ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_8965
Para denunciar a "espido da humanidade" perante o muro da vergoña de Melilla, Pallasos en Rebeldía, co clown galego Iván Prado como voceiro, desenvolveu unha acción reivindicativa que rematou cos artistas sen roupa á beira da reixa.
Con tres artistas sen roupa diante do muro da vergoña de Melilla rematou a acción de Pallasos en Rebeldía e a compañía de circo Kanbahiota que se desenvolveu ao pé do valado co fin de denunciar a inxustiza de barreiras como o aramio do goberno marroquí. A Garda Civil interrogou e pediu os datos ao clown galego no remate da acción reivindicativa. Nariz vermello, sorriso e humor son as tres armas que Iván Prado destacou na súa loita contra as inxustizas. Desta volta, quixeron mostrarse nus perante "a vergoña do poder e o silencio colectivo" da que é exemplo a fronteira de doce quilómetros na cidade de Melilla, cunha barreira que, segundo sinalan desde o colectivo "atenta contra a liberdade e os dereitos das persoas individuais e do conxunto da humanidade". O muro consta de tres reixas de seis metros coroadas por afiadas coitelas colocadas polo estado español que producen feridas a quen tenta atravesala.
NOS_6826
Dominador, perfeccionista e intenso, Francis Albert Sinatra nasceu há um século.
Ao longo da carreira, vendeu mais de 500 milhões discos, recebeu 31 discos de ouro, 18 de platina, conquistou ganhou 13 Grammys. Deixou para a posteridade 1.800 gravações e 12 biografias. Aliás, 13, porque a mais recente acaba de ser lançada nos Estados Unidos revelando um Frank Sinatra sempre a lutar pelo poder, fosse no mundo da música, no cinema, na televisão ou mesmo na política. O livro de James Kaplan, Sinatra: The Chairman, é, na verdade, o segundo volume da biografia do cantor norte-americano, depois de Frank: The Voice, lançado em 2010. E, a julgar pelos relatos da imprensa norte-americana, Nascido a 12 de Dezembro de 1915 em Hoboken, no estado de New Jersey, Francis Albert Sinatra teve uma infância marcada pelas origens italianas da família, a rigidez de mãe e a pobreza, acentuada pela Grande Depressão depois de 1929. Não era compositor e fazia sempre questão de dizer que era um intérprete Estudou música, mas aprendeu a arte de respirar com os trombonistas e a tocar piano sozinho. Não era compositor e fazia sempre questão de dizer que era um intérprete. Começou por cantar nas orquestras de Tommy Dorsey e Harry James, fazendo bem a transição entre o swing e o jazz e algumas baladas românticas. A sua popularidade foi tanta que o seu epíteto passou a ser The Voice (A Voz) – o seu brinde preferido era "que vivas 100 anos e a última voz que ouças seja a minha". É verdade que contou com a ajuda da máfia para se tornar actor em Hollywood, mas essa foi só a porta de entrada, porque depois provou que era mais do que apenas um cantor, tendo entrado em mais de 50 filmes e ganho um Oscar de actor secundário pela sua interpretação no filme Até à Eternidade, de Fred Zinneman. Foi também protagonista de um dos mais belos melodramas que Hollywood produziu, Some Came Running/Deus Sabe Quanto Amei, de Vincent Minnelli, e desse dramático O Homem do Braço de Ouro, de Otto Preminger. Na música que a lenda se tornou lenda, criando megashows Mas foi na música que a lenda se tornou lenda, criando megashows, ajudando a construir um género nos casinos de Las Vegas, fundando empresas discográficas e até sendo um dos vanguardistas na exploração do dueto como forma de dar outro brilho a velho material. Harry Connick Jr., Celine Dion, Tony Bennett, Lady Gaga, John Legend, Usher, Alicia Keys, Adam Levine, Nick Jonas juntaram-se num concerto de homenagem a Sinatra que foi transmitido no passado domingo pelo canal de televisão norte-americano CBS. Há também duas exposições em Nova Iorque que comemoram o centenário, um documentário de quatro horas de duração feito para a televisão americana promete também ser exibido em todo o mundo, a edição especial de um relógio Raymond Weill, a Jack Daniels (whisky preferido do cantor) lançou o Sinatra Select, entre outras coisas. Hoje, 17 anos depois da sua morte, Frank Sinatra continue a ser um dos artistas que mais discos vende no mundo Não admira, pois, que até hoje, 17 anos depois da sua morte, Frank Sinatra continue a ser um dos artistas que mais discos vende no mundo. Veja Lady Gaga a interpretar "New York, New York" no "Sinatra 100 Grammy Concert":
NOS_33048
A arrendadora instara a familia a abandonar o piso o pasado outubro, cando vencía o contrato de alugamento, xa que pretendía baleiralo para vendelo.
Esta quinta feira decorreu no Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo a vista por unha demanda de desafiuzamento dunha familia numerosa, a pesar de que os inquilinos seguen a pagar o alugueiro. Segundo transcendeu, o contrato de arrendamento tería vencido o pasado mes de outubro, polo que a propietaria demandou os seus inquilinos logo de que non abandonasen o piso, argumentando que pretende baleirar a vivenda para a súa posterior venda. A familia busca que o Xulgado vigués prorrogue a solicitude de expulsión debido a que teñen fillos menores ao seu cargo e quedarían en risco de exclusión social. Os desafiuzamentos soben na Galiza un 93% mentres as denuncias por 'okupación' caen en 50% Por este motivo, desde a defensa informaron que solicitarán aos servizos sociais municipais que elaboren un informe sobre a situación económica na que se atopa a familia para así demostrar que cumpren cos requisitos de vulnerabilidade para acollerse á moratoria de execución de desafiuzamentos. A respecto desta cuestión, fontes do Goberno local indicaron que, polo de agora, non se ten constancia de que esta petición de avaliación fose solicitada. O BNG urxe a Xunta a parar o despexo dunha trintena de vivendas da Sareb 20 despexos por cada ocupación Cómpre lembrar que o informe da serie Efectos da crise económica nos órganos xudiciais que publica de forma trimestral o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) evidenciou unha caída das ocupacións ilegais na Galiza de 18,5% no segundo trimestre de 2021 a respecto do mesmo período do ano anterior, e de 31% en comparanza cos datos de 2019. Así, entre o 1 de abril e o 30 de xuño os xulgados galegos ingresaron 22 demandas por esta causa, fronte ás 32 de dous anos atrás. No primeiro trimestre, a cifra foi de doce. As cifras desmenten o alarmismo da Xunta: a 'okupación' cae 31% desde 2019 Pola contra, no segundo trimestre de 2021 os xulgados do país practicaron un total de 447 lanzamentos, dos cales 343 —76,7%— se deberon ao impagamento do alugueiro, derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU). En termos globais, supón un incremento de 438,6% a respecto dos mesmos rexistros de 2020, un ano condicionado pola pandemia e pola "moratoria" dos despexos en cumprimento da LAU anunciada polo Goberno estatal. Con todo, comparando co segundo semestre de 2019, os lanzamentos totais apenas minguan 32%.
NOS_36955
Desde a Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C aseguran que "temos un presidente que presume de cumprir os obxectivos de aforro, agora sabemos como o fai".
Após coñecerse através da imprensa o contido da denuncia presentada polo Ministerio Fiscal contra a Xunta por un presunto delito de "homicidio" na morte de seis doentes de hepatite C aos que lles foi denegado ou concedido con demora o tratamento, desde a plataforma que abrangue este colectivo aseguran que o resultado da investigación levada a cabo pola Fiscalía é "estarrecedor". E é que "nós tiñamos coñecemento de tres mortes que imputabamos á xestión do Sergas" mais o escrito do fiscal "revela que o número de mortes nas que aprecian un suposto comportamento delitivo se multiplican. Son seis", sinala en conversa con Sermos Galiza, o seu portavoz, Quique Costas. Aliás, sinala, "fálase de cousas moi turbias" no escrito "como documentos, expedientes nos que se modificou a data de entrada", di. "Isto é tremendo" pois "non falamos só de xestión" a respeito da que "nós sempre dixemos que só importaba cumprir cos obxectivos de aforro". "Estas mortes poderían terse evitado facendo que "os medicamentos chegasen sen que mediase unha decisión política" Neste senso, afirma, "sempre dixemos que 'Os recortes matan' non é unha mera consigna e isto negábase unha e outra vez" por parte da Xunta. "Estas mortes poderían terse evitado facendo que "os medicamentos chegasen sen que mediase unha decisión política". Costas critica o mantemento da subcomisión que debía aprobar o suministro dos fármacos mesmo cando esta debía desaparecer após a entrada en vigor do Plan estatal. Porén, lembra, "en febreiro [de 2015] debateuse no Parlamento unha proposición que presentamos através dos grupos da oposición, o PP votou en contra e rematou coa nosa expulsión da tribuna". Ese día o propio portavoz da Plataforma instou o grupo parlamentar do PP a "mirar á cara" da familia de Isolina, unha doente que estaba a ser soterrada "aquel mesmo día na Coruña" e cuxa historia fai parte da investigación da Fiscalía "como un presunto caso de homicidio". Responsabilidades políticas Así, para alén das responsabilidades penais que poidan derivar do proceso xudicial iniciado desde a Plataforma exixen "responsabilidades políticas que son evidentes neste asunto". Pretendíamos ser curados e evitar mortes "Pretendíamos ser curados e evitar mortes", subliña a respeito do traballo desenvolvido polo colectivo mentres lembra que Núñez Feijóo os acusou en diversas ocasións de seren "instrumento da oposición" e "estar manipulando e terxiversando". "Terá que explicarse", afirma. Aliás, instan a que as dúas persoas imputadas, Félix Rubial, antigo director de Asistencia Médica, e Carolina González, subdirectora xeral de Farmacia, sexan cesadas pois "continúan a ocupar postos de libre designación no Sergas". "Se iso segue quere dicir que [Feijóo] respalda o feito e as condutas presuntamente delitivas". A Plataforma de persoas atinxidas pola hepatite C fai parte do proceso como acusación. Neste senso avanzan que comezarán a preparar a súa participación "nos interrogatorios" que comezarán, segundo a información aparecida na imprensa o 28 de abril coas declaracións das dúas persoas investigadas.
NOS_56485
O Sindicato Unificado da Policía advirte de que un só axente realiza a vixilancia no hospital onde continúa ingresado o agresor. A xuíza decretou prisión provisional sen fianza á espera de que poda declarar.
O presunto autor do asasinato machista en Ourense non está tan "fortemente custodiado" como informaron as autoridades. Así o denuncia o Sindicato Unificado da Policía (SUP) que alerta do deficiente protocolo de seguridade no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde continúa ingresado o acusado de matar a súa muller este venres. O sindicato policial manifestou que un só axente custodia ao detido de 75 anos en cada quenda. Se o policía precisa ausentarse por algún motivo, como acudir o servizo, ten que solicitar un reforzo por radio. Nese sentido, o SUP advertiu de que a normativa establece "un mínimo de dous efectivos, sempre que a situación non requira máis", para "garantir a custodia do detido, a seguridade dos axentes, do persoal sanitario, dos e das doentes, así como das persoas que as visitas". Recordou ademais que está situación é unha denuncia recorrente nos últimos anos perante "varios episodios de fugas de persoas privadas de liberdade en centros hospitalarios ou reclusos que se quitaron a vida". O presunto asasino, en prisión provisional A xuíza do xulgado de instrución número tres de Ourense decretou pola súa banda prisión provisional e sen fianza para o presunto autor do asasinato machista. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza informou da medida despois de coñecer os informes médicos que apuntan a que o agresor non poderá declarar nos próximos días. O acusado pasará a disposición xudicial cando se recupere das feridas que se provocou após cometer o crime.
NOS_52909
Unidade sindical diante do que consideran "gravísimos ataques contra os empregados e empregadas públicos/as"
As organizacións sindicais CIG-Área Pública, UGT, CCOO, CSI-F, USO, CGT, SAE, CESM e STAJ, decidiron hoxe, despois dunha reunión celebrada pola mañá, e despois do que consideran "gravísimos ataques contra os empregados e empregadas públicos/as e a involución social anunciados onte polo PP", acordaron levar a cabo as mobilizacións diante dos centros de traballo da Administración Pública de toda Galiza. O profesorado, na medida en que non hai clase, convocouse diante dos edificios administrativos da Xunta de Galiza das súas respectivas cidades. As concentracións serán o 13, 19 e 16 de xullo de 11 a 12 horas. O día 30 de xullo haberá manifestacións comarcais e unha reunión das organizacións sindicais para valorar as mobilizacións e estudar a súa continuación.
NOS_30407
A Federación Galega de Confrarías trasladou, no marco dunha audiencia pública organizada pola Comisión Europea de Pesca, as súas inquedanzas sobre as consecuencias do Brexit. Así mesmo, defendeu o funcionamento deste sistema ademais de pedir unha menor burocratización que facilite o seu traballo.
En 2018 avisaron a Unión Europea da importancia da función da pesca artesanal na Galiza. Cal cre que é a razón de que non se tivera en conta este sector? Na perspectiva europea pénsase que teñen en conta o sector artesanal. Na normativa sempre citan a importancia de manter as comunidades pesqueiras e a importancia do sector artesanal e os recursos. No papel queda moi ben, mais despois todo son restricións e baixadas de cotas e iso é o que quixen expor na audiencia pública. A profesión está moi burocratizada, demasiado lexislada. Cando non se coñece o sector parece unha escusa pero podo asegurar que estamos saturados de normativas, permisos, certificados... e os que están nos despachos non o ven no seu conxunto, cada un restrinxe o seu e o prexudicado é o mariñeiro. De que maneira afectou o Brexit ás confrarías? Parece que non nos afecta se o que se ten é unha perspectiva a moi curto prazo mais xa o notamos nas cotas de pesca que se están negociando, como as de pescada, cabala ou raia, que son especies para a pesca artesanal de moita importancia. Por outra parte, a baixada de cotas doutras especies como lagostino ou rapante, aínda que non son obxectivo da pesca artesanal, poden dar lugar que outras frotas que se dediquen a estes animais modifiquen as súas especies obxectivo por outras que poden afectar á pesca artesanal. A pesca é unha cadea, non se pode dicir que unha cuestión que lles pode afectar a barcos que faenan en caladoiros que en principio parecen a moita distancia de nós non nos poida afectar tamén de rebote. Cales son as principais demandas da Federación cara á Unión Europea? Insistimos en que se debe aprobar unha xestión diferenciada para a frota artesanal e sobre todo no que atinxe á exención do sistema de totais admisíbeis por captura (TAC) e cotas para as capturas accesorias ou accidentais da frota artesanal. A pesca artesanal adoita ser moi dirixida pero é necesario indicar que tamén se realizan vendas por lotes ou variados que son moi cotizados nas lonxas. Tamén indicamos que as confrarías non se tiveron en conta nas axudas extraordinarias pola Covid-19. Descoñecían que son as confrarías as entidades que realizan a primeira venda do produto na Galiza principalmente e a importancia na comercialización das nosas entidades é fundamental, non poden ser esquecidas a nivel Europeo. Hai presións para que o sistema de confrarías que temos na Galiza deixe de ser o que foi sempre? Non, en absoluto. O que se trata é de solucionar un erro histórico na non consideración da importancia a nivel europeo. A Organización Común de Mercados cita a figura das organizacións de produtores como a única recoñecida para a comercialización, e a UE entende que son as únicas que poden utilizar mecanismos de intervención no mercado. E dese descoñecemento vén que esta Federación explique á Comisión de Pesca que queremos seguir sendo confrarías coa nosa forma xurídica, coas nosas características porque amosaron ao longo da historia que funcionan pero que nos concedan as vantaxes na comercialización que poden ter as organizacións de produtores pesqueiros (OP) sobre todo a aquelas confrarías que desenvolven a primeira venda e organizan a produción a nivel local. O principal problema é que non existen confrarías de mariñeiras e mariñeiros noutros países europeos e é difícil facerllo entender.
NOS_7909
O Balonmán Porriño, pola súa banda, quere reeditar a fazaña da pasada xornada ante o Bera Bera superando un gran conxunto como é o Gran Canaria
Apenas sen tempo para saborear o triunfo en Viena na EHF European Cup, nin para pensar en culminar a eliminatoria o vindeiro domingo, o Mecalia Atlético Guardés afronta esta cuarta feira un novo compromiso, neste caso correspondente á quinta xornada da Liga Guerreiras Iberdrola, partido adiado no seu momento, precisamente, a causa da disputa da devandita competición europea. O conxunto miñoto visita Barakaldo para medir forzas co sempre duro Zubieta Evolution Zuazo (20.20 horas) nun partido fundamental para non perder corda cos postos cabeceiros da táboa. E é que os fallos de Bera Bera -que empatou en Porriño- e Rocasa Gran Canaria -que perdeu en Valladolid- comprimiron ao máximo a clasificación, co que a escuadra dirixida por José Ignacio Prades ten en Euskadi unha oportunidade de ouro para asaltar a zona nobre da táboa. Mais para iso terá que pasar por enriba dun Zuazo que sempre é incómodo, especialmente na súa pista, como demostra a súa recente vitoria ante un bo equipo como é o Morvedre (37-28), polo que o escaso número de puntos que leva sumados até o de agora son un espellismo que non reflicte o traballo que pasaron para superalo bloques tan sólidos como os de Elxe ou Granollers. O Porriño viaxa a Canarias Pouco menos dunha hora antes de que comece o partido do Guardés, concretamente ás 19.30 horas, o Balonmán Porriño saltará ao parqué do Pavillón Insular Antonio Moreno de Telde para xogar contra o Rocasa Gran Canaria, líder da máxima categoría do balonmán Estatal até a súa derrota contra o Valladolid na pasada xornada. A escuadra do sur da Galiza, pola súa banda, chega na novena posición e logo de asinar un valioso empate ante o Bera Bera, polo que Ismael Martínez, técnico do Conservas Orbe Rubensa Balonmán Porriño, pensa que as súas xogadoras "terán opcións", a pesar de laiarse de "non poder preparar o partido" como lle gustaría. "Penso que a chave pode estar en saber que temos as nosas bazas, sobre todo a nivel ofensivo. Ademais, se somos quen de controlar o seu lanzamento exterior e o seu xogo con pivote, teremos moitísimo traballo feito", salientou un Martínez que quixo destacar o traballo que vén realizando Pavlovic.
NOS_11277
As actividades recoñecidas como medias propias de xestión destes espazos experimentarán unha "simplificación ao máximo" dos trámites.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, anunciou esta quinta feira que a Xunta impulsará o recoñecemento de novas medidas de xestión da Rede Natura 2000 no país co fin de "potenciar a compatibilidade" entre a protección natural destes espazos e as actividades tradicionais ligadas ao territorio, que teñen, segundo a Xunta, un papel chave para garantir a preservación dos seus hábitats. Entre as actividades recoñecidas como medidas propias de xestión destes espazos, o que facilitará a súa tramitación, estarán o cultivo de pastos, as queimas controladas —sempre que non afecten hábitats de interese comunitario nin especies de interese para a conservación— ou a creación de pistas devasas. "É un erro pensar que nun espazo protexido non pode ter lugar ningún tipo de actividade, xa que hai iniciativas que contribúen a conservar a contorna ou previr os incendios", indicou Conde. O Consello da Xunta autorizou un acordo da Consellaría de Medio Ambiente que propón regular e recoñecer na planificación deste tipo de espazos protexidos o peso de accións e medidas que contribúen á conservación da biodiversidade dos mesmos. Dez anos da ampliación da Rede Natura: "Galiza, máis desprotexida" Para facelo, Conde sinalou que se modificará o Plan director da Rede Natura 2000 da Galiza, un instrumento aprobado en 2014 e cuxa aplicación nos últimos anos puxo de manifesto que determinadas actividades tradicionais consideradas na norma actual como usos permitidos facilitan, "na práctica e adecuadamente exercidas", incrementar o nivel de protección destes espazos naturais ante as variábeis climáticas e os seus efectos. Así, e tendo en conta o "peso e o papel que desempeñan no caso da Galiza para a conservación e a integridade" dos hábitats naturais protexidos, a Consellaría considera que é o momento de configurar e recoñecer este tipo de actividades como "auténticas medidas de xestión" da propia Rede Natura. Na práctica, segundo explicou Conde, isto "fará que se simplifiquen ao máximo os trámites para realizar" e implantar estas medidas "por motivos preventivos", entre outros. Máis de 2.500 muíños eólicos están situados en lugares da Rede Natura Aliás, propóñense especificamente unha serie de cambios relativos á actividade agrogandeira en Rede Natura. Por exemplo, as superficies de cultivos e pastos existentes desde 2014 terán a consideración de zonas permitidas para a súa recuperación, xa que se busca "mellorar a situación inicial en que se atopaban", e nas áreas de matogueira existentes no momento de declarar a Rede Natura, co fin de garantir un estado de conservación favorábel, poderanse facer anualmente rozas preventivas en 25% da superficie.
NOS_52702
Iván Prado está de celebración. O Festiclown que el ideou e dirixe fai quince anos e quere facer balance dunha historia a partir da que se desenvolveron proxectos como Culturactiva e colectivos como Pallasos en Rebeldía. Con Chiapas no xermolo e Palestina no horizonte.
-De novo, na axenda do Festiclown está Palestina. A que contribúe nunha situación como a que atravesan un festival de pallasos? É a nosa grande aposta, o lugar onde máis sentido ten levar a risa, o humor, en especial pola situación da poboación infantil. Este ano tiñamos previsto ir a un campo de refuxiados do Líbano mais finalmente tivemos que anular. Estando alí a finais de decembro, houbo un importante magnicidio, mataron a dous ex-ministros,e as organizacións palestinas pedíronnos que o aprazaramos. Chegando agosto xa nos confirmaron que era imposíbel facelo nos campos de refuxiados e decidimos trasladarnos a Cisxordania. Levamos preto de vinte artistas nesta edición e imos facer desde grandes galas até actividades como obradoiros, conferencias e rodas de prensa. Queremos non só levar alegría senón trasladar o coñecemento do que acontece en Palestina. -Con Palestina desenvólvense moitas iniciativas solidarias mais que leven humor debe ser a única... É o único festival de pallasos no mundo árabe e o único festival de circo internacional nos campos de refuxiados. De todas maneiras desde o 2011 naceron moitos proxectos vinculados aos pallasos e ao circo de xente que se formou con nós e que xa están traballando directamente alá. Cando en 2011 fixemos o primeiro Festiclown en Cisxordania foi como tirar un muro a nivel artístico e comunicativo. Levamos unha mensaxe de esperanza con corenta artistas, unha mensaxe solidaria que serviu para que, a través do circo social, se puidese coñecer a realidade palestina. Quixemos despertar a alegría dun pobo que leva corenta anos ocupado e se sinte só. Demostrar tamén que as súas crianzas, como todas as do mundo, poden rir, ao igual que calquera neno europeo e comprobar que non todo son bombas. -Quen está detrás do Festiclown? Ese traballo de circo social en Palestina ou Brasil precisará tamén un apoio económico, de onde vén? Somos Pallasos en Rebeldía, un colectivo que naceu na Galiza e neste momento ten xente en Chile, Colombia, Brasil, Arxentina... formamos parte moitos artistas, entre eles algún como Leo Bassi que colabora con nós e participou no Festival da Favela en Rio de Janeiro. Un mundo extenso. O circo é o lugar onde as utopías se realizan, onde o imposíbel se volve posíbel e para un pallaso é completamente imprescindíbel esa vontade de facer rir. -Mais como se manteñen estas iniciativas? En todo somos moito de circo, moito de autoxestión. Temos grandes artistas que, non só contribúen cos seus espectáculos senón que tamén apoian o proxecto. Pepe Viyuela, por exemplo, fai unha gala en Madrid con ese fin. No Festival de Río sacamos cartos para ir a Palestina. Contamos tamén cos servizos de Culturactiva cunha estrutura básica que é sostíbel. O que se recada nas entradas do Festiclown vai tamén para estes proxectos solidarios. -A súa actuación en Chiapas definiu en certa maneira o proxecto. Que supuxo encontrarse coa revolución zapatista? Definiunos e bautizounos. Comezamos en 2004 como Pallasos en Rebeldía e para nós a revolución zapatista e o seu proxecto social de autoxestión e liberdades das comunidades indíxenas é a definición danosa arte que consiste en ser máis libres. Esa grande historia de democracia e participación foi inspirador para nós. Este ano imos ao Festival Internacional que organizan os zapatistas e ese vínculo, continuo e extraordinario, sigue coa mesma intensidade. -E que é a rebeldía? Ao meu ver, algo moi naif. Amar a humanidade. Tamén a coraxe que che pode xurdir cos poderosos ao ver como maltratan a cultura, a lingua. Rebeldía é ese primeiro impulso artístico de defender que o mundo sexa un lugar fermoso e cheo de posibilidades para ser felices. No caso do pallaso, forma parte da estética e da forma de ser. Un pallaso é rebelde por definición. Desde a Idade Media, convertemos os problemas sociais en materia para a nosa arte. -Este ano o Festiclown coincidirá en Lugo co San Froilán, non será demasiada festa xunta? Parte de nós somos de Lugo e para nós é emocionante participar do San Froilán. O pasado ano foi no verán e saíu moi ben e metidos no miolo das festas estou certo de que vai ser extraordinario. A programación vai ser máis pequena mais estamos felices porque saímos do temporal. O Festiclown deu formación e impulso a novas compañías da Galiza, un pequeno tsunami tamén no ámbito estatal porque se crearon moitos obradoiros. Os mellores mestres pasaron polos nosos espazos de formación.
PRAZA_2685
O secretario xeral do PSdeG critica aqueles que "dividen" entre "rebeldes e submisos" e alude a Grecia para advertir que alí "tamén había un rebelde e deixou de selo".
Besteiro entra en campaña marcando distancias coas mareas e as candidaturas de confluencia. O secretario xeral do PSdeG cargou contra aqueles que "dividen" entre "rebeldes e submisos". En clara alusión aos alcaldes das plataformas cidadás e ás candidaturas de confluencia, o líder dos socialistas galegos asegurou este domingo na Coruña que "o próximo 20 de decembro non se trata de votar rebeldía nin submisión, senón a responsabilidade que representa o PSOE". No acto de presentación das candidaturas do PSdeG ás xerais pola Coruña, Besteiro chegou a mencionar o goberno grego como aviso. "En Grecia había un rebelde e deixou de selo", asegurou en referencia ao primeiro minisro Tsipras, para logo criticar "os grandes enganos que se producen na política". "En Grecia había un rebelde e deixou de selo", asegura Besteiro, que carga contra quen quere "dividir a poboación" Porque para Besteiro, a única elección que hai nos vindeiros comicios é entre dous posibles presidentes: "Rajoy ou Pedro Sánchez". Nun intento por minimizar o impacto das forzas alternativas, o líder do PSdeG lembrou que "os socialistas non dividimos a poboación". "O único que sempre fixemos foi construír e xerar compromisos, contaxiar ansia de cambios e dar a cara; os cidadáns deben comprometerse e dar un paso ao fronte, a única alternativa real é Pedro Sánchez", continuou. "Temos que votar contra o inmobilismo e a economía especulativa do PP", afirmou Besteiro, e tamén "contra as opcións esencialmente liberais e socialmente coxas", en referencia a Ciudadanos e logo de preguntarse "quen vai votar pensando en Rajoy se non ilusiona nin á dereita". "Os socialistas sempre fomos o avance, o progreso, o cambio e a reforma, fronte un PP que nunca deixou avanzar o país, como cando dicían que o matrimonio homosexual ía rematar coas familias", dixo. Pola súa banda, Mar Barcón, secretaria xeral dos socialistas na Coruña, presentou o acto, mentres que o secretario provincial, Julio Sacristán, falou da importancia do porta a porta "e de convencer aos indecisos da necesidade dun novo modelo de recuperación xusta e con igualdade". Pilar Cancela, número un da candidatura ao Congreso dos Deputados, garantiu "unha Galicia forte e unha España mellor" coa presidencia de Pedro Sánchez, apostando por "aproveitar o músculo socialista nos municipios da provincia nestas eleccións xerais, o PSOE está nunha situación óptima para ser a primeira forza". Por último, Ángel Mato, cabeza de lista dos socialistas da Coruña ao Senado, criticou "a recuperación económica con vítimas dos últimos catro anos, o resultado do goberno do PP foi un aumento da pobreza e os socialistas teremos como sempre o obxectivo da igualdade de oportunidades".
NOS_49815
Esta quinta feira falábase de que a Galiza superou todos os récords da pandemia en canto ao número de contaxios nunha xornada. Detectáranse 2.263 casos novos. Esta sexta feira as autoridades sanitarias fornecen datos cos que se amosa que o último balance de persoas infectadas é aínda peor: hai máis de 2.500 polo que os casos activos superan neste momento os 20.200.
A sexta onda da Covid-19 segue a causar estragos na Galiza. Nas últimas 24 horas superouse de novo o récord de contaxios, que estaba en 2.263 desde esta quinta feira. Cos datos que veñen de fornecer as autoridades sanitarias ponse de manifesto que na última xornada se detectaron 2.518 infeccións a maiores. Neste momento o país conta con 20.262 casos activos, 1.598 máis que un día antes. Pero os contaxios van máis aló, pois hai que estabelecer a comparativa coas persoas que superaron a enfermidade. Segundo a Consellaría de Sanidade, xa hai 194.231 doentes curadas desde que comezou a pandemia, isto implica que obtiveron a alta 920 persoas no último día. Dado que os casos activos dun día para outro crecen, tamén hai que ter en conta que esas persoas que curaron foron substituídas nas estatísticas por outras ás que se lles detectou a presenza do virus nos diferentes tipos de probas. Evolución por áreas sanitarias A última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que dos casos activos 3.325 (340 máis que esta quinta feira) corresponden á área da Coruña e Cee e outros 1.505 (186 a maiores) á de Lugo. Na demarcación de Ourense téñense notificados 2.619 casos (+59), mentres que na de Pontevedra son 3.010 (+170) e na de Ferrol 917 (+155 con respecto ao parte anterior). Así mesmo, na área sanitaria de Vigo hai 6.190 (cunha suma de 254 en relación á quinta feira) persoas contaxiadas actualmente e na de Compostela-Barbanza a cifra ascende a 2696 (+434). Así as peores evolucións detéctanse tanto en Compostela como na Coruña, seguidas de Vigo. No extremo oposto atópase Ourense, onde a expansión do coronavirus parece conterse mellor. Distribución xeográfica das últimas infeccións No que alude únicamente ás infeccións do último día, das 2.518, 603 corresponden á contorna de Vigo e 488 á de Compostela. A Coruña, neste caso, notificou 459 novos contaxios. Após figuran Pontevedra-O Salnés con 312, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras con 249, Lugo-A Mariña-Monforte con 232 e Ferrol con 177 casos novos contabilizados.Neste contexto, transcende que a incidencia acumulada a 14 días é de 683,80 casos por cada 100.000 habitantes, o que implica que Galiza aínda está por debaixo da media do Estado español, onde se estiman 911,31 casos.A presión hospitalaria mantense estábel En todo caso, a maioría das persoas coa Covid-19 (19.994) permanecen baixo seguimento médico domiciliario. Atendendo á comunicación de Sanidade, hai 50 persoas ingresadas nas -as mesmas que na xornada previa- e 218 (-5) en distintas unidades de toda a rede hospitalaria galega. Desde que comezou a pandemia faleceron 2.742 galegas e galegos e o número de doses da vacina inoculadas é de 5.717.969, se ben hai que ter en conta que nestes momentos están en marcha as campañas de reforzo para os maiores de 40 anos e de protección para as crianzas de 5 a 11 anos.
NOS_146
Eusebio Rey Cachafeiro é director xeral de Prosistemas, una firma galega que comezou o ano coa obtención, por segunda vez, do 'Golden Troweld Award' en Estados Unidos, un premio que se coñece como os Oscar do sector do formigón e a construción. "As empresas galegas poden axudar a erguer a autoestima deste país", afirma.
- Ser premiado, e máis dunha vez, co 'Golden Troweld Award' nunha cita como a de Las Vegas, que son como os 'Òscar' no mundo do formigón e a construción, é todo un recoñecemento do que non todos poden presumir. Como foi o camiño dunha empresa do Porriño para chegar ata aquí? - É o resultado de traballar con moito rigor dende hai máis de 30 anos perfeccionando tódolos procesos construtivos con axuda de maquinaria punteira e equipos de profesionais propios moi cualificados en continua formación. Isto é un plus de motivación e ilusión para seguir perfeccionándonos e para seguir participando en concursos internacionais entre os grandes. Isto tamén demostra que as empresas galegas por si soas poden contribuír a xerar riqueza en Galicia, e erguer a auto estima do país, sendo líderes mundiais. Somos unha mostra de ata onde podemos chegar, ao mesmo nivel das empresas estadounidenses. Somos unha mostra de ata onde podemos chegar, ao mesmo nivel das empresas estadounidenses. - O formigón e a súa aplicación como pavimento continuo, sexa para a industria, para a obra civil, deportiva ou simplemente decorativa revolucionaron o mundo da construción. En que consiste esta revolución e por que foi tan importante? O formigón é un material que ten moitas aplicacións e usos. No caso dos pavimentos o formigón é un material que se presta para ser utilizado en pequenas e grandes superficies, ben sexa como soporte básico para colocar encima outros materiais, ou tamén como un pavimento monolítico de altas prestacións de acabado. Evidentemente o formigón é un material que se presta para ser, fabricado, transportado e colocado de xeito moi rápido e ademais si se deseña adecuadamente, tamén pode fraguar e endurecer moi rapidamente acorde cos tempos nos que estamos, co cal pode contribuír a grandes producións, minimizar costos e conquerir prazos de execución realmente moi importantes. Ademais en Prosistemas somos realmente especialistas en conquerir superficies moi planas e súper niveladas, confirmado polos galardóns Golden Trowel; estes pavimentos teñen prestacións tales como estética, brillo, minimizando o nivel de ruídos e a frecuencia de avarías dos vehículos na industria, mellórase considerablemente a luminosidade o potenciar de 4 a 5 veces a reflexión da luz, reducindo notablemente os custos enerxéticos e de mantemento. Tamén irradian un clima de satisfacción é confort tanto para os empregados da industria ou o centro comercial así como para os clientes. O éxito de Prosistemas é o resultado de 25 anos de investigación e formación - A aposta en I+D+i faise indispensable para unha empresa que compita globalmente. Que papel ocupa a innovación o desenvolvemento, e a investigación, en Prosistemas? - Existiu o interese, a cultura e a ansia de mellorar permanente os acabados e as prestacións dos pavimentos industriais e comerciais. Polo tanto é evidente que a aposta polo I+d+i foi sempre unha prioridade. - Tense afirmado que o mellor curriculum dunha empresa é a súa carteira de clientes. Na carteira de Prosistemas figuran nomes de primeira liña mundial, desde Goa Invest – Inditex a Ikea, pasando por Delta Vigo, Irizar ou Supermercados Día. Cal é o nivel de exixencia e responsabilidade que iso supón? É evidente que para estar a altura de estas empresas temos que estar a mesma velocidade de cruceiro ca elas. Isto significa en primeiro lugar que na fase de deseño do proxecto achegamos a experiencia e o coñecemento da nosa oficina técnica e do departamento de construción tanto para as empresas de arquitectura, enxeñerías externas como as internas para contribuír a que a experiencia de Prosistemas sirva para optimizar o proxecto e para que o proceso construtivo e os acabados sexan os máis rápidos e perfectos posibles. - Como experto que é vostede e a súa empresa na construcción de pavimentos continuos, sin xuntas e de alta planimetría. Cales son as razóns polas que o sector industrial aposta cada vez máis por este tipo de pavimentos nas súas instalacións? - Evidentemente no uso habitual dos pavimentos industriais e comerciais os problemas máis comúns veñen motivados por un deseño inadecuado, por unha construción deficiente, unha superficie irregular, non dura, non nivelada, nin plana, nin suficientemente resistente a abrasión. Ademais o formigón no seu proceso de fraguado e endurecemento sufre unha deformación xeométrica que se manifesta de xeito natural na súa superficie. Isto contribúe a empeorar a planeidade e nivelación de orixe, ou sexa no intre de ser construído. Polo tanto os retos técnicos e construtivos son moi complexos para construír estas superficies planas e niveladas. Nunha conferencia que impartiu Jerry Holland, líder mundial no deseño de pavimentos industriais e postesados, que pronunciou na última feira do 'Wolrd of Concrete' das Vegas, dixo taxativamente que os fenómenos naturais de retracción do formigón en pavimentos, as xuntas, fisuras e unha planimetría inadecuada eran os responsables do 90% das patoloxías que existen no mundo dos pavimentos industriais. Prosistemas sendo consciente de todo isto desenvolveu e apostou desde hai anos por sistemas construtivos que permitían facer pavimentos de alta planimetría e sen xuntas, nos cales temos unha grande experiencia na construción dos mesmos. Os pavimentos con xuntas e fisuras, na nosa opinión, son unha hipoteca a medio e largo prazo, e cando se aborda a súa reparación supón paradas e problemas de loxística, custos elevados, etc... Dende a nosa experiencia as vantaxes deste tipo de pavimentos son importantes, xa que reducen notablemente, o mantemento de carretillas, a redución de baixas laborais, a diminución de contaminación acústica nas instalacións, a eliminación de fallos nos pedidos por causa dos buracos, irregularidades e mala planimetría e tamén reducen os custos enerxéticos grazas a unha gran reflexión de luz. Estes pavimentos apenas teñen gastos de limpeza, mantemento e conservación. A maiores o almacemento a gran altura permítelles unha mellor xestión do almacenaxe tanto en superficie como en volumen. En definitiva, o éxito de Prosistemas é o resultado de 25 anos de investigación e formación pero tamén é o resultado de ter tecido unha rede de clientes e provedores en constante estímulo e esixencia de calidade. - Puxéronse en contacto desde a Consellería de Industria para felicítalo? - Bon, nós temos unha relación moi fluída coa Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e da Axencia Galega de Innovación. De feito vennos apoiando dende anos con programas e servizos como Reacciona, InnoEmpresa, e Conecta Peme. Creo que os froitos e os resultados desta colaboración propiciaron a investigación e o desenvolvemento de equipos propios non existentes no mercado.
NOS_37915
A declaración de independencia foi apoiada por 78 d@s 100 deputad@s que compoñen a Cámara e reiterou a súa vontade de se adherir a Rusia.
Máis un movemento en Crimea, onde nas últimas semanas se concentra a tensión pola crise aberta en Ucraína. O Parlamento crimeo aprobou esta terza feira unha declaración de independencia que foi apoiada por 78 d@s 100 deputad@s da Cámara. Neste senso, a maior parte das forzas políticas crimeas apoian, non só a independencia de Crimea, senón a súa adhesión a Rusia mais mantendo a autonomía do seu territorio, que na actualidade xa conta cun status político propio no seo de Ucraína. A decisión adoptada polo poder lexislativo crimeo veu ratificar a resolución aprobada hai uns días pola que se adiantaba a convocatoria do referendo de autodeterminación ao 16 de marzo. A declaración de independencia esntrou en vigor após ser emitida, segundo informa a axencia de noticias EFE.
NOS_45034
O xaponés Ei-Ichi Negishi visitou Compostela convidado polo Programa ConCiencia e defende a transformación do dióxido de carbono en combustible para mitigar os efectos do cambio climático
O premio Nobel de Química 2010, o xaponés Ei-Ichi Negishi, propuxo un proceso de catálise do dióxido de carbono para rebaixar o nivel de oxidación e convertelo en combustible, contribuíndo á redución do quecemento global. Segundo sinalou na súa palestra, ofrecida no Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela, é xustamente porlle freo ao efecto invernadoiro "unha das maiores tarefas" que afronta a ciencia a día de hoxe."A natureza, ou Deus, estivo a facer sempre esa reciclaxe do CO2 e da auga polo proceso da fotosíntese, convertendo gases en carbono-hidratos", dixo o investigador, quen destacou que, tomando como referenza o nivel de crecemento da poboación mundial, "nuns 200 anos cumpriría outro planeta para alimentarnos" cos métodos tradicionais da agricultura. Negishi defendeu a transformación do dióxido de carbono en combustible para mitigar o cambio climático "mediante procedementos sintéticos".Sen saír do mesmo programa ConCiencia, outro premiado co Nobel visitará Compostela nas vindeiras semanas. Desta volta será o de Medicina en 2011 Tim Hunt, que ofrecerá unha conferencia o 9 de maio.
PRAZA_4183
A emisión da entrevista devolveu a amizade de Feijóo e Dorado á axenda política, aínda que sen excesivo ruído. PSdeG, Galicia en Común e BNG ven ratificado que o actual presidente non dixo a verdade cando negou que fose amigo do contrabandista nos anos en que el ocupaba diversos cargos públicos, como a máxima responsabilidade no Servizo Galego de Saúde
A canle televisiva La Sexta emitiu o pasado domingo a entrevista que o xornalista Jordi Évole realizou ao contrabandista Marcial Dorado durante un dos permisos penitenciarios da condena por narcotráfico que está a cumprir. O programa devolveu por un intre á axenda política galega a cuestión da amizade de Dorado con Alberto Núñez Feijóo, que no ano 2013 ficara reflectida nunha información de Xosé Hermida e Elisa Lois para El País que incluía varias fotografías de ambos compartindo actividades de lecer a mediados dos anos 90 do século pasado, cando o actual presidente da Xunta dirixía o Servizo Galego de Saúde como número dous de José Manuel Romay Beccaría, o seu mentor político e daquela, conselleiro de Sanidade.A emisión da entrevista devolveu a amizade de Feijóo e Dorado á axenda política, aínda que sen excesivo ruídoO tema volveu á axenda política, pero de xeito máis ben subterráneo e sen excesivo ruído. Como sempre que o asunto regresou nestes sete anos. Nas súas comparecencias ante a prensa deste luns para abordaren asuntos vinculados ao coronavirus, os líderes das tres principais forzas da esquerda que concorrerán ás próximas eleccións galegas aludiron á cuestión. Un deles por iniciativa propia, o socialista Gonzalo Caballero. Os outros dous, Ana Pontón (BNG) e Antón Gómez-Reino (Galicia en Común), en resposta a preguntas da prensa. Os tres, para veren constatado que Feijóo "mentiu" cando, tras a publicación das imaxes, negou que mantivese unha amizade "nin estreita nin ancha" con Dorado, reducindo o asunto a "unhas fotos antigas".Gonzalo Caballero ve preciso reiterar a petición de explicacións aínda que este sexa un tema "moi evitado por parte dos poderes establecidos do PP en Galicia""Non andabamos ocultos co señor Feijóo. Era público, todos os sabían", defendeu Dorado na entrevista televisiva, onde sinalou diversas viaxes e mesmo estancias do actual presidente galego na súa casa. Cómpre "facer referencia" a estas palabras, cre o socialista Gonzalo Caballero, aínda que o tema sexa "moi evitado por parte dos poderes establecidos do PP en Galicia". "Unha democracia moderna e con calidade" esixe "analizar comportamentos públicos" coma este. Que o é, cre o líder socialista, porque se trata dunha amizade "de dúas persoas cunha evidente faceta pública" no momento dos feitos."Mentres plataformas como Érguete se mobilizaban, Feijóo viaxaba en barco ou en lancha co seu amigo" Dorado e "esa mestura entre a política un narcotraficante non pode ser obviada", subliña Caballero, quen di estar convencido de que Feijóo aínda "debe unha explicación" veraz sobre a súa relación "cun dos capos do narcotráfico máis importantes de Europa". "Preocúpannos as mentiras de Feijóo" e que estas fiquen patentes, ao seu xuízo, "cando fala do que podía saber cando tiña relación cun narcotraficante".Pontón: "Mentiu en relación coa súa amizade cun narcotraficante, en que máis cousas nos mentiu?"Tamén a nacionalista Ana Pontón considera que vén de volver quedar "en evidencia" que Feijóo "non nos dixo a verdade". Isto é, que "mentiu en relación coa súa amizade cun narcotraficante". Para a portavoz nacional e candidata do Bloque, "o feito de que negase" unha amizade que existiu "só pon o foco" en preguntarse "en que máis cousas nos mentiu". Ademais, despois de que Dorado definise ao líder do PPdeG como un home "honrado", Pontón ironiza con que "estaría moi preocupada por que un narco o teña como referencia de honradez", porque "non di nada bo".Gómez-Reino ve "evidente" que Feijóo "mente, nesta e noutras cuestións" mentres o PP resolve que se trata dun "tema moi menor"Por parte de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino ve "evidente" que, outra volta, é "público e notorio que Feijóo mente, nesta e noutras cuestións", igual que cre evidente que "os galegos e galegas sabiamos que o señor Feijóo tiña relación cun narcotraficante e mentía ao respecto" de que, por exemplo, "lle pagaba as vacacións". "É completamente evidente que tería que dar moitas máis explicación, pero agora o que nos preocupa é que dea explicacións de por que houbo recortes sanitarios ou privatizou residencias", sinala Gómez-Reino, quen di ser "consciente" de que "igual que mentía cando dicía que apenas coñecía ao narco Marcial Dorado", tamén o fai "sistematicamente" sobre asuntos vinculados ao Goberno galego.Tras a emisión da entrevista tamén foi cuestionado ao respecto o voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que tamén convocara a prensa -a través de internet- para falar sobre o coronavirus, como o resto de grupos. Para Puy, a relación de Feijóo con Marcial Dorado é un "tema moi menor", ademais dun "debate que xa tivemos hai sete anos". Ao seu xuízo, que os grupos da oposición se refiran a el demostra que "non están nos problemas do país", aínda que todos eles convocasen este luns os medios, como nas semanas previas, para falar da crise da covid-19.
NOS_8631
Os cálculos do Instituto de Investigação Económica e Social apontam que os salarios na Alemanha estam á altura de 2000. Isso sim, desde entom, os rendementos de capital e lucros empresariais aumentarom num 50%.
Os trabalhadores alemães têm novamente um pouco mais de dinheiro para gastar. Os salários reais, ou seja, tendo em conta o efeito da inflação, aumentarem nos últimos três anos. Mas, ainda assim, são mais baixos que no milénio anterior. É isso que demonstram os recentes cálculos do Instituto de Investigação Económica e Social (WSI) Nos últimos três anos os salários aumentaram 1,2%, depois 1,0% e, por fim, 0,6%; contudo, as perdas acumuladas dos anos anteriores não foram compensadas, afirmou Reinhard Bispinck, um especialista em salários do WSI. De acordo com o Instituto de Investigação Económica e Social, entre 2000 e 2012, os salários brutos desceram sensivelmente 1,8%. A conjuntura económica desfavorável e as reformas laborais têm, desde 2000, aumentado a pressão sobre os salários. Para além disso, o crescimento dos setores de remunerações baixas tem agravado esta tendência, segundo o mesmo instituto. Os salários negociados pelos sindicatos tiveram uma subida mais acentuada que os salários no seu todo, disse Bispinck. Em termos reais, os salários negociados pelos sindicatos aumentaram 6,9% no ano passado, em relação a 2000. "Isso significa que a negociação sindical dos salários na última década, mais do que nunca, foi a espinha dorsal da evolução salarial na Alemanha", disse o especialista da WSI. Lucros empresariais e rendementos do capital Bispinck analisou também o desenvolvimento dos rendimentos do capital, empresariais e também oriundos do trabalho. "A discrepância mantém-se", nota o economista. Os seus cálculos mostram que, entre 2000 e 2012, os rendimentos do capital e os lucros empresariais aumentaram cerca de 50% - com uma desaceleração em 2009, como resultado da crise económica. Info tirada de Esquerda.net
NOS_23378
Un vicepresident na cadea. O líder da terceira forza política dun país en prisión. Sen nengunha sentenza en contra. Esa é a situación que vive Oriol Junqueras desde 2 de novembro de 2017. O mundo de ERC lanzou este sábado a iniciativa #FreeJunqueras.
Non por acaso foi eleito o concello de San Vicenç dels Horts por xente moi próxima a Junqueras como o lugar ideal para lle render tributo ao líder republicano, a mesma xornada, este sábado 10 de febreiro, en que fai 100 días en prisión. 100 días como preso político. No acto -no que tomaron parte centos de persoas- víronse faixas cos lemas #FreeJunquerasNow e #LiberdadePresosPolíticos. En San Vicenç dels Horts foi alcalde Junqueras e foi nesa vila en que puxo en marcha o seu proxecto de remozamento e alargamento da base social do independentismo. A semente prendeu e ERC, xa sen el ao fronte, conseguiu reter a alcaldía. A alcaldesa Maite Aymerich asistiu ao acto, canda a secretaria xeral do partido, Marta Rovira, a dirixente que, en ausencia de Junqueras, está a asumir o liderado da formación. Tamén se deixaron ver o president do Parlament, Roger Torrent; a súa predecesora no cargo e agora parlamentar de Esquerra, Carme Forcadell; o portavoz de ERC no Congreso, Joan Tardá; ben como tamén o ex dirixente de Podem, Albano Dante-Fachín, e o ex dirixente da CUP Albert Botrán, estes últimos participaron na leitura a varias voces do manifesto co que se puxo o ramo ao acto. O preso político Junqueras estaría máis que satisfeito de ver Dante-Fachín e Botrán no acto: por aí -por ampliar a base de sustentación do proxecto republicano- ía precisamente a súa aposta cando asumiu o liderado de ERC, en setembro de 2011. Naquela altura o independentismo estaba moi lonxe de soñar que alcanzaría en apenas 4 anos a maioría absoluta no Parlament. Naquela altura ninguén podía agardar que o daquela novo líder de Esquerra -historiador e doutor en Historia do Pensamento Económico- acabaría na cadea 6 anos despois por ter promovido a realización dun referendo de autodeterminación. "Reclamamos a imediata posta en liberdade de Oriol Junqueras e os demais presos políticos, o retorno dos exiliados e a restitución de todos os seus direitos políticos como representantes eleitos do conxunto do pobo de Catalunya", reza o manifesto deste evento co que se pon en andamento a campaña #FreeJunqueras. Junqueras fíxose presente neste día por meio dunha mensaxe na súa conta twitter. "O mellor regalo que nos podedes facer hoxe é constituír o Govern, recuperalo para avanzar nacionalmente e socialmente", afirma. Nas últimas datas, ERC, nun claro exercicio de pragmatismo político, está a pór o acento en que a saída do labirinto non pasa tanto por unha restitución simbólica do Govern anterior ao 155 -isto é, polo retorno de Puigdemont e Junqueras á presidencia e á viceprsidencia- como pola efectiva constitución dun executivo blindado a calquera continxencia xudicial e que poda restaurar as institucións do autogoberno. Missatge de Junqueras: "100 dies a Estremera. Gràcies a tots pel vostre suport. Mantenim viva la flama. El millor regal que ens podeu fer avui és fer Govern, recuperar-lo per avançar nacionalment i socialment. Gràcies a tots per les cartes. Us estimo!"— Oriol Junqueras 🎗️ (@junqueras) 10 de fevereiro de 2018
NOS_55233
A sociedade Volantis Renovables vén de solicitar ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica a construción de catro parques eólicos —Afrende, Entremarcos, Negueira e Sembra—, que sumados aos que xa están en tramitación alcanzarían os 44 pola vía estatal. A Xunta xa emitiu informes desfavorábeis contra 36 deles por afectaren espazos protexidos ou situárense á marxe das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico; porén, de se aprobar a totalidade deles, duplicaríase a potencia eólica que actualmente ten instalada Galiza.
O pasado mes de abril as páxinas deste xornal recollían os 131 novos proxectos eólicos que, sumados aos xa existentes —presentes en 106 municipios do país—, se estaban a tramitar entre a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta e o Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco) —aqueles que superan os 50 megawatts (MW) de potencia instalada ou que afectan a máis dun territorio do Estado—. De se aprobaren todos eles, a Galiza contaría con perto de 14.000 MW instalados. Ao feche de 2020, no país estaban operativos máis de 4.000 aeroxeradores cunha potencia de 3.922 MW. Contando unicamente cos 44 parques eólicos que se atopan en diferentes fases de tramitación a través do Miteco, e excluíndo os perto de 90 de competencia galega, esta cifra xa se vería duplicada. Catro novas solicitudes Nas últimas datas, o portal de tramitación de proxectos do Ministerio expuxo catro novas peticións para instalar parques eólicos na Galiza. A empresa solicitante de todos eles é Volantis Renovables SL, unha sociedade de recente creación —xaneiro de 2021— e con sede en Compostela. Trátase dunha filial de Tasga Renovables, que fora unha das beneficiadas polo concurso eólico do bipartito de 2009 e que en 2018 vendeu a Greenalia a sociedade Enebro Renovables, permitindo desta forma á firma da que é directiva a ex conselleira Beatriz Mato construír os parques eólicos de Ourol (24 MW) e Friol (21 MW). O primeiro deles, denominado Sembra, tería unha potencia total de 53,6 MW —dado que está na fase de solicitude inicial aínda non se coñecen nin o número de aeroxeradores nin os detalles do proxecto—, e afectaría os municipios de Cee, Dumbría e Fisterra. Deste modo, pasarían a ser 22 os parques eólicos previstos na Costa da Morte —alén dos 24 que xa están operativos—. O segundo en cuestión recibe o nome de Negueira —44,3 MW—, nos termos municipais da Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Grandas de Saline —Asturies—. Precisamente na Fonsagrada prevé construír outro parque Green Capital Power —tamén en fase de tramitación polo Miteco—, e neste concello xa está operativo outro con 69 aeroxeradores en funcionamento, de Acciona Energía. Así mesmo, outro proxecto está a ser tramitado na zona a través da Xunta, Serra de Liñares —AV Serra de Liñares—, e un terceiro presentou a solicitude previa, Paradanova —promotor descoñecido—. Por outra banda, Volantis solicita a construción do eólico Entremarcos —60,2 MW— en Friol, onde alén do homónimo e xa citado parque operado por Greenalia hai outros dous xa en funcionamento, Peña Armada —Endesa— e Cordal-Ousá —Eólica Cordales—, mentres Greenalia tramita un novo eólico, Monte do Cordal. As liñas de evacuación de Entremarcos afectarían tamén Begonte, Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei. Finalmente, o parque Afrende —53,6 MW— situaría os seus muíños na Estrada, mais o cableado circularía tamén por Silleda e Forcarei. En territorio estradense a Xunta tramita un macrocomplexo eólico de Monte Arca promovido por Vento Continuo Galego SL e outras tres filiais, todas elas con sede en Alcobendas (Madrid), que o colectivo Petón do Lobo denunciou ante a Fiscalía en abril por se tratar dunha "fragmentación artificiosa" do proxecto en catro a fin de eludir unha avaliación ambiental do seu conxunto. Unha corentena de eólicos en trámite En total, son 44 os proxectos que se atopan nas distintas fases de tramitación a través do Miteco. Contra 36 deles a Xunta xa emitiu informes desfavorábeis por se atoparen fóra das áreas de desenvolvemento delimitadas no Plan Sectorial Eólico ou por impactaren sobre espazos protexidos. Un dos casos máis recentes é o de Pena do Corvo —Iberdrola—, cuxas infraestruturas, sumadas ás dos parques Caaveiro e Tesouro —ambos os dous de Endesa— cercarían as Fragas do Eume. Con todo, neste caso concreto, segundo puido saber Nós Diario, a empresa trasladou á veciñanza que o proxecto xa estaba en marcha e non se podía paralizar porque contaba cun "forte investimento" detrás. No resto do país, Greenalia e Green Capital Power copan boa parte dos proxectos solicitados. Aliás, cómpre salientar a recente petición de Iberdrola de instalar os dous primeiros parques mariños flotantes fronte á costa galega —San Brandán e San Cibrao—, que contarían cada un cunha potencia de 490 MW e situarían as subestacións terrestres na Galiza. Do Miteco á Xunta Dáse tamén o caso dalgúns proxectos eólicos que iniciaron a súa tramitación a través do Miteco e, debido á demora nos prazos ou á imposibilidade de materializalos, decidiron acudir pola outra vía dispoñíbel: a galega. O parque eólico Banzas, solicitado a nivel estatal en 2017 por Green Capital Power, contaba cunha potencia de 51 MW repartidos entre 17 aeroxeradores, e afectaría os concellos de Mazaricos, Negreira e Outes. Mais este mesmo proxecto foi sometido a información pública no Diario Oficial da Galiza (DOG) do 13 de novembro de 2020. Iso si, adaptándose á normativa do país: reducíronse os muíños a nove e a potencia a 31,185 MW. É o mesmo caso que o do parque Alto de Montouto —A Cañiza e Covelo—, tramitado por Adelanta Corporación a través do Miteco dous anos antes con 18 aeroxeradores e 62,1 MW totais; hoxe tramítao a Xunta con cinco turbinas e 21 MW a través da sociedade Alto de Montouto SL —creada ex profeso pola súa matriz, Adelanta—. E idéntico foi o camiño dos eólicos de Coto Loureiro, da mesma empresa, con 16 aeroxeradores e 52,8 MW previstos en 2015 que, ao pasar á vía galega, se reduciron a 21 MW e cinco muíños. Mais, desta volta, a empresa promotora —Green Stone Renewable— non ten vínculos aparentes con Adelanta Corporación.
NOS_18198
Xa está no prelo o número 374 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira.
O Blue Star esperta do fondo do mar a pantasma do Prestige. Está Galiza mellor preparada hoxe que en 2002 para evitar e afrontar unha catástrofe marítima? O Blue Star, un buque quimiqueiro de bandeira maltesa e domicilio fiscal nas Bermudas, encallaba na ría de Ares na madrugada da sexta feira, a 22 de novembro. Á memoria viñeron imaxes do petroleiro grego Prestige e, ao corpo, incerteza sobre a capacidade actual do país para que unha catástrofe desas dimensións non se repita. Comezamos novo número do semanario Sermos Galiza en papel cunha reportaxe sobre esta custión. Xa á venda na loxa e a partir da quinta feira nos quiosques. En Opinión contamos neste novo número coas mans de Luz Darriba e Mercedes Queixas, a entrega de "A ollo nu", sección que semanalmente asina Xoán Costa, e o humor gráfico das mans de Tokio e Carlos Latuff. En Sociedade damos conta da presentación que levará a cabo Guadi Galego no Culturgal. Nada máis e nada menos que número cero de Nós Diario mais o suplemento cultural. Será o sábado, día 30, ás 13 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén nesta sección, Sociedade, damos conta do movemento verde como alternativa a un futuro negro, como alternativa ao Black Friday. Continuamos en Economía coa análise sobre a desigualdade entre mulleres e homes que paira sobre a Xunta, a poucos meses da aprobación do seu Plan de igualdade. En Política entrevistamos Xoaquín F. Leiceaga (Noia, 1961), doutor en Economía e profesor titular na USC, quen, após deixar o escano no Parlamento galego esta semana, incorporarase ao Senado en Madrid. Ademais, tamén debullamos a situación precaria da Atención Primaria no rural galego, a cal reclama máis coidados. Internacional analizamos as últimas sentenzas dos macroxuízos no Estado español, que deixan un claro aviso: é peor delito desafiar democraticamente a unidade de España que desviar cartos do público para o enriquecemento propio. O Fóra de Serie abre cunha reportaxe sobre a décimo segunda edición do Culturgal, unha radiografía da cultura galega actual. Entrevistamos Verto, Alberto Mira, Berto (Pontevedra, 1997) e Fernando Peleteiro, Fer (Compostela, 1997), grupo de pop e disco que vén de comezar o seu proxecto musical. Continúa o Fóra de Serie coas críticas semanais de cinema e literatura, da man de Mario Regueira e Andrés Castro. Ademais, non faltan as colaboracións de Pepe Barro e o seu "Botar un ollo", "O eco das ondas", de César Morán, a sección "Mapa de bits" de Iago Varela, e a sección "Notas do mar levado", a cargo Andrés Díaz Pazos. Pechamos o número cunha camiñada por Terras de Viana do Bolo, coas recomendacións do colectivo Xea, e o selfie co rostro de Andrés Castro, director de "Atopando o camiño", curta que se presentará no Culturgal. O Afondo desta semana é sobre A tradición oral como patrimonio, da man da Deputación de Lugo, e suman xa o número 233. O número 374 de Sermos Galiza xa está dispoñíbel na loxa e nos quiosques.
PRAZA_13724
A plataforma independentista cre que o Novo Proxecto Común ten en "perspectiva" unha alianza con Compromiso que sería a "antítese dun proxecto de liberación nacional", din
Causa Galiza deixa o Novo Proxecto Común. A apenas vinte e catro horas do inicio da asemblea constituínte na que o NPC botará a andar formalmente como organización a plataforma independentista vén de facer balance da súa participación no proceso previo, unha andaina con "aspectos positivos e negativos" na que, dende a súa óptica, pesaron máis os segundos. Malia teren chegado, din, a "un alto nivel de sintonía política" tanto coa "militancia de base do Encontro Irmandiño" como con outras persoas participantes, CG coida que o proceso "evidenciou a vixencia, baixo novos formatos, dos peores vicios e prácticas" que "se denunciaban ata o cansazo en declaracións mediáticas, reunións e documentos", ata o punto de non contar "coas mínimas garantías democráticas esixíbeis". Entre os motivos que Causa Galiza expón na súa marcha figuran que, ao seu xuízo, a "serea reflexión estratéxica que esixe construír unha nova ferramenta política" estivo "totalmente condicionada por urxencias eleitorais". Ademais, atribúenllle a "un sanedrín irmandiño" a elaboración de "pactos na trastenda", acusando a membros do partido que encabeza Xosé Manuel Beiras de "non estar á altura do presente momento histórico". "O último episodio desta sucesión de acontecementos é unha proposta de Coordenadora Nacional que o citado sanedrín elaborou desde arriba, sen ningunha garantía", aseguran. "O NPC recusou resolver unha incógnita fundamental, como é a posibilidade de que exista unha alianza" con Compromiso, di Causa Galiza Do mesmo xeito, CG salienta tamén que durante o proceso constituínte do NPC se "recusou resolver unha incógnita fundamental para a militancia, como é a posibilidadie de que exista unha alianza electoral" ou "político-organizativa" con Compromiso por Galicia. Para a plataforma independentista este é un "síntoma claro de fraude á militancia" xa que, afirman, a "entente" sería a "antítese do proxecto amplo de liberación nacional e social que necesita Galiza" e "preanuncia a conformación de novos bipartitos ou tripartitos autonómicos para seguir a xestionar da man do PSOE". Por estas e outras razóns Causa Galiza conclúe que a súa opción é a de "situarse á marxe da Asemblea Nacional Constituínte" deste sábado e "chama aos sectores de práctica soberanista e independentista real a desligarse do proceso en base ás razóns apuntadas". Esta "frustración das expectativas", din, "sitúanos con ilusións reforzadas ante a necesidade de seguir acumulando forzas soberanistas e independentistas" para "construír un amplo e plural proxecto político para a liberación nacional e social". Do mesmo xeito, salientan, "mantendo en pé a proposta lanzada para articular unha mobilización unitaria dos sectores soberanistas e independentistas", chaman a "saír á rúa neste Día da Patria", reivindicando "sen ambigüidades o dereito de autodeterminación no camiño da independencia e do socialismo".
PRAZA_314
A Deputación de Lugo e a familia do histórico mecenas galeguista asinan o acordo para o retorno ao Museo Provincial lucense da colección de 40 pezas de ourivaría entre as que se atopan o torques de Burela ou o carneiro alado de Ribadeo. Galería das pezas e audio no interior
O torques de Burela, o carneiro alado de Ribadeo, o torques de Riotorto, a arracada de Burela, o torques áureo da Recadieira... Son só algunhas das corenta pezas de ourivaría prerromana que este martes volveron para quedar no Museo de Lugo. Todas elas pertencían ao legado de Álvaro Gil, o enxeñeiro, naturalista e empresario que, tras ser represaliado pola súa vinculación galeguista e republicana, realizou numerosas doazóns á institución museística lucense entre os anos 50 e 80 do século pasado. A finais dos 90 comezaron as tensións entre os herdeiros de Gil e o goberno da Deputación de Lugo, daquela presidido polo popular Francisco Cacharro, unha serie de "desencontros" que culminaron en 2013 cunha sentenza do Tribunal Supremo que lle recoñecía a familia a propiedade das pezas, as cales abandonaron automaticamente o país. Quince meses despois veñen de facer o definitivo camiño de volta. O retorno definitivo prodúcese tras meses de negociación coa familia dende o ente lucense, representada no proceso polo seu responsable de Cultura, Mario Outeiro. O propio Outeiro, xunto ao presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e mais Carlos López Gil, en representación da familia, oficializaron o pacto coa sinatura dun contrato de compravenda a través do que a colección pasa a ser propiedade do organismo provincial. Ambas partes estamparon as súas sinaturas, asemade, nun documento no que os herdeiros declaran a súa renuncia a emprender accións legais contra a Deputación para reclamar novas cantidades ou outro tipo de medidas. A Deputación de Lugo adquire a colección e os herdeiros de Gil renuncian a cobrar danos e prexuízos e mais a emprender novas accións legais Así as cousas, a Deputación pon sobre a mesa 2,3 millóns de euros -importe fixado na taxación das pezas- que serán abonados anualmente ata 2018 en concepto de adquisición da colección, sobre a que está en marcha un expediente de declaración como Ben de Interese Cultural dende hai máis dun ano. Asemade, a familia recibirá "as cantidades debidas en concepto de custas e gastos xudiciais" por importe de 600.000 euros, "94.000 menos dos que se determinou xudicialmente", indica Outeiro. Asemade, a renuncia dos herdeiros a reclamar "danos e prexuízos" implica non ter que pagar 2,8 millóns de euros, "que era o que a familia tiña valorado". A negociación "O mundo da cultura agradecerá no futuro que tomasen esta decisión", di o representante da familia A sinatura deste martes é o resultado dunha "negociación longa e intensa" que se estendeu durante 19 meses. "O mundo da cultura agradecerá no futuro profundamente que tomasen esta decisión", sinalou durante o acto público o representante da familia quen, subliña coa circunstancia de que "só" Outeiro e mais el "sabemos as moitas horas e reunións discretas que tivemos ao longo de todos estes meses". "Isto frutifica pola confianza que tivemos o un no outro", afirma Carlos López Gil. "Foron unhas negociacións marcadas pola boa sintonía e a total discreción", ratifica o deputado de Cultura. Besteiro ve saldada "unha débeda histórica" Nesta liña, Gómez Besteiro coida que o acordo implica "saldar outra débeda histórica coa provincia", comparable á culminación de "compromisos" como "o pago do canon hidroeléctrico, as transferencias sanitarias ou a construción dun centro da UNED". Esta, asegura, foi "unha causa común do goberno e da función pública da Deputación" que se desenvolveu con "discreción" pero dun xeito "transparente", toda vez que se trata "dunha adquisición pública para unha institución pública". "Priorizamos en emprego e servizos sociais, pero tamén somos quen de facer unha adquisición prioritaria para o noso patrimonio cultural", conclúe". Que a colección teña "a importancia que merece" Outeiro: "Recuperamos para o pobo galego un destacado tesouro" Alén das cuestións políticas e económicas tanto Besteiro como Outeiro e a propia familia chaman a poñer o acento na importancia cultural e artística da colección. Trátase, sinala o responsable da área cultural, dunha "magnífica noticia para a cidadanía lucense" pero tamén para o conxunto de Galicia, toda vez que "recuperamos para o pobo galego un destacado tesouro", un "legado dos nosos devanceiros" que é indicativo "dun pasado vizoso dos pobos do noroeste que conformarían posteriormente a Gallaecia romana e, xa despois, o primeiro reino moderno de Europa, o Reino da Galiza". No mesmo sentido, Carlos López Gil expresa o seu desexo de que "no futuro se lle dea" á colección "máis importancia da que aparentemente ten", toda vez que "fóra de Lugo ou de Galicia non é o coñecida que debería ser". "Agardo que se lle dea a importancia que merece", sinala o herdeiro do filántropo, porque "tería que representar para Lugo o que representa a Dama de Elche para Elche ou Las Meninas para Madrid".
NOS_41151
No terceiro aniversario de Déixaas, de Mercedes Peón. Sen el nada sería o mesmo.
Hai discos sen os cales imaxinar un momento vital é até imposíbel. Música que non só transcende fronteiras, senón que xunto a esta propagación abre camiños que nin sequera se podían imaxinar á música. Na Galiza, de feito, sobran casos así. Poderiamos imaxinar a música de principios dos dous mil sen Plenilunio, de Luar na Lubre? Non. E todo o que veu despois, tampouco. Tratábase de algo máis. De estudar o noso, de levalo ao límite, de rachar mantendo, no fondo, as raíces. Aquel disco, o sexto da banda, comezaba cun deses temas que ao soar poñen a pel de galiña e se identifican como poucos. "Son do Ar" é un dos nosos sons internacionais, un canto de violíns que tanto a banda como Mike Oldfield se encargaron de que persoas de todo o mundo o escoitasen. Este feito, en certo modo, axudounos a revalorizar o que temos. Atopamos un paso adiante e rachamos cadeas que nos facían desvalorizar a música galega, tan de vangarda e tan revolucionaria como calquera outra. E no sentido máis amplo do termo! Detrás de Plenilunio viñeron máis. Tanto de Luar na Lubre como de moitos outros. Soaron Carlos Núñez ou Xorima. Volvemos escoitar Milladoiro, Fuxan os Ventos, Emilio Cao. Abriuse o camiño para que, no futuro, aparecesen artistas como Baiuca, Xosé Lois Romero ou Alboria. E tamén, apareceu Mercedes Peón. E é que este mes de abril, un dos álbums máis importantes da historia da Galiza fai tres anos. Dise pronto. Parece pouco. Mais todo o que se lle debe é tanto que non saberiamos por onde explicalo. O Deixaas, de Mercedes Peón, está de aniversario. E sen el, nada sería o mesmo. Porque hai discos tan provocadores desde a primeira nota que sabes que van pór patas arriba todo o que coñeces. Ou todo o que sabías coñecer. Onde perdes por momentos a noción do tempo, e destrúen todo concepto que pensabas ter sobre, non só un, senón varios estilos musicais. E é que, de todos os exemplos recentes que mencionamos antes, ningún chega aos absolutos que Mercedes Peón ergueu hai tres anos. Non se trata de que a música galega precisase unha revolución. De feito, exemplos como os mencionados con anterioridade ou as incombustíbeis Tanxugueiras son probas de que os instrumentos máis clásicos teñen aínda unha capacidade de evolución envexábel. Tratábase de algo máis. De estudar o noso, de levalo ao límite, de rachar mantendo, no fondo, as raíces. E o resultado é todo un espectáculo que non só non pasou de moda, senón que aínda quedan pasos que dar até chegar alí. E isto é outros dos puntos a ter en conta: se aínda non se chegou ao punto de que Deixaas sexa algo pasado, un novo clásico, e alén disto continuamos a recibir achegas a aquilo que até o de agora consideramos tradicional... Canta marxe nos queda para asombrarnos? E seguiremos falando de música tradicional, ás veces incluso como sinónimo dese socorrida música celta. E chegarán Mercedes Peón, Baiuca, Tanxugueiras e Sangre de Muérdago e pedirannos que volvamos cavilar nas etiquetas que pomos. Porque non é unha cuestión de tradición, senón de raíces. E de levalas ao máis alto.
NOS_34737
A formación da esquerda abertzale pula polos principios do dereito a decidir dos pobos e a xustiza social como alicerces da coligación que concorrerá á cita do 25 de maio. Pola súa banda, a CUP decidirá o 9 de marzo se vai se presentar á cita das europeas. De ir, informa Ara, a única opción que contempla é a alianza con BNG e Bildu.
Eh Bildu acolleu con satisfacción o paso dado polo Consello Nacional do BNG este sábado, ao propoñer á militancia concorrer ás europeas nunha coligación coa formación da esquerda abertzale e a Candidatura d´Unitat Popular (CUP). "EH Bildu quere dar a benvida á decisión do Consello nacional do BNG". Con esta frase inicia a formación independentista basca o comunicado. Para EH Bildu, o paso da fronte nacionalista permite deseñar unha "coligación amplia" para a cita do 25 de maio. Neste sentido, Bildu sostén que esa coligación debe alicerzarse en base a dous eixos ou principios básicos: a defensa do dereito a decidir das nacións e a xustiza social. A CUP, en marzo A CUP non decidirá até o 9 de marzo se concorre ás europeas. Así o decidiu este sábado un consello político extraordinario da formación catalá, segundo informa ARA. A decisión adoptarase após escoitar a militancia e simpatizantes en asembleas de base abertas, ademais de consultar as posibilidades con xente de formacións da esquerda independentista. As dúas opcións que van estar sobre a mesa serán a de non acudir a esta cita ou ben facelo en coligación co BNG e EH Bildu, desbotándose outras vías, segundo ARA. A militancia decide A proposta do Consello Nacional do BNG pasará agora a ser debatido e votada nas asembleas comarcais pola militancia, que será quen teña a última palabra a este respecto. A xuntanza do órgano deste sábado tamén aprobou a candidatura da fronte á cita coas europeas do 25 de maio (encabezada por Ana Miranda) e o programa.
NOS_49586
A Coordinadora Galega de ONGD chama a atención sobre outros países
Son moitos os motivos causantes das múltiples crises humanitarias que se viven actualmente no mundo. A guerra en Ucraína ten producido moita desgraza, tensións xeopolíticas e unha crise económica moi importante. Esta situación merece atención mais a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento (ONGD) chama a atención sobre os outros 32 conflitos bélicos que tamén requiren axuda, ao igual que aqueles países que máis sofren as graves consecuencias socioeconómicas da pandemia e dos desastres naturais que se veñen dando nos últimos tempos. Este momento de crise global, alertan desde a Coordinadora galega nun comunicado de prensa, "pon de manifesto que son susceptíbeis de axuda humanitaria non só aquelas situacións de conflitos bélicos, catástrofes naturais ou pobreza extrema, senón todas aquelas que atenten contra a dignidade das persoas". Refuxiadas e confinadas no deserto do Sáhara Esta atención debe dirixirse, por tanto, a abordar as causas sistémicas das violacións de dereitos humanos desde a prevención, a atención á situación concreta de emerxencia e a recuperación posterior. "A axuda humanitaria debe ir máis alá da resposta inmediata e posterior a unha crise; debe traballar para aumentar a preparación e reducir vulnerabilidades", apunta Raquel López, técnica de proxectos da Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Desde a Coordinadora manifestan que ante estes contextos de crises é fundamental "recoñecer como esencial" o traballo das organizacións humanitarias. Nos últimos anos, o número de ataques a persoal e centros de atención humanitaria, hospitais e refuxios "foi aumentando de modo progresivo". "É un deber dos Estados garantir a protección do persoal que traballa ofrecendo axuda humanitaria e o seu adecuado acceso aos lugares necesarios". Así o expón Felipe Noya, voluntario de acción humanitaria e vogal da Coordinadora de ONGD. Axuda galega nas 'crises esquecidas' A axuda humanitaria galega chega a moitos países, entre eles, ao Sahara Occidental e a Alxeria, concretamente aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís (CRS). Alí, médicas e médicos galegos, a través da ONGD Médicos no Mundo, achegan a súa colaboración a aproximadamente 178.000 persoas que levan décadas en situación de exilio e illamento forzado na hamada alxerina e que non poden voltar ao seu país de orixe, o Sahara Occidental. Tamén no Salvador, galegas e galegos da ACPP están a achegar a súa axuda para a atención e protección integral a persoas LGBTI en situación de vulnerabilidade por violencia. No Iemen, a ONGD Farmamundi realiza intervencións de emerxencia para garantir o exercicio do dereito á saúde e fortalecer o sistema sanitario no país. No norte de Marrocos, a ONGD Entreculturas traballa a prol da denominada educación en emerxencia como sector prioritario na acción humanitaria por considerala chave para a xeración dunha cultura de paz. Entreculturas está tamén presente no Líbano, país que atravesa a peor crise económica e política da súa historia recente, o que agrava notabelmente as condicións das persoas refuxiadas que se encontran en situación de vulnerabilidade. Na Fraxa de Gaza, o Movemento pola Paz traballa co obxectivo de mellorar as condicións de vida e a promoción do acceso a dereitos da poboación. "A paz é moito máis que a ausencia de guerra" "Non cesamos de repetir que a paz é moito máis que a ausencia de guerra, porque as desigualdades e inxustizas estruturais, os discursos de odio e a destrución do medio ambiente son violencia", comenta Susana Fernández, responsábel da Delegación de Movemento pola Paz na Galiza. É por iso que moitas ONGD, entre elas moitas galegas, traballan para mellorar as condicións de vida de millóns de persoas afectadas en moitos conflitos, sen importar a cobertura mediática que reciban.
NOS_28799
Un roubo estraga un proxecto de investigación do CIMA a piques de rematar sobre a loita contra un parasito do berberecho
Dous anos de estudo lastrados polo roubo de marisco. Ese é o balanzo denunciado á Garda Civil pola Consellaría do Mar que tivo como botín 5.200 exemplares de berberecho pertencentes a un proxecto de investigación desenvolto polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), segundo detallou onte a conselleira Rosa Quintana na súa visita ás instalacións do centro. A investigación que se estaba a levar a cabo con estes exemplares formaba parte do proxecto 'Croquedous', que busca obter estirpes resistentes ao parasito Marteilia cochillia, que debilita os moluscos bivalvos, aínda que resulta totalmente inocuo para o ser humano. O roubo, ocorrido nunha batea instalada na ría de Arousa, preto de Cambados, supuxo a perda de cinco lotes, un deles formado por individuos de segunda xeración que, de forma natural, parecían resistentes ao parasito. Estes exemplares ían ser utilizados para a creación dunha nova xeración, así como para a realización dunha nova proba de resistencia. Outros dous grupos estaban compostos por exemplares híbridos de berberecho común e birollo, sendo o único caso no mundo de produción en criadeiro de híbridos entre estas dúas especies, cuns altos resultados de supervivencia. Co roubo, informa a Consellaría, todos eses avances perdéronse. Proxecto Croquedous Iniciada en xaneiro de 2019, o Centro de Investigacións Mariñas esperaba concluír o estudo no mes de decembro deste mesmo ano, mais agora vese obrigado a buscar novas liñas de traballo. O director do centro de investigación, Carlos Gabin, subliñou que "o valor científico deste estudo era incalculábel". "Non existía ningún grupo de investigación facendo o mesmo que nós", indicou con pesar. Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, condenou esta acción, ao tempo que sinalou que este segundo roubo, xa que se suma a outro similar ocorrido en decembro de 2016, "supón perder máis de dous anos de estudo" duns traballos que se iniciaron hai cinco anos. En declaracións aos medios, Quintana referiuse tamén a fin da "liña de investigación que permitiría a mellora da produción nos bancos marisqueiros da Galiza" e, por tanto, "da economía de millares de persoas que dependen da extracción deste molusco no país".
NOS_35966
Denuncia "manipulacións" e mentiras coa finalidade de "satanizar" o independentismo.
Causa Galiza anuncia o inicio de accións penais contra La Voz de Galicia polas informacións aparecidas neste xornal sobre a organización independentista e que esta considera que a relaciona con Resistencia Galega. Indican que neste medio se cualificou a CG como "brazo político" dunha "suposta organizaçom armada" e recentemente cualificábaselle como "coluna vertebral" de RG. Algo que, indica CG nun comunicado, é un "fundamento incriminatório da acusaçom nulo". Lembra que a Audiencia Nacional após sustepder as actividades de Causa Galiza doce meses reirou esa medida, "e admitia que o seu trabalho político se desenvolvia e desenvolve no quadro da legalidade vigente embora o questionar" Causa Galiza anuncia tamén a estensión destas accións a outros nmedios que no marco da 'Operación Lusista' manipulares imaxes e contidos coa fianldiade de "satanizar" o independentismo.
NOS_19969
Máis alá do movemento social, o activismo e a política -institucional ou non-, o feminismo é tamén unha óptica. Un método. A profesora Montse Pena Presas (Sada, 1981) emprégao para se enfrontar ao corpus da literatura infantil e xuvenil galega. Parte das súas conclusións acaban de adoptar forma de libro, Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia.
"Por desgraza, nacer nena segue sendo 'nacer sendo menor'", escribe no cabo do limiar da obra, editada por Laiovento, "mais os libros tamén son estupendas armas cargadas de futuro para tentar transformar esta situación. Velaquí, quizais, o propósito máis fermoso e máis utópico deste libro que fala de libros para cambiarmos o mundo". A partir da súa tese de doutoramento -dirixida por Dolores Vilavedra e Bieito Silva-, Pena Presas indaga en dirección a unha das súas inquedanzas: "Saber se nos últimos anos, as narracións achegaban a posibilidade ás rapazas de deixar de ser 'menores' que os seus homólogos varóns". E inicia o seu percorrido da man de dúas autoras, Marilar Aleixandre e María Reimóndez, entre "as máis comprometidas con amosar outros modelos de mulleres nas obras literarias". A propia Aleixandre explicaba como a falta de "protagonistas femininas" na literatura infantil e xuvenil a levou a confeccionar o seu célebre A expedición do Pacífico (1989). Reimóndez, pola súa banda, decatouse de que "había tan poucas protagonistas" en que mirarse que chegou "á conclusión de que o mellor era ser un neno". Ambas as dúas escritoras son citadas por Pena Presas na introdución en que expón "os motivos dun estudo coma este". Que son variados e, ao tempo, relacionados. A fusión entre crítica literaria feminista e estudos de literatura infantil. O impacto do feminismo como movemento social. Os novos xeitos de representar a feminidade. A reconfiguración do que significa ser neno nas obras literarias. Con esas motivacións, o ensaio organízase en dúas partes, Movemento feminista, coeducación e crítica da literatura infantil en Galiza, e O impacto dos feminismos na literatura infantil galega. Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia explora un territorio ancho, en crecemento e mutación. É análise literaria con tres obxectivos confesos: "Estabelecer un corpus teórico que poña de manifesto a vinculación entre o feminismo e os estudos LIX; visibilizar o papel que os grupos feministas e de mestras tiveron na procura dunha educación igualitaria a través dos manuais e dos contos; analizar os textos literarios e ver en que medida estes se viron influenciados polo movemento feminista". "O poder da literatura non unicamente reside na capacidade de que poidamos soñarnos distintas, senón en que nos capacita, a través da imaxinación, para situarnos no lugar de aquelas e aqueles que nunca seremos", di Montse Pena nas conclusións, antes de pechar cun resumo: "Este volume é tamén un convite a ler e a axudar a ler criticamente, achegando estratexias concretas, a poder ver os pousos, a xestionar enreixados e, sobre todo, a poder bailar cos zapatos de claqué de quen non somos sen deixar de recoñecer os nosos".
NOS_24052
Das máis de 500 entidades inscritas no rexistro de grupos de interese da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia non figura ningún dos clústers do país.
Galiza non quere recoñecer a influencia dos seus clústers nin das empresas que os conforman. Polo menos así se interpreta do feito de que tan só 9 entidades figuran no rexistro de grupos de interese da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) que integran a nivel do Estado español medio millar de colectivos. Neste rexistro, que se creou a comezos de 2016 e con carácter voluntario e co obxectivo de garantir unha relación "o suficientemente transparente" das entidades que o conforman cos grupos de interese, non figuran nin a Confederación de Empresarios da Galiza (CEG) nin os distintos clústers sectoriais do país. Se cadra, a entidade de maior relevancia que figura no listado é Asociación Círculo de Empresarios da Galiza, dirixida por Patricia García e con sede en Vigo. Esta asociación eríxese como "foco central de negocios na Galiza, especialmente na zona sur" e cubre en parte a ausencia dunha CEG descabezada dende a marcha do seu presidente en xaneiro de 2018. Outros integrantes Xunto ao Círculo están tamén no listado a Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco), con sede en Vigo; o Club Financeiro de Ourense; a Federación Galega de Asociacións de Transporte de Viaxeiros en Autocar (Transgacar), con sede en Santiago de Compostela; a Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro da Galiza (Pladesemapesga), con sede na Coruña; a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), radicada en Ourense; e as empresas Mediasiete Communication and PR Consulting, ITE Ambiental e o consultor Arán Feixoo. A listaxe da CNMC está pensada para asociacións profesionais, empresariais e sindicais; medios de comunicación vencellados a empresas e entidades con finalidades de investigación; consultorías profesionais, despachos e bufetes; ONG; fundacións e asociacións, e grupos de análise, investigación e reflexión. Duplicidades A ausencia de algunhas entidades galegas pódese deber en parte a que xa están representadas por organizacións de ámbito estatal, como pode ser o caso da Confederación Nacional dos Empresarios da Minaría e a Industria, que representa á Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galiza (Asime); a Asociación Empresarial Eólica no lugar da galega, ou o Organización empresarial de Loxística e Transporte, que asume as funcións do recentemente creado Clúster da Función Loxística de Galiza. Aínda así, estas entidades teñen total liberdade para inscribirse igualmente, como tamén o poden facer o Clúster da Automoción de Galiza (Ceaga); o da Xeotermia (Acluexga), as renovábeis (Cluergal) ou o do autoconsumo (Agaen) no eido enerxético; o Cluster TIC, o da comunicación gráfica, o da madeira e o deseño, o do naval (Aclunaga), Anfaco-Cecopesca, o da biotecnoloxía (Bioga), o Clúster da Saúde ou o do textil (Cointega), que son a día de hoxe grandes ausentes.
QUEPASA_457
Ponteceso e Laxe quedan no nivel 3, pero a mobilidade só se restrinxe nos concellos do máximo nivel de restricións. É dicir, a partir do venres poderase entrar e saír en Laxe e Ponteceso.
Anunciou este mediodía Feijoo as novas medidas nesta desescalada, que serán efectivas a partir deste venres. Todos os Concellos costeiros (por debaixo de 100 casos por cada 100 habitantes), agás Ponteceso e Laxe (ambos cunha taxa acumulada a 14 días de entre 150 e 250 casos por cada 100.000 habitantes), pasan a nivel baixo (4) de restrición, xunto con outros 310 concellos galegos. A medida máis importante é que a hostalería poderá abrir ata as 21:00h, ao 50% en interior e 75% nas terrazas. Polo seu lado, en Laxe e Ponteceso, que quedan no nivel medio (3), a hostalería só poderán abrir ao 30% no interior e ao 50% nas terrazas. En todo caso, as reunións de non conviventes estarán prohibidas nos domicilios. Toda Galicia permanece perimetrada e o toque de queda mantense ás 22:00h. Máis novas sobre o covid 15-03-2021: COVID: A Costa da Morte baixa dos 100 10-03-2021: COVID: Ponteceso sae o venres do nivel laranxa de restricións. 05-03-2020: COVID: Abren as restricións, a partir do luns, da Área Sanitaria da Coruña-Cee, agás en Ponteceso. 05-03-2021: COVID: Ningunha aula pechada nos apenas 13 centros afectados da Costa da Morte. 03-03-2021: COVID: Corcubión e Ponteceso saen o venres do nivel máximo de alerta sanitaria. 02-03-2021: COVID: A pandemia marca os seus mínimos 24-02-2021: COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada. 22-02-2021: COVID: O cribado de Carballo reafirma a tendencia á baixa. 22-02-2021: Primeiro día de vacinación á veciñanza maior de 80 anos no Centro de Saúde de Muros 22-02-2021: COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada . 19-01-2021: Comeza, pola "h", a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca. 16-02-2021: COVID: Carballo baixa dos 300 casos activos pero recibirá un cribado masivo. 14-02-2021: COVID: Escasas novidades nas medidas para a nova desescalada. 13-02-2021: COVID: Os datos do cribado de Malpica, "os máis altos" dos feitos pola Área Sanitaria. 11-02-2021: COVID: 18 positivos nos cribados de Vimianzo e Camariñas, aos que acodiron o 60% d@s citad@s . 11-02-2021: Hostaleiros de Muros: "Non se nos pode quitar o noso dereito a traballar". 10-02-2021: A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte únese para pedir axudas reais 09-02-2021: COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha. 08-02-2021: COVID: Mantense a tendencia á baixa á espera dos resultados dos cribados da Laracha, Camariñas e Vimianzo . 05-02-2021: COVID: Continúa a baixada. 03-02-2021: COVID: Malpica tamén recibirá o seu cribado. 02-02-2021: COVID: Este xoves comeza o cribado na Laracha. 01-02-2021: COVID: Bergantiños dobrega a curva 28-01-2021: COVID: 5 novos falecidos na residencia DOMUSVI de Carballo. 27-01-2021: COVID: A Laracha pecha os parques infantís. 25-01-2021: COVID: A Xunta pecha Galicia durante 3 semanas. 25-01-2021: COVID: Continúa a evolución negativa na comarca. 21-01-2021: COVID: Bergantiños volve ser o gran foco 20-01-2021: COVID: Aumenta tamén a incidencia nos centros de ensino. 19-01-2021: COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións. 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi. 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo. 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs. 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX. 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h. 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana . 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza. 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
NOS_14291
O último traballo de Ignacio Vilar, Sicixia, está xa dispoñíbel na plataforma de cinema dixital Filmin. Ademais, o filme de Vía Láctea Filmes, está tamén en Movistar +.
Durante o seu primeiro mes en liña en Filmin, as longametraxes de Ignacio Vilar foron alugadas en máis de 800 ocasións. A esmorga e Sicixia encabezan a lista cunha media de 10 visionados diarios por filme segundo datos de Vía Láctea Filmes. CINEMA AO AR LIBRE Esta quinta feira 31 de agosto proxectarase Sicixia en Barbadás ao aire libre. No encontro estará presente de Ignacio Vilar, director da longametraxe. A proxección terá lugar no Parque da Solaina, n'A Valenzá, ás 22:00.
NOS_598
O Concello de Carballo vén de anunciar unha nova edición do festival que o situou como unha referencia estatal no eido dos Contidos Dixitais.
A terceira edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay celebrarase os días 5, 6 e 7 de maio, segundo vén de anunciar o Concello de Carballo. O CIP, que acadou nas dúas pasadas edicións unha grande repercusión a nivel nacional e internacional, situou Carballo como unha referencia para o público e para os profesionais do sector da creatividade dixital, ao converterse no primeiro concello do Estado que contou cun festival de webseries e de novos formatos narrativos. O Concello e a organización do evento completan a oferta cun ciclo formativo que se desenvolve nos meses previos, o FormaCIP, que nesta edición amplía a súa oferta tamén á xente miúda. Novas narrativas, marketing dixital, novas tecnoloxías, produción e financiación audiovisual, dirección de actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica codeco ou emoticonos analóxicos son algúns dos coñecementos que adultos, estudantes, nenos e nenas poderán adquirir no ciclo formativo do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, FormaCIP, desde o vindeiro 12 de marzo até a mesma fin de semana do Festival. Obradoiros O Fórum de Carballo acollerá a completa oferta educativa do FormaCIP, que comezará o sábado 12 de marzo co obradoiro "A web como canle para contar historias" impartido por Oscar Otero. Unha semana máis tarde, os días 19 e 20 de marzo, será o produtor Felipe Lage quen imparta o obradoiro "Produción e financiamento". A fin de semana do 2 e o 3 de abril, María Yáñez impartirá un curso titulado "Marketing na rede e desde abaixo para o teu produto audiovisual". A fin de semana seguinte, Alfonso Zarauza ofrecerá un obradoiro de tres días sobre Dirección de actores. E do 26 de abril ao 1 de maio as persoas que o desexen poderán coñecer de primeira man todo o proceso de Creación dunha webserie: "Do guión á distribución", da man de David Saínz e Teresa Segura. Para crianzas Desde o obradoiro de Robótica con Lego Mindstorms que impartirán os Code Monsters e o de Micropaleta gráfica Codeco dos Esferobite, para nenos e nenas de 7 anos ou máis; ata o de "Robótica express: programación e electrónica con Arduino", impartido tamén por Code Monsters, para rapaces de a partir de 12 anos; pasando pola "Creación de emoticonos analóxicos" de Paula Fraile, de 9 a 13 anos. Todos os obradoiros infantís do FormaCIP serán gratuítos.
NOS_27635
Os farmacéuticos ofrecerán o test a poboación obxectivo: persoas entre 40 e 64 anos. Estas meterán a saliva nun tubo de mostra, que a propia farmacia enviará a analizar. Unha vez que se coñeza o resultado, este notifícase á persoa que fixo a proba.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Conesaña, anuncia que farmacias da provincia de Pontevedra colaborarán co Servizo Galego de Saúde (Sergas) na realización de cribados a través da recollida de mostras de saliva para a súa análise mediante PCR e detectar posíbeis contaxios da Covid-19. En concreto, a recollida de mostras en farmacias iniciarase pola poboación de entre 40 e 65 anos da provincia, aínda que os colectivos poderán ir cambiando en función dos obxectivos das autoridades sanitarias. O programa princpiará esta quinta feira, 4 de febreiro, en 6 farmacias A presidenta do colexio de Pontevedra, Alba Soutelo explicou o funcionamento do programa, que ten como obxectivo "identificar o virus en persoas asintomáticas". Os profesionais ofrecerán a proba á poboación obxectiivo: pen principio, persoas entre 40 e 64 anos, en principio, sen ser pacientes inmobilizados, sen resultado positivo por PCR nos ultimos tres meses e non deben ter relación laboral nin ser residentes de centros de maiores. Ademais, teñen que ser persoas asintomáticas. O farmacéutico daralle un tubo de mostra cun código de barras, que será asociado ao paciente. A persoa deberá recoller a súa saliva no tubo sen almorzar ou terse cepillado os dentes. A mostra deberá entregarse antes das 10:30 horas e a farmacia levarao ao laboratorio. Se é negativo enviarase unha mensaxe ao móbil e se non o é, será contactado para realizar unha PCR nasofarínxea. Cambio de tendencia O conselleiro iniciou a súa intervención para dar conta do debatido no comité sanitario indicando que as medidas e restricións aprobadas "principan a dar os seus froitos". "Non podemos ser triunfalistas", sinala, pero indica que "por primeira vez neste mes empeza a baixar a incidencia acumulada". A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, manifestou que os datos semellan indicar un "cambio de tendencia" e que estamos "en fase de meseta con tendencia descendente" mais dixo que todo isto había que tomalo con "cautela". Tamén informou que hai 200 casos en estudo de posíbeis casos de Covid procedentes de variantes como a británica e a surafricana. Confirmados, dixo, só hai 14 casos do primeiro tipo e 1 do segundo.
NOS_52953
Unha vaga de incendios como a que Galiza sofreu a mediados de outubro sobrepasa con moito o simple problema ambiental para entrar de cheo no social e o económico. Os incendios golperoan sectores produtivos básicos do país para alén de poñer sobre a mesa unha cuestión: Quen asume e cubre os enormes danos? Damos as claves no Sermos Galiza 269.
Galiza padeceu en 2006 unha das vagas de incendios máis devastadoras da súa historia recente. Os lumes arrasaron 93.000 hectáreas, cifra que é case o triplo das que se queimaron nos incendios de mediados de outubro (35.000 Has) mais que eran moito menos das que arderan en 1989 (198.000 hectáreas). María Loureiro, Melina Barrio e Luisa Chas preocupáronse de intentar cuantificar as perdas económicas imediatas causadas polo lume de 2006: por volta de 340 millóns de euros, cantidade que non abranguía impactos como os danos da cinza dos montes queimados en bancos marisqueiros, a perda de produtos forestais como castañas ou cogumelos, o lucro cesante... Embora todas estas limitacións, estas tres expertas sinalaban que os custos dos incendios en Galiza teñen un impacto equivalente a entre 0,62 e 0,84% do noso PIB. No conxunto do Estado españpol, o impacto do lume non sobrepasa o 0,2%. Que quere dicir isto? Pois, como nos afirma Lourdes Hernández (WWF), "que os incendios xa non son un problema estritamente ambiental, senón un problema económico". Hernández incide en que vagas de lume como a deste mes de outubro non só teñen efectos na natureza, na flora e fauna. As consecuencias van desde a gandeiría até o agro e o turismo. "Restaurar unha zona calcinada sae entre 3.000 e 6.000 euros por hectárea". [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais]
NOS_29121
O rotativo estadounidense publica un documento que vincula a oposición coa Operación Gedeón para derrocar a Nicolás Maduro.
Membros da oposición venezolana negociaron en outubro un acordo de 213 millóns de dólares con Silvercort, compañía de seguridade con base en Florida, para invadir o país e derrocar o presidente Nicolás Maduro, segundo un documento publicado polo Washington Post. As autoridades venezolanas arrestaron esta semana unha ducia de persoas, incluídos dous cidadáns dos Estados Unidos que traballan para Silvercorp, que formaban parte dun grupo armado que levou a cabo unha incursión en territorio de Venezuela. Os dous cidadáns estadounidenses capturados apareceron esta semana na televisión estatal de Venezuela afirmando que Silvercorp lles encargara a misión de se faceren co control do aeroporto de Caracas co fin de sacar do país en avión a Maduro. O presidente, non obstante, sinalou que ambos os dous serán xulgados por tribunais civís. O documento publicado polo prestixioso rotativo estadounidense supón un grave revés para a credibilidade do líder da oposición, Juan Guaidó, que durante toda a semana negou calquera vínculo con Silvercorp e calquera vinculación co operativo militar para derrocar pola forza do poder a Maduro. O documento describe en 42 páxinas o plan da chamada Operación Gedeón, detallando polo miúdo cuestións tácticas que van desde que minas terrestres colocar até que equipamento vestir. Porén, non explica con exactitude cal sería a táctica a seguir para conseguiren facerse co control do país. Nun vídeo emitido pola televisión venezolana, Airan Berry, un dos estadounidenses capturados, dixo que o obxectivo eran controlar corpos específicos como o Servizo Bolivariano de Intelixencia Nacional (SEBIN) e a Dirección Xeral de Contraintelixencia Militar (DGCIM), alén de "capturar" a Maduro. "Propaganda", din os EUA Cuestionado polo documento e pola confesión de Berry, un portavoz do Departamento de Estado dos EUA dixo: "Hai unha gran campaña de desinformación en marcha por parte do réxime de Maduro, complicando separar os feitos da propaganda". Os partidos da oposición Primeiro Xustiza e Vontade Popular sinalaron nun comunicado que "as forzas democráticas non promoven nin financian guerrillas, brotes de violencia ou grupos paramilitares.
NOS_30704
Governo francês anunciou um plano de economias de 50 mil milhões de euros, onde 40% desse valor será retirado do sistema de proteção social.
Um esqueleto a mais no mausoléu socialista das promessas sem futuro: um plano de poupanças de 50 mil milhões de euros, onde 40% desse valor será retirado do sistema de proteção social. Essa medida colocou a última rosa murcha nas escassas ilusões que restavam. A reviravolta do que se chama quase como uma piada ou um eufemismo de "esquerda francesa" responde aos imperativos fixados pela União Europeia em matéria de redução de déficit. Este plano, que também inclui o congelamento de salários dos funcionários públicos e das pensões de reforma, fraturou a maioria socialista na Assembleia Nacional. Um grupo de 100 parlamentares socialistas escreveu ao primeiro ministro Manuel Valls para denunciar o que consideram um "plano perigoso economicamente" que "acarretará retrocessos sociais e perturbações em serviços públicos essenciais". O plano de cortes socialista é histórico, na medida do engano de que são vítimas aqueles que votaram há dois anos por uma política totalmente diferente da que é aplicada hoje. O presidente François Hollande navegou por dois mares distintos: começou o seu mandato em 2012 com um pacote tributário e conservando quase intacta a despesa social. Dois anos depois, procurou na caixa social a diferença que faltava para cumprir com o limite do déficit imposto pela Comissão Europeia (3%). Quando apresentou o seu plano, o chefe do Executivo assinalou que era preciso dizer a verdade aos franceses: "não é a Europa que nos impõe suas escolhas, mas sim a nossa despesa pública que equivale a 57% do PIB". A herança deixada por três presidências consecutivas da direita é abismal, sobretudo a última, de Nicolas Sarkozy. Mas o socialismo francês desmanchou todo o andaime de expectativas que havia consolidado e que o levou à vitória em 2012. Valls: a austeridade equivale à soberania O primeiro ministro disse que a austeridade era uma questão de "soberania", mas a frase soa como uma zombaria em relação aos eleitores. No momento em que Manuel Valls ousava fazer essa comparação, ou seja, a austeridade equivale à soberania, Paris encontrava-se sob a ameaça do grande reitor liberal que é a Comissão Europeia. Bruxelas pressiona a França para que apure o passo das reformas e respeite os planos negociados a fim de cumprir a agenda de um déficit máximo de 3% em 2015. A França fechou 2013 com um déficit de 4,3% do PIB, um desemprego de 11% e uma dívida de 98% do PIB. Alguns meios perguntam-se com certa ironia se, além de querer cumprir a todo custo a austeridade europeia, Hollande não se propôs também a destruir o PS e a esquerda em seu conjunto. François Hollande apresentou-se como o Cavaleiro Vermelho da Europa, o homem que ia renovar a social democracia mundial, fazer frente à chanceler alemã Angela Merkel e combater com capa e espada os dogmatismos bíblicos da União Europeia, que só jura pela Deusa Austeridade. O grande reformulador acabou por revelar-se um continuísta que, em apenas dois anos, tocou o fundo da impopularidade, perdeu de modo estrondoso as eleições municipais deste ano, viu o desemprego crescer como marés rebeldes e teve que mudar de primeiro ministro. O congelamento das reformas e das chamadas prestações sociais é um pesadelo para a esquerda parlamentar que se se sente totalmente enganada. Reviravolta liberal Esses 50 mil milhões de euros cortados seguramente financiarão outra medida, o Pacto de Responsabilidade, destinado às empresas. Este mecanismo prevê reduzir o custo dos impostos sociais para as empresas em troca da manutenção dos empregos. A perspectiva parece de um idealismo desmedido. A primeira coisa que fez o chefe do patronato francês, Pierre Gattaz, foi propor a redução ou a suspensão do salário mínimo para os jovens. A direita não tem muito o que dizer ante à nova carta socialista. Ficou muda com o espetáculo da reviravolta liberal adotada pelos socialistas. No entanto, na esquerda do PS a música é outra, ainda mais desde que os parlamentares descobriram pela televisão qual a rota fixada por Manuel Valls. A subtileza não escapa a ninguém: não se faz numa semana um plano como o de uma poupança de 50 mil milhões. O pacote já estava na mesa e só faltava armar o cenário para anunciá-lo. Alguns meios de comunicação perguntam-se com certa ironia se, além de querer cumprir a todo custo a austeridade europeia, François Hollande não se propôs também a destruir o PS e a esquerda em seu conjunto. O Executivo tinha prometido um "contrato" com os parlamentares socialistas, mas tampouco cumpriu essa promessa. Confirmado o voto de confiança para Valls, o "contrato" virou fumaça. O parlamentar socialista Arnaud Leroy disse sem rodeios: "foi um engano para conseguir a confiança". Outro parlamentar, Christian Paul, confessa estar "estarrecido pela forma e pelo conteúdo". Um grande sector do PS sente-se espoliado, sem direito a dizer nada e com a única obrigação de votar aquilo que a presidência determina. A ironia é mais extensa. Como Espanha, Grécia, Itália e Portugal, a França, uma das potências da UE, montra de muitas conquistas sociais e de uma capacidade inata de negociação, está a ser governada por esse trio conhecido como Troika: Comissão Europeia, Banco Central Europeu e FMI. Trata-se do mesmo polvo que impôs a Espanha, Grécia, Itália e Portugal o seu plano para salvar o capitalismo e afundar a sociedade. Em resumo, a até agora, breve experiência socialista tem sido o caminho mais curto para chegar...ao clube liberal e às suas receitas universais de austeridade, reformas, ajustes e regressão social. Artigo tirado de Carta Maior.
NOS_55887
Entre as persoas detidas atoparíanse os dous supostos responsábeis materiais do crime.
A policía española, através da Brigada de Información de Madrid, procedeu á detención dunha trintena de persoas, todas elas integrantes do Frente Atlético. Segundo a información difundida polo Ministerio do Interior entre as persoas detidas atópanse os participantes e os dous supostos responsábeis materiais do asasinato do siareiro do Dépor, Francisco Romero Taboada, Jimmy, o pasado 30 de novembro en Madrid. A operación policial, desenvolvida baixo o nome de 'Neptuno', decorreu cun operativo despregado entre a capital española, Ávila e Toledo onde se está a proceder ao rexistro de diversos domicilios. As detencións prodúcense dúas semanas despois do crime e resultaron --segundo fontes policiais recollidas por EFE e Europa Press-- após a análise dos vídeos difundidos e do seguimento dos telemóbeis das persoas detidas. As mesmas axencias de noticias avanzan que a operación policial continúa aberta e que este operativo constitúe "a primeira fase".
NOS_6697
Mónica Andrade é profesora da Escola de Artes e Oficios de Vigo. Vive en Tirán (Moaña), na outra beira da ría. Un día de novembro falta á cita para xantar co seu pai, un coñecido cirurxián, e este decide denunciar a ausencia. O inspector Leo Caldas e o seu axudante Rafael Estévez entran en acción. Eis o disparador de O último barco (Galaxia, 2019), o esperadísimo regreso de Domingo Villar (Vigo, 1971), un "policial canónico" -nas súas palabras- que, en case 800 páxinas, explora "as relacións paterno e materno filiais, a soidade, a compaixón". Pasaron dez anos desde que publicou A praia dos afogados (Galaxia, 2009), a obra que o catapultou ao olimpo dos best seller en galego. "Os libros están cando están e non cando un quere que estean", di. Publicamos un extracto da entrevista, que saíu no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza.
A primeira pregunta é obrigada: por que tanto tempo entre A praia dos afogados e O último barco? Porque os libros están cando están e non cando un quere que estean. Despois do tempo extenso de promoción que me esixiu A praia dos afogados e do período de documentación para este, boteime a escribir. Contra o ano 2013 tiña unha novela case que rematada. De feito, din a voz ás editoriais e aviseinas de que estaba practicamente para saír. E as editoriais puxeron en marcha a maquinaria. Logo lina ben e decateime de que non estaba como tiña que estar. Daquela morreu meu pai e colleume nun estado emocional intenso. Naquel estado en que estaba, aquela novela semellaba baleira. Había a opción de publicar algo co que non estaba satisfeito. Había unha segunda opción, que era corrixila e traballala outra vez. E había unha terceira opción, que era guindala ao mar e comezar a traballar de novo. Contando a mesma historia, pero contándoa doutro xeito. Si? Era a mesma historia? Era, foi o que decidín facer. Volver empezar. Eu gozo moitísimo escribindo. Cando un rapaz está cos xoguetes pásanlle as horas e hai que sacalo de alí porque lle dá a madrugada. A min pásame o mesmo cando escribo. Non hai cousa que me guste máis, coa que máis goce. Malia iso, son, ademais, enormemente inseguro. Doulle moitísimas voltas a un texto. A fluidez narrativa da obra, a sinxeleza, adoita indicar moito traballo. Iso dicía Johan Cruyff. Falaba, cando adestraba o Dream Team, de como a xente lle dicía: "Que ben xoga, como fan?". El respondía: "O difícil é xogar fácil. O sinxelo é darlle unha patada para arriba e todos detrás do balón. O outro é máis complicado". O meu grande esforzo céntrase en facer que o lector entre sen dificultades na historia e que a literatura non renxa. Que vaia todo fluído. Que cando o lector esvara polo tobogán a chaqueta non prenda en ningún sitio. Que vaia a cousa suave. E iso esixe moito traballo. Por que decidiu que Leo Caldas e Rafael Estévez cruzasen a ría e abandonasen a banda sur? Porque a ría de Vigo é un todo. Cando un ve a mancha de luz desde o aire, desde o satélite, para ver as luces de Nadal de Vigo [ri], ve que a mancha é completa, só unha. As poboacións da outra banda están completamente integradas coa cidade. Pero dun xeito un pouco distinto. É como atopar un pouco de calma dentro da urbe. Desde a outra banda da ría vese Vigo tendida, como se fose un animal deitado á beira do mar. Pero escóitanse os paxaros e aínda hai praias pseudovirxes. A vida vai máis tranquila. Na parte de Vigo o fondo do mar é limoso, está un pouco afectado pola cidade. Na outra banda, en cambio, é de area limpa. E hai marisco, porque segue a ser un mar enormemente fértil. De feito, as mandas de mamíferos mariños achéganse a aquela banda a comer. Mirala desde a outra banda é outro xeito de estar na cidade. Na novela hai unha superficie e un núcleo que vai emerxendo aos poucos, puntualmente, de maneira sutil. É a literatura un método para deitar luz sobre o oculto? Si, entendo que é unha boa forma de comprender a natureza humana. Ademais cando un crime infecta unha parte da sociedade, o máis profundo dos homes e mulleres agroma. Si é un bo mecanismo de coñecemento do ser humano. Por outra banda, a miña é unha novela policíaca bastante canónica. Pero creo que hai tres cousas que subxacen: a paternidade, as relacións paterno ou materno filiais; a soidade; e a compaixón, o mecanismo que move os fíos da trama. [Podes ler a entrevista íntegra no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_12233
Estes días escoitei demasiados algho farían na boca de medios de comunicación e políticos para deitar o dedo acusador sobre os "radicais" que se manifestaron en Valencia ou Barcelona para protestar pola carencia de recursos para a educación pública. Que alguén sospeitoso habitual de conceder licenzas irregulares, de financiamento dubidoso, de fraude, de malversación de cartos públicos e implicado en todas as tramas de corrupción sobresalientes, acuse de radicais e violentos os rapaces, manda truco.
A, quítate las gafas No A, quítate las gafas he dicho No E logo daquel aterrorizado "no", as gafas de A saían voando logo de que a man aberta de dona C o estampase contra o ferro da calefacción. Te advertí que quitases las gafas. Ahora no llores Durante o resto da mañá, a cara de A ficaba marcada coas raias do radiador e arrubiada pola humillación. O resto da aula respiraba silenciosa baixo a ditadura férrea dunha mestra autoritaria que cada vez que erguía a man co seu anel verde facíanos tremer coma xuncos. Tiñamos nove anos e viamos esa escena repetida dende a aula do lado, grazas a ese prodixio da construción escolar dos anos setenta que nos amosaba nitidamente todo o que acontecía no resto do colexio. Cando o mozo botou a man aos lentes e fitou con esa mirada entre estupefacta e humillada ao representante dos corpos e forzas de seguridade do estado, unha sentiu ese arrubiar nas orellas de A Lembrei a A e dona C logo de ver as imaxes dese policía corpulento a zoupar nun rapaz nas rúas de Valencia. Cando o mozo botou a man aos lentes e fitou con esa mirada entre estupefacta e humillada ao representante dos corpos e forzas de seguridade do estado, unha sentiu ese arrubiar nas orellas de A, o silencio cómplice dos que mirabamos sen protestar. Volvín experimentar ese rancor estraño da impotencia, de quen me obrigou a presenciar a humillación e me impediu responder, por terror, ás aldraxes. Tamén porque, daquela, na casa o algho farías pesaba un mundo. Estes días escoitei demasiados algho farían na boca de medios de comunicación e políticos para deitar o dedo acusador sobre os "radicais" que se manifestaron en Valencia ou Barcelona para protestar pola carencia de recursos para a educación pública Estes días escoitei demasiados algho farían na boca de medios de comunicación e políticos para deitar o dedo acusador sobre os "radicais" que se manifestaron en Valencia ou Barcelona para protestar pola carencia de recursos para a educación pública. Que alguén sospeitoso habitual de conceder licenzas irregulares, de financiamento dubidoso, de fraude, de malversación de cartos públicos e implicado en todas as tramas de corrupción sobresalientes, acuse de radicais e violentos os rapaces, manda truco. Xaora, a ideoloxización da rapazada é criticable só cando non é túa a doutrina imperante. Neses mesmos días en que o alumnado valenciano recibía xostregadas, Carmen Zalvide, ex – alumna do IES Álvaro Cunqueiro de Coia en Vigo e un dos quince Premios Nacionais de Bacharelato dicía: "reivindico a educación pública por riba de todo; ten os mellores docentes". Agradecidas aos seus mestres amosábanse tamén María Pazos Vila e Laura Calvo Gens, gañadoras da área Europa, Oriente Medio e África dentro do concurso Youtube Space Lab na categoría entre 14 e 16 anos. Son alumnas do CPI de Rois e o seu experimento acaba de valerlles, polo momento, un voo en gravidade cero. E todo por culpa dun profesor, Javier Méndez Zunzunégui que, segundo afirman as rapazas, "foi quen nos animou cando estabamos a piques de abandonar". A rapazada que se manifesta e os testemuños destas tres mozas demóstrannos que a educación vai alén da asimilación de contidos en diferentes materias; é un empurrón para aprender a voar, a soñar que podes lograr aquilo que parecía imposible. Mestres e mestras que che abren as portas e mais as fiestras no canto de darche con elas nos dentes, mesmo procurando pillarche os dedos no golpe para que non recunques. Representantes dunha educación pública, constantemente vilipendiada, que fan dos nenos e nenas seres pensantes e creativos, non pura e estatística man de obra barata. A que agora xa se pode despedir mesmo antes de ser contratada. E nesa idade en que ningún ser humano confía en si mesmo hai quen non só confía senón que turra por que ti confíes. E iso, tan só iso, pode chegar a condicionar unha vida enteira. Deles e delas, profesorado da educación pública da que fun partícipe toda a miña vida académica, lembro perfectamente o nome completo e mesmo os apelidos. A outras, a outras non lles concedo máis que as iniciais. Todas e todos seguramente teñen en común a rabia e impotencia de ver como o seu alumnado intenta aprender na precariedade máis absoluta Entre o profesorado do IES Lluís Vives seguramente haberá individuos de ambas especies, os que zoupan (ou quererían zoupar) e os que turran. Quen permanecerá nun lugar senlleiro nas memorias adolescentes e de quen só quedarán os títulos das disciplinas que impartiron. Pero todas e todos seguramente teñen en común a rabia e impotencia de ver como o seu alumnado intenta aprender na precariedade máis absoluta e, aínda por riba, reciben paus por queixarse cando outros se enriquecen a mans cheas cos cartos públicos. E todo por protestar por careceren de calefacción. Así e todo, seguro que A agradecería que lle quitasen o radiador do carón da súa mesa. Deste xeito non había levar a cara a raias o resto da mañá. A el, polo menos, dona C pedíalle que quitase os lentes antes do lapote.
NOS_25176
A multinacional con sede en Bilbao é o primeiro operador hidráulico da Galiza e está a apostar forte por se facer con boa parte do 'pastel eólico' no noso país.
Iberdrola segue obtendo grandes beneficios no medio da polémica polo aumento do prezo da electricidade. Segundo informou a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), de xaneiro a setembro de 2021 gañou 2.408 millóns de euros, só un 10% menos con respecto ao mesmo período do ano anterior. Porén, se se exclúe o efecto dos elevados prezos da enerxía, os novos impostos e as partidas extraordinarias máis baixas, o seu beneficio neto axustado incrementouse un 5,2%, ata os 2.688 millóns de euros. Iberdrola é o primeiro operador hidráulico da Galiza. A multinacional, con sede en Bilbo, conta cunha capacidade de xeración de 1.558 megawatts e 13 encoros, téndolle renovado os Gobernos do Estado a licenza para continuar explotando diversas presas na Galiza máis alá do prazo fixado na concesión inicial. A empresa dirixida por Ignacio Sánchez Galán presenta como accionistas de referencia ao fondo soberano de Catar con 9,72%, a Kutxabank con 3,60%, a Norges Bank con 3,17% e ao fondo de investimentos estadounidense Blackroc. Iberdrola, ademais, é impulsora na Galiza de boa parte dos proxectos eólicos, como o que procuraba instalar aeroxeneradores mariños en comarcas costeiras do norte do país, ou os que ameazan a terceira fortificación máis grande da Galiza Nos nove primeiros meses do ano, a compañía acadou un beneficio bruto de explotación (Ebitda) de 8.165 millóns de euros (+10,7%), impulsado por Estados Unidos e Brasil. O 87% do total procedía de redes e renovábeis. Neste parámetro destaca, segundo Iberdrola, o impacto negativo do aumento dos prezos da enerxía no estado español e Reino Unido, así como as medidas normativas no Estado. Neste contexto, a compañía afirma que rexistrou un "forte" comportamento da súa actividade nos nove primeiros meses de 2021, cuns investimentos que aumentaron un 6%, até os 7.036 millóns de euros, destinando o 77% aos mercados internacionais. O 90% do total destes investimentos destináronse ao desenvolvemento de novos proxectos renovábeis, almacenamento e redes intelixentes. Os investimentos en redes aumentaron un 27%, ata os 3.185 millóns de euros. Red Eléctrica, tamén Outra compañía eléctrica que conseguiu abundantes beneficios é o Grupo Red Eléctrica, que obtivo un beneficio neto de 550,8 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano, o que supón un incremento do 8,6% con respecto ao mesmo período do ano anterior.
PRAZA_12136
A nova cabeceira preséntase como unha revista informativa na rede impulsada por unha "unión temporal de xornalistas" e sustentada por unha asociación cultural aberta á colaboración xornalística e económica.
O vindeiro mércores 29 de febreiro será o día do lanzamento de www.dioivo.eu, un novo medio dixital en galego creado por un grupo de xornalistas que decidiron tomar a iniciativa e crear un novo espazo de información. O proxecto naceu a raíz do peche de diversos medios e reúne un variado grupo de profesionais que, dende o pasado mes de outubro, traballou na concepción da nova cabeceira. "Trátase dunha unión temporal de xornalistas para crear con voluntarismo unha revista dixital" A súa filosofía resúmese no lema "contar e contrariar", polo que Dioivo pretende dar unha visión informativa propia e diferente da realidade do país. Para iso, os nove promotores de Dioivo crearon unha asociación cultural para sustentar o proxecto que ten como meta afondar en diversos aspectos da realidade. "Trátase dunha unión temporal de xornalistas para crear con voluntarismo e esforzo propio un espazo, unha revista dixital, que dea un punto de vista diferente da realidade que vivimos", explica Marga Tojo, presidenta da Asociación Cultural Dioivo. Con ese espírito de voluntarismo e con mínimos recursos, os promotores de Dioivo deseñaron unha páxina "sinxela e humilde" a través de licenzas de creative commons. e grazas ao compromiso dun número cada vez maior de socios (no propio web explícase como asociarse). O web foi desenvolvido polos propios xornalistas, que contaron coa axuda de Pancho Lapeña. Ademais, os promotores da iniciativa teceron unha ampla rede de colaboradores imprescindíbeis para darlle forma ao Dioivo. O tratamento busca ir máis alá da actualidade inmediata, furando en asuntos que non están recollidos na axenda diaria dos medios xa existentes Dese xeito, a páxina web contará cun gran número de sinaturas e cunha amplitude de perspectivas nos diferentes temas que se aborden. O tratamento busca ir máis alá da actualidade inmediata, furando en asuntos que non están recollidos na axenda diaria dos medios xa existentes. "Non buscamos ser un xornal ao uso. Non o somos nin o queremos ser. Non podemos dedicarnos minuto ao minuto a actualidade máis inmediata. Pretendemos outra fórmula na que os xornalistas conten outros temas que non se atopan en ningures. Un tratamento diferente máis próximo ao dunha revista que ao dun xornal", sinala Tojo, quen subliña que o Dioivo é "alleo a parámetros de competitividade tradicional" e aprecia "o xurdimento de medios amigos, cos que existen vínculos e colaboracións". Dioivo salienta "o xurdimento de medios amigos, cos que existen vínculos e colaboracións". Exemplares en papel Co lanzamento este mércores da web, o Dioivo rematará unha longa campaña de promoción nas redes sociais. Con diversos vídeos gravados por Xosé Bocixa e protagonizados polo actor Evaristo Calvo, Pepa Yáñez e Marcos Correa; o grupo promotor foi dende o mes de decembro dando a coñecer dun xeito diferente e irónico as claves deste proxecto. Ademais, o nacemento do Dioivo na rede coincidirá co seu bautismo tamén en papel, xa que a Asociación Cultural Dioivo sacará un primeiro número no que explique, con moito retranca e unha estética doutros tempos, como xurdiu o proxecto. Este exemplar de tiraxe limitada contará coa colaboración de ilustradores como Gonzalo Vilas, Suso Sanmartín e Roi Fernández. Este mercores distribuirase tamén un número en papel, de tiraxe limitada, con ilustracións de Gonzalo Vilas, Suso Sanmartín e Roi Fernández O citado exemplar será repartido nalgunhas das presentacións en público que faga a asociación. A primeira delas será este mesmo xoves no Restaurante Rúa de Santiago (Rúa de San Pedro, 24), onde terá lugar pola tarde unha palestra sobre os novos medios en galego. Outro dos actos previstos para Dioivo será unha mesa redonda sobre información en galego dentro dos XIV Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega, que terá lugar entre o 8 e o 9 de marzo na Cidade da Cultura. O Dioivo, ademais de estar aberta á participación xornalística, tamén ofrece a posibilidade de colaborar economicamente a través de subscricións. Como asociación cultural, o Dioivo non ten ánimo de lucro e pretende converterse nun espazo común no que todos poidan colaborar dun xeito ou doutro. Toda a información ao respecto atópase na súa páxina: www.dioivo.eu. Páxina de Dioivo
NOS_37929
A incineradora de Cerceda destinou a incineración e verquidos máis de 468 millóns de euros no que vai de ano, denuncia Adega. A compostaxe, apenas 90.000 euros.
A incineradora de Cerceda e o modelo de incineración e o vertido dos residuos urbanos que exemplifica "é un perfecto exemplo de desbaldimento de recursos e de ruína para as arcas públicas". Así o denuncian os ambientalistas de Adega, que afirman que no que vai de ano ("e alén do gasto corrente"), a incineradora e o vertedoiro consumíron un mínimo 468,84 millóns de euros. O que supón máis que a suma dos orzamentos das dúas principais cidades galegas (Vigo e A Coruña) para o presente ano. O orzamento da cidade olívica é de 214 millóns de euros e o da urbe herculina de 252 millóns. Sumados, 466 millóns de euros para todo 2015. Case tres millóns de euros menos dos que gastou Sogama só en incinerar e verquer nestes oito meses. Pola contra, lembra Adega, para a compostaxe -prioritaria por lei- só houbo 90.000 euros. "Son as cifras que se tiran da plataforma de contratos públicos de Galiza (contratosdegalicia.es) na que se pode rastrexar a actividade licitadora de Sogama e ver cantos cartos adxudicou o ente a que proxectos". A asociación ambientalista destaca "o mega-gasto de 131 millóns de euros que a sociedade semipública vai facer para transportar por tren a Cerceda os residuos urbanos (80% de auga) de toda Galiza para seren incinerados e soterrados. Outra mostra máis (e outro gasto escandaloso) da ineficiencia do caduco sistema Sogama: gastar cartos en mover auga a Cerceda; alí gastar máis cartos en eliminar a auga (queimando gas natural) dos residuos para poder incinerar o resto, e o sobrante, ao vertedoiro".
NOS_18711
Membros da asociación cultural Mariña Patrimonio puxeron en coñecemento da área de patrimonio da Xunta de Galiza a posíbel existencia dunhas pinturas rupestres na cova da Fontaneira no Concello de Baleira.
Membros da asociación cultural Mariña Patrimonio, colectivo que se ten caracterizado nos últimos anos pola súa defensa do patrimonio e a descuberta de importantes achádegos arqueolóxicos no norte de Lugo, puxeron en coñecemento da área de patrimonio da Xunta de Galiza vai para preto dun mes a posíbel existencia dunhas pinturas rupestres na cova da Fontaneira no Concello de Baleira. O colectivo mariñán soubo da existencia deste xacemento por veciños da zona, porén acudiron á cova acompañados por diversos arqueólogos con coñecementos en pinturas rupestres, entre eles o recoñecido especialista Fernando Carrera, que con toda a prudencia coincidiron en sinalar o carácter prehistórico das mesmas. Ao tempo técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio desprazados á zona manifestáronse no mesmo sentido á espera dunha investigación máis fonda, agardándose que nos próximos días se poida certificar con total seguridade a certeza do atopado. A opinión unánime expresada até o momento polos expertos e que se tratarían dunhas pinturas de fai aproximadamente 5000 anos, respondendo pola súa forma, técnica e características ao que se coñece como arte esquemático. A opinión unánime expresada até o momento polos expertos e que se tratarían dunhas pinturas do Calcolítico, aproximadamente de fai 5000 anos, respondendo pola súa forma, técnica e características ao que se coñece como arte esquemático. Os debuxos aparecidos na Cova da Fontaneira semellan representar uns xebróns, isto é unha sorte de frechas circulares comúns a representacións artísticas do período, a súa cor é do característico ocre vermello tratándose de pinturas planas e corresponden cun estilo figurativo. Precisamente é este o elemento máis definitorio, xa que no esquematismo só se representan os fragmentos básicos de cada figura, cunha representación tan básica que os elementos gráficos convértense en meros esbozos, pero sen perder os trazos mínimos de identificación. A debida prudencia que un achadego deste tipo merece até que se remate a investigación non pode facer esquecer que os tres debuxos atopados até agora cumpren cos aspectos definitorios das pinturas rupestres neste período. As evidencias sobre a autenticidade da descuberta vense reforzadas pola similitude destas pinturas con outras atopadas do mesmo período e pola súa proximidade a outros xacementos da época. Neste sentido Manuel Miranda, portavoz de Mariña Patrimonio e persoa que visitou a Cova da Fontaneira en compañía de diversos expertos, sinalou que " a 50 quilómetros de distancia atopase uns debuxos semellantes, concretamente en Boal, nun espazo declarado Ben de Interese Cultural polo Principado de Asturias". Xa que logo no caso de confirmarse a nova estaríamos diante das primeiras mostras de pintura esquemáticas da Galiza administrativa, posto que á marxe das existentes de Boal atopamos gravados semellantes no Bierzo e no norte de Portugal. Outro feito a ter en conta é que as pinturas da Fontaneira foron atopadas na entrada da cova, ficando outros 20 metros da mesma por explorar o que podería dar pe a novas descubertas. No caso de confirmarse a nova estaríamos diante das primeiras mostras de pintura esquemáticas da Galiza administrativa da que si existen exemplos na área do Eo Navia, o Bierzo e o norte de Portugal. Algúns estudosos como Manuel Miranda ou Xavier Moure, membro de Patrimonio dos Ancares, afirmaron que as pinturas rupestres da Fontaneira, abrirían novas perspectivas para o estudo desta arte no país e para un mellor coñecemento do propio período histórico. Primeiramente porque son moi escasos os xacementos deste tipo en Galiza, de feito a día de hoxe só coñecemos exemplos semellantes na Cova de Eirós en Triacastela, iso si moito máis antigas pois estariamos falando duns gravados de fai 9000 anos. En segundo lugar polo feito de atoparse nunha área xeográfica distinta, o que fai pensar que noutras cavidades de carácter calizo tan numerosas nos concellos próximos de Fonsagrada ou Castroverde é posíbel que poidan aparecer máis restos análogos aos atopados en Baleira. E xa por último porque fixa novas posibilidades para o estudo do Calcolítico ou Idade de Cobre en Galiza, momento no que se produce un grande medre na actividade agraria e gandeira, instalándose os grupos humanos nas medias ladeiras das montañas polas posibilidades que abrían para os novos modelos económicos.
NOS_13736
Após o suceso do filme nas salas de cinema da Galiza e das que se atopan alén do país, A Esmorga chega ás casas en DVD. Falamos cos seus protagonistas sobre a acollida da película na sinatura de DVD que tivo lugar na mañá do sábado na Coruña.
Pasadas as 12h, chegaban Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris" e Karra Elejalde –ou, o que é o mesmo, Cibrán, Milhomes e Bocas- á cafetaría da FNAC da Coruña, onde tivo lugar a sinatura de DVD ao longo de dúas horas. Facíano, acompañados do director de A Esmorga, Ignacio Vilar, quen admitiu atoparse "gratamente sorprendido" pola acollida das presentacións do DVD en Lugo e en Noia. Na Coruña, entre risas e brincadeiras que transmiten a conexión que une os actores principais e o directores, os flashes das cámaras apenas lles deron tempo a tomarse un respiro. Miguel de Lira: "Tivemos que profundizar, baixar á barriga do alambique, como o bagazo social que representan os personaxes, e destilar unha augardente fílmica" En declaracións a Sermos Galiza, Miguel de Lira puxo de manifesto que con A Esmorga se "cumpriron as expectativas antes de estrearse". "E iso que as expectativas eran bastante altas. Sentía unha responsabilidade tan grande… a responsabilidade era maior que cando participas nun proxecto no que partes de cero e acadas o nivel X. Neste caso, partiamos da novela máis vendida da literatura galega. Todo o mundo tiña a historia na cabeza: coñecía os personaxes, as escenas…", apunta o actor que lle deu vida a Cibrán na pantalla do cinema, "a xente tiña a historia metida no corazón e non podiamos pinchar". E non pincharon, porque A Esmorga bateu marcas no cinema galego, ao se manter durante 15 semanas nas carteleiras e ao superar as máis de 50.000 espectadores e espectadoras só en Galiza. Miguel de Lira salienta que os actores "tivemos que profundizar, baixar á barriga do alambique, como o bagazo social que representan os personaxes, e destilar unha augardente fílmica; volvérmonos case H2O". "O resultado final é moi satisfactorio, sobre todo, sabendo que a película vai formar parte da historia colectiva. O filme vainos sobrepasar no tempo", reflexiona. Morris: "O cinema ben feito ten a capacidade de chegarlle a todo o público" Para "Morris", que lle deu vida a Milhomes, o balance tamén foi "súper positivo" e "sorprendente", pois "sabía que funcionaría polos pases que fixemos, mais nunca pensei que tanta xente fose ver a película". "O cinema ben feito ten a capacidade de chegarlle a todo o público. A Esmorga gustoulle á tendeira do meu barrio e a Ferrín", exemplifica, "foi unha especie de milagre". Cóntanos que, quen estes días compra o DVD, é no 70% dos casos xente que xa vira a película e que quere quedar con ela, "iso é porque cala de verdade". Karra Elejalde: "Puxemos en vixencia un clásico de obrigada lectura" Karra Elejalde, Bocas, en A Esmorga, confesa que rodar a película supúxolle todo un reto, "foi unha gran responsabilidade compartir papel con dous grandes do cinema galega, Morris e Miguel". "Tiven que aprender galego, pero non de calquera xeito, senón ben, co sotaque preciso", explícanos o actor vasco, que aprendeu a lingua grazas a dous profesores en oito semanas. Lembra que a rodaxe foi "dura" e "pasada por auga", "colléronnos oito cicloxéneses polo medio". Con toda a dureza da rodaxe, declárase satisfeito e moi contento por "poñer de novo en vixencia un clásico de obrigada lectura". "Dalgún xeito, revivimos a historia de Blanco Amor. Foi bo para Galiza", engade. Tamén tivemos oportunidade de conversar co director de arte da película, Ángel Amaro, que segue "moi agradecido" por todo o traballo realizado e pola implicación do director, Ignacio Vilar. "Deixounos tempo suficiente para percorrer cada recuncho da Praza Maior de Ourense e conversar con persoas que vivían alí na década dos cincuenta. Contábannos que en tal punto había unha tenda de xoguetes, que no outro había un limpabotas manco… e así foi como transformamos todo para recrear o ambiente da novela". Para o director de arte un dos aspectos máis recordados da película é a esterqueira, "foron 3km2 de decorado e construímolo de verdade, como nas grandes producións, con camións e guindastres". Fala o público Alberte foi unha das persoas que se achegaron á sinatura de DVD na Coruña, "paréceme un bo retrato do libro". Fotógrafo de profesión salienta o traballo de fotografía do filme: "gustoume particularmente, como a interpretación do reparto". Manuela, pola súa banda, destaca que a película se "adapta moi ben á novela. Gustoume moito polos escenarios tan ben recreados e pola interpretación".
NOS_41266
Dezanove cineclubes artellan en Galiza un circuíto paralelo, alternativo, á exhibición cinematográfica comercial. Agrúpanse na Federación de Cineclubes de Galiza, entidade fundada en 1984 e que a Academia Galega do Audiovisual vén de distinguir co premio especial José Sellier.
"Os cineclubes son un dos principais promotores da cultura cinematográfica entre a sociedade", sinala a academia, "neles, o audiovisual convértese en elemento de debate, estudo crítico, e nel fórxanse espectadoras receptivas e críticas co cinema". O galardón José Sellier recoñece cada ano "iniciativas salientábeis do sector" e entregouse na gala de finalistas dos Premios Mestre Mateo a pasada sexta feira. A histórica Federación de Cineclubes de Galiza ten a súa orixe remota en varias tentativas dos setenta, mais non foi até o 84 que cristalizou. "Somos unha asociación cultural independente e sen ánimo de lucro que agrupa á práctica totalidade dos cineclubes existentes no noso país", autodefínese. Ademais de xerar dinámicas de traballo en común entre os diversos cineclubes -algúns tan veteranos como o Padre Feijoo de Ourense ou o Valle-Inclán de Lugo-, a federación contribúe ao relacionamento das asociadas coas administracións, promove programacións conxuntas ou organiza encontros e debates. O actual presidente da entidade, Manuel Precedo, recibiu a distinción a pasada sexta feira no Palexco da Coruña, nun acto que serviu de limiar á XVII edición dos premios Mestre Mateo do Audiovisual, que será o sábado 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
PRAZA_7082
O Concello expulsa da súa vivenda unha muller, seu fillo e dous netos para poder equipar unha urbanización de 2.000 vivendas e cun enorme despregamento policial. Tres persoas, entre elas o bombeiro Roberto Rivas, permaneceron horas sobre o tellado para evitar a derruba dunha casa que o dono abandonou ante a forte presión.
Superado pola enorme presión da policía, da comisión xudicial e do Concello, Álvaro Corral decidiu sobre ás 13.30 horas abandonar voluntariamente a casa e terreo onde viviu toda a súa vida xunto a súa nai e dous fillos. Fíxoo entre bágoas, emocionado e acompañado de varios activistas de Stop Desafiuzamentos e de cidadáns que trataron de impedir este desaloxo forzoso en San Vicente de Elviña, núcleo rural á entrada da Coruña, destinado a dotar de servizos á futura urbanización do parque Ofimático. Varios deles encadeáronse á casa e antes trataron de bloquear a entrada ao inmoble desde pasadas as 5 da madrugada, mentres que outros tres -entre eles o bombeiro Roberto Rivas, o mesmo que se negara a desafiuzar unha anciá hai ano e medio na mesma cidade- permaneceron varias horas subidos ao tellado para impedir os traballos dunhas escavadoras que mesmo empezaran o seu labor con xornalistas e manifestantes a carón dos muros. A presión policial e do Concello puido co dono da casa, que a abandonou tras horas de resistencia cidadá Máis dunha ducia de furgóns policiais, moreas de antidisturbios e varios policías locais conformaban o enorme dispositivo de seguridade que acordoaba non só a casa ameazada pola derruba, senón tamén boa parte do lugar de San Vicente de Elviña, o que provocou importantes retencións de tráfico na cidade e molestias para os veciños, moitos deles concentrados desde a madrugada ante a casa de Isabel, de 72 anos, e do seu fillo Álvaro. Xunto a eles, máis dun cento de cidadáns que intentaban impedir o desaloxo, o que provocou xa moi cedo os primeiros disturbios e cargas policiais que deixaron dous feridos, un home cun corte na cabeza e outra muller cunha escordadura. Eran varias das vinte persoas que se atopaban no interior da vivenda cando os policías procederon a desaloxala, cun uso "esaxerado da forza", segundo os alí presentes. Pero non todos puideron ser expulsados da vivenda. Álvaro e o seu fillo permaneceron xunto ao seu avogado no interior, mentres que membros de Stop Desafiuzamentos -o bombeiro multado logo da súa negativa a desafiuzar a Aurelia Rey entre eles- subiron ao tellado, encadeáronse e bloquearon a entrada ao faiado e á parte superior imposibilitando o acceso da policía local, que foi quen liderou o dispositivo. Foi daquela cando os axentes requiriron a presenza dos bombeiros para poder acceder cunha escada ao tellado, pero o parque da Coruña negouse en pleno a colaborar no desafiuzamento e no desaloxo das tres persoas, entre eles un dos seus compañeiros. Varios encadeados á vivenda e tres persoas no tellado, entre eles o bombeiro Roberto Rivas, paralizaron durante horas o desaloxo Foron moitas horas de tensión, insultos e proclamas nunha zona na que cada vez se ían acumulando máis veciños e cidadáns que intentaban impedir un desaloxo que parecía inevitable. Ao tempo que soaban as bucinas de moitos coches que animaban desde a estrada, as campás da parroquia repicaron tamén con forza en varios momentos desde ben cedo. Era o aviso aos veciños para que acudisen á axuda dun dos seus nun lugar, San Vicente de Elviña, que é unha das poucas aldeas rurais que queda na cidade e que presume dunha unión e compañeirismo dos que nos quedan. Nin un dos que fora ilustre veciño, o escritor e xornalista Manuel Rivas, quixo deixar de apoiar. "É moi significativo o das campás porque aquí sempre houbo un sentido de comunidade moi grande e sempre foi un lugar de resistencia e coraxe", dixo quen acudiu tamén a "presenciar como se significa a desigualdade e a inxustiza". As campás da parroquia repicaban para avisar do desaloxo aos veciños, entre eles Manuel Rivas, que viviu anos en Sani Vicente de Elviña O deputado de AGE Antón Sánchez, o voceiro municipal de EU, César Santiso, e o portavoz do BNG no Concello, Xosé Manuel Carril, tamén estiveron presentes e este último mesmo pasou a noite con varios dos concentrados na casa ameazada e foi un dos últimos en ser desaloxado xunto ao resto dos activistas. Mentres, fóra os veciños repartían café entre os manifestantes que aturaban o frío desde as 5.30 da madrugada e xuntos berraban contra o alcalde, Carlos Negreira, contra a especulación, a prol da resistencia e prometendo que "Elviña será o próximo Gamonal". Tras catro horas na parte superior da vivenda, e logo de que a policía local tivese que recorrer a un guindastre privado, os activistas de Stop Desafiuzamentos negociaron cos axentes no mesmo tellado ata que o propietario Álvaro Corral, superado pola presión do Concello e dun despregamento policial que mantiña illada a súa casa e varios veciños, decidiu abandonar voluntariamente a vivenda. Non sen que antes varios antidisturbios impedisen a entrada dos xornalistas a un terreo privado que fora cedido para que puidesen cubrir o desaloxo ou de que unha das persoas que subira á parte superior acabase mancándose. O desaloxo previsto para as nove realizábase finalmente preto das dúas da tarde. Entre bágoas, aplausos e abrazos, Álvaro non puido -nin quixo- facer declaracións. Si o seu avogado, Antonio Vázquez, que lembrou que o desaloxo é "unha iniciativa unicamente do Concello da Coruña" e tras destacar que era "a primeira vez" que vía actuar desa maneira "unha unidade de antidisturbios da policía local". "A policía nacional só estivo de apoio aquí", dixo sobre unha actuación que, nas protestas da noite anterior, saldáronse cun detido que pasou xa a disposición xudicial. "Saímos voluntariamente porque isto é unha resistencia pacífica e non queremos xustificar a súa violencia", engadiu. Mentres, o alcalde Carlos Negreira advertía que tan só se estaba a cumprir "unha resolución xudicial" que chegou tras unha reclamación do propio Concello. Os bombeiros da Coruña negáronse a colaborar no desaloxo e a policía tivo que contratar un guindastre privado Coas escavadoras ao pé da casa e traballando en derrubar xa parte do exterior, só quedaba esperar para que Álvaro e Isabel perdesen de vez a súa casa. Foi ás 17.30 horas, máis de oito despois do previsto, cando as máquinas comezaron a tirala abaixo. E foi froito dunha expropiación que os obrigou cambiar a súa propiedade por outra con cargas e que non inclúe vivenda. Unha expulsión obrigada para unha urbanización de máis de 2.000 vivendas promovida pola Xunta e que leva vinte anos con atrancos, cambios e numerosas denuncias xudiciais. Nin esta familia afectada inminentemente nin o resto dos veciños con ameaza de desaloxo viron aínda un peso da indemnización da Xunta. Uns 200.000 no caso Álvaro e Isabel pola casa e a horta onde vivían. Os cartos foron retidos polo Concello para cubrir os gastos de urbanización do Ofimático e o terreo que lles outorgaron en compensación preto da nova urbanización de nada lles serve porque din que nin teñen capacidade económica para construír nada nin promotor que llelo compre. Álvaro e Isabel quedan sen casa, cun terreo no que non poden construír nin ninguén lles compra e con débedas A súa proposta era a desafección, xa que, tal e como lembran e segundo as previsións, a vivenda de Álvaro e Isabel foi derrubada para construír unha ponte "que quedaría truncada a oito metros de altura, suspendida no aire" porque "aínda non está previsto onde rematará". Malia estar pendentes do resultado dun recurso ante a xustiza, o desaloxo consumouse ante o temor do Concello a que se atrasase ata despois do día 1 de decembro, data a partir da cal deberíase comezar cun novo proceso. Eles son unha das cinco familias afectadas de Elviña pola ameaza de despexo, pero hai máis tamén noutras áreas que cobre o Ofimático. A pregunta que se fan en Stop Desafiuzamentos e entre os veciños e boa parte da cidadanía é se hai razóns para executar un parque de vivendas cun custo de execución tan grande e co que supón para o núcleo de San Vicente nunha cidade con case 20.000 vivendas baleiras. Ademais, tal e como lembran, o plan non ofrece alternativas para os veciños afectados, malia que si foi modificado en beneficio de Adif ou da propia Xunta de Galicia. Para Álvaro e Isabel, iso pouco importa agora xa. "Para uns poucos xubilados que quedamos aquí, isto é o que nos fan; é unha vergonza. Agora terán que volver empezar a súa vida, pero xa non é o mesmo", relataban os veciños que, coa cabeza baixa, volvías ás súas casas, algunhas delas tamén ameazadas.
NOS_56866
O Compos tamén ten novo técnico. O cadro estará baixo as ordes de Rodrigo Veiga.
O Real Club Deportivo da Coruña confirmou o segredo a voces: Rubén De la Barrera xa é historia e o novo responsábel do primeiro equipo branquiazul será o abulense Borja Jiménez. O novo adestrador Deportivista, de apenas 36 anos de idade, iniciou a súa carreira no filial do Valladolid na tempada 2015/16, na que se fixo cargo do conxunto pucelano durante 27 partidos. Despois, e durante as dúas tempadas seguintes, adestrou a Club Deportivo Izarra, primeiro, e Rápido de Bouzas, despois, co que quedou a un paso de clasificarse para o play-off de ascenso á Segunda División. O éxito na escuadra galega catapultouno ao Mirandés, co que si logrou subir á categoría de prata, éxito que repetiría ao ano seguinte -tras unha breve aventura no exótico Asteras Tripolis da Primeira grega- no Cartaxena, club co que viviu nesta mesma tempada 2020/21 a súa primeira experiencia en Segunda División. Lamentabelmente para os seus intereses, non chegou a comer o turrón, pois foi destituído na xornada 18 logo dos malos resultados colleitados até ese momento por unha Efesé afundida na zona baixa táboa. Na Coruña, Jiménez estará acompañado polo catalán Álex Martínez López como segundo adestrador e polo coruñés Luís Rodríguez Fandiño, que exerceu como preparador físico no Fabril na presente tempada. A polémica marcha de Rubén De la Barrera A incorporación do novo técnico branquiazul chega logo dunha amarga polémica co até o de agora inquilino do banco coruñés, Rubén De la Barrera, que marcha logo da finalización do seu contrato e soa como posíbel novo adestrador do Albacete. Non obstante, e nun comunicado publicado nas súas redes sociais, De la Barrera evitou o conflito público e mostrouse "orgulloso" do traballo feito durante os seus seis meses á fronte do Deportivo, agradecendo "a todas e cada unha das persoas" coas que traballou no conxunto herculino. Rodrigo Veiga substitúe Yago Iglesias no Compos Outra escuadra galega que anunciou no día de hoxe o nome do seu novo adestrador foi a Sociedade Deportiva Compostela, que confirmou Rodrigo Veiga como substituto de Yago Iglesias á fronte do primeiro equipo.
NOS_49052
Centos de persoas marcharon este domingo polas rúas de Compostela desafiando as inclemencias do tempo para reclamar unha nova política forestal. Denuncian que en dúas décadas arderon 700.000 hectáreas, superficie equivalente ao territorio de Ourense. En 18 deses anos houbo un goberno do PP. Información con vídeo
Centos de persoas manifestáronse este domingo en Compostela para reclamar da Xunta de Galiza unha política forestal distinta que pase por "un servizo único, público e sen militares". Após varias mobilizacións máis modestas nas comarcas afectadas e após un verán caracterizado pola desfeita dos lumes que reduciron a cinzas os montes galegos, no protesto evidenciouse a responsabilidade do Goberno galego nas vagas de incendios que queiman o País cada ano, e reclamouse a demisión da conselleira do Medio rural, Rosa Quintana. Baixo o lema Non máis lumes, reclamaron un servizo que se opoña ao actual, caracterizado pola "fraccionalización" e pola "atomización", segundo valorou a Plataforma galega en defensa dos servizos públicos. Traballadoras e traballadores das diferentes empresas que a día de hoxe toman parte na extinción dos lumes xuntáronse nunha única manifestación e cun único discurso. Son en total máis de 15 entidades, se se contan tamén as privadas. Para alén de ser un conflito laboral, o problema dos lumes na Galiza exixe, como reclaman, unha política forestal nova e unha nova concepción do medio rural. Así o explicou Francisco García, integrante da Plataforma e sindicalista da CIG, quen sinalou que estamos perante unha cuestión "de País" na recta final dun verán en que "o único que impediu que seguise a arder foi a chuvia". 'Quen apaga o lume? Nós, e non a UME' Consigna que se converteu xa nun clásico das mobilizacións d@s brigadistas, este berro en contra da presenza nos nosos montes de persoal vinculado á Unidade militar de emerxencias, dependente do ministerio de Defensa, clamaba por un servizo que, para alén de público, non estivese conformado por militares. Ouvíronse tamén proclamas pola demisión de Rosa Quintana, "a nosa conselleira é unha mentireira", "Quintana demisión" ou "Os lumes non se apagan coas palabras de Quintana"; e en prol da prevención para evitar os incencios, "menos propaganda e máis prevención". Denunciaron que nos últimos 22 anos arderon na Galiza 700.000 hectáreas, superficie equivalente ao territorio de Ourense. Durante 18 deles houbo na Xunta un goberno do PP. CIG, CC.OO. e UGT reclaman responsabilidades políticas Así as cousas, Francisco García (CIG) reclamou á Xunta que constitúa unha mesa de diálogo ao redor da cal senten organizacións políticas, ecoloxistas, sindicais, agrupacións de montes en mancomún e colectivos sociais que poidan facer achegas á hora de repensar a política forestal que Galiza precisa. Emilio Doforno, integrante da Plataforma e sindicalista de CC.OO., sinalou que o balanzo de lumes que este verán ten a Xunta faría que @s responsábeis "serían cesados con exixencias de responsabilidade grave en calquera empresa". Acrecentou un dado a respeito deses 22 anos de lumes, sinalando que o montante investido pola Xunta ascende a 1.230 millóns de euros ou, o que é o mesmo, 30 millóns de pesetas ao día. "Haberá lumes namentres teñamos leña nos montes", indicou José Vázquez, membro da Plataforma e sindicalista de UGT. Reclamou que nesa nova política forestal se inclúa a exixencia de manter o monte limpo e sinalou que "as investigacións fican coxas namentres non as realicen axentes que coñezan o lugar" onde se produce o lume.
NOS_1913
Na Galiza hai convois afectados de Media Distancia, Rexional, Avant, Proximidade, Internacional e Alvia.
Traballadoras e traballadores de Renfe de todo o Estado español súmanse esta segunda feira á primeira das dúas xornadas de folga convocadas pola CXT ante o descontento do sindicato polo convenio asinado por Renfe con SEMAF, UXT e CCOO. Galiza, penalizada na folga de Renfe por carecer de trens de proximidade Na Galiza son varios os servizos que se verán afectados tanto este 7 de novembro como o vindeiro día 11. Así, nos traxectos de Media Distancia estes son os trens suspendidos: Vigo Urzaiz-A Coruña (ás 18.15 e ás 21.35 horas), A Coruña-Vigo Urzaiz (ás 12 e 18 horas) e Ferrol-Ribadeo (ás 19.05 horas). Trens SUPRIMIDOS o LUNs 7 por mor da FOLGA convocada por @SFFCGT pic.twitter.com/rs4AxuyqCu— Ferroviarixs CGT GZ (@CGTrenfeGaliza) November 4, 2022 En canto ao servizo de Rexionais, as frecuencias paralizadas son a de Vigo Guixar-Santiago (ás 18.20 horas) e Santiago-Vigo Guixar (ás 15 e ás 20.25 horas). Tamén o Ourense-Lugo das 12.22 horas, o Lugo-Ourense das 14.25 horas e o tren que fai o traxecto A Coruña-Monforte con saída ás 19.45 horas. Unha trintena de trens afectados na Galiza pola folga de Renfe Dos convois Avant, o paro sindical afecta o traxecto A Coruña-Ourense, tanto de ida (ás 11.30 e ás 17.20 horas), como de volta (ás 9.50, 12.30 e 14.15 horas) Outros servizos paralizados En canto ao servizo de proximidade existente na liña de Ferrol, tamén se verá afectado ao longo do día pola folga. Os traxectos suspendidos son: Ferrol-San Sadurniño, ida (13.45 e 16.25 horas) e volta (15.30, 16.55, 19.03 e 21.48 horas); e Ferrol-Xuvia, tamén ida (ás 11.45 horas) e volta (12.40 horas). A Galiza fica sen tren de proximidade No servizo Internacional, que une Vigo e Porto, os tren afectados son o Vigo Guixar-Porto das 19.56 horas e o Porto-Vigo Guixar das 19.10 horas. Finalmente, a conexión ferroviaria da Galiza con Madrid, que realizan os trens Alvia, conta cunha frecuencia suspendida: Madrid-Vigo Urzaiz ás 16 horas. CCOO convoca folga en Renfe polo "bloqueo" do convenio colectivo Polo de agora aínda non se coñecen os trens que se suspenderán na segunda xornada de folga, a do 11 de novembro, á espera de que Renfe ou o sindicato convocante da folga os dean a coñecer.
PRAZA_2598
A plataforma de afectados polo sinistro, acompañada por Ana Miranda (BNG), amosou a súa satisfacción polas xestións realizadas ante as autoridades comunitarias, que se comprometeron a estudar as súas denuncias, propoñendo unha nova xuntanza para comezos do 2016.
A investigación que se nega nas institucións políticas españolas pode chegar a través das europeas. A representación da Plataforma Alvia 04155, que agrupa a maioría de vítimas e familiares de vítimas do accidente ferroviario, amosou a súa satisfacción trala intensa xornada de traballo levada a cabo no Parlamento europeo esta semana, na que mantiveron xuntanzas co responsable de seguridade ferroviaria da Unión, co presidente da Comisión de Transporte da Eurocámara e con eurodeputados e eurodeputadas de distintos grupos, ademais de contribuír a axilizar as dúas denuncias presentadas hai meses polos incumprimentos do Estado na seguridade da alta velocidade. Na visita estiveron acompañados pola portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda. Os representantes da Comisión comprometéronse a estudar as denuncias presentadas pola Plataforma, nomeadamente a ausencia dun sistema ERTMS de control de velocidade Tras dúas horas de reunión co director de Mobilidade e Transporte, Olivier Onidi, e os máximos responsables da Axencia Europea de Seguridade Ferroviaria, os representantes da Comisión comprometéronse a estudar as denuncias presentadas pola Plataforma, nomeadamente a ausencia dun sistema ERTMS de control de velocidade ou as deficiencias existentes na liña Ourense-Santiago, sobre todo tralo cambio do proxecto. Ademais, segundo os representantes da entidade, os membros do organismo salientaron "o rigor" e a "completa documentación presentada", sorprendéndose por algunhas das eivas sinaladas tanto nos sistemas de seguridade coma na posterior investigación do sinistro. Segundo a Plataforma, o interese que atoparon entre os responsables europeos de transporte lévaos a pensar que tamén poden seguir o seu curso as dúas denuncias presentadas hai meses ante a Comisión de Peticións do Parlamento, e ás que nesta visita engadiron nova documentación. Unha delas refírese a posibles incumprimentos do Estado español da normativa que afecta á seguridade ferroviaria, concretamente á seguridade da Alta Velocidade. Tamén se sinala "falta de independencia dos organismos de investigación, ausencia de control de riscos, ausencia de nova verificación ao producirse cambios substanciais na seguridade" e a "ausencia de documentos que acrediten a homologación do material rodante". A segunda denuncia fai referencia a un suposto delito de "publicidade enganosa, ao "enganar gravemente a todos os cidadáns sobre a seguridade e características da Alta Velocidade". A Plataforma sinala que "o Ministerio de Fomento e as súas empresas publicitaron de maneira enganosa que os cidadáns contabamos nese tren e nesa liña coa última tecnoloxía e con sistemas de condución automática, coma ERTMS". Ana Miranda destacou que os representantes da Comisión Europea agradeceron a gran cantidade "de nova información" achegada pola Asociación e que propuxeron a realización dunha segunda xuntanza no comezo do vindeiro ano para seguir analizando o caso. Miranda salientou que o obxectivo destes contactos é "que se saiba a verdade, que se esclarezan os feitos e se depuren responsabilidades" e lembrou a negativa de PP e de PSOE á constitución dunha Comisión de Investigación, que "sempre bloquearon" e os obstáculos do Ministerio de Fomento para que se puidese "coñecer a verdade". "Estamos aquí pola falta de independencia e de rigor do Ministerio de Fomento e de Renfe-Adif, que neste caso actuaron como xuíz e parte, o que levou ao Estado español a facer o ridículo ante as institucións europeas" A representante do BNG subliñou igualmente que "actualmente continuamos desprotexidos en seguridade ferroviaria. Viaxamos en Alvia entre Ourense e Santiago sen o dispositivo de seguridade máis avanzado, o ERTMS. De igual xeito que o Eixo Atlántico se puxo en funcionamento este ano sen contar con este sistema". "A seguridade en materia ferroviaria en Galiza segue a ser cuestionábel cando o obxectivo debería ser reforzala a fin de evitar máis accidentes deste estilo", concluíu. Pola súa banda, Jesús Domínguez, voceiro da Plataforma, salientou que "estamos aquí pola falta de independencia e de rigor do Ministerio de Fomento e de Renfe-Adif, que neste caso actuaron como xuíz e parte, o que levou ao Estado español a facer o ridículo ante as institucións europeas". Blanco asegurou que soubo que o tren carecía de ERTMS "tres días despois do accidente", alegando que o seu cargo como ministro non lle permitía estar ao tanto de todos os detalles técnicos Un dos momentos de maior tensión da xornada chegou no encontro que as vítimas mantiveron con José Blanco, ex ministro de Fomento, e que é sinalado pola Plataforma como un dos responsables das eivas da liña. Foi o primeiro encontro dos afectados co hoxe eurodeputado socialista, que asegurou que ata agora ninguén solicitara esta xuntanza. Blanco asegurou que soubo que o tren carecía de ERTMS "tres días despois do accidente", alegando que o seu cargo como ministro non lle permitía estar ao tanto de todos os detalles técnicos. O ex responsable de Fomento botou balóns fóra e sinalou a responsabilidade da súa sucesora no cargo, Ana Pastor, lembrando que a homologación dos Alvia se fixo baixo o mandato dela e "en tempo record". Ante a petición, a cargo das vítimas, de que se cree unha comisión de investigación no Congreso sobre o sucedido, Blanco rexeitou a posibilidade, asegurando que "non cría nas comisións de investigación". Frankenstein 04155 O documental proxectouse este mércores en Compostela. O pase, que contou entre o público con familiares das vítimas do sinistro, pechouse cunha longuísima ovación A visita a Bruxelas pechouse coa proxección do documental Frankenstein 04155 na Sala ASP1G3 do Parlamento Europeo, seguida dun debate, coa presenza do seu director, Aitor Rei. O filme proxectouse este mércores en Compostela no marco de Cineuropa. O pase, que contou entre o público con familiares das vítimas do sinistro e mesmo de membros da Asociación de Vítimas do Metro de Valencia, pechouse cunha longuísima ovación. Hai unhas semanas, o xurado da Semana Internacional de Cine de Valladolid outorgoulle a Mención Especial por "indagar con gran rigor nas causas do accidente" e sinalou que "o cine documental amosa aquí a súa capacidade para denunciar a fractura e o distanciamento entre a sociedade civil e as institucións".
PRAZA_16206
Este ano do 2018 celébrase o 25 aniversario do seu pasamento, unha boa data para lembralo dun xeito especial como faremos o xoves 1 de febreiro ás 11 da mañá na inauguración dunha placa na súa casa natal na rúa da Franxa de A Coruña
Viviremos sempre se nos recordan, por iso Moncho vive, porque será lembrado sempre por aqueles que o coñeceron ou souberon del, da súa bondade humana, da súa firmeza de convicións tanto relixiosas como sociais e políticas, do seu carisma, da súa humildade raiana no sorprendente pois nunca coñecimos a unha persoa tan autocrítica como el, do seu orgullo identitario "só podo, Señor, darche as grazas por ser galego" dicía na súa intimidade. Moncho Valcarce foi un crego, un personaxe inesquecible, diferente, especial, que polos seus actos forma parte da épica histórica deste País con todos os honores. Moncho Valcarce naceu en 1935 na Coruña no seo dunha familia acomodada que vivía no emblemático edificio do nº 22 da rúa da Franxa hoxe propiedade do Concello Municipal. Nesa casa pasou a súa infancia e adolescencia, estudando Dereito na súa xuventude na Facultade de Compostela, para logo decidir ingresar no Seminario.menor desa cidade en 1962. Durante dous anos abandonou o seminario para estudar teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma. Alí atopouse cuns compañeiros que levaban a Terra nos miolos e agrupáranse nun colectivo que chamaron os Irmandiños. Moncho integrouse con eles e comezou a ler os clásicos galeguistas, Curros, Cabanillas, Castelao… Por fin volveu a Santiago para rematar os seus estudos no Seminario e despois dunha serie de vicisitudes, propias da súa rebeldía a todo o que lle parecía inxusto, ordéase sacerdote no ano 1970 e ao ano seguinte destinano como párroco ás aldeas de Sésamo e Sueiro do Concello de Culleredo. Daquela Galiza mantiña unha sociedade agraria totalmente tradicional, tal como nola recrea magnificamente cada ano Son de Aldea na parroquia de Santiago de Albá de Palas de Rei, e Moncho de procedencia urbana, atópase cun mundo diferente onde a pobreza preséntase con toda súa crueza. Moncho descubre naquela xente o auténtico interior de Galiza, o seu penoso traballo, as súas ancestrais costumes, a súa peculiar idiosincrasia, a súa riqueza lingüística…, e intégrase plenamente na súa paisaxe, na súa cultura, na súa fala. Pero máis alá de observar aquel ámbito de miseria dende unha óptica compasiva á que hai que redimir dende unha actividade benefactora, Moncho considerouno dende a perspectiva dunha inxustiza inadmisible á que había que dar resposta dende o activismo do cambio social, e aquelas parroquias foron un revulsivo que determinaron o compromiso de Moncho de entregar a súa vida a loitar polos máis débiles e oprimidos da nosa Terra, chegando ao extremo de militar políticamente, no seu caso no nacionalismo popular, seguindo aquela estela que crearon outros cregos latinoamericanos do movemento da teoloxía da liberación. Moncho Valcarce a partires de entón dedicou a súa existencia a poñela en xogo polas causas xustas e no tardofranquismo primeiro e logo no posfranquismo, ata a súa morte en 1993 "o cura das Encrobas" non fallou nunca a quen lle reclamaba participación nas súas rebelións contra os abusos do poder e dos poderosos, por elo sufriu un continuo e duro acoso represivo, pero a súa opción pola defensa dos máis perseguidos, dos máis vulnerables non lle deixaba lugar a dúbidas, e ao seu carón estivo ata o final da súa vida. Este ano do 2018 celébrase o 25 aniversario do seu pasamento, unha boa data para lembralo dun xeito especial como faremos o xoves 1 de febreiro ás 11 da mañá na inauguración dunha placa na súa casa natal na rúa da Franxa de A Coruña ou o 19 de febreiro cunha mostra-exposición no Forum Metropolitano da mesma cidade. Pero invitamos a que xurdan todo tipo de iniciativas de xeito que quen queira honralo gostaríanos que procurase a súa propia forma de facelo pois Moncho é de toda a xente que o considere un amigo, un irmán humanamente humilde, cotidianamente exemplar. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a>
NOS_5304
Remata o coleccionábel 'Onomástica nacida da terra'
"Debemos de evitar que o patrimonio onomástico desapareza, e con el, parte da nosa historia". Héitor Picallo, coordinador e responsábel do coleccionábel Onomástica nacida da terra, que pon hoxe o ramo a 31 fascículos que se publicaron canda Nós Diario de terza a sexta feira durante setembro e outubro, expresa así unha das finalidades desta iniciativa. Ao longo de dous meses tratáronse máis de 200 apelidos, coa etimoloxía, unha ampla e rigorosa documentación e a base das investigacións de persoas doutas na materia, como alicerces. "É palpábel que existe un patrimonio toponímico protexido legalmente, mais o patrimonio onomástico non", explica o investigador, que apunta a como apelidos con raíz en topónimos derivaron en "castelanizacións, hibridacións...", que supoñen unha deturpación do noso propio patrimonio. Apoios Este coleccionábel, apunta Picallo, quer ser un contributo, unha chamada a que ese patrimonio onomástico "non desapareza". Pon en valor a importancia do traballo que ao longo destes dous meses se foi publicando en Nós Diario: por unha banda, cunha documentación de apoio que evidencia a historia duns apelidos estreitamente ligados á terra. Por outro, as achegas de especialistas como Gonzalo Navaza, Henrique Costas, Ana Boullón, Clara Iglesias, Fernando Cabeza, ou Eligio Rivas, entre outras. "Fago un chamamento a que todo ese patrimonio non desapareza", incide Picallo, que apela a "tomar conciencia para facer a restauración de cada un dos apelidos", conscientes de que neles vai, para alén da herdanza propia e familiar, tamén a da propia Galiza. A porta que se fecha esta sexta feira, o coleccionábel dos apelidos, ábrese a vindeira segunda, 2 de novembro, cun novo coleccionábel: a guerrilla galega, ao descuberto.
PRAZA_16854
"O veto orzamentario non poderá exercerse por relación a orzamentos futuros" e debe "precisar as concretas partidas orzamentarias que se verían afectadas", advirte a sentenza do TC sobre outro veto. Nada disto sucedeu nos tres bloqueos á transferencia da Autoestrada do Atlántico HEMEROTECA | Así manipula o Goberno central a Constitución e a lei galega para vetar o traspaso da AP-9
HEMEROTECA | Así manipula o Goberno central a Constitución e a lei galega para vetar o traspaso da AP-9 Advertírao a práctica totalidade dos grupos do Congreso diferentes do PP -agás Ciudadanos-, argumentárao a Asesoría Xurídica da Cámara Baixa nun informe asinado pola súa letrada xefa, Paloma Martínez, e agora senténciao o Tribunal Constitucional. O Goberno de España non ten capacidade ilimitada de veto para, amparándose en razóns orzamentarias, impedir que cheguen a debaterse proposicións de lei no Congreso e así non arriscarse a que sexan aprobadas. Este é o mecanismo que o Executivo de Mariano Rajoy utilizou dende que o PP perdeu a maioría absoluta no ano 2015 para frear a tramitación parlamentaria de arredor de 70 normas, entre elas as tres encamiñadas a transferir á Xunta as competencias sobre a autoestrada AP-9; dúas delas foron impulsadas dende a unamidade do Parlamento de Galicia e unha terceira, por En Marea. Foi o propio Goberno central o que trasladou o conflito ao Constitucional nunha das ata agora escasas ocasións nas que a Mesa do Congreso ergueu o veto gobernamental para seguir adiante cunha lei, a impulsada polo PSOE para tentar derrogar a reforma educativa dos conservadores, a Lei Wert. En novembro de 2016 o Consello de Ministros aprobou dirixirse ao Constitucional para pedirlle que "revogase" o acordo da Mesa co argumento de que a eventual reforma da LOMCE alteraría os Orzamentos, xa que suporía "unha perda de ingresos procedentes de fondos comunitarios". O Goberno xustificaba así a activación do artigo 134.6 da Constitución, que dá ao Executivo a competencia exclusiva sobre os aumentos de gastos ou diminución de ingresos. Pero o aval que o gabinete de Rajoy buscaba vén de tornar nun pau por unanimidade. "O veto orzamentario non poderá exercerse por relación a orzamentos futuros" e debe "precisar as concretas partidas orzamentarias que se verían afectadas" Na sentenza feita pública este martes o tribunal de garantías constata que o Goberno pode vetar a tramitación de leis por razóns orzamentarias, pero con límites. "O veto orzamentario non poderá exercerse por relación a orzamentos futuros, que aínda non foron elaborados polo Goberno nin sometidos polo tanto a aprobación" e ademais debe "precisar as concretas partidas orzamentarias que se verían afectadas", toda vez que o veto ten unha "incidencia directa" sobre o poder lexislativo. O veto gobernamental a unha lei non pode basearse nunha incidencia orzamentaria "meramente hipotética", como a que o gabinete de Rajoy utilizou para protexer a LOMCE A "conexión" entre os preceptos da lei que se estea a tramitar e unha mudanza nos orzamentos "debe ser directa e inmediata, actual", e "non meramente hipotética" e ademais, agrega a sentenza, "debe referirse ao Orzamento en particular, sen que poida aceptarse un veto do Executivo a proposicións que, no futuro, poderían afectar aos ingresos e gastos públicos, pois isto suporá un alargamento da potestade de veto incompatible co protagonismo que en materia lexislativa outorga ás Cámaras a propia Constitución". Se estes elementos non están presentes no escrito co que o Goberno veta unha lei a Mesa do Congreso, admite o TC, "poderá rexeitar" o veto se non é que de constatar que a incidencia nos Orzamentos é "real" e non "unha mera hipótese". Isto, xustamente, é o que sucedeu na lei do PSOE sobre a LOMCE. Inconcreción e hipóteses para vetar a proposta galega Hipóteses formuladas polo Goberno central para xustificar o segundo veto á lei do traspaso da AP-9 O Constitucional fai seus boa parte dos argumentos dos letrados do Congreso e deixa claro, daquela, que os vetos gobernamentais a leis no Congreso só poden aplicarse se as propostas a trámite "inciden directamente sobre o Orzamento aprobado" e non se apoia en "hipóteses" sobre o futuro. Nesta descrición encaixa o que dende La Moncloa se tentou facer coa devandita proposta socialista, pero tamén co que se fixo contra a transferencia da AP-9 nas tres veces en que foi vetada, as dúas primeiras mesmo contradicindo o voto afirmativo do PP en Galicia e a postura pública da Xunta. Os tres vetos que o Goberno central aplicou para impedir tramitar a lei do traspaso da AP-9 estiveron baseadas en hipóteses e, ademais, en cálculos económicos erróneos ou falsos Como veu informando este diario, o primeiro veto apoiouse no efecto que un hipotético rescate da AP-9 tería nas contas estatais de anos vindeiros e facíao, ademais, a partir de estimacións baseadas en cálculos económicos erróneos. Na segunda ocasión en que o Parlamento galego remitiu a proposición de lei fíxoa co asesoramento dos letrados da propia Cámara autonómica e explicitando que a súa aprobación non implicaría "incremento nin diminución" de créditos do Orzamento do Estado do ano en curso. Así e todo, o Goberno de España volveu botar man dun veto coa hipótese do rescate e con outra máis, a dos gastos que "podería" que ter que afrontar o Estado se a Xunta, cando se fixese cargo da autoestrada, decidise aplicar determinados descontos nas peaxes. O escenario hipotético foi igualmente o empregado hai apenas un mes para o terceiro veto ao traspaso, o que reclamou En Marea a través dunha proposición de seu. O Goberno central replicou por terceira vez os seus cálculos erróneos e teorizou hipotéticos custos superiores aos 8.000 millóns de euros nun futuro indeterminado. En ningún dos tres casos os informes nos que se apoiou o veto incluían referencia ningunha ao Orzamento vixente nin a partidas concretas que supostamente se verían afectadas, condición que o Constitucional vén de sinalar como necesaria. Esta sentenza do Constitucional supón un golpe político ao Goberno de Rajoy e un aval aos grupos que impulsaron o desbloqueo da proposta sobre a LOMCE, pero non ten efecto directo ningún sobre a transferencia da AP-9. Si podería telo se os grupos que apoian o traspaso actúan ao respecto e, á luz da sentenza do Constitucional, Ciudadanos se afasta do PP neste asunto, toda vez que ambos grupos non suman maioría no pleno do Congreso, pero si na súa mesa, e ambos sumaron os seus votos para manter o veto sobre a proposta galega.
NOS_25076
Jorge Suárez, rexedor de Ferrol, aposta por que o BNG se sume a un proxecto común de cara ás eleccións galegas, mais salienta que, para isto, a formación nacionalista debería reconducir os seus posicionamentos soberanistas.
A comarca de Ferrolterra é a máis castigada pola crise no noso país. O desemprego e a emigración son característicos de Ferrol. Así o recoñece o seu alcalde, Jorge Suárez, que nunha entrevista concedida á Cadena Ser chega a criticar a falta de competencias da cidade en relación á creación de postos de traballo. Neste contexto, e malia estar o sector naval de Ferrolterra apreixado por España, Jorge Suárez pon de manifesto que o debate soberanista "é secundario". A este respecto, expresa o seu desexo dunha candidatura conxunta, tanto para as eleccións estatais como para as galegas, da que forme parte Podemos e o BNG. Porén, advirte de que no que caso do Bloque é máis complexo, dado que reclama "que se rompan os lazos coas organizacións estatais", mais confía en que o BNG "reconduza" a súa postura soberanista. Jorge Suárez apunta na entrevista que hai que "aprender da experiencia" de AGE e aposta por levar os "micro-modelos" das cidades "en base a un programa político de cambio sen protagonismos" e do que forme parte Podemos.
NOS_16280
A segunda feira, 19 de febreiro, o Xulgado do Social de Vigo acollerá un xuízo no que se dirimirá a denuncia presentada por unha traballadora contra Gasóleos Tea por vulneración de dereitos fundamentais, ao verse acosada após coller unha baixa por maternidade.
A FGAMT-CIG vén de denunciar publicamente o acoso de Gasóleos Tea contra unha traballadora por vulneración de dereitos fundamentais. Os problemas para a afectada, sinala o sindicato, comezaron tras coller unha baixa por maternidade. O "trato denigrante" sufrido pola traballadora desembocou en varias baixas laborais por depresión. Precisamente, nesta segunda feira, 19 de febreiro, o Xulgado do Social de Vigo acollerá o xuízo no que se dirimirá a denuncia presentada pola traballadora contra Gasóleos Tea. Berros e reproches, críticas inxustificadas ao seu traballo, un control esaxerado de todo o que fai, insultos, humillacións constantes, difamacións falsas… son exemplos do "trato inaceptábel" recibido pola traballadora, denuncia a CIG, que informa de que a afectada se atopa "totalmente desfeita a nivel psicolóxico". A CIG explica que a traballadora desempeña o seu posto no centro de traballo da Guarda desde 1995 e que en 2011 se reincorporou após a baixa por maternidade. Coincidindo cun cambio na administración da empresa, reducíronlle "drasticamente o salario". Logo dunha reclamación xudicial ambas partes chegaron a un acordo retributivo. Cambio de lugar de traballo Unha vez que a traballadora fai uso do dereito á redución de xornada para coidar da filla, en xuño de 2017 recibe comunicación da empresa na que se indica que fecha o seu centro de traballo e que terá que desprazarse a outro centro, situado en Ponteareas, a unha hora de camiño en coche da oficina actual. A CIG advirte de que o centro de traballo da Guarda non ten perdas económicas e sitúase nunha oficina propiedade da empresa que hoxe en día segue rotulada co seu nome, polo que non alteraría o funcionamento da empresa que ela traballase desde A Guarda. "Queda claro, por tanto, que a única intención da empresa é penalizala, denegándolle o seu dereito á conciliación, xa que entre ir e vir catro veces ao día destinaría diariamente catro horas máis a ir ao traballo", afirma o sindicato.
QUEPASA_1037
Seguimos percorrendo a fermosa Ruta das Fervenzas de Mazaricos. E despois de pasarmos polo Fírvado, Santa Locaia, Noveira, e Grosolfe, pechamos o círculo na Fervenza de Vioxo-Chacín.
Agochada na Devesa de Chacín, o potente son que produce a caída de auga de 10 metros fai de imán para os sendeiristas que se achegan pola zona. É a fervenza do Rego do Casteliño, ao que teremos que achergarnos tras pasar por diante da Igrexa de Santa Eulalia, que está semiderruida e ten tamén unha visitiña interesante. A Igrexa de Santa Eulalia merece unha visita Como chegar O lugar atópase entre Vioxo e Santa Baia. A RUTA COMPLETA A proposta que parte desde a concellería de Turismo do Concello ten unha fin de semana de duración. Nela, (podedes ver no mapa) recoméndase ir a mañá do sábado camiñando desde Pino de Val ás fervenzas de Vioxo-Chacín e Santa Locaia, ambas na parroquia de Chacín. A tarde quedaría reservada para achegarse en coche á Fervenza de Fírvado, aínda en Chacín e á da Noveira, na parroquia de Arcos. A recomendación para rematar o día é ver o solpor desde o Mirador Padre Sarmiento, no que converxen, nunha vista única, o Pindo, Fisterra, o Atlántico e a presa do Encoro de Santa Uxía.Deste xeito, a mañá do domingo quedaría reservada para a fervenza de Gosofre, que é a que ten unha ruta máis esixente e non apta para persoas que non estean acostumadas ao sendeirismo.Por orde, os accesos máis fáciles son Noveira, Santa Locaia, Fírvado, Vioxo-Chacín e Gosolfre, se ben a única complexa é esta última. MÁIS INFORMACIÓN Mazaricos presume de Ruta das Fervenzas. Fervenza de Grosolfe. Recunchos da Costa: A Fervenza do Fírvado. Recunchos da Costa: A Fervenza de Santa Locaia. A Fervenza de Noveira. OUTROS RECUNCHOS DA COSTA A Fervenza de Santa Locaia. A praia de Seaia. A praia da Barda. Os Muíños da Ribeira. A área fluvial de Verdes. O Pozo da Orca. Praia fluvial de Carreira. As casetas da Feira na A Ponte Olveira. O Pozo Encantado de Salgueiros. O Fuso da Moura Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo. A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro. Cabo Roncudo. A ponte da Pontenova. A Furna do Osmo. Mirador de Louredo. A área recreativa de Gabenlle. O Cabo, e Faro, Vilán. As praias de Reira e o foxo do lobo. O Cemiterio dos Ingleses. As praias do Trece e a Duna Monte Branco. O hórreo de Carnota. O hórreo de Lira. A Fervenza de Noveira. O Casco Vello de Corcubión. Os petroglifos de Boallo. A ruta do Muíño de Louredo.
NOS_54863
A xornada decorrerá o sábado 19 na Cámara galega. Francisco Jorquera resume a finalidade: "Que os colectivos sociais nos acheguen a súa visión sobre os problemas reais do país" e trasladar as súas propostas ao 'Debate sobre o Estado da nosa Nación'
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera e a deputada, Ana Pontón presentaron 'Parlamento aberto: Ideas para a Galiza que queremos', a xornada organizada pol@s nacionalistas para este sábado 19 de setembro e na que tomarán parte diversos colectivos e entidades sociais. Este encontro aberto vén ser unha continuación da que decorreu en abril baixo o nome 'O Parlamento é do pobo' e no que tomaron parte representantes de por volta 40 colectivos: desde a defensa da sanidade pública até o sector do mar, pasando polos valedores do patrimonio e da lingua ou colectivos de persoas en desemprego. Son estas experiencias as que abren as portas do Parlamento fronte ás medidas do Partido Popular para "acuartelar" a Cámara, afirma o BNG. Para Jorquera, esta xornada procura que diversos colectivos sociais "nos acheguen a súa visión sobre os problemas reais do país" e trasladar as súas propostas ao "Debate sobre o Estado da nosa Nación" que se realizará nun contexto político especialmente relevante. Debate relevante O parlamentario remarcou que o 'Debate do Estado da Nación' será moi relevante en clave interna galega por mor da grave crise demográfica, a emigración xuvenil, o desmantelamento dos sectores básicos e a situación agravada dun goberno "dimisionario das súas responsabilidades" que carece de axenda e convertido "nunha vulgar franquicia do Goberno Rajoy". Pola súa parte, a deputada, Ana Pontón explicou que con esta iniciativa o grupo parlamentar do BNG inicia a preparación do 'Debate do Estado da Nación' e salientou a súa convicción de que este será o "último de debate de Feijóo como presidente da Xunta". Apostou en abrir o Parlamento a participación social e contar con todos os colectivos, entidades e persoas que loitan contra os recortes e dereitos". A xornada da mañá do sábado 19 principiará cun primeiro debate sobre a situación política de Galiza para continuar con catro grupos de debate que abordarán a soberanía, democracia e loita contra a corrupción, xestión pública e dereitos sociais, un novo modelo produtivo e ordenación do territorio e un último grupo que analizará o papel da cultura e proxección exterior de Galiza.
NOS_24341
A lus do candil chámase o novo proxecto literario do poeta Modesto Fraga. O título é ben coñecido e non da súa autoría. O poeta fisterrán tirou do libro de Ánxel Fole para lle dar nome a libraría que abriu canda a súa compañeira Alba en Arteixo.
Nada máis comezar a falar de como un poeta se pon á fronte dunha libraría, a Modesto Fraga veñenlle o s nomes de Manuel María e Saleta Goi diante da Xistral de Monforte. A súa quere continuar na mesma filosofía, na de ser ao tempo lugar de xuntanza e referencia cultural da comarca. En A lus do candil Fraga conta convocar a todas as moitas amizades que ten no mundo literario. Presentacións de libros, recitais e mesas redondas formarán parte dun programa no que a literatura galega será protagonista. Convidados a teren os seus encontros na sala de lectura da libraría están xa os clubes do concello, encantados con contaren cun novo espazo para compartir libros. A libraría que abre en Arteixo é xenerosa en espazo, co cal Modesto e Alba poden incluír outro tipo de propostas culturais que precisan aire para respiraren. Deste xeito a exposición de pintura de Nolo Suárez ou a cerámica de Nacho Porto coincidiron na inauguración cunha festa cultural composta por outras propostas menos matéricas como a poesía e a música. O cartel da inauguración o pasado venres dá medida do poder de convocatoria de Alba e Modesto. Miro Villar, Lucía Novás, Félix de Sapoconcho ou Rivadulla Corcón leron os seus versos diante do poeta de Fisterra que, desta volta, actuaba como anfitrión e preferiu non partillar do recital colectivo. Sés era a convidada para a música pero a súa amiga Alba Rozas quíxolle dar unha sorpresa e apareceu co seu tambor e trouxo tamén a seu pai e súa gaita para completar o programa. Saben Modesto e Alba que os tempos non son fáciles para o comercio nin para os libros pero teñen un improvisado estudo de mercado que os anima a tirar para adiante e confiar en que o seu proxecto ten que ir ben. "É a única libraría que hai en Arteixo, un concello con 36.000 habitantes e 14.000 rapaces e rapazas nos centros de ensino. Eu creo que pode tirar para adiante" agarda un entusiasmado Modesto Fraga aínda conmovido pola cantidade de xente que se achegou á apartura do establecemento en Arteixo. Faros Modesto Fraga non participou no primeiro recital poético pero é posíbel que en breve presente un novo libro no seu propio establecemento. Hai apenas dous meses o seu libro Alba de luz gañou o premio do Seminario de Estudos Comarcais para un libro poético con temática de faros. Fraga, natural de Fisterra, confesa que non lle resultou difícil se apresentar ao concurso. "A temática mariñeira éme moi próxima e a Costa da Morte o meu ámbito literario así que o que desenvolvín foi un conxunto de poemas dedicados a cada un dos seus faros" comenta.
PRAZA_8857
Segundo a entidade Autoestradas do Atlántico leva anos argumentando que non coloca a sinalización tamén en galego (como esixe a Lei), debido aos custos, "mais si ten diñeiro para eliminar os poucos sinais que si estaban xa no noso idioma"
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que nas últimas semanas se está a producir "de xeito paulatino" unha mudanza dos únicos sinais en galego que hai na AP-9, para que "a partir de agora só haxa información en castelán e en inglés e nada en galego". A entidade sinala que os trocos se realizaron en boa parte dos tramos, mais aínda non en todos, polo que Carlos Callón reclama que "se deteña a colocación de adhesivos para eliminar as sinalizacións no noso idioma" e que "a AP-9 cumpra dunha vez coa Lei, que a obriga a que todos os sinais teñan tamén información no noso idioma". O portavoz da Mesa lembra que Autoestradas do Atlántico "leva anos, moitos anos, respondéndolle á nosa asociación que non coloca sinalizacións tamén en galego debido aos custos, algo que xa resultaba burlesco tendo en conta os seus ingresos anuais". Mais Callón subliña que "ironicamente, parece que o diñeiro si aparece cando o que se pretende é eliminar calquera mínima presenza do noso idioma, como está a acontecer". Nestes momentos, boa parte dos postos de peaxe da AP-9 pasan a ter "múltiplos sinais de aviso escritos en castelán, un escrito en inglés e ningún escrito en galego, xa que se tapou o que puña PEAXE para que pasase a pór PEAJE". "Accións como esta demostran a pretensión de varrer calquera presenza pública da nosa lingua, mais nin A Mesa nin unha parte importante da sociedade imos calar a boca", polo cal convida a todas as persoas que rexeiten estas situacións a que se "mobilicen o vindeiro 17 de maio" na manifestación convocada pola plataforma unitaria Queremos Galego. Desde A Mesa lembran que, a pesar do estipulado por diversa lexislación e mesmo a pesar de que o tema foi debatido en varias ocasións no Parlamento galego ou no Congreso en Madrid, "só se conseguiu que as Autoestradas tivesen en galego estes sinais que ahora se están a mudar" e que se corrixise a toponimia maior, mentres o resto da sinalización -"moi maioritaria"- continúa a excluír o galego e a toponimia menor continúa a indicarse en moitos casos "castelanizada barbaramente, contra todo criterio lingüístico ou oficial".
PRAZA_19107
Nn deixo de matinar en todos os que hoxe están fora dos focos repletos de cartos ou tranquilos nos seus postos sen ter asumido ningunha responsabilidade política ou social. Só dous exemplos: José Luis Méndez e Núñez Feijóo
Xa sei que é unha obviedade empregar o título do famoso filme de Woody Allen para resumir a recente historia das extintas caixas de aforro galegas. Si é obvio, máis por obvio que resulte nada expresa mellor tal despropósito que enriqueceu a uns poucos, estafou a moitas persoas e deixou a este país sen o seu sistema financeiro. Agora unha sentenza semella facer xustiza ao ditar prisión para aqueles que foron todopoderosos noutro tempo. Condecorados por economistas e políticos, gabados e temidos por gobernos elixidos democraticamente son a expresión dunha época onde conviviron o peor do elitismo caciquil financeiro cos estertores daqueles mozos sobradamente preparados dos anos noventa. Todos tan listos… e cos traxes tan ben pranchados e as gravatas perfectas que non podían prexasiar nada bo. Tan listos que fundiron un sistema financeiro completo, se indemnizaron a si mesmos de xeito millonario e estafaron as e os pequenos/as aforradores no timo das preferentes e outros produtos tóxicos. No entanto, manteño a palabra "semella" porque o certo é que por exemplarizante que se queiran vender a entrada en prisión dalgúns dos antigos xestores das caixas, ao sair terán os cartos agardándoos como noutrora fixeron os foraxidos do lonxano oeste ou os piratas do Caribe. Asemade non deixo de matinar en todos os que hoxe están fora dos focos repletos de cartos ou tranquilos nos seus postos sen ter asumido ningunha responsabilidade política ou social. Só dous exemplos, José Luís Méndez até o de agora só perdeu o título de fillo predilecto da Coruña ou Núñez Feijóo que xa ninguén lembra que era Presidente de Galiza e do PP durante todo proceso de fusión e venda das antigas caixas. Incluso, creo ter visto fotos de Feijóo brindando con cava en Monte Pío con algún dos que hoxe están no cárcere. Nn deixo de matinar en todos os que hoxe están fora dos focos repletos de cartos ou tranquilos nos seus postos sen ter asumido ningunha responsabilidade política ou social. Só dous exemplos: José Luis Méndez e Núñez Feijóo Falo en termos de crenza e non de certezas firmes porque todo o que rodea as caixas móvese máis no ámbito do exotérico que dos datos empíricos sobre os que extraer conclusións fiábeis. Así, de non ser por ter participado na Comisión parlamentar de investigación sobre a desaparición das caixas dubidaría incluso da súa existencia. Comisión que logo de noventa horas de comparecencias e miles de folios de documentación o PP decidiu crionizar para que nunca elaborara un ditame e así evitar envialo á Fiscalía e…nada… non pasou absolutamente nada. Así pasados varios anos, o que poderíamos tildar como grande fraude democrático, nin tan sequera atopa unha triste liña de lembranza na prensa galega. Unha Comisión convertida no inicio do verán do 2013 nunha especie de teatro mediático no que Feijóo perseguía lavar a súa imaxe política, coa habilidade que o caracteriza, para poñer distancia coa perda do sistema financeiro galego. E todo o que isto significa en termos de promoción industrial e económica. Así, pasados os anos, a día de hoxe aínda non sabemos se fallaron os mecanismos de control, vésaxe o Banco de España, ou estes estaban ao servizo de eliminar as Caixas de aforros como demandaba o selecto club da banca privada europea. Non sabemos se toda a normativa impulsada a raíz dos acordos de Basilea polos gobernos de Zapatero e Rajoy pretendía axudar a resolver o problema da solvencia das caixas ou acrecentalo para poder vendelas despois. Como de feito se fixo, logo de sanealas con cartos públicos. Eses mesmos que se eliminaron dos orzamentos de sanidade, educación os servizos sociais porque viviamos por riba das nosas posibilidades. Non sabemos como as Caixas galegas dispoñendo dunha cantidade inxente de depósitos, máis do 50% dos aforros dos galegos e galegas, chegarona unha situación ao borde da intervención logo de acometer operacións de delirio expansivo con ruinosas apostas inmobiliarias como a de Seseña. Non sabemos se as carísimas Auditorías de cunsultoras que acaban contratando aos políticos que non entran nas compañías electricas só responden ao antigo dito de "quen paga manda" ou teñen algún valor fundado no rigor contábel. Non sabemos con exactitude que foi da Obra social e cultural das caixas. Foi un espolio as persoas e un espolio a nosa nación, seguramente o maior nos últimos séculos. Mais como cada vez temos máis turismo e chove menos podemos estar en paz Por último, non sabemos se todo foi unha montaxe para ser fieis ao dogma neoliberal de "salvar sempre primeiro ao sistema financeiro a costa das persoas". Lonxe fica a tese de Marx segundo a cal o valor reside na forza de traballo para imporse o capitalismo financeiro que fuxe de tal interpretación e vive na ensoñación da creación de riqueza sen traballo. A privatización das Caixas é un episodio máis. Episodio que no estado español implicou o gasto de 200.000 millóns de euros públicos desde o 2009. En Galiza foron 9.000 millóns, isto é menos do 5%, por se alguén aínda nos vende algún favor. Por certo, NGB foi vendida logo a prezo de saldo para xa ter agora grandes beneficios. Feijóo tiña moi claro que non podía ser convertida nunha Banca pública galega, chegados a este punto o público só está para rescatar as perdas do privado. A entoación do réquiem polas nosas Caixas ten dous matices, foi un espolio as persoas e un espolio a nosa nación, seguramente o maior nos últimos séculos. Mais como cada vez temos máis turismo e chove menos podemos estar en paz ao saldar con dous anos de cárcere un dos episodios máis brutais do capitalismo financieiro que esmaga persoas e pobos.
PRAZA_5505
Magín Blanco última a gravación de Gatuxo, un novo álbum infantil que acompañará o espectáculo do mesmo nome, estreado hai unhas semanas en Pontevedra, e que continúa o éxito acadado por A nena e o grilo e A nena e o grilo nun barquiño, editados tras o accidente que en 2010 case o aparta da música.
Magín Blanco é un dos grandes talentos do pop-rock galego nas últimas décadas. Un artesán de cancións que dende os oitenta publicou grandes discos e grandes cancións, primeiro con La Rosa (La Rosa, Tren de azúcar, El sueño del camaleón...), despois en solitario (Ella, Realidad...) e tamén a dúo coa Burgas Beat (Clic). A fama nunca chegou, realmente, e moito menos a riqueza. Magín seguiu traballando nun serradoiro, e en 2011 un accidente laboral segoulle dous dedos, chegándose a dubidar de que puidese continuar facendo música, sobre todo tocando a guitarra. O impacto e a resposta do mundo musical galego pola fatalidade dun compañeiro tan querido foron inmediatos: chamadas, recoñecemento e un estupendo disco de tributo (Doutor Apertas), presentado no Felipop 2012. Un pouco antes do accidente Magín Blanco gravara a música para o libro-cd infantil A nena e o grilo, editado por OQO en 2010. Uxía Senlle, Guadi Galego, Fred Martins, Quim Farinha e o propio Magín déronlle forma a un álbum que se acabou por converter en todo un éxito, e que tivo continuidade con A nena e o grilo nun barquiño, e que Magín e outros músicos presentaron en directo en ducias de espectáculos por teatros, auditorios, colexios e bibliotecas de toda Galicia. Magín demostrou que a música é música, que se poden facer grandes cancións, dirixidas ao público infantil, pero que lles gusten tamén aos adultos e que conteñan unha innegable calidade compositiva. Magín acadou, por fin, o recoñecemento merecido, e por vez primeira pode vivir do seu traballo como músico, creando ademais un estilo propio, un universo musical propio, naïf e cheo de cor. Falamos con el no descanso dunha sesión de gravación en Moaña. Que estás gravando nestes momentos? Estamos gravando un disco que, en principio, ía ser para bebés. Xa estreamos o espectáculo, e alí decatámonos de que iso era moi reducionista. Viñeron outros nenos máis maiores, e tamén o pasaron moi ben. Así que podemos dicir que o disco é para crianzas pequenas, de un a seis anos. O que pasa é que o disco o fixemos inspirado por un bebé, que é o fillo de Jorge e María; agora ten quince meses, pero comezamos a traballar nel, practicamente cando naceu. O que define o disco é que é o mundo visto a través dos ollos do bebé: é el quen canta a través de nós. Ten título definitivo? Cando o poderemos escoitar? Estamos gravando para ver se podemos editar o libro canto antes, antes do verán. Chámase Gatuxo, e para solucionar o problema do xénero -obviamente non iamos poñer unha arroba- fixemos un o que é tamén un a, así que tamén se pode ler como Gatuxa. E como as cancións cántaas o bebé en primeira persoa, ás veces é neno, e ás veces é nena. Cando canta María canta en feminino, como se fose unha bebé, e cando canto eu, canto en masculino. E as ilustracións non teñen xénero. As ilustracións fainas unha rapaza brasileira chamada Erica Maradona, que fixo un traballo cheo de cor. Quen che ía dicir a ti hai 25 anos que estaría facendo con gusto, con éxito e con calidade música para nenos e nenas! Si, quen mo ía dicir. Cando agora recapitulo sobre o tema, creo que hai algo que se me escapa. Sempre digo que cando gravei Ella, fun visitar a Gloria Van Aerssen (unha das dúas integrantes de Vainica Doble) á serra de Madrid, e gravamos unha canción con ela, que daquela tiña 75 anos, e empapeime do mundo de Vainica Doble. Fixémonos moi amigos, gravei tamén co seu fillo Álvaro de Cárdenas, que tocara en La Mode. Sempre digo que de aí me vén este achegamento ao mundo naïf este, e tamén por autores como Arnaldo Antunes ou Adriana Calcanhotto. Pero sería inxusto se non recoñecese que a primeira cousa que fixen para nenos ma pediu Uxía, para María Fumaça. Mandeille unha canción que finalmente non se publicou aí, e si en A nena e o grilo. "Gatuxo é máis íntimo, seguindo o estilo de aCadaCanto, porque é o que buscamos, imitando esa relación íntima que pode ter unha crianza con seus pais" Cada vez se publican máis e mellores discos dirixidos ao público infantil, e hai tamén cada vez máis espectáculos, e mesmo espazos específicos nos festivais pop. Que cambiou? Comeza a tratarse aos nenos e nenas como un público maior de idade, que pode apreciar a música pola súa calidade? Están saíndo moitos produtos musicais para nenos, e máis que haberá, parece, porque Galaxia tamén se está especializando nese campo e xa creou un selo específico, o Gatipedro, mesmo co obxectivo de exportar as creacións. E non é fácil levar as cousas fóra. Antes xa había cousas: Oqo editara Contos en cantos, gravado en Casa de Tolos, onde tamén se fixo o Pelo gato vinte e catro. En xeral hai algo que funciona. Hai unha diferenza clara co que eu facía antes: os meus traballos de pop e de rock durante anos pasaban desapercibidos, e agora en cambio vólveme moitísimo feedback. E funciona tamén en directo: cada vez que actuamos énchense os teatros. Non sei cal é a explicación. Pode que como cada vez hai menos nenos, os nenos son moito máis mimados que antes. Na miña casa eramos sete irmáns; non había tempo para mimar a ninguén. A paternidade e maternidade converteuse nunha especie de dedicación case exclusiva, e por iso lévanos a espectáculos, mércanlles libros. "Na miña casa eramos sete irmáns; non había tempo para mimar a ninguén. A paternidade e maternidade converteuse nunha especie de dedicación case exclusiva" Fas cancións que lles gusta aos nenos, pero que pola calidade musical e os referentes que incorpora, pódelle gustar a calquera persoa... É que nós seguimos facendo música, igual que antes. E cos nenos non falo de música, e si que o fago cos adultos. A min apetéceme que haxa un contido musical do que poida falar coa xente maior. Véxome na obriga de que o que faga me guste, e para que me guste ten que ser digno. "A miña capacidade para tocar a guitarra é moi limitada, comparada con como era hai uns anos, pero a min antes custábame moito sintetizar, perdíame. A agora a miña incapacidade obrígame a concretar, estou máis centrado" Como é o teu proceso de creación? Cambiou moito ao que tiñas hai dez anos, cando facías outro tipo de cancións? Vai cambiando. No disco anterior, A nena e o grilo nun barquiño, non gravei practicamente ningún instrumento, só a voz. E neste disco, Gatuxo, gravei eu todas as guitarras, e ademais a guitarra é o instrumento base. A miña capacidade para tocar a guitarra é moi limitada, comparada con como era hai uns anos, pero de igual maneira, hai que dicir que a min antes me custaba moito sintetizar, perdíame. A agora a miña incapacidade obrígame a concretar, estou máis centrado. Tamén estou máis centrado grazas a que agora, por primeira vez, me dedico profesionalmente á música. Antes non podía. En canto ao proceso de creación en si, ti sabes que os creadores somos un pouco vampiros, temos que estar continuamente buscando o lugar no que xurda a inspiración, o lugar físico e tamén a situación persoal que nos inspire. Eu estou continuamente buscando inspiración. Cando estou con Jorge Juncal e María Faltri, tocando e gravando, van saíndo as cousas. Despois é só cousa de escribir e concretar. O que si intento é que cada disco me dea as pautas coas que traballar, que sexa un pouco conceptual. Gatuxo é máis íntimo, seguindo o estilo de aCadaCanto, porque é o que buscamos, imitando esa relación íntima que pode ter unha crianza con seus pais. En cambio, cando fixemos A nena e o grilo nun barquiño, quixen que fose máis pop, porque vía que en Galicia había algúns traballos máis vencellados á música tradicional, pero poucos cerca do pop. Non hai un método, en cada traballo é distinto. Compós ou tes na cabeza outro tipo de cancións, digamos para adultos. Ou tes cando menos ganas de facer un disco así? Na música, tan importante como o proceso creativo, é o feedback. Se fixese outro tipo de música seguramente non recibiría de volta todo o feedback que estou recibindo agora con estes discos infantís. Non me vexo facéndoo, tería que ter unha banda que fose moi boa, e iso hoxe en día é complicado. Se alguén me chama para pedirme unha canción para un disco concreto, fágoa, pero en principio estou centradísimo nisto. Tampouco me apetece facer pop-rock, seguramente apostaría por facer algo un chisco distinto. Pero en realidade atópome moi a gusto no que fago, tamén porque sempre fago guiños para o público adulto, musicalmente ou non temas que trato, por exemplo as referencias ás bibliotecas que hai en Don Ramón. "Atópome moi a gusto no que fago, tamén porque sempre fago guiños para o público adulto, musicalmente ou non temas que trato" E cun gran éxito en vivo, tamén... Ao vivo movémonos máis no mundo do teatro que no mundo da músico. A xente está en silencio, escoitándote. Temos un compoñente teatral que sempre nos quita moito peso de enriba, grazas ao que os músicos non temos que ser os animadores da festa, simplemente temos que facer o ambiente no que se desenvolve a festa. Iso a min quítame moita responsabilidade, porque tampouco me sinto demasiado animador. De feito, fago bolos eu só, en bibliotecas, e tócame animar, e non é o meu. Ides presentar os discos e os espectáculos fóra de Galicia? Si que estamos tentando saír fóra. Imos tocar agora en Xixón e Ponferrada, hai pouco editouse o disco en castelán, La niña y el grillo en un barquito. Trátase simplemente de dar un salto para ampliar os lugares nos que poder tocar. Sentes que estás recibindo agora o recoñecemento e o éxito que merecías e que durante 30 anos no mundo da música non recibiches? Eu o que creo é que se deron as circunstancias, simplemente. A min gústame moito o meu disco Ella, pero o certo é que tampouco nunca tiven unha banda estable. O mundo da música non é só facer cancións. Para que un artista funcione e funcione ben hai que ter unha banda estable, hai que moverse moito, tes que ter unha boa axencia que te mova... O recoñecemento foi o que tiña que ser, sinxelamente. Agora hai máis, pero é circunstancial. Tamén depende de todo o traballo de promoción e distribución que hai. "Para que un artista funcione e funcione ben hai que ter unha banda estable, hai que moverse moito, tes que ter unha boa axencia que te mova... O recoñecemento foi o que tiña que ser, sinxelamente" Tres anos despois do teu accidente, e con todo o que che pasou dende entón, como ves ese proceso, xa cun pouco de distancia? Ás veces reflexiono sobre iso, falando con amigos, e xa non sabes se foi fortuíto ou se provocaches ti o accidente. Foron dous anos de baixa, dous anos de paciencia, pero despois todo foi medrando cara arriba. No disco anterior non podía tocar ningunha guitarra, e agora estounas tocando todas. Todo foi como renacer, dedícome ao que me gusta e por primeira vez podo vivir da música, despois de toda unha vida de traballar noutras cousas. Non hai mal que por ben non veña, podemos dicir. "Foron dous anos de baixa, dous anos de paciencia, pero despois todo foi medrando cara arriba. No disco anterior non podía tocar ningunha guitarra, e agora estounas tocando todas. Todo foi como renacer" E, por último, poderías recomendar un ou dous discos? Que música escoitas ultimamente? A forma de escoitar música cambiou moito, pero hai unha cousa que non me cambiou en absoluto dende que comecei a escoitar música, que é a radio. Son fiel a Radio3 dende os 15 anos e segue sendo a miña forma principal de escoitar música. Xa escoitaba daquela a Ramon Trecet, que facía un programa de rock polas tardes. E agora levántome ás seis da mañá para escoitar Músicas Posibles e despois póñoa . E por recomendar un disco, recomendaría o novo de María Fumaça, Xiqui-xoque, que vai saír en maio, e no que se nota unha evolución creativa, con composicións máis coitadas. E Petit Pop, que é xente da xeración do Xixón Sound, de Penelope Trip, Nosoträsh, Undershakers..., que agora xa teñen nenos e fan música para nenos e fixeron un disco, No me gustan los lunes, que é unha marabilla
NOS_24919
De San Caetano, sede administrativa da Xunta, até Monte Pío, residencia do Presidente autonómico, unha marcha de empregad@s públic@s denunciou os recortes e medidas do goberno do PP en prexuizo deste sector e do conxunto da cidadanía
Unha marcha lúdica e reivindicativa CCOO convocada por CIG e percorreu nesta quinta Compostela, desde San Caetano até Monte Pío, para denunciar as políticas do goberno de Núñez Feijóo ao longo deste mandato. Medidas, poñían de manifesto os manifestantes, que se concentraron en duros recortes e ataques aos empregados públicos, así como en prexuízos para a cidadanía. "Cero dereitos para @s empregad@s públicos e cero servizos para a cidadanía". Así resumían desde os sindicatos convocantes o que supuxo para a administración este mandato de Feijóo. E para denunciar este escenario, organizaron unha mobilización que tiña como estación de término a residencia oficial do presidente da Xunta, ubicada en Monte Pío. E alí, provistos de pan, organizaron una chourizada. "O pan traémolo nós, os choruizos están dentro", sinalaban en referencia a Monte Pío. "Que se vaian" Na marcha non faltaron as palabras de orde xa habituais nestes meses de mobilizacións, como "a culpa de quen é, dos que votan ao PP" ou "non hai pan para tanto chourizo". No transcurso da manifestación, a megafonía animou a mobilización con estractos dos discursos de Rajoy e Feijóo, cortes do himno que Los Limones compuxeron para esta campaña do PP de Galicia. E mesmo o tan famoso himno popular oitenteiro en Euskadi Que se vayan, toda unha metafora do sentir d@s participantes cara ao Partido Popular.
NOS_44965
A cifra de persoas curadas elévase a 9.970 e as vítimas mortais son 616.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 722, dez menos ca onte. Deles 162 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 262 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI (2 menos), 32 están en unidades de hospitalización (1 menos) e 688 no domicilio (7 menos). Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos. O número de PCR realizadas é de 143.580. Residencias de anciás No que atinxe ás residencias de anciás, hai 81 casos activos, dos que 41 son de persoas usuarias mentres que 40 son de traballadoras e traballadores. Os falecementos mantéñense en 273: 132 en residencias e 141 en hospitais e residencias integradas.
NOS_32911
O equipo branquiazul empata (2-2) cun rival directo polo descenso como o Granada en Riazor após unha segunda metade frouxa que fixo aos locais perder a vantaxe que colleran no final da primeira parte cos tantos de José Rodríguez e o coruñés Lucas Pérez. Víctor Fernández volve ser duramente discutido pola bancada.
Víctor Fernández segue sen entrarlle polo ollo a boa parte da afección do Deportivo, talvez por emitir sensacións pouco comprometidas, que tamén parecen afectar aos seus futbolistas, que partido a partido amosan falta de intensidade e seguen aí abaixo, rodeados pola sombra do descenso, máis forte despois de empatar en Riazor (2-2) ante un rival directo como o Granada. Perdeu dous puntos o Dépor por deixarse ir na segunda parte, que recordou a un comezo de encontro frío, arranxado despois só de forma pasaxeira e a pesar de volver mostrar inocencia en ataque e eivas de concentración atrás. Piti, cunha xenialidade, adiantou aos andaluces, pero antes do intermedio empataron José Rodríguez tras unha xogada que arrincou cun pase magnífico de Álex Bergantiños, o mellor dos locais, e outro do talismán coruñés, Lucas Pérez, que anotou o seu segundo tanto en dous partidos como titular en Riazor. Porén, o balón parado frustrou aos deportivistas xa que Róber fixo o empate a dous final, que mesmo puido ser peor para os homes do discutido Víctor tras a infantil expulsión de Fariña por unha labazada a un contrincante. Ese foi dos poucos único -e mal dirixido- momentos de intensidade dun equipo que segue falto de actitude. E en postos de perigo.
NOS_57542
Portugal rexistrou hoxe unha lixeira caída de contaxios e falecementos, con cifras mínimas en oito días de falecementos e a máis baixa de novos positivos nun mes.
Un equipo de 26 profesionais sanitarios do Exército de Alemaña especializados en coidados intensivos ─con equipamento e material que inclúe camas hospitalarias, ventiladores e bombas de infusión de xeringa-, aterrará mañá ás 13 horas no aeroporto de Figo Maduro de Lisboa. Será esta a primeira axuda internacional que Portugal reciba para combater a Covid-19, segundo confirmou a ministra de Defensa alemá, Annegret Kramp-Karrenbauer, as forzas armadas do país xermano no Twitter, e tamén os ministérios da Defesa e da Saúde portugueses a través dun comunicado conxunto. "Na sequência de diversos contactos bilaterais, Portugal aceitou a proposta de colaboração do Governo alemão para reforço da resposta à Covid-19", recolle a comunicación. O equipo, composto por oito médicos e 18 enfermeiros, chegará encabezado polo xefe do Estado Maior do ramo médico, segundo informou o xornal portugués Público. A misión estenderase durante tres semanas, en principio, dependendo da evolución da epidemia da Covid no país. Nese caso, está previsto que sexan substituídos cada 21 días até finais de marzo. Tamén Austria anunciou na fin de semana que acollería doentes portugueses nas súas unidades de coidados intensivos, mais aínda non se concretou nin cantos nin cando comezará a recibilos. E España manifestou a súa dispoñibilidade para axudar paliando a falta a de medios nos hospitais lusos, e estuda en que "modalidades" podería prestar ese apoio. Ademais, a Comisión Europea mostrouse "disposta para axudar" o Goberno portugués. O bloque comunitario ten mecanismos que permitirían, por exemplo, costear o desprazamento de sanitarios ou o traslado de pacientes entre Estados membros. Mínimas en oito días Confinado e coas fronteiras restrinxidas, Portugal continúa o combate coa terceira vaga, que onte deixou unha lixeira caída de contaxios e mortes. En total foron 5.540 infeccións, a cifra máis baixa en case un mes, en tanto que os falecementos foron 260, o mínimo dos últimos oito días. En total, desde que estalou a pandemia, Portugal suma 731.861 positivos, dos que case 167.000 están activos. Ademais acumula 13.017 pasamentos. Os datos da Direcção-Geral da Saúde (DGS) tamén reflectiron unha leve mellora nos hospitais, que na segunda feira tocaron un máximo de ingresados de toda a pandemia. Onte había 6.775 pacientes internados, 94 menos que a véspera. A caída tamén se rexistrou nas unidades de coidados intensivos, con 852 enfermos (13 menos que un día antes).
PRAZA_9085
Fátima Nercellas, delegada de persoal que levou á Fiscalía a morte de dous pacientes que agardaron de máis nos corredores, explica o "estrés" que os profesionais sofren e denuncia o desleixo do Sergas e a Xunta ante as demandas de melloras asistenciais.
Fátima Nercellas foi a doutora que este pasado venres trasladou á Fiscalía o caso da morte de dous pacientes nas Urxencias do Hospital Clínico de Santiago tras agardar a seren atendidos nos corredores dun servizo colapsado e masificado naquel día e do que denuncia eivas constantes e falta de medios desde hai ben tempo. A delegada de persoal nesta área, e integrante do sindicato médico O'Mega, relata unha situación "angustiosa" por parte dos profesionais sanitarios e denuncia o desleixo da xerencia e da Administración ante as denuncias súas e de moitos outros compañeiros. Ademais, responde ás palabras do conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña, ou do propio Feijóo, que negan neglixencia ningunha. "A xerencia sabe de sobra que falta persoal e que precisamos máis espazo; levamos nove semanas de folga e non dan solución""A xerencia da Xestión Integrada de Santiago sabe de sobra que falta persoal, que necesitamos máis espazo; levamos nove semanas de folga e non dan solución", explica Nercellas, que insiste en que aquel 2 de xaneiro, especialmente masificado nas Urxencias, tanto o conselleiro como os xerentes, recibiron "tres avisos". "Advertimos dunha situación desesperada, con esas mesmas palabras, e pedímoslles que abriran a sala de rehabilitación antiga pero non fixeron nada", conta. Naquela xornada, en pleno Nadal e coa gripe batendo forte, a demanda foi "moi alta". "Tanto que chegaron a entrar 50 persoas, doentes graves e menos graves, nunha soa hora. Chegaron a acumularse 29 pacientes graves nos corredores, identificados coas cores amarela e laranxa", aclara a Praza.gal unha profesional que relata a "horrible" situación pola que pasa o persoal. "O estrés é altísimo e a situación é terrible; é angustioso ter todos os días xente grave polos corredores, tendo que andar dos boxes á observación e a estes corredores para ver se todo vai ben", engade quen cifra nun 20% o número de baixas en enfermería e nun 15% entre os auxiliares. "O estrés do persoal de Urxencias é altísimo; a situación é terrible, angustiosa"A situación agrávase ao ter que atender, na súa maioría, xente de moi avanzada idade, que ten dificultades para detallar os síntomas e explicar a súa situación, o que aumenta a necesidade de dispor de máis medios, espazo e tempo para atendelos. "Levamos nove semanas en folga e seguimos sen solución, parece que lles dá igual", di respecto da xerencia, tras lembrar que desde o día 3 deste mes sabe que o seu sindicato analizaba xa a posibilidade de denunciar ante a Fiscalía as mortes dos dous pacientes. "Nin tan sequera chamaron", di. "O máis triste é que non ven a realidade; negan que haxa xente nos corredores malia os correos que lles enviamos e as imaxes. Din sempre que é puntual e pouco tempo", engade Nercellas respecto dos responsables da xerencia e do propio Sergas, que negan a situación de colapso e aos que acusa de "vivir nun universo paralelo ou mentir". "Sinceramente, creo que menten porque están a negar a evidencia", asegura. "O Sergas vive nun universo paralelo ou mente; non ven a realidade"Ademais, Nercellas asegura que os problemas veñen de lonxe, ao incrementarse o número de urxencias nos últimos anos, e aclara que hai fórmulas para calcular o número de persoal necesario tendo en conta os doentes que acoden. "Eses cálculos quedaron estancados en 2013; se somos estritos, e seguindo esas fórmulas establecidas, deberíamos contar xa con 20 médicos máis, pero con 7 arranxaríamos para cubrir polo menos os días de semana", engade respecto dunha das demandas polas que os médicos secundaron a folga. "Se fixemos a folga foi tamén para chamar a atención sobre o problema e evitar máis mortes ou presenza de persoas deterioradas nos corredores; a nosa idea que non pasase nada, que se abrisen os espazos pechados... Pero pasou", conclúe quen alude á "desesperación" dos profesionais ante a falta de respostas por parte da Xunta ás súas peticións e queixas. "E pasa en moitos ámbitos da sanidade, non só nas Urxencias", remata. Por outra banda, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública emitiu un comunicado no que considera os casos trasladados á Fiscalía dunha "extrema gravidade" e advirte de que, no caso de que se confirmasen, "supoñería a corroboración" das denuncias que levan "realizando desde hai anos de que os recortes e privatizacións do sistema sanitario público en Galicia teñen serias repercusións sobre a saúde da poboación".
NOS_42712
Expertos do sector apuntan que a suba deste ben esencial é "inevitábel" ante a escaseza de cereal, cuxas reservas na Galiza só abastecerán durante "dous ou tres meses".
A Xunta da Galiza presentou esta cuarta feira os 44 estabelecementos, pertencentes a 14 panadarías do país, que desde agora venderán o seu pan baixo a indicación xeográfica protexida (IXP) Pan Galego. O acto, presidido polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, contou coa presenza de Guadalupe López, presidenta do Consello Regulador da IXP Pan Galego; Miguel Calvo, presidente da Asociación de Produtores de Cereal Galego (Procegal); Luís Urquijo, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; e Ángeles Romero, directora da Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela. A escaseza de aceite de xirasol golpea no sector conserveiro Precisamente, o pan vai ser un dos primeiros alimentos nos que se van notar os efectos económicos do conflito bélico entre Rusia e Ucraína. Julio García Morado, tesoureiro de Procegal, indicaba esta cuarta feira no programa 'Galicia por Diante' da Radio Galega que desde o sector agardan "subas históricas" no prezo do pan, que "case dobraría o prezo as vindeiras semanas". Esta terza feira o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez, alertou de que pode empezar a haber problemas de desabastecemento de cereais na Galiza "en dous ou tres meses", polo que instou o Goberno do Estado a analizar, "desde o punto de vista estatal", a maneira de garantir a sustentabilidade económica do sector gandeiro. A guerra pasa factura: a Galiza quedará sen cereal "en dous ou tres meses" Na mesma liña, o presidente da Federación Galega do Pan (Fegapan), César Manuel Frieiras, apuntaba que "no caso do pan, que non lle estrañe a ninguén que vai subir; é inevitábel". Que diferencia o Pan Galego? A calidade diferencial do produto amparado baixo a IXP Pan Galego, salientou a Xunta, "débese á súa orixe, ás características dos seus ingredientes e á súa forma de elaboración, requisitos todos eles recollidos no prego de condicións da IXP aprobado pola Unión Europea". O lanzamento da nova IXP Pan Galego acrecenta o interese polo trigo do país No que respecta aos ingredientes, "debe empregarse fariña de trigo da que, como mínimo, 25% procederá de trigos de variedades autóctonas da Galiza, entre as que destacan o callobre e o caveiro ou 'trigo país'", así como "auga, masa nai, sal común e, opcionalmente, lévedo biolóxico". Aliás, o pan galego pode presentarse en catro formatos diferentes: bolo ou fogaza, rosca, bola ou torta e barra. "O sabor intenso a trigo cun punto lixeiramente ácido e moi aromático, así como a súa codia triscante e a miga de textura esponxosa e alveolado abundante, son só algúns dos sinais de identidade deste produto tan característico da cultura gastronómica galega", engadiu o Goberno galego.
NOS_33425
A Fundación Laxeiro exhibe en Vigo vinte e catro obras do artista inéditas para o público, na segunda das exposicións dedicadas a obra descubertacon posterioridade á publicación do catálogo razoado.
O pasado mes de marzo inaugurábase en Vigo a exposición Laxeiro descoñecido I, a primeira parte dunha serie de dúas exposicións que querían mostrar unha selección da obra catalogada de Laxeiro despois de 2009 -data de publicación do Catálogo Universal do artista, con tres mil cincocentas obras catalogadas-, e que até o momento permanecía inédita para o público. Esta quinta feira, a Fundación Laxeiro abría na súa sede de Vigo a segunda parte deste ciclo, Laxeiro descoñecido II. Obras inéditas de segunda época, que permanecerá aberta até o vindeiro 2 de outubro. Comisariada por Javier Buján, director artístico da fundación e un dos mellores coñecedores da obra do artista, a mostra ilustra, a través dunha escolma de vinte e catro obras, o eclecticismo que caracterizou a obra de Laxeiro a partir dos anos cincuenta. Na exposición inclúese figuración expresionista e granítica e abstracción xeométrica e orgánica, conformando un repertorio de solucións expresivas que dá boa conta da versatilidade dun Laxeiro xa maduro e inserido no mundo profesional da arte. Javier Buján: "Laxeiro tiña unha enorme capacidade de fagocitar todo o que se lle puña diante" A súa estadía en Bos Aires (1950-1970) resultou decisiva, tanto na apertura a novas linguaxes, como na súa profesionalización, mais esta última nunca supuxo para o artista unha servidume de estilo, como adoita acontecer con frecuencia con outros autores que, unha vez acadada unha fórmula de éxito, vense atrapados no seu propio estilo por imperativo do mercado. Laxeiro, pola contra, parece utilizar o seu éxito para ampliar a súa liberdade creativa, de xeito que a súa variedade de rexistros forma parte intrínseca do interese do seu traballo, como un sinal de identidade irrenunciábel. A súa narrativa segue buscando inspiración na cultura popular, ás veces cunha tenrura inédita con respecto á súa primeira época. Mesmo cando revisita a súa característica estética granítica, semella facelo sen o tenebrismo que caracterizara as súas obras dos anos trinta e corenta. Noutros casos, leva esa narrativa a unha sorte de surrealismo onírico que sorprende pola súa pegada nomeadamente laxeiriana e, desde aí, mergúllase nos camiños da abstracción, nos que o misterio articula todo o relato, ben no ámbito da xeometría, sempre levada á sensualidade do seu trazo, ou no ámbito do xesto máis espontáneo. Laxeiro Descoñecido II, proponse, no ano en que se lle dedica ao autor o Día das Artes Galegas, como unha mostra que sintetiza eses camiños poliédricos e inesgotábeis que fan da obra de Laxeiro unha das máis ricas da pintura galega do século XX. Laxeiro: As múltiplas caras do artista
PRAZA_1794
A etiqueta #solpor, empregada unicamente en galego, suma 5.048 fotografías nesta rede social, na que se pode facer un percorrido polas máis fermosas postas de sol nesta nosa #galifornia.
Solpor (s.m.) Hora en que o Sol se pon, e feito de ocultarse este no horizonte. Regresamos da excursión ao solpor. Así recolle o dicionario da RAG a definición desta palabra coa que os galegos chamamos ao ocaso, á posta do Sol. Solpor é un termo que só se emprega en galego, polo que resulta doado rastrexar a súa utilización nas redes sociais, identificando de inmediato os seus usuarios como galegos e galegas. Todo isto vén ao caso porque o hashtag #solpor vén de superar as cinco mil fotografías en Instagram, a popular rede social para compartir imaxes. Son 5.048 en concreto, unha cifra moi elevada se temos en conta que a etiqueta acolle unicamente (en principio) fotos de postas de sol tiradas por usuarios e usuarias galegas. Aínda que hai que ter en conta que se algo non falta en Instagram son imaxes de atardeceres (e de gatiños). A etiqueta #sunset suma case 65 millóns de fotografías, #atardecer chega aos 1'6 millóns e #pordosol aos 1'1 millóns. En todo caso, cinco mil solpores galegos son unha cantidade impresionante de postas de sol, unha etiqueta especialmente popular no verán, nas longas tardes pasadas na praia ou nunha terraza, por exemplo. O mar é o outro gran protagonista nas fotografías, pois unha das características de Galicia é a súa situación xeográfica como terra de poñente, que ve desaparecer o sol cada tarde sobre o océano. Algo semellante ao que ocorre noutros finisterrae europeos e tamén, por exemplo, en California. Non estraña, neste senso, a popularidade crecente doutra etiqueta no Instagram: #galifornia, con máis de 104 mil publicacións. Solpor en Cabo Home (kisanpi) Solpor na costa galega (oscarvifer) Solpor na Torre de Hércules (alvaro_fg) Bicos ao solpor (pintiga) Solpor na Praza de Cervantes, en Compostela (morseeja) Mojitos no solpor (marcosgatogris)
NOS_26702
Políticos e analistas comparten con Nós Diario as súas impresións sobre como decorreu esta campaña a distancia e con máscaras de protección.
A ventá que se abre este domingo 12 de xullo cara ao cambio no Goberno da Xunta veu precedida de 15 días de campaña electoral que despuntaron na última semana, co rebrote da Covid-19 na comarca da Mariña e a xestión levada a cabo desde o Executivo do candidato á reelección Alberto Núñez Feixoo. Cun dereito fundamental, como é do voto, en dúbida, chega unha xornada de reflexión na que os partidos só se centran nas altas porcentaxes de abstención que apuntan as enquisas. Unhas estimacións sempre discutidas, mais que apuntan cara a unha revalidación da maioría popular e unha forte desputa pola segunda posición entre o PSdeG e un BNG á alza. Nesta escolla das 75 deputadas e deputados do Parlamento da Galiza xogará un papel chave a capacidade de cada formación para colocar a súa mensaxe. Os e as políticas, economistas e analistas consultados por Nós Diario presentan un panorama desigual sen claros vencedores no que foi a campaña en si mesma. Coindicen en que esta estaba deseñada para que non sucedese nada nela, que foi menos activa e máis gris, tamén con excepcións. Olaia Fernández Davila, deputada no Parlamento da Galiza (1993-2003) e no Congreso (2004-2016) polo BNG, confesa que pensaba que todo "ía ser diferente porque nesta situación non cadraba unha campaña". Porén, considera que se puido "facer o traballo para desmontar a imaxe de bo xestor que quere dar Feixoo". Púidose facer o traballo para desmontar a imaxe de bo xestor de Feixoo Davila amósase "optimista" cara ao domingo, aínda coa xornada de "bo tempo" que vai dificultar tamén as cousas. "As persoas convencidas co cambio, e coa necesidade do cambio galego, van participar", incide. Sobre a reacción da oposición ao brote na Mariña, considera que "o que se pide é responsabilidade e que se adíen as eleccións na comarca". "Non se lle pode dicir ás persoas que están a pasar por unha enfermidade infecciosa que poden ir votar e, á vez, recomendarlles non facelo". Antón Losada, comentarista e analista, profesor titular de ciencia política na USC e doutor en dereito, asegura que "o brote da Mariña alterou a última semana e estase a converter nun auténtico exercicio de manipulación e propaganda por parte do Goberno de Feixoo; diante dunha oposición da que me sorprende a súa absoluta incapacidade para pór isto de relevo. É un auténtico escándalo o que está a pasar", argumenta Losada, que critica que "a oposición comprou o marco mental do PP". O brote na Mariña é un auténtico exercicio de manipulación "Paréceme asombroso que o resto siga facendo campaña como se non pasase nada. Nótase que Feixoo está descolocado con isto e non entendo como a oposición non percibe iso. Imos ir votar con máis casos que os que había cando se suspenderon as eleccións e todo o mundo actúa como se nada", evidencia. Para María Cadaval , profesora de Economía Aplicada na USC e adxunta á Vicerreitoría de estudantes, foi esta "unha campaña marcada polo tema económico pero sen grandes propostas por parte de ningún partido". A profesora apunta ao ERE en Alcoa e sinala que foi "abordado con bastante demagoxia" polas formacións que se desputan a Presidencia da Xunta. "Todos saben que hai pouco que facer e penso que as promesas son pouco beneficiosas neste caso", indica. A campaña estivo marcada polo tema económico pero sen grandes propostas "Asistimos á morte da primeira xeración industrial", asegura, para destacar que lle resulta "sorprendente" que as formacións da oposición non tomen como bandeira a segunda xeración industrial, na que colle forza o forestal e o agroalimentario. "Faltan luces largas por parte dos candidatos", resume. Miguel Anxo Bastos, profesor titular da área de Ciencia Política e da Administración da USC e analista político,viu unha campaña "deslucida" e "tecnicamente sen grandes innovacións". "A única que cambiou algo foi a do BNG, que mudou a súa mensaxe e outros detalles", explica. Queda saber como será a maioría e quen queda primeira na oposición Bastos diferencia dous grandes bloques entre as formacións que concorren este 12-X: por un lado sitúa os partidos "que venden a súa presenza no Goberno de Madrid e os seus logros desde a capital", entre os que figuran o PSdeG e Galicia en Común; e por outro agrupa as formacións "máis autocentradas no debate do país", que serían o PP, BNG e Marea Galeguista. "As tendencias das enquisas están aí, queda saber como será a maioría e quen gaña a posición de primeira forza da oposición que se desputan PSdeG e BNG". María Pilar García Negro, escritora, sociolingüista e profesora da Universidade da Coruña, sinala que "territorio ou nación: ou a Galiza é un lugar onde continuar a política útil ao mantemento do esquema colonizador-colonizado ou é unha nación que aspira a gobernarse a si propria. As forzas políticas de matriz estatal cerran o círculo: todo comeza e acaba na obediencia debida a España e a UE, e na garantía da súa prevalencia como partidos". A actual situación crítica non fixo máis que recruar unha indefensión de vello "Para o nacionalismo galego, BNG, a Galiza é centro e destino do seu ideario e programa. A actual situación crítica non fixo máis que recruar unha indefensión de vello, a dunha autoanemia, caricatura penosa dun Goberno merecente de tal nome. Reforzar a dependencia ou denunciala e disporse a cortala: eis o dilema. A Galiza existe: Carvalho Calero dixit". Para Santiago Martínez, avogado, consultor en comunicación estratéxica e profesor de oratoria, "hai que estar atentos á abstención, sobre todo nun segmento da poboación que por idade é afín ao PP, para ver se isto lle afecta á maioría". PSdeG fala de cambio sen razoalo e BNG simbolízao nunha nova Galiza Martínez, que tamén salienta a "loita entre PSdeG e BNG" como foco fundamental, ve "erros" na campaña socialista "na imaxe do candidato, no slogan e na falla de discurso en chave galega até o final". "O PSdeG fala de cambio sen razoar e o BNG simbolízao nunha nova Galiza", exemplifica, para valorar que os socialistas se enganan "cun slogan tan directo cando non está no ambiente ese cambio na sociedade". No PP ve unha "ocultación descarada" das siglas e un reforzo do que "vende": a "marca Feixoo".
NOS_13790
Boligrafos, cadernos ou lapiceiros pódense converter en material de luxo. O comezo de curso será aínda máis duro para familias cos seus membros en paro e os salarios mermados. O goberno decidiu subir o IVE do 4 ao 21 % e o PP terá que responder á oposición que xa demanda actuacións contra.
A subida até o 21 % do material escolar está a provocar o malestar dos distintos sectores da comunidade educativa, en especial pais e nais que se atoparán cun comezo de curso aínda máis difícil nun momento de afogo económico para moitas familias. Despois de dar carpetazo á gratuidade dos libros de texto, esta nova medida pola que se elimina a redución do IVE dos produtos escolares como libretas, folios ou bolígrafos afondará nun setembro crítico en moitas casas con nenos e nenas en idade escolar. As persoas máis afectadas pola medida serán, sen dúbida, pais e nais que terán que afrontar un inicio de curso áinda máis complexo. Fernando Lacaci, presidente da Federación de Anpas de Compostela, sinala que o goberno do PP "está a demostrar que a educación non lle importa porque grava cos mesmos impostos un caderno escolar que unha xoia. Hai gobernos que apostan polo futuro e outros pola miseria e este xa está a mostrar cal é a súa liña". Para Lacaci, as familias "xa terán que asumir a subida do 3% no gasto ordinario co cal este incremento vai ser moi duro. O peor, de todas maneiras, é o que isto indica. Hai productos innecesarios dos que se podería prescindir pero isto atenta contra o futuro social". Que Feijóo explique A través da deputada Carme Adán, o BNG xa presentou no Parlamento Galego unha interpelación na que insta ao goberno de Feijoo a valorar o impacto social e económico da subida do IVE nos materiais escolares e demanda actuacións para frear as consecuencias no inicio do curso. "Para moitas famlias é un dos momentos máis duros e este será o peor dos últimos anos. Moitos nenos e nenas van ter dificultades para ir á escola co material escolar preciso porque o goberno do PP lle está roubando o seu futuro" comenta a deputada nacionalista. Reclama do goberno de Feijoo "en primeiro lugar qu enon aplique a medida, que é o que o BNG demandamos neste momento" pero " se non ten a valentía de o facer que desenvolva actuacións encamiñadas a que nenos e nenas que vivan en casas con dificultades económicas podan acceder ao material escolar preciso para o novo curso. A suba do IVE para este tipo de productos é inaudita". Para Anxo Louzao, secretario nacional da CIG- Ensino, o incremento do IVE para os productos escolares "afonda na dirección da polícita educativa do PP dun ensino cada vez máis restrictivo, nunha medida que se vai notar fundamentalmente en familias de nivel adquisitivo menor". Ao seu ver, "estase a golpear ás clases populares que van ter dificultades para afrontar o principio de curso cun desembolso que moitas non van poder soportar". Despois do carpetazo aos libros gratis "Nunha época de crise é inmoral que un goberno retirara a reutilización dos libros de texto. Compróbase que se trata mesmo dun despilfarro social nun tempo no que compre tomar medidas intelixentes que aforren sen mermar dereitos sociais adquiridos" comenta Carme Adán ao respecto da gratuidade dos libros de texto. Tamén para Anxo Louzao "é impresentábel que quen suba o IVE do material escolar é a mesma administración que destruiu libros de texto por estaren en galego e liquidou a política de gratuidade que permitía a súa reutilización". Fernando Lacaci, destaca as iniciativas sociais como bancos de libros que están a nacer despois da desaparición da gratuidade por parte do goberno, decisión que lamenta en canto "ademais de favorecer ás familias, promovía a colaboración, a reciclaxe e ensinaba a compartir co cal a nivel educativo era de grande relevancia".
PRAZA_13574
A polémica arredor do copago farmacéutico pon a andar a precampaña. Pachi Vázquez pregúntase "se non haberá de onde sacar 33 millóns de euros sen quitárlleos aos pensionistas", mentres Alfonso Rueda presume de que estes non terán que adiantar os custos das súas menciñas no país.
Pensionistas e medicinas. Coa mestura destes dous delicados temas, PSdeG e PP avanzaron un chanzo máis nunha precampaña que colle forma. Mentres Pachi Vázquez, líder do PSdeG, insistiu en que eliminará o copago farmacéutico se logra alcanzar a Xunta nas vindeiras eleccións, o conselleiro de Presidencia e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, presumiu de que os pensionistas do país non vaian ter que adiantar o custo das súas menciñas, máis aló dos 8 euros esixidos como tope para as rendas menores de 18.000 euros. "Isto é o que vai pasar aquí, ao contrario do que se fará noutras autonomías", asegurou tras o comité de dirección dos populares. Tan só un día antes de que entre en vigor o novo e polémico modelo de copago, Alfonso Rueda argumentou que "o índice de déficit de Galicia, o máis baixo de todas as comunidades" é o que "permite" á autonomía "aplicar este tipo de medidas que suavizan as que se implantan a nivel estatal". Case á mesma hora, Pachi Vázquez insistía en que, no caso de gobernar, eliminará o copago farmacéutico, que considera "absolutamente inxusto". Nun encontro con pensionistas en Ourense, o secretario xeral do PSdeG preguntouse se "non haberá de onde sacar 33 millóns de euros (a cantidade de aforro que supón) sen sacárllelos aos pensionistas que teñen as pensións máis baixas de España". "Esa cifra non representa nin o 0,9% do total do orzamento de Galicia, de 9.000 millóns de euros", aclarou. Pachi Vázquez lembrou que as pensións dos galegos son as máis baixas do Estado O líder dos socialistas galegos lembrou que as pensións dos galegos son as máis baixas do Estado e as dos ourensáns as menores de Galicia. "Aquí a maior parte cobra 609 euros ao mes, e non van ter que pagar só o 10% das menciñas, senón 426 medicamentos", dixo Vázquez, en referencia á retirada do financiamento dunha morea de produtos farmacéuticos. "Se nós gobernamos este país, os pensionistas galegos non pagarán os medicamentos, porque a cantidade non representa nin o 0,9% dos orzamentos de Galicia e porque creo que é absolutamente inxusto facer pagar esta crise ao elo máis débil da cadea social", aclarou. "Se hai un presidente socialista tras as vindeiras eleccións autonómicas, os galegos, como os vascos, non pagarán nin un só medicamento", reiterou. "Pídolle a Feijóo que non traizoe máis a este país e que non lle minta aos galegos; asuma o seu fracaso político" Así, o líder do PSdeG esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "que non traizoe máis a este país, que non lle minta máis aos galegos e asuma o seu fracaso político". "É inxusto estar a pedir 7.000 millóns a Novagalicia Banco e non ter 33 millóns para que os maiores non paguen os medicamentos". Como solución, Pachi Vázquez propuxo a creación dun imposto á banca, que "suporía 60 millóns de euros", así como outros tributos ás rendas máis altas, grandes superficies comerciais ou aos maiores patrimonios galegos.
NOS_14491
Esta segunda feira houbo outra mobilización en Barro, onde aconteceu o suceso.
O movemento feminista convocou para esta terza feira senllas concentracións en sinal de repulsa ao que, segundo os primeiros testemuños do caso, apunta a un posíbel delito de violencia machista na morte de Jéssica Méndez. As mobilizacións decorrerán ás 20 horas en Ames (praza da Maía), Compostela (praza 8 de marzo), A Coruña (Obelisco), Pontevedra (praza da peregrina) e Vigo (museo Marco), e ás 20.30 horas en Vilagarcía (praza da Galiza) e Barro (no lugar do sinistro), alén doutros municipios que se foron sumando á convocatoria. Mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres. Aliás, Varios centenares de persoas concentráronse esta segunda feira a partir das 20 horas ante o Consistorio de Barro en sinal de repulsa contra o que consideran un "feminicidio". Durante a concentración, leu unha manifesto María González, amiga e compañeira de traballo da vítima, quen reivindicou "xustiza" para Jéssica, unha muller cun carácter "alegre e cariñoso" que tiña "toda a vida por diante" até que lle foi arrebatada "por un feminicida que estaba obsesionado con ela". A lectora do manifesto lembrou que o acoso sufrido pola vítima alcanzou niveis tan elevados que tivo que pór cámaras de vixilancia e mesmo optar por cambiar de casa. "Probabelmente el se crese coa potestade de arrincarlle a vida como outros feminicidas", dixo, antes de facer un chamamento: "Non nos amedrentemos cando vexamos unha situación de acoso, sexa dun descoñecido, coñecido ou veciño. Os feminicidas tamén viven perto", remarcou. O único investigado, en prisión provisional O Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis, en funcións de garda, decretou esta segunda feira o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido por matar unha muller en Barro chocando o seu coche co seu propio vehículo a pasada quinta feira. A muller, de 29 anos, faleceu un día despois. As primeiras pescudas sobre o accidente mortal dunha moza en Barro apuntan a un crime machista Fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) afirmaron que o detido é investigado por homicidio ou asasinato, unha tipificación de delito pendente de concretar ao longo da instrución. O home, que pasou a disposición xudicial esta segunda feira, foi recibido no xulgado por achegados da vítima que lle proferiron insultos. A pasada quinta feira tivo lugar o que nun primeiro momento semellaba un accidente causado por unha colisión frontolateral entre dous vehículos. A medida que avanzou a investigación, detectáronse circunstancias que fixeron que o caso pasase da Garda Civil á Policía Xudicial. As pescudas apuntan a que se tratou dunha colisión provocada polo arrestado nun posíbel caso de acoso -non mantiveran unha relación sentimental-. O Goberno local de Barro vén de mostrar nun comunicado a condena do municipio do presunto feminicidio que acabou coa vida da moza. O Executivo considera que de confirmarse as liñas de investigación, "trataríase dun caso claro de feminicidio". Sobre o detido, Susana Rosillo, do movemento feminista de Pontevedra, destacou ás portas do Xulgado de Caldas que a morte da moza de 29 anos tras o accidente en Barro foi "un feminicidio máis ocorrido na Galiza". "As circunstancias son as que non nos gustaría que fosen, pero podemos falar claramente dun feminicidio", asegurou aos medios, para engadir que "ao principio parecía outra cousa".
PRAZA_16514
CRÓNICA | Un roteiro percorreu os espazos de traballo das pescantinas, redeiras ou cigarreiras, destacando a súa bravura e afouteza e o seu traballo incansable, fóra e dentro das casas. Galería de imaxes no interior
Este 8 de marzo, por segundo ano consecutivo, A Coruña escolleu o Día da Muller como festivo local, unha iniciativa á que tamén se sumaron Coirós, Culleredo, Curtis e Paderne. Dentro das actividades organizadas para conmemorar esta data destacou un roteiro que buscaba rescatar a memoria das mulleres anónimas, invisibles, que ao longo da historia conformaron a cidade da Coruña. Se o ano pasado un roteiro semellante percorreu as vidas de boticarias, parteiras, traballadoras de servizo, lavandeiras ou cigarreiras, desta volta o obxectivo era afondar na memoria de todas aquelas mulleres que vivían do mar: mariscadoras, mariñeiras, salgadoras, estibadoras, redeiras, pescantinas ou comerciantes. Un roteiro con aroma a salitre e co recordo de mulleres bravas, mulleres mariñas. A Coruña naceu no mar e os seus habitantes viviron do mar durante séculos. E, como noutros lugares, as mulleres cargaban cunha parte fundamental do traballo fóra das casas (e, por suposto, dentro). "Estas son mans de traballar, non son mans de tomar o té no salón", dicía unha pescantina nunha das performances que acompañaron á ruta, na que se explicou o percorrido que as pescantinas tiñan que realizar todos os días, dende as seis e media da mañá e ata a noite. "Son as mulleres que mellor poderían representar a nosa cidade, xente mariñeira, coñecidas pola sua bravura e mal falar", díxose no roteiro. "E logo din que falamos mal, pero a lingua é a mesma para homes e para mulleres. E temos que ser duras cando estamos aí fóra. Non somos ovellas, somos lobas, lobas de mar", dicía igualmente a pescantina da performance. Nun comezo as mulleres mariñeiras da Coruña facían de todo: eran redeiras, mariscadoras, descargaban os barcos, limpaban, salgaban, transportaban e vendían o peixe. E mesmo saían ao mar Nun comezo as mulleres mariñeiras da Coruña facían de todo: eran redeiras, mariscadoras, descargaban os barcos, limpaban, salgaban, transportaban e vendían o peixe. E mesmo saían ao océano. Porén, esta explotación tradicional do mar, na que os traballos, os elementos do barco (remos, redes) e o peixe eran compartidos, cambia coa chegada dos empresarios cataláns e a industrialización do proceso. Nese momento imponse unha maior especialización, entre redeiras, pescantinas e mariscadoras. Falouse tamén das mariscadoras, traballo duro que acababa por magoar os ósos das mulleres que deste oficio vivían. Tamén das comerciantes de produtos de ultramar. E, por suposto, das redeiras, "que pasaban o día tecendo, tecían o mar coa terra e a casa co traballo, tecendo todo o día". Tamén entre o traballo coas redes había xéneros e unha división sexual do traballo: as mulleres reparaban as redes de baixura, coma as empregadas no xeito, uns elementos máis lixeiros e de menor tamaño, que podían ser amañados na casa. Os homes encargábanse das redes máis grandes, utilizadas na pesca de altura (cerco, palangre, arrastre...), que se reparaban no propio barco e no peirao. As redeiras "pasaban o día tecendo, tecían o mar coa terra e a casa co traballo" O roteiro rematou na Fábrica de Tabacos, que chegou a acoller a máis de 4.000 cigarreiras (nun momento no que A Coruña tiña 25.000 habitantes), procedentes de todas as localidades da contorna. Mulleres que tamén se organizaron, chegando a convocar importantes folgas, coma as convocadas en 1857. Mulleres "responsables de facer unha A Coruña mais digna e máis solidaria" que chegaban todos os días coas súas saias longas dende distintos puntos da comarca.
PRAZA_14657
Denuncia que os traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense atoparon está mañá a imaxe do novo hospital, ainda sen dotación orzamentaria, nas pantallas dos seus ordenadores. Tamén acusan a Eloína Núñez de crear un posto de traballo inédito nos restantes centros para darllo ao seu marido
O PSdeG-PSOE acusa a Eloína Núñez, curmá de Núñez Feijoo e xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU) de empregar os medios públicos para facer publicidade electoral. A candidata do PSdeG en Ourense, Carmen Acuña, denuncia que os traballadores do CHOU se atoparon está mañá coa imaxe virtual do novo hospital, ainda sen dotación orzamentaria autonómica, nas pantallas dos seus ordenadores. Segundo Acuña, ninguén sabe de onde saíu esa imaxe, que forma parte das promesas de campaña de Feijóo. A imaxe vai ilustrada cun texto que indica que se trata da "licitación das obras do edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense". O proxecto do novo hospital está marcado pola controversia. É o investimento estrela do PP na provincia de Ourense pero acumula anos de atrasos e dúbidas sobre o seu financiamento. A semana pasada, en plena campaña electoral, o DOG publicou o anuncio de licitación das obras de ampliación. En abril soubemos que o proxecto de hospital tecnolóxico para Ourense 2050, financiado con cargo a fondos comunitarios, non estaba aprobado pola Comisión Europea. Ademais o pasado mes de maio Feijoo foi apupado por manifestantes e protexido pola policía na terceira vez que presentaba o Hospital 2050. O cargo de Xefe do Servizo de Urxencias, segundo o PSdeG, non existe en ningún outro centro hospitalario galego e "foi creado 'ad-hoc' e en tempo de desconto por Eloína Núñez para premiar a súa parella" Por outra banda, os socialistas acusan tamén a Eloína Núñez de crear un posto de traballo inédito nos restantes centros para darllo ao seu marido. O cargo de Xefe do Servizo de Urxencias, segundo o PSdeG, non existe en ningún outro centro hospitalario galego e "foi creado 'ad-hoc' e en tempo de desconto por Eloína Núñez para premiar a súa parella" e "garantirlle ao seu marido este posto de traballo no futuro, un cargo que leva incorporado o conseguinte aumento salarial". Segundo os socialistas o nomeamento vai en liña "co feito nesta mesma lexislatura pola actual conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen tamén designou ao seu cónxuxe xefe de Servizo de Cirurxía do CHUS".
NOS_96
De xaneiro a maio botaron o feche 121 explotacións no noso país, unha cada tres días. O prezo do litro de leite galego continúa a ser o máis baixo do Estado, o único por baixo dos trinta centimos, e dos máis reducidos de toda a UE.
O esmorecemento do sector lácteo galego continúa a súa marcha. Nos cinco primeiros meses do ano botaron o feche 121 explotación gandeiras. Unha cada tres días. A nivel estatal no mesmo período totalizaronse 244 feches. Galiza representa a metade desas producións desaparecidas. Así se recolle no último informe mensual elaborado polo Fondo español de garantía agraria, dependente do ministerio de Agricultura. Unha explotación galega fecha cada tres días. 2017 pode rematar con 300 menos. De se manter esta tendencia, o 2017 podería concluír con arredor de 300 explotacións gandeiras menos no agro galego. En xaneiro deste ano contabilizábanse activas 8.476. O continuado recuar do sector visa unha relación causa-efecto cos baixos prezos do litro de leite. En maio, a media galega foi de 0,29€, novamente por baixo do limiar dos trinta céntimos. En troca, a media estatal situouse en 0,31€ por litro. O noso país é o único territorio do Estado no que o leite se paga por baixo dos trinta céntimos por litro. E todo, nun contexto de aumento continuado do prezo dos produtos lácteos a nivel mundial, que atinxiu un incremento do 25% no último ano. Para alén das medias estatísticas, os prezos son inda máis baixos na práctica para as explotacións galegas. Desta maneira, segundo datos do Observatorio de prezos da Xunta referidos ao mes de maio, as explotación de menor capacidade produtiva, por baixo dos 300 mil quilogramos de entregas --que son a maioría do sector en Galiza--, obtiveron prezos por litro de entre 26,36 céntimos e 28,88 céntimos de euro. No último ano o prezo do litro de leite aumentou en Galiza un 9,5% mentres na media da UE subiu un 29%. A situación de desvantaxe do leite galego é evidente de contrastarmos eses prezos co prezo medio europeo, que foi de 32,36 céntimos de litro, case tres céntimos superior. Unha diferenza que totaliza 7 millóns de euros menos de ingresos para as explotacións galegas en comparación coas do resto da UE. Ao tempo, mentres en Galiza continúa a caer o prezo, a transnancional Lactalis vén de anunciar importantes incrementos dos prezos para os produtores franceses, que podería elevar o prezo do litro até os 0,36€ o vindeiro mes de setembro. O peso das explotacións galegas no sector lácteo a nivel estatal --representan o 55,38% das explotacións e o 37,4% da produción-- déixase notar tamén na evolución dos prezos españois en comparanza cos do resto de Europa. Desta maneira, entre maio de 2016 e maio de 2017, a evolución do prezo do leite no Estado recolleu un aumento do 8% mentres que na UE a suba atinxiu o 29%, segundo o Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea. En Francia o prezo por litro subiu, nese mesmo período, un 13%, en Alemaña un 41% e nos Países Baixos un 46%. En Galiza un 9,5% desde os 0,27€. Inacción da Xunta As explotacións galegas perciben o prezo máis baixo do Estado e un dos máis baixos do conxunto da UE. Unha situación que para a Federación Rural Galega (FRUGA) só se explica polo papel que xoga a produción láctea galega para "facer cadrar os balances das industrias". "Galiza segue a ser subministradora de leite barato para a industria española e europea", denuncian. FRUGA responsabiliza o Goberno galego desta situación, ao se constatar os abusos das empresas lácteas sobre as explotacións e as cada vez maiores limitacións do marco negociador fixado pola Xunta. É por iso que reclaman da administración galega que interveña de maneira decidida, para o que urxen a constitución dunha Mesa do leite que poña fin ás "discriminacións" que padecen as explotacións do noso país.
PRAZA_5153
Este venres inaugúrase na Cidade da Cultura, coa presenza do príncipe Felipe, a mostra Auga Doce. Contraminate lembra os prexuízos que os proxectos mineiros teñen para os recursos hídricos e protesta contra un "evento hipócrita e unha provocación para os colectivos que loitan pola salvagarda dos bens naturais, e moi particularmente da auga".
Este venres inaugúrase na Cidade da Cultura a mostra Auga Doce, unha exposición que reúne unha 700 obras de 140 artistas ao redor deste elemento, entre eles os contemporáneos David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino ou Chema Madoz e clásicos como Piranesi, John Constable, Henry Lewis ou Audubon. A mostra, patrocinada por Gas Natural Fenosa, Fundación Aquae e Banco Sabadell, será inaugurada polo príncipe Felipe na mañá deste venres. A exposición ten un custe de máis de medio millón de euros. Porén, non todo será doce. Contraminate, o colectivo de Laxe oposto aos proxectos de minaría aberta que nos últimos tempos veñen querendo estenderse por Galicia, protesta contra o que consideran un "evento hipócrita" e "unha provocación para os colectivos que loitan pola salvagarda dos bens naturais, e moi particularmente da auga". Contraminate lembra a política permisiva e de apoio do Goberno galego a estes proxectos mineiros e a outros igualmente nocivos par ao medio ambiente e subliña o prexuízo que xeran nos recursos hídricos que esta exposición busca homenaxear. "Observamos con desconcerto e profunda indignación como a Xunta pón en marcha con enorme despliegue de medios económicos, comunicativos e institucionais a mostra Auga Doce, unha mostra que se quere solidaria e reivindicativa e tan falsamente cosmopolita e internacional que nin sequera mira para os conflitos que ten no seu territorio", din. Salientan especialmente "o problema da minaría a ceo aberto", e máis específicamente "o conflito de Corcoesto, no que como sabedes a mineira (Edgewater ou a que estea por vir no seu posto, ou ao lado dela) pretende aproveitar os recursos hídricos da zona facendo desaparecer o regato Lourido, contaminar o Anllóns e, augas abaixo, a ría de Corme e Laxe". Nun manifesto, Contraminate critica "o comercio da auga" e a "farsa no Gaiás" que ao seu ver supón esta exposición. "Edgewater, auga límite, é o nome da empresa que fura os montes de Corcoesto. Auga fronteira escribe e dirixe o guión, co obxecto de extraernos as entrañas e a auga. Para abrir esa mina a ceo aberto proponse secar un río e contaminar o Anllóns, as fontes de Corcoesto, Cereo, Valeza e Coristanco, degradando a ría de Corme e Laxe. Esta cobiza non coñece límites. E este é o primeiro capítulo da serie", denuncian. Tamén sinalan que "regatos pequenos como o Lourido seguen ameazados de morte". E pregúntanse "que fai a Xunta entrementres?". "Unha homenaxe a auga doce" -din- "Ignorando o seu problema, o dos seus ríos. Quere facernos crer que auga pasada non move muíños". Manifesto de Contraminate contra 'O comercio da auga' (.pdf)
NOS_37710
O feche de escolas e aulas, o despedimento de docentes ou a perda de poder adquisitivo do profesorado galego son algún dos problemas sinalados polo principal sindicato do sector, CIG-Ensino
O inicio do curso escolar 2018/19 presenta varios puntos quentes, segundo a análise da CIG-Ensino, o sindicato maioritario no sector. O feche de escolas e aulas, o despedimento de docentes ou a perda de poder adquisitivo do profesorado galego son algún dos problemas sinalados por esta central. "Máis dun 11% do persoal interino que tivo nomeamento durante todo o curso pasado perderá o seu posto de traballo ou verá empeoradas as súas condicións laborais despois de que a Consellaría convocara oposicións sen facer un estudo serio sobre a previsión de xubilacións e a situación deste colectivo en cada especialidade", critican desde a CIG. En concreto, segundo un informe elaborado por este sindicato tras a adxudicación de destinos para este curso serían un total de 172 en Primaria e 256 en Secundaria as prazas afectadas "por esta falta de planificación". CIG-Ensino tamén critica o acordó salarial "apoiado só por dous sindicatos" e que hipoteca até 2021 calquera outra mellora salarial que se puidera conseguir para o profesorado galego e non evita seguir perdendo poder adquisitivo". De feito, puntualizou o secretario nacional de CIGEnsino, Suso Bermello, "as subas salariais pactadas (un 1,5% de momento da masa salarial polo acordo estatal) e a irrisoria contía de 15 euros brutos a partir da paga de outubro son inferiores á suba do IPC que se disparou ao 2,3% interanual nestes momentos". O goberno Feixoo foi o primeiro de todo o Estado en incrementar o horario do persoal docente nada máis chegar ao poder en 2009. "Pasamos de 21 a 25 horas en infantil e primaria e de 18 a 20 en secundaria". Aliás, houbo unha ampliación de ratios, "que nalgúns casos están por riba dos máximos legais". A redución de horario lectivo e de ratios suporía unha mellora relevante na calidade do ensino ao ter menos grupos que atender, permitir os desdobres e os reforzos e reducir a impartición de afíns, explica o sindicato. "Mais a tendencia da Consellaría é a ir empeorando as condicións de traballo". Bermello fixo balance tamén doutros aspectos da política educativa de Feijóo que deixa un inicio de curso con 74 aulas de infantil e de primaria pechadas en toda Galiza, sobre todo no rural, cunha insuficiente atención á diversidade
NOS_41649
O BNG denuncia o fechamento de sucursais na Galiza e defende a regulación do sistema bancario para impedir a destrución de emprego e a redución de oficinas e de servizos para as persoas usuarias como resultado da reestruturación e concentración.
O deputado do BNG Néstor Rego defenderá no Congreso estabelecer unha regulación "que impida as graves consecuencias da reestruturación e concentración bancaria". O nacionalista reclamou esta quinta feira, 2 de setembro, que se exixa ás entidades que manteñan os servizos de atención de maneira presencial, que se evite o fechamento de sucursais bancarias na Galiza e que se regule o sector "para pór fin á escalada de abusos bancarios". Recordou ademais "a urxencia en derrogar a reforma laboral que está a facilitar os despedimentos e ERE no sector". "O rescate bancario de 2008 favoreceu o comezo do proceso de reestruturación e a concentración do sistema bancario, mais non serviu para reforzar a transparencia, a intervención e o control público que evitaría futuras burbullas financeiras", sinalou Rego. Este proceso de privatización e concentración, explicou, está a supor a destrución e precarización do emprego, así como o empeoramento nas condicións de servizo, tanto para particulares como para as pemes. "Os procesos de fusión que se produciron no Estado reducen a rede bancaria e causan o fechamento de sucursais destruíndo servizos e emprego na Galiza, o que está a afectar de maneira moi negativa o rural", argumentou. Coa pandemia e o estado de alarma, as entidades bancarias incrementaron as súas comisións e obrigaron a cidadanía a empregar os servizos a través da banca virtual, criticou Rego, polo que reclama ao Goberno estatal que estabeleza unha nova regulación do sector bancario que obrigue ás entidades a pór fin aos abusos bancarios polo retallo de servizos, ao pacto de horarios, ao incremento das comisións e aos fechamentos de oficinas e redución de persoal. No relativo ás persoas traballadoras da banca, tamén lembra o compromiso do Executivo para derrogar a Reforma Laboral "que permite que grandes empresas con beneficios multimillonarios poidan despedir milleiros de traballadoras e traballadores sen reparos". Ademais, Néstor Rego propón, recollendo as reclamacións de organizacións sindicais como a CIG, que se permita a xubilación anticipada sen penalización nos procesos que impliquen a redución de persoal, posto que a maioría do sector acumula máis de trinta anos cotizados polas bases máis altas e contribuíndo ao sistema de pensións. No caso de ser preciso, estabelecer acordos de prexubilación para que as traballadoras poidan seguir cotizando na Seguranza Social até poder chegar á xubilación anticipada de maneira que as entidades asuman os custos da reordenación do sector. "O sistema financeiro é un pilar fundamental para o desenvolvemento social e económico. Debe ser equilibrado, solvente e garantir a prestación de servizos a todos os sectores da sociedade, especialmente aos colectivos máis vulnerábeis e con máis dificultades" reivindicou Rego. O actual modelo que se pretende implantar, para o deputado nacionalista, é "especialmente lesivo para o conxunto da sociedade" porque crea exclusión financeira, suprime servizos ou encaréceos e destrúe emprego. Futuro de Ence Noutra orde, o deputado do BNG Luís Bará criticou que a Xunta non poña propostas "enriba da mesa" ante a sentenza que obriga á saída de Ence da ría de Pontevedra e só faga de "portavoz" da empresa. Por iso, dixo, o BNG defenderá no Parlamento galego este 14 de setembro unha moción para que a Xunta lidere a mesa polo futuro de Ence. Tamén instan os Gobernos galego e estatal a coordinaren os proxectos para a recuperación dos terreos que ocupa o complexo da pasteira en Lourizán e para a recuperación ambiental e produtiva da ría, atendendo ao desmantelamento da fábrica, á descontaminación dos terreos e á recuperación ambiental e produtiva da ría.
NOS_55724
Afirman que "a percepción que ten a sociedade, é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara a dereita. Se non é mais que unha percepción deberíase intentar corrixir cousa que non se fai"
Ecogaleguistas, unhas das tres patas que conforman Compromiso por Galicia, vén de colgar na súa páxina web un documento no cal analizan e dan a súa opinión sobre o debate aberto no seo de CxG ante a posibilidade de constituir unha frente unitaria con Anova e outras forzas, nomeadamente IU, de cara aos comicios do 21-O. En dito comunicado, cren que "aínda hai tempo para que Anova e CxG marquen o carácter nacional dun acordo amplo e necesario", se ben no propio texto tamén cita e aprofunda nunha serie de aspectos do debate no seo de CxG sobre esta alianza que non considera axeitados. Así, interpretan que o nacemento de CxG supoña poñer no cenario político e social unha forza diferente, tanto no actuar como nas ideas, enclave de "Cooperativa Política" e con vocación de integrar. "Este liderazgo que se reclamaba para CxG o ocuparon outros, mesmo algunha forza con dificultades ata o de agora por situarse no panorama político galego", afirman no documento. "Este liderazgo que se reclamaba para CxG o ocuparon outros, mesmo algunha forza con dificultades ata o de agora por situarse no panorama político galego" Clamor Para os Ecogaleguistas, "as demandas da cidadanía pola unidade son un clamor. O noso prinicpal compromiso debe ser coa cidadanía e a situación na que esta a vivir". Por iso, apuntan, no último Consello Político de CxGdeste sábado "defendimos a unidade entre Anova e CxG como soporte nacional dunha alianza ampla progresista, democrática e galega". Unha proposta, que entendían que se sustentaba nos principios fundacionais de Compromiso ("proxecto para a maioría social, galeguismo aberto e progresismo inclusivo"). Por iso, califican de "grave erro" que os outros dous grupos que conforman CxG "non entenderan a proposta". Formulacións sectarias No documento, os ecogaleguistas afirman textualente que "lamentamos que o debate en CxG escoitaranse formulacións sectarias e excluíntes que xa entendiamos superadas ( españolismo, deslealdade, ... ), nunha decisión de tanta importancia e onde por primeira vez non había o consenso necesario previo". E engaden que "por outra banda, xa non a deriva, senón a percepción que ten a sociedade, é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara a dereita. Se non é mais que unha percepción deberíase intentar corrixir cousa que non se fai". O documento finaliza afirando: "Espazo Ecosocialista, desde a autoridade moral que lle ofrece sempre defender o mesmo e non aspirar a postos electorais, vai seguir a explorar todas posibilidades de unidade o máis ampla que se poida conquerir". Podes ler o docuento íntegro, aquí
PRAZA_12125
"A dispersión dos presos de ETA fíxose por vinganza contra os seus familiares", di o deputado de Amaiur no Congreso dos Deputados. Arremete contra o "uso político" do "conflito vasco" por parte do PSOE, PP "e os medios de comunicación afíns".
Jon Iñarritu, deputado de Amaiur no Congreso e militante de Aralar, cre que a forza que saia da unión da "esquerda soberanista vasca" será a máis votada nas eleccións autonómicas. O avogado debulla, entre anécdotas, a "normalidade" do traballo de Amaiur na Cámara baixa. Estudou Dereito en euskera, "e aínda hai a quen lle fai gracia". Iñarritu atendeu a Praza antes de participar na conferencia Ser lingua non é fácil. Despois de ser protagonistas da pasada campaña electoral desde moitos frentes, como estades no Congreso? Si, tras ese impacto inicial, que foi máis que nada nos medios de comunicación, agora estamos nun momento de normalidade. Tamén é certo que os medios seguen dándonos moitos titulares, somos aínda foco de atención. Pero a sorpresa coa que se topan non é que esteamos en Madrid, senón que esteamos traballando con normalidade. Sorpréndense de que non chegásemos a Madrid armando leas, senón para traballar con normalidade. Sorpréndense de que non chegásemos a Madrid armando leas, senón para traballar No Congreso acaban de facer unha criba para deixar fóra da comisión de Segredos a según que partidos. É tan importante esa comisión? E, en calquera caso, como interpreta esa decisión? Ao que apartaron é ao representante de Esquerra, Alfred Bosch. É unha decisión absolutista do PP que non ten sentido en democracia xa que, segundo o regulamento, cada grupo ten dereito a enviar un representante. O Grupo Mixto por maioría absoluta decidiu que fora o representante de Esquerra. Ten menos sentido se temos en conta que Esquerra xa estivo nesa comisión fai dúas lexislaturas. É unha decisión absolutista do Partido Popular que, como digo, non ten sentido. Apartar a Esquerra da comisión de Segredos unha decisión absolutista do PP que non ten sentido en democracia E Esquerra non rompeu nada... Nada. E vaia, segundo o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, que si estivo na última lexislatura, de secretos nada. Saen máis cousas na prensa que nesa comisión. É boa a relación entre os demais partidos do Grupo Mixto? Si, absolutamente. Hai un trato cordial. Houbo dificultades nun principio á hora de xestionar o reparto de comisións, espazos... pero chegamos a un acordo rapidamente. En Amaiur houbo intención de ser xenerosos no reparto sendo conscientes de que deixarnos sen grupo nos afectaba a nós e ao resto dos compoñentes do Grupo Mixto. Creo que aí o fixemos ben e con xenerosidade. En calquera caso o Grupo Mixto é un maremagnum de formacións que limita o traballo, a acción parlamentaria. Como se pode facer con normalidade se hai tal limitación de tempos? Exacto, somos oito formacións. Para que non houbera problemas en cada pleno o que fixemos foi unha táboa de reparto de tempos para as intervencións, propostas e mocións. Para o traballo parlamentario, en definitiva, para tentar actuar con normalidade dentro das posibilidades. Hai vontade política e social no País Vasco para que haxa unha coalición soberanista e de esquerdas de cara aos seguintes comicios Volvendo á campaña electoral, señor Iñarritu. Vostedes recoñeceron que parte do éxito electoral da súa formación foi a confluencia de forzas nunha única plataforma. Que camiño cómpre tomar agora? Cara Madrid era bastante sinxelo poñernos de acordo nun programa común. Cara Madrid. En poucos meses, probablemente antes de finalizar o ano, haberá eleccións na comunidade autónoma vasca. E prevése, e así o trasladaron a Executiva de Aralar e da esquerda abertzale tradicional á súa militancia, que se forme unha coalición. Sería o máis lóxico. Unha coalición que se chame Amaiur ou doutro xeito. O programa esta vez, tendo en conta o tamaño de competencias que se xestionan na comunidade, vai ser moito máis complexo. Pero como hai unha vontade tan forte por todas as partes de que se faga esa coalición, que é o que demanda a sociedade vasca soberanista e de esquerdas, non haberá maiores dificultades. Serán puntos técnicos os que haxa que resolver. E xa digo, é importantísima a vontade que xa existe tanto entre os partidos como na sociedade vasca. Haberá acordo. A fin de ETA Permítame que lle apunte unha sensación persoal, a de que a realidade vasca é moi descoñecida fóra da súa comunidade ou Navarra. Por iso lle pido unha resposta se cadra máis didáctica. A decisión de ETA de decir adeus, de finiquitar a súa actividade, que impacto tivo nos seus resultados e nos resultados globais dos pasados comicios? Axudou sen dúbida á unión entre as forzas. En xaneiro de 2011 ETA declarou unha tregua definitiva. Había xa un ambiente propicio para a unión. En maio houbo unhas eleccións municipais ás cales se puido presentar Bildu no último momento, despois do visto e prace do Tribunal Constitucional. E en setembro se comezou a falar dunha coalición para as seguintes eleccións, que foron as de novembro. Tras a declaración de cese unilateral, definitivo, para sempre... da violencia de ETA, axudou sen dúbida a crear un mellor clima entre as formacións que compoñen Amaiur. E non só no ámbito político, senón tamén no conxunto da sociedade vasca. A día de hoxe non é a mesma a visión que ten o PP do País Vasco que a que ten o de Madrid. Nós tivemos encontros con eles e son conscientes de que hai unha nova realidade e que hai que abordala desde outros parámetros. A día de hoxe non é a mesma a visión que ten o PP do País Vasco que a que ten o de Madrid. Aquí son conscientes de que hai unha nova realidade E que din? Que van traballar para convencer aos seus compañeiros de Madrid. Se cadra hai que convencer tamén a Rosa Díez. Ou non. Ignórase? Non cremos que haxa que convencela. Rosa Díez, desde a miña opinión persoal, é moi consciente da situación. Pero intenta utilizar mediaticamente esta visceralidade para obter votos nas próximas eleccións en Andalucía e, máis a medio prazo, noutras comunidades. Hoxe [polo venres] é noticia nun medio nada sospeitoso como é o ABC que formacións que están en Amaiur chegaron a acordos co representante de UPyD no Parlamento vasco. Isto é, UPyD e Amaiur chegan a acordos nas institucións. Foi noticia. E eu, que participo en Eurobask, o fago de forma activa coa miña compañeira de UPyD sen problema. A nivel persoal creo que Rosa Díez e UPyD en Madrid están facendo unha posta en escea con motivos electorais. E nisto coincidiron no PP, PSOE e resto de forzas que presentaron unha moción alternativa á que ella presentou con motivo da proposición para legalizar Bildu e Amaiur. Ten que haber unha solución para os presos e exiliados de ETA e non de ETA Á marxe deste tipo de iniciativas, que pasos hai que dar agora. Estamos a finais de febreiro, novo Goberno en Madrid... Que cómpre facer agora mesmo? Na conferencia Aiete, celebrada por personalidades de relevancia internacional, establecéronse unhas pautas que eran os pasos que se deberían dar para a paz e a normalidade no País Vasco. O primeiro era unha demanda a ETA para que abandonara unilateralmente a violencia, e así o fixo unha semana despois. O segundo era o de instar ás partes, tanto a ETA como aos Gobernos español e francés, a que se sentaran e falaran sobre as consecuencias do conflito. E estas son tres, non cuarenta mil. A primeira é o tema dos presos. Ten que haber unha solución para os presos e exiliados de ETA e non de ETA. Segundo, tratar o tema do desarme de ETA e abordar un proceso de desmilitarización e saída do excedente de forzas policiais da comunidade autónoma vasca e da comunidade foral navarra. En terceiro lugar está o tema das vítimas, do 100% das vítimas. Tanto as que ocasionou ETA como outras organizacións cercanas, como as do GAL, as vítimas da violencia policial... E cando me preguntan: Vostede considera que unha persoa que ía poñer unha bomba e morre tamén é unha vítima? Aí non entramos. O que si dicimos é que houbo mortos en comisarías, que pasaban pola rúa, outras que morreron torturadas e apareceron nun río... Todas esas vítimas, todas, deben ser recoñecidas ao 100%. As consecuencias do conflito deben abordarse entre as partes: ETA e os gobernos. Considera que o Executivo é receptivo á modificación da lei penitenciaria? Modificar a lexislación penitenciaria sería necesario porque é unha das máis severas de Europa. Pero sen modificala tamén se poden dar pasos. Cumprindo a lei actual pódense achegar presos, deixar en liberdade aos que xa cumpriron tres cuartas partes da condena e aos que teñan enfermidades graves. Sen modificar a lei, insisto. O tema das vítimas debe ser polo 100% das vítimas. Tanto as que ocasionou ETA como outras organizacións cercanas, ou as do GAL, as vítimas da violencia policial... Eu vexo dúas realidades paralelas. Se cadra a que se quere ver desde fóra, en todos os sentidos da palabra fóra, e dos propios vascos e xente que coñece a realidade vasca. O digo por exemplo coas mobilizacións polo achegamento de presos e, á vez, as protestas noutros puntos de España contra a negociación con ETA. Como se percibe isto desde o País Vasco? Se estou no correcto, claro... Segundo unha enquisa do CIS, o 75% da cidadanía vasca está dacordo co achegamento de presos vascos ás penitenciarías da comunidade. E non só porque sexan de ETA, senón como persoas. Esta reivindicación tan clara é porque sempre se viu que o estar nunha carcel fóra do País Vasco era unha vinganza cara os seus familiares, que tiñan que asumir o custo das viaxes para visitalos. Era un castigo engadido contrario á lexislación. O tema da violencia no País Vasco sempre foi utilizado, aínda que sexa unha vergonza, polas autoridades, indistintamente do PSOE e PP e medios próximos Dentro deste novo clima de normalidade ou, cando menos, dun cambio profundo da realidade, permanecen certos sectores fondamente críticos con calquera negociación, achegamento... Algúns son grupos mediáticos, asociacións... Isto pode causar problemas a medio prazo? Estou completamente dacordo coa túa apreciación. O tema da violencia no País Vasco sempre foi utilizado, aínda que sexa unha vergonza, polas autoridades, indistintamente do PSOE e PP e medios próximos. E o fixeron sempre para desviar a atención sobre outros focos informativos. Neste momento coa crise, recortes sociais, desemprego... Inténtase de novo centrar a atención na violencia de ETA nunha manobra incomprensible. O actual ministro do Interior está sendo contradicido polos seus homólogos no País Vasco. O ministro xa intoxicou en tres ocasións sobre a volta de ETA e o seu rearme. É ilóxico. Deixando un pouco de lado o tema de ETA, se lle parece, gustaríame saber con que expectativas concorrerán aos próximos comicios autonómicos... Cremos que Amaiur ou a coalición na que se integren todas as forzas soberanistas de esquerda ten moitas posibilidades de ser a forza máis votada na comunidade autónoma vasca. Isto supón un nerviosismo que se está vivindo no PNV. Se non estivésemos vivindo este momento sería o candidato con máis opcións. Cremos que Amaiur ou a coalición na que se integren todas as forzas soberanistas de esquerda ten moitas posibilidades de ser a forza máis votada E o resto de formacións? O PSOE está procurando modular a perda de votos e escanos que vai recibir. O PP, que ten un teito electoral desde fai anos, creo que non aspira máis que a manter o que xa ten. O idioma Está vostede en Galicia para falar do idioma. Que saúde ten o euskera? En xeral a saúde é mellor no País Vasco, pero se imos parte por parte nos tres ámbitos nos que se fala, é moi diversa. Onde vemos que se están obtendo mellores resultados é onde se blindou lexislativamente: a comunidadade autónoma vasca. Tanto na comunidade foral como no País Vasco norte vemos que non só ten unha situación vulnerable senón que está en perigo porque non tivo apoio lexislativo. Subimos en quince puntos en vinte anos o nivel de falantes na comunidade vasca, pero nos outros dous territorios caeu. A xente é receptiva no País Vasco á mensaxe da imposición, como sucede nalgúns ámbitos aquí en Galicia? Imposición do castelán? No País Vasco son os pais os que apoian que os seus fillos sexan educados nun modelo de inmersión lingüística Non, do galego. Sí? [pregunta sorprendido] Pois non. Hai algúns sectores da dereita que tentaron difundir esta mensaxe. Pero vendo que son os pais os que apoian que os seus fillos sexan educados nun modelo de inmersión lingüística esa mensaxe non entra. UPyD fixo intentos para que se suprimise este modelo, pero a súa presenza no País Vasco é practicamente marxinal. Eu trasládolle unha visión subxectiva, por suposto, pero en Galicia si que se asumiu moito esa mensaxe da imposición. Unha educación en tres linguas, a aposta polo inglés... Aí confúndense os medios e o obxectivo. O obxectivo que falen non só estes tres idiomas, pero hai que ter coidado cos medios que se usan para que cheguen a ese coñecemento. Está demostrado que educar só en castelán e aprender euskera como asignatura non asegura ao final dos estudos que ti teñas un coñecemento pleno do euskera. Pero ao revés si. Pero sorpréndeme moito que diga que aquí funciona esa mensaxe da oposición. Pensei que se falaba moito o galego.
PRAZA_6588
O Concello presentou un recurso de amparo contra a sentenza do TSXG que obriga os traballadores a devolver os cartos. A Deputación de Lugo aprobará este venres a devolución da extra do 2012 a todos os empregados do ente provincial
O Concello de Pontevedra presentou un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional (TC) contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do pasado mes de xullo que anula a paga de produtividade cobrada polos traballadores e traballadoras públicas locais en 2012 e que os obriga a devolver os cartos. En total o fallo afecta a 307 dos funcionarios e persoal laboral do Concello, que deberían reintegrarlles ás arcas municipais os 400.000 euros cobrados en conxunto. O fallo do TSXG afecta a 307 dos funcionarios e persoal laboral do Concello, que deberían reintegrarlles ás arcas municipais os 400.000 euros cobrados en conxunto En outubro de 2012 o Goberno municipal de BNG e PSOE, presidido por Miguel Anxo Fernández Lores, aprobou a achega dun plus de produtividade para os traballadores e traballadoras da administración local, como compensación pola supresión da paga extra de Nadal, xustificado coa realización de horas extraordinarias entre os días 15 e 30 de outubro. A sentenza do TSXG entendía que se producira unha "desviación de poder", por utilizar o complemento de produtividade para compensar a perda da paga extra. O Tribunal cualificaba a decisión de "artificiosa e sospeitosa" e afirmaba que "conculca o principio de igualdade dos cidadáns ante a lei". O fallo explicaba que se producira un "desproporcionado" aumento do número de traballadores que recibiron o complemento (15 en 2011, 474 en 2012). O goberno municipal centra os seus argumentos na denuncia de que foi vulnerado o dereito á liberdade de expresión do rexedor O goberno municipal, que busca con este recurso a suspensión da execución da sentenza, centra os seus argumentos na denuncia de que foi vulnerado o dereito á liberdade de expresión do rexedor, pois un dos fundamentos xurídicos da sentenza do TSXG refírese ás súas declaracións sobre este caso. Fernández Lores afirmara publicamente que o Concello pagaba a produtividade como compensación pola perda da paga extraordinaria e declaraba a "insubmisión consciente" do Goberno local antea decisión do Goberno central. O Concello de Pontevedra, no seu recurso ante o TC, alega que esas palabras "forman parte do debate político" e defende que o único que os tribunais deben valorar é que o pagamento deste complemento de produtividade "cumpre os requisitos esixidos legalmente". A Deputación de Lugo devolverá a extra de 2012 Pola súa banda, a Deputación de Lugo aprobará este venres en Xunta de Goberno a devolución da paga extra a todos os seus traballadores, que percibirán na nómina do mes de outubro "a máxima cantidade que a día de hoxe a Deputación pode abonar amparada por Lei". Isto é, a parte proporcional correspondente a 44 días, os que van do 1 de xuño ao 14 de xullo de 2012, data de entrada en vigor do Decreto que suprimiu este dereito laboral de todos os empregados públicos. Ademais, o presidente da Deputación convocará "de xeito inmediato" aos representantes sindicais para poder aboar o 75% restante no mes de xaneiro.
NOS_48487
Galiza inviste tan só 0,94% do seu PIB en I+D+i. Un valor inferior ao da media estatal, que se sitúa en 1,24%, e europea (2%). Aínda así, o PP votou no Parlamento da Galiza contra o desbloqueo da situación que sofren as investigadoras e investigadores posdoutorais. O colectivo Investigal critica que a Xunta non convoque as axudas posdoutorais.
O Goberno galego non convocará as axudas posdoutorais nas súas modalidade A e B e non desbloqueará a situación que sofren investigadoras e investigadores posdoutorais galegos. E isto a pesar de que a Galiza parte dunha achega ao seu Produto Interior Bruto (PIB) á investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) inferior ao da media estatal e europea. "A verdade, contabamos con isto. Todos os anos por estas datas temos unha iniciativa sobre o tema das posdoutorais, a pesar de que saben que o sistema da Galiza é obxectivamente mellor co resto de España". Son as palabras do deputado do PP Martín Fernández Prado na comisión parlamentar que decorreu a terza feira. Unhas verbas que molestaron no colectivo de investigadoras e investigadores Investigal. Diferenzas entre territorios "Gustaríanos coñecer os parámetros en base aos cales afirma que o programa galego é mellor co resto do Estado, máis tendo en conta que na Galiza se inviste o 0,94% do PIB en I+D+i, valor por debaixo da media estatal (1,24%) ou europea (2%) e moi afastado doutras comunidades como o Euskadi (1,96%), Madrid (1,71%), Nafarroa (1,68%), Catalunya (1,52%) ou Castela e León (1,3%)", expresa Investigal nun comunicado de prensa. A proposta defendida por BNG e PSdeG para resolver as axudas posdoutorais decaeu debido ao voto en contra do PP. A xustificación dos populares: "os contratos dos investigadores foron prorrogados seis meses polo goberno autonómico". "Acollemos con sorpresa a negativa do grupo parlamentario popular e os seus argumentos, tendo en conta o comunicado emitido o pasado 29 de abril polo propio goberno galego no que se expón que a prórroga de seis meses serve para paliar os efectos que o estado de alarma tivo sobre as investigacións en curso e que en ningún caso xustifica a falta de convocatoria no 2020", afirma Investigal. No mesmo comunicado de abril, a Xunta expuña que as axudas á modalidade A dos contratos sufriría un atraso da publicación "até que as circunstancias así o aconsellen e permitan definir os novos parámetros polos que terá que rexerse". E da B sinalaba que se realizaría "unha convocatoria de tramitación anticipada na anualidade do 2020" que se resolvería "a principios do ano 2021". Investigal desmonta as "escusas" "A escusa da prórroga dos contratos non serve de argumento para non convocar a modalidade A, xa que esta axuda está orientada para que as novas doutoras (perto de 400 por ano na Galiza) poidan iniciar a súa etapa posdoutoral. Isto implica que a maior parte destes investigadores xa defenderon a súa tese doutoral para acadar o estatus de doutor ou doutora, polo que os seus contratos non foros prorrogados en ningún caso", explica Investigal. Ademais, outros programas posdoutorais que implican mobilidade internacional si mantiveron sen alteracións o seu calendario de convocatorias, como as Postdoc Berri do Goberno Vasco (convocadas en xullo) ou o prestixioso programa europeo Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA). "Os problemas relacionados coa convocatoria destas axudas posdoutorais non son novos e amosan o pouco interese que o Goberno de Galiza ten en considerar a investigación como eixo estratéxico do país", lamenta o colectivo, que chama a Xunta da Galiza a "non frivolizar" coa "precariedade das investigadoras e investigadores". "Pedimos respecto ante unha situación provocada pola falta de previsión (un ano máis) da Xunta da Galiza", acrecenta. Atrasos e falta de convocatorias As citas axudas non se convocaron no ano 2010 nin en 2015. Ademais, desde 2016 prodúcense prodúcense atrasos sistemáticos na súa convocatoria, o que favorece que as persoas candidatas pasen longas tempadas desempregadas, agardando por esta oportunidade laboral, ou mesmo a fuga de cerebros ao estranxeiro, facendo que perdamos talento propio que foi formado con orzamentos públicos. Ante a falta de previsión, Investigal empraza a Xunta, igual que fixo noutros anos, a financiar con "contratos ponte" os investigadoras posdoutorais que rematan o seu contrato o 31 de decembro até que a nova convocatoria sexa publicada. "Cabe destacar que a Xunta investiu entre 100.000 e 120.000 euros na formación de cada unha destes investigadores que quedarán no paro: co modelo actual formamos talento para o desfrute doutras comunidades ou países", afirman os afectados, que solicitarán unha reunión con Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, e con Román Rodríguez, conselleiro de Educación, Cultura e Universidades.
NOS_29271
Oito aeroxeradores (27,6 MW) que afectarían os concellos de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove.
Un novo parque eólico axexa a Mariña, que conta xa con máis dunha vintena en funcionamento. O Diario Oficial da Galiza someteu esta terza feira a información pública toda a documentación previa á autorización dunha iniciativa enerxética de Naturgy, Piago, que afectaría os concellos de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove. No proxecto de execución, dispoñíbel no portal web da Consellaría de Empresa, Economía e Innovación, constan oito aeroxeradores —todos previstos no termo municipal de Cervo— que sumarían unha potencia total instalada de 27,6 megawatts (MW), alén dun centro de seccionamento que se construiría para recoller a enerxía xerada polas turbinas. Así mesmo, prevé unha liña de alta tensión de 6.862 metros de lonxitude e outras dúas subterráneas, de 77 e 129 metros respectivamente, que atravesarían O Valadouro, Viveiro e Xove. O tendido eléctrico entroncaría para evacuar a enerxía coa liña de alta tensión procedente do parque eólico Buio —xa operativo e pertencente ao grupo Acciona, con 31 aeroxeradores e 40,3 MW— e a subestación recolectora de Boimente, en Viveiro. Outros eólicos na contorna O parque eólico Piago situaríase dentro da área de desenvolvemento eólico Buio II —prevista no Plan Sectorial Eólico—, e situaríase a escasos quilómetros de dous parques que xa se atopan en funcionamento: Gamoide —Foz, O Valadouro e Xove, composto por 25 muíños e unha potencia de 32,5 MW, e Rioboo —O Valadouro, Viveiro e Xove—, con 16 turbinas eólicas e 20,8 MW. Ambos os dous son operados por Eurovento SL, filial do grupo Acciona. E na mesma contorna, máis perto aínda de Piago, o Rexistro Eólico da Galiza recolle unha nova solicitude —aínda sen definir o promotor nin a potencia— para a construción dun parque eólico Caroliño, de 15 turbinas. Afeccións Así as cousas, no seu estudo de impacto ambiental (EIA), a empresa recoñece o impacto negativo, mais "moderado", sobre 14 especies do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, alén dunha "afección permanente", tamén cualificada de "moderada", a zonas húmidas e bosques autóctonos. Tamén afectaría máis de 5.000 metros cadrados de solos de uso agrícola e gandeiro destes municipios, e o aeroxerador máis próximo ficaría a 500 metros da Serra do Xistral.
NOS_29497
O sueste do país tense convertido durante este mes de agosto na zona cero dos incendios forestais na Galiza. A actual vaga de lumes, que destaca polo seu carácter persistente, calcinou en quince días unha superficie moi próxima a 13.000 hectáreas, nunha zona onde ademais as eléctricas proxectan diversos complexos eólicos.
A Xunta da Galiza sinala ter a situación controlada, porén, no sueste do país continuaban até onte varios incendios, alén do fogo que onte seguía sen controlar en Pantón. Un deses fogos, o localizado entre Laza e Chandrexa de Queixa, no corazón do Macizo Central, supera máis de 2.100 hectáreas calcinadas. Outro, neste caso emprazado en plena comarca de Monterrei, afectaba até onte, cando Medio Rural deuno por extinguido, os concellos de Ríos e Oímbra, até o punto de devorar nesta última localidade a capela de Santa Ana, unha edificación medieval nun lugar privilexiado que actúa como miradoiro para as terras do Val do Támega. Campobecerros, no concello de Castrelo do Val, foi o último lugar a onde chegou o lume e onte, segundo Medio Rural, o incendio foi extinguido. O lume comezou ás dez da noite do 14 de agosto, tras detectarse varios focos continuados ao longo dunha vía forestal lindeira co encoro de Portas. Malia que a resposta dos equipos de extinción non se demorou, as chamas devoraron en poucas horas perto de 175 hectáreas de piñeiro, a maior parte pertencentes á comunidade de montes en man común da referida parroquia. Xosé Barxa foi durante décadas bombeiro forestal e actualmente preside a Comunidade de montes en man común de Campobecerros. "Isto foi unha cousa nunca vista", sinala Barxa en relación co incendio a Nós Diario. "Eu non lembro unha vaga como esta, nin uns fogos tan virulentos, en 2006 non foi así. Ademais, nesta comarca a peor época sempre foi agosto, pero coa seca deste ano e coa falta de auga vai vir un setembro moi duro e non sería raro que outubro tamén sexa complicado", di. Neste sentido, afirma que "en 2006 os fogos non eran tan urbanos, facíanse no medio do monte, o que dificultaba moito apagalos". Xosé Barxa entende que os incendios responden a razóns estruturais. 'Pór o rural a producir' "Hai que mudar a política forestal, non pode estar baseada só na extinción, senón que debe xirar arredor da prevención, polo que é necesario contar con brigadas todo o ano, brigadas con formación e ben dotadas e non como as que mandaron aquí, a maioría das cales estaban compostas só por dúas persoas", continúa Barxa, quen cre necesario "pór o rural a producir e rematar co seu abandono".Malia isto, non dubida de que "o lume en Campobecerros foi provocado, a xente que causou o incendio sabía o que facía" e significa que "detrás dos fogos hai moitas veces intereses ocultos". Alberte Blanco Casal foi director xeral de Montes da Xunta da Galiza durante a vaga de incendios de 2006 e reside en Verín desde hai anos. "Dáse un problema estrutural no monte deste país", afirma a Nós Diario. Considera que "o estado de abandono do medio rural xunto á estrutura forestal, con grandes masas de alta combustibilidade, obriga, sen dilación, a un cambio de enfoque na loita contra os incendios". Neste sentido, Alberte Blanco sinala que "o noso país, con milleiros de núcleos dispersos por todo o territorio, rodeados de fincas abandonadas e de montes con especies industriais, configura un espazo altamente vulnerábel. Unha circunstancia agravada pola estrutura de poboación e un adverso meteorolóxico consecuencia da alteración climática". 'A ineficacia preventiva' Blanco amósase sorprendido con que "coa actividade incendiaria diaria e coas miles de hectáreas queimadas no Macizo Central e no Val de Monterrei non estea en marcha un operativo especial de vixilancia, mesmo cunha finalidade disuasoria. Hai unha ineficacia preventiva evidente, cando non se aplican medidas deste tipo, sabendo como se sabe, que en Verín ou en Oímbra os incendios comezaron en perto de 10 puntos á vez". Porén, recoñece a dificultade de aplicar esta proposta "ao carecer a Xunta da Galiza de Policía propia". "As plantacións teñen un deseño franquista" Nieves Amado Rolán é arqueóloga e veciña de Laza. "Andamos perdidos, sabemos que algúns lumes como os do Courel, a serra do Invernadoiro ou Valdeorras foron provocados polas tormentas pero hai outros cuxa intencionalidade é evidente, como aconteceu en Verín, a capital da comarca, cun fogo provocado en 10 ou 11 puntos diferentes", expón Amado a Nós Diario. Lembra que "a ordenación e as plantacións forestais nesta zona son un deseño do franquismo, polo que urxe mudalo". A idea de que unha parte dos lumes sexan intencionados está moi estendida entre a veciñanza desta zona. Na mesma dirección, a opinión popular apunta aos intereses das eléctricas, por coincidir moitas zonas queimadas coa localización de determinados proxectos eólicos. Que hai detrás dos incendios? Alberte Blanco Casal sinala "a particularidade da actividade incendiaria deste verán en Ourense, especialmente no sueste" e pregúntase se "se trata dun grupo de tolos ou dun plan para eliminar 'obstáculos arbóreos' e facilitar a construción de eólicos, por exemplo".
NOS_53110
Un cento de veciños percorreron o tramo entre Pedrouzo e a catedral de Compostela nunha andaina reivindicativa.
Toda axuda é necesaria contra o proxecto de reabrir a mina de cobre no Touro-O Pino, mesmo a do Apóstolo Santiago. Un cento de veciños protagonizaron unha andaina na que percorreron a pé en 'peregrinación reivindicación' o tramo do Camiño entre Pedrouzo e a catedral de Compostela. Alí tomaron parte na misa do peregrino para advertir dos "graves perigos que representa a reapertura da mina para os que vivimos naqueles concellos". Á espera da decisión administrativa, os veciños insisten en que o seu impacto ambiental e económico tamén fóra do ámbito deses municipios Pino e Touro, senón que tamén repercutiría negativamente nunha zona máis ampla, chegando mesmo os seus residuos ata a Ría de Arousa levados polo Ulla. Compostela acollerá o vindeiro 10 de xuño unha manifestación nacional contra o proxecto mineiro de Atalaya Mining en Touro-O Pino, unha mobilización convocada pola Plataforma veciñal que se opón ao proxecto e pola Plataforma en defensa da Ría de Arousa, que representa a unha vintena de coletivos sociais, ambientais e de sectores produtivos (mariscadoras, bateeiros, confrarías…). "Non queremos unha herdanza envelenada" é o lema da manifestación, que toma o relevo da que decorreu a finais de febreiro pasado en Touro e na que tomaron parte por volta de 3.000 persoas. As plataformas convocantes da manifestación do 10X fixeron un chamamento á sociedade galega a acudir e apoiar unha mobilización que consideran máis que necesaria.
NOS_48733
A convocatoria de folga comezará ás 23.00 e na mesma o persoal de Cespa ou o vertedoiro de Areosa sumarase ao paro que manteñen desde hai case un mes os traballadores de Albada.
Ás once da noite comeza a folga que este 26 de agosto convocaron as centrais sindicais na limpeza e recollida de lixo da planta de Sogama, o vertedoiro de Areosa, así como Cespa-A Coruña e Cespa-As Mariñas, nun paro conxunto en apoio d@s empregad@s de Albada que se atopan en folga desde hai case un mes e que tamén servirá para denunciar a precariedade do sector, agravada tras a última reforma laboral. O persoal de Albada, concesionaria da planta de Nostián, pide a readmisión de 11 compañeir@s despedid@s e na súa negociación do convenio colectivo non aceptan a baixada de soldo dun 25 por cento que impón a empresa, que non renunciou a esa medida logo de varias reunións con mediación da Xunta. Os sindicatos lembran que a planta "non cumpre coa súa obriga de reciclar" e piden á cidadanía que deixe de pagar o imposto correspondente. Así mesmo, critican ao goberno local do PP pola súa negativa a intermediar no conflito. O 27 de agosto os traballadores de Albada celebrarán unha manifestación que partirá ás 12.00 horas da praza de Pontevedra para concluír na de María Pita, ante o Concello. Os comités de empresa contan co apoio de toda a oposición municipal.
NOS_30379
É moito máis ca un conflito laboral. A profesionalización do sistema de formación de adult@s non será posíbel sen o recoñecemento de dereitos laborais ao profesorado. Abordámolo neste A Fondo, disponíbel xa na nosa loxa.
A precariedade, primeiro, e logo os despedimentos e a represión ao profesorado de formación en galego para adult@s é unha mostra máis do maltrato ás políticas lingüísticas por parte da Xunta de Galicia. Dende esta perspectiva abórdase a problemática ao redor dos Celga no A Fondo desta semana, que foi proposto polos propios lectores e lectoras de Sermos a partir da campaña "Propón o teu A Fondo" que lanzamos canda a publicación do número 100 do suplemento. O caderno de análise de Sermos Galiza repara no conflito laboral, nos seus antecedentes e nas posíbeis solucións, mais non só. Nas súas páxinas, analízase o funcionamento dos Celga, o sistema estandarizado empregado para formar en galego e avaliar e acreditar as competencias nas nosas lingua, e fanse propostas para mellorar a formación de adult@s. O conflito laboral polo miúdo "Son máis de cen familias que perderon unha fonte de ingresos, nalgún caso a única", afirma o avogado da CIG, Xermán Vázquez. "Este colectivo leva impartindo cursos de galego para a Xunta de Galiza dende hai décadas mais, curiosamente, nunca asinou un contrato laboral. Nunca se lle deu de alta na Seguridade Social e, entre outras cousas, nunca tivo dereito a vacacións, a baixas laborais, a unha prestación por desemprego ou á cotización para a xubilación", sublíñase nun dos artigos deste A Fondo, no que se fai seguimento do conflito laboral, dende as denuncias, primeiro, do colectivo afectado ante a Inspección Laboral, que lles deu a razón, até as sentenzas favorábeis dos xulgados do Social e do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que está a declarar nulos os despedimentos. "Son máis de cen familias que perderon unha fonte de ingresos, nalgún caso a única", afirma o avogado da CIG, Xermán Vázquez nunha entrevista que explica polo miúdo a peregrinaxe xudicial e as súas perspectivas. Función social e de prestixio "Hai demanda, hai xente que quere aprender, que necesita formarse para adquirir seguridades para o uso do galego, e a Xunta desaténdea", afirma. Nel Vidal, o presidente da CTNL, no artigo que escribe para este A Fondo. Nel Vidal, o presidente da CTNL, a Coordenadora de Traballadores-as de Normalización da Lingua, repara na función que a formación en galego de persoas adultas ten para normalizar a situación da lingua. "Hai demanda, hai xente que quere aprender, que necesita formarse para adquirir seguridades para o uso do galego, e a Xunta desaténdea", afirma. "Os Celga son un instrumento que debe ter un necesario impacto na percepción da lingua" -explica neste A Fondo Xaquín Núñez, profesor na Universidade do Minho e integrante no seu momento da Comisión Central de Avaliación, encargada de definir a organización das probas Celga. E sono, non só, porque permiten avaliar e certificar a competencia real en galego senón tamén porque inflúe na percepcion da lingua, "como factor relevante e posible de uso social, de estandarización de modelos e de normalización lingüística". A coordenadora da Asemblea do Profesorado da Secretaría Xeral de Política Lingüística explicita, neste A Fondo, a súa propostas de futuro ao redor da formación de adult@s: a creación dun Centro de Formación de Adultos en Lingua Galega, que vaia dende a planificación e impartición dos Celga até cursos no exterior ou de alfabetización.
NOS_29061
En 1938 a Comisión Provincial de Incautacións de Bens acordou instruír un expediente sobre Declaración de Responsabilidade Civil contra Santiago Casares Quiroga, ex-presidente da II República española.
Durante o proceso de relación de expedientes desenvolvido pola Xunta no arquivo común dos xulgados da Coruña atopouse un expdientesobre un proceso contra Santiago Casares Qurioga, ex-presidente da República. Dito expediente correspondía ao xulgado de Primeira Instancia nº 2. O expediente, informan desde a Dirección Xeral de Xustiza, ao ser anterior aos anos corenta, non ten que pasar pola Xunta de Expurgo, xa que se considera de interese patrimonial e trasladarase directamente ao Arquivo do Reino de Galiza; máis, tendo en conta o valor deste documento e da figura histórica á que fai referencia. Inhabilitación, estrañamento e embargo de bens do republicano En 1938 a Comisión Provincial de Incautacións de Bens da Coruña acordou instruír un expediente sobre Declaración de Responsabilidade Civil contra Santiago Casares Quiroga tras as indagacións realizadas sobre a súa conduta, ideoloxía, traxectoria política, actuacións levadas a cabo e participación en revoltas. É declarado por sentenza do 7 de marzo de 1940 incurso de responsabilidade política polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, impoñéndolle como sanción quince anos de inhabilitación absoluta, outros quince de "estrañamento" e o embargo total dos seus bens. Ademais, acordan tamén propoñer ao Goberno a perda da nacionalidade. 1938/1945 O groso de expediente do ex presidente da República desenvolveuse entre os anos 1938 e 1945, aínda que tamén existe unha providencia datada do 3 de decembro de 1966 na que se ordena o arquivo do expediente por aplicación do decreto de Indulto do 10 de novembro de 1966. Santiago Casares Quiroga (A Coruña, 1884 - París, 1950) foi un político que chegou ser presidente do XX Goberno da República. En 1931 formou parte do primeiro gabinete republicano e converteuse en ministro da gobernación. Foi elixido deputado a Cortes pola Coruña e encargouse de fusionar a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) coa Esquerda Republicana de Manuel Azaña. Ao finalizar a Guerra Civil exiliouse a Francia, onde permaneceu o resto da súa vida.
NOS_11619
Valentín González Formoso liderará o PSdeG da provincia da Coruña despois de impoñerse nas eleccións primarias á militante compostelá Mercedes Rosón por 37 puntos. O tamén presidente da Deputación da Coruña obtivo o apoio do 68,49% dos votos -1.450. Rosón quedou con 666 sufraxios, o 31,46% dos emitidos.
González Formoso, que ademais é alcalde das Pontes, consolida así a súa baronía provincial. Nas primeiras declaracións despois da súa vitoria, apurou a reducir diferenzas co secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, de entrada máis próximo a Mercedes Rosón. En Ourense o gran derrotado no proceso interno socialista foi o ex secretario xeral do PSdeG, e candidato á presidencia da Xunta en 2012, Pachi Vázquez. Con 307 votos e o 28,2%, Vázquez quedou en terceira posición, por tras da deputada no Parlamento galego Noela Blanco -336 sufraxios e o 30,9%- e do alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, que obtivo 427 e unha porcentaxe do 39,2%. Ao non acadaren ningún dos tres candidatos o 50% dos votos emitidos -1.088, case o 71% do censo-, Blanco e Rodríguez Villarino deberán disputar unha segunda volta das primarias para dirixir o PSdeG da provincia de Ourense. Os gañadores dos procesos internos serán refrendados en congresos provinciais.
PRAZA_10526
Todo indica que tras este domingo a dereita grega, Nova Democracia, volverá ao poder que deixou tras deixar o país arruinado. "Tsipras quixo gañar tempo, pero cando aplicas un programa de rescate, que supón un sacrificio, tarde ou cedo tes que pagar por iso", analizan observadores da campaña
O 5 de xullo de 2015 Alexis Tsipras logrou o apoio do pobo grego contra a troika. Contra a intervención económica e política do país. Gañou o referendo que desde Bruxelas consideraban unha condena; unha porta de saída de Grecia do euro e a Unión Europea. Pero nin o Goberno de Tsipras evitou aplicar o terceiro memorando nin Grecia saíu do euro e a Unión Europea.O 5 de xullo de 2019 Tsipras volve a Syntagma. Desta volta a praza non está tan desbordada como hai cinco anos. Nin hai unha nutrida delegación de dirixentes políticos de media Europa a arroupalo. É a praza das mobilizacións de 2011 e 2012, como foi o 15M en España. A praza que se encheu de cidadáns bailando sirtakys hai exactamente catro anos para celebrar a vitoria do OXI, e que este venres acolleu un peche de campaña agre cara ás eleccións do domingo.Todo indica que tras este domingo a dereita, Nova Democracia, volverá ao poder que deixou tras deixar o país arruinadoHoxe Grecia é outro país: Tsipras aguantou catro anos, o Goberno máis estable da crise, e hai 11 meses que se librou da intervención das institucións europeas. Pero as proxeccións para o domingo son demoledoras para o primeiro ministro: todo indica que a dereita, Nova Democracia, volverá ao poder que deixou tras deixar o país arruinado."Nós, en 2015", dixo Tsipras este venres pola noite en Syntagma, "viñemos unir a todas as gregas e todos os gregos. Unimos forzas con cada cidadán democrático. Sen esta unidade ampla non sairíamos do memorando. Agora, despois de que todos xuntos sacamos ao país adiante, veñen buscar vinganza aqueles que o afundiron na escuridade. Queren a vinganza de todo un pobo que os ignorou e se puxo de pé. Queren sacar da memoria colectiva os momentos de orgullo e dignidade das persoas"."Onte, o señor Mitsotakis [líder de Nova Democracia e futuro primeiro ministro agás erro das enquisas] burlouse dos gregos que se atopaban exactamente na Praza Syntagma hai catro anos. Aínda non perdoan esa noite que acabou co medo. A historia non desaparece, a historia e o pobo xustifican aos que loitan honestamente"."Tsipras quixo gañar tempo, pero cando aplicas un programa de rescate, que supón un sacrificio, tarde ou cedo tes que pagar por iso"O politólogo Dimitris Christopoulos lembra que "Syriza é o Goberno máis estable e duradeiro da crise, era impensable que puidesen durar cinco anos, demostrouse un Goberno resiliente. O PASOK aguantou algo máis de dous anos, logo veu a gran coalición, ano e medio. Nun tempo histórico no que os partidos colapsan e no que o paso do tempo non só non é neutral senón que ás veces é perigoso para os partidos, o caso de Alexis Tsipras é rechamante. Pero non deixa de ser unha sustentabilidade que chega á súa fin".Christopoulos explica que Tsipras "quixo gañar tempo, pero cando aplicas un programa de rescate, que supón un sacrificio, tarde ou cedo tes que pagar por iso. Eles decidiron aplicar o memorando, aplicaron políticas nas que non crían, e ten as súas consecuencias".A todo iso, Christopoulos engade: "Están as grandes expectativas creadas, os equilibrios, a falta de experiencia na administración, a arrogancia postbonapartista dalgúns deles... Pero iso xa é decoración da paisaxe"."Pero a cuestión non é esa", afirma Christopoulos, "senón se Syriza seguirá ocupando a posición do PASOK dentro duns anos, se se vai a consolidar, se vai acelerar o seu paso dunha esquerda radical a unha esquerda socialdemócrata clásica, en ser o dominador do seu espazo, tendo en conta que a esquerda sempre é máis axitada"."O 26 de maio elixíronse alcaldes, e Syriza non conservou ningunha alcaldía importante"Un dos problemas, explica Christopoulos, é a estrutura do partido: "O 26 de maio elixíronse alcaldes, e Syriza non conservou ningunha alcaldía importante". "Afaste á dor, á frustración, e non podes estar sempre de mal humor", razoa Christopoulos sobre o estado do país: "A economía mellorou, pero non estamos ben".E Tsipras? Ten futuro? "É bo, ten talento político, e non hai ninguén que poida substituílo en Syriza. A cuestión é se Tsipras quere manter Syriza como está ou construír outra plataforma na que non teñan tanto peso dirixentes esquerdistas".Por que case o 40% da poboación parece disposta a votar a Nova Democracia, despois de ser un dos principais causantes da crise grega? "Vostede pregúntame pola dereita e os seus escándalos, vindo de España? A dereita segue agrupada, quere liderados, seguridade, e o problema de Nova Democracia é como xestionar a importante familia de extrema dereita que ten dentro e que se viu no acordo de Tsipras con Macedonia do Norte. Hai que ver se iso acaba en escisión"."As principais cuestións a partir do luns", repite Christopoulos, "son o destino de Syriza, se será capaz de consolidarse como hexemónico na esquerda grega, e o de Nova Democracia, como fará a dixestión da extrema dereita que ten dentro".Por que é a derrota de Tsipras? "Pola capitulación ante a troika. E iso que o peor memorando foi o segundo, cando se produciron moitos recortes e aí estaba o banqueiro Pikramenos, hoxe nas listas de Nova Democracia"O xornalista de Efsyn Tasos Kostopoulos, explica que había "máis tensión nas europeas, eran a primeira vez que se medían Syriza e Nova Democracia, esperábase que gañase o dereita pero non se sabía por canto e a xente tampouco se fiaba moito das enquisas. A aposta de Tsipras era perder por pouco e darlle a volta despois, como fixo o PASOK en 1999".Por que é a derrota de Tsipras? "Pola capitulación ante a troika. E iso que o peor memorando foi o segundo, cando se produciron moitos recortes e aí estaba o banqueiro Pikramenos, hoxe nas listas de Nova Democracia. Foi cando xurdiu o 15M e a ocupación de Syntagma, e colapsou o sistema político, con Nova Democracia en mínimos e o PASOK ao bordo da desaparición".Kostopoulos recoñece que o "terceiro memorando non foi tan duro, aínda que chegou despois dos dous precedentes, e sobre todo supuxo un aumento dos impostos que afectou a moita xente, aínda que se libraron os alimentos de primeira necesidade. E mellorouse a subministración eléctrica para as persoas humildes, e aboliuse o repago de 5 euros por consulta médica. Aínda así, o problema de Tsipras é que ten a todas as canles privadas en contra"."A narrativa de que a capitulación se produciu porque non había saída funcionou un tempo, pero aos poucos deu ás á narrativa liberal", explica Tasos Kostopoulos. "Syriza perdeu 900.000 votos desde as últimas eleccións xerais, e Nova Democracia só gañou 150.000", explica Tasos Kostopoulos: "O KKE non gañou do colapso de Syriza, nin outros partidos de esquerdas nin o PASOK...""A xente votou PASOK e tivo memorando; votou Nova Democracia e volveu ter outro memorando. Por último, votou Syriza e tamén aplicou un memorando. Iso leva ao derrotismo, ao pesimismo, a pensar que non pode mudar nada"Nicolau Alavanos, eurodeputado do KKE (Partido Comunista de Grecia), explica: "Estamos nunha fase de crise do modelo capitalista, e a UE necesita medidas máis duras para garantir a ganancia dos monopolios. A UE é unha unión de monopolios e Estados capitalistas coa política ao seu favor para competir con China, India, Rusia e EEUU. Saímos dos memorandos, pero hai peores condicións de traballo para ser competitivos baixando os custos de produción, que é onde agora apuntan nos seus programas Syriza e Nova Democracia".Por que vai gañar Nova Democracia? "A xente votou PASOK, e tivo memorando; despois votou Nova Democracia, e volveu ter outro memorando. E, por último, Syriza, que tamén aplicou un memorando. Todo iso leva ao derrotismo, ao pesimismo, a pensar que non se pode cambiar nada. Isto é algo que sente en toda a UE, o derrotismo, que leva ás capas populares cara a opcións máis conservadoras ou mesmo a extrema dereita"."Nós", di Alavanos, "somos o único partido que estivo en contra de todos os gobernos, que deron diñeiro para os bancos e as grandes empresas que sacaron dos petos da xente. Nova Democracia vai ser un Goberno de dereitas, reaccionario e burgués, pero seica Syriza era de iquierdas? Tivo unha política bárbara coa OTAN e no Mediterráneo. Agora mesmo hai catro partidos que son promemorando, Nova Democracia, Syriza, Kinal e Diem25". Varufakis dixo que estaba a favor das leis de memorandos e que postelectoralmente podería considerar a colaboración co Goberno. A ganancia é privada pero a bancarrota págaa o pobo"."Nós temos un programa de poder obreiro popular, é necesario cambiar o sistema do país e que a clase obreira asuma a dirección socialista dos medios de produción e organizar a economía segundo os intereses da clase traballadora no contexto de 2019, saíndo da UE, a OTAN e todas as unións capitalistas", di Alavanos, quen recoñece que "o voto a favor do KKE o 7 de xullo non garante que vaia pasar iso, pero si que imos abrir a conversa á nosa perspectiva e loitar contra o programa de todos os partidos que asumiron o goberno e vano a asumir de novo. Seremos máis capaces de pelexar e xerar fendas que poderían chegar até a votación a favor de propostas positivas".
NOS_42366
BNG, Foro Galego de Inmigración e Asociación Sen papeis reproban a "persecución do goberno local coruñés" ao colectivo e nixerarian@s
A concelleira do BNG Avia Veira reuniuse coForo Galego de Inmigración, Miguel Fernández, e a Asociación Sen Papeis da Coruña para tratar a problemática do "asedio do Goberno municipal ao colectivo de inmigrantes que se dedican á venda ambulante", algúns dos cales tamén estiveron presentes nesta xuntanza. A concelleira donacionalista cualificou o Goberno municipal de "desalmado" e de "inhumano" e acusouno de "presumir de facer recaer o peso da lei sobre o colectivo de persoas que se dedican á venda ambulante, en vez de solucionar os problemas de inclusión social das persoas inmigrantes!". "O PP está a converter un problema social nunha cuestión policial", denunciou Avia Veira, quen lembrou que "os Servizos Sociais do Concello son os que teñen que resolver a inclusión social, non se trata de tirar de policía para perseguir e amedrentar os inmigrantes que se dedican á venda ambulante". Denuncia Peter, o nixeriano que denunciou ser agredido por un policía local que ía vestido de paisanoanunciou que o axente incantoulle os panos de papel e mais os caramelos que estaba a vender perto do centro comercial Marineda City. Ao día seguinte, segundo o testemuño de Peter, a policía apareceu cando el se atopaba de pé, na beirarrúa de Galileo Galilei, sen vender ningún material. Foi nese momento cando, tal e como conta Peter, o mesmo axente do día anterir requisou o seu documento de identidade e a mochila que portaba e agrediuno. Despois de ser trasladado á comisaría da policía nacional, Peter acudiu ao Punto de Atención Continuada (PAC) da Casa do Mar para ser atendido das doenzas provocadas pola agresión. De feito, conta cun parte de lesións que será achegado cando formule a pertinente denuncia contra o axente da policía local que o golpeou.
PRAZA_10808
A Xunta advirte de dificultades para atender gastos correntes se o Goberno central non lle transfire cartos e o líder do PSdeG recupera as críticas que os populares lanzaron en 2009 contra as obras do bipartito en San Caetano
A Xunta advirte de dificultades para atender gastos correntes se o Goberno central non lle transfire cartos e o líder do PSdeG recupera as críticas que os populares lanzaron en 2009 contra as obras do bipartito en San CaetanoComo hai dez anos, pero cos protagonistas intercambiando os seus papeis. En 2009 era o PP o que criticaba como un luxo improcedente en plena crise as obras que a daquela Xunta bipartita acometía na súa sede central de San Caetano, traballos que incluían a remodelación do despacho do presidente con mobles dos que Feijóo prometeu desfacerse pero que segue a empregar. Unha década despois este mércores foi o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o que censurou que Feijóo poña en dúbida o pagamento das nóminas do funcionariado se o Goberno central non lle transfire cartos "mentres gasta 30 millóns en reformar despachos", en referencia á remodelación do complexo administrativo que ten en marcha a Xunta.Desde hai uns meses o Goberno galego está a empregar como principal elemento de crítica contra o Goberno central o atraso na transferencia a Galicia de 700 millóns de euros. O Executivo de Sánchez argumenta que esa transferencia, pendente non só a Galicia senón a todas as comunidades autónomas, non a pode facer un goberno en funcións cuns orzamentos do Estado prorrogados. A Xunta replica que o Goberno podería desbloquear a situación cun decreto lei que o PP estaría disposto a convalidar posteriormente no Congreso, ao que o Executivo central retruca que o problema non existiría se a oposición tivese aprobado os orzamentos ou facilitase agora a formación de Goberno.Nese cruce de acusacións entre Xunta e Goberno central irrompeu este mércores Caballero para censurar que Feijóo tente "confrontar co Goberno socialista" con fins "partidistas" empregando "falacias" e falando de "agravios ou discriminacións" que o socialista di que non se están a producir xa que a situación é a mesma para todas as comunidades. Ante esa situación, o líder do PSdeG criticou que Feijóo "xogue cos intereses dos galegos sen pudor" por "chegar a poñer en dúbida o pago das nóminas dos empregados públicos ou o pago a provedores" mentres anuncia "30 millóns de euros para reformar despachos e oficinas" en San Caetano.A comezos de mes a Xunta confirmou que a remodelación interior de San Caetano custará ata 29 millóns de euros, que se suman aos 11 millóns da reforma exterior do complexoAs obras ás que se refire Caballero consisten na remodelación e reordenación interna de todo o complexo administrativo central da Xunta, actuación para a que o pasado 6 de agosto se adxudicou o concurso de ideas que seleccionou o estudo de arquitectura encargado de planificar os traballos. O Goberno galego confirmou que as obras terán "un orzamento máximo de 29 millóns de euros". Esa contía virá a sumarse aos máis de 6 millóns de euros xa gastados e 5 pendentes de gastar na rehabilitación exterior dos edificios do complexo. Ademais, a Xunta está a redactar o proxecto dun novo edificio veciño que ocupará o espazo da actual estación de autobuses de Santiago cando esta se traslade xunta á do tren e que custará outros máis de 20 millóns.O propio Feijóo empregou hai mes e medio a inauguración da reforma exterior de San Caetano para anunciar un "novo aumento salarial" que non era talAgora a crítica de Caballero chega despois de que o propio Feijóo empregase hai mes e medio o acto de inauguración da reforma exterior de San Caetano para anunciar un "novo aumento salarial" ao funcionariado, unha suba do 0,25% no mes de xullo que realmente foi acordada hai máis dun ano cos sindicatos polo daquela ministro popular Cristóbal Montoro.
NOS_15403
A Plataforma Galiza Non se Vende saiu á rúa para defender 'o mar e a terra' fronte aos poderes políticos e económicos.
A plataforma cidadá, manifestouse este domingo polas rúas de Compostela ao berro de "Goberne quen goberne, Galiza non se vende". Centos de persoas percorreron o treito que vai desde a Alameda até o caso vello para rematar de novo no punto de inicio, termando de diversas faixas que lembraban algúns dos principais conflitos medioambientais da Galiza. A incineradora do Irixo --que o goberno pretende situar agora en Cerceda--, a serra do Galiñeiro ou a mina de Corcoesto foron as principais problemáticas sobre as que Galiza non se vende, quixo lembrar na mobilización. Porén, e dada a proximidade das eleccións nacionais, @s membros da plataforma lembraron a responsabilidade política na destrución do mar, a terra ou os sectores produtivos do país. Ao remate da manifestación, García MC foi o encargado de ler o manifesto, co que subliñou o "ataque do poder globalizado contra os dereitos conquistados con anos de loita". A destrución de emprego, as sucesivas reducións salariais, a suba de impostos, o empobrecemeno do país, a contaminación ou a restrición do dereito á manifestación foron algunhas das denuncias que resoaron na Alameda de Compostela. Realidade social, laboral, política e económica cuxa responsabilidade é, aseveraba o manifesto, "das sinaturas negras" --as dos gobernos--, plasmadas en decretos lei. "Quen defende a economía social, a agricultura, a gandeiría, o patrimonio natural e histórico?" preguntábase García MC, a respecto daqueles "políticos que traizoan ao pobo" para atenderen, dicía, "aos intereses do capitalismo". A lectura rematou arengando a "defendermos nós o noso futuro" cara a "unha terra viva e unha vida digna", ao igual que o lema que rezaba a faixa da plataforma. Xuízo popular O acto rematou cun xuízo popular contra "Pedro Reganosa" figura que representaba ao presidente dun partido político acusado de roubar "o dereito á soberanía alimentar", agredir a lingua, o patrimonio, as rías e os montes de Galiza. A acusación, da man da 'fiscal San José' --ironizando coa xuíza de Lugo responsábel do Caso Campeón ou Pokemon--, leu ou cargos que se imputaban ao acusado, quen procurou defenderse fronte aos apupos d@s asistentes. Finalmente, o xurado popular condenou ao imputado a se mollar na "chungatrona" .
NOS_45036
O Comité de Empresa afirma que "Beatriz Mato é a responsábel do primeiro despido masivo que vai levarse adiante na Xunta, e supón unha regulación de emprego encuberta, mostra da incapacidade da conselleira de Traballo e Benestar para xestionar o seu departamento"
O Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar manifesta o seu "rexeitamento absoluto" á proposta do departamento autonómico de destruír 251 empregos públicos. Unha eliminación de postos que afecta a centros como o complexo xuvenil As Mariñas en Gandarío-Sada e especialmente a residencias de maiores, CAPD, centros de menores e servizos da dependencia e oficinas de emprego. Para o Comité, non hai dúbida de que estas medidas envolven "un desmantelamento de servizos básicos para os colectivos mais desfavorecidos da sociedade; as persoas maiores, os parados e os menores". "O fin destes 251 despidos é crear a desatención dos cidadáns usuarios dos servizos públicos e engrosar aínda máis as listas de parados" Para este organismo representativo dos traballadores e traballadoras da Consellaría, "Beatriz Mato é a responsábel do primeiro despido masivo que vai levarse adiante na Xunta", e supón, aliás, unha "regulación de emprego encuberta, mostra da incapacidade da conselleira de Traballo e Benestar para xestionar o seu departamento". "Mato non crea postos de traballo, non mantén a calidade dos servizos sociais, non xestiona con eficacia e eficiencia os servizos da Dependencia e non respeita os dereitos do persoal laboral". Precariedade para persoal e para usuari@s Beatriz Mato "debería demitir do seu posto ante a nefasta xestión que realiza, e que ten como resultado máis paro, máis precariedade e máis recortes aos usuarios de Traballo e Benestar". Neste sentido, o Comité afirma que "consideramos que o despido de 251 empregados públicos supón o fracaso ao frente do seu departamento e convértese nunha agresión ao sistema de servizos sociais de Galicia, do que dunha forma ostentosa e premeditada está a proceder ao seu desmantelamento. O fin destes 251 despidos é crear a desatención dos cidadáns usuarios dos servizos públicos e engrosar aínda máis as listas de parados".
NOS_52150
Aldara e a lenda do cervo branco exige uma leitura atenta. A narrativa dos quadrinhos completa a dos balões de diálogo. Abundam as vinhetas mudas, em que a ação está representada só nos desenhos.
Em muitas casas da minha infância, no comedor das festas, nesse com entrada proibida fora o dia sinalado, presidia a parede principal uma reprodução, tapete ou pintura, de cervos e arvorados e fontes; mesmo lembro ter visto algum com o banquete e a donzela seteada. Os cervos como pureza, como sabedoria natural, como regeneração cíclica de floridas cornaduras. E a lenda da rapariga metamorfoseada em cerva, e o amante virado casual caçador, acidental assassino. Aldara e a lenda do cervo branco / Inés Vázquez / Demo Editorial / 2021 / 140 páxinas / 20 euros Esta é a base que utiliza Inés Vázquez para desenvolver a trama da sua banda desenhada. Numa aldeia, que podemos situar na montanha lucense, em tempos outros, dá-se ao tempo a aparição de um meninho perdido e a morte violenta de animais. O rapaz, Aras, é acolhido pola família de Aldara, a cativa que dá com ele no monte, em quanto são localizados os seus responsáveis. Ele dilata as pescudas com informações falsas, pois tem uma conta pendente no bosque. Aldara deve escolher entre confiar no novo amigo e ajudá-lo ou fazer seguidismo da panda do seu irmão, que acusa ao Aras de ser quem está a arrasar a aldeia. Aldara e a lenda do cervo branco exige uma leitura atenta. A narrativa dos quadrinhos completa a dos balões de diálogo. Abundam as vinhetas mudas, em que a ação está representada só nos desenhos. É utilizada a cor de fundo para marcar saltos temporais ou espaciais, verdes e ocres para a aventura de Aldara e Aras no aquém, roxos e violetas para o além, branco azulado para prólogo e epílogo. Porém, essa exigência às leitoras acompanha-se de uma estória pola que avançamos cómodas, de surpresa em suspense e de solução em resolução. Como se cornamenta de cervo fosse, da estória principal nascem ramas e subtramas que recolhem elementos da tradição oral, das narrativas de aventuras, das pelejas entre irmãos, da fatalidade da morte, do acidentado da vida. A construção em modo realista do quotidiano numa aldeia montanhesa nos inícios do século XX ajuda a acreditar nos elementos sobre-naturais da história. O melhor, esse cervo branco, guardião do Além, quem em nada se imita com o Bambi açucarado e inocente da Disney, mas todo o contrário. Impressionam as suas feições quando faz aparição no final do volume, muito mais achegado a um cavalo apocalíptico que a um unicórnio. Se algo aprendemos da aventura de Aldara é que, como as avelainhas noturnas, a morte nos acompanha, queiramos ou não, no nosso caminhar polo mundo. Entre o além e o aquém, boas estórias em BD.
PRAZA_19222
O PP se quere ter credibilidade nesta batalla ten que berrar con nós "Nos queremos vivas" e aceptar o Pacto de Estado coa cidadanía que esiximos, onde feministas expertas en xénero fagan un protocolo de actuación que contemple todos os tipos de violencias machistas.
E van oito. Apenas está a rematar xaneiro e as cifras de mulleres vítimas de violencia machista son arrepiantes, dan medo, producen dor e, sobre todo, impotencia. Dan medo, ou debería dárllelo, ás administracións responsábeis da nosa seguridade, da de todos os cidadáns, pero, maiormente dos colectivos máis vulnerábeis. E á vista está que as mulleres o somos, malia representar o 52 por cento da poboación, por sermos vítimas dun sistema construído por homes, dirixido por homes e no que os homes seguen a determinar, mesmo, se vives ou morres. Producen dor, rabia, impotencia e indignación porque ata no terrorismo semella que hai graos e, dende logo, o terrorismo machista non é un terrorismo de primeira, segue sen ser unha cuestión de Estado malia que o histórico demostra que xa hai máis mulleres asasinadas polas súas parellas que vítimas de ETA. A sociedade ten un problema, certamente, aínda que nos últimos tempos haxa cada vez máis concienciación entre algúns sectores de que hai que rachar co sistema patriarcal que leva instalado na mesma de forma secular e que acepta as condutas machistas con normalidade. Pero é o Estado, son os gobernos os que teñen unhas responsabilidades, unhas obrigas para mudar a situación, pois de non facelo estarán sendo cómplices de asasinato. Como na maioría dos casos de Terrorismo Machista, as mulleres foron asasinadas polas súas parellas, polas persoas máis achegadas, cun vínculo sentimental que as fai moito máis vulnerables. A Sra. Dolors Monserrat ou os Srs. Rajoy e Feijóo viven comodamente atrincheirados nos privilexios do patriarcado e polo seu silencio se deduce que non están dispostos a que o 52% da poboación teñamos os mesmos dereitos e vivamos en igualdade nun país feminista. Aínda onte podíamos ler nun xornal a testemuña dunha muller coidadora, sen máis argumentos que os da experiencia e a vida, que reivindicaba máis axudas e máis corresponsabilidade, porque o feito de que, historicamente, sexa unha muller a que coida, non vén escrito en lei algunha, máis que na lei dun sistema que sempre privilexiou ao home. O Partido Popular di que cre e practica a igualdade, mais de ser certo, por exemplo, non limitaría os nosos dereitos nin poñería obstáculos a cada unha das nosas reivindicacións ou conquistas porque sabe que iso lle pode restar poder. E di que loita contra as violencias machistas, mais esquece que mentres non colla polos cornos o problema deste tipo de terrorismo e actúe de forma contundente e transversal para atallalo, estará a contribuír á construción dunha sociedade amputada, na que faltarán boa parte dos seus membros. Non chega con facer homenaxes ás vítimas, nin declaracións institucionais para saír ao paso. O PP se quere ter credibilidade nesta batalla ten que berrar con nós "Nos queremos vivas" e aceptar o Pacto de Estado coa cidadanía que esiximos, onde feministas expertas en xénero fagan un protocolo de actuación que contemple todos os tipos de violencias machistas. É necesaria unha partida nos orzamentos para garantir a seguridade e igualdade de todas as mulleres. É imprescindible que non se criminalice ás vítimas sacándoas das súas casas. É o violento, o maltratador, o posible asasino o que debe abandonar o domicilio, o entorno, o municipio. Necesitamos a complicidade dos compañeiros que se senten feministas para detectar, illar e eliminar estas condutas que tamén a eles lles afectan. Contra a Violencia Machista, contra o Terrorismo Machista, tolerancia 0!
NOS_2195
Alemaña defende non enviar armas pesadas a Ucraína para "evitar unha escalada" do conflito, ao tempo que a ONU afirma ter "evidencias cada vez maiores" da comisión de crimes de guerra en Ucraína.
O presidente dos EUA, Joe Biden, afirmou esta sexta feira que a Casa Branca "non enviará un só soldado a Ucraína a comezar a Terceira Guerra Mundial", ao tempo que volveu cualificar o seu homólogo ruso, Vladimir Putin, de "carniceiro". Biden instou a comunidade internacional a "ficar unida" ante a ofensiva rusa, ao tempo que advertiu que, "se se racha, hai un problema real para a seguridade a longo prazo". Na mesma liña apuntou o chanceler de Alemaña, Olaf Scholz, que reiterou esta sexta feira a súa negativa a enviar armamento pesado a Ucraína alegando que fará "todo o posíbel" para "evitar unha escalada que conduza a unha Terceira Guerra Mundial". Sánchez anuncia a Zelenski o "maior envío de armas" a Ucraína Lavrov: "Ucraína non quere negociar" Por outra parte, o ministro de Asuntos Exteriores de Rusia, Sergéi Lavrov, acusou o Goberno ucraíno de "estancar" as negociacións entre ambos os países, que avanzan "lentamente" porque "semella que non as precisan en absoluto". A ONU constata crimes de guerra Noutra orde, a Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, asegurou esta sexta feira que a entidade ten "evidencias cada vez maiores" da comisión de crimes de guerra en Ucraína. Até o momento Nacións Unidas documentou 5.264 vítimas —92% en territorios controlados polas autoridades ucraínas—, das que 2.345 faleceron. As cifras reais, porén, serían "moito maiores". Máis de 2.000 civís morreron na guerra de Ucraína, segundo a ONU Só na cidade de Bucha, dixo, a ONU constatou a morte de "cando menos, 50 civís", vítimas nalgúns casos de "execucións sumarias". "Practicamente todos os veciños de Bucha cos que falaron os nosos compañeiros contaron a morte dun familiar, un veciño ou mesmo un estraño", apuntou.
NOS_55982
O xulgado mixto número 2 do Porriño acaba de ditar o sobresemento das actuacións xudiciais iniciadas polos altercados que obrigaron a cancelar, en setembro do ano pasado, un acto do Concello de Mos para explicar á veciñanza os cambios urbanísticos iniciados para a execución da cidade deportiva do Celta e o complexo comercial asociado, un proxecto que levanta unha forte contestación veciñal.
Unha quincena de persoas, integrantes na plataforma A Auga e Vida e na formación política GañaMós, estaban investigadas após a denuncia da Policía Local e da alcaldesa, Nidia Arévalo,logo de que as protestas da veciñanza contraria á construción do complexo deportivo e de ocio, que ocupa parte de varios montes comunais, obrigaran a rexedora a suspender o acto, Tras esta resolución, a plataforma A Auga é Vida, que reúne a comunidade de montes de Tameiga e catro comunidades de augas do municipio, reclama que Arévalo "se desculpe publicamente e pida perdón por terlles imputado delitos inexistentes en múltiples e reiterdadas declaracións públicas" a membros desta e doutras organizacións. A entidade considera que a rexedora "acusou case unha veitena de veciños e veciñas de Tameiga de desordes públicas e de alterar a paz utilizando o seu cargo de alcaldesa e de xefa da Policia Local". O ditame xudicial recoñece que na convocatoria houbo "empurróns", aglomeracións e "unha pequena avalancha" que causaron crises de ansiedade a varias persoas de avanzada idade presentes, mais sinala que ningunha das prexudicadas identificou a ninguén, malia que, na súa denuncia, a Policía Local si vinculaba as responsábeis con determinadas formacións cívicas e políticas. Segundo resolve, "non concorren os elementos do tipo penal [...] nunha concentración debidamente convocada e realizada no contexto do lexítimo dereito de reunión, en relación cun conflito entre o Concello e veciñanza que se sitúa na orixe mesma das actuacións investigadas", xa que non hai probas de que os altercados fosen "intencionais". Nun único caso, a xuíza relaciona unha persoa como suposta autora dos golpes que recibiu un veciños cun bastón na cabeza, unha agresión pola que acorda o axuizamento dos feitos como un delito leve. "Se Nidia Arévalo quería con esta manobra intimidar, amedrentar ou ensuciar a reputación destes veciños e veciñas, non o conseguiú", censuran desde A Auga é Vida.
NOS_318
Gallaecia Raid volve cunha proba de orientación en bicicleta de montaña por segundo ano consecutivo a Cedeira. Nesta ocasión súmase Cariño con outra proba de sprint.
O deporte pode servir para dar a coñecer un territorio e tamén para melloralo. Con esta idea os concellos de Cedeira e Cariño acollerán este sábado 24 de setembro o II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de MTBO (orientación en bicicleta de montaña), unha proba organizada polo club Gallaecia Raid e a Federación Galega de Orientación. Á espera de se a UNESCO dá o seu visto bo á candidatura de xeoparque, unha nova que non tardará moito en chegar após a última visita de avaliación oficial realizada de maneira presencial o 31 de agosto, a visibilidade está garantida neste evento por segundo ano con 200 inscricións xa confirmadas. Lalín e Silleda acollerán este sábado as últimas probas da Liga Galega de Orientación Sobre deporte e promoción falaba o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso, durante a presentación da iniciativa esta semana admitindo que "a través desta proba, unha das máis interesantes de todo o circuíto galego de orientación, aproveitamos para pór en valor o noso territorio natural, combinándoo co deporte ao aire libre". Co mesmo razoamento expresábase a vicepresidenta de Gallaecia Raid, Claudia Oreiro, que sinalaba que coa continuidade do trofeo contribuían a que, "tanto os concellos de Cedeira e Cariño como o proxecto de Xeoparque poidan conseguir máis visibilidade". O atractivo familiar da orientación Da grande aceptación que esta a ter o deporte da orientación alá onde se practica é consciente Adriana González, membro do Gallaecia Raid. En declaracións a Nós Diario apunta que o seu éxito ten que ver coa práctica en familia. "Pódese competir a un mesmo tempo nas diferentes categorías por idades e iso facilita que veñan familias enteiras", asegura. No caso deste trofeo uniuse un interese mutuo entre o Xeoparque e a propia disciplina deportiva. "Sempre buscamos lugares atractivos e de moito interese para desenvolver as nosas probas e este é un claro exemplo", conclúe. Liga Galega e Campionato Galego de Sprint Este II Trofeo Xeoparque Cabo Ortegal de MTBO comezará pola mañá en Cedeira cunha proba de distancia longa entre as 10 e as 14 horas que valerá para a liga galega. Como novidade, pola tarde, de 16 a 19 horas, terá lugar a proba de Cariño, tamén con valor para a liga galega e que ademais inclúe un Campionato Galego de Sprint. É posíbel participar en só una das dúas probas mais para optar ao trofeo é necesario facelo nas dúas. A Unesco estuda a candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal As persoas que participen deberán completar un extenso percorrido de orientación no menor tempo posíbel, superando as dificultades naturais que se atopen ao seu paso, empregando exclusivamente as súas propias forzas, sen recibir axuda externa nin valerse de medios motorizados. Este percorrido ten que ser descoñecido de antemán, sendo o itinerario entre controis libre, polo que non estará sinalizado o terreo, o que supón a necesidade de obter a información por fontes non habituais como o mapa, que será a principal fonte, polo que se necesitarán grandes habilitades de orientación para realizar un aproveitamento máximo. A entrega de trofeos realizarase tras finalizar a proba de Cariño, na meta situada na Avenida da Paz, á beira da Casa do Concello.