ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_13823 | Xerais lanza O meu primeiro Celso Emilio, un libro disco dirixido ao público infantil e xuvenil pero con vocación de divulgación da figura do poeta de Celanova entre todas as idades | Un libro-disco dirixido ao público infantil e xuvenil pero con vocación maioritaria e cunha intención central: revisitar e redescubrir a figura e, sobre todo, a obra de Celso Emilio Ferreiro. Isto é o que propón a editorial Xerais con O meu primeiro Celso Emilio, un volume a piques de ver a luz que terá a súa presentación en sociedade ás 20:30 do serán do vindeiro venres 27, no auditorio municipal do Concello de Teo, preto de Santiago. Con Xiana Lastra á fronte, este é un proxecto coral que, recoñece Xosé Lastra, "nace máis pola parte musical" para presentar de novo "pezas que están vivas" e tamén para "achegar" a elas a persoas que aínda non as coñecen. Nomes tan destacados como os de Mini e Mero e María Manuela ás voces, Nani García ou Xurxo Varela danlle aínda máis porte a un libro-disco que, di Xiana Lastra, pretende "quedar para o recordo". Non en van, explica Mini, trátase dunha escolma de poemas "potentes" que representan a un poeta "que encheu a toda unha xeración, ou a varias xeracións, de loita e de contido ideolóxico". "Supoñen a palabra dos que tiveron a ousadía de dicir que non a tanta mentira que nos contaron" e da que agora "vemos os resultados", engade Mero. "Supoñen a palabra dos que tiveron a ousadía de dicir que non a tanta mentira que nos contaron" Pero, todo isto ten cabida nun público mozo? En opinión dos autores, sen dúbida. Tamén concorda con isto o director da editorial, Manuel Bragado, que dixire o volume "ao alumnado de Primaria", se ben sinala que "tanto a antoloxía de textos como o disco poden ser interesantes para un público xeral" e "curioso" que "queira volver revisitar un autor que é un dos referentes da poesía galega". "Hai exemplos de xeite que foi criada con poemas de Celso Emilio Ferreiro", sinala Mini, como mostra de que "non fan ningún mal" e, ademais, "non hai ningunha idade para paladear os bos poemas". |
NOS_3108 | Parte dun cuarto premio, en Cambados. | O terceiro premio do Sorteo de Nadal, o 52.472, recaeu en Ourense, xunto a outra decena de localidades do estado. Fíxoo sobre as 11:30 horas. Trátase dun premio con 500.000 euros á serie e un total de 50.000 euros por boleto premiado e que se suma aos quintos premios que recaeron na Galiza. Até o momento, naGaliza caeron neste sorteo tres quintos premios: 86.986, 37.023 e 19.371. Ademais, parte dun cuarto premio (75.981) caeu tamén no noso país, en Cambados. O primeiro foi o máis repartido xa que foi distribuído nas localidades da Coruña, Oleiros, Bergondo, Vigo, O Porriño, Noia, Becerreá, O Carballiño, Ponte Caldelas e Caldas de Reis; mentres que o segundo vendeuse en Santiago de Compostela e o último en Lourenzá. |
NOS_22358 | Polémica en Malpica pola retirada do rostro de Castelao dun mural pintado polo artista Yoseba MP, quen explica a 'Nós Diario' como se viu "presionado" por un veciño filántropo que se comprometera a doar ao Concello dúas esculturas. | O artista Joseba Muruzábal, coñecido como Yoseba MP, foi contratado polo Concello de Malpica de Bergantiños para crear un mural na medianeira dun edificio situado na praza que o consistorio quere converter nunha homenaxe ás xentes do mar e as persoas exiliadas por mor do golpe de Estado fascista de 1936. O autor, ideólogo das "súper avoas" que locen por todo o país, inspirouse para a súa obra no barco dun veciño dese mesmo edificio, o Novo Castelao. "Levoume a velo e pareceume precioso, cunha grande identidade. O home admira Castelao desde que leu Sempre en Galiza", explica Yoseba MP, en conversa con Nós Diario. Mais, unha vez rematado o mural e retirado o guindastre que el empregara para pintalo, atopouse cun problema inesperado. O alcalde, Walter Pardo (PSOE), atopábase na praza falando con outro veciño, que se comprometera a doar unha grande hélice de bronce para presidir o lugar e unha segunda escultura dunha muller ribeirá. O rostro do ilustre galeguista non era do seu agrado, e argumentou que "restaría protagonismo á hélice en homenaxe ás persoas exiliadas". Ante as reticencias do artista a modificar o mural, este filántropo desafiou o Concello: ou se borraba a referencia a Castelao, ou non doaría as esculturas. "Non volverei pisar esa rúa", dixo, malia residir nela. Esa mesma tarde mantiveron unha reunión de urxencia o rexedor, o autor da obra, o doador, o propietario do barco retratado, un historiador local e un técnico do concello. "Actuou coma un cacique, pensou que coa súa doazón tiña dereito a dicirme que debo pintar. Mais, finalmente, e en estado febril [recibira a vacina contra a Covid-19 esa mesma mañá], tiven que repintar o mural. Sentinme presionado ao ver que podería depender de min a colocación desa escultura na praza, xa que a ameaza estaba aí. Foi unha decisión imposta", lamenta. O 'Novo Malpica', unha solución sen consenso O alcalde, que rexeitou facer declaracións a este xornal "até que estea rematado o proxecto da praza", avogou por renomear o barco retratado como Novo Malpica, a fin de "integrar a toda a veciñanza". Mais a decisión non sentou ben a boa parte das e dos residentes. "Todos quedamos cun baleiro tremendo. Máis aló da violación dos meus dereitos de autor, estabamos borrando unha icona do país, e iso ten unhas connotacións moi claras. O dono do barco non o podía crer, dicía que era un sacrilexio eliminar o rostro dun home ao que tanto lle debemos as e os galegos, e lembrou que até o PP concede hoxe medallas no seu nome", salienta Yoseba MP. Desde o consistorio propuxeron substituír a figura de Castelao polo logo do Concello. "Escollín o lobo que aparece no escudo, que curiosamente é o dos Andrade, familia de caciques por excelencia na Galiza. Acabei facéndolle un retrato a el mesmo", ironiza. Xa o advertira o prolífico autor nun dos seus debuxos: "Non te poñas contr'o cacique. Se fas unha morte, quen che salva dispois?". O BNG considérao "absolutamente inaceptábel" Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, exixiu nesta cuarta feira unha rectificación ao Concello de Malpica: "Non é que sexa só un agravio á figura de Castelao; é un escandaloso acto de censura absolutamente inaceptábel". |
NOS_36877 | Acepta así a petición de sindicatos estatais como a CGT que pide o veto a sindicatos nacionalistas vascos ou corsos por ir contra "os valores republicanos". | O sindicato LAB non poderá concorrer ás eleccións sindicais a pequenas e medianas empresas que terán lugar en Iparralde no outono. Así o decidiu un tribunal de Burdeos, aceptando a petición do sindicato estatal maioritario, CGT, que considera que a central abertzale non respecta os valores republicanos por, entre outras cousas, dar preferencia ao euskera. LAB representa o 15% dos traballadores do País Vasco francés e xa anunciou que recorrerá unha decisión xudicial que non é unha novidade. A principios do mes de xullo un tribunal vetou que o sindicato corso STC concorrese a esas mesmas eleccións sindicais a pequenas e medianas empresas. O STC, Sindicato dos traballadores corsos, é a primeira forza sindical na illa. Mais iso pouco importou ao tribunal, que deu a razón a unha petición asinada polos sindicatos estatais CGT, FO, CFDT e CFTC, que consideraban que o STC non reúne os criterios para ser considerado como un sindicato. Alegan que é unha entidade política porque nos seus estatutos defende, por exemplo "a idea da autodeterminación do pobo corso". Tanto desde o STC como desde LAB considérase que os sindicatos estatais procuran 'borrar do mapa' o sindicalismo propio nas nacións do Estado francés para procurar así unha completa hexemonía que non lles dan as urnas. |
NOS_19282 | Ponte Caldelas acolleu na mañá do domingo unha manifestación en rexeitamento do transvasamento do río Verdugo á presa das Eiras, que abastece, 12 concellos, entre eles o de Vigo. O Goberno local –PSOE, Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e BNG– fala de "atentado ecolóxico", pois a operación deixaría o río sen a metade do seu caudal. O sector marisqueiro de Arcade tamén corre perigo. | "Caballero, queremos o río enteiro" e "Transvasamento non, hai outra solución" foron as proclamas máis repetidas polas máis de mil persoas que secundaron a convocatoria de manifestación do Goberno municipal de Ponte Caldelas contra o bombeo de auga do río Verdugo –coñecido co nome de Verduxo, na súa orixe– ao embalse das Eiras. Unha iniciativa impulsada polo Concello de Vigo e por Augas de Galiza sen consultas previas aos concellos afectados, nomeadamente o de Ponte Caldelas, e sen estudo de impacto ambiental, malia que deixaría o río sen a metade do seu caudal actual. Ao concluír a manifestación, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz (PSOE), lembrou que xa en 2011 o concello aprobara por unanimidade unha moción en que se opoñía ao transvasamento do río Verdugo ao sistema de Oitavén-Eiras, que abastece os concellos de Vigo, Baiona, Cangas do Morrazo, Moaña, Gondomar, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Porriño, Mos e Oia. "Seis anos despois, vémonos na mesma", sinalou, "dicimos alto e claro, aquí, a carón do río, que estamos en contra do espolio do río Verdugo". En febreiro de 2017, o caudal medio alcanzou 100 mil litros o segundo, agora baixa a 800, 150 veces menos Sinalou que ao longo do ano o río sofre importantes cambios de caudal. En febreiro de 2017, o caudal medio alcanzou 100 mil litros o segundo, agora baixa a 800, 150 veces menos. "Os señores de Augas de Galiza queren quitarlle 350 litros ao segundo, case a metade do seu caudal actual. E o máis grave, quen debería velar polo medio ambiente faino sen o menor estudo de impacto ambiental, ás bravas", lamentou Andrés Díaz, que considerou "intolerábel" a actuación da Xunta de Galiza, que non se dirixiu ao concello de Ponte Caldelas en ningún momento. A presa e as centrais hidroeléctricas "Ponte Caldelas é solidaria e leva moitos anos séndoo, nos estertores do franquismo inaugurouse a presa das Eiras, secando, literalmente, en boa parte do ano, a outra grande arteria fluvial, o río Oitavén, que xa non é o que era e diso saben moitos as veciñas e veciños de Rego Do Vargo" [lugar da parroquia da Insua, en Ponte Caldelas], afirmou o alcalde, que tamén aludiu as tres centrais hidroeléctricas que "profana o leito do río Verdugo, unhas obras que a día de hoxe sería imposíbel facer polo seu impacto ambiental en paisaxes dunha beleza espectacular". "O río Verdugo é o emblema de Ponte Caldelas, non só pola praia fluvial, a única con bandeira azul do Estado español, senón pola súa paraxe, salpicada de valores culturais e etnográficos", afirmou o rexedor, "no río Verdugo están as mellores troitas de Galiza e a carón del están as augas termais que nos dan nome". O Goberno municipal teme que a Xunta empregue un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para levar adiante o transvasamento, "é o mesmo recurso legal que a Xunta utilizou para amparar as obras de Ence e perpetuar as fábricas na ría de Pontevedra pasando por riba das competencias do concello de Pontevedra". Andrés Díaz asegurou que, alén da "batalla social", o concello desenvolverá unha "batalla legal" para parar "un atentado ecolóxico". O sector marisqueiro de Arcade, en perigo Tamén se sumaron á mobilización mariscadoras de Arcade, encabezadas pola patroa maior da confraría, Rita Míguez, quen, en declaracións a Sermos Galiza, alertou do grave prexuízo que implicaría o transvasamento para o sector, "e xa non só no marisco, senón tamén nas anguías, que soben ao río a desovar". "A construción do embalse provocou que se acurtasen as correntes, que se formase lodo e que quedasen improdutivos unha gran cantidade de bancos marisqueiros", explicou. Rita Míguez: "A construción do embalse provocou que se acurtasen as correntes, que se formase lodo e que quedasen improdutivos unha gran cantidade de bancos marisqueiros" "A xente está a asustada e está sendo todo moi rápido, na Confraría non temos información de ningún tipo, alén do que estades a publicar os medios de comunicación", lamenta a patroa maior, que esta terza feira asistirá a unha reunión coa Consellaría de Medio Ambiente e coa Consellaría do Mar. "Claro que temos que ser solidarias, mais a que prezo? Hai un problema de concienciación e o que hai que facer é controlar o consumo de auga. De traballar antes na concienciación, non chegaríamos a estes extremos", agrega. Pronunciouse ao respeito preguntado por este medio o líder da oposición no concello de Soutomaior, Manuel Lourenzo, quen advertiu de que a "desfeita ambiental" terá "consecuencias gravísimas nos bancos marisqueiros" de Arcade. "Afectará a salinidade, a sedimentación, as correntes... e isto vai contra o que hoxe por hoxe é o principal motor económico do concello de Soutomaior", afirmou o portavoz municipal do BNG. "O impacto indirecto trasladarase a todos os sectores e alén disto está o impacto ecolóxico, que non é un asunto maior", concluíu. A función reguladora dos montes Entre os colectivos que participaron na mobilización atopábase A rente do chan, que puxo de manifesto que "un monte coidado e diverso funciona como un grande encoro". "Os solos e a vexetación funcionan como unha esponxa que pouco a pouco cede auga aos acuíferos, aos ríos e aos encoros dos que, ao final nos abastecemos", afirma a entidade, que pide que "antes de investir 5 millóns nun parche provisional, deberíamos pensar nunha solución meditada, consensuada e definitiva, que aborde o problema real de fondo". |
NOS_33434 | Fanse 20 anos da catástrofe do Prestige e a editorial Galaxia quere sumarse a ese aniversario e contribuír a construción do relato colectivo daquel desastre ecolóxico que marcou un punto de inflexión na sociedade galega. | Fanse 20 anos da catástrofe do Prestige e a editorial Galaxia quere sumarse a ese aniversario e contribuír a construción do relato colectivo daquel desastre ecolóxico que marcou un punto de inflexión na sociedade galega. Esta contribución editorial materializase na publicación de tres libros que desde distintas perspectivas, xornalística, política, persoal, literaria e visual, pretenden pór luz e facer memoria daquelas xornadas do ano 2002. Os libros O xornalista Xosé Manuel Pereiro en Tal como foi, tal como fomos, un libro que el non quere cualificar nin como investigación nin como ensaio, procura na verdade do que pasou naquel naufraxio e posterior marea negra. No libro relata o desastre tal como foi, e conta como foron aqueles días en que segundo el "sufrimos un trastorno mental transitorio en que a solidariedade, o compromiso e o altruísmo estendeuse por todos os recunchos do noso país". Ecoloxistas dubidan que a costa galega estea recuperada na súa totalidade 20 anos despois do 'Prestige' No libro colectivo Prestige, 20 anos 20 voces, vinte escritoras e escritores galegos, encabezadas por Marilar Aleixandre, lembran coas súas propias palabras "aqueles días incertos e aciagos". "Vinte voces que berran todas a unha como aquel afastado 20 de novembro de 2002", manifestan desde Galaxia. Ademais os autores e autoras cederon os beneficios deste libro en favor da Asociación para a Defensa da Ecolóxica da Galiza (Adega). 'Nunca Mais' Santi Domínguez, narra a modo de diario persoal en Cando choraron as Cíes, aquel día en que "chorou o mar e milleiros de persoas se converteron en panos de mans para enxugar as súas bágoas e foron quen de berrar Nunca Máis". en palabras do propio autor. Galaxia reúne nun volume, por primeira vez, toda a poesía de García Barros Un libro que "trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Un libro que contén os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o noso". indican desde a editorial Galaxia. |
NOS_321 | Os votos populares impiden que o Parlamento solicite a doumentación sobre a que se fundamentou a venda de Novagalicia banco, unha operación na que o contribuínte perdeu 10.000 millóns de euros, segundo calcula Francisco Jorquera. | O PPdeG votou en contra de solicitar a documentación en abse a cal se decidiu e fundamentou vender Novagalicia Banco, proceso polo que esta entidade xurdida da fusión das caixas galegas foi mercada polo banco venezuelano Banesco. Para o Partido Popular non hai razón para pedir eses papeis pois dubidan, e así o expresou o seu portavoz Pedro Puy, que "puidera facerse un negocio mellor que este". Algo que non conveceu a oposición, nomeadamente BNG, responsábel da iniciativa. Francisco Jorquera dixo que o prezo oficial da venda no ano 2013 "foi de 1.003 millóns de euros" cunhas garantías a favor do comprador moi superiores ao prezo da venda e froito diso, "no primeiro exercicio de Abanca superou o prezo da venda". Esta operación supuxo "perder para o contribuínte 10.000 millóns de euros" nun proceso de venda acelerada". Ademais, engadiu, o que fora presidente de NGB, José María Castellano, afirma que se en vez de privatizar a entidade financeira se tivese agardado tres ou catro anos, "o Estado podería recuperar o diñeiro destinado ao seu saneamento", o que contradí a tese oficial da Xunta que sempre xustificou a venda anticipada como mellor opción. Antón Sánchez (AGE) criticou a actitude do PP e da Xunta, sinalando que "pedirlles transparencia é moito pedir" e reprochou o escurantismo de toda a operación: "para facer estafas deste estilo o normal ´é procurar que a xente non entenda o que está a facer". |
NOS_51811 | Falta de espazo, edificios sen ventilación natural e falta de equipos de protección individual son algunhas dos problemas actuais segundo este sindicato. | A reincorporación do persoal da administración de Xustiza non vai ser doada. Alternativas na Xustiza-CUT asegura nun comunicado que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), o Tribunal Superior de Xustiza (TSX) e a administración da Xustiza "deixan en evidencia que teñen prioridade criterios económicos e laborais por riba dos sanitarios". Denuncian que o CXPX fixo público un documento de 400 páxinas con medidas de choque, "sen ter en conta como sería a reincorporación das traballadoras e traballadores aos centros de traballo e as limitacións estruturais para esa reincorporación". Apuntan que desde a Comisión de seguimento do TSXG constataron que o maior índice de contaxios está relacionado cos xulgados que realizan funcións de garda, con todo o seu persoal. Unha circunstancia que o propio presidente do TSXG clarifica afirmando que "os xulgados non están preparados para asumir a volta de todo o persoal". Mudanzas nas instalacións das cidades Segundo Alternativas na Xustiza-CUT os edificios xudiciais galegos das cidades e vilas galegas teñen eivas que é preciso solucionar antes de que se reincorpore todo o persoal. Na cidade de Ourense, por exemplo, sinalan que o antigo edificio do Pazo da Xustiza conta con ventilación, algo que non ten o novo edificio xudicial. Por este motivo consideran que sería proveitoso trasladar os arquivos do primeiro ao segundo para deixar lugar ao persoal que agora pode contaxiarse a través do aire condicionado. Ademais propoñen que se garden as distancias no traballo aos dous metros recomendados polas autoridades sanitarias. Neste período de adaptación, segundo este sindicato, deberían abrir as xanelas das novas instalacións para evitar seguir con ventilación artificial. Nas cidades de Vigo e Ferrol os edificios xudiciais están ao límite da súa capacidade Pontevedra conta con tres sedes xudiciais. Desde este sindicato aconsellan que na Audiencia Provincial se redistribúan as oficinas para evitar non respectar a distancia mínima. En relación ao antigo edificio xudicial da Parda apuntan que as oficinas son demasiado reducidas e non contan con espazo abondo. A súa proposta é redistribuílas aproveitando o traslado de moito material ao novo edificio xudicial. Por outra parte están, por exemplo, as cidades de Vigo e Ferrol, onde os edificios xudiciais están ao límite da súa capacidade. "Os xulgados de Vigo tiveron que habilitar un tellado para instalar o xulgado do Mercantil e alugar un local fóra dos edificios xudiciais para por en funcionamento o xulgado do Social nº 6, de recente creación". Xulgados nas vilas "Nos xulgados das vilas a situación non é mellor", aseguran desde este sindicato, "as mesas das traballadoras e traballadores non teñen as distancias de seguridade de 2 metros, os corredores son moi estreitos e mesmo edificios xudiciais novos como o de Tui non cumpre coas medidas de seguridade ditadas". Tanto nas cidades que teñen maior espazo, por ter edificios de nova creación, como na grande maioría que teñen edificios colapsados de xulgados, a Xunta debería, segundo este sindicato, "instalar biombos de metacrilato para separar ao persoal nos seus postos de traballo, eliminar as barreiras arquitectónicas que supoñen os tabiques de pladur e entregar equipos de protección individual que cumpran coa normativa. Por último, demandan que a Xunta da Galiza proceda a alugar baixos ou locais naquelas vilas onde as instalacións non teñan a seguridade aconsellábel para o persoal. "Que non prevaleza o aforro económico sobre a saúde", sentencian. |
NOS_30338 | A Plataforma social Vía Galega entregou esta quinta feira no Rexistro Xeral da Xunta en Compostela as sinaturas de apoio ao manifesto 'Galiza, un pobo, unha selección' acompañadas dunha carta dirixida a Alberto Núñez Feixoo. No acto participaron deportistas e representantes de varias organizacións e entidades do país. | A organización Vía Galega entregou esta quinta feira no Rexistro Xeral da Xunta da Galiza, en Compostela, 4.326 sinaturas de apoio ao manifesto 'Galiza, un Pobo, unha selección', dirixidas ao presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo. O acto converteuse nunha chamada de atención pública pola situación actual de todas as seleccións galegas coa participación de deportistas de diferentes disciplinas e representantes de organizacións e entidades que apoiaron coa súa presenza a reivindicación. O manifesto de Vía Galega No manifesto analízase a situación das seleccións galegas e reclámase o dereito da Galiza de estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas e ter o dereito a poder conformar seleccións galegas en todos os deportes, coa posibilidade de poder competir a nivel oficial e internacional. Ademais, demandan que as persoas que se dediquen ao deporte e suban ao podio poidan exhibir a bandeira galega. Por último, reclaman galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero. O portavoz de Vía Galega, Anxo Louzao, salientou "a grande acollida que está tendo a campaña" e agradeceu o apoio a todas as persoas asinantes e ás alí presentes. Afirmou que "o dereito a competir coas nosas seleccións, baixo a nosa bandeira e himno e a termos selección en todos os deportes é un dereito que nos asiste como galegos e galegas e que non pode ser prohibido por máis tempo. Feixoo, como presidente da Xunta, ten a responsabilidade e obriga de facelo posíbel". Criticou, ademais, que "só unha Xunta que non acredita na nosa identidade nacional e que procura a invisibilidade e irrelevancia da Galiza pode negarnos a vibrar coas nosas seleccións, entoar o noso himno e izar a nosa bandeira". O voceiro de Vía Galega ten claro que "se hoxe a Galiza é unha potencia e referencia en diferentes disciplinas deportivas, de competirmos oficialmente e internacionalmente, estas acrecentaríanse exponencialmente". Aliás, Louzao explicou que reclaman seleccións nacionais e oficiais "porque os nosos e nosas deportistas e seleccións son as únicas que nos representan e, por tanto, a Xunta ten a obriga de tomar todas as medidas para que este sentir sexa realidade". A voz de deportistas profesionais da Galiza Mercé Barrientos, ex presidenta da Federación Galega de Taekwondo e presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas contou a súa experiencia coa selección galega. "Os rapaces galegos competían en Bélxica, en Holanda, en Alemaña, Corea... e co tempo experimentei unha regresión promovida desde o ámbito da política na que as seleccións galegas foron perdendo capacidade de manobra". Botou man de lembranzas cando explicou que "nun campionato en Holanda os e as rapazas galegas enchéronse de medallas e un adestrador iraniano preguntaba onde estaba a Galiza e por que gañaban tanto, e despois de explicarllo pensaba que era unha illa". O tamén asinante do manifesto, Manuel Polo, subcampión europeo máster 45 de marcha atlética e adestrador de atletismo, afirmou que "é fundamental ter capacidade de representar o noso país a nivel internacional e ese é o obxectivo fundamental desta campaña". Finalmente, Serafín Carballo, subcampión de 1.500 metros comentou que, para el, "é unha tristura que moitas rapazas e rapaces poderían estar representando Galiza, o noso país, mais non poden por ser os segundos ou terceiros do Estado e non teren a posibilidade de competir". Carballo apuntou que "se tivésemos unha selección galega moitos deportistas da alta competición que aparcan a súa carreira por eses resultados terían a posibilidade de prolongala". |
PRAZA_1906 | Quen pense que todo isto é algún tipo de ecuación con siglas non comprende o que ocorreu, o que está a ocorrer e o que vai ocorrer. Nace unha nova cultura política cívica, nacional galega que vai anovar e facer viábel este país que tanto o precisa. Iso é o que ocorreu entre o 22 e 23 e o que non contan informacións interesadas ou pitoñas. | Temo que quen non asistiu ao Banquete de Conxo o pasado 23 non comprenda o que ocorreu se informa a través dos medios, non saiba que alí ocorreu algo absolutamente novo. Todas esas informacións e comentarios sobre que se o BNG e Podemos ou Anova ou IU ou…, son ruido e fume que oculta unha muxica viva. E esa muxica vai arder e dar luz. Nesa xornada longa houbo de todo, momentos de tensión e incomprensión, diálogo, controversia, voces, desgustos, alegrías, apupos, emoción…, e un grande encontro unánime entre absolutamente toda a xente que alí estivo. Prácticamente unánimes foron as mans alzadas para aprobar os acordos, as consignas, os nomes. Unánime foi a alegría coa que rematamos un día único. Un día no que compartimos un espazo simbólico, o brinde pola liberdade dos demócratas galegos dez anos despois da Revolución Galega. Nese día contrastáronse dúas culturas políticas e conseguiron un abrazo compartido final. Eran dúas culturas incompletas cada unha por separado. Unha cultura política que fai fincapé case exclusivamente nas organizacións e que invoca as tradicións da esquerda histórica e do galeguismo aínda que, sendo máis realista, sufíncase no antifranquismo, co que ten de radical, de valente e tamén de desfasado. Outra cultura que é partillada por gran parte da sociedade actual e que desconfía das organizacións, virada de costas a unha esquerda tradicional e a un galeguismo que foron autoreferenciados e autocomplacentes e non souberon chegar a xente, e que está alimentada polos medios de comunicación españois que reproducen as relacións de poder existentes. Esa cultura política, ten claras insuficiencias, mais incorpora dun modo natural uns xeitos democráticos esixentes que non caixan coas maneiras tanto do franquismo como do antifranquismo. Dúas culturas nunha mesma sociedade galega, dúas correntes que se precisaban unha a outra. Nese día contrastáronse dúas culturas políticas e conseguiron un abrazo compartido final. Eran dúas culturas incompletas cada unha por separado. Por un exemplo, para unha delas, a cultura nacionalista galega, o drama que viven os gandeiros galegos é algo fulcral, mesmo de carácter ideolóxico ou mítico, mentras que para a outra, a cultura democrática dentro dos parámetros españois, é un problema sindical de campesiños que merece solidariedade en tanto que é xusto. O que naceu o pasado día 23 de Agosto é un lugar político e ideolóxico completamente novo onde os problemas persoais e sociais dos cidadáns e cidadás galegas poden ser vistos cunha ollada compartida: poden ser interpretados dun modo nin nacionalista español nin galego, dun modo "nacional" galego. A nación como un espazo de convivencia voluntariamente compartido polas persoas que viven neste país chamado Galicia, ou Galiza. Iso é o que saiu de alí A nación como un espazo de convivencia voluntariamente compartido polas persoas que viven neste país chamado Galicia, ou Galiza. Iso é o que saiu de alí dunha asemblea na que participamos xente que comezou dun lado e outra que comezou do outro. Nesa asemblea xa participaron moitas persoas que a véspera acordaran o diálogo para a confluencia, o que queda por diante só é falar, acordar e darse a man. E darse a palabra de galego, veñan máis cinco! Nin o 22 nin o 23 ficou dúbida ningunha de que hai que xuntarse porque todos e todas nos fomos achegando e porque todos e todas sabemos que queremos que haxa un lugar lóxico para que partidos e organizacións de todo tipo se incorporen a este movemento cívico. Por diante o acordado é a confluencia coas correntes que poden partillar este soño e o diálogo para a inclusión cos partidos que aínda non apoian ese proceso de construción. Quen pense que todo isto é algún tipo de ecuación con siglas non comprende o que ocorreu, o que está a ocorrer e o que vai ocorrer Quen pense que todo isto é algún tipo de ecuación con siglas non comprende o que ocorreu, o que está a ocorrer e o que vai ocorrer. Nace unha nova cultura política cívica, nacional galega que vai anovar e facer viábel este país que tanto o precisa. Iso é o que ocorreu entre o 22 e 23 e o que non contan informacións interesadas ou pitoñas. E se naceu algo novo é porque era imprescindíbel, só o drama dos nosos gandeiros serviría para comprender o que levamos perdido, o que nos levan feito e o que tanto precisamos: cidadanía indignada, activa e mobilizada. Queremos todo o que nos pertence e queremos gañar, defender os intereses de cada un e colectivos e ordenar para diantes os nosos asuntos pensando solidariamente o mundo e a vida desde aquí. Os partidos estatais buscan os votos no mercado, nós xuntamos vontades desde abaixo persoa a persoa, cidadán a cidadá. Iso é o que aconteceu estes días que fan historia. |
NOS_20166 | Movendo a cola nerviosa arriba e abaixo a lavandeira branca percorre ríos e regatos de todo o país e tamén praias, parques de vilas e cidades e mesmo podemos atopalas nas beirarrúas da AP-9 ou de calquera estrada. Unha camiñante incansábel sempre á procura de insectos dos que dá boa conta. Nos medios máis humanizados permítenos achegarnos o suficiente como para estudar as súas características e poder diferencialas das súas dúas parentes, a lavandeira real e a marela das que tamén imos falar. | O motivo do nome lavandeira débese ao seu gusto polos lugares con auga e polo continuo movemento da cola, arriba e abaixo, tal e como facían coa roupa as mulleres que ían lavar ao río. Tamén se lle coñece polos nomes de albardeira, costureira, labradora, lavandisca, pasturiña, paxariño da neve ou rebandoira, entre outros. Distribución Ocupa latitudes de toda Europa incluída Islandia e as Illas Feroe así como norte de África. Chega tamén, segundo Atlas de aves reprodutoras de SEO/Birdlife, até sur da China e norte da India. Na península Ibérica observase maioritariamente a subespecie alba, pero durante o inverno recibimos exemplares da subespecie yarrelli, especialmente ao norte e oeste do territorio ibérico. Na Galiza está amplamente espallada e é de doada observación. Como recoñecela Á hora de tentar identificar un paxaro pódese atender a varios aspectos como son a forma, cores, conducta, tipo de hábitat, etc. No caso da lavandeira branca algo representativo que nos permite distinguila rapidamente é o seu comportamento e silueta, tanto ten se está a contraluz e non se lle pode apreciar a cor, a distancia o impida ou a nosa vista non alcance. Se observamos un paxaro esvelto, de aspecto lixeiro, de camiñar nervioso que vai abaneando constantemente a longa cola de arriba abaixo e a cabeza de diante cara atrás, non hai dúbida, estamos diante dunha lavandeira. Se a observación é boa, claramente distinguiremos que na súa plumaxe predominan a cor gris, branca e negra. Lombo de cor cincenta, ás negras con listas brancas e partes inferiores tamén brancas. Macho e femia son semellantes pero esta coa caluga gris, teñen a cara branca rodeada por enriba e embaixo de cor negra. A cola é longa como xa se comentou, negra coas plumas externas brancas. Patas e peteiro negros. A plumaxe no inverno é semellante pero ten máis clara a cabeza e amosan a gorxa branca e a banda pectoral negra. Pola súa banda os exemplares xuvenís non teñen negro na cabeza e si unha banda gris no peito. Se atopamos un macho a identificación será doada por ter este as partes superiores completamente negras Como diciamos ao comezo, a lavandeira branca camiña nerviosa e ao carácter inquedo súmanselle os cambios de dirección continuos e mesmo os chimpos. Realiza pequenos voos con ondulacións e chíos breves e fortes. Alén da lavandeira branca, na Galiza pódese observar outra subespecie, a Motacilla alba yarrellii, que debe o seu nome a Wiliam Yarrell, ornitólogo inglés. En galego recibe o acaído nome de lavandeira moura ou enloitada, e aínda que a variedade de plumaxes entre machos, femias e xuvenís é grande como no caso da lavandeira branca, se atopamos un macho (como o da imaxe da páxina seguinte) a identificación será doada por ter este as partes superiores completamente negras. A subespecie Yarrellii, procede de Irlanda e Inglaterra e comezan a aparecer desde mediados ou finais de setembro en praias e campos do litoral galego, algunhas seguirán camiño pero outras quedarán aquí durante o inverno e poderemos observalas por boa parte do país, desde o paseo marítimo de Camariñas a calquera agra en Ames. Voz Non poderiamos dicir que é unha das nosas aves máis cantareiras pero si que ten varias voces e reclamos que se poden escoitar durante todo o ano, aínda que son máis frecuentes desde febreiro e marzo en diante. O canto, un trino que semella apurado e vivo, non se escoita con frecuencia. Son máis habituais as chamadas "pevitt" ou "zitt". Onde atopalas? O nome de lavandeira podería levar a pensar que o seu hábitat son zonas húmidas, ríos e regatos ou beiras de lugares con auga, e así é, pero este paxariño lanzal adaptouse a outros ambientes humanizados, polo que é fácil atopalas na contorna de granxas, edificios, parques, rúas, beiras de camiños, etc. Poderiamos seguir nomeando ambientes como praias e campos con poucas árbores. As paisaxes agrícolas abertas con prados e gando son tamén do seu gusto. Como ben se aprecia no poema de Manuel María, é unha das aves que non falta cando se está a traballar a terra aproveitando calquera invertebrado que quedou ao descuberto, motivo polo que tamén hai recollidos nomes como o de labradora. Resumindo, ave da que case sería máis doado enumerar aqueles lugares nos que non está presente como bosques densos. Alimentación Aliméntase fundamentalmente de insectos que captura empregando diferentes técnicas de caza, sendo a máis habitual a de ir camiñando e ao tempo peteirando todo aquilo que lle saia ao paso. Outra das súas tácticas é a de capturar as presas en voo, ben sexa porque a mosca que estaba a perseguir botou a voar ou anda á procura delas na nube que se forma baixo as lámpadas de vilas e cidades. Menos habitual é vela cazar desde un pousadoiro como se fora unha rapaz, xa que o seu ritmo inquedo non fai que sexa normal mirala parada sobre un poste ou calquera outro lugar moito tempo seguido. Na dieta entran fundamentalmente invertebrados entre os que están moscas e mosquitos, insectos e as súas larvas, arañas, vermes ou pequenos moluscos. Nas praias é habitual observalas nas moreas de algas á procura de pulgas. Pode consumir, aínda que de maneira máis excepcional, sementes ou algunha vaga. Reproducción O cortexo das parellas realízase en marzo e comezos de abril. Cada femia é seguida por varios machos, dous ou tres, o que semella dominar a situación, achégase á femia nunha pose agachada inflando a gorxa, facendo unha liña en zigzag, abrindo as ás e despregando a cola. A femia correspóndelle agachando e elevando o peteiro lixeiramente aberto e despregando a cola. No seu conxunto estas "paradas nupciais" non duran máis dun minuto e semellan que o macho que se achega e marcha de onde da femia perdeu o sentido da orientación. A lavandeira branca é unha especie monógama e moi territorial. Constrúen o niño en ocos de edificios, valados, buracos de pontes, fendas, levadas de muíños ou entre as hedras de soportes moi diversas. Tampouco desbota facelo no chan empregando os sumidoiros e soen estar habitualmente a baixa altura e preto da auga. Poñen de 4 a 6 ovos brancos ou cincentos con manchas escuras O niño ten forma de cunca, non é moi elaborado, emprega material diverso como raíces, pólas pequenas, follas e víos que logo forran no interior con pelo e plumas. As primeiras postas realízanas cara mediados de abril estendéndose até agosto. Poñen de 4 a 6 ovos brancos ou cincentos con manchas escuras que choca a femia durante 12 ou 14 días aínda que poder ser relevada polo macho en períodos curtos de tempo. Os polos, cebados con invertebrados, logo duns 10-15 días de coidados, deixan o niño pero van recibir coidados aproximadamente durante unha semana máis. Habitualmente na primeira niñada son atendidos polo macho xa que a femia comezará cunha segunda rolada. Depredadores da lavandeira? Naqueles ambientes máis humanizados, as lavandeiras brancas son presas de gatos domésticos. Tamén de aves de rapina nocturnas e diúrnas danlle caza entre a fauna salvaxe. Pero a maior perda de exemplares dáse mentres son polos e tamén durante a migración. Tendencia Atendendo aos datos de seguimento entre os anos 1998 e 2020 a tendencia da lavandeira branca é de declive moderado. Completando o tríptico de lavandeiras A lavandeira branca pertence á familia Motacillidae que inclúe ademais a lavandeira real e a lavandeira amarela, especies que podemos atopar en diferentes ambientes pero habitualmente asociadas a beiras de ríos, encoros e outras zonas húmidas. Para compoñer entón o tríptico das lavandeiras que atopamos na Galiza, imos falar destas outras dúas especies, que aínda que teñen estrutura, comportamentos e alimentación insectívora semellante á lavandeira branca, tamén amosan diferencias. Lavandeira real (Motacilla cinerea) Común e espallada por toda a Galiza, está moi asociada á auga, nomeadamente a ríos e regatos do interior e da costa. É habitual en beiras de grandes ríos, praias e zona húmidas do litoral, resultando difícil observala fóra destes ambientes. SEO/Birdlife considera que as aves da península Ibérica son sedentarias, aínda que poden realizar movementos en altitude de pouca relevancia. Durante o inverno chegan exemplares de países centroeuropeos, nomeadamente de Francia e Bélxica. É unha ave estilizada como a lavandeira branca, de peteiro negro, coas partes superiores cincentas, motivo polo que en portugués recibe o nome de alvéola cincenta. Ten as partes inferiores de cor amarela, máis intensa no macho, que ten babeiro e gorxa negra na plumaxe nupcial. A cabeza tamén é gris con dúas liñas marcadas unha na cella e outra a modo de bigote. Cando voan chama a atención unha liña branca ao longo das ás. A cola é moi longa coas plumas externas de cor branco. Os xuvenís son semellantes ás femias, co peito de cor crema. Aliméntase de efémeras, mosquitos, moscas e das súas larvas Teñen unha chamada forte a aguda semellante a un "zick" ou "ziss-ziss", que frecuentemente emiten en voo e a voz de alarma é un estridente "si-siht". O canto componse de melodías sibilantes encadeadas. Aliméntase de efémeras, mosquitos, moscas e das súas larvas e tamén de arañas e escaravellos. Fan o niño en fendas de rocha, baixo pontes ou buracos das beiras dos ríos. A diferenza das outras dúas lavandeiras que forman bandos durante a migración ou para durmir, a lavandeira real apenas se xunta en grandes grupos. Lavandeira amarela (Motacilla flava) É unha especie estival que aparece desde mediados de abril e cría nas proximidades das zonas húmidas do interior e da costa. É unha migrante trans-sahariana e os seus principais cuarteis de inverno están no Sahel. As lavandeiras amarelas migran polo día e descansan pola noite. Teñen diferentes plumaxes ao longo do ano e distintos entre femias, machos e xuvenís. O peito e o abdome amarelos, sendo as cores máis marcadas durante a época nupcial. Dorso de cor oliva cunha liña branca marcada no ollo. Unha chamada moi característica desta especie é un "psiih"ou "psiip". Teñen varias subespecies, sendo a que cría na Galiza a iberiae, porén, durante os pasos, nomeadamente o de outono pódense observar outras subespecies, sendo, escasa pero regular, a subespecie flavissima que se caracteriza polas cores amarelas. Durante os pasos pódense atopar en números considerábeis, eu teño contado bandos de máis de sesenta exemplares, case sempre procurando insectos entre as patas das vacas que estas van levantando mentres pacen. Motivo polo que en galego reciben tamén o nome vernáculo de vaqueiras ou bergeronnette, pastorciñas en francés. |
PRAZA_15589 | As proxeccións demográficas do Instituto Galego de Estatística debuxan un escuro panorama, co envellecemento disparado e a natalidade moi por baixo das defuncións | O país minguante. As proxeccións demográficas feitas públicas este xoves polo Instituto Galego de Estatística veñen prender por enésima vez todas as alertas poboacionais no país. De pouco serviron plans gobernamentais ou comisións parlamentarias para estudar o problema ou aplicar solucións. Isto é, cando menos, o que cabe deducir dos datos do IGE, os cales amosan que nos vindeiros dez anos Galicia vai perder case 130.000 habitantes. Nomeadamente, segundo estas estimacións, pasará dos actuais 2.728.903 de persoas a 2.599.659 no ano 2022, deixando polo camiño 129.244 habitantes. Atendendo aos resultados por provincias, o IGE detalla que as atlánticas serán as máis afectadas polo descenso. Así, A Coruña terá 41.128 habitantes menos ao remate da década analizada e Pontevedra diminuirá en 31.374 persoas. Pola súa banda, en Ourense a caída poboacional será de 31.331 persoas e en Lugo o IGE estima que vivirán 25.410 persoas menos. Os 21.647 nacementos de 2012 quedarán en 16.277 dentro dunha década A perda poboacional bruta é o máis rechamante dun conxunto de datos que van na mesma dirección. Así, por exemplo, a proxección estatística amosa que os 21.647 nacementos do ano que remata quedarán en 16.277 dentro dunha década, cunha taxa de natalidade que pasa de 7,9 nacemenos por cada 1.000 habitantes a 6,2. Da outra banda sitúanse as defuncións previstas, que non deixarán de incrementar malia á suba na esperanza de vida. Así, o IGE rexistra 30.859 falecementos en 2012 e agarda en no ano 2022 sexan uns 31.233. Coa diferenza entre nacementos e mortes o instituto demoscópico galego elabora a taxa de crecemento vexetativo, situada no -9.212 e que, se as previsións se fan realidade, estará no -14.956 en dez anos. Dados estes datos, o IGE prognostica que a pirámide poboacional galega estará aínda máis invertida dento de dez anos. Así, Galicia pasará de ter 321.906 persoas menores de quince anos a ter só 304.106, un 5,5% menos que contrasta coa suba do 9% de persoas maiores de 65 anos e co 36,8% de incremento nos e nas maiores de 85, que xa serán 128.884 en 2022. Isto significa que haberá 161 persoas maiores de 65 por cada 100 menores de 15 -na actualidade son 141,5- e que o índice de dependencia global, isto é, o indicador que reflicte a proporción entre persoas en idade de traballar e persoas inactivas, pasaría de 51,9 a 59,6. Accede á estatística completa |
NOS_2713 | A Garda Civil rexistrou máis unha nova empresa, desta volta nun polígono de Òdena, na procura de urnas de votación. Puigdemont afirma, nunha carta no Washington Post, que o 1-O haberá referendo. | A Garda Civil trasladou a primeira hora desta sexta feira á Cidade da Xustiza de Barcelona a seis das persoas detidas a pasada cuarta feira na operación contra o referendo do 1-O. Centos de persoas permanecen concentradas reclamando a liberdade dos detidos, nun acto no que, entre outros, está a presidenta do Parlament, Carme Forcarell. Ao longo desta quinta feira, miles de persoas tomaron parte na concentración na que se pedía a liberdade das persoas detidas. Máis de 200 pasaron a noite en tendas de campaña. Na nova concentración, perante a Cidade de Xustiza, toman parte por volta de mil persoas. O síndic de greuges (valedor do povo), Rafel Ribó, afirma nunha entrevista radiofónica esta sexta feira que, "diga o que se diga, o autogoberno de Catalunya está suspendido". Ao tempo, traballadores de TVE en Catalunya denuncian perante o Consello de Informativos a "manipulación" da cadea pública nas súas informacións relativas ao refrendo. Esta sexta feira a Garda Civil volveu entrar nunha nova empresa para rexistrala na procura de urnas ou material para o referendo. Desta volta, foi en Innovapack, no polígono industrial de Òdena. O rexistro orixinouse a raíz dunha brincadeira en whatsApp. Nunha carta que publica The Washington Post, o presidente catalán, Carles Puigdemont, afirma que o referendo do 1-O vai realizarse e carga contra o goberno de Mariano Rajoy pola súa actitude antidemocrática. |
NOS_19400 | O goberno español vai ter que dar resposta á criminalización do BNG por parte do Delegado do Goberno e á posíbel existencia de informes policiais, segundo foi filtrado a El Mundo, da organización nacionalista. O propio BNG esixe respostas no Congreso. | O goberno terá que dar conta da información filtrada ao diario El Mundo segundo a que se constataba a existencia de informes de forzas policiais que advertían do "sesgo radical" que estaban a tomar forzas políticas como o BNG no que denominaban "batasunización" . O BNG, a través das súas deputadas no Congreso, rexistra unha serie de preguntas que o goberno terá que responder nas que cuestionan a actuación do Ministerio de Interior de seren certas as informacións de espionaxe a organizacións políticas legais. "Resulta preocupante desde un punto de vista democrático que a policía se dedique a estas cuestións e tamén que determinados medios de comunicación dispoñan de informes policiais e publiquen os seus contidos", di o texto da iniciativa de Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez. Denuncian a criminalización e a manipulación da imaxe do BNG por parte do Goberno e do partido que o sustenta, e, en especial, a actitude do Delegado do Goberno en Galicia que, ao seu ver, denota "unha auténtica manía persecutoria cara ao BNG, que deixa ás claras a intencionalidade política" polo que falan dunha "estratexia" que ten como fin a desacreditación da organización nacionalista, poñendo en cuestión a súa traxectoria democrática. Juárez sofre "unha auténtica manía persecutoria" cara ao BNG, afirman as deputadas nacionalistas A democracia en cuestión A iniciativa súmase á presentada hai unha semana na que se esixía ao Goberno de Mariano Rajoy o cesamento do delegado do Goberno na Galiza, Samuel Juárez polo "aumento da represión antidemocrática" que vén exercendo contra "persoas que exercen o seu dereito á libre expresión e reunión pública". Samuel Juárez requerira do BNG unha condena "clara e inequívoca" de Resistencia Galega, presunta organización armada cuxa existencia foi dilucidada estes días durante o xuízo seguido na Audiencia Nacional contra unha moza e tres mozos independentistas acusados de pertencer a ela (aínda non foi ditada sentenza, que se agarda para os vindeiros días).. "O feito de que o BNG defenda cuestións relacionadas cos dereitos humanos, os dereitos das persoas presas ou critique os abusos de autoridade, non debe ser empregado polo Goberno para tratar de criminalizalo", sinalan as dúas deputadas na súa iniciativa. Como "verdadeiramente alarmante" cualifican que a cidadanía descubra, a través do xornal, que o goberno gasta cartos públicos en elaborar "informes e persecucións de forzas políticas democráticas". "O goberno debería aclarar se a partir de agora ter ideoloxías soberanistas vaise considerar un delito. Sería adecuado que informase deste tipo de cuestións", sinalan. |
NOS_47725 | Nacido no seo de Al-Qaeda, da que se escinde, o EI está a sementar o terror en Siria e no Iraque. O grupo foi armado e financiado polas potencias occidentais. | A proclamación o pasado 29 de xuño dun califato islámico puxo os focos no grupo yihadista sunita Estado Islámico do Iraque e Levante, agora presentado apenas como Estado Islámico (EI, IS en inglés, DAESH en árabe). O EI controla unha importante faixa de territorio sirio e iraquiano na que impoñen a sharia islámica. Conta con máis de 10.000 combatentes, unha cantidade importante de armamento pesado --entregado polas potencias occidentais-- e até 2.000 millóns de dólares, provenientes do financiamento estranxeiro á "oposición siria", e do negocio petroleiro nas zonas baixo o seu control. As súas accións armadas, nas que se inclúe a brutal violencia contra a poboación civil que non se someta aos seus postulados, provocou xa varios milleiros de mortos e o deslocamento de cando no mínimo medio millón de persoas --só nos arredores da cidade iraquiana de Mosul-- segundo recoñeceu a propia ONU. Malia que se presenta como un fenómeno recente, o Estado Islámico ten unha actividade que se remonta ao ano 2006. O 13 de outubro dese ano, tras a morte de Abu Musaab al Zarqawi, líder de Al-Qaeda no Iraque, os seus seguidores crean unha nova estrutura, o Estado Islámico do Iraque. Coincidindo coa participación deste grupo nas accións insurxentes en Siria amplían a súa denominación á de Estado Islámico do Iraque e Levante. Foi o seu actual lider Ibrahim al-Badri, coñecido como Bakr al-Baghdadi, quen decidiu formalmente rachar relacións con Al-Qaeda para logo autoproclamarse "Califa Ibrahim" e "caudillo" do Estado Islámico. O Califa de McCain Mais quen é en realidade o Califa Ibrahim? Thyerry Meissan descríbeo como "un mercenario do príncipe saudita Abdul Rahman al-Faisal, financiado por Arabia Saudita, Qatar e os Estados Unidos, para perpetrar tranquilamente todos os horrores que os Estados non poden cometer". O senador estadounidense John McCain, presidente desde 1993 do International Republican Institute (IRI), unha axencia intergubernamental –disfrazada de ONG de orientación neocon—que foi fundada por Ronald Reagan e a través da que os EUA desenvolven accións de intelixencia, mantivo un encontro en maio de 2013 en territorio sirio co que daquela denominaban "oposición armada". Na xuntanza, entre outros, participou al-Baghadadi , a pesar de ser un dos cinco terroristas máis buscados pola xustiza norteamericana xa na altura de outubro de 2011. John McCain ten sido sinalado como un dos principais actores nas chamadas "revolucións de cor" patrocinadas polos EUA. Unha información do xornalista Mark Hosenball, publicada pola axencia de noticias Reuters, aseguraba que en xaneiro deste ano o Congreso estadounidense acordou, en sesión secreta, financiar até o próximo mes de setembro os grupos yihadistas Fronte al-Nusra (integrado en Al-Qaeda)e o Estado Islámico. Para alén do máis, o ex analista da NSA Eduard Snowden revelou recentemente que o nacemento do EI foi deseñado polos servizos de intelixencia dos EUA, Reino Unido e Israel, dentro dunha estratexia nomeada en documentos da axencia como "niño do avespón". O duplo discurso a respecto destes grupos por parte da administración norteamericana sería unha hipocrisía deliberada. "Dun momento para o outro, ao pasar a fronteira da Siria para o Iraque, o Estado Islámico pasou de 'rebelde' a terrorista no léxico de Washington e Londres" asegura o xornal portugués Avante nunha crónica internacional. O goberno británico non decidiu declarar ilegal o Estado Islámico e prohibir o seu financiamento até o pasado 16 de agosto. A nova Pax Americana Analistas como Julie Lévesque inscriben o apoio estadounidense ao xurdimento deste tipo de grupos yihadistas á estratexia coñecida como "caos construtivo", nova forma da vella e imperialista Pax Américana, que se estaría a aplicar en forma de "balcanización" da rexión co obxecto de crear "un campo de inestabilidade, de caos e de violencia que se extenda desde o Líbano, Palestina e Siria ao Iraque, o Golfo Pérsico, Irán e as fronteiras de Afganistán que mantén a OTAN". "Créanse estados fallidos como paso previo ao espolio de recursos", denuncia a experta en Oriente Próximo, Nagham Salman. A partir dese caos daríanse as condicións para tornar en realidade o proxecto "Novo Grande Medio Oriente", promovido desde Washington e Tel Aviv. "O obxectivo final é debilitar o movemento de resistencia contra a ocupación estranxeira por medio da estratexia do divide e vencerás", enfatiza Lévesque. Texto publicano no semanario Sermos Galiza nº111, 28 agosto de 2014. |
PRAZA_14560 | As concesións a Eulen, empresa da que Micaela Núñez Feijóo é apoderada, suman 1,4 millóns de euros, a maior parte correspondentes a este ano e con catro contratos sen concurso público. Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto. | As concesións da Xunta a Eulen, empresa da que Micaela Núñez Feijóo é apoderada, suman 1,4 millóns de euros, a maior parte correspondentes a este ano e con catro contratos sen concurso público. Os contratos pódense consultar na plataforma de contratación da Xunta. O primeiro contrato data de 2010 e corresponde a servizos de limpeza de instalacións xudiciais da provincia de Lugo. Porén, a parte máis importante destas concesións realizáronse nos últimos meses, pouco antes de que Alberto Núñez Feijoo decidise adiantar as eleccións. O contrato máis importante correspode aos traballos de xardinería no complexo de Sogama, en Cerceda, que roza o medio millón de euros anuais. O socialista Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto e recoméndalle que non se oculte "coma con Pemex" Pero pódense atopar contratos para traballos de organización de arquivos e almacéns, servizos de segruridade para Semana Verde e máis recentemente o servizo de atención telefónica ao consumidor nas provincias de Pontevedra e A Coruña para responder as queixas dos afectados polas preferentes, unha concesión que xa fóra denunciada no Parlamento por Carlos Aymerich e polo socialista Francisco Rivera. Un e outro altertaron neste caso de que os contratos, de 25 mil e 60 mil euros, se concederan de forma separada para non ter que sacalos a concurso. O socialista Francisco Caamaño esíxelle ao candidato do PP que dea "explicacións públicas" sobre este asunto e recoméndalle que non se oculte "coma con Pemex". |
NOS_34266 | Para pactuar com o Governo de António Costa, o Bloco teve de ceder na sua pretensão inicial de reduzir a zero a área de replantação de eucaliptos. | Chegaram a um ponto de acordo o Bloco de Esquerda e o Governo do PS para reformar a lei florestal. O principal entrave para o pacto foi a questão de em que medida se devia pôr freio à replantação de eucalipto. A formação bloquista defendia que não se replantase nenhuma hectare de eucalipto, enquanto o Governo advogava por que a cada área de eucalipto eliminado correspondesse um novo espaço equivalente noutro local. O acordo conseguiu-se ao fixar uma previsão de progresiva diminuição da replantação. O objetivo do Bloco, bem mais ambicioso do que o do PS, seria que no máximo de 5 anos só se replantase 50 por cento da superfície eliminada. Por sua parte, a oposição de direita defende que não se reduza a plantação desta espécie com o argumento de que a chave para lutar contra os incêndios não tem a ver com o eucalipto, mais sim com a forma concreta em que se ordena o território e a floresta. Os pormenores concretos do acordo Bloco-PS irão-se conhecer esta terça feira num debate na Comissão de Agricultura e Mar da Assembleia da República. |
NOS_3153 | Entrevistamos Reimundo Méndez, presidente comité CRTVG, e a escritora Cris Pavón; falamos do negocio do xogo en Galiza, debullamos por que as pensións galegas son as máis baixas do estado… Todo isto, e máis, xa na nosa loxa e a partir desta quinta feira nos puntos de venda habituais. | Comezado o curso nas etapas de Educación Infantil e Primaria e a uns días de que principien as aulas para o estudantado da ESO e FP, a mudanza de Goberno en Madrid non se ten traducido nun novo rumbo para o ensino obrigatorio. A intención de volver á LOE e xestos como a idea de retirarlle á materia de Relixión o valor académico outorgado pola Lomce non se substanciaron aínda en avanzos reais que permitan reverter as políticas que nos últimos anos supuxeron recortes e recentralización. Curso 2018-2019: a vida segue igual'. 'Redescubrir Bautista Álvarez'. O 16 de setembro de 2017 deixábanos fisicamente Bautista Álvarez. Porén deixábanos en herdanza o exemplo dunha militancia a proba de lume e o capital ideolóxico dunha persoa que participou na construción da proposta teórica do nacionalismo nos últimos sesenta anos. Estamos, ao fin, diante dunha persoa por coñecer. Entrevistamos Reimundo Méndez, presidente do comité intercentros da CRTVG: "A CRTVG é como a sanidade e educación, un servizo público esencial". 'Feixóo mantén a retórica galeguista'. Nas primarias do PP estatal que entregaron a Pablo Casado as chaves do despacho de Raxoi na Rúa Génova, Feixóo moveuse cun calculada cautela: apoio, si, mais non explícito. A razón? Non condicionar en exceso a liña política do PPdeG á deriva dereitista e españolista que Casado representa. 'A batalla polas cidades'. A escasos nove meses da cita coas municipais de 2019 as diferentes organizacións perfilan estratexia e candidaturas para unha das batallas centrais, a centrada nas cidades, as prazas con maior peso e relevancia. Após a sacudida das eleccións de 2015, como se presentan as do vindeiro mes de maio? 'Portugal: Ofensiva sindical para exixir aumento dos salarios'. A CGTP-IN reclama subas salariais de 4% para enfrontar o aumento do custo da vida. A discusión sobre que rumbo ha tomar o proceso soberanista enmarcou a celebración dunha Diada excepcional. A primeira desde o referendo independentista do 1-O e da, inda non efectivizada, proclamación da República catalá. 'Unha Diada masiva entre a resistencia e contraofensiva'. 'O negocio do xogo en Galiza'. Coa crise económica o sector do xogo viu como o seu negocio caía até en 24%. Mais iso é pasado. O presente é o do boom das apostas deportivas e do xogo on-line, as facilidades de acceso a créditos instantáeos, o desembarco de máquinas de aposta e azar en locais de hostelaría... Todo iso fai que o sector volva mover moitos millóns de euros. O xogo presencial aumenta a un ritmo anual de 3-4% e o on-line e apostas abeira 15- 20% de incremento. Mentres, o número de galegos e galegas adictas ao azar duplicouse en dous anos. Un dos problemas crónicos do modelo socioeconómico de Galiza son as pensións. Desde que existen rexistros estatísticos, este tipo de prestacións –principalmente as de xubilación, por seren as máis numerosas- sitúanse, invariabelmente, no comboio de cola do Estado: un pensionista galego cobra, de media, 809,90 euros, segundo os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes a agosto, o que supón 146 euros menos que a media estatal. A comparativa é aínda máis desfavorábel no caso vasco. Alí, un pensionista cobra perto de 1.190 euros ao mes. 'Xubilacións de supervivencia'. Cris Pavón (A Coruña, 1962) é unha autora do norte transplantada con ben en Vigo, onde traballa como profesora de informática. Após un longo proceso, a que fora a súa primeira novela, 'Limiar de conciencia', viu a luz en 2017 da man de Urco Editora. Pero o tempo intermedio non foi perdido, no 2014 saía na mesma editora 'Sangue 12' e ese mesmo ano gañaba o premio Carvalho Calero co libro de relatos 'A orixe perdida das especies' (Laiovento, 2015). "É preciso un certo valor para encarar o proceso de escribir e desbotar". 'O erotismo asolaga os xardíns de Allariz'. A vila acolle desde maio a novena edición do seu Festival Internacional de Xardíns, que acumula xa máis de 33.000 visitas. A erótica é o tema principal deste ano, e un labirinto de sedas, cores e texturas enche os 20.000 metros cadrados á beira do río Arnoia. As instalacións artísticas dos 11 paisaxistas abren as cancelas para explorar doce parcelas que son, ao tempo, xardíns e refuxios de intimidade nos que o orgánico e os sentidos rozan os dedos. Para as máis atrasadas aínda fica tempo, a mostra pechará o 31 de outubro. E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, Pilar García Negro, Tokio e Nachortas, Xavier Queipo, Distrito Xermar, Francisco castro, Mercedes Espiño, Iolanda Zúñiga, Colectivo Xea, Mario Regueira, Andrés Castro, Miriam Ferradás. |
NOS_17077 | O persoal está a piques de esgotar a súa carga de traballo sen ver claro o seu futuro laboral | Os accesos ao polígono industrial das Somozas rexistraron desde primeira hora da mañá desta segunda feira diversas barricadas e cortes de estradas coincidindo co inicio da folga de 48 horas na planta da multinacional Siemens Gamesa. Así, colocáronse pneumáticos no dous acceso ao polígono que foron incendiados, ademais de proceder á corta dalgunha árbore que bloqueou o paso de vehículos. Os traballadores reclaman carga de traballo e que non se leve a cabo o despedimento de 29 empregados. Actualmente, a planta situada na comarca de Ferrolterra está a quedarse sen traballo, xa que os encargos das pas do modelo SG-114, que son as que maioritariamente realizan nesta factoría, están a piques de ser finalizadas. Pola súa banda, o Concello das Somozas tamén permanecerá pechado durante estes dous días de folga, en solidariedade cos traballadores desta planta, que é a que xera un maior número de postos no polígono industrial da localidade. E é que fai tan só uns meses eran 300 os postos de traballo directos, que ascenden até os 500 se se contabiliza os indirectos. |
NOS_6197 | O president da Generalitat valorou a sesión plenaria decorrida esta terza feira en Madrid e asegurou que se "perdeu unha nova oportunidade" que, asemade, "non volverán dar". | Na súa intervención pública para valorar a sesión plenaria que tivo lugar no Congreso d@s deputad@s en relación á Lei de consultas catalá, Artur Mas asegurou que explorarán "novos marcos legais". O rexeitamento maioritario da Cámara, foi tiltado polo president como unha "obsesión por dicir a todo que non" e lamentou que non tivesen aceptado, cando menos, levar a trámite a proposta lexislativa emanada do Parlament de Catalunya. "A partir de aquí", sinalou, "as institucións catalás procurarán o camiño noutros marcos legais para facer a consulta". O bipartidismo amosou as súas cartas. Oponse a apoiar o dereito a decidir do pobo catalán e para iso valeuse do marco xurídico-administrativo construído en 1978. 299 votos en contra, 47 a favor e 1 abstención. O Congreso español rexeitou esta terza feira a proposición de lei do Parlament de Catalunya de transferencia da competencia para convocar e realizar referendos. Sermos Galiza fixo un seguimento da sesión, que decorreu por espazo de 7 horas, minuto a minuto. Artur Mas, nunha valoración de urxencia, avanzou: "Aquí non acaba todo. Construiremos marcos legais para facer a consulta". 21.44 Alfredo Pérez Rubalcaba (PSOE) "Hai xente que vive a súa identidade, a min isto impórtame pouco mais respéctoo". "Vou tentar convencer o presidente do Goberno para que debatamos". "Sexamos serios. De que estado están falando? Do de Jalisco?" "Temos un problema de convivencia e o que fixen foi traer unha solución distinta á que se propón hoxe aquí". "Non estou de acordo co dereito de autodeterminación e a independencia". 21.37 Joan Herrera (representante do Parlament) "A inmensa sorte é que a sociedade española de hoxe é mito máis plural que o seu non". "O que lle acontece a España é que lle falta cultura federal e cultura democrática" "Trátase de que a consulta se faga por democracia, a maioría da sociedade quérea". "Hoxe en Quebec gañaron os federalistas, saben por que? porque se permitiu votar." "Vostedes son os principais artífices do 'se rompe España'". "O debate de hoxe era outra cousa, son bos estrategas electorais e pésimos gobernantes". 21.31. Marta Rovira (representante do Parlament) "Votaremos e faremos gañar a liberdade e a democracia". "Traballaremos pola reconciliación de dous pobos irmáns". "Este non é un proceso en contra do pobo español, ao que amamos e respectamos". "Viñemos tender as mans mais se continúan a darnos as costas o pobo catalán volverá darse a man para votar o 9 de novembro porque votar é democracia". "Temos un mandato democrático que cumprir e é legal, acepten o xogo democrático". "Non lembran que Catalunya é anterior á Constitución española? Mil anos de historia". 21.26 Jordi Turull (representante do Parlament) "Non nos digan que é imposíbel porque como dixo Mandela, todo parece imposíbel até que se fai". "Sr. Rajoy pódeme definir o seu concepto de 'amar Catalunya'", "se tanto a ama por que non promove o que realmente nos importa aos cataláns?". "Nós antes que catalanistas somos demócratas". "Tan inxusto é non deixar votar aos cataláns como imporlles algo". "Este proceso non ten un só nome e apelido [di en relación ás referencias constantes á ausencia de Artur Mas], senón moitos, de todos os cidadáns cataláns". 21:00 Alonso (portavoz do PP) "O noso non é un si á democracia. Un si para substituír a incomprensión polo entendemento e a confrontación polo diálogo". "Non existe o dereito á ruptura unilateral dos marcos de convivencia". "É máis libre a xente nunha sociedade homoxénea que na pluralidade?. Homoxeneidade política é monopolio do poder". "A idea dunha España sen Cataluña é unha amputación. Non hai separacións indoloras. Dividir é debilitar" "Señorías, hai outro camiño, mais require seriedade e responsabilidade. O presidente do goberno español mostrou disposición a falar. Saian vostedes das posicións maximalistas e abran as portas a un futuro partillado" "Somos plurais, diversos, distintos...pero españois" "Non se engane, señor Durán i Lleida, este é un proceso que non se oculta: crear un novo estado en Europa" "Vostedes dan por feita a ruptura de España, e só queren sancionala, por riba do dereito" "Temos unha Constitución a proba de políticos" "Piden que lles demos a chave que abre a porta da secesión de Catalunya. Pero esa chave é do pobo español. O único referendo sería en todo o pobo español. A soberanía nacional non reside en ERC nin en CiU, reside no pobo español" "Esta proposta nace dun informe no que se fala de 5 vías legais para un referendo sobre a independencia. Son vías contraditorias entre si. Acuden aquí a pedir o que saben que é imposíbel darlles" "Que traian esta cuestión aquí, o Congreso, supón recoñecer que temos a competencia para decidir" "Por que non está aquí o president Artur Mas? É o promotor desta iniciativa, e non se lle coñecen moitas máis iniciativas. Dinnos que non vén por humildade política. Non é críbel" 20:55 Uxue Barkos (Geroa Bai) "O Parlament o que nos propón é escoitar, a través dun referendo, a voz de Catalunya. Eu si quero escoitar esa voz" "Un exercicio de bipartidismo que non é quen de dar solución a anceios soberanos" "Se houber que resumir nunha frase este debate sería: Sen novidade na fronte. Resume o tono castrense dunha sesión que tería quer ter sido de política" 20:51 Salvador Armendáriz (UPN) "Hai catalanistas que recoñecen na intimidade que crearon un monstro" "O pobo vasco é o único pobo oprimido do mundo que veranea no pobo opresor. É un exemplo que resume o que pasa con algúns discursos. A cegueira dos partidos nacionais e os separatismos insaciábeis leváronnos ata aquí". 20:48 Álvarez Sostres (Foro Asturias) "Catalunya conformouse xunto co resto dos pobos da Hispania. Unidos en España, nunha Europa máis democrática" 20:44 Joan Baldomí (Compromís) "Señor Rajoy ínstolle a que nos deixe decidir sobre a Lei do Aborto ou dación en pago. Non o farán, teñen medo da democracia" "O que pide o Parlament é que deixen poder decidir aos cidadáns sobre o seu futuro. PP e PSOE é o que nunca deixan, decidir" 20:41 Ana Oramas (Coalición Canaria) "Recoñezan a carácter plurinacional de España. Canarias tamén espera iso" "Os 2 grandes partidos non souberon tratar a cuestión catalá durante todos estes anos. Cremos que hai unha gran responsabilidade dos partidos do Estado na ruptura do consenso constitucional". 20:38 Olaia Fernández Davila (BNG) "No discurso contrario á proposta catalá din que os acordos acadados deben de adaptarse o que queren PP e PSOE. Señorías dos grupos maioritarios: non obstaculicen o dereito a decidir, a que se vote" "Son propostas democráticas, que teñen o apoio democrático da maioría do parlament e reflexan unha demanda cidadá. Non se escuden en que o argumento non está amparado pola lei. As leis non son inmutábeis, deben de adaptarse aos tempos. E os tempos actuais non son os de hai 40 anos" "Negar a realidade por moito que se insista non fai que desapareza. Un exemplo é a realidade nacional de Catalunya, Euskadi e Galiza" 20:31 Xabier Errekondo (Amaiur) "En Euskal Herria témolo claro: o futuro está nas nosas mans, sexa cal sexa o goberno español. Visca La Terra!" "Saben que é inevitábel que os pobos, vasco, catalán, galego, tomen a palabra" "Están nervisosos. Na confrontación política están abocados á derrota". "Algo que vai ser legal en Reino Unido, en España é anti-democrático. O estado español só sabe dicir non" "En 2005 o Lehendakari recibiu aquí, neste coso taurino, un trato vexatorio cando veu defender o novo estatuto. Fixo ben Artur Mas en non vir" "Vostede señor Rajoy ten que respectar a palabra e decisión de vascos, cataláns e galegos" Inicia a intervención en catalá para parabenizar ao pobo catalán 20:11 Alfred Bosch (ERC) "Cataláns e catalás, que a forza nos acompañe" "Español, non axudes a trenzar unha soga que acabará sendo para ti. Se hoxe se nos impide aquí votar os cataláns, mañá impedirásevos a vós decidir sobre, por exemplo, se queredes entre monarquía e república " "A oferta que tratamos aquí é do Parlament de Catalunya. Traémola porque respectamos os españois. Non residiremos na hipocresía nin no odio. Ofrecemos, logo, esta iniciativa coa man tendida. Dixirímonos aos españois en xeral: Non é imposíbel isto de convocar á xente para decidir o seu futuro. Pedimos que nos axudedes a evitar o despropósito dun goberno arremetendo contra unha votación. Aplastar as urnas en Catalunya vai prexudicar a democracia en España". "Daquí a unhas cantas décadas, os nosos bisnetos mirarán o día de hoxe e dirán: vaia ridículo! Todo un pobo a camiñar e os políticos españois a tratar a ese pobo como menores de idade" "Quen debe mandar en democracia é a xente. Aquí non se pode decidir nin decretar que se para un proceso impulsado pola maioría da xente en Catalunya" "Di Rajoy que nos quere moito. Que quere máis a Catalunya que nós propios. Señor Mariano, eu tamén che quero moito, mais non nos poñamos posesivos. O amor de veras baséase na igualdade e na liberdade". "Os grandes partidos dinásticos españois organizan o tanto monta,monta tanto, don Alfredo como don Mariano" "Ao fin da xornada presumirán que aaquí acabou todo. Como unha final de Champions. Ese é o festival que queren montar aquí. Quéixanse de que non veña Artur Mas. Vostedes non queren aquí ao president da Generalitat, queren un saco de boxeo" "Malia todo, móvese. Sábeme mal o que acontece hoxe aquí. Os grandes partidos españois pretenden interromper a rotación da Terra. Non poden acordar o fin da historia. Non poden decretar que o vento deixe de soprar, que as marés non suban... como sucedeu coa Inquisición e Galileo Galilei" 19:40 Aitor Esteban (PNV-EAJ) "O Lehendakari Ibarretxe dixo aquí en 2005 que cría que existía un camiño e un punto de encontro: o dereito a decidir" "Empezo a pensar, señor Rajoy, que vostede quere manter unha Constitución-trampa, un cárcere dos pobos" "A vía catalá non é anti-democrática. O que non pode facer un estado social e de dereito é negar o dereito a decidir. As nacións vasca, catalá e galega existen" "A Constitución en Euskadi só tivo o 30% dos votos do censo. Un fracaso estrepitoso. O argumento de que toda a cidadanía do Estado debet votar é unha aberración. Onde se viu iso? En Escocia? Non en Quebec? Non? En Timor? Non. Se queren, fágano e miren os resultados en Euskadi e Catalunya" "PP, PSOE e UPyD confunden legalidade con democracia. Unha democracia non pode substentarse nun positivismo atroz do dereito" "O primeiro resorte defensivo do nacionalismo español é sempre o de...'iso non se pode facer, que o prohíbe a Constitución'" "O goberno español ten 2 patacas quentes nas súas mans: a pataca catalá e a euskal pataca" "Houbo desprecio da clase política desde Madrid cara os pasos que se daban desde Catalunya. Non val coa boa vontade dunha parte. En Madrid non hai intención nin ganas de pactar. Hoxe por hoxe non hai vontade de entendemento" Comeza a súa intervención en catalán para saudar o pobo de Catalunya 19:06 Rosa Díaz (UPyD) "Estamos en contra desta proposta, de que se aparente o que non é, é un debate farsante. Estamos en contra de que se reitere sempre a palabra pobo, identidade, diálogo,democracia...o que vostedes traen é o máis alleo á Europa democrática. En democracia, o esencial non se discute" "Cando alguén lle di corrupto a un nacionalista catalán chámanlle traidor, español e fascista" "Vostedes poderán seguir a ser separatistas e republicanos e o que sexa, mais levantar fronteiras non. Quérennos roubar a España plural e democrática" "O importante non é o debate de hoxe. É o que sucederá mañá e pasadomañá. Sería histórico que as autoridades cataláns respeten as decisións das administracións" "Quen defende esta iniciativa xa dixo que fagamos o que fagamos van seguir adiante" "Eu era unha mala española porque non era franquista e despois fun unha mala vasca porque non era nacionalista" "En Catalunya hai opresión. Os cidadáns non nacionalistas viven oprimidos" "Vostedes (á delegación do Parlament) falan moito de pobo e pouco dos cidadáns" "Hai unha certa esquerda que abraza o da identidade, o que non deixa de me sorprender" (Á delegación do Parlament de Catalunya): "Traen á Cámara un debate anti-europeo. Un discurso nacionalista, a prol das fronteiras, non hai discurso máis reaccionario. Traen a hispanofobia" "Son deputada nacional. Represento tamén os cidadáns de Catalunya. Representamos a todos os cidadáns" 18.34. Joan Coscubiela (Izquierda Plural) "Señor Rajoy, o que interesa é o diálogo. Cito a Azaña: 1932, cando se discutía o Estatut de Catalunya. A nós tocounos gonernar nunha época en que Catalunya non está en silencio" "Igualdade e diversidade non son incompatíbeis. Igualdade e desigualdade, si" "Propomos que se trate este debate no marco dun proceso constituínte. Que se recoñeza que a convivencia nun Estado federal é voluntaria. Non hai proposta federalcríbel se non se recoñece previamente o dereito a decidir, senexclusións, incluso a independencia" "España rompe xa, está fracturada, como consecuencia das políticas sociais, do aumento das desigualdades" "Contrapoñen á soberanía catalá a soberanía española, a mesma que puxeron os pés dos mercados" "A vostedes non lles gusta que os cidadáns de Catalunya falen, como non lle gustou durante anos que falase a cidadanía española" "Para vostés, democracia é votar un día e calar catro anos" "E un referendo de natureza consultiva e nos termos en que se acorde co goberno do Estado. Parécelle pouca chamada ao diálogo. A proposta que se plantexa non é o vaciamento da competencia do Estado en materia de referendo, sabe que non é así, porque o que se pide é a delegación da competencia nun asunto tasado, e co acordo do goberno do Estado". "Hoxe, señor Rajoy, non estamos discutindo sobre a independencia. Hai moitos aos que lles gustaría que ese fose o único debate que se suscitase nesta cámara. Vostede inventouse un inimigo. Confunde o dereito a decidir, o método, co resultado, o que a vostede lle interesa, a independencia. Por que o resultado desa consulta non pode ser distinto, unha opción federal" "O debate chega ao Congreso manoseado e manipulado por quen aspira a obter réditos políticos deste conflito" 18.12. Duran i Lleida (portavoz de CiU). "Se non queren vostedes que esa consulta a convoque a Generalitat, convóquena vostedes" "Estamos dispostos a negociar, e cando digo a negociar, digo a negociar todo. Se hai que tocar a Constitución hai que tocala moi mesuradamente. Pero o TC pon nas mans dos políticos facer o necesario para procurar a saída política a este problema que existe e que non o inventan os representantes políticos de Catalunya". "Non estamos ante unha cuestión xurídica, estamos ante unha cuestión política". "Non é que non podan [delegar a Catalunya a potestade para convocar referendos], é que non queren, que é moi respeitábel, pero é algo moi distinto" "Rogo a esta Cámara que non feche as portas que deixou abertas o Tribunal Constitucional. Este non é un debate sobre a independencia" "A apelación ao diálogo é a un conceito amplo de diálogo, seguindo as pautas da sentenza do Tribunal Constitucional". "A hora de defender a Constitución, non estamos dispostos a receber lecións", di en alusión a que Alianza Popular, en que militaba Rajoy, non apoiou en bloque a Carta Magna. 17.35. Alfredo Pérez Rubalcaba (Líder da bancada do PSOE). "Unha reforma constitucional federal resolve os problemas entre España e Catalunya". "O noso Estado autonómico é cuase federal. Pero aquilo que nos falta é o que teñen os Estados federais. Nos Estados federais a división de competencias está clara". "Queremos facer unha reforma da Constitución para continuar a viver xuntos". "Estamos en desacordo coa independencia tamén por tamaño, pero non porque Catalunya sexa moi pequena, senón porque España é moi pequena". "O dereito de autodeterminación é un dereito das colonias para separarse das metrópoles. E un dereito para irse. E un dereito que se aplica unha e outra vez até conseguir irse. Non estamos de acordo coa independencia de Catalunya". "Non é tolerábel que en Catalunya haxa quen diga que España nos rouba" "Os socialistas sempre defendimos o autogoberno de Catalunya" "Non cabe facer un referendo autonómico sobre un asunto que afecta a todos os españois. Unha pergunta que afecta a todos os cidadáns de España non pode respondela só unha parte deles". "O cumprimento da lei é unha obriga inexorábel para calquer demócrata". "Non nos gusta aqueles que obrigan a elixir entre ser españois e ser cataláns". "Falo en nome do grupo parlamentar socialista, composto por socialistas do PSOE e do PSC". 16:56 Mariano Rajoy (presidente do goberno español) "Non podo dialogar sobre a soberanía nacional, porque non é miña. É de todos os españois". "Vostedes deseñan un futuro idílico e non falan dos inconvenientes. Non din que Catalunya sería máis pobre nen que sairía da UE sine die. Perderían dereitos e liberdades de movimento e de entrada en España, na súa propia patria. Saben o que significaría para a banca catalá saír do BCE ou para todas as persoas que teñen aí os seus fondos, os seus aforros ou as súas pensións". "Como é posíbel que un demócrata prohíba unha votación. Votar é democrático. Mais non bastan as urnas para que unha votación sexa democrática. Falta algo máis. Falta o respeito á lei. Non se pode recoñecer outra autoridade por enriba dos cidadáns que a lei, esa é a democracia". "Unha parte non pode decidir sobre o todo. Nengunha constitución o permite. E tampouco a nosa. Sabe que o modifique quen o ten dereito a facer, que é a soberanía nacional". "Desculpen a vaidade mais quizais eu creo en Catalunya máis que vostedes. Cando menos non preciso defender a cada paso que Catalunya existe e é un dos alicerces desta patria". "Non me fale de Escocia. Se alí tivesen a metade da metade das competencias que teñen aquí non se tomarían estas molestias" "A Constitución empéñase en prohibir algunhas cousas. E iso non cambia con manifestacións populares" "Quero dixirme a todos, especialmente aos de Catalunya, para transmitirlle que traballo polo benestar de todos" "Non concibo unha España sen Catalunya e unha Catalunya fóra de España. É unha cuestión de sentimentos". "Interveño para reiterar algo que todos saben: Explicar o moito que nos une e os riscos dunha fenda. Xuntos gañamos todos, separados, perdemos" "Voulles explicar con toda cordialidade porque non poden (...) Non é posíbel atender ao que nos pide o Parlament porque non o permite a Constitución" "Esta competencia (de consultas) non é transferíbel, porque é de todos os españois" "Non está permitido autorizar un referendo que quere proclamar unha soberanía que non existe. A soberanía é de todos os españois. Non hai soberanías rexionais, nin provinciais nin locais" 16:41 Joan Herrera (IC-V) "Resúltame moi difícil debater con vostedes de soberanía. Os que tanto defenden a soberanía española, cèdenlla os mercados" "O problema non é a lei. É o anti-catalanismo que sementaron durante anos" "O referendo é o mellor elemento para debater. O intelixente noutras latitudes é canalizar a demanda, non negala" "Propoñémoslle un pacto, unha aídapolítica: que a cidadanía poida votar" "Hoxe o pacto constitucional está roto" "Estamos aquí porque os inimigos do Estado de Benestar non desaproveitan a oportunidade de cargarse o autogoberno" "Hai unha profunda desafección da sociedade catalá co Estado español" "Non é un capricho: Milleiros de persoas queren decidir" "Estamos nun acto de pedagoxía en España" 16:29 Marta Rovira (ERC) "Catalunya é un pobo aberto e solidario, con xente vinda do norte, do sur, do Estado español. Xuntos somos un pobo "Temos a sensación de que non nos aceptan como somos, como soñamos, como falamos. Os cataláns queremos votar. Sabemos que as urnas son om mellor contrato sobre o noso futuro" "Señor Gallardón sobre todo, queremos un Estado de mulleres libres" "Queremos un estado que traballe para que os cidadáns non paguen a factura do luzmáisalta de Europa" "Hoxe en Catlunya somos unha gran maioría os que pensamos que o mellor para os nosos fillos éconstruír un Estado que sexa para as persoas, un Estado que invista en oportunidades" "Tiña moitas gañas de que chegase este día para explicarlles, señorías, o que pasa en Catalunya" 16:16 Jordi Turull (CiU) "Que ninguén se leve a engano: o pobo catalán non se meteu nun sal se podes. O pobo catalán colleu un camiño para decidir o seu futuro. A historia convocounos a todos. Nós, desde o Parlament, seremos dignos do mandato dos cataláns nas urnas". "Non se pode dar as costas a unha petición pacífica, lexítima e democrática como é a do pobo catalán". "Todos os expertos legais din que se hai vontade política o referendo sobre o futuro de Catalunya ten cabida na Constitución" "Unha inmesa maioría do pobo de Catalunya chegou á conclusión de que así non podemos seguir" "Non aceptamos nin coñecemos a palabra resignación. Grazas a iso preservamos a nosa linua, institucións e identidade" "Queremos dar un exemplo de democracia". "Vimos aquí en nome dun pobo que xeración após xeración sempre se recoñeceu a si propia como nación" "Representamos unha maioría dos cidadáns de Catalunya que queren decidir o seu futuro político" |
PRAZA_20664 | Minutos de silencio, días de luto, tentan agora maquillar a tremenda realidade: que os malos tratos son algo secundario para a lei, para a xustiza, para o sistema en xeral, e se van deixando na trastenda mentras chega o momento de atendelos....se é que chega. | Sara tiña tan só catro anos, pero viviu o tempo suficiente para saber o que é o horror, a barbarie e a crueldade máis atroz. O seu corpo deu testemuña do seu sufrimento, un sufrimento que, malia ser evidente, un sistema totalmente inhumano, que non se inmuta ante a dor e o salvaxismo, nin sequera do inflixido a unha criatura, sigue impasible o seu correcto e medido itinerario. Un pediatra deu a voz de alarma, o que provocou que se activase o protocolo, e desde ese momento, unha burocracia rocambolesca, que é sostida, ademais por auténticos expertos en pasarse a pelota unhos a os outros e buscar ese matiz, por ínfimo que sexa, que lles proporcione a excusa precisa para soltar eso de "a nos non nos corresponde" , obviando que en moitos casos hai vidas en xogo, algo que ignoran con fría indiferenza, porque, xa se sabe que hai que levar todo "polo libro" e non sairse de ahí, non vaia ser que supoña un esforzo extra, máxime en certas datas nas que ninguén está pola labor de traballar mais alá do estrictamente necesario, e eso se non hai outro remedio, asinou coa súa ineficacia a sentenza de morte para Sara. Xulgado, Decanato, Fiscalía de Menores e a Xerencia de Servicios Sociais, foron, desde que o atestado policíal comezou a circular, pasándose a pataca quente de man en man, demorando algo que era moito mais que urxente, xa que era evidente que algo grave lle estaba acontecendo a Sara, nun indecente periplo que se prolongou durante vintedous días, entre outras cousas porque, por exemplo, o día 21 de Xullo, a Xerencia de Servicios Sociais, a quen a Fiscalía de Menores derivara o caso, atrasou tres días a entrevista coa nai de Sara.....por ser Venres!, e xa se sabe, os Venres hai que pechar o chiringuito ben puntuales ou antes se é posible, e estar a o que hai que estar: a vindeira fin de semana. Que unha vida corra peligro, mesmo se é a de unha nena, non ten a importancia nin a enxulla suficiente como para alterar un ritmo pausado, sen sobresaltos, e correcto, moi correcto. As veces hai sorte, e non pasa nada. O Luns, xa ben relaxadiños, vaise collendo de novo o ritmo, sen agobios, por suposto, e xa se vai vendo. Pero esta vez foi diferente. Sara non puido aguantar mais, e, entre todos, Sara foi asasinada. E digo entre todos porque a Sara non a mataron soamente os presuntos culpables, súa nai e a súa parella, senón cantos, coa súa macabra desidia, con esa indiferenza coa que se tratan en demasiadas ocasións os casos de malos tratos, participaron e perpretaron o seu sufrimento primeiro e o seu tráxico final despois. Minutos de silencio, días de luto, tentan agora maquillar a tremenda realidade: que os malos tratos son algo secundario para a lei, para a xustiza, para o sistema en xeral, e se van deixando na trastenda mentras chega o momento de atendelos....se é que chega. Non quero rematar sen aludir a o chamamento do alcalde en funcións de Valladolid, Manuel Saravia, a unidade das asociacións, institucións e cidadanía para evitar que este tipo de sucesos se repitan. Lamento dicirlle, Sr. Saravia, que o papel das asociacións nestes eidos adoita a ser bastante infravalorado, malia que as veces fagamos un traballo polo que outros cobran, algo que mesmo molesta porque deixa a vista mais dunha evidencia, a menos, eso sí, que sexas un colectivo deses que levan a práctica o de :" o que a boa árbore se achega....", ou dito doutro xeito, se adhira a o sistema, e non teñan reparo en ser cómplices se isto implica obter algún beneficio, porque, malia que de boca para fora prediquen o contrario, e mal que lles pese, quen cala, quen olla a outro lado.....otorga e consinte, convertíndose, porén, en cómplices. |
NOS_36518 | A estrea na Galiza de A virxe roxa, de Marcos Nine, abriu onte o festival Novos Cinemas de Pontevedra. O documental de creación toma como referencia o caso de Aurora Rodríguez Carballeira e da súa filla Hildegarth, para reflexionar sobre a historia da emancipación das mulleres e da clase traballadora. | A historia é coñecida, mais non por iso menos abraiante: Aurora Rodríguez Carballeira, unha muller de Ferrol procedente dunha familia liberal e progresista, trazou un plan para dar a luz unha muller que guiase a sociedade cara a unha nova orde social. A súa filla sería unha muller criada e educada para alcanzar a perfección no seu obxectivo de liberar as mulleres e s clase obreira. A filla, Hildegarth, achegouse moito ao ideal da súa nai: con só dezaoito anos convertérase na avogada máis nova do Estado, estudaba outras dúas carreiras -Filosofía e Letras e Medicina-, escribía desde os catorce en xornais e revistas, relacionábase con figuras como Juan Negrín, Gregorio Marañón, Ortega y Gasset ou H. G. Wells, e publicara varios libros sobre cuestións sociais, educación sexual e euxenesia. Mais a deterioración da relación coa súa nai -"queres que triunfe pero non coa miña personalidade, senón como unha prolongación da túa", acusa Hildegarth a súa nai- conduciu a un tráxico final: o 9 de xuño de 1933, Aurora disparaba catro veces sobre o corpo durmido da súa filla, poñendo punto final a aquela prometedora traxectoria. Marcos Nine (A viaxe de Leslie, Manuscritos pompeianos, Carcamáns) vén de abrir o festival Novos Cinemas de Pontevedra con A virxe roxa, un filme que afonda nesta historia, na que se entrecruzan varios temas que seguen presentes na nosa sociedade. "Seguramente a película ten moito máis a ver con Aurora que con Hildegarth, pero máis alá da peripecia das dúas protagonistas, a historia permitíame afondar en dúas etapas históricas que sempre me fascinaron: a II República e o final do século XIX, no que teñen lugar acontecementos que seguen marcando o noso presente, desde a segunda revolución industrial até o florecemento do movemento obreiro", explica o director en conversa con Nós Diario. Filla do seu tempo "A figura de Aurora hai que entendela desde a súa época", continúa Nine, "na que as teorías euxenéticas estaban moi difundidas entre a intelectualidade; unhas teorías que derivaban dunha certa interpretación do malthusianismo e que mantiñan que o control da poboación estaría asociado á mellora das condicións de vida da sociedade e, principalmente, das clases traballadoras. Aurora medra nese ambiente intelectual, cun pai masón que convoca na súa casa faladoiros cos intelectuais do Ferrol daquela altura, e moi influenciada polas ideas de cambio social. Aí xúntanse dúas ideas básicas do seu pensamento: o desexo de mellorar as condicións laborais da clase obreira e a convicción da necesidade de mellorar a educación sexual para redimir as mulleres". A película de Nine resulta moi ilustradora no retrato de Ferrol, unha cidade -a máis grande da Galiza a finais do século XIX- polarizada entre a clase vencellada á Mariña e os traballadores, unha mestura que permite ao mesmo tempo un importante progreso económico e unha notábel conflitividade social. O caldo de cultivo perfecto para que abrollen inquedanzas intelectuais de toda caste. Aurora contemplaba como as mulleres estaban encadeadas a un papel meramente reprodutor e convértese nunha admiradora da intelectualidade masculina, antagónica da muller "paridora". Entende que a muller precisa dunha redentora que a libere dese rol, e iso é o que proxecta na súa filla dunha maneira extrema: quere concibir unha muller revolucionaria que, ademais, libere o sexo feminino. "Hai que pensar no poder da Igrexa católica e en como condicionaba a vida da poboación, mais moi especialmente, das mulleres", reflexiona Nine. "A Igrexa fai unha lectura sucia e pecaminosa dunha necesidade humana como é o sexo, ameazando mesmo cun castigo eterno. A única saída para liberar esa necesidade é a reprodución, co cal as mulleres acaban quedando subordinadas, primeiro, a esa función reprodutora e, despois, ao coidado dos fillos. Saírse desa lóxica e asumir a sexualidade como algo necesario e desligado da lectura relixiosa forma parte do pensamento político emancipador de Aurora e de Hildegarth. E, desde logo, é unha loita que tería repercusión na décadas que virían logo. As obras de Hildegarth e o pensamento de Aurora conflúen perfectamente co desenvolvemento do feminismo ben desde a óptica social, ben desde a educación sexual". Pode sorprender, desde logo, que títulos como A rebeldía sexual da mocidade ou A revolución sexual pertenzan a unha autora de principios da década de 1930: témolos máis asociados con Wilhelm Reich e outros autores dos 60. Un retrato fascinante A virxe roxa -ben podería chamarse Pigmalión, ou mesmo Frankenstein- é un retrato fascinante destas dúas personalidades e, sobre todo, dunha época convulsa, quizais como todas. E avanza por vieiros pouco transitados no documental -en moitas ocasións renuncia, por exemplo, ás imaxes de arquivo para botar man de filmes contemporáneos dos feitos aos que se refire- para presentar un mosaico de ideas que debuxa a paisaxe daquel tempo e que sitúa a historia de Hildegarth e Aurora un paso máis alá da anécdota. "O que me interesa desta historia é precisamente o que podemos trasladar ao século XXI. Que Aurora mate a súa filla non é só un caso de parricidio, é unha declaración de principios, unha forma de concibir a vida humana e as relacións entre pais e fillos", declara. Novos cinemas: fiestra á ousadía "Estou moi contento de estrear en Novos Cinemas", afirma Nine. "É un festival moi necesario: o seu programa está formado por primeiras e segundas obras de cineastas, e as primeiras obras dos e das cineastas sempre son as máis ousadas, aquelas nas que máis arriscan. Por iso creo que podemos definilo como unha fiestra á ousadía". Para Nine, apostar polos cineastas do maña é a principal virtude do festival de Pontevedra. "Facer unha programación con autores xa consagrados é relativamente fácil. O difícil é programar autores dos que non se coñece a evolución que terán. Hai unha dupla valentía: a das obras que participan e a dos programadores que apostan por elas. Creo que é un motivo máis para recibir esta estrea como unha festa". |
PRAZA_17335 | Milleiros de persoas das comarcas afectadas pola mina de cobre do Pino e Touro ateigan o centro de Santiago e enchen a Praza do Obradoiro ao berro de "mina non" para esixir que a Xunta non autorice a reapertura da explotación, onde un accidente "sería peor que o Prestige" GALERÍA | Manifestación contra a mina de Touro e O Pino | GALERÍA | Manifestación contra a mina de Touro e O Pino O pasado febreiro arredor de 2.000 persoas manifestáronse na contorna dos concellos do Pino e Touro -que suman arredor de 9.000 habitantes- para advertiren da súa intención de facer todo o que estea na súa man para impedir a reapertura da mina de cobre que, tras tres décadas inactiva, pretende ser reaberta pola empresa Cobre San Rafael. O clamor veciñal e dos sectores máis directamente afectados -dende explotacións gandeiras da comarca ata mariscadoras da ría de Arousa- daquela xornada multiplicouse este domingo en Santiago, onde milleiros de persoas berraron "mina non, mina non" ata lograr amplamente o obxectivo que fixaran: encher a praza do Obradoiro. A Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non e mais a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa estiveron arroupadas na mobilización por representantes das ducias de colectivos e entidades que apoian a súa reivindicación, dende organizacións profesionais do agro e do mar ata sindicatos, gobernos de todas as cores políticas e plataformas con experiencias exitosas en loitas coma esta, caso de ContraMINAcción, con moitas horas de voo na mobilización contra mina de Corcoesto. Todas elas danlle máis peso aos testemuños de quen rexeitan a reapertura da mina que á "maioría silenciosa" que o gabinete de comunicación da empresa promotora esgrime como aval. Remate da manifestación nun Obradoiro ateigado / Praza Pública "En Touro e no Pino xa tivemos unha mina; sabemos do que falamos, levamos máis de trinta anos sufrindo a herdanza envelenada que deixan este tipo de explotacións a ceo aberto", explicou a plataforma no manifesto final, lido pola actriz Isabel Risco no Obradoiro nun ambiente tan reivindicativo como festivo. "Aínda hai xente saído da Alameda" -e desta volta, era completamente certo-. Esa "herdanza" non é outra que "ríos e regatos fortemente contanminados, cursos de augas acedas con metais pesados sen vida que pasan polo Ulla antes de acabar na ría de Arousa", isto é, o acreditado no recente informe de Augas de Galicia -organismo dependente da Xunta- que Cobre San Rafael desmente. Un accidente na mina "sería moito peor que o Prestige", advirte a plataforma, que resalta que un eventual sinistro traería consigo verteduras "letais" que chegarían á ría de Arousa en menos de 12 horas A "desfeita" que ficou na mina de Touro e O Pino nos anos 80 do século pasado "permanece nas comarcas afectadas" e "durante todo este tempo, a Xunta ollou cara a outro lado malia ás numerosas denuncias", denuncian. "É lóxico, por tanto, que a posible reapertura produza un firme rexeitamento", explican, maís aínda se "reparamos nas cifras da explotación", entre 700 e 2.000 hectáreas nunha mina na que "pensan levantar dúas enormes balsas con muros máis altos que as torres da catedral de Santiago", ilustran. Membros da plataforma contra a mina, durante a manifestación / Praza Pública Luís Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG) xunto a diversos representantes das tres forzas políticas da oposición parlamentaria galega secundaron unha protesta na que as plataformas convocantes puxeron o acento nas consecuencias inmediatas que tería a autorización, pero tamén nas futuras. De aí que enorme comitiva fose encabezada por nenas e nenos e salferida por familias enteiras nunha manifestación intersectorial e interxeracional. Vibracións, ruído, pó con contaminantes, riscos de verteduras de lodos "altamente" perigosos e unha "carga letal" que chegaría en 12 horas á ría de Arousa en caso de accidente. Os peregrinos que a Xunta di querer atraer ao abeiro do Xacobeo 2021, resaltan, "camiñarían acompañados de tráfico de camións, pó en suspensión e ruído de voaduras" "Sería moito peor que o Prestige", advertiron mentres o Obradoiro era sobrevoado pola gaivota da Burla Negra que tornara en icona das mobilizacións tras o naufraxio do petroleiro hai década e media. "Veríanse seriamente afectadas as actividades agrogandeiras, forestais, pesqueiras e marisqueiras; o cultivo do mexillón, as depuradoras de moluscos, a industria transformadora", pero tamén o que a Xunta tornou nun dos seus emblemas: o camiño de Santiago. "Pola zona norte da mina pasa o camiño Francés, que ten a súa última parada antes de Santiago en Arca", polo que os peregrinos aos que o Goberno galego quere atraer ao abeiro do Xacobeo 2021 "camiñarían acompañados de tráfico de camións, pó en suspensión" ou "ruído de voaduras". Risco cultural, identitario e económico que resumiron con claridade durante a marcha: "catro postos de traballo e o resto, ao carallo". A gaivota da Burla Negra regresou á praza do Obradoiro / Praza Pública Nin sequera valen "as promesas de postos de traballo", daquela. "A pregunta que hai que facer" non é cantos "xeraría" a reapertura da mina, senón "cantos vai destruír". "Non nos enganemos", clamou a plataforma entre aplausos da multitude. "É hora de mudar o xeito de ver as cousas, é urxente pensar no futuro, nas xeracións que veñen detrás", ás que "non queremos deixar" esa herdanza envelenada, advirten. É por iso que apelan á "obriga do Gobenro galego de defender o conxunto de galegos e galegas" para reclamarlle que "paralicen o proxecto e deneguen a autorización" de reapertura e ademais, para que granta "a restauración do dano causado pola anterior explotación. "Non á destrución do campo e do mar, non á mina!", proclamaron as arredor de 20.000 persoas que se uniron á protesta -a praza do Obradoiro mide uns 5 quilómetros cadrados e encheuse amplamente-. Mapa da zona afectada pola mina e institucións contrarias á súa reapertura / Plataforma Mina Touro-O Pino Non | PDRA |
NOS_44752 | Os centros históricos seguen a ser polos de atracción turística, pero cada vez máis visitantes optan por descubrir as contornas das cidades e vilas nas súas viaxes. | Aínda é hoxe recorrente o recurso de chegar a calquera cidade e buscar o seu centro histórico, o seu casco urbano... pero, cada vez máis, os viaxeiros buscamos perdernos polos barrios e contornas das cidades, na procura de esencias diferentes e únicas. Todos queremos experimentar algo curioso que poder comentar e compartir coas amizades, todos queremos facer algo que saia do de sempre... e esa é a grande oportunidade dos barrios e das contornas. Se é a nosa primeira visita, dificilmente quereremos perdernos o Ferrol da Ilustración, a améndoa compostelá, a Cidade Vella coruñesa, o Casco Vello vigués ou os centros históricos de Lugo, Ourense e Pontevedra. O mesmo con Mondoñedo, Betanzos, Tui, Monforte ou Ribadavia... Pero xa non abonda. Xa queremos algo máis. Cada vez máis, as e os viaxeiros buscamos perdernos polos barrios e contornas das cidades, na procura de esencias diferentes e únicas Os xeodestinos non son alleos a esta realidade e cada vez son menos os concellos e comarcas que non apostan por recursos que claramente buscan a apertura dos centros urbanos cara ás periferias e contornas: proxectos de arte urbana nos barrios e parroquias, rutas naturais nas proximidades dos centros, mercados e eventos espallados polos planos... son algúns bos exemplos. En bici e a pé Outro claro exemplo desta nova tendencia é a cada vez máis consolidada aposta das cidades pola mobilidade sostíbel, en bici e a pé, e tamén noutros tipos de vehículos eléctricos ou sen motor. Non son alleos as e os xestores ao feito de que en toda Europa as e os viaxeiros alugan, cada día máis e máis, patinetes e biciclos para percorrer o territorio moito máis alá das fronteiras clásicas. Todas e todos queremos experimentar algo diferente ao de sempre... e esa é a grande oportunidade que dan os barrios e as contornas O metrominuto de Pontevedra, os novos carrís-bici que están a implantarse en toda Galiza, incluso os proxectos de itinerarios ciclistas para desprazarse entre vilas... non son casualidade. Algunhas experiencias para vivir Camiñar desde a Cidade Vella coruñesa até o Monte de San Pedro atravesando barrios senlleiros como Labañou, gozando de escenarios rurais inéditos na metropolitana Coruña, e de panoramas oceánicos extraordinarios. Cruzar a pé a eurofronteira entre Tui e Valença cunha boa camiñada pola beira do Miño e por algúns tramos do Camiño Portugués cara a Compostela. Exemplo da nova tendencia é a cada vez máis consolidada aposta das cidades pola mobilidade sostíbel, en bici e a pé Facer a ruta dos rusos de Navia, paseando polas intervencións artísticas en ferro dos creativos Pavel Yakushev e Alisa Smirnova, e gozando así de distintas perspectivas deste precioso concello no corazón dos Ancares. Descubrir o sendeiro periurbano de Ourense, promovido polo propio Concello. Un percorrido de máis de 20 quilómetros a través de barrios tradicionais e de paisaxes naturais inagardadas. Ir de tapas ao lucense barrio da Milagrosa e descubrir o que é, para moitos, un epicentro gastronómico galego. Listaxes de máis de 20 tapas diferentes nalgúns estabelecementos, produtos do país, un ambiente auténtico e a posibilidade de acompañar o paseo cun fermoso roteiro de graffitis... xa que é este o berce de moitos artistas da cidade. Percorrer Carballo a través dos murais do Rexenera Fest e do Derrubando Muros, un modo de coñecer a fondo todos os recunchos da vila ao tempo que gozamos do mellorciño da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana. Pedalear desde o centro de Ribadeo até a Ría do Masma, gozando así de paisaxes únicas como a do faro de Illa Pancha, a Praia das Catedrais, os incríbeis areais de Barreiros, ou a formidábel desembocadura deste río que bica o mar en terras barreirenses e focegas.Perderse polo Sendeiro dos Pescadores, no concello das Neves, e descubrir a beleza dos últimos quilómetros do Río Miño antes do seu encontro co Océano Atlántico. Vale a pena mergullarse nalgunha das áreas acondicionadas para o baño. Viaxar a pé desde o centro histórico de Mondoñedo até o seu barrio dos Muíños, e coñecer alí un dos enclaves máis importantes da artesanía galega. Olería, monicreques, cantaría ou serigrafía nun barrio histórico atravesado por canles que no seu día permitían levar a cabo estas actividades aproveitando o recurso natural. En toda Europa as e os viaxeiros alugan, cada día máis, patinetes e biciclos para percorrer o territorio moito máis alá das fronteiras clásicas Ascender ao muíño do Campo da Torre, en Ortigueira, e divisar desde alí a fermosa paisaxe dunha ría que ano a ano namora milleiros de persoas no Festival do Mundo Celta. Desprazarse a pé até o Monte Pedroso compostelán, non sen antes percorrer o paseo fluvial do río Sarela. Calquera momento é bo para subir e gozar dunha das vistas máis emblemáticas da cidade. Soñar pola beira do Río Madalena, en Vilalba, polo paseo que leva xustamente ese nome: o Paseo dos Soños. Un lugar ideal para descubrir a cultura da Chaira, unha das comarcas máis poéticas, fantásticas e belas da nosa terra. |
PRAZA_8368 | Un colectivo leva case un ano reparando, limpando e rehabilitando zonas verdes, paisaxes ou espazos históricos ante o "desleixo e abandono" das administracións en Ferrol. Reclaman que o investimento da praza de España se dedique a contratar desempregados que fagan o traballo que eles fan voluntariamente. | Cada sábado, desde hai case un ano, un grupo de persoas de Ferrolterra traballa voluntariamente na reparación, mantemento e limpeza de "zonas verdes, cunetas, edificios do patrimonio arquitectónico ou zonas naturais de especial interese" da comarca e da cidade de Ferrol. É o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, que vén de sumar un novo elemento á súa lista de recuperacións: os restos da antiga muralla defensiva da cidade. Os restos da antiga muralla defensiva da cidade é o último espazo rehabilitado polo colectivo É tan só un máis dunha morea de espazos rehabilitados, limpados ou recuperados por este grupo, no que hai xente desempregada, pero tamén membros con traballo. Foi en setembro de 2009 cando na zona da Malata se atopou "posiblemente o último achado arquitectónico con carácter histórico de Ferrol". Os restos daquela muralla permaneceron desde aquela semiocultos pola maleza, á espera dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio que non deu chegado. "A falta de interese por parte do Concello e da Xunta quedou patente", denuncia Acción Directa, que vén de limpar os devanditos restos, ademais de transplantar unha maceira de varios anos que crecía enriba deles e de erradicar varias cepas da especie invasora plumeiro da Pampa. Nesta ocasión, foron unhas sete persoas as que participaron na recuperación. "Outras veces son máis e outras menos", tal e como aclara Marcos Meizoso, membro e fundador de Acción Directa, que lembra como xurdiu a idea. "Fun dar un paseo pola senda ártabra de Covas e vin un letreiro que indicaba a existenca do antigo lavadeiro de ouro e cobre da zona; achegueime a velo e era vergoñento comprobar en que estado se atopaba aquilo, desfeito e cheo de silvas e toxos", lembra. A partir de aí, e coa axuda das redes sociais, púxose en contacto con xente que rapidamente accedeu a conformar un grupo que vai camiño de comprar un ano dun traballo tan voluntario como meritorio. Acción Directa denuncia o "abandono, desleixo e mal estado" dos espazos públicos en Ferrol Ademais das súas accións, o colectivo leva tempo denunciando o Concello de Ferrol e as empresas contratadas para o mantemento dos espazos públicos polo "abandono, desleixo e mal estado" destes na cidade e arredores e esixindo "a optimización dos recursos municipais e das empresas que prestan eses servizos para que sexan visibles". Unha das súas reivindicacións, e obxectivo común do grupo, é a paralización do investimento de 916.000 euros de cartos público na praza de España, "ao que agora se lle suma outro despropósito, o anuncio de malgasto dun millón de euros para recuperar os baixos da Costa de Mella e a remodelación dos xardíns de San Francisco". Solicitan que os cartos destinados á praza de España ou á Costa de Mella se destinen a contratar parados para a reparación dos espazos públicos da cidade "O que pretendemos é buscar a forma de dar emprego á xente. Pensamos que os cartos que se empregan na praza de España ou na Costa poderíanse empregar en contratar grupos de persoas desempregadas para que fagan estes traballos de limpeza e recuperación", conta Marcos Meizoso. A proposta chegou, a través de carta, xa hai tempo ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que aínda non respondeu. Partidos da oposición apoiaron a idea, pero nada se sabe tampouco desde hai meses. Mentres, Acción Directa continúa facendo un traballo que debería ser levado a cabo polas administracións. "Temos unha cidade cun potencial turístico e cultural enorme, pero o abandono que sofre é tremendo e iso prexudícaa", insiste Meizoso, que recorda tamén o elevado nivel de desemprego que sofre a comarca. "Aínda que fose mediante contratos parciais, o traballo continuado de varias persoas sería moi efectivo, sobre todo se se fai acotío e non como adoita facer o Concello, que vai unha vez ao lugar e non volve en anos", aclara. Os exemplos de espazos recuperados son moitos e variados. O Muíño do Santo, o río Sardiña, o parque monumento Torrente Ballester, a Batería de San Carlos, a de San Cristovo, a fonte de Chamorro, o lavadoiro da Barca... Unha morea de zonas limpadas e rehabilitadas por un grupo voluntario que non cobra nin un peso por un traballo que non fan as administracións. |
NOS_34006 | O achado aconteceu na escavación en Val do Frade, en Vilachá de Salvadur (A Pobra de Brollón), onde un equipo de arqueólogos e arqueólogas buscaba un primitivo mosteiro medieval. | A última palabra tena o Carbono 14 mais podemos estar ante os restos humanos máis antigos atopados na Galiza. Foi na escavación en Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, comarca de Terra de Lemos. O obxectivo inicial dos investigadores era comprobar se hai evidencias arqueolóxicas dun mosteiro medieval perdido, e obter máis información sobre as orixes e evolución da Ribeira Sacra. Un cranio, unha vértebra e dous fémures que pola súa colocación e contexto arqueolóxico semellan estar soterrados nunha cista prehistórica, foron a sorpresa que os arqueólogos atoparon na recta final da campaña. O achado é de gran importancia, explican desde Adegas da Memoria nun comunicado, pola case nula existencia de restos óseos humanos prehistóricos na Galiza. Os restos xa están camiño ao laboratorio para a súa datación con Carbono 14. Ademais do C14 aplicaranse outro tipo de probas que poderán dar información sobre a dieta ou incluso ADN. A escavación en Os Conventos enmárcase na iniciativa Adegas da Memoria, un proxecto etnoarqueolóxico que busca dinamizar a parroquia de Vilachá, promovido pola Asociación veciñal de Vilachá e o Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración do Incipit-CSIC. Durante a escavación púidose constatar unha ocupación medieval do lugar con mostras de cerámica dos séculos XII ou XIII e unha moeda do reinado de Afonso X. Escavado directamente na rocha apareceu o oco cos restos humanos, un depósito funerario que indica un tratamento ritual posterior do cadáver. "Con este novo achado superamos con creces o obxectivo principal de Adegas da Memoria, que é facer o primeiro gran estudo sobre as orixes e evolución da paisaxe da Ribeira Sacra por ma das persoas", declara Xurxo Ayán, investigador da Universidade Nova de LIsboa e director desta intervención. Xosé Gago, técnico de Cultura da Pobra e coordinador do proxecto, salienta a importancia do achado nun contexto no que a Ribeira Sacra é candidata a Patrimonio da Humanidade: "A paisaxe da Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural que non se pode entender nin concebir sen ter en conta as persoas que viviron e viven nela". O alcalde da Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda, indica que o Concello está a ser "pioneiro na investigación e posta en valor do patrimonio", nun compromiso que beneficia diferentes campos, como o turismo. [Esta información foi editada debido a un erro en que se nos referiamos a Xosé Gago como concelleiro de Cultura cando é técnico] |
NOS_56159 | Debe ser Galiza un Estado propio? Pode selo a partir do actual marco xurídico-político? Que representaría para o pobo galego conquistar a soberanía? A Faculdade de Políticas da USC acolleu esta cuarta feira un suxestivo debate, organizado polos Comités, sobre o dereito de Galiza a se autodeterminar. Tomaron a palabra BNG, CG, Nós-UP, CxG, Anova e CXXI. Tod@s, agás Anova, defenderon con clareza o principio da auto-organización como básico para calquera proposta soberanista. | Sentaron arredor dunha mesma mesa seis organizacións políticas que tiñan por diante o reto de defenderen seus posicionamentos políticos arredor destas cuestións. Bloque Nacionalista Galego, Causa Galiza, Nós-Unidade Popular, Compromiso por Galicia, Anova-Irmandade Nacionalista e Converxencia XXI debullaron ao longo de máis de dúas horas de debate por que a loita a prol da soberanía nacional galega debe situarse na axenda política. Porén, as estratexias e tácticas deixaron en evidencia que no nacionalismo galego non todos son iguais. O fracaso da vía autonomista? "España é a nosa ruina", sintetizaba na súa primeira intervención o secretario xeral de Primeira Linha e membro da dirección política de Nós-UP, Carlos Morais. O status político de Galiza no seo do Estado español e da andamiaxe xurídico-política que o constitúe centraron inicialmente o debate. A construción dunha Galiza soberana e o proceso a través do cal o pobo galego se dote de instrumentos políticos de seu amosaron os primeiros puntos de desencontro entre as formacións que participaron no debate convocado polos Comités. BNG: "En tempos de crise non é certo que a soberanía deba ficar nun segundo plano. É o tempo atinado |
NOS_2787 | O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría ( SGXX), Miguel Ángel Vázquez, advirte as Autoridades sanitarias que a "desatención sanitaria" de manter nas residencias persoas maiores que contraeron a COVID-19 "pode ter responsabilidades penais, e insta as familias de persoas usuarias dos xeriátricos a denunciar os responsábeis sanitarios, aínda que admite que "aínda non é o momento" de xudicializar a situación. | Na Galiza, os datos oficiais de contaxios de coronavirus reportan máis de 1.100 casos en residencias, contando con usuarias e persoal, e case 90 falecementos. Ademais, até o momento a Xunta habilitou residencias integradas,( Porta do Camiño de Compostela, a da Fundación San Rosendo en Baños de Molgas) e interveu tres privadas: as de DomusVi en Cangas e Vigo e Nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras. Con todo, hai xeriátricos que manteñen illadas nas súas instalacións decenas de persoas que se infectaron dun virus que, segundo explica o presidente da SGXX, "é unha enfermidade infecto-contaxiosa" diante da cal as maiores están nunha posición "de especial vulnerabilidade". "Como todas as enfermidades, a competencia da xestión clínica, o diagnóstico e o tratamento é do sistema de saúde", afirma Vázquez, quen recalca que manter un ancián contaxiado nestas residencias "é un disparate". "Vaise estudar nos libros de epidemioloxía como a maior barbaridade do século XXI", opina, nunha entrevista concedida a Europa Press. Segundo considera, as residencias "son centros do ámbito social que non teñen recursos sanitarios" e "ningunha" en toda España ten profesionais médicos "de presenza 24 horas". De feito, explica que "nas máis pequenas, por lei, non teñen que ter nin persoal médico nin de enfermaría", polo que entende que neste tipo de centros "non se pode illar" porque "non teñen nin estrutura nin infraestrutura". Para o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, a actuación ante a pandemia debe pasar, en primeiro lugar, por un diagnóstico precoz nas residencias, con probas a todas as persoas residentes e, en caso de terse positivos, evacuación desa usuaria "á maior urxencia" para ser tratada por persoal sanitario. O que ocorre ao manter a un enfermo nas propias instalacións, sostén Miguel Ángel Vázquez, é "un atentado contra a saúde" porque o modelo español de xeriátricos "é máis hostaleiro que sanitario", con profesionais do ámbito social que "non son capaces de manexar este tipo de enfermidades". Tamén pon o foco o especialista no colectivo traballador para censurar que "se obriga" o persoal para tratar con persoas maiores infectadas, nalgúns casos "sen máscara nin luvas", polo que "a súa vida periga". |
NOS_50230 | Unha empresa madrileña proxecta a instalación de 80 aeroxeradores a 30 quilómetros da costa de Ferrol. | O sector pesqueiro galego, xunto co asturiano e o cantabro, mostraron o seu rexeitamento "unánime á instalación do parque eólico mariño Nordés, un proxecto dunha compañía madrilña que pretende levar a cabo a instalación de 80 aeroxeradores, que reunirían unha potencia total de 1,2 xigawatts (XW), a 30 quilómetros da costa de Ferrol. Os sectores das tres autonomías, que integran a plataforma 'Manifesto de Burela na defensa do sector pesqueiro do Cantábrico-Noroeste', aseguran que "o proxecto denominado Nordés evidencia, e así trasladámosllo á empresa, é inviábel, xa que afectou directa ou indirectamente a 30 caladeiros de pesca, a moitas especies esenciais para a frota que traballa nesta zona". Así o trasladou o voceiro da plataforma, Torcuato Teixeira, quen definiu como "barbaridade" as intencións desta compañía de instalar nunha zona tan rica e con tanto impacto aeroxeradores en 280 quilómetros cadrados". Teixeira tamén exixiu ás Administracións que actúen e fagan pública a súa postura "para que as empresas privadas se controlen". Intencións do sector A plataforma do sector pesqueiro mantivo no día de hoxe unha reunión en Ferrol na que emprazaron a seguir coa "fase de diálogo", mentres "o sector está agrupado a través dunha plataforma, unido e con todas as consecuencias". Asemade, o voceiro recoñeceu que, aínda que esperan non ter que chegar a esa situación, "se fai falta realizar medidas de forza e presión, imos defender o noso modo de vida e os ecosistemas mariños". Por iso pide ao Goberno que "defenda os intereses xerais e non defendan os de grandes empresas que agora mesmo teñen un gran apetito para facer negocio a costa da nosa actividade pesqueira". O sector comprometeuse a facilitar os datos de navegación e de pesca das embarcacións que faenan nesta zona para que o Ministerio de Transición Ecolóxica teña constancia do impacto socioeconómico da implantación deste macroproxecto eólico marítimo na costa de Ferrol. A "demagoxia" do aumento do traballo Para os profesionais do mar, as compañías fan "demagoxia" coa promesa de futuros postos de traballa na comarca, xa que mentres os novos postos laborais son "promesas", estarían a sacrificar todos os traballos do persoal mariñeiro de Ferrolterra. Polo pronto, o sector acordou instar aos concellos da zona afectada pola infuenciada por este proxecto a que aproben mocións de apoio ao sector pesqueiro e a súa actividade. Algo que xa fixeron os concellos de Cedeira e da Coruña, que sacaron adiante estas mocións por unanimidade. |
NOS_40073 | Luis Bárcenas constatou diante do xuíz a existencia de posíbeis irregularidades no financiamento da formación que xa dirixía Núñez Feijóo e que tería a súa orixe en empresas que asinaron contratos coa Xunta de Fraga, da que o actual presidente foi conselleiro e vicepresidente. | O escándalo do presunto financiamento ilegal do PP galego segue en pé malia o intento de Alberto Nüñez Feijóo de tapalo ao vetar a súa comparecencia ante o Parlamento, tal e como solicitou a oposición. Porén, este luns o diario El País sinala na súa edición que os papeis do que foi tesoureiro do partido a nivel estatal sinalan directamente posíbeis ilegalidades do PP en Galiza en 2006, cando xa era o seu líder o actual presidente da Xunta, e asegura que así o declarou diante do xuíz Ruz. En resposta ás preguntas do instrutor, Bárcenas ratificou as doazóns opacas ao PP galego nas contas de 2006, que terían alcanzado a importante cantidade de 1,8 millóns de euros. A maioría deses cartos procederían de construtoras que eran contratistas do goberno galego que presidiu Manuel Fraga -e do que Feijóo foi conselleiro e mesmo vicepresidente- o que está prohibido pola lei, que tamén impón un límite nos donativos de empresas a formacións políticas de 60.000 euros, que foi superado e que aparecía na contabilidade B, pero non na oficial. O informe sobre a contabilidade presuntamente ilegal foi enviado desde Galiza a Madrid, segundo as declaracións de Bárcenas, asinado polo que era xerente do PP galego, Modesto Fernández. Entre as empresas que terían realizado doazóns opacas estarían as construtoras Necso e Copasa, que participaron da construción da Cidade da Cultura. Egasa, FCC, ACS ou o Grupo Campo tamén aparecen nesa lista. |
NOS_32263 | O Consello de Ministros, que se desenvolveu durante a xornada de onte, aprobou un Real Decreto-Lei que amplía até o mes de maio os prazos de presentación e pago de declaracións e autoliquidacións de impostos para pemes e autónomos que habitualmente se fan no mes de abril. | O Consello de Ministros, que se desenvolveu durante a xornada de onte, aprobou un Real Decreto-Lei que amplía até o mes de maio os prazos de presentación e pago de declaracións e autoliquidacións de impostos para pemes e autónomos que habitualmente se fan no mes de abril. A norma estabelece que quen teña unha facturación de até 600.000 euros poderán aprazar ao 20 de maio a presentación da declaración trimestral do IVE e o pago fraccionado do Imposto sobre Sociedades, así como do IRPF. No caso de declaracións domiciliadas, o prazo amplíase tamén un mes e pasa do 15 de abril ao 15 de maio. Con independencia do momento da presentación, todos os cargos realizaranse o 20 de maio, e iso tamén inclúe as declaracións presentadas antes do 15 deste mes. A portavoz do Goberno, María Jesús Montero, afirmou que esta medida "facilitará o respecto das obrigacións tributarias á vez que permitirá inxectar liquidez no conxunto das empresas", concretamente até 3.558 millóns de euros. Montero calculou que poden beneficiarse arredor de 3,4 millóns de contribuíntes, o que supón 95% do total de pemes e autónomos que, á súa vez, compoñen a maior parte do tecido produtivo do Estado español. Préstamo millonario á Seguridade Social O Goberno central tamén fixo público a aprobación da concesión dun préstamo de 13.830 millóns de euros á Tesourería Xeral da Seguridade Social para "garantir o pago das pensións" nun momento de aumento do gasto polas medidas extraordinarias para paliar os efectos da epidemia de coronavirus. Con este préstamo "asegúrase" o pago puntual das pensións", afirmou Montero, a portavoz do Executivo. |
NOS_19127 | PSdeG, Ourense en Común e Democracia Ourensana aproban a petición no pleno cos votos en contra do PP. | O Concello de Ourense aprobou este venres unha moción para esixir a dimisión de José Manuel Baltar, presidente da Deputación e líder do PP na provincia, pola denuncia por acoso sexual que onte foi arquivada pola Fiscalía. A oposición no seu conxunto -PSdeG, Ourense en Común e Democracia Ourensana- considerou o feito "intolerábel" e recordou a dimisión en bloque do Comité de Ética polas insuficientes explicacións ofrecidas por Baltar. É a primeira vez que no consistorio se forza unha moción contra o titular da Deputación, do mesmo partido que o goberno municipal. A votación rexistrou 17 votos a favor dos grupos da oposición por 10 en contra do PP. O voceiro popular, José Araujo, reprobou a moción por considerar que está "fóra das competencias do Concello" e cualificouna de "cortina de fume". Pola súa banda, a portavoz de Ourense en Común, Ledicia Piñeira, cuestionou que "o PP saia á rúa cunha pancarta contra a violencia de xénero", cando defende ao seu presidente provincial. A súa homóloga de Democracia Ourensana, Ana Rebanales, asegurou que non entran a valorar a decisión xudicial pero pediron responsabilidades a Baltar, posto que nunca negou os feitos. A moción prodúcese un día despois de que a Fiscalía arquivara a demanda contra Baltar por considerar que non se aprecian indicios dun delito contra a liberdade sexual dado que "non houbo uso da forza" nen "intimidación". |
NOS_52774 | Arxentina esgotou o prazo fixado para o pagamento a propietarios da débeda sen chegar a acordo cos 'holdouts', que exixían 1.300 millóns de dólares apoiados na sentenza dun xuíz estadounidense. | Está Arxentina en 'default' (suspensión de pagamentos)? A axencia de cualificación Standard & Poor's di que está nunha suspensión de pagamentos selectiva. O goberno négao con rotunidade. Cumprido o prazo fixado para o pagamento a posuídores da débeda sen chegar a acordo cos 'holdouts' (fondos abutre) que reclamaban o pagamento de 1.300 millóns de dólares, as interrogantes abertas son moitas. Após unha reunión de seis horas, o ministro arxentino de Economía, Axel Kicillof, sinalaba que o seu país non podía acceder a esa reclamación e ofrecía a eses fondos "as mesmas condicións que dispuxeron ao resto dos bonistas que aceptaron os canxes de 2005 e 2010". Mais os representantes dos holdouts rexeitaron a proposta. O ministro adiantou que o goberno non vai asinar "nada que comprometa o futuro dos arxentinos" e anunciou que han recorrer ao dereito nacional e internacional para evitar que se perpetúe no tempo unha situación "inxusta". Defendeu que Arxentina non está en suspensión de pagamentos posto que o goberno fixo fronte aos pagamentos dos bonistas que accederon á canxe, se ben os cartos foron bloqueados nun banco por decisión xudicial. Arxentina fixo un xiro de 1.031 millóns de dólares o 26 de xuño para non caer no impago. Eses cartos están 'conxelados' nun banco. |
NOS_50258 | O profesorado urxe que lle poñan a segunda a dose a todas as docentes que esperan desde hai case catro meses. | "Este escrito é unha chamada de socorro polo desamparo sanitario e o esquecemento administrativo no que sumiron o persoal esencial" da Galiza con respecto á segunda dose da vacina contra a Covid-19. Así comeza a carta que unha docente do sistema educativo galego remitiu a Nós Diario e na que sinala a responsabilidade do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, mais dos seus conselleiros de Sanidade e Educación na demora que acumula o profesorado na súa inmunidade fronte ao coronavirus. "Na maioría dos casos, se nos vacinasen como a poboación xeral, por idade, xa teriamos a pauta completa; e ademais, con vacinas exentas de polémica, porque abriron a porta unha semana para poñernos a primeira dose de AstraZeneca aos maiores de 55, axiña e correndo, nos festivos da Semana Santa, co mesmo escurantismo co que se legalizou o Partido Comunista nas mesmas datas de 1977". No texto, esta docente fai referencia ao colectivo de traballadoras esenciais e, en particular, ao corpo docente. "Hai compañeiros que van pola semana 14 desde la primeira dose y sen data para a segunda, cando se recomenda, e así se nos dixo ao poñer a primeira, unha espera de entre 10 e 12 semanas". Comprometidas coa seguridade Na súa misiva, lémbralle ás autoridades o traballo exemplar do colectivo docente durante o curso que está a piques de rematar. "Se o curso foi ben foi grazas ao profesorado que velou pola seguridade de todos incluso tendo que desoír instrucións da propia en materia de ventilación, claramente insuficientes. E foi tamén grazas á colaboración do noso alumnado", escribe. A docente defende o esforzo do profesorado incluso "nos peores momentos". "E aí seguimos, atendendo as obrigas co noso alumnado nas probas da ABAU e en próximas datas participando nas oposicións docentes como tribunais ou opositores". Non máis demoras Neste sentido, recalca, "non queremos aplausos nin medallas, só que nos poñan a segunda dose da vacina, mesmo con consentimento informado, un claro agravio comparativo con respecto ao resto da poboación". "Non só debemos asumir o risco, como resto, tamén nos exixen a responsabilidade sobre un acto cuxo alcance descoñecemos. E aínda así, exiximos a nosa segunda dose sen dilación, porque somos os únicos cos que non se está respectando a prescrición". E conclúe, "se seguen sen cumprir co seu deber de nos protexer, teremos que acudir á Xustiza como único medio para salvagardar os nosos dereitos e exixir responsabilidades a quen corresponda". |
NOS_49352 | A Xunta evita exercer as súas competencias para conter as consecuencias da crise industrial que padece o país. | A Galiza, segundo os datos publicados nesta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), rematou o mes de febreiro como o segundo territorio do Estado español no que máis diminuíu o indicador de produción industrial. En concreto, 6,8% en relación ao ano anterior, un dato (só superado por Castela e León) que contrasta co crecemento medio de 3,9% rexistrado no conxunto estatal. O indicador é unha evidencia máis da profunda crise industrial na que está sumida a Galiza e na que emerxen moitos nomes propios. Por unha parte, o de empresas que nos últimos meses acometeron procesos de desmantelamento ou feche ou, sinxelamente, optaron por marchar do país ante a falta de apoios por parte da Administración. É o caso de firmas como Siemens Gamesa ou Vestas, dúas multinacionais que fabrican compoñentes para un sector agora en boga, como é o eólico, e que, lonxe de deixar beneficios no país en forma de emprego industrial e facturación, vai seguir consolidando o papel da Galiza como mero centro de produción e exportación de enerxía cara a outras partes do Estado. Un ex conselleiro de Fraga une os camiños de Siemens Gamesa e Greenalia O outro dos nomes propios desta situación é o da propia Xunta, e nomeadamente o do titular da Consellaría que ostenta as competencias na materia, Francisco Conde, conselleiro de Economía, cuxo papel nos conflitos abertos limitouse a botar as culpas ao Goberno español. Apuntando a Madrid, onde agora ten responsabilidades no Partido Popular desde que o seu presidente é Alberto Núñez Feixoo -Conde ocupa agora unha das vogalías do comité executivo estatal do PP-, o conselleiro logrou esquivar as peticións de empresas que reclamaban a intervención pública para garantir o mantemento do emprego e a actividade industrial. Intervención pública Esta situación é, por exemplo, a de Alu Ibérica. Esta quinta feira os aínda traballadores da factoría de aluminio da Coruña ─en Avilés xa se asinou a extinción dos contratos─ volveron saír á rúa para exixir a intervención pública de la fábrica de Agrela. En declaracións aos medios, o representante da CIG, Julio Moskowich, lembrou que o Ministerio de Industria e a Xunta "comprometéronse a buscar unha solución para o persoal", que de momento non ten chegado. "Seguimos a apostar por que é posíbel unha intervención pública da fábrica", dixo o representante sindical, que advertiu de que "en menos dun mes" estarán "despedidos", dada a situación da empresa. A Xunta, dixo, accedeu a recibilos. A cita será o vindeiro 21 de abril, mais, como alertan desde o comité, pode que chegue xa demasiado tarde. O comité de Xeal reclama á Xunta que declare a nulidade da venda das plantas Ese mesmo día, o nome de Francisco Conde emerxía tamén no conflito de Xeal co gallo da suposta intención da empresa de vender as plantas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría e as dez centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande, operación que desde a propia firma negaron. O persoal de Xeal acusa a Xunta de "mirar para outro lado" sobre a "venda fraudulenta" previa, a de Ferroatlántica a TGP-Ithaka, e tamén por non ter exixido á nova propietaria un plan de viabilidade que garanta unha actividade industrial que, denuncian, "vai a menos". O futuro do naval Alcoa, Isowat, Poligal ou as centrais térmicas de Meirama (Cerceda) e As Pontes son outras das vítimas da falta dunha política industrial por parte da Xunta, que ten no naval un dos sectores máis castigados. Á desaparición de Factorías Vulcano, súmase agora a incerteza sobre o futuro doutro asteleiro, tamén en Vigo, o de Barreras, que xa estivo baixo control público e sobre o que a Xunta prometeu que ía salvar o sector grazas a Pemex, aínda que a realidade é que foi a culpábel de que hoxe se dirima entre os proxectos de Gondán, que inclúe un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) para o persoal, ou o de Armón, que propón prescindir de máis dun cento de traballadores. Feixoo continúa a xustificar a 'Operación Pemex' en Barreras Onte, os representantes da CIG e CCOO no comité de Barreras pediron á Autoridade Portuaria de Vigo que se posicione sobe a venda "máis aló" da concesión. |
NOS_37338 | Unhas xornadas orgalizadas por AGEe-GUE/NGL debullarán este sábado en Compostela a débeda pública e o seu impacto para facer outras políticas. Nas mesmas tomarán parte, entre outros, Éric Toussaint. | 'A débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea' é o nome das xornadas que este sábado decorrerán na Facultade de Filosofía de Compostela organziadas por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Unhas xornadas nas que tomarán parte, entre outros, Éric Toussaint, cunha conferencia sobre a diferenza entre legalidade e lexitimidade da débeda pública. O voceiro do Grupo Parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras;o tamén deputado de AGE no Parlamento Galego Antón Sánchez; a membro da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda Iolanda Fresnillo; o integrante da Plataforma Saír do Euro Joan Tafalla; a economista Esther Duro ou o economista catalán Ramón Franquesa e o activista galego Miguel Quinteiro, son outros dos participantes. Na presentación dads xornadas Lindia Senra Lídia Senra, eurodeputada deAGEe demandou que as forzas políticas de esquerda galegas e estatais coloquen o problema da débeda pública no centro do debate da próxima campaña electoral xa que, ao seu entender, "será dificil facer políticas reais de esquerda nun hipotético Goberno futuro se non se coloca como meta facerlle fronte á situación de débeda actual e non se presentan alternativas claras ao respecto". Senra ofreceu algúns datos alarmantes ao respecto da situación na que se atopa o Estado español a día de hoxe en canto á débeda pública. Se no ano 2007, a débeda pública por persoa ascendía a 8.404 euros e supoñía o 36,3% do Produto Interior Bruto (PIB), no ano 2015 ascende a 23.045 euros por persoa e supón o 99,2% do PIB. A eurodeputada defendeu que a crise da débeda pública é o eixe central das reformas antisociais realizadas polos Gobernos nos últimos anos e, ante iso, chamou a buscar propostas concretas que lle fagan fronte e a facer deste un tema "clave" na campaña electoral dos comicios estatais do próximo 26 de xuño. "Hai que poñer os puntos sobre os ies fronte á brutal débeda que nos endosaron a toda a cidadanía", dixo. |
PRAZA_10147 | Dorribo faleceu aos 54 anos en Barcelona, onde disque mantiña xuntanzas para algúns dos novos negocios que emprendera tras a fin da operación Campeón, o primeiro caso de corrupción que salpicou a Xunta de Feijóo e que puxo fin aos tempos en que non había dirixente que non quixese fotografarse co propietario de Laboratorios Nupel | Houbo un tempo no que non había acto social de relevancia en Lugo no que non aparecese Jorge Dorribo. O que nos anos 90 do século pasado acadara certa sona polo acerto que tivera ao producir un produto para nutrir prendas de coiro medrara na primeira década do século XXI presentándose como empresario farmacéutico á fronte de Nupel, o laboratorio que fundara co nome do seu exitoso produto téxtil. Esta semana transcendeu a súa morte aos 54 anos en Barcelona, onde disque mantiña xuntanzas para algúns dos seus novos negocios.Dorribo faleceu aos 54 anos en Barcelona, onde disque mantiña xuntanzas para algúns dos novos negocios que emprendera tras a fin da operación Campeón, o primeiro caso de corrupción que salpicou a Xunta de FeijóoEses novos proxectos emprendéraos tras a caída da trama de fraude de subvencións e outros delitos que quedou reflectida na investigación da operación Campeón, o primeiro caso de corrupción que salpicou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo e que finalizou a finais de 2017 coa condena dun ex-deputado do PP e dous ex-directivos da Xunta, aos que o Goberno galego evitou acusar no proceso. Tamén foi condenado o propio Dorribo a catro anos e medio de cárcere por delitos contra a facenda pública, fraude, falsidade, insolvencia contable e branqueo, pero tras os acordos coa Fiscalía que pecharon o caso non tivo que volver á cadea, xa que acumulara catro anos en prisión preventiva e non tiña antecedentes.Así rematou para o gran público o percorrido xudicial que comezara para Dorribo en maio de 2011, poucos días despois das eleccións municipais daquel ano. Naqueles días a xuíza Estela San José ordenara dende o seu xulgado de Lugo deter a Dorribo. Tamén ao daquela director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a un dos seus subdirectores, ademais de rexistrar a sede da institución dependente da Xunta. A detención de Dorribo causara impacto en toda Galicia, especialmente en Lugo. Pero impactar non é o mesmo que sorprender.O altísimo nivel de vida do empresario causaba receos que ficaban en segundo plano cando puña sobre a mesa as súas xenerosas achegas; os despachos oficiais abríanse para el e xa non pechabanO altísimo nivel de vida do empresario entre coches de alta gama, iates, hábitos de luxo e descricións grandilocuentes de enormes proxectos internacionais que non acababan de concretarse xa espertara receos. Pero, as máis das veces, eses receos ficaban en segundo plano cando Dorribo puña sobre a mesa xenerosas achegas para practicamente todos os equipos deportivos de Lugo ou para as festas da cidade. As portas dos despachos oficiais fóranlle abertas en tempos do todopoderoso barón do PP lucense Francisco Cacharro Pardo, xa falecido, e non llas volveran pechar. Todo o mundo saía con agrado nas fotos ao carón de Dorribo. Ata aquel infausto maio de 2011.Menos dun ano despois das detencións comezaron as revelacións do sumario... e as acusacións de Dorribo. A investigación do caso afirmaba que o xefe de Nupel acadara axudas públicas da Xunta apoiándose en facturas falsas e impulsándose cos seus contactos políticos. Presentaba a súa empresa como unha potencial aliada da Xunta nos seus plans de austeridade sanitaria, paliando os efectos dos recortes cos seus produtos. Pero ao mesmo tempo daba en arruinar a súa propia compañía a base de préstamos para sufragar todo tipo de luxos. Cando a quebra era un feito, tentouna ocultar mediante enxeñaría contable. A investigación do caso aifrmaba que acadara axudas públicas con facturas falsas e arruinara a súa empresa para sufragar os seus luxos; nas declaracións ante a xuíza defendeuse atacando a cargos políticos que acabaron imputadosXa ninguén quería saír nas fotos con Dorribo, que tiña preparada a súa propia estratexia de defensa, baseada no ataque. Nas súas declaracións ante a xuíza San José afirmou que repartira cartos e todo tipo de prebendas a líderes políticos da época como o daquela alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, o ex-ministro de Fomento José Blanco, ambos do PSdeG, e o ex-conselleiro de Industria Fernando Blanco, do BNG. As acusacións afectaron de xeito crucial a cadansúas traxectorias políticas, aínda que en xullo de 2012 as acusacións contra Orozco quedaron arquivadas e en 2013 o Supremo fixo o propio coas que pesaban contra o ex-ministro. Fernando Blanco tivo que agardar moito máis e non se liberou da imputación ata novembro de 2018, sete anos despois do estourido do caso. |
NOS_31302 | A polémica polo proxecto de instalar unha planta de lixo na parroquia de Morás, no linde entre os concellos de Arteixo e Coruña, pon en alerta a todos os partidos e colectivos veciñais. O proxecto debería morrer na súa fase de tramitación na Consellaría de Medio Ambiente, pero o alcalde de Arteixo abriu unha guerra con Coruña polas instalacións contaminantes na fronteira entre concellos. | Ninguén quere a planta de residuos en Santa Icía xunto ao Camiño dos Romeiros que comunica as parroquias de Morás e a Pastoriza alá nun alto desde o que se ve o mar de Arteixo e, ás costas, detrás dun outeiro e duns eucaliptos, o barrio máis mozo da Coruña, Novo Mesoiro, produto dos anos da burbulla, rapaces que xa son pais, urbanizacións que gañaron ao monte o que antes gañaban as empresas que fan cartos co lixo, cos detritos dun modelo de crecemento urbano que mata a paisaxe, contamina o ar e ten en permanente alerta á veciñanza en sitios coma este, o lugar de Feáns, que nalgún tempo foi un val calmo e gozoso, e hoxe, despois do bum e do crac, das décadas da industria pesada e das que seguiron cargando de tixolo a terra está rodeado dun polígono, dunha refinaría, de plantas de valorización (vertedoiros legais) por todas partes e vertedoiros ilegal onde cadra. Ninguén ten recordos xa do que era o val, a terra, o ar limpo e o Nordés que cheiraba a mar e non a petróleo frito ou calquera outra merda. A guerra de fronteira dos concellos da Coruña, ao leste, e de Arteixo, ao oeste, líbrase por unhas toneladas de merda que ninguén quere. A planta que proxecta unha empresa con antecedentes de ir sementando estas comarcas de algaradas veciñais non ten padriños. Nin sequera o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo (PP), maioría absoluta, unhas arcas municipais ben fornecidas polas taxas que inda paga aquí a gran multinacional galega, Inditex, e outras empresas que consomen o ambiente, como a Repsol, cun porto exterior que ía traer ouro das Américas e bateu no mar con miles de dados de formigón. Máis merda. Calvelo pisou un charco e logo caeu nunha poza despois de que o BNG, a ambos lados da fronteira, levantase a lebre no monte dos Romeiros. Era verán e a empresa metera na Xunta un proxecto de impacto ambiental moi discreto, reducido e de trámite rápido. Comezaron as protestas. Asociacións de veciños en pé en Morás-Santa Icía, a de Novo Mesoiro, a de Feáns, no Castro de Elviña, na Zapateira, os veciños da Urbanización Breogán, mesmo o Tecor de Elviña. Todas mirando cara Arteixo. Entón apareceu a Marea Atlántica, o partido que sustenta o goberno municipal da Coruña, que prometera tanta limpeza que ao alcalde de Arteixo aquilo lle pareceu que rebordaba. E dixo que eles, que as veciñas e veciños de Arteixo, cos seus polígonos, o porto exterior e os vertedoiros ilegais –"hainos en Suevos, na Pastoriza, e tamén en Morais. Parece que son empresas que fan obras na Coruña e, pola noite, veñen tirar aquí os restos", explican fontes do concello- xa teñen bastante e por riba deben aturar Albada e Conteco, dúas plantas de residuos, nunha lomba sobre a Furna do Navío, na fronteira pero do lado leste, que feden e contaminan en dirección ao oeste. E foi a guerra. A guerra de fronteira dos concellos da Coruña, ao leste, e de Arteixo, ao oeste, líbrase por unhas toneladas de merda que ninguén quere "Arteixo non promove nada. É unha iniciativa da empresa Gesmaga. Non se trata dun vertedoiro, senón dunha planta pechada nunha parcela de 3.000 metros cadrados. E non se pode ter esa dobre vara de medir: dicir que se está en contra dunha planta de residuos en Arteixo porque toca á Coruña, cando está Albada sen rematar, malia as sentenzas, e Conteco tamén a ceo aberto. E aquí temos 141 vertedoiros ilegais detectados con despoxos que seguramente veñan da cidade", din as fontes municipais. Carlos Calvelo recuou un pouco e agora advirte que inda que o informe técnico da Xunta diga que si a Gesmaga, ao Concello lle queda a carta da licencia. O informe técnico da Xunta é o documento polo que están esperando todos. "Non poden darlle para adiante", opinan Daniel e José Luis, que representan a Asociación de Veciños de Morás esta terza feira nunha visita rápida ao anaco de monte que Gesmaga comprou xunto o Camiño dos Romeiros transitado hoxe por ciclistas e corredores. Con eles está Xosé Ramón, de Feáns, que di que non entende a que tanta planta se xa non hai residuos porque parou a construción e que, en calquera caso, "hai outras plantas no país", ben perto, como a de Somozas, na que investiron 21 millóns "e despois a Xunta retirou a contrata porque dicía que non estaba aproveitada. Pois que metan isto alí". Nin o enclave, un alto sometido aos ventos, nin os accesos, un camiño para facer bicicleta ou carreira a pé, xa non hai romeiros; nin os materias que din que se van tratar "pero logo veremos o que meten" convencen os veciños, que están "molestos", sinala Mónica, a presidenta das veciñas de Novo Mesoiro. "Que a poñan en outro sitio", di Mónica, "ou que a aproveiten as plantas existentes", suxire Daniel. A Marea Atlántica organizou onte unha visita polo mesmo lugar guiada pola concelleira María García, responsable de Medio Ambiente. A Marea Atlántica e o BNG presentarán iniciativas no pleno da vindeira segunda feira para que se paralice o proxecto. O Bloque tamén chamará a atención do Parlamento. "Estas instalacións xeran po, contaminación acústica e un intenso tráfico de camións para o que as infraestruturas da zona preparadas. Aínda que a letra da lei o permite, non ten sentido escoller unha ubicación coma está habendo polígonos industrias", din desde Marea Atlántica e sinalan Beatriz Mato. A conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, o seu departamento, debe decidir sobre o informe presentado por Gesmaga ao que todas as partes, a comezar polos veciños, presentaron alegacións. Segundo a Marea, Mato "cambiou de opinión ao coñecer a mobilización veciñal". O alcalde de Arteixo ten a vista posta tamén na concelleira, a que se espera como próxima candidata do PP nas municipais na Coruña, para que o saque da lea. Pero a guerra está declarada. "O goberno da Coruña leva reclamando o peche do vertedoiro de Nostián desde o 2015, pero a competencia é de Albada e a competencia de sancionalo é da Consellería de Medio Ambiente. En canto a Conteco, é, abofé, unha instalación problemática", valoran desde a Marea. A Marea Atlántica organizou onte unha visita polo mesmo lugar guiada pola concelleira María García, responsable de Medio Ambiente "O estudo de impacto ambiental é un desastre", avalían Manuel Méndez, responsable local do BNG na Coruña, e Silvia Seixas, concelleira nacionalista en Arteixo. "Eles chámanlle a isto unha planta de valorización de residuos non contaminantes cando meten o chumbo, e despois falan de outros metais, sen especificar". E desde o Camiño dos Romeiros indican a norte e a sur mámoas e o castro de Elviña, elementos patrimoniais que son tratados como simples montóns de pedras. "Mesmo hai quen di", protestan as veciñas, "que como aquí o ar xa está sucio, pois veña plantas de lixo". É o que ten estar a beira das cidades. En Uxes, tamén ameazado, xa houbo protestas, polo de agora tímidas, por unha liña de alta tensión que vai cruzar as Mariñas coruñesas desde Abegondo, un pouco máis o sur, o concello máis "perforado" do país, presumen con sorna alí, ataniscado polas infraestruturas da enerxía eléctrica, do gas, dos camiños de ferro e asfalto. Son as aforas das urbes, caldeiros de lixo onde prosperan empresas que fan limpeza e cartos e, ás veces, máis cartos que limpeza. Por iso non as queren. |
NOS_21284 | Os resultados oficiais confirman a vitoria da formación 'Autodeterminación' | O partido de centro esquerda Vetevendosje (Autodeterminación) gañou as eleccións lexislativas anticipadas que decorreron este domingo 14 de febreiro en Kosovo. En concreto, a candidatura encabezada polo ex primeiro ministro Albin Kurti obtivo o 48% dos votos. Porén, espérase que a formación do Goberno sexa complicada porque Vetevendosje non gañou suficientes escanos para gobernar só e hai grandes diferenzas entre as formacións que entraron no Parlamento. A vitoria de Vetevendosje é o resultado dunha campaña contra a corrupción e o nepotismo e polo achegamento aos Estados Unidos de América. Kurti oponse á influencia de China e Rusia, que cre que beneficia a Serbia. Despois de anunciados os resultados, centos de mozos reuníronse na sede do partido e Kurti prometeu traballar pola xustiza e loitar contra o paro. O Partido Democrático de Kosovo (PDK) obtivo o 17,35% dos votos e a Liga Democrática de Kosovo (LDK) o 13,18%. A convocatoria deste domingo é consecuencia da crise política que estoupou en decembro de 2020, cando o Tribunal Constitucional de Kosovo ditaminou que a votación na que foi elixido o actual Goberno de coalición que lidera a Liga Democrática de Kosovo (LDK) de Avdullah Hoti foi ilexítima debido ao voto decisivo dun deputado con antecedentes penais. Hoti chegou ao poder despois de que o Executivo dirixido por Albin Kurti (Vetevendosje) rachase despois de só sete semanas no poder despois das eleccións do 6 de outubro de 2019. |
NOS_18467 | Álex López (Ferrol, 1988) ten as ideas moi claras: "O Rácing ten que pelexar por subir". Mais a batalla polo ascenso está moi complicada para o conxunto ferrolán, que na xornada de onte despediu Emilio Larraz despois de dous anos e medio á fronte do primeiro equipo logo da derrota na casa ante o Salamanca UDS. | Aos seus 33 anos, Álex López está defendendo as cores do club no que debutou con tan só 16 e ao que volveu no verán de 2019, tras xogar en equipos do nivel do Celta, o Sporting ou o histórico Sheffield Wednesday. Que queda hoxe daquel rapaz? Hai moito tempo daquilo, pero as memorias están moi vivas, pois a miña ilusión sempre foi ser futbolista, pero sobre todo selo no Rácing de Ferrol. Non son o mesmo que con 15 anos entrou por vez primeira naquel vestiario, porque cando vas crecendo e madurando ves as cousas doutro modo, pero a ilusión por xogar ao fútbol e de gozar con esta camiseta permanece, e trato de non perdela. Esa ilusión da que fala, chegouna a perder cando fichou polo Brisbane Roar austrialiano no ano 2018? Naquela etapa transmitía a impresión de estar un tanto 'queimado' deste deporte. Durante a vida de calquera persoa, tamén na dos futbolistas profesionais, vívense diferentes etapas, e neste deporte hai cousas moi bonitas, pero tamén moito sufrimento por detrás, oculto. No meu caso concreto, antes de marchar para Australia estiven en Xixón, onde chego despois de rescindir en Vigo. Tiña a ilusión de xogar no Sporting desde que era un cativo, e pensaba que sería o paso idóneo para continuar a miña carreira, pero foi unha tempada moi dura marcada por unha lesión moi grave e rara que tiven nas costas. Por iso, e a pesar de ter un ano máis de contrato e de que rematei a campaña xogando no play-off, comunicáronme que non contaban comigo. De súpeto, atopeime na situación de non saber que camiño tomar. Si que tiña claro que quería volver ao Rácing, pero o equipo acababa de baixar a Terceira e, entón, xurdiu a oportunidade de ir a Australia, un sitio onde non hai esa presión tan grande propia do fútbol, o que me permitiu recuperar as sensacións perdidas como paso previo para volver á casa. Todas esas experiencias que atesoura emprégaas agora no Rácing de Ferrol. Como foi o proceso de toma da decisión de volver tantos anos despois? O fundamental foi o sentimento que teño polo Rácing, pero tamén o proxecto que hai, que é moi ilusionante, e o grande interese que tiveron porque formara parte del. Logo de rematar en Australia tiven propostas para xogar en Segunda División, e mesmo en varios equipos de fóra que disputaban competicións europeas, pero tiña claro que quería volver mentres aínda fose novo e puidese achegar cousas ao equipo. Non obstante, houbo momentos nos que non todo foi a pedir de rosas. Hai xusto un ano non estaba entrando nas rotacións, e mesmo chegou a expresar publicamente a súa frustración. Con todo, agora a situación é completamente oposta, pois foi nomeado mellor xogador do mes e está considerado como unha das estrelas, non só do seu equipo, senón de toda a categoría, e iso que o adestrador era o mesmo que o do ano pasado. Que cambiou para que pasase de non contar con oportunidades a ser ese xogador referencial que é hoxe? É algo que tiña claro que podía pasar. Cando levas moitos anos xogando no fútbol profesional e toca baixar a Segunda B, tes que saber que é unha categoría moi complicada, tanto polo nivel dos rivais como polos estilos de xogo. Sabía que requiriría un período de adaptación, pero no fútbol iso non existe, por iso aínda que empecei xogando, como os resultados non acompañaban o míster sentoume, e entendo a decisión. Loxicamente, iso fai que a nivel individual a tempada pasada fose dura e difícil, especialmente a nivel mental. Cargueime a min mesmo cunha responsabilidade enorme, tiña a sensación de que todo o malo que acontecía era culpa miña, quería facer máis do que debería... e iso vai xerando frustración, erros e que non sexas ti mesmo. Por iso aproveitei o tempo do confinamento non só para facer traballo físico, senón tamén para traballar no aspecto psicolóxico. E este ano, no que partiamos de cero, o míster deume a súa confianza e estoume atopando moi ben, moi cómodo. Iso que comenta da dureza, da dificultade da categoría, dos problemas de adaptación... non podo evitar que se me veña á cabeza o que está padecendo agora mesmo o Deportivo. Como ve, como rival, a situación dun equipo ao que algunha vez, vostede me dirá se con veracidade ou sen ela, se vinculou no pasado? Ben, si que é certo que se ten comentado (ri). Sendo xogador do Celta houbo un par de contactos, pero sempre tiven claro que non era a situación idónea e que era algo imposíbel. E sobre o que lles pasa hoxe, a súa situación fala perfectamente do que é a Segunda B. Todo o mundo cre que, se ves de categorías superiores, vaste pasear, pero é ao revés. Os equipos cada vez están máis preparados e, ademais, hai outros factores que inflúen, como uns campos distintos aos de Primeira e Segunda, unha dureza superior, uns rivais que apertan máis... Adaptarse non é nada sinxelo, e é o que lle está pasando ao Dépor, que lles está custando moito xogar na Segunda B a pesar de ter un cadro de xogadores con moita experiencia en categorías superiores. E logo tamén teñen o problema da esixencia era a de gañar todos os partidos e pasearse, pero na realidade iso non pode acontecer, porque ademais o noso grupo é moi competido e igualado. |
NOS_54875 | É o home mito da resistencia armada na Terra Chá, A Corda e A Mariña. Significa o proceso de conformación dos primeiros núcleos guerrilleiros a partir daqueles demócratas obrigados a pasarse á clandestinidade fuxindo da represión e en moitos casos dunha morte certa. | Exemplifica a lealdade a uns ideais, neste caso ao marxismo cribado pola tradición española da segunda Internacional, a vontade de defendelos asumindo todos os métodos de loita e a convicción de asumir esa decisión até as últimas consecuencias. Explica o alto grao de apoio popular á oposición ao franquismo e o mantemento dunha actividade de loita alongada no tempo como resultado da existencia dunha ampla rede de enlaces e colaboradores identificados no esencial cos seu obxectivos políticos. Informa, ao fin, da etapa máis creativa, intensa e fecunda do actuar guerrilleiro, onde se bota a andar unha resistencia armada autóctona, sen interferencias de cadros e orientacións procedentes do exilio, plural, carente da hexemonía dunha determinada orientación partidaria, e precedente, en moitos aspectos da liña político militar desenvolvida en Cuba e Vietnam. Luís Trigo Chao, nado o 24 de decembro de 1919 en Santa María de Cabanas no antigo Concello de Riobarba, actualmente integrado no Vicedo, emigra a Cuba e Arxentina, na busca dunha mellor vida e dun futuro máis próspero e remata por enchouparse de ideas novas, loitas sociais e políticas e compromisos definitivos que marcarán a súa vida para sempre. Instalado en Mondoñedo, desénvolvese como garda de venatoria ou gardarríos da comarca, facendo parte do grupo fundacional na localidade da agrupación socialista, canda Xaquín Ares, Ignacio Picaza, Graciano Leivas, Cándido López ou Manuel Ferreiro. Secretario xeral e máis tarde presidente da sección local do PSOE, unha pequena organización de trinta e dos militantes fiel ás orientacións políticas de Largo Caballero pero particularmente activa entre os labregos de Mondoñedo, concelleiro desde 1931 até 1934, será detido co motivo da revolución dese ano canda Ignacio Picaza e Xosé Díaz Muñoz, sendo encarcerado en Lugo e procesado nun consello de guerra no que é defendido por Xosé Díaz Villamil. 'O Gardarríos' atesoura doce anos de resistencia armada ao franquismo. A súa práctica guerrilleira non respondeu á busca da mera subsistencia ou estivo carente de orientacións políticas, sendo o primeiro na área norte de Lugo en levar adiante operacións de castigo contra significados represores, como sucedeu con Eladio Teixeiro ou Xosé Viador Traseira, un dos máis crueis e significados dirixentes falanxistas de Lugo, axustizado o 9 de abril de 1940 na Fraga Vella, nos lindes dos concellos de Abadín, Mondoñedo e O Valadouro. Non foi un fuxido solitario e desligado doutras formas de oposición ao franquismo diferentes ás armadas como apuntan os relatos sobre a súa figura; pola contra, participou de diversas iniciativas de coordinación entre os fuxidos e mantívose ligado á disciplina e liña do seu partido. A mediados de novembro de 1938 participa na constitución da "Agrupación Thapaieef", a primeira agrupación guerrilleira do norte galego, onde será elixido secretario xeral, nunha dirección conformada polo comunista Xosé Castro, o libertario Xosé Neira e o nacionalista Modesto Vilar. Ao tempo participou nas iniciativas de reconstitución do PSOE en Galiza, colaborando cunha sección en "Forja", voceiro da organización mariña, impulsado polo secretario xeral galego Xosé Paz. Dirixente do PSOE, foi eleito secretario da primeira agrupción guerrilleira do norte galego, nunha dirección conformada polo comunista Xosé Castro, o libertario Xosé Neira e o nacionalista Modesto Vilar Hai setenta anos, concretamente na madrugada do 24 ao 25 de xuño de 1948, foi asasinado nun enfrontamento armado en Vilanova de Lourenzá canda a súa compañeira Antonia Díaz Pérez. A onomástica da súa morte sería un bo punto de partida para recuperar a traxectoria militante e o pensamento de 'O Gardarríos', introducindo novos prismas e puntos de vista que acompañen a memoria popular e aquilaten o seu proceso de mitificación popular, iniciado nos últimos anos da súa vida e aínda tan vivo nas terras onde combateu. A súa rebeldía tiña unha causa, perfectamente racionalizada nos artigos asinados no voceiro socialista de Viveiro El Momento, onde defendía o amor libre, combatía o clericalismo, desenvolvía temas de filosofía marxista como a ditadura do proletariado, apoiaba as posicións de Largo Caballero, polemizaba co prietista García Atadell e afirmaba que as "revolucións non se fan con auga de colonias senón entregando o sangue dos mellores fillos do pobo". O seu compromiso, cargado de poderosas razóns, é o dun axitador político, curtido no traballo de masas pero tamén nas tarefas de organización partidaria, empurrado á loita armada polas extraordinarias circunstancias vividas após o golpe de estado de 1936. |
PRAZA_11274 | Hoxe por hoxe, calquera día e non só en período electoral o ler entre liñas o xornal (ou ver entre imaxes no caso da tele) é tanta necesidade como o non despistarse coas novas (reais ou supostas) nas redes sociai | Soa ben como tema, pero o certo é que se queda moi curto: hoxe por hoxe, calquera día e non só en período electoral o ler entre liñas o xornal (ou ver entre imaxes no caso da tele) é tanta necesidade como o non despistarse coas novas (reais ou supostas) nas redes sociais. Un tema de pedagoxía na actualidade: mirar con lupa o que poda soar a noticia. O malo, que case todo o que nos chega pode 'soar a noticia'…Así pois, vaiamos unha vez máis a ver un exemplo onde se pode aplicar esa 'eduación lectora' ante un caso evidente de noticia presentada dun xeito tendencioso.Apareceu hai uns días unha nova sobre os resultados dunha enquisa para reflectir a opinión dos galegos sobre a sanidade pública. Os datos son claros: a perto da metade dos enquisados -46,1 %-parécelle que neste mandato (catro anos) a sanidade pública empeorou, e menos da cuarta parte (de feito, menos da metade que os anteriores), que mellorou. O titular reflícteo retorcendo os datos: 'La mayoría de los gallegos no ven mejor la sanidad gallega que hace cuatro años'. O subtítulo volve a sesgarse, pois evita citar que a porcentaxe de quenes cren que vai mellor -22,2 %- aínda está por baixo do 25 % que corresponde a quenes non aprezan cambios.Coido que reflexaría abondo mellor a realidade algo como 'case a metade dos galegos ve peor a calidade da sanidade galega que hai catro anos', por non dicir 'os galegos que viron empeorar a sanidade son máis do dobre que os que a viron mellorar'O título é o que máis se ve, o que causa o primeiro e principal impacto, e o sesgo está claro. No texto en si xa hai moitas variables: as novas sempre son abondo máis longas que os títulos, e por iso, dan máis información, son máis difíciles de tratar e mesmo poden corrixir en parte o que aparece nos títulos. En canto ás cifras e gráficos, que se presentan para facer máis bonita a nova, moitaws veces acompañan a sensación de engano. Como ocorre na nova citada: aínda que como sempre, parándose un pouco na lectura soluciónase a comprensión, as táboas preséntanse embarulladas, o gráfico principal non é interpretable de xeito inmediato debido a múltiples cores que implican datos de significado diferente en cada gráfico dos que se presenta sobre a imaxe de Galicia, e a gráfica de barras máis clara, resulta que ten a cor en destaque, máis vivo e alegre, para a maior porcentaxe, que neste caso significa polo contrario, o peor resultado… |
NOS_2468 | A oposición volverá cuestionar o presidente da Xunta sobre a sala de partos do hospital de Verín durante a sesión de control. | O Parlamento da Galiza retoma a actividade plenaria tras o parón das festas do Nadal cunha sesión na que a Xunta detallará as súas demandas ao Goberno estatal e na que a oposición volverá á carga contra o Executivo galego pola súa xestión sanitaria, especialmente, co foco situado na sala de partos de Verín que, tras semanas de polémica e protestas veciñais, reabrirá a partir de febreiro. Coa sesión ordinaria da próxima semana arrincará a fase final da lexislatura dado que, previsibelmente, o que agora comeza será o último período de sesións antes da realización das eleccións galegas. Nesta sesión a Cámara debaterá dous textos lexislativos: por unha banda, a nova Lei de Ordenación do Territorio impulsada pola Xunta e, por outro, unha proposta do Grupo Mixto para remitir ao Congreso unha modificación do Código Penal que garanta o dereito a unha morte digna. Durante a primeira xornada do Pleno, o día 28, comparecerá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para informar diante da Cámara das demandas da Administración galega ao Goberno de Estado expresadas nas cartas remitidas a cada un dos ministerios. Pola súa banda, os grupos da oposición (PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto) volverán traer a debate o feche da sala de partos do hospital de Verín, que reabrirá a partir de febreiro tras a contratación de dous pediatras. Sobre iso deberá responder o presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, durante a sesión control, na que se estreará a viceportavoz do BNG Olalla Rodil, que substituirá á líder nacionalista, Ana Pontón, pola súa recente maternidade. O 'acareo' entre Feixoo e o líder da oposición, o socialista Gonzalo Caballero, estará centrado na xestión do Goberno galego da sala de partos de Verín, mesmo asunto sobre o que o cuestionará o portavoz de Común da Esquerda, Antón Sánchez, na sesión de control. Pola súa banda, o BNG afeará ao mandatario popular o seu balance de "cero competencias transferidas" na última década. Unha lei "para as eólicas" Ademais, o hemiciclo acollerá o debate á totalidade da lei de ordenación do territorio da Galiza, que actualiza a norma en vigor do ano 1995 e aspira a "simplificar" a tramitación Administrativa, ademais de reforzar a seguridade xurídica para quen queira investir no país, segundo defende o PP. A nova norma, que, entre outras cuestións, inclúe a creación do Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento da Galiza, recibiu o visto e prace do Consello da Xunta e inicia a súa tramitación. Común da Esquerda xa avanzou que se opoñerá a unha lei que cre feita "para favorecer os intereses das grandes compañías", especialmente as promotoras de parques eólicos. Pola súa banda, o Grupo Mixto no que se integran as deputadas de En Marea leva á Cámara unha nova proposta de modificación lexislativa para a súa remisión ao Congreso das Deputadas. Neste caso, o grupo que encabeza Luís Villares propón a despenalización da morte asistida para garantir "o dereito a un final de vida digno". O PSdeG rexistrou iniciativas nas que piden que a Xunta asuma a súa responsabilidade pola situación das empresas viguesas do sector naval Vulcano e Barreras e o BNG levará á sesión a "pretensión" de Vox de ilegalizar "determinados" partidos como os nacionalistas vascos, galegos e cataláns. |
NOS_18001 | O investimento en Atención Primaria da Xunta da Galiza sitúase en 182, 3 euros por habitante. Mentres no conxunto do Estado o diñeiro destinado a sufragar os servizos sanitarios non hospitalarios e especializados representa o 14,2% do gasto total en saúde, na Galiza esa cifra colócase en 11,9%. Así as cousas, o Goberno galego só supera en esforzo inversor en Atención Primaria ao Executivo madrileño e o das Illes Balears, ficando moi lonxe dos territorios de cabeza como Estremadura ou Castela-A Mancha. Os déficits na calidade asistencial teñen unha explicación clara | A Estatística do Gasto Sanitario elaborada polo Ministerio de Sanidade en base á liquidación orzamentaria de 2018 ofrece unha foto fixa moi clara do compromiso inversor das administracións públicas en materia de saúde. A este respecto, a parte dedicada ao diñeiro destinado á Atención Primaria "recolle a actividade asistencial realizada por médicos de familia, pediatras, enfermeiras e demais persoal sanitario e non sanitario encamiñada a conseguir o mantemento e mellora da saúde no primeiro nivel de asistencia sanitaria, tanto en centros de saúde como en calquera tipo de consultorios urbanos ou rurais ou nas casas dos doentes". O Ministerio de Sanidade indica no seu informe que entende por gasto sanitario en Atención Primaria os servizos prestados cos medios propios nos centros non hospitalarios, a "administración de tratamentos, curas e cirurxía menor", "os gastos das estruturas de xestión necesarias para o desenvolvemento da propia actividade asistencial" e "os gastos efectuados en actividades propias de Atención Primaria prestada con recursos patrimoniais alleos a aquela entidade que financia a asistencia (concertos). Tales concertos poden estar subscritos con profesionais, institucións ou empresas que sexan de titularidade pública ou privada". Galiza destina a Atención Primaria 182,3 euros por habitante. Segundo os dados fornecidos polo Ministerio de Sanidade, só inviste menos que Galiza, Madrid con 147,97 euros e as Illes Balears con 178,38 euros. Así, o gasto neste servizo do Goberno galego é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura, 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61, 6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. Ao tempo, outros territorios cunha poboación menos avellentada que a galega superan o investimento por habitante do país, chegando no caso de Andalucía a 220,74 euros por habitante ou no País Valenciá a 196,46 euros por habitante. 11,29% do gasto sanitario para Atención Primaria Os orzamentos galegos de 2018 dedican 454,4 millóns de euros a Atención Primaria. A contía representa o 11,29% do diñeiro destinado nas contas públicas ao mantemento do servizo sanitario. A porcentaxe significa un investimento tres puntos inferior á medida estatal, situado en 14,2% e fica moi lonxe daqueles territorios cun gasto sanitario máis elevado. Sen ir máis lonxe, esta cifra en Andalucía acada o 17,45% do gasto sanitario total, en Castela- A Mancha o 16,96%, en Estremadura o 15,75% e en Castela e León o 15,25%. Só Madrid con 11,48% do investimento sanitario total destinado a Atención Primaria e as Illes Balears con 11,90% presentan un gasto inferior ao galego. O envellecemento da poboación agravan aínda máis a situación. Mentres o índice de envellecemento sitúase na Galiza en 202%, o cal representa 202 persoa maiores de 64 anos por cada 110 menores de 16, no Estado español representa o 125,79%, en Madrid o 110,85% e nas Illes Balears o 102,20%. A este respecto, a totalidade dos estudos certifican un aumento na demanda dos servizos da Atención Primaria en función do incremento da idade a poboación e establecen unha correspondencia clara entre unha e outra variábel. Os investigadores da Universitat Pompeu Fabra, Jaume Puig-Junoy e Ruth Puig Peiró teñen sinalado para o conxunto do Estado español " con respecto á relación existente entre as visitas ao médico e a idade dos individuos, hai dous colectivos que realizan un consumo de Atención Primaria 50% superior á media: por unha banda, a poboación de entre 0 e 4 anos e, doutra banda, as persoas de máis de 65 anos de idade. En calquera caso, comparado coas diferenzas detectados para a atención hospitalaria e farmacéutica, a relación entre idade e consumo de atención primaria resulta moi acusada". 17,2 centros de Primaria por cada 100.000 habitantes A realidade xeográfica da Galiza require dunha rede centros de Atención Primaria e un número de facultativos axeitado á dispersión territorial. A este respecto, Galiza dispón de 465 unidades para prestar o servizo, 398 centros de saúde e 67 consultorios, o que representa 17,2 centros de Primaria por cada 100.000 habitantes, unha porcentaxe cinco puntos por baixo da media estatal e menos do dobre que áreas como Cantabria ou Nafarroa. |
NOS_39792 | Redúcese o desemprego en 11.863 persoas en xullo. O 94% dos contratos laborais asinados ese mes son temporais. | O verán continúa a ser época de boas noticias para os gobernos no que atinxe a datos do paro. Xuño, xullo e agosto son tradicionalmente meses agradecidos para os gobernantes en canto ás estatísticas de colocación e emprego. O pasado mes de xullo non foi unha excepción e o paro rexistrado descendeu en 11.863 persoas en Galiza (83.933 no conxunto do Estado español). O desemprego fica, pois, en 195.457 persoas, baixando da barreira dos 200.000. Mais esa redución do paro rexistrado hai que enmarcala na estacionalidade propia do verán, época na que turismo e hostalaría tiran da ocupación para, finalizado o verán, volver boa parte dos contratados aos rexistros de desemprego. Dos 99.487 contratos laborais asinados en xullo, o 94% son temporais (93.507), levan unha data de caducidade que en moitos deles coincide coa fin do verán. Das 11.863 persoas que deixaron o desemprego o mes pasado no noso país, máis de 7.700 pertencen ao sector servizos. A afiliación á Seguridade Social experimentou en xullo un bo comportamento, con 16.045 altas, o que supón un 1,67% de aumento a respecto do mes anterior, xuño. Curiosamente, esa cifra é practicamente identica á expoerimentada desde xullo de 2015 até agora: neses 12 meses a afiliación á S.S. Incrementou en 16.094 persoas, un 1,68%. Miguel Malvido, da CIG, lembra que "o descenso do paro é habitual cada mes de xullo ao coincidir coa maior etapa de contratación do período estival". Considera que estas cotas de temporalidade son froito das sucesivas reformas laborais, que "só serviron para degradar aínda máis as condicións laborais e para reducir en maior medida os salarios" Sen prestación Os datos do Ministerio de Emprego apontan como se mantén e agrava a situación das persoas no paro que fican sen ningún tipo de prestación. Son xa case 100.000 das 195.500 desempregadas, o 51,6%. A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego é de tan só 96.568 persoas. O carácter contributivo desta prestacións tamén está baixo mínimos. Hai tan só 37.615 beneficiarios de prestacións contributivas, o 39 por cento do total, lembra a UGT. Así, a taxa de cobertura é en Galiza do 50,8 por cento fronte ao 55,1 por cento do Estado. A prestación por desemprego xa é maioritariamente de carácter asistencial. A percepción media bruta das contributivas é de 772,3 euros, as contías das asistenciais non superan os 426 euros. Este dato engádese ao recentemente ofrecido pola Enquisa de Poboación Activa (EPA), de que en Galiza hai 37.700 fogares sen ingresos. Fogares que non contan con ningún tipo de ingresos. Nin por traballo, nin por prestación, nin axudas... É a cifra máis alta da serie histórica analizada co comezo da crise, duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. |
NOS_45630 | A proposta aprobarase automaticamente nun mes se nese período non se presenta unha moción de censura. | A alcaldesa de Lugo perdeu a votación da moción de confianza que ela mesma presentara vinculada á aprobación dos orzamentos municipais. Agora ábrese un mes de prazo para presentar unha moción de censura contra Lara Méndez. De non formalizarse, as contas serán aprobadas. A alcaldesa só tivo o apoio dos oito concelleiros do seu grupo, o PSOE. PP (9 edís), Ciudadanos (2) e ACE (1) votaron en contra mentres que BNG (2) e Lugonovo (3)– que apoiaron a súa investidura- abstivéronse. A alcaldesa fixo un chamamento a responsabilidade e pediu o voto favorábel para o que cualificou unhas contas necesarias para a cidade. Se no prazo dun mes a oposición non presenta a moción de censura, os orzamentos aprobaranse de xeito automático. A día de hoxe semella imposíbel pois o PP precisaría ademais do apoio de Ciudadanos o de dous concelleiros dos grupos de esquerda, que xa advertiron que non llo van dar. |
NOS_43731 | En resposta ao convite de Otegi á "nova esquerda española" a "ser honesta" e a se sumar aos independentistas cando se comprobe que é imposíbel democratizar o Estado, Pablo Iglesias admitiu estar "moi orgulloso de ser española" e aseverou que "a miña patria pode democratizarse". | En relación á intervención de Arnaldo Otegi no acto do velódromo de Anoeta na que emprazou a "nova esquerda española" a se sumar para pór en marcha "procesos constituíntes nas nación do Estado" cando comproben que no Estado "é imposíbel a democratización", o líder de Podemos respondeu que "vai ser que non". Nun programa de La Sexta, Pablo Iglesias dixo estar "orgulloso de ser español" e aseverou: "claro que a miña patria se pode democratizar". "Podemos é unha forza política española e vasca tamén", engadiu, para concluír que "nós non nos imos facer independentistas, pero non me parece mal que os haxa e que poidamos debater". |
NOS_2843 | Desputarase en An Orient (Bretaña) o 11 e 12 de agosto, no marco do Festival intercéltico e participarán selección como a de Alemaña, Bretaña ou Francia, entre outras. | Galiza volverá medir internacionalmente o seu nivel e competitividade no fútbol gaélico, unha disciplina que desde o seu desembarco no país hai menos dunha década estendeuse rápidamente e situou o noso país entre os lugares a ter en conta en Europa. 11 e 12 de agosto desputarase en An Orient, Bretaña, o Euro 2018 de fútbol gaélico, que toma así o relevo da realizada en 2017 en Düsseldorf. Galiza competirá nesa cita coa selección masculina e feminina. No torneo participan selección de países como Bretaña, Alemaña. Francia, Escocia ou países escandinavos, segundo a organización. As selección galegas, feminina e masculina, xa están peparando este campeonato internacional. Para representar a Galiza no combnado feminino hai convocadas 6 xogadoras do Fillas de Breogán, 4 do Estrela Vermelha, 2 de Herdeiras de Dhais, 1 do Pontevedra e 1 do Auriense. Para integrar a selección masculina foron chamados 6 xogadores do Estrela Vermelha, 5 de Irmandinhos, 1 de Auriense, 1 de Herdeiros e 1 de Fillos de Breogán. |
NOS_11510 | O concelleiro do BNG da Coruña, Xan Caxigal presentou esta mañá a demisión por razóns persoais. Nunha rolda de prensa na que participará o portavoz Xosé Manuel Carril fará pública a renuncia e comunicarase a substitución no grupo. | O concelleiro nacionalista da Coruña, Xan Caxigal deixa o cargo por razóns persoais despois de ter sido responsábel da área de Deportes no anterior goberno municipal. Caxigal conta cunha ampla traxectoria no movemento veciñal da Coruña e é membro do Consello Local do BNG. Para ás 17.00 horas está convocada a rolda de prensa na que se fará pública a substitución e na que participarán, ademais do propio Caxigal, o portavoz Xosé Manuel Carril, as concelleiras Mª Xosé Bravo e Ermitas Valencia e o responsábel local Raúl Fernández. |
NOS_39332 | Denuncian a "inxustiza" e "inseguridade" da xestión indirecta dos parques. | Perto dun milleiro de bombeiros de toda Galiza, Castela e León, Murcia e Andalucía percorreron esta sexta feira (15 de maio) as rúas de Compostela para defender o mantemento do servizo público e para rexeitaren a aplicación dunha xestión indirecta dos parques. A mobilización partiu de San Lázaro e rematou na Praza do Obradoiro. Baixo o lema 'Resgátanos', os traballadores denunciaron a "inxustiza" e a "inseguridade" que carrexa esta nova situación, segundo sinalou o voceiro da Mesa intersindical, José Luís Pareja. Durante a marcha, concentráronse ás portas da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior onde rexistraron as súas reivindicacións, a comezar por unha regulación conxunta dos servizos de emerxencias que garanta a boa xestión do servizo e dun protocolo para os bombeiros. |
NOS_35308 | O mundo rural está mudando. E aínda que a despoboación e o envellecemento son realidades problemáticas que non é posíbel obviar, tamén existen alternativas. Proxectos e iniciativas novidosas, adoito vencelladas á economía social, contribúen a reinventar a vida cotiá máis alá das cidades, a producir valor engadido, a solidificar comunidade. Eis un extracto da peza, publicada no número 322 de Sermos Galiza. | O 26 de novembro de 2016, o Castelo de Pambre -localizado no corazón de Galiza: na Ulloa, en Palas de Rei- acolleu a primeira, e polo momento única, presentación mercantil desde que pasou a dominio público: a cosmética natural Muuhlloa. A partir dunha base láctea, a Granxa Maruxa, no seu día artífice das célebres galletas Maruxas de nata, e a cooperativa Milhulloa colocaron no mercado crema facial, leite corporal ou tónicos capilares. "A idea xurdiu das necesidades", explica Marta Álvarez Quintero, "o leite segue sen recuperarse e había que inventar algo. Decidímonos pola cosmética a partir das nosas materias primas". Que, neste caso, son o leite acabado de muxir e as herbas tradicionais da bisbarra da Ulloa, de cuxo tratamento se encarga a cooperativa Milhulloa: romeu, xarxa, buxo, estrugas ou milfollas. "Economía circular", puntualiza a súa irmá, María. Ambas as dúas volven dunha rolda de investidores en Soria, onde foron o único proxecto galego. Muuhlloa, cuxa marca é o acrónimo do bruído da vaca, a primeira letra da palabra herba e o nome da comarca, constitúe un exemplo acabado das dificultades e desafíos que enfrontan iniciativas á procura de reinventar a infraestrutura económica do medio rural. A súa sede atópase na parroquia de Cumbraos, en Monterroso. "O principal problema é a falta de financiamento", explica Marta Álvarez Quinteiro a Sermos Galiza, "se non hai tixolo, non hai axuda". Os proxectos innovadores non se axustan ás categorías existentes e os mecanismos de subvención "están obsoletos". E engade: "Unha nova ruralidade precisa de novas ferramentas administrativas". [Podes ler a información íntegra no número 322 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_46217 | Na Galiza máis dun milleiro de persoas son vítimas do 'senfogarismo', unha problemática que inclúe tanto as que dormen na rúa ou en centros de acollida como as que carecen dunha vivenda estábel ou coas condicións axeitadas de habitabilidade. Segundo un estudo, antes da crise da Covid-19, unha de cada cinco galegas xa padecía pobreza. | O estudo da situación das persoas sen fogar na Galiza elaborado por Cruz Vermella en 2017 (o máis recente até o de agora) localizou nas sete cidades galegas 340 persoas en situación de 'senfogarismo' (129 delas durmindo na rúa e as restantes acollidas en diferentes centros, sen contabilizar as persoas residentes en vivendas inestábeis ou inhabitábeis). A maior concentración (39%) deuse en Vigo, cidade na que a comezos de 2021 faleceu un home sen fogar. Segundo este documento, unha de cada dúas persoas atópase na rúa por mor do desemprego, e unha porcentaxe moi elevada, 21%, por unha ruptura afectiva. "Son vítimas de momentos vitais moi duros. Lembro un home, que tiña un nivel económico medio e un traballo estábel, que perdeu a muller e a filla e sentiu que xa nada pagaba a pena", relata a Nós Diario Eva González, responsábel dos Servizos Sociais de Compostela. Situación agravada pola pandemia Segundo un estudo recente de Oxfam Intermón, un de cada cinco galegos padece pobreza relativa, e a crise sanitaria tería sumado 60.000 persoas a esta listaxe durante os últimos meses. "A pandemia puxo en evidencia unha realidade que xa estaba aí", afirma Pablo Sánchez, do Colexio de Traballadoras Sociais da Galiza, en declaracións a este xornal. Sánchez traballa na Cociña Económica da Coruña e asegura que nunca tivera "tanto traballo" como durante os primeiros meses da pandemia. "Moitas persoas que padecían a precariedade laboral ou traballaban na economía somerxida quedaron sen ingresos e perderon a vivenda", argumenta. O mesmo aconteceu en Compostela, onde un de cada catro cidadáns acudiu a este departamento para demandar diferentes programas ou prestacións: "Nunca tivéramos estas cifras, é o dobre que o que recibiamos cada ano", expón González. Co decreto do estado de alarma e o consecuente confinamento en marzo, os concellos galegos habilitaron pavillóns e outros espazos para aumentar a capacidade de acollida das persoas sen fogar. "Se podemos atopar un aspecto positivo dentro da pandemia, foi a visibilización que houbo deste colectivo, porque tiñamos que fecharnos na casa e moita xente decatouse de que algunhas persoas non tiñan unha fogar onde recollerse", explica Sánchez, quen lamenta que, unha vez rematado o primeiro estado de alarma, "volveuse á realidade e as persoas que estaban alí acollidas temporalmente seguiron buscando de novo o seu camiño". Desde aquela, os Servizos Sociais seguen a facer intervencións na rúa para coñecer as necesidades destas persoas, axudalas a obter un traballo, regular a súa situación legal ou ofrecerlles aloxamento en vivendas compartidas ou, de modo temporal, en albergues. Reconducir os recursos Gran parte das persoas sen fogar sobrevive grazas aos recursos que achegan os albergues, comedores sociais e outros centros que, na súa maioría, xestionan entidades sociais privadas como as ONG (52 centros fronte aos oito de titularidade pública). Con todo, moitas persoas seguen a durmir na rúa. Por que? "Dáme mágoa que a xente critique as traballadoras sociais, porque non saben o difícil que é gañar a confianza destas persoas. Eu son unha descoñecida e ao principio cústalles aceptar a nosa axuda, mais se alguén quere un cuarto nun piso sempre a tramitamos", salienta Eva González. Pablo Sánchez considera que o mellor investimento que poden facer as institucións en materia de políticas sociais é o programa 'Housing First', unha iniciativa pioneira en países como Holanda que consiste en priorizar que todo cidadán teña unha vivenda propia: "Está demostrado que, a longo prazo, o custo para o Estado é moito menor, xa que hai que sumar o gasto desa persoa en sanidade, prestacións... Ademais, cunha vivenda esas persoas conseguen reconducir as súas vidas e atopar un traballo", argumenta. |
NOS_30147 | A república das letras honrará á escritora fundadora no dia do seu nacemento cun acto nacional ás 12:00 horas no Panteón de Galegos Ilustres. A AELG reclama a apertura pública e libre do espazo no Día de Rosalía. | "Rosalía non pode ser agasallada como a tumba de calquera persoa querida. Estáselle a conculcar o dereito ao pobo galego de honrar a súa grande escritora" sinala Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritore sen Lingua Galega (AELG) que hoxe conmemorará o nacemento da escritora no espazo onde foron trasladados os seus restos desde o panteón de Adina. Cursar solicitudes e acadar permisos son precisos para que o Panteón de Galegos Ilustres, onde están enterrados, entre outros, Castelao, Domingo Fontán, Asorey ou Alfredo Brañas. De non cumprir os trámites, a porta está pechada, impedido así o acceso libre e público a un espazo no que están algunhas das máis relevantes figuras da historia e a cultura galegas. "Queremos aproveitar este día tan simbólico para reinvindicar un Panteón laico, de acceso púlbico de maneira que se poida ir alí honrar a calquera persoa en calquera momento. É tremendo que para poñerlle frores a Rosalía teñamos que pedir permiso" comenta Cesáreo Sánchez. Resposta masiva e entusiasta O acto de Bonaval será o último de tres días de conmemoracións promovidas pola AELG. O día 22 máis dun cento de centros de ensino participaron na rede de actos arredor do Día de Rosalía co desenvolvemento de singulares actividades co alumnado, algunhas delas recollidas na páxina web da asociación. No sábado foron concellos e demais fundacións ás que organizaron por todo o territorio recitais e outros actos arredor da data.a O acto de hoxe porá fin solemno a tres actos nos que, como nunca, a homenaxe a Rosalía se expandiu polo territorio enteiro, cunha participación singular e moito maior que nos anos anteriores, animada tamén ao se cumpriren neste ano o 150 aniversario da publicacion de "Cantares Gallegos". "A resposta foi masiva e de moito entusiasmo e iso dinos que Rosalía non só sigue viva entre maiores e rapaces senón que son receptivos a súa actualidade. Resulta conmovedor ver ao alumnado dos institutos recitando con afecto e respecto e dándolle unha fasquí actual" afirma Cesáreo Sánches e convida a visitar a páxina oficial da AELG onde é fácil atopar imaxinativas e emocionantes festas de aniversario para Rosalía. "O día vai tomando a dimensión que o país demanda" engade. Unha flor e un libro Da AELG vén tamén o convite para que no Día de Rosalía se agasalle unha flor e un libro, iniciativa que, segundo sinalan, cada ano está a ter máis forza e conta co apoio de moitos libreiros que prepararon andeis e escaparates especiais para conmemorar o día. O acto deste domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres consistirá na lectura de poemas de "Cantares Gallegos", actuacións musicais mais unha ofrenda floral. . O grupo de Gaitas Carapaus e a Coral da Asociación Cultural e Musical Solfa interpretarán algunhas pezas de temática rosaliana. Marilar Aleixandre, Marta Dacosta, Alicia Fernández, Pilar García Negro, Inma López Silva, Teresa Mojre, Mercedes Queixas e Helena Villar Janeiro serán as encargadas da lectura do poema mentres Xina Veiga e Cesáreo Sánchez lerán o manifesto da asociación elaborado para o Día de Rosalía. |
NOS_6752 | Clío é a musa grega da historia e a poesía heroica. Filla de Zeus e Mnemosine -como todas as nove musas-, nas innúmeras representacións que coñeceu ao longo da historia das artes aparece cun libro na man. O volume é do historiador Tucídides, que viviu durante o século V antes de Cristo e redactou a Historia da guerra do Peloponeso. Desta imaxe que atravesa os tempos partiu Fernando Buíde (Compostela, 1980) para compoñer a ópera A amnesia de Clío, estreada o pasado 10 de novembro na súa cidade natal. | A versión do mito segundo Buíde parte dun texto do dramaturgo ourensán Fernando Epelde (Ourense, 1980). «Quixemos situar Clío no mundo contemporáneo», explica o músico a Nós Diario, «enfrontámola con personaxes de hoxe en día». O expresidente dos Estados Unidos George Bush Jr., a chanceler alemá Angela Merkel ou a sarxento Leslie Zimmerman das tropas imperiais no Iraq pasan polo escenario do que o autor define como «ópera distópica». Porque A amnesia de Clío, que este 12 de novembro se representará no Teatro Colón da Coruña, naceu dunha inversión respecto da idea dominante sobre a musa. «A musa é unha muller e o artista é un home», afirma Buíde, «que sucede se lle damos a volta?». No libreto Clío convértese «nunha muller forte, unha artista plástica cunha vida chea de matices que a levan a desembarcar na vida política». O compositor elaborou a obra, concibida para tres solistas vocais, coro e orquestra sinfónica, en estreita colaboración co escritor Epelde e mais coa directora escénica Marta Pazos, responsábel artística da compañía Voadora. «Trátase dunha viaxe extravagante, na que a realidade histórica e a ficción políticas entrecrúzanse para dar lugar a unha ópera contemporánea, cun pé na realidade e outro na distopía, unha distopía feminista», esténdese Buíde nos documentos promocionais. Non obstante o emprego do concepto de distopía, nega aspectos ominosos no seu traballo: «Máis ben construímos unha realidade fantástica, non exactamente pesimista». O creador, doutorado na universidade norteamericana de Yale e na tempada 2014-2015 o compositor máis programado por orquestras sinfónicas do Estado, confésase «amante» do xénero e «das heroínas femininas da ópera». «De entrada non tiñamos moi claro cara onde ía o libreto», asegura, «queriamos unha muller forte. Pensamos en varias personaxes do século XX ou XXI. Finalmente decidimos quedar con Clío». Máis de dous anos de traballo desembocaron en hora e media de ópera. «Existe máis ópera galega da que aparenta haber», expón Buíde á hora de se referir a unha xenealoxía desta forma artística nada na Italia do século XVII. Rogelio Groba (Ponteareas, 1930), Fernando Vázquez Arias (Melide, 1957) ou Juan Durán (Vigo, 1960) son algúns dos colegas que menciona. Detrás e diante Na creación, produción e escenificación da Amnesia de Clío participaron arredor dun cento de persoas, entre artistas e técnicos, «unha equipa moi grande». Ás táboas chega da man da Real Filharmonía de Galiza, que canalizou o proxecto, derivado dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA. Voadora encargouse de artellar as comunicacións entre as diferentes institucións que participan: amais de orquestra e compañía teatral, a Asociación Amigos da Ópera de Compostela e a Xunta, con apoio de Deputación e concellos da Coruña e Santiago. «É moi complexo levantar algo como unha ópera», admite, «esta puidose levar adiante grazas á boa colaboración institucional». A primeira ópera que Fernando Buíde escribe e a primeira que representa chegará a Ourense, despois do paso por Compostela e A Coruña, a quinta feira 14 de novembro. Só como concerto, sen posta en escena. O papel da musa Clío interprétao a soprano canaria Raquel Lojendio, que fixo parte de versións da Frauta máxica ou da Traviata. De George W. Bush fai o barítono valenciano Sebastià Peris, en cuxo currículo figuran La Bohème ou Madama Butterfly. Como Angela Merkel e Leslie Zimmerman está a mezzosoprano cántabra Marina Pardo, antes nas Vodas de Figaro ou O barbeiro de sevilla. O elenco vocal complétao o Orfeón Terra A Nosa, que dirixe Miro Moreira. Á fronte da Filharmonía atópase o seu director artístico titular, Paul Daniel, «que estivo en contacto co compositor desde o comezo». Con el colaborou, en función de director asistente, o mestre galego Pablo Devigo, actualmente na Carmel Symphony Orcehstra dos Estados Unidos e mais no Teatro da Ópera da Universidade de Indiana. |
PRAZA_16333 | VÍDEO | O presidente di que non viu as imaxes e opta por criticar o goberno local, ao que fai responsable da contaminación, obviando a demora acumulada desde hai décadas no saneamento das rías galegas HEMEROTECA | O PP propón que incumprir os prazos de depuración das rías non implique sancións da UE | HEMEROTECA | O PP propón que incumprir os prazos de depuración das rías non implique sancións da UE VÍDEO | O líder do PP santiagués apaña lixo na beira do Sar e guíndao á auga para denunciar a contaminación do río O presidente di que non viu as imaxes e opta por criticar o goberno local, ao que fai responsable da contaminación, obviando a demora acumulada desde hai décadas no saneamento das rías galegas "Discutir sobre os vídeos... O que está claro é que o portavoz maioritario da oposición o que foi é a poñer de manifesto que no río Sar se está vertendo sen depurar e iso conleva responsabilidades". Así respondeu este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao ser preguntado na súa rolda de prensa semanal se vira o vídeo convertido en viral no que o líder do PP en Santiago, o seu ex-conselleiro de Medio Ambiente durante cinco anos e ex-alcalde un ano, Agustín Hernández, guinda en reiteradas ocasións lixo depositado nas beiras do río Sar á auga ao tempo que denuncia a inacción do goberno local, de Compostela Aberta, cara a esa contaminación. Feijóo asegurou que non vira o vídeo, e optou por poñer o foco nas dúbidas que o goberno local ten sobre o emprazamento da nova depuradora da cidade, que está a demorar a súa construción mentres a actual é incapaz de tratar todas as augas residuais que se producen. O presidente criticou que se a depuradora non se comeza a construír xa perderanse os fondos europeos que a ela ían destinados e a UE podería impor sancións pola contaminación, ameaza que pesa hai anos sobre a gran maioría das rías galegas. "Esa irresponsabilidade non é propia de ningún goberno", dixo, obviando a lentitude coa que a propia Xunta, ao longo das últimas décadas, afrontou o problema da contaminación das rías e mesmo que o PP propuxo no seu programa electoral para as últimas eleccións europeas que a UE non sancionase por incumprir os prazos para a depuración. "O Concello de Santiago incorre en responsabilidade por estar vertendo ao río sen depurar", critica Feijóo "O Concello de Santiago incorre en responsabilidade por estar vertendo ao río sen depurar", chegou a asegurar Feijóo xusto antes de restar relevancia ao vídeo do seu ex-conselleiro de Medio Ambiente e xustificar que o seu acto á beira do Sar e ante os medios de comunicación era un xeito de "poñer de manifesto" esas verteduras. O pleno compostelán aborda este xoves a proposta de convenio coa Administración autonómica e estatal para a construción da depuradora. Faino por iniciativa do propio goberno local, que por boca do rexedor, Martiño Noriega, xa advertiu de que "non vai apoiar o texto" por considerar que "non é un bo acordo para a cidade" e tenta resolver un asunto enquistado "dende hai 20 anos" sen "seguridade xurídica" para Santiago e mais para Ames, tamén afectado pola infraestrutura. Sobre a escena protagonizada por Hernández á beira do río Noriega atribúea ao "nerviosismo" a respecto da súa xestión coa depuradora como antigo conselleiro e alcalde. "Tivo que ser o subsconsciente, que se desmadrou, e no subsconsciente agóachanse as verdadeiras intencións e paixóns", ironiza o rexedor. |
NOS_3977 | Primeiro en Allariz, logo en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol. A Asociación Galega de Viticultura bota a andar nesta terza feira as xornadas "Proba e Saborea do noso", un programa para para coñecer o mundo que hai arredor dos nosos produtos. E para saborealo. | Que hai detrás dunha botella de viño ou unha peza de queixo? A esta pregunta queren dar resposta as xornadas "Proba e Saborea do Noso", unha proposta da Asociación Galega de Viticultura que leva a seis localidades do país unha iniciativa para achegarnos á "dimensión intanxíbel" dos produtos agroalimentarios. Allariz inicia os días 13 e 14 o percorrido dunha iniciativa que descubre, detrás dos produtos que consumimos, "o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, das historias das súas xentes". Elementos todos que garda o sabor do viño ou o aroma do queixo, a orixe e a cultura que se agochan detrás da gastronomía que se produce na nosa terra. "Xa non ten ningún sentido, por exemplo, falar dun viño calquera das nosas Denominacións de Orixe sen apelar ao contexto eterno das terras e persoas, ou dos seus roteiros para viaxeiros e visitantes" explican no programa e diso, dáse boa conta en Allariz e, a seguir, en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol, as outras localidades nas que a Asociación Galega de Viticultura desenvolve o programa. Coa colaboración do Concello de Allariz, a Federación Rural Galega, a Rede Galega de Empresas e a Asociación Galega de Sumilleres, o programa iníciase este martes ás 19.30 co coloquio "A promoción e expansión dos noso sabores acó e aló" no que participan o historiador Clodio González, o xerente da adega Alan, Joaquín Sánchez, o xerente da Rede Galega de Empresas, Manuel Vázquez e a xerente do Grupo de Desenvolvemento Avinza, Eva González. A seguir terá lugar unha cata de viños comentada polo enólogo Manuel Sánchez. O 14, a xornada comezará ás 11.30 coa degustación maridaxe de tapas e viños dirixida por Marina García, da Asociación Galega de Sumilleres que terá a súa continuidade á tarde cando, entre 19 e 23 horas se desenvolva unha cata e degustación expansiva en 14 locais de hostalaría de Allariz nos que se poderán degustar queixos e viños de denominación de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Para Xosé Manuel Vilas, un dos seus promotores, con "Proba e saborea do noso" búscase "ademais de convidar a consumir os nosos produtos, transmitir unha serie de experiencias, de sensacións do propio territorio, a súa paisaxe e a cultura, achegar, en fin, o que hai detrás dunha botella de viño ou un queixo". |
NOS_18577 | O BNG reclama á Xunta que "aposte por contratar con empresas locais as máscaras e outros elementos de protección" contra a pandemia. Nese sentido, pide que as Administracións "apoien as empresas galegas na contratación, primando a calidade sobre o prezo, a creación de emprego e a redución da pegada ambiental que supón traer os produtos desde milleiros de quilómetros de distancia". | A pandemia "demostrou a importancia de ter empresas que produzan no país para non ter que depender do que deciden fóra", reflexionou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha visita esta quinta feira, 15 de xullo, a unha empresa galega, Anovada, que fabrica máscaras e elementos de protección no polígono do Tambre, en Santiago. Desde alí, reclamou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que "aposte por contratar con empresas locais as máscaras e outros elementos de protección" contra a pandemia. Nese sentido, pediu que as Administracións, e especialmente a Xunta da Galiza, "apoien as empresas galegas na contratación, primando a calidade sobre o prezo, a creación de emprego e a redución da pegada ambiental que supón traer os produtos desde milleiros de quilómetros de distancia". A dirixente nacionalista, que recoñeceu o "esforzo" de toda a sociedade galega e da mocidade na pandemia, fixo un novo chamamento a este colectivo para que "manteña a prudencia" mentres non chegue a vacina contra a Covid-19. Pontón, ante a sentenza do estado de alarma: "Impugna o propio TC, ao servizo da dereita máis reaccionaria" A portavoz nacional do Bloque tamén se referiu á resolución do Tribunal Constitucional (TC) sobre o primeiro estado de alarma declarado no Estado en marzo de 2020, e que declarou inconstitucional o confinamento. "Creo que esa sentenza a quen impugna é ao propio tribunal, que se volve debuxar como un organismo partidario, ao servizo da dereita máis reaccionaria", manifestou. A líder nacionalista sinalou que a sentenza "volve pór o foco en que o Tribunal Constitucional é un árbitro de parte". "E a politización que se está facendo do poder xudicial, debe levar a unha reflexión fonda desde o punto de vista democrático, porque isto si que nos afasta dos estándares europeos en democracia", advertiu, en relación á composición dos órganos xudiciais. Pontón tamén reflexionou sobre que o estado de alarma "foi unha ferramenta útil para salvar vidas", aínda que o BNG "sempre apostou por un estado de alarma descentralizado, en que as medidas que se adoptasen tivese en conta a realidade do noso país". Rego reclama manter o tren Ponferrada-Vigo Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou "un novo recorte dos servizos ferroviarios na Galiza" tras coñecer a decisión do Executivo estatal de suprimir o tren directo entre Ponferrada e Vigo, polo que reclamou que se manteña esta liña así como a recuperación de todas as conexións suspendidas pola pandemia. O nacionalista tamén exixiu a dotación de persoal e medios necesarios para manter un servizo ferroviario adecuado, así como a baixada no prezo dos billetes do tren Avant, que conecta as principais cidades da Galiza. |
PRAZA_4735 | Un informe da Comisión de Agricultura asume que as pequenas explotacións non reciben un trato xusto no deseño da Política Agraria Común, coincide coas reivindicacións dos sindicatos agrarios e pide "que se teñan en conta as características de cada país e rexión". | A propia UE recoñece o prexuízo que o deseño da Política Agraria Común (PAC) ten sobre modelos de agro como o galego, onde predominan as pequenas superficies de explotacións fronte aos grandes terreos. Así o recoñece a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo nun informe cuxo relator é europarlamentario Czeslaw Adam Siekierski. A Comisión de Agricultura recoñece que as pequenas explotacións, maioritarias en Galicia, non reciben un trato xusto da PAC No texto (O futuro das pequenas explotacións agrícolas) denúnciase que as pequenas explotacións non teñen recibido un trato xusto no marco da actual PAC, malia que destaca a creación dun mecanismo de axuda para pequenos labregos e pola simplificación do réxime para este tipo de produtores. No entanto, cre que as medidas son claramente insuficientes e que non é de recibo que os pagos estean baseados na superfice e nos valores de produción históricos, sen ter en conta o nivel de emprego e de ingresos, xusto a mesma queixa que expresou a oposición, pero sobre todo organizacións como Unións Agrarias (UUAA), Fruga e o Sindicato Labrego Galego (SLG). Ambos os dous sindicatos cansaron de criticar a "discriminación" sufrida por Galicia ao ter a contía en axudas por activo máis pequena de todo o Estado e reclamaron medidas correctoras para que as primeiras hectáreas subvencionadas reciban unha prima respecto das seguintes. A media no país é de 15 hectáreas por explotación, fronte ás 30 do conxunto do Estado. Ademais, censuran que se defina como agricultor activo a calquera persoa ou empresa que teña o 20% dos seus ingresos provenientes da actividade agraria, o que permite a grandes terratenentes situarse como os grandes beneficiarios dos fondos da PAC fronte aos labregos realmente produtivos. O inorme insta os Estados a dar "solucións axeitadas ás pequenas explotacións, tendo en conta as características de cada país e rexión" Por iso, o informe da Comisión de Agricultura insta os Estados a que "presenten solucións e modelos de desenvolvemento axeitados para as pequenas explotacións agrícolas, tendo en conta as características específicas de cada país, así como as diferencias rexionais", así como que "impulsen a competitividade, viabilidade e rendabilidade das pequenas explotacións, promovan o espírito emprendedor, creen postos de traballo e freen a despoboación rural". Porque a recomendación que xorde do Europarlamento vai máis aló e insiste nas reivindicacións eternas das organizacións agrarias e de numerosos movementos sociais ante o despoboamento rural por falta de medios e de oportunidades. Así, a Comisión de Agricultura pide aos goberno que "dediquen eficientemente fondos europeos a promover infraestruturas, instalacións educativas, médicas e asistenciais, servizos de gardería, acceso a un Internet rápida e a construción e o desenvolvemento de pemes rurais". Todo co obxectivo de "garantir as condicións de vida equivales nas zonas urbanas e rurais", para o que recomenda "que os esforzos se centren na xeración de perspectivas de futuro sostibles para os novos, as persoas con boa formación e as mulleres". "Hai que contrarrestar sen demora o proceso de éxodo e despoboación do rural", di un informe que reproduce as reclamacións que SLG, Fruga ou UUAA levan tempo facendo. A Comisión de Agricultura reclama que se dediquen fondos europos para "promover infraestruturas, educación, sanidade ou garderías" no rural Do mesmo xeito, recomenda "que se incremente a venda directa, como a venda de produtos tradicionais, nos mercados locais e rexionais e a que en pequenas explotacións se desenvolva unha forma de elaboración sostible e responable e un sistema de control esencial e proporcionado". Ademais, pide que os diferentes gobernos aposten por que "os seus sistema educativos inclúan infraestruturas axeitadas para a educación e a formación profesional no ámbito da agricultura". |
NOS_17219 | Astérix en Britania (1966) narra a viaxe da máis célebre parella de guerreiro galos á illa que hoxe é Gran Bretaña para axudar á rebelión contra os romanos. A aventura mesmo se converteu, dúas décadas despois, en filme de animación. E, á espera da Filla de Vercinxetórix, trátase do último Astérix publicado en galego, desta volta por Xerais e Salvat. | Mais a peripecia editorial en galego do personaxe creado por René Goscinny e Albert Uderzo vén de atrás. Concretamente de 1976. E resulta abondo axitada. Foi o escritor Eduardo Blanco Amor pioneiro no labor. "Fernando Arenas, da libraría Arenas da Coruña, viaxou á feira de Frankfurt e mercou os dereitos. Logo, falou con Blanco Amor, que era amigo seu", relata Xavier Senín, tradutor dos álbums desde 2005 en colaboración con Valentín Arias, Isabel Soto ou Alejandro Tobar. Entre 1976 e 1978, o autor da Esmorga pasou ao galego Astérix o galo (1961), Astérix e a fouce de ouro (1961), Astérix e os Godos (1963), Astérix e Cleopatra (1965), O combate dos xefes (1966), Astérix e os normandos (1967) e Astérix lexionario (1967). Publicounos a editorial Arenas. "Son versións históricas", di Senín, "cun galego que mestura a lingua da emigración e o que el lembraba da que se falaba en Ourense. Hai vulgarismos e hiperenxebrismos, pero fixo un traballo tremendo, admirábel". Astérix, Obélix, o bardo Asuracentúrix, o druída Panorámix, falaron, así, en galego, desde aquela un dos 110 idiomas en que se pode ler a banda deseñada de Goscinny e Uderzo. O labor de Blanco Amor e Arenas tivo continuadores. Logo dun hiato de década e media, Galaxia retomou a serie en 1992. Marisa Guerra Canizo encargouse para esa editorial de A cizaña (1970) e O combate dos xefes. Antonio Pichel, doutros 11 títulos, o último aparecido en 1998: Astérix na terra dos belgas (1979). Transcorreron sete anos sen novos Astérix en galego. Pero en 2005, as mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística dirixíronse á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á editorial Salvat para se interesar pola cuestión. O BNG tamén preguntou no Parlamento. Aos tres anos, 2008, Astérix regresaba. Un volume conxunto con limiar agrupou O gran foxo (1979), A odisea de Astérix (1981) e O fillo de Astérix (1983). A tradución realizárona o propio Xavier Senín, Valentín Arias e Isabel Soto, e publicouna Bruño. Nesa mesma editorial, e coas mesmas tradutoras, saíron en 2009 Como caeu Obélix na marmita do druída cando era cativo (1965) e O aniversario de Astérix e Obélix (2009), e en 2010 Astérix o Galo e Astérix e o fouciño de ouro. A partir de 2015, ocupouse Xerais: Astérix e os Godos e Astérix gladiador (1964) da man de Senín, Arias e Soto; A volta á Galia de Astérix (1965), Astérix e Cleopatra e O combate dos xefes -estas dúas últimas contan con tres versións galegas diferentes- por Senín e Soto. E para Britania, cuxo título evita "Bretaña" para non crear confusión, incorporouse Alejandro Tobar. Xerais continuará editando o corpus clásico da parella de galos agora xa por orde cronolóxica, conta Senín. Astérix e os pictos (2013), O papiro do César (2015) e Astérix en Italia (2017) apareceron, tamén en Xerais, en tempo real. Porque nin a morte do guionista Goscinny en 1977 nin a retirada do debuxante Uderzo en 2013 puideron con Astérix. Jean-Yves Ferri e Didier Conrad son agora quen dan vida aos irredutíbeis galos. |
PRAZA_1051 | Os socialistas lucenses reclaman que Jaime Castiñeira "amose" a autorización para construír unha casa na urbanización Santa Mariña, legalizada en 2014. O candidato popular esgrime a "legalidade" e atribúe a petición á "desesperación" do PSOE. | As espadas, en todo o alto. A pregunta lanzouna o alcalde no derradeiro pleno do mandato e vén de reiterala o voceiro do goberno local lucense, o socialista Luis Álvarez: "Queremos saber se o señor Castiñeira fixo unha vivenda sen licenza nesta urbanización". A urbanización á que se refire Álvarez refírese á da parroquia de Santa Mariña, no Concello do Corgo, e a casa é propiedade de Jaime Castiñeira, portavoz local do PP e candidato do partido de Alberto Núñez Feijóo á alcaldía da cidade da Muralla por segunda elección consecutiva. A urbanización non é unha calquera por motivos diversos. Ata comezos de 2014 era o maior núcleo habitado de Galicia en situación ilegal. Estaba así dende os anos 70, cando varios lucenses comezaron a construír os seus chalés no que antes era un terreo agropecuario. Alí durante décadas erguéronse sen supervisión das autoridades nin licenzas todo tipo de construcións, dende pequenas vivendas ata verdadeiras mansións, como a que foi propiedade do presunto líder da trama Campeón, Jorge Dorribo. A xuíza Pilar de Lara, que instrúe o caso doutra presunta rede corrupta, a Pokémon, indaga dende 2014 se na legalización destas obras se produciu algún delito de tráfico de influencias, tal e como informou El Progreso. Con este contexto de fondo o PSdeG ten rexistrada dende hai dous meses no Parlamento unha pregunta na que a deputada Concepción Burgo insta a Xunta a dar detalles da legalización de Santa Mariña, e os socialistas lucenses reiteran a petición de que Castiñeira "amose a licenza de construción da súa casa". "Se ten a licenza non ten máis que ensinala e dicir que actuou conforme á lei no seu momento", di Álvarez. "Ese documento -destaca- probaría que actuou conforme á normativa existente daquela [finais dos 80], xa que foi posteriormente cando se legalizou a urbanización". A urbanización foi o maior núcleo habitado de Galicia en situación ilegal ata 2014 "Non como voceiro nin como concelleiro, senón como lucense", argumenta o edil, cómpre que Castiñeira "aclare" o asunto, "que é candidato á alcaldía". "Responda a esta cuestión e despexe calquera dúbida", algo que "podería facer dunha maneira tan sinxela como é amosando a licenza municipal que autorizou a construción esa vivenda", toda vez que "calquera persoa sabe se conta ou non coas licenzas necesarias para as actividades que realiza". Demostralo, abonda, é "tan sinxelo como amosar o carné de conducir para probar que unha persoa está habilitada para a condución de vehículos", dixo mentres lle amosaba á prensa o seu permiso de condución. Castiñeira: "O meu fin de semana é totalmente legal" Mentres os socialistas se preugntan se Castiñeira "para conseguir a legalización da súa casa no Corgo pagou o prezo de manter o silencio clamoroso que garda a respecto das reivindicacións de Lugo" o edil popular atribúe o asunto á "difamación" e "desesperación" por parte dos socialistas e do propio Orozco, "rei de imputacións por corrupción". Asemade, en declaracións á edición local de La Voz de Galicia inica que a casa non é un "chalé", senón "un chabolo" ou "un fin de semana". "O meu fin de semana é totalmente legal e non o legalicei coa declaración de núcleo rural", ao tempo que indica que "a ese señor -en referencia a Álvarez- non lle teño que amosar nin o carné de identidade". |
NOS_31957 | Co remate de prazo para presentar unha moción de censura ao alcalde de Baños de Molgas, déronse por aprobados automaticamente os orzamentos. Asemade, o posto de alcalde tamén seguirá ocupado polo nacionalista Xaime Iglesias, que ostenta o cargo dende os comicios de 2015. | Trinta días pasaron dende que o alcalde da vila ourensá presentse unha moción de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos do 2017. A votación, realizada nun pleno extraordinario o 15 de maio non obtivo o suficiente apoio. Por unha banda, só contou co respaldo do seu grupo municipal, tres votos a favor, mais os votos en contra foron un máis, catro, contando cos votos do Partido Popular e do Partido Socialista. Cabe destacar a falta dunha edil socialista nese pleno e que tamén abandonou a agrupación municipal e constituíndo o grupo dos non adscritos. A causa de presentar a moción de confianza foi a non aprobación dos orzamentos presentados polo equipo de goberno nun pleno onde os socialistas presentaron emendas aos mesmos. Os, até ese momento, dous edís do PSOE formularon emendas que o propio alcalde considerou inviábeis e, polo tanto, non foron sometidas a votación no pleno municipal. Nese momento, os dous concelleiros socialistas abandonaron a sala dos plenos, acompañados logo dos catro compoñentes do grupo do Partido Popular. A equipa de goberno xustificou a apresentación da moción de confianza para "resolver un conflito que leva anos aberto e o pleno bloquea cada iniciativa do grupo parlamentar que actualmente goberna". Nos últimos días, o único edil que fica no PSOE esixiu a dimisión do alcalde de Baños de Molgas por ter a actividade do casa consistorial "paralizada". Este e a súa antiga compañeira de formación, Francisca Vences, foran quen apoiaran a investidura do candidato nacionalista no 2015. Aliás, Xaime Iglesias destacou que neste mes non houbo ningún achegamento nin conversacións cos grupos da oposición. Como ben recalcou anteriormente, "non é que esteamos negociando co PSOE, senón que estamos falando con persoas que non se diferencian nada dos edís do PP". Co prazo rematado, afronta este dous anos que fican até as próximas eleccións con ilusión e con gañas de traballar. "Queremos rematar a aprobación do PXOM, eliminar a contaminación das fosas, xa que estamos sendo sancionados por elas, seguir fomentando o tema do turismo termal e deportivo", engade. Tamén queren, resaltou o alcalde nacionalista, crear tecido asociativo para o concello ser máis participativo. Para que a toma de decisións se faga de maneira colectiva. |
NOS_47205 | José Ramón Gómez Besteiro perfílase como gañador na carreira cara á Secretaría Xeral do PSdeG. En conversa con Sermos Galiza evitou avalar a continuidade de Alfredo Pérez Rubalcaba á fronte do PSOE mais asegurou que "pode ser candidato" o vindeiro ano porque "haberá primarias si ou si". | O candidato á secretaría xeral do PSdeG e presidente da Deputación provincial de Lugo defende para o partido un proxecto "galego e sen tutelas" mais no que di debe ficar presente que "hai asuntos que sobardan as fronteiras do País". Gómez Besteiro defende mudanzas no seo da súa formación e aposta por un proceso de "rexeneración democrática" que dea maior capacidade de decisión á militancia pois está certo que a situación actual do PSdeG non depende só dun cambio de facianas. O líder provincial defende maiores cotas de decisión para as bases do seu partido mais rexeita de facto o dereito de autodeterminación dos pobos. Inquirido por unha eventual consulta soberanista, José Ramón Gómez Besteiro é tallante: "A deriva soberanista do PSC respéctoa, mais non a partillo". A entrevista íntegra atoparala no número 48 do Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques do País e na nosa loxa virtual. |
NOS_5958 | A medida ten carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2022. | O Goberno estatal chegou a un acordo esta cuarta feira con CCOO e UXT para subir o salario mínimo interprofesional (SMI) a 1.000 euros mensuais con efectos desde o 1 de xaneiro deste ano, o que supón 35 euros máis que o SMI vixente actualmente —965 euros ao mes por catorce pagas—. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asinou o acordo en nome do Goberno, mentres que os secretarios xerais de CCOO e UXT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, respectivamente, asinaron pola parte sindical. As organizacións empresariais CEOE e Cepyme non se sumaron a este acordo, tal e como se esperaba após rexeitaren na terza feira os seus órganos de goberno, por unanimidade, a proposta do Goberno, coincidente coa dos sindicatos, de elevar o SMI a 1.000 euros ao mes para 2022. As patronais CEOE e Cepyme rexeitaron sumarse ao acordo Nunha comparecencia de prensa tras a firma do acordo, a vicepresidenta agradeceu a todos os axentes sociais o traballo realizado nesta mesa e sinalou que, aínda que o acordo só se subscribiu cos sindicatos, o importante é que houbo diálogo social. "O Goberno e os axentes sociais que hoxe asinan este acordo cumpren co seu país. Subir o SMI foi moi positivo para o noso país e moi positivo para a nosa economía", destacou a vicepresidenta, que engadiu que a "mellor ferramenta para combater a pobreza laboral" é o SMI. O acordo entre o Goberno e os sindicatos prodúcese despois da reunión que decorreu desde as 11.30 horas entre os equipos negociadores do Ministerio de Traballo e dos axentes sociais —incluíndo os das patronais— para abordar a subida do SMI para este ano. |
NOS_19415 | Alfonso Tellado (Ferrol, 1949) é unha das testemuñas privilexiadas do devalo do sector naval na ría de Ferrol. Traballador da Bazán, posteriormente reconvertida en Izar e, agora, en Navantia, Tellado viviu en primeira persoa as negociacións das sucesivas reconversións ou, nos termos que el mesmo emprega, do desmantelamento dunha actividade estratéxica e vital para a comarca de Ferrolterra. Esta quinta feira, da man de Edicións Embora, presenta o libro Antes de perdermos a memoria, unha crónica persoal e colectiva das últimas décadas. | De que trata Antes de perdemos a memoria? Trata das persoas, daquelas que se esforzaron en mellorar a vida dos demais en tempos máis difíciles e que non pasarán á historia. Todas elas pasaron pola miña vida. Compartín coa maioría delas a etapa que nos tocou vivir; outras foron un exemplo de decencia e compromiso coas que teño unha débeda imposíbel de pagar. Que o levou a escribilo? Vivimos tempos nos que se aúpan ao poder persoas que o primeiro que fan é negar e terxiversar a historia. Non me refiro ás organizacións que patrocinan o negacionismo para xustificar os seus postulados, que tamén. Refírome máis que nada ao máis próximo, á realidade que nos rodea. Parece como se "inventasen" o máis elemental. Todas as supostas novidades practicámolas na Bazán hai máis de corenta anos. Outra das motivacións é poñer en valor os movementos sociais nos que participamos unha serie de persoas daquela e que aínda agora serían verdadeiramente revolucionarias e que, por diferentes motivos, se preocuparon de eliminar. En resumo, unha historia colectiva contada "de carretilla" que non posúe ningún rigor histórico. Como os nosos netos e as nosas netas non coñecerán a través da escola acontecementos vividos polos seus avós e avoas, cando menos para eles e elas poderá ser útil este relato. Se así fose, morrerei de éxito. Como viviu o proceso da reconversión en Ferrol desde os primeiros episodios? Pensaban os traballadores naquela altura que era posíbel unha reindustrialización? O chamado "proceso de reconversión" tivo desde sempre unha fronte feble, xa que viña da man do PSOE e, dentro das empresas, da UXT. Iso axudou a debilitar unha fronte con CCOO e o que hoxe é a CIG loitando en contra. Noutros estaleiros do Estado español, a situación semellábase a esta. Aínda por riba, a palabra máxica "reindustrialización" aínda tiña contido teórico. Que se os traballadores criamos se era posíbel a reindustrialización? Eu creo que non porque no fondo xa callaba o que se pregonaba desde o nacionalismo. Cre que foi acertada a política dos diferentes Gobernos do Estado nestes máis de 30 anos? Que política? Como xa pasaron suficientes anos, unhas cantas referencias axudarán a ilustrar esas políticas. Xa desde o chamado proceso de reconversión "salvamos Ferrol" un cento de veces. Botando unha ollada ás cabeceiras das manifestacións que durante anos se levaron a cabo en Ferrol, ninguén podería visualizar quen se lle reclamaba. Estaban todos en todas as ocasións. En 1991 a crise apertaba, como consecuencia do fracaso da sempre pretendida e anunciada diversificación industrial, termo utilizado durante anos como consecuencia do abandono consciente da construción naval, e sucedéronse xornadas de debate, manifestacións públicas, posicionamentos nos plenos etc. Se cadra unha das "importantes" ás que asistín foron as xornadas "Ferrol, un proxecto de futuro", entre febreiro e abril de 1991, sendo alcalde de Ferrol Manuel Couce Pereiro, do PSOE. Aquela corporación, seguro que preocupada polas consecuencias que a política dos seus proprios partidos estaba provocando na comarca, someteu a debate a problemática local coa participación municipal de coñecidos líderes do PSOE, Fernando Miramontes, do PCE, ou Nona Inés Vilariño, concelleira de Cultura e ex deputada no Congreso pola UCD. Con relatores de moito nivel sacáronse conclusións recollidas nun amplo texto que pasou a formar parte dos andeis, iso que segundo un dos principais intervintes se prognosticaba que "habrá que rediseñar el papel de los astilleros en Ferrol, pero sería nefasto seguir pensando que esta ciudad tiene que vivir siempre de los astilleros…" (páxina 197), sen provocar nin tan sequera reacción alguna. Un pouco máis adiante, en 1994, o BNG presenta "Ferrolterra, unha vía de futuro", reivindicando o mantemento do modelo económico tradicional de Ferrolterra, como unha das principais conclusións, dentro dun amplo estudo de análise da situación. O BNG non chegou a ter responsabilidade política en Ferrol até 1999 con Xaime Bello como alcalde e no Parlamento galego até 2005. A Unión de Empresarios de Ferrol e Comarca, como non podía ser menos, presentou á Xunta de Galiza a súa proposta de Plan Estratéxico, que chamaron "Ferrol Metrópoli 22". Ese Plan que, segundo as organizacións empresariais de Ferrol e comarca, pretendía aglutinar todos os sectores da urbe e da comarc, nunha fronte común para saír da crise. Estamos en abril de 1996. Tamén, como non, tivo o respaldo da Xunta, do presidente Fraga e do Goberno central. Constituíron unha Fundación chamada Ferrol Metrópoli, definida como foro de ideas e actividades para o desenvolvemento da comarca. Viviu catorce anos de subvencións públicas, entrando en liquidación cunha débeda de 900.000 euros. Canalizaron durante anos axudas do Ministerio de Industria para a reindustrialización. Por se fosen poucas as ocasións nas que supostamente pretendían a reindustrialización de Ferrol, como consecuencia do dano causado pola falida reconversión naval, en abril de 1997, Manuel Fraga, presidente da Xunta; Josep Piqué, ministro de Industria e Enerxía; Augusto César Lendoiro, presidente da Deputación da Coruña, e Juan Blanco Rouco, alcalde de Ferrol, asinaban un protocolo de colaboración entre as entidades que representaban para a "Industrialización de Ferrol e a súa área de influencia". O texto, presentado aos sindicatos, remarcaba as necesidades que se querían paliar e até me produce certo desacougo lembrar unha vez máis como enganaron toda a cidadanía con propostas baleiras co único fin de xustificarse politicamente. Poderiamos referenciar algunha máis das manobras de entretemento ás que fomos sometidos. Mentres, a poboación diminuía e os traballadores e traballadoras máis formados marchaban de Ferrolterra para conquirir traballo noutras latitudes. Por que cre que fracasou a reindustrialización en Ferrolterra? E, no reparto de responsabilidades, que parte lle atribuiría ao Goberno, ao empresariado e aos axentes sociais? A reindustrialización non fracasou porque nunca fora pretendida. Os plans de choque para Ferrol eran os mesmos que para calquera outra comarca no Estado español. De non contar cun plan específico para resolver en concreto as consecuencias do desmantelamento industrial en Ferrolterra, os plans xenéricos sen aposta política concreta non servirían de nada. Aínda por riba do engano ano tras ano, sen contar a verdadeira situación do peche e redución de capacidade como consecuencia dos compromisos da Unión Europea, a tomadura de pelo foi (e está sendo a pesares do tempo transcurrido) case cómica: unha fábrica de vidro, unha fábrica de discos duros, etc. E todo pola falla de peso político na Galiza e no Estado. Eu non son quen para delimitar as diferentes responsabilidades, porque dun xeito ou outro todos e todas temos algunha. Ademais, non somentes non se reindustrializou, senón que á sombra do "gran problema" seguiron desmantelando o pouco que quedaba. A Fábrica de Turbinas de Bazán, por exemplo. Ou o "trasvase de capacidade" de Ferrol aos estaleiros do sur, co beneplácito da esquerda política e sindical. Que supuxo o veto de 2004 e cal e o resultado catro anos despois do seu remate? O feche de Astano e a redución de capacidade como consecuencia dos acordos de integración na Unión Europea tivo para a nosa comarca un importante impacto negativo a estas alturas tan evidente que ninguén se atreverá a cuestionalo. Porén, que fosen capaces de enganar, primeiro cunha prometida "reconversión" e, xa rematado o "veto", transformando a factoría da antiga Astano nunha área de montaxe para Iberdrola, tamén ten moito que ver coa falla de capacidade política e sindical dos partidos e sindicatos representativos da cidadanía desta terra. A Xunta nunca exerceu de defensora dos nosos recursos e a falla de soberanía e a febleza das nosas organizacións propias posibilitan a situación que estamos a padecer. Como valora o plan estratéxico que vai prexubilar máis dun milleiro de traballadores nos vindeiros tres anos? Cando desde a CIG propuxemos e defendemos hai uns cantos anos a creación dun complexo industrial na Ría de Ferrol sumando as capacidades dos dous estaleiros para poder facerlle frente aos retos que se aveciñaban, todo o mundo mirou para outro lado, e mira por onde, "inventaron" anos máis tarde a fusión dos estaleiros para ralentizar todo o posíbel o descalabro que viría despois. Tal cal o da "ra escaldada". Seguen os gobernos do PP e PSOE empeñados e manter un complexo militar industrial eliminando ademais todas as referencias á construción civil, bens de equipo, turbinas etc. Estamos diante dunha aposta por situar o que foi a Bazán nun referente mundial para a construción de unidades militares. Xa se fala dunha cuarta revolución industrial pero as necesidades serán outras para conquerir ese estaleiro 4.0, isto é, infraestrutura dixital, robótica, elaboración de pezas en 3D, e un longo etcétera que, de momento, está sendo utilizada para reducir a capacidade, unha vez máis, coa saída de mil traballadores que xa cotizaron máis de corenta anos ao sistema público de pensións e, novamente xa como un clásico, cun compromiso de reposición dificilmente críbel, xa que tampouco disimulan que, sendo as esixencias moi diferentes, a forza de traballo quedará resolta con subcontratación á medida das novas leis que no seu día foron "Estatuto dos Traballadores". Que consecuencias sociais trouxo consigo a reconversión? As consecuencias sociais da falida reconversión están sen avaliar na súa totalidade. Cada día deteriorámonos un pouco. E sen reaccionar. |
PRAZA_12088 | A formación de Ugia Pedreira levará a súa Xira surreal a Muros (Muíño do Pazo do Cachón, venres 24) e Ponteareas (Castelo de Sobroso, sábado 25). Mira no interior como podes gañar as entradas para estes concertos irrepetibles. | A Xira Surreal de Marful non é só música. A música xoga un papel fundamental, dende logo. Marful pon en escena o seu coidado repertorio de pasodobres, swings, mambos, valses, jotas, músicas oceánicas dunha beira e doutra, de Galicia e de Cuba ou Brasil. Pero esta xira é moito máis, é o como e o onde, é o escenario, a presentación (o vestiario do grupo para esta xira foi deseñado expresamente por Gonzalo Vázquez) e o acompañamento. Marful escolle con coidado os espazos dos seus concertos, dende o mosteiro de Carboeiro en Silleda ou a vella fábrica de conservas recuperada na Illa de Arousa, e nesta fin de semana o muíño de marea do Pozo do Cachón en Muros e o Castelo de Sobroso en Ponteareas. O obxectivo é que cada concerto se adapte ao entorno, de xeito que cada actuación sexa unha experiencia irrepetible. Pero hai máis. O concerto acompáñase de degustacións culinarias do lugar. Este venres en Muros, por exemplo, os asistentes ao concerto poderán gozar da tortilla romana e queimada. E o sábado en Ponteareas, de viños da zona e empanada. Os espazos son pequenos, e os aforos moi limitados. As entradas custan 15 euros e poden adquirirse dirixíndose á Casa do Concello de cada localidade (por exemplo, para a actuación en Muros as reservas fanse en [email protected]). Praza Pública quere ofrecer dous convites para os concertos que Marful ofrece esta fin de semana. Un convite para dúas persoas para actuación en Muros (venres 24, 21 horas) e para unha persoa para a de Ponteareas (sábado 25, 21 horas). Os gañadores ou gañadoras serán os lectores que mellor definan nunha frase a música de Marful nun comentario a esta nova. Serán escollidos polos propios lectores e lectoras, votando polos comentarios que máis lles gusten. O venres ás 14 horas anunciaremos os gañadores. Imaxinación e sorte! |
PRAZA_16202 | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dá relevancia a que "as funcións e o posto foron os mesmos ao longo de dúas décadas de vinculación laboral", á marxe das interrupcións que houbo nese tempo | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de condenar á Xunta a recoñecer a un médico ao que contratou e despediu 18 veces ao longo das dúas últimas décadas toda a súa antigüidade desde o seu primeiro contrato en 1995. E faino malia que entre algúns deses contratos houbo períodos de ata 152 e 114 días nos que o traballador non prestou servizo. O tribunal considera fundamental que "as funcións e o posto foron os mesmos ao longo de dúas décadas de vinculación laboral". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da relevancia a que "as funcións e o posto foron os mesmos ao longo de dúas décadas de vinculación laboral", á marxe das interrupcións que houbo nese tempo A sentenza, emitida o pasado 25 de xaneiro e que vén de ser feita pública polo despacho vigués Zeres Abogados, relata como o médico afectado comezou a traballar para a actual Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), dependente do Sergas, o 1 de xuño de 1995 cun contrato de substitución de catro meses. Desde ese momento foi sendo despedido e contratado novamente ao pouco tempo en 18 ocasións, ata que en 2004 subscribiu un contrato de interinidade por praza vacante. Baixo ese contrato prestou servizo máis dunha década ata que en 2016 presentou unha demanda esixindo ser declarado persoal indefinido non fixo con antigüidade desde o seu primeiro contrato de 1995. En maio do ano pasado un xulgado do Social estimou parcialmente a demanda do traballador e declarouno indefinido non fixo, pero limitou a súa antigüidade ao momento en que asinara o último contrato aínda vixente, en 2004. Esa sentenza foi recorrida tanto pola Xunta como polo traballador e agora o TSXG vén de rexeitar o recurso do Goberno galego e aceptar o do médico, recoñecéndolle a antigüidade desde 1995 e restando importancia ás sucesivas interrupcións da relación laboral. Os avogados do traballador salientan a importancia da sentenza no ámbito das administracións públicas onde "é habitual a concatenación de contratos temporais a través das chamadas listas de contratación" O avogado do traballador, Lois Regueira, salienta que a sentenza supón "un avance significativo na protección dos empregados temporais, xa que ata agora o límite máximo de interrupción entre contrato e contrato fixárase por sentenza do Tribunal Supremo en pouco máis de tres meses". Agora o TSXG argumenta que neste caso "a existencia de rupturas de -como máximo- 152 días e 114 [fundamentalmente en 1997], aparte duns poucos días noutros períodos, non é suficiente para excluír retrotraela [a antigüidade] ao primeiro dos seus contratos temporais [...] sobre todo cando as funcións e o posto foron os mesmos ao longo de dúas décadas de vinculación laboral". Nesas circunstancias, o tribunal non considera que esas interrupcións sexan períodos "moi dilatados" e, citando xurisprudencia, a sentenza di que "cabe o exame de toda a serie contractual, sen atender con precisión aritmética á duración das solucións de continuidade entre os contratos sucesivos, naqueles supostos en que se acredite unha actuación empresarial en fraude de lei e ao mesmo tempo a unidade esencial do vínculo laboral". E iso foi o que pasou co traballador en cuestión, que sempre prestou servizo no mesmo posto laboral durante máis de dúas décadas. Fabián Valero, socio director do despacho de avogados, destaca importancia da sentenza no ámbito das administracións públicas onde "é habitual a concatenación de contratos temporais a través das chamadas listas de contratación", situación que afecta a "centos de milleiros de traballadores en situación especialmente precaria". Esta sentenza, salienta, "deixa claro que saltar de contrato en contrato non rompe o vínculo inicial coa Administración; se hai fraude a vinculación será indefinida e a antigüidade no posto desde o primeiro contrato". |
NOS_8298 | A Deputación de Lugo oferta actividades aos concellos e entidades con motivo do Día de Rosalía de Castro. | A área de Cultura da Deputación de Lugo ofrecerá a concellos, asociacións e centros educativos un catálogo de actividades dentro da programación arredor do Día de Rosalía, que se celebra o 23 de febreiro logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira e que corrixiu a data de nacemento da autora. Desta vez haberá representacións teatrais, intervencións artísticas e exposicións, que se sumarán á oferta didáctica dos museos da Rede Museística Provincial. Exposición e agasallo nos museos da Deputación O 23 de febreiro inaugurarase na praza de San Marcos a exposición 'A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía', unha mostra promovida pola Fundación Rosalía de Castro e comisariada por Pepe Barro que recolle a historia dun logro colectivo como foi a musealización da Casa da Matanza, en Padrón. A mostra permanecerá en San Marcos durante tres semanas e, a finais de marzo, iniciará unha itinerancia que a levará a outras sete localidades. Ese mesmo día os museos da Rede -o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallarán as visitas cun caravel e unha reprodución dun gravado de Antonio Mourín, cun deseño inspirado no poema Quixente tanto, neniña de Cantares Galegos. Alén diso, os museos acollerán obradoiros entre o 19 e o 26 de febreiro. O día 23 realizarán unha lectura conxunta virtual da obra de Rosalía de Castro a partir das 12 horas. Murais e colaboración da Deputación coa AELG O muralismo terá un ano máis o seu lugar nesta programación cultural. Rubén Paz, Ana Santiso e Pablo Lage, coñecido como Van Kraft, realizarán murais homenaxe á autora en distintos espazos públicos, atendendo ás peticións de concellos, asociacións e centros escolares. En total, realizaranse nove intervencións artísticas. A Vicepresidencia da Deputación sumarase tamén aos actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o día 23 de febreiro no parque de Rosalía de Lugo (12 horas) cunha ofrenda floral, a lectura do manifesto Sementando pensamentos e unha lectura pública de poemas e textos de Rosalía de Castro. |
NOS_31875 | Celtista con alcume de (infravalorado) dianteiro deportivista, Paula Domínguez 'Pauleta' (Redondela, 1997) é peza chave desde a súa fundación, hai tan só dous anos, da división feminina do histórico Sport Lisboa e Benfica, un conxunto co que esta futbolista galega aspira a gañalo todo esta tempada... se a Covid-19 o permite. | —Despois da abrupta interrupción da última tempada a causa da Covid-19, como foi a volta ao deporte en Portugal? Aquí comezamos a adestrar o 1 de xullo, con distancia de seguridade e sen contacto entre xogadoras. Así estivemos durante aproximadamente un mes e medio, e non disputamos o primeiro partido de liga até o 27 de setembro, e desde aquela levamos xogados cinco encontros. —Ademais de na liga, este ano competirá coas súas compañeiras na Liga de Campións, mais para conseguilo terán que superar unha eliminatoria contra o PAOK de Salónica, un equipo que por coeficiente está un chanzo por enriba do seu. Listas para dar a sorpresa? O noso rival ten máis experiencia que nós na competición, pois é a primeira vez que participamos, pero o corpo técnico do Benfica xa está vendo partidos delas e analizándoas en profundidade. Ademais, temos un bo cadro de xogadoras, maduro abondo como para saír vitorioso dun partido que no que o conxunto gañador non será o que máis futbolistas de calidade teña, senón o que mellor resolva os pequenos detalles propios desta clase de choques.. De todos os modos, este ano cambiou o modelo de competición, pois antes o play-off de acceso á Liga de Campións era un grupo de catro equipos e agora, aínda superando o PAOK, teremos que pasar outra eliminatoria. Se a gañamos, xa si que estaríamos dentro. —Xunto coa clasificación para a fase final da Liga de Campións, o obxectivo será gañar unha liga que, moi posibelmente, de non ter sido polo coronavirus estaría xa nas súas vitrinas? Si. O primeiro ano que se creou o Benfica os obxectivos foron ascender e gañar a Copa, e conseguimos ambos os dous. E no segundo era gañar a liga, pero infelizmente non o conseguimos porque se parou todo cando estabamos moi ben encamiñadas. —Comentaba hai un momento que o corpo técnico xa está traballando en obter información para estudar o mellor posíbel as súas rivais na Liga de Campións. Cal é o grao de profesionalización que existe no fútbol feminino portugués? Pouco a pouco vaise evolucionando. No Benfica o nivel de profesionalización é moi alto, diría que absoluto, o que é do mellor que nos pode pasar como futbolistas, que nos traten e que nos esixan como profesionais. As xogadoras temos que estar dedicadas 100% ao clube, porque eles dánolo todo. Con respecto ao contexto da liga de Portugal, hai outros equipos que o están facendo ben, como Sporting e Braga, que xunto co Benfica son os que mellores dan ás súas xogadoras, que son plenamente profesionais. Famalicão ou Torreense son outras entidades que pouco a pouco queren dar mellores condicións ás xogadoras, mais aínda non están no mesmo nivel que os tres que citaba antes. —Entón en Portugal, igual que acontece en España, segue a existir a figura da muller que compatibiliza o seu labor futbolístico con outro traballo para poder subsistir? Si, aínda hai moitos equipos onde só conseguen adestrar pola noite porque a maioría das xogadoras traballan e só poden prepararse dous ou tres días á semana porque o fútbol non é a súa verdadeira profesión. Nótase un gran salto de nivel entre eses conxuntos que teñen condicións absolutamente profesionais, con adestramentos pola mañá en campos de herba natural, que teñen sesións de ximnasio e un corpo técnico arredor das xogadoras e os que non. —Como é pertencer a unha entidade tan grande como o Benfica, que presume de ser o clube de fútbol con máis socios do mundo? Nótase no día a día? Si, e moito, desde o mesmo momento en que fichei polo Benfica. Desde que o clube publicou o meu nome recibín miles de mensaxes dándome a benvida e pedíndome que o dese todo. Nótase que hai moita xente detrás de nós, e tanto directiva como corpo técnico intentan deixarnos claro que hai moita xente véndonos e que sempre temos que esforzarnos a tope, porque aquí en Portugal existe unha filosofía moi bonita: "A felicidade dunha persoa pode ser que o seu equipo gañe ou perda". Se o Benfica gaña, podemos alegrarlle o día a miles e miles de persoas, e tendo iso ben presente sempre xogas cun plus extra de motivación. —Pola súa forma de falar, dá a impresión de que non ten gana ningunha de cambiar de aires... Non (ri). O certo é que estou contentísima aquí e síntome moi querida tanto polos afeccionados como polo clube, e iso é moi importante para unha futbolista. |
NOS_19805 | Coudet defende "a personalidade" celeste e cre "inxusto" o resultado de empate que colleitou diante do Xetafe en Balaídos esta segunda feira. | O mal xogo do Celta nestes últimos partidos, sumado ao seu empate esta segunda feira diante do Xetafe en Balaídos (1-1), comeza a preocupar á afección. O equipo madrileño puxo en evidencia durante o encontro as eivas do equipo de Eduardo Coudet, demasiado dependente dun Iago Aspas que exerce varias funcións a un tempo tentando superar a evidente falta de persoal dun cadro de xogadores sen rematar. O Celta agarda mellorar a súa imaxe en Valladolid Só Joseph Aidoo, a pase do de Moaña, foi quen de furar no último minuto a portaría visitante para maquillar o resultado final. O propio Aspas recoñecía diante das cámaras ao remate do encontro co Xetafe ese traballo a maiores que realiza. "Se eu, que son o dianteiro, teño que vir atrás... Ou son a nai ou o pai, non podo chegar á área. Se dou o pase como lle dei a Javi (Galán) dous ou tres veces para que poña a última, non chego á área", sinalaba. O de Moaña admitía que o Celta é "un equipo máis físico, que corre máis, aperta máis" e se non gaña "non hai confianza e trémenche as pernas, sobre todo aos mozos máis novos". Recuperando anteriores partidos que remataron con derrota sentenciaba que no Celta "temos que aprender e darlle a volta" aos resultados negativos. O futuro de Eduardo Coudet no Celta Estas semanas foron intensas para algúns adestradores de equipos galegos. Se no Dépor caía a mediados de mes Borja Jiménez, substituído por Óscar Cano, esta última xornada tamén se puxo en cuestión o traballo de Hernán Pérez no CD Lugo. O Celta planta cara ao líder da liga nunha xornada desigual para os equipos galegos No Celta comezan xa algunhas voces a falar dunha posíbel saída do 'Chacho' Coudet. O certo é que ao técnico celeste non lle falta moito para rematar o seu contrato. Finaliza a finais desta mesma tempada, en xuño de 2024, polo que o Club terá as mans libres para escoller outro candidato de cara o ano do centenario. Nesta situación, as declaracións ao remate dos últimos partidos por parte de Coudet non axudan. Despois do encontro co Xetafe volvía a asegurar que "o resultado foi unha inxustiza" e defendía que no seu equipo "tivemos personalidade para xogar, para sobrepoñernos". No seguinte partido contra o Almería (sábado, 14 horas), terá outra oportunidade de volver ao rego e non complicarse perto da zona de descenso. |
PRAZA_18041 | ENTREVISTA | Falamos co economista Xabier Pérez Dávila sobre o produto paneuropeo de pensións privadas (PEPP) proposto pola Comisión europea e que se está a debater na Eurocámara. Este luns concentracións convocadas por Modepen denunciarán os efectos que, se aprobarse, tería esta iniciativa, que avanzaría na mercantilización do sistema de pensións | Este luns 17 de setembro as organizacións de pensionistas sairán á rúa unha vez máis para reclamar que se garanta que como mínimo as pensións soban cada ano de acordo ao IPC. As concentracións alertarán igualmente contra os efectos do produto paneuropeo de pensións privadas (PEPP), que nestes momentos se negocia nas institucións europeas e que, de aprobarse, facilitará a transferencia de fondos privados de capitalización entre os países membros da UE. As mobilizacións están impulsadas en Galicia polo Movemento Galego pola Defensa do Sistema Público de Pensións (Modepen) e no conxunto de España pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións. As concentracións terán lugar en Ferrol (11.30 horas. Cantón), Rianxo (12 horas. Diante do Concello), Noia (12 horas. Diante do Concello), Lugo (12 horas. Diante do Concello), Ribadeo (12 horas. Diante do Concello), Marín (12 horas. Diante do Concello), A Coruña (19.30 horas. Obelisco), Vigo (20 horas. Fronte ao MARCO) e Vilagarcía (20 horas. Diante do Concello). Que efectos podería ter a aprobación do PEPP? Ten que pasar aínda polo Parlamento europeo, pero é previsible que se aprobe en breve prazo, pois xa foi aprobado pola Comisión de Economía e as dúas forzas máis importantes na cámara -o PPE e o grupo dos socialistas europeos- é máis que probable que voten a favor. A medida facilitará que os plans de pensións se movan con total facilidade duns Estados a outros. Ademais, a Comisión europea propón que estes plans individuais se invistan nos mercados de capitais en produtos financeiros innovadores e mesmo en derivados. Isto é especialmente grave, porque este tipo de produtos están na orixe da burbulla que estoupou en 2007. A Comisión propón tamén que os Estados aproben desgravacións fiscais para promover a subscrición deste produto, unha medida que beneficia ás rendas máis altas e que utilizan estes fondos privados de pensións como un mecanismo para aforran o pagamento de impostos, reducindo así os ingresos das administracións públicas. "Quen non teña salarios altos terá unhas pensións moi reducidas. É o que se vén chamando o 'estado de benestar dividido', moi diferente para unha minoría superior do 10% e o resto da poboación" É un paso máis no proceso de mercantilización do sistema de pensións? Abrirase unha fenda aínda maior entre as pensións máis elevadas e as máis reducidas? No ano 1994 o Banco Mundial publicou un relatorio moi importante, que se considera o inicio desta batalla sobre a configuración dos sistemas de pensións. Naquel informe o Banco Mundial propón que as pensións públicas deben ser modestas para deixar así espazo para os fondos privados de capitalización. É un sistema de tres piares: pensións públicas cativas, fondos privados de capitalización obrigatorios para todos os traballadores e traballadoras e fondos de capitalización voluntarios. O PEPP forma parte deste terceiro tipo, que está limitado aos salarios elevados. Quen non teña salarios altos terá unhas pensións moi reducidas. É o que se vén chamando o "estado de benestar dividido", moi diferente para unha minoría superior do 10% e o resto da poboación, con condicións moito peores. "A pesar de que o sistema de pensións é viábel, propoñen a redución das pensións públicas e a promoción dos fondos privados" Está en risco a sostibilidade do sistema de pensións por mor do envellecemento da poboación? Cal é a alternativa? O factor máis importante para garantir ingresos dignos e pensións dignas é a evolución da produtividade. Ten en conta, por exemplo, que hai unhas décadas o 70% da poboación traballaba no sector primario, mentres que hoxe o fai o 3%. Como podemos explicar que ese 3% produza moito máis alimento ca nunca? Polo aumento da produtividade. E o mesmo pasaría nunha sociedade robotizada, con menos poboación activa. A previsión tanto da UE coma dos fondos de pensións privados no Estado español é que nos anos 50 ou 60 deste século o sistema de pensións será perfectamente viábel, dedicando a pensións unha porcentaxe do PIB superior á actual e aínda así a riqueza dispoñible para as persoas activas máis que dobraría a actual. E a pesar de que o sistema de pensións é viábel, propoñen a redución das pensións públicas e a promoción dos fondos privados. "Ningunha forza política se pode presentar a unhas eleccións propoñendo a privatización do sistema de pensións. Entón como actúan os poderes? Con pequenas reformas que moitas veces nin sequera chegan ao coñecemento da poboación" O pasado ano houbo un ciclo de protestas moi importante en defensa das pensións públicas que agora semella ter reducido a súa intensidade. Este luns están convocadas concentracións que miran ao máis inmediato (a actualización anual) e ao futuro do sistema. Cres que se retomará a mobilización? O que hai é un intento de mercantilizar a sanidade, a educación, as pensións e moitos servizos que antes prestaban as administracións públicas. Isto temos que velo como unha guerra de posicións prolongada no que os grandes capitais pugnan por privatizar os sistemas de pensións. Ningunha forza política se pode presentar a unhas eleccións propoñendo a privatización do sistema de pensións. Entón como actúan os poderes? Con pequenas reformas que moitas veces nin sequera chegan ao coñecemento da poboación, pero que crean efectos. Por iso a mobilización debe ser continua. A mobilización é certo que baixou un pouco durante o verán, pero continuou e parece que agora se vai relanzar outra vez e o importante é que sexa continuado no tempo. Porque o importante é garantir que vaia haber en Galicia pensións públicas dignas tanto para os pensionistas actuais coma para as novas xeracións. "Se queremos mudar radicalmente de política económica, é necesario que se incorporen os traballadores e traballadoras activas e os mozos e mozas" Nas protestas dos últimos meses a media de idade era elevada: pensionistas e persoas a piques de xubilarse. As xeracións máis novas, as futuras pensionistas, deben tomar conciencia da importancia de loitar hoxe polas pensións de mañá? O ano pasado actuaron no espazo públicos dous movementos sociais que conseguiron éxitos importantes: o movemento das persoas pensionistas e o movemento feminista. Bótase a faltar a presenza en defensa das súas reivindicacións do movemento sindical, dos traballadores e traballadoras activas, e tamén da mocidade precaria. Se queremos mudar radicalmente de política económica, é necesario que se incorporen os traballadores e traballadoras activas e os mozos e mozas. |
PRAZA_19187 | A empresa presentou unha demanda xudicial contra o Concello, que sinala a propiedade municipal dos predios. A Marea defende o carácter público deste espazo ante a manobra de privatización pero acusa o Goberno local de ter actuado con "desidia" nos últimos anos. | Nos últimos meses o Concello de Ribeira foi demandado por unha inmobiliaria burgalesa (Inmobiliaria Promesa S.A.), que asegura ser a propietaria duns terreos situados no lugar de Teira (parroquia de Corrubedo). O predio, próximo á costa e ás propias Dunas de Corrubedo, suma unhas 15 hectáreas e corresponde aos chamados Campos de Samil ou Campos de Teira, un espazo que foi historicamente de propiedade comunal e que o Concello asumiu como ben de propiedade municipal dende 1996, aínda que dende hai anos figura inscrito no rexistro a nome dun particular. A empresa, á que supostamente un veciño lle vendeu estas terras, presentara unha reclamación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribeira, desestimada polo Concello. No obxecto social de Inmobiliaria Promesa S.A. figura tamén a produción e comercialización de enerxía eléctrica producida por fontes renovables (fotovoltaica, eólica...). "Os moitos anos de despreocupación, abandono, privatizacións e desidia dos distintos gobernos do PP no noso concello lévanos a situacións que aproveitan os avispados amigos do alleo para apoderarse do que é patrimonio de todos", di a Marea O asunto chegou ao pleno da localidade o pasado 23 de decembro, cando o Goberno local impulsou a aprobación inicial do inventario municipal de bens como instrumento para defender a propiedade pública deste e outros bens inmobles. A proposta do grupo de goberno foi apoiada por todos os grupos (agás Ciudadanos). A Marea de Ribeira, con todo, ao tempo que denunciou o intento de apropiación levado a cabo por esta inmobiliaria, criticou a "desidia" e a "falta de dilixencia" deste Goberno municipal e dos executivos anteriores á hora de defender o seu carácter público. "Os moitos anos de despreocupación, abandono, privatizacións e desidia dos distintos gobernos do PP no noso Concello lévanos a situacións que sempre aproveitan os avispados amigos do alleo para apoderarse do que é patrimonio de todos, e os que escollemos para que coiden do común non fan nada para protexelo ou xestionalo en beneficio de todos. Poñemos o raposo ao coidado das galiñas, como se di na linguaxe común", sinalan dende a formación. De quen son os terreos? En 1972 e 1973 a veciñanza do lugar (especialmente as mulleres) esforzouse durante meses por arrincar e queimar pola noite os valados que unha e outra vez se instalaban rodeando o predio Estes terreos foron historicamente aproveitados pola veciñanza de Teira e Corrubedo, que levaban alí os seus animais a pacer, rozaban o mato e retiraban area e outros materiais, chegando mesmo a pagar un foro. Este carácter comunal estaría -en principio- recollido en documentación que neste momento se está a recadar no proceso para evitar a súa privatización. Ao igual que sucedeu noutros moitos lugares de Galicia, ao longo dos anos 60, 70 e 80 houbo varias manobras para privatizar este espazo. De feito, en 1972 e 1973 un veciño intentou durante varios meses pechar o espazo, reclamando a súa propiedade. A veciñanza do lugar (especialmente as mulleres) esforzouse durante meses por arrincar e queimar pola noite os valados (feitos coas travesas da vía do tren) que unha e outra vez se instalaban rodeando o predio. De igual xeito, os e as habitantes da parroquia, fixeron valer legalmente o carácter comunal dos campos. Esta mobilización, aínda en tempos da ditadura, conseguíu evitar a apropiación dos terreos. O tirapuxa continuou nos anos seguintes. En 1983 de novo se intentou pechar o espazo, e as mulleres da parroquia actuaron de novo na defensa do terreo comunal, sendo multadas dúas delas. Nunha das parcelas si se construíu nese momento unha urbanización. En 1988 os propios veciños e veciñas da parroquia impulsaron a construción dunha pista polideportiva (con subvencións de Deputación e Concello), unha instalación hoxe abandonada. En 1996 a veciñanza constituíu unha xestora, que presentou no Xurado Provincial de Montes un expediente para que o espazo se declare como veciñal, unha iniciativa á que se opuxo o propio Concello, que reivindicou o carácter municipal dos terreos, o que foi confirmado polo Xurado Provincial ao ano seguinte. A xestora veciñal acordou non seguir litigando, polo custe económico que lle suporía, manifestándose conforme co aseguramento da propiedade pública do lugar. En 2001 o Concello levou a cabo a construción dunha nova pista polideportiva, dun campo de fútbol 7 e dunha pequena edificación para vestiarios e almacenamento de material. Esta obra deu lugar á primeira reclamación da empresa que se di propietaria dos terreos, que demandou o Concello pola construción destas instalacións nuns terreos que afirma que son seus. En 2008 o Concello intentou xa incluílos no inventario municipal, mais a operación fracasou pois os terreos figuraban no rexistro a nome dun particular. A loita contra a privatización "Que ocorreu dende 1996 ata agora?", pregúntase a Marea de Ribeira, que acusa ao Goberno municipal de non ter feito nada dende entón para defender o carácter público dos terreos "Que ocorreu dende 1996 ata agora?", pregúntase a Marea de Ribeira, que acusa ao Goberno municipal de non ter feito nada dende entón para defender o carácter público dos terreos, sobre todo sendo consciente dende o 2008 dos intereses desta empresa en facerse con eles. "Queda patente a falta de dilixencia do PP para defender o ben común", sinala. O Concello si lle pediu aos veciños e veciñas que achegasen documentación para apoiar a posición municipal no proceso xudicial aberto. Nos últimos anos o Goberno local chegou a barallar a posibilidade de re-comprar os terreos por un prezo considerado baixo (4 euros por metro cadrado), o que foi criticado polos restantes grupos municipais, que sinalaron que iso suporía asumir que o espazo, de propiedade veciñal ou pública, era efectivamente de propiedade privada. Marea Ribeira esíxelle ao Goberno municipal que traballe para "restituír o patrimonio público para uso e disfrute de todos" e ínstao a que "use toda a documentación que acredita a propiedade comunal deses terreos, que nos consta que posúen". Igualmente reclama "saber quen se apropiou deses campos para logo venderllos á citada empresa" e demanda "que se depuren responsabilidades por non solucionar este problema en todos estos anos que se ten constancia del". O esfarelamento das propiedades comunais Os montes comunais ocupan unha superficie moi importante en Galicia, unhas 700 mil hectáreas, ao redor da cuarta parte da extensión total do país. Porén, décadas atrás o espazo representado polos montes veciñais en man común era aínda máis importante. Dende o século XVIII os montes veciñais en man común sufriron unha grande indefensión legal, que fixo que a súa superficie total se fose reducindo, ata ficar nun terzo do que foran. O crecemento da poboación, a expansión da urbanización e a necesidade de terreos para novas instalacións industriais foron pouco a pouco comendo ese espazo de terreo que non era nin público nin privado, que era de todos os veciños pero de ningún en concreto, e de ninguén máis que de calquera deles. O capitalismo, a partir do século XVIII, non entendeu ese concepto. Tampouco o Estado. Dende o século XVIII os montes veciñais en man común sufriron unha grande indefensión legal, que fixo que a súa superficie total se fose reducindo, ata ficar nun terzo do que foran O proceso de apropiación acelerouse durante o franquismo, mesmo cunha base legal. A Lei de Montes de 1957 consagrou a equiparación legal dos montes veciñais cos montes públicos de titularidade municipal. Deste xeito, as parcelas periurbanas de cidades e vilas fóronlles cedidas entre os anos 40 e 70 ás distintas administracións para instalacións, edificios e equipamento educativos e sanitarios, para usos industriais, militares ou comerciais. Unha parte foi ocupada, igualmente, por empresas públicas hoxe privatizadas. Carlos Morgade, presidente da Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra, explica moi ben este proceso neste artigo. A Lei de Montes Veciñais en Man Común de 1968 recoñeceulles finalmente a titularidade e o aproveitamento dos montes veciñais aos habitantes de parroquias e aldeas, previa clasificación como tales, para o cal estableceu a creación nas catro provincias galegas dos xurados clasificadores. Porén, ao longo da década dos 70 o roubo de terras continuou e mesmo se acelerou, coincidindo cunha fase de crecemento das cidades e vilas galegas. É nestes anos, sobre todo despois de 1977, cando se producen intensas mobilizacións dos veciños en defensa dos montes comunais. A nova Lei de Montes Veciñais en Man Común (de 1980, froito en boa medida das mobilizacións dos anos anteriores) e a lei galega sobre Montes Veciñais en Man Común (aprobada en 1989), máis garantista coas comunidades, supuxeron un paso adiante na defensa da propiedade comunal. |
NOS_57733 | Un buque con 20.000 toneladas para a térmica arriba hoxe a Ferrol. | O primeiro barco con carbón destinado á produción enerxética na central térmica de Endesa nas Pontes ten previsto atracar esta quinta feira no porto exterior de Ferrol, onde a compañía eléctrica conta cunha terminal de descarga. O buque saíu de EUA e ten previsto desestibar unhas 20.000 toneladas de carbón. Así pois, case dous anos despois, o carbón volve ás Pontes e co retorno, puntual, á actividade da térmica como finalidade. Os altos prezos da enerxía nos mercados internacionais están a provocar unha situación nunca antes vista. O gas natural é o protagonista desta escalada. Porén, os altos prezos da enerxía e a dependencia do gas fronte as renovábeis, non son as únicas cuestións que preocupan. A chegada do outono, coa conseguinte redución das temperaturas e das horas de radiación solar, traerá consigo un aumento da demanda por parte dos fogares. Ante esta situación, as eléctricas empezan a prepararse para atender esta crecente demanda, que podería levar a botar man de tecnoloxías até o de agora nun segundo plano. É o caso da térmica a partir de carbón, un recurso do que só poden botar man as centrais cuxo feche aínda non foi autorizado polo Goberno español, como sucede coa das Pontes. Fontes de Endesa confirmaban hai unhas semanas a Nós Diario que a central está operativa, ten persoal e ten carbón, polo que "cando considere o operador do sistema, estará en condicións de xerar". Central dispoñíbel A central térmica de carbón das Pontes funciona desde o 1 de xullo, en situación de dispoñibilidade para o sistema eléctrico, o que supón que non está desconectada da rede, mais só chegará a funcionar no caso de que o xestor da rede ─Red Eléctrica─ así o requira. Para este novo escenario de "dispoñibilidade", Endesa só conta cun dos seus catro ciclos operativos, o que se traduce nunha importante redución de persoal, tanto na principal como nas auxiliares. Neste senso, o secretario de Enerxía da federación de Industria da CIG, Fernando Branco, incide en que a posta en marcha das Pontes responde "un tema de garantía de garantía de subministro; non afecta ao prezo do megawatt". |
PRAZA_15405 | Ducias de miles de escolares de 200 centros galegos recitarán este mércores simultaneamente o poeta de Celanova nun acto reivindicativo de homenaxe e "en defensa da lingua galega" | Arredor duns 30.000 rapaces duns 200 centros educativos de toda Galicia participarán este mércores nunha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a través dun recitado colectivo que servirá tamén como acto reivindicativo "en defensa da lingua". Será ás 12 do mediodía, do día 12 de 2012 nunha actividade organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgendl). Uns 30.000 rapaces recitarán á vez o poema 'Deitado fronte ao mar' A homenaxe centrarase nese recitado público, enorme e colectivo do poema Deitado fronte ao mar por parte de milleiros de cativos, á vez que nas redes sociais se promove "a mobilización" a través do hashtag #recitandocelsoemilio e mentres os centros escolares levan xa tempo elaborando vídeos, performances, murais e outros materiais ao redor deste poema do escritor de Celanova. Será "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra" A Cgendl aproveita o centenario do nacemento do poeta para renderlle "unha homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que transmite toda a forza e a enerxía da súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia". Así, esta actividade, colectiva e simultánea, constará de diversas accións: O acto colectivo de recitado público simultáneo do poema Deitado fronte ao mar,de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962); un envío masivo a través das redes sociais do lema #recitandocelsoemilio, acompañado do texto do devandito poema, así como de lemas a prol do uso ea promoción do idioma. Aínda que a homenaxe está centrada na actividade dos máis pequenos, tamén participarán un número moi significativo de colectivos vencellados á comunidade educativa, ao tempo que a Cgendl aclara que "a actividade está aberta á participación doutras entidades e colectivos, como concellos, asociacións culturais, bibliotecas e clubs de lectura". "O obxectivo central deste acto é manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos, cuxa temática é unha mostra do orgullo pola nosa lingua que desde a Cgendl queremos promover", aclara a Coordinadora. |
NOS_25192 | Quinta feira, 9 de xaneiro, está previsto que dúas salas do Tribunal Supremo se reúnan para resolver a inmunidade do eurodeputado e líder de ERC, Oriol Junqueras. | Até doce maxistradas do Tribunal Supremo de dúas salas distintas, a do Contencioso-Administrativo e a do Penal, se reunirán na quinta feira para decidir sobre os recursos que exixen a aplicación da inmunidade que corresponde ao eurodeputado e líder de Esquerra Republicana de Catalunya, Oriol Junqueras. A sala do Contencioso-Administrativo decidirá se avala ou non a decisión da Xunta Electoral Central (XEC) de non lle outorgar a credencia de eurodeputado e a sala do Penal, que lle xulgou pola causa do procés, discutirá como aplicar a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que recoñeceu en decembro a condición de eurodeputado de Junqueras con efectos a 13 de xuño e, por tanto, a súa inmunidade. Ademais, o propio Parlamento europeo recoñeceu na segunda feira, 6 de xaneiro, a acta do líder de ERC. Torra pide "ser dilixente" ao Govern catalán para asegurar que Junqueras poida acudir á Eurocámara Ser "dilixente", ordenou o president da Generalitat, Quim Torra, ao seu Govern á hora de ceibar Oriol Junqueras do cárcere de Lledoners (Barcelona), en caso de que o Tribunal Supremo dite a súa posta en liberdade para que o independentista poida asistir na vindeira segunda feira ao pleno do Parlamento europeo que decorrerá en Estrasburgo (Francia). O Consell Executiu da Generalitat reuniuse na mañá desta cuarta feira, 8 de xaneiro en Barcelona e, ao seu remate, a consellera da Presidencia, Mertixell Budó, asegurou que o Govern espera que o Supremo acate a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) e que permita, por tanto, que Junqueras acuda á Eurocámara. Budó tamén asegurou que, de o Supremo non fallar nese sentido e "de haber outro mecanismo que garanta ao Govern" traballar para a liberación de Junqueras, "o Executivo será dilixente". Non quixo a consellera concretar de que mecanismos se podería tratar, e limitouse a indicar que debe ser a defensa de Junqueras quen formule eses mecanismos posíbeis. "O que nós temos que facer é respectar a defensa xurídica. Neste sentido o que pedimos é que o Supremo acate a resolución que ditou o TXUE, que dicía que Junqueras tiña que ser liberado para poder exercer como eurodeputado de pleno dereito. Estamos nesta liña de reclamar ao Supremo que acate esta resolución", expresou Mertixell Budó. |
PRAZA_20504 | Os cursos de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras chegan este ano á súa 30ª edición, con 80 alumnos e alumnas dunha vintena de países, que se unen aos 2.600 que xa participaron nos 29 anos anteriores. Falamos con Henrique Monteagudo, coordinador do programa | Son 80, proceden de Alemaña, Austria, Brasil, Reino Unido, Canadá, República Checa, Chile, Croacia, Cuba, Estados Unidos, Hungría, India, Italia, México, Polonia, Romanía, Portugal, Ucraína, Xapón e doutras autonomías do Estado español. Son os e as participantes nos cursos de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras, que chegan este ano á súa 30ª edición. Nestas tres décadas máis de 2.600 alumnos e alumnas participaron nesta experiencia, na que afondaron no coñecemento de Galicia e da súa lingua. Isto foi o que levaron, converténdose a cambio en embaixadores e embaixadoras da cultura galega en todo o mundo. Este mércores participaron nun encontro de confraternidade no parque de Bonaval, en Compostela, unha das moitas actividades lúdicas ou culturais ás que veñen asistindo dende a súa chegada a Galicia a comezos deste mes e das que dá conta a web dos cursos. Este venres, por exemplo, estarán na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, onde terá lugar unha visita guiada por Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), que concluirá cunha conferencia da profesora Catherine Davies, directora do Instituto de Investigación en Linguas Modernas da Universidade de Londres. "Asegúrovos que marcharedes namorados do país, da lingua, da musica, da memoria histórica e do patrimonio que hai detrás. O que non se coñece non se ama, e nós abrímosvos as portas ao coñecemento da nosa lingua e a nosa cultura para que compartades connosco este mundo sen fronteiras". Con estas palabras deulles a benvida o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes o pasado 3 de xullo. A Academia organiza desde 1988 estes cursos, que contan coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e o apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. "Constitúen un elemento moi importante de proxección exterior da lingua e da cultura galega" Henrique Monteagudo, coordinador dos Cursos, salienta que "constitúen un elemento moi importante de proxección exterior da lingua e da cultura galega". "Os perfís son variados, pero unha parte importante son estudantes de primeiro nivel, investigadores moi cualificados que nun futuro serán profesores e acaban convertidos en embaixadores, en repetidores da cultura galega no estranxeiro", explica. Entre os e as participantes hai tamén unha parte que chega a Galicia a través dunha ligazón familiar, sinala Monteagudo: "Unha parte dos participantes si ten unha relación previa con Galicia, nomeadamente pola súa ascendencia, sendo fillos e netos de emigrantes, sobre todo de América Latina, principalmente de Arxentina", di. As clases teóricas e prácticas desenvolveranse ata o 24 de xullo na Facultade de Filosofía e combínanse con obradoiros de música e baile e palestras impartidas por persoas do mundo da literatura, a música ou a arte dramática. Unha charla-concerto de Uxía Senlle e Sérgio Tannus, un espectáculo sobre Carlos Casares a cargo do actor Avelino González, unha conversa co actor Luís Iglesias, unha charla-recital da poeta e académica electa Chus Pato, un percorrido pola cultura na Rede da man do director de culturagalega.gal, Manuel Gago, ou un encontro coa poeta Rosalía Fernández Rial forman tamén parte do programa, que inclúe tamén varias excursións e visitas organizadas. Entre os case tres mil mozos e mozas que dende 1988 veñen chegando a Galicia, hai moitos e moitas que hoxe son figuras destacadas nos seus campos. Botando a vista atrás, Monteagudo subliña que "este ano, por casualidade, difundiuse unha foto dos e das participantes no segundo curso que se fixera, en 1989. Aí estaba Johannes Kabatek, daquela un estudante avanzado e hoxe unha referencia internacional da lingüística, catedrático en Zürich, e que ten contribuído moito aos estudos galegos. Estaba tamén Burghard Baltrusch, hoxe profesor da Universidade de Vigo, que viña de Alemaña. Estaba Silvia Montero, de pai galego e nai alemá, que hoxe tamén é profesora na Universidade de Vigo. Ademais doutras moitas persoas, hoxe recoñecidas como investigadoras ou tradutoras", destaca. "Contribúe a crear redes en moitos ámbitos: historia, antropoloxía, música (moi especialmente nos últimos anos) e isto é moi importante para Galicia" Os efectos positivos que este curso crea e as redes que axuda a tecer son claros. "A nós enriquécenos moito a visión que nos dan dende fóra sobre a nosa lingua e a nosa cultura. E ademais contribúe a crear redes en moitos ámbitos: historia, antropoloxía, música (moi especialmente nos últimos anos) e isto é moi importante para Galicia", conclúe Monteagudo. |
NOS_26995 | O evento, con entrada libre, celebrarase o 31 de outubro no compostelán Auditorio de Galiza | A III Gala aRi[t]mar contará coa participación de artistas e entidades gañadoras: Salvador Sobral, A Banda da Loba, Alexandre Brea, Lois Pérez e Convergências Portugal–Galiza. A gala decorrerá no Auditorio de Galiza (Compostela) o vindeiro 31 de outubro e con entrada de balde. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou os vínculos coa lusofonía que promove Convergências para reforzar a presenza de Galiza en Portugal, "a ilusión" que transmiten a "A Banda da Loba", Alexandre Brea e Lois Pérez, ademais de Salvador Sobral "que alcanzou uns índices de popularidade moi elevados". A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, recoñeceu o traballo do equipo de dinamización lingüística e do conxunto do profesorado e do alumnado da EOI "por este proxecto singular e único", que "pon en valor a poesía e a música contemporáneas" para alén de transmitir que "detrás dun idioma hai unha literatura e unha cultura, sinais que deben de converxer para coñecermos o ámbito galego-portugués". O concelleiro de Educación de Santiago, Manuel Dios, sinalou que a Gala aRi[t]mar volve achegar "o mellor da cultura galega e portuguesa a Compostela". O director da Escola Oficial de Idiomas, Gonzalo Constenla, engadiu que colaboran ademais das entidades presentes o Instituto Camoês e o Agrupamento Galiza-Norte de Portugal. |
NOS_16202 | O director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, vén de presentar o resultado da segunda enquisa sobre a situación das empresas que traballan na industria forestal. Ao mesmo tempo, traballa nun proxecto dirixido a mellorar a produtividade dos minifundios a través de solucións "innovadoras". | En que situación están as empresas que se dedican á madeira na Galiza? A situación mellorou polo remate do confinamento, e tamén as expectativas. Aínda así, constátase que hai algunhas empresas que si están afectadas. A maior parte delas son as que se dedicaban á transformación para amoblamento interior hoteleiro, de tendas e de áreas comerciais. Dependían deses sectores que pararon e non recuperaron aínda a súa actividade. Pola contra, xurdiu certa demanda de mobiliario, en parte para adaptarse ao teletraballo. Hai que prestarlles atención posto que terán arrastre sobre a primeira transformación. É unha cadea moi densa de primeiras empresas nas que unhas dependen doutras. A pandemia mudará a maneira que temos de ver e traballar os espazos forestais? Ten que cambiar moitas cousas de como vemos o mundo, entre elas o aproveitamento dos recursos naturais. En xeral, é unha cura de humildade respecto ao que víñamos facendo nas últimas décadas. Observamos que hai un certo retorno ao ámbito rural que non está vencellada ás contas de resultados, ten máis que ver coa filosofía. Hai unha maior valoración da compra de produtos de proximidade e de estar perto de espazos naturais nas empresas que viven do monte. Existen oportunidades para a industria da madeira que teñen que ver con este concepto e de como facelo de maneira sostíbel. Como se pode mellorar o aproveitamento do monte coa presenza do minifundio? O minifundio, en xeral, sempre se cualifica como un problema e para min é unha circunstancia. É unha característica da nosa terra xunto coa veciñal. Vén dunha historia de acceso á terra que non ten sentido que esquezamos, foi a única maneira de acceder á propiedade que tiveron os nosos devanceiros após moitas xeracións cultivar as terras doutros. Que as terras estean en mans da xente non é un problema, peor sería que estivesen en mans dun único propietario. Agora ben, obríganos a resolver algunhas dificultades, pensando nunha certa economía que teña entrada no mercado e non sexa unha carga para os propietarios que opten pola solución fácil, que sería o abandono, algo que non nos podemos permitir. Hai que tentar estabelecer modelos de xestión cooperativa, agrupada e de coordinación para que a xente se poña de acordo para vender a madeira ou outros produtos. Traballar máis conxuntamente. A vantaxe é que case todos temos terras, a dificultade é que temos que nos pór de acordo para organizar unha xestión o máis sostíbel posíbel, onde teña lugar a diversidade de produción e a conservación da natureza. Na prevención dos incendios non significa nada se un pequeno propietario traballa a súa parcela, hai que facer prevención agrupada. Temos que contar con distintas ferramentas e aplicalas segundo cada caso. Hai que fuxir da solución única. Concentrar o aproveitamento nunha soa especie, como é o piñeiro ou o eucalipto, é bo? Enfocar o aproveitamento forestal nunha especie é un risco. Temos que ser quen de desenvolver alternativas atraentes que cumpran as alternativas que teñen os propietarios. Mesmo para aquelas que non son rendíbeis, mais son óptimas desde o punto de visto social, deberían atopar mecanismos de compensación. Tería que haber unha discriminación positiva daquelas alternativas que, aínda sen ser as preferidas polo propietario, si o son pola sociedade. Redución de 17% na facturación industrial A crise da Covid-19 reduciu nun 17% a facturación da industria forestal galega. É unha das conclusións extraídas da segunda enquisa realizada ás empresas do sector pola Escola de Enxeñaría Forestal e a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) co obxectivo de coñecer en profundidade os efectos da pandemia na súa actividade. De feito, 24 das 127 empresas que participaron rexistraron un descenso na súa facturación superior a un 40%. |
NOS_33652 | É a directora de campaña de BNG-Nós Candidatura Galega e fala para Sermos a poucos días do comezo da carreira cara ao 26X. Goretti Sanmartín analisa a actualidade política e ve duplamente útil o voto ao Bloque nesta cita eleitoral. É un dos contidos do Sermos198, na rúa esta quinta feira e na nosa loxa este mesmo serán. | En que vai consistir a campaña eleitoral de BNG-Nós Candidatura Galega? Como están os ánimos da base militante e dos cadros da organización ante o repto do 26X? A estas perguntas contesta Goretti Sanmartín na súa conversa co director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto. Alén da entrevista, o semanario inclúe os artigos de opinión de Luz Darriba e Antón Losada -nas súas seccións Foeminas Xenéricas e Arrenégote demo, respectivamente- ben como publica no Tema de Primeira unha reportaxe do xornalista Cristian López sobre a fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Aliás, toda a información da cultura e do tempo do lecer achará como sempre espazo no semanario, no bloco que titulamos xenericamente Fóra de Serie. |
PRAZA_6955 | ENTREVISTA O que ía ser unha simple tradución ao castelán de A saúde como negocio (Laiovento, 2012) converteuse nun libro novo, La salud como negocio, que relata os ataques conta a sanidade pública nos últimos dous anos. Falamos con Pablo Vaamonde, coordinador da obra. | "Este libro é un dos mellores documentos que se publicaron en España sobre o que está ocorrendo na sanidade pública. É unha mina de información. É, sen dúbida, un libro que se converterá nun punto de referencia para todos aqueles movementos sociais que loitan para conseguir un mundo e unha sanidade mellores. Debería ser unha lectura obrigatoria nas institucións de ensino do país". Vicenç Navarro non aforra eloxios na introdución que lle fai a La salud como negocio, libro editado por Laiovento e coordinado por Pablo Vaamonde, que naceu como unha simple tradución ao castelán de A saúde como negocio, a obra colectiva que en 2012 alertaba do proceso de desmantelamento do sistema sanitario público, sobre todo analizando a experiencia das comunidades autónomas gobernadas polo PP, como Galicia. Porén, a vitoria electoral dos populares nas eleccións xerais de 2011 e a aprobación dunha serie de medidas lexislativas e de políticas fixo que o libro, ao final, tivese que ser reescrito practicamente na súa totalidade. A obra, que vén de chegar ás librarías conta con traballos de análise de Marciano Sánchez Bayle (presidente da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid), María Luisa Lores (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública), Manuel Martín (SOS Sanidade Pública) e Sergio Fernández Ruíz (vicepresidente da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid), ademais do propio Pablo Vaamonde. Así mesmo, Xosé Manuel Beiras escribe o seu prólogo, no que destaca que "esta obra constitúe unha lúcida e valente acción en defensa da cidadanía. A este combate contra a tiranía contribúe no laboratorio das ideas e na práctica da denuncia valente". O libro presentarase na Coruña o 26 de novembro, e tamén o fará nas vindeiras semanas en Monforte, Pontevedra e Vigo. Para máis adiante quedarán outras presentacións, aínda sen data, en Madrid ou Barcelona. Pablo Vaamonde espera que a obra interese "sobre todo as persoas do sector, pero tamén o resto, porque isto aféctanos a todos". "Eses procesos privatizadores comezaran xa antes nas autonomías nas que o PP gobernaba, pero é a partir de 2012 cando o fan a nivel global e con apoio lexislativo" Ía ser unha simple tradución ao castelán, pero ao final a realidade obrigouvos a facer, practicamente, un libro novo. Que cambiou nestes dous anos? A saúde como negocio publicouse na primavera de 2012 en Laiovento, foi un encargo persoal de Pancho Pillado. O PP gaña as eleccións en novembro de 2011, toma posesión en decembro e comeza a lexislar xusto cando nós sacamos ese primeiro libro. A partir dese momento cambian tantas cousas, tanto a nivel lexislativo como de estratexias políticas, que cando barallamos a idea de traducir a obra ao castelán, decidimos que practicamente tiñamos que facer un libro novo. Eses procesos privatizadores comezaran xa antes nas autonomías nas que o PP gobernaba, pero é a partir de 2012 cando o fan a nivel global e con apoio lexislativo. O RD 16/2012 publicouse en abril; é un decreto longo, moi prolixo, moi detallado. Teño a convicción de que cando eles, na campaña electoral que os levou ao poder, dicían que non tocarían a sanidade e os servizos públicos, xa tiñan esta lei elaborada. "Esta xente que nos goberna non cre na igualdade das persoas, non cren que as persoas con máis ingresos teñan a obriga de financiar a prestación sanitaria da xente que ten menos" Que efectos tiveron estas políticas? A exclusión de moita xente do sistema sanitario -non só persoas sen papeis, senón unha parte da mocidade-, o repago dos pensionistas, a exclusión de máis de 400 medicamentos, un gasto que se traslada ás economías familiares xa bastante castigadas... Ademais, crean tres categorías na carteira de servizos, que antes era única. A idea, seguramente pactada coas aseguradoras, cos lobbies da medicina privada e coas grandes farmacéuticas, é que haxa unha cobertura da carteira básica e que o resto teña que ser contratada ás aseguradoras. Creáronlles ás aseguradoras un espazo tremendo de negocio que antes non existía. No libro tentamos describir o impacto deste decreto. Detrás desta lexislación hai unha motivación ideolóxica, porque esta xente que nos goberna non cre na igualdade das persoas, non cren que as persoas con máis ingresos teñan a obriga de financiar a prestación sanitaria da xente que ten menos. Queren recuperar unha sanidade dualizada: de calidade para os ricos e de beneficencia para os pobres. A segunda motivación é a económica: aquí rematou o negocio do ladrillo e abríronlles estes novos nichos de negocio. Neste tempo houbo, con todo, algunha vitoria, produto da mobilización, como pasou en Madrid... Si, porque en Madrid estaban entrando a saco. Querían privatizar sete hospitais, máis de vinte centros de saúde... Conseguiuse frealo, houbo unha mobilización moi ampla, moi plural. Un dos capítulos do libro analiza como se levou a cabo a mobilización da marea branca. "Eu teño a certeza de que se non nos tivésemos mobilizado os traballadores, habería xa en marcha unha ducia ou dúas ducias de unidades de xestión clínica" E en Galicia? En Galicia houbo unha mobilización máis limitada, pero eu teño a seguridade de que se non nos tivésemos mobilizado os traballadores, habería xa en marcha unha ducia ou dúas ducias de unidades de xestión clínica. Eu sei, con certeza, de que na Coruña estaban listos o centro de saúde de Sada, a unidade de Cardioloxía e a de Saúde Mental. Na área de Santiago, o centro de saúde da Estrada. Proxectos moi avanzados todos. Creo que a mobilización dos traballadores freou este proceso. Foi unha vitoria, pero unha vitoria parcial e momentánea, porque volverán á carga. Hai certas medidas, coma os intentos de privatización de hospitais, que son moi rechamantes, alarman moito a poboación. Pero en paralelo lévase a cabo unha lenta desmontaxe do sistema, que se cadra é máis difícil de percibir. En Galicia córrese o risco de que se avance no proceso de desmantelamento do sistema sanitario sen que a sociedade sexa consciente das súas consecuencias? Hai unha certa alerta entre os profesionais, pero é certo que moitas das medidas se realizan con pouco ruído, á caladiña. A externalización do servizo de esterilización publicouse nun boletín europeo. Cando tivemos noticia da privatización do servizo de almacenamento e loxística, hoxe localizado en Negreira, xa era un feito consumado. Estas pequenas medidas teñen un efecto tremendo; por exemplo, a privatización da tecnoloxía ten un impacto gravísimo, ou a externalización dos servizos informáticos ou da central de chamadas, que manexan datos sensibles. "Estanse facendo as cousas ao revés: nun tempo de crise os expertos e organismos internacionais recomendan que hai que fomentar aínda máis a atención primaria e reducir o abuso do hospitalocentrismo" Seguramente unha das áreas máis prexudicadas polas políticas recentes é a da atención primaria, que é a base do sistema e a porta de entrada a el, non si? Si, o Goberno bipartito de PSdeG e BNG apostou pola atención primaria, cun incremento do financiamento, un Plan de Mellora que implicaba a dotación de medios, de persoal, a formación, para incrementar a capacidade tecnolóxica e a capacidade de resolución. Por exemplo, púxose en marcha a historia clínica electrónica, que supuxo unha mellora espectacular na atención. O Goberno do PP suprime o Plan de Mellora, suprimen as xerencias de Atención Primaria e agora promoven as unidades de xestión clínica, houbo unha gran redución orzamentaria para atención primaria. Estanse facendo as cousas ao revés: nun tempo de crise os expertos e organismos internacionais recomendan que hai que fomentar aínda máis a atención primaria, as actividades preventivas e reducir o abuso de tecnoloxía e do hospitalocentrismo. Todas as medidas aplicadas van en sentido contrario. E fano non porque preocupe a atención da xente, senón porque buscan o negocio. Introdución de Vicenç Navarro: O ataque á sanidade pública (.pdf) |
NOS_13550 | As organizacións sindicais convocan novas mobilizacións coincidindo co 1º de Maio e co inicio do debate parlamentar sobre a nova lei mentres procuran alianzas co movemento Nuit Debout. | Após unha xornada de mobilizacións o 28 de abril na que milleiros de persoas --entre 170 mil e 500 mil, segundo Le Monde-- saíron de novo ás rúas en diversas cidades do país e desenvolveron paros nos centros de traballo, para amosar o seu rexeitamento á reforma laboral francesa, as organizacións sindicais chaman a se manifestar outra volta este domingo coincidindo co Día da clase traballadora, o 1º de Maio. Algunhas organizacións sindicais procuran converxer as loitas operarias coa Nuit Debout Embora as cifras reflicten un número menor de persoas nas mobilizacións logo de que o 31 de marzo saísen ás rúas de París 160 mil persoas, segundo a organización, o pulso mantense e collerá folgos a partir do 3 de maio cando está previsto o inicio do debate parlamentar arredor da reforma. As mobilizacións son convocadas por organizacións obreiras e estudantís. En troca, "oficialmente" o movemento de persoas indignadas francés, Nuit Debout, non marcha xunto a elas. Neste senso, algunhas organizacións sindicais procuran agora facer converxer a loita obreira co movemento Nuit Debout que mantén desde hai un mes asembleas na Place de la République. Así as cousas, hai reticencias, segundo recolle na súa crónica Le Monde. "O noso límite é a nosa capacidade para nos dividir esquecendo o que ten sentido para todos nós", dixo Eric Beynel, voceiro do sindicato Solidaires durante a asemblea xeral da Nuit Debout, ao tempo que lanzaba un chamamento a secundar as mobilizacións do 1º de Maio. Da mesma maneira desde a CGT apelan á suma de forzas co obxectivo de facer "realidade" unha folga xeral que vise ser indefinida até non ser retirada a proposta gobernamental de reformar a actual lei do traballo. Non así a organización Forza Obreira (FO) que dixo non ter sido convidada a participar na asemblea. |
PRAZA_13871 | Feijóo vén de propór reducir 14 deputados do Parlamento (de 75 a 61), cun aforro neto anual de 1,25 M€. Claro é que os 14 deputados que suprime non son proporcionais, senón que se corresponden coa máis poboada Galicia atlántica | Feijóo ven de propór reducir 14 deputados do Parlamento (de 75 a 61), cun aforro neto anual de 1,25 M€. Claro é que os 14 deputados que suprime non son proporcionais, senón que se corresponden coa máis poboada Galicia atlántica (circunscricións da Coruña e Pontevedra) onde o escano valerá uns 60.000 votos,mentres que nas circunscricións luguesa ou ourensá custará só uns 28.000. Eis, esta reforma vai facer que o voto dalgúns galegos teña unha valor dupla ao doutros. O aforro proposto podería mesmo duplicarse mantendo o mesmo número de deputados e reducindo as súas retribucións á contorna de 3300 €/mes Velaí que a tal reforma sexa un calote que tentan pasar por inxenua medida aforradora. Porque o PP, consciente do seu inexorábel e acelerado recuar electoral, quere rachar as regras do xogo no tempo de desconto para poder tirar un penalty no minuto derradeiro. O aforro proposto podería mesmo duplicarse mantendo o mesmo número de deputados e reducindo as súas retribucións á contorna de 3300 €/mes, cinco veces o salario mínimo interprofesional, que semella unha digna retribución para as circunstancias da Galicia actual. Ésta é a proposta de Compromiso por Galicia e habería ser ben considerada e mesmo apoiada por unha oposición parlamentaria (PSOE e BNG) que semellan absolutamente deslocados diante do calote de Feijóo. Mais Feijóo sinalou o camiño; falemos de grandes recurtes nas estruturas administrativas. Principiando pola supresión das 4 Deputacións e dos seus 108 deputados provinciais galegos, cos seus catro Presidentes e moitos Vicepresidentes á fronte. Porque son estruturas ademocráticas, caciquís, ineficientes e absurdas desque existen as Institucións autonómicas galegas. E sigamos co Delegado do Goberno e cos 4 subdelegados do Goberno e demáis servizos da Administración periférica estatal na Galicia. Para rematarmos cos Ministerios de Sanidade e Asuntos Sociais, Educación, Cultura e Deporte, Medio Rural e Medio Ambiente e Industria e Comercio, que non teñen rol ningún que desenvolver existindo os Gobernos autonómicos e os Ministerios de Economía, Facenda ou Fomento. A arrincadeira A AP-9 do Atlántico conecta o noso eixo atlántico e, xa que logo, o 70% da nosa poboación. E a N-550 é impracticábel, polo que non representa unha alternativa sen peaxe como as que ten Madrid ou as infraestruturas que a conectan radialmente co resto do Estado. Do 1 de xaneiro ao 1 de setembro a suba das peaxes na Galicia sobardará o 20%. |
PRAZA_5656 | Este martes comezará, despois de numerosos adiamentos, o xuízo ás doce persoas acusadas de rebentar, o 8 de febreiro de 2009, a manifestación convocada por Galicia Bilingüe en Compostela contra a política de normalización lingüística | "Sete anos de cadea por defender a lingua galega dun ataque extremista? Catro anos en prisión por se manifestar na rúa? Identificados e aldraxados polo simple feito de falaren galego? Apreixados por berrar contra os que vulneran as normas de convivencia das que nos dotamos as galegas e os galegos?". Prolingua vén de publicar unha carta de apoio ás doce persoas acusadas de rebentar, o 8 de febreiro de 2009, a manifestación convocada por Galicia Bilingüe en Compostela contra a política de normalización lingüística, cuxo xuízo comezará este martes en Compostela, despois de numerosos adiamentos. A Fiscalía pide para eles un total de 45 anos de cadea, acusados de desordes públicas e resistencia á autoridade, e máis de 30.000 euros de multa por dano patrimonial. A Fiscalía pide para eles un total de 45 anos de cadea, acusados de desordes públicas e resistencia á autoridade Na carta publicada por Prolingua, esta entidade expresa a súa "total solidariedade coas encausadas e encausados" e esixe "a retirada de todos os cargos que a fiscalía lles apón a estas persoas, convencidos de que o seu xuízo é un proceso político que converte os agredidos en agresores, que retrata o galego coma unha lingua imposta, e que subverte os termos dun suposto confrontamento lingüístico que só existe no ánimo duns poucos". Prolingua considera, ademais, que o proceso se converte "de facto na xudicialización dunha realidade que só fixo agravarse nos últimos cinco anos e que sitúa a lingua de Galicia nunha das etapas máis regresivas da súa normalización". Prolingua cualifica a manifestación convocada hai máis de cinco anos por Galicia Bilingüe de "demostración de odio foi irresponsabelmente apoiada polo Partido Popular" A plataforma de apoio á lingua galega cualifica a manifestación convocada hai máis de cinco anos por Galicia Bilingüe de "demostración de odio foi irresponsabelmente apoiada polo Partido Popular" que "a un mes vista das Autonómicas de 2009, fixo seu o falso argumentario de GB e procurou votos nun caladoiro no que concorrían tamén destacados membros de Falange Española ou outros grupos sen representación na cámara galega como UPyD". E lembra que na marcha se repetían "consignas que abaixaban a dignidade da lingua galega e dos seus falantes" e que os manifestantes "non só clamaban contra os principais textos normativos que durante décadas artellaron a convivencia lingüística neste país –desde o Estatuto de Autonomía á Lei de Normalización a pasar polo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento- senón que denunciaban a 'opresión' sufrida polo castelán en Galicia". AGE rexistrou un escrito para que o Parlamento amose a súa solidariedade e apoio aos manifestantes que serán xulgados De igual xeito, Alternativa Galega de Esquerda vén de rexistrar un escrito para que o Parlamento de Galicia amose a súa solidariedade e apoio aos manifestantes en defensa do galego que serán xulgados. O documento expón que, ao longo dos últimos cinco anos, "a lingua propia do país e quen a defende coñeceron numerosos ataques e aldraxes estigmatizantes" e, ao tempo, insta ao Parlamento a asumir que "as diferenzas políticas e sociais non se poden criminalizar" e que "a protesta cidadá é lexítima". O texto debaterase mañá no órgano de goberno do Hórreo. |
NOS_51197 | Unións Agrarias presentou unha denuncia no xulgado de Vilalba na que solicita a incoación de dilixencias e a depuración de responsabilidades penais. | Non foi sen aviso. Após meses Unións Agrarias advertindo a Lactalis que tomaría medidas polo que considera "apropiación indebida" de dous millóns de euros, a organización deu o paso. UUAA presentou unha denuncia no xulgado de Vilalba na que solicita a incoación de dilixencias e a depuración de responsabilidades penais. Afirma que a multinacional francesa retén indebidamente máis de dous millóns de euros que lle corresponden aos gandeiros galegos. É a cantidade que a distribución lle pagou a maiores, en virtude ao acordo co sector a finais de 2015, para que repercutise nos produtores e que, denuncia, Lactalis non fai, ficando con eeses cartos. Lactalis é a principal recolledora de leite en Galiza, cuns 1.200 gandeiros. Súas son marcas como President, Lauki, Puleva, entre outras. Para alén da denuncia, os gandeiros rea,lizarán diversas accións para denunciar a actitude da multinacional, con campañas informativas. Meses sen cobrar Unións Agrarias tamén denunciou que por volta de 200 gandeiros levan meses sen cobrar polo seu leite, produtores aos que os primeiros compradores -intermediarios entre produtores e industrias- lles adebedan cantidades importantes. Deses 200 gandeiros, uns 50 non viron "un céntimo" desde inicio de ano. |
PRAZA_2696 | Medio millón de farois conmemoran dende o adarve do monumento romano os seus quince anos como patrimonio mundial. VÍDEO: Montaxe de realidade aumentada que amosa a construción da Muralla | Xa pasaron 15 anos dende que, nunha madrugada de forte temporal, na casa do Concello de Lugo goberno e oposición brindaban e se daban apertas mentres a veciñanza entraba para preguntar que estaba a pasar. Estaban a celebrar unha nova que chegaba dende Cairns (Australia), onde a UNESCO viña de ratificar a inscrición da Muralla como Patrimonio da Humanidade tras unha intensa campaña de apoio cidadán e institucional. Década e media despois, medio milleiro de farois alzáronse ao ceo lucense dende o adarve do monumento para celebrar o aniversario. Familias enteiras responderon no serán deste domingo á chamada do Concello para recolleren cadanseus farois nos accesos ao recinto amurallado e, contra as oito da tarde, prenderon e fixeron voar os farois. Unhas 3.000 persoas, entre elas a alcaldesa, Lara Méndez, e varios edís, participaron nun evento que, grazas á claridade da noite, puido ser observado dende varios quilómetros á redonda, como testemuñan ás múltiplas fotos difundidas a través das redes sociais. O reparto dunha torta xigante con fins solidarios e mais un concerto continúan este luns un programa de actos que continuará durante a vindeira ponte festiva, cun concurso de fotografía sobre a Muralla cuxos resultados serán expostos no Centro de Interpretación do monumento bimilenario na primavera de 2016. Asemade, durante a fin de semana as actividades festivas incluíron menús especiais en varios establecementos, espectáculos musicais e unha montaxe de realidade aumentada especialmente celebrada polas persoas asistentes, na que foi posible observar a etapa de construción da Muralla e a súa configuración orixinal. Cadrando co aniversario abriuse o ascensor que permite acceder ao adarve ás persoas con discapacidade Este luns, cadrando co aniversario, a Muralla estreou tamén un dos equipamentos máis demandados polos colectivos de persoas con discapacidade, un ascensor, toda vez que ata o momento para acceder ao adarve cunha cadeira de rodas ou un andador cumpría facelo pola rampla cercana á Catedral, cuxa pendente dificultaba notablemente o acenso. A rexedora e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez -a Xunta ten competencias exclusivas sobre o mantemento da Muralla- acudiron xunto a un representante do colectivo Auxilia á apertura do equipamento, ao carón do Pazo de San Marcos. Para Méndez esta é unha mostra de "colaboración institucional", xa que o ascensor foi financiado polo Goberno galego sobre uns terreos da Deputación e o mantemento será sufragado polo Concello. |
NOS_4533 | O xulgado advirte á sociedade de que, no caso de que non libere o edificio, procederase ao seu lanzamento o próximo 14 de xullo. | O Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña condenou Hotelera Noroeste S.A. a desaloxar o Hotel Hesperia da cidade herculina, situado no edificio dos históricos almacéns El Pote, por falla de pagamento do alugueiro. Ademais, o xulgado advirte á sociedade de que, no caso de que non libere o edificio, procederase ao seu lanzamento o próximo 14 de xullo, a condición de que non se recorra a sentenza e o solicite a empresa propietaria do inmóbel. A compañía hostaleira, segundo detallou o Tribunal Superior de Xustiza a Galiza (TSXG), tamén foi condenada a abonar 384.717 euros en concepto de rendas impagadas correspondentes aos meses de abril, maio, xuño, xullo e setembro de 2020, máis os intereses legais; así como as rendas e cantidades que debe desde a interposición da demanda, o pasado 30 de setembro, até o total desaloxo do inmóbel. A xuíza, que declarou resolto o contrato de arrendamento subscrito o 25 de agosto de 2000, explica na sentenza que, desde abril de 2020 até a actualidade, a compañía hostaleira só fixo o ofrecemento de aboar unha mensualidade e media. Ademais, a maxistrada destaca que é "un feito notorio" que durante o verán de 2020 o hotel estivese aberto ao público e, a pesar diso, "non se fixo pago ningún de renda". A sociedade propietaria do edificio, pola súa banda, aboou o IBI do ano 2020 ─63.655 euros─, cuxo importe é "practicamente idéntico a unha mensualidade de renda". "Non se observa unha postura dilixente e favorecedora ao cumprimento do contrato de arrendamento que xustifique a excepcionalidade da suspensión", explica a xuíza, quen destaca que "non se acreditou" causa algunha que xustificase o incumprimento da obriga de abono das rendas. |
NOS_22098 | Lola Ferreiro Díaz, catedrática de Procesos Sanitarios e integrante no grupo de estudos de xénero Lúa Crecente, é unha das dúas activistas que guían esta cuarta feira a segunda sesión das xornadas Noutrén: Feminismo Poscolonial, que organiza a agrupación cultural O Galo. Xunto con Lupe Ces, fará unha panorámica do que foi o movemento feminista desde a súa orixe ata a actualidade, para proxectar despois as perspectivas de futuro. | Lugares do feminismo: de onde, cara onde, o aquí... o noutrén? Este é o nome da palestra na que intervén. Onde está o feminismo e cales foron os avances desde os seus inicios? Inconmensurábeis. Hai un avance enorme no que atinxe á dimensión estrutural dos dereitos das mulleres, sobre todo a lexislativa. O que falta é a segunda parte: que se cumpran esas leis e que se vixíe ese cumprimento. O propio movemento feminista medrou nos últimos anos unha barbaridade, e isto cristalizou en dous 8 de Marzo masivos. Ese tirón redunda en beneficio dos dereitos das mulleres, porque unha cousa é un 8M con, poñamos, dez mil persoas na rúa e outra distinta é ter seis millóns de persoas, como ocorreu a nivel do conxunto do Estado. Esa forza fai recapitular aos poderes públicos. O que ocorre é que este proceso, que tería que ter ido acompañado dunha despatriarcalización da vida a todos os niveis e en todos os eidos, non fixo tanto. É verdade que falamos dun proceso moito máis lento e moito máis complexo, pero niso estamos agora. Para min, neste momento, esa é a consigna: despatriarcalizar a vida, todos os aspectos da vida. E na Galiza, que ocorreu nestes dous últimos anos? O mesmo que no Estado español, logrouse a unidade na acción, facendo moitas veces grandes esforzos por parte de todas. Tamén é salientable a capacidade de mobilización social que conseguiu aquí o movemento feminista. Hai sempre unha resistencia ao cambio, e máis a estes cambios que camiñan cara á igualdade dos seres humanos, non xa só das mulleres e os homes, senón entre clases, entre etnias… É tarefa difícil, non imposíbel Agora, cales son os mecanismos para seguir avanzando? Hai unha gran cantidade de organizacións pequenas que forman parte do movemento e penso que poden facer un traballo moito mellor que as grandes. Por outro lado, o que temos que valorar dos avances do movemento feminista é que foi quen de, malia a súa diversidade, acadar sempre acordos para unha unidade na acción. O movemento feminista foi quen de tombar un ministro –en alusión a Alberto Ruíz Gallardón– e o seu intento de reforma da Lei do Aborto. Isto, noutros sectores da esquerda non se dá, hai máis división que unidade, cando menos na acción, e por iso hai que valoralo como un logro, que non sempre foi así e que agora parece estar consolidado, como se ve á hora de responder a unha agresión, de reclamar un dereito colectivo… Si houbo conflito dentro do movemento feminista ante a previsión dunhas xornadas sobre traballo sexual na Universidade da Coruña en setembro, que finalmente foron suspendidas e tiveron que celebrarse noutro espazo. Pero, desde o meu punto de vista, non son dúas formas de entender o feminismo, senón dúas formas de entender as solucións posibles á prostitución, que é un aspecto da loita. É certo que é un tema que está bastante enquistado e que é necesario puír e sanear o debate, algo que temos pendente no movemento, pero tamén debemos ter en conta que estamos falando dun problema secular, que está na orixe mesma do patriarcado. Que traballo ten por diante o movemento feminista? O que está a facer. Hai un traballo de reflexión colectiva que nos permita despatriarcalizarnos, cada unha de nós. Tamén nós temos incorporadas moitas rutinas patriarcais que hai que identificar porque ás veces nin sequera percibimos que o son. Hai que identificalas e hai que tentar resolvelas grupalmente. E que labor teñen as institucións? O feminismo institucional é un máis. O que hai é que despatriarcalizar as institucións. Isto é moi importante e moi difícil, porque hai sectores, mesmo da esquerda, que consideran que atinxida a igualdade formal está atinxida a igualdade real, e isto está moi lonxe de ser así. Por que cre que é así? Hai sempre unha resistencia ao cambio, e máis a estes cambios que camiñan cara á igualdade dos seres humanos, non xa só das mulleres e os homes, senón entre clases, entre etnias… É tarefa difícil, non imposíbel. No proceso das mulleres de identificar violencias invisibilizadas, estas van moitas veces a un caixón cunha etiqueta que di: 'Que esaxeradas sodes'. Nunha é para tanto. Mais é imprescindíbel enfocar aí, coa nosa teima, da mesma maneira que conseguimos que hoxe en día teñan visibilidade moitas formas de violencias machistas que non se consideraban tales. Tamén aquí estamos no bo camiño. |
QUEPASA_76 | Aquí podes ler o comunicado dos trasn@s: "Por que non se homologa o Camiño dos Faros?". | Algo pasa co Camiño dos Faros. Non é normal que un recurso turístico tan redondo e xa implantado como este sendeiro de 200km polo noso litoral non consiga unha homologación oficial. Un recurso creado pola cidadanía, a marea trasna, que o único que quere é que as administracións asuman o mando para conseguir unha homologación como Ruta de Gran Percorrido GR, "que implicaría un mellor mantemento e señalización, mellorando así a experiencia e a seguridade do usuario". Así de sinxelo parece, e en calquera sociedade madura en un ou dous anos estaría solucionado e todo un país usaría o Camiño como reclamo. Pero son xa 6 anos e máis de 70 reunións as mantidas, no seu tempo libre, polos membros da Asociación Camiño dos Faros, e o resultado é nulo. Entre os 9 concellos, a Deputación, a Xunta, Turismo de Galicia, o CMAT, Medioambiente da Xunta, Federación Galega de Montañismo, Costas do Estado, Portos de Galicia, e Autoridade Portuaria de Coruña non teñen conseguido absolutamente nada. Ante esta eterna situación de espera os trasn@s están fartos. Xa en xaneiro renunciaban a facer as saídas conxuntas este ano en ánimo de protesta. Agora lanzan un comunicado no que arremeten contra todas e cada unha das administracións, por incompetentes, con dureza. A Asociación recolle nun PDF de 50 páxinas todo o traballo que leva feito para a homologación, e lamenta que as administracións intenten diluilo no marco doutros proxectos semellantes (Senda dos Faros da Deputación; Ruta dos Faros da Xunta…) que non teñen a mesma implantación social na zona e en medio mundo, onde o Camiño dos Faros xa é unha referencia en materia de turismo sostible e sendeirismo. Por iso teñen claro que "O Camiño dos Faros é unha ruta GR e homologarla é o futuro. Sen homologación non hai xestión, non hai protocolo de limpeza, non hai sinalización, non hai seguridade, non hai control medioambiental, non hai nada. Un único carreiro ben sinalizado protexerá o resto, ademais de poñer en valor todo este tramo de Rede Natura. Non necesitamos que sexa GR para a promoción, a promoción fai tempo xa que vai moi por diante do resto". De todos modos están cansos de batallar, e ofrecen dúas saídas a todo isto: ou a colaboración entre administracións ou o esmorecemento do mellor recurso turístico e natural que tivo nunca a Costa da Morte. Comunicado dos trasn@s: "Por que non se homologa o Camiño dos Faros?". Novas do Camiño dos Faros Maio 20: Foro: O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante". Xaneiro 2020: Os trasn@s plántanse e non farán o Camiño dos Faros 2020 en protesta pola falta de apoio das administracións. Decembro 2019: O Camiño dos Faros gaña o Premio Galicia ao Turismo Sustentable. Novembro 2019: O Camiño dos Faros, Premio Galicia de Turismo 2019 polo seu 7º aniversario. Xullo 2019: Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites. Maio 2019: O Camiño dos Faros non ten límites. Marzo 2019: O Camiño dos Faros véndese en Francia. Decembro 17: A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR. Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR. Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos. Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market. Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido. Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google. Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto. Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR. Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido. Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo. Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte |
PRAZA_11669 | Non vou ser eu quen deixe de me solidarizar cos traballadores de Alcoa e con toda a Mariña luguesa. Faltaría máis. Pero o mesmo que non pido a continuidade de Ence en nome dos traballadores da multinacional celulósica tampouco podo pedir privilexios públicos para esta multinacional e menos ainda por ser grande consumidora de eletricidade. | O mesmo que non pido a continuidade de Ence en nome dos traballadores da multinacional celulósica tampouco podo pedir privilexios públicos para esta multinacional e menos ainda por ser grande consumidora de eletricidadeEntrementres os turistas e romeiros deslumbran coas xanelas de aluminio do casco monumental compostelán, nas tendas non se atopa unha tixola que non leve o prolífico metal e unha nai le abraiada do perigo desta neurotoxina presente en todo, desde as vacinas ate os dentífricos, que afecta aos nosos miolos con níveis moi altos en pacientes de Alzheimer e cancros.. entrementres Néstor Rego, o nacionalista que acaba de recuperar unha cadeira no Congreso, rexistra como primeira iniciativa a urxencia do Estatuto da industria eletrointensiva co fin de garantir o mantemento dos postos de traballo de Alcoa-San Cibrao, complexo adicado á produción de Alúmina-Aluminio e outras externalidades. Non vou ser eu quen deixe de me solidarizar cos traballadores de Alcoa e con toda a Mariña luguesa. Faltaría máis. Pero o mesmo que non pido a continuidade de Ence en nome dos traballadores da multinacional celulósica tampouco podo pedir privilexios públicos para esta multinacional e menos ainda por ser grande consumidora de eletricidade.Pode o nacionalismo galego darlle as costas á chegada da bauxita polas portas abertas ao mar da piratería occidental? Bauxita procedente da costa dos escravosQue tipo de nacionalismo pode entrar no congreso con semellante proposta e apoiar a un tempo as manifestacións internacionais -nas que Galiza fai parte activa- que demandan medidas efectivas para deter o cambio climático?. Nacionalismo eleitoralista, burgués, colonizado? Que proposta de nazón espella a petición do nacionalismo galego ao governo español para favorecer ao xigante estadounidense do aluminio Alcoa por despilfarrar enerxía elétrica a custa do erario público? Foi para iso que nos desfixemos de Inespal, da industria española do aluminio? Canda menos esta era pública. Que nacionalismo solidario é aquel que acepta gasoductos para reducir os custes dunha empresa estranxeira que trae ese pó albo de terra roiba do colonialismo da Guiné Conakri? Pode o nacionalismo galego darlle as costas á chegada da bauxita polas portas abertas ao mar da piratería occidental? Bauxita procedente da costa dos escravos, terra rica en minerais, diamantes, ouro e aluminio do que seu povo fuxe en pateras cara o noso mundo expoliador e xenófobo. Pateras de bauxita para un nacionalismo miope.Esa Guiné que, á morte de Sekou Turé, líder do anticolonialismo, voltou ser expoliada polas larvas do norde. Terra dos ghinawen, da xente queimada tamén pola epidemia do Ébola, ese virus de raigames biotecnolóxicas da europea Marburg. (A guerra bacteriolóxica de control xeopolítico). Electricidade a borbollóns para os lambiróns que esfregan xa as maus de luva verde en reviravolta lucrativa ecofascista?. Electricidade a borbollóns, porque ser nacionalistas obríganos a incentivar das arcas públicas á multinacional de Cervo que deslocalizou xa os seus negocios de A Coruña e Avilés e segue a pedir privilexios estataisO nacionalismo reclama no Congreso, e en defensa da nazón galega, a electricidade a borbollóns para que unha empresa estranxeira se lucre no mercado global co aluminio das tixolas, xanelas, portas, tubaxes, fibra, automóbiles, a metade dos utensilios de cociña, láminas papeis, envases, dentífricos... ate as lixeiras bicicletas, no canto de defender un programa de industria ecolóxica galega alternativa a este abuso. Entramentres, nas palestras do capitalismo verde defenden o consumo responsabel e incluso permítense criticar os préstamos ás empresas da megaminería nos suplementos dominicais.Electricidade a borbollóns, porque ser nacionalistas obríganos a incentivar das arcas públicas á multinacional de Cervo que deslocalizou xa os seus negocios de A Coruña e Avilés e segue a pedir privilexios estatais como ese Pai Larva do videoxogo que cando lle arrecadamos os seus fillos é para comelos de contado. Será esa economía circular a noria na que a Galiza e a Guiné como larvas cativas moeremos o pó branco para aluminizar o planeta e abrillantar as xanelas dos mercados?. Entrementres os nacionalistas para non deslumbrar na noite, coas curtas sempre acesas, ano tras ano, no Coliseo dos Insensatos, a defender a un tempo o escravo e a tralla. |
NOS_45750 | Nun almorzo cos medios de comunicación, o candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo BNG salientou que o goberno elixido nas vindeiras eleccións nacionais debe frear a ofensiva de recortes promovida desde o Estado español. | Jorquera Caselas falou esta cuarta da "terríbel herdanza" que o goberno de Feijóo deixa a Galiza pois asegura, "o único balance que se pode facer é o dun goberno fracasado". A pegada de Núñez FeijóoFrancisco Jorquera desmontou c@s xornalistas algunhas das cuestións que o Partido Popular leva por bandeira na campaña electoral. Entrementres Núñez Feijóo aseguraba a pasada semana que Galiza era o territorio máis solvente do Estado español, Jorquera lembrou que nestes tres anos de lexislatura a economía galega diminúe máis que a media estatal e incrementou a súa débeda en 4800 millóns de euros. O candidato nacionalista non esqueceu as últimas reformas aprobadas polo goberno español que poñen en perigo o sistema financeiro galego. O decreto de reestruturación supón a liquidación do sistema financeiro galego ao contemplar a posibilidade de suprimir aquelas entidades que non cumpran coas exixencias requiridas, afondando deste xeito no proceso de concentración de capital en poucas mans. Así mesmo, Francisco Jorquera lembrou que desde a chegada do PP á Xunta de Galiza a taxa de desemprego aumentou exponencialmente e "xa supera o 20 por cento", isto é, "medra por riba da media do estado", asegurou o nacionalista. Un dique contra os recortes e as políticas neoliberais "A única forza galega con alternativas para plantar cara aos recortes e garantir un cambio real nas políticas a partir do 21 O é o BNG", así de rotundo foi o candidato á presidencia da Xunta, quen asegurou que apoiar a Feijóo nas vindeiras eleccións nacionais supón unha lexitimación dos recortes de Rajoy. Jorquera alertou das pretensións que posúe o goberno español e que poñen en risco o futuro das pensións. Para o nacionalista o uso anunciado do fondo de reservas da Seguridade Social fai perigar o sistema público de pensións", mais sinalou que as eleccións galegas eran unha oportunidade para frear estas políticas e garantir "o futuro das próximas xeracións". |
NOS_10256 | As eurodeputadas galegas integraban unha delegación de parlamentares europeas, da que facía parte, entre outros, a deputada do PS portugués Ana Gomes. | 13 parlamentares da Eurocámara —entre elas as galegas Lidia Senra (AGEe) e Ana Miranda (BNG)- estiveron esta sexta feira no centro penitenciario de Lledoners —onde se achan recluídos Oriol Junqueras e Raûl Romeva— para visitar as presas políticas soberanistas catalás. Fixérono para pór de manifesto a anomalía democrática que significa o fechamento en prisión de dirixentes políticos que se limitaron a defender o exercicio dun dereito fundamental, o do voto. O colectivo —parlamentares bascas, flamengas, irlandesas, catalás...— está integrado na plataforma Diálogo UE-Catalunya, un de cuxos obxectivos é que Bruxelas interveña para resolver o conflito político que existe entre o pobo catalán e o estado español. En twitter, Raül Romeva —ex conselleiro de Asuntos Exteriores da Generalitat— mostraba a súa ledicia por recibir a visita dos 13 parlamentares "no meu día 200 en prisión"."Eles querían ter vido xa antes, mais o Goberno español non lles permitiu visitarnos canto estabamos en Estremera. Grazas a todos polo seu cálido respaldo. Europa continúa a facer parte da solución". Está previsto que a delegación de europarlamentares teña tamén un encontro co president da Generalitat, Quim Torra. |
NOS_58449 | O noso crítico de cinema, Andrés Castro, pon o foco nesta sexta feira nun filme italiano, a última obra de Paolo Sorrentino. | A GRAN BELEZATítulo orixinal: La grande bellezzaAno: 2013Duración: 142 min.País: ItaliaDirector: Paolo SorrentinoGuión: Umberto Contarello, Paolo SorrentinoFotografía: Luca BigazziMúsica: Lele MarchitelliReparto: Toni Servillo, Carlo Verdone, Sabrina Ferilli, Serena Grandi, Isabella Ferrari, Luca Marinelli SINOPSEJep Gambardella (Toni Servillo) vive a noite de Roma entre discotecas e festas da alta sociedade. Tras unha primeira novela que o fixo famoso hai moitos anos, deixou de escribir e agora traballa de xornalista coa sempiterna idea de volver a empezar outro libro algún día. Pero pasan os anos e o momento non parece chegar nunca, escusado en que non ten tempo por mor da inercia dun modo de vida nocturno do que parece non querer saír a pesar da súa avanzada idade. CRÍTICANova película do controvertido Paolo Sorrentino, director napolitano que non soe deixar indiferente. Conta unha vez máis co seu actor fetiche Toni Servillo que desta volta encarna a un escritor en idade de xubilación que vive nunha Roma aburguesada e indolente das rendas dunha primeira, e única novela, que o fixo famoso fai 30 anos. Ten que soportar día tras día que todo o mundo lle pregunte por que non escribe outra novela, pero el, mentres poida, só quere gozar facendo o que lle presta, prescindir do que non é ir de festa en festa coa jet-set sen máis preocupación que a de manter a pose de rizos na caluga e roupa de marca, ao mesmo tempo que intenta atopar algún sentido a unha vida baleira. A película comeza cunha festa a todo tren coa versión disco dun tema de Raffaella Carrá: a decadencia, a superficialidade e o grotesco fan acto de presenza. A partir de aí, unha crítica feroz á clase burguesa está servida. Dá bastantes paus tamén á igrexa (católica, apostólica e romana), sobre todo na segunda parte do filme, e atrévese tamén a reflexionar sobre o devir do tempo e que calquera tempo pasado foi mellor. Non ten unha posta en escena tradicional, senón que trata de transmitir e comunicar a través dunhas poderosas metáforas visuais grazas a un posicionamento de cámara estudado ao milímetro, e apoiado na fotografía de Luca Bigazzi, habitual tamén de Sorrentino. Aparte da música disco, a película conta cunha banda sonora pesada e repetitiva (a mantenta) a cargo de Lele Marchitelli que apoia o surrealismo de certas imaxes, pero que noutros momentos se fai insufrible. Un dos puntos fortes da película é unha coidada composición da imaxe que xoga ás sutilezas e simbolismos. Pero esa imaxinería visual tan estudada é pura fachada porque está carente de alma; ao igual que as decadentes personaxes que pululan polo filme. Un filme un tanto caduco e desfasado onde a muller ten un mero papel floreiro. Sorrentino atrévese a invocar os clásicos fellinianos e comedia all'italiana, pero asemella máis un telefilme casposo de Tele5 (que por certo, participa a través da produtora Mediaset) que unha película de pantalla grande. Non atino moi ben a entender por que a crítica, en xeral, a puxo polas nubes Salta á vista que Sorrentino buscaba ese efecto de desfase e decadencia, pero o tema é que se nota de máis unha dirección ávida por conseguir un impacto visual para a galería. Acaba por converterse nunha recorrencia prefabricada e rebuscada á que hai que engadir un abuso do travelling en repetitivos movementos de cámara, xustapostos na sala de montaxe, que acaban por cansar e levar ao tedio. As case dúas horas e media que dura o filme lévanse con certa dificultade. Non atino moi ben a entender por que a crítica, en xeral, a puxo polas nubes. Ben, si sei, pero quizais deixouse levar pola ansia colectiva de veren algo novo, que fale de temas reais e que ao mesmo tempo nos lembre a tempos mellores de cinema. Penso que se deixou enganar polo envoltorio. Un envoltorio de metáforas visuais que destilan certa intelixencia pero que ao mesmo tempo están cheas de prepotencia do que se ten por un grande, pero que porén (aínda) non o é. Hai que recoñecerlle que a película ten un punto de reflexión sobre temas importantes de vida, con crítica social, que gañou varios premios (o Globo de Ouro á Mellor Película Estranxeira de maneira inxusta se nos lembramos de "A caza" ou "A vida de Adèle") e que no visual ten secuencias poderosas. Pero o tema é que se ven vir as intencións de un director con gana de figurar, e iso vai en detrimento dunha película que non funciona como tiña que funcionar. Para min está moi sobrevalorada …e se non, tempo ao tempo. Iso si, non deixen de xulgar por si mesmos. |
PRAZA_10928 | Consuelo Rodríguez López, Chelo morreu o pasado 18 de xullo, a tres meses de cumprir os 100 anos. Con tal motivo, vou lembrar, brevemente, a traxectoria da guerrilleira de Soulecín | Camilo de Dios –un guerrilleiro valente, entregado á causa antifranquista desde moi novo, ao que admiro e quero– e Consuelo Rodríguez López, a título póstumo, recibirán o próximo día 13 o Premio "Mártires da Liberdade", pola súa loita contra a ditadura e pola defensa da xustiza, a liberdade e a democracia. O acto desta 7ª edición dos premios, concedidos pola Asociación Cultural e Teatral "Abril de Lume e Ferro", será na Casa da Cultura de Carral. As actividades e as prácticas políticas das mulleres foron esenciais para a resistencia antifranquista, como puxen de relevo nunha investigación, que demorou cinco anos, materializada no libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega (Laiovento, 2011) e no documentario As silenciadas de Pablo Ces. Unha das guerrilleiras que figuran en ambos os formatos foi Consuelo Rodríguez López, Chelo, que morreu o pasado 18 de xullo, a tres meses de cumprir os 100 anos. Con tal motivo, vou lembrar, brevemente, a traxectoria da guerrilleira de Soulecín e a súa mobilidade. Porque as viaxes de Chelo non estiveron motivadas, como acontece con outras mulleres, pola súa formación, por temas profesionais, económicos, pola vivencia da estranxeiría, por lecer ou por outros motivos. A súa foi unha mobilidade forzada por mor das actividades como resistente e estivo motivada pola represión, polas mudanzas carcerarias, pola clandestinidade, polo exilio... Aquelas circunstancias deixaron na súa vida unha pegada inapagábel, igual que sucedeu a outras moitas vencidas. Guerrilleira da chaira e do monteEn Soulecín (Barco de Valdeorras) aínda fican en pé os muros da casa da familia Rodríguez López, coñecida entre os membros da guerrilla como "A Fortaleza", porque tanto o matrimonio formado por Domingo Rodríguez Fernández e Amalia López Ojea como a súa descendencia, cinco fillos e dúas fillas, colaboraron cos primeiros fuxidos e cos membros da guerrilla xa organizada, na que se integraron como enlaces e como combatentes. Tras os horrores da guerra e a represión posterior, só sobreviviron tres membros daquel grupo familiar: os pais foron fusilados o 18 de outubro de 1939 –o día do aniversario de Chelo– e catro irmáns foron caendo en diferentes momentos na década de 1940: Roxelio (1941), Sebastián (1942), Domingo (1946) e Alfonso, irmán xémeo de Chelo (1949). O fillo máis vello, Francisco, fixo labores de enlace desde Ponferrada. E Antonia, que morreu na súa casa de París en 2012, seguiu unha traxectoria semellante á de Chelo. A represión marcou a vida de Consuelo Rodríguez López (Soulecín, 18 de outubro de 1919- Ìle de Ré, 18 de xullo de 2019). A traxedia familiar, que se iniciou co fusilamento dos pais, inclinouna máis á loita a prol da liberdade e da causa do movemento guerrilleiro no que loitou no seo da "Federación de Guerrillas León-Galicia". Ela foi guerrilleira da chaira e posteriormente pasou á guerrilla do monte, cando xa estaba queimada como enlace. Fixo parte do SIR (Servizo de Información Republicano), prestou apoio loxístico aos seus compañeiros e irmáns e levou a cabo arriscadas misións, como introducir armas no cárcere de Ourense. Polo seu compromiso coa guerrilla estivo nos cárceres do Barco de Valdeorras, en Ponferrada e en León. En 1945 pasou á clandestinidade e con base na "Cidade da Selva", nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras), seguiu a disciplina da Federación ao igual que os seus compañeiros: fixo gardas, cargou cos seus macutos nas longas marchas nocturnas; moveuse polos picos máis altos e por enormes desfiladeiros en noites de fuxida apresurada, agochouse en refuxios improvisados, en "chozos", en casas de apoio... E, como estaba armada –aprendera a tirar con Arcadio Ríos Rodríguez, o seu compañeiro sentimental– participou nalgúns combates nas Morteiras e na Bruña, nos montes de Casaio. Tamén aprendeu a ler e escribir naquela estadía clandestina. Cando os campamentos da "Cidade da Selva" foron descubertos e desmantelados en xullo de 1946, abandonou o lugar, seguiu agachada por onde puido e máis tarde trasladouse a Madrid, onde estivo arredor de ano e medio. Nunha viaxe organizada polo seu cuñado César Ríos, e a través duns enlaces, chegou a San Sebastián coa pistola como única documentación. De alí foi a Hendaia onde a deixaron ao pé dunha rocha desde a que comezou a subir a montaña para se encontrar cos compañeiros que estaban agardando por ela. Era abril de 1949. Tras unha breve estadía en Bédarieux coa familia do seu cuñado César Ríos e da súa irmá Antonia, traballou no campo en casa dunha refuxiada política, despois no servizo doméstico. Xa en París, entre 1950-1951, estivo de cociñeira na casa do secretario da Embaixada de Arxentina en Francia e cando a familia regresou ao seu país querían que Chelo os acompañase. Mais refugou o ofrecemento e seguiu na cidade da luz. Alí coñeceu o guerrilleiro asturiano Marino Montes, co que casou en 1953 e tivo dous fillos, Alphonse e Georges. A parella comezou a construír a vida de novo mais sen esquecer nunca os ideais polos que loitaron. En 1971 o matrimonio trasladouse a vivir a Île de Ré, fermosa illa fronte a La Rochelle, onde morreu Marino Montes en 1989. Chelo nunca quixo saír deste lugar. Muller de carácter forte, disciplinada, seguiu con paixón todo o que garda relación coa rehabilitación dos/as protagonistas da guerrilla e cada vez que falaba con ela repetíame: "Continúo na loita". A loita concretábase, nesa altura, no recoñecemento das actividades das e dos resistentes, na loita contra a desmemoria, na loita por facer desaparecer dos documentos oficiais a denominación de "bandoleiras/os" e para que ninguén tratase de desvirtuar e de denigrar a actividade das mulleres como resistentes, non como "as queridas de/as amantes de": "Sabes que o papel das mulleres na guerrilla foi fundamental e iso ten que contarse", dicíame. Cando lle preguntei que significou para ela o movemento guerrilleiro, respondeu: "Foi unha etapa moi importante na miña vida. Estou orgullosa do que fixen e hoxe [ano 2006], de darse as circunstancias, volveríao facer. Queríamos a liberdade e loitábamos contra Franco. Eu estaba disposta a dar a miña vida polos compañeiros. Éramos como unha familia: a onde ían eles, ía eu e, se ían á morte, eu iría con eles. Por iso non admito que se diga de nós que éramos as queridas dos guerrilleiros. Iso o dicían os fascistas e a Garda Civil."As viaxes de CheloNeste contexto de resistencia hai que enmarcar a mobilidade de Chelo. Axiña de iniciar a actividade como enlace, comezaron as viaxes da represión polos cárceres franquistas: Barco de Valdeorras en dúas ocasións, Ponferrada, León… En cada viaxe de ida e volta a aqueles almacéns de mulleres o compromiso e a coraxe de Chelo ían en aumento. E de guerrilleira da chaira, de enlace, pasou á guerrilla do monte. Tivo que elixir: o monte ou a morte. Daquela viaxou á clandestinidade, de setembro de 1945 a abril de 1949. Desde a coñecida como "Cidade da Selva", na Serra do Eixe, moveuse por Ricosende, Soutadoiro, polos montes das Morteiras e da Bruña, polos picos máis altos (O Maluro, O Parapeto), polo Teixadal, baixo Pena Survia; subiu e baixou por Pena Trevinca, con enormes desfiladeiros en noites de marcha ou de fuxida obrigada, porque a mobilidade era unha necesidade para sobrevivir. Andou por terras de Ourense e Lugo, chegou até Monforte, por León… E cando aqueles campamentos base da Federación de Guerrillas foron descubertos con motivo do Congreso de Reunificación, en xullo de 1946 –cando caeron na refrega Elvira Cuadrado e Arcadio Ríos, o seu compañeiro na loita e no sentimento–, tivo que ocultarse e continuou a mobilidade: unha casa de apoio en Correxais, primeiro, e despois outras casas para se refuxiar entre a Rúa e o Barco, en Carracedo, Cabañas Raras e Berlanga. Finalmente, tras diferentes xestións, acabou en Madrid na casa da viúva dun fusilado, Josefa Gómez Burgos, onde permaneceu arredor de ano e medio. San Sebastián, Hendaia, unha motora en noite pecha e agatuñar monte arriba para atopar, na baixada daquela montaña salvadora, a liberdade: "Traio un regueiro de sangue desde Galiza até Francia… Teño a liberdade e non sei para que a quero se deixo todo atrás", así me transmitiu o que pensou ao pisar terra francesa. Aquela foi a viaxe da liberdade, mais tamén a viaxe da dor, dunha dor profunda que a acompañou sempre. Ela, como outras mulleres exiliadas, foi arrincada da terra, ficou coas raíces no ar e tivo que adaptarse ao país de acollida. Tras a inicial estadía en Bédarieux, do departamento de Hérault na Occitanis francesa, París foi o lugar de destino até 1971 en que recalou en Ìle de Ré: o "Chemin des Comtesses", perto de La Flotte, sabe das súas camiñadas cada día, durante anos. Chelo deixou a súa illa en catro ocasións para facer as viaxes da memoria. Após a morte de Franco, veu por primeira vez á aldea natal co seu home e un fillo para colocar, a título individual, unha lousa de pizarra no lugar en que fusilaron os pais. Naquela viaxe tamén pasaron por Asturias e foron ao Pozo Fumeres onde mataran moitos guerrilleiros. En novembro de 2003 viaxou a Ocero (León) para participar na inauguración do monolito erixido por subscrición popular en memoria dos guerrilleiros Alfonso Rodríguez López, o seu irmán xémeo, e Eduvige Orozco Palacín, asasinados o 24 de febreiro de 1949. En xullo de 2004 o concello do Barco de Valdeorras ergueu un monolito na paraxe coñecida como Sampaio, onde foran vilmente asasinados o pai e a nai, e alí estivo con outros membros da familia. Volveu a Galiza no 2007, na que sería a derradeira viaxe á súa terra. O 14 de abril dese ano viu cumprido un dos seus máis grandes desexos: que o seu irmán Domingo e Arcadio Ríos, o seu compañeiro, xunto con Francisco Elvira Cuadrado, recibiran a homenaxe coa que sempre soñou. Nun emotivo acto, organizado polo concello do Barco, colocouse unha placa no lugar onde se sabía repousaban os restos dos tres guerrilleiros dentro do cemiterio civil. Chelo depositou enriba dos restos de Arcadio un ramo de flores cuxa fita dicía: "A mi amor eterno". A emoción apenas a deixou falar. O día anterior Consuelo Rodríguez López Chelo, a guerrilleira entregada a todo tipo de tarefas de axuda, de colaboración, como enlace no movemento de resistencia antifranquista, a muller que combateu nos vales de Casaio, foi recibida en Santiago de Compostela, na sede do goberno en San Caetano, polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, nun xesto de recoñecemento, despois de tantos anos de esquecemento, que nunca se borrou da súa memoria.Case a vin emprender a derradeira viaxe, hai apenas dous meses. Foi a viaxe ao alén. O pasado xuño, estiven cinco días en Île de Ré cun único obxectivo: estar con ela. Dixérame por teléfono varias veces que quería verme antes de morrer. Foron días de sentimentos encontrados: alegría por estar con ela; tristura por ver que eran os derradeiros días de vida dunha muller á que sempre, sempre, recordarei porque coñecela foi un privilexio que me deu a vida. Vinte días despois de despedírmonos nunha aperta interminábel, o 18 de xullo, morreu. Mais segue, seguirá sempre, viva no meu corazón. |
NOS_4545 | Lonxe de se abateren, as traballadoras e traballadores de Alcoa continúan coas mobilizacións e no mediodía do sábado tinguiron de laranxa –a cor das súas camisolas reivindicativas– a praza de María Pita, na Coruña. Esixen a retirada do ERE que suporía o despedimento do persoal tras o anuncio do feche da planta coruñesa. | Berros de "Aluminios non se pecha" e camisolas laranxas formaban parte no mediodía do sábado da estampa que ofrecía a praza coruñesa de María Pita, onde traballadoras e traballadores, sindicatos e partidos políticos protestaron contra o peche da planta de Alcoa. Convocado polo Comité de Empresa –que na mañá do sábado urxiu o Goberno central a impulsar unha propostas para paralizar o expediente de regulación de emprego–, o persoal voltou a saír á rúa para reclamarlle á multinacional unha solución alternativa ao feche. As traballadoras e traballadores despregaron da casa consistorial da Coruña unha faixa co lema "Alcoa non se fecha" e encheron de fume laranxa a praza. En declaracións a Sermos Galiza, Julio Moskovich, delegado sindical da CIG na planta coruñesa de Alcoa, puxo de manifesto que o cadro de persoal "segue en pé de loita" un mes após o anuncio do feche da fábrica, que suporía o despedimento de 400 persoas. "Imos seguir protestando porque pasan os días pasan e non vemos solución. Seguimos presionando para que tanto a Xunta de Galiza como o Goberno central traballen por evitaren os nosos despedimentos", afirma o traballador, quen pon o foco na necesidade de dotar dun estatus especial a industria electrointensiva para crear unha tarifa enerxética competitiva, estábel e predicíbel. A CIG reclama unha tarifa enerxética competitiva, estábel e predicíbel "A ministra apuntaba días atrás que había empresas interesadas en se faceren cargo da fábrica, mais non nos enganemos, quen veña vai querer saber canto lle vai custar a tarifa eléctrica nos próximos dez anos", salienta Moskovich, quen lembra que a CIG "ten unha proposta para solucionar isto". O traballador asegura que a ollada do Comité de Empresa está agora centrada en Rotterdam, onde esta segunda feira vai ter lugar a vista oral coa que se inicia o procedemento xudicial que deriva da denuncia á multinacional por incumprir o trámite de información e consultas cando anunciou o ERE. "En función do que aconteza en Rotterdam, intensificaremos as mobilizacións", asegura. De momento, e cada día, as traballadoras e traballadores protestan ao pé da fábrica entre as 17.30 horas e as 18.30 horas. "O camiño é longo duro, pero máis duros somos nós, que estamos preparados para darmos a loita" Pola súa banda, en declaracións aos medios, o presidente do Comité de Empresa, Juan Carlos López Corbacho, referiuse ao estado de ánimo do cadro de persoal, "o camiño é longo duro, pero máis duros somos nós, que estamos preparados para darmos a loita". O responsábel do comité destacou na protesta que se atopan á espera de que a empresa responda á proposta que lle remitiron a pasada sexta feira e na que solicitan a retirada do ERE e a apertura da negociación, en base ao oficio emitido pola Dirección Xeral do Traballo, que aludiu á "mala fe" da multinacional na presentación do expediente. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), tamén tomou a palabra na mobilización para apelar a "unha fronte común" a favor do futuro da fábrica coruñesa. O rexedor reiterou as mensaxes de apoio ás traballadoras e traballadores: "Teñen unha cidade detrás, todas as coruñesas e coruñeses nos sentimos traballadores de Alcoa. Non imos rendernos. Non baixaremos as mans até que non se atope unha solución". |
NOS_33044 | Cidades e vilas saíron á rúa en prol do dereito de autodeterminación do pobo palestino, pedindo que remate o xenocidio infrinxido por Israel e os ataques iniciados na última semana. | Milleiros de persoas concentráronse hoxe en 28 cidades e vilas arredor da Galiza, respondendo á convocatoria da coordinadora Palestina.gal, "en prol do pobo Palestino e contra o xenocidio e apartheid que lle infrinxe o Estado israelí", indican na convocatoria. Estas concentracións súmanse ás decorridas o sábado e o domingo pasado en cidades por todo o mundo, onde se reclamou o final da ocupación israelí de Palestina. A pesar das condicións xeradas polo colonizador, "expulsando millares das súas casas, dos seus traballos e das súas terras, impondo embargos e bloqueos ilegais, impedindo calquera desenvolvemento normal da vida", nesta semana, "esa política criminal está a atinxir novos níveis de barbarie". "E dicimos isto conscientes de que a vida en cada rúa e cada morada da Palestina é xa insufríbel todos os días, sen excepción", destaca a entidade, que organiza as accións en defensa de Palestina na Galiza. Non ficar impasíbeis "Nós, a millares de quilómetros, non podemos ficar impasíbeis. Porque é de xustiza apoiar a causa de Palestina e porque temos ferramentas para actuar", explica a coordinadora, que detalla dúas vías para actuar desde a distancia. Por un lado salienta a importancia da mobilización social e a condena pública á actuación de Israel, xunto á defensa do dereito de autodeterminación de Palestina, "mais tamén desmascarando os estados que apoian ou que evitan condenar as agresións sionistas empregando fórmulas de equidistancia cada vez máis ridículas e indignantes. A comezar polo Estado español", indican. Pola outra banda, a coordinadora solicita a participación activa na campaña de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel, que implica deixar de comprar produtos fabricados alí, exixir "a institucións e empresas que cesen os contratos e colaboracións con entidades israelitas" e facer presión á comunidade internacional para que impoña sancións a Israel. |
NOS_16336 | A maioría absoluta do bloco soberanista (JxCat, ERC e CUP) bastou para o Parlament aprobar esta quinta feira unha declaración política de recoñecimento da lexitimidade de Puigdemont como president. O texto condena o 155 e vén recoñecer que son as inxerencias do Estado -co seu aparato represivo- as que impiden a materialización da investidura de Puigdemont. Após unha transacción coa CUP, o pronunciamento elude reafirmar a DUI, para conxurar o risco dunha acción xudicial contra Roger Torrent e os membros soberanistas da Mesa do Parlament. | A vontade democrática expresada polo pobo catalán 21 de decembro pasado debería resultar na investidura de Carles Puigdemont. É o candidato que reúne maior apoio da cámara. Non será así porque o Estado o impediría co uso da súa maquinaria represiva, a comezar pola prórroga do 155. Esa é a esencia da declaración aprobada esta quinta feira polo Parlament. É un recoñecimento simbólico do político exiliado en Bruxelas. Ao contar coa súa complicidade, desbloqueará o taboleiro catalán. Nas próximas horas agárdase que o político de Girona compareza para oficializar a súa disposición a dar paso a un candidato alternativo para a sesión de investidura. O debuxo é o dunha dupla presidencia: a simbólica -Puigdemont ao fronte dun Consello da República con sede na capital comunitaria- e a efectiva -cargo para o que se continúa a xogar co nome de Jordi Sànchez, embora o ex presidente da Assemblea Nacional Catalana continúe entre reixas. O bloco soberanista mostrou, aliás, a súa cohesión. É certo que a CUP rexistou emendas dirixidas a reafirmar o contido da Declaración Unilateral de Independencia, mais tamén que ao final optou por transaccionar o texto con JxCat. A solución de compromiso foi deixar fóra toda alusión directa á DUI (para non expor á Mesa do Parlament a unha segura acción do Tribunal Constitucional) e, no seu canto, render un tributo retórico á "acción republicana". En todo caso, ficou claro que a estratexia das forzas independentistas é neste momento auto-protexer as institucións catalás e non dar excusas ao aparato xudicial do Estado para actuar contra elas . As forzas unionistas ameazaron con o levar aos tribunais ao presidente do Parlament, Roger Torrent, por terse limitado a validar as emendas da CUP, propostas de valorización da DUI que, após o acordo con JxCat, nen sequer foron votadas. |
NOS_36719 | "Con el objetivo de potenciar y promover el uso del gallego en el juego..." así comeza o correo de envío masivo remitido pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña para convidar á veciñanza á Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio. | Un correo electrónico en español dirixido a milleiros de veciños e veciñas da Coruña é a maneira que a Concellaría de Cultura ten de convocar a Festa das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. O correo anuncia unha programación, para potenciar e promover o uso do galego fóra das aulas "entre los más nuevos y el público en general". Como se pode apreciar no propio texto remitido aos correos electrónicos particulares da cidadanía, trátase dunha tradución automática do galego. Malia iso, no encabezado do correo electrónico encamíñase só a versión en español, cun enlace á páxina web de Cultura tamén na súa versión en español na que, mesmo o nome do proxecto "O Paporrubio" que participa no programa vai ser traducida por "El Petirrojo". Contra o que acontece no correo electrónico, a páxina web dá a posibilidade de ir á versión en galego, máis de saída a que se abre é a que está en español. |
NOS_5265 | A creadora Paula Carballeira participa no Festival Mindelact de Cabo Verde, o Festival Internacional de Teatro do Mindelo que se desenvolve do 5 ao 14 de setembro. Carballeira forma parte do Ciclo Internacional de Contadores de História co espectáculo "Contos para acabar com os medos". | Dos días 3 a 14 de setembro estase a desenvolver no Mindelo, Cabo Verde, o Festival Mindelact que neste ano chega a súa décimonovena edición. Compañías de diversas partes do mundo, con especial atención a Cabo Verde, Portugal e Brasil, asisten a un festival inclúe no seu programa distintos apartados das artes escénicas que van desde a performance ás accións de formación, pasando por outros espazos que denominan "Palco Principal, Festival Off, Teatrolândia ou Teatro Periferia. O día 13 de setembro é a xornada na que está prevista a participación de Paula Carballeira que pechará o Ciclo Internacional de Contadores co espectáculo "Contos para acabar com os medos". O Festival, organizado pola asociación Mindelact en parcería co Ministério de Cultura ten como novidade na presente edición a organización do primeiro Encontro Internacional de Programadores de Artes Cénicas, co obxectivo de contribuír á exportación do teatro caboverdiano. "Quatro continentes, dezenas de peças e estilos, centenas de artistas e amigos voluntários do festival, milhares de espetadores. A cidade do Mindelo volta a ser testemunha de mais uma batalha ganha" sinalan no programa do festival. |
NOS_31820 | Semella que non existiron pero foron o inferno na terra para milleiros de presos políticos. Malia a avultada rede de campos de concentración operativos na Galiza do primeiro franquismo, a súa existencia é descoñecida para a maioría da poboación galega, convencida, as máis das veces, de que instalacións deste tipo eran privativas da Alemaña nazi ou da Italia fascista. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza. | Os campos de concentración, unha modalidade de reclusión posta en marcha, por primeira vez, polos españois na illa de Cuba durante as loitas que precederon a súa independencia e que, posteriormente, serían exportadas por outras potencias europeas ás súas posesións coloniais, poboaron a paisaxe galega durante practicamente sete anos. Andes, Ortigueira e Arnao nas Terras do Eo‑Navia, Ribadeo, Cedeira, Ferrol, Muros, A Coruña, Compostela, A Pobra, Rianxo, Padrón, Figueirido, San Simón, Oia, Camposancos ou Celanova son algunhas das localidades galegas onde o franquismo instalou estes centros de reclusión. A súa posta en funcionamento respondeu ás necesidades de espazos onde recluír os opositores políticos, derivados da lóxica represiva instaurada polo franquismo e da propia evolución do conflito bélico no Estado, moi particularmente tras a caída da fronte norte e a posterior derrota definitiva do exército popular. A finalidade última dos campos de concentración vincúlase a un plan preconcibido polos militares fascistas, destinados a sementar o terror e eliminar o adversario político. O campo de concentración da Magdalena O campo de concentración de Betanzos situouse nunha antiga fábrica de curtidos localizada no barrio da Magdalena, empregándose, tamén, durante algún tempo como centro de detención unha gran finca propiedade da familia Naveira, a carón do parque do Pasatempo. A factoría de curtidos, fundada por Marcelino Echeverría na Magdalena, á volta de 1837, foi unha das máis importantes existentes dunha cidade na que chegaron a funcionar até unha ducia delas, significándose como un dos centros de produción máis destacados da Galiza, tal e como certificaron durante décadas as propias instalacións, todo un exemplo de arquitectura industrial e do que hoxe só fica a cheminea de ladrillo. A actividade cesou arredor de 1920, coincidindo coa crise que seguiu ao remate da Grande Guerra, ficando o inmóbel nun estado de abandono e iniciándose un proceso de deterioro progresivo das edificacións, até o punto de atoparse "nun estado pésimo" e non ser recomendado o seu uso polas propias autoridades militares no momento da entrada de funcionamento do centro de detención. A finalidade última dos campos de concentración vincúlase a un plan dos fascistas destinados a sementar o terror Unhas instalacións "nun estado pésimo" O campo de concentración de Betanzos, cunha capacidade para dúas mil persoas, permaneceu aberto desde agosto de 1937 até maio de 1939. A súa apertura está directamente ligada á caída da fronte norte e á necesidade de confinar soldados do exército popular de orixe vasca e asturiana, se ben nunha segunda etapa, fundamentalmente tras a ocupación fascista de Catalunya, os prisioneiros son maioritariamente desa procedencia. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_12384 | Os buques de artes menores no Cantábrico e os atuneiros conxeladores teñen unha idade media superior aos vinte anos | A Consellería de Medio Rural e Mar, dirixida por Rosa Quintana, considera que o avellentamento da flota pesqueira galega "non é preocupante". Nunha resposta remitida tras unha pregunta escrita do deputado do BNG Bieito Lobeira, a consellería asegura que "para algúns segmentos da flota o avellentamento que pode deducirse da media de idade non é tan real como puidera parecer". Segundo seus propios datos, a medida de idade da flota pesqueira de Galicia é superior aos 16 anos. En moitas modalidades (por caladoiros e especialidade), a idade media supera os vinte e incluso os trinta anos. Chama á atención, en calquera caso, que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, ofrece outros datos que duplican a gravedade do avellentamento da flota galega. No último informe sobre o estado dos buques elaborado por Madrid se conclúe que a flota galega ten unha idade media de 30 anos, o doble que a do País Vasco ou Cantabria. Antigüidade da flota española por CCAA CCAA Porto Base Total buques Antigüidade media Galicia 5.198 30 Asturias 339 19 Cantabria 168 16 País Vasco 263 14 Cataluña 1040 30 C. Valenciana 697 22 Baleares 432 35 Andalucía 1.750 24 Murcia 221 30 Ceuta 38 30 Melilla 1 15 Canarias 969 37 Total 11.116 28 Segundo a explicación da Xunta, os datos non son reais xa que "gran parte da flota" resultou beneficiaria das axudas á modernización. A Consellería asegura, asemade, que os armadores non utilizan os créditos que o Goberno galego pon á súa disposición. Son moitos os estudos que demostran a relación entre a antigüidade dos buques e a súa taxa de sinistralidade, alén de que os barcos sexan sometidos a procesos de modernización ou mantemento. O documento da ISL Market analysis World Shipbuilding and maritime casualties, dispoñible na web da Comisión Europea, conclúe que a partir dos 15 anos a sinistralidade aumenta de maneira exponencial. O reparto sería este: Sinistralidade por idade dos buques Franxa de idade Taxa de sinistralidade Máis de 25 anos 22,8% Entre 20-24 anos 37,1% Entre 10 e 14 anos 5,3% De 0 a 9 anos 8% |
PRAZA_8365 | Ninguém confunda raiva ou desalento com apostasia da pátria e menos ainda com saudades da Espanha. Portugal guarda ademais o duplo código secreto do nosso futuro: a tenaz resistência histórica ao assimilismo e o formato internacional da língua compartida. Um código dúplice que nos pode salvar da doença que nos abafa e que podemos denominar provincianismo | Deve chamar-se tristeza isto que não sei que seja é o primeiro verso -difícil de esquecer- de um poema de Pessoa. O verso traduz a estranheza de existir que sempre assediou o poeta mas também essa inquietaçom indefinida que impregna a saudade portuguesa, quem sabe se doença da alma ou memória de desventuras históricas. A implacável autopuniçom é outro traço indelével da arte de ser português Estranho país Portugal. De país de suicidas qualificou-o Unamuno recordando a fúnebre procissom de caídos por mao própria: Antero de Quental, Camilo Castelo Branco, Mouzinho de Albuquerque, o escultor António Soares de Reis que dá nome ao Museu de Belas Artes do Porto. E também o doutor Manuel Laranjeira, mestre de Unamuno em desesperanças portuguesas. O doutor tomara a fatal determinaçom de pôr fim aos seus dias nom sem antes deixar dito que no seu malfadado país todo o nobre se suicidava e só o canalha se empenhava em prevalecer. A implacável autopuniçom é outro traço indelével da arte de ser português. Tomar a vida a sério é um andaço romántico que abafa o país vizinho mas a melancolia portuguesa nom é assunto fácil de decifrar. Coexiste com um orgulho nacional desmedido e umha vitalidade popular robusta e irredutível. A malta goza da vida e da festa como ninguém. "Meu país de mãos grossas, plebeu, sensual, resistente" cantou-o Luís Cilia em verso memorável. Talvez a melhor definiçom do português anónimo e real que um topa polas ruas. Desencanto existencial e humor grosso de feirante, saudade e figuraçom chocalheira coexistem intimamente unidos na pátria do sul. A arroutada e a vozearia nom som vícios portugueses. Ninguém terá dificuldade em reconhecer polo contrário o passo das bandadas migratórias espanholas por Portugal Saudoso, resistente e empreendedor mas, por cima de todo, reservado em atitudes e manifestaçons. A arroutada e a vozearia nom som vícios portugueses. Ninguém terá dificuldade em reconhecer polo contrário o passo das bandadas migratórias espanholas por Portugal -basta às vezes com dous exemplares: a vozearia as precede. Portugal atravessa umha profundíssima crise económica que provoca profundas fissuras de legitimaçom no sistema político surgido da Revolução dos Cravos, a primeira nascida de umha cançom que tenhamos memória. Portugal descrê de Portugal e por vezes deixa-se tentar por impulsos de desesperança irremediável. Os grandes ensaístas portugueses do momento, os Eduardo Lourenço, os José Gil, tenhem escrito textos memoráveis de análise desapiedado e mesmo às vezes cruel das eivas que afligem a sua sociedade. Ninguém como um português para arrenegar do seu país. José Gil, um filósofo tam português que decidiu nascer em Moçambique e viver exilado na França, dissecou o seu país sem contemplaçons em "Portugal, Hoje: O Medo de Existir", um ácido diagnóstico de antropologia cívica do Portugal contemporáneo. Medo de existir sentencia o filósofo, coragem e desmesura, acrescento eu. Portugal atravessa umha profundíssima crise económica que provoca profundas fissuras de legitimaçom no sistema político surgido da Revolução dos Cravos Em 1917 via a luz em Lisboa o primeiro e derradeiro número da revista Portugal Futurista. O exemplar incluía um poema de Álvaro de Campos/Fernando Pessoa titulado "Ultimatum". Era umha ordem de despejo incondicional sobre a Europa em ameaça de ruína de inusitado vigor. Alçado sobre a história do seu país, o engenheiro metafísico Álvaro Campos proclamava: Eu, da raça dos descobridores, desprezo o que seja menos que descobrir um mundo novo. (...) proclamo isso bem alto, braços erguidos, fitando o Atlântico (...)". Desengano e orgulho, descrença de si próprio e nacionalismo estridente. Portugal, em fim. Também a Galiza foi qualificada de estranha tribo de aborígenes que nunca podes saber se sobem ou baixam quanto os topares numha escada. Inquirir sobre as intençons de alguém no patamar de umha escada é labor mais próprio, na minha opiniom, de detectives que de gente civilizada. As escadas som, como as ruas, espaços comuns onde um pode deambular mas também resolver um trasacordo que te obrigue a voltar sobre os próprios passos. O trasacordo: esse si um traço genuinamente galego, próprio de gente reflexiva. As nossas vaguidades ganhárom aliás o seu espaço no hino galego. Como quer que seja, nada temos contra opinions alheias acerca de nós. Gostamos replicar: eu bem me entendo. Pois é. De "tierra pobre, habitada por almas rendidas, suspicaces y sin confianza en sí mismas" qualificou o nosso país dom José Ortega y Gasset na sua España Invertebrada (1921). Acho um pouco exagerada a diagnose dos nossos males do mestre de essências espanholas. Tem esse cheiro repulsivo a descripçom petulante de escuros aborígenes alheios com o intuito de impor-lhes tutela. Breve aforismo de antropologia recreativa para a galeria, em fim, a maneira de Negro de Banyoles para séquitos de meseta. Se server a opiniom de umha alma rendida anónima: O falar nom tem cancelas. Os portugueses decidiam sair massivamente à rua -1,5 milhons afirma-se- a berrar: "Que se lixe a troika, o povo é quem mais ordena" Portugal é esse estranho país capaz de fazer calar ao Primeiro-Ministro em sessom parlamentar entoando o Grândola sem por isso este se imutar e mesmo concluindo: de todas as formas em que uma sessão pode ser interrompida esta parece-me a de mais bom gosto. De ali a poucos dias os portugueses decidiam sair massivamente à rua -1,5 milhons afirma-se- a berrar: "Que se lixe a troika, o povo é quem mais ordena". Nom houve feridos nem exigência de explicaçons ao ministro do ramo como por aqui se leva. Civismo, acho eu, mais que rendiçom da alma. Portugal tem ditado discretas liçons de convivência inclusiva que seria bom nom esquecer. Em 1975, quando a metrópole subitamente empobrecida e traumatizada pola Revolução se viu na obriga de acolher os restos do naufrágio do império secular em ruína soube abrir-lhe as portas sem que conste umha só protesta: meio milhom de retornados ultramarinos de toda raça e condiçom. A civilizada França de 1962 nom soube estar à altura da fraternité e preferiu cunhar um vocábulo para o desprezo: pied noir. A desconfiança portuguesa por Espanha está bem motivada A desconfiança portuguesa por Espanha está bem motivada. Foi Espanha a que aproveitou o fim da Guerra de Restauraçom (1640-1668) que restaurava a independência portuguesa para apropriar-se de Ceuta. Portugal nom esqueceu o episódio e decidiu reforçar o seu perímetro fronteiriço com cidadelas fortificadas para defender a independência recuperada. De ai procedem as soberbas fortificaçons que pontuam a fronteira. Do lado de cá é habitual atribuir o esforço ao gosto pola grandiloquência do país vizinho mas os filhos do campo bem sabem que diante dum vizinho revirado mais vale levantar paredes que brigar dia e noite polo marco. Portugal é a naçom mais velha da Europa, a sua independência remonta aos meados do século XII e a sua expansom ultramarina é apenas posterior. O escudo da sua bandeira é o mesmo que arvorava no século XV. O empenho histórico de Portugal é o mesmo do navegante solitário que mereceu a sua consagraçom nos painéis de São Vicente de Fora pintados por Nuno Gonçalves nos finais do século XV. Um políptico maravilhoso capaz de misturar realismo e mistério, teologia e política da navegaçom. Portugal nom admite olhadas de esguelha e menos de cima a baixo. O povo português pode arrenegar do seu infortúnio -de facto é um autêntico desporto nacional- mas orgulha-se da sua história centenária e gosta de celebrar os seus heróis, verdadeiros ou inventados. Portugal guarda ademais o duplo código secreto do nosso futuro: a tenaz resistência histórica ao assimilismo e o formato internacional da língua compartida Ninguém confunda raiva ou desalento com apostasia da pátria e menos ainda com saudades da Espanha. Portugal guarda ademais o duplo código secreto do nosso futuro: a tenaz resistência histórica ao assimilismo e o formato internacional da língua compartida. Um código dúplice que nos pode salvar da doença que nos abafa e que podemos denominar provincianismo. Olhar Portugal com olhos galegos, quer dizer com olhada próxima, é a melhor maneira de interpretarmo-nos de braços erguidos, fitando o Atlântico: como povo em projecto, província de ninguém. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.