ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_18413 | O programa desenvolverase entre os vindeiros días 20 e o 24 de xullo. | O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa sexta edición en Rianxo entre os días 20 e 24 de xullo. Unha decena de compañías ofrecerán os seus espectáculos na vila rianxeira no marco dunha ampla programación que tamén inclúe mesas redondas, exposicións e presentacións de libros. Deste xeito, o Festival Titiriberia trasládase no seu segundo ano en Rianxo ao verán e ampliará a súa presenza polo municipio, ao descentralizar a súa programación e espallar as súas actuacións por diferentes centros sociais e parroquias. Levaranse así as artes escénicas ao tecido asociativo local, pero tamén aos campamentos de conciliación con diferentes obradoiros coa rapazada. A programación incluirá tamén a xa celebre Varietés do Barriga Verde, un encontro escénico para o público adulto que mestura diferentes artistas nun espectáculo conducido por Iria Pinheiro Titiriberia mostrará os espectáculos de dez compañías, das cales oito son galegas (Larraitz Producións Artísticas, Seisdedos, Trécola, Paporrubio, Micromina, Indignati, Alakrán e Babaluva), unha catalá (La Fábrica Fantástica) e unha internacional, ao procederen os seus integrantes de Portugal e Exipto (Habib e Valeria). Ademais, a programación incluirá tamén a xa celebre Varietés do Barriga Verde, un encontro escénico para o público adulto que mestura diferentes artistas nun espectáculo conducido por Iria Pinheiro e que combina o cabaré, o teatro, os títeres e a música. Titiriberia integrará este ano os seus Obradoiros de construción de monicreques con dinámicas de igualdade nas actividades dos Campamentos de Conciliación do verán do Concello de Rianxo. Os obradoiros presentarán conflitos de desigualdade que se resolven de xeito violento, para dedicar un tempo a reflexionar dende o colectivo e crear unha escena cunha solución pacífica. Así, empregaranse os bonecos para concienciar sobre cuestións fundamentais como a igualdade e o medio ambiente. |
PRAZA_3666 | Foron moitas as epidemias sufridas por Galicia, dende a peste negra de 1348 a todas as sucesivas epidemias de peste (coma a de 1517 en Compostela ou a de 1566 que afectou a todo o país). Nos séculos seguintes foron moi duras as da varíola e o cólera (no XIX). E en 1918 a da gripe, que matou 50 millóns de persoas en todo o mundo | Ao longo da historia foron moitas as epidemias sufridas por Galicia. Con todo, algunhas tiveron unha incidencia maior e unha maior mortalidade e nalgúns casos chegaron a ter importantes efectos políticos e sociais. A máis importante foi a peste negra, que nos século XIV e XV matou a 25 millóns de persoas en toda Europa, cando menos un terzo da poboación total (aínda que outras estimacións elevan as cifras ata os 50 millóns).A peste negra entrou en Galicia en 1348, posiblemente polo Camiño de Santiago, pero tamén a través de portos coma o de BaionaDetectouse no continente por vez primeira no continente en 1347 e estendeuse con gran rapidez, tendo en conta o momento histórico e a velocidade das comunicacións. En dous ou tres anos xa cubría practicamente toda Europa, e pénsase que a Galicia chegou a mediados de 1348, a través do Camiño de Santiago, rexistrándose tamén casos en portos coma o de Baiona a finais dese mesmo ano, pois a infección tamén se estendía polas rutas marítimas.A peste negra provocou importantes efectos sociais, debido en primeiro lugar á importante redución da poboación en todo o continente. A enfermidade supuxo tamén o golpe de graza ás sociedades feudais e acelerou a chegada dos cambios que marcaron o Renacemento, cunha maior mobilidade social e un maior desenvolvemento técnico e científico (en parte para suplir a perda da man de obra barata que se producira). Á peste de mediados do século XIV seguiron moitas outras nos séculos seguintesCon todo, á peste negra de mediados do século XIV seguiron moitas outras nos séculos seguintes, practicamente unha por xeración, aínda que foron máis localizadas e ningunha tivo os efectos e a mortalidade daquela primeira epidemia. Moi lembrada é a peste que asolou á cidade de Compostela en 1517 e que durou ao redor de oito meses. Ou a de 1566, que matou milleiros de persoas en toda GaliciaMoi lembrada é a peste que asolou á cidade de Compostela en 1517 e que durou ao redor de oito meses. As autoridades municipais e o Cabildo acordaron invocar a San Roque (que tiña sona de ser moi efectivo contra a peste) e construírlle unha capela fóra das murallas. A enfermidade foi superada, pero a cidade non mantivo o seu voto de agradecemento. En 1566 unha nova epidemia de peste fixo que as autoridades lembrase a súa promesa, completando a construción da actual capela de San Roque cun hospital que debía servir para atender doentes con enfermidades infecciosas.Esa epidemia de peste de finais do século XVI afectou tamén en gran medida a Vigo, Pontevedra e A Coruña, provocando a morte de máis de 10.000 persoas. A peste regresou con forza ao noso país en 1676, nomeadamente en Ourense. E unha nova epidemia de peste tivo unha grande incidencia en Galicia no primeiro terzo do século XVIII. Aínda en 1899 un brote de peste chegou a Portugal, matando 23 persoas na cidade do Porto e obrigando a pechar as fronteirasUn dos últimos abrochos chegou aínda a finais do século XIX, un momento en que a información xa circulaba con certa rapidez duns a outros continentes. Así, en Galicia tíñase coñecemento dende 1894 dun brote de peste en Cantón, Hong Kong e Bombai. En 1897 reuniuse en Venecia unha Conferencia Sanitaria Internacional e en España a Sociedade Española de Hixiene, nun momento en que a peste bubónica xa chegara a Istambul. En 1899 a prensa galega alerta xa de que se rexistraran casos en Portugal, recomendándose mellorar a hixiene nas cidades galegas, garantindo que as latrinas teñan illamento e desaugue, debendo adquirir os concellos máis estufas de desinfección e soro antipestoso, construíndo barracóns. Ademais, fóra pechada a fronteira entre Galicia e Portugal. No verán chegan as noticias de que a epidemia remitira xa no país luso; en total producíranse na cidade do Porto 54 casos de peste e 23 falecementos. O cóleraA epidemia de cólera de 1833 matou 300.000 persoas en España, entrando a través de VigoHoubo máis epidemias, ademais das da peste. Especialmente duras foron as da varíola ata a descuberta da vacina nos últimos ano do século XVIII, estendida por todo o planeta grazas a campañas coma a da Expedición Balmis-Zendal. E tamén as de cólera, unha enfermidade das que houbo sucesivas pandemias internacionais ao longo do XIX, provocando ao redor dun millón de mortes en España durante ese século, e 300.000 tan só na que se produciu ao redor do ano 1833, un brote que comezou en Vigo e que despois se estendeu a todo o Estado. Pénsase que os soldados que viñan de loitar na Guerra de Sucesión portuguesa contribuíron a propagar a doenza.Foi este o que afectou en maior medida a Galicia, aínda que tamén a epidemia de 1854 tivo unha grande incidencia na Coruña, onde acabou coa vida de entre o 5% e o 10% da poboación. De igual xeito, a comarca do Barbanza viuse moi danada pola da 1894.En 1838 a Illa de San Simón foi convertida en lazareto. Nas décadas seguintes permitiu que os tripulantes dos barcos que chegaban a Vigo pasasen alí as corentenas, o que axudou ao crecemento do porto viguésO cólera entraba principalmente a través dos portos, polo que cando a enfermidade era detectada nalgún territorio próximo, decidíase de inmediato o peche da circulación de persoas e bens dende eses lugares. Isto fixo que moitos portos habilitasen espazos para que os barcos e os seus tripulantes pasasen as obrigadas corentenas, que buscaban evitar o ingreso desta de doutras enfermidades. Así sucedeu en 1838 en Vigo coa Illa de San Simón, convertida en lazareto. Isto foi fundamental para a expansión do porto de Vigo nas décadas seguintes e o establecemento das empresas conserveiras catalás. En 1884 Robert Koch descubriu a orixe da doenza, en forma de bacilo, o que axudou a combatela, o mesmo que a mellora das condicións hixiénicas nas cidades. Porén, seguiu habendo brotes, mesmo ata hai unhas poucas décadas. A gripe 'española'A gripe 'española' non apareceu nin foi máis mortífera en España, pero foi o primeiro lugar no que os medios informaron dos seus efectosUnha das grandes epidemias do século XX foi a da chamada 'gripe española' de 1918, unha pandemia que matou nun só ano ao redor de 50 millóns de persoas en todo o planeta, e que foi coñecida con ese nome, a pesar de non ter comezado en España, nin ser aquí máis mortífera que noutros lugares. A orixe do virus estivo nos Estados Unidos, dende onde se trasladou a Europa, que libraba a Primeira Guerra Mundial. Foron de feito os soldados norteamericanos destinados ao continente as principais vías de entrada da gripe. As potencias en conflito censuraban as informacións sobre os efectos da doenza nos seus países, de xeito que só cando a enfermidade chegou a España se difundiron os seus efectos sobre a poboación, con centos de miles de persoas infectadas. A segunda vaga da gripe, unha vez que o virus mutou, foi a máis mortífera, acabando coa vida de 200.000 persoas no Estado Español, o 1% da poboación.En Galicia a onda máis dura foi a do outono de 1918. Na cidade da Coruña morreron unhas 600 persoas nunhas poucas semanasEn Galicia afectou en primeiro lugar a Ourense e A Coruña, xa na primavera de 1918, sendo máis dura a onda chegada no outono, uns meses despois. E en Lugo afectou máis a do inverno. Só na cidade da Coruña chegaron a rexistrarse 38 mortes nun só día (o 15 de outubro), con varias semanas nas que a media diaria de defuncións superaba as 20. En total, fálase de ao redor de 600 falecementos nunha cidade que naquel momento non chegaba a 60.000 habitantes.Unha vez que se ían coñecendo os seus efectos, as autoridades decidían o peche de escolas e a suspensión de bailes e concertos, instando ademais á desinfección continuada de todos os comercios, espazos públicos e vivendas. Establecéronse controis nos transportes (trens e nos primeiros autobuses) e pecháronse completamente as fronteiras internacionais. O avance das investigacións científicas, das medidas hixiénicas e a aparición de vacinas limitaron moito as epidemias, que dende hai décadas son moito menos frecuentes do que foron. Aínda que, como estamos a ver estes días, non as poden evitar por completo, pero si limitar moito os seus efectos. |
PRAZA_8102 | A Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática esixen tamén "o libre acceso dos creadores e creadoras galegas aos espazos de exhibición costeados cos impostos dos cidadáns", ante a frecuente imposición de taxas para o uso dos auditorios musicais. | A Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática denuncia que o orzamento destinado ás Artes Escénicas pola Xunta de Galicia para o 2013 é "de todo insuficiente". 550.000 euros supoñen unha contracción do 47% no presuposto, un retroceso que leva "á destrución directa de postos de traballo dos profesionais das artes escénicas, ao peche de industrias culturais, ao empobrecemento na oferta de ocio e cultura dos concellos de Galicia, á recesión económica do sector servizos asociado á actividade cultural das cidades, e a unha menor recadación de impostos por parte da administración". A ATESAD cualifica que "indigna" a situación que atravesou a AGADIC dende o mes de outubro até este xoves, cando foi nomeada a nova dirección. A Asociación dálle "a benvida" a Jacobo Sutil e aprémiao a "recuperar a actividade catalizadora do sector escénico que a axencia viña supoñendo". Engade a súa "sorpresa" pola decisión de "non escoller un perfil máis achegado ao sector, dado que as circunstancias requiren dun profundo coñecemento das dinámicas culturais e ampla experiencia na resolución de políticas culturais". "As axudas deberan ir destinadas a acompañar ás empresas e profesionais nun proceso de emancipación da administración pública. Non deberan converterse pois nun fin en si mesmas" A Asociación tamén considera que "cómpre convocar con urxencia as axudas ao sector escénico e aumentar a súa dotación económica" e lembra que "as directrices europeas consideran ao sector cultural unha peza clave na recuperación da crise económica, e así o demostra o plan Europa Creativa 2014-2020". Sinala que "é necesaria unha revisión profunda destas axudas para que cumpran o seu obxectivo de catalizadoras da industria cultural" e que "as axudas deberan ir destinadas a acompañar ás empresas e profesionais nun proceso de emancipación da administración pública. Non deberan converterse pois nun fin en si mesmas". A Atesad defende "un redireccionamento das subvencións cara a distribución". Afirma igualmente que é necesario "un reforzo orzamentario no Centro Dramático Galego para atender ás súas finalidades" pois o CDG "debe ser o escaparate da creación teatral do noso país e debera poder producir espectáculos que ás compañías privadas lles sexa inviable facer; é dicir, con elencos amplos e criterios non comerciais". A Atesad esixe "o libre acceso dos creadores e creadoras galegas aos espazos de exhibición costeados cos impostos dos cidadáns" Finalmente ante unha nova política de sostenibilidade emprendida por algúns concellos de Galicia que leva aos xestores culturais dos mesmos a establecer taxas para o uso dos auditorios e escenarios públicos, a Atesad esixe "o libre acceso dos creadores e creadoras galegas aos espazos de exhibición costeados cos impostos dos cidadáns". Afirma que estas taxas situan as pemes culturais galegas en inferioridade de condicións de acceso fronte ás grandes produtoras culturais que veñen facer xira en Galicia. |
PRAZA_4150 | Esmagados os dereitos fundamentais polas ras da democracia, queda saber en que fase poderemos croar xuntos na mesma balsa, manifestarmonos, recuperar o dereito de reunión. | Nin por áreas sanitarias nin por parroquias, o desconfinamento progresivo faráse finalmente por provincias. Por retallos de provincias, que diría Murguía. Retallar si, non só cortando o territorio en varias pezas senón tallando, a fender de alto a baixo. Espatifar a eito, espedazarmonos. Por provincias e por banzos ou fases. Era visto cando nos fixeron soldados nun estado de excepción a penas disimulado. É o que teñen as ras da democracia, que sempre croan uniformemente. E como na Galiza temos povoamento disperso, coa metade de entidades de poboación de toda España, pois sempre saimos perdendo, tanto ten que sexa na representatividade eleitoral ca nunha pandemia. Terán de voltar aqueles provincialistas, que defenderon ao berro de pan e dereitos a nosa terra do arrasamento centralista do Estado liberal español? Liberalismo que cal a igrexa e a langostra aló onde cai, todo o arrasa. Seremos quen de nos erguer contra esta militarización social mascarada de paternalismo de bata branca? Chamaremos por outro Alberto Camino os ferroláns, os betanceiros por Faraldo ou por un outro Añón os muradáns?. A suspensión intolerabel das Autonomías na xestión desta pandemia merecía algo máis ca un Banquete de Conxo e un brinde polo povo soberano. Mais o único que aconteceu foi un brinde ao sol. Por iso recuamos á política decimonónica das ras da democracia a croar na balsa da Meseta. Desde Terra de Campos descoñécese o territorio galego. Deixando que o señor dos Peares resolva novamente o eterno conflicto entre absolutistas da terra e absentistas liberais. Grave erro histórico ter trabucado a esquerda co centralismo liberal. Por iso Ramiro Fonte di pon en boca de Añón e quixen comprender pero non sandan/ o meu mal os xaropes do progreso. Ulo os mártires de Carral?Namentres andan a borrifar o espazo público con biocidas a se disfrazar do filantrópico Balmis e os fondos públicos empréganse en mercar vehículos que logo utilizará a clase política e a familia real, os sen pan e sen dereitos fan longas colas para recoller comida na moderna beneficencia, nas mesmas mans que negocian xeriátricos ou concertan plans privados de saúde e seguros de vida. Avantaxes dos holdings! Na casiña de Facenda podedes marcar algún. Aplausemos ás forzas represivas, a esa UME que no canto de producir neve emprega os seus canóns na desinfeción ou á policía que fai o propio cun camión lanza auga de dispersión de masas. Non hai de que se preocupar. Agora as masas están confinadas ou descifrando os logaritmos neperianos das fases de desescalada. Sorte que o hipoclorito sódico causa tamén tose e dor de gorxa e se camufla cos síntomas do coronavirus suplindo a falla de test. Malia tanta filantropía militar, España liderará dende maio a patrulla aérea da OTAN no Báltico. Disque alí abonda o gas e os depredadores. Coa doutrina do shock non temos de reparar nesas minucias. O todopoderoso virus apagou as pandemias africanas, o problema migratorio, o cambio climático, os incendios forestais, o colapso enerxético... Pasma de ver como un becho microscópico é quen de tapalo todo?Esmagados os dereitos fundamentais polas ras da democracia, queda saber en que fase poderemos croar xuntos na mesma balsa, manifestarmonos, recuperar o dereito de reunión. Polo de agora bastante temos con poder guasapear interprovincialmente, encarregar o pan a domicilio do forno doutro concello que está xusto diante da nosa morada ou ver aos avós na metade da ponte de O Barqueiro que arreda as provincias de Coruña e Lugo, sempre que non teñan máis de setenta anos e poidan sair ás oito do serán. A menos que todos teñamos un can ou nos encomendemos ao San Roque, patrón de tantas parroquias, dende Armenteira a Llanes, dende Vigo a París. Anque ningún como o dos caneiros betanceiros, aquel patrón dos peregrinos, dos falsamente acusados e dos cirurxáns, tan avogoso nas pestes. O San Roque cristianizado que agocha aquela filosofía cínica tan rupturista que ofrecía felicidade na incerteza e unha vida nas rúas practicando a desvergoña e a eudamonia, esa lucidez que abrolla na autosuficiencia, a ecuanimidade e o desprendimento do superfluo. Ende mal que os cínicos de hoxe saíran das rúas para estar dispostos a mentir por defender as súas doutrinas. |
NOS_3194 | Alumnos e familias de municipios como Outes, As Pontes, Entrimo, ou Ribadavia participaron na mobilización canda a Plataforma galega en defensa do ensino e representantes de En Marea, PSdeG e BNG. Uns 135 camións bañeira procedentes das Pontes apoiaron a mobilización cunha caravana na capital galega. | A choiva que por momentos caeu esta quinta feira en Compostela non desmotivou nin o máis mínimo os centos de persoas que se concentraron en torno a San Caetano, sede administrativa da Xunta, para protestar contra o feche de colexios e traslado de ensinanzas adoptado por Educación, sen negociación previa. Desde que, en vésperas de finalizar o curso escolar 2016/17, se coñeceu a decisión da Xunta de fechar varios centros educativos, así como eliminar oferta educativa e postos docentes, a indignación foi en aumento nos concellos afectados: Outes, As Pontes, Entrimo, O Porriño e Ribadavia. Un dos protagonistas da mobilización, os por volta de 130 camións bañeira para transporte de carbón das Pontes que tomaron parte nesta mobilización contra o encerramento dos colexios. "Somos persoas, non números", "Co ensino non se xoga", "Queremos estudar no noso cole", "Pola defensa da educación pública"... eran algúns dos lemas en faixas e pancartas que levaban os concentrados. Por volta de 20 autobuses, procedentes deses concellos, trasladaron á capital de Galiza centos de persoas para tomar parte nesta concentración canda a Plataforma galega en defensa do ensino público. Na mobilización tamén tomaron parte representantes de En Marea, PSdeG e BNG. A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou que o BNG pedirá a dimisión do conselleiro de Educación, Román Rodríguez na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego,após "a nova coitelada ao ensino galego". O portavoz da PGDEP e secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, denunciou que estes encerramentos e reducións de persoal forman parte da "política de desgaste contra o ensino público" que oo goberno de Feijóo vén practicando desde o ano 2009. Unha política que, dixo, "parte da visión neoliberal de que a educación é un gasto e non un investimento". Os centros que van fechar son o CEIP de Cruceiro de Roo, en Outes, que tiña 72 alumnos matriculados para o vindeiro curso e que van ter que ser recolocados nun concello veciño, no CEIP Serra de Outes. Tamén botará o fecho o CEIP Monte Caxado, nas Pontes, que tiña 195 alumnos en Infantil e Primaria e 67 na ESO. Ademais, elimínase a oferta educativa de ESO no CPI Tomás de Lemos, Ribadavia, que pasa para IES do Ribeiro, no que sindicatos como CIG-Ensino advirte que vai supoñer unha "masificación para o que quedaría como único centro de secundaria no Concello". Ademais, Educación fará unha redución de 10 postos de traballo no IES de Celanova. Desde a Consellería cualifican como "reestruturación" as medidas a respecto destes centros educativos, unha cualificación rexeitada de fronte polas comunidades educativas, que reiteran a denuncia de peches e recortes no ensino público. A comezos do curso escolar que agora chega ao seu remate, CIG-Ensino denunciaba que en apenas 5 anos se suprimiran 411 unidades e 59 escolas no ensino público cando, nese mesmo período, se crearon 243 unidades no ensino privado concertado."O ensino privado recibe en concertos, cada ano, máis de 245 millóns de euros" . |
PRAZA_7117 | CIG-Saúde convoca concentracións este mércores pedindo a cobertura de todas as ausencias, a fin dos contratos por horas e o remate da taxa de reposición. A situación na área de Vigo e os plans privatizadores unidos ao novo hospital da cidade denunciaranse nunha manifestación o xoves 11. | Asistimos a unha voadura controlada da sanidade pública galega, segundo os colectivos de profesionais: Recortes orzamentarios, externalizacións e limitacións crecentes na cobertura de substitucións, baixas e xubilacións. Dende hai un tempo sindicatos e plataformas como SOS Sanidade Pública veñen anunciando que decembro sería un mes de mobilizacións, o comezo dun ciclo de protestas para facer visibles os efectos que a política de recortes está tendo na calidade da atención. Moitas das baixas de profesionais están sendo cubertas polos restantes profesionais dese mesmo centro de saúde ou hospital "Un contrato dun día ten que ser absolutamente excepcional", afirmou hai unhas semanas a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, unha declaración que segundo os sindicatos e, sobre todo, as persoas inscritas nas listas de substitución, os maiores prexudicados e prexudicadas, non se axusta á realidade. Moitas das baixas do persoal están sendo cubertas polos restantes profesionais dese mesmo centro de saúde ou hospital. E cando se recorre ás listas de substitución, en lugar de cubrir a baixa cun contrato nominativo (é dicir, que unha persoa substitúa a outra), faise a través dos acúmulos de tarefas, un instrumento que permite realizar substitucións por días (a través das listas pool). Unha baixa de varios días dun profesional pode chegar a cubrirse cada día cunha persoa distinta As listas pool foron creadas para cubrir substitucións de urxencia e de curta duración (días ou mesmo unhas horas), pero que -segundo denuncian os sindicatos- están sendo usadas para cubrir baixas de longa duración, reservas de praza e mesmo vacacións, prexudicando ademais ás persoas inscritas nas listas xerais de contratación. Deste xeito, unha baixa de varios días dun profesional pode chegar a cubrirse cada día cunha persoa distinta, prexudicando non só as persoas que están nas listas de contratación, senón tamén os e as pacientes. Precariedade e desmantelamento Para María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, estase producindo "unha situación de desmantelamento da sanidade pública, deixando sen recursos humanos os servizos sanitarios, e facilitando a derivación á privada". Para a CIG, "as continuas reducións nos orzamentos destinados á Sanidade impiden unha contratación normal de persoal", de xeito que "o fomento do peche permanente de camas favorece a amortización de prazas e a desmontaxe do sistema sanitario". Este mércores, a CIG convoca concentracións en todas as áreas sanitarias (ás 11.30 en todas na cidades, agás na Coruña, que será ás 11 horas) en demanda dunha nova política de contratación, pola cobertura de todas as ausencias, polo correcto uso das listas pool e polo remate dos contratos por horas ou días. As concentracións tamén pedirán a eliminación da taxa de reposición e esixirán unha convocatoria de oferta pública de emprego que cubra o cen por cento das prazas de todas as categorías. Segundo CIG-Saúde estase producindo "unha situación de desmantelamento da sanidade pública, deixando sen recursos humanos os servizos sanitarios, e facilitando a derivación á privada" Segundo denuncia a CIG, tan só se convocan 103 prazas para 10 categorías; desas 103 prazas, a metade resolveranse por promoción interna, e as outras 52 repartiranse por concurso entre as máis de 10.235 persoas inscritas nas listas de contratación nesas categorías, con ratios que roldan as 200 aspirantes por praza, e que roldan os 300 e mesmo 400 por praza nas categorías de hixienista dental ou fisioterapeuta. A CIG sinala que se nos últimos tres anos non se aplicara a taxa de reposición do 10%, poderían terse creado catro mil prazas en todas as categorías, en lugar das 444 finalmente convocadas. O sindicato denuncia ademais que esta convocatoria é tan só unha "oferta de recadación económica" pois "o persoal está obrigado a participar se quer manter a puntuación de OPE nas listaxes de contratación". CCOO-Sanidade denuncia pola súa banda "a elevada precariedade", xa que numerosos contratos son "por días ou horas", o que se traduce en "moitos contratos para as estatísticas e moita miseria para os traballadores e as traballadoras". O sindicato denuncia que o SERGAS "está a favorecer que o persoal con contrato estable realice horas extras encubertas mediante as fórmulas de voluntariedade e intersubstitución para evitar novas contratacións con que cubrir o persoal de vacacións, de baixa médica ou mesmo carencias estruturais de persoal". Para CC.OO. esta fórmula é "propia de tempos pasados nos que había escaseza de profesionais sanitarios no país", pero "non da Galicia do ano 2014". Ademais, a taxa de reposición está tendo un efecto claro nos cadros de persoal, cunha redución global dun 14% no número de traballadores e traballadoras contratadas. "Unha situación" -sinala Ángel Cameselle- "acrecentada polo brutal peche de camas e quirófanos". Isto está provocando unha degradación do servizo e un incremento das listas de espera. Segundo datos de CC.OO., só na área sanitaria de Vigo as listas creceron en máis de 1.300 persoas en só tres meses. Para Cameselle, "é necesario dar unha resposta, seguir mobilizándonos", e destaca que no pasado "as mobilizacións conseguiron frear algunhas privatizacións", como por exemplo os plans do SERGAS para crear unha vintena de unidades de xestión clínica no primeiro semestre de 2014, paralizadas segundo Cameselle pola folga convocada en decembro do pasado ano. Para CC.OO. "hai que dar a batalla contra a precariedade, os recortes e as privatizacións, que van unidas", e esta batalla "debe ser unitaria, de todos os sindicatos e de todos os profesionais" Para Ángel Cameselle, "é necesario dar unha resposta, seguir mobilizándonos", e destaca que no pasado "as mobilizacións conseguiron frear algunhas privatizacións" Tamén María Xosé Abuin considera necesario que se intensifiquen as mobilizacións, e denuncia que a pesar de que hai un pequeno incremento no orzamento do SERGAS, en realidade os cartos destinados a atención primaria diminúen (29,7 millóns de euros menos), "uns cartos que van destinados a pagar as privatizacións". Manifestación en Vigo o día 11 A situación na área de Vigo, aínda máis grave, denunciarase nunha manifestación o xoves 11 A situación na área de Vigo, aínda máis grave, denunciarase nunha manifestación o xoves 11. A mobilización denunciará que a construción do novo hospital de Vigo "supón a privatización de diferentes servizos como a cociña, a lavandería ou mantemento, entre outros", segundo sinala CC.OO., que lembra que "esta privatización non só afecta aos servizos non sanitarios, xa que para facer fronte ao canon anual de 75 millóns de euros á concesionaria, reducirase o gasto corrente, o que supón unha merma nos cadros de persoal non sanitario así como sanitario". O persoal do CHUVI co apoio da Xunta de Persoal da Area Sanitaria de Vigo está a convocar asembleas de traballadores, concentracións diarias e manifestacións no Hospital Xeral de Vigo. A estas actividades súmase a convocatoria de folga ininterrumpida a partires do mércores 3 de novembro, que consistirá en paros legais diarios en horario de 12:30 a 13:30 en quenda de mañán, e de 19:30 a 20:30 en quenda de tarde. O persoal de mantemento do Meixoeiro suma xa 15 días de folga De igual xeito, o persoal de mantemento do Meixoeiro suma xa 15 días de folga, en protesta porque a recolocación neste centro do persoal de mantemento do Xeral cando se abra o novo hospital e se privatice o servizo desprazará o actual persoal xa externalizado do Meixoeiro. Esixen que o SERGAS lles garanta a continuidade dos seus contratos. Denuncia do Pacto de Contratación O pasado mes de setembro CC.OO. fixo oficial a denuncia do pacto de contratación, asinado no ano 2011 e con vixencia ata o 31 de decembro deste ano e moi criticado sobre todo polas persoas inscritas nas listas de substitución. Esta denuncia impide a súa renovación automática, o que, segundo Ángel Cameselle, debe levar á efectuar "modificacións para adaptalo á realidade actual e recoller o sentir das cincuenta mil persoas que están anotadas nas listaxes de contratación. O pasado mes de setembro CC.OO. fixo oficial a denuncia do pacto de contratación, moi criticado sobre todo polas persoas inscritas nas listas de substitución UGT sinala o "uso torticeiro" que deste acordo fan o SERGAS e os responsables das xerencias de xestión integrada. Dende UGT lémbrase que o pacto "concibiuse como unha ferramenta para conseguir a transparencia, a obxectividade, a igualdade de oportunidades e a equidade nas contratacións temporais, baseándose sempre en criterios obxectivos de baremación" e que, por exemplo, as listas pool introducíronse "a petición dos aspirantes das listas", buscando "facilitar o acceso ao traballo a aqueles aspirantes que, contando con puntuacións máis baixas, quixesen estar dispoñibles para contratacións non programadas". Porén, denuncian os sindicatos, o Goberno galego está a aproveitar estes instrumentos para incrementar a precariedade nas contratacións, degradando a atención prestada a cambio dun suposto aforro económico. Segundo UGT, as áreas de xestión do SERGAS "aprovéitanse da actual situación económica para abusar das persoas traballadoras" Segundo UGT, as áreas de xestión do SERGAS "aprovéitanse da actual situación económica para abusar das persoas traballadoras, co único obxectivo de presentar unha boa xestión económica que lles reportará os seus beneficios". O sindicato afirma que "existen contratacións en precario, contratos por horas, mesmo en distintas quendas e unidades no mesmo día". "Moitas persoas traballadoras non só non gañan nada senón que perden cartos por conservar o seu lugar nas listas de contratación", engade. A CIG sinala pola súa banda que "a responsabilidade a respecto das contratación é exclusivamente política, sen que teña nada que ver nisto o Pacto de Contratación, xa que este o que ordea son os chamamentos e non as contratacións". O sindicato chama a facer fincapé non tanto no pacto, seón nas políticas de contratación e recortes levadas a cabo polo Goberno galego. |
NOS_2974 | Nun de cada catro habitan só maiores de 65 anos. | Na Galiza hai algo máis dun millón de foagres, en concreto e para quen precise da exactitude, 1.061.680. En máis de 800.000 deles (814.716 exactamente), 76,7% do total, non reside ningún menor de 16 anos. E 91,74 % deses máis de millón de fogares non contan con ningún menor de 5 anos. Os dados para a preocupación continúan: 63,14% dos mozos e mozas galegas de entre 18 e 34 anos vive cos pais. Dos que teñen entre 25 e 34 anos e que viven cos pais, 27,86% non ten ningún tipo de ingreso. Esta porcentaxe sobe ata 58,29% entre os mozos e mozas de 18 a 24 anos. Deses 1.061.000 fogares, en 32% deles viven parellas con fillos mentres que case 22% corresponden a persoas que viven soas. No noso país hai máis de 241.000 moradas compostas por persoas de 65 ou máis anos (22,7%). Máis de 3 décadas Na Galiza morren máis persoas das que nacen desde 1986. Porén, nos últimos anos a fenda entre nacementos e defuncións non fixo senón aumentar. A demógrafa do CSIC, Dolores Puga, lanzaba recentemente unha advertencia, "o cambio de réxime demográfico non vai volver atrás" polo que a poboación residente na Galiza non volverá medrar senón é "pola vía da inmigración". Segundo apuntaba Puga, as estatísticas reflicten que Galiza se atopa nun "proceso de transición demográfica" cara á "sociedades máis lonxevas". Ora ben, de maneira acelerada por mor do éxodo masivo da poboación nova. Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galiza perderá 230.722 habitantes no período 2016-2031, o que supón unha diminución de 8,5%. Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións amosan un progresivo envellecemento da poboación. Así, en Galiza, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos será de 31,3% en 2031. O índice de envellecemento proxectado para 2031 de Galiza sitúase en 232,7%, o que significa que para esa data por cada 100 menores de 20 anos haberá no noso país case 233 maiores de 64 anos (en 2016 o indicador proxectado situouse en 153,7%). As zonas máis envellecidas serán as situadas na área sur da provincia de Ourense e nas comarcas ourensanas limítrofes coa provincia de Pontevedra. |
NOS_56235 | Courel Vivo presentou unha moción para debatir no pleno na que fai fincapé na "desorganización" do servizo de extinción e advirte de que o persoal do equipo máis próximo está preto da xubilación, deixando a localidade a entre "unha e dúas horas" das profesionais en caso de novos incendios. | O último incendio forestal rexistrado en Folgoso do Courel, que decorreu hai escasos días, incrementou a preocupación dunha parte da veciñanza ante o risco que corren sen unha estrutura de extinción con base no municipio ou preto del. O partido Courel Vivo, que vén de presentar unha moción ao respecto para debater no pleno, considera que os grupos representados na corporación deben traballar unidos para exixir que a Xunta -e directamente a Consellaría do Medio Rural- estabeleza a base dunha brigada no concello. O concelleiro Óscar Carrete comeza o seu escrito alertando de que no que vai de ano, sen tratarse de meses de especial risco, o municipio xa padeceu varios lumes, dous deles de gravidade e o último mesmo estivo preto dalgunha vivenda. Con este punto de partida, lamenta que Folgoso non dispoña da súa propia brigada de extinción e pide unha reorganización do sistema para estabelecer unha base no concello. Malia que debe agardar á votación do resto da corporación para aprobar a moción e comezar coas demandas ao Executivo galego, Carrete considera "moi mellorábeis tanto os medios para combater os lumes na comarca como as deficientes medidas preventivas por parte das Administracións responsábeis, o Goberno local e a Xunta". "É inadmisíbel que se intenten normalizar os lumes e que se insinúe que son algúns gandeiros e apicultores os causantes dos mesmos, cando é grazas a eles e ao seu traballo que algúns montes se manteñen limpos e algúns camiños abertos", destaca en relación a algunhas das últimas declaracións ao respecto deste problema recorrente na Galiza. Mantemento durante todo o ano Neste sentido, insta a "loitar para que a Xunta dote esta zona cunha brigada para a prevención durante todo o ano e outra de reforzo de seis meses". Non só iso, senón que tamén considera que o equipo de extinción ten que ter base alí ao longo de todo o ano. Xustifica a súa petición aludindo á máis próxima, que está relativamente preto pero non no municipio e os seus integrantes conseguiron a base "por orde xudicial". Ademais, indica que catro desas persoas que a forman "teñen 60 anos ou máis polo que antes de cinco anos a comarca do Courel pode quedar sen brigada da Xunta". Recortes da Consellaría de Medio Rural Carrete, moi crítico coa estratexia de Medio Rural, lembra que "a Xunta desmantelou a caseta de Piapáxaro, anulando no Courel a posibilidade de que un vixiante detectase e coordinase a chegada rápida a un lume" e estima que se quedan sen a equipa próxima, calquera reforzo tardaría "entre unha e dúas horas en chegar". Así, considera que "restabelecendo ese punto, conseguiríase maior vixilancia e ademais xeraría postos de traballo na zona". "Pouco importan moitas medidas de protección se non veñen acompañadas de financiación e melloras de servizo para a xente que aquí vivimos", remarca. Ante este panorama, e dado que os incendios van a máis, no texto tamén propón solicitar que se instalen puntos de auga para cargar helicópteros, motobombas ou cisternas en cada unha das aldeas e que o Executivo galego merque "un helicóptero" coa tecnoloxía de "visión nocturna" para poder traballar en sufocar un lume en calquera momento. Investigación nos terreos afectados Á marxe desta demanda, técnicas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán visitaron hoxe a localidade para avaliar os danos dese último lume que arrasou 185 hectáreas. As expertas aseguraron que non semella que haxa "risco de erosión nin de escorrentía" pero hai que vixiar a zona e rexenerar a vexetación a longo prazo. |
NOS_55549 | Escritoras, ilustradoras, nais e avoas que contan contos, mestras, libreiras, bibliotecarias… Elas e outras tantas son as protagonistas de Mulleres de conto, o lema da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un evento de case un mes de duración que este ano se abre ao mundo grazas á presenza de México como país convidado. | O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra naceu en 1999 da man dun novo modelo de cidade que se comezaba a desenvolver paralelamente ás primeiras edicións deste evento. Case dúas décadas despois, segue sendo parte fundamental dun proxecto urbano sustentábel centrado nas persoas. Este ano, o salón rende homenaxe a todas as mulleres que conforman o mundo da literatura infantil e xuvenil. Máis aló do libro físico, a XIX edición céntrase no campo da divulgación literaria e nas mulleres que, a través do seu traballo e dedicación, estabelecen pontes entre literatura e crianzas. A cita foxe de parámetros numéricos e anima a facer unha lectura crítica e reflexiva sobre a presenza feminina na literatura: Como foron as mulleres nos contos? Que papel xogaron? Que personaxes femininas se empregan? Como están representadas? Que valores promoven? Este ano atopamos máis de 60 obras procedentes de centros de ensino de Pontevedra e arredores, localizadas nun acolledor espazo que convida a gozar da lectura ao tempo que nos conta historias sobre as mulleres que participan do mundo do libro. Carme Fouces: "O resto do mundo mira para nós facéndose preguntas sobre como transformamos a nosa cidade. Co firme convencemento da capacidade crítica e reflexiva da lectura a idades temperás, a "Cidade dos nenos" é hoxe a cidade do Salón do Libro. Para Carme Fouces, concelleira de Cultura no Concello de Pontevedra, este proxecto é "o buque insignia" do modelo de cidade que se practica na Boa Vila. "O resto do mundo mira para nós facéndose preguntas sobre como transformamos a nosa cidade. Son cuestións que, grandes ou pequenas, todas as cidades están desexando incluír na súa axenda de traballo. Pontevedra é un referente internacional", afirma. México: país convidado Aproveitando a internacionalización do propio concello, o salón conta por primeira vez cun país convidado: México. Grazas ás boas relacións estabelecidas a nivel empresarial e urbanístico entre o país centroamericano e a cidade do Lérez, a organización decidiu aproveitar as pontes de contacto existentes entre ambos os lugares e,así, beber da rica e diversa cultura mexicana, un país con 68 linguas prehispánicas e cunha potente industria literaria. Referido a isto, a animadora cultural Gabriela Badillo presenta no Salón 68 voces, un proxecto que dá a coñecer a riqueza lingüística e a tradición oral mexicana a través dunha serie de contos indíxenas ilustrados por artistas do seu país. Carme Fouces: "Interésanos non só dar visibilidade á cultura mexicana, senón catapultar a nosa cara a outros lugares" "Interésanos non só dar visibilidade á cultura mexicana, senón catapultar a nosa cara a outros lugares", explica a concelleira de Cultura. A través do proxecto Libros que cruzan océanos, crianzas da Cidade de México e Oaxaca poden lerán obras de autoras e autores galegos, ao tempo que as crianzas de aquí fan o propio coa obra das autoras convidadas ao salón. "Ver as nenas e os nenos mexicanos lendo na nosa lingua con esas ganas e ese pracer de aprender novos idiomas, emociona", conta entusiasmada a edila. "Foi doado facer unha delegación de artistas mexicanas potente. Estamos tremendamente agradecidas a México polo seu compromiso co salón. Aquí está o mellor das súas letras e da súa arte. Fixeron un curso a nivel nacional para seleccionar as persoas asistentes que virían en representación do país e, por enriba de todo, valoramos a súa diversidade lingüística e cultural", destaca Fouces. As mediadoras É precisamente do país mexicano onde parte outra das figuras fundamentais para o Salón do Libro deste ano: a mediadora de lectura. Son figuras recoñecidas e moi utilizadas no país azteca, mais aínda estrañas neste lado do Atlántico. A través do I Congreso Internacional de Mediación Lectora, organizado en colaboración coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, o Salón do Libro volve dar peso ao plano formativo cunha serie de actividades enfocadas a coñecer o labor destas mediadoras. Eva Mejuto: "Queremos implicar os profesores e futuros docentes na importancia de como tratar o libro e a lectura na aula, sempre desde unha perspectiva feminista" "Queremos implicar os profesores e futuros docentes na importancia de como tratar o libro e a lectura na aula, sempre desde unha perspectiva feminista", explica Eva Mejuto, coordinadora do Salón do Libro. "Temos obradoiros de análise de personaxes femininas, actividades de teatro, poesía, crítica feminista, etc. Trátase de facer reflexionar en conxunto e, sobre todo, de crear unha comunidade arredor do libro en Pontevedra e Galiza. É a primeira edición deste evento e houbo unha acollida fantástica, tivemos que ampliar as prazas", afirma, en declaracións a Sermos Galiza. Outra das novidades desta edición é o Concurso Internacional de Ilustración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O traballo da viguesa Ana Villegas impúxose fronte ás 234 obras presentadas, converténdose na imaxe oficial destas Mulleres de conto. Así mesmo, o salón xa ten publicado un almanaque recompilatorio das ilustracións e pinturas finalistas do certame. Os retos Para Eva Mejuto, o reto fundamental do Salón é achegarse ao lectorado mozo. "Temos moita literatura infantil pero hai unha idade, entre os once e os doce anos, na que moitas rapazas e rapaces quedan descolgados da lectura", lamenta. Eva Mejuto: "Estamos a levar a cabo unha serie de iniciativas coas que buscamos que as crianzas que viñeron con seis, sete ou oito anos sigan vindo e sentindo o salón como o seu espazo" "Estamos a levar a cabo unha serie de iniciativas coas que buscamos que as crianzas que viñeron con seis, sete ou oito anos sigan vindo e sentindo o salón como o seu espazo. É complicado afianzar o lectorado mozo, pois le de xeito vinculado ao ensino. Queremos xogar con esa parte crítica e dinámica propias da mocidade", explica a coordinadora. Para iso hai preparados cursos de Youtube, poadcasting e Instagram, entre outros, todos eles relacionados coas novas plataformas e formatos dixitais existentes na rede. Programación Aberto do 6 ao 29 de abril, de 17h a 20h de segundas a quintas; de 17h a 20:30h as sextas e de 11h a 14h e de 17 a 20:30h os sábados e domingos, dentro da súa ampla programación atopamos arredor de 150 actividades, como o obradoiro "Cóntame outra vez…". Con este taller, que se celebrará o vindeiro 13 de abril ás 17:30h no espazo do salón, as persoas asistentes poderán, previa inscrición, recuperar os contos tradicionais desde unha perspectiva de xénero. Dirixido a un público familiar, este proxecto busca reinterpretar o xeito de contar os contos, actualizando o papel da muller nas historias de sempre. A cuarta ás 17:30h atopamos o obradoiro "Podcasting literario", dirixido a mozas e mozos de máis de doce anos, que poderán mergullarse nos segredos da radiodifusión e o podcasting e crear o seu propio programa de radio. Para as amantes da banda deseñada e do humor gráfico, Kiko Dasilva e Luis Davila impartirán entre as 10h e as 12h do 19 de abril o obradoiro "Historias debuxadas", un duelo dialogado sobre a linguaxe do cómic. Cunha importancia central nesta edición atopamos a figura de María Victoria Moreno. A mestra, escritora, tradutora e editora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas pasou a meirande parte da súa vida na cidade do Lérez, coa que mantiña un vínculo especial. Estremeña de nacemento pero galega de corazón, María Victoria Moreno atopou en Pontevedra un lugar amábel co que compartir o seu compromiso coa lingua e o ensino. A XIX edición do Salón do Libro ten moito de María Victoria Moreno Este 2018 a celebración do Ano María Victoria Moreno converteu a cidade na capital das letras e da lingua galega. Por iso, a XIX edición do Salón do Libro ten moito dela. Pequenos e maiores poderán gozar de "Unha historia de amor, pequena biografía de María Victoria Moreno", un contacontos ilustrado que, da man de Tania Solla, percorrerá a vida e obra da autora homenaxeada nas Letras Galegas. Será o sábado 14 de abril ás 18:00h e a entrada é libre até completar capacidade. O domingo 15 de abril ás 12:30h, a compañía Xarope Lulú fará tamén a súa particular homenaxe á mestra. Un espectáculo de contacontos para todos os públicos co universo da autora como protagonista, onde destaca a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza e o amor polos animais. Na mesma liña e dentro da programación do I Congreso Internacional de Mediación Lectora atopamos a presentación do libro María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, unha obra de Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre que retrata a mestra e autora desde un profundo cariño. [Esta información foi publicada no semanario Sermos Galiza número 291, á venda nos quiosques e na loxa] |
NOS_58227 | O persoal con base en Santiago de Compostela iniciou esta segunda feira unha folga que consistirá en paros de 24 horas de segundas a quintas feiras até xaneiro de 2023. | A representante sindical de USO-Ryanair en Santiago de Compostela, Laura Caballero, vén de denunciar as "ilegalidades" cometidas por parte da compañía aérea ao desprazar empregados desde Madrid á capital galega para operar os voos que poderían ser cancelados pola folga, iniciada esta segunda feira. En declaracións aos medios de comunicación, Caballero cualificou de "crebafolgas" a decisión da empresa de desprazar persoal desde outras bases, por exemplo Madrid, até Santiago para que leven a cabo o traballo das persoas que exercen o dereito á folga. "Espérase que todos os voos [desta segunda feira] vaian saír grazas ás ilegalidades que está a cometer a compañía para vulnerar o noso dereito á folga", criticou a portavoz de USO-Ryanair na capital. O persoal asegura que a folga rematará "cando a compañía acepte sentar a negociar" Con todo, Caballero reivindicou que os traballadores e traballadoras queren que a folga dure "o menos posíbel", indicando que rematará cando a compañía acepte sentar a negociar. "O único que queremos é que se recoñezan os nosos dereitos e no momento no que a empresa se digne a negociar connosco, a folga quedará desconvocada", engadiu. Reclamacións Entre as súas reclamacións, o persoal pide que Ryanair cumpra a lexislación española xa que, segundo apuntou o sindicato, moitos dos empregados e empregadas non chegan a cobrar nin o salario mínimo interprofesional (SMI) e non teñen os dereitos laborais que se inclúen no Estatuto dos Traballadores. Denuncian o despedimento de persoal que se mobilizou en folgas anteriores Aliás, Ryanair é a "única aerolínea" que opera no Estado español que non dispón dun convenio propio. O persoal tamén exixe a readmisión de once traballadores que foron despedidos "inxustamente" en convocatorias de folga anteriores e que se eliminen os expedientes disciplinarios abertos a decenas de persoas "por exerceren o seu dereito a folga". Os tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) de Ryanair iniciaron esta segunda feira unha folga que consta de xornadas de paros de 24 horas de segundas a quintas feiras todas as semanas até o 7 de xaneiro de 2023. En Compostela, esta segunda feira até as 9 horas non se produciu ningunha cancelación, mais si tres atrasos, dous de voos con chegada á capital galega e un dun avión que partía do aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro. A nivel estatal, Ryanair cancelou xa dez voos na primeira mañá da nova convocatoria de folga e até 51 viaxes sufriron atrasos. |
PRAZA_16568 | VÍDEO | O portavoz popular en materia de montes foi o pasado venres o terceiro dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación do sector organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública Presente e futuros do territorio, a análise no Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública | Presente e futuros do territorio, a análise no Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública José González Vázquez, portavoz do PP en materia de montes, foi o pasado venres o terceiro dos participantes nos faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a nova lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais e a ordenación dos montes en xeral que organizou o Instituto de Estudos Miñoráns. Praza Pública colaborou moderando as intervencións dos asistentes e formulando preguntas aos participantes, cuxas respostas sintetizamos na semana seguinte a cada faladoiro en pezas informativas acompañadas de extractos audiovisuais. "O Plan Forestal de 1992 facía recomendacións, o que se pretende coa revisión actual é que sexa vinculante" A comisión de estudo sobre os incendios creada no Parlamento de Galicia, da que vostede forma parte, está tamén a realizar propostas para un novo Plan Forestal. Pero o actual, aprobado en 1992, e que o Consello de Contas di que non se está a cumprir, remataba en 2032. É necesario un novo plan cando aínda quedaban 15 anos do anterior ou bastaría con cumprir o que xa hai? Por unha banda, o plan o que marca é a senda cara a onde ten que ir o forestal, pero agora o que se plantexa é un monte multifuncional, con castiñeiros, cogumelos, etc. Por outra, o plan de 1992 facía recomendacións, sen carácter vinculante. O que se pretende facer agora é esa revisión e darlle carácter vinculante. "Máis alá de fiscalidade ou subvencións, o que temos que intentar é xerar actividade no monte e no rural no seu conxunto, porque se é atractivo, máis xente quererá vivir no rural" Dúas das reivindicacións que veñen facendo as comunidades de montes son que se respecte o seu carácter de propiedade comunitaria e a esixencia dunha fiscalidade específica. A actual propiedade privada colectiva dos montes comunais está fora de toda dúbida. Téñense plantexado no Parlamento iniciativas para variar esa situación, e eu o que digo é que se hai algún informe xurídico que poña en dúbida iso, nós estamos abertos a recollelo, pero ningún experto no ámbito xurídico ten ningunha dúbida de que coa lexislación actual as comunidades de montes están protexidas e teñen carácter colectivo. Canto á fiscalidade, a miña opinión é que as comunidades son un elemento esencial para regular o monte en Galicia, por unha razón de pura lóxica, que é que son grandes propietarios nun país minifundista. Falamos de 2.800 comunidades de montes que son propietarias de 700.000 hectáreas. Dentro da dificultade que temos para coñecer a propiedade de moitos montes, as comunidades teñen a vantaxe de que se sabe cal é o seu terreo. E probablemente para animar o traballo das comunidades de montes haxa que ir cara a unha fiscalidade específica. Máis alá de fiscalidade ou subvencións, o que temos que intentar é xerar actividade no monte e no rural no seu conxunto, porque se é atractivo, máis xente quererá vivir no rural. "Hai que limpar as franxas de protección, pero logo teremos que darlles algunha actividade, a que sempre houbo nelas, agrícola, gandeira ou árbores de froita, hai que pólas en produción" Para acadar esa rendibilidade, nese e noutros sectores, adoita salientarse a necesidade dunha seguridade xurídica. Pero a Lei de Montes actual, aprobada en 2012, mudou seis veces nestes seis anos. Non é unha eiva para a seguridade xurídica e a rendibilidade? A seguridade xurídica é imprescindible en calquera ámbito. Os cambios que foron introducidos na lei teñen que ver fundamentalmente coas franxas de protección contra o lume ao redor dos núcleos de poboación. Podemos discutir se deben ser máis ou menos metros, pero o fundamental é que se manteñan eses espazos limpos. E o que había era pouca seguridade xurídica para que os concellos puidesen entrar nesa franxa a limpar. Había casos nos que unha finca que aparentemente non tiña propietario non se limpaba nunca, pero cando o Concello empezaba a limpar o propietario aparecía e denunciaba. O cambio que se fai na lei, e nesa parte co consenso de todos os grupos parlamentarios, é dotar de seguridade xurídica aos concellos para que poidan entrar nesas fincas. Pero aínda que haxa moita vontade por parte dos concellos, segue a ser complicado pola gran cantidade de fincas con propietarios difíciles de localizar. E logo está o que custa limpar arredor dos 30.000 núcleos de poboación que hai en Galicia. Eu fago unha estimación e non chegan cen millóns de euros ao ano. Non podemos asumir como país ese custo. Agora haberá que limpar, pero logo teremos que darlle a esas franxas algunha actividade, a que sempre houbo nelas, agrícola, gandeira ou árbores de froita. Hai que pólas en produción. "Hai que agrupar as propiedades e un dos instrumentos, creado polo bipartito pero que é bo e que nós mantemos, é o Banco de Terras, que como axencia pública poida facilitar a explotación de parcelas das que non aparecen os propietarios" Di que limpar todas esas franxas custaría uns cen millóns de euros. Iso é o que gastamos todos os anos en loita contra o lume, fronte a 50 millóns en xestión forestal, segundo di o Consello de Contas, que lembra que tería que ser ao revés. Como revertemos a situación? A todos nos gustaría que se gastara moito menos na loita contra o lume, pero o que non podemos facer é desmantelala. Reverter a situación significa introducir reformas estruturais que afecten a todo o rural. Niso se está a traballar na comisión do Parlamento. Temos un problema que é a propiedade da terra. Temos que actuar na estrutura da propiedade. A clave que pode mellorar a loita contra o lume, na miña opinión, é a ordenación forestal dentro do monte, e para iso temos que ser quen de darlle a quen queira traballar no monte unha superficie suficiente. Temos que traballar en figuras que permitan agrupar propiedade dentro do monte sen que iso signifique que se perda a propiedade. Un dos instrumentos que temos, que foi creado polo bipartito pero que é un bo instrumento, e que nós mantemos na lexislación, é o Banco de Terras, que como axencia pública poida facilitar a explotación de parcelas das que non aparecen os propietarios. "A loita contra a eucaliptización faise con ordenación forestal: co Plan Forestal que fixe uns límites, con lexislación que impida que o eucalipto se plante en calquera lado e con diversidade de especies" A lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais facilita a corta de eucalipto, piñeiro e acacia, presentando só unha declaración responsable previa e sen ter que pedir permiso, que si se mantén para as frondosas autóctonas. Esta medida que algúns consideran positiva para loitar contra a eucaliptización é vista por outros como un perigo para os xacementos arqueolóxicos dos montes, que poden verse afectados por cortas sen control. Que opina? A loita contra a eucaliptización faise con ordenación forestal: co Plan Forestal que fixe uns límites, con lexislación que impida que o eucalipto se plante en calquera lado e con diversidade de especies. É o que defende o PP, non defende para nada ningún monocultivo, escóitese o que se escoite. Para as cortas estabamos a atopar supostos nos que se podía tardar ata 14 meses en ter autorización se no sitio onde se ía cortar había varias cautelas á vez como as de patrimonio ou hidrográfica. A lei o que pretende é quitar esa burocracia onde non existan esas proteccións. Está en tramitación unha plataforma informática que permitirá saber que organismos teñen que informar dunha corta en cada lugar. Se a parcela está preto dun ben protexido, xa non terá ningunha dúbida de que ten que pedir autorización. Naquelas que non estean afectadas por proteccións poderase facer a corta cunha declaración responsable. Pero por que se tardan 14 meses en dar os permisos? No servizo de Patrimonio da provincia de Pontevedra hai só dous arqueólogos. Probablemente non sexan demasiados. "A lei de implantación empresarial pretende eliminar burocracia, non garantías; aí ao lado Portugal está sendo moi áxil e non está para nada buscando destrozar o seu territorio" Unha das críticas que se fai á lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais é que elimina controis, mentres que vostedes defenden que o que elimina son trabas. Cal é a realidade? Pretende eliminar burocracia pero sen eliminar garantías. Aí ao lado, en Portugal, temos un país que nisto está sendo moi áxil e non está para nada buscando destrozar o seu territorio, está buscando facilitar a implantación empresarial. Hai que ir a un sistema de ventá única. Unha das cousas que se di desta lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais é que a Consellería de Industria adquire máis peso sobre outros departamentos. Supón isto unha aposta polo seu titular, Francisco Conde, como sucesor de Feijóo? (Ri). Só podo contestar que non é unha pregunta que teña que ver co meu ámbito, o medio rural. |
PRAZA_17653 | A oportunidade agora é para que a Fiscalía Xeral do Estado reaxa, retire as acusacións por rebelión e sedición, cualifique procesualmente polos eventuais delictos de desobediencia e pida dos maxistrados instrutores da AN e do TS a liberdade dos presos políticos | Aínda hai xuices en Berlin, como dis que dixo o vello rei prusiano Friedrich Wilhem II. Ou, tratándose da federal Alemaña, aínda hai xuices en Kiel, porque o caso da extradición de Puigdemont, como non podía ser doutro xeito nunha democracia que respecta o principio do xuiz ordinario predeterminado pola Lei, foi coñecido polo Tribunal Superior do land de Schleswig-Hollstein, onde o president foi detido. No Estado español coñecería do asunto a disfuncional e inconstitucional Audiencia Nacional fose onde fór o lugar dos feitos. E logo aínda din os unionistas que o Estado español é o máis descentralizado da Europa. Os xuices de Kiel rexeitaron a extradición de Puigdemont polo delicto de rebelión, ao considerar que a súa conduta non podía ser considerada análoga a do delicto análogo na Alemaña, o da alta traición, pola manifesta falla de violencia e/ou intimidación na conduta do dirixente catalán. Pura cordura, puro Dereito… Fronte esta decisión Puigdemont pode recorrer perante o Constitucional alemàn (pola extradición acordada polo delicto de malversación), o Reino de España non. Tampouco pode Llarena prantexarlle unha cuestión prexudicial ao Tribunal da Unión Europea. O tempo procesual xa pasou e a lexitimación activa non é do Tribunal que pide a euroorde, senón do que é competente para resolvela. Llarena só pode retirar a euroorde, como especulan case todos os medios de Madrid, mais esta decisión poría á xustiza española a níveis máis propios de Somalia ca de Turquía. De seguro que é o plan A de Llarena, mais non é probábel que o leve adiante. A oportunidade agora é para que a Fiscalía Xeral do Estado reaxa, retire as acusacións por rebelión e sedición, cualifique procesualmente polos eventuais delictos de desobediencia e pida dos maxistrados instrutores da AN e do TS a liberdade dos presos políticos En realidade, a oportunidade agora é para que a Fiscalía Xeral do Estado reaxa, retire as acusacións por rebelión e sedición, cualifique procesualmente polos eventuais delictos de desobediencia e pida dos maxistrados instrutores da AN e do TS a liberdade dos presos políticos. Porque estes presos políticos constitúen, nesta altura, reféns que impiden unha negociación bilateral entre o Estado e Catalunya. Porque se ben é verdade que cómpre dialogar de todo e facer o posíbel por amornecer o conflito con reféns non se pode negociar. Mentres haxa presos políticos en Catalunya non se poderá negociar a serio. Ao mellor a decisión dos xuices de Kiel é unha fiestra de oportunidade para recuperarmos o sentidiño, o seny, o sentido común…Para recuperarmos a cordura. Publicidade |
NOS_47323 | O Pont-Up Store é unha iniciativa aberta a toda a cidadanía cuxo obxectivo é o apoio ao emprendemento e o incremento da cultura emprendedora na sociedade. Instalado desde o seu inicio en Pontevedra, este ano retomou a súa actividade incrementando a participación malia a pandemia. | -Cal é a orixe da Pont-Up Store? Naceu con motivo dun encontro internacional de emprendedoras e emprendedores de Portugal e da Galiza. Após esa xuntanza, fundamentalmente académica, concretamos unha iniciativa na procura de axudar as iniciativas emprendedoras reais, que xa están funcionando, aínda que leven poucos anos de vida. Coido que, daquela, acertamos e a proba está en que pasamos de ser un evento local, co apoio do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, a abranguer toda a Galiza. Mesmo pensamos que nos vindeiros anos poderíamos chegar tamén ao norte de Portugal e o territorio que entendemos como 'Galiza irredenta'. -De que maneira escollen os proxectos que participan nesta iniciativa? Teñen que levar menos de dous anos e medio de funcionamento. É o momento crítico da maior parte das empresas por ter moitas dificultades para visualizarse e promocionarse. Nós facilitamos ese paso a través dun stand físico. Contamos con 36 postos e a participación, de media, sempre é grande mais este ano, após a suspensión do anterior, tivemos máis de catro por cada stand. Hai moita xente valente que aguantou a pandemia e mesmo algunha atrevida que montou a súa empresa no peor momento da Covid-19. -Que significou a pandemia para o emprendemento empresarial galego? Son momentos difíciles e a xente pode pensar que se retrae. Mais o emprendemento é algo que xorde da xente e nos momentos complicados é onde se innova, onde se tenta ver as cousas desde outra perspectiva. Polo de agora non temos estudos do impacto que supuxo esta pandemia mais pola experiencia desta edición vemos que se segue emprendendo. Danos unha idea da vitalidade que ten o país. -Que tipo de negocios se crearon na Galiza durante a pandemia? Hai moita variedade. Somos unha feira multisectorial e temos representación de proxectos que van desde o téxtil e complementos até as tecnoloxías da información pasando polo mundo da comunicación, os videoxogos, a cultura e o turismo. Por sectores o máis presente é o téxtil. En todo caso hai unha serie de características en todas elas que deberiamos salientar: o 55% están lideradas por mulleres e o 40% ten a súa implantación no rural galego. Moitas veces cremos que o emprendemento está concentrado nas cidades e non é así. Outro dato importante é que case a totalidade das empresas e os seus produtos ou servizos teñen un compoñente dirixido ou pensado desde a sostibilidade ou ben esta característica figura na súa declaración de intencións. Vemos un fío común na base de todos os proxectos que é a tecnoloxía, especialmente todo o relativo ao comercio electrónico. É unha visión que transcende o local e procura o global. As empresas nacen de forma natural con vocación internacional, o mercado non é só o que ten ao seu carón. É un salto moi importante que se deu nos últimos anos. Cando alguén se anima a emprender parte das súas afeccións, o seu coñecemento ou a súa experiencia. Despois temos exemplos de proxectos que naceron despois dun cambio na vida da persoa que os crea. Os perfís son moi variados. -Ten algunha explicación a gran porcentaxe que teñen de emprendemento feminino? Foi unha progresión desde o inicio. Hai tres edicións introducimos actividades formativas na propia feira que funcionan en paralelo á súa función de visibilizar os proxectos e interesounos centrar boa parte dos esforzos nos proxectos presentados por mulleres. A idea era crear cultura emprendedora. -Teñen constancia estes anos de empresas que non conseguiron continuar traballando? Nós seguimos en contacto con todos os proxectos que participaron desde a primeira edición. Antes da pandemia sabiamos que a desaparición destes proxectos non superaba o 10% de todos os que se presentaban. Esta boa cifra débese á peneira que realizabamos en función da súa viabilidade futura, o seu equipo e a innovación que introducían. Foi unha proba de que acertamos ao escollelos. Despois da pandemia a cifra duplicouse mais aínda así estamos nuns números que sen crise seguirían a ser extraordinarios. Este mesmo ano pensamos crear unha asociación coa intención de fixar o seguemento e seguir axudando aos máis de 300 proxectos que pasaron pola feira ao longo de todos estes anos. Innovación tecnolóxica na pandemia O Pont-Up Store volveu mostrar a pasada fin de semana en Pontevedra a vitalidade do emprendemento galego. Entre as empresas presentes, 12 decidiron abrir as súas portas ou relanzar o seu negocio en plena crise da Covid-19. En total presentáronse 40 empresas, entre as que destacaron as de innovación tecnolóxica aplicada co obxectivo de resolver os problemas de espazo e mobilidade nas cidades, como Evourbe que presentou un sistema intelixente de xestión de aparcamento creado dar solucións ás cidades con moito tráfico. |
NOS_7074 | Entrevistamos a xornalista verinesa Esther Estévez para o caderno de verán de 'Nós Diario'. | —Cóntenos sobre o seu momento actual no persoal e no profesional.Agora mesmo estou de vacacións, por fin! A nivel profesional hai moito traballo mais na verdade estou súper contenta porque está todo funcionando moi ben. —Esperaba o éxito que tivo o 'Dígocho eu!'?Nin eu nin ninguén do equipo o esperabamos. Este foi un proxecto que naceu para as redes sociais da televisión, mais non contabamos para nada que fose coller o pulo que colleu. —Como lle gusta gozar do verán?Gústame sempre volver a Verín para estar con familia e amigos. Tamén me gusta escaparme a algún sitio de cando en vez. —Cal é o lugar da Galiza en que máis lle gusta estar?Hai moitos, gústame estar en Verín, en Santiago ou nalgún lugar de praia, non teño un lugar favorito específico. —Praia ou piscina?Diría praia, pero normalmente cando vou canso moi rápido dela. —Cando vai á praia, pasa máis tempo na area ou na auga?Estou máis na area. Esther Estévez, xornalista: "Se estás consumindo en galego, sexa o noso programa, música ou cine, animaraste a falalo" —A onde non iría nunca de vacacións?No verán non iría a un sitio onde vaia moita calor. Se tivese que ir a Andalucía, por exemplo, iría noutra época do ano. —Unha prenda imprescindíbel no verán?O bikini. —Unha viaxe que teña gravada como 'a viaxe'?Unha viaxe que fixen á República Checa. Eu toco na banda de gaitas Nova Era e fomos tocar alí varias veces e é unha pasada. —Algún souvenir que adoites comprar?Non son moito diso, si que tendo a gardar cousas como billetes de avión ou algo que estea no idioma do sitio que visito. —Unha canción que estea escoitando moito?Corazón de toxo, que é unha canción na cal colabora La Quinkillada. —Unha serie ou filme que nos recomende?Diría a serie Saudade de ti. —E un libro?Un libro que lin hai pouco, Illa decepción de Berta Dávila. |
NOS_52212 | Xa sabiamos os cabezas de cartel do Revenidas, unha das citas musicais máis importantes do verán, pero agora hai que engadirlle a Skindred, La Pegatina, Riot Propaganda, De vacas, Esne Beltza, Terbutalina, Bohemian Betyars e Dakidarria outros moitos nomes e actividades alternativas. | A 14º edición do festival Revenidas, que se celebrará os próximos 18, 19 e 20 de agosto en Vilaxoán, presentouse esta mañá no Parque de Dona Concha e puidemos coñecer polo miúdo a totalidade da programación. O festival, que contará con case unha trintena de bandas galegas, do estado e internacionais, terá unha especial presenza de bandas de "mulleres bravas, que amosan os seus sentimentos a través da música", tal e como apuntou Xoán Quintáns, director do evento. Exemplo disto son as artistas Sara Hebe, Pupil·les, De Vacas, Vodoo, Bolboreta, Ugía Pedreira ou Najla Shami. Tamén quixo destacar o espírito do festival "que continúa facendo unha clara aposta polos artistas e bandas do país" como Terbutalina, Dakidarría, Doen, Noite Fechada, Xurxo Souto, Galifunk Brass, La Duendeneta, Os Terribles de Arousa, Bloquinho Aperta, Zapa! e SondaRúa. O cartel complétano grupos procedentes de Asturies, Madrid, Valencia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Madrid, Arxentina, Hungría ou Reino Unido facendo do Revenidas un auténtico "Festival das Linguas". En relación a isto, Xosé Leal quixo gabar a aposta que fai a organización polas "diversidade de linguas e o mantemento do noso patrimonio musical e mariñeiro". Música no Chasula Nesta edición os asistentes poderán vivir unha experiencia marítima pola Ría de Arousa a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional na que unha degustación gastronómica de produtos 100% galegos se fusionará coa música en directo de Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, Lydia Botana, O Leo i Arremecághona, Najla Shami e Xurxo Souto. O propio Souto remarcou a importancia de aprender a vivir o Revenidas como unha expeciencia única, tanto desde o lado dos asistentes ao festival coma desde o papel dos músicos. "Non hai experiencia musical máis bonita que cantar en Vilaxoán. Cantar e ver como che está dando o vento mareiro", apuntou. O festival contará tamén con outras actividades paralelas como a Gran Gala de Circo Solidaria "Flores contra o esquecemento" a favor de Pallas@s en Rebeldía, a habitual Sardiñada Popular Revenidas, diferentes prostas gastronómicas a cargo de recoñecidos chefs, 17 horas de música soundsystem no Recuncho DUB ou a Feira Revenida,. |
PRAZA_4803 | Martha Azul, a artista que impulsou en Galicia o rexistro masivo dos seus corpos por parte das mulleres en protesta pola reforma da lei do aborto, explica a acción e advirte de que "cada vez hai máis xente disposta a protestar". | Foi o pasado mércores. Unhas trinta mulleres acudiron ao Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa para solicitar a titularidade sobre un ben: o seu propio corpo. Foron varias ducias de mulleres da comarca as que acudiron á chamada que fixo a través das redes sociais a artista galega Martha Azul, que foi a que en Galicia se uniu a esta acción artítistica impulsada a nivel estatal por outra artista, Yolanda Domínguez, e que levou centos de persoas a rexistros de Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao ou Pamplona. Foi a súa maneira de protestar contra o anteproxecto de lei do aborto do Goberno do ministro Gallardón, ese que volveu ser apoiado de novo pola maioría absoluta do PP no Congreso e no propio Parlamento galego e que, de saír adiante, tan só permitirá a interrupción voluntaria do embarazo só en casos de violación ou risco grave para a saúde da muller. "Se nos tratan como obxectos, teremos que rexistrar ese obxecto", reivindica Martha Azul, a artista que impulsou a protesta en Galicia "Se nos tratan como obxectos, teremos que rexistrar ese obxecto", explica a Praza con ironía Martha Azul, a pintora arousá que impulsou unha protesta máis apoiada do que agardaba. "Todo se fixo a través das redes sociais; a proposta xurdiu de Yolanda Domínguez para Madrid, pero foise espallando a outros puntos como Barcelona ou Bilbao... Eu ofrecinme a difundilo para facelo aquí", conta a artista galega. "Convoquei a todas as mulleres que puiden e esperaba contar con oito, pero apareceron unhas trinta e logo incorporáronse incluso rapazas que saían do instituto que se uniron á acción", explica. Pero en Vilagarcía o Rexistro da Propiedade tan só se ocupa dos bens inmobles, polo que os funcionarios impedíronlles legalizar a titularidade do seu corpo. "Vós sodes bens móbiles", disque lles dixo a responsable de atendelas, unha muller que non foi moi amable nin respectuosa coa protesta. "Foi borde e advertiunos de que ese trámite teriamos que facelo en Pontevedra; tan só atendeu tres persoas porque se negou a xestionar máis... É moi triste que sexan as mulleres as que se opoñen a estas reivindicacións, pero tamén vemos como son outras moitas mulleres as que apoian a reforma da lei do aborto", reflexiona. "Non queriamos manifestarnos, senón optar pola ironía", reivindica a artista que non descarta máis accións deste tipo En Vilagarcía, malia que se colapsou a sede do Rexistro, as súas peticións non foron atendidas. Si en Madrid, onde os rexistros foron admitidos a trámite. No entanto, o obxectivo principal conseguiuse. "Non quixemos facer unha manifestación nin espirnos, senón optar pola ironía; se para eles somos un obxecto, queremos rexistralo", engade Martha Azul, que como millóns de mulleres non entenda que sexan outros os que decidan polo xénero feminino. Ela está disposta a seguir "por esta vía irónica", a mesma que leva anos marcando Yolanda Domínguez, que non descarta levar a máis cidades e vilas do Estado este rexistro masivo de corpos. "Só queremos decidir sobre o noso corpo e Gallardón quere impedírnolo" "Moita xente dicíanos que terían ido se o soubesen ou que apoiaban a protesta aínda que lles daba algo de vergonza", conta Martha Azul. "Só queremos decidir sobre o noso corpo e Gallardón quere impedírnolo", di quen está segura de que "cada vez hai máis xente disposta a protestar" desta ou doutra maneira. "Xórdenme moitas ideas, pero as ganas de protestar por isto e por outras moitas cousas son grandes", asegura. "As accións artísticas están tendo éxito, tanto que hai pais que están a chamar para pedir ir rexistrar o corpo das súas fillas menores; están provocando queu protestemos máis e así o faremos. Se cadra ata o formalizamos", advirte esta artista que lembra como, con cadanseu impreso, as mulleres convocadas subiron ao Rexistro de Vilagarcía, escribiron "o meu corpo" onde se lles solicitaba a descrición do ben a legalizar e engadiron diversas observacións como "inclúe cerebro e órgano reprodutor", "1,60 de alto e moito de ancho", "o meu corpo cheira moi ben" ou "o meu corpo de pés a cabeza". Incluso se incluíron debuxos. Todo para reivindicar o dereito das mulleres a decidir sobre o que é seu. |
NOS_12949 | O Goberno chinés instou onte os Estados Unidos a reverter "inmediatamente" a restrición aos visados. Por outra banda, Wuhan rexistrou o primeiro foco de infección tras a fin da corentena. | O Goberno chinés instou onte os Estados Unidos a reverter "inmediatamente" a restrición aos visados de xornalistas aprobada a semana pasada. De non ser así, sinalou, resérvase o dereito de adoptar medidas de represalia que non especificou. O portavoz do Ministerio de Exteriores, Zhao Lijian, condenou a medida en conferencia de prensa e cualificouna como un exemplo de "opresión política", segundo a axencia de noticias Xinhua. Se Washington non dá marcha atrás, Beijing "tomará medidas", advertiu. O Departamento de Seguridade Interior dos Estados Unidos anunciou na sexta feira un límite de 90 días para os visados de xornalistas, alegando como razón a "represión do xornalismo independente" no xigante asiático. O permiso pode ser prorrogados en períodos sucesivos de tres meses. A Administración de Donald Trump elevou con esta medida as críticas ao Goberno chinés, ao que xa recriminara a expulsión en marzo de varios xornalistas de rotativos estadounidenses. En febreiro, ademais, o Goberno estadounidense designara como axentes estranxeiros cinco medios públicos chineses. "24 mentiras" Este novo enfrontamento súmase aos moitos outros que manteñen desde hai meses as dúas potencias, especialmente desde o comezo da crise do coronavirus. O último movemento chegou na fin de semana, cando o Ministerio de Asuntos Exteriores chinés publicou un informe de 30 páxinas onde refuta as acusacións chegadas desde Washington, nomeadamente por parte do secretario de Estado, Mike Pompeo. Entre outras, que a China retivo información sobre o coronavirus e que o patóxeno saíu dun laboratorio de da cidade de Wuhan. O documento pretende desmontar o que o Goberno chinés chama "24 mentiras" sobre a xestión do brote do SARS-CoV-2, ofrecendo unha explicación cronolóxica dos feitos, que segundo as autoridades do país asiático, demostran que se ofreceu á comunidade internacional información de maneira "aberta e transparente". A respecto do caso de Li Wenliang, o médico falecido que tratou de dar a voz de alarma ante a perigosidade do brote en Wuhan, o documento asegura que nunca foi arrestado, en contra das informacións aparecidas nos medios occidentais, e que simplemente recibiu advertencias por parte da policía por "difundir rumores". Novo foco Por outra banda, Wuhan rexistrou onte un novo foco de infección, o primeiro desde que as autoridades retiraron as medidas de corentena. As autoridades locais rexistraron polo momento cinco novos casos. |
PRAZA_16972 | Un pracer falar de M. Yourcenar nas Xornadas Literarias de Neda, algo que toda Galicia debera coñecer e imitar. | Neda, ao fondo da Ría de Ferrol, camiño inglés a Compostela, cunha bifurcación a San Andrés de Teixido, lugares milagreiros de romaxe. Neda cos restos do Hospital dos Peregrinos, e a Torre do Reloxo de 1785, na Rúa Real, non quere perder o contacto humanista e universal. Nada mellor que a Literatura para seguir mantendo esa relación. Casa das Palmeiras, fermosa casa indiana do s.XIX, pedra rosada, moderna solaina de ferro e portas de nobre madeira ben conservadas. Casa de mariños cun periscopio a altura dos ollos para esculcar os visitantes que peten na porta. Na planta baixa, a carón da lareira e o fregadoiro de vedra pedra, distribúen as cadeiras para escoitar falar de Cortazar, de Mary W. Shelley, de Bob Dylan (celebrado en Neda antes que co Nobel). Durante dezaseis anos, 8 autoras e 8 autores, viaxaron desde diferentes continentes a Neda, recibidos polo Club de Lectura Pantasmas de Papel, do IES Fernando Esquío, trobador medieval, habitante da zona. Estivera hai anos nesa suxestiva casa, un 8 de Marzo falando de Feminismo, que neste curioso pobo, de todo queren saber. Este venres, 27 de abril, volvín á Casa das Palmeiras, para falar de Marguerite Yourcenar, a ilustre escritora belga, de lingua francesa, primeira muller que ingresa na restrinxida e masculina Academie Française. Cando me chamou por teléfono Manuel P. Grueiro para invitarme a dar unha conferencia sobre Marguerite Yourcenar, en Neda, quedei asombrada. Como se interesaban por esta gran escritora nun pobo galego de pouco máis de 5 mil habitantes? Por que quererían coñecer unha humanista e racionalista que non dubido en situar no cume do pensamento do S.XX? Maior foi a sorpresa cando souben que cada ano, arredor do día do libro, celebran unha Xornadas Literarias centradas nunha gran figura literaria universal. O promotor de ditas xornadas é Manuel P. Grueiro, bibliotecario recentemente xubilado, cun compromiso cultural e unha entrega na que participa Natividad Villaamil, Copi, colaboradora nos proxectos culturais, preferentemente o das Xornadas Literarias, ás que contribúe o Concello de Neda, a Diputación e a Universidade de A Coruña. Ademais de configurar a escritora, quixen introducir algúns dos temas tratados e a sólida arquitectura intelectual con que fortifica os conceptos fundamentais. Unha estética en función da ética. Para iso, nada mellor que recorrer as miñas traducións da admirada autora ao galego: a novela de M.Yourcenar que traducín ao galego, e publiquei no ano 2002, na Colección As Literatas, de E.Xerais: Ana, Soror… , onde Yourcenar trata un tema arriscado, o do incesto, símbolo de todas as paixóns sexuais, tanto máis violentas canto máis reprimidas, máis castigadas e máis ocultas", situado na Nápoles e Sicilia españolas da época da Contrarreforma, cunha relixiosidade asfixiante. Neste ambiente prodúcese a atracción e a paixón amorosa entre os irmáns, Ana e Miguel, fillos do gobernador de Nápoles. Escrita con sensibilidade e discreción exquisitas, e o profundo coñecemento que ten a autora de todo o humano. Tamén puiden ler anacos do conto, A primeira noite, onde domina o tema da perda da virxindade na noite de vodas dunha mociña, destinada a ser degradada e rexeitada polo mesmo home que lle vai retirar o candor, o valor fundamental que ten aos seus ollos. Tema este tamén tratado por Rosalía de Castro en Lieders. Conto azul, no que a autora critica a avaricia, e Maleficio, onde reflexiona sobre a superstición, completan os tres contos que traducín de Marguerite Yourcenar que, esta vez, publica no ano 1997, Edicións Laiovento. Un pracer falar de M. Yourcenar nas Xornadas Literarias de Neda, algo que toda Galicia debera coñecer e imitar. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=aa3c1f14&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=424&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=aa3c1f14' border='0' alt='' /></a> |
NOS_33082 | Esta sexta feira, nunha nova entrega nas páxinas de Nós Diario, podes saber como diversos artistas gustaron de representar os símbolos da Galiza da man de Héitor Picallo. O coleccionábel de heráldica está dispoñíbel de terzas a sextas feiras, fornecendo coñecementos sobre o escudo do Reino da Galiza. Podes conseguir capítulos que perderas a través da nosa loxa online. | No presente capítulo imos ver como diversos artistas gustaron de representar os símbolos da Galiza, cabo doutros principais, en determinados momentos históricos que teñen que ver co cambio xeracional. Isto é, cando un determinado rei ou raíña ofrece os seus emblemas coa intención de sinalar unha transmisión hereditaria ou un cambio de goberno. Tres son os casos que queremos amosar: O primeiro ten que ver co matrimonio de Xoana de Castela e Filipe de Habsburgo, o segundo coa abdicación de Carlos V e o derradeiro coas honras fúnebres deste monarca. O Espello de honra da Casa de Austria (Ehrenspiegel des Hauses Österreich), conservado na Biblioteca Estatal de Baviera, considérase que foi redactado por Clemens Jäger (1500-1561) e iluminado por Jörg Breu "O Mozo" (1510-1547). O primeiro volume ve a luz en 1555 e nos folios 9v e 10r, de xeito apaisado, aparece a árbore xenealóxica dos descendentes de Xoana de Castela e Filipe de Habsburgo. Alén do nome de cada un dos membros, ao carón gráfase o respectivo escudo de armas, que para o caso de Xoana é bastante exuberante e está constituído por doce cuarteis (ao igual có do seu marido) coas armas dos reinos de Castela, León, Aragón, Sicilia, Granada, Toledo, Navarra, Valencia, Galiza, Mallorca, Sevilla e Murcia. Se este símbolo que aparece no volume primeiro resulta interesante, moito máis é o recollido no segundo (editado en 1559). Xa no folio 1r, a xeito de portada, contemplamos unha estampa xenealóxica e política interesantísima. Nela identifícase a Maximiliano I de Habsburgo sentado no solio imperial, no que presiden as armas da casa de Austria. Ao seu carón, tamén nos respectivos tronos, pero a unha altura máis baixa (non só para simular o poder, senón máis ben a transmisión xenealóxica e hereditaria), sentan Filipe e Xoana de Castela, á esquerda e dereita do observador. No 'Espello de honra da Casa de Austria' Galiza é representada en varios cuarteis de diferentes brasóns. Na parte superior dos solios reais gráfanse en cadanseus 12 cuarteis as armas dos respectivos estados. Nos del son claros os emblemas de Estira, Brabante, Borgoña, Austria e outros; nos dela reprodúcense exactamente os mesmos citados no volume I desta obra, tal e como se recolle liñas arriba. As tres figuras contan cos respectivos cetros e os globos crucíferos (globus cruciger). Aos pés de Xoana e Filipe píntanse, axeonlladas, as imaxes dos seus fillos varóns: Carlos V e Fernando I de Habsburgo. Este último será o herdeiro do imperio austro-húngaro, como xa comentamos, e aqueloutro dos reinos hispanos e dos dominios dos países baixos. Velaí que Carlos recolla do seu avó Maximiliano o escudo cos emblemas de todos eles. Concretamente fican representados en 20 cuarteis que, identificados por orde, son: Castela, León, Aragón, Sicilia, Granada, Toledo, Navarra, Valencia, Galiza, Sevilla, Murcia, Mallorca, Borgoña, Brabante, Luxemburgo, Güeldres, Holanda, Borgoña (novamente), Zelandia e Flandres. Os sucesores nos respectivos imperios levan mantos coas aguias bicéfalas e, diante de cada un, sobre coxíns, os correspondentes globos crucíferos e cetros. Unha última representación do brasón de Xoana de Castela (co emblema galego incorporado) distínguese no folio 357r. Neste folio xunto co 356v bosquéxase unha completa árbore xenealóxica dos antepasados dela e do seu cónxuxe, así como tamén dos descendentes do matrimonio. Para concluír o apartado debemos avisar que en todos os cuarteis Galiza simbolízase tan só cun cáliz de ouro provisto de tapa (sen remate crucífero) e en campo de azur. Se o que che apetece agora é ler a reportaxe íntegra terás que agardar até mañá, 25 de setembro, cando atoparás o coleccionábel de heráldica no quiosque co teu Nós Diario. Tamén tes a opción de mercar a edición dixital do xornal, coa obra de Héitor Picallo, na nosa loja a partir desta madrugada. Para evitar perder novas do teu interese e andar ás voltas no futuro, pica aquí. |
NOS_37487 | Agustina Bessa-Luis é conhecida como escritora. Mas a sua aportação ao cinema como criadora de sofisticados diálogos é igual de importante. | Toda a imprensa deu conta da morte de Agustina Bessa-Luis. O Governo português decretou para hoje, terça-feira, um dia de luto nacional pela morte da escritora, nascida em 15 de outubro de 1922, em Vila Meã, Amarante, e afastada da vida pública, por razões de saúde, há cerca de duas décadas. O nome de Agustina Bessa-Luís destacou-se em 1954, com a publicação do romance A Sibila, que lhe valeu os prémios Delfim Guimarães e Eça de Queiroz; em 1983 recebeu o Grande Prémio de Romance e Novela, da Associação Portuguesa de Escritores, pela obra Os Meninos de Ouro, um galardão que voltou a receber em 2001, com O Princípio da Incerteza I – Joia de Família. Também foi distinguida pela totalidade da sua obra com o Prémio Adelaide Ristori, do Centro Cultural Italiano de Roma, em 1975, e com o Prémio Eduardo Lourenço, em 2015. Foi condecorada como Grande Oficial da Ordem de Sant'Iago da Espada, de Portugal, em 1981, elevada a Grã-Cruz em 2006, e ao grau de Cavaleiro da Ordem das Artes e das Letras, de França, em 1989, tendo recebido a Medalha de Honra da Cidade do Porto, em 1988. Entre as muitas distinções que recebeu ao longo da vida está o prémio Rosalia de Castro outorgado pelo PEN Clube da Galiza em 2006. Agustina e o cinema É muito conhecida a relação de Agustina com o cinema. Especialmente com Manuel de Oliveira. Foi em 1981 que Oliveira adaptou o livro de Agustina Bessa-Luís Fanny Owen, para cinema. Francisca foi o nome dado ao filme feito a partir do livro desta escritora, que a partir de então tem colaborado com o realizador nos seus trabalhos. Em 1993 adaptou um outro livro, Vale Abraão, cujo nome é o mesmo do filme, atingindo com esta obra um enorme êxito internacional. A crítica recebeu com agrado esta obra, tendo obtido com ela vários prémios internacionais. De um outro seu livro, As Terras do Risco, Oliveira retirou a ideia para realizar O Convento (1995). No entanto, a cooperação com Agustina Bessa-Luís é mais extensa. Já em 1982, esta autora escreveu os diálogos de Visita ou Memórias e Confissões, voltando a ser solicitada em Party (1996), para a mesma tarefa. Aliás, neste último filme os diálogos são o cerne da obra, são eles que dão vida à sucessão de "retratos" já habituais nas obras de Manoel de Oliveira. Mas sendo Oliveira o mais conhecido não foi o único. Em 2009 a Corte do Norte foi levado ao cinema por João Botelho e dela são os diálogos de A Portuguesa, realizada e dirigida por Rita Azevedo e projetada no CGAI da Corunha no passado vinte e três de maio. A Portuguesa baseia-se na segunda das três historias que compõem Three Women, de Robert Musi. A crítica qualifica-a como uma obra rica e variada quanto às personagens e sofisticada nos diálogos, cheios de referências a grandes obras da arte, a literatura e o misticismo. O diálogo como cerne do cinema, o diálogo como cerne da vida. |
NOS_43483 | O xefe de Recursos Humanos da Deputación de Ourense sinala ao ex-presidente da Deputación de Ourense como o responsábel das contratacións irregulares. | As testemuñas do caso Baltar en Ourense continúan a declarar no xulgado nº 1 desa cidade. Desta vez foi o xefe de Recursos Humanos da institución provincial, José Luis Suárez, quen involucrou a José Luís Baltar como máximo responsábel das contratacións que estan a ser investigadas. Malia non querer falar cos medios de comunicación, sabemos polo avogado da acusación que na súa declaración asegurou que Baltar "sabía" que os contratos "non eran legais". O xefe de Recursos Humanos da Deputación tamén declarou que en varias ocasións falou sobre este tema con Baltar e "advertiulle en todo momento" do que estaba a pasar. Non hai proba documental destes encontros porque, segundo Suárez, os avisos non se realizaron "por escrito". José Luís Suárez declarou que en varias ocasións falou sobre este tema con Baltar e "advertiulle en todo momento" do que estaba a pasar As declaracións deste responsábel dos recursos humanos da administración provincial prodúcense após as que realizou Baltar asegurando que as contratacións froito de investigación "eran cousa dos funcionarios" Un dos avogados da acusación, José Arcos, falou ao remate da declaración do xefe de Recursos Humanos da Deputación diante dos medios de comunicación. "Baltar coñecía cál era o procedemento", dixo, e sabía "o que había que facer". Para o avogado do PSOE a declaración de José Luis Suárez pon en evidencia que "foi unha situación excepcional que non se fixera nunca en ocasións anteriores" e "supostamente o que fixo foi seguir instrucións do presidente que tiña competencia e a decisión última nestas contratacións", explicou. |
NOS_23514 | As parroquias de alto risco de incendio (PAAI) son aquelas que acumulan unha media anual de sete lumes ou máis no último lustro, do mesmo xeito que as que sufrisen dous incendios ou máis superiores ás 200 hectáreas nos últimos 10 anos. | A Galiza conta con 35 parroquias de alto risco de incendio en 2022 -en máis dunha vintena de concellos-, o que supón a mesma cifra que en 2021, aínda que hai cambios ao saír catro da lista e entrar outras catro. Así figura no Plan de loita contra o lume da Galiza (Pladiga) deste ano, texto provisional ao que tivo acceso Europa Press e que será aprobado no Consello da Xunta de 2 de xuño. Un ano máis, a provincia Ourense acumula a maioría das parroquias con máis risco de incendio, cun total de 27. A máis distancia atópanse: A Coruña (5), Pontevedra (2) e Lugo (1). A Xunta marca como obxectivo que este ano ardan menos de 16.000 hectáreas, catro veces máis que en 2021 As parroquias de alto risco de incendio (PAAI) son aquelas que acumulan unha media anual de sete lumes ou máis no último lustro, do mesmo xeito que as que sufrisen dous incendios ou máis superiores ás 200 hectáreas nos últimos 10 anos. Hai 17 casos que cumpren o primeiro criterio, 15 no segundo criterio e outras tres con ambos os supostos. De tal forma, desta listaxe saen en 2022 as parroquias de: Ribasieira (municipio de Porto do Son), Covas (Cea), Soutipedre (Manzaneda) e A Ponte (A Veiga). En cambio, as catro que pasan a incluírse son as de: Meiraos (Folgoso do Courel), A Gudiña (A Gudiña), O Pereiro (A Mezquita) e Calvos (Calvos de Randín). O concello da Gudiña é o único que acumula catro parroquias de alto risco de incendios (O Tameirón, A Gudiña, Parada da Serra, Pentes). Séguelle Vilariño de Conso, con tres (Chaguazoso, Castiñeira, Sabuguido). Hai catro parroquias que suman medio centenar de lumes ou máis no último lustro. Lidera O Pereiro (A Mezquita), con 78 incendios. Despois están Castro de Escuadro (Maceda), con 52; O Tameirón (A Gudiña), con 52; e Carballo (Carballo), con 50. As parroquias que acumulan maior superficie arrasada na última década son: San Paio de Araúxo (Lobios), con 3.875 hectáreas; Río Caldo (Lobios), con 2.900; O Pindo (Carnota), con 2.256; e Montes (Cualedro), 1.957 hectáreas. De tal forma, a lista de municipios con parroquias incendiarias é a seguinte. Carballo, Boiro, Lousame, Ribeira, Carnota, Dozón e Salceda de Caselas, Folgoso do Courel, Maceda, Ourense, Chandrexa de Queixa (2), Manzaneda (2), Cualedro (2), A Gudiña (4), Laza, A Mezquita (2), Oímbra, Vilariño de Conso (3), Calvos de Randín (2), Lobeira, Lobios (2), Muíños, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio. |
NOS_13002 | O fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, ve "inasumíbeis" os casos de violencia contra as mulleres e avirte de que "non abonda" con medidas de protección. Así o dixo na presentación da memoria de 2020 da Fiscalía, ao tempo que remarcou que estatisticamente a ocupación de vivendas non é preocupante no país. | O fiscal superior da Galiza, Fernando Suanzes, cualificou de "inasumíbeis" os casos de violencia contra as mulleres, con 17 novos procedementos penais cada día nos xulgados galegos, e instou a adoptar decisións ante o nivel de quebrantamento das medidas cautelares adoptadas no caso dos autores deste delito. "É relativamente alto e hai unha tendencia á reiteración", indicou na súa comparecencia en comisión parlamentaria. Cifrou en 6.000 as denuncias por este tipo de violencia presentadas no ano pasado, con tres mulleres falecidas, e apelou á coordinación e á cooperación. "Non basta coa adopción de medidas de protección", recoñeceu Suanzes, que, xunto a esta cuestión, alertou do aumento en "máis de 80%" das agresións sexuais sen acceso carnal a menores. En alusión á memoria da Fiscalía correspondente ao ano pasado, considerou "preocupantes" os datos sobre delitos contra a liberdade sexual, pese ao descenso en 34% en 2020 dos incoados. A Fiscalía non ve preocupante o nivel de ocupacións de vivendas na Galiza Na súa exposición da memoria, remarcou que os delitos contra a integridade física son os que supoñen o maior número de ingresos nos xulgados. Xunto a esta cuestión, aludiu aos vinculados coa seguridade viaria e os relacionados coa sinistralidade laboral. En resposta á deputada do PSdeG Paloma Castro sobre a ocupación de vivendas, o fiscal superior afirmou que "estatisticamente non parece" preocupante na Galiza, á marxe da percepción social sobre esta cuestión. Neste sentido, subliñou que desde a Fiscalía expóñense propostas como endurecer as penas para os casos de ocupacións vinculadas con "organizacións que se lucran" ou atenualas no de persoas vulnerábeis. Pola súa banda, a deputada Paula Prado (PP) incidiu en que a ocupación "xera moitos problemas" e cualificou de "urxente" reformar a lexislación "para garantir a propiedade" Aliás, o deputado do BNG Iago Tabarés alertou da "carencia de medios persoais e materiais" nas Fiscalías da Galiza. |
NOS_43096 | O espectáculo, que terá lugar no 30 de agosto na Quintana, levará o título de 'Camiñar sen fin' e pretende celebrar o legado musical e humano do artista, ademais de reunir na súa memoria non só os compañeiros e colectivos que compartiron camiño con el en Santiago, senón tamén amigos e artistas fundamentais no seu traballo chegados de Mozambique, Portugal, Euskadi e Inglaterra. | O concerto, que está dirixido polo músico Marcos Teira, terá unha banda base e logo os convidados e convidadas irán interpretando temas do músico compostelán. Entre os artistas participantes poderemos ver a Timbila Muzimba, a banda mozambicana coa que compartiu o seu último proxecto; Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros na Psicofónica de Conxo e en Nicho Varullo; Uxía, con quen publicou o disco 'As baladas da Galiza imaxinaria'; o vasco Jabier Muguruza, parceiro no proxecto 'Mundo café'; e moitos outros como Xabier Olite, Guadi Galego, Espiño, Jim Sanders, e outros. Tamén haberá presenza destacada do mundo do teatro galego, con Manolo Cortés, de Chévere, compañía da que formou parte nos seus primeiros tempos; As Marías (María Bouzas e María Pujalte); Mofa e Befa; e Quico Cadaval. O Feito a Man máis longo O festival compostelán de agosto que organizan os locais organizados en Cidade Vella afronta o seu evento máis amplo, con case 80 espectáculos e máis de 70 propostas artísticas diferentes do 3 ao 30 de agosto. Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Só dúas das propostas son de pagamento: o concerto-tributo a Narf o 30 de agosto; e o concerto de Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras, no que tamén se homenaxeará a Angus R. Grant, o violinista e 'frontman' dos escoceses, falecido o pasado ano. |
NOS_48427 | Hugo Mallo e Iago Aspas (este, no seu partido número 200 como celeste) marcaron para a escadra céltica (2-1) fronte a un Sporting correoso. | Hugo Mallo e Iago Aspas, dous xogadores de sangue celtista, dos que se non estivesen en Balaídos como futbolistas da súa equipa estaríano como seareiros nas bancadas, deron ao Celta unha vitoria que precisaba. Chegaba o Celta a esta quinta xornada con necesidade de gañar após sumar só 1 punto nas catro anteriores. Tranquilizar afección e dar un respiro á equipa era un bálsamo que viña cos tres puntos, e atinxíronos. O Celta comezou mandando, consciente do que se xogaba. Dominando a bola e con oportunidades. Porén, e co paso do tempo, o Sporting foi gañando terreo fronte aos vigueses. Os asturianos, correosos e rocosos, propuxeron sobre o céspede un partido serio e de contención, no que non falataron sustos para a área celeste. Os tres goles chegaron na segunda metade. Primeiro, Hugo Mallo, canteirán e un xogador que partido a partido acrecenta o seu peso no equipo. Empataron os de Xixón cun gol de penalti transformado por Cop. Un tanto que trouxo certo nerviosisno no Celta e nas bancadas, temendo que se espacasen dous puntos. Mais non. Chegou Iago Aspas para, a piques de finalizar o partido, dar o tanto da vitoria desde os 11 metros. Un gol cando o de Moaña cumpría 200 partidos coa camisola celtista. Ficha técnica: Celta (2): Sergio Álvarez; Hugo Mallo, Cabral. Sergi Gómez, Roncaglia; Radoja, Wass (Rossi, min.81), Hernández, Bongonda, Sisto (Marcelo Díaz, min.75) e Aspas (Jonny. Min.89). Sporting (1): Cuéllar, Lora, Babin, Amorebieta, Lillo (Burgui, min.75); Víctor, Sergio Álvarez, Xavi Torres, Afif (Isma López, min.57); Viguera (Carlos Castro, min.75) e Cop. Goles: 1-0 Hugo Mallo, min.65; 1-1 Cop (p), min.79; 2-1 Aspas (p), min.86 |
NOS_21606 | Antón Gómez-Reino mantivo unha reunión con asociacións de familiares de usuarias dos centros de maiores do país e comprometeuse a "reverter a situación" derivada dun modelo privatizador, que se agravou coa crise do coronavirus. | "As residencias de maiores non poden ser un negocio nin poden buscar a conta de resultados, senón dar o mellor trato e servizo ás nosas maiores". O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, aposta por "aumentar de maneira exponencial as prazas públicas" nos centros de maiores "co obxectivo de lograr un modelo de xestión 100% pública a medio prazo". O portavoz reuniuse esta terza feira con representantes de varias entidades vinculadas ás residencias de maiores do país, entre elas REDE, ASFAREBA, asociación de familiares da residencia Domus VI San Lázaro, FAUDEMA, TREGA e a asociación de familiares da residencia San Carlos de Celanova. Na xuntanza, segundo trasladan desde a coalición, denunciouse a precaria atención ás persoas maiores derivada da "privatización do modelo", unha situación "que se agravou durante a crise do coronavirus". Así, estes colectivos lembraron que "o 45% dos falecementos por coronavirus na Galiza producíronse nas residencias de maiores, con 90 residentes e 37 traballadores contaxiados só na residencia Domus Vi San Lázaro, en Compostela". "Complicidade" coa Xunta A falla de persoal e as condicións laborais do mesmo centran as preocupacións das familiares de usuarias de residencias, que afirman que existe unha "absoluta complicidade entre a Xunta e as empresas concesionarias das residencias", sobre todo no caso concreto de Domus Vi. Gómez-Reino comprometeuse a "reverter a situación no marco da asistencia ás nosas maiores, que leva máis dunha década de recortes do Goberno popular de Feixoo". "O modelo actual resulta insuficiente", aseverou, para propoñer un seguimento dos servizos ofrecidos para "garantir condicións dignas de atención" e "incrementar o persoal". Visitas con "regras claras" Sobre o reinicio das visitas aos centros de maiores, aínda pendente do visto e prace das Administracións, Gómez-Reino sinalou que deben definirse "protocolos e regras claras" antes de permitilas e que non contar con medidas de seguridade adecuadas sería "unha irresponsabilidade". "É evidente que despois de centenares de mortos nas resdiencias non se poden pór en risco", remarcou. |
NOS_11432 | Concedido polos territorios con idioma propio, galardoa o disco 'Immersión' da de Cedeira, traballo cantado en sete idiomas da Península. | Guadi Galego segue a reunir recoñecementos, parabéns e premios polo seu último traballo, Immersión, un traballo formado por once versións do seu propio cancioneiro e un inédito. Os gobernos que fan parte do Protocolo de colaboración en política lingüística – isto é, Galiza, Euskadi, Nafarroa, Catalunya, Valencia e Balears – veñen de decidir conceder o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado a Guadi Galego. Un galardón concedido precisamente polo seu último traballo, Immersión, no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán), "É unha revisión musical e lingüística das miñas tres últimas obras", expoñia Galego (Cedeira, 1974) a Daniel Salgado nunha conversa para Sermos Galiza, "porque pasei un intre de catarse e quixen volver atrás. Creo que lle sucede a moitos artistas, o que pasa é que tamén dá moita preguiza". Lúas de outubro e agosto (2014), O mundo está parado (2016) e Bóla de cristal (2018), tratados pop con querenzas folk, son as fontes de Immersion, que publicará Boa. "Quería que as miñas fillas escoitasen esas linguas" A relectura é musical e é lingüística. As cancións pasan a sete idiomas, todos falados na Península Ibérica: catalán, euskera, occitano, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego. "Pensei nos meus fillos e fillas. Quería que escoitasen esas linguas, algunhas moi minorizadas", di. Estes premios teñen recoñecido en edición anteriores a Microsoft ou Eroski polo seu uso das diversas linguas do Estado. |
NOS_49168 | É un uso do parlamentarismo español que no debate bipartidista Galiza non exista. Rajoy pronunciou onte o nome de varias comunidades autónomas, mas non o daquela da que é orixinario. O tempo de Galiza no debate do Estado chega esta quinta feira, da man de Olaia Fernández Davila (BNG), que se estrea como portavoz nacionalista no Congreso no compromiso máis mediático do curso político. Rubalcaba tampouco pronunciou a palabra Galiza. | Como todo en el é previsíbel, é moi probábel que Rajoy bote man da recente vitoria de Feijóo nas urnas para lexitimar a súa política a respeito de Galiza e para apresentar o seu proxecto como o que ten o maior apoio social na nosa nación. Fuxirá dos compromisos concretos e non sería de estrañar que colocase a Feijóo no trinque, como campión da política da austeridade. A portavoz do BNG despregará un discurso moi crítico co Goberno Rajoy en dous planos complementares. O da política económica e o da política territorial. Na primeira, Olaia Fernández Davila exixirá un cambio de rumbo ante o agravamento da crise e a carreira desbocada do paro. Na segunda, a deputada nacionalista oporá a proposta soberanista do BNG á ofensiva recentralizadora que se promove desde a Moncloa. Rajoy será interpelado por Davila sobre a situación concreta dos sectores produtivos de Galiza -do dique flotante ao sector lácteo ou o pesqueiro-, gravemente afectados por decisións políticas que se adoptan en Madrid ou en Bruxelas co respaldo do goberno español. Está previsto que a intervención da portavoz do BNG se produza arredor das 10.30 horas, despois de que previamente tomasen a palabra os portavoces de PNV, Amaiur e ERC. A sesión comezará ás 9 horas. Á conclusión do debate os distintos grupos formularán as súas propostas de resolución |
PRAZA_7206 | A autora presenta esta orixinal obra para os máis pequenos pero que implica tamén os pais | Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir. Detrás deste título inmenso atopamos a orixinal e creativa María Lado e as ilustracións de Yanina Torres Tuirán na acabada de crear Apiario Editora de Antía Otero e Dores Tembras dentro do selo infantil Niño de Abella. Este venres ás 18 horas preséntase en Compostela na libraría Lila de Lilith. A autora contaranos un conto que ten que ver co noso cotiá, coa forma de xogar dos nosos cativos. O sábado a cita será ás 12 na Biblioteca Infantil Durán Loriga da Coruña onde se poderá debuxar coa ilustradora Yanina Torres Tuirán. Cuqui, ao igual que os nenos que nos rodean, xoga cos elementos que se encontran nas nosas casas. A autora quere facer reflexionar os pais cun texto poético delicioso sobre a presenza da lavadora, da desorde, do lavalouzas, esas pequenas trasnadas que ás veces os cativos fan e que desde a súa prespectiva son só imitacións do quefacer dos maiores. Acompañado do seu inseparable osiño, este conto é un álbum ilustrado para ser lido en compañía dos pais e tamén para ser xogado. A proposta orixinal que marca a diferenza nesta obra de María Lado é que, na parte final, posúe as clásicas mariquiñas e un cordel para tender a roupa, actividade que se levará a cabo esta tarde no obradoiro que acompaña á presentación. Porque Cuqui non quere ir á lavadora, conto moi MOI IMPORTANTE para lerlles aos maiores antes de durmir tráenos aos grandes un recordo máis que experimentamos algúns de pequenos, a presenza do Hortensia, aquel ciclón da infancia que levantou tellados, e transportanos alá, a cando xogabamos, fainos sentar coas nosas fillas e recortar, debuxar e rir, para que a próxima vez que a nosa nena pase a fregona e o noso neno lave roupa no bidé lembrármonos del. |
PRAZA_4149 | Os templos non deben superar un terzo da súa capacidade e deben contar con servizos de orde para evitar aglomeracións. As dióceses galegas publican as normas que se deben seguir, facendo énfase na hixiene e na distancia social, mesmo nos confesionarios. | Débese regular a asistencia garantindo a distancia de dous metros entre as persoas e unha ocupación de un terzo na fase 1 e un 50% na fase 2Nos territorios que este luns entren na fase 1 poderán volver celebrarse misas e outros actos relixiosos nas igrexas. Iso si, as celebracións litúrxicas deberán cumprir unhas estritas medidas de seguridade fixadas polas autoridades sanitarias e pola propia xerarquía eclesiástica. Os distintas dióceses galegas publicaron nos últimos días as normas e recomendacións para as persoas que queiran acudir aos templos se é que finalmente Galicia entra na Fase 1, como propón a Xunta.As normas fan referencia ao límite de aforamento que deben respectar os distintos espazos (un terzo na Fase 1 e o 50% na Fase 2), pero tamén a recomendacións para manter a distancia social, asegurar a hixiene e, en xeral, evitar os contaxios dentro do posible, pensando sobre todo nos colectivos de risco.Convídase "as persoas maiores, enfermas ou en situación de risco a que valoren a conveniencia de non acudir ás igrexas"De feito, dióceses coma a de Ourense convida "as persoas maiores, enfermas ou en situación de risco, mentres dure este proceso de tránsito á normalidade, que valoren a conveniencia de non acudir ás igrexas". Ademais, o Bispo "prorroga a dispensa do precepto dominical a persoas maiores e enfermas, convidando á lectura da Palabra de Deus e á oración nas casas". Normas e recomendacións publicadas polas dióceses galegas:As igrexas deben organizar un servizo de orde e limpeza que controle a ocupación e que proceda a limpar e desinfectar as superficies que foran usadasDébese regular a asistencia garantindo a distancia de dous metros entre as persoas e unha ocupación de un terzo na fase 1 e un 50% na fase 2. Nos casos de bautismos, comuñóns, vodas, exequias e funerais de aniversario, serán as familias as que asuman o control do aforamento, mesmo comprometéndose por escritoAs igrexas deben organizar un servizo de orde e limpeza que controle a ocupación e que proceda a limpar e desinfectar as superficies que foran usadas. Alí onde o sacerdote non poida contar con voluntarios que se responsabilicen destas tarefas, non se poderá abrir o templo ao culto público mentres non se normalice a situación. Débese evitar formar grupos e círculos nas inmediacións e atrios dos templos. É obrigatorio o uso de máscaras para as persoas maiores e en risco, manter baleiras as pilas da auga bendita e ter as portas abertas tanto ao entrar como ao saírÉ obrigatorio o uso de máscaras para as persoas maiores e en risco, manter baleiras as pilas da auga bendita e ter as portas abertas tanto ao entrar como ao saír. Durante a celebración limítase o libre movemento polo templo. Así mesmo, prohíbese tocar e bicar as sacras imaxes.O saúdo da paz, que é facultativo, poderase suprimir ou substituír por un xesto evitando o contacto directo.Alí onde non sexa posible unha "celebración digna", pódese convidar os fieis a acudir ao centro da Unidade Pastoral.Para a confesión, débese escoller "un espazo amplo, gardar a distancia de seguridade asegurando a confidencialidade e colocarse máscara confesor e penitente"Para cada bautismo débese renovar a auga.As confirmacións quedan aprazadas ata o comezo do novo curso.Para a confesión, débese escoller "un espazo amplo, gardar a distancia de seguridade asegurando a confidencialidade e colocarse máscara confesor e penitente". A distancia podería diminuírse colocando un biombo de metacrilato entre ambos os dous. |
NOS_35512 | A secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, defendeu na mañá do domingo a estrutura centralista da formación morada e asegurou puxo por riba do grupo propio a necesidade de "ter goberno". Tamén sinalou que Beiras foi "moi xeneroso nas súas concesións". | Nunha entrevista concedida a Radio Galicia-Cadena Ser, a secretaria xeral de Podemos na Galiza recoñeceu que Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova, recoñeceu que os partidos que forman parte de En Marea tiveron que ceder. Dixo de Beiras que "foi moi xeneroso tamén nas súas concesións" e engadiu, "da mesma maneira que creo que foi Podemos". "Entón en algún momento todos temos certo disgusto porque non somos o mesmo partido político", salientou. Neste contexto, admitiu "pequenas discrepancias lóxicas" entre os socios da coligazón, mais enviou unha mensaxe de normalidade, "se non discrepásemos seríamos dun mesmo partido. Non tería sentido sermos idénticos". Salientou que "o obxectivo común prima sobre os pequenos matices". "Temos un proxecto común para resgatar a cidadanía e esa é a prioridade tamén para Beiras, que é unha persoa sensata e ten unha traxectoria impecábel e iso esta por riba de todos os matices", engadiu. Grupo parlamentar Preguntada sobre o debate do grupo parlamentar de En Marea afirmou: "seguimos insistindo no mesmo... repetímolo moitas veces, vai depender de que teñamos maioría na Mesa do Congreso Podemos e as confluencias. Iso vai condicionar o grupo parlamentar e nós estamos nesa liña de traballar para obter a maioría social para facer os cambios que necesita o país [polo Estado] e Galiza". Após insistir a xornalista coa pregunta en relación ao grupo parlamentar, Carmen Santos engadiu: "a cidadanía, e aínda que todos cremos que é superimportante o grupo parlamentar, o importante é ter Goberno e proxectos nos distintos territorios que apoien ese Goberno que faga políticas sociais e limpe todos os corruptos". "Non ten nada malo un partido con estrutura semellante á do PSdeG e ao PP" A respeito da estrutura centralista de Podemos, a secretaria xeral do partido na Galiza apuntou que "non ten nada de malo un partido que é un pouco estrutura semellante á do PSdeG e ao PP, que ten un marco competencial e unha autonomía con certos comicios, como poden ser as eleccións xerais, e hai estruturas territoriais como Podemos Galiza, con autonomía para ter unha estratexia nos comicios galegos". Sobre o candidato ou candidata, Carmen Santos afirmou que Beiras "é un político excepcional e se do proceso fose o elixido pois sería apoiado por por todos". Respondeu que a ela lle gustaría, "non tería ningún problema, é un político impecábel, fantástico e cunha traxectoria que ninguén pode discutir, pero non se trata do que me gusta a min, senón do conxunto das persoas". En realidade a xornalista preguntáballe se se vía ela propia como candidata, "eu creo que xa amosei que eu estou aquí para facer o papel que a maioría determine e se pensa que son a persoa axeitada para facer esa política mellor para Galiza pois faría esa aposta, aínda que sexa un sacrificio persoal moi grande. Satisfeita pola elección de Leiceaga Por último, sobre a elección de Xaquín Fernández Leiceaga como candidato do PSdeG á Xunta declarouse "satisfeita" de que "haxa xiros dentro do PSOE. Desexou que Leiceaga "poida manterse firme e non lle pase como a Pedro Sánchez, ao que a parte máis rancia do partido non lle deixa gobernar dentro do seu partido". Así, cualificou de "boa noticia" que "unha corrente máis progresista dentro do PSOE sexa o que lidere o proxecto galego" e sinalou que lle resultaba "sumamente preocupante" oír "varóns socialistas do aparato". |
NOS_21201 | Centos de mozas e mozos acudiron aos actos que Galiza Nova organizou este 24 de xullo en Compostela. Na anual homenaxe a Rosalía e Castelao e na posterior ruada da mocidade pola Independencia a organización xuvenil nacionalista animou a xuventude a implicarse politicamente para deixar atrás a precariedade e a dependencia e erguer unha Galiza con futuro. | Como cada ano na véspera do Día da Patria Galega a organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, desenvolveu o acto de homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Castelao. O evento arrincou pasadas as 17.30 horas desta cuarta feira 24 de xullo no parque de Bonaval coas intervencións políticas da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, da responsábel de organización de Galiza Nova, Claudia Quintela, e máis de Navia Rivas, responsábel de Internacional da organización xuvenil e concelleira en Compostela. O acto contou tamén coa actuación do grupo de rock en galego The Lelli Kellys e foi conducido polos youtubeiros galegos Brais Doval e Miguel Silva (Aquel-e). Após o concerto, as e os centos de participantes entraron no Pantón de Galegos Ilustres para realizar a ofrenda floral a Rosalía e Castelao. Ao remate e, previo ao arranque do Festigal no campus sur de Compostela, evento tamén organizado por Galiza Nova, as mocidades do BNG realizaron a III Ruada pola Independencia que percorreu as rúas de Compostela con proclamas en favor dunha Galiza ceibe e popular con emprego digno e liberdade para a mocidade. Ana Pontón chamou á rebeldía da xente moza porque "son tempos dun nacionalismo optimista, que mira con confianza ao futuro porque imos na boa dirección" A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na súa intervención ante os centos de mozas e mozos congregados en Bonaval pediu "que a xuventude non tire a toalla" e que se implique no seu futuro da man dun proxecto como o que representa o BNG, "a única forza política que pode ofrecer aos mozos e mozas un futuro cargado de esperanza". Ana Pontón pediu "que a xuventude non tire a toalla" e que se implique no seu futuro da man dun proxecto como o que representa o BNG "Un futuro onde a mocidade non teña medo, nin incertezas, no que poder deixar atrás a precariedade e a emigración, onde as mozas teñan igualdade real e sen violencia machista, un futuro onde coidemos o noso territorio e enfrontemos o cambio climático", afondou Pontón, "e para cambiar o declive de Galiza necesítase determinación, valentía e proxecto de país. E iso só o ten o BNG". Após lembrar o seu paso por Galiza Nova, a líder do Bloque animou á xuventude nacionalista "a traballar con pedagoxía, con humildade e con vocación maioritaria" Após lembrar o seu paso por Galiza Nova, a líder do Bloque animou á xuventude nacionalista "a traballar con pedagoxía, con humildade e con vocación maioritaria" para sumar os mozos e mozas que partillan as ganas de construír unha Galiza con futuro: "son milleiros, nas aulas, nos centros de traballo, nos colectivos sociais, deportivos, veciñais, nas redes, e temos o reto de chegar até esa mocidade que partilla o amor por Galiza e as ansias de mudar o que non nos gusta". Pontón criticou a "indiferenza e a discriminación das forzas estatais a Galiza, incapaces de defender os intereses dos e das galegas" e apresentou o BNG como unha organización "libre e soberana que non ten que pedir permiso a Madrid para construír un país xusto e con oportunidades". Pontón criticou a "indiferenza e a discriminación das forzas estatais a Galiza" "O futuro de Galiza témolo que construír nós e desde nós, e no Bloque temos un proxecto moderno, aberto, plural, innovador, creativo, sustentábel, feminista, atrevido e coas ideas claras. Iso é o BNG e iso vai ser Galiza", concluíu, facendo un chamamento "á rebeldía" da xente moza porque "son tempos dun nacionalismo optimista, que mira con confianza ao futuro porque imos na boa dirección". Desde Galiza Nova, Claudia Quintela puxo á mocidade nacionalista como exemplo de "xente nova comprometida, coas ideas claras na defensa dos intereses do pobo galego e contra as políticas antigalegas e antisociais que nos impoñen desde Madrid e desde Bruxelas e que nos conducen ao paro, á dependencia, á miseria e á emigración". Quintela salientou entre as loitas que protagoniza Galiza Nova a defensa dun traballo digno sen ter que emigrar, a defensa da cultura e da lingua propias, dos dereitos das mulleres e das persoas LGTBI. En nome de Galiza Nova, Quintela salientou a vixencia do discurso e das propostas que no seu día formularon Rosalía e Castelao, "dous imprescindíbeis" "Contra a precarización laboral, contra a privatización dun ensino orientado só para as elites, contra a corrupción, contra a monarquía española e a favor da república galega, con Galiza como marco de referencia para conseguir a soberanía e a xustiza social para o pobo galego", subliñou. En nome de Galiza Nova, salientou a vixencia do discurso e das propostas que no seu día formularon Rosalía e Castelao, "dous imprescindíbeis", afirmou. "Este acto non é simplemente unha lembranza a dúas figuras históricas importantes para este país", afirmou Navia Rivas, e engadiu que."Rosalía e Castelao son exemplo, son semente viva, son vidas e obras con plena vixencia, son presente e son futuro". Por iso que a concelleira compostelá afirmou que "a homenaxe só ten sentido na medida en que levemos o seu exemplo á práctica no traballo continuo e no activismo político". "Xa o di a canción", lembrou Rivas: "se non temos medo eles non teñen poder". Nese sentido sinalou que cando "nos silencian e manipulan as figuras de Rosalía e Castelao, nós reivindicámolas máis. Somos unha nación, unha nación á altura de calquera outra, nin máis nin menos, con dereito a ser libre. Libre de explotación e libre para decidir o seu futuro". Rivas reiterou no acto de Bonaval o compromiso de Galiza Nova coa clase traballadora Rivas reiterou no acto de Bonaval o compromiso de Galiza Nova coa clase traballadora. "Levámolo gravado a ferro: unha Patria libre e soberana, capaz de decidir o seu futuro e prosperar. Unha Patria de todas. Celebremos esa Patria, pero tamén... loitemos por ela, reivindiquémola, construámola", concluiu. III Ruada pola Independencia Após depositaren flores en lembranza de Rosalía e Castelao, a comitiva xuvenil partiu cara a Praza de Mazarelos na Ruada pola Independencia que Galiza Nova leva tres anos consecutivos organizando. Encabezada por dúas faixas, unha delas coas siluetas de Rosalía e Castelao, Paulo Ríos realizou a intervención política clausurando o acto. O concelleiro do goberno en Moaña polo BNG e membro da permanente de Galiza Nova afirmou chamou a mocidade a colaborar na construción dun futuro de liberdade e dereitos na Galiza e convidou as mozas e mozos a reivindicar e celebrar o Día da Patria Galega. |
NOS_20248 | A aeronave pertencía a unha compañía á que en 2015 lle foi denegado o permiso para realizar voos internacionais. | 65 persoas compuñan a pasaxe, 6, a tripulación. Todas elas terían falecido no sinistro, segundo a axencia de noticias Tass. A aeronave desapareceu dos radares do aeroporto de Moscova pouco despois de despegar rumo a Orsk, nos Montes Urais, ben perto da fronteira con Cazaxistán. O piloto tería advertido aos controladores aéreos da existencia dun problema técnico e da súa intención de realizar unha aterraxe forzosa. Foi a última comunicación co avión sinistrado. A aeronave -un aparato de Saratov Airlines de 7 anos de antigüidade- foise estrelar a uns 80 quilómetros da capital rusa. En 2015, unha inspección por surpresa das autoridades de aviación detectou unha persoa non autorizada na cabina de pilotaxe dunha das aeronaves de Saratov Airlines, polo que a compañía foi punida cun ano de expulsión do circuíto dos voos internacionais. En 2016, cumprido o castigo, as súas aeronaves voltaron a voar fóra do espazo aéreo ruso. Moscova anunciou unha pesquisa para determinar as causas deste sinistro. |
PRAZA_13478 | O CEIP Salgado Torres da Coruña, un centro de escolarización preferente para escolares con esta diversidade, contará o vindero curso cun docente menos de pedagoxía terapéutica | O CEIP Salgado Torres da Coruña, un centro de escolarización preferente para escolares con esta diversidade, contará o vindero curso cun docente menos de pedagoxía terapéutica. Así o denuncian CIG-Ensino e a Plataforma en defensa de la inclusión educativa, que sinalan a gravidade do caso, non só polo recorte específico de persoal e a devaluación da calidade do ensino e da atención aos alumnos e alumnas neste centro, senón por ser o CEIP Salgado Torres un colexio ao que a propia Consellaría deriva a matrícula de nenos e nenas con estas necesidades educativas especiais por entender que dispón de recursos materiais e persoais necesarios para a correcta intervención educativa con estes menores. A Plataforma lémbralle ao conselleiro Jesús Vázquez o compromiso adquirido no Decreto de atención á diversidade A Plataforma lémbralle ao conselleiro Jesús Vázquez o compromiso adquirido no Decreto de atención á diversidade, que no seu artigo 2 prevé "realizar a dotación dos recursos necesarios para ofrecer unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa, nun centro de escolarización preferente, que soporta polo tanto unha matrícula de alumnos con necesidades educativas permanentes superior á media". |
NOS_10336 | Esta noite, xa na loxa, e mañá nos quiosques, o Sermos Galiza alarga a súa paxinación -de 32 a 40- na procura de aprofundar na información e na análise desde unha perspectiva desacomplexadamente galega. | Sermos Galiza fai un esforzo editorial en tempos de recortes e amplía a paxinación, de 32 a 40, polo mesmo prezo, coa intención de reforzar o espazo de comunicación galego. A piques de cumprir 2 anos nos quiosques, o único semanario en galego reforza seccións como Traballo -que pasa a ter 2 páxinas-, introduce contidos comarcais, estabiliza a información deportivia e abre novos espazos, como a sección Textos. Para inaugurar a sección Textos, Sermos Galiza publica en exclusiva un avanzo da nova novela de Teresa Moure Textos oferecerá novidades literarias, sen se limitar á ficción, senón tamén con vocación de mergullarse en todos os ámbitos da criazón, tamén a científica. Para inaugurarmos esta sección, Sermos Galiza publicará, en exclusiva, un avanzo da nova novela de Teresa Moure, Uma mãe tão punk, que a escritora de Monforte vai publicar nunha editora lisboeta, Chiado. No Sermos Galiza a 40 páxinas, haberá tamén marxe para a análise demorada, coa sección Pensamento, e asemade para coñecer aínda mellor o país, da man de Viaxes na Miña Terra. |
NOS_49486 | En concreto, as probas para o corpo de mestres comezarán o sábado 18 de xuño, mentres que para o resto (inspectores, profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño) serán o domingo 19. Todas elas optan ás 2.484 prazas. | Perto de 23.000 persoas concorrerán este sábado e domingo ás oposicións de educación nas 145 sedes habilitadas pola Xunta en 14 localidades de toda a Galiza. En concreto, as probas para o corpo de mestres comezarán o sábado 18 de xuño, mentres que para o resto (inspectores, profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño) serán o domingo 19. Todas elas optan ás 2.484 prazas. As oposicións de educación serán o 18 e 19 de xuño en 14 localidades As 145 sedes serán na súa totalidade centros educativos, ben sexan colexios, institutos, centros integrados de FP ou centros universitarios. Estarán situadas na cidade da Coruña, en Culleredo, Ferrol, Narón, Santiago de Compostela, na cidade de Lugo, Monforte de Lemos, na cidade de Ourense, no Carballiño, na cidade de Pontevedra, Marín, Lalín, na cidade de Vigo e en Vilagarcía de Arousa. Información sobre a convocatoria Está previsto que, con carácter xeral, a hora de presentación para os 222 tribunais será as 9 horas, salvo excepcións puntuais, e a primeira proba desenvolverase ás 11 horas. As persoas opositoras teñen toda a información dispoñíbel no Portal Educativo. Incerteza nas oposicións de Educación A Consellaría de Educación lembra que, ao abeiro do acordo asinado coas organizacións sindicais, as persoas interinas e substitutas non estarán obrigadas a presentarse ao procedemento. 4.000 prazas Estas prazas súmanse á oferta de emprego público de estabilización, que elevan a case 4.000 as prazas no ensino que se convocarán este ano. Estas son as prazas dispoñíbeis por especialidade nas oposicións de Educación O Goberno galego prevé rematar estes procesos en 2023 cunha taxa de interinidade docente do 6% no conxunto das prazas. Isto supón dous puntos menos do 8% que esixe o Goberno central para finais de 2024. |
NOS_36207 | A independentista María Osorio ficou en liberdade provisoria con cargos mais sen fianza. Osorio, que se atopaba na prisión de Villabona (Asturies), fora detida en decembro de 2011 nun operativo das Forzas de Seguridade acusada de pertenza a Resistencia Galega. | María Osorio levaba presa desde decembro de 2011, cando foi detida en Lugo xunto co seu compañeiro Antom Santos polas Forzas de Seguridade do Estado nun operativo contra Resistencia Galega, --malia que a detida aseguraba non pertencer a devantida organización-- e polo que a ambos os dous lles foi aplicada a Lei Antiterrorista. A veciña de Becerreá estaba actualmente na prisión asturiana de Villabona, após o seu paso por outras cadeas españolas. María Osorio non foi xulgada nestes catorce meses en prisión. Osorio ficou en liberdade provisoria, sen fianza, mais mantendo os cargos que lle imputan O seu compañeiro Antom Santos, detido canda ela, permanece preso sen xuizo na cadea española de Aranjuez, a 650 quilómetros de Galiza en aplicación da Lei Antiterrorista. |
PRAZA_5513 | Estes últimos días estiven na casa paterna, nas terras de Barcala. Eles construíron esa vivenda hai máis de cincuenta anos, con moito esforzo. Daquela estaba soa no medio da agra. Agora hai algunhas máis. | Este inverno foi escuro e longo. Choveu de forma constante, durante meses, como se non fose cesar nunca. Foron días interminables coa choiva batendo nas fiestras, o vento fungando polas fendas, a néboa borrando a liña do horizonte neste vello mar do Orzán. Foi unha difícil travesía, sobre todo para as persoas maiores. O mes de abril, que agora remata, chegou de súpeto, con algo de luz e sol. A primavera fixo xermolar as primeiras flores nas árbores froiteiras. É a vida que rexorde, o eterno círculo da natureza que se renova con forza. Estes últimos días estiven na casa paterna, nas terras de Barcala. Eles construíron esa vivenda hai máis de cincuenta anos, con moito esforzo. Daquela estaba soa no medio da agra. Agora hai algunhas máis Estes últimos días estiven na casa paterna, nas terras de Barcala. Eles construíron esa vivenda hai máis de cincuenta anos, con moito esforzo. Daquela estaba soa no medio da agra. Agora hai algunhas máis. Antes estaba rodeada de terra labrada e cortiñas cultivadas ata a mesma beira do río. Agora están moitas leiras abandonadas, hai un parque industrial cuberto pola maleza e as estradas próximas fan chegar o incesante ruídos dos motores. A pesar do abandono das terras e da invasión do asfalto aínda quedan sitios nos que a natureza amosa a súa tremenda forza. Hai zonas de arboredo onde os paxaros celebran con estrépito o inicio dun novo día. O domingo pola mañá quixen ir ata a o río, recuperar lugares que forman parte da infancia: a balsa onde aprendemos a nadar, a ponte onde nos sentamos algún anoitecer imaxinando a nosa vida futura. As beiras do río están inundadas pola matogueira que o fan inaccesible. Cheguei, con dificultade, aos antigos pasos do río, que nos servían para cruzar cando iamos a Triáns. Están as pedras descolocadas, despois das últimas riadas, e cubertas por espeso mofo verde. Xa non é posible atravesar o río neste punto. Todo mudou desde aqueles anos lentos da infancia. Tamén nós cambiamos e pouco temos que ver con aqueles rapaces cheos de ilusión e coa vida cargada de futuro Todo mudou desde aqueles anos lentos da infancia. Tamén nós cambiamos e pouco temos que ver con aqueles rapaces cheos de ilusión e coa vida cargada de futuro. Tamén eles, os pais, mudaron, e perderon a vitalidade doutro tempo. Na vellez o corpo mingua, perde forza e presenta avarías constantes que cómpre reparar. O tempo, de novo, vólvese lento, neste tramo final da vida. Ela, que era forte, alegre e traballadora, agora non é capaz de aprender o nome dos seus bisnetos. Xoga con eles, é feliz cando veñen á casa pero, cando se van, xa non recorda nada da súa presenza. Ela, que foi o centro deste universo familiar, agora precisa axuda para as cousas da vida diaria. Ela, que tanto cariño nos regalou, agora, indefensa e minúscula, reclama o noso afecto para afrontar os retos de cada día. Eu tamén recordo durmir nos seus brazos, nesta mesma casa, a carón da cociña de ferro: ese morno benestar, esa certeza absoluta de que nada malo podería pasar mentres sentise tan perto o seu alento protector Lobo Antunes, no seu último libro (escrito despois dun ingreso hospitalario por unha doenza grave) dí que a súa lembranza máis antigua é a de quedar durmido no colo da nai, non de golpe senón somerxéndose, deixándose ir. Eu tamén recordo durmir nos seus brazos, nesta mesma casa, a carón da cociña de ferro: ese morno benestar, esa certeza absoluta de que nada malo podería pasar mentres sentise tan perto o seu alento protector. Eu tamén podería escribir, como o escritor portugués: "se a nai pegase a meixela á miña, a palabra fillo cobraría sentido, non a palabra enfermidade, non a palabra morte, mentres vou camiñando cos ríos sen nada que estorbe, acompañado por un saxofón remoto, en dirección ao mar". |
PRAZA_10509 | "A Deputación non pode estar mantendo nin financiando servizos e centros nos que a súa competencia non é propia nin delegada", sinala a socialista, que volverá gobernar en coalición co BNG con César Mosquera como vicepresidente | No ano 2015 o PP galego perdeu un dos seus maiores feudos, a Deputación de Pontevedra que comandaba Rafael Louzán. Os devalo municipal dos populares, moi especialmente nas cidades de Pontevedra e Vigo, deixáraos a dous escanos da maioría absoluta e propiciara a chegada ao goberno da socialista Carmela Silva en coalición co BNG. Catro anos despois os conservadores ficaron tras o 26M un escano máis lonxe da maioría e perderon a condición de primeira forza, que ostenta o PSdeG con 13 dos 27 asentos, un por baixo da absoluta.Eses 13 votos do PSdeG e mais os tres do BNG investiron este mércores por segunda vez á socialista Carmela Silva como presidenta da institución, mentres que os populares non presentaron candidatura ao non existir combinación posible para ergueren o bastón de mando que noutrora fora de Louzán. Estas cifras, sinalou Silva minutos antes da votación, evidencian que nesta ocasión non cumpría facer "balance", porque "xa o fixemos e foi ratificado", toda vez que "os partidos de progreso temos máis forza que no 2015"."O balance xa o fixemos e foi ratificado, os partidos de progreso temos máis forza que no 2015", resalta Carmela Silva"Os datos falan, os feitos falan; alá quen non sexa capaz de analizar a realidade e pretenda negar o que aconteceu o 26 de maio", sinalou a reelixida presidenta, que catro anos despois de anunciar un "cambio radical" na institución a respecto dos mandatos do PP, ve "marcadas" unhas "claras liñas de acción, con moito esforzo" nas que agora, afirma, afondarán. "Unha desas liñas, sen dúbida é a igualdade" de xénero. "Non permitiremos un paso atrás na loita polos nosos dereitos e terannos enfronte aqueles que pretendan frear" o "imparable movemento" que é o feminismo, advertiu."A Deputación non pode estar mantendo nin financiando servizos e centros nos que a súa competencia non é propia nin delegada""O apoio á diversidade", a loita contra o cambio climático e, ligada con ela, unha "axenda sustentable que tamén marque o noso modelo de mobilidade" son outras das prioridades. Todo isto nun mandato que, advirte Silva, ten que ser tamén o da definitiva devolución das competencias da Xunta que segue a asumir a Deputación pontevedresa. A institución provincial, sinala, debe "destinar os recursos" ás áreas que lle corresponden e "non pode estar mantendo nin financiando servizos e centros nos que a súa competencia non é propia nin delegada", caso das escolas de Enfermaría e Cantaría, "das Fincas Areeiro e Mouriscade ou a Cidade Infantil Príncipe Felipe". "Deberían ser xestionadas pola Administración competente, a Xunta".César Mosquera, do BNG, volve ser o vicepresidente da Deputación pontevedresaComeza así un mandato no que, como nos catro últimos, a Deputación de Pontevedra terá goberno de coalición, aínda que con maior peso do PSdeG por mor da súa maior representación. En virtude do pacto de goberno, xa asinado na xornada previa, o goberno de Silva volverá ter o nacionalista César Mosquera como Vicepresidente.Da banda do PSdeG estarán ás áreas de Cooperación cos Concellos, Cultura, Dotacións Educativas e Investigación, Cohesión Social e Xuventude, Igualdade, Deportes, Infraestruturas, Turismo, Emprego, Economía, Asistencia Intermuncipal e Transición Ecolóxica. O Bloque, pola súa banda, xestionará o Museo de Pontevedra, Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material, Normalización e Servizos Lingüísticos, Mobilidade Alternativa e Espazos Públicos, Residuos e Cooperación Transfronteiriza. |
PRAZA_14831 | O Goberno arxentino vén de intervir o centro sanitario integrado no Centro Galego bonaerense a causa da súa asfixia económica | Unha "sentenza" con motivacións políticas. É o que o PSdeG ve por tras da "asfixia" económica do hospital galego de Bos Aires, o centro sanitario integrado no Centro Galego da capital arxentina cun valor determinante para a colectividade galega na cidade, polo seu labor asistencial e tamén pola súa representatividade histórica -é, por exemplo, o lugar no que faleceu Castelao-. Dende esta semana ese hospital xa non é tan galego, cando menos a efectos de xestión. Os problemas financeiros levaron o Goberno arxentino a intervilo despois de que a Xunta se desvinculase do seu financiamento -na pasada lexislatura, aínda con Pilar Farjas de conselleira, tentou unha operación para adxudicarllo a unha empresa privada-. E, mentres en Bos Aires o persoal sanitario comeza a cobrar as nóminas atrasadas e os pacientes a recibir asistencia con normalidade, dende Galicia os socialistas piden explicacións. O PSdeG non dubida de que o "colapso" financeiro do centro foi procurado "de maneira deliberada" pola Xunta A xuízo da voceira de Emigración do PSdeG, Marisol Soneira, a "situación crítica" do hospital galego de Bos Aires débese, en boa medida, a que "en lugar de tender pontes e buscar saídas ás dificultades financeiras do centro, Feijóo sentenciouno illando os seus lexítimos responsables". Fíxoo de maneira "deliberada", di a parlamentaria, co obxectivo de "provocar o seu colapso" tras as eleccións á directiva da entidade, "nas que perdeu a candidatura auspiciada polo PP, que mesmo presentaba o retrato do presidente da Xunta como aval". "No momento en que esta candidatura foi derrotada, a Xunta deulle as costas e negouse durante seis meses a manter contactos coas autoridades" á procura de solucións, reprocha. Neste contexto o Goberno galego, acusa, obvia os "105 anos de historia" do centro e, no canto de procurar o entendemento coas "autoridades arxentinas responsables da saúde, cultivaron con ostentación" a relación "coa oposición interna" ao Goberno de Cristina Fernández de Kirchner. Deste xeito, conclúe Soneira, foi como "a situación financeira" do hospital "tornou insostible", o que levou a xustiza do país austral a decidir a súa intervención. Ás "incertezas" creadas por esta operación engádese unha máis, di: a do recente nomeamento de Santiago Camba, ata agora secretario xeral de Emigración da Xunta, como conselleiro de emprego e seguridade social do Goberno de España na Arxentina. O "alto cargo da Xunta mellor remunerado na pasada lexislatura" supón tamén "unha perigosa incerteza" sobre a que o PSdeG, din, reclama explicacións. |
NOS_31572 | A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto a pé de rúa para animar á cidadanía a votar e nomear Rosalía unha estrela. Comezará ás 17.30 diante do Teatro Colón da Coruña e recitaranse e cantaranse versos da escritora. | Este domingo, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organizan un acto diante do Teatro Rosalía de Castro, para animar a cidadanía a votar e dar o nome Rosalía de Castro a unha estrela. "Literatura e astronomía, letras e ciencias, únense nun acto divulgativo a pé de rúa", que comeza ás 17.30 horas. Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, explica que o acto terá lugar na rúa pois, "xa que estamos en campaña electoral, tamén decidimos facer nós un acto para animar ao voto. Será aberto, para que a xente se achegue e lea textos de Rosalía ou cante cancións que parten dos seus versos", di a Sermos Galiza. As asociacións repartirán folletos informativos que explican como nace a campaña, cal é a estrela e o exoplaneta que se nomearán e a súa localización no cosmos. Até o vindeiro 12 de novembro está aberta a votación para poñer nome á estrela HD 149143 e ao planeta HD 149143 b, no marco dun proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu 100 aniversario. A votación pódese realizar a través da páxina nombraexoplanetas.es. A de Rosalía e o río Sar é a candidatura proposta pola asociación Ío. |
PRAZA_16038 | Lembra que a protección do patrimonio cultural da entidade da emigración en Bos Aires debe ser "análoga á que tería de estar en Galicia" e que salvagardalo "non é mero 'desideratum" senón mandato legal e cumprir con "quen fixo de Galicia unha realidade que transcende as súas fronteiras" Centro Gallego: a gran 'casa' da emigración na Arxentina deixa de ser galega cen anos despois | Centro Gallego: a gran 'casa' da emigración na Arxentina deixa de ser galega cen anos despois O Consello da Cultura Galega (CCG) pide á Xunta "salvagardar a integridade" do inxente legado que posúe o Centro Gallego de Bos Aires e que todo el "teña unha consideración e protección xurídica e institucional, análoga á que tería de estar en territorio de Galicia". A entidade vén de elaborar un Informe sobre os fondos patrimoniais e culturais da histórica institución da diáspora logo de que se activase a venda da súa xestión sanitaria e do seu centenario edificio ao grupo español Ribera Salud ante a grave crise económica que sofre desde hai anos. O Consello da Cultura pide á Xunta que dea protección ao patrimonio do Centro Gallego "análoga ao que tería de estar en Galicia" O documento foi aprobado este pasado martes no plenario ordinario celebrado coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Nel, o CCG considera que "o patrimonio cultural (artístico, documental, bibliográfico, musical e hemerográfico) que custodia o centro constitúe un legado imprescindible que merece o máis alto grao de protección xurídica para garantir a súa integridade e a súa conservación no futuro". E recorda tamén que este obxectivo "non se trata tan só dun mero desideratum de boas intencións", senón tamén do "cumprimento dunha obriga legal, tal e como establece o artigo 27 da Lei da galeguidade (7/2013, do 13 de xuño)", así como artigo 4 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. O CCG lembra que a protección do legado cultural "non é un mero 'desideratum" senón "o cumprimento dunha obriga legal" Nesta última norma, advirte o CCG, establécese que a Xunta "promoverá a salvagarda do patrimonio cultural de Galicia que se atope no exterior, especialmente en Latinoamérica, e alí onde exista unha presenza significativa de comunidades galegas". Xa que logo, demanda que se adopten "todas as medidas que resulten precisas para salvagardar a integridade do legado de quen co seu esforzo e valor fixo de Galicia unha realidade que transcende as súas fronteiras e da galeguidade un xeito de ser e estar no mundo". Así, considera que todo este patrimonio, "en razón da súa obxectiva importancia material e inmaterial",debe ter "unha consideración e protección xurídica e institucional, análoga á que tería de estar en territorio de Galicia". O CCG fai referencia tamén á devandita Lei da Galeguidade para lembrar que a comunidade autónoma, tal e como reza a normativa, "colaborará na preservación e conservación do patrimonio cultural das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia e velará polo seu destino no caso da disolución destas". E alude a que, no caso de que a normativa o permita, aquel patrimonio "que para a súa preservación deba ser conservado en Galicia será destinado, segundo o caso, ao Arquivo da Emigración Galega e ao Arquivo Sonoro de Galicia", órganos dependentes do propio CCG. Esta mesma lexislación, insiste, tamén determina que a Xunta "velará pola conservación do patrimonio da colectividade galega no exterior, así como polo mantemento da memoria" mediante accións como a "catalogación e inventario do patrimonio galego no exterior, especialmente das entidades e centros galegos"; a "posta en valor do legado da emigración coa declaración de patrimonio cultural de Galicia a aqueles centros e entidades centenarias", e a "difusión e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da emigración galega coa creación dunha rede virtual e con accións de recoñecemento". O CCG advirte á Xunta que a Lei do patrimonio cultural e a Lei da galeguidade determinan que a Xunta debe "salvagardar" o patrimonio cultural da emigración O CCG advirte de que non entra "na cuestión máis concreta da situación inmobiliaria e de xestión do Centro Gallego", pero si nun "patrimonio pertencente á cultura galega que entre todos debemos defender e salvagardar". O Consello lembra que o Instituto Argentino de Cultura Gallega, dentro do Centro Gallego, xestiona unha biblioteca con máis de 20.000 volumes, con obras cimeiras da cultura galega; unha librería situada no vestíbulo de entrada do edificio social, que conta con todo o catálogo de Ediciones Galicia, editorial creada nos anos 60 pola institución da emigración e que editou 58 libros (entre os que destacan a impresión das obras de Castelao, as Obras completas de Cabanillas, de Villar Ponte, etc.) e sete discos. Alén disto, lembra que ao longo da súa historia o Centro Gallego foi custodiando unha "importantísima colección" de obras de arte, doadas por artistas e socios ou mercadas polas diferentes directivas, que inclúen obras pictóricas, estatuas, esculturas, etc. Entre os seus fondos hai obras de Castelao, Laxeiro, Viveros, Luis Aquino, Francisco Lamas, Manuel Oliveira, Demetrio Urruchua, Manuel Torres, José Solla, Samuel Mallo, Leopoldo Nóvoa García, Luís Seoane, Carlos Maside, Dolores Freixas, Manuel Escudero, Carlos Cañás, José María Moraña, Gustavo Fernández, Lorenzo Carballo, entre outros moitos. O Consello da Cultura destaca a "importantísima" colección de arte, partituras orixinais ou do arquivo sonoro Tamén conta cunha "moi importante colección de partituras musicais orixinais, obras corais e sinfónicas, obras que foran encargadas pola Comisión de Cultura e sempre relacionadas coa colectividade galega". Así mesmo, dispón dun "arquivo sonoro importantísimo" para o estudo da cultura e a historia de Galicia, pois componse de gravacións de conferencias e actos nos que participaron intelectuais galegos e arxentinos tales como Alfonso Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Martínez Risco, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco-Amor, Battistesa ou Ghioldi. "Sen esquecernos do importante patrimonio fotográfico que conserva nas súas instalacións", insiste. |
PRAZA_11636 | A compañía comprométese a "reavaliar" os informes sobre a viabilidade da queima de biocombustibles que avala o Estado tras rexeitar que lle fose rendible. As administracións buscan "gañar tempo" na procura dunha alternativa económica e de emprego. | Endesa e o Ministerio para a Transición Ecolóxica difiren na súa estratexia a curto prazo para a central térmica das Pontes. A empresa puxo 2022 como data de caducidade máxima para a queima de carbón ao tempo que reduciu ao mínimo a súa actividade. Xunta e Concello presionan para a súa reactivación o máis axiña posible, conscientes da necesidade de "gañar tempo" na busca de alternativas de emprego e de modelo económico na zona e de alongar o final anunciado mantendo o máximo emprego posible. As probas queimando lodos e outros materiais para substituír ata o 40% do combustible fósil son a esperanza para unha transición suave, pero mentres o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio, ve viable tecnicamente esa substitución temporal, a compañía alude á falta de rendibilidade económica para rexeitala e as administracións advirten dunha futura baixada nos prezos dos materiais que si posibilitarían esa opción. O Ministerio para a Transición Ecolóxica reduce a unha "reunión de traballo" un encontro que non publicitou, fronte ao comunicado emitido pola XuntaEse foi o debate principal da xuntanza que este pasado luns mantiveron en Madrid a ministra para a Transición Ecolóxica en funcións, Teresa Ribera, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o alcalde das Pontes, Valentín García Formoso, xunto a representantes de Endesa. O encontro non foi publicitado polo Ministerio --nin con nota de prensa, nin con imaxes nin tan sequera introducíndoo na axenda--, que o reduce a unha "reunión de traballo". Non así a Xunta, que emitiu un comunicado destacando como o xefe do Executivo galego acadara "o compromiso de reavaliar as probas técnicas para buscar unha solución viable, ambiental e economicamente, que garanta a actividade na central térmica das Pontes". Esa "reavaliación" e o "botar números" do que fala Feijóo foi, segundo fontes coñecedoras da reunión, o logro de conseguir que Endesa volva facer contas ante a presión da Xunta e do Concello e os informes de viabilidade técnica que achega o IDAE. Unha busca por convencela para que aposte por seguir queimando na central, aínda que cunha menor porcentaxe de carbón na busca desa transición menos abrupta e dunha alternativa ao emprego. "Acordamos reavaliar as probas técnicas que se fixeron nas últimas semanas, mirar a capacidade de subministro de toneladas de lodos, ou doutros combustibles, para que se poidan substituír por unha porcentaxe de carbón e botar contas desde o punto de vista de emisións; todo isto para que esta central poida reactivarse e manter unha actividade enerxética", dixo Feijóo. Endesa reavaliará os informes sobre a viabilidade de substituír carbón por biocombustibles tras ter rexeitado a rendibilidade económica desa opciónDesde o Concello, o alcalde e tamén presidente da Deputación da Coruña, Valentín García Formoso, ve "un avance" que tanto o Goberno central como a Xunta "estean comprometidos a continuar buscando a reactivación da central, converténdoa nun complexo de economía circular que utilice biocombustibles e que garanta un período de transición que dea tempo a buscar outras alternativas de emprego na zona". Para Formoso, é necesidade esa "reavaliación" dos resultados das probas con novos combustibles para "deitar luz ante informacións contraditorias". Mentres o IDAE, que non se mete na cuestión da rendibilidade económica, aposta pola viabilidade técnica da substitución de entre un 10% e un 40% do carbón, Endesa nega mesmo esa viabilidade e advirte da falta de rendibilidade económica. Desde as administracións, outros estudos anuncian unha baixada futura no importe tanto do carbón como dos biocombustibles que si farían rendible a central. Ante isto, Endesa comprometeuse a analizar de novo esa viabilidade técnica e económica contrastando novos datos. Na vindeira semana, está previsto que haxa outra reunión onde representantes da empresa dean as súas primeiras impresións sobre as alternativas. As administracións buscan "gañar tempo" na procura de alternativas económicas e de emprego conseguindo que Endesa manteña a actividade da central uns anosNo fondo, a intención que desde as administracións se recoñece é a de "gañar tempo", conscientes de que a queima de carbón ten data de caducidade próxima. As razóns do peche foron xa explicadas por Endesa: o abaratamento do prezo do gas, a maior produción de enerxías renovables, unha menor demanda e o elevado prezo dos dereitos de emisión de dióxido de carbono no mercado europeo.Ese tempo que todos procuran é máis que necesario para buscar alternativas industriais nas Pontes, unha das zonas que que o Estado e Europa sinalan como obxectivo tanto para recibir fondos como para políticas que impulsen unha transición sustentable e "xusta", tal e como reclama o persoal e a cidadanía. |
NOS_56239 | As expertas desmontan tópicos e prexuízos sobre o que é a educación a distancia | A pandemia da COVID-19 levou á suspensión das clases de todos os niveis educativos, desde Infantil até os posobrigatorios, como Bacharelato, títulos de grao ou mestrados. No educativo, como en calquera outro eido que o permita, a única opción que permite desenvolver a actual situación de confinamento é a do teletraballo. Esa educación a distancia leva vinculada, desde a súa propia concepción, unha serie de tópicos e prexuízos que, segundo as profesionais do sector "non se corresponden coa realidade". Nunha conversa mantida con Nós Diario, a profesora Carme Silva -docente no grao de Ciencias da Cultura e coordinadora do mestrado en Servizos Culturais da facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela- explica que o actual "é un bo momento para visibilizar que si se pode desenvolver unha educación completamente a distancia ou, polo menos, semipresencial". Este último é o formato que adoptou, xa no ano 2014, o mestrado en Servizos Culturais que ela mesma coordina, seis anos nos que, "demostramos que a non presencialidade é moito máis que unha especie de maldición, como se lle consideraba". Mais, que significa "semipresencialidade"? Carme Silva indica que é "ter unha serie de horas de asistencia en aula para o alumnado e os exames de forma presencial, mais o resto do traballo desenvolvese nunha plataforma en liña". "No noso caso -engade- non é ningún carísimo programa específico, senón Moodle, que é un software libre que utiliza, por exemplo, a Consellaría de Educación nos Institutos, e nel podemos colgar distintos tipos de materiais, tarefas, actividades, exames que as estudantes teñen que completar nun tempo concreto ou abrir chats e foros para comunicarnos co alumnado". A comunicación, chave da educación á distancia Para Carme Silva, a correcta aplicación é desenvolvemento das ferramentas que ofrece a educación a distancia resulta fundamental dadas as circunstancias que está a vivir a sociedade galega e mundial a raíz da crise provocada polo novo coronavirus. A profesora da Universidade de Santiago considera que "o gran perigo" dos modelos non presenciais é "a soidade do alumno", o que significa que "ao non haber outros alumnos e alumnas que traballen canda el ou ela, resulta máis complicado desenvolver certo tipo de tarefas, en especial as grupais". Porén, afirma que, para compensar, as docentes teñen que "realizar un seguimento do estudantado diferente, con maior proximidade, dándolle un toque humano a un modelo de docencia que pode resultar fría". |
NOS_48667 | Nunha entrevista na Radio galega, Mauro Varela asegurou que "as preferentes eran un produto perfectamente válido". | O copresidente de Novacaixagalicia, Mauro Varela, preguntado polo problema das preferentes nun programa da Radio Galega, preferiu xeralizar e manifestou que a situación das preferentes "non foron un problema só de Galiza, senón que foron un problema en todos os bancos". Sobre as queixas e denuncias presentadas pol@s afectad@s que perderon miles de euros dos seus aforros, Varela non tivo reparo en defender que este produto financeiro é "perfectamente válido". Defendeu ademais a situación da entidade aínda que recoñeceu que viven momentos tensos nas asembleas da entidade. Varela admite que as asembleas da entidade son tensas Sobre este tema esta semana a publicación de humor El Jueves referiuse a Caixanova como "El hijoputa de la semana" por "endilgar participaciones preferentes a personas analfabetas" en referencia a que a maior parte d@s afectad@s aseguran que non lles informaran en ningún momento sobre este produto e que, nalgúns casos, mesmo chegaron a asinar coa pegada dixital ao non saber escribir. Ademais a Plataforma Arousa Norte de afectad@s polas preferentes protestan hoxe diante da sucursal de Novagaliciabanco na localidade de Ribeira. |
NOS_33162 | Após 4 meses de feche nas instalacións da empresa e dunha demanda civil por ocupación ilexítima, o plantel de traballadoras e traballadores de T-Solar abandonou a factoría e enceta unha nova etapa nas súas reivindicacións. | Reclaman o seu dereito ao traballo. Desde hai 4 meses o plantel de traballadoras e traballadores de T-Solar desenvolveu un feche nas instalacións que a empresa de enerxía Isolux ten en Ourense. Após botar á rúa a 170 empregad@s e desmantelar o centro de traballo nen o administrador concursal nen a Xunta de Galiza --acredor maioritario-- deron unha solución. Neste senso e para manter os seus postos, unha boa parte do persoal decidiu iniciar un protesto permanente na factoría como "única maneira de manter os nosos traballos e evitar o desmantelamento da fábrica", contaba naquela altura Manuel Conde. Algún logro e unha demanda xudicial Con catro meses de peche ás costas e unha demanda civil por ocupación ilexítima das instalacións --interposta pola empresa-- @s traballador@s de T-Solar decidiron dar por rematado o seu estadío na fábrica e iniciar unha nova etapa nas súas accións reivindicativas. "Despois da demanda civil e do recurso", conta Manuel Conde, "non estamos dispostos a afrontar outra. Somos parados". Esta é unhas das razóns que motivaron o final do encerramento pois a situación que atravesa o plantel non lles dá marxe de manobra para facer fronte a outra demanda xudicial. Mais non só iso. "Conseguimos algún logro", explica Conde, como foi o mantemento da actividade en gas-farm a través dunha "prórroga do desmantelamento" que non tería sido posíbel de non encetaren o protesto. Manuel Conde: "As nosas accións pasan da factoría á rúa para presionar a Xunta. Hai que seguir" Aliás, subliña, están cert@s de que "se están a dar negociacións entre un posíbel comprador e a administración concursal" de T-Solar polo que @s traballadores, din, non queren "ser un obstáculo" para que poidan chegar a bo termo. Seguirán na rúa para presionar á Xunta de Galiza Malia os avanzos e o cesamento do peche, o plantel de T-Solar salienta que non van parar nas súas reivindicacións até recuperaren o seu posto de taballo nunha empresa punteira en enerxías renovábeis. Neste senso, advirten as súas "accións pasan da factoría á rúa" para exercer presión sobre quen é "o acredor maioritario". A Xunta de Galiza. Após abandonar as instalacións de Isolux, @s traballador@s xa se concentraron esta mesma quinta feira perante o edificio da Xunta en Ourense. Exixen ao goberno galego "que colla responsabilidades" e procure unha solución para T-Solar. Aliás, asegura Manuel Conde "temos que seguir espallando o noso conflito" e dando a coñecer a súa realidade. Para iso "os ánimos son os que son", teñen, din Manuel Conde "que sacar a enerxía de onde sexa" porque "hai que seguir". |
NOS_54768 | A Xunta culpa do feche ás políticas de transición enerxética mais non pon en marcha as súas competencias en industria nin paraliza o ERE. | Diante do anuncio de Vestas de fechar a súa factoría en Chavín (Viveiro), que implica a destrución de 115 postos de traballo directos, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, subliñou que o Goberno galego "non pode estar máis en contra" do fechamento. Conde centrouse en achacar o cerramento ás políticas de transición enerxética do Executivo estatal, sen reparar nas competencias da Xunta en materia industrial ou laboral, que permitirían mesmo paralizar o ERE. Subliñou que "a política enerxética que se está a adoptar en España vai en contra da industria na Galiza". Así respondeu no Parlamento á deputada socialista Patricia Otero, que instou o Goberno galego a convocar a mesa industrial para buscar alternativas para os 115 empregos. "A Xunta recibiu a noticia da presentación deste ERE e desde o primeiro momento a nosa preocupación e ocupación é identificar como podemos abordar esta situación para poder atopar unha solución", respondeu Conde á socialista no hemiciclo. Actuacións "inmediatas" Esta cuarta feira 29 de setembro, nunha nova xornada de protesta ante as instalacións da planta en Viveiro por parte dos traballadores, representantes do cadro de persoal reuníronse no Parlamento galego con Patricia Otero e o grupo socialista ademais de coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que lles propuxo "actuacións inmediatas para salvar" a fábrica. A formación nacionalista demandou unha a implicación da Xunta da Galiza "total e rápida" e anunciou iniciativas no Parlamento galego a favor da fábrica. Nese sentido, consideran chave concretar un calendario da mesa de negociación, pois "de nada vale senón se actúa con rapidez, antes da reunión prevista coa dirección da empresa para o día 6 de outubro". No Bloque tamén avogan por paralizar o ERE extintivo que ameza con despedir todo o cadro de persoal. |
NOS_48520 | O número de traballadores e traballadoras por conta propia reduciuse en 12.800 persoas no período que vai de abril de 2013 a abril de 2014, segundo denuncia a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores utilizando os datos da EPA, que marcaron récord de paro en Galiza. | O número de autónomos en Galiza reduciuse nun total de 12.800 no primeiro trimestre de 2014 respecto ao mesmo periodo do ano pasado, o que supón un descenso do 5,5 por cento, segundo denuncia a Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (Uatae), en base a datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados polo INE e que marcaron un récord de desemprego histórico no país. Estas cifras supoñen unha perda de autónomos en Galiza "moi por encima do que se dá no conxunto do Estado", xa que nos tres primeiros meses de 2014 tamén se perderon 5.400 autónomos respecto ao trimestre anterior (-2,4%), o que sitúa o número total de autónomos en Galicia en 218.900. Así, mentres o descenso de autónomos en Galiza é do 5,5% en taxa interanual, no conxunto do estado espalol os autónomos reducíronse nun 0,6%. Polo tanto, a caída anual galega é nove veces superior á caída media do resto do Estado. |
NOS_22481 | A comunidade de Montes de Tameiga (Mos) recibiu esta mañá, nun acto no centro cultural As Pedriñas, a distinción do Consorcio ICCA da ONU polo seu traballo de conservación dos usos comunais da terra e dos seus bens e dereitos asociados. | Trátase dun organismo das Nacións Unidas que recoñece o traballo en áreas conservadas por comunidades locais e o seu recoñecemento supón, en palabras do presidente dos e das comuneiras, Antonio Caxide, "un referendo de que estamos no bo camiño", ademais dun "apoio á nosa defensa dos montes ante as agresións de intereses privados". "É un explícito recoñecemento que respalda o noso traballo e dificulta un pouco os atrancos que poidan querer poñer as Administracións", sinala o portavoz, que rapidamente pon como exemplo o proxecto de "macrocentro comercial" que ameaza eses montes: "Se o Concello de Mos se empeña en expropiar as terras aos seus lexítimos propietarios e propietarias, como son os comuneiros de Tameiga, terá que ter en conta que organismos internacionais como a ONU están velando polo uso racional do territorio como o que fai comunidade de montes". O que, para Caxide, distingue o organismo da ONU neste caso é "a defensa do territorio, a gobernabilidade dese territorio feito pola propia xente que convive nel e tamén os usos racionais dos seus recursos, un traballo que se leva facendo desde hai moitísimos anos". Fóra da Galiza, subliña, o Consorcio ICCA pon a atención sobre moitos labores de comunidades indíxenas de América Latina. No caso de Tameiga, a comunidade realiza traballos que van desde a eliminación de especies invasoras á diversificación dos usos do monte. "Para salvar os nosos montes comunais non camiñamos sós. As comunidades de auga afectadas e a asociación veciñal da parroquia traballan cóbado con cóbado connosco como numantinos. Temos tamén o respaldo de todo o movemento ecoloxista e das centrais sindicais do país. E desde hoxe –por onte– tamén contamos co recoñecemento da ONU polo noso denodado labor por manter os montes e os seus usos comunais fóra do alcance da especulación", destacou o presidente da comunidade de montes durante o acto, no que estiveron organizacións ecoloxistas e comuneiras. |
NOS_7895 | Nas últimas décadas a expansión do eucalipto no monte galego non dá visos de deterse. Malia as consecuencias medioambientais que isto ocasiona, este proceso foi amparado polas institucións co argumento de ser unha fonte de riqueza para un rural cada vez máis abandonado. Plantándolle cara ao modelo, moitos colectivos e comunidades de montes están demostrando que outra xestión do territorio é posíbel para crear riqueza e ser sostíbel ecoloxicamente. | O monocultivo de eucalipto na Galiza non é unha novidade. A súa plantación en masa remóntase xa aos anos 40 coa chegada do franquismo. O réxime rematou co uso maioritariamente silvopastoral que tiveran os montes até daquela e expropiounos para dedicalos á produción forestal masiva de especies como o eucalipto. Coa chegada da democracia as veciñas e veciños recuperaron a xestión comunal dos montes, mais a realidade do eucalipto chegara para ficar. O cambio de mans non mudou o modelo forestal e a superficie ocupada polo eucalipto continuou medrando até o día de hoxe. No Plan forestal da Galiza do ano 1992 cifrábase a extensión do eucalipto –sumando masas puras e outras mesturadas con outras especies– en preto de 220.00 hectáreas. Os obxectivos de futuro pretendían que esta especie chegase a ocupar en 2032 unhas 245.000 hectáreas. En 2017 a Consellaría de Medio Rural situaba esta árbore na cifra das 450.000 hectáreas, case duplicando o que se fixaba como obxectivo para dentro dunha década. Os problemas que o cultivo masivo de especies pirófitas como o eucalipto pode xerar na sociedade non se limitan só aos incendios e aos efectos derivados destes –os cales son máis probábeis tamén nos montes abandonados–, como a destrución dos sistemas de traídas ou a posta en risco de vidas humanas, entre outros, senón que tamén provoca unha perda na biodiversidade dos ecosistemas, a desertización ou o esgotamento das fontes de auga –unha hectárea de eucalipto pode chegar a consumir máis de 40.000 litros ao día. Monocultivo, política de Estado Para os colectivos ecoloxistas a expansión desta especie débese a unha aposta clara e deliberada por parte da Administración. Destacan que até non hai moitos anos o cultivo desta especie estaba subvencionado e o motivo da súa retirada foi que estas axudas xa non eran necesarias para que esa expansión continuase avanzando. Joám Evans, responsábel das brigadas deseucaliptizadoras da asociación ecoloxista Verdegaia, asocia a falta de apoio das institucións a unha alternativa ao monocultivo á existencia dun esquema claro: "O monte multifuncional é un modelo que non lle interesa aos que marcan as liñas económicas deste país. Eles queren facilitarlle as cousas a Ence e demais conglomerados industriais que é onde se atopan os intereses dos 'lobbies' do sector forestal. E iso non se debe a unha falta de capacidades climáticas ou do solo, senón a decisións de planificación estatal e de apoio industrial por parte do Estado, que trouxo aquí as celulosas". Aliás, Evans destaca o feito de que desde as institucións non houbo unha preocupación por fomentar unha industria da madeira con especies autóctonas e de calidade como pode ser o bidueiro, que goza dun gran valor e mercado en países como Alemaña. "Plantar bidueiros aquí constitúe un acto de fe na espera de que ese mercado exista nun futuro, por iso ninguén o fai", sinala. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) presentou xa dúas iniciativas populares no Parlamento galego nos últimos 30 anos, unha en 1989 e outra en 2017, na procura do estabelecemento dun modelo distinto que promovese un uso sustentábel do monte, pero quéixase de que na realidade o padrón continúa sendo o mesmo. A respecto das axudas para a creación de alternativas, Adega considéraas insuficientes. "Son unha ridiculez comparadas co apoio loxístico e económico que tivo e ten o eucalipto. Trátase de apoios puntuais de carácter cosmético que funcionan como simples parches, pero que non cuestionan o actual modelo", afirma Belén Rodríguez, responsábel de comunicación da asociación. Vimbios para outra xestión do monte Porén, malia a falta de aposta da Administración nunha xestión diferente do monte, por todo o país existen exemplos de colectivos veciñais, asociacións ou comunidades que deciden tomar a iniciativa e mudar esta dinámica desde o seu ámbito de actuación. Un caso paradigmático deste tipo de proxectos é o da Comunidade de Montes de Couso, situada no concello de Gondomar, que recibiu o ano pasado o recoñecemento da Organización das Nación Unidas como exemplo mundial de xestión comunal. O seu presidente, Xosé Antón Araúxo, explica que traballan por un monte multifuncional, que sirva non só para a produción de madeira, senón tamén para outros produtos. Procuran deste modo decantarse por outra sorte de madeiras nobres, como as nogueiras, as cerdeiras ou os castiñeiros, dos que esperan obter este ano a súa primeira produción de castaña. Alén da madeira tamén cultivan froitos como arandos, grosellas e framboesas –coas que producen e comercializan marmelada– ademais de manteren unha plantación de cogomelos shiitake, de crecente demanda no mercado. Igualmente, o seu labor por desfacerse das especies pirófitas e invasoras como a acacia e o eucalipto fixo que fosen atopando patrimonio arqueolóxico a medida que ían retirando masa forestal. Contan xa con dúas rutas de sendeirismo sinalizadas e están preparando unha terceira xunto a varias áreas de recreo nos novos espazos. Xosé Antón Araúxo, explica que traballan por un monte multifuncional, que sirva non só para a produción de madeira, senón tamén para outros produtos. "Nós cando chegamos queriamos outro modelo de xestión. O eucalipto é unha madeira de moi pouco valor económico que para Ence sae moi rendíbel, pero para as veciñas non. Calculamos a rendibilidade que nos deu unha das talas e saíunos a 1,34 euros por metro cadrado, e para obtelo tivemos que esperar 20 anos. Co shiitake conseguimos 7 euros por metro cadrado e por ano, algo moito máis sustentábel e ecolóxico", conta Araúxo. Para financiar todos estes proxectos a comunidade contou coa axuda dos fondos europeos do Leader –Liaison Entre Actions de Développement de l'Économie Rurale, traducido como "vínculos entre accións de desenvolvemento da economía rural"–, pero non foron suficientes para cubrir os custos. Para conseguilo optaron por un sistema de microcréditos. "En vez de pedirlle cartos ao banco cunha taxa de xuros alta, pedímoslle ese diñeiro ás comuneiras. Así gaña todo o mundo, as veciñas obteñen uns intereses por prestárnolo, máis do que sacarían téndoo no banco, e nós conseguimos financiarnos de forma máis barata que cun préstamo normal", explica. "As axudas para a creación de alternativas ao eucalipto son unha ridiculez cosmética que non cuestiona o actual modelo", afirma belén rodrígez Con todo isto pretenden servir de exemplo a outras comunidades de montes, que vexan que a multifuncionalidade non só é posíbel senón desexábel. Non obstante, a falta de axudas das Administracións fai que todo este proceso dependa moito da vontade das comuneiras para levalo adiante. "Vender o eucalipto é moi fácil porque chega Ence, cómpracho e listo. Os nosos produtos son máis difíciles de comercializar, temos que competir con grandes superficies e non é doado. Non temos apoio das institucións para facilitar este proceso, conseguímolo a base de petar en moitas portas e investir moito tempo. Oxalá nun futuro iso cambie". Araúxo tamén destaca a importancia desta xestión para xerar empregos, xa que un uso multifuncional require dun coidado constante que o eucalipto non necesita, co que se crean postos de traballo que fixan poboación no rural. Cooperación contra o abandono A pesar de seren as comarcas do sur oriental as que teñen menor superficie forestal ocupada polo eucalipto, son con frecuencia as protagonistas de grandes incendios. O maior problema neste caso atópase no abandono do monte. Froito dunha destas vagas de lumes no concello de Manzaneda naceu no ano 2013 o proxecto de Amarelante, coa intención de buscar alternativas para aproveitar o monte. Logo dunha convocatoria entre as veciñas e veciños para procuraren actividades que puidesen ser rendíbeis tanto ambiental como economicamente, acordouse empregar os castiñeiros que estaban abandonados a nivel produtivo e dez persoas decidiron fundar unha cooperativa. Nun primeiro ano limitáronse a recoller a castaña fresca e vendela a intermediarios, mais pouco a pouco comezaron a xerar cada vez máis valor engadido coa posta en marcha de diversos proxectos. O segundo ano conseguiron unha axuda por parte dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para a construción dunha nave na que instalar maquinaria para convertela en castaña seca. Despois comezaron a aproveitar o froito de menor calidade para elaborar fariña e xa desde 2018 iniciaron a produción de bica de castaña, feita pola panadeira de Manzaneda e comercializada baixo a marca de Amarelante. A cooperativa ten unha persoa traballando a tempo completo e dúas máis desde outubro até xaneiro con xornada parcial, aínda que a filosofía comunitaria implica que as cooperativistas colaboran no desenvolvemento dos traballos durante o tempo libre, como por exemplo nas cuestións administrativas ou de márketing e publicidade. Sonia Couso, socia de Amarelante, di que bota de menos máis compromiso da Administración á hora de fomentar o cooperativismo: "Paréceme incríbel que nunha sociedade como a galega, que sempre foi colaboradora, especialmente nas áreas rurais, esta práctica estea tan pouco desenvolvida e non sexa unha personalidade xurídica de referencia". Destaca a compoñente humana deste modelo, un factor que hai que coidar para que as cousas funcionen. "Eu creo que a nivel institucional é unha figura á que se lle dá unha certa publicidade simbólica con pequenos premios de economía social e cousas polo estilo, pero que ao final, se escarvas un pouco, non hai moito asesoramento nin promoción", afirma. "O noso proxecto é exportábel a calquera que queira dedicarse a este sector. Aínda que nos consideren innovadores, nós non innovamos en nada, simplemente aproveitamos o que había. Se nós puidemos, outros tamén poden facer o mesmo". Tecnoloxía ao servizo da natureza Alén dos rendementos produtivos que permite obter, o monte tamén pode ser aproveitado a través dun uso silvopastoral, é dicir, para a reintrodución do gando. Este uso posúe uns beneficios denominados servizos ambientais, que ao non producir un retorno económico directo moitas veces non son tan valorados como deberían. O gando é unha ferramenta moi importante para a conservación da biodiversidade e a prevención da erosión e dos incendios debido ao seu labor na eliminación do sotobosque. A Comunidade de Montes de Pinzás, pertencente ao municipio de Tomiño, é un exemplo de recuperación de pasteiros degradados a través da reintrodución de vacas vienesas, unha raza autóctona en perigo de extinción. A gandaría era unha tradición histórica no monte de Pinzás que por desgraza se foi perdendo co paso do tempo, con moitos dos pasteiros totalmente abandonados. O proxecto lévase desenvolvendo desde 2015 coa realización de tarefas de limpeza e roza, aínda que as vacas non foron introducidas até 2018. Xa conseguiron recuperar 10 hectáreas, nas que falta por facer un feche cinexético. No presente ano conseguiron a adxudicación de fondos europeos do Leader para dotar o proxecto dunha dimensión maior. O interesante da iniciativa é a combinación da recuperación dos usos tradicionais do gando e dos pasteiros coa introdución de novas tecnoloxías para facilitar a súa xestión. Entre as innovacións que están levando a cabo atópase o uso de colares GPS para controlar a posición das vacas a través dunha aplicación, e que veñen de ser recentemente implementados. Este sistema tamén alerta dos partos baseándose nos cambios de diversos indicadores como a temperatura. Por tratarse dunha zona con presenza de cabalos salvaxes que poden estragar os feches, a idea para evitalo é instalar luces solares con sensor de movemento que se acendan no momento en que se acheguen para escorrentalos. Ademais, o proxecto conta cunha dimensión educativa, xa que tamén se contempla a construción dunha nave que contará, entre outras cousas, cunha aula interactiva. Esta vai estar dotada con diversos materiais coa finalidade de divulgar entre as visitantes, en especial as crianzas, a importancia da preservación do monte, da recuperación dos pasteiros e dos servizos que o gando presta á comunidade. |
NOS_41188 | Como forza máis votada nestas eleccións CiU comeza as entrevistas cos partidos políticos que obtiveron representación despois do 25N. ERC aposta por apoiar a Mas "con condicións" e desde fóra, entrementres PSC e PPC rexeitan calquera acordo. Pola súa banda, ICV propón unha "fronte de esquerdas" e Ciutadans demanda a dimisión de Artur Mas, As CUP convocarán asembleas para definir a súa estratexia. | Dous días despois e cos resultados electorais dixeridos polos partidos políticos, a CiU tócalle presentar a súa proposta e negociar a investidura de Artur Mas antes do remate de ano. Precisa o apoio dunha maioría absoluta, neste caso chegaría cos votos favorábeis de ERC, PSC ou PPC, ou a abstención de dúas formacións en segunda convocatoria, en que valería unha maioría simple. Artur Mas centrou a valoración do seu partido nestas eleccións en achegar posturas coa oposición, agora representada por ERC. "As urnas déronos un liderado significativo, mais non único, e por iso temos que ir acompañados". Para CiU o mandato d@s votantes foi realizar a consulta popular e lembrou que case 2/3 partes das forzas parlamentares estar a favor que se celebre. A resposta de ERC tendeu pontes coa mensaxe de Oriol Junqueras de que "a vontade de Esquerra Republicana de chegar a acordos con aqueles partidos que teñan unha axenda nacional clara". O xefe da oposición apuntou que pode apoiar a investidura sen formar goberno e procurando "un cambio de política económica, trasladando a presión fiscal sobre aqueles sectores que máis se beneficiaron coa crise e facendo un esforzo para poñer recursos en sectores que nos axudaran a saír da crise". A favor do referendo desde a esquerda Oriol Junqueras apuntou na súa valoración dos resultados que "a independencia é necesaria para mellorar a calidade de vida da nosa cidadania e poder afrontar a crise con garantías". A outra forza política que incrementou a súa presenza no Parlamento catalán, ICV-EV, e a que accedeu por primeira vez, a CUP, reafirmáronse na petición dun referendo popular. O lider de ICV-EV, Joan Herrera, rexeitou calquera achegamento a CiU e propuxo "unha fronte común en contra dos recortes, e polas políticas de redistribución" mais apoiou "un grande acordo polo dereito a decidir" sempre que xurda do propio Parlamento. A CUP pensa "manter a mobilización na rúa" posto que "@s deputat@s en si propi@s, aínda que sexan un adianto considerábel, non son garantía de nada". David Fernàndez, primeiro candidato pola provincia de Barcelona, asegurou que a prioridade para a formación independentista vai ser a celebración dun referendo e ter en conta que podan figurar nel os territorios dos Països Catalans. Unionistas e federalistas insisten na derrota de Mas As tres forzas que centraron a súa campaña na idea de que CiU quería "romper España", PPC, PSC e Ciutadans, valoran os resultados pola non consecución de maioría absoluta de Artur Mas. Alícia Sánchez-Camacho, do PPC, pídelle a CiU que "abandone o seu proxecto rupturista" e asegura que a súa formación pasou "dunha posición residual a unha posición central e decisiva na política catalá". Albert Rivera, líder de Ciutadans, quere que CiU "mude de candidato" para esta candidatura e que poña a outro presidente que "pense en todos os cataláns". O PSC, despois da derrota da súa aposta federalista, rexeita calquera tipo de acordo con CiU. "Non se dan as condicións", asegurou nunha entrevista radiofónica hoxe Pere Navarro, o líder desta formación. Navarro deixou claro a imposibilidade de calquera pacto ao lembrar que CiU "é de dereitas e independentista e nós somos de esquerdas e federalistas". |
NOS_57960 | A selección galega opta a todo no Europeo de seleccións que acollerán Poio e Pontevedra | O fútbol gaélico é o único deporte no que a Galiza compite oficial e internacionalmente. Lamentabelmente, e tal e como se informou nas páxinas de Nós Diario, viuse moi afectado polas restricións vinculadas á pandemia da Covid-19, de aí que o inminente Europeo de seleccións que se disputará a cabalo entre Pontevedra e Poio supoña unha oportunidade única para que a disciplina protagonice un "rexurdimento" que a devolva á senda de crecemento pre pandémica. Este agardado evento terá lugar entre os días 15 e 16 de xullo -sexta feira e sábado, respectivamente-, e está previsto que até o territorio galego se despracen "xogadores de toda Europa que veñen gozar deste espectacular deporte de orixe irlandesa, na que é a edición con maior número de participantes da historia". Tal e como destacaron a Nós Diario desde a entidade organizadora, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, este Europeo de seleccións "vai ser o máis importante até o momento, pois até o de agora era un torneo que estaba nacendo, sen unha identidade forte, pero colleu maior dimensión para que, nun futuro, poida compararse coas competicións continentais análogas noutros deportes". Isto se traduce en que "no caso dos homes, pásase dos seis combinados do anterior torneo a 15, e no das mulleres a cifra do último Europeo multiplícase por dous, de cinco a dez. Deste modo, no cadro masculino estarán representadas na categoría absoluta, ademais da selección galega, Francia, a Bretaña, Iberia, o Benelux e Luxemburgo, mentres que na 'B' se enfrontarán Occitania, Gascuña, Alemaña, Italia, Cataluña, o equipo do GGE e os filiais de Iberia, Francia e a Irmandiña. Con respecto aos obxectivos e expectativas da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, estes consisten en organizar un torneo que "poida ser do agrado dos e das espectadoras", especialmente tendo en conta o gran esforzo que supuxo levar a cabo un evento "que orixinariamente ía disputarse no 2020". No eido estritamente deportivo, agarda que os e as integrantes dos combinados nacionais poidan deixar ambos os títulos na casa, aínda que a competencia é agora "moito maior". |
PRAZA_4489 | Implicadas no Desenvolvemento celebra a novena edición do festival 'Implícate!' este domingo 12 de xaneiro no Teatro Principal de Compostela, coa participación de Ataque Escampe, Olga Novo, Daniel Salgado, David Perdomo, Camila Bossa ou Iolanda Muíños, entre outros. | Un ano máis, e xa van nove, Compostela acollerá a cita anual coa cultura e a solidariedade que organiza a ONG Implicadas no Desenvolvemento. Este domingo 12 de xaneiro desde as 20.30 horas, no Teatro Principal, os asistentes poderán gozar dunha nova Noite de música e palabra solidaria, nunha gala presentada pola escritora Yolanda Castaño e que contará cunha morea de artistas que desinterasadamente participan nun acto que, como o seu propio nome indica (Implícate!), "apela á solidariedade da cidadanía galega nun encontro entre a cultura e o compromiso". Implicadas convida o público do festival "a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar e a cambiar as estruturas sociais desde aquí" O obxectivo fundamental desta cita será, novamente, dar a coñecer o traballo de Implicadas no Desenvolvemento -tanto os programas de cooperación que desenvolve en comunidades do Sur, como as actividades de sensibilización que realiza en Galicia-, así como "convidar o público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar e a cambiar as estruturas sociais desde aquí, desde unha conciencia crítica e accións claras", tal e como aclara o colectivo e como explicaron Yolanda Castaño e María Reimóndez, vicepresidenta de Implicadas, en rolda de prensa. Ao tempo, os cartos recadados coa iniciativa destinaranse integramente a financiar os programas de cooperación que Implicadas apoia na India. As entradas (12 euros para o público xeral e 8 para estudantes) pódense adquirir xa na taquilla de Novagalicia Banco e na do Teatro Principal e ademais está dispoñible unha fila 0 na mesma entidade bancaria, coa que tamén se poderá colaborar mediante unha achega mínima de 5 euros. O pública que asista este domingo á gala de Implicadas en Compostela poderá gozar da música de Najla Shami, Deusa Tola ou os Ataque Escampe; da danza de Druídadanza; dos recitais literarios de Olga Novo, Cesáreo Sánchez Iglesias, Elvira Riveiro e Daniel Salgado; así como das pezas teatrais de Camila Bossa e Iolanda Muíños e máis de David Perdomo. Luís Tosar non estará esta vez no festival tras a polémica pola súa participación nun vídeoclip con imaxes de violencia de xénero No festival de Implicadas non estará esta vez Luís Tosar, cuxa habitual participación na gala foi cancelada pola ONG logo de que o actor galego participase no vídeoclip da canción Hey, Hey, Hey do grupo chileno Los Tres, no que se conta a historia dun home que mata a súa muller tras unha infidelidade e na que se recollen imaxes de violencia de xénero. Implicadas xa manifestara o seu "malestar" pola aparición de Tosar nese vídeo, ao que este respondeu cun comunicado no que pedía desculpas, asumía o erro e recoñecía a idoneidade de non estar presente no festival deste ano. Na rolda de prensa deste mércores, Implicadas condicionou a participación do actor en futuros eventos da ONG a "un proceso de reflexión consensuada", tal e como aclarou María Reimóndez, que agarda que a xente que apoia a causa da organización "o siga facendo" e que se "encha igual o Teatro Principal". Implicadas condiciona a participación do actor en futuros eventos da ONG a "un proceso de reflexión consensuada" Reimóndez reiterou que o traballado de Implicadas debe basearse na "coherencia de principios", que é o que "celebran cada ano no festival xunto as súas compañeiras do Sur e os artistas que os acompañan". |
NOS_24124 | Pola súa obra 'Suspiros de España. O nacionalismo español 1808-2018'. | O xurado do Premio Nacional de Ensaio propuxo o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Manuel Núñez Seixas para ser galardoado co Premio Nacional de Literatura na súa modalidade de Ensaio, correspondente a 2019, pola súa obra Suspiros de España. O nacionalismo español 1808-2018. O premio, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros. O xurado elixiu esta obra "por trazar unha historia do nacionalismo español nas súas diversas correntes e manifestacións ao longo da Idade Contemporánea". "Sendo unha obra que se apoia nunha densa traxectoria de investigación, destaca polo seu esforzo de síntese e de claridade expositiva, así como polo seu rigor", engadiu. O Consello da Cultura Galega felicita ao seu vicepresidente Xosé Manoel Núñez Seixas polo Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio. O xurado concedeulle o premio pola súa obra "Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018". Parabéns!— Consello da Cultura (@consellocultura) October 29, 2019 Núñez Seixas (Ourense, 1966) é doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela (en excedencia) e, desde outubro de 2012, catedrático de Historia Contemporánea de Europa na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Entre os seus títulos figuran O nacionalismo galego (con Xusto Bermamendi), Fora o invasor! Nacionalismos e mobilización bélica durante a guerra civil española, 1936-1939 (2006); 'Imperios de morte. A guerra xermano-soviética, 1941-1945' (2007); 'Patriotas e demócratas. O discurso nacionalista español despois de Franco' (2010) ou 'Camarada inverno: experiencia e memoria da División Azul, 1941-1945' (2016). Núñez Seixas é membro do Arquivo de Emigración (Consello de Cultura Galega), así como membro do consello de redacción e do consello asesor de numerosas revistas, nacionais e internacionais. |
NOS_34843 | O paro, que afecta 6 de cada 10 liñas regulares, non ten precedentes en Galiza. O plan da Xunta xera o rexeitamento de sindicatos e patronal. | A greve no transporte por estrada que se desenvolve esta terza e cuarta feira en Galiza deixouse notar desde primeiras horas. Se ben os servizos mínimos cubrían 100% das liñas escolares, nas liñas regulares contemplan só 40%. En 60% restante, apontan sindicatos, o seguimento está a ser xeralizado. Desde CIG falan de "éxito" e CCOO indica que ás 9:00 horas o seguimento horas era de 95%. Na central nacionalista indican que mesmo secundaron o paro autocarros que entraban nos servizos mínimos. "Os traballadores tomaron moi a serio a folga, están moi preocupados polo seu futuro, porque saben que se a Xunta leva adiante o seu plan de reestruturación, entre un 20 e un 30% do persoal vai acabar na rúa; é dicir: haberá case 1.000 empregos menos no sector en ano e medio". Así o manifestou o responsábel de Transportes da FGAMT-CIG, Xesús Pastoriza Os sindicatos (CIG, CCOO e UXT) protestan polo bloqueo do convenio e en rexeitamento do plan de transporte de viaxeiros da Xunta. Unha oposición neste ponto que tamén partilla a propia patronal do gremio. As centrais advirten que ese plan implicaría a destrución de mil dos 7.000 empregos que representa este sector. A proposta da Xunta prevé integrar servizos escolares nas rotas convencionais. Iso implicaría a desaparición de empregos e de pequenas compañías de transporte que operan no rural. Tamén desde as Anpas rexeitan o plan da Xunta, pois converten o transporte escolar en "transporte de viaxeiros con reserva de praza". |
NOS_54144 | Os fondos inclúen unha biblioteca de 20 mil volumes con grande valor histórico e un arquivo sonoro de gravacións de intelectuais como Otero Pedrayo, Castelao ou Cunqueiro. | O fondo de investimento Grupo Ribera Salud está a considerar a compra do Centro galego de Bos Aires. Ante esta situación, o BNG vai rexistrar "unha batería de iniciativas" para reclamar que a Xunta de Galiza traslade os fondos do centro a Galiza e estes pasen a ser parte do patrimonio público galego. Segundo indica o comunicado público difundido pola fronte, a Lei de Patrimonio cultural de Galiza 5/2016 concreta no seu artigo 4 a obriga do Executivo galego a "salvagardar o patrimonio cultural que se atope no exterior". A portavoz de cultura, Olalla Rodil, anuncia que o BNG instará a Xunta a "actuar e defender o patrimonio galego na diáspora". O Centro Galego afronta agora unha durísima situación económica que rematará previsibelmente coa súa venda. Os seus fondos inclúen unha biblioteca con 20 mil volumes, algúns deles primeiras edicións con exemplares de enorme valor histórico; un arquivo sonoro de gravacións de conferencias e actos nos que participaron intelectuais como Otero Pedrayo, Castelao, Cunqueiro, Blanco Amor ou Martínez Risco ademais dunha pinacoteca con obras de Luís Seoane e Carlos Maside. |
NOS_42418 | Será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o lugar no que naceu. BNG e Galiza Nova homenaxean ao Consello da Mocidade no cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o seu Secretario Xeral. Música e a poesía de Xavier Baixeras, poeta ao que Moreda admiraba, amais da presentación do libro e audiovisual arredor do Consello da Mocidade. | O BNG e Galiza Nova promoven a homenaxe ao Consello da Mocidade que terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto de San Miguel de Reinante, coincidindo co cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o que fora o seu máximo dirixente. A xornada ten como obxectivo recuperar a memoria da primeira organización do nacionalismo despois do golpe militar de 1936, da que o pasado ano se cumpría o 50 aniversario da súa disolución. Bautista Álvarez, María Xosé Queizán, Méndez Ferrín, Manuel María, Saleta Goi, Xosé Antonio Arxona, Raimundo Patiño,Luís González "Foz"A López Casanova ou García Bodaño participaron desa organización na que Antón Moreda ocupaba o cargo de Secretario Xeral. Ao Consello da Mocidade, Moreda chegara desde a súa participación nas Mocidades Galeguistas en Bos Aires na que fora Secretario Xeral. Mocidade na vangarda Ana Ermida, Responsábel Comarcal do BNG, explicou que o acto, promovido polo BNG e Galiza Nova e ao que se sumarán diversos colectivos sociais e sindicais, estará dividido en dúas partes, unha primeira na Praza do Souto no que, canda a música de grupos da Mariña terá un especial protagonismo a poesía do ribadense Xabier Baixeras, un dos poetas de referencia de Antón Moreda a quen coñeceu nos anos 60 na casa de Reimundo Patiño en Madrid. No acto intervirán tamén Ana Ermida e a secretaria de Organización de Galiza Nova, Andrea Martíns. "Son as novas xeracións, igual que aquela da que fixo parte Moreda a quen lle toca situarse máis unha vez a vangarda da loita que nos é común, isto é unhas condicións de vida digna para o noso pobo, unha patria farturenta que se xa quen de manter aos seus fillos e non expulsalos a emigración como aconteceu con Moreda e volve a acontecer hoxe e a seguir pola restauración que nos define, isto é unha cultura de nos en perigo de extinción", defende Ana Ermida, dunha homenaxe na que Galiza Nova e a mocidade terán tamén protagonismo. A seguir, presentarase nas antigas escolas de San Miguel de Reinante o libro de Uxío Breogán Diéguez Cequiel e de Xoán Carlos Garrido e se proxectará o documental sobre o Consello da Mocidade. "Sentímonos herdeiros do Consello da Mocidade porque a nosa é a herdanza de Castelao porén este compromiso alén de carga histórica e responsabilidade de dotar de máis corpo a alternativa nacionalista en Galiza, máis corpo a alternativa nacionalista que significa unha Galiza con futuro, unha Galiza con futuro que precisa dunha patria soberana, unha patria soberana ao fin que precisa de organizacións políticas propios e non mera sucursais das que operan no ámbito do Estado como afirmaba o noso Daniel Castelao e como pretenderon os mozos e mozas do Consello en loita contra Piñeiro", explicou Ana Ermida. |
PRAZA_3992 | A conselleira de Educación, Carmen Pomar, anuncia o adiamento das probas a menos de dous meses da súa celebración e logo do clamor de opositores, sindicatos e oposición para que rematase coa "incerteza". | Máis dun mes despois da declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus, a Xunta suspende as oposicións docentes que tiña previsto realizar o vindeiro mes de xuño. Así o anunciou este mércores na Deputación Permanente do Parlamento a conselleira de Educación, Carmen Pomar, que advertiu do aprazamento das probas para o ano 2021, tal e como fixeran xa hai semanas a maioría das comunidades autónomas. A Xunta suspende as oposicións máis dun mes despois da declaración do estado de alarma e menos de dous meses antes da súa celebraciónO adiamento das probas chega menos de dous meses antes da data prevista de celebración, o 20 de xuño, e entre o clamor de opositores, sindicatos educativos e oposición política, que reclamaban desde hai tempo á Xunta que rematase coa "incerteza". Nas redes, comunicados e manifestos apoiados por máis de 10.000 persoas insistían na necesidade de suspender a convocatoria. Pomar defendeu a postura mantida pola Xunta de esgotar os prazos por "respecto", dixo, ao traballo diario das persoas opositoras, ademais de xustificar o aprazamento pola incerteza respecto da alerta sanitaria e a fin das medidas de confinamento, ademais de aludir á nova prórroga do estado de alarma. Pomar culpa o Goberno de Sánchez do aprazamento por non ofrecer "datos epidemiolóxicos por territorios sobre como vai ser a volta á nova normalidade"De feito, a conselleira sinalou o Executivo de Pedro Sánchez e di que a Xunta mantivo as oposicións "mentres era posible cumprir os prazos precisos para o procedemento administrativo e coa confianza en recibir por parte do Goberno central informacións que achegasen certezas". "A realidade é que a día de hoxe seguimos sen ter datos epidemiolóxicos por territorios que nos ofrezan unha perspectiva clara de como vai ser a volta á nova normalidade e das actividades que se poderán desenvolver e en que condicións", engadiu, polo que finalmente tomaron a decisión de adiar as probas.Segundo informou Pomar, este aprazamento leva consigo a blindaxe das prazas ofertadas e "ante eventuais cambios de criterio dun Goberno central condicionado por unha situación económica adversa e que xa está a anunciar posibles recortes". E nega que cambiase de parecer porque o seu departamento mantivo sempre o proceso ata qeu "houbese prazo para desenvolver as probas", algo que, rematou, segundo dixo, ao aprobarse este mércores unha nova prórroga do estado de alarma. No último día do pasado mes de marzo, a Xunta advertía de que mantería as oposicións de profesorado previstas para o vindeiro 20 de xuño se o estado de alarma daquela vixente non se prorrogaba máis aló do 11 de abril. Prorrogado ata o 26 e estendido dese este mércores ao 9 de maio, a Administración mantívose firme durante semanas mantendo un proceso anulado xa na maioría das autonomías e malia a indignación, cada vez maior, dos aspirantes.Desde a oposición, Luca Chao, de Galicia en Común, celebrou que a Xunta decidise pospoñer, "aínda que con enorme atraso", a data da celebración das oposicións de Educación: "Era evidente que o Goberno galego non ía poder garantir que se levase a cabo unha proba multitudinaria sen poñer en risco a saúde de millleiros de personas", dixo.Polo BNG, a súa voceira, Ana Pontón, cre que a Consellería "tardou moito tempo" en decidir o futuro de miles de persoas convocadas ás oposicións e lembrou que o Bloque "leva semanas demandando aprazar o proceso selectivo". Ademais, reclamou "manter o número de prazas convocadas e incluír a taxa de reposición nas vindeiras oposicións". |
NOS_52879 | CIG-Ensino afirma que as cifras da "grande" oferta de emprego no ensino público poñen en risco "centos de postos de traballo de persoal interino". | CIG-Ensino considera que a Oferta de emprego público (OPE) presentada pola Consellería na Mesa Sectorial dá por bos os recortes destes últimos anos e "limita calquera oferta de prazas aos actuais cadros de persoal, negando a posibilidade de irmos máis aló e recuperar o profesorado co que contabamos no comezo da crise". O principal sindicato entre os traballadores e traballadoras do ensino galego ve a oferta "afastada da realidade". Indica, a modo de exemplo, que as cifras da oferta de emprego docente de 2018 inclúen 262 prazas de acceso do grupo A2 ao A1. "Estas prazas, no caso de non se cubrir nesta quenda, non se acumulan ao acceso xeral, polo que desaparecen". "Na últimas oposicións de acceso de A2-A1 na especialidade de Matemáticas tan só se matriculou unha persoa en cada convocatoria e que o ano pasado non se chegou a presentar ninguén. Aínda así, a Consellaría ofrece 52 prazas para este acceso en 2018, o que implica un incremento de case 50% no número de prazas dos dous anos anteriores conxuntamente". A cuestión, explica o sindicato, non é que non se oferten prazas de promoción interna, "un dos escasos mecanismos de promoción ao longo da vida profesional dos e das docentes". A polémica, afirma, radica nas cifras ofertadas "que parecen responder máis a necesidades propagandísticas da Consellaría que á propia realidade da demanda a día de hoxe". Outros datos determinantes na valoración desta oferta de emprego son, por un lado, o efecto que pode causar no persoal interino galego e, por outro, como se fixaron os criterios para decidir cantas prazas se debían ofertar.. "Nun momento no que a principal preocupación dos diferentes gobernos semella ser quitarse de enriba un problema que eles mesmo causaron, o incremento de persoal interino por mor das taxas de reposición e da conxelación de oposicións en moitas especialidades, a CIG-Ensino considera que hai que ver máis alá das cifras e reparar nas persoas. Moitas delas ademais colaboraron en precario a soster o sistema educativo nos últimos anos. Mais a raíz da incerteza causada polas últimas sentenzas europeas, co recoñecemento do dereito a indemnización de 20 días por ano tras o cese aínda sen aclarar, todo indica que os gobernos, tanto en Madrid como no país, decidiron que a mellor vía é quitarse de en medio o persoal interino que agora lles molesta". |
NOS_58127 | No seu labor de achegar a cultura á poboación focega, a asociación cultural A Pomba do Arco organiza a sexta edición das xornadas Sentirmos a Arte. Serán entre a segunda feira 23 de abril e a quinta, 26 de abril, ás 20.30 no salón de actos do Cenima de Foz. | O realizador audiovisual Xaime Miranda Méndez ofrecerá, o 23 de abril, a primeira charla de título Os vídeoclips no tempo dos videoclip. El propio é autor de pezas para bandas sinaladas do pop galego como Oh! Ayatollah, Agoraphobia ou Mequetrefe. Ao día seguinte, Silvia García falará sobre "arte, artesanía e deseño". Sentirmos a Arte continuará o 25 de abril, cando a escultora Soledad Penalta dará unha conferencia baixo o epígrafe De obxecto a suxeito en que repasará a súa longa traxectoria artística. O ciclo rematará a quinta feira coa actuación de Xiao Berlai e Ernesto González Torterolo. O seu proxecto Desconhecido combina música e poesía -da man de Berlai- e banda -por González Torterolo. "A xornada premitirá visualizar a relación entre a arte e outras disciplinas creadoras", indican desde a organización. |
PRAZA_5861 | Sanidade inclúe por sorpresa o proxecto que abandeira Ruiz-Gallardón na reunión do Consello Interterritorial de Saúde deste mércores. O CGPJ sinala fallos xurídicos na futura lei e o gabinete de Rajoy valora non pedir a opinión do Consello de Estado. | O timing estaba calculado: despois da campaña para as eleccións europeas e o máis afastado posible das eleccións municipais da primavera de 2015. O Goberno botou contas e descubriu que para cumprir os seus propios tempos ten que acelerar o paso. Esta semana quedará practicamente resolta a fase consultiva do polémico anteproxecto de lei do aborto, xa que previsiblemente o Goberno non enviará o texto ao Consello de Estado. Así as cousas, só habería que retocar o texto se se aceptase algunha das recomendacións do Consello Xeral do Poder Xudicial -o CGPJ vota este venres- e do Consello Fiscal e remitilo a Moncloa para a súa aprobación no Consello de Ministros. E de alí ás Cortes. Pero o tratamento dunha lei orgánica, como neste caso, é máis complexo, así que non podería empezar a tratarse até a volta das vacacións. Con todo, moitos apuntan que a estratexia é ter o proxecto en marcha e 'durmindo' no Congreso durante meses para aplacar o debate social. "Así arrefrían o tema até setembro, para tentar acalar a polémica", asegura o deputado de EU Gaspar Llamazares. "Despois presentarán algunha pequena modificación, por exemplo no suposto de malformación, e venderano como unha cesión e como vontade de consenso. Trátase de marear a perdiz, distraer para vender a súa propia lectura", analiza. Outras fontes parlamentarias apuntan nese mesmo sentido. A lei entraría antes de acabar o período de sesións ordinarias sabendo que o fai en vía morta. "Sería impresentable que se fixese cun trámite de urxencia, dada a oposición que xerou e que afecta a dereitos fundamentais das persoas", opinan no grupo parlamentario ICV. A lei entraría antes de acabar o período de sesións ordinarias sabendo que o fai en vía morta Para a secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, é evidente que o Goberno tenta silenciar o debate, e como contrapartida promete "un verán intenso de mobilización" por parte do PSOE, a través dunha recolección de sinaturas a nivel europeo e con mobilizacións "que xa están a preparar distintas asociacións de mulleres". No Ministerio de Xustiza sinalan que se están seguindo os pasos establecidos e que de ningunha maneira se aceleraron. Ademais, explican, "que os ditames dos órganos consultivos sexan públicos non quere dicir que estean xa en poder do ministerio". De acordo cunha portavoz da carteira que dirixe Ruiz-Gallardón, hai que esperar a ter todos os informes, analizar se se fai algunha modificación para entón redactar o texto final. E o Consello de Estado? "Non se decidiu aínda se se enviará ou non", afirma esta portavoz. Aínda que tampouco aclara cando se tomará esa decisión ou se depende do número de recomendacións que inclúan no proxecto final. Sanidade 'pon as pilas' "Estamos ao debate europeo que agora toca", dicía Ana Mato hai apenas unhas semanas ante o Congreso. Pero unha vez esgotado ese debate, toca porse inmediatamente a aquilo que os comicios deixaran no aire. Por iso este mércores os representantes autonómicos deberán votar o informe de Sanidade sobre o impacto que pode supor a nova lei do aborto no Sistema Nacional de Saúde. E non é un detalle sen máis. A mesma secretaria de Estado de Igualdade, Susana Camarero, lembrou este martes que "é obrigatorio que as comunidades autónomas se pronuncien" para poder elaborar o proxecto definitivo. Este mércores os representantes autonómicos deberán votar o informe de Sanidade sobre o impacto que pode supor a nova lei Causapié acusa a Mato de introducir "de maneira precipitada" a avaliación do seu ministerio sobre a nova lei no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Os socialistas pediron que se retire da orde do día, do mesmo xeito que os gobernos de Andalucía, Asturias e Canarias. A presidenta da Federación de Mulleres Progresistas (FMP), Yolanda Besteiro, denuncia que o Goberno tratará o informe sobre o impacto sanitario o mesmo día en que o Congreso dos Deputados votará a Lei Orgánica da Abdicación. "Buscan que todo o referido á lei pase desapercibido", esconder todo o que teña que ver con ela", asegura. Varias alegacións no CGPJ A aprobación do informe de Sanidade practicamente completa a travesía consultiva do anteproxecto, que finalizará este venres coa votación do CGPJ sobre as análises que elaboraron dous vogais (unha do sector conservador e outra do progresista) sobre a norma que impulsa o Ministerio de Xustiza. Ambos coinciden en sinalar varios fallos xurídicos na redacción do texto. Xa se votou o do Consello Fiscal, que si apoia a lei de Gallardón, pero mesmo vai máis aló: pide multas para aquelas mulleres que aborten fóra dos casos permitidos pola lei. Este informe aínda non está en mans de Xustiza, segundo fontes do ministerio. O Consello Fiscal pide multas para aquelas mulleres que aborten fóra dos casos permitidos pola lei No pleno do CGPJ votaranse tamén as alegacións presentadas por catro vogais. Dous deles, Mercè Pigem e Enrique Lucas, recomendan directamente ao Goberno que se reformule a conveniencia de aprobar unha nova norma nunha materia tan sensible, modificando un sistema como o vixente que presenta un alto grao de aceptación pola cidadanía, e que non arroxou un saldo negativo na súa aplicación". Estes coinciden tamén coa apreciación de Fernando Grande-Marlaska, que apela á "inseguridade xurídica" que implicaría lexislar sobre unha cuestión sobre a que o Tribunal Constitucional está pendente de pronunciarse. De modo que o tres recomendan esperar a que o TC avalíe o recurso presentado polo PP á lei de prazos do PSOE para analizar o anteproxecto de Gallardón. Por último, a vogal Nuria Díaz discrepa das conclusións do informe conservador e progresista, que coinciden en desvincular o suposto de malformacións do feto incompatibles coa vida da saúde psíquica da nai. Díaz remítese ao Comité de Bioética, que na súa análise das leis de 1985 e 2010 asegura que a despenalización deste suposto é "discriminatoria" e "atenta contra a Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade". Polo menos 7 dos 12 membros do Comité de Bioética declaráronse abertamente antiabortistas A do Comité de Bioética, no que polo menos 7 dos seus 12 membros declaráronse abertamente antiabortistas, será unha das opinións que se terán en conta para "axustar" o anteproxecto, de acordo con fontes do o Ministerio de Xustiza. Na listaxe de entidades ás que se enviou o borrador, facilitado polo propio ministerio, non está, por exemplo, a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia, que criticou que non se lle consultou acerca da nova lei que lles afecta de cheo e ao que poden achegar "coñecementos científicos e experiencia ante esta realidade social". O trámite no Congreso, en calquera caso, anticípase longo. Se o Goberno conseguise meter o proxecto nas cortes antes do receso estival, quedaría para setembro un período de alegacións de 15 días, para o que os grupos poden pedir até dúas ampliacións. "Poderían, apurando moito, tentar sacala en tres meses, pero estaría moi mal visto. Todos no Parlamento coinciden en que o tema merece un debate en profundidade, máis aló de que a maioría na cámara lles permita aprobar a lei", explica Gaspar Llamazares. O trámite da lei de prazos de 2010 levou seis meses. Se se estiran moito os tempos, quizá o Goberno non chegue a aprobar unha das súas leis máis polémicas nas vacacións do Nadal. En calquera caso, o acelerador está posto. |
PRAZA_19744 | A convivencia democrática require que a liberdade de expresión sexa prevalente. Os fiscais e xuíces da democracia non poden perder o seu tempo perseguindo e xulgando chíos propios de mal gosto ou propios de descerebrados na twitter. Compre eliminar xa do Código Penal as condutas que non supoñan un convite directo, real e inmediato á comisión do delito. | Antes de que cuestionemos esta enxurrada de condenas na chamada "Audiencia Nacional" por delitos de expresión relacionados co terrorismo, compre precisar que o caso da cidadá Casandra non se refire a un acto de terrorismo no senso xurídico, senón a un acto violento contra o Presidente dun Goberno ilegal e ilexítimo, nado da subversión armada contra a orde constitucional republicana do 1936 e subseguinte guerra. O terrorismo require no noso Dereito Penal dunha intencionalidade de atentar contra a orde constitucional lexítima. E o réxime franquista non o era. Velaí que a amnistía de 1977 impida non só o castigo, senón a propia investigación xudicial a respecto desta caste de delitos violentos anteriores ao 15 de decembro de 1976. Mais, no terreo propio do que si son condutas que conteñen opinións a respecto de auténticos delitos de terrorismo (o que non inclúe o caso de Cassandra) compre aplicarmos o sentido común, que PP e PSOE perderon ao agravar a xa rigorosísima lexislación de Aznar no 2015, das resultas do pacto antiyihadista. É absurdo que no 2015 e 2016 o número de condenas sobarde en máis dun 600% ás do 2011, cando aínda actuaba a banda terrorista ETA. Máis da terceira parte dos recursos materiais deste Tribunal de excepción consúmese xa nesta caste de xuízos. Un despropósito. Desenvolven estas actuacións os Tribunais penais máis condicionados pola maioría pro PP do Consello do Poder Xudicial: a "Audiencia Nacional" que xulga dende Madrid vulnerando o dereito de todos ao xuíz ordinario do noso ámbito territorial e o Tribunal Supremo, que resolve os recursos contra as súas sentenzas. E enxergamos moitas veces dous xeitos de medir, porque non faltan os antigos dirixentes socialistas que xustifican en público o recurso ao GAL e nada se actuou contra deles. Tampouco contra un xornalista e un toureiro que dicían querer eliminar aos adheridos de Podemos. A convivencia democrática require que a liberdade de expresión sexa prevalente. Os fiscais e xuíces da democracia non poden perder o seu tempo perseguindo e xulgando chíos propios de mal gosto ou propios de descerebrados na twitter. Compre eliminar xa do Código Penal as condutas que non supoñan un convite directo, real e inmediato á comisión do delito. |
PRAZA_5315 | Armando Requeixo fálanos esta semana de Punk (Corsárias), o último libro de Samuel Solleiro, "metaforización líquida dos intersticios inacabables da incomunicación, caderno de bitácora dun pasar do tempo desconcertantemente humano, luminoso de seu" | Ler a Samuel Solleiro é como xogar á ruleta rusa: a adrenalina do abismo turra por un, pero os lectores acomodaticios poden acabar con algo máis que unha severa dor de cabeza. E Punk, o novo arte-facto de Solleiro, non é unha excepción: iconoclasta, irreverente e provocador, deliberadamente despreocupado das convencións de xénero, as temáticas adoitas e as consideracións do pequenoburguesismo benpensante. Unha arroiada neotremendista, literatura descarnada na que non hai tabús nin regras e todo se converte en materia ou arxila verbal modelable, mesmo os disfemismos e as imprecacións máis sonoras serven para colorar un discurso revolucionario no psicosocial e alternativo no estilístico. Doutra parte, Punk é tamén un tren articulado no que os vagón teñen cargas diverxentes: dende o versaloide "Nubes de Botswana" ata o prosificado "Punk" e a nótula de cabo "Segunda vida deste libro", onde se nos informa das sete vidas felinas do mesmo. Ollo: Punk pode marear, ata o punto de que non han ser poucos os que ceguen na súa aparente disolución extrema, no fondo espéculo dun universo de coherencia sutil que é preciso atravesar co compás axeitado. Á parte, dese dicir incisivo, saturado de imaxes e expresións altamente inflamables, hai en Solleiro un humor negro, unha hilaridade ácida que resulta tan corrosiva coma estimulante. Mesmo cando a textualidade vira autorrecorrente e comparece o metatexto todo en Solleiro é un inmenso campo de minas literario no que se esconden, repregadas, múltiples voces da escrita universal. As fotografías de Alba Viñas, que acompañan o texto, son as iconas necesarias, os mapas de navegación dun continente esgrevio, impracticable para quen non estea afeito á escalada sen máscara de osíxeno. Ollo: Punk pode marear, ata o punto de que non han ser poucos os que ceguen na súa aparente disolución extrema, no fondo espéculo dun universo de coherencia sutil que é preciso atravesar co compás axeitado. Valente aposta a de Corsárias traendo á luz estas sombras de Punk, metaforización líquida dos intersticios inacabables da incomunicación, caderno de bitácora dun pasar do tempo desconcertantemente humano, luminoso de seu, a ardentía Solleiro. |
NOS_16540 | As cifras de contaxios e casos activos continúan a baixar mais repunta a taxa de positividade. | A presión hospitalaria aumentou na Galiza, que rexistra 19 pacientes con Covid-19 máis ingresados que a xornada anterior, polo que volven ascender de novo por encima do milleiro -cifra da que baixaron este domingo-. No entanto, os contaxios diarios descenderon a 372 e os casos activos baixaron a 13.052. Así se reflicte nos datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas deste domingo, nos que se inclúen 224 pacientes con Covid en UCI, dous máis, e 792 noutras unidades, 17 máis, o que sitúa o total de ingresados en 1.016 na Galiza fronte aos 997 da xornada anterior. Por áreas sanitarias, aumentaron os hospitalizados en cinco das sete, mentres descenderon lixeiramente nas de Ourense, con 15 en UCI -dous máis- e 103 noutras unidades -cinco menos- e na de Lugo, con 26 en críticos -sen cambios- e 61 noutras unidades -un menos-. Por contra, na da Coruña e Cee se as persoas con Covid-19 en críticos baixan a 75 -unha menos-, as que están noutras unidades de hospitalización aumentan a 208 -oito máis-; na de Ferrol baixan a 25 os ingresados en UCI -un menos-, pero soben a 115 os doutras unidades -sete máis-. Mentres, na de Santiago e Barbanza os ingresados en críticos pasan a 36 -un máis- e os doutras unidades de hospitalización increméntanse a 105 -tres máis-, así como na de Pontevedra e O Salnés, onde os críticos aumentan a 22 -un máis- e os doutras unidades, a 83 -tres máis-. En canto á de Vigo, mantéñense en 25 as persoas con coronavirus en críticos e soben a 117 os doutras unidades -dúas máis-. Galiza ten 13.052 casos activos de Covid-19, o que supón 693 menos que a xornada anterior, polo que se mantén a tendencia descendente rexistrada toda a semana pasada. Tamén se reducen os contaxios diarios detectados por diferentes probas a 372, fronte aos 419 da xornada anterior. En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- subiu a un 6% despois de situarse por baixo do 5% este domingo, polo que se coloca de novo por encima desa porcentaxe que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia, do que Galicia logrou baixar por primeira vez a semana pasada desde o 24 de decembro. Galiza rexistrou até a data 2.096 persoas falecidas en relación coa Covid-19, após notificar Sanidade na noite deste domingo dez vítimas. |
NOS_24581 | Os populares destacan a "voluntariedade" da nova lei, mentres que a oposición acusa a Xunta dunha "suba de impostos" a familias e fogares. | O Parlamento galego aprobou esta terza feira a lei de mellora do ciclo integral da auga co único voto a favor dos deputados e deputadas do PP, e co rexeitamento frontal de BNG e PSdeG ao que consideran unha "suba de impostos" e un "sablazo". "Se algún escoita a algún grupo falar de sablazo, pensará que a xente na Galiza non paga pola auga, e isto non é verdade", sostivo o deputado popular José Manuel Rey Varela. "Aquí o que se fai é substituír taxas para aqueles concellos que libremente o decidan por outros conceptos", afirmou. O prezo da auga subirá na Galiza máis de 60% coa lei que debate o Parlamento Rey Varela defendeu que a Galiza dá "un novo paso" para a xestión dos seus recursos naturais con este texto, co que se busca evitar a metade das fugas existentes nas redes, polo cal que todos os concellos que queiran poidan solicitar de modo voluntario a xestión e axuda autonómica. Durante o debate, o nacionalista Luís Bará denunciou que o PP "presume de que queren baixar os impostos e o que fai é subir unha vez máis os impostos ás familias e aos fogares". Nesta liña, a deputada do PSdeG Begoña Rodríguez Rumbo apuntou que "de súpeto aparecen o canon de xestión de depuradoras, o canon de xestión de redes de colectores e o novo canon de abastecemento". A Lei do ciclo integral da auga da Xunta supera o primeiro trámite para ser aprobada no pleno Neste sentido, a socialista sinalou que, tomando como referencia a memoria económica de Augas da Galiza, "a modificación do canon da auga" suporá aumentos na recadación que "serán de máis de 50 millóns desde o primeiro exercicio". Voluntariedade dos municipios En relación coa voluntariedade dos municipios para adherirse a este modelo de xestión, Rodríguez Rumbo sinalou que "non é de recibo" que se lles diga aos municipios "se lle gusta, adhíranse", pero "se non lle gusta, queden como están". A continuación, Bará cargou contra a Xunta por "actuar cun absoluto exceso de prepotencia e soberbia" por aprobar este texto "sen ter en conta a opinión do municipalismo", "sen cumprir o pacto local da auga anunciado aos catro ventos en 2015" e "en contra das comunidades veciñais de traídas da auga", ademais de sen contar co CES. Alberto Varela, presidente da Fegamp: "O tempo dirá quen leva a razón sobre a Lei da auga" Tamén asegurou que a norma "non está adaptada á realidade galega" con máis de 30.000 núcleos de poboación e prosegue cun "modelo de infraestruturas fracasado". Por toda esta "falta importante" na tramitación de acordo social, Bará reprochou a "oportunidade perdida de chegar a un gran pacto galego pola auga". Pola súa banda, Rey Varela defendeu unha tramitación e unha negociación "moi intensa" para sacar adiante esta lei, que conta cun "importante valor técnico". Incidiu na "voluntariedade" para adherirse porque "cremos na autonomía local", concluíu o deputado do PP. |
PRAZA_663 | Feijóo e dous ministros desfanse en eloxios cara á 'Marca España' nunha xornada organizada por ambas administracións na Cidade da Cultura. Ana Pastor presenta o AVE a Galicia como un dos "fitos" da marca, que segundo o presidente da Xunta foi "forxada" pola emigración galega no mundo. | Un complexo faraónico presentado por un antigo ministro da ditadura como o seu "soño" e para cuxa construción houbo que arrasar un monte. Estaba previsto erguelo nun trienio por pouco máis de 100 millóns de euros e, década e media despois, xa se sepultaron alí máis de 400 millóns de euros públicos, sobrecusto investigado nunha comisión parlamentaria sen consecuencias para os seus responsables. A paralización da construción en tempos de crise, dous gobernos despois, provocou que no centro do recinto haxa dous enormes buracos de incerto destino mentres as súas actividades son financiadas por unha opaca fundación e os custos de mantemento superan os 3 millóns de euros ao ano. Este retrato da Cidade da Cultura ben podería ser considerado, máis ou menos ironicamente, como unha mostra de 'marca España', na medida en que aglutinou boa parte das malas prácticas dos gobernos e das escuras relacións coas empresas construtoras que acadaron o seu paroxismo nos anos da burbulla. A denominada Marca España foi, precisamente, o que se promocionou este luns no compostelán monte Gaiás. Nun dos edificios deseñados por Peter Eisenman, eses que foron recubertos por pedra que chegou a vir do Brasil e en cuxas contratacións non faltaron os nomes ligados a dirixentes e familiares do PP, a Xunta e o Goberno central citaron un bo número de empresarios para participaren na xornada Marca España: Un esfuerzo conjunto hacia una industria innovadora y global. No que noutrora ía ser edificio de servizos centrais da Cidade da Cultura e que, tras a enésima reformulación, é coñecido como Centro de Innovación Cultural, o "alto comisionado para a Marca España", Carlos Espinosa de los Monteros, o presidente da Xunta e os ministros de Fomento e Exteriores formularon un optimista panorama económico no que, obviamente, non houbo mención ningunha á xénese do complexo que os acollía. O presidente da Xunta e dous ministros promocionaron a 'marca' no inconcluso complexo que Fraga presentou como un "soño" e que xa custou máis de 400 millóns de euros Antes do inicio da xornada, que se dividiu en mesas temáticas sobre a "fábrica do futuro", "sectores estratéxicos", "loxística e infraestruturas" e "talento" a ministra de Fomento, Ana Pastor, pronunciou un novo discurso con matices preelectorais no que non aforrou eloxios á xestión do Goberno do que forma parte. O seu departamento, asegura, tivo "ao longo desta lexislatura moi presente" a aposta por "contribuír ao crecemento económico e á proxección ao exterior de España a través das infraestruturas". "Os feitos demostran que España vai polo bo camiño", proclama Pastor, quen asegura que os seus investimentos sempre teñen "retorno social e económico". Entre eloxios ao "papel" do Camiño de Santiago e das empresas galegas como "grandes activos da Marca España a titular de Fomento presentou o AVE como un dos "grandes fitos" do Ministerio en Galicia. No mesmo recinto en que as vítimas do Alvia clamaban hai poucos meses por unha comisión de investigación que seguen a esixir Pastor reitera: "As infraestruturas de transporte tamén fan marca España". Feijóo eloxia a 'marca' como "aventura colectiva" O discurso do presidente da Xunta non foi menos entusiasta que o da titular de Fomento. Acompañado por Espinosa de los Monteros e polo ministro de Exteriores, José Manuel García-Margallo, Alberto Núñez Feijóo presentou a "Marca España como unha aventura colectiva con obxectivos compartidos na que tamén está Galicia, unha Galicia que sabe traballar". Segundo Feijóo "piares económicos como o téxtil, a automoción ou o naval" están "apuntalados" polo "prestixio gañado polos técnicos e profesionais galegos, a estabilidade institucional e social e tamén a reputación que foron forxando os emigrantes, que alí onde chegaron implantaron unha nova idea do español". O "traballo, honradez e sentido do deber" da emigración galega forxou, segundo Feijóo, "o que hoxe se coñece como Marca España". Feijóo asegura agora que "o porto exterior da Coruña forma xunto co de Ferrol un dos grandes portos exteriores" de Europa Neste escenario, o titular do Executivo galego debullou ante o auditorio, formado esencialmente por empresariado, razóns polas que Galicia está preparada para ser "unha das plataformas de entrada e saída de Europa". Entre eles figuran proxectos aínda inconclusos, como a Cidade da Cultura, e cuxa construción tampouco estivo exenta de polémica. Así, o presidente explica que "o porto exterior da Coruña forma xunto co de Ferrol un dos grandes portos exteriores do continente europeo" e "a eles súmanse unha ampla rede de autoestradas [que non chegan a ningún dos dous portos] que nos unen a España e Portugal por catro vías diferentes e a alta velocidade ferroviaria", que "pronto conectará Galicia con Madrid". |
PRAZA_7578 | O alcalde compostelán afirma que tratará coa nova portavoz do PPdeG a súa continuidade como concelleira pero lembra que a súa opinión sobre a multiplicación de responsabilidades "é coñecidas". Pola súa banda o rexedor de Ames destitúe o seu tenente de alcalde "ao perder a confianza nel" | A designación de Paula Prado como portavoz do PPdeG foi unha das grandes novas do congreso que o partido conservador celebrou esta fin de semana en Lugo. A concelleira en Santigo e deputada no Parlamento mantén un enfrontamento aberto co alcalde Ángel Currás e o seu nomeamento por parte de Feijoo foi entendido como un posicionamento público do presidente da Xunta ao seu favor. Porén, o novo cargo de Prado tamén podería significar o seu abandono do Goberno municipal compostelán, por mor da acumulación de cargos e responsabilidades. De feito, no seo do PP dáse por segura esta posibilidade. Preguntado por esta cuestión este mesmo luns, Ángel Currás limitouse a dicir que tratará con ela a cuestión esta mesma semana, pero adiantou que a súa posición sobre este tema "é coñecida" e que non é partidario da multiplicación de responsabilidades. Preguntado en concreto sobre o conflito interno que vive o Partido Popular na cidade de Santiago, Currás recoñeceu que "sempre hai tensións" e que se poden "superar". Preguntado sobre o conflito interno que vive o Partido Popular na cidade de Santiago, Currás recoñeceu que "sempre hai tensións" O outro foco de tensión na comarca para o Partido Popular nas últimas semanas está en Ames, onde hai uns días seis dos once concelleiros populares non acudiron ao pleno no que se debatía o plan de obras do Concello. A resposta do alcalde chegou este luns co anuncio da destitución do seu primeiro tenente de alcalde, Ramón García Argibay, por "perder a confianza nel". García Argibay explicara que a ausencia do pleno respondía a "disconformidades" que viñan "de meses atrás". |
NOS_54415 | Quer o ex alcalde de Lugo, quer o dirixente do PSdeG tiveron que deixar os seus cargos polo caso do Garañón, onde agora non se aprecian "indicios de delito". A Audiencia Provincial sostén que só hai "meras sospeitas". | A Audiencia Provincial de Lugo revocou o auto polo que se acordou fechar a instrución do caso de O Garañón e decretou que a causa sea sobresida e que se arquiven as actuacións dun asunto que marcou unha etapa no PSOE lucense ao derivar nas dimisións do que fora alcalde, José López Orozco, e do ex secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, pola súa ligazón co asunto de cando era concelleiro. Agora a Xustiza desta causa, que instruíu ao principio a recoñecida xuíza Pilar de Lara, considera que non se pode seguir adiante porque "non existen indicios da comisión de delitos". A pesar diso, as marchas da primeira liña política decorreron en xuño de 2015 (Orozco) e marzo de 2016 (Besteiro). A actual rexedora, Lara Méndez, comprometeu o derribo da urbanización do Garañón, que quedou a medio edificar. Para a Audiencia, o caso construíuse "sobre meras sospeitas que non alcanzan o carácter de indicios". A documentación refírese a "unha trama urbanística urdida por unha especie de organización ou grupo criminal que facía diversas accións, en connivencia con eles, para favorecer a determinados contrutoras, o suposto "carece de base suficiente para poder afirmarse en termos de indicios". Aliás, ante o posíbel delito de prevaricación urbanística, destaca que "non toda irregularidade nese ámbito desencadea nunha infracción penal". Reaccións Despois de saber do arquivo, Orozco comentou que "foi unha acusación inxusta que nada probaba porque nada podía probarse". Ao igual que ao ex alcalde fíxoselle "moito dano", tamén se danou o futuro político de Besteiro. De feito, é o que comentou esta cuarta feira a súa defensa. Pola súa parte, a Secretaria Provincial do PSOE de Lugo celebrou que ""por fin se fixo xustiza". |
PRAZA_19126 | Nas Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder participan 400 representantes de movementos cidadáns de 25 concellos de toda España e do resto de Europa. Supón a continuación do encontro celebrado en Málaga o pasado mes de xullo. | Pamplona acolle esta fin de semana as Xornadas de Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder, nas que participan 400 representantes de movementos cidadáns de 25 concellos de toda España e do resto de Europa. A cita, que comezou este venres e rematará o domingo, supón a continuación do encontro celebrado en Málaga o pasado mes de xullo. As xornadas, organizadas pola Fundación de los Comunes, o Instituto DM e Pamplona Orain, teñen como obxectivo debuxar as liñas de traballo dos gobernos do cambio e a axenda política do municipalismo, analizando cuestións coma a demanda de derrogación da Lei Montoro, o problema da débeda ou os procesos de remunicipalización de servizos. Nos eixos de traballo aparecen tamén cuestións de mobilidade, a organización do movemento municipalista, a actividade dos centros sociais, o xornalismo cidadán ou o sindicalismo social. Ademais de integrantes dun gran número de candidaturas municipalistas de todo o Estado, participan representantes de movementos coma a PAH, o Sindicato de manteiros de Barcelona, a Asociación de traballadoras domésticas, a Rede Solidaria de Acollida e de entidades de distintos países de Europa: Take back the city (Londres), Nuitdebout (Francia), Right4water (Irlanda), Common Weal (Escocia), Razem (Polonia), Interventionistische Linke (Alemaña) ou Ne Davimo Belgrad (Serbia). En xullo do pasado ano a primeira edición do encontro, celebrada en Málaga pechouse cunha declaración que sinalaba que "o municipalismo e a federación de cidades a escala europea ten que ser un espazo privilexiado para a construción dunha Europa contra a austeridade, pero tamén contra os racismos e fascismos en auxe en distintos países do continente, tal e como se evidencia coa traxedia humana dos refuxiados", concluíndo que "unha rede de cidades rebeldes pode facer materialmente outra Europa, ao mesmo tempo que combate e destrúe a Europa da austeridade, o autoritarismo financeiro, a xenofobia e a oportunidade para o fascismo e a guerra". Web das xornadas |
NOS_21442 | Milleiros de persoas participaron este domingo nunha mobilización que foi apoiada por ERC, CUP, ICV e EUiA e na que se denunciou "a vulneración da democracia" que supón impoñer a monarquía española. | Unhas 4.000 persoas segundo a organización manifestáronse este domingo en Barcelona nunha marcha convocada por máis de vinte partidos, sindicatos e entidades catalás de esquerda para pedir a fin da monarquía, á que acusan de "antidemocrática e caduca", e pedir unha República Catalá. Segundo explicou o portavoz da organización, Carles Riera, esta marcha foi unha "resposta política necesaria ante a reforma monárquica" que viviu o Estado durante os últimos días, "para deixar claro que Cataluña oponse á monarquía española". A manifestación comezou na praza da Universitat e rematou na de Sant Jaume, coa lectura dun manifesto ante a sede da Generalitat. CiU non participou, así como tampouco o PSC. Nin PSC nin CiU participaron na marcha, que cualificou a mudanza borbónica como "antidemocrática e caduca" Baixo o lema 'Cap pacte, cap rei. El poble català decideix' ('Ningún pacto, ningún rei. O pobo catalán decide'), @s manifestantes reivindicaron que a monarquía "vulnera os principios básicos da democracia, porque ataca á igualdade de dereitos e deberes da cidadanía ante a lei". A marcha contou con apoio e participación de partidos políticos e sindicatos como ERC, ICV, EUiA (a Izquierda Unida catalá), a CUP e as súas respectivas mocidades, así como Procés Constituent; a Intersindical-CSC, e o Sindicat d'Estudiants dels Països Catalans (SEPC), entre outros. |
PRAZA_5744 | A sentenza do alto tribunal galego dálle a razón á demanda presentada pola CUT e anula a resolución aprobada en xaneiro polo ente, que lle permitía espiar os emails e o uso de Internet do persoal. Para Raquel Lema, "é unha magnífica noticia para todas traballadoras e o sindicalismo" e recoñece o valor "da negociación colectiva" | O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de invalidar os cinco artigos máis polémicos da resolución ditada pola dirección da CRTVG o pasado 10 de xaneiro, nos que establecía a posibilidade de monitorizar as comunicacións electrónicas de todo o persoal da compañía, comezando pola vixilancia das súas contas de correo electrónico e o uso que facían de Internet. A Central Unitaria de Traballadores (CUT), maioritaria no comité de empresa, presentou a comezos de abril unha demanda de conflito colectivo ante o TSXG por esta norma interna, por considerala un "exercicio abusivo do control empresarial". O TSXG dálle a razón ao sindicato na súa demanda, deixando sen efecto as medidas adoptadas, pois subliña que a CRTVG vulnerou o dereito do Comité de Empresa a emitir informe previo para defender e representar os intereses dos traballadores e traballadoras cando impuxo a medida de xeito unilateral e obviando á lexislación que ampara negociación colectiva. Na súa reclamación, o sindicato tamén denunciaba o que entendía como un ataque ao seu dereito á intimidade e que violaba o segredo das comunicacións. Ademais, os e as xornalistas da CRTVG sinalaban que a empresa conculcaba deste xeito a liberdade de prensa, o segredo profesional e a confidencialidade das fontes de información. O alto tribunal xa non entra a valorar estes aspectos, dada a gravidade do incumprimento do método que a empresa debe seguir para aprobar unha norma deste tipo. "Non é só unha magnífica noticia para as profesionais da información que traballan na CRTVG, senón para a clase traballadora en xeral. Calquera medida colectiva deste tipo que as empresas pretendan impoñer sen negociar coa representación sindical será inválida" A sentenza baséase tanto no incumprimento do Estatuto dos Traballadores coma do Convenio Colectivo da CRTVG, nos que se recolle a obriga da dirección da empresa de "informar previamente" ao Comité de Empresa "sobre as decisións que adopte ao respecto da organización do traballo" e tamén o dereito do Comité de "presentar un informe á empresa con carácter previo á execución das decisións que adopte nos casos de implantación ou revisión dos sistemas de control do traballo". Para Raquel Lema, responsable da CUT na CRTVG, "non é só unha magnífica noticia para as profesionais da información que traballan na CRTVG, senón para a clase traballadora en xeral e para o sindicalismo. Calquera medida colectiva deste tipo que as empresas pretendan impoñer sen negociar coa representación sindical será inválida". Lema salienta a este respecto que "neste momento no que, sobre todo a raíz da última reforma laboral, a negociación colectiva perdeu moita forza, que todo un TSXG lle diga á empresa que ten a obriga de informar e consultar coa representación sindical normas que afectan ao desenvolvemento do traballo de todos os empregados e empregadas é darlle un valor á negociación colectiva que a empresa lle intentou negar". A sindicalista lembra que neste proceso "negóusenos mesmo o dereito a negociar" e subliña que a sentenza "pon en evidencia o autoritarismo da dirección da CRTVG e a fasciscitación das relación laborais. O TSXG deixa claro que así non se poden facer as cousas, que aínda hai unha marxe moi grande para a negociación colectiva, e que nin coa reforma laboral perdemos este dereito". Dous traballadores recibiron cartas que lles advertían de que o sistema detectara intentos de acceso a páxinas web que non estaban xustificados polos cometidos do seu posto de traballo A sentenza, que lle foi remitida ao sindicato nas últimas horas deste mércores, chegou xusto no día en que dous traballadores da CRTVG recibiron senllas cartas que lles advertían de que o sistema detectara intentos de acceso a páxinas web que non estaban xustificados polos cometidos do seu posto de traballo. Nese correo electrónico advertíase tamén de que podían ser sancionados. "Estas cartas fíxolles ver ao conxunto dos traballadores e traballadoras que aquela resolución era grave, que xa estaban monitorizando", sinala Raquel Lema, que destaca que "esas cartas quedan agora sen efecto". "Parece que ás veces, se se loita, os xulgados tamén nos dan a razón ás traballadoras" "O ámbito xudicial non debería ser o espazo no que nos movésemos os sindicatos", conclúe Lema, "pero as altas instancias de xustiza deben pronunciarse sobre onde están os límites, sobre todo cando intentan impoñer unhas normas que van máis alá da lexislación. Parece que ás veces, se se loita, os xulgados tamén nos dan a razón ás traballadoras". Control laboral e control da información A normativa imposta pola dirección da compañía xerou inmediatas críticas entre as traballadoras e traballadores, antes as que a empresa se xustificou repetindo que o obxectivo era "protexer a información da organización e o bo desenvolvemento da súa actividade". O propio Alfonso Sánchez Izquierdo, cando foi interpelado no Parlamento por esta decisión, defendeu que é unha práctica habitual en moitas empresas. Para a CUT a medida respondía á preocupación da dirección do ente ante a crecente actividade de denuncia que os e as traballadoras estabas a realizar "dunha política sistemática de manipulación informativa" Porén, dende a CUT, ademais de denunciar que se trataba dun "exercicio abusivo do control empresarial", sinalaron en máis dunha ocasión que a medida respondía á preocupación da dirección do ente ante a crecente actividade de denuncia que os e as traballadoras estabas a realizar "dunha política sistemática de manipulación informativa". Consideraban, así mesmo, que a medida, ademais de "establecer un réxime de terror no que as pautas contidas na Resolución están redactadas dunha maneira tan ambigua que provocan pánico a posíbeis sancións entre o cadro de persoal", pretendía limitar a capacidade dos e das xornalistas de investigar e publicar asuntos incómodos para o Partido Popular: "Quen pode, por exemplo, confiar nunha xornalista do medio para realizar unha denuncia de corrupción política confidencial e contrastada en calquera calquera Concello do PP cando todas as súas comunicacións están á vista de Dirección Xeral, principal adalide do partido no Goberno neste centro de traballo?". |
NOS_19825 | Máis unha empresa do sector da atención telefónica vén de comunicar un ERE que lle afecta a 205 traballadores e traballadoras do centro da Coruña. A Mesa pola Normalización Lingüística advirte da necesidade de reclamar atención en galego para evitar os despedimentos. | Sobre un total de 355 traballadores e traballadoras de Extel que atenden o servizo 1004 de información ao cliente de Movistar pesa un ERE. A meirande parte das baixas, 205, corresponde ao centro de traballo da Coruña. O caso de Extel súmase, así, aos centros de atención á clientela que foron botando o feche na Galiza nos últimos anos. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sinala que a estratexia responde á deslocalización, que "pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas". "Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara a terceiros países. Na Galiza pasaron de 7433 postos de traballo en 2010 a 5393 en 2012", advirte. A Mesa reivindica solicitar sermos atendidos e atendidas en galego polas grandes empresas para "recuperarmos o perdido" "Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas. Ao mesmo tempo vulnérase o dereito de sermos atendidos e atendidas e entendidos e entendidas na nosa lingua, que estas empresas ignoran", afirma Marcos Maceira, que reivindica solicitar sermos atendidos e atendidas en galego polas grandes empresas para "recuperarmos o perdido". Desta maneira, A Mesa vincula o uso da lingua coa creación de emprego. Neste sentido, Maceira asegura que a deslocalización de postos de na Galiza "agravouse polo uso exclusivo do castelán nas relacións comerciais e a exclusión e mesmo prohibición de uso do galego ás traballadoras e traballadoras, sen opción mínima de escolleren as usuarias ou usuarios". |
NOS_13312 | Novo torpedo do ex alcalde Francisco Vázquez ao PSOE coruñés. Nunha das súas habituais visitas ao plató de VTelevisión, o tamén ex embaixador do Vaticano confesou que as súas simpatías están con Cidadáns e mostrou desdén á candidata Mar Barcón. | Que Cidadáns se faga cunha praza no mes de Maio nun Palacio de María Pita que se adiviña máis fragmentado que nunca pode acabar sendo a xogada chave no taboleiro coruñés. Neste momento non hai ningún inquérito que lle dea a Negreira a maioría absoluta. A formación conservadora precisaría dun parceiro para gobernar. Aí abriríanse dúas opcións: unha primeira sería que o PSOE non se abrise a pactar co resto das forzas da oposición (permitindo na prática un goberno na sombra de grossen koalition), unha segunda sería pactar con formacións de dereita emerxentes, e aí a que aparentemente ten máis potencial é o Cidadáns de Albert Rivera. Francisco Vázquez está persuadido de que aínda mantén ascendente sobre un sector do eleitorado do PSOE na Coruña. E non dubida en utilizalo para alimentar as opcións de Cidadáns. Este non é un movimento inocente. En 2014, o ex alcalde foi obxecto dos focos mediáticos nun acto no coliseo coruñés con Albert Rivera, mais tamén se deixou ver nun debate organizado pola Unión Coruñesa de Carlos Marcos, a outra opción da dereita local para completar a maioría do PP. A estas alturas, e segundo fontes consultadas por Sermos Galiza, o máis probábel é que Cidadáns se presente con marca propia na Coruña e, portanto, non o faga da man de Unión Coruñesa. É indubidábel que Vázquez está ao tanto dos acontecimentos e que, entre Cidadáns e UC, aposta na formación que lidera o deputado do Parlament catalán. Vázquez xa non é militante do PSOE. Pagou a súa última cota o 12 de Decembro de 2012 En VTelevisión, Vázquez foi interpelado directamente a respeito de se apoiaba Mar Barcón, a candidata do PSdeG-PSOE e membro do goberno municipal que el liderou en María Pita. O ex embaixador no Vaticano e falllido candidato a Defensor do Pobo, respondeu con calculado desdén: "Eu tería gostado doutro candidato", dixo. E logo esclareceu quen: González Laxe, ex presidente da Xunta e home de José Blanco, actual eurodeputado socialista ao que algunhas fontes sitúan aínda con ambicións de xogar a partida na liga galega. Vázquez xa non é militante do PSOE. Pagou a súa última cota o 12 de Decembro de 2012. "Non pago a cota, mais continúo a militar no meu corazón nun PSOE comprometido coa Constitución. Son outros os que deixaron a un lado o espazo político do PSOE". Do seu ponto de vista, o herdeiro dese PSOE constitucionalista sería Cidadáns: "Son os únicos que están a dicer que defenden a Constitución, a transición e a unidade de España, son os únicos que o din con clareza". Negreira, o alcalde coruñés, olla estes movimentos de Vázquez con absoluta simpatía. |
NOS_19681 | Os institutos composteláns Antón Fraguas, Eduardo Pondal, Lamas de Abade, Pontepedriña, do Sar, Xelmírez I e Xelmírez II vense na obriga de adiar o inicio do curso escolar debido á falta de resposta da Consellaría de Educación aos problemas que sofren para cumprir o protocolo de volta ás aulas. | Os directores e directoras dos Institutos de Ensino Secundario (IES) Antón Fraguas, Eduardo Pondal, Lamas de Abade, Pontepedriña, do Sar, Xelmírez I e Xelmírez II dirixíronse onte por carta ao inspector xefe de Educación da Coruña para lle manifestar que "é imposíbel organizar os horarios do profesorado, asignar os espazos ao alumnado e, en consecuencia, abrir os centros o día 16 de setembro". E é que os equipos directivos non tiveron coñecemento do "cupo de profesores e profesoras para o curso 2020-2021 nin da aceptación de modificación de horarios e/ou quendas nalgúns centros". "A día 9 todo son incertezas", sinalan na carta á que tivo acceso na tarde de hoxe Nós Diario. "Non só non temos coñecemento das vacantes que nos corresponden. Non sabemos se as nosas propostas van ser aceptadas, tanto no relativo á modificación de horarios ou quendas como de número de docentes", agregan, "se tivésemos a información o 10 de setembro [por hoxe], as reunións do Claustro non poderían realizarse antes do día 11 pola mañá, deixando para a organización dun curso tan complexo e esixente catro días e medio, traballando sábado e domingo".Ante esta situación, comunican a decisión de "adiar o inicio do curso para garantir a toda a comunidade educativa" unha correcta volta ás aulas. Necesitan, din, un mínimo de sete días lectivos para poder organizar os centros. "Se as vacantes e modificacións de horarios son publicadas e autorizadas o día 11, o comezo do curso non podería ser antes dos días 23, 24 e 25 de setembro. Cada día de atraso implicaría adiar un día o inicio do curso". O protocolo da Consellaría de Educación para a volta ás aulas provocou un gran malestar no profesorado, que reclama máis medios e recursos para o inicio do curso escolar. Comeza mañá no caso de Infantil, Primaria e Educación Especial e o día 16 no caso de Secundaria, Bacharelato e FP. Esta situación está a provocar mobilizacións entre a comunidade educativa. Precisamente, os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e STEG convocaron para o primeiro día de inicio do curso dúas xornadas de folga -o 10 e o 16- coas que reclaman unha volta ás aulas segura. As ANPA e organizacións estudantís apoian o paro. |
NOS_30729 | O texto será debatido e votado nunha sesión extraordinaria do Pleno da Cámara baixa que, ademais, servirá para validar o plan coas medidas de aforro enerxéticas e outros dous decretos leis. | A Lei de Garantías da Liberdade Sexual, coñecida como Lei de 'só si é si', pasará esta semana no Congreso o seu último trámite para a súa aprobación definitiva, despois da modificación que sufriu no mes de xullo no Senado. O texto será debatido e votado nunha sesión extraordinaria do Pleno da Cámara baixa que, ademais, servirá para validar o plan coas medidas de aforro enerxéticas e outros dous decretos leis, así como outro proxecto de lei que chegan da Cámara alta: a de Ciencia. Atraso na aprobación Esperábase que a Lei de 'só si é si' estivese aprobada xa o pasado mes de xullo, após o seu trámite parlamentario no Senado, mais unha emenda de Junts, apoiada por PP, ERC, Ciudadanos, Máis Madrid e Coalición Canaria, entre outros, evitou que vise a luz verde entón. Escocia fai historia e fixa por a lei a gratuidade dos produtos para a menstruación Esta situación xerou unha ampla polémica, xa que a emenda introducida supuña unha adición ao seu preámbulo para engadir, ao concepto "dar resposta ás violencias sexuais máis ocultas", os termos específicos de "mutilación xenital feminina, detección de casos de aborto e esterilizacións forzosos", algo que xa se engadiu no Congreso. A única diferenza que existe entre ambos os parágrafos é que no texto chegado da Cámara baixa di "casos de aborto e esterilizacións forzosas", mentres que a emenda do Senado di "casos de aborto e esterilizacións forzosos". Tras as reclamacións realizadas polos partidos no Goberno estatal, os letrados do Senado deron o visto e prace á modificación, o que obrigou ao texto a voltar ao Congreso para a súa ratificación. O 'Stealthing' ou retirar o preservativo sen consentimento será agresión sexual coa "Lei do só si é si" O Ministerio de Igualdade xa mostrara o seu desexo de que, tras os sucedido no Cámara alta, se estabelecese un Pleno extraordinario no Congreso durante o mes de agosto para poder adiantar a aprobación da norma. Finalmente, esta votación producirase esta semana. |
NOS_38910 | A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) convoca a toda a cidadanía a participar nunha vixilia silenciosa en apoio e lembranza de todas as vítimas da LGTBIfobia. | Con motivo do Día da Memoria Trans, que se conmemora en todo o mundo o 20 de novembro, A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) chama a participar nunha vixilia que terá lugar este sábado, ás 19 horas, no Obelisco da Coruña. Cada 20 de novembro a comunidade LGTBI lembra a todas as vítimas da violencia e do odio cara as persoas trans. Neste sentido, o Día da Memoria Trans serve como homenaxe a todas aquelas que defenderon os dereitos do colectivo desde os inicios deste movemento social nos anos 60 do século pasado. Na actualidade, salienta ALAS nun comunicado, as persoas trans seguen a ser "o colectivo máis discriminado dentro da gran familia da diversidade" e así o sinalan os informes elaborados polos observatorios contra a LGTBIfobia espallados por todo o territorio estatal, incluído o do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia. As asociacións LGTBI prestan servizos a toda a cidadanía mais precisan dun apoio e dun financiamento acorde "A normalización e institucionalización dos discursos de odio sitúan á comunidade LGTBI no punto de mira", engade a entidade, o que provoca que tan só na Galiza tivesen lugar feitos como a agresión ao artista LGTBI, Alberte Bello no barrio do Berbés de Vigo ou as pintadas contra a comunidade LGTBI en diferentes centros educativos. Candeas en memoria das vítimas Así, coa convocatoria desta vixilia silenciosa, ALAS A Coruña busca concienciar á cidadanía sobre a violencia cara as persoas LGTBI e esixe a todas as institucións a posta en marcha de forma urxente de medidas para previr a LGTBIfobia nas cidades e vilas de toda Galiza. Lembra, ademais, a necesidade de divulgar que as asociacións LGTBI "prestan servizos a toda a cidadanía e para isto precisan dun apoio e dun financiamento acorde cos servizos prestados". A entidade convida ás persoas que se acheguen á vixilia a portar candeas en lembranza de todas as vítimas dos discursos de odio e da violencia. |
NOS_41477 | Falamos con Comba Campoi, xornalista e actriz, sobre O Diario Galego, o proxecto de xornal en papel que Sermos planifica para 2019. | "Este país e a cultura deste país precisan dun meio que se faga atendendo as problemáticas propias do sector cultural galego", entende Comba Campoi, quen agarda que O Diario Galego sexa un xornal "cunha sección de Cultura asentada no país". Campoi desexa un diario que "non ande a mirar seguido para referentes externos, comparándonos constantemente ou poñéndonos un pouco de menos en relación ao que se fai fóra", afirma. "Bótase ben de menos nos xornais que se editan no país unha información cultural cos pés na Galiza". Ese diario só o poden facer "xornalistas que coñezan e amen a cultura galega", que asistan a concertos, a funcións teatrais, que lean a literatura do país e que se esforcen en divulgala. "Desexo que [O Diario Galego] se faga cunha masa leitora importante que contribúa a sostelo". Un meio para a cultura, mais tamén, enfatiza, un meio que "serva para azuzar conciencias". |
NOS_32439 | Pouco despois de que Escena Galega estreara nova dirección e duplicara o número de compañías integrantes, nunha unidade do teatro que cualifican de "histórica, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia outórgalles o Premio de Honra "Roberto Vidal Bolaño". | "Unha das institucións que mellor evidencian o desexo de sumar esforzos cara o progreso e o ben común do sistema teatral galego", definen na acta do premio no que destacan o novo momento da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, que se ven de converter nunha "fortalecida arma de defensa, re-construción e posta en valor da creación escénica galega e de todas as súas condicións nos principais ámbitos de innovación, produción e difusión". A entrega do premio desenvolverase no marco do acto de inauguración oficial da MIT o vindeiro sábado 18 de xullo ás 20 horas na Alameda de Ribadavia, xornada na que botará a andar o programa do festival cos espectáculos "Osos del Pirineo" da catalá Tutatis, "Siena" de La Veronal e "As fillas bravas" de Chévere, compañía que protagonizará o foro do domingo e a presentación do proxecto Berberecheira. Semana de teatro Comezará así unha semana na que distintos espazos do concello acollerán a presenza de compañías galegas e internacionais, entre elas, algunhas das máis destacadas do panorama actual nunha edición que aposta polo encontro entre disciplinas e polas novas linguaxes escénicas. As galegas Il Maquinario ou Teatro do Atlántico, compañías que foron recoñecidas no festival de Avignon como Vivirium Studio ou La-Resentida ou outras que formaron parte do programa do de Edimburgo como La Merda, de Chile, traen os seus novos espectáculos a esta nova edición da MIT que aposta, segundo o seu director Roberto Pascual polo "risco" como un os deberes da dirección artística do festival. |
NOS_15564 | O pleno do concello aprobou un texto da formación conservadora —en realidade, unha emenda a unha iniciativa do BNG—en que se demanda á Xunta que se "proceda á denegación da solicitude presentada", unha vez que os informes sectorais realizados pola administración galega son contrarios á reapertura da mina. | Nun ambiente non exento de tensión —con traballadoras e traballadores das empresa do grupo de Francisco Gómez (o empresario titular da concesión e dos terrenos da mina) a obstaculizaren o paso de concelleiras e concelleiros ao pleno—, a corporación de Touro debateu esta sexta feira unha iniciativa do BNG a prol da "denegación da autorización ambiental do proxecto" e o "rexeitamento definitivo do mesmo polo enorme rexeitamento social manifestado" e tamén "en base aos propios informes sectoriais" [análises feitas por técnicas da administración galega] que poñen ao nú "a imposibilidade de compatibilizar esta actividade cos usos forestais e agrarios da zona afectada". Alén diso, o BNG —representado por 2 edís na corporación, por 8 do PP e 1 do PSOE— demandaba tamén a posta en andamento dun plano efectivo que poña fin á contaminación "das augas en todos os regatos e ríos das contorna da anterior mina". O PP non deu apoio á literalidade desta iniciativa, mais quixo pór de manifesto a súa posición coa apresentación dunha emenda que si foi aprobada, dado que o partido conservador ten maioría absoluta no pleno. Através dela, o PP demanda explicitamente á Xunta "a denegación da solicitude presentada" para a reapertura da mina. E faino co argumento de que os informes técnicos da administración galega poñen en cuestión a viabilidade da explotación e constatan o risco de contaminación sobre as augas coa conseguinte afectación da saúde das veciñas e dos veciños. A emenda do PP reclama tamén ao goberno galego e a empresa propietaria dos terrenos [Explotaciones Gallegas] unha "planificación" que "poña fin a contaminación de ríos e regatos que estean afectados pola mesma". "En realidade, a emenda do PP é na práctica un calco da nosa iniciativa", avalía Xan Louzao, concelleiro do BNG en declaracións a Sermos Galiza. "Non querían aprobar o noso texto, querían aprobar o seu. En todo caso, estamos perante unha mudanza significativa da súa posición. En novembro pasado, perante unha moción nosa, aínda defendían a mina", alega. A posición que adopta o PP en Touro contrasta coa postura favorábel ao proxecto megamineiro expresada días atrás polo partido conservador no concello de O Pino. Louzao critica tamén o grupo de empresas de Francisco Gómez por "utilizar as traballadoras e os traballadores das súas compañías" —o concelleiro do BNG refere que empregados do empresario obstaculizaron o acceso dos edís ao pleno— e por "tentar enfrentar uns veciños contra outros". Nota: Reproducimos a emenda do PP e incluímos unha fotografía de persoas contrarias ao proxecto megamineiro durante o pleno do concello facilitada pola plataforma veciñal. |
NOS_40920 | O partido que sostén a Xunta rexeita cambiar os criterios para as subvencións á prensa escrita e nega vinculalas ao uso do galego e a estabilidade laboral, como propuxo o BNG co apoio do resto de forzas da oposición. | Todo en función do mercado. Esa máxima neoliberal foi a que esgrimiu o PP para xustificar a rebaixa nas axudas da Xunta ao uso do galego nos medios de comunicación durante a Comisión Parlamentar de Administración Xeral, na que votaron en contra dunha proposición non de lei do BNG que solicitaba un cambio nos criterios de valoración polos que se conceden as subvencións á prensa escrita -que agora priman a difusión- e que si contou co apoio de AGE e PSOE, quedando unha vez máis o partido no goberno só na súa postura, que a deputada nacionalista Montse Prado definiu como "escandalosa". O deputado do PP Núñez Centeno foi o encargado de facer público o posicionamento do seu grupo parlamentar arredor desta espiñenta cuestión, e fíxoo botando balóns fóra e sen referirse ao mandato estatutario de apoio e difusión da lingua galega que usou como argumento o BNG. Segundo o popular, "a rebaixa de axudas ao galego é mínima e forma parte da redución xeral das partidas". A seguir, Centeno respondeu á cativa presenza do idioma propio nos medios e á desaparición de varios integramente en galego como "resultado dunha dinámica de mercado", rexeitando a influencia da acción do goberno autonómico. Ademais, sinalou que a maiores das convocatorias xerais de subvencións a todos os medios, existe outra destinada a aqueles que se expresan unicamente na lingua do país, se ben a nacionalista Montse Prado lembrou que esta é de "contías ridículas que non dan nin para pipas". O BNG critica as axudas a dedo mediante convenios a xornais "cuxo uso do galego apenas chega ao 5%" Na presentación da súa iniciativa, o BNG denunciou a "intencionalidade política" da Xunta nas súas axudas á prensa escrita, que considera que teñen como criterio "unha escolla ideolóxica". "Non usan os fondos públicos para apoiar aos medios galegos e en galego senón para outros fins, mesmo en contra da normativa. É un escándalo que cando peor é a situación da nosa lingua menos se faga por ela dende a Xunta", asegurou Prado, que así mesmo solicitou que para a concesión de subvencións tamén se valore "a seguridade laboral d@s traballadores e traballadoras, nun sector que, como tantos outros, está a sufrir a crise e no que grazas ás diversas reformas laborais son continuos os EREs". Por último, criticou "as axudas a dedo mediante convenios a periódicos cuxo uso do galego apenas chega ao cinco por cento, nin a un tres por cento excluíndo publicidade e opinión". Na súa quenda de intervención, Yolanda Díaz de AGE tamén apoiou a proposición non de lei do BNG, queixándose porque "non se discrimina positivamente" o galego e "incluso cada vez se utiliza máis o castelán na CRTVG". "Outros medios que non defenden o idioma recibiron hai pouco até seis millóns de euros en axudas públicas", engadiu. Pola súa parte, Beatriz Sestayo, do PSOE, tamén sumou o seu grupo á iniciativa nacionalista, asegurando que a redución da presenza do galego na prensa "fai parte da folla de ruta do PP". @s socialistas presentaron unha emenda á proposición -aceptada por Bloque e Alternativa- na que volvían reclamar unha Lei de Publicidade Institucional "para que non se usen os impostos para pagar propaganda". Con anterioridade, Sestayo realizou unha pregunta sobre a situación laboral do persoal da CRTVG en Ferrol, que aínda non foi readmitido a pesar da existencia dunha sentenza xudicial ao seu favor. Malia poder enviar a un ou unha responsábel dos medios públicos galegos a contestar a pregunta, o goberno autonómico designou para esa función o Director Xeral de Relacións Institucionais, Gonzalo Ordóñez, que respondeu que esa cuestión non era da súa competencia. |
NOS_36074 | A concesionaria da AP-9 tivo no primeiro semestre un beneficio neto de case 19 millóns de euros. As peaxes incrementaron desde xaneiro en 3,5%. | A AP-9 continúa a ser, como se diría comunmente, unha máquina de facer cartos. Audasa, a concesionaria da infraestrutura galega máis importante, presentou os seus resultados relativos ao primeiro semestre do ano e estes deixan para a empresa uns beneficios netos de case 19 millóns de euros. Para ser exactos, 18,8 millóns, unha cifra que é unha porcentaxe superior en 17,5% á que rexistrou no mesmo período do ano anterior, 2018. Así, entre xaneiro e xuño os seus ingresos por peaxes (facturación) foi de 71,4 millóns de euros. Nada máis e nada menos que 7,5% máis que o que ingresou nos primeiros seis meses do exercicio pasado. Este aumento débese principalmente a dúas razóns: o incremento do tráfico (a media diaria de circulación é de 23.117 vehículos, 2% máis) e a suba do prezo. A propia Audasa informa que desde xaneiro as peaxes son 3,5% máis caras. 40% máis cara nunha década Ir de Compostela a Madrid por vías de alta capacidade (A-8, despois A-6 e Ap-6) permite percorrer máis de 500 quilómetros cun custo en peaxes para o peto do conductor de menos de 13 euros (portaxe de Adanero, na entrada a Madrid). Porén, percorrer os 200 quilómetros entre Ferrol e Tui pola AP-9 vai supor perto de 21 euros en peaxes após a nova suba de 1,9% aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros. En 2010 apenas era de 14,5 euros. Suba de máis de 40%. Neste mesmo período, entre 2010 e 2018, os beneficios obtidos pola concesionaria da Autopista do Atlántico abeiraron os 500 millóns de euros. Son apenas 220 quilómetros, de Ferrol a Tui, mais xeraron 2.700 millóns de euros desde a súa posta en servizo, en 1979. Os custos de construción non chegaron a 1.500 millóns. Anualmente factura por volta de 140 millóns e a concesión non caduca até 2048. |
NOS_49015 | A veciñanza de Compostela aprecia, en termos xerais, o turismo mais deséxao doutra maneira, cun carácter máis cultural e amigábel. Sermos Galiza conversa co profesor Jakson Renner Rodrigues sobre os efectos deste fenómeno na poboación da capital e sobre como esta olla as e os visitantes. | Jakson Renner Rodrigues desenvolve unha investigación co obxectivo de coñecer a opinión e as perspectivas das persoas residentes en Compostela sobre o turismo. Trátase dun estudo posdoutoural realizado co Grupo de Análise Territorial da USC e o Laboratorio de Paisagens, Património e Territorio da Universidade do Minho. Jakson Renner é ademais profesor do Curso de Turismo da UdC e do Departamento de Organización e Comercialización de Empresas da USC, así como de doutor en Planificación do Turismo. Ten Compostela un turismo masificado? Teno, son moitos os estudos que así o indican. Pese a isto, séguese a fomentar unha imaxe de Santiago determinada co obxectivo de atraer máis turistas, é dicir, continúase a investir na comercialización deste destino. Na miña opinión hai un nivel abondo de turismo e deberíase apostar na diversificación. A este respeito, é evidente que cada vez hai unha menor oferta cultural na cidade, menos exposicións, eventos de rúa, festivais... Eu polo menos así o noto desde que cheguei alá en 2004. Séguese a fomentar unha imaxe de Santiago determinada co obxectivo de atraer máis turistas Como afecta a masificación á veciñanza? Das enquisas que realizamos entre as e os residentes da cidade para este traballo de investigación, ollamos que canto máis contacto a xente ten co turismo, máis crítica é con el. Se o contacto é por razóns laborais, a percepción negativa sobre o impacto é menor que nos casos onde o contacto é en entornos de lecer. De feito, en temos de ocio hai boa parte da poboación que ve alterado o seu modo de vida por culpa do turismo. Hai unha tendencia xeral a desexar un turismo máis amigábel e con impactos positivos Nestes casos hai unha tendencia xeral a desexar un turismo máis amigábel e con impactos positivos. O turismo é bo para Santiago? A xente que respostou a enquisa concorda, en termos xerais, en que o turismo é un fenómeno bo para a cidade. Ao mesmo tempo, coincídese tamén a nivel xeral en recoñecer que o turismo actual ten impactos negativos. Podemos resumilo do seguinte xeito: queremos turismo, mais non desta maneira. Cales son os principais problemas que a xente sinala derivados do turismo? En termos xerais laméntase que este modelo non axude a preservar os costumes e que non implique a creación de servizos para as persoas residentes. Así, entre a xente que está nas zonas quentes do turismo, como o barrio de San Pedro e a zona vella, vese o turismo como masificado Hai diferenzas por barrios nas percepcións. Así, entre a xente que está nas zonas quentes do turismo, como o barrio de San Pedro e a zona vella, vese o turismo como masificado e consideran que a situación ten que mellorar. Está a darse tamén unha outra problemática relacionada coa suba de prezos de alugueiro e as vivendas turísticas. É un problema que a poboación non poida vivir na súa cidade. Cales son os principais beneficios do turismo? A veciñanza valora como impactos máis salientábeis o beneficio económico, xa que se crean postos de traballo para as e os residentes, favorece o contacto con persoas de diferentes culturas e o fomento da restauración de edificios e residencias. A veciñanza valora como impactos máis salientábeis o beneficio económico, xa que se crean postos de traballo para as e os residentes Isto non se pode coller como respostas totais, pois hai matices, xa que tamén se valora negativamente a pouca duración dos contratos laborais ou a estacionalidade do turismo. Que tipo de turismo prefiren as e os habitantes de Compostela? A xente amosa nas súas respostas un alto grao de coincidencia á hora de indicar a necesidade de apostar no turismo cultural, xa que segundo as súas consideracións é o que causa menos impacto negativo e o que resulta máis beneficioso. Que principal medida demanda a poboación? Valórase positivamente a implantación dunha taxa turística. Considérase un medio que melloraría o impacto económico, que sería positivo para a cidade e positivo para a propia veciñanza. Até sería beneficio incluso para desestacionalizar o turismo. |
NOS_31038 | Unha acción nas redes socias inicia a reivindicación da xestión cultural na Galiza. Como referente, o Movimento Cancelado que reivindica en Portugal un futuro para o sector. | O sector da cultura galega lanzou esta segunda feira polas redes sociais unS.O.S, un berro de socorro. Baixo o cancelo #NonNosCanceles, numerosas profesionais que traballan no mundo da cultura expresaron o seu temor a un futuro incerto e reclamaron que se lles teña en conta agora que se comeza a falar do "dia despois" da pandemia. "Xurdiu de maneira casual, foi unha acción espontánea, non hai manifesto nin liñas estratéxicas de traballo en perspectiva", explica a Nós Diario unha das persoas promotoras da idea. Queren "marcar un vínculo entre o sector e o seu público" como un "golpe de atención" ás institucións que están agora mesmo tomando decisións. "O propio Ministro dicía que a cultura vai tardar en entrar e nós fomos os primeiros en saír", relata a mesma fonte. #MovimentoCancelado A idea comezou en Portugal, un país está a vivir a mesma situación. O pasado 16 de marzo a União Nacional Empresas Fornecedoras de Audiovisuais lanzaba o #MovimentoCancelado que en pouco tempo se espallou a través das redes sociais. Os motivos da súa protesta figuraban nun manifesto a modo de resposta ao Goberno portugués após o anuncio de medidas de feche de eventos con máis de cen persoas. No texto do documento sinalábase como "coma profundo" da industria a situación que vivía este sector estruturado nun ecosistema complexo de empresas individuais independentes (de pequena, media e grande dimensión), empresas de servizos e empresas de técnicos especializados para a área de eventos. Traballadoras e traballadores da cultura en Portugal explican que as súas perdas non son de 50% como no comercio, "son de 100%". Lembran que levaron a imaxe de Portugal ben alta "e contribuímos de forma decisiva" no sector da cultura e o turismo. Demandan que o Estado se implique e tente "impedir que esta crise hipoteque" de forma irreversíbel a súa industria. Desatrancar o futuro "A cultura achega máis de 2% do Produto Interior Bruto (PIB) e xera moitos postos de traballo", explican desde Galiza, "e entendemos que o público tamén estea amolado", engaden. Teñen claro que seguirán expresando como se senten nunha situación tan extrema como esta aínda que non queren adiantar novas accións. "Polo de agora desatrancamos ese peche que temos nas nosas casa, como toda a xente, para comunicarnos con esta sinxela acción". |
NOS_33058 | As previsións da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para este exercicio son de aumentar a facturación en 32% respecto a 2020. | O ano 2020 rematou moi ben para as arcas de Navantia. A empresa estatal tivo unha importante mellora operativa nos últimos exercicios, cun incremento de case 9% na cifra de negocios de 2019 e 2020. Ademais, segundo o vicepresidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), Bartolomé Lora, a previsión é que para este exercicio sexa de 32% respecto a 2020. En relación coa carteira de negocios, fundamentan a boa marcha da empresa no contrato das cinco fragatas F-110, o importante avance no desenvolvemento do programa dos submarinos S-80 e a autorización do gasto para a construción do futuro buque de acción marítima (BAM). A maior parte dos investimentos previstos para o ano que vén, segundo a SEPI, destinaranse á incorporación de novas tecnoloxías vinculadas ás fragatas F-110, aos submarinos S-80, ao BAM para a Armada española e aos buques destinados ás Armadas de Australia, Turquía e Arabia Saudita. En todo caso, non se anunciou, até o momento, nova carga de traballo para o estaleiro co que conta Navantia en Fene. Falta de carga de traballo As previsións optimistas nas contas de resultados da compañía non coinciden coa situación que agarda o cadro de persoal da empresa e das súas auxiliares para o ano 2021. Moitas destas últimas xa executaron despedimentos pola falta de carga de traballo e desde os sindicatos continúa a petición urxente de contar con máis encargos até o inicio da construción das fragatas F-110 para a Armada española, sen esquecer outras actuacións como a creación dun dique cuberto e un taller de subloques que acheguen "competitividade" ao estaleiro. Este foi un dos motivos das protestas que se realizaron o mes pasado. |
NOS_56150 | Outorga ao organismo público tres días para lle informar das decisións adoptadas após recibir o correo electrónico no que o xefe de máquinas de Ourense advertía das deficientes medidas de seguridade no tramo do Alvia sinistrado. Adif asegura que só tivo coñecemento das advertencias do xefe de máquinas hai un mes. O BNG e AGE demandan no Parlamento a creación dunha comisión de investigación perante "o revelador documento" que, din, "contradí as declaracións dos responsables de ADIF". | En só 24 horas o xuíz instrutor do caso de Angrois, Luís Aláez, respondeu á última proba achegada polo avogado da defensa. E fíxoo para requirir a Renfe toda a información relativa ás advertencias lanzadas polo xefe de máquinas de Ourense, cando hai dous anos, sinalaba nun correo electrónico enviado ao seu superior --e que tería sido tratado polo órgao de dirección da propia Renfe-- que as deficientes medidas de seguridade na liña de Alta Velocidade que une Ourense e Compostela impedirían evitar un accidente ferroviario de non se producir unha redución da velocidade que, advertía, era "brusca". Aláez fixa en tres os días que outurga a Renfe para recompilar a documentación relativa a aquelas xuntanzas directivas en que se tiver tratado a perigosidade da curva da Grandeira e a falta de sinalización nos quilómetros anteriores á mesma. A decisión do xuíz evidencia o xiro que pedou a investigación a pasada quinta feira após a aparición deste novo documento no que se espella que as escasas medidas de seguridade do tramo non terían sido corrixidas por Renfe embora ter constancia --mesmo por parte de especialistas-- de que, se se producir un erro humano "xa nada se poderá facer", como indicou o xefe de máquinas dous anos antes do accidente. Adif di que non coñeceu as advertencias até hai un mes A entidade pública responsábel da xestión dos camiños de ferro no Estado español, Adif, asegurou após coñecerse o correo electrónico remitido polo xefe de máquinas de Ourense --con data de decembro de 2011-- que non tivo constancia das advertencias até hai un mes. Desta maneira, o Adif bota balóns fóra a respeito das posíbeis responsabilidades que se puidesen derivar das súas decisións. Porén, o xuíz exixe que lle sexan remitidos os informes nos que a entidade dá conta do tratamento desas advertencias nas súas reunións. BNG e AGE demandan unha comisión de investigación Pola súa banda, o grupo parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, solicitou --máis unha vez-- a creación dunha comisión de investigación arredor do sinistro ferroviario acontecido o 24 de xullo de 2013 face o "revelador documento" achegado pola defensa. Unha proba que, dixo Francisco Jorquera, "contradí as declaracións dos responsábeis de Adif". Neste senso, o Bloque considera que os datos que se van coñecendo amosan claramente as deficiencias das medidas activas e pasivas de seguridade, así como o control das mesmas, e as deficiencias no propio deseño da rede e das súas condicións materiais e técnicas, polo que demandan a abertura dunha investigación parlamentar coa que dirimir as posíbeis responsabilidades políticas que por acción ou omisión non tivesen evitado o descarrilamento do Alvia no que faleceron 79 persoas. Mais tamén, explicaron desde a organización frontista, que contribúa a esclarecer o acontecido pois "as persoas afectadas polo sinistro e o conxunto da cidadanía galega esixen e precisan coñecer as causas do accidente", sinalaron. Tamén así, desde Alternativa Galega de Esquerda o deputado Antón Sánchez sinalan que os correos electrónicos entregados ao xuíz Aláez evidencian que "a curva tiña problemas e que houbo profesionais que avisaron dos mesmos" polo que demandan @s responsábeis polític@s que dean as correspondentes explicacións. |
NOS_50761 | Leite Río Breogán e Leyma Básquet Coruña están a un único partido de facer realidade o mellor dos escenarios posíbeis a comezo de tempada: aquel no que dous dos tres representantes do país na LEB Ouro se enfronten na gran final da fase de ascenso para facerse cunha praza na máxima categoría. | Un último esforzo. Iso é o único que necesitan Leyma Básquet Coruña e Leite Río Breogán para protagonizar un momento histórico para o baloncesto galego, no que dous equipos do país se disputen a única praza de ascenso á Liga ACB na gran final da LEB Ouro. Para conseguilo, os herculinos terán que superar Covirán Granada no segundo e decisivo partido da rolda de semifinais, previsto para este sábado ás 18.30 horas no Pazo dos Deportes de Riazor -choque para o que os boletos xa están á venda na web oficial do club-, mentres que os lucenses están obrigados a facer o propio como visitantes ante HLA Alacante tamén o sábado, aínda que a partir das 20.30 horas. Ambas as escuadras galegas afrontan este escenario privilexiado grazas a ser quen de superar os seus respectivos rivais no primeiro partido das eliminatorias. Así, Básquet Coruña impúxose a Granada por 67-77 despois dun espectacular último cuarto, no que fixo alarde do seu excelso estado de forma e dun poderío físico sen competencia. Porén, e a diferenza das malas estudantes, os coruñeses non agardaron até o último momento para facer os deberes, e arrancaron o compromiso cunha intensidade que os levou a finalizar o primeiro cuarto cun resultado favorábel de 18-23, sustentado no acerto en ataque e unha alta concentración en defensa que se prolongou tamén no segundo parcial, chegando ao descanso 34-38. Á volta dos vestiarios os locais exhibiron a súa mellor faciana, conseguindo remontar e finalizar o terceiro cuarto cun 59-58 favorábel aos intereses andaluces, o que levou á súa afección a ilusionarse coa posibilidade de certificar a fazaña no cuarto e definitivo período, pero nada máis lonxe da realidade. O Leyma volveu apertar os dentes, recuperou a faciana da parte inicial do encontro e cunha poderosa defensa como chave estabeleceu o 67-77 definitivo. Despois do partido, o técnico laranxa, Sergio García, dedicou a vitoria ao cadete Álex Seoane, que tivo que ser operado logo dunha lesión, e analizou o choque nun ton moi optimista por ser quen "de gañar ao líder da Liga regular", mais fuxiu de euforias sinalando que "só gañamos un partido, nada acabou, o importante chegará no segundo choque en Riazor". O Breogán, sempre épico Semella que o Leite Río Breogán non gusta dos viaxes plácidos, dos percorridos por augas tranquilas, senón que necesita gozar da excitación, da emoción dos resultados apertados que se deciden xa non no último cuarto, senón no derradeiro segundo. Isto foi o que viviu, unha vez máis nesta tempada, no primeiro partido da eliminatoria ante HLA Fundación Lucentum Alacante, a quen superou por 88-87 no Pazo Provincial no primeiro partido da eliminatoria. Foi un choque tolo, de grandes momentos, de parciais a un e outro bando, pero en última instancia o que determinou que a vitoria caese do lado celeste foi o factor campo, a presión dun público que se fixo sentir como nunca e que conduciu o Breogán até unha vitoria que se decidiu a tan só 22 segundos do final, cunha canastra determinante de Sergi Quintela. E iso que o parcial de 7-0 ao comezo do partido parecía apuntar a que sería un paseo militar para a escuadra lucense, mais resultou ser tan só un espellismo. A pesar de alcanzar un 30-13, co paso dos minutos cambiaron as tornas e os alacantinos chegaron a estar catro puntos por diante (34-38). Como apuntou o técnico do Breogán, Diego Epifanio, foi "un partido vibrante, dos que fan afección", e xustificou os sube e baixas no marcador lembrando que "isto son uns play-off, nos que calquera sempre pode gañar, e máis un equipo tan bo como o Alacante". |
NOS_14740 | A publicación dun novo estudo sobre o tratamento que se dá nos libros de texto israelís á ocupación dos territorios palestinos chegou á Knesset da man da Lista Conxunta. Os investigadores levan anos denunciando que o currículo escolar fomenta o racismo e prepara as nenas e os nenos para o papel de soldados ocupantes. | "Unha pregunta que perturba moita xente é como explicar o comportamento cruel dos soldados israelís cara aos palestinos, a indiferenza cara ao sufrimento humano [...] Como eses adorábeis nenos e nenas xudeus se converten en monstros unha vez poñen o uniforme. Creo que a principal razón é a educación". A profesora da Universidade de Tel Aviv e premio Sakharov en 2001, a israelí Nurit Peled-Elhanan, analizaba esta cuestión na obra Palestina nos libros escolares israelís: ideoloxía e propaganda na Educación (2012). Os escolares israelís ─reflicte neste ensaio─ aprenden sobre os seus veciños, os palestinos. Porén, nunca se fai referencia a eles nos textos como "palestinos", agás cando o contexto é o terrorismo. Son os "árabes", representados ademais segundo prexuízos e clixés: con camelos, fóra da lei e fóra do Estado; como refuxiados, labregos de subsistencia e terroristas. "Nunca se ve un neno palestino, ou un médico, un profesor, un enxeñeiro ou un labrego moderno", explicaba Elhanan tras cinco anos de estudo de material escolar, todo aprobado polo Ministerio de Educación. A conclusión da investigadora era que esa forma de racismo vai máis alá. É un racismo que prepara as mozas e mozos israelís para o servizo militar, obrigatorio para todas as persoas maiores de 18 anos, agás para os palestino-israelís, e que actualmente se estende por un período de dous anos e medio para os homes e de dous anos para as mulleres. Un dos principais puntos tratados por Nurit Peled-Elhanan é o da Nakba, o Día da Catástrofe para o pobo palestino, cando o 15 de maio de 1948 se viu forzado ao éxodo como consecuencia da creación do Estado de Israel. Nos libros de texto, os masacres de palestinos non se ocultan, mais xustifícanse como algo necesario para o nacemento do Estado israelí. En 2009, o Goberno do xa primeiro ministro Benjamin Netanyahu eliminou o termo "Nakba" de todos os manuais escolares ao consideralo "propaganda contra Israel". Debate de vello A cuestión do tratamento do conflito palestino-israelí nos libros escolares vén de vello. Numerosos estudos científicos chaman a atención sobre a invisibilización da identidade palestina nos manuais escolares en Israel, presentando os palestinos como inmigrantes na súa propia terra. O Goberno israelí, pola súa banda, sostén que é nos territorios autónomos de Palestina onde o currículo escolar incita ao odio aos xudeus, ao antisionismo e aos ataques armados. A campaña de presión de Israel fixo que en agosto de 2019 o Comité para a Eliminación da Discriminación Racial da ONU chamase a atención sobre estes contidos. O Ministerio de Educación da Autoridade Palestina rexeitou as acusacións e pediu publicamente que a ONU formase un equipo internacional independente para examinar o seu currículo, coa condición de que Israel permitise tamén unha análise do seu. O Executivo israelí, porén, rexeitou a oferta. Debate actual Xa neste 2020, a finais de xullo, foi debatida na Knesset, o Parlamento de Israel, a cuestión da "desaparición e silenciamento do conflito palestino-israelí nos libros de texto". Fíxose a petición da Lista Conxunta, alianza de formacións palestinas e de esquerda, despois da recente publicación dun novo estudo do profesor Avner Ben-Amos, da Universidade de Tel Aviv, A ocupación no sistema educativo israelí: entre o recoñecemento e a negación. Nel, sostén que nos últimos 20 anos pasouse de ignorar a ocupación a normalizala. O deputado Ofer Kasif sostivo que "a negación non fai desaparecer a realidade, senón que menoscaba a nosa capacidade para comprendela", e engadiu que o sistema educativo está "orientado a crear suxeitos obedientes en lugar de cidadáns". Tamén pola Lista Conxunta, Sami Abu Shehadeh afirmou que Israel "é o único país do mundo, talvez como Corea do Norte, cuxo sistema educativo se mide pola cantidade de estudantes que envía ás unidades de combate, polo que a escola debe preparalos para seren soldados". "O sistema educativo está a criar nenos para o futuro da ocupación e da represión, algo que leva á destrución da sociedade", engadiu Shehadeh, na liña do que leva anos defendendo a profesora Nurit Peled-Elhanan: interiorizan a mensaxe de que "a vida dos palestinos é prescindíbel". Unha Elhanan que o 4 de setembro de 1997, tras o ataque suicida con bomba dun militante palestino de Hamas, manifestaba: "Ataques terroristas como este son consecuencia directa da opresión, da escravitude, da humillación e do estado de sitio imposto aos palestinos". Nese ataque falecía Smadar, a filla dela, de 13 anos. |
NOS_53857 | As páxinas web de buscadores de hoteis inclúen a hospedería de San Martiño Pinario "onde se pode gozar da inesquecíbel experiencia de vivir nun mosteiro do século XVI". Esta actividade económica da Igrexa católica, con oferta de 127 cuartos de aloxamento complementada con restaurante e tenda de agasallos, non paga o Imposto de Bens Inmóbeis, o que provoca unha competencia desleal para a hostalaría compostelá. | En San Martiño Pinario ofrecen cuartos dobres, individuais coa posibilidade de incorporar unha cama supletoria ou berce; todos dispoñen de cuarto de baño completo, calefacción e un escritorio. Tamén hai cuartos para persoas con mobilidade reducida. Nas propias instalacións hai un restaurante que serve almorzos, xantares e ceas; unha recepción aberta as 24 horas na que se ofrece información turística sobre a zona "e todo iso coa facilidade de poder efectuar os pagamentos mediante tarxeta de crédito", expón a web de Trivago. A iso hai que lle sumar unha tenda de agasallos. Esta hospedaría ten a clasificación turística de pensión de 1 estrela e nos meses de verán está practicamente ao completo "As características dos nosos menús e a nosa localización xunto á Catedral, convértenos na mellor opción para grupos e viaxes individuais, independentemente de que se aloxen na estrutura hoteleira", recolle a propia web de San Martiño Pinario. O menú de 12 euros permite escoller entre dous primeiros, dous segundos e inclúe sobremesa e bebida. Esta hospedaría ten a clasificación turística de pensión de 1 estrela e nos meses de verán está practicamente ao completo, pois hai días que xa non admite reserva ao non ter cuartos dispoñíbeis. Non é Ben de Interese Cultural Nas exencións de IBI que recolle a normativa municipal de Santiago de Compostela figuran os inmóbeis declarados Ben de Interese Cultural (BIC), mais San Martiño Pinario iniciou en 2016 a segunda fase do Plan Director co obxectivo de conseguir esta catalogación que aínda non posúe. O Tribunal Supremo, nunha sentenza de 2014, avogou pola exención total do pagamento do IBI en todos os inmobles da Igrexa, agás os afectos a explotacións económicas e con fins lucrativos. Ademais, o Consello de Ministros outorgoulles a potestade aos concellos en 2012 para poderen cobrar o IBI aos edificios declarados Patrimonio Histórico, unha medida de aplicación naqueles que desenvolvan actividades económicas que non sexan de interese xeral, de xeito que hoteis instalados en edificios emblemáticos comezaron a pagar este imposto municipal. O Tribunal Supremo, nunha sentenza de 2014, avogou pola exención total do pagamento do IBI en todos os inmobles da Igrexa, agás os afectos a explotacións económicas e con fins lucrativos. Recoñece así unha aclaración sobre as entidades da Igrexa Católica do artigo IV do Acordo sobre Asuntos Económicos entre o Estado Español e a Santa Sé. Estes acordos asinados en 1979 entre o Estado español e a Igrexa católica detallaban un conxunto de bens exentos deste imposto. Tratábase dos templos e dependencias destinadas á actividade pastoral parroquial e diocesana, residencias de sacerdotes e relixiosos e seminarios. Porén, o resto das propiedades terían que pagar a contribución. Ademais, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea recolleu nunha sentenza de xuño deste ano que as exencións fiscais das que goza a Igrexa católica no Estado español poden constituír axudas prohibidas se se outorgan respecto de actividades económicas. Esta sentenza era sobre a aplicación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), que tamén se lle bonifica nos concellos. |
PRAZA_6539 | A CIG achega documentación anónima que revela transaccións por 1,8 millóns de euros entre o ex directivo e a súa dona pouco antes da fusión das caixas. O BNG pide a reapertura da comisión de investigación e Feijóo di que "se hai máis información relevante, que se estude". | A xestión das caixas volve sementar polémica e sospeitas máis que escandalosas. Documentación anónima recibida polo sindicato CIG desvela supostas vendas irregulares de inmobles pertencentes á corporación de Caixa Galicia á muller do banqueiro. Segundo esa mesma documentación, as transaccións leváronse a cabo por baixo do valor da taxación e cando xa se coñecía a fusión das extintas caixas galegas. En total, as operacións ascenderían, cando menos, a 1,8 millóns de euros. Documentación anónima recibida pola CIG desvela supostas vendas irregulares de inmobles da corporación de Caixa Galicia á muller de Méndez Foi o responsable de CIG Banca, Clodomiro Montero, quen desvelou esta información nunha rolda de prensa na que compareceu xunto ao portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, a quen informou desta documentación recibida, que tamén lles será trasladada ao resto de grupos da Cámara galega. Todos os datos foron remitidos ao sindicato "dun xeito anónimo" e inclúe escrituras notariais, taxacións, e anotacións en conta das que se desprende que a Corporación Caixa Galicia, -con José Luís Méndez López como presidente e o seu fillo, José Luis Méndez Pascual, como conselleiro delegado-, vendeu propiedades por debaixo do prezo de taxación a Rosa Pascual, cónxuxe do que fora director de Caixa Galicia durante 29 anos, tras unha previa separación de bens. Ante estes "indicios graves de delito", a CIG pide que se investiguen na comisión de investigación das caixas, polo que o BNG pide xa a "reapertura" deste órgano parlamentario, que rematou en 2013 a fase de comparecencias e que agora se atopa á espera de que o portavoz popular na Cámara, Pedro Puy, entregue unha proposta de conclusións. O BNG pide a "reapertura" da comisión de investigación das caixas ante estes "indicios graves de delito" Non obstante, Jorquera lembrou que a propia comisión contemplaba a posibilidade de reabrir este órgano parlamentario se aparecían feitos novos relevantes, polo que ve motivado que se volva convocar e se investigue esta documentación. Segundo reiterou Clodomiro Montero, trátase de documentación que apunta operacións de venda á muller de José Luís Méndez, nas que tamén estaría implicado o fillo de ambos os dous -conselleiro delegado da entidade- e que inclúe actuacións por preto de 700.000 euros dous días antes de que se anunciase a fusión das caixas (Caixanova e Caixa Galicia). Feijóo di non saber nada e aposta por que se "estude" esa nova información "se a comisión a considera relevante" Preguntado polo tema, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo di que "nin coñecía nin coñece" nada deste asunto. "A comisión de invesitgación tivémola durante meses e lamento que non se propuxese a través do BNG a información da que dispón", asegurou, tras aclarar que na devandita comisión se falou "con luz e taquígrafos da información das caixas, das auditorías, do papel do Banco de España e das auditorías". "Se hai máis información e a comisión a considera relevante, que se estude; estamos a disposición desa comisión de investigación", finalizou. |
NOS_43636 | A novena edición do festival de cinema retorna logo de ser adiada por mor da Covid-19. Os eventos dan comezo a segunda feira 15 de setembro. | Volve o Festival Primavera do Cine a Vigo. A novena edición do certame, adiada por mor da pandemia, arrincará a vindeira segunda feira 15 de setembro no auditorio do concello e mais no Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Será un retorno máis austero, con menos actividades paralelas e menos capacidade, mais que procurará manter a esencia do festival. Abrirá o evento a multipremiada longametraxe Pacificado, unha produción brasileira dirixida por Paxton Winters e ambientada nas favelas de Río de Janeiro durante e despois dos Xogos Olímpicos. Para alén desta, outras oito longametraxes conformarán as seccións oficiais galega e lusófona. As mortes, de Cristóbal Arteaga; De barrio, de Xurxo Chirro; Estado de malestar, de María Ruido; Eroski Paraíso, de Jorge Coira e Xesús Ron, e Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld, compiten no apartado galego. A febre, de Maya Da-Rin; Bostofrio, de Paulo Carneiro; e Fakir, de Helena Ignez, conforman a escolma lusófona. A directora desta última é tamén protagonista de dúas pezas da sección de curtametraxes: Extratos, de Sinai Sganzerla, e Carne, da brasileira Camila Kater, que conta con produción galega. Mentres que estas e outras sete pezas dan forma á sección de curtas lusófonas, 14 obras integrarán a Sección Oficial de Curtas Galegas. Entre elas hai filmes que foron nomeados aos Goya, como Homomaquia; unha adaptación dun texto de Roberto Vidal Bolaño (Badaladas de amor e morte); ou filmes que competiron en Málaga, como Mare. Ademais, o festival conta este ano cunha nova sección denominada "Exhibicións especiais: Cinema e compromiso", conformada polos filmes Reboiras: acción e corazón, de Alberte Mera, e Noite irisada, de Beatriz Vázquez Campaña. Trátase de dous documentais que desenvolven contidos propios do activismo político e social: a represión franquista e os dereitos do colectivo LGTBI galego, respectivamente. Ambas as dúas complementaranse cun debate posterior. |
NOS_14636 | Xosé Ramón Ermida Meilán é un dos coautores dos fascículos do coleccionábel 'Os reis e raíñas da Galiza. 1.000 anos dun reino de seu', coordinado por Alexandre Peres Vigo e distribuído con este xornal de terza a sexta feira. Nesta conversa, adianta a 'Nós Diario' unha parte dos contidos da súa autoría que comezan hoxe. | —Achégase nos seus traballos ao tempo histórico que vai desde o reinado de Ordoño II até a subida ao trono galego de Afonso VI, que caracterizaría este período?O século X e as primeiras décadas do século XI están marcados por unha loita pola hexemonía no reino cristián peninsular -o espazo político que as fontes contemporáneas árabes ou europeas denominaban Galiza- entre a clase dirixente da área galego portuguesa -en puridade a Galiza nuclear- e a oligarquía da área castelá. Unha pelexa desigual, polo moito que significaba Galiza no aspecto territorial, demográfico ou económico e polo pouco que representaba Castela. De feito, a nobreza castelá acode a pactos co califato español de Córdoba ou á coroa de Nafarroa para poder enfrontar Galiza. Sen ir máis lonxe, practicamente un terzo do exército de Almanzor que saquea Compostela en 997 está formado por nobres de Castela. Neste sentido, entre os reis que representaron os intereses do partido galego nese século destacaron Ordoño II, os seus fillos Sancho I e Ramiro II, Ordoño III e IV, os Vermudos, Afonso V e Elvira Mendes ou Sancha e Fernando. —Falaba agora, dunha serie de monarcas do século X e XI, se tivese que ficar cun deles, cal escollería?Sempre é complicado optar entre un e outro. Porén, eu quedaría con Ramiro II e Sancha I. Ramiro II, un monarca nado na Galiza nuclear, fillo dunha raíña da casa dos Goterres e casado con outra raíña desta familia, curmán de San Rosendo, actuou en política como un instrumento do partido galego e defendeu a hexemonía das clases dirixentes galegas no espazo cristián peninsular. Como estadista e líder militar foi admirado en toda Europa. Porén, a historiografía española valórao negativamente pola contundencia con que combateu a Castela e ao conde Fernán González. Sancha é outra muller da familia dos Goterres, filla da raíña Elvira Mendes e de Afonso V, criada en Betanzos e que vai dar continuidade ao programa político comezado polo seu avó Vermudo II. A este respecto, destacou pola súa axenda lexislativa, pola súa firmeza á hora de combater as revoltas castelás, polo impulso á ampliación territorial do reino e pola promoción da cultura, concretada na creación do Estudo de Compostela pero tamén no apoio ás obras literarias e artísticas. —Referíase a Sancha como unha das grandes monarcas galegas, que destacaría das súas antecesoras á fronte do Reino da Galiza?Aquí existía unha gran diferenza con outros reinos e era que as mulleres podían herdar no reino galego, unha vella tradición do país que, precisamente, Elvira Mendes e Afonso V sancionaron no Decreto do rei Afonso e da raíña Elvira de 1017, popularmente coñecido como Foro de Léon, e que posibilitou, entre outras cousas, que Sancha I fora raíña, actuando o seu marido Fernando I como consorte. En todo caso, o aspecto máis relevante é que todas elas, desde a primeira, Elvira Mendes, a esposa de Ordoño II, até Sancha, exerceron como monarcas participando activamente da gobernación do reino. A maiores, a práctica totalidade das raíñas do período eran parentes, ao facer parte da familia dos Goterres, con centro en Celanova e posesións en todo o reino cristián. —Seguindo neste caso cun fillo de Sancha, García que significaría del?É unha figura a reivindicar pero tamén a desmitificar, comezando por explicar que non foi o único rei galego, nin tan sequera o primeiro monarca privativo da Galiza nuclear. Un reino, o galego, que molesta Xosé Ramón Ermida entende que "a memoria do Reino da Galiza molesta porque a súa existencia impugna todo o relato oficial sobre a historia do Estado español, que é unha trabe básica para articular o actual modelo territorial e combater a pluralidade nacional". "A maiores", sinala Ermida, "a diferenza do que acontece coa historia medieval de Catalunya ou Euskadi, que non interfire cos mitos fundacionais da historiografía españolista ligados a Castela, a historia galega nega e deixa en evidencia toda a historiografía que parte de Ximénez de Rada, que poñen a punto no século XIX e chega até hoxe". Ermida considera que "recuperar a memoria dos nosos reis é facer república" e significa "o interese existente pola historia do Reino da Galiza a nivel social, como demostran diversas iniciativas dos últimos tempos que contrastan coa actitude do mundo académico". |
NOS_32661 | As administracións local, autonómica e central piden a retirada do expediente e queren unha mesa de interlocución coa empresa. | O comité de empresa de Alcoa-A Coruña presentou perante Inspección de Traballo unha denuncia por "vulneración de lexislación" no expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo presentado pola multinacional para o persoal das factorías coruñesa e de Avilés. Un recurso que é unha ampliación das denuncias presentadas a finais de outubro e inicios de novembro por defectos de forma no proceso que Alcoa está a desenvolver "unilateralmente". De feito, os comités de empresa de ambas as dúas factorías néganse a participar no período de información e consultas sobre os despedimentos. Pouco lle parece importar á multinacional, que dá por iniciada esta fase o pasado 31 de outubro. A normativa fixa que a duración desta fase é de 30 días. Mesa Representantes das administracións locais (concellos da Coruña e Avilés), autonómicas (galega e asturiana) e estatal volveron reunirse esta quinta feira para debater sobre Alcoa. Acordaron exixir de novo a retirada do ERE. Tamén que se constitúa unha mesa de traballo, con presenza das administracións, dos comités de empresa e tamén da propia multinacional. Na xuntanza o goberno central expuxo unha serie de medidas a activar antes de que conclúa o ano, medidas de apoio a empresas electrointensivas como é o caso de Alcoa. Propostas, de por parte, que non son unha novidade: subasta de interrumpibilidade e compensacións por emisións CO2. O goberno, iso si, que dar estabilidade ao modelo de subastas para que estas sexan máis estábeis e non anuais como até agora. Avilés Miles de persoas 50.000 segundo a os convocantes) ateigaron Avilés na noitiña desta quinta feira para rexeitar o fechamento da actoría de Alcoa nunha manifestación na que tamén estiveron presentes traballadores das plantas galegas (A Coruña e San Cibrao). |
NOS_13935 | A xornada electoral en Euskadi deixa unha caída histórica da participación ás 17 horas. 36,02% do censo votou, 8,36 puntos menos que a cifra rexistrada a esa mesma hora nos comicios de hai catro anos, que se situaba en 44,38%. | A participación nas eleccións vascas deste 12 de xullo apunta a unha caída histórica nas tres circunscricións. A máis pronunciada sitúase en Araba, onde votou 33,2% até as 17 horas, o que supón 9,3 puntos menos que en 2016. En Bizkaia, a porcentaxe do censo que votou sitúase en 36,4%, 8,5 puntos menos que en 2016. En Gipuzkoa, en cambio, a participación queda en 36,67%, o que supón 7,8% menos que hai catro anos. 1.794.316 electoras e electores están chamados a votar este 12-X para escoller a Cámara vasca, 10.899 máis que hai catro anos, dos que 1.718.318 son residentes en Euskadi e 75.998 no estranxeiro. As persoas que deron positivo na Covid-19 e están en corentena non poden acudir ás urnas porque teñen restrinxida a mobilidade. Se o fan, poden incorrer nun delito contra a saúde pública. Espérase que o reconto de votos finalice ás 22.30 horas. |
NOS_11843 | CIG-Saúde cre que a decisión da xerencia da área sanitaria da Coruña-Cee de non substituír o persoal médico que collerá vacacións é "un paso máis para esmagar a Primaria". | A CIG-Saúde alertou na mañá desta segunda feira de que a xerencia da área sanitaria da Coruña-Cee "non ten previsto" contratar profesionais de enfermaría para substituír as persoas que se ausentarán na Atención Primaria durante o verán por mor das vacacións. Para a central sindical, a Consellaría de Sanidade dá con esta medida "un paso máis para esmagar a Primaria, que non pode superar o colapso provocado pola pandemia porque a súa deterioración é crónico e anterior á emerxencia da Covid19". María Seijo, delegada de CIG-Saúde, apuntou que, "todos os días do ano", os centros de saúde mantéñense "só pola vontade e o compromiso das e dos profesionais que traballan até o esgotamento, que sacrifican libranzas, dobran quendas, asumen a atención das e dos doentes das compañeiras ausentes... E polo abuso que soporta o persoal temporal". A precariedade laboral esporea a fuga de internistas novos do Sergas A decisión da xerencia desta área de non substituír o persoal de vacacións, incidiu o sindicato, provocará que os centros "acaden límites perigosos", quer para a poboación quer para o persoal médico. "As necesidades e problemas de saúde non diminúen no período estival", precisou Seijo. "Ao contrario; a demanda aumenta de forma moi importante nos centros que sofren un grande incremento de poboación durante este período", engadiu. "A CIG-Saúde e as profesionais non podemos aceptalo, non desistimos de cambialo. Mantemos a esperanza de acadar uns servizos de Atención Primaria que garantan o dereito a saúde de toda a poboación", asegurou. Os médicos internistas rexeitan os contratos de mobilidade e exixen "máis profesionais" Por iso, a central sindical urxe a xerencia a manter a dotación, "xa precaria", de persoal de enfermaría e de todos os colectivos profesionais sanitarios e administrativos, "substituíndo o persoal ausente por vacacións e reforzando os centros de saúde que van ver dobrada a súa demanda". |
NOS_26728 | Mil vidas viviu Celso Parada (Moaña, 1958-Vigo, 2019), como un dos actores de referencia do teatro galego actual. Velaquí cinco obras chave nunha traxectoria de décadas que tamén atravesou cinema -A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda, ou O ano da carracha (2004), de Jorge Coira- e a televisión: apareceu en Mareas vivas, Pratos combinados ou Libro de familia. | Ubu Rei (1988). Con Teatro de Ningures e dirección de Etelvino Vázquez, o actor participou nunha das obras máis salvaxes, inconformistas, divertidas e irreverentes do teatro máis ou menos moderno -data de 1896-, Ubu Rei, do francés Alfred Jarry (1873-1907). O texto que comeza coa célebre exclamación "Merdre!" foi, tamén, un dos primeiros traballos como profesional de Parada. Morte accidental dun anarquista (1999). Xa na súa propia compañía, Teatro do Morcego, embarcouse nun texto clásico da protesta dramatúrxica europea. Escrito en 1970 polo italiano Darío Fo (1926-2016) e inspirado en feitos reais acontecidos nunha comisaría de Milán despois do atentando da Piazza Fontana, era unha referencia fundamental para Celso Parada. Dirixiuna Xoán Cejudo. Os vellos non deben namorarse (2001). Outro clásico escenificado por Teatro do Morcego, a adaptación da comedia de Castelao (1886-1950) dirixiuna 70 anos despois da súa primeira estrea en Bos Aires o propio Parada, que tamén interpretou o señor Fuco. A compañía mantívoa en escena máis de 15 anos. A cacatúa verde (2001). Dirixida por Eduardo Alonso para o Centro Dramático Galego, a peza do austríaco Arhur Schnitzlzer (1862-1931) -amigo persoal de Freud- serviu para que Parada ofrecese a Próspero, taberneiro que insulta os nobre clientes en vésperas da toma da Bastilla. "Farsa grotesca nun acto", estreada orixinalmente en 1899, é tamén unha reflexión sobre o propio oficio teatral. A Gran Ilusión (2002). Trátase dunha agre indagación na maxia e a loucura a través da arte que, en 1948, estreou o dramaturgo e cineasta italiano Eduardo de Filippo (1900-1984). Fracaso no seu día, logo adquiriu certo status de culto. Teatro do Morcego levouna ás táboas de novo baixo a dirección de Celso Parada e con notábel suceso. |
NOS_46158 | O 16 e 15 Ponte Vea albergará diferentes provas e atividades | Desde 29 de Abril e até o dia 30 de Maio está aberto o praço de inscriçom para as equipas que queiram participar nas II OPG (Olimpiadas Populares Galegas), organizadas este ano na pequena vila de Ponte Vea situada na paróquia de Reis, concelho de Teu, na comarca de Compostela. A Vila Olímpica deste ano estará dividida entre as instalaçons desportivas do C.F. Praínha a 800 metros da vila e na zona à beira do rio Ulha conhecida como A Burga. Durante os dias 16 e 17 de Junho, estas duas áreas acolherám as atletas e as distintas provas desportivas que configurarám o II encontro olímpico dos movimentos sociais galegos. As participantes nas Olimpiadas disporám de duches, serviços, zona de acampamento e avitualhamento. A organizaçom oferecerá a comida e ceia do sábado e o almorço e jantar do domingo a preços populares. A respeito das provas desportivas este ano houvo umhas poucas modificaçons que som as seguintes: A prova de lançamento de peso foi suprimida. Na prova rainha, o triatlo cámbia-se de 1500 a 2500 metros a distáncia a superar pola atleta, ficando em 200 metros a nataçom e 10000 metros a bicicleta. Incrementa-se a prova de tiro de corda por equipas, e a prova da chave com umha adaptaçom das normas tradicionais da comarca compostelana. Para mais informaçom, olimpiadaspopularesgalegas.blogaliza.org |
NOS_58325 | Nace o 25 de xaneiro con vontade de perdurar. Mira cara o público infantil e non só polo seu programa. "Músicas para a Semente" é unha nova iniciativa para financiar o centro Semente que abrirá o vindeiro curso en Ferrol. | Xabier Díaz e os grupos "os dous de sempre + 1" e "Vai rañala meu" integran o programa musical do novo festival que nace o vindeiro 25 de xaneiro no auditorio e Narón. "Músicas para a Semente" contará tamén coa intervención do escritor Antón Cortizas e a proxección dunha curtametraxe nunha xornada que forma parte das iniciativas para o financiamento do centro educativo Semente, que conta abrir as súas portas na comarca de Ferrolterra o vindeiro curso. Coa cultura de Ferrolterra Será a primeira edición dun festival que ten vontade de permanencia. A Asociación Cultural Semente Trasancos destinará o recadado integramente á escola que se abrirá na comarca e, neste nacemento optaron por artellar un programa con protagonistas de Ferrolterra. Non só a música virá de músicos con orixe na comarca senón a propia curtamentraxe será a elaborada polo alumnado do CEIP San Xoan Filgueira que vén de gañar o premio "Escola" no XIX Festival de Cine Internacional de Ourense. O seu contido acae ben tamén aos obxectivos da Semente xa que ten á promoción da lingua galega como protagonista. Dúas figuras máis da cultura da comarca terán presenza singular no festival. O escritor e profesor Antón Cortizas contará unha historia a un público entre o que se sorteará unha obra do artista Leandro Lamas. As entradas están á venda na tenda de xoguetes "O muíño do Fabal" de Narón e na Fundaçom Artábria en Ferrol. As portas do auditorio abriranse ás 17.30 horas o día do festival con actividades previas. O centro de Ferrolterra integrará a Rede de Escolas Semente canda a de Vigo e a de Compostela. |
NOS_7081 | A Coruña é a única provincia onde nesta cuarta feira se supera o prezo de de dous euros por litro de combustíbel. | O prezo medio da gasolina na Galiza atópase este 16 de marzo en 1,866 euros/litro, sendo o prezo mínimo 1.86 euros/l e o máximo 1,871 euros/l. Por circunscricións, A Coruña e Lugo son as dúas cun maior prezo. No caso da Coruña, o prezo medio sitúase en 1,871 euros/l. En canto aos prezos mínimo e máximo, son 1,799 e 2,032 euros/l, sendo a única das catro provincias na que o prezo da gasolina supera os dous euros por litro de combustíbel. A equiparación dos impostos do diésel e gasolina permitiría recadar 10.000 millóns extra ao ano Pola súa banda, Lugo rexistra tamén un prezo medio de 1,871 euros/l, mentres que o prezo mínimo e máximo sitúase en 1,789 e 1,959 euros/l respectivamente. No outros extremo atópanse Pontevedra e Ourense. En Pontevedra, o prezo medio sitúase nesta cuarta feira en 1,86 euros/litro, o máis baixo de toda a Galiza. O prezo mínimo da gasolina está en 1,799 euros/l e o máximo en 1,944 euros/l. Ourense ten un prezo medio de 1,862 euros/l, e rexistra un prezo mínimo e máximo de 1,795 e 1,96 euros/litro respectivamente. Gasolineiras máis baratas No seguinte mapa, Nós Diario notifica as gasolineiras da Galiza nas que se pode atopar o combustíbel máis barato. |
NOS_41252 | A media de ingresos dunha persoa en postos de dirección nunha empresa no país é de máis de 76.000 euros, o que supón 58.000 euros máis que o traballador. | O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza case cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas. Unha fenda que, en diñeiro, é de 58.226 euros anuais. Son datos do estudio que esta semana presentou a escola de negocios Eada e ICSA e no que se constata que os salarios dos directivos no Estado español aumentaron nestes catro anos oito veces máis que o dos empregados. A retribución media dun directivo en Galiza é de 76.229, sendo os novenos que máis cobran entre todos os territorios do Estado español. Os mandos intermedios ingresan de media 41.507 euros anuais (os sétimos mellor remunerados) e os empregados 20.907 euros, case 9% menos que a media española. Así pois, se o salario medio dun empregado galego é igual a 100, o dun directivo en Galiza é de 366. Un nivel superior ao que se dá de media no Estado español onde a relación sería de 100 a 355. Aumento Entre 2007 e 2018 os salarios en dirección aumentaron en case 2.000 euros, nese mesmo período o ingreso dos mandos incrementou en 1.072 euros, e o dos empregados e empregadas en 26 euros. |
PRAZA_7471 | A Policía detén o home que presuntamente lle esixiu cartos o ex deán da Catedral compostelá tras ameazalo con facer público un DVD con información "comprometida" | O pasado decembro José María Díaz presentaba a dimisión como deán da Catedral de Santiago. A súa marcha producíase despois de que xa fose relevado como responsable do arquivo catedralicio, centro do escuro episodio da desaparición do Códice Calixtino, o roubo que comezara en 2011 con tintes de novela histórica e que rematou no verán de 2012 con final de sainete ou case de trapallada. A historia do electricista que traballara durante corenta anos no templo antes de levar o histórico libro para agochalo nun rocho do Milladoiro disparou os ruxerruxes na capital galega nun episodio por veces esperpético ao que se vén de unir un novo personaxe: un presunto extorsionador acabado de deter pola Policía. Caracterizado polas forzas de seguridade como "coñecido extorsionador de personaxes públicos", ao home en cuestión adxudícanselle, cando menos, "dous delitos de acoaccións e ameazas condicionadas", segundo un comunicado policial. "Elixía os seus obxectivos nos medios de comunicación para despois extorsionalos cunha suposta información de interese para a vítima", explica o mesmo comunicado. "Entre as súas vítimas figuran nomes como a baronesa Thyssen", Carmen Cervera, e tamén o ex deán de Compostela. O presunto extorsionador dirixiuse ao deán para esixirlle cartos a cambio dunha suposta información comprometedora "O modus operandi era sempre o mesmo", di a Policía. Primeiro establecía contacto co obxectivo por vía telefónica, "xa que obtiña os números buscando en Internet ou preguntanto directamente a persoas do entorno da vítima" e despois "accedía a entrevistarse personalmente con eles". "Cando a negociación avanzaba, o detido ameazaba o interesado con facer pública a información ou con empregar a violencia física se non recibía unha recompensa". Pero, que clase de información? Datos almacenados nun DVD que "podían perxudicar a outra persoa", neste caso, ao deán. Segundo o arcebispado compostelán o contacto co ex deán produciuse durante o pasado Nadal e José María Díaz púxose en contacto directamente coa Policía. "Grazas á colaboración de persoas do Cabido da Catedral", di o corpo policial, "púidose saber que o sospeitoso entrara en contacto co ex deán" e, "tras numerosas chamadas de teléfono e varias entrevistas, os axentes procederon á detención do investigado". O apreixamento produciuse no convento das Mercedarias, en Santiago. Alí acudira para "tratar os detalles da entrega dos cartos a cambio dun suposto DVD". Isto mesmo é o que fixera en outubro de 2011 pero non co deán, senón coa baronesa. Mentres a rumoroloxía volve estar disparada en Compostela, dende a Catedral subliñan a "activa colaboración" do ex deán coa Policía. Agora, explican, José María Díaz tenta "recuperar o sosego e a tranquilidade alterada", xa que o presunto extorsionador era unha persoa "potencialmente perigosa" que "repercutiu, dalgún xeito" na súa saúde. Resta saber se o sainete terá máis capítulos. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.