal provedor de armamento de Taiwán. A comezos de mes, aprobou unha nova venda por valor de 1.100 millóns de euros, "apoiando os continuos esforzos do destinatario para manter unha capacidade defensiva críbel", incidiu o Departamento de Estado. A nivel xeoestratéxico, os EUA tratan de impedir o control de Beijing no mar da China e no océano Pacífico, atando alianzas con países como Filipinas, o Xapón ou Corea do Sur e negándose a confirmar se no caso dun ataque chinés defenderían Taiwán. As visitas dos seus políticos tamén xeran o enfado de Beiijng, que, despois da chegada de Nancy Pelosi (presidenta da Cámara de Representantes dos EUA e a primeira visitante de alto nivel desde 1997) o 2 de agosto, iniciou exercicios militares que supuxeron un bloqueo na práctica da illa, chegando os mísiles chineses a sobrevoar a capital taiwanesa. Porén, desde esa data cinco delegacións máis con políticos e gobernadores estadounidenses foron a Taipei, ao multiplicar as autoridades o número de convites a delegacións estranxeiras, aceptados por parlamentarios de Estados como Francia, que estiveron a semana pasada na illa. A finais do ano pasado, Tsai Ing-wen, presidenta de Taiwán, recoñeceu que os militares dos EUA están a adestrar o seu Exército. |
PRAZA_17213 | O festival non rexistrou ningunha denuncia nas doce edicións celebradas. Haberá carteis con información, puntos de referencia aos que acudir e formación específica para a Policía Local | O Resurrection Fest reúne todos os anos ao redor de 90 mil persoas nas súas catro xornadas, cun máximo de 30 mil asistentes nos seus días de maior afluencia. Na súa edición número 13 o Concello de Viveiro porá en marcha un protocolo para evitar agresións sexuais a mulleres, unha política que festivais de toda Europa están poñendo en marcha. Cómpre salientar, iso si, que o evento non rexistrou ningunha denuncia de agresión sexual nas doce edicións celebradas ata agora. E búscase que non haxa motivos para estas denuncias. Haberá carteis con información, puntos de referencia aos que acudir e formación específica para a Policía Local Entre outras medidas, o Concello difundirá carteis con informacións e recomendacións, establecerá puntos de referencia aos que acudir en caso de que se produza algún tipo de agresión ou situación de acoso e, ademais, levará a cabo unha formación específica nesta cuestión para os axentes da Policía Local. O festival comezará o vindeiro 11 de xullo, rematando o sábado 14 de xullo, con Kiss, Scorpions, Prophets of Death, Stone Sour, Ghost ou Megadeth como nomes máis destacados. O pasado ano o festival sueco Bråvalla anunciou a suspensión da súa edición 2018, despois de rexistrar 23 agresións sexuais na súa edición do pasado verán. En paralelo abriuse un gran debate en moitos dos grandes festivais do continente e varios deles comezaron a aplicar protocolos para evitar violacións e acosos. Citas coma o BBK Live, o Sónar ou o Primavera Sound de Barcelona xa o fixeron. En concreto, o Primavera sumouse á iniciativa "No Callem" posta en marcha polo Goberno municipal da capital catalá, instalando un stand informativo e de atención no recinto do fextival e implementando persoal itinerante en tarefas de información e detección de posibles casos. |
NOS_9343 | Rego reclama o rescate de Alu Ibérica ao tempo que Formoso pide "solucións" perante a negativa do Goberno estatal a aceptar a entrada da SEPI na empresa. | O presidente do comité de empresa de Alu Ibérica, Juan Carlos López Corbacho, reuniuse esta segunda feira xunta representantes do comité co secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG), Valentín González Formoso, e co deputado no Congreso do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego. Durante a xuntanza, o comité de empresa reiterou a súa proposta de que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) se faga cargo da compañía. O seu presidente reclamou "valentía" ao Goberno estatal que encabeza Pedro Sánchez (PSOE), para que a SEPI asuma a xestión da planta cando menos de maneira temporal. "Quen non conte co persoal vén a especular cos activos", declarou no que atinxe aos potenciais investidores. Tras finalizar o encontro, Formoso pediu "solucións" á Xunta e ao Ministerio de Industria para garantir a viabilidade da planta da compañía na Coruña, laiándose de "incertezas absolutas e falta de compromiso e de calidade" que viven os traballadores. "Como país non nos podemos permitir perder esta factoría", concluíu. Tamén propuxo acadar un prezo da enerxía "sostíbel para a produción e a viabilidade da planta" da man dun investidor "solvente". A pesar disto, é o Goberno estatal presidido pola mesmo formación política á que pertence Formoso o que se nega a impulsar a entrada da SEPI na factoría, fechando a porta a calquera opción que non sexa a entrada dun novo investidor. Pola súa parte, Rego exixiu o "rescate" da planta por parte do Estado, cualificando como "unha irresponsabilidade" abandonar este sector, e reiterou que demandarán a intervención da planta. "A SEPI ten que facerse cargo da planta aínda que sexa de maneira temporal", destacou o deputado nacionalista. |
NOS_3792 | A candidata de Nueva Mayoría obtivo máis do 60% dos votos na segunda volta das presidenciais. O nivel de abstención alcanza índices históricos e situouse no 59%. Segundo a xa nova presidenta, os seus retos sitúanse na reforma tributaria, a reforma da Constitución e a reforma do sistema educativo chileno. | Máis da metade da poboación non foi votar. O 59% do electorado chileno ficou na casa este domingo (15 de decembro) e non acudiu ás urnas para tomar parte da segunda volta das eleccións presidenciais. O índice de participación máis baixo desde o final da ditadura en 1990. Porén, Chile xa ten nova presidenta. Con máis do 62% dos votos emitidos válidos, Michelle Bachelet será a nova xefa de Estado durante os vindeiros 4 anos. A candidata da coligación Nueva Mayoría e favorita segundo todos os inquéritos regresará ao Palacio de la Moneda para gobernar con tres grandes obxectivos no albo, asegurou no seu discurso após anunciarse o resultado dos comicios. Unha reforma da Constitución, a reforma tributaria e a reforma do sistema educativo. Bachellet, do Partido Socialista de Chile e filla dun xeneral asasinado durante a ditadura de Augusto Pinochet, regresa así á primeira liña política do seu país e recupera o poder após o seu primeiro mandato entre 2006 e 2010. Durante os últimos anos foi responsábel de ONU Mulleres. |
NOS_41424 | O ex-tesoureiro do PP di que tamén foi decisión de Rajoy a de manterlle despacho, secretaria e coche oficial; e que en 2010 entregou nun sobre ao presidente 25.000 euros procedentes de Pontevedra | O ex-tesoureiro do PP, Luís Bárcenas, afirmou na súa declaración do 15 de xullo perante o xuíz Ruz que foi o propio Mariano Rajoy quen acordou manterlle o salario de 20.000 euros mensuais 'sine die', non só tras a súa imputación xudicial, senón mesmo cando xa fora afastado do Partido Popular. A Cadea Ser tivo acc3eso a estas declaracións de Bárcenas, nas que tamén o ex-senador popular afirma que tamén foi decisión de Rajoy manterlle o coche oficial, o despacho en Génova e a secretaria. Segundo sempre a versión do ex-tesoureiro do PP que apunta a Ser, Bárcenas sinalou ante o xuíz que estas decisión adoptáronse nunha reunión na que, ademais del e de Rajoy, tamén estaba presente o ex-secretario xeral do PP, Javier Arenas. Bárcenas afirmou tamén que Mariano Rajoy era coñecedor da contabilidade en B que se estaba a levar a cabo no Partido Popular e de que o 95% das persoas que doaban cartos ao PP eran contratistas coa administración. Iso incumpría a lei de financiamento de partidos, algo que o propio Bárcenas recoñece perante o xuíz que eran conscientes que estaban a facer. 25.000 euros de Pontevedra Bárcenas tamén asegurou que en marzo de 2010 entregou 25.000 euros a Rajoy procedentes de Pontevedra "no despacho do presidente", nun "sobre marrón co seu nome", e outros 25.000 a María Dolores de Cospedal, "en el no despacho dela no Senado". |
NOS_7717 | Nada en Madrid mais afincada na Galiza desde hai sete anos, a bióloga especializada na conservación da fauna e da natureza Sandra Goded estudou os efectos negativos da proliferación de monocultivo de eucalipto na comarca onde reside, a da Ulloa. "Era necesario facelo", considera. | De onde xorde esta investigación? O meu vínculo coa Galiza é grande. Levo 15 anos vindo todo o que podo e desde hai sete, vivindo na comarca da Ulloa. Cada vez que viña, vía como ía cambiando a paisaxe, cunha cada vez maior cantidade de monocultivo. Parecíme un tema demasiado importante para os poucos estudos que hai dos efectos que ten este cambio da paisaxe enorme sobre a biodiversidade. Como desenvolveu o traballo? O estudo formou parte da miña tese de doutoramento e baseouse na comparativa da riqueza de especies entre bosque autóctono e monocultivos de eucalipto. Fíxeno na Ulloa por ser onde vivo e porque aquí o cambio nótase día a día. As plantacións de eucalipto chegaron máis tarde que a outras zonas da Galiza. O traballo de campo supuxo visitas a 28 pares de parches (extensións de terreos dun mínimo de 10 hectáreas), 14 de monocultivo e outros 14 de bosque autóctono próximas para comparar. Cales foron as principais conclusións? Que existe unha gran diferenza de biodiversidade, non só en canto a cantidade e abundancia de especies, senón tamén de diferenza de especies. As plantas e aves "forestais", que precisan o bosque, concéntranse nel, porque os eucaliptais non teñen as características axeitadas: as aves non poden aniñar, non teñen insectos... Ademais, a xestión do eucalipto, con cortas cada 10 ou 15 anos, tamén fai desaparecer a biodiversidade. Que consecuencias ten esa perda de biodiversidade que supón a extensión de eucaliptais? Moitísimas. No curto prazo, sobre todo, o desprazamento das especies forestais cara aos redutos de bosque autóctono. A medio e longo prazo, ao haber menos bosque, as especies estarán en perigo ou desaparecerán. O problema é que moitas das aves das que falamos son insectívoras, grandes controladoras de moitísimas clases de insectos. Se nada os controla, a súa superpoboación pode ter consecuencias graves, sobre todo na agricultura. Este é un efecto, hai outros moitos. Existe unha afectación moi grave para a mudanza climática porque está demostrado que as plantacións de eucalipto absorben 40% menos de CO2 atmosférico que, poñamos, as carballeiras. E isto ten implicacións para todos e todas nós. Esas implicacións, teñen relación con epidemias como a que estamos a vivir? Ten moito que ver. Para empezar, pola sobreexplotación do medio ambiente; nesta pandemia, para consumo de especies salvaxes como é o pangolín, onde parece estar o vínculo co ser humano. O problema é o comercio e consumo masificados. Hai, ademais, causas indirectas: o acceso a un produto que vén do outro lado do planeta fai que unha enfermidade poida expandirse a esta velocidade. Noutras epidemias, como o ébola, a deforestación tivo un papel crucial, ao facer máis accesíbeis os animais salvaxes. A globalización e a forma na que explotamos a natureza métenos cada vez máis dentro e somos cada vez máis vulnerábeis, porque temos contacto directo con especies coas que non coexistiríamos. Ademais, existen moitas especies que controlan a propagación de pragas. Ao meter man aí, removemos todo e destruímos o equilibrio. E a quen afecta é a nós. Ten o eucalipto efectos económicos aquí na Galiza? Hai consecuencias económicas e sociais. A rendibilidade dun eucaliptal ao propietario é moito menor do que daría unha carballeira ou un souto de castiñeiros ben xestionados. O beneficio non vai para el. Tamén está o tema estético, do cambio de paisaxe e da autoidentificación dunha cultura coa súa paisaxe. As culturas desenvólvense moi ligadas a ela e cando se perde esa cultura relacionada coa paisaxe, pérdese un pouco o sentido. Pódese reverter esta perda? Aínda é posíbel, si, pero hai que empezar, desde xa, a través da educación. No económico, quero pensar que o avance do monocultivo vai reverter polo seu propio peso. A sobreprodución é tal que acabará desvalorizándose, como pasou outras veces. Estamos diante dunha burbulla do eucalipto? Iso é. Como a burbulla inmobiliaria. Demasiado apostar na mesma carta e con tan pouco beneficio para quen aposta, porque non é quen leva a ganancia. |
NOS_25220 | Nas últimas horas os casos activos aumentaron en 16. | Os casos activos de coronavirus na Galiza continúan en liña ascendente e xa son 375 os rexistrados,16 máis que na xornada de onte. A área sanitaria da Coruña representa 40% do total destes casos no noso país A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 375,. Deles 150 son da área da Coruña (7 máis ca onte), 71 da de Lugo, 28 da de Ourense (+2), 29 da de Pontevedra (1 máis), 67 da área de Vigo (3 máis), 26 da de Santiago (+2), e 4 da de Ferrol (+1). Do total de pacientes positivos, 2 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 358 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.318 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 255.305. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza, anidade informa que hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas. |
NOS_31000 | A Asemblea Nacional do PNV elixiu esta mañá a Andoni Ortuzar novo presidente do PNV. Xornalista e sindicalista (foi presidente do Comité de Empresa de Deia), era desde Xaneiro de 2008 presidente do Bizkai Buru Batzar, a executiva biscaíña de EAJ-PNV. | Ortuzar - quen tamén foi director xeral da Euskal Irrati Telebista, a radio e televisión públicas de Euskadi- sucede a Urkullu, actual lehendakari, na lóxica bicéfala que rexe ao Partido Nacionalista Vasco na súa cúspide dirixente. Nas súas primeiras declaracións como líder do partido, Ortuzar afirmou esta mesma mañá que o actual modelo de Estado "non vale nen para Euskadi nen para Catalunya", polo que cumpriría facer "outro mellor e canto antes". O presidente do PNV mostrou a súa disposición ao diálogo co Estado español, mais a partir de dúas premisas básicas: "O respeito á bilateralidade e o recoñecimetno da identidade nacional basca e do seu dereito a decidir". |
PRAZA_3685 | Calcúlase que 1.200 persoas dormen habitualmente na rúa en Galicia, unha cifra que Cáritas duplica. Ademais dos albergues, que deben permanecer abertos, concellos coma A Coruña, Lugo, Vigo ou Vilagarcía abriron pavillóns deportivos para aloxar estas persoas. | "Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para a realización das seguintes actividades...". O Real Decreto 463/2020 do pasado 14 de marzo obriga a toda a cidadanía a permanecer nas súas vivendas, agás para a realización puntual dun número reducido de actividade. Pero que pasa coas persoas que non teñen vivenda? Que pasa coas ao redor de 1.200 persoas sen fogar que se calcula que existen en Galicia (unha cifra que Cáritas duplica)? E que pasa, ademais, coas moitas outras persoas que habitan infravivendas, incómodas, insalubres e moi pouco axeitadas para pasar un confinamento?Que pasa coas ao redor de 1.200 persoas sen fogar que se calcula que existen en Galicia (unha cifra que Cáritas duplica)? E que pasa, ademais, coas moitas outras persoas que habitan infravivendas?Varias administracións puxeron en marcha nos últimos días instalacións e dispositivos para atender as persoas sen teito ás que nestes días a lei non lles permite permanecer (e durmir) na vía pública. Na Coruña o Concello habilitou o pavillón deportivo de Riazor como albergue, ofrecendo aloxamento, duchas e comida para 35 persoas con posibilidade de aumentalas ou de habilitar máis espazos se for preciso. O espazo está dispoñible as 24 horas do día e ofrece ademais almorzo, comida e cea a quen o necesite, ademais de produtos de hixiene. O Exército cedeu as liteiras que foron instaladas o pasado sábado. Na Coruña o Concello habilitou o pavillón deportivo de Riazor como albergue, ofrecendo aloxamento, duchas e comida para 35 persoasNestas instalacións está tamén a colaborar a Xunta e mais a Cruz Vermella, destacando a Consellería de Sanidade que "as persoas sen teito supoñen un colectivo especialmente vulnerable a padecer enfermidades infecciosas, unha situación especialmente preocupante no referido ao Covid-19. A Concellería de Benestar Social sinala que en todo momento se gardarán as medidas de seguridade e prevención decretadas polo Estado. Así mesmo, persoal do Sergas realiza unha triaxe a todas as persoas que accede e, ademais, unha vez dentro tómalles a temperatura e controla o seu estado cando menos dúas veces ao día.Os Ninguéns pide "empatía" e non caer "na aporofobia"Ademais, colectivos como Os Ninguéns, de Vigo, alertan de que "coa actual situación sanitaria está habendo un repunte de aporofobia na nosa cidade". "Por favor, todas sede comprensivas, hai persoas en exclusión que non teñen acceso á mesma información que o resto e que están vivindo isto dende a máis pura indefensión", engaden. "Non lles paguemos con medo se se achegan demasiado ou rexeitamento se por desesperación piden unhas moedas para mercaren comida. Imaxinade o que é ter que facer cola nun comedor a diario con medo a contaxiarse. Non estigmaticemos por enriba a quen peor vai levar esta crise", din.Así mesmo, diríxese ás persoas que dormen nos albergues, pregándolles que non teñan medo "a que vos teñan confinadas nos dispositivos". "Non se permite saír pero sí se hai razóns médicas, alimentarias, de farmacia... É necesario estar illadas un tempo. Ánimo, sabemos que non é doado e que asusta. Pero é o mellor, todo menos a rúa. Estamos convosco", engaden.En Lugo o Concello habilitou o Pavillón Municipal de Deportes para as persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do Transeúnte. O obxectivo é "garantir as demandas sociais e non deixar a ninguén que o necesite na rúa", sinalou o Goberno local, que está a colaborar coa Cruz Vermella. Esta medida súmase aos reforzos que se aplicaron ao Fogar do Transeúnte, que permanece aberto as 24 horas e que ampliou tamén as quendas para dar de xantar ás persoas que o necesiten.En Lugo o Concello habilitou o Pavillón Municipal de Deportes para as persoas sen teito que non teñan espazo no Fogar do TranseúnteEn Vigo o Concello acordou a ampliación de horarios de duchas e lavandería no albergue e se estableceu tres quendas de comidas, de 12:30 a 15:00 horas. Así mesmo, habilitáronse pavillóns municipais e habitacións en pensións a disposición das persoas sen teito da cidade a cargo do Concello. De igual xeito, en Pontevedra o Concello habilitou os albergues da Raíña da Paz, en Salcedo, e o albergue de Rexurdir a carón da Ponte da Barca para as persoas sen teito.En Vilagarcía de Arousa o Concello habilitou un espazo no recinto de Fexdega para acoller a persoas sen fogar, en colaboración coa Cruz Vermella e Cáritas. Ali, as persoas que o necesitan reciben tamén alimentación, espazos e produtos para a súa hixiene e actividades de animación, "garantindo e respectando as medidas de confinamento", informa o alcalde, Alberto Varela. A súa apertura permitiu pechar o albergue de Cruz Vermella da Praza da Constitución e deixar de pagar hostais para acoller as persoas sen fogar que o demandan. Nos primeiros días de actividade durmiron en Fexdega ao redor de 20 persoas.En Santiago, os principais recursos para persoas sen fogar son de entidades sen ánimo de lucro como a Cruz Vermella, o centro Vieiro de Cáritas, o Albergue Xoán XXIII ou a Cociña Económica En Santiago, os principais recursos para persoas sen fogar son, tamén nesta crise, de entidades sen ánimo de lucro como a Cruz Vermella, o centro Vieiro de Cáritas, o Albergue Xoán XXIII ou a Cociña Económica que xestionan a orde relixiosa das Fillas da Caridade. Todos estes servizos están a ver condicionada a súa actividade, non obstante, polas restricións encamiñadas a tentar frear os contaxios, como os límites de aforamento. O consistorio compostelán mantivo unha xuntanza con elas para, no inicio da crise, coñecer as súas necesidades e coordinalas con recursos municipais en eidos como a procura de aloxamentos.Nos últimos días a atención a estes colectivos vulnerables viuse alterada por, segundo puido confirmar Praza.gal, o positivo por coronavirus da relixiosa que dirixe a Cociña Económica, institución que durante a crise sanitaria está a distribuír os alimentos ás persoas que, en condicións habituais, acoden ás súas instalacións. Ese positivo derivou no illamento de todo o persoal da Cociña e na desinfección das súas instalacións, así como na contratación de novo persoal para manter o servizo. Para todas estas mudanzas contan co apoio do Concello, confirman as fontes consultadas. As entidades da cidade non desbotan ter que pedir maior apoio público nos vindeiros días. Segundo as mesmas fontes, o Concello prevé habilitar de maneira inminente unha instalación de emerxencia para acoller persoas sen fogar en colaboración coas entidades sociais da cidade. Todos os albergues sociais permanecerán abertos para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoitaAsí mesmo, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) do Plan de Emerxencias de Galicia decretou a pasada semana de forma xeral que todos os albergues sociais permanecerán abertos para que as persoas sen fogar poidan dispor dun servizo de pernoita, extremando as precaucións na liña das recomendacións das autoridades sanitarias. Igualmente, as cociñas económicas e comedores sociais deben manter o seu funcionamento habitual, tomando as medidas necesarias para que se limite a presenza simultánea de comensais a un terzo do aforo, e reforzando o subministro de comida para o consumo fóra do centro.Axuda ás persoas con menos recursosOs concellos tamén acordaron medidas de apoio ás familias con menos recursos, para garantir a súa subsistenciaEn Ferrol, o Goberno local está a colaborar nos últimos días con entidades como Cáritas, a Cociña Económica, a Cruz Vermella, Dignidad e o albergue Pardo de Atín, para atender tanto ás persoas sen fogar como a aquelas persoas e familias que si teñen un domicilio pero contan con recursos máis limitados. O Concello encárgase de levar a domicilio os menús que a diario serve a Cociña Económica e que ata agora recollían para levalos ás súas vivendas. Así mesmo, habilitou mecanismos para garantir que se sigan entregando alimentos a familias que xa os estaban a recibir antes da epidemia.En Vigo, o Goberno municipal puxo en marcha unha serie de medidas para atender ás persoas e colectivos máis vulnerables. O Concello organizou dende mediados da semana pasada un servizo de voluntariado para atender a persoas vulnerables e está colaborando con distintas entidades sociais, como Cáritas, Cruz Vermella, Érguete, Protección Civil ou Fundación Provivenda para coñecer as súas demandas actuais e previsión de necesidades a corto e medio prazo. Ademais, está realizando pagos de emerxencia a familias en risco de exclusión social que teñen nenos que nestes momentos non están acudindo ao colexio e, polo tanto, non comen no comedor escolar. En concreto, o Concello abonará 50 euros por cada estudante a 1.033 familias. |
PRAZA_13231 | Xosé Bocixa elaborou un vídeo que recolle os momentos máis salientables da manifestación que este domingo percorreu as rúas de Compostela, convocada por SOS Sanidade Pública | Xosé Bocixa elaborou un vídeo que recolle os momentos máis salientables da manifestación que este domingo percorreu as rúas de Compostela, convocada por SOS Sanidade Pública |
PRAZA_13092 | O dispositivo chámase Purga de Mar e emprega técnicas de Intelixencia Artificial. O promotor é un consorcio público-privado de I+D integrado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Generalitat de Catalunya, a Universidade de Vigo, Ecohydros, Anfaco, Enviromar e o Grupo Linamar. | Un consorcio público-privado de I+D desenvolverá un sistema para ofrecer ao sector acuícola un método de alerta temperá en tempo real de proliferación de algas nocivas, popularmente coñecidas como mareas vermellas. O sistema persegue reducir as perdas que estas producen en até un 50% por batea. O obxectivo principal do programa é o de crear un sistema que prediga as mareas con polo menos unha semana de antelación, permitindo á industria produtora anticiparse e atenuar así as grandes perdas económicas que nos últimos anos afectaron á competitividade do sector. O sistema está pensado para o mercado da produción acuícola mariña en xeral, prestando especial atención ao sector do mexillón O sistema está pensado para o mercado da produción acuícola mariña en xeral, prestando especial atención ao sector do mexillón. O Consello Regulador Mexillón de Galicia estimou en 40 millóns de euros as perdas ocasionadas pola última marea vermella (finais de 2010), mentres que a Asociación Galega de Depuradores de Moluscos (AGADE) cifrou o descenso das vendas nun 50%, cunhas perdas por batea (das 3.200 que hai que Galicia) de 12.500 euros. Cun orzamento de 1,2 millóns de euros e baixo o nome de Purga de mar (expresión utilizada pola xente do mar para referirse ás mareas vermellas), no programa que agora se pon en marcha traballarán investigadores galegos e cataláns, coa colaboración dalgunhas empresas do sector. Así, baixo a dirección de EcoHydros e coordinados polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), en Purga de mar participan tamén Enviromar, especializada en tecnoloxía aplicada ao sector da acuicultura; o grupo Linamar, empresa comercializadora de molusco fresco; a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Peixes de Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca); o Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias da Generalitat de Cataluña (IRTA) e o Laboratorio de Teledetección do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo Os métodos analíticos e de control que existen na actualidade garanten a protección do consumidor, pero non permiten que o produtor poida anticiparse con medidas como a detección temperá Os métodos analíticos e de control que existen na actualidade garanten a protección do consumidor, pero non permiten que o produtor poida anticiparse con medidas como a detección temperá, detoxificación e depuración, que é o que se persegue con Purga de mar. Para abordar esta problemática, o consorcio Purga de mar combinará tecnoloxías punteiras e de última xeración nos ámbitos da monitorización remota, redes de sensores sen cables, sistemas GIS-Web e Intelixencia Artificial Estas tecnoloxías permitiranlle ao produtor coñecer en profundidade o fenómeno das mareas vermellas, predicilo con polo menos unha semana de antelación e ter acceso remoto, en tempo real, vía Internet Estas tecnoloxías permitiranlle ao produtor coñecer en profundidade o fenómeno das mareas vermellas, predicilo con polo menos unha semana de antelación e ter acceso remoto, en tempo real, vía Internet. Ademais, para facilitar o seu posterior uso, trátase dun sistema de fácil instalación, xestión e mantemento, ademais de escalable a outras contornas xeográficas e a proliferacións de distintas especies nocivas. |
NOS_14936 | Icona do boxeo a nivel mundial e activista dos dereitos civís da populación negra, Mohammed Ali finou na noite da sexta feira aos 74 anos nun hospital de Phoenix (Arizona). | Considerado o boxeador con máis sona do mundo, o triplo campión do pesos pesados naceu en 1942 en Louisville (Kentucky, EUA) como Cassius Clay. Elixiu o nome de Mohammed Ali posteriormente, cando se converteu ao islam. A loita de Mohamed Ali non só tivo lugar no ring –de onde se retirou cunha conta de 56 vitorias e 5 derrotas-. Tamén se produciu no ámbito do activismo social. A vida de Ali, un dos mellores deportistas a nivel mundial, foi unha constante batalla contra as inxustizas dun país no que o racismo era a tónica. O clima de hostilidade dos ultraconservadores contra Mohammed Ali incrementouse após coñecerse que renunciaba a entrar no exército e dado o seu labor en defensa dos dereitos civís da populación negra. O non á guerra do Vietnam: Sen título e sen licenza Mohammed Ali foi desposuído do título de campión do mundo dos grandes pesos en 1967 por negarse ao recrutamento obrigatorio no exército estadounidense cando os EUA estaban involucrados na guerra do Vietnam. O boxeador aduciu daquela que "ningún vietcong me chamou nigger" (termo pexorativo para nomear unha persoa negra). Como resultado, amais de quitarlle o título, foi desposuído da licenza para boxear. Nos sesenta, a sociedade dos EUA, dividida fronte ao Vietnam, dividiuse tamén fronte ao caso Ali, entre partidarios e detractores. Porén, o ostracismo ao que foi condenado non lle custou a carreira. En 1984, tres anos após colgar as luvas, foille diagnosticado párkinson, enfermidade que acabou por deteriorar a súa saúde até a morte. |
PRAZA_2892 | Antonio Rodríguez, que protagonizara unha das polémicas na campaña tras admitir que as propostas para Galicia non se farían ata despois dos comicios, será deputado pola provincia da Coruña. | Ciudadanos obtén representación por Galicia no Congreso dos Deputados. Concretamente, será o cabeza de lista pola provincia da Coruña, Antonio Rodríguez, quen represente os galegos pola formación laranxa, que obtivo algo máis do 9% dos votos no país e máis de 147.000 votos. "Haberá unha voz galega en Madrid", asegura o partido que lidera Albert Rivera. Será precisamente Rodríguez quen ocupe escano no Congreso logo de protagonizar unha das polémicas da campaña. Tras evitar acudir a un debate en V Televisión, o cabeza de lista da formación pola Coruña foi entrevistado nesa mesma canle e, ao ser cuestionado polas súas propostas para Galicia, dixo que non tería tal ata despois dos comicios. Tras un importante espallamento do vídeo polas redes sociais o partido laranxa continuou celebrando encontros e paseos electorais por diversos puntos do país, pero o seu servizo de comunicación intentou blindalo das preguntas da prensa. Antonio Rodríguez será o representante de Galicia por Ciudadanos tras advertir que non tiña propostas específicas para o país Acabou acudindo a un debate na mesma canle, pero evitou comparecencias ante a prensa, especialmente nos últimos días de campaña. De feito, ao mitin central de Ciudadanos en Galicia, celebrado na Coruña, acudiron todos os cabezas de lista ao Congreso da formación laranxa, pero ninguén deles interviu no acto. Foron Marta Rivera de la Cruz, lucense e número 3 por Madrid, e Inés Arrimadas, voceira do partido en Catalunya, as que tomaron a palabra na que foi outra das polémicas da campaña en Galicia. O partido tirou de tópicos e obviou propostas específicas para o país, agás algunhas ben curiosas. "He seleccionado unas cuantas propuestas que afectan directamente a Galicia", dixera Marta Rivera. A saber: unha baixada do IVE cultural que, no caso galego, "afectaría para bien" a "a la actividad de las orquestas": "Todas las villas gallegas tienen sus fiestas patronales, su sesión vermú y su verbena... ¡Lo que va a ser eso!". No pack apuntou tamén un "registro ambiciosísimo de lugares en los que se pueden rodar" series, comezando polos cantiis de Vixía da Herbeira -entre os municipios coruñeses de Cedeira e Cariño-, que "podrían salir perfectamente en 'Juego de Tronos". E que dicir das Fragas do Eume, "una maravilla para hacer un anuncio". Ciudadanos advertira dos problemas para votar no caso de chover: choveu pero a participación aumentou en dez puntos Pero para Ciudadanos non todo son paisaxes e bo comer. "En Galicia es muy difícil todo", lamentábase Rivera de la Cruz, que nunha imaxe máis propia de mediados da década pasada glosa un territorio de difíciles comunicacións no que, por exemplo, será "muy difícil" ir votar o domingo "si llueve". E choveu neste 20D, pero a participación no país aumentou en máis de dez puntos. Logo dese mitin na Coruña, os resultados non foron de todo malos no territorio. Co 9,9% dos votos na provincia, Antonio Rodríguez será finalmente deputado no Congreso, obtendo na cidade da Coruña máis do 11% de apoio e máis de 16.000 votos. E obtendo, por exemplo, 17.500 votos en Vigo. Coa candidata por Madrid substituíndo ao candidato local tamén nas chanzas de internet, a xogada iniciada no íntimo mitin -tras o cal Arrimadas e o resto de cargos escaparon literalmente da prensa- rematouna o propio Albert Rivera, ratificando nunha entrevista con La Voz de Galicia que carece de plans específicos para Galicia, xa que só propón "medidas generales". Ao optar por repreguntar, o xornalista foi reprendido: "Perdone, pero es que no quiero hacer un debate. A min me han dicho que esto era una entrevista...", replicara. Agora, Ciudadanos terá que preparar as propostas para a autonomía. Ou non. |
PRAZA_13304 | O concelleiro vigués Santos Héctor imponse no último dos cónclaves provinciais dos socialistas galegos. | "Gañou Vigo". A sentenza pronunciada en máis dunha ocasión polo alcalde vigués, Abel Caballero, podería ser o resumo de, cando menos, parte do acontecido este sábado no congreso provincial do PSdeG de Pontevedra. Tras días de contactos, pactos e multiplicidade de candidatos finalmente a batalla final estivo entre alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, e o que finalmente saíu vencedor, o concelleiro de Emprego de Vigo, Santos Héctor, que contaba co aval da dirección do partido na súa cidade pero tamén de Pontevedra.Os 87 votos obtidos por Héctor fronte aos 42 de Rey son o resultado da alianza entre o sector vigués e a Executiva saínte, isto é, o grupo de Modesto Pose, ata este sábado secretario provincial, á que tamén se sumou o pasado venres o deputado Luis Gómez Piña. Pola súa banda o ex alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, evitou participar na pugna final, ao retirar a súa candidatura ao inicio da cita congresual. Antes da elección foi tamén votado o informe de xestión presentado por Pose, con 33 votos a favor, 56 abstencións e nove sufraxios en contra. No seu discurso o parlamentario non evitou as referencias veladas á dirección nacional do PSdeG: "A estas alturas ningueń dubida de que alguén traballou con bastante éxito para que estivésemos divididos", afirmou.Con esta elección os socialistas galegos pechan o proceso dos congresos provinciais, que en semanas previas elixiron a Francisco Caamaño, José Ramón Gómez Besteiro e Raúl Fernández como secretarios da Coruña, Lugo e Ourense, respectivamente. Este remate do proceso nas provincias abre a porta aos congresos locais e, xusto a continuación, ás eleccións primarias, que só se celebrarían formalmente se Pachi Vázquez ten rivais para ser candidato á Xunta nas vindeiras autonómicas. |
PRAZA_9316 | Ese batiburrillo ideolóxico da dereita, abandeirado polos novos "jóvenes turcos" españoles, pretende facernos retrotraer ás esencias da vella España inquisitorial, aferrados ao rancio concepto joseantoniano do antigo imperio español como "unidad de destino en lo universal" | Coa licencia de John Kennedy Toole permítome tomar prestado parte do título da novela do escritor norteamericano, gañador pos-morten do premio Pulitzer de 1981. Nesa obra descríbese a paranoica existencia dun individuo, Ignatius J. Reilly, empeñado en volver ao medievo, de tal xeito que a moral e o modo de vida dese período volveran ser realidade no seu mundo soñado. Un anacronismo que só so podía verificar na súa atormentada imaxinación. Algo así é o que me suxire a extravagante concentración do 10 de febreiro, onde varios miles de nostálxicos neofranquistas —algúns disfrazados de liberais e españois de ben— berraban na praza madrileña de Colón "por la unidad de España". A xulgar polas cifras, un resultado máis ben escuálido, a pesar do intenso bombardeo mediático, a todas horas e durante varios días, a cargo da inmensa maioría da prensa española e da televisión. Apenas xuntaron cincuenta mil persoas —nunha mobilización estatal— e nunha provincia que conta con máis de seis millóns de habitantes e cun goberno conservador na Comunidade. Vostedes xulguen.Pero o problema non é a ridícula cantidade de seguidores desa esperpéntica procesión de simpatizantes dun imperio que xa non existe, senón o proxecto político que se agocha detrás dos novos Ignatius Reilly —Casado, Rivera e Abascal— que pretenden impoñer un tipo de sociedade, nostálxica dos reis católicos, que só existe nos seus miolos, atacados por unha sorte de nova variante da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.Ese batiburrillo ideolóxico da dereita, abandeirado polos novos "jóvenes turcos" españoles, pretende facernos retrotraer ás esencias da vella España inquisitorial, aferrados ao rancio concepto joseantoniano do antigo imperio español como "unidad de destino en lo universal", cultivando de novo a España Única e Indisoluble. E neste obxectivo coinciden os novos neoliberais de Rivera —o importante son as aparencias ou cultivar o discurso banal—, os cristiano-liberais de Casado —apadriñado por Aznar na súa cruzada pola unidade de España e a loita contra a memoria e a negación da realidade—, e os fascistas nostálxicos de Abascal que non necesitan de matización ningunha. Todos eles coinciden na cuestión principal neste momento: eliminar por decreto a autonomía catalá e aplicarlle o 155 a quen ouse discutir unha coma do seu ideario. E toda esta España rancia, con ideas do XIX, pretende amosar a súa mobilización como unha defensa da constitución cando o que queren é liquidar algúns dos poucos avances da transición e volver a un rampante e non disimulado centralismo español ao vello estilo. Nin diálogo nin mínimos modais democráticos: circulen!Á dereita sérvelle calquera pretexto para lanzar a súa manada de lobos famentos contra a disidencia. Agora foi o da figura do "relator" ou "mediador", esa inofensiva figura utilizada nos seus tempos por Felipe González ou Aznar durante as negociacións con ETA. Pero a memoria é fráxil, sobre todo se os media da caverna española se alían para intoxicar á indefensa opinión pública, máis afeita á borralla dos reality televisivos que a practicar a máis mínima crítica da realidade.Pero, a pesar da tolemia imperante, todo parece indicar que a maioría non quere volver aos inicuos fastos da España imperial, moitos saben o que costou a miseria intelectual e social do golpe militar franquista e as súas dramáticas secuelas. O problema da actual encrucillada española reside na terríbel debilidade da esquerda. Especialmente do PSOE, dividido entre os nostálxicos da España Una e Indivisible (os baróns socialistas de Aragón, Andalucía, Castilla-La Mancha e Extremadura) aliados cos liberais radicais Guerra e Felipe González, e os que recoñecen que é inevitábel un cambio na estrutura territorial, como Sánchez e parte do seu goberno. Neste lume cruzado entre as esencias españolas mesturadas co ideario neoliberal, e os anceios de nacións como Catalunya resulta difícil a conciliación de posicións tan antagónicas, e o goberno de Sánchez encóntrase ante un dilema shakespeariano de difícil resolución. Un momento crítico no que todos deben facer un balance realista das súas forzas e posibilidades, e das ameazas que ennegrecen o horizonte. É a hora da intelixencia, dos axustes tácticos para poder avanzar e non estar condenados a volver sempre ao sisifiano punto de partida, senón corremos o perigo de que os necios nos arrastren ao abismo. E daquela, perderemos os que levamos perdendo dende hai séculos; non caiamos nesa trampa. |
NOS_10996 | Esta é a quarta vez, desde o 25 de Abril, que a CGTP e a UGT se juntam em greve geral. É ainda a segunda que o actual primeiro-ministro, Pedro Passos Coelho, enfrenta. O secretário-geral da CGTP Arménio Carlos classifica o seguimento do protesto de "excepcional" | As centrais que convocaram esta paralisação, CGTP e UGT, destacam que o sector privado regista uma "forte adesão" á greve, com o sector dos transportes a ser aquele em que os efeitos do paro mais se fazem sentir. Na saúde, segundo os sindicatos, muitas unidades asseguram apenas os serviços mínimos. Face aos primeiros números de adesão à greve geral desta quinta-feira, o líder da CGTP Arménio Carlos classifica-a como "excepcional". Verificou-se uma "fortíssima expressão do sector público, privado e sector empresarial do Estado", disse em conferência de imprensa ao início da tarde, em Lisboa, para um primeiro balanço da adesão. Arménio Carlos falou de "grande adesão da função pública" nomeadamente ao nível da administração local, justiça e transportes. Verificou-se uma "adesão muito significativa do sector privado", ficando os números entre 70 e 100% de adesão num conjunto vasto de empresas, nesta que o secretário-geral classifica como uma "primeira amostragem". "Governo enfraquecido" Para Arménio Carlos o "Governo ficou mais enfraquecido e perdeu margem de manobra para as suas políticas" e quanto ao Presidente da República, o sindicalista pede-lhe que "pense sobre o que se passou hoje em Portugal e a resposta a dar aos trabalhadores. É o que deverá fazer". Desde Partido Comunista (PCP) falam de "uma poderosa jornada de luta" do povo portugués.E o Bloco de Esquerda considera que "estamos perante uma das maiores greves gerais da democracia portuguesa" e salienta: "Esta greve geral deixa o governo ainda mais fraco e isolado e aponta lhe o caminho da demissão". |
NOS_16708 | En San Sadurniño, ao longo do río do Castro, hai un roteiro con dúas partes: a primeira, de algo máis de 5 km, que vai desde a igrexa de Naraío até o castelo; e a segunda desde a área de lecer do Saíme á área de lecer do Pozo de Lamas. | Como o noso obxectivo non era só seguir o río, fixemos o derradeiro tramo da primeira parte, o castelo e a súa contorna, para achegarnos á fervenza que hai debaixo, e logo saír da área de lecer do Saíme para facer a segunda parte do sendeiro, 3 km, por camiños e carreiros que van remontando o curso case sen desviarse da auga máis que nun pequeno tramo. Paraxe: Río do Castro | Concello: San Sadurniño | Dificultade: Media | Percorrido: 8 quilómetros Logo de rematar o percorrido do sendeiro seguimos ao outro punto de interese do noso percorrido: as fervenzas do rego da Pasada da Barra, un regato que no curto tramo duns 400 m cae máis de 100 m por unha pendente rochosa na que ten varios saltos. Esta parte do percorrido está fóra do roteiro e non ten sinais. Comezámola ao pé da vella ponte que se atopa no remate da área de lecer, onde o rego desauga no río Castro, e levando o rego á esquerda remontámolo por un camiño que deixamos, cando se desvía á dereita, para seguir de fronte por un carreiro invisible coa cuberta de follas, inconvenientes do inverno, pero, vantaxes do inverno, as árbores sen follas e o aumento do caudal do río por mor da choiva, permítennos ver de lonxe a cor branca da auga que cae e escoitar o ruído que produce ao bater nas rochas e nas pozas de abaixo. Así logo atopamos a primeira fervenza, non moi alta pero de fronte aberto e poza despexada, que ten ao pé, na outra beira do río, unha parede cuberta de woodwardias, un fento de grandes frondes. A partir de aquí o traxecto é difícil, non é doado camiñar preto da auga pola verticalidade das paredes e os grandes desniveis, polo que para seguir teremos que apartarnos da canle e buscar terreo practicábel e sitios para achegarnos á auga cando vexamos as caídas que se suceden case nun continuo. Un pouco por enriba da primeira fervenza temos unha escorregadira, detrás dela outra fervenza e por enriba desta está a máis coñecida e visitada. Nese punto no estreito val faise un oco, o río parte en dous e dúas caídas enchen unha poza que case pecha un grupo de grandes pedras ás que se pode baixar para gozar do conxunto e facer as fotos. De aquí para arriba xa case non se atopan carreiros pero con ganas podemos chegar a outra fervenza con varias caídas paralelas e por enriba dela aínda hai outras máis pequenas. A volta faise polo camiño da ida. Para rematar, unha vez de volta na área do Saíme, cruzamos a ponte para achegarnos ao miradoiro. Cento e pico metros de forte subida, para chegar a un punto con boas vistas tapadas polos eucaliptos. |
PRAZA_4576 | Se Euskadi se ergue para deixar atrás tanto tempo de inxustizas será tamén quen de erguerse contra este sistema económico e político decadente. O mundo olla con atención, pois desde sempre coñece a súa histórica negativa á asimilación. Sería bo para todos nós. Sorte na andaina e ata pronto, Euskadi. | "Haika mutil, jeiki hadi argia den mira hadi..." "Érguete mozo, ponte de pé se hai luz olla con atención..." Mikel Laboa Se hai un pobo que merece respecto polo que sufriu secularmente ese é o basco. Se hai un pobo único polo tempo que leva loitando e resistindo colectivamente ese é, tamén, o basco. Se coñecemos un pobo alegre, e combativo, este é o pobo rebelde e insubmiso por excelencia. Para darse conta abonda con pisar a mítica vila de Gernika nun domingo pola tarde, ao día seguinte da maior manifestación popular que se recorda desde a mal chamada Transición democrática, e que o humilde guía da Casa de Juntas -gardián das lendarias e sagradas árbores, os oráculos naturais de Bizkaia loubados polo poeta Wordsworth no fabuloso soneto que resalta as virtudes cívicas e modos auto-organizativos xenuinamente euskaldúns- reciba entusiasta a túa visita disposto a relatar con solemnidade e veneración máis de mil anos de Historia dunha comunidade étnico-nacional, lingüística e política tan misteriosa e descoñecida, coma real. Aínda no século XXI e na era da globalización. Mentres outras identidades se dilúen e mesmo desaparecen para desgraza da humanidade Euskadi é unha illa-realidade plural e complexa, si, mais consciente, determinada e que considera útil e moderno ensinar aos seus fillos unha lingua e tradicións milenarias atraíntes, por incomprensibles Mentres outras identidades se dilúen e mesmo desaparecen para desgraza da humanidade Euskadi é unha illa-realidade plural e complexa, si, mais consciente, determinada e que considera útil e moderno ensinar aos seus fillos unha lingua e tradicións milenarias atraíntes, por incomprensibles. Preservar e actualizar todo ese capital articulándoo politicamente para chegar a ser e existir no mundo gobernando os seus asuntos ao seu xeito é un quebracabezas que empurra a milleiros e milleiros de persoas a dedicarlle todo o seu esforzo, xeración tras xeración, e con elevados custes e consecuencias persoais de todo tipo. Sen remontarse ás Guerras Carlistas, ou antes. Tan só fai uns días. Hoxe mesmo. Mañá tamén. En cada contexto baixo novas circunstancias e procesos históricos. Ata vencer. A obsesión por conxugar harmonicamente tradición e modernidade -desde a convulsa industrialización até hoxe- representada nun Guggenheim a tiro de pedra de caseríos e edificacións típicas é o mellor dos exemplos. Pero, ás veces, algunhas obsesións xeran excesos. Incluso moitos excesos. Respírase tempo de deixar algúns deles atrás, e de erguerse na procura de tempos mellores e mesmo dunha utopía de liberación social e nacional. Acreditada a nosa galeguidade -o acento nunca perdoa- o guía quería que entenderamos ben algúns dos motivos polos que chegamos alí na resaca dunha xornada que se lembrará moito tempo en toda Euskal Herria. Orgulloso do simbolismo que encerra o lugar e apaixonado polo renacer da vila bombardeada durante catro horas eternas polo fascismo, a mans da Lexión Cóndor o 26 de abril de 1937 cando soamente se mantiveron en pé a Igrexa e algúns edificios arredor nun ataque que pretendía matar para sempre a irredutible alma basca mentres o Euzko Gudarostea-Ejército Vasco resistía malamente e a Comuna de San Sebastián esmorecía, dedicouse a que puideramos comprender os mecanismos de autogoberno, os fueros, parte das tradicións e o sincretismo entre o paganismo indíxena e a chegada do cristianismo. Semellaba tamén orgulloso e confiado en que o vivido o sábado nas rúas de Bilbao probablemente permita, no futuro, seguir traballando cun chisco menos de peso riba dos ombreiros. Queren fechar o círculo, e queren facelo coa maior xustiza posible. Para todos. A sensación de que outro modelo de convivencia abre paso no camiño da total normalización política e da posibilidade de construír -tamén- a liberdade nacional invade o ambiente entre sectores maioritarios da sociedade. Ollan con atención, admiración e respecto o proceso soberanista catalán. Non deixan de ser dúas nacións con moito en común: divididas aos dous lados dos Pirineos entre o choque de dous trens como foron, historicamente, os estados imperialistas español e francés. O labirinto, coma sinalaba Mario Onaíndia. Foron moitas as ocasións frustradas e demasiado longa a tensión e o enfrontamento, a desconfianza e a excepcionalidade. A incomprensión Foron moitas as ocasións frustradas e demasiado longa a tensión e o enfrontamento, a desconfianza e a excepcionalidade. A incomprensión. A roda imparable dunha violencia -case- sempre irracional: ditadura atroz, estados de excepción, fusilamentos, magnicidio, democracia de baixa intensidade, represión policial, torturas, kale borroka, muga, ekinza, detencións arbitrarias, ilegalizacións e normas ad hoc, dispersión, negacións, morte, secuestros, exilio, extorsión económica, cárcere ou terrorismo dunha e doutra beira imprimen un carácter, individual e colectivo. O fenómeno ETA como a lamentable expresión dunha anomalía que presidiu a vida alí sen solución de continuidade, como mínimo, desde a Guerra Civil española. Os anos que lle sobraron a uns métodos que xeran as máis variadas e incómodas situacións, monstruosidades e inxustizas, aínda vernizados de ideais patrióticos e revolucionarios. A esquerda revolucionaria vasca está, tamén, nun fondo proceso de auscultación e na senda de soltar lastre. Pódese afirmar que o conxunto do nacionalismo. Pero o nó gordiano segue aí, sen desatar: un conflito político de primeira magnitude recoñecido internacionalmente como tal e homologable ao doutros con compoñentes similares noutras partes do mundo. Só negado polas elites dos estados e algunhas capas sociais internas e non menores cuantitativamente. A solución ao conflito armado semella, por primeira vez en 50 anos, encarreirada e con poucas posibilidades de que retorne nos termos que coñecemos. O que para uns sectores foi heroica loita armada contra un estado constitutivamente represor e post-fascista, para outros foi unha aberrante tolemia sanguinaria que nunca debeu acontecer. Nunca se achegarán as posicións ao revisar a Historia, como é natural. Ese horizonte cadra coas evidencias de descomposición do réxime político que rexe no conxunto do estado español desde 1978, o que paradoxalmente representa unha ventá de oportunidade para o proxecto independentista -cando menos para a consecución do dereito á libre determinación- e dunha sociedade alternativa aínda que as deslexitimadas autoridades españolas teimen en xogar nun taboleiro caduco. Coma se nada acontecera nos últimos 3 anos. E isto pode funcionar nalgúns territorios, pero a axitación da pantasma de ETA non vai durar sempre e só provoca a construción de pontes e complicidades trans-fronteirizas a nivel endóxeno como quedou certificado coa demostración de forza da última e masiva manifestación, considerada alí unha resposta unitaria e popular, sen concibirse en termos de confrontación de bloques -acaso democráticos e lexítimos- ante o que se entendeu coma unha provocación intolerable a todo un pobo -o intento de prohibición nun tema, o fin da dispersión e a repatriación de presos en cumprimento do respecto polos dereitos humanos, no que o 75% da sociedade está de acordo para a consecución dunha paz estable e duradeira- por parte da administración de xustiza/inxustiza. Negar o dereito de manifestación a decenas de miles de persoas, cando foi permitido ata con ETA plenamente activa e belixerante só ten dúas posibles lecturas: a incompetencia política mais absoluta nunha mostra de visión estratéxica nula ou a necesidade de desviar a atención Negar o dereito de manifestación a decenas de miles de persoas, cando foi permitido ata con ETA plenamente activa e belixerante só ten dúas posibles lecturas: a incompetencia política mais absoluta nunha mostra de visión estratéxica nula ou a necesidade de desviar a atención doutros asuntos -podemos pensar nos graves problemas da Casa Real- empregándoos coma cobaias habituais: -"Habíamos planteado un empate, pero vamos salir a ganar", manifestounos o director do diario abertzale Gara, Iñaki Soto , horas antes da enésima demostración de capacidade de rebelión en Bilbao. Rebelión que pode que vaia en aumento na medida na que a situación de bloqueo, inmobilismo e negación do estado español -máis alá dos incumprimentos da promesa democrática no conxunto- se manteña. Unha vez máis e coma outras veces na Historia, Euskadi -así coma tamén Catalunya-, estira as costuras dun réxime putrefacto. E saben que non están sós, sendo conscientes do inalcanzable que sería a Vasconia mítica e arcádica, mais sen renunciar á configuración dun estado libre e independente europeo que respecte os dereitos cidadáns de todos os que viven e traballan nos seus territorios. Só esixen a posibilidade de poder desenvolver -tamén- ese proxecto político en base a fórmulas estritamente democráticas. O valor das identidades nacionais nun contexto de regresión social: O sentido de pertenza, se non deriva nunha hipertrofia esencialista, posúe unha potencialidade cohesionadora imparable. Baixo a financiocracia e a ditadura da Troika as clases populares do Sur de Europa teñen serios problemas para articular respostas efectivas ao neoliberalismo e, curiosamente, Euskadi, aínda resistindo notablemente os efectos da Gran Regresión debido á súa particular estrutura económica, sistema de financiamento, autogoberno e bo goberno -no sentido de transparencia e anecdótica corrupción- dispón tamén dunha esquerda mobilizada e nunha fase organizativa e de acumulación de forzas envexable. Namentres outras esquerdas teñen graves problemas para acordar un suxeito político válido que aglutine os intereses das clases populares, a tradición da esquerda vasca arrexuntada baixo a asunción do proxecto de liberación nacional é un exemplo envexable. Viuse nestes días coa loita do barrio burgalés de Gamonal. O sentido de pertenza -sen entrar en comparacións ridículas- ao barrio e os intereses comúns desencadearon unha resposta que noutro lugar mais atomizado e des-estruturado sería practicamente impensable. Ou as loitas dos mineiros de fai meses. É por iso que un dos obxectivos do neoliberalismo máis agresivo é desfigurar calquera tipo de identidade colectiva potenciando ao extremo o discurso dalgúns dereitos individuais que logo tampouco cumpre na súa aplicación práctica. Se Euskadi se ergue para deixar atrás tanto tempo de inxustizas será tamén quen de erguerse contra este sistema económico e político decadente. O mundo olla con atención, pois desde sempre coñece a súa histórica negativa á asimilación. Sería bo para todos nós. Sorte na andaina e ata pronto, Euskadi. Entrevista a Niko Moreno, Sortu Unha equipa de Irmandade TV -o condutor do Debate Aurélio Lopes e Millán Fernández- achegáronse á manifestación do Sábado polas rúas de Bilbao, onde tamén puideron entrevistar a varios representantes políticos e dos medios de comunicación. Podedes ver o material en Irmandade.tv |
NOS_46727 | Os de Juan Copa non fallaron e venceron os cataláns do Mataró (2-0), logrando a súa cuarta vitoria en catro partidos e afianzando o seu liderado na OK Liga. | Unha frase moi empregada no mundo da mercadotécnia é "o difícil non é chegar, senón manterse". O Liceo conseguiu alcanzar a cima derrotando a pasada semana o Barcelona no gran clásico do hóckey estatal. Non obstante, un tropezón contra o Mataró faría que a fazaña ante o todopoderoso Barça non servise para nada. Mais os de Juan Copa non fallaron e venceron os cataláns (2-0), logrando a súa cuarta vitoria en catro partidos e afianzando o seu liderado na OK Liga. Adiantáronse no minuto 8 grazas a un tanto de Jordi Adroher, que colocou o 1-0 tras aproveitar unha bóla solta na área defendida por Sergi Grané, un dos mellores porteiros da competición. O segundo e definitivo gol chegaría aos 22 minutos de partido da man de César Carballeira, en pleno acoso galego sobre a portaría catalá. |
NOS_49674 | O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, apuntou que o anteproxecto de lei para a creación da Universidade Intercontinental da Empresa, a primeira privada na Galiza, impulsada por Afundación, está "preparado" para a súa tramitación no Parlamento. | O alto cargo da Xunta da Galiza defendeu que a implantación da universidade privada de Abanca, contra a que se pronunciaron as tres universidades galegas e boa parte da comunidade educativa, representa "un dereito amparado na Constitución". En resposta a unha pregunta do PP na Comisión de Educación e Cultura, Díez de Castro explicou que, tras a autorización do Goberno estatal e tras o paso polo Consello de la Xunta, a Cámara galega deberá dar luz verde ao anteproxecto de lei. Así, detallou que poderá comezar "unha nova quenda de modificacións, informes e trámites" para permitir a implantación da docencia, a investigación e o programa de doutoramento da universidade. Apuntou que, se a Cámara galega aproba o anteproxecto de lei, será preciso que o Consello dea luz verde a un decreto mediante o que autorice a desascripción do Ieside da Universidade de Vigo (Uvigo) e o inicio da actividade da nova institución de educación superior, xa que a normativa galega "prohibe esa simultaneidade". Ademais, explicou que será preciso que se solicite o recoñecemento da Xunta para a creación das facultades e institutos de investigación da universidade privada, así como que se autorice a implantación das titulacións que se busca impartir, que suman catro graos e catro másteres. En todo caso, confiou en que, se non se presentan demoras ou problemas na tramitación, a posta en marcha da nova universidade poida ter lugar no curso 2022-2023. O secretario xeral de Universidades tamén resaltou que a creación dunha institución de educación superior de carácter privado representa un "dereito amparado na Constitución", polo que "o único que se pode facer" ante unha solicitude desta índole "é comprobar se as normas galegas e estatais se cumpren ou non" e actuar en consecuencia. Precisamente, remarcou que o ministro de Universidades, Manuel Castells, mostrouse favorábel á creación de institucións de educación superior privadas de calidade e subliñou que o expediente relativo á impulsada por Afundación "foi revisado por 11 órganos", así como que un estudo técnico do Ministerio corroborou o cumprimento dos requisitos para a súa implantación. Informe desfavorábel do CES Respecto ao informe desfavorábel do Consello Económico e Social (CES), sinalou que se emendaron os aspectos contemplados. Díez de Castro apuntou que o real decreto que se publicará nos próximos meses no Boletín Oficial do Estado (BOE) e que requirirá que as universidades ofrezan titulacións en tres disciplinas de coñecemento non afecta a este proxecto dado que a súa tramitación comezou de modo previo. |
NOS_24414 | Os hospitais de Compostela, Vigo e Ferrol serán os primeiros en recibir as doses iniciais deste novo fármaco esta segunda feira. | A Galiza recibe esta segunda feira as primeiras doses do antiviral Paxlovid contra a Covid-19. Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, o fármaco chegará en primeiro lugar ás farmacias dos hospitais de Santiago de Compostela, Ferrol e Vigo. Posteriormente enviaranse ao resto de hospitais das diferentes áreas sanitarias. A remesa inicial do Ministerio de Sanidade con destino á Galiza representa 6% dos primeiros 11.900 tratamentos do antiviral Paxlovid que se distribuirán por todos os territorios do Estado. Casos confirmados, contactos estreitos, illamento... Así é o novo protocolo Covid Sanidade sinalou que está previsto que o Ministerio que dirixe CarolinaDarias faga novos envíos nas próximas semanas até completar a cifra de 50.000 tratamentos para o conxunto do Estado no primeiro trimestre do ano. Paxlovid, explica o departamento encabezado por Julio García Comesaña, constitúe un medicamento que se fornecerá baixo prescrición médica e administrarase por vía oral, polo que "posibilita un tratamento ambulatorio dos pacientes leves con factores de risco para progresión a Covid grave", que controla a progresión da infección e "frea a hospitalización e morte", engade. Respecto diso, Sanidade destaca que Paxlovid "debe administrarse canto antes após o diagnóstico da Covid e dentro do cinco días posteriores ao comezo dos síntomas". Todo o que precisas saber sobre Paxlovid, o fármaco contra a Covid-19 que chegará á Galiza a vindeira semana Por tanto, subliña a Administración sanitaria que este novo fármaco engádese ás vacinas e a outros medicamentos "para evitar que pacientes positivos con determinados condicionantes poidan evolucionar a un estadío grave da enfermidade". Lembra, ademais, que a Comisión Permanente de Farmacia do Sistema Nacional de Saúde acordou que a indicación e prescrición de Paxlovid será realizada polo profesional médico que efectúe o diagnóstico, tanto do ámbito de primaria como hospitalaria. |
NOS_17794 | O Museo de Arte Moderno de Nova Iorque (MoMa) inaugurará en decembro unha exposición focada nos traballos pioneiros da Vangarda Rusa, escolma chave para comprender os precursores que mudaron radicalmente a produción artística do século pasado. | No centenario da Revolución Rusa, A revolutionary impulse: the rise of the Russian Avant-garde revisa o berce creativo dos pioneiros da Vangarda Rusa, atravesando un período (1912-1934) sacudido por acontecementos transcendentais na historia contemporánea, desde a Primeira Guerra Mundial, pasando pola Revolución de 1917 até o primeiro Plan Quinquenal do goberno soviético. A colección reúne obras pertencentes ao MoMa, nunha selección de experiencias innovadoras en múltiples soportes: pintura, debuxo, escultura, impresións, deseño gráfico e editorial, fotografía e arquitectura. Destacan os traballos de artistas líderes da Vangarda como Alexandra Exter, Natalia Goncharova, El Lissitzky, Kasimir Malevich, Vladimir Mayakovsky, Lyubov Popova, Alexandr Rodchenko, Olga Rozanova, Vladimir e Georgii Stenberg, e Dziga Vertov. A exposición terá lugar entre o 4 de decembro de 2016 e o 12 de marzo de 2017, examinando algúns desenvolvementos chave na concepción de istmos vangardistas (Cubo-Futurismo, Suprematismo, Construtivismo, Linguaxe Transracial), así como filmes e fotomontaxes. Para os responsábeis do MoMa, esta mostra reflicte a urxencia creativa, a radical fertilización cruzada e a síntese das artes visuais como acicates da vangarda soviética, xunto ás aspiracións de transformación sociopolítica sen precedentes que foron o seu caldo de cultivo. Un legado ilimitado de ruptura, que tivo influencia nos modos de produción artística do século XX, cambiando o curso da historia moderna. |
NOS_54443 | Baixo o lema 'Que se lixe a troika! Queremos as nossas vidas!' trinta manifestacións percorrerán Portugal contra a política de recortes promovida após recibiren o rescate financeiro da Comisión Europea, o FMI e o BCE. | Milleiros de persoas percorrerán este sábado as rúas de Portugal contra o pacto de agresión –como el@s denominan ao plan de axustes e recortes desenvolvido polo goberno e ideado pola troika-. O país veciño vive unha situación económica que pouco tempo atrás semellaba bastante á que Galiza e o Estado español padecen arestora. As imposicións do BCE, o FMI e a Comisión Europea agravan a crítica situación económica e promoven a perda de dereitos entre a clase traballadora. A pasada semana, o goberno de Passos Coelho aprobaba o aumento até o 18% do pagamento a efectuar polas persoas asalariadas nas súas contizacións sociais, entrementres reducía a aportación empresarial. Cun desemprego do 15% e un programa de compromisos coa troika encamiñados á redución do défice que carga sobre @s máis febles a suba de impostos, a redución salarial e o empeoramento das condicións laborais, o pobo portugués sairá ás rúas este sábado para demandar poder de decisión sobre as súas propias vidas. As mobilizacións convocadas procuran defender os deireitos da cidadanía fronte a perda de soberanía política e económica a que se ven condenados pols troika. A seguir, reproducimos o texto da convocatoria: É preciso fazer qualquer coisa de extraordinário. É preciso tomar as ruas e as praças das cidades, das nossas cidades e dos nossos campos. Juntar as vozes, as mãos. Este silêncio mata-nos. O ruído do sistema mediático dominante ecoa no silêncio, reproduz o silêncio, tece redes de mentiras que nos adormecem e aniquilam o desejo. É preciso fazer qualquer coisa contra a submissão e a resignação, contra o afunilamento das ideias, contra a morte da vontade coletiva. É preciso convocar de novo as vozes, os braços e as pernas de todas e todos os que sabem que nas ruas se decide o presente e o futuro. É preciso vencer o medo que habilmente foi disseminado e, de uma vez por todas, perceber que já quase nada temos a perder e que o dia chegará de já tudo termos perdido porque nos calámos e, sós, desistimos. O saque (empréstimo, ajuda, resgate, nomes que lhe vão dando consoante a mentira que nos querem contar) chegou e com ele a aplicação de medidas políticas devastadoras que implicam o aumento exponencial do desemprego, da precariedade, da pobreza e das desigualdades sociais, a venda da maioria dos ativos do Estado, os cortes compulsivos na segurança social, na educação, na saúde (que se pretende privatizar acabando com o SNS), na cultura e em todos os serviços públicos que servem as populações, para que todo o dinheiro seja canalizado para pagar e enriquecer quem especula sobre as dívidas soberanas. Depois de mais um ano de austeridade sob intervenção externa, as nossas perspetivas, as perspetivas da maioria das pessoas que vivem em Portugal, são cada vez piores. A austeridade que nos impõem e que nos destrói a dignidade e a vida não funciona e destrói a democracia. Quem se resigna a governar sob o memorando da troika entrega os instrumentos fundamentais para a gestão do país nas mãos dos especuladores e dos tecnocratas, aplicando um modelo económico que se baseia na lei da selva, do mais forte, desprezando os nossos interesses enquanto sociedade, as nossas condições de vida, a nossa dignidade. Grécia, Espanha, Itália, Irlanda, Portugal, países reféns da Troika e da especulação financeira, perdem a soberania e empobrecem, assim como todos os países a quem se impõe este regime de austeridade. Contra a inevitabilidade desta morte imposta e anunciada é preciso fazer qualquer coisa de extraordinário. É necessário construir alternativas, passo a passo, que partam da mobilização das populações destes países e que cidadãs e cidadãos gregos, espanhóis, italianos, irlandeses, portugueses e todas as pessoas se juntem, concertando ações, lutando pelas suas vidas e unindo as suas vozes. Se nos querem vergar e forçar a aceitar o desemprego, a precariedade e a desigualdade como modo de vida, responderemos com a força da democracia, da liberdade, da mobilização e da luta. Queremos tomar nas nossas mãos as decisões do presente para construir um futuro. Este é um apelo de um grupo de cidadãos e cidadãs de várias áreas de intervenção e quadrantes políticos. Dirigimo-nos a todas as pessoas, coletivos, movimentos, associações, organizações não-governamentais, sindicatos, organizações políticas e partidárias, que concordem com as bases deste apelo para que se juntem na rua no dia 15 de Setembro. Dividiram-nos para nos oprimir. Juntemo-nos para nos libertarmos! |
NOS_12303 | San Sadurniño acolle este sábado a VII edición da Feira Rural, un encontro que se consolidou como escaparate das posibilidades e iniciativas do rural. Un paso máis na aposta deste pequeno concello polas posibilidades da economía rural e sustentábel. | San Sadurniño acolle este sábado a VII edición da súa Feira Rural, "un escaparate do outro rural posíbel", en palabras de Manuel Varela, concelleiro de Cultura e participación Veciñal e Turismo deste pequeno concello gobernado polo BNG. Un encontro que pivota sobre as posibilidades e posta en valor da economía do rural e do "aproveitamento sustentábel" mais que engade un programa completo de actividades para todas as idades: desde obradoiros, exposicións, mercado, concertos, visitas guiadas, concursos de froita autóctona, xogos... E todo iso, relata Varela, "nun marco privilexiado: ás beiras do Xubia e na zona do Pazo da Marquesa". - A Feira Rural de San Sadurniño quer ser, din, "un encontro que pretende poñer en valor as posibilidades da economía rural e aproveitamento sustentábel". - Pois por aí vai a intención, si. A Feira queremos que sexa o escaparate desas políticas e iniciativas que acreditan noutro rural posíbel, un rural vivo e con futuro; queremos que sexa unha mostra de iniciativas e proxectos que se fan en diferentes eidos, desde a apicultura até a agricultura ecolóxica... Hai moitas cousas en marcha que merecen ser coñecidas e que son moi positivas, como por exemplo os mercados de temporada. En definitiva, nós acreditamos nun rural vivo e hai alternativas e proxectos que traballan nesa dirección. - E a Feira quer facer parte diso... - Baséase niso mais despois ten un completo programa de actividades e propostas para todas as idades. Hai concertos, visitas guiadas, exposicións, concursos, obradoiros... Mais o alicerce é o rural. Por exemplo, unha das citas importantes é o concurso de froita. É asombroso como a xente abraia ao ver os cestos con froita autóctona (mazás, pexegos, peras...), comentan que ben arrecende e que cor ten... e despois preguntan onde se pode mercar. E, por desgraza, non se pode mercar en ningures, non a hai no mercado. Gostaria que algún día pase coa froita o que pasou co mel, que de se vender en feiras pasou a se vender etiquetado, en tendas... "Cremos nunha economía do rural, aproveitando as potencialidadades e niso traballamos dentro do que se pode desde un concello pequeno..." O ano pasado veu a esta Feira moitísima xente, moita. Nós o que procuramos é que os produtores sexan os protagonistas. Queremos que a xente vexa que o rural non é só leite e patacas, sendo moi importantes, senón que hai moitas cousas, iniciativas a facer co mel, coa agricultura ecolóxica... - Cando naceu esta Feira en 2009 pensaban que ía ter tal percorrido e tal éxito? - Debe ser que son optimista, pero vía posibilidades desde un principio. Polo entorno, pola potencialidade do rural. Comezamos, aos poucos, chegamos a onde estamos, con máis de cen produtores implicados e en cada edición con novas propostas e iniciativas. - A crise do leite, a desertización poboacional... volven poñer sobre a mesa as dificultades para o futuro do rural galego. Pódese facer fronte desde un Concello a ese negro futuro que pintan para o rural? - Eu creo que si. Partimos dunha cousa: hai que crer. Se cres, tes medio camiño andado. Apostamos por proxectos de reciclaxe, de compostaxe, polos paneis solares, agora estamos a probar nalgúns puntos coa recollida porta a porta... e hai que dicir que a acollida da veciñanza a estas iniciativas foi positiva. Cremos nunha economía do rural, aproveitando as potencialidadades e niso traballamos dentro do que se pode desde un concello pequeno... |
NOS_11864 | O local amenceu coa fachada pintada de rosa e a frase '1936-2016: Galiza nom esquece' na parede. | A marisquería da Guarda que gañou sona estas semanas pola apoloxía do franquismo que fai a súa propietaria amenceu coa fachada cuberta con pintura rosa e unha pintada nunha das súas reixas: "1936-2016: Galiza nom esquece". A pintura rosa ten sido empregada, anos atrás, en diversas accións de colectivos contra simboloxía fascista en Galiza. A propietaria de 'Casa Olga' ten por costume a interpretación do "Cara al sol" durante ceas ou comidas no seu local, unha marisquería que acubilla simboloxía franquista varia nas súas paredes. Tripadvisor, rede na que as persoas usuarias comentan as súas experiencias acerca de locais de hostalaría e viaxes, recolle numerosas referencias de persoas que aluden o local como unha caste de museo franquista. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.