ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_51008 | As súas voluntarias achegan alimentos e outros produtos básicos a familias vulnerábeis, tecen máscaras caseiras ou apoian ás comerciantes locais do municipio herculino. | Os Grupos de Apoio Mutuo (GAM) naceron nos barrios coruñeses a raíz da chegada da COVID-19 a Galiza e a declaración do estado de alarma. Esta rede de veciñas atende as necesidades de familias vulnerábeis, promove o apoio ás comerciantes locais ou fabrica e reparte máscaras ou gorros de tea para profesionais sanitarias a través de distintos grupos de traballo. Desde a súa porta en marcha, os GAM atenderon arredor de 5.000 veciñas e veciños do concello herculino. Das súas actuacións dan conta a través dun comunicado no que salientan que a pandemia "está a aumentar a situación de precariedade de moitas familias". Este tecido de axuda mutua é a resposta da cidadanía. Nestas semanas de confinamento, as voluntarias atenderon as necesidades alimentarias, de cueiros ou butano de case un centenar de familias. Ao tempo, colaboran con máis de 55 estabelecementos comerciais locais, unha iniciativa para apoiar ás comerciantes e "evitar aglomeracións nos supermercados". Outra das súas actividades céntranse en procurar solucións ao problema da vivenda para inquilinas con dificultades para pagar o alugueiro. Se ben o Goberno español anunciou liñas de axuda para as arrendatarias en condición vulnerábel pola COVID-19, os préstamos aínda non foron pactados co Instituto de Crédito Oficial (o ICO) nin as liñas de axudas dos Gobernos territoriais consensuadas coas correspondentes Administracións. Coser na casa Un dos grupos dos GAM, Cose na Casa, está a traballar na confección de máscaras caseiras de tea. Máis de 3.000 foron repartidas e entregadas e entidades, residencias de maiores, comercios locais, farmacias ou familias en situación vulnerábel. Ademais, teceron gorros para o persoal sanitario do Complexo Hospitalario da Coruña. A maiores, os GAM botou a andar iniciativas de "acompañamento emocional" durante o acompañamento, que xa chegaron a máis de cen persoas. |
NOS_54054 | Nunca nas 41 tempadas en que o club coruñés militou na categoría de prata conseguira menos puntos e vitorias que na actual logo de 10 partidos de competición, empeorando mesmo as cifras das ligas 1973/74 e 1979/80, nas que os branquiazuis descenderon a Terceira e 2ªB, respectivamente. | A situación do Deportivo da Coruña cumprida unha cuarta parte da Liga nunca foi tan dramática. Por primeira vez na historia do club, a escuadra branquiazul rexistra tan só unha vitoria após a disputa dos 10 partidos iniciais de competición, e nunca nas 41 ocasións nas que militou na Segunda División conseguira menos puntos que na actual. Oito puntos, unha vitoria, cinco empates, catro derrotas, once goles a favor e dezasete en contra é o balance dun inicio de campaña que lle costou o cargo a Juan Antonio Anquela, sendo substituído no banquiño polo galego Luís César Sampedro coa esperanza de mudar canto antes un escenario que non ten apenas precedentes na centenaria traxectoria do Deportivo. O máis similar na categoría de prata é o da Liga 1978/79, onde pese a lograr un triunfo máis que na actual, os coruñeses chegaron á xornada 11 co mesmo número de puntos (aplicando o sistema de puntuación moderno, que outorga tres por vitoria, e non dous como sucedía na época). Enrique Mateos, José Manuel Sertucha e o gañador do Balón de Ouro, Luís Suárez, sucedéronse na dirección do cadro herculino ao longo dunha mala tempada na que se fixo notar a ausencia do prometedor gardamallas Paco Buyo, que estaba cumprindo co servizo militar obrigatorio en Huesca, pero na que finalmente logrou a salvación por tan só un punto. A Segunda B e a Terceira División con mellores cifras que no 2019 Entre os anos 1970 e 1991 o Deportivo non disputou nin un só partido na Primeira División, nunha época que moitos afeccionados denominan en homenaxe á obra de Celso Emilio Ferreiro como Longa Noite de Pedra. Eses tempos escuros estiveron caracterizados polos problemas económicos, o constante ir e vir de adestradores e, mesmo, de presidentes, nunha serie de circunstancias que fan imposíbel non trazar un paralelismo coa situación actual. E, con todo, en ningunha desas campañas se rexistraron unhas estatísticas peores que as que certifica o Dépor a estas alturas de Liga, inclusive nas que se descendeu a Terceira (1973/74) e a Segunda B (1979/80), onde se chegou á xornada 11 con 11 e 9 puntos respectivamente. Precedentes en Primeira División Coa excepción da etapa do Súper Dépor nos anos 90 e 2000, a traxectoria branquiazul na máxima categoría está caracterizada pola irregularidade, arrastrando o apelativo de "equipo ascensor" desde os anos 60, pese ao cal ocupa a duodécima praza na clasificación histórica da categoría, con 1843 puntos e 46 tempadas disputadas. Delas, en seis ocasións presentou números iguais ou peores que os actuais unha vez disputado o décimo encontro da Liga. Nas tempadas 1943/44, 1968/69 e 2014/15 tamén contaba con oito puntos e, curiosamente, en todas elas logrou o obxectivo da permanencia. Distinta sorte correu o conxunto coruñés na 1956/57, onde sumaba sete puntos; na 1964/65, que tiña seis; e na 1966/67, con cinco. Nas tres acabou clasificado nun dos dous últimos postos da táboa e, polo tanto, baixando a Segunda División. |
NOS_55311 | A área de Vigo lidera a incidencia, con 1.052 casos e 69 aulas clausuradas. | A incidencia do coronavirus nos centros educativos e escolas infantís de Galiza mantense á alza e, segundo os datos feitos públicos esta cuarta feira pola Xunta, o primeiro trimestre do curso pechou con 2.997 casos en colexios e institutos, e outros 62 en escolas infantís. A situación obrigou a pechar 159 aulas nos primeiros centros e 26 aulas nas garderías. Deste modo, o número de casos de Covid nos centros educativos incrementaron en 406 na última semana, aínda que as aulas pechadas son menos, 159, fronte ás 214 de fai sete días. A área de Vigo segue concentrando o maior número de contaxiados e o maior número de aulas pechadas, 1.052 e 69, respectivamente. Nesta zona, destacan pola súa incidencia os centros: o CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, con 28 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe Labor, con 26 casos e dúas aulas; o CPR Plurilingüe As Acacias- Montecastelo, con 25 casos e ningunha aula pechada; o CPR Plurilingüe Alba, con 22 casos e unha aula pechada; o CEIP Plurilingüe Seis do Nadal, con 21 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe San José de Cluny, con 19 casos e dúas aulas pechadas; o CPR Plurilingüe O Pilar, con 15 casos e ningunha aula pechada. Todos eles na cidade de Vigo. Nesta mesma área sanitaria, destacan tamén o CPR Santiago Apóstolo (Soutomaior), con 20 casos e ningunha aula pechada; o CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (O Porriño), con 19 casos e ningunha aula pechada; o CPR Plurilingüe Vigo (Redondela), con 15 casos e ningunha aula pechada; e os centros CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño) e CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López (O Porriño), ambos tamén con 15 casos e ningunha aula pechada. Na área sanitaria de Pontevedra, hai notificados 521 casos e 21 aulas pechadas; na da Coruña, son 499 casos e 16 aulas clausuradas; na área de Ourense, o número de casos ascende a 390 e as aulas pechadas son 8; na área de Santiago hai 264 casos nos centros educativos e 21 aulas pechadas; na área de Lugo son 168 casos e 11 aulas pechadas; e na área de Ferrol, hai 103 casos e 13 aulas pechadas. Con respecto ás escolas infantís de Galiza, na última semana incrementáronse tanto o número de casos, que subiron de 39 a 62, como o número de aulas pechadas, que pasou de 11 a 26. Entre os casos máis afectados están dúas escolas infantís da área sanitaria de Vigo, a escola de Salvaterra do Miño e a escola Lúa II de Vigo, ambas as pechadas. |
NOS_56398 | Traballar no Parlamento e na rúa para no prazo de 4 anos tornar o BNG na alternativa ao goberno do PP na Xunta da Galiza. Ese é o ambicioso obxectivo que marcou este sábado a portavoz nacional, Ana Pontón, no curso dun xantar popular que serviu para a dirección do Bloque mostrar a súa gratitude á base militante da organización. | Por volta de 500 persoas tomaron parte nun xantar popular no compostelán Parque de Belvís en que o flamante grupo parlamentar nacionalista mostrou a súa gratitude aos miles de militantes e simpatizantes do BNG que participaron nunha campaña eleitoral en que a formación soberanista superou as expectativas e destrozou os prognósticos das empresas demoscópicas. Nun ambiente claramente festivo, Ana Pontón chamou a non baixar os brazos e a proseguir a remontada da formación nacionalista. E aínda máis, chamouna a traballar arreo estos próximos catro anos para chegar a 2020 en condicións de disputar a hexemonía política ao Partido Popular. "Estamos traballando desde xa para liderar a alternativa que sitúe o Bloque como referencia do cambio que máis cedo que tarde vai producirse na Galiza. Traballaremos para emerxer dentro de catro anos con máis forza e situarnos como alternativa que derrote a dereita e o centralismo, e abra un novo ciclo para o país" dixo Pontón. Ana Pontón chamou a agrandar a base apoiante do BNG: "Temos que sumar máis persoas, máis militantes, mais tamén simpatizantes, unha rede de colaboradoras e colaboradores que nos fortalezan porque esa é a chave para avanzar" Condición previa para pór o BNG nesa condición de forza alternativa ao PP é, enfatizou a portavoz nacional, incorporar máis galegas e galegos ao proxecto nacionalista. "Temos que sumar máis persoas, máis militantes, mais tamén simpatizantes, unha rede de colaboradoras e colaboradores que nos fortalezan porque esa é a chave para avanzar", dixo. Pontón tivo palabras moi cálidas de gratitude á militancia polo seu traballo durante a recente campaña: "O motor do cambio, da corrente de simpatía e entusiasmo que abrimos ao noso redor é o resultado de cada militante que colgou bandeirolas, de quen repartiu panfletos, do noso labor nos concellos, nas deputacións, co que cada día demostramos con feitos que o BNG é un proxecto con ideas e principios, capaces de facer que Galiza avance e progrese". No acto -no que tomaron a palabra todas as parlamentares do BNG- Pontón xulgou que os resultados do 25S constitúen un "paso adiante" para a consolidación do proxecto nacionalista na Galiza, "vento nas nosas velas que nos ten que permitir avanzar cara ao noso obxectivo: unha Galiza dona do seu futuro, próspera, con igualdade, liberdade e vida digna". |
NOS_34386 | O cadro de persoal está en folga indefinida polo impagamento de varias nóminas. Denuncian a falta dunha boa xestión do Hotel e instan a xerencia a ter "altura de miras". | Os traballadores do Hotel Balneario de Guitiriz protagonizan unha greve indefinida e parcial (catro horas cada día) polo impagamento de varias nómimas por parte da empresa, unha situación que achacan " á falta dunha boa dirección e dunha xestión axeitada" do Hotel. Para esta terza feira, día 28, o comercio de Guitiriz e da comarca están chamados a un paro parcial dunha hora, de 10.00 a 11:00 horas, en solidariedade e apoio ao medio cento de empregos do Balneario. O cadro de persoal pide á xerencia que negocio cos responsábeis dos proxectos e propostas existentes que pretenden unha revitalización do Hotel, iniciativas que, sinalan, "xa coñecen algúns dos traballadores". Propostas que apostan no termalismo e a saúde como alicerces para desenvolver na semana e combinando cos servizos e alternativas de fin de semana (lecer, deporte, descanso). Nun comunicado, os traballadores avogan pola"contratación dunha persoa con capacidade de xestión e dirección capaz de desenrolar un plan de viabilidade para o hotel. E solicita da dirección actual unha solución para os problemas de liquidez que sofren os seus traballadores para poñelos ó corrente nos seus salarios". Tamén pide "altura de miras" aos acredores, como Abanca, para permitir a continuidade e viabilidade do negocio hoteleiro en Guitiriz. |
PRAZA_19887 | Os 22 municipios da provincia da Coruña polos que pasa a autoestrada reclamarán ante Bruxelas os 5 millóns de euros anuais que unha lei franquista exime de pagar a Audasa, que só abona o 5% do imposto. Acoden á UE ante as negativas de administracións e xustiza, que tombou todos os recursos | A AP-9 non paga o IBI aos concellos polos que pasa grazas a un beneficio concedido polo franquismo hai máis de corenta anos. En realidade, si paga, pero tan só o 5% do total do Imposto de Bens Inmobles que particulares e empresas deben abonar aos municipios ao gravárselles o valor das titularidades que posúen en cada territorio. Este privilexio de Audasa prevé manterse ata 2023, prazo no que finalizaba a concesión orixinal da autovía á empresa e que o Goberno central ampliou logo até 2048. Pero varios concellos rebélanse contra este favor fiscal. Con Abegondo á cabeza, as 22 localidades da provincia da Coruña polas que cruza a Autoestrada do Atlántico únense para reclamar a fin desta exención e preparan xa a batalla legal en Bruxelas. A AP-9 é a única vía de Galicia que non paga o 95% do IB grazas ás bonificacións previsas nunha lei franquista En Galicia, é a AP-9 a única vía que non paga o 95% do IBI grazas ás bonificacións previstas na lei de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión aprobada en 1972, en pleno franquismo. O decreto do 17 de agosto de 1973 polo que se adxudicaba a concesión administrativa para a infraestrutura galega prevía que esta se beneficiase dos "beneficios" que figuraban no artigo doce da devandita lei e "ao longo do período concesional". Malia que a súa construción está máis que amortizada e a pesar dos millonarios beneficios que xera, a exención aí segue, aplicándose no nivel máximo de redución permitido pola lexislación daquela do réxime ditatorial. O pasado xoves 20 de abril, 15 dos 22 concellos polos que pasa a AP-9 e están afectados por esta exención acudiron a unha reunión en Abegondo convocada por José Antonio Santiso, alcalde dunha das localidades máis afectadas. Representantes dos municipios de Culleredo, Cambre, Oleiros, Betanzos, Ordes, Oroso, Ames, Teo, Ferrol, Cabanas, Pontedeume, Paderne, Bergondo e Miño xuntáronse nun encontro ao que non puideron asistir A Coruña, Compostela, Fene, Narón, Mesía, Padrón e Neda. Nel, o bufete madrileño Gonzalo Abogados, especializado en facenda local e financiamento local, apuntou o recurso ante a Comisión Europea como a mellor estratexia para reclamar. Os concellos da provincia da Coruña polas que pasa a AP-9 únense para reclamar ante a Comisión Europea o pago do IBI Os expertos -que colaboraron con Arteixo para lograr que puidese cobrar polo uso do dominio público por parte das eléctricas- advirten que poderían recuperarse cinco millóns de euros por ano entre todos os municipios afectados e mesmo advirten da posibilidade de reclamar con carácter retroactivo o pago dos últimos dez anos: 50 millóns a repartir entre os 22 municipios. Acudir á UE semella a opción máis factible, ao entender a consultora que existe unha norma xurídica no Estado que vai contra os principios dos tratados comunitarios, como o da autonomía local. De feito, desde 1990 as novas concesións non gozan desta exención fiscal e desde 2002 as autoestradas de peaxe son consideradas por lei Bens Inmobles de Características Especiais (Bices). Con todo, a exención mantívose e mantense. Os avogados que colaboran cos concellos entenden que esta exención incumpre tratados comunitarios e carece de lóxica nestes tempos "No momento no que se aplicou a exención, o beneficiado era o propio Estado, pero agora estase prexudicando aos concellos e non ten sentido ningún; acudiremos á UE para que se aplique o 100% do IBI a Audasa", explica José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo polo PP e impulsor da iniciativa. A UE, a única vía factible A vía comunitaria é tamén a máis recomendada vistos os precedentes xudiciais no Estado. Logo dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra para reclamar o pagamento de compensacións aos concellos afectados pola exención do IBI da AP-9, as sentenzas contrarias foron caendo unha a unha sobre a ducia de municipios que acudiron á xustiza. O Tribunal Superior de Madrid desbotou as reclamacións, aínda que anos antes si ditaminara a favor de Pontevedra e recoñecéralle o dereito a ingresar máis de 1 millón de euros. En 2011, o Supremo anulou o ditame e sentou xurisprudencia, advertindo que "nin os compromisos internacionais asumidos por España, nin a Constitución nin a lexislación ordinaria impoñen ao Estado, de xeito ineluctable, a obriga de transferir aos concellos as cantidades que deixen de percibir como consecuencia dos beneficios fiscais que se outorgasen ou outorguen sobre tributos locais". Diferentes sentenzas no Estado, incluída unha do Supremo contra Pontevedra, negan a eliminación desta exención fiscal O Goberno central, ante a reclamación que levaran a cabo formacións políticas como o BNG, denegara en varias ocasións a posibilidade de compensar os concellos afectados. A última vez, en 2011 co PSOE na Moncloa. "Desde Galicia houbo varias iniciativas que foron rexeitadas continuamente; o único que nos queda é ir á Comisión Europea para que modifique a normativa que permite manter esa exención", insiste Santiso, alcalde de Abegondo, un dos concellos máis afectados polas prebendas de Audasa. Segundo os cálculos realizados, tería que recibir preto de 600.000 euros ao ano fronte aos menos 30.000 que percibe agora. Acolle 20 quilómetros de autoestrada, peaxes e algunha outra infraestrutura. Abegondo, que acolle 20 quilómetros de AP-9 e peaxes, pasaría a percibir 600.000 euros ao ano fronte aos 30.000 anuais Para decidir definitivamente a estratexia a seguir, os concellos da provincia da Coruña implicados prevén novas reunións pero a idea é clara: denunciar ante a Comisión Europea a través dun recurso de incumprimento, ao non ter corrixido o Goberno de España unha actuación que consideran que vai contra tratados comunitarios. Habería que revisar a valoración catastral da autoestrada en cada localidade para, máis adiante, reclamar administrativamente en Europa xa co informe xurídico na man. Os cálculos que fan son de 5 millóns ao ano, mentres que os 12 municipios polos que pasa a AP-9 na provincia de Pontevedra reclamaran xa 4 millóns non hai tanto tempo a través da Deputación. De aplicarse a retroactividade, cun límite de dez anos, os máis de trinta concellos afectados poderían recuperar ata uns 100 millóns. |
NOS_21870 | O poeta balear Pau Vadell presentará súa obra Coas costas dobradas, traducida ao galego por Gonzalo Hermo, na libraría Paz (Pontevedra) 12 de decembro e na Chan da Pólvora (Compostela) 13 de decembro. | O balear Pau Vadell é unha das voces máis recoñecidas da súa terra, referencia actual dos Països Catalans após facerse en 2017 cun dos galardóns máis prestixiosos na súa lingua, o Jocs Florals de Barcelona, co libro Esquenes vinclades. Está é precisamente a obra que a editora Chan da Pólvora trae ao galego en edición bilingüe na súa colección Rabo de Egua, liña centrada nas literaturas das identidades e do xénero. Trátase da primeira tradución ao galego deste autor, que asina o tamén poeta Gonzalo Hermo co título Coas costas dobradas. En declaracións a Sermos Galiza, Vadell móstrase moi satisfeito co resultado, recoñecendo a sorte de contar cun profesional como o rianxeiro, cuxo bo facer non lle é descoñecido. Ademais, amósase contento de que a primeira tradución deste texto —que sairá tamén en italiano en 2020— sexa á nosa lingua. A obra "nace da reflexión sobre facerse maior e volver á terra natal", conta Vadell A editora destaca que se trata "dun poeta que ensaia novas formas de enfrontarse ao eu e á colectividade, cunha lingua poderosa e un verso aceirado". A obra "nace da reflexión sobre facerse maior e volver á terra natal", conta Vadell, que a escribiu ao seu retorno a Mallorca despois de pasar varios anos vivindo en Barcelona. De tal xeito, describe o choque cunha cidade turistificada e xentrificada, moi cambiada en pouco tempo, na que sobrevive, con todo, a beleza de certos aspectos do cotián como o ceo estrelado ou do mar a bater contra os cons. Entre as fendas da realidade, agroma o pouso dunha "crítica social de cara a onde nos diriximos". Entre as fendas da realidade, agroma o pouso dunha "crítica social de cara a onde nos diriximos" Pau Vadell presentará o volume o día 12 de decembro na libraría Paz (Pontevedra), acompañado de Xesús Constela, e o día 13 na Chan da Pólvora (Compostela), con Miguel Anxo Fernán Vello. O editor, xestor cultural e historiador balear leva publicados máis dunha ducia de títulos, moitos deles premiados, como Els últims Temple (2009), Sang Cremada (2014) ou Traït (2015). Este ano acaba de publicar o poemario Terra llarga. |
NOS_11956 | A escola compostelá A Semente chama a nais, pais, crianzas e público en xeral ao terceiro concerto Sementes de Música, que decorrerá o 16 de marzo en Compostela a partir das seis da tarde. | Terceiro ano do centro educativo compostelán A Semente, terceiro concerto de apoio para procurar fondos que fagan sostíbel un proxecto que depende só das familias usuarias. Este proxecto autoxerido xa ten organizada a seguinte Sementes de Música, unha experiencia ao redor dos sons na nosa lingua e da cal, desta volta, farán parte Sés canda Manolo Maseda; Caxade con Manu Paino e Manuel Espiño; e Davide Salvado canda Cristian Silva e Santi Cribeiro. Se algo destaca de Sés é a súa forza, de sobra amosada en centos de concertos e actuacións en todo o País, a última nun camión aparcado nun recuncho dunha Quintana ateigada de mulleres en loita polos seus dereitos. A súa música evoca os sons americanos, desde o blues aos ritmos latinos, reprensados en chave galega e en chave feminista. Caxade é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista. Elegancia, modestia e sinxeleza, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Foi nominado aos premios Mestre Mateo, aos premios Opinión e aos Premios Galegos da Música, e gañou o certame Música Xove. No selo cooperativo Discos da Máquina editou en 2013 o seu primeiro traballo discográfico, A dança dos moscas, coa banda formada por Manu Paino, Manu Espinho, Xosé Tunhas e el propio e con letras que non foxen da crítica política e conseguen un son próximo ás antigas bandas de música. Davide Salvado interpreta desde o corazón o seu agradecemento a todas as pandereteiras e bailadoras vellas, mulleres fortes e 'anónimas' das cales aprendeu moito do que sabe. Con dous discos editados, a súa música conta o aval de grandes artistas como Eliseo Parra, que produciu o seu primeiro traballo, Arnica Pura. Nos concertos, a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonista e concepto estético cumpre un importante papel, sendo tamén cento por cento galego. Todo isto e moito máis nun concerto que se realizará no Auditorio da Galiza de Compostela o domingo 16 de Marzo (18h) e que, ao igual que os dous anteriores, se aveciña multitudinario. |
NOS_31274 | O discurso de Albert Casado conecta coa retórica da Frente Nacional francesa ou de Matteo Salvini, o vicepresidente e ministro de Interior italiano. Co que non conecta é cos datos. No Estado español hai hoxe menos populación inmigrante que en 2010. Na Galiza a populación de orixe estranxeira representa apenas 3,74 por cento do total. | O xiro á dereita do PP —co conseguinte abandono das posicións centristas— comeza a ser moi perceptíbel en cada declaración do seu novo líder, Pablo Casado. A foco da pelexa non é tanto o Goberno PSOE como Ciudadanos e a loita por ser hexemónico no campo conservador. Casado e a súa equipa entenden que ese combate só se pode gañar inflamando a súa retórica. Así, de paso, tamén deixarían sen espazo á ultradereita de Vox, a quen algún traballos demoscópicos sitúan xa cun escano —por Madrid— no Congreso dos Deputados. "Non é posíbel que haxa papeis para todos", afirma Casado na súa conta twitter, unha mensaxe xenófoba que, alén do máis, pon o foco na populación africana (que, segundo as estatísticas, non é o grupo demográfico maioritario na inmigración que recebe o estado español): "nin é sostíbel un estado de benestar que poda absorber os millóns de africanos que queren vir a Europa". "Temos que dicilo, aínda que sexa politicamente incorrecto", escribe Casado, consciente de que acaba de cruzar unha liña vermella que o seu antecesor no cargo, Mariano Raxoi, nunca ultrapasou. Casado libra estes días un duelo sobre este asunto con Albert Rivera. O líder de Cs deixou dito días atrás que "se queremos unha Europa sen fronteiras internas hai que protexer as externas". E anunciou para esta segunda feira unha viaxe ao valado de Ceuta e á pasaxe fronteiriza, con encontro incluído con mandos da Garda Civil e a Policía Nacional. Sen importarlle que o acusen de seguidista, Casado fará o propio nas próximas horas. Rivera á marxe, Casado tamén lanzou críticas á Moncloa, a quen atribuíu responsabilidades por un suposto "efecto chamada" decorrente da decisión de ter autorizado o atraque en porto español do Aquarius. A resposta da responsábel de Migracións, Consuelo Rumí, foi contundente: "Cando ouvín Casado, ouvía Aznar". As estatísticas desautorizan as posicións xenófobas En todo caso, as estatísticas disponíbeis desmenten a histeria anti-inmigración de Casado e Rivera. De feito, no estado español hai hoxe menos populación estranxeira do que en 2010 (5.947.106 face 6.280.065). A percentaxe sobre o total é de 12,75 por cento. Na Galiza, moito menos, apenas 3,74 por cento, segundo os dados do IGI correspondentes a 2011. Existe ampla evidencia científica dos efectos positivos da recepción inmigrantes no desenvolvimento dos países, nomeadamente aqueles que, como Galiza, sofren un gallopante declive demográfico. |
NOS_21801 | Cuestionada sobre a repetición dos gromos en residencias, a conselleira de Política Social di que estes centros "non se poden blindar 100%, non son búnkers". | A Consellaría de Política Social descarta polo momento prohibir as visitas aos centros de maiores e aposta por limitar as saídas dos usuarios ao exterior como medida para evitar a entrada da Covid-19 nas residencias da terceira idade da Galiza. "Non contemplamos polo momento en ningún caso que os residentes deixen de recibir visitas", dixo este domingo a titular de Política Social, Fabiola García, nunha entrevista en Radio Nacional recollida por Europa Press na que destacou a importancia para os residentes de manter o contacto cos seus achegados. Por iso, Política Social aposta por restrinxir as saídas ao exterior dos usuarios de residencias en lugar de prohibir as visitas aos centros, pois desde a Xunta entenden que é "a contorna máis controlada". "No exterior non sabemos o que pode pasar", apostilou. Cuestionada sobre a repetición dos gromos en residencias despois do vivido na primeira onda da pandemia, Fabiola García incidiu en que os xeriátricos "non se poden blindar 100%, non son búnkers". Así, defendeu que a Administración galega traballa para controlar e "evitar ao máximo posíbel" a entrada do virus nas residencias, que acumulan, segundo os datos facilitados este domingo polo Sergas, un total de 441 casos de Covid entre usuarios e 259 entre traballadores. Os datos facilitados este domingo polo Sergas suman un total de 441 casos de Covid entre usuarios e 259 entre traballadores Neste sentido, puxo o acento nos cribados quincenais que se realizan nos centros de maiores que, segundo García, contan "con todos os medios materiais e humanos necesarios" para facer fronte a estes episodios. Liga críticas a "fixacións políticas" Preguntada polas denuncias de falta de medios humanos e materiais dos traballadores da Consellaría de Política Social, que encadean catro meses de protestas pola falta de renovación do convenio colectivo, Fabiola García ligou estas críticas ás "fixacións políticas" dos partidos da oposición. "Non é o momento de levar fixacións políticas que teñen os partidos a un colectivo", sinalou a conselleira, que asegurou que o seu departamento mantén contactos "continuos" cos representantes sindicais, que demandan desde fai catro meses unha reunión coa propia Fabiola García que, polo momento, non se produciu. "Neste momento o máis importante é que botemos unha man e sexamos todos un para loitar contra o coronavirus. Esa debe ser a prioridade dun Goberno pero tamén da sociedade civil galega", manifestou García. |
PRAZA_12610 | A protesta das persoas afectadas polo 'corralito' das antigas caixas galegas obrigan o presidente da Real Academia Galega a trasladar a súa conferencia á rúa, despois de que a Policía e axentes de seguridade privada pechasen a sala na que ía disertar sobre Galicia e Europa | Un amplo grupo de afectados pola 'estafa das preferentes' petaba coa súa presenza nas portas da Semana Galega da Filosofía de Pontevedra. A conferencia que estaba a piques de arrincar tivo que procurar un novo emprazamento tras o peche da sala por parte da Policía e axentes de seguridade privada, e o presidente de Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, que ía disertar sobre 'Galicia e Europa hoxe', trasladou os seus enseres á Praza do Teucro para non falar "nun espazo que se pecha á xente" Ferrín deu a conferencia na rúa para non falar "nun espazo que se lle pecha á xente" A causa da protesta era filosófica e até metafísica, pero non apuntaba contra os contidos do encontro, senón, máis ben, andaba en sintonía con eles. Hai que buscala no emprazamento das xornadas nunha paisaxe recoñecíbel para os galegos: Novacaixagalicia a modo de vestixio nas roupas das azafatas do agora auditorio Novagalicia Banco, que conserva tamén en atriles e carteis os emblemas da efémera caixa única e de Caixanova e que, como advertiron os responsábeis da Semana "non sabemos se o ano que vén poderá ser aquí". Iso quedou para moitos da 'lea das caixas' a modo de singular resumo. Hoxe, os afectados polas preferentes lémbralle ao presidente da Xunta e do Goberno estatal que "non miren para outro lado ante o calote pola comercialización destas participacións de Nova Galicia Banco e outras entidades". "Non sen pode consentir que lle dean miles de millóns á banca e non queiran solucionar esta estafa a pequenos aforradores". A crítica de Toussaint Achéganse sen intención como testemuños, 'casos prácticos', do que os filósofos levan días argumentando. Xa o primeiro día da Semana abriuse co gume do politólogo Eric Toussaint contra a mudanza das caixas: "Houbo supostos bancos cooperativos, como as caixas de aforro, que lle deron prioridade á acumulación inmediata de ganancias a calquera custo, e non respectaron o interese xeral, a razón moral da sociedade". Contra unha economía de casinos Outro dos críticos foi Norbert Bilbeny, catedrático de Ética da Universidat de Barcelona e decano da súa Facultade de Filosofía. Contrario a rescates econónicos e defensor dunha profunda redistribución das riquezas, amósase duro cunha Europa na que os países ricos presionan os pobres, nunha economía internacional "de casino". A súa conferencia chamouse 'Europa en crise: o desafío cosmopolita'. Pero, que entende Bilbeny por cosmopolitismo? "Unha actitude fronte a un nacionalismo que bebe dunha dimensión ideolóxica". Ao seu entender "estase a dar un nacionalismo de Estado extremo, que se lexitima a si mesmo a partir da intervención de poderes externos". Bilbeny: "Estase a dar un nacionalismo de Estado extremo, que se lexitima a si mesmo a partir da intervención de poderes extremos" Para Bilbeny, o obxectivo do mundo moderno é reformular o seu comportamento afastándoo da dinámica fallida neoliberalista, para que albergue os intereses da sociedade e desenvolva o sentimento cosmopolita. Pero unha das principais trabas para que isto se leve a cabo en Europa reside en que "se trata dun continente acomplexado de maneira obsesiva pola compoñente identitaria, algo que non acontece nos demais continentes". A identidade enténdese, en palabras do filósofo, como un proceso social en permanente construcción e hibridade, mentres que as posicións ortodoxas sempre verán que o diferente –facendo de sinónimo de inferior, inadaptado- no ollo alleo. "Non obstante, e malia todo, cada vez hai maior número de persoas que se senten europeas e Europa, non foi un éxito, pero nego que sexa un fracaso. Creo que Europa se debe facer por ser un exemplo de avance cara a un cosmopolitismo mundial, aínda que a moitos lles pareza quixotesco. Pero se trata dun proceso histórico, e os Estados tampouco existían hai 500 anos, ou quen ía dicir que a URSS desaparecería ou que China estaría onde hoxe está". "Defender a Constitución de 1978 como intocábel e até faltar ao espírito desta Constitución" Para Bilbeny, os Estados nos impiden unha Europa federal coa que algún soñan. Arredor do caso catalán, escribía no diario La Vanguardia sobre a procura dunha terceira vía que traspasase a opción autonomista vixente, "vía esgotada", como a independentista, "vía precipitada". Ao seu entender precísase dunha outra fórmula, e esta pódese lograr saídose do cómodo marco mental onde nos instalamos. "Defender hoxe a Constitución de 1978 como intocábel é até faltar ao espírito desta Constitución, que se fixo tras un pacto histórico e como un instrumento de arbitraxe. (…) Hai que abrirse xa ao constitucionalismo evolutivo, introducindo reformas na nosa Carta Magna. Neste novo pacto entraría tamén a lexítima forza do independentismo. Polo menos habería a ocasión de atoparse, falar e pactar, antes de que sexa demasiado tarde. Pode saír de aí o autonomismo do século XXI, que faga innecesaria a secesión e afaste dunha vez o monolitismo centralista". Emprendemento responsábel Como punto final, Bilbeny defendeu en conversa con Praza, o emprendemento empresarial como medio para sair da crise: "Pero só será viábel a medio e longo prazo se o novo empresario comeza a pensar no interese conxunto e non só no propio; nas consecuencias das súas decisións e non no resultado inmediato; e ten sempre unha noción do límite que non se pode traspasar, e que se ultrapasou". |
NOS_51700 | Maiores e dependentes son un sector social vulnerábel que acostuma ficar esquecido e, aínda detrás delas e deles, fica a figura das coidadoras. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 287. | Carme ten 45 anos, vive nunha parroquia do rural lucense co seu home, o seu fillo e a súa sogra. Esta última, de 82 anos, presenta un estadio avanzado dunha enfermidade dexenerativa. Precisa axuda continuada para poder vestirse, asearse, moverse... Alén de se ocupar da casa –coa carga engadida dos animais e a horta–, Carme ten traballado tamén como tendeira e limpadora. Actualmente, os coidados que require a incapacidade da súa sogra impídenlle manter un posto de traballo fóra da casa. Muller, maior de 40 anos e desempregada –a meirande parte das veces, por incompatibilidade co propio labor de coidado–. Carme é un exemplo máis dese 85% que forma o perfil maioritario de coidadoras non profesionais, quen ademais acostuman asumir estas tarefas durante longos períodos de tempo. Quer por razóns económicas, quer por motivacións culturais, a muller segue a ser a responsábel da unidade doméstica, a dispensadora de coidados. Todo isto, sen un recoñecemento digno na esfera privada ou pública. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 287 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_56342 | Desde o colectivo defenden que están "a favor das renovábeis", mais sempre que a planificación do desenvolvemento eólico sexa "con criterios de utilidade de beneficio público, social e económico". | Nos concellos que abrangue a Costa da Morte están operativos na actualidade 24 parques eólicos, e en diferentes fases de tramitación preséntase outra vintena de proxectos neste mesmo territorio. Aliás, e malia que o 1 de xaneiro de 2022 entrou en vigor unha moratoria a novas propostas de instalacións eólicas que se estenderá até xullo de 2023, no que vai de ano comezaron tramitarse até 56 proxectos no conxunto da Galiza, o que está a provocar unha forte contestación social. Neste contexto é que vén de nacer a plataforma 'Vendaval' da Costa da Morte, constituída por veciñanza de diferentes municipios deste territorio, albo da enerxía eólica na Galiza, o pasado 23 de setembro en Ameixenda (Cee). A Costa da Morte, albo dos eólicos: 21 novos parques en proxecto "O noso obxectivo fundamental é protexer zonas de especial sensibilidade como Banle ou San Pedro Mártir e preservar territorios virxes de viraventos como os concellos de Fisterra, Corcubión e Cee", sinala o colectivo, nun comunicado difundido esta cuarta feira. Deste modo, a veciñanza pretende que 'Vendaval' sexa "un vento a favor" que "arrastre os intereses especuladores que hai detrás destes proxectos", que identifican como "polígonos industriais" que "hipotecan" o futuro da comarca. Desde a plataforma, con todo, salientan que están "a favor das enerxías renovábeis e das comunidades enerxéticas", mais co condicionante de que a planificación do desenvolvemento eólico sexa "con criterios de utilidade de beneficio público, social e económico", sustentados sobre "un escrupuloso respecto ao medio ambiente". Máis dunha trintena de proxectos eólicos poderían vulnerar directivas comunitarias 'Vendaval' está a traballar na elaboración dun manifesto coas súas demandas que fará público en próximas datas e entregará en todos os concellos da Costa da Morte. |
NOS_39701 | Conversamos con David Vale, Zarina Riva, Santiago Vidueira e Elba Sobrado que nos achegan as súas razóns para asistir á manifestación do Día da Patria. | Sabemos por que van as organizacións políticas que apoian a convocatoria unitaria deste 25 de xullo. Coñecemos os ir e vir do proceso de xestación deste chamado colectivo ao se van sumando máis voces --e que tamén avaliamos no 155 do semanario en papel-- mais, por que decidiron ir persoas de a pé, a título individual? Neste novo número do Sermos Galiza falamos con David Vale, estudante do Mestrado de Historia Contemporánea da USC; Zarina Riva, estudante dun Mestrado de Xénero pola Universidade de Viena; Elba Sobrado, traballadora dun hipermercado de Lugo e Santiago Vidueira, estivador portuario en Ferrol para coñecermos as razóns que levan a estas persoas a acudir este sábado á capital da Galiza. "A principal motivación é amosar que "somos" e "existimos" como pobo no Día Nacional da Galiza" Todas elas coinciden en sinalar que a principal motivación é amosar que "somos" e "existimos" como pobo no Día Nacional da Galiza. Algunhas destas persoas, como David, é a primeira vez que farán parte dunha marcha o 25X. "Nunca puiden estar", afirma. Porén, este mozo non dubida en sinalar que quere "exixir que [Galiza] somos nós e queremos algo máis". Elba e Santiago levan ás costas moitos quilómetros neste senso. Por volta de dúas décadas sen faltar a tan patriótico evento. "O único ano que non fun foi cando naceu o meu fillo", recoñece Elba. Pola súa banda, Santiago, a quen lle coincide tan sinalada data co seu santo, anceia que cada ano se sume máis xente á mobilización "indubidabelmente somos poucos", apunta. Podes ler as conversas íntegras no número 155 do semanario en papel, á venda xa nos puntos de venda habitual e na nosa loxa. |
NOS_40844 | O PP proclamou este sábado o seu candidato á Xunta sen máis presencia de Madrid que a titular de Fomento, Ana Pastor. Cargou duramente contra BNG, PSOE e Alternativa galega, a coalición recén asinada entre Anova e EU. Nos discursos pronunciados chegaron a comparalo con Fraga e con Castelao, e Feijóo non se fixo de rogar: "A un sempre se lle contaxia o de Fraga". De seguido, analizamos neste artigo os tres anos de lexislatura que, en pouco máis dun mes, o aínda presidente tratará de emendar | A poucas semanas de comezar a campaña electoral, as forzas políticas comezan a definir as súas estratexias para os corenta e catro días que lles restan até as eleccións nacionais galegas. O proclamado candidato á presidencia da Xunta polo Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, desmárcase nestes días das políticas levadas a cabo polo seu homólogo en Madrid e procura, sen demasiado éxito, mudar tres anos de lexislatura en pouco máis dun mes. Varios son os asuntos que lle están a pór as cousas difíciles ao aínda presidente da Xunta de Galiza. Malia que o candidato popular se afana en desmentilos, as críticas da oposición e os resultados obtidos nestes tres anos de lexislatura poñen en xaque ao que xa foi nomeado como "o peor goberno da historia de Galiza". Sen carga de traballo para o navalPor activa e por pasiva, Alberto Núñez Feijóo intenta desmentir as acusacións dos sindicatos que tildan o seu afamado contrato coa petroleira Pemex de estratexia electoralista. Feijóo chama á "tranquilidade" --non sabemos se aos seus-- e asegura que os acordos adoptados coa empresa mexicana se están cumprindo. Porén, os tralladores dos estaleiros seguen sen poder traballar. Mesmo chegou a afirmarse, que a construción dos buques que Feijóo prometía para Navantia, foran xa contratados a unha empresa coreana. Axiña aprobeitou o Partido Popular de Galiza o carácter inmediato das redes sociais para desmentir tal ousadía de quen non tivo o pracer de ver tan sequera o suposto contrato asinado coa petroleira. Na súa conta de Twitter o PpdeG acusaba á Confederación Intersindical Galega de ser o "brazo sindical do BNG" e de "falsear a realidade" de Navantia argüíndo que respondía a un interese político o desemprego no sector naval. Afectad@s polas preferentes, dobremente defraudad@sSen dúbida este será un eixo central da campaña electoral. A sinatura do memorando de rescate por parte do goberno español deixou á marxe os dereitos das máis de cincuenta mil persoas afectadas en Galiza pola fraude das preferentes que terán que aceptar –como única solución-- unha quita, e resignárense a perder boa parte dos seus aforros. As persoas afectadas non só non tiveron apoio institucional que garantise os seus dereitos fronte a entidades financeiras rescatadas con diñeiro público que se negan a devolver os fondos de seu @s aforrador@s, senón que foron moídos a paus pola policía española en Soutomaior cando tentaron visibiliar a súa loita no primeiro acto de (pre)campaña do PP. As innumerábeis sospeitas que xiran arredor da arbitraxe proposta polo goberno galego e a Unión Europea poñen a mosca tras da orella máis unha vez, nun problema financeiro cuxos únicos beneficiados --até o de agora-- son os seus responsábeis políticos. As débedas de FeijóoA sentenza feita pública polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, deixaba ben claro que a xogada do goberno galego co concurso eólico do bipartito non só supuña unha ilegalidade e unha desviación de poder, senón que conlevaría o pagamento de cuantiosas indemnizacións para as empresas afectadas que aínda manteñen as súas demandas por danos e prexuízos. O aínda presidente aseguraba que non había ser tal a cantidade que Galiza tería que pagar polas súas débedas e afanábase en desmentir que o ditame do TSXG fose a ter efectos sobre o actual concurso. Mentres tanto, Núñez Feijóo agarda a treboada que se aveciña desde Madrid. A inminente chegada do e a "estrita condicionalidade" do mesmo anunciada a pasada quinta por Mario Draghi, marcará a campaña dun Feijóo que procura desmarcarse das políticas regresivas do seu partido sen demasiada fortuna. Até evitou que dirixentes do PP español asistan á súa posta de largo como candidato esta fin de semana, nun intento por reflectir que existen diferenzas entre o goberno central e el. Malia apoiarse sempre no seu grande aliado, Mariano Rajoy, as consecuencias dos meses de goberno no Estado español provocan reticencias nun Feijóo cuxa estratexia electoral tenta afastarse das desafeccións gañadas polo PP. |
NOS_56257 | A Asociación Cultural Chuza! estrea un portal web de perguntas e respostas colaborativas. oQue.gal, con ferramentas de código aberto e software libre, busca ofrecer un servizo que non existe na rede galega. | Inspirados nos webs Quora ou Stack Overflow, Oque.gal permitirá que calquera persoa usuaria poida facer as preguntas que desexe e responder a doutras usuarias, amais de votas as mellores respostas, que serán ordenadas segundo a valoración. Ademais, para favorecer respostas acaídas, o sistema de puntuación recompensará as usuarias consideradas máis acertadas. O sistema estará administrado por un grupo de moderadores que supervisará os contidos. Dado que se trata dun web colaborativo, todos estes contidos estarán abertos ás achegas das persoas usuarias. O softare empregado, Question2answer, é o habitual nos webs de preguntas e respostas. |
NOS_1870 | Sanidade comezará a chamar para se vacinar as crianzas de entre 11 e 9 anos os días 15, 16 e 17 e ampliará o certificado Covid a cinemas e eventos multitudinarios. | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, avanzou que a partir da próxima semana habilitaranse nas farmacias galegas un test de antíxenos gratuíto a todas nais e pais con nenos de entre 5 e 11 anos. No caso de resultar positivo, o Sergas fará unha PCR de contraste a estes menores. Así o avanzou esta sexta feira durante a sesión de control do Parlamento da Galiza, na que adiantou que os próximos días 15, 16 e 17 de decembro o Sergas empezará a citar nenos e nenas de 11, 10 e 9 anos. Vacinación e certificado En relación á vacinación, sinalou que o Goberno galego tamén está en condicións de poder adiantar ao próximo día 13 de decembro a finalización da vacinación da terceira dose aos galegos de entre 60 e 69, en lugar do día 19, a data inicialmente prevista. En resposta a unha pregunta formulada polo portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, sobre as medidas postas en marcha polo Goberno galego para facer fronte á sexta onda da Covid, Feixoo explicou que outra das medidas será ampliar a petición do certificado Covid aos cinemas e aos eventos multitudinarios. Para iso, pedirá autorización ao Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). O xefe do Executivo galego, así mesmo, avanzou a diminución do número de comensais por mesa, cuxa cifra se concretará de acordo aos protocolos que fixen os expertos sanitarios do comité clínico. Faltan vacinas para todos No pleno, Gonzalo Caballero preguntoulle ao presidente polas iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para chegar aos galegos non vacinados nun contexto no que, segundo dixo, hai "160.000 galegos" aínda "sen vacinar" pero o sistema "só detectou a 21.000". A respecto diso, Feixoo dixo que a forma de aumentar esta cifra é a través da esixencia do certificado Covid. "Se o esiximos a xente vacínase máis", sinalou. Ademais, nun contexto de alza dos contaxios entre as crianzas, Feixoo sostivo que o "problema" nos colexios radica "en que non chegan as vacinas até o día 13". "Non temos vacinas para todos, ese é o problema realmente", censurou. "Se tivésemos vacinas para todos os menores, empezariamos despois de Reis con todos os nenos e nenas vacinadas", manifestou. Doses de reforzo Na súa intervención, Feixoo destacou que a Galiza volve liderar " a vacinación en España". "Somos a primeira comunidade autónoma vacinada con dobre dose á súa xente, 93,7%; España non chega a 90%", sinalou para apuntar tamén que a galega é o territorio con máis doses de reforzo. Así, dixo que 70% dos maiores de 70 anos xa están vacinados, o que supón "16 puntos máis que a media de España". "No caso de vacinados con Janssen, na Galiza hai 78% coa dobre dose, 39 puntos máis que a media de España", indicou. |
NOS_1606 | A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia convoca un Velorio pola cultura que terá lugar hoxe sexta feira, 31 de marzo, ás 20:00h, fronte a entrada principal do Museo MARCO de Vigo. | O velorio consistirá nunha reunión silenciosa sen consignas, pancartas ou outro tipo de símbolos partidarios ou ideolóxicos, sendo unha convocatoria aberta a individuos, colectivos ou asociacións da arte galega, así como a calquera outra persoa preocupada polas derivas das políticas culturais no noso país. Esta performance colectiva empregará o silencio para que sexa oída unha voz común, que toma posición fronte a actual situación do MARCO logo do comunicado de non renovación do seu director, Iñaki Martínez, e sen o horizonte dun concurso público para o seu relevo ou plans de futuro definidos para o Museo por parte do Concello de Vigo. Alén deste caso, e perante situación de inestabilidade doutras institucións culturais do país, a asociación convocante, A Colectiva, quere facer tamén reivindicacións máis amplas, como a normalización das boas prácticas nas institucións, de xeito independente das filiacións políticas dos xestores das mesmas ou das administracións das que dependan; ou unha aposta pola cohesión do sector da arte Contemporánea en Galiza, procurando o diálogo e mediación entre os diversos axentes en intereses implicados. |
NOS_32016 | "Os Nomes Negados" é o título da exposición que este sábado se inaugura na Fundación Manuel María. O autor, Gonzalo da Ulloa, parte dunha historia persoal para reivindicar o dereito a se chamar na propia lingua. | A biblioteca da Casa de Hortas de Outeiro de Rei abre este sábado a exposición O Nomes Negados. Laio na desfeita pola perda dos nomes galegos, unha reflexión plástica sobre o proceso de perda e substitución dos nomes propios galegos. O autor, Gonzalo Montes Somoza, "O Gonzalo da Ulloa", partiu da historia de seu propio pai, Antón de Bispo para reflexionar sobre a eliminación dos nomes na nosa lingua nun proceso que, segundo defende, é preciso parar. Unha pintura acrílica sobre táboa, un tríptico sobre lenzo e unha maleta con vitrina que mostra a documentación da chamada Casa do Bispo ademais dunha ducia de caligrafías acrílicas compoñen a mostra que se pode visitar na Casa-Museo Manuel María até o vindeiro 31 de maio os sábados (de 11 a 14 e 16.30-18.30 horas) e domingos (11-14 horas). O artista parte da realidade de seu pai, coñecido como Antón do Bispo mais que en toda a documentación figuraba como Antonio, nome co que nunca foi chamado, ao tempo que un dos seus fillos oficializou o nome de Xoán Antón. A perda de identidade e a posíbel recuperación son a traba do discurso artístico de Gonzalo da Ullloa nunha mostra que se inaugurará cunha mesa redonda na que se debaterá sobre o proceso de perda dos nomes galegos e as posibilidades da súa restitución. A mesa redonda será o sábado día 11, ás 20 horas e nela participarán o propio irmá do autor e coprotagonista do relato que a mostra recolle ademais do profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña Xosé Manuel Sánchez Rei, investigador que ten traballado sobre historia da lingua, onomástica e toponimia. |
NOS_39351 | Teresa Herrera, Emma Cuervo, Concepción Arenal, Luís Otero... os históricos trofeos estivais esmorecen na Galiza. | Nunha época que xa pasou, nun fútbol que xa non existe, numerosas localidades galegas viron o potencial deportivo, turístico e económico que podería supor para as súas cidades apostar polo deporte rei a pesar de non contar con equipos nas principais categorías do fútbol estatal. Isto levou á creación do Trofeo Teresa Herrera da Coruña (1946), o Emma Cuervo de Ribadeo (1952), o Concepción Arenal de Ferrol (1954) e o Luís Otero de Pontevedra (1959), catro dos coñecidos como "trofeos de verán" máis antigos do conxunto do Estado. Non obstante, lonxe quedan os tempos nos que por estas localidades galegas desfilaban equipos de primeiro nivel como o Santos de Pelé, o Ajax de Amsterdam de Kluivert e os De Boer ou o Estudiantes campeón arxentino de 1967. Neste 2022 o trofeo decano, o Teresa Herrera, viviu unha das edicións máis tristes da súa longa historia, congregando menos de 5.000 persoas para ver o Dépor derrotar o descoñecido e polémico Metalist ucraíno. Aínda así, son case sete veces máis (700) que as que se reuniron en Pasarón para ver o Pontevedra superar o Lugo co Luís Otero en xogo. Quedan por disputar o Emma Cuervo e o Concepción Arenal, programados esta fin de semana. A proba ribadense viviu onte, a falta de só catro días para que Deportivo e Unionistas de Salamanca competiran polo trofeo, unha cancelación de última hora, pois a escuadra castelá renunciou por un problema de calendario, xa que coincide coa final da Copa Federación, que a levará a colisionar coa veciña Cultural Leonesa. No seu lugar, o Dépor decidiu fechar a pre tempada cun encontro amigábel contra o Bergantiños (domingo, 21 de agosto, no Campo de Ponte dos Brozos, en Arteixo). No estremo contrario, o Concepción Arenal regresará -se nada o impide- para a que será a súa 59 edición logo de parar a causa da pandemia da Covid-19, que enfrontará ás 19.30 horas do sábado 20 o Rácing de Ferrol contra outro equipo afastado da elite futbolística, a Sociedade Deportiva Compostela. |
PRAZA_14209 | O coordinador xeral da formación aspira a ser cabeza de cartel na Coruña nunhas eleccións ás que, di, CxG concorrerá "con todas as expectativas" | A tres días de que Compromiso por Galicia celebre as súas eleccións primarias o coordinador xeral da formación, Xoán Bascuas, presentouse este mércores ante a prensa para ratificar a súa intención de concorrer ao proceso e así optar a ser cabeza de lista pola Coruña nas autonómicas do 21 de outubro. Unha vez confirmado que CxG participará nos comicios en solitario Bascuas considera que pode ser quen de "sintetizar os diferentes sentires que habitan" na formación e que, ademais, o seu paso adiante pode "incentivar os compañeiros e compañeiras" a concorrer tamén nun proceso no que poderán votar as persoas inscritas como militantes e simpatizantes, pero tamén "a cidadanía" en xeral, coa única condición de rexistrarse previamente. O candidato ou candidata de CxG á presidencia elixirase nunha segunda votación entre as catro cabezas de cartel O de Bascuas é o primeiro nome dun proceso de primarias para o que polo momento non se coñecen o resto de candidaturas, se ben fontes da organización dan por feito que, por exemplo, no caso de Ourense é de agardar que o ex senador Xosé Manuel Pérez Bouza opte a ser cabeza de lista e que o mesmo aconteza en Pontevedra con Rafael Cuiña. Será este xoves cando se peche definitiviamente a nómina de aspirantes a encabezar as listas das catro circunscricións e, unha vez elixidos, os integrantes do censo realizarán unha segunda votación, neste caso para designar o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta entre as cabezas de cartel seleccionadas antes. As primarias de Compromiso chegan marcadas pola non concreción dun pacto entre compromiso e Alternativa Galega de Esquerda -a alianza de Anova con Esquerda Unida-, se ben Bascuas matiza que isto non implica que CxG vaia "en solitario" ás urnas. A formación que encabeza está integrada "por diversos grupos", polo que "ninguén pon en tea de xuízo a nosa capacidade de sumar". Ademais, di, o feito de que as primarias sexan "abertas" garante que "imos estar acompañados pola cidadanía" e "ningunha forza actúa deste xeito"; así, por exemplo, "o PP presume de resolver en media hora" as súas condidaturas e as do PSdeG "apróbanse en Ferraz". E, cales son as expectativas electorais de CxG unha vez coñecido o mapa de formacións? "Todas", sintetiza Bascuas. "Somos coñecedores de que temos que compartir as nosas propostas" co electorado para forxar un "proxecto lonxevo", ata o punto de constituírse no "gran partido nacional galego". "Ese proxecto pode desenvolverse en condicións óptimas" ou non, evidencia. En todo caso, explica, CxG participará con intensidade nunha campaña electoral da que só farán parte "dúas forzas de carácter nacionalista e co centro de decisión no país" entre as cales, non obstante, di, hai diferenzas "ideolóxicas e de práctica política". |
PRAZA_4306 | O plenario da formación apoia co 62% dos votos acudir aos comicios pero aposta por facelo en coalición con outras forzas de esquerda e soberanistas. | En Marea, que rexeitara presentarse ás eleccións previstas en abril, decide agora concorrer ás de xullo aínda que en coaliciónEn Marea rectifica e, logo de anunciar que non se presentaría ás eleccións previstas para o pasado 5 de abril --e suspendidas polo coronavirus-- decide agora concorrer ás do vindeiro 12 de xullo, aínda que aposta por ir "en coalición". Así o decidiron o 62% das persoas inscritas participantes no plenario telemático --un total de 200-- que votaron a prol de presentarse, metnres que o 21% votou en contra desa posibilidade e o 17% abstívose. No entanto, como aclara a formación nun comunicado, na cuestión referida a se presentarse en solitario ou en coalición, un 12% votaron a favor de concorrer en solitario, fronte a un 73% que apostou por facelo nunha gran coalición, "incluíndo nela a mareas e plataformas municipais (83% a favor) así como a forzas soberanistas que defendan un programa baseado en combater as emerxencias climática, social e feminista que vive o noso país, pulando por unha nova normalidade xusta e sostible". En Marea, que decidira non presentarse ás últimas eleccións xerais do 10 de novembro, si participara nas anteriores do 28 de abril, obtendo tan só o 1% dos votos en Galicia, algo máis de 17.000 sufraxios e tan só 1.000 por riba de PACMA. Agora, e logo de decidir que non concorrería ás autonómicas, o seu plenario decide presentarse, aínda que aposta por unha coalición que non parece doada. |
NOS_13791 | Conversamos co director do documentario após a súa proxección en Compostela. Nove anos despois dos acontecementos, o relato do filme, di, "é máis actual que nunca". | Leva unha camisola do movemento post-porno "en homenaxe a Patri", afirma mentres conversamos no bar O 13 de Compostela e follea a banda deseñada que recolle a revista El Jueves sobre Ciutat Morta, o documentario que co-dirixe xunto a Xapo Ortega. Con voz pausada e apurando o almorzo, Xavier Artigas debrúzase para Sermos Galiza sobre o contido do filme e a historia das persoas que o protagonizan. Un relato de torturas, impunidade, dun proceso xudicial sen garantías, racismo, clasismo, homofobia e a fotografía dunha cidade morta creada "para ser consumida". Estás en Galiza presentando Ciutat Morta e logo de se proxectar en moitos outros lugares froito da repercusión que tivo a súa emisión en TV3. Os acontecementos que relata aconteceron en 2006. Por que se torna de actualidade o documentario após nove anos? Os feitos do 4-F lévanse denunciando desde o mesmo día en que foron detidos os mozos, puideron falar coas súas familias e dicirlles que foran torturados. Isto sóubose desde o 4 de febreiro de 2006 e foi denunciado en medios alternativos. A partir de aí pasa todo o xuízo e van saíndo probas que son denunciadas neses medios. Porén, en 2011 ocorren dous feitos que fan reabrir o caso. Un é o suicidio de Patricia [Heras] que aconteceu durante un permiso penitenciario. O outro foi coñecer a coincidencia existente entre o 4F e o caso de Juri Jardine. E é que os dous policías [mossos d'escuadra] que foran proba chave no 4F foron os torturadores de Juri Jardine, fillo dun diplomático negro. Isto fixo que todo estourara. Foi a raíz disto, da carraxe polo suicidio de Patri e de coñecérmonos durante o xurdimento do 15M --tamén en 2011-- que nos puxemos a traballar sobre o documentario. Cando rematamos en 2013 através das probas que achega o filme comezouse a falar outra volta do caso. Após a emisión na televisión pública catalá [TV3] a maior parte da sociedade que non coñecía o caso, entra en contacto con el e tórnase nun escándalo xeralizado. É por iso que se está a falar tanto do tema, mais pasaron xa 9 anos. "Após a emisión na televisión pública catalá [TV3] a maior parte da sociedade que non coñecía o caso, entra en contacto con el" É un documentario duro polos feitos que se narran e polos testemuños que recolle. É máis habitual do que cremos que se produzan? Bon. Neste proxecto sempre quixemos deixar claro que non se trata dun caso illado. Por iso gostamos de falar da cidade en xeral e non só do 4F. De aí que o filme se chame Ciutat Morta. A nosa tese é que hai unhas estruturas determinadas que permiten que isto aconteza con total impunidade. Sempre dicimos que o tema é máis actual que nunca pois hai un par de semanas detiveron 6 persoas nunha casa okupa de Barcelona. A detención produciuse baixo a acusación de pertenza a banda armada, anarquista neste caso, malia non haber probas contundentes nen atentado de ningún tipo. O mesmo vimos aquí en Galiza con ese inimigo público que se chama Resistencia Galega. Embora non terse producido nada comparábel coa ETA fíxoselles unha criminalización sob a que xustificar detencións irregulares, tratos vexatorios e a estigmatización de persoas que non foron xulgadas. Baixo unha sospeita relativa publícanse as súas caras e nomes [na imprensa] para que toda a sociedade as xulgue sen ter ningunha garantía de que sexan terroristas. Este é o mesmo modus operandi que o 4F. O que narra o filme é exactamente isto. Que unhas persoas, quer polas súas pintas, quer pola súa orixe étnica, quer pola súa ideoloxía, xa son estigmatizadas e xulgadas pola policía directamente. Un xuízo previo que será posteriormente avalado xudicialmente. Isto é máis propio dun estado policial que dunha democracia. "O filme narra como unhas persoas son estigmatizadas e xulgadas quer polas súas pintas, quer pola súa orixe étnica, quer pola súa ideoloxia" Falando do caso de Juri Jardine e da relación que se estabelece co 4F... Na presentación da Gentalha do Pichel dixeches: 'Cantos negros tiveron que ser apaleados até que deron co fillo dun diplomático'. Non todas as vidas valen o mesmo? Coido que non é casual. É moi difícil que xusto o día en que a un grupo de gardas urbanos se lles vai a man e deciden torturar a alguén, é moita casualidade que dean co fillo dun diplomático. O feito de que sexa o fillo dun diplomático negro é sintomático do tipo de persoas ás que cren que poden vulnerar os seus dereitos con total impunidade. É dicir, non van torturar a rapaces cataláns de boas familias porque xa ven que aspecto teñen. Saben que esas boas familias levarán a xuízo o caso e poderían perdelo. No entanto, se se meten con indocumentados, traballadoras sexuais ou xente que está nunha situación de vulnerabilidade é moito máis doado que os seus casos fiquen impunes. Nese senso, parécenos que foi moi mala sorte que após torturaren durante toda unha noite a un negro se enterasen de que era fillo dun diplomático. Puxéronlle unha denuncia por un presunto caso de tráfico de drogas. A Fiscalía pedía para el 12 anos de cadea. Imaxinemos que este rapaz non for fillo de diplomático e non puider probar --através de transferencias bancarias-- que tiña moito diñeiro, o que facía pouco probábel que for un delincuente común. De non poder probalo este rapaz estaría agora na cadea e os gardas patrullando. A entrevista íntegra con Xavier Artigas publicarase no nº132 do semanario en papel, que se porá á venda a quinta feira 5 de febreiro nos quiosques e librarías do país. Un día antes, na nosa loxa. |
PRAZA_12353 | Un estudo coordinado polo afamado economista Barry Eichengreen, de Berkeley, demostra que os periodos prolongados de caída da actividade económica aumentan a simpatía cara formacións antisistema de extrema dereita ou cara as súas mensaxes. Próbao con datos da Gran Depresión dos anos 30. Outro estudo de Markus Brückner aplica esa mesma teoría á actualidade | A economía española estará oficialmente en recesión cando se coñezan os datos de contabilidade nacional correspondentes ao primeiro trimestre. De xeito estrito, unha recesión se produce tras unha caída da actividade económica de dous trimestres consecutivos. Enténdese por depresión económica, por contra, un longo proceso de caída de actividade e consumo. Unha recesión máis grave, sen o corsé purista do semestre en vermello. O perfil de evolución do PIB español dos últimos catro anos deixa ver que as pequenas taxas positivas de crecemento non serviron para afastar a pantasma da depresión. España non crea emprego neto se non medra a un ritmo superior ao 2% interanual. 2012 pechará cunha contracción de, como mínimo, o 1,5%. Na mesma situación que España ( de caída da actividade económica) están Grecia, Portugal ou Italia. En menor medida, pero tamén cunha recaída na recesión, está o conxunto da eurozona. Para os países con menores perspectivas de saír da depresión a curto ou medio prazo existe un risco importante que vincularía a desfeita económica cun maremoto político. Un estudo de investigadores de Oxford e Berkeley, entre os que está o afamado economista Barry Eichengreen, vincula os procesos longos de caída da actividade co aumento do poder das forzas de extrema dereita. "O máis relevante non é a suba no número de votos, senón o incremento do protagonismo" desas forzas de extrema dereita O estudo tamén o asinan Alan de Bromhead e Kevin O'Rourke. Á conclusión á que chegaron, tras analizar os datos económicos e políticos do período 1929-1935 é que "hai un nexo entre o extremismo político e os malos tempos económicos", de contración da actividade. "O máis relevante non é a suba no número de votos, senón o incremento do protagonismo" desas forzas de extrema dereita. Os países con "menor historia democrática" son os máis proclives a padecer esta circunstancia. Canto máis severa é a depresión económica máis estrutural, conclúe o informe, se fai a ideoloxía extremista. A crise actual pode alimentar os extremismos "do mesmo xeito que sucedeu" nos anos 30 "O impacto da crisis de crédito global e a Gran Recesión (o período actual, a Gran Depresión foi nos anos 30) ten sido máis que económico", sostén Eichengreen. Na súa opinión, tanto nas democracias parlamentarias como nas presidenciais, os Gobernos perderon a batalla. "A dureza dos tempos actuais incrementou a polarización e o apoio aos partidos de extrema dereita, incluídos os que están en contra de que exista un sistema político" democrático. "Todo isto incrementa o temor" de que a crise actual poida alimentar os extremismos "do mesmo xeito que sucedeu" nos anos 30. Son numerosos os estudios que vinculan a crise coa suba das políticas máis extremas. O de Eichengreen é o máis recente, presentado hai dúas semanas, e establece unha vinculación entre o sucedido hai 80 anos coa actualidade. O informe de Berkeley e Oxford cre que, malia que hai moitos traballos feitos nesta materia, a vinculación entre a Gran Depresión e a Gran Recesión non está clarificada. Eichengreen, Bromhead e O'Rourke mencionan, por exemplo, un estudo de Stögbauer (2001) sobre a suba do paro en Alemaña e a forza que foi collendo o Partido Nazi (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP) Se se toman en consideración os resultados electorais anteriores e posteriores a 1929 apréciase como, malia ás evidentes diferencias entre países, o substancial parece querer uniformizar estes estados. Alemaña e Romanía son ben distintos, mais ambos os dous países viron incrementado o poder dos partidos antisistema no mesmo tramo temporal. Nas eleccións de 1928, a ideoloxía cualificada como antisistema obtivo o 1,2% dos votos. En 1937, e polo tanto tras o crac de 1929, máis do 25%. Resultados dos partidos 'antisistema' PAÍS Antes de 1929 Despois de 1929 % de votos Ano % de votos Ano Austria 8,5 * 9,8 1930 Bélxica 8,2 1929 24,7 1936 Bulgaria 2,5 1927 13 1931 Chile 0 1925 7,7 1937 Checoslovaquia (*) 0 1929 25,5 1935 Dinamarca 0,3 1929 4,2 1939 Finlandia 28 1929 19 1930 Alemaña 13,2 1928 58,3 1932 España -- -- 16,2 (escanos, non % votos) 1936 Holanda 2 1929 7,6 1937 Media 1,8 -- 7,6 -- O estudo de Eichengreen, como se aprecia na táboa, inclúe como 'antisistema' tanto os partidos de extrema dereita como, no caso romanés, o de extrema esquerda. Alemaña, puntualiza, é un caso especial tendo en conta a situación do país tras a Primeira Guerra Mundial. "Un ano de contracción económica non provoca un incremento exponencial do extremismo, pero unha depresión si" A conclusión de Oxford e Berkeley A análise dos datos e a contraposición co panel macroeconómico actual demostra, para os autores do estudo, que "existe un nexo entre o extremismo de dereitas e a depresión económica". Máis aínda, ao seu entender, "un ano de contracción económica non provoca un incremento exponencial do extremismo, pero unha depresión si". E insiste: "canta menor traxectoria democrática teña un país máis fácil será para a dereita extrema coller máis cotas de poder". |
NOS_25692 | As parroquias de Cobres, en Vilaboa, celebran estes días o histórico entroido. Aliás das personaxes populares a terza feira terá lugar a Corrida do Galo. | Diversión e tradición, espectáculo e estética visual, música e danza. O entroido nas parroquias de Santa Cristina e San Adrián teñen e conservan o máis fondo da alma dunhas das zonas máis singulares do noso país. Milleiros de visitantes achéganse estes días ao concello de Vilaboa para seguir en directo, un ano máis, a herdanza que se transmitiu xeración tras xeración. Na festa participa toda a veciñanza desde hai séculos. Textos do século XVIII xa falaban do "Antroido dos Cobres" mais hai investigador@s que falan dunha orixe aínda anterior. O Entroido, de sábado a martes, comeza cedo. A partir das dez da mañá Madamas e Galáns visitan casa por casa a aquelas veciñas e veciños que por motivos de saúde non poden participar co resto destes días de troula. Con el@s vai a música. As gaitas preparan para o baile á comitiva e xunto a muiñeiras e xotas non falta a peza máis característica do lugar: a Danza dos Cobres. Unha das parellas entra nas casas para ledicia das persoas maiores que relembran os seus tempos mozos. Logo unha pequena doazón para seguir a festa e o estoupido das bombas para agradecer que @s da casa fosen esplendid@s. A corrida do galo Unha das tradicións que aínda conserva o Entroido de Cobres é a Corrida do galo. Celébrase o martes de entroido e consiste en "roubar" o galo que garda os "vellos" do lugar. Coa cara tapada e uns paus a modo de defensa, tentarán que @s máis nov@s leven ao animal, hoxe substituído por un saco cheo de area.As variantes deste "xogo" propoñen que o galo pendure dunha grande vara enriba do río ou en posición vertical para que mozos e mozas tenten levalo e con el un premio en metálico. Madamas, Galáns e outros personaxes Polo entroido de Cobres pasan as diferentes clases sociais destas parroquias. Protagonizan o rol do poder as Madamas e Galáns, personaxes de posición e situación económica alta. Con el@s "os de branco", acompañantes das primeiras e dunha clse inferior. Por últimos aldeáns e aldeanas, figuras que complementan ao resto. Non pode faltar nunha festa crítica a presenza do "altofalante" dos problemas parroquiais, da sociedade e do país en xeral. O Predicador é quen repasará sucedidos, ruxe-ruxes e outros acontecementos como repaso do que aconteceu ao longo do ano. Por último, se visitamos Cobres atoparemos ás Choronas, mulleres de loito que choran pola perda do galo. Na páxina do concello pódese consultar o programa oficial completo da festa deste ano e participar. |
QUEPASA_141 | Rosalía Fdez. Rial gaña o Premio de Poesía aRi(t)mar | Segue gañando premios o ceense Rafa Vilar. Non hai moito gañaba o XVI Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración; ou o X Certame Poético Victoriano Taibo. E o último anunciábao esta fin de semana o Concello de Padrón, que lle outorga o VII Certame poético Rosalía de Castro. Un certame de gran importancia, cun xurado formado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, como presidente, Lorena Couso, concelleira de Cultura; Anxo Angueira Viturro, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Manuel Lorenzo Baleirón, mestre no IES Macías o Namorado de Padrón; María Xesús Senín Fernández, profesora no IES Camilo José Cela de Padrón; Xosé Luis Axeitos Agrelo, membro da Real Academia Galega; e María López Sández, profesora asociada na Facultade de Ciencias de Educación da USC. A obra foi destacada pola súa "estrutura, a coherencia temática, o simbolismo do territorio. É un poemario lingüístico moi coidado. Ten vocación de conxunto", destacan na acta de resolución. O premio único é de 1.500€ e a publicación da obra na Colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón. Premio para Rosalía Fdez. Rial @RosaliaRial e @OficialMarcia gañan os premios da poesía @aritmar_gz_pt. @EdGalaxia @edit_planetaMoitos parabéns, tamén para as segundas e terceiras máis votadas: #ChiscoFernandezNaval, #AlexandraSantos, @arancharf e @samuelfpimenta !!! pic.twitter.com/2NfL9T4c0X— aRi[t]mar GZ e PT (@aritmar_gz_pt) May 10, 2021 A comarca segue demostrando o seu potencial poético, e a carballesa Rosalía Fdez. Rial gañou o Premio de Poesía da Editorial Galaxia e Editorial Planeta entre Galicia e Portugal aRi(t)mar. O carnotán Chisco Fdez. Naval tamén quedou no podio. Esta é a fermosa proposta da carballesa: Vota para escolleres o mellor poema galego de 2020 en https://t.co/y1NHfdo9vW. Rosalía Fernández Rial: A reflexión (Árbores no deserto, Galaxia) @RosaliaRial @EdGalaxia pic.twitter.com/jdieeFKnmA— aRi[t]mar GZ e PT (@aritmar_gz_pt) April 26, 2021 |
NOS_2219 | O medio catalán Elnacional.cat repasa algunhas das consecuencias e efectos da aplicación do artigo 155 da Constitución española polo goberno de Raxoi. | A aplicación do artigo 155 polo Estado español tivo como consecuencia a renovación práctica de toda a cúpula do goberno da Generalitat, tal e como recolle ElNacional.cat. Según os datos máis recentes publicados pola entidade Servidors.cat, e recollidos por ese medio, 259 empregados públicos foron despedidos dos seus cargos durante estes estes case sete meses de intervención das institucións catalás. O goberno español fulminou en diferentes niveis da administración, a maioría deles con cargo política e o departamento más afectado foi o de Economía e Finanzas, que dirixía Oriol Junqueras, actualmente preso. Ademais dos despedimentos hai sete dirixentes independentistas exiliados e nove foron encarcerados. O 155 tamén supuxo a eliminación de 24 organismos, aos que hai que engadir catro máis que están intervidos. Doutra banda, tamén inflúe no grao de paralización da actividade parlamentar. Hai toda unha serie de leis aprobadas no Parlamento que están afectadas pola intervención da autonomía catalá. |
NOS_49268 | As declaracións do Mario Draghi após a última xuntanza do Banco central europeo fai tremer máis unha vez a bolsa e pon en xaque as economías italiana e española. | Nestas últimas semanas especulouse moito respecto da compra de débeda por parte da máxima institución financeira da zona euro. O Estado español e Italia, as novas presas dos mercados financeiros internacionais, sofren as consecuencias da negativa do BCE. Na conferencia de prensa desenvolvida a pasada quinta, o director do BCE, Mario Draghi desbotaba toda posibilidade de que a institución financeira intervise mercando débeda soberana das economías con maiores dificultades económicas da eurozona e os mercados (re)activaban a súa ofensiva, a prima de risco –empregada como ferramenta de control social-- superaba os 600 puntos e os xuros alcanzaban máis unha vez o 7%. Malia que se agardaban propostas concretas encamiñadas a controlar os efectos da crise na eurozona, Draghi tan só defendeu o carácter irreversíbel do proxecto euro e a posición de manter os xuros –dos empréstitos a entidades financeiras privadas-- no 0,75%. Así mesmo, o director do BCE, asegurou que a compra de obrigas estatais a través do mecanismo de estabilidade financeira dependerá de que o Estado español e Italia acepten máis un programa de axuste económico. A negativa de Alemaña a intervir coa compra de débeda as economías máis agraviadas condiciona o posicionamento do BCE, pois entenden que se a institución intervén "será semellante ao financiamento estatal a través da porta traseira", como afirmou o secretario xeral da Unión Social Cristiá (USD). Perante as declaracións do director do BCE e nunha conferencia de prensa conxunta co primeiro ministro italiano, Mario Monti, o presidente do Estado español amosouse "optimista" a pesar dos indicadores económicos que poñen en evidencia o fracaso das súas políticas de axuste, recorte e refinanciamento. Do mesmo xeito, non desmentiu a posibilidade dun rescate directo da economía española . Esta sexta, o presidente español fará balance dos meses que leva no executivo nunha rolda de prensa após o Consello de ministr@s. |
NOS_46642 | O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, referiuse aos 265 millóns de persoas que sufrirán inseguridade alimentaria a finais deste ano, o dobre que antes da crise. | O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres, avisou de que a pandemia do coronavirus pode "atrasar anos, mesmo décadas" os avances nos obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostíbel. "Nun momento en que necesitamos desesperadamente ir cara a adiante, a Covid-19 pódenos atrasar anos, ata décadas, deixando aos países con retos fiscais masivos e crecentes. A crise afástanos aínda máis dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel", sinalou. No Foro Político de Alto Nivel que revisa os avances cara ás metas da Axenda 2030, Guterres afirmou que a Covid-19 ten efectos "devastadores" neste sentido debido aos fallos pasados e presentes. "Hoxe non lles vou dicir que todo está ben. Necesitamos ser honestos", dixo, á vez que criticou que moitos países aínda non toman en serio os obxectivos da Axenda 2030. Guterres remarcou que o ano pasado o mundo xa se enfrontaba a grandes retos, como "os niveis inaceptábeis de pobreza, o avance do cambio climático, a persistente desigualdade por sexo e o déficit de financiamento ao desenvolvemento". Este ano, ademais, súmase a pandemia. Investir en servizos sociais Lembrou a perda de 400 millóns de empregos no segundo trimestre de 2020, que se traducen na maior caída dos ingresos per cápita desde 1870, e referiuse aos 265 millóns de persoas que sufrirán inseguridade alimentaria a finais deste ano, o dobre que antes da crise. Porén, recoñeceu que aínda se pode cambiar o rumbo desta situación investindo en saúde, resiliencia, educación, protección social e servizos básicos como auga potábel e saneamento. Segundo Guterres, a sacudida que a crise está dando ao mundo pode ser unha oportunidade para instaurar un multilateralismo incluínte e efectivo. |
NOS_20310 | O sector exixe a Xunta que interveña no conflito que mantén cos profesionais percebeiros. Na quinta feira, o Parlamento galego aprobou unha inciativa do Bloque que tamén vai nesta liña. | Bateeiros de toda a Galiza acudiron na sexta feira a Vilaxoán, no concello de Vilagracía de Arousa, para exixirlle á Xunta que interveña no conflito existente entre os profesionais deste sector e os percebeiros. En Vilaxoán atopábanse as conselleiras de Mar, Rosa Quintana, e de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para participar nun acto na sede do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño da Galiza (Intecmar). Tanto na entrada como na saída, as integrantes do Goberno galego foron recibidas con berros de protesta e cartaces nos que os bateeiros clamaban "pola defensa do noso traballo" ou "sen mexilla non temos futuro". Os momentos de maior tensión tiveron lugar cando un grupo de manifestantes impediron que as conselleiras accederan aos vehículos oficiais que as trasladaran até alí. "Traidora" e "dimite" A situación recrudeceuse por minutos, e aos berros "traidora" e "dimite", en referencia a Rosa Quintana, comezaron a producirse os primeiros empurróns por parte dun grupo reducido de bateeiros. Isto levou a que axentes da Policía fixesen regresar as dúas conselleiras ao interior do edificio de Intecmar, onde agardaron durante media hora até que a protesta volveu á normalidade. Finalmente, axudadas pola seguridade e pola maioría de bateeiros, que acudiran a Vilaxoán para protestar de xeito pacífico, puideron proseguir co seu camiño, aínda que os manifestantes seguiron a increpalas desde a distancia. Acordo no Parlamento As protestas dos bateeiros teñen lugar un día despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade unha proposta do Bloque Nacionalista Galego (BNG) para instar a Xunta a que medie no conflito entre bateeiros e percebeiros. Os primeiros exixen que se lles volva a deixar traballar coa mexilla, a semente do mexillón, despois de que a Consellaría de Mar aprobase un decreto polo que alonxa os bateeiros das zoznas de cría. A moción do BNG insta a buscar unha solición "sen imposición" para ningunha das dúas posturas, ao tempo que exixe incrementar as partidas en investigación para avanzar no autoabastecemento de mexilla. |
NOS_10618 | BNG e En Marea emprazárono no Parlamento a que, após a nova da imputación de Villar Mir por financiamento ilegal do PP; desterrase calquera dúbida sobre que a Xunta non ía permitir a segregación e venda das centrais. O presidente esquivou responder e lembrou que CCOO e UXT deron en Madrid o visto bo ao plan de venda. | A imputación do dono de Ferroatlántica, Villar Mir, na causa polo financiamento ilegal do Partido Popular tamén chegou ao Parlamento de Galiza. Fíxoo na sesión de control ao presidente da Xunta, cando a portavoz do BNG, Ana Pontón, lembrou os "xenerosos donativos" de Villar Mir á Fundación Fraga e os contratos concedidos ás súas empresas polo goberno galego ao tempo que emprezaba Feijóo a "defender os intereses da Costa da Morte" e deixar claro que non vai autorizar a desagregación das centrais, o que abriría as portas á súa venda, como pretende a empresa. "Diga claro que as centrais non se venden", instoulle Pontón. Luis Villares (En Marea) afirmou que as "evasivas" de Feijóo sobre Ferroatlántica debíanse a que "tiña que devolver o favor", en referencia ao financiamento ilegal do PP, e pediu que a Xunta usase as súas competencias para garantir o emprego" de Ferroatlántica. O presidente evitou responder directamente ás preguntas sobre se ía autorizar a desagregación das centrais. Iso si, Feijóo referiuse ao apoio dado polos sindicatos estatais en Madrid ao plan da empresa de vender as centrais de Ferroatlántica. Un posicionamento que provocou que os delegados destas centrais sindicais se desen de baixa nas mesmas. Esta referencia do presidente fai xurdir a dúbida de se, ante a petición da empresa, o goberno galego optará pola mesma vía que os sindicatos estatais. A primeira en intervir na sesión de control, Ana Pontón, preguntou ao presidente polo seu balanzo de negociacións co estado español nestes anos. A nacionalista considera que nestes anos Feijóo non ten balanzo que presentar, pois non logrou ningunha competencia para Galiza e en cuestións fulcrais, desde a alta velocidade até as partidas orzamentarias do estado, ficou en evidencia o seu nulo peso político. Luis Villares, de por parte, aproveitou a proximidade do 1 de Maio para repasar a evolución do emprego en Galiza baixo os mandatos do PP, concluíndo que a situación actual é peor. O portavoz do PSdeG, Fernández Leiceaga, centrou a súa intervención no incumprimento da lei de medios de comunicación que se aprobou en 2011. |
NOS_27612 | Alfonso Rueda subirá esta terza feira ás 9.30 horas ao estrado do Parlamento galego en defendesa da súa candidatura para ser o novo presidente da Xunta da Galiza. Arranca así un pleno de investidura que terá a súa última etapa na quinta feira coa intervención da oposición e a votación da única candidatura presentada. | A Galiza inicia esta terza feira unha semana de relevancia coa elección polo Parlamento do novo presidente da Xunta. O candidato, Alfonso Rueda, vicepresidente en funcións do Executivo galego, intervirá na Cámara a partir das 9.30 horas e sen límite de tempo, para expor "o seu programa de Goberno". A quinta feira será a quenda para que os grupos parlamentares (PP, BNG e PSdeG) expresen o seu sentido do voto, nun debate no que cada un disporá de 35 minutos de exposición e dez máis nunha segunda quenda que o candidato poderá contestar individual ou conxuntamente. A seguir, votarase, e a toma de posesión do novo presidente será o sábado. As portavocías dos grupos reiteraron onte a súa posición a respecto da investidura. Pedro Puy (PP) sinalou o "impulso" que Rueda vai dar ás políticas que veu desenvolvendo a Xunta nos últimos 13 anos. Ana Pontón (BNG) insistiu en que 13 anos de Núñez Feixoo deixaron unha "Galiza máis pequena" e que Rueda supón "máis do mesmo". Luís Álvarez (PSdeG) afirmou que o candidato a presidir o Goberno é "proxecto esgotado". O pleno de investidura de Alfonso Rueda comezará o 10 de maio coa súa intervención Cinco eixos da sesión No día en que comeza a sesión de investidura, Nós Diario achega as chaves do debate. 1.─ Punto e á parte ou punto e seguido? O PP insiste en combinar a mensaxe de que a sucesión é tanto un punto e seguido destes 13 anos de Gobernos de Feixoo como un punto e á parte co que denominan 'estilo Rueda'. Espérase que a intervención de hoxe do candidato adiante en que se concreta ese 'estilo'. 2.─ PP, Rueda e a sombra de presidente interino. Rueda é candidato presidir a Xunta por decisión de Feixoo e un pacto coas 'baronías' provinciais. Na investidura haberá miradas a sopesar se mostra "talla" de presidente por si propio, sen tutelas. Algo que, recoñecen no PP, vai ter que demostrar no que resta de lexislatura. 3.─ Un BNG 'preparado'. O BNG quere evidenciar neste debate que son "tempos de cambio e renovación" na Galiza e que é unha formación "preparada" para gobernar a Xunta. Neste sentido, Ana Pontón afronta o pleno como oportunidade para expor un programa alternativo de Goberno ao destes anos do PP. 4.─ O PSdeG, 'propositivo'. Os socialistas chegan á cita coa intención de gañar visibilidade ante o perigo de ficar diluídos nun debate a dous Rueda-Pontón. Anuncian que, alén de críticos co PP, tamén serán "propositivos". O punto frouxo para o PSdeG é que o seu líder, Valetín Formoso, non poderá confrontar no debate con Rueda ao non ser deputado. Será Álvarez quen tome a palabra como voceiro do grupo socialista. 5.─ Municipais nun ano. Pouco descanso vai ter Rueda após ser investido presidente. Terá que empezar cedo a perfilar a estratexia de cara ás eleccións municipais de 2023, o seu primeiro reto electoral. O pontevedrés Alfonso Rueda será o oitavo presidente da Xunta Antonio Rosón, presidente da Deputación de Lugo na ditadura, foi o primeiro titular da Xunta preautoómica (1978-1979). José Quiroga, que era senador coa UCD, sucedeuno en 1979 na Presidencia daquela Xunta pre-estatuto, onde estivo até 1982, cando se realizaron as eleccións e foi elixido Fernández Albor (AP), que gobernou até 1987, cando unha moción de censura o obrigou a dimitir. Chegaría entón á Presidencia o socialista González Laxe (1987-1990) á fronte dun tripartito. Após as eleccións de 1989, o ex ministro de Franco e líder do PP, Manuel Fraga, accedeu á Presidencia, cargo para o que foi reelixido en tres ocasións máis, até 2005. Seguiuno un Goberno de coalición entre PSdeG e BNG, co socialista Pérez Touriño á cabeza; e xa en 2009 o popular Núñez Feixoo chegou á Presidencia. |
NOS_49626 | Reclama a nulidade das comisións de apertura en empréstitos hipotecarios e a devolución das cantidades pagas. | A demanda presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ( Acouga) contra 11 entidades bancarias, na que se reclama a nulidade das comisións de apertura en empréstitos hipotecarios e a devolución das cantidades pagas, foi admitida a trámite. Así o explicaron o presidente da entidade, Manuel Pérez Arias, e o secretario xeral, Xoan Antón Pérez-Lema, en rolda de prensa. Nela, Pérez Arias cualificou esta demanda como "histórica" e incidiu na "magnitude" da mesma. O presidente de Acouga destacou que sexa realizada desde Galiza e en galego As entidades bancarias demandas son Abanca, Banco Sabadell, Banco Santander, Bankia, Bankinter, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Kutxabank, Novo Banco e Unicaja Banco. Pérez-Lema explicou que todos os bancos, menos Abanca, adheríronse a unha declinatoria. O secretario xeral de Acouga afirmou que a finais de ano ou principios de 2022 estarán todas as demandas contestadas, momento no que se sinalará a vista. Previamente abrirase un prazo de dous meses para que os consumidores que teñan unha cláusula de comisión de apertura poidan adherirse, para o que deberán ser socios desta asociación. Segundo expuxo Pérez-Lema, este asunto afecta un 10-15% da poboación e ten "transcendencia estatal". Desde Acouga, esperan que haxa unha resolución no outono de 2022. Segundo expuxo Pérez-Lema, este asunto afecta un 10-15% da poboación e ten "transcendencia estatal" Sobre a demanda, o presidente de Acouga destacou que sexa realizada desde Galiza e en galego. En relación a esta cuestión, e aínda que tres entidades bancarias pediron a tradución do requirimento, desde a entidade afirman que non o farán xa que está feito "nunha lingua cooficial". |
NOS_41051 | Arthur Kipps é o trasunto que o inglés Herbert George Wells (1866-1946) escolleu para dar conta dos ecos da súa vida nunha novela. Kipps. Historia dunha alma simple (1905) afástase dos seus traballos como pioneiro da ficción científica e ofrece unha obra de iniciación en que o sistema de clases británico non sae indemne. A editorial Irmás Cartoné vén de publicala en galego. | Celia Recarey Rendo é a responsábel da versión galega de Kipps, que, segundo a nota editorial, "conta cun peculiar sentido do humor e trata temas máis sociais" dos habituais en H. G. Wells. Porque Wells, socialista fabiano e despois simpatizante da Revolución Rusa, era xa un autor popular. Cunha visión positivista da ciencia achegada á de Jules Verne, pero un paso máis alá, avanzaba preocupacións e fracturas dunha sociedade incipientemente industrializada. A máquina do tempo (1895) adentrábase no que, andando o século XX, se convertería nun tópico da literatura e o cinema de fantasía: a posibilidade de viaxar na historia. Toxosoutos puxo a disposición do lectorado en 2002 unha tradución galega a cargo de Raúl Araya Tauler. O, talvez, título máis célebre de Wells, A guerra dos mundos (1898) tamén se publicou en galego, da man de Xerais en 1998. Gonzalo Constenla e Esther Sánchez Rodríguez fixeron a versión do relato dunha invasión extraterrestre de Estados Unidos. Nela baseou o cineasta Orson Welles unha igualmente famosa emisión de radio que desatou o pánico cidadán. A sorte de H. G. Wells en galego é ampla. O home invisíbel (1897), cuxas adaptacións ao cinema axudaron a facer da súa anécdota central -o protagonista consegue que un corpo humano deixe de absorber e reflectir a luz- motivo usual na ficción científica, tamén chegou ás librarías grazas a Edicións Xerais. Foi en 1991 e con tradución de Francisco Bedoya. A illa do Doutor Moreau apareceu en 2003. Onofre Sabaté pasouna ao galego e Edicións Positivas encargouse de colocala no mercado. A novela emprega a figura do náufrago como escusa para tomar partido en certos debates científicos da época en Gran Bretaña, relacionados co darwinismo e o trato aos animais. John Frankenheimer dirixiu, en 1996, a última das sete versións cinematográficas da obra. O personaxe principal encarnouno Marlon Brando. Nota: contra o que figuraba nunha primeira versión deste artigo, o nome da tradutora de Kipps. Historia dunha alma simple é Celia Recarey Rendo. |
PRAZA_1328 | Galicia ten depositados nos bancos máis de 57.000 millóns de euros e os créditos roldan os 45.000 millóns. Tras os anos da burbulla o país volveu ao seu papel tradicional, o de fornecedor neto de crédito a outros puntos do Estado. | Boa parte dos bancos reestrutúranse, véndense, desaparecen do territorio, desafiuzan e mesmo estafan en Galicia. Pero Galicia non lles falla aos bancos. A crise económica e os innumerables avatares da última década trouxeron, entre as súas múltiplas consecuencias, a desaparición do sistema financeiro do país coa única excepción da Caixa Rural Galega, e unha notable restrición de acceso aos servizos financeiros e as súas vantaxes. O sinal máis evidente desta circunstancia é a radical restrición do crédito bancario que, tras fluír case sen control durante os anos da burbulla, comezou a ser retroceder ata estancarse en niveis de hai unha década. Mentres, os cartos que a poboación galega ten despositados nas entidades bancarias non deixan de bater récords. Os datos do Banco de España amosan ás claras por que Galicia é un bo negocio para as entidades financeiras. No peche do exercicio económico do 2014 os depósitos bancarios galegos ascendían a 57.500 millóns de euros, uns 2.000 máis que un ano antes, mentres os créditos baixaban un chisco dos 45.000 millóns, 5.000 menos que no remate de 2013. O diñeiro gardado nos bancos mantívose durante todo o pasado ano por riba deses 57.000 millóns de euros, mentres que o crédito baixou sistematicamente, trimestre a trimestre. Galicia ten depositados nos bancos máis de 57.000 millóns de euros e os créditos roldan os 45.000 millóns Unha ollada retrospectiva permite coñecer que o montante crediticio que actualmente prestan as entidades bancarias en Galicia é moi semellante ao de finais do ano 2005. A diferenza fundamental é que daquela os habitantes do país tiñan depositados nas súas contas uns 35.000 millóns de euros. Así as cousas, os bancos prestan agora o mesmo que hai dez anos, pero manexan un 60% máis de cartos dos depositantes. Os datos do regulador bancario serven tamén para coñecer que a proverbial tendencia ao aforro do pobo galego ten, neste caso, pouco de mito. Unha ollada polo miúdo aos depósitos bancarios de Galicia amosa que practicamente a metade, máis de 28.000 millóns de euros, están depositados en contas a prazo, isto é, en modalidades nas que a clientela se compromete a manter os cartos no banco durante un determinado período de tempo e a entidade, como contraprestación por reter ese diñeiro, ofrece unha determinada rendibilidade. Dentro da outra metade do diñeiro galego depositado nos bancos destacan as contas de aforro, que supoñen case un 30% do total con pouco menos de 17.000 millóns de euros. As contas á vista, as empregadas para operacións correntes como ingresos de nóminas ou pagamento de facturas cotiás, representan menos dunha cuarta parte, con apenas 9.500 millóns de euros. A conta complétase co diñeiro das Administracións públicas, uns 2.100 millóns de euros, o 4% do total. Galicia, fornecedora de crédito agás durante a burbulla A radiografía dos depósitos e créditos bancarios amosa, asemade, que tras o estourido da burbulla inmobiliaria Galicia retornou ao seu papel habitual no que atinxe á relación co sistema financeiro: o de fornecedora neta de crédito para outros puntos do Estado. Non en van, dende finais de 2012 o diñeiro prestado polos bancos en territorio galego é inferior ao que teñen depositado e a fenda non deixa de alargarse trimestralmente. En 2010 os créditos tocaron teito e chegaron a superar os depósitos en case 20.000 millóns Aínda que esta fenda é agora a maior da serie histórica o feito de que os depósitos superen os créditos é a situación historicamente máis habitual en Galicia. Así, segundo os datos ofrecidos polo Banco de España, que se remontan a 1987, dende ese ano e ata 2004 os bancos sempre recibiron en Galicia máis do que prestaban. A tendencia inverteu nos anos do crédito descontrolado e tocou teito en 2010, cando os créditos acadaron os 72.000 millóns de euros, superando en case 20.000 millóns os depósitos. |
NOS_32380 | A viceprimeira ministra escocesa Nicola Sturgeon confirmou esta cuarta feira que aspirará a relevar a Alex Salmond ao fronte do SNP e do goberno de Holyrood. | Os acontecimentos desenvólvense de acordo ao guión previsto no Scottish National Party após o anuncio de demisión de Alex Salmond, quen deixará o seu cargo de first minister en novembro. A viceprimeira ministra, Nicola Sturgeon, perfílase como a súa sucesora. Nun discurso en Glasgow -cidade na que se impuxo o SI no referendo do 18-S-, Sturgeon confirmou que si se candidata para a lideranza da formación nacionalista escocesa. "Preséntome por dúas razóns ben sinxelas: quero servir o meu partido e o meu país e creo que son a mellor persoa para o facer", dixo Sturgeon, quen engadiu: "Ser a primeira ministra do meu país, especialmente nestes momentos tan emocionantes e otimistas, sería unha grande honra e tamén , sen dúbida, unha inmensa responsabilidade". Nas últimas semanas, o SNP rexistou a alta de máis de 30.000 militantes, o que converte a formación nacionalista escocesa na terceira con máis afiliadas e afiliados do Reino Unido Sturgeon negociou con Londres os termos de realización do referendo -incluído o espiñento asunto da pergunta que se submeteu a consideración do pobo escocés- e visa agora manter conversas coas forzas políticas unionistas de modo a materializar a suposta devolution de novos poderes políticos a Edimburgo á que se comprometeron Cameron, Miliband e Clegg como baza para gañar o referendo. Momentos agridoces O SNP atravesa momentos agridoces. Certo é que non gañou o referendo, mais os sufraxios colleitados polo SI (1,6 millóns de votos) cuase que cuadruplican os respaldos obtidos pola formación nacionalista nas lexislativas de 2010. Isto é, un triunfo político incuestionábel e incontestábel da liña Salmond, da que Sturgeon é debedora. Contodo, a viceprimeira ministra sabe que o partido deberá agora modificar algo a súa táctica se quer enxugar a diferenza (8 pontos) pola que perdeu o referendo face o NON. O axuste táctico non afectará para nada o obxectivo último do SNP, a independencia: "Penso, como o pensaba a semana pasada, que a independencia é o mellor futuro para Escocia. E estou máis certa do que nunca que seremos un país independente. Mais iso pasará cando a xente o escolla nas urnas". De se impor a súa candidatura, Sturgeon dirixirá un partido máis forte daquel que liderou Salmond. Nas últimas semanas, o SNP rexistou a alta de máis de 30.000 militantes, o que converte a formación nacionalista escocesa na terceira con máis afiliadas e afiliados do Reino Unido (só superada por conservadores e laboristas). Foto: Bernat Ferrer/Nació Digital. |
NOS_17415 | As formacións políticas que forman o goberno de coligazón en Sada, SadaMaioría, PSdeG e BNG, aprobaron que sexa o concello o organismo encargado de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Tamén acordaron que se inicie o retorno do pazo a mans públicas. O PP, que defendeu que a familia Franco elixa quen debe xestionar as visitas, abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra. | SadaMaioría, PSdeG e BNG aprobaron que sexa o Concello de Sada quen xestione as visitas ao Pazo de Meirás e así llo fixeron saber ao Goberno galego. Tamén instaron a Xunta a iniciar o retorno do inmoble, que fora espoliado para o goce da familia Franco, a mans públicas. Fixérono nun bronco pleno extraordinario que tivo lugar na mañá do sábado, 12 de agosto. O Partido Popular abstívose na votación para solicitar que for o concello quen asumise a xestión das visitas, mentres que o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra. O portavoz do PP e ex alcalde, Ernesto Anido, defendeu que sexa a familia Franco, baixo a tutela da Xunta, quen elixa quen xestiona as visitas ao pazo e considerou un "erro" a medida aprobada. Na mesma liña, o portavoz do PP afirmou que "levamos 40 anos con estes rollos", en alusión á reivindicación da devolución do pazo ao seu lexítimo herdeiro, o pobo, e sinalou que "os sadenses teñen outras prioridades". "Pensen nesa xente e na dignidade das vítimas do franquismo" O alcalde de Sada, Benito Portela, considerou "unha provocación" e "unha vergoña" que sexa a Fundación Francisco Franco a encargada de xestionar as visitas a este pazo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) hai dez anos, e aproveitou a súa intervención para apelar á memoria de todas as persoas que foron vítimas da represión. Así, solicitoulles aos membros da Corporación que meditasen o sentido do seu voto e pensasen en todas as persoas que foron paseadas e represaliadas. "Pensen nesa xente e na dignidade das vítimas do franquismo", afirmou O portavoz do BNG, Lis Becerra, fixo fincapé na necesidade de declarar a familia Franco "non grata" en Sada. Precisamente, na sexta feira, a formación nacionalista presentara unha emenda ao texto principal que se ía debater no pleno extraordinario para incorporar esta cuestión. Na mañá do sábado, o secretario municipal presentou un informe desfavorábel, ao entender que o concello carece de competencias para declarar a familia non grata. Porén, SadaMaioría presentou unha transacción á emenda que matiza a proposta do BNG -a emenda orixinal non saíu adiante por non contar cos apoios necesarios- para salvar o informe do secretario. "Para o BNG e para moitos sadenses, os Franco son persoas non gratas" "O que estamos a tratar aquí é un repudio, é unha declaración política, é dicir, declarar politicamente os Franco, que teñen a propiedade do pazo, persoas non gratas", explicaba na sesión plenaria extraordinaria Lis Becerra, portavoz do BNG, "para moitos sadenses son persoas non gratas, e sempre o van ser", insistía o nacionalista. Entre as persoas que ateigaron o salón de plenos do concello atopábase o portavoz de En Marea, Luís Villares. Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, tamén estaba invitado, mais preferiu non asistir e convocar os medios gráficos a unha visita que fixo a Vigo. |
PRAZA_8350 | Gandhi dixo que os resultados da non violencia marabillan mesmo aos que a practican. Velaí a necesidade de que os seus axentes coiden da continuidade das súas protestas por estes medios pacíficos para seguer investidos da lexitimidade da que desfrutaron até de agora. | Todos, até Louzán, concordamos que Mahatma Gandhi non era filoterrorista. Foi un grande líder, sobre todo político, que obtivo boa parte dos seus obxectivos a medio do emprego dunha metodoloxía de axitación e protesta non violenta, pero dende logo abertamente delitiva ao abeiro do Dereito Penal vixente, na altura, na India británica. Todos, até Louzán, concordamos que Mahatma Gandhi non era filoterrorista Hai anos, unha protesta local dirixida contra o PXOM proposto polo alcalde Caballero interrompía unha conferencia do, na altura, vicepresidente Anxo Quintana na vella reitoría do Areal da universidade viguesa. A actitude dos manifestantes era moi agresiva e ameazante e mesmo a Policía autonómica tivo dúbidas sobre suspender a palestra ou disolver aos manifestantes. En último de contas, a actitude de tranquilidade e de diálogo permitiu que os manifestantes (un deles, sen pensar ben no que dicía, viña de ameazar de morte a quen isto escrebe) depuxesen a súa actitude e permitisen continuar o acto. O segredo foi non botar man da forza e darmos a cara para escoitar respectuosamente á xente. Algo semellante vén de pasar no conflito das preferentes entre a actitude intelixente do alcalde de Moaña fronte á represiva da alcaldesa de Sanxenxo ou á medoñenta do alcalde de Ponteareas. Porque até o Ministro do Interior ha recoñecer que ás mobilizacións a prol dos afectados polas preferentes vai a xente común. Vai a xente que emigrou ou traballa arreo para quitar a familia adiante e estudar os fillos. Van os aforradores galegos, obrigados por lei a financiar o saneamento bancario. Ben dicía o mesmo Santo Tomé –do que non se pode dicir que fose antisistema- que a lei inxusta non obriga. Gandhi dixo que os resultados da non violencia marabillan mesmo aos que a practican É lóxico, entón, seguirmos a falar dos problemas destes aforradores -ou dos cidadáns desafiuzados por mor dunha normativa procesual declarada contraria aos dereitos dos consumidores polo Tribunal da UE- no canto de nos fixar no xeito que protestan Ada Colau ou as Plataformas galegas de afectados, sempre que sexa por medios pacíficos, como foi até de agora. Gandhi dixo que os resultados da non violencia marabillan mesmo aos que a practican. Velaí a necesidade de que os seus axentes coiden da continuidade das súas protestas por estes medios pacíficos para seguer investidos da lexitimidade da que desfrutaron até de agora. |
NOS_14269 | A mobilización será a quinta feira en Cangas e exixirá solucións xa para @s milleir@s de estafd@s da comarca. Cifran en 60 millóns de euros os cartos atrapados neste calote nesa zona | A semente posta polo Concello de Pontevedra coa convocatoria dunha manifestación de apoio aos e ás estafadas polas prefrentes ten continuidade. E da man dos cinco concellos da comarca do Morrazo (do BNG, PP e PSdeG), que se unen para convocar unha gran mobilización en defensa dos veciños e veciñas atrapadas neste calote. Cangas será o escenario, esta quinta feira e a partir das 20:30, da manifestación, que se desenvolverá baixo o lema de "O Morrazo exixe solucións'. Os rexedores destes concellos avogan porque todos e todas as prexudicadas poidan recuperar todos os seus aforros. |
NOS_8789 | Ecoloxistas calculan que a amortización dos parques eólicos pode darse até en dous anos, mentres que a patronal fala dun prazo medio de 15 anos. | A eólica foi no 2021 a principal fonte de xeración enerxética no Estado, unha situación chamada a asentarse no tempo. Galiza, como potencia eólica que é, está chamada a xogar un papel determinante nese escenario, sobre todo á vista do inxente número de proxectos que se están a tramitar para instalar novos megawatts (MW) eólicos no país, rexeitados en moitos dos casos pola súa afección a núcleos habitados e a espazos naturais protexidos. Agora, nun escenario no que o prezo da enerxía está en máximos históricos no mercado, as eléctricas ven como as súas marxes se incrementan, en especial coas instalacións acollidas ao réxime de retribución específica, que teñen garantida a recuperación do seu investimento cunha rendibilidade anual algo superior ao 7,1% en 25 anos e un prezo de referencia duns 30 euros por megawatt/hora (MWh). Entre ese alto volume de proxectos ─solicitan até 3 ou 4 veces máis do que realmente se vai instalar─ hai algúns que xa contemplan prazos de recuperación do investimento de 7 anos, fronte aos 15 de media, e de só de 3 para a recuperación do capital. É o caso do parque eólico dos Cotos, en Cotobade, que tamén se reproduce noutros proxectos na zona da Mariña. De feito, Iván Lombardero, da plataforma 'Eólicos na Mariña Así Non', indica a Nós Diario que a cantidade que ingresan estas empresas "é difícil de calcular", mais que, "de acordo coas contas que presentan, parece que entre dous ou tres anos poderían ter amortizados os parques". Pola súa parte, o presidente da patronal eólica galega, José Manuel Pazo, explicou que o prazo medio de amortización dun parque eólico está nos 15 anos de media e apuntou que a retirada das primas durante o Goberno de Mariano Raxoi e os baixos prezos da enerxía fixeron que nalgúns casos eses prazos se ampliaran até os 20 anos. De igual forma, recoñeceu que coa suba deste último ano os prazos puidéronse acurtar, aínda que insistiu que é algo "excepcional". Riscos para a rendibilidade Como sinalan fontes coñecedoras do sector, un dos principais riscos na rendibilidade dos parques eólicos son os ingresos por venda de electricidade, xa que, dada a súa variabilidade, obrigan as entidades promotoras dos novos proxectos a realizar estimacións e simulacións complexas, mesmo a dotarse de ferramentas de cobertura de ingresos que fan aumentar os seus custos financeiros. As empresas tratan de minimizar ese impacto por dúas vías. Unha son os contratos de venda de electricidade a longo prazo (PPA), que lles garanten un marco temporal de estabilidade de prezos. É a fórmula á que están recorrendo firmas como Endesa ou Greenalia para 'atar' a construción dos seus parques. Outra consiste en actuar sobre a cadea de subministración, pedindo aos fabricantes que proporcionan os equipos unha rebaixa nos prezos. O problema é que algunhas das materias primas necesarias para a construción dos parques presentan fortes alzas de prezos, ao que se suma o feito de que Galiza perdeu nos últimos tempos centros de produción como o de Vestas en Viveiro ou o de Siemens-Gamesa nas Somozas. Bancos e fondos de investimento O Banco Europeo de Investimentos (BEI) anunciou onte un acordo co fondo Ben Oldman de 100 millóns de euros para cofinanciar proxectos eólicos e fotovoltaicos en España e Portugal. Serán préstamos ponte, que son os que cobren o baleiro de financiamento ao que se enfrontan moitos promotores de proxectos eólicos e os que lles permiten obter os fondos que necesitan para pasar do estado 'listo para construír' á fase de operación. De feito, segundo apuntan fontes coñecedoras do sector, a banca e os fondos de investimento adoitan estar detrás de boa parte dos proxectos de construción de parques eólicos, mentres que a presencia das empresas que os executan e os explotan é practicamente testemuñal en moitos dos casos, o que lles supón un forte apancamento que se reflicte despois nas súas contas de resultados. |
NOS_4648 | Celta e Lugo, os representantes galegos na Primeira e a Segunda División, afrontan esta fin de semana os seus primeiros compromisos como locais logo da anulación da esixencia da presentación dun certificado Covid que deixa como legado unha considerábel diminución do público nas bancadas. | Os estadios de fútbol galegos -así como os do resto do Estado- amplían desde o día de hoxe a súa capacidade máxima até 100%, logo de que o 29 de decembro de 2021 o Ministerio de Sanidade impuxese un límite de 75%. Porén, iso non significa que volva a normalidade a Balaídos, A Malata, Riazor ou o Ángel Carro, pois dous anos despois do comezo da pandemia da Covid-19 aínda continúan vixentes a obriga do uso da máscara e a prohibición de beber, comer ou fumar. Estas normas están atrasando o regreso á normalidade no fútbol -como acontece hai meses en países como Inglaterra-, e afastando un sector determinado da afección que considera que o espectáculo ao vivo "é algo máis que ver 22 tipos pegar patadas a un balón". Son verbas de Carlos Castro, un veterano afeccionado do Real Club Celta, para quen o fútbol é "quedar cos amigos, berrar, abrazarse, comer, beber e mesmo fumar un puro, e todo iso non é que estea mal visto, senón directamente prohibido. Canta xente non ía ao cine cando non estaba permitido comer flocos de millo ou beber un refresco?". "Polo menos -engade para Nós Diario- xa non piden o pasaporte Covid, non pode ser que esixan que presentes máis documentación para entrar en Balaídos que para rexistrar un meniño". A analoxía pode resultar esaxerada, pero o certo é que para acceder a un recinto deportivo pediuse entre o 17 de decembro de 2021 e o 26 de febreiro de 2022, ademais do boleto ou o carné de socia, a presentación do Documento de Identidade e dun certificado de vacinación, de recuperación ou de proba diagnóstica negativa, mentres que para rexistrar unha crianza só é necesario o DI e o parte médico de alumeamento. Mais, alén desta intanxíbel sensación de fastío colectivo entre a afección, os fríos números revelan que a imposición da esixencia do coñecido como certificado Covid provocou unha considerábel diminución entre o público presente nas bancadas dos estadios dos dous representantes da Galiza no fútbol profesional, Celta de Vigo e Club Deportivo Lugo. Este último foi o máis afectado, pois durante os 71 días que estivo vixente a norma da Xunta da Galiza disputou catro partidos -contra Mirandés, Almería, Burgos e Amorebieta- que tiveron como media 2.110 espectadores, mentres que no mesmo período inmediatamente anterior protagonizou cinco duelos no Ángel Carro -contra As Palmas, Sporting de Xixón, Ponferradina, Eibar e Ibiza- que tiveron unha asistencia media de 3.015 persoas. É dicir, a escuadra albivermella perdeu 30,02% das e dos espectadores, porcentaxe que cae até 15,64% sacando da ecuación o choque contra os asturianos do Sporting, que pode provocar un nesgo, pois a mareona levou a cabo un desprazamento masivo até o punto de que no coliseo lucense se congregaron ese 30 de outubro 5.069 almas, case 3.000 máis que no choque de dez días antes coa Unión Deportiva As Palmas. O caso celeste presenta unhas cifras menos extremas, pero igualmente relevantes. Deste modo, o conxunto olívico pasou de recibir unha media de 10.819 persoas para ver os cinco partidos que xogou entre o 17 de outubro e o 17 de decembro -contra Sevilla (10.774), Real Sociedade (8.726), Barcelona (13.146), Vilarreal (10.086) e Valencia (11.361)- a congregar durante o período de vixencia do pase Covid 10.172 persoas para ver os compromisos do Celta ante Español (9.526), Osasuna (8.837), Raio Vallecano (12.546) e Levante (9.776). En total, o único equipo galego na máxima categoría tivo 5,98% menos de público que no período inmediatamente anterior á implantación do pase Covid. Todo isto ten consecuencias negativas non só no apoio que reciben os futbolistas das escuadras galegas cando exercen como locais, senón na economía dunhas entidades moi golpeadas pola crise do coronavirus, como dan boa proba as contas de resultados do Lugo -que declarou perdas por valor de 2,5 millóns de euros, unha terceira parte do orzamento do equipo- e o feito de que o Celta fose incapaz de desembolsar 1,5 millóns de euros no mercado de inverno para facerse cunha estrela mundial do nivel de Lo Celso, que acabaría asinando polo Vilarreal. |
NOS_11135 | Oitenta e dous anos despois do asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira (Poio), o Día da Galiza Mártir multiplícase. Asociacións, partidos políticos, fundacións ou institucións converten a xornada nun memorial daqueles que morreron por defender a liberdade. Como mínimo, 4.700 persoas entre 1936 e 1939, segundo os datos do proxecto interuniversitario Nomes e Voces. | Os actos centrais en lembranza de Bóveda serán esta sexta feira en Poio e Pontevedra. Da man da fundación que leva o seu nome e mais do Concello de Poio, á unha do mediodía na Caeira, será a homenaxe nacional ao que foi secretario xeral do Partido Galeguista. Intervirán a filla de Bóveda Amalia, o alcalde da localidade Luciano Sobral (BNG), Carlos Mella da Fundación Castelao ou un representante dos 19 represaliados pola ocupación do Pazo de Meirás. Na hora do xantar na Alameda da Seca, a Fundación Bóveda entregará o XIII Premio Galiza Mártir, que nesta edición obtivo Xosé María López de Guereñu, un dos fundadores da entidade. Ademais, haberá unha mención especial para os dous primeiros presidentes, Fernando Quintela e Manuel Beiras. O fillo deste último, Xosé Manuel, será o encargado de ofrecer o discurso do Día da Galiza Mártir no cemiterio de San Amaro, en Pontevedra, onde se atopa o panteón da familia Bóveda. Porque Pontevedra é o outro epicentro da xornada. Na cidade sucederanse actos políticos. De primeiro, En Marea organiza Memorias Rescatadas ás 12.00 horas nas escaleiras de Facenda no Xardín da Ferrería. Falarán varios dirixentes da confluencia e mais a escritora Marilar Aleixandre. Na Taberna Saudade, Galiza Nova -as mocidades do BNG- xuntaranse para o xantar do Día da Galiza Mártir. Xa pola tardiña, ás 20.30 horas na praza de Curros Enríquez, o Bloque terá o seu acto nacional, coa portavoz Ana Pontón e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes. Mais os actos da fronte nacionalista non se limitan a Pontevedra. En Boiro, tamén ás 20.30, o recordo será para "o mártir Xosé Maceiras Vilasó" na Rotonda dos Mártires. O BNG de Oleiros lembrará, o domingo 19 de agosto ás oito do serán no adro da igrexa de Santalla de Liáns, a familia xitana Jiménez Montoya, asasinada polos fascistas. Participarán o escritor Manuel Rivas ou o deputado no Parlamento galego Xosé Luís Rivas, Mini, entre outros. Xa na segunda feira haberá actos en Compostela -homenaxe a Ánxel Casal na praza 8 de Marzo, coa portavoz local Goretti Sanmartín, ás 12.00 horas- e en Ribeira -ofrenda floral ás vítimas do franquismo, ás 20.00 horas no cruce das rúas Alexandre Bóveda e Manuel Lustres Rivas. Colectivos da memoria e asociacións Mais alá das organizacións políticas, asociacións culturais, centros sociais ou colectivos pola memoria democrática tamén se suman ao Día da Galiza Mártir. En Ferrol, ás 20.30 horas esta sexta feira, a Fundaçom Artábria rende tributo ao profesor Juan García Niebla e ás assasinadas polo franquismo en Trasancos. Será no Baluarte de Canido. Na Coruña, o sábado ás 12.30, a asociación cultural Alexandre Bóveda homenaxea as mulleres represaliadas na rúa Alexandre Bóveda. O domingo, na Estivada de Cacheiras, en Teo, o concello conmemora o 82 aniversario do pasamento de Ánxel Casal e "as vítimas da infamia". Na homenaxe haberá representantes dos concellos de Compostela, A Coruña e Arzúa e mais o alcalde de Teo Rafa Sisto (Son de Teo). |
PRAZA_19811 | Lavacolla formou parte dunha política concentracionaria terrorífica de amedrentamento, pasividade, humillación, sometemento e reeducación forzosa que procuraba que palabras como República, Liberdade ou Igualdade desapareceran para sempre do imaxinario colectivo. | 12 horas. Lavacolla. Sae un avión destino Alacante dende un aeroporto propiedade do Concello de Compostela por decisión franquista. Ata 1962, Lavacolla pertencía ao histórico concello de Enfesta, hoxe inexistente, ao igual que a memoria que latexa invisible baixo o cemento e as pedras que forman unha pista de aviación. Nesta data, 14 de abril, é tempo de rescatar das memorias da Memoria, nun exercicio de pedagoxía, a realidade que debera alumear as lembranzas dunha veciñanza hoxe privada da súa historia, así como rescatar a verdade e defender que o que coñecemos por Lavacolla foron unhas instalacións feitas por traballo escravo de milleiros de persoas defensoras das ideas e da legalidade republicana. Cando unha persoa colle un avión no aeroporto compostelá, debe coñecer que alí houbo un campo de concentración, o máis importante dos creados polo ditador Franco en Galicia. Posto en pé en novembro de 1939, despois de decretarse oficialmente o fin da guerra incivil e, con ela, o fin da esperanza para a Segunda República. É por iso que Lavacolla pertence á estratexia dunha sólida cultura do silencio e o medo, o que, tal como recoñece o investigador da Universidade de Zaragoza, Javier Rodrigo, simboliza a máis clara imaxe dunha posguerra marcada, "non pola reconciliación, senón polo politicidio". Lavacolla forma parte da terrorífica estrutura concentracionaria ideada polo ditador Franco, ben apoiado polos sanguinarios nazis, que chegou a contar entre 1936 e 1947 con case 190 campos de concentración no estado español (104 estables), nove deles en Galicia, onde os prisioneiros de guerra eran internados, torturados, aniquilados ideoloxicamente e eran preparados para formar parte da enorme lexión de escravos que construíron e reconstruíron infraestruturas estatais como parte do castigo que debían pagar á 'verdadeira' España por teren estado nas ringleiras dunha suposta 'anti-españa'. O aeroporto compostelá foi o campo de concentración por onde pasaron máis presos republicanos (entre 2.000 e 3.000 persoas), auténtica man de obra escrava que foi usada para construír a escola de aviación e o futuro aeroporto de Lavacolla. Hai uns anos, Vítor Santidrián, ofreceunos o diario de Casimiro Jabonero, un soldado republicano que escribira sobre este campo de concentración en 1940, cando o réxime do ditador Franco encarga a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Segundo narra esta testemuña, "a fame, os malos tratos, a precariedade dos aloxamentos, a falta de hixiene e a proliferación de piollos e enfermidades foron características comúns". Respecto ao día a día, as testemuñas lembran que o traballo era abafante: "tiñamos que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra. Había que levalas a unha vía para ir achantando o chan", segundo consta en declaracións doutro prisioneiro, Pedro González Gómez. En síntese, pouca roupa e ningún diñeiro. Eran escravos para Franco. O camiño das mulleres ía ser semellante: mudaron a actividade e identidade cultural, sindical e política gañada na República, onde comezaban a superar o rol tradicional e adquirían un compromiso político autónomo, polas exixencias do novo ordenamento do réxime franquista, represivo, patriarcal, machista, violento e retrógrado. Coa perda da guerra, as mulleres foron condenadas a desviarse da senda de empoderamento feminino sendo arrastradas á escuridade intelectual e ás tarefas do fogar. Sinala Bernardo Maiz nas memorias de Amada García que "non é posible facer a conta inmensa das [mulleres] que foron violadas, torturadas, malladas, aldraxadas, multadas, depuradas profesionalmente; das que sufriron orfandade, das que perderon fillos e maridos; das que debían ir diante e con cara leda nas manifestacións que celebraban as derrotas militares dos seus...". O que si se pode cuantificar son as 85 galegas asasinadas polo fascismo e outras "paseadas" que seguiron unha morte silenciada que se esvae dos libros de historia. Lavacolla formou parte dunha política concentracionaria terrorífica de amedrentamento, pasividade, humillación, sometemento e reeducación forzosa que procuraba que palabras como República, Liberdade ou Igualdade desapareceran para sempre do imaxinario colectivo. É por iso que as persoas que se consideran herdeiras destes valores silenciados teñen hoxe unha responsabilidade moi seria: des cementar este pasado para manter viva a Memoria que nos permita construír a futura e necesaria Res Publica. |
PRAZA_16724 | Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional. As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, nos vindeiros meses, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza. | Definitivamente, a situación conflitiva que se vive en Cataluña adquiriu unha importante dimensión internacional. As decisións tomadas polo xuíz Llarena obrigan a pronunciarse, nos vindeiros meses, a diversas instancias xudiciais de Alemaña, Reino Unido, Bélxica e Suíza. Aínda que, obviamente, non o van facer sobre o fondo das graves imputacións formuladas polo instrutor do Tribunal Supremo si van ter que decidir sobre a pertinencia das extradicións solicitadas e concretar, no seu caso, os delitos para os que se autoriza o axuizamento en territorio español. Semellantes decisións poden ter un impacto moi relevante no escenario interno -catalán e estatal- no que se está xogando o futuro da actual crise. No caso de que o ex-president Puigdemont non sexa extraditado ou tal medida só resulte operativa para algún presunto delito diferente ao de rebelión, a estratexia do xuíz Llarena naufragará estrepitosamente e as formacións políticas que apostaron exclusivamente pola vía xudicial para xestionar este problema sufrirán un notábel contratempo. Unha eventual desautorización dos correspondentes órganos xudiciais deses países á dureza exhibida pola instrución que se está practicando no TS podería ser un incentivo para comezar unha desescalada no ámbito penal e posibilitar a apertura de camiños para o diálogo político entre os partidos que conforman a Cámara lexislativa catalá. Se, pola contra, tal circunstancia fose utilizada por PP, Cidadáns e PSOE para redobrar a súa disputa polos segmentos do electorado máis proclives á belixerancia extrema contra os sectores independentistas, o presente bloqueo perduraría nun labirinto de moi difícil saída. Hai outro aspecto da proxección internacional que merece ser destacado. Nos últimos días, tres medios de prestixio - The Times, The New York Times e Der Spiegel- editorializaron moi criticamente a respecto do tratamento do tema catalán por parte do goberno de Mariano Rajoy. Escribiron afirmacións e postularon actitudes que non aparecen nos posicionamentos habituais dos xornais que se editan en Madrid. Resulta moi rechamante o estrondoso silencio informativo que practicaron estas cabeceiras da capital do Estado: semella que prefiren que os seus lectores non coñezan opinións tan significativas en colegas que son referencias indiscutíbeis no sistema mediático europeo e norteamericano. Estamos ante unha asimetría moi rechamante no conflito catalán. O xuízo valorativo moi maioritario que preside a opinión publicada residenciada na xeografía estatal non se corresponde co que sucede máis alá dos Pireneos ou do Atlántico. Algúns, na soidade dos seus poderosos despachos, deberían reflexionar sobre o que está a suceder. A menos que subscriban a vella lóxica conspiranoica dos inimigos exteriores. Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a> |
PRAZA_9572 | A carencia de medios, destacan, afecta "ás 15.500 familias de Viveiro", pero tamén "ás case 3.000 do Vicedo e Ourol". | D.L.O anuncio do futuro plan para mellorar a Atención Primaria non logrou, cando menos de momento, aplacar as protestas que en diferentes puntos do país. É o caso da Mariña e, máis concretamente, da vila de Viveiro, que este martes volveu acoller unha nova protesta na demanda de máis medios para o seu centro de saúde e mais para o seu Punto de Atención Continuada.Con esta protesta sanitaria, apoiada tamén pola dirección provincial do PSdeG, veciñanza e persoal subliña a necesidade de que as "solucións" cheguen "xa". "A Xunta do PP -resumen os socialistas para explicar o seu apoio á mobilización- négase a reforzar o número de profesionais para urxencias" e mais para "especialidades como pediatría". "Tampouco cobre baixas por enfermidade ou vacacións", agregan.A carencia de medios, destacan, afecta "ás 15.500 familias de Viveiro", pero tamén "ás case 3.000 do Vicedo e Ourol". Non en van, resaltan, estoutras localidades teñen como PAC de referencia o da vila viveirense. |
NOS_55048 | Poñer "freo ao devalo da actividade industrial na Galiza" e "a aposta polo I+D+i" conforman o núcleo das 40 propostas de resolución do Grupo Común da Esquerda, que tamén inclúen unha "nova estratexia para o emprego". Presentounas esta quinta feira a portavoz Luca Chao e debateranse o 27 de setembro na segunda sesión do Debate sobre o Estado da Nación. | "Cómpre contar cos axentes sociais para unha nova estratexia", engadiu, "que permita aumentar o emprego, reducir a temporalidade, combater as fraudes no mercado de traballo -coma a dos falsos autónomos, mellorar os salarios reais e rematar coa fenda salarial". O Grupo Común da Esquerda, antes En Marea e agora dez deputadas despois de que catro marchasen ao Grupo Mixto baixo o mando de Luís Villares, centrou así as súas iniciativas no económico. O mencionado Plan de Reactivación Industrial quere ademais servir como "importante base para o retorno da mocidade galega emigrada" e para iso apóiase no desenvolvemento da investigación, para a que solicitan "a duplicación de recursos autonómicos". Máis alá da economía, Chao esixe da Xunta que "atenda ás reivindicacións contra a manipulación das traballadoras e traballadores dos medios públicos de comunicación". E o crecemento do investimento orzamentario en educación. Neste último ámbito, a portavoz do Grupo Común da Esquerda concretou: "Debe incrementarse até o 5% do PIB en 2022 e avanzar cara ao 7%". Tamén quere que os colexios concertados se convertan en públicos "mediante acordos cos centros". Sobre sanidade, limitouse a expresar que a súa formación demanda "o mesmo que as Enfermeiras en Loita, as pediatras, as xefas de servizo, o persoal de ambulancia, os propios pacientes: que se paralicen as privatizacións en curso e se recuperen os servizos xa privatizados". Entre as demais resolucións están que o Parlamento de Galiza se posicione en contra da Lei Mordaza, medidas para a transición ecolóxico, a defensa da lingua e a cultura galegas, unha reformulación do modelo de financiamento que conceda maior autonomía a Galiza ou a concesión da AP9. |
NOS_15176 | Promoven unhas xornadas para analizar o estado desta infraestrutura. | A Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Sada e o Consello da Cultura Galega (CCG) están detrás das xornadas "O Museo Carlos Maside, un patrimonio cidadán", promovidas para analizar a situación deste espazo museístico nacido ao abeiro do Laboratorio de Formas da Galiza, iniciativa impulsada polos intelectuais Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, entre outros. Após pasar once anos desde que se iniciara o procedemento burocrático para cualificar a instalación como Ben de Interese Cultural (BIC) non transcendeu ningún avance. A principios deste ano a Xunta indicaba que aínda quedaba por analizar o valor arquitectónico e o estado de conservación do inmóbel situado no municipio de Sada. Pero o espazo garda unha colección composta por unhas 1.800 obras de arte de 200 artistas e segue sen contar con protección especial. Nese contexto xorden as xornadas para analizar a realidade do museo. "O seu valor patrimonial, conformado, na súa orixe, polas doazóns dos fundadores, incrementouse cos legados de diversos exiliados, tamén de persoas e entidades interesadas no movemento renovador da arte galega a partir do seu primeiro referente, A. R. Castelao", destacan as entidades organizadoras. Segundo estas –que tamén contan coa colaboración da Deputación da Coruña–, as distintas palestras que decorrerán entre o 27 e o 28 de setembro nas sedes das tres impulsoras, "abordan o baleiro legal, intereses, desintereses e outros aspectos que complican a protección e conservación do importante patrimonio que custodia". "O actual estado do patrimonio material e inmaterial reclama da sociedade civil, das administracións públicas, do eido da cultura e da comunidade académica un traballo de coidado e crítica que axude decisivamente a protexelo", inciden. En consecuencia serán diversas expertas as que expoñan as necesidades do Maside ao público. Baixo a dirección de Germán Labrador Méndez (Princeton University), Miguel Anxo Rodríguez (USC), Fran Quiroga (USC), Dolores Vilavedra (USC) e Agar Ledo Arias (Comisión de Xestión e Políticas Culturais do CCG) sucederanse as análises da profesora da USC María Antonia Pérez; a avogada Patricia Gabeiras; o museólogo Felipe Senén; o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; a directora de Coleccións do Reina Sofía, Rosario Peiró; e especialistas como Xosé Díaz Arias; Iria-Friné Rivera; Anxo Rabuñal e Charo Portela, entre outras. |
PRAZA_8858 | En poucos días a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, a figura emerxente do PSOE, Beatriz Talegón, e o alcalde pontevedrés do BNG, Miguel A. Fernández Lores, teñen evidenciado na practica o porqué da desafección e desconfianza que a cidadanía ten cara as forzas políticas. | As declaracións puxeron de relevo que as forzas da vella política pouco teñen aprendido nestes dous anos e seguen empeñados en ver a cidadanía como un ente amorfo e manipulable sen constantes vitais e intelectuais propias A poucos días de cumprirse o segundo aniversario do 15-M as accións e declaracións de tres lideres políticos aparentemente distantes nas súas ideas teñen posto de relevo que as forzas da vella política pouco teñen aprendido nestes dous anos e seguen empeñados en ver a cidadanía como un ente amorfo e manipulable sen constantes vitais e intelectuais propias. En poucos días a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, a figura emerxente do PSOE, Beatriz Talegón, e o alcalde pontevedrés do BNG, Miguel A. Fernández Lores, teñen evidenciado na practica o porqué da desafección e desconfianza que a cidadanía ten cara as forzas políticas. A primeiro en aparecer en escena foi Dolores de Cospedal animando aos movementos sociais vertebrados arredor da indignación a constituírse en partido político e presentarse as eleccións nun concepto de democracia limitado onde non se entende o papel necesario que xogan os movementos sociais para que exista o necesario control da cidadanía sobre os seus representantes. Eliminado así o control cidadá da política desde a sociedade civil e reservado, como ven ensaiando en Castilla-La Mancha, a representación política as persoas con tarxeta Visa-Oro, poderíase institucionalizar un novo dereito de uso e abuso. Apareceu Beatriz Talegón para demostrar que as novas elites do PSOE non teñen nada que envexar ás cúpulas afianzadas durante a transición co apoio da socialdemocracia alemá Aínda non repostos da impresión apareceu Beatriz Talegón para demostrar que as novas elites do PSOE non teñen nada que envexar ás cúpulas afianzadas durante a transición co apoio da socialdemocracia alemá. Despois de asegurarnos que non cre nas teorías conspirativas, en algo parecido a poñer a venda ante da ferida, deixa caer que o movemento do 15-M favorece á dereita e "pon en bandexa o poder ao capital e ao sistema neoliberal". Ademais de confundir as consecuencias coas causas, algo demasiado habitual, cousa que nos levaría a culpar ao voto feminino da vitoria da CEDA nas eleccións que abriron o bienio negro, quizais tería sido moito máis fácil apuntar ás propias políticas do goberno socialista como as favorecedoras do auxe da dereita. Mesmo se elevaramos o seu simplón sofisma ata as ultimas consecuencias poderiamos afirmar que a cúpula do PSOE en realidade son infiltrados da dereita para poñer en bandexa o poder ao sistema neoliberal. Chegou Fernández Lores, que nun alarde de instrumentalización, substitúe os colectivos de afectados e á cidadanía e parecera como se fora o propio concello quen convocara a mobilización contra da estafa das preferentes E así estabamos cando niso chegou Fernández Lores, que nun alarde de instrumentalización, substitúe os colectivos de afectados e á cidadanía e parecera como se fora o propio concello quen convocara a mobilización contra da estafa das preferentes e contra o saqueo da Galiza. Creo recordar que as anteriores veces que a alcaldía se puxo ao fronte da e fixo un despregue institucional similar foi para rexeitar a invasión de familias xitanas desde o concello limítrofe ou para reivindicar a capitalidade da provincia. Nunha democracia non corresponde ás institucións convocar manifestacións, lembrando as convocadas noutras épocas ou noutros lugares, senón á cidadanía e as organizacións sociais ou partidos políticos. Alguén debería recordarlle ao alcalde pontevedrés que está ben opoñerse ao saqueo da Galiza mesmo aínda que cando empezará o saqueo de Galicia, durante o proceso de bancarización e posterior fusión das caixas, o seu partido aplaudira dito proceso apadriñado por Núñez Feijoo, atacando a voces críticas, minoritarias pero autorizadas, como as de Xosé Manuel Beiras. Cando un colectivo sofre unha problemática tan grave como o das preferentes o que lle corresponde aos gobernantes debería ser canalizar demandas, buscar solucións e aprobar propostas (xa que o Concello de Pontevedra aprobou pechar as súas contas en Nova Galicia Banco non sexa para trasladalas a outras bancas tóxicas senón para abrilas en proxectos de Banca Ética ) e non intentar sacar rédito partidario. Todas estas actitudes e formulacións o único que denotan é unha coincidencia na comprensión da democracia como un formato instrumental e non como unha cultura Todas estas actitudes e formulacións o único que denotan é unha coincidencia na comprensión da democracia como un formato instrumental e non como unha cultura. Unha aposta por unha nova forma de democracia orgánica onde a vertebración faise de xeito vertical desde o poder, minusvalorando a unha cidadanía necesariamente submisa ven polo camiño do populismo ven pola vía do clientelismo, desarticulando a autoorganización social autónoma das persoas e convertendo as súas plataformas e colectivos en correas de transmisión do poder, e por último silenciando a prensa por medio da compra da mesma vía subvencións ou vía publicidade institucional. Keep Calm ! O tempo da vella política pasou e nada será igual que antes. O 15 de maio de 2011 non significou só a expresión de indignación social e cidadá, senón que tamén abriu a porta para un novo proceso constituinte xa en marcha. O 15 de maio de 2011 non significou só a expresión de indignación social e cidadá, senón que tamén abriu a porta para un novo proceso constituinte xa en marcha Nos próximos meses saberemos se a nova etapa a hexemonizan as vellas elites da transición refundando o estado constitucional do 78 en versión minimal en dereitos sociais e liberdades, ou pola contra a marea cidadá social e as necesarias amplas alianzas político-electorais permiten unha correlación de forzas, que non existiu nas postrimerias do franquismo, da que naza unha nova democracia republicana, social e co-soberana onde a cidadanía teña dereito a decidilo todo. |
NOS_42784 | O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio | O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, prevé que o incremento da incidencia da covid-19 en Galiza seguirá e aumento ao redor dunha semana máis e, na primeira de agosto, empezará a dobrar a curva da quinta onda. Así o trasladou en declaracións aos medios, en Caldas de Reis, onde foi preguntado polos eixos que centrarán o debate do comité clínico que asesora ao Executivo galego na pandemia e que se reúne habitualmente nas terzas feiras. Respecto diso, o presidente esgrimiu que o comité seguirá analizando de forma "rigorosa" os parámetros que marcan o protocolo de actuación sanitaria na Galiza, co foco na incidencia a 7 e a 14 días, e na presión asistencial, entre outros puntos. "Se vemos que hai concellos que empeoran, subirán as restricións; e se hai outros que melloran, baixarán", dixo Feixoo, quen situou como paradigma a evolución de Ourense, en alusión ao camiño que podería darse no resto do territorio. "Hai un caso moi claro, Ourense. Cremos que Ourense tocou tope máximo de incidencia nesta vaga e está a baixar de forma bastante clara",indicou, antes de engadir que, a evolución ourensá fai prever que "aínda queda unha semana de incremento da incidencia media" na Galiza. "Pero estamos xa máis perto. Espero que a primeira semana de agosto empece a baixar", augurou, antes de vincular este descenso coas últimas medidas adoptadas pola Administración galega. Para analizar a súa influencia nun ciclo completo haberá que esperar aínda varios días. |
NOS_49373 | Damasco ve con bos ollos a proposta rusa, feita horas despois de que Kerry afirmase que EUA reconsideraría o ataque de entregar Siria as armas químicas. | Siria toma a palabra da oferta rusa e acepta poñer o seu armamento químico baixo control internacional. Unha opción que Damasco adopta tras conversas con Rusia e que quere deixar fóra de xogo a EUA despois de que o secretario estadounidense John Kerry dixese que Estados Unidos reconsideraría un ataque en case de poñer Siria as armas químicas baixo control internacional. E Damasco ofrecécese a colocar o seu armamento químico sob control internacional, unha petición que tamén fixo o secretario xeral da ONU, Ban Ki moon. Que Siria teña armamento químico non implica que o usase, como lembran organismos internacionais, pois as acusacións de ter usado as armas contra populación siria non se teñen demostrado. Rusia Today publica que as forzas opositoras sirias planean atacar a Israel con armamento químico para culpar do ataque a Damasco Mentres, Rusia Today -a canle de televisión que é propiedade do Estado ruso- afirma que as forzas opositoras sirias estarían a preparar un ataque falsa bandeira con armamento químico contra Israel, que se lanzaría desde posicións controladas neste momento, aínda que non inteiramente, polo Exército sirio. Trataríase de atribuír a responsabilidade do ataque a Damasco para torpedear as conversas en curso entre Siria e Rusia sobre a eventual entrega do armamento químico a instancias internacionais.. |
NOS_56744 | A veciñanza maniféstase para demandar que cese unha actuación imposta polo concello do PP e que "pon en risco o medio ambiente e un activo económico". | Decenas de veciñ@s secundaron este domingo a mobilización en contra do recheo da praia Grande de Miño e que denunciou o "risco que para o medio ambiente supón depositar centos de metros cúbicos de area na praia". A concentración estivo apoiada polo BNG, que segundo palabras do dirixente local Henrique Abraia pensa que "esta actuación só busca un resultado estético e encubrir os verdadeiros problemas que ten o principal activo económico de Miño". @s nacionalistas advirten do impacto deste recheo sobre a actividade marisqueira na zona e alertan de que no vindeiro inverno "boa parte destes depósitos acabarán novamente polo fondo da ría". Entenden que "máis que solucionar un problema, o recheo que promove o PP vai traer máis problemas". "Desde logo, a veciñanza ten todo o noso apoio e faremos canto estea na nosa man diante deste recheo", explicou o nacionalista. Neste sentido, o Bloque adiantou que presentará iniciativa no Parlamento de Galiza instando á Xunta a reconsiderar estas actuacións polo seu impacto no medio e na actividade marisqueira. Así mesmo, Rosana Pérez, deputada nacionalista en Madrid, xa pediu que se paralizara esta actuación. |
PRAZA_5125 | Será homenaxeado este sábado no Barco de Valdeorras polo Concello e a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA). Gurriarán atendeu as feridas de moitos maquis nos anos 40 e 50 e foi un dos fundadores do Club de Montaña Pena Trevinca | O Concello do Barco de Valdeorras e a Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxearán este sábado no Barco o médico Gonzalo Gurriarán. Gurriarán levou unha vida intensa, marcada pola súa exitosa dedicación á súa profesión, polo seu compromiso político e sobre todo humano, e pola súa afección ao montañismo. Unha combinación que, ademais, como lle sucedeu a toda a súa xeración, foi atravesada pola guerra civil. Na homenaxe do sábado Gurriarán será nomeado irmandiño de honra nun acto solemne, que pretende recuperar a súa figura en agradecemento "polo seu compromiso con esta terra e as súas xentes". Os actos darán comezo ás 12 horas coa inauguración dunha placa en lembranza do Doutor Gurriarán, que será colocada na finca da rúa Manuel Quiroga onde se encontraba a súa clínica, no que falarán Xosé Luis Álvarez, da Xunta Directiva da ISAGA e o alcalde do Barco, Alfredo García. Seguidamente, ás 12.30, terá lugar un acto no salón de actos do Edificio Multiusos no que tomarán a palabra Ricardo Gurriaarán (fillo do doutor Gurriarán e historiador), Roberto Fernández (médico de familia), Carlos Eirea Eiroa (da Xunta Directiva da ISAGA) e de novo o rexedor da vila. Gonzalo Gurriarán foi moito máis ca un médico, pero sobre todo foi un médico. Naceu no Barco en 1904 e estudou Medicina en Salamanca e na Universidad Central de Madrid, daquela contaba entre os seus profesores con Ramón y Cajal. Viviu na Residencia de Estudiantes durante anos, mentres facía a carreira, o doutoramento e completaba o servizo militar, e alí coñeceu o máis destacado da intelectualidade do momento, comezando por Federico García Lorca e por Juan Negrín, médico, cos que estableceu unha amizade duradeira. Nos anos seguintes realizou varías estadías de investigación no extranxeiro, sobre todo en Estrasburgo, e defendeu a súa tese de doutoramento, titulada: "Estudios experimentales sobre la obtención de la úlcera crónica gastroduodenal". En 1932 a Academia Nacional de Medicina concédelle o premio bianual de investigación Rodríguez Abaytua, unha das máis altas distincións desta institución, que tamén recibiría na edición de 1934. En 1935 integrouse no equipo do doutor Negrín, anos despois Xefe de Goberno con Azaña, e do que tamén formaba parte un antigo compañeiro de residencia, Severo Ochoa, anos máis tarde Premio Nóbel. En 1936 é nomeado Xefe Provincial de Sanidade de Madrid. Porén, a Guerra Civil acabou con todo. En 1935 integrouse no equipo do doutor Negrín, anos despois Xefe de Goberno con Azaña, e do que tamén formaba parte un antigo compañeiro de residencia, Severo Ochoa, anos máis tarde Premio Nóbel Gurriarán non tiña unha especial actividade política, ainda que nas terras de Valdeorras era alcumado Negrín, pola amizade que os unía, e si defendía unha ideoloxía liberal e prograsista. A sublevación militar sorpréndeo no Barco, en zona nacional. Durante a guerra, despois de vivir agochado un tempo, serve como médico na fronte de Madrid para as tropas de Franco, pero os golpistas non lle agradecen este servizo: abríronlle un expediente de depuración, impedíronlle continuar co seu traballo de investigador e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico de cabeceira en Sobradelo de Valdeorras. Máis adiante, abriu unha clínica cirúrxica no Barco. En 1944 crea o Club de Montaña Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, que protexía as súas frecuentes visitas á montaña da constante vixilancia da Garda Civil e dos falanxistas Porén, até ese ano seguiu exercendo a medicina, axudando os maquis, guerrilleiros e fuxidos nos montes e terras próximas a Valdeorras. Neses anos atopa a forma de que as súas dúas paixóns se complementasen: o montañismo e a medicina e o compromiso de emprestar atención sanitaria a quen o necesitase. En 1944 crea o Club de Montaña Pena Trevinca - Montañeiros de Galicia, que protexía as súas frecuentes visitas á montaña da constante vixilancia da Garda Civil e dos falanxistas. Xa en 1927 estaba afiliado ao Club Alpino Español e no Club de Montaña, dende os anos 40, ademais de ocuparse das tarefas organizativas e burocráticas, Gurriarán coordinou e guiou aos excursionistas de fóra da bisbarra, impulsou a construción do refuxio da Fonte da Cova, dotou ao local social do Barco dunha biblioteca con libros do montañismo complementados con outros sobre xeoloxía, flora, historia e xeografía de Galicia e promoveu actividades relacionadas coa reforestación da serra e a sensibilización sobre a masa arbórea en extinción. Mesmo dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na serra do Guadarrama cun xersei que levaba bordado o nome de Galicia. Pouco a pouco foi deixando de lado a súa participación activa na organización do montañismo na zona e na promoción do esquí, pero nos últimos anos participou, a través da organización da cidadanía e da publicación de artigos en prensa, na campaña de defensa do Lago de Sanabria que as empresas Ideam e Iberduero querían aproveitar para os seus intereses hidroeléctricos. Morreu novo, cando aínda mantiña unha intensa actividade en todos os eidos, vítima dun accidente de tráfico en Catalunya en 1975. O seu fillo, o historiador Ricardo Gurriarán, nunca chegou a escoitar de boca de seu pai boa parte de toda esta historia, sobre todo aquela máis ligada á súa relación cos políticos da República, a guerra civil e a súa axuda aos maquis O seu fillo, o historiador Ricardo Gurriarán, nunca chegou a escoitar de boca de seu pai boa parte de toda esta historia, sobre todo aquela máis ligada á súa relación cos políticos da República, a guerra civil e a súa axuda aos maquis. Impúxose o muro de silencio que tamén marcou toda a xeración de Gonzalo Gurriarán. E só a través da lectura das ao redor de cinco mil cartas que del se conservaron (entre elas unha frecuente correspondencia con Ramón Otero Pedrayo) puido Ricardo Gurriarán coñecer toda a verdade sobre seu pai, publicada en 2005 polo Instituto de Estudios Valdeorreses en forma de biografía. A historia dun médico e do seu compromiso. |
NOS_30310 | As crianzas volven á parroquia para seren protagonistas dunha nova edición do Festival de Cans que inaugura unha programación específica para público infantil. | Cine, música, xogos tradicionais e gastronomía son algunhas das ofertas que o Festival de Cans inclúe no programa da súa XII edición para o público máis pequeno. Á anterior oferta con zonas habilitadas para as crianzas e a seccións "Cans do futuro" con visitas guiadas, proxeccións e coloquios, o Festival referencia do mundo audiovisual que cada ano se celebra na parroquia de Cans incorpora propostas no seu programa para que cada vez sexan máis pequenos e pequenas as que fagan seu o que se presenta como unha festa do audiovisual. "Espazo do río", é o nome da nova área infantil pensada para o público familiar, con especial atención ao coñecemento e goce do territorio co río como protagonista. En canto á programación específica, o sábado 23 pola mañá poderase ver o filme "A Tropa de Trapo no Arco da Vella" de Abano Producións para, a seguir, Blanca Cendán e Suso Alonso ofrecer o seu espectáculo Muller Cine. A "Caixiña de Mistos", iniciativa de Mr. Misto, completará a oferta con curtas de animación e audiovisuais de contido infantil, propostas que se poden combinar con música e xogos tradicionais nunha edición especial tamén para nenas e nenos. |
NOS_21093 | Entre xaneiro e outubro en 63 municipios non se creou ningunha empresa e noutros 54 constituíuse unha única sociedade. | En 2008, o número de empresas activas na Galiza foi de 181.341; no último exercicio dos dados fechados (2016), as empresas galegas sumaban un total de 176.434. Nese ano creáronse 4.571 sociedades mercantís e no exercicio seguinte, 2017, a cifra foi de 4.129, o que é case 450 menos. No que vai entre xaneiro e outubro do presente ano, ambos os dous meses inclusives, foron 3.401 as sociedades mercantías constituídas. Mais o comportamento non é igual en todo o territorio. Segundo os dados do IGE, nestes 10 meses non se constituíu ningunha empresa en 63 municipios da Galiza e noutros 54 tan só se creou unha. Así pois, en 33% dos concellos galegos conformouse como moito unha sociedade mercantil. En 2017 a recadación nas delegacións galegas da Axencia Tributaria descendeu a respecto de 2016; en concreto, pasou de 1.297,2 millóns a 1.230,2, é dicir, 67 millóns de euros menos. Se comparamos este imposto coa recadación do Imposto de Sociedades, caeu en 2017 en relación con 2016, e sumou 94 millóns menos que o tributado en 2008, antes de principiar a crise. Aquel ano recadouse polo Imposto de Sociedades 1.323,9 millóns. Por volta de 70% das empresas en Galiza non teñen ningún traballador asalariado. Un 19% teñen entre 1 e 2 traballadores. As que teñen máis de 20 persoas asalariadas non chegan a 1,5%. Traslado No segundo trimestre de 2018 un total de 37 empresas de Galiza trasladaron o seu enderezo social a outras autonomías. As máis beneficiarias deste movemento foron Madrid —que domiciliou 32% das firmas— e Castela-León. Nese mesmo período viñeron 33 empresas, catro menos. Nos últimos doce meses, segundo trimestre 2017-segundo trimestre 2018, foron 133 as empresas que saíron do noso país para outros territorios. Un período no que o camiño contrario, para se instalar aquí, fixérona 198, segundo os informes de Informa D&B. |
NOS_17580 | Eduardo Míguez (Celeiro, Viveiro, 1969) leva ligado ao grupo Porto de Celeiro desde a súa fundación en 1994. Xerente da sociedade nos seus dous primeiros anos de vida, actualmente ocupa a dirección xeral adxunta da compañía. Nesta conversa repasa con Sermos Galiza a historia do grupo, os seus principais retos actuais, a situación do sector pesqueiro e os proxectos de futuro de Porto de Celeiro. | Cando se fala da frota pesqueira do porto de Celeiro, en Viveiro, a que se están a referir? Referímonos á principal frota pesqueira española de pescada en Europa. Arredor de 30 embarcacións que supoñen máis de 30% da capacidade de pesca do Estado español en augas nacionais. Ao tempo, facemos referencia a unha frota de carácter artesán, intensiva en emprego de persoal e cun saber facer que fai desta frota e do seu produto unha diferenza a respecto do resto dos portos con menos tradición e experiencia que a nosa. Celeiro é un porto pesqueiro pequeno da Mariña, pero en termos de importancia pesqueira supón un punto relevante e referente a nivel non só nacional senón no espazo comunitario. Cales son as principais pescarías nas que traballan os socios de Porto de Celeiro? Palangre, volanta, e xa de forma moito menos numerosa arrastre litoral, cerco e baixura. Aínda que algunha das pescarías duran uns meses, como o bonito ou a xarda, o resto son pescarías de todo o ano. A pescada, por exemplo, non é temporal ou estacional nin ten unha época determinada, senón que está igual de boa en calquera das estacións do ano. A frota pesqueira de Celeiro, ao longo de toda a súa vida, foi cambiando e adaptándose circunstancialmente en función das épocas. Celeiro tivo frotas de cerco moi importantes, así como de volanteiros, arrastreiros ou boniteiros. O bo dos nosos grandes profesionais é precisamente esa capacidade de cambiar e de capear os temporais que se levan producindo nos últimos 50 anos . O seu produto pesqueiro de referencia é a pescada do pincho, por que é tan especial? Máis aló de que a pescada de Celeiro se capture en Gran Sol, algo que tamén se dá noutros portos galegos, a nosa presenta unhas características especiais, que repercuten nunha maior limpeza, nun menor espazo de tempo no seu tratamento para que non se rompa a cadea de frío e unha certificación de produto sostíbel, que permite cumprir uns requisitos de calidade. Ademais, Celeiro é un dos poucos portos do Estado con pescada do palangre todos os días do ano, o que permite á distribución comprar a cantidade que precise. Porto de Celeiro está asociado á pescada do pincho. Que outras especies captura a frota con base neste porto? Sen lugar a dúbidas, a pescada do pincho é o noso produto estrela, pero nós somos de pescada de palangre e tamén somos de pescada de volanta, de bonito, de xarda, de xurelo, de rape, de maruca, de palometa vermella ou negra, somos de lirio, de carioca, de polbo e de distintos mariscos como os percebes, as centolas, as nécoras ou as ameixas. Ao tempo, nas nosas embarcación capturan peixes variados de baixura como o rodaballo, linguado, san Martiño, fanecas, escachos, pintos ou bispos. Porto de Celeiro é unha sociedade da que fan parte ducias de socios. Que representa o grupo en termos económicos para a comarca da Mariña e no complexo pesqueiro galego? Creo que unha sociedade que factura perto de 90 millóns de euros supón un dinamizador evidente de toda a comarca da Mariña e por suposto da súa área de influencia. Na mesma liña, é unha importante fonte de ingresos para os nosos concellos e por suposto a súa repercusión no emprego é moi importante. Non debe esquecerse que na frota de Celeiro traballan máis de 600 mariñeiros; a isto debéselle sumar arredor de 500 persoas que traballan diariamente na lonxa, como son os comercializadores, os transportistas ou outras profesionais ligadas ao proceso de venda e, por último, 160 empregados que traballan nas empresas do grupo. Porto de Celeiro dotouse de toda unha serie de compañías para ofrecer servizos do máis variado ás nosas embarcacións, algo que agora mesmo é unha actividade esencial. Débese reparar en que, coa situación actual en Alcoa, máis co que acontece co fechamento doutras empresas locais, como acaba de suceder coa conserveira de Albo en Viveiro, ou anteriormente coa fábrica de compoñentes eólicos Vestas, o sector pesqueiro e o sector forestal están chamados a ser dúas fontes de emprego e riqueza fundamentais para a Mariña. O grupo ten acometido investimentos moi importantes nestes anos, entre eles a compra de dereitos pesqueiros. Que porcentaxe representan en relación coa capacidade de pesca da frota do Estado nas augas comunitarias? A política de Porto de Celeiro nos últimos 20 anos foi de compra de dereitos e de consolidación da capacidade de pesca da nosa frota. Entre Porto de Celeiro e os seus armadores temos máis de 30% da capacidade de pesca do Estado español na Unión Europea. Por tanto, en Celeiro atópase 30% de toda a capacidade pesqueira do Estado español en augas comunitarias, a maioría dela en mans dos nosos asociados pero outra parte en mans do grupo, o que nos permite facer unha xestión conxunta da actividade. Un dos obxectivos da empresa é ofrecer servizos aos socios, nese sentido teñen constituído toda una serie de sociedades para desenvolver eses traballos. Porto de Celeiro presenta algunhas diferenzas co resto dos portos. Nós non somos só unha lonxa, somos un grupo de 12 sociedades que prestamos servizos á frota e que actuamos como central de compras, conseguindo mellores produtos e prezos. Somos unha sociedade anónima pero tamén unha organización de produtores e conceptualmente funcionamos como unha cooperativa. Aínda que no ano 1994 se constitúe unha sociedade para aplicar criterios empresariais a unha actividade tradicional, hai algo que non cambia, que é o espírito de axuda a un sector e a unha comunidade de pescadores que decidiron nun momento que conxuntamente son capaces de resolver problemas.Neste sentido, as empresas do grupo dan servizos de mantemento de frío, de efectos navais, de aparatos electrónicos da ponte, como radares ou sonares, de envases ou empresas de comercialización. A través da compañía Novomar levan máis de dúas décadas traballando no ámbito da comercialización, pero até punto non segue a ser esta a gran materia pendente do sector pesqueiro? Están a facerse cousas en materia de comercialización, pero aínda queda moito traballo por facer, comezando por asinar acordos directos con grandes áreas ou con cadeas de supermercados. Neste sentido, é necesario chegar ao consumidor final con toda a transparencia, con lecturas de QR, con trazabilidade total. Estamos nun momento cambiante, cunhas circunstancias que cada día van mudando. Temos claro que ou evolucionamos e cambiamos o sistema de aprovisionamento de peixe ou estamos mortos. Novas presentacións, novas formas de chegar e ser fortes en produto porque de nada serve vender o que non se ten. Tampouco podemos esquecer que a pesca, a pesca artesanal en particular, o marisqueo, a acuicultura mariña e toda a cadea mar-industria constitúen unha fonte fundamental de alimento de recoñecido valor nutritivo, que contribúen á soberanía e seguridade alimentaria europea xunto coa agricultura e a gandaría. A complexa situación económica está a impactar de modo moi importante na actividade pesqueira. Neste sentido, que repercusións está a ter a suba do gasóleo na conta de explotación das súas embarcacións? O combustíbel é un dos principias gastos na conta de explotación dun buque. Cun prezo que se duplicou en pouco tempo, a situación é case insostíbel. Os 20 céntimos de axuda son insuficientes e non se pode vivir con esta falta de seguridade e incerteza. Xa pasamos unha gran crise no ano 2008 e entendemos que pode volver pasar se entre todos non somos conscientes de que isto non pode durar moito tempo. Non se pode saír a pescar a perdas. Un dos principais caladoiros da súa frota atópase no Gran Sol, onde capturan a súa famosa pescada do pincho. Que valoración fan da proposta da Comisión Europea de vetar a pesca nalgunha destas zonas? Este sería un tema moi longo de tratar. Tanto a través da patronal Cepesca como da propia Xunta da Galiza estanse facendo manifestos de protesta para sentarse a debater e arranxar a situación antes de que non teña solución. Hai que chegar a un equilibrio entre políticas pesqueiras e políticas ambientais. Ningunha pode invadir a outra e acabar con esta actividade. O caso recente de estabelecer 94 áreas sensíbeis na fachada atlántica mediante un acto delegado, no que a industria pesqueira apenas foi consultada, constitúe un exemplo do que non se debe facer. Nas próximas semanas, o Goberno do Estado vai facer público o Plan de ordenación do espazo mariño para fixar as áreas litorais onde instalar a eólica mariña. Que consideración fan da proposta de erguer dous parques eólicos mariños cunha potencia de 980 megawatts nas augas da Mariña e Ortegal? Cremos que este e un tema moi prexudicial para o sector e detrás del hai moitos intereses que nada teñen que ver coa actividade pesqueira. Intereses de empresas eléctricas que nós cremos que se están saltando, dunha forma moi zafia, todos os requisitos necesarios para sacar adiante proxectos deste calibre. Porto de Celeiro é un exemplo de que cando ás empresas galegas lles deixan traballar son capaces de todo. Neste sentido que demandarían as autoridades comunitarias, españolas e galegas? Necesítase traballar conxuntamente entre as organizacións privadas da pesca e as diferentes autoridades pesqueiras galegas, estatais e comunitarias. En moito casos cremos que se lexisla desde unha oficina en Bruxelas sen ter coñecemento real do que acontece nos diversos portos e das diferentes realidades nas que se moven os pescadores. O seu grupo cumprirá 30 anos de vida en 2024. Que retos teñen marcado a curto e medio prazo? Tratar de crear un grupo forte de comercialización e xestión de dereitos. Só asegurando produto e un sistema novidoso de chegar ao consumidor podemos conseguir que estes proxectos poidan chegar a bo termo. O consumidor está cambiando, pídense produtos listos para comer. Necesitamos chegar a ese consumidor con produtos fáciles de consumir, con calidade, más sostíbeis e todo iso a prezos razoábeis. Este será o cabalo de batalla de Porto de Celeiro nos próximos anos. Mellorar a rendibilidade dos nosos produtores e chegar ao consumidor cun produto de calidade a prezos xustos para todas as partes interesadas. |
NOS_55570 | Foi un combate desigual pero cumpría dalo. A crónica está por facer pero nela aparecen dun lado a outro os mariñeiros galegos sempre situados na dirección correcta da historia. A súa contribución á loita contra o fascismo pagárona en sangue. | Desde agosto de 1936, a costa vasca é acosada por unidades navais sublevadas, nestas datas estivais Donostia sofre os bombardeos do acoirazado España e o cruceiro Almirante Cervera. Pero as súas actividades van máis alá. A partir de setembro, con Gipuzkoa controlada polos rebeldes, o porto de Pasaia convértese na base de operacións dunha escuadrilla de bous artillados. Estes patrullan o Cantábrico na captura de mercantes que abastan as forzas republicanas do norte, e mesmo impiden a realización das máis sinxelas faenas de pesca. Todas estas accións levan o Goberno Provisional de Euskadi en outubro dese ano á creación da Mariña Auxiliar de Euskadi. O Goberno deposita a súa confianza en Joaquín de Eguia, que desde 1933 exerce como Subinspector de 2ª do Corpo de Servizos Marítimos e subdelegado marítimo de Bilbo. Nun principio a Mariña Auxiliar ten asignadas as tarefas básicas de protección dos pesqueiros que subministran a Bilbo de peixe, vixilancia costeira, escolta de mercantes e a limpeza de minas. Deste xeito bótase man dos bous da Pysbe (Pesquerías y secaderos de bacalao de España), onde centos de galegos traballaron arreo desde os inicios dos anos 30, e que precisamente foron utilizados por estes mesmos mariñeiros, adscritos ao sindicato da CNT "El Avance Marino" de Pasaia, para evacuar de Donostia o maior número de civís e milicianos posíbeis cando os sublevados entran na cidade. Os bous son reformados e artillados nos estaleiros Eukalduna. Nacen así o Gipuzkoa, Nabarra, Bizkyia e Araba. A toma do bou 'Virgen del Carmen' En decembro vai engrosar as ringleiras da Auxiliar o bou Virgen del Carmen, a partir de entón Donostia. O Virgen del Carmen resulta requisado en Ferrol polas forzas alzadas o 11 de agosto do 36; artillado no arsenal e en setembro xa serve na flotilla pasaitarra. Está comandado polo tenente de navío Javier Quiroga Pousada, conde de Villar de Fuentes, e natural de Vigo. Cabe sinalar que Javier Quiroga Pousada rexeita que a dotación do bou sexa confeccionada en exclusiva, ou na súa maioría, por falanxistas. Queremos sinalar esta peculiaridade porque resulta moi estraño dadas as directrices emanadas das autoridades militares golpistas polas cales as tripulacións dos barcos pesqueiros ou os bous artillados deben contar cun amplo número de falanxistas, gardas civís ou gardas cívicos entre as tripulacións. O Virgen del Carmen zarpa de Pasaia a noite do 4 de decembro de 1936. Chegada a madrugada o cabo Seoane Cortés (Santa Uxía de Ribeira), o cabo artilleiro Francisco López Rico (Ferrol) e o mariñeiro José Santiago Pérez (Santa Uxía de Ribeira) amotínanse e fanse co control do barco. Poñen rumbo ao porto de Bilbo arribando esa mesma madrugada na dársena de La Benedictina en Portugalete. Os amotinados receben a bordo autoridades militares e civís, incluso o cabo Seoane Cortés é recibido no hotel Carlton polo lehendakari José Antonio Aguirre, ao que agasalla cun sabre, un crucifixo e un cadro de prata. Todo propiedade do tenente Javier Quiroga. Á súa vez o primeiro presidente vasco fai o propio e agasalla ao mariño galego cunha pistola niquelada Xa temos sobre a mesa os bous que van formar parte da Mariña Auxiliar. A eles temos que engadir o destrutor José Luis Díez o destrutor Císcar, varios submarinos e unha serie de arrastreiros dedicados á retirada de minas. Como se recrutan as tripulacións desta sorte de armada? Até novembro as tripulacións destes barcos son as mesmas contratadas pola Pysbe, arredor de 164 homes auxiliados por artilleiros navais. O 10 de novembro de 1936 ábrese o período de inscrición para o Voluntariado do Mar. Poden inscribirse todos aqueles que poidan demostrar experiencia previa en traballos na pesca de altura ou de baixura e na mariña mercante cunha antigüidade de cando menos seis meses. Os cinco mártires galegos da Mariña Auxiliar Segundo datos facilitados polo investigador Juan Pardo San Gil, de 350 homes seleccionados das 3.000 instancias presentadas arredor de 10% son de orixe galega. A súa demostrada experiencia mariñeira vai ser unha baza importante para que se conte con eles. Só cinco deles van perder a vida nas augas do Cantábrico. O mecánico do dragaminas Goizeko Izarra, Víctor Cruz López (Bouzas), falece cando o navío bate cunha mina o 16 de xaneiro de 1937 a dúas millas náuticas de Castro Urdiales. O 18 de xaneiro de 1937, o arrastreiro Mari Toya acode para a recollida dunha mina detectada polo gasolino Pirulo a unhas cantas millas de Punta Lucero. Até o lugar acode a parella de arrastreiros en tarefas de dragaminas Jaimín e Mari Toya. Cando se atopan a escasos 150 metros da baliza o Mari Toya salta polos aires. En consecuencia deste accidente falecen seis tripulantes e son rescatados con vida catro. Entre os falecidos atópanse Manuel Basanta Rodet (San Cibrao, Cervo) e Tomás Blades Chans (Corme), patrón e mariñeiro respectivamente. Dos catro tripulantes rescatados das augas do Cantábrico tres deles son tamén galegos. O contramestre Antonio Refojos Igrexas de 39 anos e natural de Cangas do Morrazo; o cociñeiro de 30 anos José Bernardez Varela natural de Corme; e o mariñeiro Ramón González Rodet de 38 anos de Cangas do Morrazo. O 5 de marzo de 1937 vai ter lugar a coñecida como batalla de Matxitxako fronte ao cabo do mesmo nome. A batalla de Matxitxako constitúe un dos fitos dentro da Guerra Civil en Euskadi. A resonancia do combate desigual impresiona a prensa estranxeira e os rotativos de diferentes países fanse eco da nova e da xesta en augas do Cantábrico. Os bous Nabarra e Donostia enfróntanse en evidente desigualdade ao cruceiro Canarias. No transcurso da refrega falece o mugardés Francisco Fernández García. Segundo as palabras do oficial do Nabarra, Javier Olabeaga, "ao pouco tempo tivemos o noso primeiro morto. O engraxador, Fernández, alcumado "O Cubano", atopábase vendo o combate, detrás da ponte xunto á cheminea, no medio do caldereteiro, Eliseo Fernández, e do mariñeiro Sabino Uriarte, moi preto do capitán, que se achaba observando con prismáticos, cando un anaco de metralla o segou". Os galegos do 'Nabarra' O desigual combate esténdese máis dunha hora na que a tripulación do Nabarra dá mostras dun arroxo e unha tenacidade admirábel. En varias ocasións ábrense e féchanse as válvulas de fondo segundo o devir do combate para así afundir o barco e que non caia en mans inimigas. O pontevedrés Antonio Álvarez Domínguez, tamén tripulante do Nabarra, resulta falecido. Descoñecemos as circunstancias, aínda que ben puido ocorrer o seu fatal desenlace no derradeiro impacto artilleiro que se aloxa na sala de máquinas ocasionando estragos entre a tripulación e o casco do bou. Os sobreviventes prenden lume aos restos do bou e abandónano en txalupas. Posteriormente son capturados polo Canarias. Entre eles cae prisioneiro o caldereteiro, Eliseo Fernández Muñiz, da Pobra do Caramiñal. O valor amosado pola tripulación do Nabarra impresiona sobremaneira o comandante do Canarias Salvador Moreno, e o capitán de corbeta, Manuel Calderón. Ambos os dous interceden ante o Generalísimo polos superviventes cando en Donostia son condenados por un tribunal militar á pena de morte. Debido ás xestións mencionadas finalmente son indultados. A Mariña Auxiliar de Euskadi tan só apresta aptos para o servicio dous bous logo da batalla de Matxitxako. As tarefas a realizar case que se reducen á escolta de mercantes, sobre todo británicos, dispostos a burlar o bloqueo da armada franquista. Os restos da Mariña Auxiliar de Euskadi Os restos da Mariña Auxiliar concéntrase en Santoña (Cantabria) tras a perda de Bilbo o 19 de xuño do 37. Algunhas das tripulacións son substituídas en agosto por mariñeiría local e moitos dos navíos pasan a depender xa da Mariña da República. É a fin deste peculiar corpo da Armada republicana. Para moitos dos galegos que forman parte da Mariña Auxiliar non remata aquí a guerra. Tras a caída da fronte norte, moitos deles trasládanse a Catalunya e pasan a formar parte do Corpo de Carabineiros do Mar. A citada unidade créase en 1938 logo de que en abril as tropas fascistas partan en dous o territorio republicano, chegando até o Mediterráneo. A perentoria necesidade de enlazar as dúas zonas trae consigo o nacemento dos Carabineiros do Mar. Neste corpo encádranse arredor de 200 mariñeiros que veñen de servir na Mariña Auxiliar de Euskadi. Entre eles Antonio Sánchez Ferrol (A Pobra do Caramiñal). Van ter á súa disposición unha variada frota de barcos, iates e lanchas para exercer o seu labor. A maiores van ocuparse de tarefas de vixilancia tanto no mar como nas instalacións portuarias. Perdida a guerra Antonio Sánchez acaba interno nos campos de Saint Cyprien e Gurs, o campo vasco. En Gurs tamén dan cos seus osos outros mariñeiros que serviron na mariña vasca como Aurelio Centeno Chans (Ponteceso), Eladio Cruz Franqueira (Vigo), Rafael Láncara (Santa Uxía de Ribeira), Juan Pérez Olveira (Ribeira), Manuel Saleta Rúa (Corme) ou Manuel Torrado Varela (Corme). |
NOS_21538 | Após 'De-Xeneración' e 'A Malfalada', Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña, presenta o seu terceiro traballo 'Testemuñas'. Un disco "sen cancelas musicais e parido tras vivir moita ansiedade, presións e cambios na miña vida que se vén reflectidos neste traballo", salienta a cambadesa. | -Terceiro traballo musical, co nome de Testemuñas. Canta evolución de Pauliña hai neste disco? Moita. Este disco foi o que máis traballei, co que máis sufrín e, sen dúbida, o que peor levei a nivel emocional de todos. Leveino mal polo traballo, as horas, o cambio de vida, a universidade, a Covid-19 e todo o que supuxo esta etapa de mudanzas, coas que aprendín e sigo aprendendo a xestionar. Testemuñas representa toda esa poboación que se sente testemuña do que está a pasar e que, independentemente da Covid-19, seguimos a ver as mesas inxustizas de sempre. Tento plasmar esa idea de estar toda a vida loitando por cousas polas que xa non teriamos que loitar. Non deberiamos ter que manifestarnos para que non se mate xente, como está a acontecer agora mesmo en Palestina; non teríamos que seguir coa loita feminista, mais aí segue o machismo. Pensei que estabamos uns pasos máis aló, mais non é así. -Escoitando o disco completo cabe destacar a diversidade de estilos musicais que escolle para este traballo. A universidade influíu moito neste traballo –agora mesmo estou estudando o Grao de Filoloxía Galega– e fíxome pensar en que non me podo encadrar. Isto supón traballar o triplo nas cancións para que estas digan o que eu quero. Non podo frustrarme á hora de dicir "quedoume un disco moi ecléctico". Simplemente déixome fluír e se esa letra me pide un reggae, pois que así sexa. Non quero encadrarme porque as letras piden un ritmo e agora vou tirar máis por iso que por quedar nun só xénero. A miña idea é tentar poder dicir coas letras e coa música o que eu imaxino na miña cabeza. -Cal é o seu tema favorito? En conxunto gústame todo o disco porque, malia que os temas son todos meus –a excepción de "Pasa de min", no que traballo con Fosi Labazada para facer homenaxe a un amigo que nos morreu este ano–, tamén son de toda esa xente da que me fun rodeando na miña vida e fixeron un traballo brutal. Pero se teño que quedarme cun só tema, escollo "Rexurdimento", quizais porque é o que me dá máis alegrías. -Fonsi Labazada é unha das colaboracións coas que conta este traballo, alén dos lusos de Kumpania Algazara. O disco quedou moi compacto grazas a toda a xente que aceptou colaborar. Ademais dos que acabas de mencionar, tamén colaboran Leo de Matamá, High Paw e Nee Barros. Con High Paw hai unha conexión impresionante. Á hora de gravar o tema "Noite en Compostela" foi todo rodado e ao final temos unha conversación sobre a música improvisada na que mencionamos diferentes locais de Compostela e Vigo. Con este tema queriamos reivindicar esa escena de garitos que agora mesmo non podemos desfrutar, mais non queremos que se perda esa cultura. Tamén tiven o pracer de descubrir e compartir aula co escritor Nee Barros, quen a través da súa obra Identidade reflicte o problema da aceptación da diversidade social, algo que debería estar asumido pola sociedade, mais non é así. Comenteille de colaborar no disco e achegou uns versos de creación propia exclusivamente para este traballo. Mais a sorpresa chegou desde Portugal con Kumpania Algazara. Púxenme en contacto porque sempre quixen facer algo con eles. Dixéronme que si e a través de videochamadas coñecinos e aceptaron a colaboración. Quedou un tema brutal que espero poder presentar algún día no territorio luso. -Dá a coñecer Testemuñas co videoclip de "Remordementos" onde traballa cos premiados nos Mestre Mateo deste ano, Xabier Miranda e Iago Vilarinho. Traballar con eles foi a mellor experiencia da miña vida. A idea orixinal da peza é miña, pero quería que fose algo máis grotesco e decidido, foron eles os que suxeriron a idea de que a Pauliña que mata o diaño tivese medo e non estivese tan segura. Creo que ese enfoque é o acertado porque reflicte mellor a situación. Coa última imaxe da peza audiovisual damos a ver que iso pode ser un bucle, que podemos volver caer nos problemas, que ao final é o risco que se corre cando estás nun momento de mudanza da túa vida. Para min isto tamén dá a ver ese "pensamento" que teño eu, e que ten o protagonista d'A Esmorga, un ruxerruxe constante que Eduardo Blanco Amor plasma moi acertadamente. Por iso noutro tema do disco, o meu favorito, tamén se pode escoitar nas letras: "entre tanto pensamento, estou tola todo o tempo". -O deseño do disco conta con todas esas referencias culturais que se mencionan nas letras. Si, é un traballo feito por Pruden Tatuaxes e Lúa Lomo, un matrimonio co que sempre quixen traballar e que plasmaron á perfección o que lles fun contando sobre o disco. O demo e o cruceiro, a referencia a John Lennon, a actitude forte e combatiba coas que se representan as mulleres que aparecen, son algunhas das ilustracións que se ven no disco, mais temos algunhas reservadas para o merchandising. -Tres discos íntegros en galego. Considero que é unha necesidade urxente que a xente cante, fale e realice contido en galego. Penso que se a Xunta realmente apoiase a cultura en galego, os artistas teriamos moita máis repercusión. Precisamos medios para poder darnos a ver. A nosa cara non é a TVG, cando debería de selo, unha canle pública de calidade. Precisamos unha plataforma que amosase o que pasa na Galiza realmente, porque non todo é Luar, Land Rober e Bamboleo. Ao final, o galego é o meu idioma e dáme identidade, por iso vou defendelo sempre, pese a ter escoitado moitos comentarios tipo 'a música mola, mais é unha mágoa que sexa en galego |
NOS_16925 | O Estado asume en solitario o financiamento da gratuidade dos tramos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala da AP-9 | O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado un decreto no que o Ministerio de Fomento asume en solitario o custo do financiamento das gratuidades dos percorridos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala, e inversos, da autoestrada AP-9, "na súa totalidade". Unha decisión que adopta atendendo, di, á petición realizada desde a Xunta. Fomento lembra que a supresión do cobro da peaxe a todos os vehículos que efectuasen os citados percorridos decidiuse para "solucionar os problemas de tráfico" que existía neses tramos. Así, Estado e Xunta pasaban a financiar a media "a partes iguais". Após esta publicación no BOE, vai ser a administración central o que asuma este custo "na súa totalidade", segundo. Importancia Neste decreto hai un punto que chama a atención, o de que o propio Fomento recoñece que Audase realizou un "enriquecimento inxusto". Desde a posta en andamento da medida pola que Estado e Xunta asumían financiar eses tramos houbo "unha diferente evolución dos ingresos pola peaxe dos tramos nos que se implantou a supresión do cobro respecto dos do resto da autoestrada". Así, o Ministerio indica que "os importes abonados pola Administración Xeral do Estado e a Xunta en concepto de compensación difiren substancialmente dos que percibise a sociedade concesionaria de non adoptarse a citada medida. O departamento estatal non dubida en falar de "un certo enriquecemento ilícito" de Audasa polo que considera mester modificar o procedemento de compensación. |
PRAZA_7523 | A recuperación económica será a unos ritmos de crecemento moi reducidos e partindo duns niveis de empobrecemento da poboación moi altos. Un estudo de Intermón Oxfam indica que necesitaremos 25 anos para recuperar os niveis de bienestar previos á crise | España está en depresión. Un de cada catro traballadores está no paro e máis da metade dos mozos están en desemprego. O prognóstico para o futuro inmediato é máis do mesmo, mesmo peor: neste ano 2013 unha caída da economía española do 1,4% como consecuencia dos recortes, que elevará a taxa de paro até o 26,9% segundo as previsións da OCDE. Neste ano 2013 prevese unha caída da economía española do 1,4% como consecuencia dos recortes, que elevará a taxa de paro até o 26,9% segundo as previsións da OCDE. As receitas de austeridade están a conducirnos a unha crise máis profunda, provocando unha diminución dos ingresos e un aumento dos gastos polas prestacións de desemprego. As políticas económicas erróneas dos Gobernos conservadores da UE e España, ademais de non permitir o cumprimento dos obxectivos de déficit, están a dar lugar simultaneamente a un menor crecemento e a unha maior desigualdade. É verdade que aínda que só sexa pola teoría dos ciclos económicos sabemos que España sairá da crise, pero como o fará e que pasará se non crecemos o suficiente? Cales serán as consecuencias máis previsibles da recesión prolongada que estamos a vivir? Un estudo de Intermón Oxfam indica que necesitaremos 25 anos para recuperar os niveis de benestar previos á crise 1.- A recuperación será a uns ritmos de crecemento moi reducidos e partindo duns niveis de empobrecemento da poboación e dun gran retroceso en dereitos e factores de competitividade, como a formación de capital humano, a investigación, desenvolvemento e innovación e as tecnoloxías da información e as comunicacións. Un estudo de Intermón Oxfam indica que necesitaremos 25 anos para recuperar os niveis de benestar previos á crise. 2.- O aumento desmesurado do paro e os recortes no estado do benestar e os servizos sociais están a provocar un drástico aumento da desigualdade. España converteuse no Estado con maior desigualdade social dos 27 que conforman a Unión Europea. Dende hai cinco anos, a fenda entre os fogares que máis ingresan e os que menos non parou de crecer. Os máis ricos ingresan 7,5 veces máis que os máis pobres, o que supón un incremento de dous puntos no desfasamento desde o inicio da crise. Nun ano elevouse en dous puntos a porcentaxe de fogares que viven baixo o limiar da pobreza. Agora, o 22% da poboación atópase nesa situación, 1,7 millóns de fogares españois teñen a todos os seus membros en paro e hai máis de 300 desafiuzamentos diarios. Neste contexto, os recortes aos servizos sociais de carácter universal teñen un efecto tráxico sobre a cohesión social. Os máis ricos gastan (e consomen) unha menor proporción dos seus ingresos que os máis pobres (aos que non lles queda máis remedio que gastalo todo) 3.- Cunha recesión prolongada, a desigualdade dá lugar a un enfraquecemento da economía. Os máis ricos gastan (e consomen) unha menor proporción dos seus ingresos que os máis pobres (aos que non lles queda máis remedio que gastalo todo). Prodúcese un círculo vicioso: maior desigualdade social, menor consumo, menor demanda agregada, e de novo, maior desigualdade. Ademais, se non crecemos, os bancos atoparán novos argumentos para non prestar diñeiro, os prezos da vivenda seguirán diminuíndo, e as familias empobreceranse cada vez máis, o que contribuirá a inhibir máis o consumo. Reducir as pensións, as prestacións por desemprego ou outras prestacións económicas ten un inmediato efecto no retraemento e caída do consumo 4.- As políticas de recortes aplicadas nesta crise están a desmantelar o noso estado do benestar, a cohesión e a xustiza social, e ademais prexudican o crecemento. Desde o punto de vista económico son políticas erróneas. Crécese máis economicamente se se crece en dereitos e protección social. As políticas de benestar social son, ademais dun instrumento fundamental de solidariedade para corrixir as profundas desigualdades que aínda afectan o noso país, un factor de dinamización do consumo ao permitir manter a capacidade adquisitiva de amplos sectores da poboación. Reducir as pensións, as prestacións por desemprego ou outras prestacións económicas ten un inmediato efecto no retraemento e caída do consumo e polo tanto da actividade económica. Tampouco podemos esquecer que tras as políticas sociais hai unha intensa xeración de emprego: a sanidade, os servizos sociais, a atención á dependencia e a educación son moi intensivas en man de obra. É máis, nos últimos anos onde máis emprego se creou é precisamente nos servizos sociais e a atención á dependencia, cunha relación de custo por emprego xerado en grao sumo favorable. A redución das políticas sociais esta tendo xa un impacto considerable na destrución de emprego, moi en especial no que se denomina terceiro sector ou organizacións non gobernamentais. 5.- As políticas correctoras coma os impostos perden poder de redistribución de riqueza. Nun período prolongado sen crecemento prodúcese un incremento das persoas sen emprego e as que teñen traballo precario. O esforzo fiscal trasládase desde a imposición directa á indirecta, prexudicando os colectivos máis vulnerables que contan con menos recursos pero teñen necesidade de seguir enfrontando gastos de consumo de primeira necesidade. É preciso un aumento equilibrado dos impostos, incorporando a tributación das grandes fortunas, para favorecer a redistribución da riqueza, e con esta, o aumento do PIB e o emprego. Moitos mozos están a emigrar ante a falta de oportunidades e de futuro no noso país. A perda de capital humano e de talento pode ser irreversible e é seguro que condicionará a recuperación 6.- A recesión prolongada prexudica gravemente os máis novos. No noso país máis da metade dos mozos están desempregados. Moitos mozos están a emigrar ante a falta de oportunidades e de futuro no noso país. A perda de capital humano e de talento pode ser irreversible e é seguro que condicionará a recuperación. Mesmo no máis básico, a taxa total de pobreza infantil sitúase xa no 27,2%, é dicir, máis de 2,2 millóns de nenos viven en España por baixo do limiar da pobreza (ingresos de 15.820 euros ao ano para unha familia de dous adultos e dous menores de 14 anos). A taxa de paro entre os maiores de 55 anos pasou do 5,5% de finais de 2007 ao 16,8% en xuño de 2012, e segue aumentando coa prolongación da crise 7.- O desemprego de longa duración convértese en estrutural, o que supón, ademais dun drama humano e social, unha descapitalización da man de obra que fai cada vez máis difícil a súa recolocación no mercado de traballo. Os parados de longa duración en España representan máis da metade dos case 6 millóns de desempregados que hai no noso país. A taxa de paro entre os maiores de 55 anos pasou do 5,5% de finais de 2007 ao 16,8% en xuño de 2012, e segue aumentando coa prolongación da crise. O 67% deste colectivo de parados leva máis dun ano tentando atopar un emprego sen éxito. 8.- Unha recesión prolongada pode derivar nunha cada vez maior conflitividade social e indignación da cidadanía cansa dos recortes e sacrificios que se lle están esixindo. Afortunadamente a madurez democrática da sociedade española sabe discernir entre o que é a xusta e lexítima protesta pola vulneración do noso estado do benestar por mor duns axustes tan desmedidos como carentes de propostas para o crecemento e a xeración de emprego, e o que é a convivencia que garante a paz social. Pero tamén esa madurez democrática baséase en límites infranqueables, coma os da protección e a cohesión social. Resulta urxente que a política recupere a gobernanza económica e que incorpore reformas que melloren o noso sistema democrático e social, impulsando a transparencia A crise antepuxo a economía á política. Resulta urxente que a política recupere a gobernanza económica e que incorpore reformas que melloren o noso sistema democrático e social, impulsando a transparencia. A crise está a facer así mesmo que non exista ningunha tolerancia cara á corrupción de determinados cargos públicos políticos. A cidadanía, ante os reiterados incumprimentos dos programas electorais dos gobernantes reclama a denominada democracia real, isto é, unha maior participación ademais do seu dereito a votar cada catro anos. A política debe escoitar a voz dos cidadáns e debe permitir corrixir os fallos do mercado. A desregulación financeira e detrás dela, a desregulación tamén de sectores con alcance sistémico sobre a eficiencia da economía (como é a desregulación do mercado de traballo ou da enerxía), non é liberalización. É, simplemente, mala regulación, porque regulación e liberalización non son conceptos excluíntes senón complementarios. Os mercados por si sós dan lugar a altos niveis de desigualdade, uns resultados que xeralmente se consideran inxustos Calquera sistema económico debe ter regras e normativas que non só protexan os cidadáns traballadores fronte aos máis poderosos, senón que non permitan que estes se enriquezan aínda máis a expensas do resto da sociedade. Os mercados por si sós dan lugar a altos niveis de desigualdade, uns resultados que xeralmente se consideran inxustos. Un dos papeis que ha de asumir o goberno é redistribuír os ingresos, sobre todo cando os resultados dos procesos de mercado son demasiado diverxentes respecto dos que reclaman a mesma eficiencia asignativa e a equidade social. Que polo menos a profunda crise que estamos a vivir nos sirva de oportunidade para pór en marcha reformas políticas e económicas que, parafraseando a Stiglitz (2012) en O prezo da desigualdade, nos permitan conseguir unha sociedade máis xusta e equitativa, ademais dunha economía máis sólida e estable. |
NOS_56321 | Etnocine, o Festival de Cinema Etnográfico de Belmonte, en Portugal, celebra a súa primeira edición do 7 ao 11 de abril con Galiza como país convidado, con especial atención ao novo cinema galego. | Galiza será o primeiro país convidado a Etnocine, o Festival de Cinema Etnográfico de Belmonte que se desenvolverá do 7 ao 11 de abril. Galicia de Carlos Velo será o filme que se proxectará na sección de apertura dun festival que prestará especial atención ao novo cinema galego. A raia de Iván Castiñeiras, Nacional VI de Pela del Álamo, París 1 de Oliver Laxe, Canedo de Vicente Vásquez e Usue Arrieta e Arraianos de Eloy Enciso serán algúns dos filmes que forman parte da primeira edición do Festival que comparte programación coa Universidade da Beira Interior. O programador do CGAI, Xosé Manuel Sande, colabora co Festival e pronunciará a conferencia "O novo cinema galego". Ademais do Galicia de Carlos Velo, a produción histórica galega completarase co documental O carro e o home de Antonio Román e Xaquín Lourenzo. A mostra, de carácter non competitivo, ten previsto convidar en cada edición un país distinto co fin de difundir os seus filmes documentais e etnográficos a través de colaboradores e programadores como acontece nesta primeira edición con Galiza e Xosé Manuel Sande. |
PRAZA_11250 | Varias sentenzas consideran que a multinacional inflou o número de traballadores que debía subrogar outra firma que se fixo cunha das liñas que operaba | Varias sentenzas consideran que a multinacional inflou o número de traballadores que debía subrogar outra firma que se fixo cunha das liñas que operabaArriva Noroeste, filial da multinacional alemá de transporte de viaxeiros Deutsche Bahn, que prestaba o servizo público regular de autobuses na Mariña lucense ata que en 2017 o perdeu a mans doutra firma máis pequena, comunicou daquela á Xunta e á empresa que a sucedeu un número de traballadores adscritos a ese servizo, e que polo tanto debían ser subrogados pola nova concesionaria, moi superior ao real. Así o reflectiron nos últimos meses varias condenas xudiciais que obrigaron a que fose Arriva quen asumise eses traballadores e non a nova concesionaria. E así o sinala unha nova sentenza emitida o pasado 25 de setembro polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula a decisión da Xunta de rescindir o contrato á segunda firma por non aceptar facerse cargo de tanto persoal como pretendía Arriva, "interesada en desprenderse de traballadores", segundo a sentenza.No longo proceso de reestruturación de todas as liñas de bus interurbano de Galicia que está a desenvolver a Xunta, Arriva Noroeste perdeu en 2017 os servizos que viña prestando na Mariña lucense a mans dunha Unión Temporal de Empresas (UTE) de dúas empresas máis pequenas (Autos Morán e Autocares Rodríguez Domínguez). Nese proceso de reestruturación de liñas os sindicatos conseguiron que a Xunta establecese que, cando houbese cambio de concesionarias, os traballadores que viñan prestando os servizos en cuestión fosen asumidos polas novas adxudicatarias, para o que as anteriores empresas debían comunicar o persoal concreto adscrito a ese servizo.Arriva Noroeste, cuxo gabinete de comunicación foi consultado por este diario pero non quixo realizar comentarios, comunicou á Xunta e á nova concesionaria un número moi superior de traballadores dos que realmente prestaban o servizo, e a nova empresa negouse a asumilos a todos abrindo así un conflito a varias bandas entre as dúas empresa, a Xunta e os traballadores, unha ducia dos cales quedaron durante meses nun limbo laboral.Arriva, di o TSXG, "certificou un número maior de traballadores adscritos á concesión dos que en realidade se declarou probado que estaban realmente adscritos"Tras levar varios traballadores os seus casos aos xulgados, nos últimos meses o TSXG emitiu varias sentenzas obrigando a Arriva a asumir a parte dese persoal que segundo os datos que facilitara á Xunta debían pasar a mans da nova UTE. Nunha sentenza do pasado febreiro o TSXG ratificou que segundo as condicións do novo concurso debían ser subrogados pola nova empresa adxudicataria o 25% dos traballadores que prestaban servizo para Arriva na anterior concesión, que foi dividida en varias máis pequenas. Arriva comunicou que a anterior concesión contaba con 50 traballadores, polo que a nova adxudicataria debía asumir a 13. Porén, o TSXG considera probado que realmente o total de empregados eran 20 e que polo tanto só debían ser subrogados 5. Arriva, di o TSXG, "certificou un número maior de traballadores adscritos á concesión dos que en realidade se declarou probado que estaban realmente adscritos".Arriva intentou facer pasar por persoal ligado á liña que viña de perder a unha técnica que realizaba tarefas contables xeraisSegundo outra sentenza do mesmo TSXG do pasado decembro, Arriva mesmo intentou facer pasar por persoal adscrito á liña de transporte en cuestión, para que así fose asumido pola nova adxudicataria, a unha técnico financeira que traballaba "para os servizos centrais" da empresa e que polo tanto "non é persoal subrogable ou asumible pola nova concesionaria". Arriva, di esa outra sentenza, "non probou que a traballadora demandante estivese adscrita ao servizo ou liña adxudicada á UTE nin a ningún servizo específico relacionado coa mesma, senón que como persoal de xestión financeira, era a encargada de realizar tarefas contables e financeiras da empresa Arriva, con carácter xeral".A Xunta dubidou dos datos de Arriva e denunciouna ante o Consello Galego da Competencia, que lle abriu un expediente, pero igualmente rescindiu a concesión á nova UTE, decisión que agora revoca o TSXGCando Arriva comunicou á Xunta que a nova UTE debía facerse cargo de 13 traballadores, esta negouse e só asumiu a 5. A Xunta dubidou dos datos que lle estaba a dar Arriva, cun certificado sobre os traballadores a subrogar do que dixo que "non se corresponde" con outros datos da empresa ou co recabado coas súas inspeccións. Pero á espera de que se puidese demostrar a súa falsidade anulou a concesión á nova UTE por non cumprir a obriga establecida nos pregos de condicións de asumir o persoal. Porén, permitiu que a UTE seguise a prestar o servizo, ata a actualidade, á espera de que a finais deste ano se resolva o concurso definitivo sobre esa e o resto de liñas de toda Galicia que están a ser reestruturadas.En todo caso, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta denunciou a posible comisión por parte de Arriva dunha infracción contra a libre competencia ante o Consello Galego da Competencia, que abriu un expediente no que segundo fontes autonómicas estableceu de xeito indiciario que a empresa facilitou datos erróneos pero que aínda non se concretou nunha sanción firme.Pola súa banda, a nova UTE querelouse contra Arriba por delitos de falsificación de certificado, estafa, alteración de prezos en concurso público e contra os dereitos dos traballadores, causa que aínda non foi resolta. Ao tempo, recorreu tamén xudicialmente contra a decisión da Xunta de retirarlle formalmente a concesión, causa que vén de ser resolta o pasado 25 de setembro dándolle a razón. Na sentenza o TSXG recolle un ditame do Consello Consultivo de Galicia que xa se pronunciaba de xeito desfavorable á decisión da Xunta de retirarlle a concesión sinalando que Arriva identificou como traballadores a subrogar a "un importante número que non cumpría cos requisitos para a súa subrogación". Esa última sentenza do TSXG reflicte como a empresa saínte "non cumpriu" coa súa obriga de proporcionar a información correcta sobre o persoal a subrogar "estando Arriva interesada en desprenderse de traballadores".A Xustiza tamén anulou unha sanción imposta por Arriva a un representante sindical por dicirlle ao director xeral da empresa "estasnos estafando"Durante este tempo, a Xustiza tamén anulou unha sanción de suspensión de emprego e soldo durante 15 días que Arriva impuxo a un traballador, representante sindical, por protestar contra o xeito en que a empresa estaba a xestionar a perda da concesión. "Estasnos estafando", di a sentenza que lle dixo o representante sindical ao director xeral da empresa, frase que os xuíces non consideran que sexa, no contexto da reunión laboral, unha falta de respecto tal como para ser sancionada como o fixo Arriva. |
PRAZA_15872 | A pesar deste duro golpe, o Concello de Pontevedra loitará para evitar que esta decisión sexa firme, así que actuaremos pola vía política, administrativa, xudicial e social porque a maioría dos pontevedreses creemos que a nosa vila e a súa bisbarra teñen futuro, e o seu futuro está mirando a súa ría sen Ence. | Esta semana recibimos a vergoñenta nova de que o Goberno do Estado lle prorrogou á Ence 60 anos máis na nosa prezada ría. E aínda que non deixo de ser inxenuo e sempre penso que é posíbel que impere o sentido común, as ameazas das que viñamos alertando dende o Goberno Local acábanse de cumprir. O Goberno do Estado acaba de regalarlle á empresa privada Ence unha cifra superior aos 1.000 millóns de euros, ao concederlle continuar na nosa ría por 60 anos máis, o que hipoteca o futuro dos nosos fillos e netos –cando menos-. E logo falamos de corrupción… O Goberno do Estado acaba de regalarlle á empresa privada Ence unha cifra superior aos 1.000 millóns de euros E nós aquí, sen agardar nada, sen esperar nada, e sen saber nada. Porque as decisións sobre Ence foron, son e serán centralizadas. A decisión tomouse lonxe de Galiza e, por suposto, de Pontevedra porque se tomou ao máis alto nivel, dentro do aparato do Estado, sempre ao servizo do gran capital. Estamos a falar da decisión máis transcendental do futuro de Pontevedra. E foi así: tomada a última hora, de forma vergoñenta, cun Goberno en funcións que tiña de prazo para resolver esta prórroga até o ano 2018. Esta forma de actuar amosa a incapacidade da Xunta de Galicia para tomar decisións que afectan ao seu propio territorio, deixando que sexa un poder centralizador, ao servizo do gran capital, o que adopte medidas sobre Pontevedra similares ás peores épocas do colonialismo das peores industrias de enclave. Isto non o consentiría ningún país europeo. E non pedimos nada que non se fixera en Bilbao, en Barcelona… Estamos indo en contra do que se está facendo no resto do mundo. A prórroga de Ence tómase en contra do sentido común e do interese xeral favorecendo a unha empresa privada, que ten no seu Consello de Administración a membros do PP É difícil de entender esta decisión porque os políticos debemos adicarnos a intentar mellorar o ambiente que recibimos, o noso territorio, a traballar polo futuro de todos. Sen embargo a prórroga de Ence tómase en contra do sentido común e do interese xeral favorecendo a unha empresa privada, que ten no seu Consello de Administración a membros do Partido Popular, por iso consegue que se modifiquen as leis, que se incumpran directrices aprobadas pola Xunta de Galicia sobre a protección do litoral ou a ordenación do territorio… e logo se sorpréndese o PP que non teña con quen pactar. Dentro do respecto aos dereitos de todo o mundo a defender o seu posto de traballo, nin os postos de traballo de Ence son tantos, nin van a resolver os problemas desta cidade. Esta cidade ten 37.000 persoas traballando e 7.000 parados. Ence ten 260 postos de traballo directo, e os indirectos podemos inventar tantos como queiramos. Até podemos atribuírlle os postos de traballo relacionados cos que apagan os incendios forestais. Dentro do respecto aos dereitos de todo o mundo a defender o seu posto de traballo, nin os postos de traballo de Ence son tantos, nin van a resolver os problemas desta cidade Non está demais lembrar que esta decisión supón un agravio comparativo con outros empresarios que teñen que comprar os terreos para montar o seu negocio, pero a Ence o PP lle permite gozar duns terreos libres de calquera carga durante 60 anos máis. Vivimos nun sistema hipócrita e corrupto. Fanse directrices pola defensa do medio, estamos preocupados polo cambio climático, fálase de sustentabilidade, de feísmo, pero do que realmente están preocupados é de tirar unha tolva en terreos de Costas a nome dunha empresiña, pero cando nos topamos co gran capital fanse leis específicas para eles. Son moitas as cousas que temos por facer para dar marcha atrás a esta falcatruada Son moitas as cousas que temos por facer para dar marcha atrás a esta falcatruada. Temos que presionar ao Partido Popular, forza política que tomou a decisión en funcións, e conseguir o compromiso das forzas alternativas, que teoricamente están en contra desa permanencia, para que revoguen esta decisión. A pesar deste duro golpe, o Concello de Pontevedra loitará para evitar que esta decisión sexa firme, así que actuaremos pola vía política, administrativa, xudicial e social porque a maioría dos pontevedreses creemos que a nosa vila e a súa bisbarra teñen futuro, e o seu futuro está mirando a súa ría sen Ence. |
NOS_17917 | Unha fita galega recentemente estreada, O Ouro do Tempo, pasa esta sexta feira a peneira do noso crítico de cabeceira, Andrés Castro. E faino con nota ben alta. | O OURO DO TEMPO Ano: 2013Duración: 97 min.Nacionalidade: GalizaDirector: Xavier BermúdezGuión: Xavier BermúdezFotografía: Alfonso Sanz AlduánMúsica: Coché VillanuevaReparto: Ernesto Chao, Nerea Barros, Manuel Cortés, Marta Larralde, Xosé Manuel Oliveira "Pico", Pilar Pereira, Sergio Quintana, María Tasende SINOPSE Alfredo Méndez (Ernesto Chao), un médico xubilado, garda na súa casa o cadáver crioxenizado da súa muller por se un día se descobren os medios de revivila e curar a súa enfermidade. Tras décadas sen atopar cura e xa sen apenas poder valerse por si mesmo, comeza a contar con Corona (Nerea Barros), unha enfermeira que lle fai as veces de criada. Un bo día recibe a visita do seu fillo (Manuel Cortés) que lle fará debaterse entre o vivir o presente ou seguir aferrándose ao pasado. CRÍTICA Cuarta película como director do ourensán Xavier Bermúdez tras Nena (1997), León e Olvido (2004) e Rafael (2008). Comeza cun críptico texto onde se presenta a Alfredo, un médico que garda á súa muller morta nunha cámara frigorífica por se no futuro se atopa a cura para revivila e curar o mal que acabou con ela. A película presenta entón a un Alfredo xa xubilado que vive nunha casa de aldea baixo os coidados de Corona, unha moza discreta coa que comparte teito nun pactado "vive e deixa vivir". Pasaron os anos e segue sen atopar a ansiada cura. Baseada en feitos reais, Bermúdez mergúllase nun costumismo agrario mesturado con romanticismo, comedia e drama para falar da soidade, as diferenzas xeracionais e o paso do tempo. Ese tempo que é ouro. Xenial banda sonora Está protagonizada por Ernesto Chao (da serie Pratos combinados), que se mete na pel dun cada vez máis decrépito doutor eternamente namorado. Dálle a réplica Nerea Barros (vista en Matalobos e musa dos filmes de Xavier Bermúdez) que fai dunha moza enfermeira que vive no día a día tratando de fuxir dos prexuízos, e quizais de "algo máis". Tamén habituais no cinema de Bermúdez son Manuel Cortés (da serie Libro de Familia), que fai do fillo, e Marta Larralde, que fai unha colaboración especial facendo da defunta nai e esposa. Hai que destacar a presenza de Xosé Manuel Oliveira "Pico", a quen vai dedicada esta, a súa última película. No apartado técnico conta de novo co equipo de sempre. Xenial banda sonora de Coché Villanueva que xunto cunha fotografía naturista e luminosa de Alfonso Sanz Alduán potencian ese ton costumista e pausado dunha vida contemplativa dun home que está a vivir os seus derradeiros días. Simboloxía, fetichismo, sexo e morte van da man en O ouro do tempo evocando na memoria a Luis Buñuel ou Ingmar Bergman A estrea en pantalla grande dun filme feito aquí e na nosa lingua xa debería ser suficiente para acudir en masa a abarrotalo, pero as bondades de O Ouro do tempo non se quedan nun mero feito cultural e lingüístico. Non. O ouro do tempo é unha película de alta calidade capaz de competir nos circuítos cinematográficos máis exixentes: foi presentada con rotundo éxito no pasado Festival de Málaga e posteriormente nomeada ao Globo de Cristal no Festival Internacional de Karlovy Vary. Ao filme pódeselle achacar certa teatralidade, evidente falta de medios (suplida con imaxinación) e algún que outro fallo de continuidade na montaxe, pero destila aire a cinema imperecedoiro. Cinema do bo non apto para mentes planas. Simboloxía, fetichismo, sexo e morte van da man en O ouro do tempo evocando na memoria a Luis Buñuel ou Ingmar Bergman. E iso son palabras maiores. Esperemos que o novo cinema galego teña ese rexurdir que se merece e poida chegar a ser por fin un referente mundial. Calidade non falta, pero tamén hai que apoialo, crer nel e encher as salas. Con filmes coma O ouro do tempo non supón ningún esforzo. |
PRAZA_259 | Dende o 3 de febreiro de 2015 Praza Pública e Palavra Comum publican por entregas 'Tertúlia revisitada', de Xavier Alcalá. 'Tertúlia' foi unha novela anatematizada polo establishment da Galicia de hai 30 anos. A súa única edición, de 3.500 exemplares, vendeuse axiña, mais o editor (Sotelo Blanco) foi duramente presionado para non reeditar o libro. | Editada en formato dixital por Algueirada, a partir de hoxe publícase por entregas 'Tertúlia revisitada' de Xavier Alcalá en Praza Pública e Palavra Comum. 'Tertúlia' foi unha novela anatematizada polo establishment da Galicia de hai 30 anos. A súa única edición, de 3.500 exemplares, vendeuse axiña, mais o editor (Sotelo Blanco) foi duramente presionado para non reeditar o libro. Devolveulle os dereitos ao autor. O autor fartouse de críticas perversas (en paralelo con loanzas sinceras) e decidiu deixar pasar o tempo. Con 'Tertúlia' ocorrera un fenómeno propio da fantasía literaria: a novela trataba o caso dun autor que supostamente fai un plaxio e manda o texto a un concurso coidando que a ignorancia literaria do xurado non vai detectar tal condición espuria. Enviada na realidade ao Blanco-Amor de narrativa longa, sendo a obra elixida para gañar, comezaron as manobras da Irreal Academia do Impaís (tamén chamada Real Academia Galega) para conseguir un voto en contra. O representante das "vacas sagradas" batallou ante o xurado con dous argumentos: a mofa á institución e a posibilidade de que a "novela interior" do texto fose un plaxio. Logo de publicado o libro, o membro do xurado que cedera ante a Academia pediu perdón ao autor pola fraqueza de terse deixado manexar. Todo isto e moito máis cóntase en 'Tertúlia revisitada'. Esta revisión contén unha nova novela interior, 'O Abrigo do Sol', que non coincide máis que en parte do seu tema básico coa novela interior de 'Tertúlia': a ben coñecida e reeditada 'Cárcere verde' (versión galega) e 'Contra el viento' (versión castelá). A profesora Fina Roca Díaz fixo un estudo comparativo de 'Tertúlia-Cárcere verde' fronte a 'Tertúlia revisitada-O Abrigo do Sol' que se ofrecerá coa edición en formato dixital. Roca é a máis teimuda defensora de 'Tertúlia', grande coñecedora do ambiente en que se xerou o primeiro libro e, por razóns profesionais, seguidora dos aconteceres no sistema literario galego dos últimos 30 anos. TERTÚLIA REVISITADA Revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor ❧ Nota de casual editor para quen vaia ler o texto de Tertúlia revisitada O escritor que chega a vello con saúde entra nunha etapa dura da vida. Nese intre decata-se de que a estatística manda: pode quedar-lle pouco por vivir tendo ainda moito por escribir. Iso produce-lle un cotián desacougo, sobre todo ao ver como compañeiros de sempre abandonan o mundo, ás veces de súpeto, deixando cousas importantes no eido das ilusións. Tal estado de inquedanza que describo é hoje o meu; e era o de Joán Castro mentres redactaba os documentos que despois me encarguei de ordenar para dar ao público, por vontade da sua família. Por segunda vez recibo a petición dunha família para presentar relatórios doutro narrador. A primeira trataba-se da autobiografia truncada dun biólogo mariño morto por algún fallo orgánico durante unha inmersión. Recibín fotos, papeis, disquetes e fitas magnetofónicas en desorde; vin-me incapaz de facer o traballo e transferin-llo a unha editorial, que produciu un belo libro ilustrado. Eu coñecia a família do científico que se foi, cheo de aventuras, ao fondo dun mar das antípodas; non o coñecia a el. Mais na segunda vez en que enfronto semellante mester todo é diferente: o autor da obra fijo comigo mil singraduras, non morreu e tiven acceso aos seus documentos en formato digital moderno. Un terceiro amigo, Fermín Landeira, pasou-me cópia dunha recolleita de mensages de correo electrónico, chaves para completar o texto. Joán Castro Méndez leva algún tempo ausente dos médios públicos en que adoitaba expresar-se, en papel e na web. É un dos afectados pola tristemente famosa "intoxicación masiva no restaurante da gasolineira", un dos que ainda permanecen hospitalizados, en coma, por culpa dela. O prognóstico é incerto, ante o cal decidiu-se ler-lle a pé de cama o relato que el tiña preparado, na esperanza de ajuda-lo a acordar: hai experiéncia de casos nos que o doente non se dá expresado mais percibe e mesmo reacciona positivamente ante a emoción. O equipo médico que atende o escritor anima a seguir co proceso pois detecta indícios crecentes de actividade cerebral durante lecturas e comentários dos lectores junto a el. Joán Castro tiña un "copión de novela" (segundo o cualifica) sobre o que traballaba, e que lle fora mandando a Fermín Landeira con mensages explicativas. Ana Parguiña, a muller do Joán, agiña atopou o copión impreso, follas nas que o Joán engadira emendas e notas. Coñecendo ben o Castro Méndez, pouco traballo me deu suplanta-lo nun intento de puír o escrito. Espero ter acertado, que o amigo esperte un dia e acepte o labor que figen co cariño de quen se sente máis ca solidario con el: mesmo identificado... Encargaron-me acabar a composición de Tertúlia revisitada, texto que ten como base o de Tertúlia. Esta foi unha novela escandalosa no seu momento. Nunha mensage a Fermín Landeira, Joán Castro define-a como "un libro maldito que debo rescatar", e engade "Mesmo que pareza novelesco, ten algo de efecto de dobre espello, de image da image, de images repetidas ata o infinito." Certamente: Tertúlia, a peza rescatada, fabula sucesos dun primeiro tempo, no ano 1978. Esa é a image inicial. Aqueles sucesos fabulados, incriblemente, hanse ver reflectidos en feitos reais de 1984. Durante 2013 e 2014 Castro dá-lle a Landeira explicacións sobre o sucedido en 1984. Cando se publiquen, volverá haber efecto especular: repetición de choques coma os de 1984. Ja o veremos: trinta anos non son nada para algunhas cousas... Logo do acontecido en 1984, na miña man estivo evitar máis barafunda procedendo a introducir heterónimos e características despistantes dos personages da tertúlia inicial e da revisitada; mais debo ser fiel á motivación do autor: mostrar feitos e deixar que o lector julgue. Nada de ocultacións. Conto co beneplácito de Ana Parguiña, dos seus fillos e mais do Fermín Landeira. Apoian-nos outros amigos, como Luís Hinojares (a quen Joán Castro chama "alter ego") e Avelino Cagigao, ambos os cales xorden con frecuencia nas diferentes etapas da obra completa. Eles mesmos queren figurar cos seus sinais de identidade. E máis nada polo momento. Para quen precisar aclaracións sobre o que parece un conjunto fraccionário de textos menores, ben teña paciéncia e agarde (esperanzadamente coma nós) a que Joán Castro saia do coma; ou ben escriba-nos, a min ([email protected]) ou a Fermín, cujo enderezo de correo electrónico aparece nas mensages que a seguir se reproducen. Sempre ao voso dispor, Xavier Alcalá ❧ Índice das várias partes de Tertúlia revisitada Primeira parte, Na que o Joán (en 2013) explica ao Fermín a idea do novo texto con base no antigo de Tertúlia. Inclúe a gestación do plágio d'O Abrigo do Sol (supostamente feito en 1978). Segunda parte, Na que o Joán justifica ante o seu "mulato literário" privado (o Fermín) a deriva que van tomando as aventuras d'O Abrigo do Sol, história reescrita en 2013-14. Terceira parte, Na que se volve falar do hipotético plágio d'O Abrigo do Sol, e de pelejas literárias, decéncias e indecéncias, en 1984. Cuarta parte, Na que o Joán segue a mostrar documentos chave sobre ataques e defensas, ja a piques de se publicaren Tertúlia e O Abrigo do sol (1985). Inclúe histórias persoais de tertulianos e outros artistas. Epílogo, No que Joán Castro Méndez documenta veleidades e misérias que moven a críticos literários e jurados de concursos. Primeira parte de Tertúlia revisitada, Na que o Joán (en 2013) explica ao Fermín a idea do novo texto con base no antigo de Tertúlia. Inclúe a gestación do plágio d'O Abrigo do Sol (supostamente feito en 1978). ❧ Para: [email protected] Enviado: xoves 3/1/2013 21:37 CC: Asunto: Avisos da Parca Pois si, Ferminciño, a tua irmá informou-te ben. O Avelino tivo un "accidente vascular", un aviso da Parca que o vai deixar marcado en canto viva. Agora don Avelino Cagigao, cirurgián de sona, comparte cuarto de hospital cun fragueiro, rapaz grandallote ao que lle caeu unha torada no lombo. A vista que teñen é insuperable: toda a ria de prata vella engurrada, os barcos cabeceando, abrindo coa proa fendas brancas no mar; e vagallóns a desfacerse, bestiais, contra os cantís do Seixo Branco. Pero a vista non distrae de todo nese hospital, cheo de seres rotos, con aparellos que lles aguantan o pescozo ou un brazo en alto, con muletas, sentados en cadeiras de rodas e, coma o Avelino, acompañados de bolsas de líquidos, para injectar-lles medicamentos e para recoller-lles os ouriños. Non sei o que tardará en recuperarse este animal de caste celta pero o Luís, sempre pedantiño, di que o derrame cerebral foi "masivo". Non sei se ainda estará alá cando veñades este ano: seica o proceso de rehabilitación pode ser moi longo. Espero que polo menos fale con jeito. Ten medio corpo paralizado e a boca torta, e perdeu peso. Parece un espantallo barbudo con pijama de floriñas, e fala cun fio de voz que lle escapa polos labios sen forza. Mais, índa en tan triste figura moito nos rimos con el. Debe andar barrenando en que ja non vai poder operar e armou-nos toda unha conversa como se fose capador de profesión. As nosas mulleres matábanse á risa e o fragueiro mancado abría os ollos que non lle cabían nas concas (se candra, crendo que nos divertia un capador de verdade). Daquela apareceu unha enfermeira e mandou-nos saír para a cafetería porque "lle" armabamos moito barullo no cuarto. Viu-se que non é o mesmo un chefe de servizo en activo que en rehabilitación: o doutor Cagigao foi trasladado a unha sala onde uns cantos espectros movian fichas nunha mesa ou contemplaban unha pantalla a vomitar estupideces futboleiras. Alí o Ave contou-nos o do seu cristo co Pedreira, que non foi nada do que che contaron a ti, o da "guerra interna no Complexo Hospitalario" e as "cambadelas" do Cagigao. Nada diso. O que pasou foi que o Pedreira ja figera 53 anos cando casou cunha colombiana e, como el tiña tres fillos do primeiro matrimonio, decidiu-se pola vasectomia. Fijo-lla o Avelino e todo iria ben se non fose que a fulaniña apareceu preñada e o Pedreira foi reclamar. Sieca se encarou co Avelino no hospital, no medio do corredor e daquela o Ave berrou-lle "A quen eu capo, ben capado queda. Ese neno non é teu"... Hostia, ja se juntaba gente arredor deles, e o Pedreira dijo "¿Pero como te atreves a...?". O Avelino non lle deixou terminar: "A ver se te atreves ti a facer a proba do ADN" e o outro veu-se collido: "Pois claro que a vou facer, caghoendiós". O ADN do neno deu que non é do Pedreira; o Pedreira non tivo corazón para lle meter unha patada á corneante, e largou-se ao dos Médicos Sen Fronteiras; e por alá andará na Somália ou no Quinto Carallo, de cooperante con cornos, pero non por culpa do Avelino. Esa é a versión do noso amigo, que para min vai á misa. Ben. Por hoje abonda de rejouba. O tema é que, cando veñades, teremos que quedar co Avelino e a Merce, e facer que non vemos que o noso home é "un home que foi home", coma o do debuxo de Castelao. Outrosí: canto á miña relación coa universidade, que tanto che preocupa, deixei-na porque non podo depender de horários que me dificulten as viages. Sen máis. Ti es un full professor pero eu era un asociado malia ser doutor acreditado e todo o quincallo académico. O ensino non é a miña profesión principal. ¿E por que non me jubilo da empresa? Por medo a perder o contacto coa realidade (coa vida, que é algo que se relata). Ja sei que estou a jogar con lume. O meu vello aguantou rejo ata os 89; e a vella morreu aos 96 porque o corazón non lle daba parado. Pero, como di o Cuqui, fillo de longevísimos, todos cometemos atentados contra a genética. Por certo, falando dese tipo de atentados, preguntabas como quedou o Fernando despois do accidente na sua puta mountain bike... ¡Puf! Outro home que foi home: nin sabe quen somos os amigos; nin recoñece a muller e os fillos. Só somos persoas coas que parolar, sen distincións. Fala moito do que ve na tele, pero non sabe ler e ás veces tenta mudar de canle cos botóns do móbil. Sigo "traballando" (¿que merda é o traballo? ¿Que é traballar?) e seica jogo con lume. Estou a facer a maior das parvadas da miña vida de quero-e-non-podo. ¿Que dá a estatística? Que quizais vivamos 20 anos máis; pero é só estatística. Non certeza. Eu deberia recoller-me a escribir todo o que anda nos cadernos, nos cartafoles: historias que che contei, ou que non che contei. ¿Canto tempo de vida me ficará por diante para relatar o vivido e oído? Pouco, para catro ou cinco libriños máis; e teño que facer ajustes de contas. Teño, non por puro rancor mais porque o Impaís tampouco vai desaparecer de hoje para mañá e cómpre que contemos quen é quen, que poñamos bos e ruíns en cadanseu lugar. En fin, compañeiro: o que for, será. E, coma sempre, irei-che mandando canto escriba para que o vaias lendo e aceptando, rejeitando ou corrigindo: ti es o meu mulato favorito, o máis sharp, o do escalpelo. O Avelino é –era– o cirurgián do corpo; ti es –e faime o favor de seguires sendo– o da palabra... Unha aperta para ti, bicos á Peggy e saúdos a fillos e netos espallados polos EE.UU. (non sabes como vos envejo. Sempre teño saudades dese país. Penso –sinto– que os EE.UU. son un convite á eterna mocidade, ao éxito vital inevitable). ❧ Para: [email protected] Enviado: martes 14/1/2013 19:14 CC: Asunto: A Parca que non cesa Hóstia, Fermín, que vivimos arrepiados, ti. Que morreu o Giuseppe Paussatta Glz. Vino na web. A Voz dedicaba-lle un artiguiño pequeno, coma quen que morrera un paisano calquera. Seica tivo un paro cardíaco. Oxalá que perdese agiña o coñecemento e non fose consciente do que lle pasaba. Terrible o decatares-te de que a morte che vén enriba sen poderes pará-la. Isto da vida está mal armado; e o da morte, ainda máis. O ideal sería ir perdendo a consciencia sen un darse conta de que a perde, ata todo se apagar, ata o "fundido a negro". A noticia pillou-me de improviso na puta T4 de Barajas, jogando coa taboíña do ordenador novo; e ao pouco ja me chamaba o Cheché, que anda asustado desde que tivo un derrame (pequeno, nada coma o do Avelino). Temos a da Gadaña a botar-nos o alento no pescozo... Montei no avión lembrando escenas do PPaussatta: os shows da irmandade dos viños, aqueles movementos en Portugal á compra de castañas e froitos silvestres; e as jogadas cos angolanos (nunca esquecerei como me fijo ajudá-lo a perseguir por Lisboa un negro grandísimo, ao que lle tiñamos que entregar un bidonciño cheo de chourizos para subornar un ministro por via gástrica. Digeran-nos por onde andaba o mensageiro, pero era de noite e pola noite aos negros non se lles ven máis que os ollos). O mellor foi cando obrigamos o Guerra da Cal a confesar a sua intervención no dos poemas do Lorca. Eu acababa de chegar de Milán (daquela foi cando coñecín, jantando en Monza, un tal Sílvio Berlusconi...). Ao mirar as notas que me deixaba a secretária enriba da mesa, vin que me chamara o PPiño, presidente da Caixa auriense. Queria el que fose ve-lo tan logo puidese. Seica tiña "algo único" para mostrar-me. Reiterou-mo por teléfono; asinei papeis da oficina e saín calcando no acelerador, pensando que todo ia rematar non máis longe que o seu despacho. Alá contou-me el que as sobriñas do Blanco Amor andaban a vender as cousas do Mestre. Figeran fotocópias e ian-nas entregando a posibles postores. Ao cume da Caixa chegaran unhas fotocopias daquelas, que o PPiño me amosou. Nelas o meu cerebro identificou a caligrafía do Guerra. Cando o revelei entre exclamacións de abraio, o señor presidente dos cartos dos emigrantes ofreceu-me o teléfono para eu comunicar na casa e no choio que saïamos de viage, "fungando". O PPG decidiu rular no seu deportivo, un Ford Cosworth de 200 CV; pero seica tiña sono e entregou-me as chaves. "Rapaz, sé consciente do poder que levas baixo o pé", advertiu. No Porto paramos para aliviar-nos, comprar muda de roupa e facer unha chamada ao Guerra, que jurou agardar por nós "com os braços abertos, como corresponde a tão grandes patriotas". Ficamos con el para o dia seguinte no Estoril. Lisboa cheiraba a café e frango à grelha en noite de chúvia. Non nos privamos de casa de fados, nin de paseo filosófico sobre o empedrado brillante do Bairro Alto: ¿Haberia galego e portugués se a capital de Portugal fose o Porto? ¿Como serian España, Portugal e Galícia se Felipe IV tivese trasladado a capital a Lisboa e mandado á merda Cataluña? ¿Teria habido Império Británico se un Império Ibérico se sostivese en África, América e Ásia? Con esas preguntas foi como lle entramos ao Profesor Ernesto Guerra da Cal no dia seguinte, durante o aperitivo, mentres o mar azoutaba a ribeira na que se erguia, valente, o Restaurante Albatroz. Filosofamos de novo, e concluímos, unánimes, que a grafia demótica do galego era necesariamente perniciosa. Ainda máis, todo escritor galego deberia praticar a recomendación do Grande Mestre Manuel Rodrigues Lapa: escribir en portugués, polo menos formalmente, ainda que o idioma de fondo fose o de orige, o galego. Guerra repasou o bigote coas puntas dos dedos, ajeitou o fular estampado de cores vermellas e repetiu a sua máxima: "Todo o galego está contido no português". O PPG deixara sobre a mesa o cartafol cos poemas lorquianos; e de cando en cando tamborinaba nel cos dedos, mais non se precipitou. Meteu-se a falar do Blanco Amor e do Lorca para preparar o terreo. O Guerra deu en retrucar teatralmente, con histórias de teatro; levou-nos a Valle-Inclán, á sua admiración polo génio manco, que el tratara en Madrid junto co Lorca e demais tropa de La Barraca. O Valle era genial, insistiu: inventara un trampitán co que facia coidar que lian en galego aos que lian castelán. Niso gastamos dous pratos e ja viña a sobremesa. Habia que centrar o "Warnest" (War-Ernest, Ernest War, Ernesto Guerra), que mesturaba o inglés co portugués ajudado por un Ribeira do Douro con sabor a froita irrecoñecible, onírica, gloriosa. Entón o PPiño abriu o cartafol e pujo-lle en riba do mantel os poemas "galegos" do andaluz. E o vello non se atreveu a negar a evidéncia: aquilo fora un ménage-à-trois en Compostela. O Lorca remoía palabras galegas que lle soaban ben, armaba un verso e o Ernesto acababa de lle dar a forma. Velaí a sua letra a corrigir o mecanoscrito dos poemas. ¿E o Blanco-Amor? ¿Por que tiña aquel original? ¿Por que o conservara ata a sua morte? Aí pechou-se o Guerra. Non quijo falar, eran cousas de "há imenso tempo". O PPiño e eu calamos. Mellor non remexermos (imaginando tensións poético-sexuais entre os tres líricos). Seguros nós de que as herdeiras do Blanco Amor tiñan un tesouro para a Historia da Literatura, conducimos de volta o bólido branco. Volvia o gran financeiro ao Impaís convencido de que a compra debia facer-se. Traía fotos do encontro, e mesmo unha gravación de parte da conversa co Guerra. Segundo ascendiamos en latitude polas estradas portuguesas, eu regustaba a satisfacción de ter falado e abrazado o corpo vetusto e firme de quen fora para Lorca belo actor, e inductor do acto creativo que revalorizaba a língua proletária do noso património. Pasado un tempo, escribin-lle ao Guerra sobre o encontro fundamental do Albatroz. Aquel ferrolán republicano e lusista demorou en responder-me; e, cando o fijo, deixou-me de boca aberta: puña a parir o Paussatta, chamaba-lle "canhestro", maldicia-os a el e á muller. Renegaba da hora de os ter coñecido; mesmo os acusaba de lle teren levado de agasallo unhas pedras que lle romperan as moas: marrons glacés dos que promocionaba o PPiño... En fin, o PPG portou-se coma un home comigo cando comezaron a caer-me labazadas por culpa da maldita Tertúlia. Hoje andei a procurar a foto da presentación que figeramos ante a prensa no seu feudo, fronte a jornalistas que alá se personaran porque non lle podian faltar ao señor dos diñeiros. Nesa instantánea aparecemos os dous delgados e co cabelo negro. Daquela sabia-se moito do que se cociñara contra a miña novela, e el fijo algo imprópio de persoa que ha de tratar con todos os poderes: dijo que a Tertúlia era un torpedo baixo a liña de flotación dun barco desnortado, cheo de vacas sagradas e gobernado por un delegado do poder madrileño alleo á conciéncia do país... Pois mira ti, Ferminciño, que a morte do valoroso Paussatta vai ser o desencadeante definitivo para que eu volva sobre e miña novela reprobada. Vou-na revisar e retocar canto me pete. Se non atopo ningún editor convencional para ela, dou-lle formato ePub, meto-a nun servidor calquera e aviso a todo cristo de que a descargue, que para iso están o Twitter e o Facebook. O Barros, o Cadórniga e o rabaño de vacas sagradas morreron a tempo, sen chegaren a ver o pouco que hoje importa un libro en papel. No mundo daqueles académicos cumpría pasar polas suas santas vontades para que uns fólios resuados tivesen difusión. Pero hoje non, polo menos na parte do mundo que ainda é libre, na que ninguén ousa tocar os fios da arañeira de redes e máquinas conectadas a elas. Vou pór a novela en valor de novo. Ora, indo á miña mensage anterior e á túa resposta sobre o de ajustar contas: tranquilo. Nada de que eu vaia deixar ver que sangro moito polas feridas; só un pouco. Non te preocupes. O noso Luís ten a teoría de que non vale perdoar a todo o mundo. Non se debe perdoar a gente mala senón exemplarizar contando o que figeron. Outra cousa é esquecermos os actos miserables dos bobos. Pensei-cho ben na soidade do cuarto de hotel de Helsinki, onde estou, vendo caer a neve case ingrávida contra as luces dunha rua ampla: vou escribir lembrando desafíos pendentes coa Fina e coa Loli. A Fina dijo-me moitas veces que é imperdoable que Tertúlia decaese a objecto de libreria de segunda man. A Loli criticou que eu extraese a novela interior da Tertúlia para converté-la nun novo produto literário. Pois ainda van ver as miñas cordiais controladoras como fago e refago e volvo facer textos. Iso é a miña aposta, porque son o dono das criaturas e os escenarios, das circunstancias reais en que fago vivir os personages, e das que invento para facé-los existir desta ou daquela maneira... Ata aquí cheguei, querido. Esta madrugada (mira a miña hora europea cando vejas a mensage) ja non che dou mais. Bicos e apertas coma sempre. P.S.: Di-lle á Peggy que lle estou moi agradecido polos datos dos cativos galegos da expedición Pedro Pan. Moito queda por escribir da epopea triste dos galegos na posrevolución cubana. Terrible o de ter que se desprender dos filliños: coma o dos nenos de Rúsia na guerra de España... ❧ Para: [email protected] Enviado: mércores 13/2/2013 22:03 CC: Asunto: O proxecto da 'Tertúlia revisitada' Bo dia para ti e boa noite para min. Viva o correo electrónico, medio de rapidísima comunicación asíncrona. Nunca me negarei ao teléfono nin ao skype. Pero tampouco ao gozo de escribir-lles aos amigos. Don José de Lanzarote deu en dicir que o correo electrónico ia acabar coa prosa epistolar. ¡Que visión a do vello luso-españoleiro! Non foi por iso que lle deran o Nobel, claro. Estes génios alleos aos avances técnicos sempre gañaron medo deles. O Blanco Amor asustaba-se-me cando lle eu dicia que escribia os artigos e as novelas cun ordenador. O Gliptodonte da Alcárria alardeaba de escribir con pluma; nin sequera se rebaixara á Remington como o Eduardo (outra cousa é o caso do Torrente, que era medio cego e por iso dictaba). Nunca tanto se escribiu como desde que hai correo electrónico, que carallo. Scripta manent: tendo en conta que as mensages se van gardar e se poden reusar, moitas escriben-se coidadosamente, sen atentados gramaticais ou gráficos. Se algunha vez se juntasen, ja me dirás ti se non formarian un inmenso epistolário cheo de belezas e curiosidades... Ben. Conto-che algo da viage e despois che respondo ás preguntas que me fas sobre a Tertúlia revisitada e retocada (a revisitar e retocar, quero dicir). Volvín de Helsinki con impresións e anécdotas. Tan rotundamente como ti o afirmas, reafirmo eu que as estratégias finais das potencias económicas están relacionadas coa energia. Todos os speakers da conferencia deixaron ver que con energia se "crea" calquera cousa. Ora imagina ti que os experimentos da vosa universidade cos reformadores de gas cheguen ao estadio comercial: iranís e venezolanos poden ir metendo o petróleo polo cu. Ja deberon pór na web as presentacións da conferencia. Comproba-o. Manda-che memórias o Quico Eiras, que traballa nun projecto de almacenamento seguro de hidrógeno a nivel molecular. Pasou-me con el unha anécdota de moito nabo. Quedamos de cear cunha gente do INEGI do Porto nun restaurante moi recomendado polos colegas fineses. Alá fomos, e ja nos gustou de entrada: recibidor espazoso, con sofás e poltronas onde servían bebidas de aperitivo antes de ocupar mesa. A sala de comidas parecia disposta para o recollemento, as conversas en voz baixa con candeas polo medio. Mais ao noso lado habia unha mesa con média dúcia de homes maduros e outra média de rapazas lindísimas que falaban ruso case aos berros. Erguian-se a cada momento para faceren brindes. Cando o maître nos pasou as cartas, unha gerente de projectos do INEGI fijo-nos reparar en que o prezo mínimo da botella de espumoso era 200 euros. A partir dese momento, cada vez que chegaba unha botella á mesa algareira, cantabamos unha nova cifra: "600..., 800..., ¡1.000!" Polos 1.200 os rusos deron en jogar a encheren as bocas de champán para logo bufaren contra quen tiñan enfronte. Estaban-se a duchar, ás gargalladas. Nós riamos a toleria, pero clientes doutras mesas pediron orde. Apareceron uns tipos ainda máis acorporados cós rusos e foron facendo-os desaparecer. Os congresistas comemos e falamos, e demoramos unha hora en saír cara á recepción..., onde durmian rusas e rusos, tirados coma fardos polos asentos. Ningún daqueles bébedos –explicou-nos o maître– estaba en condicións de pagar nin de indicar en que hotel se hospedaba. Logo da cea acompañei o Quico Eiras ao seu hotel. Fomos contando-nos máis anécdotas de rusos borrachuzas; pero non fun brillante porque tiña a cabeza noutra cousa. Cando deixei o Quico, dei un paseo sobre a neve sucia, entre edificios que parecen soviéticos polo tamaño. Aínda que me doesen as orellas co frío, aguantei sen entrar no meu hotel. Paseaba e remoía: Eu vivo para escribir, para narrar. Sobran-me histórias e inventiva. Revisitar a tertúlia do Barlovento non é, como me dis, un recoñecemento implícito de falta de matéria para narrar. É unha tarefa pendente desde hai moito, desde que o editor me recoñeceu que vendera toda a edición pero non ía reeditar o libro porque estaba "moi advertido" en contra de facelo. Tertúlia é un libro maldito que debo rescatar. Mesmo que pareza novelesco, ten algo de efecto de dobre espello, de imaxe da imaxe, de imaxes repetidas ata o infinito. Analiza comigo: Eu escribín un romance sobre un mundiño literário miserable que reflectia o noso nanocosmos de fins dos 70. Dentro desa ficción habia unha tertúlia de escritores, e un membro dela farto de manejos do establishment, que se atrevia a desafia-lo mandando a un concurso unha novela de aventuras plagiada na seguridade de que ningún dos sábios do seu impaís tiña contacto co ámbito do original: o Brasil das grandes selvas. Na realidade, en 1984 mandei o romance a un concurso que estivo a piques de gañar. De feito, gañou-no mais logo o "desgañou" por un voto: no jurado habia un representante das vacas sagradas que convenceu a outro para que votase en contra do meu texto, por irreverente e polo receo de que a "novela interior", a de aventuras, fose realmente unha cópia arranjada. Na sua suprema estupidez, os vellos da irreal academia non entenderan o jogo do jogo, a Literatura: a invención dun plágio. Sobre o verdugo-emisário da miña novela metaliterária algo se escribiu, e ja se viu como calaba, incapaz de revirar-se contra as recriminacións que lle facian. O que nunca revelei é que outro membro do jurado, o Flórez, me veu pedir perdón pola injustiza. Fijo-o cando viu o libro na rua sen ningunha acusación de plágio; dijo-me que se deixara levar pola sapiéncia do emisário; recoñecia-me que o seu voto inducido fora fatal. Repetiume "Non sei como recompensar-che". E ainda recibín a crítica dun defensor da Tertúlia contra a infinita subnormalidade dos solemnes. Defendera-a nas deliberacións do jurado "ata a derradeira votación", mália coidar que o romance tiña "un fallo estrutural a corrigir en edicións futuras". O fallo fora incluír no texto o relato "plagiado" completo. Estaba ben a idea de intercalar duas narracións, a da vida do escritor e a das aventuras selváticas dos seus personages; mais, para non despistar o lector, abondaba con sugestións, mostras, anacos dunha narración de peripécias exóticas... De feito –insistiu-me– seria recomendable refacer a obra e separa-la en dous textos: por un lado o da podrémia dos prémios; por outro, o da selva. O home tiña razón. Sabendo que ninguén me ia publicar o primeiro texto separado, cando se esgotou a edición da novela enteira, entreguei o segundo a un editor "non contaminado" polo atrevemento. Publicou-se O abrigo do sol. Reeditou-se. Vimo-lo converter-se en obra arquicoñecida, loada. Quizais como recompensa á miña docilidade, o propio establishment ajudou a que se publicase en Madrid (¡oh, desejo satisfeito de tertuliano do Barlovento!). Mea culpa, mea culpa, mea maxima culpa... Pasadas tres décadas, recoñecida a miña covardia convenienzuda, propoño-me revisitar a tertúlia do Barlovento, e recompor o romance inicial. Introducirei nel treitos dun suposto calco cuja orige non puido descubrir nin o mesmísimo Mestre Jorge Amado, que ben coñecia a Literatura do Brasil (hei-che mandar o seu comentário sobre a miña ficción brasileira). Daquela, querido mulato privado, dá-me un tempo, deixa-me coller pulo. Cando che teña cincuenta páginas, iniciamos o intercámbio: desde o Impaís Finistérrico mando-che arquivos ao Império Americano e mandas-mos de volta con correccións (tamén lle pasarei o texto ao Luís, que mo ha ler polo que ten de teatral)... E, antes do adeus por hoje, o parte médico sobre o Avelino: ese tipo é do que non hai. Ja o mandaron para a casa e só vai ao hospital á rehabilitación; ten a boca ben e maneja bastante o brazo. A perna, non moito. Anda de seguido cun iPad. Escribe-lle: [email protected], conta-lle dos vosos experimentos. Dá-lle algo que pensar. Que te poña en contacto coa filla pequena, que traballa tamén nos sistemas electrónicos de control de geración de energia alternativa.... Apertas. Bicos á Peggy. ❧ Para: [email protected] Enviado: sábado 4/5/2013 11:14 CC: Asunto: Reencontro co pasado Carísimo, con esta mensage envio-che a primeira entrega da Tertúlia revisitada. Só retoquei o texto unha vez, porque espero as tuas correccións e os teus comentários. Tamén llo paso ao Luís, como che digen. Cando vós, dignos mulatos, mo devolvades peneirado, darei-lle outro repaso. No entanto, sigo tecleando a história da história, reflexo do reflexo da figura colocada entre dous espellos... Este dia atopei a Loli e pugemo-nos a falar dun concurso no que ultimamente coincidimos como juíces. Derivamos a outros concursos, aos prémios, e contou-me que unha filla dela estaba de jurado nun concurso de literatura juvenil. Seica á rapaza lle pareceu que unha história dese concurso era semellante a outra que lera habia pouco. Consultou-no coa mai e a Loli confirmou-lle que houbera un bo traballo de cópia. Manda tirabeque. Espero que ninguén coe un plágio no concurso en que andamos pois daria para que alguén se escarallase de min, agora que ja estou na categoria de vaca sagrada. Ben, o máis importante: Pasou-me algo inesperado. Soou-me o móbil, collin-no e oín unha voz do pasado. Era o Alfredo Pardo. Era el, sen dúbida. Hai voces que deixas de oír durante décadas e seguen sendo as mesmas, as de momentos inesquecibles. Insistiu moito en asegurar-se de que era eu quen lle falaba e confesou-me que andaba "moi xordo, con aparellos nos dous oídos". Despois dijo-me que vivia "á vista das Illas Cíes" e queria conversar comigo porque "se vai esgotando o tempo". Asustou-me e intrigou-me. Pensei que anos non lle faltan para matinar na fin da vidiña; pero que podia haber algo máis. Por sorte coincidiu-me que tiña que ir a Vigo, a un consello de administración, e figen os meus arranjos para ver o home que coidou de min na bela Lisboa salazarista. Desviei-me e fun-no visitar. Mora nunha beleza de sítio, as Cíes a pechar horizonte. Casa luminosa, decorada co gusto de quen ten moita peza de arte para desbotar se non lle fai jogo. El é un señor maior de cabelo níveo e face rosada na que salientan os seus ollos claros coma auga, grandes e movedizos. Eses ollos seguen a ser os de sempre, cos chiscos de picardia que confundian os homes e cativaban as mulleres. Contou-me de todo: que se divorciara, que se trataba cuns fillos e con outros non; que tiña toda a familia espallada por eses mundos. Que estaba só. "Só" foi a palabra que máis repetia. "Só" e "soidade"... Andara moito por Cuba en negócios que non me quijo explicar. Ficou encantado coa "humanidade" dos cubanos, e non lle quigen preguntar... Viviu en Salvador da Bahía, coa muller que lle deu "os dez mellores anos" da sua vida. –Mas já não estamos juntos –dijo-me mentres exhalaba fume de Chester–. A essa moça quero-lhe bem; e ela quere-me e respeita-me, mas mandei-lhe afastar-se porque ela tem muita vida à frente enquanto eu sou já um velhote sem vigor. Fiquei abraiado: ¡o Alfredo despedindo unha muller porque el non é capaz de lle dar o que considera indispensable! Un horror, Fermín, un horror. Lembrou-me o que me digera o Patrício non hai moito: que ja estamos na vangarda cara ao cemitério... O Alfredo tiña ganas de falar, e eu de oí-lo. Revisou o mundo, as suas vivéncias no Canadá, nos Estados Unidos, Hong Kong, Suíza, Fráncia, Angola, Brasil... Para el, Europa está esgotada, España na ruína insuperábel, Galícia, no abandono: –Quando eu era pequeno, antes de irmos para Lisboa, na aldeia só se trazia de fóra o açúcar, o café e o azeite. O resto era galego. Mas hoje todas as veigas estão a monte. E, ante este panorama, ¿a onde irmos? Só nos queda marcharmos para un país onde os vellos poidan atopar quen lles dea bo trato. Ora, se el tivese trinta anos, non tiña dúbida: África... Galicia é un cadáver, sen capacidade financeira ningunha. Só queda morrermos. E aí comezaron a saír nomes e aventuras. Dun andel tirou unha foto sua con Otero Pedrayo: –A este e a moitos mais tratei-os em Lisboa como aqui não os tratavam. Falou de galeguistas, nacionalistas, antinacionalistas, traidores, mantidos polo franquismo... Tocamos no Ferrín, ao que cualificou de "entregado ao sistema". Quijo saber o que soubese eu sobre a liorta na Irreal Académia pero eu figen-me o tolo. Levou-me a jantar a un establecemento con vista radiante, de azul, branco, pardo e verde, mar, praia, monte e illas. Alí amosou-me cópia dunha carta miña a el, posterior aos desastres e ás vergoñas pasadas coa Tertúlia, cando ja era novela a perseguir, cando ja estaban a pechar-lle portas ao editor que quigera vender libros grazas ao escándalo. Releu-me un parágrafo que a miña mente borrara: "Encontrei-me co García-Sabell nunha festa no pazo de Mariñán. Preguntou-me que me pasaba (referindo-se ao dos concursos) e respondin-lle que eu andaba a contrafio pola via... O vello deu-me unha labazadiña no lombo dicindo 'Pois hai-se que pór ao fio, Joán; hai que se pór ao fio'." Despedin-me do Alfredo con pena e a cópia da carta. Abracei-no seguro de que non o vou ver en moito tempo, se volvo ve-lo. Quigen que me contase en que póla vai pousar a partir de agora. Non o conseguín. Que ja me chamará: iso foi todo. E collín rumbo para o centro de Vigo a moer e remoer: Nestes trinta anos ¿pugen-me a fio como me recomendara don Minguiños, delegado do Goberno de Centrália, representante de El-Rei en Fiórdia? ¿Entrei no sistema deles, os consentidores? ¿Figeron-me un sítio no sistema porque non lles ficou outro remédio? A miña filla chama-me "don Influéncio" e mantén-me a distáncia das suas necesidades empresariais... Fóra. Sobran meditacións, Fermín. Como nos dicia a Felisa cando nos deitaba, "un dia menos, cativos". Daquela –naquela nenez de cores e sabores– non tiña importancia o comentário fúnebre da aia; pero hoje ten-na, que estamos na vangarda do camposanto. Memórias da miña Ana, e do Avelino, que volveu falar case coma sempre. Velaí, con esta mensage, o arquivo do que espero que me repases en canto reverdecen os parques de Boston (onde calquera dia che me presento). ❧ Para: [email protected] Enviado: sábado 4/5/2013 21:24 CC: Asunto: Sinopse Parece-me moi ben que, antes de leres a Tertúlia revisitada, leses a vella Tertúlia. Logo do que me dis, fago a sinopse: O primeiro que escribira o Joán tertuliano do Barlovento foron poemas que lle rejeitou o Barros, editor e factotum. O segundo foi A revolta, colectánea de histórias breves que si lle publicou o Barros. O terceiro é O mirto e os loureiros, unha "novela de formación" que lle pode publicar o Barros cando el ja está a escribir O Abrigo do Sol para o concurso dos concellos. No entanto recibe un premio menor, ofensivo, por O Radiolar, relato no que tiña esperanzas. O Radiolar é o medio de comunicación único da Centrália, país que coloniza a Fiórdia (¿non te lembras?). E tes ben razón, ho: don Minguiños Senador Monárquico sabia pouco do galego; e dicía que falaba alemán se cadra porque aquí ninguén sabia nada dese falar tan pouco rendible. Boa tarde, temperá para ti e seródia para min. ❧ [COPIÓN_'TERTÚLIA REVISITADA' _P/ FERMÍN_ENTREGA 1] Estou sentado, recostado, unha perna sobre a outra, o xeonllo en alto dando contra a beira da mesa que acabo de limpar. O flexo varre de luz a táboa vernizada e aínda sobra luz para tocar nos andeis, marcar os libros, as carpetas, as revistas..., nun xogo de sombras contra o chan e as paredes desinteresadas por canto querer e saber ocultan os trazos rectangulares dos volumes. Caeu a noite e fíxose o silencio na miña rúa cega; séntense a penas voces e músicas da televisión omnipresente a furar muros. A Ana debe estar cosendo, ou lendo; e os cativos soñarán unha teoría de imaxes multicolores. Comezo caderno de notas nun día calquera de 1978: Xoves. Día oficial de tertulia no Barlovento. Hoxe erguinme cansado, odiando o espertador, cun principio de neuralxia a tentar amargarme desde a amañecida. Levei a radio ao cuarto de baño e ducheime: espertamos con tiros na brétema, cadáveres a penas fríos no mortuorio dun hospital de Bilbao, e non me atrevo a pensar porque dunha parte está a morte dun rapacete de Quiroga, vinte e catros anos, garda civil, que deixa "esposa e un fillo de meses", que se cadra volvía para a casa pensando en encher a andorga saudosa (ovos fritos con chourizo da aldea), ver a televisión lenitiva e botarlle un canivete á patroíña... e da outra están os indíxenas da metralleta, enmascarados, cultivados nun caldo quente e familiar de odio relixioso, imprescindible para subsistir; e está o Kepa Gurutzeaga no cuarto do colexio maior con 'Sempre en Galiza', 'Galiza Mártir', 'Atila en Galiza', Galeuzca, Castelao, Bóveda, sermos un pobo diferente, a contrafío... Bóveda –saber de Alexandre Bóveda– débollo a un vasco. Que morrería matando. E o Luís insiste en que os rapaces de Quiroga, ou de Arzúa, ou da Chandrexa, fanse policías porque non se atreven a emigrar ao xeito de todos. Por iso eu me acovardo e non penso... Almorcei. Antes de saír non puiden conterme e prendín a luz do cuarto dos cativos, que durmían na santa paz, a nena atravesada no berce e o rapaz enroladiño na cama. Quérolles con canto a víscera dá e sei que serán meus por pouco tempo; ata empezaren a ser xente. Polo espello da entrada, en canto daba o último toque á gravata, confirmei que as engurras aos cantos dos ollos son permanentes: vou vello (vou do verbo ir no vetusto e certeiro idioma noso). Na penumbra do portal procurei o periódico. En primeira plana o asasinato dos servidores da Lei no País Vasco, un pesqueiro afundindo á vista das Sisargas, un novo récord de recadación nas quinielas; e as ameazas senís e brutais do Briexnef contra a OTAN (Alfredo Pardo sempre dicía que os rusos nunca han invadir Europa porque somos demasiada xente a someter. Se cadra, resúltalles mellor sometérennos a todos a golpes de mísil). Frío. Na rúa fica ciscallo que caera das bolsas recollidas durante a noite e amañece cun resto de xeada, gotas xélidas que se prenden das poucas herbas a medrar no pelouro fracturado que tapona a nosa inurbana rúa. Lembro a Rudgemont Street alá tan lonxe, tan ordenada, tan limpa, tan incrible... e penso en Ana. Un veciño abre a porta do coche e cospe con forza un esgarro longo. No coche prendo a radio e conducindo volvo á Cidade Universitaria de Madrid, ao colexio maior, aos cuartos cheos de fume, ao Kepa, o Luís e o Fermín. Falabamos de mulleres –mozas na flor dos anos– mais tamén dos porqués de sermos como somos: os nosos apelidos, as nosas linguas condenadas, a vibración galvanizante dun txistu ou dunha gaita, a teima común contra a Lola Flores, o Cordobés, os xitanos bailaores e os andaluces cantaores,"instrumentos da nosa opresión cultural". O Kepa puido ter razón; e, polo menos, morreu por demostrala. Por iso teño medo... A mañá.– Fóiseme en rutinas, respondendo cada consulta co coidado de que debe demostrar que a técnica aquí tamén é posible aínda que precisamente aquí non sirva para nada. Á fin da mañá o Sieiro veume ofrecer o cigarro que me estraga o apetito pero non fun capaz de negarme e, mentres faciamos tempo a fumar, sentín amplificárenseme no cranio as batidas do sangue, a neuralxia coma un machado, penetrante, penetrando. O Sieiro mantén que as contas non cadran, que o Escuredo ten que estar mangando porque un BMW é coche de máis para tan pouca empresa. E mentres escoito volvo ao medo: de ficarmos, na incerteza do traballo; ou de termos que voltar á Rudgemont Street de asfalto brillante, beirarrúas de cemento, lawns de céspede puído... Para o xantar, bacallao con coliflor, brutal, riquísimo. A nosa Ramona é unha artista, cociñeira e asistenta para todo. Comemos ben, algo tiñamos que ter. Dígolle á Ana que o sheperd's pie non se pode comparar con isto, e encolle de ombros. Non quere comentarios, anda calada. Eu non quero indagar porque, co estómago cheo, a esta hora lánguida dunha tarde de inverno a miña muller non me interesa. Os nenos fan barullo no seu cuarto ao fondo do corredor e o televisor énchese de repulsas polas novas mortes no País Vasco. O Fraga fala atropelado, cun acento que o delata, o estigmatiza, o confirma na súa condición de galego (Lloyd George falaba galés soamente cando ía a Gales de vacacións; faláballes así aos paisanos, ao cabalo e ao can; iso aseguraba o Meic Stephens)... A tarde.– Un desastre. A neuralxia, amortecida polo torpor da xanta, de novo avanza entre regoldos de bacallao con coliflor e a tentación da Nucha, o seu "peitozinho de pomba farta" (Eça de Queiroz, paréceme que en 'Os Maias'), a nádega forzándolle o pantalón. Cada vez que se me achega cun papel estou a piques de dicirlle "Nucha, espera por min no Peppermint ás oito que...". Pero non me atrevo. A Nuchiña é para un rapaz de vaqueiro cinguido e peite no peto da zamarra; non para min. Ás seis e media levantan campamento, eu tiro de xornal que non lin por preguiza á hora do xantar e deixo marchar a xente. Clin-clon, clin-clon, soa o marcador de fichas mentres leo estultices... Pola metade teño que abandonar: nas súas 'Crónicas da Corte', a Maruxa Veiga comenta que hai moitísimas puntas de cigarro a estrar o chan do bar do Congreso, que onte atopou alí unha de puro habano aínda fumegante: "un desdoro para la Democracia"... Desisto, vou cara ao coche lembrando como coñecín a articulista nuns estudios de radio, na calor do demo dun lonxincuo 17 de maio madrileño, día das ignotas Letras dun País Inexistente. Daquela dona Maruxa perecérame unha boa moza loura, metida nos corenta cun atractivo edípico. Ante o micro falou de feudalismo con ironía, chiscándonos o ollo aos "representantes do estudantado", ata enfadar o tipo apopléctico do Centro Galego que fiaba mal as palabras e na súa vez se empeñou en rebater o que a dama dixera, asegurando que non, que non, que sempre foramos España (ela murmuraba a micro pechado "pero non Castela", e o Gabriel Datorre Iglesias suaba querendo evitar que lle derramasen o programa, tentando levar a entrevista por outros roteiros, chamándolle "mi coronel"ao suxeito gordo). Á saída da radio, Maruxa convidounos a min e ao Fermín a tomarmos algo. Ela pediu un whisky e nós, inducidos polo seu exemplo, gin-tonics. Estabamos animados; sobre o barulliño da cafetería chic do barrio de Argüelles seguimos o seu discurso de casual compañeira das nosas proxenitoras nos tés do náutico, capaz coma elas de erguer o meimiño teso coa xícara ao beber, mais coñecedora da Historia prohibida: os irmandiños, os Andrade, a Beltraneja, o conde de Camiña... Esgotado o seu vasto repertorio medieval, bebeu un derradeiro grolo de whisky levantando o queixo sen medo a deixar á vista as engurras traidoras do pescozo. Despois ollou o reloxo e pagou a conta. Na rúa tendeunos a man á americana, e deunos o seu enderezo. Convidounos a ir matar saudades pola súa casa: ela ía e viña "da Nosa Terra ao Monumento ao Centralismo" todas as semanas, e naquel piso sempre habería un anaco de queixo, bola, empanada... Ergueulle o brazo ao taxi, sumiu nel e quedamos parados, pampos, prendidos no balanzar da súa anca baixo a saia apertada. Agora, quince anos despois, "en democracia" (puto sarcasmo cun Borbón ao fondo), Maruxa é deputada e preocúpase pola hixiene do Congreso. A tertulia.– Choviñaba cando saín da oficina. Durante o día foise metendo a brétema, unha brétema lambona, pegañenta, que callou en orballo, e tiven que andar ás voltas ata dar estacionado tan preto do Barlovento como para non ter que coller o paraugas. Hoxe xuntouse todo o persoal da tertulia. Pouco a pouco, dono, camareiros e fregueses vanse afacendo a nós: Horacio Pereira grandallón e desleixado, o Souto mínimo de barbas marxistas, a Xulia seca, cos seus pendellos e os seus trapos progres, o Cameselle fofiño e relimpiño, o pantalón rillado de todos os días; o Valcarce tan alto, o cabelo longo, louro, graxento... e eu, peso medio, o meu traxe de executivo de segunda cun pouco de caspa rebelde polos ombreiros. Somos xente fóra de lugar neste café con columnas de ferro forxado, resaibos de zarzaparrilla e cuplé. De nós, os rexoubantes, ao resto da freguesía hai unha distancia grande, sepáranos deles unha diferente concepción da realidade: na tertulia sabemos que temos conciencia e os vellos que nos rodean –café tras café, por veces un croissant– perderon a noción da conciencia hai moito, felizmente. O Xosé Manuel Valcarce, as uñas enloitadas asañándose contra o proído do pescozo, contounos a súa discusión cun profesor de Xeografía sobre os límites imprecisos da Gallaecia e a Lusitania e deunos teoría de como "lusitanizar o país". O López Cameselle anoxouse e berroulle ao rapaz por aquela "mostra de entreguismo aos lusistas" (as avoas do arredor calaban, abraiadiñas). Eu estiven tentado de tocar o tema do ouro de Lisboa e os infiltrados pola Raia Seca, pero optei por calar e gozar co enfado manteigoso do Cameselle, que así de cego é como máis me divirte. Horacio Pereira. Hoxe decateime de que está engordando e cada vez se lle parece máis a un sapo alto: o nariz pequeniño, a queixada larga e baixa, a boca sen labios, os ollos verdes saltóns e movedizos... Atravésaseme a súa fala con toques dun crioulo viciado, fillo de cen pais, enxendrado no aluvión de Buenos Aires. O Pereira é un vivo ("Mirá, che, cómo se avivó el gallego") que veu para aquí disposto a medrar con cartas de recomendación para as vacas sagradas. E vai medrando, o sudaca: publícanlle. Enférmame o seu xeito de batracio con barba vermella mal afeitada, aínda que tal vez o meu non sexa odio razoado senón xenofobia ancestral, porque eu me fixen aquí comendo caldo, criando panículo a forza de unto, fociño, orella e rabo; e non con bifes, molleja e chinchulines. O país é meu, perténceme totalmente e por iso podo querelo ou detestalo ao meu antollo; porque o levo en cada músculo e cada nervio, nos ósos, nos humores a as feces. Eu son país porque hai bichos e xente, pedras e árbores, camiños e casas que me coñecen; como a Horacio Pereira o poida coñecer o asfalto da avenida Irigoyen onde o seu pai tiña obradoiro de ebanistería "que traballou para o Centro Ourensán onde era asiduo Castelao". Basta de Horacio, fóra... O Abel Souto dixo que entrara na confraría dos damnificados polo Mourín. Seica o Mourín lle criticou os seus contos, acusándoo de falto de imaxinación, creador de "realismo fotográfico" (eu non lera a crítica. Ler o veleniño do Mourín é moito sacrificio pola patria)... A Xulia trouxo unha revista que anunciaba na portada un "Un artigo demoledor sobre a destrución política da lesbiana". Pregunteille se a ela tamén a estaban destruíndo os da UCD e olloume con cara de can (non se debe dicir "cadela". Curioso, ¿non?). Cando saïamos do Barlovento quíxenlle ceder o paso na porta e díxome que só sairía despois de min, cun xesto mofino e serio que lle endureceu aínda máis a figura seria e dura, plana, osuda. Na rúa camiñamos xuntos un pedazo. Parara de orballar e brillaba todo na hora morna e imbécil da sopa. Na esquina do porto despedímonos. Levei o Pereira no coche e díxome en confidencia que o Barros é un cabrón xesuítico, que para publicares algo na súa editorial has de acatar os principios que dita desde "o confesionario"; que, cando lle mandou o primeiro orixinal con rogo de que llo publicase, o vello respondeulle que hai dous tipos de publicación, a que paga o autor e a que paga a editorial... O Horacio garda as cartas "por se algún día fai falta usalas". Calei, non lle dixen que de don Xermán Barros eu tamén conservo epístolas, e lembranzas de moito fino sermón na súa galería-confesionario adornada con orixinais de Castelao, Seoane, Maside e Díaz Pardo. Xesuítico Barros. Curiosamente, o Fermín ten a culpa desa relación co pai-de-todos Unha tarde estabamos falando do carlismo na casa de dona Maruxa Veiga cando chamaron por teléfono. Maruxa deixounos sós no salón co mobiliario de caoba e raso e a criada pampa, quieta, de uniforme negro e mandil branco, cunha bandexa de proia de Pontedeume, agardando. Quedamos, mirándonos, o Fermín, eu e un tipo sinistro, profesor de Románicas, con xeito de pedichón eclesiástico, apelido castelanizado, roupa gris e lentes afumados, castos. Calamos nerviosos, sentindo a señora falar ao lonxe. Mencionaba a Ruiz Giménez e a un tal Albor que debía ter un hospital. Eu pasaba e repasaba a vista –cando non miraba os outros– polos andeis cheos de libros do marido ausente, volumes grosísimos en alemán, con letra gótica, imposible. Por fin volveu Maruxa, anunciándose con ritmado son de tacos sobre o parqué. –Chamaba Xermán Barros –explicou cun ollar de intelixencia para o terceiro convidado––. Isto de termos que loitar na sombra... Pero non te preocupes, Ramonciño, que a cátedra ha ser túa. Daquela o Fermín, nun dos seus repentes malditos, aproveitou o silencio do fulano optante a cátedra (tal vez abraiado polo favor da dama) e revelou o meu segredo: –O Xoán ten un libro de poemas rematado e queríallo mandar a don Xermán, para ver se llo publicaba... Na súa seguinte viaxe á "Nosa Terra", Maruxa levoulle os meus versos ao Barros. Pasou o tempo, o Fermín suxeriume que inquirise do guieiro-editor o que pensaba da miña obra e así o fixen, obtendo por resposta unha primeira e histórica misiva (que nunca lle mostrarei ao Horacio e que, imbécil de min, lembro de memoria): "Meu benquerido Xoán, Xa tiña eu trato cordial cos teus poemas antes de marcharmos –eu e a miña dona– a pasar unha tempadiña na Arxentina, onde tan agarimosamente nos acollen os nosos amigos. Á nosa volta sorprendeume a túa carta, que chega como a dun amigo coñecido, e sen máis collo a pluma para dicirche que a lectura da túa poesía produciume boa impresión e crecente interese. Avanzando nela, aqueles poemas tan sinxelos e claros, uns a expresar sentimentos pensados e outros pensamentos sentidos, non deixaban de me sorprender, sobre todo polo miolo reflexivo. Amosaban unha atmosfera de íntimo pesimismo e patriotismo ardente, reveladora de romanticismo xuvenil, mais, talmente por xuvenil, sorprendente pola súa madureza reflexiva. E da plasmación desa vocación quixera falarche. Que o teu poemario ten valor –poético– non se pode dubidar. Diso non dubido. Ora ben, xa coñeces as dificultades en que se desenvolve a nosa produción editorial e pídoche por tanto que medites a túa incorporación á literatura impresa..." E (malia que me foda) volvendo ao Pereira.– Non me quería saír do coche o peste del, ficaba falando da "cultura como negocio". Non é que eu tivese fame, que o bacallao malvado aínda me abrasaba o esófago; pero quería volver á casa, ao meu cuarto de estar, ao meu cuarto de baño, aos cheiros, ás sombras, á querencia, a ese burato onde escribo e a neuralxia é só miña; quería volver e temía a pregunta. Que finalmente veu: –¿Mandaches algo ao concurso do Ateneo? –Non –mentinlle, rotundo. Non podía dicirlle que mandara 'O Radiolar'. Despediuse e apertei o acelerador con carraxe, derrapei no chan mollado e asusteime, e seguín conducindo levado do diaño: Os concursos non debían existir. Non debían existir os concursos malditos... Ceei, caldo limpo e froita. A Ana tiña cara de cansada: hoxe deu sete clases e colleu un enfado de morte por culpa dun chaíñas que lle ven cun gravador e esta tarde confesou en inglés tatexante que, grazas ao parello, toda a súa familia se aproveita do que a profesora lle ensina. Preguntoume a Aniña se pensaba escribir algo novo, se facía algo, e volvín mentir, agora por pudor. Deixeina, olleirosa, e encerreime aquí. Remato: Terminando o día, coa mesma decisión de me lanzar sobre este caderno, dispóñome a ler 'Memoria dos soños idos', obra cume do Alberto Mourín (polígrafo xa desde a mocidade), non sen antes facer unha aclaración: Afortunadamente esquecidos os meus versos, cando o Barros decidiu incorporarme á literatura nacional coa primeira novela, o Mourín escribiu: "O novísimo autor de 'A revolta' inicia unha prometedora andaina no eido da prosa, con recendos da súa poesía inédita (que algúns coñecemos). Esperamos que Xoán Castro comprenda como realidade é todo, mesmo a suma das irrealidades, e como fotografar o que se ten diante se cadra non é novela. Esperamos que algún día nos sorprenda cunha longa historia novelada". Cando escribín o de que "desaparecida a nefanda dictadura, o noso sistema cultural non progresa porque os que non morreron nin emigraron tiveron que contemporizar", o Mourín respondeume no mesmo xornal e na mesma páxina cunha diatriba –'Desafortunadas insinuacións'– que concluía: "irrespectuoso, intolerable, descualificador artigo". Por iso, cando mandei á editorial o orixinal de 'O mirto e os loureiros', xa longa historia novelada, facíao sen esperanzas; ou, mellor dito, coa estúpida esperanza de que o meu texto puidese brillar por propia valía e fose publicado malia as diferenzas persoais. O Lantaño fartárase a celebrarme a enteireza, "a oportunidade do ataque no xornal aos vellos apoltronados". Vin que me defendía e atrevinme a pedirlle que indagase como andaba o meu orixinal. Non tardou en apagarme o rescaldo: o Mourín dixéralle que o meu segundo intento de romance era un chumbo terrible, "puro documentalismo"; e queixáraselle de que os rapaces novos (sic) non tivesen imaxinación. Comprendín e calei; e logo de aparecer 'Memoria dos soños idos' decidín vingarme do Mourín non lla lendo, como xa non lía os artigos críticos do autor exitoso e ben mandado. Con todo, esta noite por –e máis nada que por– estrita razón de honradez vou comezar a lerlla, para poder opinar con base: aínda que amolen, un debe aceptar os triunfos dos inimigos. |
NOS_13358 | Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946) leva moitos anos empeñado en recuperar a historia da comarca da Limia. Autor, entre outros traballos de Historia e memoria. A Limia:1931-1953 publica en Nós Diario un traballo sobre os vitimarios nesa comarca no marco do coleccionábel Os nomes do Terror. | Leva moitos anos investigando a represión na comarca da Limia, que destacarías da mesma e cal foi o seu alcance? A investigación sobre o acontecido durante a II República, o golpe de Estado e a posguerra fíxena nun intenso período de cinco anos, desde o ano 2003 ao 2008. A investigación abarcou aos 11 concellos da comarca, que creo puxo a disposición dos veciños, un rigoroso e detallado relato do sucedido na Limia naqueles anos, relato do que, lamentabelmente, moitas comarcas galegas carecen. A miña maior sorpresa e desgusto foi descubrir que durante os anos da República, na Limia, non ocorreron sucesos ou acontecementos que puideran xustificar os asasinatos, a violencia e a brutal represión desatada polos golpistas. Sinala no seu traballo que o suceso máis recordado da represión en Xinzo é o asasinato do concelleiro socialista, Cándido Fernández García, que nos pode comentar diso? De como foi a súa detención e asasinato está relatado no meu artigo. Cándido Fernández viñera coa súa familia de Arxentina foi un destacado militante socialista e do sindicato da UGT, concelleiro e tenente alcalde do concello de Xinzo no período republicano. Cando dous veciños da súa aldea morreron nas obras da vía en Vilar de Barrio, foi organizador dun impresionante enterro até o cemiterio de Xinzo, o día 18 de xullo de 1936. Desde Baronzás veu até o cemiterio de Xinzo unha comitiva formada por multitude de obreiros da vía en formación e tamén numerosos políticos locais e provinciais membros da Fronte Popular. O cadaleito é portado polos seus compañeiros, catro mulleres vestidas de marrón- alegoría da república?- suxeitan os cordóns funerarios e unha filla de Cándido abría a comitiva coa bandeira republicana.No cemiterio pronunciou un mitin Enriqueta Iglesias Meana "La Camarada". Os falanxistas de Xinzo distribuíran armas entre os seus afiliados e simpatizantes, que, con pistolas no peto, asistiron de lonxe ao enterro dispostos a intervir se se producían provocacións ou alteracións da orde. Cándido debeu ter un importante papel como organizador do devandito enterro o que de seguro foi unha das posíbeis causas do seu tráxico asasinato en datas posteriores. El e outras dúas fillas xa tiñan todo preparada para volver a Arxentina, á que xa viaxaran uns días antes a súa muller e outros fillos. Meses antes do golpe de Estado, da Garda Civil, falanxistas e militantes da dereita conspiraban na Limia contra a República Repara no seu artigo na formalización da estrutura paramilitar, cando entran en acción as milicias falanxistas na Limia e como foi o seu proceso de constitución? Meses antes do golpe de Estado, xa membros da Garda Civil, falanxistas e militantes da dereita estaban a conspirar contra a República á que xuraran fidelidade. Xa no mes de febreiro o médico Emilio García, comprometerase co tenente da Garda Civil, Ricardo Bazán, para saír á rúa con el en calquera movemento militar tan pronto se iniciara, como efectivamente o fixo co alférez da Garda Civil de Xinzo, Francisco Piñel e o tenente de Carabineiros Aquilino López Deus. Tamén se ofrecera ao xefe da Falanxe de Xinzo, Xosé Campos, médico de Baltar, militante do PRR, aportando toda clase de donativos e sendo un dos primeiros colaboradores co mestre de Sampaio, Xosé Mª Campos, que estaban de acordo con outros amigos para intervir en favor do mesmo, dispostos a contribuír ao paso de armas e todo o necesario pola fronteira portuguesa, poñendo o seu capital a mercé dos rebeldes. Ou o cura de Tosende, Manuel Quintela, que tamén participou na conspiración e se ofreceu para cooperar co mestre Nicolás Barja a buscar xente e ofrecendo o seu capital para dar o golpe a favor do indicado movemento. Que a Falanxe da Limia viña preparando o golpe sabémolo polo falanxista Nicolás Barja que con Xosé María Penín, mestre de Sandiás, percorreron varios postos da fronteira, en servizo de Falanxe, para preparar o paso de armas tan necesarias naqueles momentos a principios do mes de Xullo. Refírese na súa investigación ao papel que xogan algúns párrocos na organización, que nos pode adiantar diso? Parece ser que maioría dos curas da Limia, afiliáronse masivamente a Falanxe e contribuíron, moitas veces, cos seus falsos e calumniosos informes ás condenas e represalias de moitos dos seus frégueses. Moitos deles co fusil ao lombo e a pistola na cintura acompañaron aos milicianos nas súas descubertas pola Limia. Esta actitude e falta de humanidade foi unha das cousas que máis me sorprendeu e desgustou durante as miñas investigacións. As milicias en Xinzo foron organizadas polo tenente de carabineiros, Aquilino López, o alférez da Garda Civil Francisco Piñel e o xefe da Falanxe de Xinzo. Que nos pode contar do papel dos militares e máis concretamente da Garda Civil no aparello represivo na Limia? Feita en Ourense a declaración de estado de guerra, seguidamente falanxistas e requetés, xunto con "elementos de orde" non encadrados en ningunha organización, concentráronse no concello de Xinzo -sede da Comandancia Militar-, para poñerse á disposición dos golpistas, todos eles foron armados nestes primeiros días e organizadas as milicias dispostas a controlar a comarca. Os golpistas de Xinzo sumáronse rapidamente ás columnas organizadas para a persecución de agachados e fuxidos; recorreron os pobos e aldeas da comarca facendo detencións e algúns disparos ao aire para desalentar calquera intento de resistencia. As patrullas estaban formadas por falanxistas, paisanos "elementos de orde", organizados en improvisadas milicias das JAP, tradicionalistas, gardas civís, carabineiros e militares do Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30, que, na maior parte das veces, actuaban conxuntamente. As milicias en Xinzo foron organizadas polo tenente de carabineiros, Aquilino López, o alférez da Garda Civil Francisco Piñel e o xefe da Falanxe de Xinzo; no resto dos concellos, onde non estaba organizada a Falanxe, foron os comandantes de posto da Garda Civil os encargados de organizalas. Os nomes do Terror O 3 de novembro principiou unha nova achega de Nós Diario arredor dos vitimarios. A publicación, que se vai distribuír co xornal de terzas a sextas feiras ao longo dos meses de novembro e decembro, recolle 34 traballos de 23 autores sobre os verdugos nos primeiros anos do franquismo. O coleccionábel Os nomes de terror vén ser continuación dun volume do mesmo título publicado por Sermos Galiza S.A. en 2017 e, como daquela, tenta deitar luz sobre un período da historia aínda hoxe incómodo ao poder e favorecer un debate público sobre unha cuestión que a oficialidade continúa mantendo nas marxes. |
NOS_47756 | A asociación españolista exixía o envío en castelán dunha documentación que é pública e está accesíbel en galego. | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) desestimou o pasado mes de xullo un recurso da asociación Hablamos español contra a decisión da Comisión de Transparencia da Galiza de non permitirlle o acceso á programación didáctica dos centros educativos dependentes do Goberno galego. A asociación 'Hablamos español' critica duramente que Pedro Puy poida suceder Feixoo na Xunta por falar en galego Segundo recolle a sentenza, á que tivo acceso Nós Diario, en decembro de 2020 esta asociación españolista demandou á Consellaría de Educación, Cultura e Universidade o envío, "en formato dixital e en castelán", destas programacións, case 50.000 documentos, sen recibir resposta. Posteriormente, Hablamos español presentou unha reclamación ante a Presidencia da Comisión de Transparencia da Galiza, dependente da Valedora do Pobo. Dita reclamación foi tamén rexeitada, en setembro de 2021, polo que o colectivo españolista presentou un recurso contencioso-administrativo no TSXG. Hablamos Español recorre ante o TSXG a ordenanza do galego da Coruña: "Atentan contra a plena oficialidade do español" Ese mesmo recurso é o que hai uns meses foi desestimado polo alto tribunal galego, aínda que a sentenza non é firme, e contra ela cabe interpor un recurso de casación. Argumentos contra a reclamación O letrado da Valedora do Pobo argumentou que a reclamación de Hablamos español tiña que ser "inadmitida" por "ser abusiva", ao tratarse dunha cantidade tan inxente de documentos, ademais de que estes son de carácter público e pode accederse a eles "a través de páxinas web accesíbeis para todos". Hablamos Español alega contra a nova ordenanza do galego da Coruña: "É nacionalismo infame" Aliás, a Valedora do Pobo tamén desestimaba a reclamación polo feito de ser solicitada a documentación en castelán, o que implicaría "unha necesaria acción previa de reelaboración mediante a súa tradución ao castelán", segundo recolle a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Neste sentido, o alto tribunal da Galiza subliña que "a plena lexitimidade de defender os dereitos lingüísticos dos hispanofalantes" non pode ser contraria ao cumprimento da lei de normalización lingüística do galego. O Supremo pronúnciase contra o galego no caso da ordenanza municipal de Lugo Finalmente, e ademais de non admitir o recurso de Hablamos español, o TSXG impúxolle á asociación españolista o pago de 1.500 euros, correspondentes aos custos procesuais. |
NOS_19074 | A reforma educativa impulsada polo Goberno do Estado volveu abrir o debate sobre o papel das linguas no ensino. A eliminación da referencia explícita ao castelán como "lingua vehicular" reviviu o discurso do PP sobre a persecución deste idioma nas aulas e a "imposición" do galego, malia unha década de retroceso da lingua propia. | O conflito lingüístico arraiga de novo nas aulas. Faino a raíz da reforma da lei educativa impulsada polo Goberno do Estado, cuxa tramitación segue adiante no Congreso dos Deputados. O proceso de emendas propiciou unha modificación da norma que, de ser aprobada, asumirá unha redacción similar á que mantiña antes da entrada en vigor en 2013 da Lomce, coñecida como 'lei Wert'. Da futura nova lei de educación, a Lomloe, tamén chamada 'lei Celaá', desaparece a referencia explícita ao castelán como lingua vehicular no ensino. No canto, a norma recolle que "as Administracións educativas garantirán o dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución Española, os Estatutos de Autonomía e a normativa aplicábel". Preocupación Esta redacción desatou as críticas do PP, que ademais de recuperar a teoría da persecución do castelán nas aulas, rescatou para a Galiza o discurso sobre a "imposición" da lingua propia. Para o PP, as mudanzas na lei educativa poden facilitar "a inmersión lingüística" por parte dos "nacionalistas". Unha afirmación que o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, defendeu durante o anuncio da proposición non de lei que o seu partido vén de presentar no Parlamento ante a "preocupación" que lle suscita a modificación da norma. Tellado considera que se saltaron "os marcos normativos de rango superior", o que permite que "a lingua castelá deixe de ser vehicular, co que se altera o equilibrio lingüístico entre as linguas cooficiais do Estado e se renuncia a que os cidadáns aprendan no idioma que os vincula con falantes doutros territorios".Neste sentido, o PP reclama "o rexeitamento da Cámara ante calquera modificación que posibilite que o galego e o castelán deixen de ser vehiculares no ensino, pondo en perigo o equilibrio entre as súas linguas cooficiais". Desde o BNG lamentan que o PP poña de novo sobre a mesa este asunto "con tanta carga de hostilidade contra idioma" en plena segunda vaga da pandemia, "nun contexto social económico e sanitario demoledor". Unha década de mentiras Para a deputada Mercedes Queixas, o PP leva 10 anos "encerallado nunha mentira", nunha "fraude", a do plurilingüismo, baseado "nunha política lingüística absolutamente negacionista" que deixa nas aulas "unha ignorancia maioritaria do galego, ningún avance na lingua estranxeira e un monolingüismo en castelán". Esa é a realidade do alumnado ao final de cada etapa educativa, recalca, a falta dunha avaliación recollida no marco legal coa que o Goberno non cumpre, advirte. Co decreto do plurilingüismo de 2010, "o PP arrombou con todo para crear un marco xurídico demoledor, que por primeira vez na democracia prohibe impartir materias en galego". Ese, asegura Queixas a Nós Diario, foi o "agravio maior" contra o idioma e "a declaración de intencións" da política lingüística do PP, "que renega da capacidade do galego para ser vehicular no ensino", asevera. Dominio das linguas Desde o Partido Socialista, o deputado no Congreso e relator da Lomloe Guillermo Meixón critica a "falacia montada polo PP" arredor dunha soa palabra, "vehicular", que nunca antes da 'lei Wert' aparecera nas normas educativas. "Esa lei foi a responsábel de avivar o conflito lingüístico ao ir en contra do modelo de inmersión", sinala. "O que pretende agora a Lomloe é respectar o marco constitucional e das autonomías para asegurar o dominio tanto do castelán como das linguas dos territorios, e estabelecer os mecanismos para que esas competencias sexan reais", explica a Nós Diario. "Porque a ignorancia das linguas non é unha opción", conclúe Meixón. |
PRAZA_17201 | "Estamos na rúa porque Zona Franca non controla as subcontratas que fan as súas adxudicatarias", di o propietario dunha firma á que a construtora encargou traballos na fábrica de automóbiles no recinto do consorcio vigués. As entidades implicadas negan irregularidades. | Denuncias por impago entre empresas por discrepancias sobre os traballos realizados son habituais, e dirímense na xurisdición mercantil ou civil. Non é tan común que unha pequena empresa se querele pola vía criminal por estafa, apropiación indebida, falsidade documental, prevaricación e delito contra a seguridade dos traballadores contra firmas tan grandes como Peugeot-Citroën e a construtora Copcisa e unha administración pública como o Consorcio da Zona Franca de Vigo. "Estamos na rúa porque Zona Franca non controla as subcontratas que fan as súas adxudicatarias", di Breogán Rodríguez, propietario de Acende Enerxía, subcontratada por Copcisa tras gañar esta un concurso da Zona Franca para renovar caldeiras nas instalacións dese consorcio en Vigo que ocupa a fábrica de automóbiles. "Estamos na rúa porque Zona Franca non controla as subcontratas que fan as súas adxudicatarias", di o propietario dunha firma á que a construtora encargou traballos na fábrica de automóbiles no recinto do consorcio viguésO empresario denuncia que Copcisa non lle paga traballo e material que el xa executou coa complicidade de Zona Franca e Peugeot-Citroën, o que o aboca ao peche tras ter que despedir nos últimos meses á maioría dos seus traballadores. O pasado luns presentou nos xulgados de Vigo unha querela criminal de 70 páxinas, acompañada de centos de folios máis de peritaxes e documentación sobre os feitos que denuncia, polos anteditos delitos contra Copcisa e Peugeot Citroën Automóviles España (PCAE), así como contra 15 persoas (7 cargos de Zona Franca, entre eles a súa máxima responsable, a delegada do Estado Teresa Pedrosa, 4 de Copcisa, 1 de PCAE e 3 técnicos que elaboraron o proxecto). As tres entidades negan irregularidades, mentres que a Consellería de Industria, que debe autorizar a instalación enerxética, se desentende da cuestión.A Zona Franca de Vigo (consorcio no que están presentes administracións estatais e locais, a autoridade portuaria ou organizacións empresariais, entre outros) contratou o ano pasado a través dun concurso público á empresa Copcisa para executar nas súas instalacións de Balaídos que ocupa desde hai décadas a fábrica de Peugeot Citroën a obra "Adaptación de los sistemas de producción y distribución para la mejora energética de la industria PCAE S.A., consistente en la instalación de varias calderas de gas, de tubos radiantes de gas y de dos calderas de agua sobrecalentada". A actuación, licitada por 1,53 millóns, foi adxudicada por case 1,2 millóns.Copcisa subcontratou a Acende Enerxía, que argumenta que tras realizar boa parte da instalación asumindo o custo a través de préstamos, foi apartada antes da autorización de posta en servizo e sen cobrarÁ súa vez Copcisa subcontratou a Acende Enerxía, que argumenta que tras realizar boa parte da instalación entre maio e outubro do ano pasado asumindo a través de préstamos o custo dos materiais e da incorporación de máis persoal, foi apartada dos traballos antes da autorización de posta en servizo das instalacións e sen cobrar. Tras prohibírselle entrar na fábrica sen que a obra estivese rematada, o propietario de Acende Enerxía denunciou ante a policía que non se lle facilitase acceso para recoller o seu material e ferramentas. Tamén formulou denuncias ante inspección de traballo e a Consellería de Industria polo risco que poderían estar correndo os traballadores da fábrica se esas instalacións non están correctamente rematadas e autorizadas, legalización que só podería realizar Acende Enerxía como instalador das mesmas, polo que na querela xudicial agora imposta se engade o presunto delito contra a seguridade dos traballadores.Os sindicatos CIG e CUT xa amosaron a súa preocupación pola situación das instalacións enerxéticas tanto ante Traballo como ante Peugeot-Citroën e apoiaron as protestas dos traballadores afectados pola situación da empresaOs sindicatos CIG e CUT xa amosaron a súa preocupación pola situación das instalacións enerxéticas tanto ante Traballo como ante Peugeot-Citroën e apoiaron as protestas que os traballadores afectados pola situación en que agora queda Acende Enerxía realizaron a finais do pasado ano ante as portas da fábrica.Segundo a tese que sostén o propietario de Acende Enerxía, "Copcisa actúa indiciariamente cun claro obxectivo defraudatorio, para provocar a quebra de Acende e evitar o pagamento dos subministros e traballos realizados", o que á súa vez, lembra, afecta tamén a medio cento de empresas provedoras súas que tampouco poderían cobrar. O empresario argumenta que o que considera un "plan preconcebido" se realizou coa complicidade de Zona Franca e PCAE con Copcisa para que as tres obtivesen un "enriquecemento inxusto" tras varias modificacións do proxecto inicial que ao seu ver era irrealizable polo importe contratado. O prego de condicións licitado pola Zona Franca prohibía de xeito expreso que a adxudicataria puidese subcontratar máis do 60% do total da obra e regulaba o control do Consorcio sobre as subcontratasO prego de condicións licitado pola Zona Franca prohibía de xeito expreso que a adxudicataria puidese subcontratar máis do 60% do total da obra. Porén, Acende Enerxía argumenta que "Copcisa subcontratou a totalidade da obra que se ía executar por unha cantidade lixeiramente inferior á do contrato de adxudicación pública, 1.199.841,16 euros, sendo o contrato con Acende de 1.146.656,93 euros", e achega documentación que así o probaría. Ademais, o prego de condicións de Zona Franca tamén a capacitaba para "comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o adxudicatario ha de facer a todos os subcontratistas ou subministradores", unha "obriga" cuxo incumprimento permite ao Consorcio non pagar á adxudicataria os importes que esta adebede aos subcontratistas e penalizala a maiores cun 1% dese importe.Versións de Zona Franca, PCAE e CopcisaZona Franca asegura que ten no seu poder "unha declaración xurada de Copcisa na que a empresa manifesta que non subcontratou máis do 60%"Zona Franca, en respostas a este diario, asegura que ten no seu poder "unha declaración xurada de Copcisa na que a empresa manifesta que non subcontratou máis do 60%" e que a construtora tamén lle asegurou "que está ao corrente de pago cos seus subcontratistas". O Consorcio tamén di que "inspección de traballo xa comprobou in situ e dixo que estaba todo correcto" e que xa presentou toda a documentación necesaria para autorizar a instalación ante a Consellería de Industria. Zona Franca limita o sucedido a "un conflito entre dúas empresas, para iso están os xulgados".Peugeot Citroën di que é "mero usuario dunha instalación cuxa promoción e concurso público foi realizado pola Zona Franca, e non nos consta que esta instalación plantexe problemas de seguridade ou legalidade"Consultada sobre este conflito, a fábrica contesta que o grupo Peugeot Citroën "é mero usuario dunha instalación cuxa promoción e concurso público foi realizado pola Zona Franca, e non nos consta que esta instalación plantexe problemas de seguridade ou legalidade".Na súa denuncia o empresario tamén salienta o feito de que a actuación pagada por Zona Franca beneficie a unha empresa privada como Peugeot Citroën, algo que tamén critica o sindicato CUT, que ademais de preocuparse pola seguridade das instalacións sinala como habitual que o consorcio introduza con cartos públicos melloras nas súas instalacións que acaban supoñendo melloras ou aforros nos procesos produtivos de PCAE.Copcisa nega "ningún perigo" das instalacións e limita o conflito a unha discrepancia entre dúas empresas sobre o custo dos traballos realizados que deixa en mans dos tribunaisDesde Copcisa, un responsable da empresa en Galicia limita o conflito a unha discrepancia sobre o custo e o pagamento dos traballos realizados para ela por Acende Enerxía que deixa en mans dos tribunais. O cargo da construtora nega que a subcontrata realizase tanto traballo como di e que superase o 60% do total e explica que Copcisa recorreu a Acende mentres o seu propio persoal remataba outras actuacións de xeito que unha vez que se liberou e o puido dedicar á obra na fábrica de PCAE, prescindiu da subcontrata. Sobre a situación das instalacións enerxéticas, o representante de Copcisa insiste en que non supoñen "ningún perigo" porque "ata que se rematan non entran en funcionamento" senón que previamente estiveron "en probas".Esa entrada en funcionamento definitiva debera ser autorizada pola Consellería de Economía e Industria, á que este diario preguntou varias veces por este conflito desde o pasado 17 de abril sen obter ningunha resposta. |
NOS_50190 | Susana Sánchez Arins (Vila Garcia de Arouça, 1974) cumpre neste 2019 uma década da publicação de [de]construçom (Espiral Maior), que vem sendo também o décimo aniversário do seu debute na escrita pública. Sánchez Arins está a celebrar o acontecimento numa situação invejável para qualquer autora: com dois livros na rua de distinto género e distintas editoras e imersa no seu ciclo de apresentações e difusão. Trás o sucesso de Seique (Através Editora, 2015), a sua obra converteu-se também numa referência imprescindível no referente à gestão da memória histórica, além de acompanhar e co-protagonizar um novo momento na sempre complexa relação da literatura galega com as suas formas de escrita mais dissidentes. Falamos com ela numa Compostela invernal sobre as formas do passado e os desejos para o futuro. Eis un extracto da conversa, publicada no número 330 de Sermos Galiza. | Publicas [de]construçom no 2009 depois de ganhar com ele o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Como lembras aquele momento com a perspetiva duma década? O Pérez Parallé para mim supôs poder publicar, eu que era inédita em todos os sentidos e nem sequer publicara em revistas. E foi muito importante poder começar assim, com um prémio prestigioso e numa editora da relevância de Espiral Maior. E é curioso porque desde aquela nunca mais precisei de recorrer a certames para poder publicar os meus livros, algo que para mim diz muito do próprio prémio e também do carinho que lhe tenho. O facto de não publicares antes tem algo a ver com a norma ortográfica que escolheste para escrever? Está relacionado, mas no meu caso também funcionou muito a auto-censura: "Não vou enviar nada porque da forma na que escrevo não o vão querer". Também chegara a apresentar-me a outro certame antes com um outro livro transliterando o texto, mudando nh por ñ e assim. Não ganhei e fiquei tranquila por poder dizer: "Não é a norma, é que falta trabalhar os poemários, dar-lhes madurez". O seguinte foi o livro com o que ganhei o Parallé e já o enviei com a atitude vital que mantenho hoje: "Vai na minha norma e se me querem que me queiram, e se não, eles o perdem". Nesse sentido o Parallé quitou-me o medo, serviu-me para ver que se podia publicar, ainda que haja portas nas que nunca petei e sei que seguramente não se me abririam. Como valoras a dia de hoje o estado da questão normativa do galego? Penso que vamos polo bom caminho. Formo parte da AGAL, que agora aposta polo bi-normativismo, e ponho muitas vezes de exemplo a minha plaquette Carne da minha carne publicada há uns meses por Apiario. Tenho que dizer que com Apiario o tema da norma nem sequera veio à conversa, eu enviei assim e assim o publicaram. Outras editoras como Chan da Pólvora ou Laiovento também acolhem propostas assim e penso que só faltam as grandes casas editoriais galegas. E mesmo nestas há atitudes que mudaram nos últimos anos: como a parceria de Xerais com Através nos volumes Bolcheviques/Bolxeviques. Penso que esse é o caminho, pouco a pouco iram caindo os preconceitos, o panorama ira-se abrindo e também acabará por eliminar-se a regra da maior parte dos prémios literários que exige apresentar as obras em norma ILGA-RAG. Bem podia ir mais rápido, mas acho que estamos nesse processo. E é certo que nos últimos dez anos avançamos muito. No 2009 foi notícia que [de]construçom estivesse em reintegrado, acho que era o primeiro livro do Pérez Parallé com o que acontecia e perguntavam por isso em todas as entrevistas. Porém, hoje já não é notícia que Carne da minha carne seja o primeiro livro que Apiario saca noutra norma, e isso é algo que me alegra. O caminho é que haja liberdade de escolha. Nesse sentido, penso que tiveste uma experiência particular com o teu livro Seique. Sim, é um livro que ultrapassou muito o âmbito do reintegracionismo e chegou a muitas pessoas, rompendo essa barreira do público restrito e militante. Fui com ele a clubes de leitura de adultos, de adolescentes, entrou em centros como leitura do alunado… tive muitos encontros sobre o livro. E o último que te perguntam as pessoas leitoras é por que há um lh no canto dum ll. De facto, houve quem me disse que, à hora de ler, tinha mais problemas com a escrita sem maiúsculas que com a norma ortográfica. Experiências que te fazem pensar na verdadeira dimensão da questão normativa. [Podes ler a entrevista íntegra no número 330 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_35586 | Procederase a apagar dous dos catro grupos de alimentación da central. | O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco), tras recibir un informe de Rede Eléctrica de España (REE), autorizou o peche de dous dos catro grupos da central térmica das Pontes, propiedade de Endesa. O peche dos outros dous grupos autorizarase de maneira condicionada, atendendo ao reforzo de variábeis de dispoñibilidade de potencia no sistema eléctrico, informou o Ministerio. O Goberno do Estado aposta polo feche da central térmica das Pontes Neste sentido, e tras coñecerse a decisión, Endesa presentou un plan de desenvolvemento de 2.682 millóns de euros para a Galiza, que xeraría 1.361 empregos. Este plan, suxeito ás preceptivas autorizacións, expón a substitución dos 1.400 megawatts (MW) de carbón das Pontes por 1.300 MW renovábeis, incluíndo ademais o plan de desmantelamento da central, a instalación de novos proxectos industriais no emprazamento da térmica, o impulso loxístico á terminal do porto de Ferrol e un plan de formación para as persoas da contorna. A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, reuniuse esta segunda feira co conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, unha vez recibido o informe do operador da rede eléctrica sobre a solicitude de peche da planta presentada pola compañía enerxética. A Xunta aposta agora pola térmica das Pontes e deixa a planta de Ence no ar Aínda que o Ministerio xa contaba cun informe de REE elaborado en 2020 para autorizar o peche dos catro grupos da central de carbón, cuns 350 MW cada un, na primavera deste ano decidiu solicitar un novo informe, á vista das tensións provocadas nos mercados enerxéticos pola situación bélica en Ucraína e a elevada exportación de electricidade provocada pola seca e a indispoñibilidade de boa parte da enerxía nuclear francesa. Promesas de Endesa Nun comunicado, a empresa enerxética subliñou que "nin se vai nin se desentende das Pontes e a Galiza", polo que, para soster esta aposta estratéxica, presentou ao Ministerio de Transición Ecolóxica, así como á Xunta da Galiza e ao Concello das Pontes, un plan de desenvolvemento social e económico na rexión que "mostra o compromiso cun proceso de Transición Enerxética Xusta e a creación de valor nas Pontes e a súa contorna". Ence non podería instalarse nos terreos da central das Pontes até cando menos 2030 Igualmente, a estratexia da compañía recolle que todos os seus empregados serán recolocados noutras áreas da empresa, no desmantelamento, nos plans de futuro ou se acollerán a plans de saídas voluntarias. Os eixos nos que traballará Endesa após o peche irán desde o desmantelamento da central, que terá unha duración estimada de catro anos e para o que se realizará un plan de formación que capacitará as máis de 130 persoas que participarán nestas tarefas, até o impulso de novos proxectos renovábeis na rexión. Competencia abre unha porta alternativa para conservar unha parte da central térmica das Pontes Para iso, abordarase a tramitación destes novos proxectos para converter a capacidade da central en nova potencia limpa, coa construción de 1.300 MW de proxectos eólicos que permitirían crear, segundo Endesa, até 2.300 postos de traballo durante a fase de construción, e outros 274 empregos directos durante os 25 anos estimados de vida útil dos parques eólicos. |
NOS_24922 | Nicanor Acosta, activista de Stop Desafiuzamentos, será xulgado este martes na Coruña por participar nas mobilizacións contrarias ao despexo da anciá Aurelia Rei en febreiro de 2013. | Aos seus 74 anos, Nicanor Acosta é un dos activistas multados pola Delegación do Goberno por participar nas mobilizacións que trataron de frear o desafiuzamento de Aurelia Rei en febreiro de 2013. Logo de presentar recursos pola vía administrativa, a xustiza resolverá esta terza feira o procedemento. Acúsaselle da "provocación de reaccións no público que alteren ou poidan alterar a seguridade cidadá" e pídenselle 600 euros de sanción económica. Nun comunicado, Stop Desafiuzamentos sinala que "o que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as reaccións no público as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron a xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono". Stop Desafiuzamentos lembra que Nicanor Acosta é un dos activistas que adoita estar presentes en todas as mobilizacións, polo que "ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Neste sentido, o activista de 74 anos ten multas pendentes por valor de máis de 2.700 euros en relación ás protestas contra os despexos, á marxe das sancións correspondentes ao seu compromiso con outras loitas sociais, como no caso das preferentes. Con motivo do xuízo, Stop Desafiuzamentos convocou unha concentración esta terza feira, 13 de outubro, ás 9.30h, diante do edificio Proa, en Matogrande (A Coruña), onde se atopa o Xulgado do Contencioso-Administrativo. Nicanor Acosta é unha máis das persoas activistas que tiveron que sentar no banco dos acusados en relación ás mobilizacións que trataron de frear o despexo de Aurelia. Antes de Nicanor xa pasaron polas instalacións xudiciais da Coruña en relación ao caso de Aurelia o coñecido bombeiro Roberto Rivas, o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, o ex portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, ou o activista Adolfo Naya. |
PRAZA_3059 | A comisión das caixas abriu por primeira vez en 2013; dende 2017 o seu escaso movemento redúcese ás peticións da oposición para reactivala, todas elas sen resposta. Mentres, o Banco de España certificou a perda de 9.000 millóns de euros no rescate de Novacaixagalicia | Hai xa case sete anos que o PP, unha vez pasadas as eleccións galegas de 2012, accedía a abrir unha comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre a fracasada fusión de Caixanova e Caixa Galicia. Daquela pasaran xa máis de catro anos dende que Alberto Núñez Feijóo comparecera ante os medios xunto a Julio Fernández Gayoso e José Luis Méndez para anunciar os primeiros pasos dunha unión que botou a andar a finais de 2010 sendo presentada como "solvente" e "viable", pero que cando comezaron as pescudas parlamentarias xa levaba recibidas inxeccións de diñeiro público que superaban os 9.000 millóns de euros para evitar a quebra.A comisión das caixas abriu por primeira vez en 2013; dende 2017 o seu escaso movemento redúcese ás peticións da oposición para reactivala, todas elas sen respostaTras unha primeira xeira de comparecencias -entre elas, as de Méndez e Gayoso e a dos autores do informe da consultora KPMG sobre a fusión polo que a Xunta pagou 1 millón de euros- e recepción de documentación, o PP galego fixo valer a súa maioría absoluta para bloquear a investigación dende antes das eleccións europeas de 2014 e ata despois das galegas de 2016. A intención, afirmarían despois, non foi outra que "arrefriar o debate". En 2017 accederon a reabrila, pero a parálise regresou pouco despois e xa transcorreron case tres anos nos que o movemento da comisión se reduciu, a efectos prácticos, ás peticións da oposición para reactivala.A petición máis recente rexistrouna nos primeiros días do ano o deputado Antón Sánchez como voceiro de Común da Esquerda. Sánchez, que neste tempo mesmo tivo que chegar aos tribunais de Xustiza para instar a Xunta a lle entregar papeis da fusión, lembra no seu escrito que en 2016 os populares "non aceptaron" novas comparecencias na comisión "co pretexto da urxencia para rematar pola vía rápida" e, no entanto, a investigación "leva máis de dous anos paralizada".Sánchez reclama incorporar á comisión pescudas sobre aspectos como o impacto da fracasada fusión en empresas como Isowat, R ou EmesaPero, ao seu xuízo, nin a anterior urxencia nin a actual parálise son admisibles, por mor dos "aspectos que quedaron sen aclarar" mentres a comisión funcionou. Dende "as decisións que levaron á precipitada venda de Novagalicia Banco" ata o feito de que o "proceso de fusión e privatización do aforro galego condiciona o presente" do país, dende as "condicións do crédito para persoas e empresas" ata a incerteza nas industrias noutrora participadas por Caixa Galicia ou Caixanova. "Isowat, R ou Emesa son exemplos das consecuencias deste fiasco financeiro", ilustra.Todo isto, agrega Antón Sánchez, prodúcese nun contexto no que tanto o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), o ente estatal creado para o rescate das entidades financeiras, como a entidade resultante da venda de Novagalicia a Banesco, Abanca, "negaron información" solicitada por unha comisión que "estivo paralizada 5 dos seus 7 anos de existencia por vontade do Grupo Popular". Por todo isto, os comúns reclaman formalmente a reactivación da comisión, a entrega de toda a documentación pendente e novas comparencias, entre elas as do presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, a de Alberto Núñez Feijóo ou as dos responsables da saída de Novagalicia Banco do accionariado de diversas empresas.En febreiro de 2019 o PSdeG reclamou a intervención do presidente do Parlamento para acabar coa parálise que, "sen explicación ningunha", afecta á investigación sobre as caixas; un ano antes tamén o fixera o BNG, igualmente sen resposta Polo momento, a petición de Común da Esquerda está a atopar o silencio como resposta, o mesmo que sucedeu coas reclamacións de reapertura da comisión antes formuladas polo PSdeG e polo BNG. Non en van, o pasado febreiro de 2019 o Grupo Socialista dirixíase formalmente ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, para advertilo de que a comisión estaba paralizada "sen explicación ningunha". Por este motivo, instábano a exercer as súas competencias regulamentarias e "impulsar a conclusión dos traballos" segundo o estipulado ao inicio da actual lexislatura, á que lle queda, como moito, apenas medio ano de percorrido parlamentario real.O Banco de España vén de certificar a perda de 9.000 millóns de euros no rescate de Novacaixagalicia, entidade resultante da fusiónCase un ano antes, en abril de 2018, tamén o BNG tentou sen éxito reactivar a investigación. Sinalaban daquela que a comisión apenas celebrara "catro xuntanzas" dende a súa reapertura en xaneiro de 2017. Este feito, advertía a formación que lidera Ana Pontón, alarmábaos dados os "precedentes de paralización abusiva e arbitraria dos traballos", polo que urxía incorporar nova documentación, concluír as pescudas, elaborar o ditame e aprobalo en pleno. Nada diso sucedeu polo momento.Mentres a parálise da investigación continúa e se aproxima á fin dunha nova lexislatura sen rematar, a información sobre o acontecido nas antigas grandes caixas galegas continúa a fluír, aos poucos, por outras canles. Así, por exemplo, o pasado novembro de 2019 o Banco de España certificaba a perda de 9.000 millóns de euros no rescate de Novacaixagalicia e algúns dos ex-directivos xa entraron e saíron do cárcere ou continúan inmersos en procesos xudiciais. |
NOS_55926 | María Pilar García Negro, profesora da UDC, escritora e colaboradora de Sermos Galiza, é especialista en sociolingüística. Analiza para este medio os resultados do inquérito que o Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos a pasada sexta feira. | Unha primeira consideración: nun contexto diglósico, como o galego, lingua declarada non é equivalente a lingua real. Falar "só" galego ou máis galego que español, para moitos falantes, significa practicalo, por continuidade ambiental, no ámbito familiar-privado, sen cuestionaren o cambio de idioma noutros espazos e funcións. Isto é, a "naturalidade" do uso do español con interlocutores descoñecidos ou lugares e funcións sociais e públicos non se advirte. Véxase como os mesmos suxeitos entrevistados recoñecen este cambio cando se dirixen ao médico, aos profesores, ás administracións públicas, á banca, ao comercio ou no lugar de traballo. En segundo lugar, por baixo e por fóra de constatacións demoscópicas, a pura e dura comprobación empírica dá para verificar a escandalosa exclusión ou presenza exigua do galego en todos os ámbitos e funcións con efeito multiplicador. A cativa e inmodificada (36 anos!) Lei de Normalización Lingüística nen sequer se aplicou naqueles dominios de competencia autonómica. O galego "oficial" preséntase así como un residuo ritual-amortizábel, raquítico, sen a menor capacidade ou virtualidade normalizadora. En terceiro lugar, o inquérito do IGE pon á vista o que é un clamor para quen o quixer ver e ouvir: a aceleración da perda do idioma galego na infancia, o que leva a un estrañamento do proprio e nacional, encanto se mantén a hexemonía do español e unha familiarización crecente cun repertorio vulgar do inglés. O galego, estranxeiro na súa patria... Non é só unha manca de transmisión familiar-xeracional; é unha falta de oferta que determina a ausencia de demanda e o mantemento dunha baixísima motivación para se integrar no galego de forma normal. En cuarto lugar, o galego continúa a ser un idioma ágrafo para a maioría da povoación. Fóra de minorías conscientes e leitoras ou consumidoras de produtos en galego, non existen espellos escritos -sociais e públicos- que favorezan a reprodución posterior. De por parte, nen sequer esa minoría pode ser cualificada de monolingüe, porque está carente da necesaria devolución en galego dos seus parlamentos. A comunicación lingüística non é entre A e B: é social, abranxente de todos os axentes activa ou pasivamente implicados. En quinto lugar, a reacción do goberno (?) galego ante esta enésima verificación da deriva negativa do idioma nacional resulta dun cinismo insuportábel. Falar de datos "positivos" ou de que somos un "modelo de convivencia entre linguas" só pode compararse coa actitude compracente e submisa do enterrador que espera cobrar axiña polo seu traballo. Como se pode falar de mantemento ou de avanzo en mantendo todas as trabas posíbeis para o aparecemento do galego, en reforzando disposicións directas da súa proscrición?! En sexto lugar -e en termos estritamente realistas-, cómpre recoñecer a eficacia da política lingüística oficial. Eficacia negativa, claro está, eficacia para mal, coa finalidade de anestesiar aínda máis unha povoación adormentada na naturalidade da pequenez e domesticidade de todo o seu, a comezar polo idioma distintivo de noso, o galego. Hai moitos anos que falei de táctica homeopática: a dosificación calculada dunhas racións minguadas de galego para ratificar a súa limitación, o dereito a unha existencia regulada, controlada, mínima e, como dixen, amortizábel, mais que dá unha aparencia de "inclusión" e dunha "normalidade" que non altera o esquema xerárquico: a hexemonía omnímoda do idioma oficial do Estado e a oferta subordinada dun anano galego que colme a adhesión afectiva que si pode ser maioritaria. Racharmos a falsa naturalidade Vainos a vida, en fin, en racharmos esta falsa naturalidade e en situarmos, dunha vez por todas, a cuestión da lingua no lugar social e político que merece, quer dicer, en decatármonos de como ela é o grande espello, o grande cruxol onde se advirte a posición de todas e todos nós, de todas as galegas e galegos, a respeito de nós mesmos, dos nosos dereitos como povo e da nosa aspiración a un futuro rexido por nós, como donos e responsábeis do noso destino. Non é, o da lingua, un item máis: é o baremo inmellorábel para medirmos esta nosa posición como colectivo. A minoría galego-practicante consciente debe, en primeiro lugar, comprender a situación real do idioma galego; renunciar a calquer placebo estupefaciente; aspirar a deixar de ser minoría, para que o termo "normalización" adquira algún sentido; reparar nos atributos que definen unha lingua normal e, a partir deles, examinar canto lle falta ao galego aínda para selo... En suma, non se contentar ou resignar con onde o galego está, senón atendendo a onde non está, puidendo estar. A final, unha reflexión, coido que oportuna: unha política lingüística proactiva (palabra á moda!) para co galego non se pode satisfacer só coa denuncia do mal que o fai a excluente e anti-galega política do PP e da Xunta, senón que debe esmerarse en captar falantes e escrebentes, en utilizar o ensino como alavanca e non como depósito rotineiro de subordinacións e de repeticións, en reclamar adoito a normal existencia oral e escrita do galego, en dar a valer a súa cultura, os seus valedores, a súa arte e historia conectadas á sociedade galega, ao seu pasado, ao seu presente e ao dereito a un futuro de nación, non de provincia española... Isto todo é labor de tempo, de paciencia e de perseveranza, non se esgota nunha campaña ocasional ou nunha manifestación anual que nos exima desa pedagoxía constante. A situación é grave, mais, en téndomos consciencia dela, estaremos en condicións de a reverter, en beneficio non dun galego tradicional-diglósico que aceleradamente vai a menos, senón en beneficio de mínimos estándares de normalización en necesaria progresión. |
NOS_22870 | Pechará hoteis, restaurantes, ximnasios e espazos culturais, así como comercios non esenciais. | A chanceler alemá, Angela Merkel, e os líderes rexionais acordaron impor un estrito encerro durante a Semana Santa co obxectivo de facer fronte á situación epidemiolóxica do país, cun aumento das infeccións. O encerro que leva meses en vigor en Alemaña prolongarase até o 18 de abril - co peche de hoteis, restaurantes, ximnasios e espazos culturais, ademais de comercios non esenciais-, aínda que durante os 5 días de En Semana Santa as medidas endureceranse con restricións que até agora non e adoptaran. A decisión tomouse despois de máis de once horas de negociacións a través dunha videochamada entre Merkel e os 16 primeiros ministros federais. Ante o aumento das infeccións por Covid-19, do 1 ao 5 de abril inclusive, Alemaña entrará nun duro confinamento para frear esta terceira onda de coronavirus. Todas as tendas estarán pechadas, agás as tendas de alimentación, que abrirán o 3 de abril. As reunións e xuntanzas privadas tamén estarán restrinxidas a un máximo de cinco persoas. Merkel cualificou en rolda de prensa a situación en Alemaña como "moi grave", informa Die Welt, xa que "o número de casos está aumentando exponencialmente e as camas de coidados intensivos volven completarse". As autoridades acordaron reunirse de novo o 12 de abril para decidir se se mantén a corentena parcial, que leva catro meses en vigor. |
PRAZA_13779 | As cooperativas de enerxías renovábeis buscan democratizar e descentralizar a xeración de electricidade, hoxe en mans das grandes empresas. | Educación, agricultura, rehabitación de vivendas ou servizo lingüísticos. En Galiza as cooperativas ocupan cada vez máis ámbitos, mais hai un que se resiste: a produción de enerxía eléctrica. Unha situación que contrasta coa doutros estados da Unión Europea como Alemaña ou Dinamarca, países nos que a produción da enerxía está máis democratizada e os consumidores fan escoitar a súa voz na toma de decisións. En todo o Estado Español só existe unha cooperativa deste tipo, a catalá Som Energia. Desde a súa posta en marcha a finais do ano conseguíu reunir a máis de 3000 socios e xa conta con grupos locais en Aragón, Navarra ou Madrid. No Estado Español só existe unha cooperativa de enerxías limpas Non por casaulidade a iniciativa partíu dun holandés, Ginsberg Huijink, quen chegou a Girona como profesor e deicidiu impulsar unha cooperativa de enerxía renovábeis porque, simplemente, non había ningunha. Agora é vicepresidente de Som Energia e secretario da federación europea de cooperativas de enerxía renóvabeis, Rescoop. Huijink conta por teléfono desde Dinamarca que o proceso non foi fácil. "Moita xente pensaba que non era viábel por motivos culturais", asegura. Amais, até 2010 as cooperativas non puideron comercializar enerxía e tiñan que pagar unha fianza de 600.000 € para comezar a operar. Porén, unha vez que estas entidades si que puideron entrar no mercado e a fianza baixou a 5.000 € o camiño foi menos complicado. Aínda así, precisaron nove meses de traballo para poñer en marcha Som Energía, afirma este holandés catalanfalante. Até 2010 as cooperativas non puideron comercializar enerxía Unha das razóns polas que as cooperativas non entraran neste sector é que sempre estivo monopolizado por unha gran empresa pública ou por unhas poucas privadas, asegura o profesor da Univerisdade de Santiago de Compostela Xoán Doldán. Amais, a privatización das empresas estatais favoreceu a concentración do sector en poucas mans, sinala este experto. "A xente nunca se sentiu identificada coa produción eléctrica porque tampouco as institucións abriron esa porta de forma clara", remarca. Doldán tamén apunta que á hora de potenciar ás renovábeis non se deu entrada a novas empresas senón que as tradicionais pasaran a producir con outras fontes. As normativas vixentes tampouco axudan, pois favorecen grandes instalacións que requiren fortes investimentos que unha pequena cooperativa non podería afrontar. "É un modelo imposto desde Madrid polo goberno e as grandes empresas", asegura Huijunk. Vender sen distribuír Hoxe Som Energia medra a un ritmo de varias decena de socios por semana e xa conseguiu reunir máis dun millón de euros para poder crear as súas propias plantas de produción. Para poder mercar electricidade a Som Energia cómpre asociarse á coooperativa, explica Ana Marco, do grupo local de Som Energia de Zaragoza e que participou no recente encontro mundial celebrado en Compostela. O prezo da electricidade non varía respecto das compañías tradicionais, pero Marco sinala que o importante é que ao se asociar xa se ten voz e voto na asemblea da cooperativa e se pode participar na toma de decisión. Som Energia suma varias decenas de socios cada semana De momento pode producir e vender enerxía, pero non distribuíla. No Estado Español só cinco grandes empresas poden distribuír electricidade: Gas Natural-Fenosa, Endesa, Iberdrola, Hidrocantábrico e a alemana E.On. Xoán Doldán atribúe esa situación ao desenvolvemento do sistema eléctrico no Estado, moi vencellado a monopolios territoriais nos que a distribución estaba en mans dunha soa empresa que só se modificaron a medida que as empresas se fusionaron entre elas. Así aconteceu en Galiza con Fenosa, que dominaba case todo o territorio, e que logo foi absorbida por Unión Eléctrica Madrileña e logo por Gas Natural. Noutros países o proceso foi diferente ou se rachou desde hai tempo con ese carácter monopólico do mercado enerxético, sinala o profesor. Só cinco empresas poden distribuír electricidade Tendo en conta que Som Energía aínda non produce a súa propia electricidade e non participa na distribución poden xurdir dúbidas sobre se a enerxía que vende é realmente renovábel. Marco e Doldán sinalan que é imposible saber a orixe da electridade que o cliente no seu domicilio, porque a enerxía que circula pola rede de transporte é unha mestura da producida por diversas fontes. Porén, no sistema eléctrico contrólase estritamente que porcetanxe da enerxía ciruculante foi producido por cada fonte. "Som Energía garante que a cantidade de enerxía renovábel que se merca foi inxectada á rede nalgún punto da rede", aclara Marco. A pesar de xurdir como un proxecto local, moita xente fóra de Catalunya interesouse pola iniciativa. Foi o caso da aragonesa Ana Marco. "Cando eu chamei xa se me adiantaran os navarros", conta esta cooperativista, que agarda ver en breves un grupo local de Som Energia en Galiza. |
PRAZA_4088 | Hai unha cousa que teño visto día sí, día tamén, dende o 13 de marzo de 2020 cando se decretou o confinamento e todos comprendimos que a situación era seria: xente cuspindo na rúa. Bueno, compre un matiz: homes cuspindo na rúa | O can raña na porta. Toca baixar. Dende hai unhas semanas, as sensacións que martelan a miña mente ao ouvir a súa demanda son totalmente diferentes. O que antes era rutina agora é unha sorte de condición de semiliberdade remexida co medo de que fóra esté o inimigo invisible. Son consciente de que o contexto no que habitamos ámbolos dous non é o mellor e que o 'paseo' debe ser o máis curto posible e co menor risco así que collo mascarilla que tiña do ano pasado -espero que ainda sirva- e algo de folgos -parece que saír impresiona- e baixo á rúa.Hai unha cousa que teño visto día sí, día tamén, dende o 13 de marzo de 2020 cando se decretou o confinamento e todos comprendimos que a situación era seria: xente cuspindo na rúa. Bueno, compre un matiz: homes cuspindo na rúaAbro a porta do edificio tentando tocar o mínimo posible e estricando o cóbado para despois doblalo, sen saber cal é a mellor posición neste novo mundo de normas recén chegadas. Sí sei que non debería tocar o pasamáns nin o tirador e que podo saír o xusto para que o can faga as súas necesidades. Así que, con esto nos miolos, cruzo o limiar que nos separa do mundo exterior e miro, con ollos novos. Vexo xente con guantes, outra con mascarilla, algúns con bufandas e panos, outros se nada e case todos/as gardando as distancias. Pero hai unha cousa que teño visto día sí, día tamén, dende o 13 de marzo de 2020 cando se decretou o confinamento e todos comprendimos que a situación era seria: xente cuspindo na rúa. Bueno, compre un matiz: homes cuspindo na rúa.O día seguinte, 14 de marzo, volvo baixar. Cruzo a Ronda de Outeiro e ao lonxe atisbo un señor duns 60 e pico, con camisa de cadros e chaqueta. Camiña rápido e cuspe mentres avanza pola beirarrúa de enfrente, sen mirar nin parar nin amosar na cara a mínima dúbida de se podería. Algo que nunca puido facer en realidade - non está penado por igual en tódolos lugares mais dende 2018 está recollido nas ordeanzas municipais da Coruña e moitas outras cidades-, entendíuno como o dereito cando era un privilexio de xénero en contra la lei e mentres todos/as calamos tras o 'sempre se fixo'. E nin tan sequera nunha pandemia pensa que debería mudar algo que sí, non só é desagrabable senón perigoso. Quedo parada. Miles de infectados no telexornal, nos xornais, nas redes sociais… pero él bota para fóra o que ten dentro nun espazo transitado por decenas de persoas. E se o piso e o levo á casa? Engado a limpeza das suelas no protocolo de desinfección da vivenda.Día tres. Repetimos a saída polo portal, o coidado e os atavíos cando cruza frente a nós outro home. Desta vez ven traxeado e camiña aprisa mentres morde un sandwich. Pasa ao noso lado e cuspe a 1 metro de nós. Aquí xa non calo e a miña voz sae de debaixo da mascarilla para decirlle algo que, según o pronuncio, soa a ficción: "Estamos nunha emerxencia sanitaria e pode contaxiar. Por favor, non cuspa". O tipo evita a mirada e marcha axiña.Día catro. Dous rapaces ao estilo koruño pasean (sí, pasean) xuntos (sí, ao lado) mentres rín ameazantes ao outro lado da rúa. Unha muller camiña preto deles mentres berran 'Coidado que teño o virus'. Escachan coa risa, un colle aire e cuspe ao chan. Penso en decir algo. Dame medo.Día cinco. Baixo, poño, abro portal, saio. De frente, un home carraspea no máis profundo da gorxa, colle aire e impulso e… "Pare! Que estamos en crise sanitaria, por Dios, non cuspa!"- digo deixando atrás o ton pedagóxico que me propuxera horas atrás.Coma pasa con tantas outras cousas, os do manspitting son fillos sans do patriarcado, privilexiados dunha cultura que comprende os seus privilexios coma dereitos, mesmo se estes atentan na vía pública contra a seguridade dos demáisE así o día seis, o sete, o oito… Dende o mesmo 13 de marzo, podo dicir que, salvo dous afortunadas xornadas, tódalas baixadas acabaron igual: Un home cuspe, eu lle 'explico' que non debe facer iso, que iso que fai pode contaxiar a outra persoa, que isto é unha emerxencia sanitaria e que como tal todos somos potenciais portadores ata que se demostre o contrario. Pero, case a diario, sigo atopando a mirada de quen non quere escoitar e, con fortuna, nalgunhas ocasións engaden un chisco de vergoña e arrepentimento.Non, non son tolos que buscan a ruína dos veciños. Coma pasa con tantas outras cousas, os do manspitting son fillos sans do patriarcado, privilexiados dunha cultura que comprende os seus privilexios coma dereitos, mesmo se estes atentan na vía pública contra a seguridade dos demáis. Todos/as temos que deconstruir e revisar moitas cousas e seica esta crise obrigue a revisar primeiro actos incívicos e perigosos coma este.Porque cada vez que un home cuspe na beirarrá, sinto como se nos cuspira a todos na face. Como se cuspiran ao esforzo común ou nos crebaran a tea protectora que separa o noso nariz e boca do risco. Como se non comprenderá aínda que somos unha cadea que se quebra en calqueira eslabón que falle e que todos e todas temos os mesmos dereitos e obrigas, que todos/as contaxiamos e podemos ser contaxiados, que todos/as somos problema e solución. Pero ese xesto, pequeno e sen importancia para moitos, fai que me replantexe que as normas van (deben) mudar neste novo mundo post-COVID e ogallá sexan as que melloren o mundo.Cada vez que un home cuspe na beirarrá, sinto como se nos cuspira a todos na faceAinda que o imaxe diaria tristemente faime reflexionar sobre se realmente estamos todos xuntos nisto ou se, coma sempre, están os que se cren que non vai con eles e que van seguir 'como sempre se fixo'.Deixo voar o pensamento e mergúllome na enorme cantidade de contidos audiovisuais que buscan facernos esquencer da realidade e agocharnos na risa. E agocho alí, a terceira web á dereita, entre unha canción antiga e un verso novo. E durmo, esperando que estas verbas chegen aos cuspidores, aos homes de privilexios, e conciencien de que a cadea da que forman parte pide que sexan un eslabón máis. Polo ben de todos. |
NOS_14170 | Atribúe a multa aos prexuízos causados polas bostas das súas vacas á veciñanza e á "obriga" do gandeiro de "evitar e previr a suciedade". A resolución mesmo chega a ser de catro folios con inclusión de "informes policiais". | A Xunta de Goberno do Concello de Santiago resolveu a sanción imposta contra Jorge Piñeiro, o gandeiro da Sionlla denunciado por un dos seus veciños polas bostas das súas vacas ao paso por unha vía pública no camiño até o prado onde desenvolve o pastoreo. Segundo a notificación remitida a Piñeiro, e á que tivo acceso Sermos Galiza, a administración local considera o feito denunciado como unha "infracción leve" ao abeiro da ordenanza municipal de convivencia, residuos e limpeza viaria. Neste senso, exixe o pagamento dunha multa de 500 euros ao gandeiro e após tombar as alegacións presentadas por Piñeiro. Denuncias veciñais Nos catro folios que compoñen a resolución, o goberno municipal debrúzase sobre as razóns legais que motivan a sanción após a denuncia interposta por un dos veciños de Jorge Piñeiro. Aliás, adxúntanse os "informes emitidos pola Policía nas inspeccións realizadas a requerimento veciñal", indica o texto. Nel, tamén se dá conta do número de cabezas de gando do propietario, corenta, e do presunto delito cometido polo rexedor da explotación: os animais "ensuxan" a vía "cos seus excrementos" fronte á morada da que parte a denuncia, "ocasionando molestias aos veciños", conclúe. Neste senso, e de acordo co articulado da devandida Ordenanza de Convivencia, continúa a notificación, "ensuxar a vía pública como consecuencia da tenza de animais" constitúe unha "conduta prohibida" (artigo 66.1) embora, sinala, "non se cuestiona a posibilidade legal do tránsito polo vial". Obriga o gandeiro a limpar as bostas Destarte, embora recoñeceren desde o goberno local que o camiño "é eminentemente" de uso gandeiro e de "non existir reincidencia" na infracción, a equipa de goberno entende que na actitude de Jorge Piñeiro "non se manifesta vontade" en "proceder á limpeza da zona afectada pola suciedade". Un feito que, ao amparo da lexislación vixente, constitúe unha "obriga" para "as persoas físicas e xurídicas" en aras da "cooperación exixíbel" á veciñanza en materia de limpeza viaria. Así pois, outórgalle o prazo dun mes para recorrer en reposición a multa imposta e 2 meses para o facer perante o xulgado do contencioso-administrativo antes de proceder ao cobro dos 500 euros. Aliás, ao longo do procedemento foron rexeitadas as alegacións presentadas por Piñeiro, quen defendeu o carácter agrario da vía e, ao tempo, manifestou que "a ordenanza" á que se acolle a sanción "vén referida a animais domésticos e non a animais destinados á produción de carne ou leite". |
NOS_18992 | A supresión das deputacións ou a reforma xudicial son algunhas das peticións do líder de Cs ás que di si o secretario xeral do PSOE. "Haberá acordo", afirmou. Podemos xa anunciou que votaría non a ese pacto. | O secretario xeral do PSOE dixo que aceptaba as cinco exixencias de Albert Rivera para unha 'reforma constitucional express', polo que confía en fechar un pacto de lexislatura con Ciudadanos. "Cando hai vontade de cambio, hai vontade de acordos", manifestou Pedro Sánchez na comparecencia na que anunciou que os socialistas dirñan si aos 5 puntos propostos por Rivera: eliminar aforamentos para deputados e senadores, reforma xudicial, reforma dos requerimentos para iniciativas lexislativas populares, suprimir deputacións para crear "consellos provinciais de alcaldes", e limitar a 2 as lexislaturas dun presidente de goberno. "Se esas son as peticións de Ciudadanos, non teñan dúbida, haberá acordo", dixo. De por parte, desde Ciudadanos recoñécese un "principio de acordo" que ten que rematar de se redactar. Porén, ninguén falou de como ían impulsar reformas constitucionais sen o PP, cuxa maioría no Senado faino imprescindíbel para calquer modificación no texto do 78. A executiva do PSOE podería estudar e aprobar esta cuarta feira o previsóbel acordo con Ciudadadanos, para o sábado sometelo ao referendo da militancia socialista. Con este pacto, Sánchez suma 40 deputados á súa investidura, co que tería 130 unha cifra lonxe dos 176 votos necesarios para unha investidura en primeira volta. Para unha segunda volta precisa máis sis que non, polo que terá Sánchezs que ñprocurar apoios ou compromisos de abstención. Nesta liña, Podemos xa anunciou que se Sánchez quere ser presidente, a "única opción" é un goberno de coligazón. Pablo Iglesias sobre un pacto de PSOE e CS dixo que "non suma nin que o ratifique o Papa". |
NOS_12187 | A Federación Rural Galega considera que é "lesiva", sbre todo para as miles de explotacións leiteiras do país. | A Federación Rural Galega (Fruga) recorreu a orde da Consellería de Medio Rural e do Mar sobre as axudas directas da Política Agraria Común (PAC) por entender que é "gravemente" prexudicial para os intereses do sector galego do agro. Este sindicato entregou un escrito no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) no que demanda que se cambie a normativa actual. Manuel Dacal, coordenador da Fruga, explicou que o documento diríxese contra a orde da Xunta que regula as axudas directas da PAC pois etenden que prexudica gravemente os intereses dos labregos e agricultores galegos, nomeadamente do sector do leite. Faino con "grandes custos" unidos a "perdas de produción" e do "rendemento" que fan que o sector teña. Afirma a Fruga, máis dificultades que noutros puntos da xeografía nacional a millo non se poda declarar a herba. Afecta ao 65 % das explotacións de leite e ao 85% de onde se sementa". "Ao optar a Consellería por obrigar a deixar o 25% da terra de cultivo sen botar millo, 57 mil hectáreas na Galiza, o que está a provocar é que aínda se encarezan mais os custes de produción nun sector, como o do leite, que está a atravesar unha grave crise de prezos. Este encarecemento aínda se pode pór mais en evidencia na próxima campaña, cando as nosas granxas padezan a falla de forraxes motivada por esta restrición. Necesidade que se vai ter que satisfacer importando millo forraxeiro de fora da Galiza, inicialmente en Castela-León. Deste xeito estase a favorecer a agricultura de fora da Galiza e prexudicando enormemente á nosa". |
NOS_57123 | A letra E do premio "O escritor na súa terra" da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega irá na edición deste ano a Xosé Mª Álvarez Cáccamo. A AELG recoñecerá nos seus premios o xornalismo en galego. O brasileiro Luiz Ruffato será o novo Escritor Galego Universal. | O escritor Xosé Mª Álvarez Cáccamo será a nova letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega segundo se aprobou na asemblea celebrada pola entidade este sábado no Museo do Pobo Galego. A entidade presidida por Cesáreo Sánchez Iglesias aprobou tamén algúns dos premios que entregarán na nova edición do 2015, á espera do proceso de votación entre socios e socias polo que pasan a maior parte das categorías. Os premios aprobados directamente recoñecerán desta volta o xornalismo en galego, tal e como o pasado ano fora o teatro o protagonista. En canto a institucións, a AELG premiará o Colexio Profesional de Xornalistas Galegos e a Asociación de Medios en Galego. Premiarán tamén co Bos e Xenerosos a traxectoria de cinco xornalistas pola súa defensa da nosa lingua e a nosa cultura, Margarita Ledo, Tereixa Navaza, Manolo Lombao, Gustavo Luca de Tena e Xosé María Palmeiro. O galego universal Brasil Da literatura brasileira sae este ano o nome do Escritor Galego Universal para o que foi escollido Luiz Ruffato, autor, entre outros títulos de Eles eram muitos cavalos ou o proxecto Inferno Provisório. Tamén teñen nome xa a categoría de mestres e mestras da memoria que recaeu en Josefa Arias e Emilio do Pando. A gala de entrega dos premios terá lugar o 9 de maio na cidade de Lugo. Cambios na directiva A directiva da AELG experimenta cambios tamén nesta asemblea coa incorporación de Rosalía Fernández Rial e a saída de Antia Otero e Rexina Veiga. Tres propostas para Nobel A AELG informou tamén, no balance de actividades do ano, que como en edicións anteriores remitiu un informe coas propostas para o Nóbel de literatura. Desta volta, ademais dos nomes e traxectorias de Xosé Luís Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza, a AELG incluíu na proposta remitida á Academia Sueca o nome de Agustín Fernández Paz. |
NOS_26575 | O atletismo galego confirma o seu bo estado de forma. | Un total de sete medallas foi o balance xeral obtido polas representantes galegas nos campionatos de España de Campo a Través e de Lanzamentos Longos de Inverno. No primeiro, disputado na localidade madrileña de Xetafe, a selección galega acudía sen ter tomado parte en ningunha proba da modalidade durante o presente ano polas limitacións e impedimentos derivados da situación sanitaria, o que se notou nos resultados colectivos, onde Galiza foi novena na categoría Sub-20 feminina; décima na Sub-23 feminina e Sub-20 masculina; décimo primeira na absoluta masculina e décimo sexta na Sub-23 masculina. Porén, a nivel individual brillou con luz propia El Medih El Nabaoui, que se proclamou campión de España na que foi a súa primeira competición en 2021, mellorando así o bronce conseguido o ano pasado e, ao mesmo tempo, facendo valer a súa enorme calidade, que o confirma como un dos nomes propios máis importantes no panorama do campo a través a nivel internacional. Mais, a pesar da medalla de ouro obtida por El Nabaoui, foi sobre as pistas de atletismo de Montijo (Estremadura) e de Barbastro (Huesca), no marco da XI edición do Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno -que se desenvolveu en dúas sedes diferentes-, onde o pavillón galego luciu mellor. En Montijo tiveron lugar as probas na categoría sénior, onde a internacional Lidia Parada, do Atlético Barbanza, se facía co subcampionato na xavelina logo de efectuar un mellor lanzamento de 53,80 metros, proba na que compartiu podio con Carmen Sánchez Parrondo, que conseguía a medalla de bronce con 51,16 metros, igualando o mesmo metal que conquistara o ano pasado. Ademais, a cuarta praza estivo ocupada por outra deportista galega, Ivanna Carolina Román (Ría Ferrol), que lanzou 47,62 metros, asinando así a súa mellor marca persoal. Por outra banda, tamén asinaron un gran papel Carlos Revuelta -finalista no concurso de martelo, onde rematou en quinta posición após lanzar 60,52 metros-, a Sub-20 Irene Gómez -sexta na mesma modalidade con 52,72 metros- e Yago Araújo (Real Club Celta), sétimo tamén no martelo con 58,27 metros. A aproximadamente 800 quilómetros de alí, Ana Abuín (Atlética A Silva) volvía proclamarse campioa de España no concurso de martelo pesado, un éxito que complementou coa medalla de prata no de martelo, volvendo así da localidade aragonesa de Barbastro con dúas novas condecoracións para engrosar o seu impresionante palmarés. Javier Viteri, do Samertolomeu, colgábase de igual modo o título de campión de España de xavelina M-55 logo de lanzar o artefacto até os 40,50 metros, modalidade na que Pepe Domínguez (Atlética A Silva) gañaba a medalla de prata en M-50. Caen nove récords galegos Outros nomes de actualidade no mundo do atletismo galego son os de Luis Eyre Vázquez, José Manuel Bao, Juan Bello, José Barreiro, Lucía Sánchez del Valle, Xiana Lago, Ainhoa Reparaz -en dúas categorías- e Xela Martínez, que estabeleceron novas plusmarcas históricas nas súas disciplinas. Especialmente destacábel foi a exhibición de Ainhoa Reparaz, quen no Campionato da Galiza de categorías inferiores non só gañou tanto nos 60 como nos 200 metros lisos, senón que estabeleceu dous novos récords da Galiza. |
NOS_27161 | O ministro de Exteriores chinés reuniuse co seu homólogo ruso, Sergej Lavrov, e co Alto Representante da UE para Política Exterior, Josep Borrell. | O ministro de Exteriores do Goberno chinés, Wang Yi, exixiu ante o Consello de Seguridade de Nacións Unidas que as partes implicadas na guerra en Ucraína retomen o diálogo "sen condicións" e eviten ataques contra instalacións e civís. As decisións económicas da China e o pacto nuclear no Irán motivan unha rebaixa do cru "China seguirá mantendo unha posición obxectiva e xusta para promover as conversas de paz", asegurou Wang Yi, ao tempo que insistiu en que agarda que "as partes non abandonen os esforzos de diálogo e insistan en resolver os problemas de seguridade mediante conversas de paz". O responsábel de Exteriores chinés volveu pedir "neutralidade" ás axencias das Nacións Unidas e engadiu que calquera investigación sobre crimes de guerra en Ucraína debe basearse "en feitos" non politizados e non en "presuncións de culpa". A China suspende a cooperación cos EUA en asuntos chave Wang reuniuse hoxe co Alto Representante da Unión Europea para Política Exterior, Josep Borrell, e mañá será a quenda dunha xuntanza co secretario de Estado dos EUA, Antony Blinken, co obxectivo de analizar a situación en Ucraína e tratar as tensións en Taiwán. Reunión con Borrell Durante a reunión con Borrell, o representante da Unión Europea demandou ao ministro chinés que "empregue a súa influencia sobre Moscova para pór fin á guerra" en Ucraína. As repúblicas de Donetsk e Lugansk convocan un referendo este mes para a adhesión destes territorios a Rusia Tamén esta quinta feira, Wang Yi reuniuse co seu homólogo ruso, Sergej Lavrov. O dirixente chinés volveu pedir a Lavrov que Rusia non desbote por completo as negociacións de paz, ao tempo que trasladou o seu apoio a Moscova ante os intentos de illar internacionalmente Rusia. O ministro de exteriores de China fixo referencia á petición do presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, de retirar a Rusia o dereito a veto no Consello de Seguridade da ONU. "Ninguén pode privar Rusia deste dereito", sentenciou Wang Yi. |
NOS_40615 | A novela gráfica 'As 9 cruces' preséntase hoxe no concello de Baiona. | Esta sexta feira preséntase no Multiusos de Sabarís, no concello de Baiona, o primeiro capítulo do libro de banda deseñada As 9 cruces. A novela gráfica narra a historia dos mártires de Baredo -sete mariñeiros, un labrego e un ferreiro-, que foron asasinados polos falanxistas o 15 de outubro de 1936 na curva de Baredo (Baiona), coñecida popularmente desde entón como a 'Volta dos Nove'. A obra, promovida polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, está coordinada polo ilustrador e debuxante Kiko da Silva; Fernando Llor encargouse de deseñar o seu guión, e conta coas ilustracións de Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Pablo Prado, Damián Gómez Figueiras, Andrés Chinchilla, Antonio Recuna, Miguel Rojo, Mara Méndez, Daniel Corrada, Jorge Fernández, Miriam Iglesias e Álex Rozados -integrante do equipo de maquetación de Nós Diario-. Precisamente, Da Silva e varios autores e autoras participarán na presentación do primeiro capítulo de As 9 cruces, xunto coa deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, e integrantes do Instituto de Estudos Miñoráns. Trátase da segunda obra de banda deseñada que publica a institución provincial, despois de Regreso á Illa de San Simón. A intención da Deputación é constituír unha colección de novelas gráficas que aborden a cuestión da memoria histórica a través dun formato "atractivo" e menos orixinal. Memoria histórica en banda deseñada O propio Kiko da Silva, en conversa con Nós Diario, sinala que non é a primeira vez que traballan desta maneira. "Xa temos elaborado outros proxectos colectivos con alumnado de 'O Garaxe Hermético'", o obradoiro que el mesmo dirixe. Novela por entregas O debuxante e ilustrador detalla que As 9 cruces será estreada por capítulos, que posteriormente serán recompilados nunha única publicación. "Imos sacar un capítulo cada dez días, até decembro. Serán nove, un por cada fusilado polos falanxistas", explica Da Silva. Sobre a escolla deste formato, o coordinador do proxecto salienta que o obxectivo era duplo. Por unha parte, facilitar a lectura e a difusión da novela gráfica, xa que o tamaño dos capítulos permite "movelo nas redes sociais". Por outra parte, o ilustrador sostén que este formato permite "achegar o público máis novo á banda deseñada e ás cuestións de memoria histórica, xa que non son temas que lles adoitan interesar, e é difícil que participen en actos como congresos, encontros ou faladoiros" que aborden a desmemoria. Ademais das dificultades técnicas, o equipo que participou na composición da novela gráfica tivo que abordar o traballo de trasladar ás viñetas toda a documentación coa que contaban, mantendo nese proceso a rigorosidade e a veracidade. Neste sentido, Da Silva agradece o labor tanto de Montse Fajardo como do Arquivo da Deputación de Pontevedra, que axudaron a conseguir toda a información que precisaban. Unha obra "dura" de facer Á hora de converter os datos e a documentación en imaxes, o ilustrador recoñece que tiveron que evitar "construír unha historia truculenta". "Ao final, estamos relatando nove asasinatos, e é difícil non caer niso", engade. Tendo en conta todo isto, Da Silva asegura que "é un dos libros máis duros que tivemos que facer até o de agora". Porén, amósase satisfeito co resultado, e subliña que "está é unha historia que merece ser contada". "Esta obra demostra o estado de madurez da cultura galega" Kiko da Silva sinala que unha novela gráfica como As 9 cruces "demostra o estado de madurez da cultura galega". "Hai uns anos, un proxecto deste estilo na Galiza semellaría ciencia ficción", afirma o ilustrador, para reivindicar a banda deseñada como "un medio artístico que mestura no seu interior moitos xéneros moi diferentes". Desde o xornalismo á poesía, "a banda deseñada serve non só para o lecer, senón tamén para informar" ás persoas lectoras de novelas gráficas. |
PRAZA_13346 | A deseñadora Susana Catarino crea Speak Porto, unha liña de chapas e outros obxectos que explican as diferenzas na fala de tripeiros e alfacinhas: bufar/soprar, garoto/pingo, fino/imperial, á minha beira/a pé de mim... | bufar/soprar, garoto/pingo, fino/imperial, á minha beira/a pé de mim, repas/franja, sapatilhas/ténis... Son algunhas das diferenzas entre o xeito de falar dos tripeiros (os habitantes do Porto) e os alfacinhas (os lisboetas). Non é que sexan dous idiomas distintos, nin sequera dous dialectos, pero si hai palabras que ao habitantes dunha cidade lle soan estrañas cando se atopan na outra grande urbe portuguesa, e viceversa. É o caso da deseñadora Susana Catarino, que hai vinte anos se mudou de Cascais para o Porto, e de inmediato ficou sorprendida polas diferenzas. É por iso que agora decidiu elaborar unha liña de produtos (os primeiros foron as chapas, pero virán máis), chamados Speak Porto, que refliten eses pares de palabras que mudan radicalmente dunha cidade á outra. Como escribe na súa web a deseñadora: "por brincadeira digo que já tenho dupla nacionalidade e que falo duas línguas, mas se me perguntarem, digo sempre, eu não sou de cá", mais engade "Se calhar já sou mais de cá do que de lá, mas teimo em não ser. Nunca peço uma nata, nem um bolinho de bacalhau, continuo fiel aos meus ténis, embora já me tenham explicado que isso é um desporto, a franja não são repas". Decidiu elaborar unha liña de produtos (os primeiros foron as chapas, pero virán máis), chamados Speak Porto, que refliten eses pares de palabras que mudan radicalmente dunha cidade á outra En calquera caso, son esas diferenzas, que Catarino toma máis como algo divertido ou unha boa forma de iniciar unha conversa, o que lle dá pé a iniciar esta colección "para os de cá e os de lá, para todos que acham piada a palavras diferentes para dizer a mesma coisa. Eu continuo a dizer as coisas à minha maneira, mas isso sou eu". Os pins ou chapas pódense encargar a través da súa web. E se cadra cómpre facelo xa, pois os produtos de Speak Porto fixéronse moi populares nas últimas semanas, nas que Susana Catarino foi entrevistada en varios xornais e mesmo no coñecido programa da RTP Praça da Alegria |
PRAZA_16404 | Actores e actrices, políticos e diversas asociacións lanzan un manifesto "a prol da liberdade e artística amparada pola liberdade de expresión que defende a lexislación vixente". O arcebispo de València, Antonio Cañizares, di que a actuación "tamén é corrupción, a peor de todas". | Máis de 50 colectivos, entre eles a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ou a Asociación Galega de Dramaturxia, e centos persoas a título particular apoian o actor e dramaturgo Carlos Santiago, logo de que a Igrexa e a dereita política se lanzasen contra el e contra o pregón que deu co gallo do Entroido o pasado día 10 de febreiro en Compostela. A través dun manifesto, A prol do Apóstolo Santiago, os asinantes censuran "un novo ataque cavernario á máis elemental liberdade de expresión artística" e chaman a cidadanía a "pronunciarse a prol da liberdade artística" e "en contra das argalladas da prensa tóxica e irresponsable e en apoio do auténtico Apóstolo Santiago, o único, o de verdade, o galego, non o palestino, ese pobo irmán". O manifesto ven nas denuncias ao pregón "un novo ataque cavernario á máis elemental liberdade de expresión artística" O pasado día 10, o Pazo de Bendaña acolleu o tradicional pregón entroideiro ao carón do Meco, a figura tradicional do Entroido compostelán. Interpretouno Carlos Santiago, encarnando un dos seus personaxes máis clásicos, unha sátira do apóstolo Santiago, versión contemporánea e retranqueira do fillo do trono coa que xa caricaturizara a actualidade política e social da cidade e do país en innumerables ocasións. Nos escenarios e tamén nalgunha praza da capital galega, caso por exemplo do verán de 2011. Precisamente, o manifesto lembra que ese "verdadeiro Santiago Apóstolo" leva "tempo predicando entre nós" e "chegando dende hai ben anos a ouvidos da cidadanía atenta que frecuenta os teatros, as asociacións, os baretos e outros templos da cultura civil local". "ECG, polo visto, non estaba informado disto", di un texto que recomenda "escoitar con máis atención" estas actuacións porque "o seu verbo é articulado, non unha lista de insultos, sacrilexios e herexías". "O seu ánimo non é ofender, é criticar" e "o seu é o humor, a sátira e a ironía que tan pouco lle presta aos hipócritas que se erixen en árbitros do 'bo gusto', sempre raudos a vilipendiar aquilo que nin sequera presenciaron", di. O texto lembra que esa versión retranqueira do apóstolo leva anos interpretándose en Santiago: "O seu ánimo non é ofender, é criticar" Refírese o manifesto a todo o balbordo levantado por un pregón que nin tan sequera foi escoitado polos seus críticos. Non houbo reacción ningunha a el ata que, tres días despois de levarse a cabo, un diario impreso local divulgou o que describía como indignación de persoas asistentes ao acto, así como algunha "familia", por mor do que consideraran expresións "soeces" e "ofensivas" para a relixión católica. Os testemuños atribuídos a viandantes aseguraban que na representación se describiran condutas sexuais do Apóstolo e da Virxe, así como supostas ofensas a "empresas" santiaguesas e mesmo algunha "crítica" ao alcalde, pero "poucas" -agregaban-. Logo apareceu o PP de Zaragoza reclamando ao rexedor da capital aragonesa (Zaragoza en Común) que se dirixise ao seu homólogo compostelán para esixir desculpas polas supostas ofensas a "La Pilarica". Ao tempo, o Arcebispado de Santiago anunciou unha sesión de oración en "desagravio" a ambas figuras relixiosas. Todas estas entidades referíanse á información inicialmente publicada en Santiago e replicada por algunha outra publicación, se ben ningunha destas fontes reproducía exactamente o contido do pregón máis alá das expresións "ofensivas" que os devanditos viandantes dicían lembrar. Días despois, o PP compostelán e ata o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, censuraban o devandito pregón, ao que tamén contestou o rexedor da cidade, Martiño Noriega, defendendo o dereito á liberdade de expresión. "Engánase quen afirme ou pense que a expresión artística, e máis no Entroido, non está amparada pola liberdade de expresión que defende a lexislación vixente" "Inventar frases que o Apóstolo non dixo e armar con elas unha campaña de discurso apocalíptico sobre o que foi, nin máis nin menos, un pregón para as festas do Entroido, iso non se pode chamar información", di o manifesto, que cre que iso, máis ben, é "amarelismo", "incitación ao odio", "axenda ideolóxica", "esperpento" ou "axitación, vontade de confundir e ganas de armar follón". "Engánase quen afirme ou pense que a expresión artística, e máis no contexto do Entroido, non está amparada pola liberdade de expresión que defende a lexislación vixente. Neste país aínda é legal o escarnio de ideas, crenzas, mitos e ideoloxías dentro dun inequívoco sentido crítico e paródico", remata un texto asinado por numerosos actores e actrices galegos e portugueses, políticos, cantantes e diferentes artistas. "O verdadeiro Apóstolo Santiago non ataca nin ofende. "Queremos que a súa palabra continúe esclarecendo as celebracións da cidade que lle debe o nome, e que nin sequera tivo a ben adicarlle unha triste rúa", finaliza. Con todo, as reaccións eclesiásticas seguen chegando. O cardenal arzobispo de València, Antonio Cañizares, asegura que no pregón "insultouse e inxuriouse" tanto ao apóstolo como á virxe e que o pregoneiro "como un mal fillo tratou de tan malísima maneira á que tamén é nai súa e tamén nai do alcalde, que non estivo á altura de ser alcalde e, menos aínda, de ser alcalde de Santiago". O arcebispo de València cre que o pregón "tamén é corrupción, a peor de todas" e "condúcenos por sendas de ruína" Cañizares di que esta acción "condúcenos por sendas de ruína" e aclara queu "tamén é corrupción: a peor de todas as corrupcións, porque é corrupción das conciencias, que corrompe a sociedade". Así, entende que "se creba a orde política, moral e social na que nos atopamos e provocan creba profunda da humanidade" e da "orde política e a paz social" que "garante a Constitución". Manifesto A prol do Apóstolo Santiago |
NOS_119 | A secretaria de Política Internacional do BNG e portavoz da organización frontista en Bruxelas, Ana Miranda, embarcará na III Flotilla da Liberdade no último tramo da campaña até a Faixa. | Ana Miranda, responsábel de Política Internacional e portavoz en Bruxelas do BNG, fará parte da tripulación que viaxa na Flotilla da Liberdade rumo a Gaza. Así o comunicou esta terza feira (16 de xuño) en comparecencia de imprensa xunto a Elvira Souto, integrante de BDS-Galiza. Miranda embarcará no último tramo co obxectivo de rachar o bloqueo e acceder á Faixa por mar. Na súa comparecencia, Ana Miranda sinalou o "elevado risco" da misión humanitaria co acontecido co Mavi Marmara en 2010 cando foron asasinadas 10 persoas. A voceira do Bloque en Bruxelas e vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE) instou Israel "a non caer na belixerancia e na agresividade de anteriores campañas da Flotilla, que provocou incluso mortes e lle impediu levar a cabo a súa misión de axuda á castigada poboación palestina". Neste senso, reclamou "respecto aos dereitos humanos e que abra a porta ao recoñecemento do estado palestino, algo que xa están a facer numerosos estados europeos e que figura en resolucións da ONU". Os catro buques que compoñen a Flotilla da Liberdade agruparanse nun punto do Mediterráneo en vindeiras datas para, desde alí, emprender a viaxe a Gaza. Ana Miranda, xa participara no tramo que uniu os portos de Bueu e Lisboa. Nesta última etapa, estará acompañada, entre outras persoas, pola relixiosa e activista Teresa Forcades. |
NOS_41427 | Máis un novo número do Sermos Galiza, o 74, falamos do negocio que o capital atopa nos hospitais privados e dos pasos de Nunca Máis tras a sentenza da impunidade. Entrevistamos ao historiador López Carreira e ao líder de Compromiso, Xoán Bascuas, e debullamos os 95 anos de nacionalismo da man de GpS. Xa á venda na nosa loxa. | Un novo semanario do Sermos Galiza na rúa, o número 74. Con diferentes reportaxes, novas, entrevistas e análises. O tema principal centrámolo nos hospitais públicos como novo negocio. Feijóo afirma que na Galiza están a se construír 5 hospitais. E iso así? Quen os financia e para que? Estas, e outras, preguntas poñémolas no papel e tentamos darlle resposta. Tamén debullamos o rexurdir de Nunca Máis, un renacer obrigado pola sentenza da impunidade sobre o Prestige. Unha década despois da catástrofe, centos de milleiros de galeg@s volven facer súas as demandas e reivindicacións da plataforma. Galiza de seu Galiza pola Soberanía (GpS) reuniu a centos de persoas en Lugo para conmemorar o 95 aniversario da I Asemblea Nacionalista. A defensa dunha Galiza de seu segue a alumear, case un século despois, concretándose na reivindicación dun estado propio. A maré vermella está a poñer contra as cordas o sector mexilloeiro galego, máis de 11.500 empregos directos, mentres a administración non é quen de dar resposta. E o naval estoupa en Ferrol, farto de mentiras e incumprimentos. Tamén neste número escribimos da folga de Albada (108 días) e como finalizou co triunfo dos traballadores. Viño, historia, política As entrevistas non poden faltar en Sermos e neste número ofrecémosvos unha boa fornada delas. Entrevistamos a Martiño e Xosé, impulsores do proxecto etnocultural en torno ao viño 'Vide Vide'. Con sede en Compostela mais cos acios estendidos por todo o país. Co historiador Anselmo López Carreira debatemos sobre a(s) historia(s). "Urxe facer unha historia na que Galiza sexa protagonista". Unha demanda que mantén en pé no seu libro 'Historia de Galicia' (Xerais). E falamos con Xoán Bascuas, de Compromiso por Galicia (CxG), co que falamos de eleccións europeas, nacionalismo, política local ou como se achegar á cidadanía. E, máis unha entrevista: a Pablo Fraga, coordinador do Proxecto Soutos, que nos fala do que popularmente se chamaba o 'pan dos pobres', a castaña. E moito máis Mais nas nosas áxinas atoparás moito máis: China, Portugal, coñecer A Toxa da man de Viaxes na Miña Terra, navegar nun libro que serve de encontro galego-xaponés... E, non faltan (non podería ser doutra forma) as críticas literaria, teatral e musical, opinións... |
NOS_17504 | Colectivos de pasaxeiros e formacións políticas como o BNG exixiran a súa inclusión. | Despois de que a portavoz do Goberno español, Isabel Rodríguez, adiantase esta cuarta feira que o Ministerio de Transportes estaba a traballar para engadir o traxecto Ourense-Santiago-A Coruña dos trens Avant aos abonos gratuítos de Renfe, vén de confirmarse que o Executivo estatal incluirá esta liña na bonificación de 100%, rectificando así a proposta inicial. O traxecto Ourense-Santiago podería estar incluído nos abonos gratuítos de Renfe Segundo puido saber Nós Diario, a intención do Goberno do Estado español é introducir esta rectificación nun Real Decreto Lei que será aprobado, con toda seguridade, a vindeira cuarta feira, 6 de setembro. O Goberno español confirma que, tal e como veu reclamando o BNG @obloque, rectifica e incluirá a liña AVANT Ourense-Santiago-A Coruña na bonificación de 100%. Unha boa noticia, froito da constancia na denuncia dunha decisión que representaba unha discriminación para a Galiza. pic.twitter.com/1TfqP3BZHi— Néstor Rego (@NestorRego) September 2, 2022 Unha vez se deu a coñecer de maneira definitiva o cambio de postura, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, celebrou a noticia, "froito da constancia na denuncia dunha decisión que representaba unha discriminación para a Galiza". Os abonos gratuítos do tren e a bonificación do combustíbel poderían estenderse até o próximo ano Nun primeiro momento, o Ministerio de Transportes non incluíra este servizo na bonificación integra, amparándose nas súas "características especiais". Porén, as usuarias si podían facer uso do desconto de 50% que o Executivo de Pedro Sánchez anunciara anteriormente. Abonos de Renfe Desde que o pasado 24 de agosto se abrise o prazo para solicitar os abonos de Renfe, milleiros de persoas xa os solicitaron, para desprazarse de balde nos trens de Media Distancia e nos Avant. Maior afluencia nos trens na primeira mañá de viaxes gratuítas Aínda que os abonos entraron onte en vigor, os usuarios e usuarias interesadas en adquirilos seguirán podendo facelo nos puntos de venta físicos habilitados por Renfe. Para a compra do abono, será necesario depositar unha fianza. No caso dos trens de proximidade e Rodalies, a fianza para pagar á hora de adquirir o abono será de 10 euros, preferibelmente por medio de tarxeta bancaria, para que o reembolso poida ser devolto automaticamente a esa tarxeta, sempre e cando a persoa usuaria realizase un mínimo de 16 viaxes. Eis a guía para poder solicitar os abonos gratuítos de Renfe a partir desta cuarta feira No caso da Media Distancia Convencional, a fianza será de 20 euros. Seleccionaranse as estacións de orixe e destino ás que se viaxará durante estes catro meses e posteriormente formalizarase cada viaxe que se desexe facer en calquera dos medios habituais, aínda que se recomenda o dixital. |
PRAZA_2323 | As circunscricións galegas achegan ao Congreso dos Deputados 23 escanos. Historicamente, esta representación estivo dominada polas grandes forzas estatais, especialmente en Lugo e Ourense. | A apenas dous meses das eleccións xerais o panorama político galego está inmerso xa na efervescencia propia dun período preelectoral, aínda que polo momento só se coñezan dous actores certos no proceso, PP e PSOE, mentres no resto da banda esquerda se suceden os movementos en torno á posible unidade e no ámbito da dereita, Ciudadanos fía candidaturas para tentar pescar fundamentalmente nos caladoiros do PP, pero tamén nos dos socialistas. Neste contexto, son múltiplas as análises das forzas políticas a respecto da cita do 20D, dende a posibilidade dun cambio de Goberno no Estado ata as repercusións para Galicia da nova composición das Cortes Xerais. Pero, que elixe Galicia nestes comicios? Aínda que o electorado estará chamado a renovar dúas Cámaras, o Congreso e o Senado, é o resultado da primeira o que concita todas as olladas na noite electoral. Ao novo Congreso chegarán de Galicia vinte e tres deputados e deputadas -ata 1989 foron 27, en 1993 pasaron a 26, en 1996 e 2000 quedaron en 25 e no 2004, en 24, reducións causadas pola perda de poboación- procedentes das catro circunscricións nas que a lexislación divide o país, as catro provincias. É unha representación que, como amosa a gráfica que encabeza este texto, estivo tradicionalmente dominada polo centro-dereita, e que nas eleccións de 2011 lle outorgou 15 escanos ao PP, 6 ao PSOE e 2 ao BNG. Galicia achega 23 escanos ao Congreso, elixidos nas catro circunscricións provinciais Con independencia da lectura dos resultados en clave galega, as diferentes candidaturas terán que dar a batalla polos escanos a nivel provincial nun campo de xogo no que, atendendo aos precedentes, A Coruña e Pontevedra son máis propicias aos cambios que as circunscricións do interior. En Lugo, por exemplo, nunca houbo deputados que non fosen das grandes forzas estatais -UCD, AP ou PSOE, primeiro, AP e PSOE posteriormente e, dende 1989, PP e PSOE- . En Ourense ese esquema só rachou nunha ocasión, nas xerais de 1986, cando Coalición Galega logrou un escano na provincia na que tiña unha maior fortaleza. Estas distribucións de escanos son o resultado dunhas votacións nas que as forzas preponderantes no Estado sempre estiveron, moi folgadamente, por riba do 50% dos votos e na que o limiar do 3% que marca a lei para obter representación no escano se revelou, a efectos prácticos, como moito maior. Tal e como marca a Lei Electoral, cada provincia ten asignados 2 escanos e o resto distribúense en función da súa poboación, o que provoca unhas sobrerrepresentación das circunscricións menos poboadas e unha maior dificultade nelas para traspasar o limiar de acceso a un escano. O limiar do 3% para obter representación é, a efectos prácticos, moito maior Unha ollada aos resultados das xerais das últimas dúas décadas en Galicia, por exemplo, permite comprobar que, malia obter en ocasións porcentaxes de voto non excesivamente dispares nas provincias interiores e nas do litoral, a terceira forza política, o BNG, nunca obtivo escanos por Lugo nin por Ourense, mentres que dende 1996 sempre os logrou na Coruña e Pontevedra, un por provincia agás nas eleccións do 2000, cando acadou un segundo escano na circunscrición coruñesa. Todas estas cifras son o resultado dunhas votacións nas que, dende o seu nacemento en 1989, o PP sempre estivo en Galicia por riba do medio millón de votos e, dende 1993, por riba dos 700.000, acadando nos comicios do ano 2000, os da maioría absoluta de José María Aznar, o que ata agora foi o seu teito electoral galego nestes comicios, con máis de 880.000 votos. A segunda posición veu sendo de xeito practicamente constante para o PSOE, que durante os anos 90 veu superando tamén os 500.000 votos e, tras a caída do 2000, remontou ata un máximo de 750.000 votos en 2008, a segunda vitoria de Zapatero, co bipartito na Xunta. Dese resultado, que deixou os socialistas a apenas 50.000 votos do PP, pasou a algo menos de 460.000 votos en 2011. Dende mediados dos anos 90 a terceira forza política en eleccións xerais veu sendo o BNG, que en 1996 superou os 200.000 votos e se mantivo por riba dese limiar ata as xerais de 2011. O maior número de sufraxios obtido polo Bloque nos comicios a Cortes Xerais foi o do ano 2000, cando máis de 300.000 persoas elixiron a súa papeleta. Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral |
PRAZA_11089 | O paro rexistrado sobe en 3.164 persoas, o maior incremento neste mes desde 2011. Os fogares galegos que chegan con dificultade a fin de mes aumentaron en 9,28 puntos e supoñen xa o 37,1% | Case 107.000 contratos asinados para destruír máis de 7.000 empregos. O mes de setembro non muda a evolución do mercado laboral en Galicia, onde a elevada rotación, a temporalidade e a precariedade seguen sendo as características principais. Ademais, o paro rexistrado sobe tamén en 3.164 persoas en Galicia, un 2% e un incremento superior á media no Estado (+0,4%). É o setembro con maior incremento desde o ano 2011 no país, mentres que no conxunto de España os datos supoñen o menor repunte desde 2007, un dato que ten que ver tamén coa contratación de profesorado en setembro tras as vacacións de verán en moitas autonomías.O paro en Galicia sobe en 3.164 persoas en setembro, o maior incremento neste mes desde 2011 O número de cidadáns inscritos nas oficias de emprego aumenta en todas as provincias e en todos os sectores agás na agricultura, onde baixan un chisco, pero sobre todo no sector servizos, que acumula case todo o incremento con 2.847 máis. Nada que mude a tendencia de hai moitos anos, que implica unha recuperación mínima e aos poucos, centrada na hostalería e no turismo. Con todo, con respecto a hai un ano, en Galicia hai 9.336 persoas paradas menos, un descenso do 5,6%. Son, en total, 156.984. Entre os homes, o paro sobe en 1.257, fronte a 1.907 mulleres desempregadas máis, un novo incremento na fenda de xénero. Por idades, o paro medra máis entre as persoas menores de 25 anos (7,5 %) que entre as maiores desa idade (1,8 %).Alén da baixada do paro, o mes de setembro deixa tamén unha importante destrución de emprego. O número medio de afiliacións á Seguridade Social acadou a cifra de 1.029.547 para o total do sistema, o que supón unha diminución respecto a agosto de 7.353 afiliacións (-0,7%). No conxunto do Estado, a cifra de afiliacións aumenta un 0,02% en comparación co mes anterior. O número medio de afiliacións á Seguridade Social baixou en 7.353 durante o mes de setembro malia asinarse 106.375 contratos, o 91% deles temporaisNa comparativa interanual hai un incremento de 15.659 afiliacións no total do sistema en Galicia (1,54%) e un incremento do 2,44% no conxunto estatal. O caso é que malia acabar destruíndo emprego, en Galicia asináronse en setembro un total de 106.375 contratos, 13.106 máis que en agosto. Do total de contratacións, tan só o 91% foron indefinidas. Ademais, e como lembra CCOO, os antecedentes son clarificadores: o 29,4 % dos contratos que se asinaron nos sete primeiros meses de 2019 eran de duración indeterminada e dos que se coñecía a duración, o 45% eran contratos de menos de una semana.Por outra banda, en canto ás prestacións, cobran algunha 84.672 persoas. Delas, 40.270 cobran unha contributiva e o resto, 44.402, son persoas paradas en situación de necesidade que cobran un subsidio de 436 euros. Xa que logo, en Galicia hai 58.708 demandantes de emprego con experiencia laboral que non teñen unha ocupación e que non reciben prestación ningunha, case 2.000 persoas máis que no mes anterior.Os sindicatos denuncian a tendencia negativa dos datos do paro, a excesiva rotación e un modelo produtivo "esgotado", ademais do "asentamento da precariedade", polo que piden á Xunta que actúe dunha vez para mudar o rumbo. Pola súa banda, desde a Administración autonómica, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destaca que Galicia sitúa os seus niveis de desemprego en cifras moi inferiores ás de hai unha década.Aumentan os fogares que chegan con dificultade a fin de mesPor outra banda, os fogares galegos que chegan con dificultade a fin de mes aumentaron en Galicia 9,28 puntos, ao pasar do 27,8% rexistrado no segundo trimestre do ano ao 37,1% nestes últimos tres meses. O dato é tamén superior ao do mesmo período de 2018, cando a porcentaxe foi do 31,3%. Os fogares galegos que chegan con dificultade a fin de mes aumentaron en Galicia 9,28 puntos; son o 37,1%Así se desprende dos datos publicados este mércores polo Instituto Galego de Estatística (IGE) que amosan que, con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 7,86 puntos na porcentaxe Os fogares que chegan con dificultade a fin de mes aumentan no terceiro trimestre en Galicia na porcentaxe de familias que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes. En concreto, no terceiro trimestre de 2019 o 57,3% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, dato inferior ao rexistrado no tres meses anteriores, cando alcanzou o 65,4%. |
NOS_41773 | Manuel Pazo, Presidente da Asociación Eólica de Galicia (EGA), amplía o foro de debates 'Que modelo enerxético precisamos?', organizado por 'Nós Diario' co gallo do décimo aniversario da súa empresa editora, Sermos Galiza. | Precisamos un modelo enerxético renovable, autóctono e independente. Hai máis de vinte e cinco anos que Galicia iniciou a implantación de parques eólicos, converténdose daquela en referente europeo. Ademais de electricidade procedente do vento –enerxía verde, por tanto–, creáronse moitos postos de traballo e dinamizáronse as modestas economías rurais. Os propietarios dos terreos cobran boas rendas polo alugamento, os concellos perciben o produto de taxas e licenzas, a Xunta pasa unha conta anual de 23 millóns de euros en concepto de canon eólico –que teoricamente reverte logo nos concellos con muíños– e o Estado e a Xunta recadan outros 100 millóns de euros nos correspondentes impostos. Na práctica totalidade dos territorios onde hai parques eólicos rexen o acordo e a satisfacción entre os veciños. Este uso industrial reversible procura beneficios por riba de usos agropecuarios ou forestais; ademais, onde se colocan os aeroxeradores normalmente é monte pelado onde non crece nada; pero, aínda así, son compatibles cos pastos dos animais. A contorna dos parques está limpa e arranxada mercé ás empresas promotoras, que tamén abren camiños para favorecer un mellor acceso ás fincas. Ninguén pon un parque onde se lle ocorre, xa que hai un esixente marco lexislativo en materia urbanística, patrimonial e ambiental que vela pola súa situación e instalación; unha tramitación administrativa que tarda entre tres e catro anos de media, e mesmo esta temporada están saíndo adiante proxectos iniciados hai dez ou quince anos. As empresas precisan certeza e estabilidade xurídica, de aí que sexan as primeiras interesadas en que todo estea en regra. Por certo, ademais de compañías grandes, hai sociedades medianas ou pequenas que tamén operan no mercado eólico. Desenvolvemento eólico Mitos e falsidades rodean o debate enerxético. Estamos moi lonxe do obxectivo da procedencia da enerxía consumida. Non podemos confundir electricidade con enerxía, xa que neste caso falamos de gas, carbón, butano, fuel-oil, gasóleo, gasolina… e tamén de electricidade. Galicia non exporta enerxía, xa que importamos o 75% de enerxía primaria procedente de combustibles fósiles. Dicir que a Galicia só lle corresponde o 5% da xeración eólica de España é como dicir que a Vigo só lle corresponde fabricar dez mil vehículos ao ano (os que se matriculan en Galicia), ou que ás empresas lácteas só lles cómpre producir o leite que consumimos aquí, ou que a Valencia só lle toca plantar as laranxas que absorbe aquela comunidade autónoma. Para mudar esta situación de mínimos en necesidades renovables para os usuarios domésticos e a industria, urxe avanzar no desenvolvemento eólico, xa que no noso país a fotovoltaica e a hidráulica teñen pouco percorrido. E, por se fose pouco, chegou a invasión ucraína de Putin, coa conseguinte e insoportable dependencia do gas ruso, que está a provocar unha rotura do mercado absolutamente insufrible para os cidadáns e as empresas. Por desgraza a enerxía eólica non ten nada que ver cos prezos actuais da electricidade, flutuando entre 200 e 300 euros/MWh, segundo os días. Se toda a demanda horaria de electricidade se cubrise con eólica, o prezo no mix eléctrico andaría entre os 30 e 35 euros/MWh. En materia ambiental, canto gasta Galicia importando enerxías non propias, como gas, petróleo e carbón? Por comunidades autónomas, a industria eólica de Galicia é a que contribúe coa maior achega –316 millóns de euros– ao PIB e a que máis empregos directos sostén –5.800–; e só en concepto de rendas aboamos máis de 11 millóns de euros anuais aos propietarios dos terreos. Ademais, temos no noso territorio un cento de industrias que manteñen postos de traballo de calidade no medio rural; compañías de todo tamaño que tamén exportan, porque houbo un desenvolvemento previo que sitúan o noso talento e saber facer nunha posición inmellorable para seguir innovando. En materia ambiental, canto gasta Galicia importando enerxías non propias, como gas, petróleo e carbón? Cal é o custo para a industria e os consumidores? Unha parte importante desta enerxía pode substituírse por electricidade –o imparable proceso da electrificación da economía–, e aí é onde se precisará maior xeración de enerxía eólica. E se nos poñemos a fabricar hidróxeno verde, que de feito hai varios proxectos presentados en Galicia aos fondos Next Generation, só pode ser alimentado por enerxía eólica ou renovable de nova instalación; igual que as electrointensivas que se fagan novas, que están obrigadas a vencellarse a eólica de nova creación, se queren beneficiarse dos fondos europeos. A desbocada inflación rolda o 10%: Inaguantable! Todas as materias primas e todas as actividades económicas dependen da enerxía. Só as renovables traerán novos investimentos, crearán emprego e manterán prezos acomodados para a industria e os cidadáns. É a única solución! Entre tanto, sigamos queimando gas alxeriano ou ruso e carbón de Nixeria. É o que hai. |
PRAZA_3216 | Compostela, Ferrol, A Coruña ou o cárcere da Lama acolleron este venres actos en homenaxe a Concepción Arenal, no bicentenario do seu nacemento. Encarna Otero destaca que é "unha muller relativamente coñecida pola poboación, pero bastante mal coñecida" | Compostela, Ferrol, A Coruña ou o cárcere da Lama acolleron este venres actos en homenaxe a Concepción Arenal, no bicentenario do seu nacemento. Destacou tanto no traballo teórico, de pensamento e proposta de reformas, como na intervención social directa, centrada na defensa dos colectivos máis desfavorecidos, dende as mulleres aos presos, pasando polas prostitutas. E deixou un legado que foi recoñecido nas décadas seguintes ao seu falecemento en Vigo en 1893. Como destaca Encarna Otero, "é unha muller relativamente coñecida pola poboación, pero bastante mal coñecida", pois dela destácanse decote apenas unhas poucas facetas e feitos, como o seu papel como visitadora de prisións ou como se viu obrigada a vestir de home para acudir á universidade, pero Concepción Arenal traballou en moi distintos ámbitos. Falamos coa historiadora sobre algúns aspectos da traxectoria da pensadora e activista ferrolá."Promove reformas sociais que nalgúns casos aínda non foron aceptadas, sobre todo os cárceres como espazos de formación e rehabilitación, e non só de castigo"Coñécese (e recoñécese) suficientemente a Concepción Arenal?É unha muller relativamente coñecida pola poboación, pero bastante mal coñecida. Dela sábense algunhas cousas, como que se vestiu de home para ir á universidade e que era moi "caritativa", e poucas veces se vai máis aló diso. Como era unha persoa moi católica, no Franquismo deturpouse a imaxe de Concepción Arenal, facendo fincapé nesa imaxe de "muller caritativa", como pasou con Rosalía tamén na ditadura. Pero a realidade é que foi unha muller moi avanzada, moi progresista, que promove reformas sociais que nalgúns casos aínda non foron aceptadas hoxe en día, sobre todo a visión que ela tiña sobre a redención de penas, sobre a xustiza, sobre as persoas presas, sobre os cárceres como espazos de formación e rehabilitación, e non só de castigo."Durante o Franquismo creouse a imaxe da Concepción Arenal caritativa, católica, e só nos anos 80 se comeza a recuperar en todas as súas dimensións e os seus escritos"Así pois, a ditadura creou unha imaxe de Concepción Arenal máis "moderada"?O que lle puxo a lousa enriba a Concepción Arenal foi o 1936, porque nas primeiras décadas do século XX e durante a Segunda República, ela foi moi reivindicada por ese movemento feminista que tanto loitou polo dereito á educación, o dereito ao voto, o dereito ao divorcio e todos os dereitos que se plasmaron sobre todo na Constitución de 1931. No ano 1920 había dúas asociacións feministas en España, unha chamada Concepción Arenal e a outra La mujer del porvenir, como a obra que escribiu. Durante o Franquismo creouse a imaxe da Concepción Arenal caritativa, católica, e só nos anos 80 se comeza a recuperar en todas as súas dimensións e os seus escritos. Non hai nada mellor que lela para comprendela. O mellor que se pode facer con Concepción Arenal é lela.En todas as súas accións semella guiada por uns ideais humanistas moi fortes, centrada sempre na defensa da xustiza social... En que medida se concreta esta idea?Ela era unha muller sobria, pero cunha ética fóra de lugar: consideraba que a súa vida tiña que ser unha manifestación de todo aquilo que pensaba e facía. Tiña a súa maior preocupación polas persoas máis desfavorecidas, as máis danadas da sociedade, que eran os presos, os obreiros e as mulleres. Defendía, por suposto, a abolición da prostitución. Todo o que supuxera explotación, miseria, degradación ou traballo abusivo había que solucionalo. Foi ademais unha muller completamente antimilitarista e que viviu a guerra de preto, pois pertenceu á Cruz Vermella e montou un hospital de campaña durante a terceira Guerra Carlista, entre 1872 e 1876. Ese posicionamento contrario á guerra, o rexeitamento do 'dereito á guerra', era algo completamente progresista nese tempo."Era unha gran defensora do dereito das mulleres a estudar como un mecanismo de liberación e de participación con pleno dereito na sociedade"Fai fincapé na educación e na necesidade de que as mulleres e, en xeral, as persoas sen recursos económicos accedan a ela. Que valor lle daba?Era unha gran defensora do dereito das mulleres a estudar como un mecanismo de liberación e de participación con pleno dereito na sociedade. Durante a Primeira República fai unha defensa moi forte do dereito do ensino para as mulleres, porque tiña moita relación con Giner de los Ríos e a Institución Libre de Enseñanza. Con Emilia Pardo Bazán coincide completamente na loita pola educación das mulleres. A educación vaille permitir á muller demostrar algo fundamental: que ten capacidade intelectual e que é cidadá, que ten dereito á cidadanía. E a educación estaba moi ligada ao traballo. A muller traballara sempre, por suposto, a ningún home lle importaba que traballara, a cuestión era que cobrara. E para o traballo asalariado a formación é imprescindible, porque sen educación a muller pobre só podía caer na prostitución ou nos traballos peor remunerados, sen posibilidade de saír nunca desa clase de escravitude."Con Juana de Vega forma un tándem total, unha relación que tamén é económica, pois Juana de Vega puxo o seu capital ao servizo de todas esas ideas de benestar e construción de dereitos"Cal era a súa relación con Juana de Vega? Que impacto provoca en Concepción Arenal?O seu liberalismo e defensa da democracia bebeunos de seu pai, que foi moi represaliado polo absolutismo, e de Juana de Vega, que era unha muller moi liberal e que chegou a estar exiliada en Inglaterra. Con Juana de Vega forma un tándem total e absoluto. Son dúas mulleres que ademais do cariño e o respecto que se tiñan, o que fan é formarse e alimentarse mutuamente. Unha relación que tamén é económica, pois Juana de Vega puxo o seu capital ao servizo de todas esas ideas de benestar e construción de dereitos. E apoiou moito a Concepción Arenal tamén no seu labor como visitadora de prisións, porque estiveron varias veces a piques de botala, porque era moi molesta para o sistema, ao denunciar as situacións de corrupción que se daban.Levan estas preocupacións pola xustiza social á construción de vivendas para obreiros. Como foi este proxecto?Elas dúas estudaron moito a situación dos obreiros en Ferrol, no barrio de Esteiro, unha zona cunha gran situación de insalubridade. As dúas coincidían en que a vivenda era un dereito, pero era tamén unha cuestión de saúde e dignidade. De aí que en 1872 fundan a Construtora Benéfica, sociedade dedicada á construción de casas baratas para obreiros. Como morre Juana de Vega e xa non pode apoiar economicamente a iniciativa, Concepción Arenal desenvolve o proxecto noutras cidades, porque alí atopa apoio económico."As dúas coincidían en que a vivenda era un dereito, pero era tamén unha cuestión de saúde e dignidade. De aí que en 1872 fundan a Construtora Benéfica, sociedade dedicada á construción de casas baratas para obreiros"Que outras iniciativas desenvolveu Juana de Vega? Cal foi a súa importancia?Juana de Vega fundou por exemplo a Asociación de Señoras da Coruña. Esta asociación de mulleres dedicábase a facerse cargo dos nenos orfos, a apoiar os enfermos e enfermas que estaban no Hospital da Caridade, que eran os que non tiñan ningún tipo de recursos económicos. Creou tamén unha escola gratuíta para persoas adultas e financiou unha escola para nenos e nenas pobres, para que a pobreza non fose un estigma co que morres. A clave para elas era que a pobreza non esra unha condición de nacemento, senón unha situación derivada dunha sociedade inxusta, e que había que crear mecanismos para mudar iso, e a educación era o máis importante. A última iniciativa que Juana de Vega puxo en marcha antes de morrer foi unha escola práctico-teórica para o agro, co obxectivo de servir á formación da xente que traballaba no campo, que era o 90% da poboación galega. Para iso deixou o seu patrimonio nunha Fundación que tiña esa finalidade. |
PRAZA_13157 | A asociación ecoloxista, canda á Asociación sociocultural O Iribio e á Asociación veciñal Monte Caldeirón reclámanlle ao Concello que defenda o dereito dos veciños sobre o monte de Vilar, coñecido como A Pedra, fronte as pretensións de ocupación da empresa. | A asociación ecoloxista, canda á Asociación sociocultural O Iribio e á Asociación veciñal Monte Caldeirón reclámanlle ao Concello que defenda o dereito dos veciños sobre o monte de Vilar, coñecido como A Pedra, fronte as pretensións de ocupación da empresa. Cementos Cosmos, amparada nun decreto franquista de 1971, xa iniciou os traballos de apertura de pistas e deforestación deste monte para estender a actividade mineira a ceo aberto da canteira de calcaria que posúe no concello de Triacastela. Cementos Cosmos, amparada nun decreto franquista de 1971, xa iniciou os traballos de apertura de pistas e deforestación deste monte para estender a actividade mineira a ceo aberto da canteira de calcaria que posúe no concello de Triacastela Pese a que a empresa paralizou temporalmente a súa actividade na zona, ante a oposición veciñal á ocupación do monte comunal por parte da canteira e a interposición de accións na administración e na xustiza, Cementos Cosmos sostén que expropiou o monte en 1971, nun escuro procedemento de expropiación forzosa de urxencia ditaminado polo Consello de Ministros de Franco. Segundo ADEGA, o que realmente existe é tan só un documento de compra-venda desa parcela "por mutuo acuerdo entre entidad expropiada y la sociedad beneficiaria" asinado pola empresa e o alcalde daquela época. Daquela os montes comunais estaban baixo titularidade municipal. Porén, as entidades que denuncian esta situación aseguran que a compra-venda é de dubidosa legalidade e nula lexitimidade, porque segundo o dereito galego sobre montes comunais, estes son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables. É por iso que os veciños instan o concello (actual titor do monte comunal) a que defenda os intereses do pobo fronte as intencións de usurpación privada e ilegal de Cementos Cosmos, que ademais carece de licenza municipal para desenvolver a súa actividade na zona. Por outra banda, os veciños de Triacastela solicitaron a paralización da canteira e denunciaron a ocupación do monte na Garda Civil, o cal deu lugar a apertura dunha dilixencia por delicto penal contra a empresa e que se está a instruír nos xulgados de Becerreá. Segundo ADEGA, "a arrogancia da empresa mesmo chega a manifestarse a través do bloqueo camiños naturais de acceso ás aldeas, como a do Castiñeiro, cuxos habitantes teñen que arrodear 12 quilómetros de máis para chegar ás súas casas". |
PRAZA_19233 | A empresa pública indicou formalmente que o treito Zamora-Pedralba ía estar operativo en 2016. Co goberno en funcións ultimou trámites para abrilo a comezos de 2018 e agora vén de demoralo a finais dese ano MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego DOCUMENTO | Informe íntegro da CNMC sobre a declaración da rede de Adif | MAPA INTERACTIVO | O que está e o que falta: a evolución do AVE galego DOCUMENTO | Informe íntegro da CNMC sobre a declaración da rede de Adif O Administrador de Infraestruturas Ferroviariarias (Adif), a empresa pública que se encarga da rede de ferrocarrís, elabora cada ano a súa Declaración sobre a Rede. É un documento no que a compañía dependente do Ministerio de Fomento "detalla as características das infraestruturas ferroviarias" para que as empresas que operan nela transportando viaxeiros -a tamén pública Renfe, Comboios de Portugal e a francesa SNCF- ou mercadorías -públicas e privadas- poidan planificar o seu traballo. Un dos trámites que pasa é a súa avaliación por parte da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), que o pasado 27 de xaneiro emitiu un informe sobre a declaración de Adif para 2017. Entre outros aspectos, a CNMC reprende a Adif por anunciar para 2016 un treito do AVE Madrid-Galicia. Conforme á lexislación europea, trasladada á estatal en 2015, esta declaración debe incluír, lembra Competencia, "as característica da infraestrutura posta á disposición das empresas ferroviarias", unha información "básica para que os potenciais usuarios" poidan "coñecer" como é "na actualidade e como será previsiblemente" no ano vindeiro. Nesta liña, evidencia, "a información que se proporcione en relación coas próximas modificacións que poida ter a rede debe ser fiable, coa fin de evitar incertezas no proceso de solicitude de capacidade da infraestrutura". "A información sobre a rede debe ser fiable", advirte Competencia a Adif É neste punto no que Competencia reprende a empresa pública. "Cabe destacar", di o documento, que Adif incluíu na súa declaración que "prevía que en 2016 se porían en funcionamento tramos da rede que finalmente non están operativos". Este foi o caso de tres treitos no Mediterráneo, un na contorna de Burgos "e o treito Zamora-Pedralba de la Pradería, da liña Madrid-Galicia". "Nun contexto onde os operadores ferroviarios deben realizar investimentos a longo prazo, incluíndo a planificación dos servizos de transporte", advirte a CNMC, "a evolución da rede non pode supoñer unha fonte de incerteza adicional, en particular, de períodos tan prolongados". A empresa pública indicou no documento que o treito Zamora-Pedralba ía estar operativo en 2016. Co goberno en funcións ultimou trámites para abrilo a comezos de 2018 e agora vén de demoralo a finais dese ano Este treito do futuro AVE galego foi un dos que estivo sobre a mesa da xuntanza na que esta semana o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, confirmou o, en verbas do presidente da Xunta, "deslizamento da finalización" dos traballos ata a segunda metade de 2019, o que adía a entrada en servizo -cunha solución provisional á altura de Ourense- ata o ano 2020. O prazo que agora ofrece o Goberno central despraza a entrada en servizo destes 110 quilómetros a finais de 2018. No entanto, ata hai apenas un par de meses o propio Ministerio mantiña que os trens xa circularían polas novas vías a comezos dese ano. Xa lonxe, en calquera caso, do 2016 anunciado por Adif na súa declaración. Así o indicaba nun dos últimos trámites aprobados para a culminación destas obras, o contrato da supervisión das obras do cambiador de ancho de vías en Pedralba. Esta tramitación realizouse aínda co gabinete de Rajoy en funcións, o que contradí a versión da Xunta segundo a cal a causa da nova demora e do sexto prazo de conclusión do AVE galego foi o "bloqueo político" acontecido durante 2016. A "alta velocidade" entre Ourense e Santiago negada tras Angrois Mapa da rede ferroviaria difundido por Adif un mes antes do accidente de Angrois, coa liña Ourense-Santiago como alta velocidade En 2013 o Adif indicou neste documento que a liña Ourense-Santiago era "alta velocidade" e negouno un mes despois, tras o accidente do Alvia Esta non é, no entanto, a primeira ocasión na que a Declaración sobre a Rede lle causa problemas ao Adif. Na súa edición de 2013, datada no 17 de xuño dese ano, describiu as súas liñas indicando que a que une Ourense e Santiago era de alta velocidade, tal e como se pode observar no mapa sobre estas liñas, e sinalando ademais que contaba co sistema de freado automático ERTMS. No entanto, dende o día seguinte ao descarrilamento do Alvia en Angrois, que apenas un mes despois causou 80 falecementos, diversos responsables políticos, encabezados polo propio Feijóo e os dirixentes de Fomento, negaron que o sinistro sucedese nun treito de alta velocidade. Ademais, como é sabido, o ERTMS estaba desconectado a bordo dos Alvia dende 2012. Así o autorizara o propio Adif para evitar atrasos. Nesta liña, nas súas comparecencias no Congreso tras o accidente os presidentes de Adif e Renfe afirmaron con vehemencia que "non se podía considerar que este fose un accidente de alta velocidade". "Entre Santiago e Ourense non hai alta velocidade", subliñou o máximo responsable do administrador ferroviario, Gonzalo Ferre. No entanto, Fomento e as súas empresas públicas rectificaron as súas propias afirmacións pola vía dos feitos a comezos de 2016, tamén co Goberno en funcións. Como informou este diario, daquela lanzaron unha campaña publicitaria para anunciar como "alta velocidade" o novo treito do futuro AVE galego entre Olmedo e Zamora, aberto, como adiantou Praza.gal, a escasos días das eleccións xerais do anterior decembro. |
PRAZA_11243 | A medida ponse en marcha este mércores e afecta a todas as rúas de rodean a améndoa da cidade e que teñen un uso compartido de peóns e tráfico rodado. O Concello valora estendela a outras vías da zona urbana, co obxectivo de aumentar a sensación de seguridade | Dende este mércores a velocidade máxima nas rúas de plataforma única (sen diferenza de nivel entre a calzada e a beirarrúa) do centro de Pontevedra é de 10 km/h, tanto para coches como para bicicletas, patinetes e outros vehículos. A medida ponse en marcha naquelas rúas de rodean a améndoa da cidade histórica (Arcebispo Malvar, Praza de España, Michelena, Riestra, Gutiérrez Mellado, Praza da Peregrina e o comezo de Benito Corbal) e, ademais, nas zonas reformadas do Camiño De Santiago: Virxe do Camiño e Gorgullón.O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, explica que o obxectivo é aumentar "a sensación de seguridade", que é "algo fundamental para a autonomía dos nenos"O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, explica que o obxectivo é aumentar "a seguridade das rúas e a sensación de seguridade", que é "algo fundamental para a autonomía dos nenos" e para que "as persoas con mobilidade comprometida que teñan a sensación de son espazos seguros".Gómez sinala que ao tratarse dunha medida pioneira "temos que estudar o seu funcionamento". Ademais, anticipou que, en función do resultado, se decidirá "se se implanta noutras zonas da cidade con plataforma única, pero que non son espazos tan compactos como o centro histórico". A xeito de exemplo, o concelleiro falou do ámbito de Ferreiros, Rúa Nova de Arriba e de Abaixo ou Concepción Arenal.Ata agora, o límite máximo nestas vías de plataforma única e naqueles espazos que comparten usos peonís e rodados era de 20 km/h. Ese límite de 20 km/h é tamén o máximo que está a fixar o Goberno central nas súas recomendacións para reducir a sinistralidade. Porén, Pontevedra vai máis alá, reducindo aínda máis a velocidade máxima.O límite fixado nestes espazos é de 20 km/h, pero Pontevedra vai máis alá, reducindo a velocidade máxima e protexendo máis o peónA sinistralidade nas vías urbanas non fixo máis que aumentar nos últimos anos en Galicia, pasando de 600 ou 700 accidentes anuais ata os 1.770 no ano 2017. Entre os máis prexudicados por estes sinistros están os peóns, os máis febles entre todos os usuarios das vías públicas. Non contamos con datos actualizados sobre o número de atropelos que se producen anualmente en Galicia, pero as cifras as nivel estatal amosan un claro crecemento nos últimos anos. Dos ao redor de 10.000 atropelos anuais que se producían entre o 2008 e o 2012 pasamos a cifras que roldan os superan os 14.000. |
NOS_43051 | Son 9 máis ca onte. | Na Galiza hai 262 casos activos de coronavirus, o que supón 9 máis que na xornada deste domingo, segundo os dados da Consellaría de Sanidade. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 262. Deles 24 son da área da Coruña (5 máis que no domingo), 200 da de Lugo-A Mariña (1 máis), 4 da de Ourense, 6 da de Pontevedra (1 máis), 11 da área de Vigo, 16 da de Santiago (2 máis), e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 255 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.943 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 218.587. Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectados. |
NOS_21560 | Falamos con María Xosé García, de CIG-Automoción. Este sector estratéxico olla con incerteza e preocupación un panorama marcado pola nova lexislación en materia enerxética e a falta de decisión política. | Como definiría a situación do sector da automoción na Galiza? É de incerteza. Levamos un ano cunha campaña para explicar como estamos e as estratexias que pensamos que poderían beneficiar o sector e atopámonos con que a resposta para mellorar vai encamiñada ao traballo precario. E non sabemos como será o futuro coa nova lexislación en materia de cambio climático e redución de gases. Que propostas presenta a CIG para saír adiante? Primeiro temos que estabelecer unha estratexia galega ben definida para o sector e desenvolver o que vai ser o futuro dos vehículos diésel. Se no Estado español imos atrasados con respecto a Europa, imaxina aquí! Necesitamos apostar polos coches híbridos, eléctricos e mesmo polos autónomos. Outra realidade é o coche híbrido de gas. Na actualidade en PSA-Citröen, a empresa da que dependemos as auxiliares, a produción máis grande é a de furgonetas, case todas diésel. A Xunta debería pór o seu grao de area? A Xunta, agora mesmo, non ten compromiso ningún máis que dar subvencións a multinacionais que despois non controlan se se inviste na propia empresa ou na calidade de vida das súas traballadoras. É un negocio que nos vai levar ao que aconteceu con Pemex. Se nos poñemos a pensar no coche eléctrico ou no de gas, non hai un investimento en poder ter sitios para poder cargalos. Non todas as gasolineiras están preparadas para iso e limítanos bastante. O Goberno galego non fai unha aposta política por iso. É un sector que está enfocado a dar enormes beneficios ás grandes empresas e multinacionais. As axudas ao sector non funcionan dalgunha maneira? Pedímoslle á Xunta, a responsábel de darlle subvencións á automoción, que se nos dixera de canto era e a que empresas chegaba. Moitas levan subvencións da Xunta e logo investen en Portugal. Nos últimos 10 anos a automoción medrou en Portugal máis do que aumentou na Galiza. Aquí creouse só unha, Benteler en Mos. Cal sería a solución? Impulsar un plan galego de industria de automoción no que se recollan as medidas de apoio do I+D+i no sector. Especialización na fabricación de vehículos con maior valor engadido. Temos moita experiencia e capacidade de producir e exportar. Máis de 80% sae fóra e non debemos traballar para o low cost. O noso produto debería ter máis valor engadido. Como medidas sectoriais propuxemos unha mesa do sector integrada polo Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), as centrais sindicais e as tres universidades galegas. Consideramos que é importante porque agora só está integrado por Ceaga e precisamos estar aí coas nosas ideas, traballar en equipo. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_12366 | O 30 de marzo estréase Vilamor, primeiro nas salas de Lugo, Ribadeo, Monforte, A Rúa e O Barco, e nas semanas seguintes por toda Galicia. O novo filme de Ignacio Vilar conta a historia das comunas hippies que nos anos setenta se instalaron na Montaña lucense. E cóntao en galego, o que non debería ser noticia, pero aínda o é. | Un dos personaxes de Vilamor di, nun momento do filme, que a diferenza entre un home e un tolo é que o home non sempre pode facer o que quere. Ignacio Vilar (Ilegal, 2002; Un bosque de música, 2003; Polisóns, 1999; Pradolongo, 2007) debe ser o tolo, pois, por acabar levando adiante os proxectos que se propón, por complicado que sexa o contexto. Vilamor é unha idea con máis dunha década de percorrido, a historia dun habitante das comunas hippies que a finais dos anos setenta se instalaron na montaña de Lugo, en Negueira de Muñiz, do outro lado dun encoro que en 1956 deixou illadas as aldeas de Foxo, Vilar, Vilauxín, Ernes, Cancio, Barcela, Escanlar ou A Curula, que quedaron baleiras de inmediato. E a semana que vén poderá verse, en galego, tal e como se rodou, nas salas de cinema de Galicia. As estreas de Vilamor, que dispón de dez copias, terán lugar en Lugo e Ribadeo (30 de marzo), O Barco e A Rúa (31 de marzo), Monforte (4 de abril), Vigo (12 de abril), Pontevedra e Lalín (19 de abril), Vilagarcía (20 de abril), Santiago (26 de abril), A Estrada (27 de abril), A Coruña (3 de maio), Narón (10 de maio), Carballo e Cee (11 de maio) e Ourense (16 de maio). En función do éxito que acade en cada lugar, o filme permenecerá máis ou menos semanas en cada sala. Por exemplo, Pradolongo chegara a permanecer un mes e medio nalgún cine de Ourense. Máis adiante será a quenda da distribución internacional, coa presenza no Festival de Cannes, en maio, "onde pecharemos o traballo que levamos feito nos festivais de Berlín, de Moscú, de Toronto...", di Ignacio Vilar. A presentación do filme en cada localidade vén acompañada dunha intensa campaña promocional, centrada fundamentalmente nos centros de ensino A presentación do filme en cada localidade vén acompañada dunha intensa campaña promocional, centrada fundamentalmente nos centros de ensino. O equipo do filme, nomeadamente o propio Ignacio Vilar e os principais actores e actrices da película, percorrerán 192 institutos en dous meses, falando en cada centro cunha media de 300 ou 400 alumnos. "Facémoslles unha presentación moi didáctica, explicamos como se fai unha película, para que saiban o difícil que é facer cine, e sobre todo cine galego e en galego, explicámoslles que era unha comuna nos anos setenta e tamén as dificultades do traballo dos actores, moitos deles moi novos, que facían a súa primeira película, por exemplo nos varios espidos que hai no filme", explica Vilar. Cando nace Vilamor? Vén daquel documental que fixeras sobre as aldeas, A aldea: o antigo e o novo (2000)? Ese documental rodeino en 1999. Eran cinco aldeas, tres de xente maior -que cando morresen desaparecería a aldea con eles, como así sucedeu- e dúas aldeas poboadas por xente nova, que volvían para recuperala. E unha desas aldeas era Ernes, que xunto con Foxo, Vilar e algunha outra foron onde se instalaron as comunas nos anos setenta. E aí descubrín a historia da comuna de Foxo. Cando me contaron a historia, ese obxectivo de ir buscar un lugar afastado da represión franquista, e o xeito en que escolleron o lugar, e como tiñan que chegar a el, illado, cruzando o río en barca, tiña claro que esa historia se debía levar ao cine. "Na necesaria nova relación que debemos establecer coa natureza, a aldea é fundamental" O gran tema da película é esa dicotomía que se entablece entre o vello e o novo, entre os novos poboadores das aldeas, que as queren recuperar e recuperar a súa sabedoría e tradicións, e os vellos poboadores que as abandonan. É un tema moi de actualidade tamén agora, en toda Europa, cun forte movemento neorruralista de retorno á aldea... Si, na película o ferreiro quere restaurar a fragua porque o seu avó tiña unha. Nas comunas había un obxectivo de poñer en valor as aldeas, porque un país non pode vivir sen aldeas, a nosa cultura, o noso idioma veñen da aldea, e a aldea é fundamental para que o noso país siga vivo. Uns holandeses que viñeran restaurar e vivir nunha aldea, contábanme que alí xa desapareceran hai 150 anos. Pero aquí seguimos tendo aldeas, e na necesaria nova relación que debemos establecer coa natureza, a aldea é fundamental. É unha riqueza inmensa a que temos. Cres que aínda está sen contar esa parte da historia recente de Galicia, o paso dunha sociedade rural a agraria a unha urbana e empregada no sector secundario e terciario en apenas unha xeración? Hai que contalo, si, hai que contar ese paso que o noso país deu da Idade Media á modernidade, hai que facelo consciente para que poidamos vivir mellor e asumir o que somos. E dalgunha forma Vilamor fala diso, dese choque entre o pasado e a modernidade que esta xente nova leva ás aldeas. Este filme, como Pradolongo, coida moito algúns detalles, coma a forma en que se presenta o espazo físico, a paisaxe, a través da escolla de localizacións e a fotografía, e tamén a música, coa presenza destacada dunha canción composta a partir dun poema de Manuel Antonio, O sol da liberdade. Como xorde esta canción? Manuel Antonio é un dos poetas que máis me gustan. Cando estaba construíndo esta película tiña presente ese poema d'O Sol da Liberdade, que vai perfecto para o que conta historia. A partir de aí púxenme en contacto con Zeltia Montes, para convertelo en canción. Xusto nese momento no que que Zeltia estaba traballando na composición, xurdiu o 15M. Ela estaba en Madrid, foi a unha asemblea á Porta do Sol, e aí tivo clara como debía ser a canción. "A historia é a base do cine e todo, dende a música até a fotografía, pasando pola dirección de actores e a lingua, ten que estar en función da historia" E tamén cóidade moito a lingua, con varios personaxes falando con distintas variantes dialectiais do galego... Traballamos cunha lingüísta que é dunha aldea de Negueira de Muñiz, na Fonsagrada. Para min a historia é a base do cine e todo, dende a música até a fotografía, pasando pola dirección de actores e a lingua, ten que estar en función da historia. O cine ten que ver moito coa vida e a vida e o cine non poden estar encaixados. Eu son partidario de que a lingua ten que estar normativizada, toda lingua ten que tela, pero o cine ten que ir ao que fala a xente na rúa. Unha historia que sucede nun lugar, aínda que sexa ficción, pisa na terra, tiñamos que utilizar esa lingua que fala a xente. E por exemplo hai unha actriz, Marta Lado, que é da Costa da Morte e polo tanto fala con gheada, e así fala no filme, porque ás comunas ía xente de toda Galicia. "Aos cataláns mércanlles películas en catalán, aos vascos en vasco, a nós non nos compran" Tan complicado é rodar un filme en galego para que se poidan contar cos dedos das mans as longametraxes que o fixeron ao longo da historia? É tan complicado que TVE non quere saber nada do cinema rodado en galego. Nós non temos financiamento de Televisión Española, fáltanos unha das patas de financiamento, o noso orzamento sen TVE sempre está desequilibrado. A nosa produtora, Vía Láctea Films, tivo que arriscar 500 mil euros, que conseguiu a través de créditos bancarios grazas á credibilidade que xera a nosa traxectoria. Aos cataláns mércanlles películas en catalán, aos vascos en vasco, a nós non nos compran. A dificultade de rodar en galego é que temos que arriscar moito e despois está a dificultade engadida dos prexuízos que pode haber no resto do Estado cara a un filme rodado en galego. Como non imos rodar en galego se é o noso idioma? É unha riqueza do Estado. Pradolongo demostrou que podes facer unha película en galego e ter beneficios distribuíndose só en Galicia. Esta vai ser difícil que se financie só así, porque o orzamento é de 1,7 millóns de euros. Web de Vilamor |
NOS_25435 | Piden tamén ao Goberno español medidas específicas dentro do novo decreto contra a crise que aproba este sábado un Consello de Ministras e Ministros extraordinario. | O presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), Javier Touza, pediu celeridade a Bruxelas na repartición de subvencións ao sector pesqueiro e acuícola pola situación bélica en Ucraína: "Necesitamos axudas xa", urxiu. Touza fixo estas declaracións a Europa Press despois de coñecerse esta semana que a comisión de Pesca do Parlamento Europeo deu luz verde a unha axuda financeira para o sector ao amparo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, co foco posto naqueles que non poden realizar a súa actividade e cuxa supervivencia económica está en xogo. A Eurocámara respalda as axudas e aos sector pesqueiro e acuícola pola guerra de Ucraína Neste sentido, o directivo explicou que estas axudas contarán cuns 1.000 millóns de euros, a repartir entre a frota comunitaria, procedentes dos remanentes do citado fondo. Para o presidente de ARVI, "non é que sexa moito diñeiro" e "haberá que ver que criterios de repartición estabelecen". "Aprobouse utilizar o remanente do fondo para paliar os efectos da invasión de Ucraína, pero aínda non hai concreción. A día de hoxe as frotas non recibiron nada", criticou Touza. Cuarto día de paro no transporte: perdas millonarias na pesca e problemas no abastecemento de auga "Bruxelas é consciente da situación (da frota galega), pero non podemos esperar toda a súa burocracia para recibir as axudas. Ou apagas agora o lume ou cando vaias apagalo será demasiado tarde", sentenciou. Medidas do Goberno español O presidente de ARVI tamén segue con atención as medidas que anunciará o Executivo de Pedro Sánchez este sábado, após o Consello de Ministras e Ministros extraordinario. Desde o sector pesqueiro solicitaron que, cando menos, se manteña a redución de 20 céntimos por litro de combustíbel até final de ano. Un dos maiores polos de investigación en pesca da Galiza, fóra dos plans do Estado A este respecto, Touza explicou que as petroleiras piden o pago por anticipado, o que está a provocar tensións de tesourería a moitas empresas. "Estamos nunha situación moi crítica", engadiu, indicando que de seguir así a frota "terá que parar". "As axudas teñen que ser efectivas canto antes para evitar novos paro", concluíu. |
PRAZA_9538 | Un xulgado de Ourense ordena que os días dos que dispuxo a nai para atender o pequeno "sexan considerados como de permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral" logo de que a entidade da Xunta non llos concedese | A xustiza condena o Consorcio Galego da Igualdade e Benestar por denegar, sen motivación xustificada e de maneira discrecional, un permiso de conciliación familiar e laboral a unha traballadora que o solicitara para atender o seu pequeno enfermo. Foi o xulgado do Social número tres de Ourense quen nunha sentenza ditaminou contra a decisión unilateral do Consorcio en relación á concesión discrecional de permisos, logo de que unha traballadora tivese que acudir á vía xudicial para que lle fose concedido un dereito recoñecido e do que xa desfrutaran anteriormente outras compañeiras. A traballadora solicitou un permiso de tres días para coidar un neno enfermo que requiría vixilancia domiciliaria por prescrición médica; o Consorcio denegoullo sen xustificación motivadaO caso denunciado xorde no pasado 22 de xaneiro. Unha empregada dunha escola infantil da provincia de Ourense desta entidade –dependente da Consellería de Política Social da Xunta-- solicitou un permiso para a conciliación logo de que o seu fillo enfermase, fose derivado ao Hospital de Ourense polo seu pediatra para unha atención especializada e o médico lle ordenase a súa vixilancia domiciliaria sen acudir á escola e medicación cada 4-6 horas. A muller solicitou un permiso de tres días para o coidado do pequeno, que aínda non cumprira un ano, medida que lle foi negada polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar "sen unha xustificación clara e motivada", como aclara CCOO, sindicato que denunciou o caso. O propio ditame, ao que tivo acceso Praza.gal, lembra que a outra compañeira que tivo un fillo con gastroenterite si lle foi concedido o permiso. A afectada tivo que dispoñer de tres días de asuntos propios para poder coidar o pequeno. A maxistrada, a través da sentenza, lembra que ademais da normativa laboral que garante os permisos e licenzas ás que pode acollerse a traballadora, tamén o artigo 108 do Código Civil obriga o cumprimento das obrigas e os pais a "velar pola saúde dos seus fillos menores", neste caso de curta idade e con necesidade dun "repouso domiciliario acreditado mediante un certificado médico", polo que "se debe considerar un deber inescusable de obrigado cumprimento para as persoas que ostentan a patria potestade". A muller recorreu a días de asuntos propios pero a xuíza ordena que os días "sexan considerados como de permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral"A xuíza reitera que a petición da traballadora está xustificada e é lóxica, "sempre que se trate de situacións puntuais, que non se alonguen no tempo e non sexan reiteradas". A sentenza lembra que "no presente caso tres días é un tempo suficiente e non longo para que o fillo da demandada se recupere, e non consta que a demandante xa tivese solicitado este permiso máis días" malia que a enfermidade do rapaz xa tivera outros episodios. Así, o ditame estima a demanda interposta contra o Consorcio e "recoñece o dereito da autora" a que eses tres días solicitados "sexan considerados como días de permiso para o cumprimento de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral" e condena a entidade a facelo efectivo. "Lamentamos unha vez máis que as traballadoras teñan que acudir á vía xudicial para poder facer valer os seus dereitos de conciliación, recoñecidos por lei e por dereito. Neste caso, coincidindo coa celebración do 8 de marzo, pedimos que rematen estas discriminacións e que se vele tamén pola conciliación real e efectiva das mulleres no ámbito laboral", di CCOO. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.