ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_12324 | A Executiva confederal do sindicato mostra a súa "preocupación" polo xuízo na Audiencia Nacional, temendo que se realice sen as "mínimas garantías" e implique "un xuízo político ao independentismo galego e a todo o seu entorno" | A Executiva confederal da CIG denuncia, a través dun comunicado, a "excepcionalidade xurídica a que están sendo sometidos catro cidadáns galegos" que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 deste mes. A central nacionalista lembra que levan presos máis de ano e medio "e dispersados a centos de quilómetrosdos seus fogares", o que constitúe un "incumprimento grave da lexislación e dos convenios internacionais asinados polo propio Estado Español" Espiral criminalizadora A executiva confederal, aliás, mostrou a súa preocupación por un xuízo que pode supoñer "abrir a porta" a "criminalización" do independentismo, as detencións arbitrarias e a ilegalización de organizacións. Nesta liña, a CIG critica as "elevadísimas" penas solicitadas para estas catro persoas (suman un total de 64 anos) que, nalgún caso, son equivalentes ás que se piden para os casos de asasinato con ensañamento. |
PRAZA_18258 | Máis de 350 focos arrasaron nunha fin de semana 50.000 hectáreas e catro vidas e puxeron en evidencia a deficiente xestión do monte, a incapacidade do sistema de extinción e a incidencia do cambio climático ante uns fogos máis feroces, virulentos e imprevisibles ENTREVISTA | Juan González, alcalde de Nigrán: "Estes incendios déronnos a desgraciada oportunidade de cambiar o modelo forestal" HEMEROTECA | (16/10/2017) A eterna espera de Nigrán pola Xunta e a chuvia HEMEROTECA | (19/10/2017) Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós" | ENTREVISTA | Juan González, alcalde de Nigrán: "Estes incendios déronnos a desgraciada oportunidade de cambiar o modelo forestal"HEMEROTECA | (16/10/2017) A eterna espera de Nigrán pola Xunta e a chuviaHEMEROTECA | (19/10/2017) Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós"Hai hoxe un ano, o 15 de outubro de 2017, Galicia vivía un inferno. Centos de incendios arrasaron en poucas horas e nunha fin de semana case 50.000 hectáreas, a maioría delas nun tráxico domingo que xuntou todas as condicións necesarias para a tormenta perfecta: os restos dun furacán e os seus incontrolables refachos de vento, persistente seca, elevada temperatura para a época, combustible vexetal acumulado, mínima humidade... Ducias de núcleos de poboación foron postos en perigo ou destruídos cunhas lapas que mesmo chegaron ao centro de Vigo, poñendo en evidencia o caos dun monte tan mal xestionado como achegado ás casas. Catro persoas faleceron, na que foi a peor consecuencia dunha feroz e intensa vaga de lume con novas características que viñeron para quedar, froito das consecuencias do cambio climático e das particulares condicións xeográficas, climáticas e de vexetación que comparte boa parte de Portugal. Foi alí, con traxedias como a de Pedrógão Grande, desde onde se mandaron alertas sobre a virulencia dun fogo cada vez máis perigoso, inprevisible e letal e que nada ten que ver, como quedou demostrado, con trama incendiaria nin terrorismo ningún. É moito máis complexo ca iso. Centos de incendios arrasaron en poucas horas case 50.000 hectáreas e catro vidas tras pór en evidencia a virulencia dun novo tipo de lumeNeste domingo, Nigrán celebrou unha homenaxe ás dúas persoas falecidas no concello e á xente que colaborou nos labores de extinción duns incendios que tiveron nunha das súas parroquias, a de Chandebrito, unha das zonas cero daquela vaga. Nesa localidade só sobreviviron dúas hectáreas das 232 que conforman o monte comunal. Nas Neves, cuxa traxedia foi cruamente retratada nun documental, as lapas queimaron 4.000 hectáreras en tan só 24 horas e deixaron o 90% do municipio en cinzas, levando por diante vexetación, casas e negocios. Foron, en total, máis de 350 focos en tan só unhas horas, avivados por endiañados ventos impulsados polos restos do furacán Ophelia, que espallou por Europa o fume que viña de Galicia e Portugal. En Chandebrito só sobreviviron 2 hectáreas das 232 de monte comunal; nas Neves as lapas queimaron 4.000 hectáreas en 24 horasTestemuños da veciñanza e de profesionais dos labores de extinción relataban o inferno vivido no medio duns incendios que mudaran radicalmente o agardado, mesmo para aqueles afeitos a enfrontalos. "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós", resumía un dos bombeiros en Nigrán. "Foi unha situación excepcionalmente dura e dramática; puido morrer máis xente. Foi moi parecido ao que sufriron en Pedrógão Grande", insistía. A evocación á traxedia que Portugal vivira só catro meses antes era continua. Daquela morreran máis de 60 persoas; naquela fin de semana de outubro, máis de 30 no país veciño. Galicia tivo que aprender de vez as leccións que Pedrógão deixara. As semellanzas da parte norte luso e Galicia no climatolóxico, masa arbórea, política forestal ou despoboamento rural facían inevitables as comparanzas. "Hai que explicarlle á cidadanía galega que facer ante incendios como o de Portugal", dicía Juan Picos, un dos maiores coñecedores do sector forestal e dos incendios. El e moitos máis expertos advertiron da necesidade de mudar a política antiincendios por mor do cambio climático. Cambiar a forma de afrontar o lume, tal e como reclamaba o informe técnico de expertos elaborado a petición da Assembleia da República, feito público só uns días antes da vaga de outubro. Os informes de expertos en Portugal piden mudar a política antiincendios por mor do cambio climático e advirten de focos que saltan encoros e avanzan a 6 km/hA principios deste ano, un segundo informe de expertos en Portugal debullou a orixe, causas e circunstancias dos graves fogos que asolaran o noroeste da Península Ibérica nos meses anteriores. O documento insiste en alertar do novo tipo de incendios que afronta tamén Galicia: capaces de saltar encoros e avanzar 6 km nunha hora. Avírtese, por exemplo, de que a causa de ignición máis común neste tipo de lume extremo xa non é o contacto coas lapas ou a calor de convección, senón o transporte de faíscas, o que explica a sucesión continua de focos desconectados entre si, como ocorreu en Vigo aquel domingo. Tamén na necesidade de "anticiparse" aos grandes incendios por medio das previsions meteorolóxicas."A grande intensidade dos incendios sobrepasa a capacidade de calquera dispositivo de extinción"Ademais, o documento deixa clara unha circunstancia común nos tráxicos incendios e que explicaba na comisión de investigación do Parlamento galego Edelmiro López, profesor da USC e un dos doce expertos que elaborou o informe en Portugal. "A grande intensidade dos incendios sobrepasa a capacidade de calquera dispositivo de extinción, xa que ningún dispositivo do mundo é capaz, pasado un punto, de combater o lume", dicía, o que obriga a priorizar a protección das persoas. Ao tempo, insistiu na Cámara galega en que unha das claves para evitar estes grandes focos é o "control da vexetación arbustiva" que acaba sendo combustible para o lume. O feito de que tanto Galicia como o norte luso teñan amplas extensións de eucaliptais incide no perigo: o lume propágase o dobre de rápido e as faíscas destas árbores poden voar dous quilómetros. A propia Xunta admitiu que o cambio climático obriga a mudar a estratexia contra o lume, tal e como dixera Portugal. De feito, Meteogalicia advertiu de que o risco de incendios en Galicia pola mudanza no clima aumentará a niveis críticos neste século, tal e como detalla no informe elaborado a petición da comisión de estudo da política forestal e dos incendios que se levou a cabo no Parlamento durante varios meses.O número de incendios é semellante pero son máis feroces: o risco de lume polo cambio climático subirá a niveis críticos neste séculoO número de incendios é semellante, pero son moito máis feroces. Así, no pasado ano rexistrouse a media máis elevada de superficie queimada por incendio (19,64 hectáreas) dende o ano 1989, superando por moito a cifra do terrible ano 2006. Os diferentes focos arrasaron en total en 2017 62.000 hectáreas en Galicia, o 80% delas durante a vaga de outubro. Tal foi a virulencia dos focos rexistrados nesa fin de semana de outono en Portugal que, paradoxalmente, evitaron unha catástrofe moito maior no país. A nube de convección xerada polos graves focos do centro do territorio luso fixeron de barreira: crearon "uma sombra" no norte de Portugal que amainou e fixo rolar os ventos e "explica a não formação de maiores incêndios" en terreo galego, tal e como destacaba outro dos informes de expertos.A virulencia dos incendios de outubro en Portugal creou unha xigantesca nube que evitou unha traxedia maior en GaliciaA situación puido ser peor. O caos e a desesperación vividas en tantas localidades galegas naquela tarde e noite do domingo son dificilmente esquecíbeis un ano despois. Tamén os temores e afirmacións infundadas. A multiplicación de focos na área metropolitiana de Vigo e a súa chegada mesmo ao centro da cidade provocou escenas de pánico, alarma e moreas de rumores que os atribuían a cidadáns organizados, ben fose en moto con garrafas de gasolina ou a través de sofisticados artefactos incendiarios. Nada diso existiu segundo as pescudas dos corpos de seguridade e o Ministerio Fiscal. No seu informe, a Fiscalía desbotou que aqueles incendios se deberan a unha "actividade incendiaria homicida", como afirmara naqueles días Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta. "As brasas ou faíscas poden chegar a caer, incandescentes, a unha distancia de entre 1 e 5 quilómetros e iniciar alí de novo lume", lembrábase no documento. A Fiscalía, Interior, a policía autonómica ou o informe final do Parlamento negaron a teoría das tramas terroristas que axitou a XuntaNon foi o único caso polo que a Fiscalía desbotou as teses do xefe do Executivo galego, que compartía co Goberno central liderado daquela por Mariano Rajoy. O seu informe rexeitou a teoría das tramas e do terrorismo incendiario que alentou a Xunta, que falou desde o primeiro día de "actividade delitiva incendiaria para alterar a paz social". "Desde un punto de vista estritamente xurídico, obviamente isto non é terrorismo", explícase nun documento que incide na intencionalidade da inmensa maioría dos focos, pero para nada neses grupos criminais organizados aos que aludiu Feijóo tantas veces. Aquela suposta trama incendiaria tamén fora desbotada polos atestados de Interior, pola investigación da Policía autonómica --que nin menciona esa tese-- e polo primeiro experto que compareceu na comisión do Parlamento. "Non resiste a análise", dixera Picos, meses antes de que o estudo final da Cámara rexeitase de vez calquera actividade delictiva organizada.A Xunta pagou 77.000 a xornais impresos para publicar a declaración de Feijóo na que culpaba o "terrorismo incendiario"Con todo, Feijóo seguiu alentando a súa teoría, mesmo pedindo mudar o Código Penal e considerar os incendios como terrorismo. Esa foi a teoría desde o día seguinte aos incendios. Así, a Xunta pagou 77.000 euros a xornais impresos para publicar a declaración do presidente sobre a vaga daquela xornada e na que culpaba a ese "terrorismo incendiario" do ocorrido. Houbo varios investigados e acusados por prender lume naqueles días ou levar a cabo actividades incendiarias. O primeiro dos detidos, que pasou cinco semanas no cárcere, queimara unha hectárea asando chourizos nos Blancos, aínda que Feijóo pensaba que había "algo máis". A segunda investigada polos incendios foi unha anciá que queimou dúas hectáreas por neglixencia. Os focos atribuídos ás primeiras persoas investigadas por aquela vaga sumaban cinco do total de 49.000 hectáreas ardidas. As conclusións policiais insisten en que foron individuos que actuaron de xeito individual.O debate virou cara a esa trama que Galicia leva buscando décadas e nunca atopou. No fondo, queixas polo atomizado e privatizado sistema de extinción de incendios ou por decisións como que a Xunta dispuxese xusto a semana anterior a aquela vaga de incendios reincorporar 500 brigadistas que foran despedidos. Chegaron tarde e moitos traballaron como voluntarios naquela fin de semana tráxica. Medio milleiro de operarios da empresa pública Seaga cesaran o 12 de outubro e foran requiridos o luns 16, despois da vaga da fin de semana. Ao rematar o seu labor no día festivo, vehículos, ferramentas e emisoras foran xa desmantelados. Desde as diferentes agrupacións de bombeiros ou axentes forestais e expertos insisten en reclamar máis medios e un cambio de estratexia para aumentar a eficacia. A Xunta cesou 500 brigadistas tres días antes da vaga de incendios e dispuxo reincorporalos o luns seguinteNo entanto, a Xunta non aumentou o persoal de loita contra o lume nin introduciu grandes cambios na súa estratexia de extinción e prevención de cara ao futuro, aínda que si se intensificou a vixilancia repecto das faixas de protección contra o lume. Porque máis da metade do plan contra incendios anunciado por Feijóo logo dos focos de outubro figuraban en normas xa vixentes. "Investir máis en prevención do lume e noutro modelo para o rural permitiría cambiar a situación", dicía nunha entrevista Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. As súas palabras coinciden coas da maioría de expertos no tema. E todos insisten na necesidade de reaccionar a tempo e na de mudar o modelo forestal, tal e como manifesta o alcalde de Nigrán, unha das zonas cero de hai un ano.Un incendio en Mondariz, que obrigou a desaloxar varias vivendas case un ano despois, fixo revivir a pantasma da traxedia de 2017Doce meses despois, tamén en outubro, un incendio en Mondariz obrigou a decretar a situación 2 de risco e a evacuar un cento de persoas ameazadas polas lapas. Volveu a pantasma da vaga do outono anterior. En apenas tres horas as estimacións de hectáreas queimadas pasaron das 20 iniciais a medio cento e pouco despois, a 120 e ata as 150. Nunha zona ateigada por eucaliptos, con poboación anciá e núcleos illados. Outro aviso de que os incendios xa non son o que eran. Son (e serán) peores. |
NOS_39777 | Ferrol, Ourense e Lugo figuran no tramo final do ranking de 126 cidades do Estado por renda neta media anual por fogares. Vigo, A Coruña e Compostela están mellor situadas, mais a moita diferenza duns primeiros postos copados por urbes catalás, vascas e nomeadamente madrileñas. | A renda neta media anual dos fogares en Ferrol é de 26.126 euros. A anos luz de cidades como Pozuelo (76.887 euros), Majadahonda (60.173 euros) ou Las Rozas (59.000 euros), os tres concellos (todos de Madrid) que lideran o ranking desta renda nas 126 cidades do Estado español. Unha fenda máis que notábel. De feito, a cidade galega mellor situada, Compostela, figura no posto 20 con 33.194 euros; a metade que Pozuelo. E case 8.000 euros máis que Ferrol. Lugo e Ourense móvense na renda media anual de fogares dos 27.000 euros; A Coruña achégase aos 31.000 euros, no nivel de Vigo. Das dez cidades do Estado español con mellor renda 6 son madrileñas, 2 catalás e 2 vascas. Fenda en Galiza En Galiza a riqueza por cabeza no concello máis rico (Oleiros, 37.584 euros por habitante) triplica claramente a do máis pobre (Cervantes, 11.188 euros). A media galega é de 22.353 euros, 15.000 euros por baixo de Oleiros mais 11.000 euros por riba de Cervantes. Na listaxe dos concellos máis ricos figura, ademais de Oleiros, As Pontes de Garacía Rodríguez (29.749 euros), Nigrán, con 27.338;A Coruña con 27.290 euros e Santiago, con 27.181. No outro extremo, os municipios máis pobres de Galiza en canto a renda per cápita están Toques (12.113 euros), Paradela (12.644), Baleira (12.698 euros) e Riós, con 12.721. |
NOS_19372 | O programa do circuíto 'CorreSan' presentouse esta cuarta feira e consta novamente de catro probas que comezarán cunha carreira nocturna o sábado 5 de novembro. | A Federación Galega de Atletismo (FGA) presentou onte no Concello de Santiago a IX edición do Circuíto de Carreiras Saudábeis "CorreSan". O programa consta novamente de catro probas, comezando pola nocturna que se terá lugar o sábado 5 de novembro polas rúas do casco histórico. A inscrición para a primeira proba, aberta a atletas de todas as idades, pode facerse até o 2 de novembro. O atletismo feminino galego segue a estar entre o mellor a nivel estatal A deportista e concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, destacou na presentación o compoñente "saudábel" deste circuíto de probas, aberto á participación "de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade". Como noutras edicións tamén este ano haberá distancias adaptadas para todas as idades. Pola súa parte, o delegado en Santiago da FGA, Iván Sanmartín, detallou o calendario de carreiras desta edición. Despois da primeira proba, o calendario seguirá o 21 de xaneiro coa Ruta da Prata-Angrois (5,2 km), o 18 de febreiro coa Ruta dos Parques (5,7 km) e o 18 de marzo coa Ruta do barrio de San Pedro. Circuíto para deportistas habituais ou eventuais Desde a organización, ademais, facilitan a inscrición a través dunha páxina propia que xa está en funcionamento. Nela especifican que o circuíto estará aberto "á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade". Adrián Ben estréase no Europeo de Atletismo Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades de Sub-10 até máster con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, "polo que a integración é un aliciente de motivación para a competición". |
NOS_21334 | Aliás, entrevistamos Begoña García-Alén, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada en 2020. | Este sábado atoparás nos quiosques, xunto ao teu exemplar de Nós Diario, o suplemento semanal Sermos Galiza, que abre cunha reportaxe de Monste González titulada 'Unha década de novo cinema galego'. Nesta peza, partindo do ensaio Lume na periferia —coordinado por Xosé Nogueira—, analiza como o cinema galego se situou nos últimos anos "no mapa do cinema internacional", algo que contrasta co aspecto negativo que protagonizou este período: "Unha certa visión, por parte das institucións, do Novo Cinema Galego como unha sorte de creación cinematográfica de segunda". Entrevista a Begoña García-Alén A entrevista desta semana corre a conta de Manuel Barreiro, que fala con Begoña García-Alén, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada en 2020 coa obra Adeus amigos, na que conta o estraño caso da desaparición do artista Bas Jan Ader nos anos setenta. "Unha cousa que me encanta da banda deseñada é que con moi poucas cousas ti podes entender, unha atmosfera, un contexto, o que queres dicir; entón intento chegar ao núcleo diso", conta a autora. Análise da estanflación Por outra parte, Rubén Cela asina a análise 'Próxima parada: estanflación?', na que aborda este fenómeno que se define como a combinación de altas taxas de inflación con baixa taxas de crecemento e alto desemprego."Algunhas das medidas que se poden tomar no curto prazo serán tan só parches. Porén, de existiren ou non, pode ser a diferenza entre poder saír adiante -aínda que sexa malamente- ou fechar a persiana definitivamente", apunta Cela.Música, arte e lecer O apartado musical corre a conta de Belém Tajes e Herminio González, que traen as últimas novidades, e César Morán, cun artigo titulado 'A música da fala: a força destrutiva da língua imposta'. Como vén sendo habitual, o experto en cinema Andrés Castro analiza os filmes máis destacados, a comezar por Drive my car, de Ryûsuke Hamaguchi, mentres Manuel Xestoso ofrece na sección de Escena unha reseña da obra Morte accidental dun anarquista, da compañía Talía Teatro. Noutra orde, Mario Regueira debulla o libro Eternity, de Xosé Monteagudo, mentres Susana Sanches Arins analiza Dúas moedas, de Núria Tamarit. Aliás, o colectivo Xea dá unha visión da riqueza da costa de Malpica de Bergantiños. Por último, as dúas páxinas de pasatempos corren a conta de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros! |
PRAZA_14609 | O presidente e candidato á reelección evita desmarcarse ou darlle apoio explícito ao plan de Wert para "españolizar" o ensino catalán: "falemos de Galicia", apela. Audio no interior. | Dende que o PP retornou ao Goberno de España é habitual que, cando o Executivo central dá pé a algún tipo de polémica, os medios de comunicación interpelen ao presidente da Xunta e actual candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, polas decisións ou declaracións que chegan de Madrid. Este xoves volveu acontecer. Tras a xuntanza semanal do Consello da Xunta, sen apenas contido e con intenso arrecendo electoral, Feijóo foi cuestionado polos polémicos plans do ministro de Educación, José Ignacio Wert, encamiñados a "españolizar" o alumnado das escolas de Catalunya. Na mesma mañá na que o ministro lle adxudicou un "problema de categorías mentais" a quen non acepte as súas ideas "de sentido común" o líder dos populares galegos tentou avanzar polo camiño do medio, non apoiando pero moito menos desautorizando ao seu compañeiro de filas. Wert atribúelle un "problema de categorías mentais" a quen non aposte por "españolizar" o alumnado catalán "Falemos de Galicia", retrucoulle o cabeza de cartel dos conservadores ao informador que lle formulou á pregunta, encamiñada a coñecer se, na súa opinión, Galicia tamén precisa ser "españolizada". Segundo Feijóo o problema non é do ministro, senón da política lingüística e educativa da Generalitat, e "esa cuestión non xurdiría" se "se todos os programas educativos de todas as comunidades" imitasen aos da Xunta. En Galicia, explica, "non é necesario obrigar a coñecer o español porque o 50% das materias son en español", mantén. Mesmo contradicindo as cifras de presenza do galego no ensino que marca o denominado decreto do plurilingüismo o mandatario galego abonda en que o seu gabinete estableceu "o equilibrio docente entre as dúas linguas cooficiais" e, polo tanto, non existen problemas ao respecto. A lingua "non é un problema" no caso galego, profunda Feijóo, tal e como respondeu "o 99,9%" dos enquisados ao respecto polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), di. "Temos dous idiomas, a liberdade de utilizar os dous e a ambición de coñecer o inglés", asegura, para engadir que "ese equilibrio na lingua é unha proposta que Galicia puxo á disposición do Estado autonómico". "E me dá a sensación de que é unha proposta que cada vez conta con máis adeptos, máis seguimento e máis valoración dos cidadáns", conclúe, apenas vinte e catro horas despois de que un estudo d'A Mesa pola Normalización Lingüística concluíse, entre outros aspectos, que a lingua propia está desaparecida no 95% das aulas de educación infantil. |
NOS_32373 | As escolas de ensino galego e a rede de escolas vascas de inmersión lingüística asinan unha alianza de colaboración para partillar e desenvolver estratexias comúns. | Esta sexta feira, 17 de maio, formalizarase unha 'Alianza de Colaboración' entre a Escola de Ensino Galego Semente e Ikastola Elkartea, a rede de escolas vascas de inmersión lingüística. Unha alianza, explican, de movementos de "educación popular, autoxestionadas e sen ánimo de lucro" nados da iniciativa popular e que pulan por sentar "as bases necesarias para a creación dunha escola nacional nos nosos respectivos povos e promover o ensino en galego e euskaldun". Con esta alianza, indican nun comunicado, establecerán cooperación para diversas tarefas: desde desenvolver estratexias comúns até impulsar a coordinación de políticas fronte "aos projetos legislativos do Estado Espanhol que limitan a criaçom de sistema educativo próprio nas nossas naçons". Realizar actividades conxuntas d aprendizaxe, consolidar os respectivos proxectos ou intercambiar material son outros dos puntos da alianza. Constituirase un órgano de seguimento que se reunirá periodicamente e que será o encargado de planificar, avaliar e coordinar as accións. A Semente é unha asociación sen ánimo de lucro que impulsa um proxecto de imersión lingüística que conta con 3 centros educativos en Compostela, -dous centros de 2 a 6 anos e un centro de ensino primario-. Actualmente hai Sementes tamén en Vigo, Trasancos, Lugo e están en marcha para abrir Sementes en Ames, A Coruña, Ourense e Pontevedra. |
NOS_4052 | 'Galician Programme', desde a BBC de Londres, comezou a se emitir 14 de abril de 1947. Durou até 1956, cando se retirou por presións do goberno de Franco. Lémbrao a Real Academia Galega | "C'o Programa d'ista noite damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega". Ás 23.45 horas do 14 de abril de 1947, comezaba así a primeira programación radiofónica estable en galego, e facíao desde a BBC de Londres. Os micrófonos do "Galician Programme" permitiron oír desde calquera recuncho de Galiza colaboracións das figuras máis importantes da nosa cultura. Lémbrao a Real Academia Galega, que no seu arquivo conserva os guións deste espazo, emitido ata que en 1956 as presións do goberno de Franco acabaron con el. O espazo, informa a RAG, emitíase, cunha duración variable, cada tres semanas dentro do "Spanish Programme", alternándose cos dedicados ás culturas catalá e vasca. A melodía de Cock of the North, unha popular canción escocesa, marcaba o inicio e o Alalá de Bande, a Muiñeira de Cartelle ou o Pasacorredoiras de Arnoia, o peche. Os 80 guións do "Galician Programme" son custodiados na RAG grazas á doazón do seu editor e presentador, o xornalista ourensán Alejandro Raimúndez. "As emisións en lingua galega dende a BBC de Londres son un capítulo sobranceiro e moi significativo da estratexia do galeguismo para estar presente no espazo internacional da comunicación logo da desfeita que significou a Guerra Civil. Unha acción estratéxica desde o exilio interior, principalmente de persoas arredor de vellos militantes do Partido Galeguista que por aquelas datas estaban a configurar a Editorial Galaxia", salienta o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes". Toda a información sobre este feito histórico, na web da RAG. |
NOS_9083 | Momboi consolida o seu estilo de folk-rock moi pensado desde a onda latinoamericana. É quizais esa mistura tan ben levada, o que fai que este sexa un disco ben redondiño, cheo de texturas, cores e viaxes sonoras. | Levaba algún tempo á espera dun disco que, por fin, acaba de estrearse. Non era eu a única. Varias voces chamaban por este novo traballo da banda de Noia, Momboi. Momboi constrúe para este Vacacións en Ornanda toda unha linguaxe cálida e evocadora para esa beleza efémera que ten o verán. Quen non pasou algunha vez pola fermosa praia de Ornanda, en Porto do Son? Vacacións en Ornanda / Momboi / 2022 / 13 pezas / En plataformas dixitais Neste longa duración, Momboi consolida o seu estilo de folk-rock moi pensado desde a onda latinoamericana. É quizais esa mistura tan ben levada, o que fai que este sexa un disco ben redondiño, cheo de texturas, cores e viaxes sonoras. Así, atopamos temas moi íntimos e próximos á tradición galega como "Teresiña", ou outros tan exóticos como "Hostal Azteca"; ambos os dous foran xa adiantos do disco no 2020. Destacan tamén "Cabalo negro" e "Cantos Abisais", xogo de ritmos, bailes lentos, misterio, certa escuridade nas letras e todo é branco. Pero sen dúbida son esas voces e eses coros mornos, eses retrousos ben axeitados, o que fai que non quites a orella deste Vacacións en Ornanda. Momboi conta nesta ocasión coa brillante deseñadora e ilustradora Agustina Shuan, que tamén fixo un traballo fermoso para a cantautora Astrogirl; se podedes botádelle un ollo a todo o seu mundo creativo. Unha última canción que vos quero recomendar deste disco é "Espellos Quebrados", un valse psicodélico, moi divertido, con aires "jazzy" que recorda a ese "My favourite things" de John Coltrane pero como se John viñese á Galiza nun verán pospandémico. E dun valse a outro, unha música que resoa en Bos Aires, onde tiven a sorte de estar case un mes escoitando novas tendencias. Alí e froito dunha casualidade total, estaba o gran Toquinho celebrando cincuenta anos do disco La Fusa, unha obra mestra gravada en directo que cambiou a historia da música iberoamericana. La Fusa son dous volumes, onde atopamos as voces formidables de María Creuza e María Betanha, a virtuosidade do guitarrista (daquela un rapaz descoñecido), Antonio Pecci Filho,"Toquinho" e o poeta Vinícius de Morais. La Fusa é unha historia de amor. Amor sen data de caducidade, amor á poesía e amor total ao feito de facer, gravar e producir música en directo. Naquel tempo, o gran poeta Vinícius de Moraes, autor da famosa "Garota de Ipanema", estaba exiliado na Arxentina e frecuentaba a noite porteña. Alí, coñece a outros grandes músicos como Astor Piazzolla e alí, no pequeno local musical La Fusa, nace a grande idea de musicar os seus poemas. Ademais de música, nesta fermosa viaxe de La Fusa hai vida e anécdotas fermosas que aínda manteñen a emoción intacta. |
NOS_33393 | A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións todas as terzas feiras do mes, a partir deste día 7, ás 20.30 diante do MARCO de Vigo, para continuar respondendo ao ataque do goberno central contra o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo. | Ao fío da entrevista de Gallardón en La Razón o 22 de xullo, prevese un retroceso con respecto á lei de prazos que permitía as mulleres interromper o embarazo até as 14 semanas, 22 no caso de risco para a súa saúde ou malformacións no feto. Volvería, así, o sistema que penalizaba o aborto agás en tres supostos, e aínda eliminaría o das malformacións do feto, polo que de novo criminalizaría ás mulleres por exerceren o dereito a decidir sobre o seu corpo, impondo a maternidade obrigatoria. Fronte a estas declaracións, feitas xusto antes do período vacacional, a Marcha propón unha resposta urxente. "Para nós é unha maneira de facer visíbel a loita, de dicir que non estamos desmobilizadas, que somos cidadás", di Tereixa Otero, da coordinadora local de Vigo. Valora moi positivamente as concentracións do movemento feminista que tiveron lugar nas sete cidades galegas o pasado 30 de xullo, e sinala que cada vez hai maior conciencia de que esta é unha loita de toda a cidadanía, e máis participación. Sinala a incoherencia de "protexer a toda costa que o feto é un ser humano", preservando un suposto dereito á vida, e, ao tempo, "desarticular os servizos públicos, eliminar axudas aos centros de atención a persoas discapacitadas, ou sumarlle carga lectiva aos orientadores". "O caso é que naza, mais despois a responsabilidade do seu coidado recae toda sobre as mulleres". Equipara este discurso ás publicacións dos anos 40 e 50, que responsabilizaban ás nais de non alimentaren ben os seus fillos, en plena posguerra. "É todo unha cuestión ideolóxica". Ao seu ver, é a "moralidade católica" a que marca esta ideoloxía: "son débedas que o PP ten co Opus Dei", e que callaron xa en Galiza coa aprobación da iniciativa lexislativa popular da plataforma antiabortista Red Madre, e o posterior desenvolvemento da Lei de apoio á Familia e á Convivencia, malia a súa inconstitucionalidade. "A resposta está en botarnos ás rúas", afirma. NOTA: no número 8 do noso semanario poderedes ler O corpo das mulleres, campo de batalla. Encarna Otero, María Xosé Queizán e Begoña Caamaño analizan esta ofensiva contra o dereito das mulleres a decidir. |
NOS_58426 | A instrutora non admite as probas testificais solicitadas pol@s activistas e intenta impedir que poidan rebater directamente a versión policial. | A defensa da anciá coruñesa Aurelia Rei contra o intento de despexala do seu piso no centro da Coruña segue a provocar noticias. A proposta de sanción por 600 euros a oito persoas que participaron da mobilización popular contra o desafiuzamento -e que conseguiu frealo- que presentou a Delegación do Goberno español en Galiza e que afectou, entre outr@s, ao portavoz do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera, ou aos concelleiros Xosé Manuel Carril (BNG) ou César Santiso (EU) camiña por vía xudicial, posto que @s afectad@s terán que presentar novas alegacións unha vez que a xuíza instrutora descartou algunhas das xa presentadas. A instrutora rexeitou probas testificais requeridas pola defensa d@s activistas, polo que a policía presentará un informe dos feitos mentres que @s multad@s só poderán facer unha declaración xurada, pero sen ter a posibilidade de contestar directamente a declaración policial, o que se considera que garante mellor os dereitos d@s acusad@s. Porén, esta posibilidade foi negada pola xuíza, así que se presentarán novas alegacións. A defensa d@s sancionad@s tamén critica que apenas se argumente os motivos que levan a sancionar ás persoas que se opuxeron ao despexo hai xa seis meses. |
NOS_29743 | O Parlamento de Galiza acolleu a presentación dun catálogo compilatorio da súa colección de arte, que contou con textos a cargo do profesor Francisco Xavier Limia e que estará dispoñíbel en vindeiras datas para a súa descarga en formato dixital. | O Parlamento de Galiza acolleu a presentación dun catálogo compilatorio da súa colección de arte, que conta con textos a cargo do profesor Francisco Xavier Limia e que estará dispoñíbel en vindeiras datas para a súa descarga en formato dixital. O presidente da cámara, Miguel Anxo Santalices, definiu a colección do Parlamento como "unha das máis variadas e valiosas da arte galega contemporánea", e quixo destacar, asemade, que as obras "son visitábeis", animando á cidadanía a coñecer o Pazo do Hórreo. Coa publicación deste catálogo e a asistencia ao acto de diferentes artistas e as súas familias, a dirección do Parlamento quixo "escenificar o compromiso e o respaldo explícito do poder lexislativo ao universo creativo galego", ao tempo que ofrecía "man tendida" a institucións como a Real Academia Galega Nosa Señora do Rosario. Criterios museísticos A colección de arte do Parlamento de Galiza está integrada por máis de 300 obras: pintura e escultura, fundamentalmente, aínda que conta tamén con fotografías, documentos, reposteiros, vidreiras e medallas. Trátase de obras do século XX e de comezos do XXI, que nuns casos son propiedade da Cámara e noutros están cedidas en depósito, razón que levou a Santalices a agradecer a "xenerosidade" dos autores ou propietarios das pezas en depósito. É, na súa opinión, unha colección que "enriquece o patrimonio público, alimenta a sensibilidade artística e intelectual do noso pobo e certifica a ilimitada vocación creadora dos nosos artistas". Para Santalices, a publicación do volume presentado hoxe vai "máis aló do labor editorial", xa que se enmarca "nunha estratexia máis ampla", que inclúe a catalogación, xestión, ordenación e conservación da colección seguindo criterios museísticos, labor para o que a Cámara conta co asesoramento da Real Academia Galega de Belas Artes. |
NOS_34797 | Reproducimos aquí un artigo de Manuel Bragado, director de Xerais e editor das obras que María Victoria Moreno publicou nos últimos anos de vida. Este texto apareceu no A FONDO monográfico que dedicamos a esta autora, baixo a coordenación de A Sega, o 25 de xuño de 2015. | Tiven o privilexio de ser editor das obras que María Victoria Moreno publicou nos seus últimos anos de vida, o ensaio Diario da luz e a sombra (2004) e Eu conto, ti cantas… (2005), aparecido nos andeis das librarías apenas un mes antes do seu pasamento, un libro infantil ilustrado por Manuel Uhía onde reuniu tres contos de animais escritos en verso. Un ano despois, publicamos en Xerais a súa obra poética baixo o título Elexías de luz (2006), preparada polo seu amigo Xavier Senín, un volume no que se reuniron os poemas que a pontevedresa escribiu en cinco cadernos e que conformaban dúas obras distintas: Elexías de luz e Duns folios que foron brancos, o texto no que estaba traballando antes de morrer. No ano 2009, a instancias do seu compañeiro Pedro Ferriol, integrante con ela da Sociedade literaria Olmo, reeditamos na colección Merlín Mar adiante, a primeira obra en lingua galega de María Victoria Moreno (Edicións do Castro, 1973), unha novela de panda considerada como un dos textos fundacionais da nosa literatura infantil en galego. "Transcorrida unha década do pasamento de María Victoria Moreno, a lectura do seu diario literario último achéganos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana" Ben sei que naqueles anos tan difíciles da súa doenza, como fixera ao longo da súa vida enteira, María Victoria Moreno nunca perdeu nin a esperanza nin a súa afouta determinación por escoller os seus vieiros. Nacida en Valencia de Álcántara, en terras arrraianas de Estremadura, cando chegou a Pontevedra en 1963, destinada como profesora de lingua e literatura españolas do instituto Valle Inclán, en pleno franquismo decidiu incorporarse de cheo na actividade cívica e política da cidade do Lérez, identificándose decontado co país, aprendendo galego e converténdoo na lingua propia, tanto no eido familiar como máis tarde no literario. Comprometida e boa profesora, como testemuña o seu alumnado, sempre preocupada pola docencia, decidiu participar na elaboración de diversos materiais didácticos e dunha antoloxía, Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973), en anos decisivos para a conformación do modelo de galeguización educativa e do ensino da lingua galega. Inicialmente cultivou a narrativa para persoas adultas en castelán, a súa novela Alcores de Donalvar foi en 1969 unha das catro finalistas do Premio Café Gijón, mais decidiu limitarse en exclusiva ao campo da literatura infantil e xuvenil en galego, subxénero onde ofreceu como escritora alófona algunhas das obras máis relevantes da fin de século como Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986), Anagnórise (1989) e Guedellas de seda e liño (Galaxia, 1999), que tiveron gran acollida entre o lectorado novo daquel tempo. En todos estes eidos do educativo e do literario, como tamén no eido do privado, María Victoria soubo escoller con determinación e afouteza aquel vieiro que ela consideraba o máis axeitado, nin máis nin menos. A ilusión necesaria Xaora, a nosa relación con María Victoria Moreno comezou cando na primavera de 2004 recibimos o seu orixinal I.T.V. (diario da luz e a sombra), o texto onde relata a súa experiencia, as súas reflexións e a súa crónica como enferma de cancro de mama durante cinco anos de loita contra o que ela chamaba "a pupa cabrona". Xa na primeira lectura do orixinal comprobamos que estabamos diante dunha peza literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Un texto autobiográfico escrito en condicións inclementes, mais capaz de contaxiar un optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Eis a grandeza literaria daquel texto memorialístico que, a pesar de ser recibido de forma moi discreta pola crítica (o cancro é unha enfermidade que intimida e da que aínda se fala con eufemismos), merece ser reivindicado xa que mantén toda a súa novidade e devólvelle á lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado. Un texto que non agocha o primeiro choque brutal e as aflicións provocadas pola fase inicial da doenza, o que María Victoria denominaba "A subida á alta rocha", asociada ao medo ao descoñecido, mais que demostra que é posible, por difíciles e dolorosas que sexan as situacións (como son os efectos dos "chutes" da quimioterapia), descubrir nas rotinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos que doutra forma non serían identificados, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. En definitiva, momentos de destilación de vida en estado puro. Cando fun convidado por María Victoria a escribir unhas palabras limiares para o libro, acudín ás palabras sabias de Assis Machado, para lembrar que "o cancro non recoñece as virtudes do suxeito a quen apreixa". Como outras doenzas graves, emparella na súa ferocidade a todos os seres humanos, que somos igualmente fráxiles diante dela. Transcorrida unha década do pasamento de María Victoria Moreno, a lectura do seu diario literario último achéganos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. "Adentrarse nestas páxinas coraxudas, enchidas, paradoxicamente, de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos." Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida cando este ano a lembramos como a nosa Galega das Letras. |
PRAZA_12275 | Unha vez en Coimbra, unha poeta coa que compartía etiqueta de emerxente contoume que esa pintada presidía unha rúa moi preto da súa casa e, con ela á vista, almorzaba todos os días. Dicía que lle daba forza para se erguer, subir pronunciadas costas de preguiza e outras tentacións estudantís e chegar á universidade. Eu confeso que estiven a piques de tatuala no antebrazo para vela cada vez que bato cos moitos e altos valados que circundan a creación dun produto cultural neste país que apenas se ve. | Unha vez en Coimbra, unha poeta coa que compartía etiqueta de emerxente contoume que esa pintada presidía unha rúa moi preto da súa casa e, con ela á vista, almorzaba todos os días. Dicía que lle daba forza para se erguer, subir pronunciadas costas de preguiza e outras tentacións estudantís e chegar á universidade. Eu confeso que estiven a piques de tatuala no antebrazo para vela cada vez que bato cos moitos e altos valados que circundan a creación dun produto cultural neste país que apenas se ve. Cando un é artista gráfico, músico, actor, escritor de grandes novelas ou o que queira que a súa cabeza lle dea, xa o camiño está cheo de atrancos da máis diversa índole -económicos mediante-, pero cando es poeta e en galego pertences a un subxénero cuxa aparente utilidade semella que morreu o día que taparon a Afonso X con terra, e que só revive -con algo de sorte-, cada 17 de maio para volver morrer o 18. Por iso a tentación tamén me fai preguntarme se todo o esforzo de levar uns poucos versos polo mundo paga a pena, máis nuns tempos onde as cousas da cultura presupóñense prescindibles nos orzamentos públicos e necesariamente sen custes nos privados. Si, é certo que non fan falla cartos para poñer medía ducia de poetas a ler a súa obra diante dun auditorio. Sobre todo se os poetas teñen unha herdanza millonaria que lles permite ter todo o tempo do mundo Si, é certo que non fan falla cartos para poñer medía ducia de poetas a ler a súa obra diante dun auditorio. Sobre todo se os poetas teñen unha herdanza millonaria que lles permite ter todo o tempo do mundo, coa que pagan os transportes públicos ou a gasolina que os leva ata alí e que lles facilita moito esquecerse da existencia de Fenosa, da entidade bancaria da que sexan clientes e do director do Mercadona, que si que quere cobrar relixiosamente todas as compras que se fan no seu establecemento. Pero se non se dá ese caso de sorte familiar, os poetas, como as demais persoas deste mundo á excepción dos realmente ricos, non están exentos dos mesmos gastos que a xente normal. E si, tamén é certo que os poetas fan moitos recitais porque si, porque lles peta e lles dá a gana e sen cobrar un can. Tamén o meu dentista non lle cobrará os implantes aos fillos, á sogra e mesmo a un calquera co que simpatice, pero a min si que mos cobra. E el ten autonomía para decidir para quen traballa gratis e a ninguén se lle ocorre pedirlle contas nin tomarllo a mal cando lle presenta a factura. Ningún dos que me estades lendo lle diriades nunca ao voso odontólogo que vos empaste gratis unha moa, que o debe facer polo país, por esta ou outra loita, pola extinción das baleas ou porque lle estades dando unha oportunidade. O meu despacharíame moi simpático porque é un tipo educado, pero mandaríame á merda rapidamente. Todo isto, teño que explicalo 1 de cada 5 veces que me convidan a recitar, e 3 de cada 5 ocasións nas que organizo un recital. Despois de 12 anos nisto, sobra dicir que é un traballo digno de Sísifo. Porén, sorprendentemente,o subxénero dos poetas galegos seguen atopando quen os lea e ata quen os escoite. Ás veces, mesmo vendemos algún libro para contento dos nosos escasos editores. Hai algo que realmente compensa todas as miserias desta subexistencia. E é o público, esa xentiña que non ten culpa dos teus males e que segue saíndo da comodidade das súas casas para virte ver. Toda tentación de cansazo desaparece cando vos vemos aí sentados Daquela, hai algo que realmente compensa todas as miserias desta subexistencia. E é o público, esa xentiña que non ten culpa dos teus males e que segue saíndo da comodidade das súas casas para virte ver. Toda tentación de cansazo desaparece cando vos vemos aí sentados. Por vós compensa bater sempre na mesma pedra, facedes certa a pintada portuguesa que preside este artigo. Así que sigamos, porque o poder precisa dos moi quietos, dos que non pensan, dos que non fan. A poesía debe ser unha arma cargada sobre as tempas dos que nos queren durmidos. Acción de primeira necesidade. |
NOS_11504 | A OTAN, mais non só. Desde hai décadas a illa sarda converteuse nun campo de probas para Exércitos de todo o mundo. Alén da ocupación do territorio, algunhas das armas utilizadas provocaron graves enfermidades nos seus habitantes. As protestas antimilitaristas son habituais, mais o beneficio para Italia é demasiado grande. | Haberá máis concentracións. Serán cada quinta feira diante dos xulgados de Casteddu (Cagliari, en italiano), a capital de Sardeña. Esta illa do Mediterráneo baixo soberanía italiana é coñecida pola súa riqueza natural e fermosos areais. Aquí se sitúa a famosa Villa Certosa, a mansión do ex primeiro italiano Silvio Berlusconi. Porén, a pouco máis de 200 quilómetros ao sur localízase un dos lugares máis sombríos do país e de toda Europa: Salto di Quirra, o maior campo militar dentro da UE. É aquí que comeza todo. A mobilización contra a militarización da illa levou as autoridades italianas a lanzar a Operación Lince en 2014. Como resultado daquel operativo e tras unha investigación fechada en setembro de 2019, a Fiscalía de Casteddu imputou 45 mozos sardos. Cinco afrontan cargos de "asociación delitiva con fins terroristas", o resto de "danos" e "resistencia". Na quinta feira, coincidindo co inicio da audiencia previa, foi a primeira das concentracións que virán. Protagonizárona as Madri contro la Repressione e l'Operazione Lince, a asociación de nais dos 45 mozos imputados, reunidas "para reiterar a nosa firme oposición a unha campaña denigrante e criminalizadora" pola súa loita "contra a produción de armas, contra as bases e campos militares dos que a nosa terra está chea, e contra o uso de Sardeña como unha plataforma desde a que levar a guerra ao resto do mundo". Exércitos de todo o mundo En efecto, os 45 afrontan un xuízo baseado en actos de protesta contra a militarización da illa. Algúns datos oficiais: as bases ocupan 350 hectáreas de territorio sardo, en tanto que no resto de Italia son tan só 250; 65% dos terreos militares italianos concéntranse en Sardeña; e 80% de todas as bombas probadas en Italia detónanse en campos sardos. O de Salto di Quirra é o máis simbólico. "O Campo de Forzas Conxuntas de Salto di Quirra [...] estabeleceuse en 1956 coa tarefa específica de experimentar con novos sistemas de armas. Mais non é un campo só para as forzas armadas italianas. Aquí veñen adestrar israelís, turcos, alemáns, ingleses, países da OTAN mais tamén países do Leste e, no pasado, mesmo os libios de [o ex presidente Muamar al] Gadafi", apuntaba unha investigación publicada o 20 de marzo de 2013 no xornal italiano La Repubblica. Segundo consta nunha pregunta no Senado de 29 de xuño de 2017, Italia cobra 50 mil euros á hora polo alugueiro deste e doutros terreos a exércitos e empresas privadas de todo o mundo. Contra estas instalacións que inzan a illa, territorio que conta con indicadores económicos por baixo da media estatal, é que se mobiliza habitualmente a sociedade civil sarda ─de diversa cor política─ baixo o paraugas de A Foras ("Para fóra"). Constituída oficialmente en xuño de 2016 "contra a ocupación militar de Sardeña", foi a partir do 13 de setembro de 2014 que esta asemblea colleu forza. Aquel día produciuse unha manifestación multitudinaria en Capo Frasca para protestar contra esta instalación militar e polo incendio provocado pola Forza Aérea Alemá durante uns exercicios. A protesta, como outras posteriores, foi fortemente reprimida. Salto di Quirra, Capo Frasca... e Teulada. Este último campo foi escenario no outono de 2016 da Operación Trident, o maior exercicio militar da OTAN até esa data desde a súa fundación en 1949, e o maior en Europa desde a Segunda Guerra Mundial. Os obxectivos de A Foras, segundo apuntan na súa páxina web, son "a paralización dos exercicios, o completo desmantelamento dos campos militares, a compensación ás poboacións por parte de quen contaminou e a recuperación dos territorios danados". Cancro e malformacións Porque o grave envelenamento, documentado, é outro punto chave das mobilizacións da sociedade civil sarda e, nomeadamente, dos 45 mozos imputados. Son numerosos os casos de leucemia e outros tipos de cancro, así como malformacións entre cativos nacidos a finais da década de 1980 nas zonas onde se sitúan os campos. O torio radioactivo de miles de mísiles antitanques alí probados ─con destrución de pequenos illotes incluída─ e o uranio empobrecido usado na munición perforadora de blindaxe serían os culpábeis. Como consecuencia, en 2013 abriuse un proceso xudicial contra varios altos mandos do Exército italiano. Tras varias suspensións, retomouse hai un mes baixo risco de prescrición das acusacións, informou L'Unione Sarda. As bases seguen operativas. Nunha carta aberta, afirman as nais dos 45 antimilitaristas xulgados: "Fomos quen os trouxemos ao mundo, fomos quen os criamos coas ideas e os soños dun mundo sen guerras, dun mundo sen o horror das armas. Transmitímoslles amor e respecto pola terra onde nacemos por casualidade. Por iso estivemos e estamos sempre presentes con eles nas loitas contra a explotación e a devastación desta terra, ao carón de todos os pobos que loitan polas mesmas ideas". |
PRAZA_5729 | A esquerda parlamentaria batiu o PP nas eleccións europeas, que deixan no agregado das sete urbes un panorama no que a suma de AGE, Podemos e BNG aglutina máis apoios cidadáns que os conservadores ou os socialistas. Só en Lugo e Ourense os populares tiveron máis sufraxios que as forzas de esquerda rupturista e todos os electorados urbanos apoiaron máis ás opcións progresistas que á dereita. | Unha envorcadura histórica. Os resultados das eleccións europeas do pasado domingo non só botaron por terra, como adoito nos últimos tempos, os prognósticos lanzados polo Centro de Investigacións Sociolóxicas ou polos inquéritos publicados pola prensa. Tamén sumiron na estupefacción os dous grandes partidos, PP e PSOE, tanto no Estado como en Galicia. No caso galego o único que non foi excepcional é que o PP foi a forza máis votada, aínda que perdendo 200.000 votos a respecto dos anteriores comicios históricos e achegándose ao seu chan electoral co que foi o seu peor resultado en vinte e cinco anos. O xiro á esquerda que resulta das urnas no conxunto do país é especialmente elocuente nas sete cidades, un cambio que nin sequera é evitado pola forte caída do PSdeG. O PP obtivo 102.000 votos entre as sete cidades e o PSdeG, algo máis de 80.000 Tomando como referencia os resultados agregados da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol este 25-M é posible observar que os socialistas ficaron lonxe de superar en votos os conservadores e que a cidadanía que optou por AGE, por Podemos ou polo BNG é máis que a que decidiu votar ás dúas grandes formacións. Así, o conxunto da Galicia urbana deulle uns 102.000 votos ao PP e algo máis de 80.000 ao PSdeG. Mentres, Alternativa, a formación que lidera Pablo Iglesias e o Bloque conseguiron, en total, algo máis de 111.000 sufraxios. Baixando algo máis ao detalle os resultados das europeas amosan tamén que unicamente nas dúas urbes do interior, Lugo e Ourense, un dos dous grandes partidos, en ambos casos o PP, tivo máis apoio que a suma de AGE, Podemos e o BNG. No resto as forzas de esquerda rupturista deixan atrás a populares e socialistas, un fenómeno que é especialmente significativo en Vigo, onde estas organizacións incluídas a priori no saco das minorías lograron máis de 35.600 papeletas fronte a 27.800 do PP e 24.500 do PSdeG. As diferenzas tamén son claras na Coruña, onde o agregado de AGE, Podemos e BNG supera en máis de 3.000 votos ao PP e en case 8.000 ao PSdeG. En Pontevedra, Santiago e Ferrol as diferenzas son máis estreitas, pero tamén se dan. Aínda coas cautelas que, de seu, deben acompañar calquera extrapolación, outra das conclusións que é posible tirar dos resultados das europeas é que nunhas municipais os populares terían realmente difícil acceder a algún bastón de mando urbano sempre e cando non se producisen alianzas como a que lle permitiu ao socialista viugés Abel Caballero aprobar os seus orzamentos co apoio do PP. Non en van, realizando o exercicio de situar dunha banda o PP e doutra as formacións situadas convencionalmente no ámbito da esquerda e do progresismo as diferenzas son moi notables nos sete casos e especialmente significativas na Coruña e en Vigo. Todo isto sucede nun contexto no que as europeas non son unha illa, senón o afondamento nunha tendencia iniciada, cando menos, nas eleccións galegas de 2012 e mesmo tras as xerais do ano anterior. Unha ollada en perspectiva amosa duras caídas de PP e PSdeG e, aínda que menos pronunciada, tamén do BNG. Fronte a isto destaca o xurdimento de AGE nos últimos comicios autonómicos e de Podemos nos do pasado domingo. Tamén medra, aínda que nunha medida moito menor, o partido de Rosa Díez. |
NOS_54214 | O Congreso votará esta quinta feira a convalidación do real decreto lei sobre incendios forestais. | O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou na mañá desta segunda feira que o Consello de Ministras e Ministros de mañá aprobará a declaración dos concellos afectos por "grandes incendios" este verán no Estado español como zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, tamén coñecidas como zonas catastróficas. O Barco de Valdeorras pedirá a declaración de zona catastrófica: Carballeda e Rubiá, os seguintes Durante a visita á área afectada polas lapas no concello valenciano de Bejís, Sánchez, que estaba acompañado polo ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, adiantou esta medida. Porén, o titular do Executivo estatal non precisou cales serán os criterios escollidos para decidir que zonas afectadas por "grandes incendios" forestais entrarán dentro desta declaración. Polo de agora, a única medición é a estabelecida polo Ministerio de Transición Ecolóxica, que considera "grandes incendios" aqueles que superan as 500 hectáreas. O PSdeG denuncia a "gran debililidade" do servizo de prevención e defensa contra o lume No caso da Galiza, 9 son os lumes que superaron esta extensión durante a vaga de incendios deste verán. Entre eles, destacan o do Courel (11.100 hectáreas), Valdeorras (10.500), Vilariño de Conso (7.000), Boiro (2.200), Laza e Chandrexa de Queixa (2.100), e Oímbra (tamén 2.100 hectáreas calcinadas). Real decreto lei sobre incendios forestais Sánchez tamén aproveitou para pedir aos grupos parlamentarios que forman parte do Congreso o seu apoio para a convalidación do real decreto lei sobre incendios forestais, que decorrerá esta quinta feira. O BNG urxe "cambios estruturais" na loita contra os incendios ante a "fracasada política forestal" do PP Este real decreto, aprobado polo Consello de Ministras e Ministros o pasado 2 agosto, recolle a previsión de reforzar o sistema estatal de protección civil, co obxectivo de mellorar a capacidade de prevención de loita contra os lumes. Esta medida, así como outras que recolle o texto legal, forman parte dos acordos da conferencia de presidentes autonómicos que decorreu na Palma o pasado marzo. O presidente do Goberno español afirmou que a actual situación climática obriga a redeseñar os dispositivos de prevención e extinción dos lumes, polo que pediu "pór todos os recursos" a disposición destes dispositivos. Denuncian a Xunta perante a Fiscalía por "inacción" durante a vaga de incendios forestais Neste sentido, Sánchez fixo un chamamento a todas as formacións políticas para que non leven a cabo "calquera tipo de loita partidista" e apoien un real decreto lei que recolle medidas para facer fronte "a un inimigo común", os incendios forestais. |
NOS_43040 | Coñecidos por dar cobertura ás mobilizacións dos colectivos sociais, Raúl Capín e Adolfo Luján foran sinalados por xornais como ABC, El Mundo ou La Razón como "extremistas infiltrados" | Axentes da policía española prenderon esta cuarta feira nas súas casas, en Madrid, os fotoxornalistas freelance Raúl Capín e Adolfo Luján, a quen acusan de "desordes públicas" e de "atentado contra a autoridade". Coñecidos pola cobertura que dan aos protestos dos colectivos sociais, foran sinalados pola imprensa conservadora a través de ABC, La Razón ou El Mundo como "extremistas infiltrados", tendo publicado fotos en que sae estes traballadores e identificándoos non como xornalistas senón como manifestantes, segundo informa o diario Diagonal. Capín é colaborador dos xornais Diario Independiente Digital e Mundo Obrero e profesionais que coñecen a súa actividade falan del como "unha testemuña incómoda" para a actuación da policía e dos antidisturbios nas manifestacións dos movementos sociais, onde son frecuentes as cargas policiais. Sinalados pola imprensa da dereita Os fotoxornalistas foran sinalados pola imprensa conservadora como "extremistas provocadores infiltrados" nas mobilizacións. O 17 de abril ABC publicou un artigo asinado por Carlos Hidalgo, cronista "especializado en fontes policiais", en que afirmaba que a policía andaba a investigar "radicais de esquerdas que participan en manifestacións e protestas escudándose en falsas credenciais de xornalistas". O artigo apareceu na información impresa ilustrado con tres fotografías de Capín coa cara pixelada no medio de máis fotoxornalistas cuxo rostro aparecía sen difuminar. Uns días antes foron El Mundo e La Razón as que levaban ás capas senllas imaxes do escrache da PAH no domicilio do presidente do Congreso español, Jesús Posada. En ambas as dúas saía tamén o freelance detido, identificado como máis un manifestante e non como xornalista. |
NOS_32969 | Nove representantes para as socialistas, sete para o PP, os mesmos que logra D.O, e dous para Ciudadanos. BNG volve á Corporación, con dúas representantes. | Ourense, todo aberto. É unha das cidades onde as urnas deixan este 26M un resultado máis aberto. E con Democracia Ourensá tendo a chave. A dereita de PP e Cs suman nove edís. Dez suman PSdeG e BNG. O partido de Jácome, con 7, pode ser moito máis que un simple árbitro. O PSdeG foi a forza máis votada este 26M, ao lograr 9 concelleiros e concelleiras atinxindo 26% dos votos. Son tres cadeiras máis que nas municipais de 2015. O PP perde 3 edís e pasa de 10 a 7 (ten 23% dos votos, sete puntos menos que en 2015). Os mesmos concelleiros e concelleiras ten Democracia Ourensá, con 21% dos apoios nas urnas. Perdeu a respecto da anterior cita unha cadeira e catro puntos. Entra Ciudadanos, que irrompe con 2 representantes na Corporación, e tamén o BNG, que após catro anos de ausencia logra este domingo 2 cadeiras grazas aos máis de 3.300 sufraxios recibidos (6,2%). Por contra, perde a representación na Cámara o espazo das 'mareas' ou 'municipalismo'. Tiña 3 concelleiras mais este 26M non logra representación. Até 3 candidaturas 'herdeiras' competían por ter presenza: Ourense en Común, Ourense Mellor, e Podemos-Esquerda Unida. Ourense municipais 2019 Infogram |
PRAZA_16289 | Os reitores das tres universidades, os presidentes da RAG, do CCG, do Padroado do Museo do Pobo ou da Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina asinan o texto, que esixe "esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria" do predio | Hai uns días púxose en marcha un manifesto que demanda da Xunta e do Goberno Español "actuacións concretas diante do Goberno Arxentino" para salvar o Centro Gallego de Bos Aires. O texto, impulsado en Rianxo o pasado 29 de xaneiro (no 132 aniversario do nacemento de Castelao), está asinado polos reitores das tres universidades galegas (Juan Viaño, Salustiano Mato e Julio Abalde), polos presidentes da Real Academia Galega (Víctor Freixanes), do Consello da Cultura Galega (Ramón Villares), do Padroado do Museo do Pobo (Justo Beramendi) ou polo director da Fundación Penzol (Francisco Domínguez Martínez). O texto solicita "esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Buenos Aires" A estes apoios súmanse os de destacados representantes da colectividade galega en Arxentina, como José María Vila Alén (presidente do Centro Galicia de Bos Aires), Diego A. Martínez Duro (presidente da Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina), Lorena Lores Doural (secretaria xeral da Federación de Asociaciones Gallegas da República Arxentina), Carlos X. Rodríguez Brandeiro (director do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires), ou Beatriz Lagoa (presidenta do Centro de Betanzos de Bos Aires). Ademais, asinan o manifesto os ex presidentes da RAG Xesús Alonso Montero e Xosé Luís Méndez Ferrín; ou Manuel Rivas, Luís González Tosar, Suso de Toro, María Xosé Porteiro, Inma López Silva, Teresa Táboas e Antonio Dieter Moure, ex presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, entre moitos outros e outras. O texto reclama dos gobernos galego, español e arxentino "vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade dos actuais socios e socias e a protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial..." e solicita "esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Buenos Aires". Subliña "a tradición mutualista, cultural, solidaria, galeguista e republicana que durante a longa noite do franquismo soubo manter acesa a luz da palabra, da razón, da democracia, da convivencia e da irmandade coa Terra Nai" O texto salienta "a transcendental importancia que supón o feito de conservar unido todo o patrimonio inmobiliario, artístico e cultural que conforma o Centro Galego de Bos Aires" e subliña "a tradición mutualista, cultural, solidaria, galeguista e republicana que durante a longa noite do franquismo soubo manter acesa a luz da palabra, da razón, da democracia, da convivencia e da irmandade coa Terra Nai". "A simboloxía do edificio e a función sanitaria, social e cultural do actual Centro Galego ofrece moitas e moi variadas posibilidades para que a Galicia do século XXI siga sendo unha das identidades que conforman a capital porteña", conclúe. Petición en Change.org |
NOS_46856 | O editor e escritor Manuel Bragado considera necesario recuperar "a utopía europeísta" fronte a UE actual. Pula por un marco "baseado na igualdade, a diversidade" e a libre circulación de persoas como espazo colectivo para unha nación galega que exerza a súa soberanía. | Segue con atención a campaña das eleccións europeas? Si, de feito neste momento interésanme máis as eleccións europeas que as locais, xa que poden ser máis fulcrais para as galegas e galegos. Agardo que Galiza siga contando con representación como tivo con Ana Miranda. Que temas importantes para Galiza bota en falta nesta campaña? A cuestión fundamental son as políticas de igualdade na Unión, tanto a nivel territorial como no que ten que ver sobre a libre circulación efectiva de persoas e a súa incorporación ao proxecto da UE. É Galiza unha nación europea? Si, eu teño esa convicción. A idea de Europa como tal é unha das políticas fulcrais do último século, a pesar de que a utopía europea aínda non se concretase. O marco de soberanía e de autogoberno de Galiza e o proceso de construción nacional non ten outra vía que non sexa o entorno europeo, pero tamén precisa doutra Europa distinta da actual. Avogo pola Europa dos pobos e da igualdade entre as comunidades e todas as persoas. Creo que é un proxecto polo que aínda paga a pena apostar. Cara a onde debe camiñar Europa? O proceso de construción europea está a vivir a súa crise máis importante, sendo convertido esclusivamente nun mercado único baixo os intereses de determinados poderes do capitalismo actual. Cómpre recuperar a utopía europeísta e constituír un espazo único de circulación de persoas, de ideas e de respecto á diversidade entre todas elas. Neste momento non son as ideas en voga, mais a situación do planeta, por exemplo no que atinxe ao cambio climático, require da participación do proxecto europeo se queremos un futuro esperanzador para a humanidade. |
PRAZA_1398 | As novas corporacións que se constitúan este sábado terán entre os seus principais retos a loita contra a desigualdade e a exclusión social, que afecta ao 23,8% dos galegos e galegas. Falamos con Xosé Cuns (EAPN-Galicia) sobre o que se pode facer dende os concellos | A enquisa de condicións de vida de 2014, publicada polo INE hai unhas semanas, deixounos o dato de que o 23,8% dos galegos e galegas viven en condicións de pobreza e exclusión social, unhas décimas por debaixo dos datos de 2013, pero aínda por riba das cifras de 2010 e 2011. Aínda que os datos galegos son mellores que a media estatal (e moito mellores que os dalgunhas comunidades -Murcia, Andalucía ou Estremadura- con situacións dramáticas), a realidade é que case unha de cada catro persoas se atopa en grandes dificultade. Ademais, alertan dende as organizacións sociais, se o dato non é maior en Galicia é porque as pensións mantiveron o seu nivel, afastando da pobreza a moitos xubilados e xubiladas que, en moitas ocasións, están sostendo as súas familias. EAPN-Galicia pide que os concellos dediquen en 2016 un mínimo de 110 euros por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social (a media galega en 2013) A pobreza é, e será nos vindeiros catro anos, o principal asunto que terán que afrontar as novas corporacións municipais que se constitúen este sábado. Dous meses antes das eleccións a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) presentou a campaña Concellos ao servizo das persoas, que tiña como obxectivo buscar o compromiso dos candidatos e candidatas para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. A campaña incluía un documento con 15 principios e medidas básicas que os Concellos debían levar a cabo para acadar o obxectivo de que en 2016 se reducise nun 15% o total das persoas que se atopan en risco de exclusión, rebaixándose nun 25% en 2019. Tamén se pedía que os concellos dedicasen en 2016 un mínimo de 110 euros por habitante ao ano á partida orzamentaria de actuacións de protección e promoción social (é a media do dedicado polos concellos e deputacións galegas no 2013). O documento demandaba tamén coordinación entre as distintas administracións, cumprir os prazos legais da RISGA e unha mudanza nas políticas sociais, para levar a cabo medidas máis inclusivas, de fondo, atacando as causas da pobreza no canto de limitarse a accións asistencialistas. "Tentamos que as propostas que presentamos no documento fosen facilmente realizables" -destaca Xosé Cuns, director de EAPN-Galicia- "Mesmo así somos conscientes de que nalgúns concellos como Santiago ou Pontevedra o obxectivo de chegar en 2016 á media galega en gasto social será difícil, porque implica practicamente dobrar o orzamento". "O que si pedimos é un compromiso de incremento do orzamento social ata aproximarse á media galega", engade. Dende a Rede Galega de Loita contra a Pobreza esixen tamén "planificación" e "concreción". "Na campaña escoitamos moitas propostas para a área social e moitas axudas de emerxencia" -di- "pero o que lles pedimos é que neste verán se centren en facer un plano a catro anos, con compromisos concretos, con indicadores, coa presenza de todos os colectivos en risco de inclusión e con coordinación con entidades e outras administracións". "E, por suposto, coordinación dentro dos distintos departamentos do Concello. Sería mellor que emprego e servizos sociais estivesen dentro da mesma concellería", completa. ACoruña Compostela Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Vigo Poboación risco de pobreza / exclusión.% 19.09 18.7 22.97 17.7 23.24 20.62 21.21 Orzamento social (€/ habitante). 95.11 55.92 109.44 157.18 85.75 48.74 66.79 % de persoas en risco de pobreza e exclusión nas sete cidades (datos INE, 2012) e Orzamento social (2013) "Pedimos que os Concellos non se deixen caer na trampa da emerxencia, na trampa do asistencialismo" Xosé Cuns demanda tamén políticas de fondo, de longo percorrido, que ataquen as causas da pobreza: "Pedimos que non se deixen caer na trampa da emerxencia, na trampa do asistencialismo. Ti podes darlle unha axuda puntual a unha familia, pero con iso non solucionas as causas de base da pobreza, que se atallan con plans a longo prazo, con medidas de inclusión, moi ligadas a propostas relacionadas co emprego...". "Xa non estamos no tempo das medidas de emerxencia, que se cadra podían ter sentido hai tres ou catro anos. O que necesitamos agora é ver como reducimos eficazmente a pobreza en cada un dos concellos", engade. En canto ás propostas de salarios sociais lanzadas dende algúns lugares, Cuns sinala que "xa hai unha cousa chamada Risga, non fai falla inventar salarios sociais nos Concellos. En todo caso, o que se pode facer é reforzar a Risga ou, mentres non se percibe a Risga, que sexa o Concello o que anticipe eses cartos para que ninguén sufra os atrasos dun ano que está habendo agora nalgúns casos". "Xa hai unha cousa chamada Risga, non fai falla inventar salarios sociais nos Concellos. En todo caso, o que se pode facer é reforzar a Risga ou, mentres non se percibe a Risga, que sexa o Concello o que anticipe eses cartos" Cuns valora positivamente a campaña Concellos ao servizo das persoas que EAPN-Galicia levou a cabo entre marzo e maio: "A campaña axudounos a facer propostas máis concretas e plausibles, e de acompañalas ademais de datos obxectivos, con indicadores de pobreza, transparencia e orzamento social para cada concello. Con isto axudamos a centrar o debate, e tamén parece que anoxamos a algúns candidatos á reelección. Así é máis complicado vender motos". "Habitualmente estes sectores -e os barrios nos que viven- rexistran niveis de abstención moi por riba da media. E iso cambiou nestas eleccións, estas persoas participaron máis" Tamén salienta o feito de que a loita contra a pobreza se convertese nun dos temas centrais da campaña electoral en moitos concellos: "Nas campañas electorais falouse moito do tema da pobreza e da exclusión e nalgúns lugares como Santiago foi realmente un dos eixos da campaña". E, sobre todo, saúda a crecente participación política das persoas que viven nesta situación. "Mudou tamén un aspecto moi importante, que foi a participación política da poboación pobre e en risco de exclusión" -explica- "Está demostrado que habitualmente estes sectores -e os barrios nos que viven- rexistran niveis de abstención moi por riba da media. E iso cambiou nestas eleccións, estas persoas participaron máis e iso percibímolo mesmo nas redes sociais, vemos como tomaron conciencia de que o seu voto podía cambiar a súa situación". "Isto para min foi un dos efectos máis emocionantes destas eleccións. E, ademais, lévame a pensar que nestes catro anos pode haber un maior control social. Son optimista", conclúe. A Xunta presenta "unha folla de ruta" contra a desigualdade O Goberno galego presentou o Plan social contra a desigualdade económica, un documento de boas intencións que busca "unificar esforzos e recursos" pero con escasas novidades sobre as políticas xa coñecidas No Consello da Xunta celebrado este xoves o Goberno galego presentou o Plan social contra a desigualdade económica, un documento de boas intencións que busca "unificar esforzos e recursos" pero con escasas novidades sobre as políticas xa coñecidas. Proponse, iso si, a creación dunha comisión interconsellerías para ser "a voz da Xunta neste eido" e na que participarán os departamentos de Vicepresidencia, Traballo e Benestar, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Economía e Industria e Educación e Sanidade. Tamén se promete "comezar a traballar nas vindeiras semanas coas entidades sociais" e, unha vez concretado "o contido e alcance e priorizado de acordo con elas" dialogar cos concellos e deputacións "para pechar o paquete de medidas que dean resposta ás necesidades". O Goberno galego tamén se compromete a mellorar o Programa Reconduce, para "complementar a exención do pago de medicamentos a outros colectivos e familias" e, no campo da Educación, "ampliar as axudas para facilitar ás familias máis vulnerables, ademais do acceso a libros de texto, a outros materiais e actividades". A Xunta anuncia que a vindeira semana iniciará a tramitación dun decreto que permita crear o Rexistro de Vivendas Baleiras da Comunidade Nesta folla de ruta a Xunta fai especial fincapé no problema da falta de vivenda. E anuncia que a vindeira semana iniciará a tramitación dun decreto que permita crear o Rexistro de Vivendas Baleiras da Comunidade, "un censo a efectos de información e de planificación social para coñecer as vivendas baleiras situadas en concellos de máis de 10.000 habitantes". Vivendas cuxos titulares serán "as entidades financeiras, a SAREB ou os fondos de investimento, quedando fóra deste censo as vivendas particulares ou doutras persoas físicas". Ademais, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse a "reforzar a colaboración cos Concellos e Deputacións", |
NOS_52722 | O presidente de Venezuela Nicolás Maduro dá por derrotada "a escaramuza golpista que pretendeu encher de violencia" o país. Así o comunicou a través das redes sociais e nunha intervención televisada. Mentres, Leopoldo López escapou á embaixada española e 25 militares que apoiaron o movemento, á do Brasil de Bolsonaro. | "Felicito aos profesionais da nosa Forza Armada Nacional Bolivariana pola súa actitude firme, leal, valente e de enorme sabedoría", sinalou o mandatario, "o pobo recoñéceos por ese esforzo digno e subordinado á Constitución". A pasada madrugada, un pequeno grupo de militares liberaron o opositor Leopoldo López do seu arresto domiciliario. Estaba condenado por incitación á violencia. O autoproclamado presidente Juan Guaidó saiu no seu apoio e chamou a un levantamento militar. Co paso das horas, a operación entrou en vía morta. Os disturbios causados polos golpistas non impediron grandes manifestacións de apoio ao Executivo lexítimo de Maduro. Este tamén agradeceu ao pobo venezolano "a súa valentía, coraxe e conciencia fronte a este intento de golpe de Estado frustrado" e engadiu que Venezuela é "territorio de paz e independencia". E enviou un saúdo a "líderes, lideresas, gobernos, movementos sociais e intelectuais do mundo polos seus pronunciamentos, mostras de solidariedade e apoio á Constitución". Entre os gobernos sudamericanos que rexeitaron o golpe estiveron o de Bolivia e o de Cuba. |
NOS_17105 | O presidente nega no Parlamento que exista a manipulación informativa nos medios públicos embora as continuas denuncias nese sentido do propio persoal da televisión e radio galegas. | As denuncias de censura e manipulación informativa na CRTVG que o persoal deste medio público levan anos realizando e que nas últimas semanas tiveron una especial intensidade cos #venresnegros e a demisión de dous presentadores dos informativos chegou ao Parlamento de Galiza. Na sesión de control ao presidente a portavoz do BNG Ana Pontón cualificou como "grave" a situación da CRTVG, "secuestrada" para se converter nun "aparato de propaganda do PP". "Este goberno está a tope" (Núñez Feixóo) Incúmprense a lei, non se implementan ferramentas como o estatuto profresional ou o consello de redacción, elimínase os informativos locais, créase una "realidade paralela" de Galiza ao gosto do PP; criticou con dureza a nacionalista. Pontón formulou entón a Núñez Feixóo unha proposta de acordo para comezar a cambiar as cousas na CRTVG: "acabar cos nomeamentos a dedo e un concurso público para nomear a dirección da CRTVG". A resposta de Feixóo foi a de non responder ao ofrecemento. Para o presidente, non hai manipulación na CRTVG. E non a hai porque a cadea pública galega "é líder e record en audiencia de informativos". Feixóo cargou contra a CRTVG da etapa do 'bipartito', á que acusou de "ter un grao de manipulación que superaba odo o posíbel", para alén de "acumular 12 condenas por incumprir a neutralidade". "Que televisión queren para Galiza, o modelo [para TVE] do PSOE, Podemos, nacionalistas vascos e independentistas?", concluíu. "No caso da Valedora o PP fixou retratado, de lado da corrupción" (Luis Villares, en Marea) Axenda reformista Fernández Leiceaga reprochou a Feixóo que teña o seu goberno no frigorífico" polaf alla de proxectos e iniciativas. "Ten conselleiros en stand by", aseverou o portavoz do PSdeG, que considera esta inacción incompatíbel coa promesa de Feixóo dun terceiro mandato de impulso dunha "axenda do cambio". Leiceaga instouno a gobernar e adoptar as medidas "que precisa Galiza". "Reformas, non propaganda", pedíulle. "Facer reformas non é o mesmo que facer propaganda" (Fwernández Leiceaga, PSdeG) "Este goberno está a tope", retrucoulle o presidente ao socialista, gabándose de que "Galiza está mellor agora que cando a atopamos" e debullando diferentes actuacións en diversos campos nestes anos que, sostén, explicarían esa mellora. Aproveitando que debatía co portavoz do PSdeG, Feixóo indicou que na súa reunión co presidente español, o socialista Pedro Sánchez, "non lle vou pedir nada que non pedise a Raxoi", agardando que o mandatario "cumpra con Galiza". A Valedora O PP sostivo esta terza feira no seu cargo a Valedora que enchufou a irmá do portavoz popular. Unha decisión que lle foi afeada polo voceiro de En marea a Feixóo esta cuarta feira na sesión de control: "O PP avalou políticamente o enchufismo, o Partido Popular ficou retratado ao lado da corrupción". Luis Villares cualificou como "actuación caciquil" o proceder da Valedora e preguntou ao presidente que vai facer "se a sentenza firme confirma [que houbo trato de favor]". "Teñen a CRTVG secuestrada e a facer de aparato de propaganda do PP" (Ana Pontón, BNG) Feixóo, no que xa é tónica habitual nos seus debates con Villares, centrou a súa resposta ao portavoz de En Marea en atacar por dous flancos: un, cargando contra a 'febleza' de Villares no seo de En Marea e na desunión e enfrontamento deste espazo político. Outro, cuestionando o seu labor cando era xuíz, espallando sospeitas sobre a súa imparcialidade no posto nos meses en que era maxistrado mais, segundo a teoría de Feixóo, xa debullaba liderar En Marea. |
NOS_16077 | Con máis de 118.000 casos detectados e 4.292 persoas falecidas a nivel global, o coronavirus adquiría onte a consideración de pandemia por parte da OMS e causante dunha crise que, na Galiza, proxecta a súa sombra sobre a convocatoria electoral de abril. En espera do avance do brote vírico no territorio, as forzas políticas galegas manteñen a súa axenda preelectoral, con referencias constantes á seguridade sanitaria e ningunha ao cálculo sobre o que pode supor un aprazamento dos comicios. | Acrise sanitaria pola expansión do coronavirus no territorio estatal deixa, de cara á cita electoral do 5-A na Galiza, un escenario non previsto no normativo e impredicíbel no político. O actual presidente da Xunta e candidato do PP á reelección, Alberto Núñez Feixoo, aventuraba nas últimas horas un posíbel aprazamento da cita coas urnas vinculado á evolución do brote epidémico, se ben incidía en que é o Goberno central, e non a Xunta, quen ten a capacidade de adiar os comicios. Na tarde de onte, Feixoo convocaba para a vindeira segunda feira, día 16, unha reunión con responsábeis "dos principais partidos políticos" para analizar a situación e "poñer en común toda a información que traslade o Executivo estatal na fin de semana", na que hai prevista, o sábado, unha conferencia coas presidencias. As posibilidades de suspensión dos comicios non son unívocas, a falta dunha habilitación legal expresa nunha situación que, segundo observa a catedrática de dereito administrativo da Universidade de Compostela Alba Nogueira, non está prevista na normativa xeral electoral. "A actuación vai ter que suxeitarse a unha serie de límites", sinala en declaracións a Nós Diario, que ve pouco factíbel a opción de modificar neste momento a lei electoral estatal (a Lorex) para incluír esta posibilidade. "Esa modificación exixe trámite parlamentario", advirte, para remitirse a uns prazos que, neste momento do proceso, non parecen viábeis. Nogueira apunta unha segunda vía que, aos seus ollos, tería máis cabida, e que pasa polo decreto dun "estado de excepción", que recolle a Lei de Alarma, Excepción e Sitio, e que debería solicitar o Goberno do Estado e recibir autorización do Congreso. A experta fixa nese punto o papel da Administración galega: "Tería que haber unha corresponsabilidade na decisión, porque son unhas eleccións que convoca o presidente da Xunta, que ten unha facultade que non pode ser substraída, mesmo se é el quen solicita ao Goberno a declaración de estado de excepción". "Unha vez habilitada polo estado de excepción, debería haber unha decisión galega concreta, que podería ser do presidente da Xunta ou ben da Xunta Electoral", expón. Tamén esta opción ten, como matiza, dificultades, xa que a Lei de Alarma non fai referencia explícita á suspensión do dereito de sufraxio, aínda que si a outros dereitos fundamentais, o que xera dúbidas sobre o seu encaixe noutras voces académicas. "Eu entendo que, falando como estamos dun procedemento garantista –coa autorización do Congreso– e facendo a lei referencia a unha suspensión de dereitos fundamentais, si tería viabilidade", conclúe a profesora. En España existe un precedente da declaración do estado de alarma, no inverno de 2010, cando o Goberno o decretaba en todo o territorio estatal con motivo do peche do espazo aéreo derivado da folga do persoal de control. Competencias A alusión de Feixoo ás "competencias" do Goberno estatal para declarar a suspensión electoral pode suxerir unha solución, chegado o caso, por esta vía, malia que onte mesmo, o presidente do PP, Pablo Casado, sinalaba a Xunta Electoral Central como o órgano habilitado para decidir sobre un eventual adiamento das votacións galegas. O que faga Euskadi –onde a incidencia do virus é hoxe moi superior, con 225 casos confirmados e seis persoas falecidas, fronte aos 44 diagnósticos positivos da Galiza, ao peche desta edición– terá consecuencias, de seguro, nas decisións que se adopten aquí. O lehendakari, Iñigo Urkullu, fiaba onte a decisión a unha análise "legal e xurídica" en función da situación sanitaria por parte do Goberno vasco, mais remitíase á Xunta Electoral Central. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_19651 | Dicía Lemmy que se pensas que es demasiado vello para o rock, probablemente o sexas. Lemmy sempre foi un roqueiro, nunca foi vello e iso levouno na súa vida até o final. Unha vida chea de excesos e de rock e proba diso é este derradeiro traballo da banda, un disco en directo, gravado en Munich pouco antes da súa morte. | Motörhead é unha desas bandas que escriben o seu nome con letras de ouro e lume na historia da música que deixou clásicos inesquecíbeis como Ace of Spades, Bomber, R.A.M.O.N.E.S , Orgasmatron ou Overkill, temas que a xente recoñece aínda que non sexa quen de identificalos coa banda, e moitos deles quedar inmortalizados en toda a súa esencia de directo neste álbum póstumo. Como todas as comparacións resultan odiosas, non vou comparar este directo co incríbel "No Sleep´til Hammersmith" de 1981 que segue a ser un dos mellores directos da historia e tampouco sería facerlle xustiza a este álbum. "Clean Your Clock" era un disco necesario para pechar cun broche de ouro a carreira de Motörhead, non só como legado póstumo de Lemmy, senón como a visión actualizada dunha banda que nunca defraudou. Dende o primeiro momento que soan as sereas anunciando o inicio do concerto e descarga seguida de Bomber, Stay Clean e Metropolis, lémbranos por que teñen o título da banda que toca con máis decibelios e apréciase que Phil Campbell e Mikkey Dee están en forma e que o xa delicado estado de saúde de Lemmy non é sinónimo de que non o fora a dar todo, malia que ese todo non fora aquilo ao que nos tiña acostumados. Tras o saúdo de Lemmy ao persoal, continúan con When The Sky Comes Looking For You, único tema do derradeiro álbum de estudio, "Bad Magic", incluído no repertorio, para volver en breve aos clásicos con Over The Top, que pon un ritmo frenético ao concerto, freado despois por un solo de guitarra de dous minutos que se ben para min sobra, serviu tamén para dar un respìro á banda que volvou á carga con The Chase Is Better Than The Catch, un deses himnos roqueiros por excelencia. Just 'Cos You Got The Power é una desas caras B e Bonus Tracks condenados a converterse en pezas de culto Lost Woman Blues, do seu penúltimo traballo Aftershock, volver a pausar de novo o ritmo do concerto, para volver aos primeiros 80 con Rock It, aperitivo ideal para o seu oscuro Orgasmatron que interpretaron dun xeito maxistral, para seguir con Dr. Rock, adicada a quen fora batería da banda recentemente finado, Phil "Philthy Animal" Taylor, na que intercalaron os solos de batería e alongaron case até os 9 minutos de duración. Con Just 'Cos You Got The Power, una desas caras B e Bonus Tracks condenados a converterse en pezas de culto e No Class, preparamos o camiño cara á recta final do concerto onde a banda gardaba os seus ases gañadores. Como non podía ser doutro xeito, soou o mítico Ace of Spaces, tan fresco como en 1980, para seguir en acústico coa divertidísima Whorehouse Blues e poñer o punto final coa espectacular Overkill. E até aquí chegou a historia. Lemmy, quen parecía inmortal, morreu, mais deixounos o seu legado musical e vital. Vivindo até os últimos días como fiel a un mesmo, porque se alguén cambia o Jack Daniels con cola polo vodka con zume de laranxa por motivos de saúde, e prefire facer unha xira que agardar a morte na casa, ese só podía ser Lemmy. Adicado á memoria de Lemmy Kilmister. Saúde e rock and roll!! Listaxe de Temas 1. Bomber 2. Stay Clean 3. Metropolis 4. When the Sky Comes Looking for You 5. Over the Top 6. Guitar Solo 7. The Chase Is Better Than the Catch 8. Lost Woman Blues9 9. Rock It 10. Orgasmatron 11. Doctor Rock 12. Just 'Cos You Got the Power 13. No Class 14. Ace of Spades 15. Whorehouse Blues 16. Overkill Motörhead nas redes Web: www.imotorhead.com Facebook: www.facebook.com/OfficialMotorhead/ Twitter: @myMotorhead |
NOS_3798 | Olalla Rodil (Ribeira de Piquín, 1989) preséntase por terceira vez a unhas estatais como cabeza de lista do BNG ao Congreso pola circunscrición de Lugo. Deixará o seu escano no Parlamento galego se resulta elixida… e o seu despacho, o último que ocupou Beiras? "As urnas están baleiras. Igual para todas e todos. A nosa candidatura parte coas mesmas posibilidades que calquera outra. Por que non?", comenta, e de inmediato sinala que o Bloque está en tendencia ascendente e que en Lugo participa do goberno do Concello e da Deputación. | Por que esta candidatura sendo vice-portavoz no Parlamento? Foi unha decisión que adoptamos colectivamente. E agradezo á organización que depositase en min esta confianza. Os tempos eran moi axustados. Eu encaro esta campaña co obxectivo de facer chegar as propostas do BNG a todas as persoas de Lugo e impulsar o proxecto nacionalista aproveitando este proceso electoral. Ten experiencia en dúas campañas estatais. Que lembra daquelas campañas? Foron campañas moi intensas. Pero como todas no BNG, porque saímos a por todas. No BNG non facemos campañas de trámite. Hai moito traballo. Aprendín a coñecer un pouco máis o escenario do Estado e a situación na que se atopa Galiza. E as campañas serven tamén para conectar con moitos colectivos e coñecer un pouco mellor a situación que se vive no país. Como está o partido en Lugo? Ben. E creo que se reflicte no incremento dos apoios. Estamos mellor do que estabamos en abril. As municipais demostraron que o BNG é unha forza política en alza. A organización está preparada para poñer a funcionar toda a maquinaria para estas eleccións. Apostaron hai tempo pola renovación. Nótase máis porque están no goberno municipal? Creo que é unha tendencia no BNG en todo o país. Houbo un cambio xeracional moi forte. Eu son exemplo diso. Pero vai en paralelo con aproveitar a experiencia doutra moita xente. Eu teño 30 anos e socialicei nunha realidade diferente a de xeracións anteriores. Desenvolvémonos nunha sociedade absolutamente globalizada. Penso que aportamos frescura e outros puntos de vista. Que achega a xente máis moza ao partido? Achegamos a nosa experiencia persoal. Eu teño 30 anos e socialicei nunha realidade diferente a de xeracións anteriores. Non sei… por exemplo, no que ten a ver coas novas tecnoloxías. Desenvolvémonos tamén nunha sociedade absolutamente globalizada. Penso que aportamos frescura e outros puntos de vista. Que persoas como a min esteamos a asumir responsabilidades na primeira liña demostra que o BNG é un proxecto de futuro. Que tipo campaña espera? O primeiro é poñer de relevo a necesidade que temos como país de recuperar unha voz forte e propia nas Cortes españolas. Que o nacionalismo galego non estivera presente tivo enormes prexuízos para o país. No que ten a ver coa miña circunscrición, o déficit de infraestruturas lastra o desenvolvemento económico e social de Lugo. O tren é o exemplo máis evidente dese déficit. Corrixir ese déficit é unha demanda social. E Alcoa, vai ocupar moito espazo no debate? Pois é outro exemplo dos prexuízos que nos causa a falta de soberanía política. Temos que estar a expensas das decisións que se toman no centro do Estado sobre a enerxía que producimos, e estamos a ver as consecuencias nefastas que iso ten para o desenvolvemento económico. Hai centos de postos de traballo pendentes dun fío polas promesas incumpridas do goberno español, pero tamén polas decisións políticas que tomaron tanto o PP como o PSOE, que son os amos e señores do deseño do sistema eléctrico español nas últimas décadas. Como se conxuga desde o BNG a defensa do emprego en industrias contaminantes coa necesidade de fechar esas industrias para actuar contra o quecemento global? O que falta é planificación. É o que vimos denunciando desde o primeiro momento. Sabíamos que isto ía chegar. Os gobernos non poden estar paralizados. Aquí en Galiza non se ten feito nos últimos dez anos ningún tipo de traballo de cara a unha transición ecolóxica xusta. Hoxe temos diante dos fociños unha realidade que vai deixar moitísimas persoas na estacada. Pedimos unha mesa de diálogo galega entre todos os sectores afectados. O que necesitamos é unha planificación a curto, a medio e a longo prazo para termos un país sustentábel en termos ecolóxicos e ao mesmo tempo garantir postos de traballo dignos nesta terra. Non pode acontecer o que aconteceu co sector naval, que decisións políticas deixen comarcas enteiras convertidas en desertos. Cal é a prioridade: manter os postos de traballo ou fechar as empresas insostíbeis? Para nós o primeiro son os postos de traballo. Estamos falando en casos como o de Alcoa ou o de Endesa na Pontes do futuro de comarcas enteiras: 700 postos en Alcoa, 2.000 en Endesa. Non pode acontecer o que aconteceu co sector naval, que decisións políticas deixen comarcas enteiras convertidas en desertos. Nós pomos por diante os dereitos das traballadoras e dos traballadores, e o primeiro é ter dereito a un posto de traballo. Que propostas específicas para a súa circunscrición salienta no programa do BNG? Resolver o déficit en infraestruturas é o máis importante. O tren, e a A-54, esa autovía que leva 20 anos en construción e aínda non está rematada. Mais non podemos ver a Lugo como unha realidade illada, necesitamos ter unha voz forte. Nunca este país estivo tan ausente do debate político en termos xerais, e isto, con todo o escenario tan incerto que se abre coa crise territorial do Estado, ou mesmo con esa recesión que se anuncia… Nese escenario necesitamos ter unha voz forte que sitúe os intereses de Galiza no debate político fronte ao silencio atronador que viviu este país nas últimas lexislaturas. Cal é o obxectivo do BNG en canto a número de votos e escanos nestas xerais? Non nos poñemos ningún límite. Queremos mellorar os resultados de abril e recuperar a representación do nacionalismo galego nas Cortes españolas. O Estado español ten que sentarse coas representantes do pobo catalán. A solución, para o BNG, pasa por un referendo vinculante que permita exercer o dereito a decidir ao pobo catalán. Cal é a súa análise do que acontece en Catalunya? Malia que o Estado español intenta negalo, hai un conflito político enriba da mesa que ten que ser solucionado. E é un conflito político que vai máis alá da cuestión independentista, que obviamente é fundamental, pero que ten a ver tamén coa escasísima calidade democrática do Estado español. Toda a xestión que se fixo nos últimos días e o mantemento das detencións evidencian esa escasísima calidade así como a vulneración de dereitos fundamentais. Para nós, a solución a un conflito político é unha solución política. O Estado español ten que sentarse coas representantes do pobo catalán. Esa solución, para o BNG, pasa por un referendo vinculante que permita exercer o dereito a decidir ao pobo catalán. Ve suficientes as mostras de solidariedade na Galiza dado o que se está vendo noutros lugares do Estado? Quédome coas que se fixeron aquí na Galiza o mesmo día que saíu a sentenza. Estiven na de Compostela e participou bastante xente, o que dá conta da solidariedade que historicamente houbo aquí na Galiza cos demais pobos do mundo. Temos que ir empurrando desde os pobos do Estado para irmos avanzando colectivamente. Que goberno vai saír das urnas o 10-N? Un goberno socialista que contará co apoio do BNG? Unha das ideas sobre as que máis imos insistir na campaña é que temos que comezar a vernos desde nós mesmas. É dicir, a pensar desde aquí e desde os intereses que temos como galegas e galegos para termos unha representación forte como xa teñen vascos ou cataláns. Sobre os resultados, pois hai que ver o que acontece a partir do 10-N... eu non me atrevo a facer un prognóstico sobre a composición do goberno neste escenario tan convulso. O BNG facilitaría un goberno de Pedro Sánchez se é chamado a ese acordo? O BNG o que poñería é por diante de calquera decisión os intereses das galegas e dos galegos. |
PRAZA_16728 | A UE obriga desde 2000 a que todas as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes traten as súas augas residuais, esixencia que en Galicia aínda se incumpre en varias zonas | En 1991 a Unión Europea aprobou unha Directiva que obrigaba a que as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes contasen con sistemas de tratamento das súas augas residuais "a máis tardar, o 31 de decembro do ano 2000". Este martes, máis de 17 anos despois, o Goberno central e a Xunta inauguraron a nova depuradora de Vigo que permitirá á fin que a principal cidade galega cumpra con esa obriga. Porén, e malia a ameaza recorrente de sanción por parte da UE, aínda haberá que agardar para que pase o mesmo noutras varias aglomeracións urbanas de Galicia. A UE obriga desde 2000 a que todas as aglomeracións urbanas de máis de 15.000 habitantes traten as súas augas residuais, esixencia que en Galicia aínda se incumpre en varias zonas O discurso das autoridades presentes este martes en Vigo, na nova planta de tratamento xunto á desembocadura do río Lagares, obviou ese atraso e centrouse en gabar o investimento de 210 millóns de euros realizado na nova estación depuradora de augas residuais (Edar), cifra que aumenta en varias ducias de millóns máis se se teñen en conta outras actuacións complementarias. "Demostramos que tanto a Xunta como o Goberno central cumprimos coa depuración de Vigo", chegou a dicir este martes o presidente Feijóo. A realidade é que tras a aprobación en 1991 da Directiva europea sobre as augas residuais, os pasos que deu Galicia foron insuficientes para cumprila. No caso de Vigo, onde hoxe se levanta a inaugurada este martes construíuse unha primeira depuradora posta en servizo en 1997 e xa desde ese momento insuficiente. En 2001 ampliouse, pero seguiu a ser insuficiente para tratar todas as augas residuais da cidade e os seus vertidos á ría sen depurar foron constantes. Neses primeiros anos do século varias inspeccións europeas alertaron da gravidade duns vertidos, tanto en Vigo como noutros puntos de Galicia, que se estaban a producir en augas, as das rías galegas, que se empregan para a produción de alimentos para consumo humano. O Goberno central daquela presidido por José María Aznar obviou a situación, o que levou á Comisión Europea a propor unha sanción por incumprimento contra España. En 2011 o Tribunal de Xustiza da UE ratificou o incumprimento por parte de España da Directiva europea, pero a Comisión Europea vén adiando a sanción e conformándose con sucesivas promesas de que se está a traballar na mellora da situación En 2011 o Tribunal de Xustiza da UE ratificou ese incumprimento e certificou que unha década despois, entre outros puntos do Estado, non se estaba a cumprir a Directiva sobre saneamento de augas en Vigo, A Coruña, Santiago, Tui, Baiona, a marxe norte da ría de Arousa, Noia, Cariño e Viveiro. Pero a Comisión pasou nese momento a contentarse coas xustificacións que lle foi dando o Goberno central de que xa se estaba a traballar para mellorar a situación e foi adiando a sanción. Ao tempo, nos comicios europeos de 2014, o PP chegou a elevar a proposta electoral non o cumprimento da normativa senón que o seu incumprimento non implicase sancións. No caso de Vigo esa ameaza constante de sancións europeas non impediu que Goberno central e Xunta, as dúas administracións responsables principais do financiamento da nova depuradora, tropezasen en sucesivas discrepancias, que se produciron mesmo nos períodos en que as dúas administracións estiveron gobernadas polos mesmos partidos e que foron atrasaron o proxecto. O resultado foi que a construción da nova depuradora non se iniciou ata 2012 e o seu prazo de execución de dous anos case que se triplicou. A nova planta permitirá a depuración da gran maioría das augas residuais da cidade, pero o propio Feijóo admitiu este martes de xeito implícito que no resto da ría quedan actuacións pendentes para mellorar a calidade das augas, en particular no fondo da mesma, na enseada de San Simón. E o mesmo pasa en varias zonas do resto de Galicia, como a propia capital, Santiago, ou en varias partes da ría de Arousa, ou na de Ferrol, ou na do Burgo, ou en Viveiro... |
NOS_15436 | A plataforma Auga é Vida, que engloba as comunidades de traídas de auga e a comunidade montes de Tameiga (Mos) afectadas polo proxecto do "macrocentro comercial" previsto nesta zona, anticipou onte a presentación de "centos" de alegacións contra a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM) de Mos necesaria para a construción da cidade deportiva do Celta e o complexo de ocio e comercial previstos. | A entidade convoca para o vindeiro día 22 un acto para a presentación conxunta das alegacións contra un cambio de planeamento que, segundo denuncia, "pretende darlle encaixe á desfeita urbanística e ambiental nos montes de Tameiga", a través do cambio de natureza dos terreos, que actualmente teñen clasificación como rústicos de protección forestal, para permitir a edificación. A plataforma salienta o rexeitamento que colleita o proxecto en entidades de todos os ámbitos, desde as catro comunidades de traídas de auga afectadas –Casal-Tameiga, Monte Baxiña, Petelos-Tameiga e Sanguiñeda–, a asociación veciñal Portela de Tameiga, entidades ecoloxistas –Greenpeace, Verdegaia, Adega e Ecoloxistas en Acción–, centrais sindicais e as forzas políticas locais, agás o PP. Auga é Vida anticipa tamén que ademais das alegacións que parten das comunidades afectadas e boa parte das organizacións e asociacións, ese día presentaranse "centos de alegacións individuais subscritas por veciñas e veciños de Mos". Os informes contra o "macrocomplexo" do Celta en Mos O cambio na planificación urbanística foi aprobado de forma inicial o pasado mes de setembro polo Pleno de Mos co voto en contra de todas as formacións na oposición e o único apoio do PP, que ostenta a maioría absoluta. Agora, a plataforma Auga é Vida remítese aos informes desfavorábeis que o proxecto recibiu por parte da Deputación de Pontevedra e da Demarcación de Estradas do Estado na Galiza para sustentar a posición contraria ao proxecto.Tal e como advirte, a documento da Deputación sinala, entre outras cuestións, que a modificación prevista "non resolve o grave problema que se crea na continuidade do servizo público viario desta Deputación, motivado polo incremento substancial do tráfico que xerarán os novos usos previstos, sacrificando a adecuada continuidade do servizo público viario por mor de satisfacer uns novos usos de carácter privado". O informe indica tamén que "se carece das necesarias concrecións de titularidade dos viais alternativos, e da forma de obtención dos terreos, que actualmente ocupa o dominio público viario da Deputación que se prevé ocupar". En canto ao informe da Demarcación de Estradas –un organismo do Ministerio de Fomento–, a conclusión desfavorábel, apunta a plataforma, derívase de "non terse proposto as medidas de acondicionamento necesarias para manter inalterado o nivel de servizo e de seguridade viaria, en atención ás afeccións que se orixinan á A-55". "Considérase insuficiente o estudo de tráfico realizado", continúa o documento, que especifica unha serie de deficiencias no expediente de cambio de planeamento.A estes, a plataforma Auga é Vida engade outros informes que, sendo favorábeis –caso do de Aviación Civil, dirección xeral de Política Enerxética e Minas e dirección xeral de Telecomunicacións–, alertan da existencia de eivas no documento de modificación puntual. A alcaldesa de Mos defende que a maioría de informes son positivos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manifestou esta semana que o Concello conta con cinco informes sectoriais para seguir adiante coa tramitación do cambio do PXOM, dos que catro son positivos e unicamente un, o da Demarcación de Estradas, é desfávorábel. Arévalo non computou na súa comparecencia o da Deputación, do que censurou que ten chegado antes á opinión pública que ao consistorio, o que cualificou como unha "falta de lealdade institucional". |
NOS_36898 | O empresariado sostén que as axudas do SEPE non chegan e que as que fornece a Xunta da Galiza son "insuficientes" para manter os locais. Por exemplo, lamentan que a liña de subvencións ao alugueiro dos locais ofrecera oportunidades moi reducidas. | Se a hostalaría xa é dos sectores que máis está a padecer as limitacións derivadas da escalada do coronavirus, dentro deste ámbito empresarial o peor parado é o empresariado do ocio nocturno. Co toque de recoller apenas tiveron marxe de abrir as súas portas e a súa situación xa é "límite". Para protestar polas dificultades de supervivencia ás que a leva a Xunta ultiman unha manifestación para o día 6 de febreiro en Compostela. O presidente da Asociación de Establecementos Musicais e Espectáculos Regulados (Apemer), Carlos Rodríguez, foi o encargado de transmitir o acordo de todas as entidades que agrupan ás empresarias e empresarios deste tipo de negocio para que a protesta sexa en toda Galiza. Após "dez meses fechados" din que as axudas "non chegan" por parte do SEPE e o apoio da Xunta é "insuficiente" polo que nas empresas están cada vez máis afogados. Por exemplo, segundo Rodríguez, só 280 locais tiveron a oportunidade de solicitar as axudas para os alugueiros cando estimaban que polo menos serían para 800. Aliás, se a situación se prolonga moito máis, prevén que os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) muden en Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) por despedidas definitivas do panorama nocturno do país. Xa hai meses que a Federación Galega de Salas de Festa e Discotecas (Fesdiga) admitía a Nós Diario que era probábel a desaparición dunha importante representación deste ámbito do lecer. As entidades sosteñen que non é unha responsabilidade só do Executivo galego senón tamén das entidades locais e do Goberno do Estado español. Ven que o modelo valenciano podería ser exportábel a Galiza. Antes da mobilización en Compostela, para a que pedirán todos os permisos, a segunda feira participarán nunha acción reivindicativa conxunta coa hostalaría en xeral e o comercio de proximidade en Vigo. A cita será ás 10.30 horas na delegación da Xunta. De feito, hoxe mesmo continuaron as protestas da hostalaría nalgunhas cidades nas que se lamentaba que mentres o bar está fechado, o autobús circule "abarrotado". |
NOS_36310 | Milleiros de estudantes marchan xunto a traballadoras e traballadores da factoría de San Cibrao (Cervo). | A mañá deste domingo milleiros de persoas de toda a comunidade educativa de Secundaria da Mariña, manifestáronse en apoio á loita pola defensa dos postos de traballo do persoal de Alcoa en San Cibrao (Cervo). Saíron da estrada N-642 desde o Alto do Castelo e marcharon até a entrada principal da factoría de aluminio. Tras unha pancarta co lema "Polo noso futuro" coincidiron con traballadoras e traballadores de Alcoa que lles fixeron un corredor entre palmas e berros de "Onde está o estatuto, o estatuto onde está". Algunhas e algúns dos estudantes levaban os chaleques de Alcoa e outras mensaxes como "Non queremos emigrar". Ademais escoitáronse consignas como "Madrid, escoita, A Mariña está en Loita", "Enerxía, Solución", "A solución, unha intervención" ou "A Mariña sálvase, loitando". O comité agarda que se interveña a factoría En declaracións aos medios de comunicación, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, aseguraba que as administracións tiñan que "mover ficha" para que se manteñan os postos de traballo. Segundo o sindicalista xa se "acabou o tempo" e agora tocan "os feitos". Insistiu en que estarán dispostos a "chegar até o final" para loitar polo futuro da comarca da Mariña. Lembrou tamén que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, "dixo que se Alcoa aplicaba o ERE, pediríalle formalmente ao Goberno español a intervención da planta" e o propio conselleiro de Industria, Francisco Conde recoñecera que Alcoa "actuara de mala fe" polo que "xa está a tardar" e pide "que cumpra a súa palabra". En relación ao Goberno español, Zan tampouco entende "a que espera para intervir" unha vez a multinacional anunciou que executaría o expediente de regulación de emprego (ERE). Para esta semana está prevista unha nova reunión da mesa multilateral na que se podería saber que camiño seguirán os Gobernos español e galego para atallar esta situación. |
NOS_45060 | Aínda que o barómetro de novembro do CIS volve situar o PSOE por riba do resultado obtido hai un ano nas eleccións estatais, a suma destes e Unidas Podemos retrocede en apoios fronte aos últimos estudos do CIS. Aliás, o estudo marca que unha maioría da poboación exixe máis recursos para a sandade e tería apoia medidas máis restritivas que as actuais fronte á pandemia. | O PSOE continúa a ser o primeiro partido no Estado, cun apoio de 30,4% (obtivo 28% do voto nas urnas de hai un ano) e saca 11,8 puntos porcentuais de vantaxe sobre o PP, que queda en 18,6% (por baixo do 20,82% dos comicios). Unidas Podemos quedaría en 11,4% (baixa do 12,84% das urnas) e ficaría en cuarta posición, por detrás de Vox, que sobe respecto do último CIS a 13%, mais ficaría aínda por baixo do case 16% que obtivo hai un ano nas urnas. Ciudadanos tamén segue a aumentar e tería 9,5% de apoio. O BNG sobe respecto do último CIS e das eleccións estatais, pasando en ambos de 0,5% a ter agora 0,6% de apoio. ERC obtén 3,2%, mentres que Junts fica con 1,7% e CUP con 0,7%. O PNV segue a superar Bildu (1,5% fronte a 0,7%). Pedro Sánchez (PSOE) é o líder preferido para presidir o Goberno, con 26,5% de mencións fronte a 8,4% de Pablo Casado (PP), e suscita bastante ou moita confianza en 26,9% das e dos enquisados fronte a un 69,7% que desconfía. Os números de Casado son peores: só ten a confianza de 9,5%, e 85% da poboación asegura ter pouca ou ningunha confianza nel. Calviño, máis cómoda co PP Pese a que a suma de PP, Vox e Cs non daría para gobernar, o CIS amosa un inicio de erosión na coalición PSOE-UP, e o clima non axuda. De feito, esta cuarta feira, 18 de novembro, o ministro José Luis Ábalos recoñeu que non coñecía a emenda aos orzamentos que UP asinou con ERC e Bildu, sen o PSOE, para prohibir os desafiuzamentos a familias vulnerábeis até finais de 2022, e lembrou que o acordo cos de Pablo Iglesias era impulsar proximamente unha lei de vivenda para garantir este dereito. Tamén criticou a emenda a ministra Nadia Calviño, que chegou a afirmar que se sentiría "máis cómoda co apoio do PP" aos orzamentos. Os prognósticos dan unha ampla vitoria a ERC Catalunya prepárase para as eleccións ao Parlament, previstas para o 14 de febreiro, e tamén para unha posíbel ampla vitoria de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC). Así o prognostica o estudo de novembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS). ERC gañaría con máis de 20% dos votos, seguida do PSC (15%), Comúns (8,7%), Cs (8,2%), Junts (8,1%), CUP (3,8%), PP (2%) e Vox (3,1%). A suma dos tres partidos independentistas daría 32,4% da intención de voto do total, onde se inclúe 13% que aínda non o sabe e 9,5% que se abstería. Porén a suma é maior que a de PSC, Ciudadanos, PP e Vox, que ficarían en 26,8%. O líder de ERC en prisión, Oriol Junqueras, é o mellor valorado e o único que aproba, cun 5,3 sobre 10. Ségueo o ministro Salvador Illa (PSC) con 4,9 de nota. A independencia segue a ser a principal preocupación da poboación. A maioría exixe máis recursos e persoal para sanidade Despois destes meses de pandemia, 87,9% da poboación do Estado español afirma que sería conveniente reformar a sanidade. 95% dos que así se posicionaron no barómetro de novembro do CIS considera que se necesitan con "moita" ou "bastante" urxencia máis recursos económicos e un aumento do persoal profesional sanitario. Ante a idea xeneralizada dunha poboación farta de restricións e irresponsábel, o CIS amosa todo o contrario: até 73,6% da poboación considera necesario que o Congreso tivese tomado medidas de control e illamento máis exixentes, fronte 10% que ve suficientes as actuais restricións. Á pregunta de si estaría disposta a vacinarse inmediatamente após a saída da vacina, 36,8% responde afirmativamente e 47% di 'non'. Tamén, ante a ladaíña de que a poboación quere mando único español contra a pandemia, o CIS deita que 69,3% demanda unha acción coordinada de Gobernos autonómicos e estatal. A enquisa está baseada en 3.853 entrevistas a residentes de 1.247 municipios de 50 provincias entre o 3 e 12 de novembro. |
NOS_30321 | Máis un ano as mocidades do BNG homenaxean, o 24 de xullo, ás figuras d@s ilustres galeg@s. | @s moz@s din delas que no seu tempo foron "inadaptad@s e incomprendid@s" mais tamén que as súas persoas, "rebeldes e inconformistas", deixaron o testemuño que agora recolle a mocidade galega. Nun acto desenvolvido no mosteiro de Santo Domingos de Bonaval, Galiza Nova celebrou a decimosexta homenaxe a Rosalía e Castelao, cun especial recordo á poeta, de cuxo nacemento se cumpren 175 anos. Os seus versos –mais tamén a súa prosa reflectida no prólogo de Cantares Gallegos, resoaron nas paredes do mosteiro compostelán, (ateigado pola rapazada nacionalista), con verbas encamiñadas a tombar unhas paredes baixo o xugo da igrexa católica á que tanto cuestionou. "Pioneira e rebelde", así a describen as mozas e mozos de Galiza Nova, "feminista e precursora", adiantada ao seu tempo como ben amosa o prólogo de Follas Novas, no que xermola a súa conciencia de clase como muller asoballada, aldraxada, mais que nunca ficou calada; xermolo do máis incipiente feminismo, cando nin sequera podía chamarse de tal xeito. Do patriota e incombustíbel Daniel Castelao, din @s moz@s que foi un incomprendido, mais ven nos seus relatos, historias e ensaios, a semente dun sentimento nacional, dun país que o viu voltar en contra da súa propia vontade, pois "non regresarei", dixo, "até que Galiza sexa ceibe". Mais volveu, e diso sabe ben Tareixa Navaza, xornalista que relatou con afervoada paixón e revolucionaria cordura, o regreso dos seus restos a unha Galiza gobernada polos mesmos que o obrigaran a marchar. Navaza, leu na homenaxe un fragmento do Sempre en Galiza e dixo –quen pouco se deixa ver xa en público, "hoxe era o día no que eu tiña que estar". Tareixa volveu acompañar de novo a Castelao, igual que o fixera aquel xuño de 1984 coa súa voz. Galiza Nova deu cumprida honra ás figuras dos máis ilustres símbolos nacionais poñendo a primeira pedra á xornada de loita que terá lugar mañá, na que deseguro Rosalía e Castelao, volverán estar presentes. "O nacionalismo galego é a vella fonte da que sempre abrolla auga nova"Francisco Jorquera comezou a súa intervención cun discurso político no que deu a noraboa á organización xuvenil do BNG por "manter viva esta ofrenda". Fixo memoria o nacionalista, á grande contribución destes dous persoeiros ao nacionalismo, "Rosalía canta á nación nun momento no que o nacionalismo non contaba con organización política" e Castelao "alumeou a Galiza do século XX, cun contributo decisivo para organizar o nacionalismo e preparalo para acción política". O candidato á presidencia da Xunta, dixo do BNG e Galiza Nova, seren o facho que "alumeará a Galiza do século XXI", nunha situación de verdadeira "emerxencia nacional" perante os salvaxes recortes aos dereitos das maiorías sociais, a democracia e o autogoberno. O nacionalista dixo vivirmos en "tempos que reclaman rebeldía" e arengou ao pobo a facer patria día a día, esforzo a esforzo, como dixo o poeta da Terra Chá, Manuel María. Francisco Jorquera dixo dos gobernos español e galego seren "uns imperialistas fracasados", por non defenderen os intereses do estado español "na Europa dos mercaderes" e converter a Xunta de Galiza nunha "brigada de demolición" que vai camiño de "acabar coa base produtiva e o propio autogoberno do país". As persoas convidadas puxeron voz ás homenaxeadas Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, deu comezo ao acto de homenaxe facendo fincapé no desleixo amosado polo goberno de Núñez Feijóo tanto ás imaxes de Rosalía e Castelao coma á xente moza. "As galegas e galegos non merecemos este trato", dixo Aboi, que arengou á mocidade a loitar contra "os ricos e señores da terra" e a prol das febles e vítimas do poder. Quedoulle tempo á nacionalista para lembrarse deses "golpistas camuflados de demócratas" que pretenden someter máis unha vez ás mulleres –facendo referencia á inminente (re)penalización do aborto--. "Xa está ben", sentenciou a Secretaria Xeral, "non queremos que as sotanas decidan a nosa vida". Deseguido deu paso, ás personalidades convidadas, encargadas de poren voz aos ilustres Castelao e Rosalía: Tareixa Navaza, Ezequiel Mosquera, Luís Iglesia, Francisco Jorquera, Iria Fernández e Carme Vidal. A voz que acompañou aos restos de Castelao na súa volta ao país, Tareixa Navaza, escolleu un fragmento do Sempre en Galiza para salientar o "terrorismo económico" que asolaga as nosas vidas e que tan ben describía o de Rianxo. Honrada dixo sentirse de poder estar alí, "onde repousan os restos de Rosalía e Castelao". A xornalista, que logo do seu relatorio en 1984 foi relegada ao "exilio dos corredores", regresaba para pórlle voz ás verbas do ilustre galego. Acompañad@s pola música de Najla Shami –cantante galega-palestina, as intervencións ían sucedéndose. Entre elas, Iria Fernández, actriz e cantante, que puxo voz ao poema rosaliano "Tecín soia a miña tea". Pola súa banda, o ciclista Ezequiel Mosquera, elixiu o prólogo de Cantares Gallegos como mostra da prosa de Rosalía; "un texto moi clarificante", dixo, a respecto do uso da lingua galega. A xornalista, Carme Vidal, lembrou a emigración padecida polo seu concello de orixe, Fornelos de Montes, e salientou a capacidade de Rosalía e Castelao para "recoller a raiba dos que padecimos e seguimos padecendo a emigración". A través de airiños, airiños, aires, Vidal describiu a realidade actual a través "dun poema popular e noso". Rematou a quenda de lecturas, Luís Iglesia, (re)coñecido actor de Matalobos, cun relato de Castelao que dedicou a quen lle agasallou os primeiros libros do de Rianxo. Coma se escoitásemos ao mesmísimo narrador da obra cun ton cinematográfico, Iglesia trouxo a Bonaval ao "Peito de lobo" de Castelao. A tradicional ofrenda floral e o canto do Himno Galego puxeron fin a esta homenaxe que leva xa dezaseis anos. |
PRAZA_14083 | O Partido Liberal, no poder, podería perder a metade dos seus escanos, nuns comicios nos que o Parti Quebecois é o gran favorito. Sumando os seus votos e os da Coalition Avenir (unha escición de centrodereita do PQ), o sobearismo podería sentirse o suficientemente forte para convocar un terceiro referendo de autodeterminación. | Quebec celebra eleccións este martes, e todo indica que os partidos nacionalistas acadarán, en conxunto, unha ampla maioría. O Partido Liberal (federalista) no poder, perderá, segundo as enquisas, a metade dos seus escanos e acadará menos do 30% dos votos, o seu peor resultado en 150 anos. O resto repártese entre o independentista e socialdemócrata Parti Quebecois (33% dos votos nas sondaxe), unha escisión de centrodereita (Coalition Avenir, 28%) e o Québec solidaire (8%), un partido independentista de esquerdas. A crise económica non afectou tanto a Canadá coma a outros países, pero o seus efectos se comezan xa a notar, sobre todo na rexión francófona. Ademais, nos últimos meses foron moi importantes as masivas manifestacións estudantís e os crecentes casos de corrupción no Goberno liberal. A líder do PQ, Pauline Marois, é a gran favorita para converterse en presidenta. Nas últimas semanas a campaña electoral está marcada polo debate soberanista. O Parti Quebecois é declaradamente independentista, o mesmo que Québec solidaire, mentres que a Coalition Avenir, tamén nacionalista francófono, preferiu polo de agora deixar este tema nun segundo plano e centrarse na economía. O Parti Quebecois é declaradamente independentista, o mesmo que Québec solidaire, mentres que a Coalition Avenir, tamén nacionalista francófono, preferiu polo de agora deixar este tema nun segundo plano e centrarse na economía Analízase a posibilidade de convocar un terceiro referendo de autodeterminación, coma os que o PQ xa impulsou en 1980 (cando a independencia foi rexeitada polo 60% dos habitantes de Quebec) e 1995, cando o referendo decantouse pola continuidade de Quebec en Canadá por apenas un un por cento dos votos: 50.6% a 49.4%. Tradicionalmente, cando os partidos nacionalistas francófonos acadan unha maioría tan ampla coma a que se espera que consigan este luns, toman a decisión de convocar este referendo. En 1995, a opción soberanista foi maioritaria entre os francófonos (60% deles votaron a favor), pero o voto en contra da minoría anglófona (que supoñen o 11% dos habitantes) e tamén da poboación inmigrante decantaron o resultado. |
NOS_45677 | De 2000 a 2014 pasou de representar o 36% dun soldo a máis do 46%. | No ano 2000 a adquisición dunha vivenda en Galiza implicaba destinar o 36,8% dun salario medio a esa finalidade. En 2014 esa porcentaxe é xa de máis do 46% do soldo, practicamente a metade. O Instituto Galego de Estatística aponta, aliás, a que no que vai de 2015 a tendencia é a mesma. Así pois, nestes 15 anos, o investimento necesario para adquirir unha vivenda en Galiza aumentou de forma notábel, en 10 puntos, un 27%. Algo que xplica que na actualidade, e segundo o IGE, o número de vivendas hipotecadas que hai no noso país sitúase nas 8.550 mentres que en 2006 esa cifra superaba as 42.000. Cómpre lembrar que na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representao 18,6% do total das existentes no noso país -1.606.001-. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento. |
NOS_4991 | Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, conversa con 'Nós Diario' a redor do novo coleccionábel deste xornal sobre as voces galegas no exilio, que conta co apoio da súa área. Oubiña pon en valor a contribución de todos os homes e mulleres que "deron a vida pola lingua e a cultura do país". | —Con que obxectivo impulsa o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra o coleccionábel A cultura galega volve do exilio? O obxectivo principal co que impulsamos este coleccionábel é dar a coñecer a figura de grandes autores e autoras en galego. Cada ano as Letras Galegas adícanse a un autor ou autora; normalmente autor, malia que agardamos que vaia mudando isto, e con estes cadernos queremos axudar a visibilizar estes persoeiros tan importantes e achegalos a todas as persoas lectoras de Nós Diario. Logo tamén tentaremos facerllos chegar aos centros de ensino para que poidan traballar con eles. Este coleccionábel está redactado por persoas expertas da talla de Miguel Anxo Seixas, Arancha Estévez, Xan Carballa, Montse Fajardo... Son documentos formativos que tamén serven para socializar as nosas letras. Sempre que traballamos nalgunha proposta semellante con Nós Diario tivemos resultados positivos. —Dicía que a idea é darlle continuidade ao coleccionábel. Intentamos sempre que todas as nosas actividades cheguen ao sector máis amplo de poboación posíbel. Procuramos facer actividades que fomenten que cada vez máis persoas coñezan a lingua galega e dean o paso de comezar falalo, que sempre é algo moi positivo, nunha cidade na que por determinadas circunstancias hai moita xente castelánfalante. E, nese sentido, penso que este coleccionábel vai contribuír a dignificar aínda máis a lingua. —Nestas páxinas falarase de Castelao, Seoane, Virxinia Pereira... Cal diría que foi a contribución que todas estas persoas fixeron desde o exilio á Galiza de hoxe? Son persoas que traballaron toda a súa vida por dignificar a lingua, e de feito tanto a dedicaron que tiveron que marchar. Deron a vida pola Galiza, pola cultura e pola lingua; algúns deles literalmente, porque os mataron. Os exiliados acabaron morrendo fóra do país e ese traballo que eles fixeron non pode quedar en balde, ten que ser a semente que nos permita vencer no futuro. —Mencionou a escasa visibilidade das mulleres escritoras no Día das Letras. Acontece algo semellante coas persoas exiliadas? Xa non é só unha cuestión da lingua e a cultura da Galiza, senón da sociedade. Parece que o que fan as mulleres non é tan relevante como o que fan os homes, e creo que o coleccionábel pon de manifesto que isto non é así. As mulleres teñen feito tanto, ou moitísimo máis pola nosa cultura e a nosa lingua. Desde a área de Patrimonio do Concello de Pontevedra puxemos en marcha un programa de memoria das mulleres no que tratamos de visibilizar todas esas mulleres que foron o sostén da sociedade galega e que a día de hoxe merecen estar en primeira plana e seren recordadas e homenaxeadas todos os días do ano. E, sobre o Día das Letras, hai uns anos xa nos sumamos á campaña pola elección de Xela Arias. Non é normal que logo de varios séculos de literatura en galego, e de 60 anos de celebración das Letras, pareza que destacaron só seis ou sete mulleres. Non se corresponde coa realidade. En galego, todo ano, "non só o 17 de maio" De cara ao Día das Letras Galegas, o edil Alberto Oubiña explica que o Concello de Pontevedra traballa nunha "ampla" programación que se estenderá ao longo de maio e de todo o ano. "O noso obxectivo é que a lingua estea presente o 17 de maio, mais tamén o resto do ano", subliña. Un dos eventos máis salientábeis será no Día das Letras e terá como protagonista o órgano centenario do convento de Santa Clara: "O día 17 volverá funcionar". Unha estrea que correrá a conta da Orquestra Clásica de Vigo. A programación deste ano principiará esta cuarta feira na Alameda, cunha nova edición do Correlingua. Aliás, ao longo de todo o mes o certame literario 'Bótalle un conto!' percorrerá as parroquias para que toda a rapazada pontevedresa poida participar deste concurso de contos orais. |
NOS_14704 | Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María é o titulo do libro-DVD que acompaña o número 197 de Sermos Galiza e que poderá adquirirse a partir de mañá nos puntos de venda de Sermos e tamén na tenda de Sermos | O exemplar, con texto de Lois Diéguez e deseño de Diego Núñez, é o primeiro dos libros que Sermos Galiza pon á venda este ano. Os asinantes recibirán de balde un exemplar. Peregrinaxes recolle viaxes de Manuel María desde o máis próximo ao máis afastado, de Mondoñedo a Venecia; de Bande a Grecia, onde agardaba Lord Byron; da Frouxeira a Roma; de Monforte a Portugal. O DVD O DVD que acompaña o libro é unha versión, actualizada e reducida a menos de trinta minutos, de outro de 2005 e foi montado por Xoán Carlos Garrido e guión de Lois Diéguez. Os poemas, na voz de Isidro Novo. De balde para asinantes de Sermos Galiza O libro será vendido ao público a 9.90 euros mais será de balde para os asinantes do semanario. Tal como anunciou hai tempo Sermos Galiza, ao longo de 2016 os asinantes recibirán catro libros, ou libros-DVD, editados por Sermos e de recepción por correo nos domicilios de cada asinante. No mes de xullo estará para entregar o segundo, xa rematado e que ofrecerá información inédita ou pouco coñecida sobre a represión a que foron sometidos moitos adherentes ao Partido Galeguista. |
PRAZA_12840 | O Goberno galego responde a catro preguntas nas que PSdeG e BNG o cuestionaban polo peche temporal do complexo obviando que veta as visitas cando a familia Franco se atopa aloxada neste Ben de Interese Cultural | Catro preguntas, catro respostas practicamente idénticas e unha moi escasa información. O Goberno galego segue a apostar pola escaseza de transparencia á hora de informar sobre a súa relación coa familia do ditador Francisco Franco para abrir ao público o Pazo de Meirás, tal e como é obriga da Xunta por ser o complexo situado no Concello de Sada un Ben de Interese Cultural (BIC). Tramitado durante o Goberno bipartito, a culminación da declaración como BIC e o conseguinte programa de visitas tiveron que ser realizados polo actual Executivo que, tal e como vén informando Praza Pública, xa leva gastados máis de 32.000 euros en asumir os gastos de seguridade no canto de facer que repercutan nos petos da familia Franco, que sigue empregando o pazo como lugar de vacacións. Ese goce do monumento por parte dos, en verbas da Xunta, "propietarios do pazo", é precisamente o que motivou as preguntas de PSdeG e BNG que, concretamente, cuestionaron ao Goberno polos motivos do pechamento do edificio durante varios meses. O Goberno obvia que pactou non permitir as visitas cando os herdeiros do ditador estean de vacacións no pazo As catro cuestións, dúas formuladas pola socialista Concepción Burgo e outras dúas pola nacionalista Ana Luisa Bouza obtiveron respostas escasas en extensión e en contido. No caso da nacionalista, a Consellería de Cultura e Educación remítese á comparecencia na cámara do seu secretario xeral, Anxo Lorenzo, a mediados de abril, para lembrar que o programa de visitas "guiadas e gratuítas" a Meirás está activo de novo dende o día 6 dese mes, "ao abeiro do convenio asinado" entre a consellería "e os propietarios". Ademais de pasar por riba do custo e contido dese convenio, a Xunta sinala que "cómpre recordar que o pazo permanecía pechado ao público no momento do inicio da actual lexislatura -basicamente, polas reticencias dos herdeiros do ditador-" e apunta que, dende marzo de 2011, recibiu 1.240 visitantes. Non recibe moitas máis explicacións a deputada do PSdeG, á que a Xunta lle achega os poucos datos que tamén lle relata ao BNG e, ademais, lle detalla as horas ás que é posible visitar Meirás -"catro quendas, os venres de cada mes"- e o itinerario que se percorre no seu interior. O que non revela a Consellería é o que si lle tivo que contar ao Valedor do Pobo tras unha queixa da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Como ten relatado Praza, a Xunta si recoñeceu ante o Valedor que unha cláusula do convenio asinado cos Franco inclúe a posibilidade de "dispensar do cumprimento da obriga de apertura para visitas públicas, de forma puntual e excepcional, en atención ás circunstancias concorrentes". Unha desas circunstancias son "as visitas durante os días en que a familia [Franco]" está "aloxada no pazo pola imposibilidade de garantir a seguridade da mesma". |
NOS_43154 | Todos os partidos do Parlament acordaran adiar as eleccións catalás do 14 de febreiro, uns comicios que suceden á inhabilitación de Quim Torra polos tribunais. Agora, a xustiza impón un novo xiro e marca a vixencia do 14-F até que resolva finalmente os recursos interpostos contra o decreto de adiamento electoral. | O Tribunal Superior de Xustiza (TSXC) de Catalunya estimou esta terza feira dous recursos -o dun particular e do partido Izquierda en positivo- contra o aprazamento das eleccións catalás. Estas foran convocadas para o 14 de febreiro pero, por mor da pandemia, a pasada sexta feira o Govern asinou un decreto de adiamento dos comicios para o 30 de maio. Dado que o tribunal tamén aceptou as medidas cautelarísimas solicitadas neses dous recursos de impugnación, a data oficial das eleccións volve ser o 14-F, co que a precampaña fica reactivada e a Xunta Electoral Central trasladou aos partidos e ás xuntas electorais de zona a decisión para seguir co procedemento desde o momento en que quedou interrompido polo decreto do Govern. Con todo, a decisión do tribunal non quita que este finalmente resolva a prol da suspensión dos comicios. O TSXC xustifica a decisión de aceptar as medidas cautelarísimas para evitar que se perda a finalidade dos recursos interpostos e considera que, for cal for a decisión que finalmente tome, se non suspende agora o decreto do Govern, sería inviábel realizar as eleccións o 14-F se finalmente dá a razón aos recursos. Dada a situación, poderíase dar o escenario de que a campaña iniciase o 29 de xaneiro e que non chegase ao seu fin, de o tribunal resolver a favor do decreto do Govern. Por iso, a Generalitat pediu hoxe "celeridade" ao TSXC, ao tempo que recalcou a súa posición contraria a que se vote o 14-F. Responsabilizan o PSC Os partidos do Parlament acordaran suspender as eleccións e a maioría aceptaran trasladadas ao 30 de maio, salvo o PSC, que defendeu votar en marzo e non descartou presentar recurso. Entidades afíns ao PSC levaron a decisión do adiamento ao TSXC e, aínda que non solicitaron medidas cautelarísimas, desde o soberanismo apuntase á responsabilidade dos socialistas de faceren votar en medio da pandemia, contrapondo así o papel de Salvador Illa como candidato á Generalitat e ministro de Sanidade. O líder do PSC, Miquel Iceta, acolleu onte a decisión do TSXC con satisfacción afirmando que xa advertira de que había "dúbidas xurídicas" no decreto de adiamento do Govern. |
PRAZA_6190 | O BNG presenta xunto con outras entidades políticas e sociais un documento a favor da soberanía de Galicia. Esquerda Unida chama a "decidilo todo" no seu Manifesto pola rebelión democrática. Anova convida a participar "nas iniciativas cidadás que se argallan polo país como fórmulas alternativas ao bipartidismo" | O 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, é tempo de actos políticos e de manifestos. Nos últimos días viñemos coñecendo distintos documentos políticos, que anticipan os actos que se realizarán este venres. BNG O BNG presenta un manifesto en defensa "da soberanía de Galiza como a alternativa necesaria para afrontar a resolución dos graves problemas que padecen os galegos e galegas, como persoas e como pobo" Este mesmo mércores, o BNG fixo público, xunto con outras organización políticas, sindicais, xuvenís e estudantís, un manifesto "de libre adhesión" en defensa "da soberanía de Galiza como a alternativa necesaria para afrontar a resolución dos graves problemas que padecen os galegos e galegas, como persoas e como pobo". No texto, asinado tamén por Causa Galiza, Comités, CIG, FRUGA, Liga Estudantil Galega ou NOS-UP, entre outras organizacións, sinálase que "na carencia de soberanía radican a inmensa maioría dos graves problemas que padecemos todas as persoas que conformamos este pobo e como nación" e afírmase que "o Estado responde con recentralización ás demandas de maior soberanía dos pobos, utilizando a crise económica como coartada para aplicar todo tipo de recortes en servizos públicos, benestar social e dereitos e liberdades". "É evidente que a situación económica e social do pobo galego será outra se posuírmos un sistema financeiro propio, se tivermos capacidade para decidir directamente as políticas agrarias, pesqueiras ou as que teñen a ver coas potencialidades da nosa industria naval, se dispormos de capacidade para decidir a ordenación do noso territorio, e se acreditarmos na nosa lingua e cultura", conclúe o manifesto. Anova Anova chama a "estender a fronte ampla no político, mais sobre todo no social" e pide ser "honestos e participativos nas iniciativas cidadás" Pola súa banda, Anova publica na súa web o texto Na fronte unha estrela, no que reclama "a liberdade para o noso pobo", unha liberdade "para unha nación periférica que se afirma na vontade de existir e de exercer, na práctica cotiá, a autodeterminación camiño cara á independencia". No manifesto, a formación reafirma a súa aposta pola construción dunha fronte ampla e de AGE: "Anova continúa con honestidade a tarefa iniciada coa fórmula de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), ergueita como bastión de denuncia e de loita das clases populares". Chama a "estender a fronte ampla no político, mais sobre todo no social" e pide ser "honestos e participativos nas iniciativas cidadás que se argallan polo país como fórmulas alternativas ao bipartidismo e á corrupción sistémica". Esquerda Unida EU fai un chamamento a converter o proceso electoral das municipais e xerais de 2015 en espazos de encontro da esquerda política e social Esquerda Unida presenta un Manifesto pola Rebelión Democrática no que se destaca que nos atopamos nun "momento decisivo que require da audacia da esquerda rupturista para crear un bloque político e social que convirta a esperanza en realidade". "É o momento de construír proxectos que están chamados a ser motor da nosa sociedade". No texto, Esquerda Unida fai un chamamento a converter o proceso electoral das municipais e xerais de 2015 en espazos de encontro da esquerda política e social e da concreción de candidaturas populares coordinadas en toda Galicia para artellar unha fronte popular contra o sistema". Outros posicionamentos Tamén Espazo Ecosocialista Galego ou Compromiso por Galicia, nas súas convocatorias para os actos organizados os 25 de xullo inclúen posicionamentos políticos. Espazo Ecosocialista Galego reclama Novas axendas para o 25 de Xullo, destacando que "a construción da nación comeza na defensa do Ben Común natural". Sinala que "durante moitos anos a esquerda galega ten situado o 25 de xullo arredor de elementos identitarios illados das axendas sociais, ambientais ou democráticas concretas", que "para algúns o dereito a decidir se ten convertido nun totum factótum alleo ás demandas cidadás en lugar de ser a expresión da máxima radicalidade democrática" e que polo tanto "necesitamos ligar a soberanía ás demandas cívicas é así poder referenciar o soberanismo cívico como un elemento clave para o cambio". "Por todo isto, o 25 de xullo non só temos que falar de patria, de nación, de galeguidade namentres asistimos impertérritos á destrución dunha parte fundamental destes conceptos: a terra" rematan dende Espazo Ecosocialista. Pola súa banda, Compromiso por Galicia celebra o 25 de xullo demandando "Autogoberno e democracia", xa que "a situación política e socioeconómica que estamos a vivir no contexto galego, español e europeo da conta dun deterioro institucional evidente e dun alonxamento cada vez maior da cidadanía ao respecto das institucións públicas". Bascuas cre que para recuperar a confianza cidadá, "os partidos debemos ser máis abertos, con procedementos coma as primarias abertas á cidadanía, e os procesos electorais con menor control partidario". |
NOS_7863 | Catalunya ordena o fechamento de todos os prostíbulos debido á pandemia, unha medida que tamén entrará en vigor en Castela A-Mancha e que comunidades como a balear ou a valenciana xa están a estudar logo de que o Ministerio de Igualdade pedira por carta pór o cadeado aos lugares de explotación sexual. | A Consellaría de Saúde ordenou o fechamento de todos os prostíbulos de Catalunya debido á situación epidemiolóxica. "Non tiña sentido, era unha incoherencia ter fechado o lecer nocturno e manter abertos outros locais que facían actividades deste tipo", anunciou esta sexta feira, 21 de agosto, a consellera de Sanidade, a republicana Alba Vergés. Para levalo á práctica, na modificación da resolución do lecer nocturno que publica o Diario Oficial da Generalitat, entre as medidas engadidas, inclúese o feche dos "estabelecementos con locais anexos", aludindo implicitamente desta maneira os prostíbulos. O conselleiro de Sanidade do Goberno de Castela-A Mancha, Jesús Fernández Sanz, anunciou tamén as medidas do novo decreto autonómico para frear o coronavirus, que se publicará na media noite deste sábado para a súa entrada en vigor o domingo. Entre as principais novidades, destaca tamén o fechamento de prostíbulos e clubs de alterne durante as 24 horas do día, con independencia da licenza de actividade coa que operen. Por outra banda, o president do País Valencià, Ximo Puig, quixo indicar que os prostíbulos "xa están prohibidos", mais reclamou dar un paso "máis aló". En concreto, exixiu unha reforma lexislativa para prohibir a prostitución. "O obxectivo é acabar coa prostitución polo escravismo que produce", sinalou Puig. Outras Administracións territorias como a balear anunciaron que están a estudar a "figura legal" para fechar os locais de explotación sexual. A ministra de Igualdade do Goberno español, Irene Montero, remitiu unha carta ás comunidades autónomas pedíndolles que procedan a fechar os prostíbulos, en liña coas restricións estabelecidas a bares, discotecas e locais nocturnos. Nunha entrevista radiofónica, a ministra asegurou que "os prostíbulos deben ser fechados por motivos de saúde pública e especialmente para protexer as mulleres en situación de prostitución. Estamos a disposición das comunidades autónomas", aseverou. Un Xuíz anula a nova lei madrileña que impedía fumar na vía pública O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Madrid rexeitou esta sexat feira, 21 de agosto, ratificar a nova orde da Consellaría de Sanidade que inclúe diversas medidas preventivas ante a Covid-19, como a prohibición de fumar cando non se poida manter distancia de seguridade, e que estabelecía tamén o fechamento dos locais de lecer nocturno e prohibía o consumo de alimentos en transporte público. A Consellaría de Sanidade madrileña pediu ao xuíz que aclare as cuestións polas que tombou a lei, ao tempo que cargou contra o Goberno español por non actualizar a normativa sanitaria estatal. Respondeulle o líder do PSOE en Madrid, José Cepeda, reprochando ao Executivo rexional que o auto da xuíza se debe "á incompetencia" do gabinete da presidenta popular Díaz Ayuso e criticou que bote balóns fóra ao tellado da Moncloa. Madrid pide autoconfinarse á veciñanza das zonas afectadas A Comunidade de Madrid, que concentra un de cada tres dos novos contaxios da Covid-19 que se diagnostican no Estado español, recomenda ficar na casa ás persoas que vivan nas zonas da capital máis afectadas pola pandemia. Os enclaves apuntados son os barrios obreiros de Carabanchel, Usera e Vallecas, que concentran a maior incidencia da Covid-19 na rexión. A Consellaría de Sanidade, alén de recomendar o autoconfinamento neses lugares, chama a limitar as reunións, evitar as xuntanzas "innecesarias" e non desbota que se implementen novas restricións. Con todo, o conselleiro de saúde descartou que polo de agora se vaian ditar confinamentos por zonas. |
NOS_53088 | A taxa de cobertura é de 51,9% mentres no Estado está en 56%. | En Galiza hai 93.116 persoas desempregadas sen ningún tipo de prestación. Un dado preocupante. O número de beneficiarios de prestacións é de 83.580, o que amosa unha caída de 8.244 a respecto de hai un ano. A taxa de cobertura fica en 51,9%, o que vén sendo 23 puntos menos que no ano 2010. Actualmente, pois, lembran os sindicatos, fican fóra do sistema de protección por desemprego 93.116 persoas (tendo en conta tanto ás persoas que teñen dereito á prestación como as que non). A taxa de cobertura no resto do Estado é do 56%, catro puntos máis que en Galiza. Ademais, tan só 35.093 persoas perciben unha prestación de carácter contributivo, 42% do total, o que apunta a unha forte precariedade no desemprego. A gran maioría perciben prestacións de carácter asistencial, subsidios (37.477); renda activa e inserción (8.898); ou programa de activación de emprego (2.112 persoas). Os fogares de oito comarcas galegas teñen nas prestacións sociais a súa principal fonte de ingresos. Trátase de Os Ancares, A Fonsagrada, Quiroga, Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas, Terra de Celanova e Viana. Segundo un informe publicado polo Instituto de Estatística de Galiza (IGE), nestas comarcas o volume salarial que entra nos fogares é menos que as prestacións. A porcentaxe da poboación maior de 65 anos supera 36% nestas oito zonas, cando a media de Galiza é de 23,98%, segundo os indicadores demográficos do IGE. |
NOS_12220 | O Govern prevé aprobar nos próximos meses os estatutos da compañía. | O Govern catalán xa traballa na constitución da que sería a primeira compañía enerxética pública do Estado destinada tanto á produción como á comercialización. Así, desde a Generalitat prevén aprobar no vindeiro outono os estatutos desta empresa pública, cuxo obxectivo é "influír no mercado eléctrico", nun momento de alza do prezo da electricidade. Porén, segundo precisou nunha entrevista á axencia EFE a directora xeral de Enerxía catalá, Assumpta Farran, o fin último non é "competir co resto de comercializadoras", mais si ser capaz de "subministrar enerxía á propia Generalitat a prezos estábeis". Non se descarta que finalmente torne nunha comercializadora para a poboación catalá "Podería chegar a ser unha comercializadora, mais non faría a competencia ás 600 compañías que xa hai no mercado", precisou, ao tempo que aclarou que a Generalitat "respectará as regras do xogo", separando as actividades de xeración, distribución e comercialización. O pasado novembro o Govern de Pere Aragonès xa encargara o plan de deseño e creación da nova compañía e o grupo de traballo de persoas expertas comezou artellar diversos estudos previos para poder iniciar o proxecto. Aínda está por determinar, segundo esta mesma información, que tipo de modelo de sociedade empresarial elixiría a Administración catalá. |
NOS_12600 | Asime, a patronal do Metal na Galiza, presentou o seu informe anual de 2020 no que figura o impacto da pandemia no sector. Aseguran que estamos nun "momento crítico" polo "debilitamento do tecido produtivo". | A asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime) presentou esta cuarta feira, 31 de marzo, o seu informe anual do sector de 2020. Constatan que nel traballan 57.345 persoas na Galiza, o que supuxo un descenso do 2% con respecto a 2019, un dato inferior á caída estatal, que foi de 2,4%. As comarcas da Coruña e Pontevedra seguen a ser as que suman a maior parte de empresas, cun 84,6% do total galego. No emprego industrial na Galiza, o metal representa un 43%, cifra que dá unha idea da importancia que ten para o país. En 2020 o sector representaba un 20% do Produto Interior Bruto (PIB) da Galiza e nel traballan 3.793 empresas. A fabricación de produtos metálicos é a actividade máis relevante do sector, representando o 53,1%. O metal nas exportacións e importacións Un 44,6% das exportacións totais galegas en 2020 corresponden ao sector do metal (+22,5%). Un 72,3% destas corresponden á fabricación de vehículos de motor e un 3,6% ao naval, que medra notabelmente. As comarcas de Pontevedra concentraron un 81,8% das exportacións do sector, por valor total de 7.618,69 millóns de euros. En relación ás importacións, un 48,3% das totais galegas en 2020 corresponden a este sector e delas, un 64,6% corresponderon á fabricación de vehículos de motor. Outra vez as comarcas de Pontevedra concentraron un 82,8% das importacións do sector metal, o que supuxo 6.636,35 millóns de euros durante 2020. Por actividades o informe da patronal apunta a un descenso histórico das matriculacións de vehículos de 24,3% (30.452 unidades) mais segue a ser líder nas exportacións metálicas cun 72,3%. As súas exportacións aumentaron un 32,6% con respecto ao ano 2019 e as importacións diminuíron un 11,8% con respecto a ese mesmo ano. Na actividade marítima e enerxías mariñas a facturación descendeu un 30% cunha caída de 75% nos novos contratos e de 33% nos pedidos ás empresas. En relación á construción, o descenso na facturación foi de 2% e na aeronáutica de 40% menos que no ano 2019. Máis investimentos Entre as conclusións que saca Asime destes datos salienta o "momento crítico" en que se atopa o naval. Por este motivo demandan "investimentos e aposta pola eólica mariña". En relación á automoción, indican que na Galiza o reto é o "imposto de matriculacións e o vehículo eléctrico, solucionar a crise dos microchips e a necesidade de atraer novos investimentos". Para a aeronáutica, moi castigada pola crise, demandan "un plan forte de axuda pública". A patronal galega apunta como aspectos positivos o "esforzo de prevención da industria desde o inicio da pandemia" e a oportunidade que representan os fondos europeos, "que non pode perder o metal galego". Como negativos, o "debilitamento do tecido produtivo cos múltiples feches anunciados, polo que urxen alternativas e unha transición xusta". Neste tema, segundo os datos do seu informe, no último ano desapareceron 300 empresas no sector. Propostas da CIG para a automoción Tamén este 31 de marzo a CIG presentou un documento actualizado coas propostas da central sindical para garantir o futuro da industria galega do automóbil. Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional da CIG-Industria, sinala a necesidade de que se "aposte polos vehículos menos contaminantes, híbridos e a gas" e demanda que a Xunta faga públicas as axudas ao sector "para saber se están ben investidas ou serven para que sexan positivas as contas de determinadas empresas". Insiste na necesidade dunha planta de baterías na Galiza "para non quedar fóra desta aposta de futuro" e pular pola fabricación propia de microchips. En relación ao contexto laboral, María Xosé García, responsábel da automoción da CIG-Industria, exixiu un "rexuvenecemento do persoal" que se realizaría implantando a xubilación parcial "eliminada en 2012". En relación ao sistema produtivo coa Industria 4.0, pediu "un plan para reconducir todo ese persoal que sobrará nas empresas". O metal volve á conflitividade laboral Na situación do sector do metal non hai que esquecer a conflitividade laboral. O bloqueo nas negociacións do convenio e a "actitude da patronal", segundo a CIG, CCOO e UXT, foron as razóns para a convocatoria dunha folga que tentará paralizar as empresas das comarcas de Pontevedra e que afectaría a 20.000 operarias e operarios o vindeiro 22 de abril. Xulio Fernández (CIG) denunciaba que o persoal das empresas camiñaba cara a "unha precarización" coa actitude da patronal. Rubén Pérez (UXT) lembra que o metal leva desde finais de 2019 coas súas condicións "conxeladas", situación que aproveitan as empresas para "precarizar". Por último Celso Carnero (CCOO) sinalaba que foi a propia patronal a que se "levantou da mesa de negociación". |
NOS_11989 | A CIG exixe a readmisión dunha traballadora de Movistar-ADM após ser despedida pola empresa até en dúas ocasións. A operaria solicitara dúas reducións de xornada por razóns de conciliación familiar. | Desde a central sindical nacionalista tildan o caso de "machismo rancio propio da Idade Media" e denuncian a actitude do dirixente da empresa de telefonía, quen asinou os despedimentos da traballadora. E fíxoo cando a operaria, após rematar o período de baixa por maternidade logo de ter a súa primeira crianza, quixo acollerse a unha redución da xornada que lle permitise conciliar a súa vida laboral e familiar. Un dereito recollido na lexislación (artigo 37.5 do Estatuto d@s traballador@s). Naquela ocasión a traballadora tivo que ser re-admitida por orde xudicial mais, denuncian desde a CIG, foi obxecto "dunha constante presión por parte da empresa que lle modificou o horario ilegalmente". A situación xerada por Movistar-ADM foi de novo denunciada e a xustiza exixiu que lle foran restituídas as súas condicións laborais, como obriga a lei. Porén, após ser de novo nai, a traballadora volveu ser despedida cando solicitou acollerse á redución de xornada tamén coa súa segunda crianza. Para a Confederación Intersindical Galega (CIG) a actitude do "máximo dirixente" da empresa deixa claro que para el "as mulleres non poden ser nais e traballar ao mesmo tempo". Unha realidade, denuncian, que "non se pode tolerar" polo que, advirten, non pararán até que a traballadora sexa de novo re-admitida. A central sindical xa iniciou mobilizacións perante a oficina de Movistar-ADM. |
PRAZA_4970 | Xosé Veiras debulla n'Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza Pública, o libro promovido pola asociación Véspera de Nada sobre a fin do petróleo "abundante e barato". | Xosé Veiras debulla n'Un claro no bosque, o blog sobre ecoloxismo social e biodiversidade de Praza Pública, o libro promovido pola asociación Véspera de Nada sobre a fin do petróleo "abundante e barato". Isto non é un anuncio dun libro. Pretende ser unha reseña. Mais o libro non é un libro calquera. É un libro que non debería faltar en ningún fogar galego. A Guía para o descenso enerxético da asociación Véspera de Nada sitúanos perante unha realidade que nos queren agochar (e non queremos ver), mais que vai mudalo todo: o teito ou cénit do petróleo (o peak oil), o fin da era do petróleo abundante e barato. Ou, por outras palabras, a crise enerxética, que é tamén a crise climática, parte da crise ecolóxica global que nos trouxo o crecemento exponencial do consumo e da poboación rexistrado durante as últimas décadas, imposíbel sen ese fabuloso recurso que é o petróleo. En Galicia apenas se fala da crise enerxética, malia ser un aspecto chave da actual crise económica, que ten moito a ver coas consecuencias dos prezos históricos que atinxe o petróleo desde 2005 e sobre todo desde 2007. E mentres a crise enerxética avanza, moita xente acredita no mito do "excedente enerxético" de Galicia, e facemos como se máis do 80 % da enerxía que usa a nosa economía –falamos de enerxía primaria, non de electricidade- non procedese de combustíbeis fóseis importados, maiormente petróleo. Un feito que nos coloca nunha posición moi vulnerábel e, non o esquezamos, tamén moi insolidaria, pois xera unha enorme débeda ecolóxica co resto da humanidade. Débeda que, esta si, estamos moralmente obrigados a recoñecer e restituír na súa totalidade. Facemos como se máis do 80 % da enerxía que usa a nosa economía non procedese de combustíbeis fóseis importados O declive na extracción de petróleo é un inevitábel fenómeno xeolóxico que reducirá dramaticamente a dispoñibilidade dun recurso esencial para o sostemento da economía produtivista capitalista. Unha dispoñibilidade que mermaría aínda máis se se quixese evitar unha mudanza climática perigosa, o que obrigaría a deixar baixo a terra e o mar a maior parte das reservas de combustíbeis fóseis. O concepto de "reservas non extraíbeis" inspirou a fracasada iniciativa Iasuní-ITT, que na petrodependente Galicia tampouco suscitou apoios. Menos petróleo equivale a menos enerxía, pois non hai recursos enerxéticos capaces de fornecer os enormes volumes de enerxía que nos dá o ouro negro. En Galicia e nos demais países sobredesenvolvidos estamos pois abocados a afrontar nas vindeiras décadas un descenso enerxético -ou mesmo un colapso- que diminuirá moito a actividade económica e a complexidade das nosas sociedades. Un reto descomunal que se complicará aínda máis por causa do previsíbel agravamento do cambio climático, da perda de biodiversidade e da escaseza xeralizada de recursos naturais, mais alá do petróleo. Chegamos a un punto no que seguramente o desenvolvemento sustentábel xa non é factíbel. Cómpre desde agora mesmo aumentarmos a resiliencia, preparármonos para satisfacer as nosas necesidades básicas da mellor forma posíbel nun contexto de crise ecolóxica aguda. A guía ofrécenos propostas moi valiosas para nos adaptarmos individual e colectivamente a un escenario radicalmente diferente do presente A Guía para o descenso enerxético, alén de nos explicar con rigor e claridade a impactante realidade do teito do petróleo e as súas consecuencias, ofrécenos propostas moi valiosas para nos adaptarmos individual e colectivamente a un escenario radicalmente diferente do presente, a unha sorte de tsunami a cámara lenta e silencioso que se está a aproximar. Aborda non só os aspectos máis evidentes, coma o transporte, senón tamén outros menos obvios relacionados coa transición a un mundo con menor enerxía, como a educación e a saúde. Unha guía que trata basicamente de cómo actuarmos "para reducir ao mínimo a dependencia do sistema, loitando contra os atrancos que a civilización industrial pon para evitar que as persoas poidan vivir de maneira autosuficiente e reconectándonos co mundo natural e cos nosos semellantes". Unha mudanza na que podemos perder algunhas cousas, mais coa que tamén temos moito a gañar. Seguir a ler n'Un claro no bosque |
NOS_50930 | Centos de persoas participaron esta tarde en Narón nunha manifestación en protesto pola decisión da dirección de Megasa de despedir 47 dos seus 168 traballadores. | Desde 2008, Megasa -unha empresa que facturou arredor de 1.000 millóns de euros en 2011 e que se viu prexudicada pola perda de bonificacións públicas, no chamado sistema de ininterrumpibilidade- despediu o 30 por cento do seu cadro de persoal. Megasa formula agora un despedimento colectivo que atinxe unha das súas tres quendas, 47 dos 168 que constitúen agora o seu cadro de persoal. Na marcha tomaron parte representantes do BNG -o portavoz nacionalista no Hórreo, Francisco Jorquera; o alcalde de San Sadurniño, Secundino García; a responsábel comarcal de Ferrolterra e concelleira en Ferrol, Mercedes Tobío-, así como do PSdeG-PSOE, entre eles a deputada Beatriz Sestayo. Ao termo da marcha, que partiu desde a Praza Irmñasn Freire e concluíu perante a entrada da factoría, o presidente do comité de empresa, Carlos Bascoy (UGT), acusou a empresa de utilizar a reforma laboral para "materializar os despedimentos", embora a compañía se ter beneficiado de "constantes privilexios" concedidos por parte das "administracións públicas".Que privilexios? Segundo o representante sindical, mudanzas no plano de ordenación urbana, recheos na Ría e novos accesos por estrada. Bascoy afirma que a empresa desvía os beneficios obtidos na factoría de Narón para as súas plantas en Portugal. A asemblea de traballadores convocou unha folga para os vindeiros 2 e 3 de xaneiro, anunciou tamén o presidente do comité. |
PRAZA_20613 | Patricia A. Janeiro afonda na no seu proxecto de narrativa de denuncia social e política na súa nova novela, Manual básico de hostalería. | Patricia A. Janeiro foi reaparecendo como escritora nos últimos meses, tras publicar no 2009 unha das poucas obras da narrativa galega que tratan o tema da represión do movemento independentista, A perspectiva desde a porta. Primeiro, a plataforma A Sega escolleuna como señora do Día das Galegas nas Letras. Despois, editouse con motivo da SELIC, a nova semana do libro de Compostela, o seu libro Os últimos indios. E hai unhas poucas semanas, Positivas tirou do prelo a súa nova novela, Manual básico de hostalería. Un libro directo, sinxelo e, como ela mesma di, lixeiro e humorístico. Que fura na explotación laboral na hostalería compostelá e na corrupción política e mediática que fixeron posible, por exemplo, ter tres alcaldes nunha soa lexislatura. Mais, tamén o advirte ela, esa non é a Compostela que ela ama. É outra, que non puido ser real. Quen o crería? É verdade o que pos ao final de que o libro foi xestado en tres anos e escrito en tres días? Tiña os dous primeiros capítulos feitos e o resto saíu, si, en tres días. Estiven bastante tempo parada, sen saber como avanzar coa historia das camareiras, pero ao final atopei a maneira e acabei a novela. Xa dis, tamén ao final, que é unha farsa, porque non podería ser real que nunha cidade houbese tres alcaldes na mesma lexislatura, que un medio de comunicación quixese dirixir a política local e que os explotadores se cresen libertadores. Exactamente… Aínda entendendo que é ficción, como traballaches de camareira, algo haberá baseado en feitos reais… Si, claro. Xa poño nesa dedicatoria que non saen Isa e Emma, que non responden ao patrón de xefe da hostalería que sae na novela. Polo demais, si que está baseado na miña experiencia e na doutras persoas que coñezo que traballan en bares, sobre todo de noite. Porque cando quedas para tomar algo con outros camareiros sempre se fala das cousas que che di o xefe, de como te trata… O que si é certo tamén é que non hai, na novela, personaxes identificables cunha persoa en concreto. Están construídos con retallos tirados de aquí e de alá. "O libro si que está baseado na miña experiencia e na doutras persoas que coñezo que traballan en bares, sobre todo de noite" Fuches tamén vendedora de jacuzzis… Si, e durei seis meses. Foi xusto a principios da crise. Traballaba para unha empresa que vendía jacuzzis e bañeiras de hidromasaxe de gama baixa, dirixida a clientela de clase obreira. E claro, a xente nese momento tiña outras prioridades, e entre iso e que a min non se me dá ben vender, sobre todo cando me parece un produto superfluo… pois non foi moi ben. Pero foi unha experiencia. Semella que, ademais de subliñar o feito en si da explotación laboral e a corrupción política e mediática, querías salientar os discursos sociais que as sustentan. O traballo como favor, por exemplo. Si, e iso está moi documentado, moi baseado en discursos reais. No que son os tres eixes da novela, que son a explotación laboral, a corrupción política e a "prensa de toda la vida", clientelar, que recibe subvencións e conta que todo vai ben se as recibe e que todo vai mal se non llas dan… A min paréceme incrible que un xornal lle chame por un alcume a un alcalde. Paréceme unha falta de respecto a todos os composteláns e compostelanas. Pero cando falas de todo isto coa xente, o discurso que sempre foi así, que non é para tanto… E, claro, non é para tanto ata que o é. Se cadra no retrato da explotación laboral na hostalería compostelá aínda quedaches curta. Malia que saen clásicos como ir rotando camareiras "a proba" para non ter que contratar ningunha, ter a xente sen contrato e cun salario mísero, facerlles contrato de media xornada para traballar dobre xornada, non pagar as horas extra… Non todos os empresarios son iguais, pero todo iso pasa. É peor do que sae, si, pero é que tampouco quería facer un monográfico sobre o tema. E logo hai un aspecto que si quería sinalar. Cando pensamos en explotación, pensamos nos bares do Franco, nos negocios para turistas… pero cústanos máis vela cando o bar pon a música que nos gusta ou carteis do noso "rollo" político. Eses bares non os identificamos coa explotación. "O que vemos moi claro nos bares do Franco, non o vemos nos que nos gustan" O que vemos moi claro nos bares do Franco, non o vemos nos que nos gustan. E mesmo participamos da explotación co discurso, que tamén sae na novela, de "ponme outra, a ti que máis che dá". Non nos decatamos de que así estamos a atrasar o traballo de limpeza e de peche. O que se ve claro para un banco, por exemplo, non se ve para a hostalería. Eu tamén tiven algunha vez esa actitude, e entendo que ás veces custa acabar a copa cando estás moi cómodo no medio dunha conversa moi interesante, pero cando traballas do outro lado da barra velo doutra maneira. O tema da falta de respecto aos dereitos dos traballadores xa estaba en Os últimos indios, editado recentemente con motivo da SELIC. En realidade, está moi presente en todo o que publicaches. Non sei se con propósito de denuncia... Non é algo intencionado. Son temas que me preocupan e, claro, saen nos meus libros. E non é se cadra que eu o faga cunha intención de denuncia, pero si que acaba sendo reflexo teu no sentido de que saen nos libros, por exemplo, conversas que tes con compañeiros sobre o que habería que facer. Por exemplo, algo que teño comentado tantas veces coas miñas amigas camareiras, que é que habería que colgar o convenio nas portas dos locais. Eu non o fixen, pero si o fan as camareiras da novela. Este novo libro tamén entronca con A perspectiva desde a porta no tratamento do tema da manipulación mediática. En A perspectiva recollías informacións reais de xornais. Neste, as novas sobre os "mendigos" que traen o "caos" á cidade parecen reais… En A perspectiva había novas tiradas, tal cal, de xornais, si. Nesta nova novela é un xornal imaxinario, e as novas que saen na novela son inventadas en canto aos datos, pero si imitan o estilo e o vocabulario dun certo xornalismo, o concibido coma un determinado xeito de intervención política e non coma un medio para contar o que acontece. Por exemplo, como pasa na novela, para facer campaña en favor dun político con sona de "puteiro" e borracho para promocionalo como alcalde ao presentalo como salvador da orde. Porque a xente "non ten memoria", din. Por exemplo, si. E non é nada raro desde o momento en que na prensa se fixeron campañas coma esa, utilizando os problemas da xente que vive na rúa para atacar un concelleiro, ou campañas cuns coches oficiais ou cuns incendios para desprestixiar a alguén e axudar o seu opoñente a chegar a presidente da Xunta. A novela trata outra dimensión do tema da explotación laboral, que é a súa evolución. Camareiros que nos 90 complementaban moi contentos a súa bolsa de estudos cun traballo sen contrato de fin de semana nun bar, e que con 30 ou 40 anos teñen que seguir poñendo copas en precario. "Empresarios" que comezaron nesa época montando un bar con dous pesos de investimento e que medraron a base de explotar. Eu iso non o vivín directamente porque cando acabei a carreira marchei para traballar a Dublín e non comecei a traballar na hostalería compostelá ata despois, ao volver. Pero sei o que pasou por amigos que si coñeceron o boom dos anos 90, que si me contaron historias coma esas. Si que hai moita xente na hostalería que considera que darche traballo é facerche un favor, como se non tivese que pagarche precisamente porque estás facendo un traballo. Por iso che din cousas, como me pasou a min, como que unha noite non deberían pagarcha porque non houbo clientes, ou que tes que traballar en Nadal aínda que non vaia vir ninguén pero que en realidade ese día abren "para pagarche a ti". Eu non sei en que outra empresa se lle ocorrería a alguén dicirche que só debería pagarche o día se ten clientes. É o delirio neoliberal absoluto. Polo demais, si que na novela sae o perfil do explotador que comezou nos 90 poñendo un bar e que agora ten hoteis, establecementos do Camiño de Santiago… "Eu non sei en que outra empresa se lle ocorrería a alguén dicirche que só debería pagarche o día se ten clientes. É o delirio neoliberal absoluto" O tema dos peregrinos tamén pensei en tratalo, pero ao final só o apunto. Non había espazo para todo… Mais tamén o coñezo por experiencia propia, porque traballei varios anos de informadora turística. O que aprendín, fronte a ese discurso de que íamos facer sen os peregrinos, é que deixan na cidade moitos menos cartos do que nos din, e que ademais déixanos sobre todo en determinados establecementos que, moitas veces, susténtanse na precarización do traballo, de maneira ademais que os cartos que gañan non redundan nunha mellora das condicións laborais, senón na expansión dos mesmos empresarios en negocios que reproducen ese mesmo modelo de traballo precario. "Os peregrinos deixan na cidade moitos menos cartos do que nos din, e ademais sobre todo en determinados establecementos que, moitas veces, susténtanse na precarización do traballo" Nese sentido, os personaxes das camareiras evolucionan ao longo da novela. Non é que non tivesen conciencia, pero deciden actuar, como poden ou queren. Os políticos, porén, son personaxes caricaturescos que non mudan. As camareiras van perdendo o medo, tamén porque non teñen moito que perder. É verdade que os personaxes dos políticos ou dos xornalistas están máis caricaturizados, por dúas razóns. Unha, que son mundos que eu só coñezo desde fóra, polo que me custa máis poñerme na súa cabeza. Eu imaxino as reunións que deben ter para falar dos seus negocios corruptos, e supoño que se amosan tan despreocupados e frívolos como na miña novela, como se fose unha cousa normal. Despois, que tampouco creo que xente que é quen de actuar así vaia cambiar demasiado, así que non hai moita volta que dar aos personaxes. "Normalmente son os homes, profesionais, cun perfil ben definido, os que teñen nome, e as camareiras son as anónimas. Eu quixen darlle a volta a iso" Pero hai outra razón. Fíxate que na novela as camareiras teñen nome e, deles, poucos o teñen. Porque normalmente son os homes, profesionais, cun perfil ben definido, os que teñen nome, e as camareiras son as anónimas. Eu quixen darlle a volta a isto. Elas son as que teñen nome e evolucionan. No retrato que fas do xornal local, as relacións laborais que revelan os diálogos son moi semellantes ás da hostalería. O redactor xefe despreza os traballadores. Agocha o seu desprezo de clase, desde os seus privilexios de corrupto, cos vellos discursos sobre a falta de xornalistas "de raza". Real como a vida mesma. Foi adrede? É que teño moitos amigos xornalistas, entón coñezo un pouco como é a realidade nos xornais. É un pouco o que falabamos antes: pódenos custar máis recoñecer a explotación e a desigualdade de clase nuns contextos que noutros. Resúltanos fácil imaxinar un xefe con todo o seu desprezo pola clase obreira nun xornal conservador, pero cústanos máis velo nun xornal, por poñer dous exemplos así á toa, comunista ou ácrata. En realidade, é o mesmo. O mesmo conflito entre a patronal e os traballadores, que no caso das chamadas "profesións liberais" pode aparecer disfrazado doutra cousa. "Pódenos custar máis recoñecer a explotación e a desigualdade de clase nuns contextos que noutros" No aspecto narrativo, A perspectiva desde a porta era máis complexa. Intercalaba os puntos de vista de distintos personaxes… Esta é unha novela máis sinxela. Semella que quixeches ser directa... É unha novela directa e lixeira, porque o que eu quería era rir un pouco, e penso que describo situacións e personaxes bastante cómicos… Eu paseino ben escribíndoa, que era o que quería. E si, é unha novela lixeira, aínda que teña todo ese subtexto do que estamos a falar. "Esta é unha novela directa e lixeira, porque o que eu quería era rir un pouco" Si que se nota que está presente o humor. Como cando a camareira di que a culpa foi de Marx, por esquecer o capítulo sobre as "nenas" no Capital. Tras preguntarlle a un líder sindical que quere outra copa a deshora se só defende os traballadores do metal. É que hai un certo sindicalismo que parece que só defende os traballadores dependendo de a quen ten que defender. Como se o obreiro e a rapaza que traballa nun bar pertencesen a distintos niveis. Esa pregunta que sae no libro sobre as camareiras e os obreiros do metal fíxenlla eu a un líder sindical. Mais, alén da anécdota, o problema é que está socialmente aceptado que unha camareira ten que traballar sen horario e cunhas condicións penosas. E parece que non merece ter unha representación sindical como calquera outro traballador. "Hai un certo sindicalismo que parece que só defende os traballadores dependendo de a quen ten que defender" A túa primeira novela foi Caixa de mistos, que publicou Sotelo Blanco e que saíu tamén traducida ao italiano. Que relación tiña con estas? Escribina cando estaba traballando en Dublín, despois de acabar a carreira. É en realidade unha historia de amor a Compostela, que transmite unha imaxe da cidade un pouco idealizada. Eu era moi nova, non traballara aínda na hostalería nocturna de Santiago… Todo me parecía festa e xente marabillosa. Desde o punto de vista lingüístico tampouco está moi ben. Eu levaba pouco tempo falando galego… Non é que renegue dela, pero é unha novela de xuventude. Saíra, de feito, nunha colección xuvenil. "Caixa de mistos é unha novela de xuventude" Tamén colaboraches no xornal Novas da Galiza ou en revistas. No Novas coordinei a sección de creación literaria. Publiquei un relato co meu nome e outros con seudónimo. Xa sabes: como ás veces as colaboracións non chegaban a tempo, tiña que escribir eu algo e asinaba con outro nome. Tamén publiquei un conto en El País, algún en Arraianos… Os últimos indios e A perspectiva desde a porta conflúen algo nos temas: as sabotaxes como xeito de loita para restituír dereitos… A escrita de ambas foi paralela? En realidade escribín Os últimos indios antes de A perspectiva desde a porta. Quedou metida nun caixón, e hai pouco retomeina e adapteina para que fose publicada na colección da SELIC. A perspectiva desde a porta é unha das poucas novelas da literatura galega que tratan o tema da represión política do independentismo, ou do debate que houbo nos 70 sobre a loita armada, coas súas contradicións… Cando escribiches esta novela, querías dalgunha maneira contribuír a que iso estivese presente na literatura? Non é que eu buscase iso. Eu tiña a idea de contar a historia de Braulio e Malvina. Braulio morrera nos 70 asasinado polos gardas do cárcere tras ser encerrado por tentar colocar unha carga explosiva nunha torreta eléctrica. Non sabía como levar esta historia á actualidade, ata que un día pasou unha cousa. Fora no marco da chamada Operación Castiñeira, na que varias persoas foran detidas e levadas á Audiencia Nacional para despois ceibalas porque non había nada contra elas. Pois nese contexto a Garda Civil entrou na empresa na que eu traballaba, tratándonos como se fósemos de Al-Qaeda, para levar os backups da web dunha organización. Fora un despropósito. Sentinme agredida, e a a partir de aí xurdiu a novela, pensando que pasa cando se ilegalizan organizacións políticas... Mais é verdade que, polo que sei, non é un tema moi tratado na narrativa galega. Hai outro libro, que me pasara Carlos Barros do Novas, que é Camiño de volta de Celso Comesaña… Serás este ano a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras. O manifesto falaba de autoras ninguneadas por seren mulleres. Ti sentícheste algunha vez ninguneada por ser muller e porque trataras en A perspectiva temas como a criminalización e ilegalización de organizacións independentistas, as torturas no cárcere, a prisión sen xuízo… e a súa continuidade entre a ditadura e a democracia, corrupción mediática e política mediante. Será o 15 de agosto, si. O manifesto fala diso porque é o sentido que ten o Día das Galegas nas Letras, claro. Pero eu a verdade é que non pensei moito sobre iso. Pregúntalo polo que se dixera de cando A perspectiva quedou finalista do premio Xerais? Si, pero non só por iso. En xeral. Como che dicía, non é que reflexionase moito sobre iso. Pero xa me dixeron que nesta novela, como "reparto" sobre moitos colectivos, igual teño que ter algo de medo, a ver se me pegan ou algo pola rúa. (Ri). Non, en serio. Si que é certo que se miras as listas de libros recomendados, ou que se manda ler para os institutos, hai menos autoras que autores. Iso é un exemplo. Mais tamén é verdade que os libros máis recomendados son de dúas editoras grandes, e iso tamén pode contribuír a que os libros escritos por mulleres queden máis nas marxes, cando non publican nesas editoras. "Xa me dixeron que nesta novela, como "reparto" sobre moitos colectivos, igual teño que ter algo de medo, a ver se me pegan ou algo pola rúa". (Ri) Polo demais, non pensei moito en se a miña novela podía ter problemas por tratar certos temas. É verdade que, despois de quedar finalista, envieina a todas as editoras, e só Positivas quixo publicala. Pero cando tes un editor coma Paco Macías, que trata tan ben o que publica, nin notas todo ese tipo de problemas, se existisen. Xa cando me publicaron o primeiro libro en Sotelo estaba feliz só por ver o libro co meu nome. Pero cando publiquei con Paco, que te leva ao fin do mundo para difundir o teu libro, tivemos moitas presentacións, saíu moito en prensa… Por iso tamén agora sigo con Positivas. Lembro que me chamara moita xente para dicirme que lle gustara o libro, entre eles Begoña Camaño, que me fixera moita ilusión… Falabamos antes do realismo das conversas xefe-camareira. Como che dicía, son moi reais. Mesmo algunha vez parei de escribir para chamar a algunha amiga para que me lembrase como fora aquela historia do que lle dixera o xefe. Cando es camareira, escoitas historias como "eu non teño que respectar o convenio porque non o asinei". E outras cousas que vivín e que xa nin puxen, por ridículas e rateiras. Como ter a baeta tan vella que as camareiras xa lle chamamos baeta de camariñas do chea de buracos que está. "Cando es camareira, escoitas historias como "eu non teño que respectar o convenio porque non o asinei" Botei de menos outro clásico da hostalería. O acoso sexual ás camareiras por parte de xefes ou compañeiros. Aí tampouco son, por suposto, todos iguais, pero tamén pasa. Por seguir contrarrestando a imaxe idílica da hostalería como piar económico da cidade. Iso a min non me pasou, e penso que ás miñas amigas tampouco. Supoño que tivemos sorte. Pero si, pasa. Si que ás veces pídenche que vaias vestida dunha maneira determinada, ou prefiren contratar unha muller por ese tipo de razóns… |
NOS_19490 | Canibalismo (Estaleiro Editora, 2011) foi o primeiro libro publicado por Marcos Abalde (Vigo, 1982). Peza experimental, dalgún xeito inscrita niso que denominan posdramaturxia, a medio camiño entre a poesía radical e o teatro fóra de norma, quedou un pouco á marxe do radar crítico. Agora o colectivo Projeto Jägher quere transformala nunha curtametraxe. | Para materializar a iniciativa, Jägher -conformado polas cineastas Diego R. Aballe e Amanda Seijas- acaba de pór en marcha unha campaña de micromecenado. O seu obxectivo? Xuntar orzamento para un filme de entre 15 e 17 minutos "sobre a natureza humana, o odio ao descoñecido, os xuízos morais e as certezas inmorais". Tal e como os impulsores da idea explican na web de financiamento (www.goteo.org), a obra transporta o lector ou lectora "a unha noite fría no rural galego, onde dous homes dan voltas no seu carro ata que se atopan cun mendigo inmigrante que dorme nun caixeiro automático abandonado. Non queren matalo: primeiro debe confesar os seus crimes e pecados, e asumir a súa condición de besta. Se non é polas boas, será polas malas". Projeto Jägher xa realizou os labores de preprodución e contará con tres actores galegos: Toni Salgado, Fran Nogueira e Germán Prenta. A banda sonora orixinal da curta correrá a cargo de Brais González. "Temas como o racismo, a xenofobia e o senfogarismo abórdanse de forma activa e directa neste proxecto, cuestións de actualidade", indican na páxina de micromecenado. Para Marcos Abalde, autor do texto orixinal, todo se resume na necesidade de "parar a roda do mal, da infamia". "Hai que alimentar a rebelión, a desobediencia, a insubmisión", afirma. Abalde escribe teatro e poesía. Canibalismo foi en 2008 premio Josep Robrenyó, que concede a Associació d'Investigació i Experimentació Teatral de Catalunya. Oenach (Espiral Maior, 2015) e Exhumación (Xerais, 2016) son volumes de poemas, tamén premiados, en que se move por territorios políticos, reivindica a memoria dos vencidos e relé mitos clásicos con intención subversiva. |
NOS_4338 | O BNG pedirá no próximo pleno do Parlamento a creación dunha comisión de investigación sobre o "financiamento irregular" do PP galego, mentres que o PSdeG presentará unha moción para "rexeitar calquera forma de corrupción" e para que se asuman "responsabilidades políticas" derivadas de "causas xudiciais". Nese pleno comparecerá o conselleiro de Sanidade e, previsibelmente, sairá adiante unha reforma da lei galega de violencia de xénero, a proposta do BNG, para recoñecer vítimas da violencia vicaria e considerar esta como violencia machista. | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañana, volverá comparecer ante o pleno do Parlamento galego na próxima sesión ordinaria, na semana que vén e na que, previsibelmente, sairá adiante unha reforma da lei galega de violencia de xénero, a proposta do BNG, que recoñecerá as vítimas da violencia vicaria e considerará esta unha forma de violencia machista. A orde do día da primeira sesión tras o parón motivado pola Semana Santa foi configurada na Xunta de Portavoces desta terza feira, 6 de abril, decorrida tras o acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía no que o Lexislativo autonómico rendeu tributo á Xeración das Irmandades. Dentro de sete días, o pleno iniciará co debate da reforma da lei de violencia de xénero para incluír a violencia vicaria, é dicir, a que se exerce contra as mulleres danando as súas fillas e fillos. Trátase dun dos acordos alcanzados entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, na súa reunión coa líder do BNG, Ana Pontón, o pasado 26 de decembro, polo que se prevé que saia adiante co apoio dos populares. Tras iso será a quenda de dúas comparecencias de conselleiros, o de Sanidade e o de Medio Rural, que subirán ao estrado do hemiciclo por iniciativa propia. Así, García Comesaña regresa á Cámara para debullar a evolución da pandemia na Galiza co foco posto no proceso de vacinación. A vacinación das e dos galegos contra o Covid-19 será o tema elixido polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, para a sesión de control ao presidente da Xunta, a quen a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandará explicacións sobre "que achega" a Galiza a confrontación do seu Goberno coa Administración estatal e que ten como último episodio o recurso presentado ante o Tribunal Constitucional contra a reforma sanitaria galega. Un conflito que terá amplo espazo no debate parlamentar dos días 13 e 14 de abril. Será, en primeiro lugar, cunha iniciativa do PP coa que logrará, grazas á súa maioría absoluta, posicionar a Cámara ao lado do Goberno galego e expresar o seu rexeitamento ao recurso do Executivo español. Os socialistas tamén levarán ao hemiciclo este asunto cunha interpelación na que cuestionarán o Goberno de Feixoo sobre "se pensa adoptar algunha medida" ante o recurso presentado no Tribunal Constitucional por unha reforma da lei de Saúde que, en palabras do deputado Pablo Arangüena, pretende "lexislar sobre dereitos fundamentais" e limitar liberdades sen estado de alarma. O BNG pide investigar o PP Pola súa banda, nacionalistas e socialistas tamén coinciden noutro dos asuntos que serán abordados neste pleno: o suposto financiamento irregular do Partido Popular, de actualidade polo xuízo pola 'caixa B' do PP que se retomou esta mesma terza feira após o parón pola Semana Santa. Deste modo, segundo avanzou a deputada nacionalista Olalla Rodil, o Bloque proporá a creación dunha comisión de investigación sobre o "financiamento irregular" do PP galego, mentres que o PSdeG presenta unha moción que exporá "rexeitar calquera forma de corrupción" e que se asuman "responsabilidades políticas" derivadas de "causas xudiciais". Estaleiros e autónomos Ademais da mencionada iniciativa sobre a reforma da lei de saúde, o PP volverá levar á Cámara unha nova proposición non de lei para demandar a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Ferrol. Os populares tamén presentan outra proposición que reclamará cambios no decreto estatal de axudas a empresas e autónomos para que se "reconsideren" as achegas a Galiza tendo en conta "o peso" dos traballadores por conta propia no país. |
NOS_34407 | Ademais dunha ditadura criminal e xenocida, o franquismo foi unha auténtica trama de corruptelas que axudou a enriquecerse a unhas oligarquías que seguen estando presentes nos principais postos de poder económico do Estado. Unha trama que, ademais, se utilizou como parte do sistema represivo. | "A nosa Cruzada é a única loita na que os ricos que foron á guerra saíron máis ricos". Así se expresaba o ditador Franciso Franco en Lugo, en agosto de 1942. O mesmo que iniciou unha feroz e implacábel vaga de represión contra centos de miles de persoas cuxo único delito consistía en ser de esquerdas, ou galeguistas, ou republicanas. Ou simplemente non comungar coas ideas autoritarias dos golpistas. A masacre levouse a cabo en nome de ideas que os facinorosos consideraban nobres: Deus e Patria. Mais tamén había outro motivo menos altruísta: o diñeiro. Unha das facetas menos estudadas da ditadura franquista é o espolio ao que foron sometidos os vencidos. Milleiros de persoas non adictas ao réxime foron vítimas dun saqueo que as privou non só dos seus dereitos, senón tamén das súas propiedades, das súas casas, das súas empresas, dos seus aforros. Mesmo despois de seren asasinados. As III Xornadas de loita contra a impunidade, organizadas pola Deputación de Pontevedra os vindeiros días 26 e 27, centrarán o debate precisamente na corrupción e na pillaxe dun réxime que non dubidou en apropiarse de todo o que puido para beneficio duns poucos. Montse Fajardo, escritora, xornalista e técnica de memoria histórica da Deputación, explica a Nós Diario que as xornadas pretenden visibilizar "como se enriqueceron as empresas que apoiaron o golpe, como foron favorecidas pola ditadura. E tamén falaremos da complicidade de moitas institucións como, por exemplo, a monarquía -a corrupción borbónica parece máis que demostrada- ou da Igrexa católica, que tamén se beneficiou dese xenocidio que converteu en Santa Cruzada". A complicidade dos grandes poderes Á sombra desa corrupción sistemática medraron familias ilustres como as dos March, Koplowitz, Coca, Banús, Aguirre, Carceller, Fierro... clans que continúan constituíndo a cerna do sistema económico do Estado -o club dos máis ricos- e que se transformaron en demócratas de toda a vida en canto o franquismo se deu por finiquitado. "Ese é un dos grandes obxectivos destas xornadas", matiza Fajardo, "desvelar o roubo do relato: batemos con algo peor que o silencio, batemos contra unha serie de ideas propagadas no seo da sociedade que non se corresponde en absoluto coa realidade. Persiste a idea de que o réxime franquista era austero e esa é unha gran mentira: era un réxime corrupto e ladrón e iso está máis que demostrado pola historiografía". Iso sen contar coa propia familia Franco, que fixo unha descomunal fortuna a partir do golpe de Estado contra a República. Seguindo este fío, as xornadas acollerán intervencións como a do xornalista Antonio Maestre, a partir da documentación recollida no seu libro Franquismo S.A. ou a do historiador Xosé Álvarez Castro, que pasará revista á represión das persoas que colaboraban co réxime e que extorsionaban as vítimas para requisarlles os seus bens. A xornalista Rebeca Quintáns, autora do libro Un rey golpe a golpe, tratará o papel da monarquía no réxime e Xosé Ramón Rodríguez Lago, exporá a evolución da Igrexa no seu relatorio "Igrexa e ditadura". Fajardo insiste tamén na idea de que o franquismo chegou a roubar a identidade do país: "pasamos da Galiza de Castelao e de Bóveda á do No-Do, a unha imaxe completamente deturpada do país", declara. E para detallar estoutro espolio, a profesora de Filosofía e Antropoloxía da USC Beatriz Busto falará de "A Galiza em NO-DO". Os espolios familiares Existe un outro mecanismo de rapina moito menos estudado que é o que revela a escritora Susana Sanches Arins na súa obra Seique, na que reflexa a súa historia familiar: os pequenos espolios levados a cabo por individuos que, amparados na súa relación coa Falanxe ou con outros sectores dos golpistas, quedaban con propiedades de veciños e familiares a cambio de non denunciar as súas ideas disolventes. Sanches Arins, que participará na mesa redonda "Cando a herdanza é a memoria", insiste en que este tipo de latrocinios "son espolios invisíbeis", porque quedaron no ámbito privado, ou ben da veciñanza ou no seo da propia familia". Este mecanismo era duplamente perverso "porque as persoas damnificadas acabaron considerándose vítimas de individuos particulares -dun irmán ou dun veciño- e non dun sistema. Non se decatan de que ese tipo de incautacións non poderían levarse a cabo se non existise unha estrutura de poder que amparaba esa usurpación. Todo iso formaba parte dun esquema de represión e represalia". Nese sentido, opina Sanches Arins, "é preciso fomentar un proceso de reflexión entre as propias familias para dilucidar que foi o que realmente pasou. Nestes casos, é frecuente que non haxa unha documentación que testemuñe o realmente acaecido e que as novas xeracións ignoren o que sucedeu preciamente por tratarse dun tema tabú, do que non se falaba. Habería que abrir vías de investigación que revelen até que punto se fixo dano mesmo nos niveis máis íntimos e persoais. Hai que ter en conta que foron roubos pequenos, mais nunha época dunha tremenda carestía, cando ter unha leira de máis ou de menos podía decidir se unha familia pasaba fame ou non". A herdanza da corrupción "É moi importante visualizar a magnitude do espolio, mais sobre todo, é importante decatarse de que maneira aquilo que aconteceu segue a incidir no noso presente", explica Montse Fajardo. "As grandes oligarquías do franquismo seguen a ter un papel dirixente na sociedade, os grandes poderes están constituídos, en gran parte, polas mesmas familias". Un dos obxectivos destas xornadas é revelar cales son esas continuidades entre a ditadura e a actual democracia. "Non existiu unha verdadeira ruptura: os usos e os protagonistas do franquismo seguen a ser os mesmos, aínda que cun lixeiro verniz de democracia que lles outorgou un certo crédito. Precísase sinalar como esa herdanza impide que sexamos unha sociedade verdadeiramente democrática". |
NOS_38439 | O tenis non é a disciplina que máis glorias deu ao deporte galego. Até o de agora, Lourdes Domínguez, retirada en 2016, ostenta o trono de mellor tenista galega da historia, pero a xuventude e o descaro de Martín De la Puente (Vigo, 1999) desde a modalidade de cadeira ameaza a posición da lendaria pontevedresa. | Non quero que bote moito a vista atrás, senón ao recente torneo de Roland Garros. Que sentiu no corazón ao debutar no grand slam parisino, sendo ademais o primeiro galego da historia en facelo? Tiña moitas cousas na cabeza, pero sobre todo ese paso deses primeiros raquetazos no club, cando con sorte están aí mirándote os amigos e a familia, e ás veces nin iso, a estar agora vivindo o privilexio de xogar un grand slam en París, que tantas veces vira pola tele... foi unha sorte inmensa, ademais dun soño feito realidade. No cadro individual alcanzou os cuartos de final, onde perdeu con Gustavo Fernández. Hai uns anos declaraba nunha entrevista noutro medio que o arxentino era o seu ídolo no deporte. Continúa séndoo? Non (ri). Pero xa fóra de bromas, teño a sorte de compartir adestrador e prácticas con el, e si que sempre foi o meu ídolo, referente e xogador a seguir, pero xa nos enfrontamos moitas veces. Ademais, agora temos unha gran amizade, pasou de ser un ídolo a un amigo, estiven na súa casa en Bos aires, viaxamos xuntos... Por iso foi moi especial xogar contra el despois do privilexio que supuxo adestrar con el, aínda que preferiría facelo noutra rolda, porque o noso pobre adestrador non sabía a quen animar, pero non cambiaría nada da experiencia. Máis lonxe chegou no cadro de dobres, onde xunto co seu compañeiro Daniel Caverzaschi alcanzou as semifinais, caendo eliminados a mans dos ingleses Hewett e Reid no tie-break. Que lles faltou para alcanzar a final? Ese puntiño extra de experiencia co que contaban os seus rivais, quizais? Realmente, un partido que se decide nun tie-break a 10 puntos e no que chegas a ir oito a oito non sei moi ben se gañalo é cuestión de sorte, de crer en ti mesmo un pouquiño máis... non o sei. A realidade é que perdemos ante un equipo que era o claro favorito e que leva gañados os últimos seis grand slams en dobres, pero nós realizamos un partido bastante sólido e fixémolos sufrir moito. Ás veces o deporte dá e ás veces quita, quizais simplemente foron máis agresivos que nós, porque con dúas voleas marcaron a diferenza. Ou tal vez foi polos nosos fallos no primeiro set. En todo caso, pasou o que tiña que pasar, eles mereceron a vitoria, pero nós aprenderemos e aproveitaremos estas ensinanzas para medrar. A súa traxectoria con Caverzaschi é xa case histórica no circuíto. Como se coñeceron e cantos anos levan xogando xuntos?. Levamos desde que eramos uns cativos, tería eu 14 anos. Tamén temos moita rivalidade, ollo, porque xogamos moitos partidos entre nós e ambos queremos ser o mellor, pero iso non quita que teñamos unha amizade bastante grande. Este ano tamén probei no dobres a xogar torneo con Gustavo Fernanández, pero Dani e máis eu facilmente levamos xogando torneos xuntos desde 2014. Síntese máis cómodo nos dobres ou no individual? Sonche moi singlista. A modalidade individual é algo máis persoal, pero no dobres divírtome moito tamén, pásoo moi ben co compañeiro, hai algo menos de presión... é moi intuitivo e creativo, o que non quita que se tivese que escoller sería a individual A pesar da súa xuventude, leva xa moitos anos levantando trofeos, que lle queda por facer no tenis a Martín De la Puente? Ir subindo un pouquiño máis e crer en min mesmo algo máis para verme capaz de chegar á cima, porque sei que estou cerca, ou xa estou, en golpes e en mobilidade, pero teño que dar un pasiño adiante mentalmente para ser o número un. |
NOS_9389 | A Luís Seoane (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979) preocupábanlle as formas do mundo. Atento á maneira en que as persoas organizan a súa vida, como o vello socialista inglés William Morris optaba pola democratización do dereito á beleza. O seu inxente traballo como deseñador non é o máis recoñecido dos ángulos do intelectual exiliado, pero si fundamental para comprendelo. | "Sempre que topamos con figuras de tantas actividades e tan diversas, tendemos a esquecer algunha das súas faces", considera o deseñador gráfico Pepe Barro, "e, ademais, o deseño tende a se confundir coa arte". A Academia Galega de Belas Artes decidiu dedicar a Seoane o Día das Artes Galegas 2019. Dramaturgo e autor de poesía política de alta voltaxe, en 1994 recibira o das Letras Galegas. Mais a disciplina do deseño, da que foi avanzado practicante, está, dalgún xeito, en terra de ninguén. "Sen dúbida, é a súa faceta máis descoñecida", opina Suso Vázquez, do estudio Desescribir da Coruña, "adoita aparecer como subsidiaria do artista". É certo que, por veces, as fronteiras son borrosas. Barro recorda como Luís Seoane resolvía a cuberta dun libro cunha ilustración "que se autoencarga". "Trátase dun magma en que todo se funde", engade. Porén, o traballo de Seoane cos libros non remata, nin moito menos, na cuberta. Diagramador, tipografista, creador de editoriais e coleccións, el mesmo autor e tradutor, o libro foi, durante décadas, o seu hábitat natural. Para a deseñadora Uqui Permui, con oficina en Compostela, "Seoane realiza o cambio en Galiza. Pásase do traballo de Maside e outros artistas, ilustradores e portadistas, a unha idea moderna do deseño". Esa que marcou a industria editorial galega da longa noite de pedra. "A súa actitude intelectual era a de coñecer a tradición e, ao tempo, iniciar unha nova tradición. Por exemplo, as capas de Galaxia nos anos 50 e 60, obra de Xohán Ledo, non se entenden sen Seoane", lembra Suso Vázquez, "aquela industria editorial, malia as dificultades, era unha industria chea de luz". No concreto, salienta a decisión de que cuberta e contracuberta levasen unha mesma ilustración, en continuidade: "Nos anos cincuenta iso era revolucionario". Mais o Luís Seoane construtor de libros non traballaba desde a nada. Pepe Barro sinala que, xa antes da Guerra Civil, o artista frecuentaba a imprenta de Ánxel Casal, en Compostela. Contaba con certa bagaxe. "Era, ademais, un home moi informado. Estaba ao tanto", di, antes de explicar unha das últimas viravoltas estéticas na traxectoria de Seoane, fundamental para enxergar o seu achegamento ao deseño a partir dos 50: "Busca outras fontes e achégase á arte concreta arxentina". De Picasso e Matisse -dúas referencias da primeira fase da súa pintura- ás novísimas vangardas latinoamericanas. A arte concreta conectou despois coa escola suíza de Ulm, promovida por Max Bill e que procuraba recoller o legado da Bauhaus. "Seoane achégase ás súas formas, á revista Nueva Visión, bebe deses deseñadores e artistas máis novos", afirma Barro. Uqui Permui menciona, a maiores, a gráfica brasileira dos 60, que combina "a dureza máis alemá coa cultura propia". A pegada de Ulm, en todo caso, séntese no famoso cartaz para os vermús Cinzano. Que, explica Pepe Barro, foi un encargo da empresa ao daquela xa célebre artista Luís Seoane. Ou nos murais do Teatro da Sociedade Hebraica e das Galerías Larreta, ambos os dous en Bos Aires. "Fixo os únicos murais desa corrente na Arxentina", di. Esta defendía que arte se pode definir por regras matemáticas. Seoane, por suposto, non se axustou a esta rixidez: levouna ao seu rego. "Enriquecer o mundo coa nosa diferenza" "Pensaba e repensaba a cultura e a identidade galegas pero, ao mesmo tempo, estaba no mundo con outros deseñadores", responde Uqui Permui á pregunta de que aprendeu del: "Nós non deixamos de facer o mesmo. Dalgunha maneira sempre traballamos entre o pasado e o futuro". A teima por non se desfacer das raíces e de "facer as cousas desde o que te rodea" facían parte do seu modo de operacións. Sublimaríao como ideólogo do proxecto Sargadelos, ao que achegou a teoría que Díaz Pardo executou. Salienta Suso Vázquez outra idea fulcral de Seoane, e do século XX, a de compromiso . "Cun territorio e co seu tempo, e co traballo do día a día", entende. Eis o intelectual total, que busca aglutinar vontades de mudanza, incidir en todos campos da vida pública, funda xornais, revistas, organiza simposios, teoriza, constrúe o Laboratorio de Formas como tanque de pensamento de Sargadelos. "Sempre a prol do ben común", sexa a través do deseño ou de calquera das outras actividades en que se envolveu. "Si, hai que falar del como dun intelectual", sintetiza Pepe Barro, agudo estudoso da figura. "Traballou no deseño desde un punto de vista radicalmente contemporáneo, mais tamén facendo crítica do Movemento Moderno porque, segundo Seoane, todo o unificaba", resume, "e esa dualidade non sempre é doada de levar adiante". Con todo, a grande aprendizaxe, sinala Barro como conclusión, "é o deber de enriquecer o mundo coa nosa diferenza". Nota: deseños de Luís Seoane. |
NOS_54637 | Segregar os centros de Ferrol de Navantia e crear unha empresa pública galega é a estratexia que o BNG defende para o sector naval nunha situación que define como "límite tras anos de promesas incumpridas" | Sen carga de traballo, con promesas incumpridas que se amorean na súa historia recente, o sector naval atópase nunha situación límite sen solución para as súas demandas claves, levantar o veto o dique flotante e levantar o veto á construción naval. Así definiu a situación o voceiro do BNG, Xavier Vence ao po sobre a mesa a "proposta estratéxica" para o sector que pasa por segregar os centros de Ferrol e Fene de Navantia e crear unha empresa pública galega. Defendeuno a no acto de Ferrolterra celebrado na sexta feira, despois da reunión co comité de empresa ao que lle transmitiu a súa proposta. Vence: "Feijóo dixo que os estaleiros galegos estarían cortando chapa para a construción deses floteis fai máis dun ano" O portavoz Xavier Vence avogou pola segregación dos centros de Ferrol e Fene e a conversión nunha empresa pública galega de construción naval xa que "está lastrando o desenvolvemento dos estaleiros galegos, moi competitivos e produtivos pero que están perdendo mercado pola rémora que significa o resto de Navantia". Ao seu ver, a actual configuración ten uns efectos "desastrosos" coa centralización en Madrid e unha dirección que é, segundo dixo, "un cemiterio de elefantes ou centro de colocación dos fillos das familias do PP madrileño que están levando á empresa á ruína". O BNG defendeu unha folla de ruta propia para os estaleiros galegos e presentou a súa proposta para ser debatida coas partes implicadas como a máis acaída maneira de "frear o premeditado desmantelamento do sector naval de Ferrolterra". I Como "esperpento" cualificou Vence os anuncios do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo a respecto dos floteis de Pemex. "Feijóo dixo que os estaleiros galegos estarían cortando chapa para a construción deses floteis fai máis dun ano. A estas alturas aínda seguimos esperando pola resolución dun concurso que se resolverá en novembro. Confiamos en que Galiza consiga ese contrato, pero é evidente que Feijóo estivo enganando ao sector e ao conxunto da cidadanía", dixo no acto desenvolvido en Ferrol. |
PRAZA_19044 | A entidade, que lle entregará o documento ao Concello, aposta por unha xestión comunitaria do espazo e por disolver a plataforma na estrutura cidadá que se cree. O Goberno local e o Ministerio do Interior asinarán este domingo o convenio de cesión da antiga prisión provincial. | Este domingo 15 de xaneiro o Concello da Coruña e o Ministerio do Interior asinarán o convenio de cesión temporal do edificio da antiga prisión provincial, situada preto da Torre de Hércules e que permaneceu abandonada nos últimos anos. O convenio permitirá que o simbólico espazo teña un uso público, sociocomunitario e cultural, ademais de asegurar a protección e restauración do inmoble, que vén sufrindo un preocupante proceso de degradación. Proxecto Cárcere celebrou este luns unha xornada de traballo aberta co obxectivo de avanzar na redacción da proposta de uso sociocomunitario para o edificio Proxecto Cárcere, que leva seis anos reivindicando a recuperación deste espazo e que na súa xestión o protagonismo "sexa dos cidadáns", celebrou este luns unha xornada de traballo aberta co obxectivo de avanzar na redacción da proposta de uso sociocomunitario para o edificio. A entidade calcula que esta proposta estará lista ao redor do día 22 de xaneiro para ser entregada ao Concello, co que existe un "compromiso verbal" para a cesión da xestión á cidadanía. Neste senso, hai unhas semanas o alcalde Xulio Ferreiro declaraba que "apostamos por poñer en marcha un proxecto participativo, de autoxestión, onde o Concello sexa facilitador pero sexa a cidadanía a que poida desenvolver os seus proxectos neste lugar". "Cremos que tamén debe contar cun espazo para a memoria, tendo en conta que nel moitos e moitas veciñas desta cidade, e de Galicia, sufriron a represión", engadía o rexedor. O Concello prevé que o edificio entre en uso "de forma gradual" ao longo deste ano 2017, comezando no final do primeiro trimestre habilitando os primeiros espazos, coma o patio ou as dependencias da entrada, que poderían acoller actividades culturais -proxeccións, representacións escénicas, exposicións- así coma acoller propostas da cidadanía. O Concello prevé que o edificio entre en uso "de forma gradual" ao longo deste ano 2017, comezando no final do primeiro trimestre habilitando os primeiros espazos O Proxecto Cárcere tamén aposta por un "gradual acondicionamento dos diferentes espazos de acordo aos usos reais que vaian xurdindo" e incide sobre todo na demanda de que o espazo teña unha "xestión cidadá", considerando "as dinámicas naturais da participación colectiva en que se prioricen as persoas sobre os resultados, se valorice e potencie as iniciativas xurdidas desde as cidadás e cidadáns e onde a experimentación e o erro formen parte dunha aprendizaxe sólida e para toda a vida". Na xornada de traballo que a entidade celebrou este luns salientouse a importancia de que esta xestión colectiva sexa o máis participada posible, coas achegas tanto de entidades sociais e culturais -CRMH, Cuac FM, Rede de Dereitos Sociais, ADEGA, Asociación Galega para a Saúde Sexual...- coma da veciñanza do barrio de Monte Alto. Proxecto Cárcere aposta, ademais, por disolverse dentro da estrutura cidadá de xestión que se conforme, deitando aquí a experiencia e traballo acumulado nos últimos anos. O obxectivo final é a "creación aberta dun espazo sociocultural e da memoria con visión no medio e longo prazo, de beneficio para a cidadanía" e que transcenda "o marco de 4 anos de lexislatura" e a presenza no Goberno local da cidade dun partido ou outro. Un dos elementos que terá unha importancia fulcral nas actividades que a prisión acolla será o seu carácter de "lugar de memoria" e espazo para a homenaxe e coñecemento dos e das represaliadas pola ditadura franquista. Neste senso, a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) reclama que o cárcere non se limite a ser un "simple museo memorialístico" e propón unha serie de usos nos que a educación e a participación sexan protagonistas, seguindo as recomendacións que a ONU lle fixo a España en 2014. Por exemplo, suxiren a instalación no lugar dunha Oficina de atención as vítimas da represión franquista e que, sobre todo, o espazo sirva para unha pedagoxía e un mellor coñecemento do sucedido por parte das novas xeracións. Un dos elementos que terá unha importancia fulcral nas actividades que a prisión acolla será o seu carácter de lugar de memoria e espazo para a homenaxe e coñecemento dos e das represaliadas pola ditadura franquista En canto á conservación e rehabilitación do edificio, o Concello levou a cabo xa un informe para analizar o estado real do inmoble. A tarefa máis urxente é a recuperación da cuberta para impedir que entre a chuvia e persista o deterioro do seu interior. No convenio negociado entre Concello e Ministerio do Interior prevese un investimento total de 300 mil euros para obras, achegados a partes iguais polas dúas administracións. Proxecto Cárcere demanda que a rehabilitación e mantemento do edificio siga "principios de sustentabilidade", respecte a estrutura orixinal do inmoble e manteña un "compromiso coa economía local e social". O tarefa máis urxente das obras de rehabilitación é a recuperación da cuberta para impedir que entre a chuvia e persista o deterioro do seu interior O acordo de cesión gratuíta ten unha vixencia de dous anos, prorrogable despois anualmente mentres non se resolve o litixio xudicial aberto, que o Goberno local espera que finalmente consolide a cesión definitiva do cárcere á cidade da Coruña. O Concello manifestou que aínda que os tribunais non lle dean a razón na súa demanda para a recuperación gratuíta do espazo, optará pola súa adquisición. |
NOS_35815 | Despois de Pontevedra, Santiago e Vigo, a xira do Oulet do libro galego recala na Coruña, nova cita para se facer a bo prezo con títulos que están fora dos circuítos comerciais. | O Oulet do libro galego estará aberto na Coruña do 15 a 23 de novembro, no Centro Cultural Afundación no Cantón Grande. Quince editoriais asociadas a Asociación Galega de Editores -entidade organizadora- porán á venda arredor de 1.000 títulos de narrativa, ensaio, poesía, divulgación ou literatura infantil e xuvenil, entre outras. Como nas anteriores citas do Oulet, unha libraría local será a encargada de xestionar a venda, desta volta a Livraría Suevia da Coruña. Títulos de 2.0 editora, Alvarellos, Andavira, Auga editora, Baía, Dos Acordes, Galaxia, Ideas Propias, Ir Indo, Linteo, Nova Galicia, Ouvirmos, Sotelo Blanco, Toxosoutos e Xerais que están xa fora dos circuitos comerciais poranse de novo á venda a 5, 10 e 15€, pudendo tamén mercarse lotes de 1 libro por 3€, 2 por 5€ e 5 libros por 10€. O obxectivo da Oulet do libro galego é "abrir unha nova canle de comercialización que poña en contacto estas obras de contido variado cun público que ten interese en coñecer esta oferta", sinalan desde a AGE que destaca os bos resultados acadados nos celebrados o pasado ano en Pontevedra, Santiago, Ourense e Lugo e no anterior en Allariz e Pontevedra. O modelo supón ademais unha nova fórmula de colaboración da AGE coas librarías e outras institucións das cidades. |
PRAZA_16269 | O 26 de xuño pasado o xulgado decidiu preguntar varias cuestións técnicas a un organismo comunitario pero tras un erro nun enderezo o escrito non chegou alí ata o 22 de novembro HEMEROTECA | Un erro nun enderezo demora de novo a instrución do accidente de Angrois | HEMEROTECA | Un erro nun enderezo demora de novo a instrución do accidente de Angrois O pasado 26 de xuño o xuíz que investiga o accidente de Angrois emitiu un auto no que acordou formularlle varias preguntas técnicas sobre o sinistro á Axencia Ferroviaria Europea (ERA, nas súas siglas en inglés). Porén, o organismo comunitario non recibiu esa petición oficial ata o pasado 22 de novembro, cinco meses máis tarde, despois de que polo medio o xulgado se trabucase de enderezo no que supón unha demora máis nunha instrución salpicada de erros e atrasos desde que o 24 de xullo de 2013 o tren Alvia descarrilou deixando 80 mortos. O 26 de xuño pasado o xulgado decidiu preguntar varias cuestións técnicas a un organismo comunitario pero tras un erro nun enderezo o escrito non chegou alí ata o 22 de novembro "Tal petición tivo entrada na ERA o pasado 22 de novembro de 2017", vén de deixar agora constancia o xuíz instrutor, Andrés Lago Louro, o segundo que ten a causa, no auto co que o pasado venres decidiu chamar a declarar a diversos responsables de Adif, Renfe e as empresas construtoras da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o sinistro. Nese auto, no que acepta diversas dilixencias solicitadas polas partes persoadas na causa, o maxistrado rexeita unha petición que reclamaba chamar a declarar ao responsable do departamento de seguridade da axencia europea, Christopher Carr, co argumento de que ese organismo aínda está pendente de remitir as súas respostas por escrito ás preguntas que se lle formularon. Esas preguntas acordounas o xuíz nun auto do pasado 26 de xuño, pero a primeira petición que se enviou dirixiuse a un enderezo errado. A Axencia Ferroviaria Europea, ou European Union Agency for Railways en inglés, ou Agence de l'Union européenne pour les chemins de fer en francés, ten a súa sede na cidade francesa de Valenciennes, xunto á fronteira con Bélxica. Así se pode comprobar no apartado de contactos da súa propia páxina web, onde se ofrece o seu enderezo no número 120 da rue Marc Lefranq desa vila e un apartado postal. Porén, o xulgado remitiu o seu escrito postal en castelán á "Place de la Gare" de Valenciennes, a praza na que se atopa a estación de tren da localidade e non a sede do organismo comunitario, que está a case un quilómetro de distancia. Auto no que o xuíz dá conta da entrada o 22 de novembro na Axencia Ferroviaria Europea (ERA nas súas siglas en inglés) da petición que formulara o 26 de xuño A resposta que dea a axencia europea é vista como clave para determinar se Adif, a empresa pública responsable da liña, cumpriu ou non co que establecía a normativa comunitaria na avaliación de riscos que realizou da curva de Angrois antes de autorizar a súa posta en servizo Esa carta foi devolta polo servizo postal e o xuíz deu conta ás partes do erro a mediados de setembro. E segundo comunica agora, a petición non deu chegado ao seu destino ata o 22 de novembro. Unha petición de información técnica que é vista polas vítimas e outras partes persoadas na causa como clave para determinar se Adif, a empresa pública responsable da liña, cumpriu ou non co que establecía a normativa comunitaria na avaliación de riscos que realizou da curva de Angrois antes de autorizar a súa apertura. Esta non é a primeira vez que a instrución do accidente de tren de Angrois rexistra erros e atrasos. Ao longo dos seus máis de catro anos rexistrouse unha peritaxe plaxiada, equivocacións dos propios maxistrados ao citar normativas ou demoras de Adif e Renfe á hora de achegar á causa documentación reclamada polos xuíces. |
PRAZA_16294 | Aqueles pacientes que non acepten a derivación a un centro privado perderán o dereito a ser atendidos no prazo establecido no Decreto. Serán castigados a esperar sen límite. | A Sanidade Pública galega está sendo atacada desde o propio poder. Hai unha percepción xeralizada de que o sistema público está en risco polas decisións políticas que adopta o Partido Popular, que utiliza a maioría absoluta no Parlamento para lexislar a favor dos intereses privados e contra dos dereitos cidadáns. Actúan como o caruncho: destrúen desde dentro. Pero no PP son expertos en dicir unha cousa e facer a contraria. Así sucede co Decreto de tempos máximos de espera, aprobado pola Xunta en setembro de 2017, que establece un límite temporal para a atención sanitaria hospitalaria (60 días para intervencións cirúrxicas e 45 para consultas externas e probas diagnósticas). Estes límites son totalmente inalcanzables no momento actual, dada a situación catastrófica das listas de espera. O goberno publicitou esta norma como un avance para a sanidade pública e unha garantía para os pacientes. Pero non é así senon todo o contrario. Por se houbera algunha dúbida a Instrucción 1/2018 desenvolve o procedemento de derivación a centros privados desde os servizos de admision do Sergas e di textualmente (páxina 5): "Se o paciente non manifesta a súa decision no prazo de sete días ou rexeita o centro alternativo ofertado, perderá a garantía prevista para este proceso. Nese caso pecharase o expediente garantido no centro prescriptor co motivo rexeite oferta de resolución noutro centro. A condición do expediente garantido será a de expediente pechado e perda da garantía". Isto quere decir que aqueles pacientes que non acepten a derivación a un centro privado perderán o dereito a ser atendidos no prazo establecido no Decreto. Serán castigados a esperar sen límite. Non se trata, polo tanto, de garantir o dereito de atención aos cidadáns; este Decreto e a Instrucción que o desenvolve son un mecanismo impúdico para garantir o negocio dos centros privados que serán os receptores masivos de derivacións, ao tempo que os pacientes que rexeiten esta derivación quedarán privados de todo dereito. Do mesmo xeito, estes últimos días (sen facer caso do clamor de milleiros de persoas que se manifestaron en Santiago o primeiro domingo de febreiro convocados por SOS Sanidade Pública) o PP levou ao Parlamento a contrarreforma da Lei de Saúde de Galicia. O novo texto modifica sustancialmente a lei de 2008 (impulsada polo goberno progresista de PSdeG e BNG), reduce as áreas sanitarias de once a sete e, ademáis, establece medidas que protexen os intereses da sanidade privada e das multinacionais tecnolóxicas. Trátase dun paso máis, moi importante, no desmantelamento dos servizos públicos -despois de anulación das xerencias de Atención Primaria e da creación das estruturas de xestión integrada-, e na perspectiva de impoñer as Áreas de Xestión Clínica que foron adiadas no seu momento pola negativa dos profesionais a aceptar a imposición. Esa medida, que o goberno do PP segue pensado en aplicar, significaría a privatización do núcleo duro da sanidade pública: a propia actividade asistencial. O novo texto da Lei de Saúde, que inicia agora o trámite parlamentario, establece, entre outras medidas, a posibilidade de asinar contratos e convenios con entidades públicas e privadas para desenvolver produtos ou tecnoloxías sanitarias. Dese xeito poñen os orzamentos, os centros públicos e mesmo os doentes, ao servizo dos intereses das empresas privadas que dirixirán e controlarán as liñas de investigación e mesmo poderán ter acceso aos datos dos usuarios. Neste goberno están actuando como liquidadores dos servizos públicos. Cómpre deter esta actividade destrutora, que poderá ter moi severas consecuencias nun próximo futuro. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' border='0' alt='' /></a> |
PRAZA_10187 | A ANPA deste centro de educación especial leva anos reclamando do Goberno galego solucións ante a carencia de persoal, a falta de baños adaptados e os problemas no edificio. "É incrible que teñamos que saír nos medios para que a Xunta nos escoite", di unha das nais. | Nos últimos días o Centro de Educación Especial María Mariño foi noticia en todo o Estado, a raíz da emisión en La Sexta do programa ¿Te lo vas a comer? de Alberto Chicote. Alí o cociñeiro denunciaba, en conversa con nais e traballadoras do centro, as deficiencia do comedor e outras eivas do colexio chegando a confrontar con representantes da Consellería de Educación os menús e alternativas de alimentación ofrecidas aos nenos e nenas con necesidades especiais.As eivas son, sobre todo, de persoal, pois o centro dispón dun número reducido de coidadoras que teñen que atender unha media de 10 alumnos e alumnas, en moitos casos con dificultades de mobilidadeA polémica, que inicialmente xiraba ao redor do servizo de comedor, serviu para poñer o foco nas múltiples deficiencias que presenta o centro, e que as nais e pais levan anos denunciando sen atopar unha resposta satisfactoria por parte da Xunta de Galicia. As eivas son, sobre todo, de persoal, pois o centro dispón dun número reducido de coidadoras que teñen que atender a unha media de 10 alumnos e alumnas, que en moitos casos teñen dificultades de mobilidade, desprázanse en cadeira de rodas e necesitan supervisión en todo momento. Ademais, no que atinxe á alimentación e ao uso do comedor, varios deles e delas teñen problemas para tragar a comida, polo que necesitan un menú especial e unha atención específica para inxerir os alimentos."As coidadoras sempre nos din que os pais e nais somos os únicos que podemos facer algo e insístennos para que denunciemos a situación. Din que están sobrepasadas de traballo, desbordadas, e que non poden atender a todos os nenos que teñen ao seu cargo", comenta Manoli -unha das nais- en conversa con Praza."As coidadoras sempre nos din que os pais e nais somos os únicos que podemos facer algo. Din que están sobrepasadas de traballo, desbordadas"Tamén se critican eivas estruturais no edificio, comezando pola propia carencia dun comedor, que obriga a alumnado e coidadoras a trasladarse todos os días ao do Centro de atención a persoas con discapacidade Santiago Apostol, dependente da Consellería de Política Social. Denúncianse igualmente problemas de mantemento no inmoble, deficiencias na calefacción e a ausencia de baños adaptados. "Que nun colexio de educación especial non haxa baños adaptados é algo incrible, pero é así", salienta Manoli, que destaca que "só reclamamos o que teñen outros centros públicos, nin máis nin menos". "Que nun colexio de educación especial non haxa baños adaptados é algo incrible, pero é así"As outras denuncias refírense á carencia doutro tipo de profesionais: un bedel, unha persoa para labores administrativos, un ou unha fisioterapeuta..., figuras que segundo destacan dende a ANPA do centro son "fundamentais" e que neste momento non existen ou teñen que compartir con outros colexios, como sucede co fisioterapeuta. As críticas tamén chegaron por parte do comité de empresa da Consellería de Política Social, que sinala que hai anos que vén alertando á Xunta sobre o número insuficiente de traballadores e traballadoras que deben atender este grupo de nenos e nenas que necesitan atención especial.A ANPA do centro leva anos demandando estas melloras a través dunha sucesión de escritos, visitas ás consellerías afectadas (Educación e Política Social) e xuntanzas con responsables do Goberno galego, pero ata o momento estas protestas non tiveran ningún resultado. "Nesas reunións directamente díxosenos que non había medios suficientes", quéixase a nai entrevistada por Praza. Esa foi a resposta oficial por parte da Xunta durante anos, que apelou á falta de orzamento e de recursos para manter as deficiencias do centro. Hai uns días, iso si, a emisión do programa de Alberto Chicote fixo que o presidente da Xunta anunciase que solicitara un informe á Consellería de Educación sobre a situación neste colexio. "A ver que informe lle pasan", di Manoli, que en todo caso lamenta que nos últimos días ningún representante do Goberno galego se dirixira á ANPA.A ANPA critica as dificultades burocráticas produto da dependencia de dúas consellerías, Educación e Política Social, xestionada nos últimos anos por Beatriz Mato e José Manuel Rey VarelaOutra das críticas que nos últimos anos realizou a ANPA refírese ás dificultades burocráticas engadidas, produto da dependencia do centro de dúas consellerías, Educación e Política Social, pois aínda que o colexio é xestionado pola Consellería de Educación, parte dos seus servizos, comezando polo comedor, realízanse no Centro de atención a persoas con discapacidade Santiago Apostol, dependente da Consellería de Política Social, e posto en marcha en 2011 cando era conselleria Beatriz Mato, hoxe candidata do PP á Alcaldía da Coruña. Esta dualidade púxose de manifesto esta semana unha vez máis cando o ex-conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela (hoxe candidato do PP á Alcaldía de Ferrol) negou a preguntas de La Sexta que este problema tivera que ver co departamento que dirixira, a pesar de que o comedor si se atopa nun centro dependente de Política Social."É incrible que teñamos que saír nos medios para que a Xunta nos escoite", conclúe Manoli, que non manifesta excesiva confianza en que desta vez haxa unha solución aos problemas destas familias: "Non vai haber cambios. Cando remate todo o ruído este dos medios, todo vai seguir igual", di. Con todo, deixa unha porta aberta á esperanza: "O ano que vén hai eleccións autonómicas, igual entón si que nos fan caso". |
NOS_4726 | Al Sadr dá un ultimato aos seus seguidores para que abandonen as mobilizacións e os combates con milicias rivais, e consigue rebaixar a tensión perante unha crise política que continúa sen solución. | Cando menos 30 persoas faleceron e 700 ficaron feridas na capital do Iraq, Bagdad, despois da renuncia á política do clérigo xiíta Muqtada al Sadr na segunda feira, informou onte Al Jazeera, tras os combates desatados na capital entre as milicias vinculadas aos dous principais grupos políticos do país, a coalición do Marco de Coordinación e o Movemento Sadrista que lideraba al Sadr, e que quedou disolvido coa retirada do clérigo. Ao tempo, varias persoas foron feridas polos disparos e gases lacrimóxenos utilizados pola Policía para tratar de dispersar as protestas. Neste sentido, segundo sosteñen os sadristas, a mobilización das súas milicias respondeu a un intento de protexer os seus simpatizantes. Ademais da loita con armamento militar nas rúas, os seguidores de al Sadr asaltaran hai 48 horas a sede do Goberno e o palacio Republicano "entre cánticos que pedían a caída do réxime", explica Al Zaman. A resposta das autoridades foi impor un toque de recoller na capital ás 15.30 horas, que logo estenderon a todo o Estado ao espallarse as mobilizacións, así como suspender a actividade do Executivo provisional. No sur, de maioría xiíta, os seguidores de Al Sadr bloquearon estradas coa queima de pneumáticos na provincia de Basora e saíron á rúa a concentrarse diante do edificio da Gobernación de Maisan. Perante a violencia, Hasan al Azari, un dos líderes do Movemento Sadrista, anunciou que al Sadr estaría en "folga de fame até o cesamento da violencia e o uso das armas, botar os corruptos non dá a ninguén unha xustificación para o uso da violencia". Así e todo, durante a noite continuaron os combates entre os grupos armados, o que levou o clérigo a facer un novo chamamento pola mañá, "o partido é disciplinado e obediente, e que fuxan das miñas mans os que non se retiren en 60 minutos", en referencia á Zona Verde, onde están as principais institucións do país, como o Parlamento, que os seus seguidores asaltaron en dúas ocasións nos últimos meses. "Independentemente de quen comezou a loita, camiño coa cabeza gacha e pido desculpas ao pobo iraquí, que é o único afectado polo que está a pasar", sostivo. Pouco despois da advertencia, Shafaq asegurou que os seus partidarios comezaron a abandonar as institucións ocupadas e saíron da Zona Verde de Bagdad. En paralelo, o Exército do país fixo público que quedaba anulado o toque de recoller a nivel estatal. Unha crise sen final "Non podemos dicir que a crise estea completamente rematada", incidiu Walid Ibrahim, xefe da oficina de Al Jazeera en Bagdad, que pide agardar aos próximos pasos do "Marco de Coordinación, que estivo implicado nunha violencia sen precedentes cos seguidores de al Sadr". Pola súa parte, Ruba Ali al Hassani, da Universidade de Lancaster (Reino Unido), acusou al Sadr de utilizar como "ferramenta psicolóxica" a súa influencia sobre os sadrista. "É imprevisíbel en gran medida, iso é o que lle dá poder", aseverou. Sexa como for, nin os medios locais nin os internacionais descartan que a situación evolucione cara a unha guerra civil se non se supera a crise política posterior ás eleccións do pasado outubro. Enfrontamentos entre xiítas coa loita Irán-EUA de fondo Malia que tanto os sadristas como o Marco de Coordinación son organizacións maioritariamente xiítas, polo que manteñen boas relacións co Irán, al Sadr defende unha maior soberanía do Iraq con respecto a Teherán, ou, en palabras do xornal Al Mada, "distanciarse do conflito iraniano-estadounidense", o que se traduciu na imposibilidade destes grupos para pactar un novo Goberno. |
PRAZA_8157 | Máis de 60 organizacións valoran como "insuficiente" o primeiro borrador da lei. A lei establece un órgano para vixiar que o resto da administración cumpra, pero esa axencia dependería do Ministerio de Facenda. E ten demasiadas excepcións, demasiadas cousas que quedan fóra | "España terá nos primeiros 100 días [do meu Goberno] unha lei de transparencia, bo goberno, e acceso á información pública. Todo o mundo poderá saber en que se gasta o diñeiro. Transparencia total". Díxoo Rajoy en campaña electoral, en setembro de 2011, pero o certo é que tamén o dixo despois de gañar as eleccións. A promesa electoral converteuse en promesa presidencial... pero tampouco se cumpriu. Rajoy chega xa 128 días tarde ao seu compromiso e España segue sendo o único país de máis dun millón de habitantes sen lei de Transparencia ou acceso á información pública. Rajoy chega xa 128 días tarde ao seu compromiso e España segue sendo o único país de máis dun millón de habitantes sen lei de Transparencia ou acceso á información pública "Onde está a lei de transparencia?", pregúntanse os integrantes da Coalición pro Acceso, que lanzaron unha campaña en Twitter en busca de algo de ruído e presión. "A Comisión Constitucional, encargada de debatela, non publicou un calendario, non dá datas sobre cando se aprobará e non está a contar coa cidadanía para mellorar o proxecto de lei", quéixanse nun texto. O proceso, efectivamente, entrampouse no Congreso, onde o primeiro texto achegado polo PP acumula xa 20 atrasos nos prazos para presentar emendas. Neste tempo, o Goberno aproveita para tentar negociar co PSOE as grandes liñas da lei e blindar de cara ao futuro os límites da súa aplicación. Rajoy anunciou hai unhas semanas que "os criterios da Lei de Transparencia aplicaríanse aos partidos", unha frase que para as organizacións pro transparencia podería ter truco: demandan unha aclaración moito máis específica de que formacións políticas ou sindicatos estarán reguladas expresamente pola lei. O proceso, efectivamente, entrampouse no Congreso, onde o primeiro texto achegado polo PP acumula xa 20 atrasos nos prazos para presentar emendas Hai exactamente un ano, empezamos a preguntarnos como sería a lei. Sería unha lei boa, mala ou regular? Insuficiente como en Italia ou exemplar como en Eslovenia ou Reino Unido? A liña vermella entre o que sería satisfactorio e o que non está no ámbito de aplicación da lei: A que datos e cargos públicos vai afectar? Quedarán fóra os xuíces ou o funcionamento do Congreso? Inclúe as axendas oficiais, os informes ou a información estatística e demográfica? Haberá un órgano de revisión independente de transparencia ao que recorrer? Durante estes meses, algunhas destas cuestións aclaráronse e algunhas expectativas desinfláronse. Máis de 60 organizacións valoraron como "insuficiente" o primeiro borrador da lei Máis de 60 organizacións valoraron como "insuficiente" o primeiro borrador da lei. Primeiro, porque tal e como está, a lei establece un órgano para vixiar que o resto da administración cumpra, pero esa axencia dependería do Ministerio de Facenda, o que non é suficiente garantía de independencia, segundo os críticos. Segundo, porque ten demasiadas excepcións, demasiadas cousas que quedan fóra: A Casa Real, como exemplo máis concreto, non se someterá á lei; os partidos e sindicatos, está por ver; os borradores e anteproxectos que xestione o goberno tampouco serían públicos coa actual lei. E por último, un aspecto máis técnico: a Coalición Pro Acceso quere que o dereito a acceder á información pública se recolla como un dereito fundamental. |
PRAZA_14312 | O Goberno galego inza a súa xuntanza semanal de avances sobre proxectos municipios ourensáns tras meses de críticas no entorno do PP da provincia a conta da suposta "desatención" de Feijóo. Audio no interior. | Ao longo da mañá deste mércores Ourense foi trending topic en Twitter. Primeiro Ourense e despois Orense eran as palabras máis repetidas nesta rede social en todo o Estado a conta da denominada operación Pokemon, de suposto tráfico de influencias. Mentres a actualidade fervía pola detención do alcalde ourensán na reunión semanal do Consello da Xunta Ourense tamén era o particular trending topic do Goberno galego. A un mes das eleccións autonómicas o gabinete que preside Alberto Núñez Feijóo presentou ante a prensa toda unha fervenza de anuncios de investimento en municipios ourensáns. Á cabeza estivo un informe sobre a licitación das obras do bloque de hospitalización do hospital da capital, isto é, un documento sen valor legal ningún que lle permite ao Executivo colocar na axenda informativa do día un proxecto determinado. A abundancia de anuncios de proxectos para Ourense chega despois de varios meses nos que, máis ou menos abertamente, o entorno da dirección do PP desa provincia, encabezado por Manuel Baltar, vén alzando a voz pola, ao seu xuízo, discriminación á que a somete o Goberno de Feijóo. Parte desas reclamacións foron subindo de nivel a medida que se achegaba a conformación das listas electorais dos conservadores, proceso que non agradou especialmente ao clan dos Baltar -a candidatura ourensá encabézaa o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e non ningún baltarista-. Do mesmo xeito, a prensa local de Ourense vén destacando, por exemplo, que a provincia é a que rexistra un menor investimento per cápita de Galicia. Dende o entorno de Baltar veuse alzando a voz pola, ao seu xuízo, discriminación que á que o Goberno galego somete a Ourense Este é o contexto no que se celebrou o Consello deste xoves, tras o que Feijóo compareceu acompañado da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a única compoñente do Goberno que non concorre nas listas do PP para o 21-O. Acompañados dun PowerPoint con recreacións virtuais do aspecto final do novo hospital ourensán Mosquera e o propio Feijóo explicaron con profusión o que, di o presidente, é o seu "compromiso coa sanidade pública de Ourense", un "compromiso de lexislatura que imos cumprir", enfatiza. Porque Ourense, salienta, "merecía" esta obra de 58 milĺons de euros que lle permitirá deixar de ser un "punto negro dende o punto de vista da hospitalización", pasando a ter "confort cos mesmos estándares de calidade que Lugo, Vigo ou Santiago". Tampouco Mosquera aforrou eloxios para a obra, enmarcada no proxecto Hospital 2050. "Corredores moi amplos", "ventilación", "cuartos de baño totalmente accesibles, modernos, perfectamente adaptados" son algúns dos trazos básicos do que a conselleira sitúa como un bloque de hospitalización coas "características máis innovadoras que hoxe existen en Europa". Todo isto, segundo o cronograma previsto pola Xunta, sucederá tras un período de construción de 24 meses unha vez que a obra estea adxudicada "antes de rematar o ano". Antes tense que producir a licitación que, malia ao exposto este xoves, non precisa pasar por un Consello da Xunta. Investimentos en Castrelo de Miño, Cortegada e A Limia Pero non é o hospital o único anuncio lanzado dende San Caetano con destino á este xoves convulsa provincia de Ourense. O Consello tamén incluíu na súa orde do día tres proxectos máis, que neste caso si precisan o visto e prace da xuntanza do Goberno galego para saír adiante. Así, na súa exposición Feijóo salientou a aprobación definitiva dun proxecto sectorial para a instalación dunha planta de tratametno de residuos de construción na comarca da Limia, nomeadamente entre os núcleos de Morgade e A Pena, en Xinzo. Ademais, o Executivo deulle luz verde á colaboración entre a Xunta e o Concello de Cortegada para construír colectores por importe de case 600.000 euros. Ao tempo, aprobou a declaración de incidencia supramunicipal o proxecto de estración da mina de Santa Lucía, en Castrelo de Miño, a cal segundo o Goberno creará "trinta postos de traballo" e que, asegura Feijóo, mostra o "compromiso" do seu equipo co sector e coa propia provincia. A todo isto cómpre sumar a aprobación, a semana pasada, da construción de senllos centros de saúde en Ourense e Barbadás. |
NOS_27208 | A Consellaría de Política Social traballa na elaboración dun novo modelo residencial para a época post Covid que sexa "participativo, consensuado e integrador". Para elo conta co asesoramento dun "comité de persoas expertas" cuxa identidade e capacitación son, a día de hoxe, descoñecidas. | O Comité Asesor Sociosanitario, constituído en decembro pasado para contribuír á reestruturación do modelo residencial na Galiza, celebrou o 16 de marzo o seu terceiro encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García. Este grupo de traballo ten por obxectivo presentar, antes do remate do semestre, un informe no que se reflictan os puntos fortes e febles da xestión das residencias de maiores, con base en tres piares: apostar polas potencialidades que ofrece a tecnoloxía, explorar posíbeis melloras estruturais e arquitectónicas que permitan optimizar a atención e unha maior coordinación entre o eido social e o sanitario, segundo explicaron recentemente a Nós Diario fontes da Consellaría. Con todo, unha pregunta sobrevoa o devandito comité: quen o conforma? Desde Política Social aseguran que está integrado por "persoal médico e de enfermaría, directoras e traballadoras non sanitarias dos centros, académicas e investigadoras, arquitectas e familiares de residentes", mais as súas identidades son, polo de agora, descoñecidas para a opinión pública. Este xornal solicitou a primeira hora desta terza feira a relación de membros do comité. Porén, fontes da Consellaría advertiron no serán da "imposibilidade de ter recadado todos os datos", polo que emprazaron a Nós Diario a agardar por unha resposta "nos vindeiros días". Tamén demandou esa información a Federación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia (REDE), que instou a revelar "o criterio que utilizou a Xunta" para designar as e os seus membros. "Vetos" da Xunta Malia tratarse da principal organización representativa das e dos usuarios de residencias privadas, REDE non foi convidada a participar. Tampouco a Asociación Vellez Digna. "Estamos vetados pola Xunta. Din que as familias estamos representadas, mais non é certo. O que sabemos con certeza é que ningún sindicato, colectivo de traballadoras ou asociación de residentes ten presenza no comité", expón, en declaracións a Nós Diario, o presidente de REDE, Paulino Campos. Asegura que o actual comité non resolverá os problemas destes centros: "A vacinación situounos ante un novo escenario post Covid, mais as empresas e o persoal da Administración son os mesmos. Máis vale que levanten e marchen para a casa", censura, e engade que a conselleira "non ten altura política, nin talante, nin talento para encabezar este proceso". O colectivo Traballadoras das Residencias da Galiza (Trega) tampouco forma parte do comité. "Din que hai traballadoras e enfermeiras... Quen son? Probabelmente persoas afíns á Xunta, mais non nos sorprende porque o levan facendo moito tempo. Comunicamos moitas deficiencias a Política Social, veremos cantas son atendidas polo comité", asegura Sonia Jalda, portavoz de Trega. E as residencias de titularidade pública tamén fican fóra do grupo de traballo: "É todo mentira, non hai consenso nin participación. Xa non é unha falta de transparencia, senón de dignidade. As persoas maiores non teñen voz nin voto, coma se non tivesen dereitos", sostén Xan Carlos Ansia, delegado da CIG no Comité de Empresa de Política Social. Ansia critica o "escurantismo" dun proceso de reestruturación das residencias que "xa debería terse iniciado". "Se o comité está realmente composto por persoas expertas en diferentes ámbitos, por que ocultan os seus nomes e non presumen delas? Non pedimos que estea representada a CIG, mais si que aclaren quen e por que si o está", engade. Quen si está no comité? A listaxe completa aínda se descoñece, mais si transcenderon algúns nomes, como Antón Acevedo, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, ou Óscar Neira, vicepresidente da Asociación Galega do Sector da Dependencia (Agasede), a recentemente creada patronal das residencias. |
NOS_13397 | Entrevistamos Neira Vilas e Goretti Sanmartin, abordamos o dereito a unha morte digna, analizamos as eleccións do 20 de decembro... Todo isto e moito máis, no semanario que xa á venda na nosa loxa. | O semanario Sermos Galiza chega ao número 166 coa realidade do novo hospital de Vigo e os miles de millóns que saen de Galiza para financiar a economía española como temas na capa, así como a entrevista a Neira Vilas. Os datos que trimestralmente publica o Banco de España sobre volume de crédito e depósitos estannos a amosar tanto a existencia do espolio do aforro galego como o incremento na intensidade deste proceso. Vexámolo comparando a situación galega coa do conxunto de territorios do Estado a partir dos últimos datos publicados. É o que facemos na reportaxe 'Os resultados da reestructuración bancaria: espolio do noso aforro e centralización'. Máis de 14.000 millóns de euros de Galiza para financiar a economía española. 'Unha desfeita sanitaria'. Caras de desesperación e un continuo ruxerruxe de críticas e denuncian conforman o día a día no novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cuxa caótica apertura custoulle o cargo á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Tratamos este tema nunha reportaxe a dupla páxina. "Fun un activista da cultura galega até hoxe" Entrevistamos Xosé Neira Vilas. Conversamos con el de cultura galega, da súa vida, da historia deste país. Todo isto e máis nunha máis que interesante entrevista a dupla páxina. Non é a única entrevista que publicamos neste Sermos. Conversamos con Goretti Sanmartin, vice-presidenta da Deputación da Coruña. "Intentamos, desde dentro, ir cara a un camiño distinto". Perguntado sobre se o presidente da Xunta será candidato ao Congreso, Rajoy afirma que "o importante é escoitalo a el". Debullamos o escenario que pode devir desas palabras en 'Non descarten aínda a Feijóo para a Moncloa'. 'O estado da nación, entre a recuperación e a censura'. O presidente da Xunta presentará a sesión como un punto de inflexión na súa xestión de goberno mentres a oposición tentará afearlle o discurso. O día D, 20 de decembro. O anuncio do presidente do goberno de que os comicios do Estado serán finalmente o 20D activa un frenético calendario que arranca o 27 deste mes, coa publicación no BOE da disolución das Cortes. Como afrontan as diferentes forzas uns comicios determinantes e que está en xogo son algunhas das cuestións a abordar nunha reportaxe que vai neste número. En 'Dèixame ir, o dereito a unha morte digna' debullamos as lexislacións que regulan a eutanasia, o suicidio asistido e o dereito a unha morte digna no mundo. De Quebec a Estados Unidos, pasando por Suíza ou Bélxica. En Viaxes na Miña Terra imos até o Monte Aloia, na Serra do Galiñeiro, da man do colectivo Xea. E na sección de Internacional falamos de Portugal e o resultado das eleccións e do escenario que se está a vivir en Siria. Manuel María Na sección 'Lugo é letras' detémonos en Manuel María da man de Pilar García Negro. "Manuel María en Lugo e Lugo en Manuel María" é o título da reportaxe. E máis cousas: artigos de Xavier Queipo e Luz Darriba, a semana en imaxes, a columna da AELG con Mario Caneiro, as críticas de cinema (Andrés Castro) e libros (Mario Regueira).... |
PRAZA_4170 | Aplaudimos por e para algo, e que o primeiro de maio devolve ós nosos pensamentos algo non seguro, senón a conseguir todos os días. Con iso, festa dobre: imos saíndo da pandemia e seguimos loitando por un mundo mellor. | Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de maio, é o día do traballo. Segundo a fonte que se mire, 'día internacional do traballo', 'día internacional dos traballadores', ou sinxelamente, 'festividade do 1º de maio'. Un día para aplaudir con máis forza aínda ó conxunto de traballadores e traballadoras que nos manteñen vivos, formemos ou non partre 'deles'. Non só en época de pandemia, senón calquera día, pois calquera día a sociedade humana necesita funcionar para que cada un de nós podamos movernos como humanos.Coido que é así como se debe ver o tema dos aplausos. Aplausos que xurdiron como apoio ó persoal sanitario visto nun primeiro momento como aquelas persoas das que dependíamos. E aplausos que eles mesmos viron dende ese primeiro momento como algo que non debera ser substitutivo do apoio económico á infrastrutura sanitaria que leva vistos demasiados recortes xa, nin tampouco dunhas condicións de traballo dignas, que deben incluír o non ser despedidos e contratados case -ou sen case- por horas mesmo en tempo de pandemia. E aplausos que logo foron reclamados por outros colectivos de traballadores, con máis ou menos acerto ou/e intensidade, e incluídos ou non por cada un dos aplaudintes no seu corazón e na súa cabeza.En canto á tanda de aplausos, cando comezou apunteime, pero tamén comecei a pensar cal sería a traxectoria previsible: ir medrando, pasar por un máximo e caer. E como se iría transformando a mentalidade da xente en relación ós aplausos: apoio furibundo pro supervivencia, e logo, matices varios, pouso calmado e evento social, a modo dunha misa pandémica. Ou mesmo como variaría a intensidade, duración ou acompañamento con música, que variou abondo co tempo. E aínda, a posibilidade de asociar o tempo de aplauso a unha ximnasia de brazos ou a facer un ritmo musical: ó fin, 500 aplausos que contei dunha tanda, dan para moito. O tempo foi contrastando os meus pensamentos. Aínda que a zona non ten moitas vivendas habitadas esta tempada, e polo tanto non fai fe a nivel xeral, vin medrar primeiro e logo caer tamén lixeiramente a participación. E notei como se convertía nunha cuestión social de veciñanza.O que non prevín foi algo externo, o ataque directo ós aplausos que algún grupo ten pedido nas redes sociais e que nas grandes vilas parece que causou problemas ó contrarestar algúns aplausos con ruidosas, aínda que minoritarias, caceroladas. Nin tampouco se me pasou pola cabeza o contraste entre aplausos e rexeitamento dentro dalgunha comunidade de veciños (moi poucas, pero moi visibilizadas por efecto viral) a persoal sanitario ou de supermercado por ser posible vector de contaxio, presumindo a infección e inxección vírica no entorno. Algo nun sentido imaxinario e como mínimo éticamente dubidoso, asociado quizais de xeito lonxano nalgunha mente a "todos producimos merda, pero ninguén quere o vertedoiro á beira da súa casa".Houbo outra cousa que tamén pensei: que o apoio centrado no persoal sanitario non tiña moitos visos de convertirse de xeito rápido nun apoio 'contante e soante' ó servizo público da sanidade, nin tampouco á xente que o leva adiante. Outra cousa é que vaia quedando un pouso que facilite a recuperación da sanidade pública e a dignificación práctica de quen a traballa. Algo a confirmar.Ben, ó fin, van ter a apariencia de ganar queres queren que desaparezan os aplausos. Pero que quede claro que non é por eles, senón porque volve a normalidade. Unha certa nova normalidade ou anormalidade continuada, xa iremos xulgando. Como tamén veremos se os aplausos contribuíron a facer unha normalidade mellor.Mentres, lembrar que aplaudimos por e para algo, e que o primeiro de maio devolve ós nosos pensamentos algo non seguro, senón a conseguir todos os días. Con iso, festa dobre: imos saíndo da pandemia e seguimos loitando por un mundo mellor. |
PRAZA_10142 | A carballeira de Famelga, en Cerdedo-Cotobade, acolleu os actos centrais do Día das Letras Galegas. Alí interviron Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros, ademais do presidente da RAG, Víctor Freixanes. | A carballeira de Famelga, en Cerdedo-Cotobade, acolleu os actos centrais do Día das Letras Galegas. Foi ao pé da escola na que estudou Antonio Fraguas e alí a Real Academia Galega celebrou un pleno extraordinario e público no que interviron Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz-Fierros, ademais do presidente da institución, Víctor Freixanes."O noso idioma é froito da lealdade durante séculos da xente do común das aldeas e das vilas mariñeiras, que o mantivo vivo", destacou Freixanes"Estamos na carballeira de Famelga, que é como dicir que estamos no corazón primeiro das cousas, porque aquí, nesa casiña baixo os carballos, estaba a escola onde o neno Fraguas, guiado por un mestre que se chamaba coma el, descubriu as primeiras razóns do mundo, as primeiras chispas da curiosidade polo coñecemento, que habían de marcar toda a súa vida", destacou Freixanes no comezo do acto, no que salientou que "o noso idioma é froito da lealdade durante séculos da xente do común das aldeas e das vilas mariñeiras, que o mantivo vivo mentres permanecía afastado da chamada alta cultura".Clodio González Pérez trazou un percorrido pola biografía de Antonio Fraguas e Francisco Díaz-Fierros analizou o papel e o valor da paisaxe na súa obra. E Fina Casalderrey afondou no seu labor docente e no traballo de base que realizou, de forma calada e constante. Fraguas foi un "explorador do mundo rural", un "Indiana Jones das corredoiras que loitou contra o esquecemento", dixo CasalderreyO Fraguas etnógrafo "fuxiu das teorías e centrou os esforzos no traballo de campo, na urxencia da recollida dun patrimonio inmaterial que se esvaía", salientou Casalderrey, que destacou que foi un "explorador do mundo rural", un "Indiana Jones das corredoiras que loitou contra o esquecemento" e foi quen de recompoñer a historia "cos pequenos tesouros que foi atopando, coma quen explora a cara oculta da Lúa, convencido de que tamén nela hai luz: a luz da memoria colectiva".A sesión concluíu coa interpretación do Himno por parte de integrantes da banda de gaitas e percusión Foula de Cerdedo-Cotobade. Todas as intervencións fixeron fincapé no compromiso de Fraguas co país e coa cultura galega, que se pode resumir -como lembrou Clodio González- nas propias palabras do homenaxeado: "Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nada a cambio". |
NOS_5202 | O proxecto audiovisual foi presentado esta quinta feira pola Deputación da Coruña. As participantes no acto telemático comentaron que a peza pode verse na plataforma Youtube. | Un novo documental, que leva por título O rural de todas, amosará o papel das mulleres nese ámbito da Galiza afastado das grandes cidades. A obra audiovisual foi presentada hoxe en sociedade pola deputada de Igualdade da Coruña, María Muíño, e representantes dos municipios de A Pobra, Aranga, Muxía, Ortigueira e Teo. No acto, que decorreu a través da internet, tamén participaron as protagonistas deste documental que naceu coa meta de "visibilizar" esa presenza das mulleres e a súa aportación nas aldeas. "O relato da vida do rural pasa por ter en conta ás mulleres e tamén a súa diversidade, os seus soños, as súas metas... para garantir un rural vivo e dinámico, con futuro e con opcións para vivir e traballar", explicou a representante da Deputación, María Muíño. A peza, na que saen 45 persoas, procurará contar á xente que a descoñeza a realidade das mulleres no rural. Farao explicando historias e experiencias diferentes que "axudan a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade". Para iso, as protagonistas responden a diferentes perfís e diferentes vidas. Hai moitas mulleres, pero de diferentes xeracións e procedencias que falan do "seu sentir, reivindicando e resignificando o papel das mulleres no rural, amosando as realidades dun rural que é o rural de todas". A obra, que foi producida por Nova Xestión Cultural e Volvemos a Primera, contou con Adriana Castro e Pablo Cacheda como codirectores. As persoas que queiran achegarse a ese rural compartido poden facelo desde aquí mesmo. |
PRAZA_4759 | O Xigante opta ao premio á mellor curtametraxe de animación, mentres que Breixo Corral e Pablo Alén son candidatos ao premio ao mellor guión orixinal por Tres bodas de más e Cristina Trenas compite no apartado de mellor dirección de fotografía por New York Shadows. | Engurras (2012), O soño dunha noite de San Xoán (2006) ou O bosque animado (2002) obtiveron o Goya na categoría de mellor longametraxe de animación, do mesmo xeito que Birdboy (2012) o fixo na categoría de curtas. A animación galega adoita achegar case todos os anos producións candidatas a gañar os premios do cinema español (o pasado ano O Apóstolo tamén foi nomeada) e de novo o fai nesta edición. O xigante, unha coprodución da empresa ferrolá Abano e a portuguesa Pilot Design, pode obter o premio á mellor curtametraxe. A representación galega nestes premios, que se entregarán este domingo 9 de febreiro nunha gala retransmitida en directo por TVE, non se reduce á animación. Os galegos Breixo Corral e Pablo Alén son candidatos ao premio ao mellor guión orixinal por Tres bodas de más, unha das sorpresas do ano e que aspira a sete premios. A outra protagonista galega é Cristina Trenas, que compite no apartado de mellor dirección de fotografía polo último filme do vigués Juan Pinzás, New York Shadows. La Gran Familia Española (Daniel Sánchez Arévalo) e Las Brujas de Zugarramundi (Álex de la Iglesia), con 12 e 10 candidaturas cada unha parten como favoritas da noite. Unha gala na que a polémica comezou antes do seu mesmo inicio, ao anunciarse oficialmente que o ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert, non acudirá á cerimonia, rexeitando o convite por "problemas de axenda". A pesar de que a data e a hora da gala se coñecen dende hai moitas semanas, o Ministerio escúsase afirmando que nese mesmo momento Wert ten concertado un encontro co ministro británico responsable de Universidades, Vince Cable. Wert si acudiu nos dous últimos anos á gala dos Goya, onde escoitou numerosas críticas á súa xestión, polo que se interpreta que a súa negativa a estar presente nesta ocasión se debe ao desexo de evitar esa crítica directa. A actitud de Wert xa foi denunciada por distintos colectivos, coma a Unión de Actores da Comunidad de Madrid, que cualificou a decisión de "espantada" e de "desprezo" ao cinema español e sinalou que o ministro "debería estar xa afeito aos apupos". 'O Xigante' O Xigante terá que competir con Blue & Malone, detectives imaginarios (de Abraham López Guerrero), Cuerdas (de Pedro Solís García) e Vía Tango (de Adriana Navarro Álvarez). A curta, de dez minutos de duración, estreouse en marzo de 2012 no Teatro Jofre de Ferrol e está moi ligada á cidade departamental, tanto polo que se amosa no propio filme (con fermosas paisaxes demuxadas da ría ferrolá) coma pola parte da produción, da que é responsable Abano, da que é responsable Chelo Loureiro, nomeada por cuarta vez aos premios, despois de rozar o galardón con De Profundis, A flor máis grande do mundo e A tropa de trapo. No último ano O Xigante obtivo máis de 20 premios e participou en ao redor de 60 festivais internacionais e tamén foi recoñecida co Mestre Mateo O filme pódese definir como unha breve road movie na que o espectador asiste a unha metáfora sobre o crecemento e a preparación para a vida que o pai Xigante lle amosa á súa filla a través da fiestra do corazón. A propia Loureiro define a peza como "unha homenaxe á paternidade e á maternidade, probablemente a profesión máis difícil do mundo", pais e nais que coma o Xigante do filme, "lles amosan o mundo aos fillos e fillas a través do corazón, pero de igual xeito permiten que eles se formen a súa propia visión". "Un poema visual" que amosa como pais e nais "axúdanos a construír o seu universo, a trazar os seus camiños, a corrixir calquera desvío no magnetismo do seu compás, e a deixalos marchar cando chegue o momento axeitado". O Xigante, dirixido polos realizadores portugueses Luís da Matta Almedia e Júlio Vanzeler, é unha produción ambiciosa, que contou cun orzamento de 300 mil euros e que, por exemplo conta con música orixinal de Nani García, interpretada pola Galicia Film Orchestra. Tamén se inclúe unha canción interpretada por María Manuela e o seu fillo Xurxo, que lle poñen música aos versos de Ana Caxiao. No último ano a curta obtivo máis de 20 premios e participou en ao redor de 60 festivais internacionais e tamén foi recoñecida co Mestre Mateo. |
NOS_32963 | Oito temas rockeiros fan un álbum que sairá á venda o 15 de decembro e estará en plataformas dixitais a partir do día 18. | Ith, nome dun príncipe celta fillo de Breogán, dá nome ao grupo de Xanceda (Mesía) que forman Lucía da Fonte (voz), Miguel Iglesias (guitarra e coros), Toxo (guitarra), Gonzalo Suárez (baixo e coros) e Alberto Vilas (batería). Trátase dun conxunto que desde os seus inicios aposta no rock galego e en galego. Nos máis de 15 anos de traxectoria partillaron palco ao longo da xeografía galega con grandes bandas do panorama musical. A música de Ith guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, que achegan cada unha das súas integrantes. Frear o momento, quinto traballo discográfico da banda -logo de Forte (2015) e O mínimo que o contén todo (2018)- está formado por oito temas que beben da creatividade dos últimos dous anos. Estará dispoñíbel en formato físico a partir do 15 de decembro, así como en todas as plataformas dixitais desde o día 18. Oito temas a ritmo de rock Fieis ao seu estilo, os temas tratan temas diversos, co punto en común da "reflexión", segundo eles mesmos explican. O disco abre con "Aloumiños que festexan", unha peza inspirada na enerxía que quitan ou achegan "as crianzas á vida das persoas adultas". A esta introdución no universo de Ith séguelle "O indefendible", un canto ao "terra, trágame". A terceira faixa, "Fasquía de cristal", é un medio tempo pesimista que "filosofa sobre a enfermidade e sobre a lóxica desta vida". Con "Sen mirar atrás", o grupo muda de discurso cara ao optimismo esperanzado: "a vida só é unha, polo que cómpre aproveitala e amar a quen se ama, sen prexuízos nin estereotipos". "Máis aló" cántalle, pola súa banda, ao activismo e á necesidade de "crear piña" para mellorar as condicións dos colectivos, un berro de rexeitamento ao egoísmo. A sexta peza, "(Des)estimativa", toma forma a "crítica á sociedade estamental (que non clasista) na que algunhas persoas cren vivir". Esta vai seguida por "Frear o momento", que dá nome ao disco, unha composición convertida nunha lección de vida que deixa claro que os sentimentos non se escollen. "O destino" fecha un álbum gravado en Abrigueiro Estudios (Friol), teimando en que o futuro non está escrito, polo que cómpre avanzar e abrir moitos camiños para atopar nalgún "o noso sitio". |
NOS_52337 | O aumento do PIB no terceiro trimestre foi do 0,8 por cento, cinco décimas mais do que a zona euro. A demanda interna, porém, continuou a descer. | Um "forte aumento nas exportações de bens e serviços" estaria na origem do avanço registado no crescimento da economia portuguesa, segundo os dados oficiais do Instituto Nacional de Estatística. No concreto, o PIB luso aumentou no terceiro trimestre um 0,8 por cento, o maior pulo nos últimos três anos. A aceleração da economia demonstra-se pelo facto de o incremento no segundo trimestre ter sido de apenas o 0,3 por cento. As exportações estão a ter um bom comportamento, não assim a procura interna, ligada ao poder de compra das maiorias sociais. Esse vector tão importante para impulsionar a economia continua à baixa ao registar um "contributo negativo", segundo a expressão do INE. O aumento do PIB português está por cima da média da zona euro (0,3 por cento) e é idéntico ao registado na Galiza no mesmo período (o Estado espanhol aumentou a sua renda uma décima menos, o 0,7). Aliás, o Governo continua a acreditar que a economia aumentará na totalidade do ano um 1,2 por cento, seis décimas mais das suas projeções iniciais, mudadas só há un mês. Piores são as expectativas da Comissão Europeia e do Fundo Monetário Internacional que predizem incrementos do PIB da ordem do 0,9 e o 1 por cento, respectivamente. |
NOS_46434 | O pasado 11 de outubro, seis sindicatos anunciaron a convocatoria dunha folga no Sergas para o 2 e 3 de novembro co obxectivo de devolver ás e aos profesionais da sanidade pública galega unha parte das melloras que conseguiran nos acordos de 2008 e que foron anuladas no momento en que Feijóo brandiu o argumento da crise e da austeridade que levou ao sistema sanitario público a un retroceso histórico. Un compromiso difuso adquirido o 27 de outubro convenceu todos os axentes sociais para se descolgaren da folga. Todos agás á CIG, que mantén a convocatoria. | "Non apoiamos o acordo de resolución de conflito asinado entre o Sergas e as organizacións sindicais da plataforma porque, simplemente, non se solucionou ningún conflito". A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, anunciaba así o día 30 de outubro a decisión do sindicato nacionalista de manter, en solitario, a convocatoria de folga no Servizo Galego de Saúde, unha decisión que vén avalada polo feito de que "a proposta presentada polo Sergas sobre a carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas, alén de incrementar as diferenzas salariais existentes entre as e os profesionais do mesmo colectivo". A realidade é que mesmo os axentes sociais que recuaron o 27 de outubro son conscientes da merma nas condicións laborais e profesionais das e dos empregados do SERGAS. Para a secretaria de Satse na Galiza, Carmen García, o seu apoio á folga viña motivado pola negativa por parte da Administración a abrir un calendario de negociación da carreira profesional "longamente solicitado" e pola idea de que, tal como se leva anunciando desde hai dous anos –período electoral–, "se a economía rexistra certa mellora, debería repercutir na mellora das e dos profesionais". Dese xeito, explica García, poderíase reverter unha situación caracterizada por "recortes que prexudicaron tanto en dotación, en servizos e demoras e, sobre todo, na precariedade dos cadros de persoal e contratos abusivos, así como na limitación de cobertura nos servizos". Porén, o compromiso do SERGAS plasmado o 27-O nunha acta de negociación da carreira profesional no prazo de seis meses para todo o persoal semella ser motivo suficiente para se descolgar da folga. "Hai outros aspectos", di a portavoz do sindicato de enfermeiras, "como a actualización de licenzas e permisos e a apertura da negociación sobre a posíbel repercusión da modificación da Lei de Saúde de Galiza na provisión e selección de persoal, mobilidade, representación... que nos levaron a desconvocar". [Tes toda a información sobre este asunto no Sermos270, disponíbel na nosa loxa nos pontos de venda habituais] |
NOS_3161 | Un total de 35 listas ao Congreso e Senado, de 12 opcións políticas concorrerán a estas eleccións. | Os electores galegos poderán elixir o vindeiro 26X entre 12 opcións políticas, que presentaron 35 listas ao Congreso e outras tantas ao Senado. Un número inferior ás 42 listas que foron proclamadas para as Cortes españolas nas eleccións do pasado 20 de decembro. Destas 12 opcións só 7 presentan candidatura en todas as circunscricións galegas: PP, PSdeG, BNG, En Marea, Ciudadanos (C's), Recortes Cero e o Partido Animalista. As baixas máis significativas son as de UPyD, que só concorrerá en Pontevedra, e a de Partido da Terra, que non se presenta en ningunha. Na Coruña presentan lista ao Congreso e ao Senado as sete formacións comúns en todas as circunscricións, xunto con Solidariedade e Autoxestión Internacionalista (Sain), Comunistas da Galiza e Vox. Caen, a respeito do 20D, UPyD e Partido da Terra. En Pontevedra, ás 7 que se presentan en todo o país, engádense Comunistas de Galiza e aparece Escanos en Branco, que non o fixo o 20D. Como novidade, en Ourense aparece Comunistas da Galiza, que non concorrera o 20D, mentres que caen da carreira cara ás urnas UPyD, Partido da Terra e Pola Esquerda. Finalmente en Lugo, concorrerán as 7 que tamén o fan nas outras 3 circunscricións. Non o fan desta volta, mais si o fixeron o 20D, Partido da Terra, Comunistas de Galiza e UPyD. |
NOS_40591 | Nenos e nenas de oito concellos de Ferrolterra reclaman máis pediatras para a súa comarca nun vídeo. Desde setembro, arredor de 3.100 crianzas carecen dunha pediatra ou dun pediatra de referencia ou fixo. Vídeo no interior. | "Na Galiza moitos concellos do rural están a sufrir precariedades nos seus servizos de pediatría pública. Fene, A Capela, Ares, Mugardos, San Sadurniño, Moeche, Cerdido e As Somozas son só algúns deles". Con estas verbas, branco sobre negro, comeza un vídeo elaborado por familias destes oito municipios da comarca de Ferrolterra, no que alertan da falta de profesionais nos servizos de pediatría. Hugo, de Ares; Xandre e Aroa, da Capela; Dana, de Fene, ou Naiara, de Mugardos, berraron este Nadal ben forte "Quero pediatra!". Mónica Muiño, veciña de San Sadurniño e nai, explica que o problema comezou "hai xa un ano" nos concellos de San Sadurniño, Cerdido, Moeche e As Somozas. "Compartiamos servizo de pediatría, unha praza que tiña a particularidade de ser itinerante. Todos os días hai servizo de pediatría en San Sadurniño e, un día a semana, rotaba polo resto de municipios. Mais hai un ano a pediatra aprobou a oposición e tomou posesión da súa praza, deixando a de aquí vacante", explica Muiño a Sermos Galiza. O Sergas non atopou ninguén para cubrir o oco e o servizo centralizouse en San Sadurniño e xornada reducida. "As persoas que veñen cubrir o servizo traballan en quenda de tarde, polo que as familias teñen que desprazarse", denuncia. Desde aquela as familias cubriron follas de reclamación, reclamaron a celebración de plenos extraordinarios nos municipios ou manifestáronse con pancartas ante o centro de saúde. O vídeo publicado esta semana é un novo intento de denunciar a súa situación. Polo camiño uníronse á súa loita outros catro municipios máis—Fene, A Capela, Ares e Mugardos—cunha problemática similar. "Dúas das pediatras están de baixa, outro pediatra tomou posesión do seu posto e agora hai persoas dobrando quenda porque non as substitúen", resume Muiño. A falta de profesionais afectan arredor de 3.100 nenas e nenos. "As follas de reclamación remataron nun caixón, as protestas caen noutro caixón e ao final decidimos que haberá que dar voz aos nenos! Antes non tiñamos moito, só dúas horas e media nos concellos nos que rotaba o pediatra, pero agora ficamos sen nada. Queremos vivir no rural, queremos fixar poboación, pero non é posíbel sen servizos", di esta veciña. |
NOS_11373 | A líder do Sinn Féin participou nunha charla coa do BNG, Ana Pontón. Estivo dirixida por Xabier Macías, presidente da Fundación Coppieters, que destacou os vencellos que unen Irlanda e Galiza e a influencia irlandesa no nacionalismo galego xa desde o século XIX. | "Imos ter un referendo de reunificación de Irlanda. É unha cuestión de data". Mary Lou McDonald, líder do partido nacionalista irlandés Sinn Féin, manifestou taxativavente que a consulta popular terá lugar na Illa Esmeralda, agora dividida entre un Estado independente, a República de Irlanda, e un territorio baixo soberanía do Reino Unido, Irlanda do Norte. McDonald fixo estas declaracións esta sexta feira no transcurso dunha conversa telemática coa portavoz do BNG, Ana Pontón, organizada polas fundacións Galiza Sempre e Coppieters. A irlandesa criticou o actual Goberno de coalición no seu país pola súa actitude "remisa" a afondar nas negociacións co Goberno británico sobre esta cuestión. Londres, sinalou, sempre se negou a estabelecer un protocolo a seguir para levar a cabo a consulta, que ─lembrou─ está recollida nos Acordos de Venres Santo. A charla estivo dirixida por Xabier Macías, presidente da Fundación Coppieters, que destacou os vencellos que unen Irlanda e Galiza e a influencia irlandesa no nacionalismo galego xa desde o século XIX. Ao respecto, a líder do Sinn Féin salientou que Irlanda, malia estar na periferia de Europa, ela como dublinesa cre que as políticas que alí se fan ocupan o centro do que importa; e lembrou que hai cen anos semellaba imposíbel que unha pequena nación puidese lograr a independencia dun imperio como o británico. Así, ao referirse aos "amigos galegos", dixo que "grandes cousas poden pasar tamén en sitios pequenos, na periferia". Brexit e Covid O Brexit centrou boa parte da conversa. Para McDonald, un dos efectos positivos que tivo a saída do Reino Unido da UE foi que a cidadanía de Irlanda do Norte se cuestione se a unidade da illa pode ser mellor para as súas vidas. Un detonante para o aumento do apoio do soberanismo tamén en Escocia e Gales. "O referendo de unificación ímolo ter algún día e cremo que a UE nos debería apoiar neste proceso", afirmou McDonald. Ana Pontón, pola súa banda, criticou a "crise de lexitimidade da UE" ante a "perda de dereitos" da cidadanía, así pola perda do "control democrático sobre cuestións moi importantes". "O Brexit é unha cara da crise da UE", que cualificou de "instrumento para impor o neoliberalismo. A respecto da pandemia, McDonald dixo que puxera de manifesto " a crueza do sistema neoliberal". "Os heroes ─dixo─ non eran os bancarios, era a clase traballadora" e salientou neste sentido o papel das mulleres. |
PRAZA_20599 | A pasteira declara uns beneficios superiores aos 30 millóns de euros no primeiro semestre do ano. A Xunta rebaixoulle máis da metade das taxas por usar o peirao de Ribadeo para embarcar a pasta de papel que produce en Asturias | A comezos de 2016 o Goberno de España, aínda co gabinete de Mariano Rajoy en funcións, aprobaba a prórroga que permite a ENCE permanecer á beira da ría de Pontevedra ata o ano 2073. Naquel primeiro semestre do pasado ano a pasteira rexistraba uns beneficios de 9,2 millóns de euros. Un ano despois daquela prórroga a compañía privatizada polo Goberno de José María Aznar vén de lles dar unha boa noticia aos seus accionistas: triplicou amplamente as ganancias na primeira metade de 2017 ata os 31,5 millóns de euros, o que supón un incremento superior ao 240%. A produtora de pasta de papel e mais enerxía vén de rexistrar na Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) un informe semestral de resultados que destila optimismo. O beneficio bruto de explotación -antes de xuros, impostos e outros gastos financeiros- mellora un 65%, resultado do crecemento do 55% no negocio papeleiro e do 121% no enerxético. As perspectivas en ambos, manteñen, son favorables porque prevén que o prezo da celulosa aumente un 1,5%. A pasteira declara uns beneficios superiores aos 30 millóns de euros no primeiro semestre do ano Neste contexto ENCE lembra aos potenciais investidores que entra nos seus plans "o incremento de capacidade en 30.000 toneladas na fábrica de Pontevedra" -onde minguou os seus investimentos previstos- xa o vindeiro ano, "seguida doutra ampliación de capacidade de 40.000 toneladas en 2019". Do mesmo xeito, como xa fixera en marzo, confirma que construirá unha nova planta de biomasa pero non en territorio galego, como chegar a suxerir o PP, senón en Huelva. Vantaxes no pagamento de impostos A Xunta rebaixou a ENCE máis da metade das taxas por usar o peirao de Ribadeo para embarcar a pasta de papel que produce en Asturias Estes bos resultados financeiros son feitos públicos por ENCE mentres certifica que repartirá entre os seus accionistas un total de 14,9 millóns de euros en dividendos e prodúcense nun contexto no que, en diversas ocasións, o Goberno galego defendeu a aplicación de vantaxes á pasteira no pagamento de certos impostos. Algunhas delas foron formalizadas, como revelou Praza.gal, a través dun convenio polo que Portos de Galicia lle rebaixou máis da metade da taxa por usar o peirao de Ribadeo para embarcar a pasta de papel que produce na factoría asturiana de Navia. Segundo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chegouse a ese acordo porque o demandaba "a sociedade de Ribadeo". Outro debate ao respecto produciuse en maio do pasado ano no seo do Concello de Pontevedra, onde o PP local pasou de defender o traslado da factoría fóra da ría a promover unha reforma que permitiría á pasteira librarse do pagamento do 50% do imposto de actividades económicas. A proposta, que non saíu adiante porque os conservadores non obtiveron o apoio no pleno, ía en sentido contrario dunha inciativa formulada polo mesmo partido en 2012, cando aínda defendían o traslado e reclamaron que o goberno local pontevedrés, do BNG, aumentase este tributo a ENCE para compensar, entre outros aspectos, que estaba a obter "cuantiosos beneficios" mentres empregaba "un emprazamento privilexiado" á beira da ría. |
NOS_33634 | Para alcanzar a Alcaldía de Malpica o PP está disposto a apoiarse "incribelmente na persoa a quen máis criticou e mesmo atacou nestes anos de tripartito", explica o BNG. | A moción de censura en Malpica de Bergantiños é un intento do Partido Popular (PP) de rendibilizar politicamente os proxectos "previstos no Goberno, ou diferentes convenios en tramitación para potenciar o noso patrimonio", xusto cando a vacinación está permitindo albiscar a final da Covid-19, sostén o Bloque Nacionalista Galego (BNG) da vila, que reuniu os seus órganos internos antes de facer declaracións sobre a moción de censura presentada a pasada sexta feira polo PP. No comunicado, o BNG malpicán salienta que alcanzar a Alcaldía, vaise apoiar "incribelmente na persoa a quen máis criticou e mesmo atacou nestes anos de tripartito", en referencia a Alfredo Cañizo, que se presentou en 2019 por Ciudadanos, mais se converteu en edil non adscrito despois de ser expulsado da formación estatal, por mor de entrar na coalición co Partido dos Socialistas da Galiza (PSdeG) e BNG. Cañizo renunciou hai máis dunha semana aos seus cargos no Goberno local, cuestionando duramente o alcalde, Walter Pardo, que o acusou de bloquear a corporación nestes anos. A asemblea nacionalista incide no traballo de "proxectos froito de dous anos de planificación a través do Plan Único da Deputación, e co orzamento necesario para executalos", que seguen a ser "urxentes e necesarios para Malpica, as súas parroquias e a súa vila". Malia atoparse "no medio dun mandato totalmente anómalo, marcado por unha pandemia de carácter global", o BNG destaca que "o concello se moveu e fomos facendo que se recuperara a actividade dentro das medidas que se ían decretando en cada momento concreto da pandemia". Nese tempo "programouse cultura, deporte, executáronse as obras previstas e os servizos funcionaron con intensidade", destacan. A pesar do breve mandato que pode acabar coa moción de censura, "calquera que pasee por Malpica" pode percibir os cambios, detalla o escrito, que pon a Mostra de Olería de Buño como exemplo do "pulso do concello e a oferta de actividades para a nosa veciñanza e a xente que nos visita". |
NOS_1161 | Cando Beatriz Mato exercía como conselleira de Medio Ambiente pasaron polas súas mans cinco proxectos de Greenalia, a súa actual empresa. Porén, e malia acceder ao sector privado menos de dous anos despois de deixar o cargo (como fixa a lei), a Xunta considerou que non existía "incompatibilidade" ao non ter resolto "ningún" expediente. Si o fixo a directora xeral de Calidade Ambiental, nomeada pola propia Mato e subordinada dela, alén de ser a persoa competente para asinar este tipo de documentación. | Beatriz Mato recalou na eólica Greenalia SA en febreiro de 2020 como directora de Desenvolvemento Corporativo e Sostibilidade, logo dunha falida incursión nas eleccións municipais da Coruña como cabeza de lista do PP tras as que a socialista Inés Rey foi elixida alcaldesa. Antes de ser candidata local, Mato exercera como conselleira de Traballo e Benestar (2009-2015) e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015-2018). Precisamente ter exercido como responsábel desta última materia suscitara a polémica tras anunciarse a súa fichaxe por Greenalia. As forzas políticas da oposición alertaran daquela dunha posíbel "incompatibilidade". A Lei 1/2016 de transparencia e bo goberno da Xunta da Galiza, no seu artigo 45, estabelece que "durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, os altos cargos non poderán realizar actividades nin prestar servizos en entidades privadas relacionadas con expedientes sobre os cales tivesen ditado resolución no exercicio do cargo". Após revisar a documentación pertinente aportada pola ex conselleira, o Goberno galego apoiara o seu paso ao sector privado alegando que non incorrera nunha vulneración da norma, xa que nos dous anos previos (deixou o posto o 27 de setembro de 2018) non resolvera "ningún" expediente vencellado a Greenalia. Certo é que os proxectos que tramitou durante ese período a empresa eólica foron asinados pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa. Porén, resulta lóxico que a súa sinatura non figurase nos citados documentos, xa que a aprobación dos informes de impacto ambiental é competencia da dirección xeral, mais este órgano depende directamente da Consellaría. Aliás, cómpre lembrar que Ferreira accedera a este posto a petición da propia Mato. Planta de biomasa de Curtis-Teixeiro En marzo do pasado ano comezou operar a planta de produción de enerxía renovábel con biomasa de Curtis-Teixeiro, que ten instalada unha das potencias eléctricas máis elevadas do Estado neste tipo de instalacións, 49,913 megawatts (MW) segundo figura no Informe de Impacto Ambiental aprobada pola dirección xeral de Calidade Ambiental en xullo de 2017. Esta cifra, que rolda o medio centenar, semella non ser casual. Todas as infraestruturas que superen os 50 MW de potencia instalada deben ser tramitadas a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), polo que co dato declarado, apenas uns decimais inferior, a súa autorización pasaba a depender da Consellaría que daquela aínda dirixía Mato. Porén, tras recibir a autorización, Greenalia pasou de falar dunha potencia de "aproximadamente 50 MW" a redondear a cifra e referirse directamente a 50 MW, como figura no seu propio sitio web. A Xunta modificou a lei en 2016 para permitir as plantas de biomasa de Ence e Greenalia Este proxecto fora tamén obxecto de críticas a finais de 2016, cando a Xunta derrogou o Decreto 149/2008 impulsado polo Goberno bipartito, que impedía a construción de plantas de biomasa cunha potencia superior a 10 MW e permitía un máximo de 80 MW entre todas as centrais instaladas no conxunto do país. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG), apenas dous meses antes de se aprobar a citada modificación lexislativa, presentaran alegacións contra o proxecto e alertaran de que a decisión tiña como fin autorizar as plantas de biomasa que Greenalia e Ence (no complexo de Lourizán) tiñan previsto construír, superando a suma de ambas a potencia máxima de 80 MW que recollía o devandito decreto. A planta de Curtis foi finalmente autorizada en marzo de 2018, nunha resolución na que as autoridades competentes da Xunta (neste caso, a dirección xeral de Enerxía e Minas) rexeitou todas as alegacións. Proxectos eólicos Durante a súa etapa á fronte de Medio Ambiente, a Xunta tramitou catro proxectos eólicos de Greenalia. Foi xestionada a declaración de impacto ambiental do parque Miñón (Vimianzo), e foron desbotadas as alegacións presentadas contra o mesmo. Aliás, o Consello da Xunta declarou en abril de 2018 "de interese especial" os parques Bustelo, Campelo e Monte Toural, o que supuxo que o proxecto se tramitase de forma "prioritaria e urxente", segundo recolle a Lei 8/2009 do aproveitamento eólico (disposición adicional primeira), e que os prazos de tramitación e de presentación do estudo do impacto ambiental se reducisen "á metade". Os colectivos veciñais e ecoloxistas criticaran a "fragmentación artificial" destes tres parques, que na práctica conformarían "un único macrocomplexo". De feito, a propia Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico Campelo, presentada a finais de 2020, recoñeceu que os tres proxectos "comparten boa parte das infraestruturas", como as gabias do cableado ou a liña de evacuación. Suman, así mesmo, unha potencia enerxética de 113,4 MW, mais coa división ningún deles sobrepasa os 50 MW que obrigarían a seren tramitados a través do MITECO. Tras a chegada de Mato, Greenalia tería accedido a "información privilexiada", segundo denunciou Adega Greenalia e as súas filiais tamén percibiron mentres Mato exercía subvencións e préstamos por valor de máis dun millón de euros. Aliás, Adega xa denunciara un posíbel "trato de favor" na recente tramitación do parque eólico O Cerqueiral (no mesmo emprazamento que os tres anteriores), alertando que na memoria presentada pola eólica (coa ex conselleira xa na súa directiva) facíase referencia a dous plans de xestión de especies ameazadas que aínda non foran publicados no Diario Oficial da Galiza (DOG), o que para o colectivo ecoloxista supón "acceso a información privilexiada". Mato pide agora "simplificar a burocracia" Xa no seu papel de directiva de Greenalia, Beatriz Mato avoga por facilitar a tramitación de proxectos eólicos. Así o expresou o pasado marzo, nun acto no que a compañía presentou a proposta coa que opta aos fondos europeos Next Generation, un parque eólico flotante no mar: "Será máis necesario ca nunca que exista unha férrea vontade política para conseguir simplificar a burocracia, sempre cumprindo a normativa, pero sendo máis áxiles", sostivo, após subliñar que a eólica mariña é "un dos nichos de mercado máis esperanzadores" para o país. Na actualidade, a ex conselleira compatibiliza as súas funcións en Greenalia co cargo de conselleira da telefónica Euskaltel (matriz da galega R), empresa na que recalou o pasado setembro. Aliás, desde marzo exerce como vogal da directiva da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas da Galiza (Asime), a patronal do sector. |
NOS_27120 | 200.000 luvas, 50.000 máscaras e 700 botes de medio litro de xel desinfectante foron entregadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro. | O RC Celta e a súa fundación fixeron entrega esta mañá de 200.000 luvas, 50.000 máscaras e 700 botes de medio litro de xel desinfectante ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foron recibidos polo xerente do centro Julio García. "Foron xestións laboriosas, pero cun resultado altamente gratificante, xa que calquera axuda é pouca para o colectivo de traballadores sanitarios que cada día se esforzan ao máximo na loita contra esta enfermidade", explican desde a escuadra celeste. Esta colaboración terá continuidade a próxima semana, na que o clube doará ao Sergas outras 100.000 mil máscaras. Ademais, o club e a Fundación puxeron a disposición do Sergas as instalacións da Sede, en concreto a residencia da canteira e a clínica RC Celta. Desta maneira, no momento no que o consideren oportuno, os responsables sanitarios poderán dispor na Sede de 28 camas nas habitacións da residencia, que ademais dispón de zonas comúns, cociña e lavandaría. Pola súa banda, a clínica do Celta ofrece "diversos espazos aproveitábeis para consulta e mesmo para o aloxamento do persoal sanitario". Por outra banda, Conservas Daporta e a Fundación Celta fixeron chegar 1.500 latas de alimentos a diversos comedores sociais de Vigo, que reportaran dificultades para cubrir as necesidades básicas dos seus usuarios. Tanto o RC Celta como a súa Fundación continuarán nos próximos días con outras iniciativas "para colaborar, na medida do posíbel, coa sociedade nestas difíciles circunstancias". "A totalidade dos departamentos de ambas entidades están absolutamente centrados na xestión e desenvolvemento deste tipo de medidas tan necesarias nun momento no que a unión e a colaboración de toda a sociedade son vitais", conclúen. |
NOS_40237 | "Os caprichos da historia quixeron que eses ideais [os de Castelao] non se cumprisen na desafortunada República que viviu, senón na Monarquía que chegaría despois da longa noite de pedra". Feijóo equipara o golpe fascista do 36 como un "capricho da historia". Fíxoo no discurso do acto de entrega das Medallas Castelao, unha delas, a Carmen Fraga, filla dun ministro de Franco. | O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, pronunciou o discurso máis político dos que ten defendido nos institucionais actos de entrega das medallas Castelao. Xusto no día en que se cumpren trinta anos da traída dos seus restos desde o cemiterio da Chacarita de Bos Aires ao Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval, ao presidente da Xunta pareceulle un acto de "xustiza invisíbel" que o novo rei Felipe VI citase o seu nome no discurso de proclamación, como "homenaxe a unha España que se expresa tamén en lingua galega". Nunha xornada na que se lembra a xornada de protesta diante de Bonaval na que centos de persoas se manifestaban por se desatender os desexos de Castelao e trasladar o seu corpo a unha Galiza que distaba moito de ser a que el anceiba para o seu regreso, o presidente da Xunta sinalou que "os caprichos da historia", en clara referencia ao golpe militar, "quixeron que eses ideais non se cumprisen na desafortunada República que viviu, senón na Monarquía que chegaría despois da longa noite de pedra", en referencia ao 1984. "A superación dos traumas do pasado está unida ao Rei que vén de abdicar", defendeu Feijóo A monarquía e a proclamación do novo rei ocuparon boa parte do discurso do presidente Núñez Feijóo e foi mesmo o comezo da súa intervención, no inicio dunha etapa que definiu como "colmada de esperanzas", nos que, tal e como aconteceu co anterior rei, segundo defendeu, "Galicia ten a condición de protagonista". "O establecemento do autogoberno, o incremento do benestar, o asentamento da nosa identidade e o florecemento da nosa cultura, prodúcense ao amparo desa Monarquía que cumpre a súa remuda" da mesma maneira, dixo, que a "superación dos traumas do pasado está unida ao Rei que vén de abdicar", sinalou, nun discurso fondamente monárquico, na defensa dun sistema que nos permite "gobernarnos como queremos ser gobernados". Defendeu tamén a participación galega nunha "España unida pero non uniforme", tomando a expresión de Felipe VI e as varias maneiras de ser español, "unha delas é ser galego". Feijóo escolleu o "Castelao humanista", por riba da súa condición política, o persoeiro que, "sen descualificacións" e "amabelmente" quería ·incorporar os galegos a un galeguismo aberto e facer da autonomía unha casa de todos·. Non fixo, sen embargo, alusión algunha a que nesta mesma xornada se cumpría o 78 aniversario do pleviscito do Estatuto de 1936. O discurso de Feijóo producíase no acto de entregas das medallas Castelao que nesta edición recoñeceron, entre outros, á eurodeputada do PP e filla de Manuel Fraga, Carmen Fraga Estévez, de quen destacou, a súa "defensa dos intereses dos pescadores e dos agricultores galegos." |
NOS_16691 | A Plataforma galega en defensa do ensino público presentou esta terza feira un calendario de mobilizacións en contra da lei que recibiu o visto e prace no Consello de ministr@s do 17 de Maio e batizada como 'de mellora da calidade educativa' | Após o "éxito rotundo" da greve xeral no ensino convocada o 9 de maio, con manifestacións en todo o País das cales fixeron parte por volta de 40.000 persoas, toca seguir revolvéndose en contra dunha norma que, tal e como a definiu Anxo Louzao, responsábel da CIG-Ensino e que falou en representación do profesorado, "pretende unha españolización absoluta do sistema educativo e evidencia que o poder executivo que reside no Consello de Ministros cambiou de lugar e está na Conferencia Episcopal e na patronal do ensino privado". Como voceiro das familias tomou a palabra Fernando Lacaci, presidente da federación de Anpas de Compostela, cualificou a lei do ministerio de Educación como "unha lei de parte e de partido que nace sen o consenso demandado desde hai décadas" á hora de acometer unha reforma educativa. O papel que as nai e pais de alumn@s nos consellos escolares "desaparece", dixo, e acrecentou que namentres a relixión "en lugar de desaparecer pasa a ser unha materia con efecto chamada", con repercusión no expediente académico e que conta para a obtención dunha bolsa de estudos. Por derradeiro, Víctor Giadás, integrante da Liga estudantil, lembrou que a LOMCE non conta tampouco co apoio do alumnado e tildouna de "involucionista". Todos os colectivos que fan parte da Plataforma (para alén dos xa citados estarían Comités, Federación provincial de Anpas de Lugo, Federación de Anpas da Costa da Morte, Federación de Anpas de Ferrolterra, AS-PG, Movemento Dezao en defensa do ensino público, Sindicato de Estudantes, BNG e Galiza Nova) fixeron un chamado ás mobilizacións cuxo calendario se reproduce deseguido: 30 de maio ás 11.30h en San Caetano = entrega dun escrito no cal se insta ao conselleiro de Educación a que, ao igual que farán os gobernos vasco e catalá, presione en Madrid para a non aprobación da LOMCE 5 de xuño ás 11.30h en San Caetano = concentración diante da consellaría de Educación. Simulación de apertura dun expediente disciplinario ao ministro Wert, habida conta do seu 'maltrato' ao ensino público, mediante o cal 'será expulsado' do sistema educativo 13 de xuño ás 19h a 20h nas comarcas de todo o País = acto contra a LOMCE que consistirá na leitura de textos, así como actuacións musicais Último claustro do curso = a Plataforma instará aos centros educativos para que saquen unha resolución en contra da LOMCE e dos recortes no ensino público Mocións nos concellos = solicitaráselles aos grupos da oposición dos diferentes concellos da Galiza que demanden, nos respectivos plenos municipais, a aprobación dun texto solicitando a non aprobación da lei e que se lle faga chegar ao conselleiro de Educación Cacharelas = transmitiremos as nosas reivindicacións ás diferentes vilas, cidades e aldeas, co fin de que nas cacharelas do País 'queimen' a LOMCE Coincidindo co debate parlamentario da norma = levarase a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do país, percorrendo a pé os últimos quilómetros, cando menos, dende as catro estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A Coruña) |
PRAZA_12127 | Vázquez asegura que "non hai que dramatizar" a posibilidade de que se presente unha alternativa, xa que "se hai listas é unha cousa positiva", e "se non as hai, pois algún motivo haberá". Leiceaga advirte "insatisfacción sobre a forma na que está a responder o partido ás demandas dos cidadáns en Galicia" e sinala que "cada vez queda menos tempo e que os que teñen máis responsabilidades no partido teñen que decidir se dan o paso para poder articular unha alternativa ou non". | Pachi Vázquez, O secretario xeral do PSdeG-PSOE, asegurou que "non hai que dramatizar" a posibilidade de que poida haber candidaturas alternativas á que el lidera de face ao XII Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, que se celebrará entre o 9 e o 11 de marzo, e afirmou que "se hai listas é unha cousa positiva", aínda que deixou caer que "se non hai listas, pois algún motivo haberá". Neste senso, a deputada Beatriz Sestayo afirmou este domingo que é posible que "este luns ou martes" se saiba se hai lista alternativa, "posto que se están ultimando os últimos detalles". En declaracións á SER, o deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga, sinalou que "os que teñen máis responsabilidades no partido teñen que decidir se dan o paso para poder articular unha alternativa ou non", engadindo que "eu claramente estou a favor dunha alternativa, e ese é o meu compromiso, axudar na medida do posible para, digamos, construír un proxecto que ilusione aos cidadáns, que dea resposta ás necesidades de Galicia e que poida ser un proxecto fronte a Feijóo". Porén, sinalou que detecta "insatisfacción sobre a forma na que está a responder o partido ás demandas dos cidadáns en Galicia". |
PRAZA_15396 | Socimi, Sicav, Sociedade pantalla, Homes de palla, diñeiro negro... Son algunhas das fórmulas que Díaz Ferrán e outros millonarios utilizan continuamente para evitar pagar impostos. | Entre as moitas informacións que transcenderon nos últimos días sobre Gerardo Díaz Ferrán hai unha que causou estupor: a declaración da renda do presidente da patronal saíulle en 2010 a devolver. Que a Axencia Tributaria lle devolvese ao entón líder dos empresarios españois 2.052,47 euros causa perplexidade, tendo en conta que aínda entón o seu tren de vida parecía o dun prototípico millonario. A primeira explicación, a máis sinxela, é en realidade a menos verosímil: que o patrón de patróns pagase relixiosamente todos os seus impostos no exercicio 2010 e que, de feito, Facenda lle retivo máis da conta, polo que as arcas do Estado lle tiveron que reingresar os 2.000 euros. Á luz dos datos que se van coñecendo a través das filtracións do sumario da Operación Cruceiro, pola que foi detido o dono de Marsans, a relixiosidade no pago da renda non parece moi probable, xa que ese foi o exercicio no que Díaz Ferrán urdiu a trama para evitar os seus acredores e presuntamente, branquear cartos. Entón, como conseguiu arranxou o empresario aparentar esta normalidade nas súas contas con Facenda? "Usar diñeiro negro é o método máis eficaz para pagar menos impostos", corrobora outra fonte que lembra que unha fórmula habitual de branquealo é mediante un negocio cunha forte facturación cara ao público "O máis fácil é non facer sequera a declaración da renda, como no caso de Juan Antonio Roca no caso Malaya", apunta Carlos Cruzado, presidente do sindicato de técnicos de Facenda, Gestha. Sen chegar ao extremo de Roca, Díaz Ferrán si facía aparentemente uso masivo de diñeiro negro, xa que as investigacións xudiciais aseguran que o empresario ía unha vez ao mes a Valencia a recibir, en metálico e sen factura, 100.000 euros de Angel de Cabo, o home ao que lle vendeu Marsans e co que pactou a estratexia de alzamento de bens da que están acusados ambos. "Usar diñeiro negro é o método máis eficaz para pagar menos impostos", corrobora outra fonte que lembra que unha fórmula habitual de branquealo é mediante un negocio cunha forte facturación cara ao público. Como centos, ou miles de clientes, non van levar os seus "tickets" a Facenda, o propietario dese negocio pode ir lavando o seu diñeiro facéndoo pasar por ingresos legais trimestre a trimestre na súa declaración por módulos. O diñeiro negro que presuntamente cobrou Díaz Ferrán podía servir para custear o seu tren de vida e pagar o mantemento das súas propiedades, que, aínda que a nome de varios terceiros, seguían estando baixo a súa responsabilidade. Segundo se comentaba naquel momento, o patrón de patróns non se privou de seguir celebrando cacerías no seu coto do Castelo do Alamín, en Toledo. Tamén tiña que pagar o mantemento do iate, do Rolls Royce ou dos pisos en Nova York, unha serie de luxos caros de conservar. Pero Díaz Ferrán tamén ingresaba diñeiro regularizado, ou doutra forma non se lle puido practicar unha retención que logo lle fose devolta por Facenda. O madrileño renunciou ao seu soldo como presidente de CEOE, aínda que si pasaba os gastos de representación, unha partida que sempre se mantivo en segredo na organización, e os empresarios custeaban ademais os gastos de escoltas e transporte do presidente da patronal. Tendo en conta que Díaz Ferrán non abandonou o seu cargo até mediados de decembro de 2010, isto supón que practicamente os seus gastos diarios podían estar cubertos pola organización durante todo o exercicio. Os poucos gastos persoais nos que incorrese podía pasalos como gastos dalgunha das súas sociedades, para de novo reducir drasticamente os impostos a abonar nelas. Os ingresos regulares de Díaz Ferrán podían ser polo tanto un soldo ao uso por algún dos cargos nas súas sociedades ou dietas por asistencia aos consellos de Administración. No exercicio 2010, unha retribución por participar nun Consello de Administración tributaba a un 42% (dietas de asistencia). Un tipo moito máis elevado que o que ten que pagar unha sociedade (que como máximo responde a un imposto de sociedades do 30%), o que fai sospeitar que o dirixente utilizaba as súas empresas, en concreto Grudisán, a sociedade familiar que tiña coa súa muller, Raquel Santamaría, e os seus tres fillos, para facturar os seus servizos nos outros consellos de administración do grupo. Esta sociedade, da que pendía o patrimonio familiar (incluído o Rolls Royce), foi unha das que Díaz Ferrán lle cedeu a De Cabo para evitar o embargo do seu patrimonio que solicitaran os seus acredores. Esta é a principal queixa de Gestha: que casos como o de Díaz Ferrán non se investiguen en Facenda de oficio. "A Axencia Tributaria limítase a cruzar datos e se non salta ningunha alarma non se inspecciona" Con todo, fontes fiscais lembran que aínda que Díaz Ferrán declarase ingresos na renda, púidoos compensar cunhas perdas nunha actividade económica que declarase de forma persoal e non mediante unha sociedade. Por pór un exemplo (irreal pero plausible) se Díaz Ferrán ou calquera outro contribuínte declara que ten unha actividade económica agrícola (parella ás súas outras actividades como asalariado ou, neste caso, como conselleiro dunha empresa) e nelas tivese cuantiosas perdas, estas rebaixáronlle abruptamente a factura fiscal. Outra cousa é se estas perdas foron reais ou simuladas. "En realidade, hai máis contribuíntes aos que lles sae a declaración a devolver que a pagar", lembra a mesma fonte, que tamén apunta a que as comprobacións da Axencia Tributaria son moi "someras". Esta é a principal queixa de Gestha: que casos como o de Díaz Ferrán non se investiguen en Facenda de oficio. "A Axencia Tributaria limítase a cruzar datos e se non salta ningunha alarma non se inspecciona", protesta Cruzado. "O cotexo de datos non é suficiente. Deberíanse controlar tamén as discrepancias co patrimonio e o tren de vida como neste caso", profunda. "A lei está feita para as grandes empresas", asegura á vez que asevera que se cada contribuínte puidese dispor dun asesor fiscal no día a día apenas pagaría impostos Para Juan José de los Mozos, presidente de Asociación Española de Asesores Fiscais e Xestores Tributarios (ASEFIGET), a explicación de como se pode sortear o fisco é tamén moi sinxela. "A lei está feita para as grandes empresas", asegura á vez que asevera que se cada contribuínte puidese dispor dun asesor fiscal no día a día apenas pagaría impostos. Dos Mozos aventura que pola contía da cantidade a devolver que lle resultou a Díaz Ferrán, a súa declaración da renda estaba planificada practicamente para cadrar e a devolución poderíase explicar pola dedución pola hipoteca en vivenda habitual. Díaz Ferrán hipotecou o seu chalé madrileño por 4,5 millóns de euros para facer fronte os problemas das súas empresas. A pesar da elevada contía do crédito, a dedución máxima que Facenda lle puido recoñecer naquel exercicio foron 1.352,25 euros. Se a iso se lle suma algunha posible doazón que fixese o empresario, iso explicaría a axustada cantidade a devolver. De los Mozos quéixase amargamente da existencia de instrumentos fiscais como as Socimi, practicamente análogas ás Sicav, ambas as dúas cunha tributación do 1% e que serviron de refuxio para que os máis adiñeirados poidan pagar menos a Facenda De los Mozos quéixase amargamente da existencia de instrumentos fiscais como as Socimi, Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario, practicamente análogas ás Sicav, ambas as dúas cunha tributación do 1% e que serviron de refuxio para que os máis adiñeirados poidan pagar menos a Facenda. Unha función similar cumprían no pasado as sociedades patrimoniais que as familias adiñeiradas utilizaban para albergar as súas propiedades inmobiliarias pero cuxa utilidade fiscal xa non está en vigor. A pesar de que Díaz Ferrán posuía, ou polo menos gozaba, de varios predios ou inmobles, polas que na declaración se lle poderían ter atribuído algunha renda, a maioría estaban a nome dos seus familiares, nun primeiro momento, e das sociedades que se cederon a De Cabo no curso de 2010. Así Gerardo junior, Raquel e Marta, o tres fillos de Díaz Ferrán, aparecían xunto á súa nai cun ou outro papel en Grudisán e no resto das sociedades que pendían desta. Outras fórmulas A pesar de que Díaz Ferrán posuía, ou polo menos gozaba, de varios predios ou inmobles, polas que na declaración se lle poderían ter atribuído algunha renda, a maioría estaban a nome dos seus familiares Con todo, ademais da anécdota da declaración da renda, Díaz Ferrán facía uso dunha serie de artimañas fiscais que aparecen no sumario e que as fontes consultadas recoñecen que se usan en múltiples ocasións. Sociedade instrumental/sociedade pantalla: Son sociedades interpostas que se crean para evitar a responsabilidade patrimonial ou outro tipo de responsabilidades. Perseguen desviar a atención e simular que non hai vinculación coa sociedade que ten débedas ou algún outro tipo de problema económico. Tamén se crean para cobrar facturade que doutra forma estarían suxeitas a unha tributación moito máis elevada no IRPF. Se a súa sede está ademais nun paraíso fiscal é case imposible seguirlles o rastro. Sociedade patrimonial: non ten actividade económica e serve para ostentar a titularidade do patrimonio e minguar a tributación. Hoxe día non ten sentido pero utilizouse para minguar a tributación por propiedades. Home de palla: É unha persoa física á que se lle ceden os bens e co que se pacta o uso e goce dos mesmos. A finalidade é aparentar que non se dispón de posesións para evitar, por exemplo, un embargo. |
PRAZA_12877 | Francia vota esta domingo. Din que se elixe entre refundar os principios básicos da súa República (poñámonos posmodernos); ou manter no poder o ministro que bateu nos estudantes por protestar contra unhas reformas contrarias á égalité. Queda atrás unha década funesta para as forzas de seguridade do Estado galo, que viron como a súa popularidade baixaba nun corpo, a xendarmería, que xa nunca tivo sona de brando. Perdeuse a confianza na autoridade. Xa non hai heroes. | Francia vota esta domingo. Din que se elixe entre refundar os principios básicos da súa República (poñámonos posmodernos); ou manter no poder o ministro que bateu nos estudantes por protestar contra unhas reformas contrarias á égalité, que aplicou un retorcido principio de fraternité ao practicar o maior número de deportacións na historia do país galo, o Presidente que agora mira a Europa con ollos de liberté, querendo tombar Schengen. Queda atrás unha década funesta para as forzas de seguridade do Estado galo, que viron como a súa popularidade baixaba nun corpo, a xendarmería, que xa nunca tivo sona de brando. Perdeuse a confianza na autoridade. Xa non hai heroes Queda atrás unha década funesta para as forzas de seguridade do Estado galo, que viron como a súa popularidade baixaba nun corpo, a xendarmería, que xa nunca tivo sona de brando. Perdeuse a confianza na autoridade. Xa non hai heroes. E o cinema negro, como bo termómetro da actualidade, veu como estrelas árabes do pau de Roschdy Zem ou Sami Bouajila tomaban a pantalla. Estes tipos fan que o Jean-Paul Belmando máis fedello semelle un santo! E, con exercicios de memoria histórica tan sás coma os de Rachid Bouchareb (Days of Glory, Hors la loi), puxeron os maltratados franceses alxerinos onde merecían: no centro do hexágono. Mentres, os impolutos uniformes azuis manchábanse con condutas de dubidosa moralidade. E aquí o maior culpable no xénero ten nome e apelidos: Olivier Marchal. Antigo membro da policía xudicial (este home sabe do que fala), Marchal estrea hoxe en España (moi tardiamente) Les Lyonnais, filme negro sobre o famoso grupo criminal dos 70 coñecido polo nome do título. Logo de catro longas salientables, pódese dicir deste axente converso a cineasta que é o grande renovador do polar (cine policial francés), cuns personaxes complexos psicoloxicamente, que recordan aos do mellor Melville, e un ritmo trepidante nas escenas de acción. Mais se a alma das súas películas está na filmografía patria, a nivel argumental e estético, as cintas de Marchal achéganse máis á corrente italiana de Matteo Garrone (Gomorra) ou Michele Placido (Romanzo criminale), no entanto que parten sempre de historias reais, tratadas cunha achega case documental. Se os filmes de Marchal teñen unha virtude, esa é precisamente a de lograr poñer axentes e criminais ao mesmo nivel; porque ao cabo son persoas capaces de accións loables, e tamén responsables en moitas ocasións de comportamentos nada exemplares. En definitiva, o francés fala dos usos e abusos de quen ten un pouco de poder Este caso non podía ser máis paradigmático. O guión está escrito polo propio Marchal a partires das memorias do protagonista Momon Vidal, destacado dirixente de les lyonnais, que prestou o seu apoio asesor na produción. Non é a primeira vez que se leva a cabo un exercicio do estilo, mais cómpre destacalo pola frescura do filme, seguramente resultado desta complicidade entre o personaxe real e o ficticio. É a mesma dinámica aplicada polo debuxante e guionista Frederik Peeters na serie de banda deseñada RG, que asina xunto a Pierre Dragon, alter ego dun poli cuxo nome real nunca coñeceremos (recomendable lectura editada en España por Astiberri). Pero volvamos ao filme, narrado (como a BD) a dous tempos. Mentres que no presente fílmico, Vidal, retirado xa do mundo do crime dende hai anos, axuda ao seu amigo Serge Suttel a evadirse da xustiza; un conxunto de flashbacks remítennos ás súas andainas nos anos 70 (o momento álxido de les lyonnais) para apuntalar a psicoloxía dos personaxes. A película combina vibrantes secuencias de acción con momentos de pausa, nos que o cineasta desenvolve os seus dous grandes temas: a honra e a vinganza. A primeira racha cando se concibe unha traizón (ás veces un empurrón de brutalidade policial ou mafiosa non vén nada mal) e entón chega o segundo, e corren as balas. Os seus flics (polis) e mafiosos fan algo máis que apertar gatillos, tamén teñen dúbidas existenciais dignas de Shakespeare sobre as consecuencias de disparar; ou, pola contra e ao seu pesar, primeiro acribillan e despois preguntan. Destes últimos, xerados polo tándem penkozy, está ateigado o cinema francés ultimamente Se os filmes de Marchal teñen unha virtude, esa é precisamente a de lograr poñer axentes e criminais ao mesmo nivel; porque ao cabo son persoas capaces de accións loables, e tamén responsables en moitas ocasións de comportamentos nada exemplares. En definitiva, o francés fala dos usos e abusos de quen ten un pouco de poder, e iso permítelle analizar as escalas de gris da condición humana. Os seus flics (polis) e mafiosos fan algo máis que apertar gatillos, tamén teñen dúbidas existenciais dignas de Shakespeare sobre as consecuencias de disparar; ou, pola contra e ao seu pesar, primeiro acribillan e despois preguntan. Destes últimos, xerados polo tándem penkozy, está ateigado o cinema francés ultimamente. Se a arte é un espello da realidade e estes directores están no certo, coidado turistas! A próxima vez que visite a torre Eiffel, cóidese de pronunciar ben pain, non o vaian confundir cun rapaz dos suburbios, deses que falan xerga, e vaiamos liala! En fin, sempre nos quedará o cinema... e votar! |
NOS_13629 | Segundo puido saber Sermos Galiza, persoas afíns a Anxo Quintana rexistaron nunha notaría de Ponteareas, o pasado 3 de febreiro, un partido político baixo a denominación de Somos Nós, o nome da plataforma que o ex vicepresidente da Xunta presentou en Compostela este sábado 21 de febreiro. | Arredor de 100 persoas participaron este sábado en Compostela na presentación de Somos Nós, unha entidade que, segundo a súa propia web, se define como unha "comunidade cívica, plural, democrática e aberta na que podemos participar todos e todas". Na súa estrea ante a sociedade, Anxo Quintana -o impulsor desta organización- afirmou que Somos Nós non vai competir na area eleitoral, embora si teña unha posición ideolóxica clara, que concretizou na aposta por unha "nova política". Porén, Quintana deixou unha frase que permite todo tipo de especulacións sobre a evolución futura de Somos Nós: "Somos Nós será no futuro o que Somos Nós decida". A sexta feira pasada, Quintana declarou na TVG: "Somos Nós é un movimento social, é unha entidade que non é un partido político" A pasada sexta feira, Anxo Quintana foi entrevistado na Televisión de Galiza. A xornalista interesouse por saber que forma concreta iría adoptar Somos Nós, partindo da base de que "non estamos a falar dunha formación política en stricto senso". Quintana respondeu que "Somos Nós é un movimento social, é unha entidade que non é un partido partido e á que poden pertencer persoas que poden estar en partidos e tamén -e sobre todo- persoas que non están en ningún partido político". En todas as súas declaracións públicas, o ex vicepresidente da Xunta ten posto o acento en que o seu retorno ao escenario non está guiado pola intención de se voltar a candidatar a cargos de carácter político, orgánico ou público. Aliás, persoas próximas a Anxo Quintana acudiron o 3 de febreiro a unha notaría de Ponteareas para rexistar Somos Nós como partido político. Entre esas persoas -en concreto son 4 nomes- figura Roberto Mera, ex líder local do BNG en Ponteareas e ex membro da Executiva Nacional da formación frentista. Quen non aparece como promotor, formalmente, do partido é Anxo Quintana. Segundo puido saber Sermos Galiza, o itinerario da marca Somos Nós ten sido até agora o seguinte. En primeiro termo foi rexistrada como asociación sen ánimo de lucro, isto é, como unha entidade de carácter cívico. Após diso, Somos Nós foi inscrita na Oficina de Marcas de España. Canda ela foi inscrita tamén, como denominación alternativa, XnósMesm@s. Finalmente, produciuse na notaría de Ponteareas a constitución de Somos Nós como partido politico. Na acta de constitución de Somos Nós como partido aparece o que sería o seu primeiro comité executivo, presidido por Roberto Mera Na acta de constitución de Somos Nós como partido político aparece o que sería o seu primeiro comité executivo, composto polas seguintes persoas e cargos: Roberto Mera, presidente; Isabel Blanco Rivas, vicepresidenta; Xurxo López Martíns, secretario; Emilio Rodríguez Otero, vocal-tesoureiro. Os promotores do novo partido solicitan na acta notarial que "unha vez depositada copia da presente escritura no Ministerio do Interior, se proceda á inscrición do Partido constituído no Rexistro correspondente, no prazo legal". Organización unitaria sen correntes Sermos Galiza tivo acceso tamén aos estatutos de Somos Nós. Neles a organización defínese -artigo 2, Fins- como un "partido político constituído para contribuír democraticamente á determinación da política e á formación da vontade política da cidadanía", desde a afirmación da "identidade nacional de Galicia" e da súa "personalidade lingüística e cultural e dos seus intereses sociais, económicos, políticos e culturais". Aliás, Somos Nós márcase como fin da súa organización "o desenvolvemento social e económico continuado, equilibrado e ambientalmente sustentábel e a mellora da calidade de vida e do benestar social do conxunto da cidadanía e da poboación de Galicia no marco dun Estado de benestar que compatibilice a economía social de mercado con servizos públicos precisos para corrixir as súas deficiencias". Somos Nós constituiríase como unha organización unitaria de "adscrición voluntaria e individual" que non admite "a articulación e funcionamento de grupos ou correntes organizadas". Os seus órgaos nacionais serían a Asemblea Nacional, o Consello Nacional (composto por 20 persoas eleitas pola Asemblea e outras 12 territorialmente), o Comité Executivo Nacional (composto por un máximo de 9 persoas) e a Secretaría Xeral. O sistema de listas abertas será o mecanismo básico "para a elección de cargos". |
NOS_57801 | Unha obra "ben urdida e entramada cunha linguaxe poética de belísimas escenas que transportan a un mundo galáctico" valeulle á escritora Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) o premio Lazarillo na modalidade de creación literaria. Rusgalía títulase a obra, "unha aposta á ciencia ficción e á imaxinación desbordante". | Ao galardón, un dos principais dirixidos a literatura infantil e xuvenil no Estado español, dotado con 3.000 euros e convocado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (Oepli), presentáronse 119 orixinais, 108 escritas en galego, 9 en galego -entre elas a gañadora- e dúas en catalán. Maceiras convértese así na sétima autora galega que obtén o premio. Agustín Fernández Paz foi o primeiro, alá por 1990. Sucedérono Marilar Aleixandre (1999), Gloria Sánchez (2000), An Alfaya (2005), María Solar (2014) e Ledicia Costas (2015 e 2017). Entre os libros que publicou até agora atópanse Proxecto Bolboreta (Xerais, 2007), Volverás, golfiño (Xerais, 2014) ou O que sei do silencio (Xerais, 2018). A Oepli, entidade sen ánimo de lucro, é a sección estatal do IBBY (International Board on Books for Young People, Panel Internacional sobre Libros para Xente Moza), "encárgase da realización e coordinación de todo tipo de actividades de promoción relacionadas co libro infantil e a lectura". |
NOS_35097 | A inicios de 2011, o señor Manuel, veciño de Armea, descubría unhas escaleiras labradas na rocha do que posteriormente se coñecerá como xacemento do Monte do Señoriño, situado a escasos metros da Cibdá de Armea. Este achado trouxo consigo o inicio das intervencións arqueolóxicas en Armea, despois de medio século de silencio. A Facultade de Historia da Universidade de Vigo e o concello de Allariz veñen desde aquela desenvolvendo un proxecto de investigación único na Galiza, que abrangue todo o conxunto arqueo-histórico de Armea. Este conxunto esténdese polo monte do mesmo nome, pertencendo á parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz e ocupando unha pequena dorsal montañosa entre os vales da Rabeda e do Arnoia. Dentro deste territorio localízanse numerosos restos arqueolóxicos que nos falan dunha ocupación prolongada no tempo, entre a época prerromana e a Baixa Idade Media. Destacan, ademais do Monte do Señoriño e a Cibdá de Armea, a Basílica inacabada da Ascensión que alberga na súa cripta un monumento con forno (sauna castrexa) coñecida co nome de "Forno da Santa", o tramo do Camiño de Santiago que fosiliza a antiga vía romana e o propio núcleo románico de Santa Mariña. | A Cibdá de Armea sitúase na ladeira norte do monte das Casarellas, un cumio onde destacan os outeiros dos Fornos e dos Pendóns. Nun dos socalcos que cae cara ao val da Rabeda, localízase a finca chamada da Atalaia, unha amplo espazo onde se veñen realizando as sucesivas intervencións e onde se conservan os restos arqueolóxicos musealizados da Cibdá de Armea. Foi neste socalco onde a comezos da década de 1950, o enxeñeiro alaricano Francisco Conde-Valvís Fernández levou a cabo varias campañas de escavación. Nestas primeiras intervencións xa se atopou a rúa central enlousada e parte das dúas domus –hoxe coñecidas como Domus da Roseta (ao sur) e Domus do Hexáscele (ao norte) polos elementos decorativos pétreos localizados en cada unha–. Ademais recuperáronse numerosos restos materiais, especialmente cerámicos, e unha importante colección de plástica en pedra (rosetas, trísceles, hexásceles, couzóns de gado, estelas etc.). Nas aldeas dos arredores tamén se recuperaron elementos pétreos da Cibdá, como dous torsos de guerreiros, inscricións ou as dúas esculturas de cabezas de guerreiros mortos. Desde 2011, intervense nesta zona sistematicamente, nun primeiro momento, centrándose na reescavación das estruturas documentadas nos anos 50, e, desde 2014, en novas zonas, obtendo secuencias estratigráficas e exhumando por completo as dúas grandes domus, así como unha terceira de maneira parcial, a domus do Tríscele. Arquitectura doméstica romana As construcións están directamente inspiradas na arquitectura doméstica romana –casa de atrio, patio ou peristilo–, con algúns paralelos en xacementos do norte de Portugal, en xacementos galaico-romanos como Monte Padrao ou Tongóbriga. Igualmente, hai unha preocupación urbanística no deseño a Atalaia, coa construción das domus a ambos os lados dunha rúa central enlousada e con outra rúa que baixa en diagonal tras a domus da Roseta até encontrase coa primeira, conformando unha especie de espazo público aberto. A evidencia arqueolóxica indícanos que a fase principal de ocupación é netamente romana, desde finais do século I d. C. –época Flavia– até comezos do século III. Non se constata continuidade no hábitat en época baixoimperial ou tardorromana. A domus do Hexáscele divídese en dúas grandes áreas que agrupan varias estancias ao redor dun patio e un atrio. As estancias do leste teñen unha función produtiva. Así, atopamos a cociña, cun gran forno circular en esquina e unha lareira de tégulas, unha posíbel bodega ou almacén semisoterrado, así como outras habitacións que, polas súas características, poderían estar relacionadas co procesado dalgún produto líquido, quizais viño. Esta hipótese deriva da existencia, na parte máis ao norte da domus, da base para instalar unha prensa, así como outra posíbel zona de almacenaxe. Ao oeste, en torno ao atrio columnado, estarían as estancias domésticas, como habitacións ou salóns. Os accesos a esta gran casa realízanse desde a rúa central enlousada. Á domus da Roseta, pola súa parte, accédese desde a pequena praza que conforman a rúa central e a rúa sur cando se encontran, ou ben, desde a rúa sur a través dunhas escaleiras que salvan o cambio de desnivel. Ambos os accesos levan ao patio da casa, tras o que se sitúan as diversas estancias, entre as que podemos identificar unha cociña e un atrio, que foi fechado nalgún momento. A potencia do derrubo pétreo que se atopou nesta domus lévanos a pensar que existía un segundo piso, que cubriría, polo menos, as habitacións do leste. As recentes escavacións permitiron localizar unha nova casa, lindado coa domus da Roseta por unha canle de desaugue. Leva o nome de domus leste ou domus do Tríscele. Só coñecemos catro estancias, entre as que destaca unha cociña, cun forno de pan e lareira. Sen estrutura defensiva Existe na Atalaia, unha fase previa ao barrio coas grandes domus, datado de inicios e mediados do século I d. C. –da época do emperador Augusto até a chegada dos Flavios– coetánea polo tanto coa construción e uso do próximo xacemento do Monte do Señoriño. Aínda que esta fase atópase ben datada pola cultura material que se lle asocia, soamente se conservan algunhas estruturas arrasadas ou reutilizadas baixo a domus do Hexáscele e a rúa enlousada. Quizais a máis relevante, sexa unha posíbel zona de procesado e fundición de metais (bronce sobre todo) atopada baixo a rúa. Polo momento, non se puido documentar ningún tipo de estrutura defensiva para a Cibdá de Armea. Ao leste da Atalaia, existe unha finca coñecida co topónimo de "As Muradellas" debido á acumulación de pedra que se atopa no lugar. Pese ao suxerinte do topónimo, até o de agora non podemos afirmar que exista unha posíbel muralla perimetral nesta zona. De feito, na ladeira oposta, cara ao oeste, as sondaxes efectuadas non puideron documentar estrutura defensiva ningunha, só muros que socalcan a ladeira cara a onde transcorre a vía. As construcións están directamente inspiradas na arquitectura doméstica romana –casa de atrio, patio ou peristilo–, con algúns paralelos en xacementos do norte de Portugal Nas escavacións recentes púidose recuperar unha gran cantidade de material que nos axuda a coñecer a vida cotiá dos habitantes da Cibdá e a datar as construcións. A localización e escavación dunha foxa de extracción de xabre para a construción, que posteriormente se empregou como vertedoiro, unida á escavación das propias domus, permitiunos atopar numerosos obxectos empregados no día a día, como potes para cociñar, morteiros para preparar alimentos ou xerras para beber, así como vaixelas finas procedentes da Galia e doutras zonas de Hispania ou copas e pratos de vidro. Igualmente, atopáronse suntuosos obxectos para o adorno persoal, como fibelas, contas de colar ou agullas para o cabelo. A Cibdá destaca tamén pola riqueza dos elementos arquitectónicos e decorativos en pedra. Acháronse numerosos trísceles, hexásceles e rosetas nos derrubes dos muros das domus, que agora lles dan nome. Como xa dixemos, nos anos 50 recolléronse e documentáronse moitos elementos nas aldeas da zona, reaproveitados en construcións tradicionais. Habería que sumar os numerosos capiteis e basas de columnas, cornixas decoradas ou uns curiosos pináculos ou remates piramidais aparecidos entre os derrubes da casa do Tríscele. As lendas do monte Armea O monte de Armea é o escenario de varias lendas populares. Nun dos grandes bolos graníticos que definen a paisaxe do lugar, di a lenda que habita unha moura. A moura garda baixo o penedo un gran tesouro, que vixía para que ninguén llo roube. Con todo, a lenda máis coñecida é a que relata o martirio de Santa Mariña, da que son protagonistas os restos arqueolóxicos espallados por toda a contorna. A rapaza Mariña era filla dun mouro e foi criada por unha cristiá chamada Ana. Mariña frecuentaba habitualmente os montes de Armea, pastoreando ou fiando. Cando tiña 15 anos, un soldado romano chamado Olibrio namorouse dela. Ante a negativa de Mariña de atender as súas peticións, Olibrio encerrouna e torturouna de diversos modos, mais ela sempre sandaba. Di a lenda que a levaron ao forno da sauna, onde intentaron queimala. Non obstante, San Pedro rescatouna sacándoa por un burato do teito e refrescouna nas veciñas Pioucas da Santa –un posíbel lagar romano–. Finalmente, Olibrio canso das súas milagres mandou decapitala. Ao caer ao chan, a súa cabeza deu tres botes, onde brotaron tres fontes que aínda existen na actualidade en Santa Mariña onde foi soterrada. Mariña seguiu facendo milagres tras a súa morte. Dise que no petróglifo da Vacariza liberou a un cristián que fora apresado polos musulmáns. No petróglifo quedaron marcados os elos das súas cadeas, así como as pegadas das patas do seu asno. Como vemos, a Cibdá e o conxunto de Armea son lugares cun rico patrimonio arqueolóxico, histórico e etnográfico. Aínda que até o momento, soamente se atoparon estruturas na Atalaia, a presenza de elementos como as Pioucas da Santa –posíbel lagar– ou aliñacións de pedras que se intúen nos camiños, indícannos que o monte de Armea, cunha extensión aproximada dunhas catro hectáreas, aínda garda un gran potencial para continuar a investigación sobre os primeiros séculos da nosa Era no val do Arnoia. A Cibdá de Armea: investigación, formación e divulgación Desde que comezaran os traballos no Monte do Señoriño en 2011 e na Cibdá de Armea en 2014, o conxunto histórico-arqueolóxico do monte de Armea púxose de novo no mapa dos xacementos romanos máis relevantes da Galiza, tanto pola espectacularidade dos restos estruturais e cultura material recollidos, como por todos os axentes implicados nun proxecto de investigación singularmente lonxevo na nosa comunidade. O Proxecto Armea supón un esforzo conxunto da Universidade de Vigo, o Concello de Allariz e, máis recentemente, a Xunta da Galiza, que até o de agora obtivo excelentes resultados. A implicación das entidades políticas e veciñais de Allariz permite continuar cada ano coas investigacións en Armea, así como conservar e musealizar os restos atopados. Así, o xacemento constitúe un valor patrimonial para o concello de Allariz, que suscita un grande interese, recibindo miles de visitantes ao ano. Ademais, as escavacións que se realizan cada verán funcionan como unha das escasas escolas de arqueoloxía de campo para estudantes de toda España, Europa e incluso dos Estados Unidos de América. Armea e Castromao puideron ser os núcleos máis importantes dun amplo territorio que se estendía ao longo do val do río Arnoia, o territorio do pobo dos coelernos e na súa vertente inicial, dos interaminicos As escavacións no Monte do Señoriño e na finca da Atalaia son o primeiro paso para recuperar o patrimonio histórico que encerra o monte de Armea. Tras 10 anos de intervencións coñecemos moito mellor o que debeu ser un aglomerado secundario de considerábeis dimensións, moi relacionado co tramo da vía romana que pasa ao seu carón, e con grande relevancia e dinamismo, segundo indican a cantidade dos obxectos importados que recibe e os restos estruturais atopados. Armea e Castromao puideron ser os núcleos máis importantes dun amplo territorio que se estendía ao longo do val do río Arnoia, o territorio do pobo dos Coelernos e na súa vertente inicial, dos Interamnicos. Tras unha primeira fase de ocupación cara aos primeiros decenios do século I d. C., que coñecemos moi parcialmente e na que tamén estaría en funcionamento o Monte do Señoriño, construiríanse as rúas enlousadas e as grandes domus con patio da Atalaia, que están ocupadas, polo menos, até o século III. Estas domus remodelaranse durante esta época, como se pode ver polo fechamento de espazos abertos e a proliferación de lareiras de tégula e espazos habitacionais. A produción de viño sería unha das actividades principais, especialmente relacionada coa domus do Hexáscele, como apuntan a existencia do lagar, dunha estancia con canles escavadas na rocha e outra cun chan impermeabilizado con opus signinum. A continuidade do proxecto será chave para profundar no coñecemento que temos non só da Cibdá de Armea e dos seus arredores, senón dos procesos históricos ao redor do val medio do Miño en época romana. |
NOS_7063 | O xuiz da Audiencia Nacional española, Eloy de Velasco, vén de citar como imputado ao director do xornal vasco Gara, Iñaki Soto, no marco dunhas dilixencias por un "presunto delito de enaltecemento do terrorismo". A citación está a xerar un forte rexeitamento en Euskal Herria, onde volve traer á memoria os casos do Egin e Egunkaria, xornais pechados pola Audiencia española | Iñaki Soto, director do xornal vasco Gara, pasa a engrosar a lista, non pequena, de xornalistas de Euskal Herría que ao longo de todos estes anos tiveron que pasar pola Audiencia Nacional no marco de investigacións, detencións ou imputacións relacionadas co conflicto vasco. Se ben o cesar o fogo de ETA semellaba abrir as portas a un novo escenario, desde a Audiencia Nacional manteñen a dinámica de 'guerra', en palabras da esquerda abertzale, contra o tecido social desta importante parte da cidadanía de Euskal Herria. Esta semana, Iñaki Soto recibeu unha notificación do Xulgado de Instrucción número 6 da Audiencia Nacional. A citación só emprazaba ao director do rotativo vasco a presentarse, "acompañado de avogado", en calidade de imputado na Audiencia Nacional, no marco dunhas dilixencias abertas polo xuiz Elo de Velasco por "enaltecemento do terrorismo", sen maior clarificación nin explicación. Unha vez na Audiencia, Soto tivo coñecemento que a imputación contra el respondía a un artigo de opinión publicado neste xornal e asinado por varios cidadáns vascos. O xuiz tamén imputa a estas persoas. Unha vez na Audiencia, Soto tivo coñecemento que a imputación contra el respondía a un artigo de opinión publicado neste xornal e asinado por varios cidadáns vascos. O xuiz tamén imputa a estas persoas Egin, Egunkaria... A Audiencia Nacional foi responsábel do peche de dous xornais vascos, Egin e Egunkaria, aos que acusaba de estar ao servizo de ETA. No operativo contra este xornal foron detidos 10 directivos do rotativo, entre eles o seu director, Martxelo Otamendi, que ao igual que outros catro dos arrestados foron sometidos a torturas. Sete anos após o peche do Egunkaria, a propia Audiencia Nacional absolvía aos imputados das acusacións que este propio organismo lles imputara. Das cinzas do Egunkaria neceu o Berria e das do Egin, o Gara |
NOS_509 | Esta cuarta feira 26 de xullo, Joaquim Nin, secretario de Presidència da Generalitat, foi interrogado pola Garda Civil no cuartel de Travessera de Gràcia. Está tamén chamado a declarar o director xeral de Atenció Ciutadana, Jordi Graells. Estes dous procedementos englóbanse dentro da investigación aberta no xulgado de instrución número 13 de Barcelona polos preparativos do referendo. | Os interrogatorios son, máis concretamente, en relación á páxina web do Pacte Nacional del Referèndum e sobre a campaña institucional do rexistro de cataláns no exterior. A Garda Civil chamou tamén a declarar a traballadores de empresas, altos cargos e funcionarios da Generalitat nas últimas semanas con relación á investigación da consulta. Segundo fontes gobernamentais, a Garda Civil visitará unha das empresas que opta ao proceso de homologación pola compra de urnas. O corpo policial requirirá tamén información ao TNC sobre o acto de Junts pel Sí no que se presentará a lei do referendo. A investigación aberta sobre os preparativos do referendo parte da denuncia do partido de ultradereita VOX polo chamado caso Santi Vidal. |
NOS_31441 | Con Olhares de perfil o mito de Greta Garbo subía a escena encarnado nun Roberto Cordovani que conseguía un dos grandes sucesos da súa traxectoria. O actor, afincado na Galiza, protagoniza a produción cinemetográfica que vén de rematar a rodaxe na Galiza e inicia o proceso de montaxe no Brasil. | Olhares de perfil foi un dos títulos co que a compañía Arte Livre do Brasil de Roberto Cordovani irrompeu na escena galega a finais dos anos oitenta, despois de sorprender con aquela obra inicial que foi Amar, verbo intransitivo. O espectáculo, que mostraba unha soberbia Greta Garbo á que lle daba vida Roberto Cordovani representouse en numerosas ocasións e acadou os máximos recoñecementos en festivais e concursos. Premio no Festival de Edimburgo, en Londres, na Mostra Internacional do Festival de Outono de Madrid e tamén o Premio Compostela de Teatro na modalidade de mellor actor protagonista. Co mesmo Cordovani a obra pasa agora ao cinema, nunha coprodución galego-brasileira dirixida polo brasileiro Raphael Amorim con Andrea Costakazawa como directora de fotografía, formando parte do equipo brasileiro que remata agora a rodaxe na Galiza e no norte de Portugal, nos privilexiados escenarios de Mondariz, Valença do Minho e Ourense. O desafío do cine O actor Roberto Cordovani, residente na Galiza desde hai máis de vinte anos, volve poñerse na pel da Garbo, un dos papeis máis poderosos que interpretou no teatro na obra coa que acadou os maiores recoñecementos artísticos. Agora, da man da produtora Arsa Crastinum, consigue finalmente que a súa Garbo pase ao cine e que o faga nos escenarios para el máis queridos, en especial en Mondariz, onde instalou hai tanto tempo a súa residencia. "Durante varios anos traballamos no proxecto mais é só agora, coa rodaxe que dá un paso adiante e toma forma de cara a nova película. Levar o mito de Greta Garbo ao cine é un grande desafío que se tornou nunha bonita experiencia", comenta o director Raphael Amorim recén rematado o proceso de rodaxe na Galiza. "Mondariz é un escenario dunha beleza natural excepcional como tamén Valença e Ourense. O traballo foi longo, de análise minucioso para non perdermos a forza da peza teatral que tivo tan grande suceso", comenta Amorim do reto de pasar á pantalla grande a obra que naceu no teatro hai xa case trinta anos. Ser fiel á historia orixinal e leal ao texto, rememorar a obra teatral mais tamén darlle unha outra forza foron os tres eixos dos que partiu á hora de se enfrontar ao proxecto que comeza agora a fase de montaxe, calcula que dez meses até que o filme estea pronto para a súa estrea que sitúa no primeiro semestre de 2016. Como será Olhares de Perfil en cine? "O propio texto ten un grande peso psicolóxico, o retrato da ambigüidade do ser humano, dos conflitos internos que son escuros mais nos conseguimos facer que se tornen máis viscerais. A profundidade do humano, do querer e non querer, dos intereses e as ambicións, dos desexos carnais vivos e os sentimentos está presente na historia que xira arredor non da propia Greta Garbo senón do mito que se crea arredor da diva", explica o director. "A Greta tiña moito diso, dese conflito interno, a pesar dela estar presidida pola fama inmensa de grande estrela. A xente consigue tela como referencia para se autoanalizar. Cen anos despois, o ser humano ten os mesmos conflitos e a gradiosidade do seu mito fai que sexa actual mesmo nos nosos días", engade Amorim para quen o conflito arredor da diva é moito máis forte que a súa propia carreira artística. Despídese tamén da súa estadía galega a directora de fotografía Andrea Costakazawa que define como "moi intenso" un período de rodaxe do que destaca a beleza dos espazos, unha calidade que apreciou se maneira especial desde o seu papel ao pé da cámara. "Trátase dun traballo psicolóxico, dunha dualidade e ambigüidade que ten ela mais, en distinto grao, temos tamén todos nós. A beleza natural dos escenarios é moi sorprendente e será un dos engados da película", sinala Costakazawa que rememora as imaxes dos anos corenta no filme que agora comeza a etapa de montaxe xa en Brasil. |
PRAZA_13202 | Os nacionalistas pregúntalle ao Goberno galego de onde partiu a orde de enviar a Policía á biblioteca na que se desenvolvía a protesta contra os recortes educativos e cuestiona a "desproporción" da actuación dos axentes | O violento desaloxo da biblioteca de Ourense chega ao Parlamento. Despois de que, na noite do pasado martes, efectivos da Policía Nacional botasen con suma contundencia os estudantes que se atopaban pechados nunha biblioteca ourensá en protesta polos recortes educativos o BNG reclama explicacións ao Goberno galego. A través dunha pregunta rexistrada pola voceira nacionalista en materia educativa, Carme Adán, e polos deputados ourensáns Alfredo Suárez Canal e Tareixa Paz o Bloque cuestiona a Xunta pola orixe das ordes do desaloxo e tamén polo xeito en que foi efectuado. "Segundo os propios estudantes que participaron no peche ata que se produciu a actuación da polícia non se tiña orixinado ningún incidente reseñable", resalta a iniciativa parlamentaia do Bloque, lembrando ademais que a acción reivindicativa "tiña prevista unha duración de vinte e catro horas". Malia estar acoutado no tempo "foi interrompido" polas forzas de seguridade, que "procederon a desaloxar de xeito contundente, a xuízo dos propios pechados, con golpes, empurróns e actuacións absolutamente desproporcionadas", din. O BNG pregúntase se a acción policial non tería como obxectivo "criminalizar" a vaga de protestas contra os recortes En opinión dos nacionalistas semella "lóxico pensar" que, "na situación de crise que se está a producir", con "dramas terribles para moitas persoas", os poderes públicos deberan darlle un tratamento de "máximo respecto" ás protestas que, coma esta, se desenvolven de xeito "pacífico" para rexeitar os recortes. "Parece difícil de entender que as decisións que se tomen" dende as autoridades, argumentan, encamiñen as accións policiais "a criminalizar a protesta contra os recortes". Neste contexto o BNG considera "lóxico que exista interese en esclarecer o acontecido" e que, polo tanto, a Xunta "aclare tamén cal é a súa opinión", tanto sobre o desaloxo como sobre "de quen partiu a orde de solicitalo". "Non se pode perder de vista que o edificio depende da Xunta" e que "os propios gardas de seguridade privada poden acreditar que até o intre" en que chegaron os axentes "non se tiña producido ningún incidente". "Curiosamente -engaden- podemos ler nos medios de comunicación que o que foron consecuencia dos altercados producidos no propio desaloxo" sexan "un argumento que se pretende utilizar dende a Xunta para criminalizar os propios estudantes". Tal e como ten informado Praza Pública os estudantes pechados lamentaron a "violencia" do desaloxo. "Agarráronnos con forza polos brazos, empregaron porras e moitos de nós temos mazaduras e rabuñaduras polo corpo". "Racharon as camisolas de varios compañeiros e intentaron empurrar polas escaleiras a varios mozos, incluído a unha moza menor de idade que por pouco cae a rolos", explicaron, nun contexto no que as "faltas de respecto e insultos" foron "contínuas", din. |
PRAZA_16453 | A entidade provincial confía no "consenso" de partidos e institucións galegas para pedir a este organismo estatal que reclame a recuperación do inmoble para o ben público en base ao documento que certifica a nulidade da transmisión aos Franco Galicia acelera na batalla legal por recuperar a riqueza espoliada polos Franco Feijóo: "Dubido que alguén queira mercar Meirás cando se está estudando a súa incorporación ao patrimonio público" | Feijóo: "Dubido que alguén queira mercar Meirás cando se está estudando a súa incorporación ao patrimonio público" Instar a Patrimonio Nacional a iniciar o proceso para a recuperación do Pazo de Meirás. Esa é a fórmula coa que a Deputación da Coruña buscará a reversión do inmoble propiedade da familia Franco, baseándose no informe histórico xurídico presentado este xoves, que "abre unha porta á esperanza" e concede "vías legais" e "moitas posibilidades" para que as Torres pasen a ser un ben público. A Deputación cre que o informe sobre o Pazo "abre a porta á esperanza" e ofrece "vías legais" e "moitas posibilidades" de recuperalo para o público Así se manifestaron tanto Valentín González Formoso, presidente da Deputación, como a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, na presentación do "sólido, contundente e rigoroso" informe coordinado polo historiador Emilio Grandío e o xurista Xabier Ferreira, ambos tamén presentes nun acto no que se advertiu de que as conclusións do documento fixeron que "mudase o escenario". Tanto que todos os presentes coincidiron no "optimismo" de cara a acadar un "consenso" entre as forzas políticas e as administracións galegas para reclamar a recuperación do Pazo en base á nulidade da súa transmisión aos Franco, que terían levado a cabo unha compravenda "ficticia" para evitar, precisamente, que o inmoble acabase en mans de Patrimonio Nacional, onde debería estar segundo aclara o estudo. De confirmarse esta fórmula, a pelota pasaría ao tellado do Goberno central, de quen depende Patrimonio Nacional, organismo público responsable dos bens de titularidade estatal procedentes da xefatura do Estado. De feito, a Deputación solicitará unha entrevista co presidente do consello de administración desta entidade para trasladarlle o informe e instalo a que, coa base dese documento, presente a demanda para que o Pazo acabe en mans públicas. A Deputación trasladaralle a Patrimonio Nacional o informe que demostraría que a compravenda do Pazo foi "ficticia" Segundo Grandío e Ferreira, hai "indicios sólidos" que demostrarían a nulidade daquel contrato de compravenda asinado en 1941 que concedía a titularidade privada do inmoble ao ditador Franco, anos despois de que a súa familia o usase e de que lle fose donado "nun clima bélico e de represión". Aquel contrato "simulado", tal e como se indica no informe, tiña precisamente como obxectivo evitar que o Pazo se integrase no Patrimonio Nacional tras a lei aprobada en 1940 que regulaba a cesión dos bens do xefe de Estado ao público. De feito, o documento indica como daquela operación cifrada en 85.000 pesetas nunca se soubo dos cartos ou como se incluíu unha cláusula que esixía perder calquera dereito sobre o ben. "Se o contrato é simulado, pódese impugnar en calquera momento", advertiron, logo de aludir ao estudo, no que se certifica que o inmoble era empregado como residencia oficial do xefe do Estado e que, naquel contexto ditatorial, "había unha confusión absoluta entre o que era público e o que era privado". "Funcionaba como o palacio do Pardo; once meses alí e un en Meirás", engadiron. A entidade provincial buscará consensuar unha moción para reclamar a Patrimonio Nacional que inicie o proceso e pedirá que a Cámara galega faga o mesmo Con toda esta base documental, xurídica e histórica "sólida", a Deputación iniciará unha batalla civil e política. Primeiro, convocando xa para a proxima semana unha reunión extraordinaria da xunta de portavoces para consensuar unha moción que debería ser aprobada por unanimidade no pleno do 23 de marzo para instar a Patrimonio Nacional que inicie o proceso de recuperación do Pazo. Logo, solicitando unha entrevista cos respondables desa entidade para trasladarlles o informe, ademais dun encontro co presidente do Parlamento galego e cos grupos paralmentarios co obxectivo que desde a Cámara tamén se inste ao organismo oficial que vela polos bens públicos a que reclame o BIC (Ben de Interese Cultural) situado en Sada. "Hai esperanzas en recuperar este BIC para o dominio público tras a lamentable a imaxe que durante décadas demos como país", di Formoso "Toda a cidadanía galega ten agora esperanzas en recuperar este BIC para o dominio público tras a lamentable a imaxe que durante décadas demos como país", dixo con contudencia o presidente da Deputación, Fernández Formoso. "Debe coñecerse a verdade do acontecido, os estudos deixan patente que hai vías legais para recuperar o Pazo para a sociedade" afirmou, pola súa banda, Sanmartín, que agarda que "tanto polos datos que presentan os informes como por este consenso", Patrimonio Nacional sexa "sensíbel" coa proposta, dado que "o escenario cambiou e a solidez do informe deixa sobre a mesa esta posibilidade".´ Pazo de Meirás / CC BY-SA Merce Blanco A vía elixida pola Deputación semella ser compartida tanto polas formacións políticas como pola propia Xunta, ademais de pola comisión de expertos encargada polo Goberno galego. Con todo, a posta en venda do Pazo por parte dos Franco acelerou un proceso que agora se ve con optimismo. Fontes da Xunta pro Devolución do Pazo --reunida antes do acto para validar os acordos e integrada por 40 concellos, máis de 40 entidades civís, a propia Deputación e universidades-- advirten do "sólido" dunha fórmula que dificilmente será rexeitada por partido ningún, tampouco parece que polo PP. Sanmartín agarda que o pretendido "consenso" político en Galicia faga que Patrimonio Nacional sexa "sensíbel" coa proposta A negativa de Patrimonio Nacional a reclamar a propiedade pública da residencia con todos os datos xurídicos e históricos enriba da mesa non sería ben vista nin na propia Xunta, que xa manifestou a súa intención de apoiar calquera iniciativa por ese camiño, máis aínda cando se trata así de evitar un proceso xudicial moito máis complexo ou o pagamento polo inmoble á familia do ditador. O propio Feijóo, preguntado pola posible venda de Meirás, asegurou que dubida que sexa algo "serio" ou que "alguén queira comprar ese Pazo no momento no que se está a estudar a súa posible incorporación ao patrimonio público". |
NOS_34327 | Organizado pola iniciativa 'Twitter en galego', está a ter unha gran acollida nas redes. O gañador darase a coñecer o 17 de maio, Día das letras galegas. | Cal é a mellor conta de twitter en galego? Esta é a pregunta que fan desde a iniciativa 'twitter en galego' no 'Premio á conta 2016'. O concurso comezou o 26 de abril e rematará o 17 de maio. Abrirase unha primeira rolda que consistirá en recoller todas as propostas que envien os usuarios e usuarias de Twitter a través dun formulario que se pode mandar por mail. Só se aceptará unha proposta por enderezo electrónico e aquelas contas que cumpran os requisitos de participación. Este proceso durará ata o 7 de maio. As tres contas máis mencionadas pasarán a unha segunda rolda onde un xurado elixido pola iniciativa escollerá a conta que máis crea conveniente segundo seu criterio. A conta gañadora darase a coñecer o 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas. Poderán participar todas aquelas contas que empreguen a lingua galega na maioría das súas publicacións ( máis do 80% de chíos en galego). |
NOS_40445 | Feche de bares, restaurantes e cafeterías para atención ao público. A medida non afecta ao comercio minorista de produtos de primeira necesidade mais si ao resto. Os centros comerciais só poderán abrir as zonas de alimentación. | Núñez Feixoo compareceu na tarde desta sexta feira e após o Consello da Xunta extraordinario para informar de que declaraba a emerxencia sanitaria na Galiza e que se activaba un plan territorial de emerxencias, con el como mando, e con competencias para ditar medidas que poidan afectar a dereitos dos cidadáns dentro do que limite a lei. Desde confinamento a evacuación ou control de accesos, especificou Feixoo na súa intervención, feita en español. O presidente desvelou as primeiras medidas aprobadas polo Goberno galego e que terán unha duración inicial de 14 días a partir das 00:00 horas: feche de bares, restaurantes e cafeterías para atender ao público se ben si que poderán manter o envío a domicilio ou a recollida de pedidos por clientes (mais sempre cumprindo uns requisitos). Esta medida non afecta, dixo, nin a establecementos hostaleiros nin a restauración ligada aos mesmos sempre que sexa para dar servizos a clientes. Tamén fechan os comercios agás minoristas de produtos de primeira necesidade, de panaderías a peixerías, carnicerías. Froterías, pasando por quioscos e gasolineiras. No que atinxe a grandes superficies, Núñez Feixoo dixo que só poderá estar aberto aqueles espazos ligados á alimentación e apuntou o feche de salas de concerto, discotecas, pubs, furanchos. Tamén falou o presidente de que se fixaban condicións para os funerais: aforo máximo de un terzo do tanatorio e o cortexo de acompañamento fúnebre non pode superar as 25 persoas. Feixoo explicou que a adopción destas medidas, que poden ter novos anuncios nestes días, adoptáronse en base á información agecada por expertos, nas recomendacións de organismos internacionais ("piden medidas máis drásticas") e no marco da "folla de ruta" do Goberno español. A trespecto do mantemento ou adiamento das eleccións do 5-A, o presidente manifestou que "non hai ningún galego preocupado polas eleccións" e remitiu á xuntana que esta segunda feira manterá cos representanets dos diferentes partidos. "Distanciamento social"· Feixoo falou de "distanciamento social" e mandou unha mensaxe: "as persoas que veñen doutras comunidades non poden vir a Galiza a pasar uns días, a ir de bares e restaurantes". E, dixo, "con cariño: que fiquen nas súas casas" para evitar "estender o virus". |
NOS_17347 | O Goberno Syriza está atrapado entre dous lumes: o externo e o interno. O externo é a batalla para conseguir que a UE dea luz verde aos compromisos que asumiría Atenas para obter a prórroga de 4 meses do segundo rescate. O interno, o amago de rebelión da ala esquerda do partido. | Ten difícil Tsipras vender en Grecia que a pasada sexta feira saíu vitorioso da reunión do Eurogrupo -cando conseguiu a prórroga do rescate por espazo de 4 meses, condicionada a que a UE aprobe unha listaxe de compromisos que iría presentar Atenas- desde o momento en que voces prominentes do seu propio partido critican o acordo, por o considerar unha claudicación. Este domingo, fontes do Goberno heleno filtraron a France Press e á axencia española Efe parte dos conteúdos da oferta de reformas á que se compromete Atenas para conseguir financiamento por espazo de 4 meses. Segundo Efe, hai un documento de tres páxinas moi vago en que o Goberno de coligazón formado por Syriza e Gregos Independentes se forma como principal propósito a loita contra a fraude fiscal e a corrupción, vías para obter recursos financeiros sen recorrer ao financiamento externo. Grecia non arría a bandeira en materias sensíbeis para Syriza como as pensións e o IVE: Atenas non ten intención de reducir aquelas nen de subir este. En troca, si que asume que o compromiso eleitoral de incrementar o salario mínimo terá de realizarse "progresivamente". "Cambiar o nome Troika polo de "institucións", o de "memorando" [resgate] por "acordo" e o de "prestamistas" por "socios" non muda nada" Porén, o que é obxectivo é que Grecia finalmente si demandou a continuidade do rescate, contra o dito na campaña eleitoral por Tsipras, o que envolve que dun xeito ou doutro se verá obrigado a introducir recortes. Aliás, calquera alteración sobre o termos do rescate pactados no seu día polo goberno heleno anterior de Nova Democracia terán de ser supervisados polas "institucións", o eufemismo co que na nova xíria da UE pasa agora a denominarse a Troika, isto é, o BCE, a Comisión Europea e o Fondo Monetario Internacional. As concesións de Grecia ao Eurogrupo teñen provocado non poucas ronchas na ala esquerda de Syriza e até no propio goberno. Destarte, quen pasa por ser a figura máis sobranceira dese sector na coligazón que lidera Tsipras, o ministro Lafazanis, declarou que "non podemos permitir que se castigue a vontade popular e o programa eleitoral; a Troika e os rescates son xa pasado e non hai que reconstruílos". Nunha liña aínda máis crítica, unha lenda da esquerda antifascista grega, Manolis Glezos, escrebeu no seu blogue: "Cambiar o nome Troika polo de "institucións", o de "memorando" [resgate] por "acordo" e o de "prestamistas" por "socios" non muda nada". Glézos é un mito da esquerda helena. Aos seus 92 anos senta nun dos escanos de Syriza no Europarlamento. Aos 18 anos garantiu o seu oco na historia ao despendurar a bandeira nazi da Acrópole. Pois ben, Glezos desculpouse "ante os votantes de Syriza por ter participado nesta ilusión", dixo en alusión ao cambio de goberno no seu país. |
NOS_27339 | O Lugo selou a súa primeira vitoria a domicilio esta temporada, ao vencer por 0-2 ao Zaragoza, grazas aos goles de Pita e de Dongou. | Gran partido do Lugo na Romareda ante un dos clubes grandes da segunda división que comezou co claro dominio dos homes de Javi López nos primeiros quince minutos. O primeiro en avisar foi Cristian Herrera cun man a man que o porteiro local abortou, mais ao pouco Pita asinaba un dos tantos da temporada. Aproveitou que o porteiro arxentino estaba adiantado e golpeou o esférico dentro das redes desde o círculo central. O gol de Pita deulle ao Lugo máis azos e máis ocasións de gol, nos pés de Cristian Álvarez, de Dongou e de Iriome. Após o descanso, o Zaragoza dispuxo dunha clara ocasión mais quen conseguiu mover o marcador volveu ser o Lugo, con Dongou, que pelexou até o último balón. Aproveitou a xogada iniciada por el propio e que pasou por un disparo de Cristian Herrera despexado polo porteiro local para, no rexeitamento, marcar o segundo. Os galegos foron quen de xestionar os tempos do partido e lograron finalizar coa portería a cero. O próximo obxectivo: o Mallorca no Anxo Carro. Zaragoza: Cristian, Benito, Grippo, Verdasca (Aguirre, min 76), Lasure, Zapater, Javi Ros, Buff (Papunashvili, min 46), Pombo, Marc Gual (Soro, min 67) e Álvaro Lugo: Juan Carlos, Leuko, Vieira, Josete, Kravets (Jose Carlos, min 62), Iriome, Pita (Azeez, min 78), Seoane, Aburjania, Dongou e Herrera (Campillo, min 69) Goles: 0-1, min 22: Carlos Pita. 0-2, min 56: Dongou. |
PRAZA_11344 | Sánchez aposta por colocarse como garantía de "goberno forte", pero tamén como piar "progresista" fronte á "dereita covarde e á ultradereita agresiva" e Pablo Iglesias semella ver libre o carril máis á esquerda. Casado evidencia que se as contas lle dan, o PP encabezará unha alianza apoiada nos escanos que obteñan C's e a extrema dereita | Pasaban das dez da noite, o extravagante prime time das televisións españolas que segue onde estaba malia ás promesas, cando os líderes de PSOE, PP, Unidas Podemos, Ciudadanos e Vox se colocaron por tras dos atrís instalado para a ocasión nun xélido pavillón dos arrabaldes de Madrid. Alí foi onde, ante os receos dalgunhas forzas políticas pola televisión pública, a Academia de Televisión construíu un plató cunha acústica imposible para acoller o principal debate televisivo da campaña electoral das eleccións xerais do 10 de novembro.Un orballo de mentiras sobre violencia machista ou inmigración, sobre sanidade pública ou nocións básicas de historia. Orballo do que semella que non molla pero enchoupaO escenario foi a primeira das novidades do encontro. A segunda, que no centro do plató -correspondeulle o lugar por sorteo- estaba Santiago Abascal, líder de Vox, que dispuxo dun confortable altofalante para trasladar ao horario de máxima audiencia en televisión os lugares comúns que a extrema dereita neofranquista espalla dende hai anos en internet, xa sexa en redes sociais ou en sitios web afíns. Un orballo de mentiras sobre violencia machista ou inmigración, sobre sanidade pública ou nocións básicas de historia. Orballo do que semella que non molla pero enchoupa, coas comunidades autónomas como fonte de todo mal. Sen apenas retruque dos demais, citas falanxistas incluídas, mentres apostaba ás claras por dinamitar pola vía autoritaria o vixente modelo de Estado.A extrema dereita guindou as redes á procura de ampliar o caladoiro nun debate televisivo atravesado pola cuestión catalá e co ausente Joaquim Torra como un dos nomes máis repetidos. O socialista Pedro Sánchez prometeu "diálogo", pero tamén máis dureza con promesas como recuperar a tipificación como delito das convocatorias de referendos irregulares, así como mudar a lexislación audiovisual para obrigar a elixir as direccións das televisións autonómicas por maioría de tres cuartos de cadanseus parlamentos -medida recentemente aprobada en Catalunya e tan vixente como incumprida en Galicia dende o ano 2011-. O líder do PSOE quixo evidenciar ton presidencial como único garante posible dun "goberno forte", tamén para o electorado máis cara ao centro que noutrora ollou cara ao Ciudadanos dun Albert Rivera que semellou non atopar rumbo novo para evitar o naufraxio que lle prognostican as enquisas, cuxa publicación xa está prohibida. A sucesión de obxectos -entre eles, o que presentou como un anaco de lousa dunha rúa de Barcelona arrincada durante os disturbios de hai dúas semanas- e cartolinas fixo inaudible o seu discurso.Sánchez apostou por colocarse como garantía de "goberno forte", pero tamén como garantía "progresista" fronte á "dereita covarde e á ultradereita agresiva"; Pablo Iglesias semellou ver libre o carril máis á esquerdaCon Sánchez colocado no centro, pero tamén presentándose como garantía "progresista" fronte á "dereita covarde e á ultradereita agresiva", o líder de Unidas Podemos semellou ver libre o carril máis á esquerda. Cando nos primeiros compases da emisión, o resto de partidos explicaba as súas propostas para frear o independentismo catalán, o anegaba todo, Pablo Iglesias aproveitaba para se referir a problemáticas doutros puntos do Estado como Galicia, Canarias ou Extremadura. Faríao máis veces durante a longa noite mentres reclamaba a Sánchez que apostase polo goberno de coalición de esquerda que non fraguou tras o 28A e instábao a non ter tentacións de pactar pola dereita, o que o líder do PSOE negou mentres afastaba esa eventual alianza con Unidas Podemos. Porque os separan posicións sobre Cataluña, salientou.Alén de encerellarse con Rivera, Casado evidencia que se as contas lle dan, encabezará unha alianza apoiada nos escanos que obteñan C's e a extrema dereitaCoa coalición de esquerda practicamente desbotada, Sánchez fixo súa a chamada a "deixar" gobernar á "lista máis votada" -en referencia ao grupo máis numeroso do Congreso- no caso de que ninguén acade maioría de investidura. E a fixar ese precepto por lei mentres bosquexaba a estrutura dun novo goberno coa coruñesa Nadia Calviño á fronte dunha vicepresidencia económica. Non entrou abertamente á idea Pablo Casado, que alén de encerellarse con Rivera cando o líder de Ciudadanos axitou os casos de corrupción do PP, deixou claro pola vía dos feitos que se as contas lle dan, encabezará unha alianza apoiada nos escanos que obteñan Rivera e mais nos da extrema dereita. A mesma cuxo líder seguía a trasladar en prime time mentiras confinadas ata hai pouco na marxinalidade procurando facelas pasar por accesos de sentido común.Eran máis das doce da noite cando comezou o bloque final do encontro, o de política internacional, que varios dos candidatos aproveitaron para coar ideas sobre outros eidos que non lles dera tempo a verbalizar nas dúas horas previas. Á unha menos dez rematou e as contas en redes sociais dos partidos participantes esforzábanse en proclamar cadansúa vitoria. O reflexo do acontecido nas enquisas -nas de intención de voto, non nas de nula utilidade en webs diversas- coñecerano as empresas que as realizan, os partidos que as sufraguen e algúns medios. Próxima parada, as urnas. |
NOS_6568 | A Galiza fica á cabeza do Estado en número de ingresos en UCI nos últimos sete días. Aliás, este 1 de marzo comunicáronse 14 novos falecementos a causa do coronavirus. | A Galiza rexistrou un total de 27 ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) a causa do coronavirus na última semana, segundo os datos que publica esta segunda feira, 1 de marzo, o Ministerio de Sanidade. Desta forma, a Galiza é o territorio no Estado con maior número de ingresos entre os días 21 e 28 de febreiro, seguida por Andalucía (19) e Asturies (17). Con todo, eses 27 ingresos en UCI supoñen un descenso de 37% respecto aos 43 rexistrados na anterior semana. En total, desde o comezo da pandemia, 1.601 persoas con coronavirus pasaron polas UCI galegas. Os casos de Covid-19 que necesitaron hospitalización nos últimos sete días na Galiza foron 197 -esta cifra tamén inclúe os ingresos en UCI-, segunda maior cifra entre comunidades, só por detrás de Andalucía (318). Un total de 12.043 persoas foron hospitalizadas con coronavirus desde hai un ano. Na Galiza hai 113 persoas en UCI con Covid-19, cunha ocupación de 14,3%, segundo os datos que a Xunta dá ao Ministerio. Esta taxa é seis puntos menor que a da semana anterior. A ocupación media no estado español é o dobre (28%). Hai 477 pacientes hospitalizados a causa da Cocvid-19 na Galiza, o que supón 5,66% de ocupación hospitalaria. No Estado esta cifra está en 9,36%. Noutra orde de cousas, entre o 22 e o 28 de febreiro, diagnosticáronse oito casos na Galiza importados doutros países. 14 novos falecementos As autoridades sanitarias confirmaron esta segunda feira, 1 de marzo, 14 novos falecementos con Covid-19, o que eleva a 2.252 o total de vítimas da pandemia na Galiza. Destas 14 novas mortes, só unha se produciu este 1 de marzo, en concreto un home de 67 anos que se atopaba ingresado no Hospital Quirón Saúde da Coruña. O resto foron falecementos rexistrados desde a sexta feira, pero todos eles presentaban patoloxías previas. Unha das falecidas foi unha muller de 89 anos na residencia A Milagrosa da Coruña, o pasado día 26. Ao día seguinte, faleceron dúas mulleres de 90 e 95 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, outra de 86 no CHUAC e un home de 95 anos na residencia A Milagrosa da Coruña. O domingo faleceu unha muller de 90 anos no hospital de Vigo, outra de 83 no Complexo Hospitalario de Santiago, un home de 86 no de Lugo, outro de 89 no de Ferrol; unha muller de 81 anos na residencia CEGADI (Santiago); outra de 83 no hospital de Ourense; un home de 82 anos no Hospital Virxe da Xunqueira (cee); e outro home de 71 anos no hospital de Pontevedra. Dúbidas sobre o impacto da variante británica O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Estado español, Fernando Simón, volveu pór en dúbida esta segunda feira que a variante británica do coronavirus tivese un impacto "importante" na terceira onda de contaxios. Así, Simón insistiu en que o rápido incremento da transmisión do coronavirus rexistrado nestes meses débese, especialmente, ás festas de nadal e non tanto á presenza da variante británica. "Non se pode xustificar, si é certo que puido ter un impacto, pero non foi moi importante e, cos datos que temos, pódese afirmar que esta variante foi controlada en España coas medidas de control que se aplicaron", apostilou. Con todo, o doutor lembrou que actualmente hai varias variantes circulando polo Estado e que parecen "máis transmisíbeis" e que, mesmo, están a producirse mutacións nesas variantes. Doutra banda, Simón defendeu a importancia das vacinas contra o coronavirus porque son "chaves" para controlar a pandemia en todo o mundo, e asegurou que en España haberá vacinas "suficientes" para lograr os obxectivos de vacinación fixados. "Os obxectivos van ser factíbeis, pode que nestas semanas non cheguen tantas vacinas como esperabamos pero compensarase nas semanas seguintes", salientou. Así mesmo, Simón asegurou que o control da letalidade pola Covid-19 que se está observando nos últimos días débese, "en moi boa parte", á vacinación. |
NOS_6656 | A asociación de cerqueiros critica que se manteña no plan de xestión para 2016 os mesmos criterios de reparto que, afirman, están a arruinar esta frota. Non descartan medidas xudiciais. | A Asociación de armadores do cerco de Galiza (Acerga) acusa o Ministerio de Pesca e Agricultura de empregar o Boletón oficial do estado (BOE) para "afundir un pouco máis" o sector. Unha acusación que se produce após a publicación no BOE do plan de xestión para 2016, un plan no que se priman os criterios históricos e non os 'liñais', como demanda o cerco galego. José Blanco, presidenten de Acerga, lamentou que máis unha vez "nin Xunta nin Ministerio atendese as nosas reivindicacións" embora proceder esta do colectivo que agrupa 120 dos 145 barcos cerqueiros galegos. O voceiro da asociación, Andrés García, mesmo falou de "acoso e derribo" de Xunta e Estado, que está a poñer en risco máis de mil empregos directos. O novo plan de xestión publicado no BOE non se negociou co sector, afirman, e é publicado por un goberno en funcións. Por iso Acerga estuda presentar querellas contra as administracións responsábeis da orde ministerial, así como recurso de inconstitucionalidade. Os responsábeis de Acerga amosáronse moi críticos coa conselleira Rosa Quintana, á que responsabilizan de ser a que "máis dano" fixo ao cerco na súa historia, e preguntáronse "que intereses ten por detrás" para procurar a "desaparición" do cerco. |
PRAZA_6267 | A Cámara dos Deputados aproba que todos os 14 de abril sexan o Día Nacional do Exiliado Español no país suramericano. O Parlamento aproba o proxecto do deputado Jorge Rivas, fillo de fisterráns e destacado defensor da memoria dos represaliados. | Todos os 14 de abril, de agora en diante, conmemorarase o Día Nacional do Exiliado Español. Será na Arxentina, logo de que a Cámara de Deputados aprobase este mércores por ampla maioría -200 votos a favor e tan só dous en contra- o proxecto do deputado galego da Confederación Socialista Jorge Rivas, fillo de fisterráns e recoñecido defensor da memoria dos represaliados polo franquismo. Será unha xornada, a que celebra cada ano a proclamación do réxime republicano, "en homenaxe a todos os españois que se viron obrigados a abandonar a súa patria despois do derrocamento da República e durante a ditadura de Francisco Franco, e que chegaron ao noso país en busca dun porvir en liberdade", tal e como manifestou o parlamentario. Todos os 14 de abril conmemorarase na Arxentina do Día Nacional do Exiliado Español Jorge Rivas é fillo de pai e nai galegos e forma parte do bloque da Frente para la Vitcoria (FpV). A súa iniciativa foi realizada xunto á Agrupación Federico García Lorca, integrada por cidadáns españois e hispanoarxentinos -descendentes en moitos casos daqueles exiliados republicanos- que militan no proxecto da presidenta Cristina Fernández de Kirchner. Esta agrupación comparte tamén co deputado galego o apoio á investigación dos crimes do franquismo e á causa aberta nos tribunais arxentinos contra os represores. A conmemoración "ten o propósito de convidar á reflexión sobre as terribles consecuencias que leva a ruptura dos procesos democráticos" "A elección para render esta homenaxe é o da data na que se proclamou o nacemento da Segunda República española, brutalmente abatida pola dereita reaccionaria -explicou Rivas- e ten o propósito de convidar á reflexión sobre as terribles consecuencias que leva a ruptura dos procesos democráticos por parte das forzas que se opoñen ao progreso social". "O 14 de Abril de 1931, a Segunda República substituíu en España á vella e reaccionaria monarquía, despois dun gran triunfo electoral dos sectores máis avanzados do país, que forzou ao rei Alfonso XIII a recoñecer o repudio maioritario á súa permanencia no poder", argumenta o proxecto. "Esa esperanza, con todo, -engadiu o dirixente galego- estaba destinada a frustrarse poucos anos despois. Non polas dificultades e as contradicións propias dese proceso popular transformador que se propuña reparar inxustizas e atrasos moi arraigados, senón pola crúa violencia dos poderosos. En efecto, o levantamento armado do exército que conducía Franco, expresión da dereita máis reaccionaria, desatou o conflito que se coñece como Guerra Civil Española. Na guerra, que rematou o 1 de abril de 1939 co triunfo do franquismo, interviñeron ao lado dos vencedores o réxime nazi de Adolfo Hitler e o fascista de Benito Mussolini. Calcúlase no medio millón a cantidade de mortos durante o conflito", lembrou Rivas, que lembrou que o réxime franquista "cometeu innumerables crimes de lesa humanidade que aínda non foron investigados nin sancionados". "Desde 1939, foron miles e miles os españois que partiron ao exilio, por razóns de conciencia, ou para salvar as súas vidas, ou porque non podían traballar nin vivir con dignidade nesa desgraciada España. Francia primeiro, e despois México e a Arxentina foron os países que máis exiliados españois albergaron. No caso do noso país, os primeiros 147 exiliados españois chegaron xa en novembro dese ano 39", engadiu Rivas, que destacou que figuras como Alberti, María Teresa de León, Manuel de Falla ou Claudio Sánchez Albornoz foron algúns dos que chegaron a Buenos Aires, onde os galegos colaboraron na fundación de editoriais como Emecé ou Botella al Mar ou na edición da revista De mar a mar. "Por suposto, non fai falta subliñar que, máis aló das celebridades mencionadas, o nutrido continxente de españois que chegou á nosa terra despois do luctuoso 1939 integrouse plenamente á sociedade arxentina, que o recibiu con solidariedade e espírito fraternal", rematou Rivas. O deputado socialista galego é unha figura moi recoñecida e admirada entre a clase política arxentina Este avogado socialista foi reelixido como candidato do Frente para la Victoria, partido que apoia a presidenta Cristina Kirchner. Fillo de emigrantes de Fisterra, a súa figura é moi recoñecida e admirada entre a clase política arxentina. En 2007, sendo vicexefe do Gabinete de Ministros, sufriu un ataque na súa vivenda que lle provocaron lesións que o deixaron tetrapléxico. Malia as súas dificultades -é incapaz de moverse e fala a través dun sofisticado sistema desde a súa cadeira de rodas- reincorporouse ao seu escano menos de dous anos despois do percance. Desde alí segue a defender causas xustas e continúa a ser admirado por simpatizantes e compañeiros. |
PRAZA_20322 | Luar é un cabalo de Troia que, cunha aparencia externa de valorizador da cultura galega e enmarcado dentro do espazo dunha televisión rexional, o que fai é introducir trazos coloniais nun mercado que non é o seu | Na obra La memoria colectiva de Maurice Halbwachs dise que a nosa impresión actual das cousas non é tan só a nosa visión e o noso recordo, senón tamén o das demais. Como seres sociais nos que nos constituímos, recibimos información constante que se proxecta nos nosos miolos en forma de imaxes, modificando ou corrixindo ás que xa había. Axudando, reconfigurando ou confundindo, consciente ou subconscientemente. Neste punto, é imprescindíbel reflexionar sobre a labor dos medios nesta produción ou reprodución de realidades. E máis dos medios públicos. É imprescindíbel reflexionar sobre a labor dos medios nesta produción ou reprodución de realidades. E máis dos medios públicos Xose Ramón Gayoso vai recibir este 28 de xuño unha das Medallas Castelao desta edición 2017 logo de 25 anos e máis de 1000 programas presentando, e co-dirixindo, a súa grande obra: o Luar. Un ritual do que el é o funcionario feiticeiro cada venres. Se lle poñemos un caldeiro xigante e un pucho semellante ao de Merlín, o medallista non dubida en botar dentro á banda da Escola de Gaitas de Ortigueira seguida de María del Monte. Xacarandaina e Natalia de Operación Triunfo. Cantigas e Agarimos e o Dúo Dinámico. A Roda e Isabel Pantoja. Pili Pampín e Andy y Lucas. Revólvase coa batedora do orzamento público. Sírvase quente, en prime time, e déase de tomar ao pobo galego. É de supor que unha televisión pública e nacional, como é a Televisión de Galicia, debera contribuír a manter e dinamizar a renovación das manifestacións culturais propias. Os mesmos directores do programa, Gayoso e Teo Manuel Abad (de quen é a idea orixinal do show), afirman que "queremos por en valor a cultura de Galicia" mais, como vemos, o que se fai no guión e sobre do escenario é mesturar trazos dunha cultura propia particularísima con exemplos dunha cultura allea como é a española. Estase así producindo un concepto do espectáculo galego como algo parcial –non asume a representación do espectro amplo que si existe no panorama espectacular presente en Galicia– e centrado en torno á idea dun folclore inmobilista adornado con toda a superestrutura de traxes típicos e repertorio de cancións populares hipercoñecidas. Ao lado, as que outrora foran estrellitas do panorama castellano e que, antes de colgar os micrófonos, veñen a darnos as últimas notas. A dar a nota. Luar é, por tanto, un cabalo de Troia que, cunha aparencia externa de valorizador da cultura galega e enmarcado dentro do espazo dunha televisión rexional, o que fai é introducir trazos coloniais nun mercado que non é o seu Pode que se estea a colar a idea de que valorizar o propio consiste en poñelo ao lado de representacións doutra cultura á que se está considerando superior por hexemónica? Pode. Luar é, por tanto, un cabalo de Troia que, cunha aparencia externa de valorizador da cultura galega e enmarcado dentro do espazo dunha televisión rexional, o que fai é introducir trazos coloniais nun mercado que non é o seu. É esta unha das conclusións que sosteño froito dun estudo realizado con emigradas galegas que continúan a ver o programa dende a diáspora. Para elas, a memoria cultural que conservan é esa que se sigue conformando a través dos medios que visualizan, como dicía Halbwachs. Máis se cabe no seu caso, que é un dos poucos espazos que manteñen de contacto coa súa comunidade orixinaria. O programa Luar refire unha rede simbólica na que se proxecta a imaxe dunha Galicia idealizada en torno a un concepto particularísimo e ficticio. Sen embargo, esta idea é tomada como propia por boa parte da comunidade luareira, o cal, enfrontado á ampla realidade cultural existente no país, non deixa de ser un exemplo da falta de actualización do medio audiovisual público galego. Só queda renovarse ou acabar asumindo que ser galegos é ver o Luar, saberse as estrofas completas do himno da patria, comprar no Gadis e beber Estrella Galicia. O programa Luar refire unha rede simbólica na que se proxecta a imaxe dunha Galicia idealizada en torno a un concepto particularísimo e ficticio Ben é certo, aínda que non o dixese Halbwachs, que as beberaxes sempre afectan máis a unhas consumidoras que a outras. Mentres Alberto Núñez Feijóo describía nestes días a Xosé Ramón Gayoso coma "historia viva da TVG", un dos últimos venres o feiticeiro, funcionario público e agora medallista fixo unha das súas míticas chamadas ao azar, á que desta vez respondeu no teléfono unha muller: "bueno, carallo, bueno". E colgou. *Os argumentos deste artigo están tirados ao completo do Traballo de Fin de Grao realizado para a obtención do Grao en Xornalismo pola USC no pasado curso 2016/2017 e titulado 'O programa Luar, da TVG, como disparador de memoria cultural nas comunidades migrantes galegas', a disposición de calquera interesada (contacto: [email protected]) |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.