ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_1690
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sector leiteiro e para esixir prezos dignos para os seus produtos. Os sindicatos agrarios reclaman que o presidente da Xunta se poña á fronte da mediación coa industria e a distribución. Galería de imaxes no interior
Os máis veteranos calculaban, nada máis chegar, que se dispuñan a participar na manifestación máis multitudinaria na defensa do sector leiteiro galego dos últimos dez anos. A fin das cotas lácteas ditaminada polas autoridades da Unión Europea e as presións da industria e mais da distribución provoca que unha das verbas máis repetidas o mediodía deste venres na explanada compostelá de Salgueiriños fose "desesperación". Familias enteiras, case un cento de alcaldes e alcaldesas e líderes das principais formacións políticas agás o PP marcharon ao carón para darlle forma a un multitudinario berro pola dignidade do sector leiteiro. "Xa está ben de tanto roubar o noso leite haino que pagar", repetían moitas das persoas que marcharon polas rúas da capital baixo unha estrita vixilancia policial na que os chalesques antibalas contrastaban coa imaxe de nenas e nenos collidos das mans dos seus pais ou amosando globos con lemas a prol dunhas condicións xustas para o leite do país. Á fronte da enorme comitiva os representantes das centrais sindicais agrarias explicaban os motivos polos que se botan á rúa: "O gandeiro que cobra 20 céntimos non pode agardar a setembro, á próxima reunión da Unión Europea, como propón a ministra", explica Roberto García, de Unións Agrarias. A esixencia xenérica de dignidade e prezos xustos concrétase nunha máis concreta. "Dado que a conselleira non se sente capaz de sentar na mesma mesa" a industria, produción e distribución "que sexa o presidente da Xunta quen lidere a solución", piden. Sobre a mesa, destacan, está o futuro de "máis de 10.000 familias e 50.000 empregos" no rural galego. Se as solucións non chegan e o limiar dos prezos mínimos non sobe "veríamonos obrigados non só a continuar as mobilizacións", senón a darlles "outra volta", advirte García. Sobre a mesa están xa posibilidades como a folga de entregas ou a tractorada masiva. "Dado que a conselleira non se sente capaz, que sexa o presidente da Xunta quen lidere a solución" As gandeiras e gandeiros amosaron durante os últimos meses "responsabilidade ilimitada", mesmo renunciando a convocar mobilizacións "durante a campaña electoral. Pero agora, dadas as circunstancias, "estamos dispostos a poñer todo o peso político que faga falta para esixir unha solución política". "O sector -conclúen- ten futuro e non podemos permitir que a inacción da Administración e o ataque da industria e da distribución peche as explotacións en Galicia. Remate da marcha, na Praza da Quintana / Gz Contrainfo Apoio dos concellos "Isto supón secar, matar ou vender vacas nun mercado saturado, é unha hecatombe moito máis seria do que se pensa" Tras a faixa dos sindicatos agrarios alcaldes e alcaldesas de diversas cores políticas, tamén do PP, expresaban o sentimento dos concellos gandeiros do país. Poñéndolles voz o rexedor de Boimorto, Xosé Luís Rivas, Mini (BNG), relataba ante a prensa a "xente descorazonada" coa que se está a atopar nas últimas semanas por mor da situación do sector. "Saben que se aproveitan deles, están desesperados e non entenden o que está pasando". O único que teñen claro é que "están diminuíndo a produción nun 30 % ou 40%", pasando de 2.000 a 500 ou 600 litros de leite. "E isto supón secar, matar ou vender vacas nun mercado saturado", unha "hecatombe moito máis seria do que se pensa". "Hoxe é o principio", advirte Mini, porque "se é o final, estamos mortos". O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, os deputados de AGE Antón Sánchez (Anova) e Xabier Ron (EU), o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, a eurodeputada Lidia Senra ou a voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, foron outros dos dirixentes políticos que se uniron á multitudinaria manifestación ata a Praza da Quintana, onde o xornalista Xabier Fortes leu o manifesto final no nome das persoas que ateigaban o lugar.
NOS_9346
Os sumilleres Martiño Santos e Xosé Gontá son os autores do coleccionábel 'A nación dos mil viños' que este xornal publicará de terzas a sextas feiras desde o 4 de xaneiro. Nós Diario conversa con eles para coñecer como se introduciron no mundo do viño e que atoparán as lectoras e os lectores nas 16 entregas.
Como naceu o proxecto Vide Vide! e de onde vén o seu interese polos viños? Convertemos un pasatempo en profesión. Comezamos por coñecer viños difíciles de adquirir no mercado normal. Na Galiza hai unha produción enorme de viños con varios milleiros de marcas e ao redor de 450 adegas. O que atopamos nun supermercado ou na maioría dos restaurantes é unha cantidade moi reducida das marcas máis coñecidas. Correspóndense con adegas de moita tradición e dun volume grande. Fóra diso, descubrimos, xunto a restaurantes que apostaron por outro tipo de cartas de viños, outro perfil que levantou un interese persoal. Rematamos por ver unha necesidade e convertela en profesión, nun proxecto que fose dirixido, precisamente, a que se coñecese dentro do país unha variedade importante de viños que eran completamente descoñecidos para a maior parte da xente. Por unha parte parecíanos unha necesidade, por ser algo social e cultural e, pola outra, parecíanos unha anomalía máis do país que se fixese esa cantidade de pequenos proxectos de tradición familiar, de xente nova que estaba traballando as viñas, que apostaba pola continuidade no rural, e que non tivese reflexo no mercado interno. Vide Vide! é moito máis que unha tenda... Non queríamos que fose só unha transacción comercial, queriamos que se convertese nunha comunidade. Integrar o espazo na cidade, que non se limitase a acoller o produto, que puidese acoller xente e poder facer actividades culturais, mesmo ofrecelo ás persoas para que o utilizasen para as súas actividades. Despois, dentro do noso proxecto, a misión que máis nos entusiasmaba era a divulgativa. Que se coñecese todo ese traballo que se fai ao longo do país. O obxectivo que nos marcamos foi divulgar o mundo dos viños galegos. Dentro dese traballo sitúase o coleccionábel de Nós Diario "A nación dos mil viños". Que toparán as lectoras e os lectores nel? Coa adaptación ao formato que implica o coleccionábel en Nós Diario, atoparán o coñecemento básico dos cursos de cata que impartimos en Vide Vide!, coa nosa propia visión e enfoque. Agardamos que despois haxa moita xente que contribúa a que se incremente o interese polo viño e que leve a que, inclusive, fagan un curso de cata presencial, visitar adegas e ter un coñecemento máis profundo do mundo do viño. Verán todo o proceso que leva o viño desde a viña até a copa, comprendendo todas as súas fases. Desvelamos as chaves técnicas da cata no contexto de todo o proceso de elaboración do viño para comprendelo mellor. Achegarse ao mundo da cata é complicado? Nunca nos movemos nin un milímetro deste criterio desde que iniciamos o proxecto: o enfoque de iniciación, social e popular do mundo do viño. É o que nos parece máis razoábel.
PRAZA_16078
A Coruña é a urbe que suma un maior número de accesos de vehículos privados, máis de 200 mil, moi por diante de Compostela e Vigo. O 67% dos galegos e galegas utilizan o coche para ir ao traballo, fronte ao 5% que usa o transporte público e un 25% que vai andando ou en bicicleta O uso do vehículo privado é 13 puntos superior no homes que nas mulleres
O uso do vehículo privado é 13 puntos superior no homes que nas mulleres Case 800 mil vehículos entran cada día nas sete cidades galegas, segundo os datos medios para 2016 publicados polo Ministerio de Fomento, e tendo en conta unicamente as vías de acceso principais. A Coruña é con gran diferenza a urbe con máis tráfico de entrada e saída, superando amplamente os 200 mil coches diarios, moi por riba de Compostela e Vigo, por riba de 100 mil, e dos outros catro concellos, próximos a esa cifra. O dato contén nesgos nalgúns casos (coches que dende os concellos da contorna entran nas estradas que atravesan cidades como Ourense ou Pontevedra para dirixirse a algún outro concello) e non ten en conta duplicidades (algún vehículos que poidan facer a mesma viaxe de acceso á urbe dúas ou máis veces no mesmo día) nin vías doutra titularidade. Ao ser unha media, en todo caso, tampouco reflicte a relaxación do tráfico nas fins de semana. A Coruña é con gran diferenza a urbe con máis tráfico de entrada e saída, superando amplamente os 200 mil coches diarios, moi por riba de Compostela e Vigo, por riba de 100 mil Nos últimos anos son cada vez máis as voces que veñen reclamando solucións á elevada densidade de tráfico en determinados accesos da distintas cidades galegas. Na Coruña está sobre a mesa a reforma da Avenida da Vedra (Alfonso Molina) e en Compostela repítense as queixas pola conxestión da N-550 no Milladoiro. Galicia non sofre aínda os problemas de contaminación de Madrid ou Barcelona. Con todo, o Informe sobre a calidade do aire no Estado español elaborado por Ecoloxistas en Acción alertaba dos elevados niveis de dióxido de nitróxeno (NO2), ligado ao tráfico rodado (sobre todo aos vehículos diésel) rexistrados nas estacións de medición de Riazor (A Coruña) e Coia (Vigo). De igual xeito, vense poñendo sobre a mesa a demanda de melloras nos servizos ferroviarios, de cara a contar cun tren de proximidade do que Galicia carece. E tamén se reivindica a habilitación de máis e mellores vías ciclables nas urbes galegas e na súa contorna. Chaman especialmente a atención os datos da Coruña, que supera amplamente os 200 mil accesos sumando as cifras rexistradas na Avenida da Vedra (121.825 vehículos diarios), AC-12 (40.268), Terceira Ronda (12.913), AC-552 (20.254) e AC-415 (17.675). A apertura da Terceira Ronda contribuíu a diluír un pouco a concentración de tráfico nas restantes vías, de xeito que Alfonso Molina descendeu a súa media de vehículos entre 2012 e 2016 (de 125.017 a 121.825) e a AC-12 de 46.893 a 40.268. Con todo, a cifra total segue a aumentar. Vigo presenta cifras menores, pero co tráfico concentrado en dous accesos principais: a conexión coa AP-9 (54.512) e a Avenida de Madrid (39.193), que suman case 100 mil vehículos diarios. Compostela rolda os 100 mil vehículos diarios tan só sumando as entradas de coches polo norte (N-550, A-54 e AP9) e polo sur (N-550 e AP9), sen ter en conta as vías de conexión con Bertamiráns e Noia ou as que se dirixen á Estrada, Lalín e Ourense. O 67% das persoas que traballan fóra da casa en Galicia empregan o coche para ir alí, unha porcentaxe que nas sete cidades vai dende o 70% de Ferrol e o 66% Lugo ata o 56% de Ourense e o 53% da Coruña En Ferrol, malia o descenso poboacional, o número de vehículos apenas variou nos últimos catro anos, aínda que a diferenza de outras cidades, neste caso o tráfico está moi repartido entre o treito final da AP-9, a Ponte das Pías, a Estrada de Catabois e a FE-12. Lugo é a que menos circulación rexistra e só na circunvalación que conforma a antiga N-6 o número de vehículos diarios supera os 25 mil. Pontevedra e Ourense sofren o peso engadido de ser zonas de paso entre varias comarcas. Na cidade das Burgas destaca a elevada densidade do tráfico dende o sur pola N-525 (28.619 coches diarios) e dende a A-52 (17.430). En Pontevedra a N-550 move máis de 40 mil vehículos diarios sumando os accesos norte e sur, dende o Morrazo chegan outros 26.499 e dende o Salnés 13.734, aos que hai que sumar os máis de 30 mil coches diarios que pasan pola AP-9. Esta estatística está moi relacionada co uso que os galegos realizan do vehículo privado, tamén nas grandes cidades e áreas metropolitanas, ben por hábito ou pola carencia ou deficiencias no transporte colectivo. O 67% das persoas que traballan fóra da casa en Galicia empregan o coche para ir alí, unha porcentaxe que nas sete cidades vai dende o 70% de Ferrol e o 66% Lugo ata o 56% de Ourense e o 53% da Coruña. E iso a pesar de que a proporción de ocupados e ocupadas cuxa vivenda está no mesmo concello que o seu lugar de traballo supera o 74% en seis das sete urbes e só é algo menor en Pontevedra (64%).
NOS_21984
O Consello de Seguridade das Nacións Unidas vén de aprobar unha resolución contra os asentamentos de Israel en Palestina. Unha resolución que, a ollos do pobo palestino, representa un golpe a Israel. Os EUA abstivéronse na votación.
Após anos de silencio, o Consello de Seguridade da ONU aprobou a sexta feira unha resolución contra os asentamentos de Israel en Palestina. Fíxoo con 14 votos a favor dos 15 países que forman parte do órgano. Os EUA abstivéronse na votación. O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, presionou nas últimas semanas os EUA para que empregasen o dereito ao veto, co fin de impedir a resolución. Porén, o país norteamericano optou por non facer valer o dereito a veto. Precisamente, hai cinco anos, durante a Presidencia de Barack Obama, os EUA empregaban por primeira e derradeira vez o dereito a veto e obstaculizaban a aprobación dun texto semellante. Hai cinco anos, os EUA obstaculizaban unha resolución semellante Palestina ve nesta resolución "un gran golpe para Israel". E é que o Consello de Seguridade esixiu que Israel remate "de maneira inmediata e completa" os asentamentos ilegais. Tamén instou ambas as partes a loitar contra o terrorismo e acabar coa incitación á violencia. Impulsores da resolución Foi Exipto, no nome da Liga Árabe, quen presentou a resolución, un texto do que foron coautores Nova Celandia, Malasia, Venezuela e O Senegal. Estes países puxeron de manifesto no documento que os asentamentos levantados por Israel na zona ocupada desde 1967 carecen de validez legal e representan unha grave violación das leis internacionais. Aliás, a resolución salienta que as colonias de Israel son unha traba para a paz en Oriente Medio.
NOS_53884
O Sindicato Labrego Galego xa presentou un escrito ante a Consellaría do Medio Rural para denunciar a situación.
O anuncio dunha moratoria pola que se permitirán unicamente replantacións con eucalipto en territorios onde xa estaba esta especie, por parte da Xunta da Galiza o pasado 25 de febreiro, horas despois de aprobar un novo Plan forestal galego, está a causar un efecto contrario ao, en principio, agardado. O Sindicato Labrego Galego (SLG) vén de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellaría de Medio Rural advertindo do efecto chamada que provocou ese anuncio. Diego Sánchez Agra, coordinador do sector forestal no SLG, explica que na súa organización "decatámonos de que hai moitas persoas propietarias de terreos que comezan a facer plantación de eucaliptos aproveitando que aínda non está regulado". Fala de "efecto chamada" por denuncias presentadas nas delegacións do sindicato en varias comarcas nas que se asegura que hai propietarias e propietarios que apuran para contratar a plantación. En concreto, teñen constancia deste tipo de actuacións nalgunhas zonas de Vilalba e sur de Lugo nas que se levan a cabo este tipo de traballos e o aumento de plantación de eucaliptos en parcelas é "moi evidente". Plantacións sen control por parte de Medio Rural "A xente planta eucaliptos en zonas de monte onde antes non había para aproveitar que de momento non hai ningunha regulación", asegura Sánchez a Nós Diario, "polo que a primeira demanda sería que regulen esta situación e saquen medidas concretas", engade. Na actualidade existe unha lexislación que prohibe plantar especies forestais en zonas de uso agrícola e tampouco se poden plantar eucaliptos en zonas ocupadas por frondosas ou mesmo introducir algunhas especies en zonas de protección como Rede Natura. "Tememos que se estean realizando plantacións neste tipo de terreos nos que está prohibido pola falta de control que hai por parte de Medio Rural", inciden desde o SLG. Neste sentido, Sánchez asegura que "nin coa Lei de incendios de 2007 nin coa Lei de montes de 2012, que xa facía certas restricións, houbo control ningún", aínda que fixeron denuncias en varias ocasións e a resposta sempre foi "mirar cara a outro lado ou pór atrancos administrativos para poder seguir adiante con elas". Desde o SLG recoñecen que tamén os concellos poderían facer un seguimento das fincas que realizan plantacións ilegais da mesma maneira que deberían controlar as faixas que arrodean as estradas da súa propiedade ou os terreos en zona rústica e urbana, mais entenden que "non teñen medios e que para Medio Rural é unha maneira de botar balóns fóra das súas obrigas". A lexislación non favorece un control sobre as empresas que mercan a madeira. "Se fas unha plantación ilegal nun terreo de uso agrícola o delito prescribe cando pasa un ano", informa Sánchez, "e aínda que nun principio tampouco poderías plantar nese lugar, a adquisición sempre sería despois dese período, polo que a industria sabe que non sería unha adquisición ilegal", engade. En todo caso pregúntanse até que punto poden quedar impunes as empresas que xestionan desde o principio a plantación de eucaliptos. Desde a plataforma 'Por un Monte Galego con Futuro', na que participa tamén o SLG, solicitaron ao Parlamento Galego a devolución do novo Plan Forestal ao Consello Forestal para realizar unha nova redacción axeitada ás necesidades do país e na que participen todas as organizacións do monte e do medio rural. Fontes de Medio Rural insisten en que regulamentarán "temporalmente as novas plantacións de eucalipto mediante unha disposición na futura Lei de recuperación da terra agraria", actualmente en tramitación parlamentaria. Afirman que "se prohibirán as novas plantacións de eucalipto" e "permitiranse as replantacións con eucaliptos só nos terreos de toda a comunidade autónoma nos que xa os había". O aumento do cultivo de eucalipto reduce o seu prezo Un dos argumentos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para a moratoria sería a baixada de prezos da madeira. O SLG critica ese "interese" polo control neste sector "e non no lácteo". Agora mesmo o aumento das plantacións evidenciou nalgunhas poxas públicas esta realidade, pasando a adquirirse desde 30 euros por tonelada até seis euros por tonelada. Ademais, empresas como Ence xa deixaron de admitir algunhas especies pola súa pouca rendibilidade.
NOS_53239
A Fundación Francisco Franco leva dous meses xestionando as visitas ao Pazo de Meirás, segundo denunciou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña logo de que a propia Carmen Franco o contara nunha entrevista á prensa.
Trátase dun episodio máis do culebrón que comezou en 2007 cando o bipartito importunou por primeira vez a plácida vida dos Franco en Meirás. A Consellaría de Cultura daquel entón quixo facer unha inspección previa ao Pazo para logo decidir a partir dos informes dos técnicos se era merecente de ser declarado Ben de Interese Cultural. Pero aquela visita non foi posible até que un ano máis tarde o TSXG obrigou os Franco a abrir a casa para ser avaliada. A finais de 2008 o Pazo de Meiras, que fora residencia de Emilia Pardo Bazán, era declarado BIC, o que obrigaba á familia propietaria a abrilo ao público catro días ao mes. Desde entón, os Franco non fixeron máis que dificultar o acceso ao Pazo. A presión do Concello de Sada sobre a Consellaría de Cultura, xa en mans dos conservadores, fixo os seus efectos sempre que non se cumprían as condicións, abríndolle varios expedientes informativos. A solución final dos Franco foi traspasarlle a xestión á Fundación que leva o nome do dictador. Agora quen desexe visitar o Pazo ha de enviar un mail ao enderezo [email protected] ou chamar a un móbil (686 612 717), que confirma efectivamente que quen está ao outro lado do teléfono pertence á Fundación Franco. Tal noticia deixa sen posibilidade de movemento legal tanto ao Concello de Sada -xa ten reclamado instrumentos legais para recuperar o pazo sen ter que indemnizar a familia- ou ás asociacións pola memoria histórica, e mesmo á Xunta de Galicia, dado que é unha propiedade privada. Recuperar a Pardo Bazán O presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica, Fernando Souto, defende que sexa o Concello de Sada quen xestione as visitas, "por ser a administración máis próxima" e que se recupere "a figura de dona Emilia Pardo Bazán, que é o importante do pazo, hai que recuperalo como un espazo de creación literaria". Hai que lembrar que o Pazo foi construído pola escritora Emilia Pardo Bazán a finais do XIX e en 1938 foi ofrecido polas autoridades franquistas coruñesas a Franco como residencia de verán, a través de expropiacións forzosas de terreos, desvío de impostos, doazóns obrigadas, etc. Souto recoñece que non hai posibilidade legal de evitar que a Fundación Francisco Franco xestione esas visitas, "porque o franquismo, o fascismo e as ditaduras en España son legais". "O franquismo está vixente: tres de cada catro normas do estado español son de orixe franquista", apunta. E asume que a única oposición posible a este feito é a presión social: "A única oportunidade de que non se convirta nun monumento a maior gloria de Franco é... a mobilización, a opinión pública, e nese traballo estamos. Debemos de facer un frente común e recuperar ese espazo que foi. O pazo debe ser entregado a quen o pagou". Verbo das posibilidades de conseguilo, Souto amósase pesimista: "Quen ten a posibilidade de recuperar o pazo é a xente nova. Debería ser un lugar de esperanza e de ilusión para as novas xeracións". "Este non é un tema local, non é un tema baladí. Estamos falando de lugares da memoria e non dun espazo para uso e disfrute dos herdeiros dun dictador. Esta é a punta dun iceberg, do roubo masivo por parte dun grupo de familias. Estamos falando dos grandes poderes reais do estado, o franquismo segue latente no estado, é o caso recente de Villar Mir, que segue conservando as concesións públicas de saltos da augas, de Ferroatlántica..."
PRAZA_1752
Un cento de afectados e afectadas directas polo sinistro ocorrido hai dous anos concentrouse este venres na praza do Obradoiro para pedir a creación dunha comisión de investigación no Congreso, a axilización do estancado proceso xudicial, entre outras demandas
Ao redor dun cento de vítimas e familiares de vítimas do accidente que hai dous anos acabou coa vida de 81 persoas en Angrois concentráronse este venres na praza do Obradoiro de Compostela. Convocados pola Plataforma de Víctimas Alvia 04155, esixiron "verdade, xustiza e responsabilidades políticas", como se podía ver na súa faixa principal e en multitude de carteis, e como repetiron durante a concentración, celebrada baixo a chuvia nalgúns momentos. Unha das súas principais reivindicacións é a creación dunha Comisión de Investigación Parlamentaria no Congreso, un órgano cuxa constitución foi proposta por forzas coma o BNG ou a Esquerda Plural, pero que conta coa oposición de PP e PSOE. Así mesmo, critican o estancamento do proceso xudicial, cunha investigación que "leva case un ano parada co cambio do novo xuíz". Esixen "responsabilidades políticas", criticando que o maquinista apareza "como único responsable" e subliñan que "ningún responsable político dimitiu e para humillación das vítimas algúns foron mesmo premiados". Láianse tamén do "trato inhumano" recibido por parte do presidente da Xunta "que nos recibiu cos Antidisturbios cando nos negabamos a recibir unhas medallas que non queriamos". En definitiva, a Plataforma esixe "verdade, transparencia e xustiza" e destaca que o accidente podería ter sido evitado e que "varias decisións do goberno anterior (PSOE) e do actual (PP) comprometeron a seguridade dos viaxeiros" e que "intereses comerciais e políticos antepuxéronse á seguridade das persoas". A concentración foi acompañada pola presenza de numerosos representantes de forzas políticas e cargos institucionais, comezando polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), que amosou o seu apoio á vítimas e ás súas familias e criticou a actitude de PP e PSOE, que "están escapando das súas responsabilidades". Tamén estivo presente a viceportavoz de AGE e coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz. O mesmo que o deputado de AGE Antón Sánchez. Polo BNG participaron o portavoz parlamentario Francisco Jorquera, a deputada no congreso Rosana Pérez e Ana Miranda, eurodeputada nesta lexislatura. Tamén asistiu o secretario xeral de Podemos en Galicia, Breogán Riobóo.
PRAZA_738
De Lara reclama formalmente a contabilidade dos populares ourensáns e, baseándose nos documentos achegados polo ex xerente, cifra en máis de 200.000 euros o fluxo de diñeiro 'B' entre 2007 e 2009.
A investigación sobre a presunta 'caixa B' do PP de Ourense segue a alargarse. Apenas dúas semanas despois de que a xuíza Pilar de Lara tombase o recurso co que José Luis Baltar tentou frear o proceso a maxistrada vén de ordenar novas dilixencias. Faino tras examinar un informe do Servizo de Vixilanica Aduaneira elaborado a partir da documentación "facilitada" o pasado febreiro por Emilio Pascual, ex xerente do partido e testemuña na causa. Os papeis, lonxe de afastar as sospeitas, reafirman a xuíza na hipótese de que a formación funcionou cunha 'caixa B' que, considera, serviu para financiar gastos electorais e tamén sobresoldos, gratificacións que ata agora non mencionara. Segundo sinala nun auto ditado este martes e a cuxo contido tivo acceso Praza Pública a documentación achegada por Pascual ten, esencialmente, dous compoñentes. Por unha banda, "recibos asinados por distintas persoas, encargadas ou representantes de empresas" que acreditan "entregas de cartos en efectivo" por parte do PP. Por outra, a "suposta contabilidade B, na que se reflectirían as supostas entregas de cartos realizadas por José Luis Baltar a Emilio Pascual". Os cartos, segundo a investigación, procedían de achegas de empresas e servían para "proceder ao pago en efectivo de diversos servizos". Tras examinar os documentos "resultaría que, como declara Emilio Pascual", di a xuíza, o PP de Ourense realizou "de forma habitual" eses pagos en efectivo "a empresas que lle prestan servizos", algo que xa foi "recoñecido polos seus representantes legais". Ademais, recolle no auto, "tería estado retribuíndo gratificacións extraordinarias aos empregados" do partido "mediante pagos en metálico, tal e como estes mesmos recoñeceron", sinala. Todos estes pagamentos "eran realizados por Emilio Pascual" na súa calidade de xerente e, segundo a súa declaración, faríanse cos cartos que Baltar pai lle entregaba con esta finalidade e "sempre baixo as súas instrucións". De Lara conclúe que o PP ourensán realizou "de forma habitual" pagos "en efectivo" para pagar servizos a empresas e "gratificacións extraordinarias aos empregados" do partido Neste contexto, De Lara tamén reflicte algunhas das cantidades que sairían do que ela mesma denomina como suposta "caixa B". Segundo o que Pascual presenta como contabilidade paralela, "na que se reflicten as datas e importes monetarios entregados por José Luis Baltar", "tales sumas ascenderían" a 48.850 euros en 2007, 104.250 en 2008 e 57.285 en 2009. En total, máis de 200.000 euros nuns anos nos que o partido xa estaba encabezado en Galicia pola súa actual dirección. Segundo os investigadores "na maioría das ocasións" cadran as "datas e cantidades" da documentación examinada e dos pagos "aos distintos provedores e prestadores de servizos. A xuíza reclámalle formalmente ao PP de Ourense a súa contabilidade para comprobar se figura nela máis de 200.000 euros que atribúe á 'caixa B' Estas novas conclusións "corroboran", segundo a xuíza, a "veracidade do testemuño" do ex xerente e "viría dotar de ceteza a hipótese acerca da recadación" por parte do ex barón popular, quen "disporía de elevadas cantidades de diñeiro en efectivo, de procedencia polo momento non concretada", que permitirían este fluxo de cobros e pagos en metálico "á marxe da contabilidade oficial do partido, dando lugar a unha estrutura paralela de xestión económica". Para De Lara estas conclusións son especialmente relevantes no marco do caso Pokémon, toda vez que a investigación da suposta trama corrupta recolle un "suposto pago de cartos realizado pola empresa Véndex ao señor Baltar" en maio de 2011 dentro do que un dos imputados, José María Tutor, deu en chamar "la ruta del bacalao". Así as cousas, e "a fin de verificar definitivamente que os cartos cos que se pagaron tales servizos e se gratificou os empregados do PP de Ourense" procedía das "entregas de cartos realizadas" por Baltar "á marxe do ingresado nas contas do partido" a xuíza ve "absolutamente necesario comprobar" a "contabilidade íntegra do PP de Ourense" e a "identificación e extracto dos movementos" das súas contas bancarias para comprobar nelas se "tales fluxos de efectivo aparecen reflectidos nas mesmas". Deste xeito, De Lara reclámalle formalmente as súas contas aos populares ourensáns e autoriza a Vixilancia Aduaneira para consultar os datos fiscais e tributarios de sete empresas e catro persoas.
NOS_40930
Desde marzo de 2009 o sector industrial perdeu 35.536 afilia@s o que supuxo unha redución dun 21.8% pasando de 163.214 a 127.678 rexistrad@s a finais de 2013. O BNG pide explicacións no Parlamento polo desmantelamento do emprego industrial.
Durante o goberno de Feijóo o sector industrial perdeu máis da quinta parte do seu emprego, segundo datos da afiliación á seguridade social. Se o rexistro de marzo de 2009, cando Feijóo chega ao goberno era de 163.214 cinco anos despois, a fins de 2013 tiña descendido a 127.678, é dicir, unha baixada dun 21,8%. Con estes datos na man, o BNG rexistrou no Parlamento varias iniciativas que pedirán explicacións ao goberno polo progresivo desmantelamento do sector industrial, sen que se observen indicios de recuperación. A perda de peso relativo da industria galega no emprego cífrase no descenso do 15,9% dos postos de traballo en 2009 ao 14,1% rexistrados no fin de 2013. Só no último ano o sector perdeu 4.397 afiliacións á Seguridade Social o que supón un 3,3 % no período que vai de decembro de 2012 ao fin de 2013. A caída na madeira supuxo un 30%, no téxtil ascendeu a un 26%, na metalurxia de 26% e na enerxía eléctrica foi do 17,2%. "A afiliación á seguridade social cando Feijóo chega ao goberno era de 163.214 cinco anos despois, a fins de 2013 tiña descendido a 127.678" "Os datos da afiliación á Seguridade Social amósanos a un sector industrial que durante os gobernos de Feijóo perdeu máis da quinta parte do seu emprego, onde o emprego industrial perdeu peso relativo no conxunto de emprego galego, e por último, a evolución recente, do pasado 2013, non permite albiscar un futuro de recuperación da industria galega e do seu emprego", sinalan Carme Adán e Francisco Jorquera, para quen a taxa de afiliación á seguridade social é o parámetro máis acaído para avaliar a situación do emprego na industria, segundo defenden na iniciativa que rexistraron no Parlamento Galego para esixir ao goberno de Feijóo explicacións e solucións diante do desemantelamento do sector. ·O emprego industrial, a industria, presenta un comportamento máis negativo que o de conxunto de sectores económicos da economía galega. De feito, é, despois da construción, o sector onde se perdeu maior volume de afiliados, tanto en termos relativos como absolutos", denuncian na presentación da iniciativa. Alén de cuestionar as políticas no sector e o descenso xeral de emprego nos distintos ámbitos da industria, o BNG pregunta se as trabas no desenvolvemento de enerxías renovábeis e o fracaso do concurso eólicos promovido por Núñez Feijóo están detrás coa forte caída do emprego no sector de enerxía eléctrica que viu diminuída a súa afiliación en 17,2% desde a súa chegada ao goberno.
NOS_11132
Será unha intensa xornada que terá lugar o sábado 18 en Compostela. As Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola AS-PG e CIG-Ensino chegan a súa XXIV edición con mesas redondas sobre Castelao, "A Esmorga" e un amplo debate sobre o futuro da lingua.
O profesor Cibrán Arxibai, a escritora Marta Dacosta, a presidenta de Galiza Cultura, Pilar García Negro, o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, o Presidente da Mesa pola Normalización Marcos Maceira máis o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Carrera compoñen a mesa redonda sobre o futuro da lingua galega coa actual política lingüística que terá lugar ás 16.30 horas nas XXIV Xornadas de Lingua e Literatura organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino. O amplo debate, con representación da administración e das principais entidades de defensa da lingua, forma parte do intenso programa das xornadas que, cada ano, se desenvolven en Compostela e á que asisten centos de participantes, en especial, profesorado de Lingua e Literatura Galega. As xornadas terán lugar nesta edición no IES As Fontiñas e iniciaranse ás 10.30 horas cunha mesa redonda arredor do pensamento a obra gráfica e literaria de Castelao na que participarán o profesor e investigador, Xoán Carlos Garrido Couceiro, a profesora e ensaísta Goretti Sanmartín Rei e o humorista gráfico, Xosé Lois, o Carrabouxo. Arredor d´A Esmorga A vinculación da literatura e o cine con "A Esmorga" como pano de fondo é o tema da seguinte cita do programa coa intervención do ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez, a actriz Sabela Arán e Ignacio Vilar, director de cine que levou a novela de Blanco Amor á pantalla grande. Ademais da mesa redonda, á tarde completarase con tres seminarios, un sobre as familias léxicas plurilingües a cargo de Xosé Luís Janeiro Espiñeira, outro arredor da experiencia de normalización lingüística nos centros impartido pola profesora Pilar Ponte e a terceira será a sección habitual do programa "A autora fala da súa obra" que trae ao foro de lingua e literatura á escritora Verónica Martínez Delgado. As Xornadas rematarán cunha actuación musical de Guillerme Ignacio (Quempallou) e Rubén Fernández (Albariza).
NOS_38483
O Supremo Tribunal Federal do Brasil confirmou nas últimas horas a lexitimidade da apertura dunha comisión parlamentaria para determinar o papel do Goberno na xestión da pandemia da Covid-19. A investigación vén sumar presión ao presidente dun país onde o coronavirus se sente moi cómodo.
"Apurar as ações e omissões do Governo federal no enfrentamento da pandemia da Covid-19 no Brasil e, em especial, no agravamento da crise sanitária no Amazonas com a ausência de oxigênio para os pacientes internados" nos primeiros meses de 2021. Ese é o principal obxectivo da petición de apertura dunha Comissão Parlamentar de Inquérito (CPI) no Senado brasileiro, aprobada na terza feira e que foi ratificada pola xustiza brasileira nas últimas horas. O presidente da Cámara, Rodrigo Pacheco (Democratas, DEM, centrodereita liberal), obviou decretar a conformación da CPI a pesar da obtención hai dous meses do mínimo de apoios necesarios (máis dun terzo dos 81 senadores). Un xuíz obrigouno a semana pasada e agora o Supremo Tribunal Federal (STF) certificou a medida (por 10 votos a 1) en contra, informou a axencia pública de noticias, Agência Brasil. A petición de apertura foi presentada polo líder da oposición no Senado, Randolfe Rodrigues, da Rede Sustentabilidade (REDE, centroesquerda), e permitirá entre outras cousas determinar a responsabilidade do Goberno que preside Jair Bolsonaro no atraso na compra de vacinas e no uso de diñeiro público para a adquisición de medicamentos sen amparo científico, como a hidroxicloroquina. Tamén o colapso do sistema de saúde de Manaus, capital do Estado do Amazonas, onde pacientes internados faleceron por falta de osíxeno. Eduardo Pazuello, ex ministro Sanidade, xa está a ser investigado por este caso. Escaparate electoral O Goberno pretendeu, sen éxito, ampliar a CPI tamén a gobernadores e alcaldes para así disuadir os parlamentarios de apoiar a investigación, segundo explicou a Folha (non partidista). Porén, pouco antes do inicio da sesión da terza feira, a Secretaria-Geral da Mesa do Senado propináballe un novo golpe ao sinalar que o regulamento interno da Cámara alta impedía a investigación das actuacións de mandatarios rexionais ou municipais. Bolsonaro buscará agora unha elección de nomes que lle sexa favorábel. Serán once senadores e sete suplentes os que fagan parte da CPI, electos de forma proporcional ao tamaño dos grupos no Senado, onde o apoio ao Executivo é maioritario. Os medios brasileiros apuntan que é aquí onde pode manobrar o presidente, mais tamén sinalan que a CPI será un importante escaparate para os relatores propostos, nun momento crítico no país polo número de falecidos pola Covid. Por exemplo, o principal representante do bloque de Goberno é Ciro Nogueira, presidente de Progressistas, (PP, dereita), que aspira a ser elixido gobernador de Piauí nas eleccións de 2022. Actualmente, está á fronte deste Estado ─un dos que ten menores taxas de contaxio e de falecidos─ Wellington Dias, do Partido dos Trabalhadores, (PT, socialdemócrata). "Quebra de decoro" En todo caso, a CPI vén sumar presión política a Bolsonaro, que desde que asumiu o poder en 1 de xaneiro de 2019 acumula un total de 113 peticións de impeachment (xuízo político para a súa destitución), segundo a conta elaborada pola axencia brasileira Pública. Dos 113 documentos remitidos ao presidente da Câmara dos Deputados, 63 son orixinais. Tan só seis foron arquivados ou desbotados por cuestións técnicas ou retirados polos relatores; en tanto que 107 está á espera de ser analizados. O tema máis recorrente é a pandemia, citada en polo menos 75 denuncias por cuestións referentes á divulgación de remedios sen eficacia científica probada ou aos chamamentos a incumprir o illamento e o distanciamento físicos. A segunda cuestión aborda as supostas manifestacións antidemocráticas da primavera de 2020 en que Bolsonaro avogou polo fechamento do Congresso e pola intervención militar en Brasília. E o terceiro aspecto máis citado en base á normativa do impeachment é a "quebra de decoro", onde se subliña que as posturas do presidente son incompatíbeis co cargo que ocupa. A polo 'impeachão' Os autores son diversos: desde unha ampla coalición de partidos de esquerda, habitualmente enfrontados entre si, até centos de organizacións civís, líderes políticos e sociais. A última, múltiple, foi presentada hai dúas semanas por varias asociacións de estudantes de Dereito. Tamén hai un total de 40 presentadas por cidadáns anónimos, anoxados por que o presidente crebase as normas de distanciamento físico nas visitas ás súas cidades ou Estados. E ademais hai peticións de impeachment por parte de ex aliados de Bolsonaro, como a deputada Joice Hasselman (PSL), que a presentou tras coñecerse que o presidente presionara a Policía federal para coñecer datos sobre investigacións en curso contra el e os fillos del. "A direita precisa fazer o seu mea culpa, eu já fiz o meu", dixo Hasselman na altura. Jean-Paul Prates, senador do PT, manifestou en declaracións a Mídia Ninja que o obxectivo a partir de agora é amorear os casos novos e pedir un grande impeachment, "um impeachão". "Fukushima biolóxico" e "catástrofe humanitaria" O Brasil, onde en cidades como Río as mortes xa superan os nacementos, superou de novo nas últimas 24 horas as 3.000 mortes por Covid (3.459) e xa acumula máis de 360.000. O virus expándese sen freo e a situación é tal que esta quinta feira 16 de abril, Médicos sen Fronteiras cualificouna de "catástrofe humanitaria". O seu presidente internacional, Christos Christou, dixo que a "falla de vontade política" está a custar a vida de miles de persoas no segundo país con máis mortes por Covid tras os EUA. Porén, a tendencia no país norteamericano é decrecente e no brasileiro, á alza. A ONG lembrou que tan só a semana pasada, o Brasil rexistrou 11% das novas infeccións e 26% das mortes notificadas en todo o planeta. "É un reactor nuclear que desencadeou unha reacción en cadea e está fóra de control. É un Fukushima biolóxico", advertiu Miguel Nicolelis, médico brasileiro e profesor da Universidade de Duke.
NOS_51427
A Agrupación Ío comparte unha versión anovada do seu mapa do ceo, con mellores debuxos das constelacións. Un mapa do ceo galego (ou de calquera lugar do mundo na mesma ou parecida latitude) con deseño gráfico de Marta Cortacans e que a entidade divulga a través do seu sitio web, canda outros materiais e recursos como un moníptico sobre o Sol, que achega información sobre a súa estrutura, as distancias no sistema solar, a evolución estelar, datos fundamentais e fitos significativos na exploración solar e información sobre as eclipses que veremos na próxima década, ou un mapa da Lúa, elaborado a partir dunha fotografía de Óscar Blanco.
Ao longo desta serie compartín e comentei mapas do ceo dun momento concreto da noite nunha data de referencia próxima á publicación do caderno. Nesta derradeira entrega o que comparto é, literalmente, todo o ceo. Todo o que se pode ver en Galiza nalgún momento da noite, nalgún momento do ano. Iso é o que amosa a imaxe, un mapa do ceo galego (ou de calquera lugar do mundo na mesma ou parecida latitude) que creamos na Agrupación Astronómica Coruñesa Ío con deseño gráfico de Marta Cortacans e divulgamos desde hai unhas semanas a través do noso sitio web, canda outros materiais e recursos como un moníptico sobre o Sol, que achega información sobre a súa estrutura, as distancias no sistema solar, a evolución estelar, datos fundamentais e fitos significativos na exploración solar e información sobre as eclipses que veremos na próxima década; un mapa da Lúa, elaborado a partir dunha fotografía do noso compañeiro Óscar Blanco e no que se indican algúns mares e cráteres así como as zonas de aterraxe das misións Apollo; ou o caderno "Grandes ideas da astronomía", tradución ao galego do documento da Unión Astronómica Internacional "Big Ideas in Astronomy" que propón unha serie ordenada de conceptos chave da astronomía que deberían formar parte da cultura xeral de calquera persoa ben informada nesta materia. Estes contidos poden consultarse ou descargarse no web da Agrupación Ío, www.agrupacionio.com, na zona Recursos Materiais didácticos. A imaxe amosa moitas máis constelacións das que podemos observar nunha hora dada. En cada momento concreto teremos sobre a cabeza só un subconxunto deste mapa, que será diferente ao principio e ao final da noite, e diferente tamén no verán ca no inverno, claro. A vantaxe é que este mapa "non caduca", vale para hoxe e para dentro de cincuenta anos: serviranos para identificar as constelacións calquera día de calquera mes no noso país (mais tamén en toda a península, en Nova York ou en Saraxevo). Esa validez universal explica que no mapa non se indiquen os puntos cardinais e tampouco as posicións dos planetas nin da Lúa, obxectos con movementos propios sobre o fondo de estrelas que, esas si, se moven xuntas, en bloque. Por iso a paisaxe de estrelas da próxima madrugada é idéntica á que haberá dentro dun ano; o único que cambiará será a presenza ou non dos planetas e da Lúa. Como nos guiamos nun ceo real, entón, con este mapa? A axuda principal vén, coma sempre, do Carro da Osa Maior. A parte de atrás da caixa do Carro condúcenos á estrela Polar, a forza de prolongar cinco veces a liña que vai de Merak a Dubhe. A Polar está na dirección do eixo de xiro da Terra, de tal forma que esa é a única estrela que para nós non se move: son todas as demais as que dan voltas ao seu redor. É un punto fixo que nos sinala o norte e ademais estará sobre o horizonte á mesma altura en graos que corresponde á nosa latitude. Por iso en Galiza vemos a Polar "a media altura", exactamente a uns 43º, sendo 0º o horizonte e 90º o que temos xusto enriba da nosa cabeza, o cénit. E sabendo onde está a Polar e o norte, determinaremos as outras direccións e, valéndonos do mapa, poderemos poñerlle nome as rexións da contorna, e logo as de máis alá, devagar, sen présas. O mapa, cos nomes oficiais das constelacións en galego, sinala tamén o curso da Vía Láctea (agora no verán de Casiopea ao Seteiro, atravesando o corpo do Cisne) e a eclíptica, a banda das trece constelacións zodiacais, incluído o Serpentario que acolle a estrela Rosalíadecastro, a escritora á cal lle roubei os títulos de todas estas guías do ceo. Tamén destaca dúas zonas especialmente rechamantes: o "triángulo de verán", que loce no alto nas noites estivais, e o "hexágono de inverno", que marcará as principais horas da noite dos meses fríos. Non precisamos máis para iniciármonos na astronomía en noites despexadas. Gozade moito do ceo, mellor aínda en boa compaña.
NOS_10183
En aspectos como a proteción social ou a sanidade inviste un 15% menos que a media da eurozona.
O Estado español mantén a tesoira sobre o gasto público de plena vixencia. Os recortes non se cinxiron só aos primeiros anos da gran recesión, 2008-2012, senón que tamén se fixeron nesta última etapa, coincidindo curiosamente coa mensaxe do goberno de que o peor ficaba atrás e se estaba nos primeiros pasos da recuperación. Entre 2012 e 2015, e segundo datos de Eurostat -Oficina estatística europea- o gasto público pasou no Estado español de ser o 48,1% do PIB ao 43,8%, un recorte de 4,3 puntos. Neses anos o gasto social reduciuse perto dun 10%, case o triplo do que aconteceu na eurozona, onde pasou do 49,7% do PIB en 2012 ao 48,5% do 2015. Un descenso de 1,2 puntos. Se a comparanza a facemos coa Unión Europea dos 28, ese recorte foi do 1,8%, menos da metade do aplicado no Estado español. Do gasto público español un 6,1% destínase a sanidade, unha cifra por baixo das medidas tanto da UE (7,2%) como da Eurozona (7,3%) Do gasto público español un 6,1% destínase a sanidade, unha cifra por baixo das medidas tanto da UE (7,2%) como da Eurozona (7,3%). É un 16% menos de investimento neste eido. Tamén destina menos o Estado español a educación (4,1% fronte ao 4,9% da UE) ou a protección social (17,6% fronte ao 20,4%). Non son mellores os dados no que atinxe a ingresos fiscais. Embora a avalancha política e mediática que sostén que no Estado español se cobran moitos impostos, a presión fiscal continúa moi afastada da que se aplica na contorna europea. No Estado español está nun 38,6% fronte ao 44,9% da Unión Europea ou o 46,5% da Eurozona. Malia esta realidade o goberno español prevé, e así o manifesta no proxecto de orzamentos para 2017 remitidos a Bruxelas, reducir os ingresos fiscais nese exercicio ao 37,7%, o que vén ser nove puntos menos que a media europea.
PRAZA_6399
Aquela mañá que te negaches a romper a cadea da casa de Aurelia fuches partícipe do cambio que queres ver no mundo, e esa decisión non só te dignifica a ti, senón que nos enche de esperanza e nos ensina aos demáis a mover as "alas" no sentido correcto, para que este mundo cheo de desolación, sinrazón e inxustizas, pareza simplemente, máis humano.
Tendemos a crernos seres insignificantes, aceptando con resignación este desconcertante e inxusto mundo, repetíndonos a nós mesmos que non está na nosa man solucionar moitos dos problemas que nos asolagan. Apresados polo noso día a día, a miúdo perdemos a percepción de que unha mirada, unha palabra, ou unha acción, poden convertirse nunha marea de dignidade e de esperanza. Non é esta unha visión idealista ou romántica da vida, senón que se apoia na chamada "teoría do caos", segundo a cal "o aleteo dunha bolboreta pode xerar un tsunami ao outro lado do mundo" Hai un ano Roberto Rivas, un bombeiro da Coruña, "aleteou" ao negarse a romper a cadea do portal de Aurelia Rey, para evitar o desaloxo da súa casa desta anciá de 85 anos. Aquela imaxe coa a cara semitapada polo seu casco de bombeiro e cun cartel de "Stop Desahucios", que recorreu todo o país, convertiuse en símbolo da loita contra os desafiuzamentos. Esta semana entraba nos xulgados , acusado de alteración do orde público por aqueles feitos, visiblemente emocionado entre os aplausos e as apertas dos seus compañeir@s, e de moit@s cidadáns da Coruña. Eu hoxe dende aquí, quero darche as grazas Roberto, porque: Aquela mañá que te negaches a romper a cadea da casa de Aurelia fuches partícipe do cambio que queres ver no mundo, e esa decisión non só te dignifica a ti, senón que nos enche de esperanza En tempos en que no ámbito laboral son moit@s os que por medo, e coa excusa de que reciben ordes, abandonan a súa ética e profesionalidade, ti amosaches unha valentía e coherencia que deberían sonroxar a moit@s; as veces a desobediencia é a única maneira de pelexar contra as inxustizas; Aquela mañá que te negaches a romper a cadea da casa de Aurelia fuches partícipe do cambio que queres ver no mundo, e esa decisión non só te dignifica a ti, senón que nos enche de esperanza e nos ensina aos demáis a mover as "alas" no sentido correcto, para que este mundo cheo de desolación, sinrazón e inxustizas, pareza simplemente, máis humano.
PRAZA_16958
Hai algo podre en Nicaragua, o cadáver podre muda cada certo tempo. O cadáver do noso presente usa o nome da revolución e do sandinismo, mais iso desapareceu hai anos, xunto coa mística socialista.
A historia muda a comenencia de quen goberna. Por iso é importante contextualizar a nivel internacional as causas que levaron ao estudantado de distintas universidades do país a saír ás rúas para reclamar os seus dereitos e por que a Policía Nacional os está matando. Despois de que o Frente Sandinista de Liberación Nacional, FSLN, perdese as eleccións presidenciais de 1990, nun entorno de guerra e extrema pobreza no país, este partido comeza a fragmentarse, as diferenzas internas causaron que moitos dirixentes e intelectuais que loitaron en contra da ditadura somocista saísen das bases do Frente. Durante a década dos noventa desenvolveu unha loita constante contra os gobernos neoliberais que, entre corrupción e inoperancia de goberno, non foron quen de sacar o país da pobreza. No 2007 Daniel Ortega, presidente do FSLN, regresou ao poder, a poboación precisaba dunha mudanza e creron que facendo uso dos símbolos da revolución nacional poderían atopar un refuxio e realizar cambios positivos para o país. Polo menos, así foi o discurso de Ortega e a súa muller Rosario Murillo (actualmente vicepresidenta da República de Reconciliación e Unidade Nacional), quen até agora gobernaron á súa comenencia. Ambos apropiáronse da simboloxía do sandinismo para crearen bases sólidas en distintos sectores da poboación. O seu poder incrementouse até desestabilizar todo tipo de oposición, como sucedeu con diferentes grupos universitarios que se manifestaron polas accións contraditorias deste goberno mal chamado sandinista. Os símbolos e discursos do goberno acrecentáronse cos anos. Rosario comezou a promover un discurso de paz, amor e solidariedade (lemas como "abenzoados, prosperados e en vitoria" ou "patria cristiá, solidaria e socialista") dende unha óptica homoxénea que para ela, a súa familia e un grupo de seguidores selectos, consideraron como os símbolos desta nova etapa sandinista. Son estes os símbolos que hoxe se espallan por todas as rúas do país co obxectivo de crear unha presenza omnipresente e autoritaria, como por exemplo as árbores da vida (árbores de metal de 17 e 21 metros de longo, cun ancho de follas de 13.9 metros en aceiro, 7 toneladas de peso e 15 mil lámpadiñas led por cada árbore) e os mega rótulos coas imaxes das súas autoridades, os mesmos contra os que a poboación canaliza o seu descontento nas recentes manifestacións, nun intento de destruír os símbolos deste goberno seica sandinista da última década. Dende a cúpula de poder tamén se está a promover un discurso terxiversado sobre as causas polas que os primeiros sandinistas loitaron, actualmente no esquecemento pola manipulación propagandística. Por iso é importante aclarar que o pobo nicaragüense actualmente non está loitando contra aquel partido sandinista que unha vez puxo a Nicaragua na discusión mundial, tampouco loita contra unha Xuventude Sandinista que organizou unha das mellores cruzadas de alfabetización na historia contemporánea. Porén, tampouco contra os erros da guerra cometidos durante a xeración dos 80, xunto aos seus dirixentes. Entón, porque loita hoxe o pobo nicaragüense? Hoxe lóitase contra unha familia que utiliza á súa comenencia ese pasado con discursos retorcidos que, mais alá de convencer os cidadáns a prol dunha unidade reconciliadora, poñen en evidencia as súas políticas autoritarias que censuran calquera tipo de diálogo distinto ao deles. Este mes de abril de 2018, as problemáticas en Nicaragua sobardaron. As decisións arbitrarias do presidente Ortega e a vicepresidenta Murillo fixeron que os estudantes saísen ás rúas pacificamente a manifestárense en contra destes erros. As autoridades, pola súa parte, arremeteron con man de ferro contra o estudantado pensando que co medo ían silencialos, mais o que provocaron ao apertar máis as caravillas, foi levar o país ao desenfreo total. O goberno de Nicaragua esqueceu as consignas daquel partido de Carlos Fonseca Amador e os ideais que lograron que moitos países se sumasen á causa. Tranquilidade, unha palabra que derraman as voces autoritarias que non poñen en práctica as súas consignas trasnoitadas. Os líderes do país expresan certo carácter pasivo agresivo. A pregunta é, por que actuar represivamente cando as protestas que os estudantes da UNI, UNA, UCA, UNAN, UNAN-León, UPOLI, ademais da cidadanía que non soporta a intolerancia do goberno nicaragüense, son desestabilizadas polo abuso de poder que se vive neste país? Esta intranquilidade do pobo nicaragüense é unha mostra, entre outras moitas, de non aceptar ningún tipo de represión. "Almas baleiras e mediocres" chamoulles Murillo os estudantes que saen a manifestarse dende fai varias semanas polas vicisitudes acontecidas neste mes de abril. Sobre todo, porque este 16 de abril de 2018 o goberno anunciou unha nova reforma do Instituto Nacional da Seguridade Social que prexudica á poboación traballadora nicaragüense. En diversos departamentos a poboación mobilizouse para visibilizar o seu descontento, pero a opresión é a mesma por parte da Policía Nacional e das turbas que vestían de camisa branca con mensaxes solidarias e pacifistas (convidando á reconciliación), e agora disfrázanse de civís para sementar o caos e o terror entre a poboación. Organizan a delincuentes con coitelos, tubos, paos, pedras e calquera utensilio curto e punzante que poida danar a integridade de calquera persoa que saia ás rúas a reclamar os seus dereitos como cidadán nicaragüense. Mentres tanto a Policía Nacional protexe a delincuentes que desgrazadamente usan o nome dos que unha vez foi realmente a Xuventude Sandinista. O mércores 18 de abril as marchas autoconvocadas polos estudantes universitarios e demais cidadanía, en distintas zonas do país, foron asediadas e amedrentadas polos brazos represivos do goberno. A situación nacional complexizouse, ao punto de que diversos medios televisivos foron censurados para que a poboación non se enteirase do que estaba acontecendo, pero foi demasiado tarde porque o xoves 19 de abril intensificouse a represión, caendo os primeiros estudantes. O 20 de abril aumentaron os mortos e as persecucións a universitarios; moitos desaparecidos. A poboación está en pé de loita e non dorme; as súas cidades consúmense entre o incendio e o terror. Ninguén quere ser afectado polas autoridades que non dan a posibilidade de que o pobo exprese os seus sentimentos intrínsecos de crítica ao sentirse ofendidos polo seu despotismo descarado. A paranoia increméntase e a busca de organización é latente a nivel nacional. Hai tempo que non se vían manifestacións fortes en Nicaragua. A xente sae á rúa a calquera hora. Pensando nese estudantado que dorme nas casas de persoas descoñecidas ou nas mesmas aulas onde recibían clases para agarrar forzas e seguir enfrontándose contra o réxime dos Ortega-Murillo. Estudantado que debería estar nas aulas, aproveitando os seus anos de adolescencia para medrar e construír o seu propio futuro, mais hoxe lembran os mortos que en cinco días caeron polo terror da inxustiza. Neste momento repórtanse máis de 30 mortos. A maioría estudantes universitarios que participaron nas protestas: civís, policías, un neno de 15 anos e un xornalista. Ademais de que estes enfrontamentos deixaron máis de 200 persoas feridas e varios desaparecidos. As autoridades deste país están asustadas ao ver a súa Policía Nacional desestabilizada, defendéndose con bombas e gases lacrimóxenos, armas de lume e saqueando armerías porque non esperaban que a xeración dos mal xulgados millennials fosen quen de construír trincheiras de cemento armado coa forza da cidadanía e apoiadas polas transmisións en vivo doutras mans amigas que se bifurcan en distintas redes sociais. Ese estudantado está sendo apoiado pola xente que sae a comprar víveres para deixar en casas de acopios, enlaces ou universidades, porque estamos cansos de non poder manifestarnos civicamente e de vivir nun contexto de represión da liberdade de expresión. Ao igual que sempre, cada noite fala a vicepresidenta e responsable do gabinete de comunicación do goberno, infectada con palabras cheas de dobre moral, a tratar de tranquilizar as augas dun país revolto que trata de desterritorializar o seu discurso vertical. A Ortega custoulle pronunciarse, está asustado porque ve ao seu país como unha parcela que se lle foi do control. Moitos dos seus seguidores viráronlle as costas e enfiláronse co pobo. O presidente recobre o seu discurso de falacias descontextualizadas para verse nacional e internacionalmente como unha vítima máis da conspiración opositora financiada, acordo os seus propios argumentos, por organizacións estadounidenses que desexan desestabilizar o goberno. É un presidente manipulador que pon ao pobo nicaragüense como delincuente, do mesmo xeito que unha vez Somoza e Moncada chamáronlle a Sandino bandoleiro. Hai algo podre en Nicaragua, o cadáver podre muda cada certo tempo. O cadáver do noso presente usa o nome da revolución e do sandinismo, mais iso desapareceu hai anos, xunto coa mística socialista. O estudantado non quere imaxes que simbolicen o autoritarismo. Nas rúas comprenderon o sentido da vida: instantánea, fráxil e absurda. A xente que sae á rúa increméntase cos días; existen varios puntos de loita no Pacífico, Centro e Atlántico do país. Cada estudante, familia, igrexa, traballadores/as da empresa privada e do estado, e demais cidadanía apoian dende as súas trincheiras expresando nas súas accións que a diversidade é a alma perfecta para combater a represión cuberta de intolerancia e mediocridade ao momento de gobernar. Fronte ás atrocidades que sucederon este mes de abril e que seguirán medrando mentres non se dea unha solución concreta, os xardíns da cultura seguirán acollendo almas primaverais que desexan e fomentan xustiza, crítica e desenvolvemento. As palabras causan temor e en Nicaragua os tiranos axiña esquecen que a palabra crítica alimenta a mente e as balas disparadas desbaratan cerebros. Por iso, non podemos esquecer que cando un estudante morre, unha nai chora, unha familia fica desestabilizada e un pobo berra. A violencia activouna o goberno, as mortes destes estudantes que defenderon os seus dereitos débese á mediocridade dun sistema de goberno pervertido. É complicado responder á pregunta que o mundo se fai: que acontece realmente en Nicaragua? O problema non é soamente que o goberno comunicase o 16 de abril unha reforma inxusta para os asegurados e que o pasado 22 de abril fose revogada para crear unha suposta estabilización no país; nin que deixasen que ardese unha das reservas naturais máis importantes de Centroamérica. Os problemas son varios, como o incremento da gasolina e a electricidade, o pouco investimento en condicións dignas e de calidade para calquera estudante, o temor que provoca unha policía que violenta á poboación en cada momento do ano, roubándoos indiscriminadamente. A lista de inxustizas aumenta ao escoitar as voces dunha cidadanía nicaragüense que non atopa unha opción política que aglutine a pluralidade e diversidade de demandas actuais e dea unha resposta alternativa e coherente fronte a estes acontecementos de abuso e a un goberno que mente e finxe tranquilidade cando un país se erosiona constante e violentamente. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' border='0' alt='' /></a>
NOS_57099
Reclaman un xustificante coa contía total que abonou a ONG francesa Société de Secours et des Oeuvres de Mer en favor dos familiares das vítimas.
Familiares de vítimas do naufraxio do pesqueiro galego Vila de Pitanxo, que afundiu o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros da costa de Terranova (Canadá), insistiron á armadora que aclare o importe total da doazón que a organización benéfica francesa Société de Secours et des Oeuvres de Mer realizou en favor das familias. Tal e como denunciaron as familias en reiteradas ocasións, esta ONG, dedicada ao mundo do mar, entregou certa cantidade de diñeiro á empresa, que se encargou de repartila a razón de 500 euros por vítima en concepto de "anticipo" ou "anticipo de nómina". Neste senso, os familiares criticaron esta acción levada a cabo por Grupo Nores, xa que ao tratarse dunha doazón consideran que o concepto da transferencia debería ser outro. As familias do 'Pitanxo': "Xa que o Goberno español non o fai, pedimos axuda á xente boa deste país para baixar ao barco" Por iso, xa solicitaron hai meses un cambio no devandito concepto e un xustificante coa contía total que a compañía recibiu da ONG. Após non recibir resposta, nos últimos días enviaron un burofax solicitando estas dúas accións. "Ante o devandito ingreso as familias requiriron reiteradamente, con resultado infrutuoso, que lles acreditase o ingreso realizado por Société de Secours et des Oeuvres de Mer a fin de verificar o importe efectivamente abonado, así como que procedesen á rectificación e corrección do concepto reflectido", reivindican no burofax. Aliás, as familias indican que, de non cumprir o que se lles pide, darase traslado ás autoridades administrativas competentes. Samuel Kwesi insiste en desmentir o patrón do 'Pitanxo' Pola súa parte, fontes do Grupo Nores consultadas por Europa Press aseguraron no seu día que esta repartición foi acordada cos avogados das familias e abonadas a conta. Porén, avogados das familias aseguraron que foi despois de ver reflectida nas súas contas esta cantidade cando os familiares pediron explicacións á compañía, que aínda seguen solicitando meses despois.
NOS_18901
Pide que unha comisión xestora tome as rendas. Manterá a acta como concelleira en María Pita.
Mar Barcón demite como secretaria xeral do PSOE da Coruña. A que fora candidata dos socialistas nas eleccións municipais deixa o cargo, mantén iso si o de concelleira, e pide que unha comisión xestora se faga cargo do partido na cidade. Ferraz é quen ten o poder para designar esa comisión. A decisión é "irrenunciábel", quixo deixar claro Barcón. A demisión súmase á adoptada un día antes polo portavoz do PSOE na Coruña, José Manuel Dapena, anoxado polo que consideraba inxerencias e protagonismo de Mar Barcón. Unha xuntanza desta co alcalde Xulio Ferreiro ás súas costas sería a pinga que rebordou o vaso da paciencia do xa ex-portavoz. Agora é Barcón quen marcha e evidencia a fenda existente no socialismo coruñés.Na carta de despedida lembrou os seus 35 anos de militancia e deu grazas a Francisco Vázquez, Javier Losada ou Méndez Romeu. A demisión volve proxectar unha imaxe do PSOE en Galiza desunido e sometido a divisións e fendas internas, sen que haxa unha figura á que todos os sectores acepten.
PRAZA_11859
O presidente dos socialistas na Coruña acode á cita congresual do PSOE para apoiar a Carme Chacón, á que ve capaz de impulsar a socialdemocracia na liña da "esquerda europea". Non cre, como Pachi Vázquez, que todo o PSdeG apoie a Rubalcaba e admite que o seu partido se deixou levar "pola gobernanza dos números"
Que espera do congreso, como socialista e como socialista galego? Do próximo congreso agardo unha renovación do Partido Socialista. Dende o punto de vista orgánico e na forma de facer política, e tamén unha renovación de ideas. Todos estes ingredientes son fundamentais porque a esquerda precisa conectar cos cidadáns, despois de dúas derrotas electorais, para facer oposición á dereita en España e en Europa. Nunha liña como teñen feito os socialista franceses e daneses ou como xa están a facer os italianos. Que pode achegar ao socialismo a señora Chacón que o señor Rubalcaba non podería? Eu só podo falar do que creo que pode facer Carme Chacón. A comparación déixovola aos que estades a seguir o congreso [ri]. Carme Chacón supón valentía nun momento no que a sociedade ten medo ao futuro. Supón coraxe e novas ideas, capacidade de ilusionar e de levalas á práctica. Achega unha maior autenticidade e a forza necesaria para facelo. A señora Chacón sinalou nas últimas semanas que un dos erros do PSOE nos últimos anos foi darlle prioridade ao debate territorial. Que postura cre que debería adoptar o partido ao respecto tras o congreso? "O debate territorial foi prioritario cando a xente tiña emprego" Eu creo que cómpre administrar as prioridades. O debate territorial produciuse na España do entorno do ano 2005, nun momento de crecemento e desenvolvemento económico, cun paro exclusivamente tecnico, no que a xente tiña emprego, sen problemas no mantemento do Estado do Benestar. Agora a prioridade ten que ser outra, temos un país con cinco millóns de parados e un Goberno que está a recortar servizos públicos, cando non directamente a privatizalos, como está a acontecer na Xustiza. Fronte a iso fai falta unha esquerda cun discurso cívico profundo. Esa é a prioridade, a socialdemocracia da xente. O primeiro é que a xente teña traballo e darlle protección social. Nese sentido, de cara ao congreso de Sevilla vostedes falan dun rearmamento ideolóxico da socialdemocracia; como se pode concretar no actual contexto de crise? "Cometemos o erro de deixarnos levar pola gobernanza dos números" En primeiro lugar ofrecendo unha solución económica desde a esquerda. Parece que as únicas receitas son as da dereita, un dos erros que puidemos cometer foi deixarnos levar pola gobernanza dos números, como se a cohesión social non fose tan importante como o PIB. Temos que rearmarnos, dicirlle á xente que hai que ter tolerancia cero co despilfarro. Cando o cidadán está nunha praza pública, cando ten unha bolsa da universidade, tamén é responsable público. Esa ética hai que reivindicala non só no plano da política, cómpre facer pedagoxía de valores a sociedade. Polo tanto, habería que deixar de ter o control do déficit público como única guía de goberno? Nós vivímolo e levamos tempo dicíndoo. Só con austeridade e con contención non se sae da crise. Precisamos alongar os prazos para a redución do déficit e políticas dende o sector público que axuden a reactivar a economía. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, vén de optar por apoiar ao señor Rubalcaba, di que é a posición maioritaria dos socialistas galegos, está de acordo? É a súa opinión e o seu sentir. Moitos pensamos de xeito distinto e o importante ao final é o que digan os delegados. Iso vai ser o único importante, o voto de cada delegado, que é secreto e polo tanto non é previsible. Van actuar en conciencia, buscando o mellor para o partido e para o país. Que efectos pode ter o resultado no PSdeG, en xeral e máis concretamente no seu congreso? "A Xunta adormece día a día" Sen dúbida, o congreso vai ter un efecto sobre toda a estrutura do partido. Se se admiten as emendas para que haxa primarias, iso vai afectar á estrutura do partido, porque poderá haber diversos compañeiros que queiran ser candidatos a unha alcaldía ou á Xunta. Iso tamén dá posibilidade de facer equipos, de ter programas máis flexibles, de ter debates ante a cidadanía... un novo método de facer política. Oxalá, como moitos pensamos, repercuta para ben e permita renovar tamén os socialismo galego, que boa falta nos fai, para facer fronte a unha Xunta que adormece día a día. Vemos que Feijóo desde que chegou mentiunos a todos con promesas como acabar co paro en poucos días. Galicia non pode seguir languidecendo, precisa un proxecto ilusionante que a defenda. Os galegos, se nos poñemos de acordo, somos quen de logralo. Como condiciona o seu futuro político o resultado deste congreso? "Debemos seguir a senda da esquerda europea" Eu estou traballando con moitísima ilusión porque creo que a renovación é unha necsidade, adaptarse non só para este partido, seguir a senda do que fixeron outros partidos da esquerda europea é o mellor camiño. Esa é a tarefa na que agora estou. A segunda tarefa é ser deputado no congreso dos deputados e montar a oficina do parlamentario na provincia da Coruña, para que os cidadáns poidan falar co seu deputada, ao estilo doutros deputados nos países anglosaxóns. O seu deputado estará aquí e non só traballará nos días que haxa pleno. Malia non estar nesa tarefa, pedíronlle xa que desempeñe algunha outra, como encabezar unha alternativa no PSdeG? Non falei absolutamente nada diso. Os compañeiros saben que estou comprometido e pendente do que pase no congreso. A partir de aí, haberá un día seguinte. Non cómpre anticipar. Aínda non llo pediron, pero poderían pedirllo? "Cómpre chamarlle ás cousas polo nome: laicismo, redistribución da riqueza" Non teño falado destas cuestións. Saben que estou botándolle unha man á compañeira Carme Chacón. Ao día seguinte o importante é o traballo que temos feito desde o punto de vista das ideas. Xa quedo contento se conseguimos que este partido teña primarias e chame ás cousas polo seu nome, como o laicismo a solidariede ou a redistribución da riqueza. Está preparado o PSdeG para enfrontarse a unha campaña electoral que podería chegar este outono? Por suposto. O PSdeG é un partido permanentemente ligado á realidade galega e está preparado para todos os escenarios. Gustaríanos que se esgotase a lexislatura, porque quen ten maioría absoluta non elemento especial para adiantar eleccións e se o fai, tería que explicalo. Pero se o fixese, sen dúbida estamos preparados para ese reto e para defender outras políticas imprecindibles para Galicia.
NOS_18188
Os representantes galegos no Parlamento europeo dubidan dos prazos do período transitorio, que se estenderá desde o 31 de xaneiro, coa culminación do Brexit, ao 31 de decembro.
Logo de que a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, e o presidente do Consello, Charles Michel, ratificasen a semana pasada o acordo para a saída do Reino Unido da Unión Europea, hoxe o Parlamento cumprirá co trámite final do Brexit coa súa aprobación en pleno. A pasada quinta feira, o comité de Asuntos Constitucionais da Eurocámara votou, 23-3, a favor de recomendar a súa aprobación . Nesa mesma xornada, o acordo de saída da UE cobraba forma de lei no Reino Unido despois de ser ratificado pola xefa de Estado, a raíña Isabel II. Antes, o 9 de xaneiro, foi aprobado pola Cámara dos Comúns na súa terceira lectura, por 330 a 231, e o 21 de xaneiro tamén a Cámara dos Lores lle deu o seu visto bo con cinco emendas, todas rexeitadas polos Comúns. A aprobación por parte da Comisión, do Consello e do Parlamento son, así e todo, trámites. Na votación de hoxe, xa que logo, non se agardan sorpresas. A relación entre o Reino Unido e a Unión Europea entrará ás 00.00 horas do sábado (as 23 horas da sexta feira en Londres) nun período de transición até o 31 de decembro, no que Londres deberá cumprir coas políticas e os regulamentos emanados de Bruxelas. Porén, o Executivo británico non poderá contar con representación nos órganos de Goberno da Unión Europea. Mesmas regras Así, a libre circulación de persoas e as políticas migratorias permanecerán intactas nos 11 vindeiros meses, tanto para a cidadanía británica como para a europea. Nada cambia. Todo permanece igual durante 2020. Neste período transitorio, os equipos negociadores do Reino Unido e da Unión Europea traballarán até chegar a un acordo ao respecto dos intercambios comerciais e outro tipo de relacións e cuestións como as referentes á seguridade e á partilla de datos. Londres négase a que este período poida ser estendido, e as análises poñen en dúbida que se poida chegar a un acordo exhaustivo nun tempo tan limitado. Nicolás González Casares (PSOE), un dos dous parlamentarios galegos na Eurocámara, adhírese a esta percepción. En conversa con Nós Diario cre que é "difícil" que se cumpra o prazo. Ademais, cre que hai que estar "atentos" ao que faga o Reino Unido nos vindeiros meses a respecto de posíbeis "políticas fiscais agresivas" ou "axudas a empresas". Tamén o outro representante galego no Parlamento europeo, Francisco Millán Mon (PP), sinala a este periódico que as limitacións temporais obrigarán os negociadores a seren "moi dilixentes". "Non desboto a posibilidade de que se prorrogue o período de transición", di, malia ser consciente de que Westminster aprobou unha norma que, en teoría, o impediría. "Algo que tamén pode ser cambiado", sinala a respecto. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
PRAZA_17737
Era preciso que a presidencia do Parlamento asumira a iniciativa de promover un acto conmemorativo que consagrara un permanente lugar de encontro da pluralidade social galega como expresión dun sentimento común de pertenza nacional.
A pesar de que nos últimos anos da década dos 70 do pasado século, Antonio Rosón promoveu a instauración oficial do Día Nacional de Galicia, os antecesores do actual PPdG e do propio PSdG non quixeron camiñar por ese vieiro simbólico e deixaron que o nacionalismo galego mantivera, en solitario, a vitalidade conmemorativa do 25 de Xullo. A carencia dunha fortaleza institucional suficientemente determinante e a excesiva preocupación pola disputa da hexemonía entre as diversas expresións do movemento nacionalista, dificultou a consecución dunha maior complicidade social con esta celebración identitaria e facilitou a construción dun imaxinario popular que equiparou o Día da Patria coa celebración partidaria das organizacións nacionalistas. Atopámonos, pois, ante unha situación singular no seo da opinión publicada:no canto de aproveitar o 25 de Xullo para realizar un balance anual do estado da nación e do seu autogoberno, utilízase a ocasión para analizar a temperatura das forzas que se moven, de xeito mais ou menos explícito, no ámbito do universo nacionalista e para formular hipóteses a respecto da súa evolución futura. Neste momento, ademais, algúns factores conxunturais reforzan esa focalización valorativa: a división interna de En Marea (exteriorizada no esperpéntico espectáculo de catro actos diferenciados a pesar das amplas coincidencias programáticas certificadas na actividade parlamentaria) e a perda da posición electoral acadada no pasado polo BNG (compatíbel, en todo caso, coa súa demostrada superioridade mobilizadora nunha data coma esta). A presenza do Bloque no goberno da Xunta entre agosto de 2005 e marzo de 2009 non foi suficiente para establecer novos hábitos institucionais acordes coa importancia simbólica do 25 de Xullo. O cambio requiría a vontade explícita do socio maioritario daquel goberno bipartito. Era preciso, concretamente, que a presidencia do Parlamento asumira a iniciativa de promover un acto conmemorativo que consagrara un permanente lugar de encontro da pluralidade social galega como expresión dun sentimento común de pertenza nacional. No ano 2021 o Parlamento galego cumprirá 40 anos de vida. A existencia desta institución está directamente vinculada ao carácter nacional de Galiza e por iso debería ter xogado un papel decisivo na consolidación do 25 de Xullo como festa nacional dun vello Pais que non quere perder os seus sinais de identidade. Canto tempo teremos que agardar para que unha maioría da Cámara do Hórreo asuma esta tarefa pendente? Publicidade
NOS_35805
Conversamos con Elías Somoza, coordinador do sector gandeiro da Fruga, para coñecer a impresión do sector ao redor dos 300 euros por vaca anunciados pola ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina. "Con esmola non funciona este país", sinala o responsábel da organización, que insiste na necesidade de fixar un prezo de referencia para o leite.
No día de onte, a ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, anunciou a concesión de axudas directas de 300 euros por cada vaca para as explotacións que vendan o leite por debaixo da rendibilidade. Esta medida, que segundo cálculos do Ministerio, beneficiaría entre 2.500 e 3.000 explotacións, non convence a Fruga. "Con esmolas non funcionamos neste país", di Elías Somoza, coordinador do sector gandeiro da organización. "O que está pasando é que ao Goberno se lle está indo das mans a crise do leite", sinala o representante da Fruga, "porque a última reunión de Madrid non serviu para nada e porque as mobilizacións son cada vez maiores e máis fortes e implican non só gandeiros e gandeiras". "A ministra trata de lavar a conciencia anunciando as esmolas, pero o que precisa o sector son prezos que cubran os custos de produción, como teñen noutras zonas do Estado", afirma. A día de hoxe lembra que os gandeiros e gandeiras galegas cobran 7 céntimos menos por litro de leite que noutras autonomías. "Sexan prezos mínimos ou orientativos, en Francia existen prezos de referencia para o leite" Sobre as declaracións de García Tejerina nas que di que é "absolutamente falso" que o Goberno francés fixase un prezo para o leite, dado o impedimento das normas de competencia comunitarias, Somoza é tallante, "que non venda o tema de Francia, porque sexan prezos mínimos ou sexan prezos orientativos son sempre prezos de referencia para o leite". Pola outra banda, o coordinador do sector gandeiro da Fruga apunta que "se as leis da competencia non responden ou prohiben pactos, o Ministerio ten que modificalas, que ten capacidade para o facer". "Temos que ser hábiles á hora de formular as medidas de presión futuras" En relación ás próximas mobilizacións do sector, Somoza sinala que "nestes momentos hai que ser hábiles á hora de formular as medidas de presión futuras". "Non ten sentido adoptar medidas que poidan provocar a división no sector porque, de ser así, daríase a entender que non interesa que continúa o proceso de mobilizacións", salienta, en alusión a unha posíbel folga de entregas. Para a Fruga non é momento de acometer medidas que poidan liquidar o sector.
NOS_16016
CIG, CUT, CCOO e UXT consideran que non se cumpren as "garantías mínimas" fronte ao coronavirus para manter a actividade na planta viguesa.
Desde esta segunda feira a planta de Ford fecha a produción na súa planta de Almussafes (7.000 traballadores e traballadoras) como medida para evitar a expansión do coronavirus. Unha decisión quer adoptaron tamén industrias relacionadas co automóbil, como Michelín, que para a actividade nas sete factorías do Estado. Merdedes Benz decidiu esta segunda feira fechar a planta de Gasteizapós o 'plante' de traballadores e traballadoras. Quen non vai por este camiño é Citroën, cuxa planta de Vigo mantén a produción embora as reiteradas peticións sindicais en sentido contrario, instándolle a poñer a saúde do persoal por riba de intereses produtivos. Este domingo volveu haber unha xuntanza entre dirección e sindicatos mais a ponte de mando da empresa mantense na súa decisión. Desde a Xunta, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, afirmou que o "prioritario" para o Goberno galego é que se manteña a actividade industrial. CIG, CUT, CCOO e UXT asinan un comunicado conxunto no que afirman que "non se cumpre as garantías preventivas mínimas exixidas polo Goberno" para que se manteña a actividade na planta de Vigo. As propostas de prevención presentadas pola empresa son, para as centrais, "insuficientes". Por iso, estes catro sindicatos reiteran que se paralice a produción até que se "consensúe" un protocolo partillado entre dirección e traballadores e traballadoras. Aliás, instan Inspección de Traballo a tomar cartas neste tema. Cazolada Na noite deste domingo, veciñas e veciños da cidade protagonizaron unha cazolada para apoiar o persoal da planta viguesa e a súa demanda de que se paralice a produción en Citroën.
NOS_35001
O casoiro de Milia de Wessex e Rodrigo Romaes explícase no marco dos intensos contactos diplomáticos desenvoltos polos reis galegos diante doutras monarquías europeas.
Foi filla do rei británico Edgberto de Wessex, figura popularizada pola serie Vikings. Nado arredor de 771, exiliado durante máis dunha década na corte de Carlomagno e casado cunha parente do mesmo emperador dos francos, o seu reinado significou a hexemonía de Wessex no espazo británico: a propia casa real inglesa sitúao como orixe da súa dinastía. Casou con Rodrigo Romaes, nobre emparentado coa monarquía galega. Fillo de Ramón Romaes, conde de Monterroso e señor de San Marta de Ortigueira, e de Teresa Arias, da estirpe dos Núñez e dos Osorio, foi neto por vía paterna do rei Froila I e sobriño de Afonso II. Froila, que tivo a Ramón da nobre galega Hermesenda Romaes, residiu boa parte da súa vida nas terras de Ortegal, acontecendo outro tanto con Afonso II, educado no país pola familia dos Osorio e primeiro impulsor do mito xacobeo, correspondéndose co seu reinado as primeiras novas do achádego do sepulcro do apóstolo Santiago. A comunicación entre o noso país e os reinos europeos do Atlántico é unha constante histórica perfectamente documentada durante toda a Idade Media O matrimonio de Milia de Wessex e Rodrigo Romaes consumouse na primeira década do século IX, dispondo a parella de importantes propiedades nas terras de Ortigueira, de Lugo, da Mariña e da Ulloa. A súa descendencia fixo parte da cúspide do grupo oligárquico do espazo cristián peninsular, manténdose ligados familiarmente á casa real, como aconteceu coa súa neta a raíña Ortega Romaes, esposa de Ramiro II, e a súa bisneta, Aragonta González, casada co rei galego Ordoño II. Ao tempo, Milia e Rodrigo eran os bisavós de san Rosendo, neto do seu fillo Ero Fernández, o poderoso conde de Lugo. O casoiro de Milia de Wessex e Rodrigo Romaes explícase no marco dos intensos contactos diplomáticos desenvoltos polos reis galegos diante doutras monarquías europeas. Emilio González López, un dos historiadores que se ocupou deste matrimonio, púxoo como exemplo das relacións de Galiza coa Illas Británicas ao longo dos séculos VIII e IX, significando a permanencia das mesmas durante todo o período antigo e medieval. A comunicación entre o noso país e os reinos europeos do Atlántico é unha constante histórica perfectamente documentada durante toda a Idade Media, exemplificada na etapa sueva coa instalación dos bretóns no norte galego no século V, a viaxe de Idacio da Limia ás Galias en 431 ou o traslado a Braga das reliquias de Martiño de Tours. O imperio carolinxio pairou sobre as relacións entre a casa de Wessex e a monarquía galega. Edgberto de Wessex pasou uns 15 anos na corte de Carlomagno, aprendendo, en palabras de Guillerme de Malmesbury "as artes de goberno nas Galias"; e o rei galego Afonso II mantivo unha relación intensa co emperador. Segundo escribiu o biógrafo e asesor de Carlomagno, Exinardo "foi tan próxima a alianza que Carlomagno mantiña con Afonso, rei de Galiza, que este último, cando enviaba cartas e embaixadas a Carlos, chamáballe invariabelmente o meu señor". Os contactos entre ambas as monarquías foron permanentes durante o século IX, como mostran as xuntanzas de Afonso II co bispo Teodulfo de Orleáns, quen nos seus poemas cantou a fertilidade das terras galegas, ou co mesmo Jonas de Orleáns, peza chave nos reinados de Luís O Piadoso e embaixador do imperio en Compostela.
NOS_17021
Receitas de ensalada de lombarda e manga, sardiñas ao forno e xados de iogurte con froitos do bosque
—Ensalada de lombarda e manga Elaboración: Córtanse as follas de lombarda á xuliana, escáldanse 5 min en auga con sal a ferver. Escórrense e déixanse arrefecer. Pelamos a manga, cun coitelo fánselle cortes tipo cuadrícula que cheguen á carabuña. Retiramos a carne cortando horizontalmente. Nun recipiente mestúrase a lombarda fría coas avelás e as améndoas picadas, as noces, a manga en anacos, AOVE e sal. Engádese o queixo en anacos e mexemos todo moito, pois a clave é servila ben remexida. Nota: Consérvase moi ben dun día para outro por non levar vinagre. —Sardiñas ao forno Elaboración: Os meses sen "R" son a mellor tempada das sardiñas. Buscarémolas con bo aspecto: brillantes, os ollos non amarelados, ao collelas deben estar ben tesas e non se dobrar o corpo. Pásanse pola auga fría e sécanse. Para enfornalas, como mellor quedan é enteiras, pero pódense abrir, tirar as tripas e quitarlles a cabeza. Cubrimos unha bandexa con papel de forno, estendendo por riba unha capa de sal de 1 cm, sobre a que se colocan as sardiñas, a rentes unhas das outras, pero sen sobrepoñérense. Co forno caldeado a 220º C, enfórnanse a media altura de 15 a 20 min, consonte o tamaño. Ao pasaren 15 min, sacamos unha para comprobar se a pel se desprende doadamente e se están cocidas no interior. Van directas á mesa na fonte do forno, pois arrefrían con moita rapidez, a fonte e o sal conservan a calor. Antes de as comer, cómpre sacudilas para tirarlles o sal. De telas asado enteiras, retírase a cabeza, ábrense pola metade, quítase a espiña central e as tripas e cómese a carne coa pel. Notas: Para darlles outro tipo de sabor, engádese zume de limón por riba ou unha picada de perexil e allos, ben antes, ben despois de enfornar. Para obter un toque picante, mesmo se poden asar cun chisco de chile picado. De sobraren sardiñas, métense nun recipiente cubertas de aceite de oliva virxe extra, tápanse e repousan durante 2 ou 3 días na neveira. Cómense frías ou a temperatura ambiente, con ensaladas, pasta, tapas, aperitivos... como as de conserva. —Xeados de iogurte con froitos do bosque Elaboración: Partimos os froitos do bosque grandes en anacos. Nun recipiente mesturamos cun batedor o iogurte, os froitos e o azucre. Tritúrase até obtermos unha textura bastante homoxénea, deixando os froitos en anacos moi pequenos. Próbase para axustar o sabor doce. Recheamos os moldes para polos e conxelamos o xeado 4 horas. Sácanse os polos do molde e gárdanse no conxelador listos para servir no seu momento. Notas: Poden mercarse conxelados os froitos ou conxelarmos nós arandos, grosellas, amoras, framboesas, amorodos ou morotes... Para adozar o xeado substituímos o azucre por dátiles (3 ou 4) ou figos frescos moi maduros depelicados.
NOS_54178
Jerónimo de Sousa foi reeleito secretário geral por unanimidade. Renegociar a dívida -Portugal paga por volta de 8 mil milhões de euros ao ano- é a principal proposta da formação comunista ao país.
Jerónimo de Sousa continuará a liderar o PCP após o encerramento do seu XX Congresso, o primeiro que se realiza após o acordo parlamentar com o PS para viabilizar a nomeação de António Costa como primeiro ministro. No conclave da formação comunista estivo presente, em representação do BNG a parlamentar e membro da Executiva Nacional Montse Prado. É possível sintetizarmos o desenvolvimento XX Congresso do PCP em oito propostas básicas: 1.-Libertação do país da submissão ao euro. Isto é, ir preparando Portugal para o abandono da moeda única. 2.-Renegociação da dívida pública nos seus prazos, juros e montantes. Esta é a tarefa máis premente no curto prazo. 3.-Valorização do trabalho: aumento de salários, pleno emprego e defesa do trabalho com direitos. 4.-Defesa e promoção da produção nacional e dos setores produtivos. 5.-Controle público da banca. 6.-Garantia da manutenção do carácter público do Serviço Nacional de Saúde, Escola Pública e Segurança Social Pública e Universal. 7.-Defesa duma política de justiça social. 8.-Defesa do regime democrático e do cumprimento da Constituição republicana. O PS reage ao Congresso comunista O Partido Socialista, no governo graças ao apoio do PCP e do Bloco de Esquerda, fez uma valoração positiva do suporte parlamentar que o gabinete de António Costa está a receber da bancada comunista. Aliás, ao mesmo tempo o PS garantiu que na sua cabeça não está falar da hipótese do abandono do euro. "Não está em cima da mesa nem a saída do euro nem do projeto europeu. Continuamos a defender a necessidade do reforço de Europa", disse uma porta-voz do Partido Socialista.
NOS_7593
Lembraba o meu amigo Tucho, aló polo 1966 e con catorce anos de idade que, a bordo da dorna familiar Segunda Marujiña, xunto ao seu pai e patrón, Juan de Piche, capturaban polbos entre a Pegar e Punta Besugueiros, xusto onde se ergue o faro da illa de Sálvora. Os cefalópodos que pescaban co cotelo, traían adheridos aos seus tentáculos moitos anacos de cerámica debullada e pulida nos seus cantos que o seu pai sen darlles a menor importancia volvía a guindar ao mar. Anos despois, laiaríase Tucho de non ter conservado moitas desas pequenas pezas de louza, pois descubriu que pertenceran á vaixela do vapor español 'Santa Isabel' que afundira de madrugada nese mesmo lugar, tras montar coa súa quilla a pedra da Pegar, facía 45 anos...
O Titanic galego Viaxamos até a costa norte da ría de Arousa, dunha beleza espectacular, bañada por un Atlántico que foi testemuña muda ao longo do tempo de innumerábeis traxedias marítimas das que se lembran moi ben en Ribeira, Castiñeiras, Aguiño, Corrubedo… afoutos mariñeiros e valentes mulleres que compartiron a súa vida co océano e que encheron as páxinas da nosa historia marítima de actos heroicos, de esforzo e dunha fabulosa tradición oral ateigada de lendas e contos mareiros. A que segue é unha das que deixou maior pegada na memoria popular do Barbanza… O vapor correo Santa Isabel levantara áncoras do porto da Coruña rumbo ao de Vilagarcía de Arousa, apenas estreado o ano 1921 para seguir recollendo emigrantes a bordo até o seu destino final, Cádiz. O reloxo de a bordo marca a 1.50 da madrugada do 2 de xaneiro, cando o seu capitán, desorientado pola brétema e no medio dun forte temporal de sudoeste con fortes chuvascos, percebe a luz do faro de Sálvora máis lonxe do que en realidade se atopa. O buque colide de súpeto coa pedra da Pegar, monta por riba dela e fica detido coa proa asolagada no mar, a sección do vapor que levou a peor parte, coa popa ergueita sobre as rompentes. A tripulación, nestes intres de angustia, comezou a tocar os chifres e a berrar pedindo axuda Ten tres vías de auga no casco e está moi escorado de estribor. Ao telegrafista do Santa Isabel apenas lle deu tempo de emitir un sinal de socorro completo, pois o vapor quedou sen fluído eléctrico aos poucos minutos de embarrancar. O capitán do barco, o señor Esteban García Muñiz, ordenou de contado tocar a serea do vapor até que este quedou sen presión nas caldeiras (foi grazas a Miguel Calvente, o primeiro maquinista e ao fogueiro Manuel Flores Martínez, que abriron as válvulas de seguridade para que non estouraran) e guindar bengalas ao mar que segundo tocaban a superficie do mar apagábanse de contado pola forte ondada. A tripulación, nestes intres de angustia, comezou a tocar os chifres e a berrar pedindo axuda. Sobre as 2.30 da mañá arriouse o primeiro bote salvavidas, o número 6, con tripulación e pasaxe a bordo que por desgraza remataría esnaquizado polo mar contra as rompentes de Sálvora. Avanzada a madrugada, conséguese arriar un segundo bote salvavidas con náufragos a bordo, correndo a mesma sorte que o primeiro. Posteriormente, un forte golpe de mar levou os catro oficiais do vapor que aínda quedaban na ponte, entre eles estaba o capitán do Santa Isabel que intres despois e loitando coa ondada, puido termarse do pau do trinquete, xunto a tres náufragos máis e gabear por el agardando alí o que quedaba de noite. Sobre as 3.50 da mañá pasa polas inmediacións do naufraxio o vapor Cabo Triana cuxo capitán afirmou que a unha distancia dunha milla albisca un vulto entre as rompentes que lle pareceu unha cheminea… nunca prestará auxilio. Os ladridos do can de Tomás Pagá, o torreiro da illa de Sálvora, alertárono de que algo acontecía fóra do edificio do vello faro. En canto saíu ao exterior escoitou berros que procedían do mar e ao pouco cos escintileos que emitía a luz do faro, puido ser a primeira testemuña en terra da traxedia. Tras facer sinais dende os cantís cun farol aos náufragos, trasladouse de contado até o poboado de Sálvora a pedir axuda. Eran as catro da mañá. A bordo, a metade da pasaxe morrera afogada, pois a auga penetrara de contado polas fendas abertas no casco, asolagando a proa e o vapor até a metade da eslora do buque. Houbo pasaxeiros que presos do pánico comezaron a guindarse ao mar para tentar chegar á costa a nado. A meirande parte morrerían afogados ou desfeitos os seus corpos ao seren batidos polas ondas contra as pedras. Luis Cebreiro, o segundo oficial do Santa Isabel, un dos heroes deste naufraxio, ocupouse de recoller e auxiliar a pasaxeiros no decurso de toda a noite, das diferentes estancias do transatlántico que aínda non foran asolagadas polo mar e levalos á sección de popa que aínda estaba a flote. O torreiro de Sálvora chega ao fin ao poboado da illa pasadas as cinco da mañá, alertando a berros aos seus habitantes do naufraxio acontecido aos pés do faro. As poucas persoas que quedan na illa diríxense á area dos Bois e botan tres dornas ao mar; a primeira partiría con dous homes a bordo rumbo a Ribeira a avisar do naufraxio; a segunda e a terceira, ían tripuladas por tres homes e tres mulleres, respectivamente, que vogaron tres millas no medio do temporal até o lugar do naufraxio, xogándose as súas vidas. 214 persoas pereceron neste naufraxio Luis Cebreiro, o 2º oficial do vapor, foi metendo a case que trinta náufragos a bordo do bote salvavidas nº 8 e ceibándoo dos pescantes, coa idea que este flotara no intre que a popa afundira, o que aconteceu ás 8.30 da mañá, tras partirse en dous o casco do Santa Isabel, definitivamente. As catro persoas que ficaban aínda nese intre na chopa de popa guindáronse ao mar e tentaron nadar cara a costa. O bote nº 8 sería atopado perto das rompentes sobre as 9.30 horas polas dúas dornas tripuladas polos habitantes do poboado de Sálvora, sendo rescatado e remolcado até a praia do Almacén, a salvo do temporal. A pesares dos titánicos esforzos da tripulación do Santa Isabel, especialmente do seu segundo oficial Luis Cebreiro, e do seu capitán Esteban García Muñiz, por salvar a pasaxe, 214 persoas perecerían neste naufraxio, entre os que estaban, principalmente: emigrantes vascos, cántabros, galegos e a práctica totalidade da tripulación do vapor correo español. Non acadou meirandes proporcións a traxedia grazas aos heroicos salvamentos feitos polas mulleres e homes de Sálvora, e polas tripulacións dos pesqueiros Rosiña, Nimo II e Virgen del Carmen de Ribeira. O naufraxio do Santa Isabel valeulle a este barco español o triste alcume do Titanic galego. Foi a 5ª meirande traxedia marítima acontecida na costa galega na súa historia. Quen queira coñecer polo miúdo toda a historia do naufraxio deste vapor da Compañía Transatlántica, incluídos os episodios referentes aos heroes e sobreviventes e o das numerosas testemuñas da traxedia que gardaron na nosa tradición oral os seus contos vencellados á perda deste buque, debería ler o fabuloso libro do xornalista barbanzán, Xosé María Fernández Pazos que leva por título Sálvora. Memoria dun naufraxio. A traxedia do 'Santa Isabel', unha obra imprescindíbel para achegármonos a este capítulo da nosa historia marítima. As Heroínas de Sálvora. Tradición oral e simboloxía Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada Crujeiras e María Fernández Oujo, sempre serán coñecidas para os anais da historia dende a data do naufraxio do Santa Isabel como as Heroínas de Sálvora, que co seu comportamento heroico a bordo dunha dorna polbeira, fixeron tres viaxes dende a praia de onde saíran até o lugar de naufraxio, para rescatar a un bo número de náufragos que aínda se mantiñan a flote e con vida, coas primeiras luces do día. Sálvora e Aguiño, son dous lugares vencellados historicamente e fundamentais para coñecer a historia do Santa Isabel e das xentes que sen pretendelo, foron parte vital da mesma. Domingo Ayaso Oujo, Domingo de Roque, cuarta xeración de mestres carpinteiros de ribeira de Aguiño, persoa recoñecidísima no seu oficio e a derradeira que se dedica no Barbanza á construción das fermosas dornas, naceu na illa de Sálvora pois alí vivía súa nai. A dorna foi o medio de transporte que empregaban os habitantes de Sálvora, os colonos, para desprazarse até o continente e obviamente para dedicarse á pesca. A súa avoa, Cipriana Oujo Maneiro con 24 anos, vivía no 1921 na illa e xunto a súa curmá, María Fernández Oujo de 14 e a súa veciña, Josefa Parada Crujeiras de 32. As tres durmían no poboado de Sálvora, cando aconteceu o episodio que xa narramos. Domingo de Roque contounos outra historia que coñecera pola súa avoa Cipriana. Estaba xa en terra, despois da derradeira viaxe feita para rescatar sobreviventes na dorna, tentando tapar a un náufrago agonizante por esgotamento e friaxe que rematou morrendo finalmente nos seus brazos. Cando o deitou na area, decatouse que do peto interior da súa chaqueta aberta sobresaían un feixe de billetes, ela pechoulla e deixou ao cadáver coas súas pertenzas intactas. Intres despois chegarían a Sálvora os membros da Comandancia de Mariña de Vilagarcía, cos carabineiros e a Garda Civil. Foi entón cando a propia Cipriana foi testemuña de como un membro das forzas da orde metía as mans nos petos interiores da chaqueta do náufrago que ela atendera, sacándolle o feixe de billetes que de contado gardou dentro da súa casaca. Profetas na súa terra No poboado abandonado da illa de Sálvora, existen catro cabazos bautizados cos nomes das tres Heroínas de Sálvora: Cipriana Oujo, María Fernández e Josefa Parada e outro co do segundo oficial do transatlántico español, Luis Cebreiro, ergueitos na lembranza a estas catro persoas que resultaron vitais no salvamento dos náufragos do Santa Isabel. En Aguiño existe o CEIP Heroínas de Sálvora, mesmo nome que recibe unha praza de Ribeira, son os únicos espazos públicos dedicados a estas tres afoutas mulleres cuxo comportamento heroico axudou a que lle outorgasen a Ribeira, o título de "Muy Noble, Muy Leal y Muy humanitaria ciudad" grazas tamén por soterrar no seu cemiterio municipal a gran parte dos afogados no naufraxio e por dar acubillo nas propias casas da veciñanza, aos sobreviventes do vapor español. Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada Crujeiras e María Fernández Oujo, recibiron numerosas homenaxes e premios (algúns económicos moi importantes dos que non chegarían nin a ver os cartos) polo seu heroico comportamento, entre eles: Cruz de Terceira Clase con distintivo negro e branco do Consello de Estado; medalla de Salvamento Marítimo (igualmente que o resto de veciños da aldea de Sálvora que participaron na rescate e auxilios de náufragos); medalla de bronce da SESN (Sociedad Española de Salvamento de Náufragos); Cruz de prata do Mérito Naval con distintivo Vermello; Cruz da Orde Civil de Beneficencia; medalla de prata da Liga de Amigos de Santiago e medalla da Cámara de Comercio de Pontevedra, esta última cedida polo neto de Josefa, José Parada Sieira en 2012 ao Museo Municipal de Ribeira, onde entre outros obxectos históricos que se amosan neste edificio, está tamén unha das campás de bronce que levaba o Santa Isabel, co nome do barco gravado nela. Fai dous anos estreábase unha película baseada no naufraxio do Santa Isabel pola directora arousá, Paula Cons, baixo o título: La Isla de las mentiras, rodada en Sálvora, enxalzando o papel das tres heroínas. Características do barco Buque número 43 construído en aceiro polos estaleiros da Sociedad Española de Construcción Naval, situados en Matagorda, Cádiz. Botouse ao mar o 26 de agosto de 1915 e foi entregado definitivamente á súa navieira propietaria, a Compañía Transatlántica o 26 de outubro de 1926. Tiña 88,85 metros de eslora, 85,340 metros de eslora entre perpendiculares, 12,19 metros de manga máxima, 5,73 metros de calado, 8,38 metros de puntal, 2.492 toneladas de arqueo bruto, dobre máquina de vapor que o propulsaba con 1.350 cv de potencia cadansúa movía unha hélice de catro pas coas que podía acadar os 123,5 nós. Levaba a bordo 80 tripulantes e podía albergar 428 liteiras para emigrantes e un máximo de 100 prazas para viaxeiros de 1ª e 2ª clase e 3ª preferente. Este pequeno vapor transatlántico, foi destinado a cubrir a ruta dos portos Cantábricos e de Galiza, onde recollería pasaxe con destino final en Cádiz.
NOS_9286
Un pretenso atentado perto do Parlamento británico levou o terror esta teraza feira a Londres. Hai cinco mortos -entre eles o agresor- e 40 feridos, confirmou Scotland Yard. Unha das vítimas, de nacionalidade británica e nada en Londres, é filla dunha galega de Betanzos. O suposto terrorista, ao volante dun todoterreno, atropelou varias persoas na ponte de Westminster, e despois, armado cun coitelo, intentou entrar no Parlamento. Unha das v
O atentado terrorista tería sido perpetrado por unha única persoa, autor primeiro dun atropelo masivo en Westminster e posteriormente, após estrelar o carro contra as reixas do palacio de Westminster, dun ataque ás portas do Parlamento. Alí acoitelou un policía -que acabaría falecendo, xa no hospital- cando intentaba entrar no edificio. O agresor tería sido abatido pola policía no cinto de seguranza que protexe a entrada do complexo parlamentar de Westminster (a chamada Houses of Parliament, sede da Cámara dos Comúns e da Cámara dos Lores). Unha das vítimas é Aysha Frade, profesora de español na capital británica, onde naceu, filla dunha parella formada por unha galega de Betanzos e un cidadán chipriota que se coñeceron no Reino Unido. As súas irmas rexentan unha academia de inglés na cidade dos cabaleiros. Esta cuarta feira, a primeira hora da mañá, a policía despregaba unha operación en Birmingham, onde terían sido detidas varias persoas pretensamente relacionadas co atentado. En Birmingham tería sido alugado o vehículo utilizado no atentado. A policía continúa sen facilitar dados sobre a identidade do terrorista abatido. Segundo Scotland Yard, o balanzo é de catro persoas mortas e 20 feridas. A Cámara dos Comúns decidiu suspender as súas sesións perante os ataques. Os parlamentares están neste momento fechados no Palacio de Westminster. Shaky video of commotion after Parliament shooting. pic.twitter.com/ofGZwcMgaA— Patrick Daly (@thepatrickdaly) 22 marzo 2017 O Parlamento escocés suspende tamén a sesión O atentado produciu tamén unha notábel conmoción no Parlamento escocés. Xusto no momento en que se producía o atentado en Westminster, a cámara escocesa debatía en pleno a hipótese da convocatoria dun novo referendo. O presidente da cámara tomou a decisión de suspender a sesión por entender que o incidente estaba a afectar o ánimo das e dos parlamentares, que conmocionados acompañaban as noticias através das redes sociais, e que portanto non se daban as condicións para o debate se desenvolver con normalidade. "O feito de que o noso parlamento irmao [our sister parliament] sofrise un serio incidente está a afectar este particular debate", dixo Ken Macintosh para xustificar a suspensión da sesión. Esta noticia foi atualizada esta cuarta feira ás 7.52 horas.
PRAZA_643
PSdeG-PSOE, BNG, Podemos, EU, ANOVA, CxG, Ciudadanos e Veciños de Monterrei responderon ao chamamento da plataforma cidadá, rexeitando o uso hoteleiro que a Xunta pretende darlle á fortaleza.
PSdeG-PSOE, BNG, Podemos, EU, ANOVA, CxG, Ciudadanos e Veciños de Monterrei participaron este sábado no acto organizado pola Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei para demandar un uso cultural e público para a fortaleza. Representantes destas forzas políticas asinaron unha declaración que, sobre a base dos informes elaborados polo Consello da Cultura Galega e as Universidades de Santiago e Vigo, rexeita o plan da Xunta para converter o castelo nun hotel de luxo. No cruceiro da fortaleza, as oito forzas políticas comprometéronse a recuperar o castelo e a poñelo ao servizo da cidadanía, dedicándoo a fins culturais e de promoción turística da comarca de Monterrei, tal e como se recollía no contrato de cesión asinado pola Xunta e o Estado central no ano 2010. Tamén asumiron a necesidade de levar a cabo as actuacións necesarias para a conservación e posta en valor do monumento recollidas no Informe do Consello da Cultura Galega e nos escritos das Facultades de Historia das Universidades de Santiago e Vigo, redactados a instancias da Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei. As oito forzas políticas comprometéronse a recuperar o castelo e a poñelo ao servizo da cidadanía, dedicándoo a fins culturais e de promoción turística da comarca de Monterrei Entre outros puntos, destaca o de conseguir a "protección legal máxima para todo o conxunto", que dado o seu valor patrimonial e singularidade "precisa dunha figura de protección que redunde no estudo, conservación e difusión da zona, polo que debe ser clasificado como Conxunto Histórico". Tamén a "redacción e desenvolvemento dun Plan Director" co obxectivo de "por en valor toda a acrópole, incluíndo as casas particulares e o espazo entre murallas, reservando o castelo para uso cultural e lúdico". Igualmente, prevese a creación dun Padroado coa participación das autoridades, institucións educativas-culturais e asociacións cidadáns "que promova a posta en valor e supervise a xestión do monumento". Finalmente, procederíase á redacción dun Plan de Rehabilitación e adecuación dos espazos edificados e naturais coa necesaria dotación orzamentaria, "que faga da acrópole un espazo atractivo para o lecer e a aprendizaxe da cidadanía". E a "promoción dos valores culturais e turísticos do recinto de Monterrei, conectándoos a outros moitos existentes na comarca", co obxectivo de "fomentar as visitas turísticas e educativas". Tras a sinatura desta declaración, os e as representantes das forzas políticas participantes realizaron un paseo polo recinto.
NOS_1982
A fauna mariña da zona, como golfiños, tartarugas e outras especies do golfo de México continúan baixo un serio risco polo petróleo, sinala a National Wildlife Federation.
Unha década despois do peor vertido de petróleo ao mar acontecido nos Estados Unidos, a fauna mariña da zona, como golfiños, tartarugas e outras especies do golfo de México continúan baixo un serio risco. Afírmao a National Wildlife Federation (NWF), a organización de defensa da natureza con maior número de socios do país norteamericano, nun informe feito público nesta terza feira, 7 de abril. O feito de que o golfo continúe sen recuperarse totalmente "non sorprende, dada a gran magnitude do desastre", afirmou o autor do informe, David Muth, director do Programa de Restauración do Golfo de México desta ONG. 10 years ago this month, the #DeepwaterHorizon oil spill devastated Gulf of Mexico communities & wildlife. As April 20th—the anniversary of the disaster—nears, follow @NWF to learn about species still struggling & unprecedented recovery efforts underway. https://t.co/dovpCcp4AX pic.twitter.com/kPt1iKr0CF— National Wildlife Federation (@NWF) April 7, 2020 A explosión do 20 de abril de 2010 na plataforma de perforación Deepwater Horizon causou a morte de 11 traballadores e a fuga duns 795 millóns de litros de cru dun pozo submarino antes de que se conseguise tapar, 87 días despois. Co fin de recuperar o ecosistema investíronse 4 mil millóns de dólares e están orzamentados outros 12.000 millóns até 2032. NWF considera que gran parte dese diñeiro debería destinarse á restauración de estuarios, onde a auga doce se mestúrase coa auga salgada do golfo.
NOS_38066
Luis Tosar, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez e Chechu Salgado, nominados nos Goya 2021, a mellor actor, mellor actor secundario e mellor actor revelación.
El buen patrón, a película de Fernando León de Aranoa protagonizada por Javier Bardem, é a favorita na próxima edición dos premios Goya ao arrasar nos anuncios de candidaturas optando a 20 figuras de diferentes categorías. Desta maneira, a cinta de León de Aranoa convértese na película máis nomeada na historia destes premios, superando á anterior película que ostentaba este récord -'Los días contados', de Imanol Uribe, con 19 candidaturas-. A cinta de León de Aranoa optará ao Goya nas principais categorías (película, dirección e guión orixinal), ademais de contar con Bardem como candidato a mellor actor protagonista. Un galego, Celso Bugallo, optará a un Goya por mellor actor de reparto no marco deste filme. A 'El buen patrón' séguelle ' Maixabel', a cinta de Icíar Bollaín protagonizada por Luís Tosar e Branca Portillo -ambos tamén con nomeamentos-, que optará a 14 ' goyas'. A isto hai que engadir máis nomes, como o do actor ferrolán Javier Gutiérrez, candidato a mellor actor por 'La Hija' ou Chechu Salgado, por Las leyes de la frontera, candidato ao mellor actor revelación O xornalista Ángel Suanzes lembra que a presenza galega nestas nominacións está nos actores (Bugallo, Salgado, Tosar e Gutiérrez), a animación (Valentina e The monkey), a música (Zeltia Montes) e as 2 (guión e son) da produción galega Tres A gala dos Goya 2022 terá lugar o próximo 12 de febreiro no Palau de lles Arts de Valencia como homenaxe ao Centenario de Luís García Berlanga. Á 36 edición dos Premios Goya optaron un total de 160 películas estreadas no Estado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Destas 160 producións, 82 foron de ficción, 74 documentais e catro de animación.
NOS_51433
O Concello xa outorgara en 2016 a mesma consideración a Mariano Raxoi, após ampliar a concesión á factoría de Lourizán outros 60 anos.
O Goberno local de Pontevedra (BNG e PSOE) levará ao vindeiro Pleno unha moción para declarar 'persoa non grata' na cidade o presidente e conselleiro delegado de Ence, Ignacio de Colmenares. Esta decisión, segundo explicou onte a portavoz do Executivo, Anabel Gulías, é consecuencia dos "incidentes" acontecidos na pasada quinta feira, cando "un grupo de persoas tomou a alcaldía e agrediu verbalmente parte do grupo de Goberno". "O que pasou marca un antes e un despois, porque se traspasaron moitas liñas vermellas que non se deberían ter traspasado", afirmou Gulías, quen lembrou que os feitos sucederon após a filtración dun vídeo no que De Colmenares advertía dun posíbel "susto ambiental con consecuencias para as persoas" na factoría de Ence en Lourizán. No vídeo, expuxo a edil, o directivo "sinalaba co dedo a quen el considera os responsábeis políticos das circunstancias da pasteira", unhas palabras polas que "aínda non se retractou" e que "debería condenar sen 'peros'". "Gasolina ao lume" A portavoz municipal insistiu en que as declaracións do presidente de Ence "botan gasolina ao lume". "Pontevedra é unha cidade tranquila e vaino seguir sendo, e imos seguir plantando cara a este 'Ence Borroka' que ameaza con seguir utilizando estes métodos para facernos recuar no que lexitimamente pensamos e defendemos", engadiu. No Pleno da vindeira semana tamén se debaterá unha moción do Goberno local na que se insta a Ence, a Xunta da Galiza e o Estado a "traballar de forma inmediata para o traslado da factoría da ría de Pontevedra". Cómpre lembrar que o Concello de Pontevedra xa declarara o ex presidente do Goberno estatal Mariano Raxoi 'persoa non grata' en 2016, após ampliar por 60 anos a concesión a Ence en Lourizán.
NOS_32848
O líder de ERC avoga polo diálogo con todas, incluído "quen aplaude" que estea en prisión.
Oriol Junqueras, en prisión desde novembro de 2017,volveu esta terza feira ao Parlament. Fíxoo para participar na comisión da Cámara catalá que aborda o 155. A mensaxe do líder de ERC foi clara: falar con todas, independentistas e non independentistas, mesmo con quen "aplaudiu" que o metesen en prisión. Mais tamén foi diáfano sobre o seu compromiso: "Volveremos facer un referendo". O líder dos republicanos apuntou á estratexia que se centra na negociación co Estado e non na confrontación para avanzar cara ao obxectivo da independencia. Convencido de que a independencia ten que pasar pola acumulación de forzas para seguir avanzando cara ao exercicio da autodeterminación, que considera inevitable. Para defender este camiño, argumentou, hai que aceptar que o obxectivo da independencia é "lexítimo", pero tamén que é "lexítimo" oporse a ela. E, insistiu, é necesario manter un diálogo, precisamente, con "os que non te entenden" tanto para intentar convencelos como para atopar unha saída ao conflito político. "A miña actitude de diálogo non racha nin estando na prisión".
NOS_6763
O último episodio de vulneración do dereito a usar o galego no ámbito sanitario volve pór enriba da mesa a necesidade dun cambio lexislativo que favoreza a garantía do seu cumprimento. A queixa tramitada na Liña do Galego xa está en mans da Valedora do Pobo, de Sanidade e de Política Lingüística.
A queixa presentada por Rute Pallares na Liña do Galego contra unha pediatra do Sergas condensa as dificultades que sofren moitas persoas galegofalantes para expresarse con normalidade na súa lingua, nun contorno onde o galego figura como lingua propia e oficial. Pallares dirixiuse ao servizo gratuíto da Mesa pola Normalización Lingüística para dar conta dunha vulneración dos seus dereitos lingüísticos durante unha visita ás Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. Acudiu ao servizo co seu fillo de sete anos, e ao pouco de entraren na consulta, a pediatra pediulles de "malas maneiras" que cambiasen de lingua, porque non entendía o galego. Modificación lexislativa A nai mudou de idioma e mesmo exerceu de tradutora da crianza, que mantivo o galego en todo o momento para dirixirse á facultativa. Rute Pallares recoñeceu en declaracións a Nós Diario que foi consciente desde o primeiro momento da vulneración dos seus dereitos lingüísticos, pero que nese momento decidiu cambiar de lingua para non comprometer os coidados do seu fillo. "Se as persoas que nos atenden, na sanidade e noutros eidos da Administración xeral, onde pasa o mesmo, non teñen que saber galego, queda a porta aberta para que isto se repita". "As doentes teñen dereito a usar o galego pero o persoal médico non está na obriga de coñecelo", sinala Marcos Maceira, presidente da Mesa, "desta forma é imposíbel facer efectivo este dereito fundamental das persoas galegofalantes". Así, reclama unha modificación lexislativa que volva estabelecer o deber das profesionais sanitarias de coñecer a lingua propia do territorio no que buscan desenvolver o seu oficio. "Se as persoas que nos atenden, na sanidade e noutros eidos da Administración xeral, onde pasa o mesmo, non teñen que saber galego, queda a porta aberta para que isto se repita", engade.Maceira pon o acento na oficialidade do galego e na necesidade de facer valer ese rango "para todo". "De que lle serve esa condición á lingua se unha crianza de sete anos non pode dirixirse nela á súa pediatra", cuestiona. Doutra banda, critica que a Liña do Galego sexa o único servizo que tramita analiza e trata de responder as queixas da cidadanía, "que se ve na obriga de organizarse para suplir a falta de organismos públicos que velen pola protección efectiva do galego". Uso minoritario Desde o eido da saúde, o médico de Urxencias Henrique Villena recoñece que o emprego do galego é minoritario na sanidade, máis na asistencia hospitalaria que nos centros de Atención Primaria. "Canta máis responsabilidade ten o profesional sanitario menos implicado está co uso da lingua propia". "No meu servizo, no Hospital Clínico Universitario de Santiago, somos ao redor de 60 facultativos. Falamos galego tres e só dous escribimos neste idioma todos os informes e documentos internos", salienta.Asegura que non hai "demasiada sensibilidade pola lingua", nin "conciencia de que dirixirse á paciente no seu propio idioma ten implicacións no acto médico". "Ningunha usuaria pode sentirse discriminada por usar o galego" O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantén que desde o seu departamento están en contacto coa Consellaría de Sanidade para coñecer os detalles da queixa presentada por Rute Pallares e resolver, de ser o caso, que actuación cómpre para reparar o dano e impedir que se repita unha situación similar. "Non pode ser que ningunha usuaria do Sergas se sinta discriminada por falar galego, máxime cando se trata da atención á infancia" "Non pode ser que ningunha usuaria do Sergas se sinta discriminada por falar galego, máxime cando se trata da atención á infancia", explica en conversa con este medio. Á espera de ler o informe definitivo que elabore Sanidade após confirmar o sucedido, Valentín García destaca que se trata dun "caso puntual, que nin abunda nin prolifera". Con todo, afirma, cómpre estar vixilantes "e tomar as medidas oportunas para que non volva pasar". "Calquera pediatra en contacto coas usuarias do Sergas non debera ter difícil aprender galego. Se aínda así se determina que é un problema de competencia lingüística, faremos unha proposta de formación para que Sanidade actúe", conclúe
NOS_43128
Os Executivos vasco e español abrirán un período de negociación bilateral durante os vindeiros seis meses sobre o Real Decreto-Lei 14/2019, máis coñecido como 'decreto contra a república dixital catalá' ou '155 dixital'.
O Goberno vasco negociará co español nos próximos seis meses sobre o Real Decreto-Lei 14/2019, xa coñecido como o '155 dixital'. Así o anunciou o portavoz do Executivo de Euskadi, o nacionalista Josu Erkoreka, após o pasado 17 de xaneiro o Parlamento vasco aprobar unha iniciativa de Bildu que prosperou cos votos a favor do PNV, PSE e Podemos, e pola que se instou o Goberno de Euskadi a recorrer no Tribunal Constitucional (TC) o decreto dixital. Este decreto foi aprobado en novembro de 2019 pola Deputación Permanente do Congreso cos votos a favor de PSOE, PP e Cs, e coa abstención de Unidas Podemos, o que foi moi criticado pola esquerda e o soberanismo xa que, antes de anunciarse o preacordo entre o PSOE-UP, a formación de Pablo Iglesias amosárase moi contraria ao decreto dixital. Co proceso de negociación anunciado onte, terza feira 21 de xaneiro, por Erkoreka, fica paralizado durante medio ano a interposición do recurso xa apresentado ante o TC. O portavoz vasco explicou que a negociación é parte do acordo de investidura pactado entre o PSOE e o PNV polo que ambas as formacións se comprometeron a traballar para evitar a xudicialización da política. Entre outras medidas, o decreto permite o peche de facto de webs e redes sociais, ou que o Goberno interveña ou peche servidores que alberguen páxinas e plataformas.
PRAZA_2152
O BNG pide a Podemos, Anova e EU que reconsideren o seu preacordo tras o "fracaso de Pablo Iglesias" e Xulio Ferreiro (Marea Atlántica) pide extraer a "lección" dos malos resultados de Catalunya Sí que es Pot para pular pola "acumulación de forzas construída desde abaixo"
O resultado das eleccións catalás e o carácter plebiscitario que se lles outorgou infúen tamén na política galega. As valoracións que uns e outros fan dos comicios evidencian o interese por resaltar o beneficioso para as súas opcións, pero non só de cara a un futuro resultado electoral, senón tamén de cara ás alianzas que en Galicia se negocian para as xerais do vindeiro mes de decembro. A vitoria do independentismo en escanos, o auxe da CUP e o fracaso de Podemos nas súas expectativas semella variar un chisco as posicións duns e doutros nesa negociación pola confluencia da esquerda e do nacionalismo en Galicia. Catalunya Sí que es Pot (CSQP) -a marca na que se integrou a formación de Pablo Iglesias xunto a Iniciativa e Esquerra Unida- quedou nos 11 escanos, dous menos que IC-V en solitario e con tan só 8.000 votos máis cunha participación moito máis alta. A coalición, tal e como recoñeceu o partido morado, non alcanzou o apoio agardado malia xuntar tamén a EQUO e a versión catalá de IU nun ensaio de confluencia que non deu resultado. Os malos resultados de Catalunya Sí que es Pot téñense en conta en Galicia, máis aínda tendo en conta o auxe da CUP Alberto Garzón, candidato de IU á Moncloa, insinuou que o protagonismo de Podemos na campaña puido ter que ver no frouxo resultado e chegou a referirse ao preacordo entre Anova, EU e o partido morado en Galicia, advertindo que non o considera un dos "pacto de despachos" que insiste en desbotar, xa que non é descartable que se realicen primarias neste espazo galego ao non terse abordado ese tema nas negociacións. Sexa como for, o apoio ao discurso de esquerda alternativa e mesmo anticapitalista foi moito mellor recollido en Cataluña pola CUP, que quedou a menos de 30.000 votos de CSQP e que mesmo superou a coalición na cidade de Barcelona. E iso tamén se ten en conta en Galicia. Logo da chamada da plataforma Iniciativa pola Unión (IxU) a unha candidatura única "nacional galega" esta fin de semana e despois do preacordo que anunciaron Podemos, Anova e EU, o Bloque reaccionou para asegurar que unha lista galega de unidade é "máis necesaria ca nunca para que Galiza non quede atrás" ante a apertura dunha "nova etapa" no Estado e logo da "clarísima" vitoria das forzas independentistas. Vence (BNG) cre que os resultados do 27S demostran que unha lista galega unitaria é "máis necesaria ca nunca" Así o dixo Xavier Vence, voceiro nacional, que cre que "a reforma constitucional e o futuro modelo territorial serán o gran debate nas eleccións xerais e no Congreso na vindeira lexislatura". "É necesario que Galiza este nese debate, non podemos correr o risco de quedar fóra dun escenario onde se vai redefinir o papel das diferentes nacións", dixo para insistir na procura desa lista única para acadar "un gruo parlamentario propio" que permita "negociar en pé de igualdade cos demais grupos un novo status para Galiza". "Estamos a tempo de sumar se todo mundo é capaz de ver que Galiza debe estar en primeira persoa no debate da inevitable reforma do Estado", advertiu tras confiar en que o resultado do 27S .-"co fracaso de Pablo Iglesias incluído"-, permita "reconsiderar a posición de Podemos, Anova e EU expresada no preacordo asinado entre as cúpulas destas formacións". O BNG pide a Podemos, Anova e EU que reconsideren o seu preacordo tras o "fracaso de Pablo Iglesias" "O escenario que se abre no Estado ca aposta de Catalunya pola soberanía e o fracaso de Podemos, -xunto cos argumentos que xa había sobre a mesa-, son razóns sobradas para que reconsideren as opcións, porque aínda estamos a tempo para sumar nun gran candidatura galega, plural, de unidade que lle permita a Galiza ter voz potente con grupo parlamentario propio no Congreso non supeditado a ningún grupo estatal", insistiu logo de valorar "moi positivamente" o resultado da asemblea de IxU e destacar a "man tendida" sen exclusión "ningunha". Pero Podemos-Galicia, no entanto, cre que os resultados cataláns "non son extrapolables" a Galicia. O seu secretario xeral, Breogán Riobóo, cre que as eleccións "son distintas", as organizacións "tamén distintas", ao igual que a "percepción" da cidadanía sobre os comicios. Aínda así, o líder da formación morada no país recoñece o "decepcionante" dos resultados o 27S, ao igual que Eva Solla, deputada de AGE e membro da dirección de EU, que considera que os once escanos de CSQP "non son bos". Malia todo, tamén cre que a situación catalá e galega "non son asimilables", nun discurso coincidente con Riobóo, que destacou que no caso galego había "un factor aglutinante moito maior" e que fixo alusión á Marea Atlántica, un espazo cidadán "moi importante e non tan partidario". Podemos-Galicia e EU cren que os resultados cataláns "non son extrapolables" a Galicia pero recoñecen que son "decepcionantes" Non obstante, o alcalde da Coruña pola propia Marea Atlántica, Xulio Ferreiro, non dubidou en cualificar de malos os resultados de CSQP e chamou tamén a reflexionar sobre esa futura confluencia galega que se negocia para virar cara a "un proxecto de acumulación de forzas construído desde abaixo para as xerais". Xa na fin de semana, o rexedor coruñés alertou dos "acordos entre cúpulas" e este luns destacou que Podemos é "un máis no motor de cambio" pero que hai que pular por un "frente amplo". Así e todo, e malia que cre que as catalás non son eleccións xerais, si cre que debe extraerse "a lección" de que é "necesario ir a unha posición de acumulación de forzas, con sedimentos sólidos". Xa que logo, BNG e Xulio Ferreiro chaman a reflexionar ou mesmo reconsiderar ese preacordo entre Podemos, Anova e EU. Queda por ver que postura tomará a formación liderada por Xosé Manuel Beiras, que non só apoiou inequivocamente a CUP -o seu aliado en Catalunya- nas eleccións, senón que celebrou os seus bos resultados, ao igual que fixo o Bloque, que centrou os seus parabéns na candidatura anticapitalista e en Junts pel Sí. Pola súa banda, Martiño Noriega, voceiro de Anova e alcalde de Compostela, cre que a situación política catalá é "diferente" á galega, considera a Podemos "importante" na suposta unidade pero segue apostando pola entrada do Bloque nela. Antón Sánchez, coordinador nacional da mesma formación, tampouco cre "extrapolables" os contextos de Cataluña e Galicia e desmárcase da suxerencia de Vence de repensar o preacordo co partido de Pablo Iglesias e EU. O alcalde de Ferrol, ademais, cre que o BNG "aínda está a tempo" de unirse ao devandito preacordo e lamentou a posición da fronte nacionalista. Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña pola Marea Atlántica, pide reflexionar sobre a confluencia e lembra que Podemos "é un máis" No fondo, a eterna polémica sobre se Podemos debería ter algún poder preponderante nesa lista galega de unidade -o que vetaría o BNG, CxG ou Cerna e pode que a parte de Anova- ou conseguir unha lista "nacional" de base cidadá na que todos os actores actúen en pé de igualdade. A reacción da formación morada será fundamental, pero Pablo Iglesias xa advertiu, malia os "decepcionantes" resultados cataláns, que non pensa modificar a e estratexia e que o seu partido "será a papeleta do cambio". Mentres, outra das correntes internas de Compromís vén de descartar que a formación acuda ás xerais coaligada con Podemos e logo de que outro dos partidos que conforman esta coalición valenciá, o Bloc Nacionalista Valenciá, rexeitase tamén en referendo integrarse na lista co grupo de Pablo Iglesias. En Galicia, fontes da negociación entre Podemos, Anova e EU recoñecen que na formación de Beiras consideraban clave o resultado nos comicios cataláns para enfrontar os últimos pasos dunha negociación que podería virar. Mentres os de Pablo Iglesias non saen nada reforzados da súa estratexia -máis tendo en conta do liderado que a súa formación exerciu en CSQP-, Anova podería forzar a máquina para garantir unha candidatura plenamente galega, soberana e que inclúa máis actores.
PRAZA_13499
Unha pregunta parlamentaria do BNG forza a Política Lingüística a subliñar ante a institución coruñesa que a lingua galega tamén é propia da Administración local
"Non temos constancia de que haxa ningunha queixa ao respecto". Esta adoita ser unha das respostas máis recorrentes que os grupos parlamentarios adoitan recibir da Xunta cando tentan obter explicacións a respecto da exclusión da lingua galega nalgún ámbito ou sobre a imposibilidade de facer uso normal do idioma propio. Así e todo, de cando en vez a Secretaría Xeral de Política Lingüística vai alén dese xeito de pechar eventuais conflitos e, ante consultas desta caste, si ofrece máis explicacións. É o que vén de suceder a raíz dunha pregunta parlamentaria que cuestionaba o Executivo sobre a ausencia do galego en certos trámites admininistrativos da Deputación da Coruña e que forzou o departamento que dirixe Valentín García a ter que lembrarlle á institución coruñesa o rango legal da lingua. A Xunta lémbralle á Deputación coruñesa a oficialidade do galego e a necesidade de facer uso normal da lingua propia Por iniciativa do seu voceiro en materia lingüística, Bieito Lobeira, o BNG cuestionaba a Xunta pola "exclusión da lingua galega nas comunicacións escritas remitidas polos servizos de recadación" da administración provincial dirixida polo popular Diego Calvo, e instaba a Xunta a facer o oportuno para remedialo. Nomeadamente, Lobeira sinalaba que este tipo de comunicacións están redactadas só en castelán, "proceder lingüístico" que "vulnera o establecido na Lei 5/1988 de uso do galego como lingua oficial de galiza polas entidades locais", así como a Lei de Administración Local de 1997. "Ten previsto o Goberno galego dirixirse á Deputación da Coruña para que, en cumprimento da legalidade vixente, proceda a utilizar a lingua galega nas comunicacións escritas dos seus servizos de recadación?", preguntaba. Na súa resposta Política Lingüística comeza por informar que, ao recibir a pregunta do Bloque, "dirixiuse ao presidente da Deputación Provincial para transmitirlle a queixa" pero, ademais, para "informalo" de que a Lei de Administración Local "dispón no seu artigo 7 que o galego" é "lingua propia de Galicia e tamén da súa Administración local", atendendo así, abonda, ao "mandato recollido" no artigo 5 do Estatuto de Autonomía. Nun sentido semellante, o departamento dependente de Educación "lembroulle tamén" a Diego Calvo que a institución que preside fai parte da Rede de Normalización Lingüística" da propia Xunta, que "ten como un dos seus obxectivos fomentar a dinamización da lingua galega e o seu coñecemento, uso e divulgación social". Isto, explicáronlle a Calvo, "supón a adquisición dun maior compromiso para impulsar o emprego da lingua no seu ámbito territorial". Así as cousas, e nunha actitude que no inicio da actual lexislatura sería dificilmente agardable, a Xunta "solicitoulle" a Calvo que "tome as medidas oportunas, co fin de comprobar os feitos", e "informe dos resultados". "No caso de existir o problema", a Deputación debe "garantir que o servizo de recadación da Deputación faga uso normal e oficial do galego nas súas actividades". "Para lles facilitar este labor, ofrecéuselle o asesoramento lingüístico que precisen" da propia secretaría xeral, conclúe a resposta.
NOS_17204
A multinacional, á que o TSXG obrigou a suprimir o Expediente de Regulación de Emprego (auto que está recorrido), convoca unha reunión a quinta feira e promete o diálogo se hai unha operación de venda "en termos comerciais razoables"
Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tombara o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que presentara para todo o cadro de persoal da factoría de San Cibrao e de recorrer esa sentenza ante o Tribunal Supremo, Alcoa abre agora a porta a "explorar de novo" a venda da planta se as e os traballadores poñen fin á folga indefinida que decorreu nos últimos meses. A compañía vén de convocar á representación do persoal da fábrica a unha reunión telemática na quinta feira na que pretende falar desa posibilidade de estudar outra vez o traspaso do complexo a outra firma. Porén, fía esa negociación a que se lle ofreza un acordo "en termos comerciais razoables" desde o seu punto de vista. Así volve demostrar que os ofrecementos que existiron non lle pareceron correctos. Insiste en que "está disposta a explorar de novo a venda á SEPI, tal e como o Goberno e os representantes dos traballadores viñan demandando, na medida en que a folga se dea por terminada e o proceso poida decorrer nun ambiente de normalidade e paz social". Esta intención amósase nun comunicado remitido polo presidente da empresa en España, Álvaro Dorado, ás operarias e operarios. Neste texto afirma que a meta é "atopar unha solución" para o futuro da fábrica de aluminio primario. O representante defende que Alcoa "como sempre" está dispoñíbel para dialogar e ten o "compromiso de asegurar o mellor resultado posíbel para os seus traballadores. No entanto, iso vai dependen de que as cantidades das que se fale sexan "razoables" desde o punto de vista da multinacional, cousa que deixa moi limitada a operación dados os antecedentes. En calquera caso, Dorado non comunicou ningunha intención de retirar o recurso contra o auto do TSXG, que entre outras cousas declarou o despedimento nulo e declinou dar permiso para paralizar as cubas porque o reinicio da actividade despois sería case imposíbel. Mentres tanto, en medio do conflito con Alu Ibérica, as e os empregados da antiga fábrica de Alcoa na Coruña continúan coa súa folga polos despedimentos e exixen a intervención. Aliás, culpan á multinacional de pactar unha operación irregular. De feito, a Audiencia Nacional encargou unha investigación sobre o acontecido cos complexos da Coruña e Avilés.
NOS_45047
'Entre pastores e lobos', de Manuel Pedrosa, gaña o Premio do Público da 16ª edición da MICE.
O xurado da 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) concedeu o Premio MICE ao Mellor Filme a Neiti Aika, da realizadora finlandesa Elina Talvensaari, "pola súa proposta de historia de vida dunha persoa que xa non está, realizada desde á recuperación da cultura material, cun traballo de investigación minucioso e cun ollar persoal e poético sobre o tempo e a memoria tocando diferentes esferas da condición humana". O mesmo xurado acordou facer unha Mención Especial ao filme De los nombres de las cabras, de Miguel G. Morales e Silvia Navarro, "pola súa condición de ensaio que integra a Historia e a etnografía a través dunha riqueza de materiais ao tempo que amosa unha brillante concepción da montaxe e o deseño sonoro". Reflexión sobre o terrritorio O Premio ao Mellor Filme Galego foi para a peza A miña Terra, de Santiago D. Risco, "pola abordaxe sobria dun tema complexo e a reflexión sobre o territorio, a herdanza e a familia a través dun bo exercicio de observación con elementos poéticos". O xurado Agantro, da Asociación Galega de Antropoloxía, outorgou o premio á excelencia antropolóxica, a Como el viento, de Raquel Ruiz "por retratar con profundidade, rigor e sensibilidade etnográfica as dinámicas cotiás dunha comunidade xitana en Arxentina". Segundo salientou, este documental é o resultado dun traballo de campo prolongado que describe e acompaña, viaxando dos lugares e relatos máis íntimos á esfera pública e colectiva. Entre a observación-participante e a historia de vida, o filme percorre lugares e experiencias varias: a intimidade das mulleres e as disonancias interxeracionais, a violencia e os episodios de discriminación, os cultos relixiosos e a vida económica e social. Outros premios galegos Pola súa parte, o xurado da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) outorgou este primeiro Premio CREA da MICE ao filme A poeta analfabeta de Sonia Méndez, que aborda a vida da compostelana Luz Fandiño, "pola súa solvencia na elaboración dun filme biográfico que retrata unha personalidade singular, mestura con acerto diferentes materiais e apela ao propio proceso de traballo". A 16ª edición da MICE recoñeceu co Premio do Público o documental de Manuel Pedrosa rodado no Macizo Central ourensán Entre Pastores e Lobos, que recibiu os votos dos pases presenciais dos filmes no Museo do Pobo, no Teatro Principal e mais no cinema NUMAX, ademais dos votos emitidos a través de internet co visionado das películas na plataforma Festhome, que se manterá activa ata que o remate da mostra, este domingo, 11 de abril.
NOS_16775
O tradicional evento no que o Instituto de Estudos Miñoráns homenaxea as nove persoas asasinadas por falanxistas no 36 encara a súa última semana de actividades, que este ano estiveron centradas na lembranza da represión contra as mulleres do Val Miñor.
O 16 de outubro de 1936, no lugar da Bombardeira, foron asasinadas por falanxistas nove persoas veciñas das parroquias de Baredo, Baiona e Panxón (Nigrán). A partir dese momento, ese punto pasou a ser coñecido popularmente como A Volta dos Nove, en recoñecemento á memoria das vítimas da represión fascista. Ademais, durante décadas, a xente, a veciñanza, debuxou no chan de area nove cruces que lembraban as nove asasinadas, nunha acción anónima que desconcertaba as autoridades franquistas, que non só ordenaban o seu borrado inmediato, senón que chegaron a instalar patrullas da Garda Civil na zona para impedir que as seguisen pintando, mais sen éxito. Como Penélope ante o seu tear agardando por Ulises, daba igual cantas veces desfixesen as cruces, sempre alguén volvía pintalas. "Todo un pobo negouse a esquecer e, por iso, A Volta da Bombardeira converteuse en icona da memoria colectiva da Galiza, representada en nove cruces que un tempo tras outro aparecían no punto en que o terror segara a vida dos nove miñoráns", explica Montse Fajardo, coordinadora das xornadas A Volta das Nove. A represión, en feminino Este é o primeiro ano en que as xornadas están dedicadas integramente a unhas mulleres que, como apunta a súa coordinadora, "non son só as principais transmisoras da memoria, senón que tamén padecen unha tipoloxía represiva propia que moitas veces queda opacada polos asasinatos". "Porque morrer é terríbel, pero vivir ás veces tamén é moi difícil, xa que sempre focalizamos nos que quedaron naquela Volta, pero alí tamén quedou truncada a vida das mulleres ao seu redor", engade Fajardo para Sermos Galiza. O nome de A Volta das Nove, e non Dos Nove, débese a que desde o IEM queren "reivindicar" a memoria desas nove mulleres que, ao mellor, non sufriron a represión dunha maneira tan directa como é a morte, pero que quedaron con 31 criaturas ao seu cargo e condenadas para sempre a pasar unha vida moi dura para saír adiante". "Esas mulleres pasaron a ser unha especie de apestadas, con enormes dificultades para conseguir traballo e cunha vida totalmente truncada polo asasinato do home", como certifica Juan Antonio González Pérez, actual alcalde de Nigrán, no seu libro Nigrán. Memorias dunha Guerra- 1936-1939. Nese volume recóllese a testemuña de Manuel Guisande, fillo dunha desas viúvas dos Nove, que relata como a súa nai "a golpeaban e dábanlle patadas por todo o corpo estando embarazada para que dixera onde andaba meu pai, e incluso nunha ocasión prendéronlle lume no pelo". Última semana de 'A Volta das Nove' Cun programa de actividades que inclúe coloquios con familiares de vítimas e investigadoras, proxeccións de documentais ou conferencias, A Volta das Nove abre a súa última semana de actividades cunha charla de Inma López Silva no Auditorio de Nigrán na cuarta feira ás 20 horas; continúa coa conferencia de Valentín García Bóveda na sede do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) na sexta ás 20; e, finalmente, conclúe cun acto homenaxe ás familias do Val Miñor represaliadas, que terá lugar no cemiterio de Baiona o sábado 26 ás 12 horas. Ese acto xirará ao redor da instalación dunha placa conmemorativa, algo que foi posíbel grazas ao cambio na alcaldía do Concello de Baiona, pois o anterior Goberno, do Partido Popular, "non" lles deixaba poñer a placa, segundo aclara Montse Fajardo.
NOS_39496
A primeira xuntanza entre NCG Banco e sindicatos finalizou sen avances. A dirección mantén firme a súa intención de levar adiante 2.500 despedimentos. Os sindicatos consideran a medida desproporcionada
A primeira xuntanza entre a dirección de NCG banco e os sindicatos para abordar o duro proceso de reestructuración da entidade marcado por Bruxelas e Madrid finalizou, após catro horas de reunión, sen que sequer houbese unha mínima negociación. NCG limitouse a entregar documentación aos representanets dos traballadores, levantar acta e falar da composición da mesa de negociación. Os diferentes sindicatos coinciden en sinalar que nesta primeira xuntanza "o que é negociación, non houbo", e consideran que a entidade ten unha escasa vontade de diálogo. Algo "grave" cando sobre a mesa hai o despedimento dun de cada catro traballadores do grupo. "A dirección da empresa demostra unha vez máis a súa intransixencia e que o quere é despedir barato e canto antes. Non hai posibilidade ningunha de negociación, toda vez que a dirección ten estabelecida unha folla de ruta que parece inmóbil, pero que imos tirar a base de mobilizacións con paros, folgas e todas as medidas que fagan falta", tense sinalado desde a CIG a comezos desta mesma semana por boca do seu responsábel, Clodo Montero. Recurso á xustiza Os sindicatos ven máis que difícil chegar a un acordo sobre o ERE e non descartan recurrir á xustiza para evitar o expediente de regulación de emprego. O vindeiro día 21 está convocado un paro de 12:00 a 12:30 horas, coincidindo coa recadación do IVE. "Pensamos que é un bo día para demostrarlle a administración estatal (verdadeira propietaria da entidade galega) que se non quere negociar, terá que asumir as consecuencias", sinalaba o responsábel de CIG-Banca. Xunto a isto, as organizacións sindicais contemplan paros e folgas que se irán facendo públicos segundo vaia evolucionando a situación e a propia negociación.
PRAZA_16493
A Audiencia de Pontevedra condena a Ángel Martínez, Lito a doce anos de cadea e 18 millóns de multa tras considerar probado que o seu grupo empresarial defraudou no IVE, o imposto de sociedades e o IRPF. Segundo a sentenza o empresario, que prevé recorrer ante o Supremo, declarou en dous anos unha facturación de apenas 4 millóns de euros cando a "cifra comprobada" superaba os 50
"A maior parte do seu volume de negocio non se facturaba nin se contabilizaba nos libros oficiais, polo que tampouco era declarado á Facenda pública, o que daba lugar a importantes beneficios". Así resume a sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra o eixo fundamental do millonario negocio do grupo de empresas de Ángel Martínez, Lito, o alcumado como 'rei das orquestras' que vén de ser condenado a algo máis de doce anos de cárcere por seis delitos de fraude fiscal referidos a só dous anos da súa actividade empresarial, 2011 e 2012. A sentenza, contra a que cabe recurso ante o Supremo, é contundente e dá por probadas as acusacións tanto da Fiscalía como da Avogacía do Estado. Lito comandaba a "oficina de representación máis importante de Galicia" e "representaba, en exclusiva, a máis de 70 orquestras" a través dunha rede de "representantes de zona que sobre pasaban os 50", explica a resolución xudicial. O conglomerado "alcanzaba un volume de negocio anual de, aproximadamente 25 millóns de euros", que moi maioritariamente circulaba por unha canle ilegal, segundo as maxistradas. As maxistradas conclúen que 'Lito' "só facturaba oficialmente" unha décima parte do seu negocio, a que correspondía a concellos, deputacións e empresas que "esixían factura" A orixe da saída á luz desta fraude está nunha inspección da Axencia Tributaria iniciada en 2013, tres anos despois da constitución da empresa matriz do "grupo" de Lito. A empresa, que "non se limitaba" a ser "un mero representante entre orquestra e cliente", senón a ofrecer o servizo completo dos espectáculos, "só facturaba oficialmente" nos anos investigados entre o 8% e o 10% do total do seu volume de negocio. Esta era a parte que correspondía ás contratacións con "concellos, deputacións", salas de festas ou a Televisión de Galicia, que lle "esixían factura". "Cando a contratación se producía coas comisións de festas", o 90% da cifra de negocio segundo a investigación, o diñeiro ía á caixa B. "Representaciones Lito non expedía facturas ás orquestras pola súa comisión nin estas, ao estaren opacas, ao cliente final polo espectáculo executado". Ese groso do diñeiro ficaba fóra da contabilidade oficial pero "perfectamente documentada" na "non oficial", a dos "clientes B que non queren saber nada de facturas". Así o acreditan, di a sentenza, a abondosa documentación en soporte informático que "permitiu á inspección coñecer a realidade contable" do entramado empresarial de Lito, unha "dupla realidade" que a defensa non foi quen de "desvirtuar" durante o proceso. En dous anos, segundo a segundo a sentenza, o grupo empresarial declarou unha facturación de apenas 4 millóns de euros cando a "cifra de negocio comprobada" superaba os 50 millóns Este "mecanismo defraudatorio", sempre segundo a sentenza da Audiencia pontevedresa, permitiu a Lito evitar o pagamento de tres impostos: o de sociedades, o IVE e o IRPF. As diferenzas entre o declarado por IVE e o realmente ingresado permiten obter unha radiografía do acontecido: a facturación "oficial" reflectía 2,2 millóns de euros en 2011 e 1,9 en 2012 mentres a "cifra de negocio comprobada" foi de 26,09 millóns no primeiro ano e de 23,9 no segundo, polo que esquivou o pago duns 8 millóns. No imposto de sociedades o grupo de Lito declarou pouco máis de 47.000 euros de beneficios en 2011 e 24.000 en 2012, pero as cifras reais eran 998.000 e 969.000, polo que as "cotas tributarias defraudadas" superaron os 287.000 e os 284.000 euros nos dous anos investigados. No imposto sobre a renda a sentenza cifra a fraude en máis de 300.000 euros ao ano. A sentenza, recorrible ante o Supremo, condena a 'Lito' a 12 anos de prisión e 18 millóns de multa, sanciona a empresa con 20 millóns e impón a ambos unha indemnización doutros 9,6 millóns Con este pano de fondo a sala impón a Lito un ano e seis meses de cadea por cada fraude no Imposto de Sociedades, outro tanto por cada ano no que defradou o IRPF e tres anos por ano de fraude do IVE. En total, doce anos e catro meses aos que se suman elevadas multas económicas: 573.000 e 672.000 euros pola fraude en Sociedades e IRPF -as sumas defraudadas- e máis de 16 millóns de euros polo non pagado en concepto de IVE -tres veces a fraude-. No caso de non pagar estes 18 millóns, incrementaríanse as penas de prisión. Adicionalmente, Representaciones Lito é condenada como persoa xurídica a multas que superan os 20 millóns de euros. Lito como persoa física e a súa empresa, como tal, teñen ademais que indemnizar "solidariamente" á Axencia Tributaria con 9,6 millóns de euros. O empresario das orquestras, que defendeu durante o proceso que o seu papel era só de intermediario, ultima o recurso no Supremo mentres agarda por outra millonaria causa pendente, tamén correspondente aos anos nos que algúns concellos galegos alzaran a voz contra as súas prácticas empresariais de "chantaxe" na representación de orquestras como a Panorama, a cal se desviculou do grupo de Lito no ano 2014, segundo asegurou nun comunicado feito público en 2017 ao fío das noticias sobre o proceso por fraude fiscal contra Representaciones Lito e o seu fundador.
NOS_11124
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) realizou na quinta feira o acto institucional en lembranza do arquitecto Domingo de Andrade, homenaxeado en 2020 e 2021 no Día das Artes Galegas.
O presidente da Academia, Quintana Martelo, salientou a importancia da figura de Domingo de Andrade nos ámbitos internacional e galego do Barroco, e indicou que esta lembranza, ao igual que un acto solemne con público previsto para máis adiante, "ten como obxecto o estudo, difusión e posta en valor dos seus edificios e a calidade da súa obra como arquitecto e retablista, un ceense de proxección universal que levantou obras tan monumentais como a Torre do Reloxo de Santiago". Quintana Martelo subliñou que, a partir de 1676, na obra da coñecida popularmente como Torre da Berenguela –unha construción de empeño colectivo do Cabido e dos santiagueses– Andrade contaba con 37 anos e o seu recente estreo na condición de mestre de obras da Catedral de Compostela. "O arquitecto do Barroco galego incorpora a construción da cidade como a gran protagonista da súa arquitectura, como se aprecia nun percorrido detido pola Praza da Quintana para ver a Torre do Reloxo, o Pórtico Real, a Casa da Conga e a Casa da Parra e a cuberta da Capela do Pilar, todos eles edificios que enriquecen o espazo urbano nos que se atopan", argumentou. A conmemoración decorreu na Capela da Concepción da Catedral de Santiago, lugar onde está soterrado Andrade, e na nave de Azabachería coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo; e o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo. Debido á situación de emerxencia sanitaria, a a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu prolongar a homenaxe de Andrade de 2020 a 2021. O cartel para a celebración do Día das Artes Galegas en homenaxe a Domingo de Andrade foi deseñado polo académico de número da sección de Artes da Imaxe, Xosé Díaz Arias de Castro, a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución. Día das Artes Galegas O Día das Artes Galegas foi creado en 2015, celebrando o Mestre Mateo, quen nesa data do 1 de abril de 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na última edición de 2019 a figura homenaxeada foi Luís Seoane. En anos anteriores homenaxeáronse figuras como a de Alejandro de la Sota (2018), Maruxa Mallo (2017), e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (2016).
PRAZA_4951
O modelo que Fraga ensaiou antes en Galicia perdura desde entón: o control absoluto dos medios de comunicación para eliminar a liberdade de prensa e manter afogada a sociedade
Hai xa uns dez anos. Ao concluír unha entrevista, un correspondente en Barcelona dun xornal europeo confioume con asombro e desgusto que non se entendía cos seus compañeiros destinados en Madrid. As súas visións sobre a situación española e a vida pública en xeral eran totalmente contrarias, coma se vivisen en dous países distintos, en dúas realidades diferentes. Non se trata meramente, pois, de que a prensa manipule a realidade ao servizo duns intereses ou outros, senón que os xornalistas verdadeiramente adoitan participar da ideoloxía dominante na sociedade. Resulta evidente que o distanciamento entre a percepción das cousas desde un lado e outro aumentou enormemente, pero esa descontinuidade, ese vivir en realidades distintas, ten máis alcance que dous países chamados Madrid e Catalunya. Todas as cabeceiras de prensa madrileñas mostran o optimismo dun Rajoy que afirma que a crise queda atrás, outros xornais que me caen máis preto, un da Coruña e outro de Santiago, transmiten unha imaxe semellante Dentro do territorio español vivimos en esferas ideolóxicas e percepcións da realidade distintas e niso xogan un papel fundamental os medios de comunicación. Pódese comprobar con facilidade nun día como hoxe, onde esa escenificación da política que é o debate da nación ocupa todas as portadas das cabeceiras de prensa. Todas as cabeceiras de prensa madrileñas mostran o optimismo dun Rajoy que afirma que a crise queda atrás, outros xornais que me caen máis preto, un da Coruña e outro de Santiago, transmiten unha imaxe semellante. En cambio, vexo que as cabeceiras vascas, das históricas ás máis novas, fan un resumo máis complexo e con máis ángulos. O mesmo que as catalás. Como o posicionamento de practicamente todas as canles de televisión de ámbito estatal encaixa na corrente maioritaria, constato que quitando en Euskadi e Catalunya, ao resto da cidadanía española chéganlle uns medios de comunicación favorables a este goberno. Constato que quitando en Euskadi e Catalunya, ao resto da cidadanía española chéganlle uns medios de comunicación favorables a este goberno Tras a morte de Franco a prensa estivo máis solta, ensaiou camiños e buscou o seu lugar nunha sociedade que cambiaba, houbo un tempo en que o quiosco de prensa era unha fonte de liberdade de expresión. Hoxe aquelas voces están atadas e repiten as palabras do seu amo. En certo sentido trasladouse a Madrid o modelo que Fraga ensaiou antes en Galicia e que perdura desde entón: o control absoluto dos medios de comunicación para eliminar a liberdade de prensa e manter afogada á sociedade. No fondo iso ocorreu polos mesmos motivos: porque as empresas pasaron a depender economicamente do poder político, comen da súa man, porque carecen do sentido da profesión e, simplemente, porque son de dereitas. Este último motivo é determinante, unha empresa xornalística española pode convivir e compadrear cunha administración que non sexa do PP pero, en último termo, acabará mostrándose identificada coa ideoloxía e os intereses que representa ese partido. Trasladouse a Madrid o modelo que Fraga ensaiou antes en Galicia e que perdura desde entón: o control absoluto dos medios de comunicación para eliminar a liberdade de prensa e manter afogada á sociedade Se non queda prensa tradicional que exerza o xornalismo dun modo independente é polo mesmo motivo polo que en España a dereita non é democrática, polo mesmo motivo polo que non hai unha dereita liberal no sentido orixinal e europeo do termo. Pero iso ten consecuencias devastadoras para a sociedade, fai que un país se sitúe fóra da realidade e se manteña sonámbulo. Alienado. Salvados xogou hai uns días co noso sentido da realidade, o seu programa sobre o 23-F desestabilizou o sentido da realidade de moitos espectadores. Pero, tras o desconcerto, a cadea reafirmou o relato existente sobre o golpe de estado cando emitiu a continuación un programa que creo que se pode resumir en "o Rei salvounos". Estamos salvados. Pero o programa de Évole deixou no aire un gas de irrealidade que fixo sentir a moita xente que a vida social e política son unha alucinación. Lembrounos a todos que descoñecemos cal é a nosa realidade como país, que somos nenas e nenos perdidos e medorentos que viven dentro dun conto infantil. Unha sociedade encolleita e sonámbula. O programa de Évole deixou no aire un gas de irrealidade que fixo sentir a moita xente que a vida social e política son unha alucinación. Lembrounos a todos que descoñecemos cal é a nosa realidade como país Só así se pode tolerar esa representación estúpida que foi o debate do estado da nación. Unha representación de normalidade que nega a nosa anormalidade. Xa non me refiro a que nos movemos dentro un sistema político que está podrecido e roto, senón a que ocupa o Goberno un partido que se comprobou que está corrupto, que estendeu a corrupción e que gobernou grazas a ela. E hai moito de onírico no escenario do debate da nación deste ano. A estas alturas da historia unha representación protagonizada por Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba é tan irreal que marea. A política dos dous partidos e os seus actores afastáronse tanto da vida da xente, os seus actores confundíronse tanto co personaxe que xa ninguén cre que sexan persoas coma os demais. O que hai de teatralización na política e na vida pública en xeral tragou absolutamente todo o demais: é puro teatro. Outra cousa é a quen lle poida interesar esa obra tan resesa e dunha estética máis que obsoleta, tan falsa que repugna. Non se trata exactamente dunha obra teatral escrita por un escritor pantasma pero paréceo, poderíase chamar Desesperación. A desesperación corresponderíalle a unha sociedade enferma e triste e o desesperante corresponderíalle a eses dous actores principais do elenco artístico. A vida pública e a política española é unha fantasmagoría grotesca e incrible, só se sostén porque a ese obsoleto escenario amplifícano uns medios de comunicación que teñen os seus intereses en que esa fantasmagoría se manteña A vida pública e a política española é unha fantasmagoría grotesca e incrible, só se sostén porque a ese obsoleto escenario amplifícano uns medios de comunicación que teñen os seus intereses en que esa fantasmagoría se manteña. Naturalmente que existe Internet, onde hai cabeceiras que son pura trincheira sectaria dunha facción e outras, como esta, que tentan ofrecerlle á sociedade informacións que se lles negan. Pero non poden escapar dunha situación tan lamentable, só chegan a un sector social, crecente pero minoritario, que é crítico e esfórzase por coñecer o que se lle oculta. É necesario preguntarse se en España existe liberdade de prensa. E tamén quen a afoga Creo que é necesario preguntarse se en España existe liberdade de prensa. E tamén quen a afoga. Fraga foi un político ao que o seu temperamento desenfreado lle impediu triunfar na política como el querería, pero a súa idea de España finalmente realizouse. Rajoy, tamén por temperamento, non se levaba ben con Fraga, aínda que compartise a súa idea reaccionaria de España, e finalmente resultou ser o seu delfín histórico e realizar o modelo do patrón.
NOS_26998
Traballadores da planta de San Cibrao escenifican en Burela a cola que se produciría ante as oficinas de emprego se a empresa fai efectivo o ERE.
O comité de empresa de Alcoa teme que o Goberno español e a Xunta "non cumpran" coa intervención da fábrica de San Cibrao e "deixen tirados" a máis dun milleiro de persoas que desempeñan o seu traballo na factoría e auxiliares. Entre berros de 'A Mariña sálvase loitando!' e 'Se non hai solución, Goberno dimisión!', empregados da factoría escenificaron hoxe en Burela a cola que se produciría ante as oficinas de emprego se a compañía fai efectivo o expediente de regulación de emprego (ERE) que pretende executar para 524 traballadores da planta de aluminio. "As consecuencias serían dramáticas, volveriamos ao ano 1970 e aquí non habería forma de buscarse a vida" En calquera caso, segundo os representantes dos traballadores, de materializarse o ERE, o despedimento acabaríase estendendo ao cadro da alúmina, de aí os máis de 1.000 postos de traballo directos que aseguran que están en xogo. "As consecuencias serían dramáticas, volveriamos ao ano 1970 e aquí non habería forma de buscarse a vida. Teriamos que emigrar todos e tal e como está a Covid agora mesmo, onde imos ir?", preguntouse, en declaracións aos xornalistas, o presidente do comité, José Antonio Zan. Así as cousas, lembrou os mandatos do Congreso dos Deputados e do Parlamento galego, que "din que (os gobernantes) teñen que intervir". "Unha intervención temporal por parte da SEPI para despois vendernos a outra empresa que está aí cun plan de 1.000 millóns para reflotar a economía da Mariña". Para iso, subliñou, "fai falta a decisión política, sen ela ao final non se vai a chegar a ningún lado". "Aquí non se pode esperar a que un xulgado diga cal vai ser o futuro deste país no aluminio", avisou, a menos dunha semana da vista para resolver sobre as medidas cautelareas que o comité presentou contra o ERE.
PRAZA_13965
Cando as cousas se complican e as tragadeiras comezan a saturarse, sempre hai a posibilidade dunha illa. As illas teñen ese poder físico irredento de protección e desconexión tan necesarios nalgún momento da vida. Así que este ano a elixida foi Tavira, no sul de Portugal.
Cando as cousas se complican e as tragadeiras comezan a saturarse, sempre hai a posibilidade dunha illa. As illas teñen ese poder físico irredento de protección e desconexión tan necesarios nalgún momento da vida. Así que este ano a elixida foi Tavira, no sul de Portugal. Este amigo que se deixou a pel sacando do prelo libros para a recuperación da memoria histórica, espetoume: "por menos do que está pasando agora, estalou a Guerra Civil do 36" Uns días antes de partir ao destino soñado, atopei a un impresor antifranquista diante do café Delicias, un lugar histórico do día e da noite coruñesas que garda nas súas paredes cheas de graxa e cheiro a café, relatos ao máis puro estilo de Joseph Conrad. Este amigo que se deixou a pel sacando do prelo libros para a recuperación da memoria histórica, espetoume: "por menos do que está pasando agora, estalou a Guerra Civil do 36". Quedei tan asustada con semellante afirmación que non parei de darlle voltas ata que no momento de facer a maleta, decidín meter todos os pasaportes, o libro de familia e as cartillas de vacinación, non fose ser que na nosa ausencia sucedera algo que nos impedise cruzar de novo a fronteira co país irmao, aínda difuminada pola UE. En realidade, teño que admitir que xa me facía ilusións acerca dunha nova vida, probablemente en Brasil, onde a palabra recesión non existe e viven nunha perpetua estación estival. Por fin estaba chegando á Ilha de Tavira, sentada nun barco de pescadores que no canto de aparellos de pesca tiña bancos de madeira para os pasaxeiros cargados con sacos de toallas e comida. O vello mariñeiro que guiaba o temón co aplomo dos que xa levan feito o mesmo durante anos enteiros, tiña o bandullo dilatado e as unllas moi longas. Ninguén saca o móbil da mochila, non hai aparellos electrónicos nin wifi, desaparece todo o que non sexa pura natureza e os paseos son fermosos e saudables, o tempo discorre a modiño e sinxelo Ao rematar a faena tocaría a guitarra ata ben entrada a noite, na mesa dun chiringuito do peirao chea de cervexas Sagres, rodeado de mulleres torradas polo sol case africano e de corazón tan vello como as estrelas que guían a madrugada. As praias da illa son moi gozosas, a auga está tépeda e o vento que aloumiña permanentemente a pel da xente crea unha atmosfera moi sensual. Ninguén saca o móbil da mochila, non hai aparellos electrónicos nin wifi, desaparece todo o que non sexa pura natureza e os paseos son fermosos e saudables, o tempo discorre a modiño e sinxelo. Son os días dun soño necesario. Uns nenos xogan na beira facendo castelos imposibles e, de súpeto, atopan unha cordiña que sobresae pola area. A nena colle o extremo coa man e comeza a tirar do fío, suavemente, saboreando o suspense, imaxinando un tesouro ao final do camiño. Tira e tira despacio e, sen sabelo, vai desfacendo o bikini dunha muller que toma o sol ata deixala espida. O socorrista achégase a min e explícame que non está permitido facer nudismo. Mírome desconcertada, non era a miña intención e pido desculpas. O soño vai rematando. É o momento de chegar a casa e ver o que pasou nas derradeiras semanas De volta ao fogar, no intre preciso en que o río Miño pon fin a súa andaina, a radio galega informa de que o BCE aconsella ao Estado español facilitar aínda máis o despido dos traballadores e seguir baixando o soldo dos funcionarios. É o momento de chegar a casa e ver o que pasou nas derradeiras semanas. A verdade é que son unha parva por terme preocupado tanto na véspera da viaxe. A chegada foi moi doada. Non estalara ningunha guerra, non había síntomas de violencia, a cidade non estaba devastada, se cadra algunha farmacia. Quizais volva a soñar cunha illa, pero agardo que non sexa a que medra no noso interior cada día Tan só o goberno do PP na Xunta situábanos nun escenario prefascista ao pretender alterar o número de deputados do Parlamento e o censo de votantes da diáspora, porque calquera cousa vale con tal de consumar o pucheirazo; o ministro de Xustiza devolvíanos ao nacionalcatolicismo cos seus argumentos falanxistas para ilegalizar o aborto; o IVE, un imposto inxusto, pasaría dun 8 a un 21%; conxelaríanse as oposicións a funcionarios que son os que garanten as estruturas democráticas da sociedade actual; e superaríase o 21% de parados galegos en plena época turística. En fin, pouca cousa. Coido que hoxe podo durmir tranquila, quizais volva a soñar cunha illa, pero agardo que non sexa a que medra no noso interior cada día.
PRAZA_12343
Baixo un tenso clima político, a República Democrática de Timor Leste celebrará este 17 de marzo a súa terceira elección presidencial para un período de cinco anos, tras a proclamación da súa independencia de Indonesia en 1999 e o seu recoñecemento formal internacional en maio de 2002. En xuño próximo, Timor Leste celebrará eleccións lexislativas.
*Texto publicado no IGADI Paper Nº 81 Baixo un tenso clima político, a República Democrática de Timor Leste celebrará este 17 de marzo a súa terceira elección presidencial para un período de cinco anos, tras a proclamación da súa independencia de Indonesia en 1999 e o seu recoñecemento formal internacional en maio de 2002. En xuño próximo, Timor Leste celebrará eleccións lexislativas. O décimo aniversario da independencia timorense vese salpicado pola polarización electoral derivada das fortes rivalidades políticas. Na actual contenda enfrontaranse o actual presidente José Ramos-Horta (63 anos), cunha candidatura independente, tendo como principal rival ao líder opositor Francisco Guterres (popularmente coñecido como "Lu Olo", de 58 anos), candidato da Fronte Revolucionaria para un Timor Leste Independente (FRETILIN). O cadro electoral presidencial timorense complétase coas candidaturas do xeneral José María Vasconcelos, popularmente coñecido como Taur Matan Ruak (56 anos), ex comandante do FALINTIL-Forças de Defesa de Timor Leste (F-FDTL), quen tamén se presenta como independente. Outras candidaturas son as de Fernando de Araújo (La Sama, de 49 anos), presidente do Parlamento Nacional de Timor Leste e do Partido Democrático; e José Luís Guterres (Lugo, de 58 anos), viceprimeiro ministro e líder da Fronte Mudança, unha fracción escindida do FRETILIN. Parcialmente afastado da atención internacional, a andaina política independente de Timor Leste da conta dun melloramento da súa estabilidade e fortalecemento institucional pero tamén dos imperantes retos de superación das desigualdades socioeconómicas nun dos países cos índices de pobreza máis elevados de Asia-Pacífico. Na actual conxuntura electoral, a tensión política rebrotou en diversas localidades da capital Dili e do interior do país, con ataques ás dependencias da Comisión Electoral e que levaron ao goberno de Ramos-Horta a solicitar a intervención de forzas internacionais da ONU, con medio milleiro de efectivos. Precisamente, a presenza militar da ONU como garante da estabilidade timorense constitúe un tema clave a curto prazo, e mais no actual contexto de renovación da tensión e da violencia política. A ONU mantén máis dun milleiro de policías e militares na illa e ten prevista a súa retirada o próximo 31 de decembro, tal e como decidiu en febreiro pasado o seu Consello de Seguridade. Pero tanto o presidente Ramos-Horta como o seu primeiro ministro Xanana Gusmão (Consello Nacional da Reconstrução de Timor Leste, CNRT), son partidarios de que a retirada militar e policial da ONU se efectúe antes de rematar 2012. Polarización electoral no décimo aniversario da independencia En 2012, Timor Leste celebrará dous importantes procesos electorais: os comicios presidenciais previstos para o próximo 17 de marzo; e os comicios lexislativos en xuño. Ambos procesos coinciden coa conmemoración do décimo aniversario da independencia de Timor Leste, tras converterse no 191º Estado membro da ONU en setembro de 2002. En 2012, Timor Leste celebrará dous importantes procesos electorais: os comicios presidenciais previstos para o próximo 17 de marzo; e os comicios lexislativos en xuño Paralelamente, ao finalizar 2012 rematará a Misión Integrada de Nacións Unidas en Timor Leste (MINUT), cunha permanencia constituída como garante principal da estabilidade do país e cun mandato que expirará o próximo 31 de decembro. Tralos violentos disturbios políticos e étnicos de 2006 (que incluíu unha rebelión militar), a MINUT, que conta con 1.397 efectivos militares en Timor Leste, a maioría provenientes de Australia, Nova Zelandia, Portugal e Malaisia, impulsou a partir de 2007 a creación da Policía Nacional de Timor Leste (PNTL), órgano principal de seguridade do país e garante da estabilidade dos próximos comicios presidenciais e lexislativos. Se ben a estabilidade timorense mellorou notablemente trala violencia política de 2006, o escenario electoral de 2012 da conta dun contexto de profundas rivalidades persoais que non só condicionan o panorama político senón que anuncian unha eventual atomización parlamentaria como resultado dos comicios lexislativos de xuño próximo, alterando así o marcado bipartidismo trazado nesta última década entre o Consello Nacional da Reconstrução de Timor Leste (CNRT) e a Fronte Revolucionaria para un Timor Leste Independente (FRETILIN). De cara ás eleccións presidenciais do próximo 17 de marzo, a preferencia electoral semella centrarse na confrontación política entre o actual presidente José Ramos-Horta, e o líder opositor Francisco Guterres Esta atomización política vese manifestada pola proliferación de candidaturas independentes presidenciais (trece en total) a pesar de que varias delas contan co apoio explícito ou tácito de diversos partidos e movementos políticos. Así mesmo, un total de 24 partidos e formacións políticas están rexistrados para presentarse nos próximos comicios lexislativos. As súas posibilidades electorais van depender igualmente dos resultados previamente alcanzados por estes partidos políticos nos comicios presidenciais. De cara ás eleccións presidenciais do próximo 17 de marzo, a preferencia electoral semella centrarse na confrontación política entre o actual presidente José Ramos-Horta, candidato independente elixido nos anteriores comicios presidenciais de 2007 con apoio da CNRT; e o líder opositor Francisco Guterres (Lu Olo), principal candidato da FRETILIN, aínda que este partido comparece coa limitación engadida da candidatura de José Luís Guterres (Lugo), líder da facción Fronte Mudança. A candidatura do FRETILIN pode verse igualmente condicionada pola do popular xeneral Taur Matan Ruak, ex comandante do FALINTIL-Forças de Defesa de Timor Leste (F-FDTL), quen se presenta tamén como independente. Retirado das Forzas Armadas en outubro de 2011, Taur Matan Ruak mantén aínda unha sólida base de apoio político en diversos estamentos do FRETILIN así como entre os militares veteranos da loita independentista contra Indonesia (1975-1999), un factor clave para definir os apoios e simpatías no actual panorama político timorense. Esta polarización política CNRT-FRETILIN define en gran parte a radiografía sociopolítica do Timor Leste independente. A CNRT constitúe unha especie de "paraugas" de partidos e movementos historicamente ligados á figura do actual primeiro ministro Xanana Gusmão. Conta actualmente co apoio de diversas clases medias e empresariais beneficiadas polos contratos gobernamentais (especialmente na explotación de petróleo e gas natural) así como de diversos estamentos sociais simpatizantes coa integración en Indonesia, e que finalmente mantivéronse leais a Gusmão unha vez este instaurara a Comisión de Reconciliación Nacional tras a independencia. Por tanto, a base electoral da CNRT ten na capital Dili e nas provincias centrais os seus referentes esenciais e pode que os seus votantes se decanten pola reelección presidencial de Ramos-Horta, tal e como ocorrera nos anteriores comicios de 2007. O FRETILIN conserva o legado histórico da loita revolucionaria e independentista timorense contra o dominio indonesio, mantendo unha forte simpatía política nas provincias do Leste do país Pola súa banda, o FRETILIN conserva o legado histórico da loita revolucionaria e independentista timorense contra o dominio indonesio, mantendo unha forte simpatía política nas provincias do Leste do país. Neste sentido, o legado da loita revolucionaria e independentista constitúe unha credencial política clave nun FRETILIN fragmentando e erosionado por diversos liderados con forte arraigo popular, como son os casos dos actualmente candidatos Lu Olo, Taur Matan Ruak e Lugo. Finalmente, compre salientar a posibilidade de que o candidato Fernando de Araújo (La Sama), actual presidente do Parlamento Nacional de Timor Leste e líder do Partido Democrático (PD), se configure nunha especie de "candidatura bisagra" entre Ramos-Horta e Lu Olo. De cara á conformación do próximo Parlamento Nacional, e tendo en conta a proliferación de partidos e formacións políticas, a diversidade de coalicións albíscase como vía mais certeira para redefinir o mapa político timorense para os próximos anos. Marcando os retos para o futuro Se ben as próximas eleccións presidenciais e lexislativas timorenses, así como a retirada da misión da MINUT, condicionarán o mapa político inmediato do país, outros factores de carácter económico e social terán unha influencia clara na súa estabilidade. A falta de definir este novo mapa político, o país debe considerar importantes retos a curto e medio prazo que influirán na súa estabilidade institucional e social. Ademais da seguridade e da fortaleza institucional, un destes retos é o relativo aos aínda relevantes índices de pobreza, as desigualdades socioeconómicas xeradas pola reconstrución nacional e un elevado desemprego que, principalmente, afecta á mocidade timorense, en especial na capital Dili. Incluso en diversos estamentos sociais da capital aprécianse alarmantes datos de desnutrición infantil e analfabetismo. Timor Leste é un dos países máis pobres da área de Asia-Pacífico. No Índice de Desenvolvemento Humano 2010 elaborado polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), o país situouse no posto 120 entre 169 países Timor Leste é un dos países máis pobres da área de Asia-Pacífico. No Índice de Desenvolvemento Humano 2010 elaborado polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), o país situouse no posto 120 entre 169 países. Segundo datos do Banco Mundial, a agricultura representa o 30% do PIB timorense e o 75% do emprego nacional. Non obstante, nos derradeiros cinco anos o país ven ascendendo posicións na escala do IDH, incluso con perspectivas de alcanzar o ranking de países de renda media na próxima década. Outro factor a ter en conta son os plans de desenvolvemento e as infraestruturas, aínda escasas nos dez anos de independencia e de reconstrución nacional. O goberno timorense adiantou un ambicioso plan de investimentos en infraestruturas para o período 2011-2030 que, inexplicablemente, non ten un impacto político relevante na campaña electoral de 2012, a pesar de que constitúe un baluarte esencial para apuntalar o desenvolvemento socioeconómico do país. Precisamente, a actual campaña electoral timorense dilúese nunha infrutuosa "guerra" de rivalidades e confrontacións políticas entre os diversos liderados, incluso algúns deles manipulados a través dun discurso incendiario, que non só pode espallar socialmente estas rivalidades políticas (e incluso étnicas) senón que opaca un necesario debate público sobre a importancia dos programas sociais, principalmente en saúde, educación e desenvolvemento local. Incluso, a discusión sobre os programas de asistencia social vese obstaculizada pola pretensión de asegurar e primar os fondos de pensións para militares retirados involucrados na loita independentista, un propósito con obvia intencionalidade electoral. É igualmente relevante o papel do Fondo Petroleiro e a importancia para a economía timorense da explotación de petróleo e gas natural no mar de Timor, un escenario onde Australia mantén o predominio dos contratos e das áreas de exploración e explotacións Dentro dos programas de desenvolvemento, é igualmente relevante o papel do Fondo Petroleiro e a importancia para a economía timorense da explotación de petróleo e gas natural no mar de Timor, un escenario onde Australia mantén o predominio dos contratos e das áreas de exploración e explotacións. A pesar da corrupción administrativa emanada dos contratos, denunciada por diversas ONGs e a propia ONU, diversos organismos internacionais celebraron a transparencia na xerencia dos recursos financeiros dun Fondo Petroleiro que mobilizou, a finais de 2011, un monto de US$ 8 mil millóns. Finalmente, resulta necesaria un alargamento do plan de reconciliación nacional trala independencia que permita reverter a impunidade xudicial persistente ante os crimes cometidos durante a guerra entre 1975 e 1999 contra a dominación indonesia, e que causaron aproximadamente 200.000 civís mortos e desaparecidos. Así e todo, Timor Leste pode exhibir relevantes logros, con principal énfase na seguridade e estabilidade nacional. Segundo datos da ONU, un 50% dos votantes rexistrados na Comisión electoral para estes comicios son mulleres, un aspecto que reforza os programas de participación feminina. Paralelamente, o país lexitima a súa presenza internacional como membro do Banco Mundial, do Fondo Monetario Internacional, do Movemento dos Non Aliñados, da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, do Foro Rexional da ASEAN e como observador do Foro do Pacífico. Consulta a web do IGADI
NOS_54700
Iván Puentes -dirixente do PSdeG (aliñado con Patxi López nas recentes primarias), ex alcalde de Fene e concelleiro en Pontevedra, analista e profesor de universidade- é quen se achega esta quinta feira ao #VenhanMais5 para partillar as súas impresións coa comunidade sermos.
-Como avalías o estado actual da política galega? -Insufrible. Temos o presidente máis gris e menos comprometido co País da nosa historia, o goberno máis anodino e menos político que coñecemos nunca e un Partido Popular que nas súas horas máis baixas segue a monopolizar a política galega por incomparecencia da oposición. O PSdeG chegou ata aquí consumido por liortas fratricidas, o BNG, tras rachar co efectivo equilibrio histórico entre esquerda e nacionalismo, regalou a metade do seu electorado, quedando reducido á mínima expresión e a Marea, sumida nunha guerra de guerrillas e egos, desbordada ademais de soberbia e pureza populista, é incapaz de asumir que a interlocución e a colaboración (verbo que implica cesión) cos outros partidos da esquerda, particularmente co PSdeG-PSOE, son algo imprescindible para poder construir unha alternativa real de goberno ao PP. A fin do tripartidismo clásico da política galega non mellorou a vida da cidadanía, simplemente fixo máis forte á dereita. Espero que en 5 anos Sermos estea tan vivo como hoxe e poda abrirse a sectores sociais máis amplos -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? -Agardo intelixencia por parte da esquerda e que sexa quen de aprender dos bos exemplos do pasado, concretamente de finais dos anos 90, nos que a colaboración entre o PSdeG e o BNG, aparcando diferenzas históricas e colaborando lealmente no esencial, é dicir, no desenvolvemento de políticas progresistas e a extensión dereitos sociais, combinando esquerda posibilista e galeguismo, foi erosionando dun modo imparable, primeiro nas municipais do 99 e despois nas de 2003, o monopolio de Fraga, permitindo en 2005 lograr algo que parecía impensable 6 anos antes, que Galicia fose gobernada pola esquerda e que tralas municipais do ano 2007 a maioría de galegos e galegas tivesen gobernos progresistas. É posible facelo de novo, pero antes é preciso que as diferentes almas do PSdeG asuman que deben entenderse (debemos entendernos) para, unidos, recuperar o liderado da esquerda, pois aínda hoxe só o Partido Socialista sería quen, se estivese ao que ten que estar, de aglutinar o voto das amplas capas da esquerda, desde os votantes máis próximos ao centro ata os máis de esquerdas, voto todo el preciso para que esa alternativa ao PP deixe de ser unha utopía. Son optimista, así que agardo que en 5 anos Galicia teña outra vez un Presidente/a socialista, porque a socialdemocracia é hoxe máis necesaria que nunca. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? Espero que estea tan vivo coma hoxe e que, sen renunciar aos seus imprescindibles sinais de identidade, a defensa da lingua, da cultura e dos intereses do País, combinados coa tan necesaria visión progresista da actualidade, poda abrirse a sectores sociais máis amplos.
NOS_52889
O presidente da Xunta gábase de ter entregado o estaleiro vigués ao capital foráneo mentres acusa á empresa naval de "non ter capacidade nin para presentar un aval". Francisco Jorquera denunciou que a Xunta de Galiza estea a "vender por parcelas" unha Galiza, din, cada vez "máis dependente" do capital estranxeiro
En resposta á pregunta formulada en sesión parlamentar polo portavoz do BNG, Alberto Núñez Feijóo xustificou a venda de Barreras á petroleira mexicana pola incapacidade do estaleiro para conseguir por si propia carga de traballo. Acusado de "vender por parcelas" Galiza perante a desindustrialización do país e a entrada de capital foráneo no tecido empresarial galego, o líder do executivo gabouse de que Galiza sexa unha economía de enclave, embora --lembroulle o portavoz nacionalista-- "a experiencia demostre" que "a riqueza" se xera onde se "sitúa a matriz" e non "na periferia". Jorquera a Feijóo: "Desde que vosté é presidente, somos máis dependentes do exterior" Malia todo, o presidente da Xunta loubou a súa xestión económica e gabouse de que a maior parte das empresas que fican na Galiza sexan estranxeiras. Citroën (francesa), Alcoa (estadounidense), Nestlé (suíza), Vestas Wind (danesa)... en troca Francisco Jorquera acusou o líder popular de actuar "como cabalo de Troia" para beneficiar a entrada de capital estranxeiro na economía galega, favorecendo un proceso "de deconstrución". A desaparición de boa parte do tecido industrial galego deixa o país nunha situación complexa "e cada vez máis dependente" dos intereses económicos das transnacionais. "Actúa vostede como un broker" espetou o nacionalista en relación á venda do estaleiro vigués Barreras a unha filial da mexicana Pemex. "Non quere investir en Navantia mais non lle importa vender Barreras ao capital mexicano", denunciou o voceiro do Bloque. Pachi Vázquez acusou a Núñez Feijóo de "ocultar a realidade" e os "elementos chave da súa xestión económica" mentres "dá leccións a Rajo" desde "Madrid ou Barcelona" Francisco Jorquera aproveitou a ocasión para lle ler a Núñez Feijóo a información publicada pola imprensa mexicana en que se daba conta das intencións da petroleira en relación coa compra da empresa galega. Pemex, cumpre lembrar, tenciona transferir a tecnoloxía de Barreras aos seus esteleiros a México e mesmo non desbota o traslado das instalacións fabrís, hoxe en Vigo, a terras aztecas. Para Núñez Feijóo, a entrada de capital foráneo na Galiza é síntoma dunha boa xestión económica que fai atractiva a economía galega para as transnacionais. "Oxalá veña máis investimento estranxeiro a Galiza", aseverou Núñez Feijóo, mentres acusou o BNG de non "posuír un modelo económico homologábel a ningún país de Europa" por defenderen @s nacionalistas que sexa un sector financeiro propio o que manteña vivo o tecido industrial e empresarial endóxeno.
NOS_12759
Recibiu queixas por ter o servizo de atención só en español e dá un paso máis cos impresos en bilingüe. Español e inglés. Eis a maneira do Concello do Carballiño de responder ás reclamacións da Mesa que demandou a intervención do Valedor do Pobo.
Impresos en inglés e español é a nova modalidade do Concello do Carballiño, despois de ter recibido denuncias da Mesa pola Normalización Lingüística por se negar a atender a un cidadán en galego desde o Servizo de Xestión Tributaria Municipal, atención subcontratada a unha empresa de Madrid. "Subiron un chanzo máis no que a vulnerar os dereitos dos e das galegofalantes", sinalan no escrito que a Mesa rexistrou no Concello cunha nova denuncia, meses despois de que desde o goberno municipal respondera ás reclamacións e á intervención do Valedor do Pobo que ían negociar coa empresa subcontratada para garantir a atención na nosa lingua. Daquela, o alcalde contetara ao Valedor a respecto da queixa formulada pola Mesa asegurando que mantivera unha xuntanza co director territorial da empresa recadadora "comprometéndose a solventar o erro cometido". "O alcalde ten que deter a cruzada antigalego que iniciou", defende o presidente da Mesa, Marcos Maceira. Desta maneira, os impresos para domiciliar o pagamento de tributos, co escudo do Carballiño na cabeceira, dispénsanse en bilingüe español/inglés. No escrito que a Mesa rexistrou na entidade municipal pregúntanse se é un erro da empresa subcontratada "ou é unha burla descarada e unha falla de respecto após térmoslle chamado a atención polo caso acontecido". Con certa brincadeira, preguntan tamén se o número de anglofalantes do Carballiño xustifica a produción en bilingüe dos impresos. denuncia ao propio Concello e ao Valedor do Pobo. "O alcalde ten que deter a cruzada antigalego que iniciou", defende o presidente da Mesa, Marcos Maceira. Solicitan, de novo, a rescisión do contrato coa empresa que leva o Servizo de Recadación Municipal e, de non poder facer fronte á xestión por parte de traballadores e traballadoras municipais, que contraten empresas galegas. Aproveitan para lembrar que a lexislación obriga ás empresas privadas que teñen concesión de servizos públicos a garantir os dereitos da cidadanía a seren atendidos na lingua oficial que escollan. Alén da polémica pola negativa de atender en galego, o concello do Carballiño veuse enleado noutro cisma polo idioma cando desenvolveu unha campaña encamiñada a facer oficial a forma "pulpo" para as súas populares festas.
NOS_162
O grupo de Metabolismo Molecular do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (Cimus) e o CIBER de Obesidade e Nutrición (Ciberobn) veñen de desenvolver un estudo no que se descubriu un novo albo implicado no desenvolvemento da enfermidade do fígado graxo non alcohólico, para a que, polo momento, non existe tratamento. Foi publicado nunha das revistas máis relevantes neste campo de investigación, Journal of Hepatology.
En que consistiu a investigación? Comezamos no ano 2018, e tardamos un pouco en demostrar que a proteína ATG3 xoga un papel importante no control da graxa do fígado. Este foi un traballo moi longo, porque tivemos que estudar moitos pacientes de moitos centros doutros lugares do Estado español. Tiñamos que comprobar que realmente existía esa relación e esa importancia. Nun principio traballábamos con mostras de ratos. Fomos facendo distintas probas até poder comezar a traballar con mostras de fígados de diferentes pacientes. Cal é a importancia do seu traballo de investigación? A nosa é unha investigación básica, tanto pola institución na que se leva a cabo como polas ferramentas empregadas. Por ese motivo, os resultados das mesmas son moi primarios se temos en conta os datos cos que o equipo de investigación puido traballar. Estudamos moitas mostras, mais non houbo un compoñente clínico na investigación, xa que iso implicaría unha serie de recursos e de tempo de traballo moito maior. A importancia do estudo radica en que moitos pacientes ven alterado o seu nivel de graxa no fígado, e agora podemos comezar a entender o porqué, aínda que para a obtención dun tratamento ou unha cura, ou mesmo para a propia prevención de pacientes co fígado graxo, deben pasar varios anos para que as investigacións se sigan desenvolvendo. Cales son os seguintes pasos? Unha vez conseguimos probar que a proteína é moi importante para os pacientes, chegou o momento de levar a cabo diversas tarefas. Por unha banda, redactar e publicar un artigo sobre a investigación para mostrar os datos obtidos á comunidade científica. Isto serve para que, se hai algún grupo de traballo que se dedique especificamente a ese eido da investigación, poida empregar eses datos para comprobalo noutros pacientes. Tamén podería tratarse dun grupo clínico, que traballaría cun maior número de pacientes e que lle daría un maior pulo á investigación. Pero iso é aventurarse moito por agora, estamos aínda nunha fase moi inicial. En que punto se atopa para vostede o panorama investigador da Galiza? É certo que a Galiza agora mesmo non se pode comparar con outros lugares investigadores do Estado español e internacionais, pero o potencial co que conta é moi prometedor. Hai investigadoras de moito nivel, material de traballo moi interesante e unha capacidade moi alta para producir contidos e coñecemento científico. Todo iso converxe para que este momento histórico sexa moi importante para a Galiza no ámbito da investigación. Se seguimos así, poderemos superar novos obxectivos e chegar moi lonxe como territorio investigador a nivel internacional. Pensa que as investigadoras galegas contan con apoio suficiente por parte das Administracións públicas para desenvolver investigacións como as que vostedes veñen de realizar? Penso que as investigadoras si contamos con certo apoio, mais é evidente que sempre se pode mellorar, e iso deriva en que se poderían obter aínda mellores resultados e máis descubrimentos. Hai que ter en conta que as investigadoras deixamos unha gran parte da nosa vida no noso traballo, e a longo prazo, e o aumento do investimento público podería supor unha maior efectividade nas investigacións, o que maximizaría todo ese esforzo que levamos a cabo. Penso que a Galiza está agora mesmo nun nivel medio de investimento. Eu traballei moitos anos no Brasil, e hai moita diferenza entre as posibilidades que tiña alí e as que teño aquí, pero alguén de aquí que traballe no Canadá pode pensar o mesmo.
NOS_20494
En Don Xoán (contado por si mesmo), Peter Handke volve sobre a figura do libertino e preséntao cunha nova luz, a que cadra xustamente coa súa propia literatura: confusión, lindes difusas, certo pesimismo existencial. En tradución de Luís Fernández Rodríguez, é a única obra do premio Nobel 2019 en galego.
Mais que haxa versión galega non quere dicir que estea dispoñíbel: o libro, orixinal de 2004, publicouno dous anos despois Sotelo Blanco, editorial cuxo ritmo de edición se reduciu moi notabelmente. En 2016, Uxía Vaello e Borja Fernández representaron a peza dramática Insulto ao público, de 1966, en tradución das irmás Sabela e Catuxa López Pato. Non se publicou en libro. Handke (Griffen, Austria, 1942) é un dos escritores europeos fundamentais da contemporaneidade. Comprometido na esfera pública e de opinións contundentes, entre as súas principais novelas atópanse O medo do porteiro ao penalti (1970), Lento regreso (1979), Carta breve para un longo adeus (1972) ou O ano que pasei na baía de ninguén (1994). É ademais poeta de envergadura e autor dun singular ciclo de ensaios publicados na década dos 90: sobre o cansazo, sobre o jukebox ou sobre o lugar silencioso. So outra literata austríaca recibira o galardón: Elfriede Jelinek en 2004. Este ano o Nobel de literatura foi peculiar. Despois dos escándalos por acoso na Academia Sueca que anularon a súa entrega na pasada edición, desta volta concedéronse dous. Ademais do de Handke, recuperouse o de 2018, que recaeu na escritora polaca Olga Tokarczuk (Sulechów, Polonia, 1962). Tokarczuk, autora de poemas e novelas como Os corredores (2002) ou Os libros de Jacob (2014), apenas se atopa traducida a linguas peninsulares. É a décimo quinta muller en gañar o Nobel de literatura e a segunda polaca, despois da poeta Wislawa Szymborska, que o levou en 1996. Nota: a editorial Sotelo Blanco aínda existe, en contra do que figuraba nunha versión inicial desta información, mais apenas publica novos títulos.
NOS_3586
É o terceiro ataque que contra este monumento en pouco máis dun ano de vida.
O Monumento pola Memoria construído o pasado ano polo Concello de Redondela para conmemorar as persoas asasinadas na Galiza durante a Guerra Civil española sufriu un acto "fascista" na madrugada desta terza feira. Atacan o monumento en Cangas en lembranza a 11 asasinados polo franquismo O concelleiro do BNG de Redondela Xoán Carlos Garrido Campo publicou no seu Twitter unha imaxe do monumento, manchado de pintura na súa parte inferior, xunto coa seguinte mensaxe: "Trátase dun acto fascista, e non vandálico. Queren negar o que alí e no resto de Galiza sucedeu a partires do 36". #Redondela Hai un ano esta mesma escultura en Memoria dos e das represaliad@s do #AltodaConcheira entre #Trasmañó e #Chapela xa sufriu un atentado similar. Trátase dun acto fascista, e non vandálico. Queren negar o que alí e no resto de Galiza sucedeu a partires do 36 pic.twitter.com/GHSI3QtMbc— xcgcampo (@xcgcampo) July 5, 2022 Aliás, tamén compartiu unha imaxe do panel informativo que acompaña o conxunto escultural, no que se poden ver as datas nas que foron asasinadas polo franquismo diferentes persoas do concello no Alto da Concheira, o mesmo lugar no que está situado o monumento. Esta conmemoración foi inaugurada polo Concello de Redondela o 14 de abril de 2021, con motivo do noventa aniversario da instauración da II República española, coa inscrición "En lembranza dos homes e mulleres que defenderon a República. Concello de Redondela 2021". Novo ataque ao monumento Non é a primeira vez que este monumento sofre ataques deste tipo. Aos poucos días de inauguralo, o Concello de Redondela denunciou actos vandálicos contra o conxunto, tamén perpetrados con pintura. Desde o Concello afirmaron que eses actos mostraban o "reflexo da intolerancia dunha minoría á que lle molesta un sistema democrático que defende a liberdade, a tolerancia e a igualdade". Pintadas ultradereitistas no monumento ás vítimas da represión franquista na Coruña En xullo do ano pasado volveron a repetirse estes ataques contra o monumento e o panel informativo, ante o que o Goberno local volveu denunciar o ocorrido e asegurar que actuaría axiña para arranxar os estragos. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asegurou que os ataques ao monumento "expresan un claro odio contra a memoria democrática do noso municipio".
PRAZA_9267
O pleno lucense vén de aprobar o acordo urbanístico definitivo que permitirá desmantelar a pasarela concibida como provisional en 1992 para dar acceso ao antigo centro comercial Simago, que puxera millón e medio de pesetas na obra
No ano 1991 as eleccións municipais outorgaran en Lugo un novo mandato a Tomás Notario Vacas, candidato do PP á alcaldía que ostentara o cargo entre 1976 e 1977, antes das primeiras eleccións municipais democráticas dende a II República, anos nos que tamén exercera como 'procurador en Cortes'. Naquel tempo o goberno de Notario Vacas chegara un acordo cunha das empresas de moda na cidade, a cadea de centros comerciais Simago, para facilitar os accesos ao seu establecemento da rúa Montero Ríos, fronte á porta de San Pedro da Muralla Romana.O pleno lucense vén de aprobar o acordo urbanístico definitivo que permitirá desmantelar a pasarela concibida como provisional en 1992 para dar acceso ao antigo centro comercial Simago, que puxera millón e medio de pesetas na obraAquel acordo consistira en construír unha pasarela metálica, a priori provisional, que se prevía que custase 2,1 millóns de pesetas -uns 12.000 euros- aínda que acabou custando 3,2 millóns -case 20.000 euros- dos que Simago puxera un millón e medio, entregado publicamente ao alcalde a través dun cheque . A obra, que pretendía paliar a escasa seguridade para os peóns naquel cruce, estivo rematada en 1992, pero foi tan pouco provisional que quedou tres décadas durante as que a estrutura sufriu unha profunda degradación.O pleno do Concello de Lugo aprobou a pasada semana definitivamente as novas normas do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI) que permitirá desmantelar esa pasarela metálica e eliminar un punto negro urbanístico en plena contorna do monumento romano, pero tamén do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade. Este trámite dá luz verde para que actúe a construtora propietaria das parcelas lindeiras e é o último chanzo dun longuísimo percorrido burocrático de case unha década.As casas do lugar deterioráronse ata a derruba e as esvaradías chapas da pasarela tiveron que ser reparadas porque xa non garantían a seguridadeLentitude empresarial e administrativa e diversas obxeccións dos servizos de Patrimonio da Xunta polo emprazamento das parcelas, especialmente sensible, impediron actuar ata agora nun lugar que foi escenario dunha obvia degradación. As casas do lugar -como a que albergaba nos seus baixos o emblemático bar El Madrileño- deterioráronse ata a derruba e a propia pasarela sufriu o evidente paso do tempo. Tanto que as súas esvaradías chapas, polas que os viandantes tiñan a sensación de ir saltando, tiveron que ser obxecto de diversas reparacións. As máis recentes, en 2012, cando o Concello evidenciou que xa non estaba garantida a seguridade de quen a utilizaban para transitar entre a rúa de San Roque, o Carril das Flores e Montero Ríos.Os propietarios da parcela van poder construír nela e o Concello confirma un cambio "radical" na imaxe da zonaO consistorio lucense ratifica que o acordo plenario é sinónimo da luz verde a que os construtores (Hipólito S.L.) poidan edificar vivendas na zona segundo o permitido por Patrimonio e polo ICOMOS, a entidade asesora da Unesco para os monumentos Patrimonio da Humanidade. Pero tamén dun cambio "radical da imaxe, a seguridade e a seguridade dun lugar emblemático" que deixará de acumular lixo. Así, a enferruxada pasarela será substituída por unha prolongación da beirarrúa e o Carril das Flores, por onde pasa o Camiño de Santiago, será ensanchado. Con este cambio urbanístico, segundo a alcaldesa, Lara Méndez, vai ser saldada unha "débeda histórica" nun lugar onde o Concello ten diante de si outro asunto por resolver: os rótulos do supermercado Hiper Froiz aberto hai poucos meses nos locais do desaparecido Simago teñen un dubidoso encaixe na normativa urbanística.
PRAZA_1139
Do relato de Pla, dedúcese que conxeniaron, non podía ser doutro xeito. Malia ser de culturas diferentes, as coincidencias ideolóxicas entre ambos os dous fixo que os seus camiños se cruzaran no papel e na vida real.
"Acompañado polo meu amigo, que coñece tan ben o país, divago por Pontevedra". Así narra Josep Pla o seu encontro con Filgueira Valverde en Pontevedra, nunha desas viaxes a Galicia do escritor catalán, cara a comezos dos anos setenta. "Nesta península hai moito desafecto, unha excesiva indiferencia pola vida provincial. Pero é un feito que a miúdo atopas persoas inolvidables". "Acompañado polo meu amigo, que coñece tan ben o país, divago por Pontevedra". Así narra Josep Pla o seu encontro con Filgueira Valverde en Pontevedra Relendo estes días Direcció a Lisboa, din cos pasos de Pla por Pontevedra. Non me resultou difícil imaxinar o vello profesor máis o escritor catalán, paseando e conversando polo casco vello desa "grata vila espiritual", tal e como describe Valverde a cidade, na súa Guía de Pontevedra. Pla coincide co autor da guía e di que se trata dunha cidade tranquila e sosegada. En comparación a Lugo, cidade que Pla visitou con anterioridade, Pontevedra parécelle máis aberta, "posta enriba dunha ría, en definitiva, ao cabo duns quilómetros vai dar ao mar". Nos anos setenta Pla xa é un escritor recoñecido, un dos grandes prosistas do século XX, viaxou por medio mundo grazas ao seu traballo de correspondente. Vivía dedicado por completo á escritura xa sexa dende o confinamento no Empordà ou a través das súas viaxes. "O sedentarismo levoume a escribir. As viaxes, tamén", di o propio escritor. Cando chega a Pontevedra Pla atópase na metade desa viaxe que iniciou polo norte da Península. Coma sempre, Pla é xenial nas súas descricións, despois do percorrido que fai pola cornixa Atlántica, conclúe: "a pesares de que o Atlántico o domina todo non unificou nada". A ría, segundo o escritor catalán, "é deliciosa e nas súas ribeiras hai vilas de pescadores e unha vexetación tranquilizadora, moi simpática" Neste libro de viaxes Pla narra tres itinerarios diferentes cun único destino, Lisboa. No seu paso por Pontevedra atópase no segundo itinerario co que percorre o cantábrico, Bilbao, Santander, Oviedo, para accederen a Galicia polo norte, concretamente por Ribadeo, neste caso entrará en Portugal por Tui. Dende o País Vasco ata Galicia hai tanta diversidade, arquitectónica, paisaxística, gastronómica, que como di Pla, "paga a pena unha viaxe ou tantas como queiran". A ría, segundo o escritor catalán, "é deliciosa e nas súas ribeiras hai vilas de pescadores e unha vexetación tranquilizadora, moi simpática". Tamén engade que os ríos de Galicia parécenlle dunha beleza extraordinaria, e destaca o Miño como un dos máis fermosos de toda a península. "Non creo que haxa nesta península- e coñezo uns cantos- un río comparable ao Miño- quero decir coa beleza física, como creador de paisaxes". Do director do museo provincial di que é un gran erudito, ademais dun profesor de literatura moi apreciado. Despois de moito camiñar, Pla lle pide que o leve á catedral. "Case que podería afirmarse que nunha capital de provincia un non se sente saturado ata que non visita a catedral". Cando o profesor lle di que non o pode compracer, Pla queda abraiado. Segundo o escritor catalán, a unha capital de provincia sen bispo e sen catedral, parece que lle falta algo. Do director do museo provincial di que é un gran erudito, ademais dun profesor de literatura moi apreciado De camiño a Marín atópanse co pazo de Lourizán, onde pasaba os veráns Eugenio Montero Ríos, que foi deputado no ano 1869 e chegou a ser presidente do Senado. Valverde cóntalle a Pla que de pequeno vía pasear xuntos a Don Eugenio e Don José Echegaray, de quen di que era un gran matemático e un dramaturgo terrible. Pla lembra que os caricaturistas do Cu-cut! retrataban a Don Eugenio coma un home vello, sempre encollido e moi abrigado. Sabe que Montero Ríos foi o impulsor da calefacción no Senado e Pla conta que cando foi traballar a Madrid, no 1920, despois de pasar uns invernos moi fríos no seu piso do Eixample barcelonés, fixo un gran descubrimento, a calefacción e o caldo de galiña que servían aos deputados e xornalistas. "Quen non probou este líquido non pode ter idea da grandeza á que pode chegar o caldo de galiña", remata Pla. Do relato de Pla, dedúcese que conxeniaron, non podía ser doutro xeito. Malia ser de culturas diferentes, as coincidencias ideolóxicas entre ambos os dous fixo que os seus camiños se cruzaran no papel e na vida real Valverde cóntalle a anécdota do afiador e don Eugenío. Parece ser que cando Montero Ríos comprou a finca de Lourigán, deulle un día por sair á estrada que pasaba por alí para preguntar a xente da contorna que pensaban do amo da finca. Atopou un afiador e este contestoulle: "Pero que van dicir? Pois din que o señor é un picapleitos, un politicastro, un ladrón impoñente..." O afiador continuou o seu camiño e máis adiante o taberneiro advertiuno que acababa de falar con don Montero Ríos. Parece ser que o afiador tardou moitos anos en volver a aparecer por Pontevedra. Con estes personaxes do paleolítico, como di o propio Valverde, pasan as horas conversando os dous intelectuais. Do relato de Pla, dedúcese que conxeniaron, non podía ser doutro xeito. Malia ser de culturas diferentes, as coincidencias ideolóxicas entre ambos os dous fixo que os seus camiños se cruzaran no papel e na vida real.
PRAZA_4889
Leitosa, a empresa concesionaria da antiga canteira e responsable da balsa de residuos que rebentou hai dez días, foi propiedade de Francisco Cotino (imputado na trama de financiamento ilegal do PP) até a súa venda a outra sociedade, que en 2012 entrou en concurso voluntario de acreedores.
Ás poucas horas de coñecerse a rotura dunha balsas de residuos da antiga canteira do Monte Neme, o pasado 10 de febreiro, Antón Sánchez, deputado de AGE, sinalaba que esta desfeita medioambiental ilustraba a "privatización de beneficios e a socialización dos riscos tan habitual no neoliberalismo" e denunciaba os "riscos privados que paga toda a cidadanía". Referíase a que a canteira, e polo tanto a responsabilidade da seguridade das balsas, era propiedade dunha sociedade son sede en Valencia, Leitosa, que dende 2012 se atopaba en concurso de acreedores, despois de ter cambiado de mans varias veces nos anos anteriores. Como publica este xoves La Voz de Galicia, Leitosa era unha filial de Sedesa, unha sociedade administrada por Vicente Cotino, sobriño do presidente das Cortes Valencianas, Francisco Cotino, imputado na trama da rede Gürtel de financiamento ilegal do Partido Popular. A familia Cotino foi propietaria da canteira dende o 2006 até que a vendeu a unha nova sociedade, que en outubro de 2012 solicitou o concurso voluntario de acreedores. Esta situación de quebra económica da empresa era, e segue sendo, un dos argumentos máis utilizados pola Xunta de Galicia para tentar exculpar a súa responsabilidade no sucedido, na riada de 23 mil centímetros cúbicos que arrasou leiras e camiños e chegou até a praia de Aviño. Veciños, comunidades de montes e, sobre todo, o Concello de Carballo esixíranlle durante meses á Consellaría de Industria que inspeccionase a seguridade das balsas e tomase as medidas necesarias para evitar un accidente. O pasado mes de abril Industria afirmou que obrigaría a concesionaria da canteira a tomar as medidas de seguridade necesarias e a cumprir co seu plan de obras, pero xa naquel momento argumentaban que o feito de que a sociedade se atopase nun proceso concursal dificultaba a petición. Agora o Goberno galego quere pedirlle ao administrador concursal que incorpore ao proceso de disolución da empresa un proxecto de peche e abandono de explotación e un plan de rexeneración do Monte Neme. Porén, como publica La Voz de Galicia, a Xunta afirma descoñecer se a empresa contaba con avais ou se achegou algunha cantidade de cartos para pagar os custes da rexeneración do espazo.
NOS_44639
Hoxe é o día do debate bipartidista nas televisións estatais, o duelo Cañete-Valenciano. Mentres, na Galiza, o BNG mitinea en Santiago, Compromiso en Lugo, AGE en Vigo, o PP en Sada e o PSOE en Pontevedra.
BNG -13 h, presentación da publicación O escano galego en Europa, editado pola fundación Galiza Sempre. Será no salón de actos da biblioteca Ánxel Casal, en Santiago. Estarán Camilo Nogueira, Rubén Cela,Ana Miranda e Xavier Campos, director da fundación Galiza Sempre; 20,30 horas: Vence e Ana Miranda oferecen un mítin na Praza do Toural, en Santiago. Compromiso por Galicia -Actos políticos en Taboadela (20 h), Lugo (20 h, no centro social Uxío Novoneyra, con Paulo Carlos López) e Marín (20.30 h). AGE -20 h, mítin de Lidia Senra, Beiras, Méndez Ferrín e Yolanda Díaz, no Auditorio Mar de Vigo. PSdeG-PSOE -20.30 h, mítin en Pontevedra, no Teatro Principal, co secretario xeral do PSE, Patxi López, e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. PP -20.30 h, mítin de Millán Mon en Sada, na Casa da Cultura.
NOS_16575
Xa estaba prevista no calendario que manexaba a organización. O anuncio fíxoo na súa primeira comparecencia após o 20D Xavier Vence.
En rolda de imprensa, Xavier Vence afirmou: "A reflexión non pode ser só sobre o 20D, senón sobre a tendencia que traemos nestes anos" Toda a información sobre esta comparecencia, en breve no Sermos Galiza.
PRAZA_7987
O vindeiro 15 de marzo remata o prazo para que a Xunta de Galicia formule no Tribunal Supremo o xa anunciado recurso de casación contra as oito sentenzas recentemente ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en relación co Decreto 79/2010, para o plurilingüismo no ensino non universitario.
O vindeiro 15 de marzo remata o prazo para que a Xunta de Galicia formule no Tribunal Supremo o xa anunciado recurso de casación contra as oito sentenzas recentemente ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en relación co Decreto 79/2010, para o plurilingüismo no ensino non universitario. O noso tribunal anula dous elementos cualitativamente esenciais do que poderíamos denominar discurso lingüístico neoliberal do Partido Popular de Galicia Se, do punto de vista procesual, o procedemento en única instancia perante o TSXG foi tan longo como complexo, do punto de vista xurídico-material a discusión debería considerarse xa definitivamente pechada por todas as partes. O noso tribunal anula dous elementos cualitativamente esenciais do que poderíamos denominar discurso lingüístico neoliberal do Partido Popular de Galicia: o elemento populista (artigo 5.2, a consulta aos pais e nais para determinar a lingua materna predominante en educación infantil) e o elemento individualista (artigo 12.3, liberdade do alumnado para expresarse na lingua oficial da súa preferencia). O discurso da imposición do galego queda así xuridicamente tronzado, como era de agardar. Se algo urxía nesta materia era racionalizarmos a discusión sobre a lingua no ensino, tirándoa da lamaceira populista na que moitas veces se ve enzoufada, mormente por veleidosas enquisas de intención de voto Nas súas sentenzas, a sección primeira da sala do contencioso-administrativo realiza unha análise xurídica das pretensións dos distintos demandantes á luz dos distintos parámetros xurídicos de contraste do Decreto: aspectos formais de elaboración, compatibilidade coa Lei de Normalización Lingüística de 1983, coa Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, coa Lei Orgánica da Educación de 2006 e coa xa moi precisa doutrina xurisprudencial sentada polo propio TSXG, polo Tribunal Supremo e polo Tribunal Constitucional sobre os límites das políticas de normalización lingüística no ámbito do ensino non universitario. Todos son sucesivamente abordados con coherencia, pulcritude técnica e mesmo con prudentia. Cómpre agradecer o esforzo argumental realizado, porque conxura –ao meu modo de ver– calquera risco de eventual anulación polo Tribunal Supremo. Tamén se agradece a autocontención da análise xurídica, testemuñada na preocupación por respectar as opcións lexítimas, discrecionalmente escollidas polo Goberno autonómico no uso da súa potestade regulamentaria. Se algo urxía nesta materia era racionalizarmos a discusión sobre a lingua no ensino, tirándoa da lamaceira populista na que moitas veces se ve enzoufada, mormente por veleidosas enquisas de intención de voto. Neste sentido, as partes que teñen manifestado a súa intención de interpoñer casación das sentenzas perante o Tribunal Supremo, e moi especialmente a Xunta de Galicia, están obrigadas a facer unha dobre análise. O Tribunal Supremo limitaríase a comprobar se nas sentenzas de instancia se produciu "infracción das normas do ordenamento xurídico ou da xurisprudencia que fosen aplicables para resolver as cuestións obxecto de debate" Do punto de vista técnico-xurídico, debe valorarse friamente a prosperabilidade da casación. Procesualmente, para admitir as casacións a trámite, o Tribunal Supremo comprobará previamente se os fallos do TSXG se fundan de xeito relevante no dereito estatal ou comunitario. Aspecto este moi discutible, e que xa levou ao Supremo a inadmitir en 2008 unha casación interposta pola AGLI precisamente contra o Decreto 124/2007 (Auto de 4 de novembro de 2008). Feito o anterior xuízo de relevancia e hipoteticamente admitida a trámite a casación, o Tribunal Supremo limitaríase a comprobar se nas sentenzas de instancia se produciu "infracción das normas do ordenamento xurídico ou da xurisprudencia que fosen aplicables para resolver as cuestións obxecto de debate", como reza a lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (art. 88.1.d). Lidas en estritos termos xurídicos as sentenzas, non encontro fisuras no razoamento do TSXG –construído precisamente con cita constante da actual xurisprudencia do Supremo e o Tribunal Constitucional– que permitan prognosticar unha eventual anulación das sentenzas do noso tribunal. Nin sequera é razoable agardar, coa xurisprudencia da Sala Terceira na man, que o Tribunal Supremo lle dea a razón á Real Academia Galega na súa defensa dunha participación vinculante na elaboración da norma. Debe valorarse se lle convén á política lingüística no ensino –e á política de normalización lingüística tout court– seguir galdrumando durante unha lexislatura máis nas posicións populistas Do punto de vista da oportunidade política, debe valorarse se lle convén á política lingüística no ensino –e á política de normalización lingüística tout court– seguir galdrumando durante unha lexislatura máis nas posicións populistas e nos termos do debate que xa caracterizaron, tristemente, a lexislatura 2009-2012. Quizá a algúns lles interese manter viva a controversia arredor do Decreto, e utilicen a casación das sentenzas do TSXG para darlle unha patada cara adiante ao balón. Unha patada que pode durar anos. Os máis de mil asinantes do Chamamento polo galego consideramos que a casación das sentenzas sería non só unha inutilidade xurídica, senón tamén un despropósito político que a nosa lingua, tan asediada, non pode permitirse Porén, os máis de mil asinantes do Chamamento polo galego feito en febreiro de 2013 consideramos que a casación das sentenzas sería non só unha inutilidade xurídica, senón tamén un despropósito político que a nosa lingua, tan asediada, non pode permitirse. Cumpre darmos pasos para saír da guerra de trincheiras arredor do Decreto. Porque a verdadeira cuestión non é a derrogación do Decreto ou o seu contrario –a súa intanxibilidade. Tal enfoque continuaría a cínica dialéctica xa coñecida por todos nun ámbito no que os sucesivos Decretos da xeira autonómica – o 79/2010 incluído– se caracterizaron pola súa inaplicación máis ou menos confesable. A verdadeira cuestión é tomarse a serio, sen demagoxias oportunistas, a normalización lingüística do galego nos propios termos que se derivan do o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística de 1983, o Plan de Normalización Lingüística de setembro de 2004 e a xa abondosa avenza xurisprudencial do noso Tribunal Superior de Xustiza. A Xunta –e o PPdeG– non debería dar ese paso se queren darlle unha oportunidade á pacífica normalización do galego nesta lexislatura. Xa abondan motivos de indignación en moitos outros ámbitos Ese debe ser o ricaz campo de xogo dunha política pública realmente eficaz neste ámbito, con todos os matices de oportunidade, tamén lexítimos, que sexa oportuno introducir en cada momento. Por iso, quen ten a iniciativa e a responsabilidade fundamental nese empeño é a Xunta. Os recorrentes poden permitirse o luxo de acudir en casación ao Tribunal Supremo, como farán probablemente Galicia Bilingüe ou AGLI, malia levar perdido sistematicamente no Supremo os seus recursos contra "la imposición del gallego", e xa con imposición de costas, como fai a STS de 28 de abril do 2000, o Auto de 4 de decembro de 2008 ou a STS de 21 de outubro de 2009. Mais a Xunta –e o PPdeG– non debería dar ese paso se queren darlle unha oportunidade á pacífica normalización do galego nesta lexislatura. Xa abondan motivos de indignación en moitos outros ámbitos. Cumpre restaurar o diálogo político, institucional e social arredor da lingua, porque hai moito onde traballarmos en positivo: a adquisición de firmeza da anulación dos artigos 5.2 e 12.3 do Decreto 79/2010 levará consigo a recuperación do vigor das normas concordantes do Decreto 124/2007 (respectivamente, artigos 7 e 13), o que probablemente leve á Xunta a actualizar un Decreto cuxa disposición adicional quinta, non esquezamos, xa a obriga a facelo, previa avaliación da súa aplicación. Sen esquecer que o anteproxecto de modificación da LOMCE pretende regular, con carácter básico, o plurilingüismo no ensino non universitario (disposición adicional trixésimo oitava, na última versión do anteproxecto).
PRAZA_20875
O Sergas nunca sumara máis de mil casos do coronavirus en vinte e catro horas e esta semana xa sucedeu tres veces. A positividade media a sete días supera o 9% e xa está por riba dos dous períodos comparables, o verán e o outono de 2020, a incidencia a 14 días xa é a máis alta da pandemia e as 595 hospitalizacións supoñen aproximarse ao pico do outono tras aumentar as persoas ingresadas en 50 nun só día
O Sergas nunca sumara máis de mil casos do coronavirus en vinte e catro horas e esta semana xa sucedeu tres vecesO Servizo Galego de Saúde nunca rexistrara máis de mil casos novos de coronavirus nas vinte e catro horas que transcorren das seis da tarde dun día á mesma hora do seguinte e esta semana xa sucedeu tres veces. Tampouco sumara máis dun milleiro de positivos nun día natural e xa está confirmado que esta semana pasou, polo menos, dous días seguidos, o martes 12 e o mércores 13. Son apenas dous sinais que amosan ás claras como a expansión da COVID-19 está a bater todos os seus récords en Galicia na considerada terceira vaga da pandemia sen que, cando menos de momento, se albisque o pico.O Sergas incorpora este venres, 15 de xaneiro, 1.169 novos casos confirmados do coronavirus, os rexistrados das seis da tarde do mércores á mesma hora do xoves, cando pecha o parte diario; 1013 deles son diagnósticos mediante PCR. Son apenas vinte e un casos menos que na xornada anterior. A media diaria de diagnósticos a sete días xa vai, así, camiño dos 800. Son, concretamente, 767 cos datos do último día completo dispoñible. Este indicador, que a finais de decembro baixaba dos 300, xa se eleva claramente por riba da vaga do outono, a única comparable (na primavera de 2020 a capacidade diagnóstica era moito menor), cuxo pico quedou arredor dos 673 novos casos de media diaria a sete días, para despois comezar a baixar. Mentres, o Sergas segue a notificar novos falecementos e, tras os últimos 5 confirmados, o total chega ás 1.485 mortes oficialmente ligadas á pandemia en Galicia.A alta cantidade de PCR non baixa a positividadeA positividade media a sete días supera o 9% e xa está por riba dos dous períodos comparables, o verán e o outono de 2020Esta alta cantidade de novos diagnósticos chega nun contexto no que o número diario de probas PCR procesadas en Galicia retorna tamén a niveis máximos da pandemia. Por segunda xornada consecutiva foron máis de dez mil en vinte e catro horas (10.194) e o pasado mércores 13 superáronse as dez mil nun día natural (10.554) por terceira vez no que vai de pandemia -as anteriores ocasións foron o 30 de outubro e o 23 de decembro-.Pero, ao contrario que o pasado outono, o alto número de probas PCR procesadas -moitas delas, ligadas aos cribados masivos- non propicia unha baixada das taxas de positividade, isto é, da porcentaxe de test que dan positivo. Ben ao contrario, a positividade media diaria a sete días é outro dos indicadores que bate o seu propio récord en Galicia ao comparala cos únicos períodos equiparables, o pasado verán e mais o outono. Galicia chega agora ao 9,29% de positividade media, mentres que na anterior vaga apenas chegara a superar o 8%.Estas cifras de positividade media, máis elevadas nalgunhas áreas sanitarias (nos últimos días destaca especialmente a de Ferrol) están por riba do 5% que a Organización Mundial da Saúde sinala como limiar para dar por controlada a pandemia nun territorio. Os valores actuais non son comparables aos da primeira vaga, cando a positividade media en Galicia chegou a roldar o 30%, se ben daquela o día con máis probas PCR procesadas rexistrara unhas 3.700, lonxe das máis de 10.000 dos últimos días.Incidencia a 14 días por riba da do outono e só unha cidade por baixo dos 200A incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia é a máxima dende o inicio da pandemiaO gran volume de novos casos propicia que tamén se dispare a incidencia acumulada (novos casos por cada 100.000 habitantes) a 14 días ata superar, para o conxunto de Galicia, o pico acadado no outono (339) e chegar polo momento aos 358 [a serie íntegra actualizada, nesta ligazón]. Nun contexto de ascenso xeral deste indicador nas sete áreas sanitarias, (Santiago-Barbanza, A Coruña-Cee e Ourense xa superan o limiar dos 400), numerosos concellos e comarcas superan os valores medios de Galicia. Isto sucede en amplas zonas da provincia da Coruña, pero tamén no occidente da Mariña e no Ortegal, no Baixo Miño e diversos concellos da Limia e Verín. Na provincia de Lugo tamén destaca a alta incidencia da Pastoriza, concello afectado por un gromo na súa residencia de maiores que se achega aos 60 casos, entre residentes e persoal.Por cidades, a incidencia acumulada a 14 días continúa encabezada por Santiago, cuxa evolución segue disparada e cruza o limiar de 450 novos casos por cada cen mil habitantes en dúas semanas. Empeora tamén o seu ritmo a cidade de Ourense, por riba dos 400, e A Coruña está a piques de superar ese limiar. Vigo e Pontevedra manteñen igualmente tendencias ascendentes, pero máis moderadas, e Lugo segue contendo a súa incidencia, logrando unha relativa estabilidade que destaca no contexto xeral.Maior incremento na hospitalización dende o 3 de abrilAs 595 hospitalizacións supoñen aproximarse ao pico do outono tras aumentar as persoas ingresadas en 50 nun só díaO empeoramento xeral desemboca xa, como era agardado, nas cifras de hospitalización. O total de persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 chega xa ás 595 e aproxímase ás 611 do pico do pasado outono. Está, non obstante, lonxe do máximo de hospitalización acadado na primavera (1.107 persoas, o 6 de abril), aínda que o ritmo de incremento si é semellante ao daqueles días: as persoas hospitalizadas son 50 máis que vinte e catro horas e para atopar un incremento semellante hai que retrotraerse ao 3 de abril, cando aumentaran en 62.Ata 90 das persoas ingresadas con test positivo do coronavirus precisan coidados nas UCI dos hospitais galegos. Son 8 máis que un día antes en 27 máis que unha semana antes. Nos días previos ao Nadal, os pacientes na UCI por mor do coronavirus eran apenas medio cento e as persoas ingresadas en unidades ordinarias, 265, mentres que agora xa superan as 500. A evolución da presión hospitalaria é especialmente pronunciada nas tres áreas sanitarias da provincia da Coruña (A Coruña, Santiago e Ferrol), as tres que xa superan o número de persoas ingresadas do pico pandémico do outono e as tres nas que, por esta razón, xa foron suspendidas operacións cirúrxicas non urxentes, segundo confirmou o Sergas. Trátase, agrega Sanidade, de ter dispoñibles todas as camas de UCI posibles. O xefe da UCI do CHUAC, o hospital con máis persoas ingresadas por mor da COVID, define a situación como "crítica" e pide saír da casa "o mínimo imprescindible"Neste sentido, a xefa de Urxencias do Complexo Hospitalario da Coruña, María de la Cámara, advertía este venres de que "a prevalencia do virus é moi alta" polo que adquire especial importancia a "responsabilidade individual" tanto para procurar evitar contaxios como para non saturar os servizos hospitalarios urxentes. Dende o mesmo hospital o xefe da UCI do CHUAC, David Freire, define a situación como "crítica; similar, senón peor que a de marzo", con ingresos diarios de pacientes infectados pola COVID que precisan de coidados intensivos.Sinala tamén o doutor Freire que as persoas contaxiadas que chegan ás UCI non son só pacientes de avanzada idade senón, a diferenza de marzo ou abril de 2020 tamén persoas máis mozas e sen "patoloxías previas". "É moi importante reducir o contacto social", sinala o xefe da UCI coruñesa, quen ao seu xuízo, nas vindeiras semanas cómpre saír da casa "só o estritamente necesario, o mínimo imprescindible". Ese, mantén, é "o mellor aplauso" para o persoal sanitario.Á forte carga hospitalaria cómpre engadir a que sofre o sistema sanitario no seu conxunto por mor do incremento xeral de casos. Galicia bate este venres outro récord, o de "positivos activos", con 10.864 que supoñen que, por primeira vez dende o comezo da pandemia, haxa máis de dez mil persoas con test positivo nos seus lugares de residencia -en concreto, 10.269-.
NOS_36812
A familia de Domingo Páramos Núñez, asasinado polos falanxistas en 1936, pediu onte no pleno do Concello de Tui axuda para poder recuperar os restos de quen foi o "ferreiro de Caldelas" do Val dos Caídos. De implicarse, o concello sería o primeiro da Galiza en solicitar os restos.
"O meu nome é Eva, son neta de dous homes honrados, traballadores, demócratas, empresarios e que sentían da clase obreira. Ambos os dous foron asasinados". Así comezaba a intervención de Eva Páramos Viñas no pleno decorrido onte no Concello de Tui. No apartado de rogos e preguntas, Viñas expuña a historia destes dous tudenses: Gumersindo Rodríguez Costas e Domingo Páramos Núñez. Costas, avó de Viñas por parte de nai, era panadeiro e membro do sindicato xeral de traballadores da CNT, foi asasinado en xullo de 1936 "por unha bala que sabía anatomía e non quixo matar a un home bo, polo que morrería no hospital de Pontevedra, poida que envelenado; infelizmente a recuperación do seu cadáver semella imposíbel, temo que quizais estea debaixo dalgunha construción", sinala Viñas en conversa con Nós Diario. Pola contra, sabe exactamente onde están os restos do seu avó paterno, no Val dos Caídos. Núñez, "o ferreiro de Caldelas" e quen fora edil tudense durante a República , foi "arrincado da súa casa unha mañá de setembro de 1936, levárono ao seminario de Tui, que converteran en cárcere e 'seleccionárono' para levalo ao Alto do Confurco". Despois sería enterrado nunha fosa común en Mondariz. "Ao meu avó sentenciárono moito antes da guerra, denunciou unha partida de carne en mal estado que entraba en Tui para o consumo", conta Viñas. Xa nos anos 60, a viúva de Núñez recibiu un comunicado da Xefatura do Estado onde se lle informaba que os restos do seu marido foron trasladados ao Val dos Caídos. Moitos anos despois, nos anos 90, a súa neta (Viñas) e outro familiar acudirían ao lugar para poder certificar a localización dese nicho onde está o ferreiro enterrado, "mais os gardas de Patrimonio non me deixaron entrar, simplemente dixeron que 'non se podía pasar'", explica. Por todo isto, Eva Páramos pediu onte –en nome dos 68 familiares de Núñez– ao pleno do Concello de Tui que "me axuden a encarrilar institucionalmente á petición de que me devolvan os restos de meu avó", xa que "ninguén che di exactamente por onde tes que comezar". Ao seu lado, é "como familiar adoptivo de Núñez", segundo apunta en conversa telefónica con Nós Diario, Manuel Vázquez, membro da asociación tudense Levada Libre, tamén estivo presente nesta petición. Pola súa banda, o alcalde socialista de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou a este xornal que "tanto o grupo de Goberno o resto da corporación apoiamos sen ningún tipo de fisura que a familia poida recuperar o corpo deste veciño" e axudarán no que sexa preciso. Deste xeito, dáse o primeiro paso no camiño para que Domingo Páramos Núñez poida descansar no cemiterio "que lle corresponde e que el mesmo construíu coas súas propias mans", apunta a súa neta, o de Caldelas de Tui.
PRAZA_11800
Obvio parece que o postneoliberalismo, que moitos acreditábamos en que podía ser un novo socialismo ou mesmo una outra sociedade, máis colaborativa, libertaria e autoxestionada, no que está a derivar é nun "outro mundo peor é probábel", como augurou no seu día Carlos Taibo.
O movemento 'Ocuppy Wall Street' non é, nin de lonxe, o de meirandes dimensións de todos cantos están a agromar no orbe en resposta a esta nova fase do capitalismo que Boaventura de Sousa Santos definiu como fascismo financeiro. Non parece ter aínda a aceptación popular, nin o artellamento interno, nin o desenvolvemento programático de mínimos do dos indignados, do dos pingüíns chilenos, do das primaveras árabes ou, por suposto, do da cidadanía grega no seu conxunto, que curiosamente sendo o movemento de máis radicalidade aínda non foi bautizado por ninguén. Porén, se cadra por se tratar dunha insólita rebelión no ventre do dragón, ou simplemente porque o que acontece a rentes dese pazo de inverno do baixo Manhattan dirixe o destino da antroposfera dende hai case un século, a súa repercusión a nivel mundial é incontestábel. Tanto é así, que a máis coñecida das súas consignas, "somos o 99%", está a ter moito máis éxito, quer entre os movementos de resistencia global quer nos titulares dos medios de comunicación corporativos, que outras máis propositivas e analíticas, como "democracia real xa" no Estado español, ou mesmo máis contestatarias e contundentes, como o "eu non pago" grego. Di Richard Kirsch, que unha das grandes eivas na esquerda é que, a diferenza da dereita, non temos mensaxes simples para contar o noso relato. Vaia, que a dereita ten a hexemonía do discurso asimilábel polas masas, que el resume en tres miúdas frases: mercados libres, Goberno limitado e liberdade individual. "Somos o 99%" podería ser unha das nosas tres frases", conclúe. Mesmo no Foro Social Mundial (FSM) temático de Porto Alegre, que tivo lugar estes días atrás, doutra volta en paralelo ao desfile de poder de Davos, hai quen afirma que se "un outro mundo é posíbel" foi a consigna das loitas globais contra o neoliberalismo na pasada década, co FSM e os movementos antiglobalización como principais actores; "somos o 99%" pode erixirse no lema desta nova fase de resistencias, caracterizada polo xurdir de novísimos movementos sociais –parafraseando a Manolo Barreiro– dende que Mohamed Bouazizi decidira inmolarse en Tunisia en decembro de 2010. Malia que non deixa de ser unha certa involución discursiva, por canto a consigna do FSM convida á esperanza e a dos ocuppy a instalármonos nas trincheiras, a realidade é que o outro mundo posíbel, se o é, fica cada día máis lonxe. Mais si é irrebatíbel que o 1% da poboación –e máis aló, o 0,1% segundo Paul Krugman– posúe o 40% da riqueza e domina con puño de ferro todas e cada unha das dimensións sociais deste fascismo financeiro de democracias testimoniais, soberanías usurpadas e axustamentos estruturais a escala global. Semánticas de rebelión á parte, o que a un lle vén á cabeza non é "somos o 99%", senón "ogallá fósemos o 99%". Ou o 10%. O brasileiro Chico Whitaker, nun artigo que enviou ao Foro Social dos EUA sobre o movemento 'Ocuppy', daba no albo nesta discusión: "Em primeiro lugar, nós não somos 99% contra 1%. Aqueles que já têm a coragem de falar são muitos, mas talvez não mais do que 1%, contra o 1% que controla e explora o resto do mundo. (…) Qual é a proporção entre os participantes do United States Social Forum e a população norte-americana? E qual é a soma de todas as pessoas participando de movimentos "occupy" em toda a América do Norte?" A autocrítica, mais cando falamos de quen pariu intelectualmente esa invención política que foi o FSM, é evidente. "Estamos falando entre pessoas já convencidas de nossas próprias mensagens. Este raciocínio leva-me a dizer que precisamos mudar nossa estratégia. Precisamos voltar-nos para o 98%...", engadiu Whitaker. Obvio parece que o postneoliberalismo, que moitos acreditábamos en que podía ser un novo socialismo ou mesmo una outra sociedade, máis colaborativa, libertaria e autoxestionada, no que está a derivar é nun "outro mundo peor é probábel", como augurou no seu día Carlos Taibo. Somos quen de analizar o inimigo, tirar conclusións e definir estratexias. Somos quen de artellar accións e alianzas. E somos quen de imaxinar alternativas. Mais non somos suficientes. E as máis das veces nin sequera somos conscientes de que pertencemos, cuantitativamente, a unha parte ridícula da sociedade. Esa é a nosa grande eiva… e o noso gran desafío. Se non diriximos o groso das nosas enerxías a "seducir" a unha parte importante dese 98 por cento, se teimamos en falar e actuar para convencernos e re-convencernos a nós mesmos, a nosa loita será, con toda seguridade, inútil. Como o facemos?
NOS_38304
Hondarribia gaña e comanda unha Liga ACT na que Tirán e Cabo pugnan por ser os primeiros galegos. Na Liga galega, Amegrove e Mecos seguen firmes e sen ceder unha palada.
Tirán e Cabo da Cruz protagonizaron esta fin de semana na regata da Liga San Miguel ou ACT en Zarautz unha pugna espectacular na que os de Tirán se impuxeron aos barbanzáns por só unhas décimas. Unha imaxe da 'batalla' que manteñen as dúas traiñeiras galegas por ser a primeira embarcación de Galiza nesta liga na que toman parte 8 traiñeiras vascas, 3 galegas (as citadas máis Samertolameu de Meira) e 1 cántabra. Nas augas desta vila de Gipuzkoa, Hondarribia volveu vencer e reforza o seu liderato na cabeza da táboa, con 148 puntos fronte aos 132 dos segundos, Urdaibai. Tirán vai de sexta, Cabo son 7ª e Meira, 12º. Tirán e Cabo son, desde hai anos, as mellores traiñeiras de Galiza. Se entre 2009 e 2013 o Campionato galego foi gañado por Tirán, nestas 2 últimas edicións foi para Cabo da Cruz, que en 2014 ascendeu á Liga ACT e ficou por diante dos de 'Mar do Con' na clasificación xeral. A estas alturas da temporada, son os de Moaña quen van por diante dos barbanzáns, se ben só con 3 puntos de diferenza. Liga Galega Na Liga Galega de Traiñeiras tampouco hai excesivas novidades. Na categoría A (8 traiñeiras) Amegrove mantense de líder, por diante de Mugardos e Ares. Na Regata de Carril entraron os de Mugardos como primeiros, por diante dos de Amegrove. Na categoría B -7 traiñeiras-, Mecos mantén o primeiro posto após os triunfos en Carril e Castropol. Na táboa xeral son segundos os asturianos de Castropol e terceiros Chapela. De cuarta, Rianxo. Na liga feminina, Cabo imponse a San Martiño e Chapela. Foto: Traiñeira 'Mar do Con' de Tirán na regata de Zarautz. Foto de Maider Celada (Liga ACT)
NOS_48899
Londres gasta 300 mil libras em pinturas na localidade de Fermanagh, onde se vai reunir a próxima cimeira do G-8, para dar a impressão de que lojas fechadas devido à crise estão em plena atividade.
O que fazer se a localidade que vai sediar a próxima cimeira do G-8 está repleta de lojas fechadas devido à crise? A resposta mais lógica seria dar incentivos para que as lojas reabrissem ou fossem substituídas por outras. Mas a resposta do governo britânico e do conselho local foi diferente: mais de cem propriedades numa área em redor de Lough Erne, onde se vai realizar a reunião dos mais poderosos do mundo, foram pintadas para dar a impressão de que as montras estão cheias de produtos e de atividade. A notícia é do repórter Dan Keenan, do Irish Times. "Nas lojas de alimentação, talhos, farmácias, o que seja,ja pechadas, puseram grandes fotografias para que, quando se passa de carro rapidamente e se olha para as montras, pareça que o comércio está em plena atividade" "O que fizeram foi afixar na montra uma fotografia do que havia nessa loja antes de ter fechado ou falido. Por outras palavras, nas lojas de alimentação, talhos, farmácias, o que seja, puseram grandes fotografias para que, quando se passa de carro rapidamente e se olha para as montras, pareça que o comércio está em plena atividade. É uma tentativa das autoridades locais para que os líderes do G8 e seus acompanhantes achem que a localidade tem bom aspeto. Tentam esconder uma recessão que tem atingido muito duramente esta zona de Irlanda". Fachadas criam a ilusão de que tudo está a funcionar O custo destas obras de fachada foi de 300 mil libras, pago pelo governo de Londres. O talho foi substituído por uma fotografia do talho. Uma loja fechada parece agora um comércio de material de escritório. Lojas e até prédios abandonados continuam abandonados, mas as fachadas criam a ilusão de que tudo está novo e a funcionar. Para o executivo-chefe do conselho, a iniciativa é uma oportunidade "fenomenal": "Queremos apresentar o país o melhor possível e promovê-lo em termos de indústria e turismo", disse. É o que se chama de promoção de fachada. Se Vítor Gaspar e Álvaro Santos Pereira souberem disto... Tirado de Esquerda.net
NOS_23865
A compañía esgotará "todas as vías xudiciais" en defensa da "legalidade" da prórroga extraordinaria á súa fábrica de Pontevedra, "sempre, e como non podería ser doutro xeito, desde o absoluto respecto ás decisións da Xustiza e aos cursos que esta estabelece".
As accións de Ence remontaban case 6,5% en Bolsa a media sesión impulsadas pola decisión do Tribunal Supremo de admitir a trámite o seu recurso contra a sentenza da Audiencia Nacional, que declaraba a nulidade da concesión de dominio público marítimo terrestre sobre a que se asenta a súa planta de Pontevedra. En concreto, os títulos do grupo papeleiro e de enerxía eran os segundos máis destacados no mercado español, só por detrás de PharmaMar, cunha suba de 6,46% ás 12.02 horas, para escalar até os 3,034 euros A marcha de Ence, "máis perto" malia que a empresa recorrerá o fallo O Supremo admitiu a trámite o recurso de casación de Ence contra unha das tres sentencias ditadas pola Audiencia Nacional o pasado mes de xullo sobre a prórroga extraordinaria da concesión da compañía en Pontevedra. "Á espera de que o Alto Tribunal dite a súa sentenza, e á espera tamén de que se pronuncie sobre se admite a trámite os outros dous recursos —correspondentes ás outras dúas sentenzas ditadas pola Audiencia Nacional—, esta admisión a trámite é unha noticia importante para a compañía", sinalou Ence. No auto remitido polo Supremo alúdese a unha recente sentenza deste mesmo tribunal sobre unha concesión situada en dominio público marítimo-terrestre en Murcia, na que o Alto Tribunal se pronunciou sobre a licitude da prórroga concedida á mesma. A política forestal "á carta" de Ence deixa 25% do arboredo galego para o eucalipto Sexa como for, Ence xa comunicou que esgotará todas as vías xudiciais en defensa da legalidade da prórroga extraordinaria da concesión da súa biofábrica de Pontevedra, "sempre, e como non podería ser doutro xeito, desde o absoluto respecto ás decisións da Xustiza e aos cursos que esta estabelece". Perto de 5.100 postos de traballo en toda a Galiza dependen da actividade desta factoría, segundo subliñou a compañía, que precisou que se trata dunha instalación que, non só cumpre "folgadamente" con toda a normativa ambiental vixente, senón que foi recoñecida pola súa sustentabilidade a través de certificacións como Residuo Cero de Aenor, a etiqueta ecolóxica 'Nordic Swan' ou a Distinción Ouro da Comisión Europea. O Banco Sabadell ve "positiva" a noticia Pola súa parte, os analistas de Banco Sabadell consideraron que a noticia sería positiva, "aínda que de impacto limitado na medida de que o feito de que se admita a trámite o recurso, unido á recente sentenza sobre a concesión en Murcia, implica certa probabilidade de que a resolución final do proceso xudicial sexa favorábel a Ence". A Xunta apela ao "interese xeral da Galiza" para que Ence siga en Lourizán En calquera caso, a entidade financeira estima que a incerteza "segue a ser moi elevada", polo que mantén a súa intención de asumir na súa valoración o fechamento da fábrica de Pontevedra no curto prazo.
PRAZA_3383
Ante a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo, a única saída é o recoñecemento de cooficialidade. Este estatus legal obrigaría ás administraciois a protexer o galego mediante o seu uso institucional. Xamais perderemos a esperanza polo rexurdimento do galego no Bierzo.
O 21 de xaneiro foi declarado como Día internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade galegofalante. A orixe deste idioma está na Idade Media. Non sen dificultades ten chegado o galego até hoxe coa fala popular, toponimia, literatura oral, etc.O 21 de xaneiro foi declarado como Día internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade galegofalanteNo século XX o galego do Bierzo foi considerado dialeto ou chapurreao, nunha dinámica de desprestixio social. Ademais, para algúns non tiña unidade lingüística pola presenza das falas locais segundo os vales veciños. Outros dicían que estaba mesturado co leonés, velaí a denominación galego-leonés, por iso se pretendía desvincular da Galiza.Os estudos filolóxicos determinaron a clara relación lingüística e histórica de tódalas variedades galegas do noroeste peninsular. O idioma galego tiña que modernizarse cos procesos de normalización e normativización, como o fixeron as grandes linguas. O galego do Bierzo estivo relacionado coa economía rural e agraria durante séculos. Mais agora necesita normalizar o seu uso noutros ámbitos sociolingüísticos (urbano, administraciois, internet…). Para favorecer o progreso idiomático houbo que normativizalo cunhas regras gramaticais, fonéticas, léxicas, etc. O dialetismo territorial e histórico é unha herdanza tradicional, agora ben, necesitamos favorecer a comunicación sinxela de millones de falantes no século XXI.Na rexión do Bierzo as administraciois locais teñen feito moi pouco pola normalización lingüísticaPorque tampouco podemos pasar por alto a relación lingüística entre o galego e o portugués. Ámbolos dous idiomas teñen a mesma orixe histórica máis aló das diferenzas formais. Somos moitos os que temos evolucionado con facilidade do galego dialetal ao normativo, e deste ao portugués e brasileiro. Así pois, pasamos do local ao ámbito máis internacional. O coñecemento de idiomas é moi considerado nos niveis educativo e profesional. Non desaproveitemos esta tradición linguïstica feita modernidade. Na rexión do Bierzo as administraciois locais teñen feito moi pouco pola normalización lingüística. A Lei da Comarca do Bierzo recoñece expresamente o galego no seu articulado, mais non ten uso institucional. Outro tanto acontece coa presenza do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León, no cal lemos que "gozará de respeito e proteción a lingua galega". A visualización do galego nas nosas administraciois locais é nula. Non ten lóxica este voluntario proceso de desgaleguización institucional.Ante a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo, a única saída é o recoñecemento de cooficialidadeOs galegofalantes do Bierzo seguiremos presionando por un recoñecemento institucional do noso idioma. Por iso, se as Cortes de Castela e León aprobaran un proxeto de reforma do Estatuto de Autonomía, habería que reacionar. Ese dito proxeto debería tamitarse e aprobarse posteriormente polas Cortes Xerais. Pois ben, de seguro que habería deputados e senadores sensibles ao recoñecemento de cooficialidade para o galego no dito Estatuto de Autonomía.Ante a falta de uso institucional do galego polas administraciois locais do Bierzo, a única saída é o recoñecemento de cooficialidade. Este estatus legal obrigaría ás administraciois a protexer o galego mediante o seu uso institucional. Xamais perderemos a esperanza polo rexurdimento do galego no Bierzo.
PRAZA_15814
Os galardóns, que se entregarán o vindeiro 11 de marzo nunha gran gala, destacan o labor de personaxes públicos (artistas, deportistas, xornalistas, políticos...) na defensa dos animais. Tamén se escolle o premio 'La puntilla' á persoa máis daniña.
O vindeiro 11 de marzo a Sala Arena de Madrid acollerá a gala de entrega dos premios RockinVega 2016, que recoñecerán o labor desenvolvido ao longo do pasado ano na defensa dos animais e contra o maltrato animal como actividade cultural. O evento contará coa actuación de grandes artistas que avogarán pola substitución dos festexos nos que se maltratan animais, coma o Toro de la Vega, por alternativas coma a música, as artes escénicas e o deporte. Os galardóns La tortura no es cultura contan con varias categorías: periodistas/presentadores, actores e actrices, cantantes/grupos musicais, deportistas, políticos, cultura, medios de comunicación e concellos. Tamén se entrega o premio La Puntilla ao personaxe público máis daniño para os animais. Na categoría de políticos figura entre os candidatos e candidatas o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, pola supresión da feira taurina que se viñera celebrando na cidade nos últimos vinte anos. De momento, Ferreiro lidera as votacións (con 1.231 apoios), superando a Joan Ribó (alcalde de Valencia, que retirou as subvencións á tauromaquia), María Espinosa (deputada da Asemblea de Madrid, que conseguiu unha redución do 32% dos fondos públicos destinados ás touradas), Florent Marcellesi (eurodeputado de Equo, cun intenso labor contra a tauromaquia na cámara), Josep Maldonado (senador de CiU), Chesús Yuste (es deputado da Esquerda Plural), Joan Josep Nuet (deputado de EUiA) e Jordi Guillot (senador de ICV). Nas restantes categorías, atopamos por exemplo a Risto Mejide, El Gran Wyoming ou Gonzo (presentadores/periodistas); Dani Rovira, Pablo Puyol ou Lluvia Rojo (actores e actrices); Mago de Oz, Amaral, Ska-P (música); Carles Puyol, Gervario Deferr ou Andrea Fuentes (deportistas); Rosa Montero, Elvira Lindo ou Maruja Torres (cultura); La Sexta ou El Diario (medios de comunicación); Guareña, Madrid ou Rivas (concellos). Guareña foi a primeira localidade de Estremadura en prohibir os festexos taurinos, en abril de 2015, destinando a libros de texto as subvencións que recibían as touradas. Os galardóns entregan tamén o premio negativo La Puntilla, que ten entre os seus finalistas a Esperanza Aguirre, Mariló Montero, Andrés Calamaro, Joaquín Sabina, José Ignacio Wert, María Dolores de Cospedal, Sergio Ramos, Cristina Cifuentes ou Mario Vargas Llosa. O período de votacións pecharase o 10 de marzo. Web dos galardóns
PRAZA_1572
Con este van 20 anos da conmemoración en Vimianzo das revoltas que se extenderon no século XV en toda Galicia. O concello costeiro revivirá, de novo, o seu asalto ao castelo.
Os irmandiños volven asaltar o castelo de Vimianzo. E con este xa van 20 anos de conmemoración das revoltas que se estenderon no século XV en Galicia, particularmente da que asolou o castelo do Val de Soneira. A revolta social tivo lugar entre 1467 e 1469 e foi o froito de anos de opresión dos señores feudais sobre o pobo que, azoutado pola fame, reaccionou con aquel forte levantamento. O que se fai en Vimianzo cada ano é representar unha historia paralela á época que provoque esta revolución, para logocelebrar a vitoria do pobo en contra dos máis poderosos. Trátase dunha exaltación deste acto de rebeldía e dunha inmersión de Vimianzo no medievo, especialmente na banda campesiña do mesmo. Trátase dunha exaltación deste acto de rebeldía e dunha inmersión de Vimianzo no medievo, especialmente na banda campesiña do mesmo. A idea xurdiu dun grupo de amigos pero, pouco a pouco comezou a ter implantación na vila e hoxe en día xa é toda unha institución e unha data que os vimianceses (e tamén os de fóra) riscan nos seus calendarios. Arredor do núcleo da festa, que é o propio asalto ao castelo, están artelladas unha serie de actividades Desde a clásica feira artesanal no centro da vila ata calquera actividade para os máis pequenos, pasando polo teatro, a música e diversos concursos que animan aos asistentes. Unha das actividades curiosas é o concurso de petiscos no que só se poden usar produtos do século XV, evitando o desenvolvemento gastronómico que trouxo, por exemplo, o descubrimento de América. Arredor do núcleo da festa, que é o propio asalto ao castelo, están artelladas unha serie de actividades Desde a clásica feira artesanal no centro da vila ata calquera actividade para os máis pequenos O sábado pola noite son os concertos, que comezaron chamándose "Noite Folk". Logo de dúas décadas, o espectáculo musical de media noite segue sendo o eixo vertebral. O Asalto remata co ariete derrubando as portas do castelo, pero non sen antes ter ante si unha verdadeira guerra de globos de auga entre os irmandiños (o público) e os defensores da fortaleza. É unha cita recomendable para quen queira pasar unha fin de semana nun ambiente festivo e lúdico, á par que didáctico e histórico.
NOS_32580
Máis un número do semanario tirado do prelo. Lembramos o Estatuto do 36, entrevistamos o escritor Manuel Gago e deputado Davide Rodríguez, debullamos a estratexia de privatización do PP da sanidade pública e lembramos Xabier P. DoCampo, unha das máis grandes plumas da literatura galega, da man do editor Manuel Bragado; con ilustración inédita de Xosé Cobas e coa publicación do relato por entregas que Docampo escribira para o Caderno de Agosto de Sermos Galiza en 2014. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.
Ausente na memoria da grande maioría das galegas, obxecto de apaixonados debates nos círculos académicos e materia de interpretacións interesadas no ámbito político, queremos aproveitar o 82 aniversario do Estatuto de 1936 para facer a crónica dun proxecto que, en palabras de Castelao, non recollía as aspiracións do nacionalismo mais representaba un punto de partida para conseguilas. 'O Estatuto do 36: unha vitoria que chegou tarde'. Entevistamos a escritora Ánxela Loureiro (Ferrol, 1956), autora de diversos títulos de literatura infantil e xuvenil, que leva meses embarcada nun proxecto diferente: a investigación sobre as actividades políticas que realizaron as mulleres da bisbarra de Ferrol nos últimos anos do franquismo."O relato dos sucesos de 1972 minimizou o papel das mulleres". 'Un galeuscano arxentino ignoto'. Da man do historiador Xosé Estévez, mergullámonos na traxectoria de Alfredo Lorenzo Ramón Palacios, avogado, lexislador, político, profesor da Universidade de Bos Aires e reitor na Universidade da Plata, un "galeuscano arxentino ignoto", como el o describe. Falamos con Davide Rodríguez (Manzaneda, 1978) deputado de En Marea, representando a formación na comisión de Medio Rural, tema que coñece ben, pois foi alcalde de Manzaneda e, antes, bombeiro forestal. É da minoría de parlamentares de En Marea na Cámara galega aliñado con Luís Villares, a quen ve consolidado como portavoz: "Luis Villares está comsolidado como portavoz". 'A privada entra na bata branca'. Os sucesivos gobernos de Feixóo desenvolveron políticas de estreitamento da sanidade pública. Coa escusa da crise, reduciuse o investimento e externalizáronse algúns dos denominados "servizos de apoio". Agora, denuncian oposición e plataformas, asedian a "bata branca". A Xunta, porén, di que non hai mudanzas e defende o sistema. A minicimeira da UE decorrida o domingo concluíu apostando en reforzar o Frontex, crear novos centros de internamento e frear a vaga migratoria nos países de orixe e tránsito. O novo Goberno español de Pedro Sánchez abandona a retórica humanitaria e súmase ao eixo París-Berlín. 'A blindaxe, aínda maior, das fronteiras da UE'. 'Galiza e a mutación do seu mar'. O cambio climático afecta aos recursos mariños, alterando pescarías tradicionais e provocando unha redistribución de especies pesqueiras. Un cambio global que ten pegada na Galiza, onde o mar é un alicerce económico e laboral. Haberá xarda, sardiña ou ameixa a mediados do século? Será daquela o peixe lúa, propio de augas tropicais, un dos recursos a extraer nas nosas rías? Co gallo da participación da selección galega de fútbol gaélico na Euro2018 que se desputa en xullo en Bretaña, falamos con 'Jano', o adestrador do combinado nacional masculino. O colectivo de axentes forestais e medioambientais de Galiza afronta un novo período de alto risco de incendios –que arranca o próximo 1 de xullo– sen ter conseguido avanzar nas negociacións coa Xunta. Sobre a mesa, o Goberno galego pide incrementar as horas efectivas en terreo de cada axente, por riba das 2.200 anuais. Unha proposta que bate coas demandas deste persoal funcionario, que vén denunciando durante os últimos anos a extrema precariedade que sofre o servizo público. 'Xornadas abusivas para os axentes forestais'. "Defendo a literatura que podes levar á Praia, á cama ou ao váter", afirma Manuel Gago, con quen falamos neste número a raíz da súa última obra. 'O exército da fame'. A segunda novela de Gago non agocha a súa vontade popular. Capítulos breves e xiros inagardados. Personaxes máis definidos polo que fan e din que polo que comunica o narrador. Armas de novela negra e de novela histórica, calquera mecanismo que achegue lectores serve a Gago, quen ademais traza fulgurantes reflexións sobre a relación de Galiza coa súa memoria histórica e coa idea de heroísmo. Quen fora o seu editor e amigo, Manuel Bragado, lembra para Sermos Galiza a impronta que deixou o escritor recentemente falecido Xabier P. Docampo (Rábade, 1946-A Coruña, 2018), voz imprescindíbel da literatura infantil e xuvenil. Faino en 'Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa'. Aliás, Sermos Galiza homenaxea o escritor falecido esta semana coa publicación neste caderno especial de 'Operación Monte de Lixo', o relato por entregas que escribira en exclusiva para as páxinas literarias do Caderno de Agosto –antecedente dos Cadernos de Verán–, recollidas nos números que abranguen do 107 ao 111 deste semanario e que foron publicados entre 31 de xullo de 2014 e o 28 de agosto de 2014. Acompañan o texto as ilustracións realizadas por Ticiana Ghiglione Darriba (Cha). E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa , Luz Darriba, Machortas e Tokio, Mercedes Queixas, Francisco Castro, Colectivo Xea, Andrés Castro, Mario Regueira, Jasper Nao e Iolanda Gomis.
NOS_22942
A alcaldesa da cidade, a socialista Lara Méndez, advirte dos "riscos" de concentrar os sábados pola mañá "os case 100.000 lucenses nun só centro" médico, o de Fingoi.
O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou os "recortes" realizados en atención primaria en Lugo tras a decisión do Sergas de concentrar toda a actividade de medicina xeral e pediatría dos sábados pola mañá no centro médico de Fingoi. Até alí se desprazou na mañá deste sábado, 19 de setembro, o secretario xeral dos socialistas galegos quen, acompañado pola alcaldesa da cidade, a tamén socialista Lara Méndez, advertiu que a decisión adoptada en Lugo constitúe "unha alerta" do que pode acontecer "en toda Galiza". "Acabamos a pasada lexislatura cunha gran mobilización contra o fechamento do paritorio de Verín e iniciamos esta rexeitando os recortes na sanidade pública de Lugo", apuntou Caballero, quen instou a Sanidade a "rectificar" unha decisión "non consensuada" e que constitúe, ao seu xuízo, un "erro garrafal". Neste sentido, demandou que, no canto de concentrar a atención nun só punto e ante o previsíbel incremento da actividade en atención primaria coa chegada do outono, a Xunta debe reforzar o persoal laboral para que os ambulatorios funcionen "con garantías e con seguridade". "A sanidade pública é fundamental, sobre todo nestes tempos da Covid, e fortalecer a atención primaria é o que estabelecen todas as recomendacións", incidiu, antes de censurar que o PP entenda "eficiencia" como "servizos sanitarios cada vez máis recortados e máis afastados da poboación". Caballero dixo que a Xunta "sempre atopará a man tendida" dos socialistas galegos para "traballar fronte á pandemia", mais non serán "cómplices dos recortes na sanidade pública". Alcaldesa de Lugo Pola súa banda, a alcaldesa Lara Méndez lembrou que a atención primaria está sinalada como "o muro de contención da pandemia", polo que cargou contra unha decisión que, á súa entender, supón "un novo recorte" por criterios económicos. "Non se pode concentrar os case 100.000 lucenses nun único centro de saúde", aseverou Méndez, e alertou dos "riscos" dunha decisión que ve froito da falta de persoal laboral, polo que reclama á Xunta que, da mesma maneira que accedeu a aumentar o persoal de profesorado para este curso, tamén incremente os efectivos para a sanidade pública.
NOS_20302
Un importante dispositivo policial acompañou as decenas de persoas que amosaron a súa solidariedade cos encausados polas protestas contra a marcha de Galicia Bilingüe en 2009.
Decenas de persoas percorreron este domingo o centro de Santiago para pedir a absolución dos acusados de "causar disturbios" durante a manifestación de Galicia Bilingüe que tivo lugar en 2009 na mesma cidade contra a promoción do galego no ensino. Segundo Óscar Gómez, da plataforma Ceivar, "as probas empregadas pola fiscalía non demostran a participación destas persoas nos delitos que se lles imputan". Gómez subliñou que, contra a sentenza que condena estas seis persoas a once anos de prisión en total, foron presentados unha "serie de recursos", pero que "aínda está por ver a súa resolución". Un dos afectados mesmo terá que ingresar na cadea. A manifestación partiu da Alameda compostelá con consignas a prol do idioma propio e en medio dun notorio despregamento policial. A maiores da absolución dos seis condenados, a marcha tiña outro obxectivo: demandar un "cambio radical" nas "políticas lingüísticas planificadas e executadas pola administración". A este respecto, Gómez denunciou que o galego, que vive unha "situación desesperada", atópase en "claro retroceso". "Se as políticas da Xunta seguen así, é cuestión de varias décadas que o galego acabe sendo minoritario ou, a longo prazo, acabe por desaparecer", opinou.
NOS_56747
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, na Universidade de Vigo (UVigo), María Tenorio foi merecedora do galardón Sofía Novoa de perspectiva de xénero que organiza a Deputación de Pontevedra, polo traballo Miradas cruzadas: unha visión comparada sobre o tratamento informativo da cuarta ola feminista tras a irrupción do movemento #MeToo en España e Brasil: El País e Folha de São Paulo (2017-2018).
Parabéns polo premio. Que significado lle dá vostede? Para min o galardón supón un orgullo a nivel persoal, polo recoñecemento do meu traballo e tamén porque desde hai anos acompaño da perspectiva de xénero todas as noticias e todos os estudos e as diferentes iniciativas que movo ou nas que participo nas redes sociais. Para min é achegar un graíño de area a todos os estudos de xénero e feministas, unha perspectiva comparada do que fun vendo nos diferentes países nos que estiven. En Polonia foi onde caín na conta de que o desenvolvemento dos estudos e do movemento feminista é moi desigual. Xa entre España e Polonia e máis aínda co Brasil. Fiquei moi feliz cando souben a noticia do premio. Podería explicar en que consistiu esa análise dos medios que levou a cabo? No Traballo de Fin de Grao (TFG) tento facer unha comparación entre como se desenvolve o movemento "Mee-too" no Estado español e como o fai no Brasil, e tomo como medios de referencia, El País e Folha de São Paulo. Á hora de facer a análise escollín un período de 13 meses para investigar, desde febreiro de 2017 até o mes de marzo de 2018, e traballei con tres propósitos. Por un lado analizar como foi o inicio dese movemento e comparar o diferente alcance que tivo o 8-M de 2017 fronte ao de 2018, que foi especialmente reivindicativo en España e referencia a nivel mundial. Por outro lado, pretendo demostrar, unha vez máis, o diferente efecto dos movementos feministas nos distintos países. E, finalmente, isto permíteme reafirmar que incluso as temáticas, o que se fala na propia contorna feminista, é moi diferente, por exemplo, aquí no Brasil obsérvase un peso moi importante do movemento feminista negro e no Estado español ten máis peso o feito da muller traballadora. Isto, se falo do nivel cualitativo, pero no nivel cuantitativo tamén hai diferenza, en El País publícanse moitos máis artigos relacionados co tema feminista, mentres na Folha de São Paulo as cifras son menores. O traballo realizouno con vistas a participar no Premio Sofía Novoa ou, pola contra, a perspectiva de xénero é unha cuestión sobre a que xa investigaba previamente? Nos meus estudos sempre tendín, se a temática do meu traballo era libre, cara ao feminismo, porque é unha cuestión que me esperta moito interese, iso fai que a investigación vaia máis a fondo e que traballe con máis gusto. Esta idea en concreto xurdiume en Polonia, onde estiven de Erasmus hai un tempo, fun por catro meses pero finalmente cursei alí un curso completo. Nesa estadía tiña que levar a cabo moitos traballos que eran de temática libre e tratábase, unha vez realizados, de expolos cara ao público. En moitas ocasións vía que cando o tema era algo relativo ao feminismo, aínda que fose algo que para min resultase moi básico, a clase para a que expuña non tiña interese no asunto, e cando o mostraba era sobre algunha cuestión moi concreta, algo que lle resultase novo ou totalmente diferente a como elas e eles o percibían. Descubrín que o movemento feminista que se estaba a desenvolver en España non tiña nada que ver co que pasaba en Polonia e cando cheguei ao Brasil foi semellante, aínda que era moito máis importante que en Polonia, tiña enfoques moi diferentes, e tendía, sobre todo, cara aos asasinatos, á violencia machista e á encuberta dentro e fóra da casa ou o movemento feminista negro, que aquí é o máis importante.
NOS_34733
A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (GMST) protestou pola retransmisión dun festexo taurino en horario protexido e apostan por "un debate serio sobre os contidos de maltrato animal en televisión"
A Mesa do Parlamento galego aceptou a petición da plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (GMST) de abrir un debate serio en torno á emisión de festexos taurinos en Televisión Española (TVE), "despois de que nos últimos dous anos a canle pública retransmitira en horario de especial protección dúas touradas, asumindo os custos técnicos e humanos das emisións". GMST trasladou a súa protesta por estes feitos diante do Consello Asesor de RTVE en Galiza, pois consideran que foron unha vulneración da Lei Xeral do Audiovisual e o propio código de autorregulamento GMST espera agora que na comisión de peticións da Cámara autonómica se produza un debate "e comparecencias determinantes para entender como as touradas non poden ter espazo no horario onde os menores están diante dos televisores, entendendo ademais que corresponde aos poderes públicos a protección da Infancia e a defensa dos dereitos dos menores". "Incongruencia" GMST advirte da "incongruencia que supón que a cámara vetara a entrada de persoas menores de 12 anos en festexos taurinos cunha Proposición Non de Lei aprobada en de decembro de 2011 mentras non actúa fronte as emisións televisivas de idéntico contido".
NOS_53865
As asociacións culturais de base acordaron os tres principais fíos cos que tecerán as actividades de 2016: vincular o centenario das Irmandades da Fala coa designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras Galegas; estabelecer relacións entre as vilas do país e as Irmandades da Fala e Manuel María e editar unha publicación co corpo central do manifesto das Irmandades.
Tras o xantar popular no que participaron ao redor de 500 persoas, representantes das Directivas dunha vintena de asociacións culturais de base participaron nun encontro que tivo lugar na propia carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei para trazar as liñas de acción nas que traballarán o ano que vén. Entre os principais acordos aos que chegaron as persoas participantes destaca a vinculación da conmemoración do centenario das Irmandades da Fala coa elección de Manuel María como escritor ao que se lle dedicará o Día das Letras de 2016. Precisamente, nunha conversa con Sermos Galiza (que pode consultarse no último número do semanario), Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, sinalaba que "a Manuel María encantaríalle coincidir no tempo coa celebración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala". Tamén o ratificaba esta mañá Manuel Ferreiro, que como chairego representante do Padroado da Fundación tomou a palabra na ofrenda floral coa que as persoas participantes no convivio lembraron o poeta de Outeiro de Rei. O segundo acordo adoptado na xuntanza desta tarde ten a ver coa necesidade de elaborar un estudo concreto –tanto sobre as Irmandades como sobre Manuel María- das actividades e persoas relacionadas coas vilas do país e socializalas a través de conferencias, roteiros… As persoas que participaron no encontro resolveron convocar unha nova reunión para o mes de setembro co fin de avanzar nas liñas de traballo acordadas e para estender as actividades a outras asociacións culturais Ademais, as persoas representantes das Directivas das entidades culturais que formaron parte do convivio determinaron editar a publicación co corpo central do manifesto das Irmandades da Fala, do que se salientou a súa actualidade tantos anos despois. Tamén se resolveu conferirlle un enfoque didáctico para a escola ás accións que se desenvolvan en 2016, co fin de contar con unidades didácticas para traballar no ensino. Co fin de avanzar no traballo acordado na tarde de hoxe e de estendelo a outras entidades que quixeren sumarse, as asociacións culturais marcaron un novo encontro para o mes de setembro.
PRAZA_17780
A morte do poeta Lois Antón, o pasado 28 de xullo, foi unha triste noticia, sobre todo nas terras de Celanova, onde era moi coñecido e admirado. Os que gozamos da súa amizade xamais poderemos esquecer os momentos que compartimos.
A morte do poeta Lois Antón, o pasado 28 de xullo, foi unha triste noticia, sobre todo nas terras de Celanova, onde era moi coñecido e admirado. Os que gozamos da súa amizade xamais poderemos esquecer os momentos que compartimos. Porén, a tristeza vaise tornando en recordo, sempre agarimoso, e acabará por converterse en homenaxe. Eu quero facer aquí unha pequena, pero sentida lembranza da súa figura a través dalgúns dos seus poemas. Porque lle saían de dentro e neles deixou impreso o seu ser. Porque o fistor de Escudeiros, que era capaz de recitalos de memoria, botaba man deles tan a miúdo que talmente parecía que falaba en verso. Lois Antón naceu en Escudeiros, nesa pequena aldea con tan bo fermento ("aqueles homes honrados") que era só cuestión de tempo que nela agromaran tantos e tan bos escritores e mestres como lembraba, non hai moito, Xesús Alonso Montero. Lois Antón, sen pretendelo, tamén foi un mestre que deixou as súas leccións en verso. Lois, coma Balbino, foi un neno labrego. E mineiro. Sendo aínda un cativo pasou pola miseria que trouxo aquela treboada de xullo do 36, "mestura de sangue e bágoas", e foi daquela cando naceu nel o compromiso coa xustiza: "Iso facíame dubidar e ségueme confundindo. Que un xa naza sufrindo e outro naza para rei é cousa que non entendo, quizais nunca entenderei!" . A súa formación foi autodidacta, sen máis escola que a da vida e tendo como única mestra a súa curiosidade infinda ("sabio é... quen quer saber"), o que lle da, se cabe, máis valor á súa obra. Porén, non foi escravo da vaidade, senón que gozaba da sinxeleza. A súa poesía é popular, chea de ensinanzas, e, ao mesmo tempo, combativa porque nace do sufrimento propio e alleo para converterse nunha afiada crítica, non exenta de retranca, daqueles que humillan e aldraxan ao pobo, seguindo o ronsel da mellor poesía de denuncia social: "Como agora os labregos non sementan coa xugada, aínda hai xente que cre que non precisan aguillada. Precísana máis ca nunca co aguillón ben aguzado porque o coiro do cacique agora é máis reforzado". A penuria levouno á emigración. Estando lonxe soñaba coa terra, cunha Galiza independente e, por iso, solidaria, porque, como el mesmo dicía, "non por ser independentes deixamos de ser veciños das demais nacións, do resto do mundo": "Eu soño con esa alborada e un axiña rexurdir, con ese ledo vivir nunha patria liberada da que nunca a cacicada nos poida facer fuxir". Lois era un amigo dos nenos: "Se algún neno fai barullo, pois deixádeo xogar, eles son o noso orgullo, por quen temos de loitar". De aí, a importancia que lle daba á educación como elemento transformador da sociedade en igualdade e xustiza, unha preocupación que o levou a escribir dous libros cunha tremenda carga didacticamente aproveitable: Pequeno poemario para xente pequena e A máis fermosa roseira. Algúns dos seus poemas foron musicados e cantados por nenos e nenas que aínda hoxe os recordan sen saber do autor. Lois Antón era coñecido, respectado e querido por moita xente. Sempre xeneroso, agasallaba ás amizades con poemas e licores que el mesmo facía. Recibiu varias homenaxes en vida. No 2008, polo BNG de Ramirás e Celanova en recoñecemento á súa traxectoria; en 2017, coa inauguración en Casardeita dunha Biblioteca Popular que leva o seu nome por bandeira; e, tamén ese ano, co premio Rebulir. Un dos seus últimos poemas (aínda inédito, ogallá que non por moito tempo), no que denunciaba o abandono do rural, comezaba e remataba así: "Soñando falei coa terra de amenceres e solpores como era na primavera lembramos aos labradores. (...). Os eidos non os esquecen e sempre están a agardar unha nova primavera que saiba falar coa terra e nos agrande o soñar". Querido Lois, o último sábado de xullo de 2018 devolvémoste á terra que te viu nacer e deixámoste, falando con ela, ata que nos volvamos ver. A túa obra é inmortal. Publicidade
PRAZA_13392
A Coruña acolleu a Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia, na que activistas e políticos deixaron claro que "o vento sopra a favor dos abolicionistas" nun Estado. O senador de Iniciativa, Jordi Guillot, anunciou a creación dunha asociación parlamentaria no Congreso contra "a mal chamada festa nacional".
"A batalla está gañada". Con esta frase, os activistas participantes este sábado na Conferencia Internacional pola Abolición da Tauromaquia amosaron o seu convencemento de que o rexeitamento ás corridas de touros en España é xa "moi maioritario" e que "só é cuestión de tempo" conseguir a súa prohibición total no Estado. O acto, organizado por Galicia, Mellor sen Touradas e CAS-Internacional na Coruña, contou coa presenza dunhas cincuenta persoas, entre elas os voceiros municipais do BNG e Esquerda Unida, Xosé Manuel Carril e César Santiso. O encontro contou, ademais de cos responsables de Galicia Mellor sen Touradas e CAS, Rubén Pérez e Marius Kolff, con Helena Escoda, historiadora e activista catalá, o activista portugués Rui Silva, o xornalista luso Sérgio Alves, así como Jordi Guillot, senador e vicepresidente de Iniciativa per Catalunya, que tivo un papel destacado no proceso de abolición das touradas en Catalunya. "As touradas teñen máis pasado que futuro; o vento sopra a favor dos abolicionistas" Precisamente, Guillot resumiu na súa intervención o sentir xeralizado dos asistentes. "Somos maioría os que cremos que as touradas son unha barbaridade", asegurou o senador, que insiste en que "teñen máis pasado que futuro" e que "o vento sopra a favor dos abolicionistas". De feito, destacou que as últimas enquisas sitúan en menos dun 30% a porcentaxe de poboación que di ter interés na "mal chamada festa nacional", mentres que case un 70% afirma non ter afección ningunha por ella. "É unha batalla gañada; tardaremos máis ou menos, pero acabaremos coas touradas", engadiu Guillot, que fixo un repaso por varios motivos que fan inxustificable o seu apoio. "Hai motivos éticos evidentes, xa que non é propio dos humanos provocar dor nos animais e moito menos para se divertir", argumentou o senador catalán, que insistiu no "escaso apoio social" ás corridas ou nas "razóns económicas" que dan forza á abolición. "É unha festa artificial, subvencionada e que non se dá autofinanciado" "É unha festa artificial, subvencionada e que non se dá autofinanciado", lembrou Guillot, que fixo referencia ás axudas que incluso acaban fomentando as touradas con cartos procedentes de axudas europeas da PAC, tal e como lembrara antes o activista portugués Rui Silva. Do mesmo xeito, o político de Iniciativa lembrou a "escasa audiencia" coa que contan os programas ou retransmisións sobre os touros ou o "envellecemento evidente" do público dunhas corridas que "cada vez contan con menos subvencións e menos contratacións". Ademais, tanto Guillot como o resto de activistas, especialmente Marius Kolff, insistiron na "imaxe negativa" que España transmite noutras partes de Europa debido ás touradas. O responsable de CAS-Internacional destacou o rexeitamento que o maltrato dos touros xera nos turistas europeos que se achegan a cidades con corridas, como A Coruña, que recibe milleiros de cruceiristas contrarios a esta "mal chamada festa nacional". "En Alemaña non saben quen é Rodrigo Rato, pero si saben que aquí hai touradas ou a barbaridade do Toro de la Vega", recalcou o político catalán, que fixo un repaso pola ILP que rematou coa abolición das touradas en Catalunya, reivindicando "a legalidade e competencia soberana" do parlamento autonómico nunha decisión que "non ten nada que ver coa identidade nin co nacionalismo", tras lembrar, como tamén fixo a hitoriadora Helena Escoda, que en Barcelona "sempre houbo afección polas touradas, pero que o rexeitamento popular é froito "da evolución da sociedade". "A inmigración chegada de Estremadura ou Andalucía non influíu para nada neste apoio ás corridas porque moita xente catalá ten afección polas touradas", engadiu Escoda, que lembrou que en 1835 xa houbo este tipo de espectáculos, e moi concorridos, en zonas do país catalán. Todos os activistas, que participaron ao final do acto nunha mesa redonda, destacaron "a importancia da Unión Europea" na loita pola abolición das touradas, ao ser "o principal valedor na defensa dos dereitos dos animais", así como na "necesaria concienciación dos máis pequenos". Rui Silva lembrou que en Portugal "hai visitas escolares a museos das touradas e un intento por valorar o espectáculo entre os cativos". "A insensibilización comeza desde que son moi pequenos", destacou, ao tempo que se reclamaba tamén que materias escolares como Educación para a Cidadanía "sensibilizasen os rapaces sobre o maltrato animal". O vindeiro 27 de xuño crearase unha asociación parlamentaria, con varios deputados, en contra das touradas no Estado No ámbito político, Jordi Guillot optou por "aceptar o reto do PP", que emprega todas as súas armas para defender as touradas ou utilizalas demagoxicamente como estratexia, para "seguir facendo pedagoxía" contra o maltrato e tortura animal. Así, anunciou en exclusiva a creación, o vindeiro 27 de xuño, dunha asociación parlamentaria contra as touradas e que contará con deputados do Congreso de varias formacións políticas. "Seremos un lobby no Congreso en loita pola defensa dos dereitos dos animais, un colectivo de denuncia e de protesta", explicou. O acto tivo lugar na Coruña, unha cidade que leva anos subvencionando as corridas e que este ano manterá as touradas sen axuda pública pero co pagamento de todos os gastos derivados da súa organización, ademais da limpeza ou a cesión da banda municipal. Rubén Pérez, voceiro de Galicia Mellor sen Touradas, márcase o ano 2015 como obxectivo para porlle fin aos touros na cidade e cre que a empresa que organizará a feira "pensarao dúas veces en anos vindeiros", cando vexa o escaso éxito que teñen na urbe.
NOS_46791
"Hai medidas de interese, pero cuestións como a fixación de descontos de gasóleo suscitan dúbidas, non están ben concretadas", recoñeceu o presidente da Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (Ascentra), Antonio Señarís.
O acordo do Goberno español cos representantes maioritarios do transporte non evitou que novamente se producisen paros dos transportistas, como vén sendo habitual desde o pasado 14 de marzo, e camións e tractores volveron entrar nalgunhas das principais cidades galegas. Aínda que o día de hoxe comezou como unha xornada algo máis tranquila, após o anuncio da ministra de Transportes, Raquel Sánchez, do paquete de medidas acordado co Comité Nacional de Transporte por Estrada, rexistráronse algunhas accións de protesta. Así, na Coruña, os transportistas manteñen os piquetes diante de instalacións como o porto herculino, precisamente á espera de que as asembleas decidan se continúan ou non cos paros. Este sábado, ás 11 horas, haberá un encontro da Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (Ascentra), cuxo presidente, Antonio Señarís, explicou que aínda están por coñecer máis detalles do que ofrece o Executivo español. "Hai medidas de interese, pero cuestións como a fixación de descontos de gasóleo suscitan dúbidas, non están ben concretadas", recoñeceu. Por iso, Ascentra agardará polas explicacións da Federación Nacional de Asociaciones de Transportistas de España (Fenadismer), que forma parte da mesa estabelecida entre o Goberno español e o sector do transporte. A proposta non convence Pola súa banda, Robustiano Camarero, transportista autónomo que participa nos piquetes na Coruña, admitiu que non lle convence a proposta formulada. "Non vou mover o camión por 600 euros ao mes", di sobre o que lle quedaría cos descontos propostos. Ademais, volveu pedir ao Executivo estatal que escoite os transportistas autonomos que reclaman outras demandas a maiores do prezo do combustíbel. Mentres, o presidente da Asociación de Empresarios do Transporte Río Miño (Aetram), Diego Arias, asegurou que a folga "mantense", xa que ten que ser a Plataforma en Defensa do Transporte, a convocante, a que tamén poña fin ás protestas. Arias asegurou que as medidas postas en marcha "son moi curtas" e "non deixan claro como vai ser o sistema". Sobre a rebaixa, denuncia que lles subiron 70 céntimos. "Ademais, segundo recolle o acordo, é ata o 30 de xuño, só son tres ou catro meses e despois, que facemos? volvemos a parar?". Insistiu en que "non foi a patronal" quen convocou o paro, e subliñou que "os transportistas autónomos son 85%". "Nós somos os que facemos o transporte e estamos todos os días na estrada", sentenciou.
NOS_34770
Matriz Galega é un proxecto feminista e identitario que xorde da man da especialista en Sexualidade feminina de Terapia Gestalt, Nuria Pahino. Vencellada con iniciativas como o Teatro das Oprimidas ou a medicina natural, Matriz Galega vén de sacar unha Axenda menstrual, ilustrada por Paula Pereira. Un diario no que o feminino, a identidade, a relación corpo-territorio ou a mitoloxía celta e a natureza galega tamén son as protagonistas.
-En que consiste o proxecto Matriz Galega? A idea, o traballo, aínda está en construción, mais xurdiu da necesidade de volver á soberanía dos nosos corpos e territorios. Foi ideado, perseguido e xestado nun momento no que eu estaba fóra da Galiza, no contexto da pandemia da Covid-19, e sentín moito a necesidade de volver. Tamén foi moi influenciada a idea polos pobos orixinarios de Abya Yala (América latina en lingua indíxena), darlle unha recuperación identitaria ao noso territorio galego desde o lugar das mulleres e das disidencias. -Que busca Matriz Galega? Que obxectivos persegue? Procura traballar ao redor da comunidade e da autoxestión do territorio. É un proxecto autoxestionado e comunitario que quere laborar a partir da descolonización da medicina, desde unha óptica alternativa, da medicina alópata (vencellada coa homeopatía), do uso minerais con diferentes xeometrías especificamente dedicadas á saúde das mulleres, e tamén do uso de plantas, desde unha óptica tamén da ciclicidade, da conexión coa natureza e, sobre todo, desde o lugar de querer autoxestionar a nosa saúde. -No mes de maio lanzou Axenda menstrual, ilustrada por Paula Pereira, en que consiste ese tipo de diario? É un lugar onde podemos recoller a nosa vivencia do día a día, como nos imos sentido en relación a diferentes indicadores e que cousas nos pasan nas distintas partes do ciclo, co obxectivo de coñecernos. Principalmente é unha ferramenta de coñecemento para saber que distintas fases atravesamos ao longo do noso ciclo, saber que non estamos igual cando menstruamos que cando ovulamos ou estamos na fase premenstrual ou preovulatoria. É un modo de coñecer as nosas conexións dispoñíbeis para poder, desde aí, habitar este sistema dunha forma máis autoxestionada. -Que beneficios ten levar unha axenda menstrual? Basicamente, identificar as cousas que lles pasan aos nosos corpos, porque estamos totalmente desconectadas do que é o noso corpo-territorio, e se non sabemos que nos pasa, se non o identificamos, non podemos abordalo. Na axenda tamén hai un apartado de sexualidade e algunha sección de plantas aliadas, baseadas na xinecoloxía autoxestiva e natural, porque se sei que me pasa tal cousa podo botar man desta ferramenta ou destoutra. A axenda permite escribir durante seis meses e, se escribimos cada día do ciclo, ao final podemos ver os patróns que se repiten certos días. Ao final, é ser donas do noso corpo, é unha proposta feminista que rompe co feminismo máis clásico e aborda todas as cuestións do noso corpo-territorio. Matriz Galega é un proxecto incómodo que desafía o feminino sagrado e do feminismo máis racional. -Explíquenos que é a xinecoloxía autoxestiva. É autoexploración, coñecemento e tamén ter ferramentas para os coidados da matriz a través de arxila, das plantas, da medicina tradicional. Estamos a facer un traballo de recuperación coas parteiras e as curandeiras da zona... Trátase de recuperar o propio territorio, non ser unhas descoñecedoras do corpo senón ser donas de nós. -Que outros proxectos teñen entre mans? Queremos facer unha comunidade popular artística, traballamos co Teatro das Oprimidas. Tratamos as medicinas e a xinecoloxía autoxestiva e natural, e no mes de xullo estaremos nun retiro traballando con ovos intravaxinais. Tamén tocaremos o tantra e outras formas de sexo que rompan coa sexualidade hexemónica e patriarcal.
NOS_57389
O xurado da VI Edición do concurso de pintura CreArte na Universidade de Santiago decidiu outorgar por unanimidade o primeiro premio á obra Praterías de Xurxo Romero Durán. Os cadros finalistas expóñense na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.
O premio entregouse ao gañador no acto do patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Neste mesmo encontro, fíxose tamén entrega dos premios académicos de grao e máster do curso pasado así como o premio Fulget 2016. O cadro gañador de Xurxo Romero Durán, Praterías, é un acrílico sobre lenzo e será exposto de xeito permanenente no Espazo de Arte da facultade. As obras finalistas estarán expostas tamén nesta facultade até o 5 de maio. Esta é xa a VI Edición do Concurso CreArte na Universidade, convocado pola Facultade de CC Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Este concurso que busca premiar a creación artística e a creatividade nace no ano 2011. Nun primeiro momento estaba destinado só aos membros da comunidade universitaria, mais posteriormente abriuse á toda a sociedade.
NOS_44842
CIG-Saúde demanda "máis medios humanos e económicos" á Xunta, acusándoa de "maquillar a ausencia de profesionais" primando a atención telefónica nestes meses.
A pandemia da Covid-19 puxo o foco na Atención Primaria, sumando novas responsabilidades e tarefas a unha especialidade sanitaria cuxo persoal vén denunciando unhas axendas excesivamente cheas. En 2019, as e os profesionais deste servizo canalizaron as reclamacións de máis contratacións e tempo para os doentes en tres folgas ao longo do ano. Segundo sinala a CIG-Saúde, a maior carga de traballo que implicou o coronavirus non foi acompañada por un cambio nas políticas sanitarias do partido no poder desde hai once anos. De facto "empeoráronse as condicións laborais do persoal e, sobre todo, empeorouse a asistencia sanitaria que se presta", asegura a secretaria nacional do sindicato, María Xosé Abuín. As protestas do pasado ano levaron á formación dunhas mesas de traballo centradas na elaboración dun Plan galego para a Atención Primaria, mais as súas carencias motivaron a terceira folga do 2019. Esta folla de ruta é unha demanda que sindicatos e asociacións sanitarias veñen reiterando desde 2009. A secretaria nacional da CIG-Saúde apunta que desde que o Partido Popular chegou ao Goberno galego con Alberto Núñez Feixoo á fronte suprimíronse as xerencias de Atención Primaria e elimináronse postos de traballo "con xubilacións obrigatorias aos 65 anos sen incorporar as prazas MIR (Médico Interno Residente) que garantisen a súa reposición". Abuín agrega que se dificultou a solicitude de exploracións complementarias e mais a derivación de doentes á atención hospitalaria. Un atranco que, afirma, anulou a capacidade resolutiva das e dos profesionais e colapsou os servizos de Atención Primaria. Atención telefónica Coa chegada do virus, a CIG-Saúde denuncia que a resposta do Sergas fose primar as consultas telefónicas. "Intentaron maquillar a ausencia de profesionais procurando, ademais, responsabilizar o persoal da situación de colapso", critica. E engade que a dificultade para solicitar unha cita nos centros de saúde "vén confirmar" esa falta de persoal. Así, a central sindical reclama ao Executivo galego "os recursos humanos e materiais necesarios" para exercer o seu labor" nunhas condicións dignas, con seguridade para a súa saúde e a da poboación". O conselleiro defende a herdanza recibida O comunicado enviado pola CIG coincidiu coa comparecencia do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento da Galiza, onde reafirmou "o compromiso co primeiro nivel atención sanitaria que se vén mantendo dende o Servizo Galego de Saúde mediante a construción de novas infraestruturas, investimento en equipamento e creación de novas prazas de profesionais".
PRAZA_11882
Hai que recoñecer que as distancias e as diferencias son grandes ou pequenas segundo se miren co microscopio ou desde un pequeno outeiro. Mirados con detalle e detenimento cada ser humano somos unha realidade singular e irreductíbel, diferente a calquera outro.
Empezarei dicindo que teño a impresión de que nisto, como en tantas outras cousas, a diferencia entre o contado e a realidade é, por dicilo con mesura, considerábel. Máis aínda, teño a impresión de que case nada é o que aparenta. Nin as diferencias son as que parecen ser ou se escenifican nin as afinidades son as que se representan ou proclaman. É certo que calquera relato, para que funcione e levante pasións ten que ser simple, aparentemente moi claro, con brancos e negros, con bós que son sempre bós e malos que sempre son malos. Pero resulta que visto con certo desapaixoamento, nin iso é asi, nin as posicións de cada quen son prístinas, nin seguen trazos lineais ao longo do tempo senón máis ben bastante sinuosos e cheos de reviravoltas. Nin uns acertaron sempre e os outros se equivocaron sempre –e viceversa- senón que, aínda que hoxe non o pareza, todos os grupos hoxe en disputa partillaron decisións, representación institucional, candidaturas electorais con resultados intercambiabeis, etc de xeito que se fai por veces forzado –certo que nuns máis que noutros- desentenderse á hora de partillar tamén as consecuencias e os resultados, cos seus éxitos –transversais- e os seus fracasos –tamén transversais-. Xa se sabe que é humano, demasiado humano, asinar os éxitos e abxurar dos fracasos. Pero o certo é que as consecuencias dalgunhas decisións tardan un tempo en manifestarse e iso pode facer que aparezan como responsabeis os que lles toca colleitalas, foran ou non os causantes, ao tempo que os que por acaso xa non están ao frente poden reclamarse exentos de toda culpa. En idéntico sentido, non por recoñecer a touro pasado as consecuencias nefastas queda un libre de responsabilidade de ter participado na toma de decisións que conduciron aos fracasos, a menos que medie un claro exercicio de autocrítica. De igual xeito, algo de relativismo compre poñer nos factores que tecen a conformación de cada polo. As afinidades tampouco son permanentes, nin tan siquera moi estábeis e duradeiras. Hai, como lle gusta dicir aos estrategas, unha xeometría variábel que muda no tempo –as veces en moi pouco tempo- con grande flexibilidade, o que fai pensar que se trata máis de movimentos tácticos que cuestións de principios. Os movementos de Máis Galiza desde unha alianza con APU, impoñendo a exclusión de EI, na anterior asemblea até a alianza in extremis con eles de cara a esta última é tan só un clamoroso botón de mostra. Máis aínda, que eses movementos de marcos poidan facerse sen grande dramatismo existencial revela en si mesmo que as extremas non teñen grandes gábias separadoras. E isto é, xustamente, para min, a primeira constatación e a máis crucial para entender o BNG e a súa asemblea: máis que un substrato bipolar o que hai é unha estrutural fractal, caleidoscópica, de beiras moi difusas. Hai que recoñecer que as distancias e as diferencias son grandes ou pequenas segundo se miren co microscopio ou desde un pequeno outeiro. Mirados con detalle e detenimento cada ser humano somos unha realidade singular e irreductíbel, diferente a calquera outro. Nese sentido quédase curta aquela consigna dos troskistas cando dician que "dous son partido e tres organización". Ben mirado habería que ir máis alá e, na mellor tradición xudea, recoñer que cada un de nós somos un partido e para iso nen sempre coherente e cohesionado e, desde logo, non eternamente inmutábel. Como din os xudeos de si mesmos, onde hai dous xudeos hai dúas opinións e que dúbida cabe que nós somos fillos da tradición e cultura individualizadora/socializadora xudeo-cristiana. Polo tanto, o que mantén unido a un determindado colectivo humano é a fortaleza dalgún obxectivo común compartido. Canto máis ampla e variada sexa a lista dos obxectivos maiores serán os motivos de discrepancia. Claro está que a loita política hoxe, nunha sociedade complexa como a nosa, non pode estar definida e guiada por un único obxectivo, poñamos por caso a soberanía do país, por iso os factores de diferenciación e confronto son múltiples. O importante nesa tesitura é saber se hai un obxectivo suficientemente poderoso, por exemplo o citado, cuxa posición central e hierárquica é claramente compartida, de xeito que poida actuar de cemento suficientemente forte como para evitar a disgregación. Tamén é certo que a súa capacidade unificadora non pode ser infinita, remata no momento en que a súa forza centrípeta deixa de ser quen de contrarrestar as forzas centrífugas das demais diferencias. Canto máis alargadas e profundas se vaian facendo esas outras diferencias máis difícil será manter unida esa multitude. Por esa razón resulta pouco verosímil na nosa sociedade actual a convivencia nunha mesma organización de persoas con ideoloxías claramente de esquerdas e persoas con ideoloxías claramente de dereitas. Por iso, no BNG, por moito que algúns o desexaran e o formularan publicamente como desideratum, nunca houbo ese tipo de perfil. Efectivamente, algúns dirixentes con escasa formación política e no climax do pensamento único neoliberal da década pasada chegaron a ser cegados polo espellismo desa ilusión. E é certo tamén que ese delirio tivo consecuencias na percepción do BNG por parte dun segmento da súa base social e electoral, desafección que aínda perdura. Agora ben, ese espellismo desaparece coa crise do neoliberalismo en 2008 –de feito Quintana despregaría na campaña de 2009 un discurso contra o neoliberalismo e o capitalismo de casino, que resultaba pouco críbel despois do discurso anterior. A partir de 2009 a dirección do BNG desfai calquera equívoco posíbel nesa materia: somos nacionalistas e de esquerdas, sen ambigüidades nin falsos acenos. Certo que unha parte da nomenclatura institucional aupada nese período non abandoou totalmente aquela ensoñación e, mesmo situados persoalmente na esquerda, viven aínda coa ilusión do miragreiro que sería se a auga e o aceite puideran realmente misturar. Feita esa contextualización, paso a facer a miña radiografía do BNG e da súa XIII asemblea que tanta tinta leva gastado xa na imprensa e na internet. Podes ler o resto do artigo no blog de Xavier Vence
PRAZA_20193
Antía Otero gañou o premio de poesía da II Gala do Libro Galego con O cuarto das abellas.
O eco das palabras. Ou do recordo. A abellariza como metáfora das estruturas non xerárquicas. As obreiras que se rebelan e matan a raíña. O extraordinario que abanea o cotián, o estable, para obrigarnos a reposicionarnos. Son algúns dos alicerces de O cuarto das abellas, o libro co que Antía Otero vén de gañar o premio de poesía da II Gala do Libro Galego. Aproveitamos para falar con ela desta e das súas outras obras. Emocións, sensacións e lembranzas parecen o punto de partida de O cuarto das abellas. Neste libro era importante para min, sobre todo, traballar co concepto de eco. O eco que provocan as palabras. O eco, e a emoción, foron dúas liñas moi importantes na construción de O cuarto das abellas. Moita xente di que o libro lle resultou moi sonoro. E é verdade que están moi presentes os sons, tamén porque aparecen os sons da casa, a música… Mais para min o máis relevante era o concepto do eco como son, e como son no presente. Por iso non é, en realidade, un libro sobre lembranzas -que tamén están-, senón sobre o eco do recordo máis que sobre o recordo en si mesmo. A estrutura de O cuarto das abellas é coma unha colmea. A editora que creaches con Dores Tembrás chámase Apiario… Por que a abella e a colmea como metáfora? O libro comeceino antes da posta en marcha de Apiario. Cando buscabamos un nome para a editora decatámonos de que as abellas estaban presentes tanto na miña escrita como na de Dores. Nas nosas casas familiares facíase a esmelga. Iso foi o punto de partida, máis alá do contido simbólico: a comunidade, o traballo en común, a idea de tecer rede… Tamén era un símbolo moi presente na literatura. Foi natural, por todo iso, chegar ata aí. "A estrutura do poemario é unha abellariza. Sen relacións xerárquicas, senón horizontais" En canto á estrutura do poemario, é, si, unha abellariza. Como as partes dun cuarto, sen que ningunha estea por enriba da outra. Sen relacións xerárquicas, senón horizontais. E con isto volvemos á idea do espazo transitado desde o presente. Comprendo que o libro poida ser interpretado como un poemario sobre a infancia, que nos leva ao pasado. Tamén está a morte, que nos remite ao futuro. Pero a miña idea era tratar os temas desde o presente. "A miña idea era tratar os temas desde o presente" Se está o pasado, é desde o eco do que vén de atrás. O rebote do eco. Tamén a morte: un rebote do eco sobre o que vai chegar, sobre o que sabemos que, indefectiblemente, está aí. A morte como algo intuído no presente. Interesábame, en relación cos tempos, mover os marcos do esperable entre o pasado e o futuro. O que quería era o presente da palabra. A presenza da palabra. A presenza e o presente na escrita. "Interesábame, en relación cos tempos, mover os marcos do esperable entre o pasado e o futuro. O que quería era o presente da palabra" Dixeras que en Retro(visor) buscabas que a relación entre texto e o subtexto fosen escoitadas coma un monólogo íntimo. En O cuarto das abellas un poema volve citar o texto e o subtexto, a loita por habitalos… Por que? O subtexto foi sempre moi importante para min, na miña escrita. É como o que queda no padal. Unha vez a crítica Chus Nogueira referiuse a el como o sal das pipas. É iso: o que quedas remoendo… Cando o lector leva iso, cando queda co subtexto, xérase unha especie de intimidade entre o lector e o escritor. É un tipo de intimidade moi potente. E non me refiro á intimidade como tema de escrita, senón á conexión entre subtexto e lector. En Retro(visor) si está a intimidade como tema. Aquí está en relación co subtexto, cos ocos a completar polo lector. Co que o lector leva ao encher os ocos que deixa, que propón o poema Falas de ocos… Comparando os teus tres libros, semella que neste terceiro hai, sobre todo en relación co primeiro, maior condensación da palabra. Menos palabras, poemas máis curtos… É que a medida que vas escribindo vas gañando respecto pola palabra. Quero dicir, que te vas decatando de que non debes usar a palabra máis da conta. Escribir consiste máis en botar un pulso coa palabra, mirando ata onde chegas, para non excederte. En relación a este pulso, neste libro hai un non encriptar, un non usar máis palabras das que preciso, mais sen que se perda a emoción. "Escribir consiste máis en botar un pulso coa palabra, mirando ata onde chegas, para non excederte" Interésame a emoción, aínda que entendo que é tamén unha palabra moi manida. É unha palabra que se foi baleirando: está moi presente na arte, e ata nos reality shows… Pero eu négome a deixala. Quero reivindicar a emoción. Unha das poucas cousas que aínda non puideron negarnos ás persoas é a capacidade para a emoción. En certos momentos, na escrita, déuselle máis pulo á cuestión formal. Mais pensamento e emoción non son contrapostos. En Retro(visor) estaba a infancia, pero era un pouco a identidade, o construírse, o chegar a ser, a definirse. En O cuarto das abellas hai algo diso tamén: a infancia, o espello, o facerse… Que conexión hai entre ambos libros? Para min, a diferenza entre un e o outro é o filtro. En Retro(visor) o eu poético é o dunha observadora. En O cuarto das abellas a acción está máis presente. Retro(visor) traballaba máis con secuencias. O cuarto das abellas traballa máis coa condensación do evento, o instante. E quixen que o evento non estivese fóra, senón dentro do texto. "Quixen que o evento non estivese fóra, senón dentro do texto" En O cuarto das abellas o evento que se conta é o que está no texto, por iso tamén a sensación de concentración da que falabas. No proceso de escrita, cando me daba a sensación de que o evento non estaba capturado, desbotaba o texto. Quería que o evento se puidese coller, apañar. Falas do cuarto. Fai pensar no cuarto propio, na construción do espazo propio. Supoño que iso é algo que teño incorporado de xeito natural. Mais o cuarto de O cuarto das abellas existía de verdade, na casa dos avós. Era un cuarto para as abellas. É normal, ademais, que nos leve á idea da construción do espazo, do cuarto. En base a referentes literarios varios, non só a Virginia Woolf. O proceso de escrita foi, ademais, entendido por min coma unha arquitectura. "O proceso de escrita foi, ademais, entendido por min coma unha arquitectura" Quería que cada texto puidese funcionar coma un pequeno piar, de xeito que todos os textos xuntos formasen o poemario. Ademais, está tamén a escrita como diálogo coa palabra. E iso lévame a pensar nas escritoras que están presentes nos meus libros. Penso nelas e no seu legado. Nos millóns de follas escritas que nos deixaron. E en nós coma os abázcaros que chuchamos dese legado, ao reescribilo. E, cando os abázcaros chucan o legado dunha autora, quedan coa obra ou coa vida literaria? É nese momento cando penso en Rosalía, Silvia Plath ou Emily Dickinson... Di Fran P. Lorenzo na contracapa que O cuarto das abellas nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. Estás de acordo? Estou de acordo e estoulle moi agradecida a Fran. Fixo unha lectura moi coidada. O que el apunta é algo que se vivía na propia casa dos avós, porque as abellas estaban dentro da casa. Eran animais salvaxes tratados polos meus avós coma animais domésticos. A tensión está aí, claro, porque estás a convivir con animais salvaxes que poderían facerche dano. Hai unha tensión na observación, na escoita: sabes que os animais están aí. E esta presenza das abellas incorporada na arquitectura da casa, esa maneira de convivir co salvaxe, implica un xeito de vivir, de ver o mundo… "As abellas eran animais salvaxes tratados polos meus avós coma animais domésticos" Comentou Ramón Nicolás nunha crítica do teu libro que prestabas atención ao extraordinario do cotián. Coma convivir con animais salvaxes baixo o mesmo teito… Hai unha autora que me marcou bastante, que é Unica Zürn. Ela traballa co evento, co asombro, co que cristaliza, co que antes non estaba pero de súpeto aparece. Porque temos que convivir con iso e tomar decisións. Interésame, si, como o extraordinario irrompe no cotiá, no presente continuo, facéndonos posicionarnos. "Interésame como o extraordinario irrompe no cotiá, no presente continuo, facéndonos posicionarnos" Porque o extraordinario lévanos para outro lugar. E, diante del, que facemos? Marchamos para outro lugar? Aproveitámolo? Vivímolo? Desbotámolo? Isto ten que ver co asombro, o abraio. Interésame como traballa o asombro, por exemplo, Celso Fernández Sanmartín. Por exemplo, a idea de filtro, de asombro da mirada sobre o que tes diante. Nos tres libros está presente a idea da nai, a matrona… As mulleres, o colectivo, a continuidade entre unhas e outras. Case como a raíz desde o primixenio... Si, en Retro(visor) hai, por exemplo, homenaxe a varias poetas. No tema da matrona está, si, presente a idea da orixe. E, si, está o feminino, en xeral. É certo que iso está sempre, aínda que non é algo buscado. Pero nunca me interesou a idealización dese lugar, e moito menos da maternidade, e menos aínda desde que son nai. Cando aparecen na escrita, esas mulleres aparecen máis ben como elementos cos que dialogar. "Cando aparecen na escrita, esas mulleres aparecen máis ben como elementos cos que dialogar" En O son da xordeira eran as costureiras, ou as mulleres na mitoloxía, ou Mari Pepa de San Picallo, por exemplo, que foi unha muller que tivo unha historia moi dura, á que lle mataron os tres fillos no 36. Son elementos cos que dialogar, pero non, como dicía, desde a idealización da maternidade, nin do feminino. Son espellos nos que é inevitable verse. Tes versos que remiten moi directamente a esa desidealización. Como o das abellas que nunca terán cintura de avéspora. Si. Está a desidealización do corpo, do feminino, e tamén do territorio, do rural. Non quixen tratar o rural como algo idealizado, melancólico. Como non quixen idealizar a idea do feminino ou da nai. O que si fago é poñer atención, pero non idealizar. Cando digo que meu avó tiña unha máquina de bombas, é porque a tiña. Non é unha metáfora. A máquina escorrentaba o xabarín, por exemplo. Facía un ruído que se escoitaba en toda a aldea. "Non quixen tratar o rural como algo idealizado, melancólico. Nin idealizar a idea do feminino ou da nai" Cando digo que desde que deixan de ter o gando na casa poñen a calefacción, é porque na casa dos meus avós non houbo calefacción ata que eu tiña como 25 anos. E as abellas son abellas: redondas e gordas. Non son avésporas. Hai un poema sobre Matronas veladas dedicado a Dores Tembrás. Podes explicalo? Fala dun espazo que nos foi negado en moitos momentos. Eu estudei Historia da Arte e non foi ata os últimos cursos da carreira cando comecei a escoitar falar de mulleres artistas. De moitas delas souben despois, facendo eu mesma traballo de pescuda. E con iso tamén está relacionado o tema do corpo: o que entra no canon e o que queda fóra. É algo ao que temos que enfrontarnos, como mulleres, como autoras... Lembro cando souben do activismo dos 80, das Guerrilla Girls… Lembro a emoción de descubrilas. Porque ata entón non estabamos sendo contadas. E ese é un filtro que, aínda que queiras, non perdes. Estudaches tamén na escola Espazo Aberto. Foi entón cando comezaches a interesarte pola mestura de disciplinas artísticas? Iso é algo que se cadra fun abandonando polas circunstancias pero, si, houbo un momento en que me interesou moito a relación da palabra con outras disciplinas. Hai algo entre a palabra e a imaxe que sempre é un pulso, unha relación difícil… Interésame moito, en relación con iso, a videopoesía. Ou, no cine, máis que no cine de ficción, atopo este interese nos ensaios fílmicos ou nos diarios filmados, porque aí a palabra compórtase dunha maneira distinta en relación coas imaxes. Neles palabra e imaxe xiran en paralelo, xerando algo en común. "Hai algo entre a palabra e a imaxe que sempre é un pulso, unha relación difícil…" No espectáculo que fixeches con Isaac Garabatos a partir de Retro(visor) había unha gravación en directo… Traballabamos coa idea de live cinema, do cine en directo. A idea era crear a dramaturxia en directo. Ese é un traballo do que gardo moi bo recordo. Tiñamos unha banda sonora feita por Isaac… Era moi importante o son, os loops, a repetición, a creación dunha atmosfera a través do son… Penso, ademais, que o que aprendín naquel traballo valeume moito despois cando volvín á poesía, á palabra… Retro(visor) respondía á idea da poesía expandida. A poesía levada a outro lugar. Tamén o adaptabamos aos distintos espazos, polo que tiña algo de instalación… "Retro(visor) respondía á idea da poesía expandida. A poesía levada a outro lugar" Tamén traballaches no audiovisual. En Dous fragmentos/Eva, de Ángel Santos, ou na serie Os Atlánticos. Si, entre 2005 e 2010 traballei bastante no audiovisual. Na serie e despois na primeira longametraxe de Ángel, na que tiven un papel pequeno. Foi unha época de probar cousas. Si teño algo de formación como actriz, pero tampouco vou definirme como actriz, que entendo que é unha persoa que está en constante evolución, preparación… e eu non fago nada de interpretación na actualidade. En Retro(visor), no libro, a voz poética di nun poema que se decata, diante do espello, de que non está soa, porque hai millóns de voces coas que dialogar… É que en Retro(visor) había dúas partes. Unha era o mirar a través do espello, do retrovisor, os lugares polos que transitaches. Despois hai unha conversa, no presente, que implica mirar cara adiante e contar a verdadeira historia. Aí a voz poética percátase de que non está soa, que hai elementos cas que dialogar, entre eles o propio lector. Nese mesmo poemario, alguén explica que se non tunea o cabelo é por falta de cartos e non por ser natural. Bastantes poemas adoptan un ton irónico… Aí está a presenza do corpo, como nos versos dos que falabamos antes sobre a abella que non vai ser avéspora. Algún crítico comentou iso que dis, que aparece na miña poesía un tipo de choques nos que traballo coa ironía… En realidade, non é a miña intención. Son só iso, choques de realidade. Entendo que poidan ser interpretados como xeitos de ironía, de humor, pero non é o meu obxectivo. Outra cousa que fas moito é facer versos colocando palabras en cursiva e entre guións. Como unha chamada de atención. Entendo moito os poemarios coma unha promesa. Para a lectora, desde que se achega ao traballo ata que o remata, é unha promesa. E para min é moi importante non abandonala ata ese remate. É moi importante que a palabra non abandone a persoa que le. "É moi importante que a palabra non abandone a persoa que le" Hai tamén, e non só neste último poemario, unha apelación a un ti. Alguén que marcha e que vai volver. A voz poética gárdalle o lugar. Si hai esa ausencia, ese ti que se vai e que deixa un lugar. Pero a min o que me interesa, precisamente, é o lugar que deixa. A modificación que produce. E calquera modificación, como dicía antes, obríganos a posicionarnos outra vez. Sempre me interesou iso, o que cambia de posición e o efecto dese cambio. Cun mínimo xesto, a imaxe cambia. E tento que iso non pase inadvertido. Que quede un rexistro. Pasa o mesmo cando contamos unha lembranza. Sempre hai algo de variación, de modificación. E interésanme esas pequenas variantes que se producen no que considerabamos estable. Non me interesa o estable, como lugar de comodidade. "Non me interesa o estable, como lugar de comodidade" Falabamos antes da infancia. Está presente nos tres libros. En Retro(visor), a infancia é "un parque de atraccións pechado por descanso". Semella unha sorte de diálogo -irónico- con frases tan repetidas como a da infancia como patria, de Rilke. En realidade, a infancia é un dos grandes temas que sempre están na literatura. Pero creo que hai momentos nos que a súa presenza é tal, que é un dos temas que fagocitan a escrita. Pode lerse como algo irónico, si, pero o subtexto neste caso é o medo que me dá que temas coma a infancia, tan centrais na escrita, acaben fagocitándoa. "Dame medo que temas coma a infancia, tan centrais na escrita, acaben fagocitándoa" O son da xordeira é un libro iniciático. Mais apunta moitas cousas que están nos outros dous. Penso que as tres exploracións dese libro foron a consciencia do colectivo, a descuberta (a viaxe) e a soidade como recoñecemento do eu. É un libro moi iniciático, si. Despois hai unha consciencia da escrita que vas gañando co tempo… Hoxe vexo Retro(visor) coma un travelling… E con O cuarto das abella' volvo a unha estrutura de partes… Por iso, si que atopo cousas, en cada poemario, dos anteriores. Coma pequenos reflexos. Hai bastantes referencias, nos tres libros, á literatura, a música, o cinema… Son presenzas moi poderosas que nutren a propia escrita, que van configurando unha maneira de mirar, e os propios intereses. Porque moitas veces o que vemos, o que escoitamos, xera puntos de entrada, xera intereses. En 'Retro(visor)' hai moitas referencias. En 'O son da xordeira', non tantas, aínda que si que está Godot, por exemplo. Que tamén está en 'O cuarto das abellas', no poema 'Esa parálise'. Releo moito a Samuel Beckett. Cando estou saturada, axúdame a centrar a mirada, a limpala. É a lectura como colirio... Cóntasnos máis da historia real da que parte o poemario? A casa cun cuarto para as abellas. É a casa dos avós por parte de nai. Unha casa de labranza. Na fachada da casa hai uns pousos polos que entran as abellas. Así pasan para dentro, e quedan entre a parede da fachada e a parede do cuarto. Nun oco que é para elas. Na propia parede do cuarto hai unha trampilla de madeira. Se a abres, ves as abellas. Alí teñen a súa colmea. "Meu avó dicía que as abellas non ían facerlle mal porque o coñecían" As abellas estaban alí, e eu lembro moito cando durmía alí escoitando as abellas, sentíndoas. Os apeiros de esmelgar estaban, ademais, por toda a casa. Era moi bonito cando o meu avó ía alí co afumador, moitas veces sen máscara. Dicía que as abellas non ían facerlle mal porque o coñecían. A iso me refería ao principio: el trataba as abellas como animais domésticos. Sen medo, sen repulsa. Creo que é algo moi poderoso… O das abellas é, así, un dos sons que teño máis interiorizados. Aprendías a convivir de xeito natural coas abellas. Algo máis? Hai obreiras en O cuarto das abellas, como hai obreiras -costureiras- en O son da xordeira. Hai una raíña, que é a orixe da colmea e que simboliza o poder. Todo o traballo faise por ela. Pero chega un momento no que as obreiras rebélanse e asasinan a raíña, co néctar que colleran para ela. Acaban coa monarquía, símbolo do poder… Por iso hai unha parte dedicada ás obreiras. "Chega un momento no que as obreiras rebélanse e asasinan a raíña" Como vai Apiario? Libros vosos levaron varios premios… Si. Celebración, de Gonzalo Hermo, gañou o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, do Ministerio. O deserto, de María do Cebreiro, gañou o Premio da Crítica española. E Poesía Hexágono foi premio ao mellor ensaio na I Gala do Libro Galego. Este título é unha declaración de intencións en relación á parte de Apiario centrada na formación e nos obradoiros. Apiario é un proxecto moi humilde pero traballamos a reo, com moita paixón. "Apiario é un proxecto moi humilde pero traballamos a reo, com moita paixón" Como son eses obradoiros? Xa os facías antes de Apiario. Facíaos antes, si. Con Apiario, Dores e eu puxemos as nosas experiencias en común. No proxecto de Apiario a edición e a parte de docencia, de divulgación, foron concibidas como vasos comunicantes. Agora mesmo temos obradoiros estables de outubro a xuño, na Coruña e en Santiago. E obradoiros on-line que funcionan moi ben. Despois traballamos en centros de ensino, en bibliotecas… É bonito traballar cos rapaces, ver como descobren que había unha parte da escrita que non lles estaba a ser contada. "No proxecto de Apiario a edición e a parte de docencia, de divulgación, foron concibidas como vasos comunicantes" E non é fácil: entras nunha aula de ESO con perto de 30 rapaces, para falar de escrita, que é algo que relacionan co traballo, o esforzo… Pero tamén se decatan da escrita como lugar lúdico, para relaxarse, para facer que afloren algunhas cousas… O propio sistema fai que esas cousas non afloren de xeito natural. E está moi ben ver como un rapaz ou unha rapaza se emociona… Eu traballo moito coa idea do que significa tomar a palabra. Por exemplo, con Nina Simone. O que significa tomar a palabra cando es muller, negra… É un don poderoso. E eu quero que eles sintan ese don. Esa forza, ese poder.
NOS_37475
"A familia estaba revestida dun cuño patriarcal ou patrucial, en contra do mito persistente que atribúe un presunto carácter matriarcal á familia tradicional galega". Con esta contundencia expresa o historiador Xavier Castro no seu último ensaio o seu rexeitamento á crenza no matriarcado galego.
A casa patrucial operaba como unha estrutura de poder moi ríxida, sendo o patrucio a figura hexemónica responsábel de manter a autoridade, o cal xeraba unhas relacións de subordinación do resto da comunidade familiar. A sociedade tradicional galega era, pois, "marcadamente patrucial", aínda que a muller posuía tamén un certo papel social e a súa voz era escoitada. Así o explica Xavier Castro en Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia Séculos XIX e XX, (Galaxia). Non é, en realidade, este historiador o único en sustentar esta análise. A antropóloga Lourdes Méndez realizou nos 80 unha das investigacións pioneiras neste campo. A labrega galega -subliña no ensaio Cousas de mulleres. Campesinos, poder y vida cotidiana (Lugo 1940-1980)- tiña o status de "axudante" do seu marido, considerado o xefe da explotación, permanecendo a muller afastada do terreo no que se exercía o poder real. Que as mulleres realicen actividades na esfera pública que noutras sociedades son asignadas aos homes non é proba dunhas relacións de xénero máis igualitarias De xeito confluente, a antropóloga americana Heidi Kelley advertira xa como os discursos sobre o suposto "poder" da muller galega non servían para empoderala. Nun capítulo incluído no volume Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas, coordinado por Sharon Roseman e Enrique Alonso Población, esta experta observaba que tanto os viaxeiros españois coma algúns antropólogos anglófonos que se amosaran impresionados polas "poderosas" mulleres galegas actuaban se cadra coma os patriarcais gregos e romanos, que sexualizaban as diferenzas culturais con descricións abraiadas sobre as fortes e activas mulleres "celtas" ao mesmo tempo que consideraban a orde social á que pertencían a antítese da civilización. O mito do matriarcado conta, porén, cunhas raíces históricas moi fondas. Clásicos da antropoloxía sostiveron xa no século XIX que a humanidade evolucionara desde a promiscuidade sexual ao matriarcado para despois pasar polo patriarcado antes de chegar á familia monógama. Mais o mito relaciónase ademais, en grande medida, cunha concepción estereotipada da división do traballo e cunha confusión da matrilinealidade co matriarcado. Así, o feito de que as mulleres realicen actividades na esfera pública que noutras sociedades son asignadas aos homes non é proba dunhas relacións de xénero máis igualitarias. Da mesma maneira, non é o mesmo o "matriarcado" -entendido como unha estrutura oposta ao patriarcado- que a matrilinealidade, que quizais si poida favorecer que as mulleres acaden un maior poder de negociación no seo da parella. Nas comunidades mariñeiras e nalgunhas zonas labregas de forte emigración -indica o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro na súa Antropoloxía de Galicia- adoitaba ser unha das fillas a mellorada -a que recibía a maior parte da herdanza-. A mellora matrilineal era unha estratexia familiar que garantía a continuidade da casa como espazo económico e simbólico diante da moi probábel ausencia do marido, e facilitaba que as mulleres asumisen un rol dominante na xestión da economía doméstica. O cal non significa que crease comunidades libres de ideoloxía machista, tal como explicou Kelley na súa análise sobre as nais solteiras melloradas, que pasaban a poder gozar dun prestixio social como cabezas do fogar que compensase o "fracaso" de non ter casado e a "inmoralidade" de ter unha crianza de xeito "ilexítimo". O ensaio de Xavier Castro achega outras mostras da pegada do patriarcado na sociedade tradicional. Coma o acoso sexual por parte do señor da casa ás criadas; as comúns actitudes violentas dos maridos para someter as mulleres; o protagonismo do pai no deseño das estratexias matrimoniais ou un código de achegamento sexual por parte dos mozos, que se supoñía debía ir acompañado dunha resistencia inicial por parte das mozas para probar a súa virtude, conducente a malentendidos, cando non a agresións sexuais. Familia, matrimonio e amor Familia, matrimonio e amor son, desde xeito, algúns dos temas dos que Xavier Castro se ocupa máis en Servir era o pan do demo. A infancia e a escola constitúen outros dos principais eixes da reflexión deste historiador sobre unha sociedade moi xerarquizada por razóns de xénero, idade e clase social. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.
PRAZA_8762
Agora o Presidente, unha vez mais, anuncia a prometida lei de tempos de espera. Sen entrar en que xa hai agora un decreto de tempos de espera en vigor e que non se cumpre. Ou en que estamos a falar dunha promesa de tempos mínimos espera feita en 2009 e que non se cumpriu nin un só trimestre nos mais de 4 anos que levan gobernando.
Como cada trimestre, a Xunta publica as listas de espera sanitaria. Un tema sempre controvertido, que ocupa tinta de xornais e de diarios de sesións no Parlamento galego. Estes datos de marzo foron avaliados en nota de prensa, sen comparecencias, dentro da estratexia de comunicación feijoniana de evitar a exposición mediática das cuestións controvertidas e rodealas dunha nebulosa. Datos non contrastábeis, que non se publican en series que permitan ver a súa evolución, formulados con arbitrariedade, e non sempre adecuados para medir a espera: actividade cirúrxica en xornada ordinaria, espera por prioridades... Se realmente buscasen unha nova forma de medir a espera, con outros criterios e con mais rigor, hai anos que eses indicadores estarían recollidos en operacións estatísticas que garantiran o rigor da súa construción, e a periodicidade da súa publicación Se realmente buscasen unha nova forma de medir a espera, con outros criterios e con mais rigor, hai anos que eses indicadores estarían recollidos en operacións estatísticas que garantiran o rigor da súa construción, e a periodicidade da súa publicación. Así o demandamos no Parlamento toda a pasada lexislatura sen resultado. Tampouco tivemos resposta á solicitude de incorporar á información da espera aqueles datos que agora non están e son complementarios cos que se publican (a espera non estrutural, as axendas pechadas). Tal e como está agora, a información trimestral da espera sanitaria é moi doada de manipular e está sometida á arbitrariedade de quen informa e moi lonxe da confianza que debe aportar. Nestes últimos tempos, a miña percepción da información sobre a espera enriqueceuse coa propia experiencia. Primeiro cun proceso completo que rematou en cirurxía e agora coa miña inclusión nun deses limbos informativos Nestes últimos tempos, a miña percepción da información sobre a espera enriqueceuse coa propia experiencia. Primeiro cun proceso completo que rematou en cirurxía e agora coa miña inclusión nun deses limbos informativos. Hai uns meses detectáronme na atención primaria un problema que precisa dunha proba diagnóstica que debe solicitar un especialista. No mesmo día, dende o centro de saúde mediante fax solicitaron a consulta e uns días despois recibín unha carta do SERGAS anunciándome que non me podían dar cita até novo aviso. Sóavos?. Os días e as semanas e os meses pasan sen novas. Non me queixo de ter que esperar moito tempo, é que non estou en lista, e cando me incorporen empezará a contar a espera sen considerar estes meses. É unha doenza grave? non o sei, nin o SERGAS tampouco o sabe, non estou diagnosticada. O curioso do caso é que para esa consulta, no meu hospital, disque hai 500 persoas menos agardando que hai 1 ano É unha doenza grave? non o sei, nin o SERGAS tampouco o sabe, non estou diagnosticada. O curioso do caso é que para esa consulta, no meu hospital, disque hai 500 persoas menos agardando que hai 1 ano. Así que imaxino que mentres a cifra oficial mingua para orgullo da Conselleira, o caixón das non-citas medra de costas á luz da transparencia informativa. Que credibilidade da isto á información? Lembro aquel tempo en que Farjas denunciaba os 70.000 enfermos no caixón do bipartito e comprometía verdade e rigor. É posible resolver esta distancia ontolóxica entre a realidade publicada e a realidade vivida? Non só é posible, é necesario, a medida do compromiso coa transparencia e a verdade. Lembro aquel tempo en que Farjas denunciaba os 70.000 enfermos no caixón do bipartito e comprometía verdade e rigor E agora o Presidente, unha vez mais, anuncia a prometida lei de tempos de espera. Sen entrar en que xa hai agora un decreto de tempos de espera en vigor e que non se cumpre. Ou en que estamos a falar dunha promesa de tempos mínimos espera feita en 2009 e que non se cumpriu nin un só trimestre nos mais de 4 anos que levan gobernando. Este anteproxecto adoece de falta de respecto á intelixencia, á paciencia e sobre todo ao sufrimento das e dos doentes pendentes de atención. Sobre as garantías de espera a lei non mellora a actual regulación (que non se está a cumprir) só vai dar unha escusa para transferir mais medios económicos á sanidade privada sen cuestionar os recortes na pública. Porque como vas atender a mais xente sen poñer mais recursos por moito que se pinte nunha lei? Será un estupendo argumento para ampliar as partidas de convenios coa privada e derivar o que non se poda atender por falta de medios. E agora o Presidente, unha vez mais, anuncia a prometida lei de tempos de espera. Sen entrar en que xa hai agora un decreto de tempos de espera en vigor e que non se cumpre. Ou en que estamos a falar dunha promesa de tempos mínimos espera feita en 2009 Non se avanza na información real da situación, retrocédese: a actual información trimestral pasará a ser semestral, a arbitrariedade dos criterios de derivación será absoluta. Poderán inflar as listas dun determinado hospital mentres noutro inflan os caixóns, en función dos intereses das privadas de cada sitio. Parezo desconfiada? Teño motivos, como milleiros de doentes dos que sanidade non da razón. Para xerar confianza: informen da verdade da espera, melloren os medios da sanidade pública para atender cos criterios que consideren pero que sexan coñecidos, claros e rigorosos. Demasiado pedir a un goberno de diletantes que transforman o drama das listas de espera nunha farsa.
NOS_33711
Publicadas no DOG do 5 de outubro, co titular xa en funcións, a Consellaría de Cultura ven de outorgar mediante un convenio a cantidade de 21.240 € á Asociación Galicia Milenio, Foro de Pensamiento y Opinión para conmemorar os 80 anos da misa de Rosalía. Toda a súa directiva está vencellada ao PP.
"Con motivo do 80 aniversario da misa de Rosalía", a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presidida por Jesús Vázquez ven de facer efectivo a través do DOG a aportación de 21.240 € para unha asociación vinculada ao PP. A Asociación Galicia Milenio, Foro de Pensamiento y Opinión foi apresentada no ano 2007 por tres persoas con recoñecida relación co partido de Núñez Feijóo. Á fronte situábase o profesor de Filosofía, Marcelino Agís Villaverde, coñecido tertuliano a prol das teses populares e, canda el, ocupaba a vicepresidencia Mª Teresa Cancelo, directora do centro Europeo de Empresas e Innovación da Consellaría de Economía e Industria e candidata agora na lista do PP pola Coruña no seu posto número 20. Como secretario figuraba José Antonio Constela, exdirixente de Nuevas Generaciones, numerario do Opus Dei e directivo do colexio maior La Estila (vinculado á obra). O cargo de Presidente de Honra outorgáraselle a Gerardo Fernández Albor, ex-presidente da Xunta. Con pouca presenza nas redes sociais, o Foro Galicia Milenio mantén activo un blog sen apenas movemento e un facebook na que se confesan como asociaición de crenzas "católicas" e ideoloxía "liberal". A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon nas súas mans os 21.240 euros especificando no Diario Oficial de Galicia unicamente que se asina o convenio "con motivo do 80 aniversario da misa de Rosalía".
NOS_54583
"O primeiro encontro de todos con todos". Así cualificou Xosé Luís Rivas "Mini" a reunión que convoca Iniciativa pola Unión para este sábado, en Compostela co fin de "queimar o último cartucho" para acadar unha candidatura unitaria galega ás eleccións xerais.
A Coordinadora de Iniciativa pola Unión fixo esta mañá un chamado a todas as forzas políticas para asistiren este sábado, ás 11h, ao restaurante Paz Nogueira, co fin de celebrar "o primeiro encontro de todos con todos", tal e como afirmou en rolda de prensa Xosé Luís Rivas "Mini". Mini: "Hai que queimar a vida na posibilidade de acadar a unión" O obxectivo pasa por lograr a candidatura de unidade popular "de aquí e para aquí", salientou "Mini", que indicou que cómpre "queimar o último cartucho" e "queimar a vida" na posibilidade de acadar a unión. Para isto, avogou en amosar "as cartas limpas e boca arriba", "queremos ou non queremos facelo? Temos valor para o facer ou non?", inquiriu. Pola outra banda, Suso Bermello lembrou que a plataforma segue a ter "a man tendida" a formacións políticas e colectivos que queiran sumarse e deu conta dos pasos que segue IpU para a configuración da candidatura. Así, advertiu de que "os prazos axustados" levaron a IpU a "poñer a maquinaria a funcionar". Salientou que o regulamento de participación das primarias foi elaborado por consenso e elaborouse da maneira "máis ampla posíbel, para servir a un proceso de confluencia na que todo o mundo se sinta cómodo". O sistema de primarias "busca garantir a maior participación posíbel, que as maiorías non dilapiden as minorías" En relación á elección dos candidatos e candidatas nas eleccións primarias, que terán lugar o 8 de novembro, afirmou que o sistema "busca garantir a maior participación posíbel, que as maiorías non dilapiden as minorías". Deste xeito, explicou que poderán concorrer ás primarias todas aquelas as persoas que así o desexen. Para se postularen como número un, estas persoas terán que reunir 25 avais e para formar parte da candidatura no resto dos postos terán que reunir 10 avais. "Reunir estes avais nun proceso no que están inscritas máis de 3.500 persoas é bastante sinxelo", apuntou. A Coordinadora fará públicas as persoas que concorren ás votacións primarias o día 2 de novembro.
NOS_11303
Vinte e cinco obras seleccionadas no certame Novos Valores 2018, promovido pola Deputación de Pontevedra, poderán verse no edificio Sarmiento do Museo provincial ata o 16 de setembro. "Son as creadoras e creadores chamadas a escribir o futuro da nosa historia da arte", afirmou o responsábel de Cultura do ente provincial, Xosé Leal.
Catro das 25 pezas corresponden aos gañadores do premio. Ademais de participar na mostra, gozarán dunha bola de formación e produción de proxecto artístico por 1.500 euros cada un. Foron a escultura Lo merecido de Natalia Umpiérrez (Pontevedra, 1982), a performance audiovisual My statement de Noela Covelo (Pontevedra, 1984) o vídeo Synth-BIOs-sobreinformación de Lois Búa Muxía, 1996) e a pintura Ternura de Blanca Tourés (Vigo, 1994). "A recuperación do formato de bolsas de estudos foi un acerto, porque permite ir vendo como evolúe a obras das persoas gañadores", considerou Leal, "o que redunda en beneficio de todas, no delas como artistyas e no noso como público". Ao Novos Valores 2018 optaron 99 obras: 19 en pintura, 17 en fotografía, 7 en videocreación, 10 en debuxo, 8 en gravado, 2 en deseño e 10 no denominado apartado de "varios". O xurado formárono os artistas José Solla e Olmo Cuña, a decana de Belas Artes Silvia García, o director do Museo Carlos Valle e mais a técnica de xestión cultural María del Carmen Baloira.
NOS_40677
Prazas ateigadas levan de novo o berro de Nunca Máis á rúa e claman contra a "incompetencia" dun proceso xudicial que deixa sen responsábeis políticos a catástrofe do Prestige.
Quen poida botar a ollada atrás lembrará as multitudinarias manifestacións que encheron as rúas da Galiza naqueles últimos meses de 2002. Após fender en dúas metades o Prestige e dar comezo a maior catástrofe ecolóxica dos últimos tempos unha maré de dignidade percorreu a nosa terra. Daquel tempo semellaba ficar ben pouco após máis dunha década. Porén, esta sexta feira as verbas daquela canción de Luar na lubre fixéronse certas e a letra da peza que rematou por se tornar en himno lembraron ao pobo galego que na súa memoria non hai volta atrás. Milleiros de persoas asolagaron prazas e rúas; vilas e cidades galegas convocadas pola Plataforma Nunca Máis. Desempoaron as vellas bandeiras ennegrecidas polo chapapote e mesmo tiraron dos armarios os buzos brancos que naquel outono de hai dez anos enchían de brancura as praias galegas para amosar á xustiza española e aos gobernos da Xunta e Madrid o seu rexeitamento á "impunidade" da sentenza xudicial pola catástrofe do Prestige pois, "a sentenza non absolve a realidade" afirmou taxativamente Xurxo Souto desde a concentración da Coruña. Nunca Máis volverá encher as rúas de dignidade "Se grande foi hai 11 anos a nosa indignación diante da xestión política moito máis grande é aínda agora a nosa carraxe perante unha sentenza que deixa impunes aos responsábeis políticos do maior delito ecolóxico dos últimos tempos". Así reza o manifesto ao que a Plataforma Nunca Máis deu leitura simultánea nas perto de vinte concentracións convocadas ao longo e ancho do país. Este movemento popular que, lembraron, "é a reacción natural dunha sociedade que se auto-organiza fronte aos gobernos que nos desgobernan" volverá "ás rúas e ás prazas, ao país de Nunca Máis" para condenar, "non por vinganza, senón por xustiza", aos responsábeis da traxedia. Nunca Máis anunciou que volverá a se mobilizar "fart@s de mareas negras, de gobernos que gobernan en negro, de sentenzas onde nunca brilla a brancura da xustiza, de autoridades e institucións que desprezan a nosa intelixencia, a nosa dignidade". Así, aseguran no manifesto publicado, combaterán "os que non aman nen queren unha patria libre" como exemplo "único" de xustiza "no medio de tanta inxustiza". Face o fallo xudicial feito público, desde Nunca Máis denuncian que Galiza "continúa á deriva, sen institucións que a defendan" e exixe "outra xustiza, en chave de país" e non "ao servizo dos poderosos, como nos tempos de Rosalía", continúa o texto. Sen espazo para se remexer entre a multitude que respondeu o chamamento da Plataforma só os berros de "Impunidade, Nunca Máis" racharon co silencio dun pobo "sen máis goberno de seu que a propia sociedade galega", un pobo que enviou unha mensaxe clara á xustiza e ao poder político: "Estamos fartas de mareas negras, non á impunidade".
NOS_46040
Ademais do Celta e o Depor, as tres equipas galegas conseguiron a temporada pasada os correspondentes ascensos. Agora toca traballar para continuarmos celebrando bos resultados diante de rivais de máis nivel.
O CD Ourense, ascendido a Segunda División B, comezou a preparar a nova onte no Estadio do Couto. Continúa Luisito, o adestrador que conseguiu o ascenso, e como novidades conta coas incorporacións de Juan Martínez (procedente do R.Ferrol) e Toni Alvarez, Antón, Alex, Iker Hurtado e Gustavo (procedentes do Pabellón C.F.). De proba adestran cos vermellos os xogadores franceses Thomas Piaulet Siena e Allan Merel, e o arxentino Alán Emmanuel. Aínda está por confirmar a continuidade de xogadores importantes como Adrián Quintairos e Borja Yebra.Non están confirmados todos os partidos amistosos mais xa sabemos que haberá encontros co Barbadás (19 de agosto) e o Estoril Praia (31 de xullo), campión da segunda división portuguesa. Fálase tamén do Verín, o Celta e o Deportivo, xunto ao Valladolid que este ano realiza a pretemporada en Mondariz.O Compos preséntase o 19A S.D. Compostela comezará os adestramentos da pretemporada en terceira división esta quinta feira, 19 de xullo, a partir das 19 horas en San Lázaro. Ese día será de portas abertas a siareiras e siareiros que queiran coñecer a nova equipa. Capitaneada por Anxo Casalderrey, a Esedé presenta a 11 caras novas: Diego Franqueira, David Nogueira, Tachi, Jimmy, Borja Facal, Mariño, Rendo, Joselu, Adrián Laureda, Uru e Diego Peláez.O primeiro compromiso deportivo do Compostela será o vindeiro 28 de xullo na disputa da Copa Deputación da Coruña fronte ao Victoria. Ademais, participará no III Torneo Triangular de Pontevea o domingo 29 de xullo. O 5 de agosto estará presente no torneo internacional Prébuild Cop (Braga), no que tamén participa o Celta. O Lugo xogará contra o Depor (1 de agosto) e o Celta (8 de agosto) esta pretemporada O C.D. Lugo confirma a pretemporadaOs do Lugo xa confirmaron as equipas que terán diante nesta pretemporada para preparar a súa presenza na Segunda división. Os partidos serán diante do Endesa As Pontes (As Pontes, 23 de xullo), o Lemos (Monforte de Lemos, 26 de xullo), o Vilalbés (A Pastoriza, 29 de xullo), Deportivo da Coruña (Lugo, 1 de agosto), a Ponferradina (Luarca, 4 de agosto), Celta de Vigo (Lugo, 8 de agosto) e o Cerceda (Cerceda, 11 de agosto). Imaxe: cdourense.net
NOS_42433
Garantir a docencia virtual, a conectividade do alumnado e a calidade dun sistema de avaliación xusto e adaptado ás condicións excepcionais do segundo cuadrimestre son os grandes desafíos da ensinanza superior da Galiza. Nós Diario conversa con Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña (UDC).
—Que pasos está dando a UDC para definir o seu modelo de avaliación?Traballamos en distintos sistemas de avaliación, en función da tipoloxía das materias e das titulacións. Estamos preparando un documento de axuda para o profesorado que imos discutir coas direccións dos centros e dos departamentos antes de levalo ao Consello de Goberno, co obxectivo de que, todo máis tardar, a semana que vén, poidamos dispoñer da forma en que se vai avaliar cada disciplina. "Será o profesorado quen seleccione a metodoloxía de avaliación máis acaída e o alumnado será informado con tempo suficiente". Todas van contar cunha opción de avaliación presencial e outra en liña. A nosa instrución é que todas as materias que poidan ser controladas mediante avaliación continua procedan nese sentido, e só accedan á proba final aquelas que a necesiten. Nese caso, a proba será telemática ou presencial, en función de como se vaia clarexando o acceso aos centros. Será o profesorado e os coordinadores quen seleccionen a metodoloxía máis acaída e o alumnado será informado con tempo suficiente. Se ben, tamén entendemos que hai materias que van precisar ser avaliadas de forma presencial e aí tamén teremos que buscar alternativas en caso de que non poida ser. —Prevé cambios importantes no calendario académico?Estámolo estudando. Vai depender de como evolucione a crise e das condicións que se dean para volver aos centros universitarios. Eu creo que teremos que facer modificacións. Está por ver se serán grandes ou pequenas. Mais tamén creo que temos posibilidades de completar todo o proceso na duración actual do curso académico. —Así, a docencia non presencial rematará o 15 de maio.Si, porque o sistema que agora puxemos en marcha permítenos manter o ritmo de docencia para que remate na data prevista. O que hai que ver é o período de exames. Probabelmente haxa que amplialo un pouco e estudar a mellor forma de encaixar esa mudanza para que non afecte en exceso á segunda oportunidade nin á selectividade, que tamén vai cadrar nese tempo. Os prazos previstos até o momento son dous. Tres semanas de avaliación, do 18 de maio ao 7 de xuño, e a segunda oportunidade, do 22 de xuño ao 17 de xullo. "Imos sacar unha serie de convocatorias para axudar o alumnado coa súa conectividade e tamén a vencer as dificultades económicas derivadas desta crise". —Contempla a posibilidade de adiar a finalización do curso ou de suspendelo, como reclama parte do estudantado galego?Temos que ser capaces de circunscribir esta situación excepcional ao actual curso académico. Postergala para o ano vindeiro creo que non é unha boa solución, porque nos obrigaría a adoptar medidas extraordinarias tamén durante ese novo período. En canto á proposta da suspensión, creo que debemos traballar para que non sexa un cuadrimestre perdido para o alumnado. A metade realizouse de forma presencial, así que o máis respectuoso cos dereitos das estudantes e con todas as súas opcións de futuro é que rematemos o curso da forma máis adecuada posíbel, cun modelo de avaliación flexíbel que garanta a accesibilidade de todo o mundo. E se vemos que con nesta modalidade hai competencias que quedaron incompletas comprometémonos a facer complementos de formación para o novo curso. —Polo tanto, é máis partidario de acomodar os criterios de avaliación que de asegurar un aprobado en todas as materias que non conte para a nota media, como propón parte do alumnado.Iso é moi complicado. Como se fai ese cómputo? Os expedientes teñen validez fóra da propia Universidade, a nivel de Estado, para a concesión de bolsas, por exemplo. Como lle dicimos ao Ministerio que non compute este cuadrimestre? Ou dentro de tres anos, como diferenciamos esta valoración da forma de calcular as medias? Estariamos penalizando o futuro das estudantes. "O vindeiro curso debemos ser conscientes das eivas de formación que poidan ter as estudantes para compensalas". —O alumnado quéixase das dificultades de acceso e mesmo de autonomía para atender a teledocencia. Que solucións lle ofrecen?Esta semana imos sacar unha serie de convocatorias para axudar o alumnado coa súa conectividade e tamén a vencer as dificultades económicas derivadas desta crise que poidan comprometer os seus estudos. Intentamos que as estudantes gocen da máxima conexión, da mellor calidade e sen sobrecustos. —En que clave hai que pensar o vindeiro curso?Creo que deberiamos recuperar a normalidade académica e ser conscientes das eivas de formación que poidan ter as estudantes, para compensalas. E creo tamén que temos que ser capaces de aproveitar todas as técnicas telemáticas que estamos incorporando para complementar as aulas presenciais, en beneficio da futura docencia do noso alumnado. A Uvigo vai evitar os exames finais O equipo de Goberno da Universidade de Vigo fixo público onte o Manual de urxencia para a docencia e a avaliación durante a COVID-19, un documento que recolle as pautas sobre as posibilidades de que dispón o profesorado para avaliar ao alumnado a distancia. O texto avoga pola avaliación continua ante a suspensión da docencia presencial e sinala que, na medida do posíbel, se evite a realización de exames de carácter final. O Reitorado aposta por manter as datas da avaliación e, de ser posíbel, realizar probas presenciais en xullo, de maneira que só se formula atrasar a finalización do curso como mínimo até setembro nos casos de titulacións cuxas prácticas non poidan adiantarse. "Aínda neste caso, procuraríase que estas actividades se poidan realizar en xullo e agosto, para poder rematar en setembro", sinala o equipo de Goberno nun comunicado de prensa.
NOS_20069
O prazo para presentar filmes á Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego está aberto. Desde o 7 de novembro até o 8 de xaneiro, a organización recibirá as pezas das que sairán as que vaian a concurso na Sección Oficial da XV edición do certame.
O requerimento principal é que as obras deben ser posteriores -a data de produción- ao 1 de xaneiro de 2017. O ciclo decorrerá entre o 23 e o 29 de marzo de 2020. A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico procura achegar "o cinema etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público, entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunciación e creación no ámbito da diversidade cultural". Os filmes que resulten escollidas para optar ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico pelexarán por un galardón de 1.000 euros, trofeo e diploma; o Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego será de 700 euros, trofeo e diploma; e o Premio do Público, trofeo e diploma. O Premio Agantro "premiará a execlencia antropolóxica" e será otorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural.
NOS_49701
Esta fin de semana Sada celebra a sétima edición da Festa da xiba cun total de 32 locais participantes, que elaborarán entre todos un total de 600 kg de xiba, para presentalos en tapas que serán servidas gratuitamente.
A VII edición da Festa da Xiba de Sada realízase esta fin de semana -comezou esta sexa feira e decorrerá até o domingo- e estará composta por un roteiro gastronómico no que participarán 32 establecementos hosteleiros da localidade. A consellería é a encargada de repartir a cantidade de 600 kilos deste cefalópodo entre os locais correspondentes. Deste xeito, a Festa da Xiba verá a festa gastronómica máis importante do concello xunto coa sardiñada que ten lugar, habitualmente, no mes de agosto. Dende a consellaría de Promoción Económica agradecen á cofradía de Sada a colaboración prestada para reunir as cantidades precisas ao mesmo tempo que esperan un grande acollemento da festa entre veciños e visitantes, para que proben as tapas que irán dende as máis tradicionais elaboracións como a xiba en tinta, con arroz ou con fideos, até interpretacións máis novidosas, presentando a xiba sobre tostas, con fabas, en mini hamburguesas ou en ceviche
NOS_51028
Ía calor no Incio durante toda a xornada mais non era só o sol. Arredor de duascentas persoas, con destacada presenza de escritoras e escritores, arrouparon a Marica Campo na homenaxe da AELG "A escritora na súa Terra". O Campo da Festa do Val do Mao leva xa o seu nome e un camelio plantado pola escritora medrará nos espazos nos que se desenvolveu a súa nenez.
Acompañada e querida tívose que sentir a escritora Marica Campo ao ir recibindo ás máis de duascentas persoas que se trasladaron de todas partes da Galiza para partillar na xornada que a República das Letras lle tributou. E non só desde o país. Desde Granada desprazáronse Aurora López e Andrés Pociña e desde o País Vasco chegou o amigo Xosé Estévez. Amigas e amigos da poesía como Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xavier Baixeras, Marta Dacosta, Medos Romeu, Margarita Ledo ou o propio Cesáreo Sánchez Iglesias participaron nos actos durante toda a xornada nos que tamén tomaron parte coñecidas figuras non só das letras senón tamén da política e o sindicalismo. Polo Incio estiveron Pilar García Negro, Bautista Álvarez, Francisco Rodríguez, Xosé Manuel Beiras, Mario Outeiro, Cosme Pombo, Silverio Rivas, Montse Prado, Mercedes Queixas, Estravís, Carme García Negro, Ramón Varela, Saleta Goi, Anxo Louzao, David Otero, Xosé Ramón Freixeiro Mato -autor da laudatio- e moita familia e veciños do Incio, a terra na que naceu Marica Campo e na que garda lembranzas da súa infancia e do seu achegamento á literatura. Por aí discorreron os seus dous discursos, o primeiro na Casa do Concello, coa alcaldesa como anfitrioa e o segundo no Campo da Festa que leva xa o seu nome, pola relación co Val do Mao que fixo que se remitise á infancia feliz no que a literatura comezaba a gañar espazo. Marica Campo falou de maneira íntima e persoal, lembrando episodios familiares para os amigos e amigas, recoñecendo a súa intensa relación da lingua que coñeceu no Incio, o seu compromiso co idioma e as primeiras achegas a un mundo literario que a había acompañar ata hoxe. En diversas ocasións, a escritora tivo que parar, interrompida polas palmas que se manifestaron, de maneira especial, nos fragmentos nos que a autora reparaba na reivindicación do uso da lingua en tempos nos que as dificultades se incrementan. O primeiro poema do primeiro libro No souto, o Campo da Festa, xa queda prendida unha placa que lle dá o nome da escritora a ese espazo que tantas lembranzas ten para ela, boas e malas, intensas fixo, daquelas que quedan para toda a vida porque forman parte da biografía de cada quen. Ao pé da igrexa, do singular camposanto cuberto e do campo de lecer e encontro, no que a música ecoa a través do tempo. Alí queda tamén o monolito cun poema da autora labrado na pedra, o "Val do Mao", primeira composición do pirmeiro libro, poema inaugural da traxectoria literaria da ilustre veciña do Incio. "Na súa traxectoria literaria e cívica transparece o firme compromiso coa Galiza, patria asumida e sempre reivindicada, e coa causa da xustiza e da solidariedade. Espírito libre, aberto e xeneroso, Marica Campo comprométese en cada texto coa calidade e dignificación artística da lingua, máis outra forma, en fin, de fidelidade e amor á Terra" dixo Xosé Ramón Freixeiro Mato, autor da laudatio coa que homenaxeou á autora. Tamén Cesáreo Sánchez, que pronunciou dous discursos nos dous actos da xornada, se dirixiu a Marica Campo para dicir: "Na túa palabra que é idioma na súa máis fonda raíz vai a tranparencia do río primeiro de primavera, vai o noso presente que escoitamos nos ecos da memoria que son patria. E no teu Eu cabe o Nós que contén todos os seres que somos sen nós saber".
NOS_36134
A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, en rolda de prensa após a xunta de portavoces. Animou a "condenar rotundamente o réxime comunista soviético de Putin e o seu interese por voltar á antiga URSS"
Os tres grupos do Parlamento galego encóntranse negociando aínda unha declaración institucional de condena e logo da presentación dunha proposta por parte do PSdeG, o PP atribúe a invasión de Ucraína por parte de Rusia á Unión Soviética, máis de tres décadas despois da súa fin. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, en rolda de prensa após a xunta de portavoces. Animou a "condenar rotundamente o réxime comunista soviético de Putin e o seu interese por voltar á antiga URSS, vulnerando desta maneira a liberdade e soberanía do pobo ucraíno". "Condena rotunda" do BNG Nun intento por furgar en posíbeis desencontros internos no BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou onte a súa "condena rotunda á cruenta invasión de Ucraína", Paula Prado pediu ao Bloque "altura de miras" e o "apoio" ao texto que agora se negocia. "Agardamos que non faga coma sempre unha política cativa por non apoiar o pobo ucraíno para non dicir a verdade, e a verdade é que os comunistas están invadindo un pobo soberano e libre como é Ucraína". Putin lidera o partido ultraconservador Rusia Unida, co que chegaron a ter contacto directo membros do PP español en diversas ocasións. Paula Prado asegurou, ademais, que o debate sobre a declaración institucional que pretenden pactar os tres partidos a partir dunha proposta do PSdeG é "cuestión de matices", pero advirte de que o PP cre "importante citar as bases da Constitución española e da OTAN". "Unha agresión a un país soberano", apunta o PSdeG As declaracións institucionais que o PSdeG impulsará nos concellos galegos, anunciadas este martes polo seu secretario xeral, Valentín González Formoso, e a aprobada xa na Deputación da Coruña, lembran que a invasión de Ucraína por parte de Rusia é "unha agresión a un país soberano" e alertan de que pode virar nunha "traxedia humanitaria na zona e en Europa". Desde o BNG, o seu viceportavoz parlamentario, Manuel Lourenzo, voltou hoxe a mostrar a súa "condena rotunda á invasión de Ucraína" e a mostrar a "solidariedade do BNG con toda a súa poboación".
NOS_50448
A través do seu portavoz, Antón Gómez Reino, Galicia en Común-Anova Mareas emprazou o Goberno galego a pór de inmediato "a disposición da loita contra a COVID-19" todos "os medios técnicos e humanos dos centros hospitalarios privados do país antes de propor o uso de hospitais de campaña".
Así, Galicia en Común desbotou a proposta que puxo sobre a mesa Feixoo este domingo e pola cal se abrirían hospitais de campaña en Compostela e na Coruña, "Feixoo debe ser claro e transparente e dar conta á cidadanía de se vai montar camas en instalacións deportivas cando hai camas libres e dispoñíbeis nos hospitais privados do país". Gómez Reino sinalou que os hospitais privados contan na Galiza cun total de 2.285 camas, así como de 563 médicos e 1.744 profesionais de enfermaría, entre outros medios materiais e humanos. Antes estes recursos, puxo de manifesto que "os hospitais de campaña modelo Ifema deben ser a última opción". Gómez Reino insistiu en que Feixoo "debe informar de inmediato á cidadanía galega e dar conta exacta de cantos recursos dispoñemos no país", así como explicar "cales son as necesidades dos hospitais", despois de que se coñecese que o hospital de Ourense recorreu á sanidade privada na procura de material, tal e como comunicou Nós Diario. Galicia en Común-Anova Mareas tamén demandou o reforzo da Atención Primaria, aproveitando ferramentas de seguimento e control domiciliario dos doentes positivos na COVID-19 mediante o programa Telea.
NOS_57739
Esta sexta feira ás 12 poranse á venda as entradas para cada un do cinco días do festival, a un prezo de 79 euros máis gastos, mentres que as da festa de presentación estarán a 39 euros máis gastos.
A organización do Resurrection Fest deu a coñecer o cartel definitivo da próxima edición deste festival, que se celebrará o próximo ano en Viveiro, e confirmou novas incorporacións á programación, entre elas a dos estadounidenses Mastodon. O conxunto de Atlanta foi unha das principais peticións dos seguidores do festival nos últimos anos, segundo traslada a organización nun comunicado, coa publicación este ano do seu último álbum 'Hushed and Grim'. Ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings. Doutra banda, anunciaron que esta sexta feira ás 12 poranse á venda as entradas para cada un do cinco días do festival, a un prezo de 79 euros máis gastos, mentres que as da festa de presentación estarán a 39 euros máis gastos. O Resurrection Fest de 2022 terá lugar entre o 29 de xuño e o 3 de xullo do próximo ano. Avenged Sevenfold (data única no Estado e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), Korn (único festival no Estado), Judas Priest (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca no estado) serán os encargados de encabezar cada un do cinco días de festival. A estas bandas súmanse Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival no Estado), Bullet For My Valentine e Opeth. Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres se recupera Crossfaith e engádese Alien Weaponry, entre outras moitas propostas. Tamén poderán gozar os asistentes a este consolidado festrival que cada ano reúne miles de persoas procedentes de diferenets países do mundo grupos como Madball e o seu renovado HC, Lionheart ou Kalenkia, entre moitos outros.
PRAZA_12295
O departamento que dirixe Jesús Vázquez empregou os datos de lumes do último goberno de Fraga e do bipartito para realizar unha proba sobre as competencias do estudantado do secundo curso de Secundaria na área de coñecemento do medio. O estudo revela ademais que os recursos económicos son determinantes no rendemento escolar.
Son un triste clásico de cada época calorosa en Galicia, unha recorrente arma que guindar ao adversario político e, agora tamén, unha materia para analizar a "competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico" dos alumnos de secundaria. A Consellería de Educación incluíu os incendios forestais na súa "avaliación de diagnóstico" do curso 2010-2011, a proba coa que mide diversos coñecementos do alumnado galego e que na súa última edición, correspondente ao curso 2010-2011, se realizou no cuarto curso de Educación Primaria (EP) e no segundo nivel da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Os resultados da avaliación recóllense nun informe presentado este luns polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e o seu director xeral José Luis Lema, un documento que tamén inclúe exemplos dos cuestionarios que tiveron diante os estudantes. No que atinxe aos lumes, o departamento de Vázquez formula unha pregunta cando menos rechamante, dado que lles vén dicir aos rapaces e rapazas que son un fenómeno cunha única causa: o abandono do monte. Para introducir o tema dos incendios forestais a Consellería achégalles ao alumnado unha breve explicación. "Son cada verán unha das caras menos amables dos espazos informativos. Ano tras ano, desde que a poboación emigrou ás cidades e o abandono se apropiou das vellas terras de labor, montes e aldeas, estanse a producir incendios, o que causa un grave impacto sobre os ecosistemas", detalla. A continuación, lanza unha pregunta: "Que relación ten o abandono das vellas terras de labor, montes e aldeas coa proliferación dos incendios forestais?", cuestiona. As opcións presentadas son catro: "non hai xente que apague os incendios", "non se limpa o monte", "as árbores medran demasiado" e "a auga non é accesible". Pero para un fenómeno tan poliédrico, a Xunta achega unha única resposta correcta, a ausencia de limpeza do monte. Ningún dos exercicios de matemáticas foi realizado en galego Para completar o exercicio, Educación amósalles unha gráfica aos estudantes sobre a "superficie forestal afectada por incendios en Galicia", que teñen que interpretar e reconstruír. Aínda que a proba se desenvolveu no curso 2010-2011, os datos amosados, recollidos do INE, só abranguen o período comprendido entre 2003 e 2007, isto é, os últimos anos do Goberno de Manuel Fraga e os primeiros do bipartito, incluíndo a intensísima vaga de lumes do verán de 2006. Os exemplos de probas que inclúe o informe permite observar tamén a aplicación práctica do denominado decreto do plurilingüismo. Tanto no cuestionario de EP como no da ESO combínanse galego e castelán, se ben a lingua propia de Galicia fica excluída en ambos da análise da competencia matemática. Segundo se tira do documento, dos tres exercicios realizados, os alumnos de cuarto de Primaria só tiveron que realizar en galego o de "coñecemento e interacción co mundo físico", e en castelán os de competencia lingüística e matemáticas. Mentres, en segundo da ESO a lingua galega empregouse en lingua e coñecemento do medio. O nivel económico, crucial nas competencias Á marxe das cuestións formais, unha ollada ao informe presentado por Educación ofrece unha radiografía das competencias do alumnado especialmente significativa nunha época en que os recortes pairan sobre o ensino público. Entre as variables que inflúen na "adquisición de competencias básicas" Educación tivo en conta o índice socioeconómico e cultural (ISEC), un parámetro que atende, por exemplo, ao "traballo do pai", ao "traballo da nai" e aos "recursos materiais no fogar", ademais dos niveis de estudos dos titores do estudante, os número de libros en cada fogar ou os apoios familiares ao estudo. Os resultados non deixan lugar á dúbida, concluíndo que "a medida que aumenta o ISEC, tamén aumenta a puntuación obtida nas competencias". No caso da Primaria, a "diferenza entre a puntuación media" entre o alumnado con ISEC baixo e o grupo máis alto é de 58 puntos na comunicación lingüística, 60 en matemáticas e 52 en coñecemento do medio. Se o período educativo analizado é a ESO, as diferenzas son maiores: en lingua pasan aos 65 puntos, en matemáticas chegan aos 71 e en coñecemento do medio, aos 62. Segundo o informe non só é crucial o ISEC dos estudantes, senón tamén o do entorno no que se atopan os centros educativos.
NOS_40962
Traballador@s do ente público critican o tratamento no medio privado de todo o relaciona co coa canle pública, máis a raíz do peche de Canal 9. "Falacias" e mentiras", afirman, para se aproveitar dunha "caída en desgracia" ou mesmo peche da TVG".
La Voz de Galicia nas súas diferentes plataformas (TV, papel, internet) está a "demonizar" os medios públicos galegos, a CRTVG, nunha actitude "carroñeira" que ten un obxectivo claro: "Sacar tallada go goberno da Xunta e aproveitarse dunha posíbel caída en desgraza ou mesmo peche da TVG". Así de rotundo se manifestan traballador@s da canle pública no blogue 'Eu non manipulo'. Desde este blog, que é o órgao de expresión do comité de empresa da TVG, @s traballador@s afirman que a raíz do acontecido en Canal 9, La Voz reitera a campaña de "mentiras" e "falacias", con informacións e datos que "demonizan" as televisións públicas. 'Eu non manipulo' lamenta que no medio privado coruñés "denigren" a TVG cando, afirman "se nutre e sobrevive grazas a ela". Como? "a través dos contratos que obtén da TVG, sobre todo en series de ficción". Silencio Para est@s traballador@s, esa actitude de La Voz tería xa hai tempo que ser contestada desde a dirección do ente público, "mais non é así".
NOS_31596
Un milleiro de persoas arrouparon esta tarde as candidatas e candidatos do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no seu encontro nacional de Compostela, un acto multitudinario no que portavoz nacional, Ana Pontón, amosouse "convencida" de que o Bloque "dará a campanada e liderará o cambio galego" o vindeiro 5 de abril.
A forza nacionalista demostrou o seu entusiasmo no Auditorio, no que a candidata a presidir a Xunta da Galiza, Ana Pontón, cualificou a cita electora como a oportunidade para que, por primeira vez na historia, "unha muller e nacionalista sexa a presidenta da Xunta". "Imos dar a sorpresa e Galiza vai ter unha presidenta", proclamou. "Hoxe hai unha maioría social que ten a ilusión de superar a Galiza calada, submisa e irrelevante das forzas estatais e que quere poñer en marcha todas as nosas potencialidades para avanzar", advertiu a candidata. "As eleccións galegas van diso, do noso futuro, de acreditar en nós, de ter esperanza, de pór en marcha unha nova Galiza", apostou. Como considerou, é hora dun "Goberno sen mordazas, sen ataduras, liderado por unha muller, feminista, nacionalista e coas mans libres para defender este país". "Non son tempos nin de absolutismos nin de sucursalismos", engadiu Pontón, que apelou á fin da "subordinación a Madrid" e dos "Gobernos dirixidos co mando a distancia desde Xénova ou Ferraz". "Queremos unha Galiza próspera, moderna e con futuro. Un país que coide da súa xente, que apoie o talento e xere oportunidades. Queremos un país de mulleres libres e iguais", subliñou. No acto non faltaron críticas ao slogan do PPdeG para estas eleccións. "Galiza é moito máis que un lema electoral. 'Galiza é moito', moito máis, moitísimo máis que o país bonsai que representa Feixoo", censurou a candidata, que cualificou o actual presidente da Xunta como un candidato que pertence "ao pasado" e que está á fronte dun Goberno "absolutista e inútil" Fronte a el, Pontón quere construír un "futuro prometedor" co Bloque liderando a Xunta e a alternativa de Goberno na Galiza. Con esta idea, a portavoz nacional subliñou o "país con capacidades, recursos e potencia", calidades que, segundoentende, combinan co "proxecto colectivo, aberto, xeneroso e común" co que o BNG se presenta a esta cita ás urnas para "dar carpetazo a Feixoo". O Bloque, manifestou Pontón, pretende dar a "voz propia" que reclama para o territorio galego e así "decidir sobre os seus propios recursos, aforros, impostos ou política industrial", así como a súa propia lingua e cultura. A esa "Galiza real, viva, plural, mobilizada e con ganas de cambio" é á que se dirixiu a candidata, quen demandou que o 5-A "abra un tempo novo con decisión, ilusión e confianza no futuro". No encontro participaron tamén outras voces do BNG que, seguindo a liña da candidata, salientaron a "oportunidade" que se abre nos vindeiros comicios. Xose Luís Rivas, Mini, candidato pola Coruña, apuntou as medidas para darlle futuro ao rural, mentres que Olalla Rodil, cabeza de lista por Lugo, deixou claro que un Goberno liderado polo Bloque terá como prioridade o "traballo digno e os servizos de conciliación" para que a mocidade non sufra "precariedade" e non teña que emigrar. "Nin as mulleres nin a mocidade somos o futuro. Somos presente. Estamos aquí para cambiar as cousas", sinalou. Pola súa banda, a primeira da lista por Ourense, Noa Presas, puxo o foco na industria hidroeléctrica galega, e reivindicou que Galiza ten "a metade da gran hidráulica do estado, ríos e terras desfeitas polos encoros". "Somos a galliña de ouro para as eléctricas", censurou. ". No mesmo ton, a cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, aludiu á "enorme motivación" do seu partido e ao "medo" do PP para perder as eleccións.
NOS_51115
A empresa Faurecia impón a un operario 20 días sen emprego e soldo acusándoo de desabastecer a liña de produción e de se ausentar para ir ao cuarto de baño. A CIG convocou concentración para denunciar os feitos
Un grupo de traballadores e traballadoras de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegad@s do sector do automóbil da CIG concentráronse diante da empresa, no polígono de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de se ausentar para ir ao cuarto de baño. A protesta desenvolveuse coincidindo co cambio de quenda. Os traballadores e traballadoras despregaron unha faixa na que se podía ler "Faurecia-ADG = campo de concentración" e informaron sobre o sucedido aos compañeiros e compañeiras que entraban ou saían das instalacións. Desde a CIG-Metal sosteñen que o afectado cumpre coa gama de traballo (plano de traballo) estabelecida pola empresa, o que provocou precisamente ocos na liña de produción, polo que consideran que debera de ser revisada.
NOS_264
Os doentes hospitalizados cunha proba positiva ascenden a 704, pero baixan a 41 os ingresados en unidades de coidado intensivos.
O número de casos activos de Covid-19 na Galiza volve descender e sitúase en 60.720 segundo o informe diario divulgado pola Consellaría de Sanidade. Con todo, os novos contaxios detectados subiron por riba dos 4.500, de acordo cos rexistros dispoñíbeis até as 18 horas da pasada segunda feira. Así, nas últimas 24 horas detectáronse na Galiza 4.577 contaxios novos. O ascenso afectou a todas as áreas sanitarias salvo ás da Coruña e Ferrol, onde se detectaron 948 e 212 novos casos respectivamente. Na área sanitaria de Vigo os novos contaxios continúan por riba do milleiro, con 1.111 casos novos, a área de Santiago anotou 790; a de Ourense, 528; a área de Pontevedra, e a de Lugo, 478 contaxios novos. Descontados falecementos e altas, o total de casos activos de Covid na Galiza ascende a 60.720, o que supón 2.147 casos menos que os notificados hai un día. O cómputo global de infeccións activas descendeu en todas as áreas sanitarias. A de Vigo mantense á cabeza con 15.661 casos activos (709 menos); na área da Coruña hai 13.323 casos (527 menos); na área de Santiago hai 9.703 casos activos (284 menos); na área de Pontevedra reducíronse en 197, ata os 6.785 casos; na área de Lugo baixaron a 6.205 casos (189 menos); na de Ourense hai 6.129 casos (142 menos), e na área de Ferrol o número de casos Covid é de 2.914 (99 menos). Presión hospitalaria Polo que se refire á presión hospitalaria, volve aumentar en áreas de ingreso convencional. Así, mentres se reduciu en tres o número de camas ocupadas por pacientes en unidades de coidados intensivos, até un total de 41, aumentaron en 21 as camas destinadas a doentes con coronavirus noutras áreas de ingreso, até as 663. O maior número de pacientes graves segue estando nas áreas da Coruña e Vigo, con 11 (dúas menos) e nove (sen cambios) enfermos en coidados críticos respectivamente. Na área sanitaria de Lugo hai seis pacientes en UCI, un menos; na área de Santiago hai cinco doentes críticos, un máis; os mesmos que na área de Pontevedra (sen cambios). Finalmente, na área sanitaria de Ourense hai tres pacientes en UCI (un menos) e dous na área de Ferrol (sen cambios). Os doentes ingresados en planta soben en todas as áreas, excepto en Lugo e Santiago. Falecementos Desde o inicio da pandemia, superaron a Covid na Galiza 360.814 persoas, das que 6.717 recibiron o alta nas últimas horas. Por contra, faleceron co virus 2.939 persoas, das cales, o Sergas notificou sete na última xornada.