ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_6930 | A entidade de defensa da lingua esixe a derrogación urxente do 'decretazo' no ensino. | O informe do Comité de Expertos do Consello de Europa que avalía o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas por parte das institucións españolas é "contundente" e claro, sinalan desde A Mesa. Un documento no que, subliñan, "insta por terceira vez á derrogación do decreto contra o galego no ensino e recolle as principais obxeccións sobre a situación do galego no ensino, saúde, xustiza, consumo, medios de comunicación ou relacións transfronteirizas sinaladas pola Mesa no informe que lle presentou en decembro de 2018". Para a entidade en defensa da lingua, o sinalado polos expertos do Consello de Europa é "unha emenda á totalidade da política lingüística da Xunta". O presidente da Mesa, Marcos Maceira, afirma que a mensaxe do Consello de Europa é clara: "o decreto de 2010 foi un ataque contra o galego e contra a Carta europea das linguas", polo que "o decreto contra o galego debe ser derrogado inmediatamente". Aliás,, o Consello de Europa recorda que a Xunta ten que corrixir as dificultades para o uso do galego no Sergas e, sobre todo, en todas as etapas do ensino. O Estado O Estado tamén ten responsabilidade, prosegue A Mesa. O Consello recorda que debe dotarse de prazas na Galiza que requiran coñecemento de galego e que ten que asegurar o uso do galego nos procementos xudiciais sempre que o pida algunha das partes. " |
NOS_17936 | Estudantado universitario amosou así o seu rexeitamento á volta á docencia de Domingo Neira quen afirmou nas súas aulas que "a enfermidade dos maricóns é conxénita". VÍDEO NO INTERIOR. | O 2 de abril estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que mantiveron un encerramento na Facultade de Ciencias da Educación organizaron unha bicada colectiva contra a homofobia para denunciar a volta ás aulas do profesro Domingo Neira. Neira, fora afastado da docencia uns meses após ser denunciado polo seu discurso homófobo nas aulas de Didáctica e profesión docente onde asegurou que "a homosexualidade é contaxiosa", que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal". Para visibilizar a conduta do docente o estudantado quixo facelo "do mellor xeito que atopamos, demostrando afecto, amor, cariño, paixón, complicidade coas nosas parellas, compañeiras, amigas..." A USC fai parte do proceso xudicial aberto contra tres estudantes que protestaron pola volta ás aulas de Domingo Neira. A Fiscalía pídelles 5 meses de cadea por "desordes públicas" Así mesmo, quixeron amosar o seu apoio ás tres persoas que foron encausada nun proceso xudicial pola súa participación nun escrache a Domingo Neira en maio de 2015. No marco desa causa a propia USC persónase como parte denunciante através da Secretaría Xeral e a vice-decana. Neste senso, pediron o "cesamento do apoio que está brindando á parte acusadora" pois a Fiscalía solicitou para as tres estudantes, Antía, Mario e Atanes, cinco meses de prisión por un suposto delito de desordes públicas. Non é o único caso en que comentarios dun docente da USC motiva a mobilización do estudantado. Tamén en Económicas, Luciano Méndez, foi obxecto de denuncias públicas e dun proceso de investigación interna da universidade polas súas declaracións sexistas contra unha alumna. En resposta a esa agresión e á pasividade da Universidade, un grupo de persoas acudiron ás súas aulas en suxeitador. Nunha entrevista concedida a Sermos Galiza, as estudantes aseguraron que "a liberdade de cátedra non pode amparar discursos de odio". |
PRAZA_12150 | Os conservadores sacan adiante en solitario a lei que recorta remuneracións e dereitos sociais ao persoal da Xunta mentres máis dun milleiro de traballadores, gravados en vídeo pola Policía, rexeitaban o proxecto no exterior do Parlamento. Galería no interior. | O PP e a Policía. Son os únicos soportes que tivo este mércores a lei de recortes aos empregados públicos nas dúas frontes ás que se someteu este martes, a parlamentaria e a da rúa. Desde primeiras horas da mañá, persoal da Xunta respondeu á chamada unitaria de todos os sindicatos da función pública para amosar diante do Parlamento o seu frontal rexeitamento ao recorte. Cando no interior do Pazo do Hórreo comezaba a sesión, milleiros de persoas protestaban xa sonoramente "na defensa dos servizos públicos" e "contra o recorte dos dereitos", todos eles controlados por en torno a unha trintena de axentes da Policía equipados con material antidisturbios, que formaban unha ringleira ante as pancartas sindicais. No hemiciclo comezaba o procedemento de lectura única do proxecto, a vía legal máis rápida posible, elixida polo Goberno galego para sacar adiante en apenas doce días un plan que, entre outros aspectos, reduce remuneracións, diminúe xornadas laborais aos interinos e amplíalla aos funcionarios e mingua prestacións sociais. Muñoz: "A lei é necesaria, oportuna e imprescindible" A quen tiña que defender a lei dende a tribuna, a conselleira de Facenda, sumáronselle as presións da protesta e do debut -era o seu segundo pleno e o primeiro texto lexislativo que defendía-. Combinando o seu perfil técnico co manual de partido, Elena Muñoz botou man dunha fórmula moi semellante á utilizada por Mariano Rajoy para defender a reforma laboral. A "lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público" é "necesaria, oportuna e imprescindible", asegura. "Corrixe disfuncionalidades" e, sobre todo, "aforra" nun tempo de imprescindible "adaptación á crise económica" pola vía da "contención do gasto non produtivo e a austeridade". "Pídolles o apoio", solicitou retoricamente dos grupos da oposición. Pendentes do que acontecía na rúa, simbolicamente pero tamén a través dos seus ordenadores, PSdeG e BNG non obviaron a tensión que vén rodeando a nova lei, agudizada polo desaloxo dos representantes sindicais que seguían o debate desde a tribuna da Cámara tras amosar carteis de protesta. Como está establecido, o primeiro en abrir fogo foi o Bloque, representado por Alfredo Suárez Canal. Experto na materia, o veterano deputado nacionalista ve no recorte ao persoal da Xunta a "certificación dun fracaso", o do gabinete de Feijóo. "Non foron quen" de solucionar a crise, como prometeran en campaña, di, e por iso os conservadores "entran a saco nos dereitos dos empregados públicos", facéndoo ademais "vía modificación dos orzamentos", apenas dous meses despois de que fosen aprobados. "Funcionaban con miras electorais, como había un proceso electoral o 20 de novembro, nos orzamentos -que comezaron trámite en outubro- non había que desvelalo todo", reprocha. Suárez Canal: "Non son quen de solucionar a crise e entran a saco nos dereitos" Para Suárez Canal, o plan da Xunta "cercena dereitos" dende o seu propio procedemento de aprobación, cunha lectura única "escandalosa" que "demostra que, en realidade, hai un goberno indolente para mellorar a actividade económica" e "recorre a gobernar por decreto". Trátase, di, "dunha tramitación aberrante" para "atentar" contra "normas fundamentais de convivencia no estado democrático", como a negociación colectiva dos traballadores públicos, co obxetivo de "deteriorar os servizos públicos" para logo "privatizalos" "Criminalizar os empregados públicos" e facelos "responsables da crise" Como xa acontecera nas xornadas previas, a oposición de PSdeG e BNG soou harmónica. Se planificalo, a intervención de Suárez Canal tivo continuación lóxica na do voceiro socialista, José Manuel Lage Tuñas quen, como o deputado do Bloque, ve na lei de recortes unha intención de "criminalizar os empregados públicos" e facelos responsables da crise. "Non son cifras, son persoas", subliñoulle Lage á conselleira, nunha intervención na que puxo especial interese en traducir o contido da lei a termos tanxibles. "Cando poñen nun papel que non van cubrir baixas, o que están dicindo é que vai haber menos persoal sanitario", exemplifica. O propósito final, asegura, é "desviar unha parte dos cidadáns" a que "busquen servizos no ámbito privado". Lage: "Cando pon nun papel que non vai cubrir baixas, di que vai haber menos persoal sanitario" Como Suárez Canal, Lage identifica alternativas ao recorte -que segundo a Xunta permite aforrar 80 millóns ao ano-. "Propón dinamitar servizos públicos, reducindo a contratación e minguando as prestacións" pero "ao mesmo tempo", censura, continúa o "despilfarro de manter oficinas no exterior por valor de 18 millóns" a través dun "convenio coa Confederación de Empresarios". O mesmo, di, vale para as delegacións territoriais do Goberno, con "comisarios políticos a maior gloria de Rueda e Feijóo". Lage pregúntase por que o recorte "non comeza por aí". Co pleno caldeado e o son da protesta penetrando os muros do Hórreo, Lage Tuñas completou a súa intervención facendo memoria recente coa "lectura dun texto", concretamente, o do programa electoral do PP. "Todo incumprido", resumiu o parlamentario do PSdeG tras debullar propostas como "mellorar as condicións de traballo dos empregados públicas", "unha nova lei da función pública", "pleno desenvolvemento da carreira profesional", "incrementar de forma significativa o fondo de acción social -recortado coa nova lei-" ou "unha cláusula de revisión salarial para frear a perda retributiva". "Era o programa co que se presentou, aquel de Feijóo 009", "tiña licenza para matar e se lle deixamos, acaba co país", ilustra. O rebumbio nas bancadas populares era tamén diagnosticado por Suárez Canal. "É normal que se poñan así, porque en catro anos, nos que nos dixeron que nos ían sacar da crise, foron incapaces". "Entran no último treito da lexislatura a cercenar dereitos fundamentais, recortar salarios, recortar prestacións, modificar as condicións de traballo e dirixir os servizos públicos cara á privatización". Todo iso, di, "utilizando a chantaxe como variable de Goberno", conclúe. Finalmente, como era de agardar, 38 votos a favor e 37 en contra. |
NOS_31537 | Defenden a saída da conselleira de Medio Rural e Mar após o encontro con axentes do sector a pasada semana. É, din, "o mellor que pode facer". | A Federación Rural Galega (Fruga) reclamou esta segunda feira (13 de xullo) a demisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, logo do encontro que mantivo con representantes do sector lácteo. Nunha xuntanza na que estiveron presentes tres organizacións sindicais (ASAJA, Unións Agrarias e o SLG), representantes das distribuidoras Carrefour, Gadisa, DIA e Eroski e unha única central de recollida, Leite Río, o goberno galego achegou cifras oficiais a respeito da realidade que atinxe o sector. Neste senso, por volta de 2.571 explotacións están a percibir a día de hoxe na Galiza prezos inferiores a 0,26 céntimos e arredor de 541, menos de 0,20€. Perante este panorama --unha xuntanza na que a máxima responsábel política resultou incapaz que congregar ao conxunto de axentes implicados-- desde a Fruga demandan a saída de Quintana. É "o mellor que pode facer", afirmaron ao tempo que denuncian teren sido excluíd@s da xornada de traballo. "Nunha situación de máxima gravidade para este séctor tódalas organizacións deben ser participes do dialogo que se poida abrir coa administración", apuntan. Pola súa banda, ASAJA, Unións Agrarias e SLG amosaron a súa "preocupación" polo "plantón" da industria. "É algo sen precedentes", sinalou após o encontro Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias quen dixo agardar polas "consecuencias" no que definiu como un "pulso" á Administración. A conselleira defende a industria "Que a conselleira sexa incapaz de xuntar nunha mesa as principais centrais que recollen leite neste país, demostra unha absoluta nulidade na súa acción de goberno, polo que o dano que esta conselleira lle está a facer ao sector lácteo galego é irreparable", denuncian desde a Fruga. Rosa Quintana sobre a ausencia das industrias lácteas: "tiñan medo a calquera repercusión que poida traerlles unha xuntanza mal entendida" Porén, para a conselleira de Medio Rural atribuíu a ausencia da industria a que "após a última denuncia do tribunal de Competencia" teñen "medo a sentar" e subliñou que estas empresas "teñen seus órgaos para falar". Aliás, escusou @s representantes afirmando que "tiñan medo a calquera repercusión que poida traerlles unha xuntanza mal entendida e que poida suporlles unha denuncia perante" Competencia. "Ás veces, como se transmiten as novas non é o mellor de todo, dicir que os gandeiros están con problemas é dicir unha verdade", mais non toda, entrende Quintana. A máxima responsábel política de Medio Rural posicionábase así acarón dunha industria láctea que, para alén de terse demostrado o seu proceder ilegal durante máis dunha década, está a pór en xaque o mantemento dun sector estratéxico para o país. As organizacións sindicais con representación na xuntanza reiteraron as súas demandas "inmediatas": o incremento de prezos até o de agora "ruinosos", a recollida de leite en todas as explotacións e un marco de mediación que impida ás insdustrias impór unilateralmente os prezos en orixe, mais nese senso o goberno galego non quixo avanzar. Así pois, explotacións, organizacións sindicais, OLP's e cooperativas manteñen convocada a mobilización do 17 de xullo en Compostela. Unha marcha para a que algúns gobernos locais están a disponibilizar autocarros. |
NOS_6605 | A suspensión de permisos xa fixados, a ampliación obrigatoria da xornada e a revogación das autorizacións de suspensión, outras medidas propostas pola Xunta. | A Consellaría de Sanidade propuxo na Mesa Sectorial da pasada semana cos sindicatos a suspensión de vacacións e permisos xa fixados, a ampliación obrigatoria da xornada ou a revogación das autorizacións de suspensión como "medidas urxentes e excepcionais" dirixidas a garantir a cobertura dos PAC con persoal médico e enfermeiro. O Sergas admite que non reforzará a Primaria no verán e argumenta que "non hai médicos para as listas" O documento foi rexeitado polos sindicatos con representación na Mesa Sectorial, xa que as medidas recollidas son "lesivas" cos dereitos dos traballadores. En concreto, a CIG sinala que é "responsabilidade da Administración sanitaria tomar as medidas necesarias para garantir a asistencia", pero, advirten, "ningunha medida en contra dos traballadores vai contribuír a solucionar as causas que xeran os problemas actuais". Alertan das consecuencias de non cubrir as vacantes na Atención Primaria: "A dotación xa é precaria todo o ano" Na mesma liña, CCOO entende que "a maior parte" das medidas incluídas no documento "son restritivas cos dereitos dos profesionais" e "fan pagar ao persoal a falta de previsión e a mala xestión da dirección da área sanitaria". Sanidade di que non pretende aplicar a suspensión Pese á oposición da Mesa Sectorial, Sanidade non precisa do visto bo dos sindicatos para sacar adiante as medidas, polo que a proposta seguirá previsibelmente coa súa tramitación para ser aprobado en Consello de Xunta polo Executivo galego. A etapa Feixoo, en imaxes (II): O particular código ético de Núñez Feixoo Porén, fontes da consellería de Sanidade aseguraron a Europa Press que a súa intención é non tocar os descansos dos traballadores. "Non se van a suspender vacacións", afirmaron as mesmas fontes, a pesar de que estas medidas non serán borradas do documento. En concreto, a proposta de Sanidade recolle que, "como último recurso", poderá procederse á "denegación, suspensión ou revogación das autorizacións de goce de vacacións e permisos, ou condicionalas á garantía das presenzas mínimas necesarias nos días nos que se presuma un maior pico de actividade". Persoal médico do Val Miñor rebélase ante a falta de reforzo no verán A revogación das vacacións no mes de xullo e agosto "conlevará a compensación económica equivalente", continúa o escrito, sen prexuízo do seu goce posterior. |
NOS_29909 | Nunha terra na que a pesca ten un peso especial como sector produtivo e o litoral é elemento identitario de moitas vilas, non é de estrañar que os faros foran gañando interese co paso das décadas. Malia que a Galiza pode presumir de ter o faro romano máis antigo do mundo en funcionamento, hai moita máis historia e atractivo lonxe da Torre de Hércules. Mesmo as autoridades portuarias que xestionan estas infraestruturas caeron na conta do seu potencial turístico e sacaron a concurso dependencias para o seu aproveitamento. | A Galiza é unha terra de pesca, de litoral, de mar... e precisa das axudas á navegación para que as e os mariñeiros cheguen salvos á casa. Así é como a costa do país rematou zarrapicada por ducias de faros e sinais marítimas como balizas, pero co paso dos anos estes elementos -fundamentalmente os primeiros- adquiriron unha transcendencia maior mais aló do seu uso como ferramentas para guiar o tránsito marítimo. Non hai que esquecer que as persoas que pensan nos faros só como lanternas nocturnas son as menos e, hoxe por hoxe, estes espazos foron convertidos en reclamos turísticos e culturais en moitas vilas do territorio. Mesmo as diferentes autoridades portuarias responsábeis da xestión destas luces recoñecen o seu valor patrimonial após o paso do tempo as tornar nun elemento máis da paisaxe tradicional No verán, no que a afluencia de xente a lugares como o faro Fisterra é aínda máis notábel -tamén hai visitas a outros faros non vinculados ao Camiño de Santiago como Estaca de Bares, o Roncudo (Ponteceso), o faro da Illa de Ons (Bueu) ou A Guía (Vigo)- que en épocas máis complexas en termos de meteoroloxía, queda claro que esas infraestruturas teñen un punto de atracción quer para visitantes de fóra da Galiza, quer para as e os propios galegos. Mesmo as diferentes autoridades portuarias responsábeis da xestión destas luces recoñecen o seu valor patrimonial após o paso do tempo as tornar nun elemento máis da paisaxe tradicional. Non é de estrañar, polo tanto, que autoridades portuarias como a de Ferrol-San Cibrao asuman como "un patrimonio cultural todos os seus sinais marítimos". Neste sentido, desde esta institución aseguran que darlle ese valor implica que se realicen "continuamente traballos de mellora e mantemento para conservalos, tanto no seu aspecto técnico como na súa fisionomía". Na demarcación controlada desde Vilagarcía, "o da Illa de Ons está actualmente catalogado como edificio histórico, para recoñecer o seu valor patrimonial". No caso da Autoridade Portuaria de Vigo, van máis aló ao contar cun amplo programa para apoiar ese patrimonio cultural e turístico. "Dentro da nosa estratexia de crecemento contamos cun grupo de traballo sobre Historia e Cultura Portuaria e Marítima", explican fontes da institución, que aclaran que para as tarefas atenden ás opinións e propostas das "principais entidades culturais, museísticas e universitarias da cidade e da súa área de influencia". Unha verdadeira ágora creada arredor dun punto de luz. Trabállase para "dinamizar a actividade económica a través dun turismo sostíbel" xa sexa cos faros como nexo central ou ao elixir outros elementos patrimoniais vinculados á vida no mar das e dos galegos Promoción para un turismo sostíbel "Un dos principais asuntos sobre os que se fixo fincapé nos últimos anos é a preservación e promoción do patrimonio marítimo, para que sexa útil" tanto agora como "transmisíbel ás futuras xeracións". Así, entre outras cuestións, trabállase para "dinamizar a actividade económica a través dun turismo sostíbel" xa sexa cos faros como nexo central ou ao elixir outros elementos patrimoniais vinculados á vida no mar das e dos galegos. Tamén en Vilagarcía, a institución atópase entregada no recoñecemento destas torres que iluminan o camiño dos barcos pola noite como algo máis. "A Autoridade Portuaria outorga grande importancia aos faros como elemento patrimonial: somos participantes activos na International Association of Marine Aids to Navigation and Lighthouse Authorities (IALA) dentro dos grupos de traballo de Patrimonio, redactores da guía de usos complementarios da IALA, membros da organización e relatores da primeira exposición mundial sobre o patrimonio de faros etc.", enumeran desde o organismo xestor. "O patrimonio cultural dos faros históricos vai mais aló dos valores arquitectónicos do edificio, atinxindo tamén a cultura e historia marítima da zona, así como os elementos de seguridade marítima e o patrimonio industrial", inciden desde Vilagarcía, amosando así o interese para foráneos pero tamén para a xente de cada lugar. A Torre de Hércules, o faro romano máis antigo que continúa en funcionamento, obtivo xa hai 11 anos o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade da Unesco Na Coruña tamén conta o patrimonio, aínda que a principal representación deste sexa obxecto dunha cesión da xestión. A Torre de Hércules, o faro romano máis antigo que continúa en funcionamento, obtivo xa hai 11 anos o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade da Unesco e o décimo aniversario dese acontecemento foi celebrado cunha festa no parque escultórico dos arredores. Desta demarcación tamén teñen especial sona os faros de Fisterra e do Roncudo (Ponteceso), por exemplo. Proba dese interese que espertan as balizas mariñas do país é o feito de que existan e existiran proxectos de aloxamento nas inmediacións. Ao tempo que un pequeno grupo de fareiras e fareiros resisten na Galiza mantendo o oficio tradicional -condenado a desaparecer polos avances técnicos e as dificultades actuais para vivir nas contornas onde están os faros-, distintos grupos empresariais explotan o gusto da xente por durmir co baile das lanternas. Nestes momentos polo menos seis instalacións teñen a súa vivenda malia que é complexo falar coas e cos traballadores, que após anos de chamar a atención prefiren regresar ao anonimato. En Fisterra funciona desde hai moitos anos o hotel O Semáforo e hai interese por crear negocios noutros destes destacamentos privilexiados da costa galega Distintos aproveitamentos para estes espazos Respecto do aproveitamento daqueles lugares sen inquilinos, un dos exemplos máis recentes é a hospedaxe que naceu na pequena construción de Illa Pancha, en Ribadeo, onde hai dous apartamentos de luxo. En Fisterra funciona desde hai moitos anos o hotel O Semáforo e hai interese por crear negocios noutros destes destacamentos privilexiados da costa galega. En Vigo, por exemplo, consta certa atención ao faro Silleiro (Baiona). "Malia que na Autoridade Portuaria solicitouse información en relación a outros faros, non se concretou ningún proxecto", engaden desde Ferrol-San Cibrao. Contrastan lugares como Punta Cabalo, na Illa de Arousa, sobre o que a autoridade portuaria pertinente explica que existe un negocio de restauración desde hai varios anos. "A Autoridade Portuaria de Vilagarcía convocou senllos concursos e adxudicou as correspondentes concesións nos faros de Corrubedo (Ribeira) e Punta Insua (Lariño, Carnota) para o aproveitamento do potencial turístico dos faros, facilitando a utilización de espazos nos mesmos que non son necesarios para a súa función principal, como axuda á navegación, para a creación de estabelecementos hoteleiros", recoñecen. Pódese pensar nun aproveitamento como hospedaxe e hostalaría pero tamén como recurso museístico. A estas alturas, cunha pandemia mundial de por medio, o plan "máis adiantado é o do faro de Punta Insua" no que abriu un hotel de dez habitacións este mesmo verán. Tamén consta dunha taberna nunha das construcións auxiliares. Paga a pena consultar, polo menos, as imaxes destes negocios en puntos estratéxicos da xeografía galega. Pódese pensar nun aproveitamento como hospedaxe e hostalaría pero tamén como recurso museístico. É o que ten acontecido co inmóbel do faro de Mera (Oleiros) -que realmente está composto por unha enfilación de dous sinais marítimos situados a diferentes alturas-, pois alí pódense observar algunhas das particularidades da zona ou gozar das vistas desde unha terraza habilitada para o acceso de parte das visitas. Outra posibilidade, especial pola súa condición, é a da apertura da Torre de Hércules. Iso si, a maior parte do ano requírese o pagamento dunha entrada e en plena pandemia é preciso reservar praza para acceder ás diferentes visitas. Mais non sempre é posíbel entrar nestas infraestruturas. O máis habitual, se non son obxecto doutro aproveitamento lonxe da sinalización do camiño á frota, é que as administracións responsábeis os teñan fechados ao público. Alí onde resisten os fareiros hai certo movemento; alí onde todo está mecanizado só hai visitas para reparacións ou, no seu caso, para mudar de bombilla. Ou, como caso illado, acoden amantes da ornitoloxía, como sucede na contorna de Estaca de Bares. "Os faros non se poden visitar no seu interior, pero as zonas máis concorridas son as de Estaca de Bares e Cabo Ortegal, malia que todos teñen un grande interese paisaxístico pola súa situación", recoñecen fontes da autoridade portuaria máis ao norte. "Tamén gañou popularidade nos últimos anos o camiño cara a baliza de punta Socasto, máis coñecido como Fuciño do Porco (O Vicedo)", engaden. Pola contra, desde Marín-Pontevedra destacan que o que se pode ver por dentro é o de Ons (Bueu), pero só en determinadas condicións e sempre que se obteña a autorización. Elementos instalados pola sociedade pero con historia Os puntos de peregrinación van mudando co paso do tempo, igual que o fan as contornas destas peculiares lanternas, pero moi poucas desapareceron. Unha das excepcións atópase na demarcación controlada desde Vigo, pois antes do actual faro Silleiro houbo outro do que se conservan algúns restos. Malia que estes elementos –ou ferramentas, segundo o punto de vista– apareceron na xeografía galega da man do home, o certo é que xa son parte dela e a súa falta deixaríase notar. Tamén a súa historia o fixo e, ademais das curiosidades técnicas que poidan levar aparellados, os faros teñen as súas anécdotas. Por exemplo, desde a xestora Marín-Ría de Pontevedra fan referencia ao acontecido coa "torre-baliza Picamillo". Esta pasou longo tempo sendo un recheo na ría, sen torre nin luz, pola súa polémica localización. Fora reclamada polo Pósito de Pescadores do Grove en novembro de 1930 e rematada en 1933. A Autoridade Portuaria de Vigo, pola súa banda, presume de ter o primeiro faro construído no país a excepción da Torre de Hércules. "En 1842, poucos meses despois da creación da Comisión de Faros" estudouse a necesidade dun faro na ría de Vigo "como consecuencia da petición que os comerciantes Menéndez e Barcena realizaron ante o cónsul inglés na Galiza". Na súa solicitude pediron o visto e prace para "colocar no balcón da súa casa unha luz que servise de sinal aos vapores ingleses que frecuentaban o porto". "O ministro de Estado decidiu denegala por razóns de 'conveniencia e decoro'", mais aprobouse instalar unha lanterna permanente no Porto, que sería financiada e atendida polo Goberno español e complementaría a prevista para as Cíes. Así, converteuse en 1842 no Faro da Guía, "sendo un dos primeiros faros de España". Un camiño para gozalos Tal é o valor patrimonial, cultural e paisaxístico que se lles fornece aos faros na Galiza que mesmo naceu unha ruta de sendeirismo vinculada a oito deles. Este percorrido de 200 quilómetros pola Costa da Morte non deixa de alcanzar sona, iluminado polos seus sinais marítimos, as vilas, a gastronomía e as vistas. O Camiño dos Faros, que conta con páxina web propia, é un itinehrario que nace en Malpica, coa torre das Illas Sisargas no horizonte e vai morrer -ao igual que o Camiño de Santiago se se quere estirar como se facía no pasado- ao pé do faro Fisterra. Con oito etapas por enriba dos 20 quilómetros, malia as complicacións variábeis, a chegada ou o paso xunto a calquera das infraestruturas, que fan case como fitos no percorrido, é unha celebración. Momento ideal para gozar das luces de Punta Nariga, Vilán, Roncudo, Laxe, Muxía e Touriñán. |
PRAZA_10833 | Iso non funciona porque non é real non é operativo e o tempo pasa, sen que o día a día e os problemas das persoas sexan o centro da política, no rupturismo o centro da política son eles mesmos e de tanto xogar á "nova política" conseguiron rachar algo, o seu propio espazo. | Todos inimigos do 1.978, do réxime e do seu continuísmo, todos a defenestrar o feito por moitos e moitas, todos e todas a romper co mito de 1.978 como primeiro paso da estratexia política de "tomar el cielo por asalto" unha forma de canalizar o movemento do 15M cara unha causa fácil de defender e de vender. Unha acción política que tiña a súa lexitimación en que o café para todos á larga foi un freo no camiño político do estado das Españas, si das Españas, que son varias. Un mensaxe de ruptura de formar un novo ciclo e de falar de cousas mal feitas e feridas mal pechadas. Todo moi certo, a transición é hoxe unha lousa na correlación de forzas e na relación de pobos, a Constitución é unha ferramenta desfasada e seca, que cómpre modificar e que os partidos usan como dogma e arma de confrontación, mais tendo unha base sólida e un mensaxe fácil o rupturismo fracasou e vai camiño de ser residual, por que? Poden ser moitas as causas pero coido que non analizaron ou si o fixeron fracasaron, que no fondo a constitución española non deixa de ser unha ferramenta de cohesión e de relación dos propios partidos protexendo a acción política partidaria e a falsa tradición dos consensos. Precisamente o que tiñan que romper era a forma de facer política partidaria e iso foi o seu fracaso, foron un partido máis, penso que porque querían asaltar o ceo e ter o Ministerio de Interior, o menos rupturista por certo. Entón para máis do mesmo... vale máis malo coñecido... Outro erro foi considerar que con discursos de dogmas e posicións políticas infantís ían conquerir un movemento social, como podes pensar e facer movemento social que te siga cando a todas horas actúas con unha suposta superioridade moral case lindando co bullying á propia sociedade? Xa se facía política antes da "nova política" e facíase boa ou mala que é a única catalogación que se entende. Foi máis simple aínda o rupturismo galego, rachar con todo, participar a xente, orzamentos participativos, asembleas ... rachar co Estatuto. Máis convulso e incoherente sendo unha restra de partidos coas súas estruturas, clásico en Galicia este fenómeno. Ademais dunha ensalada de egos supinos. Fracasaron sendo a segunda forza política. Non é o camiño, os políticos pedimos a confianza da xente, unha confianza por un período para xestionar en base a un proxecto de Pais e de sociedade, non ten sentido elixir representantes públicos para que despois non sexan quen de xestionar porque non poden poñer o seus moitos egos e partidos en común, para despois ter que volver a consultar á xente, iso non funciona porque non é real non é operativo e o tempo pasa, sen que o día a día e os problemas das persoas sexan o centro da política, no rupturismo o centro da política son eles mesmos e de tanto xogar á "nova política" conseguiron rachar algo, o seu propio espazo. |
NOS_5022 | A proposta do Partido Popular encamiñada a reducir o número de parlamentares, supón unha estratexia electoralista cuxo obxectivo é blindar as provincias do interior (Lugo e Ourense) nas que o partido de Núñez Feijóo concentra o maior número de votos. | Nin o manido discurso da falsa austeridade nin o aforro económico ocultan os verdadeiros intereses electorais do PP na redución a 61 do número de deputad@s. O mantemento dos 10 representantes nas provincias máis despoboadas do país, deixa ver os réditos electorais que procura o partido no goberno a través da reforma electoral a poucos meses das eleccións nacionais. Pola porta de atrás, sen apoio popular nin consenso político e coa maior celeridade; así pretende aprobar a redución de 14 deputad@s o PP. Durante tres anos de lexislatura, caracterizados pola política de axustes e recortes promovidos pola dereita tamén no goberno español, o presidente da Xunta de Galiza non fixo aceno ningún que denotase o seu interese por unha outra distribución parlamentar. Mais, a piques de comezar a pre-campaña e cuns inquéritos que apuntan unha importante diminución de apoios ao PP nas vindeiras eleccións nacionais, fixeron espertar no goberno galego o interese de reducir o número de deputad@s, iso si, de acordo coa forquita estabelecida no Estatuto --que garante a súa aprobación coa maioría do grupo popular-- e mantendo unha sobre-representación nas provincias que salvagardan seus intereses electorais. O reparto actual de escanos outorga 10 deputad@s por provincia e 35 de acordo con criterios poboacionais. A achega do PP encamíñase cara ao mantemento d@s dez representantes provinciais e a redución a 20 dos escanos repartidos proporcionalmente á poboación. Eis a sobre-representación das dúas provinciais de menor densidade Lugo (151.530 habitantes) e Ourense (333.257 persoas), cuxa poboación conxunta non supera a da provincia de Pontevedra (963.511 habitantes) e nin se aproxima á da Coruña que conta con máis dun millón de persoas. A provincia como unidade político – administrativa A circunscrición electoral que emprega a provincia como marco (re)produce un efecto vantaxoso cara á forza política máis votada e prexudican aos partidos minoritarios cuxo escano exixirá un custo electoral moito maior. Neste senso, existen dúas realidades sobre a provincia como sistema de organización político – administrativa. Dunha banda, a división provincial responde a unha administración propia do modelo de estado centralista, pois tradicionalmente Galiza vén empregando un outro xeito de organización do territorio baseado nas parroquias e comarcas. Pola outra, o estabelecemento de circunscricións de pequeno tamaño non só produce unha sobre-representación do partido maioritario senón que supón unha perda de proporcionalidade na distribución dos votos e na súa posterior conversión en escanos. Volvendo ao eixo central da cuestión, un voto da provincia de Ourense vale case o dobre que un da provincia da Coruña. A adopción da circunscrición única tanto nas eleccións nacionais coma nas xerais, garantiría non só un sistema electoral máis proporcional senón a equidade entre os votos independentemente do territorio no que foren emitidos. Máis unha reforma partidista A Lei de Eleccións vixente na Galiza desde 1985 foi modificada en dúas ocasións ao longo destes vinte e sete anos desde a súa aprobación. Na primeira das reformas desenvolvida en 1992, o daquela presidente da Xunta de Galiza, Manuel Fraga Iribarne, introducira o limiar electoral do 5% reforzando a posición maioritaria do PP e restrinxindo a entrada doutras forzas políticas. En 2004, Fraga repite escenario e aumenta os prazos de escrutino dos votos procedentes do electorado ausente. Agora no 2012 o Partido Popular encabezado por Núñez Feijóo procura a través da diminución de parlamentares reducir, máis unha vez, a proporcionalidade do sistema electoral pola porta de atrás. Se ben é certo que a proposta do grupo parlamentar popular non exixiría unha maioría reforzada (2/3 da Cámara), a modificación das regras de xogo debería ser consensuada coas demais forzas políticas con representación no Parlamento da Galiza e, en todo caso, pular por unha maior democracia no sistema electoral galego e non atender a fins partidistas-electoralistas como evidencia a proposición d@s populares. |
NOS_55 | Yoya Neira e María Xosé Bravo confrontan as súas visións a respeito da custodia compartida. | A garda e custodia compartida cando non existe acordo entre persoas proxenitoras está no centro do debate social e protagoniza a segunda entrega da sección 5×2, que Sermos Galiza leva ás súas páxinas para celebrar o V aniversario da publicación. Convidamos María Xosé Bravo, licenciada en Psicoloxía, experta en Mediación e ex edila do BNG no Concello da Coruña, e Yoya Neira, avogada, nai de tres crianzas en réxime de custodia compartida e concelleira do PSOE na Coruña a debater sobre se a custodia compartida debe ser ou non preferente. Sermos Galiza. Para comezarmos o debate, María Xosé Bravo, consideras que a custodia compartida ten que ser o réxime preferente nas separacións? María Xosé Bravo. Non estou en contra da custodia compartida, é dicir, de que os proxenitores decidan de maneira conxunta o xeito de regular a convivencia das fillas e fillos, mais hai que facer unhas indicacións terminolóxicas. En custodia compartida, a palabra forte é "compartida", é dicir, dúas persoas póñense de acordo após unha separación para regular a convivencia, pensando nos menores e nelas mesmas. Falar de custodia compartida imposta, até desde o punto de vista terminolóxico, é moi oposto, porque a palabra "imposta" non parece casar ben con compartida. SG. Que opina da custodia compartida "imposta" Yoya Neira? Yoya Neira. Hai unha utilización un pouco retorcida da linguaxe. Cando dúas persoas deciden poñer fin á súa vida en común e teñen fillos, indubidabelmente, salvo que os acordos sexan contrarios aos intereses do menor, ninguén ten que dicirlles como se regulan, pero calquera custodia é imposta no momento en que un dos dous, ou ambos, deciden que a custodia ten que ser para si ou compartida, en caso de que un o decida así e outro non. Polo tanto, é imposta, porque entran nun contencioso, van a un xuíz e é a súa señoría quen decide, en base ás circunstancias que lle presentan e á práctica da proba. Un xuíz imporá que a custodia é materna, paterna ou compartida. Iso impono un xuíz. Cando se falaba de custodia compartida imposta cun pouco de rigor? Cando o PP, en 2013, presenta un anteproxecto en que se formula a posibilidade de que sexa o xuíz quen decida que se pode dar custodia compartida aínda no caso de que ningún dos dous a pida. Iso ten un ditame desfavorábel do Consello de Estado e retírase. Eu estou a favor da custodia compartida preferente. Cando non hai mutuo acordo, o punto de partida do xuíz debe ser a custodia compartida e creo que debe existir unha lei que así o regule. María Xosé. Eu fago unha distinción entre patria potestade e garda e custodia. Polo tanto, cando falamos de corresponsabilidade, pero de dereitos e obrigas, no que ten a ver coa educación dos fillos e co seguimento, iso xa o recolle o ordenamento xurídico. Aquí xa hai estas dúas figuras contempladas así e nais e pais teñen obrigas e dereitos sobre o seguimento, sobre a educación, sobre a convivencia… e iso non o teñen países da nosa contorna. Yoya. Son cousas diferentes, a patria potestade é compartida e permíteche tomar decisións fundamentais sobre a vida dun menor. María Xosé. Eu pregúntome, quen vai ser a administración que vixíe esa cuestión tan subxectiva como é a custodia? Eu, que quede claro, en ningún momento estou a esixir a custodia exclusiva para as nais, en absoluto. O feminismo, nese sentido, defende unha custodia compartida entendida como corresponsabilidade, pero a corresponsabilidade ten que vir antes da separación. Verdadeiramente, na nosa sociedade os homes non se ocupan dos coidados igual que as mulleres. Así o recollen as estatísticas do INE ou do Instituto da Muller, e desde hai moito tempo nada se mellorou. Os coidados seguen a ser obriga exclusiva das mulleres e parece que no momento da separación, un dos cónxuxes decide que quere ser responsábel. Se fosen corresponsábeis sempre,se cadra, non se chegaba a ese conflito. Yoya. É certo que aquí hai unha regulación diferenciada do que é a patria potestade e a garda e custodia. A patria potestade é compartida na meirande parte das ocasións e afecta a decisións transcendentes da vida dun menor. A garda e custodia é o réxime de convivencia diaria, o que distingue o pai dunha axencia de Port Aventura as fins de semana. E aí o Supremo fixo o que non tivemos a valentía de facer os grupos políticos, porque existen grandes discrepancias ao redor da regulación para estabelecer a custodia compartida como réxime preferente. Son posturas moi diferentes porque tocan quizais o máis sensíbel que un ten: a crianza dos fillos. Desde o 2013, o Supremo xa di, a diferenza do Código Civil, que o réxime de custodia compartida non vai ser o excepcional, ten que ser o desexábel, o normal, e teñen que darse unha serie de circunstancias para iso. E unha delas é como foi a relación de pais e nais previa á separación. Se o pai contribuíu ao coidado dos menores ou non o fixo, se o fixo en maior ou menor medida,se responde exclusivamente a unha distribución dos roles aceptada por ambos ou a un desleixo… E en base a todo iso outórganse ou non as custodias compartidas. É moi difícil ser pai cunha fin de semana e un par de visitas entre semana. Claro que aquí hai outras cuestións. Colectivos anticustodia compartida din que en moitas ocasións o que subxace detrás de tantas peticións de custodias compartidas é o tema dos alimentos, de rebaixar as pensións alimentarias. Iso é descoñecer a realidade. SG. En cambio, a custodia compartida non exime do pago dos alimentos, non? Yoya. Así o di o Supremo, ti podes solicitar unha custodia compartida do teu fillo pero se te atopas nunha situación económica moito máis favorábel que a da túa ex parella vas ter que contribuír cos alimentos. En moitas ocasións, hai unha cerrazón absoluta á custodia compartida por dúas razóns: en primeiro lugar, porque as mulleres temos un sentimento de propiedade cos fillos que ás veces roza o patolóxico e por un tema económico, porque quen ten os fillos ten a vivenda, e tena até o final, e con independencia de que sexa propia, fose cedida por parte dos avós ou se estea pagando a hipoteca. En ningún momento, os fillos poden supoñer a salvagarda económica dos pais nin das nais. Se nós, casados, decidimos pactar voluntariamente o reparto das tarefas dunha determinada maneira, agora é diferente. Eu non cociñei na vida, agora teño que cociñar; eu non ía ao fútbol na vida, agora teño que ir. María Xosé. Cando falamos de corresponsabilidade, pareces partir dunha sociedade idílica, igualitaria en canto a obrigas e deberes de mulleres e homes, e non é así. E é importante que teñamos este debate agora, nunha sociedade en que os coidados foron sempre exercidos polas mulleres. O que ti dis, "sentímonos propietarias dos fillos", iso é moi, moi inxusto. A pregunta é, cantos piden a custodia compartida? Dise que, aproximadamente, un 10%. Non hai custodias compartidas porque non se solicitan. E non se solicitan porque estamos nunha sociedade tremendamente desigual. E ir cunha ILP [refírese á proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parental e de relacións familiares no cese da convivencia] que sobredimensiona o aspecto económico… SG. Por que o dis, María Xosé? María Xosé. De seis capítulos dos que se compón a ILP dedícalle un enteiro á vivenda. No fondo, o que se conta é "queremos a custodia compartida imposta porque a muller queda coa vivenda que era dos dous…". Este é un momento económico moi difícil onde hai xente, con postos de traballo, xa non falo de desempregadas e desempregados, que está nunha situación de pobreza e atópase con que non ten vivenda. O xeito en como a ILP regula isto levaranos a uns problemas de moita gravidade… que estaremos na rúa en contra dos despexos, de nais con fillas e fillos, un día si e outro tamén. Yoya. O dereito á vivenda, María Xosé, non pode ser infinito. Sempre vemos esa parte, pero a xustiza non só se ve desde un punto de vista. Estou a favor da ILP, pero é un texto mellorábel. É certo que estamos nunha non igualdade real, as mulleres collen as reducións de xornada porque o seus salarios son máis baixos… pero o elemento corrector non pode ser quen queda cos fillos. María Xosé. Eu se vivísemos nunha sociedade igualitaria… A defensa da corresponsabilidade sempre a defendín, pero falamos de que nun momento de ruptura alguén impoña unha custodia compartida, en contra do parecer das partes. E nunha sociedade onde a pobreza ten nome de muller. A ILP sobredimensiona o problema económico, non vai sobre os dereitos das nenas e nenos a que seus pais exerzan sobre eles a educación.Nunha separación, deberiamos buscar fórmulas que rebaixen o nivel de conflito e dor e a custodia compartida parece, desde logo, aumentar o nivel de conflito e de dor e de control das administracións. E en casos de violencia machista? Outra das cuestións que dividen colectivos a favor e en contra da custodia compartida como réxime preferente ten a ver coa violencia machista. María Xosé Bravo alude ao artigo 9.5 da ILP "Lei de Corresponsabilidade Parental", "fálase de denegar a custodia compartida no caso dunha persoa condenada penalmente e en sentenza firme por un delito de violencia" E logo dunha denuncia e mentres non hai sentenza? Este texto é un retroceso, a lei actual fala de "indicios fundados de violencia" para denegar a custodia compartida. Se temos que esperar a sentenza firme… Debería tomarse esta medida cando exista unha denuncia. Yoya Neira explica que "a mera denuncia" non a recolle nin o Código Civil nin ningunha lexislación autonómica. "Entre a denuncia e a sentenza hai varios estadios procesuais", engade. Neste punto, amósase partidaria de seguir "a redacción actual do 92.7 do Código Civil ou as demais lexislacións autonómicas". É dicir, "non se dará a custodia compartida cando o xuíz teña indicios de violencia de xénero". Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 244, publicado a 4 de maio de 2017. |
NOS_20440 | Mesmo en pandemia as eleccións galegas volven deixar acusacións por carretaxe a colexios electorais de persoas maiores. As catro residencias sinaladas polo transporte de anciáns da man de monxas e persoal do centro pertencen á mesma congregación relixiosa: Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados. | Varias residencias de maiores convertéronse en foco de críticas e denuncias por novos episodios de "carretaxe" durante a xornada electoral do domingo. As redes impregnáronse desde a mañá do 12-X de fotografías e vídeos que amosaban o transporte de anciáns residentes a colexios electorais en coches e da man de monxas e persoal de centros privados. As acusacións apuntan a catro residencias, todas elas pertencentes á mesma congregación relixiosa, Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados, a terceira entidade en número de centros de maiores na Galiza, despois da corporación DomusVi e da fundación relixiosa San Rosendo. Nos centros que esta entidade ten en Verín, Viveiro, Ourense e Pontedeume é de onde proceden as fotos e vídeos que denuncian a carretaxe. Porén, no pasado xa houbo denuncias que mesmo chegaron a xuízo en centros de Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados, como foi o caso rexistrado en Lugo no ano 2012. O nome da congregación viuse ademais empañado hai ben pouco tempo pola crise do coronavirus, sendo a súa residencia na Coruña (chamada Santa Teresa de Jornet) un dos puntos máis dramáticos da pandemia. Oficialmente neste centro houbo 7 maiores falecidos por coronavirus, aínda que serían 15 segundo a federación galega de usuarios de familias da dependencia e residencias Rede. A entidade sinala 15 e non 7 xa que a Consellaría de Política Social só recolle aquelas usuarias que morreron dentro das instalacións da residencia, contando á parte as que faleceron no hospital, logo de seren trasladadas alí desde a residencia. Este centro é "un dos máis problemáticos á hora de ofrecer cifras certas de falecementos, pero calculamos que estarán en 15", di Paulino Campos, presidente de Rede, a Nós Diario. Campos adiantou a este medio que desde Rede denunciarán os casos de carretaxe nesas catro residencias de Las Hermanitas e sinala ademais que están traballando para demandar a entidade polo trato que dan ás persoas maiores. "Temos a certeza de que en varias das residencias de las Hermanitas se dan situacións abusivas coas persoas maiores, sobre todo na da Coruña", resalta Campos. O presidente de Rede asegura que varios familiares testemuñan que os maiores residentes son postos a realizar actividades non remuneradas como traballos de portaría, xardinaría, condución de furgonetas... "cun horario similar a unha xornada laboral, polo que as monxas aforran contratacións", critica Campos. O BNG leva a residencia á Xunta Electoral en Ourense O Bloque Nacionalista Galego denunciou o domingo a carretaxe de maiores na residencia San Xosé da parroquia de Rairo, Ourense. A formación nacionalista sinalou que varias das maiores transportadas se atopan coas capacidades físicas "minguadas" e que, ademais, no centro permanecen prohibidas as visitas por mor do coronavirus. Entre as acompañantes das residentes ao colexio electoral atopábanse monxas e persoal do centro, así como outras persoas que non eran familiares das mesmas, denunciou o Bloque. Desde Rede tachan de incompresíbel que esta residencia, tal e como denuncia o BNG, siga sen permitir visitas de familiares pero si leven a un colexio as e os maiores. A incomprensión das familias plasmouna Celtia, unha moza ourensá que ao ver o vídeo-denuncia do BNG soubo que a súa avoa era levada a votar. "A miña avoa é unha delas. Isto é unha vergoña e imos denunciar. Enterámonos de que sacaron a nosa familiar (levando máis de tres meses sen vela por protocolo) grazas a este vídeo", escribiu Celtia na rede. Saír da residencia co voto No Fogar de Santa María, nome do centro de Las Hermanitas en Verín, viuse durante a mañá do 12-X monxas e persoal empurrando cadeiras de rodas con persoas maiores, co voto na man desde a residencia, para levalas até o colexio electoral. Non son estraños neste centro os desprazamento de maiores cando hai comicios, só que neste caso, o colexio estaba máis afastado do centro que outras veces, polo que o percorrido foi "máis vistoso". Un vídeo en Twitter denuncia tamén carretaxe en Viveiro, na comarca da Mariña, afectada polo rebrote do virus. As maiores procedían da residencia Betania, de Las Hermanitas. Ademais, veciñanza de Pontedeume enviou o domingo pola mañá un vídeo a Nós Diario denunciando a carretaxe de persoas maiores procedentes da residencia que Las Hermanitas teñen neste concello. O PP xa carretou nas Hermanitas e foi a xuízo Non é a primeira vez que unha residencia de Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados resulta inmiscuída nun caso de carretaxe de maiores para votar. José Luis Iravedra, antigo tesoureiro do PP e ex dirixente do partido en Lugo, así como tres afiliados da formación de Núñez Feixoo, resultaron imputados por carrexar anciáns con demencia nas eleccións galegas de outubro de 2012 desde a residencia das Hermanitas de Lugo. A Audiencia Provincial acordou que si houbo carretaxe por parte dos acusados, mais considerou que non encaixaba nos delitos tipificados na lei electoral, polo que ditou o arquivo da causa contra eses militantes do Partido Popular. "O reproche ético e social que merecen feitos" como eses non son "constitutivos de ningunha das infraccións penais ás que se referiron" a acusación e a maxistrada que enviou o caso a xuízo, considerou a Audiencia Provincial anos despois, en abril de 2017. |
PRAZA_8930 | A coordinadora nacional de EU e o voceiro da formación na Coruña, César Santiso, reuníronse con Ana Cedeira, portavoz da Plataforma de afectados da comarca. Díaz pediulle a Feijoo que negocie con FROB e ocs responsables do banco. | A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, e o voceiro da formación na Coruña, César Santiso, reuníronse con Ana Cedeira, portavoz da Plataforma de afectados polas preferentes da comarca. Díaz pediulle ao presidente da Xunta "que exerza como tal" e solvente este grave problema que ten milleiros e milleiros de persoas en Galicia, "de non ser así a conflitividade social irá en aumento, porque estas persoas estano a pasar moi mal e teñen que volver desenvolver a súa vida con normalidade". Ademais, demandou "que se volvan axilizar as arbitraxes que, casualmente, unha vez pasadas as eleccións están case paralizadas". Yolanda Díaz afirmou que é posible devolverlle os cartos ás familias aforradoras,"porque o banco é noso é público, de todos e todas nos. Só é necesaria vontade política" para "estar cos de abaixo e non defender aos que se enriquecen a costa dos aforradores" Yolanda Díaz afirmou que é posible devolverlle os cartos ás familias aforradoras,"porque o banco é noso é público, de todos e todas nos. Só é necesaria vontade política" para "estar cos de abaixo e non defender aos que se enriquecen a costa dos aforradores". A covoceira do grupo parlmentar de AGE esixiu que NGB poña ao sevizo dos preferentistas os máis de 21 millóns de euros de beneficios obtidos neste primeiro trimestre, "xa que presumen de beneficios que paguen aos estafados", dixo. Pola súa banda, César Santiso esixiulle ao goberno municipal que ceda un local digno no pazo de María Pita porque "os afectados polas preferentes son coruñeses e é a obriga da corporación atender as súas necesidades". Finalmente Ana Cedeira agradeceulles aos grupos municipais da oposición que lles cedesen as súas oficinas para poder facer o peche, e solicitoulle ao alcalde a sala de exposicións, "porque é un lugar que pertence ao pobo da Coruña e non queremos molestar aos compañeiros de EU, PSOE e BNG". Cedeira afirmou que "non imos parar este peche nin ningún outro peche en Galicia, ao contrario, crecerán, aumentarán, até que o último de nos se retire co seu diñeiro a súa casa" e chamou a todos os afectados por preferentes e subordinadas a que se acheguen ao concello, "a casa de todos", e a que "perdan a vergonza, que perdan o medo" porque na cidade da Coruña "son máis de 4.000 os afectados que non están en proceso de arbitraxe". |
NOS_17968 | A XVI Asemblea Nacional do BNG -a realizar a fin de semana do 25-26 de Marzo na Coruña, no Palexco- vai ser de participación masiva, se termos en conta o elevado número de persoas que se teñen inscrito para participaren no conclave. Este sábado o Consello Nacional debaterá e ditaminará as 296 emendas aos textos que chegan desde as asembleas comarcais. | 2.400 persoas inscritas para tomaren parte na XVI Asemblea Nacional do BNG, resultado da adición de 2.100 militantes e 300 simpatizantes. 296 emendas aos textos formuladas desde as distintas asembleas comarcais. 14 propostas de alteración ou engádega ao informe de xestión da dirección saínte e un total de 38 suxestións de accións políticas para o seu desenvolvimento por parte do BNG no próximo período inter-asemblear. Desta volta non foi apresentada nengunha emenda á totalidade aos textos nen tampouco foi formulado nengún voto particular. Estes son, grosso modo, as grandes cifras do proceso asemblear dadas a coñecer esta sexta feira en conferencia de imprensa por Goretti Sanmartín e Rubén Cela, integrantes das áreas de Organización e Comunicación, respectivamente. Sanmartín e Cela explicaron que este sábado o Consello Nacional saínte debaterá e ditaminará as emendas provenientes das asembleas comarcais e dará o visto bon definitivo aos textos que se submeterán á consideración da militancia do BNG no marco da asemblea de Palexco. Alén de analisar os textos, o Consello Nacional aprobará este sábado unha proposta de candidura para a dirección entrante, composta de 50 integrantes. Os primeiros 19 nomes son os propostos para formaren parte da Executiva Nacional. Foron todos eles eleitos entre as 137 persoas candidatadas polas asembleas comarcais para estaren nos órgaos de dirección da organización frontista. Recoñecimento ao traballo de Xavier Vence Os meios interesáronse por coñecer a opinión do BNG sobre a decisión de Xavier Vence de poñer fin á súa militancia na organización (até o de agora a formación frontista non realizara ningún pronunciamento oficial, nen verbal nen escrito). Cela combinou na súa resposta dous elementos. Primeiro, o respeito á decisión -"aínda que nos gustaría que fose doutra maneira porque son dos que pensa que no BNG non sobra ninguén, senón que se constrúe sobre todo coas ideas, o esforzo e a entrega da militancia". Segundo, o recoñecimento ao traballo feito por quen foi portavoz nacional no período 2013-2016. "É absolutamente recoñecido polo BNG o traballo realizado por Xavier, tanto no ámbito económico como especialista de prestixio como no ámbito político e organizativo, asumindo a Portavocía nacional nun momento complexo, encabezando unha dirección que fixo un traballo difícil nun contexto nada doado", explicou Cela. En todo caso, o responsábel de Comunicación do BNG puxo en destaque o crecimento da organización nos últimos meses -máis de 800 altas desde as eleccións galegas- e enfatizou que "un proxecto de país sen dependencias, como o que representa o Bloque, é máis necesario ca nunca". |
PRAZA_20586 | O presidente da Xunta di "seguir contando coa intercesión do Apóstolo" para abordar asuntos políticos como a crise, a violencia machista ou a estrutura territorial do Estado | A axenda pública do presidente da Xunta neste Día Nacional de Galicia ten este 2017 dúas citas. A que ocupa maior número de horas é o exercicio como delegado do rei na ofrenda ao Apóstolo Santiago na catedral compostelá, á que chegou tras representar o xefe do Estado nun acto militar na Praza do Obradoiro. Xa no templo, onde foi recibido polo arcebispo, Julián Barrio, Alberto Núñez Feijóo pronunciou unha "invocación" na que pregou ante o altar maior da basílica pola "unidade" de España. Dende un chamado a resaltar a importancia de que un presidente de comunidade autónoma sexa o elixido por Filipe VI para este labor, Feijóo sinalou que neste evento relixioso non expresa só o sentimento do rei, senón que tamén "se trata de traer ante o patrón de España innumerables ofrendas anónimas" que parten do "respecto" á "tradición" do Apóstolo, en torno ao que "medra a conciencia europea" e o Camiño de Santiago como "primeiro parlamento que tivo Europa", dixo. Con este pano de fondo o discurso do xefe do Goberno galego elevou pregarias ligadas a asuntos políticos como a "política prudente e eficaz de acollida" dos "refuxiados que fuxen de diferentes infernos terreais e han de ser tratados con xenerosidade" ou o terrorismo, que "aínda que se enmascare de forma falaz en ideas relixiosas ou na defensa de teses nacionalistas", ten o "odio ao diálogo" como "única base". Feijóo contrapón este escenario co da España que "foi medrando" en torno "ao padroado de Santiago" como "sinónimo de liberdade, paz e convivencia". "Son innumerables os motivos para sentir o lexítimo orgullo de pertencer a unha nación sen cuxo concurso a historia estaría incompleta". O presidente dixo "seguir contando coa intercesión do Apóstolo" para abordar asuntos políticos como a crise, a violencia machista ou a estrutura territorial do Estado Como na entrega das Medallas de Galicia, na xornada do 24 de xullo, o discurso do presidente estivo inzado de mencións implícitas ao soberanismo catalán. Así, Feijóo pediu ao santo "vontade e decisión" para que a "obra" de España "non se malogre por culpa de egoísmos, insolidariedades ou fivolidades" e para isto, "a razón ha de estar apoiada pola lei e a lei, pola razón". A crise económica ou a violencia machista foron outros dos "problemas, conflitos e desesperanzas" para os que Feijóo dixo "seguir contando coa intercesión do Apóstolo". "O delegado rexio quere representar cidadáns libres que anhelan un futuro en liberdade para aqueles que virán despois de nós", concluíu unha intervención que foi respondida polo arcebispo de Santiago cunha homilía na que chamou a "non esquecer o legado da nosa historia", a "non construír o propio sen velar polo próximo" e instou a "recuperar a centralidade da dimensión relixiosa na vida". |
NOS_51282 | A CIG anima o persoal a vestir desta cor en demanda dunha modificación da xornada laboral. | Unha xornada laboral que permita conciliar. Esta é a demanda que hai na iniciativa promovida pola CIG na sede central de Pull&Bear, Narón, e pola que anima as perto de 200 traballadoras e traballadores desta firma que fai parte do grupo Inditex a vestir de negro nas sextas feriras. "O obxectivo desta acción é visibilizar unha demanda "que ten como primeira reivindicación saír nas sextas feiras ás 15:00 horas, ao igual que sucede nos meses de verán", explica o sindicato nacionalista. "Trátase dunha campaña da sección sindical que pretende modificar a xornada laboral, para que esta permita conciliar ao persoal", sinala Fran Cartelle, secretario confederal de Emprego da CIG. Neste senso, apunta que está constatado que a produtividade da empresa (que forma parte do Grupo Inditex) non é escusa para non modificar a xornada, "pois durante os catro meses de verán nos que xa se conta con ese horario, esta non se veu prexudicada de ningún xeito". |
NOS_1598 | Os viños galegos son xa coñecidos en todo o planeta pola súa excepcional calidade. Nos últimos tempos, tamén as cervexas artesás, as sidras e os licores están a contar cunha crecente demanda tanto na Galiza como a nivel internacional. É preciso seguir apostando por estes produtos locais para que se consoliden no mercado. | A publicidade foi sen dúbida un dos sectores que máis cambiaron o panorama do consumo nas últimas décadas. Vivimos nun constante bombardeo publicitario no que se anuncian produtos que moitas veces nin queremos nin necesitamos. Un bombardeo que ás veces semella imperceptíbel, invisíbel, pero que consegue agromar dentro dos espectadores unha pequena necesidade innecesaria que medra pouco a pouco. Que llo digan a Truman, quen, sen saber que vivía nun show televisivo, era vítima directa de numerosos anuncios publicitarios como o de "Mocacao, feito con sementes naturais dos montes de Nicaragua sen edulcorantes artificiais". Hai quen di que as marcas que consumimos definen a nosa personalidade. Toda marca que comercializa un produto conta tamén cuns valores e uns obxectivos que, como individuos, podemos compartir ou non. Se ben a finalidade obvia de todas elas é conseguir uns beneficios económicos, hai algunhas que, ademais, tamén apostan polo desenvolvemento dun consumo de proximidade que axude a dinamizar a economía local. Normalmente, estas últimas son empresas pequenas de produción artesanal. Se por algo destaca o noso país na economía internacional é pola calidade dos seus produtos gastronómicos e dos seus viños. Mais ademais do marisco, do peixe e do albariño, que acoden de inmediato á mente cando se pensa no máis internacional da nosa produción, existe unha nutrida lista de bebidas nacionais de produción artesá, cervexas, viños, sidras e licores, cuxa extraordinaria calidade está a impulsar unha nova forma de turismo que promove o coñecemento da cultura da produción tradicional destas bebidas, ofrecendo experiencias únicas nos seus propios lugares de orixe. Sen dúbida, a bebida máis recoñecida da Galiza e que atrae miles de persoas cada ano para visitar a súa fábrica é a cervexa Estrella Galicia, da Corporación Fillos de Rivera. A marca produce 175 millóns de litros cada ano das súas diferentes variedades de cervexa na súa fábrica da Coruña e exporta a numerosos países do mundo. Mais ao lado deste gran xigante existen outras empresas de cervexas artesanais que, malia seren máis pequenas, ofrecen unha calidade en moitos casos claramente superior a aquela. As cervexas Colmo son un bo exemplo deste tipo de produción. A orixe desta variedade IPA está nun incendio na aldea de Vilarello dos Ancares. Co fin de recuperar as terras e revitalizar o solo, realizouse no lugar unha gran plantación de centeo. Unha parella que participou nesta tarefa decidiu empregar o cereal para elaborar a cervexa Colmo, ao tempo que empregaba a palla para teitar as pallozas e hórreos da zona, dentro dun proxecto integral destinado a pór en valor os recursos da zona. Mireia Rodríguez, impulsora da iniciativa xunto con Manuel Gutiérrez, comenta que esta "é unha cervexa feita con todo o noso corazón e con moito amor pola terra. Todos os que coñecen a historia queren colaborar". Nos últimos tempos estanse a desenvolver diferentes iniciativas para darlle visibilidade ás cervexas artesás galegas, como a campaña "Beber Cernanía", que naceu en xuño de 2020, impulsada pola web cervexaartesanal.org que asegura que "en tempos difíciles toca reinventarse, apostar polo produto de proximidade e de calidade", facendo referencia á situación provocada pola pandemia. Algunhas das marcas coas que contan son AleAlé, Aloumiña, A cova da Serpe, Bubela, Augas Santas, A Ferrolana, Doménicus, Nós, Meiga, Píntega, entre moitas outras. A maior parte destas cervexas son de produción ecolóxica. Ademais, o proxecto vende lotes que mesturan varias destas marcas, como o de Terra, para ofrecer así unha degustación completa e variada. Existe unha nutrida lista de bebidas nacionais de produción artesá, cervexas, viños, sidras e licores, cuxa extraordinaria calidade está a impulsar unha nova forma de turismo Os viños galegos tamén contan cunha gran fama mundial. Con cinco denominacións de orixe, Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, os caldos galegos son demandados en todo o planeta, especialmente os brancos, tan apreciados nas grandes celebracións. Na última década, ademais, os viños espumosos de orixe galega, elaborados con uvas do noso país, foron acadando unha importancia crecente e estanse a converter nunha moi boa alternativa aos clásicos champañas, cunha calidade cada vez máis próxima a estes. Algunhas das adegas máis importantes desta variedade de viños son Señorío de Ruibís, Terra de Asorei e as adegas Valdés. A súa gran calidade está a permitir un incremento exponencial no seu volume de facturación anual, tanto a nivel galego, como a nivel estatal e mesmo internacional. Ademais das cervexas e dos viños, o sector da sidra ten igualmente gañado unha importante cota de mercado. A mesma corporación das cervexas Estrella Galicia, Fillos de Rivera, impulsou unha aposta firme pola sidra no ano 2001 en colaboración coa antiga Sidrería Galega, actualmente CustomDrinks, de cuxa unión naceu a recoñecida marca Maeloc. Co nome do bispo de Bretoña do século VI, a sidra Maeloc busca a innovación sen esquecer a tradición. A produción destas sidras baséase nun produto 100% galego, a partir de variedades de mazás do país raxaó, príncipe, pero, rabiosa e verdeña. Ademais, a marca pretende apoiar a comunidade local axudando a promover a produción de mazás galegas de maneira ecolóxica. Actualmente, Maeloc conta con unha boa variedade de sabores das súas sidras e moitos premios recibidos. Con respecto aos licores, ao lado dos máis representativos da Galiza, o licor café e o augardente de herbas, nos últimos tempos foron aparecendo novas variedades de espirituosos que recollen perfectamente a esencia galega, encontrándose entre elas algunhas ofertas sorprendentes, como a de Dr. Zas, o resultado dunha colaboración entre Galicia OriginalDrinks e o Grupo Osborne, que creou o primeiro licor do mundo elaborado con pementos de Padrón. Con trazos picantes pero tamén doces, con sensación de suavidade e de frescura, este licor, que presenta unha cor verde intensa, está dirixido principalmente ás novas xeracións e, desde a súa presentación en 2019, está a conseguir unha excelente acollida. A variedade de bebidas artesás galegas é enorme, polo que cómpre apostar polo produto propio que tamén conta cunha gran calidade. |
NOS_40154 | Recupéranse as obras pero falta a edición crítica total | A lectura dun clásico non remata. É infinda. Segundo as célebres instrucións de Italo Calvino, "un clásico é un libro que nunca termina de dicir o que ten que dicir". A esa categoría pertencen, sen dúbida, varias obras de Rosalía de Castro (Compostela, 1837-Padrón, 1885). Próbano, por caso, as numerosas reedicións, ás veces críticas e comentadas, da que son obxecto. En las orillas del Sar (Xerais, 2019) a cargo de Anxo Angueira; El primer loco (Alvarellos e Consorcio de Santiago, 2019) e a edición facsimilar de todos os seus manuscritos (Boreal Ediciones) son apenas os últimos exemplos. Mais no cuarto hai un elefante: a ausencia dunhas obras completas con aparato crítico e que atendan ademais á inxente produción espallada da poeta. "Rosalía de Castro aínda está deficientemente editada", sinala María do Cebreiro Rábade Villar (Compostela, 1976), autora, canda o catedrático de Princeton Germán Labrador (Vigo, 1980), do sorprendente e complexo estudo introdutorio da novela El primer loco, "aínda que houbo avances nos últimos anos". Amais das citadas, o propio Angueira (Dodro, 1961) tamén deu ao prelo as últimas edicións dispoñíbeis de Cantares Gallegos (Xerais, 2013) e Follas Novas (Xerais, 2016). Pilar García Negro revisitou os Cantares en Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (Alvarellos, 2013). "Porén, aínda falta unha edición que poidamos considerar canónica, unha edición filolóxica convencional", engade Rábade Villar para Nós Diario. Murguía e Madrid A primeira tentativa de reunir a escrita de Rosalía aconteceu entre 1909 e 1912. O responsábel, Manuel Murguía. E a editorial, Librería de los Sucesores de Hernando, de Madrid. En catro volumes. "Tivo moito impacto", considera Angueira a este xornal, "pero non só por aspectos positivos. En todo caso, foi pioneira". Entre a morte da escritora e a etapa final dun rexionalismo a piques de desembocar nas Irmandades da Fala, o seu viúvo inicia "o proceso de canonización moderna de Rosalía", en palabras de Rábade Villar. Que, dalgún xeito, se afianzou con outras obras completas, as editadas e prologadas por Victoriano García Martí na editorial Aguilar (Madrid) en 1944, enormemente populares. "Tampouco resulta un asunto menor que se publicasen en Madrid", acrecenta, "para entender o que fan Murguía e Rosalía cómpre atender sempre ás relacións entre centro e periferia". Mais trátase de edicións enfocadas antes ao público lector ca a investigadoras ou estudosas. Como algunha das que se fixo de Cantares Gallegos nas comunidades galegas migrantes de América na posguerra e que, a dicir de Angueira, "foron fundamentais, e non por razóns filolóxicas". O enorme relevo popular de Rosalía de Castro tamén se forxou con estas iniciativas xurdidas desde abaixo.Angueira, que na súa introdución a En las orillas del Sar teoriza sobre o "intenso carácter nacional galego" do volume, atribúe a carencia dunha edición científica completa de Rosalía de Castro á "falta de tradición". "Talvez houbo outras urxencias", di, "e, de feito, sucede con outros autores, dos que tampouco existe un traballo así. Como sucede con Otero Pedrayo, por poñer só un exemplo". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_47181 | Sempre intuín que Bello Piñeiro, quen mesmo bébedo seguía sendo don Felipe, non era só un excelente pintor. Hoxe sei que virtudes e defectos de Felipe Bello agacharon a súa personalidade polifacética, inmensa e variada cultura, notábel capacidade organizativa e o que veño tratar aquí, o seu activismo e sentimento galeguista sempre presente, recollendo pictoricamente as paisaxes da Galiza, e nese afán persistiu até a súa morte: "Amando ó meu país escoito a voz da sangre e pinto polo seu mandato. Eu nunca estiven equivocado no meu amor á terra". (Bello Piñeiro, 1951). | A historiografía española máis tradicional denomina a perda colonial de 1898 como unha quebra, un desastre militar. A coñecida, precisamente, como "Generación del 98", deu en chamar á rexeneración dunha España que case todos eles, mesmo os mais lúcidos (Costa, Giner, Ortega, Unamuno...), vían como un estado unitario, unha única nación, unha única patria, a lingua de Castela como único idioma español. Destaca Carmen Fernández Pérez-Sanjulián (2021) como "Otero Pedrayo contradí a denominada xeración do 98 na súa elaboración teórica da idea de España como nación e das claves desa identidade española que imaxinan, entre outros referentes, a partir da evocación de Castilla e a súa paisaxe", esta, coa do Mediterráneo, as únicas que, segundo eles, merecían ser pintadas. Como tantos transterrados, Felipe Bello (O Seixo, Mugardos, 1886-1952) descubriu fóra, estudante de Belas Artes en Madrid desde 1901, unha Galiza de seu na obra poética de Pondal e Rosalía, nas conversas con Basilio Álvarez, Rodrigo Sanz, Aurelio Ribalta... Na mesma angueira andaban naqueles anos e lares outros artistas plásticos (Llorens, Imeldo Corral, Seijo Rubio, Castro Gil, Castelao, Sobrino, Canitrot...), e raro foi entre eles quen nalgún momento non pintou os piñeiros do Himno Galego, tamén Bello Piñeiro, que en 1910 xa manifestaba a súa galeguidade no óleo "A morte do poeta Francisco Añón" e recollía paisaxes do país nas súas estadías de verán no Seixo. En maio de 1912 Bello Piñeiro foi o principal organizador no Centro Galego de Madrid da denominada "Iª Exposición de Pintura Regional Gallega [...] La más importante manifestación de arte gallego desde sus comienzos a la actualidad" (Manuel Bujados, 1912). Alguén pode considerar que no territorio galego houbera exposicións pictóricas anteriores, mais esta foi pioneira e definitoria "¡Oh, leda e incomparable sintonía dos verdes do noso paisaxe!" (A. Villar Ponte, 1921) "Felipe Bello Piñeiro es de los que apetecen no solamente un arte puramente típico, sino que anhela llegar a más: a nacionalizar la pintura gallega. Como Castelao, puede decir que es más gallego que artista; su galleguismo, radicalmente exaltado, le mueve a ese realismo peculiar suyo, a esa interpretación fidelísima del paisaje galaico" (Estévez Ortega, 1930). En maio de 1912 Bello Piñeiro foi o principal organizador no Centro Galego de Madrid da denominada "Iª Exposición de Pintura Regional Gallega [...] La más importante manifestación de arte gallego desde sus comienzos a la actualidad" (Manuel Bujados, 1912). Alguén pode considerar que no territorio galego houbera exposicións pictóricas anteriores, mais esta foi pioneira e definitoria, pois reflectía, conscientemente, "a pertenza a unha colectividade por canto se convoca exclusivamente a pintores galegos [...]. É a primeira manifestación artística na que os pintores galegos se reivindican como grupo" (López Piñeiro, 2017). Esa ampla mostra (300 obras) viaxou no verán dese ano 1912 á Coruña, outro chanzo público da asunción da paisaxe propia como definición dun galeguismo aínda considerado "rexionalista". Esgazadas as Irmandades en febreiro de 1922, Bello Piñeiro, pouco chamado á actividade política, adheriuse a Irmandade Nazonalista Galega de Risco. A pouco, publicou un interesante traballo na revista Nós (nº 16, 1923), acreditando na pintura de paisaxes galegas como un dos elementos principais do ser da Galiza Precisa Aurelio Ribalta (1917) como, de inmediato a esa exposición e despois de moito matinar, Felipe Bello decidira ser pintor da paisaxe galega: "Pensou que o paisaxe gallego pode dar fundamento para toda unha escola de pintores, cara a un fin nacional, e mais con carauter propio. Parecéndolle que a empresa era dina de ser tentada, tomou o tren e foise para Galicia, elixiu a costa Norte, unha aldea ao pé de Viveiro. Dez meses durou a zambullida [...]. Cando volveu da aldea non tiña duda, ahí estaba a verdade e mail-a arte. Axiña o comprendeu e xa non deixou a súa teima, o paisaxe galego". O froito artístico desa estadía foron 35 cadros expostos nunha moi apreciada exposición individual en Madrid en maio de 1917. Despois de fechala, Bello Piñeiro retornou definitivamente ao Seixo, participando en agosto na IIª Exposición de Arte "gallego" instalada no concello de Coruña a iniciativa da Irmandade da Fala local e que Antón Villar Ponte definiu entón como: "Una muestra de que la nación gallega se manifiesta en el arte [...]. Las naciones se construyen y el arte es uno de esos elementos de ese país, configura, en certa forma, la personalidade de esa nación". A pouco, en novembro, Bello Piñeiro escribiu dunha actuación do coro Toxos e Froles en Ferrol: "Nun momento de emoción oín cantar por primeira vez o Himno Gallego [...] Enarbolouse unha bandeira que é símbolo dos anceios da xeneración actual". Por tal, achegouse a unhas Irmandades da Fala que, rematando 1918, proclamaron "a soberanía estética da nación galega". Esgazadas as Irmandades en febreiro de 1922, Bello Piñeiro, pouco chamado á actividade política, adheriuse a Irmandade Nazonalista Galega de Risco. A pouco, publicou un interesante traballo na revista Nós (nº 16, 1923), acreditando na pintura de paisaxes galegas como un dos elementos principais do ser da Galiza: "Hoxe no día pódese afirmare que dos pintores nados na Galiza son poucos os que non arelan que o seu arte sexa xenuinamente galego, expresando dun xeito persoal e ceibe de prexuízos e de influencias istranas un feixe de cousas que non foron tratadas deica agora ou o foron con pouca fondura [...] Dende o momento en que o esprito da raza xuntou en divisa as dúas palabras Pintura Galega, todol-os nosos artistas interesáronse por un ideal [...] As verbas paisaxes galegos tomaron unha siñificación simbólica pra os nosos artistas, ningún outro ideal tivo a virtude de apaixoalos tanto como o enunciado n'istes simpres termos. Cáseque non houbo pintor nado en Galicia que non haxa sido paisaxista [...] Polo que se refire á época presente, ela veu formarse un gran núcleo de paisaxistas que trataron todos temas do país. [...] Soio pol-os mandados da Terra pode explicarse a formación d'iste grupo". O coro da SAPG cantou o himno galego e a lancha coa bandeira desamarrou cara ao peirao de Perlío, localidade onde Castelao deu un mitin; ese día, o 24 e o 25 a Beiramar fixo as viaxes todas coa bandeira izada Desde eses intres, ademais de pintar (non só cadros, pois destaca a estilizada, espléndida e panteísta representación da flora autóctona nos 105 metros dos murais e teitos de "La Pecera" do Casino Ferrolano, unha década de labor gratuíto), un incansábel, filantrópico e polífacético Bello Piñeiro actuaba en moitos campos, case todos relacionados con Galiza: cerámica de Sargadelos, recolleita de folclore, artes industriais, historia local... Desde a "Sociedad de Amigos del Paisaje Gallego" (SAPG) do Seixo, por el fundada en 1927, na Irmandade da Paisaxe Galega e Irmandade Galeguista de Franza-O Seixo (PG) en 1933, desenvolveu unha fervenza de actividades comunitarias formativas e galeguizadoras, recollidas admirativamente pola prensa: excursións, plantacións, clases de pintura, recitados, exposicións, teatro e unha riola de conferencias de Carballo Calero, Carré Aldao, Castelao, Insua Santos, Lugrís Freire, Montero Díaz, Arturo Noguerol, Novoa Santos, Otero Pedrayo, Xaime Quintanilla, Rof Codina, Rodrigo Sanz, Seijo Rubio, Luciano Seoane, Vaamonde Lores, Antón Villar Ponte e propio Bello Piñeiro. Un dinamismo que o xornalista e pedagogo Luís Bello (1930) destacou como "Gran sabor a una Galicia nueva", esta decepada en 1936. Afiliado Bello Piñeiro en maio de 1932 ao Partido Galeguista, este preparou actos de propaganda por toda a volta ferrolá nos días 22 e 23 de xullo de 1933, con intervencións de Alonso Ríos, Castelao, Carballo Calero, Emilio Pita, Suárez Picallo... Organizado por Bello Piñeiro na mañá do domingo 23 a lancha de pasaxe Beiramar desatracou do Seixo ás 9 horas, recolleu no peirao de Ferrol a Castelao et allii e retornou ao Seixo; na rampla de atraque Castelao explicou á moita xente alí concentrada o significado da bandeira galega, que izaron con gran solemnidade no mastro da lancha. Despois, o coro da SAPG cantou o himno galego e a lancha coa bandeira desamarrou cara ao peirao de Perlío, localidade onde Castelao deu un mitin; ese día, o 24 e o 25 a Beiramar fixo as viaxes todas coa bandeira izada. Esta acción rechamante foi destacada por El Correo Gallego, Pueblo Gallego, Heraldo de Madrid e publicacións da diáspora galega, mais -sorprendentemente- ignorada por A Nosa Terra. Poucos días despois, o 27, chegaron a Ferrol os representantes nacionalistas galegos, vascos e cataláns agrupados no Pacto Galeusca, que o día seguinte seguiron a súa ruta cara a Euskadi. Presente Bello Piñeiro nos actos ferroláns, recibiu o encargo de deseñar unha bandeira que recollera as tres: "Partida en banda co-as cores das galega, tendo no tercio superior as cores bascas e no inferior as cataláns". Segundo Álvaro de las Casas, Felipe Bello debuxou tal bandeira, que foi confeccionada, "ondeando na viaxe cara a Basconia". De 1934 a 1936 Bello Piñeiro pintou cadros, viaxou por Galiza como organizador en Ferrol do IIº Certame do Traballo Galego e rematou a decoración do Casino Ferrolano o 18 de xullo de 1936: "Toda Galicia está aquí", escribiu. Viaxou ao Seixo ese día, mais o 19, sabendo do Alzamento Militar retornou a Ferrol, onde, baixo a protección do seu amigo, o capitán Felipe Vierna Belando, recolleuse no Casino até o día 29, que arribou ao Seixo. Instado polas novas autoridades a colaborar co aparato de Prensa e Propaganda de Falange até 1941 pintou retratos de Franco (non asinou ningún), de xenerais, almirantes, estandartes e cadros relixiosos, decorados para actos patrióticos... "Cuantas penas, amigos contra amigos" (Bello Piñeiro, agosto 1936) Bello Piñeiro, afirmando sempre o seu galeguismo, non manifestara un sinalado interese pola política. Persoa de ideas conservadoras, ben relacionado socialmente ("Me trato con gente de las más opuestas tendencias", abril 1936), sen sufrilas directamente, afectáronlle fortemente as tráxicas consecuencias represivas da sublevación militar-fascista de xullo do 1936: "Muchos conocidos cayeron estos días, [...] De aquí llevaron a Don Paco y no volvió." (agosto, 1936). Instado polas novas autoridades a colaborar co aparato de Prensa e Propaganda de Falange até 1941 pintou retratos de Franco (non asinou ningún), de xenerais, almirantes, estandartes e cadros relixiosos, decorados para actos patrióticos... Na última década da súa vida, refuxiado Bello Piñeiro no Seixo e na pintura, sufriu problemas económicos, crises depresivas e doenzas físicas, agravadas polo consumo de alcohol no que se foi afundindo, se vítima dunha nai posesiva (que o sobreviviu) e de falsos amigos, máis aínda de si mesmo. Mais houbo quen sempre miraron por el até o final, sirva como exemplo Otero Pedrayo, que o 31 de decembro de 1947 lle escribiu unha afectuosa e discreta carta: "[...] A veces me decía ¿Estará Bello Piñeiro dominado por alguna gran tristeza? [...] No puedo determinar cuando, ni en donde, ni a quién, oí decir que Vd. tuviera una enfermedad de cierta importancia, y con la autoridad que me concede la admiración y la amistad le pido que no nos abandone a los que luchamos por Galicia, y no prive al público de los frutos de su arte y de su cultura. Hay cosas que solo Vd. puede realizar por Galicia". E, de certo, nos rexurdires dese tempo final da súa vida, Felipe Bello experimentou novas técnicas e pintou algunha das súas mellores obras. Falecido o 9 de decembro de 1952, en palabras de Carballo Calero (1953): "Era un dos prostreiros representantes dun tempo que fuxía". Bello Piñeiro e o teatro No xermolar e afirmación do nacionalismo galego, acadou grande importancia o teatro de temática galega e/ou en galego. Segundo Carré Aldao (1923) "Os coros populares fixeron renascer o noso teatro; encomenzou en Ferrol Toxos e Froles, que nacera en 1915". Nese ronsel Felipe Bello elaborou unha relación de 57 obras teatrais en galego, sinalando cunha marca a lapis as dez representadas e/ou declamadas polo cadro dramático da SAPG, ás veces en combinación con Toxos e outras sociedades locais. É coñecido que, en 1928, Bello Piñeiro, desde a versión española de Moratín da obra de Molière Le medicín malgré lui, dirixiu a tradución de Teruca Bouza Vila como O médico a paus, moi celebrada nas súas representacións, e libreto do que non hai noticia certa. Ignorábase até agora que, no mesmo ano, Felipe Bello traducira ao galego como Xenetes cara o mar o drama Riders to the sea do irlandés Singe desde a versión en español de Zenobia Camprubí. Outra obra perdida: "El único original que poseía, me lo pidió MP para representar en San Ciprián." (abril de 1936). Respectamos nas citas textuais a lingua, redacción, léxico e ortografía dos orixinais. Este articulo está extraído do volume de Bernardo Máiz Vázquez: Felipe Bello Piñeiro, no seu lugar, en edición. |
PRAZA_8917 | O aprazamento da instalación de Pemex, o atraso na chegada de Beijing 3E, os atrancos no traslado de Repsol e a falta de conexións terrestres dificultan o futuro desta polémica infraestrutura que acumula un gasto de máis de 1.000 millóns de euros. | O porto exterior da Coruña segue sementando dúbidas sobre o seu futuro. Ás xa existentes polas difíciles condicións do mar na zona xuntáronselle desde o inicio da súa construción ás dun elevadísimo gasto que xa pasa dos mil millóns de euros e que supera en case 600 ao investimento previsto. O megaproxecto de Punta Langosteira segue inacabado logo de case unha década de obras, mentres os proxectos empresariais previstos para enchelo nin están nin semella que chegarán axiña. Tampouco o traslado da terminal de Repsol da cidade a esta costa de Arteixo -obxectivo inicial deste macropeirao- está claro, ao igual que as súas conexións terrestres, que seguen no aire e dificultan a súa viabilidade. A Autoridade Portuaria asume a paralización da chegada de Beijing 3E e o atraso no comezo da actividade de Pemex en Langosteira Hai agora un ano, a empresa chinesa Beijing 3E asinou un acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña que implicaba un investimento de 270 millóns e a construción dunha planta de valorización enerxética de residuos. Era a primeira grande esperanza para Punta Langosteira, pero Enrique Losada, presidente do Porto, vén de anunciar a paralización da chegada do xigante asiático, malia que hai informacións que xa aclaran que só suporá un atraso. Sexa como for, a terminal que ocuparía o 5% da explanada, uns 120.000 metros cadrados, e que trataría 900.000 toneladas de aceite anuais non será inminente, algo que as autoridades portuarias atribúen á "situación económica de España a nivel internacional". "Neste momento non parece que existan as condicións de confianza necesarias", engadiu Losada. Algo semellante ocorre con Pemex, que volve ser protagonista doutra promesa incumprida. No verán de 2012, o presidente da Xunta presumía de que o porto exterior da Coruña xa tiña "o seu principal cliente, nada menos que a principal empresa de América Latina". Feijóo anunciou un investimento de 57 millóns de euros en Punta Langosteira, ao tempo que prometía a construción de buques e floteis que, polo momento, quedou na compra do estaleiro Barreras por parte da petroleira azteca. No entanto, non será até, como mínimo, finais de 2016 cando Pemex comece a súa actividade no porto exterior. A instalación da súa base loxística para Europa en Galicia non está entre as súas prioridades, nin moito menos, malia que a Autoridade Portuaria mostrárase segura de que non habería atraso ningún. As obras deberían ter empezado xa este ano para que entre 2014 e 2015 a petroleira iniciase a súa actividade. Non será tal. O propio Enrique Losada cifrou "en tres anos e medio ou catro" a tardanza da petroleira. Polo momento, nin comezaron os tramites ambientais, nin a fase previa á redacción do proxecto. Tampouco o traslado de Repsol a Punta Langosteira, argumento principal ao que se aludiu para xustificar a construción do porto exterior, está claro. A indemnización que habería que pagarlle á petroleira situárase nos 110 millóns de euros, pero aquel acordo verbal segue sen concretarse. O acordo verbal para o traslado de Repsol ao porto exterior segue sen concretarse e a retirada do oleoduto que percorre A Coruña non está claro De feito, Repsol trasladarase ao porto exterior sen retirar o oleoduto que percorre subterraneamente toda a cidade da Coruña de punta a punta. O peche desta perigosa condución baixo terra -"é unha bomba de reloxería", asegurara o ex alcalde Francisco Vázquez- fora unha das razóns principais para construír esta xigante infraestrutura, co que se libraría á cidadanía dun risco que leva décadas sen atopar arranxo. No entanto, e cando menos nunha primeira fase, o oleoduto seguirá operativo cos produtos de refino. Porque nada se concreta en Punta Langosteira. As obras comezaron en 2005, pero os atrasos e sobrecustos continúan desde aquela. Logo de máis 1.000 millóns de gasto, o financiamento para completar o peirao non está nin asegurado, xa que precisa dun contradique de máis dun quilómetro para asegurar a operatividade e a seguridade dos buques, outra das polémicas que segue viva desde que se anunciou a súa construción. BNG e EU culpan o PP do "fracaso" nas xestións para asegurar o futuro de Punta Langosteira Pasa o mesmo coa falta de investimento para as conexións terrestres do porto exterior, outra das eivas que dificulta a chegada de proxectos empresariais a Langosteira. Nese detalle insiste o grupo municipal de EU, que cre que "as empresas non se instalarán no porto exterior até que todas as infraestruturas estean dispoñibles. Agora comprobamos o dano que fixeron os presupostos xerais do estado, aplaudidos polo goberno municipal". Para o BNG, coas últimas novas sobre o porto exterior "evidénciase que o alcalde mentía cando declaraba que A Coruña se convertiría nun centro de enerxía estratéxico". "O fracaso da operación representa un síntoma do desastre da política industrial do Partido Popular, unha política nefasta e de mentiras que destrúe os sectores produtivos e numerosos postos de traballo na comarca e na cidade", insiste o Bloque, que tamén cre "fundamental a conexión ferroviaria do porto exterior, unha conexión que o Goberno central mantén no esquecemento". |
NOS_49458 | Inicialmente, decidiuse que tivesen un nivel alto,canda outros 11 municipios | O comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia de coronavirus decidiu, finalmente, deixar os concellos de Mos e Cambados no nivel medio de restricións -o máis baixo- e non en nivel alto. Así o confirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na última reunión. Segundo explicou, inicialmente barallouse que tanto Mos como Cambados quedasen en nivel alto. Con todo, esta mañá revisáronse os datos e, finalmente, quedarán en nivel medio. Segundo decidiu o comité clínico, a partir da 00:00 da sexta, incorporaranse ao nivel máximo de restricións os municipios de Paradela, Vilardevós e Pontecesures, un nivel que abandona Soutomaior. A listaxe de municipios co máximo nivel de restricións complétase cos de Boborás e A Mezquita e o de Pobra do Brollón, onde o peche perimetral xa estaba vixente desde a pasada sexta feira. Nestes seis municipios están prohibidas as reunións de non conviventes e tampouco está permitida a mobilidade fóra do concello, mentres que a hostalería debe permanecer pechada, agás o servizo de recollida e a domicilio. Pola súa banda, Soutomaior pasa do nivel máximo ao alto de restricións, xunto a outros 10 municipios que son os pontevedreses de Ponte Caldelas e Vilanova de Arousa, os lucenses de Guitiriz, Lourenzá e Chantada e os coruñeses de Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. |
NOS_16756 | É un dos tramos con máis poboación afectada por contaminación acústica a nivel estatal. Unha iniciativa do BNG conseguiu o apoio do resto de grupos para reclamar que o Goberno central execute as obras de mellora, unha reivindicación histórica da veciñanza. Desde Fomento afirmaban hai uns meses que calquera actuación na zona, libre de peaxes, corresponde a Audasa baixo aprobación do ministerio. | Os veciños e veciñas dos bairros de Teis e Chapela aturan acotío un ruído excesivo nos seus fogares. O principal culpábel, o intenso tráfico da AP-9 no seu acceso á cidade de Vigo: 56.300 vehículos, máis do duplo de que a media de tráfico da autoestrada galega, cruzan este tramo cada día, dos cales 3.200 son camións. Mais as sucesivas demandas veciñais continúan anos despois no mesmo caixón, pese a aparente unanimidade entre as forzas políticas. O propio ministerio de Fomento revelaba nun informe que o tramo de 3,8 quilómetros no barrio de Teis rexistra un dos maiores niveis de contaminación acústica de todo o Estado español. Nos arredores, máis de 4.000 persoas conviven con ruídos que chegan a superar nalgúns puntos os 65 decibelios, un volume que pode producir lesións. Pola súa parte, a veciñanza de Chapela mantén as concentracións fronte ás obras de ampliación da ponte de Rande, esixindo a reposición dos servizos afectados, entre eles unha escola. Máis de 4.000 persoas conviven con ruídos que superan nalgúns puntos os 65 decibelios polo tráfico, un volume que pode producir lesións Unha das medidas máis solicitadas -e comprometidas- para paliar os problemas do ruído pasa pola instalación de barreiras sonoras e asfalto silencioso. De feito, a zona está incluída segundo Fomento dentro do Plan de Acción contra o ruído como "actuación complexa". Porén, o ministerio comunicaba o pasado febreiro que a execución de calquera actuación na entrada da AP-9 en Vigo corresponde a Audasa como sociedade concesionaria, baixo autorización previa. Tamén a Xunta recoñecía un mes antes, mediante un comunicado, a "necesidade" de cambios na zona. Esta semana, unha iniciativa do BNG conseguiu o apoio do resto de grupos políticos do Parlamento para trasladar estas demandas ao Executivo central. A proposta reclama a execución de obras de cara á urbanización deste tramo, mellorando a mobilidade dos barrios, hoxe atravesados pola autoestrada, e desconxestionando a rúa Sanxurxo Badía, que hoxe rexista unha elevada intensidade de tráfico. Un proxecto para humanizar este acceso que parte das alternativas expostas polas asociacións veciñais de Teis e Chapela, que se completaría coa eliminación da peaxe no treito entre Rande e Vigo, en dirección ao municipio de Redondela. "A veciñanza é quen paga as consecuencias mentres outros levan os beneficios, neste caso a concesionaria que ten como principal accionista un fondo voitre chamado Corsario, por senón quedasen claras as intencións", declarou o portavoz dos nacionalistas na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento galego, Luís Bará. Igual que ocorre coa transferencia da AP-9, a unanimidade a nivel galego non se traduce no escenario estatal, onde o Partido Popular non parece considerar tan urxente a actuación. Igual que coa transferencia da AP-9, a unanimidade a nivel galego non se traduce no escenario estatal, onde o PP non parece considerar tan urxente a actuación Desde a Xunta defenden que non teñen competencias, pero recordan que este asunto será tratado nunha futura comisión bilateral sobre a AP-9 entre ambas administracións. Tamén no pleno municipal en Vigo, os populares respaldaron nos últimos anos dúas mocións para dotar dun "acceso digno" a cidade. Pola súa banda, o portavoz da Marea de Vigo, Rubén Pérez, recordou que o Bloque xa solicitara esta medida en varias ocasións e lamentou que o PSOE non aprobara esa proposta cando José Blanco estaba ao fronte da carteira de Fomento. En xaneiro deste ano, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou a ameazar con cortar o tráfico pesado neste tramo de non recibir unha resposta. Por este motivo, Bará chamou a non caer na "habitual confrontación institucional entre Xunta e Concello" porque, dixo, "os personalismos e os partidismos o único que fan é prexudicar a veciñanza". O deputado nacionalista propuxo a creación dunha mesa de diálogo entre as administracións implicadas para achegar posturas. |
NOS_56082 | Ucraína volver ser o centro das disputas internacionais na rexión, entre acusacións cruzadas de Rusia e os Estados Unidos, cuxos ministros de Asuntos Exteriores xuntáronse esta quinta feira. | Despois da situación na fronteira de Belarús con Polonia, Letonia e Lituania, que pertencen á Unión Europea, Ucraína volve acaparar o foco de atención coas acusacións da Organización do Tratado do Atlántico Norte -encabezada polos Estados Unidos- en contra de Rusia, por estar preparando unha suposta agresión contra o país. Desde o comezo destas denuncias, autoridades como o embaixador adxunto de Rusia na Organización das Nacións Unidas, Dmitry Polyansky, repetiron nas últimas semanas que "nunca o planeou, nunca o fixo e nunca o vai facer, a menos que nos provoque Ucraína ou alguén más". Con todo, perante o aumento das tensións, esta quinta feira reuníronse nas marxes da cimeira da Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa en Estocolmo (Suecia), Serguei Lavrov, ministro de Asuntos Exteriores de Rusia, e Antony Blinken, o seu homólogo dos Estados Unidos. Na xuntanza, Lavrov acusou os Estados Unidos de incitar "Kiev para sabotar o acordo de Minsk [que puxo fin á guerra en Ucraína en 2014] e alimentar a ilusión dunha solución militar ao conflito", convertendo os Estados veciños de Rusia "nun trampolín para o enfrontamento", recolle a axencia Tass. Asemade, criticou as provocacións dos países da OTAN ao forzar o paso de buques militares en augas territoriais rusas no mar Negro, correspondentes a Crimea, unha zona que antes do conflito interno pertencía a Ucraína, o que cualificou como unha proba da expansión da organización cara ao leste. Porén, salientou que "non queremos ningún conflito" e que Ucraína debería iniciar un diálogo directo con Donetsk e Lugansk, no Donbass. Estas declaracións chegan despois de facerse pública a venda de armamento de países como os EUA e Turquía ao Exército ucraíno. As afirmacións foron cuestionadas por Blinken, que reivindicou que a OTAN "é unha alianza defensiva", polo que "non somos unha ameaza para Rusia. Non temos intencións agresivas cara a Rusia", indica Deutsche Welle. Ademais, reclamou que as forzas rusas "respecten a soberanía e a integridade territorial de Ucraína e que faga que os seus militares regresen a posicións normais e pacíficas". Pola súa banda, o presidente de Ucraína, Volodimir Zelensky, que alertara hai unha semana dun presunto intento de golpe de Estado, recoñeceu que "non poremos fin á guerra sen conversacións directas con Rusia, debemos falar sabendo que temos un Exército forte e poderoso", informa Ukrinform. Tropas nas fronteiras Por unha banda Rusia acusa Ucraína de acumular tropas perto de territorio ruso, mentres que a OTAN sinala en dirección a Rusia pola mobilización de soldados nas fronteiras do país. Na pasada primavera, a organización e os EUA fixeran as mesmas advertencias por uns movementos de tropas que definen como semellantes. Así e todo, a especialista en Ucraína do Grupo Internacional de Crises, Katharine Quinn-Judge, relata en Euronews que na "primavera, os funcionarios ucraínos e da Unión Europea estaban falando sobre cifras lixeiramente enganosas", ao non ter en conta os soldados que están permanentemente na zona, "polo que pode confundir de incluírse no número de tropas que supostamente acumulou Rusia nas últimas semanas". "Saber isto faime ser máis escéptica cos comentarios que estou a ver dos funcionarios ucraínos e europeos hoxe en día, e tampouco é que me parezan fiábeis as declaracións rusas", resolveu. Neste sentido, o ex ministro de Defensa de Ucraína, Andriy Zagorodnyuk, defende que as unidades militares que se acusa Rusia de mobilizar perto de Ucraína, en realidade están máis próximas á fronteira de Belarús polo conflito nos lindes coa Unión Europea do seu socio. Esta mesma quinta feira, Alexander Lukashenko, presidente belaruso, anunciou exercicios militares conxuntos con Rusia na fronteira entre Belarús e Ucraína, onde o Executivo de Zelensky despregou 10.000 efectivos, sinalou. A UE quere relaxar o asilo en Polonia, Letonia e Lituania A Comisión Europea propuxo a cuarta feira relaxar durante seis meses as regras comunitarias de asilo en Polonia, Letonia e Lituania, alongando os tempos para tramitar as solicitudes de protección internacional dos migrantes que entren desde o territorio de Belarús, que pasarían de dez días a catro semanas, así como "simplificar e acelerar" as deportacións. |
NOS_57145 | A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) fai un chamamento á cidadanía para acudir a unha mobilización de protesta pola sentenza xudicial en favor da familia do ditador -e as peticións desta- que decorrerá o 19 de xuño. | O enfado, a indignación e a incomodidade medra na sociedade galega após os últimos pasos da familia Franco, apoiada por unha sentenza xudicial, para retirar os bens do interior de Meirás, malia que algunhas sexan froito do "espolio" do franquismo, segundo persoas expertas, e que xa haxa elementos que teñen figuras de protección pública como as figuras de Abraham e Isaac atribuídas ao Mestre Mateo. Como proba desa contestación social ao auto e á actitude das e dos achegados do ditador tras a devolución -aínda sen ratificar- do pazo de Meirás ao pobo, persoas e entidades de defensa da memoria comezan a organizarse para intentar impedir que desaparezan propiedades que consideran colectivas. A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) sen ir máis lonxe vén de convocar a galegas e galegos a unha loita pacífica polo complexo situado en Sada. O que fai é instar "á sociedade civil a defender Meirás diante da rapina dos Franco". Quer colectivos da memoria, quer asociacións culturais e entidades da máis variada índole queren responder "á ameaza dun novo espolio do pazo despois de que a xustiza española concedese permiso á familia do ditador para retirar bens móbeis xa catalogados de Meirás, que goza da protección de Bens de Interese Cultural (BIC). En consecuencia, veñen de fixar a data do 19 de xuño para levar a cabo unha mobilización nacional en defensa de Meirás. Hai esperanza de que esta acción supoña "levantar unha fronte de oposición á decisión da xustiza española de consentir que os Franco poidan perpetrar un último espolio en Meirás". De cara a esa cita, o grupo IGM, do que son voceiros os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, procura novas adhesións por todo o país, pois xa antes foi a cidadanía a que pelexou de base pola recuperación do edificio. Fronte á "pasividade" da Administración pública Segundo explican desde o colectivo, iniciaron este novo reto dada a "pasividade do Estado e da Xunta da Galiza, que aínda non foron quen de contestar esa decisión" da Xustiza, que mesmo fornece un mes para que se retire todo o que se queira levar. Fontes da entidade exixen aos poderes públicos que respondan xa á polémica sentenza e interpretación da propiedade por parte dun xulgado coruñés. E nace para esixir dos poderes públicos que respondan "O Estado debe establecer con carácter inmediato unha estratexia que permita devolver agora e no futuro aqueles bens que figuran en diferentes inventarios confeccionados a instancias xudiciais", din. A Xunta, na súa opinión, tería que aproveitar como anexo á Declaración BIC do Pazo de Meirás, "o inventario de bens mobles e vinculalos á categoría de protección da que goza na actualidade o espazo como Sitio Histórico". Un listado que, por certo, os Franco pediron que fora destruído. |
NOS_52070 | Rosalía Fernández Rial vén de publicar Árbores no deserto (Galaxia, 2020), un poemario no que se nutre das reflexións de 11 pensadoras feministas para crear versos que desafían o paso do tempo e nos conectan coas mulleres que non calaron para que nós sigamos loitando. A súa poesía non é estática, atravesa o papel e invade todo o que fai: as performances, a investigación e o seu labor como docente en Cabana de Bergantiños. Conversamos con ela para debullar como a arte, o feminismo e a educación (e o uso do galego neste contexto) nos poden salvar do abismo en tempos convulsos. | É filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC, performer, escritora, profesora de lingua e literatura... Cal das súas múltiples facetas lle ocupa agora máis tempo?Todas me ocupan tempo por igual. Sobre todo na actualidade, xa que a educación está nunha conxuntura moi complexa. E a arte e o pensamento veñen de demostrar que son o único que nos pode salvar. Intento abranguelas todas desde un punto de vista poético. O poético entendido nun sentido amplo, non só como poesía escrita, tamén como poesía levada á escena, á existencia, á musica e á educación. A educación literaria debe ter un compoñente poético, utópico e artístico. No seu último libro, Árbores no deserto, as súas creacións poéticas parten das reflexións de varias pensadoras feministas. A que se debe a escolla destas autoras? Algunhas foron inevitábeis, como Rosalía de Castro, polo feito de ser muller, galega e poeta. É a identificación e o símbolo máximo do noso país e da nosa literatura. Con outras pensadoras deixeime levar pola pulsión artística máis que por unha clasificación racional. Escollín aquelas coas que atopei unha conexión, un substrato poético. Tamén me deixei guiar pola intuición e por certas curiosidades como que Flora Tristán (unha das 11 mulleres que aparecen) é avoa dun famoso pintor. Todas elas me espertaron unha inspiración e un impulso creativo. Como foi o proceso? Quen está máis presente nos poemas, vostede ou as diferentes autoras? Un dos meus principios compositivos é que a miña voz quedase, moitas veces, nun segundo plano. Non a perdo de todo, pero deixo que se transforme por completo. Era necesario facer unha polifonía na que miña voz nunca tapara as das outras mulleres. Quixen cuestionar o eu lírico tan intrínseco á poesía e transformalo nun nós lírico. Como conviven no poemario os recursos máis tradicionais como as glosas, ás que xa acudía Rosalía de Castro, coas técnicas máis innovadoras, como a poesía blackout que emprega no capítulo dedicado a Virgina Woolf? A convivencia da tradición coa vangarda é unha das miñas constantes a nivel de pensamento. Non somos nada sen as que nos precederon. Eu non tería voz, non podería escribir, non podería estudar, non podería ser poeta ou ser artista, se estas mulleres, e outras moitas, non fosen abrindo camiño. Rosalía de Castro xa foi una innovadora, o emprego da glosa no seu momento foi unha absoluta vangarda. Cantares Gallegos bebe da tradición oral, a glosa é moi propia da cultura popular e considero que a literatura oral das cantigas das nosas avoas é tan imprescindíbel como a de Rosalía. A primeira das escollas do non foi casual. Sojouner Truth, que inaugura o libro, era unha muller analfabeta, negra, escrava liberada e que traballaba no campo, por iso dicía o de "arei e sementei". Iso evocábame, necesariamente, ás nosas mulleres. Árbores no deserto é unha homenaxe a todas as mulleres, galegas e universais, que fixeron que nós hoxe teñamos outras oportunidades. Ademais da entrevista de Amara Gándara á poeta Rosalía Fernández Rial, da que publicamos un extracto, no Sermos deste sábado percorremos o Museo de Pontevedra para gozar dos "Trazos do Terror" de Federico Ribas nunha reportaxe asinada por Xaime Toxo. Tamén saberemos como "Facer país nunha botella" da man de Lois Alcayde. Na Andar e Ver Adela Leiro, Mon Daporte e Xan Colazo, do Colectivo Xea, amosan a ruta da "Devesa do Cervo e o Montouto". Como cada sábado, no semanario atoparás tamén poderás atopar unha escolma cos libros, música, cinema e teatro da man de expertos como Mario Regueira, Xulio Carballo, Mauro Borrazás, Olga Brañas e Andrés Castro. Este número complétano reflexións de Pepe Barro sobre o deseño e de Lázaro Armental sobre a arquitectura. Como sempre poderás completar a sección de Pasatempos. Recorda que podes ler todos estes contidos no Sermos Galiza que acompaña mañá a Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes inscribirte nesta ligazón. |
PRAZA_14050 | O primeiro dever da esquerda nascente é alcançar representaçom parlamentar aproveitando ao máximo a atençom da opiniom pública informada e, sobre todo, da comprometida com o futuro do nacionalismo que se mantém extramuros do BNG. Superar o cepticismo abstencionista e concentrar o voto reflexivo ou desconforme da mocidade que saiu à rua a pedir mudança em modos e prioridades exige um discurso renovado e generoso em compromissos explícitos e parco em retórica partidária. | Nengum momento é bom para deixar a casa paterna. Dous fórom os filhos que decidírom abandonar a casa comum do BNG, nunca demasiado confortável mas de teitos sólidos e com quartos individuais. Quando chega o momento de partir um sempre leva algo entranhável de incerta utilidade na mochila. Anova parece ter carregado com o assemblearismo e o altermundismo como vultos maiores. A assembleia como disfarce do partido guia e o altermundismo como referência ao anti imperialismo de toda a vida Anova, um dos irmaos separados, parece ter carregado com o assemblearismo e o altermundismo como vultos maiores. A assembleia como disfarce do partido guia e o altermundismo como referência ao anti imperialismo de toda a vida. Valores tradicionais da casa, em definitiva. A convivência política produz hábitos de dependência difíceis de superar, de passar à eleiçom das orquídeas silvestres frente a Trotsky em memorável parábola de Rorty1. CxG deixa a casa mais ligeiro de equipagem. A recta doutrina e os ritos de confirmaçom pesam pouco na sua mochila. Há mesmo umha certa vontade de profanaçom mui própria das rupturas familiares O outro irmao, Compromiso, CxG, deixa a casa mais ligeiro de equipagem. A recta doutrina e os ritos de confirmaçom pesam pouco na sua mochila. Há mesmo umha certa vontade de profanaçom mui própria das rupturas familiares. Anova tem saudades dum suposto projecto comum genuíno; CxG aponta para o pragmatismo: um enterro digno da dogmática binária de classes, um abaixamento da fronteira esquerda/direita, tam ténue em Europa. Som estas posiçons habituais nos nacionalismos maioritários catalam e basco como foi na tradiçom fundacional do galeguismo. Na actual circunstáncia, o discurso que ensaia CxG aponta cara umha convocatória de amplo espectro a umha sociedade de classes médias. Nasce em definitiva do cepticismo generalizado ante as quimeras históricas do passado século e as promessas da emancipaçom definitiva. A consigna de classe contra classe, que atavia ainda os discursos, fora liquidada já de facto quando as frentes populares: a primeira concessom da história sagrada à história real. As tarefas para transformar vida e sociedade som, nom obstante, improrrogáveis e de crescente dificuldade também. O cámbio real opera agora em blocos, a Uniom Europeia em primeiro termo. A pobreza e os imperativos de equidade e respeito ao médio adquirírom dimensom planetária. Pragmatismo e internacionalismo som componentes de qualquer proposta transformadora verosímil. Na tradiçom política europeia a ferramenta de mudança chama-se social-democracia e os seus objectivos distam muito de se terem cumprido: coeson social, equidade distributiva, controlo do mercado, luita sem quartel contra o roubo institucionalizado e o privilégio. Admira ver como se invoca o legado de Keynes como antídoto único ante os efeitos destrutivos da crise capitalista que nos atenaza. Pura social-democracia sem alternativas visíveis. Fora do círculo das utopias antecipatórias nom faltam alternativas transformadoras à par da social-democrata como as ancoradas no pragmatismo filosófico de tradiçom anglo-saxónica que podemos observar em modelos de democracia inclusiva como o do professor de Harvard e ex-ministro do Brasil Roberto Mangabeira2 ou no mesmo discurso de Rorty. Também na tradiçom do radicalismo republicano. Ancho é o campo do pensamento crítico. Som muitos votos para forças precárias e inexpertas e também para as resistentes como EU, obrigada a superar a carência de discurso nacional e a debilidade da implantaçom Anunciam-se comícios eleitorais para o 21 de Outubro. O calendário da esquerda emergente vai entrar no acelerador de partículas. A exigência do 5% marca um imperativo inexorável: concentrar forças; Anova e CxG primeiro, EU imediatamente despois. O voto a emitir em Galiza, 1.700.000 em cifras redondas, situa a barreira do 5% em torno aos 33.000 votos na Corunha, a 28.000 em Ponte Vedra e a algo mais de 11.000 em Ourense e Lugo. Som muitos votos para forças precárias e inexpertas e também para as resistentes como EU, obrigada a superar a carência de discurso nacional e a debilidade da implantaçom. Transformar simpatia em votos nom é fácil e os inquéritos confirmaram-no. O primeiro dever da esquerda nascente é alcançar representaçom parlamentar aproveitando ao máximo a atençom da opiniom pública informada e, sobre todo, da comprometida com o futuro do nacionalismo que se mantém extramuros do BNG. Superar o cepticismo abstencionista e concentrar o voto reflexivo ou desconforme da mocidade que saiu à rua a pedir mudança em modos e prioridades exige um discurso renovado e generoso em compromissos explícitos e parco em retórica partidária. A escassez de meios pode paliar-se com umha campanha austera e a solicitude de colaboraçom: a austeridade casa bem com os tempos e os modos requeridos. As promessas claras, verificáveis e concretas: rotaçom na representaçom durante a legislatura, coordenaçom desta mediante um conselho político permanente e plural aberto à presença cidadá. Compromisso firme de tentar consolidar umha organizaçom política de novo cunho durante a legislatura, comprometida na apertura de canles á energia social represada. Rendiçom periódica e pública de contas, propósitos e obstáculos. Um fracasso no propósito de alcançar representaçom produziria dous frutos amargos: 1) defraudar a esperança social num horizonte de renovaçom social e nacional 2) restar representaçom ao BNG É preciso preservar a mensagem de mudança da altissonáncia vácua (anticapitalismo, autodeterminaçom). Estamos em eleiçons, falamos-lhe à gente. Um fracasso no propósito de alcançar representaçom produziria dous frutos amargos: 1) defraudar a esperança social num horizonte de renovaçom social e nacional 2) restar representaçom ao BNG, um acontecimento que por riba poderia utilizar-se para desqualificar todo antagonismo interno em detrimento da lenta a necessária renovaçom do Bloco. A eventual perda de presença parlamentar do BNG por motivo da coaligaçom nascente nom seria talvez mal recebida pola direcçom do BNG em aras da blindagem definitiva do seu status de partido único do nacionalismo. A inquietude criativa que agita ao nacionalismo, em afortunado contraste com a atrofia senil que transmite o bipartidismo decrépito, merece boa sorte. Desejamos-lha em espera de que saiba merecê-la com comportamentos adequados à altura das circunstáncias. (1) Rorty, Richard (1998): "Trotsky e as orquídeas silvestres" em Pragmatismo y política, Ediciones Paidós, Barcelona. (2) Mangabeira Unger, Roberto (2010): La alternativa de la izquierda, Fondo de Cultura Económica, Argentina. |
NOS_16199 | Un informe de Save The Children alerta de que nos 32 países máis desenvolvidos, a fenda de desigualdade entre ric@s e pobres é a máis alta dos últimos 20 anos e continúa a se incrementar. Na Galiza aumentou nun 24% nestes últimos anos | Ás portas da xuntanza da ONU sobre a pobreza, a ONG Save The Children vén de publicar un informe en que sinala que a fenda entre ric@s e pobres atinxiu o seu máximo nivel nos últimos 20 anos e segue a se incrementar. No informe indícase que desde os anos 90 esta fenda foi aumentando, nunha dinámica en que @s ric@s son máis ric@s e os pobres máis pobres. A desigualdade social, aliás, faise patente nas crianzas, segundo as clases sociais dos e das súas proxenitoras. Galiza En 2007, a distancia entre o 20% máis rico e o 20% máis empobrecido, era de 5,3 puntos na Galiza, unha fenda que a finais de 2010 xa aumentara até os 6,9 puntos. Nese mesmo período, o coñecido como índice de Gini (indicador que permite coñecer o grao de igualdade dunha sociedade) apuntaba que a Galiza estaba a se escorar cada vez máis cara a unha fractura social. "A fenda entre ricos e empobrecidos aumentou nun 24% nestes anos", afirmou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, nas mobilizacións contra a reforma que encheron as rúas da Galiza hai uns meses. Unhas palabras en absoluto gratuítas, en vista do que recollen tanto datos oficiais das administracións como estudos de universidades ou informes de organizacións e colectivos sociais. Un escenario derivado tanto da destrución de empregos pola crise, como das medidas de 'austeridade' que afectaron as canles correctoras da desigualdade (impostos e servizos sociais). A crise non creou a desiguladade, acentuouna "Estamos perante unha crise asimétrica. Non golpea tod@s por igual", sostén Carlos Grandín, profesor da facultade de Ciencias económicas e empresarias de Vigo, cunha ampla traxectoria no estudo da distribución da renda e da polarización social na Galiza. Grandín recoñece que aínda é cedo para facer unha análise con perspectiva de fondo do impacto desta crise nas rendas, mais apunta cuestións de interese. Por exemplo, que o forte crecemento económico dos anos 2000 "non se traduciu en beneficios para tod@s. E iso foi unha asignatura pendente, por dicilo así, que pasou factura con esta crise". |
NOS_17027 | Tras superar dous anos de pandemia libres de Covid, usuarias e persoal da residencia pública Volta do Castro, en Compostela, afrontan un gromo de coronavirus que afecta perto de 50% das persoas residentes. | Coa volta á normalidade tras dous anos de pandemia sen grandes sobresaltos por mor da Covid, a residencia pública de maiores Volta do Castro encara o seu primeiro gran surto de coronavirus. Faino con perto de 60 persoas contaxiadas, practicamente a metade dos residentes que acolle estes días. Sen precisar o número de casos exactos rexistrados, fontes da Consellaría de Política Social confirmaron o gromo a este xornal, o primeiro desta envergadura que afecta o centro. "Practicamente todos están leves ou asintomáticos grazas ás vacinas, como ocorre noutras residencias", polo que á espera de ver como evolucionan, contan con que os primeiros positivos "comecen a negativizar no prazo de sete días". As residencias de maiores galegas levan máis de 30 anos sen actualizar as ratios de persoal O coronavirus entrou na residencia Volta do Castro co novo protocolo de vixilancia Covid en vigor. A estratexia actual centra a súa actuación en ámbitos e grupos vulnerábeis, nomeadamente de máis de 60 anos. É o caso dos centros de maiores, onde se manteñen as probas diagnósticas ante a aparición de síntomas compatíbeis. Foi así como deron coas infeccións que orixinaron o surto e devolveron os confinamentos ás persoas contaxiadas. "Fan vida nos seus cuartos, sen actividades en espazos comúns nin visitas, mais coa asistencia sanitaria do persoal de enfermaría", comenta a Nós Diario persoal da residencia.Visitas e saídas Desde Política Social aseguran que os protocolos non mudaron. Nin se prohibiron as visitas nin as saídas das persoas usuarias, que deben cumprir os requisitos exixidos: certificado Covid, uso de máscara e proba negativa a falta de vacina ou após máis de 48 horas fóra do centro no caso das residentes. O "malestar" do sistema de benestar en 8 datos Con todo, para tratar de controlar a transmisión e evitar posíbeis complicacións, desde a residencia están a recomendar ─non a "impor", precisa a Consellaría─, adiar as visitas e as escapadas, onde sitúan a orixe do surto. "Non hai unha preocupación excesiva por este gromo", advirten desde Política Social, que decretou un cribado diario masivo para vixiar a súa evolución. Ausencia do cadro directivo En plena Semana Santa, a maior inquietude do colectivo de traballadores céntrase no período festivo e na "desaparición" da "dirección, médicos, traballadora social, psicóloga", figuras fundamentais para o contacto coas familias e o coidado das residentes, unha denuncia que non é nova e que volven formular en plena explosión de casos. "Non é un problema de persoal, porque se manteñen os reforzos Covid en todas as categorías", senón da ausencia radical do cadro directivo durante catro días, sen considerar as necesidades do centro e das persoas usuarias. BA2 de Ómicron Julio García Comesaña explicou onte que na Galiza existe un "predominio cada vez máis alto" da variante BA2 de Ómicron, mentres que "aínda" non se detectaron casos da XE, considerada a máis contaxiosa até a data. A secuenciación de casos continúa. É parte do seguimento das variantes en circulación, que preocupa moito aos médicos de familia. A OMS confirma unha variante que combina ómicron e delta É por iso que volveron alertar sobre o fin do uso obrigatoria de máscaras en interiores a partir da vindeira semana. É unha decisión "precipitada" e "arriscada" que "pode incrementar o número de contaxios ao longo do tempo", incidiu o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, Lorenzo Armenteros. |
PRAZA_16636 | O tribunal atende un recurso presentado por un alumno de Historia da USC, a quen lle foi negado o título por non acreditar documentalmente o seu dominio da lingua francesa. | A Sección Primeira da Sala do Contencioso do TSXG vén de ditar unha sentenza que sinala que non se pode esixir un nivel B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario se este requisito non está incluído no plan de estudos. O ditame fai referencia a unha reclamación presentada por un alumno de Historia na Universidade de Santiago (USC), a quen lle foi denegado hai dous cursos o título de grao por non ser aceptada a documentación acreditativa do seu coñecemento de francés. O alumno recorreu posteriormente ao tribunal contencioso-administrativo, que tampouco lle deron a razón, pero o recurso de apelación examinado polo TSXG vén de revogar a sentenza inicial. O TSXG sinala que "se se analiza seguidamente o plan de estudos resumido por módulos e por cursos non aparece por ningunha parte a esixencia de coñecemento do nivel B1 dunha lingua estranxeira, nin sequera de coñecemento transversal". E conclúe que "ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado a esixencia de coñecemento do nivel B1 da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título". "Ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado a esixencia de coñecemento do nivel B1 da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título" "A autonomía universitaria permite que cada Universidade tome a iniciativa na elaboración do plan de estudos ao comezo do procedemento de verificación e acreditación dos títulos, pero non ampara que, unha vez aprobado e publicado o plan de estudos, se introduza esta esixencia do nivel B1 de lingua estranxeira, que non figura naquel plan, como requisito imprescindible para a obtención do título", afirma a sentenza, engadindo que "non cabe negar a expedición do título cando acreditou superar toda a formación teórica e práctica obrigatoriamente esixida polo seu plan de estudos". A sentenza, que pode ser apelada ante o Tribunal Supremo, declara "o dereito do recorrente a que se lle expida o título de graduado en Historia, con exención de calquera requisito relativo á acreditación do coñecemento dunha lingua estranxeira a nivel B1". |
NOS_54801 | Por ser símbolo político? Relixioso? Por incitar á violencia? A ausencia de explicacións sobre os motivos de tal decisión aumentan o malestar da afección. Non é a primeira vez que a UEFA xera polémica coas súas decisións sobre símbolos nas camisolas. Nalgunhas, tivo que recuar. | Desde hai uns anos o Celta de Vigo loce na parte traseira da camisola, baixo o pescozo, un tríscele, un símbolo da cultura da cal a equipa galega toma o nome. O tríscele está plenamente asumido en Galiza como un símbolo cultural propio, sen connotacións relixiosas e as políticas, de as ter, non son desde logo aquelas que no norte de Europa se apropian de simboloxía céltica para defender mensaxes de supremacismo racial. O Celta, pois, porta o trisquel como elemento daquela cultura con cuxo nome foi bautizado ao nacer en 1923 por uns fundadores que querían unha equipa plenamente enraizada no país. De aí, por exemplo, non só o nome de novo clube, tamén as cores elexidas: as da bandeira galega, celeste e branco. Se o Celta leva un símbolo 'relixioso' na camisola ese non é o trisquel senón a cruz de Santiago do seu escudo. O portal 'moiceleste' desvelou que a UEFA veta que o tríscele apareza na equipación do Celta nas competicións europeas.Os xogadores celestes saltaron a Balaídos cun colante branco tapando o trisquel no partido europeo contra o Panathinaikos. No anterior encontro europeo, contra o Liége, non houbo este problema polo simple motivo de que o Celta xogou coa terceira equipación, que non loce este símbolo. En Balaídos, contra os gregos, xogou coa primeira camisola ao estar na casa, a celeste, onde si figura. De aí que tivesen que tapalo. Por que?: Relixión? Política? Violencia? Mais por que esta decisión? Nin club nin UEFA deron explicacións sobre o motivo desa prohibición. De aí que se intenten procurar os motivos nas normas e reglas fixadas pola organización. A normativa da UEFA establece que aqueles símbolos, acenos, elementos, ou calquer outro medio, que transmita mensaxes políticos, ideolóxicos, relixiosos ou ofensivos estarán prohibidos. É o tríscele que leva o Celta un deses símbolos? Vén o veto da súa 'semellanza' con símbolos empregados pola extrema-dereita, nomeadamente do norte de Europa? De se tomar como elemento 'relixioso' non deixa de ser curioso que se prohíba o tríscele e non a cruz de Santiago que o Celta loce no seu escudo, e que figura na parte dianteira da camisola. Símbolo político? A UEFA ten considerado elementos da cultura nórdica e céltica (por exemplo, a cruz celta) como símbolos propios de mensaxes racistas e de superioridade da raza branca por mor do uso que fan deles organizacións de extrema-dereita nomeadamente no norte de Europa. De aí que fose contundente coa súa exhibición nos estadios. Mais iso non ten sentido algún en sitios como, por exemplo, Galiza, Gales, Irlanda ou Escocia, onde os trísceles fan parte da cultura popular e non teñen relación con ideoloxías fascistas ou racistas. Por exemplo, en The Paradise, Celtic Park, estadio dos Celtic de Glasgow e cunha afección antifascista e que foi a que popularizou hai anos a mensaxe de 'Refugees welcome' ( o clube foi fundado por inmigrantes irlandeses en Escocia) é habitual todo tipo de simboloxía celta nos seareiros A UEFA vetou que o Rosengard sueco levase na camisola a bandeira do arco da vella (símbolo LGTB), mais finalmente rectificou e permitiullo. Pasará o mesmo co trisquel? Antecedentes O SD Huesca veuse nun sarillo hai uns anos por entender desde diferentes colectivos que a cruz de San Xurxo que levaba na camisola era contraria ás normas da UEFA sobre símbolos relixiosos. Esa cruz é a que figura no escudo do Barça. A equipa catalá ten estado no albo da UEFA en varias ocasións. Por exemplo, as multas polas 'esteladas' independentistas no seu estadio. Ou polo brazalete coa senyera nos partidos da Champions, algo que a UEFa tamén reciminou ao Valencia (os brazaletes teñen que ser dunha única cor). Recentemente, o Celtic tamén coñeceu as estritas normas da UEFA. Os seus seareiros levaron bandeiras palestinianas ao estadio para se solidarizar cos dereitos deste pobo durante un encontro do Celtic contra unha equipa israelita. O Rosengard, equipo sueco gañador en varias ocasións da Champions League feminina, tamén bateu coa UEFA, aínda que con mellor sorte. A UEFA quixo impedir que levase na camisola a bandeira do arco da vella, símbolo LGTB. Porén, acabou rectificando e permitindo que figure na equipación. Fará o mesmo co trisquel? |
NOS_7882 | O empresario madrileño, entre as principais fortunas do mundo e dono do maior grupo empresarial do Estado español, ten no noso país numerosos intereses económicos, que van desde o sector das infraestruturas públicas até o campo mineiro ou o enerxético. Analizámolos no Sermos246. Eis un extracto da reportaxe. | Os negocios de Juan Miguel Villar Mir remóntanse na Galiza á década dos noventa. Chegou avalado polo entón presidente galego Manuel Fraga até se converter nun dos maiores adxudicatarios de obra pública no país. A súa primeira grande operación foi a adquisición de Carburos Metálicos, cuxo accionista maioritario era a Corporación Banesto de Mario Conde, que controlaba plantas de ferroaliaxes en Cee e Dumbría vinculadas ás concesións das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. O 20 de novembro de 1992, a prensa recollía os termos do acordo para a venda, nos que Villar Mir renunciaba á súa pretensión de segregar os negocios en dúas compañías distintas. Nacía así Ferroatlántica, un dos principais activos do imperio do empresario madrileño, considerado durante anos como o maior holding de capital español. Hoxe, o grupo busca a aprobación da Xunta para a venda das centrais hidroeléctricas por separado. As sospeitas comezaron o pasado ano coa fusión por absorción do xigante norteamericano Globe Specialy Metals, polo que a compañía pasou a denominarse Ferroglobe. Un ano despois, a multinacional comunicaba ao mercado bolsista estadounidense que tiña fechada unha operación por 255 millóns. Para levaba a cabo precisa da autorización do Executivo galego, que recibiu nos pasados días a solicitude formal para a segregación dos negocios. O proxecto conta coa oposición unánime dos grupos políticos, dos alcaldes e da veciñanza das comarcas afectadas, así como do persoal, que teme pola desaparición de centos de postos de traballo, fundamentais para a economía comarcal. [A íntegra desta reportaxe tela no número 246 do semanario Sermos Galiza, á venda na loxa e nos pontos de venda habituais] |
NOS_27872 | As persoas solicitantes deberán posuír un título universitario e ter algunha vinculación coa Galiza. | A Fundación Caixa Rural Galega-Tomás Notario Vacas fixo pública esta sexta feira, a través dun comunicado, a apertura da primeira convocatoria de bolsas de estudos de pos grao. Trátase, en concreto, de dúas bolsas para a realización de estudos superiores ou mestrados "coa finalidade de formar profesionais nos centros máis vangardistas co propósito de que poidan achegar coñecemento ao tecido industrial galego". Os estudos deberán estar relacionados co ámbito agroalimentario e forestal, un sector "ao que se pretende prestar unha atención especial", din desde a Fundación. A Caixa Rural crea unha fundación centrada no sector agroalimentario Cada bolsa terá unha dotación máxima de 40.000 euros que poderá destinarse a matrícula e estadía e cuxo importe definitivo dependerá do lugar e centro no que se realicen os estudos. Para poder optar a algunha das bolsas, as persoas solicitantes deberán posuír un título universitario e ter algunha vinculación coa Galiza, e poderán ser estudantes recentemente licenciados ou profesionais que xa estean a traballar na actualidade. A selección dos bolseiros, salientan, "basearase en criterios como a formación académica previa do solicitante, a traxectoria profesional, no caso de que exista, e o proxecto de estudos a realizar, así como a súa aplicación posterior". As bases e formulario de solicitude están dispoñibles na páxina web de Caixa Rural Galega e o prazo de presentación de solicitudes ficará aberto até o vindeiro 6 de maio. |
NOS_6073 | Pacientes e facultativos denunciaron en reiteradas ocasións o severo grao de precariedade no que se atopa o complexo hospitalario. | A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS vén de facer público esta cuarta feira un vídeo no que deixa patente o "alarmante colapso" vivido durante a terza feira no servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Novo colapso nas urxencias do CHUS: "Chegaron a acumular 22 pacientes graves" "Ás 17.30 horas, 31 pacientes graves estaban nos corredores de acceso en cadeiras de rodas e padiolas. A esa hora había 36 pacientes con ingreso asinado pendentes dunha cama en planta", sinala a asociación, que foi actualizando a situación das urxencias sanitarias ao longo da tarde. "Ás 20 horas eran 18 os pacientes que seguían nos corredores. Ao remate da xornada da noite 40 pacientes con ingreso asinado estaban agardando por unha cama", critica, para subliñar que "o grao de ocupación das camas nas últimas 24 horas, segundo o publicado pola xerencia do CHUS, foi de 59%". Tres días de espera en observación por unha cama hospitalaria no CHUS Para o colectivo, "así está a situación: camas dispoñíbeis, pacientes agardando horas ou días na sala de observación do servizo de urxencias para ocupar unha cama en planta, e pacientes graves nos corredores padecendo violación da súa dignidade e intimidade e sufrindo pola demora na atención". Nova denuncia das urxencias do CHUS O vídeo das urxencias saturadas do CHUS chega despois de que a xornada anterior, 7 de novembro, a delegada sindical de O'mega e médica de urxencias Fátima Nercellas denunciase que os corredores de entrada do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago (CHUS) acumularon "22 pacientes graves" e algún foi derivado a observación, "deteriorado a súa saúde e en contra da normativa laboral". Denuncian un novo colapso nas Urxencias do CHUS: "Segue a ser utilizado como un almacén de pacientes" Ademais, advertiu que 33 pacientes de ingreso ocuparon a sala de Observación de Urxencias, no que chamou un "novo exercicio de irresponsabilidade" por parte do equipo directivo do hospital. Non é nin moito menos a primeira vez que pacientes deste hospital denuncian as condicións de precariedade estrutural derivadas dos recortes da Xunta. Fátima Nercellas: "Deixarei de ser médica o día que poida ignorar o sufrimento dun paciente tirado nun corredor" "Hai anos que non vivimos esa situación de deterioración extrema", advertiu a médica, quen engadiu que esta situación "non pasaba desde hai dez anos". "Están a colocar aos pacientes graves xa non só no corredor de entrada, senón tamén en observación", sentenciou Nercellas. |
NOS_5292 | Denunciado desde hai meses por veciños da Costa da Morte e sindicato Fruga, o calote por estas subvencións ven de dar un novo xiro coa detención de seis persoas, entre eles empregados de entidades financeiras na zona | A operación 'Forest', desenvolvida pola Policía Nacional, leva nesta cuarta feira seis detidos: dous familiares dun empresario da zona da Costa da Morte e catro empregados de entidades financeiras que teñen desenvolvido cargos de directores de sucursais bancarias na contorna de Vimianzo, unha das áreas onde tivo incidencia a fraude relacionada coas subvencións da Xunta para repoboacións forestais. No marco da operación, que segue aberta, está a se proceder a rexistros domiciliarios Cómpre lembrar que xa en verán de 2012, desde Sermos Galiza recollíanse as denuncias a respeito dunha posíbel fraude. Informábase de que varios centos de veciñ@s da Costa da Morte estarían afectad@s por unha presunta fraude na concesión de axudas para traballos forestais. Unha situación que estaba a xerar un crecente malestar na veciñanza desa comarca e que podía ter graves consecuencias, pois na mesma poderían estar implicadas desde a administración autonómica até entidades financeiras da zona, segundo os denunciantes. O xulgado de Corcubión estaba a investigar unha empresa presuntamente implicada nos feitos, destapados pola Federación Rural Galega (Fruga). A fraude sae á luz a raíz de que propietarios de montes na Costa da Morte decatáronse 'por casualidade' de que eran beneficiarios de axudas da Xunta que nin tiñan solicitado nin tampouco recibido. Contas fraudulentas Os cartos desas subvencións, unha vez concedidas, serían ingresados en contas bancarias presuntamente fraudulentas, abertas a nome deses propietarios sen eles o saberen. E mesmo esas actuacións de repoboación terían sido certificadas por técnicos como feitas, a pesar de non se teren,levado a cabo. Unha situación esta que pouco a pouco ía afectando a máis e máis xente, que se atopaba con que eran beneficiarios dunhas axudas que nin solicitaran nin cobraran. Xuntanza con Medio Rural Unha delegación de afectado@s pola presunta fraude sobre a xestión de axudas forestais na Costa da Morte, acompañados por membros do sindicato Fruga, reuniuse hai uns días co Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto. Na xuntanza, informaban dese a organización agraria, @s afectad@s puideron "expor en primeira persoa a situación na que se atopan" e "sen que, até hoxe, a adminitración emitirá declaración algunha de compromiso coa investigación do problema e a defensa das vítimas". A Fruga, así mesmo, sinalaba que Fernadez Couto se comprometeu a comprobar a totalidade de expedientes que poideran incorrer na mesma situación que os denunciados "así como a comunicar às presuntas vítimas a sua a súa posible utilización nesta fraude". |
PRAZA_11500 | Os orzamentos indican que Agadic vai investir 400.000 euros menos no CDG, o CCG e o CGAI en 2020, pero a Xunta matiza que os cartos que faltan chegarán do Xacobeo tras protestas do sector | A alerta saltou esta semana, durante o pleno do Parlamento. A deputada do BNG Olalla Rodil cuestionou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a respecto dos "evidentes recortes" que traen consigo os Orzamentos Xerais da Xunta para 2020 nos principais centros públicos de teatro, danza e cinema, isto é, o Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego e mais o Centro Galego de Artes da Imaxe. "As cifras falan por si soas", son case 400.000 euros menos, advertiu a parlamentaria nun debate no que o conselleiro evitou afondar nos números. Nin confirmou, nin desmentiu.Os orzamentos indican que Agadic vai investir 400.000 euros menos no CDG, o CCG e o CGAI en 2020, pero a Xunta matiza que os cartos que faltan chegarán do XacobeoAs cifras causaron especial alarma na escena galega. Foi o caso da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), na que causou "máxima preocupación" comprobar que, efectivamente, o apartado de investimentos reais do orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais para 2020 está dotado cun 40% menos de fondos que nas contas de 2019. Concretamente, o Centro Dramático pasa de 600.000 euros a 350.000, o Centro Coreográfico de 150.000 a 50.000 e o Centro de Artes da Imaxe, de 175.000 a 132.000. Ante o balbordo xerado, a Xunta si deu en responder. Para retrucar que o recorte non será tal, porque o compensará con fondos do Xacobeo."De confirmárense, estaríamos ante un baleirado dos centros de produción e da filmoteca galega", subliñou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia tras o debate no ParlamentoA AAG amosouse alarmada coas cifras. "De confirmárense, estaríamos ante un profundo baleirado dos dous centros de produción", o CDG e o CCG, e mais da filmoteca galega "cuns acusados recortes que só responderían a un interese: o desmantelamento". "Esiximos que a Consellería clarifique os orzamentos e non rebaixe en ningún caso as partidas coas que contarán en 2020", reclamaban, nun contexto no que a entidade se amosaba "perplexa" polo feito de que, na súa resposta á parlamentaria do Bloque, o conselleiro optase polo "silencio a respecto dos recortes".A resposta da XuntaA cuestión seguiu a medrar entre o sector e a resposta lográbaa este venres a Revista Galega de Teatro, Erregueté. Tras contactaren coa Agadic para solicitaren que o seu director, Jacobo Sutil, aclarase a causa da caída do 40% nestas áreas do seu orzamento -o global da transferencia da Consellería á Axencia, de 4,2 millóns de euros, apenas varía con relación a 2019-, lograron unha breve resposta por escrito na que se advirte desa compensación a través do Xacobeo."Non verán diminuídas a súa dotación económica" porque "varios proxectos se desenvolverán ao abeiro do programa cultural do Xacobeo", respondeu a Xunta á 'Erregueté'Tanto o CDG como o CCG, di a resposta da Xunta á Erregueté, "non verán diminuídas a súa dotación económica en 2020" porque "varios dos proxectos de ambas unidades de produción" do vindeiro ano "se desenvolverán ao abeiro do programa cultural de promoción do Xacobeo 2021". Eses fondos, subliñan, non están no orzamento da Agadic, senón no da Axencia Turismo de Galicia. Nas contas dese departamento autonómico inclúese unha previsión de ingresos de 10 millóns de euros procedentes de patrocinios do Xacobeo e unha transferencia corrente de 3 millóns á Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo.Nova xerencia na AgadicAlén dos orzamentos, no sector tamén causou "perplexidade", en verbas da AAAG, o anuncio que o conselleiro Román Rodríguez lanzou aproveitando a pregunta do BNG sobre as contas da Agadic. O Goberno galego, dixo Rodríguez, prepara "un novo estatuto que regulará a Agadic" para a súa "transformación e modernización". Será "unha nova etapa", afirmou o titular de Cultura, que terá entre as súas "novidades" a "creación da figura do xerente da Agadic, que se encargará de coordinar a xestión administrativa da Axencia", avanzou.A AAAG lamenta que a Xunta non "informase nin consultase o sector" sobre o novo estatuto da Agadic que agora anunciaA AAAG lamenta que "nunca se informase nin consultase sobre a elaboración deste novo marco estatutario". Tampouco "consta", censuran, "contactos coa gran maioría das asociacións do sector escénico, musical e audiovisual, polo que consideramos que se levou a cabo de costas á profesión". Neste sentido, Rodil (BNG) tamén critica que esta mudanza "non fose comunicada nin negociada co sector". "Que casualidade que o BNG presente esta pregunta e a Xunta tire este coello da chistera", ironiza a parlamentaria. |
QUEPASA_311 | Todas as táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. | Nova xornada completa do Fútbol da Costa é con tremenda emoción viviuse o carrusel de www.futboldacosta.com. Unha xornada de derbi con protagonistas repetidos como o Fisterra, así como o San Lorenzo, líder e único invicto da Liga da Costa. A Preferente mira a fin da terra Espectacular o que está facendo este histórico Fisterra. O investimento en calidade dos de Canosa, e Tolo, está dando os seus froitos antes mesmo do esperado. Marcan os novos como Herbert, e os de sempre como Makaay, para endosar unha nova goleada a un Xallas que necesita comezar a recuperar efectivos e poñerse a sumar como o comer. A derrota do Viveiro mete aos fisterráns máis preto do liderato.O Sofán caía ante o Residencia tras unha controvertido decisión arbitral. Unha Primeira de tolos Dous partidos de tolos os protagonizados polos nosos equipos, como ese derbi entre un Soneira que ía a tope e un Volantes que non acababa de arrincar, pero si arrincou un punto do Municipal vimiancés.O outro choque de ida e volta foi o do Baio ante O Pino, onde o equio de Pablo Torreira remontaba un 3-0 e remataba cun incrible 3-4 que os quita da zona perigosa, na que aínda están o propio Volantes, e o Mazaricos, que conseguía empatar no treito final ante o Agolada. O San Lorenzo manda na 2ª O Muxía e o Malpica frearon ao Corme e ao Ponteceso. Non puido facer o mesmo o Castriz ante un San Lorenzo que queda líder en solitario tras 4 vitorias en 4 partidos. Arriba colócase un ilusionante Cee tras vencer a un Baíñas que non arrinca nun partido tremendamente polémico, con importante trifulca polo medio que debullaremos mañá.Por abaixo, no duelo de pecachancelas e tras outro partido tolo, o Cabana estreou o taboleiro levando os 3 puntos de San Andrés deixando ao Zas a cero. 3ª: Camariñas só A segunda xornada deixa ao Camariñas como líder en solitario, con dúas vitorias, trala ferrota do Ameixenda en Corcubión e os empates de Outes en Louro e Nantón en Camelle. FutFem Segunda vitoria en dous partidos do novo UC Cee para ficar colíder do Gr. 3. As Miúdas sumaron a primeira vitoria do curso e xa está na zona de Promoción. No Gr. 1 o Bergan suma 3 de 4 e está na zona Noble. Base En Xuvenís, Cabana e Seaia, así como a Esteirana, seguen golpeando. E ollo cun Xallas que comezou con forza.Na segunda xornada tamén de Cadetes, só quedan 4 equipos sumando só vitorias: Fisterra, Sofán, Miúdos e Xallas.En Infantís, outros catro líderes: Os Miúdos, Outes, Cee e Dumbría, mentres o choque do Corme suspendido pola intoxicación da auga cormelá. Veteranos Menudos números dos Zas, que fica como o único equipo que suma partidos por vitorias tras esta terceira xornada. Por detrás, Dumbría e Ponteceso.Na 1ª, o Deportivo Carballo ascende ao liderato tras frear a un novo Ara Solis que comezara como un cañón. Ademais, o Fisterra non puido recibir ao Corme, tamén pola intoxicación. TODAS AS TÁBOAS DE RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM |
PRAZA_1852 | O activista cultural, escritor, biógrafo e divulgador da figura e da obra de Ramón Cabanillas faleceu este luns. Centrou os seus traballaos nas localidades de Cambados e O Grove, así como na cultura marítima en Galicia. | Este segundo luns de agosto golpéanos coa morte de Luís Rei, activista cultural, biógrafo e divulgador da figura e da obra de Ramón Cabanillas. Fundador da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, foi ademais director da auténtica xoia hemerográfica que é a revista Ardentía. Luís Rei fixo importantes achegas para a comprensión da historia do país, sendo un experto na historia do XIX e do XX Luís Rei foi un excelente historiador que soubo poñerlle carne e alma ás frías radiografías academicistas. Desde as súas investigacións sobre historia local fixo importantes achegas para a comprensión da histora do noso país. Os seus traballos centráronse maiormente nas localidades de Cambados e O Grove, mais o estudo da cultura marítima e de personaxes como Ramón Cabanillas ou Basilio Álvarez levárono a investigar sobre múltiples localidades do país e sobre a Galiza de alén mar, ao tempo que o converteron nun experto na historia do XIX e o XX. Vinte anos dedicou ao estudo da biografía do vate das Irmandades. Este enorme esforzo culminou coa publicación na Editorial Galaxia de Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades, en 2009. Ese ano, no que se conmemoraba o 50º aniversario do pasamento do poeta, Luís Rei foi un dos promotores do Ano Cabanillas e impulsor de múltiples actividades en colaboración coas Redes Escarlata, o Concello de Cambados e mesmo a compañía Teatro do Aquí, para a que escribira un texto teatral sobre a vida do Poeta da Raza (Camiño longo. Entre as roseiras de Cabanillas). Foi un dos promotores do Ano Cabanillas e impulsor de múltiples actividades arredor do escritor No ano 2005 converteuse no principal organizador dos Encontros da Cultura Marítima. Hai xustamente dez anos as ribeiras de San Tomé, Cambados e Fefiñáns fervían de actividades de divulgación e dignificación da cultura da que Luís se sentía parte implicada desde as propias orixes familiares. A partir dese momento os Encontros, de periodicidade bianual, convertéronse nunha cita cultural de primeira orde. Luís Rei foi, ademais, un galego comprometido politicamente desde a súa primeira mocidade. El foi un home do pobo vivo, do de carne e óso, do de salitre e terra. Aí non foi traizoado por intelectualismos. Tampouco estivo nunca ao sol que máis quenta e proclamou as súas conviccións con firmeza, sen medo de ninguén. A súa atractiva personalidade e a súa indomesticabilidade levouno a ser admirado e aprezado por persoas de moi diverso signo. A súa perda fai palpábel a inxustiza da morte temperá dunha persoa chea de proxectos, de tarefas por facer, de achegas coas que nos agasallar. Parte da súa obra fica inédita, mais esperamos que algúns importantes traballos cheguen a ver a luz da man dos amigos que tanto o quixeron e que o acompañaron ata os seus últimos momentos e máis alá. Descansa en paz, Luís, que nos deixas como manda o compromiso de seguir a loitar por un país digno e xusto. |
PRAZA_11423 | O estudo As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións, elaborado polo grupo As Mulleres na Opinión do colectivo Xornalistas Galegas, e o traballo de Montse Dopico sobre o poemario No camiño do vento, de Sesé Mateo, levaron o primeiro e o terceiro premio dos galardóns Comunicar en Igualdade | O grupo As Mulleres na Opinión da asociación Xornalistas Galegas e a xornalista Montse Dopico veñen de lograr dous dos tres primeiros Comunicar en Igualdade, que convoca a Secretaría xeral da Igualdade da Xunta, con senllas reportaxes publicadas en Praza.gal.O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución que outorga, dentro da categoría profesional do certame, o primeiro premio Comunicar en Igualdade á reportaxe As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións, un traballo de investigación no que o grupo As Mulleres na Opinión, de Xornalistas galegas, avaliou máis de 27.000 pezas de opinión publicadas durante 2018 en diversos xornais do país. Entre as principais conclusións do estudo resalta o feito de que "só un 15,5%" destes traballos levan sinatura feminina.O traballo de investigación de Mulleres na Opinión, galardoado co primeiro premio, concluíu que só un 15,5% das pezas analizadas estaban asinadas por mulleresO segundo premio da sección profesional recaeu en Sara Vila, pola súa reportaxe O noso toque de queda, publicado no Diario de Pontevedra, e co terceiro foi distinguida Montse Dopico pola reportaxe Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte, tamén publicada en Praza.gal. Neste traballo, a xornalista mergúllase no poemario No camiño do vento, publicado polos fillos e amizades de Sesé Mateo, unha muller de Redondela asasinada en 2017 polo seu marido.Na categoría destinada ao alumnado universitario, o primeiro premio foi para Uxía Castro Martínez, pola reportaxe Eles gobernan, elas aman. Os mitos do amor romántico, en Sermos Galiza. O segundo premio correspondeu a Lucía Parrilla del Río, pola reportaxe Un relato de mulleres nas minas do Bierzo, que publicou a revista Luzes. O terceiro foi para Silvia López López por unha entrevista á escritora Rosario Regueira en Lugo Xornal.A reportaxe de Montse Dopico debullaba o poemario 'No camiño do vento', publicado por fillos e amizades de Sesé Mateo, unha redondelá asasinada en 2017 polo seu maridoA Secretaría Xeral da Igualdade destaca que o xurado dos premios Comunicar en Igualdade seleccionou "os mellores traballos segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo dende a perspectiva de xénero". Este premio, lembra o departamento, naceu para "premiar as boas prácticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como pode ser o sexismo na publicidade".O galardón tenta tamén potenciar a abordaxe de "outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero". |
NOS_52573 | Pode que o valor que recobraron durante a pandemia as tendas de alimentación dos barrios sexa só un espellismo, consecuencia das restricións ao resto do comercio ou do medo a unha exposición maior ao contaxio. Ou pode que sexa unha tendencia que veña a redescubrir o que os negocios de proximidade achegan, máis alá do puramente comercial, ao tecido social. Nun momento de precariedade e incerteza, o sector galego expón as súas potencialidades. | A proba de esforzo que está a supoñer, para o tecido económico, o parón obrigado pola crise sanitaria destes meses ten no pequeno comercio un dos grandes afectados. Estes negocios representan hoxe, segundo datos da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) da Galiza, perto dunha cuarta parte do traballo autónomo no país (23,4%), cuxa filiación está a experimentar un descenso que é de 1,3% se se comparan as cifras de maio coas de decembro e que chega a 2,1% ao opoñelas ás de maio de 2019, cando había 4.357 traballos autónomos máis na Galiza. Con pouca marxe para o optimismo, o presidente de ATA, Rafael Granados, calcula que de aquí a final de ano a caída de traballo autónomo dentro do sector comercial galego aínda caerá entre 20% e 30%, en función de como evolucione o consumo. "Hai que ter en conta distintas variábeis, a comezar pola situación sanitaria dos próximos meses, pero tamén a económica, coas incertezas que se están xerando no Estado: se estás nun ERTE terás menos poder adquisitivo e polo tanto menos capacidade de consumo; se non sabes se terás traballo nun futuro próximo reducirás os gastos para ter un colchón. E ocorre o mesmo con persoas autónomas con persoal ao cargo no comercio, en ERTE. Ao non haber certezas de como vai funcionar o consumo é un risco grande asumir os cargos de todo o persoal sen saber se se vai ter solvencia para afrontalo", expón. Desde a Federación Galega de Comercio, o seu presidente, José María Seijas, concorda en que situacións como a que atravesa a antiga Alcoa ou os feches que comezan "retraen o consumo". "As persoas non teñen confianza no futuro e cando o grao de confianza baixa as vendas tamén. Hoxe temos valores de confianza moi baixos, similares aos de 2012. Temos que pensar que a maioría dos comercios estiveron 50 días fechados, sen ningún ingreso, e que houbo que correr cos gastos", apunta, e estima que a normalización das vendas non chegará até finais de ano, ou mesmo principios do que vén. A "illa" da alimentación A situación, segundo avalía Seijas, afecta na mesma medidas aos grandes núcleos de poboación e ás vilas –"cando non se vende, non se vende en ningures", afirma– mais si é diferente segundo o tipo de comercio. "Sectores como o da alimentación –que non tivo que fechar– non sufriron retroceso nas vendas. A xente, ao principio, asustouse e acumulou. Outros menos primordiais van máis lentos e terán máis difícil a subsistencia", vaticina. Así o ve tamén o presidente de ATA Galiza, que distingue entre sectores de "primeira necesidade", como o alimentario ou os salóns de peiteado, con outros que, como a peletaría ou a xoiaría, "non o son, e serán os que peor o pasen". "As tendas de alimentación, ao traer produto fresco e de proximidade, si aumentaron clientela, talvez polo medo ao contaxio nos supermercados, ou porque había menos colas... Pero haberá que agardar para comprobar se ese efecto dura. As áreas comerciais acaban de abrir", advirte. Para Ana María Pena, que rexenta desde hai un ano un pequeno negocio de alimentación no barrio de Catro Camiños da Coruña –A tenda de Ana–, os perto de tres meses de confinamento servíronlle para reforzar a súa confianza nas relacións de proximidade. "A xente empezou apoiar moito máis o pequeno comercio de forma desinteresada. A ver se se mantén, pero eu vexo a veciñanza moi concienciada ao meu redor", valora. Función social Desa proximidade salienta o valor social. A súa tenda colabora, xunto con outro medio cento de comercios de proximidade, cos Grupos de Apoio Mutuo (GAM) da Coruña, postos a andar de maneira autoxestionada para prestar axuda á veciñanza máis vulnerábel na pandemia e que apostan polo comercio de barrio como alternativa sustentábel–no económico, no laboral e no ocial– ás grandes superficies. No seu caso, Pena ten no negocio unha "caixa de resistencia veciñal" dos GAM, onde acumula propinas e achegas solidarias da súa clientela e dela mesma, que despois se destinan á compra de alimentos e produtos básicos en caso de emerxencia, e tamén colabora co reparto das compras a persoas que nestes meses non podían saír da casa ou doando alimentos cando se precisaban. o comercio pequeno estamos para axudármonos e ademais damos un trato moi persoal, de confianza, que non hai nun gran supermercado. Acabas facendo lazos, creando redes, porque a cuestión é axudarse cando se precisa e axudar a facer barrio", sinala a comerciante. Á función social do comercio de proximidade apelan tamén desde a Asociación de Autónomos e desde a Federación de Comercio, despois de destacar a atención personalizada que presta e a especialización do seu servizo. "Onde hai comercio hai vida. Alí onde funcionan, hai actividade, a xente pasea, xéranse sinerxías... Vímolo estes días. Co comercio fechado semella que desaparecera o mundo", exemplifica Seijas desde a Federación de Comercio. "A sociedade debería ser consciente de que mercar produto de nós en comercio de nós mellora a nosa economía e o noso mercado laboral", subliña, en termos similares, o presidente de ATA Galiza, quen engade a maior "calidade" do emprego e o "dinamismo" que xera esta forma de negocio. "Por estes comercios pasa moitísima xente, dan luz ás rúas e seguridade aos barrios, así que fomentar o comercio de proximidade tamén contribúe a revalorizar os nosos barrios e as nosas vivendas", subliña. Medidas de apoio Nesa defensa polo pequeno comercio, ATA Galiza demanda do Goberno estatal que alongue a final de ano as prestacións por cesamento de actividade, o mesmo que os ERTE, "para que os traballadores e traballadoras poidan irse incorporando a medida que o negocio precise recursos" e rebaixas fiscais, "porque se o que se fai é subir impostos fixos, o que se vai provocar, xunto coas perdas destes meses e os gastos que teñen que facer de aquí en diante, é que moitos teñan que fechar". Das axudas ao sector, Granados censura que "non son tales, porque a prestación por cesamento de actividade é como o paro do autónomo, polo que cotizamos de forma obrigatoria desde xaneiro de 2019, pero non unha axuda, senón unha flexibilización dun dereito que xa temos". Tamén na Federación de Comercio demandan un maior apoio maior das Administracións. "Porque as axudas dos Gobernos, sobre todo o central, non son como as anunciaron, non hai facilidade para conseguir os créditos e, ademais, cos créditos non fas outra cousa que alongar a débeda, pero despois hai que pagala", reproba Seijas. "A competencia faina a gran venda en liña" "Hoxe, a competencia do pequeno comercio xa non son as grandes superficies, senón a venda online de 'monstros' como Amazon ou Alibaba, que veñen de fóra, non pagan impostos coma nós e non sabes de onde chega o produto", advirte o presidente da Federación de Comercio cando se lle pregunta pola convivencia coas grandes áreas, despois do 'boom' que experimentaron hai unha década. A propia entidade comercial conta, desde hai un lustro, cunha plataforma de comercio en liña, que nestes días funciona con máis de 500 negocios e que ultima a posta en marcha do tícket electrónico (no móbil). "Levamos tempo potenciando a informatización porque non hai dúbida de que temos que subirnos a ese método", estima Seijas. Desde ATA Galiza, Granados coincide en que a maior presión sobre os pequenos negocios está na actualidade no avance das novas formas de consumo. A enquisa estrutural de fogares do Instituto Galego de Estatística de 2019 situaba en 39,3% as persoas que fixeran unha compra a través de internet nos últimos tres meses. Mais da metade da poboación galega usara xa este método de compra. "Talvez o gran centro comercial como o coñeciamos, o principal referente de guerra, perdeu o seu lugar respecto o comercio en liña, pero o pequeno comercio está moi por detrás, a presión segue estando aí", alerta o presidente dos autónomos, que tamén concorda en que a supervivencia do sector comercial pasa por compaxinar o traballo no estabelecementos, na rúa, co mercado por internet. "Se non de maneira individual, mediante asociacións que dispoñan de plataformas ou en colaboración cos concellos ou coa Xunta, de maneira que poidan reducir gastos estruturais e de envío e facilitar a estrutura comercial", apunta Granados. |
NOS_78 | Bernardo Máiz vén de presentar nun acto multitudinario en Ferrol Amada García e os seus arredores (Edicións Embora), o libro de 460 páxinas que conta a historia dunha muller comunista que chegou a converterse nun mito (de pobre muller para uns e de heroína para outros) logo de ser condenada a morte pouco despois de dar a luz un neno. | - Amada García é o fío condutor do libro que vés de publicar. Por que a elixes a ela? Porque é a vítima máis simbólica da represión en Ferrolterra?- Non, porque é a vítima máis simbólica da represión contra as mulleres. - E esa é a razón pola que te pós a investigar sobre a súa figura?- Hai máis razóns, de moitos tipos. En primeiro lugar eu crieime ouvindo a historia da García, "pobriña ella, que sólo bordó una bandera", e intrigoume. Logo, como historiador, empecei a escarabellar, ata que me din de conta que era unha historia moito máis complexa do que se dicía e que había que escribila, claro. Falamos dunha muller que forma parte dunha xeración que se afixeran a unha cultura democrática e a exercer a liberdade, e a ter actitude pública de compromiso social. - Tamén dis que había moito de ficción nesta historia e que no libro vas só aos datos. - A historia é moi complexa. Ferrolterra é un territorio moi ligado á esquerda historicamente. Os únicos alcaldes do PCE -o máis radical naquel momento- que había en Galiza eran o de Pontevedra e o de Mugardos. Isto é moi significativo, ao igual que das 86 mulleres que se cargaron en Galiza do 36 ao 39, 27 foi na área de Ferrolterra. E a filiación sindical feminina era máis elevada nesta comarca que no resto do país. O título do libro é 'Amada García e os seus arredores' precisamente porque non é unha heroína illada ou unha vítima illada, ela forma parte dun contexto histórico. Hai un capítulo que se titula 'Do mito á realidade'. De Amadita a Amada. Amadita é a pobre muller que nada se fixera e que, a pesar de todo, a mataron. Aínda estes días me contaron dúas veciñas que de pequenas lle rezaban a unha fotografía de Amadita. - Arre demo.- Elas estaban convencidas de que era unha santa. Foise creando arredor dela un mito, e a xente dicía que o único que fixera fora bordar unha bandeira. E resulta que non bordou tal bandeira, porque non sabía bordar. A outra versión que se crea é a de heroína que mesmo arenga ao pelotón de fusilamento, que tamén é mentira. Eu intentei dilucidar o que había de verdade e de fantasía. E para iso tiña que presentar o marco no que ela se movía. En Ferrol, ten en conta, que había unha agrupación de mulleres socialistas, e só había dúas en España. Ou que unha das mulleres que mataron era a presidenta do sindicato de descargadoras do peirao. E en Mugardos había un centro republicano, un ateneo libertario con moitísimas actividades, e unha Irmandade Nazonalista de Franza (O Seixo), que tiña vintetantos afiliados. E o potentisimo movemento sindical arredor dos asteleiros. Todos estes elementos conflúen en que a república, sobre todo entre a xente máis nova, fora acollida como un tempo de esperanza, como di Dieste. E Amada é unha muller normal, casada cun traballador moi concienciado, filla dun anticlerical, e medra nese ambiente. E a partir do 34 empeza a aparecer publicamente desde compoñendo coplas de Entroido en contra da dereita, está afiliada á Asociación de Mujeres contra la Guerra y el Fascio, e a Mugardos chegaba un mensuario feminista da CNT chamado Mujeres libres. Pero fóra do dereito de voto, as mulleres conseguiran pouco: só había unha directora xeral e eu dei só con 18 concelleiras en Galiza nada máis. Amada acompañando no escenario do Jofre á Pasionaria nun mitin o 2 de xaneiro do 36, até despois protagonizando 3 mítins máis. E falei con xente que asistiu a estes mítins que destacan a súa forza, dicindo que era moi pequeniña pero enchía o palco ela soa. E formaba parte da candidatura das eleccións municipais que non chegou a haber en maio do 36. Aparece na prensa que formaba parte dunha candidatura no posto terceiro ou cuarto. Amada é unha muller normal, casada cun traballador moi concienciado, filla dun anticlerical, e medra nese ambiente. - E como remata a historia?- Hai un capítulo, utilizando unha frase de Castelao, que se chama 'Valía máis Ferrol que todo Asturias', o que significa que o potencial militar que había en Ferrol era moi grande. E é o único lugar onde lle custou máis gañar, non en tempo pero si en dureza, tomar o poder militarmente. Houbo máis mortos neses primeiros días e onde empezan as execucións rapidamente e onde o número porcentual e relativo de mortos é o máis elevado de toda Galiza. Dunhas cinco mil e pico persoas asasinadas, en Ferrol chegamos ás 1.500. E de 86 mulleres, 27 foron na área de Ferrol. - Como foi o seu caso?- Amada de entrada vai de arresto domiciliario en Mugardos, coma moita outra xente, córtanlle o pelo ao cero, é sometida a traballos forzosos até que en abril do 37 préndena, ao marido tamén, pero el sae pronto. Entra no cárcere de mulleres, está embarazada e ten o neno en outubro. É levada a un consello de guerra con outras sesenta e tantas persoas o 1 e 2 de decembro e condéana a morte o 24. Finalmente a clemencia do caudillo leva a que lle conmuten a condena a 16, e a ela non, e é imputada o 17 de xaneiro do 38. Das 86 mulleres que se cargaron en Galiza do 36 ao 39, 27 foi na área de Ferrolterra. E a filiación sindical feminina era máis elevada nesta comarca que no resto do país. - Que pasa co neno?- Ela ten o neno estando presa. Esa versión de pobre muller mesmo chegou a dicir que agardaron a que tivera o neno pola política natalista do franquismo. Finalmente o día 26 de xaneiro hai un garda civil piadoso que avisa á familia, ela era de orixe moi humilde, filla dun mariñeiro e dunha redeira. Cruzan até San Felipe a remo, vai o pai, o marido e unha irmá. Déixana estar con ela un pouco e cando volven a Mugardos escoitan os estouridos. E aí hai máis mitos: "pobriña que se desmayó antes de que los soldados disparasen y los soldados no querían hacerlo". O outro mito é todo o contrario: "soldados, no os preocupéis, disparad sin miedo, etc. etc." E tiven a sorte de poder recoller información dun soldado que non disparou, estaba na reserva, e do médico militarizado. É verdade que na primeira descarga déronlle aos outros e a ela lixeiramente nunha perna, e o tenente mandou outra descarga e rematárona. E isto crea unha lenda enorme, creouse tamén unha similación co mito de Mariana Pineda, que tampouco bordara ningunha bandeira. Nos decretos iniciais que fixo a República, un deles era declarara o día de Mariana Pineda nas escolas como heroína da liberdade. Entón o mito era coñecido. - Hai un fillo que aínda vive, non?- Non, morreu hai uns meses. O fillo é un home co que tiven unha grande amizade. Un fillo case póstumo. Empezou a traballar no arsenal e era tratado con moito respecto porque era o fillo de Amada. E ten unha filla maior, que é monxa, ten noventa e tantos anos. O marido dela, Gabriel Toimil, deixalle á súa familia á nena, que tiña 7 anos, e o neno déixallo aos avós maternos, que abandonan Mugardos e se establecen en Ferrol. O pai desentendeuse dos nenos, aínda que lles enviaba algún diñeiro. A este home trasladárono ao arsenal de Cartaxena e chegou ao máximo na súa categoría. Volveu a finais dos 90, eu falei con el. Acabou co fillo coma o rosario da aurora e finalmente foise a un centro da terceira idade de Bergondo. Cando xurdía o tema do fillo poñíase nerviosísimo. Nas vilas a venganza dos sectores tradicionalmente no poder, a vinganza cara os de abaixo foi tremenda. - Supoño que nos arquivos consultados tes visto de todo respecto da represión e de como esta influiu na vida da xente. - Nas vilas a venganza dos sectores tradicionalmente no poder, a vinganza cara os de abaixo foi tremenda. Curiosamente non sucedeu así nas aldeas. Eu comprobei como no Seixo (Mugardos) ou en Cervás (en Ares), a xente de dereitas protexía aos propios. Había xente que cambiaban as declaracións cando sabían as represalias que lle caían á xente. E noutros casos, ao contrario. Hai un problema de clasismo e de sexismo. Mulleres que din "pero esta chica qué se creía, la hija de un pescador y de Petronila iba a ser concejala, pero por dios". No caso das declaracións dos homes, consciente ou inconscientemente, hai sexismo. - Por que foi o seu caso tan simbólico? Polas circunstancias, por estar embarazada?- Claro. Porque foi tardío, non foi asasinada nos primeiros meses. Foi o 27 de xaneiro do 38. O 50% dos mortos foron nos primeiros meses despois do alzamento. Un 30% no 37 e logo diminuiu moito nos anos seguintes. Con ela mataron outros 7, entre eles ían matar a outra muller, Elena Leira. Pero a súa familia conseguiu mercar o tribunal de apelación e 10 anos despois estaba na casa. As dúas foran sometidas a cortes de pelo, a traballos forzados, a humillacións públicas. Hai un momento nos anos 40, imitando os heroes soviéticos que con 11 anos mataron centos de nazis, aquí fanlle o mesmo a Amada, mitificándoa como heroe comunista. Había que inventar heroes. - Rematara o curto periodo de tempo de liberdade para as mulleres.- Si, xa o dicía un falanxista: "unas fueron pasadas por las armas y otras fueron obligadas a fregar suelos otra vez". Eu insisto moito en que aquí non houbo guerra, houbo unha matanza contra os defensores da orde lexítima. E en lugares como Ferrol, se pensas que só nun buque de guerra se cargaron a 100 xa che saen unhas cifras descomunais. O 24 xa se producen as primeiras execucións irregulares en Pontedeume. Un deles, o alcalde de Mugardos. E logo desencadéase unha auténtica matanza. - Como definirías a figura de Amada García?- Ela foi unha vítima máis, que chega á categoría de mito polo especial dramatismo das circunstancias: unha nai que deixa dous orfos. Hai un momento nos anos 40, imitando os heroes soviéticos que con 11 anos mataron centos de nazis, aquí fanlle o mesmo a Amada, mitificándoa como heroe comunista. Había que inventar heroes, entón Amada caeu nesa categoría. Ten unha traxectoria social e política valiosísima. Falamos dunha muller que forma parte dunha xeración que nos cinco anos de República se afixeran a unha cultura democrática e a exercer a liberdade, e a ter actitude pública de compromiso social. Era a capa que tiña a misión de dirixir politicamente o noso país. E que foi decapitada, nunca mellor dito. |
NOS_22680 | Case catro séculos pasaron desde a conquista, mais a flamante República de Barbados foi quen de acabar coa época colonial e abre o camiño ao resto de territorios que aínda son monarquías. | Exactamente 55 anos despois de proclamar a súa independencia de Gran Bretaña, esta terza feira a illa caribeña de Barbados converteuse nunha república, tras destituír a raíña Elizabeth II como xefa de Estado, e substituíla por Sandra Mason, primeira presidenta do país. Pouco antes da chegada da hora que marcaba a fin definitiva da presenza británica no territorio que colonizaran en 1625, hai case catro séculos, comezou en Bridgetown -a capital- unha multitudinaria celebración para que Mason tomara posesión do cargo "e deixar atrás o noso pasado colonial", salientou na súa primeira intervención. A mandataria, elixida o mes pasado polo Parlamento barbadés após desempeñarse desde 2018 como gobernadora xeral, sinalou que nesta nova etapa, "poñemos os nosos barcos coa proa cara á nova república. Facemos isto para poder apoderarnos de toda a substancia da nosa soberanía", recolleu Barbados Today. Repudio á escravitude Á cerimonia foi convidado o herdeiro ao trono do Reino Unido, Carlos, que desexou á nova república "felicidade, paz e prosperidade no futuro", ao tempo que recoñeceu a "espantosa atrocidade da escravitude", que "mancha para sempre a historia" conxunta entre ámbolos dous países. Durante dous séculos da era colonial, Barbados foi o centro británico para a trata transatlántica de escravos, ademais, coas persoas procedentes de África levadas á forza impulsouse a plantación de cana de azucre. A escravitude foi abolida no Reino Unido en 1834. Poucos minutos antes da medianoite, foi arriada a Royal Standard, a bandeira da monarquía, e entre fogos de artificio en todo o territorio, a nova xefa de Estado tomou xuramento de lealdade a Barbados aos principais cargos do país, entre eles, á primeira ministra, Mia Mottley. Durante o evento, anunciouse que a cantante Rihanna, á cidadá barbadesa máis coñecida no eido internacional, será nomeada como heroína nacional, tres anos despois de recibir o título de embaixadora extraordinaria e plenipotenciaria. Porén, aínda que os medios de comunicación do país destacan a vontade maioritaria das e dos arredor de 285.000 habitantes de Barbados de superar a fase da monarquía, cuestiónase o método utilizado -un acordo parlamentar hai un ano-, criticando que non se fixera un referendo para ratificar o cambio na Constitución, refire o editorial de The Barbados Advocate. No que atinxe ás implicacións para Gran Bretaña, a correspondente da BBC, Daniela Relph, sinalou que "non poden deter un cambio constitucional, pero poden intentar garantir que se manteñan as relacións positivas". Facía case tres décadas que un país non renunciaba á xefatura de Estado da raíña de Inglaterra, o último foi Mauricio en 1992. Dominica fixo o mesmo en 1978 e Trinidad e Tobago en 1976. A renuncia ao reinado de Elizabeth II non implica a saída de Barbados da Mancomunidade de Nacións, unha organización internacional composta por 54 territorios que foron colonias británicas, a excepción de Mozambique e Ruanda. Impulso republicano Até 13 Estados se manteñen como unha monarquía parlamentar após independizarse do Reino Unido, entre eles Australia, o Canadá, Xamaica ou Nova Zelandia. A decisión de Barbados pode acelerar o proceso de renuncia á monarquía nalgún destes países, en concreto, Australia e Xamaica, onde este debate continúa presente na sociedade e entre as forzas políticas. No territorio oceánico, o Partido Laborista e parte do Partido Liberal están a favor da creación dunha república, un anhelo freado en 1999 cun referendo no que a permanencia da monarquía se impuxo por 9 puntos. Mentres, en Xamaica, as principais forzas políticas concordan neste paso, que tomou un novo impulso en 2020 mais que aínda non se traduciu nunha política concreta, ao exixir as leis insulares que se produza unha consulta para aprobar un cambio constitucional. |
NOS_4498 | A tripulación crucense impúxose con autoridade nunha regata na que, entre outras cousas, Mugardos competiu de ti a ti cos outros clubs galegos da ACT: Meira e Tirán. | Cabo de Cruz deu un golpe na mesa e partiuna. A tripulación crucense asinou este domingo en Chapela, no Memorial 'Paco Fenosa', unha cita clásica na pre-temporada de traiñeiras galegas, unha regata na que non houbo quen lle chistase nin de lonxe. Os do Barbanza meteron a Bandeira a bordo coa autoridade que dá meterlle 38 segundos de diferencia ao segundo clasificado (20' 12'' fronte ao 20' 50'' de Meira). De terceiros, Tirán. Os tres primeiros postos, logo, para os clubs galegos que vogan na ACT. Mais Cabo marcou diferencias, e ben grandes, a estas alturas de temporada. Xa o ano pasado, na súa volta á ACT, o 4º posto acadado deixara ben claro que esta traiñeira galega tiña proxecto e forzas para se situar entre as máis importantes do Estado. Fronte ao Paseo de Cardona competiron 24 tripulacións neste memorial nas súas tres categorías. Os de Cabo -bautizados como 'O expresso vermello' (polas cores do club) pola crónica da Liga Galega de Traiñeiras- foron protagonistas, mais non os únicos. Mugardos, que nesta pre-temporada gañou a derradeira regata de 2014 e a primeira de 2015- acabou cuarta en augas de Chapela. Mais durante unha boa parte estivo a vogar de ti a ti con Meira e Tirán. Unha mostra de que Mugardos vai dar que falar na LGT-A deste ano. Mecos finalizou en quinta posición, Chapela foron sextos e Pobra, 7º. |
NOS_33799 | Será o 19 deste mes na Coruña. | O sindicato Unións Agrarias (UU.AA.) chamou á mobilización das e dos gandeiros galegos do sector lácteo a vindeira terza feira, 19 de febreiro, fronte á Delegación do Goberno na Coruña, contra o uso do leite "como produto reclamo" por parte das distribuidoras. Así o anunciou en rolda de prensa o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, quen explicou que estas protestas coincidirán coas últimas convocadas polos agricultores de Murcia e Granada e puxo o foco nos prezos "que non cobren custos de produción". No caso da Galiza, lembrou as protestas protagonizadas polos gandeiros e gandeiras de leite do 2015 e lamentou que "catro anos e medio despois" aínda se dea "a mesma situación" de 'dumping' malia o acordo asinado entón. Así, criticou a pouca "transparencia" da industria do sector e evidenciou que as cadeas distribuidoras "seguen usando" o leite como produto reclamo "para gañar consumidores e non compradores". "Seguen con prezos de hai cinco anos, a 56 céntimos o litro. Esas mesmas cadeas que uns quilómetros despois, en Francia, un país excedentario, ten o prezo a 73 céntimos", insistiu García, para despois urxir a convocatoria da mesa do acordo lácteo. E é que, tal e como explicou o secretario xeral de UU.AA., mentres a produción supón un gasto de 32 céntimos por litro para as e os gandeiros, a industria "imponlles" un prezo de compra ao redor dos 30 céntimos: "E se non asinas, dinche que xa non che compran máis". No entanto, a ese "problema" hai que sumar custos adicionais como os danos provocados por xabarís nas terras e as 600.000 hectáreas que hai que "pór en disposición para abaratar os custos". Ademais, Roberto García reclamou que "se fagan públicos" os prezos polos que a industria ofrece o litro de leite aos distribuidores finais, xa que "hai elos que están a vender a perdas" e o consumidor "non pode pagar" esta ineficiencia. |
NOS_23829 | Cunha tiraxe de 3 millóns de exemplares recunca cunha imaxe de Mahoma na capa. Co hastag #JeNeSuisPasCharlie diversas voces critican os cadriños da publicación por consideraren que "alimentan" preconceitos. | O semanario satírico francés atacado o 7 de xaneiro supostamente polos irmáns Chérif e Saïd Kouachi --abatidos a tiros pola gendarmerie dous días despois-- regresa esta cuarta feira (14 de xaneiro) aos quiosques da man dalgunhas das persoas que sobreviviron á agresión. "Charlie Hebdo, o xornal dos supervivintes" é o lema que se pode ler no portal web da publicación. "Semella que o lapis estará sempre enriba da barbarie... semella que a liberdade é un dereito universal... semella que nos apoiades", conclúe a mensaxe publicada antes de anunciar que máis unha semana sairán á venda. E farano, outra volta, cunha capa na que aparece debuxado Mahoma, o profeta musulmán polo que foi obxecto de fortes críticas e diversos ataques. "Todo é perdoado" é a frase que intitula o novo número onde o líder musulmán terma dun papel no que se pode ler "Je suis Charlie" [Eu son Charlie], o lema que mobilizou nas redes e nas rúas a solidariedade co semanario. Voces a contracorrente Ao longo dos últimos días foron moitas as voces que se sumaron á campaña de apoio ao Charlie Hebdo mais tamén aqueloutras que promoveron o hastag #JeNeSuisPasCharlie [Eu non son Charlie] por consideraren que a reprodución dunha imaxe de Mahoma --o profeta non pode ser retratado de maneira algunha segundo a relixión musulmá-- constitúe unha ofensa. Diversas voces criticaron os cadriños de Charlie Hebdo por consideraren que "alimentan" preconceitos sobre o Islám e a comunidade musulmá E non é que estas outras voces --que reman a contracorrente-- non amosasen a súa repulsa polo atentado senón que consideraron algúns dos cadriños publicados no Charlie Hebdo como unha "ofensa a todos os musulmáns". Aliás, lembran que o islamismo radical é "un produto do imperialismo occidental". "Os EUA alimentaron suxeitos lunáticos, sen escrúpulos e sedentos de poder para combater o grande satán, o comunismo", apunta Lële Teles desde o Brasil. Mais en troca de consideraren o atentado contra o Charlie Hebdo un crime contra a liberdade de expresión, como defenden os media sistémicos, desde outra ollada, crítica, subliñan a realidade social da Franza e, no concreto, das 6,2 millóns de persoas musulmás que moran na súa periferia --entre eles os irmáns Kouachi-- como obxecto de "preconceitos" e "exclusións". Neste senso, o Leonardo Boff, relixioso coida que nos cadriños de Charlie Hebdo "os adeptos ao Islam sempre estaban caracterizados polas súas vestimentas típicas, sempre portando armas ou facendo alusións á violencia, con trocadiños infames como "matar" e "estoupar", explica. Para Boff "é como se fixésemos no Brasil un cadriño dun negro asaltante e dixesemos que non critica/estereotipa os negros, só aqueles negros que asaltan". Unha mensaxe, di, que se difunde na sociedade francesa "cos seus 10% de musulmáns marxinados". "Os costumes son corrixidos ríndose deles", continúa o texto coa frase do poeta satírico francés Jean de Santeul mais, acrecentan desde o Brasil se "a brincadeira é sempre preconceituosa, trasnmite e alimenta o preconceito". |
NOS_3077 | O home, de 41 anos, estaba a traballar perto das bateas da praia de Mañóns. | Un traballador duns 41 anos de idade foi evacuado en helicóptero medicalizado logo de sufrir queimaduras por mor dun incendio declarado nunha máquina para a aplicación de resina sintética perto das bateas da praia de Mañóns, en Boiro. Segundo informou o servizo de emerxencias 112-Galiza, poucos minutos despois das 8.30 horas desta segunda feira, os Bombeiros de Boiro chamaron para informar da súa saída por un incendio nunha máquina industrial perto das bateas da praia de Mañóns a pedimento dos axentes da Policía Local. Logo, desde o 112-Galiza alertaron a Garda Civil e Protección Civil. Precisou ser evacuado en helicóptero por mor das súas feridas Xa no lugar, os bombeiros solicitaron ao 112 asistencia sanitaria para un operario que resultara afectado polo lume. Por iso, pediuse a intervención de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que, debido ás lesións do ferido, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Compostela. En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, foron mobilizados unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria, así como un helicóptero medicalizado, que foi o que evacuou ao Hospital Universitario da Coruña o home ferido, M.M. F.M., de 41 anos de idade. Incendio Finalizadas as tarefas de extinción, o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento informou o 112 de que ardera unha máquina de aplicación de poliuretano, un compresor e mais unha furgoneta que transportaba o equipamento. Aliás, resultaron afectados uns bidóns almacenados tamén no interior do vehículo que, debido aos seus compoñentes, podían causar riscos en caso de ser alcanzados polas lapas. Os medios de extinción lograron precintar os bidóns e depositalos no interior do vehículo, nunha zona seca do areal, á espera de ser retirados polos profesionais competentes, indicaron por parte do 112. |
PRAZA_8254 | Profesores, traballadores e estudantes impiden a reunión do equipo directivo, onde estaba prevista a aprobación da aplicación do decreto Wert, e piden a reapertura de negociacións. | Profesores, traballadores e estudantes da Universidade de Vigo lograron impedir definitivamente a celebración do Consello de Goberno onde estaba prevista a aprobación da aplicación do decreto Wert na institución académica. As protestas contra os recortes dos colectivos, que mantiñan un peche no reitorado desde o pasado mércores, acabaron por deter unha xuntanza que se ía realizar na sala de xuntas, pechada polos manifestantes, e que tampouco puido ser celebrada no paraninfo, ocupado tamén polo encerro. O peche no reitorado impediu a celebración do Consello de Goberno Os colectivos concentrados solicitaron a anulación da aplicación do decreto Wert na Universidade, así como a reapertura da mesa de negociación do Persoal Docente Investigador, con presenza de estudantes e asociados, logo de que se lles fose negada a inclusión na orde do día do debate sobre a supresión da normativa que chega do Goberno central. Ante estas reclamacións, o reitor, Salustiano Mato, decidiu suspender o pleno, mentres que os manifestantes solicitaron oficialmente e por rexistro a supresión do anterior acordo de goberno, así como a reapertura de negociacións, algo que presumiblemente non vai aceptar o equipo reitor. Os manifestantes protestan contra os recortes e contra un decreto Wert que suporía o despido de 300 profesores asociados Os estudantes, traballadores e membros do Persoal Docente Investigador (PDI) e do Persoal de Administración e Servizos (PAS) que manteñen o peche protestan contra os "recortes que está sufrindo o conxunto da Universidade e contra a aplicación do decreto Wert". Segundo os concentrados, o equipo reitoral decidiu a aplicación deste decreto "malia a posición contraria da comunidade universitaria e de todas as centras sindicais agás unha", ademais de censurar que o reitor optase por unha aplicación "de máximos" da normativa, o que implicaría "a redución do cadro de persoal de 300 profesores asociados". Ademais, as protestas denuncian tamén o "empeoramento da calidade" da institución académica, así como "a masificación das aulas, a precariedade laboral e a perda de calidade docente e investigadora". "Curiosamente, os recortes non afecta aos altos cargos da Universidade", destacan. |
PRAZA_8745 | Segundo Cubitt, o que lle interesa é "a batalla do individuo entre mente e corpo. Ademais estou interesado en como as culturas trazan unha liña divisoria entre o aceptable e o prohibido" | Nunha ocasión explicounos a diferenza entre pornografía e erotismo. Na pornografía, argumentaba ela, o sexo é explícito e móstrase abertamente, encanto no erotismo a excitación sexual é provocada pola suxestión Lembro con ardente emoción as aulas de literatura española do instituto. Con quince anos e unha admiración pola beleza feminina que levaba tempo desatada, tocoume en sorte ter como profesora de literatura española unha adorábel poetisa sudamericana. Era loira, o que supuña un plus desde as máis temperás fantasías, posuía uns labios moi sensuais e o que o seu desenfado docente lle indicaba era sentar sobre a súa mesa colocando os pés na dos alumnos da fileira de diante. O panorama era do máis inspirador: unha loira subida nunha mesa a falarnos de estética literaria encanto nos mostraba unhas medias con motivos florais axustadas sobre unhas coxas redondas, maduras e experimentadas. É escusado contar que aquel ano logrei un sobresaliente en todas as avaliacións, e que nunca me vin máis incentivado para preparar exames con voluntarias lecturas extra. Entendo que naquel curso naceu en min unha duradoira afección pola literatura, que se mantén firme como poucas desde hai trinta anos. Nunha ocasión explicounos a diferenza entre pornografía e erotismo. Na pornografía, argumentaba ela, o sexo é explícito e móstrase abertamente, encanto no erotismo a excitación sexual é provocada pola suxestión. E poñía como exemplo o final dunha novela en que os amantes, despois dunha triste separación, se reencontraban nas rúas de París; o galán, antes de pechar a porta e correr as cortinas do coche, daba a seguinte indicación ao cocheiro: "Por favor, non pare de conducir pola cidade até que o avise". Agora vexo, teoricamente, a escena en toda a súa profundidade: a tracción animal fóra e a atracción animal, non menos poderosa, dentro da carruaxe. "Ademais estou interesado en como as culturas trazan unha liña divisoria entre o aceptable e o prohibido" Un xogo erótico con algunhas diferenzas é o que propón Clayton Cubitt nun traballo intitulado Hysterical literature: "O proxecto, que esperta opinións ben encontradas, consiste en gravar a mulleres lendo un fragmento dun libro mentres na entreperna teñen un vibrador, escena que non se mostra no plano. As protagonistas len ata que xa non poden aturar máis a tensión sexual. Segundo Cubitt, o que lle interesa é "a batalla do individuo entre mente e corpo. Ademais estou interesado en como as culturas trazan unha liña divisoria entre o aceptable e o prohibido" (cfr. Letra en obras). A proposta consiste, ao meu ver, no contraste entre unha situación tan pública como a lectura e a experiencia dun orgasmo que acontece á vista de todos; nun segundo plano funciona, ademais, a dúbida de se a experiencia sexual é simulada ou se realmente existe un aparello oculto de probada eficacia. De calquera modo, teño para min que o autor é ben consciente de que non provoca indiferenza, e que esta desinhibición é se cadra proveitosa nesta nosa sociedade aínda lastrada por unha moralidade católica que estigmatiza o pracer sexual. Non menos interesante resultan, por outra parte, as parodias que están a xurdir. |
NOS_54959 | Na recta final do camiño que leva ao 28 de abril, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, salienta que "hai partido", e apela a votar o Bloque "para dárlle voz a Galiza" e para "quitarlle escanos á dereita antigalega de Vox e Ciudadanos". | Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, puxo de manifesto na mañá da segunda feira que o BNG "pode ser decisivo" tras o 28 de abril, na medida en que "Galiza pode decantar a política a do Estado collendo a papeleta dunha BNG que presenta un proxecto sólido, unido coa cabeza e co corazón neste país". Tirando de metáfora futbolística, a dirixente nacionalista puxo de manifesto que "hai partido". "Galiza pode estar con voz propia en Madrid" e "hai que sumar no BNG os votos de todas as persoas que queren esa voz propia no Congreso e queren frear a dereita carca, machista e antigalega á que lle disputamos escanos pola Coruña e Pontevedra", salientou. Pontón chamou expresamente "as persoas que queren que Galiza conte pero que tamén están preocupadas por esa dereita extrema. Non teñen que renunciar a nada porque co voto ao BNG Galiza será decisiva no Estado e evitaremos que entre esa dereita antigalega e reaccionaria de Vox e Ciudadanos". Apoio ao marisqueo A portavoz nacional do BNG realizou estas declaracións na ría de Arousa, onde acompañou mariscadoras para facer visíbel o seu traballo e "contribuír ao seu recoñecemento social". Sinalou ao respecto que o Bloque quere presentar no Congreso "medidas para mellorar as súas condicións laborais e salariais, a rexeneración integral das rías e a transferencia da loita contra a contaminación mariña". Pontón, que cualificou a de Arousa como "a ría máis produtiva do mundo", puxo de manifesto que se as rías galegas "estivesen completamente saneadas de norte a sur", multiplicaría a súa capacidade de xerar emprego. "Estanse a perder moitos postos de traballo porque segue pendente a rexeneración integral das nosas rías", afirmou. Salarios e pensións dignas "Salarios dignos, condicións laborais dignas e pensións dignas" serán, dixo Pontón, as nosas prioridades". Prioridades en que insistiu a cabeza de lista por Pontevedra, Carme da Silva, quen resumiu as propostas do BNG para poñer "en valor todo o potencial e riqueza destas augas" e medidas que "permitan camiñar cara ao obxectivo de vertidos cero". "Mellorar as condicións laborais das mariscadoras, con medidas como incrementar os redutores da idade de xubilación e o recoñecemento de enfermidades laborais para as doenzas máis comúns nestas traballadoras tras unha vida no mar" son outras das iniciativas que recolle o BNG no seu programa. |
NOS_27796 | "Un paso de xigante no camiño dunha muralla totalmente peonil". Así presentou na mañá de onte Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo, o proxecto de peonalización da Mosqueira, que "servirá como espello para humanizar a contorna do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos". O edil nacionalista deu a coñecer o proxecto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e co xefe de servizo de Enxeñaría, Pablo Fuentes. | "A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira", expuxo Arroxo, que informou de que o proxecto, que ten o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta da Galiza, sairá a licitación cun orzamento base de 797.016,93 euros e cun prazo de realización de oito meses. "Lugo ten a única Muralla romana completa do mundo, un patrimonio da humanidade do que temos a obriga como Goberno de protexer e potenciar", salientou Arroxo en declaracións aos medios. "Tal como advertiu o Icomos, as vibracións dos vehículos están a causar problemas estruturais ao monumento, polo que unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, consiste en retirar progresivamente os vehículos da Muralla", agregou. Fuentes tomou a palabra para debullar as cuestións técnicas do proxecto que a área de Mobilidade e Infraestruturas levará adiante. "Utilizaranse materiais de primeira calidade que melloren a imaxe do monumento. Na contorna da Porta de San Pedro utilizarase lousa de granito, mentres que para o resto do tramo utilizaranse materiais prefabricados", afirmou. Iluminación da Muralla Todo o proxecto seguirá os criterios da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para destacar ao máximo o monumento. Así, substituirase a iluminación viaria e ornamental da Muralla por luminarias con soporte no lugar das actuais luminarias enterradas o que, segundo Pablo Fuentes, "mellorará a imaxe da zona axardinada e do propio monumento". A área de Mobilidade planificou tamén o desvío do tráfico que circula entre a rúa Vilalba e a Porta de San Pedro. O novo percorrido comezará en Ramón Ferreiro, seguindo por Salvador de Madariaga, que mudará o sentido da circulación, rúa Dinán, rúa Hermanitas e San Roque. Peonalización por tramos "Desde a área de Mobilidade traballamos en converter o carril máis próximo á Muralla nun espazo peonil, humanizado, con vexetación e mobiliario urbano e que ao mesmo tempo protexa a estrutura do monumento e permita gañar espazo peonil", salientou Arroxo, quen puxo de manifesto que "o alto custo que tería realizar este proceso ao completo fai necesario que o realicemos por tramos". O primeiro tramo no que se realizará obra civil será o que conecta a Porta do Hospital e a rúa Vilalba. En 12 meses, calculou, a cuarta parte da Muralla ficará peonalizada, e outro cuarto, cun carril convertido en espazo peonil. "De forma planificada seguiremos avanzando na humanización da Ronda en sentido contrario ao tráfico", informou o tenente de alcalde de Lugo. |
PRAZA_4858 | Consúmase unha manobra política, non por antiga menos desprezable: a adaptación dun proceso electoral ás necesidades dun partido, á que podemos, con toda propiedade, denominar Feijóomandering, no exercicio dun trilingüismo ben entendido. | En 1812 o daquela Gobernador de Massachusets, Eldbridge Garry, asinou un decreto polo que se modificaban os distritos electorais para as eleccións ao senado co obxectivo de ser favorecido o seu partido nas seguintes eleccións. O resultado foi un distrito con forma de píntega (salamander), que recibiu o nome de Gerry-mander. Dende aquela, o termo Gerrymandering e, de forma xeral, o sufixo -mandering após o nome dun político, ten identificado as manobras de cambios nos distritos electorais, en beneficio de quen ten maioría para cambialos, contrarias á ética política (nalgúns países contrarias tamén á legalidade). O termo Gerrymandering e, de forma xeral, o sufixo -mandering após o nome dun político, ten identificado as manobras de cambios nos distritos electorais, en beneficio de quen ten maioría para cambialos A pasada semana iniciouse o trámite parlamentar dunha modificación do sistema electoral galego de máis magnitude que aquela feita polo Gobernador Garry hai dous séculos, pero coa mesma orientación. Xa ninguén acredita no motivo formal coa que Feijóo xustifica a reforma en debate, non é o aforro o motivo, desprezou o presidente todas as propostas alternativas que se lle fixeron dende os grupos da oposición que, sen recortar o número de escanos, supoñerían un aforro maior. Non é o cumprimento do programa electoral, non se viu forzado a cumprir cousa ningunha do programa que non fora favorable ao PP. Non alegou outro motivo, así que, os que haxa -ten que habelos- semellan inconfesables (por inconfesados). O que si sabemos é que D. Alberto é un experto nas manobras de despiste político, que coa colaboración dos medios "amigos" aparta da axenda temas controvertidos, a base de titulares feitos á súa medida O que si sabemos é que D. Alberto é un experto nas manobras de despiste político, que coa colaboración dos medios "amigos" aparta da axenda temas controvertidos, a base de titulares feitos á súa medida. Entre os últimos exemplos, esa preocupación sobrevida pola supresión do dereito ao aborto das mulleres galegas que fai o seu compañeiro, D. Alberto tamén, mentres financia á principal organización actuante en Galiza (salvando a Igrexa católica) contra ese dereitos: a rede madre. Tamén sabemos que o PP ten manifestado en múltiples ocasións a súa preferencia polos sistemas maioritarios que colaboran na conformación de maiorías absolutas e orientan cara ao voto "útil" e o bipartidismo, fronte aos sistemas proporcionais que conforman Parlamentos máis diversos, coincidentes coas opinións manifestadas no voto, por tanto máis representativos, e que favorecen a necesidade de pactos para conformar maiorías. Xa vemos onde leva esa "estabilidade"' das maiorías absolutas: á facilidade para eludir os controles, para pasar o rolete no Parlamento, para tapar a corrupción e o nepotismo do/s propio/s goberno/s... É esa a "estabilidade" que procuran? O PP ten manifestado en múltiples ocasións a súa preferencia polos sistemas maioritarios que colaboran na conformación de maiorías absolutas e orientan cara ao voto "útil" e o bipartidismo Parece claro que a modificación proposta do artigo 9 da Lei Electoral Galega que consiste en pasar o Parlamento de 75 a 61 escanos, e os fixos por circunscrición de 10 a 8, vai nesa liña de procurar e reforzar as (súas) maiorías. Con este cambio e o mesmo censo e resultado electoral, terían 33 actas, dúas máis das 31 que constituirán a maioría absoluta. A redución de escanos supoñerá un limiar de entrada ao Parlamento maior que o marcado pola lei, xa o viña sendo pero agora agrávase. O 5% do voto emitido en Lugo en 2012 son 9826 votos, o último resto segundo o sistema d'Hondt de reparto foi de 10842, pero logo de aplicado o recorte, o último resto sería 14040; unha forza que obtivera un 5 ou incluso un 7% do voto podería quedar excluída do Parlamento galego nese distrito. Medrará a descompensación entre o peso dos votos dunhas e doutras circunscricións, favorecendo aquelas nas que máis peso ten o PP historicamente: hoxe unha acta da Coruña representa a 24723 votantes e unha de Lugo a 13102; coa nova lei, una acta da Coruña representará a 29667 e unha de Lugo a 16377. Consúmase unha manobra política, non por antiga menos desprezable: a adaptación dun proceso electoral ás necesidades dun partido, á que podemos, con toda propiedade, denominar Feijóomandering, no exercicio dun trilingüismo ben entendido Resulta escandalosa a fórmula escollida, o Sr Feijóo pasou nuns anos –poucos-, de reclamar a maioría reforzada para cambiar a lei electoral a presentar, non un proxecto de lei do Goberno, que permitiría aos grupos da oposición mostrar unha alternativa en forma de emenda á totalidade, que tería todos os informes de órganos consultivos necesarios (incluído o de impacto de xénero), senón unha proposición de lei do grupo popular, cambiando o debate de totalidade polo de toma en consideración, en que os grupos non poden presentar textos alternativos, e que non precisa de informes complementarios. Un colofón de covardía adecuado a toda esta trapallada que ven sendo, dende hai xa anos, a reforma electoral promovida por este D. Alberto. Consúmase unha manobra política, non por antiga menos desprezable: a adaptación dun proceso electoral ás necesidades dun partido, á que podemos, con toda propiedade, denominar Feijóomandering, no exercicio dun trilingüismo ben entendido. |
NOS_12048 | A Federación Internacional de Xornalistas advirte un incremento das ameazas contra as e os xornalistas e a liberdade de prensa, así como unha cifra "récord" de detencións de profesionais da comunicación en 2021: 365. | A liberdade de expresión e de prensa segue sen estar garantida en moitos países do mundo. Así o evidencia o último informe publicado pola Federación Internacional de Xornalistas (IFJ, en inglés), con datos recadados até o pasado 10 de decembro. En 2021, segundo este documento, foron asasinadas 47 persoas por exerceren o xornalismo en bombardeos, fogo cruzado ou ataques directos contra elas. Trátase de sete mulleres —tres en Afganistán, dúas en Irán e unha en Kenia e Iemen— e máis 40 homes. Este dato, con todo, é o quinto máis baixo da serie histórica —con rexistros desde 1991—, e supoñen 18 menos que en 2020 e una cifra semellante á de 2019 (49). O pasado ano, 24 asasinatos producíronse en Asia, principalmente en Afganistán (9) e India (4), mentres outros seis foron en territorio europeo, nove en África e dez en América Latina, con México á cabeza (8). Medran as ameazas Mais esta leve redución dos asasinatos, salienta a IFJ, non impediu que o pasado ano medraran "de forma significativa" as ameazas contra as e os xornalistas e máis contra a liberdade de prensa, como é o caso do software de espionaxe Pegasus, desenvolvido polo Estado israelí para controlar aos profesionais da comunicación a través dos seus dispositivos móbiles. Neste senso, a organización ten constatado un número "récord" de xornalistas detidos: 365 fronte aos 235 do ano anterior. "De forma común, os xornalistas son arrestados e acusados de infraccións por simplemente cubrir protestas ou tratar de informar da crise do coronavirus, ambos os dous asuntos de interese público", sostén o informe. Afganistán é o país "que está a pagar o prezo máis alto" e un dos escenarios que máis preocupa á IFJ, que insta a "redobrar os esforzos" para protexer as vidas das xornalistas afgás. Evolución dos asasinatos nas últimas tres décadas Desde 1991 foron asasinados 2.721 xornalistas en todo o mundo, salientando, na parte negativa, os anos 2006 (155), 2007 (135) e 2004 (129). |
PRAZA_8784 | A plataforma celebrou unha xuntanza este sábado en Compostela. Quere "desenvolver un intenso traballo social para colocar no seo da sociedade galega o debate sobre a necessidade de exercermos a soberanía". | Ao redor de 130 persoas participaron este sábado na Facultade de Económicas da USC na xuntanza do grupo promotor da Iniciativa Galiza pola Soberania. O grupo, que está aberto a novas incorporacións, quere "desenvolver un intenso traballo social para colocar no seo da sociedade galega o debate sobre a necessidade de exercermos a soberanía". Afirman que "vivimos momentos excepcionais, de auténtica emerxencia nacional. A actual crise económica e social agrava e torna máis dramaticamente visíbeis as consecuencias da dependencia á cual a nosa nación se ve sometida" Afirman que "vivimos momentos excepcionais, de auténtica emerxencia nacional. A actual crise económica e social agrava e torna máis dramaticamente visíbeis as consecuencias da dependencia á cual a nosa nación se ve sometida, particularmente as políticas de desmantelamento dos nosos sectores produtivos nas últimas décadas". E engaden que "neste contexto, xulgamos necesario reaxir como País, dotándonos dos instrumentos que nos permitan decidir libremente sobre o noso futuro, sobre a xestión dos nosos recursos, sobre o noso sistema financeiro, sobre a nosa economía, sobre a nosa lingua... que nos permita construir unha sociedade nova, baseada na xustiza e na igualdade, non patriarcal, respectuosa co medio e que garanta o dereito ao traballo, á educación, á sanidade, á vivenda, á cultura, ao benestar públicos. Para iso, precisamos de soberanía, precisamos dun Estado própio". Explican que "o sistema político español, cruel e corrupto, ao servizo de intereses antagónicos cos do noso país, lesivos para a maioría social, está en grave crise. A pesar diso, pretende unha re-centralización política e protagoniza unha sistemática campaña de españolización, de asimilación cultural e lingüística, evidenciando a súa incapacidade para admitir a existencia de nacións com linguas, culturas e intereses propios" e que "o noso país non pode ficar á marxe do debate aberto non só no Estado español, mais tamén noutras áreas da Europa Occidental, sobre o dereito e o exercício da soberanía por parte das nacións sen Estado". A iniciativa lanzada en Compostela "pretende desenvolver un intenso traballo social para colocar no seio da sociedade galega o debate sobre a necesidade de exercermos a soberanía" A iniciativa lanzada en Compostela "pretende desenvolver un intenso traballo social para colocar no seio da sociedade galega o debate sobre a necesidade de exercermos a soberanía". E para iso inician "un proceso constituinte que, a partir do grupo inicial, incorpore durante as próximas semanas máis persoas representativas de toda a pluralidade dos movementos sociais, sindicais, culturais e políticos, unidas pola vontade de sermos e actuarmos como nación libre". Lista de apoios da iniciativa Adela Leiro, ambientalista, Cambados Afonso Álvarez Cáccamo, escritor Afonso Tellado Sande, reformado, San Sadurniño Alba Cuba Dorado, triatleta, Lugo Alba Nogueira López, profesora da USC, Compostela Alberte Amado Tallón, trabalhador EINSA, As Pontes Alexandre Banhos, sociólogo, ex-presidente da AGAL Alexandre Costa (seleçons galegas, desporto de base, futebol gaélico Suévia) Amós Varela, músico (Nao) Andrei Quintiá, estudante Antía Insua Lema, estudante, Corcubión Antia Marinho (Secretária da APDR, Ponte Vedra) Antom Fortuna (Verdegaia) Antón Freire Varela, estudante de E, Medio, A Coruña Antonio Fernández Oca, Compostela Aurélio Lopes, Compostela Aurora Magán Escariz (Associaçom cultura Fervedoiro, Cúntis) Baldomero Iglesias Dobario (Mero), músico Bautista Vega Tato, Fenosa, Compostela Beatriz Fariña Garrote, estudante, Ourense Beatriz Peres Bieites (Gentalha do Pichel) Benigno A. Lima, Telefónica, Cangas Brais Pedreira Taboada, estudante, Compostela Carlos Garrido (Presidente da Comissom Lingüística da AGAL) Carlos Velasco Souto, historiador, A Coruña Celso Comesanha, Vigo César Caramês, activista social César Lago, comerciante, Compostela Charo Lopes, Ponte Nova Cibrán Santamarina Ríos, físico, profesor da USC, Compostela Concepción Freire Montes, Coasa, Ourense Craig Patterson, Gales Cristian Puente, estudante, Liga Nacional de Bilharda David Otero, profesor e escritor, A Estrada David Rodeiro, Siareir@s Galeg@s Denis Fernández Cabrera (SCEA, clube de esgrima antigo) Dionisio Pereira, historiador Eduardo Sanches Maragoto (Conselho da AGAL, redator do Novas da Galiza Elvira Souto Presedo, profesora da USC, Teo Eva Cortinhas Ferreira, ativista juvenil, Compostela Fernando Acuña, sindicalista, Vigo Fran P. Lorenzo, xornalista, Compostela Francisco Carballo, reformado, Ourense Francisco Diéguez Rodríguez, NGB, Ourense Francisco Pillado, escritor, A Coruña Francisco Sampedro Ojeda, filósofo, Vigo Gustavo César Veloso, ciclista, Cambados Héctor Tejón, activista social (desafiuzamentos), A Coruña Heitor Picallo, historiador, Cuntis Henrique Costas, profesor UVigo Henrique Harguindey Banet, tradutor e escritor, Cangas Henrique Pérez, metal, Vigo Isabel Fernández (Executiva Comarcal CIG Ferrol) Isabel Risco, actriz, A Coruña Joám Bagaria, Lugo Joám Lopes Facal, economista Jorge Francisco Fernández Saborido José Alberte Corral Iglesias, O Facho, A Coruña José Antóm Gonçalves 'Muros', Muros José Cadaveira (ativista ecologista) José Silva Cambeiro "Josinho do 13" (ativista vicinal) Laura Guisantes "Tantes" (Associaçom cultural Lusco e Fusco do Baixo Minho) Lois Diéguez, escritor, A Coruña Lois Manuel Méndez Pérez, Sergas, Ferrol Lucía Veciño Souto, Estudante, Ponteceso Luciano Lugilde Fernández, BBVA, Vigo Luís Gago Chao (Assembleia de desempregad@s-CIG, Ferrol) Luís Lobato García, Boergwarner, Vigo Luísa Ocampo, activista feminista Manuel Bouzón Vila, EMESA Manuel González Moreira Sergas, Vigo Manuel Mera, sindicalista, Vigo Manuel Zabala, FCC Manuela Catoira, A Coruña Marcelino Amado Díaz, Navantia, Ferrol Marcial Gondar Portasany, profesor da USC, Compostela Marcos Pena (Escola de Ensino Galego Semente) Margarida Blasco Fernández, Bosch Telemarketing, Vigo Margarita Ledo, profesora, Compostela Maria Iglésias (As Brisas do Quenllo, Tordoia e Sacha na Horta) María Xosé Silvar 'Sés', cantora, A Coruña Marica Campo, escritora, Lugo Marta Dacosta Alonso, sindicalista da CIG-Ensino, Baixo Minho Maurício Castro (do Coletivo Editor do Diário Liberdade) Miro Villar, escritor Nemésio Barxa, Advogado, Ourense Noelia Cachaza Díaz, Navantia, Ferrol Olalla Rodil Fernández, xornalista, Ribeira de Piquín Olga Castro, profesora, Birminghan Óscar Peres Vidal (ativista obreiro) Óscar Rodríguez Álvarez, metal, Ourense Paula Rios (Ativista feminista nas MNG) Paulo Martearena 'Nahuel', Compostela Paulo Rico (Gentalha do Pichel) Paulo Tobio Espinho (ativista cultural e músico) Pedro Alonso Iglesias, activista do ecoloxismo, Ames Pilar García Negro, profesora da UdC, A Coruña Pilar Neira, deportista Ramón Regueira, A. Castelao, Pontevedra Raquel Vázquez Vázquez, Unísono, Vigo Ricardo Otero Dosantos, Denso, Vigo Rodolfo Fernandes Vasques, Navantia, Ferrol Ruben Silva Dominguez, Frigolouro, O Porriño, cárnica Samuel Ben Conde, estudante, Compostela Sandra Otero Fernández, Correos, Ferrol Séchu Sende, escritor, Compostela Simom Ubeira (Centro Social Fuscalho, A Guarda) Sónia Esteves Romero (Assembleia de Mulheres do Condado) Suso Irago, Compostela Tereixa Navaza, xornalista, Brión Teresa Moure Pereiro, profesora da USC e escritora, Compostela Uxía Senlle, cantora Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador, Compostela Vítor Vaqueiro, escritor, Vigo Xavier Macías Virgós, Psicólogo, Compostela Xavier Moreda (AGARB) Xavier Queipo, escritor, Bruxelas Xavier Vilhar Trilho, profesor da USC, Compostela Xende Lopes Teixeiro (Fundaçom Artábria) Xoán Bouza Casanova, Sergas, A Mariña Xoán Carlos Rodríguez Ansia, sindicalista, Compostela Xosé Alfredo Pereira, OGCMMC Xosé Estévez, Euskal Herria Xosé Lois 'O Carrabouxo', Ourense Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), músico Xosé Manuel Barbosa Pirame, Asientos de Galicia, Vigo Xosé Manuel Gándara Villa, Iberconsa, Vigo Xosé Paleo Rodríguez, Alcoa, A Mariña Xosé Ramón Robes Campos, Securitas, Vigo Xose Sieira Noceda, Escuris-Jealsa, Pobra do Caramiñal Xulio Moskovich, Alcoa, A Coruña Xulio Vicente, activista social (preferentes), Baixo Miño Xurxo Borrazás, escritor, Vigo Xurxo Souto, músico e escritor, A Coruña |
PRAZA_13188 | O Grupo Municipal de Esquerda Unida en Ferrol denuncia o comportamento da alcaldía da cidade departamental, "que coa súa intransixencia e desdén pola masiva mobilización das traballadoras e traballadores de Navantia, fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade". | O Grupo Municipal de Esquerda Unida en Ferrol denuncia o comportamento da alcaldía da cidade departamental, "que coa súa intransixencia e desdén pola masiva mobilización das traballadoras e traballadores de Navantia, fura aínda máis na feble credibilidade da alcaldía desta cidade para defender os intereses xerais de Ferrol, que son coincidentes cos das reivindicacións da plantilla dos estaleiros públicos de Ferrolterra". A formación afirma que "tan unánime é o apoio ao naval público na nosa cidade que na pasada Folga Xeral, o pequeno comercio sumouse diante da situación excepcionalmente grave que atravesa o sector". Díaz afirma que "con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto" Yolanda Díaz reclámalle outra actitude a José Manuel Rey, "para que sexa quen de dicirlle e reclamarlle aos seus correlixionarios de Madrid que basta xa de palabras baleiras e que adiante cos compromisos e a carga de traballo que reclama con firmeza a plantilla e toda a cidade". Díaz afirma que "con palabras baleiras non comen os máis de mil despedidos na industria auxiliar nestes meses; con elas non ten arranxo a explosión de paro que previsiblemente se producirá en agosto". A voceira do Grupo Municipal de EU sinala que "o alcalde ten que deixar de agocharse e encabezar unha reivindicación tan firme que vencelle o seu mantemento na alcaldía a resolución positiva das demandas formuladas polas traballadoras e traballadores. O que nos xogamos semella dunha magnitude tal (un sector naval público estratéxico para a vida de Ferrolterra) que autoriza esa relación". |
NOS_24793 | O xornal dereitista refirese na súa capa á polémica xerada arredor da escolla da escritora Marta Rivera asegurando que o BNG "arremete" contra ela "polo seu último libro". | Nunca a escolla dunha persoa para conmemorar o 8 de marzo xerara tanta polémica. A decisión da Xunta de Galiza de elixir a escritora Marta Rivera para homenaxear Rosalía de Castro co gallo do Día Internacional das Mulleres fixo ferver as redes sociais e os medios de comunicación. A autora, cuxa obra foi publicada integramente en español, ten colaborado con Galicia Bilingüe e ten mostrado a súa hostilidade coa normalización da lingua galega. Neste senso, numerosos colectivos e persoas a título individual criticaron o Goberno Feijóo por esta escolla, considerándoa un escarnio para a cultura galega. Neste senso, o grupo parlamentar do BNG inquiriu ao goberno da Xunta para que explicase os motivos que o levaron a encomendar a Marta Rivera a lectura dun poema co gallo do 8 de marzo e criticaron con dureza que a única literata que participou na homenaxe fose unha persoa que se caracteriza pola súa belixerancia contra a lingua galega. A polémica xurdida, após responder Rivera ás críticas xeradas arredor da súa participación no acto institucional, foi recollida polo diario español La Gaceta --publicación editada polo grupo de comunicación Intereconomía. Porén, o titular da nova, publicado este domingo fixo abalar as redes sociais ao asegurar que "o separatismo galego", en alusión á organización frontista, batía "contra a figura de Rosalía de Castro". Marta Rivera calificou o BNG de "merluzos" por criticaren a súa escolla como literata na homenaxe que a Xunta organizou arredor de Rosalia o 8 de marzo en Padrón Aliás, nun alarde de descoñecemento e incomprensión a respeito das denuncias d@s nacionalistas, o diario afirma nas súas liñas que o BNG "arremete" contra Marta Rivera polo seu último libro". Após o anuncio de que Rivera tomaría parte do acto, a súa conta oficial na rede social Twitter rebordou de críticas, mas tamén dalgún que outro apoio. A escritora, que non rexeitou dar resposta a aquelas persoas que a inquiriron mesmo polas súas declaracións, dedicou varios chíos @s nacionalistas do BNG, d@s que dixo seren "uns merluzos". No entanto, a gañadora do Premio Planeta 2011 rematou por afirmar "sentir de verdade" que a súa participación no acto molestase "tanto", sobre todo por ser un evento que, resalta, procuraba homenaxear "a muller traballadora, Rosalía érao e eu tamén o son". Aliás, a homenaxe foi promovida pola Xunta de Galiza para conmemorar Rosalía de Castro no seu ano, unha figura quee malia as interpretacións de Marta Rivera, patentizou na súa obra unha fonda conciencia de xénero e nacional. |
NOS_39780 | É unha das citas por excelencia do outono cultural compostelán. A mostra Cineuropa atinxe este ano a súa edición número 32 e proxectará 300 filmes. O primeiro, a cuarta feira 7 de novembro no Teatro Principal de Compostela: A noite dos 12 anos, do uruguaio Álvaro Brechner, centrada no encarceramento e torturas a Pepe Mújica durante a ditadura no país austral. | Vinte e unha seccións conforman a labiríntica estrutura de exhibición de Cineuropa, cuxas sedes serán o emblemático Principal, o Salón Teatro, a sede de Afundación, Numax, o Auditorio de Galiza, os multicines Compostela e, como novos espazos, o centro cívico de Santa Marta e o Museo das Peregrinacións. A Sección Oficial Europea contará coas obras de autoras e autores principais, moitos deles premiados nos máis prestixiosos festivais de Europa. O filme Entre dúas augas, de Isaki Lacuesta, Cuncha de Ouro en Donosti, será unha das pezas máis refulxentes. Traballos de Lázló Nemes, Florian Henckel, Paolo Sorrentino, Paolo Virzi ou Adina Pintilie -gañadora do Oso de Ouro en Berlín- farán parte do programa. En Panorama Internacional haberá películas de Nuri Bilge Ceylan, Albertina Carri ou Mariano Llinás. Un ciclo especial repasará un século de cinema romanés, mentres Cult Movies [Filmes de Culto] terá "unha lembranza especial do cineasta Claude Lanzmann, autor da monumental Shoah. "A marea ilusionantemente incontida do actual feminismo estará representada na sección O Presente é Muller, conformada por filmes de imprescindible visionado polas súas temáticas: o aborto, a violencia de xénero, a invisibilidade feminina nos grandes eventos históricos, a identidade e a libre sexualidade", informaron desde a organización. O cinema galego protagonizará Panorama Audiovisual Galego e abeirará as primeiras longametraxes de Eloy Domínguez Serén e Xacio Baño. Cineuropa, que dirixe o crítico e programador José Luis Losa, organízao o Concello de Compostela. Colaboran a Xunta, a Deputación e máis o Consorcio da cidade, e apoian numerosas empresas e institucións. |
NOS_22648 | A peor versión dos celestes protagonizou a primeira metade e parte da segunda no RCDE Stadium. A reacción final non serviu para dar a volta a un partido no que os pericos se adiantaron cun gol en fóra de xogo. | A vitoria da semana pasada perante o Alavés elevou a moral da tropa celtista, que entendeu os tres puntos logrados fronte aos vascos coma a fin do mal arranque de tempada (dúas derrotas consecutivas) e o inicio dunha escalada na táboa. Mais a derrota esta segunda feira fronte ao Espanyol supón unha xerra de auga fría para as ilusións celestes. Non só pola derrota (2-1) senón tamén por como se perdeu. O Celta amosou sobre o céspede a súa peor versión durante a primeira metade do encontro e boa parte da segunda. Frouxo en defensa, inseguro e sen ideas no medio do campo e sen tiro nas escasas ocasións que tivo. Que o Espanyol marcase cedo, minuto 10, e de gol en fóra de xogo non axuda, certo, mais tampouco pode ser desculpa. Houbo que agardar á saída ao campo de Tucu para que o Celta collese parte do brillo que tiña nestas tempadas pasadas e que callou no gol que marcou Pione Sisto cando faltaban 20 minutos para acabar o partido. A escuadra celeste intentou entón remontar e tirou cara arriba, tentando acosar Pau López, mais non puido marcar O propio Unzué recoñeceu que o Celta "non xogou ben" e que lle "falta precisión" mais tamén destacou a reacción final da súa equipa e considera que lles "faltou tempo" para remontar. Ficha Espanyol (2): Pau López, Víctor Sánchez, David López, Hermoso, Aarón, Jurado, Darder (Diop, min.83), Javi Fuego (Roca, min.75), Piatt (Sergio García, min.62), Gerard Moreno e Baptistao. Celta (1): Sergio, Hugo Mallo (Hjulsager, min.82), Cabral, Fontás, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Tucu Hernández, min.59), Iago Aspas, Sisto (Mor, min.72) e Maxi Gómez Árbitro: Arbeloa Rojas, do comité castelán-manchego. Amoestou Iago Aspas, Hugo Mallo, Javi Fuego, Maxi Gómez, Cabral. Goles: 1-0, min.10: Moreno; 2-0, min.24: Piatti; 2-1, min.69: Sisto. Campo: RCDE Stadium. |
NOS_34946 | O último do binomio Ian McKellen – Bill Condon. | MR. HOLMES(Estados Unidos, Reino Unido 2015, 104 min.) Dirección: Bill Condon Guión: Jeffrey Hatcher Fotografía: Tobias A. Schliessler Música: Carter Burwell Elenco: Ian McKellen, Laura Linney, Milo Parker, Hiroyuki Sanada, Frances de la Tour, Hattie Morahan, Patrick Kennedy, Roger Allam, Philip Davis, Takako Akashi, Sarah Crowden, Nicholas Rowe SINOPSETras unha longa viaxe a Xapón, Sherlock Holmes volve ao seu retiro espiritual en Sussex para coidar das súas apreciadas abellas e rematar as súas memorias antes de morrer. Trae consigo un milagreiro produto natural que potencia a memoria, bastante tocado pola idade. Roger, o bulideiro fillo da ama de chaves, será unha motivación extra para rematar o proxecto. CRÍTICA Cando se decidiu levar ao cine a novela fanfic de Mitch Cullin sobre un Sherlock Holmes nonaxenario retirado na campiña inglesa, apicultor axudado por un cativo que lle inspira a lembrar o extraordinario suceso do seu pasado que o precipitou a deixar de súpeto o oficio de detective, inmediatamente se pensou na dupla Ian McKellen – Bill Condon, tirando do éxito que tiveran ambos cunha historia parecida en Deuses e Monstros sobre os derradeiros días do director James Whale e a relación interxeracional (e homosexual) cun mozo interpretado por Brendan Fraser. "Bill Condon non desaproveita a oportunidade de volver dirixir ao gran McKellen e, por riba, cunha historia inspirada na personaxe de Arthur Conan Doyle" En Mr. Holmes suprímese a carga homosexual, pero as semellanzas son máis que razoables. Así que Bill Condon non desaproveita a oportunidade de volver dirixir ao gran McKellen e, por riba, cunha historia inspirada na personaxe de Arthur Conan Doyle. Borrón e conta nova para esquecerse do chasco estrepitoso d'O quinto poder, os encargos, alimenticios iso si, das últimas achegas da saga Crepúsculo e, de paso, acala esas voces que o daban por morto (cinematograficamente falando, claro). Cóntanse por decenas os actores que fixeron o rol de Sherlock Holmes: a modo clásico temos os de Christopher Lee, Peter Cushing e Basil Rathbone, que é o que máis veces o interpretou na gran pantalla; tamén máis recentemente o pasado de voltas de Robert Downey Jr. xunto a un xesticulante Jude Law e baixo a batuta de Guy Ritchie; e como esquecer aquela marabillosa serie de debuxos animados ideada por Miyazaki onde todas as personaxes eran canciños? Lembran a canción? [...] Xa en plan fanfic, é dicir relatos non escritos polo autor orixinal pero coas personaxes da novela, temos a inefable de Garci (Madrid Days) que o levaba a Madrid para investigar a Jack o Destripador (sic), o Sherlock drogadicto de Billy Wilder (A vida secreta de Sherlock Holmes) ou aquela sensacional película de aventuras de Spielberg (O segredo da pirámide) de Sherlock adolescente nunha trama exipcia. Nesta estela está tamén a novela de Cullin que segue esta hipótese de como sería a personaxe de Holmes, pero en vez de ser novo, é ancián. Apuntando unha curiosidade dicir que Nicholas Rowe, o que interpretaba a Holmes en O segredo da pirámide, tamén sae en Mr. Holmes. Boa chiscadela, si señor... O filme de Condon destaca polo clasicismo e corrección británica ao máis puro estilo James Ivory ou Richard Attenborough, pero por riba de todo destaca Ian McKellen que está, coma sempre, a outro nivel e apunta un gran nome á lista: Gandalf, Magneto, Ricardo III e agora ao detective privado máis famoso de todos os tempos. Coa mestría e a clase que o caracteriza interpreta a un home culto e de intelixencia superior coma Sherlock Holmes que sufre, e acepta de maneira consciente e lóxica, o terríbel esquecemento propio do paso dos anos. Por propia idiosincrasia asume que é parte da vida e da morte, pero ao tempo trata de loitar para que non lle chegue a hora antes de rematar un dos misterios máis difíciles ao que se enfrontou en toda a súa vida: el mesmo. Un Holmes moi humano que case semella que existiu na realidade. A min fíxome dubidar por un intre para canto máis aos neófitos que se acheguen a velo. Xunto a McKellen, Laura Linney (Kinsey, Mystic River) na pel da ama de chaves, e o cativo Milo Parker como fillo desta, un rapaz de ollos moi expresivos que promete bastante. Atención tamén á soberbia banda sonora de Carter Burwell, cuns acordes de piano que poden lembrar ao xaponés Joe Hisaishi. Algo nada casual posto que o autor da novela vive no Xapón e desenrola parte da trama nese país. Mr. Holmes cheira a Óscar, pero cheira no sentido pexorativo, xa que parece todo moi prefabricado para, cando menos, estar presente na vindeira edición dos premios da Academia de Hollywood: recorrente banda sonora, excelentes interpretacións, boa fotografía, historia bonita... Iso si, aposta segura para acudir ao cinema a sabendas que non se van tirar os cartos no sumidoiro. |
NOS_34020 | A Seguridade Social e un finiquito de 400.000 euros prorrateado era a cantitade fixa que o ex-tesoureiro do Partido Popular percibían de maneira mensal. | Segundo recolle o diario español El País, o PP non tería rachado a relación con Luís Bárcenas até o pasado ano. O ex-tesoureiro, confirmoulle á Fiscalía na súa comparecencia como imputado na trama Gürtel que o Partido Popular lle continuou pagando en 2011 e 2012 unha cantidade fixa ao mes en concepto de "despedimento improcedente". Na súa declaración perante a Fiscalía Bárcenas asegura que o pagamento foi acordado coa dirección popular após a súa saída do partido un ano e medio despois de estourar o escándalo de corrupción que vencella a políticos do PP cunha trama de subornos de importantes empresas contrutoras. Aliás do cobro de até 400.000 euros prorrateados de maneira mensal e da aportación das súas cotizacións á Seguridade Social, Bárcenas afirma posuír até o pasado ano unha sala na sede do Partido Popular situada na rúa Génova (Madrid) da que facía uso demaneira habitual amais dunha "secretaria do partido" ao seu servizo. Segundo a declaración de Bárcenas recollida polo diario español, o status do ex-tesoureiro até hai pouco máis dun mes coa dirección do PP non se podería ter mantido sen o visto e prace do seu presidente, Mariano Rajoy. Cuestión, que sitúa ao líder d@s populares cada vez máis perto do escándalo de corrupción xestionado por Bárcenas. |
NOS_35643 | A Unita imponse na provincia de Luanda, a capital, así como na de Zaire, mentres que o MPLA lidera o escrutinio no resto do país. | A última actualización onte da Comisión Nacional Electoral (CNE) de Angola deixa moi perto da vitoria nos comicios da pasada terza feira ao Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), que co 86,41% escrutado obtería 52,08% dos votos, mentres que a Unión Nacional para a Independencia Total (Unita) alcanzaría 42,98%, co resto de forzas políticas moi lonxe. Con estes resultados, João Lourenço, do MPLA, repetiría como presidente do país. O MPLA imporíase na maioría das 18 provincias do país, mentres que a Unita foi a máis votada na de Luanda -na que está a capital, a zona máis poboada do país- e na de Zaire. Para a CNE, os comicios da terza feira foron un "éxito", "non é só unha valoración que resulta da observación e da análise, senón tamén dos informes e puntos de vista dos observadores", destacou Lucas Quilundo, voceiro do organismo. A pesar dos resultados, ao longo do día, Abel Chivukuvuku, candidato a vicepresidente da Unita, sostivo que "claros indicadores provisorios" outorgaban unha "tendencia de vitoria da Unita en todo o país e en todas as provincias", denunciando que os datos da CNE non son fiábeis. Con todo, ratificou que "o proceso ten que ser pacífico" e que "ninguén está interesado en disturbios". A resposta do MPLA chegou da man de Rui Falcão, o seu voceiro, que subliñou que a quen lle compete o calculo e difusión dos resultados "é aos órganos competentes", canto máis tendo en conta que os resultados de cada mesa electoral fican pendurados á vista do público unha vez rematado o escrutinio en toda Angola. Amais, a Misión de Observadores da Conferencia Internacional sobre a Rexión dos Grandes Lagos avalou o resultado e reclamou "aos vencedores que abracen os que perderon, e os que perderon deben aceptalo". Nesa liña, medios locais informan que malia a tensión que se viviu durante a madrugada posterior á votación non se rexistraron casos de violencia. Onde si aconteceu foi en Lisboa (Portugal), onde un grupo de electores angolanos lanzaron pedras contra o autobús que transportaba funcionarios da embaixada e delegados dos partidos após o feche das urnas, polo que a Policía procedeu a dispersalos sen efectuar detencións ou identificacións. Estes foron os primeiros comicios nos que as angolanas e angolanos emigrados podían votar. Xa polo día, a Policía angolana denunciou actos de vandalismo en varios mercados da capital, protagonizados por simpatizantes da Unita. |
NOS_43098 | Pode interpretar como un primeiro xesto de Boris Johnson cara á UE nunha semana decisiva na negociación do marco das relacións pos-Brexit. | O vicepresidente da Comisión Europea encargado de supervisar o cumprimento do acordo do Brexit, Maros Sefcovic, e o 'número dous' do Goberno británico, Michael Gove, fecharon hoxe en Bruxelas un "principio de acordo" sobre as condicións de aplicación do pacto a partir do próximo 1 de xaneiro, que na práctica supón que Londres retirará da súa polémica lei de Mercado Interior as cláusulas deseñadas para incumprir o acordo de divorcio. "Encantado de anunciar que, grazas ao duro traballo, Michael Gove e eu alcanzamos un principio de acordo sobre todos os asuntos relacionados coa aplicación do Tratado de Retirada. Iso asegurará a súa plena operatividade desde o 1 de xaneiro, incluído o Protocolo sobre Irlanda e Irlanda do Norte", anunciou Sefcovic a través de Twitter. Máis tarde, nunha conferencia de prensa tras participar nun Consello de ministros de Asuntos Xerais da UE, Sefcovic confiou en que este entendemento sirva para dar "un pulo positivo" ás negociacións que se producen en paralelo para un acordo de asociación e comercial que rexa as relacións entre o bloque e o Reino Unido tras a ruptura. Sefcovic dixo que os negociadores están "moi lonxe" aínda dun acordo sobre o futuro, mais destacou que o consenso desta terza feira para que Londres retire as cláusulas controvertidas e se fixen as disposicións de aplicación do Tratado de Retirada supón, na práctica, "retirar un grande obstáculo do camiño". De maneira similar expresouse o ministro de Exteriores irlandés, Simon Coveney, quen celebrou o paso "moi importante" que supón este anuncio e confiou en que sexa sinal de que o Goberno británico está "coa actitude de facer acordos" e sexa posíbel lograr un pacto comercial "nos próximos días". Parlamento británico Xa na segunda feira, tras unha primeira xornada de negociación en Bruxelas entre o vicepresidente comunitario e Gove, o Goberno británico avanzara a súa disposición a retirar as cláusulas máis controvertidas da lei de Mercado Interior, que afectaban o Protocolo sobre Irlanda e que a Comisión Europea interpretou como violacións do Dereito internacional e denunciou ante o Tribunal de Xustiza da UE. Gove, que tamén celebrou o entendemento cunha mensaxe nas redes sociais, precisou que hoxe acudirá ao Parlamento británico para informar dos detalles do acordo, que se pode interpretar como un primeiro xesto de Boris Johnson cara á UE nunha semana decisiva na negociación do marco das relacións pos-Brexit. |
NOS_11328 | Cando chega o outono e remata a tempada de colleitas segue a haber moito traballo na horta para deixala preparada de cara á seguinte tempada. Aínda que non hai moitos cultivos que poidamos sementar nos meses de outono si que podemos ir facendo labores de preparación e mantemento do terreo, que nos axudará a que a seguinte tempada sexa moito máis proveitosa. | Limpar o horto e facer bancais Cando remata a época de colleitas o horto adoita quedar moi lesionado. Os terreos están baixos de nutrintes, hai malas herbas nos bancais e nos regos, os restos dos cultivos seguen a estar na horta... Polo que nos meses de outono é moi recomendábel pór solución a estes problemas. Cómpre limpar os terreos, bancais e testos quitando as malas herbas e os restos de cultivos. Tamén os restos de froitos ou froitas que estean polo chan e que poidan podrecer e ser transmisores de fungos, insectos etc. Poderán agregarse á pila de compost, aínda que non é de todo recomendábel nesta época porque debido ás baixas temperaturas é probábel que non chegue á temperatura precisa para acabar cos posíbeis fungos e mofos que poidan conter. Unha vez limpos os bancais, testos ou terreo de cultivo, agregaremos unha capa xenerosa de compost e cubriremos cun acolchado de herba seca, palla ou follas secas. Desta maneira axudaremos o terreo a ir recuperándose e enchéndoo de novo de nutrientes. É moi importante realizar isto no inverno para que o substrato vaia recuperando e sexa fértil de cara ao ano seguinte. Non debemos cubrir excesivamente co acolchado xa que nos interesa que as xeadas e as baixas temperaturas do inverno traballen na terra acabando con algunhas pragas e enfermidades. Planta cultivos de outono Outra tarefa que podemos facer durante os meses de outono na horta é plantar cultivos de outono e inverno como, por exemplo, allos e cebolas en bancais ou zonas en que no ano anterior non había plantados estes tipos de cultivos. Antes de sementalos deberemos quitar as malas herbas e restos de cultivos do ano anterior e proporcionar fertilizante ao terreo. Unha vez fertilizado airearemos ben e deixaremos o terreo solto e brando para plantar os novos cultivos. Non debemos plantar allos e cebolas no mesmo terreo no que xa houbera a pasada tempada os mesmos cultivos. Realizar máis bancais Outra das tarefas a realizar ao finalizar a tempada, ademais de preparar o terreo para a seguinte e de reparar os posíbeis danos que teñan os bancais ou testos, é fabricar novos espazos para plantar. Isto pode ser ampliar a horta ou fabricar máis bancais ou testos de cultivo. Esta tarefa facilitaranos moito o traballo de cara á seguinte tempada, xa que os bancais unha vez fabricados son moi sinxelos de preparar e de traballar, tendo unicamente que retirar as malas herbas que poidan nacer durante o outono/inverno e aireando a terra cando vaiamos facer uso deles. Como vimos nas leccións anteriores, podemos fabricar bancais con materiais moi diversos tales como madeira, palés, tellas, ladrillos, pedras, pneumáticos, botellas de auga etc. Recoller as follas secas Durante o outono podemos facer acopio de follas secas das nosas froiteiras ou árbores que teñamos perto da horta. As follas secas son perfectas para achegar aos composteiros material estruturante ou para realizar acolchados ou mulching na horta. Se secamos correctamente as follas, gardándoas sen ningún tipo de humidade en sacos, podemos conservalas durante varios meses e utilizalas durante a primavera e o verán para protexer o terreo dos cambios de temperatura bruscos, xeadas, exceso de calor, para reter humidade etc. Facer sementeiros no verán Aínda que o outono é unha época menos produtiva que o verán, hai moitos cultivos que se poden plantar e cultivar durante esta época, polo tanto é importante realizar sementeiros a comezos do verán para ter plantón preparado para transplantar nos meses de outono. Hai algúns cultivos como allos, cebolas, acelgas, espinacas, porro ou cenoria que se dan ben no outono e que se poden cultivar practicamente en calquera época do ano. Fertilizante verde Dentro das accións que podemos realizar durante o outono ou ao finalizar a tempada de primavera e verán está a do fertilizante verde ou cultivo de cobertura. Trátase dunha opción perfecta e natural para pasar da mellor maneira posíbel os meses máis fríos e duros do ano e de axudar o noso solo a recuperarse da tempada anterior e volver enchelo de nutrientes. Os ferilizantes verdes serven para proporcionar ao chan un descanso activo que o recargará de fertilidade e o axudará a controlar as malas herbas, ao mesmo tempo que estrutura de novo o solo. O fertilizante verde consiste na sementeira á manda dun cultivo que resulte interesante polas súas propiedades para rexenerar e mellorar o substrato en lugar de deixalo a barbeito. Grazas a esta cobertura vexetal imos achegar ao solo nitróxeno, aireación grazas ás raíces dos cultivos que irán abrindo paso no substrato e removéndoo, controlar as malas herbas e achegar grandes cantidades de materia orgánica cando cortemos as plantas e as mesturaremos como fertilizante xunto co substrato. Que plantas usar como fertilizante verde? —Podemos usar como fertilizante verde gramíneas como, por exemplo, o centeo, a avea ou a cebada, combinadas con leguminosas, desta maneira manteremos unha proporción axeitada de carbono e nitróxeno. Este tipo de fertilizante verde é o máis axeitado para botar cando finalizan os cultivos de outono. —Tamén podemos utilizar como fertilizante verde ravos, rábanos, mostaza ou outro tipo de crucíferas, xa que estas son moi pouco esixente e desenvólvese con moita rapidez. Resultando perfectas para terreos pobres en materia orgánica. —Outras plantas que podemos usar como cobertura vexetal son as leguminosas tales como chícharos, fabas ou incluso os trevos. Estas son fixadoras de nitróxeno e ademais actúan como inhibidoras de malas herbas. Este tipo de cultivos xunto coas crucíferas son os máis axeitados para utilizar durante o outono despois dos cultivos de verán. Como incorporar o fertilizante verde ao noso terreo? Unha vez que o fertilizante verde estea medrado e antes de que comece a floración do mesmo procederemos segalo. Convén facelo xusto nese momento por que é cando as plantas conteñen un maior número de nutrientes e propiedades. Para segalo farémolo cunha desbrozadora de man ou co gabillo se é un anaco pequeno. Deixarémolo un par de días estendido na superficie do solo, e pasado ese tempo mesturarémolo co substrato, enterrándoo como máximo a uns 5 ou 6 cm de profundidade. Estas son algunhas das tarefas que podemos realizar cando rematemos a tempada de primavera/verán e a nosa horta se volva máis improdutiva. De todas formas debemos saber apreciar as posibilidades que nos ofrece o outono, xa que aínda que non é a época máis produtiva do ano, segue a ser un momento en realizar moitos labores na horta e sementar diferentes tipos de cultivos. Os 3 'R' na horta: Compostaxe caseira Durante todas as leccións anteriores falamos de como reutilizar elementos físicos de refugallo que todas e todos podemos ter na casa, converténdoos en elementos útiles para a horta. Vimos o exemplo de como reutilizar latas, cartóns, madeira, cuncas, vasos, botellas de plástico.... e fáltanos só tratar uns elementos moi importantes e que producimos a diario: os restos de comida. Agora que coñecemos os beneficios da compostaxe caseira, do compost ou do fertilizante orgánico é o momento de reutilizar e reconverter todos os restos orgánicos aptos para este método que producimos na casa nun elemento nutritivo para a horta. Tonas de froita, restos de vexetais, cascas de ovo, panos de mesa sen tinta, cartóns etc. son elementos que todos os fogares producen a diario e que en moitas ocasións acaban no lixo. Debemos aproveitar todos estes materiais como un excelente fertilizante para a nosa horta. Preparados naturais para a horta. O tomate como insecticida natural As follas das tomateiras son ricas en alcaloides e por tanto actúan como potentes insecticidas contra diferentes tipos de insectos como pulgóns, eirugas ou vermes. A continuación imos aprender a preparar un spray insecticida con moi poucos ingredientes. Que preciso? —Dúas cuncas de follas frescas de tomateiras —Tesoiras ou coitelo —Dous vasos de auga —Unha pota ou cazo —Un coador —Un pulverizador Receita —Apaña dúas cuncas de follas de tomateiras frescas. —Corta en anacos moi finos as follas e méteas nun recipiente xunto con dous vasos de auga. —Deixa repousar durante 24 horas a mestura tapada cun pano ou gasa. —Ao día seguinte, coa a mestura. Quedándonos simplemente co líquido, os restos da planta poderemos agregalos á pila de compost. —Unha vez frío e filtrado incorporaremos o líquido a un pulverizador. Como usalo? Podemos usar o preparado durante calquera época do ano. Usarémolo de forma pura, sen diluír. Podemos pulverizar tanto en plantas que estean atacadas por algún tipo de praga como en plantas que corran o risco de sufrila. Espazaremos as pulverizacións cada tres semanas. Debemos de ter coidado coa mestura e non deixala preto de onde poidan inxerila animais domésticos xa que pode chegar a ser tóxica para eles. Eco-consello Os panos de mesa brancos, ao igual que os tubiños de cartón do papel hixiénico, serven como material estruturante para a pila de compost. |
NOS_37564 | Xabier Puente DoCampo faleceu aos 72 anos de idade. Era unha das voces máis singulares e galardoadas da literatura galega. | A súa última, xa derradeira, novela publicouse o pasado novembro. Investigación no gris da posguerra, radiografía das maneiras en que se desprega o poder fascista, investigación de personaxes e precisa maquinaria narrativa, A nena do abrigo de astracán (Xerais, 2017) obtivo o recoñecemento dos seus pares na Gala do Libro Galego. Era unha obra desas que se escriben durante toda a vida, o seu asalto ás coleccións editorialmente enfocadas ao público adulto, ao cabo o derradeiro oitomil dun traxecto en que abundaban. Cando petan á porta pola noite (Xerais, 1994) fora, talvez, o primeiro. Estes catro relatos de terror supuxeron a consagración exterior do escritor. O Ministerio de Cultura outorgoulle o Premio Nacional de Literatura, gañou tamén o White Raven, entrou na lista de honra da IBBY. E o máis importante, entremeteuse na imaxinación de milleiros de lectores mozos. Milleiros, si. Reeditado en numerosas ocasións e traducido a todas as linguas ibéricas, é un dos títulos chave para entender a posición de Puente DoCampo no olimpo da literatura infantil e xuvenil. Canda el, o seu querido amigo Agustín Fernández Paz (1947-2016), cuxos percursos mantiveron máis dun paralelismo. Mestres antes ca escritores, militantes da renovación pedagóxica e da defensa do galego, a súa literatura serviu non só para entreter e ampliar os horizontes das lectoras. Tamén para abrir as portas da lingua. A narrativa de Xabier P. DoCampo iniciárase con outro título mítico, O misterio das badaladas (Vía Láctea, 1986). A chave das noces (Vía Láctea, 1988), O pazo baleiro (Xerais, 1997), A casa da luz (Xerais, 2002) ou A illa de todas as illas (Xerais, 2013) foron conformando un corpo de historias perfectamente construídas, en que misterio, suspense e aventuras arrastran o interese lector. Ao fondo, sempre os seus totems: Robert Louis Stevenson e Álvaro Cunqueiro. "Fíxenme escritor porque teño memoria de min e dos meus, porque habito a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano", veu escribir en 2004 para a páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega da que era Socio de Honra, Nun Cuestionario Proust que lle remitira o crítico Ramón Nicolás, Do Campo efectuaba un sintético autorretrato. Aprezaba a lealdade nas persoas e salientaba o seu entusiasmo con novos proxectos. Admiraba John Silver -o pirata da Illa do tesouro-, Sherezade e os barbudos de Sierra Maestra. Gustaríalle vivir en Galiza, "mellor sendo dona de si". E para o futuro, unha palabra de orde: "Non fagas mal a ninguén, que dicía meu pai". |
NOS_27038 | O líder de Anova defende as alianzas políticas como camiño para a emancipación do pobo galego nun mitin de En Marea en Vigo, xunto ás cabezas de lista por Pontevedra, o alcalde de Compostela e o secretario xeral de Podemos en Galiza. | O coordinador nacional de Anova e voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, defendeu as alianzas políticas que conformaron En Marea como camiño para a emancipación do pobo galego. "A alguén se lle ocorre pensar que Galiza por si mesma pode liberarse?", preguntou Beiras, que fixo referencia ás 70 candidaturas de unidade popular das mareas como fito chave. "Fomos capaces de entender que aí estaba a nova política. Tiñamos moitos tics e cumpría remudar e entender que a maneira de facer política os propios cidadáns era o que cambiaba o rumbo da historia", sinalou nun mitin no Auditorio Mar de Vigo.O líder de Anova manifestou que "o contido primordial de En Marea é o que ten que facer a esquerda social deste país para arrastrar á esquerda política" e lamentou que no proceso de confluencia houbese "espazos políticos que non quixeron entender que esta era a fórmula". O líder de Anova lamentou que houbese "espazos políticos que non quixeron entender a fórmula" das mareas. Beiras tamén lanzou unha mensaxe ao "Partido Podre", en referencia ao PP, e advertiu de que "as mareas vivas dos equinoccios e dos solsticios coma o 21 de decembro son as máis vivas do ano, e este 21D vai chegar a marea até a Moncloa". O voceiro de AGE participou no acto de En Marea xunto as dúas cabezas de En Marea por Pontevedra. A número 1, Alexandra Fernández, asegurou que o obxectivo da candidatura é chegar ás institucións para poñelas ao servizo da cidadanía. Pola súa banda, a número 2, Ángela Rodríguez, dirixiuse a Mariano Rajoy a quen "nos gustaría dicirlle 'sé fuerte' porque este cambio xa non hai quen o pare". No mitin en Vigo estivo o rexedor de Compostela, Martiño Noriega, que abundou nas palabras de Beiras e asegurou que "non importa o envoltorio" e "o que importa son as medidas de fondo". Tamén falou o secretario xeral de Podemos Galiza, Breogán Rioboo, que destacou que o proceso para construír En Marea se fixo "deixando personalismos para poñer en valor o que nos une". |
NOS_33740 | Galibus acusara o Goberno galego de "permitir un incumprimento flagrante das condicións de contrato fixadas nas diferentes concesións". | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de determinar que a Xunta debe facilitar a información requirida pola Asociación Empresarial de Transporte de Viaxeiros por Estrada (Galibus) sobre a adxudicación de contratos de transporte por estrada en autobús. A sentenza, contra a que cabe recurso de casación perante o propio TSXG ou o Supremo, estima o recurso presentado por Galibus contra a resolución da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade que denegaba o acceso da asocación á relación de vehículos e expedientes sancionadores de todos os contratos polos que se adxudicaron lotes para explotar liñas de autobús. O departamento que dirixe a conselleira Ethel Vázquez accedera a entregar á asociación os informes técnicos das adxudicacións, mais non aqueles relacionados cos vehículos e os expedientes sancionadores, ao entender que isto requiría dunha "acción de reelaboración". Agora, a sección terceira da sala do contencioso- administrativo do Alto Tribunal galego recoñece o dereito de Galibus a dispor desta información, "previa omisión da información afectada polos límites ou prohibicións contidas nas leis de aplicación". Nós Diario xa informara en marzo deste ano das protestas de Galibus contra as concesións das liñas regulares de transporte por parte da Administración galega, que remataran cunha caravana de máis de 70 vehículos percorrendo a ruta desde Vigo a Santiago. Unha caravana de autobuses protesta contra a Xunta polas adxudicacións do transporte Daquela, Fernando García, portavoz de Galibus, denunciara en declaracións a este xornal que o Goberno galego "está permitindo o incumprimento flagrante das condicións de contrato fixadas nas diferentes concesións", ao tempo que criticara que "[a Xunta] emprega diferentes criterios á hora de actuar en función da empresa que sexa". |
NOS_54895 | As da Mariña queren o seu terceiro campionato ligueiro consecutivo | O Pescados Rubén Burela de fútbol sala, o equipo galego máis galardoado en todas as disciplinas dos últimos tempos, tratará de satisfacer de novo a súa voracidade de títulos nun play-off pola Liga que arranca hoxe ás 21 horas no Pavillón Gabriel Pérez ante o Roldán de Torre-Pacheco (Murcia). Campión de Liga nas tempadas 2019/20 e 2020/21. Gañador das últimas catro edicións da Copa da Raíña e das tres Supercopas de España máis recentes. Erixido número un do continente tras levantar a recente Futsal Women's European Champions. Distinguido dúas veces seguidas como Mellor Equipo do Mundo nos Futsalplanet Awards... esgotaríanse as liñas desta páxina debullando os logros recentes dun Pescados Rubén Burela que, a pesar de todo, non está saciado de triunfos, como demostrou hai un mes no torneo do KO. Agora é a quenda da competición da regularidade, onde chega ao play-off tras rematar en segunda posición na táboa clasificatoria, só por detrás de Futsi Atlético Navalcarnero. Porén, galegas e madrileñas, que conforman as -con diferenza- dúas escuadras máis potentes do panorama estatal, enfrontáronse na derradeira xornada de ligueira con vitoria laranxa pola mínima (1-0, minuto 31, Lara Balseiro). O primeiro rival do Pescados Rubén Burela será o terceiro na táboa, o sempre incómodo STV Roldán de Torre-Pacheco, nunha eliminatoria que arrancará mañá en Murcia e rematará ás 21 horas do sábado, 18 de xuño en territorio galego. Alí as xogadoras dirixidas por Julio Delgado estarán obrigadas a ofrecer a súa mellor versión se queren pasar por enriba dun Roldán que comezou o torneo dun modo moi irregular, chegando a ocupar a undécima posición, pero que foi quen de recuperarse até rematar a proba en postos de play-off. Quen, lamentabelmente, non estará loitando polo título ligueiro será o Poio Pescamar, pois rematou en quinta posición con 55 puntos, a tan só un da cuarta praza de Melilla Sport Capital Torreblanca -rival do Atlético Navalcarnero na outra semifinal- e a tres do propio Roldán. Na derradeira data necesitaban gañar e que pinchase e Melilla para clasificarse, fallando esta segunda parte da ecuación. As Irmandiñas xa teñen nomes A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) oficializou os nomes dos escollidos para integrar as seleccións galegas Sub-14 e Sub-16 que representarán á Galiza no inminente Campionato de España, que se desenvolverá do 17 ao 22 de xuño en Pontevedra. Até a Cidade do Lérez desprazaranse nesas datas un total de 38 seleccións -19 en cada categoría- e máis de 1.000 participantes. Deportivamente, a Irmandiña competirá no Grupo Ouro logo de certificar senllos billetes na primeira fase que tivo lugar en Asturias, debutando na categoría Sub-16 ás 15 horas do día 17, sexta feira, ante o combinado de Andalucía. Cinco horas máis tarde, ás 20, será a quenda dos rapaces da Sub-14, que colisionarán coa selección do País Valenciano. Deportivo e Celta son os equipos que achegan máis xogadores ás Irmandiñas Sub-16 e Sub-14, sendo un total de 12 no caso herculino e de 11 no celeste. Tamén destaca a presenza de futbolistas de conxuntos como San Tirso (6) ou Ed. Val Miñor (2) e Ed. Xuvenil Oroso (2). |
PRAZA_22 | Os anuncios e compras de Nadal reproducen estereotipos e os agasallos para os máis pequenos seguen a separarse entre femininos e masculinos. Isca desenvolve unha campaña contra esta "diferenciación irreal de xénero" e algunhas empresas fan xa catálogos que evitan os roles. | Malia as múltiples campañas -de administracións públicas ou non- para acabar coas diferenzas e os tópicos sexistas, os anuncios e moitas das compras de xoguetes no Nadal continúan a manter os estereotipos que separan nenos e nenas en ámbitos e prácticas sociais distintas. O sexismo na publicidade, pero tamén na elección final dos agasallos, mantéñense a pesar de todo. Os xoguetes e a súa publicidade seguen a reproducir os tópicos sexistas e os diferentes roles sociais Os expertos levan tempo advertíndoo e reparan no feito de que agora o sexismo e segregación por sexos non afecta só aos xoguetes tradicionais, senón que pasou tamén aos vídeoxogos, que se adoitan separar para nenos e nenas segundo os seus argumentos. Ao tempo, as bonecas, as cociñas ou os carros de bebé seguen dirixidos ás rapazas, mentres os coches, os xogos de guerra ou os deportes cínguense aos rapaces. Expertos en psicoloxía e educación insisten en que é a infancia o momento no que se produce a socialización secundaria entre os máis pequenos, que desenvolven tamén aí as súas habilidades cognitivas. O compoñente sexista dos xoguetes inflúe nas súas relacións sociais e na reprodución dun rol, tanto na súa vida coma no traballo ou na casa. Limitar unhas diversións aos nenos e outras ás nenas reduce as súas capacidades. Limítaos. A organización xuvenil Isca desenvolve unha campaña contra os xoguetes sexistas Algunhas organizacións de consumidores, sociais ou políticas e administracións públicas fan campaña en contra deste sexismo. En Galicia, a última é do colectivo xuvenil Isca, que coa súa campaña deste ano denuncia "un capitalismo que patrocina un modelo de consumo desmedido en forma de agasallos, que mostran ás claras as diferenzas, irreais, do xénero". "O capitalismo e o patriarcado aliméntanse mutuamente, e por medio do desenfreado consumo de produtos, reprodúcense tamén os roles que o home e a muller deben ocupar na sociedade patriarcal, inculcándolles iso ás máis pequenas", din ao anunciar unha campaña que levan días levando a cabo e co que denuncian e sinalan, a través de adhesivos, os xoguetes sexistas nos que se teima na segregación e esas diferenzas irreais de xénero. As nenas / nenos tamén xogan con isto. Os xoguetes non teñen sexo, lembran coa súa acción. "Vemos como os xoguetes destinados aos nenos, por norma xeral, son aqueles que estimulan a competición, o liderado, a enerxía, a invención, etc. Porén, os destinados ás nenas son aqueles que as seguen a relegar ao traballo doméstico, á limpeza, aos coidados, etc", di Isca, que cre que esta diferenciación "dáse con gran forza nas campañas publicitarias e na meirande parte dos anuncios dos medios de comunicación. Estes xoguetes sexistas seguen a reproducir estereotipos patriarcais", advirten. "Entendemos o xénero como un construto histórico e os xoguetes como un instrumento máis para soster esa construción social", razón pola que levaron a cabo estas "accións de denuncia". "Porque queremos rachar dunha vez por todas coa reprodución dos roles patriarcais", din. A empresa Toy Planet incluíu no seu catálogo nenos cun carro de bebé e nenas empurrando camións Algunhas empresas, non obstante, decidiron dar un xiro a esta tendencia histórica. A cadea de xogueterías Toy Planet elaborou para este Nadal un catálogo no que deciditu rachar cos estereotipos e amosar, por exemplo, nenos cun carro de bebé ou cociñas e nenas empurrando camións ou subidas a unha moto. Tal e como explicou a firma en El País, estas fotografías só foron posible cos produtos da súa propia marca, xa que o resto de fabricantes envía as súas fotos xa preparadas. E a maioría son as de sempre. |
NOS_17961 | Chega unha nova homenaxe ao poeta que se foi prematuramente o pasado outubro. Desta volta na súa cidade natal e organizada por amigos e achegados. | O 27 de maio o Teatro Principal de Pontevedra acollerá "Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso", que se suma a outras xa realizadas na Coruña, Vigo e Compostela. E nel haberá lugar para un recital con escritoras como Oriana Méndez, Anxos Sumai, Genaro da Silva, Claudio Pato, Adrià Targal ou Isaac Xubín. Presentado por Silvia Penas, os textos de homenaxe correrán a cargo de Chus Pato e Xabier Cordal; a videopoesía de Alba Cid, Jesús Castro e Gonzalo Vázquez; as palabras de amizade de Alicia Fernández e Gonzalo Hermo; e a video-homenaxe de Xes Chapela. A música será cousa de Atrás Tigre, grupo de 'indie' do que forman parte dúas coñecidas poetas, Xiana Arias e Olalla Cociña. "A obra de Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece" Francisco Cortegoso (Pontevedra, 1985 -2016) é autor de 'Memorial e danza' (Espiral Maior, 2014), co que gañou o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé, e 'Suicidas' (Chan da Pólvora, 2016). Segundo a organización, da que forman parte o Concello de Pontevedra, o Ateneo, a Libraría Paz e Chan da Pólvora, "a obra de Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece". O título da homenaxe "Un amor común" vén dunha entrevista na Radio Galega onde Cortegoso dixo que un dos seus obxectivos como escritor era superar o amor romántico en favor dun amor común. "Ese amor comunitario", din desde a organización, "vivo na memoria dos seus amigos, que mediante este acto daremos en homenaxear a súa poesía e a súa vida, é a herdanza que Fran nos deixa". |
PRAZA_9490 | "Como sería o mundo se o cinema non tivese sido inventado?. Horríbel". Estas palabras marcan o principio e o final de 'Carpe Diem', a primeira montaxe galega dunha obra de Rubem Fonseca. Falamos con Quico Cadaval, que dirixe nesta peza a María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio. | "Como sería o mundo se o cinema non tivese sido inventado?. Horríbel". Estas palabras marcan o principio e o final de 'Carpe Diem', a primeira montaxe galega dunha obra de Rubem Fonseca. A compañía responsable desta aposta por un texto dun dos grandes nomes mundiais do xénero negro é Producións Excéntricas. 'Carpe Diem' non se encontra entre os máis celebrados relatos de Fonseca. Non está atravesado por feitos truculentos. Non está poboado polas clases marxinadas. Mais baixo unha simple -e por veces parece que naíf- historia de adulterio entre dous membros da burguesía brasileira, subxace un retrato dunha sociedade na que as pantallas tenden a substituír a vida, conformando os nosos desexos e expectativas, e na que as relacións de poder -de clase, de xénero- seguen a ser, en grande medida, as mesmas de sempre. Falamos con Quico Cadaval, que dirixe nesta peza a María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio.Di o programa de man que Rubem Fonseca é o mellor escritor na nosa lingua...Co permiso de Ferrín e de a quen lle toque, así é, na miña opinión. Mia Couto, Gonçalo Tavares, Ferrín… e Rubem Fonseca, poderían ser. Autores vellos e e aposentados literariamente… Quitei os vocês e algunha cousa máis e o resto é case o texto orixinal. Fixen algúns cambios, introducindo algúns galeguismos: paparte por comerte, por exemplo...Ese coidado coa lingua está en todas as túas obras, en realidade.Si, pero nas outras é un traballo de aproximación do galego ao padrón portugués e neste caso é levar o portugués de Brasil ao galego de Lugo… (Din tu, non ti). É a forma de falar que teñen os meus tíos que foron para o Brasil. Falan á galega....Por que precisamente este conto, 'Carpe Diem'?Eu adoro a obra de Rubem Fonseca, mais este conto non é o mellor da súa produción.Por iso pregunto. É que é un texto preteatral, con escenas dialogadas, moi rítmico… A acción non avanza, só se ve xente que é incapaz de facer nada, que é dependente, mantida por outras persoas, e que só fantasea. O texto ten certo lirismo e os personaxes son moi contemporáneos. Eles falan de cine, do que viron, coma nós, que falamos moito do que vimos en internet, sacamos o móbil nunha conversa para facerlle a quen está con nós ver un vídeo… A ficción acaba substituíndo un pouco a vida."A ficción acaba substituíndo un pouco a vida"É algo que xa pasaba antes, pero acelerouse con internet, que facilitou o acceso á ficción. A miña avoa viu catro ou cinco teatros: a parateatralidade carnavalesca, as representacións de Semana Santa, a misa, os cantares de cego… Catro cousas. Nós temos internet.Os personaxes falan de películas e están lonxe da realidade, non queren ver a súa vida. Na selección que fixemos de filmes para proxectar en escena -só puidemos coller filmes de dominio público- eu díxenlle a Petete (Marcos PTT Carballido, adxunto á dirección) que escollese películas que representasen as fantasías dos personaxes, no sentido de que son, por exemplo, filmes nos que vai frío, que é algo afastado da súa realidade tropical, porque eles viven en Rio."Os personaxes falan de películas e están lonxe da realidade, non queren ver a súa vida"Na roupa, por exemplo, vese que na súa cabeza, na súa imaxinación, son euroamericanos. Queren ser coma a xente dos países fríos. E iso é algo habitual na burguesía do Brasil. Isto é, ao mesmo tempo, unha maneira de falar de nós máis eficaz, penso, que se tivese escollido un conto que falase de mozos pobres e marxinais que matan turistas, por exemplo.Entendo. Como foi o traballo de adaptación do texto orixinal?Cando estás traballando, por un lado preocúpate o pormenor, o detalle, e por outro a onde vai a función… A min gústame o pastiche, o collage, non sei se o notastes…Supoño que si.Gústame que haxa pantomima, unha canción… Algunha ruptura estilística. 'Carpe diem' é, ademais, un texto singular. Eu penso que o autor se arrepentiu no proceso, e ao final quedou un texto que é demasiado curto para ser unha novela e demasiado longo para ser un conto: unha cousa intermedia. O final do conto, ademais, é unha parvada. Pero é que os personaxes tampouco ían a ningures… E iso lévanos tamén á idea de final, que en realidade non existe: é unha invención, unha convención literaria… Non hai un final dramático, catárquico. Hai un final de cinema negro no que alguén conta como lles foi aos personaxes."Eu penso que o autor se arrepentiu no proceso, e ao final quedou un texto que é demasiado curto para ser unha novela e demasiado longo para ser un conto"O autor que aparece contando parte da historia, de quen fai -entre outros personaxes- Víctor Mosqueira, é o narrador do conto, supoño.O narrador é unha homenaxe ao propio Rubem Fonseca. Unha das pecularidades de 'Carpe Diem' é que o narrador é pouco afirmativo. Normalmente o narrador é unha voz que sabe moito, que lle vai contando as cousas ao lector. Eu imaxineino coma alguén que non o sabe xa todo, senón que vai investigando, entón cada vez que fala sabe algo novo. Coma os ricos fan cousas como controlar as súas parellas, eu imaxinei que el podía ir así sabendo cousas… Ademais, o propio Rubem Fonseca foi policía. E despois avogado, antes de escritor. Por iso é tamén unha homenaxe a el."Rubem Fonseca foi policía e despois avogado, antes de escritor"Falabas antes de collage. Nesta obra hai cine, música en directo… -E é unha oportunidade de ver a María Costas cantar, que non é tan habitual-. Mais di o programa de man que neste espectáculo o grande protagonista é o cine. Por que?María Costas xa leva uns anos traballando con nós, e sii que canta. Canta, por exemplo, n''A cabeza do dragón'. Menos ca aquí, pero chamou a atención. Sobre o do cine, a verdade é que me vacilan por iso, porque eu sempre dicía que nada de traer o vídeo ao teatro. Entón o que estou facendo é traer o "inimigo" á casa. Porque, claro, eu reivindico a capacidade creativa do actor… Non penso que fagan falta vídeos."Xa está escrito no programa que o cinema é a grande apelación á imaxinación humana do século XX"Mais neste caso penso que está xustificado. Xa está escrito no programa que o cinema é a grande apelación á imaxinación humana do século XX. Falaba antes da miña avoa e dos seus catro ou cinco teatros. Miña nai tería uns 10 anos cando viu a primeira película sonora. En 'Carpe Diem', o cine está instalado na cabeza dos personaxes. Salvo o sexo, todo o que fan está influenciado polo cinema. Nós temos o móbil e xa non quedamos coma antes para ir ao cine, pero é o mesmo.En realidade, tamén o sexo, supoño, pode ser imitación do cine. Son dous burgueses sen problemas reais que se lían porque están aburridos e que despois pensan en casar para animar un pouco máis a súa vida tediosa. Supoño que aí está a crítica de Fonseca. Eu non penso que sexa tanto unha crítica, no sentido de subliñar a frivolidade, senón máis ben unha exposición de xente que, si, non ten problemas. Pero é un pouco o que nos pasa a todos. Pensas que tes un problema e entón chega un problema real e o anterior relativízase. Hai un momento en que ela di que hai un home que a segue e pensa que a vai matar. E iso si é un problema, e non a película de Hitchcock que están montando entre os dous imaxinando uns asasinatos."Pensas que tes un problema e entón chega un problema real e o anterior relativízase"Nese sentido, a min esta obra fíxome lembrar a anterior obra vosa 'Da Vinci tiña razón!. Nunha casa ben, parece que non pasa nada ata que comeza a cheirar a merda. E a merda é unha metáfora de todas as merdas desa clase social. Algunha relación podería haber, si… En 'Carpe Diem' non hai merda, pero si que Rubem Fonseca é bastante escatolóxico. Ten un conto no que quen falan son as bacterias que interveñen na putrefacción dun corpo...Hai outro detalle interesante, que é a interacción entre o personaxe de Roberto e o matón de barrio pobre. Roberto trátao desde a súa suposta superioridade...E ademais ela observa todo, no escenario está alí detrás... Ela sabe todo polo relato de Roberto, e é así como el llo conta. Despois, hai outra cousa que ten este espectáculo, que é que está cheo de citas, de referencias ao cinema. Hai un momento en que eu lle fago baixarse a Roberto -Marcos Vieitez- como para atar un zapato que non ten, en realidade, nada que atar, mentres conta a súa historia. Iso vén do 'Hammett' de Win Wenders.Referíame ao retrato da relación entre as clases sociais, que é algo moi de Rubem Fonseca. Si, ese se cadra é o momento máis Rubem Fonseca. Hai un tipo que é de verdade o que parece, e outro que só di tópicos dun mundo ao que non pertence. Aí actúa unha diferenza de clase implícita, que os dous teñen interiorizada: un a superioridade e outro a inferioridade. Roberto tenta facer de tipo perigoso, pero di "motacas", que é como se alguén de aquí que non coñece o argot di algo así como "guai del paraguai".Hai tamén algunhas chiscadelas á actualidade. Como o da sinatura da infanta. Iso está no texto de Fonseca. Coma o do Máster.Non o creo. É fácil que o texto leve a iso que dis da infanta porque si que está a personaxe de Paula dicindo que ela os negocios non eran dela, que ela confiaba no seu marido. O do Máster forceino eu un pouco ao dicir Master, pero si que di no texto orixinal que comprou a carreira. A min gústanme, si, as actualizacións. Pero están pensadas para un público atento e non subliñadas. Son só pequenos detalles.No programa de man hai un mapa de Río e un glosario de termos…É un traballo de Ana Seoane, a escenógrafa. É un mapa de "turismo literario" de Rio, coma o típico mapa turístico, que ten só catro cousas. Rio é o lugar da acción, e pareceunos boa idea que o espectador, nada máis chegar, tivese un mapa que o fose metendo na historia. No teatro non é coma no cine, que podes poñer unha rúa da cidade coa xente pasando. No teatro un actor entra no escenario… E o programa podía ser unha maneira de meter a xente nun mapa, o mapa de Rio, que é tamén un mapa emocional.A música, en directo, é de Mon Orencio. Como fixestes a escolla? Primeiro, Mon é un monstro, como músico. Ten un estilo propio e ademais moita experiencia en teatro. Xa traballara comigo en 'Noite de Reis', en 'Jacques o Fatalista'... E sabe de dúas das músicas que son parte da obra: o cool jazz e a bossa nova. O cool jazz é a música de cine dos 50, de cando está desaparecendo a música orquestral. É entón cando entra o jazz, unha música popular, e faise inseparable do cine."Os brasileiros comen de todo: collen o que queren, sen preocuparse de se é do seu país ou non"Mon achega unha sensibilidade que é moi próxima á obra, na que temos por exemplo a versión de Tom Zé de 'Você é o mel'. Os brasileiros comen de todo: collen o que queren, sen preocuparse de se é do seu país ou non. E Tom Zé, como antropofaxista brasileiro que é, colle 'You're the top', de Cole Porter, unha peza que vén do jazz. E di "Você é O Museu do Prado/, Você é Meu supermercado", por exemplo. É unha mostra do que os americanos chaman 'silly music'. Música que di parvadas. É unha broma sobre a "alta cultura" e o consumo, coma 'Carpe Diem' en si. Despois temos tamén, por exemplo, 'Infinito delirio chamado desejo', de Maria Bethânia. Iso xurdiu nos ensaios: díxenlle a María que cantase, e ela cantou esta canción. María ten repertorio abondo…E 'A Cabeza do Dragón'? Segue en cartel? Fostes vós os primeiros en montar un Valle-Inclán ao pasar a dominio público os dereitos sobre a súa obra. Pois é unha obra que debería seguir en cartel, e se non segue non é porque nós queiramos. Ten unha eficacia demostrada con público xuvenil e iso debería ter algún efecto. Nós non nos queixamos: a xira estivo moi ben. Pero é unha obra que podía ter unha eficacia social moi grande. Mais os que podían facilitar que así fose están a outra cousa.Hai algo de crítica social nesta peza de Valle-Inclán, como tamén, doutra maneira, en 'Carpe Diem'. Hai tamén algunha conexión con 'Jacques o Fatalista'. Si, penso que 'Carpe Diem' e 'Jacques o Fatalista' teñen cousas en común. A música en escena, un compoñente narrativo moi forte… Hoxe penso que igual debín contar 'Jacques o Fatalista' doutra maneira, dándolle talvez o control a ela, o personaxe da pousadeira. Son dous homes que están no camiño, o amo e o criado, que paran nunha pousada e comezan a contar historias, e acaban falando de amor e de mulleres. Despois entra ela, a pousadeira, que comeza a contar as súas historias desde un punto de vista ben diferente ao deles."Hai relacións entre 'Jacques o Fatalista' e 'Carpe Diem', coma o tema do amor, contado desde o estupor, a incomprensión"Mais si, hai relacións con 'Carpe Diem', coma o tema do amor, contado desde o estupor, a incomprensión… Como puxemos no facebook de Mofa e Befa: o asasinato é un acto execrábel, repugnante. O amor ten mellor fama, pero tamén podo provocar dor e, ás veces, levar ao crime, como en 'Carpe Diem'. Mais, xa que non podemos evitar nin o crime nin o amor, polo menos exixamos calidade e gocemos da beleza estética do amor e do crime. Que é algo cínico, claro.Eu dicíacho polo tema da crítica social: a dominación de clase, volvendo a Rubem Fonseca. Que está dalgunha maneira en todas as obras que fixestes ultimamente. Pero dun xeito sutil. Como me dicías das citas de películas: para quen queira velo. É que eu penso que o teatro non debe ser moi asertivo. Ten que formular temas e convocar o diálogo posterior, propoñer a materia de discusión, non dar respostas. A dominación de clase está, si, en 'Jacques o Fatalista', ou en 'Bobas & Galegas', a través da relación amo-criado, que é un xeito de representación, si, da relación entre clases. Non contada en termos marxistas, claro, mais si hai aí unha representación dun conflito, dunha tensión, que se pode resolver de distintas maneiras: o criado listo, o criado parvo..."A dominación de clase está, si, en 'Jacques o Fatalista', ou en 'Bobas & Galegas', a través da relación amo-criado"Mais a dominación, as relacións de poder, son algo que actúa en nós, de xeito inevitable. Pensa por exemplo na relación cos nenos da familia… Como nunha relación de parella: hai unha tensión aí desde o primeiro momento. Antes non había dúbidas porque mandanba o home. Do home agardábase que fose compasivo, pero mandaba el. E si, a dominación, en xeral, é algo que me interesa moito. A ver, non é que fagamos obras revolucionarias…Non dicía iso… Mais agora estaba pensando que o tema das relacións entre clases pode ser algo máis explícito en 'Obra'. Si, claro, pero, como dicía Maiakovski, aos obreiros tamén lles gusta o viño. Hai unha escena na que están o obreiro e o fillo do patrón, o herdeiro. E penso que esa é a mellor escena que escribín. "A miña perspectiva de clase é a obra", di o obreiro. É como a versión contemporánea do que era antes a representación teatral da relación entre amo e criado -a parella amo-criado de Diderot, Cervantes, Calderón, Shakespeare- que está moito no teatro clásico e na commedia dell'arte: o amo está namorado e o criado faille de mediador, lévalle as cartas… En 'Obra', o obreiro non discute a propiedade. Di que a obra é o seu sitio. Non ten conciencia de clase."Hai unha escena en 'Obra' na que están o obreiro e o fillo do patrón. Penso que é a mellor que escribín"Falabamos antes de 'Jacques o Fatalista', de Diderot: a muller que comeza a contar as súas historias sen importarlle todas as parvadas que acaban de dicir os homes sobre as mulleres. Hai algo sobre relacións de xénero tamén en 'Carpe Diem'. Baixo unha linguaxe moi tópica, de drama romántico, hai unha loita de poder: quen somete a quen, quen se aproveita de quen…É un pouco o que dicía antes. Hai produción teatral, que acaba resultando bastante didáctica, que se apoia nunha literatura indicativa onde se demostran relacións de opresión. Eu son máis partidario de mostrar relacións e que a partir de aí xurda o debate, o diálogo. En 'Luz de gas', por exemplo, pasan cousas que hoxe lemos como violencia de xénero e que antes se entendían coma unha das cousas que podían pasar nun matrimonio se tiñas mala sorte. O que pasa nesa película é que os cartos son dela, da muller. Rómpese a norma patriarcal, el quere restaurar o control e tenta facela pasar por tola no que acaba sendo unha grande metáfora do maltrato psicolóxico.Excéntricas fai 15 anos…En realidade Excéntricas é a continuidade de Mohicania. Mudámoslle o nome por Producións Excéntricas, un pouco reivindicando a idea de que non formamos parte do centro. Ocorre que, ao ser a galega unha cultura minorizada, xa estamos nunha situación excéntrica, periférica. Por iso sempre buscamos unha certa centralidade, así que hai unha contradición aí…"Ao ser a galega unha cultura minorizada, xa estamos nunha situación excéntrica, periférica. Por iso sempre buscamos certa centralidade"Pero si: neste tempo, fomos alternando: Mofa & Befa e Da Vinci, Mofa & Befa e 'Jacques o Fatalista', Mofa & Befa e 'A Cabeza do Dragón', Mofa & Befa e 'Carpe Diem'... É combinar a potencia do dúo de pallasos que forman Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo co meu papel como narrador. Eses son os valores da compañía, que despois tratamos de expandir: chamamos outra xente para que colabore con nós, en 'Shakespeare para ignorantes' son eu como orador escénico e os dous pallasos… Un pouco a idea é que, desde o noso tempo e desde a nosa condición periférica, nós tamén temos dereito a ter o noso Shakespeare, o noso Diderot…"Polos 15 anos, ademais de facer 'Carpe Diem' temos pensado recuperar 'Cociña Económica"Polos 15 anos, ademais de facer 'Carpe Diem' temos pensado recuperar 'Cociña Económica'. Eu teño tamén un espectáculo de narración oral feito con Guti e Celso F. Sanmartín, 'Tres vellas… polo menos'. E, mira, isto tamén ten que ver coas relacións de clase e de xénero. As mulleres vellas sempre foron enciclopedias, ata que chegou a ruptura cultural moderna e lles dixo que o que elas sabían non tiña importancia. O que sabían as súas netas si, que elas tiñan estudos... E Víctor, co seu talento para o clown, fará ademais o seu primeiro espectáculo para nenos, 'Cartoons', con Josito Porto. E faremos outro Shakespeare -outro texto de Shakespeare-. E, nada, despois xa podo retirarme."A sospeita constante é porque é cultura galega"Non ou? Non falas en serio.É que non hai moitos motivos para continuar. Preguntabas antes por 'A cabeza do dragón'. Nun país normal estaría tres anos andando polos institutos. E despois pasa o de sempre: a sospeita constante é porque é cultura galega. A agresión, desde todos os frentes, á cultura galega e á lingua, é constante… E ha!, por certo, tamén vamos ter unha exposición sobre 'A cabeza' no museo Valle-Inclán da Pobra. |
NOS_13864 | O anteproxecto para recuperar a casa natal de Ricardo Carvalho Calero pretende converter o espazo, no barrio de Ferrol Vello, nun auténtico "complexo cultural", de uso público e cun museo dedicado á figura do autor homenaxeado coas Letras Galegas en 2020. | O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina, presentou este anteproxecto do inmóbel, propiedade do Concello desde hai más dunha década e nun importante estado de abandono e deterioro que se agravou co paso do tempo. A proposta elaborada desde a propia área de Urbanismo servirá para poder contratar o proxecto de execución, cuantificado en máis de 1,2 millóns de euros. Segundo detallou o edil ferrolán, o anteproxecto comprende unha actuación nos cinco inmóbeis propiedade do Concello na zona. Concretamente os números 45, 47, 49 e 51 da rúa San Francisco e o número 14 da Praza Vella, onde a superficie construída chegaría aos 1.163 metros cadrados. Arquivo fotográfico Todos os edificios presentan un estado lamentábel na actualidade, e os traballos incidirán en "recuperar aspectos identificábeis da vivienda, como fachadas e galerías, cuberta e muros medianeiros a partir do arquivo fotográfico do que dispón o Concello. Os muros "están desaparecidos en 80%", de modo que será necesario reconstruílos para conservar a estrutura das parcelas ·dunha forma recoñecíbel e recuperar a individualidade das edificacións que había", detallou o edil. "Temos a intención de que estes inmóbeis se convertan nun complexo cultural e de servizos, e entre as posibilidades que barallamos están unha zona de usos múltiples, un espazo de coworking e a que sería a Casa Museo de Carvalho Calero, que marca a propia esencia da rehabilitación", explicou. Por último, Julián Reina detallou que o seu departamento traballa na redacción dos pregos do proxecto definitivo, tratando de axilizar prazos para licitar as obras o antes posíbel, estimando que o obxectivo é "ter finalizada esta actuación en 2023". A actuación estará apoiada con achegas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) ao amparo da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentábel e Integrado (Edusi) 'Ría de Ferrol, Cidade 2020' e do propio Concello. |
NOS_29816 | Case 450 deportistas e 33 equipos xogaron as Finais do Pan-Euro de fútbol gaélico na Coruña. Madrid, na masculina, e Bélxica, na feminina, gañaron na categoría sénior. Os equipos galegos mellor clasificados foron os Irmandinhos da Estrada (campións de intermediate B) e os segundos postos de Fillos de Breogán (masculina intermediate) e Auriense (masculina júnior). | A Coruña rematou con éxito organizativo as Finais do Pan-Euro de fútbol gaélico, un torneo no que participaron case 450 deportistas e 33 equipos. O mal tempo non foi quen de evitar a realización da competición que a nivel sénior gañaron Madrid en categoría masculina e Bélxica na feminina. O mellor fútbol gaélico de Europa competirá esta fin de semana na Coruña Os partidos tiveron lugar en tres lugares diferentes: os campos da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, en San Pedro de Visma e as finais que se desenvolveron no campo universitario de Elviña. Cansa mais satisfeita, a presidenta e xogadora do equipo anfitrión, Fillos de Breogán, Paula López Otero, salienta en conversa con Nós Diario a volta desta competición europea desde 2019, como consecuencia da situación sanitaria da pandemia, no evento máis importante na cidade deste deporte . "Houbo moita participación, algo que demostra que este deporte está moi vivo", afirma, "a xente ten moitas ganas de competir e de que o balón estea nos terreos de xogo", engade. Discretos resultados para os equipos galegos A nivel deportivo a mellor participación galega estivo no segundo posto de Fillos de Breogán na categoría masculina intermediate, que perderon diante de Nantes, e a vitoria dos Irmandinhos da Estrada na masculina intermediate B na final contra Brest. Na masculina júnior resultaron segundos os de Auriense que non puideron co equipo de Jersey. A Coruña será a sede en outubro do torneo de fútbol gaélico máis importante de Europa Na categoría feminina, en sénior a vitoria foi para Bélxica que derrotou ao equipo polaco do Varsovia que rematou en segundo lugar. Tamén o equipo de Bélxica B conseguiu gañar a París e proclamouse campión feminino intermediate. Por último, na categoría shield intermediate gañou Nantes e quedou en segundo lugar Jersey. |
NOS_53981 | Os expedientes de regulación de emprego de extinción aumentaron en 2016 por vez primeira desde 2013. | Entre 2010 e 2016 un total de 107.534 traballadores en Galiza se viron afectados por un expediente de regulación de emprego. A maioría (76.410) foron EREs de suspensión mentres que 11.105 asalariados sufriron un expediente de extinción. Os de redución de xornada atinxiron perto de 20.000 traballadores. Mentres que nos expedientes de suspensión e de redución de xornada dáse, ano tras ano, unha progresiva redución no número de persoas asalariadas afectadas, non acontece o mesmo nos ERES extintivos. En 2016 foron 1.005 os traballadores que estiveron atinxidos por esta medida, o que supón un aumento do 17% a respecto do exercicio anterior, 2015, cando foron 858. E o incremento é do 33% se a comparación a facemos coas persoas asalariadas que estiveron afectadas por un expediente de regulación extintivo en 2014, que foron 754. |
NOS_48625 | No mes de conmemoración do 50 aniversario do discurso de 'I have a dream' de Luther King, sociólogos e politólogos estadounidenses denuncian que os índices sociais ( emprego, saúde e educación) entre @s negr@s norte-american@s son "os peores en 25 anos" | O presidente norte-americano, Barack Obama, participou esta semana en Washington na conmemoración polo aniversario de 50 anos do emblemático discurso 'Eu teño un soño' de Martin Luther King Jr, considerado un marco da igualdade de direitos civís as e aos afro-americanos. Segundo relata Opera Mundi, de acordo con sociólogos e especialistas en estudos das clases populares na América do Norte, os índices sociais - que inclúen emprego, saúde e educación - entre "os afrodescendentes norte-americanos son os peores en 25 anos. Por exemplo, un home negro que non concluíu os estudos ten mais oportunidades de ir para prisión do que conseguir unha praza no mercado de traballo". "Unha crianza negra en EUA ten hoxe menos oportunidades de ser criada polos seus pais que un fillo de escravos no século XIX" Tamén indican que unha crianza negra en EUA ten hoxe menos oportunidades de ser criada polos seus pais que un fillo de escravos no século XIX. "E o dado mais asombroso: hai mais negros na prisión actualmente do que escravos nos EUA em 1850, de acordo co estudo da socióloga da Universidade de Ohio, Michelle Alexander". Inxustiza A profesora da Universidade de Washington e autora do libro "Invisible Men: Mass Incarceration and the Myth of Black Progress", Becky Pettit,argumenta que os progresos sociais atinxidos pol@s negr@s nas últimas décadas "son moito máis pequenos cando comparados à sociedade norte-americana como un todo. É a "estagnação social" que acaba traendo as comparacións coa época da escravitude" |
NOS_8511 | A luta das mulheres pela soberania da própria sexualidade é constante. | Quando assumimos propriedade da nossa sexualidade e expressamo-la livremente, somos conotadas como vadias, desvalorizadas, contudo é esperado que o sejamos. É aquela velha coisa "Santa na rua. P*ta na cama". Somos socializadas para acreditar que devemos ser virgens e que nos devemos afastar de qualquer contacto sexual. No entanto, simultaneamente, nos é exigida uma performance sexual excepcional e sofremos pressão para dar prazer sempre. A mulher negra é ao mesmo tempo a figura menos valorizada no que toca à beleza e desejabilidade Este dilema para as mulheres negras é ainda mais forte. A mulher negra é ao mesmo tempo a figura menos valorizada no que toca à beleza e desejabilidade, e é também aquela mais objectificada e com a sexualidade mais alienada. O corpo feminino negro é hipersexualizado e por isso existe a ideia da disponibilidade e perversidade sexual inquestionável da mulher negra. Nesse sentido, o processo para que a soberania sobre a própria sexualidade seja retomada requer um esforço acrescido para incorporar a componente racial. O padrão de mulher dominante define a Mulher Ideal como branca, cisgénero e heterossexual, de tamanho pequeno, com aspecto frágil e dócil Tal como já tinha referido, aquando da polémica em torna da vitória deSemeneya nos Jogos Olímpicos, o padrão de mulher dominante define a Mulher Ideal como branca, cisgénero e heterossexual, de tamanho pequeno, com aspecto frágil e dócil. Como tal os traços naturais da Mulher Negra apresentam uma inconformidade aos critérios do Imperialismo Branco. As feições do corpo da mulher negra são vistas como marcas de algo selvagem. Mas os mesmos lábios grandes e glúteos avantajados, numa mulher branca são desejáveis. Basta vermos como Kim Kardashian e a sua irmã Kylie Jenner fazem sucesso com alguns traços tradicionalmente negros. Em países com forte legado esclavagista, como o caso do Brasil e dos EUA, é gritante o caso de homens negros bem sucedidos casados com mulheres brancas O corpo da mulher negra está sempre na posição do "outro", é exótico; diferente. E a mulher negra é proibida; pecaminosa, inadequada para matrimónio ou monogamia. Em países com forte legado esclavagista, como o caso do Brasil e dos EUA, é gritante o caso de homens negros bem sucedidos casados com mulheres brancas, ou no mínimo negras claras. Isso não pode ser coincidência. Não é uma questão de preferência pessoal, mas sim de discriminação sistemática. No entanto, esses mesmos homens, usam-se do corpo da mulher negra para fazer dinheiro. A mulher negra está nos seus vídeos, fazendo danças eróticas e deitada com eles na cama. Mas raramente como um ser humano completo, dignificado e real. O corpo da mulher negra é o campo de batalha onde se manifestam as contradições e incoerências do Patriarcado. As características mais desejáveis são comuns nos corpos de pessoas negras, mas apenas se estas características forem branqueadas Por um lado somos invisíveis, pois nas revistas, na TV e até no mercado erótico, prevalecem as mulheres brancas. Elas são o protótipo de corpo desejável. E por outro lado, as características mais desejáveis são comuns nos corpos de pessoas negras (seios largos; bunda grande; lábios carnudos; etc), mas apenas se estas características forem branqueadas. Até existem produtos dedicados ao clareamento de partes do corpo mais escuras (axilas; cotovelos; mamilos; genitais; etc). Então as qualidades sexualmente desejáveis são sempre aquelas associadas ao corpo da mulher branca e as características são aquelas da mulher negra. Numa sociedade que lucra com as inseguranças das mulheres, estar confortável com o seu corpo pode ser revolucionário. Para muitas mulheres negras é na exploração da sua sexualidade que se sentem mais empoderadas É por isso compreensível que para muitas mulheres negras é na exploração da sua sexualidade que se sentem mais empoderadas, pois é aí que reside o seu valor. É o caso de Bernice Burgos. Ou, já que falamos nas Kardashians, de Blac Chyna. Ambas são mulheres cuja carreira está intimamene ligada ao imaginário da sociedade no que diz respeito à (in)saciabiliade sexual da mulher negra. A mulher negra é quente. É sexual. É promíscua. É boa de cama. Estas mulheres correspondem às expectativas do corpo da mulher negra. Os espaços de prazer e de desejabilidade não nos são acessíveis, e como tal, precisam de ser criados outros alternativos longe das noções de inferioridade ou estereótipos previamente definidos. Num mundo em que o corpo da mulher negra é forçado a ser "domesticado" para se assemelhar à mulher branca, uma tentativa de fazer dessa prisão um espaço de empoderamento pode ser libertador para algumas mulheres. |
NOS_19918 | [ACTUALIZADO 19:35] En Galiza ten perto de 1.800 traballadores e 259 sucursais. | O Banco Popular prevé despedir entre 2.900 e 3.000 empregados, 450 deles en Galiza, e botar o fecho a unhas 300 sucursais, unha decisión que adopta para intentar aliviar os seus problemas financeiros. Case unha década despois do estoupido da crise, as entidades financeiras continúan a apostar nas tesoiras e nos recortes de persoal e medios para cadrar as contas. O recorte que prevé o Popular afectará a un 25% do seu cadro de persoal en Galiza e o 20% no Estado (que anda perto dos 15.000 empregados) e a un 14% das oficinas da entidade financeira (case 2.100). En Galiza o BP ten 1.796 traballadores e 259 sucursais. Non debemos esquecer que o Banco Pastor, que foi adquirido en 2011 polo Popular, tiña no noso país 4.100 traballadores, 588 oficinas e representaba por volta do 18% do mercado financeiro galego. |
PRAZA_11174 | Din as persoas de alí que nunca foran tan ben retratadas | En God's Own Country (Tierra de Dios na dobraxe), un romanés recén chegado mira para a fondura da paisaxe e comenta: Isto é precioso, pero moi illado.Estoutro de noso é paradisíaco e desolado.Din as persoas de alí que nunca foran tan ben retratadasO director usa a cámara como unha perforadora, da realidade, para dentro da terra, das casas, do termo da cociña, da barra de cobre, dos cuartos, das mantas que non poden dar calor, das portas que apenas tornan, dos xergóns que cercan os eidos, dos lousados que non amparan. Suspéndese nos rostros, nos torsos, nas árbores, na atmosfera. Unha hipnose. Vai rompendo o velo e facéndoo, explica. Creo que é iso.Din as persoas de alí, que nunca foran tan ben retratadas. Pasa para dentro, traspasa o hermetismo e imos comprendendo un pouco. |
NOS_35111 | Denuncian a pasividade das autoridades europeas e comunitarias no avanzo do Estado Islámico cara ao sur de Siria. | Esta terza feira (7 de outubro) máis dun cento de kurd@s manifestáronse na Eurocámara para denunciar a actitude pasiva das institucións comunitarias perante a ofensiva lanzada polo ISIS no sur de Siria. No concreto, as persoas concentradas --inicialmente ás portas do Parlamento europeo-- denuncian que a Unión Europea non estea a actuar a respeito do que acontece na cidade kurda de Kobani onde o ISIS desenvolve unha operación desde o 16 de setembro. No que vai de ofensiva foron asasinadas máis de 400 persoas, a maior parte civís. Porén, até o momento a principal forza de resistencia que están a atopar os integrantes do Estado Islámico son @s combatentes das Unidades de Protección do Pobo Kurdo que corpo a corpo loitan por manter esta cidade estratéxica --colindante con Turquía. As persoas concentradas perante a Eurocámara ultrapasaron o cordón policial e conseguiron entrar nas instalacións onde exixiron reunirse con representantes do lexislativo comunitario. Eurodeputad@s do Grupo da Esquerda Europea recibíronos xunto, tamén, co propio presidente do Parlamento, Martin Schulz. A voceira kurda asegurou que "os gobernos belga e europeo non poden quedar cegos" fronte ás atrocidades cometidas polos integrantes do ISIS empregando, mesmo, "armas procedentes de Occidente", denunciou. |
NOS_55421 | A Sala do Contencioso-Administrativo da AN emitiu outro fallo no que estima o recurso da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e anula a prórroga da concesión | A Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional emitiu outro fallo no que estima o recurso da Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e anula a prórroga da concesión a Ence en Pontevedra, que foi concedida polo Goberno de Mariano Raxoi en funcións. Está en consonancia co xa sentenciado o pasado verán a raíz, nese caso, dos recursos de Greenpeace e o Concello de Pontevedra. Precisamente, no fallo remítese aos fundamentos xurídicos dos recursos previos, debido a "razóns de unidade de doutrina e seguridade xurídica". Neses casos, a sala xa consideraba que a resolución de 20 de xaneiro de 2016 da directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar non xustifica, como esixe a Lei de Costas, que a papeleira, pola súa natureza, non poida ter outra localización. Así, a Audiencia indica que de acordo coa proba pericial practicada despréndese que a auga doce, nun determinado volume, é un recurso necesario e imprescindíbel para o proceso produtivo das plantas de pasta de papel Kraft con branquexo, como a de Ence Pontevedra, así como a proximidade a recursos hídricos (auga salgada ou doce) para a evacuación da vertedura, "mais non que ditas plantas pola súa natureza ou configuración, teñan que situarse no dominio público marítimo terrestre, que é o que esixe o artigo 32.1 da Lei de Costas". De feito, a de Lourizán é a única fábrica de celulosa do Estado español que está en dominio público marítimo-terrestre. De feito, a de Lourizán é a única fábrica de celulosa do Estado español que está en dominio público marítimo-terrestre E é que nestas sentenzas establécese que as prórrogas, reguladas no artigo 2 da Lei 2/2013, só poden outorgarse para prolongar concesións que amparen usos que cumpran o artigo 32.1 da Lei de Costas, isto é, que pola súa natureza non poidan ter outra localización. O actual Goberno español decidiu retirarse do proceso ao entender que a prórroga outorgada en 2016 por 60 anos (a contar desde a data de solicitude en 2013, até 2073) "non sería conforme a dereito". Fontes do Ministerio para a Transición Ecolóxicas explican a Europa Press que esta nova sentenza "veu a apoiar, como xa o fixesen as dúas de xullo, a posición mantida polo Ministerio desde que se retirarse no tres preitos, expresamente declarado conforme a dereito" nos fallos. Esta sentenza é susceptíbel de recurso de casación ante o Tribunal Supremo. A Administración estatal, "en canto achandada", asegura que non recorrerá. De tal forma, o Ministerio sinala que, "a efectos prácticos, isto o que leva é que Ence, de chegar a adquirir firmeza a sentenza da Audiencia Nacional, carecerá de título para a ocupación do dominio público marítimo terrestre" da súa planta de Pontevedra. Así, anúlase a prórroga e "pecha a porta a que se tramite de novo". Este departamento considera que "o que procede, de acordo coa normativa de costas, é que o Ministerio se pronuncie sobre o destino das instalacións, previamente á reversión dos terreos ao Estado". |
NOS_31156 | O Guernica galego, A derradeira leición do mestre, o impresionante óleo de dous metros de altura co que Castelao homenaxeou o seu amigo Alexandre Bóveda, está nas dependencias do Centro Galicia de Bos Aires. Xuntamos a María Xosé Porteiro (delegada da Xunta na Arxentina durante o bipartito) e a María Pilar García Negro (profesora da UDC e especialista na vida e obra de Castelao) para discutir sobre o destino ideal desta obra. | Sermos Galiza. A derradeira leición do mestre debería estar onde está agora mesmo, no Centro Galicia de Bos Aires ou debería estar na Galiza? A cuestión pode estenderse tamén ao resto do patrimonio na diáspora... María Xosé Porteiro. A miña posición baséase no respecto que lles debemos ás persoas que tiveron que marchar conservaron un patrimonio cultural tan importante. E non me refiro só a este lenzo. Hai que ter en conta que ese patrimonio, que foron depositando nos centros galegos xeracións e xeracións de galegas e galegos, non o roubaron. É dicir, non é froito dun despoxamento previo, senón que eles crearon o seu propio patrimonio material. E logo foi tamén o lugar onde se fixo moita obra grazas á liberdade que se disfrutaba, xa que aquí non se podía facer. É o caso de Blanco Amor, por exemplo. Entón, desprazar isto para Galiza, que sentido tería? Primeiro, é imposíbel desprazalo todo. Segundo, que criterios se segue? Terceiro, por que privar a persoas -que son galegas- e desposuílas dun patrimonio que eles mesmos atesouraron e que están a conservar? E logo, porque nos lembra a nosa historia recente. Que isto estea onde está impide que esquezamos o que foi a barbaridade da emigración para o noso país. SG. Pilar, ti fuches ao Centro Galicia e non che resultou fácil poder ver o cadro. Pilar García Negro. Si, por dúas veces. Está sen musealizar en absoluto, está recluído. Entón, sabendo previamente del, as galegas e galegos de alá, que son igual de galegos que nós, teñen todo o dereito do mundo a saber que iso forma parte da súa historia. Pero non o coñecen en absoluto. Hai que petar na porta dos responsábeis. A primeira vez que o vin custou moito e a segunda mellorou moitísimo a súa instalación. Estaba nunha sala moito máis iluminada e con outras pezas de Castelao, pero igualmente encerrado. E tamén no mesmo edificio hai obra de Luís Seoane que está moi mal exposta. SG. Credes as dúas que este cadro debería estar musealizado, aínda que for en Bos Aires? García Negro. Si, pero eu sigo mantendo que ten que vir para aquí. Porteiro. Sería un avance moi importante, hai capacidade para facelo tanto na cidade como no Goberno da Provincia de Bos Aires. É verdade que está nun centro privado, ao igual que todos os centros galegos, aínda que o acceso non ten ningún problema. Talvez faría falta que se fixese desde a Xunta unha campaña permanente e tamén a culturización a respeito do que significan as cousas que eles teñen alí e non valoran. Pero tamén está a piques de perderse a habitación na que morreu Castelao, no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Castelao no exterior non ten o significado político que ten aquí. Evidentemente Castelao non é valorado nin recoñecido pola totalidade dos galegos é certo, pero se fixeramos aquí unha enquisa, tampouco. García Negro. Peor mo pos. Porteiro. Pero unha parte da comunidade galega todos os anos fai unha homenaxe na súa data de nacemento e hai xente que reivindica a súa memoria, como a Federación de Sociedades Galegas de Arxentina, que fan cousas que aquí non se fixeron durante moitos anos. E se falamos da obra artística de Castelao, se falamos do Guernica de Galiza, tampouco está no MOMA de Nova York, non está nun país desvinculado totalmente de nós. Está nun lugar onde vive xente da nosa. E ademais, outra cousa, tamén che poderían preguntar: Empezamos por aquí e onde rematamos? Porque isto é unha cousa moi significativa, pero é unha parte moi pequena do que hai alí… Vai desaparecer a biblioteca do Centro Galego, e non hai ningunha biblioteca na Galiza que teña os fondos que ten esta. O Centro Galego está intervido polo Goberno arxentino coa aquiescencia do Goberno galego. Disto non falamos, e ese patrimonio ten moito valor. M. X. Porteiro: "Ese patrimonio non o roubaron, non é froito dun despoxamento previo, senón que elescrearon o seu propio patrimonio material" García Negro. Eu mantéñome na necesariedade de que veña para aquí este óleo de Castelao que é impoñente, nada máis velo fai chorar. Temos que dar a coñecer a súa obra inxente, que ademais é invulgar na Galiza do seu tempo, porque ten unha dimensión literaria, ideolóxica, ensaística, como conferencista, articulista e como artista. Insisto, que vai pasar con ela o día de mañá cando xa se fale dos netos dos netos dos galegos contemporáneos disto? Até o momento non houbo por parte da Xunta ningún interese, todo o que houbo foi desprezo. Isto é patrimonio do pobo galego, e ten sentido penduralo aquí, pero non sen máis, senón dentro dese coñecemento integral ao máximo posíbel da obra de Castelao. E logo concordo en que ten que haber, como mínimo, un diálogo bilateral entre os poderes públicos galegos e todos os centros ou as colectividades galegas no exterior. Porteiro. Que ademais pode estar no mercado negro facilmente. Está inventariado, pero podería perderse. Quen é o propietario? Os socios das entidades? Pero hai que ter en conta que hai bisnetos que seguen a ter nacionalidade e que votan aquí. Polo tanto, mentres existan cidadáns quere dicir que hai unha transmisión cultural importante que non se quere romper. E o galego é unha lingua que se estuda na Arxentina como unha lingua absolutamente práctica para desenvolverse no Brasil. SG. Entón podemos estar de acordo en que a Xunta debería emprender un diálogo coas institucións propietarias deste patrimonio, que nalgúns casos nin sequera fan cesións temporais, como foi o caso deste cadro. Porteiro. Non sei se se pediu de maneira oficial. SG. Pediuno o Museo de Pontevedra para a exposición sobre Castelao do ano pasado. Porteiro. Será algo que ten que negociar o Goberno galego, que é quen ten capacidade de interlocución. García Negro. Estamos de acordo na potente capacidade dos símbolos. E o que dá de si este cadro non é similar a ningunha outra peza do patrimonio galego na Arxentina. A contemplación e exhibición deste óleo de Castelao daría para moitísimo dentro de todo o que significa a posibilidade das galegas e galegos de hoxe de contemplar a obra de Castelao. Pilar García Negro: "O que dá de si este cadro non é similar a ningunha outra peza do patrimonio galego na Arxentina". Porteiro. Hai inventarios feitos do patrimonio galego, que se comezaron a facer hai dez anos, pero si que é certo que as comunidades no exterior están moi desartelladas, e hai que formularse para que serven, pero ese sería outro debate. Se algún día todo isto se reestrutura, que é o que habería que facer, terían que vir cousas para aquí, estou totalmente de acordo, pero se non hai un plan B, é normal que alí non solten. Tampouco se fían do que faga a Xunta, non teñen motivos. O que pasou cos restos de Castelao dá moi boa conta disto: quitáronlles algo que para eles era moi importante simbolicamente. Para eles é moi importante a referencia identitaria, porque nós xa vivimos aquí. A colectividade galega neste momento ten cento e pico mil persoas censadas, e moitas máis que non se censan, pero que seguen participando en cursos de galego, en actividades… E non son todos vellos. A música, por exemplo, ten moita xente nova detrás. García Negro. Tanto aquí como alá hai xente de boa vontade con amor por Galiza e tamén o contrario. Eu dígolles aos compatriotas que tiveron que emigrar, aos de boa vontade: como pode ferir que nós, con todo o noso mellor entendemento, nos apropiemos dunha figura para que exista aquí dignamente? Porteiro. Porque os galegos de alí non se senten diferentes dos de aquí. Resúltanos moi difícil entendelo, pero é que hai que poñerse na pel deles, que non queren perder a súa identidade e que a transmiten nas peores circunstancias, e tamén necesitan referencias culturais. Isto ten que musealizarse alí, e ten que vir temporalmente aquí. García Negro. Pero estaba abandonado. Porteiro. Si, pero xa pasou, agora está restaurado e pódese visitar. E igual que aquí hai momentos de falta de xestión, alí tamén. Pero é certo, non debería de estar nunha entidade privada, podía estar perfectamente nun museo do país. E a Xunta debería reclamar que se debía estudar nos planos de estudo de alí. E un apuntamento final: Castelao cando pensaba na Galiza non excluía a Galiza de alá. A ILP CASTELAO Pilar García Negro quixo contextualizar a súa defensa do regreso do óleo: "Eu quero enmarcala no dereito de galegas e galegos de hoxe de podermos contemplar ao máximo a obra artística de Castelao, que non está en absoluto ao noso dispor. Todo isto foi o que quixemos conter nunha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular titulada Sobre o dereito ao coñecemento e a contemplación da obra de Castelao polo pobo galego", defendida por ela mesma no Parlamento en 2015 e tombada pola maioría absoluta popular, na que xa se reclamaba o regreso deste cadro. A profesora da UDC tamén reclamou "un espazo museístico monográfico" para Castelao. "Boa parte da súa obra está no Museo de Pontevedra, e logo está repartida por outros moitos centros, para os que a Xunta pode solicitar a cesión deses fondos. É algo elemental en calquera museo do mundo, que independentemente da obra que fisicamente exista nel, a través da monitorización podemos observar o resto da obra. Naturalmente todo isto tería que ir acompañado dunha campaña de información para poñer en valor unha obra que non é menor de 4 mil obras. Estamos a falar dun artista multifacético, con moitísimas dimensións". Este debate apareceu no Sermos Galiza nº 247, publicado o 25 de maio de 2017. |
NOS_23844 | Elas Son Artistas, en abril na bisbarra da Coruña | A terceira edición Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade Elas Son Artistas decorrerá na bisbarra da Coruña entre o 17 e o 26 de abril. "Metropolitano" significa que na súa organización e promoción participan oito concellos da zona, os de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros, Sada e o da Coruña. E "Música e Artes pola Igualdade", que o seu propósito consiste en colocar "a creatividade da muller como protagonista" e "visibilizar a igualdade [de xénero] en todas as artes". O programa deste ano presentouse onte no Teatro Colón da Coruña e do acto fixeron parte representantes dos oito consistorios e máis dalgunhas das propostas do cartel. Entre elas atópanse Agoraphobia, a banda compostelá de rock alternativo, ou a cantatora madrileña Ainoa Buitrago. Como aperitivo previo e presentación do festival, esta noite na Sala Mardi Grass da Coruña actúa o grupo canadiano de soul rock Bywater Call. Cinema As coruñesas Las Antonias ou a cantautora Silvia Penide, a venezolana afincada no Estado español Georgina, tamén cantautora, son outras das artistas do encontro. Aínda que a música ao vivo conforma o núcleo da programación, Elas Son Artistas abrangue outras modalidades artísticas.Así, haberá proxeccións e artes plásticas. É o caso do "programa sobre arte urbana cunha perspectiva de xénero" Elas tamén pintan, organizado por 7H Cooperativa. Ou do filme Amazing Grace, dirixido por Sidney Pollack e extraviado sen montar durante máis de catro décadas. Recolle unha actuación histórica de Aretha Franklin en 1971, cando a mítica cantante soul decidiu regresar ás súas raíces góspel, até agora só coñecida grazas a un dobre elepé éxito de vendas. Eme DJ completará a homenaxe a Franklin cunha sesión de picadiscos centrada no mellor da obra da afroamericana. |
NOS_20495 | A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, presentou a pasada sexta feira a aposta do Concello pola volta á normalidade da cultura, en concreto do sector da música ao vivo: un concerto de Xabier Díaz e Guadi Galego o 4 de xullo. "Queremos recuperar esa forma de traballar, ese pulso, por suposto sen descoidar as medidas de seguridade e adaptándonos aos requirimentos das autoridades sanitarias", explicou. | Todo isto responde á política de non cancelación que se levou a cabo durante o confinamento, na procura de diferentes formatos que permitisen desenvolver a programación ou manter os compromisos para buscar, coma neste caso, novas vías de realizalos, especialmente coas artistas galegas. "Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre estaban programadas para As Matinés do Principal o pasado mes de maio e Guadi Galego para outubro dentro de Voices", comentou Fouces. En troques, decidiron facer unha "fusión de ciclos" onde ambos van presentar os seus traballos. Trátase dunha proposta potente pola cantidade de público que moven, mais desde o concello aseguran ter espazos, como a explanada do Pazo da Cultura, que permitirán levalo a cabo con todas as medidas de seguridade oportunas. Igualmente, Fouces indicou que con esta iniciativa contribúen a que a cultura se recupere do golpe, reactivando ao tempo a economía, pois darase emprego a máis de 15 empresas e preto de 50 persoas. "Tamén agardamos que teña impacto no sector da hostalaría", engadiu. Xabier Díaz apuntou na súa intervención á importancia de pasos coma este, que agarda ver noutras Administracións. "Dos 20 concertos que tería entre xullo e agosto, hai polo menos 16 que non sei se se van levar a cabo ou non", declarou. Coa meirande parte do traballo "entre parénteses", as músicas precisan de reprogramación. Con todo, o compositor mostrouse ilusionado co que finalmente será o primeiro concerto da xira d'As catedrais silenciadas", que quedara sen comezar por mor do COVID-19. De maneira oposta, Guadi Galego ía fechar a súa tourné -da que só chegou a facer seis concertos- en Pontevedra no mes de outubro. A cantante mostrouse emocionada ante a reactivación, pois "non sabiamos se isto ía pasar, se iamos poder tocar, se o país estaba preparado para dar soporte", explicou. Tamén botou a ollada cara a outras Administracións públicas e empresas privadas, convidándoas a se animaren a crer na cultura como "motor económico", coa esperanza de que "isto sexa unha oportunidade para as artistas galegas, que ás veces non teñen a visibilidade que merecen". |
NOS_52790 | O empresariado galego reclama desenvolver a rede ferroviaria galega para xerar novas opcións para a distribución das mercadorías. | Miles de coches producidos en Stellantis Vigo atópanse en distintas terminais da comarca, tanto na propia cidade como no Porriño, pendentes de ser transportados a terceiros Estados para seren comercializados. O balance anual da automoción galega: medra a facturación 7% mentres se perden 1.530 empregos Esta situación de "saturación de vehículos" é consecuencia da alteración dos fluxos marítimos pola actual conxuntura que viven os operadores loxísticos, que está provocada por varios factores que afectan á súa actividade. Desde a firma indicaron que esta circunstancia non se produce só desde esta cuarta feira, cando se desenvolveu unha folga intersindical en Francia, senón que xa se vén rexistrando desde hai días e mesmo semanas. En condicións normais, da fábrica de Vigo saen cada día 2.300 vehículos, dos que 90% teñen como destino a exportación ao mercado internacional. A empresa tamén sinalou que esta situación non afectará á produción de vehículos nin farán ningunha parada na factoría, optando pola busca de lugares alternativos para o almacenamento de coches. Porén, segundo informou a empresa á representación laboral esta cuarta feira, ningunha das dúas liñas de fabricación operará nas quendas de día do próximo sábado, 22 de outubro, nin na noite do domingo seguinte por falta de aprovisionamentos. A intención, sinalou a firma, é retomar a actividade ás 6 horas da segunda feira, 24 de outubro. Precisamente sobre este tema falou esta cuarta feira o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Jorge Cebreiros, quen defendeu a gran necesidade do corredor ferroviario do noroeste no contexto da xornada 'Tendencias e servizos do transporte ferroviario na Galiza' organizada polo Clúster galego da loxística esta cuarta feira en Compostela. "Se tivermos un transporte ferroviario competitivo teríamos unha opción para sacar todos eses coches". Pontón reclama colaboración para que Stellantis participe do Perte O empresario fixo estas afirmacións "A situación da Galiza ten vantaxes extraordinarias, mais é verdade que, en relación a outros territorios, os nosos produtos, para poder chegar a calquera parte do mundo a prezos competitivos, teñen que ter infraestruturas adecuadas para iso e nestes momentos non consideramos que as teñamos", remarcou. O representante dos empresarios tamén criticou a petición do director xeral de Transporte do Estado español, Pere Navarro, que defendeu a retirada de transporte por estradas. Ante isto, preguntouse que "se nos van pór peaxes, se os túneles non teñen gálibo suficiente, entón por onde saen as nosas mercadorías". Pola súa parte, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tamén no contexto desta palestra, pediu ao Goberno estatal "concreción" no calendario, orzamentos e actuacións para a conexión da saída sur de Vigo a Porto. "Esperamos unha aposta clara para o corredor atlántico de mercadorías e para esa saída sur Vigo-Porto", dixo a conselleira. Stellantis pide aranceis para os vehículos chineses Ademais, esta cuarta feira, o director executivo de Stellantis, Carlos Tavares, pediu á Unión Europea que impoña aranceis de importación máis estritos aos fabricantes chineses para protexer ás marcas de coches do vello continente. "É moi simple: o que lle pedimos á Unión Europea é que impoña aos fabricantes chineses as mesmas condicións en Europa que nós os occidentais temos para competir en China", dixo no salón do automóbil de París. O Perte do vehículo eléctrico será resolto "nos próximos días" O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicará "nos próximos días" a resolución definitiva coas solicitudes presentadas para recibir as axudas do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC), segundo anunciou esta cuarta feira o secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Estado español, Raúl Blanco. Unha resolución da que dependen as alegacións presentadas por Stellantis Vigo. A ministra Maroto anuncia novos investimentos en Stellantis Zaragoza e deixa no ar a planta de Vigo Pola súa parte, a Eurocámara aprobou esta cuarta feira unha directiva relativa á implantación dunha infraestrutura para os combustíbeis alternativos, que aspira a crear uns obxectivos vinculantes para todos os Estados da Unión Europea (UE) con respecto á cantidade de puntos de recarga eléctrica nas estradas do bloque. A empresa de limpeza en Stellantis é sancionada A Inspección de Traballo vén de confirmar tres sancións moi graves á empresa que se encarga da limpeza de contedores na fábrica de Stellantis en Vigo, Grupo Urbano Bernabé, por vulnerar o dereito de folga coa contratación de persoal mediante Empresas de Traballo Temporal (ETT) para suplir as persoas traballadoras que secundan a folga indefinida contra a precarización laboral e porque persoal está a traballar máis horas das que figuran nos contratos. A CIG-Servizos denunciou esta cuarta feira que "mentres as 12 persoas contratadas a través de ETT para facer o traballo do persoal que secunda a folga teñen un contrato de 24 horas semanais, a Inspección puido comprobar que en dous días superaron esas horas". |
PRAZA_4543 | As licencias de caza, como ben saben, están en continuo declive ano a ano, pero no PP aínda pensan que poden ser un lobby digno da seu consideración | Resulta sorprendente ter que escribir este tipo de cousas a principios do século XXI, pero así está a realidade. Un grupo de extremistas tomou os gobernos de España, Galicia e outros lugares e veñen de declarar unha especie de guerra soterrada unilateral á biodiversidade, á vida, á natureza. Explícome. O ominoso ministro de Educación, o Sr. Wert, coa súa reforma do sistema educativo ven de eliminar os contidos de biodiversidade do programa do bacharelato. Tal falla de respecto pola cultura científica, ou cultura a secas, non pode máis que reflectir unha ideoloxía profundamente reaccionaria e/ou un pensamento extraordinariamente cateto que sitúa a este ministro, e a aqueles que o aplauden, nunha posición intermedia entre un aiatolá e unha personaxe de Paco Martínez Soria (con todos os respectos para o falecido actor). Entendo que paralelamente se lle da pulo á materia de relixión, por exemplo. Todo isto, ademais do disparate que supón, é inútil. Simplemente van a tratar de que os rapaces sexan máis ignorantes pero dificilmente o van conseguir: o interese pola biodiversidade medra como indica a produción científica xeral, a produción de documentais, libros, revistas, empresas de bioturismo, etc. É certo que os nenos e mozos hoxe en día están cada vez máis desconectados da natureza/ do campo / da aldea pero non é menos certo que a curiosidade infantil non pode ser destruída por un grupúsculo de talibanciños É certo que os nenos e mozos hoxe en día están cada vez máis desconectados da natureza/ do campo / da aldea pero non é menos certo que a curiosidade infantil non pode ser destruída por un grupúsculo de talibanciños. O caso chama mais a atención, se cabe, xa que a parella actual do sr. Wert, e secretaria de Estado de Educación, é unha científica de alto nivel. Valería a pena que lle explicara algunha cousa sobre a biodiversidade, se cadra aprende algo e recúa pero como é unha cuestión ideolóxica, non só mera ignorancia, dubido que o faga. Ou se cadra é unha manobra a longo prazo para que a sociedade, ignorante nas cousas que atinxen ás ciencias da vida, non poda participar da xestión dos recursos naturais, tendo que ceder, deste xeito, ás decisións a unha elite, a eles. A petición dos cazadores cando se estea a cazar nun lugar, o resto de usos quedarían excluídos, usos como pasear, observar aves, recoller cogomelos, andar en bici de montaña, etc serían desterrados Por outra banda o Ministro Arias Cañete (do que din que é ministro de Medio Ambiente) está a estudar dar prioridade á caza no monte fronte a outros usos. Vaia por diante, e para que nin uns nin outros se leven a engano, que non me posiciono contra a caza. O caso é que a petición dos cazadores cando se estea a cazar nun lugar, o resto de usos quedarían excluídos, usos como pasear, observar aves, recoller cogomelos, andar en bici de montaña, etc serían desterrados. Está por ver se tamén afecta a usos profesionais: agricultores, gandeiros, traballadores forestais, biólogos, etc. O argumento esgrimido é que así se mellora a seguridade. Ben, normalmente os que se matan entre eles son os cazadores, porque a xente cabal en canto cheira un evento destes dá a volta. Se o que queren é mellorar a seguridade creo que sería considerablemente máis útil facer controis de alcoholemia antes e durante a actividade cinexética. Máis ben, esta medida ule a que os cazadores non queren testemuñas das súas fazañas, non queren que lles vaian protestar e quizais aforrar cartos en seguros: se ninguén pode pasar a responsabilidade dun tiro sería de quen o recibe, non?. Da que pensar. Para completar a o festival do humor cinexético a Junta de Castilla y de León leva destinando xa anos inxentes cantidades de euros a dar clase de caza e pesca nas escolas. Vese que como o colectivo está en declive precisan captar adeptos entre a infancia. Así que haberá nenos que nunca tiveron escoitado falar de que é o ADN pero si saberán os rudimentos de pegarlle un tiro a un corzo. Iso si, para a conservación da natureza, a ciencia e educación non hai cartos. Non contentos con levar anos de despropósitos en materia de biodiversidade agora resulta que esta vai depender da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas! E deixo para o final a guinda do pastel, a filigrana conceptual que, como non podía ser doutro xeito, pertence á Xunta de Galicia. Non contentos con levar anos de despropósitos en materia de biodiversidade agora resulta que esta vai depender da Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas!. Non creo que as cousas cambien moito, non se pode facer peor, pero a intención de supeditar a vida á caza, a natureza á actividade cinexética, a conservación dos recursos aos tiros é incualificable. Quizais non se deron conta de que as especies obxecto de caza e pesca están dentro da biodiversidade, non ao revés, como o churrasco entra dentro da categoría "alimento" e non á contra. Será o próximo paso supeditar a Consellería de Sanidade a Dirección Xeral de Ambulancias? En fin. Non se entenden moi ben o por que desta guerra a non ser que extremistas radicais tomaran as institucións, doutro xeito non se explica. As licencias de caza, como ben saben, están en continuo declive ano a ano, pero no PP aínda pensan que poden ser un lobby digno da seu consideración As licencias de caza, como ben saben, están en continuo declive ano a ano, pero no PP aínda pensan que poden ser un lobby digno da seu consideración. Non se decatan de que pasará a ser unha actividade marxinal por moita manobra que fagan. Ir en contra da historia é, ademais de todo, inútil. Dicía que non tiña nada contra a caza en si pero, desafortunadamente, non podo dicir o mesmo dos extremistas. |
PRAZA_7989 | O 5 de marzo os deputados Carles Campuzano e Jon Iñarritu participarán en Compostela nunha ofrenda floral a Castelao e nun debate sobre a configuración dunha nova Europa, no que tamén intervirán Xoán Bascuas e Paulo Carlos López. | A Mocidade Nacionalista Galega (MNG) organización xuvenil de Compromiso por Galicia (CxG) organizará o vindeiro de 5 de marzo un acto en Compostela cos deputados no Congreso de CiU, Carles Campuzano, e Amaiur, Jon Iñarritu. A xornada comezará cunha ofrenda a Castelao en Bonaval, que recuperará o espírito de Galeusca. A partir das 12 a Facultade de Ciencias Políticas acollerá un debate sobre a configuración dunha nova Europa, no que tamén participarán Xoán Bascuas e Paulo Carlos López, secretarios xerais de CxG e MNG, respectivamente. No debate abordaranse os procesos soberanistas iniciados en Catalunya e Euskadi. A MNG procura con este acto "colocar a Galicia no mapa de reformulación territorial do Estado español e da Unión Europea". Paulo Carlos López aposta por "facer pedagoxía e actuar con pragmatismo" e incidir en que "máis autogoberno significa máis benestar e máis ferramentas para saír da crise" e que ese é o camiño para transformar "o sentimento de país en formulación políticas mais avanzadas". Para a MNG o Estado español está en plena recomposición e sen ese traballo de pedagoxía Galicia vai "camiño de ser unha rexión máis de España". "Temos que ser conscientes do momento histórico que estamos a vivir, e cómpre lembrar que somos unha nación como Euskadi e como Catalunya, só que noutra fase politicamente menos avanzada", conclúe. |
PRAZA_6373 | ADEGA advirte da presenza de exemplares de oso pardo no Courel fóra da área prevista pola Xunta, que segue sen aprobar a revisión do plan de conservación desta especie. "Sen medidas concretas e orzamentos precisos para desactivar posíbeis conflitos, pouco futuro vai ter o oso entre nós", advirte a asociación ecoloxista. | "A revisión do plano de recuperación do oso pardo segue sen aprobar e ficou superado polos acontecementos". O oso pardo é, "oficialmente", unha especie extinta en Galicia. Non obstante, existen "recentes probas documentais da presenza do oso pardo cantábrico, o Ursus arctos, nos Ancares e no Courel. Para ADEGA esta é unha proba máis que "evidente" de que estes animais están "en expansión na Cordilleira Cantábrica" e quen "volver ao noso país". Neste punto, a organización ecoloxista pregúntase "que fai a Xunta" para facilitar o retorno e asentamento do oso en territorio galego. O oso pardo, sinala ADEGA, é un "valiosísimo recurso natural" ao que o Goberno galego debería "darlle a benvida" e "garantir que a súa conservación non vai atopar atrancos". Polo momento, a "resposta" da Xunta foi "someter a revisión un plan de recuperación que dabata de 1992", documento que dous anos despois do inicio do proceso "aínda non foi aprobado". No período de exposición pública ADEGA presentou alegacións que sinalaban a "indefinición, inexactitude e falta de compromiso real". Ao seu xuízo, "tratábase dun compendio de afirmacións abertas e ambiguas, fuxindo de calquera compromiso efectivo". Presenza do oso fóra da área do plan Entre as advertencias lanzadas por ADEGA cando a Xunta abordou a revisión do plan figuraba a exclusión da "área de distribución potencial" do oso de varias parroquias do Courel como Folgoso, Vilanor, Seceda e Pacios da Serra, todas elas incluídas na Rede Natura. Nunha delas, en Seceda, é onde se ubica "unha recente filmación dun exemplar de oso visitando unha alvariza", avistamento que, din, é "proba da inexactitude e falta de rigor da Administración na xestión do oso". "A planificación da Xunta -critican- ficou superada polos acontecementos, xa que no Courel parte da área de distribución potencial proposta pola Admnistración debería consisderarse como área de presenza máis ou menos continuada, visitada regularmente por dous ou tres machos á procura de novos territorios". "Sen medidas concretas e orzamentos precisos para desactivar posíbeis conflitos, pouco futuro vai ter o oso entre nós", advirte ADEGA As cámaras de foto-trampeo evidenciando "ataques a alvarizas", así como demandas de "concellos e colectivos do Courel" son, para ADEGA, factores dabondo para que a Xunta "tome en serio o oso". Se non o fai, advirte, acontecerá "o mesmo que co lobo, terá os días contados en Galiza" no canto de servir "de revulsivo económico, fixador de poboación e motor de desenvolvemento" para a comarca. No entanto, "a ausencia de prazos e orzamentos encol da información, educación ambiental e participación social", xunto co "choque cos aproveitamentos tradicionais das áreas oseiras" fai que se cree o escenario ideal para a extinción. "Sen medidas concretas, temporalizadas, de cumprimento obrigatorio e sen orzamentos precisos para desactivar posíbeis conflitos, pouco futuro vai ter o oso entre nós". Dende o punto de vista de ADEGA non é posible desvincular a atención á nova realidade do oso en Galicia do contexto xeral de recortes orzamentarios. Ben ao contrario, "isto enlaza cos recortes dos orzamentos para conservación e, concretamente, para o pagamento dos danos da fauna salvaxe", esenciais para conciliar os intereses da poboación co mantemento dos recursos naturais. En 2009, lembran, dedicábanse 234.000 euros dos Orzamentos da Xunta a este concepto e "este ano orzamentáronse 106.035, un 54,6% menos". |
PRAZA_10991 | Medio cento de mobilizacións feministas amosan por todo o país a repulsa polos tres asasinatos machistas en Valga. "Estamos fartas de que se use o feminismo para dar cor á acción política sen que iso redunde en melloras ou avances reais. O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades", subliñan | O movemento feminista galego impulsou no serán deste mércores máis de medio cento de concentracións denunciar a violencia machista e condenar o asasinato de tres mulleres en Valga. Eran Sandra, María Elena e Alba. Nas concorridas concentracións, impulsadas por plataformas como a Marcha Mundial das Mulleres, a Plataforma Feminista Galega, a Rede pola Igualdade e numerosos colectivos locais, as convocantes reclamaron medidas efectivas para rematar cos asasinatos de mulleres, accións que vaian máis aló dos "xestos" e das "boas palabras""Non son mortas, son asasinadas"; "rebelión, desobediencia, contra a súa violencia", "nin unha máis" foron algunhas das consignas máis reiteradas nas concentracións e mobilizacións de vilas e cidades. "Estamos fartas de fotos e promesas, de accións cara á galería, de minutos de silencio, condenas enérxicas e iluminacións"."Queremos e reclamamos medidas contundentes e reais, recursos e orzamentos que garantan que se pode avanzar na formación de todos os axentes que interveñen na educación, a sanidade e a prevención e atención das mulleres que sufren violencia machista", di o Manifesto que a Marcha Mundial puxo á disposición das convocatorias.O texto lembra, ademais, que dúas das asasinadas, María Elena e Alba, non aparecerán como víctimas de violencia machista, "pois pese a que este ten suscrito o convenio de Istambul e colocado a vontade de trasladar o mesmo á lexislación no Pacto de Estado, nada diso foi efectivizado ate hoxe. Segue no papel". Ao redor de 20 asasinatos de mulleres cometidos en Galicia dende o ano 2010 non figuran nas estatísticas oficiais de violencia machista."Estamos fartas de que se use o feminismo para dar cor á acción política sen que iso redunde en melloras ou avances reais""Estamos fartas de que se use o feminismo para dar cor á acción política sen que iso redunde en melloras ou avances reais. O tempo de pedir xestos rematou, é momento de conquistar realidades", conclúe o manifesto di que "non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos machistas cando nos últimos cinco anos, máis de medio cento de galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. Máis de 1.000 no Estado español", conclúen.Retirada da patria potestade ao asasino confesoMentres seguen producíndose mostras de repulsa polo triplo asasinato machista, avanza tamén a instrución xudicial. O autor confeso dos feitos, José Luis Abet, foi trasladado o mércores desde a prisión ata os xulgados de Caldas para, segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a "realización de dilixencias" entre as que se inclúe a comunicación formal da suspensión da patria potestade sobre os seus dous fillos, ante os cales disparou mortalmente contra Sandra. No transcurso do proceso a xuíza decidirá tamén sobre a custodia.Paralelamente -e sen contacto algún co asasino confeso, subliñan- o xulgado completou a dilixencia denominada "exploración dos menores". Como aclaran as mesmas fontes xudiciais, esta dilixencia é practicada por un grupo de persoas expertas que obteñen o testemuño de menores de idade -neste caso, os dous fillos- sobre os feitos, sen que medie un interrogatorio por parte da xuíza. Este testemuño adquire o valor de "proba preconstituida" e evita que os nenos teñan que declarar no momento do xuízo. |
NOS_9661 | A Audiencia Nacional decretou o ingreso en prisión sen fianza para Raúl García Pérez e Alfonso Lázaro, os titiriteiros dunha compañía de teatro que exhibiron un cartaz coa sigla ETA nunha representación dentro dos actos do entroido madrileño. | Prisión sen fianza para os dous actores da compañía andaluza Títeres desde Abajo por amosar un cartaz coa sigla ETA nunha representación teatral infantil programada nos actos do entroido madrileño. A obra representada é unha crítica ácida do sistema e dos seus métodos e fai referencias ao anarquismo. Segundo os membros da compañía tratábase dunha brincadeira con "alkatea" (o que sería "Viva o alcalde") No decorrer da función, a policía persegue e golpea unha marioneta. É entón cando un monicreque lle pon ao lado un cartaz coa lenda "Gora Alka-ETA". En euskera "Alka ETA" non ten significado pero segundo os membros da compañía tratábase dunha brincadeira con "alkatea" (o que sería "Viva o alcalde"). O escándalo xurdiu cando os pais das crianzas chamaron a policía e denunciaron a compañía. A raíz dos protestos a prensa madrileña afanouse en cargar contra a compañía teatral e, finalmente, a Audiencia Nacional decretou o ingreso en prisión sen fianza dos actores, acusados de apoloxía do terrorismo. O Goberno de Carmena desenténdese O Goberno municipal de Madrid tratou de tomar distancias para non se ver salferido politicamente e anunciou unha investigación sobre o caso. Xustificouse afirmando que non vira a representación teatral e anunciou que os servizos xurídicos xa iniciaron as accións para rescindir o contrato cos dous programadores encargados de organizar o entroido. Ademais, a concelleira de Cultura, Celia Mayer, sinalou que o Concello se sente "absolutamente indignado" cos monicreques. Ademais, o PP avanzou na mañá do domingo que denunciará a delegada de Cultura e Deportes do Concello de Madrid por "colaboración do enaltecemento do terrorismo e desprotección de menores". Tamén a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, reaxiu tras a polémica e pediu a posta en liberdade dos titiriteiros acusados de apoloxía do terrorismo. Pola súa banda, amigos dos presos aseguran que o Concello non lles informou de que o público da representación teatral serían nenos de entre un e oito anos, segundo publica este domingo El Español. |
PRAZA_11535 | A Asemblea de Áreas Sanitarias convoca un paro este mércores e xoves nos centros de saúde tras "non ser escoitadas" as súas demandas logo doutra folga o pasado xuño. | A Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) convoca para este mércores 27 e o xoves 28 os médicos de familia e pediatras de Atención Primaria a unha folga ante a "deterioración das condicións do traballo asistencial, relacionadas coa mala xestión, a carencia de recursos e a falta de decisión da Xunta para poñer en práctica as recomendacións internacionais sobre o papel da devandita Atención Primaria no sistema sanitario". A Asemblea de Áreas Sanitarias volve convocar folga de dous días logo de que non fosen "escoitadas" as súas demandas tras o paro de xuñoOs profesionais, organizados en asembleas nas diferentes áreas sanitarias galegas tras a ruptura da anterior coordinadora co gallo da desconvocatoria dunha folga en abril, insisten no seu "malestar" e na "sobrecarga" sufrida nos centros de saúde e denuncian unha "xestión desligada da realidade e unha completa ausencia de medidas que aborden o problema". Todo mentres as comisións técnicas continúan avanzando ao tempo que o Sergas achega outras propostas á marxe da mesa de negociación. Logo da folga levada a cabo o pasado 19 de xuño, a AAS asegura que as súas reclamacións "non foron escoitadas", motivo que levou os profesionais a convocar outra folga na que manteñen as demandas. Así, reclaman unha xerencia de Atención Primaria, máis tempo para atención ao paciente e limitación a 30 citas por día, así como maior estabilidade e a convocatoria de prazas que cubran todas as vacantes de todas as categorías. Ademais, a AAS solicita un orzamento específico e propio para a Atención Primaria que alcance o 25% do presuposto total sanitario e unha atención homoxénea en todas as áreas que garanta a derivación de presenza física a todos os servizos hospitalarias e telenconsulta con resposta en menos de sete días. Os profesionais mobilizados aseguran que metnres o Sergas di ter executado o 99% do Plan de Atención Primaria, os centros de saúde "continúan sen enterarse"A AAS asegura que, mentres o Sergas di ter executado o 99% do Plan Galego de Atención Primaria, os centros de saúde "continúan sen enterarse". "O únco que fixeron foi cambiar as impresoras, que en moitas casos era innecesario. Eses deben ser os recursos cos que queren que atendamos aos pacientes", aseguran. A folga está apoiada por todos os grupos da oposición e polos alcaldes de diferentes localidades galegas, así como polos sindicatos CESM, O'Mega e CIG-Saúde. Ademais dos paros, haberá concentracións tanto o día 27 como o 28 nas principais cidades galegas e noutras localidades. Case un milleiro de facultativos terán que cumprir cos servizos mínimos. |
PRAZA_16267 | Política Social escúdase en que a muller, de 61 anos e residente na Coruña, ten recoñecida unha pensión por parte de Caracas "con independencia de que sexa efectiva ou non na actualidade". Porén, a realidade é que leva dous anos sen poder cobrala e neste momento carece de ningún outro ingreso. | María Dolores é unha muller coruñesa de 61 anos con problemas de visión provocados por un accidente laboral que lle causou dexeneración macular. No ano 2014 a Xunta recoñeceulle unha discapacidade do 73%, polo que ten dereito ao cobro dunha pensión de invalidez (garantida para discapacidades superiores ao 65%). Naceu en Galicia e con 6 anos emigrou a Venezuela, de onde regresou con 47, en 2004. Ten recoñecida unha pensión por parte de Venezuela. Porén, como lles sucede a centos de galegos que chegaron ou retornaron daquel país, leva dous anos sen percibir eses cartos. Unha vez que rematou de cobrar a prestación por desemprego á que tiña dereito, e ao carecer de máis ingresos, María Dolores solicitou a pensión de invalidez que lle corresponde pola súa discapacidade. Política Social escúdase en que a muller ten recoñecida unha pensión por parte de Venezuela "con independencia de que sexa efectiva ou non na actualidade" Non obstante, hai uns días recibiu unha notificación da Consellería de Política Social comunicándolle a denegación da súa solicitude. A Xunta rexeita concederlle a pensión argumentando que os recursos económicos de María Dolores superan o límite establecido, facendo referencia á pensión que ten concedida en Venezuela pero que hai dous anos que non cobra. A notificación de Política Social subliña que "procede computar estes dereitos que derivan da pensión venezolana, con independencia de que sexan efectivos ou non na actualidade". É dicir, asume a realidade que sofren milleiros de pensionados venezolanos en España, que deben subsistir sen ingresos, pero négalles a posibilidade de percibir unha pensión non contributiva mínima. Como curiosidade, a notificación do Goberno galego alude a que María Dolores ten recoñecido o dereito a unha pensión mensual de 248.510,41 bolívares fortes e realiza o cálculo aplicando un cambio de (1 bolívar = 0,087 euros). Isto significa que para a Xunta esta coruñesa ten recoñecida unha pensión valorada en máis de 21.000 euros mensuais. Unha cantidade moi lonxe da realidade. Para a Xunta, esta coruñesa ten recoñecida unha pensión valorada en máis de 21.000 euros mensuais. Unha cantidade moi lonxe da realidade A situación que sofre María Dolores é semellante á de centos de pensionistas retornados ou emigrados dende Venezuela, máis de tres mil en Galicia, que non están a recibir as súas pensións dende Caracas. Aínda que ao redor dun terzo carecen que calquera outro ingreso, tamén o Goberno español e o Goberno galego lles está a dar as costas, negándolles o acceso a axudas sociais, co argumento de que teñen (en teoría) recoñecida unha pensión. Era o caso, por exemplo, de María del Carmen, tamén coruñesa e sen ingreso ningún dende decembro, á que lle foi denegado o cobro da RISGA. Neste momento, despois de realizar as xestións necesarias para acceder á Renda Social Municipal da Coruña, agarda a resolución.. A situación de María Dolores é semellante á que sofren en Galicia máis de tres mil pensionistas retornados ou emigrados dende Venezuela, que non están a recibir as súas pensións dende Caracas. Ao redor dun terzo carecen que calquera outro ingreso O pasado mes de outubro o Parlamento galego aprobou unha proposta de resolución presentada polo PP na que instaba á Xunta "a reforzar o seu apoio aos galegos da diáspora, intensificando os programas de apoio ao retorno. Tamén en outubro o Senado debateu e aprobou unha moción semellante na que, ademais de reclamarlle ao Goberno venezolano "a necesidade de aboarlles, no prazo máis breve posible, aos pensionistas venezolanos residentes en España as cantidades adecuadas, correspondentes ás prestacións do ano 2016 e 2017", instaba ao Goberno español a "promover e participar, a través dos instrumentos da asistencia social, como convenios e acordos coas administracións locais e autonómicas adecuadamente financiados polo Estado para tal fin, a atención ás familias que, como consecuencia desta inxusta situación, están a atravesar unhas circunstancias de precariedade". Parlamento e Congreso aprobaron mocións de apoio aos pensionistas venezolanos, pero isto non tivo unha aplicación práctica Porén, estes apoios simbólicos expresados no Parlamento e no Congreso non supuxeron melloras nas condicións de vida destas persoas. Este mesmo mércores o PPdeG acusou a En Marea de "desprezar á emigración galega en América" por non apoiar unha proposición non de lei que pide que todas as herdanzas ou doazóns con residentes en países que non pertenzan á Unión Europea gocen dos mesmos criterios e cotizacións que para os casos de residentes na UE, tributando no imposto de sucesións de acordo coa normativa da comunidade autónoma e non da estatal. En Marea, que se abstivo, acusou ao PPdeG de querer facer "propaganda" entre o colectivo emigrante con esta proposta, que entende que non terá efectos prácticos. |
PRAZA_8068 | Jon Iñarritu, de Amaiur, e Carles Campuzano, de CiU, analizan en Galicia os procesos políticos de Euskadi e Catalunya e a actitude do Goberno central ante a súa aposta polo "dereito a decidir" en plena "crise territorial do Estado" | Euskadi e Catalunya viven procesos políticos dispares, pero paralelos no tempo. A fin da violencia de ETA, no caso vasco, e as reivindicacións soberanistas que desembocaron na gran manifestación da Diada de 2012, no caso catalán, puxeron sobre a mesa en ambos territorios o debate do "dereito a decidir", trasladado ademais aos seus respectivos parlamentos, con amplas maiorías que o defenden. Dous deputados no Congreso, Jon Iñarritu (Amaiur) e Carles Campuzano (CiU), analizan, durante unha visita a Santiago convidados pola Mocidade Nacionalista Galega (MNG), analizan o percorrido que poderían percorrer as cidadanías vasca e catalá cara á autodeterminación e as resistencias que atopan no aparello do Estado. En verbas de Iñarritu, "ante a negación" a calquera "diálogo" o "debate" deixa de ser só de "soberanía" para pasar a ser, simplemente, de "democracia". Iñarritu enfoca a "crise territorial do Estado" dende Euskadi e dende "unha nova realidade, a desaparición da violencia de ETA". Nese momento "queda claro que existe un problema político que ten que ser abordado por medio da democracia". "O problema político estaba aí, a pesar da violencia, pero tras desaparecer esta os que a puñan como escusa xa non a teñen". Na súa opinión, este é tamén un escenario de "reflexión para quen cría que a violencia podía ser a vangarda" pola soberanía. "O que desexa a cidadanía é a política, a paz e a democracia" e mostra disto, argumenta, foron os resultados acadados por Amaiur nas eleccións xerais de 2012, onde mesmo quedaron por diante do PNV en número de deputados. "O problema político estaba aí, a pesar da violencia de ETA, pero ao desaparecer esta os que a tiñan como escusa, xa non a teñen" Tras 30 anos "nos que nin sequera se cumpriu o Estatuto de Gernika" e durante os cales se produciron vetos a, por exemplo, a proposta de novo Estatuto -o coñecido como Plan Ibarretxe- ou a Lei de Consultas, os obstáculos que pon o Estado "conseguen o efecto contrario". "O Estado responde con ameazas continuas", xa sexa augurando "desgrazas" como que "ides morrer de fame" ou apelando á "intervención militar". Chega, ironiza, a "extremos tan ridículos como que un xeneral xubilado pide intervir en Catalunya e ninguén fai nada, e sae un fiscal demócrata" defendendo "preguntarlle á cidadanía", e a Fiscalía Xeral do Estado promove a súa destitución. Unha cultura política "profundamente autoritaria" O fiscal ao que se refire Iñarritu é Martín Rodríguez-Sol, o responsable da Fiscalía Superior de Catalunya que considerou lexítimo realizar unha consulta entre a cidadanía catalá e por encaixala dentro da legalidade. "O fiscal non é un nacionalista nin un independentista", di Carles Campuzano, senón "un home con sentido común" cuxas ideas "baten cunha cultura política española tremendamente autoritaria" e "negadora da diversidade". A operación contra o fiscal catalán "remonta o Estado ao peor da súa historia", ao tempo "da negación da palabra e da opinión" e faino ademais, lamenta, "fronte á vontade maioritaria da sociedade catalá" e dos partidos que a representan en "máis do 80%" dos escanos do Parlament. "Do PSC á CUP, pasando por Iniciativa, Esquerra Unida, Esquerra Republicana, e CiU", todas estas formacións "están a favor e que os cataláns poidan decidir cal é o seu futuro", polo que resulta "inaudito que o Estado non sexa quen de abrir o diálogo para atopar a maneira legal de facelo". "Inténtase laminar mesmo o conseguido no proceso constituínte; non é un problema xurídico, senón político" A xuízo de Campuzano "o intento de laminar o conseguido no proceso constituínte", tras a Transición, levou o nacionalismo catalán cara a posicións soberanistas e fixo que "a sociedade catalá estea farta" e quere expresar "o seu desexo sobre o futuro" nunha consulta que "non prexulga a independencia". "Haberá quen defenda a independencia, quen defenda un modelo federal ou confederal". Pero "o que non se pode negar en pleno século XXI é que a cidadanía dun país poida opinar", di. "Non é un problema xurídico, é un problema político" e por iso debe dárselle "saída política" á realización da consulta. "Se seguen negándose ao diálogo, van atopar un camiño: a unilateralidade" Pero, que pasa se o Estado se mantén inmóbil nas súas posicións? "Se seguen negándose van atopar un camiño que é a unilateralidade", di Iñarritu. "A cidadanía vasca non vai renunciar á democracia" e por iso "solicitámoslle ao Estado que dialogue de boa fe" como está a acontecer "noutras nacións europeas", caso de Escocia. Pero, advirte, existen precedentes de unilateralidade como o de Kosovo, onde a Corte Internacional de Xustiza considerou que "a declaración unilateral de independencia non viola ningunha norma do dereito internacional". Nin sequera, advirte, está claro que un eventual Estado vasco ou catalán ficase fóra da Unión Europea, toda vez que "no Tratado de Lisboa non se fala" sobre o xeito de proceder no caso de secesión nun dos Estados membros. E, que acontece en Galicia? Un dos anfitrións de Iñarritu e Campuzano, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, coida que "de todo se pode aprender, pero ninguén aprende por cabeza allea". "Antes de poder voar hai que aprender a camiñar", ilustra, e "a día dehoxe vemos cal é o contexto da realidade política galega, tanto na cuestión identitaria como na querencia polo país". Ao seu xuízo cómpre "pedagoxía, vontade construtiva e ir facendo ver que, canto máis poder político teña o país, mellor podemos vivir". |
NOS_43457 | O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de abrir expedientes informativos ás dúas multinacionais eléctricas polo aproveitamento das presas de Belesar, Portas, Cenza e Salas, pois poderían estar a incumprir o caudal ecolóxico fixado por lei. Ecoloxistas en Acción denunciaba esta mesma cuarta feira as dúbidas sobre a auga que se estaba a soltar no Salas. | Despois das denuncias chegadas desde colectivos ecoloxistas e cidadáns, o Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de tomar nota e abriu expedientes informativos ás eléctricas Iberdrola e Naturgy para investigar se están a actuar de forma ilegal nos encoros galegos de Portas, Cenza, Salas e Belesar. As informacións que transcenderon aluden á posibilidade de que as empresas estean a imcumprir o caudal ecolóxico obrigatorio para que se manteña a fauna e a flora nas concas máis abaixo das presas. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil foi a que confirmou esta quinta feira o inicio das investigacións, toda vez que entidades como Ecoloxistas en Acción denunciaban estes días que detectaban caudais demasiado baixos en lugares como o río Salas. A administración explicou que, polo de agora, só se iniciaron trámites para os expedientes informativos co obxectivo de recabar datos e controlar como se está a realizar o aproveitamento da auga galega na conca Miño-Sil. En caso de que se detecten incumprimentos nese caudal ecolóxico que está estabelecido por lei quer Naturgy, quer Iberdrola poderían enfrontarse a expedientes sancionadores. Esta información transcendeu de forma pública despois dunha reunión do secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, con representantes dos concellos prexudicados polo baleirado da presa de Ricobayo, na Confederación do Douro. No encontro tamén se aludiu á situación galega. Despois de comprobar que a cota de Ricobayo quedou por debaixo do 10%, desde o organismo de conca alértase de que no país van estar "híper vixiantes aos datos" que rexistra o centro de control para determinar o que está a acontecer nas catro infraestruturas, pois pode implicar un dano para os hábitats dos ríos nos que existen as concesións. Polo de agora, Morán xa asumiu que pode existir unha "mala praxis de Iberdrola" noutros territorios. Ademais, dáse a circunstancia de que o presidente do organismo galego, José Antonio Quiroga, recoñecera que tiñan rexistrado "unha turbinaxe excesiva para aumentar a produción hidroeléctrica" atendendo só a criterios "economicistas". Falaba, en concreto, do acontecido nas centrais instaladas en Portas e Cenza. Porén, esta cuarta feira Ecoloxistas en Acción alertaba dunha posíbel falta de "responsabilidade" e "ilegalidade" por parte de Naturgy no encoro de Salas, para o que demandarían información concreta. |
NOS_42885 | Alex Salmond e o SNP acharon un valioso aliado na súa campaña a favor da independencia de Escocia, a un mes xusto do referendo: as políticas privatizadoras da sanidade do goberno tory de Londres. A última enquisa disponíbel mostra que a distancia entre o Non e o Si á independencia se estreita. | Excluídos os indecisos, o Non á independencia continúa liderando as enquisas, co 55 por cento dos apoios face o 45 por cento que obtería o Si a un Estado escocés independente, mais a distancia vai minguando a ollos vistos. A respeito de traballos anteriores, o Non perde dous pontos, xusto o gaño que obtén o Si. Segundo publica The Guardian, a habilidade política de Salmond ao colocar na axenda a discusión sobre o futuro do sistema público sanitario ten a ver co avanzo das posicións independentistas. Este é un campo en que o SNP se move con máis comodidade do que no debate sobre o futuro da libra esterlina en Escocia, tema sempre máis complexo e de manexo esvaradizo. De acordo cun inquérito realizado por ICM, empresa especialista en pescudas demoscópicas, o Si á independencia avanzaría decisivamente entre as mulleres (sería xa maioritario, co 55% a favor). The Guardian atribúe isto en boa parte á reacción perante as políticas privatizadoras da sanidade de Cameron. Cumpre non esquecer que os tories son unha forza moi minoritaria en Escocia, unha nación cunha cultura comunitarista e benestarista que torna dificilmente viábel o arraizamento da retórica neoliberal propia dos conservadores. O 55% das escocesas estarían xa neste momento pola independencia do seu país Salmond sabe que vincular o desenvolvimento do Estado do Benestar coa independencia é unha baza que pode desequilibrar a balanza no referendo do día 18 de Setembro, daí que a pasada semana prometese que a Constitución do futuro Estado independente -que a tería, escrita, non como o Reino Unido, onde non existe Carta Magna- garantiría a existencia dun sistema sanitario público e gratuíto para todas as escocesas e escoceses. Un portavoz do Partido Conservador en Escocia citado por The Guardian desmente que o Goberno Cameron vise o desmantelamento do sistema sanitario público. En concreto, Jackson Carlaw cualificou de "rumor falso e vergoñento" a afirmación de Salmond de que o Non ao referendo sería tanto como respaldar as políticas privatizadoras. Por súa parte, Philippa Whitford, membro de Women for Independence, declarou que o 70 por cento dos novos contratos do NHS (iniciais en inglés do Sistema Nacional de Saúde británico) "foron ao setor privado no último ano". |
NOS_48189 | As centrais sindicais da CIG, UXT e CCOO na Coruña consideran que a patronal só pretende empeorar os dereitos das e dos traballadores a pesar de incrementar a súa cifra de negocio polo incremento de traballo que supuxo a pandemia. O primeiro paro será o 24 de abril se antes non se retoman as negociacións en boa sintonía. | As centrais sindicais da CIG, UXT e CCOO anunciaron esta quinta feira tres xornadas de folga no sector da limpeza que terán como obxectivos fundamentais conseguir a redacción e sinatura dun convenio que implique melloras laborais e salariais para as e os traballadores. Os paros chegan "ante o bloqueo da negociación" do documento marco "por parte da patronal, con Eulen e Clece á fronte)" porque, segundo indican desde a CIG, hai unha forte negativa a responsabilizarse de fornecer melloras. "Pola contra pretende recortar dereitos e conxelar salarios", denuncian desde o sindicato. Por tanto, e até novo aviso por unha posíbel volta ao debate, as e os limpadores pararán 24 horas o 24 de abril. Así mesmo, está previsto que se chegue a un paro de 48 horas entre o 11 e o 12 de maio. Desde o sindicato galego, o representante na negociación, Paulo Rubido, explicou que se precisa acometer unha mudanza nas condicións porque "o persoal leva moitos anos sen percibir un incremento salarial relevante". Entende, polo tanto, que a meta da patronal é "manter a precariedade deste colectivo laboral esencial na pandemia, altamente feminizado e que na meirande parte dos casos ten contratos a tempo parcial". De feito, se agora se cobra un pouco máis é porque a necesidade de desinfectar todas as edificacións levou a un incremento das horas de traballo. "Neste último ano, subliñou, a limpeza incrementou facturación dunha forma destacada e tivo maior carga traballo, por iso non vale que a patronal pretenda escudarse na crise sanitaria para non só non dar nada, senón incluso querer recortar dereitos", avisou Rubido. Na rolda de prensa desta mañá mesmo falou de que as compañías queren suprimir dereitos xa firmes como a posibilidade de solicitar que se aumente a xornada laboral cando existan vacantes con esas condicións. Segundo as súas palabras, tampouco quererían seguir coa opción da xubilación parcial. |
NOS_32692 | O Virus Respiratorio Sincitial é a día de hoxe o principal motivo de consulta nas urxencias pediátricas mais na Atención Primaria. Tras un par de anos practicamente desaparecido, volve amosar unha incidencia "típica" pero prematura que mantén os servizos de pediatría colapsados, tamén pola falta de profesionais. | Vicente Figueroa, pai de dous nenos de nove meses e dous anos, acudiu esta semana ao centro de saúde do Porriño para realizar o control de idade do máis cativo. "Tiñamos cita ás 12.40 e non puideron atendernos até as 14.15. Cando chegamos había até 26 persoas esperando coas súas crianzas, a maioría por urxencias por virus e bronquiolites. Se normalmente xa están até arriba –son dúas pediatras, das cales unha se xubila en decembro, mais outra compartida con Mos–, co andazo que hai levan días colapsadas". Federico Martinón-Torres, xefe de Pediatría: "O virus respiratorio sincitial é unha chamada a non deixar atrás outras patoloxías" A experiencia deste pai resume a situación que están a ver as especialistas desde hai varias semanas en centros de saúde e PAC, unha afluencia desmesurada de pacientes, sobre todo menores, que confirman desde as urxencias hospitalarias e os servizos de microbioloxía. Os casos de gripe A e Virus Respiratorio Sincitial (VRS) están a aumentar e con eles unha demanda asistencial que xa non acordaban, coas consultas baixo mínimos. Temos nenos que durante dous anos levaron máscara e están sen inmunizar contra os virus respiratorios habituais e temos as escolas infantís masificadas Raquel Martínez Bugarín é pediatra no centro de saúde de Ribeira. "Este ano é brutal. Levo en Primaria desde 2002 e non lembro nada igual. No PAC, nunha tarde, dous terzos das asistencias son pediátricas. Na miña consulta atendo de media unhas 50 crianzas durante a mañá, 30 con cita programa e unhas 20 por urxencias, case todas por infeccións respiratorias en vías altas". Presión asistencial A falta de datos concretos, esta especialista fala dunha "epidemia brutal de gripe e sincitial" que este ano se adiantou. "As vacinas chegan tarde". Apunta varios factores: "Temos nenos que durante dous anos levaron máscara e están sen inmunizar contra os virus respiratorios habituais, temos as escolas infantís masificadas a conta da gratuidade, outro foco de contaxio tanto nos centros como nos propios domicilios, sen descoidar que a conta da pandemia alterouse a circulación dos virus". Despois de dous anos, o VRS está a amosar un comportamento "típico" pero prematuro, afirma a pediatra do hospital do Barbanza Marián Rodríguez Blanco. Nunca se falou moito del, asegura, pero é o principal responsábel das bronquiolites que afectan a poboación infantil, máis complicadas en menores de un ano. "É unha doenza difícil de avaliar que non goza dun tratamento capaz de mudar a evolución do virus. Cursa con moita mucosidade e dificultade respiratoria, unha clínica preocupante en lactantes, principais candidatos a un ingreso. Case 8.000 nenas e nenos galegos carecen de pediatra "A presión asistencial que temos neste momento é resultado do número de pacientes pero tamén da calidade deses doentes, do seguimento e dos coidados que requiran", conclúe Marián Rodríguez Blanco, nun momento en que o déficit crónico de pediatras acentúa o colapso dos servizos. No hospital do Salnés as gardas do mes de outubro foron "un horror", explica persoal das urxencias a Nós Diario. Están vendo de todo e moito antes do seu tempo. "Se no Cunqueiro aumentaron as asistencias 50%, nós, outro tanto". As urxencias pediátricas están a superar por moito o 20% habitual. "Houbo días que chegamos ao 45%, a maioría nenos, moitos con bronquiolites por VRS", cuxa positividade superou nese centro 33% o mes pasado. Colapso nas urxencias Aseguran desde o Salnés que teñen as consultas saturadas por procesos respiratorios víricos "benignos" que se superan con tratamento sintomático -lavados nasais, tomas máis frecuentes e menos abundantes para evitar a fatiga en lactantes e paracetamol se hai febre, ademais de hixiene, máscara, distancia e ventilación-. O Álvaro Cunqueiro atende uns 230 nenos ao día, con picos de 300, nun contexto de falta de recursos e profesionais insuficientes Piden calma e advirten que sen pediatras na Primaria, nos centros de saúde nin nos Puntos de Atención Continuada, a tensión trasládase aos hospitais. Neste sentido, o BNG exixiu onte á Xunta unha "resposta inmediata" ao "colapso" da atención pediátrica na área sanitaria de Vigo causado polos "recortes" e as "privatizacións" levadas a cabo polo Goberno do PP. Segundo lembrou a voceira de Sanidade, Montse Prado, o Álvaro Cunqueiro atende uns 230 nenos ao día, con picos de 300, nun contexto de "falta de recursos" e profesionais "insuficientes"; unha situación que pedirán reverter no Parlamento a través de varias iniciativas. Autocrítica Raquel Martínez Bugarín apunta unha escaseza de porfesionais xeneralizada. "Temos pouco persoal e a planificación é moi mala". Non se cobren as baixas, fan moitas gardas e atenden moitos pacientes diarios, "pero o problema está en que tamén se abusa do sistema sanitario. Seguimos acudindo ao médico por problemas banais e demandando asistencia de forma inmediata. Teño a sala chea con 50 nenos e protéstanme por esperar unha hora. Non podo facer máis. Oxalá. E o traballo continuo de ter que explicar que se paso un lactante pequerrechiño antes dunha cita programada que chegou antes é por razóns clínicas é esgotador". Non estamos para facer informes de saúde para as escolas infantís nin xustificantes de ausencia por enfermidade para os colexios e institutos Esta pediatra bota en falta unha iniciativa do Sergas que dea a coñecer a situación actual, como se fixo durante a pandemia, unha campaña divulgativa que reactive as medidas de prevención e chame a non acudir ás urxencias se non é necesario. "Ninguén sabe que hai unha epidemia de gripe A e de sincitical, que os servizos do Barbanza están masificados, que cando non hai pediatra na Pobra, as crianzas repártense entre Boiro e Ribeira, pero é que a semana pasada tampouco había pediatra en Boiro. E, por suposto, que os médicos non estamos para facer informes de saúde para as escolas infantís nin xustificantes de ausencia por enfermidade para os colexios e institutos, como veñen pedir moitos estes días". É suficiente o número de pediatras no Sergas? Os expertos consideran necesarios 100 máis Martínez Bugarín entende a preocupación das familias, mais pide paciencia e "autocrítica", na vixilancia da saúde das súas crianzas e no uso dos recursos sanitarios. "O medo que teño é que no medio de 50 nenos, cheguei a ver 86 o último día que prolonguei xornada, se me escape algo gordo". |
NOS_36922 | O Consello de Relacións Laborais acolleu a sinatura dun novo documento coa participación da Xunta, sindicatos e patronal. | O novo acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solucións de conflitos de traballo asinouse esta quinta feira nun acto considerado "histórico" por parte do Consello Galego de Relacións Laborais. Participaron na súa aprobación a Xunta, a patronal e os sindicatos. Como principal novidade este novo documento estende a súa eficacia aos problemas de carácter individual. Por parte da Xunta asinou o texto o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen cualificou o documento como unha "actualización pertinente" e un "grande adianto" ao engadir os conflitos individuais. O presidente da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) salientou a "utilidade sobradamente acreditada" deste instrumento para a xestión de conflitos de forma "áxil e eficaz". Satisfacción e reclamacións por parte dos sindicatos Os sindicatos amosaron a súa satisfacción pola aprobación deste documento mais con reservas. Por parte de CIG, Paulo Carril salientou que "a sinatura representa un paso máis, aínda que con retardo", após censurar as "desconsideracións" do Goberno galego para co Consello e as "constantes ameazas" de centralización neste ámbito. Reclamou tamén unha "profunda reforma" do Estatuto para dotar a Galiza de máis autogoberno. En nome de UXT, José Antonio Gómez, valorou os "pasos importantes" dados. "Tardamos bastante mais está aquí", afirmou a Europa Press. No acto aproveitou a participación do titular da Consellaría para demandar "dotación orzamentaria" para o Consello Galego de Relacións Laborais. O responsábel de CCOO, Ramón Sarmiento, valorou que se estenda un servizo púbico "áxil e eficaz" como "mellor exemplo de modernización das relacións laborais na Galiza". |
NOS_50979 | O grupo municipal do BNG apoiou no pleno o groso da modificación que se fixo na normativa de uso e ocupación da vía pública que se fixo en base ás 256 alegacións presentadas polos colectivos sociais e culturais e que conseguiron frear "o afán recadatorio" do goberno local, onde a dereita ostenta a maioría absoluta. No borrador do texto propúñase cobrar até pola instalación de mesas informativas por parte de entidades sen ánimo de lucro | O concello de Compostela non poderá cobrar finalmente pola realización de actos de asociacións sen ánimo de lucro como quería o goberno local encabezado polo PP. No pleno municipal celebrado esta quinta feira, o concelleiro do BNG Rafael Vilar apoiou a maior parte do texto de modificación da normativa que se fixo en base ás 256 alegacións presentadas pola propia formación frontista e polos colectivos sociais e culturais composteláns en contra desta ordenanza, cuxo borrador saira adiante en maio por obra e graza da maioría absoluta da dereita --coa abstención do PSOE e o voto en contra do BNG-- e que fora resumida polos movementos sociais en tres palabras: "mercantilización, criminalización e persecución". A pretensión do PP: "limitar dereitos fundamentais"Así as cousas, a presión dos movementos sociais foi recoñecida polo propio concelleiro delegado de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez Aldrey, quen lle atribuíu a decisión de repensar o texto da normativa á "axitación" xerada por plataformas cidadás e veciñais, nomeadamente dúas: unha que agrupou a máis de 30 entidades veciñais, deportivas, xuvenís e culturais con dilatada traxectoria no asociacionismo compostelán, como O Galo; e outra con representantes tamén do eido cultural, centros sociais e os movementos feminista e ecoloxista, que actuaron baixo o nome A rúa é nosa! Na mesma liña, explicou Rafael Vilar que o executivo que encabeza Ángel Currás se viu abocado a modificar o texto da normativa "porque introducía limitacións a dereitos fundamentais que cernan as liberdades públicas", xa que o texto do PP pretendía limitar o dereito de reunión, de participación e de liberdade de información á cidadanía, pois quería estender a recaudación ao cobro pola colocación de mesas informativas por parte de asociacións e colectivos sen ánimo de lucro. Porén, Currás "viuse forzado a rectificar", acrecentou o concelleiro nacionalista. Malia esta conquista, o BNG mantén discrepancias coa nova redacción da norma, nomeadamente "no feito de mudar a denominación de 'fianza' polo eufemismo de 'garantía' que se pode requerir para a concesión de autorizacións" necesarias para a realización de actividades. Para alén deste punto, subliñou Rafael Vilar que o grupo municipal nacionalista non partilla tampouco que os permisos se concedan "en precario e coa aplicación de criterios discrecionais" por parte dunha corporación municipal onde o PP ostenta a maioría absoluta. Desde os colectivos sociais e culturais houbo máis matizacións. Ao igual que as alegacións introducidas, foron apoiadas na súa totalidade polo BNG e en parte polo PSOE. O texto que preparou o goberno de Currás, e que vén modificar a norma vixente desde 1998, segue sen atender "a especificidade de moitos colectivos sen ánimo de lucro" que desenvolven as súas actividades na rúa, como @s músic@s ou os postos de venda de artesanía e recordos. Aliás, no texto definitivo mantense a prohibición de xogar fóra dos lugares habilitados. Recalcou Rafael Vilar a "fundamental" oposición manifestada polo tecido asociativo da cidade para pular pola modificación dos artigos que na ordenanza do PP poderían vulnerar dereitos fundamentais. A norma non estaba aprobada, mais aplicábaseAínda que a ordenanza é nova, a alarma saltou hai tempo. O concello de Compostela valíase "arbitrariamente" de ordenanzas "que non son tan claras como esta", como a que rexe para a colocación de estadas na rúa, para exixir o pagamento de fianzas por actividades de carácter lúdico ou social "segundo a asociación que as organiza", segundo informaron os colectivos sociais de Compostela en maio, días antes da aprobación do borrador da norma. Así, a como exemplo, á Gentalha do Pichel impúñanlle 1.500 euros de fianza para realizar un xantar popular no 'espazo C' --a carón do Museo do Pobo Galego--, que o centro social rexeitou para trasladar finalmente a iniciativa á Praza 8 de marzo; e, máis recentemente, para a Rede Feminista Galega e o Cineclube barallou o Goberno municipal o cobro de 400 euros --con desconto do 50% porque a actividade non procuraba lucro-- pola proxección de films ao ar libre, nun ciclo de cinema. A raíz desta última tentativa "quedou claro que esta norma non obedece a nada se non é á represión polo uso da nosa vía pública e da nosa electricidade e ao afán de control" da actividade socio-cultural dunha cidade, Compostela, onde a axenda vai ben máis cargada do que noutras localidades da Galiza. |
NOS_15853 | 2019 arrancou con 7.503 granxas na Galiza, 463 menos das que había a inicios de 2018. É unha media de 9 explotacións que teñen que botar o fecho cada semana. En contraste, aumenta o volume de litros entregados. | O último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), correspondente a xaneiro deste ano, incide no devalar do sector leiteiro galego en canto a número de explotacións. 2019 arrancou con 7.503 granxas na Galiza, 463 menos das que había a inicios de 2018. É unha media de 9 explotacións que teñen que botar o fecho cada semana. Entre decembro de 2018 e xaneiro deste ano foron 45 as granxas en Galiza que seguiron ese camiño. En prezos, as granxas galegas continúan á cola do que se paga en todo o Estado, con 31,7 céntimos, o mesmo prezo medio que en decembro e que hai doce meses. No Estado a media sitúase en 33 céntimos, tamén sen cambios en relación a decembro mais lixeiramente superior a xaneiro de 2018, en tanto nas comunidades veciñas, Castilla y León está en 33,4 e Asturias en 34,9 céntimos. En xaneiro a produción de leite caeu no Estado por quinto mes consecutivo. Porén, Galiza continúa a incrementar entregas. En xaneiro, fronte a caída estatal de máis de 12.000 toneladas, Galiza entregou 1.300 toneladas máis. En marzo de 2015 entraba en vigor a fin de cota láctea. Había daquela en Galiza 9.500 explotacións leiteiras e os anuncios e promesas institucionais auguraban que a liberalización do mercado ía provocar maior competitividade e, xa que logo, un aumento dos prezos que se pagaban aos produtores polo leite. Daquela, en marzo de 2015, a media que se lle pagaba a un gandeiro galego por litro de leite superaba os 30 céntimos. |
NOS_30622 | A escritora Yolanda Castaño (Compostela, 1977) inaugura o "cómic poético" para a literatura galega. E é que o diálogo entre poesía e banda deseñada era inédito na Galiza. Cóntanos a xénese de O puño e a letra (Xerais) nunha entrevista. Eis un extracto da conversa, publicada no número 323 de Sermos Galiza. | Corenta poemas virados a banda deseñada por corenta debuxantes diferentes conforman O puño e a letra (Xerais, 2018), o volume antolóxico co que a poeta Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) quixo celebrar 40 anos de idade, a inminencia de 25 publicando poesía, e inaugura un novo territorio para as letras galegas: o cómic poético. Non é a súa única novidade bibliográfica. Castaño, unha das autoras con maior repercusión internacional da literatura de Galiza, acaba de publicar en Italia o libro disco Lingua del'inchiostro (Squilibri, 2018) canda o guitarrista Isaac Garabatos. "Gústame explorar novos camiños, e a experimentación sempre me resulta estimulante", afirma a xeito de resumo. Como nace a idea de O puño e a letra? Podo viaxar fóra coa miña poesía e iso sempre é refrescante. Ábreste e coñeces de primeira man prácticas poéticas últimas noutros territorios. Unha desas saídas foi a Italia. Que, sendo un país no social e no político bastante conservador, no creativo anda bastante na vangarda. Teñen moita máis tradición que nós no que respecta a poesía e música, spoken word ou poesía sonora. Da man dun amigo moi querido, Lello Voce, un dos personaxes da contracultura italiana, coñecín o comic poetry. Orixe italiana, daquela. Non só. Despois en Gales, a onde viaxei a través dun intercambio do programa Literature Across Frontiers –unha plataforma europea para a promoción das linguas non hexemónicas–, coñecín a Nicky Arscott, unha autora de cómic poético. Ela é poeta, debuxante, e fai un traballo excelente. Abriume as portas a outra autoras, curiosamente mulleres na súa maioría. Por exemplo, a Bianca Stone, unha das referencias da modalidade nos Estados Unidos. Ningunha cousa en territorios próximos? Comecei a pescudar no que había na Península Ibérica e basicamente atopei un nome. Tamén feminino. Laura Pérez Vernetti. Recentemente foi Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona. É unha muller nacida en Barcelona nos anos 50 e que comezou traballando cun poeta pouco coñecido. Despois fixo un cómic poético con textos de Maiakovski. Máis adiante, con poemas de Luis Alberto de Cuenca, de Miriam Reyes, de diferentes autores españois contemporáneos. Non atopei nada en portugués nin noutras linguas do Estado. Un pouco máis tarde, Fran Alonso [escritor e director de Xerais], gran coñecedor do cómic, contrastouno. E non hai nada na nosa tradición literaria. Eu xestei a idea de O puño e a letra durante o ano pasado, cando fixen 40 anos. Ademais, estou a piques de facer 25 publicando poesía e apetecíame celebrar un pouco a aventura poética. Por que non facelo cunha antoloxía de textos meus, un percorrido polos meus seis poemarios? Ademais, o último tampouco tivo unha moi boa distribución [A segunda lingua, colección Arte de Trobar, 2014]. Montei unha antoloxía persoal dos textos que atopaba máis acaídos pero tamén representativos. Propúxenllelos a 40 das artistas máis significativas da banda deseñada galega para que os interpretasen en viñetas. O cómic poético non era practicado polos poetas pero tampouco polos debuxantes. Como acolleron estes a idea? Houbo reticencias? [Ri] Non, reticencias non, pero de feito un bo número deles confesaron que non eran lectores de poesía. Do que se tratou foi de contaxiarlles este reto como un estímulo creativo, como un desafío do que agardabamos namorasen. Que lles resultase tan creativamente estimulante como para apetecerlles explorar eses novos carreiros dentro do seu traballo. Cando un creador ou unha creadora é honesta consigo mesma non adoita responder demasiado mal aos retos que se lle propoñan. Os esquemas, obviamente, mudaban. Neste caso non había personaxes, nin unha historia de tipo narrativo, nin un percurso. As debuxantes tiñan que camiñar máis polas sendas do simbólico, da impresión, da emoción... [Podes ler a entrevista íntegra no número 323 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_24066 | Afírmao CIG-Saúde. | Ampliar a vida laboral dos seus profesionais até os 68 anos de idade. Esta é a idea que, denuncia o sindicato CIG, baralla o Sergas para facer fronte á falta de persoal. CIG-Saúde remitiu un escrito ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e á Directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, denunciando a falta de profesionais e demandando que se adopten con urxencia as medidas necesarias para garantir unha prestación sanitaria de calidade. María Xosé Abuín,do sindicato nacionalista, lembra que a lei de medidas 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público e os Plans de Ordenación de Recursos Humanos, recollen a xubilación obrigatoria aos 65 anos de idade. Denuncia que, porén, ante a falla de profesionais, no ano 2016, a consellaría de Sanidade, "sen modificar a devandita lei e os plans de ordenación de Recursos Humanos, decidiu ampliar a vida laboral até os 67 anos" e que no ano 2018, o Sergas, "segundo se comenta, vai ampliar a vida laboral até os 68 anos". Abuín asegura que estas ampliacións da vida laboral fixéronse sen comunicación na mesa sectorial do Sergas, coa intención de evitar o debate no órgano de representación e negociación, da falla de profesionais e as posíbeis medidas a tomar. Colapsos A CIG-Saúde denuncia que a falta de profesionais dificulta a día de hoxe uhha prestación sanitaria de calidade, xera listas de espera en atención primaria por falta de cobertura de profesionais e colapsos nos servizos de urxencias. Isto xunto co incremento da precariedade laboral, xa que con menos profesionais hai que cubrir máis postos. |
NOS_58533 | A Plataforma feminista galega fai parte dos máis de 300 colectivos que se manifestan este sábado na capital española contra todas as formas de violencia. | Trátase da primeira mobilización a nivel estatal contra a violencia machista. Máis de 300 colectivos feministas xunto con organizacións politicas e sociais marcharán pola capital española "para exixir que o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado". Perante as cifras oficiais do feminicidio, que se elevan a 41 mulleres no conxunto do estado e 6 na Galiza, máis de 200 autobuses partirán desde distintos puntos do Estado español até Madrid. Da Galiza sairán 12 co obxectivo, salientan desde a Plataforma Feminista galega de ter "presenza propia". Ao longo dos últimos días diversas insitucións amosaron o seu apoio á plataforma e á propia convocatoria pendurando faixas dos edificios públicos en rexeitamento a todas as formas de violencia contra as mulleres. Eis o cerne da convocatoria, visibilizar que "as violencias que vivimos en distintos ámbitos suceden nunha sociedade que tolera a desigualdade e resta credibilidade e e autoridade ás mulleres", afirman no manifesto. Aliás, poñen o foco no "machismo" que alimenta a nosa desvalorización, a cousificación dos nosos corpos e a falta de respecto ás nosas decisións". Agresións, din, que padecen tamén "as persoas que non responden á masculinidade hexemónica". Prevención e protección Perante isto, reclaman, considerar como "unha cuestión de estado" a "loita contra o terrorismo machista" e urxen a "sociedade" e "as súas organizacións" a se comprometeren nesta loita. Unha batalla que se debe focar non só na "violencia que exerce a parella ou ex-parella" senón tamén "as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas". Exixen a supresión da custodia partillada imposta e do réxime de visitas a maltratadores condenados Aliás, reclaman a "prevención" como unha "política prioritaria" através da incorporación dun "sistema coeducativo". Mais tamén, un sistema que garanta a "protección" daquelas mulleres que se atopen en situación de violencia. Nas súas demandas, o movemento feminista a nivel estatal exixe a supresión da "custodia partillada imposta" e do "réxime de visitas" para aqueles homes "condenados" por violencia machista. Doutra banda, lanzan unha mensaxe aos medios de comunicación á fin de que se "comprometan a facer un tratamento adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándolas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e empregando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas". |
PRAZA_2138 | Abel Caballero reitera que non ten "nada de nada de nada" que ver coa trama de corrupción investigada e pregúntase se "outros doutras administracións" poden dicilo con tanta claridade | O alcalde de Vigo e novo presidente da FEMP, Abel Caballero, volveu reiterar que non ten nada que ver coa trama corrupta que investiga supostas irregularidades en contratacións públicas de varias admiistraciones de Galicia e pola que foron imputados 46 persoas, entre eles numerosos cargos públicos, técnicos e políticos, como a delegada da Xunta na mesma cidade, María José Bravo Bosch, ou o presidente do PP de Pontevedra e ex presidente da Deputación, Rafael Louzán. Caballero pregúntase se "outros" poden dicir "clariño como a auga" que non teñen "nada de nada de nada" que ver coa 'Patos' Despois de negalo con anterioridade, o rexedor socialista de Vigo pregúntase se "outros doutras administracións" imputados como el na operación Patos poden dicir "clariño como a auga" que non teñen "nada de nada de nada" que ver coa trama corrupta de presuntos subornos e amaños en contratos públicos coas empresas Cespa e Eiriña. Ademais, di que rexeita as acusacións "con máis forza e ímpeto" que antes. Caballero nega que recibise agasallo ningún da construtora Eiriña, á que se sinala como o centro da trama, e asegura que hai documentación que corroboraría que eses agasallos que se lle atribúen foron devoltos pola propia compañía. Ademais, a secretaria de organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, mostrou tamén a súa confianza no alcalde vigués, que nas últimas eleccións conseguiu unha abultadísima maioría absoluta. PP e PSdeG piden "celeridade" á xustiza polo temor ás consecuencias negativas da operación 'Patos' para os dous partidos Por outra banda, e do mesmo xeito que o PSOE galego, o PP de Galicia tamén pide "celeridade" á xustiza para minimizar as consecuencias deste proceso, sabedores de que pode afectarlles -e moito- de face ás eleccións xerais e os próximos comicios autonómicos de 2016. O PP tampouco as ten todas consigo. Entre os imputados están Rafael Louzán e María José Bravo, xa que os investigadores ven sospeitas en varias e variadas adxudicacións de obras. Miguel Tellado, portavoz do PPdeG, advirte que a súa formación respecta a actuación xudicial pero insiste en non esquecer a presunción de inocencia. Ademais, en declaracións á Cadea SER, pide "non utilizar politicamente este tema para sacar vantaxe política porque sería un erro". Mentres, a Marea de Vigo pediu a dimisión de todos os imputados na causa, mentres que o BNG esixiu tamén responsabilidades. A Marea de Vigo pide a dimisión de todos os imputados na investigación da presunta trama corrupta Por outra banda, a dirección federal do PSOE mostra a súa "confianza absoluta" na inocencia do alcalde de Vigo e non tomará de momento medidas disciplinarias contra Caballero nin lle pedirá que renuncie aos seus cargos porque, o código ético deste partido di que esa esixencia chega a partir da apertura de xuízo oral. |
NOS_6719 | Os equipos nacionais feminino e masculino venceron con grande superioridade nos encontros que xogaron nunha nova cita dun dos escasos combinados galegos que é oficial. VÍDEO NO INTERIOR. | Era a estrea das mulleres. E unha nova cita para os homes. E ambos gañaron con claridade. As seleccións nacionais galegas de fútbol gaélico enfrontáronse ao cominado rexional de Madrid na Estrada, onde volveron amosar o crecemento da modalidade no país, onde ademais son das poucas seleccións galegas que conseguiron a súa oficialidade, recoñecidas como tal pola GAA, o equivalente ao que, por exemplo, é a FIFA no fútbol asociación. Estrea Debutou o equipo feminino, que venceu por 57 a 12, moi superior ás madrileñas e amosando calidade para procurar rivais de maior peso. Tamén o conxunto masculino venceu, por 44 a 19, na que era a súa terceira cita para as dúas anteriores contra Bretaña, unha delas a domicilio, experiencia que agardan repetir noutros países namentres se centran en potenciar a súa propia Liga, unha das dúas que o fútbol gaélico acolle Galiza |
NOS_49957 | O Concello de Compostela vén de editar a biografía do artista e editor galeguista Isaac Díaz Pardo, escrita por Xosé Ramón Fandiño e titulada Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso. | A obra, Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso, presentouse na xornada de hoxe da man do propio autor e da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón. Trátase dun traballo, do que se sacaron mil exemplares, que se elaborou durante o centenario do nacemento de Díaz Pardo e que se presenta cando se fan os nove anos do seu falecemento. Segundo explicou Xosé Ramón Fandiño, filólogo e colaborador de Díaz Pardo no Instituto Galego de Información durante 10 anos, este libro "é o resultado final de traballos previos que me induciron a afrontar a biografía completa e posibelmente definitiva deste polifacético artista", comentou para salientar que o editor estaba dotado dunha inmensa capacidade intelectual e creativa, "e dunha enorme capacidade de traballo". O título do libro, continuou Xosé Ramón Fandiño, está suxerido pola lealdade inquebrantábel que Isaac lle profesou durante toda a súa vida ás utopías republicanas e galeguistas nas que se educou". O máis destacado do artista, engadiu, "son as causas xustas que defendeu incansabelmente, a loita pola dignidade e o sentido ético que lle imprimiu ás súas empresas afastadas da tentación especulativa". O autor desta biografía quixo subliñar a creación, en 1963, por parte de Díaz Pardo e Luís Seoane, do Laboratorio de Formas de Galicia, "a proposta cultural máis importante e transcendente de cantas se teñan feito no país posterior ao ano 36". "Máis que unha biografía cronolóxica é unha biografía temática na que se aborda a evolución vital e ideolóxica" de Díaz Pardo, sinala Fadiño. Mercedes Rosón explicou que Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso forma parte da colección "Saber e descubrir", iniciada o ano pasado coa publicación O panteón real da Catedral de Santiago, en colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. O libro repartirase entre bibliotecas e centros culturais, e tamén se distribuirá entre as persoas que o soliciten, no Teatro Principal. Rosón sinalou que a publicación fecha as accións programadas polo centenario do nacemento de Díaz Pardo. Lembrou a escultura de César Lombera colocada no Paseo dos Leóns da Alameda; o mural de Javier Mourón en colaboración co alumnado do Bacharelato de arte no IES do Sar e no que colaborou o concello de Compostela, ou os roteiros guiados pola cidade en relación coa figura de Isaac Díaz Pardo. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.