ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_50467 | O negocio internacional da firma de moda galega supón xa un terzo da súa facturación. | A firma de moda Bimba y Lola, capitaneada polas irmás María e Uxía Domínguez, segue co seu crecemento. A compañía téxtil vén de presentar os resultados do seu último exercicio fiscal, finalizado o pasado 29 de febreiro, no que acadou unha facturación de 226,7%. Esta cifra supón un crecemento das vendas de 12,6%, no que tivo que ver a boa marcha do seu negocio internacional. Segundo os datos facilitados pola compañía, as vendas internacionais representan xa 33% do total do grupo, grazas a evolución positiva que experimentaron a práctica totalidade dos 18 mercados nos que está presente a marca, tanto a través das súas tendas físicas, como do seu canal de venda online. A compañía, dentro do seu plan de expansión internacional, aumentou a súa rede comercial en 13 estabelecementos, ao pasar dos 272 que tiña ao feche de 2018 aos 285 con que remata o último exercicio fiscal. Destes, 117 están localizados fóra do Estado español. Segundo destacou o conselleiro delegado de Bimba y Lola, José Manuel Martínez, "o crecemento de Bimba y Lola é posíbel grazas ás case 1.800 persoas do nosa equipa humana. O que logramos xuntas en 2019 anímanos a seguir traballando para consolidar Bimba e Lola como unha gran marca global". |
PRAZA_10880 | Tras o envío de Elena Muñoz e Jesús Vázquez ao Senado, Agustín Hernández cambia a oposición no Concello de Santiago pola presidencia do Consello Económico e Social. O ex-conselleiro completa este venres no Parlamento o trámite para substituír a Corina Porro no CES tras darse de baixa no PP, que queda liderado en Santiago polo edil Sánchez-Brunete | Todas as candidaturas do PPdeG ás alcaldías urbanas galegas eran o pasado 26 de maio apostas persoais de Alberto Núñez Feijóo. Cinco delas érano especialmente. Na Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Ferrol á fronte do cartel electoral dos populares estaban antigos membros do Goberno galego aos que o presidente da Xunta deixou sen Consellería para tentar arrebatar alcaldías á esquerda. Ningún deles conseguiu ese propósito, só un mellorou os resultados de 2015 -o ferrolán José Manuel Rey Varela- e tres fracasaron con intensidade en Vigo, Ourense e Santiago. Estes tres, precisamente, foron compensados polo presidente con novos cargos públicos.No caso da viguesa Elena Muñoz e do ourensán Jesús Vázquez o paso polas urnas do 26M tivo efectos especialmente duros. A segunda batalla da ex-conselleira de Facenda fronte a Abel Caballero saldouse cun triunfo aínda máis absoluto do alcalde de Vigo, que pasou de 17 a 21 edís para o PSdeG mentres que o PP ficaba minguado a unha segunda forza de só catro concelleiros. En Ourense o antigo titular de Educación perdeu tres edís e a condición de forza máis votada para o PP e viu esvaer as súas opcións de repetir como alcalde tras ser sacrificado no altar da operación pola que Gonzalo Pérez Jácome ergueu o bastón de mando a cambio de soster a José Manuel Baltar na Deputación.Tras o envío de Elena Muñoz e Jesús Vázquez ao Senado, Agustín Hernández cambia a oposición no Concello de Santiago pola presidencia do Consello Económico e SocialOs sacrificios de Muñoz e Vázquez ante Caballero e Baltar foron compensados por Feijóo o pasado xuño con cadanseus postos no Senado. O presidente elixiu os seus ex-conselleiros desafiuzados da vida municipal -Muñoz dimitiu do Concello e Vázquez seguiu como edil sen carteira- para ocuparen os dous postos no Senado por designación autonómica que corresponden ao PPdeG. Alí exercen xa como novos membros do grupo liderado por Javier Maroto.O terceiro ex-conselleiro máis damnificado pola pugna municipal foi Agustín Hernández. O enviado por Feijóo en 2014 ao Concello de Santiago para tentar sufocar o incendio da era de Gerardo Conde Roa caeu en 2015 fronte á Compostela Aberta de Martiño Noriega. En 2019, cando semellaba chamado a participar da alternancia, lonxe de recuperarse, levou o PP compostelán ao seu peor resultado histórico mentres a remuda na alcaldía beneficiaba o socialista Xosé Sánchez Bugallo no seu regreso ao Pazo de Raxoi. Tras meses de ruxerruxes na capital galega esta semana confirmábase a saída artellada por Feijóo para Hernández: será o novo presidente do Consello Económico e Social en substitución de Corina Porro, que á súa vez foi designada como delegada da Xunta en Vigo mentres tenta reflotar o PP nesa cidade como presidenta da xestora local do partido. Quen nos últimos anos fora delegado vigués do Goberno galego, o ex-deputado Ignacio López-Chaves, foi recolocado como máximo responsable da Comisión Galega da Competencia.Hernández completa este venres no Parlamento o trámite para substituír a Corina Porro no CES tras darse de baixa no PP, que queda liderado no Concello de Santiago polo edil Sánchez-BruneteComo xa fixera Porro en 2011, Hernández anunciaba a súa baixa no PP para chegar formalmente sen militancia partidaria á comparecencia no Parlamento que, este mesmo venres, suporá o último trámite previo ao seu nomeamento na presidencia do CES. Fíxoo na súa derradeira comparecencia pública en Raxoi, onde será substituído como voceiro polo concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete, de perfil público máis duro que Hernández. A súa baixa na corporación compostelá cubriráa María Castelao, que xa fora concelleira con Conde Roa e Ángel Currás.Tras as saídas de Elena Muñoz, Jesús Vázquez e Agustín Hernández fican na vida municipal das cidades galegas outros dous antigos membros do Goberno de Feijóo que tentaron, sen éxito, gañar alcaldías ostentadas pola esquerda. Tras lograr a condición de primeira forza cun escano máis que en 2015, Rey Varela comezou o mandato en Ferrol amosando a súa vontade de exercer a oposición catro anos. Na Coruña o PP perdeu un escano con Beatriz Mato á fronte e manterse como primeira forza non lle foi dabondo para gobernar. Polo momento Mato continúa en María Pita, aínda que sen sinais explícitos de continuar ata 2023. |
NOS_26404 | Só na última semana arderon perto de 4.500 hectáreas na Galiza. | Catro incendios forestais permanecen sen extinguir aínda na Galiza, segundo o último balance da Consellaría do Medio Rural, con datos recollidos até as 8 horas desta terza feira. Trátase dos de Boiro, Verín, Ponte Caldelas e Caldas de Reis. O de maior entidade, que se atopa estabilizado desde as 12.28 horas desta segunda feira, é o que se declarou a pasada quinta na parroquia boirense de Cures, que afectou tamén os concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira. Tornou no cuarto maior fogo forestal do verán após os do Courel, Valdeorras e Vilariño de Conso en xullo. O lume queimou nunha semana a mesma superficie que nos últimos catro anos Mentres, o de Verín continúa controlado desde as 11.51 horas desta segunda feira. Neste incendio, que segundo as primeiras investigacións principiou en máis de dez focos diferentes, arderon unhas 600 hectáreas. Por outra parte, atópanse controlados os lumes da parroquia de Xustáns, na localidade de Ponte Caldelas —controlado ás 12.05 da segunda feira—, e o de Caldas de Reis, declarado na parroquia de Saiar e que se estendeu até o veciño concello de Vilagarcía. No último parte de Medio Rural tampouco se aprecian cambios na superficie afectada nestes dous incendios, que se manteñen sen cambios: 380 hectáreas calcinadas no de Ponte Caldelas e 450 no de Caldas de Reis. A superficie queimada na Galiza nesta última semana supera a de todo 2021 Incendios xa extinguidos Aliás, a Xunta da Galiza deu por extinguidos os incendios que ficaban activos no municipio de Arbo. En concreto, o da parroquia de Mourentán foi extinguido ás 23 horas deste domingo, cunha superficie afectada de 485 hectáreas. O de Barcela, que se deu por extinguido á mesma hora, calcinou 82 hectáreas. Esta segunda feira a Consellaría tamén notificou que extinguiu ás 3.40 horas un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, que se iniciou ás 00.56 horas e que afectou 0,1 hectáreas de monte raso do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. En total, os incendios forestais que se produciron na última semana no país calcinaron xa unhas 4.500 hectáreas. |
NOS_37167 | Antonio López toma, de novo, posesión como reitor da USC. | O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, Antonio López, voltou a tomar posesión onte como reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) nun acto en que situou como obxectivos principais para o próximos catro anos de mandato a substitución xeracional tanto do persoal docente e investigador como de administración e servizos, así como lograr "novas estruturas de investigación". Nunha cerimonia presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e no cal estiveron presentes os reitores da UDC, Julio Abalde, e da Uvigo, Manuel Reigosa, López prometeu o cargo para o que será o seu segundo mandato á fronte da USC tras un proceso electoral en que foi o único candidato a reitor. No relativo á adaptación da USC á pandemia, López aseverou que "o que eran as nosas sensacións confirmáronse cando, o estudo sobre o impacto da Covid-19 na USC, mostrou unha alta capacidade de adaptación e flexibilidade da Universidade". O reitor apuntou, ademais, que outro eixo estratéxico terá a ver coa transformación dixital. "Se algo bo nos deixou a pandemia, foi o salto acelerado na implantación das novas tecnoloxías", afirmou López, que para alén diso, avogou por "sacar o máximo proveito destas capacidades para implicármonos nun proceso de transformación dixital tamén na universidade". "É unha aposta que nos obrigará a repensar os novos procedementos, incorporando todo o bo que se deriva das novas tecnoloxías sen renunciar á esencia do que somos e que queremos seguir sendo: unha universidade presencial", expresou. Situación económica No seu discurso, o reitor tamén se referiu á situación económica da institución universitaria, lembrando que a USC conta cun "ambicioso plan de infraestruturas" que está perto, no seu conxunto, dos 80 millóns de euros. Así mesmo, destacou que, durante o seu mandato, "conseguiuse reducir de 30,7 millóns a 17 millóns de euros a débeda da USC e implantáronse novas titulacións que permitiron unha mudanza de tendencia no alumnado de primeira matrícula que pasou dun total de 4.173 estudantes en 2018 a 4.637 este curso. Un aumento de 11% que, no caso do Campus de Lugo elévase até 38%. |
NOS_13937 | Serán, segundo o acordado entre o primeiro ministro grego e o presidente do Eurogrupo, "contactos técnicos" na procura dun "terreo común" entre o 'rescate' actual e o plan alternativo que quer Atenas. | O novo goberno grego, liderado por Tsipras, dera a finais de xaneiro un sorprendente e afouto golpe de efecto ao anunciar que non recoñecía a Troika como interlocutora. Mais esta quinta feira, e após unha xuntanza de Tsipras co presidente do Eurogrupo, Jeroen Dijsselbloem, Grecia retomará os contactos coa Troika, se ben Atenas non a denomina así senón cun máis difuso "as institucións". Serán "contactos técnicos" e coa finalidade de procurar un "terreo común" sobre o que se poida a principios da vindeira semana retomar a negociación para poder chegar a algún tipo de acordo sobre o rescate de Grecia. Fontes europeas consultadas por axencias inciden en que o contacto de Atenas coas 'Institucións' versarán sobre o procedemento e non sobre o contido, aspecto este fulcral e que será o que se debata nas negociacións que se retoman a segunda-feira (día 16). O 28 deste mes vence o rescate actual. "Nin chantaxeamos nin admitimos chantaxes" O Cumio de Bruxelas amosa que Grecia non o está a ter doado para lograr apoios entre os socios europeos. Até o de agora só Chipre e Francia se sitúan nunha liña máis partidaria das propostas de Atenas. O resto avogan máis pola liña 'orodoxa' de Berlín dun terceiro rescate e prórroga do actual. E que Grecia "cumpra" as normas. Entre os máis duros con Grecia, o Estado español e Portugal. E Finlandia, cuxo primeiro ministro recoñeceu que "Grecia está a esgotar a nosa paciencia". O presidente español afirmou que "España prestou cartos a Grecia e non nos sobran os cartos". Tsipras manifestou que "é posíbel" atopar unha "solución técnica" á situación, mais que o interesante é chegar "a unha solución política". E sinalou que Grecia non chantaxea a ninguén mais tampouco admite chantaxes. E a Rajoy pediulle que "non externalizase" preocupacións domésticas españolas, en referencia a Grecia. |
NOS_6428 | Debullamos os escenarios que se abren despois das eleccións: reportaxes, o 'painel de expertos', entrevistas e artigos de opinión para comprendermos que supuxo o 20-D. Á venda xa na nosa loxa. | As eleccións do 20 de decembro deixan novos escenarios políticos e tamén incógnitas sen despexar. De todo isto, e máis, falamos neste número do Sermos Galiza. Pedimos a opinión para o noso 'Painel de expertos' a Manuel Bragado, Xosé M. Pereiro, Manuel Veiga, Elvira Souto, María Xosé Porteiro, Antón Baamonde, Aurelio Lópes e Miguel Bastos. Entrevistamos Yolanda Díaz e Pilar Cancela, deputadas eleitas por En Marea e PSOE, así como Xavier Campos, membro da comisión electoral de Nós-Candidatura galega. E non ficamos aí. En 'A quen lle interesan unhas novas eleccións?`' explicamos que PP e Podemos verían con bos ollos unha nova convocatoria eleitoral que o secretario xeral do PSOE tenta evitar para salvar a súa carreira política. E para completar a infortmación sobre o 20-D, artigos de Antón Losada, Suso de Toro, Pilar García Negro, Xosé Mexuto e Iolanda Teixeiro. Mais neste número non só a política e as eleccións teñen presenza no sumario. Así, en 'Un financiamento local discriminatorio' contamos como os concellos galegos reciben 49 euros por habitante menos que a media do Estado. A realidade demostra, explícanos o economista Raúl Fernández Iglesias, que un muncipio como Málaga "recibe tanto como as sete cidades galegas malia ter a metade da súa poboación". As tradicionais luces e adornos brillan estas festas con distinta intensidade nas sete urbes do país, onde o gasto total baixou a respecto do ano pasado, abrindo un debate sobre o modelo. Tratamos esta cuestión en 'Un nadal de diferente voltaxe'. 'Unha sentenza que chega tarde para o naval' O Tribunal de Xustiza da UE considera nulo o ditame de 2013 que declaraba ilegal o sistema de financiamento do sector, 'tax-lease', e que provocou o peche de encerramento de empresas e a perda de miles de empregos no país. "Foi unha reconversión encuberta do sector, a que non conseguiron nos 80", explícanos César Rodríguez, secretario do naval da CIG. Adicamos a este tema unha reportaxe a dupla páxina. O persoal do Xulgado de Violencia Machista continúa en folga mentres o TSXG e a Xunta din que valorarán se existe sobrecarga de traballo. Porén, si será habilitado o terceiro tribunal de Familia para "desconxestionar" o colapso dos existentes. Neste Sermos Galiza nº177 abordamos esta cuestión. O escritor Francisco X. Fernández Naval lembra Xosé Fernández Ferreiro, recentemente falecido. "Sempre considerei que Fernández Ferreiro era á literatura galega o que o bidueiro é na fraga". En Viaxes na Miña Terra percorremos da man do colectivo Xea a Serra do Quinxo. "Moitas veces contempláramos o suave perfil redondeado da Serra do Quinxo tanto dende a banda portuguesa como dende o val do Limia, na parte galega. Pero nunca gozáramos coa contemplación do mundo dende o seu cumio". Hinos da Lusofonía "Da importância do sistema literário na conformação da identidade nacional dá ideia o facto de os próprios hinos nacionais serem obra, a letra, de alguns dos seus mais grandes literatos". Así comeza 'Literatura para a militância nacional: hinos da lusofonía'. Entrevistamos Cristian Silva, gaiteiro: "Temos un concepto da gaita un pouco caduco". ÉCoñecido polo gran público por ser o membro do xurado que fai o papel de malo no concurso 'Vai de gaita' do Luar., o carrilexo é un multiinstrumentista que vén de editaro seu primeiro disco, cuxo título, Ego, semella toda unha declaración de intencións. Na contra-capa, falamos do partido que este 26 de decembro se xoga para reivindicar a oficialidade da selección galega, un combinado que podería volver aos campos en 2016, segundo a Federación Galega de Fútbol. |
PRAZA_9332 | Os dous sindicalistas galegos indultados polo Goberno central agradecen o apoio constante de CIG, CCOO e UGT e de toda a cidadanía que os apoiou e lembran a ledicia por unha nova que non daba chegado | O Boletín Oficial do Estado (BOE) recolleu por fin o pasado luns o indulto parcial para Carlos e Serafín, os dous sindicalistas galegos condenados a tres anos de cadea por participar nun piquete nunha folga de transporte hai máis dunha década. As mobilizacións constantes e as demandas institucionais deron o seu froito tras esgotarse a vía dos recursos xudiciais.A prisión será substituída por unha multa a cada un deles de seis euros diarios durante 18 meses. Chegou tarde, como advirten CIG, CCOO e UGT, os tres sindicatos que este martes ofreceron unha rolda de prensa xunto aos afectados. Os dous traballadores non agocharon a súa felicidade, ademais de enviar continuas mensaxes de agradecemento, en primeiro lugar aos tres sindicatos que se envorcaron na súa defensa, e tamén a toda a dcidadanía que se solidarizou con eles. "Grazas ás organizacións e ás persoas que se involucraron nesta causa, que é a causa de todos e todas", indicaron, ademais de agradecerlle ao actual Goberno central do PSOE a "sensibilidade" de conceder o indulto. "Foi un auténtico calvario agardar por unha decisión tan importante para as nosas vidas que non daba chegado, así que sentimos moito alivio"Ademais, lembraron a "enorme alegría" coa que recibiron a noticia de indulto logo de moitos anos agardando. O peor, advirten, foi todo ese tempo de "incerteza" por non saber se finalmente terían que ingresar ou non na cadea. "Foi un auténtico calvario agardar por unha decisión tan importante para as nosas vidas que non daba chegado, así que sentimos moito alivio cando lemos os nosos nomes no BOE", dixeron Carlos e Serafín. "O indulto é merecido e xusto, pero chega moi tarde, xa que os dous afectados e as súas familias levan cinco anos de agonía agardando por unha decisión que puxese fin ao risco real de perder a súa liberdade e ver tronzadas as súas vidas e as das súas familias por participar nunha folga en defensa da mellora das condicións laborais do seu sector", denunciou Alberto Gonçalves, secretario comarcal da CIG en Vigo, nunha reflexión que compartiron todas as centrais sindicais. |
NOS_9063 | A construción da A-54 pode arrasar o conxunto arqueolóxico de Coeses. O desvío anunciado por Fomento significa a destrución da necrópole de inhumación que, se non se para, se producirá sen ter concluídos os traballos arqueolóxicos. Catro asociacións únense para facerlle fronte á desfeita patrimonial que se pode producir coa actuación do Ministerio. | A A-54 que está a construír o Ministerio de Fomento pode rematar cun patrimonio histórico único que catro asociacións queren preservar. O conxunto arqueolóxico de Coeses está en perigo, e a modificación do trazado que anuncia Fomento pode levar por diante a necrópole de inhumación, antes mesmo de se rematar as escavacións arqueolóxicas. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Amigos do Patrimonio de Castroverde, Cultura do País e Lugo Patrimonio, co apoio de Mariña Patrimonio únense para salvar o conxunto formado polo Castro Valente máis as súas necrópoles, en Coeses, ameazadas de destrución polas actuacións do Ministerio de Fomento na construción da A-54. En primeiro lugar, as asociacións porán en coñecemento da ameaza sobre o patrimonio a institucións culturais e o propio Concello de Lugo como unha inicial actuación dunha campaña que vai continuar co fin de parar a desfeita. Segundo informan as asociacións, o Ministerio tería comunicado a desviación da A-54 uns vinte metros do seu trazado inicial no lugar da Chousa de Rodeiro ou Chousa do Castro co fin de e salvar o xacemento mais iso "implicará a destrución total da necrópole de inhumación e a división en dous do conxunto arqueolóxico do Castro Valente". As actuacións de Fomento desenvolveranse, segundo as previsións, sen se teren concluído os traballos arqueolóxicos preceptivos co que se destruirá un patrimonio de valor incalculábel. A Xunta, cómplice Pola súa parte, ADEGA, solicitou ao Servizo e á Dirección Xeral de Patrimonio "que non se pregue aos intereses de Fomento e da empresa construtora" e faga cumprir a lei para protexer o xacemento de Coeses e a necrópole de inhumación. Insta así á Xunta a que obrigue ao Ministerio a afastar a autovía do ben patrimonial "o contrario sería ser cómplice da destrución dun xacemento único, patrimonio de todos e todas, que ficaría destruído a maior gloria do desbaldimento de cartos públicos noutra infraestrutura cara e inútil" apuntan nun comunicado. |
PRAZA_16769 | Monumento, mellor webserie en galego e a arxentina Emilia envidia, mellor webserie internacional ENTREVISTA | Sonia Méndez, directora: "Crecemos ano a ano porque os contidos dixitais tamén o fan, unha nova forma de consumir audiovisual" | ENTREVISTA | Sonia Méndez, directora: "Crecemos ano a ano porque os contidos dixitais tamén o fan, unha nova forma de consumir audiovisual" A quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que converteu durante a pasada semana a vila coruñesa na capital da cultura dixital global, rematou na noite deste sábado coa gala de entrega de premios ás mellores webseries dun certame que este ano recibiu máis de 250 propostas de todo o mundo. A gran gañadora foi a comedia española Buster, "viaxe dun antiheroe polas apps para ligar, as drogas, os youtubers e 'glory holes' dun mundo especial marcado polo humor incómodo, os sintetizadores e o costumismo andaluz". Buster levou o premio a mellor webserie do Estado, mellor actor para Manuel Noguera, e mellor guión e dirección para David Sainz, quen tamén recolleu o premio do público pola súa outra creación Mambo. Monumento, mellor webserie en galego e a arxentina Emilia envidia, mellor webserie internacional A serie documental interactiva Monumento, que retrata os problemas da contorna e do medio acuático galego das comarcas de Ferrol, Ortegal, Santiago e Vigo, acadou o premio á mellor webserie en lingua galega. E a comedia arxentina Emilia envidia o de Mellor webserie internacional, co seu "retrato da frustración creativa desta cineasta que envexa e critica os seus amigos, tamén cineastas, mentres tenta rematar a súa ópera prima". Macarena Gómez recibiu o premio á mellor atriz polo seu papel no thriller sobrenatural Dorien, na que comparte protagonismo con Carolina Bang, Dani Muriel e Dafne Fernández. O xurado novo outorgou o seu premio ao drama neocelandés Bright Summer Night, que adapta o Soño dunha noite de verán de William Shakespeare para unha audiencia milenial. E o premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros, foi para a produción dos tres primeiros capítulos, foi para Sígueme, de Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose, Aitor Ramos e Elisa Sánchez Sedes, que quere contar como unha estudante de psicoloxía, despois de ser expulsada da universidade, decide continuar clandestinamente o seu estudo experimental e crítico coa ciencia máis convencional. Palmarés do V Carballo Interplay |
QUEPASA_697 | Carta ao Ministro: "Cremos que a pesca artesanal debería ter a posibilidade de acollerse a un ERTE". | Complicada a situación que se vive no seo do sector do mar. Un sector, primario, que se sente máis vítima que salvador, e que sofre a caída de ventas como un forte golpe de mar na súa liña de flotación. Moi presente está esa dicotomía de ter que darlle de comer aos cidadáns, pero ao mesmo tempo ter que seguir traballando a prezos moito máis baixos do habitual, e sen poder entrar nos procesos de axudas dun goberno central que toma o sector da pesca como un todo, sen distinguir entre pesca industrial e pesca artesanal. "Se todos paramos, que comemos?", pregúntanse algúns dos mariñeiros que si se consideran necesarios para a supervivencia da sociedade. A pesar de que o sector non sinte como propio ese aplauso de agradecemento de todos os días ás 20:00h, son moitos os que seguen traballando por responsabilidade, a pesar de que o peixe máis caro, así como o marisco, ou non se vende ou se vende a un prezo moitísimo máis baixo do habitual.Unha situación que, en todo caso, tamén se pode aplicar ao sector gandeiro, onde as carnes máis caras, como o boi, sen a hostalería, apenas teñen saída, e si que se venden os produtos máis baratos. De igual xeito, a situación é moi complexa. "Se realmente houbese desabastecemento, iría mesmo a coste 0. Pero o que non pode ser que esteamos indo sen cubrir os costes de produción e a venda en supermercado non sufra unha baixada de prezo", explica con rotuntidade un mariñeiro da zona. A dependencia da hostalería para os prezos O parón da hostalería, e en menor medida a baixada drástica da exportación, provoca unha caída de prezos de ata o 75% para as embarcacións de pesca artesanal. A faneca que podía estar a 4€ o mes pasado, está a 1€. O polbo, a pesar de ser un produto que se pode conxelar, xa está sufrindo o parón. A realidade é que a día de hoxe os barcos quen teñen venta ambulante, prefiren saír ao mar, aínda que os costes de producións sean maiores que a propia facturación. Ben é certo que a parte do sector que está mellor posicionada ana rede, como a marca frescoydelmar, está subindo en vendas. A xente evita ir aos mercados e encarga a través da rede. Esquecemento das administracións Se ben é recoñecido dende dentro que falamos dun sector moi acostumado, dende os tempos do Prestige, ás axudas públicas, neste caso o sentimento de desamparo ante o goberno central é absoluto. As medidas non fan ningunha referencia á pesca artesanal, e non diferencia a diferente situación coa que afronta esta crise que a pesca industrial. Unha pesca industrial está facendo acopio de produto a baixo prezo, polo a pesca artesanal tardará varios meses máis en poder remontar os seus prezos porque vai haber exceso de stock no mercado. "Ímolo sufrir máis que outros", asumen os profesionais do mar costeiro. Desunión Así, a unión do sector da pesca artesanal tampouco está sendo exemplar. A realidade é que a resposta dos produtos de peixe barato, a outros produtos como os mariscos, fan que mariñeiros e mariscadores afronten a crise dende diferentes perspectivas. Hai agrupacións que pecharon o percebe, ou os poliquetos, pero que non esperaron para tomar decisións conxuntas, ou esperar o mellor para a cidadanía. Ben é certo tamén que esas vedas poden ser moi positivas en termos de rexeneración do produto. Así, por exemplo o patrón maior de Malpica uniuse á iniciativa do alcalde malpicán de enviarlle unha carta ao Ministro de Agricultura e Pesca solicitando que a pesca artesanal se poida acoller a un ERTE. Positivos? Polo de pronto non houbo casos importantes de positivos por coronavirus no mundo do mar, pero si que hai moita precaución por casos como os vividos na Lonxa de Ribeira. Pero o medo está presente. E son moitos os empresarios que teñen un barco, e que saen a vender moi por debaixo do prezo habitual, arriscando a que algún dos seus tripulantes contraia o virus, e o denuncie por non ter mantido os medios e as distancias de seguridade (algo practicamente imposible de facer a bordo), con todo o que iso provocaría. |
PRAZA_11125 | Para o líder do PSdeG, a situación de Barreras amosa ás claras que os anuncios de Feijóo con Pemex non foran máis ca "unha campaña de botafumeiro con fondos públicos para facer publicidade" | D.L.A industria está a marcar boa parte das primeiras mensaxes das forzas políticas en Galicia cara ás novas eleccións xerais do 10N. Mentres Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo culpaban en Oleiros ao PSOE do eventual peche da central térmica de carbón das Pontes, en Santiago o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, puña o foco xunto ás cabezas de lista do partido ao Congreso polas circunscricións galegas noutro eido da industria, o naval. E, máis concretamente, no preconcurso de acredores solicitado polo estaleiro Barreras.Dado que o mitin de Casado e Feijóo estivo centrado precisamente na industria, Caballero laiouse ironicamente de que o presidente da Xunta e líder do PPdeG non "aproveitase" a "visita de Pablo Casado para falar de política industrial" e dese en "explicar a súa operación con Pemex". Porque, enfatizou, sen os seus anuncios a respecto de eventuais investimentos da petroleira mexicana en Galicia non é posible entender a situación actual.Para o líder do PSdeG, a situación de Barreras amosa ás claras que os anuncios de Feijóo con Pemex non foran máis ca "unha campaña de botafumeiro con fondos públicos para facer publicidade""Hai sete anos, Feijóo anunciou o acordo con Pemex para construír barcos que ían revolucionar o sector naval galego", evocou Caballero, dende cuxo punto de vista ficou demostrado que aquilo non foi máis ca "unha campaña de botafumeiro con fondos públicos para facer publicidade". Pero o certo, lamentou, é que "Feijóo estivo coas autoridades mexicanas e sacando fotos con quen hoxe é un prófugo da xustiza", di en referencia ao que fora director xeral da petroleira, Emilio Lozoya.Ao tempo, acrecenta Caballero, "Feijóo organizou a operación de Pemex e Barreras coas elites económicas e políticas do PP", di en referencia á entrada da compañía estatal mexicana no accionariado do estaleiro vigués. "Hoxe, malia ter unha carteira de 900 millóns de euros en pedidos, Barreras está en preconcurso de acredores e coa súa viabilidade en risco". Esa, conclúe, é a "política industrial" que debería "explicar" Feijóo a Casado e, por extensión, "a todos os galegos e galegas". |
NOS_52944 | A cita musical terá lugar do 22 ao 25 de agosto nas Naves de Ojea. | A XXIV edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas, Canjazz 2021, decorrerá do 22 ao 25 de agosto nas Naves de Ojea, con catro veladas de música e un programa cargado de novidades discográficas. O festival contará con dous escenarios, un para os concertos das 22 horas e outro para os concertos de formato pequeno. O cartel do festival comezará o domingo 22 coa presentación de Weird Tales do A. O. F. Project, banda liderada polo cantante e saxofonista Antonio Otero Fernández. A seguir, soará Cristina Montull Trio, a formación liderada por esta pianista e compositora catalá afincada en Asturias. Cun repertorio creativo e diverso, Montull foxe das etiquetas e clasificacións pero non agocha influencias como Brad Mehldau, Aaron Parks ou Tom Jobim. O día 23 será a vez da proposta máis internacional desta edición. Por un lado, Jesse Van Ruller, un dos guitarristas de maior talento da súa xeración; polo outro, o saxofonista Maarten Hogenhuis, galardoado co prestixioso premio musical North Sea Jazz, un dos máximos expoñentes das novas xeracións do xénero a nivel mundial. Presentarán o seu próximo disco, que sairá en setembro. A velada continuará con Guillermo Guerrero Trío, formación composta por tres novísimos músicos vigueses (Guillermo Guerrero na guitarra, Juan Alonso no contrabaixo e Juan Guerrero na batería) representantes da nova fornada do jazz galego. A noite do día 24 chegará Incertezas, último traballo do saxofonista Enrique Oliver, un dos referentes e artistas máis sólidos do jazz estatal. O disco inclúe material escollido e composto ao longo de cinco anos e un periplo vital por tres cidades: Lisboa, Basel e Málaga. A seguir, tocará unha formación reunida para a ocasión co contrabaixista Xurxo Estévez á fronte, o saxofonista valenciano Joan Saldaña, o guitarrista francés Wilfred Wilde e o batería galego residente na Haia, David Puime. O día 25, última noite do festival, a pianista compositora e cantante Lucia Fumero, acompañada polo seu trío, presentará Universo Normal o seu novo traballo discográfico, con temas propios, e cunha profunda raíz no folklore. Como clausura do festival, subirá ao escenario Humberto Cao Quartet, unha formación de jazz co violín e a voz como principais instrumentos. A oferta formativa do Canjazz inclúe nesta edición unha masterclass con Jesse Van Ruller e Maarten Hogenhuis. A entrada ao recinto será por orde de chegada, polo que non será necesario reservar prazas. As portas abrirán media hora antes do inicio dos concertos. |
NOS_12902 | Apenas tres instrumentos, guitarra, violín e pandeireta, abóndanlle a Caldo para facturar folk fusión, unha ligadura de "melodías de raíz" e "outros contextos musicais". A súa proposta abre a nova tempada cultural da Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei este sábado, 19 de outubro, ás sete da tarde. | Caldo presentará o seu disco homónimo, "de sonoridade singular", composto e fabricado por Pedro Fariñas, María Jorge e Anais Barbier, músicos de extenso percorrido en proxectos como SonDeSeu, Dadga, Fiandola, Transilvanians ou High Paw. O concerto é de entrada libre até completar aforo, mais é necesario reservar entrada. De aquí a finais de ano, a Casa Museo Manuel María acollerá o teatro de Lucecús -Os libro contraatacan-, Títeres Alakrán, ou os músicos Brais Morán e Berlai. |
NOS_3271 | Esta organización de médicos afirma que o paciente levaba unha hora esperando pois todo o persoal médico "esta ocupado noutras urxencias" e malia que "foi levado á unidade de críticos, non se puido facer nada". | O sindicato O'Mega denuncia que un paciente faleceu hai uns días nos corredores do servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Compostela (CHUS) cando agardaba para ser atendido. Esta organización afirma que todo o persoal médico "estaba ocupado noutras urxencias" e malia que o doente "foi levado á unidade de críticos, non se puido facer nada". A través dun comunicado, este sindicato de médicos, que cifra en seis as persoas falecidas neste servizo de urxencias do CHUS, di que após pasar a triaxe o paciente "estaciónase" nun corredor á espera dun oco libre para ser atendido por un facultativo. "Neste caso, levaba máis dunha hora, que non é tempo excesivo, mais si que o é se o sitio onde se 'estaciona' está fóra do control directo do persoal sanitario". A delegada de prevención de O'Mega e doutora que estivo en Críticas en Urxencias do CHUS cando sucederon os feitos, Fatima Nercellas sinalou a Europa Press que os avogados deste sindicato médico estudan acudir á vía penal "xa sexa á Fiscalía ou a un xulgado de instrución" para denunciar "outra morte nun corredor" do servizo de Emerxencias. O'mega xa denunciara o ano pasado a morte de dous pacientes neste mesmo servizo de Urxencias. O caso chegou a ser investigado pola xustiza, que deduciu que non había responsabilidades penais para o Sergas. Versión do CHUS Pola súa banda, fontes de EOXI de Santiago lamentaron a morte deste home de 84 anos, indicando que aconteceu o pasado 30 de xaneiro no Servizo de Emerxencias e afirman que, despois dunha "primeira análise do ocorrido ", conclúese que" o paciente tivo a primeira atención sanitaria en menos de 10 minutos da súa chegada "a este servizo. O falecido é un paciente de 84 anos "con numerosas comorbilidades", sinalaron as mesmas fontes da dirección compostelá, que na "primeira avaliación sanitaria foi clasificada como prioridade non grave". "Os seus parámetros non revelaron a gravidade nin indicaron a prioridade sanitaria". As mesmas fontes de xestión indicaron que cando estaba esperando para ser ubicado nun Box para unha segunda exploración, houbo "un deterioro da súa saúde", polo que foi "ingresado inmediatamente na zona crítica" onde, posteriormente, din as mesmas fontes, "confirmouse a súa morte". |
NOS_55309 | O ministro José Luis Ábalos asegura que esta apreciación "é un diagnóstico estendido mesmo desde as tribunas ideolóxicas do liberalismo". | O Goberno considera que terá que realizar unha maior intervención na economía como consecuencia do impacto causado pola crise sanitaria do coronavirus e a paralización de actividades, segundo afirmou o ministro de Transportes, José Luis Ábalos. "Non hai lugar para as ortodoxias ideolóxicas, esta crise precisará que os Gobernos asuman un papel máis activo na economía", indicou Ábalos nunha comparecencia cos outros tres ministros que teñen competencias delegadas durante o estado de alarma. "E isto non é só unha apreciación persoal ou do Goberno, é un diagnóstico estendido mesmo desde as tribunas ideolóxicas do liberalismo", engadiu o ministro, que asegurou que as decisións que está a tomar o Executivo non son "caprichosas ou arbitrarias". "Parar a economía" No ámbito da economía, indicou que o Goberno "tivo que practicamente parar a economía para protexer a saúde". "Practicamos unha operación cirúrxica á economía mediante a hibernación das actividades non esenciais para manter os traballos imprescindíbeis, para manter as constantes vitais", exemplificou. Ábalos recoñeceu como "evidente" que esta crise terá "custos", aínda que asegurou que "o traballo do Goberno" será "minimizar eses custos e facer unha repartición xusto deles entre actividades, sectores económicos, sectores sociais e xeracións". Neste punto, o ministro lembrou a conxuntura de "excepcionalidade" actual, "o momento máis grave da nosa historia recente", na que se "necesita parar para coidarnos e coidar aos demais, sobre todo os máis vulnerábeis, e para garantir a eficacia do sistema sanitario". "Debemos ser conscientes da realidade que afrontamos", solicitou, para despois considerar que diante dela, "todos estamos obrigados a estar á altura". "As críticas construtivas nunca sobran, salvo que socaven a unidade de acción perante a pandemia", remarcou en referencia ás críticas dos distintos partidos da oposición. Pactos da Moncloa Neste punto de chamamento á unidade, Ábalos referiuse aos Pactos da Moncloa para lembrar o compoñente que incluíron de salvagardar a democracia pola vía da bonanza económica; "tratábase de evitar que a situación económica afectase o desenvolvemento da democracia". Así, diante das actuais apelacións a reeditar estes pactos para relanzar a economía tras a crise, o ministro pediu "non descoidar o elemento democrático que tiveron", en resposta aos rexeitamentos do líder de Vox, Santiago Abascal, a atender as chamadas do presidente do Goberno, Pedro Sánchez. "Os Pactos da Moncloa buscaban dar paso á democracia e os dereitos civís e ademais á bonanza económica", lembrou Ábalos. "Entón, como agora, tamén necesitamos concertación para relanzar a economía e á marxe daqueles que non queren a democracia neste país", engadiu. |
NOS_21307 | No marco da décima edición da X Limpeza simultánea organizada por Adega e que se desenvolveu nunha vintena de concellos costeiros. | Un total de 1.093 persoas tomaron parte na X edición da Limpeza Simultánea de Praias organizada por Adega e que se desenvolveu a pasada fin de semana nunha trintena de areais galegos, de Doniños a Montalvo. Unhas 26 entidades entidades, informa a organización ambientalista, sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. "Aínda que o tempo non acompañou, non foi impedimento. Diferentes areais das nosas costas foron limpados para poder así visibilizar a problemática do lixo mariño e dar un toque de atención á cidadanía". Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo e vela, mariñeiros, mariscadoras, concellos, e entidades de todo tipo, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares, estaban chamadas a se sumar a esta iniciativa. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo e vela, mariñeiros, mariscadoras, concellos, e entidades de todo tipo, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares, estaban chamadas a se sumar a esta iniciativa. Entre o lixo recollido nestas limpezas "sempre teñen moita presenza as cabichas, os pauciños de limpar os ouvidos e restos de plástico e bateas. Sempre nalgún areal aparecen residuos algo máis chamativos como: botas de pescador, unha viga de aceiro, cadeiras de praia e incluso roupa esquecida...." Con este tipo de accións Adega incide en que pretende dar a coñecer a problemática nos areais despois da tempada de turistas, a importancia de conservar limpas as praias e evitar que así o lixo acabe no mar. A organización quer subliñar que as limpezas de praias non debe ser un feito illado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do litoral sempre que poida. "As limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. O obxectivo principal deste tipo de actuacións é crear conciencia e alertar da cantidade de plástico que producimos e tiramos, e as consecuencias que isto ten". |
NOS_53176 | En só unha década o principal traballo feminino vinculado o mar, o marisqueo a pé, pasou de representar 6.551 empregos directos a menos de 4.000. Das 3.903 mariscadoras que fican hoxe en día as menores de 30 anos non chegan a 150. | No sector do mar de Galiza hai unha profesión extractiva onde as mulleres son rotunda maioría: o marisqueo a pé. É un traballo duro, que pasa factura tras anos de faenar inclinadas ou coa auga polos cadrís para coller ameixa e berberecho, principalmente: reumas, lumbalxias e unha longa ringleira de doenzas... O marisqueo a flote (feito desde unha embarcación), xa é "cousa de homes" e a presenza das mulleres nesa categoría é testemuñal. O marisqueo que se ten por 'básico' (a pé), para as mulleres. O que require medios (gamela, lancha, bote..), para os homes. En Galiza hai 2.543 embarcación con licenza para o marisqueo a flote. Cada vez hai menos persoas a traballar no marisqueo a pé. E, ao tempo, vai aumentando o número de homes que faenan nesta categoría En pouco máis dunha década a profesión de mariscadora (a pé) pasou de representar 6.551 empregos directos (no ano 2.000) a 3.903 a principios de 2014. Son 2.650 postos de traballo perdidos. Unha queda que se notou, e non pouco, en todas as rías galegas. Na máis importante delas, a de Arousa, no 2.000 había case 2.900 mariscadoras e na actualidade non se chega a 1.800. Na de Vigo pasouse de máis de mil mulleres a faenar co permiso de explotación (Permex) a pé a cincocentas. Os motivos deste descenso son varios e diferentes: Administración e sector citan desde a contaminación das rías (coa mingua da produción marisqueira) até o furtivismo. Tamén hai quen apunta a que os ingresos son cada vez menos e a dureza do traballo. Sen relevo xeracional Unha radiografía das 3.903 persoas que a principios de ano tiñan Permex (permiso de explotación marisqueira) mostra como seguimos a falar dunha profesión feminina: 3.293 das mariscadoras a pé son mulleres e 610 son homes (unha porcentaxe esta última que foi aumentando nestes anos). E hai un dado para a reflexión: das 3.903 persoas que traballan no marisqueo a pé en Galiza só 153 teñen menos de 30 anos. Mentres que 641 superan os 60 e hai 1.391 mariscadoras que teñen entre 51 e 60 anos de idade. Unha profesión dura e na que non está a haber relevo xeracional. En paralelo a esta perda de empregos no sector extractivo máis feminizado do mar galego, hai aumentos da presenza das mulleres noutros campos: bateeiras, patroas, mariñeiras...aínda que en cifras moito, moito máis discretas. |
NOS_52121 | A enerxética beneficiaríase en 21 millóns da manobra para modificar o prezo de mercado durante 2013. | A Fiscalía Anticorrupción solicitou abrir xuízo oral contra Iberdrola Generación e catro directivos da compañía aos que sinala como responsábeis dun delito relativo ao mercado e contra os consumidores por desenvolver un "artificio" en 2013 que serviu para aumentar o prezo da enerxía provocando un prexuízo de máis de 107 millóns de euros. Por iso, pide até dous anos de cárcere para os catro directivos e unha multa de máis de 84 millóns de euros para a compañía. A xustiza arquiva a causa contra o presidente de Iberdrola polas súas implicacións no caso 'Villarejo' Segundo explica a acusación, Iberdrola Generación, "coa finalidade de provocar unha suba do prezo da enerxía eléctrica e prexudicar aos consumidores, ideou e puxo en funcionamento un sistema para incrementar o prezo da enerxía que vendía, máis aló do que debese resultar da libre concorrencia da oferta e a demanda". Para conseguir ese maior prezo no mercado eléctrico, relata o fiscal, "a partir de 30 de novembro de 2013 e até 23 de decembro de 2013 aumentou, sen causa lexítima que o xustificase, o prezo nas ofertas de enerxía eléctrica correspondente ás súas centrais hidráulicas de Douro, Sil e Texo, a un nivel por encima do prezo de mercado diario que impedía casar as operacións". O mercado regulado para "parvos" non interesa ás grandes eléctricas Todo isto, recalca o fiscal, "a pesar do incremento que experimentaban neses días os prezos da enerxía eléctrica no mercado de contado, que a situaban ante un custo óptimo de oportunidade". A acusación expón que "a consecuencia do artificio urdido e levado a cabo polos acusados foi a subida do prezo da enerxía eléctrica en, polo menos, 7,156 euros/MWh", o que supuxo un beneficio de 21.222.818 euros para Iberdrola Generación polos 2.965.779 megawatts que despachou nese período. O Goberno español perdoa case 400 millóns de euros a catro compañías eléctricas polo canon da auga Conforme os seus cálculos, tamén se traduciu nun dano económico de 107.340.000 euros, dos cales 10,5 millóns corresponderían á vintena de compañías distribuidoras que constan como prexudicadas na causa, mentres que o resto do prexuízo soportárono os consumidores con contratos a prezo variábel e as compañías de seguro que deron cobertura aos contratos a prezo fixo. Petición de condena Así, pide que os acusados indemnicen até un máximo de 107.340.000 euros, conxunta e solidariamente, tanto ás comercializadoras como "ao resto de persoas físicas e xurídicas que acrediten, como consumidores finais de enerxía eléctrica ou garantes dos prezos da enerxía, sufrir ou verse afectados o incremento dos prezos da enerxía no período de 30 de novembro a 23 de decembro de 2013, ambos inclusive". |
NOS_6356 | Asasinato machista. Desta vez en Vilalba. Un home de 50 anos de idade asasinou, presuntamente, a súa ex parella e despois suicidouse, segundo as investigacións policiais, que activaron o protocolo de violencia de xénero. | Fontes policiais informan do presunto asasinato dunha muller de 48 anos a mans do seu ex marido, de 50 anos, no barrio da Guadalupe, en Vilalba. O home, que permanecía desaparecido desde o pasado sábado, día 20, á mañá, suicidouse. O home mataría a muller cunha arma branca na casa dela. Segundo a Garda Civil, atopábanse en trámites de divorcio. Fontes próximas ao caso aseguran que o home tiña unha denuncia previa por violencia de xénero e que sobre el pesaba unha orde de afastamento. Prevese que o movemento feminista se concentre esta terza feira, día 23, en repulsa do asasinato. Trátase da segunda vítima galega de feminicidio no que vai de ano, após o caso da muller de Valga asasinada pola súa ex parella, que tamén se suicidou. Os xulgados galegos recibiron no primeiro trimestre deste ano 1.736 denuncias por violencia de xénero, o que supón 38,4% máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.254. |
PRAZA_4090 | Esta semana chegou por fin o tan desexado anuncio da apertura e comezamos a adiviñar un horizonte no que sairemos da casa e ate poderemos ver aos nosos seres queridos ou tomarlle algo nunha terraza. Non sei ao resto, pero a min entroume medo. Porque o momento da verdade vén agora, cando temos que comezar a enfrontar un futuro económico e laboral incerto | Son lectora devoradora de historia e consumidora de documentais, en especial de todo aquilo relacionado coa Guerra Civil Española e coa II Guerra Mundial e o nazismo. En gran medida atribúo esta compulsión miña á necesidade de entender o comportamento humano. No caso destes dous terribles conflitos bélicos, sempre me sorprendeu, sen alcanzar a comprendela, a vileza daquelas persoas que denunciaban ás que tiñan ao lado, esas veciñas amables que nun intre trocaron en verdugas e decidiron sen dubidalo sobre a vida e morte de tantos roxos e roxas, xudías e xudeus.Ao longo do confinamento pasamos, tanto no individual como no colectivo, por varias fases reactivas entre as que destacaron a negación e a resignación, por esta orde. Por unhas semanas as persoas máis afortunadas convertémonos en crianzas acubilladas que agardamos, unhas pacientemente, outras nerviosas e mesmo belixerantes, a que nos tirasen as castañas do lume.Dentro do caos e a novidade, o goberno de Madrid foi artellando fórmulas que, quero sinalar aquí e agora, atopo imprescindibles e acertadas as máis delas. Acertadas, en moitos casos, non tanto pola súa eficacia ou viabilidade, senón polo enfoque e a intención. As moratorias de préstamos persoais e alugueiros, os ERTE, os préstamos ICO brandísimos e de asignación sinxela e rápida, a blindaxe dos despedimentos, etc., son medidas feitas pensando nas persoas no canto dos cartos, e iso, aínda que é o correcto, xusto e necesario, non é o que se está a facer na meirande parte do mundo.Esta semana chegou por fin o tan desexado anuncio da apertura e comezamos a adiviñar un horizonte no que sairemos da casa e ate poderemos ver aos nosos seres queridos ou tomarlle algo nunha terraza. Non sei ao resto, pero a min entroume medoPorén, as redes sociais bramaron contra todas e cada unha das medidas adoptadas, tanto no referente á estratexia de illamento como no tocante ao económico e o social. Moita xente volveuse contra ás súas veciñas e veciños e xurdiu a figura da policía de balcón, esa que denuncia, insulta e ameaza sen elementos de xuízo nin criterio, se cadra só para liberar a súa propia frustración, a quen ve pola rúa, a quen vai diante na cola da tenda, a quen sae á compra coa crianza porque vive soa e non ten alternativa, a quen baixa o can "máis ca antes".Esta semana chegou por fin o tan desexado anuncio da apertura e comezamos a adiviñar un horizonte no que sairemos da casa e ate poderemos ver aos nosos seres queridos ou tomarlle algo nunha terraza. Evidentemente, cando deixe de chover, se deixa de chover. Non sei ao resto, pero a min entroume medo. Algo así como unha vertixe, imaxino que o que sente un paxaro engaiolado cando un despiste deixa a porta da súa reixa aberta. Porque o momento da verdade vén agora, cando temos que comezar a enfrontar un futuro económico e laboral incerto, e ese contaxio do 70% que nos garantirá a inmunidade colectiva e que implica o risco do "paradoxo da prevención" que tan ben describe Christian Drosten. E, sobre todo, a nosa propia responsabilidade.Agora xa o entendín. O do século XX que sempre me intrigara, foi o medo. O mesmo medo que pode provocar que, no canto de aprendermos desta experiencia e aproveitar a oportunidade única de repensar e redeseñar unha sociedade humana igualitaria, limpa e conectada coa súa contorna, derivemos cara un esquema violento e mortífero que, a medio prazo, é moi probable que nos conduza a unha ben merecida extinción.Así que coidado co medo. Se cadra, é o único que de verdade debemos temer. |
PRAZA_13464 | O proxecto Idiomas en Perigo lanzado pola compañía busca apoiar a supervivencia de tres mil idiomas en risco de extinción no mundo, tres deles no Estado: aragonés, o asturiano e a lenguaxe de signos catalá, e outras dúas en Portugal, o mirandés e a lingua de signos portuguesa. | Hai gobernos que non se preocupan porque desaparezan algunha das linguas que falan as persoas que viven no seu territorio. Ou que se preocupan menos que Google, cando menos, que colabora no Proxecto Idiomas en Perigo co obxectivo de colaborar na supervivencia de algo máis de tres mil idiomas que no mundo se atopan en risco de extinción, máis ou menos a metada das linguas faladas no planeta. O proxecto está realizado polo First Peoples' Cultural Council (FPCC) e polo Institute for Language Information and Technology, da Universidade de Michigan. O proxecto clasifica as linguas, valora o nivel de risco de desaparición, en función do número de falantes restantes e outros criterios. Así, sinala os perigos que corren o 120 mil falantes de Navajo ("en situación de risco"), os 15 mil de Mirandés ("en perigo de extinción") ou os 6 mil do Córnico ("en grave perigo de extinción"). "Documentar as máis de 3.000 linguas que están a piques de desaparecer é un paso importante para preservar a diversidade, honrar os coñecementos dos nosos maiores e enriquecer o futuro dos mozos" O proxecto quere ser unha ferramenta colaborativa para difundir información e coñecemento sobre cada lingua, e aporoveitando as capacidades multimedia, vídeos e audios dos falantes vivos de cada idioma, funcionando así como arquivo. A páxina está, así, aberta a que calquera persoa a vaia construíndo con novos contidos e informacións. Así mesmo, segundo os seus promotores, quérese ofrecer consellos e suxestións ás persoas que traballan na documentación e protección dos idiomas ameazados. Clara Rivera Rodriguez e Jason Rissman, responsables do proxecto explican que "documentar as máis de 3.000 linguas que están a piques de desaparecer é un paso importante para preservar a diversidade, honrar os coñecementos dos nosos maiores e enriquecer o futuro dos mozos", explican. A páxina sinala que no Estado español hai tres linguas ameazadas: o aragonés, o asturiano e a lenguaxe de signos catalá, e outras dúas en Portugal, o mirandés e a lingua de signos portuguesa A páxina sinala que no Estado español hai tres linguas ameazadas: o aragonés, o asturiano e a lenguaxe de signos catalá, e outras dúas en Portugal, o mirandés e a lingua de signos portuguesa. Por exemplo, sinala que o aragonés, "en grave perigo de extinción", ten menos de 10 mil falantes, e ofrece información sobre a lingua e varios vídeos gravados no Pireneo aragonés. Ou o asturiano, "susceptible de extinción", con ao redor de 100 mil falantes e unha documentación visual e sonora que inclúe vídeos de manifestacións pola lingua ou presentacións de software libre en asturiano, mostra dunha maior vitalidade. Ou o mirandés, en Portugal, na mesma situación que o asturiano e con 15 mil falantes. |
NOS_24751 | Afirma que encarga a FEUGA e unha consultora un programa para deseñar un curso 2021-2022 cun recorte "masivo" de títulos presenciais. | O "Programa de Transformación" para as universidades galegas promovido pola Xunta non convence á CIG-Ensino, que tivo acceso ao borrador deste proxecto que desde a Xunta se encargou ao Feuga (Fundación Empresa Universidade) e unha consultora externa. Considera o sindicato maioritario no ensino público galego que este "programa" é un paso cara ao desmantelamento da universidade pública. "A Xunta pisa o acelerador encargándolle á Fundación Empresa Universidade (FEUGA) e a unha consultora externa un proceso masivo de liquidación dos títulos presenciais coa finalidade de que no curso 2021-2022 a maioría deles sexan semipresenciais, impartíndose toda a docencia teórica online". CIG indica que segundo ese roteiro, xa en setembro d"pretende obrigar a que moitas titulacións fagan ensaios para ese cambio, alterando a organización dos cuadrimestres, concentrando a docencia, coartando as vías de avaliación posíbeis e suprimindo a docencia presencial teórica". O borrador deste "Programa de Transformación" contemplaría, así, para a central sindical, unha aposta en "desvirtuar o carácter presencial das nosas institucións, destruíndo a relación entre os docentes e os estudantes e a vida universitaria". Algo que, aponta, "vai da man" da posta en marcha da primeira universidade privada en Galiza. "A Xunta busca restar espazo ás universidades públicas, desfigurándoas e facendo que perdan a súa esencia como espazo de produción e intercambio de coñecemento, ideas e vivencias". Tamén fai fincapé en que este plan estea, denuncia, "aproveitando a situación de estrés e de anestesia social derivados do actual estado de alarma". |
PRAZA_16906 | CON VÍDEO "Que non se lles ocorra que isto remate por esmagamento", advirte o comité de folga, que tras setenta e cinco días de mobilizacións resalta que a diferenza nas negociacións é dunha media de 12 euros de incremento salarial e pregúntase se Rueda "non ten interese ou ten prohibición" de chegar a un acordo O conflito da Xustiza agrávase e a folga segue tras racharse un acordo por 12 euros | "Que non se lles ocorra que isto remate por esmagamento". Setenta e cinco días despois do inicio da folga na Administración de Xustiza o persoal mobilizado leva ás portas da Xunta dúas mensaxes: o conflito "ten que rematar en acordo" e a "unidade sindical continúa totalmente en vigor" por moito que "o mentireiro do conselleiro fale de ruptura", di un dos voceiros do comité de folga, Pablo Valeiras, en referencia ao vicepresidente Alfonso Rueda. O inicio dunha acampada ante o complexo administrativo de San Caetano, sede central do Goberno galego, pretende ser un elemento máis de presión para que o Executivo acceda a volver negociar ata acadar unha solución na que a separación entre ambas partes, así e todo, xa se reduciu de xeito notable. Alí estarán, advirten, "ata que haxa un acordo". "Que non se lles ocorra que isto remate por esmagamento", advirte o comité O departamento que dirixe Rueda vai recibir cada día unha solicitude formal como a que o comité rexistrou na mañá deste luns e unha representación do persoal permanecerá acampada para evidenciar que "só teñen que abrirnos a porta" para retomar os contactos. "Nós asumimos xa unha redución moi importante da nosa táboa reivindicativa", sinala Valeiras, polo que cabe concluír que Rueda "ou non ten interese por chegar a un acordo ou ten unha prohibición" de facelo". Trátase, agrega Enrique Araujo, de "pechar o conflito de xeito digno" e se malia aos achegamentos das últimas semanas a solución "non é asumible", "a explicación terá que dala a Xunta". O estado das negociacións Segundo a documentación divulgada polas centrais sindicais na propia acampada a "reflexión" destas semanas e, admiten, tamén "a cesión polas dúas partes" permitiu que no aspecto puramente económico a diferenza sexa dunha media de 12 euros mensuais de incremento salarial -no que atinxe aos corpos de xestión, tramitación e auxilio-, xa que o comité segue a defender un incremento liñal -para todos os corpos- de 140 euros. Esta diferenza media é aínda menor, de 9 euros, se no cálculo se inclúe ao corpo de forenses. Corpo Proposta Xunta Proposta comité Forenses 140 € 140 € Xestión 135 € 140 € Tramitación 127 € 140 € Auxilio 122 € 140 € Sempre segundo a información detallada polo comité de folga, outro dos puntos de conflito son os prazos para aplicar a propia subida. Tanto o Goberno galego como o persoal concordan en que sexa aplicada en tres anos, pero mentres que a Vicepresidencia defende aplicar este ano a metade, en 2019 un 30% en 2020 o 20% restante, o comité aposta por un 60% inmediato e con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2018 e repartir o restante incremento en senllas partes do 20% en 2019 e 2020. Prazos Proposta Xunta Proposta comité 2018 50% 60% 2019 30% 20% 2020 20% 20% Outra das "claves" que permitiría rematar a folga, resaltan os sindicatos, é a necesidade de acadar unha "cláusula de revisión digna" sobre estes acordos. A proposta sindical e a da Xunta coinciden nunha revisión anual no terceiro trimestre de cada exercicio. No entanto, o comité defende que estas revisións "garantan" que o persoal galego "manteña a cuarta posición" dentro das 13 autonomías con estas competencias transferidas "no que aos complementos retributivos de determinación autonómica se refire". O departamento de Rueda, pola súa banda, propón que a garantía sexa que o persoal da Xustiza galega estea "por riba da media" destes trece territorios. |
PRAZA_16031 | En novembro do pasado ano Política Social retirou 25.000 euros do orzamento de centros para maiores e recolocounos para a "posta en marcha" do CEGADI, onde polo momento só funcionan algunhas dependencias administrativas HEMEROTECA | A Xunta volve incumprir a entrada en servizo dun centro de discapacidade de 13 millóns rematado en 2013 | HEMEROTECA | A Xunta volve incumprir a entrada en servizo dun centro de discapacidade de 13 millóns rematado en 2013 A historia do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI) é un relato de atrancos, sobrecustos e atrasos. O concibido como un innovador espazo de atención a persoas con discapacidade, con 8.000 metros cadrados no barrio compostelán de Salgueiriños que incluían centro de día con 71 prazas e vivendas tuteladas con 38 máis, ten a súa orixe nunha cesión de terreos por parte do Concello de Santiago á Xunta de Manuel Fraga en maio de 2005, un mes antes das eleccións que o desbancarían do poder. O Goberno de coalición de PSdeG e BNG adxudicou en novembro de 2007 por 8,7 millóns de euros a edificación dun centro que a construtora non deu rematado ata comezos de 2013, ano dende o que estivo pechado mentres a Xunta incumpría cada un dos prazos anunciados para a súa apertura. O último prazo ofrecido ata o momento fora o dunha apertura parcial antes da fin de 2017, pero o centro comezou 2018 sen ofrecer os servizos para persoas con discapacidade para o que foi construído. Polo momento acolle unicamente unhas poucas dependencias administrativas da Consellería de Política Social. Cunha factura total recoñecida pola Xunta de 13,2 millóns de euros, o Goberno galego defendeu durante 2017 que o CEGADI ía "comezar a prestar servizos para persoas con discapacidade de xeito paulatino ao longo deste ano". No entanto, isto non sucedeu no exercicio que vén de rematar, no que a Consellería si realizou operacións financeiras para comezar a equipar o centro. Concretamente, o 29 de novembro do pasado ano Política Social retirou 25.000 euros da partida que financia o funcionamento de "centros públicos para persoas maiores" e recolocounos para "atender os gastos de mantemento derivados da posta en marcha" do CEGADI, "correspondentes aos contratos de servizos". Ademais, nos Orzamentos Xerais de 2018 figuran 500.000 euros para este mesmo centro. En novembro do pasado ano Política Social retirou 25.000 euros do orzamento de centros para maiores e recolocounos para a "posta en marcha" do CEGADI, onde polo momento só funcionan algunhas dependencias administrativas Deses primeiros 25.000 euros xa saíron, cando menos, os fondos para financiar ata seis contratos menores -os que polo seu baixo importe a Xunta pode adxudicar directamente, sen concurso, e que o Goberno galego desvela durante só unha semana, para despois borralos- por algo menos de 12.000 euros. Un deles, de 1.351 euros, corresponde a unha empresa de limpezas e os cinco restantes foron todos para a división de servizos do Grupo OHL co concepto de "gastos de funcionamento". O resultado desas primeiras adxudicacións é que tras media década de peche e degradación o CEGADI comezou 2018 con lixeiras variacións. Aínda que a maioría das súas enormes salas continúan baleiras, algúns dos despachos cos que conta xa teñen mobiliario e algún equipamento informático no que traballa persoal da Consellería. Os vidros da fachada que levaban anos escachados foron substituídos, as cristaleiras e os accesos foron limpados e nas portas de acceso colocáronse elementos como máquinas enfundadoras de paraugas para os días de chuvia. Nesta liña, esta mesma semana unha empresa de mudanzas que habitualmente presta servizos para a Xunta estivo a descargar material nas instalacións. Camión de mudanzas que transportou material ao CEGADI, ante o centro nos primeiros días de 2018 / Praza Pública Prórrogas e un sobrecusto cuestionado polo Consultivo Como informou Praza.gal, a do CEGADI foi unha das obras que bateu co picazo da burbulla inmobiliaria e a restrición dos créditos bancarios. En 2008 a construtora adxudicataria do proxecto, Alcuba, entrou nun concurso de acredores que se estendeu por tres anos. Daquela a Xunta xa accedera a incrementar o importe total do contrato en 1,7 millóns para habilitar espazos de aparcadoiro no centro por solicitude do Concello. Cando o PP retorna a nova Consellería de Traballo e Benestar concedeu dúas prórrogas para o remate das obras -ata o 31 de decembro de 2010- e unha nova suba do importe por outros 1,7 millóns, concedida malia á oposición do Consello Consultivo, que observou "ausencia de toda xustificación". O edificio precisaba un transformador eléctrico para comezar a funcionar; a Xunta admitiuno en 2014 e non o mercou ata 2016 A suma do concurso arquitectónico do edificio, da adxudicación inicial e mais dos contratos de dirección e seguridade das obras ascendían xa a 12,5 millóns de euros -un sobrecusto do 40%- cando a construtora tivo as obras paradas practicamente un ano. Reiniciounas a finais de 2011 asegurando que as remataría no verán de 2012, aínda que finalmente non foi ata 2013. Así e todo, no outono de 2014 a consellería que daquela dirixía Beatriz Mato revelaba parcialmente, ao ser cuestionada no Parlamento, que o CEGADI aínda precisaba máis obras, concretamente a construción dun transformador eléctrico que dicía prever contratar a "principios de outubro de 2014" pero que non foi adxudicado ata febreiro de 2016, xa con José Manuel Rey Varela á fronte da nova Consellería de Política Social. Este diario contactou en varias ocasións con Política Social durante o último mes co obxectivo de coñecer o novo calendario de posta en servizo do CEGADI e mais o destino concreto dos fondos orzamentados para a súa apertura. Polo momento, non obtivo resposta. |
NOS_15634 | A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, forma parte dunha delegación de europarlamentarios que se reúne con Oriol Junqueras, Raul Romeva e Jordi Cuixart en vésperas da Diada. | Esta visita é a terceira de Ana Miranda aos presos políticos cataláns, nas que ademais de trasladar o apoio do Bloque ás persoas que loitan polo dereito a decidir, subliñou que "un problema político ten que ter unha solución política e dialogada". Neste sentido, a portavoz nacionalista en Europa fai referencia ás recentes declaracións do relator especial de Nacións Unidas para a Liberdade de Expresión e Opinión, el norteamericano David Kaye, quen pediu ao goberno español que non acusen de delito de rebelión aospolíticos cataláns. "Que o relator da ONU diga que as sentencias por delito de rebelión poden implicar extensas condenas de prisión e supoñen un risco moi grave para a liberdade de expresión debería ser tido moi en conta", apunta Ana Mirada. Miranda representa o BNG na plataforma Diálogo UE - Catalunya, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos. No encontro cos presos políticos tamén participarán, entre outros, o eurodeputado François Alfonsi (do Europe Ecologie, de Corsica) e Mark Demersmaeker (Former MEP e senador do Parlamento belga). |
NOS_39148 | A formación nacionalista rexistra unha proposta no Parlamento galego co fin de impedir casos como o de Santiago de Compostela, con sete persoas no equipo de Goberno que non pasaron polas urnas. | O BNG rexistrou unha proposta de reforma electoral no Parlamento de Galiza que pretende que o Congreso elimine a posibilidade de designar edís que non concorreron nas candidaturas electorais, para evitar casos como o que está a ocorrer agora no Concello de Santiago (PP) onde sete dos trece membros do goberno local non foron ás urnas, logo de que o resto dimitisen ou fosen condenados a inhabilitación por escándalos de corrupción. Nunha iniciativa lexislativa para o seu traslado ás Cortes, da que informou a axencia Europa Press, @s nacionalistas galegos recordan que, aínda que o Estatuto de Autonomía atribúe competencias de desenvolvemento lexislativo sobre o réxime local, a elección e conformación das corporacións locais depende no Goberno central. Con todo, o BNG advirte de que Galiza "non pode permanecer allea á situación que se está dando en concellos relevantes, como é o caso de Compostela". |
NOS_33289 | O actual secretario xeral do PSdeG non optará ao cargo e deixa o camiño libre a Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo nas primarias consultivas de setembro | Pachi Vázquez non vai recuncar como secretario xeral d@s socialistas galeg@s. Unha decisión que confirmou esta sexta feira após meses de quinielas e incertidumes ao respecto entre militancia e simpatizantes do PSdeG. A decisión do de Carballiño deixa o camiño libre a Gómez Besteiro,máximo responsábel do PSdeG en Lugo e presidente da Deputación. O alcalde da Illa, Manuel Vázquez, mantén intención de se presentar, mais non semella que teña moitas opcións ante Besteiro. Cómtre lembrar que nomes de peso coma os ex-ministros do PSOE José Blanco e Francisco Caamaño xa mostraron o seu apoio ao de Lugo. Vázquez, logo, non será candidato no proceso de primarias consultivas que terá lugar a comezos de setembro. O actual secretario xeral afirma que no PSdeG hai que devolver o protagonismo á militancia e que el será un militante de base máis. Iso si, seguirá no Parlamento de Galiza, onde é deputado. "Tomei a decisión na noite electoral" Pachi Vázquez afirmou que a decisión de non se presentar a este cargo, que ocupa desde 2009, xa a tomou na noite electoral dos comicios galegos, en outubro do ano pasado. |
NOS_47362 | A área sanitaria de Vigo suma tres casos positivos pola variante Ómicron do SARS-CoV-2. A da Coruña vén de anotar o primeiro. O Sergas mantén oito casos en estudo. | Sanidade vén de confirmar o cuarto caso de Ómicron na Galiza. É o primeiro detectado na área sanitaria da Coruña. Esta mañá, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, informou dun terceiro positivo causado por esta varianrte do SARS-CoV-2 na área sanitaria de Vigo que se suma aos dous primeiros anunciados esta sexta feira polo presidente galego, Alberto Núñez Feixoo. Tras se confirmar estes catro casos, os laboratorios de microbioloxía do Sergas manteñen oito casos en estudo sen descartar aínda ningún deles. En declaracións aos medios este sábado, Alfonso Rueda asegurou que son "casos leves, polo menos os que se coñecen", pero fixo un chamamento á "máxima prudencia". Vacinación das crianzas de 5 a 11 Pola súa banda, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, lanzou unha mensaxe de "tranquilidade" aos pais e nais dos nenos que teñen entre 5 e 11 anos, o colectivo que inicia esta semana o seu proceso de inmunización. A data de inicio marcada no calendario é o 15 de decembro, cando se administrarán as primeiras doses das 60.000 que recibirá a Galiza na primeira quenda. En todo o territorio, hai unhas 150.000 crianzas nesta franxa de idade, cuxa primeira fase de inmunización finalizará o sábado 18 de decembro. "Hai máis de 5 millóns de nenos no mundo que foron vacinados e demostrou que prevén a enfermidade e que ademais é segura", remarcou Durán, quen engadiu que "aínda que é certo que a gravidade da Covid é menor nos nenos, tamén é certo que houbo casos hospitalizados e en UCI nos que a enfermidade se desenvolveu de maneira máis tórpida". Ademais, a directora xeral de Saúde Pública manifestou que vacinar aos nenos tamén forma parte da "responsabilidade colectiva". "Canta máis poboación consigamos vacinar, máis inmunidade en conxunto teremos", remarcou. Seguro e eficaz Nesta liña tamén se pronunciou o xefe de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e investigador en vacinas, Federico Martinón. O experto apoiouse nos estudos científicos publicados e na experiencia de vacinación que xa se fixo nos Estados Unidos e en Israel (con 6 millóns de picadas en crianzas) para afirmar que inmunizar aos menores de entre 5 e 11 anos é "seguro e eficaz". Ademais, advertiu de que ten outros "beneficios", que lles permitirá levar aos máis pequenos unha vida "máis normal", como evitar corentenas ou poder viaxar co certificado de vacinación. A dose administrada aos nenos é un terzo da da que se inocula aos adultos e adolescentes. "Con esa dose, obtense a mesma resposta inmune e a mesma capacidade" de resposta que nos maiores, explicou. Efectos secundarios Os efectos secundarios son os mesmos que para adultos e precisou que neste grupo de idade non se observaron efectos excepcionais que si se viron en adolescentes. Dor local na zona da picada, febrícula e malestar son os posíbeis efectos da vacina nas crianzas. A vacinación está prevista en horario de tarde os días 15, 16 e 17, mentres que o sábado programarase durante todo o día. Polo momento, estipulouse a administración dos grandes centros de vacinación. |
NOS_21776 | Francisco Javier García de Paredes é o primeiro dos 5 exdirectivos da entidade en comparecer na AN por delitos de administración desleal ou apropiación indebida por 8 millóns de euros en concepto de prexubilación | Francisco Javier García de Paredes foi o primeiro dos cinco exdirectivos de Novacaixagalicia en comparecer na Audiencia Nacional. Fíxoo esta segunda para declarar durante case tres horas perante o xuiz Ismael Moreno. Estes altos cargos están acusados dun delito de administración ilegal ou apropiación indebida por perto de 8 millóns de euros en concepto de xubilacións. Nos vindeiros días comparecerán na AN Fernández Gayoso, Rodríguez Estrada, Pego Alonso e Gorriarán Laza. García de Paredes non quixo facer declaracóns após declarar perante o xuíz. Fíxoas, iso si, un avogado da acusación, que afirmou que o ex alto-cargo de NCG declarou que fixo un favor á entidade financeira ao capitalizar a indemnización. Novacaixagalicia escolleu esta fórmula para aforrar pola volta dun millón de euros, que corresponderían á actualización do salario e a un seguro para facer fronte á garantía de pagamento. O único que renunciou García de Paredes foi o único destes cinco ex-altos cargos que renunciou a parte dos cartos, mais esa devolución está paralizada pola investigación en curso da Fiscalía Anticorrupción. A raíz do acordo de fusión de Caixa Galicia e Caixanova, en maio de 2010, e a solicitude de apoio financeiro ao FROB, estes cinco altos ex-directivos comezarían a preparar a súa saída, acordando uns contratos e prexubilacións de cuxo importe non tería coñecemento o consello de administración. Estas decisións irían, ademais, en detrimento do propio patrimonio da entidade financeira. "Que se investigue a fondo" Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, lembraba hai unha semana que a citación da Audiencia Nacional producíuse a raíz da denuncia presentada no seu momento polo sindicato nacionalista perante a fiscalía xeral do estado por estes feitos. De aí a estrañeza, apuntaba Montero, polo feito de que a Audiencia Nacional "non nos cite como parte". O sindicato incidía en que esta citación ten que ir máis alá "e a investigación non debe quedar circunscrita só a estes cinco ex-directivos e os seus contratos, "senón que hai que afondar en que foi a xestión das caixas galegas". Montero ten claro, a respecto deses cinco ex altos directivos de NovaCaixaGalicia, que "son todos os que están, mais non están todos os que son", e afirmaba que en momentos en que se está a falar dun novo rescate para a banca hai que abordar cuestións como o futuro de NGB e o seu cadro de persoal e os e as afectadas polo calote das preferentes. |
NOS_27407 | Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e o rei Felipe VI presiden o evento militar do 12 de outubro nun Madrid en estado de alarma. | 528 anos de resistencia indíxena conmemoraron este 12 de outubro diversos Estados e movementos sociais de América do Sur, con motivo da chegada de Colón ao continente en1492, á que lle sucederon conquistas sanguentas e séculos de escravitude, xenocidio, dominación e espoliación de recursos. Nesta beira do océano, no Estado español, o anteriormente coñecido como 'Día da Raza' ou 'da Hispanidade' celébrase na actualidade como a 'Festa Nacional de España'. "Rexeitemos celebrar o xenocidio" pedía esta segunda feira a Federación SOS Racismo, que sitúa 1492 como "a orixe da construción das estruturas raciais, coloniais, xenocidas e de espolio que perduren hoxe no racismo do Estado e no seu sistema económico". Mais este 12-O chegou en datas de alta tensión política e, a causa da pandemia, optouse por un acto con militares en lugar do tradicional desfile de tanques, lexionarios e paracaidistas -pasouse de 3.000 soldados a 527 neste ano-. O evento militarista decorreu no Pazo de Armas do Palacio Real -en lugar do tradicional paseo da Castellana- dun Madrid fechado por mor do estado de alarma e cun duro confronto entre o Goberno da capital e o PP co Executivo estatal, xa que a dereita se opón ao decreto da alarma sobre a capital. O Goberno acompaña o rei O rei Felipe VI, xunto á raíña Letizia Ortiz e as súas dúas fillas, presidiu o acto do 12-O nun momento en que a monarquía atravesa unha gran crise de credibilidade e diversas tensións co Executivo español. Xunto á Familia Real estivo presente o Consello de Ministras e Ministros case ao completo -excepto a titular de Exteriores, que se atopaba nunha reunión de ministros da Unión Europea-. Acudiron tanto pola parte do PSOE como de Unidas Podemos. O líder da formación morada e vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, participou por primeira vez deste acto militarista. Quen tamén asistiu foi Carlos Lesmes, o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e do Tribunal Supremo, a quen o xuíz García-Castellón (Audiencia Nacional) pide imputar Iglesias polo caso 'Dina' no cerco da xudicatura conservadora contra Podemos e en medio do bloqueo que o PP mantén para impedir a renovación do Poder Xudicial, xa que perdería a súa actual maioría no CXPX. Un ano máis, quen si plantaron o Goberno español, o rei e o desfile militarista foron os Executivos de Euskadi e Catalunya. Sánchez felicita a 'festa nacional' e Robles enxalza o rei O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, pediu no 12-O que se recorde unha España "solidaria, aberta e plural" que progresa "sen deixar ninguén atrás", polo que reivindicou a necesidade de "avanzar unidos polo ben común". Así o sinalou Sánchez na súa conta de Twitter, onde desexou unha feliz "Festa Nacional", a pesar de ser un día "diferente" debido á pandemia do coronavirus. "Avancemos unidos polo ben común, con ilusión para gañar o noso futuro", sentenciou. Xunto ao presidente, nos actos militares de estivo a ministra de Defensa, Margarita Robles, que con motivo da celebración, defendeu nunha entrevista a figura da monarquía e o labor de Felipe VI, tras as críticas das últimas semanas, e sinalou que "un país respectábel" non pode "cuestionar as institucións". Protestas ultradereitistas A pesar das restricións e da gravidade da situación epidemiolóxica en Madrid, milleiros de persoas achegáronse ás inmediacións do Palacio Real para berrar consignas contra o Goberno e para aclamar Felipe VI e a monarquía. Ademais, non fallaron Vox e o unionismo español, sacando coches ás rúas en forma de manifestacións, querendo botar un pulso en prol do monarca e fronte os nacionalismos, fracasando nun dos seus actos centrais, o da cidade de Barcelona, onde realizaron unha ofrenda floral aos pés da estatua de Colón á que non acudiron nin 300 persoas. No acto houbo cánticos, himnos e bandeiras franquistas. |
NOS_1984 | O proxecto de Pablo Diego Dios loita contra a "eutanasia do rural" | A subvención do Arquivo Documental e Bibliográfico para a Preservación da Cultura outorgada pola Deputación de Pontevedra recaeu este ano na obra Alén, de Pablo Diego Dios. Este pontevedrés de 22 anos segue o ronsel de Ánxel Fole en obras como A lús do candil ou Terra brava para trazar a súa propia concepción antropolóxica da Galiza esotérica, que xorde de relatos reais compilados por el nas Serras do Cando e do Candán, nas comarcas de Terra de Montes-Tabeirós e Pontevedra. Trátase dun proxecto que o autor entende vencellado á súa biografía persoal. Aínda que naceu en Pontevedra cidade, sempre estivo moi ligado ao rural, afeito a ir coas bestas ao monte e escoitar contar esas historias de antes. "O xermolo deste proxecto, que vén xa de dous anos atrás, é o amor á lingua e ao país", declara con seguridade. Por iso lle doe tanto sentir a "demotanasia que sofre o rural", e que ameaza a desaparición tamén desa mitoloxía que, seguindo a Castelao, representa para el "o que fomos, o que somos e o que seremos". Lendas, supersticións, tradicións ou aparicións da estadea poboan as páxinas de Alén, unha novela que as vai integrando en cada capítulo como relatos contados por unha serie de personaxes, mais que segue ao tempo unha trama que os aglutina. O seu desencadeante é a morte dun dos últimos habitantes da Fraga de Abaixo. Diante do cadaleito, o derradeiro vedoiro do país sentencia: "Volveremos atoparnos na mesma circunstancia, pero só tres dos cinco aquí presentes". E non son palabras menores, pois esta figura ten a facultade de adiviñar a presenza da morte. Este don (ou desgraza) venlle dado por ser bautizado con auga bendita utilizada nun enterro, ou porque o cura que lle administrou o sacramento levaba posta unha estola que utilizara para dar a extrema unción. Os seus ollos poden ver así a procesión das Xás, que a diferenza do que acontece coa Santa Compaña non reúne ánimas dos mortos, senón pantasmas de vivos que van finar. Así as cousas, algunha das asistentes ao enterramento vai morrer. Un grupo de amigos e amigas reúnense co bulebule desa declaración, e contan historias relacionadas. Reivindicar a oralidade Con Alén, Pablo Diego Dios quere salvagardar esa tradición xerada durante milenios, preservada na oralidade de historias que son "máis de alá, e do portalén, ese lugar onde conflúen as formas do universo". Como "neno labrego de adopción", dedica o libro aos que non teñen viva esa cultura. Hai xa que logo unha postura que non chama política -mais que non o é?-, pero si reivindica a "excepcionalidade histórica dun pobo único froito da superposicións de culturas", que incorre nunha mitoloxía heteroxénea e singular de múltiplas capas: celtas, suevos, arrianos, priscilianistas... Algunhas absorbendo as outras, nas continuas mutacións dos cambios de mans do poder ao longo dese proceso dialéctico que chamamos historia. Alén saeu á luz o pasado 22 de decembro e presentouse o día 30 en Villa Pilar, en Pontevedra, nun acto no que estivo arroupado pola maxia da música de Xan López, un dos fundadores de Treixadura. |
NOS_5527 | A longametraxe proxéctase mañá no festival de Málaga. | Despois da premiere internacional no Forum da Berlinale, Lúa Vermella, de Lois Patiño, terá a súa estrea na Galiza dentro do programa do Curtocircuíto (de 3 a 11 de outubro), nun acto presencial no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A longametraxe proxéctase mañá por primeira vez no Estado no Festival de Málaga, incluída na sección Zonazine. O 30 de outubro chegará aos cinemas. |
NOS_34358 | O deputado socialista Emilio Vázquez levou á Comisión de Cultura unha pregunta sobre "as eivas na fiscalización do servizo por parte da Fundación e do Goberno galego". | Emilio Vázquez, voceiro do grupo parlamengar socialista, advertiu do que cualificou como "incumprimento flagrante" das condicións na concesión do servizo de información e atención ao público na Cidade da Cultura. Vázquez levou á Comisión de Cultura unha pregunta sobre "as eivas na fiscalización do servizo por parte da Fundación e do Goberno galego". Asegurou o parlamentar que a empresa beneficiaria do contrato "incumpre varios dos requisitos especificados nos pregos de contratación", como son que o persoall, dixo, está "contratado cunha categoría inferior á esixida nos pregos". Emilio Vázquez lembrou que a empresa concesionaria, a malagueña Brócoli, acadou a terceira posición no concurso e accedeu logo da renuncia das dúas primeiras. Explicou que chegou á Cidade da Cultura logo de que a anterior adxudicataria, a empresa Eulen, despedira os encargados de información e atención ao público dous días antes de que se cumpriran os seis meses que obrigarían a subrogar ao persoal, e dous días antes do remate dunha exposición –"O Camiño: A Orixe"- que tivo que ser clausurada polo propio persoal da Fundación. |
NOS_17104 | O Celta impúxose ao Krasnodar (2-1) grazas a un gol de testa de Beauvue sobre a bucina. Os galegos foron moi superiores na primeira metade, mais custoulles materializar. | O Celta logrou en Balaídos perante o Krasnodar unha vitoria (2-1) importante mais que lle obriga a viaxar a Rusia sen miga de autocompracencia e obrigados a pelexar os 90 minutos sen facer concesións a especulacións co resultado. Os celestes lograron unha vitoria traballada fronte a un rival que en Balaídos careceu dalgúns dos seus principais xogadores, como Smolov e Kaboré. O Celta foi moi superior na primeira metade, chegado a acurralar o Krasnodar na súa área. Un dominio dos que gosta Berizzo, baseado no control da bola e do campo, tendo o temón do partido. Mais ese dominio, por momentos apabullante, non foi quen de se traducir en gol. Para iso houbo que agardar á segunda metade. Nos primeiros compases, marca Wass no tiro dunha falta. O resultado fai xustiza ao visto até o momento sobre o céspede. Mais en apenas cinco minutos empata o Krasnodar. A partir de aí viñeron os peores minutos do Celta, que semellaba ficar sen ideas. Mais, iso si, non sen ánimos nin folgos. A piques de finalizar o partido, Beauvue marcaba o gol da vitoria a pase de Hugo Mallo. Dous a un. Un resultado que obriga os celestes na dar a talla en Rusia. Ficha Celta (2): Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Wass (Jozabed, min.69), Iago Aspas, Guidetti (Beauvue, min.79), Sisto. Krasnodar (1): Kritsyuk, Martynovich, Naldo, Granqvist, Ramírez, Zhigulev (Torbinski, min.82), Gazinski, Pereyra, Podberezkin (Mamaev, min.74), Wanderson (Laborde, min.79), Claesson. Goles: Wass, 1-0, min.50; Claesson, 1-1, min.55; Beauvue, 2-1, min.90. Árbitro: Craig Thomson, de Escocia. Amoestou a Claesson (Krasnodar). Campo: Balaídos (18.279 espectadores). |
NOS_47321 | A noticia sorprendeu a todos: Domingo Villar falecía onte, con tan só 51 anos de idade, tras sufrir un infarto cerebral. O autor, pai do noir galego e un dos escritores con maior proxección internacional, deixa unha triloxía policial de enorme éxito popular e un volume de contos que se converteu na súa derradeira obra. | A novela negra, que paradoxo, está de loito. A morte de Domingo Villar aparca o debate sobre se debemos falar de policíaca ou de noir para pór en primeiro plano a protagonista real do xénero, a morte. A morte imprevista e sorprendente -en realidade, todas o son- que alcanzou onte a un autor que creou unha etiqueta, un xénero propio: a novela negra galega. Domingo Villar faleceu con só 51 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde ingresara na segunda feira tras sufrir un infarto cerebral. Villar era un escritor atípico, alguén que parecía ser un autor ao seu pesar. Escribía sen alardes, con ambición -declaraba ter tirado centos de páxinas ao lixo por non posuíren a emoción que se lles esixía-, mais sen asomo da autosuficiencia e da egolatría que tantas veces se lles atribúe aos creadores. Fuxía dos focos, mais era extremadamente amábel cando daba unha entrevista. Non parecía crer nos grandes discursos que xustifican a obra, mais explicaba a súa cunha naturalidade que desmontaba calquera suspicacia. Se cadra era unha persoa que observaba o mundo coa mesma distancia irónica que Leo Caldas, o personaxe que lle deu popularidade desde a primeira novela, Ollos de auga. O inspector da Policía Nacional, afeccionado ao jazz e á viguesa taberna do Elixio, contou desde o primeiro momento co favor do público, que o catapultou á fama e o consolidou como o creador dun novo estilo de facer policiais: nacera a novela negra galega. Inapelabelmente ligado á paisaxe da ría de Vigo e a un carácter galego reflexivo e retranqueiro -e comicamente incomprensíbel para o seu axudante zaragozano-, Leo Caldas reapareceu na seguinte novela de Villar, A praia dos afogados, que o afianzou como un dos escritores da Galiza con maior proxección internacional. Pesar na Galiza polo falecemento do escritor Domingo Villar O silencio dunha década Adaptado ao cinema -que axiña detectou a súa prosa clara e o rigoroso desenvolvemento dos seus argumentos- e traducido a máis dunha decena de idiomas, o escritor, porén, sumiuse nunha década de silencio. A editorial Galaxia, á que sempre permaneceu fiel, chegou a anunciar a nova aventura de Leo Caldas máis dunha vez, pero a aventura non chegaba. Finalmente, en 2019, apareceu O último barco, un volume de máis de 700 páxinas que rompían as expectativas dos lectores de novela negra. "O meu compromiso non é cun prazo, senón cunha historia que pague a pena", declaraba o escritor cando se lle preguntaba polo longo tempo de xestación da nova obra. Foron as tres novelas que situaron a Galiza -e máis concretamente, a cidade de Vigo- na cartografía da novela negra internacional. Leo Caldas segue sendo un personaxe fascinante, con máis preguntas que respostas e con maior interese nas cualidades positivas dos sospeitosos que nas probas que os poden condenar. Talvez un signo de que Villar estaba máis preocupado pola natureza moral dos seus personaxes que na trastenda política que podía agochar a trama. Final sandador Coa chegada da pandemia, Villar publicou Algúns contos completos, un volume de relatos de natureza moi distinta. "Son contos amábeis, e a súa intención é sandadora, de traer algo de luz nunha época tan escura como a que estamos a vivir", explicaba nunha conversa con Nós Diario. "Non obstante, eu sempre manteño que todos os meus libros, malia seren novelas policiais, conteñen historias de amor: amor a unha terra, a un pobo e a unha determinada forma de vida. Se se mira desde esa perspectiva, a distancia co resto dos meus libros non é tanta como parece a primeira vista". Ese "amor a unha terra" procedía, como tantas veces, dunha persoa que levaba case trinta anos fóra dela. Afincado en Madrid desde a súa mocidade, Villar consideraba que a escrita das súas novelas era unha forma de regresar, de volver á orixe e ao vínculo profundo que tiña co mar de Vigo. "O mar é o espello que me reflicte a Galiza cando estou fóra", confesaba. Deuse o paradoxo que Villar volvera estes días a Vigo para acompañar a súa nai, que pasaba por algúns problemas de saúde. Naquela última conversa, na taberna do Elixio, Domingo Villar falaba dos seus proxectos: "Temos un traballo en común Caldas e mais eu. Apareceron uns restos cerca de Santa María de Oia e entre os dous estamos tratando de esclarecer as cousas. Non sabemos para cando teremos o caso resolto, porque non temos présa, pero estamos traballando sobre este incidente". O caso xa non poderá ser resolto satisfactoriamente. Algúns contos para agasallar |
NOS_50561 | Para pasar a fin de semana nos seus domicilios. | O presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, o ex vicepresidente da generalitat Oriol Junqueras e os ex consellers Raül Romeva, Jordi Turull, Dolors Bassa, Joaquim Forn e Josep Rull, a ex presidenta do Parlament Carme Forcadell e o ex presidente da ANC , Jordi Sànchez, saíron en liberdade das prisións de Lledoners, Wad-Ras e Puig de les Basses por primeira vez desde que se lles concedeu o seu terceiro grao e poderán pasar toda o fin de semana na casa. Cando saíu da prisión, Cuixart dixo aos xornalistas que o terceiro grao non significaba nada específico para el porque o que querían era "saír da represión dunha vez por todas". Pola súa banda, Junqueras dixo estar contento de ver a xente da súa vila: "Xa o podes imaxinar, seguramente non se precisan moitos detalles". Turull dixo que a pesar de non ser a liberdade completa, levaban moito tempo esperando esta fin de semana. "Quero agradecer a todos, a tanta xente, porque nos deron tanta forza, tanta coraxe e tanta esperanza", dixo. Bassa admitiu que está "moi feliz" de poder durmir de novo na casa, pero dixo que é "consciente" de que o terceiro grao é un dereito penitenciario. "O que me gustaría é a liberdade ", dixo ás portas do Puig de les Basses. |
NOS_57314 | Após 580 días en prisión, o ex presidente Luiz Inácio Lula da Silva torna este sábado 9 de novembro xa en liberdade ao local do Sindicato dos Metalúrxicos, en São Bernardo do Campo, desde onde se despedira hai un ano e sete meses do pobo nun masivo acto antes de ser encadeado. | O ex presidente brasileiro que chegou ao poder en 2003 co Partido dos Trabalhadores, Luiz Inácio Lula da Silva, abandonou a cadea do Estado de Paraná a sexta feira 8 de novembro, onde levaba xa 580 días de prisión. Luiz Inácio Lula da Silva, abandonou a cadea do Estado de Paraná a sexta feira 8 de novembro, onde levaba xa 580 días de prisión O Brasil celebra a liberación e a fin dunha inxustiza que desde as forzas de progreso brasileiras e internacionais tacharan de persecución política contra o líder da esquerda do Brasil, coincidindo tamén co golpe de Estado en forma de impeachment que apartou Dilma Rousseff e o PT da presidencia e entregou o país á dereita. O ex mandatario brasileiro foi recibido por centos de persoas vestidas de vermello e máis pola súa familia. «Vostedes foron o alimento que eu precisaba para resistir», declarou Lula ao ser liberado e en agradecemento ao pobo. Múltiples concellos do país teñen programado para este sábado 9 de novembro actos de celebración pola liberación de Lula, salientando o acto que se realizará na favela máis grande de Río de Janeiro, a Rocinha, así como o discurso que o ex presidente dará de novo na sede do Sindicato Metalúrxico de São Bernardo do Campo, o lugar desde onde se despediu do pobo xusto antes de entrar na prisión. A Xustiza decretou a posta en liberdade de Lula a petición da defensa e após o Supremo Tribunal Federal (STF) revocar a quinta feira 7 de novembro a prisión. A saída do ex mandatario responde á orde do xuíz federal Danilo Pereira. Por un voto de diferenza (6 contra 5) o STF decidiu liberar Lula seguindo o principio constitucional de presunción de inocencia, revogando así a execución da pena despois dunha condena en segunda instancia, polo que a orde de prisión só poderá darse despois de resolver todas as apelacións posíbeis. A condena de Lula era de 8 anos e 10 meses de prisión, acusado dun caso de corrupción que sempre negou, ao redor dun apartamento, e tamén foi condenado a 12 anos e 11 meses de cárcere supostamente por lavado de diñeiro con outro inmóbel. Nin as acusacións foron demostrábeis nin o xuíz que o condenou foi imparcial. Sérgio Moro, o xuíz, foi un dos alicerces da vitoria do ultradereitista Jair Bolsonaro na súa chegada ao poder. Un caso, o de Lula, que foi pois denunciado como de represión política a través dun revestimento xudicial contra quen, de poderse presentar ante Bolsonaro se a xustiza non o tivese bloqueado, tería as de gañar. |
NOS_53311 | A proposta dunha mobilización unitaria no Día da Patria non atopou receptividade en boa parte dos axentes políticos, sindicais e xuvenís interpelados. | Causa Galiza dirixiuse a semana pasada a máis dunha vintena de organizacións políticas, sindicais e xuvenís para convidalos a manter unha xuntanza na que valorar a convocatoria dunha manifestación unitaria no Día da Patria Galega, unha mobilización que decorrería, indican, en chave "de ruptura democrática e independencia". Á xuntanza, que decorreu esta fin de semana nun centro social de Compostela, só asistiron seis desas organización. "A recetividade final da iniciativa e as posiçons expostas polos agentes que participárom na reuniom exploratória fam com que a materializaçom da proposta de Causa Galiza fique desbotada", explica CG nun comunicado. Porén, a propia organización independentista incide en que avaliará as posibilidades para que o 25 de xullo haxa unha manifestación independentista pola ruptura democrática. Fontes de Causa Galiza lamentan que se manteñan as visións e apostas por facer do 25X un escenario "de concorrencia de proxectos partidarios" e non se logre unha "unidade popular nacional". "Desde a admissom da modéstia das nossas capacidades, interpretamos que a indisposiçom da maioria dos agentes a materializarem esta convergência pontual no dia nacional [...] revela, mais umha vez, o vigor que sustentam os respetivos encasilhamentos partidários, o peso determinante da perspetiva eleitoral e institucional e, também, a inassunçom de que o binómio entre rutura democrática e independentismo". |
PRAZA_10103 | Converter as familias en axentes de xusticia social e sostibilidade ambiental sería enormemente beneficioso. Os modelos de coidado e responsabilidade que aquí se inculquen serán decisivos | Vivimos nunha encrucillada que interpela a tódalas ordes e movementos sociais. A chamada chega como un coro polifónico: o feminismo integra indiscutiblemente a loita climática á axenda; a escola vive dende aparentemente pequenas contradicións entre o discurso e a praxe, como a resistencia a reducir os plásticos (purpurinas, celofáns, goma eva e un longo etc de materiais habituais) ata grandes oportunidades de ser un axente de cambio como o movemento Fridays for Future, iniciado por unha moza de 15 anos e que acadou unha dimensión mundial; a cidadanía comeza a recibir chamamentos á desobediencia civil.A acentuada deriva neoliberal da familia no mundo occidental está amplamente documentadaE que acontece coa familia? Esa institución, elemento básico ou celular da organización social e económica, tan policromática e complexa: axente principal de socialización; moduladora de valores, condutas e afectos; escura raíz de traumas e complexos persoais; tamén, dende unha mirada engeliana, célula reaccionaria onde as haxa, sostén do modelo de propiedade privada, axente de estratificación social, brazo do control patriarcal sobre a muller, ata o punto de que en determinados contextos e momentos históricos certos movementos sociais e modelos de estado chegaron a defender a súa abolición.A acentuada deriva neoliberal da familia no mundo occidental está amplamente documentada. Vémola ao redor nosa na persecución e desprestixio da escola pública en aras da liberdade de elección das familias, que non é mais que un mecanismo de segregación e de negar a diversidade e a convivencia, ou en tendencias como a hiperpaternidade. Jurjo Torres analiza, no nosa contorna, este modelo de crianza no que os vástagos son tratados coa lóxica competitiva do mercado, como unha inversión máis.É abondosa a literatura e gurús de estilos de crianza, sempre enfocados como un privilexio dos proxenitores. Eliximos modelo de crianza como quen adquire calquera ben de consumoExiste unha clara tendencia a entender a educación dos vástagos como un dereito, que non como unha responsabilidade, e que ademais pertence en exclusiva aos proxenitores. Así, é abondosa a literatura e gurús de estilos de crianza, sempre enfocados como un privilexio dos proxenitores. Eliximos modelo de crianza como quen adquire calquera ben de consumo. Unha vez definido o modelo referencial, sinaladas as lindes e marcos, a xestión é como a de outro ben da nosa propiedade, sen presenza sequera, en moitas ocasións, da familia extensa. Establécense así as relacións coa escola ou outros axentes educativos en términos de dereitos de consumo, de relación clientelar, de aterse ao estipulado do contrato e esixir garantías. Do mesmo xeito, calquera achegamento interpersoal e analizado nos mesmos términos. Só así se poden explicar situacións cada vez máis comúns como, ante un pequeno conflito de crianzas nun espazo público, ver como os proxenitores se enzarzan entre eles, nunha defensa a ultranza desa propiedade exclusiva que é o seu fillo/a, sen unha análise global da situación ou unha empatía mínima coa outra personiña.Que camiño ha de tomar na encrucillada a institución familiar? Sumámonos ás voces abolicionistas a grito de "disólvanse!" e entendemos a familia como un axente supremacista, machista, consumista, engrenaxe esencial dun modelo insostible e suicida de capitalismo neoliberal, ou dámoslle un papel no chamamento masivo á revolta.Converter as familias en axentes de xusticia social e sostibilidade ambiental sería enormemente beneficiosoA sociedade enfróntase a desafíos sen precedentes. É indubidable a necesidade de que as empresas adopten prácticas e políticas socialmente responsables e a responsabilidade social corporativa deixe de ser abordada coma un exercicio de marketing e lavado de cara. Son precisos gobernos socialmente responsables, que a través da política pública xeren mecanismos de protección dos dereitos humanos e o medio ambiente. Isto só pode darse en sociedades responsables, construídas sobre a conciencia colectiva co compromiso de convivencia.Neste nivel escola e familia son axentes básicos. Converter as familias en axentes de xusticia social e sostibilidade ambiental sería enormemente beneficioso. A pesar do escaso impacto inmediato e directo que poidan ter certas prácticas cotiás sobre as problemáticas ambientais globais, este ámbito de actuación é fundamental e prioritario, pois nel constrúense as actitudes e valores que cimentarán a cidadanía e determinarán as actividades do modelo económico, coma o consumo.A responsabilidade social non pode construírse principal nin unicamente na escola. O lugar dende onde estamos primariamente inseridos na sociedade é a familia. Nela de maneira consciente e inconsciente imos adquirindo principios, modelos e valores de relación e convivencia.O lugar dende onde estamos primariamente inseridos na sociedade é a familia. Os modelos de coidado e responsabilidade que aquí se inculquen serán decisivosOs modelos de coidado e responsabilidade que aquí se inculquen serán decisivos. Aprenderemos que hai pertenzas que son de tódolos membros do grupo familiar e debemos compartir, coidar e conservar para poder gozar delas, ou, pola contra, que a propiedade nos pertence en exclusiva e os diferentes obxectos poden ser tratados a capricho e que indefectiblemente serán substituídos por outros. Así mesmo, aprenderemos que cada membro da familia coida e procura o benestar dos demais, que non é outra cousa que o ben común, ou, pola contra, que o dar e recibir é unidireccional e as demais persoas están para satisfacer os nosos desexos e necesidades, sen esixencia de reciprocidade. Isto, sen prexuízo de que ese dar e recibir se axuste ao rol que cada un ocupa na familia; pois tamén é básico vivenciar que as adultas protexen e coidan amorosamente das crianzas.A relación da familia coa sociedade é tamén clave. O parque, a escola, as relacións con outras adultas e crianzas pode ser interiorizada en clave de loita e competencia polos recursos ou como unha relación de corresponsabilidade en tódalas esferas de convivencia.Non é o mesmo asistir a unha escola afastada do barrio ou núcleo de residencia habitual, na que só nos relacionamos con persoas dunha situación socio-económica-cultural moi semellante á nosa e ignoramos as circunstancias das persoas que viven ao noso redor, que asistir á escola pública máis próxima con persoas diferentes e diversas que viven porta con porta e permiten que as familias tezan redes proximais de coidados e interdependencia.Non é o mesmo asistir a unha escola afastada do barrio ou núcleo de residencia habitual, que asistir á escola pública máis próxima con persoas diferentes e diversas que viven porta con portaParece claro que, se a familia quere ser un axente de sostibilidade e cambio social, é preciso que, como a escola ou calquera outra institución, perciba e rache coas inercias que a converten nun axente estrutural de sostén dun modelo de sociedade baseado nun neoliberalismo salvaxe e suicida, para erixirse sobre un modelo de valores que cimente unha sociedade baseada no coidado e a interdependencia coas outras e co medio, respectando os dereitos dos demais, e non antepoñendo os propios.A educación da descendencia non é, xa que logo, un dereito individual, senón un deber para coa sociedade. Non se trata de loitar polo lugar que terán os nosos vástagos no mundo, senón de asumir a enorme responsabilidade de educar unha xeración que saiba crear un mundo no que todos e todas teñan o seu lugar. A tarefa de educar convértese así nun gran plan estratéxico a longo prazo que nace do núcleo familiar e se ramifica a toda a familia extensa, institucións e cidadanía en xeral. |
NOS_16800 | Allariz acolle desde maio pasado a novena edición do seu Festival Internacional de Xardíns, que acumula xa máis de 33.000 visitas. A erótica é o tema principal deste ano, e un labirinto de sedas, cores e texturas enche os 20.000 metros cadrados á beira do río Arnoia. As instalacións artísticas dos 11 paisaxistas abren as cancelas para explorar doce parcelas que son, ao tempo, xardíns e refuxios de intimidade nos que o orgánico e os sentidos rozan os dedos. Para as máis atrasadas aínda fica tempo, a mostra pechará o 31 de outubro. | "Din que non falan as plantas nin as fontes, nin os paxaros", escribe Rosalía de Castro, sabedora da falsidade da afirmación. En Allariz, a marxe do río Arnoia expresa de mil formas a sensualidade e o erotismo, eixo central da IX edición do Festival Internacional de Xardíns. As dez propostas paisaxísticas chegan da man de artistas do Brasil, Xapón, Noruega, Suecia, Portugal, Italia, Francia, Perú, Madrid, Granada e, como non, Galiza. Cabo delas está presente a gañadora do público no pasado ano —'A lembranza esquecida', do paisaxista italiano Antonio del Buono— e máis a contribución do alumnado do IES de Allariz que engaden o broche final a este ramo de arte ao aire libre. "Presentáronse 47 proxectos desde todos sitios: Panamá, Xapón, Brasil, Austria… Menos de Oceanía, enviáronnos propostas de todos os continentes", explica Cristina Cid, alcaldesa do concello alaricano, sobre un certame que, canda o seu homólogo en Ponte da Lima, é único na Península Ibérica. Este ano, alén do premio ao xardín máis votado, a edición contará cun novidoso premio profesional entregado pola Asociación Española de Paisaxismo. A quinta feira 13 de setembro, unha delegación da entidade paseou polos xardíns para decidir cal das propostas paisaxísticas condecorará cun diploma acreditativo. Allariz ten fachenda do seu turismo verde —foi declarada reserva da biosfera pola UNESCO en 2005— e amósao nun recinto único ao que se pode acceder até o 31 de outubro por tan só 2 euros. As persoas empadroadas no concello, porén, contan con entrada gratuíta e acostuman exercer de anfitrioas ante as visitas, que xa baten as cifras da pasada edición ao ultrapasar as 33.000 persoas. "As veciñas e os veciños do noso concello teñen a Tarxeta Cidadá que lles permite acceder gratis a eventos, actuacións, museos… Visitan os xardíns non só na apertura, senón que repiten constantemente, da man de amizades e persoas coñecidas", conta Cid. Até o de agora, Allariz computou máis de 14.000 euros en entradas ao recinto. Alén do retorno económico que supón para a contorna, o Festival Internacional de Xardíns promociona a humanización e a calidade de vida a través do paisaxismo. "Outro dos obxectivos é que, ao marchar, as e os visitantes leven na cabeza as tendencias no sector, que está innovando e mudando cara á incorporación de estruturas, os xardíns pasan a ser case esculturas", esténdese a rexedora. A iniciativa tamén axuda a visibilizar a importancia do sector da xardinaría na Galiza, que en zonas como o Baixo Miño ten un papel fundamental na súa economía. [A versión íntegra desta reportaxe —aquí oferecímosche un avanzo— aparece no Sermos313, disponíbel xa na nosa loxa e nos puntos de venda habituais] |
NOS_39909 | No oitavo aniversario da traxedia do Alvia, a plataforma de vítimas e familiares organiza varias actividades reivindicativas. En paralelo, o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, dixo comprender a demanda de explicacións pero afirmou que "neste mundo nin a verdade é absoluta, nin a xustiza é absoluta". O BNG pediu no Congreso a creación dunha comisión que investigue as circunstancias do sinistro que custou a vida de 80 persoas. | Vítimas da traxedia ferroviaria de Angrois, así como familiares das mesmas, critican neste oitavo aniversario do accidente que neste tempo enfrontáronse a "condutas moi graves que xamais serán xulgadas nos tribunais". A plataforma baixo a que se agrupan, que ten previsto realizar distintas actividades reivindicativas, lembra que no sinistro do Alvia en Compostela faleceron 80 persoas e resultaron feridas outras 144 e sostén que disto non se pode culpabilizar só a un erro humano. "Non era a única causa do accidente, senón a consecuencia dun comportamento neglixente de Adif, Renfe e Fomento", asegurou esta sexta feira, despois de que transcendera que o maquinista e un ex alto cargo van ser xulgados de novo (probabelmente a principios de 2022). Co recoñecemento por parte do fiscal, do xuíz e da Audiencia de que a liña "non era segura" e era "altamente vulnerábel e perigosa" ante un fallo, aluden ás responsabilidades penais pendentes pero tamén ás responsabilidades "políticas". Culpábeis "políticos"? Respecto diso, afirman que o ex ministro de Fomento José Blanco "publicitou aos catro ventos que a nova liña de alta velocidade contaba cos sistemas de seguridade que evitasen o accidente" pero "desgraciadamente quedou demostrado que non era verdade". "Sendo ministro tamén autorizou o cambio de proxecto orixinal, suprimindo o sistema de seguridade no tramo máis perigoso, onde aparece a primeira curva despois dunha longa recta. Un proxecto que levaba anos aprobado e en execución. É máis, xactábase de adiantar os prazos", censura o colectivo. Tamén subliñan a implicación da ex ministra Ana Pastor, que ao modo de ver das vítimas, "foi a persoa que máis traballou desde as institucións públicas para ocultar as causas dunha traxedia". O BNG pide unha nova investigación Neste contexto de críticas, o rexedor de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, comentou que entende esa "demanda de verdade, de xustiza e de reparación". "Pero neste mundo nin a verdade é absoluta, nin a xustiza é absoluta e, desde logo, a reparación plena nun caso como este non é posíbel", lamentou na mesma xornada na que o BNG, xunto con EH Bildu e ERC, solicitou no Congreso que se organice unha comisión de investigación para aclarar as causas do sinistro do tren en 2013. Desde o seu punto de vista hai "nova información" que permitiría "retomar os traballos" do grupo que se creara en 2018 e que quedou parado. |
NOS_34107 | Maria Fumaça só dá opción para cantar, bailar e ser feliz. É o anuncio que promete o novo proxecto en que Uxía xunto con Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco ou Tanxarina Teatro alén dun feixe de artistas máis, partillan a alegría coa cativada. | María Fumaça é unha locomotora a vapor que atravesa as terras do Brasil. Arredor dela vai a ilusión e a alegría. Agora deixase ver por terras galegas co proxecto musical que botou a andar Uxía nunha completísima parcería, en primeiro lugar coa súa propia familia, o sobriño Rui e máis o clan Domínguez Senlle, ademais dunha boa parte do grupo de artistas que compartiron nalgunha ocasión escenario con ela. Sergio Tannus, Magín Blanco, Tanxarina ou Carlos Blanco son algúns dos nomes que toman parte neste espectacular cartel deste proxecto literario e musical que publica Galaxia. "Cantar e bailar para ser máis feliz" é o lema desta iniciativa que recolle temas musicais, un conxunto de clips máis textos que se adubían coas extraordinarias imaxes de Pablo Pastor, autor que vén de publicar o libro de aniversario de Titiricircus e cada ano crea os marabillosos carteis do Festival de Títeres de Redondela. O proxecto xira arredor dun neno, o Rui que cada ano recibe na familia Senlle un CD con músicas especialmente creadas para el polo nadal. Nesta ocasión comparten a ofrenda con nen@s que se animen a bailar, cantar e ser máis felices coa música. |
NOS_46788 | O festival RESIS é o radar coruñés das músicas contemporáneas. A súa segunda edición, que comeza este 3 de maio e esténdese ate o 1 de xuño, reúne concertos, intervencións artísticas, e proxeccións en localizacións singulares da cidade. | Organizado pola asociación cultural AÏS, con dirección artística de Hugo Gómez-Chao e musical de Ramón Otero, a súa motivación confesa é "crear na Coruña unha plataforma estábel de estrea e difusión da música contemporánea, en que converxa coa creación de vangarda". Este mes de maio, o RESIS conta con catro estreas absolutas e oito pezas musicais que se interpretarán en Galiza por primeira vez. Seis miradas da música contemporánea (11 de maio, 20.00 horas, Domus), a cargo de Gran Torso, achégase a Pierre Boulez ou Mantovani. Traxedia da escolta (18 de maio, 20.30 horas, Fundación Luís Seoane) é o recital a piano de David Durán, baseado en pezas de Toshio Hosokawa, Luigi Nono, Enrique X. Macías. Vertixe Sonora ofrecerá Fluxo/Flujo/Flow (25 de maio, 20.00 horas, Paraninfo da Universidade), intervencións de solistas e electrónica vinculadas a obras plásticas. Música para unha época (1 de xuño, 19.30 horas, Museo de Belas Artes), de Hachè Costa e Jacobo Gaspar, interpretada a saxo e percusión, será o último dos concertos do festival. Que incluirá intervencións artísticas de César Viana e Luz Arcas -Ubume (4 de maio, 20.00 horas, igrexa das Capuchinas- e de Romina Casile e Marco Maril -A pantasma dun xesto, 20.00 horas, A Normal. E a vídeo instalación coa que abrirá o RESIS e que permanecerá na Normal todo o mes: Cosmos, de Begoña M. Santiago. O sábado 18 de maio, na Fundación Seoane, proxectarase ademais o filme documental Correspondencias sonoras, de Manuel del Río, centrado no día a día ensemble Vertixe Sonora. |
NOS_52641 | O comité de empresa da conserveira Thenaisie Provote acordou convocar seis xornadas de folga para os días 15, 16 e 17 e 22, 23 e 24 de setembro. | O comité de empresa da conserveira Thenaisie Provote, con centros de traballo no Grove e en Mos, vén de convocar seis xornadas de folga para reclamar a implicación da Xunta da Galiza na problemática da empresa, que se atopa en concurso de acredores e con parte do persoal en expediente de regulación de emprego (ERTE). Desde a representación das traballadoras e traballadores demandan un proxecto industrial que garanta a actividade na compañía e permita o mantemento de todos os postos de traballo. Exixen nun comunicado que a Administración galega actúe e ao grupo romanés Scandia Food, propietario na actualidade da empresa, que permita "que sexa a Xunta a que negocie directamente cos posíbeis investidores interesados na adquisición da empresa". Denuncian boicot no proceso de venda A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil, Telecomunicacións e Actividades Afíns da CIG do Salnés denuncia que o grupo romanés está a boicotear o proceso de venda co obxectivo de que a conserveira vaia á liquidación e lembran que Scandia se comprometera coa Xunta a dar un paso atrás no caso de que non se materializasen as conversas que mantiñan cunha conserveira interesada en mercar Thenaisie. Os contactos entre Administración e investidora, á fin, non tiveron lugar, e por este motivo o comité de empresa acordou convocar seis xornadas de folga para os días 15, 16 e 17 e 22, 23 e 24 de setembro. Coincidindo cos paros o persoal concentrarase diante dos centros de traballo do Grove (5 horas) e Mos (6.30 horas). |
PRAZA_8440 | Luís Tosar debuta como director en Cambia de Papel, un documental de Implicadas no Desenvolvemento do que é responsable xunto con María Reimóndez e a cineasta támil Kutti Revathi. Estréase este martes no CGAC. | Luís Tosar debuta como director en Cambia de Papel, un documental de Implicadas no Desenvolvemento do que é responsable xunto con María Reimóndez e a cineasta támil Kutti Revathi. Estréase este martes ás 19 horas no CGAC, en Santiago de Compostela. O filme amosa a capacidade de impacto das mudanzas individuais e detalla a actividade da ONGD galega e da súa organización compañeira en Támil Nadu (India) PDI. A partir dun obradoiro de teatro impartido por Luís Tosar na India a un grupo de mulleres, permite que estas mulleres conten o seu relato persoal, sobre todo o desenvolvemento de pequenos proxectos de economía social e como isto modificou as súas vidas e tamén o seu entorno. A banda sonora corre a cargo do músico e compositor Piti Sanz (Los Contentos, Di Elas...) e a montaxe é un traballo do cineasta Jorge Coira (18 Comidas, El año de la garrapata...). Como nace o proxecto? Estaba xa nas vosas cabezas a idea de facer un filme a partir da experiencia do obradoiro ou xurdiu sobre a marcha? Foi un documental bastante espontáneo, porque xurdiu sobre a marcha. Eu levaba anos colaborando con Implicadas e despois de moitas reunións con María Reimóndez comezamos a falar da idea de eu ir visitar os proxectos que estaban alí funcionando. E a medida que se ía achegando a data pensamos que estaría ben, ademais, preparar algún tipo de actividade, e aí naceu o obradoiro de teatro que desenvolvemos con este grupo de mulleres. A partir de aí fomos engordando o plan e comezamos a pensar que podiamos gravar o taller e tamén algúns dos proxectos que xa estaban iniciados e tiñan resultados moi claros "Cambia de papel fala de cambiar non só as túas circunstancias, senón todo o teu entorno" Que atopaches alí? Cambia de papel fala de cambiar non só as túas circunstancias, senón todo o teu entorno. O teatro é só unha pequena parte do documental. As protagonistas do filme son todas estas mulleres que lograron, despois de ser beneficiadas de Implicadas, desenvolver proxectos empresariais sociais. Por exemplo unha pequena empresa metalúrxica que montaron entre varias, outras montaron unha empresa de fabricación de compresas, outras teñen un pequeno proxecto téxtil... O obxectivo era que elas contasen en primeira persoa cal era a situación actual e como chegaran até alí. O formato é epistolar: como unha carta na que elas contan o que lles parece sobre as súas vidas. "O obxectivo era que elas contasen en primeira persoa cal era a situación actual e como chegaran até alí" E como foi a propia organización do obradoiro? Estas mulleres son traballadoras sociais, colaboradoras de Implicadas, e usan normalmente o teatro de rúa como instrumento didáctico e de concienciación. O teatro é basicamente un pequeno instrumento máis que elas empregan a diario no seu labor de información e de transformación laboral e social. Teñen moi pouca experiencia na interpretación, pero como instrumento é totalmente vital para elas. Impartir este obradoiro de teatro foi unha das experiencias máis chulas que eu vivín na miña vida. Ademais de reencontrarme con eses materiais cos que eu comecei a traballar e compoñer con poucas cousas, improvisar moito e crear practicamente da nada. Tes ganas de repetir a experiencia ao outro lado da cámara? Non o sei. Este proxecto foi diferente porque foi creándose sobre a marcha. E foi máis sinxelo que outro tipo de traballos por ser un documental e ademais tiña moita axuda tanto de María Reimóndez coma de Kutti Revathi, que tamén é escritora, editora dunha revista e unha activista dos movementos feministas. A súa participación era imprescindible para ter unha ollada támil, unha ollada india. A decisión de pasar ao outro lado da cámara irá pouco a pouco. "Impartir este obradoiro de teatro foi unha das experiencias máis chulas que eu vivín na miña vida" Que percorrido terá o documental? O percorrido do documental tampouco vai ser moi convencional, porque é un tipo de traballo que case ten máis importancia externa que interna. É máis un instrumento da propia ONG, unha vía de financiamento para o desenvolvemento de proxectos e tamén unha forma de amosar o traballo que se fai. Estará en festivais, pero en festivais dirixidos a un certo tipo de público e festivais de cooperación. Por exemplo, en agosto vai estar en Colombia nunha mostra e a idea é facer algún tipo de interacción con algúns grupos de acción social que funcionan alí en Cartagena e Medellín. O filme amosa unha realidade moi concreta, pero é exportable a outras situacións? Ao final todos estamos no mesmo lío. Hai graos e pódese estar mellor ou peor. Pero tamén en Galicia hai problemas de base que parece que están resoltos e en realidade non o están tanto, por exemplo en cuestións de xénero. E velos fóra ás veces axuda a detectalos aquí. |
NOS_36918 | A Coruña lembra o xoves día 13 de setembro o poeta Manuel María. A Fundación que leva o seu nome organiza o acto baixo o título Lúas de Outono 2012 e nel presentará 'Os lonxes do Solpor', un libro de poemas inéditos , e o disco 'Andando a Terra', en que Uxía canta ao poeta chairego | "Poeta de outonos da terra, muiñeiro de brétemas, cantor dunha nación lúcida". Con estas palabras Miguel Anxo Fernán Vello define a Manuel María no prólogo do libro Os lonxes do solpor, un feixe de poemas inéditos do escritor chairego que serán publicados oito anos despois do seu pasamento. A Fundación de estudos galegos Manuel María encárgase da edición desta obra en que se recollen un total de 33 composicións. "Trátase dos últimos textos inéditos que quedan", afirma o director da fundación , Alberte Ansede, quen subliña a "calidade literaria" dun libro que o propio autor quixo publicar en vida.Os lonxes do solpor, obra poética que fura con vontade unitaria no tremor puro da palabra e na comuñón coa terra, será unha das tres pezas chave en que se sustentará a grande homenaxe que, o próximo xoves na Coruña, lembrará o poeta Manuel María. Baixo o título Lúas de Outono, o tributo centrarase, ademais de na presentación do libro, na estrea do disco Andando a Terra. Uxía canta a Manuel María e da peza audiovisual Danza do poema emocionado, da produtora Pixel Films. As tres obras fusionaranse no Teatro Colón para lembrar a un autor que, en palabras de Fernán Vello, erixiuse como un poeta "de patria incesante".Deste xeito, as Lúas de Outono volverán brillar un ano máis na Coruña para lembraren a Manuel María, mais neste ocasión este tradicional tributo ao poeta chairego mudará de escenario e data. Habitualmente o Teatro Rosalía abría as súas portas para lembrar o escritor o 7 de setembro, véspera do aniversario do seu falecemento. Con todo, este ano a cita desprazarase e será no Colón o xoves 13 de setembro ás 20.30. "Aínda que pedimos o Rosalía xa en setembro do ano pasado, o concello finalmente dixo que non, que para ese tipo de actos usan outro auditorio, mais non é céntrico nin acaído", admite Ansede. Pese a estes cambios, a homenaxe mantén a súa esencia e o acceso volverá ser gratuíto, até completar as localidades.Cancións para un poetaAlén dese cambio, Lúas de Outono servirá unha vez máis para fornecer a relevancia dun dos grandes poetas das nosas letras. Para cumprir ese obxectivo, ademais de dar a coñecer o xa citado libro, presentarase en directo o novo disco de Uxía, un álbum monográfico en que a cantora ponlle voz e música a un total de doce poemas de Manuel María. "Este álbum é un auténtico reto, xa que é un poeta moi musicado e ademais todos estamos en débeda con el, pola súa poesía e a súa actividade cívica", explica Uxía, quen contou coa estreita colaboración do músico Sergio Tannus para o proxecto.Uxía escolleu o repertorio tendo a Manuel María como única inspiración. "Buscamos reflectir as diferentes dimensións da súa figura", explica a cantora. Con ese obxectivo, no repertorio final entraron poemas biográficos como 'Quero ser un río' ou 'A casa', outros reivindicativos como 'A fala' e mesmo algún infantíl como 'O gato'. Por suposto, no disco tamén entran grandes clásicos como 'O carro', que neste álbum conserva a coñecida musicalización que lle deu Mero.O terceiro piar da homenaxe será a Danza do poema emocionado, unha peza audiovisual realizada por Pixel Films. "É un vídeopoema que está destinado ás crianzas. Nel tradúcense varias poesías en imaxes e lévanse os seus versos ao terreo da danza e da aprendizaxe", explica Jairo Iglesias, director desta fita guionizada por Anxa G. Refoxo e Mikel Fuentes. A produtora Pixel foi, precisamente, a responsábel do vídeo De amor e cantería, en que traducen en imaxes e son os 'Sonetos á Casa de Hortas', de Manuel María e que mereceu o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental do ano 2011. Tanto a peza audiovisual premiada, como o disco e o libro Os lonxes do solpor poderanse adquirir no Colón como unha gran lembranza da homenaxe a Manuel María. |
PRAZA_10540 | O aniversario do pasamento da poeta tornou en efeméride de celebración da súa obra e dos seus múltiples ronseis na cultura galega. As músicas de Davide Salvado, Ugia Pedreira ou Cristina Pato animarán o día grande do 'Abride a fiestra', no que persoas expertas na vida e obrada poeta guiarán visitas pola Casa-Museo | Tras o éxito da súa primeira edición, o festival Abride a fiestra volve o 13 e 14 de xullo á Casa de Rosalía en Padrón. O aniversario do pasamento da poeta -o 15 de xullo- é a efeméride que a Fundación Rosalía de Castro converteu nunha efeméride de celebración da súa obra e dos seus múltiples ronseis na cultura galega, enchendo a Casa da Matanza de manifestacións artísticas durante dous días.A Fundación desvelou este 8 de xullo a integridade dun programa que comezará o sábado, día 13, cun recital poético multilingüe. O Colectivo de Poetas en Bruxelas e diversos autores galegos compartiran versos nunha xornada na que participarán Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto, Xavier Queipo, Chus Pato e Yolanda Castaño. Esa primeira xornada culminará coa música de Cristina Pato acompañada por Roberto Comesaña.O aniversario do pasamento da poeta tornou en efeméride de celebración da súa obra e dos seus múltiples ronseis na cultura galegaXa o domingo, "día grande" da segunda edición do Abride a fiestra, a Casa da Matanza abrirá as súas portas para todas as persoas que queiran visitala e participar das actividades. Ester Formoso e Carlos Ocaña darán vida a Rosalía e Murguía nunha xornada na que a Casa Museo poderá ser guiada por persoas expertas en diferentes facetas da vida e obra da autora, como o escritor Pedro Feijóo, o profesor e político Francisco Rodríguez, o historiador Xosé Ramón Barreiro, a poeta Olga Novo ou o deseñador Pepe Barro.As músicas de Davide Salvado, Ugia Pedreira ou Cristina Pato animarán o día grande do 'Abride a fiestra', no que persoas expertas na vida e obra da poeta guiarán visitas pola Casa-MuseoUnha feira de produtos rosalianos ou unha ludoteca animarán unha xornada na que tamén haberá oco para o audiovisual -coa presentación do filme Contou Rosalía, de Zaza Ceballos-, regueifas con Lupe Blanco e Kike Estévez e oco especial para a rapazada, nesta ocasión con Paco Nogueiras. Ás nenas e nenos está tamén dedicado o Libro Escolar de Poesía do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, que impulsa a fundación.Presentacións de libros e encontros culturais estarán tamén moi presentes nunha xornada que tamén ten moito de musical. Davide Salvado e o seu espectáculo Amarelo; Secho, Ugia Pedreira cunha performance musical sobre Rosalía acompañada por Cristina Pato ou a Coral de Padrón porán banda sonora a un evento que, un ano máis, homenaxeará tamén ás persoas que contribuíron a recuperar a Casa da Matanza e a convertela en Casa-Museo de Rosalía de Castro. Nesta ocasión a Rosa de Galicia irá á familia de Xosé Villar Granjel, un dos impulsores da compra da casa para dedicala a homenaxear a poeta. |
NOS_45710 | O Congreso español debate mañá o Proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, analiza para Nós Diario a proposta. | Como se pode garantir o dereito a vivir en galego se no noso propio domicilio non o podemos usar para vermos filmes ou series sexa cal for a versión escollida? A quen pode molestar que queiramos gozar de audiovisual propio ou alleo na nosa lingua? Por que motivo as persoas de todas as idades e condicións que queremos vivir en galego non temos a mesma liberdade que a lei garante para o facer en español? En maio de 2021, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas na que se solicitaba "que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda". Lonxe disto, o Proxecto de Lei xeral de comunicación audiovisual presentado polo goberno español non recoñece na práctica a diversidade cultural e lingüística e non estabelece condicións mínimas de equidade para todas as linguas. Aliás, fica sen concreción ou limítase a recoller os mínimos aos que está obrigado, ou nen iso, pois non cumpre co que sinala a Directiva europea en relación á Convención da UNESCO da diversidade cultural. Diversidade lingüística O recoñecemento da diversidade lingüística é só unha mención. Nada concretiza a plena disposición de galego, éuscaro e catalán. Permítese a incorporación destas linguas ao catálogo, mais só obriga á presenza do castelán, deixando ás demais nunha cota común a partillar tamén co español. Accesibilidade O Proxecto de Lei estabelece o acceso a lexendaxe, audiodescricións, páxinas web, aplicativos, información e guías electrónicas, linguaxe de signos e acceso para persoas con discapacidade. Sempre excluíndo o galego e outras linguas oficiais nos seus países desta posibilidade. Tanto é así que o control de lexendados e audiodescricións terá como única referencia o denominado Centro Español de Subtitulado y Audiodescriciones. Dobraxe Grazas á lexislación franquista vixente nos anos 40 que obrigaba a dobrar a español todas as proxeccións no cinema, a inmensa maioría de canles e plataformas teñen o 100% de opción de versión dobrada a español. O 0% en galego dá conta do que evoluíu a situación a favor do galego que fica á vontade das emisións na TVG.Co español presente por defecto, para os outros idiomas parécelle abondo ao goberno español coa intención de promover e axudar ao lexendado e dobrado de producións audiovisuais e a inclusión nos catálogos de obras xa dobradas a linguas propias oficiais só se estiveren dispoñíbeis e for viábel, din. Reparemos en que custe medio de dobraxe dun filme está por volta do 8000€, cantidade ridícula en comparación co custe medio dunha produción de éxito comercial (3,5 millóns no Estado español). Cotas e financiamento anticipado Seguindo o que fixa a Directiva europea estabelecerase unha cota mínima de emisións ou catálogo sempre garantida para o español e condicionada para o resto de linguas.Mentres Estados da UE, como o francés, fixan os máximos de cota de produción europea e francesa nas emisións, catálogos e financiamento, o goberno español optou pola porcentaxe mínima consciente de que a presenza do español ficará garantida sempre na dobraxe.O Proxecto de Lei cingue o uso das linguas propias ao servizo público de comunicación audiovisual (TVE) e aos servizos de comunicación audiovisual televisivo a petición. O resultado final da porcentaxe sería dun 0% na chamada televisión lineal (as grandes canles estatais), dun 3,9% anual en TVE, e dun 6% para "algunha das linguas" cooficiais nas plataformas audiovisuais nas que en principio non entrarían as de maior volume: Netflix, HBO, Prime vídeo... e sen fixar un mínimo por lingua.O mesmo acontece coa porcentaxe sobre os lucros que as fornecedoras de contidos deberán destinar a financiar novas producións. Serán as producións galegas, vascas e catalás quen leven as piores condicións de financiamento cunha porcentaxe para todas elas do 2,4% dos fondos destinados á produción sen se garantir nen un euro mínimo en calquera destas linguas. Pódese mudar a lei a favor das linguas? Pódese, e desde Galiza hai resposta no ámbito académico, do sector e da defensa da lingua. Hai uns días presentouse a Iniciativa polo audiovisual en galego, impulsada polo Grupo de estudos audiovisuais da USC, a Asociación de produtoras independentes (AGAPI), a Asociación de dirección e realización (CREA), a Asociación galega de guionistas (AGA), a Asociación profesional de actores e actrices da dobraxe (APRADOGA), a Asociación galega de tradución e interpretación (AGPTI) e a Mesa pola Normalización Lingüística. Xuntas presentaron aos diferentes partidos con representación de Galiza no Congreso español unha proposta de emendas que evite que a nova lei continúe co apagón do galego no audiovisual nas próximas décadas. Mais, como acontece sempre cos avances a favor do galego, precisarase da mobilización de toda as sociedade para conseguilo. |
NOS_19210 | Visita oficial de Rebelo de Sousa ao país golpeado polo xihadismo. | O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, asegurou onte nunha reunión en Maputo co seu homólogo mozambicano, Filipe Nyusi, que a guerra en Ucraína non reducirá o apoio da UE á loita contra o terrorismo no país africano. "Nada da posição portuguesa sobre a Ucrânia colide com o nosso apoio e empenho com o povo irmão de Moçambique", manifestou. O mandatario portugués comezou onte unha visita oficial de catro días no país africano que cualificou de "segunda pátria, a seguir a Portugal". Alí, ademais de manter reunións con Nyusi, ten previsto visitar os centros de formación militar cos que colabora a UE. Bruxelas lanzou en 2021 un programa de adestramento para capacitar as forzas armadas do país na súa loita contra en Cabo Delgado. Nesta provincia setentrional sucédense desde 2017 os ataques do grupo xihadista Al Sunnah wa Jamaah (ASWJ), coñecido localmente como Al Shabab. Designado en 2021 como "organización terrorista internacional" afiliada ao Estado Islámico (EI), é responsábel de máis de 3.700 vítimas mortais, entre estas máis de 1.600 civís. Ademais, a violencia destes combatentes obrigou a unhas 735.000 persoas a abandonar os seus fogares, segundo os últimos datos da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR). "Lonxe de terminar, a crise humanitaria persiste e centos de miles de persoas desprazadas sobreviven en condicións precarias", advertiu Médicos Sen Fronteiras en decembro. Guerra en Ucraína A respecto da guerra en Ucraína, o presidente luso afirmou que "não conseguimos compreender como se pode interferir na soberania de um Estado a não ser a pedido desse Estado". Nyusi, pola súa parte, xustificou a abstención de Moçambique na resolución da Asemblea Xeral da ONU que condenou a invasão russa da Ucrânia. "Moçambique não está de acordo com a guerra, defendemos o diálogo", dixo. |
NOS_33990 | Segundo un informe publicado nesta segunda feira pola Organización Mundial da Saúde (OMS) con motivo da conmemoración do Día Internacional da Saúde a vindeira quinta feira, 99% da poboación mundial respira aire contaminado e só 10% das cidades do planeta cumpren os estándares de calidade do aire da ONU. | Segundo un informe publicadonesta segunda feira pola Organización Mundial da Saúde (OMS) con motivo da conmemoración do Día Internacional da Saúde a vindeira quinta feira, 99% da poboación mundial respira aire contaminado e só 10% das cidades do planeta cumpren os estándares de calidade do aire da ONU, unha contaminación que provoca sete millóns de mortes evitábeis cada ano. Sobre os resultados da investigación, na que se analizaron máis de 6.000 cidades en 117 Estados, a directora do Departamento de Medio Ambiente, Cambio Climático e Saúde da OMS, Maria Neira, laiouse de que "despois de sobrevivir a unha pandemia, é inaceptábel ter aínda sete millóns de mortes evitábeis e incontábeis" debido á contaminación do aire. A OMS reclama tomar medidas contra a contaminación por antimicrobianos Tamén se realizaron medicións de partículas con diámetros iguais ou menores a 10 micrómetros ou 2,5 micrómetros, as cales son capaces de penetrar nos pulmóns e en torrente sanguíneo, provocando problemas cardiovasculares, cerebrovasculares e respiratorios. Ambos os grupos de contaminantes teñen a súa orixe principalmente en actividades humanas relacionadas coa queima de combustíbeis fósiles. A 'pandemia' da contaminación causa o dobre de mortes que a Covid "As preocupacións enerxéticas actuais resaltan a importancia de acelerar a transición cara a sistemas enerxéticos máis limpos e saudábeis", dixo ao respecto o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus. A OMS, froito dos resultados arroxados polo seu informe, vén de solicitar aos Gobernos adoptar ou revisar e implementar estándares estatais de calidade do aire que concorden coas últimas Directrices de Calidade do Aire da OMS. A organización sanitaria internacional pide monitorizar a calidade do aire e identificar as fontes de contaminación do aire; así como apoiar a transición cara ao uso exclusivo de enerxía doméstica limpa para cociñar, quentar e iluminar. A Galiza supera a maioría dos límites de contaminación atmosférica da OMS A institución tamén puxo o foco na necesidade de avanzar na mobilidade sostíbel e na mellora da xestión dos residuos municipais e industriais. |
NOS_49612 | A Federación Galega de Atletismo anuncia a suspensión cautelar de todos os campionatos e competicións previstas na Galiza no ano 2020 até novo aviso. | A Federación Galega de Atletismo anuncia a suspensión cautelar de todos os campionatos e competicións previstas na Galiza no ano 2020 até novo aviso. A decisión foi tomada durante a xuntanza telemática mantida por parte da Xunta Directiva e a Comisión Delegada da Asemblea Xeral ante a evolución que están tendo os efectos dos contaxios polo coronavirus Por outra banda, a Federación anuncia que desenvolverá, con carácter semanal, unha reunión para valorar as últimas información sobre a pandemia e, en función das novidades, tomarán a decisión sobre a posíbel reubicación no calendario galego das competicións aprazadas ou sobre a súa cancelación. |
NOS_33643 | Acusan Acerbaixán de lanzar ataques. | O Defensor do Pobo de Armenia informou onte de que xa son máis de 2.500 os civís que foron evacuados no leste e o sur do país ante os últimos enfrontamentos con Acerbaixán na fronteira, que se saldaron con perto dun cento de militares mortos. "Polo menos 2.570 persoas foron evacuadas das súas vivendas nas zonas de Sotk, Norabak, Kut, Azat, Airk, Tretuk, Tutakavan e Gegharkunik, no leste, así como en Chakaten, Shikahogh, Srashen, Ajitu e Akner, entre outros", indicou nun informe no cal matizou que a maioría de evacuados son mulleres, nenos e anciáns. O texto acusa ademais o Goberno e os medios de comunicación de Aceribaxán de incorrer en actos de "armenofobia", algo que tachou de "perigoso dada a experiencia do país no pasado e o alto perigo de que o Exército de Acerbaixán leve a cabo crimes de guerra". Así mesmo, o presidente do Parlamento armenio, Alen Simonyán, sinalou que catro civís resultaron feridos por mor dos bombardeos por parte das forzas de Acerbaixán, segundo informacións da axencia de noticias Armenpress. "As Forzas Armadas de Acerbaixán están a realizar ataques con drons e morteiros. Hai feridas no lado armenio, mesmo entre a poboación civil. Tamén se produciron graves perdas de material militar", aseverou Simonyán. As autoridades de Armenia denunciaron, ademais, que se rexistraron ataques contra varias ambulancias. Acerbaixán acusado de atacar vehículos rusos O Ministerio de Defensa de Armenia acusou tamén onte as tropas de Acerbaixán de atacar varios vehículos da garda fronteiriza rusa en territorio armenio. "Ás 15 horas, a situación na fronteira entre Armenia e Acerbaixán é moi tensa. A Forza Armada de Acerbaixán levou a cabo ataques contra vehículos do Servizo Federal de Seguridade (FSB) de Rusia, que se atopaban realizando unha misión humanitaria na zona de combate", aseverou o portavoz do Ministerio, Aram Torosyán, nun comunicado. Así mesmo, alertou de que se produciron ataques contra asentamentos pacíficos en solo armenio e indicou que, para iso, "utilizaron drons". Con todo, asegurou que as forzas armenias están "a tomar medidas para responder pertinentemente ante o inimigo". |
PRAZA_12984 | Benigno López deixa o seu cargo horas despois de que o PP vetase senllas iniciativas de PSdeG e BNG para propiciar o seu relevo polas declaracións nas que apostaba por unha "suspensión" da aplicación da Lei da Dependencia e defendía os "indispensables, xustos e necesarios" recortes do Goberno central. Escrito de renuncia no interior | O Valedor marcha. Poucas horas despois de que o PP apostase por parapetalo por tras da súa maioría absoluta e, moi posiblemente, un pouco máis alá, Benigno López. O alto comisionado presentou esta tarde a súa renuncia no Rexistro do Parlamento a través dun breve escrito ao que tivo acceso Praza Pública. A dimisión prodúcese despois de que, durante as últimas dúas semanas, se acumulasen as críticas polas declaracións nas que apostaba por unha "suspensión" temporal da aplicación da Lei da Dependencia e consideraba "imprescindibles, xustos e necesarios" os recortes do Goberno central. PSdeG e BNG facían este martes un novo intento para acelerar o relevo. Socialistas e nacionalistas víano "desautorizado para seguir á fronte da institución" e por iso lle deron aos conservadores dúas vías para a substitución: o PSdeG reclamaba un punto na orde do día do vindeiro pleno para "discutir a remoción" do Valedor e o BNG apostaba por facer o propio na Comisión de Peticións. Ningunha das dúas será xa necesaria e o voceiro do PP, Pedro Puy, amosa "o seu total respecto á decisión adoptada", se ben engade a continuación unha crítica ao "dano realizado polos grupos da oposición á institución nos últimos días" e un "recoñecemento a Benigno López polo traballo desenvolvido, cumprindo cos deberes e obrigas na atención e protección a todos os galegos e galegas". Dende a oposición a primeira reacción chegaba dende o PSdeG, cuxo secretario xeral, Pachi Vázquez, sinalaba a través de Twitter que "quen non defende ao pobo, non pode representar ao pobo". "Finaliza un episodio que nunca debeu comezar", sinala o socialista, ao que engade "se queremos, podemos". Na mesma liña o voceiro da formación no Parlamento, Abel Losada, considera que o cesamento era "a única saída lóxica e digna a unha posición insostible", e ademais "fai caer polo seu propio peso os argumentos incoherentes, inconsistentes e incongruentes de Feijóo na súa defensa". Do mesmo xeito coida que a marcha de López "abre a necesidade de reflexionar sobre o papel do Valedor" nun momento "de necesidades económicas e sociais como o que vivimos". O PP vetou as iniciativas de PSdeG e BNG porque "é patente" que o Valedor "non está incumprindo as súas obrigas" Antes de coñecer a noticia o PP despregaba todo un abano de argumentos para non adiantar o relevo na institución, para o que agora amosa "total disposición para chegar a un consenso". Puy non vía motivo ningún para propiciar a destitución de López porque, na súa opinión, estaba a cumprir a "defensa dos dereitos e liberdades constitucionais e estatutarias" que lle foi encomendada e, ademais, estábao a facer "cumprindo as súas obrigas de acordo coa Lei do Valedor", isto é, "con autonomía e liberdade de criterio". Como faría despois do cesamento, xa nese momento Puy pasaba por riba do contido das declaracións de Benigno López para poñer o foco na oposición. Socialistas e nacionalistas "están a xerar unha crise institucional", aseguraba, pero o PP "non vai facer o xogo de deteriorar unha institución que está sendo cuestionada noutras instancias que cuestionan a propia existencia do Estado autonómico". Ademais, abonda, o nomeamento do actual alto comisionado foi unha proposta aprobada "por unanimidade" en 2007 "a proposta do Grupo Socialista". Puy lamenta "o dano realizado polos grupos da oposición á institución nos últimos días" As afirmacións de Pedro Puy chegaban minutos despois de que a socialista Caride asegurase algo ben distinto: "a proposta foi directa do presidente da Xunta" e o bipartito aceptouna en aras do "consenso". Ademais, engade, "se a miña información non é errada, coñecíanse persoalmente e mesmo lle axudou a preparar as oposicións". "Se hai un señor que durante dous meses ten unha relación de instrutor doutra hai trinta anos, chamarlle a iso ou tentar facer diso unha relación de especial amizade é ridículo", retrucou Puy. Pero, realmente, cal é a versión certa? Unha combinación das dúas. A proposta partiu do daquela Goberno bipartito, nomeadamente da consellería de Presidencia que dirixía José Luis Méndez Romeu, aínda que despois de varios vetos por parte do PP. A Xunta puxo sobre a mesa o nome de López sabendo que sería aceptado por Feijóo quen, como contrapartida, permitiría desbloquear a renovación do Consello de Contas, daquela tamén co mandato prorrogado. Petición "de máis do 50% da sociedade galega" Antes de coñecer a renuncia de López tanto Pontón como Caride lembraban ademais as diversas entidades sociais que pediron a marha de López nun contexto no que, salientaba a socialista, a proposta chegaba ao Parlamento co apoio "de máis do 50% da sociedade galega, porque a oposición ten máis do 50% dos votos dos galegos e galegas". O Valedor, di, "debería decatarse e cesar por iniciativa propia", como finalmente fixo, dado que "xa non representa a todos os galegos". "O presidente Feijóo debería decidir se apoia a defensa dos intereses dos cidadáns ou mantén no cargo a unha persoa que lle facilita o traballo". Unha vez oficializada a dimisión ábrese o período para as negociacións entre os grupos. Atendendo ao avanzado polo PP nese momento ademais presentará unha proposta de reforma legal para aplicarlle ao alto comisionado os recortes propostos por Feijóo, consistentes en eliminar a figura dos vicevaledores e en reducir o seu orzamento. |
NOS_30468 | A Consellaría de Cultura destína 250.000 euros para axudas á edición de materiais didácticos en galego. Un recorte de 50.000 euros a respeito da anterior convocatoria. | O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a convocatoria de axudas á edición de materiais didácticos en galego. A Consellaría de Cultura destina un total de 250.000 euros para esta finalidade, fondos aos que poden obtar as editoras de Galiza. O orzamento supón un recorte de 50.000 euros (o 17%) sobre a anterior convocatoria, e mantén a política da Xunta de recortar nesta liña de axudas, que arrincaba en 2008 con 1,05 millóns de euros. Entre os criterios que se consideran na actual xeira está o feito de seren materiais orixinais e da súa adaptación aos contidos curiculares ou a calidade da lingua empregada. A convocatoria vai dirixida tanto a material impreso como a outros soportes. |
NOS_5805 | O montañista Sechu López é o primeiro galego en facer cumio nesa montaña nepalí | Sechu López logrou o domingo, ás 17:15 hora galega, facer cumio no Annapurna, unha das 14 montañas que no mundo superan os 8.000 metros de altitude. E fíxoo sen oxíxeno artificial, toda unha proeza e un exemplo de loita e superación. O Annapurna, xunto co mítico K2, está considerado un dos oitomil máis perigosos. É, aliás, o que menos ascensións ten. Datos todos eles que non fan máis que reforzar a importancia do alcanzado por Sechu López. Deste modo, o montañeiro galego coroou con éxito o seu proxecto, que botou a andar a finais do pasado mes de marzo, coa saída de Vigo da expedición. Porén, aínda queda outra parte perigosa e non exenta de risco, como é o descenso. Non obstante, a experiencia e valentía de López de certo que fará que todo acabe ben. López é membro do Clube de Montañeiros Celtas, entidade que presidiu de 2002 a 2006. |
NOS_33860 | O sector de dobraxe ao galego apoia a manifestación convocada por Queremos Galego para este domingo. Falamos con eles da situación dun sector que atravesa non poucas dificultades. | O sector da dobraxe en galego vai estar este domingo, 8 de febreiro, en Compostela na manifestación convocada por Queremos Galego. Apostan na defensa do galego como un sector que ten no idioma a súa ferramenta de traballo e que é responsábel fundamental na 'socialización' da lingua propia do país. "Non se cumpre o Plan Xeral de Normalización Lingüística a respecto da dobraxe", afirma en conversa con Sermos Galiza André Bellas, un dos representantes deste colectivo. "E os orzamentos para a dobraxe caen ano tras ano tras ano...", completa. Recoñecen que neste escenario "é imposíbel a pervivencia do sector" e recoñece que "cando nos decatemos, corremos o risco de que desapareza a dobraxe en galego". Bellas fala de empresas en ERE, con concurso de acredores... a dobraxe ao galego é un sector externalizado e que xera emprego a por volta dunhas 300 persoas, entre actores, tradutores, directores... "Non chega" O colectivo toma esa cifra de 300 persoas traballando para poñer un exemplo claro do difícil da súa situación. "Este ano falan dun orzamento de 1.600.000 euros. Unha simple división desa cifra dános menos de 600 euros por persoa e mes". Nun sector onde son traballadores por conta allea, "con contrato verbal diario". Imposíbel seguir adiante moito tempo se non se cambian as circunstancias. "Se non, estannos abocando ao paro". Malia todo, Bellas enfatiza en que están orgullosos do seu labor. "Somos un elemento normalizador do galego moi importante, algo que nos recoñeceron entidades, organizacións e colectivos. Por exemplo, a propia Real Academia Galega". Vontade Os e as dobradoras ao galego insisten en que a súa pelexa é para que se recoñeza o peso e importancia do seu papel no compromiso coa cultura e o idioma. Que cada recorte, limitación... neste campo repercute en recortes e limitacións na lingua do país. "Sinceramente? Dubido que no goberno haxa vontade de cambiar as cousas e de dar maior pulo a esta profesión e ao galego". A súa batalla, que xa chegou ao Parlamento de Galicia, procura, entre outros obxectivos, que a dobraxe ao galego se recoñeza no acordo marco da TVG, "blindando así de certo xeito este sector". JR, Shin-Chan e As Bolas do Dragón A dobraxe ao galego foi "dunha importancia capital na difusión do idioma". Películas, debuxos, series de ficción estranxeiras podían ser gozadas no idioma propio de Galiza. Unha lingua até entón desterrada deses ámbitos. "Hai quen dixo que tan importante para o galego era que o falase JR -protagonista dunha das grandes series mundiais, ´Dallas,- como que o falase Manuel Fraga", lembra sorrindo Andrés Bellas. E enumera fenómenos como Shin-Chan, As Bolas do Dragón, e outras que o público na Galiza coñeceu a través do galego -e que se lle facía raro despois escoitalos en español-. "A xente asumiu como normal que nas series de ficción se falase en galego, algo marabilloso; porque até entón iso era imposíbel e o normal era que fose en castelán". De súpeto, na pequena pantalla Clint Eastwood, Robert Redford ou Audrey Hepburn falaban en galego, o idioma proscrito. |
PRAZA_13337 | O ex conselleiro de Pesca e antigo rival do presidente da Xunta polo liderado do PPdeG substitúe a Romay Beccaría como senador por designación autonómica no escano antes ocupado por Fraga | En agosto de 2005 o PPdeG aínda refregaba os ollos. Dous meses antes Manuel Fraga perdera a maioría absoluta e os cadros que durante dezaseis anos ocuparan cargos diversos na Xunta e no propio partido tentaban acomodarse na oposición e tamén de tomar posicións no inminente proceso sucesorio. Vislumbrábanse, como mínimo, tres candidatos: os que foran vicepresidentes de Fraga, José Manuel Barreiro e Alberto Núñez Feijóo, e o ex conselleiro Xosé Cuíña. Nese escenario irrompeu outro ex conselleiro, Enrique López Veiga. O que fora titular de Pesca daba un paso adiante para rematar coas "tonterías e bobadas" das "demandas de máis nacionalismo interno que propugna un sector de partido". El propúñase suceder a Fraga para "cambiar o partido de arriba a abaixo, facelo máis democraico, máis laico e deixar atrás actitudes rancias que nos fixeron perder apoios no electorado urbano", nun contexto de maior harmonía coa dirección central do PP. En xaneiro de 2006 Feijóo impúñase no cónclave e López Veiga continuou como deputado raso durante a lexislatura co bipartito de PSdeG e BNG, protagonizando debates especialmente tensos como o que fora alcumado como "guerra das bandeiras", para instar os departamentos daquela dirixidos por nacionalistas a xeralizar a presenza da bandeira de España nos seus actos e despachos. Poucos meses despois de xurar bandeira como reservista voluntario da Armada na Escola Naval de Marín consideraba que "os nacionalistas son retrógrados, reaccionarios e cavernícolas dende o punto de vista filosófico" e aproveitaban a súa presenza no Goberno para realizar "gamberradas políticas privadas". O novo senador propúñase en 2005 liderar o PPdeG para rematar "coas tonterías e bobadas das demandas de máis nacionalismo interno" Máis dun lustro despois daquelas carreiras partidarias e colisións dialécticas o ex conselleiro regresou este martes á vida política. Fíxoo por iniciativa do que noutrora fora o seu rival, o hoxe presidente da Xunta, para quen non aforrou eloxios. Despois dun complexo crebacabezas interno os conservadores galegos decidiron tirar pola rúa do medio e botar man dun vello rockeiro do partido para substituír a José Manuel Romay Beccaría -presidente do Consello de Estado- como senador por designación autonómica. El non tiña previsto regresar á vida pública pero "o presidente é moi persuasivo, aparte de ser un bo amigo e unha excelente persoa á que eu profeso unha admiración xenuina, porque Galicia é quen de ser unha autonomía e está cumprindo, nin máis nin menos, os criterios de déficit", explicou aos xornalistas nos corredores do Parlamento. Non foi ata o pasado venres cando Feijóo o "sorprendeu" coa proposta de nomeamento e, "se se pode ser útil a Galicia, resulta difícil dicir que non", aínda que a decisión traia consigo o "peso no estómago" que deriva da "responsabilidade". Con todo, a súa resposta foi afirmativa nun contexto no que, se "xa tiña afecto e admiración" por Feijóo, "agora máis", porque está a desenvolver unha "política sensata". Sobre esta base irá á Cámara alta dende a concepción de que os galegos "sempre fomos xente dura e traballadora" e "se conseguimos enfocalo, malo será que non saiamos desta crise". "Eu asumo unha responsabilidade moi grande e agardo non fallar" nunha institución que considera "necesaria", aínda que "coa que está caendo", se cadra cómpre "evitar duplicidades" e "maximizar a acción" de cada Administración. "Ao mellor hai que reenfocalo no seu momento, pero é un debate de moito calado e polo menos os dous grandes partidos teñen que estar de acordo". En todo caso, a el "sempre lle gustou" o Senado, como Cámara territorial e "con poderes". |
NOS_10856 | O kilt, coñecido popularmente como saia escocesa, é a prenda máis típica de Escocia e Irlanda, e os homes escoceses mantivérona na súa vestimenta, mais sabías que os castrexos tamén vestían saias con cadros? | Escoceses, co kilt; tahitianos, co pareo; habitantes da Polinesia co lava-lava; asiáticos co sarong... Son os exemplos máis paradigmáticos do uso de saias por parte de homes. O kilt, en particular, goza de grande aceptación en países occidentais, especialmente no Reino Unido e nos EUA, onde se considera, entre moitas comunidades, unha maneira de celebrar o patrimonio escocés, irlandés e gaélico. No caso da Galiza, os homes tamén vestiron saia, ao igual que no norte de Portugal. Existe documentación suficiente sobre o uso de saias, nomeadamente con motivos de cadros, en rombo, nos homes castrexos. Así o demostran as estatuas dos guerreiros galaicos. Paco Boluda, ilustrador e autor de Kallaikos, libro divulgativo sobre a vida castrexa, explica nas súas redes sociais que o artista que esculpiu a estatua do IV guerreiro de Lesenho, ademais de "crear unha obra de gran calidade e minucioso detalle, deixou a imaxe clara da saia que porta o representado". "Serve para constatar o uso desta prenda, polo menos, entre algúns galaicos do século III-II antes da nosa era", engade. "Xunto co espectacular cinto, debían representar un status social importante e que había que amosar", afirma Boluda, que contrapón a saia nos castrexos co kilt escocés, que en Escocia "souberon internacionalizar, promover e vender, converténdose nunha icona, nun símbolo de identidade que promove polo mundo enteiro o seu país e que xera unha boa cantidade de ingresos". Boluda tamén repara na importancia do cinto, unha das pezas mellor representadas nas esculturas dos guerreiros galegos, "con gran detalle e coidada execución, estando ben visíbel a fibela, coa posibilidade de que na estatua a puxeran atrás, para darlle visibilidade". O divulgador pon de manifesto que en 12 de 29 estatuas dos chamados guerreiros -aínda que algunhas non se conservan enteiras- podemos observar a saia. "Desas doce, cinco están coa tela decorada. Son as de Cendufe, Monte Mozinho, Vicela, São Julião e dúas máis de Lesenho", salienta. As que non teñen a decoración tallada, posibelmente a tivesen pintada, di. O patrón da decoración é, en todos os casos, salvo nunha de Lesenho, cadros formando rombos. O uso de saias nos homes tamén chegou ao século XX a algunhas variantes do traxe galego, como a coñecida como saia de Tui. |
NOS_37897 | Tras dous meses de peche, protestas e manifestacións; de acusacións cruzadas entre grupos políticos e representantes da Administración e de que se reactivara a busca de dúas profesionais que cubrisen as prazas de Pediatría do Hospital de Verín, a sala de partos do centro comarcal reabrirá esta segunda feira | Dous meses despois do peche da sala de partos do Hospital de Verín, a comarca prepárase para celebrar unha conquista social que se fraguou entre protestas e mobilizacións, nun encerro indefinido que está a piques de suspenderse, animada polo cruce de acusacións entre os grupos da oposición e representantes da Administración. Agora, despois dun cambio na dirección do hospital e do enésimo intento por dotalo de pediatras, a sala de partos do centro comarcal reabrirá esta segunda feira para continuar unha actividade que cesou o primeiro de decembro do ano pasado, cando a Xunta decidiu clausurala seguindo "criterios médicos" e de "seguridade". "Falta de seguridade" Segundo explicou a finais de novembro o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, foron expertos en Xinecología e Pediatría da área sanitaria de Ourense os que "por unanimidade" resolveron que debía finalizar a actividade na sala de partos de Verín ante a "diminución drástica de partos anuais". A liña argumental do conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, foi a mesma que desenvolveu o xefe do Executivo galego, e tamén o xerente da área sanitaria de Ourense, Félix Rubial: o descenso no número de partos, 89 o pasado ano e 48 no que ía de 2019, supoñía unha "falta de seguridade" na atención ás mulleres, a raíz da falta de carga laboral do persoal. Profesionais sanitarias rebateron os argumentos da Xunta da Galiza desde o primeiro momento, afirmando que o número de partos dun territorio non garda relación coa súa calidade asistencial nin coa das profesionais do servizo. Dúas prazas vancantes A mobilización social, firme na súa demanda de recuperar os servizos perdidos, sostida polo apoio de sindicatos, dos partidos políticos da oposición e dos movementos en defensa da sanidade pública, motivou un das primeira reconsideracións por parte do Goberno da Xunta. Feixoo anunciou unha convocatoria extraordinaria para tratar de cubrir as dúas prazas vacantes na área de Pediatría do hospital comarcal, desertas desde o verán. "Se hai algún disposto a traballar no hospital de Verín, podémolo contratar antes de comer. Non creo que se poida dicir de forma máis clara" asegurou o presidente o Goberno galego no seu día. Carencia de pediatras A falta estrutural de pediatras, que apuntan tamén desde a Administración sanitaria, estivo presente durante todo o conflito e mantense. As protestas pola carencia de especialistas duran meses en diferentes puntos do territorio, sobre todo en comarcas do rural e en numerosos centros de Atención Primaria nos que profesionais, asociacións sanitarias e de pacientes aseguran que non se están cubrindo as baixas ou que faltan facultativas. "As usuarias denuncian a deficiente calidade asistencial derivada da falta de pediatras, da itinerancia e da concentración dos servizos". Na Mariña, na Costa da Morte, na Baña, en Ferrolterra... E desde a pasada sexta feira tamén en Cee-Corcubión, onde saíron á rúa para protestar após coñecer que a pediatra que cubría a súa área é unha das que traballará en Verín a partir da mañá. "Profesionais reclaman maior planificación e provisión de prazas, a fin da contratación precaria e maiores incentivos laborais". E mentres as usuarias denuncian a deficiente calidade asistencial derivada da falta de pediatras, da itinerancia e da concentración dos servizos; a profesionais reclaman maior planificación e provisión de prazas, a fin da contratación precaria e maiores incentivos laborais para non ter que dicir que non ou marchar fóra. Verín reabrirá A busca de pediatras a través desa nova convocatoria, extraordinaria, pechouse o 7 de xaneiro sen éxito, mais a remuda na dirección do distrito sanitario de Verín, propiciou un avance cara a recuperación da sala de partos e das urxencias pediátricas. "A remuda na dirección do distrito sanitario de Verín, propiciou un avance cara a recuperación da sala de partos". Guillermina Agulla incorporouse á xerencia do Hospital de Verín do 10 de xaneiro tras a dimisión de Miguel Abad, por decisión persoal, no medio do conflito. Oito días após a súa chegada confirmou oficialmente que o Sergas contrataría dúas pediatras para cubrir as prazas de Verín e que o paritorio abriría a primeiros de febreiro. Manifestación e protestas A Xunta confirmou que os servizos reabrirán mañá, o día 3, despois de dous meses de peche, protestas e mobilizacións que se estenderon desde Verín ao Parlamento da Galiza e que espertaron a solidariedade da veciñanza e das profesionais sanitarias doutros hospitais comarcais, que ven perigar a o futuro da saúde pública no rural. "As mobilizacións en defensa da sanidade pública no rural continuarán". Foi unha das teimas da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monterrei durante estes dous meses, a defensa dos servizos sanitarios de proximidade como recurso imprescindíbel para a supervivencia do rural. Despois de dous meses, o peche indefinido no Hospital de Verín quedará desconvocado, pero non así as mobilizacións do persoal hospitalario e da cidadanía. "Seguiremos as protestas até que nos repoñan todos os servizos que fomos perdendo nos últimos anos. Até que regrese o dermatólogo que traballa desde Ourense, o traumatólogo, cirurxáns de medicina interna e as anestesistas", insisten desde a plataforma de Monterrei. Catro partos Nos dous meses que permaneceu pechada a sala de partos naceron en Verín catro crianzas, dado que a inminencia a prema do parto facía inviábel o traslado até o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Desde mañá, Verín volverá contar con servizo de Pediatría, algo que non sucedía desde 2006, segundo recoñeceu o conselleiro Vázquez Almuíña. Recuperará a asistencia nos partos, con todas as garantías e sen "consentimento informado reforzado", unha fórmula inexistente á que se referira o presidente da Xunta e que non se acabou de confirmar. |
NOS_4875 | Joseba Azkarraga foi conselleiro de Xustiza no Goberno vasco. Após a prohibición da manifestación de Tantaz Tanta por parte da Audiencia Nacional española, foi el quen rexistrou a título individual a solicitude que desembocou na maré de Bilbo. | ((Entrevista traducida do euskera ao galego e realizada antes de que a iniciativa Tantaz Tanta (Pinga a pinga) fora prohibida pola Audiencia Nacional española)) Que sensación lle xeraron os pasos dados nos últimos tempos polo colectivo de pres@s e ex-pres@s? Para min foi unha especie de continuación da boa sensación que me creou a decisión tomada por ETA hai dous anos. De calquera maneira, non se pode pór toda a carga nun só lado. A ETA e aos presos esíxese que dean máis pasos namentres a outra parte fai o contrario, como vimos coa operación en contra dos avogados. Parece que a algúns lles preocupa a desaparición total de ETA. "Non se pode pór toda a carga nun só lado. A ETA e aos presos esíxese que dean máis pasos namentres a outra parte fai o contrario, como vimos coa operación en contra dos avogados" A partir de agora que pasos deberían dar os distintos axentes?No caso dos presos, deberían abordar canto antes o proceso que anunciaron e solicitar individualmente a aplicación da Lei Orgánica Xeral Penal. No caso de ETA, os próximos pasos son a disolución e a entrega das armas. Porén, é certo que para iso necesita ter en fronte a alguén que verifique dita entrega, e o Goberno non está disposto a iso. En todo caso, ETA debería seguir dando pasos aínda que sexan unilaterais. Por outra banda, ao Goberno vasco hai que pedirlle que non mire só a un dos dous lados e que tamén esixa un cambio na política penal ao Goberno de España. Precisamente, Urkullu e Rajoy teñen previsto reunirse.Si, mais hai que ver canto tempo pasou desde que se solicitou a reunión. Aí vese cal é a vontade o Goberno español. Está cómodo e non ten ningunha présa. Ante iso, a sociedade debe mobilizarse e dicir 'até aquí chegamos'. "O Goberno español está cómodo e non ten ningunha présa" Tendo en conta a actitude do Goberno español, canto tempo pasará antes de que se apliquen medidas para mellorar a situación d@s pres@s?Falar de prazos é unha lotaría. En todo caso, deben darse tres pasos. En primeiro lugar, terminar coa dispersión. En segundo, a excarceración dos presos enfermos; ninguén esqueceu o caso Galindo --ex garda civil condenado pola tortura e asasinato de Lasa e Zabala e excarcerado en 2004 por enfermidade--. E, por último, a lei di que tamén deben saír á rúa quen cumprise tres cuartas parte da condena. Cos presos que quedan, se hai vontade, sempre hai fórmulas para arranxar as cousas, igual que as houbo no 77. O Goberno vasco está a deseñar o programa 'Hitzeman'. Que características debería ter? Gostaría de lembrar o que levei a cabo sendo senador no 82, que se fixo sobre todo para os presos da VIII Asemblea de ETA [político-militar] e para os Autónomos [refírese á extinta organización CAA, Comando Autónomos Anticapitalistas]. Aí non se pediu ningún tipo de arrepentimento ou de colaboración, non foi máis que unha aposta nas canles políticas e a xente foi saíndo aos poucos mediante indultos. "Un plan de reinserción deberá ir excarcerando presos mediante indultos ou porque cumpriron o tres cuartas partes da condena. A razón pola que entraron en prisión xa non existe" Un plan de reinserción deberá tirar por aí: ir excarcerando presos mediante indultos ou porque cumpriron o tres cuartas partes da condena. A razón pola que entraron en prisión xa non existe. ETA desapareceu e non mata. En calquera recuncho do mundo onde houbera un conflito armado, o final dese conflito chegou mediante un acordo negociado entre as dúas partes, agás aquí. E iso é pechar o conflito en falso. A moit@s pres@s quedan moitos anos de condena. Que solución prevé para el@s?Hai que buscar unha solución porque o problema xa non existe. Mentres que unha das dúas partes desapareceu, o Goberno ten á xente secuestrada no cárcere. Iso debería estar solucionado no prazo de dous ou tres anos. Dous ou tres anos? Os delitos seguen aí; as leis tamén.Mais tamén está aí a capacidade do goberno. Por exemplo para dar indultos. O goberno está completamente quieto.Por iso debe moverse a sociedade vasca. Neste momento non falamos dun conflito político. Falamos de dereitos humanos. Non ten sentido seguir cunha política penal vingativa despois dos pasos que se deron. É o momento da sociedade. E o momento dos partidos políticos vascos?Son bastante escéptico respecto do que fagan os partidos políticos. Creo que isto está en mans dos movementos sociais e da xente. Do mesmo xeito que estamos a ver que pasa en Cataluña coa consulta, no noso caso tamén é a sociedade quen debe provocar o movemento dos partidos para buscar unha solución definitiva. |
NOS_8930 | O presidente da Xunta recoñeceu, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que hai que controlar as festas en pisos na cidade. Desde hai varias semanas, as forzas de seguridade están actuando para suspender estes eventos sen control e medidas de seguridade da comunidade universitaria. | O líder do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, recoñeceu ante os medios de comunicación que "a data de hoxe" a Consellaría de Sanidade non ten previsto confinar Compostela. Na súa opinión, a evolución epidemiolóxica negativa no municipio pode cambiar logrando "controlar os gromos en pisos universitarios". Porén, se a xente non toma conciencia da situación e respecta a prohibición de ter encontros de máis de dez persoas non convivintes, o comité clínico que asesora á Xunta podería pór sobre a mesa medidas máis restritivas na capital galega. Por exemplo, Feixoo falou de reducir as reunións a cinco persoas e mesmo "intensifricar" doutra forma as actuacións. Se hai que dar o paso de limitar a mobilidade, así se fará. "Anunciaríamolo con antelación", comentou porque, após dos feches de Ourense e outros concellos máis pequenos, Compostela é o que máis preocupa. No entanto, o seu desexo é poder "manter a actividade económica" e que a solución chegue polo bo comportamento da cidadanía. "O número de casos en Santiago nos últimos sete días é de 140 por 100.000 habitantes fronte aos 82 da media galega", dixo, e engadiu: "E de 200 por cada 100.000 persoas nos últimos 14 días fronte aos 137 na Galiza". Co coñecemento desas estatísticas, Feixoo pediu ao alcalde do municipio, Xosé Sánchez Bugallo, que organice un dispositivo máis "activo" para intentar localizar as festas de estudantes en vivendas particulares e "actuar con contundencia". Igualmente falou á xente moza, recoñecendo que hai que encarecer a sanción porque agora lle sae barata. Pero a súa prioridade debe ser "preservar a saúde e a vida" dos pais e avós". "É imprescindíbel recordalo", resumiu. |
NOS_37409 | Mariñeiros e armadores de diferentes portos (Vigo, Cambados, Portosín, Camariñas...) manifestáronse ante a sede da Xunta, onde guindaron piexes contra o edificio de San Caetano. O sector pide ao goberno galego que rexeite as cotas negociadas en Madrid para xarda e xurelo e que prexudican a Galiza. | O sector do cerco de Galiza dera á conselleira do Mar, Rosa Quintana, até esta sexta feira de prazo para manter unha reunión. Unha xuntanza na que tratar os prexuízos para a flota galega das cotas e cupos de xarda e xurelo fixadas nunha negociación en Madrid. A flota do cerco lgalega (máis de 1.500 mariñeiros e case 150 barcos) leva días amarrada nos portos en protesta por ese reparto. Responsabiliza ao desleixo da Consellería da situación. Unha asemblea de armadores realizada estes días en Portosín reprobou a actuación do goberno galego ("non se nos defendeu en absoluto") á vez que pediu a demisión do presidente da Federación de Confrarías Galegas, Benito González. Coa concentración, a flota do cerco quere que a Xunta "sexa valente" e dé un paso adiante para se prantar perante o Ministerio e pedir que se volvan negociar os repartos de xarda e xurelo. O sector galego dí que Asturies e mesmo a flota cántabra rexeitan os cupos actuais, que benefician a Euskadi. De feito, armadores e mariñeiros galegos insisten en que os criterios de reparto teñen que ser número de embarcacións e mariñeiros, e non criterios de carácter histórico, apunta, co que a flota vasca leva grande parte da cota malia ter moitos menos buques que Galiza. Quintana: "Equivócanse" A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que, aínda que respecta "tódalas formas de manifestación", os marieñeiros que proestaron "equivócanse", e pediulles que elaboren un informe cos erros que eles acusan na proposta de repartición do xurelo e a cabala realizada pola Secretaría Xeral de Pesca. |
NOS_45915 | Feministas de máis de 10 países reúnense esta semana en Vieira do Minho no III Campamento de mullres novas, impulsado pola Marcha Mundial das Mulleres. Este encontro naceu da cooperación das coordenadoras nacional galega e portuguesa da MMM | Vieira do Minho (Portugal) acolle estes días o III Campamento de mulleres novas, organizado pola Marcha Mundial das Mulleres en Europa, nesta ocasión a organización é o resultado da colaboración ddas coordenadoras nacionais de Portugal e Galiza. Ambas coordenadoras nacionais veñen realizando análises conflúentes da realidade política e social de ambos países que tivo como primeiro punto de encontro a proposta da Campaña Europea contra as políticas de Austeridade, desenvolvida en máis de 10 países e que na Galiza, baixo o lema 'A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca' desenvolveu atividades ao longo do ano 2013. Autoxestionado As políticas de austeridade, os dereitos sexuais e reprodutivos, a autodefensa feminista ou o auto-coñecemento do corpo e a sexualidade das mulleres serán os temas que se desenvolverán paralelamente aos obradoiros de debate dos textos internacionais da Marcha Mundial das Mulleres, nomeadamente o posicionamento político a debate no 9º Encontro Internacional que terá lugar do 25 ao 31 de agosto en Sâo Paulo, coa presenza dunha delegada galega e varias das participantes do campamento feminista. O III Campamento é un espazo de mulleres, auto-xestionado, no que as participantes se encargan de elaborar as diferentes comidas do día, preservar o espazo natural no que se desenvolve e organizar as diferentes tarefas derivadas dun convívio de 8 días. Nesta ocasión a escolla do norte de Portugal foi por ser un punto intermedio para facilitar a participación de galegas e portuguesas. |
PRAZA_18386 | As evidencias empíricas non fan mais que confirmar as enormes dificultades que se dan en Galicia para a creación de emprego. Dificultades que a propia Xunta de Galicia e os seus altofalantes non poden por mais que recoñecer e que teñen causas políticas | No pasado debate da autonomía un dos principais puntos de desencontro entre o presidente da Xunta de Galicia (A. Núñez Feijoó) e os lideres de oposición (Luís Villares, Xaquín Leiceaga e Ana Pontón) estivo na visión de cada quen sobre a realidade do mercado laboral galego. Visións que, por parte do señor Feijoo, deixaron algunhas perlas que ben vale a pena recoller como aquela de que "Galicia crea emprego"…"todos os datos e indicadores indican que a nosa comunidade vai na boa dirección". Unha visión que contrasta coa dura realidade laboral de Galicia marcada por un moi baixo nivel de emprego (45,2% claramente inferior a media española de 49,1% e a enorme distancia da media na Unión Europea de 67,7%). Deste xeito as evidencias empíricas non fan mais que confirmar as enormes dificultades que se dan en Galicia para a creación de emprego. Dificultades que a propia Xunta de Galicia e os seus altofalantes non poden por mais que recoñecer e que teñen causas políticas como veremos a continuación se entramos a debullar as características mais relevantes do mercado laboral galego. 1. Nas derradeiros décadas o peso das rendas de traballo na riqueza nacional galega non parou de caer, como sucede en España e practicamente en toda Europa. Nembargante Galicia é unha das poucas comunidades europeas no que ese peso das rendas do traballo (43,6%) é ademais menor que o das rendas de capital (46,3%) (http://www.ige.eu). Evidencia que desmente rotundamente o argumento neoliberal (auténtico dogma) de que son os salarios (demasiado elevados) os que impiden o crecemento do emprego. En Galicia ese argumento e insostible: se non se crea emprego non é por mor duns salarios elevados. 2. O emprego é un ben moi escaso moi especialmente entre as mulleres e a xente moza. En Galicia as taxas de actividade e ocupación nas mulleres (48,8% e 41,4%) están claramente por baixo tanto da media xeral galega (53% e 45,2%) como das correspondentes a nivel de estado (53,3% e 43,5%). O mesmo sucede coa mocidade con taxas de actividade (50,6%) e ocupación (37,2%) claramente por baixo da media española (54,6% e 42,2% respectivamente) (http://ine.es) 3. O emprego é un ben moi escaso tanto no sector privado como no sector público. Galicia presenta un sector público como elemento menor na creación de emprego (menos do 12% dos activos traballan no sector público: 17,6% de media na Unión Europea) o que desminte categoricamente o argumento da Xunta de Galicia de que a creación de emprego sexa unha das súas prioridades (http://www.hacienda.gob.es). Todo o contrario: as súas políticas de axuste fiscal e de desfeita do sistema público de benestar coadxuvan a que teñamos un mercado laboral minguante. 4. O emprego non so é un ben escaso senón que mingua (en 10 anos perdéronse 118.000 empregos: unha media de 11.800 por ano) e e de crecente precariedade (preto do 40% dos/as traballadores/as galegos/as están nunha situación de precariedade laboral), realidades estas dúas que turran da emigración moi especialmente da xente moza (unha media anual de 10.000 mozos/as) (http://www.ige.eu). Precariedade na que a Xunta de Galicia ten un papel moi relevante (por caso, so o 4% dos contratos asinados na sanidade e no ensino públicos son fixos) (http://www.ige.eu). 5. Unha das razóns mais importantes desta debilidade do mercado laboral é a facilidade con que se despide en Galicia (unha media de 2.500 traballadores son despedidos anualmente) (http://www.ige.eu) 6. Unha facilidade no despido que ten que ver coas sucesivas reformas laborais aprobadas nos derradeiros anos cuxo obxectivo central foi debilitar aos sindicatos e, xa que logo, a negociación colectiva (o numero de traballadores galegos afectos a un convenio colectivo raramente supera, de media anual, os 450.000: 1 de cada 2 traballadores galegos queda fora dun convenio) (http://www.cgrl.gal). 7. Un comportamento empresarial que fronte aos problemas (produción, competividade, comercialización…) escolle sempre o opción do despido antes que, por caso, a da innovación (I+D+i) co impacto negativo que esta opción supón sobre a produtividade e, xa que logo, a competitividade. Galicia apenas gasta o 0,9% do PIB en I+D+i, cifra que esta claramente por baixo da media española (1,2%) e moi lonxe do gasto, por caso, no Pais Vasco (1,9%) por non falar da media na UE (2,1%). (http://ine.es) 8. Non menos relevancia ten a opción produtiva escollida na que o sector turístico aparece actualmente como preferente. Un sector que se caracteriza pola temporalidade e a precariedade laboral. "Emprego precario, salarios baixos, escasos dereitos e baixa categoría son a cara B do modelo turístico" (https://www.ccoo-servicios.es/turismo/). As fortes variacións na demanda, derivadas dunha actividade estacional e moi cambiante, conducen a elevadas taxas de temporalidade (39%) e unha crecente flexibilidade laboral que fan que neste sector a precariedade laboral sexa a norma xeral. Asemade trátase dun dos sectores onde a lenda salarial por razón de xénero é mais relevante. 9. Finalmente tampouco debemos silenciar o negativo papel das entidades bancarias que lonxe de facilitar o necesario crédito, moi especialmente as pemes que son as empresas que xeran maior emprego, optan pola especulación financeira e as prácticas fraudulentas. Segundo os datos do propio Banco de España dende que estourou a crise financeira, co posterior devalo do sistema bancario galego, o crédito en Galicia non parou de desplumarse cunha caída media anual do 10%, unha das mais elevadas de España (http://www.bde.es) Estas evidencias son suficientes para afirmar que argumentos como os do señor Feijoo relativos a Galicia que crea emprego non resisten o mais mínimo contraste coa realidade empírica. Argumentos que nembargante teñen a súa xustificación no feito indiscutible de que o emprego non é un dos obxectivos centrais da actual Xunta de Galicia por que esta ten outras prioridades, por caso, darlle diñeiro público aos bancos (vía débeda pública) e aos fondos de investimento (vía privatización servizos públicos). Esta Galiza que nos propón o actual goberno galego (PP) non crea emprego senón que o destrúe e o precariza. Publicidade |
NOS_32508 | A Xunta da Galiza procederá "en próximas datas" á suspensión temporal da plantación de eucalipto nas superficies en que non se plantou até o momento. | O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, anunciou esta quinta feira, 25 de febreiro, após a reunión do Consello da Xunta, unha moratoria pola que se permitirán unicamente replantacións con eucalipto en territorios onde xa estaba esta especie. "Non se legalizará ningunha plantación ilegal, senón que se garantirán os dereitos de quen xa ten plantado legalmente", esgrimiu o mandatario. A medida cobrará corpo mediante unha emenda á lei de recuperación da terra agraria. Feixoo defendeu que esta moratoria se toma "por responsabilidade" e que está "pensada, meditada e contrastada" coa "maior parte" do sector. E engadiu que non se precisan máis plantacións desta especie que as xa existentes porque "se seguimos plantando eucalipto, ademais dun impacto forestal, teríamos unha diminución constante do prezo do metro cúbico do eucalipto galego". Esta semana a Xunta xa enunciara a posibilidade da moratoria a través dunha proposta de emenda á revisión do plan forestal galego que aprobou o Parlamento cos votos en solitario do PP. Porén, a medida ficou fóra do plan forestal. No debate parlamentar, os grupos da oposición, BNG e PSdeG, tacharon a emenda de "ocorrencia" dado que o plan forestal da Xunta inclúe a posibilidade de incrementar 3% a superficie de eucaliptos até o ano 2025. Por outra banda, segundo informou Feixoo, prevese un plan específico con financiamento para impulsar o piñeiro, castiñeiro e outras frondosas, e activaranse axudas para levar a cabo accións silvícolas. Comercio local Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente tamén anunciou a previsión de lanzar un programa de medidas para o comercio por 20 millóns de euros, así como bonos de desconto para incentivar o consumo en tendas de proximidade. As axudas buscan impulsar o comercio local, mais tamén a súa transformación dixital, con "unha aposta clara" polo comercio en liña. Feixoo tamén informou de que xa se recibiran 27.000 solicitudes para optar ás axudas previstas no segundo plan de rescate da Xunta para a hostalaría, pemes e autónomos. Sobre as actuacións para concretar o "plan de hostalaría segura", Feixoo defendeu que se está aínda a perfilar coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) cales serán as accións concretas. "Se nos gustaría ter códigos QR en todos os estabelecementos de hostalaría? A resposta é que si. Que están todos preparados tecnoloxicamente? A resposta é que non", reflexionou o presidente galego, quen advertiu que aqueles que poidan implantalo darán "maior seguridade" para a saúde pública. O presidente tamén informou da aprobación no Consello da Xunta da Área de Transporte da Galiza "para estender as vantaxes do transporte metropolitano ao conxunto" do país. Segundo explicou, coa Tarxeta Transporte Público da Galiza aplicarase unha bonificación zonal de 0,50 euros no prezo de cada viaxe –financiada de forma xeral a 80% pola Xunta, e a 20% polos concellos adheridos— e non se cobrará a viaxe nos transbordos. E a esta bonificación sumarase outra de 10% a quen empregue a Tarxeta Metropolitana. O capital privado, maioría na nova sociedade para os Next Generation O Goberno galego aprobou a participación da Xunta nunha sociedade público-privada que ten como obxectivo impulsar e captar fondos para os proxectos tractores (as iniciativas industriais coas que a Xunta opta aos fondos de recuperación da UE). A participación da Xunta nesa sociedade será a través de 40% das accións, fronte a 60% de capital privado. Nós Diario preguntou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, após a reunión do Executivo, por se esa sociedade público-privada nacía xa co 60% de participación empresarial asignada a determinadas compañías ou se, pola contra, habería concurso público. O presidente argumentou que a Vicepresidencia segunda leva semanas falando con entidades financeiras por se queren entrar no capital, así como con empresas que amosaron interese por coñecer a estrutura. "Dado que no comité de expertos [Next Generation] está a Sociedade de empresa familiar, a Presidencia do Círculo de empresarios da Galiza, e considerando que isto foi explicado á CEG (Confederación de Empresarios da Galiza) e ao ámbito sindical, dado que os informes do comité de expertos son públicos, entendo que hai suficiente transparencia", dixo. Con todo, deixou aberta a posibilidade de que se incorporen máis entidades unha vez se constitúa a sociedade. |
PRAZA_9785 | O vindeiro 12 de maio celébrase en Silleda o concurso oposición de enfermaría do Sergas, ao que concorrerán máis de 8.000 persoas. Persoal e organizacións advirten de que Sanidade denega ao persoal fixo de enfermaría días libres ese domingo e ofrece xornadas voluntarias con retribucións de 200 euros por quenda | O vindeiro 12 de maio terá lugar en Silleda o concurso oposición para persoal de enfermaría do Sergas. Presentaranse en Galicia a estas probas un total de 8.832 enfermeiros e enfermeiras, ademais dalgunhas outras que acudan aos exames que ese mesmo día se celebran en comunidades como Asturias, Canarias, Cantabria, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Catalunya, Madrid ou Extremadura. Malia cadrar en domingo, o elevado número de asistentes ao exame provoca que a Consellería estea a ter moitas dificultades para cubrir o servizo que ofrecen estes profesionais. Os problemas constatan, como denuncian varias organizacións, a escaseza de traballadores fixos no sistema sanitario público galego, o que levou a Xunta a ter que ofrecer a ese persoal de enfermaría estable a realización dunha xornada voluntaria nese día con retribucións que case dobran as habituais dun festivo. O Sergas está a ter problemas para cubrir as baixas do vindeiro domingo 12 de maio pola asistencia da maioría do persoal de enfermaría ás oposiciónsDenunciárono xa entidades como o Sindicato de Enfermaría-Satse ou Aensac (Asociación de Enfermaría Sociosanitaria da Coruña). Este último advirte que "malia que o Sergas repite unha e outra vez que a gran maioría do seu persoal ten vínculos estables coa Administración", as oposicións dese 12 de maio provocan que "se estea atopando con grandes dificultades para cubrir os servizos mínimos que require un sistema de saúde público pagado por todos". O caso é que presentarse a estas probas outorga ao persoal o dereito de libranza nesa xornada, ademais da quenda anterior e posterior e a posibilidade de cambiar de quenda se o exame é á tarde e ten xornada a noite de antes. Alén disto, enfermeiros e enfermeiras do Sergas están "obrigados" a presentarse se queren seguir traballando como eventuais, ao supor a cualificación destas probas o 60% da súa nota nas listas de contratacións. Así o explica Susana, unha das profesionais que acudirá ao exame: "De non ir baixaríamos na lista unha barbaridade". Sanidade, segundo advirten traballadores e organizacións, denega ao persoal fixo de enfermaría días libres ese domingo e ofrece xornadas voluntarias con retribucións de 200 euros por quendaLeva once anos como enfermeira eventual no Sergas e acode a unha proba para 800 prazas, incluíndo as de promoción interna. "É o mínimo do mínimo; sacaremos praza un de cada doce, cando no resto de comunidades adoita ser de unha de cada catro ou cinco", quéixase quen constata que Sanidade se está "atopando con que non ten xente para cubrir ese domingo, malia que nun día así os hospitais están baixo mínimos, os centros de saúde e as consultas externas pechadas e os quirófanos reservados só a Urxencias". O persoal esixido, insiste, "é moi pouco", pero aínda así, non o teñen asegurado. "Está claro o que iso significa", insiste. "Demostra que, en realidade, un tanto por cento moi elevado dos cadros de persoal do Sergas son profesionais eventuais xa que, por mor da crise, non todas as prazas dos profesionais xubilados durante este período foron repostos e agora sufrimos os efectos", explica Aensac."Teñen que cubrir os postos da xente que acode ao exame con xente fixa, pero resulta que non son tantos como dixeron e que aquilo de que o persoal eventual é mínimo é mentira", insiste Susana, que lembra cando Antonio Fernández-Campa, xerente do Sergas, asegurou en La Sexta que "o 85% dos traballadores do Sergas están en vínculos estables" coa Administración, tal e como se ve no vídeo a continuación. "Consideran estable unha interinidade ou unha comisión de servizo, pero iso non é ter un contrato estable porque se pode perder en calquera momento", engade. "Iso que di o Sergas de que o persoal eventual é mínimo é mentira"Ante esta situación, e segundo relatan Aensac e profesionais a Praza.gal, provocou que o Sergas estea denegando a enfermeiros e enfermeiras fixas vacacións, días libres ou permisos para ese domingo 12 de maio "escudándose en que non teñen xente para cubrir as substitucións". Ademais, estableceu unhas retribucións duns 200 euros brutos (199,15 euros para a quenda de mañá ou tarde e 200,23 para a de noite) para aquelas persoas que traballen voluntariamente nesa xornada, unha cifra que case dobra a retribución habitual para un festivo. Será unha xornada, ademais, "excepcional" que non xera libranza nin se ten en conta no cómputo anual, segundo aclara o sindicato Satse. "Se os eventuais fosemos tan poucos, non habería problema para cubrir as ausencias de profesionais durante un domingo e por un exame""O gran problema é que o Sergas mente cando di que a porcentaxe de persoal fixo é ampla; se os eventuais fosemos tan poucos, non habería problema ningún para cubrir as ausencias de profesionais durante un domingo e por un exame", engade Susana, que di que o sistema sanitario público galego "derrúbase sen os eventuais", un colectivo que en enfermaría suma uns 8.000 profesionais traballando e uns 10.000 inscritos nas listas, aínda que moitos en suspensión de chamamento porque exercen fóra ou na privada. Praza.gal dirixiuse á Consellería de Sanidade para coñecer a súa versión deste conflito. Polo momento non obtivo resposta. |
NOS_45094 | A entidade ferrolá despídese da elite do básquet. | En ocasións o deporte pode ser moi cruel. Como senón definir a realidade do Baxi Ferrol, que apenas 72 horas despois de certificar a perda do seu posto na máxima categoría do baloncesto feminino estatal está obrigado a viaxar até a outra punta da Península Ibérica para saltar ao Pavillón Municipal Fontajau de Girona e xogar contra o equipo local hoxe ás 20 horas da tarde? A entidade ferrolá chega moi tocada animicamente logo de perder con contundencia na casa ante Kutxabank Araski (42-62), resultado que en combinación co triunfo de Tenerife sobre Spar Gran Canaria (78-73) deixa ás da cidade departamental con só seis triunfos, a tres dos postos de salvación cando restan só dous partidos por disputar. O outro representante da Galiza na Liga Endesa tamén perdeu, pero cun sabor de boca ben diferente. Deste modo, Durán Maquinaria Ensino caeu na casa contra Valencia (64-74), pero a imaxe das lucenses ante un dos mellores bloques do campionato foi moi positiva. Lamentabelmente, a derrota deixa Durán Maquinaria Ensino fóra case matematicamente do play-off, pero a idea dun tranquilo final ligueiro nunha campaña tan axitada como a 2021/22 -e máis vendo o sucedido co Baxi- non debe decepcionar na cidade da Muralla. Dupla derrota no baloncesto masculino Monbus Obradoiro e Leite Río Breogán completaron o pleno galego de derrotas no básquet. Os da capital protagonizaron un final de auténtico infarto ante un rival directo pola permanencia na Liga ACB como é Urbas Fuenlabrada, pero a pesar de ser quen de remontar un demoledor parcial de 0-17, os de Moncho Fernández fixeron bo ese dito de "tanto nadar para morrer na beira" e un fallo de Robertson nos intres finais inclinou o electrónico do lado madrileño (93-92). Deste modo, o Obra continúa de quinto pola cola na clasificación, aínda que a diferenza co descenso é xa dun exiguo triunfo. Maior é a distancia que separa Leite Río Breogán dos postos de play-off, pois tras perder contra Lenovo Tenerife (96-78) os celestes están xa a dous vitorias do oitavo posto. Ante os canarios pagaron caro un pobrísimo terceiro cuarto, no que un demoledor parcial de 33-19 supuxo unha lousa demasiado grande para os de Veljko Mršić. |
NOS_16890 | As novas restricións á mobilidade complican aínda máis o futuro das axencias de viaxe na Galiza, que viron como nestes oito meses de pandemia a súa facturación caeu por riba de 90%. Unha de cada catro optou por fechar e agardar á vindeira primavera. Outras terán que loitar se queren chegar vivas a maio. | A hostalaría é un dos negocios máis afectados polas medidas de restrición da mobilidade, mais non o único. Se hai un sector que dependa do movemento de persoas dun lugar a outro ese é o do turismo, e as axencias de viaxe son as encargadas de poder facer realidade eses desprazamentos. Mais a Covid-19 está a provocar que 2020 sexa un ano para esquecer. Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxe (Agavi) recoñece a Nós Diario que a situación "foi complicada xa desde o principio". O contexto de partida era moi diferente á do resto de sectores. "Non foi só parar de vender, senón que tivemos que desfacer todo o que estaba feito, que era moito". Segundo relata, en decembro de 2019 e os primeiros meses de 2020 estaban a vender xa paquetes para o verán e no sector estaban moi sorprendidos pola cantidade de traballo que había, "posibelmente cifras que non se rexistraban desde había 15 anos", apunta Rivadulla. Devolucións pendentes Mais chegou a Covid-19 e as axencias estampáronse "contra un muro de aceiro". "Tivemos que empezar a cancelar todo, devolver os cartos, repatriar xente e a comer un montón de problemas que non eran exactamente nosos", indica o presidente de Agavi. Desde a Federación Empresarial de Asociacións Territoriais de Axencias de Viaxes Españolas (Fetave) alertan que o problema dos reembolsos se está recruando coa nova vaga de contaxios. Por iso solicitan ao Goberno español que, a través dos avais do ICO, cubra 100% do valor dos bonos para ofrecer, como alternativa ao reembolso efectivo, ás viaxeiras e asistentes a espectáculos afectados por cancelacións co obxecto de garantir a plena protección de todos eles. Mais este non é o único problema das axencias, ás que as liñas aéreas deben aínda máis de 300 millóns de euros das devolucións. Ao igual que outros negocios a pé de rúa, o feito de non facturar apenas desde o mes de marzo fai que gastos como os alugueiros, o persoal, ou as facturas coas administracións poñan a súa viabilidade en cuestión. Fechadas até primavera Segundo Juan Antonio Rivadulla, na Galiza 25% das axencias de viaxe están fechadas desde marzo. Outras sobreviven cun horario reducido ou con servizo telefónico grazas ao turismo de proximidade. Pero a baixada da facturación é "brutal e insostíbel", xa que as que permanecen abertas non facturan máis de 10% do que adoitaban a facer. É o caso de Viaxes Loa, en Redondela. O seu titular, Luís Otero, afirma que esa porcentaxe hai meses que nin supera 5%, pero o que máis lle preocupa son as débedas. "A bóla con Facenda vaise facendo máis grande, e non perdoan". O risco está en que, se nun futuro saen liñas de axudas específicas para o sector, o feito de non estar ao corrente de pagamento coas Administracións pode deixar fóra das mesmas moitos negocios. "Deben artellar algún mecanismo para que non se teñan en conta á hora de acceder e despois as pagues, claro", suxire Otero, que bota en falta o apoio da Xunta e dos concellos no que se refire á supresión de taxas e impostos. Respecto ao negocio, recoñece que a situación "empeza a ser perigosa". Sabe de colegas que xa decidiron baixar a reixa para nunca máis abrir as súas axencias. Tamén dos que se fusionan para tentar manterse a flote até que volvan abrir na primavera. Pola porta entran poucas persoas. Afirma que a xente "ten un medo terríbel a viaxar" e que o seu día a día se centra na loita con maioristas e liñas aéreas para a devolución dos cartos. Os bonos que dan en compensación das reservas anuladas vencen o vindeiro 30 de xuño. "A xente está nerviosa e nós estamos aquí de parapetos para levar rifas. A clientela ve que para primavera isto non se arranxa e xorde o nerviosismo", xa que temen non recuperar o diñeiro. "A xente está nerviosa e nós estamos aquí de parapetos para levar rifas", afirma Otero Respecto aos meses que veñen por diante, Luís Otero non é moi optimista. Dá por perdida a campaña de Nadal e mesmo a Semana Santa polo "medo atroz" a moverse. "En maio, se a cousa pinta ben, empezarían as consultas para as reservas de cara a verán e setembro. O importante é non perder eses meses", afirma. As novas restricións á mobilidade tampouco axudan. O fechamento das cidades galegas impide a unha boa parte da poboación desfrutar de destinos próximos e paquetes como o Outono Gastronómico ou o turismo termal. Con todo, Otero recoñece que a repercusión dos bonos da Xunta nas axencias é "moi pequena", xa que moitos estabelecementos fan desconto adicional se o xestionan directamente con eles, co que as axencias quedan fóra. |
NOS_28223 | A Casa Real española garda silencio diante dos negocios sospeitosos do emérito | Un día despois de que Felipe VI defendera en Santiago de Compostela a honradez e a transparencia como principios reitores da acción dos responsábeis públicos, coñecíase que o fiscal suízo Ybes Bertossa descubriu unha nova conta bancaria vinculada ao pai do monarca español na sucursal de Xenebra de Credit Suisse. O diario El Confidencial tivo acceso á documentación da investigación da xustiza suíza, que certifica a existencia dunha conta coa numeración 0251-401740-42 a nome de Lactuva SA, unha sociedade co enderezo fiscal no Panamá. Trataríase dunha pantalla de Aba Legal Bureau, o bufete panameño encargado de constituír a empresa empregada polo rei emérito para cobrar 100 millóns de dólares procedentes de Arabia Saudita, operación actualmente en investigación pola Fiscalía do Tribunal Supremo. Nesta liña, destaca que un dos administradores de Lactuva SA, Harmodio Tejeira, está relacionado con máis de 2.800 sociedades instrumentais. A conta de Lactuva SA foi descuberta tras recibir tres transferencias de diñeiro da Fundación Zagatka. A entidade, constituída en 2003 en Lichtenstein, con 9.000 euros, sufragou gastos a Juan Carlos de Borbón por unha contía de oito millóns de euros, sendo o seu suposto administrador o curmán do monarca Álvaro de Orleáns. Precisamente este último, negou, diante de Bertossa, coñecer a identidade dos propietarios de Lactuva SA, quen fontes da investigación consideraron un novo instrumento na rede financeira opaca articulada polo pai de Felipe VI. As transferencias das contas de Zagatka a Lactuva foron executadas por Arturo Fasana, o contábel suízo cuxo nome apareceu de maneira repetida nos negocios sospeitosos do rei emérito. Así, o 8 de febreiro de 2008, Fasana ordenaría a Credit Suisse ingresar 19.030 euros de Zagatka a Lactuva. O 14 de abril de 2008 repetiría a operación para enviar outra remesa de 25.000 dólares da fundación á compañía panameña. E, por último, o 15 de xullo de 2008 asinaría un último pago de Zagatka a Lactuva por 50.000 euros. As tres operacións documentadas pola xustiza suíza sumaron un importe de 85.044 euros. A nova conta do rei emérito faise pública días antes de que se cumpra un ano da súa marcha a Emiratos Árabes Unidos e cando desde a Casa Real se traballa por abrir un corta lumes que non implique Felipe VI nos negocios do pai. |
PRAZA_16171 | Tras horas de debate, o TC evita pronunciarse sobre o recurso do Goberno que contaba con tres informes en contra. Prohíbe ademais o voto telemático para o resto de deputados en busca e captura. O ex-president cre que o tribunal rexeita a "fraude de lei que pretendía Moncloa". | Tras horas de intensa negociación o Tribunal Constitucional decidiu a última hora deste sábado permitir a investidura de Carles Puigdemont con condicións e sen pronunciarse sobre a petición de suspensión que recibira do Goberno. O tribunal ditou unha medida cautelar que limita as opcións do candidato de Junts per Catalunya. Puigdemont terá que cumprir unha serie de requisitos para que esa sesión se desenvolva nos termos previstos polo independentismo: aparecer no pleno de investidura e facelo con autorización xudicial. Tras horas de debate, o TC evita pronunciarse sobre o recurso do Goberno que contaba con tres informes en contra Noutras palabras, a advertencia do tribunal obriga a Puigdemont a entregarse á xustiza para poder reclamar o seu dereito a participar na investidura prevista para o vindeiro martes. Unha vez en España, a decisión sería responsabilidade do xuíz Pablo Llarena, que leva a causa no Tribunal Supremo. En calquera outra condición, o pleno de investidura quedaría suspendido, segundo o acordo do TC. No seu auto, o TC é moi claro sobre as opcións do candidato de Junts per Catalunya ao que prohibe a investidura presencial se non precede dunha autorización xudicial. Se Puigdemont consegue aparecer no Parlament polos seus medios, o seu nomeamento tampouco tería efecto legal. A proposta de Moncloa contaba con tres informes desfavorables Coa súa decisión, o tribunal sortea o labirinto creado polo Goberno tras a súa petición de suspender o pleno de investidura. A proposta de Moncloa contaba con tres informes desfavorables: o do Consello de Estado, o dos letrados do Constitucional e o relatorio elaborado polo relator designado polo propio tribunal. O TC decidiu non resolver sobre a petición de Moncloa, á espera de que as partes se pronuncien nun prazo de dez días. Coa decisión, o Goberno salva a cara e a Policía ve como o seu traballo se simplifica. "Non poderá celebrarse o debate e a votación da investidura de Carles Puigdemont a través de medios telemáticos" Sen que recibise preguntas específicas sobre iso, o TC acorda: "Non poderá celebrarse o debate e a votación da investidura de Carles Puigdemont a través de medios telemáticos nin por substitución doutro parlamentario. Non poderá procederse á investidura do candidato sen a pertinente autorización xudicial, aínda que compareza persoalmente na cámara". As medidas adoptadas obrigan a Puigdemont a entregarse ante a xustiza se pretende ser investido. Ademais, impídese a delegación de voto para calquera parlamentario en busca e captura. O Constitucional afrontou dividido a decisión sobre a suspensión do pleno de investidura no que Puigdemont pretendía recibir os votos para retornar á presidencia da Generalitat. O informe dos letrados do TC propuxo non admitir a trámite o recurso do Goberno. O mesmo opinaba o relator designado por repartición, Juan Antonio Xiol Ríos, sinalado no bloque progresista do tribunal. Finalmente non houbo decisión sobre ese punto. Non hai precedente sobre unha reunión como a que este sábado convocou o Constitucional. As admisións a trámite de recursos do Goberno son tradicionalmente asuntos que se despachan en cuestión de minutos Os maxistrados do alto tribunal debateron durante horas se o recurso do Goberno merecía ser admitido a trámite. A proposta de Moncloa pedía a suspensión da sesión de investidura para todos os efectos. O TC evitou decidir sobre esa petición. Non hai precedente sobre unha reunión como a que este sábado convocou o Constitucional. As admisións a trámite de recursos do Goberno son tradicionalmente asuntos que se despachan en cuestión de minutos e tras comprobar que todos os requisitos foron satisfeitos. O TC tardou todo o sábado na discusión do asunto fundamental: dar ou non luz verde ao pleno de investidura. Finalmente a decisión é favorable á investidura, pero para beneficiarse dela Puigemont terá que entregarse. Valoración de Puigdemont O ex-president cre que o tribunal rexeita a "fraude de lei que pretendía Moncloa" Pola súa banda, o ex-presidente obviou que o alto tribunal non lle permitiu ser investido se non volve a España e logra o permiso do xuíz e considerou que o TC "rexeitou a fraude de lei que pretendía Moncloa". "Máis dun tería que pensar en rectificar e facer política dunha vez. E se non é quen, que se vaia e deixe paso", indicou Puigdemont en Twitter. |
PRAZA_12449 | Os sindicatos galegos rexeitan os servizos mínimos feitos públicos pola Xunta de cara á folga xeral do vindeiro 29 de marzo. A CIG decidiu presentar un recurso ante a Xustiza ao consideralos "abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga", mentres que os servizos xurídicos de CCOO e UGT estudan tamén recorrer, aínda que xa teñen solicitada a suspensión cautelar dos ditados na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados. | Os sindicatos galegos rexeitan os servizos mínimos ditados pola Xunta de cara á folga xeral do vindeiro 29 de marzo. A CIG decidiu presentar un recurso ante a Xustiza ao consideralos "abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga", mentres que os servizos xurídicos de CCOO e UGT estudan tamén recorrer, aínda que xa teñen solicitada a suspensión cautelar dos servizos mínimos na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados. Para a central nacionalista, o decreto publicado polo DOG procura unha "neutralización dos efectos do conflito mediante a asignación duns recursos de tempo e persoal absolutamente desproporcionados". "A fixación de servizos mínimos realízase sen cumprir os estritos requisitos de motivación sobre a necesidade de tales servizos", asegura, polo que demanda a súa suspensión cautelar "dada a súa palmaria falta de motivación e o seu carácter abusivo", algo que, segundo o sindicato, xa aconteceu nas dúas últimas folgas xerais. A CIG lémbralle á Xunta que nun suposto similar a este, en 2002, a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG concedeulle aos sindicatos recorrentes a medida cautelar de suspensión solicitada A CIG lémbralle á Xunta, ademais, que nun suposto similar a este, en 2002, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) concedeulle aos sindicatos recorrentes a medida cautelar de suspensión solicitada, establecendo como mínimos "para a atención dos servizos públicos esenciais, o mesmo persoal que permanece nos seus postos con ocasión dun domingo ou dunha xornada festiva". Do mesmo xeito, a central nacionalista lembra que nas dúas últimas folgas xerais en Galicia (29 de setembro de 2010 e 27 de xaneiro de 2011 ) a impugnación dos servizos mínimos decretados pola Administración autonómica deu lugar a sentenzas estimatorias da mesma Sala. Para a CIG, o decreto da Xunta "terxiversa e cuestiona o contido das resolucións xudiciais" porque "confunde deliberadamente os conceptos de servizos esenciais e servizos mínimos". "Establecen a errónea ecuación de que a esencialidade dos servizos xustifica a imposición dos servizos mínimos ao establecer que o persoal que debe quedar nos seus postos como nun domingo é o dos servizos administrativos propios da administración xeral e non o do conxunto dos servizos públicos", critican. UGT e CCOO consideran que tanto os servizos que ofrecen a CRTVG na súa totalidade, como as instalacións deportivas e os xulgados non teñen o carácter de esencial como pretende cualificalos a Xunta Ademais, UGT e CCOO consideran que tanto os servizos que ofrecen a CRTVG na súa totalidade, como as instalacións deportivas e os xulgados non teñen o carácter de esencial como pretende cualificalos a Xunta. Respecto á CRTVG, a CIG critica tamén "a ausencia de xustificación da imposición de servizos mínimos superiores a anteriores folgas na Compañía" e lembra que en 2007 o Tribunal Supremo aclarou que "manter un servizo implica a prestación dos traballos necesarios para a cobertura mínima dos dereitos, liberdades ou bens que o propio servizo satisfai, pero sen acadar o nivel de rendemento habitual". |
NOS_27501 | O acto será organizado por unha comisión formada por máis de 20 persoas do ámbito do nacionalismo galego. Sen as achegas de Bautista Álvarez, fundador da UPG en 1964, sería imposíbel entender o último medio século de historia do nacionalismo galego. | Vinte e un nomes compoñen a listaxe de persoas que a título individual queren render homenaxe ao nacionalista e fundador da Unión do Povo Galego (UPG): Mar Álvarez Muro – José Modesto Álvarez Muro – Xurxo Álvarez - Nemesio Barxa - Francisco Carballo – Lois Diéguez - Natalia Escrig – Miguel Anxo Fernández Lores – María do Carme García Negro – María Pilar García Negro - Saleta Goi - Xosé Lois González, O Carrabouxo – Bernardino Graña – Felipe Senén López - Ana Paz Vilar – Millán Picouto – Néstor Rego – Francisco Rodríguez – Antón Sánchez Ribeiro - Xesús Seixo – Marisa Vázquez Barquero. O propósito do acto é "facermos pública a necesidade de coñecermos e recoñecérmonos na figura de Bautista Álvarez", enfatiza García Negro O acto vai consistir nun xantar-homenaxe que se realizará o vindeiro 2 de marzo no Restaurante O Pórtico (Cacheiras, Teo) e que levará por lema 50 anos de militancia nacionalista. Trátase dunha convocatoria "aberta a calquera persoa que desexe participar", afirma, en declaracións a Sermos Galiza, Pilar García Negro, membro da comisión organizadora. Quen desexar aderir esta iniciativa pódeo facer comunicando a súa presenza através dun teléfono de contacto ou un enderezo electrónico: 981 57 02 65 - [email protected] Pilar García Negro, tamén directora da Fundación que leva o nome de Bautista Álvarez, salientou que o propósito do acto é "pór en valor" unha "persoa fundamental na historia galega contemporánea". O fundador da Unión do Povo Galego, que neste 2013 cumpre os 80 anos de idade, posúe unha dilatada traxectoria política, "vinculada tanto na práctica coma na análise política ao nacionalismo galego", afirma García Negro. Neste senso, "sabedoras e sabedores de que este recoñecemento era partillado e desexado por moitas persoas" do ámbito do nacionalismo, a comisión decidiu botar a andar a organización deste acto de homenaxe e "facermos pública a necesidade de coñecermos e recoñecérmonos" na figura de Bautista Álvarez. |
NOS_43355 | Máis unha entrega da sección mensual na que cada mes escribe o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén, que nesta ocasión trata a influencia de oriente na Galiza e sobre Vicente Risco, "un engaiolado cos orientes". Escribe ademais sobre as temáticas que avivan a fantasía que sustenta a base de tradicións orientais galegas. Eis un extracto da peza, publicada no número 341 do semanario Sermos Galiza. | "Orior" en latín significa nacer... dela deriva "oriente". E a partir do Oriente reorganízase a rosa dos ventos cos seus puntos cardinais, aínda que varía en función da situación de cada país. Pois velaí que "Occitania" foi no medievo boa parte desa Provenza da quen tanto temos herdado na Galiza nos anos das cantigas. Sempre cómpre un referente afastado, como o día ten a noite ou a alborada o solpor... Así é que esta nosa Fisterra, estremeiro occidente do Vello Mundo, por onde se pon o sol é tamén "Oeste" con certa carga retranqueira que lle vén dando o escritor Manolo Rivas, entre estrañeza, maxia, sombras e neboeira que nos envolve. Ao fin e ao cabo Galiza é "unha cultura de occidente" como filosofaba Otero Pedrayo no seu derradeiro libro co mesmo título, resumo do sentimento galego. Neste noso Occidente temos como referente o Oriente clásico, por onde asoma a alborada. Dialéctica, filosofía que se envolve neste labirinto de pedra, onde a Omega se enfronta á Alfa ou un santo sartego cun santo berce. Velaquí tamén como, entre a Caótica Terra érguense ao Ceo Cósmico os cruceiros, coa Morte no anverso e a Maternidade no reverso, apoiados pola representación do Sol e da Lúa... Así que si, "orientarse" é buscar o camiño, o "Oriente", tanto no senso xeográfico como tamén no histórico cultural. Pola contra "occidentalizarse" e seguir a moda de occidente, tendencia hoxe, cos seus vicios e virtudes, a pé de cada día. Varias civilizacións orientais comparten principios comúns nos que prevalece o enigma, até hai pouco sumidas en ancestrais tradicións, fronte á inestabilidade occidental... Oriente é o berce da Historia Sagrada, do Paraíso Terreal, o Xardín do Edén, así pois como a psicodélica base de inspiración na arte. Influencias No Oriente do "Crecente Fértil", o dos ríos Nilo, Tigris, Éufrates, Xordán, organizando o reparto das augas, naceu o Verbo, a palabra e con ela a Lei, as xerarquías de casta e rango, de sabios, os deuses e as relixións... e tanto que caracterizou influentes civilizacións, desde fins do século VI o islamismo fronte a xudeus máis antigos e cristiáns, cruzadas peregrinacións desde o Occidente por medio... Do século VI a.C. coñecemos o Kamasutra hindú, libro sobre os xeitos de facer o sexo; formámonos nas fantasías persas de As mil e unha noites, polas que soubemos de Aladino, da lámpada máxica, de alfombras voadoras, de Alibaba, de abracabras e outras maxias que, entre sedas, incensos, haréns, odaliscas, encantadores de serpes, magos e meigas, abrían o maxín ao infinito... Asuntos ampliados polas viaxes do diplomático de ascendencia galega Adolfo de Ribadeneyra, como un noso Chatoubriand, entre tantos, de Pierre Loti, a Salgari... atraídos polo imán e a tradición de Oriente. [Podes ler a peza íntegra no número 341 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_7274 | Fan 44 días de paro e instan o goberno galego a una nova xuntanza, após o persoal de xustiza avalase que os sindicatos poidan baixar a exixencia salarial | Os traballadores de administración de xustiza avalaron esta cuarta feira a través dunha votación en urna e secreta que o comité de greve poida pactar un incremento salarial menor aos 190 euros máis ao mes. O comité de greve tomou nota do resultado e esta quinta feira reuniuse para avaliar o escenario perante un mandato de maior "flexibilidade" mais instan a Xunta a amosar vontade de acordo. De feito, a greve continúa até que haxa acordo coa Xunta. Esta quinta feria, o paro contou co apoio maioritario dos traballadores, segundo as centrais (77%) mentres a Xunta rebaixaba o seguimento a 35%. Os sindicatos de xustiza proporán á Xunta volver reunirse a vindeira segunda feira, día 26, para retomar as negociacións. Na votacióntomaron parte un total de 1.430 traballadores, dos que 942 apoiaron que a postura dos 190 euros non fose o mínimo obrigatorio. |
NOS_58123 | As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán foi o título do discurso co que Antonio Fraguas ingresou na Real Academia Galega o 8 de maio de 1956. A institución vén de o dispoñibilizar nunha edición dixital facsimilar canda a réplica, pronunciada por Ramón Otero Pedrayo. | Fraguas (Cotobade, 1905-Compostela, 1999), figura protagonista do Día das Letras Galegas, entrou na rúa Tabernas ocupar a cadeira de Castelao. Xustamente o rianxeiro fora o seu profesor no Instituto de Pontevedra e despois compañeiro no Seminario de Estudos Galegos. "Confeso que sinto neste momento un medo tremendo, estremecente", dixo aquel día de 1956, "veño ocupar un lugar que quedou baleiro o 7 de xaneiro de 1950 cando alá lonxe, en Bos Aires, morreu Alfonso Rodríguez Castelao, o amigo Daniel, o médico que por non poder varrer a morte do leito dos enfermos non quixo exercer a meiciña". Era Castelao, a dicir de Fraguas, aquel cuxa cadeira "quizais fora mellor deixar vacante deica outro artista coma el ou Rosalía, as dúas representacións de Galicia máis sinceras e acabadas, viñera ocupar este posto". Após a loanza do exiliado, o etnógrafo iniciaba unha análise das coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro, no seu Cotobade natal. A súa querenza e estima polos costumes en común do pobo galego, a cultura popular e a poesía musical quedaba de manifesto. "A noite é pequena para escoitar todas as coplas e romances que saben as mozas e mozos, e vanas cantando con relación a parrafeos, coplas e promesas", explicou, e puxo exemplos: "De Loureiro a Rebordelo / todo é camiño chan, / todas son rosas e flores / postas pola miña man". Aquel traballo de escoita e colleita e análise daría, andados os anos, un dos grandes traballos de Fraguas, o Cancioneiro de Cotobade, publicado pola Fundación Otero Pedrayo en 1985. "Viva, viva quen me axuda, / viva quen me está axudando, / vivan os señores todos / que me están acompañando", rematou a súa intervención Antonio Fraguas. |
NOS_33932 | A escritora Nélida Piñón é nomeada este sábado 27 académica de honra da Real Academia Galega. A autora, que foi primeira presidenta da Academia Brasileira das Letras, levou á literatura a memoria da súa orixe galega. | "A épica do coração" é o título do discurso co que a escritora brasileira ingresará na RAG como académica de honra. A palabra "coração" forma parte tamén dun dos títulos dos tres libros cos que de maneira máis intensa a autora se ten referido a súa orixe galega, a novela A República dos Sonhos, e os libros de non ficción Coração Andarilho máis o Livro das Horas. Autora dunha sólida obra que a fixo merecedora de innumerábeis premios e recoñecemento internacional, a súa orixe como neta de emigrantes agromará de maneira especial na súa obra, tanto nos libros claramente memorialísticos como na súa novela A República dos Sonhos na que evoca o desterro dos seus avós, naturais de Cotobade. "Via neles, antes mesmo de conhecer Cotobade, as aldeias que abandonaram para tentar a vida na América. Eu já começava a intuir a dor de perder uma pátria mesmo quando se ganhou em troca o Brasil e uma família" Nélida Piñón naceu en Vila Isabel, en Rio de Janeiro mais a orixe galega vai impresa na propia forma de se chamar, unha maneira de recuperar, cambiando as letras, o nome Daniel de seu avó galego. Dos 10 aos 12 anos, a escritora viviría en Cotobade, unha etapa que ía marcar a súa biografía e a uniría de maneira aínda máis intensa coa terra. "Naquela aldeia, não havia entraves para mim. Enlaçava os rastros brasileiros e as pegadas galegas sem sofrer. E ainda que no início encontrasse dificuldade de repetir os nomes das aldeias de Cotobade, que eram treze, intuia que de cada localidade gotejava um sange também meu", explica desa vinculación coa terra da que provia en Coração andarilho, un libro que, desde o propio título fala da condición emigrante que lle vén das xeracións que a precederon. Tanto nai como pai teñen en Cotobade a súa orixe. Carmen Cuiñas Piñón, a nai, nacera xa no Brasil mais a familia procedía de Carballedo, no concello de Cotobade, o mesmo do que era natural, de Borela neste caso, seu pai Lino Piñón Muíños. As cartas da emigración que tardan en se abrir "Detectava nos avós Amada e Daniel uma carência resultante da perda da pátria esmaecida no horizonte. Como se lhes faltassen no pátio da casa, construída pelo avô, as notas musicais oriundas da gaita de fole que cruzava o céu das aldeias galegas", escribe no Livro das Horas, a obra propiamente memorialística que dedica a seu pai. A memoria dos avós, a perda da emigración, a dor da distancia está tamén presente nas evocacións do libro: "Via neles, antes mesmo de conhecer Cotobade, as aldeias que abandonaram para tentar a vida na América. Eu já começava a intuir a dor de perder uma pátria mesmo quando se ganhou em troca o Brasil e uma família. Como esperar que, na velhice, apartassem das suas vidas os vestígios de Cotobade?". "Talvez temesse o que continham, de saber que haviam enterrado á mae, Isolina, sem o pranto do filho, Lino. Á época, como chegar a tempo para as despedidas?", A escritora que teoriza sobre a relevancia da reconstrucción literaria do pasado expón no Livro das Horas esa maneira dupla de se formar, o ser brasileira e o sentirse á vez emigrante por herdanza: "Herdei também o imaginário dos imigrantes que me inocularam dupla visão, representada por uma família que ao mesmo tempo servia á nação brasileira e á aldeia do concelho de Cotobade, cujo espírito, alinhado ao sonho da minha pátria, deu-me a medida do sonho". Só cando a emigración se vive na propia carne, cando a casa se vacía e a familia está a milleiros de quilómetros é posíbel relatar como Nélida Piñón un non retorno difícil de asumir. O episodio no que escribe o temor do pai que garda as cartas recibidas desde Borela unha semana por medo ao que elas conteñen foi, sen dúbida, unha sensación compartida por milleiros de galegos e galegas que fixeron a súa vida alén mar. "Talvez temesse o que continham, de saber que haviam enterrado á mae, Isolina, sem o pranto do filho, Lino. Á época, como chegar a tempo para as despedidas?", escribe Nélida Piñón, autora que regresa máis unha vez a Galiza para converterse en académica de honra da súa lingua. |
PRAZA_14550 | Hai meses a asamblea de socios acordou finalizar o contrato da concesionaria do bar da entidade, filla de Daniel Rego, voceiro dos populares no Concello. Pero estes néganse a abandonar o espazo. | O pasado mes de decembro a asamblea de socios do Clube Náutico de Camariñas acordou, por 54 votos contra 33, finalizar o contrato da concesionaria do bar da entidad, filla de Daniel Rego, voceiro dos populares no Concello. Pero estes néganse dende entón a abandonar o espazo a pesar de que a xunta directiva da institución comunicaoulle por todas as vias posibles, mesmo a través de varios burofax e requerimentos notariais, a necesidade de que deixasen libres as instalacións. Daniel Rego mesmo xustifica a situación e acusa á xunta directiva legalmente elixida de ser "os verdadeiros ocupas". Ao concurso para a xestión do bar presentáranse catro ofertas e a dun hosteleiro local resultou ser a gañadora. Porén, dende entón ainda non se puido facer cargo das instalacións, polo que na práctica o bar do Clube Náutico de Camariñas continúa en funcionamento pero non depende do propio clube. Os criticos con Rego ligan a situación tamén á propia convocatoria electoral pois afirman que o seu futuro no organigrama do PP dependerá da vitoria ou non de Feijoo e dos resultados que os populares obteñan no concello. O partido polo de agora mantivos á marxe desta situación, pero en privado tentou mediar para reconducir o asunto. |
NOS_38325 | Os coruñeses suman a súa segunda vitoria nesta tempada ligueira | Sufriuse mais logrouse o obxectivo: derrotar o Xetafe e meter os tres puntos no peto. Malia comezar perdendo, os coruñeses souberon remontar e imporse nun partido que, unha vez finalizado, permitiu suspirar a Pape Mel, o adestrador deportivista, moi cuestionado por parte da afección. O Dépor mereceu máis na primeira metade, mais non lle sorriu a fortuna. O Xetafe non era coxo e tamén tivo as súas oportunidades, mais sen xerar perigo excesivo. De feito, na primeira que os madrileños tiveron clara, marcaron. No minuto 54. Foron a seguir dez minutos nos que o Xetafe a piques estivo de ampliar a diferencia, con Pantilimon evitando o 0-2 nun man a man con Amath. Non materializou o Geta e o Dépor aproveitou para ir arriba e remontar. Suma 7 puntos, abandona a zona de descenso e encadea dúas vitorias consecutivas na casa. Ficha RC Deportivo (2): Pantilimon, Juanfran (Gerard Valentín, min. 83), Schär, Sidnei, Luisinho, Guilherme, Borges, Fede Cartabia, Fede Valverde (Bakkali, min. 84), Emre Çolak (Andone, min. 67) e Lucas. Getafe CF (1): Guaita, Damián Suárez, Djené, Juan Cala, Antunes, Álvaro Jiménez, Markel Bergara, Arambarri (Portillo, min. 88), Amath, Jorge Molina (Sergio Mora, min. 78) e Ángel (Molinero, min. 56). Goles: 0-1 Amath (min. 54); 1-1 Lucas (min. 66); 2-1 Andone (min. 87). Árbitro: Estrada Fernández (c. catalán). Cartón amarelo a Luisinho (min. 26), Damián Suárez (min. 33), Jorge Molina (min. 62), Schär (min. 64), Markel Bergara (min. 69), Juanfran (min. 83), Andone (min. 87), Bakkali (min. 89) e Guilherme (min. 90+3). |
PRAZA_10310 | O socialista Rodríguez Villarino ista a Democracia Ourensana e Ciudadanos a aclararen se "queren ser cómplices de consolidar un modelo corrupto". Jácome asegura que polo momento só "adiou" a xuntanza co PSdeG e que co PP só tivo "aproximacións" sen "nada firme". C's matiza que o PP é o seu socio "preferente" pero que en Ourense aínda non está "nada claro". | D.L."Están en risco os cambios na Deputación e no Concello". Foi a alerta lanzada este mércores polo candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense e secretario xeral do partido na provincia, Rafael Rodríguez Villarino, despois de que Democracia Ourensana adiase a xuntanza prevista entre ambas formacións para abordar eventuais acordos nas dúas institucións ata agora gobernadas polo PP. Segundo Villarino, "hai un pacto con Baltar sobre o tapete" e por iso tanto DO como Ciudadanos deben aclarar se secundarán o barón popular.Todas as demais forzas de ambas corporacións "excluíndo o BNG", matiza, están "sendo obxecto de ofertas e presións" por parte de José Manuel Baltar "para que o manteñan no posto" e por iso, advirte, ínstaos a deixar claro se "queren ser cómplices de consolidar un modelo corrupto na provincia e de instalar un goberno na cidade sobre a base desa mesma corrupción". Entre as hipóteses manexadas polos socialistas figura a dun eventual intercambio de apoios entre o PP e DO para que a formación local apoie a Baltar na Deputación e, como contrapartida, os edís do PP voten a investidura de Gonzalo Pérez Jácome como alcalde.Jácome asegura que polo momento só "adiou" a xuntanza co PSdeG e que co PP só tivo "aproximacións" sen "nada firme""Deben dicir se están a favor de Baltar ou do progreso; do clientelismo ou da democracia", reclamou Villarino tras reunirse con Luís Seara, novo voceiro municipal do BNG ourensán, que xa amosou a disposición a apoiar gobernos alternativos ao PP tanto no Concello como na Deputación. Mentres, o principal interpelado, Pérez Jácome, nega que exista pacto pechado ningún con Baltar. Polo momento, sinalou en declaracións a Ourense Dixital, o único que existiu foi "un adiamento" da xuntanza con Villarino mentres que co PP o que ten "son só aproximacións, non hai nada firme". Como na campaña, nos últimos días DO vén reiterando que "pactaría co demo se consigo o ceo para Ourense", sen ocultar a súa vontade de procurar acceder á alcaldía da capital da provincia.Ciudadanos admite que o PP é o seu "socio preferente" e asegura que polo momento "non hai nada claro" sobre un eventual pacto con BaltarPola banda de Ciudadanos a postura é, polo momento, de ambigüidade dentro do principio de considerar o PP como socio "preferente", na liña do sinalado pola dirección central que preside Albert Rivera. En declaracións á edición ourensá de Faro de Vigo o novo concelleiro de C's en Ourense Laureano Bermejo, coordinador do partido en Galicia e futuro deputado provincial ourensán, asegura que polo momento "non hai nada claro". "É certo que o PP é socio prerente", admite, nun contexto no que afirma que, na Deputación, "nós imos entrar no goberno" con independencia de con quen acaben pactando porque pretenden "rexenerar as institucións". |
NOS_37419 | Detrás da celebración dos 1.000 programas do Luar hai un tesouro agochado: é o Luartube, o arquivo dixital que está a publicar na rede os vídeos máis destacados do buque insignia da TVG. | Bobby Farrell e BoneyM, a primeira actuación de Mercedes Peón (co cabelo longo), Matto Congrio con Carlos Núñez e Anxo Pintos tocando xuntos, Ana Kiro, Cicciolina, Gayoso rapeando con Reixa... Toda a historia da maior contribución galega á cultura de masas, o Luar, está a ser colgada aos poucos no LuarTube. Non o perdan, amantes da cultura popular. Aquí poden escoller o que lles gusta e esquivar o que non. Xurxo Souto, por exemplo, cantando a versión de BoneyM 'Berbés' co propio Bobby Farrell (que foi mariñeiro antes que cantante) ao carón. Busquen xoias e atoparanas. O Luartube é un pozo (con fondo, que aínda non está colgado todo) no que curiosear durante horas. "É un traballo inxente, enciclopédico. É a primeira pedra do Luar 2.0", di Teo Manuel Abad, director do Luar, que cumpriu o pasado mes 1.000 programas en antena. "Estamos indo pouco a pouco, metendo algo todos os días, pero é moito material, é demasiado ambicioso, non sei se daremos feito porque só temos unha persoa seleccionando e subindo os vídeos, Pilar, a quen lle quero agradecer desde aquí o seu traballo". Abad salienta que moitos investigadores lle reclamaron esta ferramenta "porque hai moitas recollidas aí moi valiosas". Cita as achegas de Mercedes Peón no seu día e nas actuais de Pablo Carpintero, un dos maiores estudosos da música tradicional galega e membro do comité asesor da Unesco en materia de patrimonio inmaterial. Preguntado polo devir dun programa que leva liderando a audiencia logo de 23 anos en antena, Abad cre que "mentres haxa futuro na tradición, o Luar terá futuro. E creo que o hai, porque cando ves o concurso de gaita infantil e tantos nenos tocando a tanto nivel... é unha pasada!" A grande achega do Luar á cultura é esa, cre o seu director, "por aquí pasaron milleiros de persoas coa súa música, coa súa tradición, por fin tiñan unha canle onde saír". Porén, amósase preocupado pola deriva do medio televisivo. "As televisións públicas estamos aguantando, pero eu véxoo complicado. A tendencia, competindo con programas como Sálvame, é terrible e a batalla é moi desigual. As privadas vulnérano todo, os horarios infantís, todo". |
PRAZA_2872 | A candidatura nacionalista reivindícase como a mellor garantía para defender os intereses do país e tamén para impedir que "goberne a dereita, nin a vella, nin a nova". | Nun barco. O último día de campaña, coma o último. E izando unha bandeira nacionalista galega. O cabeza de lista pola Coruña de NÓS-Candidatura Galega, Carlos Callón, celebrou o seu último acto de campaña antes do peche da noite a bordo dun barco do cerco en Sada, acompañado do mariñeiro e tamén candidato Manuel Presas, tal e como fixera na noite electoral na dársena da Mariña. Outra imaxe simbólica para deixar claro que NÓS "ten un rumbo firme para Galiza". Callón lembra que NÓS "ten folla de ruta para Galiza" e é tamén "garantía para mudar o goberno do Estado" "A bordo deste barco do cerco queremos simbolizar que NÓS ten folla de ruta para este país ao que o 20 de decembro lle ofrecemos ser garantía para mudar o goberno do Estado, -porque nunca permitiremos que goberne a dereita, nin a vella, nin a nova-, e ao mesmo tempo somos a única opción capaz de darlle voz propia a Galiza en Madrid, como fixo o BNG nos últimos vinte anos", asegurou Callón, que pediu aos galegos que non se resignanena escoller entre o novo bipartidismo a catro "empaquetado e teledirixido como produto de consumo electoral". "Na campaña quedou perfectamente claro que só NÓS-Candidatura Galega falou dos problemas reais do país e, igual de importante, a única que puxo propostas concretas para solucionalos", lembrou, para deixar claro o contraste coas forzas estatais. De feito, Callón insistiu en que "nin Rajoy, nin Pedro Sánchez, Albert Rivera, nin Pablo Iglesias dixeron unha soa palabra sobre a nosa mocidade emigrada, sobre o feito de que temos as pensións e os salarios á cola pese a estar á cabeza en horas traballadas, nin nos nosos sectores produtivos". "Nada, pero si falaron doutros territorios", advertiu. NÓS lembra que "nin Rajoy, nin Sánchez, nin Rivera, nin Iglesias" falaron dos problemas de Galicia durante a campaña Callón izou a bandeira galega antes de participar, desde as 20.30 horas, no mitin de peche de NÓS no Paraninfo da Universidade da Coruña, onde tamén participará o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, e onde Xosé Luís Rivas, Mini, Navia Rivas e Jasper interpretarán en directo o tema orixinal de campaña da Candidatura Galega. |
PRAZA_559 | O presidente da Xunta saca peito pola venda das antigas caixas despois de que Banesco xa gañe máis do investido e gábase dos datos de crecemento económico malia botar por terra as previsións do seu Goberno. | A finais do pasado febreiro o Tribunal Supremo ratificaba a "nulidade de pleno dereito" da autorización do Goberno de Fraga en funcións para a instalación dunha piscifactoría de Pescanova en Touriñán. O alto tribunal, como xa fixera o TSXG, certificaba ademais a legalidade da paralización das obras, ditaminada polo bipartito en 2006, e a obriga do Goberno galego de indemnizar con máis dun millón de euros á multinacional, contía contra a que a actual Xunta non argumentou durante o procedemento xudicial, segundo a sentenza. No primeiro pleno tras o ditame o presidente da Xunta, vicepresidente do Executivo que autorizou a instalación, foi cuestionado ao respecto, se ben Alberto Núñez Feijóo optou por non responder. No marco da sesión de control ao presidente o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, censuraba o que considera "políticas" do PP "ao servizo das súas empresas amigas a costa de arruinar este país". Hai un ano, lembraba Jorquera, "acusámolo de fomentar a venda de Galiza por parcelas e hoxe, volvo facelo". "O Tribunal Supremo -evidencia o parlamentario do Bloque- sentenciou que o plan acuícola do Goberno Fraga era nulo de pleno dereito, pero vostede preferiu que a Xunta non contestase" ás esixencias da compañía, "aínda que custase máis dun millón de euros" ao erario. Jorquera: "O Supremo sentenciou que o plan acuícola era nulo de pleno dereito e vostede preferiu que a Xunta non contestase" Na súa quenda de resposta o xefe do Executivo preferiu non retrucar á petición de explicacións de Jorquera a respecto da multinacional do peixe, cuxa presenza foi habitual nos argumentarios do PP durante a súa etapa na oposición. Si respondeu, no entanto, ás acusacións de permitir a "venda a prezo de ganga de Barreras a Pemex" para que, "un ano despois", a petroleira mexicana "anuncie que retira a carga de traballo". Neste contexto Feijóo aproveitou a presenza de estudantes "de orixe mexicana" na tribuna parlamentaria reservada ao público para lamentar que o parlamentario nacionalista "teña interese en falar mal de México e calumniar a Pemex" ao "dicir que vén facer negocios aquí e que vén incumprir os seus compromisos". "Se por vostede fose, non habería ningún barco de Pemex en Galicia", mantén, mentres a propia compañía anuncia unha "revisión profunda" dos seus investimentos no país. Defensa da venda dos restos das caixas O presidente da Xunta retrucou, igualmente, aos reproches ao respecto do "auténtico pelotazo" no que, para Jorquera, tornou a venda dos restos das antigas caixas a Banesco, ata o punto de que "nun ano os beneficios "de Abanca xa "superan o prezo oficial de compra". "Para vostede era pecado converter Abanca nun banco público, pero non tivo reparo en que un banqueiro venezolano fixese o negocio do século", subliña. O presidente defende a inxección de cartos públicos nas antigas caixas pero non para "facer de banqueiros" Tamén o socialista José Luis Méndez Romeu pediu contas ao respecto. "Pasou de defender a galeguidade" da fusión de Caixanova e Caixa Galicia a facer o propio coa "venda a capital foráneo, pasando polo engano masivo a unha morea de investidores que pensaban que vostede tiña un compromiso serio". Do mesmo xeito, a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, ve ao presidente como "claro responsable, en termos económicos, da estafa de Novagalicia Banco" ao "cometer dous grandes erros: a fusión e facer negocios con Novagalicia Banco". "De que se nos acusa?", pregúntase Feijóo. "De defender por riba de calquera crítica a coherencia de que se mantivese unha entidade en Galicia con máis de 4.500 postos de traballo directos?", respóndese. "Defendemos Galicia antes e seguimos defendendo Galicia agora", mantén, por iso estiveron a favor da inxección de recursos públicos nas entidades para así asegurar os postos de traballo e os fondos das persoas depositantes. Para o que nunca defenderá a achega de diñeiro público, matiza, é "para facer de banqueiros", que é ao que ao seu xuízo suporía impulsar unha banca pública. |
PRAZA_3733 | Abel Caballero insta a Xunta a imitar o consistorio, que suprimiu o pagamento por aparcar "en zonas tan sensibles como os arredores de Povisa" e Lara Méndez lembra que "dende o Concello de Lugo levamos anos reclamando a gratuidade" e agora "máis que nunca, esta reivindicación é unha necesidade" | D.L.Tanto o hospital Lucus Augusti de Lugo, en 2011, como o Álvaro Cunqueiro de Vigo, en 2015, abriron con senllos aparcadoiros de pagamento. Esta circunstancia suscita dende hai anos protestas nos respectivos concellos, que habilitaron zonas de aparcamento de balde na contorna destes centros sanitarios aos que non só acoden as veciñanzas de cadansúas cidades, senón de múltiples municipios das correspondentes áreas sanitarias.Caballero insta a Xunta a imitar o consistorio, que suprimiu o pagamento por aparcar "en zonas tan sensibles como os arredores de Povisa"A cuestión do pagamento nos aparcadoiros vén de rexurdir en ambos concellos ao fío da crise do coronavirus e tanto o alcalde vigués, Abel Caballero, como a alcaldesa lucense, Lara Méndez, veñen de reclamar á Xunta a gratuidade destas instalacións, "como mínimo", ata a fin da emerxencia sanitaria. Así, Caballero lembra que igual que "o Concello suprimiu a xestión de estacionamento regulado" -a ORA- que "afecta a zonas tan sensibles como os arredores de Povisa", a Xunta debera facer o propio co aparcadoiro do centro hospitalario de Beade."Dada a gravidade da situación sanitaria que estamos a atravesar, é importante e conveniente" que non sexa necesario pagar para acceder ao aparcadoiro do centro en pleno "pico de asistencia a hospitais". Esta petición chega, agrega, despois de que a Xunta "non deixe acometer un segundo aparcadoiro" gratuíto na zona.Lara Méndez: "Dende o Concello de Lugo levamos anos reclamando a gratuidade destas instalacións; máis que nunca, esta reivindicación é unha necesidade"Nun sentido semellante, este venres a tamén socialista Lara Méndez formulaba a mesma petición de gratuidade para o aparcadoiro do HULA "como mínimo, ata que remate o estado de alarma. "Dende o Concello de Lugo levamos moito anos reclamando a gratuidade destas instalacións, cedidas no seu día pola Administración local non para que unha empresa privada lles sacase rendemento, senón para dar servizo á cidadanía de toda a provincia que ten asignado o Lucus Augusti como centro de referencia", resalta méndez.Agora, "máis que nunca, esta reivindicación volveuse necesidade" toda vez que o espazo municipal, que si é de balde, "segue sendo insuficiente". Esta petición, agrega a rexedora lucense, "foi acordada na última xunta de voceiros" do Concello e persegue "non ocasionar máis prexuízos" á veciñanza durante a crise sanitaria. |
NOS_13919 | Salvador Puig Antich foi asasinado con só 23 anos a garrote vil na noite do 2 de marzo de 1974. A resposta internacional non foi quen de parar unha das máis terríbeis execucións do fin do franquismo. A irmá de Salvador, Merçona Puig, reclama que a xustiza arxentina emita orde de busca e captura contra o sogro de Gallardón, ex-ministro franquista José Utrera | Durante corenta anos, a irmá de Salvador Puig Antich non claudicou na súa loita por facer xustiza pola memoria de seu irmá. A última das súas accións, personarse na causa contra a represión franquista que está a levar a xustiza arxentina. Reclama Merçona Puig Antich que se emita unha orde internacional de busca e captura contra o que fora ministro de Franco, José Utrera Molina, sogro do actual ministro de xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón. Militante do Movemento Ibérico da Liberación (MIL), Salvador Puig Antich foi asasinado a garrote vil no Cárcere Modelo de Barcelona o 2 de marzo de 1974. Un tribunal franquista condenárao pola morte dun membro da Brigada Político Social no medio dun tiroteo acontecido nun portal da rúa Girona de Barcelona. Corenta anos despois, o xornalista Jordi Panyella desmonta no novo libro "Salvador Puig Antich, caso aberto" a versión oficial e recolle testemuños que deixan á vista a manipulación do xuízo co que o rexime franquista xustificou o asasinato do militante anarquita. Entre elas, como relata nunha entrevista publicada hoxe no xornal vilaweb, bota abaixo os oito folios mecanografados que a policía recolle como declaración do acusado nun momento no que Puig Antich non podía falar por ter a mandíbula partida, como testemuñan as enfermeiras que o atenderon. A mesma autopsia do policía foi manipulada xa que no corpo había realmente máis balas que as que se adxudicaban a Puig Antich. Probas falsas para un xuízo sen revisar Por vez primeira Jordi Panyella recolle testemuña do militante do MIL detido canda Puig Antich que inculpou ao seu compañeiro despois de ser torturado recoñecendo agora que desde o lugar no que se atopaba non o tiña no ángulo de visión. O xornalista consegue mesmo o recoñecemento da persoa que manipulou o sumario no xulgado. "Aínda queda moito para que este país sexa plenamente democrático, que quere dicir que ese respecten as liberdades e que o poder xudicial sexa independente e que non actúe condicionado por hipotecas do pasado e afinidades", sinala na entrevista Panyella que reclama a reapertura do caso e facer xustiza coa memoria de Puig Antich. A figura de Puig Antich converteuse en símbolo contra o franquismo e desde Miró, Ferrín a Lluich Llach mostraron o seu rexeitamento polo crime. Manifestacións en diversos países do mundo condenaron un dos últimos e máis salvaxes asasinatos do franquismo do que agora se conmemoran catro décadas. |
NOS_2928 | O discurso de fin de ano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, pon en valor o ensino público galego, sen facer referencia aos recortes neste sector. Unha mensaxe "de despedida", segundo os partidos da oposición. | "A Galiza que vai entrar en 2020 está nun mundo complexo, nunha Europa que afronta serias disxuntivas e nunha España sometida a sobresaltos. Nese contexto cheo de sorpresas pouco tranquilizadoras, Galiza forma parte dos pobos que consideran a estabilidade como un requisito para o benestar das persoas". Así comeza Feixoo o seu alegato a prol da "unidade" no Estado, pois nas súas palabras "a política que propicia a inestabilidade deixa de ser un motor da sociedade para converterse nun atranco". Desde unha aula do instituto ourensán Eduardo Blanco Amor, no que el mesmo estudou, Feixoo asegurou que alí se imparte "un ensino público de calidade e con igualdade de oportunidades". Porén, non se mencionan os recortes nos servizos públicos que afectan a todos os niveis educativos no país mentres o presidente indicou que "o esforzo educativo feito pola Galiza autogobernada vén de ser avalado polo coñecido Informe Pisa", un estudo internacional cuxos resultados foron cuestionados en 2019 pola súa posíbel manipulación. O actual líder da oposición na Galiza, o socialista Gonzalo Caballero, resume o sentir das forzas contrarias ao Partido Popular coa súa análise de que "foi un discurso de despedida que evidenciou o proxecto esgotado que ten o PP". |
NOS_23664 | O 'Project censored', da Universidade estatal de Sonoma (California) leva desde 1976 investigando "as noticias que non saen nas noticias". Anualmente publica a listaxe das 25 novas máis censuradas. Estas son as de 2016: desde a omnipresenza das forzas especiais de EUA até a posibilidade de influir mediante algoritmos en condutas de voto. | Existe realmente unha omisión ou censura sistemática de certos temas ou problemáticas nos principais medios de comunicación de Estados Unidos? Coa finalidade de responder a esta pregunta naceu en 1976, e a raíz do escándalo 'Watergate', na Universidade estatal de Sonoma (California) o 'Project Censored'. O profesor Carl Jensen, canda colegas de universidade e alumnos, comezou investigar aqueles temas que non se facían oco nas axendas mediáticas. Embora haber investigacións e reportaxes documentadas, contrastadas e fundadas e atinxir estas temas de interese, ficaban no esquecemento. O PC publica anualmente unha listaxe con aqueles 25 temas ou asuntos que, a criteiro dos responsábeis do proxecto, non foron tratados debidamente polos principais medios ou ben nin sequer foron tratados. A iniciativa conta con firmes partidarios no mundo do xornalismo e mesmo máis alá (Noam Chomsky, por exemplo) mais tamén detractores, que lembran, por exemplo, que nas súas listas deu pábulo e credibilidade a teorías conspiratorias sobre o 11S. En todo o mundo No Top de 2016 Project Censored sitúa no máis alto, como a principal noticia censurada, a omnipresenza das forzas armadas estadounidenses e os seus grupos de operacións especiais en todo o mundo. Están despregadas no 70% dos estados. Unha reportaxe de investigación de Nick Turse, falando con diversas fontes, tamén do alto mando, afirma que as Forzas de operacións especiais (SOF, nas súas siglas en inglés) están en 147 dos 197 estados do mundo. "Un incremento do 80% desde o ano 2010". "Todos os días, en entre 80 e 90 estados, a SOF realiza operacións especiais "non nomeadas", misións das que o alto mando rexeita dar explicacións", mantén Turner, que denuncia que desde o 2001 os fondos destinados a este tipo de actuacións multiplicáronse por tres. Medicina Outra das novas que non tivo tratamento por parte dos medios corporativos foi, a xuízo de PC, o relativo a evidencias de erros na medicina. Richard Horton, editor de Lancet, unha prestixiosa revista médica, afirmou que "unha parte non pequena da literatura científica [en medicina] pode ser simplemente falsa". Refírese Horton a estudos e investigacións que se fan empregando mostraxes moi pequenas como para ter resultados determinantes ou ben con focaxes procurando resultados premeditados, sen esquecer o "influxo indebido" da industria farmacéutica "sobre a profesión médica". Unha das investigacións determinou como un medicamento que en EUA se prescribira a dous millóns de adolescentes non era eficaz, puxo como exemplo. Influír no voto Os algoritmos e o voto electrónico poden variar o resultado das eleccións estadounidense que se desputan a vindeira semana. Este é outra das cuestións que PC inclúe na súa lista. A tecnoloxía, explican, fornece oportunidades de influír no voto, máxime cando a vitoria se decide por porcentaxes axustadas. Robert Epstein e Ronald E. Robertson, do Instituto Americano de investigación tecnolóxica, realizaron un estudo no que se centraron en 4.200 votantes indecisos. A través de aplicar algoritmos que determinan os contidos das buscas en internet e da información que flúe polas redes sociais lograron o que cualifican como "resultados sorprendentes": "Puidemos cambiar a preferencia de voto do 20%". Estes son só 3 dos 25 temas que PC considera que merecían un tratamento xornalístico polos grandes medios. O poder do lobby farmacéutico, os motivos que hai detrás da guerra de Siria, o proxecto do FBI para investigar alumnos de institutos, a dependencia dos combustíbeis fósiles... son outras das cuestións. Podes acceder a todas elas, aquí. |
NOS_15914 | Será a primeira obra édita da poeta Noelia Gómez (Rianxo, 1995). O xiro é o título do libro co que vén de se facer coa quinta edición do premio Gonzalo López Abente. | O xurado, formado polas poetas Eli Ríos, Emma Pedreira e Xesús Sambade Soneira, salientou a "coherencia textual" da obra, percibiu as referencias a unha xenealoxía feminina e feminista da poesía -con nomes como Xohana Torres ou Eva Veiga- e considerou a vontade "para construír un medio que permita comprender o paso e as súas perdas". "Versos espidos de calquera requinto estético", "ausencia de barullo", "espazos medidos á perfección" son algunhas das ferramentas poéticas de Gómez, segundo expón o xuri na acta do galardón outorgado pola Fundación Gonzalo López Abente de Muxía. Xornalista de profesión, mostras do seu traballo poético apareceron recollidas en No seu despregar. Antoloxía poética (Apiario, 2016) ou en 7 relatos curtos contra a violencia de xénero (Universidade de Santiago, 2016). |
NOS_17707 | Non é unha simple versión feminizada do Apalpador, ten vida de seu | Non é a muller do Apalpador. A Apalpadoira existe e ten vida de seu, tamén na tradición que, coma no caso do carboeiro, emana do mesmo punto: as montañas dos Ancares. Así o testemuñaron fontes orais recollidas polo profesor Álvarez-Balbuena. E a recuperación da Apalpadoira vai xa coma un foguete. "Fronte á masculinización das personaxes de Nadal, é necesario introducir a Apalpadora", afirmaba Anxo Moure nunha entrevista en Nós Diario hai un ano. Preguntado entón sobre se tiña constancia da existencia de testemuños desta figura feminina, recoñecía que "eu non coñezo moito sobre se hai testemuños", defendnedo a necesidade da Apalpadora "porque realmente a grande protagonista da montaña con respecto á educación das nenas e dos nenos era a muller". Mais si que hai testemuños da existencia non da Apalpadora senón da Apalpadoira. A orixe desta personaxe está no ritual berciano da Apalpadoira, relacionado coa Noitevella, e cuxo coñecemento débese ao profesor Fernando Álvarez-Balbuena, que nunha gravación realizada na aldea de Arnado (concello de Oencia) dona Manuela Álvarez Prieto, nacida en 1929, narra no galego propio da zona o desenvolvemento deste singular rito polo que se cominaba ás crianzasa comer ben na "Noitevella", até quedar "fartos" para todo o ano; de non ser así, de non se fartar esa noite, viría A Apalpadoira para palpar a barriga dos pequenos e comprobar que efectivamente os pequenos e pequenas da casa comeran ben. Esta figura feminina que facía o ritual co nome de "apalpadoiro" ou ou "apalpadoira", e que se desenvolvía na Noitevella de forma parecida ao relatado pola señora de Arnado; desenvolvíase tamén noutras zonas das montañas orientais galegas, segundo tradicións recollidas ao longo destes anos. Coñecer A Apalpadora ou Apalpadoira - que as dúas denominacións están a se estender na recuperación desta personaxe- está a gañar presenza no Nadal galego. Se hai uns anos a súa presenza e coñecemento era nulo agora - e mesmo neste Nadal de 2020 tan condicionado polo coronavirus- está a gañar espazos. Así, por exemplo, esta personaxe do noso Nadal pasou participando en actividades por diferentes cidades e vilas do país, de Compostela a Cordeiro, do Grove ao Rosal. Futuro A Apalpadoira ou Apalpadora ten quen a manteña viva, quen lle dea vida, como ben testemuñan en apalpador.gal. Rapazas como Antía Vázquez ("xa chegou a Apalpadora! Dende a Serra do Faro, recorrerá ata os máis pequenos recunchos da Galiza máis profunda. A través de cantigas, contos e lendas achegará a sua historia..."). Ou tamén Iseo A Moura ("A Apalpadora é unha muller namorada da montaña. Unha carboeira forte, acostumada a vivir soa e valerse por si mesma. Pero cada ano precisa atopar o camiño que une a montaña coa xente. É por iso que no Nadal baixa a agasallar cariño e caloriña en forma de castañas e carbón"). Mais a listaxe é ampla e figuran nela máis nomes, como os de Raquel Queizás ("traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…"), Xanotas e Leirotas,... Todas pulan por dar cada vez máis cabida a esta personaxe do Nadal galego que colle forza a partir da memoria dunha muller galegofalante do Bierzo. Mari Domingi e o debate da igualdade de xénero co Olentzero Mari Domingi é un personaxe fantástico vasco que en moitas ocasións acompaña o Olentzero, personaxe da tradición vasca que se encarga repartir os agasallos en Nadal. Creouse na cidade de San Sebastián en 1994 coa intención de buscar un maior equilibrio en cuestión de xénero na representación tradicional do nadal en Euskal Herria. Porén, moitas organizacións feministas están en contra da súa incorporación á tradición porque consideran que porque no fondo perpetúa os roles de xénero. Realmente preséntase a Mari Domingi como un personaxe secundario do Olentzero. A orixe é a protagonista dunha panxoliña tradicional recollida a comezos do século XX no que unha pastora chamada Mari Domingi quere ir a Belén a ver o Neno Xesús e dinlle que ten que mudar a saia vella. |
NOS_55858 | Estreamos no diario dixital a sección Palabras con Memoria, da autoría da web (aelg.gal) da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coordenada por Isidro Novo. Até o de agora acompañábanos no semanario Sermos Galiza. | Abichar.- (Ademais de significados xa rexistrados). Verbo usado para nomear o cortexo de parellas que xa teñen unha relación estábel coñecida publicamente e con vistas a unha vida en común. Exemplo: "Non contedes con Pepa/Pepe hoxe, que vai abichar". "Eses dous están abichando, non os molestes". Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada). Fonte.- Manuel Cabada Castro (dun veciño seu). Achedar.- (Á marxe doutros significados) Gozar sexualmente. Exemplo: "Seica tivera ganas de casar para se fartar de achedar a parella". Lugar de escoita.- Escudeiros –Ramirás (Ourense) Fonte.- Xoán Carlos Domínguez Alberte. Morrón/a .- (Ademais doutros significados) Rapaz, rapaza. Lugar de escoita.- Cuntis. Fonte.- Marcos Seixo. Outros apuntamentos.- Provén da xerga dos canteiros. Nun vira-vira.- Rapidamente, nun abrir e pechar de ollos. Exemplo: "Un neno faise nun vira-vira". Lugar de escoita.- Muros. Fonte.- Renée Huerta Latrille. Outros apuntamentos.- O exemplo apuntado foille escoitado a un alumno de BAC. Paxarela (alegre da).- Utilízase para expresar que alguén vai moi contento ou satisfeito. Exemplo de uso: "Josiño chegou da festa, viña alegre da paxarela. Debeu de atopar moza!" Lugar de escoita.- Carbeiral- Bardaos (San Sadurniño). Fonte.- Avelino Sanjurjo Beceiro Quedar de pallón.- Quedar solteiro/a. Exemplo: "Laura e Nuria xa casaron, pero a súa irmá Paula, parece que vai quedar de pallón". Lugar de escoita.- Rial (Val do Dubra). Fonte.- Hortensia Vázquez Fraga/[email protected] Outros apuntamentos.- A fonte indica que o uso da expresión é pexorativo e aplícaselle sobre todo ás mulleres. Rascamaseiras.- Sinónimo festivo e familiar de mozo, noivo. Exemplo: "A miña avoa díxome que se non tiña un rascamaseiras, ía quedar solteira". Lugar de escoita.- Cervo – A Mariña (Lugo) Fonte.- Tili Hernández Viñas. |
NOS_32463 | A 'área metropolitana' de Ourense é a que ten maior porcentaxe de inmobles deshabitados: 22%. | Na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras, segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representa 18,6% do total das existentes no noso país e que son 1.606.001. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español. Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2001 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre de 22,3 por cento. No informe de Indicadores Urbanos que o INE vén de publicar esta semana tres cidades galegas lideran o ranking no Estado de urbes con maior porcentaxe de vivendas deshabitadas. Unha listaxe de 111 cidades na que o primeiro posto corresponde á catalá Manresa, onde 23,8% das vivendas están baleiras. En segundo posto figura Ourense, con 21,7%; seguida de Lugo, con 20,7% e de Ferrol, con 19,7% das súas vivendas sen habitar. A media estatal é de 13,6%. Así pois, das catro cidades do Estado onde hai maior porcentaxe de vivendas baleiras, tres son galegas. Pontevedra figura nesa lista no posto onceavo. Na cidade do Lérez de cada 100 vivendas, 17 están deshabitadas (17,4%). En Compostela a porcentaxe é de 16,9%, sendo a capital de Galiza a 14ª cidade do Estado con maior proporción de domicilios deshabitados. A Coruña (no posto 31, con 14,2% das vivendas nese estado) e Vigo (12,9%) completan a representación galega. Porcentaxes todas elas moi afastadas das cidades madrileñas de Coslada, Majadahonda, Alcobendas e Móstoles, onde a porcentaxe de vivendas sen habitar non chega a 4%. Áreas metropolitanas No estudo do Instituto nacional de estatística (INE) tamén se fai unha radiografía deste problema por áreas urbanas funcionais (AUF), termo para definir unha cidade e os concellos que conforman o seu entorno funcional, concretamente de influencia laboral. Nesta clasificación áchanse 45 AUF n todo o Estado e a de Ourense é a de maior porcentaxe de vivendas sen habitar de todo o territorio, con 21,9%. Séguelle a AUF de León, con menos de 20%. A área funcional de Santiago ten un 17,4% de inmobles deshabitados (a sexta entre as 45 áreas funcionais). |
NOS_16699 | O ex-inspector que visitou o petroleiro afirma que Mangouras quería embarrancar o Prestige. @s avogad@s da propietaria do buque cuestionan unha testemuña que "non ten bos coñecementos de inglés, non navegou nin un ano e despois da catástrofe foi nomeado capitán marítimo da Coruña. | Entre as 133 testimuñas que declararán no xuízo pola catástrofe do Prestige figuran algunhas relacionadas coa administración que despois do afundimento do petroleiro resultaron "premiadas" polo seu bo traballo. É o caso do ex-inspector naval Serafín Díaz, quen pouco despois, en febreiro de 2003, foi nomeado capitán marítimo da Coruña. Esta "casualidade" lembrárona @s avogad@s do xefe de máquinas e da propietaria do buque de salvamento 'Mare Shipping'. Serafín Díaz defendeu as diferentes decisións que tomaron as autoridades eses días e entrou en contradición coas súas primeiras declaracións en que aseguraba que a fenda no petroleiro "non era moi grande". Díaz foi o inspector que enviou a capitanía ao Prestige para que puxese en marcha o buque. Segundo o ex-inspector, quer o capitán Mangouras, quer o xefe de máquinas, quixeron sabotar a manobra para que o petroleiro sobordase na costa galega. "Non tiña combustíbel pola rotura dunhas pezas e o peche dunha chave na maquinaria". Entre as duras acusacións do ex-inspector a Mangouras e á tripulación estivo o trato recibido no petroleiro. "Estiven 26 horas sen comer nin nin beber". Cando se tratou sobre o rumbo do barco, a decisión máis importante que tomou a propia administración, Serafín Díaz perdeu algo a memoria e asegurou "non lembrar" as súas primeiras declaracións xudiciais en que aseguraba que non era "o axeitado". Do mesmo xeito tivo que matizar que cando dixo nas primeiras declaracións que o Prestige tiña "un gran burato en estribor" por onde saía "moita carga" era antes de poñer en marcha o buque. @s avogad@s do xefe de máquinas e da propietaria do buque de salvamento entraron en descualificar esta testemuña. Cuestionaron a súa capacitación profesional, non traballou un ano seguido nun buque, e os seus coñecementos de inglés son escasos como para manter conversas tan complexas como as que dí que tivo coa tripulación. |
NOS_49924 | Nesta entrevista a Tiempo Argentino, Chomsky reflecte sobre o problema da concentração dos media na América Latina, sobre os movimentos (Occupy e outros) que vêm dando sinais de potencial mudança na sociedade dos EUA, sobre a importância relativa das "redes sociais". – | ¿Até que ponto terá o desenvolvimento dos países da América Latina que ver com os Estados Unidos terem estado concentrados noutros temas?–Quanto menor atenção prestem os EUA ao continente, melhor para este último. Mas não deve dar-se por assente que seja isso que tem ocorrido. De facto, creio que têm estado a prestar bastante atenção. Quando alguma coisa sucede na América Latina, os EUA estão lá. Nos anos '80 estiveram muito activos na América Central. Nos primeiros anos das ditaduras sul-americanas, os EUA apoiavam todas. Na Argentina, por exemplo. Nos anos '90, a América Latina estava bastante sob controlo com a estrutura dos programas de ajustamento, pelo que os EUA não tiveram que se empenhar muito. Mas na última década os EUA têm sido afastados e têm tratado com muito afinco de reconstruir a sua posição. Creio, definitivamente, que tratam de aplicar mais ou menos a mesma política que antes, mas têm menos capacidade para a implementar. Quanto menor atenção prestem os EUA a América Latina, melhor para esta última – Vários dos governos de América Latina que têm assumido uma posição mais dura na sua relação com os Estados Unidos também se têm defrontado com as corporações mediáticas e têm promovido novas medidas para regular o poder dos media. ¿Como analisa isso?– A situação dos media na América Latina é praticamente um escândalo. Estão enormemente centralizados, sob controlo privado, são muito reaccionários e muito danosos para os países. Dão uma imagem muito distorcida do mundo. Entretanto, não creio que a resposta correcta seja que os governos os constranjam, mas sim que ajudem o surgimento de alternativas comunitárias. Em certo ponto isso começou a fazer-se na Venezuela. Por outro lado, quando ocorreu ali o caso do canal RCTV, que não foi encerrado mas sim remetido para a difusão por cabo, escrevi que estava de acordo com os protestos ocidentais e também com o facto de que algo semelhante não podía suceder nos EUA. Mas acrescentei algo que tornou impublicável aqui a minha opinião. Não poderia suceder neste país por uma boa razão: se algo semelhante acontecesse cá, se a CBS, por exemplo, apoiasse um golpe de Estado contra o governo e passados alguns dias esse golpe tivesse sido derrotado, não haveria nenhum julgamento dos directores e a cadeia não continuaria a transmitir. Simplesmente, os donos e os directores dessa estação seriam assassinados sem julgamento prévio por um esquadrão especial. A situação dos media na América Latina é praticamente um escândalo. Estão enormemente centralizados, sob controlo privado, são muito reaccionários e muito danosos para os países – ¿Crê que o confronto aberto entre os governos e os media concentrados ajuda a consciencializar as pessoas acerca dos interesses que estão por detrás dos media?– Na maior parte dos países, os governos apoiam os media concentrados. E nos casos em que não é assim, creio que a melhor forma de responder não é pressionando mas desenvolvendo alternativas, que é algo que o governo pode fazer. Alguma coisa de semelhante está querendo desenvolver-se aqui, em pequena escala. Por exemplo, quando o sistema de cabo apareceu nos EUA no início dos anos '70, o Congresso aprovou uma lei que impedia as companhias de cabo de deter monopólios em algumas áreas particulares. Por exemplo na zona onde estamos, Cambridge. Qualquer rede de cabo que quisesse operar aqui devia incluir um sinal comunitário. É uma grande falha da esquerda nos EUA que esta oportunidade não seja aproveitada. Há aqui uma estação da comunidade e se lá fores terás a surpresa de verificar que o equipamento é bastante bom. Não é a CBS, mas é melhor que outros que são propriedade de movimentos políticos. E muitas vezes são dirigidos por lunáticos porque a esquerda não os usa. Chegam a muita gente e poderiam ser usados como uma base alternativa de media.– ¿O que é que falta aos grupos de esquerda para tirar partido dessa possibilidade?– Isso é o que eu venho discutindo há 40 anos. Têm muitas críticas sobre os media que são justificadas, mas há muito pouco trabalho em tratar de criar alternativas. E pode ser feito, como sucedeu com Democracy Now, que funciona. Mas se os grupos de esquerda utilizassem estas possibilidades que estão ao seu alcance poderiam fazer mais. Há muito para fazer.– E não seria importante apenas o conteúdo, mas também a forma como se concretiza…– Estive uma vez no Brasil, antes de Lula ser eleito presidente, e uma tarde ele levou-me aos subúrbios do Rio, onde vi algo muito interessante dos media populares que não sei se ainda funciona. O que acontecia era que um grupo de profissionais dos media do Rio ia a uma praça no meio de uma cidade às nove da noite, prime-time, e punha um camião com um écran. Aí passavam programas que eram apenas para as pessoas que estavam sentadas na praça ou nos bares em redor. Os conteúdos tinham sido escritos por pessoas da zona, apresentados por eles e eram interessantes. Não podía entender tudo o que diziam, mas dei-me conta de que alguns eram comedia, outros eram mais sérios e falavam sobre a crise da dívida ou sobre o VIH, por exemplo. Depois dos programas, uma das actrizes ia com o microfone e uma câmara pedir um comentário às pessoas que tinham assistido. Essas opiniões eram passadas no écran gigante e outras pessoas vinham juntar-se. Gerava interacção comunitária e essas pessoas não viam a televisão prime-time, e em vez disso preferiam estes programas. Tudo era feito pela comunidade salvo o equipamento, que vinha da cidade. Coisas como essas podem ser feitas.– Processos políticos como a Primavera Árabe, o movimento Occupy ou o dos indignados comoveram sociedades com as suas posições. ¿crê que estes grupos têm potencial revolucionário?– Creio que são importantes, mas há muitas outras coisas também revolucionarias que estão a suceder. Por exemplo, os desenvolvimentos comunitários e o trabalho em empresas. Alguma coisa dessa iniciativa, de facto, veio da Argentina post colapso. Gar Alperovitz trabalha sobre isso e informa sobre lugares como Cleveland, onde há uma rede de empresas cujos proprietários são os seus próprios trabalhadores. Cooperativas que começam a estabelecer ligações a nível internacional com outras empresas em Espanha. Hoje isso existe em vários lugares do país e é revolucionário. Não sei se alcançará uma escala capaz de mudar a sociedade, mas é uma das coisas mais importantes que estão a acontecer.– Uma jovem espanhola que participou no movimento de indignados em Espanha dizia que admirava a experiencia de Occupy Wall Street porque no seu país reclamavam direitos que tinham perdido e nos EUA por direitos que nunca tiveram…– É que aqui luta-se pelos direitos de outras pessoas. Nenhum dos que está no movimento Occupy e passa o tempo no parque Zuccotti é pobre. Todos têm, pelo menos, um prato de comida na mesa e não vêm dos bairros mais desprovidos. Essa gente não tem tempo para estas coisas. No entanto, creio que estão a conseguir chamar a atenção dos media em muitos aspectos. Os elementos que Occupy trouxe colocaram-se no centro da agenda nacional. Antes falava-se muito pouco da desigualdade, da fraude bancária, da compra das eleições. Estas coisas agora estão a ser discutidas. De facto, o slogan de "somos os 99% vs. o 1%" pode ler-se na imprensa de negócios e todos falam dele. Para além disso, estão a fazer coisas. Por exemplo, com o furacão Sandy de há um par de semanas, os primeiros a sair para ajudar foram os jovens de Occupy. Também estão a ajudar as pessoas que estão a ser desalojadas das suas casas pelos bancos: apoiam-nos para resistir ao desalojamento ou vão ao tribunal protestar. Por isso, pode transformar-se em algo muito construtivo. De facto, creio que o más importante que fizeram, que a maioria da imprensa não reconhece e de que ninguém fala, é que romperam a atomização da sociedade. Esta é uma sociedade em que as pessoas estão sós. É quase sociopático. As pessoas não se juntam para falar, ficam presos na televisão, no consumo de bens. Mas Occupy reuniu pessoas, pô-las a fazer algo de forma cooperativa. Abriu um espaço de discussão, interacção. As pessoas estão a aprender a fazer coisas juntos e isso é muito importante, em especial numa sociedade como esta. Se durar, pode ser importante para inspirar mais grupos.– ¿Pensa que de este movimento pode decorrer uma mudança mais profunda na sociedade?– É um elemento entre outros. Há muitas coisas a acontecer no país. Este foi uma espécie de faísca e isso é visível. Foi visível no facto de que no dia seguinte a Zuccoti havia movimentos Occupy em todo o país e, na realidade, em outras partes do mundo. E passou apenas um ano, não pode dizer-se mais, mas foi muito bem sucedido. E se puderem associar-se a outros movimentos, como o das empresas recuperadas, pode ser muito interessante.Um olhar sobre as redes sociaisO gabinete de trabalho de Noam Chomsky está repleto de livros. Entre duas estantes em forma da letra L que ocupam dois dos lados do compartimento, há apenas um espaço livre para alguns porta-retratos familiares. Não surpreende que Chomsky admita não ver muita televisão e que se informa a partir de "toneladas de leitura". "Leio a imprensa nacional, a imprensa de negócios, a internacional. Um sem-fim de periódicos com um amplo espectro de perspectivas, inclusivamente conservadoras", descreve. O cronista confessa então que antes deste encontro reviu os seus dados biográficos na Wikipedia."Eu uso a Wikipedia para algumas coisas. Se queres saber sobre matemática ou história medieval, está bem. Mas se se trata de algum tema contemporâneo e controverso, então há que ser muito cauteloso."– ¿E as redes sociais?– Não tenho uma opinião porque estou fora de moda. Dizem-me que tenho uma conta de Facebook, mas não fui eu que a abri.– Atribuem-lhes um papel importante na Primavera Árabe.– Cá também têm um papel importante. Qualquer grupo activista anuncia o que faz nas redes sociais para atrair pessoas para as suas actividades. Acho bem, não tenho nenhuma objecção contra isso. Mas o máximo que faço é ler ocasionalmente blogues. Creio que é uma grande coisa que qualquer possa dizer o que quiser na Internet, mas significa que 99% são coisas sem importância.– Costuma fazer-se a crítica de que afecta o jornalismo acelerando os processos e contribuindo para a perda de análises e de verificação de dados…– Por isso leio os diários e não as redes sociais. Mas na Primavera Árabe sucedeu algo de interessante. Em dada altura (o presidente do Egipto Hosni) Mubarak encerrou a Internet. A interacção cresceu porque em vez de twittear as pessoas falavam entre si e a organização avançou mais rapidamente. Quer dizer, acelera as coisas mas não tanto.Entrevista de Javier Borelli para Tiempo Argentino. Tirada www.odiario.info. |
NOS_43100 | Representan o 51% do total de solicitudes feitas no conxunto do Estado. | Un total de 65 explotacións leiteiras galegas se sumaron, no segundo prazo, á solicitude de axudas da Unión Europea para rediucir a súa produción leiteira. Representan o 51% do total de peticións feitas no conxunto do Estado neste sentido, 127 granxas. As explotacións galegas comprométense a reducir por volta de 783 toneladas de leite. A cifra a nivel de Estado é de 2.132 toneladas menos. O prazo para acollerse ao segundo período de redución finalizou o pasado día 12 e as reducións na produción deberán realizarse nos vindeiros meses de novembro, decembro e xaneiro. No primeiro prazo foran 781 as explotacións leiteiras galegas que se acolleran a estas axudas, representando o 49% das solicitudes de todo o Estado, 1.567. O compromiso dos gandeiros galegos que pediron esta axuda de 14 céntimos o litro por deixar de producir foi o de reducir a venta en perto de 10.500 toneladas de leite. |
NOS_30501 | Un verso do poeta portugués Manuel António Pina sérvelle a Margarita Ledo Andión para titular a súa cuarta longametraxe: Nación, um sítio onde pousar a cabeça. A vindeira terza feira, 28 de agosto, comeza a rodaxe. | "Só quero um sítio onde pousar a cabeça. / Anoitece em todas as cidades do mundo, / acenderam-se as luzes de corredores sonâmbulos / onde o meu coração, falando, vagueia", escribe Pina (Sabugal, 1943 - Porto, 2012). O filme de Ledo Andión "conta a historia das mulleres galegas que conseguen facerse un oco no tecido industrial, a súa relación co campo, a súa memoria, a súa fortaleza". Nación, um sítio onde pousar a cabeça obtivo axuda á produción da Agadic da Xunta e mais o premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña, outorgado a "ideas de proxectos culturais pola igualdade". A anterior longa de Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) data de 2012 e titulouse A cicatriz branca. Foi a súa primeira incursión na ficción, e fíxoa para reflexionar sobre a emigración galega a América e as mulleres. Antes estreara os documentais Santa Liberdade (2004), sobre o heroico secuestro do paquebote Santa María para combater franquismo e salazarismo, e Liste, pronunciado Líster (2007), sobre o histórico comunista e militar antifascista galego. |
NOS_38529 | Considera que confluír nunhas citas electorais si e noutras non "diluiría" a forza da alternativa, segundo un documento de Izquierda Unida. | IU quer que o acordo con Podemos sexa tamén para as autonómicas e non fique só en confluencia na cita das municipais de maio de 2015. Así se desvela no documento de Izquierda Unida 'Encontro cara un novo proxecto de país' ao que tivo acceso Infolibre. A organización que lidera Pablo Iglesias é partidaria de se presentar ás municipais dentro de alianzas e confluencias máis amplas e preservar así a marca para vindeiras citas (autonómicas e estatais). Desde IU entenden que esa 'confluencia á carta' (como a define Infolibre) non é a acaída pois suporía "diluir a alternativa". No documento elaborado por un grupo coordenado por Alberto Garzón afírmase que "non é posíbel sustentar a idea e aspiración dunha alternativa para os concellos e non concretala para unhas comunidades ou deputacións que van ser decisivas". Recóllese que "non deberiamos votar unha cousa na urna da dereita e outra diferente na da esquerda. Diluiríase a forza da alternativa". |
NOS_1013 | Kalandraka é, talvez, a máis internacional das editoras galegas. Fundada hai 20 anos por un monllo de traballadores editoriais, libreiros e afeccionados ao teatro, creou o máis recoñecido catálogo de libros e albumes ilustrados dirixidos á infancia. Entre aqueles pioneiros estaba Xosé Ballesteros (Vigo, 1956), actual director da empresa e presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE). Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 296. | Segue a haber prexuízos contra a literatura infantil? Iso é como se alguén di que a educación infantil é algo menor, cando está comprobado que a base da cultura dunha persoa e da súa capacidade de desenvolvemento psicolóxico integral ten que ver con como te educan nos primeiros anos da túa vida. A literatura infantil é algo menor, por que? Todos temos lecturas de cando eramos nenos, e a nosa cultura ten unha base que son as lecturas que fixemos de pequenos. Se ti de rapaz tes acceso a grandes obras da literatura pensadas para a idade psicolóxica na que vives, e vante acompañando e tes posibilidades mesmo de escoitar música e ter unha formación musical artística, teatral... Se desde pequeno van cultivándote como se cultiva unha planta ou unha árbore, terás unha vida moito máis rica que se estás todo o día diante dun televisor mirando programas lixo. O que si me preocupa é a pouca visibilidade da literatura infantil nos medios. Aí si que hai prexuízos. A literatura infantil como rama menor da cultura. Nós somos editores e buscamos a calidade literaria e plástica. Non só para os nenos. Cando publicamos para adultos, cando publicamos a biblioteca de pedagoxía, cando publicamos teatro, queremos publicar o mellor dentro das nosas posibilidades. Hai outras editoras, e non estou pensando nas galegas que abondo teñen con existir, no Estado español que publican Cuentos tradicionales para niños de seis años, color azul; Cuentos tradicionales para niñas de seis años, color rosa. É un mundo complexo e hai xente que publica para nenos e só lles interesa o consumo. E hai outros que queremos publicar non só para o lecer senón para contribuír á evolución integral da persoa. Non chegamos aquí da nada. Temos referentes. E somos un proxecto que sabemos que existe Rodari e a súa Gramática da fantasía, pero tamén sabemos que existiron as Misións Pedagóxicas, a Institución Libre de Enseñanza, os mestres republicanos represaliados. Considerámonos herdeiros deses movementos da escola máis renovadora e de editoras como Felicidad Orquín ou a propia Esther Tusquets. Como di Orquín, ela decidiu ser editora como opción política. Nós seguímolo tendo claro. Publicamos libros e temos claro que publicar para a infancia tamén supón opcións políticas e ideolóxicas. E asumimos esa función social e transformadora. Chegado un intre, por que abren vías editoriais para adultos? Os lectores de Kalandraka, que empezaron hai 20 anos, hoxe teñen 22, 24, 25, e queremos seguir acompañándoos e facéndolles propostas literarias. [Podes ler a entrevista íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_9974 | Considera "inadmisíbel" o delito de rebelión. A defensa do expresident presentará un recurso contra a decisión. | O tribunal de Slesvig-Holstein acepta a demanda do xuíz Pablo Llarena contra o expresident da Generalitat Carles Puigdemont mais só por un delito de malversación de fondos públicos. Rexeirta o tribunal o posíbel delito de rebelión que pedía Llarena por consideralo "inadmisíbel". A defensa de Puigdemont presentará un recurso contra a decisión do tribunal, que se alargou máis aló dos 90 días establecidos porque o maxistrado e4spañol continuaba enviando documentos. A través das redes sociais, Puigdemont valorou a decisión da xustiza xermana: "Derrotamos a principal mentira sostida polo Estado. Negan que o referendo do 1 de outubro fose rebelión. Cada minuto que pasan os nosos compañeiros en prisión é un minuto de vergoña e xustiza. loitaremos até o final e galaremos!". |
PRAZA_5950 | Máis de dúas mil persoas participaron na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade, que denunciou o control das cámaras lexislativas "polo poder financeiro e o bipartidismo de PP e PSOE". Galería de imaxes e audio no interior. | O Parlamento foi rodeado, na mañá deste sábado, por unha gran marea reivindicativa convocada polas Marchas da Dignidade. "O Parlamento galego e os demais parlamentos de todo o Estado español foron secuestrados", denunciou o manifesto lido ao remate da mobilización, que centrou as súas críticas no poder financeiro, "unha mafia" que "coa principal colaboración dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE, está a roubar o que é do pobo para entregarllo ás grandes empresas". O texto incidiu polo tanto na denuncia do control que o poder económico exerce o poder político e as súas institucións, un control que lle resta "lexitimidade" ao poder lexislativo e que xustifica a necesidade "situar o debate e a contestación nos Parlamentos, no europeo, no español, nos parlamentos autonómicos. Centros de decisión en teoría democráticos que deixaron de selo". A deste sábado foi unha manifestación diferente. Polo seu percorrido e polo seu desenvolvemento, pois dende o seu inicio na estación de tren de Compostela, os seus integrantes fóronse estendendo e desprendendo, formando unha fileira no perímetro do Parlamento, coma unha longa corda que se desenrolaba. Así, até rodear por completo o exterior da cámara. Foi unha manifestación ruidosa, liderada polo berro de "pan, traballo e teito" e a demanda de "dimisión", tanto para Alberto Núñez Feijoo coma para Felipe VI. Foi tamén moi significativo o papel dun grupo moi numeroso de bombeiros, moitos deles dende hai meses no contexto de sucesivos conflitos laborais polos seus dereitos, que non só lideraron a marcha en moitos treitos, senón que formaron un eficaz servizo de orde. De feito, outro dos berros máis escoitados foi o de "madeiros, aprendede dos bombeiros", dirixidos cara ás dotacións de antidisturbios que vixilaban a mobilización. E foi tamén unha manifestación chea de cor, de bandeiras de todo tipo: republicanas, estreleiras, comunistas, anarquistas, de Nunca Máis, ou das organizacións -da CUT a CGT, pasando por SLG, Podemos, o Sindicato Ferroviario ou o STEG- que máis se implicaron na súa convocatoria, apoiada expresamente por BNG e por todas as forzas que compoñen AGE. Manuel Camaño, un dos voceiros da plataforma, entende "que hai unha clave frentepopulista e unha clave de unidade de clase e popular, que nos obriga a todos os que pensamos que este sistema é inxusto". Nos últimos días AGE chamou nun comunicado a secundar a convocatoria e a demandar "solucións a esta situación de fame e pobreza a través da "unidade popular" para destituír "a aqueles que non representan o pobo". E, de igual xeito, o BNG defendeu que a Cámara "ten que ser a institución que recolla a voz da cidadanía acosada polas políticas de recorte do PP en todas as instancias nas que goberna". Neste sábado 21 houbo manifestacións semellantes ante os parlamentos de todas as comunidades autónomas do Estado. Todas coa mesma demanda de "pan, traballo e teito" e o obxectivo de "devolver o poder ás persoas", como tamén lembrou o manifesto lido por unha activista das PAH, un texto que puxo en dúbida a lexitimidade que lles queda ás cámaras de representación: "ninguén lexitimou os partidos que gobernan para dar ós bancos preto de douscentos mil millóns de euros, ninguén lexitimou o goberno para que permita que se desafiucen ás familias mentres os bancos dispoñen de milleiros de vivendas baleiras, ninguén lles autorizou para facer pública unha débeda que era privada, ninguén autorizou o goberno a que siga as indicacións da Troika e ninguén autorizou un tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa que será un dos maiores ataques á democracia en toda a súa historia". A marcha pechouse coa lectura deste texto a uns poucos metros das portas da cámara, con berros de "non pasarán" e co emprazamento a unha nova manifestación ante o Parlamento para o vindeiro mes de novembro, continuando cun ciclo de mobilización que as Marchas da Dignidade e a columna galega do 22M iniciou precisamente ese 22 de marzo que reuniu en Madrid centos de milleiros de manifestantes. Nos últimos meses, ademais, o 22M mantivo unha actividade reivindicativa, centrada na denuncia dos elevados niveis de desemprego, na crise industrial, na defensa do dereito á vivenda e na loita contra os crecentes niveis de pobreza e exclusión social. |
NOS_43150 | Os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba na Galiza disparáronse a 154 a unhas horas de que se relaxe o uso da máscara no exterior. Son 34 máis que a xornada anterior. Tamén aumentan os casos activos, que se sitúan en 1.377. Ademais, os pacientes ingresados por este coronavirus soben a 46 -un máis-. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta por encima do 5% por primeira vez desde mediados de febreiro. | Segundo os datos publicados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, aínda que descenden a 11 as persoas ingresadas pola Covid en UCI no conxunto da Galiza -unha menos-, aumentan a 35 as que se atopan noutras unidades de hospitalización -dúas máis-. E 1.331 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, destacan as de Ferrol e Santiago e Barbanza, onde aínda que contan con dous pacientes Covid e un, respectivamente, en UCI, xa non teñen persoas ingresadas por este coronavirus noutras unidades de hospitalización, mentres que na xornada anterior quedaban dúas e un. A presión hospitalaria tamén descendeu na área de Vigo, onde segue un paciente Covid en críticos e descenden a catro os ingresados noutras unidades -dous menos-; mentres que a de Lugo mantense sen cambios, con un en UCI e dous noutras unidades. Pola contra, a presión hospitalaria sobe nas outras tres áreas sanitarias. Así, na da Coruña e Cee, aínda que baixan a catro os ingresados en UCI pola Covid -dous menos-, ascenden a 19 os que permanecen noutras unidades -tres máis-. Mentres, na de Pontevedra e O Salnés continúa un paciente Covid en UCI e aumentan a sete os doutras unidades -tres máis-; e na de Ourense segue un ingresado en críticos e aumentan a tres os doutras unidades -un máis-. Máis casos activos En canto aos casos activos de Covid ascenden por segunda xornada consecutiva a 1.377, que implican 72 máis que o día anterior, ao haber de novo máis contaxios (154) que altas (81), ao que se suma unha persoa falecida. No entanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas só descenden na área de Ferrol (-12) e aumentan no resto: Pontevedra e O Salnés (+24), Vigo (+19), Lugo (+18), Santiago e Barbanza (+13); A Coruña e Cee (+6) e Ourense (+4). Deste xeito, con máis casos activos segue a área da Coruña e Cee, con 484; seguida da de Vigo, con 208; Lugo, 191; Pontevedra e O Salnés, con 152; Ourense, con 150; Santiago e Barbanza, con 125; e Ferrol mantense á cola como a única con menos dun centenar, con 67. Os novos contaxios dispáranse Pola súa banda, os novos contaxios da Covid-19 detectados con calquera tipo de proba repuntaron a 154 e superan por segunda xornada consecutiva o centenar, ao rexistrarse 34 máis que o día anterior -houbo 120-, tras iniciar a semana con 56, aumentar a 85 na terza e descender a 81 na cuarta. En toda a Galiza foron confirmados 156 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, 41 máis que a xornada pasada, dos cales 38 corresponden á área de Pontevedra e O Salnés; 30, á de Vigo; 28, á de Lugo; 27, á da Coruña e Cee; 21, á de Santiago e Barbanza; nove, á de Ourense; e tres, á de Ferrol. Desde o inicio desta crise sanitaria Galiza levou a cabo 2.344.145 PCR, 3.053 probas máis que as rexistradas até a xornada anterior e unhas 600 menos que as efectuadas o día pasado. Pola súa banda, a taxa de positividade repuntou por encima do cinco por cento ao 5,49%, barreira que non se excedía desde o 15 de febreiro, tras situarse nun 2,7% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. Por tanto, Galiza supera ese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia a un día de que deixe de ser obrigatoria a máscara en exteriores. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia no conxunto de Galicia ascenden a 2.435 despois de notificar un novo óbito na quinta feira as autoridades sanitarias. |
PRAZA_7762 | O sindicato denuncia que se está a "contratar amigos" por máis de 120.000 euros, ao tempo que botan 32 traballadores á rúa | Este mércores quedou pechado sen acordo o expediente do ERE na Deputación Provincial de Ourense. Na derradeira xuntanza, que tivo lugar este mediodía, Comisións Obreiras (CCOO) defendeu que non concorren as causas económicas que fundamentan a medida, polo que acudirá á vía xudicial para frear a regulación de emprego. O secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia (FSC-CCOO), Ramiro Otero, critica a actitude do presidente da Deputación, José Manuel Baltar, que en ningún momento procurou opcións para atallar o "suposto déficit" nas contas do organismo provincial sen ter que recorrer a despedimentos. Por último, Otero critica que se estea a "contratar amigos2 por un custo de case 120.000 —incluídas as cotizacións á seguridade social— ao tempo que se anuncia que 32 persoas irán á rúa. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.